{"ID": "PRAZA_4857", "summary": "A policía expulsou esta mañá do teatro abandonado o grupo de activistas que o ocupara o pasado mércores. Os desaloxados convocan unha concentración de protesta para as oito da tarde deste luns e sinalan que \"a nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións\".", "text": "A policía desaloxou pouco despois das nove da mañá as persoas que dende o pasado mércores ocupaba a Sala Yago de Compostela, un vello cinema abandonado na zona vella da cidade. Tras o desaloxo, no que non houbo detidos e que non rexistrou incidentes, un grupo de persoas concentrouse nas proximidades do edificio, sinalando que van \"desaloxar o Concello, que ten máis imputados ca nós\" e denunciando que a expulsión fora \"ilegal\", ao carecer de orde de desaloxo Ao igual que na anterior ocupación do inmoble, os colectivos que levaron a cabo a acción demandaban que o espazo volvese contar con programación cultural, tendo en conta que leva pechado dende o ano 2007. Dende o primeiro momento, declarárono \"espazo cultural liberado\", comezando o xoves unha completa actividade cultural, con proxeccións, palestras, debates e espectáculos escénicos, ao tempo que penduraban da fachada do edificio faixas nas que se podía ler \"Sala Yago, espazo liberado\", \"¿Rehabilitación? Mentira\" ou \"Violencia é non chegar a fin de mes\". As persoas e colectivos que puxeron a andar esta efémera programación cultural destacan que \"no pouco tempo que duraron as okupacións, desenvolveuse un traballo cultural de base, libre e completamente alleo a empresas e institucións. O vello proxector, do ano 1934, voltou funcionar para ledicia de okupas e viciñas. Houbo charlas literarias, obradoiros para crianzas, proxecións, debates, concertos... e especialmente foi un espazo de convivencia e intercambio, que, creando comunidade, loitou contra a especulación e a corrupción que impera na nosa cidade\". \"No pouco tempo que duraron as okupacións, desenvolveuse un traballo cultural de base, libre e completamente alleo a empresas e institucións. O vello proxector, do ano 1934, voltou funcionar para ledicia de okupas e viciñas\" Ademais, veñen de convocar unha concentración de protesta, ás oito da tarde na Porta do Camiño. No chamamento sinalan que \"moitas de vós pasastes por esta sala, axudástesnos a desobedecer, a crear e a coñecérmonos un pouco máis nun mundo dominado polo medo e a psicose\" e destacan que \"a nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións. Sabemos que estábamos a molestar, e queremos molestar\". A concentración, ademais de demandar o regreso da programación cultural á Sala Yago, reclamará a libre absolución para os imputados pola anterior ocupación, para quen a fiscalía solicita penas de até catro anos de cadea, a través dunha \"montaxe policial e mediática\". Tamén se esixe a disolución do consistorio compostelán, cunha maioría de edís do grupo de goberno imputados. \"A alcaldía carece de autoridade moral\" \"Calquera persoa honrada desta cidade gobernada por ladróns, estafadores, acosadores laborais e mentideiros entenderá que volvamos a ocupar. Nunca esperamos nada de Pokemons e Pikachus pendentes de xuízo por corrupcións múltiples e variadas\" En 2011, o daquela alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, dixera lamentar que a ocupación se producira \"xusto cando o Concello estaba a piques de pechar un acordo\" coa familia propietaria do teatro para utilizar as instalacións e recuperar a súa función cultural. Porén dous anos e tres meses despois non houbo ningún avance nin anuncio neste senso e foi esta promesa incumprida polo Goberno municipal o principal argumento desta nova ocupación. Nun comunicado difundido polos ocupantes o pasado mércores, sinalábase que \"a alcaldía carece de autoridade moral para criminalizar esta nova okupación\" e que \"calquera persoa honrada desta cidade gobernada por ladróns, estafadores, acosadores laborais e mentideiros entenderá que volvamos a ocupar. Nunca esperamos nada de Pokemons e Pikachus pendentes de xuízo por corrupcións múltiples e variadas\". Concluían que \"non imos permitir o trunfo da especulación que se agocha detrás do abandono premeditado desta sala, de grande interés histórico e social, non imos deixar que caia en ruínas. Por iso voltamos a ocupala, para recuperala, para que volva ás mans de toda a cidadanía e para enchela de novo de actividades\"."}
{"ID": "PRAZA_10195", "summary": "O PSOE denuncia a \"cacicada\" da alcaldesa do PP, Teresa Villaverde, á que acusa de \"comprar vontades porque ve que a alcaldía está en risco\"", "text": "O PSOE denuncia a \"cacicada\" da alcaldesa do PP, Teresa Villaverde, á que acusa de \"comprar vontades porque ve que a alcaldía está en risco\"A alcaldesa de Lousame, a popular Teresa Villaverde, vén de convocar este mércores un Pleno extraordinario para este mesmo venres, a menos de 48 horas da apertura das urnas das eleccións locais, coa aprobación do convenio colectivo do persoal laboral do Concello como único punto na orde do día. O PSOE considera a convocatoria unha \"cacicada\" coa que \"o PP só pretende comprar vontades porque ve que a alcaldía está en risco\". A convocatoria do Pleno foi formulada de xeito oficial este mércores ao mediodía, e será celebrado 48 horas máis tarde, este venres, ás 14.00 horas, a día e medio de que comecen as eleccións municipais. Segundo denuncia o candidato local do PSOE, Julio Paradela, \"tras máis de oito anos nos que os traballadores do Concello veñen demandando insistentemente un convenio colectivo e tras varias denuncias interpostas polas numerosas situacións irregulares que afectan ao persoal municipal, a alcaldesa convócanos mañá a un pleno urxente para aprobar ás présas e correndo o convenio no último día da campaña electoral\".Os socialistas salientan que \"dos máis de 25 traballadores do Concello só dous son funcionarios e hai traballadores que levan encadeando contratos temporais 19 anos\"O socialista salienta que \"dos máis de 25 traballadores do Concello só dous son funcionarios, o persoal non ten convenio colectivo nin RPT [Relación de Postos de Traballo] que regule as súas funcións e conta no seu cadro de persoal con traballadores que levan encadeando contratos temporais durante 19 anos de forma consecutiva, un cúmulo de situacións irregulares que orixinaron a presentación de distintas denuncias e que agora a alcaldesa teme que lle poda representar un problema serio nas eleccións do domingo\"."}
{"ID": "NOS_50813", "summary": "Apenas 9,7 mil millóns do monto total foron dar ao orzamento grego, desvela un estudo publicado por dous investigadores alemáns da Escola europea de tecnoloxía e xestión de Berlín.", "text": "Grecia recibiu 216 mil millóns de euros nos resgates destes seis anos. Grecia? Non, o país heleno apenas se beneficiou dun 5% dese xurro de diñeiro. 216 mil millóns de euros dos que só 9,5 mil millóns foron dar ao orzamento de Atenas. A cantidade restante foi para, dun ou outro xeito, aos petos dos bancos europeos. Isto é o que afirman dous investigadores alemáns da Escola europea de Tecnoloxía e xestión de Berlín nun estudo que se vén de publicar no xornal económico 'Handelsblatt' e que é recollido polo portal luso 'Infogrecia'. Jan Hildebrand e Thomas Sigmund sosteñen que a prioridade dos resgates que se deseñaron pola Troika para Grecia foi salvar acredores privados e bancos, non axudar o pobo grego. Debullan para iso os diferentes resgates e amosan como case 87 mil millóns de euros dos resgates foron para pagar débedas antigas, mentres que máis de 52 mil millóns se destinaron a satisfacer xuros. Para recapitalizar a banca en Grecia investíronse 37,3 mil millóns de euros procedentes dos pacotes de resgate ao país heleno. Cuestión de prioridades Jörg Rocholl, responsábel da institución da que fan parte estes dous investigadores, afirma que \"os pactos de axuda serviron en primeiro lugar para resgatar os bancos\". Cuestión de prioridades. Rocholl é, asemade, membro do consello científico que asesora o Ministerio de Finanzas alemán, dirixido por Schäuble. Marcel Fratzscher, presidente do Instituto Alemán de Investigación Económica (DIW), afirma ao Handelsblatt que \"Grecia estaría hoxe en mellor posición se houbese un alivio da débeda no inicio da crise en 2010, moitos estragos teriamos evitado tanto para a Grecia como para a Europa no seu conxunto\"."}
{"ID": "NOS_7706", "summary": "Os contos mudaron e o modo de contalos, tamén. É o que está a demostrar o Festival Atlántica, que este ano tivo que desenvolver en liña parte da súa programación. Revisións de vellas historias da tradición europea, contos tradicionais galegos, poemas de transmisión oral ou relatos feitos con mímica son algunhas das propostas que está a achegar este encontro internacional de narración que xuntou xa a Charo Pita, Rubén Martínez ou José Luis Gutiérrez, e que acollerá aínda outras actuacións da primeira ou da directora do festival, Soledad Felloza.", "text": "Unha muller maltratada pola súa nai que se converte en loba. Un gaiteiro que serra uns pés para aproveitar as botas novas dun home que quedara sepultado na neve. Unha muller coa vaxina dentada. O vento, o lume, o sol e a lúa, que se meten no corpo dun humano para crear a linguaxe, o alento, a vista e o corazón. Foron algúns dos protagonistas dos contos de Charo Pita na programación de adultos do Festival Atlántica. A Igrexa da Universidade acolleu a actuación desta escritora e contadora, que pasou por distintas xeografías da tradición oral: da India aos bosquimáns, da Francia de Cyrano de Bergerac a Siberia. E fíxoo demostrando o oficio de narradora que ten, tras tantos anos de traxectoria: a capacidade de manter a atención do público estirando as historias e retomando fíos deixados atrás, o control da voz e da xestualidade, a facilidade para arrancar risos… Nun ambiente, ademais, nada doado, entre o frío da Igrexa e a distancia entre os membros do público imposta pola pandemia. Parte da programación do Festival Atlántica desenvolveuse porén en liña. O actor Santi Prego contou -e cantou- algún romance de cego, como o do matrimonio que morre ensartado a mans de dous mozos \"endrogados\", ou historias da Coruña, como a dunha muller que leva nunha bolsa os recordos dun vello ou o dun neno tan repugnante que acaba voando cos globos que a tía lle compra por non aturalo. Tamén un \"conto tradicional galego\" con feitura de conto de princesas e linguaxe de conto -antigo- para adultos. Tamén en liña, a causa dun positivo por Covid-19 na súa contorna, tivo que facerse, desde Salamanca, a actuación do contador, mago, actor e humorista Fernando Saldaña, que realizou un percorrido pola súa andaina como contacontos, volvendo contar historias presentes no seu repertorio desde os anos 80. Como unha Cincenta máis espelida que a do conto tradicional e algo violenta ás veces, mais igual de maltratada polas mulleres do seu pai e de condenada a ser rescatada polos homes -malia non agardar por un príncipe \"idiota\" que non a recoñece tras bailar con ela-. Ou a dun nobre castelán que burla o mesmo demo, ou o dunha vila que se ergue contra os abusos nobiliares a partir dunha discusión entre un plebeo e o criado do señor por unha troita. Historias raianas De Castela e León veu tamén José Luis Gutiérrez 'Guti', que contou no centro xove da Almáciga, en Santiago, historias de fiandeiros da zona de León-Zamora que ben poderían ser galegas, pois amosaban ademais ese pouso común que comparten moitos relatos da tradición oral procedentes das zonas rurais tradicionais. Como un que lle contou o alcalde de Lubián, Felipe Lubián, sobre como un rexedor de camisa azul pasa con axuda do cura unha radio de contrabando desde Portugal nos peores anos da posguerra. Ou outro conto sobre un galego que exporta a San Ciprián o invento do muíño, pois, tal como ironizaba 'Guti', o \"futuro\" viña sempre da Galiza: de Franco a Rajoy ou Fraga. A programación infantil de Atlántica contou tamén coa participación de Fernando Saldaña, Charo Pita, Pablo Díaz, Ramiro Neira ou Sandra Araguás. Tamén de Noelia Carioca, que transmitiu, entre outros, o seu conto do \"polo pelao\" que atopa unha saquiña de moedas que decide levarlle ao rei, salvando o pelello pola súa intelixencia e a súa capacidade para tragar desde ríos até árbores ou animais. Sandra Araguás contou, pola súa banda, unha historia dun medio polo con grande habilidade para o escapismo ou outra de princesas na que o príncipe que sae da ra acabada de bicar non quere casar coa princesiña, senón matricularse con ela na Universidade. Interesante? Atoparás a continuación desta reportaxe no Nós Diario de hoxe, dispoñíbel nos quiosques e librarías ou na nosa tenda online. Evita chegar tarde aos temas que che interesan tramitando con urxencia a túa subscrición!"}
{"ID": "PRAZA_2379", "summary": "Centos de persoas maniféstanse no Obradoiro volvendo reclamar \"pan, traballo e teito\" e chamando a \"traballar conxuntamente\" contra os que \"recortan os dereitos para facer negocio con eles\"", "text": "A unidade popular volveu saír á rúa para ocupar o Obradoiro. As Marchas da Dignidade volveron reivindicar \"pan, traballo e teito\" en Compostela, nunha convocatoria con menos cá do pasado ano. Malia todo, tres columnas entraron na capital galega para volver \"berrar pola dignidade do pobo que loita\" contra un goberno \"traidor ao servizo de potencias e multinacionais estranxeiras\". Así o dixo Nicanor Acosta, coñecido activista coruñés -ao que este venres a xustiza absolveu dunha sanción por intentar deter o desafiuzamento de Aurelia Rey-, encargado de ler un manifesto final na que as Marchas cualificaron de \"mafia\" a queles gobernos que \"non pensan nas persoas, só no negocio\" e que se \"comportan como criminais, roubando, mentindo e chantaxeando\". As Marchas cargaron contra os que \"recortan os dereitos para facer negocio con eles\" Ante centos de persoas e nun Obradoiro no que se puideron ver bandeiras republicanas españolas, nacionalistas galegas e símbolos de colectivos como Stop Desafiuzamentos ou colectivos contra a privatización sanitaria, Nicanor Acosta insistiu en que \"a chamada crise non é máis ca unha inmensa estafa perpetrada dende o poder económico\" co obxectivo de \"recortar os nosos dereitos e facer negocio con eles\" e coa colaboración da troika. \"Loitamos contra un Estado fallido que malvende os nosos dereitos ao poder económico\", insistiu. Desde as Marchas advertiuse que esta UE \"non é nosa nin nos representa\" e chamou a seguir saíndo á rúa para deter as políticas neoliberais e de austeridade reivindicando \"a unidade e a dignidade\" como as mellores \"armas\". Ademais, aludiu á \"privatización de hospitais como o de Vigo\" como exemplo do \"favorecemento de empresas privadas\" e criticou con dureza os \"recortes en dependencia\" mentres \"coidan con cartos públicos o pai de Rajoy\". As Marchas censuraron tamén os recortes en educación pública ou nos servizos de emerxencia, as políticas que \"acaban coa gandeiría e a pesca\" ou aquelas que \"malvenden as caixas galegas\", \"atentan contra o medio ambiente ou enchen de cemento as costas\" e mesmo as que \"ata poñen un imposto por usar o sol como fonte de enerxía\". \"O seguinte será cobrarnos por respirar\". Ademais, no manifesto alertouse tamén de que \"o feminicio siga sen tomarse en serio\" e alertouse dunha estratexia \"clara\" dos poderes dominantes: a de \"crear a crise, usala como escusa para recortar dereitos e basearse en cifras como o PIB para dicir que xa rematou cando chegan as eleccións\". E ante iso, as Marchas volveron reivindicar \"traballar conxuntamente para derrotar un inimigo poderoso\". Os manifestantes apelan á unidade e ao \"traballo conxunto\" para \"derrotar un inimigo poderoso\" \"Non nos calará, seguiremos a loitar\", advertiron os convocantes, antes de reclamar que non se pague a débeda ilexítima, o dereito á vivenda, os dereitos para as persoas migrantes ou a retirada da reforma laboral. Ademais, insistiron na defensa dos servizos 100% públicos e de calidade, na independencia da xustiza, na loita contra o TTIP, a corrupción, o fracking e a Lei mordaza ou a prol dunha \"economía ao servizo do pobo\". E reclamaron, tamén, xustiza para as vítimas de Angrois. Ao acto das Marchas acudiu Antón Sánchez, deputado de AGE; a coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz; e os alcaldes de Compostela e Ferrol, Martiño Noriega e Jorge Suáre, entre outros."}
{"ID": "NOS_15468", "summary": "Esta edición traerá tres películas e dous documentais de Chile, Arxentina, Brasil, Bolivia e México.", "text": "A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas regresa á gran pantalla coa realización da III Mostra de Cinema Latinoamericano. A cita terá lugar entre os días 2 e 6 de maio no Salón Oliveira do hotel Araguaney de Compostela e poderanse ver un total de tres películas e dous documentais de Chile, Arxentina, Brasil, Bolivia e México. \"Amal\" volve a Carballo con dous documentais e tres filmes de ficción Con anterioridade, a mostra presentouse ao público onte mesmo coa proxección da película chilena Pacto de fuga. O presidente da entidade, Ghaleb Jaber Martínez, explicou neste acto previo que a interrupción deste evento os dous anos enteriores veu motivada pola pandemia. Jaber Martínez parabenizouse de volver agora coa nova situación sociosanitaria \"cargados de ilusión\" e con propostas que tentan ofrecer ao público da capital galega \"unha visión, o máis ampla posíbel, da realidade social e cultural desta parte do planeta, tentando romper algúns estereotipos e poder achegarnos un pouquiño máis a unha cultura tan próxima e, ao mesmo tempo, tan afastada\" como é a latinoamericana. O papel da muller, protagonista do Festival Amal Programa variado Ademais da chilena Pacto de fuga (David Albala, 2020), pasarán pola Mostra compostelá o documental La cordilleira de los sueños (Patricio Guzmán, 2019, 2 de maio), a longametraxe arxentina Los sonámbulos (Paula Hernández, 2019, 3 de maio), o filme brasileiro Bacurau (Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles, 2019, 4 de maio), o documental boliviano Cholitas (Jaime Murciego, 2019, 5 de maio) e rematará coa longametraxe mexicana La civil (Teodora Ana Mihai, 2021, 6 de maio). A entrada a todos os filmes será gratuíta até completar a ocupación do salón mais será indispensábel confirmar asistencia previamente."}
{"ID": "NOS_50535", "summary": "Primeiro foi Viana do Castelo. Agora é o turno de Póvoa de Varzim, autarquia que a inícios de 2020 vai deitar abaixo a sua praça de touros. \"Somos contra o tratamento violento de animais\", diz o presidente da câmara municipal, o conservador Aires Pereira. Em Portugal as touradas recuam em toda a parte. Neste momento apenas há festejos taurinos em 12% dos concelhos do país.", "text": "Derrubar a praça de touros. Substituí-la por um espaço multi-usos em que se irão investir 7 milhões de euros. Esse é o projeto que tem por diante o governo local de Póvoa de Varzim, em mãos da direita. \"Evoluímos no tempo, o comportamento da sociedade mudou\", disse o autarca Aires Pereira, dirigente do Partido Social Democrata (conservador). A única formação que votou em contra da demolição é o ainda mais direitista CDS de Paulo Portas. Porém, a decisão não foi pacífica no seio do PSD até o ponto de três dos seus vereadores votarem contra o derrubo. Mas, à margem da resistência dalguns setores da direita, que as touradas retrocedem é um feito objetivo, um fenómeno geral em todo o país, como certifica Sérgio Caetano, da plataforma Basta de Touradas. Para ilustrar esta afirmação são suficientes dois dados: apenas 10% das autarquias nacionais subsidiam touradas e estes eventos só têm lugar em 12% dos concelhos do país. Caetano remarca que, contra o que se costuma acreditar, as touradas são em geral negócios ruinosos que só vão avante graças aos subsídios públicos. Apenas 10% das autarquias nacionais subsidiam touradas e estes eventos só têm lugar em 12% dos concelhos do país Por contra, desde a Federação Portuguesa da Tauromaquia, Pro-Toiro, o que se argumenta é que se as touradas estão protegidas pela lei —por considerá-las uma manifestação cultural—o Estado \"tem a obrigação de promover e assegurar o acesso dos seus cidadãos\" a estes festejos. Qualquer medida que fosse na direção de proibir as corridas de touros seria \"inconstitucional\", assinala Hélder Milheiro, presidente de Pro-Toiro. A praça de touros de Póvoa, inaugurada em 1949, é um equipamento municipal gerido também por uma empresa propriedade da autarquia, a firma Varzim Lazer. Tem capacidade para acolher 5.500 pessoas e o seu espectáculo de maior porte é a Grande Corrida TV Norte, que se realiza no mês de Junho e que costuma ser transmitida pela Radio Televisão Portuguesa (RTP)."}
{"ID": "PRAZA_19939", "summary": "Os viticultores alertan do \"desastre\" que supuxo un fenómeno \"nunca visto\" que arrasou boa parte da produción de catro das cinco denominacións de orixe galegas. Entre 13 e 16 millóns de quilos de uvas teríanse estragado e as perdas económicas ascenden a máis de 70 millóns.", "text": "\"Catastrófico\". \"Algo nunca visto\". \"Un desastre\". A baixada das temperaturas e a impresionante xeada que a madrugada do pasado xoves afectou Galicia cebouse coa produción de uva. Agás a das Rías Baixas, que se salvou, as outras catro denominacións de orixe vinícolas do país sufriron graves prexuízos aínda por avaliar en toda a súa magnitude. Nun campo galego golpeado xa pola seca, os cálculos aínda non oficiais apuntan a perdas de entre 13 e 17 millóns de quilos de uva e duns 70 millóns de euros. Hai colleitas enteiras estragadas e o temor de que a virulencia do carazo afecte mesmo a produción do ano vindeiro. A falta de avaliacións oficiais, a xeada provocou perdas de entre 13 e 17 millóns de quilos de uva e duns 70 millóns de euros \"Non foi unha xeada común, foi algo bestial e excepcional, demasiado forte, unha catástrofe... Unha fronte fría esaxerada nunha época na que non é normal\", di Bernardo Estévez, viticultor na Arnoia, na comarca do Ribeiro, que advirte que xente maior da zona non lembra \"nada igual\" ao acontecido a pasada semana. \"Hai viñedos afectados que están a 400 ou 500 metros de altura, algo nunca visto; foi unha fronte xélida que varreu con todo\", insiste. Tamén desde a comarca do Ribeiro, pero desde a súa capital, Ribadavia, o seu alcalde, Ignacio Gómez, fala de \"desastre\" e dunha situación \"extrema e urxente\". Á espera de que a Consellería do Medio Rural leve a cabo a avaliación de danos prometida e estableza a liña de axudas garantida, desde Unións Agrarias (UUAA) apúntanse a unhas perdas duns 72 millóns de euros e de máis de 16 millóns de quilos de uvas en toda Galicia. Atendendo aos cálculos dos consellos reguladores, un mínimo de 13 millóns de quilos teríanse estragado. A todo isto, habería que sumar o destinado a autoconsumo. Valdeorras xa anunciou que pedirá a declaración de zona catastrófica para a denominación de orixe e buscará un acordo co resto -Monterrei, Ribeira Sacra e O Ribeiro- para elevar unha petición conxunta ao Estado. \"Non foi unha xeada común, foi excepcional, demasiado forte, unha catástrofe...\", advirte un viticultor da Arnoia A denominación de orixe de Monterrei foi a máis prexudicada, sendo afectada o 95% da produción segundo UUAA, coa perda de ata un 70% dela, tal e como indica o consello regulador. En Valdeorras, a afectación tería chegado ao 80%, cun terzo das plantacións estragadas, mentres que no Ribeiro, os danos superarían o 75% de afectación e o 30% de viñas estragadas, con perdas de entre 4,5 e ata 7,2 millóns. Pola súa banda, na Ribeira Sacra, as perdas estímanse entre 2 e 3 millóns de euros en uva e con máis do 30% do produto estragado. A denominación de orixe de Monterrei foi a máis prexudicada, coa perda de ata un 70% da produción Segundo o sindicato agrario, perto de 22 millóns de botellas de viño non sairán ao mercado logo dunha xeada que provocará máis gastos axiña: os que supoñan a recuperación das vides mediante a podas e a aplicación de produtos cicatrizantes. No entanto, os efectos da xeada foron moi diferentes segundo as zonas das plantación. \"No Ribeiro, nas ladeiras do río Avia e Arnoia foi catastrófico, con perdas do 100% en moitos casos; noutros lugares máis altos ou nas beiras do Miño, a afectación foi de entre un 10 ou un 15% e mesmo houbo viñedos que non sufriron danos\", explica Estévez. \"Hai xente á que se lle estragou o viñedo enteiro, non quedou nada\", explica Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia, que advirte dun \"prexuízo enorme\" para moita veciñanza. \"Hai moitos que teñen a viticultura como a súa forma de gañar a vida, pero moitos outros producen para completar soldos que non son aquí nin moito menos altos; sexa como for, é un grave problema para todos\", engade. A Xunta critica que tan só o 20% dos viñedos galegos estean asegurados Desde a Xunta, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recoñede que a situación é \"delicada\" e xa avanzou un \"plan específico\", pero advertiu, como reproche, que tan só un 20% dos viñedos galegos están asegurados e asegurou que o viticultor \"non pode estar sempre ao abeiro da administración pública, de se hai sensibilidade ou se ten recursos\". Sindicatos e viticultores advirten de seguros moi caros e con pagos \"que non compensan para nada o que perdes\" \"O seguro, no caso das xeadas, non é tan doado facelo; non podes asegurar só aquelas zonas nas que prevés danos, tes que asegurar todo e o custo é moi alto, unha tolemia\", explica Estévez, que aclara que o que acaban pagando as aseguradoras \"non compensa para nada o que perdes\". \"Se todos os produtores tivesen seguro, non estariamos pedindo axudas ás administracións; a cuestión é que son moi caros e case en ningún caso asegura o 100%\", engade o rexedor de Ribadavia. Desde o SLG afóndase máis na problemática duns seguros agrarios cuxas pólizas \"non se adaptan á realidade do país, adoitan a ser moi caras e, decotío, as indemnizacións a que che dan dereito son insuficientes\". Así, poñen o exemplo de uvas como a Godello, que cotiza a un vallor de arredor de un euro pero pola que o seguro só dá unha indemnización de 40 céntimos en caso de perda. Outras, como Treixadura, teñen compensacións de 80 céntimos. Desde a oposición no Parlamento galego, En Marea, PSdeG e BNG En xa reclamaron á Xunta a establecer unha liña de axudas específicas para cubrir os danos ocasionados e que se faga xa unha valoración, prometida pola conselleira do Medio Rural nesta fin de semana. \"Hai xente que estivo traballando todo o ano para nada para non ter colleita; o único que lles queda e manter as viñas para o próximo\", explica Estévez, que non esixe \"axudas directas\" pero que, polo menos, \"os agricultores non teñan máis gastos fixos despois do ocorrido\". \"Fenómenos como esta xeada teñen que ver co cambio climático; os cambios nos últimos catro anos son extremos\" Para este viticultor, é importante reparar en que \"a problemática é global\". \"Por moito que digan algúns, fenómenos como esta xeada son efectos do cambio climático; a xente do campo sabemos que as cousas mudaron moito ultimamente e de catro anos cara a aquí é algo extremo\", insiste. \"Temos que deixarnos de darlle voltas e de falar e poñernos a actuar e instaurar unha liña de axudas, dá igual que se faga a través da declaración de zona catastrófica ou doutro xeito, pero ten que haber maneiras de paliar os danos porque o que se perdeu xa non volve e foi moito. Non podemos demorarnos\", explica Gómez, rexedor de Ribadavia, que alerta de expertos que \"temen xa pola próxima colleita, non por esta perdida\". \"O efecto da xeada pode afectar a vide\", alerta. A isto, asegura Estévez, úneselle a seca. \"No verán, logo desta época sen chuvias, as reservas de auga van ser mínimas e a unha desgraza vaise sumar outra\", remata."}
{"ID": "NOS_51911", "summary": "Este 15 de xuño, alén do semanario habitual, as nosas lectoras e lectores poderán ler de vagar un suplemento de 64 páxinas en que debullamos moitos temas. E a cultura non podía faltar, por suposto. Con protagonistas e analistas que comentan o presente e nos nos sinalan os retos que nos trae o futuro.", "text": "Este suplemento V Aniversario recolle 15 entrevistas e 15 pezas analíticas que representan unha radiografía da situación do país e da súa evolución nos últimos cinco anos. E faino da man de 31 persoas representativas de todos os ámbitos. E a cultura é unha peza fundamental neste país e así está tratada neste especial no que contamos con nomes como Ignacio Vilar, Vítor Belho, Manuel Vilar, Mercedes Queixas, Belén Bouzas, Xosé Ramón Ermida ou Carlos Biscaínho. Que nos falan de cinema, música, patrimonio, literatura, historia e teatro. Mercedes Queixas, profesora e escritora, aborda o sistema literario desde a cultura formadora e como motor de investimento económico e ofrécenos unha revisión da literatura no país, con grandes creadoras e creadores, carente do investimento, da visibilización, difusión e internacionalización necesaria por parte da Xunta de Galiza. Con Ignacio Vilar falamos dos seus éxitos pasados e dos seus proxectos de futuro. E confésanos que levar ao cine a biografía de Rosalía é unha das súas maiores ilusións. E sinala o principal reto para o que vén: \"Ter claro que temos que contar as nosas historias no noso idioma\". Da man do antropólogo e escritor Manuel Vilar poderemos ler unha análise da situación do patrimonio galego, no que fala de cinco anos perdidos ou de \"obscena pasividade\" e no que alerta de que \"o consumismo entra no campo do patrimonio e enténdeo como un elemento máis da industria cultural\". Pola banda histórica, Xosé Ramón Ermida debulla a negación do Reino de Galiza na historiografía oficial. Tal feito non existe no relato da oficialidade, mantén, porque non pode recoñecer a existencia dunha realidade plurinacional previa. No terreo do teatro, entrevistamos ao profesor da UDC Carlos Biscainho, que nos descobre as dramaturgas do futuro e analiza os últimos cinco anos nos que o teatro galego pelexou por saír da crise e no que abrollaron novos talentos ao abeiro da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Tamén Vítor Belho nos conta as súas experiencias froito do seu traballo nos seus máis de 30 anos de experiencia na industria musical. Os erros, os acertos, as posibilidades de internacionalización da nosa música e os retos que nos quedan por abordar. E, por último, Belén Bouzas -especialista en literaturas lusófonas- ensínanos sobre a literatura de combate e a forza da resistencia cultural no Brasil. E cóntanos sobre as mulleres e os homs que se opuxeron aos diferentes reximes ditatoriais e que abordaron nos seus textos a denuncia das torturas e a represión sufrida."}
{"ID": "PRAZA_4631", "summary": "A Asociación de Espacios de Coworking organiza este venres e sábado os Coworking Days, un evento de encontro e debate que acolle Magma Espacio, unha plataforma de traballo que botou a andar hai uns meses.", "text": "O coworking non designa só un determinado tipo de espazo de traballo, senón tamén e sobre todo, unha forma de traballar, baseada na interrelación entre distintos proxectos, profesionais e disciplinas. O encontro, o contacto, o coñecemento mutuo é, pois, fundamental. De aí a importancia de eventos coma o que se celebra este venres e sábado no Magma Espacio de Ourense, os Coworking Days organizados pola Asociación de Espacios de Coworking. Esta iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer os beneficios e vantaxes do coworking, a través de presentacións, debates e outras accións divulgativas de todos os espazos. As actividades comezaron este venres pola mañá, cunha sesión aberta na que Magma Espacio, unha plataforma de traballo que botou a andar hai uns meses en Ourense converténdose no primeiro espazo de coworking da cidade, ofrece de balde unha serie de postos nos que calquera persoa interesada polo coworking pode probar os servizos que ofrece. Ofrécese, ademais, un almorzo achegado pola explotación de leite ecolóxico de Allariz, Ecoleia, e un xantar colectivo, mentres se presentan e debaten as vantaxes do cotraballo. Xa pola tarde realízanse as presentacións formais de espazos e proxectos, a cargo de Espacio Arroelo (Pontevedra), WeKCo (A Coruña) e DoutroXeito Coworking (Compostela). O sábado continúan estas dúas xornadas de portas abertas, cun novo almorzo e novas presentacións, que rematan cun torneo de ping pong, chamado Net pingpong Cup. O Coworking debe ofrecer algo máis que un espazo: debe proporcionarlle ao traballador un entorno creativo, que propicie as sinerxías con outros proxectos e profesionais, xerador de contactos Os autónomos e autónomas galegas buscan elementos de colaboración mutua e tamén de aforro de custes, ante as dificultades crecentes ás que teñen que enfrontarse para desenvolver a súa actividade. A recente decisión do Goberno de elevar a cotización que a maior parte deles debe pagar cada mes é un obstáculo máis, que se suma a outros que fan moi dura a posta en marcha de novas iniciativas empresariais ou de autoemprego, ás veces obrigadas pola pobreza do mercado laboral e, noutras, a única alternativa a marchar a outros territorios do Estado ou outros países na procura de traballo. En Galicia cada vez son máis os espazos de coworking; atopámolos en todas as cidades e tamén nalgunha vila como Cangas, Arteixo ou Silleda. Por unha tarifa mensual (variable, dende 60 euros as máis económicas até 300 as máis custosas), ofrece unha serie de servizos comúns: un lugar de traballo, conexión a internet, teléfono, unha caixa de correo, un espazo de reunións... É buscado por un determinado tipo de profesional como unha alternativa ao illamento de traballar na casa e como forma de contar cunha oficina a un prezo reducido. Pero debe, ademais, ofrecer algo máis: debe proporcionarlle ao traballador un entorno creativo, que propicie as sinerxías con outros proxectos e profesionais, xerador de contactos. Cando o coworking funciona de verdade, as sinerxías xorden: \"Estamos convencidos de que a idea de poder xuntar a diferentes profesionais nun mesmo espazo, propiciará de seguro que van a xurdir sinerxias entre os coworkers. Soamente isto xa é unha razón de peso para decidírmonos a crear un espazo colaborativo\", destacan dende Magma Espacio, que definen o coworking como \"unha filosofía de traballo que permite a freelances e pemes traballar dunha maneira individual e á vez conxunta\" e que busca \"sacar os autónomos da casa e das súas rutinas diarias de traballo\". Conclúen que \"non é só un espazo de traballo, senón que se buscan as relacións, crear unha rede de contactos entre profesionais, que facilitan o labor de todos, crean sinerxías e comezar, chegado o caso, novos proxectos conxuntos\". Entre as vantaxes do coworking están o \"compartir opinións sobre o proxecto no que estás a traballar, a redución de custes, o aumento da produtividade, ou dar unha imaxe de empresa máis potente\" Neste momento en Magma Espacio traballan oito persoas de seis empresas diferentes, dende o deseño gráfico, á fotografía ou o deseño web, pasado pola venda de mobiliario online, a realización dunha web cultural ourensá ou informáticos. Dende Magma destacan que \"canta maior diversidade, mellor, pois se facilitan as interrelacións entre distintos proxectos\". Para os responsables deste espazo, entre as vantaxes do coworking están o \"compartir opinións sobre o proxecto no que estás a traballar, a redución de custes fronte a traballar nunha oficina ti só, o aumento da produtividade pois estar rodeado de xente traballando axuda a que rendas máis, ou dar unha imaxe de empresa máis potente\". E conclúen que \"ter unha persoa que domina o seu sector ao teu lado e cando che fai falla botas man dela. É cuestión de tempo que xordan proxectos conxuntos de forma máis habitual\"."}
{"ID": "NOS_10488", "summary": "Mobilizacións do persoal técnico do Servizo de Prevención de Incendios fronte á sede da Consellaría de Medio Ambiente.", "text": "A pesar de que o período de alto risco de lumes non comeza oficialmente até mañá, 1 de xullo, a día de hoxe a Xunta da Galiza carece aínda de estratexia e de plan de traballo para as persoas encargadas de coordinaren a loita contra os incendios forestais no noso país. Por iso, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UXT, ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da Consellaría de Medio Rural, protagonizaron durante a xornada de onte mobilizacións diante da consellería do Medio Rural, desenvolvendo ademais da concentración unha asemblea na que participou todo o persoal empregado público afectado. Nesta asemblea acordáronse novas medidas de presión e denuncia da \"ausencia de estratexias de funcionamento\" do servizo de incendios da Consellaría de Medio Rural co persoal que coordina e xestiona a defensa contra os incendios forestais da Galiza. Cun acordo de condicións de traballo do ano 2008 \"desfasado polos cambios na Consellaría, distribución de persoal e as condicións de xestión do monte e bioclimáticas actuais\", as organizacións sindicais sosteñen que non está asegurada \"a capacidade de resposta do sistema e do cadro de persoal ante unha situación tan difícil como son os incendios forestais\". Este acordo foi denunciado por CIG, CCOO, CSIF e UXT o 30 de agosto de 2019, despois de tentar a súa modificación desde maio de 2018, xa que \"contradí varios preceptos da normativa laboral\", polo que reclaman con urxencia a sinatura dun novo acordo."}
{"ID": "PRAZA_11170", "summary": "A infraestrutura discorrería paralela entre a xa existente A-75 Chaves-Verín e a mellora da estrada convencional entre a cidade de Bragança e a estación de Seabra", "text": "A infraestrutura discorrería paralela entre a xa existente A-75 Chaves-Verín e a mellora da estrada convencional entre a cidade de Bragança e a estación de SeabraConcellos fronteirizos do sueste da provincia de Ourense e de Trás-os-Montes están a impulsar a construción dunha nova autovía que conecte o interior do norte de Portugal coa estación de AVE que haberá na Gudiña. A iniciativa vén de contar co apoio da Xunta, que tras reunirse cos municipios implicados anunciou este luns que reclamará a infraestrutura á Comisión Hispano-Lusa para a Cooperación Transfronteiriza, trasladando así a presión aos gobernos socialistas dos dous estados. Porén, a vía tería que atravesar dous espazos protexidos: o Parque Natural de Montesinho, en Portugal, e o espazo galego da Rede Natura 2000 de Pena Maseira.A nova vía, segundo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, \"facilitaría o acceso directo á liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid\". Similar argumentación empregou este luns, tras reunirse cos rexedores, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para quen \"ante a chegada do AVE resulta positiva a alianza dos alcaldes da área da Gudiña e representantes da comarca portuguesa de Trás-os-Montes para sacarlle a máxima rendibilidade a través dunha nova conexión internacional por autovía entre o nordeste de Portugal e a futura estación da Gudiña\".\"Esta autovía sería clave para lograr que a estación de tren da Gudiña sexa unha verdadeira porta de Galicia ao AVE e convertería a este municipio ourensán nun nó de comunicacións de transporte ferroviario de viaxeiros da Eurorrexión, coas oportunidades que isto podería abrir para os territorios de ambos os lados da Raia\", sinala a Xunta.A Xunta, que agora reclama a autovía, considera que o espazo protexido de Pena Maseira é importante para garantir a continuidade natural, a xeito de corredor verde, entre o Macizo Central ourensán e o gran parque natural de MontesinhoEsa nova autovía discorrería paralela, uns 30 quilómetros cara ao leste, á xa existente A-75 Chaves-Verín, que ao enlazar coa Autovía das Rías Baixas (A-52) dá xa acceso á Gudiña e á súa nova estación. Ademais, outros 40 quilómetros máis ao leste está prevista a mellora da estrada convencional que conecta a cidade de Bragança coa estación de AVE que tamén haberá en Pobra de Seabra -tanto a estación da Gudiña como a de Seabra teñen unha finalidade máis técnica e de seguridade que comercial, polo que nelas só pararán algúns dos trens que circulen entre Galicia e Madrid-. A propia Xunta, que agora reclama a autovía, considera do espazo galego protexido que atravesaría, Pena Maseira, que este é importante para garantir a continuidade natural, a xeito de corredor verde, entre o Macizo Central ourensán e o gran parque natural portugués de Montesinho. A visión desde os concellos galegos da zona é que a mellora da estrada entre Bragança e Seabra fará que sexa esa estación a que se converta en referencia para Trás-os-Montes, algo que só se podería evitar construíndo unha autovía con mellores prestacións ata A Gudiña. Pola contra, outras entidades como o Eixo Atlántico, que asocia ás principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal, e da que forma parte Bragança, advirten da pouca demanda que tería no norte de Portugal unha autovía como a que se reclama por esa zona. Á autovía xa existente entre Chaves e Verín e a reforma prevista da estrada entre Bragança e Seabra hai que engadir que a cidade portuguesa, principal núcleo de poboación da zona pero con só 35.000 habitantes, ten tamén conexión en parte por autovía e en parte por estrada nacional cara á cidade de Zamora, xa con AVE. O Eixo Atlántico, pola contra, aposta porque a estación da Gudiña se converta en referencia para o interior de Ourense e Valdeorras a través da mellora da estrada autonómica que conecta A Rúa co Bolo e A Gudiña."}
{"ID": "NOS_31216", "summary": "Por primeira vez na historia, o galego xa non é o idioma habitual da maioría da poboación de Galiza. Como chegamos aquí e, sobre todo, que facer para saírmos de aquí?", "text": "Por primeira vez na historia de Galiza desde o século IX, o galego xa non é o idioma habitual da maioría dos seus habitantes. Menos do 50% dos e das galegas ten o galego como lingua cotiá, segundo os dados debullados polo Instituto Galego de Estatística do censo de vivendas e poboación do INE. Non é un informe exhaustivo nin un macroestudio como os da Real Academía Galega cos seus mapas en 1994 ou 2004. Bótanse en falla desgloses por idades, información sobre comprensión lectora no idioma... mais todos coinciden que amosa unha tendencia (queda de falantes habituais en galego) sobre a que desde hai anos advirten colectivos e entidades que traballan a prol do idioma. As persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2011, pasando do 57 % daquela ao 44% actual. Aumenta o grupo que afirma falar a lingua propia de Galiza \"ás veces\" (do 30 ao 45%) e os monolingües en español sitúanse no 11%, 2 pontos menos que hai unha década. A Xunta xa mostrou a súa satisfación por estes dados e aproveitou para recuperar as loas ao 'bilingüismo harmónico' fraguiano. Desde o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego a interpretación é ben outra: o idioma váisenos aos poucos das mans e das bocas. Mais cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel. As persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2011, pasando do 57 % daquela ao 44% actual \"Sendo realistas, a situación é grave\", di Nel Vidal, presidente da Coordenadora de Traballadores/as pola Normalización Lingüística (CTNL), que incide sobre todo na situación do idioma na mocidade: \"O futuro está na xente de 10, 20 anos e aí a presenza do galego é moi, moi baixa\" manifesta a Sermos Galiza. Para Sechu Sende, profesor e escritor que ten tratado nas súas obras (Made in Galiza, por exemplo) a situación social da lingua; os dados \"non son unha novidade, é o resultado esperábel dunha traxectoria\". A tamén escritora e profesora Mercedes Queixas pide tomar \"con cautela\" uns dados que non proveñen dun estudo ou análise exhaustiva. Mais considera que sin un \"baño de realidade que dan e tiran a razón aos que queren evitar a substitución lingüística do galego e aos que non valoran a realidade\". Para o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego, cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel. Prudencia é o que pide tamén Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega (RAG), mais que a valoración que fai a Sermos Galiza é \"a título persoal\". Monteagudo considera que \"é prematuro extraer conclusións\" dos dados do IGE e considera que non se debe caer en \"interpretacións catastrofistas. Eu sería cauteloso\". A reportaxe completa tela no Sermos Galiza nº119, así como as opinións de Pilar García Negro, Marcos Maceira e MIguel Penas, e o cartograma de Calidonia Hibernia"}
{"ID": "NOS_416", "summary": "Coa chegada do verán obsérvase a proliferación de feiras de artesanía, de maior ou menor escala. Coñecemos de primeira man a relevancia que estes eventos seguen supoñendo para as artesás, así como a aparición de novos modelos de venda directa que reinventan a relación coa clientela e a percepción do produto.", "text": "\"Para nós, as feiras sempre foron o noso medio de vida. Foi o primeiro oficio que aprendín, a ser feiranta, non artesá\", lembra a revolucionaria zoqueira Elena Ferro, que xa de cativa acompañaba o seu pai e súa tía Agripina a estes eventos. A venda en feiras chegou a supor o cento por cento da facturación do seu negocio. \"Nós só vendiamos na feira até hai pouco. E agora representa o 50%, máis ou menos\", estima. No caso de Edita Oca, artesá peleteira de Jatafarta, a porcentaxe chega até un 70% dos ingresos totais. Con todo, explica a Sermos Galiza que cada ano intenta \"participar en menos feiras e asistir a aquelas que concentran máis público ou público de mellor calidade, xa que expoñer conleva gastos importantes\". De aí que a escolla sexa fundamental. Novos paradigmas Se ben a relación entre feira e artesanía vén de lonxe, o traballo de todas elas non se orienta cara a esta forma de venda directa. A ourive Susi Gesto sinala que polo seu modo de traballo, no que cada peza é única, non ten senso andar a facer feiras, pois ademais dos custos que lle supón, implica o feche do obradoiro aberto ao público que ten en Compostela. Porén, si que é fiel a un encontro, Corazón de Artesanía. Esta mostra que ten lugar nos Pendellos (Agolada) \"é a feira que máis dignifica o traballo artesán tal como eu o entendo\". Para Gesto, \"recolle tradición e innovación, non desliga unha cousa da outra\". Corazón de Artesanía, cita que as tres artesás coinciden en destacar, cumpre un importante labor de visibilización dos oficios mediante talleres e exhibicións. \"Non é só ir visitar postos cos produtos. É unha feira participativa\", conclúe Ferro. Por iso, \"as feiras de artesanía deberían estar orientadas cara a iso. A xente valora moito máis un produto se o ve facer\". Oca fala dunha mudanza de formatos coa aparición de alternativas ás feiras tradicionais de artesanía que decorren noutro tipo de eventos mixtos combinados con actividades gastronómicas e/ou concertos que saen da rúa para se instalaren noutros espazos (museos, lugares de interese histórico, etc) e que \"constrúen un escenario máis interesante ou, cando menos, máis innovador que axuda a que a artesanía deixe de entenderse como un souvenir e pase a formar parte do consumo sustentábel, local e responsábel do gran público\". Corazón de Artesanía sería o paradigma perfecto deste modelo. De maneira análoga, Oca admite que o traballo no seu sector resulta moi solitario e que as feiras favorecen un contacto co público que \"sanea a nosa maneira de traballar, axúdanos a ver o noso traballo desde fóra, a comprobar que o que facemos se entende e ten un público\". As sinerxias que xorden entre artesáns e clientes son tamén fundamentais para Ferro. Moitas das innovacións que aplica aos seus produtos proveñen da escoita de necesidades e suxestións, como aconteceu cos zocos veganos. Malia que hai feiras todo o ano, o bo tempo e o turismo favorecen a súa convocatoria en época estival, converténdoa, xunto co Nadal, nas datas máis sinaladas. Xa entrado agosto, aínda quedan eventos para achegármonos ao mundo da artesanía. Ademais destas feiras, existen moitas outras que se desenvolven ligadas a romarías ou á súa derivación contemporánea do festival. Corazón de artesanía, a feira sustentábel Arredor de 9000 persoas visitaron entre o 5 e o 7 de xullo Corazón de Artesanía, organizada pola Consellaría de Economía como espazo de consolidación e expansión do sector artesanal galego. Con este fin, a oitava edición contou coa participación de 66 artesás de 27 oficios, aos que se unen os 47 expositores de alimentación de Artesanía no Prato, iniciativa que busca as sinerxias entre artesanado e cociña de vangarda. Á venda súmanse as demostracións en vivo dos diferentes saberes, así como diversos obradoiros orientados tanto para crianzas como para adultas. O encontro tamén dá importancia á formación das propias creadoras con cursos especializados, entre os que este ano destacou o impartido por Aroa Veiga (Gondomar), dedicado á confección de complementos zero waste, unha técnica que persegue o aproveitamento do 100% da tea empregada. Sustentábel é a palabra que define este camiñar do funámbulo da artesanía, que busca o equilibrio entre o saber do pasado e as innovacións e necesidades do presente."}
{"ID": "PRAZA_12010", "summary": "O sistema está que se sae. A masa protesta máis que nunca e ademais sente a satisfacción individual de que funciona, de que os seus emails e os seus textazos do Facebook non van a un enorme colector de lixos virtual, senón que lle chegan ao mandamáis e pásase dous días e medio lendo nomes de cidadáns comprometidos. Benvido ao seu mundo. O que queda del.", "text": "Mentres pensamos que facer co país -se o abandonamos sen recoller os restos, como a unha festa en casa allea, ou queda algo que salvar antes de que o último en saír peche a porta e apague a luz- aínda temos tempo para redactar unha beleza de manifestos con intención reivindicativa e salvavidas do que vén sendo A Cultura, A Política e as dúas cousas xuntas. Neste estado, o mellor que podemos facer é escribir un folio con ocos polo medio onde se poña o obxecto do pranto, o suxeito do cabreo, un breve parágrafo de explicacións -non moitas- e un epílogo de ameazas ao aire coa man axitada. Firme aquí, selo e abundante lista de cidadáns. Unha das herdanzas que nos deixou o fraguismo é esa delegación de responsabilidades, esa democracia representativa a tope na que, á hora de buscar culpables, só se nos ocorre un. Todos sinalan co dedo ao responsable máximo de todo o malo, ao xefe de todo isto, porque tamén é verdade que antes era o suxeito activo de todo o bo, das alfombras vermellas e os siseñores, que até parecía que pagaba os auditorios do seu propio peto. O fraguismo, como cultura política autóctona que implica esa administración dadora (e agora quitadora) de vida, é o espazo no que temos que convivir nos próximos anos. A estas alturas non se sabe exactamente cantos, porque agora todo proceso de renovación -aínda que sexa a única palabra que se escoita-, de repensamento ou de análise atópase en estado de standby ou, xa directamente, de shock. No tempo que vostede está a ler isto xa lle encheron a caixa de correos con cousas para asinar en Actuable.es, esa ferramenta que presume de \"cambiar o mundo\". A culpa tamén é da revista Time, non vaiamos pensar que é o noso feito diferencial. Aquela portada de 2006 sinalaba que a persoa do ano era vostede. \"Si, vostede. Vostede controla a Era da Información. Benvido ao seu mundo\", dicía o texto cun computador sospeitosamente branco impreso, dous anos antes de decatarnos que non pintabamos nada en todo isto. Visto agora é unha distopía como un templo, pero naquel momento celebrouse en internet como a revolución popular e a confirmación de que os paxaros, por fin, volvíanse contra as malditas escopetas. Se a iso engadímoslle o famoso The protester do ano pasado, o cidadán sente que si, efectivamente, pode \"cambiar o mundo\" sen cortar nin unha soa cabeza. O sistema está que se sae. A masa protesta máis que nunca e ademais sente a satisfacción individual de que funciona, de que os seus emails e os seus textazos do Facebook non van a un enorme colector de lixos virtual, senón que lle chegan ao mandamáis e pásase dous días e medio lendo nomes de cidadáns comprometidos. Benvido ao seu mundo. O que queda del."}
{"ID": "NOS_31456", "summary": "O Instituto Xeolóxico e Mineiro recoñece unha campaña promovida por varios colectivos galegos para dar a coñecer a situación crítica das presas de residuos mineiros da explotación de San Finx co Premio Día Planeta Terra 2020.", "text": "O Instituto Xeolóxico e Mineiro (IGME), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, recoñece co primeiro Premio Día Planeta Terra 2020 na categoría de interaccións en redes unha campaña que pretendía denunciar a situación crítica e de abandono dunhas instalacións de residuos de máis de 80 anos de actividade. A candidatura foi a que maior número de interaccións recibiu nas redes sociais, recibindo apoios de todo o mundo. A candidatura premiada recollía unha detallada descrición da maior das presas de residuos mineiros, construída en 1939 pola mineira británica The San Finx Tin Mines Ltd. Impacto ambiental Esta presa de 12 metros de alto e 50 de ancho de coroación erixiuse seguindo un método de decantación de lodos, frecuente nas colonias británicas, que implicaba levantar diques cortando vales fluviais e do que quedan moi poucos exemplos en pé debido aos colapsos ou desmantelamentos. De feito, a presa foi protagonista da chamada \"Catástrofe de 1960\" na que os lodos chegaron até a ría de Noia e sobre a que se filmou o documental \"San Finx 1960\" de Irene Pin. Tanto esta presa como outra máis pequena constaron nos plans anuais de labores da mina ata que a empresa deixou de os presentar no ano 2000. Na actualidade están en situación de total abandono e a súa falla, segundo un informe de Augas da Galiza de 2017, produciría un importante impacto ambiental. Dilixencias penais Tentando fuxir das súas responsabilidades sobre as presas, a Dirección Xeral de Minas encabezada por Ángel Bernardo Tahoces e a concesionaria do Grupo Sacyr pretenderon facer pasar as presas de residuos por instalacións hidroeléctricas, o que derivou no inicio de dilixencias penais por presuntos delitos contra o ambiente, prevaricación ambiental e falsidade documental. Os colectivos que promoveron a campaña galardoada -ContraMINAcción, Montescola, Verdegaia e Vida e Ría ou Minaría?- esperan que este premio \"consiga dar visibilidade a esta situación insostible no tempo\" e contribúa a forzar as Administracións \"a deixar de mirar para o outro lado\"."}
{"ID": "NOS_1978", "summary": "O proceso provocou críticas de varios congresistas.", "text": "O Goberno dos EUA aprobou unha venda de armas por valor de 735 millóns de dólares (máis de 600 millóns de euros) a Israel, nun acordo que ve a luz en pleno bombardeo israelí sobre Gaza, que hoxe continuaba, e que deixa xa 200 palestinos mortos, incluídos 58 menores. O acordo, que contempla a entrega de armamento de precisión, foi notificado polo Executivo do presidente Joe Biden ao Congreso o 5 de maio, segundo varias fontes consultadas polo diario The Washington Post. Isto é, case unha semana antes de comezar o intercambio de ataques a ambos os dous lados da fronteira de Gaza. O Goberno está obrigado a notificar este tipo de acordos ao poder lexislativo e, habitualmente, non transcende até que o Congreso lle dá un visto bo informal. Tras a notificación, os lexisladores teñen 20 días para presentar obxeccións. Varios congresistas xa terían expresado o seu malestar por este paso, malia que tradicionalmente a clase política estadounidense foi pro israelí e mantivo un discurso común a ambos os dous lados do espectro político, tanto demócrata como republicano. Un demócrata que forma parte da Comisión de Exteriores da Cámara de Representantes puxo en cuestión tanto o fondo do acordo como o momento en que se anunciou. \"Permitir que siga adiante este plan para vender bombas intelixentes sen facer presión a Israel para que acorde un cesamento do fogo só aumentará o masacre\", lamentou. Veto na ONU Ademais, Estados Unidos bloqueou por terceira vez nunha semana a emisión dunha declaración conxunta do Consello de Seguridade para condenar a violencia en Israel e a Faixa de Gaza e pedir un cesamento do fogo. A declaración, que se discutiu o domingo foi presentada por Noruega, Tunisia e a China tras unha sesión de urxencia do Consello pola escalada de violencia, e criticaba ambas as partes. No entanto, as negociacións seguen en curso. Durante a sesión aberta do Consello, a primeira xa que as anteriores se desenvolveron a porta fechada, a embaixadora dos Estados Unidos ante a ONU, Linda Thomas-Greenfield, asegurou que o seu país está \"a traballar incansabelmente a través das canles diplomáticas para tratar de pór fin a este conflito\". Ademais, pediu a Hamas que deixe de lanzar foguetes cara a Israel. Berlín, con Israel Ademais, a presidenta do Goberno alemán, Angela Merkel, volveu condenar os ataques de Hamas con foguetes, e trasladou ao primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, que teñen \"dereito\" a defenderse e protexerse ante o \"terrorismo\". A oficina de Netanyahu agradeceu as palabras da mandataria alemá. \"Aquí non hai unha vida que valla máis que outra. Toda vida é digna\", afirmou o portavoz de Merkel, Steffen Seibert. Ademais, dixo que o Executivo \"continuará a tomar medidas decisivas contra as protestas en Alemaña que difunden o odio e o antisemitismo\". Políticos de todo o espectro alemán condenaron os cánticos antisemitas nas manifestacións a prol de Palestina da fin de semana, así como a queima de bandeiras israelís fronte a sinagogas. Segundo os medios alemáns, dous xudeus foron agredidos. MSF Médicos Sen Fronteiras, por outra banda, denunciou esta segunda feira os ataques \"inxustificábeis\" de Israel sobre unha das súas clínicas en Gaza na fin de semana que causaron a morte de 42 persoas, entre estas dez menores."}
{"ID": "PRAZA_2802", "summary": "O cabeza de lista coruñés do partido de Albert Rivera atribúe a \"mentiras da vella política\" a crenza de que carece de propostas para Galicia tras indicar en televisión que non terá iniciativas concretas para o país ata despois do 20-D. Vídeo no interior.", "text": "Parte das expectativas electorais dos partidos nas eleccións xerais do 20-D xóganse nas pantallas, nas da televisión pero tamén nas de internet. Nese ámbito foi onde chegou o primeiro gran esvarón do partido de Albert Rivera en Galicia. Tras evitar acudir a un debate en V Televisión, o cabeza de lista da formación pola Coruña, Antonio Rodríguez, foi entrevistado nesa mesma canle e, ao ser cuestionado polas súas propostas para Galicia, dixo que non tería tal ata despois dos comicios. Tras un importante espallamento do vídeo polas redes sociais o partido laranxa continuou celebrando encontros e paseos electorais por diversos puntos do país, se ben o seu servizo de comunicación está a tentar blindalo das preguntas da prensa. Este xoves, en plena polémica pola iniciativa incluída no programa de Ciudadanos para eliminar as cuestións de xénero da lei contra a violencia de xénero e pola defensa que da mesma realizou en TVE a súa número 3 por Madrid, a lucense Marta Rivera, Rodríguez tiña convocado un paseo polo mercado de Salgueiriños, en Santiago. Ao evento só foran convocados fotógrafos e cámaras, co obxectivo de que puidese ser captada a imaxe do candidato repartindo propaganda electoral e parolando coa veciñanza, pero sen posibilidade de preguntas. Ao acto tamén acudiron, non obstante, redactores aos que o servizo de comunicación do partido advertiu de que non sería posible realizarlle cuestión ningunha a Rodríguez. Os actos do candidato están a ser convocados só para medios gráficos e o servizo de comunicación do partido informa de que non responde preguntas Así as cousas, o persoal dos medios que cubriu o devandito paseo só logrou unha breve conversa informal co representante de Rivera na Coruña, que aproveitou a ocasión para asegurar que o seu partido non prevé paralizar o AVE a Galicia. Iso, dixo, non é máis ca unha \"terxiversación\", precisamente, dos medios de comunicación. Este venres a cita con Rodríguez era en Ferrol e, novamente, a convocatoria cinguiuse unicamente os medios gráficos. No entanto, despois do paseo Ciudadanos difundiu un comunicado no que informou de que Antonio Rodríguez \"propón conectar Ferrol con Tui a través dunha autovía de balde\", sen especificar se se trataría de liberar de peaxe a AP-9 ou de construír un vial alternativo. Esta, di a nota, é unha das \"partes\" do programa de Ciudadanos, se ben a proposta non figura no documento difundido dende a dirección do partido. Culpa da \"vella política\" Rodríguez atribúe a súa falta de propostas para Galicia a \"mentiras da vella política\" Estes episodios prodúcense días despois de que, ao fío da cuestionada intervención en V Televisión e a través doutra nota de prensa, Antonio Rodríguez atribuíse a súa falta de propostas a \"mentiras\" da \"vella política\". \"O obxectivo de PP, PSOE e os nacionalistas galegos é atacar á formación de Albert Rivera nun momento en que os españois saben que esta é a verdadeira opción de cambio político\" e de \"ruptura definitiva co bipartidismo e coa forma antiga de facer política\". \"Por suposto -afirmou daquela Rodríguez- que Galicia e A Coruña están presentes no noso proxecto\". Ten, afirma, \"medidas destinadas ao millón de coruñeses en infraestruturas, educación turismo, economía, industria, sanidade, dependencia...\", se ben \"nestas eleccións xerais\" teñen un \"programa baseado na unidade e na corresponsabiliade de España, sempre dende o máximo respecto ás peculiaridades e forzaletas de cada comunidade autónoma\". Mentres, afirma, está \"a pé de rúa recollendo iniciativas dos veciños de cada vila e de cada cidade\"."}
{"ID": "NOS_50573", "summary": "O BNG criticou que os xeriátricos estivesen en mans de \"caridade\" ou empresas interesadas no \"negocio\". O PSdeG, pola súa banda, criticou o presidente por teimar nunha Lei de Saúde que \"vulnera dereitos\".", "text": "Núñez Feixoo considera acaído e válido o actual modelo de residencias que hai na Galiza e polo cal por volta do 85% das prazas están xestionadas polo sector privado. Así se evidenciou na resposta que o presidente deu na sesión de control no Parlamento ao BNG, que pedía ao Goberno galego pasos cara á xestión pública destes centros. Feixoo acusou o BNG de facer \"demagoxia\" e de ser responsábel, \"alí onde goberna\", de apostar na xestión privada. Tamén o acusou de non respectar os traballadores e traballadoras do sector privado nas residencias: \"Non merecen o seu respecto porque non son funcionarios\", chegou a dicir. Defendeu que Galiza foi o territorio con menos impacto mortal da Covid nas residencias de anciáns. A portavoz do BNG, Ana Pontón, reprochoulle que \"presumise\" de datos de residencias na pandemia cando pola Covid faleceron centos de persoas usuarias. A nacionalista sintetizou en tres propostas a demanda do BNG a respecto do modelo residencial: xestión pública das residencias que se constrúen nas 7 cidades, recuperar para o público aqueles centros de xestión privada a medida que vaian caducando os contratos, e unha lei de residencias \"quer poña as persoas maiores no centro\". Lei de Saúde Gonzalo Caballero, pola súa banda, centrou a súa intervención nunha crítica á teima da Xunta en seguir coa Lei de Saúde, unha lei, dixo o socialista, que \"vulnera dereitos dos galegos e galegas\". Antes, Caballero responsabilizou Núñez Feixoo de ser quen \"creou o problema\" no Concello de Ourense ao \"`pactar co caciquismo\" de Baltar. O secretario xeral do PSdeG asegurou que \"na pandemia non pode haber tics autoritarios\", en referencia á Lei de Saúde da Xunta que o Goberno español levou ante o Tribunal Constitucional. Para Caballero, a lei é un exemplo \"de como o PP se excede\" e instou o Executivo central a se centrar na \"vacinación\" e en proxectos de \"recuperación económica\", cuestións para as que tendeu a O presidente galego acusou Caballero e o PSOE de tentar botar abaixo a Lei de Saúde da Galiza mentres que, asegurou, non fan o mesmo con proposta doutros territorios – citou Aragón- que van na mesma liña e sentido que o proposto por Galiza."}
{"ID": "NOS_32863", "summary": "Nas vésperas da cimeira de Minsk -con Ucraína, Rusia, Alemaña e Franza sentados arredor dunha mesa-, as hostilidades recrúan nun conflito que xa se leva saldado con máis de 5.300 vítimas mortais, segundo estimacións da ONU.", "text": "En aparencia Occidente enfronta con dúas estratexias distintas a crise da Ucraína, producida após o golpe de Estado que desprazou do poder de Kiev o goberno lexítimo de Viktor Yanukovich. Washington manexa a hipótese de armar a Kiev, mentres que Alemaña -por boca de Angela Merkel- defende unha abordaxe diplomática do conflito. As contradicións entre o poder imperial estadounidense e o Goberno alemán, a potencia dominante na UE, visualizáronse esta segunda feira, na cimeira que Obama e Merkel protagonizaron en Washington. No encontro coa imprensa, aberto a perguntas, Obama dixo non desbotar a hipótese de \"enviar armas\" a Kiev -embora fose como última opción, se fallar a vía diplomática-, mentres a chanceler alemá mostrou a súa convición de que non hai unha solución militar ao conflito. Os EUA son os que máis terian de gañar no caso dunha expansión da OTAN perto das fronteiras con Rusia e nese sentido apostan claramente no cenario dunha vitoria de Kiev face as autoproclamadas repúblicas populares de Donetsk e Lugansk, territorios que non recoñecen a lexitimidade do goberno golpista de Kiev e que manteñen unha relación fluída con Moscova. As forzas populares de Donetsk e Lugansk están a desequilibrar ao seu favor os confrontos armados co Exército regular de Kiev, embora teñan fracasado até o de agora na súa tentativa de conquista do enclave estratéxico de Mariupol Berlín vería o asunto con máis pragmatismo, entre outras cousas porque, de se ir a unha solución militar, o seu protagonismo na zona diminuiría considerabelmente. A chanceler tampouco vería con bos ollos que Ucraína se acabase tornando nunha sorte de protectorado norteamericano no leste de Europa. Austria, Reino Unido e o Estado español teríanse aliñado nas últimas horas con Berlín, mentres que Polonia e Lituania apoiarían o envío de material bélico caso de Obama se inclinar finalmente por esta vía. Nas últimas semanas, as forzas anti-golpistas están a desequilibrar ao seu favor os confrontos armados co Exército regular de Kiev, embora teñan fracasado até o de agora na súa tentativa de conquista do enclave estratéxico de Mariupol, unha cidade situada na costa do Mar de Azov que tornaria máis doada a conexión por terra entre a península de Crimea e Rusia. Golpe de Estado apoiado por Occidente Os falcóns de Washington pensan que máis tarde ou máis cedo Mariupol podería caer en mans das forzas anti-golpistas de non subministraren armamento a Kiev. A crise na Ucraína estourou en marzo de 2014 cando un golpe de Estado apoiado por Occidente desprazou do poder a Viktor Yanukovich após este se negar a asinar un Acordo de Asociación coa UE que consideraba lesivo para o seu país. O golpe levou á formación dun goberno composto polo bloco político pro-UE con incrustacións de forzas políticas neonazis con responsabilidades chave nos aparatos de seguridade do Estado. Este goberno nunca foi visto como lexítimo polo leste do país. A súa formación precipitou a decisión de Crimea de se unir á Federación Rusa e a constitución de gobernos populares en Donetsk e Lugansk. Tempo da diplomacia O tempo da diplomacia probabelmente teña a súa última baza esta cuarta feira en Minsk, capital de Bielorrusia, na cimeira que irán realizar representantes de Ucraína, Alemaña, Franza e Rusia. Como se ve, a UE como tal non existe nesta crise e si o eixo París-Berlín, o verdadeiro poder na Unión."}
{"ID": "PRAZA_16985", "summary": "Os vindeiros anos suporán a inevitábel desaparición física de Raúl Castro e dos restos da xeración de Sierra Mestra á vez que permitirán comprobar se a equipa de Díaz- Canel é quen de artellar os consensos sociais necesarios para transitar cara cambios máis ambiciosos", "text": "Os cambios rexistrados hai poucos días na cúpula da Administración estatal cubana tiveron unha ampla repercusión mediática a pesar de que xa foran anunciados algún tempo atrás. Talvez existían dúbidas sobre a realización efectiva de semellantes previsións oficiais ou cecais fose o indiscutíbel impacto simbólico da retirada parcial de Raúl Castro os motivos que explican o grande volume de informacións e análises que se publicaron nos últimos días. Díxose, con razón, que as substitucións realizadas reforzan o acceso das xeracións nadas despois do triunfo da Revolución aos postos de máxima responsabilidade na dirección do Estado. Como é obvio, tal circunstancia altera as premisas que rodearon, até o momento, o propio exercicio do poder. Se anteriormente a participación na loita contra o réxime de Batista era, con moita diferenza, o principal factor lexitimidor que amparaba aos dirixentes cubanos, agora ese vector xa non ten a mesma relevancia. As normas legais que avalaron o nomeamento de Miguel Díaz- Canel deberán ser complementadas polo acertado desempeño das importantes tarefas que ten por diante. A autoridade moral asociada á presenza física en Sierra Mestra deberá ser substituída pola capacidade contrastada para facer fronte aos desafíos que ten a economía e a sociedade da illa caribeña. A máxima belixerancia adoptada polos gobernantes de USA aos poucos meses da chegada ao poder de Fidel Castro propiciou un forte aliñamento político e económico dos dirixentes cubanos coa URSS. Eran tempos de \"guerra fría\" e en Moscova estaban dispostos a exercer unha sorte de protectorado económico a cambio das evidentes vantaxes políticas que supoñía dispór dun aliado a poucos quilómetros do territorio norteamericano. A economía da illa entrou nunha dinámica perversa: as xenerosas subvencións procedentes do amigo soviético desincentivaron a procura de camiños alternativos para a construción dun modelo produtivo propio, afastado do que se implantou antes do triunfo revolucionario e distante da simple imitación do existente nos países do chamado \"socialismo real\". Durante tres décadas e a pesar do estrito bloqueo decretado desde Washington, as autoridades cubanas puideron asegurar unhas políticas de benestar social claramente superiores ás que existían nos países da súa contorna. A descomposición do sistema soviético nos primeiros anos da década dos 90 provocou un grave colapso no funcionamento da economía cubana -o chamado \"período especial\"- e a consecuente caída no nivel de vida da poboación. A partir desa circunstancia comezou un proceso de cambios que se acelerou ao longo da última década: legalización da circulación do dólar, establecemento dunha dualidade monetaria (peso nacional tradicional e peso \"convertible\"), impulso progresivo da apertura de pequenos negocios privados (restaurantes, habitacións, taxis, artesanía, prestación de diversos servizos...), reforzo da industria turística... O maior peso do sector privado permitiu reducir a hipertrofia do sector público e contribuiu á revitalización do tecido produtivo, posibilitando unha maior creación de riqueza e un mellor acceso aos bens e servizos elaborados. É verdade que, ao mesmo tempo, esta nova realidade orixinou retos inéditos ás autoridades: o incremento das desigualdades asociadas á posta en funcionamento do \"cuentapropismo\" obriga a deseñar unha política fiscal que, sen paralizar as iniciativas privadas, fomente unha adecuada transferencia de rendas que evite unha excesiva segmentación social por mor das reformas económicas acometidas. Os vindeiros anos suporán a inevitábel desaparición física de Raúl Castro e dos restos da xeración de Sierra Mestra á vez que permitirán comprobar se a equipa de Díaz- Canel é quen de artellar os consensos sociais necesarios para transitar cara cambios máis ambiciosos sen episodios de ruptura como os que agora se están vivindo na veciña Nicaragua. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_56008", "summary": "O Movemento Galego polo Clima xorde no marco das mobilizacións a nivel internacional que demandan a acción política e social fronte á emerxencia climática. Nace grazas ao traballo común da mocidade dos \"Fridays for Future\" e do tecido ecoloxista no país, e o 27 de setembro sae ás rúas como parte dunha manifestación polo clima a nivel mundial. Sermos Galiza conversa con integrantes do Movemento sobre o traballo realizado, as estratexias do Goberno e as posíbeis vías a seguir para lle facer fronte ao cambio climático. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 365 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Movemento Galego polo Clima é a resposta no país á mobilización internacional que, desde os chamados \"Fridays for Future\" liderados pola mocidade, reclaman a reacción dos gobernos perante a emerxencia climática, toda vez que apuntan o modelo capitalista vixente como principal responsábel. Os máis de cincuenta colectivos, asociacións ou ONG integradas no Movemento Galego polo Clima saen á rúa o 27 de setembro, data fixada para a Folga Mundial polo Clima de seis días após o Cumio das Nacións Unidas sobre o Clima. Mozos e mozas traballan co tecido ecoloxista galego, aplicando o \"pensa global e actúa local\", para amosar o camiño cara á necesaria transición ecolóxica. Denuncian os proxectos extractivistas que penden sobre Galiza, como a mina de Touro‑O Pino, a de Frades‑Mesía e a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra. María Bañón resume a Sermos Galiza como xorde o Movemento: \"A xente nova, estudantes dos institutos e universidades, mobilizámonos a partir dos –Fridays for Future–. Entramos en contacto con asociacións e colectivos ecoloxistas que levan décadas traballando. Decatámonos de que precisabamos crear sinerxias tamén co feminismo e cos movementos sociais. Demandamos o mesmo, xustiza climática e xustiza social\". Os días previos ás manifestacións do 27 organizaron actividades, como charlas formativas que tratan desde o impacto do cambio climático até os incendios e a eucaliptización. O manifesto impulsado polo Movemento Galego polo Clima fai unha crítica \"ao modelo de produción e consumo actuais\". Lembra que Galiza forma parte dese \"20% da humanidade que emprega o 80% dos recursos do planeta\". Recolle as reivindicacións a nivel internacional: a declaración da \"emerxencia climática\", o compromiso \"vinculante\" dos gobernos ou o descenso das emisións de gases de efecto invernadoiro para impedir que a temperatura do planeta aumente 1,5 graos. Os colectivos que o subscriben demandan ao Goberno estatal, á Xunta de Galiza, deputacións e gobernos locais dez medidas, que pasan pola redacción dunha Lei de Emerxencia Climática, a mudanza nas políticas forestais, unha mellor \"eficiencia no uso da auga\" ou unha política agraria \"con base en produtos de proximidade e sustentábeis\". Follas de ruta ante a emerxencia O Movemento Galego polo Clima xorde coincidindo coa redacción e exposición pública das follas de ruta da Xunta de Galiza ante a emerxencia climática: a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e a Estratexia Galega de Economía Circular. As organizacións ecoloxistas Adega e \"Galiza, un Futuro sen Carbón\", integrantes do Movemento Galego polo Clima, presentaron alegacións a ambos. Manoel Santos, de \"Galiza, un Futuro sen Carbón\", explica a Sermos Galiza que \"a redacción das estratexias é unha obriga que chega da Unión Europea, pero estas deben transformarse en leis\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 365 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_40832", "summary": "Nos vindeiros días haberá unha nova onda de mobilizacións masivas nas principais cidades do Sudán. Cos militares con cada vez menos apoios, as Forzas da Liberdade e o Cambio procuran reverter con manifestacións pacíficas o golpe de Estado.", "text": "Desde que o 25 de outubro os militares arrestaron o primeiro ministro, Abdalla Hamdok, e os ministros civís do Consello Soberano de Transición do Sudán, disolvendo o órgano ao tempo que tomaban as principais institucións gobernamentais, as instalacións de radio e televisión e interviñan as comunicacións; multiplicáronse as protestas por todo o país para exixir ao Exército que respecte os acordos para a transición democrática. Até o de agora, 12 persoas morreron froito da represión das Forzas Armadas do país africano, ás que hai que sumar 280 persoas feridas, segundo reporta o Comité de médicos do Sudán. Porén, a mobilización mantense. A quinta e sexta feira Khartún, a capital, acolleu a milleiros de persoas en pé contra o golpe de Estado, amais, mañá e pasado mañá está preparada unha onda de protestas nas principais cidades á beira de edificios oficiais e militares, así como de infraestruturas críticas, organizada pola Asociación profesional sudanesa (SPA), a plataforma de organizacións profesionais que encabezou a revolta que acabou coa ditadura de Omar al-Bashir en 2019. Precisamente, a resistencia pacífica é a estratexia impulsada desde o 25 de outubro polas asociacións e partidos que xa se opuxeran primeiro a Al-Bashir e agora ao novo líder do país, Abdel Fattah Al Burhan, xeneral do Exército e presidente do extinto Consello Soberano de Transición. Estas entidades están agrupadas nas Forzas da Liberdade e o Cambio, na que xunta o SPA están formacións como o Partido Comunista, o Partido Árabe Socialista Ba'ath ou o Partido do Congreso Sudanés. As mulleres están a desenvolver un papel determinante no movemento, apunta a BBC, nun bienio no que malia a desigualdade de xénero e a violencia sexual que seguen a sufrir, acadaron certos avances como a prohibición da mutilación xenital ou unha cota do 40% no Consello Lexislativo de Transición, sostivo Sulaima Ishaq al Jalifa, directora da Unidade contra a Violencia de Xénero no gabinete deposto. Xunta as persoas novas, as mulleres xa lideraran o movemento prodemocracia no medio dunha forte represión, como a que deixou máis de 100 falecidas ao disparar o Exército para dispersar as protestas o 3 de xuño de 2019 en Khartún. Os militares, cada vez máis febles Al-Burham conversou esta quinta feira con Antony Blinken, secretario de Estado dos Estados Unidos, co que acordou acelerar a formación dun novo Goberno. \"As dúas partes coincidiron na necesidade de manter o camiño da transición democrática e de completar as estruturas do Executivo de transición\", transmitiu a axencia sudanesa de noticias, SUNA. Con todo, Ned Price, voceiro do Departamento de Estado, engadiu que Blinken lle reclamou a liberación dos membros do Executivo detidos, entre eles Hamdok, e \"regresar a un diálogo que o devolva ao seu cargo e restabeleza a gobernabilidade liderada por civís no Sudán\". Neste sentido, os militares ordenaron liberar o ministro de Información e Cultura, de Comunicacións, de Comercio e Cooperación Internacional, e de Xuventude e Deportes. Al-Jazeera confirmou onte que xa non estaban baixo arresto. As institucións exixen volver á situación previa Malia que Volker Peretz, Representante especial da ONU no Sudán, defendeu que o escenario máis probábel é que se restaure a alianza entre civís e militares, formando un novo Consello Soberano dirixido polo primeiro ministro deposto Abdalla Hamdok, as forzas na rúa rexeitan esta postura, destaca Al Jazeera, optando polo retorno á situación previa ao golpe, que tamén defenden institucións como a Unión Africana, a Liga Árabe ou a Unión Europea."}
{"ID": "PRAZA_14755", "summary": "Cinco das sete cidades poderían ter gobernos de coalicións de esquerdas tras unhas municipais cun escrutinio como das autonómicas. O PSdeG podería encabezar seis deses equipos e AGE, un.", "text": "A marea do PP non asolaga tanto as cidades. Menos de vinte e catro horas despois de que os conservadores galegos lograsen ensanchar a súa maioría absoluta no Parlamento malia perder 150.000 votos e mentres as forzas da ata agora oposición parlamentaria analizan as súas respectivas sangrías de sufraxios, unha análise máis detallada do escrutinio permite tirar conclusións diferentes. Este é, por exemplo, o caso da Galicia urbana. Coas evidentes diferenzas existentes entre unha convocatoria autonómica e outra local e tendo en conta ademais a variación que lle imprime ao mapa político galego a irrupción de Alternativa Galega de Esquerda, unha extrapolación directa dos resultados do 21-O a unhas eleccións municipais permite concluír que o PP só tería aseguradas dúas das sete cidades, as únicas nas que conseguiría maioría absoluta: Lugo e Santiago. Unha translación dos resultados deste domingo ás sete cidades galegas revolucionaría notablemente o mapa político urbano de Galicia. Non en van, das dúas absolutas populares unha estaría no que vén sendo feudo socialista dende 1999, Lugo, onde o PSdeG -que actualmente goberna en coalición co BNG- perdería a metade dos seus 12 escanos. O PP sumaría un aos seus 13 edís, que lle permitirían gobernar, e o BNG ficaría coas súas actuais dúas actas. Onde manterían resultado os conservadores é en Compostela, onde os únicos cambios estarían na oposición. Alí continuaría un goberno do PP con 13 concelleiros, o PSdeG desplomaríase de 9 a 3, cedéndolle o posto de segunda forza política a AGE, con 6 edís. O Bloque, pola súa parte, cedería un edil e ficaría en 2. Este virtual mapa político das cidades provocaría ademais que un dos pesos pesados do PP, Carlos Negreira, perdese unha das xoias da coroa de Alberto Núñez Feijóo. A maioría absoluta do PP da Coruña desaparecería e, no seu lugar, podería chegar unha coalición encabezada por AGE, con 6 edís. Seis concelleiros, aínda que menos votos, ten tamén o PSdeG -8 na actualidade- e o BNG, que conta con 4, quedaría en 2 -na corporación coruñesa Esquerda Unida ten un único representante dende 2011-. A outra alcaldía que cedería o PP sería a de Ferrol, Concello que gobernan con 13 concelleiros. Esa presenza popular no consistorio ferrolán pasaría a ser de 12 actas e a alternativa estaría neste caso liderada por 6 representantes do PSdeG -un menos que na actualidade-, seguidos por 5 de AGE -EU ten agora 2 edís- e dous do BNG. As restantes cidades galegas poderían, como na actualidade, seguir tendo gobernos apoiados pola esquerda e o nacionalismo, aínda que con notables variacións na súa composición. Así, por exemplo, en Ourense habería lugar a unha unión de forzas con alcaldía do PSdeG -8 edís, 11 na actualidade- apoiada por 4 concelleiros de AGE e dous do BNG. O PP, que agora ten 11 concelleiros, gañaría un e Democracia Ourensana, que senta dous edís no pleno municipal, quedaría cun só representante. Tamén podería seguir habendo alcalde socialista en Vigo, se ben Abel Caballero deixaría polo camiño catro dos seus actuais 11 concelleiros e tería que pactar con AGE (6) e o BNG (3). O PP, pola súa banda, pasaría de 13 a 11. O outro gran titular dese eventual mapa local estaría en Pontevedra, onde o BNG empataría a cinco edís co PSdeG, pero tería menos votos. Neste caso, a alcaldía sería do PSdeG sempre fose apoiada polo propio Bloque e por AGE (4), mentres que o PP conservaría os seus actuais 11 concelleiros e concelleiras. Perdas de apoio do PP Estas extrapolacións son produto de perdas de apoio para o PP nalgunhas das cidades a respecto das anteriores eleccións autonómicas, onde precisamente o voto urbano foi unha das grandes fortalezas de Feijóo. Así, na Coruña e en Santiago os conservadores teñen catro puntos menos que en 2009. En Compostela, aínda que conservarían a maioría absoluta no consistorio, a porcentaxe de votos do PP pasa do 46,7% ao 43,4%. Destaca tamén a caída en Vigo, onde sería de sete puntos. En Pontevedra, pola súa banda, a caída foi do 44,9% ao 38,9%. Na banda contraria sitúase Ferrol. Alí, aínda que non poderían conservar a alcaldía no caso de reproducírense os resultados das autonómicas, rexístrase un incremento de tres puntos no resultado dos populares a respecto de 2009. No caso de Ourense, o PP mellora algo menos dun punto a porcentaxe de apoio obtida en 209. Mentres, en Lugo o PP mantivo unha porcentaxe moi semellante á da anterior convocatoria autonómica. A Coruña Santiago Ferrol Vigo Pontevedra Lugo Ourense PP 48.114 22.174 14.419 49.952 15.851 21.570 21.158 PSdeG 23.649 8.413 7.014 35.789 7.770 10.791 13.560 AGE 25.010 11.151 7.013 28.441 5.440 7.336 6.732 BNG 9.270 4.336 2.793 14.169 7.712 3.745 4.091"}
{"ID": "NOS_5344", "summary": "O Sudán, o país que máis sufrirá as consecuencias do cambio climático, perdería o 84% do seu PIB en 2100 polo incremento das temperaturas, ao tempo que os Estados máis industrializados non cumpren cos seus compromisos de axuda.", "text": "Os 65 países máis vulnerábeis ao cambio climático perderán o 20% do seu produto interior bruto (PIB) en 2050 se o quecemento climático se mantén como até agora. En 2100, a caída do seu PIB estímase no 64%, revelou un informe dirixido pola alemá Universidade Humboldt, presentado a segunda feira na COP26 que decorre en Glasgow (Escocia). A conferencia sobre o clima auspiciada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) entra na súa derradeira semana pendente de abordar as negociacións co bloque dos Países menos desenvoltos (LDCs) e coa Alianza dos pequenos Estados insulares (Aosis). En 2009, os territorios máis industrializados, que segundo a ONU son responsábeis do 75% das emisións de gases de efecto invernadoiro, comprometéronse a xuntar cada ano até 2020 uns 86.000 millóns de euros para os Estados máis expostos ás consecuencias do aumento da temperatura no planeta. Porén, até un 20% desa cifra está sen pagar. Os países máis contaminantes marcaron 2023 como a data para rematar de aboar os cartos que deben, apunta Swissinfo. Con todo, o estudo publicado no medio dos debates na COP26 incide en que aínda tomando medidas para que o incremento da temperatura non supere os 1,5ºC até final de século -agora é de 1,09ºC- con respecto ao final do século XIX, os 65 países máis afectados perderían en tres décadas o 13% do PIB, o 33% en 2100. No documento saliéntase que máis dun terzo dos Estados do mundo precisa axuda inminente para resistir o avance de secas, ondas de calor, inundacións e tormentas cada vez máis intensas por mor do cambio no clima. A autora principal da investigación, Marina Andrijevic, sinala que a \"capacidade dos países do Sur Global para desenvolverse de maneira sostíbel está seriamente comprometida\", polo que insistiu en que \"as decisións políticas que tomamos agora son cruciais para previr danos maiores\". Os focos principais deste Sur Global a nivel de vulnerabilidade ao aumento da temperatura son os Estados insulares dos océanos Pacífico e Índico co gallo das mareas ciclónicas e a suba do nivel do mar, e mailos países africanos. Os máis vulnerábeis Dos dez países máis vulnerábeis da listaxe, oito pertencen a este continente e os dous restantes a América do Sur: Surinam e Güiana. Estas zonas enfróntanse a unha destrución do 70% do PIB en 2100. Incluso cumprindo o límite de 1,5ºC a caída avaliada sería do 40%.O lugar que xera as peores previsións é o Sudán, onde se a situación non muda padecerían unha diminución do PIB do 32% en 2050 e do 84% en 2100. \"África fixo o mínimo para provocar o cambio climático, pero este informe amosa que vivirá as consecuencias máis graves. Iso é profundamente inxusto\", laiouse Mohamed Adow, director do grupo de expertos Power Shift Africa, entrevistado por Al Jazeera. Tamén o secretario xeral da ONU, António Guterres, recoñeceu nunha xuntanza cos países vulnerábeis na COP26 que \"vós sodes os primeiros en sufrir e os últimos que reciben axuda\". Os países máis ricos \"temen\" responsabilizarse Os países máis industrializados teñen \"temor, por non dicir paranoia, sobre as cuestións de responsabilidade e as compensacións\", indica a AFP Yamine Dagnet, do Instituto de Recursos Mundiais. Por este motivo pretenden que as perdas e danos se inclúan no financiamento de adaptación ao cambio climático, que representou unha cuarta parte do previsto inicialmente."}
{"ID": "NOS_4998", "summary": "Insta o Goberno a pagar a Audasa os 13,8 millóns que deixou de cobrar nas peaxes de Rande e A Barcala", "text": "O Tribunal Supremo deu de novo a razón a Audasa, despois de declarar nunha sentenza previa que o Goberno español debía abonar á concesionaria Audasa os case 14 millóns que deixou de cobrar desde 2017 ao decidir o Executivo de Mariano Raxoi baixar á metade a compensación pola supresión das peaxes de Rande e A Barcala, na AP-9. A concesionaria presentou un incidente de execución para que se fixase unha cantidade exacta e se executase a sentenza. No novo fallo do Supremo, do 14 de outubro, faise constar que non hai \"ningunha dúbida\" sobre a necesidade de \"acoller a formulación da executante, tanto na contía reclamada como no suxeito obrigado ao pago\". A suma a abonar supera os 13,8 millóns de euros e o propio auto subliña que a Administración do Estado \"vén recoñecela como a cantidade que corresponde á concesionaria executante polo período de tempo reclamado e en aplicación do réxime xurídico concesional imposto pola sentenza\". Sobre o suxeito obrigado ao pago, agrega que \"a sentenza expresamente impón a condena a Administración Xeral do Estado\", aínda que \"sen prexuízo do dereito que poida asistila fronte á Administración da Comunidade Autónoma de Galiza como consecuencia dos efectos que poidan derivarse dos compromisos acordados no ano 2006\". A concesionaria presentou un incidente de execución para que se fixase unha cantidade exacta e se executase a sentenza Precisa, así, que \"a cuestión suscitada sobre este extremo en fase de execución é allea por completo á pretensión articulada pola parte executante e ao ámbito de execución fixado na sentenza\", en relación coas alegacións efectuadas por ambas as Administracións públicas. Con estes argumentos, a Sala acorda que o Goberno deberá abonar á excutante a suma de case 14 millóns de euros en concepto de retribución da concesión polos anos 2017 (desde o 31 de xullo), 2018 e 2019."}
{"ID": "PRAZA_13088", "summary": "A pretendida modificación da distribución territorial dos partidos xudiciais promovida polo Goberno do Estado e amparada polo Consello Xeral do Poder Xudicial causa unha gran preocupación entre os sectores profesionais do dereito e os numerosos concellos galegos que se verían afectados.", "text": "A pretendida modificación da distribución territorial dos partidos xudiciais promovida polo Goberno do Estado e amparada polo Consello Xeral do Poder Xudicial causou unha gran preocupación entre os sectores profesionais do dereito e os numerosos concellos galegos que se verían afectados. Segundo se recolle nun informe aprobado no mes de abril polo órgano de goberno dos xuíces, a reforma implicaría pasar dos 45 partidos existentes en Galicia a 13 Segundo se recolle nun informe aprobado no mes de abril polo órgano de goberno dos xuíces, a reforma implicaría pasar dos 45 partidos existentes en Galicia a 13, o que suporía unha diminución substancial do número de órganos xudiciais, a mobilidade dos funcionarios e un regueiro de perdas económicas derivadas do peche de numerosos despachos profesionais. A pesar de que o informe non é vinculante, o certo e que tanto partidos políticos como sindicatos ven nesta posible nova regulación un ataque aos dereitos constitucionais. Deputados como a socialista Laura Sera falan dunha posible vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva e sindicatos como a Unión Sindical Obreira, a través do seu portavoz en Ourense, Francisco Javier Álvarez, sinalan que estamos ante un \"ataque frontal á cidadanía que conta co noso total rexeitamento\". Incluso a propia Xunta de Galicia, ante o desleixo xeralizado, modificou a súa postura inicial compracente expresada polo conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda. O propio director xeral de Xustiza, segundo puido saber Praza, prepara alegacións para presentar no prazo de 5 meses ao informe do Consello, momento no que se reunirán para a redacción do proxecto definitivo O propio director xeral de Xustiza, segundo puido saber Praza, prepara alegacións para presentar no prazo de 5 meses ao informe do Consello, momento no que se reunirán para a redacción do proxecto definitivo. Porén, a desconfianza en sectores profesionais continúa ante o \"recorte\" anunciado polo ministro Alberto Ruiz Gallardón, e a propia esquerda parlamentaria dá por feito que haberá unha modificación importante no número de partidos xudiciais. Neste sentido o PSdeG-PSOE prepara unha ofensiva política coa presentación de mocións en todos os concellos galegos para esixir unha manifestación clara e rotunda da Xunta de Galicia. A deputada Seara, en declaracións a Praza, recoñeceu que \"o Consello do Poder Xudicial parece funcionar como un oráculo que descoñece a realidade\" e asegurou que \"o lexislativo ten a obriga de lexislar e non deixarse presionar\". A oposición cre que é a hora de combater politicamente a \"megalomanía\" de Ruiz Gallardón e de enfrontarse a todos os niveis \"ante este novo recorte aos dereitos fundamentais\". Alcaldes de vilas intermedias consultados por este diario lembraron a postura de moitos xuíces contrarios a desprazarse a localidades como O Barco de Valdeorras ou Verín a celebrar as vistas orais dos xuízos penais Neste mesmo sentido, alcaldes de vilas intermedias consultados por este diario lembraron a postura de moitos xuíces contrarios a desprazarse a localidades como O Barco de Valdeorras ou Verín a celebrar as vistas orais dos xuízos penais e engaden que agora \"encontran a escusa perfecta para xulgar dende as capitais\". Na localidade de Pobra de Trives, que conta cun xulgado de instrución e primeira instancia, tamén o alcalde Francisco José Fernández está en contra da supresión do xulgado \"porque dalgún xeito acabaría de rematar economicamente a localidade\". Na xudicatura tamén hai excepcións á posición oficial e por exemplo o xuíz decano de Ourense, Antonio Piña, manifestou a súa postura contraria a que na provincia de Ourense soamente haxa dous partidos xudiciais pola distancia entre as distintas localidades."}
{"ID": "NOS_55029", "summary": "Estamos nove puntos por debaixo da media da UE.", "text": "A taxa de ocupación indica a porcentaxe de persoas ocupadas sobre a poboación de entre 16 e 64 anos, é dicir, en idade laboral. Esta taxa en Galiza no 2014 foi do 42,1%, isto é, que de cada 100 persoas en idade de traballar, só 42 o fan. Unha ratio afastada da media española (está no 44,5%), e moi lonxe da media europea, que está no 51,7%. Se pousamos a mirada sobre os estados con maior taxa de ocupación, como Suecia ou Holanda, esa diferencia é abismal, de máis de 16 puntos. De feito, Galiza só presenta mellores ratios que Grecia, que ten unha taxa de ocupación do 38,1%. Salarización Galiza, ademais, está entre os países con menor taxa de salarización: cun menor peso das persoas asalariadas dentro do grupo das persoas ocupadas. Por cada 100 ocupados que hai no noso país, 78 son traballadores asalariados. Unha procentaxe afeastada da media estatal (62 por cada 100) e europea (84 por cada 100). De feito, e segundo o IGE, só Italia, Rumanía e Grecia presentan unha taxa de salarización máis baixa que Galiza. Dinamarca e Luxembrugo son os estados onde os asalariados teñen un peso máis importante, sendo 91 de cada 100 persoas ocupadas. Suecia ou Alemania teñen 89 por cada 100, Francfia, 88 e Reino Unido 84."}
{"ID": "NOS_35454", "summary": "Aténdenos por teléfono a piques de embarcar en Istambul no voo de volta a casa após pasar varios días en territorio curdo como observadora da ALE durante o referendo convocado por Erdogan. \"Foi un referendo militarizado, feito cun país baixo o estado de emerxencia\", denuncia.", "text": "Ana Miranda, representante do BNG en Bruxelas, volveu embarcarse como observadora internacional nun proceso electoral. Após Timor Leste ou Venezuela, desta volta desprazouse até Turquía, onde fixo parte da delegación de tres mulleres da Alianza Libre Europea (ALE) que tomaron nota do que acontecía en Diyarbakir e contorna, en territorio curdo. Miranda advirte sobre o intento de Erdogan de facer de Turquía unha \"teocracia\" e considera máis necesaria que nunca a solidariedade internacional para co pobo curdo. Unha solución para o pobo curdo é indispensábel para unha solución pacífica no Oriente Medio\", engade. - Desta volta en Turquía e de observadora internacional no referendo convocado por Erdogan, non paras. - Fun como parte dunha delegación de observadores da ALE, a Alianza Libre Europea, que non era oficial pois Turquía só autorizou a da OSCE (Organización para a seguridade e cooperación en Europa). Fomos alí chamados polo HDP [partido de esquerda e pro-curdo], pois non había garantías democráticas. Viaxamos ao Curdistán e a delegación compoñíamola tres mulleres, unha alemá, Heike Haensel (Die Linke), unha vasca, Lorena de Lacalle (Eusko Alkartasuna), e unha galega, eu (ri). Nesa misión de observación estivemos en varios barrios de Diyarbakir capital, onde había máis conflito, e tamén en localidades da súa contorna, como Silvan, onde varios barrios foron destruídos polos militares. Desde novembro de 2015 hai un asedio militar moi forte sobre o Curdistán. De feito, prohibíronnos ir a varias vilas curdas. - Tes moi claro, e así o denunciaches, que o referendo non cumpriu os mínimos parámetros democráticos. - Foi unha fraude total, absoluta, e por varias razóns. A primeira é que non houbo condicións de liberdade e igualdade para pedir o voto polo non neste referendo. Os do 'non' non puideron facer campaña. E non podemos esquecer que hai 9.000 representantes e militantes do HDP en prisión, incluídos os seus líderes. Ademais, 15 días antes das votacións impediron que houbese interventores do HDP nas mesas electorais, e impedírono a través de intimidacións, prohibicións ou mesmo con arrestos das persoas que estaban nomeadas para ser interventores. Ían ser 4.000 e ao final apenas puideron ser 600. Con iso fica claro que non se puido verificar a limpeza das votacións. Ademais, en moitos sitios as papeletas non tiñan o obrigatorio selo que se pon cando se vota. Houbo 2 millóns desas papeletas. A nosa experiencia persoal foi que se nos imposibilitou acceder a certos colexios electorais, a aqueles nos que accedemos limitóusenos poder achegarnos até as urnas, controlábasenos en todo momento: petición de pasaportes, fotografías, avisaban a policía... Sabían en todo o momento onde estabamos, cando chegabamos a un sitio xa nos estaban esperando... Non se permitiu que os observadores internacionais traballasen con normalidade. - Algo que impide verificar a transparencia e democracia do proceso Eu estiven en varias delegacións como observadora no mundo, como Timor Leste, Venezuela ou Paraguai, e nunca me puxeran este tipo de impedimentos. Mais en Turquía foi o contrario, os policías estaban moi en tensión con nós. Hai unha normativa turca que di que non pode haber forzas armadas nos colexios electorais, pois ben, había colexios onde había tanques! Non só impedían visitar os colexios, tamén intimidaban os observadores. Había varias delegacións de observadores. Por exemplo, aos italianos non se lles permitiu acceder ao colexio electoral, cos observadores franceses andaron a empurróns, a outros retivéronos durante varias horas para que non puidesen acceder aos colexios... - O propio contexto de convocatoria do referendo non era o máis democrático... - Este referendo dáse cando o país está nun estado de emerxencia, decretado en xuño do ano pasado após o intento de golpe de estado. En ningún estado que se diga democrático pode darse un referendo nesas circunstancias. Con medios de comunicación fechados, con miles de militantes de organizacións democráticas no cárcere, sen posibilidade de participar en igualdade, sen posibilidade de verificar o proceso e os resultados... En zonas do Curdistán inhabilitáronse alcaldes, nomeadamente do HDP; e os gobernadores impulsaron a militarización das zonas. Foi un referendo militarizado, sen ningún control democrático. E xa anunciaron que o estado de emerxencia ía prolongarse 3 meses máis. O propio presidente turco dixo ás delegacións de observadores que era mellor que non fosen ao Curdistán, alegando motivos de seguridade. El con esta reforma o que pretende é unha acumulación de poder e o seguinte paso vai ser instaurar a pena de morte. - Trump xa avalou o referendo e o seu resultado... - El e os estados islamistas, como non. A OSCE elaborou un informe moi duro sobre estas votacións. - Erdogan chegara ao poder cunha mensaxe de certa man tendida cara aos curdos, mais actúa como un verdugo. - Erdogan e o goberno boicotean calquera mínimo paso cara a un proceso de paz. Insisto: os principais líderes do HDP, así como miles de militantes e representantes, están na cadea. Meteron en prisión até deputados do HDP, estamos a falar do terceiro partido en representación parlamentar en Turquía. Após o visto neste referendo, a comunidade internacional debería involucrarse de vez. Os curdos precisan de apoio internacional. Mais non figuran na axenda internacional, cando é un tema fulcral, transcendental. Unha solución para o pobo curdo é indispensábel para unha solución pacífica no Oriente Medio. Estamos a falar de 40 millóns de persoas que fan parte dun pobo oprimido e nós temos que ser solidarios, é unha cuestión importante no BNG. Non vai haber paz en Oriente Medio se non se contempla unha solución para os curdos."}
{"ID": "NOS_41762", "summary": "O equipo coruñés culminou unha exitosa pretempada, con seis vitorias, dous empates e unha soa derrota, mentres o conxunto vigués rematou a súa preparación marcada pola falta de gol.", "text": "A unha semana para o comezo da tempada regular, o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo pecharon este sábado a súa preparación, que plantexou diferentes dúbidas en cada conxunto. O equipo coruñés presentouse en Riazor ante a súa afección cunha remontada ante o Gil Vicente. Unha victoria por tres goles a dous que se consumou nos últimos intres do encontro. O Deportivo completou así unha exitosa pretempada no futbolístico con seis vitorias, dous empates e unha soa derrota, aínda que marcada polos problemas económicos do clube. Peor sorte correu o Celta, que caeu ante o Marítimo por un gol a cero. Os de Luis Enrique foron superiores todo o partido pero demostraron de novo a súa principal debilidade, a falta de gol. A seca goleadora dos celestes preocupa en Vigo. En catro amigábeis de preparación non foron capaces de anotar un só tanto, agás o marcado por Augusto Fernández nun encontro de adestramento contra o Coruxo. Tres derrotas pola mínima e unha victoria por penaltis no Memorial Quinocho conforman o balance do novo proxecto celtista. Os dous equipos afrontan unha tempada vital para o seu futuro. Os coruñeses arrincarán na liga de prata contra As Palmas, onde recalou o histórico xogador deportivista Juan Carlos Valerón. Pola súa banda, o Celta repetirá enfrontamento en Balaídos ante o Espanyol, o mesmo rival ao que venceu na última xornada da liga para salvarse. A canteira pide paso en Riazor O Deportivo saltou onte a Riazor con dez xogadores formados en Abegondo no esquema inicial. O encontro serviu de escaparate para outros futbolistas da canteira, como Javier Fernández 'Bicho', o máis destacado da primeira metade. Tamén para Stefan Deak, que se convertiu no xogador decisivo. O serbio foi o autor dos dous goles definitivos, a falta de cinco minutos para o asubío final. Deak tivo un asistente de luxo no arxentino Juan Emmanuel Culio, que debutaba un día despois de ser presentado."}
{"ID": "NOS_48859", "summary": "Quique dos Roxíos, Héctor Acebo, Viqui Veiguela, Crisanto Veiguela Martins, Aurora García Rivas, Moisés Cima ou Xavier Frías Conde serán recitados esta quinta feira, día 24, en Ribadeo. E é que a Agrupación Cultural Francisco Lanza convoca un recital con poemas de autoras e autores pertencentes ao chamado \"galego exterior\".", "text": "Dentro das actividades de verán dedicadas á historia, cultura e lingua da Comarca do Eo, a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a próxima quinta feira, día 24, ás 19h, un recital poético nas escaleiras do parque de San Francisco, en Ribadeo, en que o protagonista será o chamado galego exterior. E é que a agrupación empraza as persoas participantes, que só terán que se apuntar a través deste enderezo de correo electrónico, a recitar poemas de escritoras e escritores da zona Eo-Navia, ou mesmo de León. \"Queremos que poetas como Quique dos Roxíos, Héctor Acebo, Viqui Veiguela, Crisanto Veiguela Martins, Aurora García Rivas, Moisés Cima ou Xavier Frías Conde sexan tamén coñecidos na marxe esquerda do río Eo, e que todos e todas poidamos gozar coas súas composicións\", sinala a entidade que preside Dores Fernández Abel. Aliás, algúns deses versos xa poden ser lidos estes días en varandas do centro da vila de Ribadeo, dentro da actividade Palabras no Balcón."}
{"ID": "NOS_27341", "summary": "Profesionais e doentes relataron nunha comparecencia de imprensa que durou por volta de dúas horas e media a realidade que atoparon á súa chegada ao Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo) e as carencias que aínda hoxe persisten no que foi definido por unha paciente oncolóxica como \"centro comercial da saúde\".", "text": "As pingueiras que asolagaron algunhas zonas do novo hosital da área sanitaria de Vigo poucos días despois da súa inauguración eran só a punta do iceberg do que acontece no interior do que, segundo o presidente da Xunta, é o \"mellor hospital de Europa\". A falta de recursos e de espazos axeitados, así como as carencias en persoal e mesmo o intrusismo laboral permitido a empresas privadas, foi relatado --e denunciado-- por profesionais sanitarios e pacientes nunha extensa comparecencia de imprensa decorrida esta quinta feira. \"Só lles interesan os prazos e cumprir o cronograma do traslado\", afirmaron, \"non podemos calar\". Malia as queixas presentadas ao longo destas semanas desde a abertura do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), quer verbalmente quer por escrito, a consellaría de Sanidade prevé o re-inicio do traslado de pacientes o 21 de setembro. Porén, \"por non haber, non había nen follas de reclamación\", denunciaron. Neste senso, urxen a creación dunha comisión de profesionais que avalíe a situación para tentar resolvela. Radioloxía: \"Erros loxísticos\" por \"criterios economicistas\" O doutor Saez, a primeira das persoas en tomar a palabra, describiu a realidade que atinxe o persoal médico no seu día a día. E é que o novo hospital de Vigo só conta con 2 TAC, un escáner preciso para a realización de probas diagnósticas, dos cales un se atopa --segundo o relatado por Saez-- con moi baixas prestacións. No HUAC só hai 2 TAC en funcionamento, cando remate a instalación dos restantes non chegarán para cubrir as necesidades asistenciais, denuncian Porén, embora estárense a montar os novos equipamentos --que non estarán listos até o vindeiro mes de outubro-- non será garantía dunha prestación sanitaria que cubra as necesidades da área pois, explicou o doutor, non haberá capacidade suficiente para atender tod@s @s pacientes. Neste senso, priorizaranse as persoas ingresadas e aquelas de carácter urxente mais demoraranse as persoas doentes de ambulatorio. As queixas por \"erros loxísticos\" que nalgúns casos responden a \"criterios economicistas\", sinalou Saez, foron trasladadas aos seus superiores a viva voz e tamén por escrito sendo rexistradas entre 400 e 500 incidencias no servizo. Así as cousas, estas foron \"desestimadas sistematicamente\". Mesmo, o informe asinado por 160 profesionais no que se recollían as máis importantes. Obstetricia/Maternidade: \"Atravesar a sala de agarda para ir ao baño\" Rosa Iglesias leva máis de 30 anos exercendo como matrona no Hospital Xeral. No seu testemuño foi taxativa ao afirmar que o Álvaro Cunqueiro \"non cumpre os requisitos para garantir a calidade asistencial\". Cando menos, non na área de maternidade. \"As urxencias obstétricas son de pena\" pois conta con \"6 habitacións sen baño\". Isto obriga as mulleres a \"atravesar a sala de agarda para ir ao baño\". E non só. Iglesias explicou como o proxecto anterior para o novo hospital prevía a construción dunha sala de partos \"excelente\". Porén, finalmente foron eliminadas dúas salas e as mulleres deben dilatar a catro andares de distancia do quirófano. \"A sala de reanimación dos recén nados está fóra do bloque cirúrxico\" \"A sala de reanimación dos recén nados está fóra do bloque cirúrxico, cando a lóxica di que ten que estar no mesmo\", entrementres, describiu a matrona, \"onde se lavan as cuñas suxas\" partilla espazo \"coa zona onde se lavan os cirurxáns antes de practicar unha cesárea\". Ás deficencias nas infraestruturas engádense as carencias de persoal. Rosa Iglesias reclamou \"unha ou dúas persoas máis por quenda\" que se sumarían ás 26 actuais pois, co número de traballadoras vixente as mulleres non poden estar acompañadas durante a dilatación, parto e post-parto, como cumpriría. Cardioloxía: \"Puido morrer alguén\" Cando o Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas para recibir @s pacientes procedentes do Xeral e do Meixoeiro na área de cardioloxía \"non había practicamente de nada: nen medicación, nen desfribilador, nen carro de parada, nen cuñas...\". Así o relataba Inés Conde na comparecencia de imprensa. Esta enfermeira de coidados intermedios que traballou no Meixoeiro desde 1990 explicou como baixaron \"en coches particulares\" desde estoutro hospital \"o que puidemos, medicación de urxencia\". O persoal baixou en coches particulares medicación de urxencia pois o día de abertura non había \"O primeiro paciente non puido ser monitorizado e o desfibrilador chegou co último, cando é vital neste tipo de unidades\". \"Puido morrer alguén, e se por desgraza tivese acontecido, botaríanlle a culpa a calquera antes de admitir a súa responsabilidade\". \"Estivemos abandonados polos responsábeis, só lles importaba cumprir os tempos\", denunciou. Destarte, a situación actual non cumpre coas garantías pois, dixo, os pacientes non están ben monitorizados. Hematoloxía: \"Non calo, xa non podo calar\" Modesta López foi, quizais, o testemuño máis emotivo. Traballa desde 1974 como técnica de laboratorio e asegurou ter desaprendido \"todo o que sabía\" á súa chegada ao novo hospital de Vigo. \"Sei facer o meu traballo\", afirmou, mais \"non teño espazo físico onde traballar aquí\" xa que \"non contemplaron a citoquímica de médula ósea\". Neste senso, desenvolve o seu labor nun cuarto de 3x6 metros sen fiestras \"no que van meter tres camas con enfermos\", sinalou. \"Non teño espazo físico onde traballar aquí\" xa que \"non contemplaron a citoquímica de médula ósea\" \"Levo 20 días así e a resposta dos xefes é 'búscate a vida'\". \"Non calo, xa non podo calar\", afirmou con rotundidade antes de denunciar que durante o traslado foron desconectados os tanques onde estaban as células medulares. Oncoloxía: \"Un centro comercial da saúde\". María Jesús Rodríguez é doente de cancro. Cada sesión de quimioterapia sáelle a conta de 12 euros, só de aparcadoiro. Un custe que asume cada 21 días. Igual que o tratamento. Porén, as condicións nas que se atopa o Álvaro Cunqueiro van para alén dos seus accesos. Os baños, di, \"dan pena\" e a falta de intimidade que padecen @s doentes obrigaron mesmo a pinchala \"detrás dunha columna\" porque \"non había cama\". \"Por non haber\", salientou, \"non había nen follas de reclamación\" embora ir xa pola súa segunda queixa. A primeira dirixida á demora dos servizos, a segunda polo custe do aparcadoiro. Demanda xudicial por intrusismo Finalmente foron @s celador@s, através de Miguel Estévez, @s que tomaron a palabra para denunciar o \"intrusismo laboral\" que @s atinxe por mor da asunción das funcións por parte de persoal pertencente a unha empresa privada. As 450 persoas que traballan como celadoras na área sanitaria de Vigo presentarán unha denuncia xudicial por este feito logo de veren perigar os seus postos de traballo e o incumprimento do estatuto marco, segundo explicou Estévez. Aliás, revelou, está previsto que operari@s desa compañía privada desenvolvan funcións de celador@s tamén en hospitais públicos como o Meixoeiro."}
{"ID": "NOS_40451", "summary": "Hoxe ten lugar o Día do Patrimonio. Moitos colectivos e organizacións aproveitan a data para propor reflexións ou actividades arredor deses tesouros vivos dos que moitas veces non somos conscientes. Este ano, a data vén marcada pola virtualidade na divulgación que fará a Rede do Patrimonio Cultural, mais tamén polo anuncio dun proxecto moi ambicioso do Consello da Cultura Galega. Descubre de que se trata!", "text": "As efemérides e os \"Día de\" corren con frecuencia o risco de ficar inútiles, baleirados de contido e esquecidos o resto do almanaque. Porén, para algunhas organizacións poden supor unha escusa ou unha oportunidade valiosa para achegar ese traballo que desenvolven de maneira incansábel baixo a superficie durante todos esoutros días que non son (declaradamente) o seu. Este parece ser o caso do Día do Patrimonio, que, mesmo coas actuais circunstancias e restricións, se resistea renunciar ás habituais actividades que arredor da data adoitan desenvolverse. Entre as diferentes propostas que atoparemos ao longo do país, a Rede do Patrimonio Cultural convida a unha serie de charlas para pensar o estado diso que chamamos patrimonio. É unha actividade tamén con carácter reivindicativo: máis de 100 entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso noso avervo material e inmaterial. Máis de 100 entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso noso avervo material e inmaterial Desde 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa da Galiza con roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras alternativas. Ante a situación sanitaria actual, son conscientes de que teñen que adaptarse a unha nova maneira de incidir na cidadanía, nesta e outras datas, na defensa e posta en valor do legado de antano. As accións inicialmente previstas mudaron desde modo por un ciclo de videoconferencias públicas e por diversas actividades en liña orientadas ao intercambio de información e á formación no eido. Videoconferencias Concretamente, terán lugar hoxe unha charla de Xurxo Ayán que resume o título \"Arqueoloxía nova que se chama Ribeira\", que modera Pilar Sánchez Monje, da asociación O Sorriso de Daniel. O 19 de novembro será Rafael Quintía que partille os seus pensamentos sobre a tópica \"O valor do patrimonio inmaterial e a súa relación co patrimonio material e natural\". Neste caso a moderadora será Emi Cagiao, da asociación Entroido de Samede. Por último, o 26 de novembro Celtia Rodríguez achegarase ao tema \"Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero\", acompañada por Soledad Felloza. A estas conferencias súmanse diferentes charlas, exposicións, presentacións de libros, vídeos de recollida de tradición oral, difusión do patrimonio local e moito máis, todas elas accións levadas a cabo por diferentes entidades do país. Destaca, aliás, a campaña a prol da declaración da casa de Ricardo Carvalho Calero como Ben de Interese Cultural, aproveitando que recae no autor outra efeméride, neste caso as Letras Galegas. As actividades poderanse seguir no Facebook da Rede do Patrimonio e na canle de YouTube de Roxin Roxal. Encontro 'Pecha Kucha' Outra das accións máis salientábeis, polo seu carácter integrador e de diálogo, está programada de cara ao día 30 de novembro. Trátase dun encontro \"Pecha Kucha\" no que as distintas entidades da Rede de Patrimonio porán en común proxectos e metodoloxías de acción empregados ao longo dos últimos anos. Neste 2020 faise ademais unha década da fundación de varias das asociacións, como O Sorriso de Daniel, Monte Pindo Parque Natural ou PatrimonioGalego.net. Outras son mesmo máis lonxevas: 12 anos de Mariña Patrimonio, 15 de Roxin Roxal, 25 de Ponte nas Ondas, 42 de Adega... Necesidade de políticas Desde a Rede do Patrimonio lembran a súa insistencia \"na necesidade de levar a cabo políticas concretas que se traduzan nun reordenamento do territorio, en sancións máis graves ante as agresións e nun plan de educación en valores patrimoniais que garantan a supervivencia dunha riqueza que nos identifica como un pobo dotado dunha longa e rica historia\". Foro do patrimonio Enlazando con esta idea, destaca a información que vén de facer pública o Consello da Cultura Galega sobre os primeiros avances do Foro Patrimonio e Sociedade. Esta proposta, coordinada por Rebeca Blanco-Rotea, coa participación doutros membros da sección de Patrimonio e Bens Culturais, é pioneira no campo e materialízase en tres mesas nas que participan unha trintena de especialistas durante un ano enteiro para analizar todas as caras deste fenómeno. Chegan hoxe os primeiros resultados deste proceso de reflexión, que leva traballando desde novembro de 2019 na busca de medidas e solucións que permitan unha maior e mellor comprensión, divulgación e gozo do patrimonio cultural. A pandemia alterou o calendario e atrasou seis meses todas as súas accións. Os resultados preliminares albiscan, xustamente, algunhas demandas que existen no eido a día de hoxe. Entre as máis urxentes, a necesidade dunha educación máis integral na materia. \"Resulta esencial contar cunha formación patrimonial da cidadanía para a co construción dunhas políticas públicas axeitadas á nosa realidade patrimonial e dunha xestión patrimonial integral, aberta e inclusiva\", asegura Blanco-Rotea. \"Resulta esencial contar cunha formación patrimonial da cidadanía para a co construción dunhas políticas públicas axeitadas á nosa realidade\", asegura Blanco-Rotea Pero hai máis aspectos: a posibilidade de creación dun observatorio galego do patrimonio, a difusión pública dun catálogo patrimonial aberto e de acceso (mesmo participado) para a cidadanía. Outras problemáticas e medidas aínda se están a perfilar, se cadra apuntando cara á necesidade dun plan galego de educación patrimonial. A xénese Rebeca Blanco-Rotea explica que o foro parte de tres demandas importantes. A primeira son as eivas e problemáticas \"que nos fixeron chegar os e as asistentes ás diferentes xornadas dos 'Encontros monográficos co patrimonio cultural' que organiza o CCG desde hai máis de cinco anos e polos que pasaron uns 1.500 participantes\". A segunda \"é o documento que realizamos a petición da Xunta da Galiza como base para a elaboración da estratexia da cultura galega 2021\", explica. E a terceira ten que ver co \"incremento de peticións de elaboración de informes ao CCG por parte de colectivos cidadáns en relación con conflitos patrimoniais consecuencia dalgunhas prácticas da Administración, empresas ou outros organismos\". Artellado en tres mesas, cada unha delas procura fomentar o debate e a reflexión sobre tópicas máis concretas. Cos resultados finais realizarase un foro de debate público que terá lugar no mes de abril de 2021. \"De aí sairá un conxunto de documentos que esperamos servirán de marco de traballo para o patrimonio nos vindeiros anos na Galiza\", apunta Blanco-Rotea. Principais avances por mesas No marco do deseño das políticas públicas e da normativa legal, os primeiros resultados da mesa coordinada por Teresa Nieto e Cristina Sánchez Carretero falan da necesidade de buscar un equilibrio entre as dinámicas interventoras dos organismos públicos no patrimonio e a reivindicación cidadá, cun protagonismo maior no deseño desas políticas. Esa gobernanza participativa permitiría amainar unha eiva que veñen detectando desde tempo atrás, que é o incremento de queixas e reclamacións (canalizadas a través da Valedoría do Pobo ou do propio CCG) sobre as actuacións da Administración e outros organismos. No ámbito da xestión patrimonial, onde Iago Seara e Carlos Nárdiz son os coordinadores, os primeiros avances indican unha liña clara: a necesidade da transversalidade. Ademais, neste grupo de traballo exponse a gravidade de que se estean a tratar os elementos patrimoniais como materia turística, coas conseguintes eivas para a súa conservacións e outros aspectos.No ámbito do patrimonio, educación, formación e cidadanía, obxecto de análise e reflexión por parte da terceira mesa, apúntase a necesidade de buscar un elemento vertebrador que permita coordinar o labor dos colectivos e asociacións civís. Entre as propostas desta mesa está a creación dun Observatorio Galego do Patrimonio, en cuxa estrutura as redes poderían ter a súa propia representación, e dun Consello de Cooperación Cultural que coordine os diferentes colectivos en materia de patrimonio."}
{"ID": "NOS_7029", "summary": "A empresa tería trasladado ao cadro de persoal a súa intención de parar a actividade, o que suporía a perda de 70 postos de traballo.", "text": "A CIG vén de denunciar que a empresa Tegestacín ten previsto parar a súa actividade industrial en Outeiro de Rei, provocando a desaparición de outros 70 postos de traballo que se sumarían aos centos de empregos en risco polos despedimentos en compañías como Vestas. Segundo a central sindical, a firma xa trasladou ao cadro de persoal a súa intención de fechar a planta no municipio. Dáse a circunstancia de que Tegestacín comezara a operar na antiga factoría que Leite Pascual abandonou na localidade. Para a CIG, o proceso informativo á representación laboral fíxose \"nun corto espazo de tempo\", apenas sen marxe de maniobra. No entanto, nun comunicado puntualizou que aínda \"non existe un anuncio formal por parte da dirección\". Así, non se coñecen que datas se manexan para proceder aos despedimentos e, polo tanto, a destruír outros 70 empregos na Galiza. Impacto para toda a comarca En calquera caso, a entidade cualifica de \"altamente preocupante\" a intención da empresa. Xa non só polos postos que soporta de forma directa, senón tamén polo \"gran impacto\" que implicaría a desaparición da actividade na economía dos concellos limítrofes, que tamén viven indirectamente dos labores da compañía. Neste contexto, desde a CIG amosan gran desconfianza sobre as motivacións que poidan existir detrás deste anuncio extraoficial da compañía, pois o ERE para a fábrica de Outeiro de Rei xa foi unha ameaza con anterioridade. Este anuncio xurde en medio doutra onda de protestas no sector lácteo do país."}
{"ID": "NOS_3086", "summary": "Analizamos o recurso de casación que a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española presentará perante o Supremo; contámosche os intereses de Alemaña en Pescanova. Todo isto e moito máis, en 32 páxinas.", "text": "No Tema da Semana viaxamos até o Monte Pindo e andamos o que queda del após o lume arrasar este espazo natural, un dos máis importantes da Galiza, despois de que a Xunta negase a súa declaración como Parque Natural. Escribimos a crónica da destrución dun país Nas páxinas de Galiza analizamos o recurso de casación que presentará perante o Tribunal Supremo a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española. Aliás, as familias valoran a sentenza que @s condena a 56 anos de prisión e outros 36 de liberdade vixiada E procuramos unha valoración da mobilización pola soberanía convocada polo Bloque e realizada este 15-S en Compostela. Falamos con Bieito Lobeira, secretario de organización e repasamos, en imaxes, o clamor pola independencia Nas páxinas de Social percorremos os ángulos mortos de Inditex e contámosche as condicións en que a multinacional que preside Amancio Ortega contrata traballador@s para a montaxe das tendas de Zara no estranxeiro Pescanova protagoniza máis unha vez a nosa sección de Economía. A multinacional afástase da Galiza cun novo consello de administración foráneo que a coloca perto de Alemaña Sabes que son os Wearables? Contámoscho na sección de Tecnoloxía A estratexia do Estado español contra o independentismo catalán pasa por unha alianza con Bruxelas. Todas as chaves, na páxina de Internacional En Deportes falamos co xadrecista galego Iván Salgado, campión do Estado. Queres saber algo máis sobre este deporte e sobre a súa situación na Galiza? Non perdas a conversa coa que nos agasallou Adiantámonos un chisco ao festival Espazos Sonoros e nas páxinas de Cultura sentamos diante dun órgano, patrimonio esquecido en moitos templos do País e precisan de atención urxente como primeiro paso para a súa conservación O entrevistado desta semana na sección de Cultura é Jorge Llorca, escritor ferrolán que vén de gañar o premio Blanco Amor coa obra O violín de Rembrandt A nosa Okapi xoga no Courel con xoguetes de refugallo da man da empresa Garabato de Xogos, dedicada á súa recuperación... ou a os inventar! Na Contracapa conversamos coa editora Gemma Sesar Crítica literaria [Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga], crítica cinematográfica [Baixo o peso da lei, filme de 1986], crítica musical para presentar un grupo descoñecido para moit@s, Le Green Notes; pasatempos; Viaxes na Miña Terra vai de visita a unha fábrica de carros en serie; artigos de opinión e a axenda cultural completan as 32 páxinas"}
{"ID": "PRAZA_15586", "summary": "O Consello cumplimenta o primeiro trámite dos Orzamentos de 2013, unhas contas nas que o Goberno perde unha capacidade de gasto de máis de 200 millóns. Os fondos para pagar débeda soben un 10%.", "text": "Cumprir o límite déficit como forma de vida. É o escenario ao que semella abocado o Goberno galego e, por extensión a cidadanía de Galicia. O Consello da Xunta deulle este xoves luz verde ao envío ao Parlamento dos Orzamentos Xerais para 2013, unhas contas que contan con ter en vigor o 1 de marzo e que consagran toda a política económica do Executivo a unha única finalidade: \"rebaixar a metade o déficit nun ano\", resume o presidente, Alberto Núñez Feijóo. O Estado impón que a diferenza entre ingresos e gastos ten que pasar do 1,5% de 2012 ao 0,7% e para iso toca sacar a pasear a tesoira. Máis aínda tendo en conta que, un ano máis, a Xunta renuncia a captar máis ingresos, isto é, a subir, por exemplo, os impostos ás rendas altas como lle vén solicitando a oposición. Ben ao contrario, a política tributaria seguirá encamiñada cara ás \"rebaixas selectivas\" e desta volta o proxecto de contas públicas trae consigo certas baixadas impositivas no ámbito dos actos xurídicos documentados, de certas compras de vivenda ou para quen invista en proxectos \"emprendedores\", entre outros. Neste contexto, o Goberno galego terá que funcionar con \"2.500 millóns menos de ingresos que en 2009\", un regreso a \"niveis de 2006\" que se concreta nunha perda 222 millóns a respecto de 2012. En síntese, o gasto fica limitado nos xa coñecidos 8.701 millóns de euros. Os 8.701 millóns de teito de gasto deixan a Facenda galega en niveis do ano 2006 O resultado concreto do axuste coñecerase este venres, cando sexan públicos todos os detalles do Orzamento, se ben xa é de dominio público o recorte do salario ao cadro de persoal da Xunta. \"É verdade que se pide un esforzo aos funcionarios públicos\", admite a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, quen tenta, non obstante, suavizar a tesoirada enfatizando que a perda de soldo é \"inferior á de 2012\". Na mesma liña de procurar apaciguar os acendidos ánimos do persoal público, que protestou no exterior de San Caetano durante a reunión do Consello, semella ir o anuncio lanzado por Feijóo na mesma comparecencia, segundo o cal os empregados e empregadas da Administración poderán recibir en xaneiro un \"anticipo\" da recortada paga extra de xullo. Un 10% máis para a débeda Pero neste contexto de desplome do gasto público non todo son caídas. Como vén acontecendo nos últimos tempos tanto en Galicia como no Estado hai unha partida que se salva da queima, a destinada aos gastos financeiros, isto é, a pagar xuros e a devolver débeda. Desta volta é \"só un incremento do 10%\", explica Muñoz despois de admitir que, \"fronte aos 271 millóns\" de 2012, en 2013 sairán 299 millóns de euros das arcas galegas con rumbo aos bancos. Así e todo, a conselleira fai seu o lema que presidiu parte do PowerPoint co que explicou as contas, Non todas somos iguais, para especificar que \"a comunidade de Galicia é na que menos se incrementa a partida dedicada a gastos financeiros\" porque \"é quen de controlar o nivel de endebedamento\". A partida destinada a pagar débeda xa chega aos 299 millóns mentres Feijóo insiste en que \"blinda\" os servizos públicos Diante de todos estes indicadores presidente e conselleira aseguran, como xa vén facendo o Goberno galego dende 2009, que a \"prioridade política\" das novas contas é \"o gasto social\", que \"pasa a ser o 77,1% do orzamento\". \"Quedan blindados os servizos esenciais\", asegura Feijóo, que obvia neste caso a caída continuada no montante total de cartos dispoñibles para insistir en que \"aumentamos en 10 puntos a participación dos servizos esenciais nos Orzamentos\" dende que chegou á Xunta en 2009. Segundo Feijóo, as \"prestacións esenciais\" fican \"blindadas\" e mesmo \"o poder adquisitivo dos empregados públicos\" fica \"reforzado\". Os detalles e os números, este venres no Parlamento e en Internet. HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "PRAZA_138", "summary": "Xavier Alcalá reeditará o seu romance Tertúlia, polémica nos anos oitenta polo contido crítico que o levou a perder o Premio Blanco Amor e o Premio Edicións Xerais, nunha versión en que actualiza o argumento desde a perspectiva actual. Será publicado en simultáneo por Praza Pública e Palavra comum en entregas semanais a partir do mes de febreiro", "text": "Alcalá é hoxe un autor consagrado que conta cunha lista moi nutrida de premios e obras relevantes, entre as que figuran auténticos long sellers como A nosa cinza, para moitos unha das biblias escolares na hora da primeira comuñón literaria en galego, xunto coas cantigas medievais e obras do teor d' A esmorga, Os vellos non deben de namorarse, Memorias dun neno labrego, O porco de pé ou Arredor de si. Mais este profesional das telecomunicacións e da xestión de recursos europeos desde hai tempo con barbas brancas, autor pispireto de artigos de opinión e ao tempo virtuoso narrador de novela histórica ten un pasado rebuldeiro froito do seu compromiso sincero coa liberdade creativa. E Tertúlia foi o epicentro da súa burlesca crítica a un sistema literario galego nacente, sendo por iso o albo do furacán que as \"vacas sagradas\" que el criticaba na obra mandaron, como deusiños furiosos contra as pretensións libertarias do escritor, para que a obra, que agora será reeditada e publicada en simultáneo por Praza Pública e Palavra comum, non puidese gañar o Premio Blanco Amor, tal e como semellaba cantado para varios intervintes. Efectivamente todo aconteceu así, como se chegou a saber por xente mais ou menos discreta e por algunha que sen ningún reparo difundiu as accións máis vergoñentas, para a súa indignidade. Ese foi o caso de Marino Dónega, membro da RAG e conselleiro de cultura no período preautonómico, quen se sentiu especialmente ofendido pola obra debido á crítica institucional que contiña, e que non parou até que sachou os tres votos que precisaba para vencer os dous sólidos votos a favor do resto do xuri. Mais a cousa non había de finalizar aí: cando mesmo os responsábeis dos suplementos literarios xa estaban a redactar que gañaba o seguinte premio, o Edicións Xerais, de novo no último momento ficou apartado. E cando finalmente o romance é publicado por Sotelo Blanco, o editor pasa a ser rixamente advertido de que se reedita a obra poderá verse sometido a unha seca de subvencións. A obra, como en poucas semanas terá o público novo a oportunidade de comprobar, introduce temas de interese perenne, por moito que nos pese, aínda que non todos os aspectos se poderán valorar de idéntico modo hoxe que nunha época que aínda arrastraba os modos franquistas como pallas coladas ao cu. Ou si? Vexamos: a xerontocracia dos axentes culturais institucionais; as capeliñas e cadeas de favores entre próceres e recomendados do sistema literario; a asumida españolidade e a pobreza intelectual de moitos vultos da cultura; unha reflexión sobre o plaxio ou a ética do escritor; a limpeza dos premios literarios; a cuestión ortográfica, pois usa catro normativas distintas; a cuestión da tradición literaria ideal, española ou lusófona. E isto sen contar que moitas das personaxes, algunhas baseadas en famosos factótums da cultura, serán facilmente recoñecíbeis polas súas funcións no sistema, outras coñecidas por un nome similar ao real e algunhas probabelmente ficarán ocultas para a maioría nunha primeira vista de ollos, até porque se trata de mesturas de atitudes ou de persoas reais da altura. A nova versión da obra, 'Tertúlia revisitada', será publicada en simultáneo por Praza e Palavra comum O propio Alcalá levaba desde os 70 tomando notas sobre a vida cultural galega, e aínda así quixo aclarar que nunca pretendeu usalas para escarnecer ninguén cos datos que lle terían servido para facer corar máis de un, senón que a súa vontade era apoiarse na realidade para crear un relato burlesco que se cinguise ao gozo literario e captase o lector cunha atrevida combinación do sério e do humorístico. Mais o poder, ese poderciño que podía presionar para que unha obra incómoda ficase na berma, detida propositadamente na autoestrada que un premio prestixioso supón, actuou como de todo autoritarismo se espera: usou as súas influencias políticas e as razóns extraliterarias lograron cortar o paso a unha obra singular. Porque o poder non ten sentido do humor cando a súa autoridade resulta cuestionada, como se na súa simpleza tivese presente, como Sócrates e os bufóns de toda época defendían, que son as cousas realmente serias as que deben ser tomadas con humor, xa que carecemos da profunda seriedade que a súa natureza na verdade impón. Mais como unha verdadeira atitude de out-sider nunca de todo se perde, agora o Alcalá está disposto a publicar unha nova versión so o título de Tertúlia revisitada. O plan de publicación inclúe ofrecer para consulta toda a batería de documentos da súa controvertida polémica, a disposición do autor para tratar estes temas e outros que foren pertinentes e a publicación dun cuestionario enviado a un grupo heteroxéneo de persoas, todo antes da publicación da obra en entregas semanais. Se ben a obra literaria de Alcalá por regra pode atoparse en galego na Editorial Galaxia, unha parte crecente da obra traducida ao castelán está a ser divulgada en formato dixital nas máis coñecidas plataformas de venda desde un blogue específico."}
{"ID": "NOS_3910", "summary": "Unha semana despois da súa presentación, a campaña \"Como cho digo ;-)\" que botou a andar a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) segue a sumar apoios na rede. En tres semanas, iniciarán unha xira de presentación por comarcas e localidades.", "text": "En tres semanas, a CTNL botarase á estrada para percorrer o territorio do país sumando forzas para reclamar a visibilización do galego nos medios de comunicación. Actos locais e comarcais convocarán a presenza de persoas coñecidas e colectivos e asociacións de cada lugar para esixir que a realidade que se produce en galego se recolla tamén na nosa lingua nos medios. Despois de cada acto, a proposta é que as diversas entidades se dirixan aos medios que traballan na localidade para remitirlle a súa declaración na que se solicita que as súas intervencións ou propostas fiquen reflectidas en galego nos medios Aos medios Cando este período, que durará entre catro e seis meses, finalice, a CTNL dirixirase directamente aos medios de comunicación facéndolle chegar os avais recollidos por todo o país para solicitarlle o compromiso de que a información que se xera na nosa lingua tamén se reproduza en galego. Especial atención terán na campaña os concellos que producen unha boa parte da información local que sae nas edicións de xornais e outros medios. A todos os concellos do país solicitaralle a CTNL que indiquen aos medios de comunicación que a información producida pola institución quede reflectida en galego. \"Os concellos producen moita información cada día e a maior parte diríxense aos medios na nosa lingua, mais finalmente aparece traducido. Agardamos o seu compromiso para promover que o galego teña presenza nos medios\", apunta Nel Vidal, presidente da CTNL. Co mundo da cultura Unha semana despois do seu inicio, entidades e particulares sumáronse xa á campaña promovida pola CTNL, avalada tamén polo grande suceso da súa anterior proposta \"Gústame o galego\", que conseguiu un forte impacto social na defensa da nosa lingua. Desde que está operativa, \"Como cho digo ;:)\" conseguiu a sinatura de grande número de persoas do mundo da cultura, da literatura, das artes escénicas ou da música. Escritores e escritoras como Manuel Rivas, Antonio Fraga, Helena Villar, Antía Otero, Mario Regueira, Marcos Calveiro, Xabier López López, Xosé Mª Lema, Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Dores Tembrás, Francisco Castro, Xoán Carlos Domínguez, Antón Cortizas, María Reimóndez, Elena Gallego ou Yolanda Castaño ou Carlos Negro sumáronse a unha proposta que tamén avalaron cos seus nomes desde a música Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Roi Casal, Mónica de Nut, Os da Ría, Sés ademais de Pedro Brandariz, María Mera, Mónica Camaño, Federico Perez ou Avelino González desde as artes escénicas, xunto con outros moitos nomes do ámbito cultural que queren que as súas intervencións sexan recollidas en galego nos medios."}
{"ID": "PRAZA_4747", "summary": "A pesar da oposición dos veciños, do Concello, e da existencia de varios recursos xudiciais en marcha, o Club Náutico de Sanxenxo segue adiante (co apoio de Portos de Galicia) co seu proxecto de construción de 121 novos amarres. Denúnciase o uso de recursos públicos para o beneficio privado", "text": "O conflito xerado polo proxecto de construción de novos pantaláns por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo, unhas obras autorizadas por Portos de Galicia coa oposición tanto do Concello coma de numerosos veciños, organizados na plataforma SOS Panadeira, vén de vello. As obras, iniciadas o pasado verán, paralizadas pola presión social e varios recursos xudiciais, e de novo en marcha, poden levar á práctica destrución de dous areais (Os Barcos e Panadeira), á perda de bandeiras azuis e a unha meirande contaminación polo movemento previsto de barcos nos 121 amarres previstos. O proxecto supón, en definitiva, unha ocupación do espazo público (porto e praias) para o beneficio dunha entidade privada, o Real Club Náutico de Sanxenxo. Os responsables deste club privado ofreceron este mércores unha rolda de prensa na que aseguraron que seguirán adiante coas obras, a pesar de que as actuacións están recorridas xudicialmente polo Concello, nunha demanda admitida a trámite polo Xuzgado do Contencioso-Administrativo de Santiago, e por Nauta Sanxenxo, a empresa municipal que xestiona o porto, ante o TSXG. Na rolda, que quixo ser unha demostración de forza por parte do clube, participaron dez colectivos, aínda que só un (a confraría) era de Sanxenxo. O presidente do Náutico, Pedro Campos, afirmou que \"acabaremos as obras a pesar de quen recorren á coacción e ao insulto\", en referencia á plataforma SOS Panadeira, e argumentou que \"o Club está composto por veraneantes, que vimos aquí polo mar e as praias. Como iamos danalas se son o noso sentido de estar aquí?\". Tamén sinalou que \"o que está ocorrendo vai máis aló duns pantaláns\" e que \"se permitimos que a violencia se impoña, a próxima vez usarán este método para outra cosa, e así acábase co Estado de Dereito\". En ton ameazante concluíu que \"non confundan a nosa amabilidade con debilidade. Estamos presentando demandas polo civil e polo penal. E contaremos coas medidas de seguridade que sexan necesarias tanto para os traballadores do Náutico, como para os socios e os operarios que están facendo a obra\". Tamén afirmou que \"con Telmo e con Catalina\", en referencia ao anterior alcalde Telmo Martín e a actual alcaldesa Catalina González, ambos do PP, \"sempre houbo sintonía, pero pode vir outro alcalde e quen sabe. O futuro do Club estará mellor se ten as súas propias instalacións\". \"Sempre houbo sintonía, pero pode vir outro alcalde e quen sabe. O futuro do Club estará mellor se ten as súas propias instalacións\" A rolda de prensa, na que participaron os regatistas Fernando Echávarri e Tamara Echegoyen e responsables doutros clubes náuticos privados de Galicia, foi interumpida polas protestas dos veciños de Sanxenxo agrupados en SOS Panadeira, chegándose a vivir momentos de tensión. Tamén hai unhas semanas un grupo de activistas denunciou unha agresión dun traballador de Portos de Galicia cando intentaba deter as obras de construción do pantalán. Un pantalán criticado por (case) todos \"Se finalmente se executa esta obra tal e como está pensada, a praia de Panadeira, aínda se cumprise con todos os demais criterios imperativos, non podería ser considerada zona de baño\" A oposición ao pantalán tamén chegou por parte do Colexio Oficial de Biólogos e pola Asociación de Educación Ambiental e del Consumidor (Adeac), integrante da Foundation for Environmental Education, a entidade responsable da concesión das bandeiras azuis. \"Se finalmente se executa esta obra tal e como está pensada, a praia de Panadeira, aínda se cumprise con todos os demais criterios imperativos, non podería ser considerada zona de baño, ao ser incompatible coa zona portuaria\", sinalou Adeac que asegura \"non estar en contra das ampliacións de portos deportivos\", iso si, \"sempre que haxa unha necesidade xustificada, uns estudos de impacto ambiental e un consenso social\", aspectos que, nesta ocasión, \"non se cumpren\". Tamén lembraba que \"os pantaláns están en contra das orientacións xerais do propio Concello e de Nauta Sanxenxo\" e dicía descoñecer \"cales son os argumentos que puidesen xustificar unhas obras aparentemente en contra do desenvolvemento sostible de Sanxenxo\". \"Só hai un culpable deste malestar xerado entre os veciños, a administración local e outros colectivos co Náutico de Sanxenxo, e este é Portos de Galicia, xa que autorizou a súa situación desoíndo o Concello\" O malestar no Concello é visible, igualmente, pois denuncia que a actuación incumpre a normativa urbanística vixente, tanto o Plano de Utilización de Espazos Portuarios de Sanxenxo aprobado por Portos de Galicia, coma o Plano de Ordenación del Litoral de Galicia. O concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez (VIPS), amosouse nos últimos días moi crítico coa actuación da Xunta: \"só hai un culpable deste malestar xerado entre os veciños, a administración local e outros colectivos co Náutico de Sanxenxo, e este é Portos de Galicia, xa que autorizou a súa situación desoíndo o Concello\". Sos Panadeira leva meses traballando en distintas accións de información e protesta. Organizou concentracións e manifestacións, cadeas humanas sobre a praia, accións reivindicativas ao paso da Volta a España, buscou paralizar as obras establecendo quendas de vixilancia, organizou un festival de música e estableceu contactos con grupos políticos e distintas administracións para frear o proxecto. A súa actividade continúa e aseguran que non se deterá até a retirada do proxecto. Como dixo este mércores o presidente do Club Náutico \"o que está ocorrendo vai máis aló duns pantaláns\". En efecto, trátase da defensa do espazo público, e de frear un proxecto de utilización dos recursos de todos para o beneficio, privado, duns poucos."}
{"ID": "NOS_2487", "summary": "Un informe do centro Delàs de estudos pola paz indica que a despesa militar real é 10 mil millóns de euros superior á que di o goberno español.", "text": "O Estado español destina a gasto militar real máis de 16.955 millóns de euros, unha cifra que supón o 1,6% do PIB; e que é moi superior á que recoñece o propio goberno e que anda nos 6.900 millóns. Un informe do centro Delàs de estudos pola paz debulla cal é a realidade e o calado desa despesa militar e conclúe que esta supón un gasto de 47 millóns de euros diarios, un gasto por habitante e ano de 376 euros. Delàs sinala que Defensa \"amaga sistematicamente\" cos orzamentos para presentar un gasto menor do que realmente é. Unha manibra, indica este instituto, para tentar escapar do \"escrutinio da opinión pública\". Así, Defensa fala dun gasto de 6.900 millóns de euros. Mais deixa fóra toda unha serie de despesas a engadir. Desde as operacións militares no exterior até a R+D militar ou o que se gasta nas 'clases pasivas' militares, así como en departamentos como o CNI. E outras como os intereses da débeda por compra de armas, e que supón máis de mil millóns de euros. En total, máis de 16.955 millóns de euros. Exportadores de armas Recentemente Delàs tamén adicou un estudo á realidade do Estado español como exportador de armas. España é sexta na clasificación de exportadores de armas. Nos últimos dez anos pasou de vender armamento ao estranxeiro por valor de 406 millóns de euros (2004) a máis de 3.200 millóns (2014). Ademais, o 16% das exportacións de material militar feitas o ano pasado polo Estado español serviu para \"alimentar conflitos no Oriente Medio\"."}
{"ID": "NOS_33277", "summary": "Organizacións integrantes de SOS Sanidade Pública de Compostela consideran que está a ser \"correa de transmisión\" do Partido Popular.", "text": "Organizacións sanitarias, sociais, sindicais e políticas que conforman a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela solicitan do goberno galego a inmediata recusación da Valedora do Pobo\" pola súa actitude \"submisa e mesmo belixerante coas diferentes organizacións\". O portavoz da plataforma, Xosé Dios, explicou que acordaron solicitar a recusación para que o goberno lle lembre que a súa responsabilidade é \"defender á sociedade civil e non ás administracións\". Segundo informou, no último informe presentado ante o Parlamento, recibiu 64.937 queixas en 2016. Destas o 98,3% (63.095) do total correspondíanse con competencias da Xunta e, 50.000 delas referíanse ao mal funcionamento da Sanidade Pública. Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela presentáronse 6 queixas e que outras entidades e colectivos como a Asociación de Diabéticos/as de Santiago: O Movemento Galego de Saúde Mental; a Asociación de usuarios/as de oncoloxía; a plataforma Galega de Afectados/as pola Hepatite C; o MGS; o concello de Compostela; Médicos do Mundo ou persoas particulares como Lola Outeiral, que tamén estivo presente, expuxeron as súas respectivas queixas e as respostas recibidas. Todas elas, segundo sinalaron iguais que as dadas desde a Consellaría de Sanidade. En todos os casos, as persoas representantes destes colectivos e organizacións denunciaron a tardanza das respostas, a falta de dilixencia e a ausencia de medidas concretas contra a administración. A resposta da Valedora likitárase a reiterar a resposta xa dada pola propia Consellaría. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín que falou en representación da asociación de diabéticos/as e do Movemento Galego de Saúde Mental denunciou que \"a Valedora non exerceu a súa capacidade investigadora, e amosou unha absoluta tolerancia coa resposta da Consellaría de Sanidade, e cos tempos que a consellaría tardou en responder\"."}
{"ID": "NOS_40376", "summary": "O fotógrafo Vari Caramés é o novo gañador do Premio Bienal Internacional de Fotografía Contemporánea Pilar Citoler, fallado en Córdoba e considerado o de maior dotación dos do xénero.", "text": "O xurado do premio recoñeceu na obra de Caramés a súa capacidade para \"propoñer unha poética fotográfica do instante fugaz, tanto en branco e negro como en cor, alternando visións da súa terranatal galega e outras que denotan a súa vontade de errancia\". O galardón consisten nun premio en metálico de quince mil euros, unha exposición individual do gañador na Sala PuertaNueva de Córdoba no 2015 e a edición no próximo ano dunha monografía da obra do fotógrafo na colección \"El ojo que ves\", no que xa apareceron os volumes dos seis gañadores anteriores. O premio leva o nome de Pilar Citoler, grande coleccionista de fotografía que preside a súa vez o xurado do que tamén forman parte o galerista Rafael Ortiz, o fotógrafo e gañador da anterior edición Jorge Yeregui e os críticos Juan Manuel Bonet e Alfonso de la Torre. \"Na miña fotografía hai inevitablemente unha fixación, a xanela que é, na maioría dos casos, imaxinaria. Xanela como símbolo do mirar, do esculcar, do ver o mundo, ou a vida \"a través de\", \"de dentro cara a fora\", \"de fora cara adentro\"\", preséntase na súa páxina web o fotógrafo, na que podemos atopar boa parte das súas series fotográficas."}
{"ID": "NOS_45310", "summary": "A falta do reconto total o novo presidente de México é Enrique Peña Nieto. A esquerda calificou os comicios de \"pouco constitucionais\" e denunciou irregularidades.", "text": "Horas despois do peche dos colexios electorais as primeiras noticias apuntan a unha participación superior ao 62%, o que sinala que máis de 49 millóns de persoas votaron nestas elecciones. Enrique Peña Nieto, candidato do Partido Revolucionario Institucional (PRI), seria o vindeiro presidente de México segundo o resultado das primeiras actas elaboradas polo Instituto Federal Electoral (IFE). Estes datos corresponden ás actas de 7.597 mesas electorais das case 143.000 que se instalaron en todo o país. Os datos que se coñecen corresponden ás actas de 7.597 mesas electorais das case 143.000 que se instalaron en todo o país. Neses datos facilitados polo IFE o PRI conseguriría entre o 37,93 e o 38,55% dos votos, e ol aspirante da esquerda, Andrés Manuel López Obrador, obtería entre o 30,9 e o 31,86% dos votos. No terceiro lugar estaría a candidata do Partido Acción Nacional (PAN), Josefina Vázquez Mota, que chegaría ao 25,10 e o último posto ouparíao o Partido Nueva Alianza (Panal) de Gabriel Quadri, con entre 2,27 e 2,57% dos votos."}
{"ID": "PRAZA_14866", "summary": "Os organizadores da protesta sinalan que o tráfico na autoestrada se reduciu ao redor dun 15% este martes, segundo os sensores da DGT, e denuncian a \"falta de sensibilidade\" da empresa concesionaria, á que lle seguen esixindo que rebaixe os prezos ao igual que o fixo noutras comunidades autónomas.", "text": "Notouse a protesta contra as peaxes da AP-9? Tivo efecto o chamamento a non utilizar estas vías este martes para protestar contra os seus crecentes prezos? Parece que si, se atendemos aos datos dos sensores da DGT, facilitados polos organizadores da iniciativa. Os promotores da desmobilización contra as peaxes \"lamentan\" que a empresa concesionaria \"ignore o malestar dos seus clientes\" e se negue a facilitar datos. Estes sensores da DGT, situados nos quilómetros 66 e 76 da AP-9, zonas libres de peaxe nas entradas e saidas de Compostela, amosan unha redución media do uso desta vía de ao redor dun 15%: 15,5% menos vehículos menos pola mañá e 13,3% menos pola tarde. As medicións tomáronse nas \"horas punta\", nos momentos de maior tráfico do dia. dia 29 dia 30 diferenza 66 mañá 950 vhs/hora 690 vhs/hora -27% 66 tarde 630 vhs/hora 680 vhs/hora +7,9% 76 mañá 1.200 vhs/hora 980 vhs/hora -18% 76 tarde 800 vhs/hora 710 vhs/hora -11,25% Os organizadores da protesta cualifican de \"auténtico exito\" a iniciativa. \"Xa o termos demostrado a Audasa a sensibilidade que existe contra a súa política de subir os prezos de forma indiscriminada é un éxito en si mesmo\", manifestou Nacho García, un dos voceiros da plataforma, que salientou, igualmente, o apoio recibido por parte de moitas entidades, coma a plataforma catalá #NoVullPagar. A plataforma denuncia que \"a concesionaria Audasa continúa sen dar respuesta ningunha, una falta de sensibilidade cara aos seus clientes que lamentamos profundamente\". E salientan que \"nin sequera quixo ofrecer datos sobre a intensidad do tráfico rexistrado nos seus diferentes treitos\". Anuncian nova accións para as vindeiras semanas e non descartan convertela nunha \"acción reiterativa para todos os martes\" ou mesmo amplialo \"a algunha semana completa, no mes de novembro\" A plataforma tamén destaca que foron \"numerosas\" as que ao longo do dia lles indicaron \"o incremento do tráfico nas estradas convencionais, nas que se rexistraron importantes retencións\". En zonas como Pontedeume, Ordes, Padrón ou Redondela \"producironse caravanas\". A plataforma expresa que a protesta \"non vai quedar nun día simbólico\", e que \"imos continuar activos mentres Audasa non rebaixe os seus prezos e aplique os mesmos descontos que outras empresas do seu mesmo grupo, Itínere, levan a cabo noutras comunidades autónomas\". Deste xeito anuncian nova accións para as vindeiras semanas e non descartan convertela nunha \"acción reiterativa para todos os martes\" ou mesmo amplialo \"a algunha semana completa, no mes de novembro\". Engaden que \"non estamos dispostos a que Galicia, unha vez máis, siga sendo discriminada, e que os galegos, unha vez máis –e, de novo, no ámbito das comunicacións– suframos este agravio comparativo\". A Coruña-Vigo-A Coruña: máis de 40 euros de peaxe \"Non estamos dispostos a que Galicia, unha vez máis, siga sendo discriminada\" Viaxar entre A Coruña e Vigo xa custa máis de vinte euros, só ida, e sen ter en conta o gasto en gasolina. E Audasa, a empresa concesionaria controlada dende hai tres años por un fondo de investimento de Citigroup, tivo no primeiro semestre deste ano uns beneficios de máis de 22 millóns de euros, o que non lle impediu reducir o cadro de persoal en seis persoas ao tempo que incrementaba nun 31% a remuneración aos seus directivos. A AP-9 é unha das autoestradas que máis beneficios por quilómetro xera para os seus propietarios. En concreto en 2010 obtivo uns 430.000 euros por quilómetro. Esta cifra, por riba da media española, está lonxe da marca de ACESA, concesionaria de moitas das vias catalás, e que nese ano se situou nos 804.000 euros por quilómetro. A diferenza é que a concesión de ACESA rematará dentro de nove anos, no 2021. Mentres que a concesión tantas veces prorrogada de Audase se estenderá até o 2048, completando 75 anos de concesión. O PP quere cambiar a lei para protexer as concesionaria e evitar a \"insubmision\" O Goberno incluíu nas súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado medidas para reforzar o pago dos usuarios das autoestradas de peaxe e facer fronte ás campañas de insubmisión O Goberno incluíu nas súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado medidas para reforzar o pago dos usuarios das autoestradas de peaxe e facer fronte ás campañas de insubmisión. O artigo 29 da lei 8/72 de conservación e explotación de autoestradas xa recoñecía para casos excepcionais, temporalmente e en ausencia de axentes públicos, o carácter de autoridade para o persoal de autoestradas. Agora coa emenda do PP esténdese esa situación e engádese o carácter probatorio das denuncias do persoal da empresa concesionaria. A emenda aos Orzamentos que modifica esa lei asegura que \"as denuncias formuladas polo persoal da empresa concesionaria terán valor de medio de proba para acreditar os feitos denunciados\". Nas emendas aos Orzamentos Xerais o PP tamén introduce novas garantías para tentar salvar as empresas concesionarias das autoestradas de peaxe en situación de quebra. Estas sociedades teñen acumuladas perdas que superan os 4.000 millóns de euros e agora por lei asegúranse axudas directas ou garantías para que renegocien a súa débeda cos bancos e evitar así a súa quebra."}
{"ID": "PRAZA_10556", "summary": "Manuel Domínguez Sardiña, membro da Asemblea de Médicos e un dos xefes de servizo que dimitiu, ve \"positiva\" a marcha do xerente e agarda do novo \"non só boas palabras nin boa actitude, senón solucións\" aos graves problemas que denuncian na Atención Primaria en Galicia", "text": "A pouco de empezar este mes de xullo, a Consellería de Sanidade anunciaba a mudanza nas xerencias de dúas áreas sanitarias. O ata daquela xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, pasaba a dirixir a de Ourense, mentres que o responsable da ourensá, Julio García Comesaña, ocupaba o cargo do discutido responsable da área viguesa. Dominguez Sardiña, membro da Asemblea e un dos xefes de servizo dimisionarios, cre que a marcha de Rubial é \"un intento da Xunta por reconducir o conflito\". \"Pero chega tarde\", diO troco chegou logo de meses de conflito na sanidade galega, nomeadamente na área viguesa, e con continuas peticións de dimisións que afectaron a Rubial, sinalado nas manifestacións en defensa do sistema público, nos conflitos con diversos colectivos sanitarios, nas folgas nos centros de saúde, nas múltiples controversias arredor do método público-privado co que o Hospital Álvaro Cunqueiro foi impulsado ou na dimisión conxunta de case todos os xefes de servizo dos ambulatorios da zona de Vigo. Foron eles quen deron pulo ás protestas pola sobrecarga asistencial e a falta de recursos na Atención Primaria, xeneralizadas tamén en toda Galicia.Manuel Domínguez Sardiña, membro da Asemblea de Médicos de Vigo e un dos xefes de servizo que dimitiu en decembro de 2018, considera que a marcha de Rubial é \"positiva\" para tender \"pontes que estaban rotas\". E mesmo considera \"reversibles\" as dimisións del e dos seus compañeiros no caso de que as cousas muden de vez a partir de agora. \"A decisión é positiva porque Félix Rubial non só non tiña sensibilidade coas nosas reclamacións, senón que mesmo as negaba; non vía os problemas que había\", explica Domínguez Sardiña, que considera \"bo\" que chegue á xerencia \"unha persoa cunha actitude distinta\", pero que advirte de que \"non só se lle pide iso\". \"Queremos solucións e non só boas palabras e boa actitude; precisamos mudanzas de verdade, obxectivables\", insiste. \"Queremos solucións e non só boas palabras e boa actitude; precisamos mudanzas de verdade\"Para Domínguez Sardiña, a marcha de Rubial da área sanitaria de Vigo é \"un intento da Xunta por desbloquear ou reconducir\" o conflito e por \"establecer pontes de diálogo que co anterior xerente estaban rotas\". No entanto, cre que a decisión da Consellería \"chega moitos meses tarde\". Agora, con todo, a Asemblea de Médicos daralle un tempo a García Comesaña para que \"faga unha análise da situación\" antes de retomar as negociacións. \"Esperamos reunirnos antes de que finalice o verán\", engade. Será daquela cando formulen as demandas e reivindicacións que levan meses facendo, tamén a través de folgas e masivas manifestacións xunto á cidadanía. Máis medios, máis recursos, menos sobrecarga asistencial e máis persoal para a Atención Primaria, ademais de procurar solucións ás longas listas de espera ou impulsar as consultas preferentes. \"Pero tamén máis recursos na Atención Hospitalaria\", aclara o doutor. \"A situación segue a ser mala. en verán non hai substitutos e chéganse a atender 60 pacientes ao día nunha consulta\"Con todo, Domínguez Sardiña espera que \"a Atención Primaria sexa unha prioridade\" para o novo xerente porque \"a situación segue a ser mala\". \"Pode que mellorase algo ultimamente polas teleconsultas, pero en verán o problema agrávase, non só na área de Vigo, senón en toda Galicia. Faltan compañeiros, non hai substitutos e estanse chegando a atender ata 60 pacientes nunha consulta durante unha mañá\", explica quen cre que unha mudanza na actitude por parte do novo responsable e a chegada de \"cambios obxectivables\" podería mesmo reverter as dimisións masivas de xefes de servizo. \"Non é bo para os centros de saúde estar sen xefes porque así as cousas non funcionan ben. Todo é reversible se a situación se arranxa ou se ven os cambios porque nos centros ten que haber xefes, sexamos nós ou outros\", aclara quen di tamén que é necesario que estes postos sexan ocupados por xente \"recoñecida polo persoal, con prestixio ou liderado\". \"Non pode ser que ocorra como cando Rubial nomeou algún que carecía do perfil necesario para exercer esa función\", aclara."}
{"ID": "NOS_2429", "summary": "O seu secretario xeral, Xoán Báscuas afirma que malia a estarmos \"noutra fase\" a respecto de Catalunya e Euskadi non cómpre \"deslindar a crise económica da cuestión nacional\".", "text": "Nun acto organizado polas mocidades de Máis Galiza (MNG) e decorrido na Facultade de Ciencias Políticas, Compromiso por Galiza actuou de anfitrión nunha palestra na que participaron representantes de Amaiur e CiU. As tres formacións analizaron no relatorio Galeusca, configurando unha nova Europa os procesos soberanistas iniciados en Catalunya e Euskadi nun momento en que \"o debate público está hexemonizado pola crise económica\", asegurou Xoán Báscuas. Neste senso, Jon Iñarritu e Carles Campuzano avaliaron os escenarios políticos abertos apelando á \"democracia e o diálogo\" como ferramentas na procura do dereito a decidir dos pobos. \"O que non se pode é negar á cidadanía que opine\", aseverou o catalán quen lembrou o masivo apoio social manifestado nas rúas de Barcelona e mesmo no Parlament, á consulta soberanista convocada para o vindeiro ano. Báscuas: \"Non se pode deslindar a crise económica da cuestión nacional\" Pola súa banda, o líder de CxG considerou que a realidade galega --malia a ser distinta e atoparse \"noutra fase\"-- exixe \"pesagoxía, vontade construtiva\" por parte das \"organizacións galeguistas\" pois, asegurou \"canto máis poder teñamos, mellor viviremos\". O acto, que se enmarcou no seo dunhas das IV Xornadas da Mocidade galega, procura \"tecer pontes e procurar fórmulas de colaboración futuras\" entre as forzas políticas que tomaron parte na palestra a través, afirmou Báscuas \"do recoñecemento mutuo\". Neste senso, as mocidades anuncian a celebración dunha outra actividade con representantes de PNV e Compromís."}
{"ID": "NOS_14585", "summary": "O Consello de Ministros aprobou unha modificación da Lei de costas que salva a milleiros de vivendas e instalacións ilegais e recorta a idea de litoral como patrimonio público e común de toda a cidadanía. Colectivos ambientalistas denuncian que a nova lei beneficia a especuladores e contaminadores.", "text": "O Consello de Ministros español aprobou esta sexta unha nova Lei de costas, unha norma impulsada polo ministro Arias Cañete e que, como el mesmo recoñeceu, vai \"xerar a confianza dos inversores extranxeiros\". Esta lei derroga a que está en vigor, de 1988, e que en certa forma \"garantíu até o de agora a protección ambiental e o uso público do litoral fronte á especulación e os intereses dos grandes grupos inmobiliarios e industriais\", segundo colectivos como Adega. A nova lei salva milleiros de vivendas ilegais existentes no litoral do estado español, alén de 3.000 chiringuitos e centos de instalacións de empresas e industrias, moitas delas responsábeis de episodios de contaminación e degradación ambiental. Con esta norma, amplíase a 75 anos as licenzas que impiden a demolición de todas estas edificacións. O propio ministro afirmou que esta prórroga, que ule a sine die, adoptouse tamén para evitar o dano a imaxe de España de demolicións de centos de instalacións ilegais. A prórroga, logo, semella non terse adoptado para protexer ás familias que viven nas vivendas, senón para non prexudicar a marca España ante mercados e inversores estranxeiros. As rías galegas, no ponto de mira A nova lei xa foi respostada por colectivos e organizacións ambientalistas e de defensa da costa e o litoral como un patrimonio público e común de toda a cidadanía. Neste sentido, desde entidades como Adega considérase que a Lei de Costas vai beneficiar a especuladores e contaminadores e que supón antepoñer os intereses \"privados aos públicos e condenar ao ladrillo a milleiros de quilómetros de costa, comezando polas rías galegas\". \"É xusto o que quería ENCE para botar outros 70 anos máis emporcando a ría de Pontevedra\", afirma Adega ENCE A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza tamén afirma que coa reforma aprobada polo actual goberno, favorécense os intereses privados en detrimento do ben público mediante a modificación do dominio público marítimo-terrestre (DPMT), a redución da servidume de protección e a ampliación do prazo das concesións. \"É xusto o que quería ENCE para botar outros 70 anos máis emporcando a ría de Pontevedra\", alertan."}
{"ID": "NOS_50379", "summary": "Din que en casos de necesidade é cando xorde o enxeño. De aí que coas restricións impostas polo coronavirus brotasen na Galiza varias plataformas que permiten ao pequeno comercio facer da adversidade unha oportunidade para seguir adiante cos seus negocios e mesmo gañar clientela e aumentar a facturación.", "text": "Milleiros de persoas viven na Galiza do pequeno comercio. Son autónomas que en moitos casos non poden levantar as reixas dos seus negocios polas restricións aparelladas ao estado de alarma e que dependían dos seus ingresos para manter a economía familiar. Durante anos foron os grandes esquecidos por unha sociedade que primaba as compras nas grandes superficies. Pero a COVID-19 fixo mudar os hábitos de compra e tamén fixo ver a moita xente que o produto de calidade non é tanto o que leva unha marca como o que pode ofrecer a tenda da esquina. O problema é que o reducido tamaño destes estabelecementos e as escasas marxes que manexan failles moi complicado ter presenza en internet para colocar os seus produtos. Por sorte, nos últimos tempos xurdiron varias plataformas no país que tratan de salvar esta eiva e, ao tempo, axudar as pequenas empresarias nun momento en que o están a pasar realmente mal. Como explica a Nós Diario Pablo Sánchez, impulsor de DBarrio, unha plataforma xurdida en Vigo como punto de venda para estes negocios, \"ao principio non querían nada online. Metíanse, pero non pensaban que fosen vender, pero unha semana despois xa recuperaran o investimento inicial\". DBarrio xurdiu en Vigo, pero hoxe xa teñen presenza en Pontevedra, A Coruña e Tui. Pablo Sánchez cre que \"nunha semana ou dúas\" poden cubrir xa toda Galiza. Están a buscar socios locais que se encarguen da atención ao cliente e de xestionar as entregas, que tamén se fan con repartidoras locais. \"A xente quere comprar no pequeno comercio, mais queren que llo poñan fácil\" Precisamente, a rapidez é un dos seus puntos fortes. A diferenza das grandes plataformas, estas empresas poden entregar os produtos en menos de 24 horas. E cantos máis comercios se sumen, máis variedade haberá. \"A xente quere comprar no pequeno comercio, mais queren que llo poñan fácil\", apunta Sánchez. Os comercios poden vender online pese a estar fechados, pero hai outro tipo de negocios que non o teñen tan sinxelo para conseguir ingresos coa reixa baixada. Voltaremos, outra das plataformas galegas de nova creación, xorde para dar resposta a esta cuestión. Como sinala a este medio Roberto Amor, un dos seus impulsores, a xente pode agora comprar un vale ou un bono na cervexaría do barrio (sempre que estea na plataforma, claro está) para ir tomar as cañas cando abra, unha vez remate o confinamento. Ao igual que DBarrio, teñen un lado solidario tamén, xa que parte das vendas van destinadas a fins sociais. No seu caso, cobran 4 euros por negocio até cubrir os custos da propia plataforma, e o resto vai para Unicef e a loita contra o coronavirus. A súa iniciativa, que xa conta con preto de medio cento de comercios adheridos, moitos deles na área metropolitana da Coruña, onde xurdiu, mesmo chegou a oídos do presentador catalán Risto Mejide, que non dubidou en darlle difusión nas súas redes sociais. Me encanta esta iniciativa, ojalá triunfe: (gracias @srcastelo)Todos volveremos, eso está claro, pero hay muchos negocios que han cerrado y no saben si podrán volver. Seguro que entre ellos está la peluquería… https://t.co/QMrMNau3sN— Risto Mejide (en casa 🏰) (@ristomejide) April 1, 2020 DBarrio espera cubrir toda Galiza en cuestión de días e seguir crecendo polo Estado español. Voltaremos, pola súa banda, céntrase só no mercado doméstico galego. Outras plataformas, como Eprox, que xa operaba antes da crise do coronavirus, tamén pensan en ofrecer os seus servizos fóra da Galiza, pero o primeiro é consolidar a súa presenza no país. De momento están na Coruña, Ourense e Vigo. Eles, como indican a Nós Diario, non están a cobrar a cota ás súas usuarias durante o confinamento. Tamén, a diferenza das outras, devolven ás clientas 2% das compras para que poidan gastalo dentro da plataforma e así incentivar as vendas. No que todas coinciden é no enorme potencial do pequeno comercio e en que a venda online \"veu para quedar\"."}
{"ID": "NOS_25984", "summary": "Os exministros de Fomento compareceron no Congreso mentres ás portas da Cámara protestaban vitimas do sinistro que o 24 de xullo de 2013 deixou 81 persoas mortas e 144 feridas. José Blanco negou un \"pacto de silencio\" co PP e recoñece \"arrepentirse\" de non ter aceptado a comisión de investigación nun primeiro momento.", "text": "O exministro de Fomento e eurodeputado do PSOE José Blanco compareceu esta segunda feira na comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois que se desenvolve no Congreso cunha idea clara: negar responsabilidade algunha en decisións (ERTMS, adianto na inauguración da liña) que puidesen estar relacionadas co sinistro ferroviario de xullo de 2013 que deixou 81 persoas mortas e 144 falecidas. A tamén exministra de Fomento Ana Pastor compareceu co mesmo obxectivo. Ás portas da Cámara onde decorrían ambas as dúas comparecencias, vítimas do sinistro exixían saber \"a verdade\" e a asunción de responsabilidades. Blanco negou que como ministro quixese cambiar, altertar ou mofificar a data establecida de inauguración do traxecto onde finalmente tivo lugar o sinistro para adecuala a intereses electorais ou partidistas. O calendario de prazos para esta liña de alta velocidade, dixo, estaba fixado antes de ser el ministro. O exministro tamén se desvinculou de calquer decisión sobre a seguridade da vía, nomeadamente a refrente ao ERTMS. \"Non tiven coñecemento\" sobre a modificación deste sistema de seguridade, dixo, un sistema que, de dispoñer del o tren como se prevía nun principio, podería evitar o accidente segundo opinan expertos. Na quenda de preguntas, Alexandra Fernández (En Marea) tentou que Blanco respondese ao que a deputada cualificaba como \"a proba do algodón\": \"Cre que de ter o ERTMS habería máis probabilidades de que o tren non pasase a máis de 80 quilómetros por hora por aquela curva?\". Gabriel Rufián (ERC), lamentou que, como despois tamén lle reprochou o independentista a Ana Pastor, dera a impresión de que ambos os dous \"fosen 'ujieres' no Ministerio\" no canto de ministros. Rufián mostrou a súa sorpresa polo feito de que tanto Blanco como Pastor derivasen responsabilidades cara a outros estamentos. Pilar Cancela (PSOE) preguntou o exministro socialista se había pacto de silencio sobre este accidente co PP e tamén se presionara Adif ou Renfe para acelerar as obras e os prazos por interess electorais. Ambas as dúas foron, loxiamente, un negadas por Blanco qwue en máis dunha ocasión reprochou a algúns representantes da oposición que fosen á comisión co veredicto xa adoptado. \"Decisións técnicas\" Ana Pastor negou tamén, ao igual que fixera Blanco, calquera responsabilidade sobre a eliminación do ERTMS. \"Son decisións técnicas\", dixo, apontando que tomalas era competencia dos directores xerais de Seguridade de Renfe e Adif. A presidenta do Congreso dixo tamén que \"nunca din unha instrución para que non se facilitase toda a información\" que pedía o xuíz instrutor, negando calquera obstrución. Negou tamén que desde Fomento, canda ela o dirixía, se tentase favorecer un relato no que o accidente ferroviario era responsabilidade única do maquinista. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, esixiu que Blanco e Pastor asuman as súas responsabilidades políticas polo incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria. \"É lamentábel que despois da apertura de procedemento infracción contra o Estado por parte da Comisión Europea, Blanco no asuma as súas responsabilidades\", dixo."}
{"ID": "PRAZA_11123", "summary": "Coa elevada abstención como un dos puntos máis rechamantes da xornada, o PS gaña 21 escanos e a principal forza da dereita perde 22. Costa anuncia contactos para \"renovar\" as alianzas con outras forzas da esquerda, pero reflectindo que agora o PS é \"máis forte\"", "text": "\"Sim, sim, é geringonça, mas funciona. É uma grande vantagem, estão a ver? É geringonça mas funciona\". En abril de 2016, cando transcorrera menos dun ano do pacto da esquerda que converteu a António Costa en primeiro ministro de Portugal, derrubando o Goberno da dereita que encabezaba Pedro Passos Coelho (PSD), o líder do Partido Socialista ironizaba deste xeito nunha resposta parlamentaria a respecto da alianza que o levara ao poder. Botando man do cualificativo que, parafraseando unha crónica xornalística, utilizara a dereita para descualificar o pacto, Costa valorizaba o seu pacto co Bloco de Esquerda e o Partido Comunista.Catro anos despois daqueles acordos as urnas veñen de referendar a geringonça. E, moi especialmente, ao seu líder. O PS logrou este domingo, 6 de outubro, unha cómoda vitoria nas eleccións lexislativas. Os de Costa non lograron a maioría absoluta coa que soñaran nalgúns puntos da carreira electoral, pero si conseguiron unha folgada primeira posición que muda o mapa das negociacións, mentres que un eventual goberno da dereita non é viable sobre fórmula ningunha.Coa elevada abstención como un dos puntos máis rechamantes da xornada, o PS gaña 21 escanos e a principal forza da dereita perde 22Coa elevada abstención, de case o 46%, como un dos puntos negativos máis rechamantes dos comicios -a practicamente segura vitoria socialista é apuntada por algunhas análises no país veciño como unha das causas da pouca mobilización- e á espera da asignación dos 4 escanos da emigración, o PS recupera o dominio parlamentario na Assembleia da República con 106 representantes fronte aos 85 cos que contaba na anterior lexislatura. Mentres, a principal forza da dereita, o PSD, sofre un duro pau con Rui Rio á fronte e pasa dos 99 asentos logrados coa súa coalición de 2015 aos 77 deste domingo.Pola banda da esquerda os dous socios que foron indispensables para chegar ao poder en 2015 tiveron sortes dispares. Tanto o Bloco de Esquerda como a CDU perden porcentaxe de voto, pero mentres o Bloco mantén a súa representación parlamentaria no voto interior, 19 escanos, a alianza nucleada en torno ao Partido Comunista perde cinco e queda con 12.No que atinxe ás pequenas forzas, alén do crecemento dos ambientalistas do PAN (de 1 a 4 escanos), unha das principais novas deste 6 de outubro en Portugal foi a irrupción da extrema dereita na Assembleia da República. CHEGA, a escisión pola dereita do PSD, chega por primeira vez ao Parlamento, aínda que cun único escano e o 1,3% dos votos. Tamén debuta no lexislativo portugués unha nova forza de esquerda, o Livre.Reaccións dos partidosCosta anuncia contactos para \"renovar\" as alianzas con outras forzas da esquerda, pero reflectindo que agora o PS é \"máis forte\"As primeiras reaccións pola banda da esquerda tiveron unha nota común: volverá haber acordos, pero non será como os de hai catro anos. \"Os portugueses gostaram da geringonça\", afirmou Costa tras coñecer o escrutinio, pero cun matiz: a aposta do electorado é a \"continuidade da atual solução política\", mais \"agora com um PS mais forte\". Neste sentido, ratifica que o PS vai \"procurar renovar\" as alianzas co BE e o Partido Comunista, así como procurar apoios no PAN e no Livre. Trátase, di, de lograr \"um reforço da solução política que produziu boas políticas e, sobretudo, bons resultados\".Alén do triunfo do seu propio partido e das forzas da esquerda, Costa pon o foco noutro aspecto dos resultados do 6 de outubro: a dereita sufriu \"a maior derrota histórica\". Nos mesmos termos se expresa Catarina Martins dende o Bloco. Os socialistas, constata Martins, teñen unha \"larga maioria\" e, daquela, \"todas as condições para formar governo\". Pola banda do BE, \"consolidado como terceira força política do país\", é clara a \"disponibilidade\" negociar co PS sempre e cando pida os seus votos para continuar a \"reposição de direitos\" da cidadanía iniciada no pasado mandato. Por iso ofrece negociar un acordo de lexislatura ou \"negociações ano a ano para cada orçamento\".O Bloco amosa disposición a acordos puntuais ou de lexislatura cos socialistas; o PSD gábase de non sufrir \"a grande derrota que alguns previam\" e carga contra os medios de comunicaciónPola banda da CDU, o secretario xeral do Partido Comunista, Jerónimo de Sousa, salienta que o resultado deixa claro que non haberá atrancos para que Costa recunque como primeiro ministro, aínda que tras o seu retroceso electoral tamén advirte de novas condicións para acordos. \"A CDU cá estará, como sempre esteve, honrando os compromissos com os trabalhadores e o povo\", di o líder do PCP, pero desta volta \"não haverá repetição da cena do papel\". Isto é, non existirá a sinatura dun acordo de lexislatura co PS.Mentres, na dereita, Rui Rio tivo que dedicar a súa primeira intervención a tentar amortecer o devalo da súa formación. Entre outras, atribuíu aos medios de comunicación, á \"prolongada publicação de sondagens\" que auguraban unha vitoria socialista, así como aos problemas internos, a desmobilización de parte do electorado do PSD. Alén disto, Rio considera que o resultado que acadou \"não é a grande derrota que alguns previam e desejavam\", senón un resultado practicamente \"idêntico ao alcançado em 2015\"."}
{"ID": "NOS_25215", "summary": "Galicia en Común- propón un gran \"pacto por Galicia\" na defensa e fortaleza do público.", "text": "A formación liderada por Antón Gómez-Reino, Galicia en Común, urxiu esta terza feira, 5 de maio, ás forzas políticas e sociais a alcanzar \"un grande acordo de país\" para a reconstrución logo da pandemia, impulsar a economía e garantir a protección sanitaria. A coalición de Reino xa presentou a súa proposta para chegar a ese acordo, e denominouna \"A Galicia do futuro\". \"Propoñemos un grande acordo de país, polo futuro, polo público e polo común. Isto é o que nos demanda a sociedade, un acordo que nos integre a todas e a todos e afastado dos intereses e lóxicas partidistas\", manifestou o voceiro da coalición. Reino fixo fincapé na urxencia de defender o público e o común \"fronte á fraxilidade na que fica Galiza logo dunha década de recortes\". A proposta de Galicia en Común está fundamentada sobre cinco piares fundamentais. O primeiro pasa polo reforzo inmediato dos recursos orzamentarios para blindar o público, esencialmente a sanidade e a protección social. En segundo lugar, a reactivación da economía galega e a modernización do modelo produtivo; o fortalecemento dos coidados; a mellora do sistema fiscal e do reparto de fondos e, por último, un amplo consenso político e social para potenciar a posición de país no Estado e ante as institución europeas."}
{"ID": "NOS_6804", "summary": "O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo fará máis dun cento de accións de promoción exterior do Xacobeo 2021 e adicará 92 millóns de euros a mellorar as infraestruturas do Camiño.", "text": "O Goberno español empeza a dar conta dos seus apoios á celebración o vindeiro ano do Xacobeo. Após unha xuntanza en Madrid co rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, comprometeuse a realizar este ano máis dun cento de accións no exterior para a promoción do Xacobeo 2021, ás que o ministerio engade un investimento de 92 millóns de euros para acondicionar edificios e infraestruturas. Segundo explicou Maroto na rolda de prensa posterior á xuntanza co alcalde de Compostela, desa cantidade, 24 millóns de euros corresponderán aos traballos de mellora que se están a acometer na Catedral compostelá, mentres que o resto irán destinados a traballos de rehabilitación de edificios e melloras das infraestruturas do Camiño, entre outras cousas. Epicentro en Roma A ministra asegurou que o Goberno español traballa en coordinación coa Consellería de Turismo da Xunta no desenvolvemento destas accións promocionais no estranxeiro, que terán na oficina de turismo de Roma o seu punto neurálxico. Nesa oficina, Turespaña instalará unha pantalla interactiva cun mapa dos distintos itinerarios do Camiño. O ministerio tamén ten previsto realizar presentacións multimedia ao público final, medios de comunicación e profesionais do sector, ademais de levar a cabo accións con axentes de viaxes e \"dinamizar\" toda esa información nas redes sociais. Como soportes complementarios, Turespaña habilitará un sitio web, e distribuirá material escrito e vídeos de produción propia en varios idiomas. Pola súa banda, o alcalde de Compostela celebrou a xuntanza de traballo mantida onte na sede do Ministerio coa titular de Industria, no que abordaron as accións que leva a cabo o Goberno español na promoción dos camiños, e amosouse satisfeito pola \"dispoñibilidade\" do Executivo español."}
{"ID": "NOS_21604", "summary": "Ao PP galego tampouco lle fai graza que o Goberno do Estado retire os restos do ditador Francisco Franco da basílica do Val dos Caídos. Segundo o seu secretario xeral, Miguel Tellado, non se trata \"dunha prioridade para a maioría de españois e galegos\".", "text": "Para Tellado, que así o manifestou nunha entrevista en Radio Nacional de España, a exhumación de Franco apenas responde máis que á \"campaña electoral do PSOE\" e só é \"unha prioridade para o presidente do Goberno [Pedro Sánchez]\". Na versión do secretario xeral do PP galego, non hai sitio nin para as familias das vítimas do fascismo, nin para a maior parte dos historiadores, nin para as asociacións de recuperación da memoria histórica. Miguel Tellado argumentou que \"a retira dos restos de Franco do Val dos Caídos non é prioritaria para Galiza porque esta vive unha das peores crisis industriais da súa historia\". Mais o recoñecemento desa crise non supuxo ningunha autocrítica, malia que os datos industriais atópanse en declinio practicamente desde que Núñez Feixoo chegou a San Caetano. Tellado descargou toda culpa no Executivo central e a súa \"actuación irresponsábel\"."}
{"ID": "NOS_12849", "summary": "A reivindicación xorde após o levantamento do veto á entrada de mulleres no templo de Sabarimala en Kerala. As cifras que se manexan apuntan a un número entre catro e cinco millóns de mulleres.", "text": "Historicamente as mulleres en idade de menstruar —intervalo definido polo estado entre os 10 e os 50 anos— tiñan prohibida a entrada ao templo de Sabarimala no estado de Kerala (India). Dende que o Tribunal Supremo do país asiático levantase esta prohibición, centos de persoas en desacordo intentaron evitar a entrada de mulleres pola súa conta. A pasada terza feira 2 de xaneiro, millóns de mulleres formaron unha cadea humana de até 620 km de lonxitude. Durante perto de quince minutos, mulleres de todo o estado agarradas das mans e espalladas polas autoestradas protestaron polos ataques as mulleres que intentan entrar no centro e reclamaron maior igualdade no país. As protestas contra este acto deixaron decenas de feridos e vehículos destruídos, contou a CNN."}
{"ID": "NOS_38024", "summary": "Algunhas praias da Pobra do Caramiñal e de Boiro apareceron tinguidas de cor negra.", "text": "O pasado mes de agosto, un incendio na comarca do Barbanza queimou 2.200 hectáreas de terreo forestal, afectando os concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro. Un mes despois, as fortes precipitacións desta segunda feira na Galiza arrastraron e seguen arrastrando toneladas de cinza cara ao mar. Preocupación por que se repita o que pasou en 2006 e 2013: as cinzas dos incendios no mar Así o denuncia veciñanza de Boiro e da Pobra, que vén como os seus ríos e as súas praias vanse tinguindo de cor negra a medida que a choiva leva consigo os restos deixados polas lapas. A Consellaría do Mar asegurou na tarde de onte que nin Augas da Galiza nin o servizo de gardacostas da zona recibira notificación algunha de que isto estivese sucedendo. Porén, Nós Diario púxose en contacto cun veciño da zona que confirmou esta información e detallou que, desde o día de onte, a auga dos ríos presenta un estado de turbiedade pola saturación das cinzas arrastradas polas precipitacións. As cinzas dos incendios, o novo risco Polo de agora, as cinzas non avanzaron máis alá dunhas decenas de metros da liña de costa na Pobra en Boiro, pero os bateeiros e mariscadoras da zona ven con preocupación a situación, ante a posibilidade de que as cinzas poidan danar e matar o marisco. Falta de medidas Pese a que a Xunta, a través das Consellarías de Medio Rural e de Mar, asegura que levou a cabo medidas como o engadido de palla para evitar que as choivas non arrastrasen a cinza e degradasen o solo forestal, as imaxes e os testemuños de veciñas e veciños do Barbanza mostran que estas medidas foron, cando menos, insuficientes. Neste sentido, o xeólogo da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) Fins Eirexas explicaba a Nós Diario a importancia de desenvolver diferentes accións \"canto antes\" para evitar este arrastrado de cinzas. As chuvias arrastran cinzas do monte queimado degradando solos, ríos e rías As chamas teñen un efecto sumamente lesivo no solo forestal, xa que destrúen a súa estrutura compactada e eliminan as propiedades que favorecen a súa rexeneración. \"A biodiversidade pode recuperarse en 10, 20 ou 30 anos, dependendo da zona e de cal fose a súa situación antes do incendio\", explicaba Eirexas, \"pero para que un solo recupere o seu estado anterior ao paso do lume teñen que pasar centos de anos\". Aliás, ao destruírse a estrutura que conformaba o solo forestal, despréndense diferentes sedimentos que, arrastrados polas precipitacións, afectan tanto a contorna natural do territorio calcinado como espazos rurais, urbanos e mesmo laborais. Cinzas no Courel O pasado 19 de agosto, veciñanza do Courel denunciou que as precipitacións daquela altura arrastraron \"toneladas\" de cinzas e terra polas ladeiras do Courel, até chegar ás casas e ríos da contorna. A Xunta nega que as choivas estean arrastrando cinza no Courel pese ás imaxes compartidas Pese a que a agrupación Courel Vivo compartiu varias imaxes, a Xunta negou que isto tivese lugar, e apuntou que, segundo a información que lle trasladaba o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, \"non é certo que se produciran arrastres de toneladas de cinzas no Courel\". \"Máis ben ao contrario, a choiva caída estes días contribuirá favorabelmente á recuperación do chan afectado polos incendios forestais\", afirmou a Consellaría de Medio Rural."}
{"ID": "PRAZA_11944", "summary": "O presidente responde ás mobilizacións dos traballadores da Xunta advertíndoos de que a baixada de salarios é a única \"alternativa\" á reforma que implica eliminar beneficios sociais, ampliar xornadas aos funcionarios ou reducirlla aos interinos", "text": "A Xunta non afrouxa. Con máis de 2.000 traballadores públicos -funcionarios e persoal laboral- ás portas de San Caetano, o presidente do Goberno galego puxo en práctica un discurso de man de ferro en luva de seda para defender o seu paquete de medidas de recorte para o cadro de persoal da Administración. \"A Xunta non se erguerá da mesa ata finalizar a negociación\", asegura o xefe do Executivo, pero, a continuación, lanza unha advertencia aos sindicatos en forma de disxuntiva irresoluble que se podería resumir en que deben elixir entre perder dereitos ou perder salario. Se ben o plan que impulsa a Consellería de Facenda tamén supón, na práctica, unha perda de ingresos para o persoal -pola vía da redución de xornadas, por exemplo- Feijóo ampárase no feito de que a súa reforma non toca os soldos en si mesmos, senón os complementos dos mesmos. \"Comprendemos perfectamente que a ninguén lle agrada que lle modifiquen as condicións de traballo que se concretaron en momentos de bonanza económica\", asegura o presidente, convencido de que o \"rexeitamento\" que este xoves se manifestou en forma de marcha ás portas da Xunta se transformará en comprensión. \"A única alternativa realista -reitera- é unha diminución das retribucións\", que \"xa diminuíron bastante por decisións alleas á Xunta\", di, en referencia aos recortes aprobados polo Goberno central en 2010. Neste contexto, Feijóo sitúa a xestión como referencia no ámbito do Estado para sinalar que a súa intención é seguir \"traballando\" para \"finalizar a lexislatura sen reducir\" salarios dos empregados públicos, \"medidas que en comunidades cun produto interior bruto superior ao noso xa se están aplicando\", como Euskadi, La Rioja ou Madrid, refire. A protesta sindical continuaba fóra entre fortes medidas de seguridade e unha presenza policial redobrada no interior do complexo administrativo da Xunta. Mentres, Feijóo anunciaba que a negociación continúa cun \"prazo de alegacións\" ampliado\". O luns, presentaralle as medidas ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey. En opinión do presidente, a redución de dereitos laborais que prevé aplicar a Xunta sería un alivio para aqueles concellos que \"están facendo expedientes de regulación de emprego\" ou \"manifestan dificultade para poder pagar as nóminas\"."}
{"ID": "NOS_36187", "summary": "Non se pode historiar o xornalismo español das últimas décadas sen contar coa figura de Pedro Jota Ramírez. Agora dirixe un dixital, El Español, claramente ancorado en latitudes conservadoras e españolistas. Este domingo este meio publicou un texto intitulado \"Os españois cómplices co independentismo\".", "text": "No texto aparecen citados dous colaboradores de Sermos Galiza, o escritor Suso de Toro e o profesor de políticas da USC Antón Losada. Ambos moi activos nos meios e tamen nas redes sociais. Que os leva a ser postos baixo o foco de El Español? Basicamente non partillar o discurso hexemónico, o pensamento único, dos mainstream media sobre a batalla de Catalunya. Claro que a súa disidencia non é glosada como o sería se as súas críticas se dirixisen a, poñamos por caso, Nicolás Maduro ou Raúl Castro -daquela serían louvados como heraldos da liberdade-, senón que máis ben é considerada como oportunismo ao servizo dos meios soberanistas. Vaiamos á fonte. \"Os españois cómplices co independentismo\", titúlase a peza, escrita cunha carga semántica -\"cómplices\"- propia dos autos xudiciais. E o subtítulo deita luz sobre o que atoparemos: \"Intelectuais, profesores e xornalistas que rexeitan o goberno do PP son buscados polos meios cataláns para apuntalar o secesionismo\". Si, a liña argumental de fondo é máis menos a de ver en De Toro e Losada -nomes aos que El Español suma tamén os de Ramón Cotarelo, Jorge Vestrynge, Ernesto Ekaizer e Beatriz Talegón- unha sorte de parvos úteis da confabulación independentista. Pobres xentes sen criterio aos que é doado seducir cunha columniña no Ara. Mais menos dese teor é o retrato que pintan deles no dixital de Pedro Jota. \"Son activos nas redes sociais e reproducen as mensaxes nacionalistas. O soberanismo apláudeos\", lese na crónica, texto que a seguir fai unha especie de radiografía dos cómplices un a un. Suso de Toro Do autor de Polaroid El Español lembra que é \"autor da biografía de Rodríguez Zapatero (sic) Madera de Zapatero\", ao tempo que afirma que o escritor compostelán é \"aloumiñado tamén nos meios da Generalitat\" e no diario Ara. El Español relaciona a seguir distintas opinións de De Toro, que cualifica de \"música celestial para o soberanismo\". A investigación do diario de Pedro Jota é tan exhaustiva que lle permite consignar que o colaborador de Sermos Galiza foi, como Cotarelo, entrevistado no programa da TV3 El Diván. Gravísimo delito! Aos ollos dos fiscais de El Español, pouco menos que unha proba definitiva do contubernio. Antón Losada O dixital de Pedro Jota tamén submete a escrutinio Antón Losada, de quen destaca que \"rexeita unha e outra vez todas as operacións xudiciais en contra do proceso soberanista\" e de quen lembra que fixo parte do goberno da Xunta \"como colaborador estreito do líder do BNG Anxo Quintana\". El Español, en todo caso, xulga que nas posicións de Losada hai máis \"matices\" e \"sutileza\" do que nas de De Toro. Xa se sabe, divide et impera. O texto detense en parecidos termos nas obras e opinións de Cotarelo, Vestrynge, Ekaizer e Talegón. Todos eles, conclúe un inquisitorial El Español, \"son os españois que, directamente ou seducidos pola presenza nos meios, se prestan ao independentismo\"."}
{"ID": "NOS_58068", "summary": "Liadh Ní Riada só falará en gaélico durante 2 semanas nas institucións da UE para visibilizar así as pexas existentes ao uso deste idioma. Unha decisión motivada após lle negasen a palabra nunha reunión parlamentar por facer uso dela en irlandés.", "text": "Liadh Ní Riada comezou a súa intervención nunha reunión do comité do Parlamento europeo. De inmediato, a persoa que presidía esa xuntanza (Roberto Galtieri), dirixiuse á eurodeputada irlandesa e advertiulle: \"Ou usa outra lingua ou, lamentabelmente, non podo darlle a palabra\", Ní Riada falaba en irlandés, o idioma propio do seu país, mais non estaba previsto o servizo de tradución simultánea. \"Avisei que falaría en irlandés na reunión\", explicou a deputada do Sinn Féin, e a resposta que me deron foi porque o ía facer se xa falo inglés\". Ní Riada decidiu non continuar coa súa exposición na comisión de non podía facelo no seu idioma. A intervención era a primeira que a parlamentar da República de Irlanda fai dentro da súa greve lingüística que vai manter até o 17 de marzo. Non falará nin unha palabra que non sexa gaélico irlandés nas sesións parlamentares. \"Fágoo para chamar a atención sobre o feito de que non podo usar a miña lingua nativa no Parlamento\". Esta deputada republicana irlandesa destaca que desde 2007 o irlandés é idioma oficial da UE. Mais tamén desde 2007 está vixente unha derrogación -pactada entre Bruxelas e Dublín- segundo a cal as institucións europeas none stán obrigadas a garantir o dereito de uso do irlandés, no mesmo grao en que o fan con outrias linguas oficiais na UE. O Sinn Féin e colectivos e plataformas en defensa do irlandés, como Conradh na Gaeilge , demandan a fin desa derrogación. Noticia tirada de Nationalia"}
{"ID": "PRAZA_18001", "summary": "O referendo de outubro tivo como bandeira a defensa da dignidade fronte a intolerancia e o desprezo que supón a falla de recoñecemento dunha cidadanía que pretendía ser consultada.", "text": "Malia as prohibicións, ameazas e represión o pobo catalán realizou, hai case que un ano, unha mostra de dignidade das que escasamente se teñen observado nos lugares centrais do mundo occidental desde que deu comezo este novo século. O pobo respostou pacificamente, e desobedeceu maioritariamente, á intransixencia, autoritarismo e despropósito dun Reino que vulneraba os máis elementais principios democráticos ao se negar terminantemente, mesmo a falar da posibilidade, a que ese pobo puidera expresar a súa opinión mediante unha consulta. O pobo desobedeceu e, máis alén que dentro das fronteiras do Reino, a xente que acredita no diálogo, na negociación e na democracia entendeu que ese acto brutalmete reprimido era un acto de desobediencia civil fronte o fuscallo e obcecación dun rexime que resolve os seus conflitos políticos coa prohibición e a represión. Porque ese acto de desobediencia masiva, que debería aledar as conciencias de quen arela ampliar as democracias deficitarias, fai parte dunha resposta cidadá contra os modos inxustos e arbitrarios do poder, e que filósofos e xuristas coma Arendt, Raz, Dworkin, Rawls ou Habermas, entre outras e outros moitos, teñen reflexionado e formulado coma desobediencia civil recollendo a expresión que Thoreau nos legou en 1846. Deste xeito, a valentía de incumprir a prohibición, de transgredir unha decisión abertamente inxustificábel, remitía a unha sociedade civil que apelaba ao sentido de xustiza de toda a poboación e, ao mesmo tempo, actualizaba os contidos e principios que dan sentido aos sistemas democráticos. Coa desobediencia, o pobo recuperaba a esperanza e a ilusión na expresión e na participación; confiaba na súa capacidade para corrixir os defectos desas empresas deficitarias na protección das garantías xurídicas das minorías e dos desposuídos e, xa que logo, necesitadas de revisións periódicas, que son os Estados e as súas Constitucións. A desobediencia civil é un instrumento que axuda a ir resolvendo a tensión dialéctica entre seguridade e liberdade, entre legalidade e lexitimidade, e onde a procura de xustiza agroma para reparar as fendas e carencias que dificultan o avance cara un mundo expansivo de recoñecemento e aplicación dos dereitos. E cando a concordia parece romperse a responsabilidade non recae sobre quen protesta para que se estendan os dereitos e as liberdades, senón sobre quen tendo o monopolio do poder e da violencia fai uso e abuso dos mesmos para negar tal posibilidade e impór un único modelo de convivencia. Pensar que a lei se ten que obedecer cegamente, pase o que pase, custe o que custe, diga o que diga, retrotraenos a tempos escuros, e recentes, nos que un groseiro positivismo constituiu a arma perfecta para someter, dominar e xustificar o exterminio. Así pois, a desobediencia civil é un correctivo fronte á parálise e ao retroceso democrático, así coma resulta un incentivo na mellora legal, moral e política cando os mecanismos institucionais das sociedades non son quen de recoller as demandas de recoñecemento dunha parte da sociedade, limitando a universalización da dignidade. Tal e como se desenvolveron os feitos, non temos dúbida de que a cívica e masiva mobilización popular da cidadanía catalana, para seren escoitada no outubro pasado, superou o test moral para ser calificada como unha manifestación de desobediencia civil. En primeiro lugar foi un acto contrario a unha prohibición que suscitaba unha fonda discrepancia sobre a xustiza e a razoabilidade da mesma. Un pobo que quería ser consultado sobre unha cuestión que consideraba dunha enorme relevancia para o seu futuro, contemplaba como o que podía ser negociado, pactado e realizado noutros Estados, apelando precisamente a criterios de democracia e dereitos fundamentais, a eles se lles negaba até o ponto de rexeitar calquera vía de diálogo sobre o tema. Foi, tamén, un acto político dirixido á maioría que exercía o poder político e guiado e orientado por principios políticos de xustiza, sobre todo cando relevantes xuristas consideraban a posibilidade de variadas interpretacións do ordenamento xurídico para dar cabida a esta consulta. En terceiro lugar foi un acto feito con conciencia, con coñecemento de que se desafiaba unha decisión do poder, percibida como atentatoria aos máis elementais criterios democráticos, razón pola que se considerou necesario recorrer a esta medida unha vez comprobada a imposibilidade de diálogo ou negociación por parte do Estado. O acto cumpriu o requisito de ser público, tanto no sentido de apelar a un sentimento público e compartido de xustiza coma de realizarse co propósito de dirixirse á maioría social para amosar a diverxencia moral entre as normas imperantes e o respecto á vontade dun pobo que quere convivir en paz e con liberdade. Foi a expresión dun pobo que demanda ser recoñecido coma suxeito político con capacidade de decisión. En último lugar, o referendo foi unha demostración de autoorganización, civismo e non violencia, só alterada pola tremenda intervención policial. E, neste sentido, son varios os autores que consideran que a desobediencia civil só ten eficacia e cabida nun estado de dereito, xa que nun estado totalitario estas manifestacións lexítimas son rapidamente sofocada pola autoridade; análise que debería dar para reflexionar colectivamente sobre a calidade democrática do reino de España. O referendo de outubro tivo como bandeira a defensa da dignidade fronte a intolerancia e o desprezo que supón a falla de recoñecemento dunha cidadanía que pretendía ser consultada. O referendo foi, ademais, un acto representativo de todas as minorías que nunca poden adoptar decisións sen a tutela, o control ou o consentimento dunhas maiorías que, pola contra, sempre gozan da capacidade para impór o modelo de relación, independentemente do sentir maioritario daquelas. Minorías que, baixo o xugo do formalismo procedimental, fican permanentemente ao arbitrio da maioría, o que acaba convertindo a regra maioritaria nunha inaceptábel e humillante situación de dominio e opresión. Naquel 1 de outubro a frescura da liberdade e da esperanza impregnou o ar dun rexime gris e obsoleto. Obrigado, pobo de Catalunya! Publicidade"}
{"ID": "NOS_32211", "summary": "As residencias de maiores seguen a vivir un aumento de casos de Covid-19, e achéganse xa aos 500 positivos.", "text": "O número de usuarios de residencias de mayores diagnosticados de Covid-19 continúa en aumento e son 484, 27 máis dos que había no último balance ofrecido na sexta feira. Así, nas últimas horas notificáronse 44 novos contaxios entre residentes, dos que, 22 corresponden a un gromo detectado na residencia Vila do Conde de Gondomar. Segundo os datos da Consellaría de Política Social, o total de positivos detectados en residencias de maiores é de 484, dos que, 114 están no centro Asilo de Vilalba, intervido na quinta feira pola Xunta, e que suma outros tres positivos que o manteñen como o xeriátrico con máis casos de toda Galiza. Ademais dos 22 novos casos do gromo detectado na residencia Vila do Conde de Gondomar, que tamén ten un traballador infectado, súmanse ao cómputo outros sete usuarios coa Covid-19 da residencia Ballesol de Oleiros, con nove positivos en total, un na CRAPD Vigo I e cinco na CRAPD Vigo II, catro nos apartamentos titelados de Beariz e dous na residencia de Viana do Bolo. Retíranse do cómputo de casos entre usuarias de centros de maiores un total de 17, oito deles por falecementos notificados na noite da sexta feira pola Consellaría de Sanidade. O resto, nove casos, corresponden a altas por Covid-19 dadas a usuarios da residencia DomusVi Coruña de Oleiros, seis, DomusVi Monforte, dous e Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia cunha alta. Os datos dos hospitais A cifra de persoas hospitalizadas este sábado é 534, segundo o balance do Sergas (Servizo Galego de Saúde) e os datos da Consellaría de Sanidade. Isto supón, 35 persoas menos que as rexistradas na sexta feira. Tamén se comunica o descenso, nunha persoa, da cifra de ingresadas nas unidades de críticos (UCI), situándose nos 96 pacientes. Con ese total de 534 persoas, das sete áreas sanitarias do país, descende o número de ingresados en cinco delas pero aumenta en Compostela, cun ingreso máis, e en Lugo, onde hai tres novas hospitalizacións. Así, a área con maior número de persoas ingresadas é a da Coruña-Cee, aínda que presenta no balance de hoxe unha baixada de 10 hospitalizacións menos respecto da sexta feira. O número total sitúase, deste modo, nos 162, dos cales 29 están na UCI. Na área sanitaria de Vigo tamén se produce un descenso con 12 ingresos menos respecto da sexta feira e mantéñense 88 persoas hospitalizadas, das que 25 están en críticos , unha persoa máis, e 63 en planta. En Ourense o rexistro marca sete pacientes hospitalizados menos, o que deixa a cifra total en 80. Pola contra, as unidades de coidados intensivos continúan atendendo a 10 persoas. Na área sanitaria de Compostela-Barbanza, unha das que ascende en número de hospitalizacións, hai 52 persoas ingresadas, unha máis que na xornada de onte, delas 12 están en UCI. Tamén aumentan os pacientes hospitalizados na área de Lugo, que ten, segundo a consellaría, 50 persoas ingresadas, tres máis que na véspera, de las que cinco están en críticos. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés baixan en nove as persoas coa Covid-19 hospitalizadas, até quedaren en 59, das que seis están na UCI. Por último, en Ferrol baixa a 43 a cifra de persoas hospitalizadas, unha menos que sexta feira, e do total, nove permanecen na UCI, dúas persoas menos que na véspera."}
{"ID": "PRAZA_17243", "summary": "AO VIVO | Alén de negar sistematicamente a corrupción do seu partido, mesmo a constatada na na sentenza do caso Gürtel, Rajoy esforzouse en axitar o medo ao \"Goberno Frankenstein\" Feijóo pide \"compostura\" ao PP: \"Con independencia do poder o importante é a coherencia política\" A esquerda galega confía en que triunfe a censura a Rajoy, pero recea de que dimita para impedilo", "text": "Feijóo pide \"compostura\" ao PP: \"Con independencia do poder o importante é a coherencia política\" A esquerda galega confía en que triunfe a censura a Rajoy, pero recea de que dimita para impedilo A chave tena o PNV e Pedro Sánchez inzou o seu discurso de xestos cara ao PNV. O secretario xeral do PSOE e candidato á presidencia do Goberno de España a través da moción de censura que este xoves comezou a debaterse despexou no seu discurso ante o Congreso algún dos interrogantes que poderían inclinar a balanza á suma de 176 votos que lle permitirían botar a Mariano Rajoy do palacio de La Moncloa. Se Sánchez é presidente manterá os orzamentos pactados polo PP e o PNV, a pesar de que o PSOE votou en contra dos mesmos. Farao, dixo, por \"responsabilidade\" e \"para garantir a gobernabilidade e a estabilidade deste país\". E o PNV responde transmitindo a súa disposición a dar o \"si\" a Sánchez, como ratificou o seu voceiro, Aitor Esteban, na súa primeira quenda de intervención pouco despois das cinco da tarde. Segundo Sánchez, \"non hai maior inestabilidade que a derivada da incapacidade de chegar a acordos\", asegurou. \"Este non é o noso orzamento, pero non o imos a retirar por responsabilidade de Estado\", engadiu. As modificacións orzamentarias -que non precisan de votacións parlamentaria- darían ampla marxe de manobra a ese eventual novo Goberno sen arriscar as achegas achegas de 540 millóns de euros de investimentos en Euskadi que o PP pactara co grupo vasco. Rajoy cargou con dureza contra o líder socialista por esa decisión. Segundo o conservador, esa referencia aos Orzamentos foi o \"único punto programático\" formulado por Sánchez para gobernar. \"Pero, oia, vostedes votaron en contra os Orzamentos? Eu creo que si e fixérono con entusiasmo. Era un non dos de 'non é non'\", ironizou. \"Ademais, parecíanlles espantosos. Case lle xeraban urticaria. Por iso son incapaz de comprender como van cumprir vostedes con tamaña monstruosidade. Van apoiar as posicións ideolóxicas do goberno que queren censurar\". Alén de negar sistematicamente a corrupción do seu partido e de deslexitimar as acusacións neste sentido -mesmo as incluídas na sentenza do caso Gürtel base da moción de censura-, Rajoy esforzouse en axitar o medo ao \"Goberno Frankenstein\" e ao seu \"programa Frankenstein\". \"Que broma é esta? Vostede cre que o podemos tomar en serio. Eu non o podo tomar en serio e non o farei nunca\", resolveu dirixíndose a Sánchez. Alén de negar sistematicamente a corrupción do seu partido, mesmo a constatada na na sentenza do caso Gürtel, Rajoy esforzouse en axitar o medo ao \"Goberno Frankenstein\" Malia o ton dos seus retruques iniciais, quen cando menos polo momento é presidente do Goberno de España mostrou este xoves os primeiros síntomas de derrota. Segundo Rajoy, o formulado polo PSOE é realmente \"é unha moción de censura aos españois porque non lle fixeron caso nas urnas. Esa é a súa moción de censura real e é o que me preocupa porque eu vou seguir sendo español\", asegurou durante o debate que podería obrigalo a abandonar o Goberno. Nesa resposta Rajoy semellou desbotar un dos ofrecementos que Sánchez máis repetiu e que máis sorprendeu no inicio do debate. \"Dimita e esta moción de censura terminaría aquí e agora\", convidou. Rajoy non respondeu, alén de evidenciar que un presidente segue séndoo mentres ten a confianza da Cámara. Dende o gabinete de Rajoy afirman, así e todo, que esa dimisión que podería bloquear a censura non se producirá. O Grupo Popular aplaude a Rajoy ao inicio do pleno / Congreso dos Deputados \"Territorios que tamén se senten nación\" Sánchez lembra o seu apoio ao 155, pero asegura que se é presidente tentará \"tender pontes\" coa Generalitat para resolver o \"problema político\" catalán No marco das chiscadelas ao PNV e, en xeral ás forzas soberanistas cuxos votos son imprescindibles para que triunfe a moción, encádranse tamén as referencias á plurinacionalidade do Estado que Sánchez introduciu no seu discurso e retruques. Así, resucitou dalgún xeito o concepto plurinacional que esgrimiu tras o seu regreso á secretaría xeral do PSOE e anunciou que, de ser elixido presidente este venres, reunirase co president da Generalitat, Quim Torra, para \"tender pontes\" entre ambas as administracións tras anos de ruptura. \"Teño unha concepción do país. Defendo que España é unha nación e defendo que dentro da nación española hai territorios que senten tamén nación. Podemos convivir xuntos e facelo nesa norma que é a Constitución que é moi clara no seu artigo 2\", dixo Sánchez. O socialista retrucaba así tamén a Rajoy, que o acusou de concesións ao independentismo catalán. Neste sentido, o líder do PSOE lembra o seu apoio á amplicación do artigo 155 en Catalunya, se ben subliña tamén que o catalán é \"un problema político\" que \"non se resolve escondéndose por tras dos tribunais\"."}
{"ID": "NOS_9664", "summary": "Mentres Marine Le Pen dubida se aliarse co ultradereitista Éric Zemmour, a Francia Insubmisa de Mélenchon xa comezou a rolda de contactos para estabelecer unha fronte electoral de esquerda.", "text": "A conclusión das eleccións presidenciais en Francia, coa vitoria de Emmanuel Macron xa confirmada, puxo punto e seguido nunha cadea de renovación institucional que seguirá en xuño coa \"terceira volta\", palabras coas que describiron dirixentes opositores uns comicios parlamentarios nos que aspiran a lograr a cohabitación política. Macron vence a Le Pen nas eleccións presidenciais francesas Os resultados da primeira volta das eleccións presidenciais amosaron un panorama político francés dividido en tres bloques cunhas porcentaxes de voto similares: O bloque do presidente Macron (En marcha), o bloque da ultradereita de Marine Le Pen (Agrupación Nacional) e Éric Zemmour (Reconquista), e o bloque de partidos de esquerda que lidera Jean-Luc Mélenchon (A Francia insubmisa). En Francia, coñécese como cohabitación á convivencia forzosa entre un presidente e un Goberno de distinto signo político. Ocorreu en tres ocasiones durante a V República, a última delas entre 1997 e 2002. A priori, a redución dos mandatos presidenciais de sete a cinco anos, facendo coincidir eleccións presidenciais e lexislativas, complica que se dea esta situación. Cinco chaves do debate entre Macron e Le Pen para as eleccións deste domingo Porén, nun ambiente de tanta división, na que, atendendo á primeira volta das presidenciais en que Macron obtivo 28% do voto, semella que unha maioría da poboación francesa ten perdido a confianza no actual presidente, o que fai que os seus rivais políticos alimenten este discurso de terceira volta e teñan esperanza de obter un Goberno alternativo. Aínda que corresponde ao xefe de Estado (o presidente) designar o primeiro ministro e avalar, a proposta deste último, ao resto de integrantes do gabinete, na práctica, non podería impor un primeiro ministro contrario á maioría lexislativa, xa que o artigo 49 da Constitución francesa precisa que o primeiro ministro debe ter a confianza do Parlamento da República. Por tanto, a Asemblea Nacional podería tombar de maneira practicamente inmediata unha candidatura que non considere afín. Nunca na historia da V República o pulso político ten chegado a este nivel, e que se poida dar esta situación inédita dependerá en gran medida do grao de colaboración que mostre o novo xefe de Goberno co reelixido presidente da República. Alianza da esquerda O partido A Francia Insumisa prepara encontros con organizacións e partidos políticos de esquerda, incluído o Partido Socialista, con vistas á confección dunha fronte común para as eleccións lexislativas de xuño. Mélenchon, equidistante entre \"dous candidatos que queren prolongar as institucións actuais\" O partido de Mélenchon mantivo xa contactos cos principais partidos ecoloxistas, comunistas e anticapitalistas. Esta cuarta feira ten prevista unha reunión co Partido Socialista para a que foi chave a aprobación dunha resolución no Consello Nacional deste partido que aprobou estabelecer diálogo coa Francia Insubmisa para unha coalición de esquerda. Le Pen tamén candidata Le Pen describiu o seu resultado nas presidenciais como \"histórico\" e anticipou o que veu chamar como \"a gran batalla\", en alusión ás parlamentarias. \"O partido non terminou\", declarou. A candidata da Agrupación Nacional dubida sobre a posibilidade de estabelecer unha fronte común co partido do ultradereitista Éric Zemmour. A cohabitación podería complicar o liderado de Macron Un primeiro ministro contrario á liña do Eliseo limitaría en gran medida a marxe de manobra política de Macron e mesmo podería promover leis ou decretos contrarios aos seus desexos. De feito, durante a última cohabitación, cando Jacques Chirac era presidente, este non puido impedir que saísen adiante medidas ás que era contrario como a semana laboral de 35 horas ou a cobertura de saúde universal. Porén, o poder do primeiro ministro é limitado, unha potencial xefatura do Goberno de Le Pen ou Mélenchon non podería modificar ao seu antollo a Constitución para introducir algunhas das medidas que prometeron en campaña, incluída a convocatoria de referendos. Macron, ademais, tería plena liberdade para cuestionar o labor do Goberno e desmarcarse del en cuestións potencialmente espiñentas, como a política internacional."}
{"ID": "PRAZA_18060", "summary": "A RAG deu a coñecer os gañadores dos premios Contádenos o voso Día das Letras, que recoñeceu as iniciativas do CPI Virxe da Cela (Monfero), o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) e a EEI do Milladoiro (Ames). Adaptacións musicais, un xogo de cuarto de escape, un programa de radio ou unha análise do amor da autora polos cans, entre os traballos", "text": "A Real Academia Galega organizou por segundo ano o concurso Contádenos o voso Día das Letras, no que premia os traballos realizados polo alumnado dos distintos centros de ensino galegos sobre o autor ou autora homenaxeada no Día das Letras. Nesta nova edición participaron máis de 80 centros de toda Galicia, un 15 % máis que na anterior, e a RAG decidiu recoñecer as iniciativas realizadas sobre a figura de María Victoria Moreno polo CPI Virxe da Cela (Monfero), o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) e a EEI do Milladoiro (Ames). Os galardóns entregaranse en outubro na sede da RAG. O concurso desenvólvese ao abeiro do proxecto Primavera das Letras, a través do cal a RAG forncese á comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria. A Academia creou o portal no que se enmarca este concurso en 2016, cando o homenaxeado foi Manuel María. Tanto os recursos dedicados ao poeta chairego como os centrados en Carlos Casares, protagonista das Letras Galegas de 2017, seguen estando accesibles na web de Primavera das Letras. O CPI Virxe da Cela (Monfero) participou no concurso realizando un programa de radio que aproveitou varios dos elementos típicos da comunicación radiofónica e no que debullou a obra e a figura da autora homenaxeada dunha maneira amena e didáctica. Así, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno. E o de cuarto realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo. Mentres, o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) presentou un amplo conxunto de traballos e iniciativas, realizados polo alumnado dos distintos cursos, que serviu para achegar os rapaces e rapazas deste centro coruñés á vida e á obra de María Victoria Moreno desde a literatura, a música ou o teatro. Entre os proxectos desenvolvidas polo nenos e nenas deste colexio atopamos un concurso de preguntas e respostas sobre a autora (\"Quen sabe máis de Mª Victoria Moreno?\"). Tamén gravaron unha adaptación musical dun poema de Elexías de luz que se acompaña da súa versión en lingua de signos. Igualmente, levaron a cabo unha versión dun dos populares xogos de cuarto de escape que incluía preguntas sobre María Victoria Moreno Así mesmo, achegáronse ata o centro de día de Eirís para ler fragmentos de obras da escritora para os anciáns e anciás que alí se atopaban. Finalmente, realizaron unha representación teatral sobre o Día das Letras e María Victoria Moreno que incluía unha entrevista ficticia á autora homenaxeada. Por último, na procura dun vínculo emocional entre os nenos e nenas de infantil, a EEI do Milladoiro realizou unha exposición sobre os \"cachorros\" de María Victoria Moreno, que buscaba reflectir o amor da autora polos canciños e mais polos seus alumnos e alumnas, aos que se refería con agarimo con este mesmo apelativo. A mostra valeuse de retratos, datos biográficos, fotografías e retrincos da vida da escritora; fragmentos e ilustracións das súas obras nas que aparecen canciños e textos e citas nas que lembra o seu labor como docente e o seu xeito de entender o ensino e de se relacionar cos mozos e mozas."}
{"ID": "NOS_27684", "summary": "A Consellaría de Sanidade indica que a día de hoxe seguen infectadas 2.309 persoas, 48 menos que onte. No entanto, a comparativa dos datos revela que nas últimas 24 horas notificáronse 122 doentes.", "text": "A tendencia á baixa nos casos activos da Covid-19 no país parece consolidarse. Este domingo a Consellaría de Sanidade informou de 2.309 casos fronte aos 2.357 de onte, cando as estatísticas xa viñan de varios días nesa tendencia negativa. Segundo aclararon fontes do departamento que dirixe Julio García Comesaña, das persoas que seguen infectadas a maioría, até 867, están na área sanitaria da Coruña e Cee. A outra cifra máis elevada é a de Vigo, con 560 doentes. O resto das afectadas e afectados repártense entre as demarcacións de Compostela (233); Pontevedra (209); Lugo (162); Ferrol (146) e Ourense (132). Desta maneira catro das zonas notificaron números que se corresponden con reducións (A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo e Ferrol) mentres que os casos activos ascenderon en Vigo e en Pontevedra, desde os 557 e os 206, respectivamente. Respecto do seguimento de todas as galegas e os galegos, 2.109 fan a corentena nas súas casas e reciben chamadas de control, mentres que outras 26 permanecen ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e 174 noutras unidades de hospitalización. É dicir, hai seis pacientes menos sendo atendidos nas UCI da rede de hospitais da Galiza pero houbo dous ingresos máis, en relación aos datos que a Xunta fornecía na mañá de onte. Cun ano de epidemia nas costas xa se realizaron 1.835.697 probas PCR. O cómputo de vítimas mantense en 2.332 despois de que na noite de onte e na mañá de hoxe non se comunicara ningún novo pasamento."}
{"ID": "QUEPASA_550", "summary": "O cadro das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.", "text": "Arrincaron as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas de base. Con bastante mala sorte, como vén sendo habitual nos últimos anos, nos que só o Dumbría conseguiu acceder ás ligas autonómicas. De feito, dos 6 representantes costeiros, foi o Dumbría, 2º da Liga Infantil, o único que acadou a vitoria na eliminatoria previa. Os de Huelvis venceron 2-3 ao Ordes, gracias aos goles de Sandro Toba (2), e Manu Arias; e agora métense en Oitavos (tendo que superar 3 eliminatorias), comezando polo Numancia.E a Oitavos tamén pasa o Cee, a pesar da derrota, como campión de grupo. Os de Rubén sufriron unha inmerecida derrota tamén na fase celebrada no Carral, e caía na tanda de penaltis ante o Cambre. O Cee caeu no Carral a penaltis En Cadetes, o campión, o Zas, non tivo opcións ante o Imperátor, e tócalle agora comezar a carreira polo ascenso dende Oitavos, comezanado polo Narón B. O mesmo terá que facer o campión xuvenil, Os MIúdos, que caía 2-0 ante o Calasanz B. Os muradáns empezan agora dende Oitavos, onde terá que superar nunha eliminatoria a doble partido ao Arzúa. Quedaron definiivamente eliminados os dous segundos das ligas xuvenil e cadete. O Fisterra xuvenil fixo un gran papel e mereceron máis ante o Oza Juvenil e tras empatar a 1 (o gol fisterrán do pichichi Isaac), caeron na tanda de penaltis.Pola súa banda, o Outes Cadete sufría unha derrota pola mínima ante o Cambre e queda apeado da loita polo ascenso."}
{"ID": "NOS_58381", "summary": "Fernando Branco Parga, secretario de Enerxía da CIG, lembra que máis do 50% do recibo \"depende do BOE\" e lamenta que a ILP por unha tarifa eléctrica galega leve un ano parada no Parlamento. \"O recibo da luz non ten lóxica social nin territorial\", denuncia.", "text": "Fernando Branco Parga é experto en enerxía. Foi deputado do BNG e é secretario de Enerxía da Federación de Industria da CIG, un dos relatores da Iniciativa lexislativa popular (ILP) que hai un ano foi admitida no Parlamento e que leva, desde aquela, parada. - A luz non para de subir desde que comezou o ano e o debate sobre como se conforma o prezo da electricidade volve a primeiro plano, así como unha pegunta simple: pódense adoptar medidas xa para frear esta situación? \"A carga fiscal no recibo representa o 27%, moi por riba dos outros estados europeos. No Reino Unido, por exemplo, é un 5%\" - O sistema regulatorio é un pouco complexo para quen non estea familiarizado. Mais o que si pode facer desde xa o goberno é actuar sobre a carga fiscal que ten o recibo da luz, e que entre IVE e imposto especial, aprobado en 1997 para a minaría de carbón, supón case o 27%. Unha porcentaxe moito máis alta que a que hai noutros estados de Europa, como Reino Unido, onde é un 5% ou Italia, onde é un 10%. Un 27% de carga fiscal para un produto que é de primeira necesidade! Mais aí o goberno non está interesado en actuar, é unha importante vía de recadación. Ademais habería que modificar a fixación de criterios no mercado eléctrico, no 'pool'. Non é lóxico que a enerxía máis cara é a que dea o prezo para o resto. - Entón o recibo da luz é, por dicilo así, unha cuestión política máis que técnica... É unha cuestión política envolta de termos técnicos, o que fai difícil entendelo para quen non estea familiarizado. Máis do 50% do recibo é política, depende do Boletín oficial do estado (BOE). \"Sportamos os custos de producir enerxía, somos excedentarios na súa transformación mais non podemos beneficiarnos\" - Afirmas que o recibo da luz non ten ningunha lóxica, nin social nin territorial Hai que ter en conta unha cuestión: máis do 50% do recibo decídeo o goberno, son as peaxes. Aí van cuestións como, por exemplo, as axudas extrapeninsualres, que é duns 1.800 millóns de euros anuais, ou as subvencións encubertas a grandes industrias (uns 600 millóns de euros). Mais no recibo hai máis conceptos, como a moratoria nuclear, que acabou o ano pasado: durante estes anos pagamos por ela 5.700 millóns de euros. Ou as primas de capacidade a determinadas enerxías. E tamén está o déficit tarifario, que nos sae neste ano en 2.600 millóns de euros. Hai moitas destas cuestións que non teñen lóxica, máis aínda se o miramos desde Galiza, onde nos toca ser solidarios con todos. Somos execentarios na transformación de enerxía, deficitarios en materias primas. Ano tras ano por volta dun 40% da nosa enerxía vai para fóra. Producir enerxía non é unha actividade neutra, ten custos sobre o territorio, custos sociais (encoros, muiños,...) Nós soportamos eses custos e non nos beneficiamos en nada. - Hai un ano a ILP sobre unha tarifa eléctrica galega era admitida no Parlamento. Desde aquela, non se soubo máis... O que fixeron foi parala. Após se admitir falouse dunha comisión de expertos para que se pronunciasen a respecto dela, unha comisión que nunca se fixo para ningunha outra ILP. E aí ficou. - O constante incremento da luz nestas semanas non só afecta as familias, tamén ten pegada na economía, nomeadamente na industria.. - Xa que temos capacidade de producir enerxía e soportamos os custos que iso ten, fagamos diso unha vantaxe competitiva pata as nosas empresas e industrias. Os vascos ben que pactaron unha tarifa para a súa industria e o goberno español acabou aceptándoa. Con ela, a industria vasca paga 50 millóns de euros menos ao ano. Iso de que ten que haber unha tarifa única para todo o estado é un discurso interesado, claro. Non é así noutros estados, como Reino Unido ou Alemaña. O que pasa é que no estado hai territorios moi deficitarios en enerxía, nomeadamente Madrid. E iso non lles convén."}
{"ID": "NOS_12234", "summary": "Existen amplas comarcas da historia do territorio hoxe denominado Galiza aínda por percorrer. Por unha delas adentrouse o investigador Martín Fernández Calo: a historia política da Gallaecia. Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia. Séculos II a.C. - VIII d.C. (Blukk, 2019) é o libro que recolle os seus achados e conclusións.", "text": "\"A historia política non é unha disciplina moi traballada no que respecta á Idade Antiga\", explica Fernández Calo a Sermos Galiza. Na ausencia ou escaseza de fontes escritas reside a maior das dificultades. Só no século II antes de Cristo cando aparecen os primeiros documentos. \"Como non hai tanto, é factíbel empregalos todos. A maiores, o meu traballo tamén sintetiza a bibliografía existente\", engade. A pescuda do historiador, na actualidade doutorando pola Universidade de Santiago de Compostela, comeza con papeis literarios e mesmo relacionados con mitoloxía. Andados os séculos, as mencións fanse máis específicas. Fernández Calo sitúaas na época Imperial, a partir do I a.C. Xusto nese tempo escríbense as crónicas pioneiras, entre as que el salienta a de Idácio de Chaves (390-469), bispo da cidade hoxe portuguesa e autor do Cronicón, redactado á caída do Imperio. Con estes e algúns outros materiais -sinala por caso as actas conciliares eclesiásticas-, traza unha historia da institucionalización primitiva na Gallaecia. \"O certo é que a nivel político non ten moito miolo\", admite, de xeito paradoxal, \"e o único período da Gallaecia como suxeito político autónomo é o suevo. Porén, resulta interesante coñecer a evolución dende que empeza a haber fontes escritas até a conquista islámica\". O albor do feudalismoMais o traballo de Fernández Calo, en orixe destinado á súa tese de licenciatura, si o levou a algunhas descubertas \"relativas\", que agora investiga máis a fondo: \"O desenvolvemento moi autónomo dos poderes locais fronte ao poder imperial global sobre a Gallaecia\". \"Este é o tema máis interesante\", considera, antes de resumilo apurada pero substanciosamente. \"Antes da chegada dos romanos, existe unha organización tribal sen estruturas civís\", relata. Coa subida ao poder do emperador Vespasiano na segunda metade do século I, \"moitas comunidades galaicas constitúen unha especie de municipios, cidades Estado mediatizadas polo Imperio romano\". Ao tempo, desenvólvese a propiedade privada da terra e xorden as vilas romanas, explotacións agrarias que \"conforman a base do feudalismo, unha economía señorial\". É o inicio da fin dos municipios, cuxa influencia se reduce: \"O poder é menos civil e máis patrimonial\". O paso ao feudalismo quedaba franqueado. Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia ofrece ademais dez mapas que amosan a evolución territorial da provincia romana. \"Basicamente hai continuidade, mantense\", anota Fernández Calo. O libro, de 392 páxinas e 11 capítulos, presentouse este mes de xuño na Gentalha do Pichel de Compostela e está á venda no web do editorial (www.blukk.com). Nota: a cuberta do libro e unha foto do seu autor, o historiador Martín Fernández Calo."}
{"ID": "NOS_53119", "summary": "Adega, Greenpeace, Verdegaia, SLG ou ContraMINAcción, entre os máis de trinta colectivos e organizacións, asinan unha \"alerta ambiental\": \"Os proxectos que se inclúen na orde da Xunta son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subsestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc\", explican.", "text": "Máis dunha trintena de organizacións e colectivos subscrenen unha \"alerta ambiental\" coa que queren advertir e chamar a atención da cidadanía galega sobre as intencións da Xunta de \"aprobar mil proxectos industriais controvertidos\". A través dun manifesto, estes colectivos refírense ao Consello da Xunta do padado 30 de abril: \"Aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma\". Dese Consello, proseguen, sae unha orde que se publica no DOG deste 4 de maio, \"para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industriais de grande impacto\". Un proceso que se está a facer cando a poboación está confinada , inciden, Son proxectos \"especialmente sensíbeis e controvertidos\" que xeran \"un gran rexeitamento social polo seu grande impacto ambiental, pero tamén social e económico\". \"Os proxectos que se inclúen na Orde son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subsestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc\", explican. Son proxectos \"especialmente sensíbeis e controvertidos\" que xeran \"un gran rexeitamento social polo seu grande impacto ambiental, pero tamén social e económico\". Intereses Afirman que tras estes proxectos están \"medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra e que actúan únicamente en beneficio propio sen ter en conta as persoas e as contornas afectadas.\" As asociacións e colectivos que apoian esta \"alerta ambiental\" indican que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 20203, polo que foi declarado o Estado de alarma, \"estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos\". Afirman que tras estes proxectos están \"medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra Da mesma maneira, o Estado de alarma \"impide que cidadanía galega poidamos reunirnos, organizar asambleas, actos informativos, debater en grupos grandes físicos, movernos con total liberdade dentro do territorio...\". \"Extrema gravidade\" Cualifican de \"gravidade extrema\" que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos \"que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a estas empresas privadas\". Baixo estes elementos, conclúen, \"non é admisíbel que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación\". Por iso reclaman que, atendendo ao Estado de alarma, \"se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social\"."}
{"ID": "PRAZA_18703", "summary": "As evidencias empíricas non parecen dar a razón aos agoireiros: non hai, de ningures, base científica que demostre que se da unha relación directa entre SMI alto e desemprego xuvenil elevado", "text": "Non rematara Pedro Sánchez de anunciar a intención do seu goberno de subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) aos 900 euros a partir de xaneiro do 2019 (actualmente está nos 736 euros polo que de levarse a cabo suporá a maior suba de sempre) cando a dereita política e social, así como os seus altofalantes que son maioría, saíron en tromba a criticar esta medida. Entre as razóns apuntadas polos críticos, os de sempre, están aquelas que van na dirección de que esta medida freará a alza do resto dos salarios, destruirá emprego e disparará o desemprego, especialmente, entre a xente moza.Non resultan sorprendentes estas reaccións coñecendo o pensar e sentir das forzas políticas e sociais que se opoñen a esta medida. Pero vaiamos as evidencias e comprobemos, dada a súa relevancia, que hai de certo nesa afirmación dunha relación directa entre Salario Mínimo Interprofesional e desemprego: maior salario, maior desemprego. Analicemos, por caso, a situación nos estados da Unión Europea.Segundo información contrastada (https://datosmacro.expansion.com/smi) non todos os estados europeos contan con un SMI habendo ademais importantes diferenzas entre estes. Compre sinalar, por caso, que os estados escandinavos (Suecia, Finlandia e Dinamarca) non teñen un SMI e o mesmo sucede con Austria, Italia e Chipre. Quen si o teñen son por un lado Alamana (1.498 euros), Francia (1.498,5), Gran Bretaña (1.297), Holanda (1.578), Bélxica (1.562,6), Luxemburgo (1.998,8) e Irlanda (1.614) ademais de Portugal (676,7 euros), Malta (735), Eslovenia (805) e Grecia (683,8). Como podemos ver hai enormes diferenzas no importe entre os estados do sur (Portugal, España, Grecia, Malta, Eslovenia) e os do centro (Francia, Alamana, Países Baixos) a prol de estes últimos que mais que duplican o importe medio daqueles. Aínda que a partir do ano 2019 o SMI en España ascenda aos 900 euros seguirá estando moi por baixo da media dos estados europeos mais próximos. Claro está que, para os negativos, é un importe claramente superior a media nos estados europeos do Leste (Hungría, Chequia, Eslovaquia, Polonia, Bulgaria, Rumania….) onde non chega aos 500 euros. Non estaría de mais lembrarlles que tal SMI estará por baixo do 56% da mediana salarial en España e do 62% da mediana salarial galega.Vexamos agora como está o desemprego xuvenil en cada un destes estados. Recollendo datos subministrados polas oficinas da Unión Europea (http://es.statista.com) atopamos o seguinte: 1. Os estados europeos que contan cun SMI mais elevado non son, de ningures, os que teñen maior desemprego xuvenil (Alemaña: 6,4%, Francia: 21,8%, Gran Bretaña: 11,8%, Holanda: 7,4%, Bélxica: 17%, Luxemburgo 14%, Irlanda: 13,5%). Nembargante os estados europeos cun SMI inferior si están entre os que teñen un mais elevado desemprego xuvenil (España: 36%, Portugal: 21,5%, Grecia: 42%) coa notable excepción de Eslovenia (9,9%). Compre tamén sinalar como particularidade que entre os estados europeos que no teñen un SMI establecido a situación é dispar: por un lado está Italia que ten un moi elevado desemprego xuvenil (32,5%) e por outro estados con menor desemprego xuvenil como por caso os escandinavos (Finlandia: 18,1%, Suecia: 16,6%, Dinamarca: 9,7%) e Austria (9,35) quen se ben non teñen un SMI oficial si gozan de elevados salarios vía negociación colectiva,As evidencias empíricas non parecen dar a razón aos agoireiros: non hai, de ningures, base científica que demostre que se da unha relación directa entre SMI alto e desemprego xuvenil elevado. As razóns, loxicamente, son outras. Incluso mais ben parecera que a relación é inversa: un SMI decente (\"living wage\") contribúe en grande medida a uns niveis de desemprego e pobreza baixos. Unha vez mais a dereita española, e galega, quedan en evidencia: non son os salarios elevados a causa principal do elevado desemprego en España e Galicia. As causas son outras como xa sinalamos no seu día.Si, por caso, analizamos o sucedido en España, e en Galicia nas derradeiras dúas décadas nas que primeiro houbo unha fase expansiva (2000-2008) que logo dou paso a grande recesión (2008-2015) veremos como son outras as variables que inciden no desemprego xuvenil que, de ningures, teñen que ver co SMI. Variables que si teñen que ver coa marcha global da economía e que confirman as teses contrarias as da ortodoxia neoliberal: os períodos con baixo desemprego xuvenil coinciden coas fases expansivas da economía na que medran os salarios reais e, xa que logo, o salario mínimo. Polo contrario nas fases recesivas disparase o desemprego xuvenil ao tempo que o salario mínimo permanece practicamente estancado cando non diminúe.Evidencias que sinalan que o emprego/desemprego xuvenil está mais directamente relacionado co nivel da demanda global: si cae a demanda cae a actividade e medra o desemprego xuvenil. Trátase, xa que logo, de incentivar a demanda mediante políticas expansivas que estimulen a produción e, xa que logo a demanda global de traballo.Para que esta chegue a poboación moza non hai que abaratar os custos laborais e baixalos salarios senón mellorar tanto a cualificación profesional, que debe vincularse a actividade produtiva, como os incentivos que favorezan a incorporación dos/as mozos/as ao mercado laboral.Solucións que nada teñen que ver con políticas de escravización dos/as traballadores/as mozos/as que xa están cobrando, os/as que teñen emprego, por baixo do SMI: segundo fontes sindicais o salario medio dos/as mozos/as galegos/as (34,5% de desemprego) rolda actualmente os 500 euros mensuais."}
{"ID": "NOS_332", "summary": "Éde festexar que Nicolas Cage teña que aceptar todo tipo de papeis en todo tipo de filmes –segundo din, por problemas económicos– xa que, de cando en vez, coincide nun filme destacábel onde poder despregar toda a súa forza interpretativa.", "text": "Nos últimos anos o xénero do terror semella ser o seu punto forte con achegas tan interesantes e potentes como Mom and Dad ou Mandy. De feito, os produtores desta última (entre os que figura Elijah Wood) volven contar co sobriño de Coppola para a enésima adaptación do relato de ciencia-ficción homónimo de H.P. Lovecraft que, ademais, logra recuperar a Richard Stanley, cineasta moi activo na década dos 90, pero apartado do xénero desde 1996, cando codirixiu A illa do Dr. Moreau xunto a John Frankenheimer. Color out of space / 2019 / Portugal-Malaisia-EUA / Richard Stanley /111 minutos O guión, escrito por Scarlett Amaris e o propio Stanley, sitúa unha parella de mediana idade que se traslada a vivir ao campo cos seus tres fillos, dous adolescentes e un cativo. Sen tempo aínda para adaptarse aos cambios que supón vivir no medio da nada, un pequeno meteorito cae preto da casa. Non imaxinan que no interior transporta unha estraña forma de vida que afectará, e moito, ao contexto até converter o lugar nun auténtico pesadelo. Unha achega de ciencia-ficción/terror con ecos de grandes filmes como Invasores de Marte (William C. Menzies, 1953), A cousa (John Carpenter, 1982), Society (Brian Yuzna, 1989), Aniquilación (Alex Garland, 2018) ou O resplandor (Stanley Kubrick, 1980). Para facer máis auga na boca, conta cun ton dos 80 no narrativo (que non nostálxico) así como un acabado visual no que predominan os efectos visuais tradicionais fronte ao CGI, que habelo haino, pero a breve homenaxe ao gran Ray Harryhausen é ouro puro. Malia haber algunhas notas de humor e autoparodia (a conto, sobre todo, de Nicolas Cage e o seu peiteado), o filme é netamente dramático e serio na presentación e construción das personaxes como antesala para ir creando unha atmosfera que se vai facendo máis e máis terrorífica a medida que avanza a trama. Faino sen présa. Aos poucos. Sen precipitarse. Evitando por completo caer nos manidos sustos musicais ou clixés. Un terror en estado puro e sen estridencias que vai impregnándoo todo até xear o sangue, para o cal debemos agardar até o último cuarto do filme para poder gozalo (ou sufrilo) en todo o seu esplendor. Unha película altamente recomendábel, non tanto para quen siga os pasos de Nicolas Cage, mais si para amantes do xénero que gosten de non ser tratados como parvos aos que hai que explicar todo."}
{"ID": "NOS_52162", "summary": "As transferencias, a ollos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, non son prioritarias. Sinala que a \"inmensa maioría\" das transferencias que recolle a constitución \"xa están feitas\", cando a realidade amosa o contrario. Galiza segue sen contar con competencias en tráfico ou seguridade marítima, entre outras.", "text": "Si e non. En función do día o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, muda o discurso ao redor da transferencia de competencias. Na mañá desta terza feira, nunha entrevista concedida a Antena 3, Feixoo apostou en frear os traspasos ás comunidades autónomas. E é que considera que non son \"prioritarias\" nun contexto, dixo, marcado pola situación a respecto de Catalunya. Ademais, Feixoo sinalou que \"a inmensa maioría\" das transferencias que recolle a constitución \"xa están feitas\". Mais non é así. Galiza segue sen contar coas transferencias de tráfico, do salvamento marítimo ou da seguridade cidadá. Tamén fica sen traspasar a AP-9, unha infraestrutura chave na Galiza e sobre a que o PP mantivo distintas posicións. As ansias do presidente da Xunta pola transferencia da autoestrada adoitan ser inversamente proporcionais ao poder que o seu partido teña en Madrid. As declaracións de Feixoo a respecto das transferencias chegan despois de acusar o Goberno de Pedro Sánchez de \"atacar o autogoberno galego\" e un día após de dar a coñecer o PP o seu programa electoral, en que destaca a aposta na recentralización. A proposta programática do PP recolle \"unha moratoria que paralizará a cesión de novas transferencias ás comunidades autónomas\". Sinala ademais que estabelecerá \"os cauces necesarios\" para que as comunidades que o desexen \"encomenden á Administración do Estado o exercicio daquelas competencias que poidan ser administradas de maneira máis eficaz desde o Goberno da nación\". Hoxe si, mañá non O cambio de criterio de Feixoo a respecto das competencias evidénciase no feito de que o seu partido permitiu, a través da abstención, no mes de febreiro o inicio da tramitación da lei para a transferencia das competencias de tráfico e seguridade viaria desde o Estado a Galiza (competencia da que xa dispoñen Euskadi, Nafarroa ou Catalunya), a iniciativa do PSdeG. Ademais, en xaneiro, o PP aprobaba unha proposición non de lei do BNG que, en esencia, demandaba igualar o grao de autogoberno galego ao que desfrutan Euskadi e Catalunya. Feixoo trataba así de marcar distancias co perfil anti-autonomista de Casado. O presidente das cero transferencias Feixoo é o presidente das cero transferencias. Con Feixoo á fronte da Xunta non houbo ningunha nova competencia. Fica ben lonxe o escenario actual daquel de 2009 en que PP, PSdeG e BNG acordaban relanzar a axenda de 70 competencias que catro anos antes -co goberno bipartito- comezaba a negociar a Xunta co Estado. Polas cero transferencias nos seus distintos mandatos, a oposición cargou nos últimos días contra Feixoo. Fíxoo cando se deu a coñecer a transferencia da xestión da AP-68 ao Goberno vasco."}
{"ID": "NOS_4020", "summary": "Esta fin de semana o Consello Nacional ratificará as candidaturas, paritarias en xénero e marcadas pola forte presenza municipal, de movementos sociais e o sindicalismo. Das catro cabezas de lista do BNG, Tereixa Paz e Carlos Aymerich repetirán escano no Parlamento Galego.", "text": "O proceso de designación das candidaturas do Bloque Nacionalista Galego aos comicios do vindeiro 21 de outubro está a piques de finalizar. Concluirá coa ratificación do Consello Nacional que terá lugar previsibelmente esta fin de semana, logo da celebración de asembleas comarcais nas que se someteu a votación de toda a militancia a proposta de candidaturas, que a Executiva Nacional elaborou recollendo os nomes achegados previamente polas mesmas asembleas.A respecto das candidaturas provinciais, alén de que a da Coruña será encabezada por Francisco Jorquera Caselas, en tanto que candidato á Presidencia da Xunta, xa se coñecen os nomes das restantes cabezas. @s xa deputad@s Carlos Aymerich e Tereixa Paz serán os números un da candidatura nacionalista por Pontevedra e Ourense respectivamente. Cosme Pombo serao por Lugo.A elaboración das candidaturas decorreu sen sobresaltos e nun tono marcado por amplos consensos. Así mesmo, estas reflicten a pluralidade da fronte nacionalista, síntoma claro da actual cohesión interna da fronte. Forte presenza municipal, dos movementos sociais e sindicalismo A presenza de representantes municipais é moi significativa, sendo elevado o número de portavoces municipais e concelleir@s --as alcaldías son incompatíbeis-- que integran as candidaturas. Por outra banda é destacábel a forte presenza de persoas ligadas aos movementos sociais e ao sindicalismo nacionalista. Deste xeito incorpóranse na candidatura referencias aos principais procesos mobilizadores (servizos públicos, normalización lingüística, transporte ou ambientalismo) e a loita sindical, en coherencia co actuación desenvolvida polo BNG de clara implicación nestes. Paridade de xénero Na proposta de candidaturas, elaboradas en base ao formato cremalleira (no que se garante que ambos xéneros vaian intercalados), respectouse o principio de paridade de xénero. En todas as provincia hai máis dun 45% de candidatas, agás en Ourense --a candidatura máis reducida-- cun 43%. No caso de Pontevedra a paridade é completa habendo igual número de candidatas e candidatos.Exceptuando ao candidato á Presidencia da Xunta, cabeza por Coruña, hai tantas mulleres como homes nos postos de cabeza. Con todo, a fronte nacionalista garantiu unha maior presenza de candidatas nos tramos de saída cuxo número un recaeu nun home. Así os segundos e terceiros postos de A Coruña, Pontevedra e Lugo serán ocupados por mulleres. Referentes de peso pechando as candidaturas O BNG apostou por referencias de peso para os peches das súas candidaturas, unha posición de grande simbolismo. Así, os últimos postos da candidatura da Coruña estarán ocupados pola xornalista Tereixa Navaza e o histórico dirixente nacionalista, Camilo Nogueira.Bieito Lobeira, un dos deputados máis activos e valorados, e o máis veterano (desde 1995), do actual grupo parlamentar, pechará a candidatura de Pontevedra, dado que xa cumpriu o período máximo que se permite no BNG (tres lexislaturas, desde que se aprobara a restrición).Alfredo Suárez Canal fará o propio por Ourense, poñendo fin a unha dilatada bagaxe parlamentaria, que enceta en 1993 --logo de ser concelleiro en Allariz-- e apenas interrompida na etapa na que foi Conselleiro de Medio Rural no goberno bipartito. Suárez Canal, abandona a primeira liña da política institucional galega por vontade propia, convertido pola súa traxectoria nunha referencia do nacionalismo galego no que milita desde moi novo.O Tenente de Alcalde de Lugo, Antón Bao, será o encargado de pechar a candidatura da súa provincia.Asemade, xunto a Lobeira e Suárez Canal, tampouco optarán a revalidar escano Carme da Silva (Pontevedra), Manuel Parga (Lugo) e Henrique Vieitez (Vigo). A Coruña Os dez primeiros postos da candidatura por Coruña complétana a actual portavoz do grupo parlamentar, Ana Pontón, a viceportavoz, Ana Luísa Bouza, o deputado Fernando Branco, Belén Lendoiro (concelleira en Carballo), Dores Torrado (concelleira en Boiro), Xoán Xesús Carril (responsábel local de Arzúa), Ánxela Franco (portavoz municipal en Porto do Son e responsábel comarcal de Muros-Noia), Manuel Polo (concelleiro en Fene), Modesto Fraga (responsábel comarcal da Costa da Morte e portavoz municipal en Fisterra). Pontevedra A deputada Carme Adán (Vigo) e a Secretaria de Organización do BNG, Montse Prado, acompañarán a Aymerich na candidatura por Pontevedra no segundo e terceiro posto. Xunto a elas, Luís Bará (concelleiro en Pontevedra), Daniel Rodas (concelleiro en Moaña), Marta Dacosta (sindicalista, Gondomar), Pedro Pereira (Responsábel Comarcal do Condado), Mar Vila (portavoz municipal en Dozón e integrante da plataforma contra a incineradora do Irixo), Xosé Manuel Méndez (responsábel comarcal do Baixo Miño) e a morracense Iria Aboi, actual Secretaria Xeral de Galiza Nova, organización xuvenil do Bloque. Ourense O profesor universitario Xosé Manuel Cid e a Responsábel Comarcal Allariz-A Limia, irá tras Tereixa Paz. Por Ourense integran tamén a candidatura nacionalista Xosé Rodríguez (Cartelle, membro do Consello Comarcal), Iolanda Rodríguez (O Ribeiro, mestra), Secundino Fernández (portavoz municipal de Viana do Bolo), Xaquín Pérez (portavoz municipal na Rúa), Belén Martínez (sindicalista de Ourense), Ramiro Rodríguez (portavoz municipal en Xinzo da Limia) e Xosé Dobarro (O Carballiño, médico). Lugo Por Lugo continuará a deputada Isabel Sánchez (Monforte), segundo posto na lista. O número tres recaerá en Ana Ermida, portavoz municipal en Barreiros e militante de Galiza Nova, seguida dos sindicalistas Antonio Niño (Lugo) e Xosé Paleo (Foz), Inés Novo (concelleira en Vilalba), Francisco Villanueva (Lugo), Cristina Ferreiro (integrante da Plataforma SOS Sanidade Pública), Xabier Campos (concelleiro en Ribadeo) e Mar Pérez (profesora da USC)."}
{"ID": "NOS_51021", "summary": "A Mesa pola Normalización Lingüística reúnese cos grupos parlamentares do PSdG, En Marea e o BNG.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse cos grupos parlamentares do PSdG, En Marea e o BNG para falar dos diferentes puntos que recolle o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). A intención da Mesa nestas xuntanzas é poñer en evidencia \"o incumprimento sistemático das accións favorábeis á lingua acordadas polo propio Parlamento\", como o mencionado plan ou tratados internacionais como a Carta Europea de Linguas minorizadas. \"Reverter o proceso de desgaleguización provocado pola exclusión do galego de todos os ámbitos é posíbel se existir vontade\", mantén a organización. A Mesa salienta que todos os partidos da oposición mostraron o seu apoio á proposta e ratificaron a súa adhesión á Declaración de Unidade a prol da Lingua Galega promovida pola Mesa e que incluía tanto o PXNLG como a Carta Europea ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. \"Os representante dos grupos parlamentares comprometéronse a facer seguimento dos diferentes acordos en relación ao galego para garantir a súa aplicación por parte do goberno galego\"."}
{"ID": "NOS_33502", "summary": "As 'Brigadas deseucaliptizadoras' defínense como unha iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza. A primeira destas brigadas, a da comarca do Barbanza, vai lanzarse públicamente o vindeiro 21. Falamos con Joam Evans, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto que aposta na implicación social para pular pola recuperación da biodiversidade dos montes do país. \"Hai un movemento social que está disposto a implicarse para transformar o monte galego\".", "text": "-Como xorde a idea de poñer en andamento unha proposta como a destas brigadas? -En Froxán [Lousame, cunha comunidade de montes activa e implicada en erradicar o eucalipto e recuperar a biodiversidade dos montes] temos una idea do que queremos facer co monte e temos claro que o eucalipto non pinta nada. O ano pasado comezamos a facer rogas e albarocas ambientais… -Que vén sendo como traballo comunitario, non é? -Basicamente é iso. Persoas voluntarias acudiron a Froxán para quitar o eucalipto e outras especies invasoras. Foi unha experiencia moi positiva, con xente vindo de moitos sitios distintos para axudar. Pensamos entón por que iso non podía facerse tamén noutros lugares. De aí saíu a idea das brigadas. Nas actividades que facemos en Froxán había xente de Verdegaia Ribeira e formulámoslle a eles esta proposta, asumindo darlle cobertura e responsabilidade ao proxecto. E este 21 de abril vaise lanzar publicamente. -En Froxán. -As brigadas son basicamente un formato, a idea é que se faga con entidades locais e xente por todo o país. Teñen un factor de custodia do territorio, propietarios de terreos que queren que os seus terreos con eucalipto ou outras especies invasoras pasen a ser outra cousa, que queiran esa transformación. Ten que haber algún tipo de compromiso de que iso se manteña no tempo. As brigadas tamén teñen o factor do voluntariado: hai moita xente con vontade de vir ao monte, nós vímolo en Froxán, moita xente con vontade de colaborar, de non ficar sempre nas queixas porque a Xunta non fai nada… Hai moita xente con vontade de vir ao monte, nós vímolo en Froxán, xente con vontade de colaborar, de non ficar nas queixas porque non se fai nada… -O 21 presentarase a primeira brigada, cales serán os primeiros pasos? Remarcades a importancia da descentralización… -Este proxecto, ao que Verdegaia lle dá cobertura, é un proxecto que quer ser descentralizado. As brigadas van ser comarcais, o 21 preséntase a primeira que é a Brigada do Barbanza. A idea é que desde distintos colectivos de diferentes partes do país se impulsen as súas brigadas. Desde que no Sermos publicastes a noticia [5 de abril] xa se puxeron en contacto connosco desde tres lugares interesándose pola iniciativa: do Condado, de Pontevedra e do Ribeiro. Tamén van máis de 30 persoas apontadas como brigadistas desde diferentes partes de Galiza. A idea é que a xente se vaia organizando ela mesma, que as brigadas vaian xurdindo e vaian tendo vida propia e actuando… -A actuación sería naqueles terreos que a xente pon a dispor do proxecto… -A casuística pode ser aquí moi diversa. Por exemplo, se hai terreos con eucaliptos de 20 anos, non van ir voluntarios a tombar eucaliptos de 40 centímetros de diámetro. Aí haberá que chegar a un acordo cun madeireiro que o retire e que non se dane as especies autóctonas que poida haber. Se desa madeira vai saír un beneficio económico, pídese que parte del vaia para compensar, comprando maquinaria para as tarefas das brigadas, especies frondosas para plantar… Pode haber casos de moi diverso tipo. Agora mesmo a situación é outra, actuando en terreos que arderon e onde o traballo é triturar as masas espontáneas de eucalipto que están a medrar neles. En todos os casos ten que haber un compromiso a longo prazo, quer verbal quer escrito para recuperar o bosque autóctono, acordos de custodia, ou outros. Que isto o tiña que facer a propia administración? Claro que si mais iso non está a pasar, non si?, por iso o fai a xente -O motor das brigadas é a idea de que é posíbel outro monte galego.. -Aínda que Ence e o sector a favor do eucalipto se empeñen no contrario, existe un amplo consenso no ámbito científico de que é unha especie cun impacto negativo: sexa na biodiversidade, sexa na responsabilidade nos incendios, sexa en moitas outras cousas. Valorar se o eucalipto é máis ou menos rendábel economicamente non pode ser o criterio único, con ese mesmo criterio tamén poderiamos encher Galiza de centrais nucleares. Todos os anos, cando chegan os incendios, laiámonos: a Xunta ten que facer tal, as comunidades teñen que facer cal, hai que aplicar a Lei de Montes… e a realidade é que na Xunta non hai vontade. Pois en vez de queixarnos tanto, e sen esquecer as responsabilidades de cada quen, e a Xunta tenas, apostamos en cambiar o monte, facendo. Esta é a idea de fondo. Deixar de laiarnos tanto e actuar. Hai un movemento social que en está disposto a facer, a implicarse en diversas frontes para transformar o monte galego. -Unha iniciativa da propia comunidade, que decide facer fronte a un problema ante o cal entende que a administración non actúa ou inclusive que ten responsabilidade no propio problema. -Somos conscientes de que o impacto das brigadas vai ser pequeno, claro, hai en Galiza 700.000 hectáreas con especies invasoras: eucalipto e outras. Mais naqueles sitios onde actúen as brigadas estarase a demostrar que se pode facer e estase a mobilizar xente que ao mellor non teñen relación directa co monte e que estás a sensibilizar, a transformar esa vontade e sensibilidade inicial, a preguntarse que está a pasar no monte. Que isto o tiña que facer a propia administración? Claro que si, mais iso non está a pasar, non si?, por iso o fai a xente."}
{"ID": "NOS_11848", "summary": "O Foro do Camiño Primitivo denuncia a \"urbanización da calzada antiga, agora en parte sepultada con cemento\", que supón \"a destrución da identidade\" desa vía.", "text": "O Foro do Camiño Primitivo - conformado por 30 organizacións defensoras dos Camiños de Santiago - denuncia perante o Comité Nacional Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artístico \"a destrución completa da identidade tradicional e do valor patrimonial da Vía primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas, no municipio de Fonsagrada\". O Foro afirma que a \"agresividade destas obras no Camiño Primitivo\" afectan un longo tramo de vía histórica. Para facer as obras, explican, mesmas foi utilizado todo tipo de maquinaria pesada, procedéndose á urbanización da calzada antiga, agora en parte sepultada con cemento, así como ao nivelado da rasante do terreo, uniformización de todo o itinerario, realización denovos perfilados, cimentación de sumidoiros, recheo con grosas capas de xabres, gravas e outros materiais\". Isto supón para o Foro \"de facto a construción dun novo Camiño de Santiago no século XXI, urbanizado seguindo as pautas estándar de calquera outra vía moderna ou pista forestal, apta para todo tipo de tránsito e práctica comercial ou deportiva\". Unha actuación que implica \"a perda irremisible da súa memoria inmaterial asociada á vía milenaria tradicional recoñecida pola UNESCO como patrimonio mundial\". Enmarcan esta actuación noutras desenvolvidas nos Camiñoss Norte e Primitivo de Santiago -\"realizadas pola Axencia Galega de Turismo\" e que \"alteraron\" de forma \"irreparábel\" estes treitos, \"seguindo a tónica habitual destas actuacións nos dous últimos anos\"."}
{"ID": "NOS_18313", "summary": "O impacto do coronavirus estará entre os 3.500 e os 4.600 millóns de euros.", "text": "O Foro Económico da Galiza prevé un afundimento da economía galega entre 5,6% e 7,4% do Produto Interior Bruto (PIB) debido ao impacto do estado de alarma debido ao coronavirus. Nun informe difundidoesta cuarta feira, o Foro Económico establece o impacto do confinamento entre 3.500 e 4.600 millóns de euros. Este arco varía segundo o tempo que dure o estado de alarma. E é que se o estado de alarma remata o 26 de abril - seis semanas - suporá unha perda de 5,6% do PIB, mentres que se se prolonga oito semanas até mediados de maio esa caída pode chegar ao 7,4%. . Nun escenario optimista, o Foro Económico calcula que é posíbel que as perdas poidan xerar un \"efecto rebote\" debido ao \"embalsamento\" das decisións de gasto nos próximos meses, sempre que a crise se resolva con rapidez e éxito, co descubrimento de tratamentos eficaces ata que se dispoña dunha vacina. Así, producirase a ansiada curva en forma de V. Porén, o Foro advirte que a persistencia de medidas de control nos próximos meses e restricións á mobilidade \"poden xerar unha distorsión aínda maior na actividade económica\". De feito, non se desbota unha segunda onda da pandemia, algo que prorrogaría no tempo o impacto en sectores como o turismo. Os expertos do Foro consideran que para saír desta crise será necesario \"aunar grandes esforzos\" de forma coordinada en \"todos os niveis institucionais\", internacionais, estatais e galegos. Remarca que se trata dunha crise \"global e simétrica\", porque afecta tanto á oferta como á demanda, o que leva a tensións na liquidez das familias e das empresas. O obxectivo é que unha recuperación \"gradual\" comece no segundo semestre despois dunha \"forte contracción\" no primeiro."}
{"ID": "NOS_24526", "summary": "O chavismo recuperou o pasado domingo a Asemblea Nacional de Venezuela nunhas eleccións lexislativas marcadas polo boicot dos principais partidos e líderes da oposición e pola abstención. Desde 2015 este era o único poder que non estaba controlado pola formación do presidente do país Nicolás Maduro.", "text": "\"Cumprimos coa nosa Constitución. Temos unha nova Asemblea Nacional, despois de cinco anos. O pobo elixiu\", afirmou o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, a respecto das eleccións lexislativas que se desenvolveron o domingo no país caribeño. O Consello Nacional Electoral (CNE) de Venezuela avisou no seu primeiro boletín informativo que o Gran Polo Patriótico Simón Bolívar (GPPSB) do presidente Maduro obtivera 67,6% dos votos nos comicios, con 82,35% das actas electorais escrutadas. Maduro cualificou a xornada electoral como unha gran vitoria da democracia, durante a cal o pobo venezolano saíu a elixir os seus representantes no Parlamento para o período 2021-2026. \"Imos cara a un novo ciclo de recuperación do país con soberanía, con independencia\", afirmou o xefe do Estado, quen ratificou todo o apoio do Goberno ao poder lexislativo para traballar xuntos na solución das problemáticas existentes no país. \"Temos unha nova Asemblea Nacional ao servizo das maiorías; conten comigo para que a patria recupere a senda do desenvolvemento\", subliñou o mandatario, que a semana pasada manifestara a súa decisión de abandonar a presidencia da República en caso dun triunfo da oposición. Alianza Democrática, a colación de partidos opositores, obtivo case 18% dos votos, Venezuela Unida, pouco máis de 4%, mentres que o Partido Comunista de Venezuela (PCV), o 2,73%. A presidenta do CNE, Indira Alfonso, detallou que 3,5 millóns de venezolanos votaran polo chavismo, aínda que a participación foi de 31%, o que supón pouco máis de 5,2 millóns de electores, dos máis de 20,7 millóns que estaban habilitados para votar. \"Nós sabemos gañar e perder, hoxe tocounos gañar, hoxe tocoulle gañar ao pobo de Venezuela. Vén un cambio de ciclo, un ciclo positivo, virtuoso, de traballo e recuperación, con soberanía e en paz. Que ninguén se meta nos asuntos de Venezuela, nós sabemos dirimir os nosos problemas co voto popular\", salientou Nicolás Maduro. Xornada tranquila A xornada electoral desenvolveuse con tranquilidade. O ministro de Exteriores venezolano, Jorge Arreaza, expresou que a democracia do seu país \"é a máis examinada do mundo, con todo, non hai nada que temer\", malia os chamamentos dos principais líderes e partidos da oposición, que decidiron non participar nos comicios, a non votar. O intelectual arxentino Atilio Borón afirmou: \"Oxalá que os gobernos que se din 'progres' (progresistas) de América Latina recoñezan a lexitimidade desta elección e os seus resultados, e poñan fin aos seus ataques contra Venezuela, obedecendo os mandatos de Trump e dos seus pistoleiros\". Tamén o xornalista e teórico da comunicación galego Ignacio Ramonet recoñeceu a determinación colectiva por respectar a orde do cronograma electoral e a decisión de realizar as eleccións lexislativas, a pesar do bloqueo económico e das presións exercidas polos Estados Unidos e pola Unión Europea, segundo informou Telesur. Zapatero pide á UE que reflexione e que cambie de estratexia sobre Venezuela O ex presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que se atopa en Caracas, pediu á Unión Europea que reflexione sobre a súa postura a respecto de Venezuela despois do resultado das eleccións, onde participou como observador internacional invitado. \"Desexo que a UE faga unha reflexión logo destas eleccións, que avalíe o que deu de si a política de sancións [contra Venezuela]\", dixo o ex mandatario durante unha comparecencia na televisión estatal venezolana. Considerou que \"debe haber unha reflexión a fondo\" por parte de quen apoiou a política do presidente dos EUA, Donald Trump, a respecto de Venezuela porque, ao seu xuízo, esa estratexia \"xa non existe\". \"Era unha estratexia que partía de erros graves de información, que tomou medidas inxustas e que fracasou nos resultados\", dixo."}
{"ID": "NOS_20649", "summary": "O BNG quere declarar a enerxía como ben público e demanda unha tarifa eléctrica galega.", "text": "No BNG reclaman unha \"intervención\" para que a electricidade sexa considerada un \"ben público\" e deixe de ter estatutos de \"luxo\", para o que tamén piden a redución do IVE de 21% a 4% e eliminar o imposto especial. Así se pronunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a respecto da nova tarifa da luz que este 1 de xuño entra en vigor. \"Preocúpanos porque afecta a miles de persoas. Nas próximas 24 horas vaise producir un cambio na facturación en que as eléctricas gañan e perden as familias, as pequenas e medianas empresas\". A líder nacionalista remarcou que esta mudanza na factura \"vai disparar\" o custo para as familias, obrigándoas ademais para aforrar a acudir a horas de \"descanso\" para realizar tarefas domésticas, as cales ademais recaen na súa maior medida nas mulleres. \"Despois dunha longa xornada\", ilustrou Pontón, a nova factura o que fai é propor \"non durmir\" ou \"trasnoitar\" para pasar o ferro ou pór a lavadora. Advertiu de que a nova tarifa volve supor un \"cambio a favor das eléctricas. Benefician as multinacionais e castigan as maiorías sociais\", aseverou, pondo casos como o das explotacións gandeiras, que teñen un gran consumo enerxético e que se verán penalizadas, ou cafetarías e restaurantes, cuxo consumo máis alto se produce nos momentos de máis custo da luz. Ademais, para Pontón supón unha \"inxustiza\" especialmente para Galiza, ao ser \"produtora neta\" de electricidade. \"Un disparate do Goberno do Estado sen que o Goberno de Feixoo movese un dedo\". Pontón ten claro que esta situación débese a que as \"portas xiratorias das eléctricas funcionan para PP e PSOE\". \"A luz ten que cambiar a súa consideración e ten que ser ben público\", reclamou para frear o peso dos lobbys. O PP carga contra o Estado Contra a nova tarifa eléctrica tamén cargou a viceportavoz parlamentaria do PP, Paula Prado, sinalando que traerá un golpe \"fiscal\" para \"as familias máis necesitadas\". Nese sentido, remarcou que a Xunta xa anunciou que presentaría alegacións a esta nova factura. Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que o Goberno de España traballa para que o prezo da luz \"sexa razoábel\" fronte a un PP que \"errou radicalmente\" en todas as políticas que teñen que ver coa electricidade e coas enerxías. En canto ás propostas de Pontón, o socialista afirmou que o BNG expón \"sempre o mesmo desde os 70, que é pór enerxía galega. En definitiva, demagoxia e populismo\", dixo en referencia á exixencia dos nacionalistas dunha tarifa eléctrica galega."}
{"ID": "NOS_35459", "summary": "Piden que se retire a do rei emérito tanto por ser o \"sucesor nomeado por Franco\" como polos escándalos dos últimos anos. Carricarte foi procurador en Cortes franquistas.", "text": "Desde o Colectivo Das Pedras Galladas exixen ao Concello de Culleredo a retirada do mapa de rúas da vila dos nomes Juan Carlos I e Sanjurjo de Carricarte. \"A día de hoxe no Concello, existen dúas condecoracións franquistas: unha correspondente a Juan Carlos I de Borbón, sucesor nomeado por Franco, presunto corrupto e fugado da xustiza española, e a Eduardo de SanJurjo de Carricarte, procurador nas Cortes franquistas, alcalde da Coruña do ano 63 ao 65 e cómplice da represión republicana na nosa comarca\", indican nun comunicado. \"Outorgar o mérito de presidir unha rúa é unha grande responsabilidade, igual que o tipo de referentes que creamos como sociedade, polo tanto entendemos que este non debería ir ligado a personalidades que fosen tanto moral como eticamente reprobábeis\". Propoñen substituír o nome da Avenida Juan Carlos I por Avenida das Saíñas e a Rúa Sanjurjo por Rúa das Mariscadoras \"Somos conscientes da invisibilización da figura da muller o longo da historia e a desigualdade existente de condecoracións dependendo do sexo, por este mesmo motivo decidimos recoñecer a figura das mulleres traballadoras do noso concello nun lugar emblemático do noso concello como é a Ría do Burgo, ca substitución da Rúa de Sanjurjo de Carricarte pola Rúa das Mariscadoras\". \"No caso da Avenida de Juan Carlos I consideramos que sería axeitado recuperar a nosa toponimia tradicional, polo tanto solicitamos que se substitúa pola Avenida das Saíñas, por ser un dos sitios onde tradicionalmente se situaban depósitos de sal, por este mesmo motivo hai varias fincas privadas da zona que se alcuman do mesmo xeito\"."}
{"ID": "PRAZA_7719", "summary": "Para Ferrol, a decisión dos gobernos Central e da Xunta de non acometer a construción do dique flotante, de non ter consignado nos orzamentos para posibilitalo, demostran o que dalgún xeito os representantes dos traballadores prevían e anunciaban de falta de compromiso político do PP con esta comarca.", "text": "Astano e a Bazán converten a comarca do Ferrol no referente industrial en Galicia; pero dende 1982 até agora estase a enfrontar a numerosos problemas, debido ao declinar do sector naval, e o traslado da Flota a Rota. Todo comenza coa primeira reconversión (1984). Había que pechar Astano, sen basearse en criterios técnicos. Foi a administración socialista a que deu o pistoletazo para levar ao abismo a comarca de Ferrolterra. Foron moitas as promesas de reindustrialización da comarca, dedicáronse inxentes cantidades de diñeiro público a empresarios para que instalaran as súas empresas. Para iso valéronse de organismos públicos: Fondos de Promoción de emprego, Zona de Urxente Reindustrialización, Zona Industrial en Declive e agora o Plan Ferrol. Foron moi poucas as empresas novas que se instalaron nesta terra e das que se asentaron a maioría xa non existen, outras tiñan concesións de parcelas e tiveron a súa imaxe corporativa encravada Foron moi poucas as empresas novas que se instalaron nesta terra e das que se asentaron a maioría xa non existen, outras tiñan concesións de parcelas e tiveron a súa imaxe corporativa enclavada. Lembrémonos da conserveira do Cisne, desaparecida, ou da que se publicitou a esgallo como a fabrica italiana do vidro, a Sociedad Italiana do Vidrio (SIV), que nunca chegou a funcionar. A alternancia das administracións socialistas e populares, o único que nos levaron foi a unha depresión económica e poboacional. Intercambiándose o papel de policía bo e policía malo, segundo tocaran poder A resposta, con grandes movilizacións, foi quen de atrasar o que dalgún xeito eran as pretensións iniciais de peche do asteleiro Astano. A alternancia das administracións socialistas e populares, o único que nos levaron foi a unha depresión económica e poboacional. Intercambiándose o papel de policía bo e policía malo, segundo tocaran poder. Agora a culpa é da Comunidade Europea, manda carallo!!! Loxicamente os ferroláns son escépticos neste intre coas promesas, queren feitos. Os feitos teñen que ser políticos para o relanzamento da comarca. O sector naval é o motor da economía, xa que a acreditación de coñecemento tecnolóxico e capacidades produtivas e competitivas de Navantia son referencia a nivel nacional e internacional. E imprescindible levantar o veto a construción civil no naval e dotar de carga de traballo para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra. No ano 2010 Navantia xerou o 3,5% do emprego de toda a provincia da Coruña e a súa produción foi o 3% do PIB. E imprescindible levantar o veto a construción civil no naval e dotar de carga de traballo para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra Para Ferrol, a decisión dos gobernos Central e da Xunta de non acometer a construción do dique flotante, de non ter consignado nos orzamentos para posibilitalo, demostran o que dalgún xeito os representantes dos traballadores prevían e anunciaban de falta de compromiso político do PP con esta comarca. Quedan máis promesas, algunha no caixón do esquecemento como a VI fragata, e a de PEMEX. Foi de risa a cascada de noticias: que si a empresa matriz non sabía nada, que no seu consello de administración non se falara do tema da adxudicación a Navantia, que aínda que outros asteleiros concursaran, a adxudicación dos floteis serían para os asteleiros de Vigo e Ferrol, que si estaba bloqueado e tivo que desbloquealo o ministro García –Margallo. Ante a nosa incredulidade sacan a noticia de que se poden chegar a construír moitos máis floteis xa que hai en carteira 25. Bueno, bueno…!!! Esta situación lévanos outra vez a mobilizarnos na defensa do naval público, o emprego e a economía da zona o día 24 de febreiro. Alí estaremos Mentres o paro segue en aumento constante en Ferrolterra co 28% de desemprego. Se seguen a incumprir as súas promesas levarán a Ferrolterra ao abismo, non só a unha empresa senón a todos os sectores produtivos e de servizos. Esta situación lévanos outra vez a mobilizarnos na defensa do naval público, o emprego e a economía da zona o día 24 de febreiro. Alí estaremos."}
{"ID": "NOS_29343", "summary": "Mes e medio após o polémico e cuestionado intento de golpe de Estado de Turquía, o país sofre unha vaga de medidas restritivas impulsadas por Recep Tayyip Erdogan. A última, o despedimento de 40.000 empregadas e empregados públicos.", "text": "Esta quinta feira, o boletín oficial turco publicaba o despedimento, de forma inapelábel, dun total de 40.000 persoas que traballaban na administración pública. Erdogan adoptou a decisión amparándose nos poderes especiais vinculados ao Estado de emerxencia que rexe o país após o intento de golpe do pasado 15 de xullo. O Goberno de Erdogan decretou o despedimento de 28.100 funcionarias e funcionarios do Ministerio de Educación; de 7.600 da dirección de seguridade; de 2.000 do Ministerio de Sanidade e doutros 1.500 da dirección de asuntos relixiosos. As persoas afectadas pola medida non poderán regresar aos seus postos de traballo nin poderán apelar ao seu despedimento. 80.000 empregos suspendidos Para adoptar esta decisión, o presidente turco asegurou que o funcionariado afectado está relacionado con organizacións terroristas (en alusión á rede de seguidores de Gülen). Desde o 15 de xullo, Turquía suspendeu uns 80.000 empregos públicos de diferentes administracións e unha parte destas suspensións son convertidas agora en despedimentos formais e inapelábeis. Desde que unha parte do Exército tratou de derrocar o Goberno, miles de persoas foron encarceradas acusadas de complicidade co intento de golpe de Estado. Recentemente, as autoridades turcas liberaron 33.838 reclusos detidos."}
{"ID": "QUEPASA_33", "summary": "Chega unha nova fin de semana, de novo en clave electoral, chea de mitins e presentacións por toda a violta. Pero tamén chea de fermosas actividades para disfrutar. Tendes, coma sempre, a Axenda debullada en www.axendacostadamorte.com, e aquí traemos un resumo directo e conciso.", "text": "Parte de Meteogalicia Durante o venres, día de transición antes de que chegue a influencia anticiclónica, teremos un ambiente de ceos anubrados con algunha pequena precipitación. Xa o sábado amencerá cos ceos algo cubertos, pero irán quedando despexados ao longo da tarde. O domingo manterase o sol, cunha subida drástica das temperaturas.O estado do mar vai ser bastante tranquilo, sen avisos, con mar de fondo do oeste, e se o ben o sábado non haberá apenas vento do nordés, si que o domingo axitarase un pouco máis. Festival Neghra Sombra Vimianzo acolle na noite do sábado un ha verdadeira Revolta das Letras. A partir das 17:00h comezarán a saltar ao escenario 15 poetas da comarca, e non pararán en toda a noite. O pregón, da man de Viki Rivadulla, abrirá o tempo das actuacións, que durará ata as 4-5:00 da mañá. Tdo en clave galga. Xornadas de Promoción Local Baio ten a pelota As Xornadas de Promoción Local Baio ten a pelota son unha estupenda excusa para parar en Baio esta fin de semana, facer algunha compra aproveitando os descontos, e ademais disfrutar das tapas máis fantásticas dos establecimentos. Un xeito de facer que sexa posible vivir na Costa da Morte. Letras Galegas Esta fin de semana xa chega cargada de Letras Galegas, pero teremos que esperar ao domingo para o comezo da gran cita, esa que convirte unha pequena aldea de Ponteceso no centro do país durante unha semana. O Festiletras 2019 arrinca o domingo pola mañá coa entrega dos Bos e Xenerosos, e a partir das 18:00h coa presentación do proxecto Literatas 2019, como previa da actuación do dúo Caamaño-Ameixeiras.A partir de aí, o Couto encherase de vida cunha semana enteira de actividades, ata o domingo 19. Tamén en Fisterra hai unha cita co programa das Letras, cos monicreques dos Romeiros do Caracol. Presentación do Fondo Fotográfico Vidal Unha das citas máis simbólicas da fin de semana é a posta en escena de todo o traballo de recuperación e posta en valor do do Fondo Fotográfico Vidal. O Concello de Laxe presenta este venres ás 20:00h no vivo Museo do Mar, contará a historia desta rehabilitación. Outras citas culturais O venres é tempo de poesía no Casino 1889 de Carballo, coa presentación de Versos Noctámbulos. A noite de venres poderase pechar en clave de risa co monólogo de Pepo Suevos na Casa da Cultura de Muros. Xa o sábado, a Libraría Punto e Coma, de Carballo, organiza a presentación do novo libro de Yolanda Castaño.Pola tarde, tamén en Carballo haberá doble cita co Curruncho Pop na Biblioteca Rego da Balsa, con presentación e concerto, e ás 20:00h o Concerto de Miro Casabella no Pazo da Cultiura. O sábado haberá, ás 18:00h, nova cita na Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros cos Brincacontos de Andaravía Teatro. En Camelle, o Museo de Man inaugura nova exposición, Arte +3, a partir das 19:30h. O domingo tamén terá lugar o peche do programa Primavera en Danza coa actuación de Xacarandaina no Pazo da Cultura Sendeirismo Se o sábado hai unha nova Andaina Coñece a Costa da Morte, desta volta por Camariñas, (chámase Camiñando entre a ribeira e o monte), o domingo toca Primavera en Ruta con Senda Nova pola Costa Agreste de Cerqueda e Cambre."}
{"ID": "NOS_56626", "summary": "Dez días antes das eleccións municipais, Alberto Núñez Feixoo despachábase contra o candidato de Democracia Ourensana nun xornal local. \"Para Ourense sería letal ter Jácome de alcalde\", rezaba o titular do presidente da Xunta. Un mes máis tarde, o Partido Popular entrega a alcaldía da cidade a Gonzalo Pérez Jácome. A contrapartida? Que os Baltar manteñen o control na Deputación de Ourense.", "text": "Mais no baile de máscaras das opacas negociacións ourensás non foi Feixoo o único en dicir unha cousa e facer a contraria. O propio Jácome, que practica unha especie de trumpismo localista, chegara a cualificar a Manuel Baltar de \"psicópata\". Agora ofrecerá os seus votos para que, cos de Ciudadanos, continúe como presidente dunha Deputación, a de Ourense, sometida ás ferreas vontades da familia. As sospeitas, acusacións e mesmo condenas por clientelismo son característica principal da súa actuación no ente principal. Na investidura deste sábado houbo máis sucesos curiosos. O xa ex alcalde do PP, Jesús Vázquez, cuxo mandato supuxo unha parálise da cidade como non se lembraba -non conseguiu aprobar nin un só orzamento-, deu o voto ao seu máis contundente antagonista, Pérez Jácome. E este aceptouno, como outros 13, os que suman Democracia Ourensana e o PP. Enfronte, 11 para o candidato socialista Rafael Rodríguez Villarino, e dous votos en branco. \"Non podía ser doutro xeito. Saín escollido ao límite. Non creo no destino pero parece que está escrito\", foron as primeiras palabras de Jácome logo de ser elixido alcalde de Ourense este 15 de xuño. Pronunciounas en castelán, como é habitual nel. Despexada a incógnita de Ourense, o Partido Popular queda fóra das alcaldías das sete cidades galegas. A vila máis poboada con maioría absoluta popular é Arteixo, a décimo primeira de Galiza con 31.000 habitantes. Compostela: \"Ano Santo, reto inminente\" Na capital, o socialista Xosé Antón Sánchez Bugallo foi escollido alcalde cos votos do seu grupo, dez concelleiros. En contra votaron os oito do PP, que torceron polos seu propio candidato, Agustín Hernández. Abstivéronse os cinco edís de Compostela Aberta, entre eles o ex alcalde Martiño Noriega. As dúas do Bloque votaron en branco. Bugallo regresa á alcaldía de Santiago de Compostela oito anos despois de perdela fronte ao Gerardo Conde Roa (PP). E fíxoo cun discurso centrista e por intres apenas distinguíbel do do Partido Popular en asuntos como o Xacobeo 21, o turismo ou a laicidade institucional. Este sábado volveu colocar o Ano Santo \"como reto inminente\" e principal preocupación do seu mandato. Ao pleno de constitución de Compostela asistiron o arzobipso Julián Barrio, o delegado do Goberno Javier Losada ou o rector da Universidade de Santiago Antonio López. Lugo: bipartito de PSdeG e BNG Lugo será, con Pontevedra, unha das dúas cidades en que haxa goberno de coalición entre PSdeG e BNG. A alcaldesa Lara Méndez repite mandato, mais desta volta nun executivo en que os oito concelleiros socialistas comparten responsabilidades con cinco nacionalistas, cuxo líder, Rubén Arroxo, será teniente de alcalde. Estes 13 votos son os que a apoian. Na oposición sentan PP e Ciudadanos. Méndez lembrou este sábado as \"débedas históricas\" da cidade e a vontade do seu goberno bipartito de saldalas, ademais de pedir responsabilidade aos funcionarios municipais para desatorar o concello. Vigo: Caballero alcalde entre protestas de bombeiros Vinte concelleiros de 27 valéronlle ao socialista Abel Caballero renovar a alcaldía da cidade máis poboada da Galiza. Fíxoo na mañá deste sábado, nun ateigado auditorio municipal e cos asistentes recibidos por unha protesta de bombeiros. \"Menos dinosetos e máis bombeiros\", berraban, ao tempo que reclamaban máis recursos e denunciaban a \"inseguridade\" de Vigo. Ningún dos outros tres grupos presentes da corporación apoiou Caballero. PP, con catro edís, Marea de Vigo, con dous, e BNG, cun, votaron a cadanseu candidato. Enfronte, a esmagadora maioría absoluta socialista. Ou de Abel Caballero, máis ben, dado o personalismo extremo da súa maneira de facer política. No pleno de constitución deste 15 de xuño, houbo quen protestou en voz alta cando o secretario municipal leu a acta só en español e esqueceu a outra lingua oficial de Galiza. Entre o numeroso público que asistiu á toma de posesiín atopábase o secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero, ademais sobriño do alcalde, co que mantivo serias diferenzas políticas no pasado. Tamén estaba a deputada de En Marea e secretaria xeral do Partido Comunista de Galiza Eva Solla. Pontevedra: Lores afirma que a cidade está \"nun novo ciclo\" Miguel Anxo Fernández Lores revalidou, por sexta vez consecutiva, a alcaldía de Pontevedra. Neste mandato será cun goberno de coalición entre a súa organización, o BNG -que obtivo 11 concelleiros-, e mais o PSdeG -que acadou catro. O emblemático Teatro Principal acolleu este sábado, 15 de xuño, a súa toma de posesión, en que enunciou unha mensaxe chave: \"Temos que adiantarnos aos cambios que veñen\". Lores apostou nas súas primeiras palabras como alcalde por facer de Pontevedra \"unha cidade de servizos e creativa\", agradeceu o apoio aos socialistas e tendeu a man á oposición, conformada por PP e Ciudadanos. Ao tempo, expresou o seu convecemento de que a cidade \"está nun novo ciclo\". Á súa investidura asistiu Ana Pontón, portavoz nacional do BNG. Ferrol: O PSdeG suma os votos de Ferrol en Común e BNG En Ferrol mantívose a singular tendencia municipal activa desde a restauración democrática: ningún alcalde conseguiu repetir mandato. Este sábado tomou posesión o décimo primeiro, o socialista Ángel Mato que aos seus oito edís sumou os tres de Ferrol en Común -cuxo cabeza de lista, Jorge Suárez, gobernou a cidade os últimos catro anos- e os dous do BNG. Na oposición sentan unha ducia de concelleiros do PP que votaron polo seu candidato, o ex conselleiro da Xunta, e tamén ex alcalde, José Manuel Rey Varela. O feito de que dous ex rexedores senten no pleno da corporación municipal serviu a Mato para solicitar a súa colaboración. \"Síntanse libres para facer aquelas achegas para evitar cometer os mesmos erros que cometemos no pasado\", afirmou. Ao rematar a investidura, en declaracións aos medios, explicou que a súa intención é configurar un goberno \"o antes posíbel\" e que, para iso, xa iniciou conversas co Bloque e Ferrol en Común. A Coruña: \"Corenta anos pasaron para que haxa unha alcaldesa\" A última das investiduras nas sete cidades foi a da Coruña. A socialista Inés Rey compartirá coa súa compañeira de partido Lara Méndez a condición de alcaldesa urbana. \"Corenta anos pasaron para que unha muller ocupe este cargo, o de alcaldesa\", afirmou nada máis recibir o bastón de mando. Rey obtivo o apoio de 17 edís, os nove do PSdeG, seis da Marea Atlántica -que gobernou o pasado mandato- e os dous do BNG. Na dereita senta nove do PP e un de ciudadanos. Nas súas primeiras palabras como alcaldesa dunha cidade virada á esquerda -o bloque progresista e nacionalista suma 17 asentos, o conservador, 10- comprometeuse a \"loitar\" cos traballadores de Alcoa, Isowat e Ferrolvial, e enumerou algunhas mulleres de relevo na historia coruñesa: Concepción Arenal, Juana de Vega, María Pita ou Elisa e Marcela. O seu discurso alternou galego e castelán."}
{"ID": "PRAZA_17924", "summary": "Pedro Sánchez pide aos grupos políticos suprimilo antes dos comicios locais, autonómicos e europeos do vindeiro ano e comprométese na xira lationamericana a apoiar a mudanza do sistema impulsado por PP e PSOE hai sete anos. CRÓNICA | O retorno das pantasmas do \"voto emigrante\", por Anxo Lugilde", "text": "CRÓNICA | O retorno das pantasmas do \"voto emigrante\", por Anxo Lugilde O Goberno central quere eliminar o voto rogado antes das eleccións municipais, autonómicas e europeas previstas para o 26 de maio de 2019. O presidente Pedro Sánchez instou o resto de formacións a acelerar esa modificación nun encontro coa comunidade española en Bolivia. Como cada vez que un dirixente político visita a diáspora en Latinoamérica nos últimos anos, a promesa para eliminar o actual sistema de votación desde o exterior volveu aparecer. Sánchez instou os grupos parlamentarios a \"porse de acordo\" para que o voto exterior sexa distinto ao que \"existe na actualidade\" O xefe do Executivo central instou os grupos políticos a \"porse de acordo\" para que o voto exterior sexa distinto ao que \"existe na actualidade\", que minguou a participación pero acabou coa fraude. Este sistema, o do voto rogado, é co que queren acabar desde hai tempo PP e PSOE, os mesmos partidos que acordaran poñelo en marcha hai sete anos co apoio de BNG, CiU e PNV. Agora, ambos están dispostos a modificalo. Axiña lles deixou de gustar este sistema ás dúas grandes formacións, que instaban a dar marcha atrás neste aspecto da nova lei electoral aos dous anos de implantalo e que seguiron intentando acabar con el nesta lexislatura. Co cambio no Goberno de Madrid, os socialistas volveron deixar clara a súa prioridade no caso de impulsar outra modificación lexislativa: rematar de vez cun método que puxo fin á fraude sistemática nos comicios pero que tamén fixo descender a mínimos históricos a participación. Así o reiterou Consuelo Rumí, a nova secretaria de Estado de Migracións, durante a súa primeira intervención no pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española. O apoio aos españois que viven no estranxeiro e a promesa de cambiar o voto rogado foron as principais mensaxes de Sánchez en Chile e Bolivia Na súa primeira visita a Suramérica, Pedro Sánchez insistiu. Emprazou as forzas políticas a acelerar a reforma para que estea en marcha antes dos comicios de maio do próximo ano. Non se referiu en ningún caso ás eleccións xerais. A maioría de grupos parlamentarios, ademais, están de acordo en levar a cabo esa modificación para facilitar o voto dos emigrantes. Con todo, non se alcanzou un acordo no que levamos de lexislatura no marco da comisión de reforma electoral. O apoio aos españois que viven no estranxeiro e a promesa de cambiar o voto rogado foron as principais mensaxes de Sánchez nos dous encontros que mantivo por agora coas colectividades españolas de Chile e Bolivia no marco da xira latinoamericana que está a levar a cabo. A alusión a ese cambio no xantar con españois residentes en Chile foi recibida con aplausos dos asistentes ao acto organizado na residencia do embaixador no país andino. Nas últimas eleccións galegas, a abstención no voto exterior chegou ao 98%: votaron menos de 12.000 persoas dun censo de 446.000 Nas últimas eleccións autonómicas de setembro de 2016, a participación das persoas inscritas no Censo de Residentes Ausentes (CERA) volveu estar marcada por unha elevadísima abstención. Roldou o 98%, porcentaxe semellante á de cada convocatoria electoral desde que en 2011 se instaurara a obrigatoriedade de solicitar formalmente a votación. Das máis de 446.000 persoas galegas con dereito a voto no exterior, tan só unhas 19.700 completaron os trámites para exercer o seu dereito. Delas, unicamente 10.777 remitiron o seu sufraxio en tempo e forma. Nos últimos comicios xerais, no conxunto do Estado, só votaron o 7,6% dos españois que viven fóra. A baixísima porcentaxe, por exemplo nas últimas eleccións galegas, contrasta coa que se deu nos últimos comicios autonómicos sen voto rogado: Nos de 2009 --cando figuraban no CERA unhas 335.000 persoas--, chegaran a Galicia un total de 101.708 votos e a taxa de participación superara o 30%, chegando ao 35,2% en Lugo. Xa que logo, uns 30 puntos máis que na actualidade. Nas últimas eleccións galegas sen voto rogado a participación exterior foi de máis do 30%, 30 puntos máis que na actualidade Ao tempo que descendía a participación, desapareceron tamén as sospeitas ou denuncias de fraude, os votos de persoas falecidas e o descontrol na recolleita de papeletas, as mesmas dúbidas que volverán pairar agora sobre a posible (e máis que probable) reforma, de non aplicarse maiores e mellores garantías nos comicios. Porque non só PP e PSOE apoian acabar co voto rogado, tamén Unidos Podemos ou Ciudadanos deixaron clara a súa aposta por derrogalo. A contundencia no rexeitamento xorde, en moitos casos, do intento por acabar cos atrancos que a nova, moza e recente emigración atopou nos últimos comicios autonómicos e estatais. Son residentes temporais que denunciaron as dificultades para votar tamén nas municipais, vetados para integrantes do CERA, malia terse apuntando como transeúntes nos consulados. Pouco o nada que ver censo de persoas emigradas e asentadas desde hai décadas noutros países. Co anterior sistema, todos os inscritos no CERA recibían a documentación electoral na casa sen pedila previamente e podían remitila sen que se comprobase a súa identidade O sistema anterior ao do voto rogado implicaba que todas as persoas inscritas no CERA recibían a documentación electoral na casa sen pedila previamente e podían remitila sen necesidade de que ninguén comprobase a súa identidade e os votos incorporábanse ao resultado electoral do interior sen controis que permitisen acreditar, por exemplo, se o elector de que se tratase era unha persoa viva ou, pola contra, xa falecera e alguén votara no seu nome. No entanto, estes controis implicaron tamén notables obstáculos para votar ás persoas que residen temporalmente no exterior, malia ser a súa situación obviamente distinta. Para o Goberno socialista, como destacara Rumí, o \"prólogo\" dese \"grande acordo\" para unha reforma electoral \"podería ser\" a proposición de lei impulsada por Unidos Podemos no Senado e aprobada por unanimidade que multiplicaría a colectividade galega e española no exterior coa concesión da nacionalidade a milleiros de familiares de emigrantes. De aprobarse esta modificación lexislativa, tal e como prevén todos os partidos, non só o censo da diáspora galega aumentaría en moito a actual cifra de 516.000, senón tamén a de persoas inscritas no CERA e con dereito a voto, que na actualidade anda roldando as 450.000. A reforma impulsada no Senado multiplicaría o censo de residentes ausentes para as eleccións galegas ou estatais \"De saír a reforma adiante, practicamente toda a illa de Cuba podería pedir a nacionalidade\", explican a Praza.gal fontes expertas no censo electoral galego. A proposta tomada en consideración no Senado corrixiría diferentes discriminacións e ampliaría a posibilidade de adquirir a nacionalidade a milleiros de netos e netas de emigrantes, entre outros casos. Como paradoxo, mentres os descendentes da diáspora aumentarán o CERA, as persoas galegas emigradas --e empadroadas-- noutras partes do Estado seguirán sen poder votar nas eleccións en Galicia."}
{"ID": "NOS_53825", "summary": "A situación fixo que a opinión pública fose coñecedora das condicións de vida e laborais dos traballadores da industria cárnica, moitos temporeiros de Europa do Leste.", "text": "Polo menos 657 traballadores dun matadoiro de Gütersloh, no centro de Alemaña, deron positivo nas probas de coronavirus desde o comezo desta semana, converténdose así no principal foco da COVID-19, segundo os datos facilitados pola empresa nas últimas horas. As autoridades sanitarias da localidade de Gütersloh decretaron unha corentena para unhas 7.000 persoas, incluídas todas as que traballan no matadoiro. A produción na planta, situada na rexión de Westfalia, ficou temporalmente suspendida e o distrito de Gütersloh decidiu o feche de escolas e gardarías. O conselleiro do distrito, Sven-Georg Adenauer, sinalou que o matadoiro, que pertence ao grupo empresarial Tönnies, líder na industria cárnica alemá, permanecerá fechado de dez a catorce días polo brote. Adenauer afirmou que todos os afectados serán sometidos a test de coronavirus. As probas realizaranse por fases mais non se realizará un confinamento de toda a localidade malia que se superou o limiar dos 50 contaxios por cada 100.000 habitantes. O portavoz do grupo Tönnies, Andre Vielstaedte, pediu desculpas polo sucedido: \"Gostaría de pedir desculpas á poboación do distrito en nome da familia Tönnies. Faremos todo o que poidamos para sacar o virus da planta e pode volver traballar\". Situación dos temporeiros En Alemaña rexistráronse varios brotes de coronavirus en plantas cárnicas e en matadoiros. Esta situación fixo que a opinión pública fose coñecedora das condicións de vida e laborais dos traballadores da industria cárnica, moitos temporeiros de Europa do Leste. Tras se detectar en maio un brote nunha planta de procesamento de carne en Coesfeld, en Renania do Norte, o Goberno ordenou que as empresas do sector realizasen test diarios aos traballadores e a planta afectada clausurouse temporalmente. O ministro de Sanidade de Renania do Norte Westfalia, Karl-Josef Laumann, anunciou que todos os traballadores de matadoiros do Estado serán sometidos a probas de coronavirus para determinar se o brote é único ou se detectan máis focos. O xefe do equipo de pandemia de Tönnies culpou as condicións de frío nas plantas e as longas viaxes de volta dos empregados a Europa do Leste nas recentes vacacións de Pentecoste e de Corpus Christi."}
{"ID": "PRAZA_19164", "summary": "O goberno local acusa os socialistas de incumprir o pactado tras anunciar que os seus proxectos sumarían 14,5 millóns fronte aos menos de 2 que se acordaran. O alcalde xa iniciou os trámites para vincular a súa continuidade á aprobación das contas nun pleno da vindeira semana.", "text": "Quedou en nada. O goberno local da Marea Atlántica e o PSOE alcanzaran na pasada madrugada un preacordo para a aprobación dos orzamentos logo de meses de desencontros. A última hora da mañá deste xoves, o executivo municipal deuno por roto e acusou aos socialistas de incumprir o pactado. Sen agardar máis, o alcalde Xulio Ferreiro ordenou iniciar os trámites para a convocatoria dun pleno a vindeira semana na que aprobará a vinculación das contas a unha cuestión de confianza. De non saír adiante, a oposición ten un mes para mudar o goberno da cidade ou os presupostos recibirán o visto e prace automaticamente. O goberno da Marea acusa o PSOE de anunciar publicamente que os seus proxectos sumaban 14,5 millóns fronte aos 1,5 que se pactaran O executivo da Marea sitúa a razón principal para dar por roto o preacordo no anuncio que esta mañá fixo o concelleiro socialista, José Manuel García -ademais de en nota de prensa-, anunciando que o acordo estaba listo e que os proxectos do seu grupo incluídos nas contas sumaban un investimento de 14,5 millóns. Segundo fontes do goberno local, o pacto ao que chegaran situaba a cifra entre os 1,5 e os 2 millóns e non nos 13 máis aos que se referiu o PSOE poucas horas despois. Ademais, o goberno local tamén aclara que o preacordo incluía a posibilidade para o PSOE de propoñer tres concelleiros para supervisar e guiar os proxectos xunta ás concelleiros do executivo municipal, pero os socialistas achegaron catro nomes. Na nota de prensa que emitiu o grupo municipal socialista aclarábase que se alcanzara \"un acordo coa Marea Atlántica que ser recollen nuns vinte proxectos que suman 14,5 millóns de euros\". Desde a Marea, pola contra, insisten en que o gasto pactado non superaba os 2 millóns e que os proxectos eran o Clúster da Saúde, a Cidade da Música, o Distrito Mallos e o Apoio ao Emprendemento, Investigación e Transferencia Tecnolóxica. Con todo, e segundo fontes do executivo, sempre había posibilidades aumentar pequenas partidas pero nunca en tal cantidade, que insisten en que nunca foi aceptada nin moito menos pactada. O executivo local asegura que propuxo tres concelleiros do PSOE para guiar os proxectos e os socialistas achegaron catro Os nomes dos catro concelleiros que achegaba o PSOE eran Fito Ferreiro, Silvia Longueira, José Manuel García e Mar Barcón. O desta última -a ex secretaria xeral da agrupación coruñesa socialista e que dimitiu a pasada semana- era o que podía crear máis polémica, pero desde o goberno local nada se dixo expresamente sobre a ex-voceira do grupo. O que si saben, tanto no grupo de goberno como no socialista, é que dificilmente as bases da Marea Atlántica ratificarían en asemblea un acordo que incluíse unha edil con tan senlleiro protagonismo nos gobernos de Francisco Vázquez na cidade. Florencio Cardador, presidente da xestora da agrupación socialista, di estar disposto a que o PSOE volva negociar en calquera momento e pídelle á Marea que aclare que persoas non poden ser propostas para guiar os proxectos dos orzamentos. A inclusión de Barcón, que non é aceptada polas bases da Marea, supoñía un atranco máis Ante esta situación, Xulio Ferreiro decidiu acudir ao que se pode denominar como o botón vermello da política local. O artigo 197 da actual lei electoral outorga ás alcaldías a posibilidade de formular unha cuestión de confianza, isto é, de propiciar unha votación en pleno sobre a continuidade ou non do goberno ligada á aprobación de catro tipos de asuntos, un deles os orzamentos xerais do concello. Será o que faga o alcalde, como fixera o seu homólogo en Pontevedra non hai moito. A Marea Atlántica, nas redes sociais, advertiu que \"A Coruña non pode seguir agardando a que o PSOE amañe as súas cuestións internas\" logo de censurar que os socialistas \"amenceran rachando o pactado e non respectando as liñas do que faltaba por acordar\"."}
{"ID": "NOS_21994", "summary": "O curioso da figura de Fernández Varela é a aparente contradición entre unhas posicións políticas moi conservadoras –sospéitase que puido estar próximo ao carlismo– e un extraordinario labor de mecenado do que se beneficiaron, sobre todo, escritores e artistas que destacaron polas súas ideas liberais.", "text": "E n 1831, Gioachino Rossini tiña 39 anos e compuxera 39 óperas. Gozaba do maior dos éxitos que podía ter un compositor da época e era considerado o mellor autor lírico de Italia, que era como dicir do mundo todo. Dous anos antes estreárase en París Guillaume Tell e ninguén sospeitaba que aquela había ser a súa derradeira obra para o teatro musical: a partir daquela estrea, Rossini deixou de escribir música. O que algún critico bautizou como \"A Gran Renuncia\" foi motivo de especulación durante décadas. Heine comparábao con Shakespeare especulando coa idea de que ambos eran conscientes de que acadaran o cénit da súa produción e, en consecuencia, preferiron retirarse na cúspide. Outros, opinan que foi a súa fráxil saúde a que o obrigou a abandonar a composición. En todo caso, Rossini deixara a música. Mais en 1831 o autor de O barbeiro de Sevilla estaba en Madrid e alí coñeceu un clérigo galego, o ferrolán Manuel Fernández Varela, unha figura esquecida que, malia ter caído hoxe no esquecemento, foi un personaxe realmente peculiar da sociedade da altura. Fernández Varela estudou na Pobra do Caramiñal –onde se trasladara a súa familia– e no Colexio Maior de Fonseca de Compostela. A partir de aí, desenvolveu unha brillante carreira como teólogo e cortesán, que o levou a Madrid a desempeñar o posto de arcediago, e a ser un dos oradores máis célebres da época. O caso é que a Fernández Varela debémoslle unha das pezas de música sacra máis fermosas da época moderna: o Stabat Mater de Rossini O curioso da figura de Fernández Varela é a aparente contradición entre unhas posicións políticas moi conservadoras –sospéitase que puido estar próximo ao carlismo– e un extraordinario labor de mecenado do que se beneficiaron, sobre todo, escritores e artistas que destacaron polas súas ideas liberais. Pérez Galdós escribe del, na súa novela Los apostólicos, que \"protexeu a moita e diversa xente, distinguindo especialmente aos seus paisanos os galegos\". Nicomedes Pastor Díaz –un dos que Murguía chamou \"os Precursores\" e que ía escribir o prólogo de Cantares Gallegos cando a morte o sorprendeu– foi un deses protexidos. Larra ou Espronceda foron outros dos favorecidos. O caso é que a Fernández Varela debémoslle unha das pezas de música sacra máis fermosas da época moderna: o Stabat Mater de Rossini. Cando soubo que o compositor estaba en Madrid, apresurouse a agasallalo como hóspede e, malia a renuncia do italiano a seguir compoñendo, logrou que se comprometese a escribir esta peza. Os biógrafos de Rossini amósanse perplexos ante a aceptación desta encomenda nunha época na que nin a súa saúde nin o seu estado anímico permitían prever a continuidade da súa obra. E a perplexidade duplícase ao pensarmos que, até ese momento, o compositor nunca sentira o máis mínimo interese pola música sacra. Que foi o que o convenceu para romper o seu silencio? Non o sabemos, mais a novela de Galdós dá algunha pista. É sabido que Rossini era un exquisito gourmand que mesmo chegou a darlle nome aos pratos à la Rossini, os preparados con fígado de ganso e trufas. E segundo testemuñas da época, na casa do ferrolán \"comíase mellor que en ningunha outra\". Conta Galdós que nunha ocasión Rossini foi invitado a comer o mesmo día á casa de Fernández Varela e á dun \"grande de España\". Rossini decidiu acudir á do primeiro. Cando lle preguntaron a causa desta preferencia contestou: \"En ningunha parte se come mellor que na casa dos curas\"."}
{"ID": "PRAZA_1038", "summary": "Visitar Barcelona é sempre unha mantenza cultural e social. Se a visita coincide co Sant Jordi, o entusiasmo é contaxioso.", "text": "Visitar Barcelona é sempre unha mantenza cultural e social. Se a visita coincide co Sant Jordi, o entusiasmo é contaxioso. A Praza de Cataluña, ramblas e carrés enchidas de casetas con libros, e unha multitude con cadansúa rosa vermella e ollada curiosa, pescudando un exemplar dese obxecto de pracer, que non se adquire nun sexshop, senón nunha libraría. Ver tanta xente nova facendo longas quendas para conseguir unha sinatura da ou do novelista ou poeta da súa preferencia ou espazos na rúa onde se le, se recita ou se fala de literatura indica que o lecer non acaba. Apenas podemos circular entre tantas rosas e tantos libros nos que se abre paso a alegría dun pobo que le e fala na súa lingua con normalidade e responde noutras dun xeito afable e xentil. Xa quixeran en Cataluña ter unha lingua universal como a nosa! Aquí só valoramos \"o noso\", enxebre, íntimo. Lingua para o sentimento. As autoridades, xordas ás críticas, determinaron festivo O Día das Letras Galegas, para que a cidadanía folgue nas praias e aldeas, en lugar de mergullarse en libros e compralos, descubrir historias, metáforas e un sen fin de florecementos creativos, con camelias, mimosas e outros galanos afectivos. Afastan á cidadanía dos libros e do recoñecemento do valor da propia cultura. De cultura sigo falando. Entre as exposicións que puiden ver destaco unha do Macba, A herencia inmaterial. Ensaiando desde a colección, nome do título do libro de Giovanni Levi, que percorre a arte dos 70 a comezos dos 90, enxergando a microhistoria. Magnífica mostra dunha humanidade simbólica. En fotografía cómpre destacar a denominada A tentación de existir con imaxes do magnífico sueco CHR, Christer Strömholm (1918-2002), vagabundo con cámara en Francia, España, Xapón e EEUU, e director da escola de fotografía Fotoskolan en Estocolmo do 62 ao 74. As fotos que formaban a exposición pertencían á súa serie As amigas da Place Blanche preto de Pigalle, en Paris do 1959 ao 1968, anos que convive cos \"paxaros da noite\", os trans, sexo inquietante, prostitución, vidas transgresoras, imaxes en branco e negro. Na mesma exposición ofrece fotos desapiadadas, Anders Petersen ( Estocolmo 1944), outro sueco que retrata a xente, prostituída, vagabunda, que fai dun local de Hamburgo, Café Lehmitz, o fogar provisional, onde, entre a sordidez, o sexo, o alcohol, a violencia, agroma a amizade e o amor enchido de patetismo. Máis delicadas e discretas son as fotos da fermosa actriz Jessica Lange, que segundo di só pretenden facer visible o movemento da nada. Case nada. Destacan as fotos infantís e as do seu paseo por México. Non debo esquecer unha exposición de arquitectura vangardista, un deseño liso, claro, limpo, para unha existencia diáfana, obxectos nítidos e útiles e un water como un trono cubista chamado Lagares, nome do río que rega parroquias de Vigo e vai morrer á praia de Samil."}
{"ID": "NOS_5439", "summary": "Xa nunha nova campaña despois da vaga de ameazas que comezou a semana pasada, as candidaturas do bloque progresista buscan activar ao electorado que aínda non ten definido o seu voto á vez que desenvolven un cordón sanitario contra a extrema dereita, que confía en gobernar xunto ao Partido Popular.", "text": "Mañá féchase o prazo para a publicación de enquisas das eleccións do 4 de maio na Comunidade de Madrid, que amosan un escenario aínda aberto tanto para o bloque progresista como para a posibilidade de repetición dun acordo entre PP e Vox, do que desta ocasión ficaría excluído Ciudadanos, que non conseguiría o superar o 5% de voto mínimo para poder acceder a Asemblea de Madrid, segundo case todas as enquisas. Esta campaña, que remata o vindeiro domingo, está marcada polas ameazas recibidas hai unha semana por Pablo Iglesias, ex vicepresidente do Goberno do Estado e candidato de Unidas Podemos á presidencia rexional; Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior; e María Gámez, directora da Garda Civil. Estas cartas con balas no seu interior remataron cos debates de campaña despois de ter apoiado Ángel Gabilondo e Mónica García, candidatas do PSOE e Más Madrid respectivamente, a Pablo Iglesias no debate realizado na Cadena Ser, onde Rocío Monasterio, candidata de Vox, non quixo solidarizarse co candidato de Unidas Podemos, e mesmo cuestionou as ameazas. Este modus operandi da extrema dereita, apoiado cunha campaña de desinformación dirixida a Pablo Iglesias e o Goberno do Estado, derivou nun proceso electoral atípico, no que a ausencia de debates e as restricións derivadas da Covid-19 convertérono nunha sucesión de declaracións intercaladas coas condenas pola vaga de ameazas vía postal ao longo da campaña. O día seguinte de facerse públicas as primeiras ameazas era Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo, quen recibía unha misiva cunha navalla con pingas de sangue. Ese mesmo día detíñase ao autor, un veciño do Escorial (Madrid) que puxera o seu nome e enderezo real no paquete coas ameazas á ministra. Esta cuarta feira, detectáronse dúas novas cartas, unha dirixida a Isabel Díaz Ayuso e outra a nome de Gámez, directora da Garda Civil. Hoxe foi ao ex presidente do Estado, José Luis Rodríguez Zapatero, a quen se dirixía outra misiva con balas. Mónica García: 'Ayuso ten que ir dopada de ultradereita para gañar' A cinco días do remate da campaña electoral, o bloque progresista trata de mobilizar ao seu electorado. Mónica García, de Más Madrid, que segundo algunha das últimas sondaxes publicadas estaría preto de superar ao candidato do PSOE, atacou o posible pacto entre PP e Vox e advertiu que \"nos enfrontamos a un goberno aínda máis escuro do que foron os gobernos do PP\". Pola súa banda, Gabilondo quixo marcar espazo con Unidas Podemos, e resolveu que en ningún momento se comprometeu a integralo nun goberno alternativo ao do PP con Vox, \"eu falei dun apoio, non falei doutra cousa\" defendeu. Mentres, Iglesias denunciou a infiltración da extrema dereita no sistema de Xustiza, na Policía e na Garda Civil, e destacou que a súa formación condena os atentados persoais se dirixan a quen se dirixan."}
{"ID": "NOS_52014", "summary": "O Sorriso de Daniel, un dos colectivos máis activos en defensa do patrimonio galego, advirte das debilidades da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e pregúntase até que punto o feito de aspiraren á mesma declaración os museos do Prado, o Raíña Sofía e o Thyssen Bornemisza, os tres en Madrid, puideron influír na decisión do Goberno español e do galego á hora de retirar o nomeamento da zona que comprende as ribeiras dos ríos Cabe, Sil e Miño.", "text": "A pasada quinta feira coñecíase que o Goberno estatal e o galego acordaban aprazar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Na mañá da sexta feira, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicaba, en resposta ás preguntas dos medios, que a decisión se adoptara por \"prudencia\" e \"responsabilidade\", así como \"para alcanzar o éxito da mesma\". Escudábase en que o informe técnico requiriu \"melloras\" nas exposicións de aspectos básicos en relación á incidencia dos encoros na paisaxe e a sacralidade da zona, dado que foi un espazo desamortizado. \"Son cuestións que se van corrixir, pero por prudencia parecíanos máis lóxico aprazar un pouco a declaración última\", afirmou o titular de Cultura, que insistiu en que é unha decisión \"bastante normal nestes expedientes\". Porén, colectivos que promoven a difusión e o coidado do patrimonio galego, como O Sorriso de Daniel, poñen en dúbida a argumentación. De feito, a pasada quinta feira emitía un comunicado no que advertía da posíbel relación entre a retirada da candidatura da Ribeira Sacra para \"despexar\" o camiño aos museos do Prado, o Raíña Sofía e o Thyssen, os tres localizados en Madrid. \"O Goberno de España (e a Xunta da Galiza se é que son sabedores tamén) debería aclarar até que punto non interferiu nesta decisión de retirar a candidatura o feito de que coincidise en tempo coa dos Museos madrileños de El Prado, Reina Sofia e Thyssen Bornemisza e que a retirada da Ribeira Sacra lle deixa o camiño mais despexado para estoutra candidatura\", salientou a asociación. Unha soa candidatura do Estado español A tese do colectivo refórzase coas declaracións realizadas aos medios de comunicación na sexta feira por Román Rodríguez, que informaba de que \"hai unha tradición\" pola que o Estado español só presenta unha candidatura anual e apuntaba que este ano decorrerán dous comités da Unesco, despois de que o pasado ano non tivera lugar ningún debido á pandemia. A Consellaría tombou as máis de 60 alegacións á declaración da Ribeira Sacra como BIC O Sorriso de Daniel participou activamente, con numerosas actividades, na visibilización da candidatura da Ribeira Sacra e achegou máis de 60 alegacións á declaracion como Ben de Interese Cultural deste espazo, que comprende as ribeiras do río Cabe, do Sil e do Miño. Porén, a Consellaría de Cultura tombou as reclamacións da entidade, que pedía que se ampliase o BIC. \"Estivemos sempre a disposición da consellaría para colaborar\", sinalan no comunicado, \"non podemos menos que manifestar de novo que unha das debilidades da candidatura era a falta de visibilización da implicación cidadá\". Neste sentido, O Sorriso de Daniel acusa a Consellería de \"virar as costas ás organizacións que traballabamos nese territorio\". \"Demostrouse que as poucas convocatorias que tivemos reducíronse a unha mera campaña de maquillaxe na que non houbo nunca escoita activa por parte da Consellería e que isto foi en detrimento da candidatura\", opina a asociación, que empraza a Xunta da Galiza e ao Goberno estatal a \"marcar unha data de reinicio de traballos cun horizonte próximo para saber en que momento se volverá presentar\". Erros na candidatura O Sorriso de Daniel, que considera que os erros na candidatura son \"manifestos\", considera que o feito de que se chegase ao mes de xuño -un mes antes da avaliación final- con discrepancias no informe \"visibiliza que as axendas de tramitación non estaban ben marcadas e que a Consellería de Cultura, impulsora da candidatura, debería facer unha profunda autocrítica para saber cales foron as razóns para chegar a esta situación e quen son os responsábeis últimos\". Na mesma liña, afirma que o traballo foi \"incompleto e falto de rigor\" e que merecía \"o maior dos esforzos\". Tramitouse, denuncia a entidade, \"como un expediente máis, sen prestarlle a importancia que se lle debía dar\"."}
{"ID": "NOS_55038", "summary": "Foi ela, Bélxica Adela Mirabal Reyes, a encarregada de recibir os cadáveres das tres mulleres e de desmantelar as pretensións da ditadura, quen quixo facer pasar os asasinatos por un accidente informando á imprensa de que \"tres irmás morren ao se precipitar o seu Jeep ao abismo\". Dedé difundiu a memoria das Bolboretas.", "text": "Bélgica Adela Mirabal Reyes, Dedé, a única das irmás Mirabal que sobreviviu á ditadura do xeneral Trujillo na República Dominicana, faleceu este 2 de febreiro após varios días ingresada por unha doenza respiratoria. Dedé tiña 88 anos e desde o 25 de novembro de 1960, cando recolleu os cadáveres das súas irmás asasinadas, dedicou cada un deles a desmantelar as pretensións da ditadura, quen transladou ao pobo dominicano e á imprensa a nova de que Patria, Minerva e María Teresa Mirabal faleceran a consecuencia dun sinistro de tránsito cando viñan de visitar os seus compañeiros, encarcerados por Trujillo, e \"o seu Jeep precipitouse ao abismo\". A cuarta das irmás Mirabal, Dedé, quen non tivera un papel activo na loita contra a ditadura, foi a encarregada de manter viva a memoria das irmás e dignificar os seus nomes. Foi a encarregada de deixar claro que a \"tráxica morte\" descrita por Trujillo fora en realidade un asasinato perpetrado após seren represaliadas, torturadas e violadas. A elas vai dedicado o 25 de Novembro, cando o mundo conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Cando Bélgica Adela recibiu os corpos das súas irmás dirixiuse á policía, partiulles unha cámara para que non lles fixeran fotos e percorreu o camiño desde o hospital até o cemiterio berrando \"Asasinos!\". 25 anos despois morreu a súa nai e Dedé decidiu destinar a casa en que moraba a facer un museo, o Museo Irmáns Mirabal. En cada visita e namentres a súa saúde llo permitiu, contou unha e outra vez a historia das Bolboretas."}
{"ID": "NOS_4938", "summary": "Comités, Liga e Agir enfatizan que a participación do estudantado foi maior que na última convocatoria, o 24 de Outubro de 2013.", "text": "Un seguimento do 75%. É o balanzo que fan as organizacións estudantís convocantes (Comités, Liga e Agir) da participación que o alumnado chamado á folga tivo neste 20-F, máis unha xornada de loita contra a xa coñecida coma Lei da Wergoña. Aseguran que esta primeira greve do ano foi \"un éxito\" e que a chamada ás rúas foi secundada dunha maneira máis contundente que a derradeira de 2013, realizada o 24 de Outubro. Xa no concreto, as máis concorridas foron as mobilizacións que percorreron as cidades de Vigo e Compostela, onde as organizacións contabilizaron 2.000 manifestantes. En Pontevedra e na Coruña foron por volta dun milleiro @s que rexeitaron a Lomce asistindo aos protestos; e en Lugo e Ferrol as cifras falan de 500 persoas. Son algúns dos dados de participación, mais cómpre lembrar que foron en total 20 as marchas en que o estudantado galego respostou, máis unha vez, contra a Lomce."}
{"ID": "QUEPASA_447", "summary": "As xuntanzas quedan limitadas a un máximo de 10 persoas en toda Galicia", "text": "A Xunta vén de anunciar a limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. As medidas foron publicadas no DOG de hoxe e faranse efectivas dende as 0:00h desde este xoves.Cifras Este martes facíamos balance da situación na Costa da Morte, onde quedan só 3 concellos en alerta nivel 2 ou 1.Hoxe hai algunha variación. Se ben Laracha mantén de nivel 2 de alerta (con entre 14 e 21 casos activos), e Muros o nivel 1 (entre 7 e 14), Carballo baixa ao nivel 0. Porén, sobe a incidencia en Coristanco e Malpica, que pasan ao nivel 1, tendo entre 7 e 14 casos activos. Ademais, segue habendo unha soa persoa hospitalizada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (e ningunha en Coidados Intensivos). Cifras a nivel Galicia"}
{"ID": "NOS_38316", "summary": "Ministerio de Defensa asegura que persoal do Exército localizou en varias residencias de maiores de diferentes puntos do Estado a anciáns que compartían espazo con cadáveres.", "text": "Persoas maiores \"convivindo\" con cadáveres nun mesmo espazo. Isto é o que se atopou o Exército en varias residencias de diferentes territorios do Estado, según relatan fontes do Ministerio de Defensa. \"O exército puido ver maiores, absolutamente abandonados cando non mortos nas súas camas\", apuntou a Ministra de Defensa, Margarita Robles, en declaracións a medios españois. \"Imos ser absolutamente implacábeis e contundentes no trato que se dea aos maiores nesas residencias\", dixo. Segundo estas fontes, a Fiscalía Xeral do Estado vai involucrarse no asunto e \"o peso da lei\" caerá sobre os responsábeis destes centros de maiores. Os medios recollén que o Exército deu con \"escenas durísimas\" que están a soportas as usuarias destas residencias de maiores. Defensa desbotou nomear en que residencias se deron estas situacións, mais si que indicou que atoparon cadáveres en varias residencias, nas que parte do persoal se deu de baixa co inicio da pandemia. As Forzas Armadas reforzaron a súa presencia nas residencias de ancianos na fin de semana e desde onte o Exército pode actuar en calquera centro de maiores do Estado da forma que sexa precisa."}
{"ID": "NOS_21668", "summary": "O Consello da Xunta vén de asinar a sentenza de morte á atención sanitaria nas comarcas de Monforte e A Mariña.", "text": "Se no mes de agosto aproveitaba a súa última xuntanza antes das vacacións para aprobar o anteproxecto de reforma de Lei da Saúde de Galiza, nesta ocasión escolleu a reunión fixada en plena ponte de decembro para darlle luz verde ao proxecto, co que fica aprobada a supresión das áreas sanitarias da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés. As datas escollidas para o impulso da nova normativa e a urxencia coa que se está a levar adiante a súa tramitación responden á vontade do Partido Popular de separar o conflito das eleccións municipais e tentar coller desmobilizada a poboación destas dúas zonas que de xeito masivo e reiterado se está a mobilizar contra as graves consecuencias da reforma. A Mariña e Monforte ferven. O propio día da aprobación do decreto eras os veciños de Viveiro quen se concentraban diante da casa do concello para facer público o seu rexeitamento a esta decisión. Ao tempo, a Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña respondeu cunha caravana de coches, onde segundo os convocantes participaron máis de 100 vehículos e 300 persoas, que percorreu o sábado 9 os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro e Xove e que terá continuidade na vindeira fin de semana noutros concellos da comarca. Así é todo, a entidade está á agarda dunha próxima reunión para definir novas accións de protesta, ao igual que a súa homóloga do Val de Lemos, convocada para unha xuntanza o 15 de decembro, en que tamén o previsíbel é que se acorden propostas de mobilización. As previsíbeis medidas de protesta darán continuidade ás concentracións que desde o mes de agosto se suceden todas as cuartas feiras diante dos centros de saúde das zonas afectadas. A dependencia orgánica do Hospital de Lugo dos centros de Burela e Monforte implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela e Monforte As consecuencias da centralización sanitaria xa se viña percibindo na Mariña e Monforte na forma de perdas de servizos. Así, nos últimos tempos comezouse a derivar a Lugo desde Burela a implantación de marcapasos e inclusive o cambio de pilas dos mesmos, os partos de prematuros ou os múltiples, malia contar o Hospital da Costa con unidade de prematuros, a maioría das operacións de cataratas, hernias ou fimose, e as cirurxías programadas de traumatoloxía. Outro tanto acontece para o caso de Monforte, hospital comarcal que tamén está a sufrir a perda de servizos que tradicionalmente se prestaban no mesmo. Ao tempo, outro servizo tamén privatizado, como o de citas previas, advirte os doentes da Mariña e da Ribeira Sacra que -no caso de non acudir ás citas na privada- as súas intervencións ou consultas serán retrasadas, sendo situados ao final das listas de agarda. A supresión das áreas sanitarias da Mariña e de Monforte de Lemos resulta claramente prexudicial para o conxunto da poboación da provincia de Lugo e, de xeito moi particular, para as perto de 80.000 persoas adscritas á área sanitaria da Mariña e as máis de 50.000 que fan parte da de Monforte. A dependencia orgánica do Hospital de Lugo dos centros de Burela e Monforte implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela e Monforte, ben como desprazamentos constantes da poboación da Mariña e da Ribeira Sacra, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe, a Lugo para realizar probas e consultas que até agora realizaban nas súas comarcas. O novo modelo provocaría tamén graves efectos para os residentes da área sanitaria de Lugo, sendo que ocasionaría unha masificación no seu hospital de referencia, aspecto ese que beneficiará sen dúbida algunha os centros privados de Lugo ao aumentar o número de usuarios derivados da pública."}
{"ID": "NOS_1654", "summary": "Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta cuarta feira, achégase en Nós Diario á figura de Luís Trigo Chao \"O Gardarríos\".", "text": "Non é a primeira vez que se ten ocupado da figura do \"Gardarríos\", de onde lle ven ese interese polo personaxe? \"O Gardarrios\" é unha figura moi viva para moitas xeracións de mariñaos. Eu crieime escoitando as súas historias na miña casa. Sen ir máis lonxe, meu pai cando era cativo xogaba cos amigos ao \"Gardarríos\" e a Garda Civil e dicíame que todos os nenos querían ser \"O Gardarríos\". Este xogo era moi habitual na Mariña dos anos 40, tanto é así que o propio Antón Moreda, futuro secretario xeral do Consello da Mocidade, lembraba xogar ao mesmo, neste caso en San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros. Supoño que isto marcoume para que fai máis de 25 anos comezara a gravar a xente que colaborou como enlace con \"Gardarríos\" e que mesmo naquela altura promovera canda outros compañeiros a primeira homenaxe pública organizada ao guerrilleiro na Galiza, onde tomaran a palabra Bernardo Maiz e unha filla do guerrilleiro. A día de hoxe \"O Gardarríos\" continúa moi presente na memoria dos mariñaos. Concretamente, en 2018, coincidindo co 70 aniversario do seu asasinato, organizouse unha homenaxe en Mondoñedo e Lourenzá e colocouse un monólito na súa tumba para lembralo. Por aqueles actos pasaron máis de 500 persoas da Mariña de todas as idades e o mesmo contou co apoio de todos os grupos políticos das corporacións de Lourenzá e Mondoñedo. Penso que iso é un bo exemplo do que segue significando e representando. En definitiva, aínda a día de hoxe \"O Gardarríos\" é o home mito da guerrilla mariñá. No seu traballo céntrase na etapa clandestina de Trigo e do grupo de guerrilleiros socialistas organizados ao seu arredor, porén que sabemos dos seus primeiros compromisos políticos? \"O Gardarríos\" é outro galego que toma conciencia política na emigración. Malia nacer nun fogar republicano, seu avó fora concelleiro republicano federal durante a I República e o pai continuara a militancia nas mesmas filas durante a I Restauración, a súa estadía na illa de Cuba foi decisiva Alí tomou contacto primeiramente co movemento sindical, concretamente coa asociación dos traballadores da madeira de Santiago de Cuba, e posteriormente co marxismo. Un exemplo disto, atopámolo nos libros da súa casa familiar de Cabanas, no actual termo municipal do Vicedo, onde as fillas e a compañeira conservaron, malia a represión, publicacións diversas dese período, como un traballo biográfico sobre Sacco e Vanzetti. \"Trigo foi presidente do PSOE de Mondoñedo entre 1931 e 1936\" Luís Trigo \"O Gardarríos\" foi un dos impulsores do movemento socialista na comarca de Mondoñedo, que destacaría desta etapa da súa vida? A comezo de abril de 1931 xa participou na constitución formal da agrupación socialista da localidade, herdeira dos antigos núcleos uxetistas que operaron na cidade a comezos da década dos 20 e presidida polo destacado escultor e tallista Xaquín Ares, que escapara de Barcelona após a semana tráxica fuxindo da represión. Porén, a finais de 1931 Trigo foi elixido presidente da agrupación local do partido, mandándose ininterrompidamente no cargo até xullo de 1936, despregando unha intensa actividade que rematará por consolidar un núcleo de 32 afiliados, nunha realidade política complicada polo fortaleza das forzas da dereita e o peso de Izquierda Republicana no espazo democrático. Ao tempo, destacou como cadro da UGT, moi particularmente da súa Federación de traballadores da terra, que chegou a organizar a 400 persoas, favorecida pola ascendencia no ámbito agrario de persoas como Emilio González Valoría \"O Purrelo\", reputado albeitar, ou do propio Trigo, persoa considerada e querida pola súa profesión de gardarríos. Como definiría no ideolóxico a Luís Trigo e que destacaría das súas preocupacións neste ámbito? A súa posición ideolóxica situábase na esquerda do Partido Socialista, partillando as teses de Largo Caballero. Isto é sinalado polo propio Trigo en diversas resolución asinadas como presidente da agrupación socialista de Mondoñedo nos momentos previos á revolución de 1934. El mesmo foi detido e procesado por participar nestes feitos, ao igual que outras persoas que xogaron anos máis tarde un papel de destaque na guerrilla mariñá como José Temblás. E este compromiso socialista mantívoo até o final, mesmo mantendo unhas relacións moi conflitivas cos guerrilleiros ligados ao Partido Comunista e seguindo participando das estruturas clandestinas do PSOE na Mariña até a súa morte. Tanto é así, que a caída de Trigo provoca a destrución das diversas agrupacións coas que contaba o PSOE na comarca, xa que a práctica totalidade dos seus militantes actuaban como enlaces. De todos xeitos, os escritos publicados por Trigo con anterioridade a 1936 nas publicación socialistas da Mariña, sobre todo en El Momento de Viveiro, permítenos coñecer de xeito bastante preciso o seu pensamento. A defensa do amor libre e do naturismo, o combate ao clericalismo, a análise e divulgación de temas de filosofía marxista como a ditadura do proletariado, a crítica ás limitacións do marco legal republicano para pór en marcha mudanzas estruturais ou a posta en valor da militancia, foron algunhas das súas preocupacións. \"A contrapartida de Morado foi a máis temida e cruel da Mariña\" Remata o seu traballo debuxando as causas da súa caída e o aparello represivo contra a guerrilla na comarca? Penso que é urxente estudar e analizar o funcionamento dos corpos represivos na loita guerrilleira e, moi particularmente, da \"brigadilla\" e das \"contrapartidas\", algo do que sabemos moi pouco na Galiza e resulta chave para explicar o fin da resistencia armada. No caso concreto do \"Gardarríos\" a súa caída é resultado dunha actuación da \"brigadilla\" que consegue infiltrarse na súa rede de enlaces e a partir de aí preparar a acción que rematou coa súa morte e a da súa compañeira Antonio Díaz Neste caso destaca a labor de dous profesionais do terror. A unha banda, o policía Sebastián Fernández, membro da brigada criminal de Madrid e que mesmo levara adiante as negociacións con diferentes membros da guerrilla de Trigo para pór fin á resistencia armada. Noutra banda, Antonio Morado Rico, un garda civil que actuou contra a guerrilla no País Valenciá, en Asturias e diversas comarcas da Galiza. A contrapartida de Morado foi a máis temida e cruel da Mariña, como demostra as referencias á mesma na prensa do exilio ou mesmo na información procedente das causa militares."}
{"ID": "NOS_25441", "summary": "Conversamos con Pablo Carracedo, guitarra e voz de Nao arredor do novo disco publicado pola banda, Cancións de amor e liberdade. Vídeo no interior", "text": "Após a presentación do seu último traballo, Cancións de amor e liberdade, veñen de facer público o seu último videoclip Nova poesía galega II; unha canción que explora novos sons mais que mantén a identidade dunha das bandas de rock máis consolidadas do país. Da súa traxectoria salientan o grande protagonismo d@s seareir@s. \"Se non fose grazas ás persoas que nos seguen non teriamos feito nada\". Cancións de amor e liberdade é o título do voso novo disco. Como encarades esta nova etapa na que ti, asemade, pos a voz a Nao?Estamos moi satisfeitos. Levamos xirando desde o mes de marzo. Sabemos que o cambio que demos a nivel de banda foi máis que beneficioso. Coidamos que é a formación ideal. Nos últimos días presentamos o último videoclip e estamos con gañas de parar [ri] pois desde que entramos no estudo de gravación non paramos e seguen a saír cousas. Queremos tomar un descanso e quizais volver a entrar en estudo. Como está a ser a acollida d@s fans?A acollida é moi boa. Na música a nivel galego ou tés fans ou tés padriños e nós, afortunadamente, temos o primeiro. Neste senso, se non fose grazas ás persoas que nos seguen non teriamos feito nada, moito menos nesta última etapa. Desde podermos publicar este disco, a través dunha inciativa de crowdfunding, até levarnos voando dun lado a outro pois séguennos a todas partes e están moi pendentes de todo o que imos sacando. Por exemplo, co último vídeo foi unha loucura. O primeiro día que o penduramos na rede superamos as 1.000 visitas e fixeron ferver o Facebook e o Twitter. Novo disco mais coa mesma combatividade de sempre. Non é tempo para ficar calad@s, non si? Somos unha banda que está feita para crear e axitar conciencias. Entendemos que agora é máis necesario que nunca, dunha banda, reafirmármonos no noso a nivel cultural e nacional e, doutra, para combater e dar argumentos á xente contra estas políticas. Chámanlle dun xeito cando queren dicir outro; chámanlle resgate cando realmente é un roubo. Criticamos moitas cousas embora tamén deixamos espazo para que a xente interprete. O noso obxectivo é camiñarmos cara á unha sociedade máis libre e máis xusta. Mesmo parafraseades a obra de Paulo Freire en Pedagoxía do opresor... É esta unha boa definición da LOMCE?Por suposto. A dereita máis rancia, española, leva querendo introducir unha lei educativa discriminadora xa desde antes da LOMCE. Forma parte do seu ideario político, clasista, que procura que o ensino separe as clases [sociais] e converta ao alumnado non cualificado en man de obra barata que lle sexa máis doada de explotar e manipular. Entendemos que a escola non debe ser iso. Galiza debe ter unha escola pública, galega, laica, gratuíta e de calidade, que forme persoas con conciencia crítica, libres, que os dote dos recursos suficientes para construír unha sociedade mellor. Pedagoxía do opresor fala de todo isto, do ensino privado e de moitas outras cousas. Parafraseamos a Paulo Freire porque de aí nos vén esa idea mais que non é algo que diga Nao senón que o leva reivindicando moita xente desde hai moitos anos. Como foi a experiencia de gravar os dous vídeos con ZIWA?Foi moi boa e doada grazas á ZIWA. Son xente nova da Coruña que están comezando mais que demostran unha calidade que se saen da mediocridade á que nos teñen acostumados neste país. O primeiro vídeo, Heroes da resistencia gravámolo no prazo dunha semana e no último [Nova poesía galega II] optámos por eles de novo e foi unha pasada. Queriamos un vídeo máis sobrio, con máis medios e eles apostaron polo mesmo que nós. Temos moitas ideas en común. Falando de Heroes da resistencia. É unha lembranza ou unha fotografía do presente?[Ri]. Un pouco de todo, as dúas cousas. Hai quen nos di que é un tema xeracional e coido que non se equivocan. Os que pasamos dos 30 e mesmo os que pasan dos 40 séntense moi reflectidos. Vense como nun espello nesa letra. Será o tempo que nos tocou vivir. De todas maneiras coidamos que está de plena actualidade. En Galiza toca resistir. Resistimos a Fraga [ri] durante moitísimos anos e agora tócanos resistir á bandada de neocons que nos gobernar. O señor Feijóo, Rueda e compañía. Tamén explorades novos sons con Nova poesía galega I e II...Cremos que a banda estivo evolucionando. Na maqueta fixemos rap metal. No segundo disco comezamos a introducir cancións melódicas. En Coas túas mans introducimos máis melodía e xa neste [Cancións de amor e liberdade] rachamos coa etapa anterior e xa atopa máis sentido a música que facemos. Nova poesía galega I e II resume a nivel musical e nos textos o que queremos dicer con este disco. A verdade é que fai unha evolución mais quen escoita Nao sabe que somos unha banda con personalidade propia e ao escoitar un tema sabe perfectamente que somos nós. Verémosvos proximamente no Castañazo Rock en Chantada...Estamos encantados de tocar en Chantada. De feito, no propio disco colaboran os rapaces do IES en Pedagoxía do opresor metendo os coros. Nós sempre gostamos de tocar en calquera festival do país e de fóra máis, como neste caso, cando se aposta polo rock e por Nao. Iremos alí a dar todo o mellor que temos."}
{"ID": "NOS_4853", "summary": "Con 10 anos, Ana Fernández iníciase no folclore na Asociación Cultural Rosalía de Castro de Padrón. Recentemente, formouse como musicoterapeuta e educadora en igualdade, promovendo a \"folkterapia\" en distintas asociacións de mulleres. Ademais, forma parte da iniciativa Somos Pandereteiras.", "text": "Por que decidiu formarse como musicoterapeuta? Eu traballo en asociacións culturais desde hai moito tempo. Dentro da dinámica dos grupos folclóricos, preparaba coreografías para actuacións ou concertos e hai veces nas que se perde o desfrute e nas que se ve estrés. Non pode ser que se produza tal competitividade e tensión, pois o baile non é iso. Ademais, vexo que, a nivel folclórico, están moi asentadas as desigualdades e os estereotipos. Para min, a música e o baile é algo no que podes traballar de todo, é transversal. Entón, comecei a investigar un pouco sobre como levalo doutra maneira, buscar outras ferramentas. Empecei a traballar con asociacións de mulleres onde o resultado non ten esa importancia. Ao mellor hai días nos que non tocamos, simplemente falamos. Outros sacamos un tema, cantamos e logo acabamos bailando ou facemos xogo. O máis importante é que saen de alí moi contentas, din que é como unha terapia. Aí é cando penso que temos que ver como terapia algo que é natural... Reflexionamos moito sobre isto. Coas nenas nos grupos folclóricos tamén baixei o ritmo, sempre apoiada polas directivas coas que traballo, e céntrome no colectivo. Que compartan e que creen xuntas. Fan as súas propias letras e bailes. Non todo ten que ser o que lles ensine eu, teñen que ser elas tamén, sentirse parte disto e non simplemente recibir e botalo enriba dun escenario. Que lles sexa un lugar seguro e de aprendizaxe no que se sintan cómodas. En que consiste a 'folkterapia'? Foi un termo que inventei eu para pórlle un nome, para quitarlle peso á clase e que as alumnas non tivesen esa carga cando algo non saíse ben. Construín esa idea da \"folkterapia\", unha terapia arredor do noso folclore, da pandeireta, das nosas cancións e todo o relacionado con el. En realidade, non é nada novo, simplemente serve para quitarlle esa carga de \"clases de pandeireta\", para que vexan que facemos outras cousas e que non é unha actividade estrita. A música e o baile son unha terapia que tiñamos e que nos foi quitando esta forma de vida capitalista. Antes, a xente cantaba e bailaba cando tiñan ocasión, ben sexa traballando, camiñando... Era unha forma de levar mellor os e quefaceres e un xeito de expresar o que estaba pasando, sentimentos, emocións... Porén, todo iso foise perdendo. Pasou a facerse de maneira artificial, no sentido de que hoxe en día cantas porque vas á escola ou a un concerto. Non vexo xente na aldea que pasee e vaia cantando ou que se xunten nas eiras a facelo. Dentro de Somos Pandereteiras, desenvolvéronse varios obradoiros en institutos. En que consistiron? Foi unha das cousas que decidimos pór en marcha, achegarnos á xente máis nova. Tivemos dúbidas sobre que idades abarcar, pero escollemos a ESO porque chegamos á conclusión de que, a partir de aí, é cando comezan a desconectar co folclore. Quizais senten máis vergonza ou reciben comentarios negativos sobre algo que forma parte da súa identidade, como \"iso é cousa de vellos\". A idea era mostrarlles outra forma de velo a través dos obradoiros. Cada unha das compañeiras preparaba o seu taller e, no meu caso, consistía en ver como se ían transmitindo as pezas ao longo de 100 anos, a súa transformación e os distintos xeitos de interpretalas noutra época anterior a como se fai na actualidade. O obxectivo era sacarlle esa idea de que é unha cousa de vellos, sobre todo tamén porque as rapazas encargadas dos obradoiros eran case da súa idade. Quedáronse moi abraiados ao ver a música actual que lles presentamos. Non esperaban que algo que tocaban esas pandereteiras, se puidese ver doutro xeito, todo coa mesma música e a mesma palabra. Practicamente non coñecían música actual galega, había un descoñecemento xeral incríbel."}
{"ID": "NOS_35796", "summary": "No rascuño do programa eleitoral da formación emerxente figuraba como proposta a realización dunha consulta popular para decidir a re-integración de Nafarroa en Euskal Herria. A dirección central de Podemos vetou esa iniciativa, que desaparece finalmente do programa con que a organización de Pablo Iglesias concorrerá nas autonómicas do 24M.", "text": "Nova batalla entre a dirección central de Podemos, conducida polo número 2 da organización, Íñigo Errejón, e os órgaos territoriais do partido, desta volta a de Nafarroa. E nova demostración de que a equipa de Iglesias quer gobernar a formación desde Madrid con man de ferro. Podemos-Nafarroa propuña, no rascuño inicial do seu programa eleitoral para as eleccións autonómicas do 24M, a realización dunha consulta popular para determinar se Nafarroa se unificaba politicamente con Euskadi, a vella aspiración de todos os movimentos políticos abertzales (a reunificación dun país dividido entre dous Estados e, dentro do español, entre dúas comunidades autónomas). A cuestión da eventual reunificación con Euskadi está lonxe de suscitar un consenso na formación de Pablo Iglesias en Nafarroa, dividida entre sensibilidades máis ou menos estatalistas ou máis ou menos simpatizantes do nacionalismo. A propia secretaria xeral de Podemos e candidata o 24M, Laura Pérez, declarou que o asunto non é prioritario, se ben o seu discurso estaba encamiñado a desacralizar o debate e a normalizar a hipótese dunha consulta para decidir a integración ou non con Euskadi. O núcleo arredor de Pablo Iglesias -Errejón e Monedero nomeadamente- teñen moi claro que non se pode facer ningunha concesión ao nacionalismo se se tenciona o sorpasso aos de Pedro Sánchez Así, Pérez defendía un \"debate sosegado sobre que tipo de relacións se queren estabelecer coa comunidade autónoma vasca, que teñen de ser xa normalizadas\". No rascuño do programa, Podemos Nafarroa advogaba por abrir un \"proceso constituínte\" que permitise ás cidadás e aos cidadáns exerceren o seu \"dereito a decidir\" sobre a institucionalización de \"Nafarroa en Euskal Herria\". Mais isto non gostou nada en Madrid. A dirección central sabe que titulares do tipo \"Podemos, a favor da anexión de Nafarroa por Euskal Herria\" minguarían considerabelmente as súas opcións no seu asalto ao PSOE como primeira forza da esquerda no Estado. O núcleo arredor de Pablo Iglesias -Errejón e Monedero nomeadamente- teñen moi claro que non se pode facer ningunha concesión ao nacionalismo se se tenciona o sorpasso aos de Pedro Sánchez. Nese sentido, cumpriría inserirmos as recentes declaracións de Monedero en Catalunya sobre a permanencia de España durante 5 séculos. Presións intensas As presións da dirección central de Podemos sobre a súa organización navarra foron moi intensas. O número 2, Íñigo Errejón, manifestou ao respeito: \"Entre un programa [o estatal] e o outro [o territorial] non pode haber contradicións. Imos velar polo diálogo cos compañeiros doutras comunidades autónomas para que estexan engrasadas [as relacións] e sexan coherentes porque temos que falar co mesmo ton e levar as mesmas propostas en todos os territorios\". E foi alén diso ao engadir: \"Non imos enarborar as identidades dun sitio ou doutro para enfrentar os cidadáns entre si, senón a recuperar os direitos colectivos. O problema é ter perdido o control dos direitos, algo que entende pouco de rexións\". A españolización da campaña é a consecuencia inevitábel deste discurso. Por se houbese dúbidas ao respeito, Errejón acrecenta a intención de Podemos de rachar coa \"dinámica cantonalista ou de rexionalización estrema que di que os problemas hai que abordalos de maneira aillada cando nós entendemos que se pode chegar a acordos\". \"Nacionalizar a campaña é unha decisión estratéxica, mais tamén ética\", di Íñigo Errejón Na presentación da campaña eleitoral para todo o Estado, que se realizará baixo o lema xenérico \"É agora\", Podemos pretende, dixo Errejón, \"nacionalizar a campaña\", para evitar o \"confronto das comunidades autónomas entre si\". \"Nacionalizar a campaña é unha decisión estratéxica, mais tamén ética\", dixo en conferencia de imprensa a pasada sexta feira Iñigo Errejón. As diretrices de Madrid acabaron por seren asumidas pola organización navarra de Podemos que, tamén a sexta feira, decidiu retirar do seu rascuño de programa a proposta de referendo sobre a reunificación con Euskal Herria. Só se mantén a referencia á necesidade de \"normalizar as relacións\" coa comunidade autónoma vasca."}
{"ID": "NOS_33259", "summary": "No mes de marzo só se matricularon 1.215 vehículos na Galiza como consecuencia do coronavirus.", "text": "O coronavirus bate con forza no sector da automoción. O pasado mes de marzo, as vendas de vehículos esborralláronse 64,4%, cun total de 1.215 unidades vendidas na Galiza, unhas 2.200 menos en comparación co mesmo mes do ano anterior. O retroceso rexistrado no país debido ao impacto do estado de alarma é lixeiramente inferior á caída das vendas no conxunto do Estado español, que foi de 69,3% respecto a marzo de 2019, segundo os datos publicados onte polas asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). No primeiro trimestre, matriculáronse na Galiza 6.762 vehículos, o que supón un descenso de 31,7% respecto aos datos de 2019. A Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles (ACEA) alertaba recentemente que a industria automobilística europea está diante dunha crise \"sen precedentes\" provocada pola expansión do virus Covid-19. Aseguran que esta situación pon enxogo 14 millóns de empregos neste sector. Nun comunicado, ACEA lembra que esta crise sanitaria está a obrigar a pechar ducias de factorías en toda Europa polo colapso da demanda, a carencia de subministración e as medidas adoptadas polos distintos gobernos para evitar o maior contaxio."}
{"ID": "NOS_30779", "summary": "Por non abrir o Pazo de Meirás ao público catro días cada mes, como lle obriga a lei.", "text": "A Xunta de Galiza abre un expediente sancionador á familia Franco polos incumprimentos da lei de Ben de interese cultural (BIC), que obriga a abrir o Pazo de Meirás un mínimo de catro días ao mes. A multa vai desde os 3.000 aos 6.000 euros. Desde hai semanas non se pode realizar reservas para visitar este inmoble, un dos que a familia Franco posúe en Galiza. É a segunda vez que a Xunta abre expediente aos Franco por este motivo. Daquela, 2015, o expediente acabou arquivándose. As asociacións pola recuperación da memoria histórica levan anos reivindicando a restitución do pazo ao patrimonio público. \"Non valen que se abra ao público catro, seis ou oito días ao mes, se a familia Franco quere veranear en Galiza, que se pague un hotel\", sinala a CRMH. \"A ninguén se lle pasa pola cabeza que en Italia ou Alemaña as familias de Mussolini ou Hitler sigan gozando das riquezas que tiñan os seus parentes, máxime se esas riquezas tiñan moito que ver co estado italiano ou co alemán\", engade."}
{"ID": "NOS_13723", "summary": "Os equipos galegos da primeira división de fútbol disputaron os seus encontros na xornada do sábado. O Celta fíxoo no Camp Nou, onde lle plantou cara ao líder e asinou un 2-2. O Dépor fíxoo en Sevilla con peor fortuna, xa que os coruñeses perderon por 2-0.", "text": "Na tarde do sábado tiña lugar no Camp Nou un grande encontro entre o Barça, líder da Liga, e o Celta, un partido que puido gañar calquera dos dous equipos. O Celta saía ao terreo de xogo ben plantado e con posesión do balón até o punto de asinar o primeiro dos tantos. Aínda que quen primeiro avisou foi o Barça cun xogadón de Messi, os vigueses golpearon primeiro á contra e após unha xogada encetada por Aspas que el mesmo culminou facían subir o primeiro gol ao marcador. Menos de tres minutos tardaban os locais en responder. Foi Messi o encargado de devolver as táboas cun tiro raso cruzado que bateu Rubén. O segundo tanto do Barça chegou na segunda parte tras a conexión Alba-Messi, que provocou que Luis Suárez marcase a pracer no minuto 62. Apenas sete minutos após, Iago Aspas volvía ser clave para o Celta cunha carreira á contra ante Umtiti. Logo de deixalo atrás, recortou Jordi Alba e puxo un pase ao punto de penalti, desde onde Maxi Gómez bateu os locais. O partido finalizou con dúas oportunidades claras, unha para cada equipo. A primeira foi para o Barça, mais Messi fallou coa cabeza unha ocasión producida após un rexeite. A segunda foi para o Celta, mais unha man salvadora de Ter Stegen impediu que Pione Sisto anotase o terceiro tanto para os galegos. FC Barcelona: Ter Stegen, Sergi Roberto, Piqué, Umtiti (Vermaelen, min.72), Jordi Alba, Busquets, Rakitic (Alcácer, min.79), Paulinho, Iniesta (Denis Suárez, 53), Messi e Luis Suárez. RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Fontás, Sergi Gómez (Cabral, min.4), Brais Méndez (Roncaglia, min.63, Lobotka, Jozabed (Pablo Hernández, min.84), Wass, Sisto, Iago Aspas e Maxi Gómez. Goles: 0-1, min.20: Iago Aspas; 1-1, min.22: Messi; 2-1, min,62: Luis Suárez; 2-2, min.70: Maxi Gómez. Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amoestou Luis Suárez, Vermaelen, Roncaglia. Jozabed, Rubén, Wass, Sisto, Hugo Mallo. O Dépor deixa os tres puntos en Sevilla Peor fortuna tivo o Deportivo, que cedeu os puntos perante o Sevilla nun partido que comezou con imprecisións para ambos os equipos. O primeiro dos goles tardou en chegar. Coa primeira metade finalizando, o ex céltico Nolito asistiu Ben Yedder, que adiantou o equipo hispalense. A chegada da segunda parte e o tanto do Sevilla non fixeron variar o guión e malia o empeño de Fede Cartabia e de Lucas Pérez, os locais eran superiores. No último terzo do partido, o segundo de Berizzo –que se recupera dunha operación de cancro de próstata–, Ernesto Marcucci, deulle entrada a outro ex céltico Krohn-Deli, que sentenciou o encontro cando quedaba menos dun cuarto de hora para finalizar o xogo. Depois deste resultado, o Dépor, que leva sete xornadas encaixando gol, fica na zona quente da táboa. Sevilla FC: David Soria, Mercado, Geis, Lenglet, Escudero, Banega (Jesús Navas, min. 85), Pizarro, Franco Vázquez (Krohn-Dehli, min. 69), Nolito (Joaquín Correa, min. 87), Ben Yedder e Sarabia. RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Sidnei, Schär, Fernando Navarro, Guilherme, Borges (Andone, min. 63), Fede Valverde, Fede Cartabia (Carles Gil, min. 77), Adrián (Emre Çolak, min. 82) e Lucas. Goles: 1-0 Ben Yedder (min. 45); 2-0 Krohn-Dehli (min. 78). Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou Fede Cartabia, Escudero, Sidnei e Lucas."}
{"ID": "QUEPASA_993", "summary": "O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada con maiorías absolutas. Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo. Xa vimos como está a cousa en Carnota, en Corcubión, en Malpica e en Vimianzo. Hoxe toca irmos ata Muros.", "text": "Muros: Posible coalición PP-CxG Pode pasar de todo en Muros despois da sorpresa do pleno de investidura de hai 4 anos, cando o PSOE como segunda forza permitía a investidura da terceira forza, CxG. Pero despois de analizar as sensacións plenarias nesta lexislatura, parece probable que sexa viable unha coalición PP-CxG. Viable porque as relacións entre Inés Monteagudo, a candidata da formación máis votada, e María Xosé Alfonso, a aínda rexedora, foron bastante respectuosas, e ambas consideran que pode ser unha boa saída. Dende o PP, outro ano máis a forza máis votada, xa comunicaron que van intentar formar un goberno de coalición para ter 4 anos de estabilidade, e dende logo parece máis viable que con PSOE ou BNG. \"Iniciaremos contactos co partido de Maria Xosé Alfonso, que foi o grupo co que puidemos chegar a máis puntos de acordo na lexislatura pasada, e continuaremos co resto de grupos, coa disponibilidade e eflxibilidade suficientes para trarar de chegar a un entendemento do que saia o mellor para o futuro do noso concello. Muros o merece, o precisa e o necesita\", sinala a carta de Monteagudo aos veciños muradáns. Todas as novas das Eleccións Eleccións #Municipais19 en Muros: Resultados repetidos. O Pactómetro: Malpica. O Pactómetro: Carnota. O Pactómetro: Corcubión. As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019. Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello."}
{"ID": "NOS_3247", "summary": "Galiza competirá no campionato que decorrerá en Irlanda do 7 ao 14 de agosto e no que tomarán parte Australia, Sudáfrica, China, Canadá, Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bretaña, Italia e Reino Unido, entre outros.", "text": "A Asociación Galega de Fútbol Gaélico confirmaba hai uns días oficialmente a presenza da Selección Galega, masculina e feminina, deste deporte nos Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico, que terán lugar do 7 ao 14 de agosto en Dublín, Irlanda. Unha competición organizada pola federación irlandesa, a GAA, co patrocinio de Etihad Airways. Equipos de Australia, Sudáfrica, Arxentina, China, Canadá, Oriente Medio, Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bretaña, Italia e Reino Unido tomarán parte no mundial. Agárdase que perto de 10,000 personas estarán implicados nesta edición dos GAA World Games entre xogadores, adestradores, familias e afeccionados. O sábado 21 de maio terá lugar en Sada o primeiro partido amigábel na preparación da Selección Galega para eses Mundiais GAA. Os partidos celebraránse no campo de fútbol municipal Andrés Pena con organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o club A Coruña Fillos de Breogán e coa colaboración do Concello de Sada que acolle o evento. A entrada será de balde. O primeiro encontro será ás 15:30 horas e enfrontará a dous combinados da preselección feminina. O segundo encontro será ás 16:30h e nel xogará a Selección Galega masculina contra unha selección de xogadores irlandeses e locais representando a Andalucía. A nosa selección A historia da selección galega de fútbol gaélico comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día debutou o combinado nacional cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña . O histórico da selección masculina componse de 12 partidos, saldados con 6 vitorias e outras tantas derrotas. A selección feminina desputou 9 encontros: gañou 2 e caeu derrotada en 7. Pre-convocatoria Selección feminina Jerry Holmes e Carlos Torres (adestradores) Auriense FG de Ourense: Alba Rodríguez Braithreachas A Estrada: Beatriz Tilve A Coruña Fillas de Breogán: Laura Abelleira, Paula Abelleira, Gema Vidal, María Corrochano, María García, Alba Fontán, Raquel Fernández, Eva Lago, Patricia García, Ariadna Sánchez Irmandinhas A Estrada: Paula Castro, Andrea Piñeiro, Eva Porto, Ana Vilar, Candela Vilas, Marina Fontenla, Maryluz Mendoza, Lucía Cortizo, Athenia Álvarez Estrela Vermelha FG de Compostela: Ánxela Estévez, Vanesa Iglesias, Lucía Mella Mecas FG: Andrea Campos, María Triñanes Pontevedra FG: Cristina Magariños, Sonia Sobral, María Crespo, Mónica González, Nuria Tilve Selección masculina: Alexandre Sanmartín (adestrador) Ártabros de Oleiros: Juan Mejuto Braithreachas A Estrada: Hermas Baro Irmandinhos A Estrada: Daniel Castro, David Fuentes, Javier Alonso, Marcos Gañete, Pablo Bernárdez, Pablo Durán Estrela Vermelha FG de Compostela: Rubén Leborán, David de la Torre, Manuel Suárez, Iago Couso, Pablo Bermejo, Adriano Quiroga A Coruña Fillos de Breogán: Javier González, Alberto Méndez, Alejandro Seijas, Aro Oliveira, Jose A. Barbeito, Alexandre Longueira Herdeiros de Dhais FG de Lalín: Daniel Iglesias Pontevedra FG: Pablo Loira, Jacobo Liño Mecos FG de O Grove: Mario Iglesias"}
{"ID": "NOS_38670", "summary": "Máis de catrocentas persoas pediron ao Goberno galego que \"defenda a calidade asistencial e os postos de traballo\" perante a venda do complexo a Ribera de Salud.", "text": "Máis de 400 persoas manifestáronse en Vigo esta quinta feira contra a venda do hospital Povisa a Ribeira Saúde (da norteamericana Centene) e para esixir á Xunta que adquira o centro sanitario e así \"defender a calidade asistencial e os postos de traballo\". A manifestación estaba convocada por parte do comité de empresa de Povisa (CIG, CXT-SGPS e CC.OO.) e a plataforma SOS Sanidade Pública e estivo encabezada por unha pancarta que rezaba 'Non a venda de Povisa. Pola integración na sanidade pública. Na defensa asistencial e dos postos de traballo'. Con berros de \"Feixoo atende, Povisa non véndese'; 'Conselleiro, escoita, Vigo está en loita'; 'Goberne quen goberne a sanidade deféndese' e 'Povisa está en loita', centos de cidadáns percorreron as rúas viguesas, pasando polo hospital, até chegar á Praza da Independencia, onde foi lido un manifesto. Neste sentido, o portavoz de SOS Sanidade Pública Vigo, Manuel González Moreira, lamentou o \"cambio cualitativo\" que suporía que Povisa pasase a estar en mans dun grupo americano, que ten un \"importante peso económico\" o que levaría a ter unha capacidade de presionar a Xunta \"infinitamente máis grande\" que o grupo Nosa Terra XXI, actual propietario. \"O máis sanguento é que se venda por 24 millóns de euros. Véndese un hospital dotado de recursos, con persoal, tecnoloxía, con consultas por Gran Vía, cunha escola de enfermaría montada e funcionando por 24 millóns\", criticou. Entre os asistentes, acudiron a cabeza de lista por Pontevedra de Galicia en Común, Yolanda Díaz; o portavoz de En Marea, Luís Villares; a deputada do BNG no Parlamento de Galicia Montse Prado; a deputada do Grupo Común da Esquerda Eva Solla; así como o concelleiro nacionalista do Concello de Vigo Xabier P. Igrexas, entre outros."}
{"ID": "NOS_18542", "summary": "A candidata nacionalista, Ana Miranda, protagoniza o vídeo dun minuto no que o Bloque quer condensar a idea de Europa que defende. Vídeo no interior", "text": "O BNG vén de lanzar o primeiro vídeo de campaña para as eleccións europeas do 26 de Maio, un traballo de apenas un minuto que quer comunicar a idea de que todas as causas xustas, son causas que asume o Bloque. \"A Europa social, solidaria e dos pobos que defende o BNG, que planta cara a involución democrática, expresa o apoio aos refuxiados, a Europa do benestar social coa defensa dos servizos públicos, a Europa das liberdades e da igualdade no apoio aos dereitos de todos os colectivos LGTBIQ, a Europa das mulleres e do movemento feminista\". Coa banda sonora do poema de Rosalía No bico un cantar, a candidata Ana Miranda é a que representa no vídeo ese compromiso coas diferentes causas que defende o BNG."}
{"ID": "NOS_24445", "summary": "Alberto Núñez Feixoo resultou investido presidente da Galiza após un debate en que o popular puxo o balón da xestión da pandemia en Madrid e tirou de \"medias\" para enxalzar a súa actuación na Xunta con datos que a oposición acusou de non seren reais.", "text": "Con 42 votos a prol, os que corresponden coa maioría absoluta do Partido Popular na Cámara galega, saíu electo esta quinta feira, 3 de setembro, Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta da Galiza por cuarta vez. En contra sumou os 19 votos do Bloque Nacionalista Galego e os 14 do Partido Socialista. Así se saldou a segunda xornada debate de investidura, após o pleno da terza feira en que Feixoo expuxo o seu programa de Goberno. Na sesión desta cuarte, Feixoo replicou durante máis de dúas horas e media as intervencións da líder do BNG, Ana Pontón, e do PSdeG, Gonzalo Caballero, limitadas estas no tempo a media hora cada unha máis unha resposta de dez minutos. O presidente iniciou a súa réplica como se dunha comparecencia ante os medios sobre a situación sanitaria se tratar, dando conta do número de contaxios activos, hospitalizacións e falecementos na Galiza a causa da Covid-19. Quixo tamén iniciar o seu discurso celebrando a sentenza que ditou o xulgado da Coruña, a prol da devolución do pazo de Meirás para o ben público. Así, o mesmo presidente que dixera nunha entrevista en 2017 que \"era franquista\" expropiar o pazo aos Franco, quixo agora parabenizar o pobo galego pola recuperación do inmóbel e puxo o informe elaborado pola Xunta como peza chave na sentenza xudicial. Aí respondeulle Pontón, culpándoo de \"crer as súas propias mentiras e de distorsionar a realidade, dicindo que hoxe hai máis emprego, máis camas hospitalarias ou aseverando que o informe da Xunta [en relación ao pazo de Meirás] foi o primeiro que houbo, sendo previo o da Deputación da Coruña\". dixo Pontón, para ilustrar que así o recoñeceu a propia sentenza xudicial que, pola contra, \"non fixo moito caso ao informa da Xunta, que entre outras cousas dicía que había que indemnizar os Franco\", espetou Pontón. Coa ollada en Madrid O líder popular reprochou á oposición as críticas realizadas sobre a xestión da pandemia, centrando boa parte da réplica en Gonzalo Caballero, para pór así sobre o tellado do seu compañeiro de partido e presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a responsabilidade da xestión da crise en cuestións nas que a Xunta ten competencia, como ensino, sanidade ou industria. Feixoo tirou de \"medias\" para anunciar o que el denominou \"recuperación do traballo\" con 43.800 afiliados máis desde o inicio até a fin da anterior lexislatura. Recriminou ademais Caballero por falar da \"contracción\" do PIB e do emprego por mor da pandemia, tirando outra vez desas \"medias\" para citar que o PIB na Galiza baixou 4 puntos menos que a media do Estado. Con habilidade, debuxou o socialista a \"trampa do PIB\", poñendo como exemplo que se nunha familia galega con dous fillos, un deles marcha da Galiza, a renda por habitante sobe pero o país vai a peor. Autogoberno \"O estatuto de autonomía que xuramos defender é a nosa guía diaria de Goberno e de acción política\", respondeu Feixoo a Ana Pontón e Gonzalo Caballero, que acusaran previamente o popular de non facerse cargo das competencias que a Galiza ten. \"Coincidimos na Constitución española e no Estatuto de Autonomía como guía permanente de actuación e convídolle a que poidamos afondar nelas\", dixo ao socialista. Feixoo defendeu a necesidade dunha nova lei orgánica de saúde para actuar na pandemia fronte á alternativa do estado de alarma, fronte ao mando único, dixo, como presidente da Xunta e como \"representante do Estado na Galiza\". Porén, non adiantou nada sobre en que consistirá esa norma sanitaria. \"Eu creo no Estatuto máis que vostedes\", espetoulle a Pontón, criticando ao BNG \"non ter evolucionado e ser o mesmo da súa fundación\", criticando Pontón por defender un concerto económico para a Galiza. \"Sería un disparate\", dixo Fixoo entre risos. Igualmente criticou a proposta nacionalista de recadar o imposto de sociedades ou pular por unha banca pública. Ao igual que a nacionalista lle pediu \"moderación\" (con sorna) ante os ataques da Xunta á lingua galega, Feixoo pediullo á líder da oposición en canto á \"monarquía parlamentaria\" española. \"Non lles importa o que pase en España\", proseguiu Feixoo, \"pero a nós si, porque somos españois e cremos na nación española\". Educación Tamén no ensino botou Feixoo balóns fóra. \"Para que existen Ministerios de Educación, de Universidade e de Ciencia? Pedimos desde maio nas conferencias de presidentes chegar a acordos mínimos para dar seguridade ás familias e aos docentes, mais até o 27 e 28 de agosto non se reuniron os ministros cos conselleiros para chegar a un acordo que agora critican\", dixo o popular en referencia ao PSdeG. \"Non estamos de acordo co reparto dos fondos Covid\", espetou o presidente, a pesar de que o PP votou a prol dos criterios de reparto nas Cortes Xerais. As chaves de Pontón: axenda social, plan de reactivación económica e defender Galiza \"En vez de compararse con quen o fai ben, compárase continuamente cos peores\", recriminou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a Núñez Feixoo ante o enxalzamento que este realizou da xestión da crise pola Xunta. A voceira do Bloque amosou no debate o \"compromiso total\" do nacionalismo con todas e todos os galegos, con independencia do seu voto, e descartou que as políticas \"vellas e caducas\" dos populares axuden a superar a crise sanitaria, social e económica. Pontón, que comezou falando da Covid-19 e das \"duras consecuencias\" dunha pandemia que deixou moitos falecementos e a \"perda de miles de empregos\" no país, asegurou que a mellor homenaxe que se lle pode facer ás vítimas \"é defender a sanidade pública\". Tamén aludiu á necesidade de rematar co \"negocio\" que se fai \"co dereito a unha vellez digna\" e traballar nunha \"reestruturación\" do sistema residencial cara ao público. Precisamente coa mirada posta nos colectivos máis castigados, Pontón marcou como unha das súas prioridades para os próximos catro anos conseguir artellar unha axenda social. \"De verdade pensa que se poden enfrontar as consecuencias económicas e sociais da pandemia coas mesmas promesas de sempre e con receitas vellas e caducas?\", interrogou a Feixoo. De feito, outra das liñas mestras para a nacionalista é a reactivación económica, que confrontou coas promesas destes catro anos pasados que non chegaron a bo porto. Así, falou, por exemplo, do \"compromiso\" do PP para \"captar talento\" do exterior ou para conseguir emprego da man de Pemex. En total enumerou 21 anuncios de Feixoo que quedaron no caixón. \"Prometeu, prometeu, prometeu... De verdade non lle dá apuro ver como a súa palabra non ten ningún valor?\", lanzou á bancada popular. Entre as iniciativas do nacionalismo situou un cambio do \"modelo enerxético e do papel da Galiza\" neste sentido. O terceiro eixo no que marcou a meta foi defender o país ante outras Administracións. Pular pola lingua, a capacidade de decidir e uns medios públicos fronte á \"manipulación\" do PP sobre a CRTVG foron alicerces do discurso da nacionalista. Caballero urxe a aplicar e desenvolver o Estatuto \"Imos ser coherentes cos valores socialistas, defendendo o público, tendo a loita pola igualdade como bandeira e como referencia\" e entendendo \"as políticas como ferramentas\" para cambiar e avanzar, dixo Gonzalo Caballero no debate de investidura. Nese sentido, o líder socialista pediu políticas diferentes ás aplicadas na crise anterior, sen \"recortes\" nin \"ortodoxia\". \"Temos que construír un cinturón protector para que ninguén quede atrás\". Para iso tamén anunciou catro eixos \"prioritarios\" nesta lexislatura \"para facer unha defensa férrea do social, dando protección á cidadanía, fortalecendo a sanidade pública, garantindo protección social, priorizando un novo modelo de residencias, ensino de calidade\" e a loita pola igualdade e o feminismo, momento que aproveitou para exixir a creación dunha Consellaría da Igualdade. Dentro deses catro eixos, Caballero destacou a necesidade de crear un \"plan rexorde para potenciar a economía e xerar emprego, desde os retos da transición ecolóxica\" e pular pola \"rexeneración e a calidade das institucións\". Dentro das bases que o PSdeG ve precisas nesta lexislatura atópase a aplicación do Estatuto de Autonomía. Caballero reprochou a Feixoo que non exerza as competencias que a Xunta ten a nivel de industria, ensino, sanidade... De feito, rematou o discurso erguendo un exemplar do Estatuto, instando Feixoo a aplicalo. O instante \"máis vergoñento\" no Parlamento Foi durante a intervención da líder da oposición, Ana Pontón, cando o Parlamento viviu o seu momento máis tenso. Con dureza cargou a nacionalista contra Núñez Feixoo polo tratamento que este realizou da crise das residencias na súa intervención. \"O máis sangrante é o que leva acontecendo coas residencias de maiores. Señor Feixoo, póñase na pel dun galego que sufriu a perda dun familiar na residencias (...) e que escoita que o seu presidente usa esa morte como unha cifra máis para compararse cunha media. Dixo literalmente que tivemos 'menos mortalidade en residencias que no conxunto de España, sete veces menos falecementos dos que nos corresponde por poboación'. Foi un dos momentos máis vergoñentos que eu vivín como deputada neste Parlamento\", espetou. Pola súa banda, Feixoo asegurou na réplica que \"non vai entrar niso\", en referencia ás críticas efectuadas pola nacionalista e polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sobre as deficiencias na rede residencial galega e, en relación aos sete centros xeriátricos que prometeu construír nas cidades galegas hai catro anos e que agora voltou a anunciar. A este respecto Feixoo escudouse en que \"as Alcaldías deses concellos non ceden nin un metro\" de solar á Xunta. Sobre a comisión de investigación parlamentaria da crise nas residencias que tanto o Bloque como o Partido Socialista pediron, Núñez Feixoo contraatacou asegurando que o Goberno español non dá os datos das persoas falecidas nos centros de maiores mentres que a Xunta \"achega eses datos cada 24 horas\". \"Galiza precisa un novo modelo de residencias\", dixo Gonzalo Caballero, que reivindicou a necesidade da investigación parlamentaria para coñecer que erros se produciron para poder aprender deles."}
{"ID": "PRAZA_16185", "summary": "Falar de Decrecemento é falar en positivo do noso futuro. O tempo para tomar medidas desde o poder para transitar de xeito xusto e pacífico cara unha sociedade menos dependente da enerxía non renovable xa empezou a correr hai tempo e nada se fixo e nada se esta facendo", "text": "Falar de Decrecemento é falar en positivo do noso futuro; falar de convivencia e, tamén, é falar de seguir existindo como especie no único planeta no que é posible a vida de xeito natural. E hai que falar de Decrecemento non só porque precisamos soñar o futuro senón tamén porque non falar significa non citar a principal alternativa que hai nestes momentos ao capitalismo que o destrúe todo, mesmo as relacións persoais. Se aló por mediados do século XVIII co invento e e uso da maquina de vapor o mundo se tornou en algo completamente distinto ao que se coñecía; hoxe co esgotamento dos recursos enerxéticos, mineiros e coa superación da capacidade de rexeneración do planeta tamén estamos iniciando un camiño que non sabemos a onde nos vai levar como especie e polo tanto como galegos e galegas. No que si podemos estar certos é que todo está mudando drasticamente. A humanidade nunca antes se enfrontou a unha situación tan complexa como a actual, porque nunca antes foi quen de cambiar as circunstancias do seu hábitat de xeito global. As crises ambientais e de recursos, do pasado, afectaron a civilizacións e pobos enteiros, mais nunca mudaron tan rapidamente o hábitat de todos os pobos que habitamos o planeta. Este feito hai que agradecerllo ao modo de vida occidental e mais concretamente ao capitalismo. Hoxe por hoxe a presión por explotar os últimos recursos do planeta afecta a todos os pobos por moi afastados que se atopen e, a mudanza climática non entende de pobos illados do amazonas, de tribos cazadoras-colectoras do África ou da cultura esquimal. Todos estamos no mesmo barco e inmersos na mesma tormenta pola supervivencia. Sen dúbida o modo de vida occidental apoiase en incribles avances tecnolóxicos que mudaron a nosa forma de relacionarnos co entorno e con nos mesmos, pero é importante non confundir tecnoloxía e enerxía. En definitiva non debemos confundir o invento do coche co petróleo. A ciencia foi quen de inventar \"cachibaches\" para aproveitar a enerxía que existía e coñeciamos desde había centos de anos. O que nunca poderá facer a ciencia é saltarse os principios da termodinámica e inventar e crear enerxía. Remarcar isto é fundamental pois o proceso de cambio no que estamos inmersos vai facer que o coche siga existindo mais a enerxía que o move se esgote sen capacidade de substitución real. Unha vez mais dicir: podemos ignoralo ou soñar con paxariñas preñadas pero non existe alternativa enerxética que poida substituír os recursos fósiles (gas natural, petróleo e carbón) que empezan a esgotarse. O tempo para tomar medidas desde o poder para transitar de xeito xusto e pacífico cara unha sociedade menos dependente da enerxía non renovable xa empezou a correr hai tempo e nada se fixo e nada se esta facendo. O capitalismo non entende de futuro; só entende de bussines e de beneficio económico a curto prazo. No capitalismo os problemas cos que se atopan as persoas e as colectividades devénse solucionar seguindo a lóxica dos mercados e dos negocios. Mesmo as persoas só teñen dereitos se están incorporados a esta lóxica. O capitalismo estableceu que desde o nacemento ate a morte debemos ser unha peza da lóxica produtivista, da lóxica dos negocios e no caso de non atopar un lugar na súa engrenaxe o o que nos espera é a exclusión social individual ou colectiva. A lóxica capitalista tamén entende que a complexidade, a variedade social, ambiental son atrancos para a súa evolución e reduce os seus beneficios por iso a biodiversidade e anti-capitalista e os monocultivos son o seu xeito lóxico de producir. Para o modelo capitalista global é preciso producir e transformar a gran escala para despois distribuír por todo o planeta e isto só se consigue con monocultivos xa sexan de eucalipto ou de aceite de palma. Para o capitalismo e un atranco importante a diversidade cultural e idiomática. Adaptar a produción a demandas culturais e tradicións xera complexidade e resta beneficios. A lóxica da uniformidade disfrazada de colores varios é sinónimo de rendibilidade empresarial. Mellor só uns poucos idiomas, mellor só uns poucos referentes culturais, mellor só uns poucos valores dentro da lóxica dos negocios. O contrario obriga a perder cota de mercado ao gran capital en beneficio dos pequenos. A lóxica capitalista é a lóxica do grande e polo tanto do global porque en definitiva a lóxica do capitalismo é a lóxica da acumulación de riqueza sen importar os territorios, as tradicións, as culturas, os pobos , as persoas, ... E ademais a lóxica capitalista é a lóxica da cultura da dominación. Dominar a natureza, os recursos, os pobos, as persoas, as mulleres, ...Dominar pola forza non só para obter beneficio senón tamén para deixar patente que se pode dominar. Dentro desta lóxica de dominación de progreso e modernidade está a suposta necesidade de conquistar o espazo exterior de habitar outros planetas. Para o capitalismo a lóxica de cuidar o noso planeta; o único entorno onde é posible a vida é sinónimo de anti-progreso e anti-modernidade. Desde o DECRECEMENTO dicimos que a lóxica capitalista pon en perigo a mesma supervivencia da humanidade. Que a lóxica da globalización é a lóxica das políticas favorecedoras da acumulación de riqueza e capital na man das multinacionais. Que a lóxica da uniformidade cultural e idiomática e a lóxica do beneficio das industrias culturais e dos imperios. Que a lóxica do progreso capitalista é a lóxica da contaminación e da destrución dos ecosistemas. Que a lóxica de curar e non de previr é a lóxica do beneficio das corporacións farmacéuticas. Que a lóxica do modelo educativo e a lóxica de formar man de obra para a engrenaxe capitalista e non a de formar persoas libres, imaxinativas, creativas e pacificas,... Que a lóxica do global é a lóxica dos monocultivos da espoliación dos recursos a gran escala e da destrución dos territorios e dos pobos que os habitan. Fronte a lóxica capitalista está a lóxica DECRECENTISTA que se base en poñer no centro do debate as as cuestións necesarias para o mantemento da vida e para conseguir relacións satisfactorias e xustas entre individuos e pobos. O DECRECEMENTO entende que os dereitos básicos e fundamentais das persoas e dos pobos non poden depender da lóxica capitalista que establece que debes formar parte da súa engrenaxe produtivista, para non caer na exclusión social. A lóxica DECRECENTISTA establece que a diversidade cultural e idiomática e boa porque enriquece as nosas experiencias no paso pola vida e porque ademais axuda a resolver problemas desde enfoques distintos. A lóxica DECRECENTISTA entende que a cultura da dominación xa sexa na súa vertente imperialista, produtivista-industrial ou como modelo hetero-patriarcal forma parte do cerne que debe combaterse desde principios de solidariedade, xustiza social, auto-xestión e apoio mutuo. Sen dúbida a lóxica DECRECENTISTA é unha emenda á totalidade a lóxica capitalista e boa proba do que aquí digo son os documentos que a Rede de Decrecemento elaborou para o seu primeiro Congreso. Os documentos permiten visualizar un futuro alternativo a lóxica capitalista que esta poñendo (repito unha vez mais) en perigo a mesma supervivencia da humanidade. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_44531", "summary": "\"Existían claras responsabilidades por parte de Renfe, que tivo constancia por escrito dun aviso dun xefe de maquinistas sobre o perigo da curva de Angrois e, con todo, non actuou en consecuencia\", din, ao tempo que apuntan aos ex titulares de Fomento José Blanco e Ana Pastor.", "text": "A plataforma de vítimas do accidente ferroviario ocorrido no barrio compostelán de Angrois en 2013, no que morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas, criticou a demora na convocatoria do xuízo e reclamou que se realice a investigación técnica independente que pide a Unión Europea (UE) antes do seu inicio para que poida incorporarse ao proceso xudicial. Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios logo de coñecer nesta segunda feira que o xuízo comezará o 20 de setembro deste ano e durará até 2023, dividido en dúas partes —unha penal, até o 23 de decembro, e unha acción civil, a partir de xaneiro de 2023—, de forma que se prolongará durante nove meses até practicamente o décimo aniversario do sinistro. O xuízo polo accidente de tren de Angrois comezará o 20 de setembro A respecto diso, as vítimas, que aseguran estar \"satisfeitas\" polo feito de que vaia decorrer o xuízo, sosteñen que \"unha xustiza lenta non é xustiza\" e lembran que \"desgraciadamente algunhas vítimas e familiares faleceron ao longo destes anos\". Por iso, sinalan que, para eles, nunca haberá xustiza. Aliás, consideran que esta demora \"non é casual\", senón que é responsabilidade das diferentes institucións do Estado. \"Sufrimos un cambio de xuíz a pesar da nosa petición ao Consello Xeral do Poder Xudicial e a inacción total do primeiro fiscal, que tivo que ser substituído\", detalla a plataforma, que critica tamén a \"ocultación e demora de entrega de documentos por parte de Fomento, Renfe e Adif\". Tamén lamentan os peritos \"impostos\" pola Xunta \"sen experiencia ferroviaria, que demoraban e plaxiaban outros informes\", así como a \"acumulación de atrasos e erros graves por parte do xulgado\". Denuncian en Bruxelas as \"manipulacións\" do Estado sobre o sinistro de Angrois As vítimas, se ben mostran a súa satisfacción polo feito de que sente no banco de acusados o ex director de Seguridade de Adif Andrés Cortabitarte, cren que é \"insuficiente\". \"Existían claras responsabilidades por parte de Renfe, que tivo constancia por escrito dun aviso dun xefe de maquinistas sobre o perigo da curva de Angrois e, con todo, non actuou en consecuencia\", apuntan. Ademais, sinalan que \"o ex director de Seguridade de Adif sentará no banco porque Adif non realizou a análise de riscos á que obrigaba a normativa en dúas ocasións\", como indica o auto da Audiencia. Explican que \"houbo modificacións importantes do proxecto orixinal\" cando era ministro de Fomento José Blanco, \"cuxa repercusión na seguridade resulta obvia sen que conste que previamente se avaliou o risco que os devanditos cambios puidesen comportar para a seguridade\". Tamén indican que, nun segundo momento, con Ana Pastor á fronte, \"produciuse a desconexión do sistema de seguridade ERTMS, porque este xeraba atrasos, sen previamente realizar unha avaliación do risco que tal desconexión puidese comportar para a seguridade na circulación\". Por tanto, consideran que \"a xustiza desmonta a verdade oficial, que con Ana Pastor á fronte de fomento quixeron impoñer: que se fixo unha investigación independente, que o maquinista era o único responsábel e que o accidente non era de Alta Velocidade\". Adif nega que o treito do AVE entre Taboadela e Ourense sexa inseguro \"Seguimos sen entender como é posíbel que o Ministerio de Fomento autorizase a posta en servizo desta liña sen a preceptiva análise de riscos\", lamentan. A plataforma destaca que \"a pesar dos anos transcorridos\" seguirá loitando para que \"se faga xustiza\" até depurar \"todas as responsabilidades que corresponden a unha democracia avanzada: técnicas, penais e políticas\"."}
{"ID": "PRAZA_9819", "summary": "Ata o de agora ningunha forza con deputados galegos, BNG o En Marea tivo capacidade de negociación con gobernos de dereita, os dogmas e posicionamentos de máximos non llo permiten", "text": "Un dos mensaxes políticos máis usados na eleccións municipais, por todos nisto con consenso, é que son as máis bonitas por ser as máis próximas á cidadanía e ós problemas da xente. É certo que son a administración do trato directo, os concellos teñen esa función. Porén, os parlamentarios galegos xa son unha especie máis difícil de observar polo común dos galegos, pero aínda así soen ter unha axenda de traballo próxima á Galicia e ó territorio. Outra cousa son os Senadores e Congresistas galegos, parece que Madrid absorbe toda a súa capacidade, mais non tiña porque ser dese xeito, na cultura anglosaxoa dan cumprida xestión nos seus territorios.Son así en Galicia, mais non son o mesmo os vascos, que traballan arreo no seu territorio e están en Madrid o xusto e necesario. Esta foi unha boa lexislatura para o avance de Euskadi, indiscutible, como seguro será a próxima. Obter transferencias e xestión é o seu cometido, ir de compras a Chueca é secundario e por suposto non van a reclamar o tren a Burgos como si fixo En Marea.Mais o PNV ten unha realidade, unha capacidade, que é poder sentarse co arco parlamentar de dereita a esquerda co gallo de conseguir as metas do seu programa electoral. Ata o de agora ningunha forza con deputados galegos, BNG o En Marea tivo capacidade de negociación con gobernos de dereita, os dogmas e posicionamentos de máximos non llo permiten, son vítimas de ter que facer política cara dentro das súas organizacións e do permanente estigma da reflexión interna. Os problemas da xente están na rúa e no día a día.Cómpre traballar cara a sociedade, cómpre dar resposta a moitos problemas de Galicia, que teñen a súa solución por degraza nas Cortes Xerais. É preciso ter representación no Senado, para facer del unha cámara territorial. Por iso non son quen nin o BNG nin En Marea, porque so un panorama de forza de esquerda é positivo para eles, para poder negociar sen tensións.O pragmatismo e a forma de facer do PNV, xa está en Galicia, é Compromiso por Galicia somos socios en Europa e amigos en España, traballamos cóbado con cóbado e levamos iniciativas conxuntas, pero é tempo de que Galicia Pinte No Estado sen mochilas, sen ataduras nin teimas."}
{"ID": "NOS_12375", "summary": "O portavoz nacional do BNG sinalou que \"esta é a maneira que ten de entender a democracia\", en relación a visita do presidente ao municipio lucense, logo da denuncia da formación nacionalista.", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acusou este sábado ao presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, de avalar co seu apoio \"un presunto delito electoral\", en relación a denuncia presentada polo BNG de Riotorto perante o carreto de votos de persoas con demencia por parte de responsables populares no municipio lucense. \"Pregúntolle ao Sr. Feijóo se foi a Riotorto a supervisar o carrexo de votos do PP, carrexo de votos que afecta a persoas maiores con minusvalía. Esta é a maneira que ten o presidente do PP de entender a democracia, facéndose cómplice dun presunto delito electoral\", manifestou Vence durante un mitin en Allariz, despois de que o presidente da Xunta acudirá este sábado a un mitin do PP en Riotorto. \"Allariz é a proba de que hai alternativa ás políticas fracasadas e caciquís do PP\", manifestou Vence. O voceiro do BNG destacou a xestión en Allariz –onde goberna a fronte nacionalista desde hai 25 anos- como o exemplo a seguir para o resto de candidaturas. \"Allariz é a proba irrefutable de que en Ourense hai alternativa ás políticas fracasadas e caciquís do PP que tan ben representa o clan Baltar, consentidas por Feijóo a cambio dos votos\". Vence subliñou o modelo do concello ourensán, \"un modelo que implantamos alí onde gobernamos\", baseado en políticas de benestar, de servizos públicos de calidade, nun urbanismo responsable e a capacidade para impulsar o tecido económico local. O dirixente nacionalista salientou que o 24M Galiza \"ten a oportunidade de lanzar unha mensaxe clara contra ás políticas do PP\", dixo, instando a \"quitar do medio o que representa un Feijóo sempre submiso a Madrid e as grandes empresas madrileñas, aplicando políticas que esnaquizan os nosos sectores produtivos, recortan servizos públicos e provocan a emigración masiva da nosa xuventude\"."}
{"ID": "NOS_57152", "summary": "Máis un número de SG saído do forno. Eleccións europeas, lingua galega, represión a traballadoras, unha viaxe polos títeres ou unha mergullada na arte urbana en Bergantiños...Son só algúns dos temas que tratamos. Podes adquirilo aquí", "text": "Xa está o Sermos Galiza nº96 fóra do forno para que o gocedes. Volvemos meter o dente a unha campaña electoral, a das europeas, no que o interese é ben que non votemos ou ben que votemos \"como españois\", en palabras do propio Feijóo. Recollemos o máis salientábel do que vai de campaña. E mesmo avanzamos de que vai o famoso 'debate' que vai ter o bipartidismo con si propio. Co 17 de maio ás portas falamos das manifes que decorrerán nese día e contámosche que é #8f45anos, un HT que está a ferver nas redes sociais en apoio solidario para coas 12 persoas encausadas nun proceso (pídenlles 45 anos!) a raíz da contestación á mobilización de Galicia Bilingüe de 2009. Naval Entrevistamios a I. Naveira (do comité de Navantia) para falar do cacarexado contrato do BAM da Armada, falamos con familiares dun preso morto na cadea da Lama cando estaba en illamento. E máis: visitamos O Pindo 8 meses despois do seu arrase polas lapas e gozamos coas iniciativas de arte urbana que se espallan en Bergantiños. Contamos como o apoio a Tamara e Ana, traballadoras condenadas a 3 anos por participar nun piquete, xa supera as 40.000 sinaturas. Ou das mobilizacións en defensa da sanidade pública. O feliz 90 aniversario do Celta tamén está neste número, así como a actualidade internacional. Unha viaxe a Enciña da Lastra co colectivo Xea, un percorrido polos títeres co festival de Redondela son outros temas que podes atopar. Xan Carballa E entrevistamos a Xan Carballa, que vén de dictar un libro de conversas con Xavier Vence. E Mario Regueira fálanos de 'dez, cen, mil..Díaz Castro'. E tamén temos artigos de Xabier Queripo, Aurélio Lópes ou o economista Fernández Mallo. E aínda fica máis: como, por exemplo, a entrevista a Maca Iglesias e Sabela Fernández, mestras no IES de Arzúa. Distribución do número en Vigo Aliás, unha incidencia de carácter técnico impediu que o Sermos Galiza nº 96 chegase esta quinta feira con normalidade aos quiosques e ás moradas d@s suscritor@s. O problema xa está resolvido e o número chegará con normalidade esta sexta feira. Desde Sermos Galiza pedimos desculpas ás persoas afectadas por esta incidencia."}
{"ID": "PRAZA_10654", "summary": "A Santa Sé non atopou \"indicios suficientes para iniciar ningún proceso administrativo ou xudicial\" na causa aberta o pasado mes de setembro, referida a feitos que presuntamente tiveran lugar cando o mozo contaba tiña 17 anos", "text": "O pasado mes de setembro o Bispado de Mondoñedo-Ferrol abriu unha investigación por un suposto caso de abuso sexual por parte dun crego a un menor de idade. Tratábase do antigo deán da Catedral de Santiago, que abandonara o cargo tras o escándalo do roubo do Códice Calixtino. Nese momento o Bispado afastárao \"das súas funcións públicas\" mentres o proceso polos presuntos tocamentos estaba en marcha.O Vaticano non atopou \"indicios suficientes para iniciar ningún proceso administrativo ou xudicial\" na causaAgora o Vaticano vén de arquivar a investigación do caso despois de non atopar \"indicios suficientes para iniciar ningún proceso administrativo ou xudicial\" na causa, solicitando ademais que se revoguen as medidas cautelares adoptadas.O Bispado de Mondoñedo-Ferrol subliña o seu \"máximo interese e firme compromiso na erradicación eficaz de calquera abuso de poder, de conciencia e sexual no seo da Igrexa\", engadindo que traballa \"coa máxima transparencia en toda investigación e desde a colaboración coas autoridades xudiciais\". A investigación iniciada en setembro pechouse o pasado mes de febreiro, momento no que o Bispado elevou as dilixencias realizadas ante a Congregación para a Doutrina da Fe do Vaticano, instancia competente neste caso.A denuncia, referida a feitos que supostamente tiveran lugar en 2016, cando o menor contaba con 17 anos, foi formulada a finais do pasado mes de agosto perante o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, que ordenou a \"inmediata\" apertura dunha investigación. A denuncia, referida a feitos que supostamente tiveran lugar en 2016, cando o menor contaba con 17 anos, foi formulada a finais do pasado mes de agostoO bispo mindoniense asegurou nese momento que \"para nós a primeira preocupación son as vítimas de calquera abuso de poder, de conciencia e sexual\" e que \"por suposto, subscribimos a condena de toda conduta inapropiada\". De las Heras citaba ao papa Francisco para subliñar o acatamento da instrución vaticana de \"pedir perdón ás vítimas que sufriron e sofren a consecuencia de condutas indebidas e inaceptables\".Nun comunicado publicado este venres o Bispado de Mondoñedo-Ferrol manifesta \"a nosa vontade de acoller, escoitar e acompañar a calquera vítima que o solicite, así como a nosa intención de redobrar os esforzos en materia de prevención en aras a crear espazos seguros na diocese de Mondoñedo-Ferrol para os menores e adultos vulnerables\". \"Todo iso sen menoscabo da presunción de inocencia de que goza toda persoa investigada até a resolución da denuncia\", engade."}
{"ID": "PRAZA_20743", "summary": "Bandas xa míticas como Heredeiros da Crus, Def con Dos ou Ruxe Ruxe forman parte do cartel da novena edición do Armadiña Rock, que se celebra ata o 27 de agosto en Combarro", "text": "Sen facer moito ruído nunha escena galega inzada de festivais, pero cun traballo constante que lle permite chegar á súa novena edición e encher Combarro de decibelios roqueiros. Así se presenta neste 2017 o Armadiña Rock, que este xoves solta amarras cunha exposición fotográfica, espectáculos infantís e curtametraxes para, a partir do venres e durante toda a fin de semana, encher esta vila mariñeira de rock, pero tamén dun feixe de actividades que sitúan esta cita a medio camiño entre o festival e a festa. Nomes como os xa míticos Heredeiros da Crus, Ruxe Ruxe, Def con Dos ou Talco destacan nun programa no que se reflicte o traballo da asociación organizadora, que vai alén da montaxe dunha serie de concertos. Así, o Armadiña Rock non se cingue unicamente ao espazo de concertos da Praza da Chousa, senón que se estende por todo Combarro con actividades como o teatrao de rúa polo recinto histórico, concertos infantís na praza de San Roque, obradoiros para a rapazada na Escola do Campo ou sesións vermú na Praza da Rualeira. O festival non é alleo á fisonomía da vila que o acolle e por iso, por segunda ocasión, trae consigo un concurso de balcóns, patíns e solainas. O obxectivo, explican dende a organización, \"consiste en visibilizar os beneficios de recuperar\" estas partes dos edificios como \"elementos vivos da vila no marco da tradición e da cultura de Galicia, así como implicar a veciñanza no seu coidado\". O coidado da contorna tamén está presente en decisións como prescindir dos vasos de plástico dun só uso e substituílos por ecovasos. Bandas xa míticas como Heredeiros da Crus, Def con Dos ou Ruxe Ruxe forman parte do cartel da novena edición do Armadiña Rock A área da Reiboa serve como \"privilexiada\" zona de acampada nun festival no que tamén se escoitará a bandas como Dakidarría, Bala, Kitai, Skarnivals, Blues do País, Carla Green & The Demons ou Soul Breakers. Así e todo, cando remate o festival a actividade da Asociación Armadiña non para; non en van, xa está a ultimar a terceira edición do Curtas Armadiña, o certame audiovisual que ata o peche de recepción de traballos, a comezos de agosto, recibiu ata 1.400 montaxes. Mostra da vertente audiovisual do traballo dos compoñentes deste colectivo é o vídeo co que anuncian o propio festival. Fica claro, aseguran, que se trata dun evento \"sen complexos\"."}
{"ID": "NOS_34039", "summary": "O histórico nacionalista afirma que non é a súa \"pretensión\" ser candidato nas eleccións pero aclara que el \"non pecha a porta a nada\"", "text": "O voceiro do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, abordou nunha comparecencia pública a concreción do que califica dun novo referente nacionalista, que o vindeiro 14 de xullo realizará a súa asemblea constituínte. Beiras chamou á cidadanía alega a tomar parte neste nese proceso, unha chamada que extendeu tamén a \"grupos interesados nunha alternativa dun novo referente\" para que \"se faga todo o posible para confluír\", no que é unha referencia a 'Compromiso por Galicia', colectivo conformado por Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecosocialista. Diálogo Iso si, para o referente de Encontro Irmandiño, ese novo proxecto debe partir de que a \"confluencia sexa de cidadáns\". \"O diálogo entre grupos debe continuar, pero a confluencia debe ser de persoas\". Para Xosé Manuel Beiras,\"hai que dar garantías de que o proceso é de abaixo a arriba, e que se vai á construción dun movemento co que se vehiculice na estanza política mediante unha ferramenta e non a un partido convencional que sexa o motor dende arriba\". Atraer descontentos \"Algo que resulte atraente, non só para a xente que levamos militado en organizacións determinadas, sexa o BNG ou outras, ou cidadáns organizados en grupos máis pequenos\", é o que Beiras agarda do novo referente, \"para que non derive en algo análogo ao que se entiron defraudados eses continxentes de masa crítica da esquerda e non nos confinar nunha disputa por un espazo xa existente\". Para o referente de Encontro Irmandiño, hai tempo para conformar unha alternativa electoral e, neste sentido, si considerou que un fraccionamento non sería positivo. \"Estamos a favor de impedir un fraccionamento\", proclamou, referíndose á súa condición de voceiro de Encontro Irmandiño. A preguntas na súa comparecencia de se el sería o candidato nas vindeiras eleccións dun novo referente político, afirmou que iso non é a súa \"pretensión\" mais non pechou \"ningunha porta\"."}
{"ID": "NOS_22158", "summary": "A actual eurodeputada fora eleita nos comicios de 2014 por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEEe) na lista 'A Esquerda Plural', conformada con Izquierda Unida. Na candidatura a Bruxelas figuran nomes como Sandra Pesqueira e Xoán Hermida. Unha lista na que se reflicte a ausencia do sector crítico. No interior, as candidaturas completas nas primarias de En Marea para Congreso, Senado e Europeas.", "text": "En Marea deu a coñecer esta segunda feira os nomes das persoas que integran as candidaturas que participan no proceso de primarias para as eleccións xerais e europeas de 2019, un proceso no que decidiu non tomar parte o sector crítico. Como adiantou Sermos Galiza a pasada sexta feira, Ana Seixas perfílase como número 1 do partido instrumental na lista do Congreso para A Coruña. Pancho Casal, deputado e ex dirixente de Podemos Galicia, como número 2. En Ourense vai como cartaz Iván Olmos, en tanto que Iris Malvido e Teresa Burgos aparecen como opcións con forza en Pontevedra e Lugo, respectivamente. Nese proceso as persoas inscritas tamén votarán a candidatura para as eleccións europeas. Aí quen figura como proposta de cabeza de lista é Lidia Senra, actualmente eurodeputada após ser eleita en 2014 na lista 'A Esquerda Plural' como representanmte da Alternativa galega de Esquerda en Europa (AGEe). A marinense Sandra Pesqueira ou o pontevedrés Xoán Hermida figuran tamén nesa proposta. Falta por concretar que fórmula escollerá En Marea para concorrer a esta cita europea. Nas últimas semanas foron varias as opcións postas riba da mesa, entre elas a de ir canda o partido creado por Varoufakis e Compromís. A este proceso non concorren dirixentes dos tres partidos que se presentaron en coalición ás xerais de xuño de 2016 baixo a marca En Marea. As fendas no seo da confluencia son moi profundas e atinxen aspectos estratéxicos. Após o anuncio das candidatas ábrese un período de campaña electoral que se prolongará ata esta quinta feira, 7 de marzo. Completada a campaña, as inscritas de En Marea poderán votar para ordear os postos en cada unha das nove listas e desa composición defitiniva sairán as candidaturas ao Congreso, o Senado e ao Parlamento Europeo. As eleccións terán lugar entre a sexta feira 8 de marzo ás 9:00h e o domingo 10 de marzo ás 23:59h. O método que se empregará será o sistema preferencia Borda, no que cada inscrita decidirá o posto das candidatas segundo a súas preferencias. Eleccións europeas 2019Cabeza de lista: María Lídia Senra Rodríguez Candidatura: Sandra Pesqueira PérezXoán Hermida González Celsa González Ogando José Manuel García González Olga Otero GómezXabier Janeiro Cortés María José Conde Seguín Orlando Gregorio Álvarez ÁlvarezDavid Estévez Rodríguez Suplentes: Sofía Abal Sanabria Luz Marcos Buján Benjamín Balboa Cereijo Pilar Saavedra Codesido María Estefanía Otero Rivas Eleccións xerais 2019 Lista A Coruña Congreso Ana Seijas BaranauskasFrancisco Casal VidalMaría Chao MartínezAdrián Dios VicenteCarmen Fernández RíosCarlos Neira SuárezAlba Nogueira LópezDaniel Oca González Senado María Dolores Candedo GunturizXosé Manuel Pérez SardiñaEva López SotoPablo Meira Cartea Lista Lugo Congreso María Cristina Pérez HerráezJavier Arca UriaMaría Teresa Burgo GarcíaIván López López Senado María Victoria Esteban RiescoManuel Germade MayoMaría Emma Rodríguez BlancoJuan Carlos Baliñas Pérez Lista Ourense Congreso Iván Olmos FerreiroIolanda Pérez DocampoJorge Vázquez RodríguezSonia Couso Vidal Senado Milán Brea CastroAna García EarleyJorge Lorenzo VilaMaría Isabel Fernández Suevos Lista Pontevedra Congreso Iris Malvido LagoManuel González MoreiraMaría del Carmen Ceferina (Peque) GonzálezEladio Juan Torres CastroMaría del Mar Blanco CasaisGaspar Antonio González SomozaMaría Teresa Pérez GonzálezEladio Juan Torres CastroMaría del Mar Blanco CasaisGaspar Antonio González SomozaMaría Teresa Pérez González Senado María del Carmen (Mari) Carmiña VázquezXulio Villanueva GonzálezSilvia Díaz IglesiasXoan Lois Vila Pinel"}
{"ID": "PRAZA_1133", "summary": "Este venres celebrouse o cuarto aniversario das manifestacións que deron comezo ao movemento de indignación, convocadas en plena campaña das eleccións municipais de 2011. O 15M tivo dende entón un impacto notable na política galega e española, con efectos que chegan ata hoxe", "text": "Domingo 15 de maio de 2011. Nos días e semanas anteriores viñera sendo compartida a través das redes sociais a convocatoria de manifestacións, impulsadas por Democracia Real Xa! e outros grupos. Inesperadamente para moitos, comezando pola meirande parte dos medios de comunicación e as grandes organizacións políticas, as marchas foron masivas en toda España. Tamén en Galicia, con milleiros de manifestantes en cada cidade. Ese día deu comezo un movemento que foi sufrindo metamorfoses estruturais e estratéxicas, ao que se lle esixiron padriños e un programa concreto, ao que se lle esixiu que tomase forma electoral, que primeiro foi desprezado e despois atacado e que, sobre todo, serviu nos últimos anos para dúas cousas. A primeira, para fixar unha nova axenda de prioridades na política e na contestación social, elevando ao primeiro plano a demanda de prácticas democráticas máis intensas e horizontais, de transparencia e limpeza na xestión; e tamén unha reivindicación xeral de democratización da economía e da defensa do estado de benestar que se concretou nunha intensa loita polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos, pola sanidade e o ensino públicos, contra o pagamento da débeda e pola fiscalización das relacións entre poderes públicos e privados. A segunda, a xeración dun espazo político novo, anteriormente existente pero máis diluído, fragmentado e débil, no que moitos e moitas se atoparon con persoas afíns, con movementos sociais e tamén con formacións políticas -preexistentes e novas- que confluíron nun movemento de ruptura, ás veces cunha concreción electoral e outras non. Catro anos, unha lexislatura completa nos concellos e, cunha diferenza duns meses, no Goberno central. Neste tempo o 15M tivo uns efectos notables na política galega. Dificilmente se podería entender a formación e o éxito en 2012 de Alternativa Galega de Esquerdas sen o impulso social que significou o 15M. O mesmo podemos dicir do nacemento de Podemos pouco antes dos comicios europeos de 2014 e o seu crecemento nos meses seguintes. E os efectos do 15M chegan, de forma máis ou menos explícitas ata as actuais mareas e candidaturas de unidade nas cidades e vilas galegas. Reaccións das candidaturas Este venres 15 de maio de 2015, catro anos despois, de novo no medio dunha campaña electoral municipal, organízanse algúns actos que conmemoran a efeméride e son, precisamente, as mareas e candidaturas de unidade as que expresan a súa ligazón con este movemento, o mesmo que os círculos de Podemos. Xulio Ferreiro destacou o 15M como un movemento \"fundamental\" para entender a Marea Atlántica \"a pesar de que non cabe nunhas siglas, é patrimonio da xente\" Xulio Ferreiro, candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, destacou este mesmo venres o 15M como un movemento \"fundamental\" para entender a Marea \"a pesar de que non cabe nunhas siglas, é patrimonio da xente\". \"Hoxe, catro anos despois de gañar o sentido común da xente, o espírito do 15M está empezando a gañar as institucións, hai unha marea de ilusión á que cada día se suma máis xente\", sinalou. Confiado nunha vitoria electoral da Marea Atlántica o 24M, conclúe que \"da arrogancia de hai unha semana, o PP pasou ao desconcerto máis absoluto, non nos sorprende ese desconcerto: non entenderon Nunca Máis, non entenderon o 15M e tampouco entenden agora que a xente desafíe o poder coas súas propias mans\". Así mesmo, Marea Pontevedra celebra hoxe o \"aniversario do día da rebelión social\" e faino coincidir coa organización dunha consulta aberta, este venres e sábado, \"para definir as liñas centrais para as posibles alianzas postelectorais\" da candidatura. A Marea instalará urnas na Praza da Peregrina para que calquera cidadán ou cidadá escolla \"5 propostas prioritarias\" entre once opcións (entre as que se atopan a paralización da A57, a non renovación do convenio coa praza de touros, a xestión directa e pública da auga e do lixo, un plan de emerxencia social contra pobreza ou a recuperación integral da fachada litoral da ría). As cinco máis votadas converteranse \"nun compromiso de obrigado cumprimento para as concelleiras e concelleiros da Marea\". Marea Pontevedra celebra hoxe o \"aniversario do día da rebelión social\" e faino coincidir coa organización dunha consulta aberta Tamén Ourense en Común se pronunciou este venres sobre o cuarto aniversario do 15M, subliñando que \"hai hoxe 4 anos algo cambiou en todas nós. Aprendemos a non quedar caladas, a non ter medo, a camiñar xuntas para cambiar as cousas, a valorar a nosa dignidade. A enerxía encheu as prazas, e fíxose alí máis pola democracia do que fan algúns políticos profesionais durante toda a súa vida. A herdanza de todo aquilo segue viva no noso espírito, e aínda que queda moito traballo por facer, algúns xa non dormen tan ben. Os programas participativos dunha chea de plataformas municipalistas son o novo comezo\" De igual xeito, Lugonovo salienta que \"aqueles 'tolos e tolas' quixeron cambiar de novo o mundo e comezaron por Sol. Alí plantaron as súas tendas de campaña e ... estamos seguros que alí xurdiron moitas das mareas, plataformas, movementos veciñais que catro anos máis tarde concorren ás municipais e autonómicas de toda España\". Ourense en Común: \"Hai hoxe 4 anos algo cambiou en todas nós. Aprendemos a non quedar caladas, a non ter medo, a camiñar xuntas para cambiar as cousas, a valorar a nosa dignidade\" Así mesmo, tamén dende os círculos de Podemos en varias cidades galegas, este venres lémbranse aquelas manifestacións, como por exemplo o de Compostela: \"un 15 de maio de hai xa catro anos un berro de indignación percorreu as nosas vidas, algúns espertaron. Volvamos ás prazas, volvamos ás rúas, sigamos espertando\". Ou o de Vigo: \"Tal día coma hoxe, hai 4 anos, en Vigo reunímonos na farola de Urzaiz, fartos dos enganos da sociedade política, pedindo dereitos que eran nosos, pedindo un goberno que defenda os cidadáns e non as grandes multinacionais\". E, engaden dende a cidade olívica: \"Podemos non é o 15M, e o 15M non é Podemos, pero non se entendería a Podemos sen o 15M. Dixéronnos cando estábamos nas prazas 'preséntate ás eleccións se queres cambiar algo'. Pois ben, aquí estamos agora\". Actos de conmemoración Lugonovo: \"Estamos seguros que alí xurdiron moitas das mareas, plataformas, movementos veciñais que catro anos máis tarde concorren ás municipais e autonómicas de toda España\" Indígnate Pontevedra e Movilízate Pontevedra celebran a cuarta edición de Pontevedra Pregunta, que quere ser \"un espazo para a cidadanía, onde poder facer un debate de verdade político e non un mitin\". Estruturado en dúas entregas, comezará este venres ás 19.30 na Facultade de Belas Artes coa presenza de Iván Puentes (PSdeG-PSOE), Pilar Dopazo (Compromiso por Galicia) e María Biempica (Tod@s por Pontevedra); e o sábado no Teatro Principal á mesma hora con Anabel Gulías (BNG), Guillermo Casalderrey (Marea) e Alfonso Rodríguez (Ciudadanos). O PP foi o único partido de rexeitou participar no acto. Ademais, o cuarto aniversario do 15M celebrarase este venres pola noite no bar Naveiro e o sábado ás 12.30 cunha asemblea aberta no Campiño de Santa María. Podemos Vigo: \"Podemos non é o 15M, pero non se entendería sen o 15M\" De igual xeito, en Ourense, o movemento 15M da cidade organiza un acto este venres ás 19 horas na Praza Maior, un acto no que conformaron a súa participación Anova, Podemos e Ourense en Común."}
{"ID": "NOS_57408", "summary": "Ignacio Bueno afirma que a planta producirá ao \"máximo que poida fabricar\" o novo modelo Peugeot 2008. Síntoma de que a factoría vai ben. Porén, recentemente apostaba na \"contención salarial\" para traballadores e traballadoras da planta.", "text": "A factoría do Grupo PSA en Vigo vai fechar 2019 \"francamente ben\". Así o manifestou Ignacio Bueno, director da factoría viguesa, que sinala o ´\"éxito inicial\" do novo modelo que se ensambla na cidade olívica, o Peugeot 2008. Hai unha semanas, a finais de setembro, o propio Ignacio Bueno apontou a necesidade dunha conxelación nos salarios. A CIG lembroulle que non se podía falar de conxelar soldos para os e as traballadoras mentres a dirección \"ingresa soldos millonarios\". Desde a CUT consideraban que Bueno estaba a apontar cara a unha \"nova conxelación salarial como a de 2014\". Desde a dirección do grupo en Vigo tense afirmado en máis dunha vez que o custo laboral representaba 50% da fabricación dun vehículo, retrucándolle os sindicatos que iso non era certo e que representaba 11%, segundo análises e estudos de universidades e a propia patronal."}
{"ID": "NOS_51051", "summary": "A formación que lidera Xoán Bascuas presentou no rexistro do Parlamento unha proposta de ILP que pretende recoller \"a preocupación da cidadanía\"", "text": "Tras os últimos casos de imputación en delitos de corrupción de cargos políticos de varias cidades galegas, varias son as iniciativas que pretenden respostar á preocupación cidadá por este tema. Deputad@s de BNG e AGE solicitaron a demisón d@s imputad@s e agora Compromiso por Galicia (CxG) presentou no rexistro do Parlamento a tramitación dunha ILP con medidas de prevención destes casos. Con este primeiro paso legal, conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/1988, do 19 de xaneiro, CxG quere \"respostar a unha preocupación da cidadanía\", en palabras do seu secretario xeral, Xoán Bascuas. A iniciativa de CxG ten como referentes, segundo figura no propio texto, outras semellantes doutros lugares do mundo como o caso da ficha limpa da lexislación brasileira. \"Cumprimos os trámites legais para comezar a recoller cando menos as 15.000 sinaturas precisas para a toma en consideración no Pleno e subseguinte tramitación parlamentaria\". O secretario xeral de CxG deixa claro que esta ILP non pretende \"resolver, castigar ou sancionar, senón prever\". Báscuas aposta polo endurecemento do castigo para @s corrupt@s e unha \"exemplaridade na conduta nos representantes políticos galegos, e unha actuación pedagóxica orientada ao cambio dunha cultura política enormamente instalada no imaxinario colectivo\". Após a presentación no rexistro da proposta debería acadar as 15.000 sinaturas para a súa toma de consideración no Pleno do Parlamento. A ILP No texto rexistrado por CxG preséntanse os motivos polos que se realiza esta proposta e enuméranse, no seu artigo premiliminar, aquelas \"actividades de risco que podan incitar\" a diversos delitos de corrupción. Logo sinálanse formas de actuación nos procesos electorais galegos, na dación de contas d@s representantes públicos, na limitación de mandatos, na contratación de servizos públicos e, por último, propón a creación dun Consello de Prevención da Corrupción. Imaxe: CxG"}
{"ID": "NOS_15146", "summary": "O XIII Certame Galego de Bandas Populares reunirá no Auditorio de Galiza os días 2 e 3 de novembro 21 formacións de música popular. Esta edición será a máis numerosa e internacional, coa participación de catro agrupacións portuguesas, unha castelá e 16 galegas.", "text": "A Federación Galega de Bandas de Música Populares (Fgbmp) organiza na primeira fin de semana de novembro en Santiago o XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares. Celebrado no Auditorio de Galiza, será ademais retransmitido en directo a través da canle de YouTube da FGBMP. Esta edición procura avanzar na introdución de bandas doutros puntos da Península, neste caso de Benavente e de Portugal. Así, esta converterase na cita máis internacional até o momento, congregando a 1300 músicos de 21 agrupacións: 16 galegas, catro portuguesas e unha de Castela e León. Os mestres Frank de Vuyst, Laurence Roman e Luis Serrano Alarcón integran o xurado que escollerá as bandas gañadoras das cinco categorías, podendo así mesmo outorgar en cada sección (agás na infantil) un recoñecemento á mellor interpretación dunha obra galega. Igualmente, continuarase coa distinción instaurada o ano pasado ao mellor director do certame, en colaboración coa Escola Galega de Dirección de Banda, e mais coa última estrutura da competición clasificada nas cinco seccións antes mencionadas: infantil, xuvenil, primeira, segunda e terceira. As bandas interpretarán un pasodobre de presentación, seguido dunha obra de libre de elección e outra de autoría galega proposta pola organización. As pezas obrigadas desta edición son: \"Rapa das bestas\", de Simón Couceiro Riveira, na sección primeira; \"A Curuxa\", de José Javier Ces Calvo, na sección segunda; \"Memoria da Gallaecia\", de David Rivas Domínguez, na sección terceira; \"Paisaxes galegas\", de Frank J. Cogollos Martínez, na xuvenil; e \"O pequeno Nicolás\", de José Luís Tielas Santiago, na infantil. XII Concurso Galego de Composición Entre as obras de autoría galega de obrigada interpretación, están as premiadas o ano pasado no pasado Concurso Galego de Composición, tamén organizado pola Fgbmp. As gañadoras da actual edición –que se anunciarán durante a cerimonia de clausura– serán estreadas e executadas no Certame de Bandas de Música de 2020. Coa organización destes premios, a FGBMP busca cubrir a escaseza de pezas galegas para seren interpretadas especificamente por este tipo de agrupacións, dispoñendo xa dun amplo catálogo para a súa progresiva incorporación por parte das bandas federadas. Na presentación do certame a cuarta feira 30 de outubro, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, e o presidente da FGBMP, Iván Estévez, destacaron o bo momento que están a vivir as bandas na Galiza. O recoñecemento á súa proxección exterior así o demostra, co recente primeiro premio da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis no Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda ou o da Banda unión Musical de Meaño no Concurso Bandístico Internacional Rival da Garda (Italia)."}
{"ID": "NOS_26559", "summary": "Catro día despois, Dylan continúa sen se pór ao telefone cando do outro lado está a Academia sueca para comunicarlle formalmente que acaba de gañar o Nobel de Literatura. Catro días despois, Dylan continúa sen facer acuse de recibo do premio.", "text": "Xa era de universal coñecimento a concesión do Nobel e Dylan saíu a un escenario, unha rotina para o músico que desde 1988 anda polas estradas do planeta co seu Never Ending Tour. Desta volta foi en Las Vegas e, como cabía agardar nunha personalidade tirando a pouco sociábel como a súa, o cantor de Minnesota nen pronunciou unha palabra sobre o premio. Nada surprendente: con muita frecuencia -este cronista pode dar fe- Dylan non pronuncia unha palabra sobre nada nos concertos, fóra do que é estritamente a interpretación -ou reinterpretación- das súas cancións. Nada lle é máis proprio ao personaxe Dylan que non facer acuso de recibo do premio. Que actuar como se nada pasase, sen lle dar ningunha importancia a un evento sen precedentes, a concesión do maior galardón das letras universais a un músico. Significa isto que non acudirá a Estocolmo o próximo 10 de Novembro para recoller o galardón? Imposíbel sabelo. Dylan non dá puntada sen fío e o probábel é que a súa mente estea deseñando diversos escenarios, desde aquel lonxíncuo 1964 en que escandalizou o sector máis purista da freguesía folk cando se apresentou sobre o palco cunha guitarra eléctrica -vade retro- o seu foi sempre epatar o persoal, así que calquera sabe, fai parte do espectáculo. O Nobel está dotado con algo máis de 850 mil euros. En toda a historia só dous escritores recusaron o galardón, o ruso Borís Pasternak e o francés Jean Paul Sartre En Estocolmo, porén, manteñen a esperanza. \"Teño un presentimento de que Dylan pode vir. Pode equivocarme, e claro que sería unha mágoa que non viñese, mais en calquera caso a distinción é súa e non podemos responsabilizarnos do que pase agora. Se non quere vir, será unha grande festa igual\", dixo á imprensa a secretaria do Premio, Sara Danius. O Nobel está dotado con algo máis de 850 mil euros. En toda a historia só dous escritores recusaron o galardón, o ruso Borís Pasternak e o francés Jean Paul Sartre. Non é probábel que Dylan os acompañe, mais se algo caracteriza este artista é a súa imprevisibilidade. En todo caso, e dada a resistencia de Dylan ao contacto telefónico, a Academia sueca, informou Danius á radio pública do seu país, desistiu xa de facer a comunicación formal ao cantor norteamericano"}
{"ID": "PRAZA_14449", "summary": "Ás veces, só ás veces, pensamos que o da \"democracia\" é un soño, e realmente vivimos nun Estado policial. Asembleas populares de todo ese Estado \"democrático\" acordan facer unha marcha por Madrid sobre o Congreso dos Deputados, para reivindicar os dereitos da maioría social agredida polos recortes de liberdades. Nun principio a convocatoria titúlase Ocupa o Congreso, como a ben pacífica Occupy Wall Street, e que rematara cos \"moi pacifistas\" e protectores polis yanquis disolvendo a porrazos e gases lacrimóxenos a multitude, e detendo a case mil cidadáns. Para deixar ben claro o seu espírito pacífico, a convocatoria pasa a chamarse Rodea o Congreso. A pesar dos reiterados mensaxes da Coordinadora nesta dirección, o PP segue ao seu.", "text": "Ás veces, só ás veces, pensamos que o da \"democracia\" é un soño, e realmente vivimos nun Estado policial. Asembleas populares de todo ese Estado \"democrático\" acordan facer unha marcha por Madrid sobre o Congreso dos Deputados, para reivindicar os dereitos da maioría social agredida polos recortes de liberdades. Nun principio a convocatoria titúlase Ocupa o Congreso, como a ben pacífica Occupy Wall Street, e que rematara cos \"moi pacifistas\" e protectores polis yanquis disolvendo a porrazos e gases lacrimóxenos a multitude, e detendo a case mil cidadáns. Para deixar ben claro o seu espírito pacífico, a convocatoria pasa a chamarse Rodea o Congreso. A pesar dos reiterados mensaxes da Coordinadora nesta dirección, o PP segue ao seu. A delegada do Goberno en Madrid compáraos cos \"nazis\", e a secretaria xeral do partido, co \"golpe do 23F\". No entanto, comunícase que mobilizaranse máis de 1.400 axentes \"antidisturbios\" para \"protexer\" Madrid, todo segundo os sindicatos, xa que o Goberno négase a informar. Compañeiros dinnos que iso é só o que se atreven e non lles queda máis remedio que contar, que hai máis policía aínda, e mesmo membros do Exército. Verdade, mentira? Aínda que ninguén os coñece, ninguén sabe quen son os manifestantes, os \"demócratas\" fan estas declaracións, e contertulios de radio defenden a lexitimidade do \"templo da soberanía popular\", e a \"barbaridade\" desta convocatoria, a Policía prohíbe varias das xuntanzas públicas e abertas feitas en parques públicos para preparala, identificando os seus membros, mesmo detendo \"preventivamente\". Os preto de 850 axentes desprazados costan ao erario público, só en dietas, polo menos \"máis de 200.000 euros\", segundo o Sindicato Unificado de Policía (SUP) Chega o día. 25S. Cinco da tarde. Centos de \"leiteiras\" toman Madrid. Antes das sete, todo desenvolveuse sen \"altercados\", en medio dun espírito reivindicativo, mais cívico e pacífico. Un forte cordón policial impide que un se poida achegar nin sequera preto do Congreso. A Policía xa o \"rodeara\" dende hai días. Un deputado socialista critica o \"excesivo\" despregamento policial, mentres a Carreira de San Jerónimo e accesos colindantes permanecen cortados, e só se permite o acceso aos condutores que acrediten praza de garaxe, así como a deputados, funcionarios e demais traballadores do Congreso. Os viandantes son identificados se queren acceder á zona acoutada polo \"dispositivo de seguridade\", e moitos teñen que ensinar o interior dos seus bolsos e mochilas. Os comerciantes denuncian pérdidas do 60 e 70% nas vendas, \"iso cando non pechan completamente\", denuncia un, \"entón facturamos un 99% menos, se acaso veñen os policías a tomar un café\". Un representante de Esquerra Unida no País Valencià cualifícao de \"acoso continuo\" e \"estado policial\": \"O persoal vai co carné na boca\", mentres denuncia que os axentes non van coa identificación visible. Namentres, o presidente da Cámara considera a situación dentro da institución como \"normal\", e o ministro de \"Xustiza\" cualifica a iniciativa de \"Rodea o Congreso\" como \"agresión ao sistema democrático\". Sen embargo, o presidente do Tribunal Constitucional foxe de calquera comparación co 23-F. Fóra, os veciños teñen que baixar das súas casas con certificados de empadroamento e facturas da luz para poder saír e acceder de volta aos seus domicilios. Algúns turistas tamén teñen problemas para chegar aos seus hoteis. Confusión nas indicacións dos axentes, porque a maioría proveñen de fóra de Madrid. Arredor de Praza de España, de Atocha e Neptuno, a xente comeza a chegar en grandes grupos, repartíndose pancartas e organizándose, actuando responsablemente. A Policía comeza a identificar moitos deles, varias veces. Antes rexistraran algúns dos autocares, coa escusa de ser \"controis policiais\". Son as sete e prodúcense os primeiros forcexeos entre Policía e cidadáns, na praza de Neptuno. Cargas. A canle 24 horas da que fora a mellor televisión pública en España conecta tan só dúas veces e para retransmitir só estas imaxes. A reporteira nega que houbese violencia mentres se ven imaxes dun home coa cabeza cuberta de sangue, e di que só houbo \"manifestantes increpando á Policía\" e \"lanzamento de obxectos\", mentres ás súas costas retumba o clamor de \"Televisión, manipulación\". Comezan a deter xente. Mesmo a veciños do barrio que non tiñan que ver coas manifestacións. Á altura das nove a Policía volve cargar en Neptuno. Ata cinco axentes reducindo a un rapaz. Os cálculos din que hai máis de tres policías por \"señoría\". Ao tempo, Mariano Rajoy, en Washington, publica no seu Twitter unha foto del hipersorrinte coa familia Obama. A situación en Neptuno é cada vez máis tensa, e de súpeto estoura. Un pequeno grupo de manifestantes con banderíns vermellos e negros, que poderían ser anarquistas, outros din que policías infiltrados, desafía o cordón policial e se achega cada vez máis aos axentes. Unha muller tenta convencelos para que paren, pero non lle fan caso, ao grito de \"Non pasarán\". Como non retroceden, os \"antidisturbios\" deciden cargar contra eles, e na estampida, descobren que van provistos con escudos feitos con tapas de colectores de lixo. En medio do caos, cargan aleatoriamente contra calquera que estea preto, aínda que non sexa deste grupo, e aporrean a unha rapaza allea a este, que berra \"Non fixen nada\". Un señor quere auxiliala, e é tamén duramente golpeado por varios axentes. Outro golpea e deixa malferida a unha parella, que tenta saír de alí. Un axente quere detelos pero un rapaz deféndeos propinándolle unha patada. A parella fica apertada no chan. Algúns tiran os valados, mentres a maioría alza as mans baleiras cantando \"Estas son as nosas armas\", \"Nin un paso atrás\" ou \"O pobo unido xamais será vencido\". A maioría tenta conservar a tranquilidade, mentres outros insultan ou botan adoquíns aos policías. A unha parella golpéana no lombo a pesar de que lle facía caso á Policía e trataba de marchar. A Delegación nega que se estean empregando pelotas de goma, pero o certo é que diversas fontes xornalísticas informan de que si. Deteñen a unha señora por tentar gravar co seu teléfono, e rematan levándoa arrastrada. A Miguel Quinteiro, de 72 anos, histórico activista galego, quen só estaba facendo unha sentada, tamén o levan polo chan. Tentan esposalo, dinlle que non faga resistencia malia que está completamente quieto, \"Non fago resistencia, é que me doe! Cabróns!\" Dinlle que estea tranquilo, e lévano semiespido cara ao furgón, antes de metelo no calabozo por máis de dous días. En medio dunha carga, varios manifestantes tentan agocharse no interior dun bar da zona, mentres o dono prántase cos brazos en cruz, protexéndoos e impedindo que os policías entren alí tamén. Berra tamén que os manifestantes deixen de tirar pedras. Ao día seguinte este home, votante e militante do PP, felicitado por todos e aclamado como heroe, declarará \"Este non é o país que quero\", criticando a actuación policial e do goberno. Noutra rúa, un manifestante exaltado tenta provocar aos policías, e o certo é que, a pesar da distancia que manteñen, o consegue. Un corre cara a el, pero ao non verse seguido polos seus compañeiros, berra e se move dun lado para outro como tolo cheo de ira. Cargas aleatorias. Imaxes de televisión amosan como hai policías \"de paisán\" infiltrados entre os manifestantes, un berra mentres mallan nel \"Non, que son compañeiro, coño!\", mentres outros axudan a deter persoas. Madrid é unha auténtica rateira, e hai rúas tan absolutamente cercadas, que para fuxir dos golpes a xente ten que meterse en hoteis e demais establecementos. Policía persegue a xente ata a estación de metro e tren de Cercanías de Atocha, e, en troques de deixalos cando conseguiu a súa dispersión, entra e baixa cara ás profundidades coa fin de capturalos. Turra en varios viaxeiros que só estaban por alí esperando o seu tren. Un deses rapaces nos que malla di \"Só son viaxeiro\", pero un axente segue, mesmo cando un dos seus compañeiros advírtelle que non sabe se é manifestante. Un rapaz amosa a un fotógrafo a súa testa cuberta de sangue. Outros xa baixan as escaleiras mecánicas e proceden a sembrar o pánico entre os que alí esperan o tren de destino á súa casa, moitos volvendo do traballo. Un home maior que parece ser de fóra, sentado nun banco, aperta a un rapaz (seu fillo?) mentres un policía malla nel por detrás, mentres repite, como un \"mantra\" protector de indignación \"Vergoña, vergoña, vergoña...\" Despois, identifican a tódolos xornalistas que atopan, intimidándoos e obrigándolles a apagar as súas cámaras e entregar as súas fotos. A un deles, malia que tentaba negociar con eles e prestábase a identificarse, rómpenlle o micrófono da cámara, pensando que destrozábana así enteira. O rapaz berra porque estanlle a destrozar unha prolongación de si mesmo, mentres o policía dille \"Escoita un momento: mentres esteamos aquí, ti quietiño aquí\". Fontes policiais confirman máis de trinta detidos. Un deles era simplemente un veciño do barrio que se encarou cun axente protestando polos cortes de tráfico. Fontes de Cruz Vermella informan de sesenta e nove feridos, un deles cunha lesión medular previa, que se lle agravou despois dos incidentes. Vintesete policías feridos, disque un cunha brecha na cabeza. Moita xente recibiu paus só por estar por alí en medio. A cidade sufriu auténticos episodios de pánico, que seguirían ao día seguinte en reacción ás protestas polas detencións. No cárcere, comeza outro episodio máis: torturas, vexacións, aillamento... Denegación de asistencia médica, e todo isto durante dous longos días. Un dos 34 detidos sairá un día máis tarde, baixo fianza de 1.000 euros. A policía inventa os cargos contra eles, e a xuíza redacta os autos en dous minutos. O goberno trata de que sexan xulgados pola Audiencia Nacional por \"delitos contra a nación\" e \"sedición\", mais esta se inhibe e algún chega a chamalo \"disparate\". Tamén os sindicatos de policías acusan ao Goberno e o director da Policía de buscar \"o delito antes cá proba\". Avogados denuncian os \"malos tratos policiais\" aos detidos, entre eles recoñecidos activistas e avogados do movemento pacífico 15M. Un deles, José Cosín, avogado, leva a acusación popular do caso Bankia, e outro, Miguel Quinteiro, membro de Attac e da Plataforma polo Aforro Público, a querela contra as caixas galegas. O Goberno louva a actuación policial e di que foi \"magnífica\" e \"perfecta\", mentres o director da Policía cualifícaa de \"proporcional e profesional\". Ás veces, só ás veces, pensamos que vivimos nunha democracia. É só un soño."}
{"ID": "NOS_25446", "summary": "O fútbol é a única fe do país que non ten nin conversos nin apóstatas, pois, como dicía Eduardo Galeano, \"unha persoa pode cambiar de parella, de partido político e mesmo de relixión, pero endexamais pode cambiar de equipo de fútbol\". Esa crenza inquebrantábel nunhas cores, xa sexan as branquiazuis do Dépor, a celeste do Celta ou a albivermella do Lugo, por destacar algunhas das principais escuadras da Galiza, son o xermolo da paixón por un deporte que viu medrar figuras de talle planetario como Luis Suárez, Amancio, Pahiño, Acuña, Fran, Míchel Salgado, Iago Aspas ou Angeliño.", "text": "\"Ahí la tenéis, queridos lectores. Se llama Irene y es capitana de un team que lleva su nombre. ¡Salve, Irene! ¡Salve, Irene!\". Así aparecía nun artigo de Galicia, revista gráfica popular Irene González, a primeira galega en xogar ao fútbol. Eran os anos 20 do século pasado e con ela iniciábase un camiño deportivo que 100 anos máis tarde xa non se ve como algo curioso, senón normal: as mulleres xogando ao fútbol. Irene González foi unha gran porteira que mesmo lle deu nome ao seu equipo, o Irene FC, e converteuse na súa cidade en toda unha celebridade, mesmo recollida nos apropósitos de entroido propios da Coruña: \"Mamá, futbolista quiero ser, para jugar con Irene, que juega muy bien\". Foron os primeiros pasos do fútbol feminino, que continuou nos anos 30 de xeito testemuñal con exhibicións como a protagonizada en Vigo polo Unión e o Ciosvín en 1932. Habería que agardar até os anos 80 para que o fútbol feminino galego volvese tomar impulso. E foi na localidade de Irene González. Alí naceu o Karbo, que de ser un conxunto escolar do barrio dos Mallos pasou a converterse en gran dominador do fútbol estatal, logrando cinco Copas da Raíña. O primeiro título chegou en 1981 ao gañar na final ao Risco con dous tantos de Lis Franco, unha das máis importantes xogadoras galegas que compuxeron aquel conxunto canda compañeiras como Pili Neira, Ángeles Olmo, Encarnación Pérez, Aurora Martínez, Teresa Pallas ou Inma Castañón. Os éxitos chamaron a atención do propio Deportivo, quen se uniu ao proxecto a mediados da década, non obstante, os problemas económicos dos branquiazuis cara o final dese decenio arrastraron o Karbo, que desapareceu en 1988. Galiza tivo que esperar até 2016 para o nacemento do Deportivo Abanca, que mercaba a praza en Segunda División do Orzán SD e iniciaba unha exitosa etapa que levaría o equipo até a Primeira División da man de xogadoras como Tere Abelleira, Nuria Rábano, Míriam Ríos, Iris Arnáiz, Alba Meirno, Maya Yamamoto, Gaby ou Peke. Por desgraza, tras unha primeira campaña brillante, na que foi o conxunto revelación da 2019/2020, rematando cuarto –malia a interrupción a causa da Covid-19, que obrigou a parar antes de tempo a Liga-, na 2020/2021 o Deportivo feminino non puido repetir actuación e rematou descendendo á segunda categoría tras unha temporada máis que irregular. Mentres, no sur da Galiza, Vigo tentaba nos anos 90 ser tamén parte do movemento do fútbol feminino, pero a aventura do Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo remataba en 2018 coa súa desaparición tras ter no seu ascenso a Primeira en 2011 o seu maior logro, ademais de sacar da canteira xogadoras tan recoñecidas como Pauleta ou Anair Lomba. Friol, Atlético Arousana, Erizana, Victoria ou Sárdoma son outras das aventuras que está a vivir o fútbol feminino na Galiza, coa vista posta en seguir medrando para convertérense en referencia. Agora xa hai toda unha xeración de mulleres que non ten que buscar referentes nin ídolos no balompé masculino nin alén do Padornelo Referencia como é xa Vero Boquete, a mellor futbolista galega da historia, que conta cun palmarés envexábel: dúas Copas da Raíña, un campionato estadounidense, outro sueco, campioa de Europa Sub-19 coa selección española e campioa da Champions League. Por non falar de méritos individuais, como o premio a mellor xogadora de Europa da UEFA en 2013 ou a oitava praza do Balón de Ouro da FIFA en 2014. Até un estadio, San Lázaro de Compostela, leva o seu nome. Porque o fútbol feminino galego comezou en Irene González, pero fíxose maior con Vero Boquete, e agora xa hai toda unha xeración de mulleres que non ten que buscar referentes nin ídolos no balompé masculino nin alén do Padornelo, porque entre as grandes hai xa moitas galegas. A selección galega feminina, unha historia de tres fitos Se o camiño da selección galega masculina de fútbol foi máis que complicado, que dicir da categoría feminina. As mulleres non tiveron un conxunto sénior até o ano 2007, cando o Goberno da Xunta formado por PSdeG e BNG quixo fomentar o fútbol feminino creando tamén un encontro amigábel, a semellanza do que se facía cos homes. Pero, como a eles, a aventura duroulle pouco, pois tras dous partidos a selección galega feminina desapareceu do panorama até volver, de modo puntual, nun choque en 2016, desde o cal a presenza do fútbol feminino coa camiseta de Galiza só se pode ver nas categorías inferiores. Estatísticas da selección galega feminina de fútbol. Aquel 27 de decembro de 2007 no que se estreou a selección galega de fútbol quedará para a historia, nun encontro no que se enfrontou á poderosa Catalunya como antesala do choque que despois xogaría a Galiza co Camerún. Con Pili Neira no banco, Paula, Cris, Mónica, Paula, Leti, Carolina, Míriam, Vero Boquete, Lombi, Joana Montouto, Mari Paz Vilas, Rebeca, Charo, Ana, Sara, Sonia, Marta e Anita foron as mulleres que vestiron por primeira vez as cores galegas no máis alto nivel, fronte un conxunto no que había xogadoras da categoría de Vicky Losada e Marta Torrejón, campioas de Europa 2021 co Barcelona, ou Natalia Arroyo, agora unha das adestradoras máis cotizadas do fútbol español. A arousá Mari Paz Vilas pasará aos anais da historia como a primeira goleadora da Irmandiña, nun partido no que a avultada derrota das galegas (1-6) importou moito menos que o feito de que, por fin, o fútbol feminino sacaba a cabeza para amosar que tamén tiña moito que dicir no mundo do deporte galego. Ao ano seguinte a historia ía ser moi distinta. Ante unha selección das Illas Baleares, Galiza goleou en Pasarón (Pontevedra) ante 2.500 persoas por 7-1. Maite Soage, Rita Lema, Vanesa Hermida, Mónica Vidal, Victoria Vázquez, Carol Baños, Vero Boquete, Míriam Ríos, Sara González, Mari Paz Vilas, Joana Montouto, Ana Durán, Cristina Lago, Carla González, Míriam Domínguez e Anair Lomba formaron aquela escuadra na que anotaron Mari Paz (2), Míriam (2), Vero (2) e Anair. Malia o crecente interese da sociedade, demostrado na presenza de 2.500 persoas en 2008 e 4.500 en 2016, o Goberno da Xunta non seguiu adiante co proxecto da Irmandiña feminina Malia ese bo resultado, e ao crecente interese polo fútbol feminino na Galiza, demostrado por eses 2.500 espectadores que se achegaron a Pasarón, a nova Xunta, dirixida polo PP, non seguiu adiante co proxecto e este decaeu mentres seleccións como a catalá e a vasca mantiñan a súa puxanza canda o xurdimento de grandes futbolistas e o aumento do poderío dos seus clubs. Houbo que esperar até 2016 para volver ver a Irmandiña feminina. Foi no estadio da Lomba de Vilagarcía de Arousa, onde 4.500 persoas animaron as galegas ante, de novo, Catalunya. Volveu caer Galiza (0-5) fronte unha selección moito máis rodada, xa que viña xogando de forma habitual no Nadal, e na que había estrelas como Alexia Putellas, Vicky Losada, Leila ou Aitana, columna vertebral do poderoso Barcelona. Por Galiza xogaron Ana, Sheila, Míriam Ríos, Nerea, Desiré, Carla, Lara Martínez, Carolina, Arufe, Tere Abelleira, Eva Luz, Laura Souto, Natalia, Vero Boquete, Sandra, Belén Fernández e Patricia."}
{"ID": "NOS_45660", "summary": "Había expectación sobre o que o líder do grupo parlamentar socialista puidese dicer na segunda e definitiva sesión da investidura de Rajoy. O resultado foi idéntico ao da cuarta feira: 170 votos a favor do candidato conservador, 180 en contra.", "text": "Segunda sesión de investidura falida na historia do réxime do 78, a primeira foi en marzo deste ano e tivo como protagonista Pedro Sánchez, o líder do PSOE, a segunda consumouse esta sexta feira con Mariano Rajoy como aspirante frustrado. Politicamente o interese non estaba tanto no resultado -absolutamente previsíbel ao non se ter producido ningunha mudanza nas últimas 48 horas-, senón no contido das diferentes intervencións dos líderes políticos e nos sinais que poderían emitir en relación ás súas estratexias futuras. Nese sentido, a sesión ofreceu basicamente dous titulares: primeiro, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, deixou entrever que procurará unha solución distinta á das terceiras eleccións \"coas forzas do cambio\"; segundo, o presidente de Cs, Albert Rivera, instou o PP a procurar \"un candidato para unha investidura viábel\" . Esta apelación a substituír Rajoy foi duramente contestada desde a tribuna polo portavoz conservador, Rafael Hernando, cunha fereza inusitada tendo en conta que se estaba a dirixir a un teórico aliado. O presidente de Cs, Albert Rivera, instou o PP a procurar \"un candidato para unha investidura viábel\" \"A responsabilidade que temos [as forzas do cambio] é oferecer unha solución a este país ao atasco político no que nos ten introducido o señor Rajoy e non lles caiba a menor dúbida de que se aximos todos con altura de miras e xenerosidade, estou convencido de que encontraremos entre todos esa solución e non lles caiba dúbida que o PP formará parte desa solución\", afirmou na conclusión da súa intervención o secretario xeral do PSOE. Mesmo así, fontes do PSOE, ao rematar o debate, apresáronse a indicar que o partido socialista non está neste momento a pensar en encabezar unha fórmula de goberno alternativa. Polas \"forzas do cambio\" Sánchez entende aquelas que quer o 20D quer o 26X se apresentaron ás eleccións co obxectivo de relevar das súas funcións a Mariano Rajoy. Estaría, mais unha vez, pensando nun acordo tripartito con Cs e Podemos. Por súa parte, Pablo Iglesias -en declaracións aos meios á conclusión do debate- apostou nun acordo entre o PSOE e Podemos e dixo que nesa tesitura esa alianza debería atopar apoios, sen fecharse por inteiro a negociar con Ciudadanos, embora mostrase unha maior afinidade con Esquerra Republicana de Catalunya. En todo caso, Rajoy sae moi debilitado desta investidura falida, até porque mesmo o líder de Cs declarou que o pacto co PP caducaba na sesión de hoxe ao non ter atinxido o obxectivo de obter a confianza da cámara."}
{"ID": "NOS_55829", "summary": "Indignación entre os bombeiros pola agresión a Miguel Ucles, delegado sindical da CIG nos bombeiros de Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galiza, onte en Madrid. Sucedeu no centro da cidade madrileña ao remate dunha manifestación de bombeiros de todo o Esrado reclamando melloras laborais.", "text": "\"Independentista de mierda. Iso me dixeron. En realidade foi un home dun grupiño de catro. Empurroume e tiroume coas gafas\", di Miguel Ucles. \"Eu fun deixar ao coche unhas bandeiras e unhas camisetas. Si, a miña camiseta leva escrito un dos lemas das nosas protestas: 'Vigo sen bombeiros'. Pero nada máis... síntome máis ferido na dignidade como persoa que polo susto ou polo golpe. Non, non respondín\". Miguel estaba só. Recriminou a súa actitude ao home. Mirou ao redor a ver se alguén lle botaba unha man. \"Había centos de persoas nunha praza enorme, pero mostráronse indiferentes\". Despois camiñou \"uns trescentos metros\" seguindo ao grupiño na procura dalgún axente para denunciar a agresión. Non apareceu ningún. Finalmente non denunciou. \"Contei a historia a varios compañeiros e un colgou unhas liñas no Facebook. Estou recibindo apoios de toda España. O que me preocupa disto é cara onde vai o sistema democrático e a convivencia. Temos que paralo\", explica Miguel por teléfono a Sermos Galiza. Nun comunicado emitido despois das sete da tarde,o BNG expresoua súa \"solidariedade co bombeiro vigués, após ser obxecto dunha agresión fascista ao remate dunha mobilización estatal en Madrid do colectivo dos bombeiros no día de onte\"."}
{"ID": "PRAZA_16054", "summary": "Iria-Friné Rivera Vázquez debulla neste artigo o Tríptico dos homes de Brigantia pintado polo artista a comezos dos anos 20 do pasado século. \"Representa o momento no que chegan as montañas do Cebreiro e son recibidos polo Druída\", explica", "text": "Segundo conta o relato Do Corno de Breogán, os clans celtas galegos recolleron o Grial que trouxera con el Xosé de Arimatea. De Arimatea instituíra a Orde do San Graal, que tras a morte de Santiago, trasladouse ao Monte do Pico Sacro. Esta era a primeira sede dos cabaleiros pertencentes a esta Orde. Cando Santiago morreu, foi enterrado na campía da saia do monte. Tamén se elaborou unha arca na cal gardouse o Grial, que se gardou xunto ao enterramento dentro da terra. A paz deste tempo foi interrompida pola guerra dos Mouros, que chegaron ao Pico Sacro. No tumulto a sepultura de Santiago non foi posible trasladala, pero os Cabaleiros da Orde atoparon o Grial e decidiron ir ao Monte de O Cebreiro, respectada como a Delfos Atlántica. Camilo Díaz Baliño pinta a marcha dos celtas. Representa o momento no que os homes de Brigantia chegan as montañas do Cebreiro e son recibidos polo Druída. O artista céntrase en catro figuras que Vicente Risco cita no seu escrito da Doutrina da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal (1919-1922): a Torre de Breogán, os homes de Brigantia trasladando o Grial, o Druída e o pobo de O Cebreiro. A Doutrina da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal é un longo escrito no que se describe as historias e transformacións míticas de Reis, sacerdotes e heroes celtas galegos e da Europa. As propias historias tamén alimentan as cerimonias, símbolos e termos da Orde. Na obra pictórica teñen presenza as figuras do capítulo 1 -Do Corno de Breogán- e o capítulo 6 da Doutrina. Toda ela contén as verbas que Philéas Lebesgue, parafraseando a Risco, publica no seu artigo A Galicia literaria de hoxe en día en La revue de L´Epoque de París en Maio de 1920: \"A i-alma de Galicia é anticlásica por natureza: hai en nós un medievalismo sustancial que nos ven da ancestralidade céltica, en nunca pudemos deixar de ser (ilexible) homes do Norte\". Un espello como fiestra a Irlanda A torre que se alza na punta da costa na que rompe o mar é a Torre de Breogán. O seu deseño non se corresponde ca estética neoclásica coa que foi restaurada entre 1788 e 1790. Na súa parte superior pode verse un lume de tal enerxía que parece lanzar un berro lostregante, co fume estendéndose polo aire. A Torre de Breogán está disposta no panel dereito do tríptico. A súa presenza débese a súa significación na Doutrina da Orde; segundo os escritos de Risco foi o Rei Breogán quen manda construíla, pois os seus enormes coñecementos permitíanlle observar o futuro a través das estrelas. Esta torre é edificada cando el funda Brigantium e Coruña, i era empregada por el coma observatorio. A súa presencia no cadro permite identificar o camiño seguido polos cabaleiros da Orde. Pero igualmente a Torre de Breogán posúe outro simbolismo. Non só se trata dunha das arquitecturas fundadas polo Rei, senón que estende os vínculos con Irlanda. A Torre de Breogán representa o Estado Celta galego, e na súa parte superior non só arde lume, senón que brilla un espello dende o cal é posible divisar a Illa Esmeralda. Ese espello é o signo da actitude a seguir dos galegos a respecto dos irlandeses coma cidadáns, e tamén da súa irmandade. Os homes de Brigantia Baliño representa na táboa central aos homes de Brigantia. Trátase de dous cabaleiros da Orde, superviventes das guerra do Pico Sacro. Portan consigo un escudo ovalado no cal está gravada a cruz de Santiago e ambos custodian o carro no que vai o Grial. Resaltan as sete cruces que flotan ao seu arredor e as flores que coroan tanto os bois como as lanzas dos cabaleiros. Se ben as lanzas con puntas de ferro afiado son armas de guerra, o feito de ir rodeados de flores e loureiros transforma o seu significado, pois non son para o dano e a represión. Baliño resalta a misión dos cabaleiros engadindo a seguinte lenda na parte inferior do tríptico: \"E tras de xurdia/ loita os homes de Brigantia reconqueriron o So Grial/ceibe e grorioso\". Unha lenda escrita en letras douradas, a cor da Eternidade na arte medieval. Pero que tamén continúa co estilo dos pintores do Norte, que engadían lendas, nomes ou anos nos cadros. Tal é o exemplo das pinturas de Petrus Christus (1410-1475) ou Hans Holbein (1497-1543). Baliño ao empregala neste tríptico non só fai énfase no carácter medieval da obra, senón que lle outorga a mesma aura que unha obra sacra, cunha íntima significación para os observadores coma unha obra de devoción. O Druída bardoprofeta En fronte aos cabaleiros da Orde está o Druída. Recibe aos homes de Brigantia dende o altar, no cal está o sacro lume prendido. A chegada de ambos cabaleiros é celebrada coa melodía interpretada polo músico cunha gaita. Risco fai alusión aos druídas na Doutrina, pero non establece relación algunha entre eles e os cabaleiros da Orde respecto o traslado do Grial ao Cebreiro. O pintado polo artista é froito da súa propia interpretación dos textos. O seu druída é un personaxe emblemático, herdeiro dos druídas representados sobre todo no século XVIII e XIX. Cadros como O xefe druída (1723) de Henry Rowlands e Druídas cortando o visgo no sexto día da Lúa (1900) de Henri-Paul Motte constitúen os precedentes da figura do tríptico. Mais se ben os druídas das obras citadas presentan un aspecto clasicista, a estética do Druída de Baliño é tan atemporal que resulta similar a caracterización de personaxes como os magos Albus Dumbledore na serie cinematográfica de Harry Potter (2001-2011) i especialmente, con Saruman e Galdaf O branco nas triloxías de O Señor dos Aneis (2001-2003) e O Hobbit (2012-2014). A luz de Pondal A mirada do Druída non se dirixe aos cabaleiros que transportan o Grial, senón a lúa que irradia a anta do cumio como un halo. A lúa aparece en toda a súa esplendidez, desprendendo unha luz limpa, fina, plena. O que distingue este cadro de calquera outra representación celta -incluso galega- é que está imbuído por completo de beleza pondaliana. Trátase dun lenzo iluminado por \"o raio transparente do prácido luar\" inmortalizado por Eduardo Pondal no poema Os pinos (Himno galego (1886). No visual incorpora o imaxinario pintado por artistas coma William Blake (Jerusalem: O nacemento do xigante Albion (1804). Sen embargo esta imaxe de Baliño é nobre, moi lonxe das representacións dos templos celtas nun ambiente de irracionalidade na noite -como o gravado O Sacrificio do Druída (1832) de William Overend Geller-. O seu tríptico inclúe importantes detalles iconográficos, como a campía mesta de toxos e os altos piñeiros. Nos poemas sobre Cairbár e Gundariz, de Gundar ou o de \"Non poder olvidar\" en Queixumes dos Pinos (1886) Pondal fai repetidas alusións a estas árbores, creando unha linguaxe excepcional porque expresa a vida interior que está por riba do ordinario e limitado apelando ao mesmo nos lectores, e que trasladada a pintura, resulta igual de única. Se Pondal foi O bardo que cantou a \"nazón de Breogán\" no seu traballo lírico, Baliño cultivou a liña da tradición pictórica dos cadros de Historia. Os temas, figuras e símbolos que conforman a rica mitoloxía da orixe dun país poden estudarse en autores tan destacados como o pintor Nicolai Arbo. Na épica destes artistas é posible presenciar as forzas vitais coas que avanzan os pobos. Lai de porvir No panel esquerdo poden verse catro pombas brancas que sinalan o camiño cara o pobo do Cebreiro. Baliño represéntao digno como un espazo sagrado e inexpugnable como unha fortaleza. Pero esta perspectiva é moi distinta a pensada para a segunda versión do tríptico. Nela no lado esquerdo as catro pombas brancas voan subindo o camiño ao templo do Cebreiro, erixido no cumio da gran montaña. A visión do Templo do Cebreiro permite representar a edificación no medio dun vasto espazo. Este tríptico si respecta a composición de liña continua. Igualmente o druída troca de maneira notable. Non se trata dunha figura contemplativa, senón que ergue os brazos xuntando as dúas mans unha sobre a outra. O que sinala en maior medida o carácter diferenciado deste tríptico respecto ao outro é a súa lenda. Nela di: \"E tras de xurdia loita/os homes de Brigantia conqueriron o santo Grial/ceibe e grorioso\". A guerra rematou. E os celtas están prestos para comezar unha nova empresa. O Druída do meu sono conxurou os guerreiros que levaban en alto o Santo Grial -Aínda non son chegados os tempos, disonos -Tendes que espallar a nosa doctrina- E os guerreiros xigantes, cos lanzóns coroados de frores e mais de loureiros, marchan para a loita -Non feriran ós seus ferros- pois as frores embotan as puntas- A doutrina nosa e o Arte y o Arte domeña sen sangre. Dos confíns da verdecente Brigantia xurden loitadores que conquistan o mundo que imporán a divina doutrina da Matria a xurdia beleza da Terra. Este é parte do discurso de Baliño publicado por El Eco de Santiago o 25 de Setembro de 1922. Neste discurso empregou este cadro como un símbolo, a Arte como un elemento activo e de conciencia, e a imaxe do que o constrúe como persoa. No seu discurso expresa que nós somos as mulleres e homes de Brigantia. E nós, como artistas, é a noso labor crear obras que na nosa sensibilidade, razón e mentalidade alimentadas dende a historia da nosa orixe contribúa a liberar as mentes, abrir o pensamento e o corazón dando lugar a novas perspectivas en tódolos ámbitos. E o adianto orixinado polo país, o seu liderado, enriqueza a tódalas persoas como individuos e a Humanidade coma colectivo, colaborando na súa prosperidade e florecemento. Algo acorde co pensamento de Risco en Preludio a toda estética futura (\"La Centuria\", 1917-1918) e Da nazonalización galega. Cosmopolitismo e universalismo (ANT, 25 de Agosto de 1919). Pero tamén ideas coma \"Temos que poñel-a cultura europea en galego\" ou \"Por riba de todo ergueremol-o atlantismo com´unha bandeira \"d´avant-garde\", que Risco publica en Prosas galeguistas. Limiares (ANT, 1 de Xaneiro de 1920), permiten comprender a efervescencia do ambiente que daría froito a obras coma este tríptico. IMAXES 1º. Tríptico dos Homes de Brigantia. Circa 1919-1922. Camilo Díaz Baliño. Técnica: Óleo sobre lenzo. Medidas: 147 x 50,5 cm. Legado de Isaac Díaz Pardo. O tríptico de Díaz Baliño permite aos ollos viaxar dende as costas da Coruña ata o interior de Lugo, o que ten un efecto onírico debido a que non pinta o mundo considerado lóxico. Isto vai man a man con outra innovación introducida na arte galega polo artista: a representación dunha temática celta esencialmente artística, en zeitgeist da intensa identificación da sociedade galega e europea coa súa celticidade. 2º. Tríptico de Mérode. 1425-1428/1430. Robert Campin. Técnica: Óleo sobre táboa. Medidas: 64,5 x 117 cm. The MET. A composición de o Tríptico dos Homes de Brigantia está unificada seguindo o estilo dos trípticos da pintura flamenca tardogótica. O artista toma para esta pintura diversas referencias da pintura europea, sendo a influencia mais acusada o do seu formato. O tríptico remite a obras de pintores primitivos como o Tríptico de Mérode (1425-1430) de Robert Campin, o Xuízo Final (1466-1473) de Hans Memling ou o Tríptico de Morrison (1500-1510). 3º. Druídas cortando o visgo no sexto día da Lúa. 1900. Henri-Paul Motte. Técnica: Óleo sobre lenzo. Medidas: 116 x 80 cm. Colección privada. Segundo o escrito de Risco sobre a Orde, a orixe dos druídas remóntase a institución en Irlanda dos Misterios dos Bardos polos fillos do Rei Breogán, de onde os Bardos logo transformáronse en Druídas. A Druidaria estendeuse polos países celtas, sendo Merlín o druída mais coñecido. Os seus coñecementos e poderes alcanzaban mover grandes pedras sen contacto visual, así coma observar o futuro nas estrelas, compoñer versos e facer música. Por este motivo alcanzou o título de Bardoprofeta. 4º. A morte de Hervör. 1880. Nicolai Arbo. Hervör era unha doncela que aparece no Ciclo da espada máxica Tyrfing na saga Hervarar, da que algunhas partes atópanse na Poética de Edda. Hervör morreu liderando o exército no primeiro ataque dos Hunos debido ao conflito da herdanza entre os irmáns Hlöd e Angantýr. Esta escena non aparece na saga, pero o artista quixo representar a Hervör rodeada polos seus soldados, con lealdade, sendo atendida polo seu pai adoptivo Ormar e seu irmán Angantýr. O respecto, a congoxa, o honor e o abatemento ante o seu falecemento é palpable nas miradas de ambos, así como dos soldados presentes. Unha ambientación paralela aparece no poema sobre Maroñas en Queixumes dos pinos de Pondal. 5º. Segunda versión do tríptico dos homes de Brigantia. Legado de Isaac Díaz Pardo. A representación do Templo do Cebreiro é similar a pintura romántica de Genaro Pérez Villamil, as paisaxes da Cerámica de Sargadelos na súa terceira época pola súa impresión evocadora. 6º. Camilo Díaz Baliño no seu taller. 1921. Ksado. Fotografía publicada no número 201 da revista Vida Gallega. O taller de escenografía de Díaz Baliño construíse na horta da Casa da Tumbona en Santiago. O artista ten ao seu fillo Isaac no colo, e ao seu lado está a súa filla Mercedes. A súas costas está o panel central da primeira versión do tríptico. Tal foi a identificación do artista con esta pintura que poucos días antes do seu discurso o periódico El Compostelano, o 21 de Setembro de 1922, dixo que xunto co tríptico O Cabaleiro d´o Sant Grial \"y otra que lleva por título, Os fillos de Brigantia tras fera loita conqueriron o Sant-Grial\", o pintor \"se manifiesta como el primer pintor celta de nuestra tierra\"."}
{"ID": "NOS_39711", "summary": "Raúl Río, nado en Guitiriz, emigrante en Santurtzi. Albanel, caldeireiro, soldador, articulista en xornais. Escultor de soños nos Vilares...", "text": "\"Despois de estudar na escola de \"Maestría Industrial\" de Lugo pasei a traballar de delineante en talleres \"Preme S.L.\" na Coruña, pero, como non daba a peza para o tacón, tiven que tocar o zoco polo mundo adiante como tantos outros mozos moito mellor preparados que, aínda hoxe, teñen que ir a crear riqueza a outras terras porque na Galiza lles negan o futuro\", relátanos. \"Ao chegar a Euskal Herria, no outono de 1969, o primeiro traballo que atopei foi de peón de albanel. Despois fun pasando por eses oficios e outros, como siderúrxico e sindicalista nos Altos Hornos de Vizcaya e na fábrica de Etxebarri de ArcelorMittal, onde rematei a miña vida laboral\", engade. Tantas cousas e ademais accionista, subscritor, lector de Sermos Galiza Ben, non é para tanto xa que en ningunha delas cheguei a sobresaír. O que pasa é que cando se sae sen nada polo mundo adiante hai que adaptarse ao que se cadre. Por outra banda; se un ten amor a terra que o viu nacer debe facer todo o posible por dotala dos medios necesarios para o seu desenrolo económico, político e cultural. Nese sentido non podía menos que aportar, dentro das miñas posibilidades, o meu pequeno gran de area para a creación deste proxecto colectivo en galego e despois poder ter unha información non manipulada do que acontece nela e no mundo. Sermos Galiza ten xa dous anos. Na rede e no papel, acadando xa os cen números. Con esta perspectiva, como valora o proxecto? Pareceume, desde o primeiro momento, un proxecto ilusionante. Despois de ver como desaparecía unha cabeceira histórica como A Nosa Terra, Galicia Hoxe, ou a páxina dixital de Vieiros, vía necesario un proxecto como este que garantise a voz aos que non a temos nos outros medios e para explicar esa realidade que esconden as grandes empresas de comunicación. Sermos é o único semanario en lingua galega, como ve a realidade da lingua na imprensa deste país? Vexo a nosa lingua en retroceso con respecto ao español tanto na imprensa como na súa utilización na vida real. Cando eu era neno lembro ver carteis no Concello que poñían \"Hable bien. Sea patriota-No sea bárbaro. Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial...\", pero nunca pensei que loitar pacificamente pola supervivencia do noso idioma ía constituír algún día un delito, e até ser castigado con penas de cárcere, porque ás mentes aluadas de \"Galicia Bilingüe\" se lles mete entre cella e cella. Chegados ao número 100, que bota en falta en Sermos Galiza? Penso que é bastante completo, aínda que eu non son entendido nesta materia. O importante sería conseguir entre todos nós que algún día fose diario, para que a sociedade galega puidese recibir na nosa lingua unha información independente, seria, contrastada e non manipulada pola presión que exercen os grandes grupos económicos, como ocorre nos outros medios de comunicación. Finalmente, e lembrando a Díaz Castro, pensa que \"Traguerán os camiños algún día a xente que levaron\"? Galiza é unha terra xenerosa, capaz de producir riqueza para todos os que nacemos nela se utilizamos ben os seus recursos con ese fin e non para beneficio das grandes empresas multinacionais que nin sequera cotizan aquí e levan os seus beneficios a paraísos fiscais, pero o mais importante é que non teñan que seguir emigrando os mozos e mozas mais preparados para afrontar o futuro da nosa Terra. Xa o dicían os de Fuxan os Ventos fai moitos anos: ...e si se van todos quen seiturará? O día que sexamos capaces de cambiar esta política criminal que nos leva ao suicidio como pobo, sen dúbida que traguerán os camiños algún día a todos aqueles galegos bos e xenerosos que, como o meu amigo e veciño, Xosé María Díaz Castro, non perderon nunca a súa identidade e queren volver á patria da que nunca debéramos de ter saído."}
{"ID": "NOS_16988", "summary": "O historiador Dionisio Pereira vén de publicar 'Galegos nas Guerras do Rif. Paisaxe bélica e imaxinario anticolonial (1860-1927)', onde nos conta da presenza galega no que aquí chamamos as Guerras de África.", "text": "Dionisio Pereira fai unha defensa do protagonismo da xente do común do Rif, \"quer polos seus sufrimentos, quer polo seu protagonismo nunha loita de liberación nacional que foi exemplo para xente como Ho Chi Minh ou o Che Guevara\". - Ti mesmo vives no Rif, perto de Al Hoceima. Como quedaron estas guerras no imaxinario colectivo dos propios rifeños?- A visión que teñen é máis que nada oral, porque os textos escritos no Rif comezan a xurdir nos anos 90, e en idiomas alleos: en francés, español, árabe, e hai pouco que empezaron a aparecer textos en tamazigh, é dicir, o idioma propio dos bereberes, para entendernos. É unha visión basicamente oral, que aparece moito nos cantos das mulleres, izran, e nos contos, na memoria colectiva das familias. - Como o recordan?- A través de dúas facianas: unha terrible, porque foi un conflito demorado de 1859 até 1927, con catro guerras, con periodos moi intensos de contenda e as máis duras son de 1921 ao 27. Son case 60 anos en guerra, e o número de vítimas pódese achegar á sétima parte da poboación do Rif: incluíndo homes, mulleres e nenos, tanto combatentes como civís. Cada familia ten memoria de varios membros, tanto nos enfrontamentos como cos bombardeos indiscriminados que os españois fixeron contra a poboación civil. Por outro lado, con un certo orgullo, que foi incorporado á súa identidade como pobo, que se personaliza na imaxe e lembranza mítica do líder da rebelíón rifeña, Abd el Krim, contra a intervención colonial española. Dúas facianas: sentimento da dor, e ssentimento de orgullo. - É difícil cuantificar cantos galegos participaron?- Si, porque tamén é difícil cuantificar cantos españois o fixeron. Hai traballos moi rigorosos que non adiantan cifras fiables. Tense falado que por momentos o número de soldados españois superou os 300.000. Son centos de milleiros, e dos galegos igualmente. Pero un alucina cando falando destes temas, todo o mundo me di: \"ah, si, teño un tío avó…\" Todo o mundo tivo algúen na familia que tivo a mala sorte de ir… Ademais do sufrimento, o pobo lémbrao coun certo orgullo, que foi incorporado á súa identidade como pobo, que se personaliza na imaxe e lembranza mítica do líder da rebelíón rifeña, Abd el Krim, contra a intervención colonial española. - Eu un avó. - Con moita xente me pasou. Neste intre non podemos sabelo. Só podemos falar de moitos milleiros de galegos. - Como foi a resistencia rifeña?- Afouta, porque é unha resistencia mal armada ao principio até 1921, coa desfeita española cóllenlle moitas armas, mesmo artillería, pero antes os rifeños tiñan armas de contrabando basicamente. É un pequeno país de como moito 800.000 habitantes, imaxina o que supón ser invadido por un exército regular, que por momentos superou 300.000 soldados. Foi unha resistencia durísima, moi violenta, moi ben descrita. Foi unha loita impresionante, porque un pequeno pobo, sen cidades, vivindo todo o mundo en pequenos vilares mantén en xaque durante case 70 anos a un país europeo como España, que ten un exército regular armado até os dentes. E só é posible dobregalos cando atacan con brutalidade con aviación, como artillería e a utilización, que hoxe está totalmente demostrada, da guerra química. A partir de 1923 a 27, só con esta violencia extrema o logran. O español é o primeiro exército europeo que bombardea con gas tóxico desde o ar á poboación civil. Antes hai na I Guerra Mundial pero en terra, desde artillería, en principio sen afectar á poboación civil. Pero os españois son os primeiros en facelo con poboación civil, aínda que se cadra compartindo ese título ao mesmo tempo que os italianos en Libia e os ingleses en Iraq neses anos. Pero eles son os primeiros que o fan de maneira intensiva e indiscriminada. Cando falamos de guerra química, que non só afecta ás persoas, senón tamén a animais, prantas e terra. - Pasando xa a falar dos galegos que combateron alí, as fontes que citas din que galegos e rifeños eran os únicos que bailaban e cantaban na guerra. - Son cousas que chaman a atención, porque están recollidas por diversos autores, desde Paz Andrade até Benchosey, até mesmo Ramón J. Sender, que fai referencia a un episodio deste estilo. Debeu ter certa relevancia cando o recolleron persoas e medios moi distintos. Os galegos explicitan, ao igual que cataláns e vascos, que hai identidades complexas de difícil integración no exército español e que se manifestan no caso dos galegos mediante a música e a danza. É un tema interesante e estas fontes tamén contan que hai certa afinidade cos rifeños que loitan do bando español. Hai unha certa confluencia, por utilizar unha palabra moi de agora. Ramón J. Sender recolle unha controversia entre soldados non galegos e galegos, cando estes se dedican a tocar a gaita, e é cando un deles di que el pon a man no lume de que os galegos non son españois - Aí é cando Ramón J. Sender di aquilo de que os galegos non teñen nada que ver cos españois. - El recolle precisamente unha controversia entre soldados non galegos e galegos, cando estes se dedican a tocar a gaita, e é cando un deles di que el pon a man no lume de que os galegos non son españois. No libro de Sebastián Balfour, nun libro importantísimo sobre este tema, plantexa esta existencia de identidades complexas \"e potencialmente confrontadas\" no exército español. Isto reflicte que, malia que no exército español era obrigatoria unha visión supremacista da cultura hispana. Un dos indicios dánolo Ánxel Casal, que di que un dos mercados máis importantes do libro galego nos anos 20 era a Guerra de África. Iso quere dicir que eles seguían utilizando o galego, e mesmo Dieste, Segade e Villar fan unha revista escrita a man enteiramente en galego que se chama 'Charamuscas' que dalgunha maneira lle serve a eles como unha especie de retiro espiritual galaico, ou de confraternización identitaria con outros compatriotas. - Tamén comentas que desde os sectores galeguistas a penas houbo oposición a esta guerra. - Houbo unha posición máis matizada do que foi no caso catalán e, sobre todo, do caso vasco. Por parte das diferentes correntes do incipiente nacionalismo galego, hai algún caso, como o de A Nosa Terra, con unha visión tremendamente moderada, case metropolitana diría, crendo na superioridade civilizadora e bélica por parte dos españois, e mantendo unha especie de autismo, até que os efectos lles obriga a tomar un posicionamento contrario. Logo hai individualidades, como Manuel Antonio, cun ideario nacionalista anticolonial, como Vilar Ponte, con fasquía anticolonial, antiimperialista e antibelicista. En contraposición co posicionamento doutros como o seu irmán Antón, Blanco Torres ou Risco, que van desde o abandonismo, máis que nada polo mal que vai, até un tépedo rexeneracionismo español, como gastamos nisto cando precisamos estradas e universidades. No caso de vascos e cataláns o posicionamento é moito máis radical. Aberri plantexa unha visión anticolonial, unha posición tremendamente avanzada naquel momento. Os cataláns teñen unha visión máis neutral, no sentido de que eles non querían participar \"na guerra dos outros\", vaia mal ou ben. Ánxel Casal di que un dos mercados máis importantes do libro galego nos anos 20 era a Guerra de África. - O propio Manuel Antonio criticou duramente a Dieste por ir á guerra. - El teno moi claro pero Dieste non a tiña. Teñen unha tremenda lea, Manuel Antonio dille: \"Fuxe ou faite soldado de Abd El Krim\". E Dieste desconecta diante dunha situación que el non pode evitar, dalle a razón, síntese avergoñado pero non ten forza suficiente para desertar. É unha situación tráxica que está detras de varios silencios de persoeiros da cultura galega. Chama a atención que tanto Dieste como Otero Espasandín, como Brea Segade, Álvarez Gallego ou Amado Villar practicamente non fagan referencia á súa experiencia bélica. Non foron quen de safar, e chegaron a facer cousas que nunca imaxinaran. De aí entendo eu eses silencios. A guerra rifeña deu lugar a moi poucas achegas literarias, di Balfour. - En Galiza tamén se escribiu pouco. Paz Andrade comezou a escribir unha novela pero non a rematou. - Tiven que traballar en condicións complicadas, porque onde eu resido non hai nin biblioteca pública. Escribiuse pouco e estes tres cronistas que elixin pola súa importancia na cultura galega e pola repercusión na sociedade galega: Paz Andrade, Benchosey e Mesejo Campos. - Ademais esta guerra tivo outra consecuencia terrible: consolidar o liderado de Franco nas forzas armadas españolas. - Balfour conta de forma maxistral como a Guerra Civil española non se explica sen o ascenso dos militares africanistas a todos os niveis: condicionando o poder político e facéndose indispensables e aparecendo como salvadores da patria. Ese enlace entre a Guerra Civil e as guerras do Rif vese con moita claridade."}
{"ID": "NOS_24260", "summary": "O presidente do comité afirma que é a única alternativa \"para poder garantir o futuro dos traballadores\".", "text": "O comité de empresa da factoría de Alcoa-San Cibrao, no concello de Cervo, insistiu na necesidade de alcanzar un \"pacto de Estado\" no que estean incluídos o sector industrial e o das empresas eléctricas para abaratar a enerxía. O presidente do comité, José Antonio Zan, explicou tamén que están á espera de que se concreten e autoricen os novos parques eólicos na zona da factoría, para os que a Xunta anunciou que facilitaría a tramitación, e cos que esperan que se reduza o prezo da enerxía. A Xunta reducirá á metade o prazo de tramitación de proxectos eólicos que subministren enerxía a industrias Neste sentido, urxiu ao Goberno español e ao galego para que \"informen desas reunións que van manter, para saber en que posición está cada parque e como están as licitacións\". O presidente do comité reivindicou ese \"pacto de Estado\" no que estea presente tamén \"a industria e as enerxéticas\", como única alternativa \"para poder garantir o futuro dos traballadores\". \"Porque, se seguimos así (coas subidas da luz), esa garantía non a imos a ter\", resolveu o representante sindical. Incremento dos combustíbeis En canto ao incremento dos combustíbeis e o encarecemento da enerxía, deixou claro que \"o que máis\" lles afecta é \"o tema do gas, que está a ter un impacto moi forte na planta de alúmina\". O comité de empresa de Alcoa ve \"positivo\" o acordo con Endesa: \"O importante é arrincar as cubas en 2024\" Asemade, Zan aproveitou para adiantar que o 14 de xullo está convocada a mesa de seguimento do acordo polo que se pararon as cubas até 2024, e na que participan Goberno estatal, Xunta, empresa e sindicatos. \"Nesa reunión agardamos que se nos comunique como está o tema de Endesa e Capital Energy sobre a licitación dos parques eólicos\", sinalou."}
{"ID": "NOS_57233", "summary": "A familia da vítima apunta á condición de transexual como posíbel hipótese da agresión.", "text": "O home detido pola Policía española por tirar desde a Muralla de Lugo unha moza e deixala tirada nun patio interior dunha vivenda, quedou en liberdade investigado por un delito de tentativa de homicidio. Así o confirmaron a Europa Press fontes policiais e xudiciais, que concretaron que o individuo pasou na tarde da cuarta feira a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo acusado de lesións graves e omisión do deber de socorro. Fontes xudiciais indicaron que o home, após comparecer no xulgado, quedou en liberdade investigado por tentativa de homicidio, coa prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima e coa obriga de comparecer semanalmente no xulgado. Pola súa banda, fontes policiais manifestaron que está pendente a declaración da vítima unha vez que estea en condicións de facelo, posibelmente xa en sede xudicial, porque a causa está xudicializada. Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que a familia puxo en coñecemento da Policía a condición de transexual da muller, feito que \"pode ser unha hipótese\" do sucedidoa. Respecto diso, fontes da Policía apuntaron unicamente que \"houbo algo entre eles\" que levou a unha pelexa e ao empurrón desde uns 12 metros de altura que acabou coa caída da vítima, á que o presunto autor deixou tirada sen socorrela. A moza quedou tirada no chan en estado grave, segundo o relato policial, cunha perna rota, varias vértebras fracturadas e o pulso fracturado. Posteriormente, ás 7 horas un transeúnte que camiñaba polo adarve da Muralla escoitou berros de auxilio e puido localizar o lugar e ver a moza tirada no fondo dun patio interior, co que chamou aos servizos de emerxencias .A vítima nun primeiro momento non lembraba o sucedido e foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, onde se recupera á espera de poder prestar declaración."}
{"ID": "NOS_221", "summary": "#RajoyDemisión, #AnaMato, #Gurtel inzan o twitter. As revelacións que atinxen agora a ministra de Sanidade cercan a un goberno moi debilitado ante a opinión pública.", "text": "A praza de Alonso Martínez, próxima á Rúa Génova (sede do PP), voltouse a encher este serán de cidadás e cidadáns indignad@s coa corrupción que abala o partido no goberno e coa ausencia de explicacións verosimis por parte do presidente do Goberno español. Medra por momento a tensión política en Madrid, nas vésperas da reunión que, con carácter de urxencia, realizará mañá sábado a dirección do PP, convocada por un Rajoy ultrapasado polos acontecimentos. Chama moito a atención o silencio de Esperanza Aguirre, a quen a corrente máis neoliberal e centralista do partido postula como recambio de Rajoy."}
{"ID": "NOS_35503", "summary": "O BNG presentou un recurso perante o Tribunal Constitucional polo recorte nos seus tempos de intervención na Cámara.", "text": "Xavier Vence, Francisco Jorquera e Carme Adán viaxaron esta segunda feira (27 de abril) até Madrid para presentar perante o Constitución un recurso de amparo. Desde a organización frontista denuncian que o recorte nos tempos de intervención e no número de iniciativas parlamentares constitúe unha \"mordaza\" ao pobo. Os cortes padecidos polo BNG foron o resultado dun acordo entre PP e PSOE co que redistribuíron os tempos das sesións parlamentares á fin de outorgar maior representación ao Grupo Mixto --creado após as cisións no seo de AGE. Naquela altura, o Bloque denunciou publicamente o pacto lembrando que o seu grupo mantén desde o inicio da lexislatura o mesmo número de representantes (7) e mesmo propuña aumentar as sesións plenarias de dúas a tres xornadas, garantindo así a presenza das dúas deputadas do Mixto sen diminuír os tempos das demais forzas. Porén, a Presidencia da Cámara mantívose na súa proposta orixinal e o Bloque ficou sen a posibilidade mesmo de preguntar ao presidente da Xunta na sesión de control, un fito histórico sen precedentes. \"Estanse a vulnerar os dereitos dos cidadáns\" No recurso presentado sinalan que se \"está vulnerando o dereito do grupo parlamentar do BNG e de paso, estánse a vulnerar os dereitos dos cidadáns representados através dos parlamentares do BNG\", explicou o portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence. Aliás, acrecentou o voceiro do grupo parlamentar, Francisco Jorquera, \"é unha decisión que se toma conculcando asemade as garantías procedimentais básicas, cambiando incluso normas en vigor para dar a esta decisión un falso revestimento de legalidade\". \"Ao PP moléstalle a crítica e as propostas que fan formacións como o BNG\", sinalou Jorquera. Pola súa banda, a deputada Carme Adán lembrou a súa expulsión do pleno hai dous meses após negarse a intervir desde o seu escano e por un tempo non superior a 3 minutos en contra do disposto no Regulamento da Cámara. \"Vivimos momentos de anomalías democráticas no Parlamento galego\", denunciou a parlamentar quen asegurou \"non\" estaren dispost@s a que o poder lexislativo \"se converta nunha casca baleira\". Pois, dixo, \"considerámolo un espazo de debate e para elevar os problemas dos cidadáns\"."}
{"ID": "NOS_2014", "summary": "A coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, é a proposta da súa formación para ocupar o número 2 de En Marea pola Coruña.", "text": "Europa Press informa de que a parlamentar e coordinadora de EU, Yolanda Díaz, ocupará o segundo posto da candidatura de En Marea pola Coruña, un posto que lle correspondería a EU tal e como recolle o acordo polas organización políticas que forman parte da coligazón. Os partidos que integran a coligazón pactaron que o primeiro posto da candidatura de En Marea pola Coruña sexa para Podemos –partido que elixiu Antón Gómez Reino, \"Tone\" para ocupar a cabeceira da lista- e para EU, o segundo posto. Seguindo o acordo entre os partidos, a lista de Pontevedra será encabezada por Anova, que propón Alexandra Rodríguez como candidata, con Podemos como número dous, que esc olleu Ángela Rodríguez, \"Pam\"."}
{"ID": "NOS_51182", "summary": "A Aula Castelao cancela a Semana Galega de Filosofía", "text": "A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a Semana Galega de Filosofía que tiña prevista desenvolverse no presente ano 2020. \"Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma -explican-, mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e a que as autoridades educativas acaban de estabelecer un protocolo moi cuestionado polo profesorado para o comezo das aulas á volta do verán, así como ás advertencias das autoridades sanitarias sobre previsíbeis rebrotes do coronavirus logo das vacacións, consideramos que nesas circunstancias a realización da Semana de Filosofía en setembro non se podería levar a cabo coas garantías suficientes que fagan prever o seu normal desenvolvemento\". Desde a organización fan referencia á \"alta participación\" do profesorado neste congreso, un colectivo \"que a estas alturas conta cun protocolo con garantías insuficientes á hora de reincorporarse ao seu labor educativo\". Así mesmo, a Aula Castelao salienta que a Semana Galega de Filosofía ten unha \"dimensión social, de encontro e debate\" que se prolonga mesmo no exterior da sala de conferencias e que lle dá \"un especial atractivo a esta actividade, pois entre os seus obxectivos está o de fomentar a discusión e contraste de opinións, non só cos relatores e coas relatoras, senón tamén coas propias asistentas e asistentes\". Por todo isto, acordaron trasladar o programa previsto para esta XXXVII Semana Galega de Filosofía, que leva por título \"Filosofía e Civilización Dixital\", para o vindeiro ano 2021, nas datas tradicionalmente estabelecidas (logo da Semana Santa, do 5 ao 9 de abril), \"agardando que se produza unha redución da incerteza en que hoxe nos movemos e unha consecución de máis seguridade, co fin de ofertar unhas xornadas de debate da maior calidade posíbel\". Novo coordinador da Aula Castelao de Filosofía Ademais, a Aula Castelao de Filosofía vén de elixir un novo coordinador para continuar coa súa actividade. Así, despois de máis de seis anos no cargo, Ana Ruth Regueira García deixa a coordinación para ser substituída por Alexandre Cendón González, profesor de Filosofía no ensino secundario."}
{"ID": "PRAZA_17786", "summary": "II Sonia xa está en Cabo Verde. Dende o primeiro día de traballo, comeza a constatar que hai cousas que non son como llas contaron durante a entrevista en Gondomar De que vai esta historia? Podes recuperar aquí a primeira entrega desta reportaxe literaria", "text": "De que vai esta historia? Podes recuperar aquí a primeira entrega desta reportaxe literaria -Acorda, Sonia. Acorda. Veña, en pé!!! Non fiques durmida!!! É o teu primeiro día!!! O bochorno tropical non lle permitiu durmir demasiado. É aínda moi cedo cando os ollos se lle abren de par en par. Dende o balcón, observa as vendedoras de froita dispoñeren os seus postos na rúa. É a súa unha avenida coa calzada de adoquín a discorrer entre bloques de apartamentos sen carácter. Estarrícase. Inda non se recuperou de todo do jet lag. Vai á cociña preparar un pequeno almorzo, pero a louza amontóase no vertedeiro. Mentres fai un café arromba a cacharrada e pasa unha fregona. María aparece tarde, contra as once, con cara de poucos amigos. Cústalle espreguizarse pero ao ver a cociña ordenada e o almorzo sobre a mesa recupera o humor devagar. Sonia, que está impaciente por saber cousas do curso, logo lle pregunta pola Universidade, polas alumnas, pola metodoloxía que están a desenvolver... pero María responde vaguidades mentres mastiga as galletas. -E a programación? -Grumpf! A que...? -A programación! -A programación de que? -Do curso! -¡Ay, por dios, qué ansia! María acáballe rogando que non sexa tan impaciente. Unha vez á tarde na aula, dille, seralle máis doado apreciar o funcionamento do curso. Sonia, que é especialmente metódica co traballo, non queda tranquila coa resposta, pero acepta a suxestión. -En todo caso, perdoa que che interrompa outra vez... hoxe era bo ir un pouco antes para asinar o contrato, non che parece? Ti xa o tes asinado? -Aínda non, -confésalle María con certo fastío, pero tranquilízaa dicindo que iso é algo que teñen que resolver con Virgílio en canto cheguen á Universidade... Un día procurara información coa súa amiga Noa e apenas atoparan referencias: unha páxina no facebook e algunha noticia solta na prensa caboverdiana, nin sequera unha web cun mínimo de información. Nada que ver, dende logo, cos dous grandes centros universitarios do país O edificio da UNICA atópase ao remate da Avenida do Palmarejo. É un bloque relativamente pequeno de dous pisos cunha fachada colorida de bandas diagonais irregulares vermellas, amarelas, verdes e azuis. A Sonia parécelle un edificio ben cativo para albergar unha universidade, pero tampouco lle sorprende, afíxose á ladaíña de que as cousas en África non son como en Europa que lle repite María cada vez que mostra curiosidade por algo. Agora que o pensa, xa a Universidade aparentaba pouca cousa por internet. Un día procurara información coa súa amiga Noa e apenas atoparan referencias: unha páxina no facebook e algunha noticia solta na prensa caboverdiana, nin sequera unha web cun mínimo de información. Nada que ver, dende logo, cos dous grandes centros universitarios do país: a Jean Piaget e a Universidade de Cabo Verde.. A perplexidade aumenta ao cruzar a porta principal e comprobar na recepción que o edificio non só acolle a Universidade, senón que é sede dalgunha outra empresa. A famosa Universidade mingua ante os seus ollos ata atinxir o tamaño dunha simple academia de oposicións. Suspira e observa a María, que avanza tan pancha polos corredores, e non sabe se iso lle dá tranquilidade ou se aumenta o seu desconcerto. O caso é que cando se dá de conta, vese metida na aula. Non se cruzou nin con Virgílio nin con ninguén que lle puidese ofrecer algunha información acerca do seu contrato. As alumnas chegan aos poucos, moi espazadamente, unha cada vinte minutos. Tense que presentar ata media ducia de veces. 'Isto é normal?', pregúntalle desesperada a María. E esta respóndelle cun xesto de ombros: 'As cousas en África non son como en Europa'... Ao cabo dunha hora parece que por fin se xuntou a aula toda. Sonia preséntase por última vez e prégalles as alumnas que procuren ser puntuais a partir do día seguinte. Axiña simpatiza con elas. O seu nivel de coñecementos é notable, mais cando lles pregunta que estiveron a facer no último mes, constata que a dinámica das aulas estivo a ser bastante precaria. María non facía máis que amosarlles un debuxo tras outro para que as alumnas copiasen, sempre o mesmo proceso: cubrir fichas para encher o caderno, metodoloxía de había corenta anos... Propón daquela un novo exercicio, orixinal e suxestivo, que é acollido con entusiasmo polo grupo, ou mellor dito, por case todo o grupo pois catro alumnas non parecen prestar atención e seguen a coser rendas maquinalmente. Sonia, sorprendida, pregúntalles se hai algún problema. Mírana sen comprender e ao cabo duns segundos volven coser. Empeza a pensar entón se o problema terá que ver co seu portugués de Ribeira. Repite a pregunta forzando o sotaque e as mulleres vólvense mirar confundidas... Unha delas acaba dando unha explicación: a diferencia das compañeiras, elas non están alí polo curso. A súa única función é preparar as rendas das prendas do desfile final... -Pero o curso é igual para todas! -protesta Sonia perplexa. -Non pode ser que unhas fagades unha cousa, e outras fagades outra cousa diferente se ao final ides ter a mesma titulación... Non é xusto! Non ten sentido! As mulleres confundidas buscan apoio en María, que sorrí sen dicir nada, apenas un movemento de ombros, polo que se incorporan atordadas á dinámica do resto da clase. * No taxi de volta para o apartamento, María enche a Sonia de cumpridos. Sonia ten a cabeza coma un bombo. As catro horas coas alumnas abstraérona un chisco da súa incredulidade, pero agora percibe con insólita crueza que a experiencia está a resultar estraña de máis -Que gran profesora es, Sonia! Que ben dás clase! E non te cansas! Encantoume como tratas as alumnas, como lles prestas atención unha por unha! A mellor profesora que vin na miña vida!!! Sonia ten a cabeza coma un bombo. As catro horas coas alumnas abstraérona un chisco da súa incredulidade, desfrutou do trato con elas, do seu interese e boa disposición, pero agora ollando pola xanela o buligar de xentes na rúa e sentindo na orella as gabanzas de María, percibe con insólita crueza que a experiencia está a resultar estraña de máis. É venres, ata o luns non volverá pola Universidade. Acaba de dar a súa primeira clase e aínda non arranxou nada referente ao contrato ou ao visado. A Universidade ten unha pinta rara e algo estraño cheira igualmente na dinámica das aulas. -Ao final non vimos a Virgílio!- espétalle a María ao cruzaren a porta do apartamento. -¡Bueno, mujer... Otro día será! Fas a cea? -Si, pero antes quero facer outra cousa... Sonia encérrase no seu cuarto. Necesita ver plasmado nun papel que é o que non cadra. Divide o folio en dúas partes. A columna da esquerda titúlaa: Cousas que me dixeron na entrevista en Gondomar. A da dereita: Cousas que estou a ver en Cabo Verde. De volta a cociña, María segue a falar marabillas das aulas da tarde. Sonia colle no frigorífico unha pota de lentellas que fixo á mañá e pona a quentar ao lume. Mentres serve un par de cervexas non pode evitar preguntar por enésima vez: -E a programación? -Pero que programación? -A María incomódalle especialmente esa palabra... -Que programación vai ser? Un curso destas características ten que ter unha programación que sirva de referencia aos profesores que imos impartir as materias, e tamén para que os alumnos saiban que van aprender! -Isto é Cabo Verde, Sonia. Non podes pensar que as cousas en África... -Xa está ben con iso, María, eu necesito coñecer a programación e ti es a persoa responsable: a coordinadora! Dá igual que isto sexa Europa, África ou a Cochinchina! -Eu non son coordinadora de nada! -Como non?! -Eu non son profesora, Sonia. Eu son deseñadora de moda! -Pero na entrevista na túa casa en Gondomar quedou bastante claro que ti eras a coordinadora! -Eu son deseñadora de moda. Se estou aquí é só para axudar as mulleres! -Entón quen se encarga da programación? -Iso é cousa de Virgílio, imaxino! -Virgílio? Pero ese home sabe algo de moda? -Non creo! -Entón? -¡Ay, yo que sé! A veces parece que desconfías de todo... Sonia decidiu acougar. Non lle apetecía discutir no seu primeiro día. Puxo as lentellas na mesa e deixou que María volvese chufar as súas aulas da tarde. Comeu en silencio. Agradecía a chegada da fin de semana. Non lle podía sentar mal enchouparse do ambiente de Cabo Verde durante un par de días, saír á rúa e gozar do aire libre, do sol, do mar, do vento, dos ruídos, dos cheiros, das cores, da vida... esquecer inda que só fose un par de días as lideiras que se estaban a apoderar de xeito preocupante da súa cabeza. A programación O sábado volveu acordar coa desagradable sensación de non ter enlazado sequera un par de horas de sono. A calor abafante e a estrañeza impedíanlle durmir a vontade. Almorzou tranquilamente na cociña. A súa amiga Noa preguntáballe por whastapp que tal a súa chegada a Cabo Verde. 'Xa lle responderei máis tarde' pensou Sonia. 'A ver se despois de hoxe, podo contarlle algo que non sexa demasiado deprimente'... O seu mozo Álvaro avisábaa igualmente de que xa tiña billete de avión para ila visitar en menos dun mes. Estaba a preparar unha ensalada coas lentellas que sobraran o día anterior cando María apareceu con cara de poucos amigos. Traía uns folios na man. Guindounos na mesa, encheu a cunca e rosmou: -Aí a tes! Para que logo non desconfíes... Sonia botou unha ollada na primeira páxina. -Pero isto que é, María? -A programación. Sonia botouse a ela incrédula. Comezou a ler... -Pero... non entendo, María... Quen é a tal Sahida que asina o proxecto? E por que fala de Miguel, ese non é o profesor de patronaxe co que fixeches o curso en Mindelo? -Claro que o é. Sonia logo entendeu que papeis eran aqueles. Non se trataba dunha programación Sonia logo entendeu que papeis eran aqueles. Non se trataba dunha programación, senón da proposta didáctica do curso de Mindelo que María lle encargara a unha rapaza, a tal Sahida, para presentar no Museu do Artesanato. Daquela, María estaba acompañada por Miguel, un profesor madrileño de patronaxe que comezara tamén o curso en Praia pero logo tivera que volver a España por mor da enfermidade da súa nai. A proposta de Sahida estaba moi ben redactada e era bastante completa pero en absoluto se axustaba á programación dun ciclo artístico. -Isto non é exactamente unha programación, María... -Pero non se podería tirar algo de aí? Ti tes experiencia nestas cousas, por que non pos o teu nome en vez do de Miguel e o adaptas un pouquiño para que poida servir de programación para o noso curso? -Pero, María... -Sonia tardou en reaccionar. Non daba creto. Aquela muller que unhas veces lle parecía unha persoa intelixente e cariñosa, aos cinco segundos dicía cousas sen sentido... Gustaríalle razoarlle que o que estaba a propoñer era unha loucura, como todo canto rodeaba o curso, pero antes de espetarllo pareceulle prudente retirarse ao baño e reflexionar un chisco en soidade. Para a súa sorpresa, chegou á conclusión de que o mellor sería acceder a facer o que María lle pedía. Non era un proceder serio, máis ben unha chafallada, pero se quería que as cousas se conducisen ao dereito, tería que ser ela mesma quen tomase a iniciativa. De María non podía esperar nada, era visto... Con todo, comprendeuna, e ao comprendela desculpouna. Mesmo se compadeceu dela. Era unha persoa maior e un bocado enferma que malia ter sido unha eminencia no mundo da moda, non entendía unha palabra de docencia. A súa maneira torpe e confusa de proceder agochaba simplemente a súa incompetencia como profesora, e o seu afán por derivar cara a Sonia o traballo máis complexo. Non era un proceder serio, máis ben unha chafallada, pero se quería que as cousas se conducisen ao dereito, tería que ser ela mesma quen tomase a iniciativa Seguiríalle a corrente, xa que logo. Volveu á cociña e recolleu os folios. O sábado pasouno encerrada na casa loitando en refacer o documento. Escoitaba de fondo os ladridos dos cans, os berros en crioulo dos homes e das mulleres que discutían o prezo da froita, algunha canción ao lonxe nunha radio, un coche que pasaba coa música a todo volume, o rumor do mar de fondo... África tería que ficar un día máis á espera. -Por que non dás unha voltiña por aí, Sonia? -preguntáballe seguido o bochorno que non a deixaba tranquila un minuto. -Eu que sei! Xa me gustaría a min! E o domingo outra vez coa programación ás voltas, para deixala rematada canto antes e poder comezar a facer as cousas cun mínimo de xeito por fin... -Está xenial! Que ben traballas, Sonia! Que contenta estou! -Durante a cea. María volveuna encher de cumpridos. Sonia viña de entregarlle a programación practicamente rematada. Aquela noite antes de se deitar, apoiouse na varanda para tomar o aire. Necesitaba respirar tranquila, en silencio. Apenas pasaba algún can ceibo pola rúa. Era o primeiro momento de paz na fin de semana. \"Isto é todo moi raro\", escribiulle por chat a Noa. Contoulle polo miúdo as historias que non cadraban, o aspecto cativo da Universidade, os problemas co contrato e co visado, a estraña actitude de María... 'Soniña, vai canto antes á Embaixada dar conta da túa chegada e da túa situación. Isto non ten boa pinta. E non deixes de contarmo todo o que che pase, de acordo? Todo!'. 'Fareino. De todos modos, parece ser que mañá temos unha reunión con José. Supoño que con el poderei resolvelo todo. Xa che contarei. Bjs!'"}
{"ID": "QUEPASA_542", "summary": "Programa da Mostra de Olería de Buño.", "text": "Arrincou esta mañá de xoves 12 de agosto a XXXVII Mostra de Olería de Buño. Unha Mostra na que a figura d@ oleir@ está no centro da diana, e na que a muller cobra un protagonismo especial. Serán 4 días, ata o domingo 15, dunha completa programación chea de demostracións do oficio, exposicións, charlas, coloquios, espectáculos, pasarrúas e un concerto a cargo de Guadi Galego. Foi o novo presidente da Asociación de Oleiros de Buño, Fran Gorín, o encargado de presentar esta edición, agradecendo \"todo o esforzo das entidades e persoas implicadas por sacar adiante esta edición da Mostra a pesar de todas as dificultades sanitarias\". A concelleira de Olería, a nacionalista Leticia Naya Varela, fixo extensible este recoñecemento \"a todo o tecido asociativo do municipio por facilitar e colaborar á hora de confeccionar a programación deste ano\". Foi a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, a que dedicou a súa intervención a poñer en valor \"o corazón e o cerebro co que traballan as decenas de oleiros e oleiras que seguen a manter vivo o oficio en Buño\". Pero sobre todo deixou enriba da mesa o respaldo do goberno central á Declaración da Mostra de Olería de Buño como Festa de Interese Internacional. \"Trátase dunha oportunidade de manter viva a esencia dun pobo, de manter vivo un oficio tradicional, de defender a herdanza dun pasado que segue tratando de garantir presente e futuro de centos de persoas e da actividade económica deste pobo\". Foi o alcalde, o socialista Walter Pardo, o encargado de pechar o acto, dando fé \"da memoria viva coa tradición oleira que mantén Buño 37 anos despois da primeira edición da Mostra\". Máis información Programa da Mostra de Olería de Buño."}
{"ID": "NOS_5425", "summary": "A plataforma Gandeiros Lácteos Unidos acusa Lactalis de seguir \"premendo baixo ameazas\" as e os gandeiros para que incumpran a Lei de cadea alimentaria e acepten vender a perdas.", "text": "Lactalis segue \"premendo baixo ameazas\" as e os gandeiros para que incumpran a Lei de cadea alimentaria e acepten asinar contratos que impliquen perdas para o sector da gandaría, denuncia a plataforma Gandeiros Lácteos Unidos. Estas declaracións prodúcense despois dunha reunión entre o grupo Lactalis e a Organización de Produtores Lácteos (OPL), que resalta que non está dispostos a ser signatario de ningún contrato que non cubra os custos de produción do sector lácteo. Por isto, a OPL subliña que se transixisen non só sairían prexudicados a nivel económico, senón que estarían incumprindo a lexislación vixente, polo que reivindican que por baixo dos 0,40 céntimo de euro o litro non se poden asinar os contratos. Nese sentido, reportan que as seccións da OPL doutros territorios recibiron unha misiva \"ameazante de Lactalis\", o que cualifican de intento de extorsión ao advertir da próxima finalización dos acordos que están en marcha. Isto supón \"unha mostra máis da prepotencia e seguridade de impunidade\" da que a multinacional francesa \"fai alarde\", indican. A compañía prefire \"saltarse a lei, rirse do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que dirixe Luis Planas e provocar os gandeiros\", resolve Gandeiros Lácteos Unidos. Porta aberta a seguir negociando Após a xuntanza sen acordo entre Lactalis e a OPL, as partes comprométense a \"seguir intentado a negociación\", e se fose preciso, reclamar un negociador nomeado polo Ministerio como recolle a Lei de cadea alimentaria."}
{"ID": "NOS_47401", "summary": "Pide abrir un novo proceso para regular unhas tarifas eléctricas que non prexudiquen a consumidores, particulares nin Pemes.", "text": "O BNG vén de rexistrar no Congreso varias iniciativas co obxectivo de que o Goberno do Estado retire o Proxecto de Orde pola que se estabelecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade para abrir un novo proceso que permita acometer con garantías os cambios que se deben incluír. O deputado nacionalista, Néstor Rego, urxe reconsiderar a repartición de custos e portaxes para que, tanto consumidores domésticos como profesionais, non sufran o impacto que o actual deseño suporía. Así, consideran necesario facer unha valoración conxunta de todos os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, para eliminar o Imposto Especial de Electricidade e baixar o IVE ao tipo súper reducido de 4%, aplicado a produtos de primeira necesidade, para conseguir abaratar a factura. Novos tramos horarios O pasado mes de marzo, o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se estabelecía unha metodoloxía de cálculo dos cargos do sistema eléctrico que, xunto ás portaxes do sistema fixados pola Comisión Nacional do Mercados e da Competencia (CNMC), conformarían a parte regulada da factura eléctrica de cada consumidor. Esta reforma, prevista para ser aprobada en 2020, foi adiada pola pandemia e entrará en vigor o próximo 1 de xuño. \"O BNG considera que esta norma vai xerar un impacto negativo nos consumidores e consumidoras polo que é necesaria a retirada da norma, tendo en conta que afectará a importantes sectores da poboación que xa están a sufrir as graves consecuencias polo impacto económico das restricións debidas á Covid-19\", afirma o deputado nacionalista. As tarifas estabelecidas pola Orde, implicarán que o tramo máis caro abranguerá entre as 10 e 14 horas da mañá e entre as 18 e 22 horas da tarde. Pola contra, o tramo máis barato situarase entre a medianoite e as oito da mañá. Segundo os datos que aporta Rego, na Galiza \"o cambio nas tarifas afectará a máis de medio millón de fogares adheridos ao sistema anterior e que verán como a súa factura experimenta un aumento que pode chegar a superar 30%\". Explotacións gandeiras O BNG destaca, ademais, o impacto que tamén terá o cambio en determinadas actividades económicas cunha forte implantación na Galiza como son as pequenas explotacións gandeiras, ao coincidir os horarios do período punta da tarifa con tarefas de alto consumo enerxético. \"Na Galiza existen máis de dez mil explotacións que se van a ver afectadas por estes cambios sen alternativa posíbel\", xa que segundo estima, unha explotación gandeira concentra 40% do seu consumo entre as 8 e as 13 horas e entre as 18 e 23 horas polo que o incremento medio da factura anual será de máis de 50%. Esta Orde, advirte, afecta a outros consumidores cun perfil de consumo semellante, como pode ser o da hostalería e o resto de Pemes, \"pois a súa actividade debe desenvolverse necesariamente durante as horas de maior custo da enerxía\", explica Néstor Rego. \"Non resulta lóxico acometer un cambio normativo deste calibre sen ter en conta outros aspectos da composición da factura cun peso relevante e que tamén deben ser revisados como é a eliminación do imposto especial da electricidade ou o a redución do tipo de IVE que debe aplicárselle\", conclúe o deputado do BNG."}
{"ID": "NOS_28876", "summary": "Aliboria nacía hai uns tres anos, e presentábase como un grupo que se servía unicamente de voces e percusións tradicionais. Tanto confiaban no que ofrecían, que non precisaban máis.", "text": "Xosé Lois Romero, ademais de ser un solvente acordeonista, arranxista e compositor, tamén é percusionista, empregando eses golpes que nacen da terra en todo tipo de proxectos. Latexo / Aliboria / 2020 / Dez pezas / 15 euros Aínda lembro a forza que tiña o trío de jazz fusión Azougue, e o orixinais que eran as tímbricas e os patróns empregados. Baixo a dirección de Xosé Lois Romero, este Latexo ten nas súas filas a: Mariana Montero, Cristina Sánchez, Andrea Montero, Noa Migal, Belém Tajes, Alejandra Montero, María Montero, Ramón Dopico, Jorge García, Antonio Prado, Alba Rodríguez e Rubén Montes. Latexo é o segundo disco de Aliboria, e presenta unha forza diferente ao anterior traballo. Quizais o primeiro álbum tivese un toque máis tradi, mentres que este aposta en padróns máis arriscados. E aínda coa pegada que ten, deixa espazo a temas máis líricos, como \"Camiño do Alén\". En canto ás voces, son pezas especialmente lucidas a \"Muiñeira de Ons\" e \"Ponta de areia\", esta última a capela. Nestas cancións, ademais, emocionan as voces dos baixos e o efecto harmónico que se produce co resto de gorxas. Falando das gorxas, é relevante o feito de que todas elas individualmente son moi boas cantantes, e é así como se consegue esta presencia, con tanta forza. Aliás, hai ao longo do disco varias partes solísticas, onde todas as cantantes saen moi ben paradas. É moi interesante a combinación que se dá entre ritmos tradicionais e innovación con patróns aos que non estamos habituadas nese tipo de pezas. Destaco a peza \"A Roda da Vida\", composta, música e letra. por Xosé Lois Romero e que non desentoa en absoluto co resto do disco. O deseño, de Lucía Rolle, é sobrio, coidado e cun toque de optimismo, seguindo a idea do primeiro disco homónimo. A produción (Rubén Montes, estudios Disquesi) pon en valor cada son, cada toque deste Latexo. Parabéns a Xosé Lois e ao seu equipo, por moitos anos máis de percusións con pegada e fortes voces! Non teño acougo nin quero, son unha folla que cae; vivo no berce do vento, presa estou do aire. Baila e bate na terra para enxermar a primavera, baila e toca as estrelas coas azas das arelas."}
{"ID": "NOS_33040", "summary": "Os presidentes de Adif e Renfe sinalan o condutor do tren como responsábel do sinistro de tren en Angrois. Tamén o ministro do Interior se suma a esta vía. Porén, sindicatos e expertos piden prudencia e lembran que accidentes destas características non responden a unha soa causa. Mentres, medran as dúbidas sobre se houbo un fallo mecánico ou do sistema de seguridade.", "text": "Para Adif e Renfe, o maquinista é o culpábel do sucedido ás 20:41 do 25 de xullo en Angrois. En declaracións aos medios, os máximos directivos ferroviarios do Estado español sinalan o condutor do tren como responsábel. O máis contundente, o presidente de Adif, Gonzalo Ferre, afirmou, nunha entrevista na axencia EFE, que o maquinista tería que ter reducido a velocidade catro quilómetros antes do punto onde sucedeu o sinistro. O mandatario de Renfe, Gómez-Pomar, informou de que o maquinista circulara até en 60 ocasións pola curva da Grandeira e que a súa obriga era ter un coñecemento \"exhaustivo\" dese tramo. \"Unha curva que ten un trazado de 80 quilómetros por hora son cousas que un maquinista coñece perfectamente\". Cautela dos profesionais Sindicatos e profesionais das compañías ferroviarias apostan na cautela e a que se vaian coñecendo máis datos, así como aos resultado da investigación. En todo caso, desde organizacións como o sindicato de maquinistas lembran que un accidente desta magnitude non responde só a unha única causa. Desde o Sindicato de Maquinistas xa amosaron a súa sorpresa polo que cualifican de \"rápida detención e imputación\" do seu compañeiro cando \"aínda non se sabe por que aconteceu o sinistro\". Fallo mecánico Aínda é moi cedo para termos dados fiábeis -ígnorase se a caixa negra ten sido aberta xa pola comisión de investigación que pescuda o sinistro- que nos permitan saber se se produciu algún fallo mecánico ou do sistema de seguranza que agravase a catástrofe. En teoría, os sistemas de seguridade deberían poder ter evitado o descarrilamento. Mais non funcionaron. A tese oficial é que o ASFA, o sistema de seguridade instalado no ponto en que se produciu o descarrilamento, delega no maquinista a faculdade de frear o tren, despois de terlle advertido -como así foi- que excedía con muito a velocidade permitida. En teoría os sistemas de seguridade deberían poder ter evitado o descarrilamento, mesmo coa hipótese do exceso de velocidade O maquinista tomou conciencia de que estaba a superar o linde de velocidade e premeu o botón de alerta, segundo a súa propia declaración. Mais o tren non se detivo. É probábel que ao fallo humano -evidente, causa primeira do sinistro- se sumase un fallo mecánico. Freou demasiado tarde o condutor do comboio ou fallou o sistema de freos do tren? Esa é a pergunta."}
{"ID": "PRAZA_15744", "summary": "No ano que vén de rematar sobrevivimos a dúas eleccións que sementaban incerteza e caos, por parte dun electorado, e esperanza e emoción incontida, por outro. Analizamos con datos e gráficos a contorna dos procesos electorais, o cambio dos comportamentos nas urnas e o que está por vir en Galicia e no Estado.", "text": "Ser ingobernable, en canto cumpres a maioría de idade, convértese nunha virtude. Na adolescencia aínda non, porque os teus pais córtanche a liña de crédito e a ver como te financias. Pero un adulto ingobernable é alguén a respectar, xa non digo a idolatrar como ser mitolóxico, inexistente. Todos nos volvemos, tarde ou cedo, gobernables, mansos. Para os estados, ben sexan democracias ou ditaduras, a gobernabilidade é un fin en si mesmo. Os sistemas electorais deséñanse cuns obxectivos concretos. Nalgúns casos para reflectir as diferentes fracturas sociais, culturais ou étnicas, buscando unha representación fiel dos distintos grupos que forman esa sociedade. Noutros, como o noso, para rebaixar unha fragmentación que se adiviñaba problemática e facilitar maiorías parlamentarias amplas, é dicir, gobernabilidade. Iso era en 1977, e cunha cultura política non xa adolescente, senón lactante. O profesor Pereira Menaut di que os que deseñaron ese sistema estaban co reloxo fóra de hora ata en 1977: \"non estabamos nos anos 20 e 30. Non había que loitar tanto pola gobernabilidade e a estabilidade nun contexto europeo\". Jaime Miquel refírese a 1977 como \"incultura democrática\", \"limitabámonos a votar o que nos poñían diante e nada máis. Eramos unha sociedade afeita a ser dirixida\". Da España que salta polo aire a partir do 15M dixo algo parecido diante de Xosé Luís Barreiro, Tuco Cerviño e Blanco Valdés en Vía V fai un par de meses. Houbo unha perturbación na Forza que se notou ata en Tatooine. En 2015, para calquera cuestión política, económica ou social, temos que mirar á nosa contorna e ver como estamos en relación aos nosos veciños. Calquera atributo que se nos ocorra sobre a nosa sociedade, ben sexa positivo, negativo ou dubidoso, non ten demasiado valor se non o comparamos con alguén, preferiblemente próximo e da nosa mesma latitude. As municipais pasaron a ser un termómetro fiable dos movementos electorais que se xeran a todos os niveis Neste ano sobrevivimos a dúas eleccións que sementaban incerteza e caos, por parte dun elector, e esperanza e emoción incontida, por outro. As eleccións municipais, nas sociedades posindustriais, reflicten un comportamento político complexo; un equilibrio entre a proximidade da xestión local e as inclemencias da política nacional. Desde 1991 institucionalizouse unha data concreta para as eleccións municipais: o cuarto domingo de maio do ano que corresponda. Mentres, os comicios xerais non teñen día específico e están a expensas do que decida o goberno de quenda, como ocorre, por exemplo, coas próximas eleccións galegas. Estes adiantos fixeron que os ciclos electorais varíen. Agora mesmo, e desde o adianto que fixo Zapatero en 2011, coinciden o mesmo ano municipais e xerais, polo que as primeiras pasaron a ser un termómetro fiable dos movementos electorais que se xeran a todos os niveis. É o multipartidismo, estúpido Pero a primeira cuestión que debemos observar é se nos volvemos ingobernables con esta fragmentación parlamentaria ou non. Neste gráfico están os parlamentos da Europa dos 15 máis Suíza, aos que engadín Galicia como exercicio de comparación. Existen varias fórmulas para calcular a fragmentación dun parlamento. Quizá a que mellor expón a súa complexidade é a que calcula o Número Efectivo de Partidos (NEP), porque o resultado correspóndese coa cantidade de partidos que realmente poden influír na toma de decisións. Os dous extremos son Gran Bretaña, con sistema de maioría relativa, e Bélxica, cunha dobre reprodución da competición tradicional de esquerda e dereita pola súa división identitaria. Por baixo da media están Francia (tamén cun sistema de maioría), Grecia (cun bonus ao partido máis votado) Portugal, Irlanda (que celebra eleccións este ano e vaticínase máis fragmentación como país debedor), Italia (tamén con sistema de bonus), Alemaña (onde o habitual é unha coalición de partido grande con partido pequeno, non a famosa Gran Coalición, que máis ben é unha excepción) e España. Por riba da media, os sospeitosos habituais da fragmentación parlamentaria. Países como Dinamarca, Austria ou Finlandia teñen unha fragmentación parecida á do parlamento español. Ademais, en toda Europa, partidos euroescépticos, de dereita populista, socialistas e de ultradereita teñen representación parlamentaria, polo que a fragmentación a dereitas e esquerdas é máis diversa e cunha dificultade máis grande para chegar a acordos estables. Ningún partido do parlamento español levaba no seu programa electoral a saída do euro, e todos manifestaban unha defensa do Estado de benestar, incluído C's, membro de ALDE, a familia liberal europea. Outra cousa é como se mantén ese Estado de benestar e con que recursos, pero niso consiste a competición política. O país que máis eleccións lexislativas celebrou desde 1945 é Dinamarca, exemplo de case todo como sociedade mítica na que a prosperidade, a democracia e o bo goberno encandea os nosos políticos e tertulianos. O país que máis eleccións lexislativas celebrou desde 1945 é Dinamarca, exemplo de case todo como sociedade mítica na que a prosperidade, a democracia e o bo goberno encandea os nosos políticos e tertulianos. Vistos estes gráficos, o parlamento español condensa a representación da Europa continental. Por unha banda, co elemento sureño (ou de Estado debedor) da entrada dun partido que por aí adiante identifican como \"anti-austeridade\" (Syriza en Grecia, M5S en Italia), pero, doutra banda, cun nivel de fragmentación similar ao da Europa do norte (os acredores). Se miramos a concentración (suma dos dous partidos maioritarios), o parlamento español aínda está por enriba do 50%, próximo a Austria, e superior a Suíza, Dinamarca ou Finlandia. As dúas Galicias O parlamento galego, comparado cos estados europeos e os parlamentos autonómicos, é o menos competitivo de todos, a gran distancia de Irlanda, o parlamento estatal coa competitividade máis baixa. Pero en 2016, Galicia e Irlanda tamén se volverán ingobernables. Para analizar os ciclos electorais galegos habería que ter en conta dúas divisións do país. 1. Entre a Galicia urbana e a rural, a das cidades e vilas medias (de máis de 20.000 habitantes) fronte aos concellos máis pequenos. 2. Entre a Galicia atlántica e a oriental; a das provincias da Coruña e Pontevedra fronte ás de Lugo e Ourense. Hai un certo efecto de contaxio das cidades aos concellos máis pequenos, e da Galicia atlántica á oriental Estas divisións reflicten un comportamento electoral tradicionalmente diferente. A Galicia urbana é máis receptiva á aparición de partidos novos, mentres que a rural concentra os seus apoios nas dúas forzas tradicionais e, especialmente, no partido que está no poder nese momento. A Galicia oriental foi sempre dominio do Partido Popular. As provincias de Lugo e Ourense foron, hai anos, as de maior apoio ao PP en todo o Estado, e aínda en 2011, obtiñan o 56% dos votos en eleccións xerais. Pero non son imaxes estáticas. Os ciclos electorais permiten ver os cambios nos índices de variación nas distintas subdivisións. E isto demostrou que hai un certo efecto de contaxio das cidades aos concellos máis pequenos, e da Galicia atlántica á oriental. Case a metade do censo (49,55%) vive en concellos de menos de 20.000 habitantes. A outra metade repártese entre un 35,15% nas sete cidades e un 15,25% en quince vilas medias (Narón, Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Carballo, Redondela, Arteixo, Culleredo, Ames, Ribeira, Cangas, Marín, Cambre, Ponteareas, A Estrada e Lalín). A outra división está moito máis desequilibrada. A Galicia atlántica supón un 75,32% do censo. Só un de cada catro galegos vota na metade oriental. É un desequilibrio compensado polo sistema electoral. No Parlamento Galego, a Galicia atlántica supón o 61,33% dos escanos fronte ao 38,66% da Galicia oriental. Respecto dos deputados que se envían ao parlamento español, as provincias da Coruña e Pontevedra representan o 65,21% dos parlamentarios galegos, as de Lugo e Ourense, o 34,78%. Pero como se comportou o ingobernable pobo galego á hora de votar este 20-D? O apoio ao PP, PSOE e NÓS, foi superior nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Mentres, En Marea e C's obtiveron as súas mellores porcentaxes nas cidades Na división urbana/rural, como era de esperar, o apoio ao Partido Popular, PSOE e NÓS, foi superior nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Mentres, En Marea e C's obtiveron as súas mellores porcentaxes nas cidades. O PP ten máis de 10 puntos de diferenza entre a Galicia rural (42,48%) e a urbana (31,72%). A En Marea, ocórrelle o contrario. A súa concentración maior está nas cidades (29,89%), e a menor nos concellos pequenos (20,28%). O PSOE non varía demasiado a súa porcentaxe de voto (22,16% nos concellos de menos de 20.000 habitantes, e un 20,77% nas cidades), pero mantense como segunda forza nos concellos pequenos. Cidadáns oscila entre o 10,6% das cidades e o 7,49% das vilas pequenas. NÓS aguanta un 4,83% nos concellos pequenos e só un 3,42% nas cidades. Na Galicia urbana concéntrase máis voto aos novos partidos, e En Marea queda a só dous puntos de distancia do Partido Popular. Esa distancia estírase ata os 22 puntos nos concellos pequenos. Alí é onde o PSOE mantén a segunda posición, pero a 20 puntos do PP. Se atendemos á división entre provincias, o Partido Popular mantén un 43,46% dos votos na Galicia oriental, mentres que se reduce ao 35,04% na atlántica. En Marea ten unha diferenza de oito puntos e medio (27,08% fronte 18,56%), mentres o PSOE mantén a segunda forza nas provincias interiores (23,6%) e queda terceira, e a seis puntos e medio de En Marea, nas atlánticas (20,58%). C's chega ao 9,51% na Coruña e Pontevedra e a un 7,73% en Lugo e Ourense. NÓS só consegue un 3,46% na Galicia oriental, e un 4,57% na atlántica. 2015 A inmediatez de dúas eleccións, municipais e xerais, fixeron que 2015 se sinalase cun círculo vermello no ciclo político. A última chamada ás urnas foi nas europeas de maio de 2014, onde AGE e Podemos (a pesar de que en Galicia apenas estaba organizada) superaban ao BNG e anticipaban movementos na esquerda. As eleccións municipais de 2011 foron sete días despois de que as prazas gañasen un sentido simbólico e político. Catro anos máis tarde, o Partido Popular ten a súa maior caída nas cidades (-14,02%), mentres aguanta na Galicia rural (-5,74%). O PSOE perde 2 puntos nas cidades, medio punto nas vilas medias, e sobe máis de 2 puntos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Unha vez máis, apréciase como PP e PSOE caen, pero lentamente, nos concellos pequenos. En maio de 2015, os partidos de confluencia entraban con forza nas cidades grandes e medias, e apenas constituían candidaturas na Galicia rural. Aínda así, as siglas que máis tarde apoiaron a En Marea xa contaban cun 3,97% nos concellos pequenos. As eleccións xerais de 2011 producíronse co 15M en plena ebulición política. Unhas eleccións anticipadas ao 20 de novembro, nas que se confirmou a maioría absoluta do PP e unha forte caída do PSOE sen unha transferencia deses votos a outra forza de esquerdas. Catro anos máis tarde, a maior caída do PP vén das vilas medias (-17,75%), mentres que o descenso é similar en cidades (-14,45%) e concellos pequenos (-14,92%). O Partido Socialista segue caendo. Uns dez puntos nas cidades e tres nos concellos de menos de 20.000 habitantes. O descenso de NÓS é uniforme (en torno ao 7%) nas tres áreas. No índice de variación electoral entre as municipais de 2015 e as xerais de 2015, vemos que onde mellor aguanta o PP é nos núcleos urbanos (+3,48), sinalando, quizá, unha freada en seco do descenso sufrido nos comicios municipais. En Marea confirma que existía un espazo de ruptura nos concellos pequenos, só que non había forma de materializalo en votos. PSOE e BNG dan a sensación de que aínda non tocaron fondo. Galicia atlántica vs. Galicia oriental A división atlántica/oriental confirma os elementos fundamentais de anteriores eleccións: maiores caídas dos partidos tradicionais nas provincias de Lugo e Ourense e subidas máis bruscas dos partidos novos na Coruña e Pontevedra. Excepto En Marea, o resto dos partidos ten subidas e baixadas bastante estables ao longo do territorio. As diferenzas non virían tanto pola posición xeográfica senón pola concentración de habitantes. En Marea é o partido que máis nota esas variacións entre cidades atlánticas e orientais, onde ten nove puntos de diferenza de voto nas municipais, e sete nas xerais. Nos concellos pequenos, a súa porcentaxe de voto é uniforme en toda Galicia. 2016 O PPdeG non está morto nin moito menos. A súa caída, enorme en ciclos longos pero menor a curto prazo, parece que se frea 2016 comeza coa incerteza de se se repetirán eleccións xerais e coa certeza de que Galicia vai ás urnas, como moi tarde, en outubro. O PPdeG non está morto nin moito menos. A súa caída, enorme en ciclos longos pero menor a curto prazo, parece que se frea. Nas cidades tivo 50.000 votos máis desde maio a decembro do ano pasado. Nas vilas medias preto de 15.000 votos, e nos *concellos de menos de 20.000 habitantes, 11.600 votos (no conxunto do Estado, subiu 1,7 puntos e máis dun millón cen mil votos). A iso hai que engadir que C's, o seu rival político no espazo de centro dereita, e que levou en Galicia 148.000 votos en decembro, ten un futuro incerto nas eleccións galegas: non pode presentar a Albert Rivera como candidato en todas as súas comunidades e vaille ser difícil atopar líderes despois da campaña que fixo en Galicia. Olga Louzao, concelleira no concello de Lugo e elixida ás presas portavoz de Cidadáns en Galicia os últimos días de campaña, é a mellor situada. En 2015, máis que ingobernables volvémonos europeos. En Marea, a pesar dos atrancos, mantén os apoios electorais nas cidades onde goberna, foi o partido máis votado en Vigo nas últimas xerais, e mellora os resultados que os seus partidos e satélites tiveron en maio. Ademais, obtivo un 20% nos concellos pequenos, aqueles nos que é máis difícil entrar cos novos partidos. O BNG vive un dos momentos máis importantes da súa historia. Observando onde cae e como, o Bloque está no bordo do abismo. Sangra votos por todas as frontes, pero xa non ten moita capacidade de manobra. Quintana Garrido auguráballes \"un longo e tortuoso camiño\" ao final do seu ensaio en 2010 e recomendáballes unha \"apertura real da organización en permanente ósmose coa sociedade\". Non vou dicir que non o intentaron, pero sexa como for, non o conseguiron. Temos as mesmas ferramentas que media Europa para gobernarnos con sistemas representativos, pero somos un país debedor. O parlamento que saíu do 20D, e que sairá das próximas eleccións galegas, expresa esa normalidade dual. Distancias máis curtas entre os rivais, entrada de partidos novos, multipartidismo, renovación de elites... e rastas, que eu pensaba que deixaran de escandalizar nos anos noventa e parece que non. En 2015, máis que ingobernables volvémonos europeos."}
{"ID": "NOS_20316", "summary": "Dos 54.353 millóns do resgate público recuperáronse até agora menos de 4.000 millóns.", "text": "O Banco de España actualizou o balanzo do custo do resgate público á banca e dá por perdidos máis de 40.000 millóns de euros, unha cifra que extrae após actualizar os datos do diñeiro recuperado e do que é recuperábel. Desde maio de 2009, as axudas do Frob ascenderon a case 54.400 millóns de euros dirixidos a 14 entidades financeiras. Ao feche de 2016 recuperáranse 3.873 millóns. A esta cifra, o Banco de España engade outros 10.400 millóns que considera recuperábeis. Fóra destes cálculos fican os máis de 40.000 millóns que se darían por perdidos, cantidade que en base a esta actualización do Banco de España non volverían ás arcas públicas. Dos 3.875 millóns retornados até o de agora, 783 millóns proceden da venda de Novacaixagalicia, actual Abanca. As caixas galegas recibiran axudas e inxeccións de diñeiro por máis de 9.000 millóns de euros, se ben hai cálculos que elevan esa cifra mesmo por riba dos 10.000 millóns."}
{"ID": "NOS_2610", "summary": "Os ambientalistas denuncian que unha \"interpretación torticeira\" da Lei de Montes e ao desleixo de Medio Rural propician que centos de hectáreas agrícolas están virando en eucaliptais.", "text": "O eucalipto está a colonizar centos de hectáreas de superficie agraria útil. Unha 'conquista' que chega a través do paso dos cultivos a pasteiros e de aí finalmente eucaliptais, denuncia Adega. E iso embora que o artigo 61 das Lei de Montes establece severos condicionantes para o paso de uso agrícola a forestal. Mais, que é o que acontece? Pois que, explica Adega, os servizos centrais da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal fan unha interpretación que o pastoreo no que todos os terreos \"pastables\" son forestais e, portanto, susceptíbeis de seren plantados, mesmo con eucaliptos. \"Malia a resultar evidente que a Lei de Montes só regulamenta o aproveitamento de pastos en terreos forestais como un máis dos moitos usos do monte, e a que tamén hai pastos en terreos agrícolas, os responsábeis da consellaría consideran torticeiramente que \"todo pasteiro é monte\", denuncia a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega). Esta interpretación está a permitir, indican, a forestación \"mais ou menos encoberta de terreos agrícolas\", que pasan de cultivos a pasteiros e finalmente a eucaliptais, sen sequera verse afectados polos condicionantes do artigo 61 (forestación de terras agrícolas), entre os que está a obriga de plantar en exclusiva frondosas autóctonas. Isto tradúcese directamente na perda de superficie agraria útil, convertida agora en plantíos de eucaliptos: por volta dunhas 5000 hectáreas só nos dous últimos anos. En total, e segundo Unións Agrarias, son 30.000 as hectáreas de terras agrarias que ocupa esta especie en Galiza."}
{"ID": "NOS_37620", "summary": "A subdirectora xeral da Organización Mundial da Saúde para o Acceso a Medicamentos e Produtos Sanitarios, Mariângela Simão, recoñece que as expertas estudan algúns casos de miocarditis e pericarditis.", "text": "A OMS traballa en aclarar a suposta relación da vacinación contra a Covid-19 co fármaco de Pfizer con episodios moi puntuais de miocarditis e pericarditis nalgunhas persoas nos Estados Unidos de América e en Israel. Así o recoñeceu na segunda feira a subdirectora xeral da Organización Mundial da Saúde para o Acceso a Medicamentos e Produtos Sanitarios, Mariângela Simão, que afirmou que até o de agora só saben de casos neses dous estados. \"Seguimos a investigar se está relacionado coa vacina ou é parte da distribución normal\", engadiu. Mentres se analizan as causas nas que acaeceron esas doenzas de corazón en persoas xa tratadas contra o virus, o director executivo do Programa de Emerxencias Sanitarias da OMS, Mike Ryan, puntualizou as palabras da súa compañeira nun intento de tranquilizar á poboación mundial despois doutros sucesos ligados aos remedios de AstraZeneca e Janssen. \"Aínda que son notábeis e necesitan un seguimento, só para tranquilizar á xente, que estes foron casos leves autolimitados\", subliñou. Neste contexto a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) defendeu que \"non se pode estabelecer que exista unha relación causal entre a aparición de miocarditis ou pericarditis e a vacinación\". No entanto, na Axencia Europea do Medicamento (EMA) tamén están en alerta ante a aparición de posíbeis casos, malia que os coñecidos \"non foron graves, resolvéronse nuns días e na súa maioría afectaron a homes novos\". Por outra banda, o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, comunicou que, a nivel mundial, o número de novos casos de coronavirus notificados á institución que preside \"diminuíu durante sete semanas seguidas, o que constitúe a secuencia máis longa de descensos semanais durante a pandemia até o de agora\"."}
{"ID": "NOS_274", "summary": "As primeiras sondaxes que fan públicas os medios corsos apuntan á vitoria das formacións nacionalistas, Pè a Corsica e Core in Fronte, que acadarían máis da metade dos votos na primeira volta das eleccións, mentres que a Fronte Nacional de Charles Giacomo ficaría no último lugar.", "text": "Medios de comunicación corsos veñen de facer públicas as primeiras sondaxes das eleccións, que apuntan á vitoria das forzas nacionalistas. Así, a candidatura Pè a Corsica, liderada por Gilles Simeoni, o presidente do consello executivo, obtería o 45% das papeletas, mentres que Core in Fronte, encabezada polo independentista Paul-Felix Benedetti, acadaría o 6,4%. Core in Fronte podería sumarse á candidatura de Pè a Corsica na segunda volta e constituíren, así, un bloque nacionalista A segunda forza máis votada sería a dereita de Jean Martin Mondoloni, co 15,8% dos apoios, seguida do partido do presidente francés Emmanuel Macron, La Republique en Marche, de Jean-Charles Orsucci, co 11,7%. A candidatura menos votada sería a Fronte Nacional do francés Charles Giacomo, que só se faría co 3% dos votos, segundo estas sondaxes. \"Córsega envía un sinal moi forte a París e di que quere a paz e a democracia e construír unha illa emancipada\", afirmou após coñecer os resultados Gilles Simeoni. Un sistema peculiar O sistema electoral da asemblea corsa consta de dúas voltas. A candidatura máis votada na segunda volta recolle un conxunto adicional de once escanos, sempre e cando superase o 16% dos votos. Para acceder á segunda rolda é necesario lograr un mínimo do 7%. Quen obtivese entre un 5 e un 7% podería aliarse con algunha das listaxes que superaran a primeira volta. Desta maneira, Core in Fronte podería sumarse á candidatura de Pè a Corsica na segunda volta e constituíren, así, un bloque nacionalista."}
{"ID": "PRAZA_999", "summary": "Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de abril.", "text": "ABRIL SEMANA 1 Kenia non sabe a París Mortos en África. Nenos con moscas. A xente en África acostuma a morrer. Mentres tes o telediario de fondo, o natural é que alí a xente apodreza. Vivos mortos. Abril arrancaba cun asalto yihadista na Universidade de Garissa (Kenia) que deixaba preto de 150 asasinados. Pero \"isto non vai ter repercusión porque non mataron a ningún branco\", dixo un supervivente dos charcos de sangue. Sangue vermella. Kenia segue alí. Cambia de canle. Crea un hastag que disimule que Kenia, todo indica, non sabe igual que Charlie Hebdo. Fuxan os lentos O partido de Rosa Díez comezaba a se descompoñer na Semana Santa. Incluso durante o Domingo de Resurrección. Candidatos de aquí bulían para subirse a Ciudadanos de cara ás municipais. Candidatos galegos, quero dicir, \"en el sentido más peyorativo de la palabra\". SEMANA 2 Dixeron que foi a photo finish da Guerra Fría Un día viñeron os Harlem Globe Trotters ao pavillón municipal do Porriño. Cando baixaron do autobús, decateime do importante que é para un norteamericano un chándal. Transmitían un poder imparable. En Latinoamérica, o uso dos chándales é distinto. Alí o táctel de coloríns ten connotacións políticas. (Aquí, porque somos así, tan só o visten os ionquis e as señoras con problemas de colesterol). O sábado día 11, Obama e Raúl Castro reuníanse durante unha hora en Panamá. De traxe. Dende que Eisenhower e Batista se rozaron no 56 -cando Obama aínda non nacera- Cuba e Estados Unidos non se sentaran a soas. Ninguén sabe como rematará esta historia pero todo apunta a que Fidel iría a ese encontro vestido de Adidas. Galeano e Grass \"Eu creo que nacimos fillos dos días. Cada día ten unha historia e nós somos as historias que vivimos\", reflexionou Galeano un día ao uso. O luns 13 morría o uruguaio deixando as ventas tan abertas como as venas de América Latina. Esa mesma mañá finaba tamén Günter Grass. Macabra coincidencia. En fin, literatos... SEMANA 3 Rodrigo Rato No ano 2005, un amigo e máis eu fumos convidados a dar un paseo romántico da man dun parlamentario galego polo edificio do Congreso. A cousa rematou nunha cea con varios deputados nun asador madrileño. A sobremesa foi longa; aínda que pareza que non, un parlamentario dá moito de si. Este era do PSOE e Zapatero levaba uns meses no poder. O procurador en Cortes, tranquilo, fumaba un puro. Cando lle preguntei \"quen era o membro do PP ao que máis temían enfrontarse nunhas eleccións xerais\" respondeu con claridade: \"Rodrigo Rato, é o mellor\". Menudo cabrón, atinou de pleno. Listas electorais pechadas Nesta \"vai xente das parroquias moi válida\". Naqueloutra \"o presidente do clube de patinaxe, din que arrastra xente\". \"Espera… Outro carallo…! Cando fixo Fita un módulo de mecatrónica industrial?\". \"Mira, nesta vai un virachaquetas\". \"Estes dous non estaban imputados por corrupción?\". \"A Ramiro tiveron que poñelo con Photoshop, leva tres meses ingresado\". \"Esta está ben, é de xente honrada\". O luns día 20, de madrugada, pechábanse as listas electorais. Agora toca esperar a que o buzón se ateigue de material para papiroflexia antes de consumir o voto no colexio electoral con toda a forza do mundo. Sufrirán Esta foi a semana na que Cospedal dixo que o PP traballara moito para \"saquear\" o país, na que se descubría que un descuartizador de Majadahonda tiña familia en Sarria, e na que Sito Miñanco saía do cárcere sen permiso para pisar Galicia. Todo apunta a que os tres sufrirán morriña. SEMANA 4 Portugal tem Entre as calçadas das ruas de Portugal há mais praias do que nas de París de 68. Há areia fina e romántica, liberdade elegante e vermelha. Delas saem poemas ao jeito de sinais emocionantes. O 25 de abril cumpria quarenta anos e os corações brindaram con ginjinha. O mundo encheu-se de cravos limpos, dos que não enferrujam nunca. Emprazamento É importante que todos acudamos en masa. Non debemos deixar que os que van nolo conten. Sería un erro histórico. Suxerídelle á xente que se achegue para que todo funcione. É preciso que os que vaian por primeira vez estean convencidos de que exercer ese dereito é produtivo. Se tedes algún problema, haberá autobuses para carretarvos dende o centro. O Festival de Cans celébrase do 20 ao 23 de maio. Desculpen, mais non sabía como escribir esta peza de xeito que non parecese un anuncio intencionado."}
{"ID": "PRAZA_16680", "summary": "A ata agora subdirectora xeral de Farmacia marcha ao Goberno central para realizar un estudo sobre a área farmacéutica, pero fontes do Ministerio de Sanidade admiten que o seu destino definitivo será o posto de subdirectora xeral de Calidade do Medicamento HEMEROTECA | Os cargos imputados por atrasar tratamentos de hepatite descargan a responsabilidade nos médicos", "text": "HEMEROTECA | Os cargos imputados por atrasar tratamentos de hepatite descargan a responsabilidade nos médicos O Ministerio de Sanidade fichou a unha dos dous altos cargos da Xunta de Galicia imputados por homicidio imprudente por atrasar fármacos da hepatite C \"por razóns orzamentarias\" a seis pacientes que acabaron morrendo. Carolina González-Criado, a quen se investiga ademais por un delito de prevaricación nun xulgado de Santiago e que ocupou durante os últimos anos o posto de subdirectora xeral de Farmacia, deixa o Goberno galego para incorporarse ao Ministerio que dirixe Dolors Montserrat. O seu primeiro labor será realizar un estudo sobre a área farmacéutica -iso é o que figura no cesamento a petición propia na Consellería de Sanidade que se fará efectivo á volta de Semana Santa- pero fontes do Ministerio admiten que o seu destino definitivo será o posto de subdirectora xeral de Calidade do Medicamento en substitución de Carlos Lens. De momento, incorpórase ás ordes da directora xeral de Farmacia do Ministerio, Encarnación Cruz, que tomou posesión o pasado maio. O primeiro labor de González-Criado será realizar un estudo sobre a área farmacéutica, pero fontes do Ministerio admiten que o seu destino definitivo será o posto de subdirectora de Calidade do Medicamento Fontes da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia admiten que \"marcha a petición propia, cedida para a realización dun estudo relacionado coa área farmacéutica\" pero aseguran que non teñen noticias sobre se despois se incorporará á organigrama do Ministerio. Carolina González-Criado é unha personaxe clave no sumario do caso da hepatite que se investiga no xulgado de instrución número 3 de Santiago polo seu papel nos procesos que atrasaron os tratamentos desta enfermidade en Galicia, segundo o escrito inicial do Ministerio Público, \"por razóns orzamentarias\". Trátase da primeira causa penal aberta en España por mortes supostamente relacionadas cos recortes na área de sanidade. A cargo da Xunta segue imputada tras declarar na causa aberta que se segue no xulgado número 3 de Santiago e na que figuran informes de médicos que alertaron os seus superiores de que varios hospitais galegos estaban a prescribir fármacos \"non adecuados\" a pacientes con hepatite por non dispor do Sovaldi, un medicamento que daquela tiña un prezo moi alto. A denuncia da Fiscalía partiu dos escritos presentados por médicos do Sergas que trataban doentes de hepatite e que ratificaron eses testemuños ante o xuíz O caso nacera dunha denuncia da Fiscalía, adiantada por eldiario.es, que partiu dos escritos presentados por varios médicos da sanidade galega que trataban a enfermos de hepatite e que ratificaron eses testemuños ante o xuíz. O sumario detalla como desde a administración galega na que González-Criado era a subdirectora xeral de Farmacia atrasáronse os tratamentos para tentar que varios deles fosen asumidos gratuitamente por un laboratorio privado que se ofreceu a financiar os medicamentos para 300 pacientes en toda España. Tres dos pacientes morreron sen recibir os medicamentos que os seus médicos lles recetaran. A outro tres chegáronlles demasiado tarde. Tanto González-Criado como o outro alto cargo do Servizo Galego de Saúde investigado, Félix Rubial, rexeitaron ante o xuíz en febreiro de 2017 que se negase o tratamento do Sovaldi a ningún dos pacientes que acabaron perdendo a vida. En realidade, polo que están a ser investigados é polas demoras na aplicación deses fármacos, que segundo a Fiscalía e a acusación foi a causa que orixinou os falecementos. Tras escoitar os argumentos dos dous mandos do Goberno galego, o xuíz do caso mantivo a imputación. A denuncia, adiantada por eldiario.es, levantou un gran rebumbio en Galicia, onde a oposición reclamara insistentemente o cesamento da anterior conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, aos mandos do sistema de saúde cando sucederon os feitos, e dos dous altos cargos investigados. O presidente, Alberto Núñez Feijóo, sempre apoiou a eses mandos do seu Goberno e mesmo chegou a dicir que lle parecía ilóxico que \"por dous ou tres pacientes\" se vinculasen esas mortes ás súas políticas de austeridade."}
{"ID": "NOS_48986", "summary": "O Comité Clínico muda o criterio para estabelecer os diferentes niveis de restricións co fin de \"adaptarse á situación actual\", polo que a incidencia acumulada dos concellos perde peso en favor da presión hospitalaria. Deste modo, sitúa 15 concellos no nivel medio e outros sete no alto, mais polo de agora ningún municipio se someterá ás máximas restricións. Aliás, aumenta o control sobre o lecer nocturno e sobre os encontros sociais.", "text": "Unha paréntese no camiño da recuperación. Así definiu nesta cuarta feira en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, as medidas adoptadas polo Comité Clínico na reunión mantida na terza feira. \"A pesar dos avances na vacinación, os positivos seguen a medrar e a incidencia acumulada dispárase. De momento non soben moito as hospitalizacións, mais iso non significa que as persoas infectadas non poidan acabar ingresadas\", alertou. De feito, das dez persoas que hoxe están nas unidades de críticos do país (sen cambios a respecto da xornada anterior), cinco son menores de 40 anos. Outras 57 atópanse internadas en planta (+4), segundo informou o conselleiro. Os novos contaxios diarios atópanse en niveis de febreiro Aliás, os casos activos ascenden a 6.298 (+614), e os novos contaxios baten un novo récord e continúan en valores de febreiro, con 766 (+24). A taxa de positividade das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA), pola súa banda, fica en 8,6%, novamente por riba do limiar de 5% recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a transmisión vírica. No tocante ás variantes do coronavirus que circulan polo país, se ben a pasada semana Sanidade tiña confirmados 187 casos da Delta e outros 112 en estudo, hoxe son xa 494, polo que se está a converter na predominante. Os contaxios concéntranse entre a xente máis nova A incidencia acumulada (IA) duplícase na Galiza en comparanza cos datos ofrecidos na anterior rolda do Comité Clínico, tanto a sete días —142 casos por cada 100.000 habitantes— como a 14 —210—. Por áreas sanitarias, a de Ourense-Verín-O Barco rexistra a incidencia máis elevada, 352 casos acumulados a 14 días; pola contra, a de Ferrol fica á cola con 110. A incidencia acumulada a 14 días supera os 700 casos por 100.000 habitantes entre a mocidade Porén, este incremento exponencial dos contaxios débese, na súa meirande parte, á poboación máis nova. Así, a IA a 14 días é de 717 casos por cada 100.000 habitantes para as persoas de entre 12 e 19 anos, e de 782 de 20 a 29, mentres entre os 30 e os 39 anos —o grupo que está a ser vacinado este mes— redúcese a 299. Mais a caída é moito máis pronunciada na franxa de idade de 60 a 69, cunha IA de 58, e é de apenas 31 entre as persoas maiores de 70. \"Tiñamos claro que había que axustar o modelo de restricións, porque a realidade epidemiolóxica actual é distinta á de decembro, xa que cada vez hai máis xente inmunizada e a poboación máis afectada é a xente nova, que polo xeral apenas sofre complicacións derivadas da Covid-19. Tamén temos un número de hospitalizacións menor e un perfil das persoas ingresadas distinto\", argumentou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. En consecuencia, o Comité Clínico acordou mudar os criterios que viña empregando nos últimos meses para estabelecer o nivel de alerta sanitaria en cada municipio, a fin de deseñar un modelo \"dinámico e variábel\" cuxo factor principal deixa de ser a incidencia acumulada a 14 días e concede unha maior importancia á ocupación hospitalaria, valorando tanto os internamentos en planta e na UCI como a presión sobre os 'circuítos Covid' das Urxencias. Deste modo, algúns concellos como Ourense que superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes de incidencia a 14 días —o limiar que até o momento indicaba o paso ao nivel máximo de restricións— ficarán no nivel alto a partir das 00 horas deste sábado, cando entrará en vigor a nova normativa —previa publicación no Diario Oficial da Galiza (DOG)—. Á cidade das Burgas acompañarana neste chanzo Barbadás, O Barco de Valdeorras, Cambados, A Illa de Arousa, Vilagarcía e Vilanova. Pola contra, Vigo e Pontevedra, que segundo o criterio precedente se sumarían ao nivel alto, estarán no medio xunto a Boiro, Caldas de Reis, O Carballiño, Culleredo, Marín, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Redondela, Salceda de Caselas, Sarria, Poio, Ribadavia e Sanxenxo, estes tres últimos concellos sometidos a unha \"vixilancia especial\" pola súa alta incidencia, polo que poderían ascender ao chanzo alto de restricións na próxima revisión do Comité Clínico. Os restantes municipios do país ficarán no nivel medio-baixo de restricións. Novas limitacións ás reunións sociais García Comesaña incidiu en que hoxe os positivos están a rexistrarse, principalmente, \"en ámbitos nocturnos fóra da hostalaría\", isto é, nas rúas e prazas \"onde se celebran botellóns\" e nos domicilios privados que acollen \"grupos amplos de persoas non conviventes\", e que logo trasladan os contaxios \"ao entorno familiar\". Debido a isto, o Comité decidiu limitar a capacidade das terrazas na hostalaría a dez persoas, e pediu que se aplique o mesmo criterio para as reunións sociais entre persoas non conviventes en exteriores —e un máximo de seis nos domicilios—. Porén, polo de agora trátase unicamente dunha \"recomendación\". Recoméndase un máximo de dez persoas non conviventes en calquera ámbito Noutra orde, a partir da vindeira terza feira exixirase en todos os estabelecementos do lecer nocturno —tanto no nivel medio como no medio-baixo— presentar unha proba diagnóstica da Covid-19 negativa ou un certificado de vacinación. \"Malia que o risco colectivo baixe, o risco individual segue aí, e a xente nova tamén pode ter complicacións ou sufrir secuelas como consecuencia do coronavirus\", matizou Pedro Rascado, médico intensivista do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e membro do Comité. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou esta semana 26.000 persoas, fundamentalmente de entre 18 e 35 anos, para participar en cribados aleatorios. A adherencia, dixo a doutora Durán, está a ser baixa: 41,8% de participación a pasada semana, cando foran citadas máis de 41.000 galegas e galegos, con 2% de probas positivas. \"É unha cifra importante tendo en conta que se trataba dun cribado aleatorio\", lamentou. A vacinación dos menores de 30 anos, o 9 de agosto O conselleiro de Sanidade preveu iniciar a vacinación das persoas de entre os 20 e os 29 anos o vindeiro 9 de agosto, unha cuestión que dependerá da \"dispoñibilidade de doses\", e non descartou ampliar a 'autocita' a \"outros colectivos\". Polo de agora concertáronse 4.706, correspondentes a estudantes 'Erasmus' das tres universidades galegas e ás e os maiores de 50 anos que non acudiron no seu momento a se vacinar. No conxunto da Galiza, 1.538.171 persoas contan xa coa pauta completa —62,6% da poboación a inmunizar—, e un total de 1.767.692 recibiron, cando menos, a primeira dose —72%—. Cómputo de positivos de fóra da Galiza En resposta a preguntas formuladas por Nós Diario, o conselleiro xustificou a exclusión dos positivos de persoas de fóra da Galiza das estatísticas oficiais de cada municipio alegando a \"complexidade\" que supón: \"A contabilidade é complexa en todos os concellos, sobre todo nos turísticos, porque os contaxios son asociados á tarxeta sanitaria. É o sistema co que levamos traballando un ano e medio, que funciona moi ben, mais nalgún caso como este somos incapaces de asociar unha persoa co concello onde está cada día. Dáse unha situación estraña cando unha persoa dá positivo nun concello que non é o seu, polo que a xente de fóra súmase logo de forma global á área sanitaria\", expuxo, sen especificar o volume de casos que correspondería a persoas foráneas nin valorar se a masiva chegada de turistas prevista para este verán podería disparar os positivos, dado que a Xunta hoxe unicamente exixe ás persoas procedentes de territorios cunha alta incidencia cubrir un formulario cos seus datos persoais, sen que sexa obrigatorio someterse a unha proba PCR ou presentar un certificado de vacinación. Sanidade non conta os casos de turistas pola \"complexidade\" que supón Este criterio de Sanidade impide saber o número real de novos contaxios e de casos activos presentes en cada municipio, en especial nos máis turísticos, como pode ser o caso de Sanxenxo. Cómpre lembrar, neste senso, que Sanidade está a decretar os diferentes niveis de alerta en función da situación individual de cada concello e non polo conxunto da área sanitaria. A este respecto, o médico especialista en Análises Clínicas Luis Vázquez advertía na terza feira a este xornal da importancia de que cada positivo \"se compute no lugar onde se detectou\" para coñecer con certeza a situación epidemiolóxica de cada localidade. Tamén Carmen Durán quixo quitar ferro a este asunto e afirmou que, independentemente de que nas estatísticas oficiais non se contabilicen estes casos, \"as xefaturas territoriais de cada área sanitaria saben en todo momento onde se producen os surtos e de onde son esas persoas\"."}
{"ID": "NOS_47699", "summary": "Unha exposición da Fundación Seoane recupera a figura do galego Víctor Moscoso, unha lenda do deseño gráfico da época da psicodelia de San Francisco.", "text": "Se reparades na pucha que leva Víctor Moscoso neste retrato do centro da páxina habédesvos fixar na insignia vermella: é unha Cruz de Santiago, pero non vos enganedes, en América, de Alasca á Terra de Fogo, ese emblema non ten significado relixioso ningún, é a marca dos galegos, o símbolo que desde 1748 indica a procedencia dos \"naturales y originarios del Reyno de Galicia\", como di a denominación do que foi o primeiro centro galego estabelecido en México e logo xa por todo o continente, a Congregación do Apóstolo Santiago. Pois si, Moscoso é natural de Galiza, concretamente nacido en 1936 en Vilaboa, Culleredo, pero criado en Oleiros até os catro anos, onde disque vén sendo curmán de Gelo, o incombustíbel alcalde. Moscoso é galego, pero é un deseñador de San Francisco, non nos enganemos. Mesmo así debemos celebrar a súa volta, agora que ten 84 anos e con todos os méritos de ter entrado na historia do deseño gráfico, dinamitando todas as convencións gráficas. Pero despois de celebrar este recoñecemento do artista cómpre reparar en que Víctor marcha a Nova York en 1940 coa súa nai –emociona ver o billete do barco na magnífica exposición comisariada por David Carballal na Fundación Seoane. Rematada a Guerra Civil, en 1939, o seu pai, José 'Cano' Moscoso, tivera que fuxir dunha morte anunciada; fillo de emigrantes en New Jersey, volvía a un porto seguro. Si, Moscoso é galego, pero é un deseñador de San Francisco, non nos enganemos. Mesmo así debemos celebrar a súa volta, agora que ten 84 anos e con todos os méritos de ter entrado na historia do deseño gráfico, dinamitando todas as convencións gráficas naquela cidade fundada polo frade Pedro Benito Cambón, nacido en Seaia, Malpica, en 1738. Cunha formación que incluíu os estudos con Josef Albers na Universidade de Yale, Víctor chega a aquel San Francisco que está a ferver, abrir portas e mesmo levantar mortos agradecidos: lembremos os Doors, Janis Joplin e os Grateful Dead, a banda liderada por outro descendente de galegos, Jerry García, o neto de Manolo de Sada. A música é a catalizadora do deseño gráfico no San Francisco dos anos sesenta, os deseñadores procuran unha nova linguaxe para os concertos e aí xorde a psicodelia gráfica: reciclan antigas fotos da Belle Epoque, volven rotular a man vellos modelos de letras modernistas, xustapoñen cores antitéticas, sobreimprimen imaxes en cores distintas que, ao ser iluminadas intermitentemente nas salas de concertos, provocan lecturas cinéticas... Todo moi pouco lexíbel, pero que ao pouco é xa unha linguaxe encriptada, pero transparente para seareiros lisérxicos. De contado aparece o \"póster\": os carteis véndense, colecciónanse; Moscoso chega a renunciar aos seus honorarios e vive de vender aquelas pezas: os carteis convértense na nova arte popular da cultura dunha mocidade que en todo o mundo occidental acada xa unha presenza social relevante, impensábel antes dos anos sesenta. Deseño gráfico, sexo e rock and roll."}
{"ID": "NOS_36061", "summary": "O accidente laboral decorreu en 2010 e no mesmo outro traballador ficou incapacitado.", "text": "O 15 de abril de 2010 un accidente laboral na planta da refinaría de Repsol na Coruña provocaba graves queimaduras a dous operarios, Juan C. Sousa e José L. Suárez, ambos os dous soldadores da subcontrata Tamesur. Juan Sousa falecía dúas semanas despois e Suárez ficaba incapacitado. A sanción que impón Inspección de Traballo contra a Refinaría Repsol Petróleo por aquel sinistro laboral é 2.000 euros, unha sanción que se publicaba no Boletín Oficial do Estado (BOE), sen especificar o importe, e que recollía a Cadena Ser Coruña. O sindicato CIG interpuxo unha denuncia penal contra a empresa que chegou até o Tribunal Supremo. O Tribunal fechou a vía penal e abriu a administrativa, que levou a esta sanción económica. A CIG denuncia que non puido acceder ao expediente. Nos últimos anos os accidentes laborais na planta herculina saldáronse con un falecido e seis feridos graves."}
{"ID": "PRAZA_9042", "summary": "Advirte dos inútiles \"múltiples intentos de diálogo co Sergas\" e advirte dos \"numerosos colectivos de traballadores e usuarios que denuncian o estado precario da sanidade\" en Galicia.", "text": "Ao tempo que o persoal das Urxencias do Clínico de Santiago inicia a súa novena semana de folga e a dous días dunha manifestación para reivindicar un servizo digno e máis medios, profesionais dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia anuncian tamén o inicio dunha folga indefinida para, como no resto dos casos, reclamar melloras asistenciais e laborais. Un novo conflito na sanidade que se lle abre á Xunta, tras a dimisión dos xefes de servizo da Atención Primaria en Vigo, os problemas nas ambulancias, as queixas múltiples de usuarios ou as denuncias polo colapso e a masificación nas Urxencias. O comité de folga denuncian os inútiles \"múltiples intentos de diálogo co Sergas\"O comité de folga aclara que convoca o paro indefinido, que como no caso das Urxencias ten marcados por parte da Xunta uns servizos mínimos do 100%, logo dos \"múltiples intentos de diálogo co Sergas\" e de dous paros \"parciais\" que, segundo din, non serveron de nada e que non supuxo \"achegamento ningún por parte da Administración para negociar unha saída ao conflito\". Os profesionais mobilizados dos PAC manteñen os 11 puntos reivindicativos pactados por todos os centros de Galicia, nos que reclaman a equiparación de dereitos ao resto de colectivos do Sergas, como a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos de enfermería-médica, valoración de riscos, un cómputo de xornada correcto –onde os permisos e as baixas computen neutro a eses efectos-- ou a revisión de plans funcionais. \"Son numerosos os colectivos de traballadores e usuarios que denuncian o estado precario da sanidade\"O comité de folga dos PAC critica que, malia aumentar a actividade asistencial dos PAC, estes non teñen medios suficientes e os equipos sanitarios dos que gozan son mínimos. Así, alertan da \"incompetencia\" da Xunta na sanidade galega e aseguran que é algo que \"non se pode agochar máis\". Ademais, lembran que \"son numerosos os colectivos de traballadores e usuarios\" que seguen a \"denunciar publicamente o estado precario da sanidade, principalmente en primaria\". O Sergas, pola súa banda, respondeu asegurando que segue \"aberto\" a alcanzar un acordo cos traballadores dos PAC e di tamén manter \"vixente\" a súa \"última proposta\" no marco da negociación. Nun comunicado, explica que xa teñen mantido \"diversas reunións\" cos respresentantes dos traballadores \"para tratar as súas reivindicacións\", entre elas\"até tres mesas sectoriais\"."}
{"ID": "PRAZA_8550", "summary": "O secretario xeral, Valentín García, réstalle valor ao informe do Consello Europeo por estar \"feito en Madrid\" e carga contra Prolingua polas súas críticas á Rede de Dinamización Lingüística", "text": "O pasado outubro os expertos do Consello Europeo que avalían o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias nos Estados que a subscribiron lanzábanlle unha dura reprimenda á Xunta. Mentres que consideraban \"exemplar\" a protección institucional do catalán e do éuscaro nos seus respectivos territorios, os expertos comunitarios cargaban con contundencia contra a política lingüística da Xunta, a comezar pola \"redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio\", pero tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación. Este martes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, comparecía no Parlamento para expoñer as liñas de acción do seu departamento e a oposición contrapuxo o seu optimismo co informe da UE. Para García este documento carece de valor, entre outras razóns, porque está \"feito en Madrid\". \"Tremendo informe, tremenda a importancia dese informe\", retrucoulle o alto cargo de Educación á oposición en xeral e, particularmente, á nacionalista Ana Pontón. Para García o feito de que as entrevistas con diversas asociacións e colectivos vinculados á lingua galega se celebrasen \"en Madrid\" fan dubidar do seu resultado. \"Temos moito que discutir del e imos contar moitas máis cousas\" do seu contido porque \"aquí non viñeron\", afirma, nun contexto no que obvia, non obstante, que os expertos europeos amosaron o seu malestar pola escasa colaboración do Goberno galego. \"Eu voulle traer outros informes\" e \"voulle dicir como está a situación sociolingüística nalgúns lugares dos que veñen eses expertos\", enfatizou, entre xestos de incredulidade dos deputados opositores. A crítica ao informe europeo non foi a única lanzada por Valentín García. Tamén reservou dardos dialécticos para un colectivo xeograficamente máis próximo, Prolingua. Despois de que a propia Pontón criticase o funcionamento da Rede de Dinamización Lingüística apoiándose nun artigo do profesor Cibrán Arxibai difundido por esta plataforma o secretario xeral apresurouse en preguntarse \"que criterio de autoridade ten\" o autor, dado que é \"profesor de matemáticas nun instituto de Silleda\" e non sociolingüística e nin sequera \"profe de galego\". \"Se empezamos a vir aquí con artigos escritos en blogs -di, en referencia á web de Prolingua- eu podo traer cincocentos\", mantén. O secretario xeral minusvalora as críticas de Prolingua: \"Se empezamos a vir con artigos escritos en blogs eu podo traer cincocentos\" \"Non perda os papeis e non se crispe\", recomendoulle Pontón, quen censura que García \"se atreva a vir descualificar a opinión das persoas que teñen unha preocupación pola situación do idioma\". \"Non están contando mentiras, están describindo os problemas de funcionamento da política lingüística\", di. Neses problemas abondou tamén o socialista Francisco Caamaño, quen lamenta que o secretario xeral centre o seu discurso fóra dos ámbitos de \"responsabilidade institucional\". Cun orzamento de Política Lingüística reducido a niveis \"ridículos\" Caamaño lamenta que García acudise ao Parlamento para facer un relatorio das actividades do seu departamento, tales como a difusión dos debuxos animados d'Os Bolechas. \"É unha política lingüística de feira, sen ningún tipo de contido; porque, que pasa coa lingua na administración, na escola, nas editoras, no audiovisual, nos medios de comunicación, no sistema de saúde...?\", exemplificou. Pola banda da AGE o seu voceiro, Ramón Vázquez, contrastou datos sociolingüísticos de fontes como o informe da UE, pero tamén do Observatorio da Cultura Galega, para lamentar que o Goberno galego teime na aplicación do denominado \"bilingüismo harmónico\", un \"concepto que pariron vostedes\" sen sustento científico, lamenta. \"Pretenden descubrir a pólvora\" pero \"en materia sociolingüística hai estudos dabondo\" que, di, acreditan que \"non hai un só país no que se falen dúas linguas en igualdade\". \"En Galicia a lingua de prestixio é o castelán, iso é unha evidencia\" que o Goberno galego debera colaborar para reverter, advirte."}
{"ID": "NOS_16425", "summary": "O referendo catalán constará finalmente de dúas preguntas segundo o acordo alcanzado esta quinta feira por CiU, ERC, ICV e a CUP. O electorado deberá responder se quere que Catalunya sexa un Estado e, se for así, se quixer que este fose independente. A consulta será o 9 de novembro de 2014.", "text": "Catalunya votará o vindeiro 9 de novembro de 2014 sobre o seu futuro. Así o acordaron CiU, ERC, CUP e ICV esta quinta feira. Após unha longa xuntanza, os portavoces das organizacións políticas que apoian o proceso soberanista e a convocatoria do referendo de auto-determinación decidiron que a consulta conste dunha dobre pregunta. Isto é, o electorado deberá decidir se \"Quere que Catalunya sexa un Estado?\" e, se así for, deberán responder a unha segunda formulación: \"Quere que sexa un Estado independente?\". As forzas independentistas e ICV defenden o dereito de Catalunya a decidir O president da Generalitat, Artur Mas, e as portavocías de ERC, ICV e CUP defenderon que a pregunta dobre acordada --con matices-- pon fin ao Estado das autonomías, abre un \"conflito democrático co Estado\" e permitirá ao independentismo \"conseguir unha vitoria\". Oriol Junqueras (ERC): \"A maioría da sociedade [catalá] quere votar sobre a independencia\" O president de ERC, Oriol Junqueras, amosou a súa satisfacción polo acordo adoptado esta quinta feira embora recoñecer que a pregunta \"semella demasiado longa\". O líder d@s republican@s asegurou que a pregunta \"permite que a maioría independentista se mobilice para conseguir unha vitoria clara\". Aliás afirmou agardar que \"se gaña a indepencencia\" todas \"as outras formacións\" unionistas \"aceptarán tamén o resultado democrático\" das urnas. Quim Arrufat (CUP): \"Xa hai conta atrás para comezar un conflito democrático co Estado español\" O deputado da CUP, Quim Arrufat, valorou a pregunta acordada entre as forzas políticas e asegurou que a súa formación \"acepta a proposta\" mais que a someterá a consulta da sociedade civil. \"É un paso importante ao que non se chegara nunca\", salientou Arrufat acompañado de David Fernández, ao tempo que sinalou \"xa hai conta atrás para comezar un conflito democrático co Estado español\". Para a CUP, embora apoiaren, con matices, a pregunta traballarán pola independencia \"como viñemos facendo até o de agora\". Se ben, dixo, preferían que se tivese formulado coa clareza e sinxeleza do referendo de Escocia. Joan Herrera (ICV): \"Rematou o Estado das autonomías\" Para portavoz de ICV no Parlament de Catalunya, Joan Herrera, a pregunta do referendo \"permitirá sumar independentistas e federalistas\". Neste senso, dixo, o inquérito permitirá \"conseguir un si acaparador\" e avanzou que a súa formación votará polo \"Si á definición dun Estado\" mais deixou a porta aberta a unha negociación a respeito da segunda cuestión. A da independencia. Herrera emprazou ao Goberno español a negociar unha \"contra-proposta\" que vise unha outra relación entre Catalunya e España mais que non necesariamente deveña nun Estado soberano para Catalunya."}
{"ID": "NOS_22967", "summary": "A Audiencia española négase a avalar as recomendacións do Defensor do Pobo estatal e nega a dúas crianzas de Cambados con trastorno do espectro autista a axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio, sostendo que a concesión das bolsas ten que basearse na facturación bruta dun negocio e non na renda familiar.", "text": "6.000 euros anuais é o custo da terapia de reeducación pedagóxica e de audición e linguaxe de Javier, de 15 anos, e Irene, de 10, diagnosticados no espectro do autismo. Para cubrir este gasto, a nai das crianzas, Yaisa Rial, veciña de Cambados, leva pedindo desde o curso 2017/2018 as bolsas NEAE, para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Porén, ano tras ano a resolución do Ministerio de Educación denega a axuda á familia, que levou o caso á Audiencia española após acudir á Valedora do Pobo, ao Defensor do Pobo estatal, presentar alegacións, recursos de reposición e finalmente unha reclamación á sala do contencioso administrativo, que volveu desestimar o 10 de decembro de 2021 a alegación do ano 2018/2019, e amais condena a Rial a ter que pagar os custos do proceso xudicial. O motivo esgrimido polo Ministerio primeiro, e pola Xustiza estatal despois, é que a demandante non cumpre con un dos criterios para outorgar as axudas, o que refire a unha suma de ingresos procedentes de actividades económicas que \"supere a cantidade de 155.500 euros\". A pesar diso, a renda familiar e o patrimonio do que dispoñen sitúanse por baixo do limiar que marca a convocatoria das axudas, polo que a súa situación económica avalaría a concesión da bolsa, que, lembra Rial, \"non é ordinaria, senón para cubrir necesidades especiais\". Esta diverxencia explícase ao ter en conta a Administración unicamente os \"ingresos brutos, totais ou volume de negocio\", indica a sentenza da Audiencia. Rial ten unha concesión para xestionar un estanco en Cambados (comarca do Salnés), no ano estudado pola maxistratura a súa facturación foi de 676.300 euros, non obstante, os seus ingresos netos foron de 21.000 euros (1.750 mensuais), ao vender mercancía con impostos especiais e con prezos marcados no Boletín Oficial do Estado, \"eu son unha recadadora de impostos\", indica a afectada. Nese sentido, incide en que \"non teño un negocio privado\", explicando que o rendemento tamén está estabelecido, nun 8,5% anual -o que lle gañan ao tabaco-, que descontando os gastos quedaría entre 2,5% e 4%, polo que sería imposíbel cubrir nin un salario sen superar o volume de facturación exixido. Nestas condicións \"aos estanqueiros estannos negando de primeiras a posibilidade de pedir calquera tipo de axuda, o que tamén inclúe o sector de loteiros\", asegura, facendo fincapé en que non ten sentido que ás persoas autónomas lle teñan en conta \"todo o que meten na caixa rexistradora, en bruto\". Asemade, Rial cualifica a situación como \"discriminatoria\" e contraria á Convención de dereitos das persoas con discapacidade, ratificada polo Estado español en 2008. \"Os meus fillos non están a ter igualdade de oportunidades\", láiase, denunciando que \"o que están a facer é empobrecer a unidade familiar pola denegación dunha axuda á que teñen dereito, por un criterio que nin sequera é obxectivo\". O Defensor do Pobo avala a concesión das axudas Quen si lle deu a razón foi o Defensor estatal do Pobo, que afirma no seu escrito que \"o volume de facturación pode ser como moito indicativo dunha estabilidade económica familiar, mais non pode ser un criterio obxectivo que exclúa dunhas axudas\". Asemade, o Defensor reclamou ao Ministerio que tivera en conta os beneficios obtidos e non a facturación bruta para as convocatorias de axudas, o que foi rexeitado polo organismo, aínda recoñecendo certa arbitrariedade na aplicación dos criterios por parte dalgunhas unidades de adxudicación de bolsas. Necesidades por cubrir \"Os meus fillos teñen unhas necesidades que non teñen cubertas nin en educación nin en sanidade\", subliña a denunciante, \"a min a axuda non ma dan pero eles precisan a súa terapia para poder avanzar\", resolve. Con todo, destaca que \"no sistema público non temos terapia, só no privado\", limitándose o público a revisións periódicas, e pon como exemplo a Javier, que está a cursar 4º da ESO e non conta con apoio, apenas o \"bo facer das profesoras e profesores\", aínda \"tendo dereito a unha serie de adaptacións metodolóxicas\". Continuar loitando Por outra parte, amósase moi decepcionada coa decisión da Audiencia, \"fun agardando que os señores maxistrados estudasen o caso, e o que fixeron foi limitarse a ler a convocatoria e dicir que non cumpro un criterio\", o que non evita que saliente que continuará loitando para facer valer os dereitos das crianzas, recoñecidas como dependentes de grao 1 e 2 respectivamente. Ademais, relata que xa se puxo en contacto coa Federación Autismo Galiza, que á súa vez contactou coa federación estatal. A entidade declinou facer declaracións ao respecto do caso. Unha condición pouco estudada Nin na Galiza nin no Estado existen censos oficiais sobre persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Así e todo, os estudos epidemiolóxicos que se levaron a cabo en Europa apuntan a unha prevalencia dun caso por cada 100 persoas, polo que se estima que hai arredor de 27.000 persoas con TEA na Galiza. Con motivo do Día mundial de concienciación sobre o autismo, o 2 de abril, a presidenta da Federación Autismo Galiza, Mercedes Fernández Angulo, fixo énfase en que as persoas con TEA \"necesitan unha adaptación da contorna educativa e unha atención especializada acorde co nivel cognitivo de cada unha\", un servizo \"deficitario\", concluíu. O PP négase a quitar o termo \"diminuído\" da Constitución A voceira do Partido Popular (PP) no Congreso, Cuca Gamarra, reiterou esta quinta feira que a formación vai bloquear a substitución do termo \"diminuídos\" polo de \"persoas con discapacidade\" na Constitución estatal, argüíndo que abrir a posibilidade dunha reforma constitucional pode permitir que tamén sexan modificadas outras partes do texto. Esta proposta superou o primeiro trámite no lexislativo en setembro pasado, porén, o bloqueo de PP e Vox fai inviábel que poida recibir o apoio dos tres quintos da Cámara. No texto, proposto pola ex vicepresidenta primeira do Executivo, Carmen Calvo, búscase incidir nas \"condicións de liberdade e igualdade real e efectiva\" para este colectivo, e \"garantir a plena autonomía persoal e inclusión social das persoas con discapacidade\"."}
{"ID": "NOS_24857", "summary": "Eran perto das 23.30h desta sexta feira cando Pablo Iglesias anunciaba mediante un chío en Twitter que Podemos finalmente concorrería con En Marea aos comicios galegos. Esta resolución, adoptada desde Madrid, vai provocar unha fonda crise do partido morado na Galiza.", "text": "\"Non hai nada por riba da unidade cando nos xogamos o cambio na Galiza. Podemos estará con En Marea sexa cal sexa a fórmula\". Este chío de Pablo Iglesias na rede social Twitter avanzaba un acordo \"in extremis\" entre Podemos e En Marea para concorrer nun mesmo partido ás eleccións do 25 de setembro. No hay nada por encima de la unidad cuando nos jugamos el cambio en Galicia. Podemos estará con En Marea sea cual sea la fórmula.— Pablo Iglesias (@Pablo_Iglesias_) 12 de agosto de 2016 Pronto Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña e próximo a Podemos, contestaba o chío do líder da formación morada e agradecía a \"xenerosidade e altura de miras\" de Iglesias. \"Será un pracer facer isto xuntos\", engadía. Tamén facía o propio Yolanda Díaz, coordinadora nacional de IU na Galiza e deputada de En Marea en Madrid, \"hai xente de ollada curta e outra de ollada longa. Pablo Iglesias é dos que non xoga en espazos curtos. Grazas\". Echenique e Bescansa, a clave Após o cruce de agradecementos, Pablo Iglesias citaba Pablo Echenique, secretario de Organización da formación morada, e Carolina Bescansa, secretaria de Análise Política e Social –a quen na quinta feira enviou a Galiza a tratar de negociar a integración na Marea- \"grazas a Echenique e Bescansa e a todos os compas de Galiza pola súa xenerosidade e esforzo\". Precisamente, Podemos na Galiza optara nos últimos días por se presentar en solitario ás eleccións galegas ao rexistrarse En Marea como partido no Ministerio do Interior. A formación morada esixía concorrer en coligazón ao 25 de setembro e así o expresara en numerosas ocasións a líder de Podemos na Galiza, Carme Santos. A secretaria xeral de Podemos na Galiza, que nos pasados días foi a máis vehemente á hora de defender unha concorrencia en solitario, tamén se pronunciou vía Twitter sobre o acordo, \"ao final desta noite tivemos unha xenerosidade que supera calquera expectativa ante a non cesión dos nosos aliados en certos puntos\". \"Decisións tomadas con toda a lexitimidade tiveron que ser cambiadas co obxectivo de salvar a unidade política\", engadía. Tamén se refería a un \"sacrificio inmenso\". \"Isto non quita que este xiro final o teñamos que abordar en colectivo e eu quero informar a nosa xente persoalmente, as bases de Podemos Galiza, co fin de decidir que camiño seguimos xuntos\". E é que as bases aprobaran concorrer en coligazón e non nun partido. As candidaturas, un crebacabezas No día de hoxe a coordinadora de En Marea manterá unha xuntanza con dirixentes de Podemos para avanzar a integración do partido morado unha vez que o prazo de inscrición no censo para votar nas primarias remata o domingo. Aliás, hoxe mesmo conclúe o \"período de subsanación\" de candidaturas. Podemos podería aproveitar este prazo para presentar os seus candidatos ás primarias. En Marea presentou un só candidato á Presidencia da Xunta, Luís Villares, mentres que Podemos optou por que concorrese ás primarias da formación morada Carmen Barahona. Tamén o ex senador José García Buitrón anunciara a súa precandidatura por Podemos co obxectivo de confluír coa Marea. No seo da Marea presentáronse até 18 listaxes ás primarias, que se votarán os días 16 e 17. Nestas candidaturas aparecen nomes non só ligados a Anova e IU –partidos integrados na Marea- senón tamén de Cerna -escindida de Anova-, de Equo, das mareas municipalistas e do propio Podemos."}
{"ID": "NOS_43178", "summary": "O BNG reclama unha comisión de investigacións a respecto das denuncias realizadas polo Comité de empresa. O PSdeG pide o cesamento da dirección de informativos.", "text": "Esta terza feira empregad@s da TVG denunciaban a través dun comunicado de imprensa teren sufrido \"presións\" e \"intervencións\" por parte da dirección da empresa a respecto da información sobre os escándalos de corrupción que envolven o PP: a operación Pokemon e o caso Bárcenas. Os grupos parlamentares do BNG e o PSdeG veñen de se facer eco das denuncias d@s traballadoras e traballadores da corporación e de presentaren sendas propostas no Parlamento á fin de o Goberno galego asumir responsabilidades. Entrementres a deputada do Bloque, Montse Prado rexistrou unha pregunta dirixida ao executivo de Alberto Núñez Feijóo en que demanda unha investigación formal arredor da denuncia emitida polo Comité de Empresa; o PSdeG vai para alén diso e exixe a demisión da dirección da TVG argüíndo que \"actúa máis como un medio ao servizo exclusivo dos intereses do PP\" do que como un \"medio de comunicación público. PSdeG e BNG fanse eco das denuncias de presión d@s traballadoras e exixen responsabilidades \"É moi grave que o comité teña que chegar á situación de emitir un comunicado\", denunciou Prado, nun momento en que a \"sociedade demanda con máis forza coñecer a realidade dos feitos\", sentenciou. E o certo é que, segundo o comité de empresa, a dirección da televisión pública tería presionado @s profesionais á fin de intervir sobre as informacións publicadas arredor do caso Bárcenas --que salfire á cúpula do PP, tamén na Galiza-- mais tamén sobre a operación Pokemon en que se atopan imputados diversos cargos públicos populares, como os alcaldes de Compostela, o Carballiño ou Boqueixón. Neste senso, a deputada nacionalista vén de emprazar por vía parlamentar á Xunta de Galiza a que aclare se está a investigar ou \"pensa facelo\". O PP ataca a oposiciónA través dun comunicado de imprensa, @s populares criticaron as denuncias da oposición e aseguraron que a TVG \"está a cumprir de modo axeitado o seu papel de servizo público\", a respecto --din-- \"dos parámetros de calidade e pluralismo\". O PP asegura que o traballo da TVG vén avalado polos índices de audiencia alcanzados e nega as manipulacións denunciadas Malia a que esta non é a primeira ocasión en que a oposición critica \"manipulacións\" informativas --durante a campaña electoral foron 25 os recursos presentados polos partidos da oposición-- o PP aproveitou a ocasión para bater contra BNG e PSdeG e empregar a estratexia do \"e ti máis\". @s conservadores argumentan que \"na etapa do bipartito\" a televisión pública \"era líder en manipulación\" en troca da situación actual da que, din, \"os informativos da TVG son líderes de audiencia\". Nunha batalla de cifras --das que acostuma encetar o PP-- @s populares negan as presións denunciadas pol@s traballadoras e traballadores e argüen que a TVG conta co \"respaldo da audiencia\"."}
{"ID": "NOS_28588", "summary": "Milleiros de activistas protestan polas duras condicións nas cadeas israelís. Ao redor de 1.600 pres@s iniciaron unha folga de fame indefinida que secundaron, só por un día, tamén 2.300 activistas encarcerados, nunha iniciativa que xa foi bautizada como a 'batalla dos estómagos baleiros'", "text": "O 'Día do prisioneiro palestino' celebrado o pasado 17 de abril provocou unha inédita medida de protesta nos cárceres de Israel, onde 1.600 pres@s iniciaron unha folga de fame indefinida que secundaron, só por un día, tamén 2.300 activistas encarcerados, nunha iniciativa que xa foi bautizada como a 'batalla dos estómagos baleiros'. Son preto de 5.000 @s pres@s palestinos que cumpren condena na actualidade só no estado hebreo. O inicio da folga de fame estivo acompañada de grandes manifestacións de apoio á poboación presa mentres que o presidente palestino, Mahmud Abbas pediulle unidade entre @s reclus@os. \"O único que se beneficia da división entre @s palestin@s é Israel, a potencia ocupante\", asegurou, logo de que fontes israelís informaran de certas divisións entre os presos de Hamas e os de Al Fatah. @s prisioneir@s esixen a fin da política de detención administrativa (sen xuízo) e do castigo de illamento e tamén que se permita na cadea continuar coa educación secundaria e o bacharelato, así como as visitas de familiares e a mellora das condicións de saúde. Pola súa parte, o goberno de Israel limitouse a indicar que se sente \"preparado para afrontar a situación\"."}
{"ID": "PRAZA_20130", "summary": "A entidade denuncia a negativa do alcalde da localidade a \"recuperar o diálogo\" e sinala que manterá a súa programación nas súas instalacións e buscará novos lugares. Mantén a súa demanda de que a vila conte cunha biblioteca municipal \"digna\"", "text": "Espazo Lectura: \"O único apoio público que necesitamos é unha biblioteca de calidade\" Espazo Lectura vén de acordar a suspensión definitiva de todas as actividades que viña realizando na Biblioteca Municipal de Gondomar e renuncia, igualmente, á reserva de crédito de 5.000 euros que o Concello destinaba a pagar as actuacións e visitas dos escritores e escritoras contratados pola asociación para levar a cabo a programación da biblioteca. A entidade de fomento da lectura (sobre todo entre nenos e nenas, mais non só) paralizou en marzo a súa programación na biblioteca municipal como denuncia ante a situación de abandono que este centro sufría por parte do Goberno local. Dous meses despois as circunstancias seguen sendo as mesmas e a pesar de que o pleno municipal instou o alcalde (cos votos de Manifesto Miñor, PP, CABE e Iniciativa por Gondomar) a recperar o diálogo coa asociación, isto non se produciu. A entidade, que despois de 11 anos de actividade vizosa e pioneira converteuse en referencia en toda Galicia, denuncia a negativa do rexedor da localidade -Paco Ferreira (PSdeG-PSOE)- a \"recuperar o diálogo\" e sinala que manterá a súa programación nas súas instalacións e buscará novos espazos. Mantén así mesmo a súa demanda de que a vila conte cunha biblioteca municipal \"digna\". En abril Beatriz Núñez, Presidenta de Espazo Lectura, destacaba en conversa con Praza que \"o único apoio público que necesitamos é unha biblioteca de calidade\". A decisión de suspender definitivamente as relacións co Concello foi adoptada pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Espazo Lectura o pasado 6 de maio. Porén, acordouse tamén darlle \"un prazo de cortesía ao alcalde de Gondomar para que retomase o diálogo con e cumprise o mandato no Pleno do Concello\", un prazo que a entidade dá por finalizado, sen obter resposta por para do rexedor. Espazo Lectura \"lamenta profundamente a negativa do alcalde a recuperar o diálogo coa asociación, a pesar de todos os esforzos realizados e de toda a presión social que se derivou desa negativa e a solidariedade mostrada pola inmensa maioría dos centros de ensino do Val Miñor\". A entidade \"lamenta profundamente a negativa do alcalde a recuperar o diálogo coa asociación, a pesar de toda a presión social que se derivou desa negativa e a solidariedade mostrada pola inmensa maioría dos centros de ensino do Val Miñor\" Os problemas entre Espazo Lectura e o Concello de Gondomar comezaron xa na toma de posesión do alcalde. \"Dadas as dificultades, cheas de despropósitos, que o voluntariado de Espazo Lectura foi atopando para desenvolver o seu traballo diario con normalidade, hai máis dun ano, aproveitando a renovación da Xunta Directiva da asociación, fixemos público un documento no que, xa daquela, se avisaba tanto da precariedade da biblioteca municipal como das difíciles relacións coa administración\", explica a entidade. \"Pero as cousas non melloraron, senón todo o contrario, chegando á actual situación\", engade. \"Ata o de agora, mellor ou peor, ao longo destes case doce anos, Espazo Lectura atopou sempre espazos de convivencia e colaboración cos distintos gobernos que foron ocupando a institución municipal, así como condicións que posibilitaron o deseño dunha importante programación na Biblioteca Municipal, condicións que non se dan nestes momentos e que provocan o desánimo do seu voluntariado polo desconsiderado entorpecemento da acción de Espazo Lectura\", denuncian. A asociación explica que \"o voluntariado de Espazo Lectura continuará desenvolvendo con normalidade o seu labor de dinamización e fomento da lectura, especialmente na Casa da Lectura, onde a asociación creou ao longo de todos estes anos \"unha biblioteca moderna e funcional aberta ao público\" e onde ten a súa sede. Tamén se buscarán outros espazos alternativos que serán anunciados no seu momento\". Con todo, sinala que \"esta nova situación\" supón a necesidade de \"recalcular e redimensionar\" o perfil da entidade e de \"buscar novas vías de financiamento\". A asociación anuncia que continuará demandando \"unha biblioteca digna para Gondomar\" que poña \"punto final ás graves carencias actuais Finalmente, a asociación anuncia que continuará demandando \"unha biblioteca digna para Gondomar\" que poña \"punto final ás graves carencias actuais: inexistencia de bibliotecario/a, inexistencia de orzamento estable, mellora da accesibilidade, modernización do mobiliario, diferenciación de espazos, mellora dos fondos, catalogación, purga...\"."}
{"ID": "PRAZA_16598", "summary": "ENTREVISTA | Carmen García Mateo é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo e investigadora nas tecnoloxías da fala e da linguaxe. Esta semana participou nos actos do Día da Muller no Museo do Pobo, centrados na fenda de xénero nas TIC, e tamén na xornada do Consello da Cultura sobre A cultura dixital en Galicia", "text": "Carmen García Mateo é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e directora do Grupo de Tecnoloxías multimedia de atlanTTic, onde leva a cabo a súa labor investigadora, centrada principalmente nas tecnoloxías da fala e da linguaxe (recoñecemento de voz, tradución automática, conversión de texto a voz...). No ano 2014 recibiu o premio María Josefa Wonenburger, que recoñece os méritos científicos e o impacto social das mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía. O pasado martes participou na celebración do Día da Muller no Museo do Pobo Galego, que este ano estivo centrada na fenda de xénero no desenvolvemento e aplicación das TIC. Moderadas por Encarna Otero, ademais de Carmen García Mateo interviron Luz Ramos López -xefa do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión- ou Sonia Lois García -enxeñeira técnica industrial pola Universidade de Vigo, CEO de Coremain e de Sivsa e experta en desenvolvemento de solucións TIC aplicadas ao ámbito da sanidade-. Ademais, este xoves foi unha das participantes na xornada organizada polo Consello da Cultura Galega sobre A cultura dixital en Galicia, na que deu unha conferencia sobre \"Tecnoloxía, intelixencia artificial, Big Data: A automatización que chama á porta\". Os actos do Día da Muller no Museo do Pobo estiveron dedicados este ano a debater sobre a fenda de xénero nas TIC. Onde está a base do problema? A partir de que momento as nenas son apartadas das carreiras tecnolóxicas? O problema é complexo e normalmente cando xeneralizamos cometemos erros. Pero en todo caso é importante mandar mensaxes. O outro día no Museo do Pobo arrinquei a miña intervención con algúns datos, mesmo históricos, lembrando que na miña época de estudante -rematei a carreira a finais dos 80- eramos poucas mulleres nas facultades de ciencias. Pero eran outros tempos, a sociedade era moi distinta e iso era case esperable. Nos anos 90 houbo un certo crecemento, pero hoxe a presenza de mulleres nas carreiras técnicas volve descender, ata o 20%, mentres que noutras disciplinas, tanto de ciencias, como de ciencias sociais, de humanidades, si que acadou a igualdade ou as mulleres son mesmo maioritarias. \"Hai un tema de percepción subxectiva, de autoestima, de estereotipos asociados a carreiras técnicas que fan que as nenas, dende pequenas, rexeiten estes contidos\" Hai unha cuestión moi importante relacionada con percepcións, que están xa interiorizadas no máis fondo de cada persoa, dende a infancia. Hai un tema de percepción subxectiva, de autoestima, de estereotipos asociados a carreiras técnicas que fan que as nenas, dende pequenas, rexeiten estes contidos. Existe o estereotipo de que nas carreiras técnicas se necesita un nivel de intelixencia elevado e dende que as nenas son pequenas vaise construíndo nelas a idea de que non son suficientemente intelixentes. Hai unha falta tamén de referentes femininos; os nenos son capaces de nomear científicos ou enxeñeiros, pero non tantas científicas e enxeñeiras. Están a realizarse proxectos interesantísimos, como o proxecto Wisibilizalas da UPF, para dar a coñecer científicas ou enxeñeiras, para amosar que existen, que non son raras. Hai que ir á raíz, porque se non atacamos iso, as nenas xa non escollen materias de corte técnico na ESO e despois xa non van ás enxeñarías. É importante acadar a igualdade en todos os ámbitos, pero se cadra é máis urxente facelo nas TIC, pola súa importancia económica e social presente e futura. É o espazo que está definindo na actualidade a nosa sociedade e as consecuencias de que o papel das mulleres sexa secundario poden ser moi graves, non si? O noso papel máis que secundario é minoritario. Non hai suficientes. Estase a desperdiciar moitísimo talento de mulleres que non chega ás carreiras técnicas e que polo tanto despois tampouco vai chegar ao mundo do traballo. E isto é moi grave, tendo en conta que as profesións relacionadas co desenvolvemento das tecnoloxías demandan cada vez máis traballadores cualificados. Non nolo podemos permitir. \"Estase a desperdiciar moitísimo talento de mulleres que non chega ás carreiras técnicas e que polo tanto despois tampouco vai chegar ao mundo do traballo\" Nese sentido é importante que as mulleres que estiveron e estades nos campos científicos ou técnicos sexades máis visibles, para dar eses referentes? Hai unha frase que me gusta moito, que é 'non se elixe o que se descoñece'. Seguramente ata hai pouco as mulleres científicas e técnicas non fomos conscientes da importancia que tiña que fósemos máis visibles, de aparecer nos medios, de usar máis as redes sociais, de chegar a nenos e nenas, da importancia de poñer nisto tamén o noso empeño. Este xoves falaches de Big Data e de Intelixencia Artificial, cousas que a moitas persoas lles poden soar moi afastadas, mesmo de ciencia ficción, pero coas que xa estamos en contacto a diario na nosa vida cotiá... Si, facemos uso do Big Data todos os días, cada vez que empregamos o buscador de Google... ...Son determinantes no noso día a día, rodéannos, pero se cadra os que non somos expertos non sabemos moito sobre elas? Si, todas estas tecnoloxías están xa a mudar todo o noso mundo e fálase de que constitúen unha 4ª revolución industrial. E xa non son novas, en absoluto, levamos con elas dende o 2005 e son resultado dunha evolución de moitas décadas. Nos anos 50 do pasado século sabíase xa como facer todo isto, teoricamente, pero o que non había eran as ferramentas. Todo iso chegou cun desenvolvemento exponencial da tecnoloxía nos últimos anos, cun grande aumento da capacidade dos ordenadores e da conectividade. E así avanzouse moitísimo no seu despregamento, chegando a todos os recunchos da vida da xente. Tamén a robótica está hoxe xa en todos os lados, nas aspiradoras, nos cortacéspedes... E estes aparellos conteñen unha cantidade de tecnoloxía impresionante, de hardware, de sensores... \"Facemos uso do Big Data todos os días, cada vez que empregamos o buscador de Google2 Como está posicionada Galicia -as súas empresas, spin-off e grupos de investigación- nestes campos? Non estamos nada mal, non estamos desconectados. Estamos ben tendo en conta a dimensión empresarial que temos e a poboación de Galicia. O importante é que non estamos illados, e isto é fundamental porque hoxe en día hai que traballar en colaboración con outras empresas, empregando todo tipo de ferramentas propias e de terceiros. E isto está a facerse dende numerosos grupos de investigación, empresas ou spin-off nacidas nas universidades. No meu campo, que son as tecnoloxías da linguaxe ou da fala, están a levarse a cabo grandes avances tecnolóxicos coa lingua galega, porque aquí si que se non o facemos nós non o vai facer ninguén, tentando que todo o relacionado co procesado automático de fala en galego estea ao mellor nivel. \"Traballamos no desenvolvemento dun sistema de recoñecemento de fala para o galego, que permita transcribir automaticamente audio. Aínda que Google xa conta cun sistema, consideramos que non ten a calidade que debe ter\" En que está centrado o teu grupo de investigación neste momento? No grupo traballamos a partir de procesado de contidos audiovisuais, tanto audio coma as propias imaxes das persoas, para extraer automaticamente información delas: quen son, en que estado anímico están, empregando técnicas baseadas en recoñecemento de patróns. Traballamos no desenvolvemento dun sistema de recoñecemento de fala para o galego, que permita transcribir automaticamente audio e que permita por exemplo incorporar subtítulos en galego aos vídeos de Youtube. Aínda que Google xa conta cun recoñecedor de audio en galego, nós seguimos traballando niso, porque consideramos que o sistema de Google non ten a calidade que debe ter. Colaboramos con lingüísticas da Universidade de Santiago e de Vigo para mellorar a ferramenta. Na parte de vídeo, o grupo deu lugar a unha spin-off que desenvolveu unha ferramenta que permite identificar as reaccións da xente cando observa un escaparate, se miran máis unha ou outra prenda e poder detectar o seu interese..."}
{"ID": "NOS_19915", "summary": "O Goberno galego aprobou o decreto polo que se estabelecen os complementos ás pensións non contributivas da Seguridade Social e doutras prestacións semellantes, unha medida voluntaria -as comunidades non están obrigadas a tela- e que a Galiza vén ofrecendo durante os últimos 14 anos, desde que o Goberno de coalición do PSdeG e o BNG a instaurou en 2009, xusto antes de chegar Alberto Núñez Feixoo á Xunta. Con todo, o actual presidente mantén a contía conxelada desde 2011 en 206 euros.", "text": "Habería que retroceder máis dunha década para atopar a orixe da medida que instaurou o complemento da pensión non contributiva na Galiza, unha iniciativa impulsada polo daquela vicepresidente da Xunta, o nacionalista Anxo Quintana. O complemento, dirixido a persoas con baixos recursos, aprobouse no ano 2009, ao final do 'bipartito' do PSdeG e BNG, beneficiando con 200 euros máis de 50.000 persoas. Ese mesmo ano chegou Alberto Núñez Feixoo ao Goberno galego e do borrador de orzamentos do PP para 2010 desapareceu calquera partida para ese complemento da pensión. De feito, a conselleira de Traballo nesa etapa, a popular Beatriz Mato, referíase daquela á medida como \"un parche\" e dubidaba da legalidade de manter e prorrogar nos orzamentos ese tipo de complementos. Ao final, o Executivo de Feixoo non só rectificou e deu continuidade á medida ano tras ano, senón que mesmo a mantivo practicamente intacta na súa contía. Así, e a pesar da suba do IPC, o complemento da pensión só experimentou unha única suba, pasando de 200 a 206 euros (foi no ano 2011), polo que agora, dez anos despois, o complemento da pensión para 2021 será outra vez de 206 euros. Así o aprobou esta cuarta feira, 23 de decembro, o Consello da Xunta e así vén consignada esa cantidade no proxecto de orzamentos para o ano 2021 do Goberno galego. Segundo anunciou o presidente Núñez Feixoo, 38.000 serán as persoas beneficiarias en 2021 desta medida, entre pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo, beneficiarias de axudas periódicas; e as persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos. A axuda ingresarase de oficio a todas as e os beneficiarios que reúnan os requirimentos, sen necesidade de solicitala nin levar a cabo ningún trámite adicional. O Consello da Xunta prorroga as contas O proxecto de orzamentos da Xunta para 2021 aínda se atopa en trámite parlamentar, á espera do debate das emendas parciais dos grupos políticos, polo que o Consello da Xunta aprobou o decreto de prórroga dos actuais orzamentos, que se aplicará até que entren en vigor as contas de 2021. Núñez Feixoo responsabilizou de ter que prorrogar os orzamentos de 2020 ao atraso do Goberno estatal á hora de dar a información necesaria para a Xunta poder elaborar o teito de gasto. \"Isto provocou a necesidade de prorrogar os orzamentos, polo menos, durante as primeiras semanas de 2021\", dixo o presidente. A prórroga aprobada regula o aboamento ordinario das retribucións das e dos empregados públicos da Xunta, as prestacións por dependencia, a Renda de Integración Social (Risga) ou os pagamentos a provedores da Administración galega. \"Así mesmo, posibilítanse tamén os expedientes anticipados de gastos, o que permite que a Xunta siga funcionando con normalidade a pesar de que teña catro semanas de atraso na aprobación das contas de 2021\", afondou Feixoo na rolda de prensa posterior ao Consello do Goberno. O virus non ten vacacións O presidente da Xunta quixo aproveitar a comparecencia ante os medios para chamar á responsabilidade individual das galegas e galegos durante as celebracións do Nadal e avisou de que \"o virus non vai coller vacacións\". \"A responsabilidade individual debe ser fundamental, con maior intensidade nestas datas de máis interacción social\", manifestou. Núñez Feixoo lembrou que hai por diante varios festivos e unha fin de semana e avisou de que queda pouco para a chegada da vacina."}
{"ID": "NOS_31285", "summary": "A fichaxe de inverno marca dous tantos na vitoria dos branquiazuis en Vallecas (1-2) nun partido serio do equipo coruñés, que agradeceu o dinamismo que aportou o internacional por Costa Rica na súa estrea.", "text": "Debut e dous goles, os dunha vitoria moi importante para o Dépor, que na estrea de Celso Borges -fichaxe invernal- atopou no mediocentro mundialista un referente de xogo e tamén un finalizador, decisivo na vitoria branquiazul en Vallecas (1-2) que afasta dos postos baixos ao equipo de Víctor Fernández, serio en defensa e dinámico arriba, nun encontro vistoso para o espectador e no que o Deportivo amosou unha das mellores imaxes da tempada. Un rexeite aproveitado por Borges puxo por diante aos deportivistas, que axiña perderon esa vantaxe cando Bueno aproveitou un magnífico centro do galego Trashorras, que segue a ser a guía dos vallecanos. Porén, o Dépor nunca lle perdeu a cara ao encontro, e insistiu en buscar a portería contraria dentro dun partido con constantes ocasións, que se decidiu para os coruñeses cando un penalti sobre Sidnei foi asumido pola nova incorporación, que non errou cara gol e asinou así o importante triunfo nun debut perfecto."}
{"ID": "NOS_39560", "summary": "Unha tecnoloxía para derrubar as barreiras de comunicación coas persoas xordas", "text": "As persoas xordas conviven con severas barreiras de comunicación que dificultan a súa plena inclusión social e laboral e que son invisíbeis, en moitas ocasións, para o resto da sociedade. Os implantes cocleares non están ao alcance de todas e teñen graves limitacións técnicas que os fan ineficaces para algunhas persoas e situacións. A lectura de labios é só unha axuda parcial para algunhas e resulta imposíbel se usamos máscaras. A lingua de signos, un medio de comunicación natural para quen non oe, é descoñecida para a maioría de oíntes, e a dispoñibilidade de intérpretes é, a día de hoxe, insuficiente. Na última década, os sistemas de recoñecemento automático de linguas de signos progresaron moito. As posibilidades que estes sistemas ofrecerán nuns anos son comparábeis ás que xa ofrece o recoñecemento de voz. Ferramentas de ditado e comunicación con asistentes virtuais son só dous exemplos de como estas tecnoloxías nos facilitan a comunicación con ordenadores. Por outro lado, as ferramentas de tradución empezan a ser fiábeis para varios idiomas e en breve axudarannos a comunicarnos entre falantes de diferentes linguas. Non é xusto que estas ferramentas estean dispoñíbeis tamén para persoas xordas? O recoñecemento automático de linguas de signos baséase no procesamento de imaxe e na intelixencia artificial, e por iso require grandes coleccións de vídeos, que non existen aínda para a Lingua de Signos Española. O proxecto Speech&Signs, desenvolvido no centro atlanTTic da Universidade de Vigo por un equipo interdisciplinario de persoas expertas en lingua de signos e en TIC, ten entre os seus obxectivos paliar esta carencia. Coa axuda das Asociacións de Persoas Xordas da Galiza estamos gravando vídeos de signos illados, palabras deletreadas co alfabeto dactilolóxico, e frases completas, repetidas por moitas persoas diferentes. A base de datos de Speech&Signs contén gravacións realizadas con distintos dispositivos: cámaras de vídeo de alta calidade, sensores de profundidade, cámaras web, smartphones e incluso capturas de programas de TV. O procesamento que require cada un destes materiais é diferente, e o impacto que a calidade do vídeo ten no resultado final do sistema de recoñecemento tamén é algo que nos interesa estudar. Ademais, é imprescindíbel anotar as gravacións e sinalar en cada instante de cada vídeo non só que signo está presente, senón posíbeis modificacións no seu significado indicadas con xestos da cara, a cabeza e o torso. En paralelo ás gravacións, deseñamos e adestramos sistemas de recoñecemento baseados en intelixencia artificial que identifican os signos contidos en cada vídeo. A complexidade e a fiabilidade destes sistemas dependen de factores como o número de signos distintos a recoñecer, a variabilidade de realizacións ou se estes signos están illados ou concatenados con outros e forman parte dunha frase. Co obxecto de comparar as prestacións do noso sistema de intelixencia artificial cos desenvolvidos por outros grupos de investigación, acabamos de participar nunha competición internacional na que 132 equipos de distintos países pugnaban por ver cal dos seus sistemas era máis fiábel no recoñecemento de 226 signos illados de Lingua de Signos Turca, realizados por 43 persoas diferentes. A taxa de acertos que obtivimos é do 96%, o que nos situou na cuarta posición da clasificación. Esta porcentaxe de acertos indícanos que somos quen de resolver o problema cando a súa complexidade está acoutada. Agora hai que seguir traballando para abordar tarefas máis útiles e difíciles: vocabularios más extensos e frases completas, en vídeos de calquera calidade, e, sobre todo, en Lingua de Signos Española. Cando veremos un recoñecedor automático de lingua de signos que sirva para derrubar as barreiras de comunicación coas persoas xordas? Grazas á colaboración das Asociacións de Persoas Xordas, e coa financiación adecuada das administracións, esperamos que pronto"}
{"ID": "NOS_29142", "summary": "PSdeG, Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto (En Marea) fan público o seu \"firme desacordo\" coa decisión da Corporación da Radio e Televisión de Galicia de \"censurar\" a reunión da Deputación Permanente.", "text": "Os grupos da oposición no Parlamento da Galiza, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, Bloque Nacionalista Galego e Grupo Mixto (En Marea), emitiron esta sexta feira un comunicado conxunto no que fan público o seu \"firme desacordo\" coa decisión da dirección da Corporación da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) de non retransmitir en directo a sesión da Deputación Permanente celebrada hoxe na Cámara, na que compareceron o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García. \"Os medios públicos teñen a responsabilidade (profesional e legal) de achegar unha información plural, obxectiva, sempre guiada por criterios de imparcialidade, neutralidade e veracidade, prestando especial atención aos debates que se realicen na Cámara, tal como se recolle na Lei de creación da CRTVG, a Lei de medios públicos audiovisuais de Galicia e no Mandato Marco da CRTVG\", explican os partidos no seu comunicado conxunto. A oposición ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo asegura que \"resulta incomprensíbel\" que ante unha crise sanitaria \"sen precedentes\" que se ten cobrado a vida de máis de 10.000 persoas, \"a televisión pública, que os galegos e as galegas sufragan con 100 millóns de euros cada ano, furte información sobre as propostas das formacións políticas para combater a pandemia, tanto no aspecto sanitario como económico\". Así, os grupos parlamentares sinalan que mentres se producía o debate na Cámara, na TVG emitíase \"un programa de cociña explicando a elaboración dunha receita culinaria, anuncios da teletenda e o resto da programación ordinaria, por decisión da dirección do ente, con Alfonso Sánchez Izquierdo como principal responsábel\". Utilización \"partidista\" da canle pública \"É intolerábel que, mesmo no medio dunha pandemia, o PP siga facendo unha utilización partidista dos medios públicos e utilizando a televisión pública como canle de publicidade e propaganda ao servizo do Executivo de Feixoo e do Partido Popular\", aseveran as deputadas de PSdeG, Común da Esquerda, BNG e En Marea, que tamén lle trasladan toda a \"solidariedade e apoio\" ás traballadoras da CRTVG que \"intentan facer o seu labor con profesionalidade e rigor\". Co de hoxe van 98 venres negros \"para denunciar a manipulación informativa e en defensa dunha CRTVG ao servizo da sociedade galega\" baixo o lema Defende a Galega. \"O dereito á información é un dereito fundamental que debe ser garantido en calquera situación e contexto, pero aínda máis en momentos de excepcionalidade\", lembran os partidos, que conclúen que \"censurar o debate parlamentar\" supón \"de facto unha vulneración dese dereito\" As forzas políticas da oposición galega solicitan á dirección da CRTVG que actúe \"con responsabilidade de país\" e que cumpra \"coa misión de servizo público garantindo unha información de proximidade que respecte os principios de pluralidade, imparcialidade, neutralidade e veracidade informativa\"."}
{"ID": "NOS_5581", "summary": "O candidato de En Marea perdeu esta cuarta feira a oportunidade de rectificar as súas declaracións sobre o direito de Arnaldo Otegi a se candidatar e lonxe diso afirmou que o que fixo hoxe a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa foi simplesmente executar a sentenza da Audiencia Nacional.", "text": "Nen unha palabra en solidariedade co líder da esquerda abertzale por parte de Luís Villares, o maxistrado ao que En Marea propón como candidato á presidencia da Xunta. O xuíz continúa preso da súa condición de tal -o consabido corporativismo- e mostra certas dificuldades á hora de detectar as implicacións políticas de decisións xurisdicionais. Perguntado esta cuarta feira sobre a decisión da Xunta Eleitoral de Gipuzkoa, Luís Villares, en declaracións recollidas por Europa Press, dixo literalmente: \"As persoas que están inhabilitadas por unha condena penal a presentarse ás eleccións non poderán facelo\". A xuízo do candidato da Marea, a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa adoptou a súa decisión \"obrando en execución desa sentenza\", dixo en alusión ao fallo da Audiencia Nacional contrario a Otegi. Villares mostra certas dificuldades á hora de detectar as implicacións políticas de decisións xurisdicionais Sobre o veto ao político de Elgoibar, Villares limitouse a dicer que a decisión é \"recorríbel perante os tribunais\" e, polo tanto, iso será o que teñan de facer \"as persoas que estean interesadas en facelo\", dixo cun ton de absoluto distanciamento a respeito de Otegi e a esquerda abertzale. Villares remachou que o que lle interesa a súa formación é \"solucionar os problemas de Galiza\". Reafirma así as súas polémicas declaracións de días atrás cando, en relación a este mesmo asunto, dixo literalmente que \"as sentenzas están para cumprilas\". Contrasta este posicionamento de Villares co realizado por dirixentes de Podemos no Estado, de Pablo Iglesias a Errejón, e até na Galiza, como Gómez Reino, críticos coa inhabilitación a Otegi. BNG e as demais forzas soberanistas de esquerdas do Estado manifestaron a súa solidariedade co líder da esquerda abertzale e consideraron política a decisión do órgao xudicial."}
{"ID": "NOS_57994", "summary": "O portavoz do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, descartou que o líder d@s socialistas de Galiza sexa designado senador por mor da súa imputación. O propio Besteiro comunicara a súa renuncia a Pedro Sánchez a segunda feira.", "text": "Após o veto imposto polo PP á súa designación como senador autonómico, a súa imputación féchalle definitivamente a porta mais, desta volta, por decisión do seu partido e semella que del propio. Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press, en declaracións á imprensa o portavoz do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, asegurou que \"descarto que vaia ir ao Senado\" por mor da súa imputación por presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias e prevaricación nun caso que lle atinxe polo seu tempo como edil en Lugo. Porén, segundo a mesma axencia o propio Besteiro tería comunicado na segunda feira a Pedro Sánchez a súa renuncia a ser designado senador. Así o trasladaron fontes do PSdeG a Europa Press que o atribúen a unha decisión persoal."}
{"ID": "NOS_5337", "summary": "A formación galeguista celebrou unha xuntanza do seu Consello Político na que puxo a mirada nas municipais e reclamou \"un estado multinacional\" e un \"referendo sobre a monarquía\".", "text": "O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia (CxG) celebrou o sábado unha sesión ordinaria para avaliar, entre outros temas, a situación política logo das recentes eleccións europeas e o escenario aberto trala abdicación de Juan Carlos I. A respecto da primeira cuestión, e logo duns resultados que non chegaron nin aos 10.000 votos- o Secretario Xeral da organización galeguista, Xoán Bascuas, deu lectura a un informe de xestión no que cualificaba os resultados \"como malos en base á expectativa que tiña a propia organización\". Neste sentido, o dirixente tamén insistiu en que \"agora toca corrixir os erros, avaliar a nova situación política e comezar a traballar nas eleccións municipais, en rede, xa que Compromiso está para quedarse e facer política tamén dende os concellos\". A respecto do escenario aberto trala abdicación de Juan Carlos I, o máximo órgano de CxG aprobou unha resolución a favor dun referendo sobre a Xefatura do Estado e dunha reforma constitucional que recoñeza a Galicia como nación. Neste sentido, a forma galeguista entende que \"é o momento de que a cidadanía reclame de vez o seu dereito a decidir, que pasa en primeira instancia pola convocatoria dun referendo sobre a xefatura do Estado e, en segundo lugar, por unha reforma constitucional que serva para modernizar as institucións políticas do Estado e que recoñeza o seu carácter plurinacional así como o dereito a decidir das nacións que a conforman\"."}
{"ID": "NOS_45202", "summary": "Pontevedra homenaxeará a Señora Lola, muller que dedicou a vida ao clube granate.", "text": "Cando no mundo do fútbol se fala do Xogador Número 12 pode facerse referencia, nun concepto prestado do baloncesto, a aquel que entra desde o banco dos suplentes de forma recorrente partido tras partido, sendo un habitual sobre o céspede a pesar de non ser dos once da partida, aínda que o máis común é referirse ás seareiras e seareiros locais que, co seu apoio incondicional, tratan de arrastrar o seu equipo até a vitoria cos seus folgos. Non obstante, esa expresión, designificada polo influxo do fútbol moderno e explotada comercialmente polos grandes clubes e marcas fabricantes, xa case non significa nada. Tornou nun meme, como dirían os máis novos, nun mero slogan publicitario para vender camisetas e recordos varios. Mais en Pontevedra non. Na Cidade do Lérez, falar do Xogador Número 12 non era facelo dun revulsivo para tratar de remontar un partido, ou dunha masa abstracta, etérea, en forma de folgos anonimizados desde as bancadas. Alí tiña nome, apelidos e até alcume. De muller, concretamente. O Xogador Número 12 era Dolores Calviño, a Señora Lola, tamén coñecida como \"a nai de todos os xogadores\". O Pontevedra Club de Fútbol, toda a súa vida A Señora Lola era a utillera do Pontevedra Club de Fútbol, entidade á que dedicou 40 anos da súa vida. Como destacaba hai uns anos nunha entrevista Modesto Pillado, ex xogador granate, \"a Señora Lola non era un operario máis do clube, era a esencia dun Pontevedra que che empapaba até o fondo, e ela empapouse de tal maneira que case nos consideraba os seus fillos e tratábanos como tal\". Na mesma liña se pronuncia Montse Fajardo, a redactora do programa do Concello de Pontevedra A Memoria das Mulleres, que explica a Nós Diario que Dolores Calviño era \"a encargada da lavandaría do clube\", e unha persoa \"súper entrañabelpara o equipo e para toda a cidade, á que moita xente quería como a unha nai\". Por iso, e co fin de \"destacar esa rama de mulleres do común, de perfil obreiro como a Señora Lola, que pode que non fora unha deportista feminina ou unha gran científica, pero era un emblema en Pontevedra\", sinala Fajardo, o Concello anunciou a súa intención de homenaxear Dolores Calviño. Segundo apunta Xaquín Moreda, concelleiro de Patrimonio Histórico, desde a corporación teñen a \"intención\" de homenaxear á Señora Lola. \"Era unha muller moi recoñecida en Pontevedra, moi querida pola xente e pola cidadanía, por iso a súa figura está incluída no catálogo municipal A Memoria das Mulleres, e agardamos que no futuro poidamos desenvolver un mural ou algunha outra intervención artística que a teña como protagonista\", engade. Aínda que polo de agora a localización desa futura obra de arte promovida polo Concello de Pontevedra non está confirmada, agárdase que estea nas inmediacións do estadio de Pasarón, no que tantos e tantos bos e malos momentos vivíu Dolores Calviño, a eterna Señora Lola."}
{"ID": "NOS_4381", "summary": "Con Ucraína no fondo, os mandatarios de Rusia e os EUA intercambiaron impresións para intentar avanzar nun debate que reaparece periodicamente. A última vez que acusaron o país eslavo de acumular tropas na fronteira ucraína foi a primavera pasada.", "text": "Durante dúas horas e un minuto, Joe Biden, presidente dos Estados Unidos, e Vladimir Putin, presidente de Rusia, mantiveron a súa segunda xuntanza após a reunión de xuño en Xenebra (Suíza), abordando sobre todo a situación en Ucraína, pero incluíndo no diálogo a estabilidade estratéxica, o secuestro de datos dixitais e o traballo conxunto no que atinxe a Irán. Tras os saúdos cordiais dos primeiros intres da cimeira virtual desta terza feira, transmitidos pola axencia RIA Novosti, a videochamada tornouse tensa por momentos, apuntaron fontes do Executivo norteamericano a CNN. Pouco despois da despedida, o asesor de seguridade nacional dos EUA, Jake Sullivan, informou os medios do país do acontecido na conversa, sostendo que Biden advertiu que \"as cousas que non fixemos en 2014 estamos preparados para facelas agora\", en referencia á decisión da República de Crimea de unirse a Rusia despois de separarse de Ucraína no transcurso da guerra civil provocada polo golpe de Estado contra Viktor Yanukovych. Porén, non quixo especificar que medidas están dispostos a asumir. \"Preferiríamos comunicar iso directamente aos rusos, non negociar en público, non telegrafar os nosos golpes\". Entre as posibilidades enumeradas pola prensa estadounidense está continuar coas sancións económicas, subministrar máis material militar a Ucraína e aumentar a presenza militar da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). No medio do xogo mediático, un funcionario da Casa Branca defendeu que Biden sinalou que \"unha nación non pode obrigar outra a cambiar a súa fronteira, que cambie a súa política ou con quen poden traballar\". As estimacións feitas pola Intelixencia dos EUA de supostas tropas rusas na fronteira vai desde os 70 mil que cita France24 até os 175.000 que menciona o Washington Post. En todo caso, unhas cifras desacreditadas por diversos analistas militares. A perspectiva rusa Pola súa banda, o Kremlin fixo público un comunicado no que expón que hai que volver aos acordos de Minsk, que puxeron fin á guerra en Ucraína, acusando a OTAN de \"facer perigosos intentos de conquistar o territorio ucraíno e acumular o seu potencial militar nas nosas fronteiras\", o que impulsa \"a liña destrutiva\" pola que aposta o gabinete de Volodimir Zelensky, presidente de Ucraína. Nese sentido, reclama volver á mesa de diálogo e explica que \"Rusia está seriamente interesada en obter garantías de confianza e legalmente fixadas que exclúan a expansión cara ao leste da OTAN\", así como \"o despregue de sistemas de armas de ataque ofensivo en Estados adxacentes\". O Estado ruso rexeitou por medio das declaracións de múltiples autoridades as acusacións de Washington de estar preparando calquera clase de ataque contra Ucraína, mais alertando de que isto non implicaba que non foran responder diante das provocacións de Ucraína ou dun terceiro país. Con todo, ámbolos países acordaron \"instruír os seus representantes para que emprendan as consultas sobre estes delicados temas\", indica o Kremlin, nunha conversa que describe como \"franca e profesional\". Tamén se comprometeron a continuar os contactos diplomáticos con respecto ao diálogo sobre Irán, á estabilidade internacional e á seguridade dixital. No que atinxe á cooperación, Putin asegurou que están dispostos a anular as restricións mutuas sobre as misións diplomáticas, que afirma, foron provocadas polos EUA ao aplicar \"prohibicións e expulsións masivas de diplomáticos rusos\". \"É imposíbel reconstruír a Unión Soviética\" Ao tempo que decorría a xuntanza, autoridades dos dous países intercambiaban reproches. Victoria Nuland, subsecretaria de Estado dos EUA, subliñou que Putin busca \"reconstruír a Unión Soviética (URSS)\". \"Estou seguro de que a señora Nuland, como todos nós e outros expertos, entende perfectamente que é imposíbel reconstruír a URSS\", respondeu o voceiro presidencial ruso, Dmitri Peskov."}
{"ID": "NOS_3760", "summary": "Os casos activos baixan a 12.730, con descensos en todas as áreas, agás Lugo. Os novos positivos rexistran unha lixeira repunta.", "text": "Segundo o último balance da Consellaría de Sanidade os contaxios de Covid-19 na Galiza aumentaron a respecto da última actualización. Os novos positivos rexistrados aumentaron en todas áreas nasitarias, especialmente na de Vigo, onde os casos novos detectados son máis do dobre que os do día anterior. Así, nas últimas horas rexistráronse en 597 contaxios, 125 menos que o mesmo día da semana anterior. Do total, Vigo sumou 143; A Coruña, 139; Lugo, 98; Santiago, 77; Pontevedra, 55; Ourense, 48, e Ferrol, 37. Casos activos Porén, o número de casos activos descendeu no cómputo global, e tan só a área de Lugo rexistrou un leve ascenso. A área con máis infeccións activas é A Coruña, con 4.029, seguda da de Vigo con 3.134 casos; Lugo, con 1.344; Pontevedra, con 1.295; Santiago, con 1.259; Ferrol, con 878, e Ourense, con 791 casos. Presión hospitalaria Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron grandes variacións. Así, os hospitais galegos manteñen 63 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos: 21 na Coruña, 10 en Vigo (+2 ), 10 en Ferrol (+1), sete en Lugo (-1), seis en Ourense (-1), cinco en Santiago, e catro en Pontevedra (-1). Nas unidades convencionais de hospitalización hai 259 persoas ingresadas, o que supón catro menos que a xornada anterior. Incidencia e taxa de positividade A incidencia acumulada mellora en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo, que rexistra un incremento leve a sete e 14 días. A mellora afecta ao conxunto do territorio. A 14 días, a incidencia da Galiza é de 407 casos por 100.000 habitantes e de 168 a sete días. Só A Coruña, Vigo e Ferrol se sitúan por riba da media galega. Pola contra, Ourense amosa os datos máis positivos. Baixa dos 100 casos a sete días, ao igual que Santiago, e suma 231 a 14 días fronte aos 246 da área de Compostela e O Salnés. Ademais, os distritos de Ourense, Verín e Valdeorras son os primeiros en baixar do limiar de 5% de positividade fixado pola OMS para dar por controlada a pandemia. A media galega nos últimos sete días itúase na contorna de 11% mentres que a área da Coruña e Cee mantén a taxa máis alta, dun 14%. Falecementos Desde que empezou a pandemia faleceron 2.524 persoas tras notificar Sanidade seis novos decesos: un home de 94 anos que estaba ingresado no CHUF; dúas mulleres, de 83 e 92 anos, ingresadas no HULA; un home de 82 anos e unha muller de 89 anos, ambos ingresados no CHUAC; e un home de 56 anos hospitalizado no CHUVI."}
{"ID": "NOS_53704", "summary": "A entidade pública que xestiona a navegación aérea pretende forzalos a se comunicaren coa dirección da zona en español, tanto verbalmente como por escrito, segundo denunciou esta entidade.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística informou ao relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, e mais á responsábel da división de minorías nacionais e lingüísticas do Consello de Europa, Elise Cornu, da \"persecución á que a empresa pública española de servizos aeroportuarios Enaire está a someter a algúns traballadores polo uso do galego no traballo\". \"Esta acción da empresa Enaire, pertencente ao Ministerio de Transportes, presenta un precedente de consecuencias gravísimas se se estender ao conxunto de empresas cuxa actividade se desenvolve en Galiza\", explica o presidente da Mesa, Marcos Maceira, nas cartas que lles remitiu a De Varennes e Cornu. \"Tanto polo feito como polas graves consecuencias que pode chegar a ter para as traballadoras, coidamos que é unha acción grave de discriminación polo uso da lingua propia e cooficial protexido polo artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galiza, polo artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, polo artigo 27 do pacto internacional de dereitos civís e políticos e o artigo 13 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas\", engade. A empresa, indica A Mesa, afirma que a dirección do centro de traballo, no aeroporto de Santiago de Compostela, está en Madrid e que por ese motivo non teñen por que entender nen atender ningunha das comunicacións dos traballadores nunha lingua diferente do español. \"Porén, a inspección de traballo xa lles deu a razón aos traballadores, afirmando que se o centro de traballo está en Galiza teñen todo o dereito a usar o galego aínda que a dirección estea fóra por motivos alleos ao centro de traballo e á actividade\"."}
{"ID": "NOS_40441", "summary": "Centos de persoas reclamaron \"\"liberdade sen recortes\" na manifestación que percorreu as rúas centras de Vigo con motivo do Día do Orgullo lésbico, gai, transexual e bisexual. Trinta e cinco colectivos sociais e organizacións políticas sumáronse á manifestación aberta convocada por Nós Mesmas.", "text": "Implicadas no Desenvolvemento, MNG, PsdeG-PSOE, BNG, Marcha Mundial das Mulleres, FIGA, GN ou PCG son algunhas das 35 organizacións sociais e políticas que se sumaron a manifestación que na tarde do sábado saíu da Farola de Urzáiz para percorer as céntricas rúa de Vigo. \"Queremos que sexa un orgullo cidadán, un orgullo máis social e representativo. Un orgullo que amose o gran descontento social e o respaldo das nosas loitas pola sociedade en xeral e por outros movementos sociais\" recollíase no manifesto da mobilización á que se sumaron representantes de diversos colectivos e organizacións. A manifestación, que puña o ramo á programación desenvolvida durante toda a semana reclamaba, entre outras cousas, o dereito á saúde, cunha especial atención ás persoas inmigrantes en situación irregular que viven co VIH e sofren desatención por parte do sistema sanitario. Solicitaron tamén formación na diversidade no ensino, con programas específicos para educadores, nun momento no que os recortes sociais agravan tamén as situacións de discriminación."}
{"ID": "PRAZA_17580", "summary": "Son as políticas austericidas que a troica europea (Consello de Europa, Comisión Europea e Banco Central Europeo) baixo o liderado alemán procura impoñer en toda a Unión Europea as que están provocando que se dispare a desigualdade e a exclusión social e que, nos estados europeos do sur, se manteñan elevados índices de desemprego.", "text": "O cruel cinismo con que se manexan as elites políticas e económicas en Europa pode ser infinito. Vexamos as evidencias. Recentemente un informe da Comisión Europea suspendía a España, e por tanto a Galiza, en prestacións sociais. Non é a primeira vez que isto sucede. Dende fai algúns anos a Comisión Europea ven situando a España no pelotón de cabeza dos estados europeos con maiores niveis de desigualdade. Unha desigualdade a que colabora tanto e elevado desemprego como o grande déficit nas funcións públicas de benestar. Unha realidade que a propia Comisión Europea recoñece ao subliñar que España é un dos estados europeos que menos recursos públicos dedica a redución da desigualdade e a pobreza. Difícil non estar de acordo con este informe da Comisión Europea. Entón por que fago esta acusación ás autoridades europeas? Porque se ben é certo que España, e Galiza, suspenden en materia de emprego e benestar social non deixa de ser cínico que sexan precisamente as autoridades europeas quen fagan esta acusación. Por que?, porque son as políticas austericidas que a troica europea (Consello de Europa, Comisión Europea e Banco Central Europeo) baixo o liderado alemán procura impoñer en toda a Unión Europea as que están provocando que se dispare a desigualdade e a exclusión social e que, nos estados europeos do sur, se manteñan elevados índices de desemprego. Políticas que ademais, e como teñen que recoñecer os propios autores, non son quen de conseguir os obxectivos fiscais coas que as xustifican pois as débedas públicas segue disparadas (WILLIAM MITCHELL: \"A distopía do euro\". Edit. Lolabooks). Sarcasmo por que a continuación de facer públicos os informes volven teimudamente a presionar ao goberno español para que siga coas políticas austericidas de continuos recortes no gasto público (con especial atención as pensións: son o súa debilidade) e de rebaixas nos salarios dos traballadores. Nembargante, estas elites europeas nunca fan referencia clara e explícita a natureza real dos problemas fiscais de España: a grande debilidade dos ingresos públicos derivada tanto da baixa presión fiscal como da elevada fraude fiscal. Non fan referencia por razóns evidentes: Europa, hoxe por hoxe, movese ao ritmo que marcan as finanzas (bancos e fondos de investimento) que, como xa expliquei noutros artigos neste mesmo medio (http://praza.gal/opinion/4278/o-falso-rigor-fiscal/), non queren saber nada de elevar a presión fiscal, nin de loitar contra a fraude nin moito menos de por en cuestión os paraísos fiscais. So queren rebaixas salariais e austeridades fiscais para así estimular o crecemento das débedas privadas e públicas que veñen sendo, nas derradeiras décadas, o seu grande negocio. Quizás para mellor entender este comportamento das elites europeas haxa que empezar por ter en conta que, tal como apunta Stuart Holland (profesor visitante na facultade de Economía na Universidade de Coimbra e profundo coñecedor das políticas e as miserias da Unión Europea) a Comisión Europea \"dende o inicio da crise….foi politicamente incapaz e tecnicamente incompetente\" para resolver ningunha das crises que tiveron lugar, e seguen tendo, no seo do eurogrupo. Unha avaliación que, tendo moito de verdade, resulta insuficiente para explicar tales comportamentos. Explicación que aparece mais clara cando a continuación S.H. engade que \"calquera cousa de certa importancia na Unión Europea primeiro debe ser aprobada por Berlín. Na axenda non hai mais nada que o punto de vista de Berlín\" (S. HOLLAND: \"Contra a hexemonía da austeridade\". Arpa Editores). Noutras palabras, a Comisión Europea, en realidade a troica que é como dicir toda a Unión Europea, móvese ao ditado do que manda o goberno alemán. Un goberno alemán en total sintonía co poderosísimo Deutsche Bank que é, como dicir, cos mercados financeiros. Uns mercados que impoñen en toda Europa un crecemento por endebedamento, público e privado. Unhas elites alamanas que están conseguindo converter o que debera ser unha Unión Europea nunha Europa alamana, unha Europa ordoliberal que na eurozona camiña deica o maior dos desastres económico e social (FRÉDÉRIC LORDON: \"A chapuza\". Edit. El Viejo Topo). Por que, a pesar dos pésimos resultados, as elites europeas persisten na aplicación destas políticas fracasadas?. Que é o ordoliberalismol?. Dixen antes que non se entende esta contumaz persistencia nas políticas suicidas (\"autericidio\") sen comprender que a ideoloxía dominante nas elites políticas e económicas europeas é a neoliberal, \"unha ideoloxía que serve aos intereses económicos e financeiros que, hoxe por hoxe, dominan a UE\" (VICENÇ NAVARRO: \"Ataque a democracia e ao benestar\". Editorial Anagrama). Unhas elites que para impoñer esas políticas non dubidan tanto en saltarse a toureira as decisións dos gobernos e parlamentos nacionais como, si o ven necesario, violar os dereitos humanos como, por caso, pasou con Grecia (YANIS VAROUFAKIS:\"O Minotauro global\". Edit. Capitán Swing Libros). O ordoliberalismo, ideoloxía neoliberal dominante hoxe en día nas elites europeas, non é mais que unha versión a alamana do neoliberalismo que como tal serve aos intereses económicos e financeiros do capital alemán e por extensión ao capital financeiro europeo. Unha ideoloxía cuxos argumentos non resisten o mínimo contraste coas evidencias. Saibamos que a imposición aos estados europeos do sur dos criterios neoliberais faise baixo o argumento de que estes estados viviran por riba das súas posibilidades o que provocou a crise por un gasto público excesivo. Un argumento que, como xa expuxera noutro artigo, demostrou ser absolutamente falso: por caso, España cando estourou a crise non tiña déficit senón superávit e un dos gastos públicos mais baixos da eurozona (algo que, de ningures, se podía dicir de Francia ou de Alemaña). O que realmente sucedeu nestes estados foi que a aplicación de durísimas políticas de axuste fiscal e rebaixa salarial si provocaron déficits fiscais que dispararon as débedas públicas amais de, algo que non preocupa a estas elites, provocar un enorme dor nas clases populares. Velaí que cualifiquemos de cínicas as xustificacións de estas políticas como, por caso, os anteriormente citados informes da Comisión Europea. Outros dos argumentos profusamente utilizados por estas elites europeas, moi especialmente polas alamanas, é que as demasiado xenerosas políticas dos estados europeos do sur poñían en perigo o sacrosanto euro. Outro argumento falso pois o que realmente pon en perigo o euro é a súa elevada cotización, froito a súa vez da carencia dunha política macroeconómica unitaria, que se ben beneficia as exportacións alamanas está facendo un enorme dano as economías produtivas da maioría dos estados da eurozona, moi especialmente a aqueles que presentan desequilibrios comerciais derivados das diferenzas de competitividade (XOSE CARLOS ARIAS, ANTON COSTAS: \"A nova pel do capitalismos\". Edit. Galaxia Gutenberg). Finalmente, e para atemorizar a posibles gobernos europeos rebeldes, as elites europeas –lideradas por un goberno alemán ultraconservador- utilizan a ameaza de expulsar da eurozona a aqueles países cuxos estados no respecten a ortodoxia ordoliberal. Un argumento que, polo que se ve, ten moito éxito a pesar de ser novamente inconsistente como se pode comprobar facilmente: o suposto milagre alemán basease na fortaleza da súa balanza de pagos. Un saldo positivo que trae como contrapartida un saldo negativo da maioría dos estados europeos da eurozona pero moi especialmente dos chamados periféricos. Unha situación que supón que o milagre alemán, a súa actual hexemonía comercial, apóiase no deterioro da maioría europea sen a cal non podería obter tales resultados. Que pasaría entón en Alemaña se estes estados foran expulsados da eurozona?. Sen dúbida algunha que a súa economía xa non sería tan exitosa e pagaría un moi alto prezo. Velaí que estea xustificado cualificar de cínica (falsa) e cruel (polos danos) a postura política das elites europeas (o austericidio). Unha postura que, de ningures, está pensada en favorecer os intereses da maioría social senón, que polo contra, defende a lóxica e os intereses das elites financeiras (MARK WEISBROT:\"Fracaso. O que os expertos non entenderon da economía global\". Edit. AKAL). Unha evidencia que, como moi ben demostrou T. Pîketty, mostra como son as rendas de capital as grandes beneficiarias desas políticas –a súa participación na riqueza nacional (PIB) é a mais elevada de sempre-(THOMAS PIKETTY: \"El capital en el siglo XXI\". Editorial RBA). Unha evidencia que nos ensina como estamos asistindo a un desmantelamento do estado de benestar por mor dunhas políticas que favorecen a entrada do capital –maiormente financeiro- nuns servizos públicos que son considerados por aquel como novos nichos de negocio privado. Unhas políticas que, para maior escándalo, disparan as débedas públicas que, maioritariamente en mans dos grandes bancos europeos, pasaron a ser outro dos grandes negocios do capital financeiro. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_15944", "summary": "Está moi ben falar hoxe das eleccións autonómicas, mais as organizacións políticas que se marcan como obxectivo acabar co goberno do PP no Estado e en Galiza, deberían comezar a deseñar a súa estratexia para o caso de que se celebren unhas novas eleccións xerais en xuño que, por outra banda, poden coincidir coas autonómicas.", "text": "Comezaron os contactos de Pedro Sánchez coas distintas forzas políticas para conseguir a súa investidura como Presidente do Goberno. Están previstas entrevistas con nacionalistas vascos e cataláns (con estes últimos, segundo Pedro Sánchez, para comunicarlles que non queren o seu apoio), con Compromís da Comunidade Valenciana (foi en coalición con Podemos, pero está no grupo mixto), con Coalición Canaria e Nueva Canarias (foi en coalición co PSOE, pero tamén está no grupo mixto) etc. Está confirmado que a portavoz de En Marea participará nas negociacións dentro da delegación de Podemos. O PSOE marxina a Galiza ou é que non teremos voz propia e protagonismo nesas conversas porque, como explicou Iñigo Errejón, portavoz de Podemos: \"Somos un solo grupo parlamentario plurinacional y por tanto negociamos con una sola voz\". Lamentablemente, a aritmética parlamentar non dá, en principio, moitas posibilidades a Pedro Sánchez para conseguir a súa investidura como Presidente do Goberno: acadar a maioría absoluta (176) na primeira votación e máis votos a favor que en contra nunha segunda votación. O dilema está en que a participación duns nun acordo, exclúe a outros. Podemos xa manifestou que non estará en ningún caso nun acordo con Ciudadanos e estes tamén manifestaron que non queren saber nada con Podemos. O PSOE non vai dar o seu voto a un goberno do PP e este non vai apoiar ningún goberno presidido polo PSOE. Polo medio, os chamados baróns do PSOE non admiten o dereito a decidir, nin de autodeterminación e referendo en Cataluña. E Podemos ten o compromiso –por iso tivo bos resultados en Cataluña a candidatura auspiciada por Ada Colau– de defender eses dereitos se está no goberno. En definitiva, todo indica que os 17 votos dos independentistas cataláns poden ser decisivos, pero nin PP, nin PSOE poden negociar con eles polas repercusións negativas que tería para as súas expectativas electorais. Por outra banda, tanto PP como PSOE, Ciudadanos e Podemos preséntanse como a \"garantía para a unidade de España\". Se Pedro Sánchez fracasa no seu intento de presidir o goberno, estamos condenados á repetición das eleccións xerais no mes de xuño e se, como é posíbel, non hai unha variación importante no actual reparto dos escanos, tería moitas posibilidades de triunfar a tese de Felipe González, que conta con importantes apoios no PSOE: un goberno do PP (presidido por Rajoy ou outra persoa), co voto favorable de Ciudadanos e a abstención do PSOE. Pode haber novas eleccións xerais antes do verán, mais en Galiza ninguén fala deste tema e tampouco aparece na axenda da Asemblea Nacional do BNG. Nesa perspectiva, son moitos os interrogantes que hoxe están sen contestar: manterán Podemos, EU e Anova a fórmula electoral de coalición, que impediría, novamente, a consecución dun grupo parlamentar galego? As mareas esixirán unha maior participación desde a base –e non o papel de meros acompañantes das decisión tomadas polas cúpulas dos partidos– para elaborar o programa electoral e para elixir os candidatos e candidatas en primarias abertas, tal e como corroboraron nas recentes asembleas da Estrada e A Pobra do Caramiñal? Podemos presentará candidatura propia? Imporán como cabeza de lista a uns candidatos e candidatas elixidos fóra de Galiza, como no anterior proceso das eleccións xerais? Manterá o BNG a súa xenerosa oferta das pasadas eleccións xerais para derrotar o PP (candidatura unitaria de nacionalistas e das esquerdas alternativas ou rupturistas, con centro de decisión en Galiza, para conseguir grupo parlamentar galego), ou rexeitará na Asemblea Nacional do 28 de febreiro todo tipo de confluencia, alianza, coalición ou negociación con En Marea? Está moi ben falar hoxe das eleccións autonómicas, mais as organizacións políticas que se marcan como obxectivo acabar co goberno do PP no Estado e en Galiza, deberían comezar a deseñar a súa estratexia para o caso de que se celebren unhas novas eleccións xerais en xuño que, por outra banda, poden coincidir coas autonómicas."}
{"ID": "NOS_41540", "summary": "Globalvía eleva a súa participación en Itínere até 40,6% após facerse co 0,22% en mans de Fondos Caser.", "text": "En plena batalla polo control de Itínere, a matriz de Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, Globalvía, un dos actores en liza, elevou a súa participación até 40,6% do seu capital, após de facerse co 0,22% en mans de Fondos Caser, segundo informou o grupo de concesións. A nova adquisición de accións por parte da firma que preside Juan Béjar prodúcese días despois de recibir un laudo favorábel na batalla polo control de Itínere que mantén co xestor de fondos Corsair, titular de 60% desta empresa. En virtude do laudo, emitido o pasado 26 de febreiro pola Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio de Madrid, Gobalvía pasa a ostentar de forma directa 15,8% dos títulos que no seu día adquiriu a Kutxabank, e que controlaba até agora de forma indirecta, se ben Corsair recorreu dita resolución arbitral. Coa compra deste novo paquete accionarial a Fondos Caser, Globalvía asegura \"evidenciar\" o \"compromiso\" con Itínere dos tres fondos de investimento estranxeiros que controlan o seu capital, por considerar que se trata dun \"investimento de calidade en calquera dos seus escenarios corporativos\". A batalla polo control Esta operación súmase aos movementos iniciados en xullo de 2018 para facerse co controla da concesionaria. Foi entón cando Globalvía anunciou un acordo para facerse co 55,6% de Itínere en mans de Sacyr, Abanca e KutxaBank. Corsair, principal accionista de Itínere, en virtude dun pacto de accionistas, exerceu o seu dereito a igualar a oferta, se ben o fixo só coa participación de Sacyr. Hai agora un ano, Sacyr vendeu o seu 15,5% de Itínere a Corsair, que situou a súa participación en 60%, mentres que o pasado xullo Globalvía adquiriu as participacións de Abanca (23,8%) e Kutxabank (16,3%) en Itínere."}
{"ID": "NOS_53540", "summary": "Fronte ao 58,76% da participación rexistrada nas anteriores eleccións xerais, as de xuño de 2016, Galiza acadou nestes comicios unha participación do 73,8% do censo electoral, 15 puntos máis.", "text": "Finalmente, votou na Galiza o 73,8% do censo electoral fronte ao 58,76% que o fixera nas eleccións xerais de 2016. Por circunscricións, na Coruña votou o 73,3% do censo, fronte ao 59,87% de 2016; Lugo, o 72,6% fronte ao 56,31%; Ourense, o 73,6% fronte ao 51,74% e pola circunscrición de Pontevedra acudiu ás urnas o 74,9% do censo fronte ao 61,22% das anteriores xerais. Por cidades foi en Compostela onde votaron máis persoas e onde se dá unha maior diferenza a respecto de 2016, o 76,9% do censo (en 2016 a porcentaxe fora do 71,81%); a continuación, situouse Vigo, co 76,3% (71,59% en 2016), Pontevedra, co 76% (71,92% en 2016); A Coruña, co 75,8% (fronte ao 71,56%) e Lugo, co 74% (68,38% en 2016). Ourense, co 74,2% (68,90% en 2016) e Ferrol, co 71,48% (o 68,19% en 2016) foron as urbes galegas onde menos se acudiu ás urnas. A nivel estatal a participación ascendeu ao 75,78%, fronte ao 66,48% de 2016, o que representa máis de 9 puntos máis que nas anteriores xerais. En Catalunya votou o 77,57% do censo, 14 puntos máis que en 2016, mentres que en Euskadi se pasou do 65,17% ao 74,51%."}
{"ID": "QUEPASA_888", "summary": "O Concello carballés xa confirmou que o axente recibirá unha felicitación oficial tan pronto como o permitan as circunstancias provocadas polo COVID-19", "text": "Manuel Carracedo Muíño volvía de mercar o pan pola Gran Vía. De súpeto veu que a xente miraba cara un edificio, e aló enriba, nunha fiestra do terceiro piso, viu unha muller de avanzada idade, en bata, con medio corpo e mesmo unha perna fóra da ventá. Vari@s veciñ@s berraban pedindo que se metese para dentro pero a muller non reaccionaba. Malia estar fóra de servizo, non o dubidou, xusto ao decatarse que a muller non estaba limpando as ventás. Despois de berrarlle que se metera dentro (e de facer o propio coa muller do segundo sobre a que podería caer enriba), lanzouse cara o portal, timbrou, subiu as escaleiras chemando aos compañeiros, e unha veciña amosoulle cal era a porta ao chegar ao terceiro piso. Dispúxose a derribar a porta cando esta se abríu. Era a filla, que non sabía nada do que estaba pasando. Manuel correu cara a habitación que dá a estrada, colleina, abraceina de todo, co brazo da filla polo medio, e a levou en volandas ata o sofá. Foi un minuto e pico de vertixe, que vale unha vida. \"Pensei que non ía chegar a tempo\", recoñece Manuel un deses policías dos de antes, de vocación. \"Foi moi rápido, tes que facelo si ou si\", relata dando conta de que nestas accións non pode haber ningún tipo de dúbida. \"Hai que actuar, non hai outra. Pero penso que podería facelo calquera compañeiro, outro Policía, un Bombeiro…\" comenta quitando ferro. Resulta que a muller ten alzheimer, e estaba absolutamente bloqueada. De feito, cando chegaron os compañeiros da Policía Local e da ambulancia a muller non sabía onde estaba. En todo caso, esta acción heroica merece un recoñecemento e así o solicitou o Xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, nun escrito presentado no Concello no solicita unha distinción ou un recoñecemento pola actuación policial. Súmase tamén a Asociación Profesional \"Unión Galega de Policías Locais de Galicia\" (UGPOL), que pide a felicitación pública e distinción autonómica ao compañeiro carballés."}
{"ID": "PRAZA_19396", "summary": "ENTREVISTA O xogador compostelán de squash vén de gañar o seu 15º título de campión de España, deporte que domina no Estado desde principios de século. Reclama máis atención dos medios e das administracións a outras disciplinas alén do fútbol.", "text": "Cando Borja Golán (1983) gañou o seu primeiro campionato de España, Aznar era presidente do Goberno central, Rajoy ministro, Fraga mandaba na Xunta e o euro apareceu nas carteiras dos habitantes de 12 dos 15 países que daquela formaban a Unión Europea. Quince anos despois, este xogador de squash compostelán continúa a gañar. Sumou o seu décimo quinto campionato estatal hai dúas semanas e axiña marchou a Chicago para seguir competindo no circuíto internacional. Campión de Europa o ano pasado, este xornalista mantén o máximo nivel na súa disciplina con 34 anos e di sentirse \"ilusionado e motivado\". Nesta entrevista reflexiona sobre a súa carreira e sobre deportes minoritarios como o que practica. Cansa un de gañar? De perder cansa un rápido pero de gañar, non. Ademais, a maioría dos torneos que disputo son no estranxeiro e aí a balanza entre derrotas e vitorias iguálase. \"O meu alto nivel competitivo débese a ter sempre moito respecto por todos os meus rivais\" Gañou todos os campionatos de España case desde que empezou a competir. Cal é o segredo? Primeiro, adestrar ao 100% a diario para chegar sempre nas mellores condicións posibles. O meu alto nivel competitivo débese a ter sempre moito respecto por todos os meus rivais. Quizais estas sexan dúas das causas polas que levo gañando en España durante todos estes anos. Veñen outras xeracións e segues no máis alto. Precisas coidarte máis? O esforzo debe ser maior a medida que pasa o tempo? O nivel en España está a mellorar moito e os xogadores novos melloran moito máis rápido ca min. Con 34 anos, levo 25 practicando esta dura disciplina e 16 anos xogando o circuíto profesional (PSA); os adestramentos agora son diferentes, intento non machacar tanto o corpo e fago máis sesións de fortalecemento e recuperación para así poder alongar máis a miña carreira deportiva. Fisicamente xa non podo mellorar moito, pero si o podo facelo noutras facetas do xogo como a estratexia, a mentalidade ou precisión nos meus golpes. \"Con 34 anos, fisicamente xa non podo mellorar moito, pero si na estratexia, a mentalidade ou a precisión\" Que obxectivos ten para o futuro inmediato? É o campionato de Europa o principal reto? Cada torneo da PSA (Asociación Profesional de Squash) é importantísimo porque todos valen para o ránking mundial. Ademáis, o Campionato de Europa por países, o Europeo Individual ou o Campionato do Mundo de seleccións son outros dos obxetivos para este 2017. Malia todo, pasa algunha vez pola túa cabeza a retirada? Sempre rolda pola cabeza dun deportista, sobre todo cando atravesas etapas negativas como lesións ou malos resultados, pero polo de agora estou moi centrado en aproveitar ao máximo os meus últimos anos como deportista profesional e sacarlle o máximo proveito. Sigo moi ilusionado e motivado, así que iso é o máis importante para seguir mellorando. \"Ten que haber deportes máis mediáticos e outros menos, pero as diferenzas son demasiadas e o principal problema son os medios\" Xornalista e xogador de squash. Ninguén mellor para reflexionar por que teñen tan pouca repercusión os seus éxitos ou deportes como o squash ou outros minoritarios. Por que? Eu creo que ten que haber deportes máis mediaticos e outros menos, pero ás veces as diferenzas son demasiadas. O principal problema son os medios de comunicación. A maioría son empresas privadas que buscan o beneficio económico ante todo e por iso só informan dos deportes máis practicados. Pero aí é onde os medios de carácter público deberían facer un maior esforzo por difundir e promocionar outros deportes menos mediáticos. Pertencer a un deporte non tan coñecido tamén ten as súas vantaxes: es recoñecido polos practicantes desa disciplina, o cal é gratificante, pero pasas desapercibido entre a maioría da sociedade, que está moi ben. Ser famoso non ha de ser doado aínda que vai no soldo. \"Non me importa que haxa moito fútbol nos medios, o que me preocupa é que haxa tan pouco doutros deportes\" Hai demasiado fútbol? Ten solución o tratamento que se lle dá a outros deportes? Non me importa que haxa moito fútbol, xa que é un gran deporte e moi divertido para os nenos. O que me preocupa é que haxa tan pouco doutros deportes. Poden facer algo as administracións? As administracións deberían repartir os fondos entre máis deportes. Se un neno non proba un deporte é imposible que o practique e que lle guste. Entre todos temos que facer un esforzo para que máis nenos e adultos teñan unha maior oferta deportiva e que teñan a opción de probar varias disciplinas para despois practicar a que máis lles atraia. Estou seguro de que hai rapaces aos que non lles gusta o deporte porque non puideron probar máis que un ou dous. Se aumentamos o acceso a novos deportes aumentará o número de practicantes e isto repercutirá dunha maneira positiva na sociedade. \"As administracións deberían repartir os fondos entre máis deportes; se un neno non proba unha disciplina é imposible que a practique\" Como empezou no squash e por que? Empecei porque vivía a 300 metros do meu club e tiven a oportunidade de probalo. Unha vez que o fixen xa nunca puiden deixar a raqueta e iso que tamén me gustaba o fútbol. O squash é un deporte abraiante, que engancha dende o primeiro momento e que canto máis o practicas máis che gusta. \"Gustaríame seguir vinculado ao deporte; sería bonito poder ver como outros rapaces chegan a vivir do squast Gustaríache seguir vinculado ao deporte no futuro? A verdade é que si. Levo toda a miña vida facendo deporte e xa forma parte de min. Oxalá se constrúan moitas pistas de squash para que moitos nenos poidan probalo polo menos unha vez como eu o fixen; e quizáis algún día cheguen a vivir del percorrendo todo o mundo facendo o que máis lles gusta. Sería bonito podelo ver e axudarlles no seu camiño."}
{"ID": "NOS_37699", "summary": "A literatura mexicana perde un dos seus nomes máis destacados. O escritor Carlos Fuentes morría esta terza feira na Cidade de México aos 83 anos, cando preparaba Personas, un libro en que retrata vinte personalidades que o autor destaca na súa contemporaneidade.", "text": "No mes de xuño agárdase que vexa a luz a que será xa obra póstuma, en que Carlos Fuentes estaba a traballar. En Personas retrata biografías, coñecidas ou non por el, mais que deseñan dalgún modo a personalidade dunha das grandes voces da literatura latinoamericana, a do escritor mexicano que morreu na terza, día 15. O romance Federico en su balcón. engrosará tamén a conta de libros do autor. Susan Sontag, Alfonso Reyes, María Zambrano ou Pablo Neruda serán algunhas das personalidades que compoñan o libro póstumo de Carlos Fuentes, falecido por un problema cardíaco na Cidade de México, con 83 anos. O seu editor mexicano, Ramón Córoba, fixo público que aínda a sexta feira o autor adiantou os libros que entregaría o próximo ano: o romance El baile del centenario e o libro Pantalla de plata, en que comentaba as súas películas preferidas até os anos corenta, do que o autor xa tiña avanzada a súa elaboración. Premio Príncipe de Asturias en 1994, a de Carlos Fuentes é unha das voces máis destacadas da literatura latinoamericana nunha traxectoria que comezaría en 1954 co seu libro Los días enmascarados. Membro da coñecida como xeración do boom latinoamericano, La muerte de Artemio Cruz, Zona Sagrada, Cambio de Piel ou Gringo viejo, son algunhas das súas obras máis coñecidas. Para este ano contaba ver publicado o romance Federico en su balcón, que quería presentar na Feira de Guadalajara. Con La gran novela latinoamericana, quixo ofrecer o seu particular canon literario nun proxecto que non estaría exento de polémica, entre outras cousas, por esquecer ao escritor Roberto Bolaño. Analista e crítico coa política mexicana, o seu país chora a súa morte, desde o presidente que deixou palabras de loito nas redes sociais até as súas compañeir@s do mundo literario, como o presidente da Academia das Letras ou a escritora Elena Poniatowska."}
{"ID": "NOS_10526", "summary": "Con todo, o piloto de Lugo marcha cuarto na clasificación apenas a 39 puntos do líder e correndo con moita solidez nas últimas probas.", "text": "O piloto lucense Jorge Prado viuse privado dunha nova vitoria no Mundial de motocross (MXGP), malia finalizar primeiro, debido a unha polémica sanción xa finalizada a proba, que se disputou en Lombardía esta fin de semana. Prado, despois dunha gran segunda manga subiu ao podio como campión. Porén a Federación Internacional de Motociclismo (FIM) decidiu relegalo dúas posicións ─primeiro unha e despois outra─ por saltar coa súa moto cando se estaba axitando unha bandeira amarela. O de Lugo, non obstante, non foi consciente de ter cometido ningunha infracción, e así o explicou nas súas redes sociais. \"Entendo que na televisión se aprecie a bandeira, mais coméntolles [aos oficiais da FIM] que desde a miña posición teño un ángulo morto. Só hai un marshall á dereita en lugar de a ambos os dous lados\", escribiu nun longo texto en Instagram. Seguridade, primeiro Non obstante, Jorge Prado insiste en que fóra da perda de puntos, o importante é a seguridade e por iso fixo esa apreciación aos responsábeis da FIM xa que aínda quedaban por disputarse outras dúas carreiras. \"O que pretendo é que teñamos maior visibilidade para poder reaccionar a tempo\", sinalou, e engadiu que \"o verdadeiramente importante non é facer primeiro ou terceiro, senón que xogamos a vida\". \"A seguridade é o principal, e se todos os pilotos sancionados dixemos que non vimos a bandeira, a FIM debería tomar medidas\" reflexionou. En todo caso o piloto de Lugo meteuse nas quinielas: marcha cuarto apenas a 39 puntos do líder, e está a amosar nas carreiras unha solidez que lle dá cheda para subir postos na táboa."}
{"ID": "PRAZA_3204", "summary": "O presidente do PP ourensán lembra a súa vitoria hai unha década nun congreso provincial celebrado ao tempo que o proxenitor enchufaba 104 persoas na Deputación, polo que foi condenado en 2014", "text": "O presidente do PP ourensán lembra a súa vitoria hai unha década nun congreso provincial celebrado ao tempo que o proxenitor enchufaba 104 persoas na Deputación, polo que foi condenado en 2014\"Parabéns polo recoñecemento a 10 anos na Presidencia!\" Así, felicitando aos seus por felicitarlle o aniversario, celebrou este xoves Manuel Baltar a súa vitoria hai unha década no congreso provincial do PP de Ourense fronte a Juan Manuel Jiménez Morán, o home elixido por Feijóo para intentar evitar que herdase ese cargo, e dous anos despois a Deputación, do seu pai, José Luis Baltar. Este, á fronte da institución provincial desde 1990, acabou condenado por prevaricación en 2014 por enchufar nela ilegalmente 104 persoas próximas ao partido na época daquel congreso provincial gañado polo seu fillo do que agora se cumpre unha década. Naquel congreso de 2010 para decidir ao sucesor do seu pai, Manuel Baltar logrou 723 votos fronte aos 433 da candidatura encabezada polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, elixido persoalmente por Feijóo, que posteriormente compensaríao cun posto no Senado por designación autonómica. Baltar lembra que nesta década o PP gañou todas as eleccións a nivel provincial, algo que xa non logra no resto de GaliciaAquela foi, apenas dez meses despois de facerse coa presidencia da Xunta por maioría absoluta en marzo de 2009, a primeira derrota de Feijóo, que despois acumularía outras similares cos afundimentos electorais en varios comicios de diversos candidatos municipais elixidos tamén por el mesmo.Este xoves Baltar non só felicitou aos seus por felicitalo senón que lembrou, noutro chío, que desde aquela o PP gañou a nivel provincial todas as eleccións convocadas, unha ducia, co que cualificou como \"os mellores resultados provinciais de España\", algo que se produce ao tempo que a nivel galego o PP vén de ver, nas eleccións xerais e europeas do pasado abril, como por primeira vez non logra ser a formación máis votada. Malia os bos resultados a nivel provincial, nas últimas municipais Baltar tivo que dar a alcaldía da capital a Jácome a cambio de manter a Deputación Porén, tamén en Ourense Baltar afronta tempos complicados despois de que nas últimas municipais tivese que apoiar como alcalde da capital ao líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, a cambio de que este o mantivese á fronte da Deputación provincial.A debilidade do baltarismo na cidade de Ourense non impide que o PP provincial siga a ser un verso solto dentro do PP galego, como vén de evidenciar novamente coa crise polo peche do paridoiro de Verín. Ademais de impulsar unha iniciativa na Deputación en contra da decisión da Xunta, unha vez que esta anunciou a súa rectificación e a reapertura do servizo o propio Baltar lembrou publicamente desde a web da institución provincial que \"sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro\". Na crise polo peche do paridoiro de Verín Baltar opúxose expresamente á decisión da XuntaUnha postura discordante que fixo lembrar a coñecida como revolta do piso, cando nos tempos finais do Goberno de Fraga o propio Baltar fillo foi un dos deputados ourensáns no Parlamento de Galicia cuxo sentido de voto foi condicionado polo pai como xeito de presión ante o PP de Santiago e Madrid.O PP de Ourense non só recibiu a chegada de Feijóo como conselleiro de Fraga con aquela revolta do piso senón que posteriormente Baltar pai evidenciaría que o dos Peares non era de inicio o seu favorito para suceder a Fraga tras perder a Xunta en 2005. Acabaría aceptándoo unha vez constatado que a outra alternativa, Xosé Cuíña, non contaba con apoios suficientes no resto de Galicia. Cinco anos despois era Feijóo o que tampouco consideraba adecuado a Manuel Baltar para suceder a José Luis Baltar, pero os afiliados do PP ourensán dixéronlle que a eles si lles valía. \"Gracias Ourense!\", díxolles este xoves o gañador hai agora dez anos."}
{"ID": "NOS_40483", "summary": "Os nacionalistas presentaron en Compostela as liñas básicas dun programa no que apostan por un outro país diferente ao que fica após sete anos de gobernos de Núñez Feijóo. \"Galiza necesita un proxecto de país, non un corta e pega de Ferraz, Génova ou da Complutense \", dixo a portavoz nacional, Ana Pontón.", "text": "Hai unha Galiza, a que deixa en \"situación crítica\" o PP de Núñez Feijóo após sete anos de goberno, e hai outra Galiza, \"a que queremos\", afirma o BNG, que é ben diferente ao país \"nunha situación de emerxencia nacional e social\" tras dúas lexislaturas dos populares. Os nacionalistas presentaron este sábabo na capital galega as Bases Programáticas para Galiza, as liñas e propostas chaves para reverter a actual situación. Unha presentación a cargo da portavoz nacional e candidata, Ana Pontón, e dos candidatos polas outras circunscricións: Luis Bará, Noa Presas e Olalla Rodil, e o número 2 pola Coruña, Xosé L. Rivera 'Mini'. Un total de 33 medidas que constitúen un auténtico \"plan de choque\" para que Galiza deixe atrás a \"desfeita\" de sete anos de goberno de Feijóo. Dez son os puntos básicos sobre os que se debruza o BNG, centrados no emprego, nos dereitos e servizos sociais, na democracia e participación e noutro modelo de territorio e infraestruturas. Tecidos coa chave de bóveda de defender o dereito \"a decidir nós sobre o noso\". Fronte ao desemprego, emigración, despoboamento... Pontón ten claro que a receita non pasar por \"un corta e pega de Ferraz, Génova ou da Complutense\" mais por un \"proxecto de país\". \"Un goberno galego\" Tomaron a palabra 'Mini' para defender o sector leiteiro galego e Noa Presas, que reivindicou \"unha Galiza de dignidade\" fronte a aqueles que non son quen de ofertar máis que \"unha Galiza de supervivencia\". Luis Bará dixo que o BNG fará da Xunta \"un verdadeiro goberno galego\" e non unha simple \"delegación do goberno español en Galiza\". Olalla Rodil incidiu nos compromisos e traballo do nacionalismo en eidos como a igualdade, enfatizando a necesidade de que as institucións combatan a violencia machista con o mesmo compromiso co que o nacionalismo o fai nas rúas. Para a portavoz nacional, Ana Pontón, Feijóo é un presidente \"tóxico\" para Galiza, cun proxecto que nada ten a achegar ao país. \"Os vaivéns de Feijóo delatan o pouco peso que ten a palabra dun presidente que xa anunciara que as eleccións ían ser entorno ao 20 de outubro, emprazámolo a que deixe de especular sobre as eleccións porque pensamos que non é de recibo que o día que imos votar en Galiza se decida en Euskadi ou que a data estea condicionada pol trama Gürtel\". \"Temos valentía e capacidade\", dixo Pontón, que situou as propostas do BNG como a alternativa que Galiza precisa, a antítese a sete anos de gobernos do PP."}
{"ID": "PRAZA_2164", "summary": "2 de outubro: Día Mundial da Educación Social. Sabemos que estamos sementando e que, posiblemente, non vexamos os froitos, pero asumimos que nos gusta sementar para cambiar.", "text": "Así, con esta cuestión en voz alta, comezaba un profesor a primeira das súas clases no Grao de Educación Social, hai dous anos, nunha Facultade de Ciencias da Educación de Galicia. E desgraciadamente non era retranca, senón que lle preguntaba ao propio alumnado de que ía a carreira na que esta persoa impartiría docencia. Temos por diante visibilizar unha profesión \"de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas\" que pretende abastecer dun dos dereitos máis valiosos á cidadanía, ese dereito a construír conciencia crítica Pois ben, una vez superada a carraxe pola evidente falta de respecto, este comentario vén a ser un dos nosos principais desafíos porque si, a nosa profesión é un camiño de retos, que habitualmente as/os que vivimos a Educación Social como un xeito de entender a nosa existencia, empeñámonos en transformar en oportunidades. Temos por diante, visibilizar unha profesión \"de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas\" que pretende abastecer dun dos dereitos máis valiosos á cidadanía, ese dereito a construír conciencia crítica. Os nosos documentos profesionalizadores así o formulan: \"mellorar as condicións sociais e culturais da cidadanía, lograr maiores niveis de benestar e calidade de vida, compensar os efectos xerados polas situacións de exclusión e/ou marxinación social, nunha tendencia clara cara á extinción destas en clave de xustiza social\". Somos moitas e moitos, e cada día que pasa con máis espazo e actividade na nosa sociedade. Onde atoparnos? Somos xente de rúa, aínda que posiblemente nos relacionedes con \"centros de menores\", entidades de persoas con diversidade funcional, Casas da Xuventude, centros penitenciarios, Centros de acollemento, pisos tutelados... En resumidas contas: \"un axente de cambio social e dinamizador de grupos sociais a través de estratexias educativas que axudan a comprender o seu entorno social, político, económico e cultural e a integrarse axeitadamente\" (Libro Blanco da ANECA (2005). Facemos proxectos espectaculares e sen apenas recursos: Programas educativos no deporte, materiais didácticos e lúdicos, participación en mesas sectoriais, xornadas e encontros xeracionais, radios sociais Vaia!! Calquera que nos busque seguro que pensa que soamente traballamos con persoas en risco de exclusión. Para nada!. Facemos proxectos espectaculares e sen apenas recursos: Programas educativos no deporte, materiais didácticos e lúdicos, participación en mesas sectoriais, xornadas e encontros xeracionais, radios sociais,… Se cadra botámonos de menos en Institutos e nos servizos sociais dos Concellos galegos. Incluso, ata nos gustaría desenvolver proxectos coa Policía local ou nos Centros de Saúde, mais aínda pensan que non somos precisos/as. Ollo! Que nin moito menos somos salvadores nin mesías. Nin pretendemos selo. Simplemente compañeiras/os de viaxe, unha viaxe no que ás veces nos familiarizamos vendo a cara escura da sociedade, e pode que nos leve a perder a perspectiva do que pretendemos. Tranquilidade. Nese momento é fundamental regresar á ilusión que nos levou a estudar e traballar na Educación Social. Ilusión, intensidade e motivación, que son as características que eu teño a sorte de compartir con moitas/os colegas de profesión. Por diante, un tremendo esforzo. Afrontamos por un lado, que nas nosas Facultades, a inmensa maioría das persoas que nos forman, non son tituladas/os en Educación Social (pese a que este ano cumprimos en Galicia os 20 anos do inicio da Diplomatura nas Universidades de Santiago e de Vigo). Imaxinan a unha persoa titulada en CAFD, impartindo na Facultade de Enxeñería de Tecnoloxía de Telecomunicación? Pois algo similar acontece na nosa profesión, pero escusando este feito con que somos unha \"carreira nova\". Tamén temos que loitar día a día con que nos compare con realities e programas de televisión tipo Hermano Mayor Tamén temos que loitar día a día con que nos compare con realities e programas de televisión tipo Hermano Mayor, saíndo incluso derrotadas/os, xa que non temos esa capacidade de empatía coa cámara e, por desgraza, a nosa formación respecto á intervención nese eido realízase dende o respecto á persoa e á unha acción socioeducativa estruturada, partindo por suposto dende a súa intimidade e con varios obxectivos individuais e colectivos, respectando os seus ritmos e dignidade persoal por riba de audiencias e ratings interesadas. Sabemos que estamos sementando e que, posiblemente, non vexamos os froitos, pero asumimos que nos gusta sementar para cambiar Polo tanto, os retos axúdannos a crecer. Por diante queda ser visibles como unha profesión de futuro xa no presente. Que é a Educación Social unha profesión nova? Perfecto!! Como mozas/os imos aproveitar para mostrarvos o noso espírito rebelde, as nosas gañas de facer, a enerxía renovable e a nosa motivación para trocar esta sociedade, cada vez máis colapsada por discursos e pantomimas que nos fan pensar que non é posible vivir como cidadanía en igualdade de condicións. Nós somos Mafalda, nós somos Pepe Mújica, nós somos Forges… Sabemos que estamos sementando e que, posiblemente, non vexamos os froitos, pero asumimos que nos gusta sementar para cambiar. Animámosvos para que nos acompañedes neste proceso. Sementa Educación Social! *O 2 de outubro é o Día Mundial da Educación Social"}
{"ID": "NOS_58571", "summary": "O prexuízo económico para as explotacións gandeiras ascendería a 45 millóns de euros ao ano segundo apuntan desde o Sindicato Labrego. \"A multa non é tanto\", din, \"seguirán facendo o mesmo\".", "text": "Após a sanción imposta pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC) pola que se multa con 88 millóns de euros ás empresas envasadoras que pactaron os prezos de recollida do leite durante máis dunha década (2000-2013), o Sindicato Labrego Galego (SLG) cifrou en 816 millóns de euros os beneficios obtidos por estas entidades. O cálculo parte do propio informe elaborado pola comisión a respeito dos beneficios ilícitos. O que suporía un prexuízo de aproximadamente 45 millóns de euros anuais para as explotacións gandeiras, aseguran desde o SLG, pois estímase que a industria pagou 2 céntimos menos por litro durante o período en que as distintas empresas mantiveron o pacto dos prezos. As perdas das explotacións gandeiras ascenderían a uns 45 millóns de euros anuais após perderen 2 céntimos por litro durante 11 anos Así as cousas, desde o Sindicato afirman que a sanción imposta pola CNMC \"serve de pouco\" en verbas de Javier Gómez Santiso habida conta da diferenza entre a contía da multa (88 millóns) e dos beneficios obtidos (816 millóns). \"Seguirán facendo o mesmo\", advertíu pois \"non é tanto\" o custe que lles supón. Neste senso desde a organización agraria demandaron accións por parte da Xunta de Galiza para evitar que este tipo de prácticas ilegais acontezan pois é \"a primeira vez na historia\", din, que se recoñecen os pactos da industria após denunciárense en repetidas ocasións durante \"os últimos 15 anos\". \"Non existe goberno para o sector gandeiro\", denuncian após non se convocaren os órgaos interprofesionais do leite desde, practicamente, 0 2009. Mais tampouco queren quedar aí. \"Non se toca\" as distribuidoras, na investigación de competencia, \"unha grande pata\" pola que comeza a fixación dos prezos en orixe embora ser o último elo da cadea. \"Non nos serve que se multe a industria se os gandeiros continúan a cobrar o mesmo\", denuncian."}
{"ID": "NOS_12559", "summary": "Corcoesto como símbolo. Como símbolo de que \"as galegas e os galegos non nos resignamos a ser unha colonia pasto das multinacionais\". A frase é de Ana Miranda, en campaña en Carballo.", "text": "A loita cívica contra a mina de ouro de Corcoesto mostra que este país \"non se resigna a que veñan de fóra a roubarnos o que é noso\", dixo Miranda. Corcoesto é xa un referente da loita do pobo galego en defensa do seu territorio e a candidata nacionalista apelou ao seu espírito para chamar á rebeldía contra as políticas \"capitalistas e neoliberais da UE\". \"En Corcoesto quixeron arrancarnos o corazón da terra, pero non lles deixamos. Esa batalla gañámola pelexando ao lado da xente deste país, como sempre fai o BNG\", dixo a número un da formación nacionalista a Bruxelas. O modelo capitalista e neoliberal da UE non se sostén só: existe grazas á cumplicidade dos \"secuaces políticos do PP\", dixo Miranda, ao fronte dos cales situou Feijóo. \"En Corcoesto quixeron arrancarnos o corazón da terra, pero non lles deixamos\", dixo Ana Miranda en Carballo Feijóo ou o BNG. Esa é a contraposición que debuxou Miranda no mítin de Carballo, acto político no que partillou tribuna co alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, e o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence. \"Mentres Feijóo se puña de lado do inimigo, o BNG púxose do lado da xente, do lado de Galiza, e deu voz directa en Europa a todos os colectivos que lle plantaron cara a ese capitalismo sen rostro, levounos a Bruxelas para que explicaran directamente no Parlamento Europeo a súa loita contra as multinacionais que nos queren roubar a riqueza, que teñen o cianuro por bandeira para facer negocio a costa de envelenar a terra\", remarcou Miranda. Vence, contra Pastor Na súa intervención, o portavoz nacional do BNG colocou no albo a ministra de Fomento e o seu recente anuncio -en plena campaña, o que ten todas as trazas de conculcar a lei eleitoral- dunha ampliación da AP-9, en Rande. Vence cualificou o anuncio de \"desfachatez política\" e, aliás, puxo en dúbida a súa materialización. \"Quen vai levar a cabo esa suposta ampliación de Rande e da AP-9 cando a empresa propietaria, Itínere, está anunciando a súa venda\", perguntouse. Onde estaría o eventual negocio da ampliación?, inquiriuse a si propio Vence. E respondeuse: \"A resposta é moi clara\" -dixo o portavoz nacionalista- aumento dos anos de concesión e tarifas máis caras para os galegas e galegos, cautivos dunha infraestrutura para a que non hai alternativa\"."}
{"ID": "NOS_6444", "summary": "A crise de En Marea adquire unha nova dimensión e mesmo podería abocar a confluencia á perda da súa condición de segunda forza no Pazo do Hórreo.", "text": "Paula Quinteiro non demite -nen ten trazas de que o vaia facer-. Ten o respaldo da maioría do grupo parlamentar. En fronte dela militan Luís Villares, o líder dunha confluencia cada día máis dividida, e o Consello da Marea, o máximo órgao do partido instrumental. Agora hai un novo elemento que exerce presión para que finalmente ceda e abandone o Parlamento. É Xoán Hermida -ex Espazo Ecosocialista e persoa próxima a Villares. En teoría debería ser el quen asumise a acta de Quinteiro. Mais as cousas nunca son así tan doadas na formación que fai bandeira da unidade popular. El propio viuse envolvido nun incidente coa policía local, desta volta a pontevedresa. Para mostrar que o seu estandar ético estaba por cima do de Quinteiro, anunciou no seu día que renunciaba á acta. Se así fose, quen tomaría posesión do escano sería a seguinte na lista, a responsábel de educación de Podemos Julia Torregosa, contraria por tanto a Villares. Talvez por tamén por isto, esta terza feira Xoán Hermida, en declaracións á axencia Efe, deu unha volta de porca máis ao sarillo e afirmou que non formalizaría a súa renuncia á acta mentres non se resolver o conflito \"ético\" e de \"valores\" suscitado por volta do caso Quinteiro. Isto significa que se Quinteiro non demitir, Hermida non renunciaría á acta. En principio tampouco a asumiría, segundo el propio afirmou esta terza feira nunha entrevista na Radio Galega. A consecuencia directa desta circunstancia é que En Marea ficaría cun parlamentar menos. Tería 13. Un menos do que o PSdeG, que de súpeto pasaría a liderar a oposición. Hermida ficaría nunha especie de limbo: nen tomaría posesión nen recusaría o escano. É moi dubidoso que Quinteiro -firmemente respaldada polos sectores críticos a Villares- vaia ceder, o que coloca a crise de En Marea en parámetros sen precedentes. O líder da confluencia aínda ten unha baza que xogar, a de convocar a consulta interna para patentizar que as bases da confluencia son partidarias da marcha da parlamentar de Podemos-Anticapitalistas."}
{"ID": "NOS_19466", "summary": "Bruno Amaral de Carvalho é um jornalista portugués que na atualidade se encontra no Dombass para relatar de primeira mão o que está a acontecer na guerra. Carvalho é colaborador de 'Nós Diario', o único meio de comunicação do Estado espanhol que tem um correspodente de guerra no território do Dombass.", "text": "—Como é que é o dia de um correspondente de guerra em um conflito como o da Ucrânia?Tento organizar o meu dia de duas maneiras. Por um lado tento preparar reportagens pré-estabelecidas que eu achei importante fazer, como entrevistar uma família ou relatar algo da frente. Ou, se acontece alguma coisa importante ou grave, desloco-me até onde for e tento fazer a cobertura do acontecido. —Qual é que é a principal dificuldade com que se encontra para realizar o seu trabalho?Julgo que uma das principais dificuldades é a questão da língua. Muitas vezes perciso de estar acompanhado de alguén que possa fazer de intérprete, e isso é um obstáculo muito importante. Crónica desde o Donbass: Ucrânia lança minas anti-pessoais sobre Donetsk Naturalmente também há dificuldades mais burocráticas como conseguir autorizações e como é evidente, a questão do risco que existe em um contexto de guerra. Há casos em que devo ter muito cuidado para não pisar minas anti-pessoais ou ser atingido por franco-atiradores. Há uma possibilidade real de ficar ferido. —Enquanto jornalista, acha que há possibilidades de paz a curto prazo?Não parece. Acho que a Ucrânica não quer, sobretudo pelas pressões dos Estados Unidos e da União Europeia e naturalmente a Rússia está agora em uma posição clara de força e superioridade. Nenhuma das partes está disposta a ceder, e ademais a Rússia consegue com esta intervenção militar provocar graves problemas económicos e até políticos a outros países, a Rússia está a conseguir vender a energia a um preço muito mais elevado e portanto não acho que existam as condições para poder dizer a curto prazo que vai haver um fim a este conflito. —Qual acha que é a perspetiva da população civil que se mantem no Dombass?Parece-me claro que a esmagadora maioria da população no Dombass é pró-russa. Se nós olharmos para o que tem acontecido desde o fin da União Soviética, vê-se que na Ucrânia há uma divisão clara. No Dombass a gente sempre foi rusa, culturalmente e linguísticamente e é algo normal porque este sempre foi um território russo. —Por que é que há tão poucos meios de comunicação internacionais no Dombass?Esta guerra é umha guerra que vai ser estudada nos manuais de jornalismo das universidades. Não só pela quantidade de propaganda mas também pela campanha imensa que se construiu à volta desta guerra. Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Há uma influência importante das redes sociais na cobertura deste conflito, existe a figura do blogger que quase nunca antes existira em uma guerra, gente que não é jornalista mas que faz cobertura do conflito. Somos muito poucos jornalistas aquí no terreno a fazer cobertura do que está a acontecer, há pouco interesse em dar uma cobertura equilibrada da guerra. —Tem algum projeto de futuro vinculado com este conflito?Tenho interesse em poder contar e relatar aquilo que vivi e vi aquí durante estes meses. Quero também compilar as imagens que fui recolhendo e que se poderão concretizar em um documentário. No fundo parece-me que este retrato da guerra é muito desconhecido e acho que as pessoas podem ter interesse em saber o que aqui realmente se passa. Eu tenho acesso a uma realidade que muito pouca gente tem, e gostava de relatar às perssoas esta realidade de uma forma máis detalhada e trabalhada, e espero poder concretizar este projeto no futuro. Minas anti-pessoais, uma realidade Bruno Carvalho relatou para Nós Diario a existência de minas anti-pessoais no Dombass, algo que Carvalho constatou durante os últimos dias: \"São do tamanho de uma mão e pesam menos de um quilo. Verdes ou castanhas, podem facilmente passar despercebidas entre as folhas das árvores e em jardins\", descreve o correspodente de guerra ao tempo que indica que a maioria das vítimas destas minas \"são pessoas comuns\". Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol É preocupante também que a situação não parece melhorar com o tempo, ademais, no outono o problema pode fazer-se mais grande segundo Carvalho: \"Andar em Donetsk exige precaução. Com o outono a chegar, os caminhos enchem-se de folhas e cada passo deve ser feito com cautela. Sobretudo, durante a noite\". De acordo com o que o correspondente de guerra tem constatado, até \"53 pessoas pisaram este tipo de mina desde 30 de julho\"."}
{"ID": "PRAZA_2861", "summary": "Mesturar o indie, o pop, o rock, o flamenco ou a electrónica coa gaita xa non escandaliza a ninguén. Non se leva ser purista. A tendencia e, mesmo o discurso dominante, é a fusión. O que non é tan habitual é dicir que si, que vale, que estaba todo inventado, pero que eses encontros entre tradición e modernidade se facían tocando sempre a gaita da mesma maneira, sen tirar partido de todos os seus recursos, no aspecto técnico. Pois iso asegura Cristian Silva. E iso tenta facer el no seu disco Ego.", "text": "O gaiteiro Cristian Silva vén de publicar, despois de múltiples colaboracións con outros músicos, Ego, o seu proxecto máis persoal. E o título venlle, ao disco, diso. Dun, como o propio autor explica, \"recoñecerse a si mesmo e a túa propia identidade como artista\". Un buscar o propio camiño aproveitando a multiplicidade de recursos da gaita. No seu discurso, non se parece a aquel personaxe de reality show que interpretou no xurado do Vai de Gaita do Luar creando unha forte polémica polos seus ataques a un concursante. Xulguen vostedes mesmos. O título do disco será porque é un proxecto persoal, porque es ti, e non polo tema da egolatría, non si? O título é, por un lado, porque é un traballo meu, en solitario. Son eu, nese sentido. Tamén pola filosofía do disco, que é a defensa de un mesmo, do artista en si. Ego é recoñecerte a ti mesmo e a túa propia identidade como artista. Aínda que non o fas só. Tes colaboracións de Davide Salvado, por exemplo. A verdade é que en principio ía facer todo só. Pero pensei que había partes que sairían reforzadas se chamaba máis xente, e sobre todo se son artistas que admiro e que son uns cracks, como é o caso. Davide axúdame coas voces, Pedro Pascual coas cordas, Gonzalo Cortés coa guitarra eléctrica e José Piñeiro coa guitarra flamenca. Tamén colaboran Pandeiromus, do que formei parte durante un par de anos. \"Pensei que había partes que sairían reforzadas se chamaba máis xente, e sobre todo se son artistas que admiro e que son uns cracks\" Mais o resto dos instrumentos tócalos ti. E son moitos. Es profesor de gaita. Fuches aprendendo a tocar o resto? Todo o demais está feito por min, si. Son profesor de gaita no conservatorio de Ferrol. Pero comecei na percusión, de pequeno. Estaba nun grupo, en Carril, e fun aprendendo o que facía falta tocar. Primeiro o tambor, pero xa tiñan un tambor, entón empecei co bombo. Despois o bombo, pero tiñan un bombo, entón empecei coa pandeireta… Despois o acordeón… e así pouco a pouco fun aprendendo. Por que dis que utilizas as novas técnicas interpretativas da gaita? A gaita é un instrumento moi antigo. Mais hoxe temos recursos para tocar a gaita con calquera ton e calquera modo. O último tema do disco, por exemplo, achégase moito á música clásica contemporánea. A gaita é un instrumento moi aberto en canto a rexistros. Xa non son as sete ou oito notas. Podemos tocar calquera repertorio, con calquera instrumento. \"A gaita é un instrumento moi aberto en canto a rexistros. Xa non son as sete ou oito notas\" Dicíao porque houbo quen salientou do teu disco que o achegabas ao rock, ao indie… Mais hai moito tempo que se fai iso coa gaita, non si? Faise, si, pero a tendencia é tocar sempre da mesma maneira, sen aproveitar todos os rexistros que ten a gaita. A insignificante historia do home astronómico é o primeiro tema. E ten un vídeo en stop-motion. Podes explicalo? É unha metáfora dunha persoa que tenta superarse a si mesma, que loita ata o final para chegar a ser o que quere. Que sente como se vivise noutro planeta, que busca o seu lugar no mundo. Ten algo de relación co título do disco, entón. Algo esaxerado, podería ser o que ti querías? Tampouco é que sexa autobiográfico nin nada así. Pero si que ás veces sénteste fóra de lugar e precisas que a xente escoite o que fas. \"Ás veces sénteste fóra de lugar e precisas que a xente escoite o que fas\" En Alma de inverno e Silva verde tes a voz de Davide. Que podes contarnos delas? Silva verde podería ser a que soa máis \"tradicional\". Alma de inverno xa o tiña gravado coa miña voz. Pero quería que o cantase Davide. El escoitou e dicía que lle gustaba como estaba, pero ao final cantouna el. Eu creo que ten algo como de belle epoque. Son os instrumentos dunha charanga, pero levan a algo como un vals cíclico, cun resultado pop… Silva verde pode ser o que máis soa a festival de Ortigueira, non digo que non. Había unha copla que eu escoitara. Partín dun tema que tiña feito, e e decidín meterlle un par de estrofas do tema tradicional… Cantos roubados si que soa flamenco. Porque está José Piñeiro, supoño. Son tres temas de tradición popular. Un canto de berce, un canto de pandeiro mesturado cun canto de cego, e unha pandeireda cun tema de Alan Lomax. É un pouco para reivindicar esa tradición dos \"traficantes de coplas\", dos ladróns de coplas, porque grazas e eles chegaron ata nós. Tocadas en modo frixio, soan cun toque flamenco, por iso quixen a guitarra flamenca. \"Quería reivindicar esa tradición dos dos ladróns de coplas, porque grazas e eles chegaron ata nós\" Teño medo dela é moi coñecida. E hai outras tradicionais moi coñecidas no disco. Como Arrieiros, que fas con Pandeiromus. Teño medo dela é o tema que máis pistas levou. Era un arranxo para gaita de sol e de do. Despois engadinlle unha orquestración, para corda e piano, e despois no estudio a percusión, sintetizadores, guitarra eléctrica… É un tema denso e completo. Foi o máis difícil de mesturar do disco. Gonzalo Cortés toca as guitarras eléctricas… Arrieiros fíxeno con Pandeiromus. É o único producido entre Rafa Iglesias e eu. Eu fixen uns arranxos máis chill out e máis dance. É un tema que me recorda a Ribadavia, cun toque medieval. E O conto do pequeno batedor? Pois non ía ir, en principio, no disco. É un tema que fixen para unha curta de animación. Un tema que encaixa en corte folk. O título vén dun conto que me regalaron. Non estaba moi convencido co resultado, ata que me axudou Pedro, que foi a salvación. Momento pop para marzo a min non me soa pop. En xeral, o disco non me parece pop. Se cadra indie… É difícil acertar coas etiquetas. Este tema fíxeno para un concurso de Vigo. Foi a primeira muiñeira que quixen que soase ambigua, que soase a música contemporánea. O de marzo é porque a compuxen en marzo, pola bipolaridade de marzo e polo deus Marte. É o primeiro tema que tiven para o disco. Por aí empezou. E Madames? Tampouco ía saír no disco nun principio. Ten un toque irlandés. Son pezas do cancioneiro inglés e do irlandés. A primeira parte é máis folkie. Despois ten un arranxo de orquestra de frautas, e a segunda parte é máis folk irlandés. Encélado de sal pecha o disco. Que é iso? É unha das lúas de Saturno, que se descubriu que tiñan océanos conxelados. É unha metáfora, como o primeiro tema. É como atopar o teu fogar, pero na lúa. É o tema que ten a linguaxe máis contemporánea, como de música clásica actual. Soa espacial… Por todo o que contas, non es nada purista. Foi algo que se dixo con aquela polémica que armaches sendo xurado do Luar. Aínda que, claro, ser purista sería ben raro. Todo o mundo está pola fusión e pola actualización. E tamén os gaiteiros tradicionais evolucionaban e innovaban. Claro, é que, que é ser purista? Eu teño unha réplica dunha gaita de Perfecto Feijoo, e tocaba a gaita \"tradicional\", se queres, cando ninguén sabía como tocaban os gaiteiros de Soutelo. Teño moitas gaitas e gústanme moitos tipos de música. Pero entendo cada tipo de técnica e que se fai con el. É o que lles digo aos alumnos. Se queredes tocar barroco, faise así. Se queredes tocar deste outro xeito, a técnica é esta. Explícolles os recursos que ten a gaita e despois cada un interprétaos como quere. \"Teño moitas gaitas e gústanme moitos tipos de música. Pero entendo cada tipo de técnica e que se fai con el\" Mais se cadra esa polémica, esa actitude, prexudicou a túa imaxe. Era un show televisivo. Ese era o contexto. Despois a xente comezou a ver o vídeo sen entender o contexto, a opinar sobre o que non sabía… Pero, mira, serviu para estar na boca de todo o mundo. Eu sempre o digo: a gaita é un dos instrumentos máis coñecidos, pero máis descoñecidos polos propios gaiteiros, que non son conscientes moitas veces de todo o que se pode facer con ela, de todos os recursos que ten. A xente que me coñece de verdade non se preocupa por esas polémicas. O disco tampouco é todo o que fago contemporáneo. Quería que chegase a un público amplo. E que fose un reflexo do que podo facer nun escenario. \"A gaita é un dos instrumentos máis coñecidos, pero máis descoñecidos polos propios gaiteiros\" Antes de sacar este disco colaboraras con Carlos Núñez, Susana Seivane… con moita xente coñecida. Precisamente. Resúmenos a traxectoria anterior. Empecei en Carril coas asociacións, como dixen antes. Foi vital ir a Vigo e estudar no conservatorio e na Universidade Popular. Fun bailarín no ballet Rey de Viana e fixen tamén cousas en teatro. Comezaron a chamarme para facer colaboracións, pero sempre tivera a idea de facer un disco meu. Tocaba na charanga do Vai de baile do Luar, e iso tamén fixo que me coñecese máis xente. Tamén estiven en Pandeiromus e noutros proxectos de gaita máis actual, con música máis contemporánea. Colaborei con Carlos, con Susana, con Davide… con moita xente."}
{"ID": "NOS_55544", "summary": "A Comunidade Sermos continúa a medrar nas redes sociais. Sermos Galiza lidera a clasificación de diarios dixitais galegos \"puros\", con 22.735 aderentes.", "text": "As redes sociais son neste momento unha ferramenta básica para os meios dixitais inter-axiren coas súa audiencias. Dan conta, portanto, da vitalidade dos meios e da maior ou menor influencia das súas comunidades de leitoras e leitores. Os números son abondo elocuentes. En Facebook, a rede mundial líder, a lideranza de Sermos Galiza entre os meios dixitais galegos que non son a réplica dun xornal diario é incontestábel. A páxina de Sermos ten neste momento 11.129 gústames, en tanto que Galicia Confidencial ten 8.594 e Praza, 8.454. En Facebook, Sermos Galiza é o dixital galego non réplica dun xornal diario con maior número de aderentes En Twitter, lidera o ranking Praza, con 13.628 followers, acompañado por Galicia Confidencial e Sermos Galiza, con 11.965 e 11.606 seguidoras, respectivamente. No cómputo global, Sermos Galiza totalizaría 22.735 aderentes, en tanto que Praza se colocaría con 22.082 e Galicia Confidencial se iría até os 20.559. En Facebook, alén da páxina oficial, Sermos Galiza tamén dispón dun perfil, con 4.907 amigxs."}
{"ID": "NOS_36840", "summary": "Adega e Mariña Patrimonio denuncian que os traballos forestais realízanse riba dunha mina aurífera da época romana en A Muxueira que non está inventariada.", "text": "Adega e Mariña Patrimonio informaron ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que no lugar de A Muxueira (Riotorto) estanse a realizar traballos de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana.\"Ambas organizacións puidemos comprobar que para eses labores usouse maquinaria pesada poñendo en risco os valores do xacemento. Así mesmo, abríronse novas pistas que lamentablemente están a modificar modificar a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana. Este xacemento non está inventariado oficialmente polo que é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural\" Adega e Mariña Patrimonio afirman que actualmente só están inventariadas algunhas destas minas \"nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña\". En concreto, din, en Riotorto hai un número impotrtante de explotacións mineiras de época romana, \"algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na Muxueira atópanse varias: un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais\". Estes dous colectivos piden \"a inmediata paralización dos labores forestais que afectan o xacemento arqueolóxico\", que se estuden os danos ocasionados, e que se inclúa este complexo mineiro da Muxueira no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta."}
{"ID": "NOS_2268", "summary": "CIG-Ensino exixe ao PP que remate canto antes \"con esta política de exterminio\" e modifique outra vez o aplicativo para que o idioma por defecto sexa o galego", "text": "A consellaría de Educación mudou a configuración da aplicación web de correo electrónico para que a lingua por defecto sexa o castelán. Vén de denuncialo CIG-Ensino, quen considera a mudanza \"máis un ataque ao uso e normalización do noso idioma, unha política á que nos ten afeitos o PP\". O proceder do departamento que dirixe Jesús Vázquez vulnera a Lei de normalización lingüística, que estabelece que a lingua a empregar nas comunicacións da administración debe ser o galego. A central nacionalista exíxelle á consellaría que remate canto antes \"con esta política de exterminio\" e modifique outra vez o aplicativo para que o idioma por defecto sexa o galego."}
{"ID": "NOS_2953", "summary": "Dende hai pouco máis de tres meses, a escena musical do rock na Galiza conta cun novo medio de difusión: a revista Rouco Son. Dirixida por Javier Carnota e con Jacobo Mouriño como coordinador de contidos, o proxecto conta cunha edición dixital e física, da cal xa se editaron seis números.", "text": "Como nace esta iniciativa? Eu son músico e participo na escena rock en Galiza. Ademais, estou traballando para a empresa Libre Expresión de Medios, que edita outros xornais mensuais, sobre todo de información local. Entón, conversando co director, xurdiu a idea de facer unha revista sobre rock en Galiza e en galego, xa que sempre tentamos que as nosas publicacións empreguen a lingua galega. Entre os dous montamos esta pequena iniciativa e penso que si que se notaba que a xente botaba en falta que se falase especificamente da escena musical, sobre todo do rock, en galego. Si que é certo que hai medios que teñen seccións de cultura moi boas, pero non tan especializados. Hai pequenas web que quizais se centraban máis neste ámbito, pero non o fan en galego e tampouco poñendo o foco nos grupos da Galiza. Foi aí onde vimos un oco que se podía cubrir. Sobre que obxectivos se asenta esta proposta? Sobre todo, promover a música rock feita en Galiza e, especialmente, as bandas galegas emerxentes, que son ao fin e ao cabo as que crean escena de verdade. Os grupos grandes son os que teñen maior repercusión, mais son as bandas de cada vila as que están cada semana ofrecendo concertos, as que lle dan pulo á vida cultural deste país e as que tamén precisan un maior apoio. Por outra banda, facelo en galego. Hai bastantes grupos que empregan a lingua galega no seu quefacer habitual, pero quizais non era tan visíbel. Relacionado con isto, tentamos darlle un espazo especial ás bandas que empregan o galego na súa música. Non soamente falamos de bandas que utilicen unicamente o galego, porque por desgraza non son a maioría, pero si que procuramos impulsar a aquelas que cantan no noso idioma. Sobre todo, en xéneros como o rock, o punk ou o metal, que están moi vencellados ao inglés ou ao castelán, pero onde tamén podemos atopar grandes grupos que cantan en galego. Que tipo de contidos podemos atopar na revista? Facemos reportaxes sobre bandas, promotores, salas, proxectos relacionados coa música... Darlle voz ao que é o conxunto da escena. Logo tamén incluímos entrevistas, recensión de discos, actualidade na medida do posible, axenda, etc. Dentro desas reportaxes que facemos, teñen un peso especial aquelas relacionadas coa historia do rock na Galiza. Centrámonos na actualidade, pero tamén temos uns precursores dunha gran calidade que quizais non son tan coñecidos como deberían. Algunhas reportaxes versan sobre a historia do metal, do rock progresivo que se facía na Galiza nos anos 70, etc. É algo que suscita moito interese, porque aínda que as bandas sexan coñecidas, non hai unha recompilación sistemática de toda elas que conte a súa historia. É o que procuramos facer, porque realmente é inabarcable e hai moitísimo máis contido do que se pensa. De onde o nome de 'Rouco Son'? Pareceunos que iso do rouco son, que precisamente no himno galego fai referencia ao son dos galegos ao falar, tamén se pode relacionar co son da música rock e metal. É certo que collín un pouco a idea dun documental que se chama Escuros, Roncos e Acompasados, de Luis Froiz, que trata sobre o death metal feito en Galiza nos anos 90. Gustoume esa idea de roucos, relacionado co galego, pero tamén con este tipo de música. Como está a ser a acollida do proxecto? O rock en Galiza é un mundo máis nicho, que conta con persoas que lle dedican moito tempo, que crean moitos contidos e novos proxectos. Quizais non é moita xente numericamente, pero si son persoas moi implicadas. Non ten un público moi extenso, pero a ese que lle chega dá moito apoio e difusión aos contidos. Ten esa dualidade, de ser moi concreto, pero ao mesmo tempo responder moi ben."}
{"ID": "NOS_2902", "summary": "Alarma entre os sindicatos do ensino en Portugal ante o plan do Goberno que \"para mellorar a eficiencia\" pensa dar máis cartos aos municipios -que xestionan alí parte da educación pública- que teñan menos mestres dos necesarios.", "text": "O Goberno central portugués mantén a súa aposta polos recortes en nome da \"austeridade\" e seguindo os mandatos da Troika estuda pagar máis aos municipios que funcionen con menos profesores dos considerados como necesarios, nunha iniciativa que -segundo a versión gobernamental- busca mellorar a \"eficiencia\" do sistema educativo. En Portugal parte das competencias educativas públcias están transferidas ás administracións locais. Un concello que precise 400 profesores e teña 399 recibiría 12.500 euros, a metade do que custa pagar a un ensinante novel A iniciativa polo momento é unha proposta integrada nunha reforma que dá aos municipios poder para intervir a nivel curricular nos niveis básico (primaria) e secundario, segundo recolle o diario portugués Público. Así, nun concello no que se requiran 400 docentes e no que o número real de profesores sexa de 399, a administración local recibirá un premio de 12.500 euros ao ano, é dicir, a metade do que custa ao Goberno central un profesor novel. Pola contra, cando o número de profesores supere nun 5 por cento dos estimados como necesarios será obligatorio un \"exame detallado\" dunha comisión. O obxectivo é vincular o financiamento con \"unha boa xestión dos recursos\", segundo a linguaxe que utiliza o modelo neoliberal dominante. \"Isto quere favorecer a privatización\", denuncia o sindicalista Mário Nogueira A proposta xa provocou fortes críticas. Desde a Asociación Nacional de Dirixentes Escolares (ANDE), Manuel Pereira xa advertiu de que é unha aritmética \"perigosa\": \"Permitirá aos municipios cambiar profesores por diñeiro\". Os sindicatos de profesores, como Fenprfo, tamén consideran que se busca \"premiar aos municipios que consigan reducir o número de profesores\", segundo palabras do líder do sindicato, Mário Nogueira. \"E isto só se pode facer a costa de dúas cousas: privatización ou peor calidade da educación\", engadiu."}
{"ID": "NOS_49090", "summary": "A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria denuncia a falta de coordinación dos servizos de Atención Primaria co equipo de rastrexadores encargado do seguimento dos contactos dos novos casos positivos por coronavirus. Unha eiva, di, que lastra a súa función esencial no control da Covid-19 e dos focos activos.", "text": "Tres meses despois de que a Consellaría de Sanidade avanzase a posta en marcha dun equipo de teleoperadores para contactar cos casos próximos de positivos por coronavirus e reforzar o seu illamento, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), sociedade científica que agrupa máis de mil médicos e médicas de familia galegos seguen a detectar un problema de falta de coordinación entre os profesionais asistenciais e o sistema de vixilancia dos contactos. \"Non temos información do que se está a facer, de canto se está a facer nin como\", explica a Nós Diario Jesús Sueiro, portavoz de Agamfec. O colectivo médico de Atención Primaria achaca esta deficiencia á contratación por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas) dunha empresa externa, allea ou sistema público de saúde. Segundo explica Sueiro, cando nos servizos de Atención Primaria confirman un caso de Covid-19, activan un aviso que pon en alerta o sistema de rastrexadores para o seguimento dos seus contactos. \"Nós illamos esa con todas as recomendacións, mais a partir de aí non sabemos que pasa nin a quen citan nin que probas realizan\", asegura.Neste sentido, desde a Asociación galega de Medicina familiar e comunitaria reclaman unha \"relación fluída co persoal de control de contactos\", xa que na actualidade descoñecen en que condicións se realiza a detección de posíbeis contactos, que seguimento se lles aplica e como se resolve a súa afectación en caso de presentaren síntomas compatíbeis coa Covid-19. \"O desexábel sería ter acceso a toda esta información\", si Jesús Sueiro. Desde Atención Primaria lembran que aos seus servizos non chegou ningún reforzo de persoal, como anunciara o Sergas, malia ser a porta de entrada ao sistema de saúde. \"Se os casos comezan a dispararse a falta de persoal pode ser un problema\", alertan, xa que durante o verán, con permisos e vacacións, a sobrecarga de traballo aumenta."}
{"ID": "NOS_24610", "summary": "A Organização das Nações Unidas para a Educação e Cultura (Unesco) anunciou que estuda os manuscritos originais de Che, que poderão ser incluídos no Registro Memória do Mundo.", "text": "Após lutar pela libertação da América Latina e também em países africanos, Che se converteu em símbolo da luta contra as injustiças sociais em todo o mundo. Os manuscritos originais escritos pelo jovem Che estão entre os candidatos à inscrição na Memória do Mundo, registo que o Comitê Consultivo do programa da Unesco vai estudar na próxima semana, conforme comunicado da organização. Memória do mundo A memória do mundo é um programa internacional, cujo Comitê Consultivo se reunirá entre 18 e 21 de junho em Gwangju (Coreia do Sul), para estudar os 84 pedidos de registo apresentados por 54 países e uma organização internacional. Esses aplicativos incluem a coleção de manuscritos originais de Ernesto Che Guevara, os arquivos da Universidade de Toronto relativos à descoberta da insulina (Canadá) e a coleção de manuscritos do Alcorão, da biblioteca nacional do Egito. Criado em 1997, a Memória do Mundo visa proteger o patrimônio documental da humanidade. Atualmente 245 bens, que vão desde os discos originais da música de Carlos Gardel até listas de ouro dos exames imperiais da dinastia Qing Dynasty são protegidos pelo organismo. Ernesto Che Guevara, se estivesse vivo, completaria 85 anos no dia 14. Nascido em Rosário, na Argentina, lutou em Cuba e morreu na Bolívia. Em sua homenagem, Argentina e Cuba realizaram sexta-feira uma série de atividades."}
{"ID": "NOS_2737", "summary": "Conta Marina Tavares Dias, no seu livro Lisboa desaparecida, que nos começos do século dezanove, e aínda já bem entrado o mil e oito centos, Portugal acolhia da ordem de oitenta mil galegos, boa parte a trabalharem em Lisboa, uns como aguadeiros ou pedreiros e os outros, muitos outros, a abrirem cantinas para comer e beber ginjinha ou a trazerem recados e papelzinhos amorosos.", "text": "O conhecimento da cidade e, possivelmente a discrição (qualidade de discreto) bem paga, fizeram deles, dos galegos, elemento imprescindível para entregar encomendas ou bilhetes amorosos. Tanta foi a participação nestes assuntos do coração que precisavam esconderem-se das iras paternas, ou de maridos desconfiantes e receosos, que se fez popular o dito de que \"um amor sem galego era um amor sem pés\". Do Rossio à Arcada, na Baixa ou no Chiado, por toda a parte estavam os galegos. Alí, no Chiado, mesmo havia un largo conhecido por \"Ilha dos Galegos\". Hoje o Chiado já não tem ilha nem tem galegos mas se de Lisboa seguirmos a rota de Vasco da Gama até Maputo e retrocedermos, assim sem mais, aos anos cinquenta do século XX, acharíamos uma pequena praça, ponto de reunião da estudantada, de idosos reformados e ponto de passagem de quem ia para a praia da Polana tal como nos conta Virgínia Cabral em Memórias Ultramarinas. Em Maputo, com a desaparição dos eléctricos também desapareceu a Ilha dos Galegos, na confluência da Av. Julius Nyerere e a Av. 24 de Julho. Mas alguma outra coisa há de haver que lembre o passado, ou o presente, pois os galegos continuamos na Galiza e, de seguir tanta borrasca a entrar pelas rias, a Galiza vai virar em ilha, a ilha das galegas e dos galegos."}
{"ID": "NOS_2982", "summary": "Touradas fóra de Pontevedra decidiu non facela pola situación derivada da pandemia e a cancelación da feira taurina.", "text": "A directiva de Touradas fóra de Pontevedra acordou por unanimidade non realizar este ano a tradicional manifestación antitouradas que tiña lugar en Pontevedra desde 2007. Na decisión, informa a plataforma nun comunicado, pesaron dous factores. O primeiro, \"a situación de pandemia que estamos a vivir desde o pasado mes de marzo. A nosa plataforma entende que non sería responsábel nin serio convocar acentos de persoas nas rúas de Pontevedra, alén de non poder garantir a súa seguridade sanitaria\". En segundo lugar, \"a cancelación da feira taurina tamén tivo moito peso nesta decisión final. Aínda que ao longo destes anos demostramos que o noso proxecto vai alén dunha data e sempre tentamos realizar actividades os 365 días así como implicarse noutros proxectos (como por exemplo os circos con animais), é obvio que a non celebración da feira taurina ía influír na capacidade de mobilización para unha posible manifestación\". A Plataforma indica que seguirá a traballar pola \"fin das touradas en Pontevedra\" e \"na concienciación da cidadanía; Seguiremos reclamando tamén, a fin do convenio así como a modificación da Lei de Benestar Animal (Xunta de Galiza) que fai das touradas unha excepción no maltrato animal\"."}
{"ID": "PRAZA_7611", "summary": "Agora David é un home completamente integrado que ademais axuda a persoas que están no mesmo pozo no que el habitou durante 20 anos e que coida da súa familia, especialmente do seu pai Edmundo, que se converteu na súa voz fóra de prisión. É un claro exemplo de esforzo e superación persoal, aproveitando os escasos recursos que se lle ofreceron desde as administracións e coa forza do amor das persoas que o acompañan na vida", "text": "O pasado 27 de decembro o pleno do concello de Vigo aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG apoiando a solicitude de indulto para David Reboredo, un cidadán vigués, ex-toxicómano rehabilitado, ingresado na prisión d'A Lama por dous delitos de intercambio dunha papelina cometidos en 2006 e 2009, durante o proceso de deshabituación. É un claro exemplo de esforzo e superación persoal, aproveitando os escasos recursos que se lle ofreceron desde as administracións e coa forza do amor das persoas que o acompañan na vida Agora David é un home completamente integrado que ademais axuda a persoas que están no mesmo pozo no que el habitou durante 20 anos e que coida da súa familia, especialmente do seu pai Edmundo, que se converteu na súa voz fóra de prisión. É un claro exemplo de esforzo e superación persoal, aproveitando os escasos recursos que se lle ofreceron desde as administracións e coa forza do amor das persoas que o acompañan na vida, tamén nestes duros momentos, e agora fai pública a súa loita converténdose nun referente positivo e devolvendo á sociedade o que el recibiu multiplicado pola súa xenerosidade. Esta sentenza, que chega tarde, parte en dous a súa vida. Primeiro foi a droga, agora a inxustiza. Na moción aprobada por unanimidade recóllense dous puntos, o primeiro apoia a demanda de indulto, o segundo insta ao concello a solicitalo de novo no caso de que este sexa denegado. Dous motivos nos levaron a incluír este punto. O primeiro é que é a segunda vez que o ministerio de xustiza recibe unha solicitude de indulto para David, xa o pedira o seu pai e lle foi denegada. O segundo é que a política de indultos aplicada polo actual goberno fai sospeitar que unha demanda que nos parece xusta á maioría da cidadanía pode non entrar dentro dos criterios que o señor Ruíz Gallardón manexa para a súa \"graciosa\" concesión de indultos. Porque é unha decisión política, fondamente ideolóxica. De feito, o Partido Popular de Vigo, durante o debate no pleno, pediunos ao BNG que retiráramos este segundo punto, que finalmente mantívose, \"para non politizar a cuestión\" e porque \"Vigo apoia a David\" pero non é bo facelo \"abandeirado doutras causas\". Pregúntome eu cales son as causas que abandeira o ministro de xustiza vendo os indultos que concede: catro mossos d'esquadra condeados por torturas, un alcalde e varios concelleiros por prevaricación urbanística, un alto cargo da Generalitat e un empresario por prevaricación e malversación de fondos, os militares que falsearon a identidade dos falecidos do Yak 42, tres vendedores de permisos falsos a inmigrantes, o cabecilla dunha rede de fraude do IVE.... e o máis rechamante son os sete indultos que xa leva asinados este ano por delictos contra a seguridade vial. Pregúntome eu cales son as causas que abandeira o ministro de xustiza vendo os indultos que concede O ministro do interior dixo que non é política deste goberno indultar a condeados por delictos contra a seguridade vial, menos mal, se chega a selo! Xa dixera Aznar en 2007 que non lle gustaba que lle dixeran que non podía ir a máis de tanta velocidade ou que non podía beberse unha copa de viño, que cando vía a campaña da DXT co slogan \"Non podemos conducir por ti\" pensaba \"E quen che dixo a ti que quero que conduzas por min\", e en 2013 parece que o PP segue conducíndose da mesma maneira, saltándose as normas cando lles interesa e a toda velocidade para chegar a tempo de atender a suxestión feita por Esperanza Aguirre e indultar, a el si, a Ángel Carromero que non ha de precisar miles de sinaturas de apoio para conseguilo. Parece que o PP segue conducíndose da mesma maneira, saltándose as normas cando lles interesa É obvio que cómpre cuestionarse unha figura que nada ten que ver cun sistema democrático baseado na separación de poderes pero espero que se faga xustiza con David e poida recuperar a súa vida."}
{"ID": "PRAZA_9816", "summary": "O que máis desacougo xera é a normalidade coa que millóns de españois ollan o feito probado de que ducias de millóns de euros destinados a tarefas de protección cidadá (policía, información e contrainformación…) sexan malbaratados no prexuizo de opcións lexítimas e democráticas", "text": "Seica dixo Felipe González, noutrora líder disque socialista, que ao Estado cómpre defendelo tamén nos sumidoiros. Dende logo algúns dos seus máis achegados colaboradores (desculparán que non vaia máis aló mentres non haxa probas) aprendéronlles ben a lección. Lembren o GAL.Institucionalizouse entón un sistema corrupto baseado na Lei de Segredos Oficiais e nos fondos reservados que podían quizais ter un sentido fronte a unha ameaza exterior ou ao magmático terrorismo islamita. Para sermos máis precisos, cristalizou baixo unha formal e nunca exercida supervisión parlamentaria o sistema do primeiro ministro de facto franquista, Carrero Blanco.Pasou a crise do GAL con penas moi curtas de cárcere para os principais delincuentes confesos, Barrionuevo e Vera. Bastantes anos despois, un Goberno alicerzado tamén noutra maioría absoluta da outra ponla do bipartidismo dinástico, o PP, xerou unha equipa policial coas súas antenas mediáticas para desprestixiar os principais líderes entón do soberanismo catalán (2014-2015) xusto canda a convocatoria da consulta cidadá que o Presidente Artur Màs convocara para o 9-N de 2014. Pretextaron en falso de delictos de corrupción (nunca acusados formalmente) ao entón President e ao alcalde de Barcelona Xavier Trías. Boa parte da derrota electoral deste a prol da alcaldesa Ada Colau en maio de 2015 explícase nesta reacción policial dos sumidoiros do Estado. Lembran aquela conversa dos entón ministro do Interior co comisionado anticorrupción do Parlament conspirando contra a sanidade e o benestar cataláns porque logo despois \"la Fiscalía te lo afina\"?Pablo Iglesias descobriu como xogan os sumidoiros do Estado e seica arrepíntese agora de liquidar o potencial de transformación que tiña o movemento 15-M para consolidar un proxecto personalista, piramidal e españolista no canto de facer conectar o progresismo español coas forzas soberanistas e territoriais do Estado. O certo é que cando espiaron e desprestixiaron outros calou coma un peto.Nunha democracia cómpre loitar xudicial e policialmente contra os seus inimigos, que son só os que queren violentamente acabar coas liberdades. Mais espiar e desprestixiar partidos legais (quer Podemos, quer os partidos soberanistas cataláns, hoxe ou mañá os galegos ou vascos) racha as regras do xogo democráticas e desprestixia o propio Estado. Porén, o que máis desacougo xera é a normalidade coa que millóns de españois ollan o feito probado de que ducias de millóns de euros destinados a tarefas de protección cidadá (policía, información e contrainformación…) sexan malbaratados no prexuizo de opcións lexítimas e democráticas para favorecer ás forzas seareiras do Deep State. Ás forzas seareiras da Coroa que cuestionan as forzas políticas espíadas."}
{"ID": "PRAZA_15154", "summary": "Forzas políticas e sindicais preparan o día contra a violencia machista subliñando o rexeitamento ao maltrato físico e tamén a outro tipo de accións violentas no ámbito económico ou legal", "text": "Contra a violencia exercida no ámbito da parella, pero tamén contra as agresións que non teñen forma física ou psicolóxica, senón económica, laboral, legal ou calquera outra. Diversas organizacións sindicais e políticas preparan nestes días os actos que celebrarán no entorno do 25 de novembro co gallo do Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, unha xornada que desta volta virá marcada non só pola oposición frontal ás agresións machistas, senón tamén ás presións e dificultades vinculadas á crise e aos recortes. Este é o caso, por exemplo, das accións que realizará a Secretaría da Muller da CIG, que este mércores presentaba a súa campaña do 25-N baixo o lema Os verdadeiros monstros atópanse fóra dos contos. A responsable desta secretaría, Margarida Corral, sinala que o obxectivo da central sindical é evidenciar que estes \"monstros\" non só se agochan por tras da parella que maltrata, senón tamén \"baixo a faciana do patrón explotador, do xefe acosador, do agresor, do calumniador, do chantaxista, dos que nos castigan por sermos nais traballadoras\" ou de quen tenta \"decidir por nós no control dos nosos corpos\" e \"lexislar para criminalizarnos\". \"O ambiente de traballo debería ser un espazo libre de violencia -detalla Corral- mais na práctica non o é\", xa que se seguen a dar casos de \"intimidacións\" e faltas de \"respecto cara ás traballadoras\", explica. Nesta liña, a CIG chama a atención sobre as dificultades existentes para \"denunciar este tipo de condutas\" e \"para que as denuncias prosperen\" pola \"falta de compromiso tanto do poder político como das Administracións ou da propia xudicatura\". Relacionado con isto, a CIG celebrará o vindeiro día 24 unah concentración na estación de autobuses de Santiago \"en solidariedade coa compañeira Nélida Pisco\", condutora da empresa Autobuses de Calo \"que tras varios anos de loita, por defender os seus dereitos como nai e traballadora, segue a ser acosada por parte da empresa e xa foi a xuízo por ter sido mesmo agredida\". A CIG pon o foco nos \"monstros\" que se agochan \"baixo a faciana do patrón explotador\" ou do \"xefe acosador\" Tamén dende o ámbito político se pon o acento nas agresións contra as mulleres cara ao 25-N. Este mércores facíao a vicevoceira parlamentaria morreronde AGE, Yolanda Díaz, que nunha comparecencia co resto do seu grupo parlamentario apostou por denunciar a \"violencia económica e laboral que se está exercendo sobre o conxunto das mulleres\" e, no caso galego, \"nós dicimos que as políticas do PP maltratan as mulleres do noso pobo\", tanto dende o Goberno galego, con normas como a Lei de Familia, como dende o español, aplicando preceptos como a reforma laboral, di. Yolanda Díaz: \"As políticas do PP maltratan as mulleres do noso pobo\" \"Máis ca nunca, en tempos de crise precisamos unha rede pública solvente de benestar social\", subliña Díaz, unha necesidade que, ao seu xuízo, bate frontalmente con medidas como o incremento \"do prezo das escolas infantís levado adiante polo Goberno de Feijóo\", que \"ataca duramente as mulleres e as familias monoparaentais\", ou o feito de que as mulleres \"que teñen que facerse cargo dunha función de carácter público\" como a atención á dependencia o teñan que facer \"por cantidades vergoñentas\". Por motivos coma este, sinalan, AGE participará nas mobilizacións \"unitarias\" do 25 de novembro, \"solidarizándonos coas vítimas e coas súas familias -no que vai de ano foron asasinadas 41 mulleres no conxunto do Estado, 3 en Galicia-\" e tamén para \"visualizar a outra parte da violencia estrutural deste sistema, que ten nomes e apelidos: chámase PP e convértenos en súbditas\", di."}
{"ID": "NOS_52753", "summary": "As principais empresas cotizadas españolas tiveron nos seis primeiros meses un beneficio de case 16.500 millóns de euros, un 25,3% máis. Un aumento nas ganancias ao tempo que a reduciron case o 9% en persoal.", "text": "Tras dous anos de descensos, que non de perdas, as principais empresas cotizadas españolas volven aumentar beneficios e ganancias. Fixérono durante o primeiro semestre do 2013. Así se recolle nos datos e información da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que apunta a uns beneficios conxuntos destas grandes firmas de 16.435,5 millóns de euros. Isto é, un 25,3 por cento máis que nos seis primeiros meses de 2012. E este importante incremento vai parello aos procesos de despedimentos e EREs destas grandes empresas, que reduciron o seu persoal en case un 9 por cento. Estas grandes empresas que gañan millóns despiden traballador@s cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades Os 'mandamais' de Inditex, Banco Santander, Telefónica, BBVA, Endesa e Sacyr son as que máis sorrín vendo a súa conta de beneficios entre xaneiro e xuño. Mais estas ganancias non se están a notar entre os traballadores desas empresas e compañías. Afogados `por unha contención salarial que implica perda de poder adquisitivo ou, xa de maneira directa, sometidos a expedientes de regulación de emprego extintivos ou temporais; @s asalariad@s non teñen moitos motivos de ledicia. Milleiros de despedimentos Así, por volta do 40% das principais empresas cotizadas españolas desenvolveron durante o ano 2012 EREs. Expedientes (de extinción ou suspensión temporal) que afectaron a máis de 30.000 empregad@s. Catro de cada 10 empresas do IBEX 35 executaron EREs en 2012 Un dato: a inmensa maioría das grandes empresas do Ibex 35, esas que veñen de ter beneficios por milleiros de millóns de euros, poden despedir aos seus e ás súas traballadoras cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades E a 'festa' sigue: só tributan 12 euros de cada 100 que gañan Os grandes grupos empresariais tributaron en 2012 (datos provisionais) pouco máis de 14 mil millóns de euros. Unha cifra que representa apenas o 12,5% dos seus beneficios. \"Farangullas\", como manteñen desde o sindicato de técnic@s do Ministerio de Facenda, Gestha. Así pois, de cada 100 euros que gañan estes grandes conglomerados, entre os que están os 'reis' que copan o Ibex 35, pagan a Facenda menos de 13 euros. O tipo medio efectivo das sociedades cunha facturación superior os 1.000 millóns de euros non chega ao 17%, o impuesto de sociedades sitúase no 30% para as que ingresan máis de dez millóns, mentres que unha empresa con menos de 60.000 euros de ingresos paga por riba do 22%"}
{"ID": "NOS_47708", "summary": "O documental As Silenciadas, de Pablo Ces, coa investigadora Aurora Marco como coguionista, participa no Festival Internacional de Cine Documental online Humanity Explores (Indica/USA/ Indonesia/ New Zealand). Compite en diversas categorías e pódese apoiar por internet tanto vendo o documental como votando.", "text": "As Silenciadas foi convidada a participar no Festival Internacional de cine Documental online Humanity Explored que está en marcha na rede con diversas categorías a concurso, entre elas, o documental máis visto e máis votado. Para participar na votación e apoiar o filme cómpre premer nesta ligazón http://www.cultureunplugged.com/documentary/watch-online/play/11292/As-Silenciadas. Dirixido por Pablo Ces, o documental conta co guión de Aurora Marco e o propio Pablo Ces. Recupera a historia, a imaxe a a voz de mulleres ás que Aurora Marco se achegou para recoller tamén no libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega (Laiovento). As silenciadas é un documental histórico que ten como protagonistas ás mulleres que estiveron na clandestinidade e participaron do movemento guerrilleiro. Sufriron represión en forma de morte, cárcere, tortura ou exilio e desenvolveron un labor fundamental na oposición ao franquismo. O documental recolle testemuños únicos das participantes na guerrilla e visita os espazos nos que se desenvolveu a súa resistencia."}
{"ID": "NOS_20663", "summary": "O Banco Central Europeo (BCE) comprará débeda soberana de estados como o español a un control das reformas que desenvolvan e ao cumprimento de \"estritas condicións\"", "text": "A compra de débeda soberana polo BCE, unha das peticións constantes do goberno español nas instancias e organismos europeos, xa ten prezo. Ven de o poñer o presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, nunha entrevista no xornal alemán Der Spiegel. Draghi vincula ese paso co feito de que os estados a quen se lle compre a débeda se sometan a revisións periódicas e constantes das medidas que se teñan que desenvolver no marco dos programas de rescate que soliciten. \"Só mercaremos débeda deses países se estes aceptan estritas condicións e comprobaremos que estas se cumpran\", manifestou Draghi, que engadiu na entrevista que no caso do estado en cuestión non seguir ese guión, \"non se reanudará\" o programa de compra da débeda. Nesta mesma liña, o presidente do BCE considera que \"non hai mellor protección\" contra a crise que bate a Eurozona que o \"éxito das reformas estruturais nos países do sur de Europa\". Desde o BCE defendeuse a existencia dun supervisor bancario común, \"con sede en Francfort\", pois será unha ferramenta \"máis independente\", lembrando que os supervisores nacionais non sempre mostraron desvencellamento dos seus respectivos gobernos e mesmo en ocasións \"silenciaron as dificultades do sector bancario\". 2014 O responsábel do Banco Central Europeo tamén apuntou que este instrumento estaría a pleno rendemento en 2014, a data preferida por Alemaña e que non convence o goberno español, que preferiría que fose en 2013. De feito o atraso suporía un prexuízo para os plans de Madrid neste ámbito."}
{"ID": "PRAZA_12788", "summary": "O Sindicato Labrego Galego tamén pide que o debate sobre os usos do monte se leve ao Consello Forestal de Galicia", "text": "O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha batería de alegacións para impedir que saia cara a adiante o borrador que regula os cultivos enerxéticos forestais e que foi presentado, o pasado 3 de abril, na Mesa da Madeira. Segundo o SLG, os cultivos enerxéticos forestais afondarán no modelo da agricultura industrial, entendida como a suma de monocultivos, biotecnoloxía, agrotóxicos e capital financeiro. Para obter o máximo rendemento, estas plantacións requiren facer un traballo de control da vexetación competidora, abonado, tratamentos fitosanitarios e incluso rega. De tal xeito que hai gran dependencia de insumos externos e aumenta o uso de produtos agrotóxicos. \"Por todo isto -din- os cultivos enerxéticos non van contribuír a solucionar a crise agrícola, nin a climática, como nos prometen\". O Sindicato denuncia que os cultivos enerxéticos \"van entrar en competencia coa produción alimentaría e o noso xeito de vida do medio rural intimamente ligado ao monte\" O Sindicato Labrego engade que \"se sumamos a destrución de ecosistemas, a introdución de especies invasoras e organismos xeneticamente modificados nos nosos montes, o feito de que as plantas de procesamento son fonte de contaminación do ambiente e a saúde da cidadanía, definitivamente o balance é negativo\". E conclúe que \"van entrar en competencia coa produción alimentaría e o noso xeito de vida do medio rural intimamente ligado ao monte\". O SLG denuncia, en concreto, que se están a ocupar terras dedicadas á produción de alimentos, \"que manteñen postos de traballo e contribúen ó desenvolvemento e á vida do noso medio rural e que aportan un maior valor engadido ás rendas das persoas. Amparados polo goberno, as empresas do aproveitamento de agromasa para produción enerxética, están a facerse coas terras\". Segundo o sindicato, \"xa hai labregas que se viron privadas do uso de pasteiros que serán obxecto de cultivos enerxéticos forestais\". O SLG pide que o debate sobre os usos do monte sexa levado ao Consello Forestal de Galicia e que haxa unha consulta pública á cidadanía \"sobre se queremos trocar os usos multifuncionais dos nosos montes\" Como conclusión, o Sindicato Labrego esixe a retirada do borrador da Orde pola que se regulan os cultivos enerxéticos forestais e se crea o rexistro de cultivos enerxéticos forestais e tamén que o debate sobre os usos do monte sexa levado ao Consello Forestal de Galicia e que haxa unha consulta pública á cidadanía \"sobre se queremos trocar os usos multifuncionais dos nosos montes\"."}
{"ID": "NOS_47783", "summary": "Santiago Rey Fernández-Latorre será investido como \"Caballero de Honor de la Orden de María Pita\" en dependencias municipais.", "text": "O próximo mércores 23 de xaneiro, o Salón de Pleno do Concello da Coruña acollerá un acto de homenaxe ao dono e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre. Este será investido como \"Caballero de Honor de la Orden de María Pita\", nun acto no que recibirá a \"capa e medallón\" dese orde e ao que está previsto que acuda unha importante representación dos poderes da cidade, comezando polo seu alcalde. A \"Orden de María Pita\" é un grupo creado por coruñeses directamente relacionada co localismo coruñés e que naceu durante a etapa de Francisco Vázquez na alcaldía, sendo este o seu \"Gran Maestre de Honor\", mentres que o seu \"Gran Maestre\", é o actual rexedor da cidade, Carlos Negreira. Entre os seu \"caballeros\" atópanse persoas como o Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou a Condena de Fenosa. O xornal que edita Santiago Rey, próximo homenaxeado por esta orde, destacou sempre polas súas boas relacións cos \"caballeros\" anteriormente citados."}
{"ID": "NOS_50469", "summary": "Un 23% da poboación usa traídas veciñais e pozos privados. O fundador da maior asociación que os representa alerta, Coxapo, cre que hai que coidar as augas do subsolo e ter en conta a problemática do cambio climático.", "text": "Na Galiza, un 10% da poboación fornécese da auga a través das traídas xestionadas pola propia veciñanza e outro 13% mediante pozos privados. Entidades que participan da autoxestión do abastecemento da auga, como Coxapo, rexeitan novas taxas ás traídas comunitarias e particulares por un servizo creado cos seus propios recursos. Segundo datos da asociación, 6.000 comunidades nútrense de algo máis de 10.000 mananciais espallados por todo o territorio. O fundador desta entidade de usuarias e usuarios de auga, Rafael Carrera, augura que \"a Galiza ten o seu futuro nas augas subterráneas\" como consecuencia dos \"cambios que haberá nun futuro nas augas superficiais\". En conversa con Nós Diario, amósase preocupado pola evolución que pode ter a autoxestión na lexislación, o cambio climático e a contaminación. A importancia da autoxestión da auga explícase, segundo Carrera, \"polo abandono que sufriron as aldeas e a necesidade de contar con este recurso\". O sistema das traídas comunitario logrou maior éxito no litoral sur, pola maior densidade de poboación, entre 600 e 800 habitantes por Km2. O maior desenvolvemento tivo lugar entre 1968 e 1975. Os abastecementos son variados en tamaños e poden contar desde 10 usuarios ou vivendas até máis de 1.300. \"O canon é un recurso para o mantemento das infraestruturas\", sinala Carrera, polo que coa excepción de casos puntuais en que os concellos participen na súa realización, a cota -que pode variar entre os 25 e os 80 euros anuais- para ter en condicións os sistema de abastecemento págase ás comunidades. \"As traídas de auga comunitarias realizáronas con recursos e traballo propio, non poden ter, aínda por riba, unha taxa municipal\", argumenta en relación a que a nova Lei de augas abre a porta a pagar polas traídas. No caso dos pozos privados acontece o mesmo. \"A persoa que fixo un pozo nunha vivenda illada, realizou un investimento e ten que facer un mantemento cada cinco anos, sacando o motor, e unha limpeza, sen contar cos custos de enerxía diarios que ten\", afirma Carrera. Seca e cambio climático Coxapo colabora con comunidades de todo o país, con experiencias en Rianxo, Porto do Son ou Bande. A alerta por seca aféctalles e en parte explícana polas consecuencias do cambio climático. \"Cando a chuvia é lenta e continuada, os acuíferos non teñen problema\", asegura Carrera. Este veterano defensor da auga critica \"a retirada de auga dos encoros por egoísmo dalgunhas grandes empresas que rompeu un ciclo\" e insiste na concienciación \"tamén das empresas e o mundo da agricultura\". Alerta de que secaron algúns acuíferos e outros poderían desaparecer nos vindeiros anos, \"polo que hai que concienciar do que significa a auga\". Contaminación do chan Relacionado coa concienciación e o uso da auga con ánimo lucrativo, Carrera lembra que \"hoxe temos unha lei de nitratos contra as agriculturas masivas e as extraccións masivas de auga\", que cre que \"son un verdadeiro problema e hai liñas de contaminación, unha pandemia que vai por baixo a terra\". Por este motivo, advirte que \"non hai un Plan hidrolóxico que funcione se non se controlan as extraccións de auga\" e entende que \"non se pode castigar o cidadán se non se sensibiliza a industria e a agricultura do uso da auga\"."}
{"ID": "NOS_21163", "summary": "É o dado que se recolle nun informe realizado pola sección da Mesa pola Normalización nos sete concellos que integran o territorio bergantiñán e que se refere ás formas que aparecen na sinaléctica pública.", "text": "Aguarrey, Puenteceso, Valencia ou O Regengo son algunhas das formas toponímicas deturpadas que abundan na comarca de Bergantiños. Un informe realizado pola Mesa dá conta de todas elas e contabiliza un total de 72 nomes de lugares que están rotulados na sinaléctica pública con erros na acentuación, omitindo o artigo que fai parte do topónimo ou, como é o caso destes catro que colocamos, directamente difundidos nunha forma que é ilegal. Así as cousas, no concello da Laracha son 61 os nomes de entidades de poboación grafados de maneira incorrecta aos cales se suman 34 en Coristanco, 22 en Cabana, 16 en Carballo, 16 en Ponteceso --incluíndo aquí o propio topónimo da capital do concello--, 16 máis en Laxe e outros 7 en Malpica. \"A toponimia é un patrimonio inmaterial que atesoura parte da historia do pobo galego\" Coas irregularidades localizadas e anotadas, A Mesa dirixiuse aos gobernos locais de cada municipio para esixir que se corrixan de maneira inmediata as incorreccións, que Xosé Cotelo, responsábel desta organización en defensa da lingua na comarca bergantiñá, achacou \"ao desleixo das diferentes administracións\". De seguido, lembrou que \"a toponimia é un patrimonio inmaterial que atesoura parte da historia do pobo galego\", polo que considerou que este tipo de situacións \"deberan estar xa superadas sen ofrecer nengún tipo de dúbidas ao respecto\". Con todo, polo de agora, unicamente os rexedores de Ponteceso --José Luis Fondo, do PP-- e Carballo --Evencio Ferrero, do BNG-- se comprometeron a corrixir a sinaléctica incorrecta. Faráo Ferrero \"nas vinceiras semanas\" e Fondo, malia que si respostou de maneira positiva ao informe da Mesa, non especificou prazos. O resto dos municipios \"fan ouvidos xordos\", ao igual que a Deputación da Coruña e a Xunta da Galiza, titulares de varios dos sinais que amosan formas toponímicas erradas."}
{"ID": "NOS_13144", "summary": "Luís Valle é poeta en sentido intenso. En poucas ocasións o discurso poético se mostra con tanta forza, cun compromiso íntimo que máis que unha forma de escribir é xa unha maneira de ser. Este domingo día 12 recolle o Premio Lueiro Rey en Fornelos de Montes por As cicatrices do Sol (Sotelo Blanco).", "text": "A caída (Pen Clube) gañou o Premio de Poesía Caixanova, con Fedor (Sotelo Blanco) o Eusebio Lorenzo Baleirón, logo viría Caderno do mendigo (Barbantesa) e este domingo día 12 presenta As cicatrices do Sol en Fornelos de Montes. Será no acto no que o poeta Luís Valle reciba o Premio Lueiro Rey de Poesía nun acto que contará coas acteriores gañadoras Eli Ríos e Silvia Penas, os críticos Ramón Nicolás, biógrafo de Lueiro Rey, e Armando Requeixo, representante do xurado, ademais do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. -Como recibe as críticas que falan, maiormente, da excelencia da súa obra e da singularidade da súa voz poética? A verdade é que non me recoñezo nelas. Supoño que o traballo, a dedicación, o agarimo e a paixón que lle pos á actividade que elixes na vida ten que dar resultados. No meu caso decidín hai vinte anos escribir poesía e poñerlle todo o meu empeño. Cando algo forma parte da túa vida de xeito tan íntimo acábase notando. Ao meu ver a clave está aí, a xente que vive intensamente a literatura valora que outra persoa se empeñe e procure facer as cousas do mellor xeito. Escribir poesía ten moito a ver co traballo e a emoción . Precísase técnica e esforzo, pulir e tentar chegar ao poema en cada ocasión, que non sobren versos, que non sobren palabras, que o son, a imaxe e o contido intelectual se axusten. -Mais no feito creativo hai algo máis que traballo, é dicir, non todo o mundo que o intenta o consigue. Existen moitos discursos sobre o que é o talento e o xenio mais no meu caso non me valoro como escritor talentoso nin, desde logo, xenial. O que son é poeta vocacional, son e síntome poeta as vintecatro horas ao día e ao final o traballo acaba tendo valor literario, acaba sendo poesía. Compre ser autocrítico e merece a pena ler, reler e analizar a propia obra. Normalmente antes de dar ao prelo un libro paso bastante tempo con el, con momentos en que vexo inconsistencias, nos que non me recoñezo e preciso volver a pensar. No traballo poético tan importante como crear é destruír, ser quen de liberarte e esquecer o tempo. Desexo deixar unha obra poética, nada transcendente, mais a miña, cun camiño poético propio. -Que significa ser poeta as vintecatro horas do día nun tempo como o que vivimos? Un xeito de concibir a vida e estar no mundo. Traballo e vivo de maneira moi convencional mais emocionalmente e creativamente considérome poeta a tempo completo. \"Precísase técnica e esforzo, pulir e tentar chegar ao poema en cada ocasión, que non sobren versos, que non sobren palabras, que o son, a imaxe e o contido intelectual se axusten\". -Afirma que o texto ten que chegar á poesía. Cando e como se produce ese proceso? Cando acontece a poesía un poeta recoñéceo. Moitas veces xorde camiñando. Aparece primeiro en momentos xerminais que logo hai que desenvolver, ver como medra na páxina, como se configura e se artella como un tapiz nun libro. Escribir un libro de poesía non é labor sinxelo, ten que haber sentimento, emoción, ideas e cultura e todo iso tense que plasmar sobre a páxina en branco. Penso e defendo a poesía como unha necesidade vital. -Como definiría esa voz poética que vostede quere propia e singular? A miña voz propia quizais sexa o froito da empatía e do amor, con reflexo nun espello non necesariamente positivo senón que leva á dor e á morte. Teño capacidade de amar, de comprender as circunstancias doutras persoas e iso non conduce a unha visión idílica da existencia senón todo o contrario. -As cicatrices do Sol, A caída, Caderno do mendigo, Fedor... xa os propios títulos das obras adiviñan o sentido tráxico da súa poesía. Vai por aí, si. De todos modos, hai poemarios que teñen os seus claro-escuros, non todo é tebra. Hai unha parte positiva e clara que é o que lle dá a tonalidade. Un percorrido no que hai unha base primaria de amor e afecto cara a vida e as persoas, senón sería unha poesía deshumanizada. Non hai que confundir o eu poético co autor nin coa persoa. Son alegre e afábel e esa non é a impresión que dou nos poemarios. -A súa é unha poesía que busca transmitir sensacións? O poema cumpre moitas función. Para min a poesía é esencial e connatural á humanidade, é un xeito de coñecer e estar no mundo tan importante como calquera outro. Intento que a miña poesía remova emocións. Ser quen de conmoverse permítenos achegarnos intelectualmente a outros. Defendo a radical necesidade da palabra poética, senón non tería pervivido milenios. Achega ás persoas ao que non poden acadar doutro xeito, dá claves para a vida e transmite experiencias e sentimentos. Continuará mentres a humanidade exista. Ninguén pode eliminar ese sentimento pleno de ser humano, a comprensión do amor, a desolación perante a morte... iso é o que nos dá a poesía. \"Ninguén pode eliminar ese sentimento pleno de ser humano, a comprensión do amor, a desolación perante a morte... iso é o que nos dá a poesía\". -Estamos entón diante dunha poesía íntima, que parte do interior do autor e diríxese cara ao interior de quen le, pouco narrativa tamén. A narratividade ocorre simbólica e emocionalmente que é como funciono. Dalgún xeito son herdeiro do espírito romántico. Admiro a poesía lúdica, a literatura irónica, os autores que xogan coa palabra e saben divertir mais a poesía na que vexo un modelo é a romántica na que, aínda que se conte unha historia é desde a escala humana. Fuxo da epopea e gústame traballar persoa a persoa. -A morte, o amor, o paso do tempo.. os grandes temas da poesía non se esgotan nunca? Cando escribo non teño vontade de tocar eses grandes temas mais o que nos move, o que nos inspiraadoitan ser cousas importantes, que me preocupan a min como a resto do mundo. Procuro escribir unha poesía que calquera pode entender, outra cousa é que sexa de lectura sinxela. A complexidade simbólica e esíxelle ao lector certo esforzo, descubrir claves para gozar. O marabilloso da poesía é que comunica nun nivel distinto, que procura encher a palabra de significados, do punto de vista intelectual, musical, harmónico e estético e iso non é trivial. -Vostede é tamén pintor, que relación ten a poesía coas artes plásticas? Resúltame útil para cambiar o rexistro. Pintar é máis físico e material, máis inmediato e cando volvo á poesía fágoo con novos azos, coas ideas máis claras. -Con ese compromiso tan intenso coa poesa, que referentes literarios sinalaría? Como recoñecíbeis e próximos Valente, Gamoneda, Paul Celan, Holderlin, Rilke, William Blake, Rimbaud, Verlaine, Valerie, Eliot, Lois Pereiro, Rosalía de Castro, claro está, Leiras Pulpeiro, Octavio Paz... -Poetas en estado puro... Autores con clarísima vocación poética que forman parte do canon e son arquetípicos. Son os autores tutelares, logo están outros moitos que me interesan. Admiro precisamente iso, o compromiso coa poesía, coa palabra dun xeito completo. A entrevista canda un adianto do libro As cicatrices do sol foi publicado no número 139 de Sermos Galiza, ao dispor na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_6330", "summary": "Como nos vén de lembrar o estudo do antigo presidente da Xunta Fernando G. Laxe e o xornalista José Luís Gómez, a Marca-País é esencial para a identificación da economía e cultura dun país no contexto dos mercados internacionais. A Marca-País esixe de amplos consensos na construción dunha imaxe corporativa común, na que non só han participar os Gobernos e demais axentes institucionais e empresariais, senón as institucións cívicas e culturais.", "text": "Como nos vén de lembrar o estudo do antigo presidente da Xunta Fernando G. Laxe e o xornalista José Luís Gómez, a Marca-País é esencial para a identificación da economía e cultura dun país no contexto dos mercados internacionais. A Marca-País esixe de amplos consensos na construción dunha imaxe corporativa común, na que non só han participar os Gobernos e demais axentes institucionais e empresariais, senón as institucións cívicas e culturais. Porque a Marca Galicia require do consenso cos empresarios e demais sectores económicos, mais tamén do acordo coa sociedade civil e cos sectores máis dinámicos e activos da cultura e da cidadanía. Malia que no noso País botáranse importantes alicerces para a Marca Galicia (Galicia Calidade foi a máis importante achega), moi decote esqueceuse tamén da proxección de Galicia non só como territorio de moi altas cualidades produtivas no sector agroalimentario, senón tamén da proxección doutros sectores produtivos vencellados con outras tecnoloxías, do seu turismo e da súa identidade cultural. Neste senso, os Centros galegos no exterior constitúen unha oportunidade moi aprezábel para espallar Marca-País, malia que haberíamos ter en conta o devalo demográfico e de actividades de moitos destes Centros, pezas esenciais para apoiar nesta rede de galeguidade e identidades partilladas parte destas estratexias. A Marca-Galicia precisará sempre dunha identificación cultural para sermos coñecidos como País. Sen a definición exterior da nosa identidade será imposíbel a identificación dos nosos produtos, recursos e realizacións humanas Iberoamérica, a lusofonía, as Illas Británicas e a Europa central, setentrional e occidental, xunto co pulo do Camiño xacobeo (outro dos nosos principais recursos para presentarmos ao mundo) na Corea e no Xapón son os ámbitos máis permeábeis para espallar esta Marca-Galicia, esencial no que atinxe á nosa promoción turística (que non pode repenicar o modelo español de sol e praia), ás nosas producións alimentarias e forestais e á presentación das nosas realizacións no ámbito empresarial e institucional do coñecemento, incluída a acción exterior das nosas Universidades e demais axentes da investigación e innovación. Mais a Marca-Galicia, como lembran Laxe e J.L. Gómez, precisará sempre dunha identificación cultural para sermos coñecidos como País. Sen a definición exterior da nosa identidade será imposíbel a identificación dos nosos produtos, recursos e realizacións humanas. O que sería fulcral para a nosa recuperación económica."}
{"ID": "NOS_50360", "summary": "Ecoloxistas explican que ao reducir o tempo que permanecen as nasas somerxidas no mar tamén se reducen os posíbeis impactos ambientais que poidan producir no medio mariño", "text": "A Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños --Cemma-- vén de propor que as nasas destinadas á captura de polbo, nécora, choco e outras especies ao finalizar a xornada de faena xeran retiradas, co obxectivo de reducir o esforzo pesqueiro. Nun comunicado conxunto asinado pola Sociedade galega de historia natural, Adega, Federación ecoloxista galega e PDR-Cies en que apoian a petición da Cemma, explican ao reducir o tempo que permanecen as nasas somerxidas no mar tamén se reducen os posíbeis impactos ambientais que poidan producir no medio mariño, en especial a captura accidental de grandes vertebrados mariños \"vulnerábeis á interacción con obxectos estáticos\". Así as cousas, o informe publicado pola Cemma, Impacto da pesca con nasa: avaliación e propostas de mellora, recolle a información que posúe esta entidade após 20 anos de traballo sobre a conservación e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños nas augas de Galiza. Inclúense no documento datos relativos á mortandade por captura accidental das nasas das seguintes especies: tartaruga de coiro --13 capturas e o 61% delas vivas--, quenlla peregrina, balea xibarte, balea alibranca, arroaz boto, golfiños e lontras. Catro destas especies están incluídas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e do catálogo español de especies ameazadas: a balea xibarte e a balea alibranca na categoría de Vulnerable, e a tartaruga de coiro e o momo sen categoría de ameaza, aínda que consideradas en perigo crítico e como vulnerable, respectivamente, a nivel mundial. Ollando cara este informe, sosteñen os colectivos antes citados que cómpre retirar as nasas ao remate da xornada pesqueira, pois os cabos son susceptíbeis de se enganchar nos corpos deses animais e poden causarlles a morte por esfixia ou afogamento. Así mesmo, consideran \"imprescindíbel\" a posta en marcha de programas de seguimento da pesqueira da nasa, a fin de regulala, de ser necesario, para reducir os impactos negativos sobre o ecosistema e as especies mariñas."}
{"ID": "NOS_41917", "summary": "\"A Piragua\" (\"A Canoa\", em português) foi escrita e apresentada pela primeira vez em Santiago de Compostela em 2007, numa produção do Centro Dramático Galego", "text": "Cándido Pazó está a dirigir a montagem do espectáculo \"A Piragua\" na companhia portuguesa A Escola da Noite. Dramaturgo e contador de histórias, Pazó é há muito um companheiro de estrada da companhia e aprofunda assim a sua relação artística com o grupo da cidade de Coimbra. Os galegos Afonso Castro (iluminação) e Manuel Riveiro Hermo (música) fazem igualmente parte da equipa artística do espectáculo. \"A Piragua\" (\"A Canoa\", em português) foi escrita e apresentada pela primeira vez em Santiago de Compostela em 2007, numa produção do Centro Dramático Galego. Escrita a partir de uma história meio absurda – o desconforto de um homem com o facto de o vizinho guardar uma canoa no seu lugar de garagem – \"A Canoa\" chama a atenção para o problema da violência doméstica e para a forma como ele se relaciona com o conjunto de normas, mais ou menos explícitas, em que todos nos movemos. Propositadamente, a abordagem a uma questão tão sensível como esta é feita com aparente leveza e com o humor que Pazó sempre imprime aos seus textos e espectáculos. Numa curiosa reflexão escrita a propósito da primeira estreia da peça, Cándido explica a opção por alternar entre momentos mais tensos e mais calmos e por recorrer \"ao humor que a vida sempre nos oferece, mesmo nas situações mais dramáticas\": \"interessa-me que o público respire e que possa retomar o discurso e divertir-se com a peça\". \"Não quero apenas uma chave emocional, mas também racional\", acrescenta. Em Coimbra, o espectáculo estreará a 17 de Setembro, no Teatro da Cerca de São Bernardo, com um elenco familiar ao público d'A Escola da Noite – Igor Lebreaud, Maria João Robalo, Miguel Magalhães, Ricardo Kalash e Sofia Lobo – e as especiais participações de Cristina Janicas (assistente de encenação) e Catarina Moura (voz off). Da equipa artística fazem ainda parte João Mendes Ribeiro e Luisa Bebiano (cenografia), Ana Rosa Assunção (figurinos) e Eduardo Pinto (vídeo), colaboradores habituais da companhia, e os galegos Afonso Castro (iluminação) e Manuel Riveiro Hermo (música)."}
{"ID": "NOS_24512", "summary": "Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o mínimo foi entre as 2 e as 3 horas.", "text": "O prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta cuarta feira nos 259,31 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 332,12 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 212,45 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas. Esta cuarta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 185,45 euros/MWh. Deste modo, redúcese en case oito euros a respecto dos 193,32 euros/MWh de media desta terza feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta cuarta feira será 125,2% superior aos 82,33 euros/MWh do 8 de xuño de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh)."}
{"ID": "NOS_52886", "summary": "O Foro galego de inmigración impulsa unha campaña contra as deportacións, 10.000 cada ano no Estado español.", "text": "Na Galiza detense cada día dúas persoas de media por carecer de papeis. É este un dos dados que o Foro galego de inmigración por na mesa no marco da campaña contra as deportacións que está a impulsar a entidade. No 2014, último ano do que dispón de cifras, máis de 600 persoas foron identificadas no noso país por non ter aa documentación. No conxunto do Estado as persoas identificadas foron 40.000. Os cálculos do Foro é que por volta de 10.000 persoas son deportadas anualmente no Estado en dirección aos seus países de orixe. Para denunciar esta realidade, o Foro galego de inmigración iniciou este ano unha campaña contra as deportacións, campaña na que tamén se fai unha petición de boicote a Air Europa e a compañía Globalia. O motivo é que os voos nos que son expulsos os inmigrantes están conveniados con estas dúas empresas, que cobran da administración por iso. A campaña ten o apoio do Concello de Ferrol, ONGs e diversas organizacións políticas e sindicais. O FGI realiza este sábado en Ferrol o seu encontro. Pola mañá haberá un acto contra as deportacións e unha mobilización, mentres que pola tarde terá lugar a asemblea anual do Foro, que ´`e aberta a calquera persoa ou colectivo interesado."}
{"ID": "NOS_45896", "summary": "Xi Jinping afirma que unha estrutura de seguridade internacional como a que propón axudaría a resolver as disputas entre Estados. O mandatario chinés pide unión ante os desafíos globais.", "text": "O presidente da República Popular da China, Xi Jinping, formulou esta quinta feira unha proposta no ámbito da seguridade internacional, en cuxo marco instou a rexeitar a mentalidade da Guerra Fría e absterse da confrontación de bloques. Visita sorpresa dos EUA a Taiwan en medio das friccións con China O mandatario chinés indicou que a humanidade precisa vivir nunha \"comunidade de seguridade indivisíbel\". \"Demostrouse unha e outra vez que a mentalidade da Guerra Fría só destruiría o marco da paz global, que o hexemonismo e a política de poder só poría en perigo a paz mundial e que a confrontación de bloques só exacerbaría os desafíos de seguridade no século XXI\", afirmou. Neste sentido, demandou tomar en serio as \"preocupacións de seguridade lexitimas de todos os países\", respectando o principio da seguridade indivisíbel da humanidade, para o que propón a creación dunha arquitectura de seguridade efectiva e equilibrada que se opoña aos intentos de lograr a seguridade dun Estado a expensas da de outro. Moscova e Beijing afianzan a súa relación Para o mandatario chinés, a existencia desta estrutura global de seguridade axudaría a resolver as disputas entre os Estados de maneira pacífica, a través de diálogos e consultas, rexeitando o tratamento diferenciado segundo o Estado do que se trate e opóndose ao uso das sancións unilaterais. Xi apostou por un compromiso global co concepto da seguridade \"común, ampla, cooperativa e sostíbel\", así como traballar para manter a paz e a seguridade no mundo. Agregou a necesidade de que se respecte a soberanía e a integridade territorial de todos os países e que non se interfira nos seus asuntos internos, no marco do cumprimento cos \"obxectivos e principios da Carta das Nacións Unidas\". Cara a cara dos presidentes da China e dos EUA para falar da guerra en Europa Apostou tamén por manter a seguridade \"en dominios tradicionais e non tradicionais\" e \"traballar xuntos en disputas rexionais e desafíos globais, como o terrorismo, o cambio climático, a ciberseguridade e a bioseguridade\". \"Os países de todo o mundo son como pasaxeiros a bordo do mesmo barco que comparten o mesmo destino. Para que o barco supere a tormenta e navegue cara a un futuro brillante, todos os pasaxeiros deben traballar xuntos. A idea de arroxar a algún pola borda simplemente non é aceptábel\", subliñou o mandatario chinés."}
{"ID": "NOS_44361", "summary": "Primeira experiencia amarga do combo de Natxo González coa épica da Segunda División. Xa saben: a áspera prosa dos campos de dimensións liliputienses, o público a abouxar perto dos futebolistas, a presión en contra de 11 gladiadores aguerridos. En Alcorcón o Dépor sofreu a primeira derrota do curso. Así é esta categoría: non ten en conta nin os galóns nin o pedigrí.", "text": "Se ollamos a táboa de topes salariais [o índice de riqueza dos clubes], vemos que o Dépor é o terceiro da categoría, con 18,51 millóns de euros para gastar. O Alcorcón viaxa no furgón de cola, na praza 18, con apenas 5,11 millóns de euros de peculio para todo o plantel. Pois ben, a equipa de 5 millóns derrotou sen excesivos problemas o combo dos 18. Isto acontece con moita máis frecuencia na Segunda División do que na Primeira. Vaian afacéndose. O partido foi o partido do Alcorcón. Non houbo máis. Non houbo centro de campo, nin transicións entre liñas, nin desmarques de ruptura, nin pases de gol. Houbo desprazamentos longos da bola cara á barricada contraria. Se xogas cos códigos do rival o lóxico é que perdas. Foi o que lle aconteceu ao Dépor. Se na pasada xornada o Sporting liscou da Coruña sen tirar a porta, nesta o Dépor só disparou dúas veces á portería local. Con esa bagaxe o normal é que voltes a casa sen nada no peto. En descargo do Dépor pódese argumentar que no campo do Alcorcón até o Barça de Guardiola —a escadra que resgatou o passing game do lendario treinador do Liverpool Bob Paisley— tería tido problemas para daren máis de tres pases seguidos. Certo, mais o Alcorcón non xogou co factor sorpresa. Perfeitamente sabía o Dépor ao que se expuña a visitar o seu campo. E non pareceu que Natxo González levase nada especialmente preparado para o evento. Apenas propuxo nada o Dépor e así morreu o conto do partido. Só Carles Gil tentou algo distinto; entalado no bosque de pernas rivais, aínda foi quen de filtrar algún pase con aspecto de asistencia de gol. Mais non houbo maneira: o Alcorcón furou a portería de Dani Giménez no minuto 43 e o resto foi pura impotencia branquiazul. AD Alcorcón: Dani Jiménez, Laure, Burgos, David Fernández, Bellvís, Sangalli, Toribio, Dorca, Nono, Jonathan Pereira (Héctor Rodas, min. 82) e Juan Muñoz (Víctor Casadesús, min. 75). RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Didier Moreno, Álex Bergantiños (Carles Gil, min. 68), Vicente Gómez, Pedro (Krohn-Dehli, min. 57), Fede Cartabia (Christian Santos, min. 75) e Carlos Fernández. Gol: 1-0 Nono (min. 43). Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Expulsou Krohn-Dehli (min. 90+2). Cartóns amarelos a Burgos (min. 15), Juan Muñoz (min. 20), Pedro (min. 20), Nono (min. 32), David Simón (min. 33), Toribio (min. 55), Didier Moreno (min. 64), Bellvís (min. 86), Krohn-Dehli (min. 86) e Héctor Rodas (min. 90+1). Incidencias: partido correspondente á quinta xornada de LaLiga 1|2|3 no campo de Santo Domingo ante 3.252 espectadores."}
{"ID": "NOS_43053", "summary": "Para Ana Pontón, é a queda nos recursos destinados á atención primaria o que se acha tras o desbordamento das urxencias, un fenómeno de tal envergadura que até foi recoñecido por Feijóo.", "text": "Unha inxección orzamental urxente de 223 millóns de euros para comezar a recuperar o nível de investimento sanitario previo á chegada de Feijóo á Xunta (2009). Esta é a proposta que esta segunda feira fixo en conferencia de imprensa a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. As urxencias non se ven ultrapasadas polo pico da gripe, senón porque os recortes en políticas sanitarias decretados polo goberno PP deixaron moi tocado o servizo público de saúde, argumenta a formación nacionalista. \"Feijóo compórtase como un cínico cando admite colapsos en urxencias, pero ignora que se deben aos recortes do PP en sanidade\", afirmou a dirixente soberanista, quen afeou o presidente da Xunta a súa proposta de incrementar o número de camas por cuarto en planta: \"O que resulta indigno, unha falta de respeito coas persoas doentes é a resposta de Feijóo con ocorrencias como propoñer amorear os pacientes nas habitacións, como se fosen caixas de sardiñas\". De acordo coas estimacións do BNG, desde 2009 -ano da chegada de Feijóo a Monte Pío- a sanidade pública galega perdeu un total de 3.000 profisionais en tanto que o desinvestimento acumulado en atención primaria acada xa os 2 mil millóns de euros. En 2009 a atención primaria (chave para que non se cronifiquen as enfermidades e para evitar ingresos en urxencias) dispuña dun orzamento de 1.437 millóns de euros, en tanto que nas contas de 2018 esa cantidade desceu até 1.214. Retirada da contra-reforma da Lei de Saúde As propostas do BNG para resolver a crise das urxencias e relanzar a sanidade público pasarían tamén pola retirada da \"contrarreforma\" da Lei de Saúde e pola implementación dun Plano para a Atención Primaria que, pormenorizou Pontón, debería recoller no mínimo cinco medidas concretas: Incrementar o número de profisionais para que cada facultativo teña que prestar servizo no máximo a 1.250 tarxetas sanitarias. Mellorar os equipamentos dos centros sanitarios. Suprimir as limitacións ás probas diagnósticas. Cubrir 100 por 100 das baixas do persoal sanitario. Pór en marcha un proceso de formación que se adapte ás necesidades do SERGAS e que teña en consideración que 53 por cento das medicas e dos médicos superan os 55 anos. Apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública Alén do plano das propostas para vehiculizar no Parlamento, o BNG pide tamén a activación de todo o músculo social partidario do fortalecimento dos servizos públicos. E nese sentido Pontón chamou a dar un apoio masivo á convocatoria dunha manifestación nacional por parte da Plataforma SOS Sanidade Pública para o próximo 4 de febreiro."}
{"ID": "PRAZA_13213", "summary": "O equipo vigués regresará á elite, agás desfeita improbable, cinco anos despois. Farao cheo de galegos e logo dunha reconstrución exitosa. Galicia é de Primeira.", "text": "Un pasiño máis e o Celta volverá á elite. E farao como poucas veces o fixo, cheo de galegos no equipo e sumando unha morea de puntos, os necesarios para lograr o ascenso nunha das ligas de Segunda máis esixente dos últimos anos. Os celestes volverán cos grandes cinco anos despois e logo dunha reconstrución que deu os seus froitos. Tras os sufrimentos económicos, tras pasar por unha lei concursal e despois de sufrir incluso para se manter na categoría de prata, o club vigués retorna pola porta grande. Ninguén dubida. Un empate chégalle ao Celta e ao seu rival para cumprir cos obxectivos. Lóxico que ninguén pense nin por un momento en arriscar un ascenso co que a bancada e o club celeste levan soñando anos. Xusto desde aquel encontro ante o Getafe, do ano 2007, cando unha vitoria lle fora insuficiente para lograr a permanencia en Primeira. O Celta e os seus xogadores gañaron en madurez; aprenderon do golpe do ano pasado, ao igual que o seu adestrador Moito cambiou desde entón. Naquel encontro, Oubiña era o único galego nun equipo titular ateigado de estrelas que decepcionaron, e moito, polo seu rendemento. O domingo, ante o Córdoba, os de Paco Herrera volverán saltar ao campo cun equipo netamente galego, cheo de canteiráns e coa ilusión de moitos mozos que nunca xogaron na máxima cateogoría. Nin co seu equipo de toda a vida nin con ningún outro. E volverán máis maduros tras unha tempada, a pasada, na que os fatídicos penaltis de Granada deixaron sen opción de ascenso aos vigueses. Son moitos os que ven naquel golpe o principio do ascenso que agora chega. Todos aprenderon da traxedia, o primeiro o seu adestrador, que soubo dosificar un equipo que o ano pasado chegou moi canso á recta final. Pero tamén os futbolistas, moitos deles rapaces aínda, que souberon levantarse fose cal fose a adversidade. Como fixeron tras o cruel derbi de Riazor, cando encadearon outras dúas derrotas consecutivas que parecían afundir o equipo na depresión da tempada pasada. Nin moito menos. Agarrados á solvencia de Túñez, á experiencia de Oubiña, ao todoterreo Álex López, á maxia de Orellana ou á calidade e acerto de Iago Aspas, o Celta sumou trece partidos sen perder e once vitorias, sete delas seguidas. A aposta por Aspas como ariete e Bermejo como mediapunto foi outro dos acertos dun Herrera ao que o Celta debe moito Aí apareceu Aspas, a bandeira dun equipo, beneficiado pola aposta de Herrera, un adestrador ao que o Celta debe moito. Apostou por Bermejo na mediapunta e o de Moaña como principal referencia atacante, cando o lóxico sería pensar no contrario. E saíulle perfecto. O galego destapouse como un excelente goleador, mentres que o veterano cántabro converteuse nunha excelente referencia de apoio para o mediocampo. Un acerto máis dun técnico que prescindiu dun Trashorras que xa ninguén bota de menos por Balaídos. E foi o mesmo Herrera o que sempre insistiu en que se podía. Que o ascenso era máis que posible Incluso despois de que Borja lle dese ao Deportivo a vitoria no derbi da segunda volta cando xa non quedaba tempo e logo de que o Valladolid superase o Celta na clasficación. Os vigueses perderon co Hércules e os pantasmas do pasado volveron á Madroa. \"Non ascendemos directo\", escoitóuselle a máis dun afeccionado. O técnico afastou os medos de vez e tirou duns xogadores con orgullo. Seis vitorias consecutivas e un ascenso ao alcance da man despois de remontadas épicas como a que lograron con dez ante o Xerez. Volverá o Celta a Primeira nun Balaídos ateigado por segunda vez cunha afección á que lle costa acudir ao estadio pero que é fiel como poucas. \"Prefiro os 15.000 de sempre animando até o final que 30.000 que non se escoiten tanto\", di un veterano xornalista con anos de experiencia seguindo o equipo celeste. Ben seguro que na elite haberá máis. Porque o equipo o merece e porque o seu mérito é grande. Moi grande. Galicia regresa á elite do fútbol pola porta grande para vivor #onosoderbi onde mellor se vive Regresa o Celta á máxima categoría e alí espera o Deportivo. Regresa Galicia á elite para vivir #onosoderbi onde mellor se vive. Na Primeira, nesa categoría da que nin un nin outro deberían saír nunca. Pero esa será outra historia e outra loita. A da tempada que vén. Mentres, o fútbol galego gozará do momento. Dunha época histórica."}
{"ID": "PRAZA_2744", "summary": "En 2014 máis de 14 mil galegos e galegas empadroáronse noutros territorios do Estado e na primeira metade de 2015 o fuxo mantívose. O saldo migratorio co exterior é negativo por cuarto ano consecutivo, pero mellora algo con respecto ao pasado ano.", "text": "O Instituto Nacional de Estatística publicou estes venres novos datos de poboación, que inclúen tamén a información provisional relativa a fluxos migratorios correspondentes ao primeiro semestre de 2015. Nos primeiros seis meses do ano, Galicia continuou perdendo poboación (cun saldo negativo de 8.365 persoas), debido principalmente ao incremento das defuncións, que non foi compensado por un leve incremento da natalidade. Xusto esta semana a Xunta anunciou a posta en marcha dun cheque-bebé de 100 euros. Os datos amosan que Galicia mantén un saldo migratorio negativo tanto co resto de España como co estranxeiro, un saldo que no caso das entradas e saídas de poboación en dirección a outras comunidades autónomas leva empeorando dende o ano 2012. Estes datos deben ser tomados con cautela, ao proceder das altas e baixas rexistradas nos padróns. Moitas das persoas que marchan vivir a outro país ou comunidade autónoma non causan baixa de forma inmediata no padrón, e en ocasión o cambio de empadroamento non chega a producirse, se as estadías noutros territorios na procura de traballo son intermitentes ou teñen unha duración curta. En calquera caso, as tendencias parecen claras. O saldo migratorio exterior, que entre 2008 e 2011 fora positivo para Galicia, tornou negativo en 2012, acadando o seu peor momento en 2013, cun saldo de -3.886 persoas. En 2014 e no primeiro semestre seguiu sendo negativo, pero xa con valores máis equilibrados (319 en 2014 e 134 persoas na primeira metade de 2015). Se analizamos unicamente as entradas e saídas ao estranxeiro das persoas entre 20 e 39 anos, as tendencias son semellantes: en 2013 acadouse o peor dato (-2.884), aliviado en 2014 (-1186) e no primeiro semestre deste ano (-425). Os datos, con todos, seguen sendo moito máis negativos para estes grupos de idade que para as persoas de máis de 40 anos. O saldo migratorio con outras comunidades autónomas foi positivo entre 2008 e 2012, e comezou a ser negativo en 2013 (-151), caendo aínda máis en 2014 (-1.952) e no que levamos de 2015 (-1.101). Se se mantén a tendencia, os datos finais de 2015 serán aínda peores que os de 2014. Nos caso dos galegos e galegas entre 20 e 39 anos o saldo é xa negativo dende o ano 2011. O pasado ano marcharon 1.968 persoas novas máis das que chegaron (ou volveron) e no primeiro semestre de 2015 o dato é moi semellante (-959). En 2014, máis de 14 mil galegos e galegas empadroáronse noutras comunidades autónomas e máis de 9 mil rexistráronse fóra de España. No que levamos de 2015 os datos mantéñense (7.248 e 4.582). Dende o ano 2008, os fluxos migratorios dende Galicia a outras comunidades suman un total de 108 mil persoas. E cara ao estranxeiro acumulan máis de 72 mil. Nos últimos anos, Madrid foi o principal destino dos galegos e galegas que emigraron, seguido de Cataluña, Canarias e Andalucía."}
{"ID": "NOS_13547", "summary": "O seguemento continúa a ser alto e cada día aprázanse centos de xuízos. Os e as traballadoras din que a pelota está no tellado da Xunta.", "text": "Décima xornada de greve e, ao igual que as anteriores, cun seguimento que se sitúa no 90%. Após a longa xornada de negociación desta segunda feira (9 horas) que acabou sen acordo, ambas as dúas partes, Xunta e sindicatos, volven reunirse esta terza feira. Desde os sindicais lamentan que desde o goberno galego non se estea por solucionar o conflito e si máis pendentes, din, de tombar a greve que de negociar. As centrais mesmo eran partidarias de que a prensa puidese estar presente nestas negociacións ao que se negaron os representantes da administración. Os convocantes da greve lembran que entre ossete sindicatos \"a unidade é total, ao igual que a das traballadoras e traballadores. A media de seguimento está, no conxunto de Galiza, no 90%\". Ao tempo, acusan á Xunta de ter una actitude \"de prepotencia, de mentira e de utilización dos medios públicos para verter falacias. O Goberno galego quere facer ver que se trata dunha suba de soldos, cando a nosa reivindicación é, basicamente, acabar coa discriminación de manter a xustiza galega nunha segunda categoría a respeito do resto territorios do Estado, con todas as medidas que citei anteriormente\"."}
{"ID": "NOS_32473", "summary": "Ausente na memoria da grande maioría das galegas, obxecto de apaixonados debates nos círculos académicos e materia de interpretacións interesadas no ámbito político, queremos aproveitar o 82 aniversario do Estatuto de 1936 para facer a crónica dun proxecto que, en palabras de Castelao, non recollía as aspiracións do nacionalismo mais representaba un punto de partida para conseguilas.", "text": "Foi unha carreira de obstáculos. A demanda dun estatuto para Galiza vai estar presente na proposta programática das plataformas políticas articuladas en 1930 co obxectivo de definir unha alternativa de ruptura co réxime monárquico, formalmente concretadas no Pacto de Lestrove, onde era patente a influencia da Irmandade da Fala da Coruña, e no Pacto de Barrantes, impulsado polos antigos núcleos da ING. A existencia destes compromisos explicará a activación do proceso nas primeiras semanas da etapa republicana, do que é exemplo a asemblea celebrada na Coruña o 4 de xuño de 1931. Porén, o entusiasmo inicial daría paso a unha parálise do proxecto, vinculado á definición do modelo territorial recollido no texto constitucional, moi por baixo das expectativas do nacionalismo, a oposición á dereita e á esquerda dunha parte importante das forzas políticas de obediencia española e a resistencia do sector maioritario da ORGA, ao incumprir Casares Quiroga os compromisos aos que tiña chegado no momento da constitución da formación cos nacionalistas coruñeses. Complicacións Non estivo exento de complicacións. Arrombada a demanda estatutaria do centro do taboleiro político após a euforia inicial, o Partido Galeguista, fundado en Pontevedra en decembro de 1931, viuse obrigado a despregar todos os esforzos para facer efectiva a reivindicación. A comezos de 1932, no marco dunha campaña de axitación dos nacionalistas na prensa, Henrique Raxoi Leloup, respondendo a unha xestión directa realizada diante del por Castelao, propón ao pleno de Compostela a convocatoria dunha asemblea de concellos, celebrada o 3 de xullo, onde se acordará a constitución dunha comisión redactora do texto estatutario. [Podes ler a información íntegra no número 302 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_12880", "summary": "A diplomacia española pretende teatralizar unha fortaleza e unha autonomía que non ten por sí mesma e que a nacionalización do xacemento de Vacas Muertas e a expropiación do 51% das accións de Repsol-YPF por parte do estado Arxentino non debe interpretarse necesariamente coma unha política di sinistra: os múltiples arquipélagos de miseria e desigualdade poden manterse intactos, quer dentro dun capitalismo de natureza máis estatalista e industrial, quer dentro dun capitalismo con maior protagonismo da iniciativa privada e o sector financeiro.", "text": "Sábado, 17 Marzo de 2012. O diario ABC sae aos kioskos co seguinte titular: \"Petróleo Español: o goberno autorizou onte a Repsol a procurar cru en augas de Canarias co fin de reducir a elevada dependencia enerxética de España\". Hai xa uns dez anos que se comezaron a facer prospeccións para confirmar a existencia de cru nas illas de Fuerteventura e Lanzarote. Xosé María Aznar, o ex-presidente do estado, aprobou precisamente o 21 de Decembro do 2001 un decreto que autorizaba á compañía Repsol-YPF levar a cabo as devanditas prospeccións. Tres anos despois do decreto, o tribunal supremo e a sociedade civil canaria –o primeiro, paralizándoo debido á falta de informes medioambientais, e a segunda, posicionándose directamente en contra pola súa inviabilidade ecolóxica- lograron frear o proxecto. A historia continúa: o Consello de Ministros autorizou de novo a Repsol-YPF este 16 de Marzo seguir facendo prospeccións a 61 quilómetros da costa canaria A historia continúa: o Consello de Ministros autorizou de novo a Repsol-YPF este 16 de Marzo seguir facendo prospeccións a 61 quilómetros da costa canaria. As bolsas de petróleo atópanse a máis de 3000 metros de profundidade, co cal as perforacións terán que atravesar 1000 metros de lámina de auga e 2000 de subsolo mariño; os contos da leiteira xa están calculados e prometidos, mais dos custes ecolóxicos concretos da perforación, por suposto, non se fala, nin a nivel macro-político nin a nivel macro-comunicativo. O conto da leiteira é o seguinte: a cambio dos permisos de perforación prometemos 5000 postos de traballo e unha inversión de 10.000 millóns de Euros a 20 anos, aos que hai que sumarlles o millón de dólares -770.000 euros- diarios relativos ao custe do aluguer do buque con tecnoloxía avanzada que levará a cabo o proceso de extracción. Delirante. É importante destacar que o 55 % das importacións de cru que realiza España repártense entre Arabia-Saudí, Irán, Nigeria, Irak, Libia e Angola, principalmente. O 12%, emana dende a terra e o mar de México. Unha ridícula porcentaxe repártese entre Noruega e o resto de países Europeos e un 32 % repártese principalmente entre Rusia e outros países non occidentais que non forman parte da OPEP. O delirio e a paranoia futurista das nosas petro-democracias liberais é tan grande que xa apenas se repara no absurdo de semellante gasto nos procesos de extracción dunha enerxía cada vez máis preto da súa obsolescencia. Será, seguramente, dramático, para as xeracións futuras, ler a verdadeira historia de ecocidios e guerras mediatizadas que latexan e latexaron baixo a expansión do consumo civil de hidrocarburos. Será, seguramente, dramático, para as xeracións futuras, ler a verdadeira historia de ecocidios e guerras mediatizadas que latexan e latexaron baixo a expansión do consumo civil de hidrocarburos O que non pode ser, non pode ser, e ademais, é imposíbel : na península ibérica extráese un ridiculísimo porcentaxe de todo o cru que se consume a nivel planetario. A suposta vontade de \"redución da dependencia enerxética\" que pregoa o goberno só pode tomarse, ou ben coma un folclórico e casposo nacionalismo petroleiro de pedigrí hispano que pretende presumir dunha futuríbel \"soberanía enerxética\", ou ben coma o capricho curtoprazista e irreflexivo que impera en tódolos consellos de administración do grande empresariado global localmente manifestado no estado español; os soños do crecemento e o lucro fácil sen control público-estatal sobor o impacto medioambiental de determinados procesos extractivos e/ou produtivos que, co tempo, convértense en consumos individuais socialmente consentidos, tarde ou cedo, chegará ao seu fin, así que é hora de manifestalo en alto: non podemos seguir enchendo as veas das nosas cidades de automóbiles impulsados con petróleo, xa non só pola súas evidentísimas disfuncionalidades circulatorias, senón tamén polo seu evidentísimo impacto medioambiental e, sobor de todo, polos centos de millóns de civís inocentes que custou historicamente a expansión planetaria do binomio automóbil-petróleo. No more blood for oil é, dende logo, unha declaración de principios abondo gráfica e expresiva para resumir o profundo malestar moral que xera a motivación elemental latente nas guerras modernas No more blood for oil é, dende logo, unha declaración de principios abondo gráfica e expresiva para resumir o profundo malestar moral que xera a motivación elemental latente nas guerras modernas. Un malestar que se deixaba ver nas ateigadas rúas de Nova York, Washington, Londres, Madrid, París, Berlín… etc, xusto no mesmo momento en que se preparaba mediática e políticamente a guerra de Irak. Podemos concluír, así pois, sen deixarnos levar por optimismo e voluntarismo inxenuo, que a global civil society sí ten coñecemento concreto e capacidade de anticipación no que se refire á preparación político-mediática da enésima guerra, o que non ten é influencia cultural suficiente e poder político efectivo, real, tanxible, para por freo ao libre mercado da industria público-privada que arma aos exércitos profesionais, e moito menos cando, dende a eufemisticamente chamada administración pública, o novo fascismo elimina tódolos dereitos liberal-democráticos tipificando, ademais, como delito, a desobediencia civil pacífica que reprime violentamente en nome da salvagarda do estado de dereito. Henry Miller preguntábase que clase de historia estudarían as xeracións futuras á vista da profunda desorde e sensentido do modus vivendi industrial-produtivista da civilización occidental, xa hai séculos en imparable proceso de expansión planetaria. Mesmo bromeaba coa posibilidade de poder resumila no reverso dun selo. É moi probable que a resposta á profética pregunta de Miller sexa : pois estudarán a mesma historia que estudamos nós no colexio. Ou sexa, un cúmulo de datos e feitos históricos escollidos interesadamente pola jet-set da época para canonizar academicamente unha interpretación edulcorada que agocha centos de miles de testemuñas de humillación, tortura e explotación do home polo home. No reverso do selo, poderiamos resumila así : Unha barbarie perpetua estatística e filoloxicamente narcotizada. O comunicado oficial da diplomacia española evidencia o seu patetismo pola seguinte razón: porque a agresiva solemnidade coa que se expresa oculta o feito de que as elites políticas do novo fascismo de pedigrí hispano non pintan nada Mentres tanto, a historia continúa. Os informativos estatais e autonómicos, a meirande parte da prensa escrita, o consello de administración das grandes familias que xestionan os intereses xeoestratéxicos de Repsol YPF-España dentro e fora da península, o consello de ministros e a diplomacia española, enzárzanse nunha patética loita diplomática coa administración de Cristina Kirchner con ameazas incluídas. A partícula elemental do conflito é de sobra coñecido: o control xeoestratéxico dos recursos enerxéticos, quer en réxime público-estatal, quer en réxime de propiedade privada, do xacemento de Vaca Muerta na provincia arxentina de Neuquen. O comunicado oficial da diplomacia española, afirmando a súa vontade de tomar represalias -sic- contra Arxentina, evidencia o seu patetismo pola seguinte razón: porque a agresiva solemnidade coa que se expresa oculta o feito de que as elites políticas do novo fascismo de pedigrí hispano non pintan nada, absolutamente nada -agás coma tonto útil- niso que chaman a comunidade internacional; pouco despois de coñecerse a vontade da administración Kirchner de materializar a expropiación do 51 % das accións de Repsol-YPF, sen ir máis lonxe, a reacción automática da diplomacia Española foi buscar o respaldo da Casa Branca, a comisión Europea e o G-20, actualmente presidido polo ultra-liberal Felipe Calderón. EE.UU é o segundo máximo inversor estranxeiro en Arxentina despois de España e, evidentemente, non ten ningún interese na nacionalización de Respol-YPF Arxentina. As declaracións oficiais de Durao Barroso dende a comisión Europea tamén se posicionaron na mesma filosofía económica, expresando, textualmente a súa expectativa de que Arxentina respectase os seus \"acordos internacionais na protección da inversión\". Os múltiples arquipélagos de miseria e desigualdade poden manterse intactos, quer dentro dun capitalismo de natureza máis estatalista e industrial, quer dentro dun capitalismo con maior protagonismo da iniciativa privada e o sector financeiro En calquera caso, ao meu xeito de ver, a partícula elemental do acontecemento consiste en que a diplomacia española pretende teatralizar unha fortaleza e unha autonomía que non ten por sí mesma e que a nacionalización do xacemento de Vacas Muertas e a expropiación do 51 % das accións de Repsol-YPF por parte do estado Arxentino non debe interpretarse necesariamente coma unha política di sinistra: os múltiples arquipélagos de miseria e desigualdade poden manterse intactos, quer dentro dun capitalismo de natureza máis estatalista e industrial, quer dentro dun capitalismo con maior protagonismo da iniciativa privada e o sector financeiro. Quizais, quen sabe, algún día tiremos a diplomáticos que se preocupen menos en respectar os acordos internacionais en materia de protección da inversión, e máis en respectar os acordos internacionais en materia de protección do traballo e a alimentación. Disto non se falou –nin se escribiu-, nin na Administración de Mrs. Cristina Kirchner, nin na Administración de Mr. Mariano Rajoy, onde só se cociña a clásica fogueira das vaidades na procura do ouro negro."}
{"ID": "NOS_17096", "summary": "As listas de agarda non deixan de aumentar nos diferentes niveis da atención sanitaria. O propio presidente galego recoñeceu este problema na última sesión de control no Parlamento. Porén, as previsións recollidas na memoria dos Orzamentos da Xunta para o ano 2023 adiantan un novo incremento dos tempo de espera.", "text": "A Xunta da Galiza é consciente do malestar existente entre a poboación polos tempos de espera no sistema sanitario público. A este respecto, no proxecto de lei de orzamentos para 2023 sinala que \"o principal obxectivo de cara ao ano 2023 é a diminución dos tempos medios de espera para intervencións cirúrxicas, primeiras consultas hospitalarias e probas diagnósticas, para o que se prevé un esforzo orzamentario destinado a maximizar os recursos asistenciais e reducir estes tempos medios, cando menos, ao nivel prepandemia acadado a finais do ano 2019, récord histórico de mínimo nestes indicadores\". Mais as intencións do Goberno galego contrastan coa realidade. Neste sentido, as autoridades sanitarias propoñen no documento orzamentario reducir as consultas hospitalarias en relación a 2022 en 486.000 actuacións. A medida chega nun momento onde as listas de agarda están en máximos históricos, até o punto de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) leve sen facer públicos os datos dos tempos de espera desde o pasado exercicio. Tanto é así que tradicionalmente o Goberno galego daba a coñecer esta información no mes de xuño e de decembro, prescindido nesta anualidade de publicar as cifras das listas de agarda referidas ao primeiro semestre de 2022. Rueda avala que haxa centros de saúde na Galiza que carezan de pediatra As listas de agarda A información parcial sobre os tempos de espera en Atención Especializada no primeiro semestre de 2022, á que tivo acceso Nós Diario, debuxa un escenario moi preocupante. As cifras certifican que 198.323 persoas agardan por unha cita médica nalgúns dos hospitais do país, o que representa 38.000 cidadás e cidadáns máis que o ano pasado. Ao tempo, 119.197 persoas (25.000 máis que en 2021) esperan por unha proba clínica e 46.553 por unha operación. Neste último caso, a lista de agarda incrementouse nun semestre en máis de 6.000 persoas, superando en 12.000 as cifras anteriores á pandemia. O alcance dos tempos de espera é moi complicado de determinar, ao dispor o Sergas de dúas listas de agarda. A primeira, a oficial e que fai pública, coñecida como lista estrutural, recolle as e os doentes que van ser atendidos no prazo de 60 días fixado pola lei. A segunda, coñecida como non estrutural, xestionada a través do sistema informático Ianus do Sergas, agrupa un número indeterminado de cidadáns na que se recollen, entre outras, as persoas que desbotaron seren derivadas á sanidade privada ou se viron obrigados a renunciar a unha cita... Tres días de espera en observación por unha cama hospitalaria no CHUS A veracidade das listas de agarda do sistema sanitario son cuestionadas polos propios profesionais e por entidades en defensa da sanidade pública. A Asociación do Defensor do Paciente discrepa no seu informe de 2021 da \"melloría\" anunciada polas autoridades sanitarias en relación coas listas de agarda \"posto que os recortes orzamentarios, a falla de persoal sanitario e o feche de camas en toda a rede do Sergas estiveron á orde do día\" O voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, en conversa con Nós Diario, sinala que \"seguen maquillando as listas de agarda ao non publicarse os doentes que se acumulan nas listas non estruturais\" e denuncia \"o seu importante incremento nos últimos tempos\". Neste sentido, apunta a que \"o número real de persoas en lista de agarda pode ser entre 30% e 60% superior aos recollidos nos datos oficiais da Xunta\" e lembra un estudo elaborado polo seu colectivo en 2019 que \"situaba en 17.000 ou 18.000 as persoas nesta situación na área sanitaria de Vigo\". A realidade das listas \"A realidade das listas\", continúa Martín, \"coñéceas ben a poboación, que debe agardar meses antes de ser intervida. A media de tempo dun doente desde que acode á Atención Primaria por un problema achégase a 200 días, dado que hai que sumar o tempo da primeira consulta en Atención Especializada, das probas diagnósticas e da agarda para cirurxía\". Na mesma liña, advirte que \"mentres non se normalice a situación na sanidade a cousa vai seguir empeorando, xerándose problemas novos como o colapso de determinados servizos hospitalarios ou a falla de determinados servizos. O Salnés mobilízase contra a falta de persoal sanitario: \"Non hai substitucións por baixas, xubilacións ou vacacións\" \"A realidade das listas\", continúa Martín, \"coñéceas ben a poboación, que debe agardar meses antes de ser intervida. A media de tempo dun doente desde que acude a Atención Primaria por un problema achégase a 200 días, dado que hai que sumar o tempo da primeira consulta en Atención Especializada, das probas diagnósticas e da agarda para cirurxía\". Na mesma liña, advirte que \"mentres non se normaliza a situación na sanidade a cousa vai seguir empeorando, xerándose problemas novos como o colapso de determinados servizos hospitalarios e atopándose nas consultas persoas con patoloxías graves moi avanzadas, porque a enfermidade non espera\"."}
{"ID": "PRAZA_17279", "summary": "A principal diferenza da moción de censura cunha investidura ordinaria é que non inclúe unha rolda de consultas previa co xefe do Estado é que só pode ser aprobada por maioría absoluta. O sistema parlamentario vixente torna en imposible a elección dun Goberno \"nas urnas\" á que apelan PP e Ciudadanos CRÓNICA | Feijóo marchará axiña cara a Madrid, aínda que se fará de rogar. Por Anxo Lugilde A vaga expansiva da corrupción tomba o Goberno de Rajoy e leva a Pedro Sánchez á presidencia", "text": "CRÓNICA | Feijóo marchará axiña cara a Madrid, aínda que se fará de rogar. Por Anxo Lugilde A vaga expansiva da corrupción tomba o Goberno de Rajoy e leva a Pedro Sánchez á presidencia A votación e triunfo da moción de censura formulada polo PSOE contra o Goberno de Mariano Rajoy tras a sentenza do caso Gürtel mudou a pasada semana o panorama político do Estado. Por primeira vez un presidente do Executivo central accedeu ao cargo por este mecanismo, provocando unha transición entre gobernos moito máis acelerada do habitual que disparou, tamén decontado, os argumentarios para deslexitimar a elección. A descualificativos habituais contra os gobernos sustentados en alianzas das forzas de esquerda -\"pacto de perdedores\", \"acordos de despacho\"- uníronse desta volta outros en forma de promesa pola banda do PP e Ciudadanos. O Goberno do socialista Pedro Sánchez non foi elixido \"nas urnas\" polo electorado, veñen dicir. No entanto, ningún gabinete gobernamental ao abeiro da Constitución española de 1978 foi elixido deste xeito. O propio Mariano Rajoy caricaturizou como un \"asalto\" ao poder perpetrado con \"aleivosía\" unha moción de censura que despois foi glosada nos mesmos termos por diversos dirixentes dos populares e mais de C's. Así, por exemplo, o presidente da Xunta afirmaba poucas horas despois da elección de Sánchez que \"decidiron o PSOE, Podemos e os partidos nacionalistas e independentistas\", pero \"o futuro volverano decidir os españois\". Nun sentido semellante, Albert Rivera e outros cargos da súa formación teiman en esixir \"que los españoles vayamos a votar para elegir a nuestro gobierno\" a través das \"urnas\", petición que o líder de Ciudadanos apoiou durante a fin de semana nunhas declaracións aos medios do tenista Rafa Nadal. Estas e outras declaracións obvian, no entanto, que o socialista Sánchez foi elixido presidente do Goberno español polas únicas persoas con competencias para facelo, como os seus seis antecesores: os 350 membros do Congreso dos Deputados. A Cámara Baixa, ao contrario que o Goberno, si é resultado da votación da cidadanía en eleccións xerais, neste caso das celebradas o 26 de xuño de 2016. Estes comicios son, precisamente, un dos tres principais supostos contemplados pola Constitución para a renovación da presidencia do Goberno; os outros son a dimisión da persoa titular do cargo e a propia moción de censura. A principal diferenza da moción de censura cunha investidura ordinaria é que non inclúe unha rolda de consultas previa co xefe do Estado é que só pode ser aprobada por maioría absoluta A principal diferenza da censura a respecto dos outros procedementos é que non inclúe unha rolda de consultas do xefe do Estado cos grupos parlamentarios, como tras as eleccións ou a dimisión. Ademais, a esixencia para o candidato ou candidata á presidencia por esta vía é maior: é imprescindible que sume a maioría absoluta dos apoios do Congreso -un mínimo de 176-, mentres que nunha investidura ordinaria abonda con máis votos a prol que en contra, caso por exemplo da última elección de Rajoy (170 votos) ou da segunda ocasión nas que foi nomeado o socialista José Luis Rodríguez Zapatero (169 apoios). Velaquí os principais pasos para a elección e os artigos da Constitución que os regulan: O sistema parlamentario vixente torna en imposible a elección dun Goberno \"nas urnas\" á que apelan PP e Ciudadanos A actual Constitución e a normativa que a desenvolve -como o Regulamento do Congreso dos Deputados ou a lei do Goberno- consagran, daquela, un sistema parlamentario de Goberno que tornan en imposible o cumprimento das promesas dos cargos de PP e Ciudadanos que auguran unha vindeira elección da presidencia do Executivo central \"nas urnas\". O mesmo sucede co Goberno no seu conxunto, toda vez que a elección dos nomes das ministras e ministros son competencia exclusiva do presidente ou presidenta. Como o propio xefe do Executivo, nin sequera teñen que ser membros electos do Congreso ou do Senado e non teñen un mandato mínimo ou máximo. A elección de Sánchez, en perspectiva Rajoy en 2016, Zapatero en 2008 e González en 1993 tiveron menos votos a prol que Sánchez Vista en perspectiva, a elección de Sánchez foi novidosa en tres aspectos: foi a primeira resultado dunha moción de censura e non dunha investidura ordinaria e, ademais, a que se sustenta en menos votos procedentes do principal grupo parlamentario que sustenta ao novo Goberno, que ademais non é o que máis membros ten no Congreso, senón que é o segundo. O socialista é, daquela, o presidente español ata o momento cunha investidura máis plural en canto á procedencia dos apoios, pero non o máis feble en canto á súa cantidade: Mariano Rajoy en 2016, José Luis Rodríguez Zapatero en 2008 e Felipe González en 1993 tiveron menos votos a prol. Tamén González en 1989, se ben daquela foran anuladas as eleccións en Pontevedra, Murcia e Melilla e os seus escanos non computaron na votación -o Goberno someteuse a unha cuestión de confianza en 1990, unha vez repetidos os comicios nesas circunscricións, e logrou 170 apoios-. Sánchez comeza a gobernar, no entanto, cun voto menos que José María Aznar en 1996, con tres menos que Zapatero en 2004 e Adolfo Suárez en 1979, con catro menos que González en 1986 e con 6 menos que os que obtivo Leopoldo Calvo Sotelo en 1981, despois do 23-F. Está aínda máis lonxe das tres investiduras que ata o momento partían coa vantaxe dunha maioría absoluta: Rajoy en 2011, Aznar no ano 2000 e González en 1982, a investidura máis votada ata agora con 207 votos a prol."}
{"ID": "PRAZA_12107", "summary": "Os traballadores veñen de decidir en asemblea que o xornal xa non sairá este sábado. O diario seguirá na web, aínda que cun futuro incerto, pois non figura no plan de viabilidade. Víctor Sampedro denuncia que \"a economía non dixital da información está fóra do alcance de sectores que non conten co apoio dos poderes bancarios\".", "text": "Despois de catro anos e medio, Público pechará esta fin de semana a súa edición en papel. Mediapubli, a empresa editora, non foi quen de reunir os nove millóns de euros que necesitaba para manter a edición impresa diaria, aínda que vén de indicar que o xornal si continuará na rede, onde conta con 5,5 millóns de usuarios únicos mensuais. Porén, a web non figura no plano de viabilidade, polo que se especula con que o seu mantemento buscaría, principalmente, favorecer a venda da cabeceira. A web non figura no plano de viabilidade, polo que se especula con que o seu mantemento buscaría, principalmente, favorecer a venda da cabeceira. Actualmente, e despois das preto de 35 baixas que se rexistraron nos últimos meses, Público conta con ao redor de 110 xornalistas, aínda que se descoñece cantos continuarán nesta edición dixital. Os traballadores veñen de decidir en asemblea que o xornal xa non sairá este sábado. Si, continuará editándose, de momento, La Voz de Asturias, do mesmo grupo, que dispón de máis tempo para atopar investidores. Mediapubli contactou con case todas as entidades financeiras, pero só acadou un empréstito do Banco Santander Mediapubli presentou concurso de acreedores o pasado 3 de xaneiro, despois de que xa en setembro se iniciara un ERE consistente nunha trintena de baixas incentivadas e unha rebaixa salarial. A empresa xustificouno pola \"intensificación da crise publicitaria, a profunda transformación que está sufrindo o sector da prensa escrita e as dificultades para acceder a novo financiamento\". A empresa parece que ficou moi lonxe de acadar os nove millóns necesarios, ao non acudir ao chamamento ningún investidor de peso, e ao non contar apenas co apoio das entidadade financeiras, a pesar de que se contactou con todas elas. De todas, só o Banco Santander aceptou apoiar a Público cun empréstito de tres millóns de euros. \"A economía non dixital da información está fóra do alcance de sectores que non conten co apoio dos poderes bancarios\" Como indica Víctor Sampedro, catedrático de Opinión Pública e activista social, \"a economía non dixital da información está fóra do alcance de sectores que non conten co apoio dos poderes bancarios. A situación de Público, a crise publicitaria, é exactamente a mesma pola que atravesan todos os xornais do Estado. Case todas as cabeceiras do Estado pasaron ou van pasar por EREs e suspensión de pagamentos. O que sucedeu foi que aos voceiros dunha opinión pública moito máis acorde co establishment, séguenselles dando apoios publicitarios, institucionais e corporativos e facilidades de refinanciamento das súas débedas\". O futuro de Público O futuro pasa pola edición dixital, unha das cinco máis lidas do Estado, pero que até o de agora se construía en boa medida coas achegas da redacción do xornal impreso. Fontes da redacción, consultadas por Praza, desconfían desta solución até coñecer o número de xornalistas que continuarían no cadro de persoal, e polas dúbidas que xera a actual ausencia de publicidade na páxina. Ademais, a web non figura no plano de viabilidade, polo que se especula con que o seu mantemento buscaría, principalmente, favorecer a venda da cabeceira. Entre os traballadores había unha sensación incómoda de falta de información Séguese barallando a solución, apuntada nalgún momento, de converter Público nun semanario ou nun xornal editado unicamente na fin de semana, pero debería aparecer un investidor urxentemente e resulta dubidoso que os investidores que non quixeron achegar cartos para financiar un diario o fagan para apoiar un semanario. Os traballadores e traballadoras Os traballadores levaban meses de traballo en condicións precarias xeradas tanto pola propia incerteza do seu futuro, coma pola multiplicación de tarefas cunha redacción cada vez menor, coma polos atrasos nos pagamentos, que chegaron a ser de dous meses (aínda que finalmente a nómina de xaneiro foi abonada e a de decembro foino en parte). Había, ademais, unha sensación incómoda de falta de información, á que se suma agora a constatación de que os traballadores que continuaron no xornal son os grandes prexudicados, fronte aos que decidiron acollerse ás baixas incentivadas. As alternativas para o xornalismo libre e de calidade Nos últimos meses vimos asistindo en Galicia ao peche daquelas iniciativas máis afastadas do establishment e dos círculos de poder empresarial e institucional, e tamén no conxunto do Estado, a pesar de que a crise económica e publicitaria afecta a todas as cabeceiras, é o xornal Público o que pecha, a pesar de contar con cifras de difusión moi elevadas e crecentes. En opinión de Víctor Sampedro, \"a alternativa ten que vir por medios apoiados por unha economía non lucrativa, de autosostenibilidade, e mesmo que dea perdas. De aí a importancia de contar con colectivos e entidades que non sexan empresas nin a administración pública, hoxe xa cunha dimensión grande, estou pensando nas ONGs, nas fundacións culturais, nas fundacións de promoción da transparencia. Estes actores téñense que involucrar asumindo as perdas que loxicamente vai ter un xornalismo rigoroso e comprometido\". \"Ten que haber unha implicación activa dos públicos. Non podemos confundir libre con gratuíto\" Sampedro engade: \"Os custes de facer información son moi elevados e alguén quen ten pagalos, pensando que son procomún, pois é de circulación libre. Hai que recuperar iso, o mecenado, o mesmo que os editores de prensa foron mecenas, querían cambiar a sociedade, procurando beneficios colectivos\". Tamén é fundamental, para Sampedro, a implicación do público lector: \"Ten que haber unha implicación activa dos públicos. Non podemos confundir libre con gratuíto, esta é unha idea que hai que desterrar, porque precisamente son os grandes actores económicos os que poden manter unha oferta superflua, a xeito de catálogo electoral e de produtos. A prensa hoxe non se sostén só con publicidade. A implicación dos públicos ten que ser tamén económica, temos que pagar por aquilo que queremos ver, escoitar e ler. Iso implica remover as estruturas de xestión empresarial, dando protagonismo a un corpo de colaboradores, de difusores de contidos, e de apoiantes económicos\"."}
{"ID": "PRAZA_1356", "summary": "Un espazo colaborativo de Facebook sinala aqueles eventos ou colectivos galegos nos que non hai nin unha soa muller, algo desgraciadamente bastante habitual. Segue o ronsel de iniciativas semellantes coma allmalepanels", "text": "Un debate a piques de comezar; na mesa, pluralidade, representantes dun bo número de forzas políticas, da esquerda á dereita. Porén, todos homes. Un ciclo de conferencias organizado pola universidade; media ducia de relatores. Todos homes. Inauguración; numerosa presenza de autoridades, cantas máis mellor. Todos homes. Un xornal; unha ampla e diversa lista de colaboradores. Case todos homes. A igualdade vai avanzando na sociedade, aos poucos. Porén aínda estamos lonxe, moi lonxe, de que a presenza masculina e feminina en todos os espazos, sobre todo nos máis públicos e destacados sexa equiparable. Haberá que ver, por exemplo, cantos alcaldes e alcaldesas temos finalmente en Galicia a partir do día 13 (na pasada lexislatura foron menos do 10% e nestes comicios 4 de cada 5 cabezas de lista eran homes). Ou con cantas catedráticas contan as universidades galegas (menos do 15% do total), ou cantas mulleres ocupan postos nos consellos de administración das grandes empresas (unha porcentaxe ínfima). Os homes son ampla maioría na maior parte das mesas redondas, xuntanzas, equipos directivos e actos públicos e non son poucos aqueles que non contan nin sequera con unha muller. Hai un par de semanas botaba a andar unha páxina de Facebook, Parabéns, fixeches unha xuntanza de todo pirolos, que quere sinalalos, como unha forma de visibilización e protesta contra esta situación. A iniciativa segue o ronsel doutras, iniciada recentemente, coma All Male Panels. Esta páxina, aberta en febreiro pola feminista finesa Saara Sarma, recolle xa 200 imaxes de acontecementos públicos nos que as mulleres non aparecen nin sequera de forma simbólica. En Todo pirolos recóllense achegas de internautas que envían os \"eventos fully machotes, todo pirolos, mostras de masculinidade 100%\" que van atopando no día a día de Galicia De igual xeito, en Todo pirolos, recóllense achegas de internautas que envían os \"eventos fully machotes, todo pirolos, mostras de masculinidade 100%\" que van atopando no día a día de Galicia. Tanto no plano político, sindical, deportivo, xornalístico, cultural ou en calquera profesión. A iniciativa conta tamén cunha conta de twitter e cun enderezo electrónico ao que remitir achegas e suxestións: todopirolos@outlook.com."}
{"ID": "NOS_56395", "summary": "O Seminario de Lexicografía da rúa Tabernas -a rúa coruñesa onde se atopa a Real Academia Galega- deu entrada no Dicionario da institución a numerosas palabras novas. Moitas delas están relacionadas coa Rede: ciberataque, ciberseguridade, blogosfera, ciberacoso ou xestor/a de comunidade, por exemplo.", "text": "Ademais, os académicos revisaron no que vai de 2018 unhas 2.200 voces do dicionarios. Entre novas entradas, novas acepcións en termos xa recollidos e mudanzas nas definicións, modificaron 350 voces. Outras palabras incorporadas neste primeiro semestre de ano foron rap, baremar ou tripi. A propia Academia explica nun comunicado que moitas das novas voces cumpren \"co obxectivo de ir acdando unha maior presenza no Dicionario do léxico relacionado coas tecnoloxías da información e a comunicación\". Neste sentido, non só aparecen novas palabras, senón que se amplían acepcións doutras. Por caso, na palabra nube, que a partir de agora tamén é \"espazo virtual para o almacenamento, xestión e procesamento de datos e información aloxados en Internet a través de servidores remotos\". Rendibilizar, colaborativo, corremundos, aparcacoches e aporofobia -\"medo, aversión ou fobia aos pobres e desfavorecidos\"- son outras achegas novidosas ao Dicionario. Segundo expón a institución, as vías para a ampliación do depósito de léxico son distintas. Os membros achegan propostas, pero tamén son recibidas por distintas canles procedentes de particulares e institucións."}
{"ID": "NOS_30363", "summary": "O Ministerio de Defensa non autoriza instalar nunha praza da súa propiedade a placa de lembranza deses operarios asasinados.", "text": "O golpe franquista de xullo de 1936 abriu as portas a unha represión brutal que deixou tamén a súa pegada en Ferrol. Un dos exemplos sanguentos desa brutalidade fascista foron os 38 traballadores do naval asasinados na cidade. O Comité de empresa de Navantia quixo este domingo, 14 de abril, lembrar e homenaxear eses operarios, escollendo a data de proclamación da II República española. \"Na memoria dos traballadores do naval asasinados por defender a liberdade e a legalidade republicana. 1936-1939\" pon a placa elaborada polos propios operarios de Navantia e que, máis un ano, non puido instalarse no lugar elixido polo persoal do estaleiro. O Ministerio de Defensa, de novo, denegou a autorización para que a placa se coloque nunha praza que, se ben está no exterior do estaleiro, é propiedade deste departamento do Estado español Ao acto asistiu o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, que lamentou a decisión do Ministerio. O presidente do comité de empresa procedeu a ler, un por un, nome e apelidos dos traballadores do naval asasinados. Non poucas rúas no Arsenal de Ferrol enxalzan militares franquistas ou episodios glorificados polo réxime. Un grupo demandou a mudanza do rueiro franquista do Arsenal de Ferrol"}
{"ID": "NOS_9708", "summary": "O crecemento, de 33,6%, é dos máis baixos do Estado español e representa máis da metade da media (74,2%).", "text": "A pandemia da Covid-19 e as medidas adoptadas polos distintos gobernos para frear a súa propagación condicionaron hai un ano o mercado laboral de todo o mundo. O teletraballo, que medraba paseniño da man dos avances tecnolóxicos e da implantación de medidas de conciliación nas empresas, experimentou un crecemento sen parangón como consecuencia das limitacións á mobilidade e ao contacto interpersoal. Un ano despois do inicio do confinamento, Galiza conta na actualidade con 129.300 persoas que teletraballan, polo menos ocasionalmente. Son 32.500 teletraballadores e teletraballadoras máis que hai un ano. É dicir, agora 1 de cada 8 persoas ocupadas na Galiza traballa, polo menos de maneira ocasional, desde o seu fogar. Este récord histórico, consecuencia da crise sanitaria, supón un incremento de 33,6% no número de persoas que teletraballan, e que representan 13,3% das persoas ocupadas. Con todo, o crecemento na Galiza é moito menor que no conxunto do Estado español, onde o traballo desde o fogar medrou 74,2%, é dicir, o dobre que na Galiza. Así se desprende dos datos da segunda entrega da análise do centro de estudos do Grupo Adecco sobre a evolución do teletraballo e o emprego a tempo parcial durante a pandemia na Galiza, que destaca que \"a pesar da significativa expansión do teletraballo ao longo dos últimos meses, a inserción desta modalidade laboral na Galiza está moi por detrás da maioría de países da nosa contorna\". Neste senso, apunta que, mentres a proporción de persoas teletraballando no total de ocupadas ascende a 13,3% na Galiza, a media de territorios da Unión Europea sitúase no 21,5%. Na mesma liña, tamén constata un \"comportamento dispar\" entre territorios no que a evolución do traballo desde casa se refire. O dato a salientar é que todos eles presentan taxas de crecemento interanuais positivas na proporción de persoas ocupadas que teletraballan, mais existen \"diferenzas importantes\". Así, territorios como Madrid e Catalunya multiplicaron duplicaron e mesmo triplicaron as súas cifras, con incrementos interanuais de 200% e 119%, respectivamente. En troques, outros como Aragón, Estremadura e País Valencià presentan incrementos inferiores a 20% (9,9%, 16,3% e 18,2%, respectivamente). Galiza sitúase por baixo da media. Cae o emprego parcial Por outra banda, o informe tamén analiza a situación do emprego parcial, onde Galiza destaca entre os territorios nos que se destruíu tanto emprego a tempo parcial como postos de traballo a xornada completa. Así, o número de persoas ocupadas con contratos de media xornada descendeu en 12.500 persoas (-8,2% interanual), á vez que se perderon 2.600 empregos a tempo completo (-0,3%). É dicir, máis de 80% dos empregos perdidos na Galiza ao longo de 2020 eran de tempo parcial. Isto levou a que a proporción de persoas ocupadas a tempo parcial descendese por terceiro trimestre consecutivo: un punto porcentual menos que un ano antes, quedando en 13,2%. Trátase da menor penetración do emprego a tempo parcial na Galiza desde o ano 2012."}
{"ID": "PRAZA_3161", "summary": "Cada semana xorden ruxerruxes de adianto electoral mentres a maquinaria partidaria máis potente do país traballa nunha idea forza: o Goberno de España do PSOE e UP castiga a Galicia. Como mostra, o primeiro pleno do ano no Parlamento, no que catro das cinco iniciativas do PP están dedicadas a formular demandas ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez", "text": "\"Qué morro, qué jeta y qué cara\". O pasado xoves o presidente da Xunta mudou de idioma a metade da resposta a un xornalista sobre os fondos do financiamento autonómico que o Estado non transferiu a Galicia -198 millóns bloqueados pola reforma do IVE aplicada polo Goberno de Rajoy no ano 2017 e aínda non compensados-. O ton da resposta, na que Alberto Núñez Feijóo deu en mofarse da ministra de Facenda, María Jesús Montero, descualificando como \"gracietas\" as súas explicacións ao respecto, é un bo termómetro dos meses que restan ata que o propio Feijóo asine o decreto de disolución do Parlamento e convocatoria de eleccións.Nos círculos políticos xorden cada semana ruxerruxes de adianto electoral e mentres, a maquinaria partidaria máis potente do país trabállase nunha idea forza: o Goberno de España do PSOE e Unidas Podemos castiga a GaliciaÁ lexislatura galega quédanlle, como máximo, uns sete meses. Nos círculos políticos do país xorden cada semana os ruxerruxes de adianto electoral -nos últimos días houbo quen chegou a falar do 19 de abril para a cita coas urnas-, as reflexións sobre unha cuarta candidatura de Feijóo que disque semella inevitable e tamén as composicións de lugar sobre o xeito en que se fiaría unha coalición de esquerdas na Xunta se o PP perde a maioría absoluta e unha eventual representación da extrema dereita de Vox non lle é dabondo para reter o poder.Ruxerruxes aparte, a carreira está lanzada e a maquinaria partidaria máis potente do país xa está a pleno rendemento e aferrada a unha idea forza: o Goberno de España do PSOE e Unidas Podemos castiga a Galicia e réstalle investimentos para llos dar ao independentismo catalán. Unha -pequena- mostra disto é a xornada organizada polo PP este sábado na Cidade da Cultura, na que o partido propiciou encontros dos seus deputados e deputadas cos membros do Goberno galego para exaltaren polo país as medidas do gabinete de Feijóo.A parte pública do acto rematou cun mitin de Feijóo aos seus, un relatorio do que o PP sinala como agravios do PSOE -pero tamén de Unidas Podemos e do BNG- a Galicia cunhas cantas doses de mensaxes en clave interna. Para os socialistas, como o pasado xoves en San Caetano, tivo o líder conservador munición gorsa: o novo Goberno de España \"perdeu a dignidade cos independentistas e a vergoña cos galegos\", fai que \"resulte efectivo cometer delitos\" e está no poder \"a costa de quen sexa, incluída Galicia\", proclamou volvendo sobre asuntos como o financiamento ou o AVE. Feijóo reitera apelación á \"moderación\" e á \"axenda propia\" do PPdeG, pero semella difícil que poida evitar a presenza de Pablo Casado en Galicia durante a campañaEn clave interna, quen é presidente da Xunta dende hai 11 anos reiterou a súa apelación á \"moderación\". O PPdeG non está sometido a \"imposición minoritarias\" nin ás \"posicións extremas\", advertiu. E ademais, \"a nosa comunidade ten a súa propia axenda e prioridades\", proclamou nun acto no que a palabra \"Galicia\" era máis visible que as siglas \"PP\" e tras o que o servizo de prensa da formación distribuíu unha imaxe do seu líder ante unha pantalla xigante amosando unha enorme bandeira galega. Todo isto nun contexto no que, non obstante, semella difícil que poida evitar a presenza de Pablo Casado en Galicia a medida que se achegue a cita coas urnas.Catro das cinco iniciativas do PP no primeiro pleno do ano, para o Goberno centralMostra da importancia que o PP outorga á confrontación co Goberno central na súa estratexia preelectoral son as súas prioridades no vindeiro pleno do Parlamento, o primeiro de 2020 e tamén o primeiro do que se presenta como derradeiro período de sesións da lexislatura. Nel, catro das cinco iniciativas formuladas polos populares van dirixidas ao Goberno central e a elas engádese unha comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dedicada explicitamente a debullar peticións ao Executivo que preside Pedro Sánchez.Ás catro iniciativas do PP sobre o Goberno central no primeiro pleno do ano engádese unha comparecencia de Rueda destinada a debullar peticións ao Executivo que preside Pedro SánchezAsí, en primeiro termo, o PP defenderá unha proposición non de lei con medidas para \"demandar ao Goberno central coa fin de simplificar o proceso de retorno dos españois e das súas familias\" na emigración. Outra proposición non de lei, neste caso rexistrada de urxencia polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, centrarase nas esixencias da Xunta \"ao Goberno de España\" para \"esixir a convocatoria urxente da Mesa das Pontes\" sobre o peche da térmica de Endesa nesa localidade. Estas iniciativas son, de seu, non vinculantes, pero servirán para propiciar debates na Cámara galega sobre o Goberno de España.A única iniciativa non dedicada ao Goberno central é unha pregunta concibida para dar pé a que o conselleiro de Sanidade anuncie investimentos no hospital de VerínTamén na quenda de preguntas ao Goberno o PP propiciará que conselleiros e conselleiras falen do Executivo central. Así, Tellado tamén asina unha pregunta ao conselleiro de Industria \"a respecto do anunciado polo Goberno do Estado en materia enerxética\" e o deputado Jaime Castiñeira fai o propio coa conselleira de Infraestruturas a respecto da \"decisión do Goberno español de deixar sen servizo de venda de billetes presenciais\" varias estacións de tren. A única iniciativa do PP no pleno que non está vinculada ao Goberno de España é unha pregunta destinada ao conselleiro de Sanidade sobre un dos principais focos de conflito para a Xunta nos últimos meses, o hospital de Verín. Concibírona para que Jesús Vázquez Almuíña fale da \"previsión, por parte do Goberno galego, de actuacións de mellora\" neste centro sanitario da comarca de Monterrei."}
{"ID": "NOS_42182", "summary": "Co gallo do inicio do curso escolar, achegamos algúns dos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego tirados do prelo neste mes de setembro, que inclúen a última novela de Francisco Castro, o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade de Iria Misa ou o regreso de Mortiña, de Barbara Cantini.", "text": "Setembro e libros é sinónimo de rentrée literaria. Agora que as aulas se encheron de bulicio, as editoriais, conscientes de que para moitas o ano comeza a canda o curso escolar, tiran do prelo algunhas das súas novidades literarias máis agardadas. A continuación, ofrecemos unha selección de dez libros, co ollar posto na ámbito da literatura infantil e xuvenil, que acaban de chegar ás librarías, coincidindo ademais coa Semana do Libro de Compostela (Selic) como pano de fondo. Desde Xerais lanzan, na súa colección Merlín, As músicas viaxeiras, de Ramón Caride e Dani Padrón, mais A cidade do átomo, de Iria Misa e Sonia García, galardoada co IV Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2021. As músicas viaxeiras lévanos a tempos remotos, nos que \"as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul\", explican desde a editorial. Mais esta obra narra unha historia diferente, \"que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente\" como contaban. Ao outro lado do tempo atópase A cidade do átomo, que transporta o público lector até a explosión do reactor dunha planta nuclear de Chernóbil. Nese contexto sitúase Prípiat, unha cidade en ruínas que os e as pequenas, \"ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento\". Todos agás Lena Petrov, a protagonista, \"diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros\", adiantan. Da intriga ao amor Mais tamén a colección Fóra de Xogo acolle novidades en Xerais. É o caso de Cando sangren os lobos, do escritor Adrián Gómez Ramos. Galardoada co I Premio Xuventude Crea de Novela Curta, a obra propón unha historia de intriga: un \"asasino solto polas rúas de Compostela\", onde \"só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo\". Nesa procura da verdade \"Fernán e Xandre Malvís\", os protagonistas, \"terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro\". Unha obra na que atoparemos case de todo: asasinatos, lobishomes, meigas e segredos de antigas familias. Pola súa banda, Galaxia, na colección Costa Oeste, acolle o novo libro de Francisco Castro, O cemiterio de barcos. Trátase dunha novela de aventuras e misterio que \"atrapará as lectoras e lectores de todas as idades\". O amor, a amizade e a conciencia política serán os ingredientes deste romance de verán que deriva na descuberta dun segredo soterrado. \"Corrupción, ameazas, violencia machista e a valentía duns personaxes que farán o que sexa para chegar até o final desta historia\", adiantan en Galaxia. \"Un libro que aposta pola busca da verdade nas nosas vidas\". Mundo cartoné Após Os ratos da casa e Ratos de viaxe, as novas aventuras destes simpáticos roedores transcorren na escola, onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas. E é que Kalandraka volve contar as peripecias destes bichos en Ratos na escola, da man de Xosé Manuel González 'Oli' e Natalia Colombo. Na mesma liña que as anteriores entregas, recomendadas para crianzas a partir de tres anos, neste cartoné botan man de texto rimado e palabras encadeadas para coñecer o recinto escolar, as aulas e os materiais con ilustracións alegres e coloridas. Ao seu carón atópase Facer dedo, de Guilherme Karsten, nunha tradución para o galego de Xosé Ballesteros. Este volume defínese como \"divertido conto rimado e acumulativo que discorre sobre rodas\". Mais tamén sobre rodas vai o Chofer de sandías, de Antonio Rubio, con ilustración de Emilio Urberuaga e así mesmo coa tradución de Ballesteros. Nesta obra que propón Kalandraka soñan cun lugar \"onde a contaminación e as présas dan paso á natureza e á ledicia\". \"Todo é posíbel\", din, \"coa mirada fresca, espontánea e creativa da infancia\". De Mortiña a Nube Branca As agardadas aventuras de Mortiña, da escritora Barbara Cantini, regresan máis unha vez ao galego da man de Hércules. E é que esta curiosa vampira volve cun novo capítulo en Mortiña e as vacacións no lago Misterio, onde deberá enfrontarse a un gris funcionario que pretende poxar a súa mansión. Verquida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González, a serie Mortiña é unha aposta firme que continúa a dar bos froitos. Nube Branca no camiño, de Pablo Nogueira Campo e Manuel Uhía nas ilustracións, é unha das novidades que ofrece Baía Edicións. Unha andaina \"por vieiros cheos de diversidade á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante\". Xuntos vivirán \"aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros\" até chegar á cidade de Compostela. Da mesma casa é O arrecife de coral, de Radka Píro, verquido para o galego por María Reimóndez, unha peza diferente, do máis vistosa, que ensinará peixes de cores, diminutos cabaliños de mar e até polbos arteiros."}
{"ID": "NOS_41220", "summary": "O 4 de decembro están convocadas as eleccións sindicais no ensino público non universitario. Un censo de 30.993 docentes elixirá 143 delegadas e delegados de persoal que conformarán, atendendo a un reparto provincial, as catro Xuntas de Persoal. Á provincia de A Coruña correspóndenlle 45 delegadas e delegados, a Pontevedra 43 e a Lugo e Ourense 27 a cada unha. Nesta peza, Anxo Louzao, quen ocupou a Secretaría Nacional da CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, durante 16 anos, ofrece a súa ollada ao respecto.", "text": "A decisión de fixar no ensino público a provincia como unidade electoral en lugar do centro escolar tivo desde as primeiras eleccións (ano 1987) unha intencionalidade clara: apostar por un modelo de representación sindical afastado dos centros de traballo, co fin de suplantar a vontade do profesorado e sometelo aos intereses do poder. Un modelo que promove a inacción e a desmobilización e impide a participación e a toma de decisións polo conxunto do profesorado. Aplícase un arquetipo de representación que evita o debate e a toma de decisións pola base e resta forza ao profesorado como suxeito activo da negociación colectiva. Estamos ante un modelo de representación sindical pactado, no seu día, co sindicalismo español, por ser o que mellor se adecúa ao paradigma de actuación e práctica sindical domesticada destas organizacións sindicais, entregadas ao poder e contrarias, moitas veces, aos intereses da clase traballadora. O marco lexislativo imposto limita grandemente a mobilización, a acción e a eficacia sindical, pois é evidente que, se a unidade electoral a constituíse o centro docente no canto da provincia, a forza da representación sindical sería inmensa. Enfrontaría con maior eficiencia os embates dados ao ensino público e as agresións aos dereitos do profesorado. Contribuiría a facilitar as conquistas sindicais e faría difícil, por exemplo, acordos fraudulentos, asinados de costas e en contra da vontade do profesorado, tal como sucedeu co acordo retributivo de xullo deste ano, asinado, malia a que só suman unha representación do 26% por CCOO e UXT. Con representación por centro de traballo sería moito máis doado articular mecanismos directos de participación do conxunto do profesorado que impedirían estas fraudes. Ao ensino público, que conta con 30.993 docentes, correspóndelle elixir 143 delegados e delegadas, mentres, o concertado con, aproximadamente, 7.000 docentes, escolle preto de 500 Cabe resaltar que a aplicación de distintas normativas con criterios diferentes para as eleccións sindicais no ensino público en no privado (concertado e non concertado) supón unha grande discriminación para ensino público, cuxa unidade electoral, como xa afirmamos, é a provincia, mentres o concertado elixe a súa representación por centro de traballo. A discriminación resulta tan disparatada e inxusta que ao ensino público, que conta con 30.993 docentes, correspóndelle elixir 143 delegados e delegadas, mentres, o concertado con, aproximadamente, 7.000 docentes, escolle preto de 500. Este desaxuste é tan alarmante que de se celebraren eleccións por centro de traballo o ensino público elixiría a redor de 1.575 delegadas das que, aproximadamente, 677 lle corresponderían á CIG, cando hoxe só ten 63, malia contar cunha representación do 46,3%. Incidencia O amplo apoio á CIG-Ensino nas anteriores eleccións faise máis relevante se temos en conta que concorreron seis organización sindicais, que a CIG-Ensino supera en 31,2 puntos a segunda forza sindical (CCOO) e que obtivo a maioría absoluta na Coruña e Pontevedra, que concentran o 78% do profesorado. Por iso, calquera prognóstico que se faga sobre o posíbel resultado das próximas eleccións sindicais debe concluír en que a CIG-Ensino resultará de novo gañadora cunha ampla maioría tanto en votos como en representantes. Elección tras elección, a CIG-Ensino sempre foi acrecentando a súa representación. Todo indica que continuará con esa tendencia ascendente, aínda que non será doado por contar xa cunha porcentaxe de representación moi alta. Se facemos balance do sucedido desde as últimas eleccións sindicais (2014), é dicir, da práctica e actuación sindical desenvolta, das alternativas e propostas educativas e laborais feitas, das accións reivindicativas e campañas levadas a cabo, das mobilizacións e folgas efectuadas, da conflitividade e problemática xerada, podemos afirmar que a CIG-Ensino foi peza clave dinamización ou dirección. Son estes os motivos e razóns que nos levan á conclusión de que é posíbel incrementar os resultados actuais. Nas eleccións no ensino confróntanse dous modelos sindicais antitéticos Nas eleccións no ensino confróntanse dous modelos sindicais antitéticos. O representado pola CIG-Ensino, o único nacionalista, de clase, defensor da soberanía nacional e da autoorganización da clase traballadora galega, con centro de decisión na Galiza, sen interferencias e subordinacións alleas, que se debe, unicamente, aos intereses do profesorado galego e a consecución dun sistema educativo de noso e exclusivamente público. Unha proposta sindical, avalada por unha práctica sindical, reivindicativa, participativa e democrática, na que prima o contacto directo co profesorado, mediante asembleas nos centros de traballo. Un sindicalismo transformador, mobilizador e combativo, contrario ao pacto social, coherente, útil e firme na defensa do profesorado e dun ensino galego, público, gratuíto, laico, democrático e coeducativo. E o dun sindicalismo representado polo resto das organizacións –todas elas de ámbito estatal– que condicionan a súa acción sindical a dinámicas españolas, actúan como verdadeiras sucursais das directrices emanadas de Madrid, rexeitan un modelo educativo galego, desprezan a autoorganización do profesorado e negan os dereitos colectivos do pobo galego. Sindicalismo reformista, colaboracionista e entregado ao poder. Desoe a opinión e a participación do profesorado e suplanta a súa vontade pola decisión das súas cúpulas. Amósanse belixerantes ou, no mellor dos casos, indiferente ante propostas que promovan a normalización lingüística, potencien o marco galego de negociación colectiva ou pretendan avanzar no teito competencial galego. Balance A CIG-Ensino enfronta este proceso de eleccións sindicais cun balance de traballo sindical prolífico e positivo. A acción e a mobilización foi unha constante para combater os recortes laborais e sociais, as rebaixas salariais, o incremento do horario lectivo e para esixir unha mellora da calidade do ensino. Mais, tamén, para denunciar as agresións ao noso idioma, a proliferación dos concertos educativos, nomeadamente os que segregan alumnado por sexo, e a actuación autoritaria da Consellaría. Así mesmo, activou a mobilización para batallar contra o desmantelamento do ensino público, a aplicación da LOMCE e as súas reválidas, para rexeitar os recortes dos cadros de profesorado e para baterse contra os avances da españolización e da extrema privatización. Foron numerosas as campañas da CIG-Ensino como, por exemplo, a presentación da ILP para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e a mellora da calidade do ensino en Galiza, avalada por 23.000 sinaturas e tombada no Parlamento polo PP ou, máis recentemente, a desenvolvida para recuperar os dereitos do profesorado, asinada por 12.000 docentes. Resaltar a súa participación activa en diferentes plataformas, nomeadamente, na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e en Queremos Galego. Canalizou, así mesmo, a maioría da conflitividade e problemática do ensino e responsabilizouse, case en exclusiva, da axitación sindical e do traballo informativo nos centros. Hoxe, continúa sendo a referencia do profesorado galego para defenderse dos atropelos e abusos das autoridades educativas e para facer fronte a calquera conflito. As claves da confianza que o profesorado depositou en todas as eleccións na CIG-Ensino, sendo diversas, hai que fundamentalas en que o profesorado percíbea tal como é: un sindicato de clase e galego, indomábel, combativo, coherente, eficaz e próximo ao profesorado. O profesorado entenderá que nun momento como este é imprescindíbel continuar a apoiar o sindicalismo que é garantía de firmeza na defensa dos dereitos do profesorado e dun ensino galego e público. Este respaldo, amais de significar unha reprobación e unha emenda á totalidade á política educativa do PP, será a aposta pola coherencia e compromiso dun sindicato empeñado en restabelecer todos os dereitos arrebatados ao profesorado, en lograr unha lei galega de educación e un estatuto galego do profesorado para dotármonos dun modelo educativo propiamente galego. Cantos máis apoios se depositen na CIG-Ensino máis forza se acumulará para avanzar na mellora laboral e profesional do profesorado e para atinxir un ensino galego, totalmente público e gratuíto, laico, coeducativo e democrático. [Esta peza foi publicada no número 322 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_39036", "summary": "Valerón escusas retirarte. Para que. En serio. Se Ryan Giggs xoga aos 39 de titular co United en partidos chave da Champions, non hai ningunha razón para que abandones tan cedo o relvado. Aos teu 38 anos estás imperial. Contigo ao mando o Deportivo encadeou a súa cuarta vitoria consecutiva e xa está fóra do descenso, por vez primeira en 16 xornadas.", "text": "Todo é máis con fácil con Valerón. Todo é máis fácil se, alén do canario, a poucos metros, está Juan Domínguez. Todo é máis fácil se quen senta no banquiño -hoxe circunstancialmente non, por sanción- é un treinador que acredita no fútebol. Todo é máis fácil con Fernando. O Deportivo resolveu en apenas 27 minutos a visita ao Levante. 27 minutos de lición maxistral de Valerón. Abriu el propio o marcador ao rematar impecábel un centro de Manuel Pablo (hoxe tamén sensacional). Logo toleou os rivais sen gastar máis suor que o imprescindíbel. Valerón é ao fútebol o que Federer ao tenis. É a esencia do xogo. Sabe todos os segredos. Todos os movementos. Todas as opcións. Cando se equivoca dan gañas de mandar un teletipo e de abrir un informativo. Após o gol de Valerón, chegaron como relámpagos os de Pizzi e Nelson Oliveira, por fin Nelson Oliveira, minutos 19 e 27 respectivamente. Na segunda parte, o Deportivo conxelou o partido cunha demostración soberba de passing game. Bruno completou a faena no desconto (0-4, m. 92). Fixer o que fixer o Deportivo nos 7 xogos que fican pendentes, o milagre xa está feito. Esta equipa estaba rota, sen rumo. Fernando endireitouna porque soubo recompor algunhas pezas (o retorno de JuanDo) e porque é un enorme motivador. Non houbo poucos risos condescendentes, coitadiño, cando dixo aquilo de que isto se arranxaba con 8 vitorias. Xa conseguiu 4. E faltan 7 partidos. O Deportivo vai durmir esta noite fóra do descenso, por vez primeira en 16 xornadas. Teno todo para permanecer na élite porque hai equipa, hai treinador e porque ten a esencia do xogo. Ten a Valerón."}
{"ID": "PRAZA_10597", "summary": "76 persoas xa realizaran a preinscrición para as únicas 30 prazas en toda Galicia que ofertaba desde 2015 un instituto da Estrada en colaboración coa Academia Galega de Seguridade, radicada nesa mesma vila", "text": "76 persoas xa realizaran a preinscrición para as únicas 30 prazas en toda Galicia que ofertaba desde 2015 un instituto da Estrada en colaboración coa Academia Galega de Seguridade radicada nesa mesma vila\"Está a resultar de utilidade para o conxunto da sociedade galega\". Así se pronunciaba a conselleira de Educación, Carmen Pomar, o pasado 19 de decembro no Parlamento de Galicia sobre o ciclo de grao medio de FP en Emerxencias e Protección Civil que se comezou a impartir en 2015 nun único instituto do país, na Estrada, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) radicada nesa mesma vila. Porén, o ciclo vén de ser cancelado malia que para o próximo curso xa estaban preinscritas 76 persoas para as 30 prazas que ofertaba. Educación fala de \"suspensión transitoria\" do ciclo, que atribúe a \"cuestións de carácter técnico e organizativo derivadas das necesidades da Agasp\".O ciclo de Emerxencias e Protección civil, de dous anos de duración, comezou a funcionar no curso 2015-16 a través dun convenio entre Educación e Vicepresidencia, da que depende a Agasp. Con 30 prazas por curso, a súa demanda viña superando a oferta. En 2017 a primeira promoción rematou o ciclo cun total de 27 técnicos formados. Este ano saíu del a terceira promoción e para o próximo curso xa había 76 persoas preinscritas para o primeiro ano de formación, dos que 46 solicitaban ese ciclo como primeira opción e o resto como segunda ou seguintes opcións tras outros ciclos distintos.A Xunta garante que os que aprobaron o primeiro curso teñen garantido poder cursar o segundo pero deixa no aire aos que aspiraban entrar no primeiro ano e non amosaran interese por ningún outro ciclo distintoA Xunta asegura que o alumnado que vén de rematar o primeiro ano de formación, 27 persoas, \"teñen absolutamente garantido rematar os seus estudos nas mesmas condicións que os iniciaron\". Isto é, o próximo curso seguirá a impartirse o segundo ano de formación aos que veñen de superar o primeiro ano. Porén, no aire quedan parte dos que aspiraban a entrar agora en primeiro. \"O alumnado que solicitou acceder ao ciclo para o próximo curso entrou no procedemento de admisión coas outras opcións marcadas\", di a Xunta, deixando así ano aire aos aspirantes que non marcasen outras opcións de ciclos distintos dese, 24 persoas por cuxa situación este medio preguntou de xeito expreso á consellería sen obter resposta.En decembro a conselleira pedía desde o Parlamento aos concellos que \"teñan en consideración o título nos seus procesos selectivos\", título que agora cancelaA supresión do ciclo prodúcese despois de que o pasado 19 de decembro a propia conselleira de Educación, Carmen Pomar, en resposta a unha pregunta parlamentaria do PSdeG, gabase o acordo entre a súa consellería e a Agasp que permitía impartir esa formación como \"de utilidade para o conxunto da sociedade galega\". Naquela iniciativa parlamentaria os socialistas pedían á Xunta que se tivese en conta esa titulación como mérito á hora de acceder a empregos públicos relacionados con ela. A resposta daquela da conselleira foi a de asegurar que o Goberno galego estaba comprometido con esa situación pero que a competencia en cuestións de Protección Civil é municipal, e que lle estaba a trasladar aos concellos galegos \"a conveniencia\" de que \"teñan en consideración o título de técnico de Emerxencias e Protección Civil nos seus procesos selectivos\". A supresión do título xa foi criticada pola Asociación de Técnicos de Emerxencias e Protección Civil, de recente creación por parte das primeiras promocións saídas dese ciclo. A asociación reclama á Xunta que garanta a continuidade do alumnado que xa cursou o primeiro ano de formación e pregúntase que vai ser dos que aspiraban a entrar agora nese primeiro curso sen indicar outros posibles ciclos como alternativas. Os técnicos lamentan que o Goberno galego deixe agora de apostar por unha formación que consideraba útil e que noutras comunidades ten tamén rango de ciclo superior, e non só ciclo medio."}
{"ID": "PRAZA_17351", "summary": "Mondoñedo e Lourenzá acollerán actos de recordo para a parella de loitadores antifascistas, que foron executados o 25 de xuño de 1948. O Concello de Ribadeo súmase á conmemoración. Trigo, alcumado 'O Gardarríos', foi presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo.", "text": "O 25 de xuño de 1948 foron asasinados en Vilanova de Lourenzá os guerrilleiros Luís Trigo \"Gardarríos\" e Antonia Pérez O 25 de xuño de 1948 foron asasinados en Vilanova de Lourenzá os guerrilleiros Luís Trigo \"Gardarríos\" e Antonia Pérez. Trigo, tamén coñecido como \"O Chao\" e nacido en Ourol, fora presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo e dende o ano 1939 levou a cabo numerosas accións, moitas delas acompañado da súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, natural de Ribadeo. O vindeiro sábado 23 de xuño ambos os dous serán homenaxeados en Mondoñedo e Lourenzá, xusto cando están a piques de facer 70 anos da súa morte, nuns actos que tamén contan coa colaboración do Concello de Ribadeo. O programa de actos comezará cunha mesa redonda titulada \"Luís Trigo, a loita dun rebelde\", ás 12 horas no auditorio municipal de Mondoñedo. Participarán Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo; Odette Martínez, investigadora do Centro da Memoria da Universidade de Montpellier; Xosé Ramón Ermida, estudoso do período republicano na zona; Bernardo Máiz Vázquez, investigador da guerrilla antifranquista en Galicia; Carlos Nuevo Cal, especialista da guerrilla na Mariña; e Francisco Martínez \"Quico\", un dos últimos guerrilleiros antifranquistas galegos vivo. Ás 17:30 no cemiterio de Vilanova de Lourenzá (onde foron enterrados Luís Trigo Chao e Antonia Díaz Pérez, nun baldío) erguerase un monólito en lembranza de ambos os dous. No acto tomaran a palabra Xosé Luís Fernández Rivera, en representación da comisión organizadora, Francisco Martínez \"Quico\", compañeiro de loita de Luís Trigo e Antonia Díaz, e Fernanda Cedrón, neta de Luís Trigo. O monólito será financiado por unha subscrición popular coa que aínda se pode colaborar a partir de cinco euros. A homenaxe rematará cun recital poético musical en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz que se celebrará no propio cemiterio de Lourenzá no que participaran os poetas e músicos Lois Diéguez, Baldomero Iglesias David Otero, Xosé Abella, Xaime Oroza, Toño Núñez, Luciano de Monfadal, Lino Rico, Miguel María Xosé Lamas, María Xosé Fernández, Iolanda Aldrei e Esperanza Pérez. O obxectivo dos actos é \"facer xustiza con todas aquelas persoas que coa súa loita en condicións moi difíciles fixeron posíbel avanzar cara unha sociedade democrática e deixar testemuño do seu exemplo e do seu compromiso a fin de que se perpetúe e chegue a aquelas xeracións máis novas\" Xosé Luís Fernández Rivera, membro da comisión organizadora da conmemoración, subliña que o obxectivo dos actos é \"facer xustiza con todas aquelas persoas que coa súa loita en condicións moi difíciles fixeron posíbel avanzar cara unha sociedade democrática e deixar testemuño do seu exemplo e do seu compromiso a fin de que se perpetúe e chegue a aquelas xeracións máis novas\". Luís Trigo e Antonia Pérez Luís Trigo emigrou moi novo a Cuba e Arxentina, regresando a Mondoñedo en 1921 como gardarríos. Foi presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo e tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte, permanecendo agochado nas casas de amigos. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939, desenvolvéndose no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo, mantendo contacto cos membros do Grupo Neira. Foi acusado polas autoridades de ser o autor do axustizamento do xefe falanxista José Viador Traseira o 9 de abril de 1940. Labrega e xornaleira, aos 18 anos Antonia Pérez pasou á clandestinidade, colaborando nas accións do seu compañeiro Antonia Díaz Pérez naceu en 1928 en Ribadeo, quedando orfa moi nova e traballando dende nena como labrega e xornaleira, pastoreando gando por diversos lugares do Concello. A súa casa e a súa familia formaban parte da rede de enlaces que prestaban apoio á loita contra o franquismo e o seu irmán Fidel foi detido por colaborar nas actividades de oposición á ditadura. Aos 18 anos pasou á clandestinidade xunto ao seu compañeiro sentimental, Luís Trigo, colaborando con el en varias accións."}
{"ID": "NOS_11068", "summary": "Antonio Fraguas faría parte do Seminario de Estudos Galegos (SEG) no mesmo grupo que Ricardo Carvalho Calero, Sebastián González García-Paz ou Xoaquín e Xurxo Lourenzo Fernández. No seo do SEG e até o golpe de Estado, seguiría desenvolvendo pesquisas que o confirmarían como un excelente investigador.", "text": "Escribir arredor de Antonio Fraguas (1905-1999) e o Seminario de Estudos Galegos retrotráeme ás horas que pasei conversando cos últimos membros e activistas dunha xeración extraordinaria da nosa historia nacional. Desde Xaime Illa Couto a Isaac Díaz Pardo, pasando por Lois Tobío, Francisco Fernández del Riego, Avelino Pousa Antelo, Borobó ou Rufo Pérez, cos que tiven a honra de coñecer desde finais dos '90 a través daquelas conversas como era a Galiza na que viviran de mozos e como fora a súa militancia en favor dun país novo (así como o tempo de ditadura). Como é natural, o Seminario de Estudos Galegos era unha referencia central para todos eles. O Seminario era a grande nao científica da Galiza que daquelas puido ser e que non foi plenamente, polo golpe militar do '36 e a longa ditadura… Dos integrantes daquel grupo cos que puiden tratar, Tobío fora o único dos fundadores da institución, sendo un estudante universitario en Compostela por volta de 1923.Fraguas, un ano máis vello que Tobío, fora un dos máis notábeis investigadores do SEG. A súa morte no final dos '90, cando me dispuña a contactalo, fixo que non puidese parolar con el tal e como fixera con aqueles seus 'irmaos na Causa'. O Seminario de Estudos Galegos Tal e como é ben coñecido, o SEG naceu o 12 de outubro de 1923, da man dun grupo de estudantes universitarios. Aglutinados arredor do catedrático Armando Cotarelo Valledor, para alén de Tobío, facían parte dos pioneiros do Seminario, Wenceslao Requejo Buet, Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, José Pena, Alberte Vidán, Ramón Martínez López, Manuel Magariños, e Ramón Francisco Romero. Nacía o SEG a partir da iniciativa que inmediatamente antesviña de impulsar Antón Lousada Diéguez desde Pontevedra -onde exercía a docencia como catedrático de Filosofía-, baixo a denominación de \"Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas\". En A Nosa Terra saudábase a iniciativa desde primeira hora, afirmándose no voceiro das Irmandades da Fala que: \"Afecta â seición de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago, creouse un Seminario de Estudos Galegos, do que é presidente o noso distinto amigo e ilustre catedrático Armando Cotarelo Valledor. Este Seminario promete ser un centro de gran importancia para o fomento e cultivo non somente da literatura rexional senon tamén para as cencias históricas e para o desenvolvimento da vida galega nun amplo nun amplo orde cultural\" (A Nosa Terra, 1/12/1923). O Seminario era a grande nao científica da Galiza que daquelas puido ser e que non foi plenamente, polo golpe militar do '36 e a longa ditadura Tal e como nunha conversa me comentaría Xaime Illa Couto, o Seminario de Estudos Galegos nacía \"frente a unha Universidade completamente allea a Galicia (...) nun tempo no que as Universidades (...), participan do cacicato que había en Madrid, dos grandes gurús da ciencia..., repartíndose por España os seus alumnos\". Cumpría producir cientificamente, en galego, ao servizo da Galiza e do seu futuro. Quen queira ampliar coñecemento sobre esta institución debe ler, de non telo feito, o volume O Seminario de Estudos Galegos. Imprescindíbel obra da autoría de Alfonso Mato, quen en 2001 me entregaba un exemplar da mesma, saído do prelo, nas instalacións do Instituto Galego de Información, sede do novo SEG. Fraguas e o Seminario Ao grupo fundador do SEG sumaríanse ao pouco outros estudantes notábeis como Ángel Romero Cerdeiriña ou José María de la Fuente. Antonio Fraguas faría parte do SEG no mesmo grupo que Ricardo Carvalho Calero, Sebastián González García-Paz ou Xoaquín e Xurxo Lourenzo Fernández, é dicir, na segunda grande fornada de estudantes universitarios que se sumarían entusiastamente ao Seminario e que tanto deron ao país. Fraguas non chegaría casualmente ao Seminario. Tivo como profesores no bacharelato a Castelao, Ramón Sobrino Buhigas e Antón Lousada Diéguez. Este último sería decisivo para a súa militancia no galeguismo. Cando nacía o SEG, Antonio Fraguas contaba con dezaoito anos e estaba a piques de comezar a licenciatura de Filosofía e Letras na Universidade compostelá (onde Cotarelo Valledor sería profesor seu). É lóxico que tivese que agardar á recta final dos anos '20 para se facer un oco na institución e na investigación ao servizo do país, após o seu tempo de formación universitaria. A isto debemos sumar que os fundadores do Seminario adicarían os dous primeiros anos a crear as bases sobre as que desde 1925 se erguería a institución, que tería o seu máximo esplendor no tempo republicano. Fraguas chegaba a tempo de colaborar no mellor contexto para dar o mellor de si ao servizo do país a través do SEG. Os dous primeiros anos de andaina do Seminario coincidirían co parón que tería Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, grande cabeceiro da intelectualidade galega do primeiro terzo do pasado século XX. No 1925 relánzase Nós e observamos como o Seminario está presente número a número, tanto con achegas dalgúns dos seus máis significados activos (asinarían naquel ano Cotarelo, Cuevillas, Bouza Brey, Martínez López, para alén de Risco ou Otero Pedrayo, entre outros xa asiduos de Nós). Até o seu pasamento mantería viva a lembranza (e espírito) do Seminario, legándoa a novas xeracións En 1928 Antonio Fraguas formaliza a súa entrada no Seminario, defendendo unha investigación arredor do castro de Soutolongo (o castro de Vilar, en Lalín).E no mes de novembro daquel mesmo ano Fraguas pasará a ser bibliotecario do SEG, substituíndo no cargo a Sebastián González. Daquelas contaba Fraguas con vinte tres anos. En abril do 1929 achamos a súa primeira colaboración en A Nosa Terra. Un texto intitulado O Carmelo do Cordillo, conto de ambientación ruralista e fondo patriótico galego, que remata cun ¡Terra a Nosa!.Colaboración á que lle segue unha outra no mes de xullo, do mesmo ano, intitulada Unha serán na Catedral. Neste caso adicada á riqueza patrimonial da Catedral compostelá e á devoción relixiosa que espertaba, e onde tamén sobresairía un final de exaltación nacional. Investigador de referencia En 1929 participa da xeira do SEG que daría lugar ao volume, catro anos despois, Terra de Melide. En 1930 Antonio Fraguas será autor dunestudo arqueolóxico que xa o sitúa como un investigador galego de referencia, ao abeiro da sección de Prehistoria do SEG. Xunto a Florentino López Cuevillas (responsábel da devandita sección) e Pura Lorenzana Prado realizaría unha investigación sobre as mámoas do concello do Saviñao. Tal e como se pode ler en A Nosa Terra (nº276, 1/10/1930), centraron aquel estudo Fraguas, Cuevillas e Lorenzana na anta de Abuíme e na necrópole de Monte da Mora no devandito concello. De aí en diante Fraguas seguiría desenvolvendo pesquisas que o confirmarían como un excelente investigador. En novembro de 1931 Fraguas será nomeado secretario de actas suplente na directiva do SEG, tal e como Alfonso Mato ten referido, sendo o titular desta responsabilidade Ricardo Carvalho Calero. En decembro do 1933, cando viña de rematar de ser profesor auxiliar na Facultade de Filosofía e Letras, na que se formara, -e para se incorporar á docencia no ensino secundario, no concello da Estrada-, volvería ser elixido bibliotecario do Seminario, tal e como xa o fora no 1928. E desde 1934 pasaría a ser un dos conselleiros permanentes do Seminario, traballando arreo a favor da institución e o que esta simbolizaba. Tempo no que militaría fervorosamente no Partido Galeguista. O golpe militar de 1936 levaría por diante, como tantas outras realidades, o SEG. Fraguas sería apartado da docencia, polo este seu activismo galeguista,mais até o seu pasamento mantería viva a lembranza (e espírito) do Seminario, legándoa a novas xeracións. [Este artigo forma parte do A FONDO especial sobre Antonio Fraguas que vai ser entregado co semanario en papel Sermos Galiza número 346 e que estará á venda a partir da quinta feira]"}
{"ID": "NOS_27678", "summary": "O novo primeiro ministro de Paquistán, Shehbaz Sharif, mostrou esta terza feira a súa disposición para forxar \"lazos pacíficos e de cooperación\" con India. Os EUA foron acusados de provocar o transfuguismo que permitiu a moción de censura ao ex primeiro ministro e a investidura de Sharif.", "text": "O novo primeiro ministro de Paquistán, Shehbaz Sharif, mostrou esta terza feira a súa disposición para forxar \"lazos pacíficos e de cooperación\" con India, o que suporía un cambio de dirección na tensa relación entre as dúas potencias nucleares. Sharif agradeceu a felicitación do primeiro ministro indio, Narendra Modi, pola súa designación como xefe de Goberno de Paquistán e expresoulle o seu desexo de alcanzar unha \"solución pacífica das disputas pendentes\", incluída a cuestión territorial de Jammu e Caxemira. Modi anula a reforma agraria na India despois dun ano de protestas Sharif e Modi son vellos coñecidos, pois o irmán maior do primeiro, Nawaz Sharif, xa viaxou a Nova Deli en calidade de primeiro ministro en 2014 para asistir á cerimonia de investidura do segundo intentando mellorar as súas relacións económicas e comerciais. Porén, nos últimos anos, ambos os países libraron tres guerras, dúas polo control de Caxemira. As disputas agraváronse despois de que, en 2019, India desposuíse a esta rexión do seu estado autónomo especial. A ONU constata \"graves violacións dos dereitos humanos\" por parte dos talibán Sharif foi elixido novo primeiro ministro de Paquistán nesta segunda feira despois de que Imran Jan fose destituído nunha moción de censura a fin de semana. No seu primeiro discurso cuestionou as decisións do Goberno anterior en política exterior. Inxerencia dos EUA no cambio de Goberno As últimas semanas en Paquistán caracterizáronse pola tensión política, escándalos de transfuguismo e multitudinarias manifestacións a favor do ex primeiro ministro, Imran Jan. Jan sinala que os Estados Unidos de América (EUA) están detrás da moción de censura e do transfuguismo que a posibilitou. As relacións dos EUA co anterior Executivo de Paquistán non eran boas, especialmente desde que no pasado mes de maio de 2021 o país asiático negara a posibilidade de que se estabelecesen bases estadounidenses no seu solo. Por que está sendo investigado o fillo de Biden? \"Podemos previr que os Estados Unidos sexan vítimas do terrorismo procedente de Afganistán con bases, insistindo que os paquistanís proporcionen bases desde as que despegar e movernos\", dixo en setembro de 2019 o agora presidente dos EUA, Joe Biden, durante un debate. Mais Paquistán non accedeu. A última base aérea estadounidense en solo paquistaní foi evacuada en 2011 despois dun bombardeo da OTAN que causou a morte de 24 soldados de Paquistán. Após ese incidente, Islamabad ordenou o seu feche."}
{"ID": "NOS_46358", "summary": "Na pasada fin de semana foi asasinado no seu estabelecemento Carlos Estévez, emigrado desde Avión.", "text": "O empresario natural de Avión Carlos Estévez foi asasinado a tiros o pasado domingo en Cidade de México após ser asaltado nun estabelecemento da súa propiedade. Tratábase, segundo explicou o seu fillo aos medios de comunicación, da lavandaría privada dun dos seus hoteis. Esta terza feira a Xunta da Galiza ofreceu o seu \"apoio e colaboración\" ao Consulado do Estado español en México e á familia do empresario, e constatou a \"preocupación\" dos galegos residentes nese país. Así o trasladou o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en declaracións aos medios durante a súa visita á sede da Federación Venezolana da Galiza (Fevega) en Vigo. Rodríguez Miranda, que precisamente nos próximos días viaxará a México, lembrou que as xestións e competencia sobre este suceso recaen no Executivo estatal, a través da oficina consular. A Xunta, dixo, alén de \"estar á beira da familia\" e trasladar o seu \"pesar\" por este falecemento, contactou tanto co consulado como co Concello de Avión para ofrecer a súa \"total colaboración\". O Goberno galego tamén mantén contacto \"permanente\" coas agrupacións de galegos en México, afirmou o secretario de Emigración, nomeadamente con entidades empresariais que comunicaron a súa \"preocupación constante\" porque \"a situación de falta de seguridade no país é algo bastante cotián\". Na mesma liña, admitiu que \"é unha realidade\" que grupos criminais extorsionen empresarios en México para ofrecerlles protección a cambio de diñeiro."}
{"ID": "NOS_55424", "summary": "A iniciativa social 'Galiza pola Soberanía' bota a andar coa conquista dun Estado propio por obxectivo. Entrementres, o xuízo do Prestige fica visto para sentenza logo de se cumpriren dez anos da catástrofe. Xa á venda na nosa loxa", "text": "Un xuízo tardío, caro e incompleto. Así foi a vista oral sobre a catástrofe do Prestige desenvolvida ao longo dos últimos meses na Coruña. No número 55 do Sermos Galiza afondamos nas nosas primeiras páxinas sob algunhas das chaves dun proceso xudicial no que, en verbas do propio xuíz, \"faltan moitos implicados, algúns deles políticos\". Visto para sentenza o caso Prestige, mais tamén o naval. A poucos días de que a Comisión tome unha decisión a respeito da devolución do tax-lease, @s traballador@s deste sector saíron de novo ás rúas de Vigo para reivindicaren o seu dereito ao traballo. Entrementres, a delegación oficial desprazada a Bruxelas fracasa e volve para a Galiza ao tempo que os contratos fuxen. As graves consecuencias da crise económica marcan os últimos dados tirados polo Eurostat. A oficina europea constata o aumento das desigualdades salariais na Galiza. A clase traballadora empobrece mentres as rendas empresariais aumentan situándose xa no 47% do PIB galego. Sen abandonarmos as páxinas de Traballo, conversamos con Demetrio Fernández, presidente do Consello galego de Relacións laborais quen alerta das graves consecuencias das reformas laborais e da perda do convenio colectivo para milleiros de traballadores. Con el abordamos na situación que deixa para moitos sectores a desaparición desta ferramenta conseguida con anos de loita obreira mais que está a desaparecer. Naceu Galiza pola Soberanía, unha iniciativa social a prol dun Estado propio Sen deixarmos de falar dos recortes, achegámonos ás páxinas de social nas que as tesoiras da dereita neoliberal deixan @s doentes da SIDA en risco de exclusión social. Atinxid@s por unha grave enfermidade, prostitutas, inmigrantes, pres@s, drogodependentes... son os colectivos en maior risco perante uns gobernos que decidiron pór fin á sanidade pública e universal. Nas páxinas de Cultura, abrímosvos a porta da Casa-Museo Manuel María. A piques de ser inaugurada (o día 7 de Setembro), desde a Fundación que leva o nome do poeta nacional están a argallar un histórico encontro literario-musical. Unha xornada de convivio na que se encontrarán grupos e cantantes que puxeron voz e música aos versos do poeta de Outeiro de Rei. Asemade, conversamos con Cándido Pazó que estreará na Mostra de teatro de Ribadavia 'As do peixe' unha obra que ten moito a ver coa súa biografía e que narra a historia das traballadoras da conserva. Todas estas novas e moito máis coma cada sexta feira nos quiosques e librarías do país. E desde xa, na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_8797", "summary": "O seu texto O sotaque de Aurelia foi escollido entre os 46 traballos presentados. A profesora e escritora recollerá o galardón o 15 de maio e o seu artigo será publicado por unha ducia de medios de comunicación, entre eles Praza, o día 19.", "text": "O xurado do IX Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello de Carballo vén de anunciar que o texto gañador do certame foi O sotaque de Aurelia, de Mariña Pérez Rei. O artigo foi escollido entre os 46 traballos presentados e obtén un premio de 1.000 euros e a súa publicación nunha ducia de medios, entre eles Praza Pública. Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese \"á súa capacidade de incidencia en públicos amplos e variados, á súa calidade lingüística e estilística, á súa relación coa actualidade, ao manexo axeitado de recursos estilísticos e ao encadramento nun tema de actualidade, o despoxo de Aurelia Rei como metáfora e moito máis, que amplía o campo de incidencia do artigo a outros públicos alén dos estritamente interesados no debate sociolingüístico\". Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) é escritora e profesora. Como escritora ten publicados poemarios como Fanerógama (2006), Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante (2009) ou Paquidermo (2010). En narrativa é autora de obras como Canícula (2007), Costa necrópole (2010) ou Contrapicados (2012). Gañou premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Lureiro Rei ou o Avilés de Taramancos. Como profesora exerce no instituto de Brión. O vindeiro 19 de maio o artigo será publicado en De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, Dioivo, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Compás da Costa, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. Nas oito edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde ou Carlos Callón."}
{"ID": "NOS_23982", "summary": "Os salarios das traballadoras e traballadores galegos continúan sen converxer coa media estatal. Pola contra, na última década asistiuse a unha caída das rendas do traballo e a unha baixada continuada do custo laboral unitario que está a provocar unha diminución do poder adquisitivo da poboación asalariada.", "text": "A fenda salarial entre as traballadoras e traballadores galegos e os do resto do Estado non diminúe. Os datos ofrecidos o pasado 4 de marzo polo Instituto Galego de Estatística (IGE) sinalan que no último exercicio estudado (2020), a remuneración salarial por hora traballada na Galiza situouse en 19,4 euros, mentres que no conxunto estatal alcanzou 21,4 euros e na media da Unión Europea 24,9 euros. Sendo en 2009 a contía da hora traballada na Galiza de 15,7 euros, a suba dos salarios nos últimos 11 anos é de 3,7 euros, unha cifra moi inferior á da inflación acumulada no período, o que dá conta, ao tempo, da diminución do poder de compra dos traballadores e das traballadoras, que só se mantivo con recurso ao endebedamento. Catro de cada dez traballadores galegos cobraron por baixo do salario mínimo Un asalariado galego ten unha retribución 9,6% inferior á dun traballador do Estado e 19,1% menor á media dun operario da Unión Europea. Ao tempo, desde 2009 veuse producindo unha caída continuada dos salarios e do poder adquisitivo medido polo custo laboral unitario. Segundo o IGE, os salarios caeron na Galiza de maneira consecutiva entre 2009 e 2014 até sumar unha baixada de 11,3% e a súa suba a partir de 2015 foi moi inferior á da media estatal. Así, desde 2015 até 2020, os salarios aumentaron na Galiza en 12,4%, mentres que no conxunto do Estado o incremento foi de 14,4%, feito que agudiza aínda máis a fenda salarial. Neste sentido, os salarios marcaron en 2020 unha caída de 5,6%. O poder de compra dos traballadores reduciuse de modo moi acusado na última década. Nesta liña, o custo laboral unitario real -indicador que compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución da produtividade do traballo e dos prezos, tomando un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos-, foi claramente negativo. A este respecto, o IGE sinala que só rexistra valores positivos nas anualidades de 2019 e 2020, presentando resultados negativos en todos os exercicios desde 2010. Así, esta variábel caeu 4,5% na última década. A perda de peso das rendas do traballo fronte ás do capital foi unha constante. As randas do traballo en caída libre Segundo o Estudo sobre salarios do IGE, as rendas do traballo representaron a 31 decembro de 2020, 46,4% do Produto Interior Bruto (PIB), 1,6 puntos menos que en 2009, ano da chegada á Presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. Naquela altura, as rendas do capital significaron 52% do PIB galego, fronte a 54,6% de 2020, nunha mostra da perda de poder adquisitivo das persoas asalariadas galegas, que segue a situarse nos niveis máis baixos do conxunto estatal. Tanto é así que as rendas do traballo foron en 2020 na media do Estado de 48,5% do PIB, isto é, 2,1 puntos superiores ás galegas. A proposta do Goberno estatal para subir o salario mínimo alcanza os 1.000 euros Tomas Pikkety, no xa clásico O Capital no século XXI, escribe que a relación entre as rendas do capital e do traballo é o principal termómetro para medir as desigualdades sociais. Segundo o economista francés, \"o aumento sostido na participación das rendas do capital no PIB permite explicar en gran medida o pronunciado aumento da desigualdade na distribución persoal da renda do mercado [antes de impostos e gasto público], que se observa na maioría dos países nas últimas décadas, o que formula enormes retos no terreo da cohesión social\". As cifras ofrecidas por Luis Ayala, Antonio Jurado e Jesús Pérez Mayo no seu traballo Diferenzas de igualdade e benestar nas rexións españolas, publicado nun informe sobre a desigualdade editado pola Fundación Alternativas, non deixan lugar a dúbidas. Atendendo aos datos do índice de Gini, afirman que en 2008 a Galiza era o cuarto territorio con maior igualdade do Estado español, só presentando unha distribución mellor da renda Nafarroa, Aragón e A Rioxa. O incremento da desigualdade neste período camiñou da man da caída das rendas de traballo. A Galiza, novena autonomía máis desigual A situación é moi diferente após os anos de Goberno de Feixoo. Atendendo ao índice de Gini, en 2018 a Galiza foi o noveno territorio con menor igualdade do Estado español, empatado con Estremadura e por diante de Nafarroa, Aragón, Euskadi, Asturias, Castela e León, Catalunya e A Rioxa. A Galiza, á cabeza na suba da inflación A desigualdade na Galiza medrou notabelmente durante o período máis intenso da crise e cun ritmo inferior nos anos posteriores. Porén, a diferenza do acontecido en boa parte dos territorios do Estado, onde se observa unha redución da desigualdade a partir de 2014, o seu crecemento non se vai deter ao longo de toda esta etapa."}
{"ID": "NOS_40217", "summary": "O ex presidente continúa coa súa xira de regreso, que rematará en Chimoré, localidade da que partiu hai un ano do seu país con destino a México.", "text": "O ex presidente de Bolivia Evo Morales asegurou que os grandes xacementos de litio que ten o seu país foron o motivo das manobras políticas e militares para desbancalo do poder e obrigalo a exiliarse despois das eleccións presidenciais de 2019. Un día despois de regresar a territorio boliviano logo dun ano acollido entre México e a Arxentina, durante a vixencia do Goberno interino da autoproclamada presidenta, Jeanine Áñez, Morales ofreceu unha conferencia de prensa exclusivamente para falar sobre o proxecto que tiña o seu Goberno para industrializar o litio. Nesta comparecencia, onde non aceptou falar sobre ningún outro tema que non fose o litio, o ex mandatario sostivo que este proxecto ficou paralizado durante o Goberno de Áñez mais asegurou que se retomará agora que o seu ex ministro de Economía Luis Arce é o novo presidente para os próximos cinco anos. Un informe da empresa estadounidense SRK confirmou hai un ano a existencia dunha reserva de 21 millóns de toneladas de litio en Bolivia, no deserto de sal de Uyuni, convertendo o país no maior posuidor deste mineral no mundo, segundo recolleu ABI, a axencia de noticias estatal. Chegada a Cochabamba Precisamente a conferencia se desenvolveu nun dos hoteis situados fronte a este famoso deserto de sal. Foi durante a segunda das tres etapas da súa xira de retorno, coa que está percorrendo gran parte do territorio boliviano. Polo camiño estase encontrando con comunidades enteiras de labregos indíxenas que o reciben con expectación, mais tamén con manifestacións e bloqueos na ruta de opositores. A derradeira etapa, prevista para mañá, será a máis emotiva, cando chegue á localidade da que partiu hai xusto un ano nun avión militar mexicano, Chimoré, na rexión de Cochabamba."}
{"ID": "NOS_47247", "summary": "A economía do Estado español desacelerou gravemente o seu crecemento trimestral. Fíxoo dous puntos entre xaneiro e marzo, até situalo en só o 0,2%, unha décima menos do apuntado nos datos avanzados no mes de abril. Son cifras de Contabilidade Nacional publicadas polo Instituto Nacional de Estatística na sexta feira.", "text": "O Instituto Nacional de Estatística revisou esta sexta feira unha décima á baixa o crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) do Estado español do terceiro trimestre do ano, desde o 0,3% adiantado a finais de abril até o 0,2%. A taxa é dous puntos inferior á rexistrada no cuarto trimestre de 2021, cando a economía repuntara 2,2 puntos. Crecera, ademais, 2,6 puntos no terceiro trimestre de 2021, o que evidencia un freo significativo na recuperación da pandemia. Preocupación pola inflación subxacente, en máximos desde 1995 Este mesmo mes de xuño, o Banco de España revisara a baixa ás súas previsións de crecemento do PIB para o conxunto de 2022, precisamente porque a actividade se desacelerara máis do previsto no primeiro trimestre. Caída do consumo Un dos principais motivos foi o consumo dos fogares, que caeu un 2% a respecto do anterior trimestre, cunha caída da demanda estatal de seis décimas. Tamén destacan os descensos sufridos na industria (-1,8%, catro décimas máis do avanzado en abril); a agricultura (-3,2%, un punto máis) e a construción (-0,1%, fronte ao 0,3% que se indicara en abril). Os datos do INE están por baixo da previsión do Banco de España, que en abril esperaba un crecemento de 0,9% no primeiro trimestre do ano. Desta maneira, tras lograr un 5,1% en 2021 -case punto e medio menos do agardado- a economía fica lonxe de recuperar os niveis anteriores á pandemia. O PIB atópase un 3,6% por baixo do nivel que posuía no cuarto trimestre de 2019. A taxa interanual cae unha décima a respecto das previsións de abril A respecto da taxa interanual, o PIB pasou do 5,5% do derradeiro trimestre de 2021 ao 6,3% actual, mais trátase dunha cantidade que é unha décima inferior á avanzada polo INE en abril. O crecemento interanual débese, explica Estatística, á achega do sector exterior, que achegou 2,3 puntos ao PIB interanual do primeiro trimestre. Cada 30 horas hai un novo 'milmillonario' e case un millón de persoas máis en risco de pobreza extrema Aínda así, a taxa interanual cae a respecto das previsións de abril, pois os datos avanzados entón para a taxa interanual apuntaban ao 6,4%. Facían o propio co 0,3% do crecemento trimestral. En ambos os casos, as cifras superaban nunha décima as publicadas esta sexta feira. Por outra parte, o emprego creceu un 5,3% interanual no primeiro trimestre, cinco décimas menos que no trimestre anterior. Supón un aumento de 934.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo nun ano."}
{"ID": "PRAZA_7268", "summary": "FEAFES lamenta que medios de comunicación e responsables políticos liguen automaticamente o suceso do vehículo esnafrado contra a sede do PP en Madrid coas persoas con enfermidade mental. O colectivo apela á \"prudencia\" no canto de \"contribuír a perpetuar estigmas e barreiras\".", "text": "A mañá do pasado venres comezou cun sobresalto informativo: un vehículo viña de se esnafrar contra a sede central do PP, na madrileña rúa de Génova. Eses eran os feitos. Aos poucos minutos circularon teorías e especulacións de toda caste, do accidente ao atentado terrorista, e pouco despois xa se deron en asentar varias eventuais explicacións: que o condutor do vehículo era un empresario arruinado ou que se trataba dunha persoa desempregada; en ambos casos, a desesperación sería o combustible que o levara a atacar a sede do partido do Goberno. Pouco despois a esas dúas teorías engadiúselle un novo ingrediente, o da enfermidade mental. Sobre este punto vén de chamar a atención a Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), que lamenta a frivolidade e lixeireza á hora de relacionar saúde mental e violencia. \"Como representante das persoas con transtorno mental e das súas familias\" a Confederación FEAFES amósase \"enormemente preocupada\" por que, \"ante acontecementos violentos ou de difícil explicación, tanto autoridades políticas, fontes policiais e medios de comunicación\" dean en \"trasladar a idea de que a motivación deste lamentable suceso se deba a que o autor presentaba un problema de saúde mental\". En casos coma este, explican, \"resulta imposible que horas despois do accidente se poida ter un diagnóstico psiquiátrico do autor dos feitos\". \"E, se se tivese\", advirten, non sobra lembrar que \"os diagnósticos de saúde son confidenciais e están especialmente protexidos de forma expresa\" na lei de protección de datos. FEAFES lamenta que se ligue o suceso na sede do PP en Madrid coa saúde mental Ás circunstancias e premura deste caso concreto FEAFES engade un argumento máis. \"Non existe ningunha evidencia científica de que as persoas con problemas de saúde mental sexan máis proclives a cometer actos violentos que o resto da sociedade\", algo que, sinalan, \"se dá a entender\" en \"varias informacións e declaracións de representantes políticos\", os cales dan en establecer \"unha relación causa-efecto entre enfermidade mental e violencia, sen ter en conta ningún outro posible factor dos feitos\". \"É imposible que horas despois do accidente se poida ter un diagnóstico psiquiátrico do autor\" Neste contexto, os responsables de FEAFES chaman á responsabilidade de administracións públicas, representantes políticos e medios d ecomunicación. \"O tratamento informativo deste tráxico suceso prexudica seria e innecesariamente a imaxe das persoas con enfermidade mental\", un \"tipo de discapacidade\" que no conxunto do Estado \"afecta a máis dun millón de persoas\". Con cada nova deste tipo elas \"ven dificultadas as súas posibilidades de integración social\". A chamda de atención das persoas con enfermidade mental e das súas familias prodúcese dende a \"consciencia\" da \"complexidade e esixencia de rapidez no traballo diario\" dos responsables políticos, das forzas de seguridade e dos medios. Pero, malia esta celeridade, din, \"non podemos resignarnos a que se perpetúen os prexuízos e falsos mitos que relacionan actos violentos coa enfermidade mental\". Tampouco, advirten, é posible tolerar que \"se siga violando o dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe das persoas\". Así as cousas, \"todos os implicados\" na xestión de sucesos coma este deberían \"actuar con prudencia\" no canto de \"contribuír a perpetuar o estigma e as barreiras que, moitas veces, a sociedade mantén\" frente ás persoas con problemas de saúde mental. O detido por esnafrar o coche contra a sede do PP declara que o seu plan era atacar a todos os políticos"}
{"ID": "NOS_8422", "summary": "As negociacións entre Goberno español, sindicatos e patronal arrincaron hoxe con boa disposición para prorrogar os ERTE até 31 de maio.", "text": "A primeira reunión para prorrogar os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) finalizou con bastante entendemento entre as partes, que parecen estar dispostas a estender esta ferramenta até o 31 de maio, segundo fontes do diálogo social. As negociacións entre Goberno español, sindicatos e empresarios continuarán a vindeira segunda feira coa idea de fechalas canto antes e non dilatalas até o último momento (a prórroga remata o 31 de xaneiro), como ocorreu a vez anterior. De momento, parece que hoxe se produciron achegamentos na data límite: 31 de maio, é dicir, máis aló da finalización do estado de alarma (9 de maio) e despois da Semana Santa, o que permitiría protexer o sector turístico, un dos máis castigados pola pandemia. Desde UXT, o seu secretario xeral, Pepe Álvarez, defendeu a necesidade de prolongar os ERTE mentres dure a pandemia e de que se prorroguen de maneira automática. \"Deamos estabilidade ás empresas, aos traballadores e traballadoras que están en ERTE, deamos tranquilidade e resolvamos este tema\", dixo Álvarez, que pediu ao Executivo estatal \"que non saque ningún coello da chistera\" e que prorrogue esta ferramenta nas condicións actuais. Desde CCOO entenden tamén que o acordo vixente dá resposta ás necesidades actuais e ás que poidan xurdir cunha terceira vaga da Covid-19. \"Non se precisan demasiados cambios, aínda que si hai que introducir algúns elementos técnicos e mesmo algunha redacción máis clara para evitar problemas de interpretación\", apuntan desde o sindicato de Unai Xordo. Despedimentos Pola súa banda, o presidente da CEOE, Antonio Garamendi, pediu que a prórroga dos ERTE dure polo menos até xuño e que se permita ás empresas axustar persoal sen ter que devolver as exencións de todos os traballadores e traballadoras do ERTE, senón só as correspondentes á persoa que se despida. \"Gústenos ou non vai ter que haber axustes de persoal. Isto xa non é marzo e as empresas teñen problemas de solvencia\", indicou Garamendi, quen advertiu que de non permitirse esta fórmula, \"no canto de consolidar postos de traballo, imos destruír moitos máis\", defendeu o líder da CEOE nunha entrevista en Onda Cero."}
{"ID": "NOS_55554", "summary": "É unha situación que viven principalmente as mulleres, que supoñen o 72% das persoas que moran soas nas súas casas.", "text": "O número de fogares con maiores de 65 anos que viven sós aumentou nun 9,6 por cento a respecto de 2013 e xa son 121.500 as persoas nesta situación en Galiza. O avellentamento da poboación, o abandono do rural, a perda de poboación... estes e outros elementos están a condicionar xa desde hai anos o mapa poboacional galego, tamén no que respecta á tipoloxía dos fogares. Hai agora 10.700 maiores máis vivindo sós que hai ano e medio, cando esa cifra era de 110.800. Son dados da Enquisa de Fogares do INE, que tamén indican de maneira clara que esta situación afecta moito máis as mulleres. Desas 121.500 persoas que superan os 65 anos e que viven soas, 88.000 son mulleres, o 72% do total. Hai ano e medio eran menos de 79.000. Os varóns supoñen o 28%, 33.400 persoas. Desas 121.500 persoas que superan os 65 anos e que viven soas, 88.000 son mulleres, o 72% do total Unha cifra a destas persoas que viven soas, 121.500, que é superior á poboación de 5 das 7 principais cidades galegas. Semellante á de Ourense. Como se nesa cidade todas as súas casas, pisos, adosados... estivesen ocupados por maiores de 65 anos que viven sós. No noso país o 24,1% dos fogares, case un de cada catro, son uni-persoais. Estamos falando de 259.000 vivendas, das cales, como dixemos, 121.500 están habitadas por maiores. Nas 137.600 restantes os seus inquilinos teñen por baixo dos 65 anos. A principal tipoloxía que hai na Galiza é o de fogares onde viven 2 persoas (son o 31%), se ben o IGE sinala que son as vivendas habitadas por parella cun fillo ou filla os máis abundantes, cun 33,2%."}
{"ID": "NOS_35703", "summary": "A cifra corresponde a partidas para mantemento entre os anos 2016 e 2018.", "text": "PP rexeitou en comisión una proposta socialista para pedirlle ao goberno galego que executara os 38,6 millóns de euros orzamentados en 2019 para equipación e mantemento nos centros de ensinanzas artísticas. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, afirmou que o goberno galego leva acumulados 15 millóns sen executar correspondentes a este programa entre 2016 e 2018. O parlamentar socialista advertiu que \"non entendemos por que se orzamenta sistematicamente preto de 40 millóns de euros cada ano e executen entre 30 e 35\". Acusou o goberno galego de manter unha partida \"inflada sistematicamente, e que se emprega para dotar ao longo do ano con modificacións orzamentarias outras que carecen de orzamento suficiente\". Apunta que o goberno galego xa deixou sen executar 4,5 millóns de euros en 2016, 5,6 en 2017 e perto de 4,9 en 2018 correspondentes a un apartado que, xunto co programa de prevención do abandono escolar, estase a converter no \"buque insignia da desfeita do cumprimento das previsións orzamentarias do goberno galego\"."}
{"ID": "PRAZA_8789", "summary": "Existen voces que critican a posta en escena dunha aposta soberanista nun momento de liquidación do país. Non obstante, é xustamente esa venda por parcelas que fai o goberno galego a que nos obriga a repensar a arquitectura política de Galiza desde unha óptica propia. As esquerdas están necesitadas de construír alternativas desde a carnalidade dos problemas cotiás", "text": "A dereita conseguiu gañar unha batalla máis na fronte das ideas coa substitución da política pola economía. O marco das relacións de cidadanía deixou paso ao interese persoal do individuo consumidor e calculador O chamado descrédito da política inunda calquera conversa. Este nivel obvio e preocupante, que potencia a dereita desde todas as instancia, ten un correlato máis profundo na despolitización xeralizada das relacións sociais que vivimos. A dereita conseguiu gañar unha batalla máis na fronte das ideas coa substitución da política pola economía. O marco das relacións de cidadanía deixou paso ao interese persoal do individuo consumidor e calculador. Nesta substitución non fica espazo para o ben común, nin para os individuos portadores de dereitos -xa non falemos da excentricidade dos dereitos colectivos-, só a lóxica da eficacia encarna o imperio das finanzas como eliminación global dos criterios morais. Este contexto ten consecuencias moi claras, nomeadamente, a eliminación das responsabilidades individuais e colectivas e a posta en cuestión das institución en canto que institucións Este contexto ten consecuencias moi claras, nomeadamente, a eliminación das responsabilidades individuais e colectivas e a posta en cuestión das institución en canto que institucións. Por unha banda, ninguén é responsábel da situación que vivimos porque a economía ten unha lóxica natural que fai que os acontecementos nos leven irremediabelmente a un aumento crecente das desigualdades. A débeda é a nosa forma moderna de asumir a escravitude como unha lei natural. Por outra, a democracia sométese unha posta en cuestión global, esquecendo que esta é moito máis que os partidos ou organizacións políticas. De feito, se detemos a mirada neste cuestionamento botamos en falta a moitos dos actores que deberían garantir un funcionamento democrático. Cal é o papel da prensa e os medios de comunicación, cal é o papel da cultura, da escola, da Universidade, dos intelectuais, das organizacións sindicais, dos movementos sociais e de activismo cívico... buscan unha nova episteme para a radicalidade da esquerda? Cal é o papel da prensa e os medios de comunicación, cal é o papel da cultura, da escola, da Universidade, dos intelectuais, das organizacións sindicais, dos movementos sociais e de activismo cívico... buscan unha nova episteme para a radicalidade da esquerda? Este último punto é o que da sentido ao título deste artigo porque nun momento de cambio de paradigma cognitivo as vellas categorías semellan escasas ou curtas como puntos arquimideos de transformación e as novas están nun proceso de superposición coas anteriores sen acabar de emerxer por completo. Este é o caso de nocións como \"precarizados/as\", \"suxeitos múltiples\", \"multitude\", \"desglobalización\" e un longo etcétera da normal ebulición do pensamento actual. A irrupción dos relatos ou narratividade postmoderna como elementos centrais das elaboracións da esquerda implica unha dificultade importante para abordar a noción de verdade ou obxectividade coa taxatividade coa que se despregou durante o XIX e a primeira metade do XX. Vivimos certa orfandade e, se cadra, ese é a maior potencialidade que temos para encarar o futuro. A irrupción dos relatos ou narratividade postmoderna como elementos centrais das elaboracións da esquerda implica unha dificultade importante para abordar a noción de verdade ou obxectividade coa taxatividade coa que se despregou durante o XIX e a primeira metade do XX Neste momento tan complexo e duro socialmente que vivimos considero que non debemos abandonar a elaboración das categorías analíticas que nos expliquen o aquí e agora. Para min, a nosa situación concreta como galegos e galegas obríganos a non repetir debates pasados sobre cales son as contradicións principais. Con esta afirmación quero dicir que neste momento a batalla non é só do neoliberalismo contra a esquerda, tamén o é da concentración do poder do estado fronte aos pobos, da ideoloxía patriarcal fronte aos dereitos das mulleres, dos fundamentalismos relixiosos fronte a liberdade. Todas comparten unha matriz de dominación común máis a súa translación a un espazo e un tempo é distinta. Preocúpame que non vexamos a nosa realidade coas nosas gafas e aínda me preocupa máis que a pensemos coa cabeza fora do país. E por poñer un exemplo nesta abstracción, creo que regalarlle os estaleiros galegos a PEMEX non é un problema do mercado global, é unha decisión concreta que corresponde a unha situación deste país. É xustamente esa venda por parcelas que fai o goberno galego a que nos obriga a repensar a arquitectura política de Galiza desde unha óptica propia Existen voces que critican a posta en escena dunha aposta soberanista nun momento de liquidación do país. Non obstante, é xustamente esa venda por parcelas que fai o goberno galego a que nos obriga a repensar a arquitectura política de Galiza desde unha óptica propia. As esquerdas están necesitadas de construír alternativas desde a carnalidade dos problemas cotiás. O problema epistemolóxico é a fase previa a concretar o suxeito político. Na batalla das ideas que libramos coa dereita, pensar desde a experiencia do noso pobo contribúe a configurar o suxeito ou suxeitos políticos. Para recuperar o espazo da política temos que trenzar a episteme, coa ética e a antropoloxía, desde nós."}
{"ID": "NOS_35062", "summary": "A multinacional galega -denunciada por se beneficiar de man de obra barata, até en condicións semi-escravistas en estados como Bangla Desh- premia a súa cúpula directiva cun reparto de 900.000 accións, nun plan de incentivos que decorrerá até 2017.", "text": "O primeiro executivo da compañía con sede no polígono de Sabón, Pablo Isla, farase até con 60.000 accións. De acordo coa cotización actual, engrosará a súa xa considerábel fortuna persoal en 6,1 millóns de euros. Inditex gañou no primeiro trimestre fiscal do presente exercicio 438 millóns de euros, un 2 por cento máis que o ano pasado. En vendas o grupo facturou 3.593 millóns de euros. Os títulos de Inditex, cuxo staff directivo compóñeno arredor de 450 executivos, fecharon onte cunha suba do 3,5 por cento. Unha acción vale 101,3 euros."}
{"ID": "NOS_45998", "summary": "Excarcerado hai tres anos ao ser diagnosticado de cancro, foi a única persoa sentenciada a cadea perpetua polos feitos acontecidos no Reino Unido en 1988", "text": "O ex axente de intelixencia libio Abdel Baset Al-Megrahi, único condenado polo atentado contra un avión en Lockerbie en 1988, morreu este domingo na súa casa de Trípoli vítima de cancro, segundo informaron fontes familiares e segundo publica a prensa internacional. Ao serlle diagnosticada a enfermidade saíu en liberdade, no ano 2009, da prisión de Greenock, en Inverclyde, onde cumpría a cadea perpetua á que fora condenado en 2001. Al-Megrahi, quen traballou para Muammar Al Gadafi, foi o único condenado tras achalo culpábel do atentado con bomba que fixo estalar un avión da aeroliña Pan Am sobre Lockerbie, Dumfries e Galloway --no Reino Unido-- na véspera do nadal de 1988, causando a morte de 270 persoas. Até a súa morte, negou ter implicación neste feitos e tampouco nos abusos de dereitos humanos que se lle reprochaban do goberno de Gadafi."}
{"ID": "NOS_29495", "summary": "Porque, como di Xurxo Souto, en materia de creatividade a Galiza é o centro, non a periferia, a música galega e en galego volve ás nosas ondas.", "text": "A música galega contemporánea é unha selva diversa absolutamente enfeitizante. Magma sonoro que abrangue todas as formas e estilos. E que conta ademais coa textura, coa propia cor da lingua, como grande elemento de proxección internacional. En materia de creatividade somos centro, non periferia. Unha nación quen de dialogar en clave de talento con calquera outro pobo do planeta. Esta exuberancia sonora -terrible paradoxo- mantense silenciada dentro do propio país. Unha rapaza de Viveiro pode coñecer polo miúdo o que agora mesmo está acontecer en Londres ou en Berlín, mais terá verdadeiras dificultades se quere aproximarse a realidade musical de Verín. E viceversa, un rapaz das ribeiras do Támega poderá sintonizar ás presas coas últimas novidades de París ou Nova York, mais, de certo, terá que converter nunha cuestión persoal a procura dos sons que agora mesmo está a producir Viveiro, no norte do seu país. Calquera medio de comunicación que tente achegarse á realidade da Galiza contemporánea non pode estar xordo a tanta vida. Diante de agoiros apocalípticos, nas últimas décadas, cada vez que se lle prestou un chisco de apoio á música galega, este país estoupou en melodía. Temos fame da selva diversa. Se queredes que os vosos sons soen na vosa radio facédenos chegar uns temas ao enderezo electrónico radio@sermosgaliza.info. Reclamamos pois máis alimento. Contra o silencio, eis volve bourar con máis potencia RADIO SERMOS. [Cuadriño de Leandro Lamas e texto de Xurxo Souto]"}
{"ID": "PRAZA_9288", "summary": "O Goberno galego aproba unha declaración institucional secundado a postura de PP, Ciudadanos e Vox que acusa a Sánchez de \"menoscabar o autogoberno\" galego cun \"rosario de cesións que están afectando seriamente á convivencia e á estabilidade\"", "text": "O Goberno galego aproba unha declaración institucional secundado a postura de PP, Ciudadanos e Vox que acusa a Sánchez de \"menoscabar o autogoberno\" galego cun \"rosario de cesións que están afectando seriamente á convivencia e á estabilidade\"DOCUMENTO | Declaración institucional da XuntaA Xunta vén de sumarse este xoves de xeito institucional ao ataque desatado pola dereita contra o PSOE pola súa aceptación da figura dun \"relator\" nas reunións entre partidos políticos en Catalunya para intentar achegar posturas nese conflito. Co presidente Feijóo de viaxe oficial por Estados Unidos, a reunión semanal deste xoves do Goberno galego, presidida polo vicepresidente Alfonso Rueda, aprobou unha declaración institucional que acusa ao Goberno central de Pedro Sánchez dun \"rosario de cesións que están afectando seriamente á convivencia e á estabilidade\". Faino a tres días da manifestación coa que PP, Ciudadanos e Vox pretenden mobilizar á cidadanía contra o Goberno de Sánchez con argumentos que agora fai seus a Xunta.\"O Goberno galego nin pode nin debe ser un mero observador de acontecementos que poidan poñer en risco conquistas democráticas que son de todos\", di a declaración, que nega a existencia en Catalunya dun conflito político.Este mércores o presidente Feijóo emitiu un chío desde Miami na súa conta de Twitter, en castelán, no que dicía que o presidente do Goberno central se debe a todos os españois por igual, engadindo que \"basta xa de pagar as súas débedas aos independentistas coa humillación ao resto dos españois\". Un día despois, este xoves, a declaración institucional da Xunta foi lida polo vicepresidente Rueda na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego. Nela xustifícase o pronunciamento por considerar que a actuación do Goberno central sobre o conflito catalán supón un \"menoscabo ao noso autogoberno\". \"O Goberno galego nin pode nin debe ser un mero observador de acontecementos que poidan poñer en risco conquistas democráticas que son de todos\", di a declaración, que nega a existencia en Catalunya dun conflito político.A declaración institucional transforma o termo \"relator\" empregado polo PSOE en \"mediador\" e atribúeo ao Goberno centralA declaración institucional transforma o termo \"relator\" empregado polo PSOE en \"mediador\" e atribúeo ao Goberno central: \"O anuncio de que o Goberno central asume como propia a idea dun mediador nas conversas entre algunhas forzas políticas de Cataluña, destinadas a buscar solucións a un mal chamado 'conflito político', é un paso mais nunha cadea de concesións. Do consentimento diante de posicións incompatibles coa Constitución, estase pasando á complicidade con elas\", di o texto.A Xunta tamén se queixa de \"cesións\" de \"tipo orzamentario\", en referencia ás contas públicas estatais previstas para Galicia en 2019, que considera aldraxantes en comparación co destinado a Catalunya. E remata salientando que \"nunha democracia o Estado pertence a todos, tamén a Galicia e aos galegos\".Poucas horas despois da declaración, o PP galego anunciou que asistirá á manifestación do domingo contra Sánchez en Madrid e presentou a presenza nela de Alfonso Rueda como \"número 2 da Xunta\", co seu cargo institucional e non como cargo popular."}
{"ID": "NOS_45148", "summary": "A localidade volve convertirse en espazo cultural festivo, de lecer e participación en torno ao respecto a diferentes expresións e identidades de xénero.", "text": "\"Orgulloso de ser quen es, aquí tamén\". O lema da Festa do Orgullo LGTBI de lLalín mantense na súa cuarta edición, que decorre esta sexta feira e o sábado na capital do Deza. Unha cita na que haberá un completo programa de actividades, desde accións educativas ás de caracter cultural ou aquelas máis festeiras. A decana da Facultade e Ciencias da Educación da USC, Carmen Fernández, é a pregoeira desta cuarta edición, collendo así o relevo do xornalista da TVG Alfonso Hermida. Este evento foi medrando ano tras ano, partindo da reivindicación e defensa da tolerancia e a diversidade desde o rural, e na actualidade a súa repercusión xa sobrepasa as fronteiras de Galiza, chegando a Portugal e o Estado español. O IV Seminario de Educación Afectivo Sexual e Diversidade é unha das citas desta Festa do Orgullo e nel participaron escolares dos centros de ensino secundario de Lalín e tamén doutros concellos. Ao longo desta Festa haberá coloquios e palestras, nos que se analizarán e debatirán temáticas diversas relacionadas co motivo deste encontro. Mais tamén hai unha aposta polo espectáculo, coa actuación de Pablo Méndez Perfomance, que recunca en Lalín após o éxito da súa intervención o ano pasado. Broken Peach e Enfant Bello DJ poñerán o ramo na noite da sexta feira. O sábado a Charanga Mekánica animará as rúas para dar paso ap pregón. A sesión vermú estará animada con Las Antonias e pola tarde tarde será a quenda de Aparato, dúo compostelán formado por María Caramés e Chus Silva, que ofrecerá música electrónica, synth-pop, melodic-bass, house, trip-hop e indie. Pola noite máis música e diversión con Enfant Bello; a formación Cachas and Cousins, de Santiago de Compostela; Roser Divas Disco, que ofrecerá un espectáculo musical con humor, baile e glamour; Strazz, cun formato de banda a rachar e un espectáculo de luces, baile e fantasía, e More Amore Djs, que son \"puro show e diversión\", segúndo a organización. \"Lalín volverá ser capital da igualdade e da liberdade\", como manifestou a concelleira Celia Alonso na presentación desta Festa."}
{"ID": "PRAZA_6465", "summary": "A actuación reiterada por parte da Sra. Echevarría nos expedientes nos que ENCE-ELNOSA é parte interesada contradí o tan cacarexado \"respecto pola legalidade dos procedementos\" por parte da Xunta de Galicia, polo que esiximos o cese inmediato da Sra. Echevarría e que se depuren as responsabilidades pertinentes.", "text": "Teño que recoñecer que aínda que esperábel, a resposta de ENCE á denuncia da existencia dunha trama político-familiar entre o complexo ENCE-ELNOSA e a Xunta de Galicia non deixa de sorprender. En efecto, ENCE –que recoñece abertamente a existencia das relacións familiares entre representantes destas dúas empresas e a actual Subdirectora Xeral de Coordinación Ambiental da Xunta de Galicia que vimos de destapar- atribúe a decisión da APDR de denunciar esta trama a unha suposta perda de apoio social da asociación que presido. APDR denuncia a situación no momento no que ten probas da existencia destas relacións e da participación de Mª José Echevarría Moreno na tramitación de distintos asuntos relacionados con ENCE e ELNOSA Desde o meu estupor –e deixando de lado que sexa certa ou non esa baixada de apoio social que só observa ENCE- pregúntome que ten que ver unha cousa con outra; APDR denuncia a situación no momento no que ten probas da existencia destas relacións e da participación de Mª José Echevarría Moreno na tramitación de distintos asuntos relacionados con ENCE e ELNOSA, entre outros algúns relacionados coa tramitación das respectivas Autorizacións Ambientais Integradas (AAI) e das súas renovacións, ben cando ocupaba o posto de Subdirectora Xeral de Calidade Ambiental, ben desde o seu actual posto. E demostrámolo con documentos asinados por ela. Non deixa de ser significativo, e debemos telo en conta, que quen a nomeou en 2002, o entón Conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo, sexa membro do Consello de Administración da empresa dende o ano seguinte á concesión da AAI. Todo indica que para ENCE é normal que a Sra. Echevarría tramite desde a Xunta solicitudes cursadas polo seu marido como subdirector ou director de ENCE ou pola súa irmán Pero para ENCE esta situación –que admite se ven producindo desde hai 19 anos- non supón ningún problema nin ningunha irregularidade. Todo indica que para ENCE é normal que a Sra. Echevarría tramite desde a Xunta solicitudes cursadas polo seu marido como subdirector ou director de ENCE ou pola súa irmán como representante de ELNOSA. E mesmo atrévese a acusarnos de machismo por denunciar esta situación, unha acusación certamente desafortunada. Esquece, iso si, que a Subdirección que ocupa a Sra. Echevarría ten –entre outras- as funcións de tramitación de expedientes sancionadores por infraccións ambientais ou a inspección ambiental, aspectos todos eles moi relacionados coa actividade das dúas empresas que nos ocupan. Para nós, non é casual que se teñan concedido e renovado as AAI a ENCE e ELNOSA de forma irregular e mesmo ilegal Para nós, non é casual que se teñan concedido e renovado as AAI a ENCE e ELNOSA de forma irregular e mesmo ilegal, como non o é tampouco que a pesar das múltiples denuncias por vertidos ilegais ou por incumprimento da lexislación ambiental, non se teña aberto nunca ningún expediente sancionador contra as citadas empresas. Por poñer un exemplo, a Xunta de Galicia sabe que ENCE está a utilizar as balsas de emerxencia para diluír a contaminación dos seus vertidos, unha práctica ilegal que debe implicar a apertura dun expediente sancionador; para cando a apertura deste expediente? Cando imos ver a sanción aos responsábeis? Moito nos tememos que nunca, e mesmo que este goberno, con evidentes intereses familiares no complexo ENCE-ELNOSA, será quen de tramitar a prórroga da súa actividade industrial contaminante e ilegal no seu actual emprazamento. Esiximos o cese inmediato da Sra. Echevarría e que se depuren as responsabilidades pertinentes O constante desprezo pola legalidade da Xunta xa non sorprende a ninguén. Non dubidamos da capacidade técnica da Sra. Echevarría Moreno e da súa longa traxectoria na administración en postos de alto nivel. Entendemos, polo tanto, que ela mesma estará de acordo con nós en que está a vulnerar a legalidade ao intervir no trámite de expedientes nos que son parte interesada ENCE-ELNOSA. Pensamos que non lle temos que recordar algo tan básico como a Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas que no seu artigo 28 determina a abstención de participar nos procedementos nos que se dean determinados supostos, supostos que concorren de cheo no caso da Sra. Echevarría. Lembrarlle tamén que a propia lei determina que a non abstención nas circunstancias que contempla a norma dará lugar ás responsabilidades pertinentes. A actuación reiterada por parte da Sra. Echevarría nos expedientes nos que ENCE-ELNOSA é parte interesada contradí o tan cacarexado \"respecto pola legalidade dos procedementos\" por parte da Xunta de Galicia, polo que esiximos o cese inmediato da Sra. Echevarría e que se depuren as responsabilidades pertinentes."}
{"ID": "NOS_9711", "summary": "Cinco millóns de persoas falecen ao ano pola resistencia aos fármacos.", "text": "Os patóxenos resistentes aos medicamentos causan arredor de cinco millóns de mortes ao ano, láiase a Organización Mundial da Saúde (OMS), que efectuou onte un chamamento a \"todos os países para que reduzan a cantidade de refugallos antimicrobianos que verten ao medio ambiente\", un dos asuntos abordados na quinta Asemblea da Organización das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente, clausurada onte en Nairobi (Kenya). No caso de que non consigamos \"frear o aumento e a propagación da resistencia a estes medicamentos\", a OMS alerta de que \"nos achegaremos rapidamente a un punto de inflexión no que os antimicrobianos precisos para tratar as infeccións no ser humano, animais e vexetais deixarán de ser eficaces\", \"non actuar tería consecuencias desastrosas\", resolven. Para tratar esta cuestión, en novembro de 2020 creouse o Grupo de liderado mundial sobre a resistencia aos antimicrobianos (medicamentos como antibióticos, antimicóticos ou antiparasitarios), no que participa a OMS xunta xefes de Estado, outros cargos públicos e dirixentes do sector privado e organizacións civís. Esta agrupación, presidida por Mia Amor Mottley, primeira ministra de Barbados, e Sheikh Hasina, primeira ministra de Bangladesh, impulsou un acordo para que os Estados \"promulguen e apliquen regulamentos e normas para supervisar e controlar mellor a distribución de antimicrobianos e organismos resistentes aos medicamentos e a súa vertedura\". O primeiro paso, reclaman, é diminuír a cantidade de contaminación por antimicrobianos que acaba no medio ambiente, e para iso propón que as actuacións comecen no sector da fabricación de medicamentos, aplicando modificacións legais \"para controlar e dar seguimento a esa contaminación\". Paralelamente, poñen o foco na necesidade de \"reducir ou eliminar o seu uso cando non se faga baixo a supervisión dun profesional da saúde cualificado\", unha medida enmarcada no sector sanitario. Con respecto aos sistemas alimentarios, destaca a importancia de \"aplicar normas para tratar e xestionar as verteduras das explotacións de animais dedicados á alimentación, as explotacións acuícolas e os campos de cultivo\". Asemade as consecuencias directas para as persoas, a OMS sostén que a resistencia aos antimicrobianos será a primeira causa de morte no mundo até 2050, a entidade sanitaria indica que \"o impacto nos sistemas de saúde locais e mundiais, nas economías, na seguridade alimentaria e nos sistemas alimentarios será devastador\". Cambio climático Este problema increméntase polo vencello co quecemento global, Amor Mottley ratificou que \"os vínculos entre a resistencia aos antimicrobianos, a sanidade ambiental e a crise climática son cada vez máis evidentes\". Na Galiza, as estatísticas de 2020 ofrecidas polo Grupo multidisciplinar para a abordaxe das resistencias antimicrobianas, creado polas farmacéuticas privadas, sitúa o seu uso en 2,03 doses diarias de antibióticos por cada 1.000 habitantes a nivel hospitalario, un consumo que os expertos cualifican de elevado. Nese sentido, o Servizo Galego de Saúde centra a orixe da resistencia aos antimicrobianos no seu \"uso pouco apropiado\". As augas residuais espallan organismos resistentes A OMS explica que os medicamentos antimicrobianos inoculados a humanos, animais e plantas entran no medio ambiente e nas correntes de auga por medio das augas residuais, refugallos ou filtracións, espallando organismos resistentes aos fármacos. Isto provoca a propagación de superbacterias que resisten estes fármacos e que acaban por prexudicar outros organismos no medio ambiente."}
{"ID": "NOS_56016", "summary": "Durán i Lleida continuará como portavoz da coligazón no Congreso español. Nas súas últimas intervencións públicas insistía na 'necesidade' de recuperar o centro en Catalunya.", "text": "Durán i Lleida deixa o posto de número 2 de CiU, que levaba 13 anos ocupando. Tras as eleccións europeas, o cabeza visíbel de Unió anunciaba que abría un proceso de reflexión, proceso que semella que lle leva a abandonar o posto na ponte de mando da coligación nacionalista a apenas 4 meses do referendo soberanista. Porén, Durán i Lleida manterase no posto de portavoz de CiU no Congreso español, unha decisión que non convece a parte de CDC, o partido que con UDC, conforma a coligazón. O actual conselleiro de Interior da Generalitat, Ramón Espadaler, é o nome que máis sona para substituír a Durán i Lleida na secretaría xeral de CiU. Nas súas últimas intervencións públicas, e tal e como lembran en Vilaweb, Durán pronunciou se favor de \"recuperar\" o espazo de centro en Catalunya. O até de agora secretario xeral de CiU ten sido sinalado polos medios de comunicación madrileños como un dos alicerces sobre os que asentar unha 'terceira vía', equidistante do 'inmobilismo' do goberno español e do proceso soberanista. Mais o propio Durán dixo nesta segunda feira que a súa marcha estaba pactada con Artur Mas e non ten nada a ver co proceso soberanista."}
{"ID": "NOS_58437", "summary": "O conselleiro maior do organismo apresentou esta cuarta feira o informe de fiscalización de gastos e ingresos das organizacións parlamentares nas pasadas eleccións galegas.", "text": "Partido Popular e En Marea apresentaron en castelán as alegacións ao informe do Consello de Contas que fiscalizaba a contabilidade eleitoral das diferentes organizacións políticas nas pasadas eleccións galegas do 25 de setembro. Pola contra, PSdeG e BNG realizaron o trámite en galego. Esta cuarta feira, 31 de maio, tivo lugar a comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas para apresentar o mencionado informe. O feito de que dúas organizacións, das catro con representación na Cámara galega, non pasou desapercibida. A deputada do BNG Noa Presas lamentou, durante a súa quenda de réplica, que \"dúas organizacións\" empregasen o castelán para un trámite perante o Consello de Contas. \"Non nos parece normal\", indicou, ao tempo que incidía nun \"contexto\" no que a sociedade galega loita por defender o uso con normalidade do galego en todos os ámbitos. Se ben Presas non pronunciou o nome \"das dúas organizacións\", a documentación dispoñíbel na propia web do Parlamento na que se informa da comisión permite comprobar que son PP e En Marea. A intervención da parlamentar nacionalista non tivo comentario ou réplica algunha por parte de ningunha das outras formacións."}
{"ID": "PRAZA_13095", "summary": "As dúas organizacións con maior implantación nos campus da Universidade de Santiago suman 37 electos e electas no órgano de representación da institución", "text": "Maioría case absoluta. O escrutinio das eleccións ao claustro da Universidade de Santiago sitúa a Liga Estudantil Galega e os Comités como as organizacións que aglutinan a confianza maioritaria do estudantado da institución académica. Dos 75 postos elixibles no máximo órgano de representación da USC 20 corresponden segundo os datos provisionais á Liga Estudantil -15 en Compostela e 5 en Lugo-, que foi tamén a forza máis votada no conxunto da universidade. Á Liga séguena os Comités con 17 asentos no claustro, 16 deles nos campus composteláns e un no lugués. As demais organizacións e asociacións do alumnado da universidade quedaron a unha notable distancia. Así, o Sindicato de Estudantes logrou 4 representantes obtidos noutros tantos centros da USC e AGIR obtivo un asento no claustro. Tamén o Movemento Estudantil Universitario, Estudantes polo Cambio e REDE terán cadanseu representante. O cómputo do escrutinio complétase con 18 membros do claustro elixidos a través de candidaturas conformadas nun só centro -6 de Económicas, 5 de Medicina, 3 de Dereito, 2 de Farmacia, 1 de Física e 1 de Políticas- e outros seis de estudantes que concorreron aos comicios sen estaren adscritos a organización ou candidatura ningunha. A Liga Estudantil Galega foi a forza máis votada no conxunto da Universidade Como adoita acontecer a participación nas eleccións non foi especialmente elevada. Os mesmos datos do escrutinio detallan que exerceron o seu dereito ao sufraxio un total de 1.974 alumnos e alumnas. En termos absolutos a maior participación chegou de Medicina e Odontoloxía -un dos centros máis numerosos da universidade- con máis de 400 votos, seguida de Economía e Empresa, con máis de 180, Ciencias Políticas e Dereito, ambas con máis de 150. Tamén quedaron por riba do cento de votos en Filoloxía, Ciencias da Comunicación e Xeografía e Historia; pola banda baixa atópanse Relacións Laborais, con 28 votos, Filosofía, con 25 e Matemáticas, con 14. Satisfacción co resultado, contrariedade co sistema de voto Á hora de avaliar o veredito das urnas as dúas organizacións maioritarias coinciden en amosaren a súa ledicia polo apoio obtido e as súas críticas ao sistema de votación implantado pola USC. Dende a Liga Estudantil Galega Diotino Nóvoa sinala para Praza Pública que na formación a sensación é \"satisfactoria\", máis aínda tendo en conta que \"era a primeira vez que concorriamos\" a uns comicios ao claustro -veñen de cumprir un ano de vida-. \"Os resultados son unha mensaxe, porque fortalecen a aquelas organizacións que nos opoñemos fontalmente ás políticas de recorte na universidade\", indica Nóvoa, xa que, ademais da Liga, di, os propios Comités, \"ademais de Agir e o Sindicato\", \"sempre amosamos a nosa postura contraria ao desmantelamento da universidade pública\". Liga e Comités coinciden en ver nos resultados unha mensaxe contra os recortes na universidade Tamén o responsable nacional dos Comités, Daniel Candal, ve \"moi positivos\" os resultados para a súa organización e, na mesma liña, coida que ficou \"moi claro que o estudantado está en contra dos recortes\". \"Independentemente de que estivese en xogo a representación do estudantado tamén era unha oportunidade para dicir non ás políticas da Xunta e do Goberno central\", nomeadamente \"ás medidas do último decreto lei\". \"Tamén é un non ás políticas da USC\" que, subliña, \"tiña grandes problemas\" para levar adiante a acción de goberno académico e \"agora vai ter que considerar máis os pasos a seguir\", porque \"a súa minoría é maior\". Candal e Nóvoa achegan estas valoracións dende unha postura moi crítica co sistema de votación electrónica implantado na universidade compostelá. \"Houbo grandes problemas que non é que impedisen o dereito ao voto, pero que si o dificultaron\", di o responsable nacional dos Comités, quen lembra que \"o servizo estivo paralizado varias horas\" e mesmo o sistema chegou a \"caer\". \"Houbo moitos problemas e a USC non os recoñece, só se ampara en que non houbo queixas oficiais, cando nós si que as presentamos\". Isto sucede, salienta, despois de que a institución gastase \"entre 3.000 e 5.000 euros neste servizo informático\". \"Foi un fracaso total e absoluto\", engade Diotino Nóvoa dende a Liga, que lamenta a \"baixísima participación\" provocada, en boa medida, di, porque \"a moitos lles foi imposible votar\". \"Durante o martes á mañá estivo caído varias horas e a aplicación non incentivou para nada a participación\" por ter \"moitos erros\"."}
{"ID": "NOS_20239", "summary": "A economista Natividad López Gromaz prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.", "text": "O IPC (Índice de Prezos ao Consumo) é un indicador económico que se utiliza para medir a variación dos prezos dunha cesta de bens e servizos que se considera que son os máis consumidos por unha familia, nun lugar concreto e durante un período axustado de tempo, como poden ser determinados comestibles, bebidas, calzado, téxtil, carburantes transporte... Os bens e servizos que conforman o cesto ao que se fai o seguimento de prezo non son estables. Foron mudando ao longo dos anos segundo variaba a estrutura das familias, a capacidade adquisitiva ou os hábitos de consumo, entre outros. Neste momento fáiselle seguimento a 955 artigos, divididos en 12 grupos que á súa vez se dividen en subgrupos. Cada grupo ten unha ponderación distinta no cálculo do Índice, que tamén muda. O primeiro IPC publicouse en 1961 tomando como ano base 1958 –aínda que desde o ano 1936 xa existían os Índices de Custo da Vida–. Desde aquela ata a actualidade os cambios foron notables. Naquel primeiro momento só existían 5 grupos de artigos. O grupo de alimentación ponderaba un 55,3%, é dicir, máis do 55% dos artigos que se tiñan en conta para o cálculo do índice eran do grupo de alimentación, xa que era ao que dedicaban as familias a meirande parte dos seus gastos. Ata o ano 1976 non mudaron os grupos, pero si a ponderación que cada grupo de artigos tiña no índice, e a alimentación foi perdendo peso. Desde o ano 1976, os cambios foron máis rápidos e profundos a medida que foi mudando o poder adquisitivo e os hábitos das familias. Foi medrando o número de grupos, ata os 12 da actualidade; aumentando o número de artigos máis consumidos, ata os 955 actuais, e variando a ponderación que cada grupo ten no cálculo do índice. Sirva de exemplo o grupo de alimentación que, de ponderar un 55% no ano 1961, hoxe apenas acada un peso do 22% no cálculo do índice. Se ben este índice pode ser representativo do gasto dunha familia \"tipo\", dunha familia \"media\", non representa unha parte moi elevada das familias que por idade, nivel de ingresos ou mesmo lugar de residencia, na súa estrutura de gasto non se semella á do IPC e, en momentos como o actual, con incrementos moi elevados do prezo dalgúns produtos, estas deficiencias fanse evidentes. Cantos menos ingresos percibe unha persoa, maior proporción dos mesmos destina a alimentación e a outros bens de primeira necesidade como a vivenda ou os combustibles, moi lonxe, polo tanto, das ponderacións que o IPC estima. A idade das persoas é outra factor diferenciador da estrutura de gasto. En Galiza, conflúen os dous factores: una poboación moi envellecida e unha porcentaxe de poboación moi elevada con baixos ingresos. Segundo os datos que facilita a Axencia Tributaria, preto do 40% das persoas con ingresos por salarios durante o ano 2020 en Galiza non acadaron o Salario Mínimo Interprofesional cos seus ingresos brutos anuais. Concretamente, tiveron uns ingresos inferiores a 10.131 euros brutos anuais. Por outra parte, a pensión media dos 768.000 pensionistas existentes en Galiza en setembro deste ano foi de 955,32 euros mensuais. Quere isto dicir que un número moi importante dos e das pensionistas contaron con ingresos inferiores a esta cantidade. Sexan pensionistas, sexan persoas traballadoras de baixos ingresos, os efectos do incremento dos prezos que se está producindo neste momento sobre a súa capacidade adquisitiva ten unha repercusión moito maior do que marca o IPC xeral. Aínda que, en xeral, a inflación aumentou en agosto a respecto do agosto de 2021 un 11% en Galiza –10,5% no estado español–, nos grupos de produtos aos que destinan maior porcentaxe de gasto as familias de menores ingresos, como alimentación, electricidade ou gas, o incremento dos prezos foi moi superior, polo que a repercusión na súa capacidade de compra é moito maior que a que amosa o índice xeral. A isto temos que engadir a cada vez maior fenda entre os incremento do IPC e a suba dos salarios, polo que o efecto se multiplica."}
{"ID": "NOS_38010", "summary": "A sentenza tamén condena a empresa a abonar unha indemnización por vulnerar o dereito á liberdade de expresión do operario.", "text": "O xulgado do Social 3 da Coruña vén de ditar unha sentenza polo que declara nulo o despedimento de José Ramos, traballador de Ferroatlántica, membro da CIG e ex membro do comité, e condena Ferroatlántica SA á súa readmisión inmediata nas mesmas condicións que tiña. Ademais, obriga a empresa a pagarlle os salarios que deixou de percibir neste tempo e a abonarlle unha indemnización polo dano moral derivado da vulneración do seu dereito fundamental á liberdade de expresión sindical. CIG lembra que Ferroatlántica despediu José Ramos, \"que leva traballando na fábrica de Cee 28 anos\", logo do publicar este un comentario nunha rede social, fóra do ámbito da empresa, e nun clima de gran tensión sindical, con posturas enfrontadas dentro do comité, e xusto catro días antes da celebración do referendo polo cal saíu aprobado o convenio colectivo. No seu momento, a CIG denunciou que esta decisión non viña motivada polo prexuízo para a empresa ou o contido do propio comentario (que o traballador eliminou poucos días despois), senón que era unha represión de Ferroatlántica contra a central sindical pola loita contra a venda das centrais, non referendar o acordo marco estatal e non asinar o novo convenio colectivo para as fábricas de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas."}
{"ID": "PRAZA_12708", "summary": "Pode que haxa que reorientar o sentido deses deberes que enchen as mochilas dos nenos: para que e para quen. Pode que sexa necesario pensar se a aprendizaxe ten que viaxar no mesmo campo semántico que a competitividade. E deixar un oco para aprender sobre a frustración, a independencia, as lecturas e o xogo coma tal. A nenez, nada máis.", "text": "Tento anotar nos post-it mentais tódalas cousas que hai que facer. Hai quen fai ó revés despois de cumprir cos asuntos pendentes: sendo notario do cotiá, vai tachando de vermello o paso dos días, as tarefas, os traballos, os graos de area da conta atrás. O concepto de \"o que hai que facer\" é relativo e sempre pode rematar nun absoluto: o forzoso. Ou, nese limbo estraño que ordenan as verbas e a sintaxe, pode converterse no que ten que ser, no desexable, no xusto. Ogallá houbera un xeito de programar todo iso, de transformarse nunha superheroína e poder amañar xusticeiramente todo o que, ó meu criterio, pensase que non está ben. E ollar para o rematado con moita satisfacción, ás mans nas cadeiras e a capa ondeando ó vento. Pero de momento terei que asumir que, nesas pequenas notiñas de cores haberá parte deses deberes que si fan que todo o pequeno, o relativo, funcione. Eu pensaba que os chamados deberes para a casa, eran algo que se pensaba coma un reforzo, un complemento. Que, quizais, podería fomentar a autonomía, certa estratexia de traballo e responsabilidade, pero resulta que non, que o que poden fomentar é a competitividade entre os alumnos Non é que eses garabatos apresurados, con datas de vencemento de recibos e bombonas case baleiras conduzan a vida, xa dixen, por onde nós queremos. Máis ben son diques para conter a desmemoria. Tamén unha podería rebelarse contra esa orde doméstica e decidir pasar de todo e sobrevivir sen planificación. Como os pais franceses, que están fartos de facer deberes. Non é que decidan non ser pais. Deciden non seguir pasando tardes axudando a facer -ou facendo- traballos escolares dos cativos. Eu pensaba que os chamados deberes para a casa, eran algo que se pensaba coma un reforzo, un complemento. Que, quizais, podería fomentar a autonomía, certa estratexia de traballo e responsabilidade, pero resulta que non, que o que poden fomentar é a competitividade entre os alumnos, a discriminación entre os que poden ou non recibir axuda. Xa choveu moito desde que eu facía exercicios de inglés e problemas de mate. Na casa non me daban as respostas cando eu preguntaba polo significado das palabras, dábanme un dicionario. Tamén me rifaron algunha vez por recoñecer non estar atenta ás explicacións e non saber completar aqueles exercicios tan estraños, unha vez que baixara daquel planeta no que pasara a hora da materia correspondente. E non había coartada na casa. Pode que haxa que reorientar o sentido deses deberes que enchen as mochilas dos nenos: para que e para quen Pode que haxa que reorientar o sentido deses deberes que enchen as mochilas dos nenos: para que e para quen. Pode que sexa necesario pensar se a aprendizaxe ten que viaxar no mesmo campo semántico que a competitividade. E deixar un oco para aprender sobre a frustración, a independencia, as lecturas e o xogo coma tal. A nenez, nada máis."}
{"ID": "PRAZA_8311", "summary": "A presenza galega no prestixioso festival arxentino complétase coa estrea mundial da longametraxe de Ramiro Ledo VidaExtra, e cun foco dedicado a Lois Patiño, de quen se verán as súas últimas curtas e un adianto da longa que está actualmente rematando.", "text": "Arraianos, o filme de Eloy Enciso, foi seleccionado para a a sección competitiva Vanguardia y género do Festival Internacional de Cine de Buenos Aires, o BAFICI. Arraianos tivo a súa premiere no Festival de Locarno en agosto do ano pasado, dando inicio a un destacado percorrido por festivais con citas tan importantes coma Vancouver, DocLisboa, Sevilla -onde gañou o premio \"Nuevas Olas\"- , Viennale ou FICUNAM -mención especial no concurso de longametraxes-. O festival comezará o 10 de abril e pechararse o 21 de abril. A presenza galega no prestixioso festival arxentino complétase coa estrea mundial da longametraxe de Ramiro Ledo VidaExtra, dentro da sección Panorama, e cun foco dedicado a Lois Patiño, de quen se verán as súas últimas curtas e un adianto da longa que está actualmente rematando."}
{"ID": "NOS_33563", "summary": "\"Valentísima #IriaPinheiro, a primeira actriz galega en denuncia-lo acoso detrás das cámaras\", deixou escrito en twitter @miktrazapina. \"Todas con Iria. Moito noxo!.#IriaPinheiro\", anotou @sasagz. Son apenas dúas mostras das múltiples expresións de apoio á actriz que denunciou por acoso o director do programa da TVG \"Con amor e compañía\".", "text": "Colectivos profesionais -desde a unión de actores e actrices galega e española até o colexio de xornalistas da Galiza pasando pola asociación galega de directores e realizadores- e moitas persoas a título individual expresaron nesta fin de semana o seu apoio a Iria Pinheiro e a súa repulsa pola situación de acoso denunciada pola actriz e cantante ourensá. Non faltaron os chíos de alento a Pinheiro desde o mundo da política. Noa Presas, secretaria de Acción Feminista do BNG, escribiu na súa conta twitter: \"A solidariedade con Iria Pinheiro, por descontado. Vaia tamén o agradecemento por dar a cara. Unha valentía que dará a man a outras mulleres para saír do silencio\"; en tanto que Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña (Marea Atlántica), apuntaba: \"Se tocan a unha tócannos a todas, compañeira #IriaPinheiro non estás soa\". Escena Galega - APOIO Á ACTRIZ IRIA PINHEIRO https://t.co/Zg5n89R5RQ— Redenasa.tv (@redenasa) 11 marzo 2018 Abundaron tamén os chíos e post que apelaban á campaña global #metoo, lanzada por actrices de Hollywood para denunciar situacións de acoso sexual moi frecuentes na industria do cinema norteamericano. E tamén algunha que outra crítica a quen, sendo coñecedor da situación vivida por Pinheiro, non colaborou na denuncia. \"Triste que os seus compañeiros prefiran calar por un traballo que denunciar estas merdas e gañar calidade de trabajo e dignidade a medio prazo. Valente Iria Pinheiro e covardes (e lamentables) o resto\", escribiu @Flipaita33. O Colexio de Xornalistas de Galicia considera intolerables conductas como as denunciadas hoxe pola actriz Iria Pinheiro e insta a tódolos medios e empresas do audiovisual a extremar a dilixencia para detectar e erradicar calquera tipo de comportamento abusivo.— xornalistas (@xornalistas) 09 marzo 2018 E a respeito da atención mediática emprestada a esta denuncia -que foi avanzada por Sermos Galiza- tamén se puideron ler en twitter críticas á falta de interese dos meios españois: \"Ni en @elmundoes, ni en @abc_es, ni en @elespanolcom, ni en @larazon_es, ni en @eldiarioes, ni en @publico_es he encontrado ningún artículo sobre la denuncia de la actriz Iria Pinheiro\", chiou @martinnncg. En El País e La Vanguardia si que apareceron referencias. En Facebook, a actriz Larraitz Urruzola vía \"noxento\" e \"inxusto\" que as mulleres sofran acoso en tanto que, en troca, os \"acosadores\" se moven \"con total impunidade\" . Na mesma rede, a xornalista María Yáñez escribía: \"Isto é atroz, pero non nos parece incrible nin moito menos. Nin o acoso nin a indiferenza arredor, por parte da produtora do programa, e da avogada do gremio [refírese á asociación de actores e actrices de Galiza] que desistiu de emprender accións legais porque \"ninguén vai dar a cara por ti\"."}
{"ID": "NOS_47374", "summary": "O Executivo galego colabora coa Xunta de Castela e León para controlar un incendio transfronteirizo que afecta ao municipio da Mezquita. A estas horas aínda non trascendeu a superficie queimada na parte afectada no país.", "text": "Os grandes incendios xurdidos entre o sábado e hoxe, que xa afectan a doce municipios, levan arrasadas unhas 7.546 hectáreas de terreos forestais. É o dato que ten, polo momento, a Consellaría do Medio Rural, que indica que a situación mellorou porque se desactivou a alarma pola proximidade das chamas aos núcleos habitados en Cualedro. Se esta mañá se retiraba a alerta por 'Situación 2' en Rairiz de Veiga, xa se deu o mesmo avance en Cualedro. No entanto o traballo dos brigadistas, dos técnicos e dos medios aéreos non rematou. Siguen activos e sen controlar os focos destes dous primeiros concellos, así como o de Vilariño de Conso, Lobios, Vilar de Barrio, Chandrexa de Queixa, Vilardevós, Laza, Manzaneda e Muíños. Segundo o último parte da Xunta, só quedaron estabilizadas as frontes da Gudiña e Maceda, pero continúan activos. Os lumes de maior envergadura son os de Vilariño de Conso (2.000 hectáreas), Lobios (2.000 hectáreas) e Cualedro (1.300 hectáreas). A propia alcaldesa de Lobios revelaba esta mañá a súa preocupación polo dano causado ao Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. Quer o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, quer o conselleiro do Medio Rural, José González, insistiron en que todos os lumes foron intencionados. Así mesmo advertiron ás ou aos culpábeis que investigarán até dar con eles. As brigadas e a Unidade Militar de Emerxencia (UME), que traballaba xa no Xurés cando foi requerida pola Xunta para axudar en outros dos focos, continúan traballando a pleno rendemento para intentar frear o avance das lapas. De feito, os equipos dependentes da Xunta colaboran con persoal de Castela e León para pór fin ao lume que afecta aos municipios limítrofes de A Mezquita e Hermisende. Deste suceso aínda non se facilitaron cifras de superficie queimada. Sábese que afecta á parroquia galega de Cadavós e que se declarou ás 12.24 horas no país."}
{"ID": "PRAZA_19732", "summary": "A Axencia Ferroviaria Europea desmonta a argumentación de que a normativa non o esixía, como defende a empresa pública, cuxo ex-director de seguridade está citado no xulgado como imputado este martes O avogado do maquinista salienta que a liña aínda non fora certificada", "text": "O avogado do maquinista salienta que a liña aínda non fora certificada En xullo do pasado ano a Axencia Ferroviaria Europea (ERA, nas súas siglas en inglés) emitiu un duro informe criticando a investigación oficial realizada polo Ministerio de Fomento sobre o accidente de tren de Angrois por non ser independente e centrarse só no maquinista como único responsable do sinistro. Agora, as vítimas do tren Alvia veñen de entregar no xulgado de Santiago que investiga as responsabilidades penais unha carta do xefe de seguridade da axencia comunitaria na que volve tombar outra das teses de Adif, a empresa pública xestora da rede ferroviaria estatal, e asegura que a normativa europea obrigaba a realizar unha análise da seguridade da liña que non se fixo e que tería evitado o descarrilamento. Un escrito que chega ao xulgado un día antes de que este martes estea citado a comparecer, como investigado (antigo imputado), o daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, como responsable de non avaliar e previr adecuadamente aquel risco. A Axencia Ferroviaria Europea desmonta a argumentación de que a normativa non o esixía, como defende a empresa pública, cuxo ex-director de seguridade está citado no xulgado como imputado este martes En resposta á imputación de Cortabitarte, Adif asegurou ante o xuíz que a normativa europea era confusa e que non era obrigatorio realizar a análise de riscos por cuxa inexistencia é responsabilizado e imputado o seu ex-alto directivo. A plataforma de vítimas de Angrois preguntou en outubro do ano pasado ao xefe de seguridade da axencia europea, Christopher Carr, se era ou non obrigatoria esa análise, e o 17 de novembro obtivo a súa resposta afirmativa que agora entregan no xulgado: \"Sobre a cuestión de se se debera realizar unha avaliación do risco para a nova liña, podo confirmar plenamente que a lexislación da UE si o require\", di o responsable comunitario. Na resposta do responsable de seguridade ferroviaria da UE, que remitiu tanto ás vítimas como aos seus superiores, tamén se di que \"o risco de descarrilamento durante a marcha e especificamente en curvas foi coñecido polos enxeñeiros ferroviarios desde que se construíron os ferrocarrís por primeira vez, xa que teñen o risco de non controlar a velocidade\". Unha afirmación que contradí a argumentación de Adif de que no ferrocarril \"unha curva nunca é un punto de perigo\". E engade que no caso da curva de Angrois \"o risco foi identificado\" pero non atallado senón só \"exportado ao condutor\" por parte de Adif. En xullo a axencia europea desacreditara a investigación oficial de Fomento, o que para as vítimas foi fundamental para que a instrución xudicial virase e deixase de considerar o maquinista como único responsable Esta é a segunda vez que a axencia europea ataca tan directamente a Adif e Fomento. O pasado xullo xa desacreditara a investigación oficial realizada polo ministerio que culpara só ao maquinista e que logo influiría en varias peritaxes da causa penal. Aquel informe dos técnicos comunitarios atacando a Fomento foi fundamental, consideran as vítimas, para que a instrución xudicial da causa penal virase e deixase de considerar o maquinista como único responsable do sinistro. Este martes, ás 10.30 horas, está citado no xulgado de Santiago Andrés Cortabitarte, quen como director de Seguridade de Adif cando se puxo en servizo a liña estaba obrigado, segundo di agora o xuíz avalado por varios peritos, a analizar o risco da curva de Angrois e palialo. Pola contra, Cortabitarte autorizou que se reducise a seguridade e que os trens Alvia circulasen pola liña de AVE Ourense-Santiago desde un ano antes do accidente co sistema de control constante da velocidade (ERTMS) desconectado e facendo responsable único de frear a tempo antes da curva ao maquinista de cada tren."}
{"ID": "NOS_24050", "summary": "A cidadanía xúntase para reivindicar que \"non morreu, foi asasinado\". Aliás, demanda pór fin ao discurso do \"odio e a indiferenza\".", "text": "Centos de persoas -mesmo perto de 3.000 segundo a organización-, con todo tipo de perfís pois o crime uniu a sociedade coruñesa baixo unha mesma demanda, volveron este domingo ás rúas da Coruña para reclamar xustiza para Samuel Luiz, o rapaz de 24 anos asasinado na madrugada do pasado sábado debido a unha brutal malleira. Chamadas por entidades do colectivo LGTBQI+, concentráronse antes das 19.30 horas na praza da Palloza para amosar o seu rexeitamento ao crime, con independencia de que o móbil continúe sen ser aclarado polas autoridades nunha investigación baixo segredo. Rieiros de veciñas e veciños -entre as que se atopaban caras coñecidas da política local e tamén profesionais de medios españois, ademais dos galegos- achegáronse ao punto de encontro até última hora levando con orgullo a bandeira do arco da vella. Escoltada pola Policía Local e a Policía Nacional, a xente comezou a camiñar (máis tarde da hora estipulada) cara a praza de María Pita, que acolleu a concentración masiva da pasada segunda feira, ao grito de \"Non son mortes, son asesinades\" nunha linguaxe inclusiva. Na pancarta que ía diante podíase ler \"Ante o odio e a violencia, non mostres indiferenza. #XustizaParaSamuel\" e nos carteis individuais deixáronse escritas mensaxes tan reveladoras como \"Seguimos protestando porque seguennos matando\" e \"Os dereitos humanos non son obxecto de debate\" e tan irónicas como \"Ana Rosa. Cala parva\". Outras das consignas que berraba a cidadanía durante a manifestación, que no momento desta publicación aínda continuaba, foron \"Se tocan a unhe, tócannos a todes\"; \"Rebelión, desobediencia\"; \"Samuel, irmán, non estás só\" ou \"Non morreu, foi asasinado\". Proba de que este tipo de accións aínda son necesarias na sociedade actual son anécdotas vividas na previa da marcha, pois familias consideradas normativas que querían participar da loita polos dereitos de Samuel indicaban ao mesmo tempo onde colocarse aos fillos afirmando \"ti aquí, cos normais\" impoñendo estar xunto a persoas que, quizais para esas unidades familiares, escapaban do arquetipo de persoa LGTBQI+. Campañas a prol da xustiza e da lembranza A concentración de protesta fora anunciada por varias agrupacións do colectivo LGTBQI+ en homenaxe a Samuel e para reclamar xustiza polo crime pero tamén coma unha reacción \"ante o odio e a indiferenza\". \"A LGBTIfobia non só vén en grupo a dar malleiras, ás veces tamén actúa a porrazos, co uniforme e o casco posto, ou ninguneando e desprezando desde comisarías e xulgados ás vítimas de agresións LGBTIfóbicas por parte desta xustiza patriarcal e reaccionaria. Imos pelexar e organizarnos contra as agresións LGBTIfóbicas, non só a defendernos\", sinalaron nun comunicado para dar a coñecer a convocatoria. Ademais deste tipo de actos reivindicativos tamén está en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para intentar que o Concello da Coruña mude o nome da avenida de Buenos Aires por Samuel Luiz, en lembranza deste traballador da residencia de maiores de Padre Rubinos que foi nesa rúa."}
{"ID": "NOS_8529", "summary": "Rusia considera que o adestramento de militares ucraínos na UE converte o bloque comunitario en \"parte do conflito\", mentres Bruxelas anuncia as primeiras sancións contra Irán pola suposta venda de drons a Rusia.", "text": "Os embaixadores dos países membros da Unión Europea (UE) acordaron esta quinta feira impor sancións a cinco persoas e tres entidades de Irán pola suposta subministración de drons ao Exército ruso, tres días despois de que os ministros de Exteriores solicitaran recompilar probas destas vendas. Nese sentido, o secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), Jens Stoltenberg, reiterou que \"todos os indicios\" amosan que o país asiático transferiu drons militares a Rusia, antes de negarse a ofrecer detalles destas acusacións. Horas antes, o líder da alianza militar, os Estados Unidos, efectuou unha denuncia semellante no Consello de Seguridade da Organización das Nacións Unidas. Desde a entrada de Rusia na guerra en Ucraína a finais de febreiro Bruxelas enviou armamento a Kíiv por valor de 3.000 millóns de euros, arredor de 10% das armas que recibiron. Pola súa banda, Teherán e Moscova negaron en distintas ocasións as acusacións, instando a OTAN a presentar probas que as avalen. A UE na guerra Con respecto á misión de adestramento de 15.000 integrantes da Forzas Armadas de Ucraína, a voceira do Ministerio de Exteriores ruso, Maria Zajarova, salientou que esta decisión \"sen dúbida converte a UE en parte do conflito\", cuestionando as prioridades do bloque comunitario polo financiamento das autoridades de Kíiv. \"Pídenlles aos seus cidadáns que se bañen e quenten menos posto que non hai maneira de que a súa vida sexa cómoda. Nós sabemos onde van os cartos\", aseverou. O Exército ruso comunicou unha nova rolda de ataques aéreos contra infraestruturas enerxéticas ucraínas, principalmente na área de Khersón, Khárkiv e Donetsk. Os ataques con drons afectaron un centro educativo en Mikolaiv, informou Ucraína. Ademais, en Lugansk, os bombardeos ucraínos contra o departamento de Emerxencia da República Popular provocaron a morte de cinco empregados públicos, trasladou TASS. No plano diplomático, Oslo culpou a Intelixencia rusa de utilizar drons para inspeccionar instalacións de infraestrutura do país escandinavo, após a detención a cuarta feira de sete cidadáns rusos. En paralelo, Londres afirmou que a finais de setembro un avión militar ruso lanzou un mísil preto dun avión espía británico no mar Negro. Asemade, o Servizo de Intelixencia do Ministerio de Defensa de Ucraína apuntou que \"máis de 8.000 mercenarios do Grupo Wagner\" participaron na guerra a favor de Rusia."}
{"ID": "PRAZA_4164", "summary": "A sociedade volve a vista estas semanas cara ao sector da ciencia, que sufriu importantes recortes nos últimos anos, e que agora revela o seu papel imprescindible. Varios gruos de investigación galegos reciben financiamento para os seus estudos na procura dun tratamento contra a Covid-19.", "text": "O mundo devece pola vacina contra o coronavirus. Multitude de grupos de investigación de todo o planeta traballan tentando acadar ese obxectivo, desenvolvemento ferramentas e técnicas que aceleren a consecución dun tratamento eficaz contra a Covid-19 que, en calquera caso, non estará dispoñible para a súa distribución masiva ata dentro de varios meses, máis dun ano con toda probabilidade.En total, hai cando menos 108 proxectos en marcha en todo o mundo, segundo a documentación oficial da OMS. 8 deles están xa en avaliación clínica, mentres que o resto aínda non comezou os seus ensaios. En Galicia son varios os equipos que neste momento están centrados nestas investigacións, como xa destacamos hai unhas semanas. A sociedade volve a vista estas semanas cara a o sector da investigación, que sufriu importantes recortes nos últimos anos, e que agora revela o seu papel imprescindible.O grupo liderado por Javier Montenegro recibirá 126.000 euros para as súas investigacións sobre a preparación e uso de vectores peptídicos para a entrega celular de ARN mensaxeiro, que pode aplicarse para o desenvolvemento de vacinas contra a COVID-19O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC acolle a varios destes grupos. Hai un mes o investigador José Martínez Costas, do CiQUS, obtivo financiamento do Instituto de Saúde Carlos III para o desenvolvemento dunha vacina fronte á Covid-19 en base a unha nova metodoloxía patentada na Universidade compostelá que permite \"resultados en marxes de tempo reducidos e a baixo custo\". E agora o Instituto Carllos III vén de apoiar o traballo doutro grupo do mesmo centro, desta volta o liderado por Javier Montenegro, que recibirá 126.000 euros para as súas investigacións sobre a preparación e uso de vectores peptídicos para a entrega celular de ARN mensaxeiro, o cal pode aplicarse para o desenvolvemento de vacinas contra a COVID-19. Durante seis meses o equipo desenvolverá unha plataforma para cribar posibles vectores non virais que podan ser utilizados como transportes de ARNs que codifican proteínas do virus.As vacinas baseadas en ARN mensaxeiro atópanse na base dalgúns dos ensaios clínicos que se están a levar a cabo na carreira por atopar unha vacina contra a COVID-19, pois mellorar a entrega de ARNm (ácido ribonucleico mensaxeiro) a través dun portador axeitado pode aumentar a eficiencia das vacinas e reducir a dose requirida. Ademais, indica Montenegro, \"as vacinas de ARNm teñen un gran potencial debido á súa flexibilidade, seguridade e desenvolvemento rápido, o que as fai ideais para situacións que requiren una resposta rápida, como é o caso de enfermidades infecciosas emerxentes\".Mellorar a entrega de ácido ribonucleico mensaxeiro a través dun portador axeitado pode aumentar a eficiencia das vacinas e reducir a dose requiridaPorén, este instrumento presenta grandes dificultades, comezando pola extrema sensibilidade e o difícil transporte do material xenético (ARN) que provoque a resposta inmune, o que obstaculiza o seu potencial. Para paliar esta limitación, o grupo de investigación de Montenegro traballa no desenvolvemento dunha plataforma sintética para o cribado rápido de vehículos para o ARN baseados en péptidos. \"Levamos máis de cinco anos optimizando os vectores in vitro e recentemente realizamos probas en ratos con resultados prometedores\", afirma Montenegro. Este éxito na entrega in vivo de ARNm en animais indica que pode ser un excelente vector non viral para a sua a aplicación na formulación de vacinas de ARNm.Outros grupos galegos na procura da vacinaA investigación que lidera Montenegro pode combinarse coas que desenvolven grupos coma o de José Martínez Costas ou o da catedrática de Farmacoloxía da USC María José Alonso, que avalía estudos preclínicos para unha nova vacina contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus. Ao igual que outras investigacións, o seu equipo propón o deseño dunha vacina baseada en ARNm do virus. Porén estas vacinas necesitan de axentes, os chamados adxuvantes, para estimular a inmunidade no organismo. É por iso que o grupo desenvolve un protocolo mediante nanopartículas que permitan mellorar a dosificación da vacina.O grupo de María José Alonso desenvolve un protocolo mediante nanopartículas que permitan mellorar a dosificación da vacinaO pasado 21 de abril María José Alonso participou nun seminario virtual organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), no que a investigadora subliñou que \"a vacina non chegará antes dun ano ou ano e medio\", como destacou GCiencia nesta información. Con todo, a catedrática da USC salienta que os prazos se están apurando ao máximo para que chegue canto antes. neste senso, indica que xa hai varias multinacionais que están preparadas para a produción a gran escala, unha vez que se dispoña da vacina.Tamén a catedrática de Farmacoloxía da USC Mabel Loza, que en xaneiro recibiu o Premio Josefa Wonenburguer, que cada ano recoñece ás mulleres referentes no mundo da ciencia, está centrada na actualidade nesta carreira por chegar a un tratamento contra a Covid-19, destacando xa a finais de marzo que \"agora estamos a virar todo o noso coñecemento e reorientándoo en todo o que podemos cara o coronavirus\". O grupo que lidera, Biofarma, tamén procura financiamento para varios proxectos a nivel europeo e estatal, traballando principalmente sobre as 'dianas', identificando os mecanismos polos que o virus entra no corpo co obxectivo de poder bloquealos.O grupo biotecnolóxico Zendal, con base no Porriño, obtivo tamén financiamento para investigar a posibilidade de que a súa vacina contra a tuberculose puidese ser empregada contra o coronavirusAsí mesmo, o pasado mes de abril o grupo biotecnolóxico galego Zendal, con base no Porriño, obtivo tamén financiamento para investigar a posibilidade de que a súa vacina contra a tuberculose puidese ser empregada contra o coronavirus. A vacina MTBVAC foi deseñada pola farmacéutica Biofabri, pertencente a Zendal, e a Universidade de Zaragoza. O desenvolvemento deste proxecto, actualmente nas fases preclínicas finais, pretende explorar se a inmunidade inespecífica fronte a SARS-CoV-2 que podería xerar esta vacina pode ser o suficientemente eficaz como para iniciar estudos en persoas nun futuro inmediato.Hai que ter en conta que a vacina non se poderá aplicar de forma masiva ata dentro de bastantes meses. Hai unhas semanas Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, sinalaba nesta entrevista que \"o proceso seguramente se acelerará con respecto a outras vacinas, e pode que comecemos a probalas nuns poucos meses, pero non teremos unha vacina este ano\". \"Outra cousa é que se poida dar máis rapidamente cunha vacina e que se decida vacinar a determinados grupos de risco, por exemplo á poboación maior dunha determinada idade, aínda que non sexa completamente eficaz\", engadía.De igual xeito, hai uns días PharmaMar (Grupo Zeltia), anunciou o inicio dun ensaio clínico con Aplidin para o tratamento de pacientes con Covid-19. O ensaio foi autorizado pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, dependente do Ministerio de Sanidade. O estudo, no que participarán tres hospitais da Comunidade de Madrid, servirá para avaliar o perfil de seguridade e a eficacia este tratamento, empregando tres diferentes doses de plitidepsina en persoas infectadas polo coronavirus. Hai uns días PharmaMar, filial do Grupo Zeltia, anunciou o inicio dun ensaio clínico con Aplidin para o tratamento de pacientes con Covid-19Nesta primeira etapa incluiranse 27 pacientes, aos que se lles administrará estas tres diferentes doses. A variable principal será o nivel de carga viral dos pacientes antes do tratamento e unha vez finalizado o mesmo, así como unha serie de parámetros de evolución clínica. De ter éxito, a empresa solicitará autorización para continuar o estudo con máis pacientes e coa dose indicada. Pharmamar xa anunciara resultados prometedores dos estudos in vitro de plitidepsina no coronavirus humano HCoV-229E, cun mecanismo de multiplicación e propagación moi similar ao SARS-CoV-2, xa que ambos utilizan a proteína eEF1A para a súa reprodución.Investigación en determinantes xenéticos para as infeccións por CovidO grupo Genomics&Bioinformatics da USC coordinará unha investigación internacional para analizar os determinantes xenéticos que poidan predispoñer a sufrir unha infección máis grave a causa do coronavirusDe igual xeito, o grupo Genomics&Bioinformatics do CiMUS da USC coordinará unha investigación internacional para analizar os determinantes xenéticos e biomarcadores xenómicos de risco que poidan predispoñer a sufrir unha infección máis grave a causa do virus SARS-CoV-2, ou que mesmo poidan causar a morte en persoas aparentemente sen factores de risco asociado. A investigación está dirixida polo investigador principal do CiMUS, Anxo Carracedo.Un consorcio internacional, do que forman parte máis de vinte hospitais e grupos de investigación de alto nivel, realizará ao mesmo tempo a procura de biomarcadores xenómicos de risco ou protección en pacientes que recibisen tratamento durante a infección e que evolucionasen de maneira dispar. Este proxecto abranguerá a 8.000 pacientes con infección por SARS-CoV-2 e test microbiolóxico positivo, tanto de España como doutros países do mundo."}
{"ID": "NOS_29465", "summary": "A praga pon en perigo as colleitas e, con iso, a alimentación dos pequenos agricultores e das súas familias.", "text": "Nacións Unidas alertou nesta terza feira, 17 de marzo, das \"novas vagas\" de lagostas do deserto que percorren Quenia, Etiopía e Somalia e poñen en perigo as colleitas e, con iso, a alimentación dos pequenos agricultores e das súas familias en todo o leste do continente africano. O Programa Mundial de Alimentos da ONU cualificou esta epidemia de insectos como a \"maior e máis perigosa\" praga migratoria do mundo, cuxo repunte desde que se iniciou en 2019 é o peor dos últimos 25 anos en Etiopía e Somalia, e dos últimos 70 en Quenia. A Organización da ONU para a Alimentación e a Agricultura (FAO, nas siglas en inglés) xa alertara o pasado mes de febreiro de que os enxames de lagostas estaban a estenderse por todo o Corno de África, así como por Tanzania, Uganda e Quenia, poñendo en serio risco as colleitas de maio e xuño nalgunhas zonas destes países. 13 millóns de persoas afectadas Segundo a FAO, 9,7 millóns de persoas en Quenia, Etiopía e Somalia pódense ver afectadas por esta praga de insectos, mentres que en Uganda e Sudán do Sur serían 3,2 millóns. Esta oficina dasa Nacións Unidas recordou que é máis eficaz apoiar medidas de prevención que intentar posteriormente paliar as consecuencias."}
{"ID": "NOS_52264", "summary": "O presidente da Xunta e do PP en Galiza proclamouse oficialmente candidato ás eleccións parlamentarias este sábado en Vigo.", "text": "O presidente da Xunta e do PP en Galiza, Alberto Núñez Feixoo, presentouse este sábado como un candidato \"libre\" para optar á reelección nos comicios autonómicos do próximo 5 de abril e advertiu: \"Non serei refén de ningún partido, nin tan sequera do meu, porque son servidor de todos os galegos\". Fronte a un Auditorio Mar de Vigo con numeroso público presente para a súa proclamación oficial como candidato polo PP, Feixoo reivindicouse como \"un candidato libre\" que aspira a \"volver ser un presidente libre\" con obrigas \"só cos galegos, nada máis\". Arrancamos o acto de proclamación de @FeijooGalicia como candidato á presidencia da Xunta, é facémolo presentando un lema que resume a nosa consideración desta terra marabillosa e exemplar. #GaliciaéMoito #FeijóoPresidente pic.twitter.com/hq86WgyKW9— PP de Galicia (@ppdegalicia) February 15, 2020 Tras días de apelacións directas desde a xestora de Ciudadanos para concorrer aos comicios de forma conxunta, o líder dos populares galegos descartou dirixir \"ningún bloque de partidos\". Así, co compromiso de \"dar estabilidade\" e \"representar o entendemento\" entre a cidadanía galega, situou en fronte unha oposición \"multipartita\" que fomenta a \"división\". Con este multitudinario acto na entrada do Auditorio Mar de Vigo, onde tamén interviñeron a delegada da Xunta na cidade, Corina Porro, e o líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, Feixoo lanzou a súa precampaña baixo a máxima de \"Galicia é moito. Galicia é todo\"."}
{"ID": "NOS_37860", "summary": "Os servizos pasarían a Vigo e pensan que haberá demoras polo volume de traballo a asumir. Ademais a medida podería eliminar 150 postos de traballo.", "text": "\"A centralización deste servizo en Vigo perxudica aos veciños e veciñas do Porriño e doutros concellos\", aseguran desde o BNG deste municipio da Louriña. A medida prevista pola Xunta de trasladar as oficinas liquidadoras dos Rexistros da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarca eliminaría, segundo @s nacionalistas, 150 postos de traballo e produciría demoras nos trámites polo volume de traballo que terían que asumir se se confirma o traslado, neste caso, a Vigo. Solicitarán no Pleno Municipal un acordo de todas as forzas políticas contra esta medida da Xunta O BNG porriñés presentará esta Quinta Feira unha moción no Pleno Municipal na que pedirán un acordo de todas as forzas políticas representadas para instar á Xunta de Galiza a revocar a súa determinación de suprimir as funcións de oficinas liquidadoras que se realizan a través dos Rexistros da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarcas, e a que se renoven os convenios asinados até agora para garantir este servizo. \"Estamos nun contorno sensíbel como é o medio rural, e non benefician en nada estas medidas baixo o pretexto do aforro e a austeridade\", aseguran."}
{"ID": "NOS_4214", "summary": "Cada vez será menos habitual escoitar ou comentar discos. Refírome a escoitalos como se fosen novelas, non por capítulos soltos, senón páxina a páxina até chegar á palabra \"fin\". Agora o que vén pisando forte son as listas de reprodución, aí é onde está a fama, o cartiño.", "text": "Facede o exercicio, veredes que nesta época de confinamento, ninguén se atreve a lanzar un disco. O consumo está cambiando. Sei o que pensades, eu tamén gosto da viaxe musical completa, da inmersión. Creo que esa sensación de pór un disco de cabo a rabo será unha desas cousas que só algúns superviventes seremos quen de recordar. Pero como dicía Robert Zimmerman, os tempos están cambiando e ás veces non está mal probar novos xeitos de facer as cousas. Primeiras cancións / Silvana Estrada / Youtube / 2019 E con esa premisa, hoxe fálovos non dun disco, senón dunha artista. Unha cantora mexicana insultantemente nova e cuxas cancións teñen profundidade selvática. Chámase Silvana Estrada. Persoalmente é unha das miñas cantantes de referencia e se a buscades nalgunha plataforma dixital, veredes que aínda non ten editado o seu primeiro disco. En lugar diso, podemos atopar unha escolma de catro cancións (Primeras canciones) e outros dous temas soltos. Así é. Hai que ir cos tempos e observar que xa non está a ser fundamental encher un CD completo coas súas tropecentas cancións. A viaxe musical que nos propón Silvana Estrada é curta pero moi intensa. Nada máis comezar unha canción, ides querer escoitar a seguinte. É unha música fresca, luminosa, e a súa mensaxe non queda na superficie das cousas, senón que deixa un pouso de melancolía, esperanza e salvavidas. Silvana Estrada fala de desamor e de busca cunha delicadeza e unha sensibilidade que eu pensaría imposíbel para unha rapaza que naceu en 1997. A súa voz é realmente evocadora e moi virtuosa, por momentos mesmo me fai lembrar a admirada Violeta Parra ou a \"Mamá\" Sosa. Quizais esa delicadeza súa é o que fai que me renda ante ela e non importa nada que aínda non teña un disco editado, ou que non poida facer ese amábel exercicio de ir escoitando peza por peza, a súa historia compilada nun CD, así está ben. Silvana é unha renovadora, unha desas voces que teñen algo especial desde o primeiro segundo en que a escoitas. Cando aparece alguén así, só queda a opción de abrir as orellas como se fosen antenas, intentando non perder un só detalle de todo o que a música che está agasallando. Hai algo de ritual ou de santería cando a beleza musical é capaz de secuestrar a túa alma. Esa beleza captadora, será a mesma da que fala o recentemente desaparecido Aute? Ou será aqueloutra de escoitar o canto dun paxaro no silencio da cidade?"}
{"ID": "NOS_37179", "summary": "Nove activistas a xuízo hoxe por reclamar a fin do \"expolio\" dos Franco da Casa Cornide. O colectivo dos '19 de Meirás' convocou unha concentración pacífica diante do Xulgado para amosar a súa solidariedade con este grupo de persoas.", "text": "O xuízo contra os nove activistas militantes do BNG denunciados pola familia Franco por unha protesta realizada na Casa Cornide para pedir a súa devolución tivo lugar hoxe, día 4 de febreiro, no Xulgado de Instrución número 4 da Coruña.Armando Carril, Manuel Méndez, Elvira Branco, Carolina Fernández, André López, Salvador González, Óscar Calvo, Dani Carballada e Bieito Lobeira foron xulgados por un delito leve de coaccións. A sesión durou apenas unha hora e na mesma declararon 3 testemuñas: 1 traballador da familia Franco e 2 policías que estaban presentes cando a 'okupación' simbólica do inmóbel. Estas persoas denunciadas aseguraron que a acción realizada o 26 de setembro de 2017 consistiu en despregar unha faixa da varanda da Casa Corinde, para reclamar que este edificio, que foi \"expoliado\" en 1962 polo Franco, sexa restituído ao patrimonio público. Elvira Blanco, portavoz das encausadas, declarou antes de entrar no xuízo que os Franco \"poden denunciarnos as veces que querian, que non poden roubar a dignidade do pobo galego\". .\"Que teñamos que sentarnos diante dun xuíz por realizar unha acción simbólica mentres os herdeiros dunha ditadura asasina desfrutan do patrimonio espoliado, é o mundo ao revés\" explicou. Os encausados sosteñen que as acusacións feitas \"carecen de fundamento e esperan que a acción sexa considerada como o que foi: un acto pacífico e de expresión democrática ante unha situación inxusta que ademais sabemos que é compartida por todas as persoas demócratas\". En solidariedade con estas nove persoas, que reclaman que as administracións públicas interveñan con contundencia tamén no caso da Casa Cornide, foi convocada unha concentración que se desenvolveu ás portas do xulgado no que se realizou a sesión."}
{"ID": "NOS_15749", "summary": "A automoción, outrora motor do crecemento da economía galega, fai caer as exportacións en plena loita contra a crise dos 'microchips'", "text": "Non hai crise que non teña as súas consecuencias. No caso da Galiza, a difícil situación pola que atravesa o sector da automoción, con paros constantes por falla de subministración na principal industria, Stellantis, está a pasar factura no comercio de bens a terceiros países, en parte pola caída da produción derivada destes paros. Segundo os datos de comercio exterior recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as exportacións rexistraron en xullo a segunda maior caída do Estado español (-10,9%), cun valor de 1.744 millóns, mentres que as importacións aumentaron na mesma porcentaxe, até os 1.643,9 millóns de euros, o que deixa un saldo comercial positivo de 100,4 millóns de euros, 78,9% inferior ao de xullo de 2020. A automoción, que hai uns meses tiraba das exportacións, representando 35% do total exportado no país, experimenta unha forte caída. As manufacturas de consumo, co téxtil á cabeza, lideraron as vendas ao extranxeiro, con 22,1% do total, pese a caer 15,8% es taxa interanual. No caso da automoción, que representou en xullo 20,4% dos bens exportados, cun volume de 356,5 millóns de euros, experimentou unha contracción de 38,7% respecto dos valores do mesmo mes do pasado ano. O terceiro sector que máis exportou foi o de alimentación, bebidas e tabaco (17,9% do total), que segue a crecer mes tras mes. Desta vez 5,4% interanual, até os 312,2 millóns de euros. Acumulado do ano As cifras melloran no acumulado do ano. Entre xaneiro e xullo, as exportacións incrementáronse na Galiza 23,3%, até alcanzar os 13.077,4 millóns, mentres que o valor das importacións subiu outro 23,8%, ata 11.078,7 millóns, o que arroxa un saldo positivo de 1.998,8 millóns de euros, desta vez, ao contrario do que acontece co mes de xullo (-78,9%), cun crecemento interanual de 20,5%. A automoción, á espera de ver se a evolución á baixa continúa nos próximos meses como consecuencia da chamada 'crise dos microchips', segue a liderar o crecemento das exportacións galegas, aínda que perde forza. Nos sete primeiros meses do ano, as vendas do sector ao exterior representan 26,1% do total (3.406,9 millóns de euros), o que supón 30,9% máis con respecto ao mesmo período do ano anterior. As manufacturas de consumo, que representan 20% do total (2.614,8 millóns de euros), medran 9,7% en taxa interanual, mentres que os bens de equipo (14,6% do total e 1.910,2 millóns de euros), experimentaron un incremento de 52,7% fronte aos datos de 2020. Por destino dos bens, as exportacións á Unión Europea (70,3% do total) presentan en xullo unha taxa de variación interanual de -13,3%. Diminúen as vendas cara ao noso comprador máis importante, Francia (-33,4%), así como cara países como Bélxica (-43,5%) e Polonia (-16,2%). Pola contra, aumentan en Portugal (6,0%), Alemaña (5,1%) e Italia (3,5%), así como cara a países como Grecia (34,2%). Con respecto ao resto de países, destaca o aumento das dirixidas cara Marrocos (26,7%) e a diminución das que teñen como destino o Reino Unido (-45,1%). Un cento de baixas en Stellantis O mesmo día que se coñecían os datos de comercio exterior, Stellantis anunciaba que a suspensión da quenda da fin de semana do sistema 2, o que monta furgonetas e monovolúmenes na planta de Vigo, suporá a recolocación dunhas 650 persoas, mentres que outro cento chegará ao final do seu contrato e non se lles renovará. Así se trasladou na reunión mantida esta segunda feira, 20 de setembro, e que marcou o inicio das negociacións entre a empresa e os representantes sindicais para abordar a eliminación \"temporal\" desta quenda e determinar cando e con que medidas vai formalizar esa suspensión. A empresa propuxo que a suspensión se faga efectiva a partir do 3 de outubro, último día \"programábel\", para, deste modo, \"axilizar mobilidades e formacións\" e para reacomodar actividade."}
{"ID": "NOS_19124", "summary": "A iniciativa do BNG instaba a Xunta a reclamar a creación de tres xulgados de violencia de xénero en Ourense, Lugo e Santiago de Compostela.", "text": "O PP votou esta cuarta feira no Parlamento galego en contra dunha iniciativa do BNG para que a Xunta demande ao Estado español a creación extraordinaria de Xulgados de Violencia sobre a Muller, con competencias exclusivas e excluíntes, nos partidos xudiciais de Ourense, Santiago de Compostela e Lugo. O BNG buscará a unanimidade do Parlamento galego para o traspaso da AP-9 e tres xulgados de violencia de xénero \"A única esperanza que nos queda en igualdade é que xa queda un día menos de goberno do PP\", concluíu con contundencia o portavoz nacionalista de Xustiza, Iago Tabarés, logo que o PP manifestase a súa oposición a esta iniciativa A intención do Bloque era dotar a Galiza destes novos xulgados con competencias exclusivas e excluíntes, é dicir, \"que as competencias de violencia sobre a muller estean concentradas nun xulgado e este non teña a obriga de levar outras materias\" e poder \"garantir a máxima axilidade xudicial e a mellor atención posible ás vítimas\". Pontón urxe \"activar políticas\" contra a violencia machista Tabarés recordou que para conseguir estas novas unidades xudiciais é preciso da participación do Executivo galego, que \"ten que facer os seus deberes\". \"Non pode haber transferencia se a Xunta non as solicita e é a Xunta quen ten que solicitar estes xulgados\", recalcou para engadir a continuación que, dende finais do ano pasado, \"teñen vostedes un plan global do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza alertando do mal estado no que se atopan os xulgados de violencia de xénero galegos\". Necesidades dos xulgados galegos Após repasar as necesidades recollidas no citado informe, entre as que citou o incremento de maxistrados e maxistradas e dos cadros de persoal, as prolongacións de xornadas permanentes ou a cobertura das baixas por enfermidade, Tabarés censurou a resposta negativa do Goberno galego. A xuíza de violencia de xénero de Compostela denégalle unha orde de afastamento a unha denunciante de malleiras habituais Segundo manifestou, \"o que fixo (o PP) ante este demoledor informe foi suprimir as prolongacións de xornada, é dicir, sobrecargar aínda máis ao persoal que está atendendo este servizo\". Na defensa da iniciativa, o deputado do Bloque recordou os distintos acordos unánimes acadados previamente na Cámara galega para solicitar a creación urxente de xulgados específicos de violencia sobre a muller, entre outros, nos tres partidos xudiciais recollidos na proposta nacionalista debatida hoxe, e lembrou de igual xeito que o propio PP reclamara en varias ocasións a creación destas unidades especializadas. Estado e comunidades abordan a actuación contra o machismo \"Curiosamente estas peticións eran anteriores ao goberno de M. Raxoi\", afeou, para reprobar a continuación a bancada do PP que \"resulta vergoñoso como vostedes mudan as súas políticas e as súas demandas en función de quen goberne no Estado español, evidenciando que o importante non son os galegos e as galegas, senón a estratexia do seu partido\"."}
{"ID": "NOS_31966", "summary": "J.G.M, de 57 anos, quedou baixo o camión, cargado con material pesado.", "text": "Un home faleceu na mañá desta sexta feira despois de quedar atrapado baixo o camión que manexaba no interior dunha nave do Polígono das Gándaras, no municipio do Porriño. Segundo informou o 112 Galiza, o sinistro mortal produciuse minutos antes das 9,00 horas desta sexta tal e como indicaron as persoas que contactaron co servizo de emerxencias para pedir axuda urxente. Deste xeito, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño para liberar á vítima, atrapada baixo o camión cargado con material pesado. Ademais dos bombeiros, avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como á Guardia Civil, que investiga os detalles do sucedido. En concreto, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar do home, J.G.M., de 57 anos. O fatal suceso prodúcese menos de 24 horas despois de que esta quinta morrese no Pino un operario ao caer do tellado dunha granxa. O pasado día 15 un traballador morría en Coirós cando manipulaba cables de media tensión. Días antes, perdía a vida un mariñeiro ao embarrancar un cerqueiro perto de Baroña. Galiza segue a liderar a mortalidade en sinistralidade laboral. Segundo datos recompilados pola CIG‑Saúde Laboral, neste primeiro semestre de 2019 a suma de accidentes laborais en xornada de traballo (13.878) e in itínere (1.410) que tiveron traballadoras e traballadores na Galiza foi de 15.282, dos cales 14.993 foron leves, 266 graves e 29 mortais (24 en xornada laboral e 5 in itínere). Ademais, duplicamos a media estatal no índice de incidencia dos accidentes mortais: é de 6,05 por 3,24 de media no Estado."}
{"ID": "NOS_54400", "summary": "Unha ópera prima que gaña o premio Álvaro Cunqueiro e que ten como tema o despoboamento, por parte da Coroa de Castela, dos mosteiros bieitos do Reino da Galiza", "text": "Non é o máis habitual que un premio do prestixio do Álvaro Cunqueiro para textos teatrais recaia nunha ópera prima como o é esta As desterradas de Carme Varela. A traxectoria da autora pode darnos, porén, unha clave sobre este feito e tamén botar luz sobre como unha primeira peza pode facer gala dun coñecemento tan fondo e detallado sobre o escenario histórico escollido. En primeiro lugar porque Carme Varela non é unha allea ao mundo do teatro, por máis que se teña dedicado a tarefas máis orientadas á xestión que á creación textual. Noutra dimensión, porque a súa participación na asociación O sorriso de Daniel, orientada á preservación e posta en valor do románico galego, converxe co tema desta primeira obra, ideada pensando nestas mesmas actividades. As desterradas / Carme Varela / Xerais / 2021 / 108 páxinas / 16 euros As desterradas cóntanos un drama concreto pouco coñecido no seu marco histórico xeral. O despoboamento, por parte da Coroa de Castela, dos mosteiros bieitos do Reino da Galiza, un proceso feito co fin de espoliar as súas propiedades e sometelos á súa dominación política dentro do contexto da \"doma y castración\". O caso que nos ofrece a autora é o do mosteiro de San Paio de Albeos, unha localización real perto da raia da que aínda hoxe poden visitarse as ruínas. A chegada dunha carta da raíña Xoana de Castela vén turbar as tarefas cotiás dun grupo de monxas das que pouco a pouco iremos sabendo máis cousas. Entre elas, a existencia dunha abadesa que non é tal ou o proclamado parentesco dunha das freiras co San Paio patrón do mosteiro, pero tamén a existencia doutra tentativa de desterro previa ou o rastro das relacións intensas que mantén a comunidade relixiosa coas aldeas e vilas da redonda, tamén coas do outro lado dunha fronteira que Galiza e Portugal dificilmente aceptaron como válida. Fíase así unha obra sorprendente polo coñecemento histórico da autora, pero tamén pola capacidade de reproducir a vida cotiá dun mosteiro do século XVI, onde a convivencia amigábel e mesmo divertida das freiras contrasta co rastro dunha cultura cristiá que tamén xoga moitas veces a lindar as beiras da ortodoxia, deixando o camiño á rebeldía aberto. Unha peza na que destaca tamén o coidado estilo empregado para representar, sen fidelidades históricas extremas que puidesen afastar o público do seu goce, a fala e xeitos que podían darse nun mosteiro galego do XVI. Unha obra que serve para recuperar unha parte do noso patrimonio e para cubrir cunha imaxinación verosímil os ocos da nosa memoria."}
{"ID": "NOS_46947", "summary": "Unha enorme tromba de agua sorprendeu onte á veciñanza de Compostela que viu como edificios e locais anegados por segunda vez no que vai de ano. Veciños da zona máis afectada lamentaron a pasividade do goberno municipal mesmo co diluvio que padeceron.", "text": "\"Vivimos unha nova inundación, aneg´ronse casas, as mesmas cada vez, e os do Concello nin veñen, nin chaman nin tan sequera sen informa e, moito menos amañan o problema\", sinala un veciño que se dirixiu a este xornal para denuncia a situación vivida durante a noite na rúa Pelamios, unha das zonas máis afectadas polo dioivo que na noite de onte anegou unha parte de Santiago. Desde o barrio puxéronse en contacto co Concello en repetidas ocasións e lamentan non ter obtido resposta, malia a contundencia da tromba de auga. A tromba de auga sorprendeu á veciñanza pouco despois das dez e media da noite e en só vinte minutos rexistráronse máis de vinte litros por metro cadrado. Os bombeiros tiveron que efectuar máis de vinte saídas por inundacións e avisos da veciñanza mais, en especial na zona que vai desde a Facultade de Económicas ao Carme de Abaixo as augas entraron en casas, garaxes e locais comerciais xa afectadas por segunda vez neste ano. O Multiusos do Sar, outra das zonas máis afectadas, tivo que pechar as instalacións polos efectos da tromba de auga."}
{"ID": "NOS_30595", "summary": "O cadro de persoal da empresa e as empregadas das compañías externas que traballan para os estaleiros de Ferrol e Fene fixeron unha acción simbólica pendurando os seus buzos no perímetro do complexo.", "text": "O sector naval da comarca de Ferrol volveu saír hoxe á rúa para reivindicar o mantemento do emprego e, polo tanto, exixir ás autoridades que negocien para que Navantia poida ter carga de traballo. Os estaleiros de Ferrol e Fene, cun cadro de persoal xa moi reducido con respecto aos bos tempos polas moitas reconstrucións que padeceu o sector e, ultimamente, polas prexubilacións aceleradas daquelas operarias e operarios maiores de 61 anos, están moi tocados. Por iso, e vendo como se presenta o futuro no caso de que non haxa traballo, tanto o persoal da factoría como o das empresas auxiliares (que son moitas) fixeron unha protesta para reclamar un traballo que lles permita seguir traballando. Como noutras ocasións no pasado, a xente saíu ao perímetro dos complexos industriais para pendurar dos fechamentos os seus 'buzos', ou roupa de faena, dando visibilidade ao conflito laboral que viven. Malia que en espírito estaba practicamente a totalidade do cadro de persoal interno e externo, a acción estivo protagonizada só por unha vintena de delegados sindicais dadas as circunstancias do risco para a saúde. Un pouco antes de botar man deses 'buzos' cos que traballan e que teñen unha clara significación na comarca de Ferrolterra, a representación acudiu ao Consistorio ferrolán para deixar no balcón a pancarta co lema \"Investimento en Navantia = Emprego na comarca. Carga de traballo xa\". Entre outras cuestións, veñen reclamando a construción do agardado dique cuberto, ademais de novos contratos. Polo de agora hai unha única obra en carteira para a Armada australiana. E se non hai faena, haberá despedimentos nas auxiliares."}
{"ID": "NOS_32179", "summary": "En Marea perdeu 67.000 votos desde o 20D e foi superada polo PSOE como segunda forza. O PP foi a formación máis votada en 302 concellos, os socialistas en 10 e as marés en dous.", "text": "Finalmente houbo 'sorpasso', mais foi en Galiza, non no Estado, e foi o PSOE quen superou as candidaturas do que se deu en chamar 'nova política' e non ao revés. Os socialistas recuperan nas eleccións do domingo a segunda posición que lle tirara En Marea nos comicios do 20 de decembro. Por unha diferenza pequena, certo, de apenas mil votos (345.253 tivo o PSOE por 344.143 de En Marea) e unhas poucas décimas (22,25% fronte ao 22,18%). Mais unha diferenza que se alarga e ensancha se comparamos estes resultados cos do 20 de decembro, cando as marés superaran os socialistas por 60.000 votos e catro puntos. Seis meses despois, En Marea perde perto de 70.000 votos, 1 deputado en Ourense (foi para o PP), 1 senador na Coruña (para o PSOE) e fica terceira, detrás dos socialistas. Perder esa segunda praza inhabilita a estratexia de acudir ás eleccións galegas presentándose como a principal forza alternativa ao PP, a opción de referencia para derrotar os de Feijóo. Na principal cidade galega, Vigo, o PP arrebatoulle a En Marea o primeiro posto Se o 20D os bos resultados de En Marea cabalgaran a lombo do apoio nas cidades, agora é nesas mesmas cidades onde a coligazón amosa tamén un importante retroceso electoral, nomeadamente naquelas onde goberna desde as municipais de 2015. Das sete principais cidades do país En Marea é segunda forza en cinco, pasando noutras dúas a ser terceiros. O 20D fora segunda en seis cidades e nunha, Vigo foi a máis votada. O 26X perdeu apoio en todas. Gobernos do cambio Vén de se facer un ano dos denominados 'gobernos do cambio', que en Galiza teñen como referentes as cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. Os resultados do domingo testemuñan un retroceso electoral a respecto de hai seis meses, nalgúns casos moi acusado. Na Coruña o apoio a En Marea caeu 4,6 puntos: do 31% do 20 de decembro ao 26,36% do 26 de xuño. Polo camiño, 8.000 votos menos. Na cidade herculina o PP aumentou até o 35,98% e os socialistas recuperaron terreo ao pasar do 19,6% das anteriores xerais ás 22,16% do domingo. Uns 2.700 votos foi os que perdeu En Marea en Compostela entre estas dúas eleccións xerais. Se daquela tivera o 28,3% dos apoios agora apañou o 24,5%, case 4 puntos de queda. O PP reafirmouse como a principal forza da capital galega, recuperando 4,5 puntos desde o 20 de decembro e atinxindo case o 40% dos apoios. O PSOE aumentou en 2,6 puntos e logrou un 20,3% dos sufraxios. O 20D En Marea fora segunda en seis cidades e nunha, Vigo, foi a máis votada. Desta volta, foi segunda en cinco e terceira en dúas En Ferrol, outra das cidades galegas gobernadas polas marés, tamén houbo importante descenso en apoios: do 30,6% ao 27,4. Aquí os populares volveron ser a forza máis votada, co 36,7% dos votos emitidos (32,5% tiveran hai seis meses) e os socialistas pasaron do 19,4% do 20 de decembro ao 21,4% deste domingo. Retrocesos Esta tónica foi a que se repetiu no resto de cidades galegas, nomeadamente en Ourense e Lugo, onde En Marea perdeu a posición de segunda forza que obtivo o pasado 20D, en favor do PSOE. En ambas as dúas o PP foi a lista máis votada, con porcentaxes que superan o 40%. As candidaturas da unidade popular ficaron en Lugo cun 21,4% (24,6% tiveran o 20 de decembro) e en Ourense atinxiron o 21% fronte ao 24,2 de hai seis meses. Na principal cidade galega, Vigo, o PP arrebatoulle a En Marea o primeiro posto. A coligazón perdeu 9.000 votos e do 33,9% dos votos que tivo na anterior cita coas urnas pasou agora a ter o 30,3 por cento. No entanto, o PP pasou do 27,5% ao 31,2% e os socialistas recuperaron case 2 puntos e attinxiron o 23,9% dos votos. En Pontevedra reproduciuse a tendencia do resto das cidades galegas: aumento de apoios ao Partido Popular, que se consolida como principal forza (case o 37%), descenso de En Marea (pasa do 26,6% ao 23%) e recuperación socialista (aumentou 2,3 puntos e obtivo o 22,3%). Mapa azul O mapa de Galiza após os comicios dos domingos está tinxido do azul, a cor do Partido Popular. Este partido foi o máis votado en 302 dos 314 concellos que hai no noso país. Os socialistas lograron ser a forza con máis papeletas en 10 municipios (Dumbría, As Pontes, Fornelos, Carballeda de Avia, Entrimo, Calvos de Randín, Petín, Parada de Sil, Pedrafita e A Illa de Arousa). En Marea, de por parte, foi primeira forza política nestas eleccións en dous concellos: Cangas do Morrazo (38,13%) e O Grove (33,7%). Retroceso nacionalista Non deixou este 26X bos resultados para o BNG, como recoñeceu a propia portavoz nacional na valoración da noite electoral. Os mellores resultados do Bloque este domingo foron en concellos como Allariz (19,6%), Moeche (onde foi segunda forza, cun 15,4%) ou San Sadurniño (12,3%). Entre as sete grandes cidades o mellor resultado dos nacionalistas foi en Pontevedra, cun 5,17% dos apoios."}
{"ID": "NOS_36653", "summary": "O Colectivo de presas e presos políticos na ditadura presentou un informe ao Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña esixindo a eliminación da simboloxía franquista que perdura na cidade herculina. O ex presidente da Xunta e ministro de Franco, Manuel Fraga Iribarne; o tamén ministro do réxime Laureano López Rodó; o ex alcalde da Coruña e axente activo da represión no Barco de Valdeorras Serxio Peñamaría de Llano; ou o militar golpista Constantino Lobo son algúns dos nomes vinculados ao fascismo que conservan as súas distincións.", "text": "A finais dos anos 80, Os Resentidos publicaron un álbum do que un dos seus temas estrela era Galicia, sitio distinto, popularizando unha expresión que co tempo acadou aura incluso de icona pop. Mais, após tres décadas daquel lanzamento de Reixa e os seus, o Colectivo de Presas e Presos Políticos na Ditadura achan que A Coruña tornou nese \"sitio distinto\", debido a que comeza a ser unha ínsua na que as distincións e homenaxes a persoas vinculadas coa ditadura perduran ao longo do tempo, mentres que o resto de concellos do país \"apostan pola xustiza e a reparación\" facendo desaparecer os seus nomes do rueiro ou os libros de honra. Por iso, fixeron entrega ao concelleiro de Cultura, Educación e Memoria Histórica da cidade herculina, Xesús Celemín, dunha \"documentación que xustifica a retirada desa simboloxía franquista\", segundo explica a Nós Diario Manuel Monge, do Colectivo de Presas. O grupo correspondía así á invitación da Concellaría para achegar documentación co fin de lograr esa eliminación e participar no grupo de traballo constituído dentro do Consello da Memoria Democrática da cidade. O perenne caso do \"camarada Fraga\" A primeira referencia dese informe de 24 páxinas do que fixeron entrega \"está estruturada en doce aspectos que parecen fundamentais para comezar, como son os casos de Fraga e de Laureano López Rodó\", apunta Monge. O proceso de retirada de distincións na cidade herculina de ambos os dous ministros franquistas ameaza con perpetuarse, pois o Concello continúa sen actuar após nove meses desde que se votase favorablemente no pleno a iniciativa de 29 presos políticos do franquismo, que no manifesto Non queremos ao 'camarada' Fraga como fillo adoptivo definían o fundador do PP como un \"servidor do franquismo que nunca manifestou arrepentimento nin pediu perdón\". Manuel Monge pon como exemplo neste sentido como se actúa noutras localidades galegas: \"En Ferrol, co voto favorable do PSOE e a beizón expresa do seu líder, Gonzalo Caballero, eses recoñecementos xa non existen. E en Compostela, tamén co voto a favor do PSOE, retiráronlle o título de fillo adoptivo a López Rodó\". Desde o Colectivo de Presas e Presos Políticos na Ditadura engaden que \"se vivise, alguén como Fraga sería citado a declarar pola xuíza arxentina María Servini no marco da querela arxentina por crimes contra a humanidade, que non prescriben\". Ademais, consideran que \"non hai outro caso en todo o Estado español\" como o de Fraga Iribarne, no que \"un ministro dunha ditadura chegue a ocupar cargos de responsabilidade política cando se conquista a democracia\". Por tanto, \"como servidor do franquismo e ministro dunha ditadura criminal\", estiman que Fraga \"non merece ningún tipo de recoñecemento social, nin a distinción de Fillo Adoptivo da Coruña\". O Concello promete \"traballo\", mais \"depende do orzamento\" O concelleiro de Cultura, Educación e Memoria Histórica da cidade herculina, Xesús Celemín, conta para Nós Diario que a reunión co Colectivo de Presas e Presos Políticos foi \"moi ben\", e resalta o \"compromiso\" do seu departamento en cuestións como conseguir que a Casa Cornide sexa declarada Ben de Interese Cultural e \"se devolva ao Concello\". Tamén aseverou estar \"actuando na comisión de traballo, na que participa o Colectivo de Presas e Presas, para a retirada da simboloxía franquista na cidade\", e aclarou que existe tamén outra comisión coa Universidade da Coruña \"que vai ser a que desenvolva a parte xurídica\". Xesús Celemín apunta tamén a outras \"actuacións puntuais\" e \"distintas actividades cos colectivos que traballan na Memoria Histórica\", mais \"dependerá un pouco do orzamento\". Cuestionado sobre a presenza de cadros de alcaldes franquistas no Concello da Coruña, o concelleiro revela ter ese asunto \"sobre a mesa\": \"Estamos en proceso de documentar todos os expedientes de cada unha das persoas, para despois diso tomar as decisións pertinentes. Ao mellor o que se fai no referente a eses alcaldes que se atopan na planta nobre é reestruturalos para que os da ditadura estean nunha parte diferente, mais aínda queda estudar moito máis todas as opcións e as posíbeis decisións que se adoptarán no futuro\". A situación de privilexio dos alcaldes fascistas no Pazo de María Pita resulta \"inaceptábel\" para Manuel Monge, que esixe que eses retratos, ou outros como os de Mario Muslera, Martínez Anido ou Calvo Sotelo, \"desaparezan\" do salón \"onde casan os cidadáns coruñeses\", pois \"non se pode manter este agravio por máis tempo\"."}
{"ID": "NOS_6893", "summary": "Fixeron falta catro debates exprés entre os líderes parlamentarios para que o socialista gañara un asalto a Feixoo. O presidente patina por vez primeira diante do aspirante.", "text": "Andaba Feixoo, nado no mundo rural, revelando o ADN das galegas e dos galegos e mallando en Antón Sánchez -a quen insistentemente se referiu como Vázquez, alguén saberá por que- a conta dunha política fiscal que a ollos do presidente está dirixida por Robin Hood e non por Valeriano Martínez, e sobre a que o portavoz dos comúns parecía desorientado –\"o IBI e as taxas da auga non dependen da Xunta, señor Vázquez\" –; parecía o presidente tan satisfeito de si mesmo por non terse comportado como o abusón de maioría absoluta diante dun Villares que se estreaba despois de semanas calado pola regra parlamentar que pon en off aos grupos minoritarios (hoxe tocoulle ao Bloque), tanta confianza e seguridade en si mesmo traizoou a Feixoo no remate da súa intervención contra Caballero, a quen viña tombando combate tras combate. Feixoo ten puntos fracos, e esta cuarta na sesión de preguntas ao Presidente esvarou por falar de máis de si mesmo e do seu Goberno... Pensou Feixoo que tiña outra vez a Caballero contra as cordas despois de que Antón Vázquez Sánchez tivese dedicado a súa intervención a criticar a política do PP no mundo rural e agora vén o líder socialista a cuestionarlle que nada tiveran feito nas cidades. Sorría Feixoo, preparado para o ataque, pensando que atopara a fenda da contradición entre os novos socios do Goberno de Madrid. Tan rápido, tan fácil. \"Aclárense. Non se pode acusar ao PP de non atender o rural e acusalo á vez de non atender as cidades. É imposíbel...\", dicía o presidente mentres se lle ía apagando a voz e nas filas da oposición escoitábanse os risos. Si se pode. \"Escoite as galegas e aos galegos. O domingo, o 54% votou por un novo goberno progresista no país, e as dereitas ficaron no 44%. É un país que quere avanzar\", respondeu Caballero no seu primeiro gran momento parlamentario grazas a un esvarón de Feixoo. O presidente reaccionou como político ferido. Cuspiu diante de Caballero un eloxio a Leiceaga, que marcha \"porque vostede non atura os mellores ao seu lado\". E díxolle tamén: \"Non foi humilde na vitoria abril, e é patético ser soberbio na derrota. Non faga o ridículo\". Caballero xa non tiña quenda de réplica. Ruborizouse por decencia e despois gozou do momento. Feixoo é capaz de colocar 'patacón' nunha frase para subliñar a seu orixe rural, e quen de responder á cita dun cun título dun filme en inglés: Apocalipse Now, pode asegurar que o leite, o viño, a carne e a parcelaria van mellor que nunca sen que lle trema a voz, tamén sabe soster que Valeriano é Robin con arco e todo utilizando unha artimaña dialéctica segundo a cal a presión fiscal é máis progresista que durante o bipartito porque \"o PP baixa os impostos ás rendas baixas, mentres mantén unha taxa máis alta (que a do bipartito) no imposto de Patrimonio\". Tan fácil, tan rápido. O mesmo todo é mentira segundo a bancada desde a que se mire o Goberno da Xunta. O vicario e o perdón aos ricos Mira Antón Sánchez e di que Feixoo é \"un vicario das multinacionais\" porque \"usa o DOG para que gañen outros o que perde a xente do común\", porque \"entrega o vento e a terra\", porque \"non defende o territorio\". Mira Luís Villares e di, cando lle toca falar, algo tímido (normal, falta de costume), que Feixoo lles \"perdoa aos ricos e renuncia aos recursos que farían falta para facer xustiza\". E di que a xustiza social empeza na xustiza tributaria. E mira Feixoo é di que non, que todo é mentira, que el naceu na aldea, non esqueceu dicir 'patacón', coñece o ADN dos galegos, que no rural non se está a producir o holocausto que di Sánchez que dixo Oliver Laxe, que en Sergude inaugurarán unha granxa escaparate, que non sei como algúns aínda se atreven a ir polo rural. Igual é certo que é mentira todo o que se escoita nestes cara a cara exprés no Parlamento. Mais non hai dúbida de que Feixoo saíu da sesión preocupado e Caballero, crecido. A garabata do aspirante xa se parece máis á do presidente. É ese camiño da centralidade que ambos recorren xuntos."}
{"ID": "NOS_44706", "summary": "A través desta figura inexistente a Xunta de Galiza vén de nomear profesor@s funcionar@s de carreira cuxa tarefa será realizar substitucións nun radio de 50km.", "text": "A CIG-Ensino segue a denunciar os \"brutais recortes\" nos cadros de persoal levados a cabo pola consellaría de Educación neste inicio de curso. Aliás, alerta do nomeamento de 55 profesor@s funcionari@s de carreira –sen destino concreto-- baixo a figura inexistente de \"substitut@ de zona\". Segundo a CIG-Ensino, estas persoas terán que desenvolver –case con toda seguridade-- tarefas de substitución nun radio de 50 quilómetros. Así mesmo, o aumento do horario lectivo d@s profesor@s e do número de materias a impartir pol@ mesm@ docente está a mudar o perfil das prazas solicitadas polos centros provocando que moitas aulas sexan impartidas por profesorado non especialista na materia. Así acontece con Lingua galega, Filosofía ou Debuxo. A CIG asegura, asemade, que neste inicio de curso algúns dos centros están a superar o número de alumnado por aula –fixados pola lei en 25 e 30 en primaria e secundaria, respectivamente-- malia o \"compromiso de Feijóo de non ampliar os rateos\", afirman no sindicato nacionalista. Esta segunda, a Plataforma galega na defensa do ensino público ten convocada unha concentración ás 11.30h perante a consellaría de Educación –coincidindo co comezo de curso en secundaria."}
{"ID": "PRAZA_15615", "summary": "O 12 de xaneiro este concello madrileño acollerá a Gala de circo para la paz en Palestina, organizada polo Festiclown e Pallasos en Rebeldía e na que participarán Leo Bassi ou Amparo Sánchez.", "text": "Rivas Vaciamadrid acollerá o vindeiro 12 de xaneiro a Gala de circo para la paz en Palestina, organizada polo Festiclown, Pallasos en Rebeldía e o propio concello madrileño. Será o comezo da Caravana solidaria a Gaza na súa edición 2013, un conxunto de actividades para recaudar fondos en apoio a Palestina. O Auditorio Pilar Bardem será o escenario no que se desenvolverá unha gala na que participarán Leo Bassi, Amparo Sánchez -Amparanoia-, Tortell Poltrona, Capitán Maravilla ou Wilbur, entre outros, e que será presentada por Pablo Superestar e Dimitri (Iván Prado). As entradas xa está á venda. Previamente, celebrarase una gala infantil na que actuarán Tortell Poltrona, Javi Javichy e Kanbahiota, entre outros. A cantidade recaudada coas dúas galas destinarase á celebración dunha caravana solidaria a Gaza en 2013. O Festival Internacional de Clown de Galicia é un proxecto polo desenvolvemento do clown a partir da cultura e da participación cidadá. Organizou doce edicións en Galicia , unha en Palestina e outra en Wirikuta (México), coa participacións de centros de artistas (Leo Bassi, Jango Edwards, Pepe Viyuela, Claire...). En 2012 non puido levar a cabo o festival en Galicia ante a falta de apoio das administracións públicas."}
{"ID": "NOS_41361", "summary": "Hungría, Eslovaquia e outros Estados, sinalan fontes diplomáticas, piden un trato diferenciado. Fontes da OPEP indican que os países exportadores non farán máis esforzos para axudar Occidente.", "text": "Os Estados da Unión Europea (UE) seguirán negociando durante a semana para tentar lograr a unanimidade necesaria para prohibir todas as importacións de petróleo ruso ao seu territorio. Bruxelas negocia novas sancións a Rusia mentres o euro segue a perder valor A proposta detallada pola presidenta da Comisión da UE, Ursula von der Leyen, sobre o sexto paquete de sancións, foi examinada polos Estados membros ao longo desta semana. O obxectivo de von der Leyen era lograr un acordo antes desta fin da semana. O paquete de sancións prevé un embargo a todas as importacións de petróleo ruso á UE por calquera vía, cun período de transición de seis meses no caso do cru e de oito para os produtos refinados. Porén, a excepción prevista para que Hungría e Eslovaquia puidesen atrasar un ano a súa aplicación complicou as negociacións porque o prazo resultaba insuficiente a ollos destes países, e queren atrasalo até 2024. Outros Estados membros pediron ese trato diferenciado, algo que a República Checa logrou xa consolidar no texto para si. Que consecuencias terá o \"embargo total\" de petróleo ruso que prepara a UE? O encontro concluíu sen acordo tras unha hora e media de debate no que quedou constancia de que Hungría reclama \"máis garantías\" sobre as alternativas de subministración ou compensacións por romper co fluxo ruso, indicaron diversas fontes diplomáticas. Os contactos \"a todos os niveis continuarán a principio de semana\" co obxectivo de alcanzar \"canto antes\" un acordo, engaden outras fontes europeas, que insisten en que as cuestións pendentes non son tanto \"políticas\" como \"técnicas\". A OPEP non rescatará a UE A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) non ten intención de aumentar a produción para frear a suba dos prezos da enerxía, no medio das sancións de Occidente contra Rusia, segundo reportou este sábado o diario británico The Daily Telegraph, citando fontes do sector. Os EUA buscan na importación desde Venezuela a alternativa ao petróleo ruso Nas circunstancias excepcionais que hai detrás da actual escalada de prezos atópanse o inesperado e forte reponte da demanda tras a pandemia e o desenvolvemento da operación militar rusa en Ucraína, segundo o medio. Isto xerou que a OPEP, a pesar das repetidas peticións dos Estados Unidos de América, non queira prexudicarse economicamente aumentando a produción, xa que isto reduciría o prezo. Non hai practicamente ningunha posibilidade de que a OPEP faga máis para axudar a Occidente a contrarrestar a Rusia, indicou o medio citando ás súas fontes. En cambio, mantense á marxe, esperando a ver onde caen as fichas, agregou."}
{"ID": "PRAZA_20333", "summary": "O racismo non é algo ao que poidamos permanecer indiferentes: non apoiar a minoría é pórse inmediatamente do lado do forte. Todas e todos nós debemos erguer a voz para que as cousas cambien, para rachar coas fronteiras, derribar os muros e comezar a pensar que todas e todos somos un, e que a evolución da sociedade radica na diferencia entre iguais.", "text": "Pasar a mellor vida, un eufemismo que substitúe a morrer co fin de ocultar o significado desta última. Ese significado considérase negativo debido á perda dunha persoa que, en vez de morrer, acabando así a súa vida, comeza outra mellor no que se supón o máis alá. Home de cor, un eufemismo que substitúe a home negro co fin de suavizar a súa connotación negativa. O significado negativo que implica unha cor, coma se ter a pel dun xeito ou doutro determinara a valía dunha persoa que sente, pensa e razoa por si mesma e que é tan capacitada e valiosa coma calquera outra, sen estar condicionada por unha cor da que debería estar orgulloso. O racismo é algo que en pleno século XXI, dinnos, está case erradicado. E así debería ser, pero non o é. Non pode estar erradicado cando perdura unha mentalidade que rebaixa a xente doutra raza, coma se non fosen todas elas iguais, cando miles de persoas se ven obrigadas a fuxir da súa nación, da terra en que viviron todos os seus antepasados, debido aos conflitos causados por eses mesmos que agora non lles dan refuxio alegando que son violentos, pero, quen é o violento, o que foxe ou o que fai fuxir? Non pode existir a igualdade cando en países coma Estados Unidos membros do corpo de policía, que se supón defende os intereses de todas e todos os seus cidadáns, discriminan as minorías raciais e étnicas e incluso matan persoas por culpa deses prexuízos, quedando impunes grazas á acción (ou inacción) dunha xustiza cega e manca, que non é quen de nivelar a súa balanza cando só ten un brazo para o facer. Quen é o violento, o que morre ou o que asasina? O que permite que se mate ou o que denuncia a violencia? Como poden dicir que xa non existe cando o presidente do país con máis peso político do mundo fai declaracións claramente xenófobas sen que ninguén por parte da comunidade internacional mova un só dedo nin diga unha soa palabra? Escúdanse en que xa non hai feitos que destaquen, pero non se di que segue existindo esa mentalidade baseada na barbarie. Non se di que o cidadán mira mal o seu veciño do lado polo feito de que non é igual ca el, porque é negro ou leva hijab, ou simplemente ten un acento que non é ao que está habituado, só por ser diferente. Só porque a este cidadán se lle inculcaron uns valores anticuados e estancados na xenofobia, cando o que se debería estar a facer é promover a xenofilia e defender aquelas minorías que estean sendo discriminadas. O que se debería facer é eliminar a hipocrisía dalgúns, que admiran a aquel actor afroamericano ou musulmán famoso pero, pola contra, infravaloran as persoas que pertencen a esa mesma cultura pero non son famosas nin aclamadas polo gran público. Dalgúns que si queren aceptar os inmigrantes, pero só os que traen diñeiro. Deberíase acabar con todas as mentiras que son lanzadas contra estas minorías, co triste pensamento dunha parte da sociedade de que aqueles que veñen co único obxectivo de asegurar a súa supervivencia veñen roubar postos de traballo; ca falsa idea de que se os soldos son tan baixos é debido a que estas persoas os aceptan, no canto de pararse a pensar que quizais sería mellor protestar xuntos para que o soldo suba, non só para o seu colectivo, senón para os dous. Porque á fin e ao cabo, os dous son o mesmo, seres humanos, que pertencen a un mesmo mundo, sen diferenciación entre o primeiro e o terceiro. Seres humanos que deben estar por riba de calquera tipo de fronteira, sexa unha liña sobre un papel, unha barreira étnico-cultural ou un muro levantado con ladrillos feitos do odio de quen ten medo a que a xente se decate de que non hai diferenza entre ningunha persoa, e que, se a hai, é porque se están a facer mal as cousas. O racismo non é algo ao que poidamos permanecer indiferentes: non apoiar a minoría é pórse inmediatamente do lado do forte. Todas e todos nós debemos erguer a voz para que as cousas cambien, para rachar coas fronteiras, derribar os muros e comezar a pensar que todas e todos somos un, e que a evolución da sociedade radica na diferenza entre iguais. Se facemos iso, chegará un día en que os eufemismos de cor finalmente pasen a mellor vida. Se non o facemos, o famoso \"I have a dream\" de Martin Luther King pode transformarse en pesadelo."}
{"ID": "NOS_37332", "summary": "No auto dise que os 9 procesados eran un \"entramado\" para \"enaltecer, xustificar e promocionar o terrorismo\" citando como evidencia os actos de homenaxe aos 'Mártires de Carral'.", "text": "O Xulgado de Instrución nº6 da Audiencia Nacional, que instrúe a causa contra 9 independentistas no marco da 'Operación Jaro', desestimou o recurso presentado pola defensa de Causa Galiza, unha decisión que as persoas procesadas cualifican como que \"declara ilegal a todos os efectos\" a plataforma independentista creada en 2007. Fontes das persoas imputadas comentaron que calquera recurso a presentar tería que ser perante o Tribunal Constitucional, paso que desbotan. \"Non hai posibilidade de que prospere\". No auto, a Audiencia Nacional considera que estes 9 independentistas imputados constituían un \"entramado\" para difundir \"ideas que tenden a xustificar o uso da violencia como instrumento para a independencia\", empregando para tal fin Causa Galiza. Como evidencias aponta os actos de celebración do Día da Galiza Combatente entre o 2013 e o 2015, así como \"actividades nas que se enaltece, xustifica e promocióna o terrorismo como os actos celebrados o 26 abril 2015\", referíndose ás homenaxes aos 'Mártires de Carral'. As persoas encausadas nesta causa anuncian que en breve realizarán unha comparecencia de imprensa para avaliar o que cualifican de \"ilegalización\"."}
{"ID": "PRAZA_693", "summary": "O historiador Manuel Pazos Gómez presenta este venres en Carral A República da Berxa, un repaso pola vida do último alcalde republicano de Mesía, Antonio Gómez Carneiro. Falamos co seu autor.", "text": "Carral acollerá este venres unha nova presentación do libro A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo, unha investigación do historiador Manuel Pazos Gómez. Antonio Gómez Carneiro foi alcalde de Mesía durante a Segunda República, despois do golpe de Estado de 1936 permaneceu sete anos agochado ata que se entregou ás autoridades franquistas, e en 1947 volveu ser detido, acusado de axudar a Foucellas e outros guerrilleiros, e pasou seis anos na cadea. Morreu en 1979, convertido nun símbolo do republicanismo en toda a comarca de Ordes. Na presentación (ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Carral), organizada pola Asociación Cultural Cultura Aberta, participará o propio autor, acompañado do profesor da USC Emilio Grandío e de Mini e Mero. Manuel Pazos, membro da Asociación Cultural Obradoiro da História, de Ordes, levou a cabo unha importante recollida de documentación sobre a historia contemporánea da comarca. Así chegou á historia persoal de Antonio Gómez Carneiro, \"unha figura importante\" -destaca- \"porque a través da súa figura pode coñecerse a evolución social e política dun concello rural como Mesía e por extensión de todo a comarca de Ordes durante todo o século XX\". Foi unha persoa comprometida co republicanismo e cos valores republicanos durante toda a súa vida. Emigrou a Bos Aires moi novo, dise que para evitar o servizo militar. Alí formouse cultural e politicamente, participando na Unión Galaico Americana. Á volta, atópase de novo co turnismo e coa ditadura de Primo de Rivera, unha realidade moi distinta á que coñecera en Arxentina e decátase das posibilidades que Galicia e España estaban a perder. As súas dúas prioridades cando chega eran a cultura e a educación. El vén comisionado para montar unha escola de emigrantes porque na parroquia da súa muller non había escola. Era un republicano de esquerda moderada. En 1934 foi alcalde polo Partido Radical, trala vitoria das dereitas nas eleccións. E en 1936 foi alcalde por Unión Republicana, dentro da Fronte Popular \"Por que se volve republicano?\" -apunta Manuel Pazos- \"Porque a crise social, a crise política, a crise democrática que existía no turnismo e na ditadura, estaba asociada á Monarquía\". Era un republicano de esquerda moderada. En 1934 foi alcalde polo Partido Radical, trala vitoria das dereitas nas eleccións. E en 1936 foi alcalde por Unión Republicana, dentro da Fronte Popular. \"No seu primeiro período na alcaldía non puido facer demasiado, máis que loitar co control caciquil que se producía a través do secretario do Concello, unha figura que daquela tiña moitísimo poder. Si crea algunha escola, carterías para o servizo de correos, arranxo de camiños e demais\", explica. \"Cando a Frente Popular gaña as eleccións, el regresa á alcaldía e aí si que afianza a súa loita contra o caciquismo, incrementando a asistencia para pobres, contratando mestres, ou melloras veterinarias\", engade. O alzamento militar de 1936 obrígao a agacharse para salvar a vida. Permanece seis anos refuxiado nun zulo soterrado baixo unha casa na parroquia de Gonzar do Concello do Pino. Non saía de alí agás nalgunha ocasión na que se disfrazaba para que non o recoñeceran. Mentres el permanecía escondido, a súa muller tiña que presentarse todos os xoves no cuartel da Garda Civil de Curtis onde a retiñan horas e horas para que dixera onde estaba o seu home, deixando os seus fillos ao coidado dos veciños. Finalmente, en 1942 entrégase, é procesado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas e é enviado ao cárcere da Coruña. Non foi esta a última vez que foi preso. En 1947 é acusado de axudar os guerrilleiros Manuel Ponte e Foucellas e é enviado ao penal de El Dueso, en Santander, outros seis anos. Nunha nota manuscrita do 23 de abril de 1947 relataba como lle arrincaran as unllas dos pés, rompéranlle varias costelas e tivérano varios días sen comer. \"Cando sae do cárcere en 1953 el segue sendo republicano e segue sendo un símbolo do republicanismo en Mesía\", conta Manuel Pazos. \"El poñía o traxe, collía o coche de liña e marchaba á Coruña para participar en tertulias políticas ou culturais, nas que coincidía con moitas das persoas coas que coincidira na cadea. A pesar das dificultades, el facía a súa vida normal, acudía a xuntanzas con vellos republicanos, e mesmo a encontros clandestinos con comunistas, aínda que el non era do PC\", explica. \"Era un home de moito carácter e tivo algún enfrontamento con algún crego. Neses casos, cando tiña que pasar por algún acareo xudicial chegaba a afirmar publicamente: 'Eu son republicano, pero por iso xa paguei cadea seis anos, non teño por que seguir pagando por iso'\", engade. \"Cando tiña que pasar por algún acareo xudicial chegaba a afirmar publicamente: 'Eu son republicano, pero por iso xa paguei cadea seis anos, non teño por que seguir pagando por iso'\" \"Cando existe unha persoa así nunha aldea, coa súa cultura, é respectada tanto pola xente de esquerdas coma de dereitas\", afirma Manuel Pazos. Nos anos seguintes Gómez Carneiro seguiu traballando no seu muíño, foi tratante de madeira e impulsou a concentración parcelaria en Mesía. Loitou tamén por conseguir unha turbina para levar a luz a varios lugares da zona, e a partir do muíño da Berxa, situado á beira do río Samo, instalou unha das máis importantes centrais hidroeléctricas da bisbarra ordense naquel tempo, a Central Berxa. \"Ao falar da República da Berxa quería referirme a esa república da dignidade que el mantivo durante toda a súa vida\" \"Sempre foi un home coñecido, pero nunca se escribira un libro sobre el, recollendo con detalle a súa historia persoal\", destaca o historiador, que sinala que \"ao falar da República da Berxa quería referirme a esa república da dignidade que el mantivo durante toda a súa vida\". Libros coma este non só afondan no coñecemento dunha persoa concreta, senón que axudan a explicar mellor o pasado de todo un pobo e tamén o presente, subliña Manuel Pazos, que salienta que \"a historia nunca se repite exactamente, pero si algún dos seus fenómenos\". \"O bipartidismo ten un antecedente, que é o turnismo. Tamén se repite a fraude electoral que existía a comezos de século, que se facía a través do famoso artigo 29. Hoxe faise a través da lei d'hont ou a través das modificacións da lei electoral para beneficiar un partido. Parécenos que a situación política que vivimos é nova, e non o é tanto\", di. De igual xeito, fai fincapé na importancia do traballo de recuperación e difusión da historia contemporánea, sobre todo daquela que foi silenciada pola ditadura franquista: \"A teima de moitas das persoas que traballamos na recuperación da memoria histórica é que se faga xustiza para estas persoas que non se puideron defender, e publicitar o que pasou para vergoña dos culpables do sucedido naquel tempo e dos políticos actuais que seguen empeñados en que a memoria hai que borrala ou esquecela\"."}
{"ID": "NOS_23718", "summary": "O comité clínico sitúa Compostela no nivel 'extremo' de alerta e os concellos da Coruña e Ourense pasan á categoría de 'medio alto'. Por outra banda, limítanse en todo o país as visitas a usuarias de residencias a unha por semana, e esténdese o feche perimetral na fronteira con Portugal até o 31 de xaneiro. Non se restrinxe a mobilidade por franxas de idade nin en base a outros criterios, mais Sanidade fai unha chamada ao \"autoconfinamento\" e pide limitar o contacto con persoas non conviventes.", "text": "O Goberno galego incrementa as medidas de prevención ante o aumento de casos de coronavirus rexistrado no país tralas festas de Nadal. Con todo, as restricións aprobadas son menos duras que as que puxo sobre a mesa a Consellaría de Sanidade ao longo desta semana. O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, descartaba a primeira hora da mañá un novo confinamento na Galiza, decisión pola que optaron nas últimas datas algúns países da Unión Europea, alegando que \"non é necesario dende o punto de vista epidemiolóxico\". Así mesmo, após a reunión mantida polo comité clínico na tarde desta sexta feira, desbotouse a proposta de limitar a mobilidade nas áreas máis afectadas por franxas de idade. Pese a isto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instou ás galegas e galegos a \"autoconfinarse\" e unicamente abandonar o domicilio por \"cuestións esenciais\", ao tempo que pediu limitar o contacto con persoas non conviventes para \"tratar de frear esta dispersión do virus\" que se está a producir nas últimas datas. \"Canto máis tempo fiquen na casa, mellor para eles e para a sociedade\", apuntou tamén o presidente Núñez Feixoo. \"Debemos limitar as saídas do domicilio para tratar de frear esta dispersión do virus que se produciu dende o Nadal\", apuntou García Comesaña A respecto da mobilidade exterior, a Xunta decidiu estender até o 31 de xaneiro o feche na fronteira co norte de Portugal, que nas últimas datas aumentou considerabelmente a incidencia do virus: \"Preocúpannos especialmente os enclaves de Verín e Tui\", explicou García Comesaña. O conselleiro salientou tamén que, durante o período natalicio, rexistráronse 2.513 sancións polo incumprimento das limitacións na Galiza. \"A meirande parte das galegas actuou con responsabilidade e agradecemos o seu esforzo, mais un número importante non o fixo e agora vemos as consecuencias\", apuntou, e expresou a súa preocupación pola \"redución da percepción da gravidade\" de contraer a enfermidade por parte dun sector da sociedade. \"A pandemia aínda non rematou, debemos estar todas alerta\", engadiu. Compostela, A Coruña e Ourense As principais restricións afectarán ao sector hostaleiro. A capital galega pasa ao nivel 'extremo' de alerta, xunto cos municipios limítrofes de Ames e Teo, por mor dun crecemento constante dos positivos que o conselleiro catalogou como \"moi preocupante\". Hoxe a incidencia acumulada a 14 días por cada 100.000 habitantes é de 292, superando a media da Galiza (248) e moi perto da cifra que rexistra o conxunto do Estado (294). En consecuencia, redúcese a hora de feche da hostalaría ás 18.00 horas, prohíbese a atención no interior dos locais e limítase o aforo nas terrazas a 50%, e cada mesa poderá ser ocupada por até catro persoas (conviventes ou non). A situación tamén se agravou nos últimos días nas áreas da Coruña, cuxa incidencia a 14 días é de 257, e Ourense, con 217. Ambos os dous pasan ao nivel 'medio alto' de risco xunto aos concellos cos que comparten o feche perimetral (Arteixo, Cambre e Culleredo coa Coruña e Barbadás con Ourense). Nestes municipios os locais hostaleiros tamén pecharán de agora en adiante ás 18.00 horas e verán reducido o seu aforo no interior (30%), mentres no exterior manterase ao 50% En calquera caso, só poderán compartir mesa catro persoas (igual que no caso de Compostela, conviventes ou non). Con todo, García Comesaña non descartou a aplicación de maiores restricións ao sector hostaleiro non só nestes concellos, senón tamén nas vilas e cidades que hoxe teñen unha incidencia menor: \"Todas as semanas valoramos as medidas en base a diferentes criterios e a vindeira terza feira poderían ampliarse estas limitacións\", aclarou. \"Blindar\" as residencias Até o remate da campaña de vacinación, as visitas a residencias de maiores quedan limitadas a unha por semana, e sempre a mesma persoa. As usuarias tampouco poderán saír dos centros neste tempo. \"Queremos blindar as residencias mentres non estean todas as residentes e traballadoras vacinadas\", sinalou o conselleiro. A respecto desta cuestión, estimou que a primeira quenda de vacinación (unha dose) nos centros sociosanitarios rematará a vindeira semana, e o 18 de xaneiro daría comezo a administración da segunda dose. \"Agardamos rematar esta primeira campaña a finais deste mes\", matizou. Todas as medidas adoptadas pola Xunta entraron en vigor esta madrugada. Seis posíbeis casos da variante británica Por outra banda, Sanidade informou de que se están a estudar seis positivos como posíbeis casos da nova cepa do coronavirus xurdida no Reino Unido. Un deles podería estar vencellado co surto que se produciu no Monbus Obradoiro. Até o de agora foron confirmados oito casos desta variante na Galiza, seis na Mariña e os outros dous en Compostela e Vigo."}
{"ID": "NOS_23250", "summary": "A aparición de Ómicron forza a adopción de novas medidas restritivas no continente europeo, que antes da detección da variante xa era o epicentro da Covid-19 no mundo. Así como limitacións de viaxe e de reunións, as propostas de confinamento ábrense paso perante o temor á combinación da expansión do virus coas festas.", "text": "En pouco máis dun mes, a variante Ómicron da Covid-19 espallouse por cando menos 110 países, segundo confirma a Organización Mundial da Saúde. A súa taxa de contaxio levou a que na pasada fin de semana máis de 8.400 voos en todo o planeta tiveran que ser suspendidos. Ademais do impacto dos gromos nas distintas cidades do mundo, centos de membros das tripulacións das aeroliñas foron rexistrados como positivos, o que obrigou a reorganizar as rutas, suspender voos e atrasar varias decenas de milleiros de viaxes, provocando as queixas das e dos usuarios. O impacto na mobilidade que está a provocar a nova variante súmase aos efectos de Delta, que protagonizou a conversión de Europa no epicentro mundial da pandemia nos últimos meses, o que levou a diversos Estados a retomar ou reforzar as medidas de restrición que xa puxeran en marcha. Países Baixos Após o confinamento -xa rematado- en Austria, o seguinte país en tomar unha medida deste calibre foron os Países Baixos, que impuxeron o 20 de decembro un confinamento estrito que se estenderá até o 14 de xaneiro, para tratar de rebaixar unha incidencia que se sitúa en máis de mil casos por cada 100.000 habitantes. Mantéñense fechadas a hostalaría, actividades culturais, escolas, universidades, tendas non esenciais e deporte afeccionado. Italia Malia que foron criticadas desde o primeiro momento polas autoridades da Unión Europea, varios Estados apostaron por incluír a exixencia de probas negativas de SARS-CoV-2 para acceder ao seu territorio, con independencia de ter a pauta completa dalgunha das vacinas contra a Covid-19, como é o caso de Italia. O ministro de Sanidade, Roberto Speranza, asinou a norma que permanecerá en vigor do 16 ao 31 de decembro. No que atinxe ás persoas sen vacinar, amais do test negativo terán que efectuar unha corentena de cinco días. Grecia A mesma decisión tomou Grecia, que obriga a todos os viaxeiros a presentar unha proba PCR negativa feita 72 horas antes ou un test de antíxenos realizado nas 24 horas previas, aínda tendo o certificado de vacinación da Unión Europea. Francia \"Non podemos perder nin un segundo\", sostivo o voceiro do Goberno francés, Gabriel Attal, que alertou do colapso no sistema hospitalario do país após detectarse máis de 100.000 novos contaxios o pasado sábado. O Executivo está a impulsar unha proposta que procura aprobar antes do 15 de xaneiro, que impediría á poboación sen vacinar acceder aos restaurantes e outros espazos públicos, a través dun novo \"pase de saúde\", que non se podería obter sen recibir a picada. Con todo, o Consello Científico que asesora o Goberno reclama adiar a volta das crianzas ao colexio. Reino Unido As illas británicas foron dos primeiros Estados de Europa en lanzar o seu plan de desescalada o pasado verán, porén, a alza do coronavirus nos últimos meses -superando os 90.000 casos diarios a semana pasada- está levando o gabinete de Boris Johnson a valorar un confinamento, tras reintroducir medidas como a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores. Savid Javid, ministro de Saúde, incidiu en que están a elaborar un plan de dúas semanas que incluiría a prohibición de xuntarse en interiores e limitaría a hostalaría ao servizo ao aire libre. Alemaña Até o de agora, as medidas de restrición á poboación que se están a aplicar en Alemaña proveñen dos Estados federados, que xestionan desde limitacións nas reunións sociais ao feche de centros culturais ou a redución de horarios na hostalaría. A nivel xeral, as principais restricións afectan as persoas que se queiran desprazar cara ao país xermano. Entre outros lugares, o Instituto Robert Koch decretou unha exclusión nos desprazamentos procedentes do Reino Unido. Só cidadás e cidadáns alemáns e británicos residentes en Alemaña poderán entrar desde este Estado. Aliás, o Instituto recoñeceu que até a segunda semana de xaneiro non contarán con datos fiábeis sobre a situación da Covid, co gallo do feche de varias oficinas de Sanidade durante as festas. Portugal A explosión de casos nas últimas semanas en Portugal, que alcanza unha incidencia de máis de 600 casos por cada 100.000 habitantes, moveu o Goberno de António Costa a acelerar as medidas que pretendían introducir o 1 de xaneiro, polo que desde o pasado sábado bares e discotecas permanecen fechadas e é precisa unha proba negativa de Covid-19 para entrar en hoteis, eventos deportivos e actividades culturais. O paquete de restricións, vixente até o 10 de xaneiro, tamén inclúe o teletraballo obrigatorio nas empresas lusas."}
{"ID": "QUEPASA_793", "summary": "Copa da Costa: Os equipos de Preferente KO .", "text": "Arrancaron os dezaseisavos de final da Copa da Costa e xa con grandes sorpresas, cando en artículos anteriores comentábamos o acerto total da federación en poñer as eliminatorias a partido único, era por lograr ser mais vistosa e competida de principio a fin e non defraudou. Os dous grandes equipos da Costa, que a tempada pasada nos fixeran vibrar nunha final inolvidable e de locura resolta desde o punto fatídico, quedan apeados da mesma no seu primer partido que disputaban. As rotacións do Xallas pensando na liga non foron capaces de entrar enchufados en Malpica e non puideron remontar o 3~0 co que foron o descanso. O Sofán, pola súa parte, saía enchufado xa só pensando na competición copeira pero o equipo local, un Baio que esta tempada está a gran nivel, tirou de factor campo e do que sempre aparece, un MC que co seu doblete remontaría o partido para darlle o pase a oitavos. Aparte de Malpica e Baio, só Camariñas, Cabana e Coristanco aproveitaron o factor campo contra equipos de superior categoría, estes últimos demostrando o nivel da tempada pois o campión de 3ª facíalle un set o último clasificado de 2ª. Quedando dos 16 partidos disputados cunha igualdade máxima pois pasaron 8 locais e 8 visitantes. De momento volverán a quedar uns Oitavos (como vedes no cadro en www.copadacosta.com) emocionantes a partido único, co cal será difícil poñer favoritos nunha quiniela, e despois ca novidade tamén de volver a sortear o resto do cadro, que fai mais interesante clasificarse sin saber quen pode ser o rival en cuartos, cando xa se recupera a eliminatoria a dobre partido. Unha Copa emocionante, na xa aconteceron grandes sorpresas, remontadas e pases por penaltis e a emoción de xogarse todo a unha única opción a vitoria. Algo que tamén queren volver a recuperar na Copa do Rei para facela vistosa e impredecible como en anteriores anos, pero que Tebas presidente da Liga rechaza dicindo que pode ser un fracaso como cando se xogou unha final Mallorca ~ Recreativo. Señores dirixentes, que os equipos humildes gañen nunca se pode considerar fracaso. Disfrutemos do fútbol sin rede de seguridade, un partido \"de tú a tú\" e que venza o mellor. Ángel Garrido. Artigos de Ángel Garrido Do fin do mundo, o inicio do Fútbol. Eleccións Xerais, Municipais e futbolísticas. Se queres gañar, vai votar. Adestrador, profesión de risco mental. Enamórate do Fútbol da Costa. A Costa do gol. Fair play? Pouco e con matices. Do ceo ao inferno e viceversa. O poder das redes sociais. Na formación non se pode olvidar a diversión."}
{"ID": "PRAZA_17739", "summary": "No passado 9 de abril faleceu no seu domicilio de Cádis Rafael Serrano Valls, homem que encarna à perfeiçom o espírito da Transiçom enquanto dispositivo de branqueamento da história, capaz de transformar, da noite para a manhá, franquistas recalcitrantes em democratas de toda a vida, numha democracia à espanhola onde, caso único na Europa, se pode ser democrata sem ser antifascista.", "text": "No passado 9 de abril faleceu no seu domicilio de Cádis Rafael Serrano Valls, homem que encarna à perfeiçom o espírito da Transiçom enquanto dispositivo de branqueamento da história, capaz de transformar, da noite para a manhá, franquistas recalcitrantes em democratas de toda a vida, numha democracia à espanhola onde, caso único na Europa, se pode ser democrata sem ser antifascista. Rafael Serrano Valls (Dúrcal, 15-XII-1920 – Cádis, 9-IV-2018) veu ao mundo no ecossistema quartelário da guerra espanhola contra o independentismo rifenho, entorno abafante onde se pré-configurou, matando \"mouros\", o núcleo ideológico do golpe contra a II República de 1936. O seu pai, Alberto Serrano Montaner, fora oficial das Fuerzas Regulares Indígenas e da Legión, chegando a subinspetor desta última. Com apenas 15 anos, Serrano Valls somou-se às fileiras golpistas da mao do seu pai, como soldado de infantaria de 2ª classe nas Fuerzas Regulares Indígenas de Tetuán nº 1 onde estava destinado o progenitor. Aí começa umha carreira militar marcada por ascensos suspeitos de nepotismo. Aos dous anos já é nomeado alférez provisional de infantiaria e, como a vitória do fascismo, em abril de 1941 ascende a tenente provisional passando em comissom de serviço às incipientes Fuerzas de Policía Armada y de Tráfico que estava a organizar, novamente, o seu pai. Em 1944 destinam-no à Legión de Melilha, mas em março de 1945 passa à Guarda Civil onde fará carreira. O seu correligionário José Núñez, autor do laudatório obituário publicado no Diario de Cádiz no passado 10 de abril, dá neste ponto da biografia de Serrano um salto no tempo até 1961, ano em que aparece como tenente coronel chefiando a 237ª Comandáncia de Cádis1. Dezasseis anos de atornador silêncio biográfico que talvez se deva a que esse período já o escrevera pouco antes o historiador Manuel Pazos Gómez, e o revelado nom resultava ser mui recuperável para a hagiografia de um democrata2. A meados da década de 1940 Serrano é destinado à Galiza, concretamente à comarca de Ordes, onde a resistência antifranquista se estava a fazer forte. A sua missom era, naturalmente, liquidá-la, e para a tarefa nom poupou em métodos contrários ao direito internacional, alguns seguramente classificáveis como crimes de guerra e, polo tanto, imprescritíveis por muita amnistia de 1977 que esgrima o Estado espanhol. Som também os anos de intensificaçom das contrapartidas guerrilheiras –método igualmente condenado polo direito internacional- que foram chave para desartelhar a resistência e, o que é ainda mais grave, causarem umha brutal subversom memorial do que ainda nos resentimos hoje. Tratava-se da criaçom de destacamentos de direitistas que, em nome da resistência antifranquista, realizavam todo tipo de feitorias para desprestigiar o Exército Guerrilheiro da Galiza e deixá-lo sem apoios entre o povo. Sirvam dous exemplos tirados de dous informantes locais para comprovar os efeitos dessa estratégia repressiva: o primeiro, umha mulher nada na década de 1930 e que recorda vivamente as requisas de gado e cereal que afetuavam nas casas dos labregos os que ela chama de \"foucelhas\", o nome com que popularmente se conheciam os guerrilheiros em todo o país. Perguntada por se lembrava quem eram tais \"foucelhas\", a senhora cita de cor o nome dos mais conhecidos falangistas da comarca. Assim mesmo, di recordar como um destes \"foucelhas\" pressumia na feira de Ordes vestindo a zamarra que lhe roubara a \"um dos do monte\" que assassinara. Outro caso é o de um homem nado já entrada a década de 1940, e que me assegurava que na entrada da vila de Ordes, à altura da Fonte Estrei, havia colocado junto um letreiro \"o símbolo dos foucelhas\". Estranhado por tal afirmaçom, mas sabendo que há constáncia documental de que o Exército Guerrilheiro figera pintadas reivindicativas na vila na década de 1940, perguntei como é que era esse símbolo. \"Era um jugo com umhas flechas, o símbolo dos foucelhas\". Ese shock memorialístico continúa a ser transmitido de geraçom em geraçom, sem que a chamada Transiçom supugesse rutura nengumha. Voltando à atuaçom de Serrano nesses anos em Ordes, a sua estratégia repressiva conseguira desmantelar quase completamente a rede de enlaces e apoios da guerrilha. As fontes orais lembram-no como um tipo ambicioso, com pretensons de ascenso e mui interessado nos galons. Segundo estas fontes, Serrano teria participado em numerosos enfrontamentos com os guerrilheiros, chegando a temer seriamente pola sua vida em um tiroteio com Antonio Nouche Costa, o 'Soldado de Deixebre'. Também há quem assegura que participou no 21 de abril de 1947 no cerco do Fontao que rematou com os assassinatos do mais carismático guerrilheiro, Manuel Ponte Pedreira, e de Manuel Díaz Pan 'Rogelio' e Manuel Rodríguez o 'Asturiano'. A casa em que se achavam os três antifranquistas fora rodeada por guardas civis dos postos de Ordes, o Penhasco, Xanceda e Cúrtis, preparando-lhes umha emboscada mortal. Os cadáveres foram fotografados como trofeios de guerra e enterrados numha vala comum no cemitério de Abelhá. Amorte de Ponte, o mais carismático líder da resistência galega, correu como a pólvora entre o exílio, multiplicando-se as homenagens em toda a imprensa antifascista da França, México ou a Argentina. Algumhas testemunhas orais mesmo apontam que teria sido Serrano em pessoa o autor dos disparos. Outras fontes sinalam que após o descabeçamento da IV Agrupaçom –à que seguiu umha macrooperaçom em que detiveram mais de 67 pessoas nas comarcas de Ordes, Bergantinhos e Costa da Morte, resultando torturadas muitas delas-, Serrano foi o encarregado de perseguir até a morte outro imprescindível da guerrilha: Francisco Martínez Leira 'Pancho'. Entretanto, em 9 de setembro de 1946, Serrano casa em Ordes. Foram estes importantes méritos de guerra (a comarca de Ordes, onde nom houvo guerra civil senom golpe de estado e genocídio, foi oficialmente zona de guerra até 1952) os que impulsaram o ascenso meteórico de Serrano na hierarquia da organizaçom armada. Após o destino a Cádis é ascendido, agora a coronel, e enviado a mandar o Terço da Corunha, mas poucos meses depois volta à provincia gaditana a dirigir o recém criado 26º Terço da Guarda Civil de Cádis. Ham saber os antifranquistas de Cádis como foi a sua atuaçom lá, pois entre 1967 e 1979, os anos do franquismo seródio e começos da Transiçom, estivo à fronte da Benemérita de toda a província. A chegada de \"democracia\" deixa completamente intato o aparato repressor da Ditadura e autoamnistia os seus crimes, e aquele tenente que perseguia os democratas que resistiam em Ordes e Trasancos converte-se em general democrata. Serrano Valls encarna à perfeiçom esse paradoxo fundacional da nova democracia espanhola segundo o qual se pode ser democrata sem ser antifascista, precisamente porque o referente de oposiçom do Regime do 78 e dos seus democratas nom foi o franquismo, senom o independentismo; evidencia esta mais clara ainda à vista da desapariçom de ETA e do exemplo catalám. Juan José Imbroda, o presidente de Melilha polo PP, nom podia ser mais claro quando lhe botaram em cara que mantivesse na cidade africana a última estátua a Franco num espaço público: \"nom o reconhecemos como ditador, senom como tenente-coronel da Legión contra Abdelkrim\". Em janeiro de 1981 Serrano Valls foi nomeado Chefe da Primeira Zona da Guarda Civil (Madrid) tras cessar no mando da Quinta Zona (Logronho), que abrangia as comandáncias de Álava, Guipúscoa, Biscaia e Navarra durante os anos de chumbo e guerra suja do conflito basco. Depois da sua passagem pola \"Guerra do Norte\" –de cuja intervençom nom temos de momento mais dados- entra na reserva ativa como general de brigada em 1982. Durante o 23-F será um dos assinantes do chamado \"Pacto do capó\" que eximia de responsabilidades os golpistas com graduaçom menor à de tenente. O retiro por idade chegou-lhe a partir de dezembro de 1998, tendo ainda tempo de ser homenageado polo alcalde de Medina Sidonia, Santiago López Belizón, em julho de 2014, com ocasiom do 50º aniversário da casa-quartel do município. Durante o ano entregaram-lhe a Serrano a \"enseña nacional\"3. A de Serrano Valls nom foi, nem muito menos, umha trajetória singular, senom umha de tantas que seguiram caminhos parecidos. Em alguns casos, como o do tenente Camilo Pajuelo Arteaga, investigado por Jordi Bigues4, os paralelismos som assombrosos. Este guarda civil, já falecido, dirigiu em 1947 um operativo que se saldou com a morte de seis guerrilheiros anti-franquistas em La Pesquerda (Cuenca), matança que lhe serviu para ser ascendido e premiado, tendo-lhe imposto Franco a Cruz ao Mérito Militar com distintivos brancos. Em janeiro de 1981 Pajuelo Arteaga, após um ascenso irregular em 1980 –já em democracia\", pois- é nomeado general em chefe da IV Regiom Militar (a correspondente a Catalunha) em substituiçom de Isabelino Cáceres Ruiz, outro destacado especialista na guerra suja anti-guerrilheira que depois aplicou os seus métodos contra o movimento basco. Será um ano intenso para Pajuelo o de 1981, especialmente polos sucessos da FargaBebié (Ripollés), em que rematam com a vida de duas jovens levadas a identificar ao quartel como suspeitosas de militarem nos GRAPO, seguido do assassinato de outros dous moços, acribilhados a balaços quando estavam dentro de umha tenda de campanha, e um quinto um mês depois nas ruas do bairro de Vallcarca. Três dos assassinados eram galegos: Dolores Castro Saa, de 24 anos e natural de Mondariz; Albino Gabril López, de 23 e de Vilarelho; e Roberto Liñeira Oliveira, de 22 e nado na Corunha. Na operaçom Pajuel Arteaga participou como tenente coronel, mas como general de brigada acompanhava-o José Blázquez Pedraza (de 84 anos e vivo em 2017, quando Bigues publicou a reportagem), também envolto no operativo de 1960 em Mas Clarà (Pla de l'Estany) em que assassinaram quatro máquis dos grupos de açom do Quico Sabaté. Ao igual que Serrano, Pajuelo também é um desses altos mandos da Guarda Civil que aparecem nessa nebulosa que rodeia o golpe de Estado do 23-F, neste caso integrando o gabinete de crise formado posteriormente durante o assalto ao Banco Central da praça Catalunha de Barcelona, onde estaria o famoso \"maletim\" com os papeis secretos do 23-F. No 5 de maio de 1981, já como general em chefe, dam-lhe a Cruz de San Hermenegildo. Desta brevíssima olhada aos altos cargos da repressom política franquista transformados em democratas pola Transiçom, premiados e ascendidos, nom podemos esquecer José Ramón Piñeiro, comissário general da Brigada Político Social na década de 1960, e que participou ativamente num dos últimos crimes da agonizante Ditadura na Galiza, no operativo contra a UPG de agosto de 1975 (na qual fora decissivo o infiltrado Mikel Lejarza 'El Topo', outro herói da \"democracia\") que rematou com o assassinato a tiros de Moncho Reboiras na rua de Ferrol5. Na Transiçom Piñeiro foi nomeado comissário general de Segurança e Ordem Pública, e ainda se lembrava dele, numha recente entrevista, o ex – secretário geral do PSOE Histórico Manuel Murillo: \"Ramón Piñeiro foi moi duro cos maquis, tremendo, porén eu creo que co tempo foi intentando lavar o seu pasado. Xa me advertira que me ían deter na casa cando o do 72 [refere-se à greve de Ferrol]. E despois en Madrid, cando era xefe de Orde Pública, no ano 77, e a raíz dos asasinatos de avogados de Atocha, un día achegouse ao meu despacho […] Díxome que non tiña policía suficiente para protexerme e que tomara eu medidas de seguridade\"6. Rafael Serrano Valls, Camilo Pajuelo Arteaga, José Ramón Piñeiro… Três trajetórias de carrascos da Ditadura que convergem, já em democracia, por volta dos acontecimentos do 23-F, aquele golpe de Estado \"fracassado\" que cumpriu com todos os seus objetivos: do branqueio da legitimidade franquista de Juan Carlos I à fêrrea perimetraçom da nascente democracia espanhola, que ficava terrivelmente limitada quanto aos direitos sociais de todo o Estado e aos nacionais da Galiza, País Basco e Catalunha. Assim as cousas, nom resulta paradoxal, senom todo o contrário, que o primeiro afetado pola Ley de Defensa de la Constitución –aprovada como consequência direta do 23-F- nom fosse nengum destes repressores sem depurar, senom A Nosa Terra. A nova lei ativara-se contra o semanário da esquerda nacionalista por mor do número especial polo Dia da Pátria Galega, saído à rua em agosto de 1981, e principalmente por três textos: um artigo desde a cadeia do preso político galego Xosé Beiroa; umha entrevista à familia de Roberto Liñeira Oliveira, o moço assassinado no operativo liderado por Pajuelo; e um artigo do historiador Francisco Carballo em que afirma que a morte de Reboiras fora um \"assassinato\". NOTAS 1- Jesús Núñez, \"Fallece el general Rafael Serrano Valls\", Diario de Cádiz, 10 de abril de 2018. 2- Manuel Pazos Gómez, \"Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios\", em VV.AA., Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, Santiago de Compostela, Sermos Galiza, 2017, pp. 135-157. O perfil de Rafael Serrano Valls nas pp. 141-143. 3- \"La Benemérita rindo hoy homenaje a los guardias civiles y familiares que allí vivieron desde 1964\", Diario de Cádiz, 27 de julho de 2014. 4- Jordi Bigues, \"Crims franquistes impunes en democràcia\", Directa, nº 435, do 12/7 ao 25/7 de 2017, pp. 4-11 5- Xurxo Martínez González, Luís Soto. A xeira pola unidade galega, Vigo, Xerais, 2011, p. 128. 6- Entrevista de Emilio Grandío e Xosé Manuel Piñeiro, \"Manuel Murillo. A historia escura da Transición\", Luzes, nº 55, abril de 2018, pp. 26-30. Publicidade"}
{"ID": "NOS_57437", "summary": "O Auditorio da Galiza (Compostela) acolle hoxe ás 20.30 horas a representación de Miedo, o último espectáculo de Albert Pla. Acompañado da fama de entrevistado difícil, o catalán móstrase encantador con Nós Diario, quizais por ser preguntado sobre cultura e non polo monotema de Vox ou pola independencia.", "text": "—Albert Pla estará hoxe en Compostela logo dunha importante xira que comezou en Bos Aires, país do que é orixinaria a produción. Por que marchou traballar para a Arxentina? Tecnicamente eu non marchei traballar para a Arxentina, propuxéronme facer esta produción estando alí, que foi da man do Teatro Regio de Bos Aires. Ademais, todas as imaxes que se proxectan no espectáculo están baseadas nuns pintores arxentinos, bastante famosos alí, que se chaman Mondongo. —O nivel das artes escénicas na arxentina en particular, e en Latinoamérica en xeral, é maior, menor ou similar a nivel de profesionalidade e creatividade? Non podo dicir quen vai por diante ou quen vai por detrás, pero si que é certo que na Arxentina a xente vai moito o teatro, e no Estado español non tanto. Teñen unha tradición teatral moi arraigada, con moitos teatros funcionando. —Hai moito traballo a nivel de respaldo tecnolóxico en Miedo. Son o futuro esas novas tecnoloxías? Eu xa tiña traballado con proxeccións bastante sofisticadas no meu anterior espectáculo, Guerra, que fixera con Fermín Muguruza da man de Nueve Ojos, un estudo de Barcelona que traballa moito con iso. Mais tiven a impresión de que quedamos a medio camiño, dadas as moitas posibilidades que ofrecían, como crear personaxes que parece que estean en directo, meterte no polo norte, subir escaleiras, remar nun lago, caer por un precipicio, voar... resulta xenial poder facer todas esas cousas enriba dun escenario, e por iso decidimos facelo, era o momento, todo cadraba. —O título do espectáculo é Miedo, que a produtora define como \"unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis aló da vida terrea, co medo como eixo nuclear\". Como se constrúe unha narrativa a través dese sentimento tan humano, mais tan temido? O concepto era o propio medo, que medos temos e como podemos falar deles. Así comezaron a saír moitas cousas en imaxes, efectos dixitais, música... e todo iso artellado cronoloxicamente empregando a vida dunha persoa como fío condutor. —Nese fío condutor a primeira etapa é a infancia. A nenez e a infancia están particularmente presentes na súa traxectoria e, de forma moi particular, neste Miedo, mais dunha forma moi distinta que en Anem al llit, por citar un caso. Por que este tema é tan recorrente nos seus traballos? A min sáenme moitas cancións e espectáculos para nenos, mais sempre en catalán, porque é como as penso. En castelán intenteino en varias ocasións, mais o resultado eran cancións de terror, en lugar de cancións bonitas, e o medo para nenos fóisenos das mans. Non sei se pasou por usar o castelán, mais en lugar de cancións de berce saíron cancións para asustar nenos. —A case un ano vista do primeiro pase de Miedo, cal está sendo a recepción da xente? Eu véxoa ben, aínda non nos sacaron de ningún sitio a gorrazos (ri). Cando acaba, a xente ten cara de estar satisfeita. Penso que é un espectáculo que está moi ben, e se non estivese eu tamén estaría moi ben. Ás veces sitúome a mirar cando as probas de son e penso \"vaia unha que montaches\", e véxoo todo espectacular. —Sen vostede seguiría habendo espectáculo? Podería facelo calquera outro, o peor do espectáculo, sen dúbida, son eu. —Varios dos seus traballos son moi arriscados, xa non só tecnicamente, senón tamén conceptualmente, até o punto de que incluso hai quen di que non se entenden. Cre que seguen sen entendelo a día de hoxe? Ninguén entende o meu traballo, porque tampouco o fago eu mesmo. Cada un entende o que entende, en última instancia todo son sensacións que se transmiten e que cada un as toma como as toma. E cando fago algo tampouco teño un obxectivo, non sei porque o fago, son cousas que se me ocorren non sei por que. —Mais non é reconfortante que sempre haxa xente disposta a pagar un boleto, ou a producirlle, que é aínda máis diñeiro? Só direi que, comparado con outros artistas que coñezo, son o que mellor o pasa facendo as cousas. Parto coa risa cando se me ocorren as cousas, pásoo moi ben, o único que quero e rir e divertirme. —Cre que ese carácter alegre é polo que queda xente que segue a considerarlo un enfant terrible, pese a ter 53 anos? Si, mais xa non son nin enfant nin terrible, estou por enriba deses adxectivos."}
{"ID": "NOS_13309", "summary": "As centrais sindicais denuncian un incremento da persecución ademais dunha resistencia por parte das empresas a estabelecer negociacións pacíficas. Algúns dos exemplos témolos no caso de Kike Rocha, voceiro das auxiliares de Alcoa, ou a denuncia de Alu Ibérica ao comité de empresa.", "text": "A pandemia aumentou a tensión entre as empresas e o seu persoal. Desde as organizacións sindicais enumeran varios casos de persecución e represión cara ás súas delegadas e delegados no momento de negociar convenios ou reclamar os seus dereitos. Algunhas destas situacións ocuparon páxinas nos medios de comunicación, outros quedaron máis silenciados. Hoxe mesmo decorreu o xuízo en Lugo contra Kike Rocha, delegado da CIG en Cotelsa, contrata de Alcoa San Cibrao (Cervo), e voceiro da plataforma coordinadora das auxiliares que estivo participando nas negociacións do expediente de regulación de emprego (ERE) na súa calidade de asesor da central nacionalista e como representante do colectivo de persoal das empresas que traballan para a multinacional americana. Ao remate das negociacións do expediente, e despois de sete anos desenvolvendo as mesmas funcións, Cotelsa cambiou ao sindicalista de posto de traballo, póndoo a realizar funcións para que as non ten a formación adecuada, cando este tipo de mudanzas non son nada habituais. Para o propio Kike Rocha esta actitude por parte da empresa \"non foi casual\", segundo explica a Nós Diario. Rocha relata como desde a multinacional rexeitaban a presenza das auxiliares nas negociacións e como o seu calvario comezou ao día seguinte de rematar as conversas que tiveron lugar en Nigrán. \"Cambiáronme de posto de traballo, onde levaba oito anos, para facer outro diferente no que eu non tiña formación\", conta, \"para nada tivo que ver cunha rotación normal que se podía dar noutros casos\", engade. A CIG entende que este ataque á liberdade sindical parte da propia Alcoa, aínda que Cotelsa executa o mandado sen polo en cuestión, é constitúe un castigo á representación do persoal das auxiliares. Nunha concentración antes do xuízo o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, aseguraba que \"este tipo de actuacións patronais dannos máis forza e confirman a razón que temos neste conflito\". Por iso, con esta acción xudicial e coa mobilización da pasada segunda feira, a central nacionalista quere deixar claro \"que non lle imos permitir a Alcoa que, ademais de querer roubarnos o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra, tamén nos queira roubar o dereito a exercer a nosa liberdade de expresión e a nosa liberdade sindical\". Alu Ibérica e a xudicialización do conflito Outro dos casos máis coñecidos ten relación tamén con este sector e con Alcoa. A anterior factoría da Coruña vive agora inmersa nun conflito laboral que pasou dun expediente sancionador ao presidente do comité de empresa de Alu Ibérica, Juan Carlos Corbacho, até unha denuncia por agresións a toda a representación sindical. \"Está todo moi xudicializado a través da inspección de traballo con diversas denuncias\", explica a Nós Diario o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, \"pedimos que se cumpran as condicións que estaban estabelecidas no convenio colectivo, no Estatuto de traballadoras e traballadoras e na Lei de riscos laborais\". Relata que a represión está \"desde o primeiro día\" tratando de \"descualificar o comité de empresa e de abrir unha fractura no mesmo até o punto de enfrontarnos uns traballadores con outros\". Ricardo Castro, secretario xeral da CUT, explica a Nós Diario que nestes últimos meses notaron máis presión contra a representación sindical que nos últimos anos. \"Vai ligado ao tema da Covid-19\", asegura, \"é unha escusa para xustificar determinadas medidas por parte das empresas con rescisións de contratos ou ameazas de ERTE\". Relata que é moi habitual agora cando negocian un convenio colectivo pór enriba da mesa \"que a situación está moi mal e non hai saída\". Diante dunha posición de negociación asegura que as empresas aplican \"a modo de exemplo\" algúns \"avisos das consecuencias que poden traer\" o feito de reivindicar dereitos. Por este motivo estan a ter \"moitas sancións\" e pon como exemplos conflitivos o caso de cargadores no peirao de Chapela ou en Urbaser onde, asegura, \"non damos saído dos xulgados\"."}
{"ID": "NOS_14807", "summary": "A suba dos coeficientes redutores carga as penalizacións da xubilación anticipada nos traballos máis exixentes", "text": "O ministro de Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, deu conta esta semana no Congreso dalgunhas das cuestións que se están a abordar na negociación do Pacto de Toledo para a reforma das pensións. Novamente, a suba nos coeficientes redutores para as persoas que decidan anticipar a súa xubilación centran un debate no que, como novidade, emerxen cifras concretas do incremento que manexa o Goberno español e tamén dos incentivos para aquelas persoas que opten por atrasar a súa retirada do mercado laboral máis aló da idade de xubilación. O obxectivo destas medidas é achegar a idade efectiva á idade real de xubilación e aumentar así os períodos de cotización da clase traballadora. Porén, as penalizacións á xubilación anticipada non teñen en conta a realidade de moitos traballos que requiren maior esforzo físico e mental, como poden ser algúns dos vinculados cos principais sectores produtivos da Galiza, como a automoción, a pesca ou a metalurxia, mais tamén moitas das profesións feminizadas asociadas á saúde e ao coidado de persoas maiores. Como sinala a Nós Diario o economista e sindicalista Xabier Pérez Davila, \"son traballos onde é máis difícil aguantar até os 67 anos e que ademais teñen unhas bases de cotización máis baixas\". \"Se deciden adiantar a xubilación vanse ver máis penalizados do que están agora. Porén, maxistrados, médicos privados ou xefes de servizo serán os grandes beneficiados dos incentivos ao atraso da xubilación\", indica. \"Son profesións que teñen altos salarios e que cando se xubilan perden moito, porque a pensión máxima, aínda que boa, é máis baixa que eses salarios. Son traballos prestixiosos socialmente, que non desgastan e dan status. Se en vez de aos 67, deciden esperar até os 70, estarán cobrando un salario máis alto e, ademais, cando se xubilen, terán unha pensión máis alta que a pensión máxima\", exemplifica Pérez Davila. Incidencia no emprego Precisamente, un dos argumentos esgrimidos por Escrivá durante a súa comparecencia para xustificar estas medidas era que incentivan a permanencia no emprego e eliminan os elementos regresivos que ten o sistema actual. Ademais, afirmou que hai unha ampla evidencia de que unha maior participación dos maiores \"non dana, senón que aumenta as oportunidades de emprego da xente nova\". Neste senso, Pérez Dávila asegura que a situación do mercado laboral galego, marcado pola alta temporalidade e os contratos parciais, \"non se vai solucionar coa reforma das pensións\". Mais ben ao contrario, xa que, como argumenta, \"se se atrasa a idade de xubilación van tardar máis en quedar libres postos de traballo, sobre todo os de mellores condicións\", apunta o economista. Precisamente, a situación actual da clase traballadora galega, sumada aos cambios que promove o Goberno español para acceder á xubilación, debuxan un escenario incerto para moitas persoas unha vez rematen a súa vida laboral. Neste senso, Pérez Davila lamenta que o debate se centre sobre a reforma dos parámetros das pensións pero que non exista un debate social sobre a promoción dos plans de empresa, que implica, na súa opinión, \"iniciar a privatización do sistema de pensións\", tal e como aconteceu no seu día coa educación coa introdución dos concertos e coa sanidade e as colaboracións público-privadas. Ao servizo de Bruxelas A reforma das pensións, como indicou o propio Escrivá, está supeditada aos plans de Bruxelas para o Estado español, ao igual que acontece coa reforma fiscal na que traballa Facenda. Ambas están vencelladas, precisamente na cuestión dos plans de pensións de empresas, xa que as exencións fiscais que ofrecen no Imposto de Sociedades permitirán mitigar a suba que prevé o Executivo estatal para este tributo. Como apunta Pérez Dávila, a reforma das pensións está \"ao servizo da Comisión Europea e dos poderes financeiros\". De feito, alerta de que \"en dez ou quince anos\" unha parte das pensións estará privatizada, \"e iso vai crear unha fenda dentro das clases traballadoras\". A idea do Goberno español é que sexan os traballadores e as traballadoras as que, xunto coas empresas, contribúan ás súas pensións futuras, reducindo así a dependencia tan grande, como hai agora, do sistema público de pensións. Das medidas adiantadas o 13 de abril polo ministro Escrivá, o economista e sindicalista só salva a suba das pensións asociada ao IPC, unha \"conquista\" do movemento en defensa das pensións públicas."}
{"ID": "NOS_4513", "summary": "O conxunto de Tito Díaz non puido certificar o pase á final da fase de ascenso en Coruña. O quinto e definitivo partido dirimirase en Melilla", "text": "O Basquet Coruña sucumbiu ante o Melilla Baloncesto en Riazor (61-81) perdendo a primeira oportunidade de pasar á final da fase de ascenso. A semifinal abocouse ao quinto partido que se xogará na cidade autónoma, mañá terza feira as 21.00 horas, no pavillón Javier Imbroda. O conxunto adestrado por Tito Díaz errou na primeira ocasión de clasificarse para a final. Os coruñeses pagaron o grande esforzo físico despregado para chegar ao cuarto partido con 3-1, que se suma ao dos 5 partidos contra o Breogán. Os coruñeses vironse superados en todos os ámbitos por un Melilla Baloncesto, que desta vez conseguiu impor a súa calidade á que lle sumou un grande traballo defensivo. O primeiro cuarto facía presaxiar un partido disputado. Os naranxas chegaron á interrupción só dous puntos por debaixo, mais a partires de aí o Melilla foise impoñendo pouco a pouco ata colocarse 18 puntos por arriba a final do terceiro cuarto. Os últimos minutos do encontro concorreron coa certeza dos dous equipos de que se ía xogar un quinto partido. Coa vista posta nel, a intensidade baixou paulatinamente e o partido fecharíase cun resultado de 61-81 para o equipo de Alejandro Alcoba. \"O Básquet Coruña pagou o esforzo que o fixo chegar até onde está\" Ao rematar o xogo, Tito Díaz recalcou, precisamente, o esforzo pagado e o exceso de minutos que tiveron que afrontar xogadores como Ben Stelzer e Jesús Castro, os dous con notorios problemas físicos e que levaban máis dunha semana sen adestrar, ou Ángel Hernández quen, recentemente recuperado dunha lesión, forzou para xogar. O compendio entre o desgaste dos naranxas e o bo partido do Melilla Baloncesto, quen non deixou ao Basquet Coruña imprimir un ritmo alto de partido, como ocorrera nas dúas vitorias coruñesas, levaron a fase ao último encontro. O Melilla non deixou crear xogo e desquiciou aos rivais levándoos a firmar unhas estadísticas pobres, cun 30% en tiros de campo, gañando a batalla debaixo dos aros cos 8 rebotes de Almazán e cun gran Suka-Umu en ataque con 16 puntos. O punto de lucidez coruñesa aportouno Beka Bujaranadze con 15 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns que, con todo non foron suficientes para achegarse ao Melilla en ningún intre do partido. Suka Umu (16) e Bujaranadze (15) foron os máis destacados do partido no plano ofensivo A eliminatoria decidirase, pois, en Melilla. Campo alleo e complicado. Porén, o Basquet Coruña xa conseguiu imporse no pavillón Javier Imbroda nun dos dous partidos alí disputados nesta fase, polo que o Melilla non as terá todas consigo. Os coruñeses viaxan hoxe para a cidade autónoma e haberá que esperar ata mañá ás 21.00 horas para ver a resolución. Na final espera o Huesca, despois de dar a sorpresa ante o Burgos e gañar por 3-1."}
{"ID": "NOS_7651", "summary": "Este sábado 26, a área recreativa A Veiga será o escenario da feira, que chega á súa terceira edición cunha ampla mostra de oficios e un rico programa de lecer", "text": "Na mañá do próximo sábado, Muras amencerá cargada de festa. A Romaxe Artesá da Chaira, que ten lugar na área recreativa da Veiga, chega á súa terceira edición cunha programación para todos os públicos. Non só estará a mostra e o mercado de artesanía, senón que tamén haberá espazo para a música e obradoiros. Ás 10 horas abrirá a mostra de oficios, que estará aberta toda a mañá e contará coa presenza de Xavier Quijada -escultura en pedra e cantería-, Xaneco Tubío -instrumentos musicais-, Idoia Cuesta -cestería contemporánea-, Iria Pigueira -complementos de moda-, Montse Tubío -calceta-, Marcos Ladra -talla de madeira-, Manuel Castro -torneado de madeira-, Alberto Geada -zoqueiro- e Carmen López -traxe tradicional galego-, alén dos Ferreiros de Mazonovo e as Lolas da Cascarilla. Durante a primeira metade do día, as crianzas tamén poderán gozar coa feira cos obradoiros infantís de creación conxunta, que terán lugar a partir das 11.30 horas. As miúdas poderán aprender tecido de punto, elaboración de complementos e mesmo traballar na creación dun niño. Para as máis grandes, a cooperativa Milhulloa e Cosmética Muuhlloa ofrecerán unha palestra sobre a evolución das plantas medicinais ao mediodía. Como acompañamento musical, o Cé Orquestra Pantasma amenizará a romaxe durante toda a mañá até as 12.30 horas, momento no que Axóuxere lle collerá o relevo. Pola tarde, o colectivo Xotramu ofrecerá xogos tradicionais para grandes e pequenas a partir das 16 horas. Pola súa banda, Miudiño tamén impartirá un obradoiro infantil de creación de xoguetes ás 16.30 horas. Logo de tanto traballo, ás 18 horas as crianzas poderán gozar co espectáculo de títeres 'Circo galaico' que ofrecerá Alakrán. Por último, a romaxe fechará a xornada coas actuacións musicais do cuarteto tradicional Cantigas e Frores, de Davide Salvado e de O Sonoro Maxín."}
{"ID": "NOS_41161", "summary": "A Sala Alterarte, situada no Campus Universitario de Ourense, fornece unha aventura expositiva que entra na intimidade dos corpos. A mostra, que forma parte da cuarta edición do proxecto 'Estado Crítico. 12 Curador*s e 12 Artistas', que dirixe Xosé Manuel Buxán Bran e está a cargo do 'curador' Vítor Nieves, nace da creatividade da artista Deebo Barreiro.", "text": "A artista viguesa Deebo Barreiro achega un cruising de identidades disidentes que permite calmar as calidades curiosas e o vouyerismo do público na súa exposición \"Ocupar un corpo\", que se pode visitar até o día 21 de maio na Sala Alterarte de Ourense. Neste espazo expositivo do Campus Universitario de Ourense, a xente está convidada a entrar na intimidade dos corpos fotografados por Barreiro, que o curador da mostra, Vítor Nieves, cualifica de \"experiencia inmersiva\" máis que de exposición. Barreiro e Nieves traballaron conxuntamente nesta iniciativa -que xurde no marco da idea \"Estado Crítico. 12 Curador*s e 12 Artistas\", que dirixe Xosé Manuel Buxán Bran- para pór ao público ante unhas arquitecturas inesperadas e un discurso de \"identidades de xénero e sexuais que foxen ao binarismo normativo\". Coas imaxes como centro sobre o que decorre o resto da mensaxe, quixeron escribir na atmosfera do lugar un \"manifesto contrasexual que leva a unha análise crítica da diferencia de xénero e de sexo, que rache co contrato social cisheterocentrado, cuxas normativas foron inscritas nos corpos como verdades biolóxicas\". A iso xoga a mostra e a iso levan os produtos audiovisuais paralelos e a arquitectura creada ad hoc, que sobrepasa o visto até agora. De feito, como indica Nieves, a autora das imaxes ideou este canto á liberdade pensando en \"dinamitar\" as conviccións estabelecidas. \"Captura coa súa cámara corpos que son en si mesmos a disidencia do sistema sexo-xénero, usando ás veces iluminacións e puntos de vista propios de deidades\", reflexiona o curador. \"Mais sen perder o intimismo en cada un dos retratos, o que lle imprime un carácter iconoclasta, característico da súa obra que autodefine como punky\", engade."}
{"ID": "NOS_37682", "summary": "Sanidade avalía mudar o regulamento a seguir após recoñecer 'lagoas'. Persoal que atendeu á enfermeira galega alertou de que podía ter ébola mais a advertencia non foi considerada.", "text": "A medida que pasan as horas e se coñecen novos datos vanse acumulando os indicios de que puido haber erros e fallos no sistema de seguranza para detectar e atallar o ébola. Declaracións de persoal que atendeu a Teresa Romero (a enfermeira de Becerreá que é a primeira contaxiada por este virus en Europa), técnicos advertindo de 'lagoas' no protocolo español (menos seguro que o que estabelece a Orfganización Mundial da Saúde)... e todo iso coroado polas polémicas declaracións do conselleiro de Sanidade de Madrid nos que apuntaba directamente á responsabilidade da enfermeiroa á que mesmo chegou a acusar, sen probas, de mentir, se ben esta quinta rectificou. O xornal 'El País' informa que Sanidade non tivo en consideración a alerta de persoal de pabiola que recolleu a Teresa Romero na súa morada para trasladala ao Hospital de Alcorcón. Este traballador advertiu que as síntomas podían ser de ébola, mais a alerta non foi escoitada pola administración. Esa mesma ambulancia onde se trasladou á enfermeira contaxiada levou nas 12 horas seguintes a sete persoas máis. Neglixencias? Mentres, en 'El Mundo' o médico que atendeu no Hospital de Alcorcón á doente recoñece que \"as mangas do traxe quedábanme curtas\" e de que se enterou que ela tiña ébola pola prensa. O Ministerio de Sanidade baralla introducir modificacións no protocolo do ébola, toda vez que nese documento non se completan recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS), como que haxa sempre un supervisor no momento en que se poñen e quitan os traxes de protección. Precisamente o que a propia enfermeira sinalou que puido ser a orixe do contaxio pois cunha luva se tocou a cara. Rajoy: \"É moi difícil\" O equipo de comunicación do goberno español recomendou a Mariano Rajoy unha estratexia de comunicación no ébola dirixida a tranquilizar á poboación e evitar alarmas, de aí que multiplicase as súas comparecencias a respecto do que é normal nel. O presidente afirma que \"é moi difícil que isto se poida convertir niun tema que afecte a moitas persoas, moi difícil\". De por parte, o conselleiro de Sanidade madrileño, Javier Rodríguez, mantivo nunha entrevista na Ser que a enfermeira \"non deu toda a información que posuía\" se ben rectificou a acusación de que mentira. Sobre responsabilidades políticas, botou balóns fóra e mesmo chegou a sacar peito ao afirmar que el era médico e ten a \"vida resolta\" polo que non lle molestaría demitir."}
{"ID": "QUEPASA_271", "summary": "O Faro Fisterra acolle a exposición dos murais de azulexo dos Faros realizados por estudiantes e persoas con diversidade no concurso bianual de Suministros Lar", "text": "Son xa un dos elementos representativos da nosa comarca. Os Murais de Azulexo que arman os centros de ensino a raíz do Concurso bianual organizado por Suministros Lar dende 2006 son unha seña de identidade da Costa da Morte. Así o entenden ata en Sanxenxo, onde a súa concelleira os considera \"perfectos para que os turistas inmortalicen a súa vila\". O ano pasado os Faros de Azulexo da Costa xa pasaron o ano no paseo pontevedrés, nun concello que non dubidou en volver solicitar a visita dunha nova fornada de murais. Así, o o conxunto de obras ata agora exposta Deportes Acuáticos\" ao pé da Cascada de Ezaro vaise directa a Sanxenxo por petición da concelleira Paz Lago, substituíndo así a dos Faros. Un lugar ideal onde se valoran como \"un museo urbano\". Ademais, a colección \"Os Faros da Costa a Morte\" xa están expostos aos pés do Faro de Fisterra, para o goce dos veciños desta marabillosa costa e todos os visitantes que por pasen por alí. Todo gracias ao fascinado que se atopa o organismo de Portos de Galicia con este proxecto educativo e integrado. Unha circunstancia que permite que veciños e visitantes disfruten destas xoias artísticas feitas polo noso alumnado, así como polos usiarios asociacións de persoas con capacidades extraordinarias como Apem, Aspadex ou Íntegro. Expándese así esta Costa da Morte única. Proceso de instalación dos murais de azulexo dos Faros no Faro Fisterra"}
{"ID": "PRAZA_11641", "summary": "Os reitores das tres universidades públicas opuxéronse á tramitación da lei para abrir unha universidade privada ao considerar que se dirixe ás \"elites económicas\" e non cumpre a función legal de \"complementar\" a oferta pública", "text": "A Xunta tramita dende o pasado setembro a lei na que apoiará a súa apertura a primeira universidade privada de Galicia, a Universidad Intercontinental de la Empresa, impulsada por Abanca a través de Afundación sobre a base do actual Instituto de Educación Superior Internacional da Empresa (Ieside). Os impulsores do proxecto prevén que abra as súas portas no curso 2020-21 e para iso precisan superar varios trámites. Un deles, o do Consello Galego de Universidades, salvouno este luns grazas aos votos da Xunta.Os reitores das tres universidades públicas opuxéronse á tramitación da lei para abrir unha universidade privada ao considerar que se dirixe ás \"elites económicas\" e non cumpre a función legal de \"complementar\" a oferta públicaComo a propia Xunta admite, aínda que o apoio deste Consello á creación do centro non é \"vinculante\", o feito de que informe ao respecto si é \"preceptivo\". E o ditame foi positivo grazas ao Goberno galego. Non en van, segundo fontes coñecedoras da xuntanza consultadas por Praza.gal, os 11 votos a prol do informe chegaron dende a Xunta e os seus entes dependentes, da representación do PP por designación parlamentaria. Tamén dos tres presidentes dos consellos sociais das universidades públicas. Os votos contrarios foron só tres menos, un total de oito, segundo as mesmas fontes consultadas. Trátase dos emitidos polos responsables dos reitorados das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e mais da representación que PSdeG e En Marea teñen neste órgano. A percepción xeral nos órganos de goberno das tres universidades públicas sobre este proxecto é que está dirixido ás \"elites económicas\" e non \"complementa\" a oferta existente. A Xunta non debera apoialo, senón \"reforzar\" as institucións académicas de carácter público, cren.Así o reiteraba este martes o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, a preguntas da prensa durante a presentación do novo sitio web da institución académica. Tanto a USC como as universidades da Coruña e Vigo, subliñou, coidan que cómpre \"reforzar\" o sistema universitario público antes que apostar por unha entidade privada que ademais, ao seu xuízo, dificilmente encaixa nas condicións fixadas na lei de universidades para ser autorizada: \"complementar e mellorar\" a oferta universitaria pública.A Xunta resta importancia ao trámite e a oposición rexéitaoFronte ao malestar das universidades públicas e da oposición parlamentaria, dende a Consellería de Educación réstase importancia a este trámite, por ser \"preceptivo e non vinculante\" e implicar só \"analizar se o anteproxecto de lei se axusta aos requirimentos establecidos pola normativa galega e estatal\". \"Trátase dun trámite máis\", reitera Educación, que evidencia que a lei para autorizar a universidade promovida por Abanca aínda ten que ser aprobada polo Consello da Xunta e despois, polo Parlamento. Posteriormente, aínda cumpriría un decreto para que inicie a súa actividade.Fronte ao rexeitamento das universidades públicas e da oposición, a Xunta resta importancia ao trámite por non ser \"vinculante\" e evidencia que lei para autorizar o centro privado aínta ten que pasar polo Consello do Goberno galego e o ParlamentoAs tres universidades públicas discrepan da apertura da primeira universidade privada galega e tamén o fan as forzas da oposición parlamentaria. Así, este martes o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, advertiu o Goberno de Alberto Núñez Feijóo da necesidade de \"escoitar\" os reitores da universidade pública e, ao cabo, de \"defender o público\". Porque a responsabilidade da Xunta, advirte, é garantir que o Sistema Universitario Galego mantén \"todos os requisitos legais de calidade investigadora e docente\" e un proxecto coma este implica \"riscos\" de que esas \"garantías de calidade\" non estean garantidas.Pola banda do BNG a súa vicevoceira parlamentaria, Olalla Rodil, subliñaba tras coñecer o ditame do Consello de Universidades que \"crear unha universidade privada nun país coma o noso xeraría enormes distorsións\" porque no canto de \"complementar\" a oferta pública, \"prexudicará ás tres universidades galegas\". Dende En Marea o seu voceiro, Luís Villares, advertía este martes da súa oposición á apertura dunha universidade privada que \"non fai falla\". \"Despois de que Núñez Feijóo asfixiase as universidades públicas nós últimos anos\", censura, propicia a apertura dunha privada que ademais, asegura, está a ser tramitada con defectos \"formais\" como a ausencia dunha \"memoria xustificativa da súa legalidade\"."}
{"ID": "NOS_887", "summary": "Antón Sánchez emerxe da III Asemblea Nacional de Anova como novo líder da organización. A súa aposta na unidade popular é \"innegociábel\", como tamén o é o seu esforzo por pacificar a convulsa vida interna da súa propia casa e da confluencia. É a entrevista política do Sermos239, xa na rúa. Eis un extracto da conversa.", "text": "-Supoño que es consciente de que o maior impacto mediático da vosa asemblea foi a lea protagonizada por mozos de Xeira con ex militantes da FPG. Como viviche ese episodio? -Eu non lle podo atribuír o incidente só a determinadas persoas. O incidente é lamentábel, é intolerábel, non pode voltar a ocorrer e traballaremos para que non volte a ocorrer. Farémolo con serenidade, pero con firmeza. En todo caso, quero dicer que ese momento non representa o ton dos debates en Anova. Sería triste que ese suceso puntual, inadmisíbel, intolerábel, contaminase toda a militancia de Anova. Sobre a lea protagonizada por mozos de Xeira: \"Traballaremos para que non volte a ocorrer. Farémolo con serenidade, pero con firmeza\" (...) -Visto desde fóra a sensación que dá é que a unidade popular está máis desunida que nunca, véxase sen irmos máis lonxe as leas no seo de Podemos Galiza. Imaxino que unha das túas tarefas como novo referente de Anova será contribuír a pacificar todo ese ambiente interno, non? -Si, eu aquí teño que facer unha certa autocrítica da cal tirar conclusións positivas pensando no futuro. Eu creo que ás veces algunha representación política institucional perde a perspectiva. Confunde o interno coa realidade. Iso é o peor que nos pode pasar. Eu creo que hai que facer unha chamada de atención de que nós nos debemos á xente que nos apoia, á xente que quere unha alternativa de esquerda rupturista contra este sistema, contra as políticas que aplica este sistema, e iso nunca o debemos esquecer na nosa praxe política. Esa é unha cuestión que eu si que vexo que puido pasar nalgún momento. Nunca podemos esquecer que tivemos en decembro de 2015 400 mil votos -e nas galegas, 287 mil votos- e nunca debemos esquecer por que esa esa xente nos apoiou, e esa xente apoiounos polo noso esforzo a prol da unidade popular porque nos vían como unha ferramenta útil. No momento en que non se visibilice que a nosa vontade é sermos úteis, no momento en que se nos vexa ollándonos para o embigo, esa xente deixará de apoiarnos. Porén, o futuro creo que ten que ser aproveitar esta época sen envites eleitorais no horizonte para reflexionar, repensar o papel quer de Anova que de En Marea na sociedade, e voltar a comezar con forza un novo ciclo político. [A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos239, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa]"}
{"ID": "PRAZA_11499", "summary": "Desde o 14 de novembro e ata o vindeiro 1 de decembro desenvólvese a XII edición do Santiago(é)Tapas. Falamos con Lois Lopes, membro da directiva da Asociación Hostalería Santiago, organizadora do evento.", "text": "Desde o pasado 14 de novembro e ata o vindeiro 1 de decembro desenvólvese en Compostela a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel, nos que participan un total de 77 locais de toda a cidade, que ofrecen os seus mellores produtos. Participan 53 tapas na modalidade tradicional (cun prezo de entre 1 e 2 euros) e 56 tapas na modalidade creativa (de entre 2 e 3,50 euros). Tamén 13 cócteles clásicos (cun prezo de 5 euros) e 12 cócteles creativos (cun prezo de 6 euros) para un público que poderá votar a través dos pousavasos oficiais que atoparán nos locais participantes, depositando o seu voto nas urnas correspondentes. O evento, xa ben consolidado, está organizado pola Asociación Hostalería Santiago. Falamos con Lois Lopes, un dos membros da directiva. Que acollida está a ter esta edición de Santiago(é)Tapas?Pois a cousa vai un pouquiño por riba da participación do ano pasado, a pesar do tempo que está facendo, o que é un bo dato. \"A participación vai un pouquiño por riba da do ano pasado, a pesar do tempo que está facendo. É xa a 12ª edición, hai unha tradición e iso inflúe\"O evento en Santiago adoita ter mesmo máis participación que en cidades moito máis grandes...Hai que ter en conta que en Santiago estase a celebrar a 12ª edición. É unha ducia de anos con isto, hai unha tradición e iso inflúe. Ademais, o evento en Compostela ten bastante nivel e repercusión, non só na cidade, senón entre xente que se despraza para participar no evento. É máis cliente local que turista o que participa, non si?Basicamente a clientela é local porque turistas nesta época do ano non hai moitos. Claro que hai xente que vén de fóra visitar a cidade e participa e accede á información; ademais, teñen a opción do Tapasporte, que inclúe rutas distintas e que permite de gozar en menos días do evento. Con todo, o cliente principal é o local. Serve Santiago(é)Tapas para reivindicar tamén outro tipo de ocio diferente ao turismo exprés e de masas?Non ten que ver moito este evento co turismo de masas. O que nós reclamamos é que a cidade ten que seguir o seu curso normal e non pode estar pensada única e exclusivamente para os turistas. O impulso do Xacobeo está a influír moito na hostalería?O Xacobeo é un fenómeno mediático que está aí e vai supor un ano importante para a economía de Santiago e para o sector da hostalería, un dos sectores máis importantes da cidade e que ten que seguir despois do Xacobeo e sen tanto turista. Nós sempre reclamamos a desestacionalización do turismo e a adopción de medidas que deslocalicen o turismo do que é a Catedral e a súa contorna porque, realmente, a masificación turística en Santiago está nas dúas rúas lindeiras coa Catedral, ademais dalgún momento puntual noutras zonas e certas molestias en determinadas horas do día. Cunha maior deslocalización e desestacionalización estaríamos todos contentos.\"Santiago(é)Tapas segue mantendo o nivel, que xa é moito\"Santiago(é)Tapas tamén serve para desestacionalizar o turismo?É certo que Santiago(é)Tapas é unha actividade que naceu de Turismo de Santiago e como un evento máis desestacionalizador e para unha época que non é a mellor do ano por estar achegada ao Nadal, pero unha grande parte da hostelería compostelá non ten a súa tempada en función do turismo porque practicamente non lle chega. Ninguén da praza Roxa vive do turismo, e xa non che digo da Sionlla. O efecto do turismo é moi reducido xeograficamente na cidade. Nótase no evento unha evolución tamén nas tapas, na súa variedade ou grao de elaboración?Segue mantendo o nivel, que xa é moito. Foi un evento que empezou cun alto nivel e que o segue mantendo co paso dos anos. Cada ano vaise adaptando máis ao que o público che reclama. Establecemos agora unha modalidade tradicional e outra creativa, para que os restaurantes tradicionais, que sempre participaron, se sentisen máis identificados aínda e nunha categoría máis enmarcada. Tamén incluímos a ruta dos cócteles, que era unha demanda da xente da noite e que está a ter bastante éxito de participación de locais e de usuarios."}
{"ID": "NOS_48364", "summary": "O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recoñeceu esta cuarta feira, día 16, que a decisión de retirar a Policía Local do sistema VioGén de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, anunciada a pasada terza feira tras unha xunta de seguridade local extraordinaria no Concello e fixada para o vindeiro 22 de marzo de 2020, non é definitiva.", "text": "O rexedor por Democracia Ourensana compareceu ante os medios para expoñer que a resolución aínda se someterá a revisión, e cargou a responsabilidade na xefa da Policía Local xa que, segundo expuxo, foi quen recomendou sacar o Concello deste sistema estatal, que coordina os distintos corpos de seguridade para o control das mulleres vítimas de violencia machista, ante a mala prestación que se estaba a realizar por falta de persoal. \"A resolución tomouse por unha decisión técnica\", argumentou. Segundo avanzou, será nos próximos días cando se \"proceda ou non politicamente\", despois de analizar a información ao respecto. \"Pode que a técnica se equivocase\", manifestou. \"Non se pode ter un servizo que se está facendo mal cando hai outros corpos que o poderían facer mellor\", defendeu Jácome, tal e como recolle Europa Press. Desde a alcaldía ourensá manteñen, en resposta ás preguntas de Sermos Galiza, que a retirada do Concello de VioGén nunca se tomou, e que o que se trasladou no día de onte foron as consideracións que se formularon durante a Xunta de seguridade local. Moción do BNG A esa hora, as críticas á saída deste protocolo chegaban xa desde todas as frontes. Na oposición municipal, o BNG presentou por rexistro unha moción para instar o Goberno municipal a non abandonar o protocolo VioGén, na que tamén se solicita que o Concello garanta que o persoal dedicado a estas tarefas teña a formación e os instrumentos necesarios para loitar contra a violencia machista. Nela, chámase tamén a ampliar os efectivos policiais e creando unha unidade específica. \"É unha auténtica barbaridade deixar as mulleres vítimas de violencia machista absolutamente soas e á deriva\", censurou o seu portavoz, Luís Seara, quen achacou a resolución \"ao alcalde e ao seu grupo de Goberno, que decidiron saír por non ter efectivos\". \"Ningún dos socios que conforman o Goberno considera que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade na súa acción política\", considerou. Pola súa banda, o PSOE solicitou un pleno extraordinario para tratar esta decisión, para o caso de se manter, e advertiu, por boca da concelleira Natalia González, que a saída deste sistema comporta tamén unha perda de fondos destinados á loita contra estas violencias, procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O portavoz socialista no consistorio, Rafael Rodríguez Villarino, sinalou a Jácome como responsábel \"deste erro clamoroso\" e sinalou que a Xunta de seguridade local fora convocada polo propio rexedor e a concelleira de seguridade \"coa finalidade de estudar a retirada do VioGén e eliminar a oficina municipal de denuncias\". Tamén desde Ciudadanos se lle afeou ao alcalde que \"coma sempre, bote as culpas ao funcionariado, cando este traballa cos medios dos que dispón\". Retirada do apoio Desde o Parlamento galego, o secretario do PSdeG, Gonzalo Caballero, equiparou o alcalde ourensán coa formación Vox pola decisión, agora en suspenso, un comportamento que cualificou de \"gravísimo\" e que, para o líder socialista, merece que o Partido Popular retire o seu apoio a Democracia Ourensana no consistorio da capital provincial. Así, Caballero instou o presidente galego e líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, a pronunciarse sobre a decisión. \"O PP está incorporado ao Pacto de Estado (contra a violencia de xénero) e o que hai é que ser coherente co que se di e co que se expón. Se o PP quere garantir a seguridade das mulleres e comprometerse na loita contra a violencia machista, ten que facer que, aí onde goberna ou onde apoia a quen goberna, se dean pasos adiante\", incidiu. \"O que houbo durante estes anos en Ourense foi un desleixo nestes servizos, e o que pasa agora é que o novo alcalde executa as políticas que viña desenvolvendo o PP\", afirma a Coordinadora Galega de Marcha Mundial das Mulleres A contestación social diante do anuncio do alcalde de retirar a Policía municipal do sistema VioGén tampouco se demorou. A Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convocou para as próximas horas unha comparecencia para expoñer a súa postura fronte a decisión e sobre o estado dos servizos que atenden mulleres no Concello ourensán. \"O que houbo durante estes anos en Ourense foi un desleixo nestes servizos, e o que pasa agora é que o novo alcalde executa as políticas que viña desenvolvendo o PP\", avanzou a Sermos Galiza a portavoz Ximena González. Desde alcaldía sinalan tamén que o primeiro edil deixou claro en todo momento que non se van desatender as vítimas, e advírtese de que a Subdelegación do Goberno é coñecedora das carencias e limitacións da Policía ourensá, e confirman a intención de sacar de forma inmediata as prazas para o cadro de persoal do corpo municipal para tentar recuperar un mínimo de efectivos, dos que unha parte, avanzan, irán destinados a prevención e control da violencia de xénero."}
{"ID": "NOS_57977", "summary": "A análise dun plan para a reunificación do reino da Galiza e do de Portugal chega acompañada -entre outros moitos contidos- por unha entrevista ao historiador Dionisio Pereira ou polas reflexións de Miguel Anxo Rodríguez arredor da retirada de estatuas.", "text": "Non foron poucos os plans para facer desaparecer a fronteira da Raia ao longo do tempo. A súa orixe remóntase á Idade Media, cando o daquela o feudo máis influínte do sur do reino da Galiza, o condado de Portucale, virou nun reino independente. Os pasos para a unión Tirando do fío do tempo remontámonos aos inicios desta liña divisoria que traza o Miño, a uns tempos nos que a coroa portuguesa e parte da nobreza galega ambicionaban unha Galiza e un Portugal unidos. Despois de que a princesa Xoana de Castela e o seu marido, Afonso V de Portugal, reclamasen en 1476 o reino da Galiza, sen éxito, os Reis Católicos perseguiron aos nobres galegos simpatizantes dos veciños lusos. A sintonía política chegou a un anónimo autor francés, que recolleu nunha publicación os pasos precisos para que o monarca portugués gañase Galiza para sempre. A súa confianza radicaba na unidade xeográfica, étnica e mais lingüística entre os dous pobos, mais tamén na burla e desprezo que españois profesaban aos galegos. 30.000 peregrinos Para o éxito da empresa, o autor francés calculou en 30.000 os peregrinos a soldo que o rei portugués debía introducir na Galiza. Estes, coa axuda dos galegos sen afecto por Madrid, distribuiríanse nas frontes de Salvaterra, Lugo-Ourense e Padrón-Pontevedra-Compostela. O plan, que aseguraba infalíbel, ficou no papel. (Podes ler o artigo íntegro 'Un plan secreto para reunificar Galiza e Portugal' no suplemento Coñecer, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as terzas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Ademais, neste número a A. C. Ferrolterra Antiga debulla a figura do escritor e historiador galego Benito Vicetto Pérez; percorremos a vía Künig, unha alternativa do Camiño de Compostela a través dos Ancares; Miguel Anxo Rodríguez afonda no debate arredor da retirada de estatuas e entrevistamos ao historiador Dionisio Pereira. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel."}
{"ID": "NOS_9261", "summary": "@s populares acusaban de prevaricación ao alcalde por erguer unha homenaxe ao guerrilleiro arxentino, nunha denuncia que encabezou Pablo Cobián, que tempo despois dimitiu por ser imputado na Operación Campión.", "text": "A simbólica cruzada que abriu o PP na localidade coruñesa de Oleiros contra a construción dunha estatua coa efixie máis coñecida do guerrilleiro comunista Ernesto 'Che' Guevara chega ao seu punto final diante da Xustiza co arquivo definitivo do caso por parte do xuíz, que non atopa indicio ningún de posíbel prevaricación na obra, que custou uns 180.000 euros, o que o PP considerou \"un despilfarro interesado\". A construción dunha estatua do Che nunha rotonda moi transitada foi idea do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, motivada pola súa admiración pola revolución cubana. O tamén coñecido como Gelo encabeza Alternativa dos Veciños, a formación de corte populista e que en ocasións utiliza certa estética e discurso de esquerdas que dirixe desde hai lustros o consistorio de Oleiros. A denuncia agora arquivada contra a estatua do Che foi presentada polo que hai uns anos era o líder local do PP, Pablo Cobián, que tamén era deputado autonómico pola formación de Núñez Feijóo, cargo do que dimitiu por verse implicado na Operación Campión."}
{"ID": "PRAZA_15012", "summary": "\"O Concello quere axudar a evitar os cada vez máis frecuentes desafiuzamentos que practican as entidades bancarias a familias que, pola crise económica, vense na rúa por non poder pagar a vivenda na que residen\", asegura o alcalde nun comunicado.", "text": "Rebelión nun concello galego. O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de anunciar este domingo que cancelará a súa conta con aquelas entidades bancarias que \"decidan practicar un desafiuzamento a un veciño\" deste municipio coruñés. \"O Concello quere axudar, na medida das súas posibilidades, a evitar os cada vez máis frecuentes desafiuzamentos que están a practicar as entidades bancarias a familias que, pola crise económica, vense na rúa por non poder pagar a vivenda na que residen\", remarcou, a través dun comunicado. \"O Concello quere axudar, na medida das súas posibilidades, a evitar os cada vez máis frecuentes desafiuzamentos\" Ademais, o rexedor socialista adiantou tamén qeu vai remitir unha carta ás entidades financeiras nas que o Consistorio ten contas para advertirlles da súa decisión e das posibles consecuencias. Ao tempo, Julio Iglesias fai un chamamento ao resto de alcaldes para que o imiten e fagan \"o mesmo\" para conseguir así que os bancos \"non leven a cabo estes desafiuzamentos\". A decisión do alcalde de Ares chega tras o sucidio dunha veciña de Barakaldo xusto antes de que fora expulsada da súa casa por unha entidade bancaria e despois tamén de que o alcalde de Tenerife conseguise parar o desafiuzamento dunha veciña tras ameazar a Bankia de anular as contas que o Concello tiña na entidade madrileña."}
{"ID": "NOS_41128", "summary": "Paula Vázquez Verao compareceu en conferencia de imprensa no Parlamento galego para demandar á Xunta unha mudanza na súa estratexia orzamental visando destinar máis recursos ás políticas sociais. 25 por cento da populación da Galiza está en risco de pobreza, denunciou a parlamentar de En Marea.", "text": "Vázquez Verao alega que o conselleiro encarregado das políticas sociais, Rey Varela, \"dá mostra de non entender o alcance real da pobreza na Galiza\". A parlamentar de En Marea propón a adopción de tres medidas para \"evitar a exclusión dos galegos afectados pola crise\", di a confluencia nun comunicado de imprensa. A primeira das medidas sería a publicación imediata do Decreto que desenvolva a Lei 10/2013 de Inclusión Social da Galiza, en diálogo aberto \"con sindicatos, asociacións e entidades que traballan sobre a pobreza e a inclusión social\". Para a confluencia, o decreto é esencial para pór fin á \"arbitrariedade e o funcionamento a base de instrucións na concesión da RISGA\". A segunda medida pasa por deixar atrás a austeridade e \"dotar con máis fondos as políticas de inclusión e os servizos comunitarios\" e nesa dirección trataríase de -\"cara aos orzamentos de 2018\"- aumentar as partidas destinadas á RISGA \"permitindo o desenvolvimento dos tramos de transición ao emprego\". Por último, En Marea insta a Xunta a que defenda a consideración da pobreza infantil como un problema central dentro do Pacto pola Infancia que está a promover UNICEF."}
{"ID": "NOS_42780", "summary": "O Goberno español ultima o decreto para limitar a publicidade das casas de aposta.", "text": "O Executivo español está a traballar no decreto sobre publicidade e xogos de azar coa previsión de telo aprobado antes de rematar a primavera. A lei que impulsa o ministro e líder de Izquierda Unida (IU), Alberto Garzón, procura mudar e limitar a publicidade das empresas de apostas para combater os seus efectos nocivos sobre a economía e a saúde das persoas. O proxecto someterase a información pública a vindeira segunda feira, 24 de febreiro, mais xa se adiantou que, entre outras medidas, propón prohibir que persoas famosas anuncien apostas e quere limitar a franxa horaria da publicidade do xogo online na televisión, reducíndoa de unha a cinco da mañá. Con todo, esa franxa horaria non afectará á televisión e radio cando estas retransmitan eventos deportivos que comecen ás oito da tarde, polo que, por exemplo, serán visíbeis na maioría de partidos de fútbol como os da Liga de Campións. Ante tal salvedade, que supón a continuidade da publicidade das casas de aposta en eventos de grande seguimento e audiencia, a asociación de consumo Facua-Consumidores en Acción instou o ministro Alberto Garzón a non permitir a publicidade de casas de aposta nese tipo de eventos. Mais o ministro afirmou onte, 21 de febreiro, en rolda de prensa que \"experiencias internacionais, como a de Italia, demostraron ser un fracaso, xa que a prohibición total da publicidade, non só é inadecuada, senón que é imprudente\", argumentou.\"Hai xente que vai xogar si ou si porque pode ter un problema\", sinalou Alberto Garzón, polo que \"se nós xeramos incentivos ás empresas a que vaian ao mundo ilegal, porque xa non teñen vantaxes no mundo legal, é probábel que esteamos a empurrar a xente que necesita protección a un mundo ilegal onde non hai ningún tipo de protección\", engadiu o ministro."}
{"ID": "PRAZA_14739", "summary": "O 12,71% dos electores xa acudira ás urnas até as 12 horas, fronte ao 16,1% nas eleccións de hai catro anos. O descenso prodúcese en todas as provincias e todas as comarcas do país.", "text": "O 12,71% dos electores galegos xa acudira a votar até as 12 horas, fronte ao 16,1% que o fixo até a mesma hora nos anteriores comicios autonómicos de marzo de 2009, o que supón 3,4 puntos menos que nas pasadas eleccións. Segundo os datos facilitados polo secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, en rolda de prensa, por provincias, a que maior participación rexistrou até o mediodía foi a de Ourense, cun 15,73%; mentres que en Lugo foi do 12,97%; na Coruña do 12,42%; e en Pontevedra do 11,95%. A participación descendeu en 3,4 puntos con respecto a 2009 A participación baixa algo máis de tres puntos de media en todo o país. Pero o descenso é maior na provincia de Ourense, onde cae cinco puntos, seguida de Pontevedra e Lugo ( tres puntos e medio menos). A Coruña é onde a caida é menor, algo menos de tres puntos. O descenso da participación é maior nos concellos rurais ca nas cidades. Así, a caida non chega a dous puntos na Coruña e Ferrol e supera esa cifra por pouco en Santiago. En Vigo e Pontevedra roza os tres e en Lugo e Ourense sitúase por riba dos tres e dos catro puntos, respectivamente, pero por debaixo da media das súas provincias. O descenso da participación é maior nos concellos rurais ca nas cidades. Así, a caida non chega a dous puntos na Coruña e Ferrol e supera esa cifra por pouco en Santiago. En Vigo e Pontevedra roza os tres Por comarcas os descensos máis importantes prodúcense en Xallas, Viana, Verín, Valdeorras, Terra de Soneira, Terra de Celanova, Ribeiro, Meira, A Limia, O Carballiño ou Allariz-Maceda, todas con descensos na cifra de participación de máis de cinco puntos ás doce do mediodía, e próximos aos seis puntos. A Ulloa é a comarca na que máis descende a participación: case dez puntos. No Concello de Monterroso a participación baixa catorce puntos. Incidencias Preguntado polos xornalistas, o secretario xeral de Presidencia tamén informou de que un grupo de persoas manifestouse este domingo ante o colexio electoral no que votou o actual presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. Con todo, asegurou \"non poder concretar\" os motivos polos que se celebrou esta manifestación e lembrou que \"como calquera outro cidadán\" o candidato popular \"ten dereito a exercer o seu voto\" nesta xornada electoral. Ás 17.30 horas está previsto que Valeriano Martínez compareza de novo ante os medios de comunicación no centro de datos habilitado na sede da Xunta de Galicia para informar do segundo avance dos datos de participación. Web oficial cos datos da xornada electoral"}
{"ID": "NOS_15797", "summary": "A \"Verbena Galega\" chega ao Festixeve o 2 de agosto con Pandeiromus, A Tuna Rastafari, Nonito Mondosonoro e Isabel Risco e moito máis no Campo do Vilar. É a nova data atopada despois de adiarse a causa da traxedia de Angrois.", "text": "Serán máis de cinco horas de música en galego, cunha verbena na que Pandeiromus, A Tuna Rastafari,Nonito Mondosonoro como picadiscos e o humor de Isabel Risco están nun programa que ofrece música e moi bo ritmo nunha aposta pola presenza da nosa lingua nas festas tradicionais. O tráiler da Verbena Galega chegará ao Campo de Vilar de San André de Xeve coa lenda que conduce a este proxecto ideado por Culturactiva: \"as festas de sempre como nunca se viron\". Cun novo formato, no que a distribuidora ofrece un \"todo incluído\" ás comisións. Despois de Lugo e Monforte, con Ribeira e outras localidades no horizonte, a Verbena Galega chega a Xeve ofrecendo varias horas de música con todos os sons acaídos para unha festa, desde o tradicional, á pachanga, con picadiscos de música galega e fogos de artificio. \"Pack cultural en galego\" O \"pack cultural en galego\" quere que a nosa lingua regrese a un espazo no que, sobre o escenario, estaba a ser especialmente esquecida. \"Démonos conta de que a música en galego estaba relegada a festivais e programacións especiais mais estaba ausente das festas tradicionais. Pensamos que sería estupendo que a xente volvera bailar con música galega nos torreiros e se nos ocorreu facer un pack que levase xa o tráiler e os equipos de luz e sons, como as orquestras mais cunha proposta galega. Asimilamos a proposta da verbena habitual só que, neste caso, a música é en galego\" explica Manuel Vicente, produtor de \"Verbena Galega\". Un tráiler con 40.000 w de son e 100.000 w de iluminación visita nestes meses de verán os campos das festas cunha proposta como as de sempre, mais como nunca até agora se viu. O 2 de agosto a posibilidade de vivila está no Festixeve."}
{"ID": "NOS_48042", "summary": "Desde a sexta feira e até o domingo ten lugar o Desafío Volta A Lugo, unha proba cicloturista por etapas que percorre as comarcas de Lugo, acumulando 400 km de distancia e 7.000 metros de desnivel.", "text": "A sexta feira comezou o Desafío Volta a Lugo, unha nova edición da primeira volta cicloturista por etapas que ten lugar na Galiza, unha proba de individual na que a resistencia é o factor clave. Nesta ocasión, a volta divídese en tres etapas que discorren polas comarcas de Lugo e que acumulan unha distancia de 400 km e uns 7.000 metros de desnivel positivos. Trátase esta dunha recreación dunha volta cicloturista profesional impulsada pola Área de Deportes da Deputación de Lugo que, a través da organización, o Clube Ciclista Cidade de Lugo, fornece os mesmos recursos e medios que no caso de se tratar de ciclistas profesionais, \"sen dúbida isto fará que se logren todos os obxectivos propostos e que os participantes e acompañantes gocen duns días de puro ciclismo\". \"E como di o noso slogan que todos os participantes queiran volver noutra ocasión\", sinalan desde a organización. As tres etapas A volta ás comarcas de Lugo desenvólvese nun marco incomparábel que atravesa percorridos fermosos en portas de montaña de gran categoría e outros tramos de chairo pola Terra Chá. Así, na primeira das etapas, os corredores e corredoras atravesaron os 87,3 km que separan Lugo de Muras. Pasaron por Friol, Parga, Xermade e o Alto da Paidavella. Na xornada deste sábado, os e as ciclistas percorren os 117,3 km entre Muras e Sarria. Pasan por Vilalba, a Feira do Monte, Xermar, Mosteiro, Altos de Montecubeiro, Castroverde, O Corgo e Láncara. E na derradeira etapa, a que se desenvolve mañá, as persoas participantes cubrirán 128 km entre Sarria e Lugo. Pasarán por Becerreá, Navia, Alto do Restelo, Alto do Lago, Baralla e O Corgo. O Desafío Volta a Lugo compleméntase co Desafío Junior, unha serie de probas de habilidades e destrezas para crianzas de entre 2 e 13 anos e que ten lugar na zona de chegada de cada unha das etapas."}
{"ID": "NOS_40345", "summary": "Forma parte do proxecto 'Lanóbriga: Unha cidade galaica\", que será presentado na décima edición das Xornadas Galaicas-Portuguesas, que decorrerán este 7 de maio en Pitoês das Júnias.", "text": "O Centro Infográfico Avanzado da Galiza (Ciag) vén de publicar nas súas redes unha reconstrución virtual dun 'corono galaico' da Idade de Ferro. Segundo explica o Ciag, para desenvolver esta reconstrución serviuse de varias pezas arqueolóxicas custodiadas e conservadas en diferentes museos da Galiza e Portugal. En concreto, empregouse a estatua do \"Guerreiro IV\" de Lesenho, o torques de Vilasboas, o brazalete de Lebução e a fíbula de San Cibrao de Lás, da man do artista dixital, Miguel Torre e o ilustrador arqueólóxico, Paco Boluda. Tal e como sinala o Ciag, a proposta de reconstrución forma parte do proxecto 'Lanóbriga: Unha cidade galaica\", que será presentado na décima edición das Xornadas Galaicas-Portuguesas, que decorrerán este 7 de maio en Pitoês das Júnias."}
{"ID": "NOS_55663", "summary": "Algúns locais optaron por non celebrar o fin de ano, aínda que a maioría están á espera do que decidan as autoridades.", "text": "Representantes da hostalaría nocturna consultados por Europa Press coincidiron en que a posibilidade de máis restricións para o sector, como o peche de cara ao fin de ano, non serían \"entendíbeis\" e incentivaría \"as festas privadas sen control\". Ademais, sosteñen que suporía o peche definitivo para locais que até agora resistiron no contexto de pandemia. Así o apuntaron o presidente de Galiza Noite, Luis Diz, e Sergio Fernández, de Hostalaría Federada Galega, quen sinalaron que os empresarios permanecen á expectativa do que poidan decidir as autoridades sanitarias. Sergio Fernández precisa, no entanto, que algúns locais optaron xa por non celebrar o fin de ano. \"Supón o 60% da facturación deste ano\", explica Luis Diz sobre o que se recada nesta ocasión, dada a repercusión que a pandemia tivo no sector. \"A inmensa maioría das entradas están vendidas\", insiste tamén, á vez que lembra que o lecer nocturno en Galiza estivo \"18 meses pechado\". Por outra banda, denuncia \"improvisación\" por parte das autoridades galegas e precisa que non se pode comparar o contexto en Galiza, á espera aínda das decisións que se adopten, co de territorios como Cataluña ou Asturias que xa anunciaron o peche do lecer nocturno hai días. \"Cun paquete de axudas\", recalca Luis Diz que, como Sergio Fernández, critica, por consideralas escasas, as achegadas pola Xunta. \"Ninguén fala de indemnizar\", sinala este último en caso de máis restricións ou peche do lecer nocturno. \"As axudas foron poucas\", incide o primeiro comparándoas coas outorgadas en autonomías como a catalá. Ambos os dous defenden tamén a \"seguridade\" neste tipo de locais e apuntan que, de acordarse o endurecemento de restricións para este sector, incentivaríanse as festas privadas ou botellóns. \"Sen máscara e sen control\", insisten neste sentido, e apuntan xa á existencia de eventos deste tipo esta pasada fin de semana. \"Díxosenos que non dependería do número de contaxios, senón da presión hospitalaria\", afirma, como outro argumento para rexeitar posíbeis peches, o presidente de Galiza Noite, que recalca que non se pode \"machucar\" a este sector. \"Cumprimos todo o que se nos pediu\", engade a este respecto. \"Somos un sector con medidas seguras\", acrecenta Sergio Fernández, que se pregunta por que non levaron a cabo antes cribados. \"Sería unha lousa para moitos locais\", engade sobre o posíbel peche dos mesmos de optarse por un fin de ano con peche do lecer nocturno ou outras medidas restritivas."}
{"ID": "NOS_46902", "summary": "A xa numerosa familia Bolechas medra cada día. O clan creado por Pepe Carreiro ten agora un clube para \"enganchar\" aínda máis as crianzas. Doce anos despois do seu nacemento, Pili, Loli, Braulio, Carlos, Sonia e Tatá son xa parte de moitas casas galegas nas que medran e medraron xeracións bolecheiras.", "text": "Convertidos xa nun \"fenómeno\" como di a páxina que teñen na rede, a familia Bolechas continúa a ser o produto creado no país que máis pegou nos nosos nenos e nenas. Cando hai doce anos Pepe Carreiro botaba a andar en Edicións A Nosa Terra a peculiar familia numerosa ninguén podía contar coa dimensión da súa sorte. A tal hora, adolescentes e xa mocidade ten no singular apelido unha referencia da súa infancia. Conseguiron porse á altura das coñecidas personaxes da animación internacional, esas que acompañaron xeracións e xeracións sen mudar de tamaño. Agora si, mália a competencia, a saga Bolechas acadou o seu posto sen deixar nunca de falar galego. As trasnadas, as situacións desorbitadas ou as aprendizaxes da familia Bolechas foron compartidas nas distintas coleccións de libros que deron despois noutros produtos infantís até o momento ausentes no mercado galego. De libros plásticos para o baño até quebracabezas, de guías infantís das cidades até primeiros manuais da natureza. Todos eles co entusiasmo que a cativada atopaba en Carlos, as xémeas Pili e Loli, Braulio, Carlos, Sonia ou Tatá e, como non, tamén en Chispa, o inseparábel can das crianzas. Agora, nunha nova xeira, os Bolechas móvense con facilidade en internet, na súa páxina web e nas redes sociais en que achan novos campos para se encontraren cunha nova xeración de bolecheir@s. Facebook, tuenti e twitter senten tamén o seu barullo. Para ser soci@ Facerse soci@s do clube é ben fácil desde a páxina web que teñen na rede. En troca de se inscribiren, nenos e nenas recibirán de balde na casa un carné de soci@ e un agasallo ademáis de ter o privilexio de contar con descontos na compra de produtos da familia. A páxina da familia Bolechas conta xa con xogos como colorea, canta e a granxa. Promete concursos e outros enredos para que a cada pouco máis e máis nenos e nenas tomen parte dese grande clube, con carné ou sen el, que é o das crianzas que medran a carón de Pili, Loli, Carlos, Braulio, Sonia e Tatá. E tamén de Chispa, claro."}
{"ID": "NOS_53720", "summary": "Os votos populares no Parlamento impiden elaborar un plan urxente de restauración ambiental con dotación económica para ese área. Tamén rexeita o PP iniciar os trámites para a declaración de Parque Natural do Monte Pindo.", "text": "O Monte Pindo ficou arrasado o pasado 11 de setembro. Un xigantesco incendio queimou máis de 2.000 hectáreas (monte, labradíos, hortas, paraxes de gran valor ambiental, proximidade de zonas habitadas...) deste emblemático punto de Carnota e Galiza. Mais para o PP, sendo iso lamentábel, non é motivo para declarar Monte Pindo 'zona catastrófica' e sentar as bases para a súa recuperación, tal e como solicitaba o BNG a través dunha proposición on de lei. Ana Pontón, parlamentar nacionalista, acusou ao Partido Popular de emitir \"un voto vergonzoso\" e impedir que as persoas afectadas polo incendio poidan recibir axudas, e acusou ao PP de \"darlle vostedes as costas aos veciños e veciñas de Carnota\". A fronte nacionalista mantivo na súa intervención que a Xunta pode activar fondos destinados a paliar os danos nos lugares onde se produciu o incendio e poñer en marcha un plan de recuperación . \"Mais o PP nega esa posibilidade votando en contra destas propostas así como da declaración de Parque Natural para o Monte Pindo\" porque \"non están a favor das políticas de conservación\" . O pailanismo cúrase viaxando Ana Pontón animou ao PP a \"viaxar un pouco máis\" para comprobar que existen espazos no mundo cun valor \"moi inferior ao Monte Pindo\" que son elementos de riqueza importantísimos pero o Partido popular, inquiriu , \" prefire que o Monte Pindo siga esquecido\" e non dotar de medidas unha zona que padece con crueza as consecuencias da emigración, a falta de emprego e a destrución de emprego no mar."}
{"ID": "NOS_20324", "summary": "O próximo seis de xuño Pazos de Borbén acolle unha concentración para denunciar a situación da residencia Mi Casa e reclamar a dignidade dos usuarios da mesma e dos seus traballadores. O dirixente da CIG-Servizos da comarca de Vigo, Pedro Pérez Caride, explica a Nós Diario as razóns desta protesta.", "text": "—A segunda feira teñen convocado desde a CIG unha concentración diante da residencia de Pazos de Borbén, cales son os obxectivos que persiguen coa mesma?Esta concentración ten como obxectivo principal reivindicar a dignidade das persoas residentes e do persoal do centro. Non podemos permitir que se siga mirando cara a outro lado diante das atrocidades cometidas nesta residencia. A Consellaría de Política Social é coñecedora das irregularidades detectadas neste centro, xa que o servizo de inspección fixo varios requirimentos por incumprimentos en relación ao persoal de enfermaría e cociña, ademais de instalo a que manteña un estado óptimo de limpeza e salubridade, indicando que o menú debe de estar supervisado en dietética e nutrición e en perfecto estado de conservación e que as comidas deben darse en horarios razoables. Do mesmo xeito, requiríronlles os rexistros das actividades básicas da vida diaria (ABVD). Aínda así a Consellaría non ordenou o seu peche, sendo responsabilidade súa o que alí acontece por ser a responsábel directa da inspección dos centros da terceira idade, polo que reclamamos a dimisión da conselleira de Política Social, Fabiola García. —Vostede e o seu sindicato denunciaron en 2017 á residencia Mi Casa por agochar a uns maiores nun galpón, en que quedou aquel procedemento e cal foi a actitude mantiva no mesmo pola Xunta da Galiza?Foi unha verdadeira vergoña, porque despois de agochar os residentes nun galpón pechouse o procedemento cun expediente por sobreocupación, por ter un total de 63 residentes en lugar de 58 que tiñan autorizadas pola admnistración galega, que son as prazas que tiñan permitidas, das que 22 eran subvencionadas pola Xunta da Galiza. Sonia Jalda, presidenta de Trega: \"A situación dos residentes de Mi Casa non variou\" —Como persoa que coñece de vello o funcionamento deste centro de maiores, sorprendéronlle as denuncias divulgadas as últimas semanas e as imaxes sobre a situación dos residentes?Sempre te sorprende que poidan existir persoas que traten así aos seus semellantes, pero cando hai empresariado sen escrúpulos, que só busca facer negocio coas persoas maiores o resultado non pode ser outro que o trato indigno aos residentes, por iso é tan importante a existencia de mecanismos que eviten estas situacións. Está claro que neste caso os medios de control, supervisión e inspección fallaron estrepitosamente: por un lado temos a avaricia empresarial, que conxugada coa precariedade laboral fai que os mecanismos de control e supervisión sexan inexistentes; e logo a función inspectora por parte da administración brilla pola súa ausencia. —Cal é a situación laboral das traballadoras de Mi Casa e en xeral do conxunto das empresas ligadas ao sector dos maiores do grupo de Lucía Pedroso?Desde a CIG temos presentadas denuncias diante da Inspección de Traballo polas irregularidades e os incumprimentos en materia de xornada, contratación irregular, descanso semanal, calendario laboral e salarios, sendo está a mecánica habitual nas empresas xestionadas por Lucía Pedroso. \"Alí vin xente á que lle faltaban os talóns dos pés polas úlceras e chorreaban sangue\" Un novo modelo de residencias Pedro Pérez é moi crítico co funcionamento do sector da dependencia. Neste sentido, entende que \"o actual modelo concibe as necesidades asistenciais como un negocio, precarizando as condicións laborais para así incrementar os beneficios\". Así, aposta \"pola creación dun sistema público galego de atención ás persoas, temos que pór os coidados no centro das políticas públicas, abandonando a xestión privada, que só busca obter beneficios a costa das persoas maiores e dignificando as condicións laborais das persoas traballadoras\". Pérez considera \"a concentración desta segunda feira ás 11:30 diante da residencia Mi Casa en Pazos\" como unha oportunidade para defender \"a dignidade de usuarios e traballadoras\" e demandar \"unha viraxe no actual modelo de residencias\"."}
{"ID": "PRAZA_19651", "summary": "José Manuel Sande terá acudir ao xulgado o 17 de abril por un presunto delicto \"contra os sentimentos relixiosos\", trala denuncia presentada pola Asociación de Viúvas de Lugo, que lle esixe que pida \"desculpas\" e espera que isto lle sirva de \"escarmento\" HEMEROTECA | Comparsas e ilustradores defenden o autor do cartel do Entroido coruñés e lembran en que consiste a festa", "text": "Unhas semanas antes da celebración do últimos Entroido xurdiu na Coruña unha polémica pola utilización nos carteis do Concello dunha ilustración que representaba a unha persoa disfrazada de Papa, cunha copa de viño e un papamóvil de cartón. O Goberno municipal recibiu críticas por parte do Arcebispado de Santiago, que o acusou de \"ferir as crenzas dos crentes\", e dalgunhas outras entidades, como a asociación Abogados Cristianos ou a Asociación de Viúvas de Lugo, que chegou a presentar unha denuncia. Aquela denuncia terminou na imputación (agora baixo a figura de investigado) do concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande, por un presunto delito contra os sentimentos relixiosos. O vindeiro 17 de abril Sande deberá acudir ao xulgado de Instrución número 3 da cidade. Aurora Carro, presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo pediu, entrevistada pola Cadena Ser, que o concelleiro \"pida perdón publicamente\" e espera que isto lle sirva \"de escarmento\" Aurora Carro, presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo pediu, entrevistada pola Cadena Ser, que o concelleiro \"pida perdón publicamente\". Carro asegurou que \"como católicos xa o perdoamos, porque iso é o que nos ensina a relixión: o perdón e o amor\" pero aínda así insiste en demandar que a denuncia lle sirva como \"escarmento\". \"Polo menos para que outra vez non se meta coa relixión católica\", dixo. Desde o Goberno municipal coruñés insistiuse este venres (como xa fixera no inicio da polémica) en que no cartel non se representou o Papa, senón a unha persoa disfrazada de Papa, un disfrace moi habitual no entroido da cidade e que, de feito, púidose ver con frecuencia nas rúas hai tan só unhas semanas. Tamén se manifestaran do mesmo xeito as principais comparsas do entroido coruñés, como Os Maracos, Pantaleón, Amigos da Xoldra, Kilomberos ou Monte Alto a Cien. Neste sentido, José Manuel Sande afirmou ter \"absoluta tranquilidade, xa que non houbo ningunha vontade de ofensa cun cartel que reproduce un disfrace habitual no Entroido coruñés dentro do carácter irreverente e lúdico que caracteriza a esta festa\". Sande resaltou, ademais, \"a defensa que desde este Goberno faise e sempre se fará da liberdade de expresión, o que inclúe por suposto as expresións culturais e as manifestacións artísticas, como é o caso deste cartel de Entroido\". \"As festas do Entroido, que durante un período moi concreto e escuro da historia do Estado español foron prohibidas, sempre se caracterizaron polo seu humor e por un espírito de irreverencia e crítica de determinados poderes, sempre dunha maneira saudable, que non debería faltar\", engadiu, para concluír que \"cremos que as imaxes non son ofensivas con ningunha crenza relixiosa, senón que entroncan cunha tradición festiva nesta terra e co humor gráfico\". José Manuel Sande afirmou ter \"absoluta tranquilidade, xa que non houbo ningunha vontade de ofensa cun cartel que reproduce un disfrace habitual no Entroido coruñés dentro do carácter irreverente e lúdico que caracteriza a esta festa\" O debuxo foi realizado polo ilustrador Alberto Guitián, que en varias ocasións criticou que este tema se sacase de contexto. \"Pregúntome se a xente que sente ofendida sae á rúa no entroido, se cada vez que ven alguén disfrazado de bispo, de cura ou de papa moléstalles\", afirmou nunha entrevista na que reivindicou a tradición do entroido como festa pagá. Nas redes comezou a verse este venres ao mediodía o habitual #jesusis, utilizado ante outros ataques do fanatismo relixioso contra a liberdade de expresión, neste caso en defensa do concelleiro investigado (#jesuissande). Xa no seu momento, Guitián foi apoiado por numerosas entidades, comezando polos seus compañeiros e compañeiras do mundo da ilustración e o cómic. E este venres de novo profesionais como Mauro Entrialgo, entre outros, comezaron a manifestar a súa solidariedade con Guitián e co propio Sande."}
{"ID": "NOS_44513", "summary": "O Goberno do Estado español decidiu elevar a norma por entender que medidas como a vacinación obrigatoria presentan dúbidas. O prazo para emitir dun ditame sobre o texto remata o día 23.", "text": "A nova lei de saúde da Galiza segue a súa tramitación após ser aprobada polo PP en solitario no Parlamento, mais de momento xa atopou un novo atranco máis aló da falta de convencemento da oposición no país. O Goberno do Estado español vén de elevala ao Consello de Estado. Para o Executivo de Pedro Sánchez a norma ten certas medidas que considera \"inconstitucionais como a vacinación\", polo que quere esa opinión máis elevada. Considera que debe ser o Consello o que se pronuncie sobre a constitucionalidade de \"obrigar á vacinación en situacións epidemiolóxicas que o requiran\" como no caso da Covid-19, entre outras cuestións. Unha das polémicas xa na Galiza foi que se incluíra no texto a posibilidade de que a Xunta requira \"a medidas profilácticas de prevención da enfermidade, incluída a vacinación ou inmunización\" por imposición. Respecto a esta posibilidade, tamén se entende que ademais de afectar a reserva de Lei Orgánica e ao ámbito competencial do Estado, non considera a estratexia de vacinación aprobada polo Consello Interterritorial que recolle que a vacinación será voluntaria. Aliás o artigo 7, que engade medidas preventivas en materia de saúde pública, e que por tanto a lei autonómica vulnera a reserva da Lei Orgánica. O tempo máximo para emitir un ditame sobre o documento remata o 23 de marzo e podería presentarse un recurso de inconstitucionalidade no Tribunal Constitucional até finais do mes de maio. Polo momento ese paso non foi comunicado ao Parlamento galego."}
{"ID": "NOS_15921", "summary": "As dúas grandes promesas do PP nas eleccións autonómicas para o naval galego están a desmontarse: a SEPI vén de anunciar que non se poderá construír o dique flotante en Ferrol por consideralo Bruxelas 'competencia desleal'. E os pregoados e blindados acordos con Pemex para dous floteis están no ar. O naval, enganado, retoma as mobilizacións", "text": "Eran bos tempos os da campaña electoral do 21-O. O candidato Feijóo prometía a babor e estribor manás para o naval galego, sector que levaba meses sufrindo a destrución de postos de traballo (por volta de 10.000 nos últimos anos entre Vigo e Ferrol). Dúas eran as grandes promesas de Núñez Feijóo para o naval: o dique flotante para Ferrol e a construción de dous buques para a multinacional mexicana Pemex. Pasado o fragor electoral, os compromisos vendidos como atados y bien atados polo aparello popular, do goberno autonómico e da prensa máis afín, vanse esvaíndo. Esta segunda feira, a Sociedade Estatal de Participación Industrial (SEPI) vén de informar aos traballadores de Navantia que non construirá o dique flotante previsto no porto exterior da Coruña (Punta Langosteira). Por ser, disque, considerado 'competencia desleal' por Bruxelas. Nos sindicatos cunde a indignación. Desde a CIG, Manuel Grandal, considera que este anuncio mostra que a creación dunha comisión de seguimento sobre o dique \"foi para darnos largas en periodo electoral\", e critica que Estado e Xunta procuren botar as culpas a Bruxelas: \"Eles tamén teñen responsabilidades\". \"Se nun primeiro momento, a SEPI e Navantia puxeron como escusa a falta cartos, agora a escusa é Europa\", indican desde a central nacionalista A creación dunha comisión de seguimento sobre o dique \"foi para darnos largas en periodo electoral\" De feito, operarios do plantel dos estaleiros concentráronse diante do edificio onde tivo lugar a xuntanza da comisión, impedindo sair aos representantes da SEPI, da consellería de Industria e alcaldes da comarca coma o de Ferrol. Pola volta de 400 traballadores continúan a primeira hora da noitiña nesta concentración. \"A idea é manternos aquí até a noite\", sinalan O corrido de Pemex Mais o dique flotante non é a única labazada ao naval galego. Hai uns meses, Feijóo xuraba e perxuraba que os contratos con Pemex para construír dous floteis en estaleiros galegos estaban \"blindados\". Mais non é tal. E sábese polo propio ministro de Exteriores español, García Margallo, que vén de afirmar que desbloqueou con México a vía para que se poidesen acabar facendo eses buques. Estaleiros e sindicatos pregúntanse a qué veñen esas declaracións, se Feijóo levaba meses prometendo que era cousa feita. E hai máis. Ese desbloqueo só significa que a proposta dos estaleiros galegos entrarán no debate (con outras de empresas de diferentes países) para facer eses floteis. A multinacional aínda ten que escoller a cal llo encarga. E volven as mobilizacións Fartos dos incumprimentos do PP, o naval retomou a semana pasada as mobilizacións. Por volta de 3.000 traballadores dos estaleiros de Ferrol volveron saír á rúa para exixir carga de traballo e denunciar os incumprimentos do PP con este sector, tanto no que atinxe o dique flotante como na construción dos floteis de Pemex. Esa vaga de mobilizacións segue esta terza feira, con concentracións de delegados do naval fronte ao Parlamento. E o vindeiro 13 de febreiro haberá manifestación na capital da Galiza. E xa para final de mes, mobilización a nivel comarcal en Ferrolterra."}
{"ID": "NOS_32366", "summary": "A produción de enerxía eólica atópase na Galiza en máximos históricos. Segundo os datos fornecidos pola Rede Eléctrica Española, a potencia instalada atinxiu en 2020 os 3.829 megawatts (MW), sinalando a Asociación Eólica Galega (AEG) que a xeración de enerxía por esa vía situouse en 999,23 quilowatts (kW) por hora. Malia que a Galiza é o segundo produtor eólico do Estado e nesa mesma anualidade exporta 28% da electricidade xerada, as compañías enerxéticas teñen actualmente en tramitación no país máis de 10.000 MW, o que supón aumentar a potencia instalada en máis de 72%.", "text": "A potencia eólica actualmente en tramitación na Galiza sitúase en 10.000 megawatts (MW). Así, no último ano, no Ministerio de Transición Enerxética téñense rexistrado solicitudes para 37 proxectos, que acumulan unha potencia de 2.978 megavatios aos que compre engadir tres parques partillados co Bierzo que suman outros 256 MW. A maiores, a Xunta da Galiza ten sometido a trámite de información pública desde 2020 27 proxectos para instalar 8.017 MW, atopándose na fase de avaliación de impacto ambiental outros 64. Os novos incentivos á produción renovábel adiantan unha nova avalancha de proxectos ao longo de 2021. Neste sentido, o programa Next Generation recolle importantes achegas económicas para iniciativas deste tipo, destinando o Estado español o 37% do total dos fondos europeos ao sector enerxético. Ao tempo, os deseños económicos da Unión Europea (UE), no marco da súa estratexia da descarbonización, os movementos de capitais cara a estas liñas de negocio, cos fondos de investimento apostando polo sector das renovábeis e as facilidades da Xunta da Galiza a este tipo de instalacións, apuntan a un aumento nos proxectos. O sector eólico galego está marcando máximos de produción e beneficios nos dous últimos anos. Á volta de 2020, Galiza xerou 9.992 megawatts hora de orixe eólica, o 18,2% do total da enerxía producida por esa vía do Estado e segundo o biólogo Ramón Varela \"posibelmente máis da metade do consumo total galego\". A maiores, representou unha alza de xeración de 14,9% respecto do ano 2019, situando a Galiza como segundo produtor do Estado, por detrás de Castela e León e colocando a enerxía do vento como a primeira do pool eléctrico galego, con o 41% da produción enerxética total do país. \"Duplicar antes de 2030 a potencia eólica de Galiza\" A potencia eólica instalada na Galiza alcanzou en 2020 os 3.829 MW. A este respecto, Ramón Varela destaca que \"as empresas eléctricas instalaron nos montes galegos durante o ano 2019 máis MW eólicos que nos últimos 10 anos anteriores xuntos, sumando un total de 18 parques eólicos que representaron 415 MW novos\". Neste sentido, considera que \"as intencións e previsións das empresas eléctricas son duplicar antes de 2030 a potencia eólica actual da Galiza\" e significa que \" o país está no punto de mira das multinacionais e boa parte destes megawatts derivados das diversas poxas queren instalarse no noso territorio por ter un vento idóneo para mover muíños e un lugar para asentarse onde deixan facer\". Galiza exporta unha terceira parte da electricidade que produce. Ramón Varela sinala a Nós Diario que \"anualmente xeramos da orde de 27.000 a 33.000 xigawatts hora electricidade, cando a demanda para consumo galego non chega a 20.000. \"Isto quere dicir que a terceira parte da electricidade que producimos nas distintas fontes non se utilizan na Galiza\", continúa Varela, \"senón que se traslada a territorios que podemos considerar privilexiados xa que consumen o produto final, a electricidade, mentres aquí deixan a contaminación e os custos sociais. Así, por exemplo, en 2018 exportamos o 35% do total da enerxía producida e en 2019 o 25%\". O profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Adrián Dios cuestiona os beneficios da especialización produtiva da Galiza na xeración eléctrica. \"Galiza ten unha matriz produtivista dentro da organización económica española, cunha posición subordinada, onde estamos encargados de producir electricidade para fornecer a Madrid, malia a ser excedentarios\", afirma Dios, quen sinala que \"non deixa de ser curioso que se afonde na especialización produtiva no ámbito enerxético cando o sector industrial ligado ao mesmo está en proceso de desmantelamento\". \"Tal e como funciona o sistema tarifario español, para Galiza non hai ningunha vantaxe de exportar electricidade\", conclúe Dios en conversa con Nós Diario. \"Na Galiza só quedan as farangullas\" Ramón Varela lamenta que \"na Galiza só quedan as farangullad\". \"Uns pequenos beneficios para os concellos en concepto do canon eólico e outra pequena porcentaxe para os propietarios\", sinala Varela, quen critica que \"se segue insistindo en producir mentres aquí non queda ningún beneficio. Está claro que cada vez somos máis colonia, van triplicar a potencia eólica instalada na Galiza e nós non sacamos nada disto. Ademais, ao tempo que se están instalando máis aeroxeradores que nunca, están desmantelando a industria de compoñentes eólicos, como acaba de acontecer con Siemens Gamesa nas Somozas\". O presidente de Ventonoso, José Antonio Diéguez, quéixase de que \"as condicións son cada vez peores para os propietarios dos terreos onde se asentan os eólicos\". \"Hai unhas poucas empresas, como Enerxía de Portugal (EDP) ou Endesa, que pagan aos propietarios unha porcentaxe do que produce o parque, mais a maioría dos contratos das eólicas son de dereitos de superficie, que habitualmente vén afectando á finca completa\", afirma Diéguez. Neste sentido, critica a lexislación galega, que \"favorece o dereito á expropiación das empresas\", e denuncia a situación de indefensión das e dos donos dos terreos. O economista da Universidade de Vigo e responsábel do Observatorio Eólico da Galiza, Xavier Simón, coincide coa opinión de Diéguez. \"As condicións para os propietarios son peores que no pasado\", afirma Simón, quen apunta que \"nos contratos que temos revisado no último ano no Observatorio, a petición das e dos propietarios, non atopamos ningunha oferta que mellore as condicións medias dos contratos actualmente vixentes. As empresas eólicas argumentan as baixadas sinalando que lles reduciron as axudas públicas, porén a súa produtividade mellorou de forma evidente como consecuencia dos avances tecnolóxicos\"."}
{"ID": "PRAZA_14343", "summary": "A formación, integrada en Izquierda Unida, presentouse este sábado reivindicando o federalismo, o republicanismo e a apertura do debate sobre o euro e a Unión Europea.", "text": "Izquierda Abierta celebrou este sábado a súa asemblea constituínte en Madrid facendo un chamamento a \"crear un bloque político alternativo ás políticas de dereitas, que recolla o sentir e as propostas dos cidadáns\". O partido, no que ademais de Llamazares destaca a presenza de Luis García Montero, Teresa Aranguren, Almudena Grandes ou o ex reitor da Universidad Complutense Carlos Berzosa, intégrase en Izquierda Unida. O partido ten o obxectivo declarado de \"contribuír á reconstrución da esquerda\" e converterse na \"representación política\" da \"indignación\". Llamazares afirma que para iso establecerá \"lazos con todas as forzas sociais e políticas da esquerda\" e destacou que movementos como o 15M ou o Cumio Social do pasado 15 de setembro que \"demostraron a potencialidade da virtude do republicanismo cívico\". \"O noso principal obxectivo é configurar unha fronte de maioría social e política que represente esa protesta. Estamos dispostos a esa presentación\", dixo. Llamazares dixo que \"foron demasiadas\" as confrontacións que se protagonizaron na esquerda, e que por iso, un dos seus trazos será a \"fraternidade republicana\" engadindo que \"queremos un futuro para a esquerda fraterno e amable\". \"Non é eficaz ni razonable utilizar ferramentas de finais do século XIX, por moi amorosas que sexan\" O asturiano afirmou que \"vivimos unha situación moi difícil, a marxes para a política estreitáronse moito, e as dificultades tradicionais agudizanse cando hai unha concentración de medios de comunicación pouco proclive. Polo tanto é fundamental devolverlle a ilusión á xente. Non se trata só de facer política de esquerdas. É un intento de facer algo, de enfrontar unha crise distinta cun discurso novo\". E engadiu que \"non é eficaz ni razonable utilizar ferramentas de finais do século XIX, por moi amorosas que sexan, por moi simbólicas que sexan e moi útiles que foran para encarar as loitas do pasado\". Llamazares denunciou a \"a lei do funil\" que aplica o Goberno: \"no Congreso aprobáronse gastos para a banca, para as compañías farmacéuticas e para pagar os investimentos militares. Non é austeridade, é a lei do funil: o ancho para as grandes compañías e o estreito para os cidadáns\". \"Se o euro está contra os dereitos sociais e a democracia, non queremos ese euro\", concluiu Izquierda Abierta aposta polo Estado Federal para \"enfrontar o problema social\" e dar reposta ás \"demandas nacionalistas de Cataluña, País Vasco e Galicia\", e chamou a Rajoy e a Mas a centrarse na \"cuestión social\" que é \"o verdadeiro problema\". Llamazares dixo a este respecto que \"nós non nos imos envolver en ningunha bandeira para evitar como Mas a crítica aos seus recortes nin como Rajoy para provocar unha confrontación territorial e non afrontar un debate sobre como saímos da crise\". Finalmente apostou por abrir o debate sobre o euro e a Unión Europea porque actualmente \"máis Europa\" está a levar a \"menos democracia\". \"Se o euro está contra os dereitos sociais e a democracia, non queremos ese euro\", concluiu."}
{"ID": "QUEPASA_86", "summary": "QPC é un dos diarios que colaboran na III edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey do concello de Fornelos de Montes, no que resultou gañador o escritor e crítico literario ferrolán, Mario Regueira Fernández, co artigo \"Matar o recadeiro\".O acto de entrega do premio terá lugar o domingo 24 de novembro as 12h no concelo de Fornelos de Montes. Aquí queda o artigo gañador.", "text": "Matar o recadeiro Sería fermoso poder dicir que apareceron como unha bandada de paxaros amarelos. Pero non hai imaxe que os acolla con facilidade. Tampouco teñen un nome claro: algúns chámanlles riders, aínda que sempre lembro con ironía que a primeira que atopei na miña cidade non cabalgaba moto nin bicicleta nin cabalo. Subía pesadamente unha costa empinada cunha enorme mochila ás costas. Nela, estampado, o nome dun servizo de delivery, outro estranxeirismo que evidencia como a aparición desta nova forma de traballo colleunos, aparentemente, co pé cambiado, que nin nomes propios temos. Seguramente un acaido sexa recadeiros. No fondo, o que fan estes novos servizos é iso mesmo, facer recados que non teñen que limitarse, nin polo contido nin polo medio, a levar comida. Os recadeiros están para calquera cousa, prestan un servizo que hai anos pensaríamos que é prohibitivo pero que agora mesmo parece ao alcance de calquera. Teño visto con moita sorpresa como, mesmo nunha pequena cidade galega, é cada vez máis frecuente cruzarse con eles e os seus logotipos. Ter unha hamburguesa do teu restaurante favorito, cervexa fría se chegan visitas, xeo para un combinado... é tan doado como chamar ou empregar a app e unha desas persoas con grandes mochilas aparecerá na nosa porta. E poderíamos pensar, como se repite moitas veces, que é a tecnoloxía a que permite isto, que antes de estar interconectados e ter aplicacións no móbil para todo isto non sería posíbel. Teño visto algún destes recadeiros sentado na rúa, tomando algo de comida rápida mentres mira ansiosamente o teléfono por se entra unha nova encomenda. Ser recadeiro implica tamén estar atento á demanda, sexa a hora que sexa e aínda que a túa propia hamburguesa quede a medio comer. Hai anos unha amiga economista falábame dos indicios indirectos da situación económica. Seica en épocas de bonanza a xente é máis indulxente á hora de mercar doces e a moral admite prendas máis curtas que durante as crises. Os vellos economistas crían poder percibir a marcha das cousas cunha simple ollada superficial aos carros da compra ou ás saias das rapazas. Pregúntome que papel ten a irrupción dos recadeiros nas nosas vidas, que indicio económico espertan, e se son, como moita xente di, unha bandada de paxaros, un signo de bonanza económica. A comezos da primavera deste ano, un deses riders (este si que levaba moto) morreu nun accidente de tráfico na cidade de Barcelona. Este feito trouxo á primeira plana varias cousas que sospeitabamos. Os recadeiros non son empregados de ningunha empresa, nin sequera a dese logotipo enorme que cargan ás costas, e que, en certo sentido, tamén os despersonaliza. A maior parte traballan baixo a figura de falso autónomo e a súa relación laboral coas plataformas de delivery segue a discutirse nos tribunais, con sentencias contraditorias. De ser recoñecida, aínda habería que repasar en que condicións desenvolven o seu traballo e se vulnera, por razón de salario ou horario, outros aspectos da lexislación laboral. Pero non podemos enganarnos, non é a tecnoloxía e o mundo interconectado o que produce esa bandada polas rúas das nosas cidades. O que sostén o negocio dos recadeiros é a falta de regulación e a tolerancia a formas de negocio que hai anos entenderíamos que rozan o escravismo. Que algo sexa posíbel non quere dicir que sexa xusto, como non é xusto que a comodidade duns poucos e as miraxes de bonanza dos outros se baseen en matar o recadeiro. Mario Regueira (Mario Ibán Regueira Fernández)."}
{"ID": "NOS_13871", "summary": "Celta e Depor empatan a goles na festa do fútbol galego. Calquera dos dous tivo posibilidades de levar un partido que rematou co Celta en inferioridade numérica pola expulsión de Cabral.", "text": "Un derbi galego non é un derbi catalán nin madrileño, é algo máis. A rivalidade deportiva ten a súa continuidade naquela que existe entre ambas as cidades e dura todo o ano. Querer mudar esta situación é difícil aínda que se desexe o contrario. No encontro desta pasada fin de semana en Balaídos conseguiuse, en parte, tocar algo dese ceo do fútbol de noso cunha rivalidade sa e non violenta. @s seareir@s do celtiña estiveron á altura e aquel@s que se desprazaron desde A Coruña, oitocent@s sen os Riazor Blues desta volta, participaron sen ningún tipo de incidente remarcábel. O encontro rematou cun reparto de puntos que deixa o Celta no medio da clasificación e o Depor puntuando despois de catro derrotas consecutivas mais aínda en postos de descenso Empate xustoOs primeiros minutos dun encontro destas características, cos nervios propios das grandes noites, son esenciais. Comezou ben o Celta cun gol de Mario Bermejo a pase de Iago Aspas, un dos mellores do partido. Era o minuto 8 da primeira metade e o partido non podía comezar mellor para os de Paco Herrera. O Depor tentaba \"durmir\" o partido e parar aos de casa mais sen deixar de presentar batalla agardando a aparición de Valerón. No minuto 29 foi un pase deste veterano a Juan Domínguez que resolveu só diante de Varas o que elevou ao marcador o gol do empate. Mudara a situación. O Depor colleu confianza e deste xeito rematou a primeira parte. Xa no segundo tempo o Celta saíu a por todas e un primeiro aviso estivo nun forte disparo de Krohn-Dehli. A intervención arbitral, protestada polos celestes, marcou o resto do encontro ao expulsar a Cabral despois de dous cartóns amarelos en cinco minutos. Herrera tivo que recorrer a Samuel en substitución de Mario Bermejo e seguir cun xogador menos. O Celta seguiu co seu xogo de ataque e Iago Aspas e Krohn-Dehli tiveron as súas oportunidades. Por parte do Depor avisaron a Pizzi, de falta directa, e Nelson. O marcador xa non se moveu e o encontro rematou cun reparto de puntos que deixa ao Celta no medio da clasificación e ao Depor puntuando despois de catro derrotas consecutivas mais aínda en postos de descenso."}
{"ID": "NOS_30832", "summary": "Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (Xerais), o volume homenaxe ao escritor que naceu nas terras que rega o río Oitavén.", "text": "Unha das primeiras imaxes que relatan a vida do escritor no volume Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida está tomada un 10 de agosto. Estamos no 1932 e o escritor, aínda novo, posa canda un grupo de amigos vestidos para a ocasión e con cara de felicidade. Tiña dezaseis anos e, daquela, vivía xa no Grove mais mantiña relación co concello no que nacera en 1923, un contacto que non perdería xamais. Nas festas parroquiais, nas que na torre da igrexa ondean as bandeiras de todos os países aos que emigraron as xentes de Fornelos, preséntase este día 9 o volume colectivo Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida. Para a veciñanza de Fornelos non é un acto calquera. Estará presidido polo alcalde, Emiliano Lage e contará coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que regresa a Fornelos despois de que no verán pasado presidira a primeira homenaxe que ao escritor e tamén amigo persoal se lle tributou no seu concello natal, tarde de máis, case cen anos despois de que nacera neste territorio de montaña. Tamén participará Carme Carreiro, presidenta da AA.VV O Cruceiro da Laxe, verdadeira impulsora do recoñecemento a Lueiro na súa terra natal. Ramón Nicolás buscaba un libro que \"lembrase, para as xeracións máis novas, o seu compromiso cívico, a súa obra literaria e o seu percorrido vivencial\" O Salón de Plenos do concello é o lugar onde se celebrará o acto, na mesma praza na que se situaba a casa familiar do autor. O editor Manuel Bragado, o colaborador do libro Modesto Hermida e o coordinador Ramón Nicolás intervirán na presentación dun libro que contribúe ao recoñecemento persoal e literario de Manuel Lueiro Rey e nos achega á unha figura na que o compromiso persoal e político e o traballo literario se dan a man nunha aperta fonda. Máis de medio cento de colaboracións Que a figura de Manuel Lueiro Rey merece subir chanzos na súa consideración na nosa historia literaria contemporánea queda á vista nos traballos recollidos no libro. Algún deles reivindican para o autor un próximo Día das Letras Galegas e o seu nome comeza a se sentir nas nóminas de aspirantes que cada ano chegan á Academia. Coordinado polo crítico e investigador Ramón Nicolás, o volume recolle colaboracións de máis de medio cento de autores, escritores, investigadores e persoas con presencia na biografía do escritor. Os obxectivos que Ramón Nicolás describe no inicio do volume están cumpridos. Buscaba un libro que \"lembrase, para as xeracións máis novas, o seu compromiso cívico, a súa obra literaria e o seu percorrido vivencial\". De todo iso dan conta as súas máis de duascentas páxinas. A través de retratos de persoas que o coñeceron como Herminio Barreiro, Xesús Alonso Montero, Francisco Lores, Isaac Díaz Pardo, Gustavo Luca de Tena, Xosé Luís Méndez Ferrín ou o propio fillo Manuel Lueiro Lores achegámonos á figura do home de claro compromiso social, de ideario comunista que o levará á militancia do PC e de combate antifranquista que marcará a súa biografía. Coas achegas sobre a súa obra de Ramón Nicolás, Luis Mera, Fernández Rei ou Alonso Montero descubrimos pasaxes, algúns case descoñecidos, dunha traxectoria literaria singular que camiña entre a narrativa, a poesía e o xornalismo e que deixou páxinas aínda por descubrir, como o relato inédito ou o poema case descoñecido que se publican á maneira de peche do volume. Canda ese material, colaboracións literarias de escritores e escritoras renden homenaxe ao autor que dá nome a un premio de narrativa convocado desde O Grove e un novo premio de poesía que naceu o pasado ano en Fornelos. Anxo Angueira, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Delfín Caseiro, Francisco Castro, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Vázquez Pintor, Xesús Rábade Paredes, Mariña Pérez Rei , Xosé M. Eyré, Inma López Silva ou Antón Lopo son algúns dos autores que renden tributo ao escritor que naceu entre os montes retratados en Manso. \"Lueiro Rei nunca esqueceu a súa orixe e, cada ano, regresaba e a súa presenza recoñecíase en actos compartidos polos que habitan estas terras e tamén polos\" Manuel Lueiro Rey marchou de Fornelos de Montes en 1923 para se dirixir ao Grove, concello ao que está vencellada boa parte da súa biografía. Aínda non tiña nin unha década de vida. Sen embargo, o seu concello natal aparece de novo trece anos máis tarde na súa cronoloxía vital. En setembro de 1936, Lueiro diríxese a Fornelos para se agochar da represión franquista e pasa a residir na casa dunhas tías ate maio de 1937, para logo se dirixir ao lugar de Portovilán -do mesmo termo municipal- xusto á beira do Río Oitavén. Un concello entón apartado do mundo, illado por uns montes que fan del o de maior chuvia de toda a península, mais, ao tempo, amábel para o escritor tiña que ser o mellor acubillo para fuxir das gadoupas do franquismo. Nunca máis Fornelos aparecerá de forma expresa na súa biografía, sen embargo, os viciños e viciñas do concello saben que Lueiro Rei nunca esqueceu a súa orixe e, cada ano, regresaba e a súa presenza recoñecíase en actos compartidos polos que habitan estas terras e tamén polos que, coma el, marcharon a unha emigración próxima ou, maiormente, moito máis lonxana. A tal hora ondean na torre da igrexa de Fornelos as bandeiras de destino de tantos emigrantes do concello. De maneira especial, a de Portugal e Brasil, privilexiados na busca de futuro para os que naceron no tempo de Lueiro. A carón de alí, na Casa do Concello, en plenas festas do San Lourenzo, preséntase Manuel Lueiro Rey, a liberdade ferida, un novo regreso do escritor a súa terra, un recoñecemento dos moitos que quedan a unha figura de relevo na literatura contemporánea. En plenas festas, cando a poboación de Fornelos se multiplica e as casas se abren con veciños e veciñas que se viron na obriga de abandonar a súa terra. O de Lueiro está a ser, no día de festa, un regreso máis aos que Fornelos está tan afeito."}
{"ID": "NOS_45126", "summary": "Músicos, reis, anxos, apóstolos, profetas ou seres fantásticos, completan e conforman un complexo programa iconográfico nas diferentes portadas da Catedral de San Martiño de Ourense. Tres portadas románicas de grande beleza e orixinalidade, que delatan a influencia da escola mateana e doutras tendencias presentes por aqueles anos na Península, como as que viñan de Francia.", "text": "Parece que esta catedral, segundo apuntan os datos, se construíu sobre o lugar onde se encontraba un antigo templo suevo. Pódense datar os inicios do actual edificio na segunda metade do século XII e os comezos do XIII, aínda que a súa construción continuou nos séculos seguintes. A este edificio súmanse engadidos e elementos góticos, renacentistas, barrocos ou neoclásicos. Estes séculos de historia construtiva van inevitablemente ligados a feitos de grande relevo que inflúen na súa propia estrutura. Como, por exemplo, as loitas sucedidas ao longo da Idade Media, que deixan unha pegada na súa fabrica, con torres e ameas, ao funcionar esta, en determinados momentos, como fortaleza. Cando no século XII se inicia a construción da Catedral de Ourense, as alusións a Santiago son inevitables. Aínda que son moitas as referencias, sobre todo no ámbito da escultura, é no Pórtico do Paraíso onde isto se fai máis evidente, se o comparamos co da Gloria. Pero estes dous elementos, tan semellantes a primeira vista, tamén agochan grandes diferenzas canto ao estilo. Este edificio é un dos exemplos máis destacados do Románico peninsular, a pesar de que, en moitas ocasións, se viu un pouco eclipsada pola súa proximidade á Catedral de Santiago. Ten planta de cruz latina, de tres naves e transepto destacado. Das tres ábsidas da cabeceira orixinal só se conserva unha, xa que no século XVII, ao construíren o deambulatorio, eliminaron as laterais. O seu interior presenta un aspecto sobrio, que invita á reflexión e á oración, seguindo os criterios da arquitectura cisterciense que, neses anos, estaba en pleno apoxeo e expansión. Polo tanto, neste conxunto construtivo albíscanse dúas fontes principais: a escola mateana, sobre todo na escultura, e o Císter, na estrutura. O edificio conta con tres portadas de grande interese. As portadas Sur e Norte, que presentan grandes similitudes, a pesar das reformas sufridas, e a do Pórtico do Paraíso. Portada norte Estruturalmente é moi similar á do Sur. Está flanqueada por dous contrafortes prismáticos, rematados en pequenas construcións en forma de torre inconclusa, apoiadas sobre ménsulas. Esta fachada sufriu unha reforma importante a finais do século XV, con motivo do ataque do conde de Benavente. O rosetón, o tímpano coa representación da Piedade sobre a portada, e algunhas das súas pezas son o resultado das obras levadas a cabo para reparala. O edificio conta con tres portadas de grande interese. As portadas Sur e Norte, que presentan grandes similitudes, a pesar das reformas sufridas, e a do Pórtico do Paraíso A portada posúe tres arquivoltas de medio punto sobre columnas de fustes cilíndricos; e sobre a porta de entrada, apoiado nas xambas, un arco polilobulado. É de destacar unha decoración moi interesante, aínda que lle falten bastantes elementos do conxunto orixinal. que foron substituídos por outros góticos. Segundo Bango Torviso, esta portada estaría dedicada á Virxe. Actualmente consérvanse as figuras dun apóstolo (libro) e un profeta (cartela) nas columnas interiores, e un anxo decapitado, na segunda da esquerda. Seguramente relacionado cunha posible Anunciación. No tímpano, situado sobre a porta e colocado sobre unha especie de telladiño ou saínte decorado, represéntase unha escena da Paixón, na que a Virxe con Cristo nos brazos, e baixo a Cruz, rodéase de diferentes personaxes. Entre eles, destaca no lado esquerdo a figura de San Martiño, no seu cabalo a compartir a capa co pobre. Portada sur Esta fachada conserva máis intacta a súa esencia orixinal. A portada estivo, tamén, enmarcada por contrafortes, dos que hoxe só resta un, o da esquerda. O da dereita foi substituído pola actual torre do reloxo. Neste caso, o tímpano situado sobre a porta preséntase liso, mais na parte inferior hai abundante decoración. A porta ten a mesma estrutura que a anterior. Tres arquivoltas con diferentes motivos, apoian sobre os cimacios, que á súa vez descansan sobre as columnas, neste caso, lisas con capiteis con decoración de tipo vexetal e con escenas mitolóxicas. Chegouse a expor a posibilidade de que o taller que traballou nesta portada o fixese tamén en Santiago, e que mesmo os seus integrantes fosen discípulos do Mestre Mateo. Pero o certo é que neste tempo, as influencias e expansión do seu estilo foron unha constante. Atendendo á súa decoración, nas arquivoltas observamos motivos de claras reminiscencias mateanas. Na exterior, temos unha forma en bocel abrazada por uns arquiños de ferradura. Na do medio, dominan as follas de col rizada colocadas radialmente, entre as que destaca a doela central coa representación do Salvador (decapitado), en actitude de bendicir. E, por último, na interior, doce personaxes con cartela dispostos radialmente, manteñen unha conversa, dous a dous. O arco da porta articúlase a base de lóbulos, que acollen diferentes escenas, nalgúns casos, de difícil interpretación. Nos lóbulos centrais, os dous personaxes coroados, corresponderíanse a Raíña de Saba e ao Rei Salomón, acompañado de Marcolfo. Mesmos motivos que encontramos na Portada da Catedral de Tui. O resto, podería relacionarse coa cetrería. Portada do paraíso O Pórtico do Paraíso queda protexido por un nártice como sucede en Compostela. A fachada quedaría aberta, sen portas, o que favorecería a visión do Pórtico. Pero esta fachada moi reformada, e o que vemos hoxe, é do século XVI. Con respecto ao Pórtico en si, segundo os expertos, este debeu iniciarse durante a terceira fase de construción da Catedral, baixo o control do bispo Lourenzo, e prolongaríase ata ben pasada a segunda metade do XIII. Estrutúrase mediante tres arcadas de medio punto profusamente decoradas. A súa iconografía está, como é evidente, inspirada na do Pórtico da Gloria. Aínda que a súa factura acostuma relacionarse coas maneiras góticas francesas, chegadas á Península a través da Catedral de Burgos. Sufriu varias reformas e modificacións desde, polo menos, o século XVI. As máis evidentes foron a substitución do tímpano por outro de dobre arcada no que aparece representado san Martiño, o engadido de esculturas doutros lugares, como a do Apóstolo sedente, ou a policromía do século XVIII. Nesta portada o autor, do que non sabemos nada, quería representar a Xerusalén Celeste, a Gloria á que o destino pode levar ao fiel, segundo as súas obras. Así, na arquivolta do arco central sitúa os vinte e catro anciáns da Apocalipse con instrumentos musicais, que están sentados sobre un bocel, utilizando unha solución diferente á de Santiago. Desde os arcos laterais, os benaventurados son guiados por anxos cara á Gloria, que estaría representada no tímpano central, hoxe desaparecido. Na arcada da esquerda, domina a decoración de tipo vexetal, con motivos estilizados. Na da dereita, pola contra, encontramos unha decoración figurada de grande interese. Neste caso, o tema baséase no Xuízo Final. Centran a composición, as doelas cunha cabeza de Cristo (Xuíz), e outra coa de san Miguel; e aos lados, benaventurados e condenados. Chaman a atención as escenas relacionadas co inferno, de grande expresividade. Rematan as esquinas os anxos trompeteiros. Neste pórtico existe unha evidente vontade de evocar o Pórtico da Gloria, como medio para prestixiar a sé ourensá, mais non para o imitar As columnas e capiteis concentran a maior parte da decoración escultórica do Pórtico. As estatuas-columna representan apóstolos e profetas, considerados principais sustentadores da fe, en moitos casos identificados nas lendas das cartelas que portan. Estas personaxes que transmiten unha imaxe idealizada e serena, relaciónanse máis coas esculturas da portada da Coronería Burgalesa, que coas do Pórtico da Gloria, dotadas dunha maior expresividade, naturalismo e vitalidade. Neste pórtico existe unha evidente vontade de evocar o Pórtico da Gloria, como medio para prestixiar a sé ourensá, mais non para o imitar. Nos capiteis encontramos, tanto motivos de tipo vexetal como figurativo. Partindo do bestiario medieval, podemos ver: sereas, dragóns, harpías ou centauros, entre outros. No caso dos capiteis historiados, chama á atención o dedicado ao castigo do usureiro, temática tamén tratada en Santiago. Na escena a personaxe principal, o condenado, leva a bolsa de moedas pendurada ao pescozo, mentres dous demos completan o castigo. Un estalle a extirpar a lingua cunhas tenaces, mentres o outro o ten atado polo pescozo. Taboleiros de xogos Nesta Catedral poderíanse destacar moitísimos datos artísticos e históricos, xa que estamos ante un dos edificios máis relevantes da Idade Media galega. Xunto coas portadas xa comentadas, no exterior consérvanse elementos decorativos de grande interese, que conforman un catálogo de representacións figuradas e vexetais dispostas ao longo dos muros e cornixas. Outros elementos a sinalar son: o coñecido dende antigo como \"Claustra Nova\", as obras que forman parte do tesouro catedralicio, ou os sepulcros do interior. Secasí, se as súas pedras agochan algo curioso, e que moitas veces pasa desapercibido para o público en xeral, son os taboleiros de xogo. Non é este o único edificio medieval que conserva estes interesantes gravados. A Catedral de Tui, por exemplo, conta cunha boa mostra deles. No caso de Ourense, estes gravados localízanse sobre todo nas bancadas das naves laterais, e nun dos chanzos das escaleiras que dá acceso ao tellado da Catedral. Catalogáronse até seis deseños diferentes, correspondentes a tres tipos de xogos de taboleiros medievais (alquerque en nove, alquerque en doce, e o denominado como \"tabulae lusoriae\"). As súas pedras agochan algo curioso, e que moitas veces pasa desapercibido para o público en xeral, son os taboleiros de xogo Estes xogos recóllense no \"Libro de xadrez, Dados e Taboleiros\" de Alfonso X, O Sabio, no que se defende que Deus fixo os homes para que fosen naturalmente alegres, e que esta alegría é a que os levou a crear actividades e xogos para sobreviviren no día a día."}
{"ID": "PRAZA_5040", "summary": "A manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto partirá ás 12 horas da estación de tren de Compostela e rematará na praza da Quintana, nun acto conducido por Mónica Caamaño e Comba Campoi, tras o que actuarán Mercedes Peón, Uxía ou Sés", "text": "Unha gran manifestación percorrerá as rúas de Compostela esta sábado \"polos nosos dereitos sexuais e reprodutivo\", atendendo á convocatoria lanzada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que agrupa máis de 70 colectivos e organizacións. As voceiras da plataforma reiteraron este sábado, nunha rolda de prensa previa á mobilización, a súa firme intención de \"seguir traballando no tempo até conseguir a retirada da contrareforma da Lei do aborto e que o dereito das mulleres a habitar os nosos corpos sen que ninguén nos diga como facelo sexa garantido na sanidade pública\". A marcha partirá ás 12 horas da estación de tren de Compostela e despois de percorrer as rúas da cidade, rematará na praza da Quintana, nun acto que será conducido por Mónica Caamaño e Comba Campoi, e no que se lerá un manifesto en defensa do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos. A seguir, comeará unha festa na que actuarán Mercedes Peón, Uxía, Sés ou As Boubas, e no que tamén intervirán poetas como Susana Aríns ou Verónica Martínez. A Plataforma cre que é fundamental que se visibilice \"a oposición á contrarreforma do aborto\" para evitar así \"que se soterre o debate\" pola precampaña das eleccións europeas ou polas intencións do PP de rebaixar a polémica\". Neste senso, Pilar Estévez considera que a principal (e case única) motivación que pode levar o PP a variar as súas posturas é a consecuencia electoral: \"Hai cousas que se poden cuestionar porque electoralmente pódelles facer dano seguir adiante coa proposta actual; temen polo apoio social que poden perder\". \"Hai moita xente no PP que sabe que con esta reforma as mulleres non terán liberdade e que o que provoca pode condicionar a vida delas ou das súas fillas\", engaden, \"moitos cidadáns que votaron a dereita non eran conscientes ou non agardaban unha contrarreforma coma esta\"."}
{"ID": "NOS_57962", "summary": "Con motivo da segunda edición das xornadas A voltas co baile que organiza o Museo do Pobo Galego esta semana, Sermos Galiza ofrece un breve percorrido polas danzas brancas na Galiza. De orixe incerta, vencelladas ás prácticas gremiais, presentan múltiples manifestacións ao longo do país que dan conta dunha riqueza etnográfica enorme, non abondo valorada, e que sobrevive con frecuencia só grazas á implicación da veciñanza que a mantivo viva ou a recuperou dos anos de silencio.", "text": "Este ano, en pleno confinamento, chegaba a nova de que a Xunta, escoitando o pobo, pretendía reelaborar o texto de declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, un paso previo para presentar a súa candidatura á categoría de patrimonio inmaterial da humanidade. Ante a aclamación popular da comunidade portadora, decidiuse, entre outras mudanzas, incluír tamén as danzas na redacción, xunto ao baile en unión indivisíbel coa música. Porén, é probábel que unha gran parte da poboación considere as verbas baile e danza case como sinónimos, ignorando a diferenza entre estas dúas expresións do noso acervo. O baile, por unha banda, enténdese como manifestación cultural espontánea e improvisada. Pola contra, a danza adquire unha dimensión máis litúrxica que fai que só se interprete en datas e momentos moi concretos, dunha forma máis pautada e cunha coreografía ensaiada, preparada. Falamos, por exemplo, das danzas de reis, das de damas e galáns, ou das de espadas, por ofrecer algúns exemplos que a etnografía máis coñecida pode sacar á luz. Orixes incertas As súas orixes espertan múltiples hipóteses, pois os datos anteriores aos séculos XV e XVI non ofrecen moita información sobre aspectos como a coreografía, os pasos ou as músicas que permitan rastrexar con certeza o seu nacemento, segundo apunta o musicólogo Luis Costa nalgúns dos seus artigos. As pegadas que se poden atopar nos rexistros limítanse a mencións, parte, por exemplo, de fontes eclesiásticas na Idade Media, que condenan as danzas propias de prácticas precristiás, sobreviventes pagás dos ritos de maio, do lume ou do culto lunar, que partillan elementos con outras danzas rituais da Península. Nelas aprécianse tamén as \"conexións formais\" (vestido, útiles de baile...) ou simbólicas (cocas, tarastas...) co resto de Europa. Atendendo ás danzas que se conservaron na Galiza, Costa traza unha distinción, comunmente aceptada, entre as gremiais e as que se presumen de carácter máis arcaico. A orixe das primeiras asóciase aos séculos XV e XVI, vencelladas ás obrigas de participación dos gremios nas festividades do Corpus Christi en Santiago e outras cidades. Todas elas teñen ademais en común o uso dunha vestimenta bastante semellante, que enlazan mesmo coas empregadas noutros lugares da Península –se ben é certo que estas roupas sufriron mudanzas ao longo do tempo. Haxa ou non un proceso de recuperación, cómpre ter en conta as propias mudanzas que as danzas deberon presentar ao longo do tempo No caso dos homes, componse normalmente de camisa e pantalón brancos, pano de cor ao pescozo, faixa na cintura ou bandas de mantón cruzadas sobre o peito, e distintos tipos de sombreiros engalanados con plumas ou cintas. Portan tamén normalmente vistosas xoias. As mulleres, ou homes travestidos en moitas ocasións, levan saias de cores, ou brancas ás veces, panos de seda, mantóns e sombreiros adornados con fitas e flores. Mais cómpre puntualizar que, como correspondía ao carácter gremial das danzas, eran normalmente os homes os que as levaban a cabo e elas só participan nalgunhas moi concretas: as de cintas e as de damas e galáns (non sempre). Nalgunhas danzas a supervivencia de elementos precristiáns vólvese máis evidente. É o caso da tarasca ou coca, unha representación dun monstro acuático que o cristianismo asimilaría fagocitado por Lucifer. A figura, asociada tamén á dunha serpe ou dragón, desfilaba coas procesións do Corpus, polas rúas, entre as danzas en varios casos. O de Redondela resulta probabelmente o máis coñecido, cunha curiosa lenda por detrás. Contan que nas profundidades da enseada de San Simón habitaba un dragón, coñecido xustamente como a Coca. O monstro tiña atemorizadas as habitantes de vila, pois de vez en cando aproximábase para raptar unha nena. Un día, un grupo de mariñeiros fíxolle fronte e conseguiu abatelo. O triunfo chega á actualidade en forma de danza. Os 25 mozos de branco que escenifican a coreografía das espadas representan estes heroes, que logo de matar a Coca bailaron ao seu redor para celebrar a vitoria. As farsas Para alén de todos estes escenarios míticos que se atopan detrás das coreografías, tamén con certa frecuencia as danzas aparecen ligadas ás farsas, que representan algunha escena dramática. Ademais de combates de espadas simulados, en Ribadavia, por exemplo, aparece unha fórmula singular que bota á rúa a becha, unha representación da loita de San Xurxo e o dragón, tema habitual noutros lugares de Europa, que pode igualmente relacionarse coa Coca. Implicación da veciñanza O mantemento deste patrimonio inmaterial non sería posíbel sen a implicación da veciñanza de cada un destes e moitos outros lugares, que fai un esforzo aínda pouco recoñecido por conservar vivas estes movementos que emanan do antano, ou mesmo por traelos de novo ao presente. E é que non sempre se mantivo intacta a tradición. Un exemplo atopámolo coas danzas de San Sebastián de Aldán, San Roque do Hío e Santa María de Darbo, no Morrazo. Bailáronse de maneira ininterrompida agás no caso da última, que sufriu unha parada desde a década dos anos 30, previa á guerra civil española, até 1986. A recuperación levouse a cabo \"con implicación da veciñanza, sobre todo\", explica Miguel Sotelo, director artístico de Peis D'Hos (O Morrazo). \"Houbo unha asociación que participou e tiveron a sorte de atopar unha persoa que tiña feitas anotacións da danza, de cando aínda se bailaba\", conta. A continuidade das outras dúas xerou unha inquedanza sobre a danza desaparecida e, en 1984 constitúese a Asociación Cultural Lembranzas da Ría, da man de Xosé Menduíña Bastón e Margarita Turnes, con moitas outras mans, que conseguiron achegarse ao que esta tería sido. Segundo comenta Sotelo, estas tres danzas son bastante parecidas: \"Diferéncianse sobre todo das outras danzas brancas na disposición en tres filas, dúas de cinco homes e unha de cinco mulleres no medio, cun guía á fronte. Van con gaita e caixa na música\". As tres teñen unha parte de danza e contradanza, co guía marcando os movementos das filas ao longo do baile. Transformacións Con todo, haxa ou non un proceso de recuperación, cómpre ter en conta as propias mudanzas que estas formas deberon presentar ao longo do tempo. Os cambios afectan a múltiples aspectos, por diferentes causas. As melodías, por exemplo, poden variar por iniciativa dos músicos, ou a indumentaria pola dificultade de acceso a determinadas prendas que se tiñan no seu día, así como pola uniformación das agrupacións folclóricas. A simplificación dalgúns pasos ou deturpación e cambio por outros máis identificábeis no contexto desas agrupacións, xunto coa supresión de movementos para acurtar a duración da danza, son outros dos principais puntos de modificación. Danzas de espadas É un dos casos máis amplamente documentados en Europa, xa desde a antigüidade. Na Galiza mantense en moitas vilas e cidades até o século XIX. Logo dese momento, só sobrevive en sitios moi concretos, como Redondela. Alí, entre o son das gaitas e o repenicar das castañolas que levan os propios danzantes, bailan 24 mariñeiros –hoxe non importa a profesión dos participantes, mais cómpre marcar o carácter gremial da orixe– portando espadas, e un guía, que mostra as figuras que os demais executan deseguido. O baile remata cando os danzantes botan flores que levan gardadas no peito á virxe. Mais esta coreografía, curiosamente, intégrase dentro dunha serie de celebracións máis ampla que semella deixar ver a raíz pagá das danzas, como veremos máis adiante. As interpretacións aparecen de maneira parecida noutros lugares, con pequenas mudanzas. En Pontevedra, por exemplo, usan garrotes en troques de espadas. En Marín as danzas toman a rúa polo San Miguel e en Betanzos, en vez dos mariñeiros, organizábana os labradores -vila que, por certo, destaca polo mantemento doutras tres danzas gremiais: mariñeiros, zapateiros e xastres ou alfaiates. Danzas de paus Tamén con orixes antigas e estendida pola Península, na coreografía das danzas de paus participan entre oito e 16 danzantes, que levan un bastón dun medio metro de longo, suxeito ao pulso con cintas. Á cabeza de cada fila colócase o guía, e pode ademais haber unha personaxe grotesca, como o rabelo, que en Asturias se chama bascacheiro e en Salamanca zamarrón. Xuvencos, no concello de Boborás, conserva un dos exemplos máis salientábeis. A danza, segundo recolle o volume Danzas Gremiais e Procesionais da Provincia de Ourense, editado pola Deputación, fai parte da chamada Festa das Mudaciós, que a parroquia homónima celebra cada ano e que, honrando o seu nome, consiste basicamente nun \"intercambio ou mudanza das imaxes da Virxe de Xuvencos e a de Santa Isabel, desde a igrexa parroquial de Xuvencos até a capela de Boborás e viceversa\". Isto acontece o segundo domingo do mes de maio para inverter a operación o domingo seguinte. O ritual está fortemente ligado á figura protectora da virxe sobre os animais domésticos. A danza tiña lugar durante o retorno a Xuvencos, só cada catro ou cinco anos, aínda que se descoñecen as razóns. Crese que pode ter relación coa complexidade de preparación dunha coreografía que exixe, ademais, bastante esforzo físico. Esta estrutúrase nunha serie de movementos diferentes: paso, muiñeira de tres en fondo, muiñeira de pasar, muiñeira dos tolos, paleado de poula... Os elementos humanos que interveñen son oito, repartidos en catro parellas. Danzas de arcos Nunha variante da anterior, os paus substitúense por arcos decorados con cintas de cores. Unha das representacións máis populares, que se conserva hoxe en día, atopámola tamén en Betanzos. Esta era propia do gremio dos mariñeiros, vestidos de maneira semellante aos espata dantzaris euskalduns. En compases rápidos, os mozos bailan cuns arcos de madeira que suxeitan coa man dereita deixando a esquerda libre. Á fronte do grupo vai o guía, que porta unha espada que simboliza a xustiza e, ao final, o contraguía leva un estadullo, que representa o poder do pobo. No baile intervén tamén unha personaxe grotesca chamada gamachiño, caracterizada como un demo vestido de roupa escura e cunha perruca vermella. A tradición alude a que guía e contraguía representan os capitáns de dúas embarcacións diferentes que saían preto de Betanzos, mais como non pescaban nada enfrontábanse entre eles. Na primeira parte, encáranse animados polo gamachiño, que procura a batalla entre os líderes dos dous grupos, no túnel de arcos formado polos demais danzantes. Tras varios pases, acaban por decatarse de que non ten senso a loita e deciden unirse para vencer o demo. Unha vez este está no chan, o abandeirado move a súa bandeira vermella nun acto que simboliza a chegada da paz."}
{"ID": "NOS_16236", "summary": "O medio, a enerxía e as fronteiras son os principais retos que afronta Europa a ollos da artista e música Guadi Galego, quen avoga por unha maior implicación do continente en crear un modelo internacionalista, social e sostíbel para salvar o planeta en lugar de manter o modelo da UE dos estados e o capital.", "text": "Cales son as prioridades de Galiza dentro da política da UE? Vemos lonxe as políticas que teñen que ver coa Unión Europea, entre outras cousas porque as informacións que nos chegan sobre elas son moi sesgadas. Mais o certo é que aí córtase moito bacallau a nivel orzamentario, en subvencións e en decisións políticas transcendentais en materia de enerxía, do medio, das fronteiras.... aspectos de grande importancia para Galiza por exemplo, no tema da enerxía, con todo o que xeramos e o custo que nos supón. Por tanto, as prioridades para Galiza son trasladar os problemas do país. Cales son as emerxencias polas que está pasando o continente? Europa ten un problema grande coas fronteiras que ten que subsanar e a extrema dereita é parte precisamente do problema. Vendéronos a Europa dos pobos, e resultou ser unha mentira, xa que realmente a Unión continuou a ser a Europa do poder económico, e así o leva demostrando durante moito tempo. Outro problema grave que ten Europa é o que antes comentaba en relación ás enerxías e o ecoloxismo. Debe tomarse unha decisión rápida e común para todos os países da Unión que nos leve a salvar o planeta porque se non teremos graves dificultades. Que bota en falta nos temas que se están a tratar na campaña? Non son eu moi seguidora da campaña, se cadra, porque teño bastante clara a miña ideoloxía e, aínda que sempre teño dúbidas cando vou votar, nos últimos anos téñoo máis claro. Cara a onde debería camiñar Europa? Unha Europa máis plural e máis internacionalista, que se preocupe máis dos dereitos humanos e que se esqueza daquela Europa do estado do benestar que nos venderon pero que realmente era o capitalismo absolutista. Temos que pular pola Europa social de verdade."}
{"ID": "NOS_37224", "summary": "Quen está detrás do traslado da estatua do Sagrado Corazón en San Sadurniño? Un xornal de ultradereita acusa o concello -BNG- de \"expulsar\" á imaxe dos xardíns do Pazo da Marquesa e aproveita para botar lume contra o que define como \"laicismo trasnoitado\".", "text": "O xornal hazteoir.org denuncia que o goberno municipal tratou a escultura de \"forma vexatoria\" mais fan oídos xordos á resposta na que o Bispado de Mondoñedo-Ferrol se responsabiliza do traslado da imaxe, unha decisión que dependeu unicamente da Igrexa. Os actos remóntanse á petición do propio bispado para situar a escultura do Sagrado Corazón no convento do Rosario, onde están instalados a igrexa parroquial, a casa reitoral e o propio concello. O día 9 de maior procedeuse ao traslado da escultura, acción que a revista de extrema dereita \"hazteoir\" aproveita para denunciar ao BNG de estar \"profanando co ánimo de ofender e ultraxar aos crentes\" unha imaxe que cualifican de grande valor patrimonial e de moito aprecio pola veciñanza. O Bispado tiña coñecemento, por parte do propio concello, do inicio das obras no edificio anexo do Pazo da Marquesa co fin de convertelo nunha escola infantil e foi a propia diocese da que depende a parroquia a que demandou o traslado da imaxe por medio dunha carta. Ademais da escultura, desde a Diocese solicitouse que se trasladasen tamén os bancos, as vidreiras e o altar do edificio que con anterioridade fora capela do pazo anexo que ficaba xa sen uso relixioso. O propio persoal enviado pola diocese foi o encargado de trasladar a escultura, operación da que o xornal cristián de dereitas difunde fotos para acusar ao concello de ter mostrado de forma \"moi ferinte\" a imaxe da escultura rota polo medio. As fotos que se difundiron foron tomadas por propios encargados do traslado a cargo da Igrexa que non cubriron a imaxe antes da súa desmontaxe, carga e descarga. Malia teren coñecemento, por parte do propio Bispado, da responsabilidade única do traslado das autoridades relixiosas, dan a entender que todo é unha operación contra a igrexa e feita ás costas da propia Diocese. De todas maneiras, o que o xornal cristián interpreta como unha \"humillación\" é o traslado normal dunha escultura que foi construída en dúas pezas logo ensambladas cal o máis acaído é a desmontaxe previa para un máis fácil e seguro traslado. O Concello sorprendido polas \"mentiras\" \"Quen a retirou foi persoal enviado pola Diocese. Ninguén do Concello interveu na desmontaxe da imaxe\", explica o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, sorprendido polas \"mentiras\" difundidas polo medio e mesmo pola publicación dun modelo de carta para enviar ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence no que solicitan sinaturas para solicitarlle que \"emita un comunicado en nome do BNG disculpándose polos feitos e que se comprometa a frear en diante calquera intento de ofender, humillar e ultraxar aos crentes, comprometéndose co dereito dos cidadáns á liberdade relixiosa e de conciencia\". Trátase do terceiro traslado da escultura en menos dun século, desta volta, dada a propia solicitude do bispado da doazón \"dos bens mobles de uso exclusivamente relixioso e litúrxico\" do edificio anexo ao Pazo co fin de trasladalos ao convento. A figura situábase enriba dunha peana de cemento da cal foi despegada nunha operación dirixida polo técnico encargado pola Diocese que decidiu desmontar as dúas pezas das que se compón a imaxe para o seu traslado ao convento do Rosario. A sede parroquial fixo unha celebración ao recibir a imaxe, soando o himno de España a través da megafonía do campanario. O xornal \"hazteoir\" acusa ao concello de San Saturnino non só de \"humillar\" a figura do Sagrado Corazón senón que chega a denunciar que tratan de convencer ao estudantado de que elixan a alternativa a relixión e que desde a entidade municipal están a desenvolver unha campaña de acoso ao cura párroco."}
{"ID": "NOS_51002", "summary": "'The Economist' sinala que segundo datos de entidades bancarias como Goldman Sachs e institucións como o Fondo Monetario Internacional (FMI) a economía rusa recupérase.", "text": "A publicación inglesa especializada The Economist, publicou esta semana unha análise comparativa da situación actual entre Rusia e Europa co panorama bélico na Ucraína de fondo. Nela conclúe que Mentres Europa cambaléase ao bordo dunha profunda recesión, a situación económica en Rusia está a mellorar. Turquía acepta ser o nodo de exportación de gas natural ruso Explica esta afirmación non só polo que chega a Europa a través das redes sociais, tamén con cifras. As sancións que impuxo a Unión Europea a Rusia tiveron unha primeira reacción na poboación rusa coa saída dunha parte dela (entre 550.000 e 800.000 segundo as estimacións) e a retirada das súas entidades bancarias de 14.000 millóns de dólares en setembro (segundo estimacións do propio medio). Porén, hai analistas que sinalan que a súa recesión está rematando xusto cando comeza a de Europa. Nomean como fontes o Goldman Sachs, un banco que produce un \"indicador de actividade actual\", que amosa como lle vai á economía por países cada mes. Tamén o FMI Os seus datos indican que a actividade rusa é bastante máis animada que nos grandes países europeos. Unha medida de gasto producida por Sberbank, outro banco, cambaleouse tras o decreto de mobilización, mais desde entón volveu a subir. A UE acorda fixar un prezo máximo para as compras de petróleo ruso Outro sinal é a produción na industria do automóbil, que hai uns meses practicamente caera a cero, mais tamén se recuperou, o que suxire que os produtores lograron abastecerse fóra de Occidente. O medio inglés sinala que, en termos de dólares, as importacións mensuais de bens de Rusia agora poderían superar a media do ano pasado. Tamén as últimas previsións do Fondo Monetario Internacional (FMI) aseguran que melloran as perspectivas económicas de Rusia para este ano. No mes de abril aseguraban que o Produto Interior Ruso (PIB) caería un 8,5% e agora a cifra é dun 3,4%."}
{"ID": "NOS_23469", "summary": "As cinco columnas arriban á capital catalá en plena folga xeral, un paro cun seguimento marcado polo corte de vías, a paralización de factorías como a de Seat en Martorell e o alto seguimento no ensino.", "text": "Após tres días de camiñada reivindicando a liberdade dos presos e presas políticas catalás, as 'marxes per la llibert' arribaron esta sexta feira a Barcelona con miles de persoas formando parte das mesmas. Máis de 100 quilómetros percorreron desde esta cuarta feira até hoxe cada unha das 5 columnas (saídas desde Berga, Vic, Tàrrega, Girona e Tarragona) destas 'marxes', unha nova mostra de músculo, convocatoria e forza por parte do independentismo catalán. Desenes de milers de persones entren a Barcelona amb les Marxes per la Llibertat #SentènciaProcés #VagaGeneral1O https://t.co/EiOSIlDPBm pic.twitter.com/c170WChnAm— 324.cat (@324cat) October 18, 2019 'Polos dereitos e liberdades, Folga Xeral'. Este é o lema do paro convocado en Catalunya para esta sexta feira por sindicatos como a Intersindical-CSC e ao que se sumaron outros como CGT ou Unió de Pagesos para dar resposta á sentenza do Tribunal Supremo que condena 100 anos de prisión as lideres independentistas. Formalmente, a folga convócase por motivos laborais (contra a precariedade, por un SMI de 1.200 euros...) pois as greves políticas están prohibidas no Estado español. O paro déixase notar nas primeiras horas en cortes das principais vías de comunicación catalás, tanto estradas como camiños de ferro, así como cancelación de voos e retrasos no aerporto. Tamén no ensino, cun alto seguimento en centros de secundaria e universidade; ou en diferentes medios de comunicación catalá que, como o Ara, non sacan hoxe edición en papel. \"La força de la gent\": les Marxes per la Llibertat inunden Barcelona. 📹 @AlbertAlemany https://t.co/D8Y76oEZWI #playND #VagaGeneral180 pic.twitter.com/cOmZwqHmsC— NacióDigital (@naciodigital) October 18, 2019 Un dos maiores centros de traballo de Catalunya, a planta de Seat en Martorell, parou a produción desde a tarde da quinta feira. A dirección fala de \"parada técnica\" ante a imposibilidade de garantir que chegasen subministros e operarias á factoría. A medida afecta case 7.000 traballadores e traballadoras. A cadea de supermercados Bonpreu non abre as súas tendas e ofreceu un permiso retribuído aos seus 7.000 empregados e empregadas. A folga esténdese a diferentes sectores, así a asemblea de estibadores e estibadoras do Porto de Barcelona sumouse á folga, A patronal Cecot informou que a metade das empresas asociadas fecharon pola folga. Ao longo da xornada haberá diferentes manifestacións con motivo da folga xeral, sendo a principal a convocada ás 17:00 horas nos Jardinets de Gràcia, en Barcelona."}
{"ID": "NOS_38810", "summary": "A Organización das Nacións Unidas advirte que só dez países concentran o 75% da administración das vacinas.", "text": "Altos funcionarios da Organización das Nacións Unidas (ONU) pediron na xornada de hoxe garantir o acceso universal ás vacinas contra o virus SARS-CoV-2 e consideralas un ben público. Na sesión 46 do Consello de Dereitos Humanos da ONU, realizada de modo telemático, o seu secretario xeral, António Guterres, advertiu que tan só dez países concentran o 75% da administración dos axentes inmunizantes creados para combater o patóxeno causante da Covid-19. \"A equidade global no acceso ás vacinas reafirma os dereitos humanos, pero o chauvinismo neste tema négaos\", resaltou o secretario xeral. Ademais, insistiu nas prioridades que representan a loita contra a discriminación, o racismo e a xenofobia e a favor da equidade de xénero, mais sinalou que a \"materialización dos dereitos humanos constitúe a vía para resolver as tensións e garantir a paz no planeta\". Nas súas redes sociais, o secretario xeral expuña que \"o mundo enteiro sofre a enfermidade das violacións dos dereitos humanos. A recuperación da pandemia dános a oportunidade de cambialo. Agora é o momento de restabelecer, remodelar e reconstruír un mundo con dereitos humanos e dignidade para todos\". Pola súa banda, o presidente do 75 período de sesións da Asemblea Xeral da ONU, o turco Volkan Bozkir, defendeu a distribución igualitaria das vacinas, convertida \"na esperanza para neutralizar un virus responsábel de máis de 2.400.000 mortes a escala mundial\". Ademais, alertou sobre o impacto do cambio climático nos dereitos humanos, en particular nos pequenos estados insulares en desenvolvemento, e reiterou a importancia do multilateralismo para enfrontar este e outros desafíos da humanidade, incluída a actual pandemia. \"Quedan nove anos para o cumprimento da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostíbel da ONU, cuxa meta de non deixar ninguén atrás está ligada estreitamente coa cuestión de respectar os dereitos humanos de todas e en todas partes\", expuxo o presidente. Sancións unilaterais Durante a sesión, o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, repudiou as máis de 450 sancións unilaterais impostas polos Estados Unidos e pola Unión Europea aos seu país. \"A imposición destas medidas coercitivas, unilaterais e ilegais, resultaron nun bloque e unha persecución contra as capacidades do Estado e da sociedade venezolana\", declarou na súa intervención. Ademais, sinalou a \"agresión económica multidimensional que ignorou os chamados das Nacións Unidas e do pobo venezolano a deter estas accións en tempos da pandemia\", dixo na sesión. Neste sentido, o xefe de Estado denunciou que o seu país foi privado de polo menos 30.000 millóns de dólares que \"puideron ser usados para a atención dos venezolanos\". A pesar disto, Maduro indicou que a súa administración logrou mitigar e controlar a pandemia \"grazas a unha política social de saúde pública, de calidade, á implantación de metodoloxías de bioseguridade e a aplicación de tratamentos científicos complementarios\". O presidente sinalou que o seu Goberno fortaleceu a cooperación e asistencia técnica coa Oficina da Alta Comisionada para os dereitos humanos e ratificou que non aceptará a \"intervención de ningún mecanismo inquisidor contra o seu país\"."}
{"ID": "NOS_6819", "summary": "A máis célebre das bandas bravú, Os Diplomáticos de Monte Alto, interpretarán algúns dos seus poemas preferidos na Casa museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será este sábado, 17 de marzo, e baixo o título Poesía para cantar.", "text": "Textos de Teresa Ramiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas ou o propio Manuel María protagonizarán o repertorio dos Diplomáticos, catro días antes do Día Mundial da Poesía -estabelecido pola Unesco. \"É unha sesión inédita de música e poesía, en que tampouco faltarán as cancións clásicas da banda coruñesa\", indican desde o museo de Manuel María. As entradas para o concerto véndense a cinco euros e pódense reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao 698 177 621."}
{"ID": "NOS_31470", "summary": "Empresas e ricos galegos desvían fondos a prazas con 'tributación branda' e reximes fiscais moi favorábeis, non é unha novidade. Mais tamén hai a relación de volta, con esas prazas a investir no noso país. Iso si, con cantidades moito máis modestas.", "text": "Nos últimos cinco anos @s galeg@s desviaron a paraísos fiscais e prazas das coñecidas como 'de tributación branda' por volta de 165 millóns de euros, segundo dados oficiais fornecidos pola Secretaría de Estado de Comercio e citados por Economía Dixital. E entre estas prazas cun réxime fiscal moi favorábel tamén as hai que pousaron os ollos en Galiza para facer investimentos. Así, e tal e como sinala ED, máis de sete millóns de euros foron investidos en Galiza procedentes desas zonas, segundo estatísticas da Secretaría de Estado. Quen encabeza, e con diferenza, a listaxe é Panamá (seis millóns de euros). Na actualidade, este pequeno país centroamericano non é considerado xa un paraíso fiscal (a propia OCDE retirou a panamá da súa lista de paraísos fiscais) malia manter moitas ventaxes en tributacións. Á marxe de Panamá, prosegue Economía Dixital, as outras achegas económicas son de menor importancia (Panamá representa investimentos por seis millóns de euros). Estas prazas son Andorra e Emiratos Árabes. En 2013 o investimento estranxeiro en Galiza foi dos 412 millóns de euros. Mais se desta cifra restamos o que corresponde a Entidades de Tenza de Valores Estranxeiros (ETVE, cartos que pasan por Galiza mais que non permanecen) fica que o investimento produtivo real non chegou a 219 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_17293", "summary": "O ministro de Economía, Cristóbal Montoro, a preguntas do BNG sobre o dique flotante, afirma no Congreso que \"non descarta nada\". Un malabarismo dialéctico que os feitos contradin, lémbranlle os nacionalistas.", "text": "Após de anunciar a SEPI que non se construirá o dique flotante en Navantia Ferrol, a pregunta da deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez ao Ministro de Economía foi clara: \"por qué razón descartaron a construcción do dique?\". Cristóbal Montoro, sinalan os nacionalistas, \"decidiu botar mán da ambigüedade nunha calculada oratoria na que non mencionou o dique en ningún momento: \"O Goberno non descartou nada. Estamos traballando con forza e intensidade para que Navantia sexa competitiva\". A deputada do BNG acusou ao PP de \"enganar á cidadanía galega na campaña electoral cando prometeu a construcción do dique flotante na Ría de Ferrol. Tomaron a decisión política de enganarnos porque foi a promesa estrela de Feijoó\". \"Xogar coa cidadanía\" Aliás, reprochou ao Ministro que \"utilizasen esas promesas e incluso se atrevesen a tildarnos de anti patriotas aos que cuestionamos e desconfiamos da súas palabra\". Criticou que \"nos fixeran perder o tempo creando unha Comisión de Estudo para a viabilidade do dique, coñecendo de sobra o veto da UE\". \"Só pasaron tres meses das eleccións galegas, e agora a SEPI anuncia o que xa o BNG sospeitaba na campaña, non haberá dique flotante. Rematan coas ilusións de miles de traballadores angustiados polo seu futuro, desentendéndose agora de todo\", enfatizou Rosana Pérez."}
{"ID": "PRAZA_18633", "summary": "A Xunta recorreu ante o Supremo unha sentenza que a obrigaba a ese desembolso pero a consultora Deloitte considera \"probable a súa desestimación\" HEMEROTECA | O Gaiás, 300 millóns despois: de contedor sen contido de Fraga a difuso parque tecnolóxico de Feijóo", "text": "HEMEROTECA | O Gaiás, 300 millóns despois: de contedor sen contido de Fraga a difuso parque tecnolóxico de FeijóoA Xunta recorreu ante o Supremo unha sentenza que a obrigaba a ese desembolso pero a consultora Deloitte considera \"probable a súa desestimación\"Hai un ano a Audiencia Provincial da Coruña condenou á Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, a pagar á construtora FCC 2,5 millóns de euros en sobrecustos pola execución do Museo do complexo e outro medio millón como xuros de demora. A Cidade da Cultura recorreu esa sentenza ante o Tribunal Supremo pero a consultora encargada de auditar as súas contas xa dá por perdidos eses cartos e o recurso, \"sendo probable, polos escasos asuntos que se deliberan, a súa desestimación\", di.A Fundación Cidade da Cultura vén de facer pública a auditoría anual das súas contas correspondente a 2017, elaborada pola consultora Deloitte e na que se reflicte que esa contía a pagar a FCC xa foi incorporada como parte do custo do edificio, asumindo como \"probable\" que o recurso ante o Supremo non prosperará. Quedaría así ratificada unha sentenza da Audiencia da Coruña que admitía a demanda da construtora asumindo que o proxecto do edificio tiña \"erros\", \"carecía da necesaria definición\" e \"non estaba suficientemente desenvolvido e esta función foina asumindo FCC\".A Audiencia da Coruña dixo que o proxecto do Museo tiña \"erros\", \"carecía da necesaria definición\" e \"non estaba suficientemente desenvolvido\", eivas que tivo que asumir a construtoraFCC, antes controlada polas Koplowitz e agora por Carlos Slim, foi a adxudicataria en 2004 do maior edificio do complexo impulsado por Manuel Fraga, que hoxe alberga o Museo de Galicia. A obra entregouna en 2012, logo de tres modificados, e iniciou unha negociación coa Fundación Cidade da Cultura para a determinación da liquidación final do contrato por sobrecustos en diversos traballos. Nun deles, pola colocación da pedra na fachada e na cuberta, a Audiencia da Coruña estableceu que \"se produciron atrasos non imputables á construtora, toda vez que a súa única causa foi a falta de subministro de pedra, sendo esa unha obriga que competía á Fundación\". Esa falta de subministro debeuse á incapacidade da canteira elixida pola Xunta, propiedade do daquela alcalde do PP en Ortigueira, Antonio Campo Fernández, que o ano pasado entrou en concurso.En total, a construción ata agora dos catro edificios xa rematados da Cidade da Cultura supuxo máis de 300 millóns de euros, máis do dobre do previsto inicialmente para os seis edificios que ía ter o complexo. Cando en 2004 o Consello de Contas analizou o estado do proxecto constatou que xa daquela se rexistrara uns sobrecustos medios próximos ao 200% que nalgunhas áreas das obras chegaban a aproximarse ao 500%. Ademais, malia a súa promesa de non seguir construíndoo, o actual Goberno galego vén de adxudicar a execución nel dun novo edificio de oficinas para as universidades por preto de 15 millóns de euros máis que aproveitará as estruturas a medio levantar do que ía ser o Teatro nunca rematado. Adxudicouno a unha das empresas que ía construír o edificio anterior e para pagalo vén de desviar fondos inicialmente previstos para I+D das universidades."}
{"ID": "NOS_47386", "summary": "Con \"taxas históricas de paro e empobrecemento social\" non se pode falar de recuperación, respondeulle a deputada do BNG no Congreso ao discurso de Mariano Rajoy. Cualificou o 2014 de \"nefasto para as economías da xente\".", "text": "\"Enoxo\", di a deputada nacionalista en Madrid, Olalla Fernández Davila, que lle produciu o discurso de Rajoy de valoración do ano político e económico. Criticou desta maneira a deputada que o presidente fale de \"revalorización das pensións cando a porcentaxe é tan ridícula, do 0,25%\" ou que define como \"aumento\" do Salario Mínimo Interprofesionais polos 3 euros ao mes. Cualificou Fernández Davila o 2014 como \"nefasto para as economías da xente\" e lamentou que o presidente do Goberno falara na súa comparecencia de \"recuperación económica cando continuamos en taxas de paro históricas e cando o empobrecemento social sigue en avance\". Con respecto ás políticas do Goberno Rajoy con respecto aos sectores estratéxicos galegos, Olaia F. Davila afirmou que era \"inútil para Galiza\" xa que \"fallou tamén ao sector naval galego, á pesca, á industria asentada na Galiza así como ao sector agro gandeiro ao que aínda non se lle resolveu o problema do baixo prezo en orixe\", ao tempo que criticou que non se resolvera a falla de carga de traballo para Navantia ou que non defende a frota galega de litoral. Esixiu a deputada nacionalista \"solucións políticas e de recoñecemento da pluralidade nacional do estado, así como de respecto democrático\" e lamentou que Rajoy pasara de longo no tema da corrupción, como se non afectase ao seu partido."}
{"ID": "PRAZA_12757", "summary": "Os socialistas apartan do partido o ex alcalde de Vigo por cargar publicamente contra a formación, \"confabular\" contra ela e, en última instancia, presentar unha conferencia de Alfonso Rueda, na que censurou con dureza a xestión do actual rexedor, Abel Caballero. Expediente íntegro no interior.", "text": "\"A ofensa persoal grave a calquera afiliado ou que vaia destinada a menoscabar o prestixio e a imaxe pública dos órganos colexiados do partido (...), cando se produzan con publicidade ou teñan notoria transcendencia\" ou \"facer públicos, por calquera medio de difusión, opinións, ideas ou comentarios opostos á liña política do partido\". Son algúns dos preceptos do Regulamento dos Afiliados e Afiliadas do PSOE que, a xuízo da Executiva Federal dos socialistas, infrinxiu reiteradamente Carlos Príncipe, ex alcalde de Vigo, cuxo distanciamento e crítica pública a respecto da formación culminou o pasado luns, cando exerceu de presentador do conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, nun almorzo informativo no que non aforrou críticas contra o Goberno local de Abel Caballero. Pero o primeiro expediente contra Príncipe remóntase a hai case un ano. En xullo de 2011 a Agrupación Municipal viguesa do PSdeG acordaba iniciar un procedemento disciplinario contra o ex rexedor por, segundo recolle a resolución da Executiva Federal, á que tivo acceso Praza Pública, realizar \"diversas declaracións e aparicións en medios de comunicación e en redes sociais\" que \"puideran ser constitutivas de comportamentos cualificados como moi graves no Regulamento de afiliación, isto é, o devandito \"menoscabo do prestixio e imaxe pública\". Xa de aquela o PSdeG vigués solicitou á dirección federal do PSOE a suspensión cautelar de militancia concretada este mércores. Príncipe cargou contra o goberno vigués nun acto no que lle \"agradeceu\" á Xunta do PP o seu \"compromiso\" coa cidade Seguindo o procedemento interno a Executiva Nacional do PSdeG daba o visto e prace á petición en 1 de setembro de 2011 e, catro días despois, cumpríase o mesmo trámite na Executiva Provincial de Pontevedra. Neste punto estaba o proceso cando, o pasado martes, a dirección do partido en Vigo se dirixiu á cúpula do PSOE para dar conta de \"novos comportamentos do expedientado, semellantes aos que motivaron a apertura de expediente\", isto é, o acto compartido con Rueda, no que, por exemplo, acusou o seu partido de \"marear a perdiz\" coa Área Metropolitana ou ao Concello vigués de \"mentir\" mentres a Xunta do PP \"cumpre\". \"Este Goberno da Xunta está cumprindo os seus compromisos con Vigo, así que lle dou as grazas\", reiterou. Con todo, estas non foron as declaracións máis altisonantes do ex alcalde, que nos últimos anos, non dubidou, por exemplo, en reclamar o \"paredón político\" para o ex presidente do Goberno central José Luis Rodríguez Zapatero ou de criticar abertamente as políticas socialistas como colaborador de medios de comunicación. Neste contexto, e despois de que o propio luns o voceiro do PSdeG vigués, Carlos López Font, convidase o PP a que elixise a Príncipe \"como candidato\" ás vindeiras municipais por ser \"evidente que se trabucou de partido\", o máximo órgano do PSOE -no que sentan o propio Caballero e a concelleira de Vigo Carmela Silva- decide afastalo da militancia, unha resolución ante a que lle cabe a posibilidade de interpoñer un recurso nos vindeiros dez días."}
{"ID": "NOS_48624", "summary": "61 votos a favor da destituição da política do PT como presidenta face apenas 20 em contra. Em troca, a líder do PT mantém os seus direitos políticos: não houve maioria suficiente para a inabilitar por espaço de 8 anos. \"É o segundo golpe de Estado que enfrento na vida\", disse Dilma, fazendo um paralelismo com a ditadura militar.", "text": "O Senado brasileiro deu credibilidade às pesquisas feitas pelo Tribunal Supremo contra Dilma Rousseff por pretensamente mascarar as contas públicas do país e disfarçar o défice do Estado, para se apresentar às eleições de 2014 nas melhores condições políticas possíveis. Bastava que dois terços do Senado -um total de 54 votos- votassem contra Rousseff para esta ser afastada do seu cargo de forma definitiva e para, portanto, assumir já como definitiva a presidência o que fora o seu vicepresidente, Michel Temer. O PT, a própria Dilma Rousseff e a grande maioria da esquerda latinoamericana consideram que o impeachment é uma operação política, un golpe de Estado para a oligarquía brasileira recuperar o controle do país. Si prospera golpe parlamentario contra gobierno democrático de @dilmabr, Bolivia convocará a su embajador. Defendamos la democracia y la paz— Evo Morales Ayma (@evoespueblo) 30 de agosto de 2016 O Senado submeteu também à votação a hipotética inabilitação de Rousseff para cargo público pelos próximos 8 anos. Desta volta, o resultado foi favorável para a líder do PT, ao não chegarem os votos contrários aos dois terços: 42 senadores a favor de lhe tirar os direitos políticos, 36 em contra e duas abstenções. Ao não ter sido inabilitada, Rousseff mantém as suas opções de tentar um novo assalto à presidência do país, embora o favorito do PT para se apresentar em 2018 é o líder histórico do partido, Lula da Silva."}
{"ID": "NOS_53984", "summary": "Industria insiste en que a SEPI non intervirá Alcoa, unha opción que a Xunta agora si estaría disposta a apoiar.", "text": "Visita de cortesía do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo á ministra de Industria, Reyes Maroto. Ambos os dirixentes reuníronse esta segunda feira en Madrid para, entre outras cuestións, abordar a situación de empresas como Barreras, Vestas, Ence ou Alcoa. O encontro serviu para evidenciar unha vez máis que as postura do Ministerio e da Xunta respecto á planta de aluminio de Cervo seguen sen variar. Desde Industria descartan a intervención da factoría por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), como piden desde o comité de empresa, e botan as culpas do bloqueo á actitude da multinacional Alcoa respecto da venda. A Xunta, que tamén comparte esta visión, aposta agora na vía da intervención, mais limita o seu papel a apoiar o Ministerio, non a formar parte da operación. En declaracións aos medios ao termo da reunión, que durou perto de dúas horas, o presidente do Goberno galego indicou que marcha \"cunha liña de contacto máis fluída coa propia ministra e o seu equipo, e oxalá podamos dar pronto algunha boa noticia\". \"Os traballadores de Alcoa necesitan unha certeza, que pasa pola SEPI, e que o Goberno galego vai apoiar\", engadiu Feixoo. Pola súa banda, a ministra de Industria sinalou a perda de confianza na propia empresa como un dos grandes escollos na negociación. \"Creo que a sociedade e o conxunto das Administracións estamos na solución. O principal escollo é a empresa, que non está a facer nada. Sempre estivo no negativo\", subliñou. Continuidade de Ence No transcurso da mesma, Alberto Núñez Feixoo e Reyes Maroto tamén tiveron ocasión de falar doutras cuestións, como os fondos para a celebración do Xacobeo ou a continuidade de Ence na ría de Pontevedra. Sobre este particular, o presidente da Xunta informou a ministra sobre o seu plan para esquivar a sentenza da Audiencia Nacional que declara ilegal a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Raxoi e que pasa por adscribir os terreos ao Porto de Marín, presidido polo marido de Ana Pastor e amigo íntimo de Mariano Raxoi. A ministra, que lembrou que en todo caso é unha decisión que tamén compete ao Ministerio de Transportes, comprometeuse a analizar esta fórmula, da que tivo coñecemento nesta reunión. Sen debate a fondo Foi, pois, unha reunión que non deu para abordar en profundidade ningunha das frontes que en materia industrial ten abertas Galiza, como a situación dos seus estaleiros, a produción de aluminio en Alcoa e Alu Ibérica, ou o futuro de Vestas. O propio Feixoo recoñecía ao seu termo que se limitou a describir os problemas da Galiza nos temas que competen ao Ministerio de Industria, pero que a axenda propia da ministra impediu profundar máis aló. A crise industrial segue, pois, sen visos de solución. De feito, a difícil situación pola que atravesan non só as empresas afectadas senón as comarcas nas que se asentan, motivou a convocatoria para mañá, 17 de novembro, dunha folga xeral na Mariña para, entre outras cousas, exixir á Xunta e Industria menos fotos e máis medidas concretas para poñerlle fin."}
{"ID": "NOS_32590", "summary": "O Encontro cidadán por unha Marea Galega vén de emitir un comunicado en relación ás conclusións sobre a reunión que mantivo no día de onte con algunhas formacións políticas. Neste comunicado, non aclara cuestións fundamentais ao redor da candidatura unitaria galega.", "text": "O Encontro cidadán por unha Marea Galega vén de facer público un comunicado sobre a reunión convocada de maneira unilateral no día de onte e na que participaron, segundo a propia organización, representantes da plataforma, Anova, Cerna, Compromiso por Galicia, Espazo, Equo, Esquerda Unida e Podemos. No citado documento, o Encontro recolle as bases que achega ao traballo para a construción dunha \"candidatura popular\". Entre elas, non se atopa referencia ningunha á presenza de siglas partidarias na papeleta electoral. E isto malia que Podemos pon como condición que apareza a súa marca na papeleta. Deste xeito, mantense a incógnita sobre se a plataforma acepta ou non a marca Podemos. Pola outra banda, as bases achegadas polo Encontro na reunión de onte, e que segundo o comunicado contarían co consenso das formacións políticas que participaron no foro, non aluden en ningún momento ao dereito de Galiza a decidir nin á soberanía. Outro dos elementos salientábeis das bases é a ambigüidade respecto ao grupo parlamentar galego, a cuestión que a outra plataforma pola unidade, Iniciativa pola Unión, defende como imprescindíbel. Así, recóllese que os deputados e deputadas electas \"funcionarán a todos os efectos como un grupo parlamentar\", mais non se inclúe como obxectivo nin se cita que sexa independente dun grupo parlamentar estatal. O comunicado non recolle alusión ningunha á exclusión dos seis partidos galegos que provocou a non asistencia de Iniciativa pola Unión nin do BNG No comunicado, o Encontro en ningún momento informa sobre a exclusión das seis forzas políticas galegas –Partido Galeguista, Coalición Galega, Foga, Partido Comunista do Povo Galego, Agora Galiza e Terra Galega- no foro que tivo lugar a día de onte. Precisamente, a falta de pluralidade motivada pola exclusión destes partidos por parte do Encontro cidadán por unha Marea Galega provocou que non asistiran á reunión nin o BNG nin Iniciativa pola Unión. O Encontro salienta no comunicado que o \"consenso amplo\" no que cristalizou a reunión de onte e informa de que \"coa fin de concretar e desenvolver\" as bases, \"acordouse entre todos os presentes o estabelecemento dun calendario de traballo con prazos concretos\". Engade que se decidiu \"manter o proceso aberto á incorporación doutros axentes políticos e sociais que asuman esas mesmas premisas\"."}
{"ID": "QUEPASA_1061", "summary": "O Concello completa a instalación das placas coas numeracións definitivas en todas as vivendas de núcleos rurais de Caión", "text": "73 novos topónimos son ingresados no padrón municipal da Laracha, para adaptarse ao total 311 de núcleos de poboación laracheses existentes no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). No caso de Caión, a parroquia conta agora con nove topónimos, dos cales tres (Alvite, Cima de Vila e O Pazo) foron incluídos no padrón grazas a esta iniciativa. Un proxecto integral de recuperación patrimonial, no que afondaremos, que se completa coa instalación das placas numéricas. As últimas en colocarse, as 169 vivendas que se sitúan en entidades de poboación rurais da parroquia de Caión. A instalación destas placas trátase da parte final da iniciativa impulsada polo goberno local e dirixida a recuperar a totalidade dos topónimos, o que tamén implica unha renumeración das vivendas do rural regresando ao ordenamento antigo (anos '90) que era máis óptimo e acorde ao correcto emprazamento de cada casa, e o reempadronamento dos veciños nos núcleos afectados. Coiro e Montemaior xa recuperaron os seus nomes, e a seguinte será Vilaño, cuxo proxecto xa está redactado. Nesta parroquia incorpóranse ao padrón 16 topónimos, que sumados aos 22 xa existentes dan un total de 38. Instalaranse placas en 405 vivendas.Paralelamente está en fase de redacción o proxecto correspondente a Cabovilaño, onde a previsión é alcanzar os 44 topónimos e colocar preto de 500 placas."}
{"ID": "NOS_57883", "summary": "A propiedade que requisou a ditadura en Sada segue en mans da familia Franco, que presume dela nas revistas do corazón, pero á vez négalle a entrada a un home con mobilidade reducida.", "text": "\"Foi denigrante. O guía dixo que era mellor que eu non entrase e quedei fóra, o único dos visitantes ao que non deixaron acceder\". Con estas doídas palabras explicouse, no xornal La Opinión de A Coruña, Ángel Miramontes, bergondés de 39 anos que por unha enfermidade de nacemento debe usar unha cadeira de rodas para moverse, razón esta pola que foi discriminado e non puido visitar o sadense Pazo de Meirás, propiedade -desde que a requisou mediante salvaxes métodos- da familia Franco. \"Creo que tiñan medo de que raiase o parqué\", asegura Ángel Miramonte, o afectado Poucos días despois de que Carmen Martínez-Bordiu, descendente do ditador, presumise desta posesión na revista Hola, un episodio negro como o de impedirlle a entrada ás visitas que por obriga legal debe permitir o edificio histórico a unha persoa de mobilidade limitada volve alimentar o debate sobre a devolución ao patrimonio público de Meirás, vella reivindicación que agora se xunta coa dos dereitos das persoas, sexa cal sexa a súa situación física. Foi o guía quen lle dixo que non entrase, segundo a versión do afectado, posibelmente \"para que non raiase o parqué e dicindo que non ía poder pasar do piso baixo\". Ficou impactado e humillado e esperou sen entrar. Ao comunicarllo ao resto d@s visitantes, cando saíron, estes protestaron e mesmo lamentaron non ter sabido antes o ocorrido para negarse a entrar, nunha situación que agora ao coñecerse aviva a polémica que rodea ao Pazo de Meirás."}
{"ID": "NOS_16254", "summary": "A Comisión Europea abre a porta a reducir e mesmo eliminar o imposto do valor engadido (IVE) a produtos como o peixe, aínda que a decisión final corresponde ao Estado español.", "text": "O sector pesqueiro galego comezou o ano con preocupación polo seu futuro. A redución dos totais admisíbeis de capturas, sumado ao incremento dos custos da propia actividade, principalmente pola suba dos carburantes, anticipan un exercicio con menores marxes para os profesionais que traballan no mar. Porén, a Comisión Europea trouxo boas novas en forma de rebaixas fiscais, ao abrir a porta a que os produtos do mar poidan ver reducido o imposto sobre o valor engadido (IVE) a 0% por tratarse de alimentos saudábeis. Con todo, as normas actualizadas teñen que pasar aínda polo Parlamento Europeo. Será no primeiro trimestre deste ano e, unha vez adoptada polos Estados membros, a lexislación entrará en vigor vinte días despois da súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea. Este cambio na directiva foi moi ben acollido polo sector. En declaracións a Nós Diario, o secretario xeral de Pescagalicia, Torcuato Teixeira, recoñece que esta medida pode axudar a aumentar o consumo de peixe e facilitar así que a poboación \"teña acceso a unha proteína animal das que menos pegada de carbono ten á hora de producila a través dun alimento moi nutritivo\". Decisión estatal O feito de ser un alimento saudábel e sostíbel é precisamente o que lle deu a posibilidade de figurar na listaxe de produtos para os que Bruxelas propón un tipo máis reducido que o xeral. Neste senso, a decisión final será dos Estados membros, polo que desde o sector dubidan en que se elimine por completo. \"O ideal sería iso, pero polo menos deberiamos ter equiparación con outros produtos alimentarios, como o leite ou o pan, que teñen un IVE reducido. Entendemos que o peixe tamén debería estar aí\", apunta Teixeira. Na mesma liña, Andrés García, portavoz da Asociación de Armadores do Cerco (Acerga) sinala a este xornal que \"despois de tantos anos loitando por un IVE reducido, que o supriman parece aínda máis adecuado\". García coincide en que a variación do tipo impositivo contribuiría a incrementar o consumo de peixe \"agora que estaba baixando\" e tamén a mitigar os efectos que as novas restricións de capturas poidan ter na flota galega. \"Toda axuda que veña, nos tempos que estamos e coa redución de cotas, sempre é benvida\", incide o responsábel de Acerga. Debate parlamentario O que aconteza finalmente con este imposto vai depender, pois, do que se debata no Congreso das e dos Deputadas. A este respecto, o BNG, a través do seu deputado Néstor Rego, vén de rexistrar unha iniciativa para que o Goberno estatal aplique o IVE superreducido de 4% aos produtos pesqueiros, o que contribuiría ao desenvolvemento económico de territorios dependentes da pesca como a Galiza, sosteñen no Bloque. Porén, hai varios obstáculos no camiño. Por unha parte, a propia Comisión Europea suxeriu recentemente suprimir os tipos superreducidos do IVE e baixar o tipo xeral. Por outra, o Goberno español recolle o aviso de Bruxelas e estudará a suba destes tipos, o que lle permitiría recadar até 18.000 millóns de euros máis."}
{"ID": "NOS_31264", "summary": "O sindicato continúa a súa aposta innegociábel por un ensino público, de calidade, feminista, galego e laico.", "text": "O STEG celebrou este 22 e 23 de novembro en Lugo o seu IX Congreso baixo o lema 'Repensando o noso ensino público'. Foi no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, onde se deron cita máis de 100 docentes do propio sindicato, ademais de representantes doutras organizacións do país e do resto do Estado -Euskal Herria, Illes Balears, Catalunya, Asturies, País Valenciá- así como de Portugal. O Congreso fixou as posicións do STEG para os vindeiros catro anos e escolleu o novo equipo das diferentes áreas do sindicato e nomeou a nova comisión permanente. Os cargo aprobados foron Lois Pérez na comisión de organización; Carmen Anllo como responsábel de acción sindical; José Manuel Cabezudo será o secretario de Finanzas; Francisco Castro como secretario de confederación; e Cristina Asenjo a cargo da secretaria de Muller. O Congreso fixou as posicións do STEG para os vindeiros catro anos O secretario de organización, Lois Pérez, sinalou a Sermos Galiza \"avances importantes dentro da asemblea de mulleres\" e a nivel de acción sindical como \"a unidade dos sindicatos do ensino nas mobilizacións destes últimos días e na folga xeral prevista para o vindeiro 12 de decembro\". \"STEG ten que servir ao que serviu estes anos\", explicaba Lois Pérez, \"a nosa aposta innegociábel é por un ensino público, de calidade, feminista, galego e laico\". No Congreso as persoas que levaron máis de 25 anos afiliadas ao STEG recibiron unha homenaxe e houbo intervencións das organizacións convidadas na clausura (steilas, USTEC, ST-PV, Confederación Intersindical, CUT, Sindicato Ferroviario, CIG e FemProf de Portugal)."}
{"ID": "NOS_20823", "summary": "O secretario xeral da formación lanzou esta idea como fórmula \"transitoria\" mentres non se modifica o regulamento da Cámara.", "text": "Antonio Montiel, secretario xeral de Podemos no País Valenciá, comprometeuse esta cuarta feira (21 de outubro) a asinar ante notario o compromiso dun grupo propio para @s parlamentares valenciás nas Cortes españolas. De non ser posíbel, de facto segundo recolle o Regulamento da Cámara non o é, Podemos ofrece a posibilidade dunha fórmula \"transitoria\" até a modificación do texto que rexe o Congreso español e que pasaría pola constitución dun \"subgrupo\" parlamentar co que garantir, defendeu Montiel en declaracións recollidas pola axencia EFE, \"os tempos de intervención, a visibilidade dos portavoces e o apoio técnico e económico para manter unha personalidade propia\". Desta maneira, desde Podemos tentan amarrar a coligazón Podemos-Compromís á que engadirían un terceiro pé 'És el moment' através da que abranguer persoas non afiliadas a ningunha das dúas formacións. Unha fórmula, subliñou, \"suficientemente xenerosa e ampla\". Preguntado polas dificultades para conformar un grupo parlamentar propio con deputad@s eleit@s baixo as siglas doutro (artigo 23 do Regulamento), Montiel sinalou que \"caben outras interpretacións\" ao abeiro de diversos ditames xurídicos. Aliás, asegura que a \"onda de cambio\" mudará a correlación de forzas na Mesa do Congreso e polo tanto non haberá, augurou, unha vontade política de \"restrinxir\" a formación de grupo."}
{"ID": "NOS_54419", "summary": "O TSXG ratificou a condena que obriga a Administración galega a pagar en concepto do IVE non aboado entre 2015 e 2016.", "text": "A sección cuarta da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou un recurso de apelación interposto polo Sergas, ratificando así unha condena acordada por un xulgado de Santiago de Compostela que obriga a Administración galega a pagar 5,7 millóns de euros en concepto do IVE non aboado entre 2015 e 2016 á sociedade concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A sociedade Novo Hospital de Vigo está controlada en maior medida polo fondo francés Meridiam, despois de que adquirira as accións da construtora Acciona, así como Puentes y Calzadas, baixo mando chinés, e mais os fondos Concessia e Veolia. A concesionaria interpuxo un recurso contencioso contra o Sergas por entender que a Administración galega non aboou o IVA nos exercicios mencionados, aplicábel ao canon anual que paga á empresa. A Xunta sostiña que o tipo era de 10%, o vixente no momento da licitación do contrato, e a concesionaria reclamaba 21% despois de que unha inspección tributaria determinase que debía ser esa a porcentaxe. O TSXG dá a razón á sociedade, apuntando que a Xunta debera ter reclamado ante o Tribunal Económico Administrativo Rexional xa que a Axencia Tributaria non a advertira deste cambio. A maiores, o Alto Tribunal galego lembra que, aínda que o contrato non determinase o IVA a aplicar, ese imposto aplicado a \"actividades non sanitarias\" réxese pola lexislación en vigor, polo que o tipo pode variar. O tribunal de Compostela xa apoiara os argumentos da concesionaria en primeira instancia."}
{"ID": "NOS_3557", "summary": "A Asociación Buraca das Grellas critica que, malia a instalación dalgúns repetidores nos últimos tempos, o último temporal deixou incomunicada a aldea de Teixeira hai tres días. Acusa a Movistar de levar para o rural aparatos demasiado sinxelos que \"quitan na urbe\" pese a que son pagados tamén con fondos públicos.", "text": "Polo menos unha aldea do Courel leva tres días sen dispoñibilidade de telecomunicacións, en plena pandemia da Covid-19 e cando moita xente marchou ao rural a teletraballar. Así o denuncia Óscar Carrete Lage, vogal da Asociación Buraca das Grellas, que sinala que a situación soe ser habitual nalgúns núcleos habitados cada vez que hai temporal. \"Da noxo ver como as administracións alardean de que apoian ao rural e ver que a realidade é moi distinta\", sinala o representante desta entidade xuvenil en declaracións a Nós Diario. Traslada ese sentir porque, malia que xa avisaron o domingo da problemática detectada agora na Teixeira, tres días despois continúan sen \"luz, teléfono e internet\" polo fallo dun repetidor. Carrete, que destaca que en menos de tres meses deste ano no Courel xa viviron outra situación similar, acusa á empresa Movistar desta incomunicación por levar repetidores que son \"refugallos que quitan na urbe\". Asegura, desde o coñecemento que lle da o seu posto na asociación, que nos últimos anos o Concello puxo fondos para colaborar coa compañía na mellora das conexións na zona. No entanto, \"os repetidores son moi sinxelos e caen a mínima\". \"No Concello non teñen por que saber de telecomunicacións pero si deberían exixir un servizo decente e que as antenas sexan completas e coa última tecnoloxía\", engade. Aliás, a pesar de contar con diñeiro público, as compañías eléctrica e de telefonía non enviaron ao Consistorio os informes de cobertura que se lles solicitaron. Sen tecnoloxía asegurada e co teletraballo en crecemento e a fuga de persoas á periferia das cidades, a entidade considera que O Courel só pode padecer \"máis emigración\"."}
{"ID": "NOS_5932", "summary": "Esta sexta feira, 25 de outubro, nas sete cidades galegas.", "text": "Centos de persoas tomaron parte na Galiza nas concentracións convocadas o día en que se fixo pública a sentenza do Tribunal Supremo contra as líderes do 'procés' para rexeitar a condena de 100 anos de prisión ás independentistas. Esta sexta feira, 25 de outubro, volverá a haber concentracións en distintos puntos da Galiza en solidariedade co proceso catalán, convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya. \"Paz, amnistía e autodeterminación\" é a palabra de orde destas concentracións \"anti-represivas e solidarias\" que decorrerán nas sete cidades galegas a partir das 20:00 horas. Lugar e hora: A Coruña; Obelisco, 21:00 horas Vigo, Farola de Urzaiz, 20:00 horas Ourense, Subdelegación do Goberno, 20:00 horas Pontevedra, Praza da Peregrina, 20:00 horas Compostela, Praza do Toural, 20:00 horas Lugo, Praza Maior, 20:00 horas Ferrol, Praza Amada García, 20:00 horas"}
{"ID": "NOS_25707", "summary": "Postos a procurar un heroe, non hai dúbidas: Juan Carlos, o gardamallas do Lugo. Postos a subliñar unha decisión técnica dificilmente comprensíbel, tampouco: a suplencia de Quique González no Dépor. Postos a tirarmos conclusións do primeiro derbi galego da temporada, hai unha que se destaca sobre as demais: o Dépor non atravesa o mellor momento do curso e o Lugo é un combo serio e difícil de bater. Si, un combo capaz de sobrevivir nun campo como Riazor en inferioridade numérica.", "text": "O primeiro acto do derbi foi un monólogo estéril dun Dépor que tivo a bola, mais non foi quen de a facer circular co suficiente nervio e velocidade. Só un disparo a porta con verdadeiro perigo, repelido polo poste dereito do arco defendido por Juan Carlos. A Carles Gil xa o coñecemos: sóbralle o talento para criar, mais está pelexado co gol. Mágoa. Neses primeiros 45 minutos, o Lugo mostrou o que é, unha escadra ben organizada e capaz de sufrir. Con iso basta para transitar con dignidade por esta categoría, tamén nos grandes cenarios como o riazoreño. Após o intermedio, o Dépor pisou algo o acelerador —ou corres algo máis ou non hai xeito de ultrapasar as liñas defensivas de equipas como o Lugo— e comezou a darlle bola a Juan Carlos. Este achou ese momento que todo porteiro desexa, o de se consagrar nun partido grande. Un disparo envenenado de Borja Valle, unha cabezada en boca de gol de Carlos Fernández... Como un actor roubaplanos, Juan Carlos adonouse do partido e decidiu que, tal e como xa acontecera no exercicio 2013-2014, o Lugo non ía conceder nin un só gol na Coruña. Con 20 minutos por diante, o Lugo ficou con 10 futebolistas sobre o verde, pola expulsión de José Carlos. Nada sustancial mudou. Juan Carlos continuaba no seu sitio. O combo de Monteagudo reaxustou liñas e fechou condutos. Saíu Cartabia, habitualmente espumoso, desta volta pouco lúcido, e tamén apareceu, incomprensibelmente a deshora, Quique González. Máis sprints. Máis aceleración. E máis balóns a chover sobre a área visitante. Todo iso é certo, mais na ofensiva local botouse de menos algo de pausa para filtrar pases de gol, para achar buracos nas paredes. Xa o advertira semanas atrás Natxo González, especialista nas profecías auto-cumpridas: todos os equipos pasan os seus maos momentos. Este é o do Dépor. O do Lugo, non. O Lugo cumpriu sobradamente, até nos dous últimos minutos xogou con dous homes menos. Non se puxeron nerviosos en ningún momento. Sabían ben quen lles gardaba a portería."}
{"ID": "NOS_25870", "summary": "Un discutido penalti a cinco minutos do final provocou que o Dépor deixase esta sexat feira dous puntos en Albacete no seu primeiro partido en Segunda División.", "text": "O partido comezou accidentado e con 15 minutos de retraso, debido a apagóns de luz producidos por unha treboada. No once branquiazul volvía figurar Álex Bergantiños, logo da súa cesión ao Sporting de Xixón. Os galegos monopolizaron a primeira parte, e houbo chegadas a porta, como a de Quique González no minuto 12, Diego Caballo no 23 ou Fede Cartabaia, que no minuto 31 enviou o balón ao traveseiro. Pouco antes, os manchegos desbotaron a mellor oportunidade que tiveran, a cargo de Bela. Foi xusto cando comezaron a se quitar de enriba o dominio dos coruñeses. O encontro foise ao descanso máis igualado do que empezara. Nos primeiros tramos da segunda parte do partido apenas houbo ocasións nin chegadas á area. Ate que no minuto 71, Domingos Duarte recolleu unha pelota que Bergantiños anviare coa testa ao poste e adiantou os galegos no marcador. O Dépor repregouse. E no minuto 84, o colexiado sinalou o discutido penalti que, mediante Rey Manaj, situou o empate no marcador. Con dez xogadores -o colexiado expulsou Krohn-Dehli polas protestas a causa do penalti-, o once galego resistiu ate o final e salvou un punto que soubo a pouco no Carlos Belmonte."}
{"ID": "PRAZA_20931", "summary": "Os ingresos de persoas co coronavirus chegan aos 932, unha cifra semellante á de finais de marzo de 2020 que tamén aumenta a un ritmo semanal equiparable ao daquela. O 20 de xaneiro convértese no día con máis falecementos dende abril ao notificarse 18 mentres o Sergas rexistra máis de 1.800 novos casos da COVID nun día por primeira vez", "text": "Non é posible comparar con precisión a primeira vaga da pandemia do coronavirus coa do pasado outono ou coa actual botando man das cifras absolutas de novos casos detectados, dos indicadores de incidencia ou dos positivos activos. O escaso número de probas -tanto PCR como outros test- daqueles meses de marzo, abril ou maio de 2020 propiciou que fose detectado un número moi limitado de casos (calcúlase que en torno a un terzo), polo que sería un erro equiparar aquelas cifras coas da actualidade, cando o Servizo Galego de Saúde, igual que outros sistemas sanitarios do Estado e do mundo, conta cunha capacidade diagnóstica moito maior.As hospitalizacións de persoas coa COVID chegan ás 932, unha cifra semellante á de finais de marzo de 2020 que tamén aumenta a un ritmo semanal equiparable ao daquelaPero si hai cando menos dous indicadores que permiten, aínda que con cautela, comparar a situación actual coa da primeira vaga: o número de persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus e as cifras de persoas falecidas que contraeran a COVID-19. E ambos apuntan a que, ao contrario que no verán e no outono, a situación si comeza a ser equiparable. Especialmente na presión hospitalaria.Sanidade rexistra este 22 de xaneiro (con datos do día previo ata as seis da tarde) 932 persoas ingresadas. Son 53 máis que o día previo e 337 máis que unha semana antes, un ritmo de incremento semanal semellante ao de finais de marzo que deixa o total cada vez máis próximo ao pico da primeira vaga, con 1.107 persoas ingresadas ao mesmo tempo con test positivo do coronavirus. O punto máis crítico da asistencia hospitalaria a estes doentes, as unidades de coidados intensivos, hai xa días que tamén deixou atrás os niveis do outono e se asemella máis ás da primeira vaga. Aínda que o ritmo de incremento de ingresos en UCI se moderou nos últimos días, son xa 137 os pacientes con test positivo do coronavirus nestas unidades, máis do dobre que a finais de decembro e practicamente as mesmas que a finais de marzo, na terceira semana de confinamento.O 20 de xaneiro foi o día con máis mortes de persoas que contraeran a COVID dende finais de abril, con 18 falecementos, e o total chega a 1.584O segundo indicador que permite comparar as tres vagas, o de falecementos, evoluciona tamén de xeito desfavorable. As cifras absolutas e as medias semanais de mortes oficialmente ligadas á pandemia aínda están lonxe de marzo e abril, cando chegaron a notificarse unha media diaria de máis dunha vintena de decesos. Pero algúns dos sinais dos últimos días convidan igualmente á preocupación: cos datos actualizados este venres xa é posible afirmar que o pasado mércores, 20 de xaneiro, foi o día con máis mortes ligadas á pandemia dende o 18 de abril, con 18 pasamentos confirmados. A media de falecementos a sete días rolda os 13, por riba do pico da anterior vaga.Entre reflexos xerais dos contaxios das semanas das festas do Nadal, Aninovo e Reis, na información achegada pola Consellería de Sanidade nos últimos días destaca tamén outro elemento: a maior parte dos falecementos seguen sendo de persoas de idade avanzada, pero xa non predominan os ingresados en residencias. Así, por exemplo, das 18 mortes que este venres entran no rexistro oficial (5 das vinte e catro horas previas), todas elas son de persoas anciás, pero só unha delas dun residente nun centro de maiores, un home de 92 anos. O resto faleceron en hospitais procedentes dos seus domicilios. O total de mortes ligadas á pandemia en Galicia chega, deste xeito, ás 1.584 persoas.Outro récord de casos detectados en 24 horasGalicia rexistra por primeira vez máis de 1.800 novos casos nun díaMentres isto sucede, os récords de casos detectados nunha soa xornada seguen caducando ás vinte e catro horas de producírense por chegar, xusto a continuación, unha cifra maior. Nos rexistros do Sergas entran este venres 1.802 novos casos, os computados entre as seis da tarde do mércores e a mesma hora do xoves. Deles, 1.505 son diagnósticos mediante PCR.Trátase doutro máximo absoluto de casos novos nunha xornada (de seis a seis da tarde) e, en termos de días naturais, Galicia tamén segue batendo os seus propios máximos. O gran número de persoas contaxiadas e a alta capacidade diagnóstica, coa realización de múltiples cribados, provocou que entre as 00:00 e as 23:59 do pasado mércores chegasen a rexistrase 1.859 casos en Galicia, unha cifra sen precedentes.É así como a media diaria a 7 días de diagnósticos mediante PCR, o que segue sendo o test de referencia, segue sen tocar teito. Ese indicador chega xa a unha media de 1.099 diagnósticos diarios na última semana sen que se albisque tendencia descendente. A cifra non é comparable coa primeira vaga, pero si coa segunda, cando a capacidade diagnóstica do Sergas era máis semellante á actual. Daquela, o pico de diagnósticos medios a sete días non subiu alén dos 673, como amosa o gráfico sobre estas liñas.Incidencias acumuladas disparadas a 7 e 14 díasOs sucesivos máximos de novos casos detectados manteñen tamén disparadas as incidencias acumuladas (novos casos por cada cen mil habitantes) tanto a 7 como a 14 días para o conxunto de Galicia. No caso da incidencia a dúas semanas, o indicador global de Galicia sitúase na contorna dos 566 casos e segue cara a arriba (o pico do outono foi de 342). Territorialmente, amplas zonas do Baixo Miño e do sur de Ourense, pero tamén da Mariña e do Ortegal, entre outras, superan xa con folgura ese dato medio de Galicia. Os concellos sen novos casos nas últimas dúas semanas, que en novembro e decembro roldaran o cento, xa son apenas unha vintenaPor cidades [podes consultar os datos íntegros nesta ligazón], a escalada da incidencia acumulada tampouco cesa. Ourense e A Coruña xa superan os 650 casos novos por cada cen mil habitantes a catorce díasMostra do empeoramento xeral e da extensión do virus por Galicia é que xa só quedan 25 concellos sen novos casos rexistrados nas últimas dúas semanas. En novembro e decembro chegaran a ser máis dun cento.A incidencia acumulada a 7 días acada niveis semellantes ao que na anterior vaga foi o pico da incidencia a 14 d´as Outra mostra do empeoramento acelerado tras as festa son as curvas de incidencia acumulada a 7 e 14 días para o conxunto de Galicia, elaboradas para o gráfico sobre estas liñas coas cifras oficiais de poboación para o ano 2020. O pico de incidencia a 14 días da vaga de outono (os devanditos 342 casos novos por cada 100.000 habitantes) xa foi superado hai uns dez días e resulta especialmente significativo que ese valor agora está a próximo a acadarse na incidencia a 7 días, con 339 casos por cada cen mil habitantes na última semana.A media diaria de probas PCR supera por primeira vez as 10.000 e a positividade media chega ao 11%Estes elevadísimo número de novos casos aflora nun contexto no que as cifras de probas PCR procesadas tamén son inéditas. Nas últimas vinte e catro horas o Sergas procesou 12.179 (máis de doce mil por segunda xornada consecutiva) e, en termos de días naturais, as 12.607 do pasado mércores supoñen outro máximo absoluto nun día dende o inicio da pandemia [a serie completa, nesta ligazón]. A media diaria de probas a sete día supera así as dez mil por primeira vez.As taxas de positividade das PCR (porcentaxe de probas que dan positivo) seguen sen amosar sinais que conviden a un claro optimismo a curto prazo. A positividade media a sete días, tras varias xornadas estancada na contorna do 10%, retoma nesta xornada a senda ascendente e supera por primeira vez o 11%. Este indicador está impulsado pola mala evolución nalgunhas áreas sanitarias, especialmente as de Ferrol e A Coruña-Cee, ambas por riba do 15% de positividade media diaria na última semana."}
{"ID": "PRAZA_4939", "summary": "Galicia é un país exportador de mercadorías. A nosa balanza comercial de bens é claramente positiva, tanto en relación co resto do Estado como en relación ao resto de Europa. Visto en perspectiva temporal, tamén podemos afirmar que a entrada no daquela Mercado Común non pareceu sentarlle mal ao sector exportador galego", "text": "Este artigo forma parte dunha serie titulada \"A economía galega: breve balance das tres últimas décadas e perspectivas de futuro\". Podedes ler os artigos anteriores nestas ligazóns (I e II) Unha economía exportadora de bens (pero non de servizos) e que non só depende de Citroën… Galicia é un país exportador de mercadorías. A nosa balanza comercial de bens é claramente positiva, tanto en relación co resto do Estado como en relación ao resto de Europa e só é negativa co resto do mundo (sen contar España nin Europa) pola forte dependencia externa respecto ao petróleo. Visto en perspectiva temporal, tamén podemos afirmar que a entrada no daquela Mercado Común non pareceu sentarlle mal ao sector exportador galego. Se analizamos a evolución da taxa de cobertura (Exportacións/ Importacións x 100) do comercio de bens con outros territorios distintos ao español, podemos observar que se en 1988 existía un déficit comercial claro, na actualidade rexistramos un superávit consolidado. Se nos fixamos exclusivamente no comercio coa UE-27 vemos que, en toda a serie da que dispomos datos, existe un superávit comercial cunha tendencia ademais crecente. O peso do sector do automóbil representaba en 2012 menos dun 20% das exportacións, case doce puntos menos que no ano 1995 Outro dos mitos da economía galega refírese a que Citroën é responsable da maior parte das exportacións galegas. Pois ben, os datos sobre o comercio internacional (sen contar España) matizan claramente esa idea preconcibida. O peso do sector do automóbil representaba en 2012 menos dun 20% das exportacións, case doce puntos menos que no ano 1995. Hai que ter en conta ademais que dentro desta rúbrica inclúense as partes e accesorios de vehículos que fabrican as numerosas empresas do clúster vigués da automoción as cales, en moitos casos, nin sequera teñen á empresa francesa como principal cliente. A galega é unha economía relativamente máis aberta e máis competitiva que a española Por outra banda, nos últimos anos asistimos a un auténtico boom da exportación de produtos de confección vinculado ao fenómeno Inditex e a outras firmas que se en 1995 representaban un 5% das exportación en 2012 xa superaban ao sector do automóbil. Trátase dun sector que ademais foi paseniño mudando a súa fasquía pois experimentou un proceso de deslocalización que non por iso significou unha perda de importancia na nosa economía, que seguiu a concentrar as actividades de deseño, loxística e outras, de maior valor engadido. O sector da alimentación, en particular o vinculado cos produtos do mar, constitúe outro dos puntais da exportación galega xunto coa construción naval, se ben esta última amosa unha tendencia máis irregular, condicionada por encargos específicos. Nos últimos anos tamén se foi consolidando certa especialización en bens de equipo e manufacturas diversas, onde destacan os transformados da madeira e do aluminio. A galega é unha economía relativamente máis aberta e máis competitiva que a española, de tal maneira que non só rexistra unha balanza comercial máis positiva que esta última senón que o seu peso no comercio exterior español supera con creces a nosa achega en termos poboacionais ou de PIB. Os datos anteriores refírense en todo momento ao comercio exterior de bens e mercadorías mais, que ocorre cos servizos? Tradicionalmente os estudos sobre comercio exterior non consideraban as actividades terciarias debido a propia natureza das mesmas onde o proceso de produción e venda é simultáneo e por tanto a lóxica da almacenaxe e distribución para a súa exportación, propias das mercadorías, non é aplicable. Sen embargo o anterior non sempre é así xa que hai determinados servizos que habitualmente son incluídos nas balanzas comerciais ao ser o cliente residente nun lugar diferente ao da empresa, nomeadamente os servizos turísticos ou os servizos de transporte. A listaxe de actividades terciarias susceptibles de ser exportadas esténdese a un sector cada vez máis relevante nas economías desenvolvidas, non só dende o punto de vista do emprego e o valor engadido xerado, senón tamén da súa contribución á innovación nos territorios onde están presentes Mais a listaxe de actividades terciarias susceptibles de ser exportadas non queda aí e esténdese a un sector cada vez máis relevante nas economías desenvolvidas, non só dende o punto de vista do emprego e o valor engadido xerado, senón tamén da súa contribución á innovación nos territorios onde están presentes. Referímonos en particular aos servizos avanzados a empresas, tales como os servizos de consultoría, enxeñería e asistencia técnica, investigación, servizos informáticos, servizos financeiros, etc. Nese sentido González López (2009) ten indicado que a dinámica de produción e consumo deste tipo de servizos marca unha diferenza entre as (novas) rexións periféricas e as rexións centrais, na medida en que as segundas soen especializarse na provisión deste servizo ás segundas, que rexistran deste xeito un saldo comercial negativo nestas actividades. Nos distintos países europeos, ademais, soen ser as grandes capitais as que concentran este tipo de actividades e xogan ese papel de provedor a outras rexións. O caso galego sería un exemplo desta dinámica tal e como se evidencia no traballo sinalado máis arriba. Galicia rexistra un saldo negativo no comercio exterior de servizos e que ese saldo é particularmente negativo co resto do Estado Neste sentido podemos indicar, a partir de estudos previos e da evidencia estatística existente, que Galicia rexistra un saldo negativo no comercio exterior de servizos e que ese saldo é particularmente negativo co resto do Estado (e moi probablemente, aínda que carecemos de evidencia exacta, con Madrid). Así, as Táboas Input-Output de 2008 publicadas polo IGE (2012) indican que se ben Galicia rexistra un saldo positivo na balanza de bens co resto do Estado, o saldo é moi negativo cando nos referimos aos servizos (case 2.400 millóns de euros ese ano). Esta mesma fonte de datos indica que as ramas onde se situaría ese déficit serían sobre todo os servizos informáticos, os servizos de consultoría e enxeñería diversa, os servizos financeiros, os servizos de publicidade, os servizos de hospedaxe e os servizos aéreos. Efectivamente, se comparamos o peso que teñen estas actividades na economía galega en relación á economía española, e en particular en comparanza coa capital madrileña (e en menor medida con outras autonomías), observamos un inferior nivel de desenvolvemento das mesmas no noso país."}
{"ID": "NOS_54401", "summary": "Unha empresa de mudanzas reclámalle 39.000 euros ao Ateneo polo traslado e depósito dos seus fondos", "text": "O Ateneo Ferrolán recibiu esta terza feira a notificación dos xulgados pola que o condenan ao pagamento dos 39.000 euros que lle reclama unha empresa de mudanzas polo traslado e depósito dos seus fondos durante o desenvolvemento das obras de reforma da súa sede acometidas polo goberno local do Partido Popular. A sentenza podería ser recorrida nos vindeiros días, aínda que, tal e como explicaron fontes do Ateneo, terán que ser @s soci@s @s que nunha asemblea extraordinaria que se realizará nos vindeiros días decidan que medidas legais e sociais levarán adiante para tratar de evitar que este pau conduza ao encerramento. A directiva do Ateneo considera que esta \"multa\" tena que pagar o Concello, responsábel dunhas obras que remataron en xaneiro de 2013 e que obrigaron o traslado dos fondos, entre os que se atopan coleccións de prensa únicas e obras literarias e artísticas de recoñecida calidade."}
{"ID": "NOS_58265", "summary": "Considerada como a futbolista galega máis importante da historia, o xornalista deportivo máis tópico tamén definiría Verónica Boquete (Compostela, 1987), ou tan só 'Vero', como figura nas costas das súas camisolas, como unha \"trotamundos do fútbol\". Após xogar en 14 clubs distintos de Europa, Asia e América, volve á casa para repoñer forzas até o comezo da vindeira tempada da liga americana. Reunidos nun café do seu barrio, San Lázaro, introducimos a entrevista, como non podía ser doutro modo, falando do tempo. Vero aguanta con estoicismo tanto o frío das montañas de Salt Lake City (Utah, EUA) como a choiva da súa cidade natal, pero non lle importa mollarse en temas como o seu futuro ou a folga na Liga de fútbol. Eis un estrato da entrevista publicada no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza. \"", "text": "As xogadoras están pelexando por un convenio que lles garanta unhas condicións vitais mínimas. Como ve o conflito entre patronal e xogadoras? O do convenio é unha necesidade desde hai moitos anos, pero nunca sentiramos que estabamos en posición de poder conseguilo. Iso cambiou. O que piden as xogadoras é algo totalmente xusto, e estou convencida de que están a facer o correcto loitando. Os clubs din que a súa aplicación nos termos esixidos polas xogadoras resulta inviábel... Se os clubs cren que non poden cumprilo é honesto que o digan, pero resulta confuso que a contraparte diga que si que é viábel. Logo, alguén está mentindo ou non ve a realidade. Que vai pasar agora? Penso que se vai solucionar antes do día 16 de novembro (data de inicio da folga), chegando a un entendemento por mediación do Consello Superior de Deportes, a Federación ou a Liga, pero se logo de 18 reunións non foi posíbel chegar a un acordo, é normal que as xogadoras vaian á folga, teñen que loitar polo seu. Non vexo unha saída fácil. Se fose futbolista en activo da Liga, vostede faría folga? A miña postura sería ir ás reunións e intentar solucionar isto. Moitas veces hai terceiras partes que son as que exercen a forza, e neste caso hai unha guerra entre Federación e Liga, e logo a Asociación de Futbolistas, e as xogadoras sempre están no medio. Loitan por algo totalmente xusto, pero que ten moitos matices... é difícil. As orixes do conflito poden estar na redución paulatina na fenda dos estadios de profesionalización entre o fútbol no estado español e o europeo e americano? En España vaise con anos de retraso respecto a Europa e os EUA, pero a evolución está a ser moi notoria. O problema é como de rápido se pode facer. Estes conflitos xa pasaron neses países, e son algo normal para que o fútbol feminino avance. E quen non poida cumprir iso non estará na Primeira, pero iso acabará por ser bo para as xogadoras. [Podes ler a entrevista íntegra no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_2052", "summary": "Sitúa a postura do PSOE da Coruña no intento por \"marcar posicións\" no Concello e tamén na \"presión\" de cara a futuras decisións internas do partido, pero non cre que o enfrontamento vaia máis aló. Desde a plataforma cidadá aluden ás \"forzas vivas\" da cidade e á teima na \"vella política\"", "text": "O voceiro socialista asume o discurso do PP para atacar o goberno local Entre unha certa sorpresa, as chamadas á calma e a plena confianza en que só se trata dun tira-puxa para marcar posicións, a dirección galega do PSdeG intenta restarlle importancia ao enfrontamento do seu grupo municipal na Coruña co goberno da Marea Atlántica logo da postura da bancada socialista no último pleno. O PSOE botou abaixo a última hora a modificación do orzamento pactada coa Marea despois de terse aprobado na sesión un voto particular do Bloque polo que se engadían 30.000 euros para Igualdade. Este cambio foi aceptado por todas as formacións -incluída a socialista- mediante a abstención que permitiu tirar adiante co único voto positivo do BNG. José Manuel Dapena, voceiro do PSdeG no Concello, anunciou o voto negativo da súa bancada ao cambio orzamentario, acusou o alcalde Xulio Ferreiro de \"non ser de fiar\" e mesmo fixo alusión ás súas \"viaxes a Barcelona\" nun ton moi achegado ao amosado polo PP. O fondo -e tamén a forma- sorprendeu no executivo local, pero non só nel. Desde a dirección do PSdeG remítense á \"autonomía municipal\" e ven na postura do PSOE coruñés un intento por \"marcar posicións\" na \"batalla política\" local Fontes da dirección galega do PSdeG aluden á \"autonomía municipal\" e a un intento de \"marcar posicións\" por parte do grupo socialista na \"batalla política\" local, pero recoñecen tamén os máis que posibles intentos da ex voceira municipal e candidata, Mar Barcón, por \"presionar\" tanto pola súa situación como pola dos seus de cara ao futuro máis inmediato e á composición das listas para o Congreso. Mesmo hai quen recomenda \"asumir os resultados\", nunha apreciación na que coinciden voces do PSOE e da propia Marea Atlántica, que dan conta da boa relación que manteñen na Deputación ou noutros organismos. A lista socialista perdeu máis de 10.000 votos nos últimos comicios locais con respecto a catro anos antes. Desde a Marea Atlántica amósanse \"sorprendidos\" por que o PSOE non asuma unha nova era e \"siga xogando ao mesmo de antes\", mesmo aliándose co PP por intereses \"partidistas\". E aluden tamén ás \"forzas vivas\" e ao \"establishment coruñés\" que tanta relación tiveron co socialismo da cidade baixo a sombra de Francisco Vázquez que nunca marchou de todo. \"Séguennos vendo como intrusos e sabiamos que podía pasar\", din desde unha plataforma cidadá que, tal e como manifestou en público, entende que o vivido o pasado luns no pleno é unha demostración perfecta \"da loita entre a vella e a nova política\". \"Hai quen apostou por seguir na vella\", insisten. A Marea ve tamén detrás da postura do PSOE a presión das \"forzas vivas\" e o \"establishment' coruñés\" tan vinculado aos socialistas Nin na Marea nin desde a dirección do PSdeG cren que a situación chegue ao extremo e nin moito menos apostan por unha moción de censura ou por un bloqueo sistemático por parte do grupo socialista ás iniciativas do goberno. \"Non debería verse como un xogo partidista, pero se o PSOE o ve así, sabe que iso sería a súa tumba\", recoñecen desde a plataforma. Desde a dirección socialista galega tamén lle lembran á Marea que \"debe decidir que relación quere ter\" co partido que \"a apoiou na investidura\". \"Deben asumir que non teñen maioría absoluta e que deben chegar a acordos; non son Abel Caballero en Vigo\", aseguran fontes do partido que non cren que este \"tira-puxa\" afecte a visitón do PSdeG como oposición clara ao PP nin á relación coas mareas e plataformas cidadás noutros concellos ou na Deputación da Coruña. \"Eses pequenos atrancos que pode haber na Coruña son os mesmos que LugoNovo pode poñerlle a Lara Méndez en Lugo e ninguén pensa que vaia ir máis aló\"."}
{"ID": "NOS_23997", "summary": "Hai 954 anos, falamos do 14 de outubro de 1066, as tropas normandas e dos seus aliados internacionais derrotan na cidade de Hastings os exércitos saxóns, abrindo a porta á proclamación de Guillerme O Batallador como novo rei inglés.", "text": "A batalla de Hastings é o feito de armas máis decisivo na campaña de conquista de Inglaterra polos normandos. Após a morte en xaneiro de 1066 do rei inglés Eduardo 'O Confesor' ábrese un importante conflito sucesorio entre os diversos pretendentes ao trono, ficando a loita, finalmente, formulada entre o derradeiro monarca da dinastía saxona, o rei Harald II e Guillerme de Normandía. Este último, tras desembarcar no sur de Inglaterra en setembro dese ano inicia unha rápida campaña de conquista, que vive o seu momento chave na batalla decorrida nas proximidades da cidade de Hastings o 14 de 14 de outubro de 1066, onde os seus exércitos conseguen un triunfo claro e o propio Harald II perde a vida. A consecuencia directa da vitoria en Hastings é a proclamación de Guillerme de Normandía como rei inglés. Coñecido tamén como Guillerme 'O Bastardo' ou 'O Conquistador' e fillo do monarca viquingo de Normandía, Roberto I, non vai conseguir a coroa até 1060, despois dunha dura loita de anos con outras faccións rivais. Nomeado rei inglés en Londres o día de Nadal de 1066, vai permanecer á fronte dos dous Gobernos até a súa morte en 1087, pasando por ser o monarca máis poderoso de Europa daquel tempo. Ao fin da súa vida, Guillerme opera como o auténtico árbitro da política internacional, cuxa alianza buscan outros reinos europeos. O reino continental dos viquingos Normandía aparece naquela altura como a gran potencia rexional europea. A súa orixe remóntase a comezos do século X, cando o monarca da dinastía carolinxia Carlos III cede a un grupo de viquingos liderados polo noruegués Hrolf Ganger, coñecido como 'Rollon O Camiñante' unhas terras na Normandía, nacendo así o reino continental dos viquingos. Estas terras van servir de base para un nacente imperio, desde a cal os seus habitantes navegan a Xerusalén, peregrinan a Compostela, colonizan a área mediterránea abrindo rutas para o comercio, participan nas loitas internas da península Itálica ou fundan o Reino de Sicilia, un dos máis importantes centros culturais de Europa, onde o rei Roxeiro xunta no século XII o mellor da intelectualidade árabe e cristiá. As tropas galegas fixeron parte da coalición internacional que apoiou Guillerme I na batalla de Hastings Os feitos máis destacados da vida de Guillerme, con anterioridade á súa proclamación como rei de Inglaterra, están recollidos no Tapiz de Bayeaus ou da raíña Matilde. A autoría do lenzo bordado no século IX é atribuída, segundo algúns autores, á propia muller de Guillerme, a raíña flamenga Matilde, considerando outros que a súa elaboración corresponde ao irmán do monarca Odo, arcebispo de Bayeaus. Sexa como for, estamos diante dunha peza practicamente contemporánea aos feitos que recrea e elaborada no circulo familiar do seu protagonista, polo que a historiografía lle recoñece gran credibilidade, malia magnificar algúns feitos dada a súa vontade propagandística. O tapiz está considerado como unha das grandes obras da arte europeo da alta Idade Media. A composición, de máis de 70 metros de longo, exponse actualmente no museo da cidade normanda de Bayeaus, albergando diversas miniaturas da vida de Guillerme, significándose as referidas á campaña da conquista de Inglaterra e moi particularmente á batalla de Hastings. Os gravados referidos a este capítulo da traxectoria do monarca, recollidos entre as escenas 61 e 68 e tamén nalgunhas de 68 até 73, representan o rei normando sobre un cabalo negro, destacando pola cor da súa pel e as súas características físicas sobre as outras monturas. Galtier Guiffart en Compostela O cabalo co que Guillerme participa na batalla de Hastings puido ser galego. Son moitos os estudos que teñen referido estes feitos, seguindo as historias e os documentos da época, comezando pola gran crónica do momento elaborada por Guillerme de Potiers e seguindo a través dos escritos do poeta Robert Wace. Se queres seguir a ler esta interesante reportaxe merca o Nós Diario que atoparás hoxe nos quiosques. Tamén tes a opción de continuar coa lectura online accedendo á nosa loxa. Para evitar futuros despistes, faite subscritora ou subscritor."}
{"ID": "NOS_19188", "summary": "Este sábado Anova organizou unha xuntanza da súa Coordinadora Nacional cun tema sobre a mesa: o plenario de En Marea que se celebrará o día 27 de outubro. O partido liderado por Antón Sánchez expresa a súa preocupación pola \"deriva burocrática\" do espazo común.", "text": "Anova, cuxa Coordinadora Nacional se reuniu este sábado en Teo, vén de difundir un comunicado de imprensa en que carga coa dirección actual de En Marea, á que acusa de iniciar \"unha deriva burocrática\" que \"dilúe a súa orientación política rupturista e lamina a pluralidade interna do espazo, convertendo na práctica a En Marea nunha opción de parte e non no punto de encontro da Unidade Popular en Galicia\". \"Vemos con especial preocupación que o debate do Plenario 27 de outubro teña o seu centro en cuestións internas, nun debate no que cuestións procedimentais e internas ocuparán a maior parte do tempo do debate en detrimento do necesario debate de ideas\", critica Anova, que considera que o documento político que se presenta \"non defende ningunha orientación política e estratéxica clara, o que na práctica supón un cheque en branco para a dirección que saia eleita neste proceso\". Así, a Coordinadora Nacional advirte de que a dirección que saia elixida poderá adoptar calquera decisión \"nun momento decisivo no que hai que revalidar os gobernos municipais e ampliar a rede de mareas municipalistas\". Anova critica os prazos de inscrición O comunicado de imprensa tamén recolle o malestar polos prazos de inscrición no censo de En Marea, \"recortan en case un mes o tempo para darse de alta no censo\". A este respecto, Anova anuncia que promoverá emendas que permitan ampliar estes prazos. Aliás, o partido encabezado por Antón Sánchez ve \"sorprendente\" que o Consello de Mareas \"esixa que un organismo superior como o Plenario teña que ter unha maioría de dous terzos para introducir emendas ao Regulamento que estabelece o seu funcionamento\". A Coordinadora Nacional de Anova avoga por \"recuperar as posicións de ruptura e armar un espazo realmente respectuoso coa pluralidade como garantía máxima para blindar as mareas municipalistas e dar a batalla contra o Partido Popular\". Así, chama a \"todas e todos\" a \"relanzar En Marea como ferramenta de ruptura co Réxime do 78\"."}
{"ID": "NOS_38656", "summary": "Feminista, profesora de Filoloxía inglesa e integrante da Comisión de Normalización Lingüística da Faculdade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Ana Bringas é quen se achega esta cuarta feira ao espazo de conversas #VenhanMais5.", "text": "-Como avalías o estado actual da igualdade na Galiza? Nos últimos anos, desde o comezo da mal chamada crise, asistimos a unha fortísima involución no referente á igualdade e vemos perigar moitos dos dereitos que tanto esforzo custou conseguir. Hai un rearme do patriarcado paralelo a esta volta de porca do capitalismo, que precisa mulleres desempoderadas, empobrecidas e relegadas ao ámbito doméstico e dos coidados. Preocúpanme especialmente os feminicidios que non cesan, a manifestación máis extrema e cruel do patriarcado; pero tamén outras formas máis insidiosas, como a apropiación do discurso feminista, que vemos, por exemplo, na mercantilización de consignas feministas por parte de transnacionais do téxtil que simultaneamente explotan as súas traballadoras con soldos de miseria e condicións infrahumanas de traballo; ou a manipulación das reivindicacións feministas sobre os nosos corpos para lexitimar prácticas neoliberais como os ventres de aluguer. Temos que estar alertas contra estas reviravoltas do sistema que perseguen confundirnos e neutralizar a nosa loita. Agardo que Sermos siga visibilizando os problemas das mulleres, as nosas loitas e as nosas contribucións á historia -Que evolución agardas da igualdade a cinco anos vista? Malia a situación tan negativa que vivimos e o futuro innegabelmente difícil que nos agarda, son optimista. Confío no feminismo organizado e creo que seremos quen de reaxir ante esta contrarreforma patriarcal e que seguiremos dando pasos adiante. Nunca houbo tantas mulleres con conciencia feminista coma agora. Como profesora vexo isto nas miñas aulas: a pesar de todo, o feminismo está cada vez máis asumido entre o alumnado, tanto mulleres coma homes. No último 8 de marzo as mobilizacións foron as máis concorridas en moito tempo e houbo moita máis mocidade nas manifestacións, o cal me parece especialmente importante. Estou segura de que saberemos enfrontarnos a esta emerxencia social, a esta guerra non declarada contra as mulleres. Ademais, só loita quen pensa que pode gañar, así que o optimismo é unha obriga revolucionaria. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Creo que o xornalismo ten unha enorme responsabilidade social, na medida en que pode configurar discursos de resistencia contra o pensamento único que nos abafa. Sermos Galiza é un medio claramente comprometido coa igualdade e co feminismo e agardo que continúe nesta liña. É importante ofrecer unha representación axeitada das mulleres, tamén no plano simbólico, como se fai no Sermos mediante o uso da linguaxe inclusiva. Agardo que Sermos siga visibilizando os problemas das mulleres, as nosas loitas e as nosas contribucións á historia"}
{"ID": "NOS_41539", "summary": "A primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago ten gañador: Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977). A súa obra Camiño de paixón foi a vencedora dun certame que busca \"impulsar desde a creación lietraria a vertente física, histórica, cultural, social ou mesmo imaxinaria da Ruta Xacobea\".", "text": "A de Meixide foi a proposta gañadora de entre 16 nun premio que admite orixinais en galego e en castelán. A súa dotación económica é de 6.000 euros e está organizado pola Academia Xacobea, Naturgy e a Editorial Galaxia, que publicará a obra gañadora. O xurado formárono o presidente da Academia Xacobea Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo: a responsable de relacións institucionais de Naturgy en Galiza, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Carlos Meixide é un popular autor de libros de aventuras. Atravesados polo humor e a importancia do lugar onde acontecen, títulos como Ons (2015), Cans (2016) ou Arousa (2018) -todos autoeditados- abríronse paso entre lectores e lectoras."}
{"ID": "NOS_33971", "summary": "A última xornada confirmou que Deportivo e Celta están instalados en dúas dinámicas ben diferentes, pois mentres que os coruñeses contan os seus partidos por vitorias, os de Vigo aínda non saben o que é sumar de tres en tres, aínda que este 21 de setembro ante o Levante poderían rematar coa negativa xeira de resultados.", "text": "Xornada de contrastes no fútbol galego, con sorriso de orella a orella na Coruña tras sumar o Deportivo o cuarto triunfo consecutivo e xesto de preocupación na cidade olívica logo de que o Celta perdese o seu terceiro partido seguido. Deste modo, a afección branquiazul, que tanto leva padecido na pasada década, e especialmente nos dous últimos anos, comeza a semana coa cabeza ben alta tras superar o Dépor ao Badaxoz por un gol a cero e ver como o seu é o único equipo das tres principais categorías do fútbol a nivel Estatal que conta os seus partidos por vitorias. Ben diferente está a cousa polo sur da Galiza, pois a 'Chachoneta' semella envorcada logo de sumar en Balaídos a cuarta derrota da tempada ante unha escuadra teoricamente inferior como é o Cádiz (1-2). Con este resultado, os celestes igualan o seu peor inicio histórico na Primeira División, que se remonta á campaña 1981/82, na que o equipo acabaría descendendo á categoría de prata. Porén, se algo caracteriza o mundo do fútbol é que sempre ofrece unha nova oportunidade para o desquite, que no caso do Celta chegará este 21 de setembro, e máis concretamente ás 22 horas no campo do Levante. Igual que a viguesa, a escuadra valenciana aínda non sabe o que é a vitoria, polo que, esta vez si, os celestes están obrigados a gañar. O Lugo deixa escapar un punto de ouro Non mellor sorte que o Celta correo o único representante galego na Segunda División, o Club Deportivo Lugo, que caeu na casa do Cartaxena (2-1) a pesar de adiantarse no marcador cun golazo de Manu Barreiro. Lamentabelmente, o veterano ex deportivista Rubén Castro demostrou que non perdeu nin un chisco da súa capacidade goleadora aos seus 40 anos, empatando no minuto 32 de penalti e materializando o gol da vitoria xa no 84. O Celta B gaña na casa e o Rácing pincha fóra O Celta B e o Rácing de Ferrol, representantes da Galiza na Primeira RFEF xunto co Deportivo, afrontaron dous choques teoricamente complicados ante Rácing de Santander e Estremadura, respectivamente, que o filial celeste superou con vitoria (2-1), mentres que os Diaños Verdes perderon a causa dun solitario tanto marcado, ironicamente, por un ex racinguista: Kike Márquez."}
{"ID": "NOS_55720", "summary": "AGE e PSdeG mostraron indignación ante as palabras de Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista radiofónica en Onda Cero na que criticou as actuacións xudiciais e a actuación dalgún dos profesionais sanitarios implicados no caso da dispensación de medicamentos a enfermos de hepatite C. VÍDEO NO INTERIOR", "text": "A xunta de voceiros desta terza feira estivo protagonizada pola polémica xurdida en torno ás palabras do Presidente da Xunta, na que mostrou a súa disconformidade co percorrer do caso da hepatite C, na que o goberno da Xunta de Galiza se atopa denunciado por prevaricación administrativa. O máis vehemente nas súas críticas resultou ser Antón Sánchez, quen arremeteu contra Núñez Fejóo calificándoo de: \"insensible coa dor e indigno\". Antón Sánchez: \"Feijóo é insensible coa dor e indigno\" En relación a isto, AGE dirixirá unha pregunta a Feijóo no vindeiro pleno. O PSdeG, pola súa parte, prantexou a necesidade dunha comparecencia que non foi admitida por falta de tempo, segundo o Grupo Popular. O voceiro do PP, Pedro Puy, defendeuse das acusacións de ambas formación e argumentou que as críticas de Feijóo: \"Foron dirixidas só cara algúns destes profesionais e non contra a sanidade pública en xeral\", ao tempo que manifestou que Feijóo está no seu dereito democrático de mastrarse disconforme cunha decisión xudicial. Pedro Puy: \"(As críticas) Foron dirixidas só cara algúns destes profesionais e non contra a sanidade pública en xeral\" A xunta de voceiros serviu, tamén, para definir o orde do próximo día 28 que estará marcado por un horario especial debido á entrega das Medallas Castelao, cuxo acto será ás 12.30 horas, obrigando a deter o transcurso do pleno até as 16.00 horas, momento no que será reanudado. Os debates de lei que terán lugar no vindeiro pleno son o de coordinación das Policías Locais, as retribucións das pagas extras retidas do ano 2013 e a Lei de Servizos Sociais. Aos tres debates de lei propostos polo Partido Popular sumaráselle unha proposición non de lei de iniciativa popular. Esta será a primeira proposición de iniciativa popular que se leve ao Parlamento de Galiza e será levada polo grupo popular atendendo á reclamación da Asociación Galega de Familias numerosas quen demanda un IVE reducido na compra dos cueiros. Nesta proposición queda de lado o IVE de compresas e tampóns que grava exclusivamente a mulleres, feito ante o que Pedro Puy afirmou que o PP se mostrou favorable a reducir en anteriores debates. O BNG focalizou a atención sobre a crise demográfica que provoca que dende 2009 o saldo migratorio supuxo a perda de 125.000 persoas en Galiza. Jorquera, baseándose nos datos do Servizo Público de Emprego do Estado, apuntou que no último ano 50.000 galegos tiveron que emigrar a outras comunidades ou países para traballar. Por outra banda, o BNG continúa fixando a preocupación en ALCOA - San Cibrao ante a posibilidade de perda de 2.000 empregos directos de producirse o peche da pranta que supón o 30% do PIB da provincia de Lugo. Outro dos puntos chave do día xirou en torno á política de prevención e extinción de incendios. Chegado o verán as diversas forzas políticas da oposición, tanto AGE como BNG e PSdeG, mostraron a súa disconformidade cos recortes neste eido e a priorización do investimento en extinción sobre a prevención, facendo foco na condición dos contratos dos traballadores das brigadas que se atopan nunha situación de contratos fixos intermitentes."}
{"ID": "NOS_22185", "summary": "A deputada Ana Pontón transladou ao director xeral as queixas de colectivos sociais e culturais, así como do profesorado, a respeito de que a Junta non está a cumprir o convenio asinado coa Xunta.", "text": "O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, expresou o seu compromiso de garantir o ensino do galego na comarca do Bierzo e en Sanabria \"mellorando o convenio asinado\" entre a Xunta de Galiza e a Junta de Castilla. Fíxoo esta quinta feira no Parlamento galego ao dar resposta a unha pregunta oral formulada pola deputada do BNG Ana Pontón. A nacionalista lamentou que nunha zona galegofalante \"o galego só é unha optativa\" e reclamou a García que se tomen as medidas necesarias para que calquera estudante que escolla esa materia a poida cursar sen que se repitan as incidencias deste ano académico, onde dúas alumnas do IES Europa, en Ponferrada, tiveron que se decantar polas aulas de francés e un terceiro alumno cursa a materia noutro centro ao non haber docente para impartir galego. O secretario xeral quitou ferro á situación enfatizando que se trata \"só de dúas alumnas\". Son tres estudantes @s afectad@s e serían moit@s máis de non frearen as asociacións de nais e pais as intencións da Junta con xornadas de mobilizacións recoñecidas polo propio García: \"sei que houbo protestos\", dixo. Que aconteceu? No instituto de Bergidum Flavium, en Cacabelos, o único desta localidade que imparte galego, quedou sen docente desta materia. A consellaría evitou unha contratación desprazando para alí a profesora de galego do IES Europa, aproveitando que neste centro só tres persoas escolleran a optativa. A est@s alumn@s enviábanas ao instituto do lado, o IES Virgen de la Encina, para cursar só esta materia. Un aceptou e as outras dúas cambiáronse a francés. Porén, nais e pais encetaran xa unha campaña de mobilizacións en contra do desmantelamento do programa que garante o ensino en galego tanto en Cacabelos como en Ponferrada polo que, segundo o secretario xeral, a Junta contratou unha docente a media xornada para o IES Bergidum Flavium e transladou outravolta ao IES Europa a súa profesora. Cal é o panorama agora? No centro de Cacabelos alumn@s de distinto nível partillan aula namentres en Ponferrada a docente non ten alumn@s porque non se habilitou a maneira de que @s tres que escolleran galego puideran, dunha vez, recibir aulas desta lingua. No Bierzo, profesorado e colectivos culturais como Fala Ceibe temen que a deste ano fora unha tentativa de deixar sen efecto o convenio entre a Xunta e a Junta. A este respeito, Ana Pontón deu leitura a unha comunicación que recibiu nestes días por parte dunha asociación de docentes berciá en que informaban a deputada de que \"aquí todo segue coma sempre\" e que, a tres semanas para que finalice o primeiro trimestre do curso escolar, \"no IES Europa aínda hai alumnado agardando a que se restitúa a materia de Lingua e Literatura galegas\". Que vai facer a Xunta? O secretario xeral de Política Lingüística comprometeuse a encetar conversas coa Junta para garantir o cumprimento do protocolo acordado. Dixo Valentín García que o programa de inmersión lingüística en galego, asinado en 2001 e renovado en 2006, \"ten notábel éxito\" cun total de 1.078 matriculad@s en centros de infantil, primaria e secundaria e outr@s 60 na escola oficial de idiomas de Ponferrada, \"unha das cotas máis altas da súa historia\", recoñeceu. Segundo se comprometeu co BNG, a Xunta porá en marcha actividades lúdico-educativas que incrementen o número de matriculacións no bacharelato, o nível onde menos alumn@s escollen galego como optativa. Aliás, \"reforzaremos\" o envío de material e \"trataremos de achegar\" o estudantado do Bierzo á docencia do galego na Galiza."}
{"ID": "NOS_9689", "summary": "Félix Rubial e Carolina González prestaron declaración xudicial esta quinta feira (28 de abril).", "text": "As dúas persoas investigadas pola morte de seis doentes de hepatite C aos que lles foron negados ou demorados os tratamentos, Félix Rubial e Carolina González, prestaron declaración perante o xuíz de instrución esta quinta feira (28 de abril). Na súa comparecencia o daquela xerente do Sergas e a subdirectora de Farmarcia recoñeceron que se \"priorizou\" doentes mais atribúe a decisións \"clínicas\" por parte de profesionais da medicina designados pola Xunta a aprobación ou denegación dos tratamentos, segundo fontes xudiciais consultadas polo diario El País. A Plataforma denuncia que se tivesen modificado datas nalgúns expedientes para xustificar tempos de agarda menores algo que desde o Sergas negan Aliás, aseguraron que as solicitudes presentadas perante a comisión eran resoltas no prazo dun mes en contra do escrito presentado pola Fiscalía e a Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C que denuncian mesmo a modificación de datas por parte da comisión para xustificar tempos de agarda menores. Neste senso, as dúas persoas do Sergas investigadas por un presunto delito de prevaricación e tamén de homicidio por imprudencia grave --de acordo co texto da fiscal-- defenderon a súa actuación que calificaron como \"dilixente\" e \"correcta\". Porén, para o avogado da acusación popular, personada na Plataforma, as súas respostas foron \"non satisfactorias\" polo que fican \"moitas lagoas que haberá que analizar\". O proceso xudicial aberto contra o Sergas constitúe o primeiro conflito penal contra unha administración no conxunto do Estado español por retrasos na concesión de medicamentos."}
{"ID": "NOS_43050", "summary": "Na Galiza a nova vaga de feches vai implicar a desaparición dun terzo das oficinas que forman a rede actual da entidade bancaria.", "text": "Hai unhas semanas, Banco Santander comunicaba a súa intención de aplicar un novo expediente de regulación de emprego (ERE) para un máximo de 4.000 empregados, e que no caso da Galiza se vai traducir nunha nova vaga de feche de oficinas, até un terzo da rede actual. Esta quinta feira o banco deu a coñecer aos sindicatos algunhas das condicións para facilitar a saída voluntaria de traballadores e traballadoras, entre as que figuran indemnizacións de 30 días por ano traballado para as persoas empregadas menores de 55 anos que abandonen a entidade, cun máximo de 20 mensualidades, mentres que para aquelas que superen esa idade e leven no banco máis de 15 anos ofrece prexubilacións que van desde 55% até 70% do salario pensionábel, sempre en función da idade. No tocante ás indemnizacións, para o persoal menor de 55 anos ou maior desa idade pero con menos de 15 anos de antigüidade na entidade, o Santander propuxo o pagamento de 30 días por ano traballado, cun tope de 20 mensualidades. Ás traballadoras e aos traballadores de entre 55 e 57 anos con polo menos 15 anos de antigüidade, o banco que preside Patricia Botín ofrécelles 65% do salario pensionábel, cun desconto do importe de desemprego durante dous anos, ou 55% do salario pensionábel, con 50% do complemento voluntario persoal e desconto do importe de desemprego durante dous anos, así como un convenio especial até os 63 anos, con revalorización máxima do convenio especial de 1%. No que atinxe aos empregados e empregadas de 58 a 61 anos (con 15 anos de antigüidade) Santander ofrécelles deixar a entidade con 70% do salario pensionábel ou 65% do salario pensionábel e 50% do complemento voluntario persoal, ademais dun convenio especial até os 63 anos. Finalmente, para os de 62 anos ou máis, o banco propón unha indemnización de 20 días por ano traballado, cun máximo de 12 mensualidades. Para CCOO a proposta é \"inasumíbel\", xa que \"dista moito dos acordos doutras ocasións\", e insistiu en reducir o número de persoas afectadas antes de discutir as condicións económicas do ERE. Pola súa banda, UXT considera o axuste \"inadmisíbel por desproporcionado\" e di que as condicións son \"totalmente insuficientes\" para cubrilo \"con voluntariedade real\"."}
{"ID": "NOS_38192", "summary": "As industrias lácteas InLeit e Lactalis tentan modificar á baixa as condicións dos contratos que teñen coas explotacións gandeiras, segundo denuncian as organizacións agrarias Fruga e UUAA. Esas mesmas empresas constan como exemplo de boas prácticas para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo.", "text": "A Federación Rural Galega (Fruga) e Unións Agrarias (UUAA) denuncian que a industria do leite tenta modificar os contratos que teñen coas explotacións gandeiras para rebaixarlles prezo e condicións. As compañías involucradas nestas prácticas serían InLeit, asentada no polígono de Teixeiro, en Curtis, e Lactalis, en Vilalba. Óscar Pose, de UUAA, asegura que InLeit, compañía coa que traballan 200 produtoras e produtores, busca substituír o custo fixo acordado nos contratos \"por un prezo variábel\", así como introducir \"unha baixada media de ao redor de 2 céntimos por litro\". Ademais sinala que propón contratos de \"tres meses\" a pesar de que a normativa estabelece que deberían chegar a un ano. En relación a Lactalis, que agrupa a 1.200 explotacións, desde UUAA aseguran que comunicou a súa intención de modificar os contratos para axustarse á Lei de cadea alimentaria e paquete lácteo, polo que esta industria francesa podería aproveitar para \"modificar o prezo\" e \"introducir un índice que se referencie só a produtos industriais\". \"Desde Fruga parécenos unha falla de respecto que unha industria láctea modifique as condicións contractuais de forma totalmente unilateral, invitando as gandeiras e gandeiros a marcharse se non están de acordo cos novos prezos\", sinala Elías Somoza, coordinador dos sectores gandeiros de Fruga. Explica a Nós Diario que o anuncio realizado por InLeit da recollida diaria de 700.000 litros \"sospeitábase que non fose ao final cun prezo xusto, como así se confirmou agora\". As industrias, polo seu lado, deféndense. InLeit di nun comunicado que garante un prezo mínimo nos novos contratos cun prezo base de 29 céntimos, \"máis primas de volume, calidade hixiénica e outras variábeis\". Razoan que esta proposta permitiralles \"o bo funcionamento do proxecto\" que traballa para o mercado internacional. Lactalis coincide en sinalar que a súa proposta limita a variabilidade do prezo do leite e asegura que as novas ofertas \"foron ben recibidas polo sector\". Lactalis e InLeit, exemplo de investimento e bo traballo para o presidente da Xunta As empresas denunciadas agora polas organizacións agrarias foron sempre, para Alberto Núñez Feixoo, exemplos de boas prácticas. O presidente participara en 2013 na inauguración da incubadora de produtos lácteos de Lactalis en Vilalba e daquela gabábase de que sería un \"destino certo para a produción dos gandeiros e unha extraordinaria mensaxe de confianza para a economía\". O pasado 23 de xuño visitaba as instalacións de InLeit en Curtis e afirmaba, en referencia a esta empresa, que \"este é o rural que queremos\". Nesa data desde Fruga aseguran que \"eran frecuentes as xuntanzas que diversos alcaldes da zona pertencentes ao PP realizaban coas gandeiras e gandeiros para comentarlles as grandezas deste proxecto empresarial\"."}
{"ID": "NOS_5451", "summary": "O negociador británico para o acordo post Brexit, David Frost, acusou onte a Unión Europea de estar incluíndo novas propostas no proceso de negociación, especialmente no tema da pesca.", "text": "O negociador británico para o acordo post Brexit, David Frost, acusou onte a Unión Europea de estar incluíndo novas propostas no proceso de negociación e reclamou un cambio de enfoque por parte de Bruxelas de cara á próxima rolda de xuño. Nun comunicado ao termo do seu encontro por videoconferencia co negociador xefe da UE, Michel Barnier, Frost desvelou que se fixeran \"moi poucos progresos cara ao acordo nas cuestións máis significativas que continúan pendentes\". O ministro británico sostivo que o acordo comercial coa UE poderíase fechar \"sen grandes dificultades\" no tempo previsto antes de finais de ano, mais \"o principal obstáculo é a insistencia da UE de incluír unha serie de novas e desequilibradas propostas\" que suporían \"atar\" o Reino Unido \"ás leis ou estándares\" comunitarios ou \"determinar os nosos réximes legais domésticos, dunha forma que non ten precedentes nos acordos de libre comercio e que non está prevista na Declaración Política\". Acceso a caladoiros O negociador de Londres fixo alusión especial á pesca, criticando que \"a UE segue insistindo en acordos de caladoiros e acceso ás augas de pesca británicas nun modo que é incompatíbel co noso futuro status como Estado costeiro independente\". Segundo David Frost, \"axiña que a UE recoñeza que non pecharemos un acordo sobre esa base, seremos capaces de avanzar\". Por iso, defendeu a necesidade \"dun cambio no enfoque da UE para a próxima rolda que comeza o 1 de xuño\". Para iso, adiantou que Londres publicará \"todos os borradores de textos legais\" a próxima semana para que os Estados membros \"poidan ver o noso enfoque en detalle\", algo que Bruxelas vén reclamando desde o inicio das conversas. \"O Reino Unido continuará a traballar duro para atopar un acordo, a condición de que haxa un proceso construtivo en marcha, e segue a crer que iso é posíbel\", dixo Frost ao termo desta terceira rolda."}
{"ID": "NOS_31641", "summary": "As mobilizacións decorren no marco da greve convocada por Erguer e apoiada pola Plataforma Galega en defensa do ensino público.", "text": "Miles de alumnos tomaron parte nas manifestacións que na mañá desta quinta feira, 16 de novembro, tiveron lugar en 13 localidades galegas no marco da greve convocada por Erguer contra a Lomce e por unha Lei Galega de Educación. O paro conta co apoio da Plataforma galega en defensa do ensino público. \"Esiximos unha lei de educación porque entendemos que o debate do ensino está totalmente desterrado da axenda política\", dicía esta cuarta feira en declaracións a Sermos Galiza a responsábel de Organización de Erguer, Iria Figueroa. Compostela As doce e media deste mediodía (e co habitual retraso deste tipo de concentracións) arrancaba da alameda de Compostela a manifestación convocada por Erguer contra a LOMCE e o decreto 3+2 na universidade. A manifestación recorreu as principais rúas de Compostela cun estudantado activo que segue a reclamar contra os sucesivos recortes, a redución das bolsas e axudas ao estudo, a masificación das aulas, o aumento dos servizos de pagamento tanto na universidade como no ensino medio, a mercantilización da educación ou pola necesidade dunha lei reguladora galega. Foi precisamente isto último o máis repetido durante a protesta, con gritos de \"Non queremos imposición, lei galega de educación\" ou \"A solución, autodeterminación\". O clima de unión, loita e reivindicación mantívose durante toda a andaina, cunha participación activa e entregada onde se atopaban estudantes da secundaria e da universidade. \"Na facultade de Políticas o seguemento foi aproximandamente dun 70%\" conta un dos asistentes. \"Aquí en Santiago os institutos están baleiros. A secundaria atópase totalmente movilizada, estamos a piques de entrar na universidade e a situación é lamentable en moitas facultades, manifestámonos por iso\", reclama outro dos manifestantes, chegado do IES do Sar. \"Neste país cada vez é máis complicado conseguir unha bolsa de estudos, fundamentalmente polo recrudecemento das condicións académicas, pedindo medias altísimas para poder acadala, independentemente da situación económica de moitas casas. Iso é o máis grave\", explica Iria Figueroa, voceira de Erguer. \"Hoxe movilizámonos por un modelo radicalmente distinto, un modelo pedagóxico que se basee na avalación continua, un modelo inclusivo que de importancia a normalización do idioma e que poña fin aos recortes no ensino\". Quéixanse dunha oposición muda, silenciada, \"que pasa polo aro do Partido Popular\". \"Hai supostamente unha subcomisión no congreso designada a tratar o tema da LOMCE. Hai forzas poíticas con representación no congreso que pugnaban pola súa derrogación e agora atópanse totalmente en silencio. A suspensión das reválidas non é a solución e o problema da LOMCE é un problema de fondo, de proxecto e de modelo educativo\", reclamou a voceira. O rexeitamento contra a LOMCE conseguiu sacar a rúa a miles de persoas nas trece movilizacións convocadas por Erguer en todo o país e que contaron co apoio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Esperamos isto sexa símbolo dunha loita real e efectiva que consiga mudar un modelo educativo rexeitado pola maioría da comunidade estudiantil."}
{"ID": "PRAZA_6481", "summary": "O Goberno galego insiste en restarlle valor ao que denomina \"recurso cama\" e traballa nun plan para enviar á casa doentes que ata agora permanecían nos hospitais para recibiren tratamentos ou seren \"estabilizados\" tras unha operación", "text": "\"O recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes\" nin \"determina o grao de eficacia do sistema\". No inicio do verán que agora remata o Servizo Galego de Saúde enfrontábase ao maior peche de camas da súa historia e a Consellería de Sanidade xustificábao deste xeito mentres, ademais, copiaba unha resposta do Goberno bipartito para explicar a súa propia política. O \"incremento de actividade en áreas como os hospitais de día\" ou a \"cirurxía ambulatoria\" son outros dos argumentos utilizados nun contexto no que as cifras oficiais indican que a rede hospitalaria pública do país perdeu unhas 450 camas dende o retorno do PP ao Goberno galego. Segundo o catálogo hospitalario que publica no inicio de cada ano o Ministerio de Sanidade e que a OCDE vén de recompilar para elaborar un estudo sanitario de seu en Galicia hai, na actualidade, 7.563 camas hospitalarias con dependencia funcional do Sistema Nacional de Saúde, isto é, do Sergas. Son, concretamente, 447 menos que no comezo do ano 2010, primeiro exercicio económico que dependeu integramente do Executivo de Alberto Núñez Feijóo e que supuxo tamén un punto de inflexión tras anos de incrementos de camas hospitalarias tanto con Fraga como coa coalición de PSdeG e BNG. O número de camas descende dende o retorno do PP á Xunta Esta redución de camas hospitalarias cadra cuns anos no que o Sergas se converteu no único actor da sanidade pública en Galicia. Isto acontece tras completarse a transferencia á autonomía das camas dependentes doutras administracións, caso por exemplo dos antigos centros hospitalarios da Deputación de Lugo e tamén despois da integración total na rede pública das extintas fundacións sanitarias, impulsadas na etapa na que Feijóo dirixía o Sergas. Non obstante, existiu unha diferenza fundamental entre ambos procesos: mentres que a fin das fundacións supuxo sumar en 2009 as súas 247 camas á rede do Sergas, a transferencia das camas das 200 camas das deputacións en 2011 non supuxo que en 2012 houbese 200 camas máis no Sergas, senón que nese intervalo a sanidade pública perdeu 45 prazas hospitalarias. Máis hospitalización na casa Estas cifras prodúcense nun contexto no que os discursos públicos da Xunta, a comezar polos do propio presidente, insisten en que o seu mandato está a ser sinónimo de \"máis sanidade pública\", amosando como exemplo a apertura en 2011 do novo hospital de Lugo ou a construción do novo complexo hospitalario vigués. Así e todo, paralelamente Sanidade traballa en plans como o denominado Hospital na Casa, que segundo Feijóo procura \"profundar nas posibilidades da hospitalización a domicilio\" para procurarlles un lugar \"máis confortable\" aos doentes pero cuxa documentación oficial alude, esencialmente, a motivos económicos: aforrar en gastos de hospitalización. A Xunta prevé instalar equipos informáticos na casa dos doentes para aforrar en hospitalizacións Como informou Praza Pública este plan apóiase en datos do ano 2009, xusto antes do inicio da redución de camas hospitalarias, para sentenciar que factores como \"o envellecemento da poboación\" ou a \"mellora no prognóstico de enfermidades agudas\" fan que \"o modelo actual\" sexa \"dificilmente sostible\". Segundo este roteiro gobernamental existen múltiples \"escenarios\" nos que \"a hospitalización achega pouco valor e alto gasto\", caso por exemplo da \"espera para realización de probas\", a administración de \"tratamentos\" ou a \"busca da estabilización de procesos médicos ou postoperatorios\". Sobre este diagnóstico a Xunta alíase con 41 empresas entre as que figuran Telefónica, Philips ou Indra para instalar equipos informáticos na casa dos doentes con \"videocámara e micrófonos\". Así, a distancia, monitorizaranse constantes vitais, pero tamén se administrará medicación ou se controlarán medicamentos intraveosos. Quen porá o \"recurso cama\" será, polo tanto, a persoa enferma ou a súa familia."}
{"ID": "NOS_7283", "summary": "Se a Xunta non cede á estabilización dos postos de traballo, advirten, as mobilizacións continuarán.", "text": "Máis de 500 persoas traballadoras do servizo de extinción de incendios forestais da Galiza —segundo datos da Policía Nacional— manifestáronse esta terza feira en Santiago de Compostela contra a \"temporalidade\" do emprego nos seus postos de traballo. \"Polos dereitos laborais dos bombeiros forestais da Galiza, por unha estabilidade laboral, por un aumento do tempo de traballo e porque estamos a perder dereitos\", denunciou un dos vogais da Asociación Profesional de Bombeiros e Bombeiras Forestais da Galiza (Apropiga), David López. A manifestación, con saída de San Lázaro e chegada a San Caetano, foi convocada por este colectivo e mais e pola Asociación de Traballadores de Incendios Forestais da Galiza (Atrifoga). Bombeiros cargan contra unha Xunta \"que non estaba preparada\" para os incendios Baixo o lema 'Dignidade laboral, traballo estábel todo o ano', pronunciáronse na defensa do traballo os doce meses do ano, pola recuperación dos dereitos perdidos, pola cobertura de prazas e polas mellores laborais en contra da precariedade laboral \"que están a sufrir\" os bombeiros forestais, \"especialmente despois do verán máis duro dos últimos tempos\". Así, criticaron que son un colectivo do que as administracións \"só acordan\" cando os necesitan para \"sacarlles as castañas do lume durante os incendios\". Un dos bombeiros forestais presentes na manifestación sinalou que \"non\" poden \"vivir así\", xa que para eles o fogo \"apágase no inverno\" coa prevención e a limpeza dos montes. Bombeiros forestais critican a falta de medios: \"A xente ten que saber quen é responsábel de que arda sen control medio país\" Nesta liña posicionouse un condutor de motobomba que denunciou a temporalidade dos contratos e advertiu que, \"se non se consegue unha estabilización por parte da Xunta\", seguirán coas mobilizacións."}
{"ID": "PRAZA_1073", "summary": "Nas súas primeiras municipais Feijóo pedía o aval para os seus candidatos fronte á \"suma de dous partidos perdedores\" e dun Zapatero \"gafe e presidente por accidente\". Neste 2015 comeza a campaña alertando de que non votarlle ao PP suporá \"repetir cada día a política de Zapatero\"", "text": "Nos primeiros minutos do 11 de maio de 2007 chovía en boa parte de Galicia, igual que neste 8 de maio de 2015. Aquela chuvia acompañou os actos de inicio de campaña das eleccións municipais e, como este venres, Alberto Núñez Feijóo pegou o seu primeiro cartel electoral en Vigo xunto á aspirante do PP á alcaldía, que daquera era Corina Porro. Feijóo levaba apenas un ano á fronte dun partido que mudaba o azul corporativo polo laranxa e os comicios locais supuñan unha proba para o seu proxecto político e mais unha oportunidade para darse a coñecer. Naquela carreira electoral o líder da dereita lanzou múltiples promesas e ataques, case sempre con dous albos: Zapatero e o bipartito. Oito anos despois, de novo pegando carteis en Vigo, os albos seguen a ser os mesmos. Como agora, hai dous mandatos o obxectivo primordial dos populares galegos era lograr maiorías absolutas nas cidades, e neses escenario Vigo presentábase como fundamental. Nunca campaña salferida por acusacións de presuntas ilegalidades urbanísticas Feijóo formulaba múltiples promesas en materia social para lograr o dominio dun escenario político que era, fundamentalmente, tripartito: o PP por unha banda e PSdeG e BNG, por outra. \"Está claro que a suma de dous partidos perdedores non é unha vitoria\", proclamaba Feijóo mentres enumeraba promesas incumpridas pola Xunta de socialistas e nacionalistas e cualificaba a José Luis Rodríguez Zapatero de \"presidente gafe e por accidente\": \"doce horas despois de dicir que o problema do terrorismo vai ben, ETA pon unha bomba\", ilustraba nun mitin. Nas súas primeiras municipais Feijóo pedía o aval para os seus candidatos fronte á \"suma de dous partidos perdedores\" e dun Zapatero \"gafe e presidente por accidente\" Oito anos despois poucas cousas se parecen a aquel panorama político. Hai seis anos que a coalición de socialistas e Bloque deixou San Caetano e hai case catro que Zapatero non goberna en España. Pouco despois daquelas eleccións municipais de 2007 picou a burbulla inmobiliaria e estourou unha profundísima crise económica. Malia todo, o argumentario co que Feijóo inicia a campaña de 2015 garda certas semellanzas con aquel seu primeiro percorrido pola Galicia municipal. O presidente da Xunta comezou a campaña deste 2015 alertando de que non votarlle ao PP suporá \"repetir cada día a política de Zapatero\" Para apoiar a quen agora é a súa aposta en Vigo fronte a Abel Caballero, a ex conselleira Elena Muñoz, o líder do PPdeG lanzouse cara ao 24-M presentando as eleccións como unha dicotomía: ou \"seguir pola liña ascendente na que estamos, mellorando cada día\" ou \"repetir cada día a política de Zapatero\" e \"repetir o espectáculo de socialistas e nacionalistas\", pero \"agora multiplicado por máis partidos e máis inestabilidade\". Mostra disto, reitera, son os \"bipartitos rotos\" en localidades como Lugo ou o propio Vigo. Como antes, Feijóo proclama que os seus candidatos son garantía de xestión económica e social e que se presentan \"para conseguir a confianza da xente\", non para \"participar nunha subasta de cargos con outros partidos\", porque iso é, afirma, o que supoñen as coalicións postelectorais se nelas non participa a forza máis votada. O PP, \"fará o que lle pida a xente\", se \"a xente lles pide que gobernen\" e \"propoñen unha única coalición, que é cos veciños\". Resta saber, polo tanto, se nun panorama novo segue vixente o argumentario de sempre."}
{"ID": "NOS_14152", "summary": "Ademais, Deportivo, Rácing de Ferrol e o filial celeste regresan á acción tres semanas despois na Primeira RFEF.", "text": "Como pode cambiar tanto un equipo en menos de 72 horas? O pasado domingo, o Celta protagonizaba unha exhibición na casa do Betis, o terceiro clasificado dunha das mellores ligas do mundo, pero na noite da cuarta feira víase totalmente superado por un conxunto da terceira categoría do fútbol que o deixou, un ano máis, prematuramente eliminado da Copa. A cuestión é: a que se debe esta particular interpretación do Dr. Jekyll e Mr. Hyde que está levando a cabo o cadro vigués e cal será a cara que mostrará no compromiso que o enfrontará con outro dos pesos pesados da Liga, a Real Sociedade, este domingo no Estadio Municipal de Anoeta a partir das 16.15 horas? Logo da dolorosa eliminación copeira, o preparador olívico, Educardo 'Chacho' Coudet, recoñeceu que o choque ante os vascos estaba na súa mente antes do partido ante o Atlético Baleares, e recoñeceu que tivo que \"regular\" os minutos dos seus xogadores, minguados a causa dos efectos da Covid-19 e as súas consecuencias, que lles impediron adestrar durante varios días. Este encontro ante a Real Sociedade resulta transcendental para os intereses celestes, pois unha derrota suporía un adeus practicamente definitivo ás ambicións europeas do club. Décimo segundo clasificado con 23 puntos, de conseguir derrotar os de San Sebastián, sétimos con 30, o Celta axexaría por primeira vez uns postos que aínda non ocupou en toda a tempada. Lugo-Mirandés: duelo de rivais directos na Segunda E se o Celta está practicamente obrigado a gañar, non menos presión recae sobre os ombreiros do Club Deportivo Lugo, que recibe a visita no Ángel Carro (domingo, 16 horas) dun rival directo pola permanencia. Porque, a pesar das boas sensacións que habitualmente transmiten sobre o céspede os xogadores dirixidos por Rubén Albés, a realidade é que as vitorias lucenses (4) cóntanse cos dedos dunha man e que o seu título de Rei do Empate na Segunda División (12) nunha Liga que concede tres puntos por triunfo lonxe de ser unha distinción podería tornar nunha condena a morte. A realidade é que a escuadra albivermella ocupa a décimo oitava posición na táboa, o último posto antes do descenso, e que un novo empate -ou unha derrota- ante un Mirandés que ten dous puntos máis que os galegos na clasificación (26) podería perturbar a tranquilidade que caracterizou a primeira volta dun Lugo que non cae nese pozo desde a cuarta xornada. Neste sentido, o defensa madrileño Álex Pérez afirmou en rolda de prensa que será \"un partido difícil\", pero que o teñen \"todo analizado\", e que tanto el como os seus compañeiros están \"máis que preparados\" para afrontar un choque no que están en xogo \"tres puntos moi importantes\" Os galegos da Primeira RFEF, a copar a zona alta A Primeira RFEF e os tres representantes galegos na mesma regresan logo dun longo stop de tres semanas co común obxectivo de copar a zona alta da clasificación. O líder Deportivo e o Celta B saltarán ao terreo de xogo á mesma hora, concretamente ás 12 de mañá. Os herculinos chegan a este partido con tres grandes novidades: o adeus do lateral Alberto Benito e a chegada do estremo Álvaro Rey, así como a de Alejandro Antón, que se incorporou ao corpo técnico do primeiro equipo deportivista en calidade de analista. Pola súa banda, o filial celeste afronta un desafío de maior entidade ante a SD Logroñés, pois ambas as escuadras comparten a meta de meterse nun play-off no que está actualmente instalado un Rácing de Ferrol que debe sumar os tres puntos no encontro ante o Dux Internacional (sábado, 15.45 horas) propiedade de Thibaut Courtois e o galego Borja Iglesias."}
{"ID": "QUEPASA_1005", "summary": "DENOMINACIÓN DEPUTACIÓN CONCELLO TOTAL Cabana de Bergantiños Edar en O Balado. Cabana de Bergantiños 79.840,48 0,00 79.840,48 TOTAL 79.840,48 0,00 79.840,48 Camariñas Mellora e acondic. transversais á r/Flaire.Camelle 32.764,45 0,00 32.764,45 Reparación e reasfaltado da Rúa da Seara e Travesías 39.465,82 0,00 39.465,82 Renovación Iluminación terreo xogo C. fútbol Irmáns Patiño 39.974,90 0,00 39.974,90 Mellora accesos ao Paseo marítimo de Camelle 68.232,43 0,00 68.232,43 TOTAL 180.437,60 0,00 180.437,60 Carballo Construción rede abastecemento ao núcleo de Lema 431.876,23 0,00 431.876,23 Reurbanización rúas Vila de Laxe, Vila de Corcubión e Vila de Noia 250.770,83 0,00 250.770,83 Mellora rodaduravial dende Xoane a Piñeiro.Goiáns 100.473,33 0,00 100.473,33 Mellora acceso peonil contorna A Milagrosa e na Avda. Vázquez de Parga 182.336,84 0,00 182.336,84 Conexión aérea luz nova instalación nas parroquias de Carballo, Bértoa, Sísamo, Noicela, Razo, Sofán, Aldemunde, Vilela e Xoane 95.122,40 0,00 95.122,40 TOTAL 1.060.579,63 0,00 1.060.579,63 Cee Adecuación da Rúa Alcalde Pepe Sánchez 126.856,05 0,00 126.856,05 Ampliación da Casa da Cultura de Brens 158.389,00 0,00 158.389,00 TOTAL 285.245,05 0,00 285.245,05 Cerceda Camiño de Lodeiro a Astande e outro 38.860,15 0,00 38.860,15 Vestiarios no complexo deportivo de Cerceda 70.000,00 0,00 70.000,00 Cmño. estrada Silva-Laracha a Sta. Margarita 62.650,18 0,00 62.650,18 TOTAL 171.510,33 0,00 171.510,33 Corcubión Saneamento e pavim. R/MonchoReboiras e contorna 59.239,52 0,00 59.239,52 TOTAL 59.239,52 0,00 59.239,52 Coristanco Substitución rede abastecemento dende camiño Centiña a DP-2904 277.811,98 0,00 277.811,98 TOTAL 277.811,98 0,00 277.811,98 Dumbría Pav. acceso área recreativa Vilafernández 58.835,73 0,00 58.835,73 Cmño. Figueiroa- Ermida das Neves (Buxantes) 39.826,99 0,00 39.826,99 Camiño Cerván-Castro (Buxantes) 30.149,19 0,00 30.149,19 Camiño Rebouta-Vilar (Olveira) 39.494,87 0,00 39.494,87 Pavimentación acceso a Carballeira e Campo de Berdeogas. 30.961,31 0,00 30.961,31 Camiño Salgueiros a Cernado (Salgueiros) 55.202,31 0,00 55.202,31 Camiño Olveiroa a Campo de Lucín. 72.683,20 0,00 72.683,20 Camiño Figueiroa a Marco do Couto (Dumbría) 38.038,24 0,00 38.038,24 Camiño subestación As Teixoeiras (San Crimenzo) 23.468,66 20.314,86 43.783,52 TOTAL 388.660,50 20.314,86 408.975,36 Fisterra Pavimentación na rúa Mar de Fora (cara ao Sur) 98.283,92 0,00 98.283,92 Rehabilitación parque infantil Praia de Sardiñeiro 119.345,48 4.479,45 123.824,93 TOTAL 217.629,40 4.479,45 222.108,85 Laxe Acondicionamento accesos Capilla Sta Rosa e Muiño do Vento 36.874,91 0,00 36.874,91 Conservación rúas casco urbano (R. Panaderas, R.Sol) 30.500,71 0,00 30.500,71 Conservación camiños Coens 49.505,46 0,00 49.505,46 TOTAL 116.881,08 0,00 116.881,08 Laracha Mellora capa rodaxe nas parroquias de Caión, Torás 87.960,39 0,00 87.960,39 Mellora rodaxe e sinalización rúas parroquia Torás 95.017,02 0,00 95.017,02 Mellora sinalización camiños A Xesteira 78.693,45 0,00 78.693,45 TOTAL 261.670,86 0,00 261.670,86 Malpica Rehabilitación Centro interpretación do Buño Oleiro 44.297,97 0,00 44.297,97 Humanización da rúa da Igrexa 85.459,72 0,00 85.459,72 TOTAL 129.757,69 0,00 129.757,69 Muxía Acondicionamento camiños interiores en Fumiñeo 223.182,64 0,00 223.182,64 TOTAL 223.182,64 0,00 223.182,64 Ponteceso Ampliación de vial en Tella 264.644,00 0,00 264.644,00 TOTAL 264.644,00 0,00 264.644,00 Vimianzo Arranxo fachada e cuberta Escola Castromil. Salto 45.000,00 0,00 45.000,00 Rede saneamento no Outeiro de Braño en Carantoña 47.749,85 0,00 47.749,85 Arranxo tramo vía de Baíñas ao Subeiro en Serramo 128.139,96 0,00 128.139,96 TOTAL 220.889,81 0,00 220.889,81 Zas Aglomerado parroquias de Zas, Baio e S. Adrian 98.698,67 0,00 98.698,67 Melloras calzada parroquias de Brandomil, Muiño 91.426,90 0,00 91.426,90 TOTAL 190.125,57 0,00 190.125,57 TOTAIS COMARCA DE BERGANTIÑOS 4.128.106,14 24.794,31 4.152.900,45", "text": "Arranxos, reparacións asfálticas, redes de saneamento, melloras de calzadas, acondicionamento de camiños, pavimentacións, conservacións de rúas… Son así a meirande parte das 51 obras que realizarán os Concellos da Costa da Morte a conta dos 5 millóns de euros que a Deputación destina no Plan Único (POS+2019). Un Plan pensado para que os Concellos decidan onde investir os cartos provinciais.Trátase do segundo paquete de obras, que se suman ás aprobadas o pasado mes de abril. O Concello que máis invirte o POS nos seus viais recibe é o de Carballo, con máis dun millón de euros, seguido de Santa Comba, con case 700.000€, e Dumbría, que supera os 400.000€. Plan Único 2017-2019 CONCELLO DENOMINACIÓN DEPUTACIÓN CONCELLO TOTAL Cabana Edar en O Balado 79840.48 0 79840.48 TOTAL 79840.48 0 79840.48 Camariñas Mellora e acondictransversais á r/FlaireCamelle 32764.45 0 32764.45 Reparación e reasfaltadoda Rúa da Seara e Travesías 39465.82 0 39465.82 Renovación Iluminación terreoxogo C fútbol Irmáns Patiño 39974.9 0 39974.9 Mellora accesos ao Paseomarítimo de Camelle 68232.43 0 68232.43 TOTAL 180437.6 0 180437.6 Carnota Adecuación pavimentaciónna zona Este de Rúa-Lira 108081.77 108081.77 TOTAL 108081.77 108081.77 Carballo Construción rede abastecementoao núcleo de Lema 431876.23 431876.23 Reurbanización rúas Vila de Laxe.Vila de Corcubión e Vila de Noia 250770.83 250770.83 Mellora rodaduravial dendeXoane a Piñeiro Goiáns 100473.33 100473.33 Mellora acceso peonil contornaA Milagrosa e na Avda Vazquez Parga 182336.84 182336.84 Conexión aérea luz nova instalaciónnas parroquias de Carballo. Bértoa.Sísamo. Noicela. Razo. Sofán.Aldemunde. Vilela e Xoane 95122.4 95122.4 TOTAL 1060579.63 1060579.63 Cee Adecuación da Rúa AlcaldePepe Sánchez 126856.05 126856.05 Ampliación da Casa daCultura de Brens 158389 158389 TOTAL 285245.05 285245.05 Corcubión Saneamento e pavimR/MonchoReboiras e contorna 59239.52 59239.52 TOTAL 59239.52 59239.52 Coristanco Substitución rede abastecementodende camiño Centiña a DP-2904 277811.98 277811.98 TOTAL 277811.98 277811.98 Dumbría Pav acceso área recreativaVilafernández 58835.73 58835.73 Cmño Figueiroa- Ermidadas Neves (Buxantes) 39826.99 39826.99 Camiño Cerván-Castro (Buxantes) 30149.19 30149.19 Camiño Rebouta-Vilar (Olveira) 39494.87 39494.87 Pavimentación acceso áCarballeira e Campo de Berdeogas 30961.31 30961.31 Camiño Salgueiros a Cernado(Salgueiros) 55202.31 55202.31 Camiño Olveiroa a Campode Lucín 72683.2 72683.2 Camiño Figueiroa a Marcodo Couto (Dumbría) 38038.24 38038.24 Camiño subestaciónAs Teixoeiras (San Crimenzo) 23468.66 20314.86 43783.52 TOTAL 388660.5 20314.86 408975.36 Fisterra Pavimentación na rúaMar de Fora (cara ao Sur) 98283.92 98283.92 Rehabilitación parque infantilPraia de Sardiñeiro 119345.48 4479.45 123824.93 TOTAL 217629.4 4479.45 222108.85 Laxe Acondicionamento accesosCapilla Sta Rosa e Muiño do Vento 36874.91 36874.91 Conservación rúascasco urbano (R Panaderas. RSol) 30500.71 49505.46 Conservación camiños Coens 49505.46 49505.46 TOTAL 116881.08 116881.08 Malpica Rehabilitación Centro interpretacióndo Buño Oleiro 44297.97 44297.97 Humanización da rúa da Igrexa 85459.72 85459.72 TOTAL 129757.69 129757.69 Mazaricos Ampliación rede abastecementoen S Cristovo de Corzón 166633.18 166633.18 Mellora afirmado e actuaciónscomplementarias en Arcos 75366.82 75366.82 TOTAL 242000 242000 Muros Mellora infraestruturashidráulicas Arriba e Avesada. Serres 176919.55 176919.55 TOTAL 176919.55 176919.55 Muxía Acondicionamento camiñosinteriores en Fumiñeo 223182.64 223182.64 TOTAL 223182.64 223182.64 Ponteceso Ampliación de vial en Tella 264644 264644 TOTAL 264644 264644 Sta Comba Afirmado e asfaltado vialen SXoán de Grixoa 163016.6 163016.6 Pavimentación e sinalización entreTruebe e A Pereira 123250.79 123250.79 Afirmado e asfaltado en Sabaceda 93610.59 93610.59 Reforzo e mellora pavimentaciónparroquia de S Pedro 64846.8 64846.8 Afirmado y asfaltado de vialno lugar de Ser 58289.84 58289.84 Reparación asfáltica vialcomunicación Fafia-Bustelo 42707.2 42707.2 Reparación asfáltica viaislugar de Almozara 40534.84 40534.84 Reparación asfáltica viaisen Vilar de Arriba 37354.68 37354.68 Reparación asfáltica vialcomunicación Bazar e Turnes 33629.98 33629.98 Reparación asfáltica viaisna Pereiriña 30767.2 30767.2 TOTAL 688008.52 688008.52 Vimianzo Arranxo fachada e cubertaEscola Castromil Salto 45000 45000 Rede saneamento no Outeirode Braño en Carantoña 47749.85 47749.85 Arranxo tramo vía deBaíñas ao Subeiro en Serramo 128139.96 128139.96 TOTAL 220889.81 220889.81 Zas Aglomerado parroquias deZas. Baio e S Adrian 98698.67 98698.67 Melloras calzada parroquiasde Brandomil. Muiño 91426.9 91426.9 TOTAL 190125.57 190125.57 TOTAL COSTA DA MORTE 4909934.79 24794.31 4934729.1"}
{"ID": "NOS_5437", "summary": "Rexistrou un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros durante os nove primeiros meses deste ano.", "text": "Abanca rexistrou un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros durante os nove primeiros meses deste ano, o que supón un incremento do 46% respecto dun ano antes, grazas fundamentalmente ao aumento dos \"ingresos recorrentes, ao control de gastos e á contención do custo do risco\". En concreto, os ingresos recorrentes seguen gañando peso trimestre a trimestre na conta de resultados de Abanca, segundo resaltou a entidade. Grazas á boa evolución da marxe de intereses, que creceu un 7,6%, e dos ingresos por prestación de servizos bancarios, que o fixeron nun 9,8%, a marxe básica rexistrou un incremento do 8,2%. A entidade resaltou que afronta a etapa de recuperación e transformación da economía desde unha posición de fortaleza financeira acreditada pola \"máxima\" calidade dos seus activos (cociente de morosidade do 1,9% e nivel de adxudicados sobre balance do 0,3%), os seus \"elevados\" niveis de cobertura (85,4% en activos dubidosos e cociente Texas do 26,9%), o seu \"robusto\" nivel de capitalización (cociente de capital total do 17,3% e 1.571 millóns de exceso sobre requisitos regulatorios) e a súa \"cómoda\" posición de liquidez (cociente LTD do 95,7% e 15.107 millóns de euros. Actualmente, 43 concellos galegos non dispoñen de ningunha oficina bancaria e outros 114 só contan cunha sucursal Estes beneficios dánse ao tempo que Abanca desenvolveu nestes meses unha política de feches de oficinas e sucursais, nomeadamente no rural. O feche de entidades bancarias e a supresión de servizos asociacidos ameaza con castigar a economía das localidades máis pequenas da Galiza e de elevar a dependencia da veciñanza do rural, privada dun recursos de proximidade esencial para o seu desenvolvemento. Cómpre lembrar que os bancos destruíron 5.500 empregos e fechou máis da metade das oficinas na última década na Galiza Hai 43 concellos galegos non contan con oficina bancaria. A Galiza perdeu na última década 51,52% das sucursais bancarias. Segundo os datos achegados polo Banco de España, o groso dos fechamentos están asociados aos grandes movementos de concentración financeira da primeira vaga de fusións, nun proceso especialmente lesivo para as áreas rurais. Actualmente, 43 concellos galegos non dispoñen de ningunha oficina bancaria e outros 114 só contan cunha sucursal, sendo algúns destes últimos onde se preparan novos fechamentos. A este fenómeno contribúe o proceso de dixitalización e, particularmente, a situación de oligopolio na que operan algunhas entidades."}
{"ID": "NOS_19677", "summary": "400 votos a favor, 693 en contra, 248 en contra e 45 abstencións.", "text": "O Parlamento Europeo retirou a inmunidade do ex president Carles Puigdemont e dos ex consellers Toni Comín e Clara Ponsatí de acordo coa petición enviada polo Tribunal Supremo español hai máis dun ano. O pleno do Parlamento Europeo aprobouno no caso de Puigdemont con 400 votos a favor dos 693 votos emitidos, 248 en contra e 45 abstencións. É dicir, 400 votos a favor de levantar a súa inmunidade e 293 que non a avalaron, o que supón un 42% de votos críticos. É o resultado dunha forte oposición política, moito máis dos 100 votos dos Verdes-EFA e da Esquerda Unida Europea que anunciaran que se oporían a ela. No caso de Comín e Ponsatí, a votación foi moi similar, con catro votos máis a favor da petición. A maioría política coa que os grupos parlamentarios socialistas, o PP europeo e os liberais (onde están Ciudadanos) controlan o Parlamento serviu para aprobar o informe que recomenda a retirada da inmunidade. Unha postura que apoiaron a maioría de eurodeputados do grupo dos conservadores e reformistas europeos, que inclúe o partido de extrema dereita Vox. Os grupos Verdes-EPT e a Esquerda Unida Europea xa anunciaron que se oporían a ela en bloque, pero a suma de ambos grupos é de 112 eurodeputados. Polo tanto, houbo un número significativo de eurodeputados dos principais grupos do Parlamento Europeo que non seguiron a disciplina de voto que querían os seus colegas españois. A votación, que tivo lugar onte á noite, foi secreta. Pero houbo algúns eurodeputados que fixeran pública a súa posición para opoñerse á renuncia á inmunidade; e entre eles había socialistas, como o ex primeiro ministro de Malta, Alfred Sant, que cualificou de escándalo que se lles puidese levantar a inmunidade parlamentaria. Seguen a ser eurodeputados A partir de agora, os tres seguirán mantendo a condición de eurodeputados e poderán exercer as súas funcións como antes, pero o procedemento xudicial das euroordes pode reactivarse, tanto en Bélxica como en Escocia. Antes diso, con todo, o Parlamento Europeo comunicará formalmente o resultado da votación ás autoridades españolas, e estas aos tribunais belgas e escoceses A defensa de Puigdemont, Comín e Ponsatí tamén se activará de inmediato e presentará unha demanda de anulación ante este mesmo xulgado, en Luxemburgo"}
{"ID": "NOS_34468", "summary": "Escritora, activista e tradutora, María Reimóndez é imparábel, pura enerxía. Só no último mes gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade con Fóra do normal; rompeu o teito dos dez mil exemplares con O club da calceta; e vén de publicar As cousas que non queremos oír, a seguinte entrega do Ciclo dos elementos. Camiñamos ao seu carón pola cidade de Vigo, onde conversamos sobre a obra gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz, sobre a vida do Club da calceta e a súa vixencia máis de dez anos despois, sobre activismo e sobre a necesidade de crear manadas feministas. Cal lobas.", "text": "Ves de gañar o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, con Fóra do normal. Cóntanos como te sentes. Todos os premios teñen o seu carácter, neste caso é moi emocionante para min polo nome de Agustín, loxicamente. Amais de ser un referente na literatura tiven a sorte de coñecelo en persoa e compartir algúns espazos vitais como Vilalba e Vigo, e tamén por unha cuestión máis complexa relacionada coa definición do propio premio, porque para as persoas que escribimos desde unha visión da literatura como intervención, cunha idea clara da literatura como ferramenta de transformación social, moitas veces a nosa escrita está penalizada, vista dunha maneira moi pexorativa e prexuizosa. Entón, o feito de que haxa un premio no que te poidas presentar e onde sabes que todas esas cuestións xa están aí de base e que se vai valorar o texto literario sen entrar en prexuízos deste tipo para min ten un valor engadido moi importante. Ademais, está moi en liña co traballo de Agustín, que foi unha persoa que nunca refugou facer unha literatura moi lexíbel e creativa, e ao mesmo tempo nunca perdeu o norte do que tamén para min a literatura debe ser, unha ferramenta de transformación social. Estruturada en catro capítulos, cada un deles homenaxea un superheroe da banda deseñada (Superman, Batman, A muller marabilla e Patrulla X). Como xurdiu? Para min é un pouco a subversión do discurso dos superheroes, que é un espazo da cultura pop que me interesa bastante e desde sempre. O que fixen foi utilizar esta cuestión como fío condutor da novela, do protagonista que vai intentando comprenderse a si mesmo a través dunha ferramenta como son os cómics. Iso é algo que todas as persoas facemos, pero sobre todo na adolescencia, un momento no que estamos intentando buscar os nosos referentes. Ás veces temos esas relacións conflitivas co que traemos da infancia e co que é a vida adulta, e nese sentido funcionaban ben estes superheroes, Superman, Batman, A muller marabilla e Patrulla X. \"Esta novela explora máis a alteridade, non simplemente o feito da transexualidade\" E ademais méteste no mundo trans. Si, pero creo que a novela parte máis da visión da alteridade. O protagonista, digamos o narrador, si que é un rapaz trans, pero tal e como eu a entendo, sen negar para nada a importancia de que haxa personaxes e referentes para todo tipo de identidades, creo que esta novela explora máis a alteridade, non simplemente o feito da transexualidade –que obviamente é central porque o personaxe principal é o que narra–. Si exploro esa idea de que realmente quen está nas marxes que se constrúen por parte do discurso hexemónico, en realidade, é normalmente quen ten máis cousas que contar e tamén quen necesita máis ferramentas para poder entenderse e, sobre todo, para crear lazos con outras persoas tan raras coma nós [risos]. A novela trata sobre todo iso, non trata tanto da transexualidade como temática, senón que busca un panel de catro personaxes onde cada cal ten a súa alteridade por cuestión diferentes. É importante a diversidade de voces. Proximamente teremos nos andeis das nosas librarías As cousas que non queremos oír, un novo exemplar da entrega do Ciclo dos elementos. Fálanos do ciclo, serán un total de sete novelas independentes mais interconectadas. Cal é a relación entre as obras? A verdade é que o Ciclo é un espazo de moita complexidade. A idea básica é a interacción entre as obras, que as personaxes secundarias dunha novela sexan as principais noutras. A cuestión é que é un proxecto literario bastante complexo, longo e ambicioso en certo sentido. Cada novela pode lerse independentemente, pero para aquelas persoas que as vaian lendo todas en realidade estase contando outra historia paralela á que só accedes unha vez que leas todas as novelas. Entón, é a historia da relación de varios personaxes e dentro diso permite ese xogo coas persoas que deciden ler o Ciclo completo para ir descubrindo esas cousas que eu vou sementando ás veces moi lixeiramente nunha novela e noutra. Por outra banda, a novela O club da calceta rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos e vai xa pola undécima edición. Que significado garda para ti? É un libro que considero unha fortuna moi anómala. Creo que é algo moi excepcional que unha obra teña a vida que ten O club da calceta, tamén no seu día co teatro e co cinema. Vexo iso como algo que non se vai repetir na miña historia literaria, ou que sería moi difícil que se repetise. Penso que a fortuna dos libros son as persoas que os len, eu o único que fixen foi poñer un texto en circulación pública coa axuda de Xerais, e realmente é unha obra que funcionou de boca a boca e grazas ás mediadoras, ás lectoras… Nese sentido para min é bastante impresionante, dáme unha sensación de humildade moi grande pensar que contribuín a crear un espazo no que supoño que era un texto que resultaba necesario por algunha razón, e que conectou cun público lector moi amplo. Só podo dicir que me sinto afortunadísima. \"O feito de que unha novela estea protagonizada por mulleres xa provoca reaccións violentas moitas veces nos adolescentes, nos rapaces, nos homes\" Por outra parte, é un texto co que manteño unha relación un pouco problemática tamén porque foi unha obra que provocou e que aínda provoca moitas reaccións violentas, negativas, e esa parte tamén é importante lembrala. Eu agradezo que a obra se lea e se siga traballando con ela nos centros, pero para min chegou un punto no que me resulta difícil poñer o meu corpo diante do texto. Explícome, o feito de que unha novela estea protagonizada por mulleres xa provoca reaccións violentas moitas veces nos adolescentes, nos rapaces, nos homes… Trátase dun texto que foi lido moi prexuizosamente por parte da crítica no momento no que saíu porque era \"unha historia de mulleres\", ese era o resumo. E despois súmanse unha serie de visións, por exemplo: era moi edulcorado porque as mulleres que transgriden teñen que ser castigadas, temos esas lecturas e ese texto non encaixaba aí; a sororidade entre as mulleres, como era un tema moi pouco transitado en seguida xa foi motivo de crítica. Para min é un texto que marcou cousas moi positivas porque me fixo tomar a escrita máis en serio e conectar con moitísimas persoas que o leron e que o seguen a ler, pero tamén ten esa outra parte de facerme máis consciente de até que punto certos discursos son discriminados dentro do sistema literario e que tipo de reaccións violentas provoca plasmar certas ideas no papel. Unha aprendizaxe para min positiva, de facerme consciente. Creo que é importante falar das dúas cousas, da positiva e da negativa, e creo que nos debería dar que pensar que dez anos máis tarde da publicación do libro siga estando tan vixente porque ao mellor non di algo moi bo da sociedade na que vivimos. No tocante á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), saíu do prelo a túa adaptación d'Os Tres Mosqueteiros por Baía Edicións. A LIX é aínda tratada como literatura menor? A min paréceme surrealista que a estas alturas teñamos que falar destes temas. Igual que o que falabamos antes, hai un certo sector da crítica en Galiza, por chamarlle algo, que ou ben por carecer de ferramentas ou ben porque parte dunha visión prexuizosa das cousas, defende este tipo de visións ao igual que defende certas cuestións relacionadas co sexismo. A estas alturas da película considerar que a literatura infantoxuvenil é unha literatura menor o que demostra é unha falta de entendemento da literatura, e máis nun país onde que temos grandes escritores e escritoras dos que terían que aprender moitos dos que escriben desta literatura chamada para adultos. Eu sempre digo que a literatura infantoxuvenil é a que pode ler todo o mundo, ten un público máis amplo, e é unha literatura complexa que ten unhas dificultades específicas bastante importantes. Non chego a entender por que se podería considerar unha literatura menor, e que sigamos aínda escoitando críticos facendo este tipo de comentarios o único que me provoca persoalmente é aburrimento e irritación. A parte, a literatura infantoxuvenil é fundamental para crear lectoras e lectores e tamén para a conformación das persoas, do espazo literario, de referentes… E despois hai outra cousa que me preocupa tamén nestes comentarios que é o desprezo ás experiencias das persoas menores de idade, para min ten tanta importancia as experiencias dunha nena de seis ou catorce anos como as dunha persoa adulta. É un cúmulo de prexuízos que non chego a desentrañar. \"Quédanos moito que sachar\" Cal é para ti a situación do campo literario galego na actualidade? Xa que falas de campo insisto no de sachar, quédanos moito que sachar. Por unha banda, vexo algunhas cousas positivas se o comparo con outros espazos literarios, si creo que estamos nun momento no que o discurso feminista ten unha capacidade de facer os seus regos, de ir traballando e crear espazos colectivos. Eu creo no colectivo, no que se fai para o común. Nese sentido si que creo que hai unha presenza mínima dun discurso que se vai asentando, temos precursoras, temos contemporáneas, e agora o interrogante é se temos as que veñen despois, e se somos capaces de crear eses espazos para que as violencias que padecemos moitas de nós non se perpetúen, para que as rapazas que escriben agora non teñan que pasar polo mesmo que teño que pasar eu agora, ou polo mesmo que tivo que pasar María Xosé Queizán ou Xohana Torres, xente de xeración anteriores. Afirmabas nun artigo para Sermos Galiza que o feito de que se escolla a María Victoria Moreno chama por unha revisión urxente da historia da literatura galega, sobre todo unha revisión de quen fai a historia. Creo que é un traballo moi longo, é dicir, estas cousas nunca saen por xeración espontánea, sempre responden a procesos moi longos e invisíbeis: está o xogo das cadeiras, o traballo d'A Sega, o traballo de investigadoras que moitas veces están fóra e invisibilizadas no espazo académico. E ao final como son certas persoas as que ocupan os espazos de poder tamén desde o mundo académico, seguimos reproducindo unha historiografía da literatura galega que sería moi diferente se empezásemos a ler as mulleres que escribiron, e hoxe teriamos unha imaxe da literatura moi distinta. O feito de que se escolla María Victoria Moreno loxicamente é un paso moi importante pero temos que seguir sachando. Unha pinga non fai o océano e é importante que ese recoñecemento dea tamén visibilidade a todo o que está ao redor, que se dea visibilidade non só as catro voces de sempre, que nos permitan o que dis ti, facer unha análise diferente da historiografía, debater que voces entran no canon e que isto chegue á sociedade. Porque ao final é un proceso moi de sachar até que estas cousas vaian callado e entren nos libros de texto. Unha vez que a unha muller se lle dá o Día das Letras Gaelgas xa queda aí para sempre, non se pode borrar, e é fundamental, tamén para a recuperación das súas obras. As de María Victoria algunhas están vivas por fortuna e foi unha muller que viviu na nosa época, imaxinade as que están máis atrás. E sen ir máis lonxe, unha parte da obra de María Xosé Queizán está ilocalizábel, ou consultas en bibliotecas ou xa non as atopas máis. Estas cousas teñen que darnos un pouco que pensar. Presentaches en Madurai, na India, o poemario A carraxe dunha pedra, que é a tradución ao támil, principalmente, de Presente continuo. A tradución é responsabilidade da poeta Thamizhachi e foi publicada pola editorial támil Uyirmai. Como foi esa experiencia? Para min o támil é unha lingua moi próxima. Esa tradución é a materialización do meu pensamento político porque é realmente a manifestación da creación dun espazo feminista, crítico, a través dos afectos e a través dun traballo continuado no tempo. Esa tradución forma parte dun proceso máis amplo, un proceso que empeza con todo o traballo que fai Implicadas. Primeiro nós escoitamos o que elas teñen que dicir, facemos ese traballo de tradución desde o támil e cara ao galego, de estabelecer lazos entre as autoras támiles e as autoras en lingua galega. E digamos que como parte final e como ramificación dese proceso, e polo afecto tan grande que nos temos Thamizhachi e mais eu, saíu dela querer traducir e editar algúns poemas de Presente Contínuo. Para min foi unha experiencia moi interesante porque significou ver a recepción desde o outro lado, ver como se recibe o que ti escribes nun espazo cultural que para min é tan próximo e co que levo traballado tanto, do cal teño aprendido tantas cousas, e de repente compartir un anaco de ti. E ten que ver tamén co que dicía do meu pensamento político coa idea de crear espazos máis alá das linguas hexemónicas. Para min é moito máis relevante que me traduzan ao támil que que me traduzan ao inglés, por exemplo, porque en Tamil Nadu están as persoas que a min me importan, para min é máis importante comunicarme con elas e ver o que a miña escrita ou o meu traballo significa para elas. E non esas ideas abstractas que nos venden de que hai que falar castelán, inglés e non sei que linguas. As alianzas políticas precisamente non se constrúen así, constrúense destoutra maneira, entón para min foi moi emocionante. \"A historia de Haiti nace cunha presenza moi importante das mulleres que despois foron moi represaliadas durante a ditadura\" Ademais, nese proceso de crear lazos e alianzas, mediante Implicadas/os no desenvolvemento e A Sega organizastes uns encontros con Caridade Valcourt para falar sobre feminismos haitianos. Esta visita está organizada por Implicadas e pola Sega. Desde o punto de vista de Implicadas entra na idea de poñer en contacto movementos feministas e sobre todo que coñezamos o que están facendo activistas no sur, aínda que a nosa área de traballo máis habitual é Tamil Nadu, pois non quita de ter compañeiras de Etiopía etc. Nese sentido interésanos poder estabelecer eses intercambios con máis lugares. Na miña faceta profesional levo un tempo traballando como consultora en Haití e Caridade é unha das miñas compañeiras. Ela traballa desde os feminismos de base e ten unha formación de xénero e traballo comunitario moi extensa. Leva traballando varios anos coa metodoloxía de axuda mutua, que é a mesma que nós utilizamos en Tamil Nadu, pero en Haiti. Caridade é a coordinadora de todo ese programa no país onde hai agora mesmo máis de cinco mil mulleres xa organizadas en Grupos de Axuda Mútua. A historia do propio país, de Haiti, nace cunha presenza moi importante das mulleres que despois foron moi represaliadas durante a ditadura. Caridade está moi activa e veu un pouco a falar disto e ademais cun especial interese en conectar coas mulleres que traballan na política en Galiza."}
{"ID": "PRAZA_12461", "summary": "A declaración está asinada por polos galegos CIG e CUT, os vascos ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE e HIRU, os cataláns Intersindical –CSC e a Intersindical Canaria. As dez centrais opóñense frontalmente \"a unha reforma laboral que deixa en total indefensión as traballadoras e traballadores, nun mercado laboral desregulamentado e a mercé, exclusivamente, dos antollos e necesidades empresariais\".", "text": "A declaración está asinada por polos galegos CIG e CUT, os vascos ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE e HIRU, os cataláns Intersindical –CSC e a Intersindical Canaria. As dez centrais opóñense frontalmente \"a unha reforma laboral que deixa en total indefensión as traballadoras e traballadores, nun mercado laboral desregulamentado e a mercé, exclusivamente, dos antollos e necesidades empresariais\" e fan un chamamento a secundar activamente a folga. No texto as organizacións sindicais asinantes afirman non querer \"permanecer como espectadores deste desmantelamento de todo aquilo que fai referencia ao ámbito público e á protección social, pezas esenciais da cohesión e da xustiza social. Plantemos cara e convertámonos nun muro de contención ante esta onda de ataques directos contra o benestar e o futuro das clases populares\". As dez centrais tamén sinalan que a mobilización \"ten que ser a resposta tamén contra os ataques que sufrimos como pobos e como clase\" e propóñense \"avanzar así na consecución de marcos de relacións laborais e protección social propios e cara á liberación nacional e social dos nosos países\". Declaración conxunta (.pdf)"}
{"ID": "NOS_46739", "summary": "A Anpa do centro abrirá un fondo de material para o uso do alumnado.", "text": "O alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo contará a partir de agora cun fondo de libros que poderá empregar a modo de préstamo libre. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo a disposición da asociación de nais e pais (Anpa) deste centro un lote de libros sobre teoría da música para facilitar o inicio desta particular iniciativa. Trátase de publicacións sobre linguaxe, harmonía, análise e historia da música, un material que resulta imprescindíbel para a formación nestes estudos. Varios exemplares dunha trintena de publicacións A vicepresidenta da Deputación de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, achegouse ao centro para entregar este material, acompañada polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo e polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas. Na visita, representantes da Anpa confirmaron que a realización desta achega de material, que inclúe varios exemplares dunha trintena de publicacións, dá un importante impulso ao proxecto que comezaron de contar cun fondo de libros, que agardan poñer en marcha de forma inmediata. Maite Ferreiro felicitou á asociación de nais e pais \"por unha iniciativa que procura a igualdade de oportunidades e trata de aliviar o esforzo económico que supón para estudantes e familias seguir estas ensinanzas artísticas, ao ter que custear matrículas, materiais de estudo e instrumentos\" e encadrou a colaboración \"no apoio que desde a área de Cultura vimos prestando a asociacións do ámbito educativo para que leven a cabo as súas iniciativas\". O Conservatorio Profesional de Musica Xoán Montes de Lugo conta na actualidade con perto de 450 alumnos e alumnas nos graos elemental e profesional."}
{"ID": "PRAZA_10393", "summary": "Non se investíu no futuro da primaria como centro do sistema. Non se formaron profesionais nin se programou o recambio xeracional da plantilla. Confíase en exceso no compromiso e responsabilidade sen límites das súas traballadoras e traballadores", "text": "Non podo disimular. Nin quero. Sinto paixón pola atención primaria. Poucos lugares coma ela resultan máis accesibles para manexar o malestar das persoas. Todos os malestares. De -case- todas as persoas (ollo á exclusión!).Na primaria sábese se hai violencia nas parellas. Se chegan os cartos a fin de mes. Cales son as causas do insomnio. Sábese da soedade, do alcoholismo, da adolescencia, do desamor, da dorNa primaria sábese se hai violencia nas parellas. Se chegan os cartos a fin de mes. Cales son as causas do insomnio. Sábese da soedade, do alcoholismo, da adolescencia, do desamor, da dor. Diagnostícanse embarazos e practícanse coidados paliativos. Polo medio, de todo. Tamén nas casas, mesmo nas camas da xente. Desde o útero ata o tanatorio. Acompañando.Ningún servizo público está tan implantado en todo o territorio. Non deixa casa sen atender, familia sen coñecer, camiño sen percorrer. Na primaria resólvense máis do noventa por cento dos problemas de saúde das persoas (así, en xenérico). E sábese que un problema de saúde non é a disfunción dun órgano. Requere coñecer contextos, culturas, momentos e personalidades. Saber de anatomía, fisioloxía, patoloxía…. antropoloxía, ética, comunicación… mesmo retranca! Requere tamén incorporar profesionais da psicoloxía e do traballo social para o manexo amplo dos malestares, sen medicalizacións innecesarias. Pero camiñamos cara a tiranía tecnolóxica, neoliberal e individualista de fixar como epicentro o hospital. A industria tecnolóxica e farmacéutica non vai permitir que apelemos ao sentido común, ao tempo, á relación terapéutica sen renunciar á importante área de negocio que se agocha na saúde das persoas. Por iso a primaria non interesa. Porque é menos sensible ás forzas do mercado. A primaria ten menos 'glamour', pero manexa mellor a desigualdade. Por iso a reivindico. Os países con sistemas sanitarios máis solventes teñen primarias fortes. Cun orzamento suficiente, en torno ao 25%. Mais no noso anda sobre o 13%, 11 en áreas como VigoOs países con sistemas sanitarios máis solventes teñen primarias fortes. Cun orzamento suficiente, en torno ao 25%. Mais no noso anda sobre o 13%, 11 en áreas como Vigo. Nos últimos anos descapitalizouse este nivel asistencial derivando cada vez máis cartos aos hospitais, aos novos fármacos, aos instrumentos diagnósticos máis costosos e á sanidade concertada. Non foi naïf nin carente de interese. Cos centros de decisión e xestión pasou o mesmo, ata o punto de supeditar a autonomía da primaria ata niveis humillantes (na xestión de interconsultas, na solicitude de probas, ...) Mentres, severos recortes de persoal, falta de investimento na súa sostibilidade, sobrecarga profesional, cómputos erróneos de xornadas en PACs, saturación de axendas. Sen tempo para a xente. Isto sumado ao avellentamento da poboación, ao alongamento da esperanza de vida, á medicalización excesiva, á complexidade dos pacientes (cada vez con máis cronicidades). Non se investíu no futuro da primaria como centro do sistema. Non se formaron profesionais nin se programou o recambio xeracional da plantillaNon se investíu no futuro da primaria como centro do sistema. Non se formaron profesionais nin se programou o recambio xeracional da plantilla. Confíase en exceso no compromiso e responsabilidade sen límites das súas traballadoras e traballadores. Pero isto adquiríu unha dimensión insostible. Mentres, a Consellería xoga a entreter, a enredar e a buscar na carencia de profesionais unha coartada para a irresponsabilidade nada inxénua destes anos. Por iso está convocada unha folga o vindeiro mércores 19. Unha folga que comparto e apoio. Agardando que se amplifique nun futuro próximo ata conseguir que todas as profesionais e colectivos reivindiquen alto e claro DIGNIDADE PARA A PRIMARIA."}
{"ID": "PRAZA_12704", "summary": "O Consello de Ministros aproba que a maioría absoluta no Congreso sexa dabondo para elixir os dirixentes dos medios públicos do Estado e permite eliminar ou privatizar as canles das autonomías. As que continúen terán que ter equilibrio orzamentario, o que para a CRTVG implica reducir unha débeda de apenas 3 millóns.", "text": "En febreiro de 2004 o daquela candidato á presidencia do Goberno central polo PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero, realizaba un inusual anuncio. O líder socialista anunciaba que o seu partido aparcaba as propostas que viña defendendo para reformar os medios públicos de comunicación e, no seu lugar, asumiría un plan de reestruturación elaborado polo que daquela se deu en chamar \"comité de sabios\", un grupo de persoas procedentes do mundo da universidade, da política e da comunicación que deseñarían un novo modelo para Radio Televisión Española. \"Rematou a televisión de partido e que os partidos utilicen os medios de comunicación públicos no seu proveito\", proclamaba o aspirante á Moncloa. Mes e medio despois o PSOE gañaba as eleccións xerais e a nova vicepresidenta, Teresa Fernández de la Vega, pronunciaba unhas verbas semellantes ao anunciar o nome de Carmen Cafarell, directora de transición para a RTVE ata que se elaborase unha nova lei baseada no informe dos sabios. Esa norma chegaría en 2007 e con ela a Corporación RTVE, un cambio empresarial pero tamén informativo que, segundo teñen recoñecido numerosas instancias profesionais españolas e internacionais, incrementou notablemente a súa \"calidade\" e \"pluralidade\". Un modelo televisivo e radiofónico que o Consello de Ministros deste venres apostou por comezar a mudar. A lei de 2007 incorporaba moitos preceptos novidosos para a nova RTVE, como a creación de consellos de informativos ou outros mecanismos de control interno. Pero os cimentos da casa estaban na fin da designación gobernamental dos seus máximos responsables. A clave estaba no artigo 11 da lei, no que se establecía a elección do Consello de Administración do ente. Tería doce membros, catro escollidos polo Senado e oito polo Congreso, dos que dous representarían \"os sindicatos máis representativos a nivel estatal\". De entre eses doce conselleiros, a Cámara Baixa designaría o presidente ou presidenta da Corporación, \"tal designación requerirá unha maioría de dous terzos da Cámara\". Esta norma obrigaba, na práctica, a que o Goberno de Zapatero acadase un amplo consenso, máis aínda tendo en conta que os socialistas gobernaban en minoría. O PP converte en norma a excepción da lei de 2007 e asegúrase poder designar a quen considere oportuno para dirixir os medios públicos Aquela normativa só incorporaba unha excepción. A primeira designación do novo cadro directivo poderíase designar por maioría absoluta \"se non se alcanzasen\" os dous terzos, o que en calquera caso obrigaba tamén o gabinete de Zapatero a pactar. É precisamente este precepto ao que se aferra o actual Goberno para mudar a lei. A vicepresidenta do Executivo central, Soraya Sáenz de Santamaría, apóiase nos supostos \"graves problemas de xestión\" de RTVE para converter en norma o que era excepción. A nova regulamentación permitirá que, en calquera caso, a presidencia dos medios públicos se renove por maioría absoluta, o que coa actual composición do Congreso equivale a que o PP poderá designar a quen considere oportuno para gobernar Televisión Española e Radio Nacional de España. \"Se en 2006 isto non supuña un golpe institucional, no ano 2012 tampouco\", argumenta Sáenz de Santamaría, que insiste en que o gabinete de Mariano Rajoy non está a impoñer a fin da pluralidade no ente, senón a aplicar o \"desbloqueo\" que supón que a súa presidencia estea vacante. A reforma trae ademais consigo \"austeridade\", salienta. Os conselleiros pasan de 12 a 9 e só o titular da presidencia terá dedicación exclusiva. Autonómicas privadas, inexistentes ou con contas axustadas ao milímetro As autonómicas poderán privatizar todos os seus programas, \"incluídos os informativos\" Pero esta non é a única reforma en materia de medios públicos aprobada polo Consello de Ministros. No mesmo movemento político dálle tamén luz verde ao que viña sendo unha reclamación dos sectores máis conservadores dentro do PP: a posibilidade de privatizar as televisións autonómicas ou directamente, de facelas desaparecer. Esta decisión farase efectiva a través da reforma da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, que a vicepresidenta define como \"lei sobre flexibilización dos modos de xestión das televisións autonómicas\". A modificación, que se tramitará pola vía de urxencia, permitirá que as autonomías con canles propias se poidan desfacer delas, \"convocando os correspondentes concursos para a adxudicación de licenzas privadas\". Se deciden mantelas, o que o Goberno define como \"xestión directa\" inclúe tamén a posibilidade de ceder \"total ou parcialmente a terceiros a produción e edición de toda a súa programación\". \"Incluídos os servizos informativos\", especifica. Cal será a repercusión desta norma en Galicia? Durante os últimos meses diversos responsables do PPdeG e da Xunta veñen insistindo en que a súa intención non pasa por privatizar a CRTVG, actualmente inmersa nun proceso de conversión en corporación en virtude da lei pactada polos populares co PSdeG o pasado ano. Non obstante, as modificacións que chegan de Madrid obrigarán aos medios públicos galegos a aplicar cambios que non son menores. As autonomías que decidan seguir adiante coas súas televisións e radios verán como se lles \"impoñen unha serie de obrigas de carácter financeiro\" que se resumen nun obrigado \"equilibrio financeiro\", isto é, non poden ter ningunha caste de déficit. A TVG tiña no peche de 2011 uns 3,6 millóns de débeda e o seu director xeral asegura que logrará o \"equilibrio orzamentario\" No caso da CRTVG o seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, aseguraba no Parlamento hai apenas dous meses que a compañía se atopa moi próxima ao \"equilibrio orzamentario\", con apenas 3,6 millóns de euros de débedas ao peche do exercicio económico de 2011. \"Estes tres millóns nunha empresa con 118 millóns, significa que estamos nos básicos para operacións correntes de financiamento dos pagamentos ordinarios do ente público, ou dito doutro xeito, significan que na práctica a política de endebedamento é agora inexistente na CRTVG\", explicaba. Así e todo, xa daquela Sánchez Izquierdo advertía do, ao seu xuízo, excesivo peso dos gastos de persoal nas contas do ente público, o que fai incrementar os temores dos seus profesionais. Neste contexto, todo semella indicar que as novas reformas do Goberno central mudarán radicalmente o panorama do Estado no que a medios de comunicación públicos se refire. Na mesma reunión gobernamental o gabinete presidido por Mariano Rajoy anunciou tamén o cumprimento dunha das súas promesas de campaña: as radios poderán volver retransmitir partidos de fútbol dende o interior dos estadios."}
{"ID": "NOS_12594", "summary": "A central nacionalista cualificou de \"fume\" os anuncios feitos polo Goberno e a Xunta para o sector", "text": "A CIG vén de anunciar que promoverá a convocatoria dunha folga comarcal en Vigo e Ferrol ante o grave risco de desaparición do naval galego. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, que compareceu en rolda de prensa xunto aos responsábeis do sector e do Metal, acusou a Xunta de utilizar electoralmente a problemática dunha industria estratéxica para o país, denunciou a pasividade dos Gobernos español e galego e cualificou de \"fume\" os últimos anuncios feitos polos responsábeis políticos. A CIG considera unha cuestión nacional a problemática que atravesa un dos principais sectores dinamizadores da economía galega e do que dependen milleiros de familias, nomeadamente nas comarcas de Vigo e Ferrol. Dende a central entenden que o paso do tempo xoga en contra da súa recuperación e alertan sobre a máis que probábel desaparición dos principais estaleiros se non se toman medidas urxentes. Diante disto, o secretario xeral do sindicato nacionalista compareceu en rolda de prensa xunto aos responsábeis do Metal e do Naval, Xoán Xosé Bouzas Aboi e César Rodríguez, para trasladar á opinión pública galega a preocupación da CIG diante dos síntomas que avanzan un empeoramento da crise que padece o sector. Suso Seixo amosouse moi crítico coa \"utilización electoralista\" dunha problemática que provocou a perda de milleiros de postos de traballo nos últimos anos e relacionou os anuncios feitos polos Gobernos español e galego coa posibilidade de se adiantaren as eleccións á Xunta de Galiza. \"Resulta curioso que cheguen agora, un ano despois, cunha proposta de tax lease, xusto cando se fala dun adianto electoral a setembro ou outubro\", censurou. Interrogantes Nesta liña, Seixo denunciou que \"seguimos sen saber en que consiste esta proposta, xa que non foi debatida no Parlamento\". De igual xeito referiuse aos supostos contratos que o Executivo galego tería logrado coa petroleira Mexicana Pemex para construír barcos no noso país. \"Ninguén sabe nada destes contratos que inventou Feijóo, porque a empresa o único que fixo foi anunciar que vai sacar a concurso público a construción de varios remolcadores\". Esta circunstancia fai que o máximo responsábel da CIG pregunte como é posíbel que o presidente da Xunta saiba xa que a Galiza se lle van adxudicar sete, \"a menos que o concurso estea amañado\". Con todo, incide en que non se trata de proxectos de grandes buques -o que permitiría iniciar a recuperación da carga de traballo nos estaleiros-, \"senón que estamos a falar de contratos que permitirían empregar unhas 300 persoas nos estaleiros vigueses Cardama, Freire e Armón, non a 2.500 como está a dicir o presidente da Xunta\". Deste modo, cualificou de \"fume\" os anuncios e vaticinou que despois das eleccións pasarán a ser novas promesas incumpridas. En canto á situación do naval ferrolán, alertou para o feito de que \"como moito\" conta con carga de traballo até 2013 e lembrou que as empresas auxiliares seguen a desaparecer. Con respecto, á construción do dique flotante, o responsábel do Metal da CIG comentou que o propio presidente da Sepi adiantou que aínda no caso de a comisión considerar a súa construción \"nin o Goberno nin Navantia achegarían financiamento\". Finalmente, apostaron por afondar na mobilización social como única maneira de salvar o sector e anunciaron que promoverán unha folga comarcal en Vigo e Ferrol, \"a poder ser de xeito conxunto coas demais forzas sindicais, aínda que no caso de non se sumaren farémolo como CIG\"."}
{"ID": "NOS_4895", "summary": "Prolingua celebra a través dun comunicado a admisión a trámite por parte do Tribunal Supremo do recurso de casación presentada pola Real Academia Galega, en tempo da presidencia de Ferrín, contra o Decreto de Plurilingüísmo. Destacan que é a primeira vez que un recurso en defensa do galego chega ao Supremo e pídenlle á RAG que continúe coa defensa xurídica do galego.", "text": "A través dun comunicado, a plataforma ProLingua manifesta o seu contento pola admisión a trámite no Tribunal Supremo español do recurso de casación que a Real Academia Galega presidida entón por Ferrín presentara contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta. Reclaman tamén que a actual dirección da Academia continúe coa defensa xurídica do galego nas máis altas instancias españolas e europeas. ProLingua fai pública a decisión do Tribunal Supremo que non recolle aínda a web da RAG. Con seis sentenzas por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulan dous artigos do Decreto, a Academia baixo as ordes de Xosé Luís Méndez Ferrín anunciara como unha das súas últimas decisións á fronte da institución presentar o recurso diante do Tribunal Supremo co fin, segundo indican desde ProLingua, de \"continuar coa batalla legal para a derrogación total do Decreto e a elaboración doutro novo que partise dos supostos contidos no Plan Xeral de Normalización\". A presentación do recurso foi unha das razóns que esgrimira o daquela secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, para argumentar a súa acusación de \"persecución política\" que remataría coa dimisión de Ferrín e a súa saída da Academia. No comunicado, ProLíngua lembra que \"ninguén daba nada\" polo recurso da RAG, cuestionado mesmo desde voces do mundo do dereito. \"Mesmo algunhas persoas que se alegraran polas sentenzas do TSXG demandaban que a RAG retirase o recurso e que a Xunta sentase a negociar un novo pacto pola lingua\", sinalan, a respecto doutras das liñas que entón saíran no debate e que se refería á suposta vontade dun sector da propia Academia, entre os que na polémica o propio Axeitos situaba ao lingüista e actual secretario da RAG Henrique Monteagudo, promotor dun manifesto pola defensa da lingua. \"A Xunta seguía a actuar con falsidade, pois anunciaba que aplicaría \"de xeito flexible\" os artigos anulados e na práctica enviaba mensaxes á sociedade de que toleraría e practicaría o incumprimento das sentenzas\", destacan do momento no que a RAG decide presentar o recurso. Que a RAG continúe nos tribunais ProLíngua celebra \"con alegría\" a noticia do Tribunal Supremo da admisión por vez primeira dun recurso en defensa do galego e felicita á RAG por ter cumprido coa súa función de defensa da lingua galega. \"O seu recurso de casación, independentemente do resultado final no Supremo, sitúa a nosa lingua no taboleiro estatal e demostra que os galegos non imos renunciar aos nosos dereitos lingüísticos, que nos importa o noso idioma e que o imos defender con todos os instrumentos que teñamos na man, no cerebro e no corazón\", destacan no comunicado. Reclaman, no mesmo sentido, que a RAG presidida agora por Xesús Alonso Montero, \"leve a defensa xurídica do idioma galego ata as máis altas instancias españolas e europeas, como por outra banda prometera o seu actual presidente. Apoios non lle han faltar\"."}
{"ID": "NOS_56680", "summary": "A \"Grândola, Vila Morena\", a canção escrita por Zeca Afonso e que foi uma das senhas da revolução de Abril, foi usada no passado dia nove como \"grito de revolta\" contra a mina de lítio que pode nascer na freguesia do distrito de Vila Real. Foi durante a cerimónia de abertura do Castelo de Montalegre.", "text": "Portugal é o quinto maior produtor mundial de lítio, elemento base para as baterias elétricas. E nesse contexto o movimento contra o lítio está a crescer e a juntar pessoas. Aos protestos populares havidos em dias passados, que mesmo levaram a fazer um chamamento a nao votar no passado 26 de maio, sumam-se agora as Câmaras municipais e as denúncias perante a UNESCO de associações ambientalistas. Da Serra d'Arga à Foz do Âncora Caminha, Ponte de Lima e Viana do Castelo estão a criar parceria para evitar a exploração de lítio na Serra d´Arga. Assim o manifestou o autarca de Viana do Castelo, José Maria Costa, no final da reunião quinzenal do executivo, após ser questionado por um representante de um movimento de defesa da serra: \"Neste momento estamos em trabalho, nós com Caminha e Ponte de Lima, com vista à classificação da Serra d'Arga. Vamos criar todas as dificuldades para que não se faça cá exploração\", declarou, acrescentando que, embora legalmente não têm suficientes instrumentos, estão a trabalhar para os criar \"em parceria com as outras câmaras, no sentido de dificultarmos ao máximo, porque entendemos que é mais produtivo a exploração turística e ambiental daquela área, do que propriamente uma exploração de lítio\". No início de maio, a Fortescue Metal Group, empresa australiana que até agora tem realizado vinte e dois pedidos para explorar este minério em Portugal, retirou a proposta de prospeção de depósitos de minerais na zona de Fojo, com o objetivo principal o lítio, para um polígono com 74.764 km2, inserido nos concelhos de Arcos de Valdevez, Melgaço e Monção, nos limites do Parque Nacional da Peneda-Gerês . O polígono de prospeção proposto abrangia o território declarado pela UNESCO como Reserva Mundial da Biosfera, extensões de área de prospeção inseridas na Reserva Agrícola Nacional e na Reserva Ecológica Nacional, território classificado como Rede Natura 2000, bem como zonas densamente povoadas e densa atividade agrícola. Abrangia ainda os Vales do rio Minho, do rio Mouro e do rio Vez (Vale Glaciar), confinando com os limites do Parque Nacional Peneda-Gerês. Em abril as Câmaras de Viana do Castelo, Caminha e Ponte de Lima apresentaram publicamente o projeto \"Da Serra d'Arga à Foz do Âncora Em abril as Câmaras de Viana do Castelo, Caminha e Ponte de Lima apresentaram publicamente o projeto \"Da Serra d'Arga à Foz do Âncora\" que implicou um estudo entre o vale do Âncora e o maciço serrano, incluindo o levantamento das espécies existentes. O estudo permitiu fazer um levantamento do património construído e a identificação de 1.124 espécies de flora, entre as quais uma raridade em Arga de Cima, no concelho de Caminha, a 'Scrophularia Bourgaeana' que se pensava estar extinta. Foram ainda identificadas 126 aves, dez anfíbios, 12 répteis, 23 mamíferos não voadores e dez voadores, e cinco espécies de peixes, além de 60 elementos geológicos. \"Tudo o que podemos alegar colocámos lá, dentro da lei. O executivo municipal vai colocar todas as dificuldades que puder porque há outros valores mais importante para a serra e para os quais estamos a trabalhar, em conjunto, com outros dois municípios do distrito\", sustentou. Denúncia à UNESCO A associação ambientalista Quercus apresentou uma denúncia à UNESCO de \"ameaça severa à integridade do sistema agro-silvo-pastoril da região do Barroso\", devido à instalação de minas de lítio a céu aberto na região. Em comunicado emitido em 14 de junho a Quercus denúncia que \"sob a ameaça de exploração de lítio pelos projetos mineiros de Ampliação da Mina do Barroso e Exploração Mineira de Sepeda - Montalegre, é imperioso um esclarecimento por parte da UNESCO, relativo à manutenção da designação de Património Agrícola Mundial do Sistema Agro-Silvo-Pastoril da Região do Barroso, caso se verifique a instalação das explorações mineiras referidas\" e convoca no próximo dia 22 de Junho, no Auditório da ARPAZ, Barco, Covilhã, o 1º Fórum Nacional de Ambiente e Lítio. A Problemática do Lítio no Contexto Nacional, onde serão discutidos os impactos da mineração no meio natural e nos ecossistemas, e a desmistificação do papel do lítio na descarbonização e na mobilidade sustentável."}
{"ID": "NOS_50398", "summary": "Repasamos os principais acontecementos arredor desta traxedia da que se fan tres anos o vindeiro 24 de xullo. Esta terza feira (19 de xullo) o BNG denunciará o Estado español perante a Comisión europea por non garantir a independencia na investigación da CIAF.", "text": "Esta terza feira a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, presentará perante a Secretaría Xeral da Comisión europea unha denuncia contra o Estado español por non garantir o carácter independente da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) a respeito do sinistro de Angrois como concluíu o informe elaborado pola Axencia de seguridade ferroviaria europea. A piques de se cumprir tres anos da traxedia, repasamos os principais acontecementos arredor deste sinistro no que faleceron 81 persoas e máis dun cento resultaron feridas. 1. O accidente Ás 20:41 horas do 24 de xullo de 2013, véspera do Día da Patria Galega, un tren procedente da estación de Chanmartí (Madrid) con destino Ferrol e 218 persoas a bordo descarrilaba na curva da Grandeira, Angrois, a apenas 3 quilómetros de Compostela. As imaxes gravadas polas cámaras de Renfe evidenciaban que por mor do exceso de velocidade un dos vagóns sobrepasa a cabeza motora do comboio provocando o seu descarrilamento. Porén, a confusión rodeou as primeiras horas após o sinistro e mesmo a canle pública galega e directivos de Renfe chegaron a asegurar que se podía tratar dun atentado terrorista, unha información que sería posteriormente desmentida polo propio goberno español. O de Angrois foi o maior accidente ferroviario da historia de Galiza e do conxunto do Estado español O número de vítimas, finalmente 81, situou o accidente de Angrois como a maior traxedia ferroviaria da historia de Galiza e do Estado español. Os focos da imprensa internacional viraron sobre a pequena parroquia compostelá e deu comezo unha longa peregrinaxe instucional e xudicial para as familias das persoas falecidas mais tamén para aquelas que conseguiron sobrevivir. 2. O maquinista como único responsábel penal O exceso de velocidade mais sobre todo unha curva que exixía pasar de 190 km/h. a 80 km/h. nun curto espazo tornouse na principal causa do sinistro. A responsabilidade? Segundo as autoridades ferroviarias (Adif e Renfe) foi o maquinista quen, por mor dun erro humano, non conseguiu frear a tempo. En troca, outras voces, entre elas o primeiro xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, apuntaban a responsabilidade do Ministerio de Fomento por diversas razóns. Dunha banda, o tren --un Alvia Talgo-Bombardier serie 730-- non contaba co sistema de freado automático (ERTMS) senón unicamente co sistema europeo ASFA. Esta carencia debeuse a unha mudanza de última hora no trazado, publicitado no BOE como Tren de Alta Velocidade (TAV), mais cuxa vía foi finalmente de dimensións inferiores ás precisas para este mecanismo que tería evitado o accidente de existir un erro humano. Aliás, o tramo non contaba co sistema de balizamento que advertise da perigosidade da curva --este sería instalado a posteriori polo goberno. Doutra banda, e con posterioridade, novos dados achegados á investigación, entre outros pola defensa das vítimas através do documentario Frankenstein 04155, evidenciaron que o peso do tren superaba o legalmente permitido. O Alvia non contaba co sistema de freado automático ERTMS que tería evitado o descarrilamento Así as cousas, e embora inicialmente o xuíz tentar imputar responsábeis de Adif e Renfe no caso, após o fechamento da instrución, dun recurso por parte da Avogacía do Estado, e cun outro xuíz ao cargo, o maquinista, Francisco José Garzón, sería o único suposto responsábel penal por un delito de homicidio imprudente, imprudencia profesional grave e 144 delitos de lesións. Meses despois e logo dun recurso presentado perante a Audiencia Provincial da Coruña a instrución volve reabrirse. Segundo o tribunal existen diversas cuestións aínda por esclarecer, entre elas o grao de perigosidade da curva da Grandeira e por conseguinte o potencial risco de accidente. A Audiencia deixa a porta aberta a novas imputacións, entre elas as persoas responsábeis do tramo (Adif e Renfe) por non teren previsto medidas de seguridade existentes que tivesen evitado o accidente en caso de erro humano. 3. Responsabilidades políticas que non chegan Para alén do proceso xudicial, a Plataforma de vítimas do Alvia e as forzas políticas da oposición (BNG e AGE), exixen desde hai tres anos a depuración de responsabilidades políticas através de senllas comisións de investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso español. No deseño e abertura ao tránsito da vía adoptaron decisións gobernos do PSOE --con José Blanco á fronte de Fomento-- e do Partido Popular, con Ana Pastor como ministra. Ambas as dúas organizacións políticas vetaron en numerosas ocasións a constitución destes órgaos parlamentares. Na Galiza, argüíndo por parte do Partido Popular que a Cámara non conta con capacidade para a investigación de asuntos coma o sinistro de Angrois por non ter competencias en materia ferroviaria. No Estado español, atribuíndo esa competencia á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), unha entidade dependente do Ministerio de Fomento constituída polas mesmas persoas que deberían ser obxecto de investigación. O xuíz Aláez, primeiro instrutor do caso imputou cargos de Adif que, após un recurso da Avogacía do Estado, serían eximidos A CIAF concluíu nun informe que a causa do accidente fora o exceso de velocidade e que o único responsábel foi o maquinista quen, por un despiste ou erro humano [ía falando por teléfono con mandos de Renfe], foi incapaz de reducir a velocidade en tempo e forma. O carácter independente da CIAF e o resultado da investigación foron censurados pola oposición e as vítimas do Alvia que acudirían ás institucións europeas para defender o dereito a contar cun proceso con garantías. 5. Bruxelas, vara para o goberno e cenoura para as vítimas Da man do BNG a Plataforma de vítimas do Alvia 04155 reclamarían perante a Axencia de seguridade ferroviaria europea a elaboración dun informe que determinase se a CIAF cumpría coas súas obrigas de acordo co ordenamento xurídico comunitario. O documento foi realizado mais meses de presións por parte do goberno español impediron a súa publicación até xullo de 2016. No seu relatorio as autoridades comunitarias sinalan que a CIAF non era independente e que, por esa razón, a investigación realizada non se axustaba ás obrigas legais. Urxiu a reabertura da comisión e a elaboración dun outro informe así como dexou a porta aberta a presentar unha denuncia contra o Estado español polo incumprimento da Directiva 49/2004 de seguridade ferroviaria. Algo que levará a cabo o BNG esta terza feira. A decisión adoptada por Bruxelas dá novos azos ás vítimas que ven no seu informe e na reabertura da instrución xudicial un elo de esperanza para que se faga, realmente, xustiza."}
{"ID": "NOS_35897", "summary": "A oferta da fin de semana dá para todo e para todos os gostos. Festivais sen tregua nun verán galego que se resiste a morrer.", "text": "Sexta feira Festival do Anllóns Ponteceso. Praza do Recheo de Ponteceso. 22.00. Arranca con forza a I edición do Festival do Anllóns, con actuacións musicais ao cargo de bandas como Poetarras, Mad Martin Trío e Superoito, entre outras. Sexta feira e sábado Rockin' Vila. Vilanova de Arousa. Parque do Cabo. 21.00. Na sexta feira actuarán Cabo, Dakidarría, Familia Caamagno, Ulträqäns, Deseqilibrio Mental e SOKRAM; e o sábado subirán ao escenario Leda Atómica, Ghesgha e Kings Of The Beach. Sábado Festival Festimar. Marín. Paseo alcalde Antonio Blanco. 22.00. Nesta quinta edición do Festival da Música subirán ao escenario grupos como Poetarras, El Son de la Chama, Bastards, Festicultores Troupe, Xenderal e, para pechar, DJ G.Rich. Festival Rock in Rian Rianxo. Parque da Galiza. 23.30. Un ano máis arranca o festival, coa actuación de cinco bandas galegas que se encargarán de caldear o ambiente: Cuchufellos, Dakidarría, Zénzar, Mafalda e Nao. Sexta feira, sábado e domingo III Edición do WOS Festival. Santiago de Compostela. Varios puntos da cidade. Na terceira edición do Festival contarán coa presenza de grupos nacionais como Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda VS. LAR Legido ou Harrison Ford Fiesta, entre outros moitos. Festival Internacional de Curtametraxes. Bueu. Auditorio do Centro Social do Mar. Até o día 18. O FICBUEU chega para dar a coñecer ao público un cinema local e internacional. Proxectaranse máis de sesenta curtas, con actividades paralelas, obradoiros ou conferencias. Festival Tosta. Rianxo. Peirao. O Tosta chega a Galiza para festexar a diversidade cultural e lingüística das nacións atlánticas coas actuacións de Xurxo Souto, Quico Cadaval, a Banda Tosta, Luned Rhys Parri, Oreka TX, Magín Blanco, Belém Tajes ou Guadi Galego. Amais, haberá presentación e mostra de obras artísticas, emisión de audiovisuais, creación dun flashmob, street art, etc. Euro-Árabe Amal. Pontevedra. Teatro Principal. O Festival Internacional de Cinema, Amal en Ruta, proxectará catro películas de ficción e tres documentais: un western, dous dramas, unha traxicomedia e tres documentais sobre a Guerra de Siria, a educación en Palestina e a presenza árabe en Galiza. Será na cuarta feira e na sexta, ás 21:00h, e sábado e o domingo nunha dobre sesión ás 19:30 e as 21:00h. Festival de la Luz. Boimorto. A carón da casa en que naceu Luz Casal, promotora deste festival. Abigarrado cartaz con clásicos da música estatal (de Hombres G a Aute) e nomes consagrados dos palcos galegos como Heredeiros da Crus, Miguel Costa e Guadi Galego."}
{"ID": "NOS_22359", "summary": "O profesor e historiador Carlos López Bernárdez explicou na palestra de hoxe, relizada no Museo das Peregrinacións, a arte plástica galega entre os anos 1919-1939.", "text": "A agrupación cultural O Galo organizou na xornada de hoxe, no Museo das Peregrinacións, unha palestra e proxección de pintura baixo o título \"Galiza: arte e compromiso. 1919-1939\". O profesor e historiador da arte galega, Carlos López Bernárdez, baseouse no seu libro Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta para facer a súa intervención. Nesta, Bernárdez explica o contexto da produción da arte social na Galiza en relación co contexto xeral europeo desde 1919 até o final da Guerra Civil española. A través de exemplos de artistas como Castelao, Luís Seoane, Manuel Colmeiro ou Carlos Maside, o profesor e historiador expuxo o desenvolvemento da arte galega desde a perspectiva social e, ao mesmo tempo, comparándoa co contexto europeo social. Unha etapa \"na que é moi acusada a presenza de temas de carácter social na arte, sobre todo, a partir do final dos anos 20, cando comeza o ascenso dos fascismos e da crise económica que provoca unha exacerbación de debate social que se manifesta nas artes plásticas\", comentaba Bernárdez. O historiador destaca da arte plástica galega deses tempos a obra de Castelao, desde Nós até \"A derradeira lección do mestre\", e a de Carlos Maside, que tamén ten unha grande obra social importante, das que resalta as súas colaboracións nas revistas Nova España e O pobo galego. Ademais, o profesor tamén falou doutros artistas cuxo traballo é menos coñecido, como as obras de guerra de Manuel Colmeiro, os proxectos de Federico Ribas ou Uxío Souto, de quen destacou a súa etapa dos campos de concentración en Francia, un tema que tamén tratou na palestra. López Bernárdez agradeceu o \"interese do público e a implicación da asociación\" á hora de contar con el para a realización dese encontro arredor da arte."}
{"ID": "NOS_48370", "summary": "O parón económico provocado pola pandemia da COVID-19 levou a unha redución de case 6% nas emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Os organismos internacionais e a comunidade científica consideran que é 'pan para hoxe, fame para mañá' e alertan doutras ameazas inminentes, como o desxeo do Ártico.", "text": "O Informe sobre o Estado do Clima Mundial (IECM) en 2019 alerta sobre a situación crítica á que nos encamiñamos. Na súa presentación hai pouco máis dun mes, tanto Petteri Talaas, secretario xeral da Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM), como António Guterres, secretario xeral da ONU, coincidían en salientar a gravidade do estado do planeta, por riba da ameaza da COVID-19. En realidade, tal e como reflexiona Sonia Shah en Le Monde Diplomatique, a pandemia é consecuencia do estado do planeta. Da invasión, redución e destrución do hábitat de especies salvaxes. Esta semana, con motivo do 50º aniversario do Día da Terra, fixéronse públicos varios estudos validando que o cambio climático se acelera a pasos de xigante, con consecuencias que están a impactar seriamente na vida humana e na flora e fauna do planeta. O último, elaborado por unha trintena de especialistas que encabeza o xeofísico Dirk Notz, da Universidade de Hamburgo, asegura que en 30 anos o Océano Ártico estará libre de xeo durante os veráns. Publicado pola Unión Estadounidense de Xeofísica (AGU, nas siglas en inglés), o estudo analiza numerosos modelos climáticos. Todos, mesmo os máis optimistas que contemplan notábeis reducións nas emisións de CO2 á atmosfera, apuntan á data de 2050. Ou antes. \"Se reducimos as emisións globais rápida e substancialmente, e polo tanto mantemos o quecemento global por baixo dos 2 °C relativos aos niveis preindustriais, o mar de xeo do Ártico é probábel, porén, que desapareza ocasionalmente nos veráns mesmo antes de 2050\", afirma Notz. Cambio climático A este derretemento pode estar afectando tamén o propio cambio climático, non só o aumento da temperatura global. Segundo outro recente estudo sobre o desxeo de Grenlandia, publicado en The Cryosphere por Marco Tedesco, da Universidade de Columbia, os prognósticos poderían ser mesmo optimistas. Sostén que os modelos de predición non teñen en conta as correntes atmosféricas. Por exemplo, na rexión analizada o tempo anticiclónico foi inusitado durante o ano pasado, unha circunstancia que se observa tamén noutras rexións como Siberia. A comunidade científica leva anos predicindo a fin do Ártico tal e como se coñece, e pode chegar un inverno en que o mar de xeo non recupere a súa perda estival, tal e como leva facendo desde hai millóns de anos. O IECM recolle que a redución do xeo mariño no Ártico rexistrou novos máximos históricos nos últimos meses. CO2 durante a corentena E o que sucede no Ártico non fica no Ártico. O planeta está interconectado. O desxeo provocará cambios profundos no ecosistema e, como un círculo vicioso, alerta a comunidade científica, amplificará os efectos do quecemento climático: a máis desxeo no Ártico, menos luz solar que a rexión pode reflectir, máis calor que o planeta debe absorber, máis desxeo no Ártico. Neste sentido, a OMM advertiu nas últimas horas de que os datos de redución das emisións de CO2 rexistrados nos últimos meses como consecuencia do parón económico provocado pola pandemia da COVID-19 son \"boas noticias só a curto prazo\". O Centro para a Investigación Climática Internacional e outros organismos elaboraron recentemente un estudo que estima a redución das emisións entre 5,5% e 5,7%. Axiña a economía comece a se recuperar, considera a OMM, as emisións de CO2 volverán aos niveis previos. \"Podería mesmo haber un incremento\", declarou o seu responsábel, Petteri Talaas. E con este incremento volverá a dinámica de quecemento global. Tal e como sinala a científica climática Kate Marvel nun artigo en Drilled News, portal asociado á revista Nature, \"se a cualidade do aire é mellor agora, se menos xente morre pola polución, non é tanto unha mostra dun benvido progreso senón unha evidencia de como eran as cousas antes\". No caso do Ártico, o desxeo supón unha ameaza real e inminente para toda a humanidade, afirma a comunidade científica. Mais para algúns supón novas oportunidades: menos xeo permite a apertura de pasos para os barcos, acortando tempos entre Atlántico e Pacífico; e menos xeo significa acceso aos recursos de petróleo e gas que agocha o seu subsolo. Nesa carreira xa están Rusia, os Estados Unidos e a China."}
{"ID": "NOS_51782", "summary": "O próximo día 22 na praia do Rapadoiro, en Foz, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo entregará as 126 bandeiras azuis a representantes de 36 concellos. En moitos deles, advirte Adega, o hábitat do litoral pode estar en perigo.", "text": "A Presidencia da Xunta anuncia a través do seu gabinete a organización o próximo día 22 dun acto protocolario para entregar as bandeiras azuis de 126 praias aos representantes de 36 concellos merecedores deste distintivo outorgado por unha entidade privada. Sen embargo, a asociación ecoloxista Adega, advirte que nalgúns destes areais o hábitat está en perigo e mesmo a propia concesión da bandeira azul pode ser motivo de deterioro ambiental dalgunha desas praias. A FEE-ADEAC é a entidade encargada de conceder as Bandeiras Azuis, distintivos dos que fan gala as praias para confirmar a súa boa saúde. Sen embargo, os criterios polos que esa consideración é outorgada responden de xeito especial á calidade da auga e dos servizos na tempada estival e esquecen a conservación dos ecosistemas literais. ADEGA lembra que a propia FEE-ADEAC recolle que \"pode suceder que a fraxilidade de certos entornos non aconselle a concesión deste tipo de galardón\" debido a que un número maior de visitantes podería ser perxudicial para a fauna e a flora do entorno. Sen embargo, o interese dos concellos do litoral para acadar o distintivo está a levar a prácticas lesivas para a saúde medioambiental das praias como as rozas da flora ou a limpeza mécanica, actividades que para Adega non responden só ao desinterese ou a ignorancia das boas prácticas senón tamén ao \"anceio de moitos concellos costeiros por recibir unha Bandeira Azul\". A equiparación do distintivo co estado das praias leva a que, segundo Adega, \"concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa) que ademais practican un urbanismo depredador (Barreiros ou Sanxenxo) ven premiada a súa mala xestión coa Bandeira Azul\". Entornos moitas veces de grande fraxilidade degrádanse con moita maior facilidade co turismo masivo e a sobreexposición ao tráfico ou mesmo coas medidas abrasivas de limpeza que poden contribuír de xeito perxudicial á eliminación de especies protexidas o que sería motivo mesmo de delicto ambiental. Poñen como exemplo os casos de Corna e Coroso, areais para os que a concesión da Bandeira Azul \"supuxo un factor engadido de humanización e degradación e a alteración dun patrimonio natural moi fráxil e escaso\". A asociación ecoloxista denuncia o estado destes areais nos que se ve amenazada a ave píllara das dunas polos efectos das limpezas mecánicas e con maquinaria pesada O desbroce de pasarelas está a causar tamén na praia da Pobra a eliminación de flora en perigo de extinción. Conclúen en Adega que a bandeira azul está a ser \"unha marca comercial que pouco tena ver coa conservaci´no dos ecosistemas costeiros e si coa propaganda turística dos concellos\"."}
{"ID": "NOS_46156", "summary": "Nace o colectivo Xornalistas Galegas co fin de defender un feminismo de clase no sector", "text": "Todo comezou cun grupo de WhatsApp. \"A partir dese grupo para a mobilización das xornalistas polo 8M, comezamos a falar de crear un colectivo\", explica AlbaTaladrid Díez, unha das portavoces de Xornalistas Galegas. Finalmente, esa forza foi canalizada nas seguintes reunións para acabar converxendo nunha rede de traballo coordinado en grupos. O pasado sábado 7, a organización tivo a súa asemblea fundacional en Santiago de Compostela. \"Defendemos un xornalismo de perspectiva feminista porque entendemos que é a única forma honesta de xornalismo\", explica Taladrid Díez. A mobilización das profesionais da comunicación no pasado 8M naceu a raíz da convocatoria estatal de Las Periodistas Paramos, manifesto que asinaron máis de oito mil mulleres. Xornalistas, técnicas audiovisuais, docentes, investigadoras, comunicadoras e profesionais de todos os ámbitos da comunicación sumáronse á convocatoria. \"Na Galiza foi unha mobilización moi seguida, fundamentalmente en Vigo e Santiago\", sinala. A portavoz reflexiona sobre a situación social a nivel de xénero, e conclúe que no sector da comunicación concorre unha responsabilidade maior do que que noutros gremios. \"Por algo o xornalismo é chamado o cuarto poder. É un mecanismo enorme para xerar opinión e conciencia e nós temos algo que dicir dentro dos medios\", afirma a xornalista. Polo de agora, a organización —aínda en fase incipiente— conta con diversos grupos de traballo (laboral, profesional, redes sociais e medios...) e mantén contacto coa plataforma Las Periodistas Paramos, sediada en Madrid. \"A nosa visión é transversal, as xornalistas mulleres temos unha serie de características comúns, mais nas asembleas está moi presente a nosa vontade de non nos converter nun satélite de Madrid\", asegura Taladrid Díez, quen ve máis un aproveitamento da forza mobilizadora da plataforma para facer fronte aos problemas do sector. Bolseiras precarias Estes problemas son abordados polas xornalistas en dous obxectivos xerais. No eido laboral, as reivindicacións están en comuñón cos conflitos que afrontan as mulleres obreiras do resto de sectores. \"O teito de cristal, o chan pegañento, a fenda salarial, o problema da conciliación…\", enumera a portavoz. Taladrid Díez chama tamén a atención sobre a \"normalidade preocupante\" coa que se asumen as condicións de traballo actuais, sinalando en concreto a situación de bolseiras e novas traballadoras. \"A precarización xeralizada para a muller mantense no caso do xornalismo, e é un dos ámbitos máis urxentes\", declara. No profesional, a responsabilidade social do oficio pasa pola visibilización da muller no mundo da comunicación, dando voz como parte activa da sociedade e eliminando os roles sexistas. \"Queremos poder dar unha información específica e formada sobre certos temas como a violencia de xénero ou o acoso á muller\", puntúa. Loita en chave colectiva Fronte ao paradigma do xornalismo como un oficio competitivo e individualista onde destacan figuras concretas, Alba Taladrid Díez defende, botando man do concepto da \"sororidade\", que \"para conseguir facer un xornalismo honesto que procure o ben común cómpre substituír esa visión por un xornalismo solidario e colectivo\". E así, en chave colectiva, será a próxima asemblea, programada para o segundo sábado de setembro. Alén disto, Xornalistas Galegas anuncia que durante o mes de setembro ou outubro organizará un acto inaugural do colectivo quer para dar a coñecer a entidade quer para difundir as súas liñas de traballo. Nota: Para participar no colectivo pode contactarse a través do enderezo electrónico xornalistasgalegas@gmail.com."}
{"ID": "NOS_50412", "summary": "O comité de persoas expertas que asesoran a Xunta na definición do novo escenario pos COVID-19 propoñen unha serie de incentivos fiscais para dinamizar a economía, entre eles os que gravan directamente a compravenda de vivendas, que sufriu un parón como consecuencia do confinamento.", "text": "A compravenda de vivendas na Galiza viuse afectada pola crise derivada da COVID-19 e, especialmente, polas medidas de confinamento, que limitaron as visitas a pisos e promocións, aínda que as inmobiliarias tiraron de enxeño para realizalas de modo virtual en moitos casos. Con todo, segundo os datos provisionais da estatística sobre transaccións inmobiliarias do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o número de compravendas de vivenda caeu 10,29% na Galiza nos tres primeiros meses do ano, sendo, iso si, xunto con Cantabria, o territorio onde menos baixaron este tipo de operacións. O inmobiliario foi nos últimos anos un dos motores da economía, pero tamén a orixe da crise de 2008. Na Galiza, o sector parece vivir unha segunda xuventude, con numerosas promocións en marcha nas vilas e principais cidades do país. Até hai uns meses, antes da pandemia do coronavirus, algúns destes inmóbeis tiñan como destino o alugueiro turístico, mais as restricións levaron moitas das súas propietarias a pór estes pisos novamente no mercado. Máis ladrillo A Xunta non quere que pare a máquina de facer cartos co ladrillo, e nesa batalla conta co apoio do comité de persoas expertas que asesoran o Executivo de Núñez Feixoo na definición do novo escenario da Galiza pos COVID-19. Nun dos seus últimos documentos de traballo do grupo, o comité de expertas propón unha serie de medidas económicas que se resumen na rebaixa de determinados impostos. A principal medida neste eido é a fixación dun tipo superreducido do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) naqueles sectores que se viron máis afectados pola crise, como poden ser o turismo e a hostalaría, que pasarían dun gravame de 10% a outro de 4%, aos que tamén se sumarían as actividades culturais e o transporte de viaxeiros. Pero nesa rebaixa do IVE tamén figura o sector inmobiliario como beneficiario, xa que está contemplado que determinadas operacións desta natureza teñan unha redución até 4% deste gravame. Estarían dentro destas bonificacións as obras de renovación e reparación de edificios ou as entregas e arrendamentos con opción a compra, sempre que se cumpran determinados requisitos. Camiño despexado para novas transaccións Esa revolución fiscal que suxiren desde o comité afecta outros impostos que gravan as operacións de compravenda de vivendas. É o caso do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, que as persoas expertas que asesoran Feixoo ven necesario rebaixar de 10% a 6% nas transmisións onerosas de bens inmóbeis que vaian constituír a vivenda habitual da parte adquirinte. Desta forma, Galiza deixaría de figurar na lista de territorios que aplican o tramo máis alto deste imposto, xa que en Madrid ou Nafarroa está xa en 6%, nas Canarias en 6,5%, ou Euskadi e A Rioxa, onde se paga 7% do importe total da operación. Entre as integrantes do comité de expertas está o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, o seu compañeiro no Foro Económico Santiago Lago; o director de finanzas de Inditex, Ignacio Fernández; o director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, ou a presidenta do Círculo de Empresarios, Patricia García. Milleiros de vivendas baleiras no país A proposta das expertas chegou a mans do presidente da Xunta só uns días antes de coñecer que o prezo medio das vivendas moderou o seu crecemento na Galiza até 3,3% no primeiro trimestre do ano e de que este medio puxese en evidencia o escaso investimento da Xunta en vivenda de protección, o que leva moitas familias desesperadas pola súa precaria situación económica a ocupar algunha das máis de 330.000 casas baleiras que se rexistran na Galiza. Esta rebaixa de impostos podería contribuír a darlles saída no mercado a estes inmóbeis, así como a mellorar a calidade construtiva e a eficiencia dos máis vellos por medio de reformas. O problema está en que tamén pode alentar a construción de novas promocións, unha medida que incrementaría aínda máis o número de vivendas dispoñíbeis e incidiría á baixa no prezo medio de venda das mesmas, o que á súa vez implicaría unha menor recadación fiscal para manter o gasto público. E todo isto cunha burbulla nos alugueiros que vai medrando pola dificultade de moitas familias a poder acceder a unha finca en propiedade ou a un alugueiro de carácter social."}
{"ID": "PRAZA_4419", "summary": "Mentres os Estados membros da UE concretan os fondos da reconstrución para paliar as consecuencias do coronavirus, os concellos do Eixo Atlántico piden a Pedro Sánchez e António Costa \"que se nos teña en conta en como distribuílos e xogar un papel activo na súa execución\"", "text": "Mentres os Estados membros da UE concretan os fondos da reconstrución para paliar as consecuencias do coronavirus, os concellos do Eixo Atlántico piden a Pedro Sánchez e António Costa \"que se nos teña en conta en como distribuílos e xogar un papel activo na súa execución\"Os Estados membros da Unión Europea teñen no centros dos seus debates o xeito de abordar a reconstrución socioeconómica tras a crise do coronavirus. Unha das principais iniciativas sobre a mesa é o fondo de 750.000 millóns de euros, 500.000 deles en transferencias, que propón a Comisión Europea e que aínda ten que recibir o visto e prace dos Estados. Neses fondos pon o foco o Eixo Atlántico, a rede de cidades de Galicia e do Norte de Portugal que, a través do seu presidente e alcalde de Braga, Ricardo Rio, e da súa vicepresidenta e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de dirixirse aos gobernos español e portugués para pedir que os concellos poidan participar directamente neses fondos.Tras a última Comisión Executiva do Eixo, celebrada a pasada semana a través de internet, a entidade acordou dirixirse a Pedro Sánchez e António Costa en senllas misivas para, explica Méndez, explicarlles que igual que os concellos \"estamos demostrando que somos imprescindibles na contención\" do virus, tamén queren selo \"na reconstrución do futuro. A solicitude, sinala, é \"que se nos teña en conta nos fondos de reconstrución e as nosas opinións, en como se deben distribuír eses fondos\". E tamén, sinala a rexedora socialista lucense, trátase de \"xogar un papel activo na execución\" dos mesmos.Esas peticións plásmanas Méndez e Río nunha carta datada no pasado 2 de xuño, no caso da dirixida a Sánchez. \"Os concellos -dinlle- xogamos un papel determinante na loita contra o coronavirus, tanto na prevención como na atención ao benestar social\", moi especialmente \"nos colectivos máis vulnerables e en risco de exclusión\". Pero tamén, subliñan, \"activando medidas económicas enfocadas a apoiar ás familias e ao tecido económico local\", tales como as axudas para autónomos e pequenos negocios, no caso de Lugo. Tras un primeiro momento de \"fondos sociais de carácter paliativo\", a misiva asinada por Méndez xunto ao alcalde de Braga reclaman que a \"parte maioritaria\" dos fondos poidan ir a \"investimento produtivo\" e sexan coordinados para Galicia e a rexión Norte de PortugalNeste sentido, o Eixo concreta a súa petición de que os concellos \"participen na atribución e programación dos fondos europeos\" para a reconstrución e utilizalos, nunha \"parte maioritaria\", a \"investimento produtivo\" e apoios \"a autónomos e pequenos empresarios ou cooperativas\". Estes perfís empresariais, subliñan, \"teñen un peso moi importante na economía das nosas cidades\" e serán clave tras este primeiro momento, no que \"os fondos sociais, de carácter paliativo, son imprescindibles\".\"Insistimos na achega dos concellos, que somos os que mellor coñecemos o tecido produtivo local e cales son os sectores que o precisan\", sinala a misiva. \"Preocúpannos especialmente -agregan- os territorios de fronteira, no noso caso a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, cunha extraordinaria permeabilidade social e gran interrelación económica\". Nesta liña, alén da participación municipal, \"cremos necesaria a coordinación dos gobernos de Portugal e España, xunto coa comunidade autónoma de Galicia\" e o propio Eixo, \"para poder coordinar os investimentos tanto de Portugal na rexión norte como de España en Galicia, e deste xeito optimizar a eficiencia destes fondos, evitando solapamentos\"."}
{"ID": "NOS_14996", "summary": "A Asemblea Republicana de Vigo, da man do avogado Antón Beiras, querelarase contra a Fiscal Xeral do Estado, Dolores Delgado, e o director xeral da Axencia Tributaria, Jesús Gascón, por un presunto delito de prevaricación na omisión das súas funcións no caso das regularizacións fiscais do rei emérito.", "text": "O rei emérito vén de realizar dúas regularizacións fiscais 'espontáneas' para evitar a apertura dun procedemento penal. Isto sucedería con outros cidadáns? É unha conduta absolutamente insólita. A Axencia Tributaria o primeiro que fai é notificar a un cidadán a apertura de actuacións inspectoras pola exención dun imposto e nuns períodos de tempo concretos. Até 2014 non era posíbel punilo, mais si debe render contas polo IRPF de 2015 a 2018. A Axencia Tributaria leva 14 meses con coñecemento das irregularidades fiscais do emérito sen notificar a apertura dunha investigación, presentando informes á Fiscalía, cando o seu deber non é ese, senón formular denuncias. Porque se presenta unha denuncia ante a Fiscalía, esta ten que actuar de oficio e presentar unha querela nun xulgado de instrución. Estamos a falar, polo tanto, dun trato de favor? Absolutamente. O dereito a presentar unha declaración complementaria (sempre e cando non se notificase a apertura dunha investigación) convértese nun privilexio cando son a Axencia Tributaria e a Fiscalía quen, após 14 meses, non abren dilixencias. Eu teño clientes na cadea por delitos fiscais de 140.000 euros, e aquí estamos a falar de millóns. Quen estaría detrás deste modo de proceder das autoridades fiscais? Se ben a querela se dirixe contra Dolores Delgado e Jesús Gascón, eu estou convencido de que ningún deles se atreve a tomar esa decisión se non é por unha instrución política. Nos Países Baixos, hai un mes, dimitiu o Goberno polo escándalo das prestacións sociais ás persoas migrantes. Aquí? Non dimite ninguén por este escándalo. A ministra de Facenda, se é responsábel, debe dimitir, e se non o é, debe cesar fulminantemente a secretaria de Estado de Facenda, que é de quen depende a Axencia Tributaria. A lexislación española determina un Goberno presidencialista, e non se fai nada sen o coñecemento e a aprobación do presidente. Da mesma forma que todos sabemos que José Barrionuevo non organizou os GAL a escondidas de Felipe González, isto tamén o ten que saber o presidente Sánchez. A contorna do emérito pactou coa Fiscalía a súa regularización fiscal? Isto non se pode demostrar e as querelas non se sosteñen sobre suposicións, mais estou convencido de que a regularización foi pactada coa Axencia Tributaria. Estase a converter nun problema de Estado, e parece mentira que o PSOE, que malia ser un partido amplamente constitucionalista asegura manter unha alma republicana, estea a operar á marxe da lei. Dentro do marco legal, o Congreso podería amnistiar o emérito alegando os servizos prestados no 23-F, para protexer a Coroa... E a amnistía pode ser previa ao xuízo, vímolo cos policías que cometeran torturas na época de Franco e foron amnistiados sen seren xulgados. Cos votos de PSOE, PP, Cs e Vox teñen unha maioría folgada para aprobala. Tería un custo político para certo sector de votantes socialistas que non o aceptasen, e eu podería escribir un artigo de opinión criticando a decisión, mais non podería querelarme. Por iso parece mentira que se faga unha amnistía desde as cloacas, pola porta de atrás e cometendo un delito de prevaricación, porque non é preciso que haxa un acto administrativo para incorrer neste malfeito, senón que pode xulgarse por omisión. E a mera inacción da Fiscalía e da Axencia Tributaria son condutas prevaricadoras. Vai resultar falso iso de que 'Facenda somos todos'. O imperativo categórico desta querela é a brutalidade coa que se conculcou o principio de igualdade ante a lei, que ten especial intensidade na igualdade ante as obrigas tributarias. Ese é o motivo polo que nos querelamos. Nin eu nin a Asemblea Republicana de Vigo temos nada contra o emérito neste asunto concreto, esta non é unha querela antimonárquica, o único que queremos é pór negro sobre branco e aclarar por que non actuaron dúas das institucións máis poderosas do Estado. Que suporía que esta querela fose admitida a trámite? De admitirse, terían que comparecer Dolores Delgado e Jesús Gascón en sede xudicial e indicar quen foron as unidades de inspección e os fiscais concretos que omitiron o deber de notificar a apertura de actuacións inspectoras. E estas dúas institucións non son 20 funcionarios corruptos 'illados', nin unha 'policía patriótica', son dúas institucións cun poder infinito de inxerencia sobre os cidadáns, e que están sometidas ao principio de igualdade e teñen que actuar conforme a lei, sen discriminar ningún cidadán. En que medida beneficia o emérito a actuación da Fiscalía? Ao rei agasalláronlle varios millóns de euros. O artigo 305 do Código Penal di que a fraude á Facenda pública sancionarase con multa \"do tanto ao séxtuplo\". Isto é, con base nos 4,4 millóns que pagou para regularizar a situación, a multa podería ascender a 24 millóns de euros."}
{"ID": "PRAZA_20878", "summary": "Berlai publica novo disco, un percorrido dunha xornada polas distintas estancias dunha casa. Un traballo feito no confinamento que convida a ver a flor que nace no cemento, o valioso do cotián.", "text": "Berlai publica novo disco, un percorrido dunha xornada polas distintas estancias dunha casa. Un traballo feito no confinamento que convida a ver a flor que nace no cemento, o valioso do cotián. O confinamento deu lugar á creación de diversos produtos culturais e un deles foi o novo disco de Berlai, Cas Berlai. Un percorrido pola casa, partindo da máis precaria: a que queda en estrutura, sen teito nin paredes. Un ollar, en realidade, ao pasado que nos conforma, os afectos que deixamos atrás e que nos acompañan, e un convite a aproveitar o tempo, o que nos ofrece a vida cotiá. Falamos con Xiao Berlai.Este disco non vén acompañado de banda deseñada coma Descoñecido, non?En Descoñecido veu primeiro a música e despois fíxose a banda deseñada. Neste non temos banda deseñada, non.Mais o deseño do propio disco está moi ben. As fotos son boas…As fotos son de Ignacio Nachok, que traballou o deseño con Ernesto Torterolo, que fixera o deseño e ilustración de Descoñecido. Ernesto fai figuras da arquitectura galega con legos. Vai haber un audiovisual que acompañe o disco no que se van ver esqueletos de formigón de casas que quedaron a medio facer. Casas sen paredes nin tellados. Faremos videoclips neste tipo de arquitecturas, mais non serán as típicas fotos diso que moitas veces chaman \"feísmo\".O disco defínese como un canto á beleza do cotián. E de feito é unha sorte de percorrido polas estancias dunha casa durante o confinamento…Ese é o fío argumental. Gústanme os discos con liña argumental, coma The Wall de Pink Floyd… No meu disco hai un concepto, que é a casa, espazo onde conflúen pasados e futuros. Pode entenderse coma unha xornada, como o que acontece nun día, cos pasados que o atravesan. A partir de aí hai varias cousas, coma un canto á perda do meu pai, ou a Lista da compra da viúva, un poema de Emma Pedreira. Comecei a compoñer antes do confinamento. Gravamos xa co covid, na casa. Os músicos nunca escoitaran nada das composicións antes de enviárllelas. O disco naceu así, pola necesidade de cantar a temas moi da vida diaria.Dicías antes que non che interesaba o típico discurso sobre o feísmo. O primeiro tema, Na casa, xa fala de casas sen teito… E a casa sen nada é como o punto de partida do disco. Por que?\"O que para min representan estas casas sen acabar son as ilusións rotas\"O lugar desde o que comezamos é a casa, si. Que é un lugar que puido ser e non chegou a ser, e iso puido ser por distintos motivos. O que para min representan estas casas sen acabar son as ilusións rotas. Coñezo por exemplo a historia dunha parella que estaba construíndo pero o tipo era un desgraciado, un alcólico… Entón non puido ser, e mellor para ela, pero a casa quedou como símbolo dunha ilusión perdida. Despois, a letra xoga co Alalá das marinhas: Tenho uma casinha aberta branca…, e coa letra da Vinícius de Morais: tenho uma casa muito engraçada, não tinha teto, não tinha nada…Na cama fala simplemente de estar na cama e \"habitar o dia en pijama\" e introduce un tema bastante presente no disco: os afectos. Presentes e ausentes. Na cama ten un ronsel erótico… As persoas estamos feitas de moitos pasados, moitas vivencias. E a casa é, tamén, claro, un lugar de afectos. Hai un libro de Paco Roca, Memorias de un hombre en pijama, no que conta que a súa ilusión era traballar en pixama e acabou conseguíndoo… Eu non son moito de estar na cama, pero póñome nesta letra no lugar das persoas ás que lles gusta. Canto á parte erótica que citas, para min ten relación coa bisexualidade. Fala de baixarche á ferreira e de baixarche ao grelo… O grelo suponse que o órgano sexual masculino…No corredor parece representar a sensación que tivo moita xente durante o confinamento de non ser quen de facer nada, de andar despistado... Si, durante o confinamento moita xente comentaba no facebook que non era quen de facer nada. A min pasoume sempre, que me poño a facer varias cousas ao mesmo tempo e cústame acabar algunha. Teño unha mente saltimbanqui. Non estou diagnosticado, pero se estivese indo á escola agora, seguro que me dicían que son TDAH.No espelho é o tema dedicado ao pai ausente. Pero podería ser a ausencia de calquera persoa que se amou. Si. Hai xente que me dixo que lle fixera pensar na súa avoa, nun amigo… Podería falar de calquera das persoas que nos marcaron e que marcharon. Fala de distancia, de ausencia, que pode ser salvable se a persoa está viva, pero que é radical se a persoa morreu. Diso fala o tema: de ausencias obrigadas, de persoas que levas contigo aínda que non estean. Para min foi moi difícil cantarlle a meu pai. Tentárao xa antes e sempre me botaba a chorar cando empezaba. A miña irmá non fora quen de chorar moito no enterro, pero cando escoitou esta canción chorou moito… É melancólica, mais chea de cariño.Lista da compra (da viúva) tamén fala de ausencia, pero desde outra perspectiva. Estiven tempo dándolle voltas a este poema de Emma Pedreira porque é difícil de musicar. Volveu a chispa durante o confinamento, comuniqueime con Emma para pedirlle permiso para mudar algunhas cousas… e saíu. A muller da que fala o poema poderían ser moitas mulleres. Podería ser a viúva que deixa a morte do pai, enlazando co tema anterior. Pero neste caso os versos finais do poema deixan ver que é unha viúva de vivo.Unha muller maltratada que se enfronta á ausencia. Unha muller que foi maltratada pode gardar cariño polo maltratador, e ese é ademais un dos motivos polos que lles custa tanto deixalos… Pois unha maneira de vivir a ausencia é facer a lista da compra para unha soa persoa. Paréceme unha moi boa forma de explicalo. Ademais, así canto poñéndome na pel dunha muller. Estamos afeitos a que os homes compoñan e as mulleres canten… No meu seguinte disco haberá varias letras escritas por min que tratan de adoptar unha óptica feminina.No water fala de algo bastante máis simple, que é enredar no baño. E unha mostra dun dos elementos presentes no disco, que é o humor.\"Houbo xente que me dixo que estivera sorrindo desde o principio ata o final ao escoitar o disco. Iso gústame\"A presenza do humor é unha maneira de quitar ferro despois das letras anteriores, algo dramáticas: o maltrato, a perda do pai… E, ben, seguindo co humor, penso que hai dous tipos de persoas no mundo, as lentas e as rápidas no baño. As lentas teñen unha grande actividade intelectual no baño: poden ata ler a Joyce. Eu tenteino, pero para ler prefiro un sofá… Descoñecido era tamén un disco máis tráxico e neste procurei que houbese máis alegría, humor… Houbo xente que me dixo que estivera sorrindo desde o principio ata o final ao escoitar o disco. Iso gústame.Na cas de Tróski é a miña favorita, tanto pola música como pola letra. Imaxinas ser un can...Como falo do cotián, unhas persoas identifícanse máis cunhas cancións que con outras… Está ben que cada persoa che diga cal é a súa favorita e por que… Eu teño varios cans. Sempre tiven can. O meu avó dicíalle ás veces ao can o típico, de \"ai, que ben vives\". Como tendo envexa dos animais, da felicidade de ser sen máis. Troski é, ademais, un can que recollemos hai un par de anos. Era un can moi medoso que non se deixaba tocar. O meu fillo de sete anos, durante o confinamento, conseguiu achegarse a el, e así achegalo a nós.Na sala fala de visitas imposibles durante o confinamento. Soa o timbre, así que deben ser pantasmas.Si, son as visitas imposibles do confinamento e tamén as pantasmas que habitaron a casa e regresan. As persoas do noso pasado.Bota-te ao mar, o bonus track, fala de aproveitar o tempo. E iso ten moito que ver co sentido de todo o disco. Aproveitar o día o día, o bo que ten o cotián. Este tema non foi gravado no confinamento e é distinto dos outros do disco, que son máis acústicos. Ía ir, de feito, noutro disco, que será o terceiro, aínda que ía ser o segundo. Este terceiro disco irá con ilustracións. A escritora Iolanda Zúñiga axudoume cos textos. Será unha homenaxe a Cousas de Castelao. Este tema é como o colofón da xornada que se conta no disco. Como a noite, despois do día. Unha maneira de concluír o percorrido por Cas Berlai. E si, fala de aproveitar o tempo, de aprender a lambelo, a chuchalo.Gravastes entón cada un na súa casa? Este disco é máis acústico co anterior. Ten menos instrumentos.Si, hai menos instrumentos. Está Bruno Couceiro coa batería, Iago Mourinho co piano, Pablo S. Sanmamed co contrabaixo e eu coa guitarra e kazoo. Queriamos unha sonoridade acústica. E si, cada un gravou a súa parte na súa casa. Eu enviaba o tema xa coa guitarra e a voz, e os tempos, estruturas, harmonías…"}
{"ID": "NOS_24911", "summary": "Unha subcontrata detonou con explosivos unha parte do monte costeiro e cortou centos de árbores nun piñeiral de gran valor ecolóxico, denuncian desde Salvemos Cabana.", "text": "A noticia de que Gas Natural Fenosa (agora Naturgy) ía instalar un parque eólico na Serra do Gontón xerou desde o primeiro momento un movemento de rexeitamento a un proxecto que, advertían colectivos veciñais e ambientalistas, ía ter un impacto prexudicial nesa zona da Costa da Morte e \"hipotecar o seu futuro\". Agora, Salvemos Cabana denuncia que unha subcontrata de Naturgy que traballa na construción do parque eólico de Mouriños \"detonou con explosivos o sector sureste do monte costeiro de 380 metros de altura que lle dá o nome ao macizo e corta centos de árbores nunha zona de piñeiral de alto valor ecolóxico na área de instalación dun dos aeroxeradores\". \"Reduce a entullos parte do cumio\", conclúe. A movilización e as xestións feitas nestes meses lograron conseguir a conservación da área do Pico de Sinde como primeiro cume desta serra costeira, mais \"a triste realidade é que o resto deste singular espazo natural ten os días contados dado que as partes do macizo afectadas polo parque eólico modificáronse de maneira significativa e a restitución ao seu estado orixinal resulta sinxelamente imposíbel\". Pregúntase Salvemos Cabana que ten a dicir agora a Xunta, que deu a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel a este proxecto. E pon o sucedido como exemplo das consecuencias que trouxo a Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza. \"No sector eólico esta lei de implantación empresarial non contribuirá a fomentar un sector eólico máis eficiente e sustentábel, senón unicamente a maximizar as contas de resultados das multinacionais da enerxía\"."}
{"ID": "PRAZA_11532", "summary": "A moción de censura chega despois da ruptura do pacto de goberno entre EU e PSdeG, episodio semellante ao acontecido no pasado mandato con ICM e BNG. Esquerda Unida vea \"dunha gravidade extrema\" por ir \"contra a alternativa a Feijóo\"; a dirección do PSdeG circunscribe o acontecido ao eido local e nega que aposte por \"acordos co partido que pacta coa extrema dereita\"", "text": "O vindeiro 10 de decembro o líder do PP de Mugardos, Juan Domingo de Deus, converterase con toda probabilidade no novo alcalde da vila. Erguerá o bastón de mando cos votos dos 5 edís populares e mais dos 3 socialistas, todos eles asinantes da moción de censura rexistrada o pasado luns no consistorio contra a alcaldesa da vila, Pilar Díaz (Esquerda Unida), sen o aval da dirección do PSdeG, que non obstante circunscribe o acontecido ao eido estritamente local.A convulsión política no Concello de Mugardos remóntase a moito antes das últimas eleccións municipais. No anterior mandato municipal Pilar Díaz chegou ao poder en 2016 grazas a unha moción de censura que remataba co breve período de goberno da dereita nun municipio historicamente gobernado pola esquerda -dende o Partido Comunista de Galicia ata o PSdeG e o BNG-. Aquela moción fora pactada por EU con Iniciativa Cidadá de Mugardos e o BNG, formacións que abandonaran o goberno local apenas un ano despois censurando maneiras \"unilaterais\" da rexedora na toma de decisións.A moción de censura chega despois da ruptura do pacto de goberno entre EU e PSdeG, episodio semellante ao acontecido no pasado mandato con ICM e BNGTras as municipais do pasado maio, a suma de EU e o ascendente PSdeG local chegou aos 7 edís da maioría absoluta e ambas formacións pactaron in extremis un goberno de coalición que rachou o pasado outubro, apenas catro meses despois de se formar. A alcaldesa decidiu retirarlle competencias á tenencia de Alcaldía do socialista José Ángel Martínez Berdanca e os socialistas retrucaban denunciando decisións \"unilaterais\" de Díaz, que á súa vez atribuía ao PSdeG local o atasco de diversos asuntos municipais. O pacto acabou rompendo nun contexto no que medraban as críticas ao consistorio por cuestións como a condena por impedir facer folga o 8M a dúas traballadoras.A moción sinala como motivos a \"falta de diálogo\" da alcaldesa e desequilibrios nas contas do Concello, entre outrosEste é o contexto no que comezaron os contactos entre PP -primeira forza da corporación, con 5 edís- e os socialistas mugardeses. As conversas frutificaron nunha moción de censura cuxo texto atribúe ao goberno local -actualmente con 4 de 13 edís da corporación- \"falta de diálogo\", \"imposibilidade de dar estabilidade ao Concello por romper todos aqueles partidos cos que realizou pactos de goberno\", \"incapacidade de xestión\" ou un desequilibrio de 600.000 euros nos orzamentos municipais, segundo o texto rexistrado. O PSdeG da vila prevé investir o popular De Deus como alcalde pero non entrar no seu goberno, senón manterse na oposición e \"consensuar\" os orzamentos anuais e outras medidas concretas, di o texto da moción.A derivada galegaMalia que as dúas forzas asinantes da moción de censura circunscriben o acontecido ao eido local, a decisión tivo unha inevitable lectura galega, máis aínda por chegar a menos dun ano das eleccións ao Parlamento e xusto cando PSOE e Unidas Podemos negocian unha coalición para o Goberno de España. Para a Executiva Nacional de Esquerda Unida esta moción de censura \"é dunha gravidade extrema\" porque \"vai en contra do que se configura no Estado e da alternativa a Feijóo nas autonómicas\".A organización que encabeza a deputada Eva Solla optou por pedir explicacións á Executiva Nacional do PSdeG, toda vez que ven esta moción como \"un grave retroceso\" que \"nin soluciona a vida dos mugardeses nin coloca as forzas progresistas nun escenario propicio para as tarefas futuras\". Ademais, acusan, vén \"culminar unha serie de bloqueos e tentativas de tombar o goberno municipal de Esquerda Unida\".Esquerda Unida ve \"dunha gravidade extrema\" a moción de censura por ir \"contra a alternativa a Feijóo\"; a dirección do PSdeG circunscribe o acontecido ao eido local e nega que aposte por \"acordos co partido que pacta coa extrema dereita\"Na dirección do PSdeG, pola súa banda, optouse polo perfil baixo ante a moción, se ben subliñando que non conta co seu aval. Preguntado ao respecto, o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, subliñaba este luns en rolda de prensa que o PSdeG non ten \"acordos co PP\" e parte da base de que \"non podemos darlle ás ao partido que pacta coa extrema dereita\", advertindo de que o que acontece en Mugardos non é extrapolable a ningún outro lugar.Na contorna da Executiva Nacional dos socialistas galegos incomoda a situación de Mugardos e mesmo non cabe desbotar, segundo fontes consultadas por Praza.gal, que chegue a emprender medidas contra os concelleiros asinantes no caso de que o pacto acabe frutificando co PP na alcaldía da vila. Así e todo, as mesmas fontes socialistas especifican que o acontecido responde á dinámica interna do municipio, marcada pola mala relación entre a alcaldesa e o resto de grupos da esquerda local, e non responde a unha decisión do PSdeG para apoiar ao PP en detrimento de alianzas progresistas."}
{"ID": "NOS_3303", "summary": "Galiza rexistra 450 mortes pola COVID-19 desde que iniciou a pandemia. Nas últimas 24 horas rexistráronse 58 novos contaxios.", "text": "Galiza contabiliza 450 falecementos por coronavirus, logo de que se produciran nas últimas horas seis novas mortes que se suman ás 444 notificadas polo Sergas na mañá deste domingo, 19 de abril. Son 6.205 os casos positivos en coronavirus na Galiza segundo o último informe diario do Sergas, remitido este domingo 19 de abril. Así, rexistráronse 58 positivos máis que no sábado, o que implica un crecemento de 0,94%. Ao mesmo tempo, tamén aumenta o número de altas, ate as 1.536, ao curárense 29 persoas nas últimas 24 horas. Após esta última actualización de Sanidade, contabilizando as catro mortes que se suman ao dato inicial das 444 fornecido polo Sergas na mañá deste domingo, o número de falecementos rexistrados en hospitais elévase a 350: 105 na área sanitaria da Coruña, 69 na área de Vigo, 67 na de Ourense, 51 mortes na área sanitaria de Santiago, 22 na área de Ferrol, 22 na de Lugo e 14 na de Pontevedra. A maioría das persoas contaxiadas rexistradas están a recibir asistencia domiciliaria por parte do Servizo Galego de Saúde, en total son 5.497 as pacientes que se atopan nesta situación; mentres que 596 permanecen en unidades de hospitalización e 112 na UCI, tres menos que onte. Na Galiza realizáronse un total de 63.715 probas PCR desde o comezo da pandemia e segundo asegurou este domingo o xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, só 12% deron un resultado positivo. O Estado español contabiliza 410 novas mortes 20.453 persoas son as persoas que faleceron por coronavirus até o día de onte segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Sanidade, o que supón un incremento de 410 mortes nas últimas 24 horas. Este domingo a cifra diaria de mortes descendeu considerabelmente respecto a onte, cando se rexistraron 565 falecementos. A de hoxe é a cifra máis baixa en case un mes, en concreto desde o 22 de marzo, cando se rexistraron 394 mortes. Os casos rexistrados de coronavirus ascenderon a 195.944, polo que nas últimas 24 horas contabilizáronse 4.218 casos positivos. No Estado español recuperáronse xa 77.357 pacientes, 2.695 máis que este sábado."}
{"ID": "NOS_28906", "summary": "Francisco Jorquera (BNG) enfatiza a \"necesidade\" de \"esclarecer\" a verdade e \"depurar responsabilidades\". Xosé M. Beiras (AGE) acusa o PP de \"cirscarse nos mortos\". @s populares argumentan que xa se falou do tema no seu momento.", "text": "Máis unha vez o Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta para evitar, non xa que se aprobase unha Comisión para investigar no parlamento galego as causas do sinistro ferroviario de Angrois, senón mesmo que se debatese en pleno sobre ese tema. Unha prohibición que non é unha novidade no PP a respecto das peticións de investigación nos parlamentos (for galego, for español) do maior accidente dos últimos anos en todo o Estado. BNG e AGE solicitaban de novo que se crease esa comisión de investigación. O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, lembrou que \"existen novos datos, e moitas preguntas sen responder que afectan a altos cargos de ADIF\". Tamén se referiu os informes periciais que afirman que a curva de Angrois \"tiña un risco previsíbel e non tolerábel\" e con posibilidades de descarrilamento \"dun cada seis meses\". 15.000 sinaturas pediron unha comisión de investigación porque existe a necesidade de que sexa esclarecida a verdade e se depuren responsabilidades, \"por xustiza e respecto á memoria das vítimas\", enfatizou. Máis duro nas declaracións foi o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, que acusou o PP de \"ciscarse\" nos mortos e de non tomar en serio o Parlamento galego. Novagalicia Banco e Pemex O portavoz do BNG preguntará a Feijóo se asumirá as súas responsabilidades pola venda de Novagalicia Banco a Banesco da que dixo, é a \"demostración do fracaso das súas políticas\" e unha ruína para Galiza. Por outra parte, o nacionalista cualificou de \"fracaso estrepitoso\" os acordos con Pemex co anuncio da construción de 21 barcos dos que só dous foron adxudicados."}
{"ID": "NOS_19235", "summary": "O Colexio Oficial de Psicoloxía colaborou para brindar o servizo de atención no 112, froito dun acordo de colaboración con Vicepresidencia que chegou case un mes despois da declaración da Covid-19 como pandemia.", "text": "Desde que o 14 de marzo de 2020 se declarou o estado de alarma no Estado español, cando xa se contabilizaran 2.322 persoas contaxiadas e 43 falecidas por Covid-19 na Galiza, a vida das cidadás e cidadáns sufriu un cambio radical coa chegada do confinamento, ademais, \"comezaron a xurdir alteracións socioemocionais que se engadían aos riscos económicos e sanitarios\", explica María do Carme González nun estudo publicado no anuario do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza. Isto xerou un aluvión de demandas de asistencia ao Colexio de parte de colectivos moi variados. Tras transmitir a situación á Xunta, recalcando a necesidade de brindar atención psicolóxica á poboación que a precisaba, o 6 de abril -case un mes despois- un grupo especializado de 29 persoas da entidade comeza a traballar co 112 por medio dun convenio asinado con Vicepresidencia. Non obstante, ao non \"cumprir as condicións ordinarias da intervención en emerxencias nin as características habituais da intervención clínica\", o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias tivo que impulsar un protocolo para dar unha resposta unificada tendo en conta desde as chamadas recorrentes sen unha demanda clara ás situacións sociais de risco ou o estado mental das persoas atendidas. Durante a extensión do confinamento o operativo atendeu até 723 chamadas, das que arredor do 28% foron derivadas para o seu seguimento por parte doutros servizos, os máis comúns os de atención primaria, saúde mental e servizos sociais. Mentres que nas primeiras tres semanas a media de chamadas diarias foi de 22, foron diminuíndo paseniño até chegar a 2 diarias nas últimas semanas do confinamento. O perfil máis común das persoas atendidas é o de mulleres de entre 40 e 49 anos que presentaban síntomas de ansiedade, amais, pouco menos do 70% das chamadas proviña de residentes en zonas urbanas, sobre todo do noroeste da Galiza. Con respecto ás patoloxías previas, o Colexio informa de que o máis habitual foron os trastornos depresivos, de ansiedade e de personalidade. Asemade, apuntan que o 57% das e dos usuarios recibían algunha clase de tratamento psicolóxico ou farmacolóxico previo. Baseada nas experiencias adquiridas durante o operativo, a autora do estudo reclama a elaboración dun \"plan de emerxencia sanitaria que atenda a saúde mental e ao benestar psicolóxico\", e reitera que xa se transmitiu á Xunta a necesidade de reforzar os recursos profesionais neste eido para \"dar cobertura ás persoas que viron aprazadas as súas citas\", garantindo a presenza de profesionais da psicoloxía en todos os concellos. Tamén recomenda manter a este persoal na estrutura de Protección Civil e asegurar que estean en \"todos os equipos de orientación dos centros educativos\", así como en Atención Primaria. Outro dos aspectos que aborda o documento é que exixe implantar á Xunta, son \"programas de intervención social para fomentar a cohesión e inclusión comunitaria e a resiliencia das persoas\"."}
{"ID": "NOS_39692", "summary": "A Federación Galega de Confrarías de Pescadores reuniuse este sábado de forma urxente para analizar a crise no sector por mor da suba dos combustíbeis.", "text": "A Federación Galega de Confrarías de Pescadores vén de solicitar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha rebaixa de \"como mínimo\" 0,35 céntimos por litro de combustíbel. Así o acordou a xunta xeral da Federación, reunida de forma extraordinaria e urxente para analizar a situación do sector ante a suba do prezo dos carburantes. Ademais, volveron demandar a exoneración das cotas da seguridade social cando menos até o mes de xuño, un aspecto que pasaría a ser revisábel a partir dese mes. Parte da frota galega permanece en porto mentres os paros chegan ás conserveiras As confrarías galegas tamén acordaron participar da reunión da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, que está previsto que se convoque logo de que manteñan, a próxima semana, un encontro co ministro Luis Planas para analizar a proposta recibida. No caso de non ser atendidas as súas demandas, anunciaron que valorarán outras medidas \"máis contundentes\". Planas, pola súa parte, xa avanzou esta semana a intención do Goberno estatal de artellar unha serie de medidas para axudar o sector pesqueiro polo incremento de prezos do combustíbel que estarán incluídas no 'Plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína', que está previsto que se aprobe o vindeiro 29 de marzo. Cómpre lembrar que as confrarías se mobilizaron esta semana en Arcade (Soutomaior) para exixir medidas concretas ante a suba de prezos que, din, está a afogar o sector."}
{"ID": "PRAZA_2870", "summary": "Debullamos, en datos e gráficos, as claves para afrontar as transcendentais eleccións do 20 de decembro. Son as eleccións máis raras da historia? Funcionará o voto útil? Como influíu a campaña?", "text": "A historia da música popular é como unha dobre hélice. Ou sexa, son dúas ondas que se entrecruzan. Cando un movemento musical descende, outro ascende. Agora mesmo estamos nun cruce. Nunha fenda. Tony Wilson en '24 hour party people' 1.Somos apóstolos do voto útil? Despois desta tensión electoral e postelectoral, do primeiro que haberá que analizar é como consumimos enquisas. Algo está a cambiar. Non só en cantidade senón tamén en calidade. Xa non vale calquera sondaxe. Aínda que se publique case de todo, os expertos independentes teñen espazo para contestar os titulares e ás cociñas dos grandes medios. Aí están, por exemplo, Carlos Neira en Galicia, e Pepe Fernández-Albertos ou Pablo Simón, nos datos do conxunto do Estado, para matizar e interpretar o número de resultados cruzados que se publican. O xornalismo de datos tamén pode dar informacións teledirixidas. O que non é novo é o interese do elector pola última enquisa que empurra ao seu partido. A diferenza está en que agora todos temos o noso altofalante particular nas redes sociais para simular que estivemos no futuro e vimos o que ocorría. É unha chamada vía Twitter ao efecto \"bandwagon\", ou \"subirse ao carro\". É, no fondo, apelar ao voto útil da nosa preferencia: o desexo de subliñar que a nosa papeleta favorita vai ter representación a pesar da barreira natural que impón o tamaño da circunscrición. 2. Realmente é o veciño o que elixe ao alcalde e é o alcalde o que quere que sexan os veciños o alcalde? Das catro circunscricións galegas, dúas son medianas (A Coruña e Pontevedra) e dúas pequenas (Lugo e Ourense). Como contou David Lombao hai un par de meses, a partir das eleccións de 1996, Lugo pasou de cinco a catro escanos. Desde entón só PPdeG e PSdeG-PSOE conseguiron representación. Nas eleccións de 2000, o BNG quedou fóra cun 16,17% dos votos. Paralelamente, Ourense perdeu o escano a partires das eleccións de 1989. Os nacionalistas tampouco obtiveron representación como terceiro partido cun 16,96% en 2000. Na Coruña e Pontevedra bastoulles con menos do 12%. Iso é o efecto da barreira natural, lonxe da barreira legal do 3% que NÓS propón eliminar no seu programa electoral. Os estudos inciden máis na importancia da circunscrición pequena, como responsable da desproporcionalidade, que no método d'Hondt Pero a porcentaxe mínima para ter representación vai baixar. Segundo a maioría de enquisas, En Marea entraría nas provincias orientais con porcentaxes que van do 11% (Lugo) ao 14% (Ourense). Os estudos para mellorar a representación no noso sistema electoral inciden máis na importancia da circunscrición pequena, como responsable da desproporcionalidade, que no método d'Hondt, ao que NÓS acusa no seu programa de \"beneficiar aos grandes\". É a primeira vez que todos os partidos falan de reformar o sistema electoral. En Marea e NÓS propoñen unha circunscrición autonómica. O PP só fala de reformar o sistema electoral municipal, e faino para \"respectar a vontade maioritaria dos veciños garantindo, ao mesmo tempo, a estabilidade dos concellos\". É esa demanda recorrente dos populares de que goberne a lista máis votada, e que xurdiu con forza bizarra esta campaña en Benavente (Zamora), cando Rajoy recitou o seu trabalinguas do veciño e o alcalde. Pola súa parte, o PSdeG-PSOE di, textual e conciso, \"mellorar a proporcionalidade\" con listas desbloqueadas. A proposta de Ciudadanos é, sen rodeos, o modelo alemán. ¿E isto que quere dicir? Que o elector dispón de dúas papeletas, unha con escanos unipersoais, ao candidato da súa circunscrición, e a outra con lista de partido desbloqueada para todo o Estado, na que se poderá establecer a orde dos candidatos. O Congreso comporase dunha metade con deputados de circunscrición e a outra metade con deputados de lista, cunha compensación entre ambas. En todo caso, os partidos que se refiren expresamente a unha modificación da circunscrición avogan por desfacerse da provincia, o causante real da desproporción. 3. ¿Son as eleccións máis raras na historia da democracia? Unha máxima da análise electoral é que debe terse en conta non só a elección anterior, senón tendencias a máis longo prazo. No caso destas, os resultados de 2011 non parecen de hai catro anos, senón doutro espazo e outro tempo, tanto para o conxunto do Estado como para Galicia, onde só había tres partidos en competencia real e un PPdeG superando o 50% dos votos. Estamos ante unhas eleccións xerais distintas ao que coñecemos, pero tecnicamente non serán críticas ou de realiñamento, de non ser que os dous novos competidores permanezan en eleccións posteriores. Vimos algo parecido no terremoto electoral de 1982, cando UCD perdía o goberno en favor do PSOE e cedía o seu espazo electoral a unha emerxente AP-PDP Vimos algo parecido no terremoto electoral de 1982, cando UCD perdía o goberno en favor do PSOE e cedía o seu espazo electoral a unha emerxente AP-PDP. A entrada de C's e Podemos -en Galicia En Marea- reparte o pastel electoral en catro anacos, e en cuxa competición polo centro vaise xogar ese realiñamento. Nunha entrevista recente en Vía V Televisión, Jaime Miquel -na que graficamente definiu a PP e PSOE como \"a momia facéndose serraduras ao final da película\", diante de tres cabaleiros da momiacracia como Roberto Blanco Valdés, Xosé Luís Barreiro Rivas e Tuco Cerviño- aventurou a prognosticar que o PP sería o máis escorado á dereita e o único que ía abandonar ese centro político, ocupando o espazo do FN francés. É aventurado porque C's aínda é unha incógnita ata ver resultados, e como se estabiliza un partido feito desde un único núcleo de liderado que potencia o seu crecemento sen apenas estruturas nin figuras emerxentes locais. Máis aínda en Galicia, onde a súa representación está moi lonxe de acaparar ese voto de centro-dereita en poder do PPdeG. 4. Se chove o domingo, será moi difícil para moita xente? Parece ser que o domingo vai chover. O que non é tan evidente é que a chuvia afecte tanto á participación en Galicia. O que si ten claro a investigación electoral é que a participación sobe cando hai máis competitividade, e nestas eleccións está asegurada. A competitividade é a distancia entre o primeiro e o segundo, ou sexa, a menor distancia maior competitividade. Nas eleccións do 20D no se sabe nin quen vai quedar segundo. Os novos partidos pelexan por captar non só ese centro onde se xogan moitos votos, senón tamén polo novo votante; o que por primeira vez ten idade de votar e o que ata de agora non o fixo. A participación sobe cando hai máis competitividade, e nestas eleccións está asegurada Historicamente, o índice de competitividade non adoitaba coincidir en Galicia e en España en eleccións xerais. Cando en Galicia era moi baixa, no conxunto do Estado era alta e viceversa. Ata as eleccións de 2004. A partir de aí van parellas. Esas oscilacións, que os analistas atribúen ao aprendizaxe democrático, non coinciden coas teses de relación directa entre competitividade e participación ata os anos 90 en Galicia. Isto pode ter máis que ver, como indica Anxo Lugilde n'O outono galego: as eleccións autonómicas 1991-2012 cando fala da elevada abstención, coas irregularidades no censo rural e o incontrolable voto CERA ata que se modificou a lei que o regula. 5. Foi a campaña dos youtubers? Non. Internet favoreceu que os partidos máis pequenos tivesen a súa oportunidade de visibilidade na campaña electoral, pero non a aproveitaron todos igual. NÓS - Candidatura Galega deseñou unha estratexia de reforzo do seu votante tradicional. Rexeitou ao votante mediano e o enfrontamento directo coas outras formacións, agás co PPdeG -por ser o partido de goberno- e C's, o seu oposto en ideoloxía e modelo territorial. A súa campaña está creada para un elector específico: novo, urbano (e rururbano) que defende os valores políticos clásicos del nacionalismo galego e está identificado cos seus sectores produtivos tradicionais. Un elector que, precisamente, ve como un ataque a eses valores as propostas dos partidos máis afastados no arco ideolóxico. O vídeo central -Porque este soño é necesario para un soño-, gravado na Casa de Xantar Silveira en Compostela, está feito para que o votante se sinta orgulloso da súa opción e o difunda como aceno de identidade. A terra é, literal e simbolicamente, a protagonista. NÓS e En Marea non se buscaron durante a campaña, nin para ir xuntos nin para pelexar polo seu votante. Esa batalla quedou en mans da infantería e os comentaristas en Internet, onde si houbo fogo cruzado. Carlos Callón, en entrevistas e discursos para televisión, e \"Mini\", en interpretacións líricas das esencias, focalizaron a atención dunhas listas que aproveitaron o acerto na elección dos candidatos en primarias. C's, en Galicia, tamén fixo un proceso de primarias, pero a súa campaña foi totalmente oposta en todos os sentidos. Escondeu os seus números un provinciais -especialmente o da Coruña e especialmente despois dunha intervención delirante en \"Vía V\"- e impediu que, polo menos algún deles, servise de enlace entre o votante galego e o líder. NÓS e En Marea non se buscaron durante a campaña, nin para ir xuntos nin para pelexar polo seu votante A última semana de campaña foi máis estraña se cabe. Ausente no mitin central da Coruña, Rivera mandou a Inés Arrimadas e Marta Rivera de la Cruz, sen deixar que os seus candidatos galegos falasen cos asistentes nin coa prensa, poñendo en evidencia os problemas da organización cando ten que delegar nos seus líderes territoriais. En Marea, coas súas listas cremalleira configuradas a toda velocidade, confiouno á forza emerxente que arrastra a marca, ás súas alcaldías urbanas da provincia da Coruña e a presenza dos líderes de Podemos con máis tirón. Pero tampouco escolleu un protagonista galego que representase o máis parecido a un líder para un parlamento que vai estar moi fragmentado. Pese a que compiten polo mesmo espazo, En Marea non se enfronta a NÓS. A súa campaña nas redes deseñouse para activar a novos votantes e converter aos doutras opcións. As campañas de PSdeG-PSOE e, sobre todo, PPdeG foron defensivas e minimizando danos. Nada que ver con aqueles multitudinarios mitins nos que se invitaban aos políticos máis coñecidos en Madrid e se facía demostración de militancia numerosa. A puñada que recibiu Rajoy en Pontevedra eclipsou o seu mitin central na Coruña, pero Feijóo deixounos un christmas antes de rematar a campaña. 6. É a fin do bipartidismo? O CIS sitúa a suma dos dous partidos maioritarios por baixo do 50% (49,4%) en España. En Galicia, en intención directa de voto, en torno ao 34%. Segundo esta mesma sondaxe preelectoral, o PSdeG-PSOE deixaría de ser segundo e sería superado por En Marea. Se isto se confirma, Galicia racharía co bipartidismo e sería a primeira vez nunha eleccións xerais que PPdeG e PSdeG non ocupan as dúas primeiras prazas. En democracia, Galicia e o conxunto do Estado levaron una evolución de concentración parecida e en constante crecemento. En Galicia, só en dúas eleccións estivo por debaixo da estatal. A primeira vez foi en 1982, o ano que Felipe González obtivo máis de 10 millóns de votos mentres aquí aínda resistían os estertores de UCD, onde sacou 5 dos seus 11 deputados totais. A segunda foi en 2000, cando o BNG vivía os seus mellores momentos electorais e lideraba a oposición no Pazo do Hórreo. O bipartidismo está tocado, pero aínda non o veremos afundir 7. Un vello é un vello cando fai cousas de vello? Segundo Joe Crepúsculo, nada envellece máis que pensar que nos facemos vellos. Panebianco di algo parecido pero falando de partidos políticos. Na organización dos partidos é fundamental o \"peso do pasado\". A importancia do momento fundacional e o seu inmediato desenvolvemento marcan o futuro da organización. É case un modelo xenético no que a orixe o define todo. Iso non quere dicir que os partidos non evolucionen, pero esa evolución virá porque fóra da organización están ocorrendo cousas que acabarán afectando á estrutura interna, incluídos os cambios xeracionais que socavan o poder das vellas elites. Panebianco non falaba do Bloque, aída que o pareza. Os nacionalistas foron superados por AGE nas últimas eleccións galegas, por Podemos nas europeas, e por partidos de confluencia nos concellos urbanos de Galicia, excepto Pontevedra. O Bloque móvese, pero o peso do pasado está aí. Os novos partidos xogan esa baza. Presumen de non ter pasado. E, se o teñen, como no caso de C's, desvincúlanse del sen ningún problema. Durante a campaña, os vellos partidos chegaron a reivindicar tanto a súa propia historia que ata se atribuíron logros que no lles correspondían. A nova e a vella política non funcionan como ruptura na mentalidade do votante De todos os xeitos, a nova e a vella política non funcionan como ruptura na mentalidade do votante. Segundo se afirma en Aragón es nuestro Ohio, libro do colectivo Piedras de papel, os votantes optan primeiro polos partidos que están máis preto da súa ideoloxía, e despois escollen entre o novo e o vello dentro desa preferencia. Tony Wilson (Steve Coogan), na película de Michael Winterbottom \"24 hour party people\", non só definía a historia da música popular en relación co \"son Manchester\". Estaba falando dun cambio de modelo; de como se vive no momento da fenda, cando as vellas estruturas caen, lentamente, e as novas emerxen. Aí estamos agora. Nunha encrucillada."}
{"ID": "PRAZA_2505", "summary": "O goberno da Marea suma cada vez máis apoios á proposta de \"humanización\" da principal vía de entrada á urbe. Aposta por carreiros peonís e para bicis, transporte urbano e vexetación para minguar a contaminación. Fomento di non e insiste en ampliar carrís pero negocia xa co Concello.", "text": "\"Son dúas filosofías distintas de cidade e de mobilidade; é evidente que se enfrontan dous modelos diferentes\". Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana, advirte das dúas ideas que agroman no debate que leva semanas asentado na Coruña sobre a reforma da súa principal vía de entrada. O futuro da avenida da Vedra vai máis aló dos cambios nunha infraestrutura, senón que se presenta desde o Concello como unha \"oportunidade histórica\" para apostar por unha idea de cidade e transporte diferente. E os apoios á alternativa que propoñen PP e Fomento son cada vez máis importantes. O goberno local da Marea recoñece a súa \"grata sorpresa\" polo importante apoio á súa proposta de humanización da Vedra Arquitectos, urbanistas, técnicos, ecoloxistas ou plataformas como Stop Accidentes mostráronse a favor dunha humanización que tamén prevé apoiar o PSOE cunha moción no pleno. \"Foi unha grata sorpresa apañar máis apoios mesmo dos que pensabamos; estamos comprobando como todo o que sexa gañar espazo fronte ao coche e priorizar criterios ambientais a medio prazo acaba sendo un éxito seguro\", insiste Varela. O goberno da Marea presentou un proxecto de \"humanización\" ao Ministerio do Fomento no que variaba a idea inicial -e fundamental- de aumentar un carril en cada sentido nun vial que é máis unha continuación da autoestrada que unha entrada acougada á cidade. O proxecto do Concello aposta polas sendas peonís, carrís ciclistas, prioridade de transporte público e proliferación de especies vexetais -cunha importante mediana con árbores- que diminúan os efectos da contaminación acústica e por emisión de dióxido de carbono. En definitiva, facer da estrada un bulevar que se basee na sustentabilidade, salubridade e criterios de ecoloxía urbana, máis aínda nunha zona que hai vinte anos non estaba urbanizada. O Concello aposta por sendas penonís, carrís-bici e prioridade do transporte público, pero o PP e Fomento queren aumentar os carrís \"A nosa reivindicación ten tamén que ver cunha zona que é urbana e que hai vinte anos non o era; a xente vive e cruza dun lado ao outro, con barrios ás dúas beiras\", di o concelleiro. Unha contorna de 20.000 persoas con zonas verdes, paradas de buses, colexios, equipamentos deportivos e de ocio... E partida en dous por unha estrada na que se superan os 80 km/h. \"Porque a seguridade viaria é fundamental neste caso; a nosa proposa é tecnicamente viable e moi desexable, sobre todo no que ten que ver con este aspecto porque hai que facer compatible a vida dos peóns, que é moita, co tránsito dos vehículos\", engade Varela. \"Non se trata de aumentar a boca do embude, senón de que o número de coches que entran na cidade sexa menor\", di o concelleiro Xiao Varela Fomento dixo non á proposta do Concello da Coruña e o PP local lanzou unha campaña contra os \"embudos\" que disque se producirán de non aumentarse o númer de carrís nunha cidade afeita ao caos de tráfico. \"Aumentando os carrís o que pasa é que o embude se produce máis abaixo; non se trata de aumentar a boca do funil, senón que o número de coches que entren na cidade sexa menor\", di o concelleiro, que resume así as radicais diferentes concepcións de cidade que xorden. Ademais, os populares alertan do perigo que suporía que se perdesen os 12 millóns de investimento comprometidos por Audasa para o financiamento da obra e desde o Concello pregúntanse que intereses \"a maiores\", ademais de que a súa autoestrada penetre máis na cidade, ten unha empresa privada. Por iso, revisarase o convenio e as presumibles contrapestracións que se lle engadan a esta compañía. O goberno da Marea aposta por desconxestionar de coches unha cidade ateigada e pon a vista nun futuro máis inmediato coa estación intermodal -\"estratéxica e a grande aposta da lexislatura\"- e xa máis adiante co tren de proximidade e, en definitiva, cunha mellor conexión a través de transporte público con toda a área metropolitana. Desde o PP insístese en que son necesarios máis carrís pola masiva presenza de automóbiles, pero o tráfico na avenida descendeu un 10% nos últimos cinco meses, desde que se puxo en marcha a terceira rolda. Uns 27.000 coches menos de entrada e uns 25.000 menos de saída. E o descenso será maior cando se abra o vial 18 que conecta a saída da AP-9 e coa futura entrada en servizo da intermodal. O PP argumenta no elevado tráfico a necesidade de máis carrís, pero descendeu un 10% tras a apertura da terceira rolda Malia as diferenzas, Fomento e Concello buscarán unha solución de consenso e a ministra Ana Pastor e o alcalde Xulio Ferreiro xa acordaron a creación dun equipo de traballo conxunto que comezará a traballar esta semana. O goberno local incorporou propostas do Goberno central -melloras de mobilidade no nó de saída da autoetrada e conexións que eviten cruzamentose facilitarán maior fluidez- e medita reducir algo a mediana, ampliar un chisco os carrís e a beiravía. \"Con algún cambio e pequenas melloras, agardo que cheguemos a un acordo. Os técnicos están afinando unha proposta definitiva do que era un bosquexo e é claro que non lle podemos quitar capacidades ao Ministerio\", aclara Varela. Fomento e Concello traballarán nun equipo conxunto e desde o goberno local agardan chegar a unha solución de consenso \"A aposta é máis ampla, é por un modelo de cidade\", engade o concelleiro de Rexeneración Urbana. Unha aposta por unha avenida do século XXI ou unha cidade para os coches, acerta a resumir o Concello. A confrontación de dous modelos que conseguiu o seu primeiro obxectivo: o debate público entre unha cidadanía interesada e corresponsabilizada no futuro dunha urbe con problemas por resolver. Un dos máis importantes, o que afecta á mobilidade e ao tráfico."}
{"ID": "NOS_37277", "summary": "O Sergas notifica máis de 800 novos contaxios e cinco novos ingresos fóra das unidades de críticos.", "text": "Os casos activos seguen á alza na Galiza. Hai 9.564 con Covid, 536 máis que a xornada anterior e 3.591 máis que hai xusto unha semana, despois de anotar 811 novos contaxios, 143 máis que o día anterior. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados aumentan a 251, cinco máis, que se recuperan fóra das unidades de coidados intensivos. Presión hospitalaria Segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, o número de persoas ingresadas en áreas de críticos non muda. As UCI non experimentaron cambios nas últimas catro xornadas e manteñen 35 doentes ingresados por Covid. Noutras unidades, os pacientes cunha PCR positiva aumentaron até os 216. Así, a presión hospitalaria descende lixeiramente na maioría das áreas sanitarias, con excepción de Vigo, onde aumenta pasando de 64 hospitalizados a 75. Tamén o fan, pero en menor medida, na de Santiago, que pasa de 13 a 14, e na de Lugo, que sobe de 12 a 14. A Coruña contabiliza 25 hospitalizados, un menos, Ferrol baixa de 19 a 16, Ourense pasa de 73 a 69 hospitalizados e Pontevedra, de 39 a 38. O efecto das vacinas contén a gravidade das infeccións e apréciase na presión hospitalaria, que malia subir de forma practicamente continuada desde o inicio da sexta vaga, non responde ao incremento de casos coa mesma forza que o fixo noutros momentos da pandemia cunha incidencia similar. Contaxios e falecementos As áreas sanitarias de Vigo e Ourense reúnen máis da metade das infeccións activas polo coronavirus. Son, tamén, as que máis novos contaxios volveron sumar nas últimas horas. Dos 811 novos positivos notificados polo Sergas, 107 máis que hai unha semana, Vigo anotou 237; Ourense, 214; A Coruña; 129; Pontevedra, 125; Lugo, 40; Santiago, 38, e Ferrol, 28. A taxa de positividade mantense por riba de 10%a sete días e a razón de taxas por riba de un. A incidencia da pandemia sitúase segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade na contorna dos 330 e 194 casos por 100.000 habitantes a 14 e sete días. En canto ao número de persoas falecidas con coronavirus desde o inicio da pandemia, Sanidade eleva a cifra a 2.690 tras notificar ocho víctimas entre os días 3 e 7 de decembro."}
{"ID": "PRAZA_14186", "summary": "O acordo electoral entre ANOVA e Esquerda Unida abre un proceso de reconciliación histórico, entre a esquerda estatal e nacional. A disputa política iniciada nos anos 60 cun claro gañador, a esquerda nacional, parece que está a punto de rematar nun empate político e amigable. As estreitas relacións do BNG e Esquerda Unida no Parlamento Español e o actual acordo electoral entre ANOVA e EU sinalan claramente que estamos a transitar unha nova etapa da esquerda no noso país.", "text": "O acordo electoral entre ANOVA e Esquerda Unida abre un proceso de reconciliación histórico, entre a esquerda estatal e nacional. A disputa política iniciada nos anos 60 cun claro gañador, a esquerda nacional, parece que está a punto de rematar nun empate político e amigable. As estreitas relacións do BNG e Esquerda Unida no Parlamento Español e o actual acordo electoral entre ANOVA e EU sinalan claramente que estamos a transitar unha nova etapa da esquerda no noso país As estreitas relacións do BNG e Esquerda Unida no Parlamento Español e o actual acordo electoral entre ANOVA e EU sinalan claramente que estamos a transitar unha nova etapa da esquerda no noso país. No caso de ANOVA, o propio Xosé Manuel Beiras provén do Partido Socialista Galego (PSG) quen formaba parte dunha estrutura estatal de partidos afíns, algúns dos cales se unificaron posteriormente co PSOE. Se ben a precipitación electoral pode xerar algunhas dificultades, o certo foi que as bases de ambas as dúas organizacións e as súas cúpulas dirixentes maioritariamente acordaron dar este paso tan importante. Por agora, o acordo parece ser soamente electoral aínda que moitas voces consideran que debe consolidarse nunha alternativa política movilizadora das loitas políticas e sociais de Galicia. Algunhas forzas, inclusive nacionalistas como a FPG, que apostaron firmemente por este acordo, ven máis alá e cren que esta mesma Fronte Popular debería concretarse en todo o Estado. A realidade é que este acordo potencia o voto da esquerda, xera unha grande ilusión colectiva e instala na sociedade galega unha alternativa de esquerdas e anticapitalista. Cando esta se formalice en poucos días seguramente se multipliquen as súas expectativas electorais, colocando a esta formación e a Xosé Manuel Beiras no centro da política galega Antes de concretarse este acordo as sondaxes sinalaban un bo resultado electoral para a coalición. Cando esta se formalice en poucos días seguramente se multipliquen as súas expectativas electorais, colocando a esta formación e a Xosé Manuel Beiras no centro da política galega. Sen lugar a dúbidas, a primeira consecuencia deste histórico acordo será a derrota electoral do Partido Popular e a posibilidade de conformar un goberno cun programa de esquerdas, en clave galega."}
{"ID": "PRAZA_4798", "summary": "Manuel González, profesor da Facultade de Económicas da USC, comeza a publicación dunha serie de análises sobre a estrutura e a situación da economía galega, respondendo á pregunta de \"Vivimos mellor ou vivimos peor?\"", "text": "Manuel González, profesor da Facultade de Económicas da USC, comeza a publicación dunha serie de análises sobre a estrutura e a situación da economía galega, respondendo á pregunta de \"Vivimos mellor ou vivimos peor?\". Destaca que \"a economía galega experimentou profundas mudanzas estruturais nas últimas décadas\" e que \"a crise económica, primeiro internacional e logo europea, freou un proceso de mellora socioeconómica e de modernización inédito na historia contemporánea do país, pero que non estaba exento de importantes fraquezas\". O obxectivo fundamental deste artigo é analizar e interpretar a situación actual da economía galega así como presentar unha reflexión sobre os retos aos que se enfronta no futuro inmediato. Introdución Non fai falla ser un avezado economista nin tampouco un sagaz observador para darse conta de que Galicia e a economía galega experimentaron profundas mudanzas nos últimos 30 anos Non fai falla ser un avezado economista nin tampouco un sagaz observador para darse conta de que Galicia e a economía galega experimentaron profundas mudanzas nos últimos 30 anos. As transformacións experimentadas transcorreron en paralelo á consolidación das institucións propias e do proceso de integración Europea, os dous grades cambios institucionais acontecidos logo da chegada da democracia a España. Ao longo deste artigo, que publicaremos en diversas entregas, trataremos de ver cales foron os cambios que se produciron na nosa economía e en que situación nos deixan para afrontar o futuro inmediato. Vivimos mellor ou vivimos peor? Seguimos amosando menores niveis de desenvolvemento que España e Europa, mais fomos quen de recortar diferenzas nas últimas décadas, aínda que só fora timidamente e sen lugar a dúbidas formamos parte do afortunado club dos países desenvolvidos do mundo O primeiro que compre responder é algo que curiosamente soen esquecer a maior parte dos economistas: Vivimos mellor ou vivimos peor que hai 30 anos?. Responder a esta pregunta non é nada doado pois ao fin e ao cabo encerra aspectos moi diversos e que ademais teñen un carácter fortemente subxectivo. Pero o máis lóxico é tratar de obxectivala botando man dalgún dos múltiples indicadores que se utilizan para medir o nivel de desenvolvemento e benestar dos países e das sociedades. Nós botaremos man do ben coñecido índice de desenvolvemento humano (IDH), usado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e que integra parámetros relacionados coa saúde (esperanza de vida ao nacer), a educación (taxas de alfabetización e de escolarización) e a riqueza (renda per cápita). Se usamos ese indicador, a resposta á pregunta que nos facíamos é sen dúbida positiva pois, tal e como amosan estudos recentes publicados polo IVIE (2013)1, o IDH galego medrou cerca dun 18% entre 1980 e 2010 e fíxoo, ademais, lixeiramente por riba da media española que a súa vez experimentou un crecemento por riba do da Unión Europea2. Vivimos máis tempo, o cal é mostra de mellores condicións de saúde; temos máis educación o cal nos dá máis oportunidades de progreso e xeramos máis riqueza material. Seguimos amosando menores niveis de desenvolvemento que España e Europa, mais fomos quen de recortar diferenzas nas últimas décadas, aínda que só fora timidamente e sen lugar a dúbidas formamos parte do afortunado club dos países desenvolvidos do mundo. Se, no canto de medir o desenvolvemento humano, nos centramos nun aspecto directamente relacionado co modelo de sociedade como é o da desigualdade e a pobreza, as conclusións son moi parecidas ás anteriores se ben debemos destacar o importante deterioro que se ten producido por mor da crise económica iniciada en 2008. En calquera caso, tal e como xa teñen analizado polo miúdo Gradín e Del Río (2003)3, entre finais dos anos 70 e finais dos 90 produciuse en Galicia unha clara redución da pobreza e unha mellora da distribución da renda. En termos comparativos Galicia foi quen de recortar as diferenzas respecto a media Española particularmente na segunda metade da década pasada até tal punto que a taxa de risco de pobreza no ano 2011 era do 18,8%, dous puntos inferior que na media Española (INE, 2012)4. Curiosamente nesa altura aínda non se apreciara no noso país unha agravamento importante, no referido á pobreza relativa, por causa da crise económica e do seu devastador efecto no emprego5. As melloras producíronse en paralelo á asunción e desenvolvemento por parte da Xunta das competencias clave tanto en educación e en saúde, como en diversas áreas de política económica entre as que podemos incluír ás políticas industrias e de innovación Debemos destacar que as anteriores melloras se produciron en paralelo á asunción e desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia das competencias clave tanto en educación e en saúde, como en diversas áreas de política económica entre as que podemos incluír ás políticas industrias e de innovación. Calquera podería evidentemente afirmar que se ditos servizos se seguiran xestionando e prestando dende Madrid ou, no outro extremo, se Galicia fose un país independente, poderiamos ter acadado as mesmas ou máis melloras en materia de desenvolvemento. Pero o anterior, ademais de non poder demostrarse por ser un contrafactual, non é óbice para afirmar que a medida que o autogoberno de Galicia se foi consolidando e boa parte dos servizos do estado social se xestionaron dende Galicia, o benestar dos galegos experimentou claras melloras. NOTAS: 1- IVIE (2013); Desarrollo humano en España. 1980-2011. Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas 2- Debido a problemas metodolóxicos, non podemos realizar unha comparanza directa entre o IDH galego, o español e o europeo. Os datos para Galicia proceden dun estudo realizado para o conxunto das CCAA españolas e no mesmo apréciase que Galicia pasa de ocupar o posto 14 no ranking do IDH Estatal en 1980 ao posto 10 en 2010. Por outra banda, os datos do PNUD amosan que España mellorou a súa posición relativa respecto á Unión Europea o cal nos permite afirmar que Galicia tamén o fixo, mesmo en maior medida. 3- Gradín, C. e Del Rio, C. (2003); \"A distribución da renda en Galicia: Balance das tres últimas décadas\" Revista Galega de Estudos Sociais, 1, 41-56 4- INE (2012); \"Encuesta de condiciones de vida. Año 2012\". Notas de Prensa del INE 5- A taxa de risco de pobreza é a porcentaxe de persoas que están por debaixo do limiar de pobreza, entendido como o 60% da mediana dos ingresos por persoa (realmente por unidade de consumo das persoas)."}
{"ID": "NOS_58584", "summary": "A enquisa da UPV apunta un lixeiro retroceso do Partido Nacionalista e da esquerda abertzale e quedas importantes de PP e PSOE respecto eleccións 2012. Podemos sería a primeira forza 'española' en Euskadi, mais perdendo 10 puntos respecto ao anterior 'Euskobarómetro'.", "text": "O 'Euskobarómetro' -enquisa política e electoral realizada pola Universidade Pública Vasca- apunta a que de haber agora eleccións en Euskadi habería cambios significativos na composición do Parlamento en comparación co saído das urnas nas eleccións de 2012, se ben o principal 'tremor' tería lugar no campo das forzas 'españolas' ou 'estatais', coa irrupción de Podemos, que se coloca como terceira forza. Porén, o partido de Pablo Iglesias perde folgos a respeito dos resultados que lle daba o 'Euskobarómetro' de finais de 2014, que o situaba como segunda forza. A sondaxe indica que o PNV-EAJ volvería gañar as eleccións, atinxindo entre 25 e 26 deputad@s fronte aos 27 que posúe na actualidade; e logrando un 33,5% de porcentaxe de voto. Manteríase pois, e con diferencia, como a primeira forza política en Euskadi malia o lixeiro retroceso. Respecto o anterior 'Euskobarómetro', o PNV subiría en porcentaxe de votos (do 30 ao 33,5%), ao igual que EH Bildu (do 19,7 ao 23,1%)). Podemos baixa do 25,6% ao 15,1% Retrocede tamén, segundo o Euskobarómetro, a esquerda abertzale que, porén, mantén o tipo fronte á forte irrupción de Podemos. Eh Bildu obtería o 23,1% dos votos e entre 18 e 19 escanos no Parlamento, tendo na actualidade 21. Perdería, pois, entre 2 e 3 deputad@s. A coligazón independentista manteríase como segunda forza nas tres provincias (Araba, Gipuzkoa e Bizkaia) e recuperaría espazo a respecto dos resultados que lle daban na sondaxe de outono de 2014 (que lle daban un 19% dos apois). Podemos tería 11/12 deputad@s e o 15,1% dos votos, consolidándose así como a primeira forza 'estatal' ou 'española' en Euskadi e como a segunda de esquerdas (detrás de EH Bildu). En Bizkaia estaría disputándolle o segundo posto á esquerda abertzale. No 'Euskobarómetro' de outono de 2014 Podemos era segunda forza, por diante de EH Bildu, e co 25% dos votos e 21/22 escanos. PSOE caería ao cuarto posto, obtendo 14,5% dos votos e 10/11 parlamentari@s (agota posúe 16). O PP obtería 8 escanos (ten 10) e apenas atinxiría o 8% dos votos. Ciudadanos, IU e UPyD non acadarían representación paralmentar. O estudio realizouse en función dos resultados de 600 entrevistas feitas entreo 29 de maio e 15 de xuño polo equipo do Euskobarómetro do Departamento de Ciencia Política da UPV-EHU, dirixido polo profesor Francisco Llera."}
{"ID": "NOS_32735", "summary": "Asime cre que a sentenza de Vulcano servirá para que algunhas institucións aprendan como se defende a actividade industrial e empresarial.", "text": "A xestión do Porto de Vigo, co seu presidente Henrique López Veiga á fronte, non deixa indiferente a ninguén. Se a pasada quinta feira era a Audiencia Nacional de Pontevedra a que rexeitaba a impugnación solicitada polo ente portuario do expediente de liquidación do estaleiro Vulcano, onte foi a Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime) a que criticou duramente a actitude do Porto de Vigo por pretender que a concesión dos terreos de Vulcano retornase á Autoridade Portuaria. \"É lamentábel que tivera que ser a Audiencia Provincial a que lle ensinase a algúns representantes de institucións e organizacións cal é o camiño para defender a actividade industrial\". A través dun comunicado, a patronal do metal confía en que o auto xudicial \"sirva de lección\" a esas persoas e institucións, mais lamentou a \"perda irreparábel de tempo\". \"Confiamos en que se depuren responsabilidades nos niveis respectivos e que, dunha vez por todas, algúns representantes e algunhas institucións aprendan como se defende a actividade industrial e empresarial, e teñan unha visión, como mínimo a medio prazo, do que debe ser unha cidade e unha área industrial\". Asime lembra que defendeu \"desde o primeiro momento\" que a unidade produtiva do estaleiro debe liquidarse como un todo, para permitir a continuidade da actividade industrial (construción e reparación naval) nesas instalacións, tamén apunta que, se logran que \"se manteñan as ofertas\" polas instalacións, poderase crear emprego no antigo estaleiro do barrio vigués de Teis, aínda que censurou a \"falta de defensa do sector\" por parte das distintas institucións."}
{"ID": "PRAZA_18130", "summary": "No encontro, previo á inauguración do AVE Ourense-Santiago, dous departamentos da empresa pública discreparon sobre se había que revisar mellor a curva e finalmente decidiron non facelo HEMEROTECA | Vítimas de Angrois evidencian que Adif sabía que tiña que revisar mellor a curva e non o fixo", "text": "Vítimas de Angrois evidencian que Adif sabía que tiña que revisar mellor a curva e non o fixo\"Eu participei nunha reunión hai oito anos, como me vou acordar\". Con esa e outras evasivas, visiblemente nerviosa, respondeu este mércores no Congreso na comisión de investigación sobre o accidente de Angrois unha técnica de Adif presente en abril de 2011 nunha reunión na que dous departamentos da empresa pública discreparon sobre se había que revisar mellor a seguridade da curva na que descarrilou o Alvia, algo que finamente non se fixo.No encontro, previo á inauguración do AVE Ourense-Santiago, dous departamentos da empresa pública discreparon sobre se había que revisar mellor a curva e finalmente decidiron non faceloNa causa xudicial sobre o accidente está en cuestión se Adif avaliou como debía o risco dun descarrilamento por erro humano e exceso de velocidade na curva de Angrois como o que ocorreu o 24 de xullo de 2013, que deixou 80 mortos. Adif vén argumentando que non era preciso realizar unha avaliación independente (ISA) dos riscos dese punto porque xa formaba parte da rede ferroviaria convencional de entrada a Santiago e estaba fóra da liña de AVE Ourense-Santiago propiamente dita, na que si se realizara esa análise.Pero esa cuestión foi debatida en Adif en 2011, antes da inauguración da liña, segundo evidenciaron hai uns meses as propias vítimas do sinistro entregando no xulgado varias actas de reunións internas. Nelas, membros da Dirección de Seguridade na Circulación de Adif vían necesaria a avaliación independente mentres que membros da Dirección de Instalacións de Control de Tráfico consideraban que chegaba cun procedemento inferior. Finalmente impúxose a segunda opción e ningún organismo independente avaliou a seguridade da curva de Angrois, algo que validou o director de Seguridade, Andrés Cortabitarte, imputado na causa. A técnica comezou negando a súa presenza na reunión para despois dicir que non lembraba o seu contido e que ela non tiña competencias sobre a curva porque ela só avaliaba o sistema de control da velocidade, que alí non estaba instaladoNaquel encontro no que os dous departamentos de Adif expuxeron as súas posturas contrapostas participou entre outros técnicos Alejandra Pérez Jiménez, experta que supervisou as probas do sistema ERTMS de control constante da velocidade e pertencente ao departamento que consideraba innecesario facer a avaliación independente. Este mércores, na súa comparecencia no Congreso, foi preguntada de xeito insistente por aquela reunión pola deputada de En Marea Alexandra Fernández. A técnica comezou primeiro negando a súa presenza no encontro para despois insistir en que non lembraba o seu contido. Tamén asegurou que, como experta en ERTMS, as súas funcións limitábanse ao treito da liña en que estaba instalado ese sistema, ata pouco antes da curva de Angrois, polo que non tiña competencias sobre a seguridade da propia curva, que carecía de ningún sistema, ERTMS ou convencional, que a protexese.As súas respostas, tatexantes algunhas delas, foron criticadas pola deputada de En Marea, que lembrou respostas evasivas similares de anteriores comparecentes e considerou \"incrible que estando en reunións de coordinación ninguén saiba o que dicía o do lado\".Un técnico das empresas que instalaron a seguridade de Angrois atribúe a Adif toda a responsabilidade sobre \"con que seguridade operar a liña\" e nega presións políticasNa sesión deste mércores da comisión de investigación sobre Angrois tamén compareceu un técnico das empresas que instalaron os sistemas de seguridade da liña, Juan Olmedilla. Tamén a el se lle preguntou pola decisión de Adif de non facer unha avaliación independente da seguridade da curva de Angrois senón só do resto da liña de AVE desde Ourense ata pouco antes dese punto. Olmedilla, que compareceu tamén no xulgado como testemuña o pasado 12 de setembro, indicou que as empresas limitábanse a facer o que Adif lles pedía e que é Adif \"quen decide con que seguridade operar a liña\". Esa resposta, avanzada tamén por outros compañeiros seus no xulgado o pasado marzo, ratifica a versión que deron no seu momento tamén ante o xuíz varios técnicos de Ineco, a consultora independente á que Adif encargou supervisar o resto da liña pero non a curva de Angrois, segundo a súa declaración.O técnico comparecente este mércores tamén negou presións políticas para axilizar as obras da liña antes da súa inauguración en decembro de 2011. \"Presionado? Non especialmente, as datas que poñen os políticos sempre están aí, pero non especialmente\", dixo."}
{"ID": "NOS_48378", "summary": "[ACTUALIZACIÓN 20:15H] En Baroña foron despexadas a praia do Castro, dúas vivendas e un dos cámping.", "text": "Continúan os lumes no sur do país. A peor situación atópase en Soutomaior onde a Xunta mantén o nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ao núcleo de poboación de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. Tamén na parroquia de Arcade están alerta polo lume. Aliás, en Pontesampaio sitúase máis un foco que destruíu máis de 20 hectáreas. Por volta das 11:30h foi desactivada a situación 2 en Cotobade e dase por controlado o incendio após perto de 48 horas ardendo. Até o momento e segundo a información proporcionada polo goberno galego através da Consellaría de Medio Rural arderon 365 hectáreas de monte en Cotobade. En Soutomaior o terreo atinxido polo lume superaría as 200 hectáreas. Aliás, ás 23:35 horas o servizo de alerta de incendios forestais da Xunta (085) informou dun activo na parroquia de Lérez (Pontevedra), xa controlado, que levaría queimadas cando menos 30 hectáreas. Os distintos lumes da provincia de Pontevedra deixan tras de si máis de 1.200 hectáreas queimadas. Por volta das 12:30h foi detectado un novo incendio forestal na parroquia de Fecha (Compostela) onde se decretou o nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ás vivendas de Vilar do Rei. Até o momento arderon máis de 20 hectáreas. Tamén na parroquia de Augas Santas no Concello de Rois mantense activo un incendio forestal para o que foron mobilizados por parte do Ministerio de Medio Ambiente brigadistas e dous helicópteros da base de Tineo (Asturies). Até o momento supera as 20 hectáreas ardidas. Ás 18:48h a Xunta decretou o nivel 2 en Baroña (Porto do Son) por un incendio de máis de 20 hectáreas. Desaloxada a praia de Castro Baroña, Arealonga e un dos camping. Aliás no Concello de Avión, parroquia de Nieva, declarouse a situación 2 de emerxencia pola proximidade dun lume ás vivendas de Porreira. Sobre o terreo traballan, de acordo coa información facilitada pola Xunta de Galiza: Soutomaior: 1 técnico, 11 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Cotobade: 2 técnicos, 18 axentes, 33 brigadas, 18 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións. Pontevedra: 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas. Compostela: 5 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros. Porto do Son. 2 axentes, 4 brigadas e 4 motobombas Caldas, Cee, Mondariz Segundo a Xunta foron estabilizados os incendios de Caldas, onde arderon perto de 300 hectáreas, Mondariz (160 hectáreas). En Cee (+100 hectáreas) foi extinguido. Así as cousas, na localidades mantéñense activos 8 focos. Na xornada de onte tamén foi notificado un incendio en Padrón. Porén, Medio Rural non informa da súa situación."}
{"ID": "QUEPASA_168", "summary": "O Concello, a veciñanza e os representantes das comunidades de montes tiveron hoxe unha xuntanza de negociación coa empresa", "text": "Xa en 2012 e 2011, o proxecto inicial causara indignación en varios sectores da sociedade da Costa da Morte pola súa afección ao Monte Pindo, ao Camiño de Santiago ou á Devesa do Anllares. Agora, o novo proxecto eólico A Ruña 2, tras 3 anos de negociacións, volve xerar polémica, ata no seo do goberno municipal de Mazaricos. Esta mañá de venres veñen de manter unha reunión algo sui generis, na que a empresa Eurus Desarrollo renovables continuou coa súa política de ameazas (habitual no proceso de adquisión de terreos cos propietarios das aldeas) mesmo co Concello. Un proxecto que colocará un viravento practicamente enriba da mesma Devesa do Anllares Anllares, unha das últimas xoias naturais en forma de bosque atlántico que quedan na Europa occidental. Dende o concello piden un mínimo de 15.000 por viravento, como rexe o convenio e se ten realizado noutros concellos da comarca. Tras a xuntanza o alcalde, Juan José Blanco dixo mostrarse \"moi molesto porque a empresa enviou a ameaza da expropiación á casa dos veciños e iso non é unha maneira de negociación, éo de coacción\". \"A veciñanza sentiuse indefensa porque non teñen os medios legais nin económicos para afrontar isto\" e engadiu que \"por iso desde o Concello se habilitou inmediatamente unha partida para a súa defensa\". Ao fío disto quixo deixar claro que Eurus \"obrigou a un Concello pequeno como o noso a desembolsar 20000€ e a estar permanentemente alerta\" e exemplificou isto en que \"decidiron reunirse con nós o día antes de que remate o prazo de alegacións, por fortuna nós xa as tiñamos presentadas\". Segundo os técnicos \"os eólicos van estar moi preto das casas, a 500 metros, a veciñanza vai escoitar o ruído e hai un especialmente controvertido que afecta á carballeira de Anllares, polo que a cantidade ofertada pola empresa é completamente insuficiente para reparar o prexuízo\"."}
{"ID": "NOS_4263", "summary": "Adega difunde un compendio de recomendacións para un gasto responsábel e ético durante as celebracións destas Pascuas", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) ven de publicar un manual de boas prácticas de consumo para estas festas natalicias. 'Por un Nadal máis verde', disponíbel na súa páxina web, convida a \"reflexionar sobre o noso papel como habitantes deste pequeno e limitado planeta\" durante esta época festiva. A entidade alerta no documento sobre o excesivo gasto de enerxía, a alta produción de residuos e o conseguinte incremento de emisións de efecto invernadoiro que provocan un esgotamento dos recursos naturais. \"Son estes os síntomas dunha sociedade en perigo\", indican desde a asociación. Para tentar paliar esta tendencia, Adega suxire varias dicas que axudarán a reducir responsábelmente o acusado gasto económico e enerxético do período natalicio. Preciso realmente mercar isto? De que está feito? Canto vai durar? Pode ser reciclado? Hai alternativas mellores? Son algunhas das preguntas que desde a entidade recomendan que a xente se faga antes de mercar algo. Incitan a procurar alternativas en todos os ámbitos que permitan un consumo máis responsábel. Por exemplo, as abundantes comidas familiares poden ser planificadas de xeito que se prescinda de produtos envasados e se tire proveito de alimentos de tempada. \" Evita aqueles alimentos que percorreron moitos quilómetros até o noso prato\", apuntan tamén. Os agasallos son outra vía pola que aforrar tanto económica como enerxeticamente. Mercar xoguetes biodegradábeis, crear os teus propios presentes ou mesmo agasallar algo non físico como subscricións ou obradoiros. Todo serve con tal de prescindir desa necesidade de consumir creada artificialmente pola publicidade, que convén abordar de xeito crítico. As tendas de comercio xusto, a produción local, os mercados tradicionais ou os obxectos de segunda son tamén boas opcións para este Nadal. Reutilizar e reducir O camiño para restrinxir o deterioro do noso patrimonio natural tamén inclúe o abandono progresivo de prácticas que produzan grandes residuos ou gasto enerxético. É o caso das luces de Nadal, do consumo de aparellos que funcionen con pilas, ou mesmo o uso abusivo de medios de transporte privado ou aéreo. Pola contra, Adega propón reducir grazas á vía de emprestar, intercambiar, reutilizar ou remedar. \"Nós tamén somos vítimas do consumismo na medida en que consumimos o noso tempo libre nas tendas e centros comerciais, consumimos a nosa saúde e paciencia en longas colas, consumimos os nosos desexos poñéndolle prezo a todo\"."}
{"ID": "PRAZA_718", "summary": "ENTREVISTA Xurxo Álvarez foi reelixido esta fin de semana presidente de Fruga, que celebrou a súa segunda asemblea nacional, na que reclamou medidas ante a liberalización do mercado leiteiro e na que volveu pedir estar presente nas mesas de negociación que afectan o rural galego.", "text": "O BNG demanda medidas concretas á Xunta ante a liberalización do mercado lácteo A Fruga (Federación Rural Galega) celebrou esta pasada fin de semana en Lugo a súa segunda asemblea nacional, na a organización labrega advirte que seguirá na pelexa para contar con representación nas diferentes mesas de negociación que afectan o agro, a gandeiría e o sector forestal e reivindica o rural como \"o futuro\" de Galicia. Tras un amplo debate sobre as diferentes \"inquietudes\" que afronta o campo galego, Xurxo Álvarez foi reelixido como presidente da entidade. Nesta entrevista fai balance e analiza os retos futuros. Cal foi o debate principal na asemblea de Fruga? Podemos dicir que o que hai, en xeral, é inquietude. Fomos debatendo a situación de cada un dos sectores básicos no rural e, o que máis e o que menos, amosou a súa inquedanza ante o futuro e que, na maioría dos casos, ten que ver cos baixos prezos que se lle pagan ao traballador. \"No rural galega, en xeral, hai inquietude polo futuro\" Esa inquedanza da que fala parece aínda máis evidente no caso do sector leiteiro coa inminente fin das cotas... No tema do leite, a novidade a maiores, ademais da problemática dos prezos, é precisamente esa desaparición das cotas, pero os prezos que se pagan están baixos coma noutros sectores. Obrigóuselles aos gandeiros a comprar cota para ter accesos a mellor explotacións, poder producir e ter bos prezos. Metéronse en gastos e investimentos que agora quedan en papel mollado... Non é moi diferente ao que ocorreu coas preferentes e parece obvio que debería haber unhas compensacións. Agora chega unha liberalización sobre a que debe tomarse algún tipo de medida porque non pode facer cadaquén o que lle dea a gana. Para empezar, hai normas a nivel europeo que impiden que os produtos agrarios poidan venderse por debaixo dos custos de produción, así que haberá que sentarse a falar e debater e artellar solucións aos problemas que chegan agora. \"Ante a liberalización no sector leiteiro, hai que tomar medidas non porque non pode facer cada un o que lle dea a gana\" Pero aquí parece que os problemas só afectan a unha parte... Como se adoita dicir, a río revolo, ganancia de pescadores. A industria, co beneplácito da Xunta e das administracións, fai o que lle peta. Os nosos gobernantes deben administrar todos os cidadás e non só a unha parte deles. Hai que sentar as partes para chegar a acordos. A famosa Mesa do Leite non está activa e non pode ser que unha parte se aproveite da outra. Ademais, é moi necesaria a posta en marcha dunha interprofesional láctea galega, coa presenza de todos os actores implicados e buscando os mecanismos para garantir os prezos. Pero o presidente galega está ausente, ao igual que a conselleira ou o Ministerio e mesmo a UE. Logo, de súpeto, aparecen unhas multas millonarias á industria que, non obstante, séguenlles compensando e permítelles seguir abusando. Na asemblea Fruga tratou tamén a problemática do despoboamento rural. Pouco se pode facer aquí se a Administración non intervén. Se as cousas están mal, é normal que o relevo xeracional non se produza. Non se pode estar traballando e gastando cartos para nada e son os gobernos os que teñen que levar a cabo políticas axeitadas, investir e coidar o rural. Eu son de Ourense e esta é a provincia máis desertizada a nivel agrogandeiro e logo non hai máis que lumes e incendios. Esas son tamén as consecuencias do abandono e o desleixo. \"As subvencións non son un problema de cartos; hainos, pero están mal repartidos\" Fala Fruga de que o rural \"é o futuro de Galiza\". Debemos partir da base de que se un país non é capaz de alimentar a poboación está empobrecido e ademais é dependente. Cada país ten que poder producir alimentos para a súa produción e Galiza pode, pero por outro lado están as politicas agrarias e as subvencións ou axudas que chegan da UE. Non pode ser que na PAC, 3.000 explotacions cobren igual que 600.000. Está claro a quen están dirixidas estas achegas. Non é un problema de cartos, senón de que os hai pero están mal repartidos. Non se pode estar subvencionando xente que non é agricultora, que non produce alimentos... A Fruga xa puido comprobar nunha xuntanza na UE que a administración comunitaria segue enrocada no mesmo por intereses dos terratenentes e de diferentes poderes, pero se o que se quere é potenciar a agricultura, a quen hai que protexer é aos agricultores. Di tamén a organización que pelexará por estar nas diferentes mesas de negociación dos asuntos que atinxen ao agro galego. Por que non o están? Somos unha organización, temos dereito a asociarnos e cumprimos todos os requisitos legais, pero a Administración non conta con nós malia ter representación, por exemplo, en todos os consellos reguladores menos nun. Falamos coa conselleira varias veces sobre o tema e mesmo con todos os grupos parlamentarios explicándolles a nosa situación. Todo o mundo está de acordo en que debemos estar presentes, pero falta que nos conviden ou inclúen nas mesas onde se discuten as políticas agrarias. Demos os pasos que tiñamos que dar, pero está claro que agora só nos queda protestar. \"A Administración non conta con nós nas mesas de negociación; se cadra, moléstalles que sexamos unha voz discordante\" Daquela, por que non os teñen en conta? A Xunta dános a razón como aos parvos, pero non os dá unha solución. Se cadra, moléstalles que sexamos unha voz crítica e discordante, pero a iso hanse ter que afacer."}
{"ID": "PRAZA_11826", "summary": "O candidato do BNG á presidencia da Xunta confía en que todas as correntes se fagan \"corresponsables\" do futuro da formación frontista para \"encabezar a alternativa\" a un Feijóo ao que ve como un \"comentarista dunha tertulia\" que converte a Xunta \"nunha delegación do Goberno central\".", "text": "Francisco Jorquera (Ferrol, 1961) atende a Praza Pública desde Madrid. Acabado de elixir candidato á presidencia da Xunta, o nacionalista compatibiliza a súa nova condición coa de voceiro do Bloque no Congreso dos Deputados, a cal manterá ata que Alberto Núñez Feijóo decida disolver o Parlamento e convocar as eleccións. Inmerso nunha marea de tarefas, Jorquera amósase consciente do axustado dos resultados da Asemblea Nacional á que concorreu como aspirante da Alternativa pola Unidade, a plataforma que auspicia a Unión do Povo Galego. Ao falar da vida interna da formación frontista repite verbas como \"colectivo\", \"colexiado\" e \"plural\" ao tempo que espanta a pantasma que acompañou o BNG ao longo de todo o proceso asemblear e que nalgunhas correntes aínda perdura: a ruptura. Que sensacións lle deixa a Asemblea Nacional? O BNG é unha organización dunha calidade democrática extraordinaria. Hai moi poucas organizacións políticas no mundo, non só en Galiza e no Estado, que poidan presumir dun proceso tan aberto e participativo, tanto nas comarcas como na propia Asemblea Nacional. No que noutras é un congreso no BNG participan de maneira directa 4.500. Coa sensación que quedo é con que o BNG ten unha militancia tan implicada na vida orgánica desa organización e tan comprometida co seu futuro que por iso é forte. E despois da primeira Executiva? Foi o primeiro encontro despois de meses de moita tensión entre correntes... Temos un modelo organizativo que aparte de ser extraordinariamente democrático e respectuoso coa pluralidade da organización, fomenta a integración para que todos se sintan corresponsábeis. Favorécese que no Consello Nacional estean presentes todas as sensibilidades e tamén na Executiva. Na Executiva deste luns houbo unha primeira toma de contacto. Tratábase de constituír o novo órgano electo e houbo un primeiro contraste de opinións sobre o resultado da Asemblea Nacional. De cara a unha reunión máis formal e extensa no tempo a semana que vén na que xa se falará de reparto de responsabilidades. Constatouse que todos os membros da Executiva están corresponsabilizados co futuro do BNG. Está o BNG mellor ou peor que antes de entrar en Amio? Continúa a haber o risco de fractura que se ten recoñecido dende as diversas correntes antes da Asemblea? \"Hai altas e baixas, pero non existe risco de que un continxente numeroso abandone o BNG\" Ninguén no BNG está instalado na disposición de que haxa ningunha fractura. Da Asemblea Nacional quedo con dous datos importantes: un resultado total e absolutamente democrático en canto a definir as liñas políticas e tamén no que afecta ás persoas que teñen que representar ao BNG publicamente. É unha organizacón plural, diversa, que non se pode comprender se se prescinde de algunha das partes que a constitúen, porque son vitais para o futuro do seu proxecto. Ese risco de fractura está neutralizado. Nunha organización no seu devir diario hai persoas que se dan de baixa ou de alta por razóns de diversa índole pero o BNG, pese a que non estea vivindo o seu mellor ciclo electoral ten a cifra máis alta de militantes da súa historia. Se falamos de fractura como contixente numeroso de compañeiros e compañeiras que abandonen o BNG, estou convencido de que é un risco que non existe. Ser candidato á Xunta semella unha tarefa complexa interna e externamente. Por onde vai comezar? Cando se convoquen as eleccións producirase o lanzamento da miña candidatura á presidencia da Xunta. Nesa función comprométome a facer efectivo o compromiso que adquirín ante a asemblea: asumir a confianza que depositaron en min con humildade, ao mesmo tempo con pleno sentido da responsabilidade. Trátase dun proxecto colectivo e eu verbalizarei un discurso no que o conxunto do BNG se poida recoñcer, todos os membros do BNG. Ata o domingo eu era a proposta dunha sensibilidade do BNG, a Alternativa pola Unidade. Despois do domingo son o candidato á presidencia da Xunta do conxunto do BNG. Na miña condición de membro da Executiva Nacional e do Consello Nacional procurarei contribuír a que no BNG prevaleza un xeito de entender a nosa organización onde se respecten os acordos democráticos e onde todos comprendamos que somos unha organización diversa, plural, na que conviven distintas sensibilidades. Iso forma parte da propia natureza fundacional do BNG como unha fronte. Farei un esforzo para que todos se sintan cómodos no BNG e teñan amplos espazos de intervención política. A priori, o rival a bater nesa campaña electoral será o actual presidente da Xunta. Identifica puntos febles nel? \"Dende o domingo son o candidato de todo o BNG\" O primeiro que é necesario cambiar é a actitude que ten o señor Feijóo a respecto do que representa, exercer a presidencia do Goberno dun país. Para iso é necesario que haxa un cambio político que estea liderado por unha forza como o BNG, que acredita plenamente no autogoberno, en expandilo e en termos amplos espazos de libre decisión. Diferenciaría o Goberno Feijóo en dúas etapas: a primeira desde que gañou as elección autonómicas, na que gobernaba o PP en Galiza e o PSOE no Estado, na que utilizou a Xunta como plataforma de oposición ao Goberno central, inhibíndose de exercer as propias competencias. Exerceu máis coma un comentarista dunha tertulia dun medio de dereitas que coma un presidente da Xunta. Desde as eleccións xerais reduciu o Goberno da Xunta a unhas especie de delegación do Goberno central. O primerio que reclama a sociedade galega é unha actitude esixente e firme ante o Goberno central. Tamén cómpre un cambio na orientación das políticas económicas e sociais. A Xunta actuou máis como un gabinete de liquidación dos cambios do gabinete anterior; aplicando recortes sociais absolutamente inxustos e que son contraproducentes para a recuperación económica. Aínda que a lexislatura remata en marzo de 2013, conta con ter que facer campaña electoral neste ano? \"Se Feijóo adianta as eleccións admitiría que pon por diante do país os intereses de partido\" Loxicamente, estamos preparados para todos os escenarios. Está moi instalado o rumor de que as eleccións autonómicas poidan celebrarse no outono, o que significaría que o presidente Feijóo opta por disolver anticipadamente o Parlamento. Por que tomaría esa decisión? Un presidente do Goberno disolve cando hai unha situación de ingobernabilidade, por carecer dos apoios suficientes, acabamos de velo en Asturias. Un adianto electoral, tendo en conta que ten maioría absoluta, suporía admitir que sitúa por diante intereses partidarios e non os intereses xerais do país. De producirse, só se me ocorren dúas razóns: que o señor Feijóo é consciente de que as políticas que xa está aplicando o acual Goberno central van agravar máis a crise e o paro ou que Feijóo parte da base de que o Goberno central vai incumprir con Galiza os compromisos que o propio PPdeG tiña como centrais. De cara a esa campaña, que vantaxes ten, ao seu xuízo, que o candidato e o portavoz nacional non sexan a mesma persoa? Esta non é unha fórmula novidosa no estado español. O PSOE, por exemplo, está nun proceso congresual no que van decidir o seu secretario ou secretaria xeral, pero xa teñen anunciado que haberá unhas eleccións primarias no seu momento. O PNV, desde toda a súa historia aposta por un modelo de diferenciar o presidente e o candidato a lehendakari. Na cultura do BNG está moi instalado que as dirección teñen que ser colexiadas, colectivas, e iso hai que compatibilizalo coa asignación de responsabilidades. Ao portavoz compételle atender a vida orgánica do BNG e as facetas de traballo político, esas tarefas teñen que ser obxecto da súa atención básica. Como candidato o que me compete en primeira instancia é presentar a oferta política e programática nas vindeiras eleccións."}
{"ID": "NOS_1383", "summary": "Son perto de 5.900 euros menos ao ano.", "text": "O salario medio bruto é nos 28 estados da Unión Europea de 1.934 euros mensuais mentres que en Galiza se sitúa nos 1.447, un 25% menos. Son datos do V Monitor anual de Adecco, que recolle que esa fenda tradúcese en que unha remuneración media en Galiza é 487 euros mensuais menos que unha europea. Isto tradúcese ao final de ano en 5.844 euros menos. A diferenza non se produce só a respecto do salario medio europeo. Tamén a respecto da retribución media española (1.636 euros), un 10% superior á media galega. En termos absolutos, 190 euros menos ao mes no salario galego, case 2.270 euros anuais. A táboa salarial está encabezada polos sete estados con remuneracións medias de máis de 2.500 euros por mes: Alemaña (2.576 euros), Suecia (2.583 euros), Finlandia (2.602 euros), Holanda (2.628 euros), Irlanda (2.668 euros), Luxemburgo (2.986 euros) e Dinamarca (3.637 euros). A táboa féchana Grecia (996 euros) e Portugal (968 euros)."}
{"ID": "NOS_742", "summary": "Segundo datos do Sergas, na actualidade hai rexistrados 1.708 positivos por COVID-19 entre o persoal sanitario, unha cifra que practicamente triplica os 629 do pasado 8 de abril.", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de confirmar a Nós Diario a cifra oficial de profesionais sanitarios contaxiados de coronavirus na Galiza: exactamente 1.708. Delas, 32% xa está dada de alta. A cantidade supón practicamente triplicar o número de persoal sanitario infectado rexistrado o pasado día 8 de abril, data arredor da cal se alcanzou o pico da pandemia en territorio galego. Así, por aquel entón eran 629 as persoas traballadoras na Sanidade positivas en COVID-19, revelando unha situación moi grave e que hai tempo que as propias profesionais veñen denunciando. 76% do persoal sanitario infectado son mulleres Segundo os datos do Informe sobre la situación de COVID-19 en personal sanitario en España, elaborado polo Insituto de Saúde Carlos III, 76% do persoal sanitario infectado no Estado español son mulleres. Ademais, o documento afonda noutros eidos de relevancia, como a idade media das profesionais doentes (46 anos) ou a gravidade da súa doenza, que lle costou a vida a 35 sanitarios (19 homes e 16 mulleres, confirmando a maior gravidade dos efectos da COVID-19 na poboación masculina). Por outra banda, revela que 10,9% das sanitarias con coronavirus tiveron que ser hospitalizadas, e que até 16,5% desenvolveron unha neumonía, tendo que ser ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos 1,2% do total."}
{"ID": "QUEPASA_415", "summary": "O Concello abre o prazo de solicitude para as axudas ás entidades, e manda o bando sobre as cachelas de San Xoán", "text": "Este pasado 15 de xuño comezaba a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión. Así recibía o Concello aos membros do equipo. Nese mesmo areal en próximas datas haberá outros sete traballadores formando a cuadrilla municipal que se encargará da limpeza por medios manuais e mantemento da praia, as súas instalacións e o entorno –vías, rúas e zonas verdes-. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, e á espera da publicar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos,En ambos casos os contratos terán unha duración de tres meses.Son un total de 35 persoas as que formarán parte deste procedemento de selección de persoal, das cales 25 aspiran aos 5 postos de peón e outras 10, aos 2 postos de capataz. Subvencións O Concello informa ademais de que está aberta a convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Esta liña de axudas ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas ou que se vaian levar a cabo ao longo do ano actual, desde o 1 de xaneiro ata o 3 de decembro. San Xoán Finalmente, o Concello informa de que non se permitirán as fogueiras en espazos públicos, e que para facelas en espazos privados hai que presentar un documento, no que tamén se informa da normativa, pode descargarse da web municipal ou recollerse no Concello."}
{"ID": "PRAZA_4641", "summary": "Acho que os programas para filosofía en 4ºde ESO e a troncal de 1º de bacharelato deron por feito que o home que volveu á caverna cos seus compañeiros de presidio, logo de ter comprendido que a realidade das cousas desaba a tremente feitura das sombras proxectadas polo lume, non ía volver canda eles porque ficaría no exterior a crear unha empresa", "text": "Após cinco séculos, o maquiavelismo acabou tendo suceso nas escolas de negocios e liderado. Coa crise salutífera, os gurús do management acabaron por introducir taumatúrxicas palestras de ética corporativa e social. A concepción empresarial do capitalismo neoliberal, a mudanza retórica do emprendemento que todo o semella colonizar, vai deixando ao seu paso expectativas de felicidade dixestiva que nos manteñen ben ocupados e xustifican a dominación. Após cinco séculos, o maquiavelismo acabou tendo suceso nas escolas de negocios e liderado. Coa crise salutífera, os gurús do management acabaron por introducir taumatúrxicas palestras de ética corporativa e social Porén, Maquiavelo máis do que un estratega dos negocios e da política, a súa arela vai ser virar os moralizantes tratados medievais da arte gobernar como simples pastoreo de virtudes para pasar a concibir o interese persoal, a vontade e a ambición como motores das accións do príncipe e dos súbditos e, por tanto, como acaidos alicerces dunha ciencia da política e da economía. Fronte ao ideal do rei cristián que tiña que coidar dos súbditos, Maquiavelo enxergou a necesidade de irmos directamente á verdade efectiva e non a concepcións imaxinarias, unha vez constatado ao xeito irredimíbel dos Newton e Galileo, que unha cousa é como viven os homes e outra como deberían vivir. A feitos que estamos a un deturpado uso instrumental das cousas, a miúdo esquecemos que o desexo de acadar unha cousa é algo natural e habitual. Se ben significa aceptarmos que na humana razón teñen cabida as paixóns dos cobizosos de riquezas e os desagradecidos, os hipócritas e os volubles. Maquiavelo acabou por afirmar que aquel que dirixa o seu comportamento polo ben acabará na ruína entre os moitos que teñen outros obxectivos. Acho que os programas para filosofía en 4ºde ESO e a troncal de 1º de bacharelato deron por feito que o home que volveu á caverna cos seus compañeiros de presidio Certo é que nada lle impide ao filósofo emprender ou tomar ao seu cargo unha empresa, xogar na bolsa ou especular a eito. Acho que os programas para filosofía en 4ºde ESO e a troncal de 1º de bacharelato deron por feito que o home que volveu á caverna cos seus compañeiros de presidio, logo de ter comprendido que a realidade das cousas desaba a tremente feitura das sombras proxectadas polo lume, non ía volver canda eles porque ficaría no exterior a crear unha empresa. Haberá quen afirme con indisimulada certeza que nada lle impide a un filósofo abrazar o emprendemento ou ser accionista dunha transnacional, moi acaido para quen defenden con convicción cínico-realista a fin da historia, e con ela, a fin da filosofía. Mesmo poderían acrecentar que a inevitabilidade de racionalización do aparato produtivo, coa multiplicación das funcións, toda dominación asume, ao cabo, a forma do management e da administración. Baixo esas circunstancias non semella ser relevante cuestionarse si a filosofía, que contribueu decisivamente a minar os seus propios fundamentos, se torna negatividade da razón e vén ser tratada como un subproduto conceptual de troca por directivos e expertos en eficiencia. Ao cabo, o que o texto da LOMCE recolle é a crecente disonancia entre a liberación potencial e a represión da totalidade, aínda que o seu carácter ideolóxico- escribiu Marcuse- non altere o feito de que acadou beneficios reais – cultura material derivada da racionalización tecnocientífica da terra- a costa de sacrificar tempo, conciencia e promesas de liberdade e xustiza para todos. Na exquisita humanidade e urbanidade de Descartes pouco conforto se adiviña tras as amábeis e persuasivas palabras dun pensamento que sigue a se mostrar como norma exemplar do clima que debería reinar na república das letras Imaxinade uns homes que viven dende a infancia encadeados de pés e brazos dentro dunha cova – exhorta Sócrates na República. O \"eu\" empírico que nos fala duns homes que viven dende a infancia encadeados de pes e brazos dentro da cova amósase no mito platónico un vieiro narrativo que Descartes retomou para deixar ao lector a liberdade de dubidar das propias preguntas e avanzar se o quixer até o cerne do pensar e facelo, se callar, contra un mesmo. Na exquisita humanidade e urbanidade de Descartes pouco conforto se adiviña tras as amábeis e persuasivas palabras dun pensamento que sigue a se mostrar como norma exemplar do clima que debería reinar na república das letras. A pesar de inserir unha actitude, moi pouco empresarial, que para moitos mortais continua a ser decepcionante porque malia as expectativas creadas non permite demasiadas comodidades. Sempre houbo na filosofía unha exixencia de realidade. Porén, a experiencia que a interpela non é, ao meu parecer, o que a LOMCE teima expresar en termos competenciais afirmando con imprudente descortesía que o obxectivo dalgúns dos seus programas de filosofía aplicada é \"coñecer o preguntar radical e maiéutico dirixido a deseñar unha idea empresarial\". A Lei Wert dá por feito que a filosofía nos fai máis competentes sen nos dicir de que falamos cando falamos de competencias. Niso non ficou só: hai tempo quen teima en ofrecerlles aos homes cavernarios un recetario, un abonamento a un lindo espectáculo de sombras dixitalizadas que lle permita invisibilizar á ideoloxía da eficacia as súas paisaxes de desolación. O que é retrogresivo non é o fólego de suposta transversalidade curricular que se lle quere dar á filosofía, unha certa mecanización e regularización esfanicada, mais o seu encubrimento sob radicalidades e emprendementos espurios que culminan coa deificación da eficacia produtiva. A Lei Wert dá por feito que a filosofía nos fai máis competentes sen nos dicir de que falamos cando falamos de competencias Mais velaí que esa facultade resolutoria, o sentido das aptitudes que se precisan en filosofía ten cando menos dúas raiceiras que a tornan pouco acaida para o seu uso instrumental, menos aínda como fornecedora de competencias en espírito empresarial e emprendemento: a consciencia da propia ignorancia e o sentido da admiración, da sorpresa e da sospeita permanente. Dubidar filosoficamente das propias preguntas é gorentar aquilo que o pensador sabe que lle falta: a sabedoría. É arriscarse a perderse. A consciencia desa insuficiencia medra na touza e debería abondar para disuadir calquera intento de filosofía tónica ou reconfortante. Heidegger- que tamén tivo momentos de honestidade– preguntábase até que punto a tarefa da filosofía é alixeirar de angustia, mais someter radicalmente a ela. A filosofía, para o dicir ao xeito pessoano, é unha empresa do desasosego pouco útil ao emprendemento como negocio. Importante problema este, ben sexa dende unha concepción da metafísica-técnica como principio explícito de crítica social (\"escola da sospeita\" e vangardas existencialista de comezos do XX) ou ao modo de Heidegger, que viu na tarefa do pensar non contentarse coa cotiá representación do que está presente e para a que Brecht achou penetrante e marabillosa expresión: \"No que non é de estrañar / Descubran o que hai de estraño! / No que parece normal / Vexam o que hai de anormal! / No que parece explicado / Vexam canto non se explica! / E o que parece comun\". A filosofía, para o dicir ao xeito pessoano, é unha empresa do desasosego pouco útil ao emprendemento como negocio O exemplo da admirábel odisea individual de Descartes foi a dunha emancipación que abriu a intelixencia a un novo eido epistemolóxico e antropolóxico: un \"eu\" que pensa con método a procura dos outros, tornándose nese movemento un \"nós\". Como podería achegar sosego quen procura sen saber o que é ? A consciencia da propia ignorancia deberíalle impedir ao filósofo a defensa dunha filosofía prêt-a-porter, reconfortante e con RSC (responsabilidade social corporativa). Hume dicía que o simple filósofo é un tipo humano que non gorenta de aceptación no mundo, supoñendo que non achega nada á utilidade xa que vive afastado do contacto coa humanidade, enguedellado que está en principios igualmente afastados da comprensión daquela. Mais a moderna concepción da filosofía acrecentou que non se concibe a si mesma como desinteresada contemplación malia o persistente pathos bíblico dalgúns dos seus representantes académicos. De feito, o filósofo non pode afirmar que a cidade e a filosofía procuren o mesmo mais deberá cuidarse das imposicións, o que significa unha preocupación por persuadir. Descartes no Discurso procurou a aprobación da opinión pública adoptando, con transparencia comprometedora, a lingua vulgar como vieiro de pensamento para quen descoñecía na altura o latín e a república das letras. Albiscou un camiño de non retorno. Nada mellor que a fértil disposición do Discurso para albiscarmos hoxe en día que a filosofía é fundamentalmente democrática, un ethos de cooperación axeitado para o traballo en común e, por iso, non reducíbel á política, á relixión, á moral, á pedagoxía ou ao espírito empresarial. Malia a colonización empresarial da filosofía, do fráxil e inconsistente que foi aquel acordar, non sería honesto nen ben acaido obviar que a filosofía radical que inaugurou Descartes tamén foi o dunha política emancipatoria radical Esa aventura que inaugurou Descartes é un antídoto contra un sistema que precisa disciplinar suxeitos ás esixencias dun mercado laboral ao servizo da nova economía. A disciplinada retórica das escolas de negocios é o discurso dun sistema económico que vai deturpando a linguaxe, inoculándose de xeito transversal e expansivo en todos os eidos culturais. Ao cabo, o peso da filosofía na LOMCE á vista da condena a morte de Sócrates pola democracia ateniense semella máis unha parodia do que unha pérfida sofística. Mais cómpre non esquecer que a lei Wert non ficou só nesa volta de porca até o punto de que, nun bo exemplo de \"astucia da razón\", hai quen gosta da idea de que a filosofía nos fai máis competentes. Malia a colonización empresarial da filosofía, do fráxil e inconsistente que foi aquel acordar, non sería honesto nen ben acaido obviar que a filosofía radical que inaugurou Descartes tamén foi o dunha política emancipatoria radical."}
{"ID": "NOS_46198", "summary": "Trump ten a oportunidade de designar un terceiro xuíz para un cargo vitalicio no Tribunal Supremo tras o pasamento da xuíza progresista Ruth Bader Ginsburg e inclinar a corte máis á dereita.", "text": "\"Presentarei unha candidata a próxima semana. Será unha muller\", dixo o presidente Donald Trump nun mitin de campaña, o sábado, 19 de setembro, en Fayetteville, Carolina do Norte a respecto do Tribunal Supremo. \"Creo que debería ser unha muller porque en realidade gosto das mulleres moito máis que dos homes\", engadiu. Trump ten a oportunidade de designar un terceiro xuíz para un cargo vitalicio despois do pasamento da xuíza progresista Ruth Bader Ginsburg, e con esta medida, inclinar a corte máis á dereita. Mencionou dúas mulleres como candidatas, dúas conservadoras que ascendeu aos tribunais federais de apelacións: Amy Coney Barrett, católica e nai de sete fillos, e a cubanoamericana Barbara Lagoa. pic.twitter.com/iKg0Px3PtG— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) September 20, 2020 O falecemento de Ginsburg tras 27 anos no Tribunal Supremo deu a Trump, que busca a reelección o 3 de novembro, unha grande oportunidade de expandir a maioría conservadora do tribunal a 6-3 nun momento de gran división política nos Estados Unidos. Calquera designación requirirá a aprobación no Senado, onde os republicanos de Trump teñen unha maioría de 53-47. Non obstante, non todos os senadores republicanos apoiaron a iniciativa. Susan Collins, de Maine, dixo o sábado que Trump debería agardar antes de realizar a designación. \"Para ser xustos co pobo estadounidense, que reelixirá o presidente ou seleccionará un novo, a decisión sobre unha designación vitalicia na Corte Suprema debería ser feita polo presidente que resulte electo o 3 de novembro\", dixo en Twitter Collins. My statement on the Supreme Court vacancy: pic.twitter.com/jvYyDN5gG4— Sen. Susan Collins (@SenatorCollins) September 19, 2020 Unha opinión na liña do manifestado polo candidato á Casa Branca do Partido Demócrata, Joe Biden. Let me be clear: The voters should pick a President, and that President should select a successor to Justice Ginsburg.— Joe Biden (@JoeBiden) September 19, 2020"}
{"ID": "NOS_41430", "summary": "A música de verbena introduce cambios que a achegan a escena máis independente da Galiza, converténdose en habitual dos distintos festivais que se realizan ao longo da nosa xeografía.", "text": "Durante os últimos anos a música de verbena atopou nova vida na Galiza máis alá das, até a chegada da pandemia, habituais orquestras que visitaban unha a unha cada vila do país. Proxectos musicais como Esteban & Manuel con cancións como \"Ela namoroume\" ou posteriormente Ortiga con pezas como \"Acostumbrao\", achegaron esta música bailábel, que xa triunfaba en moitas festas galegas a outros escenarios e a un público diferente. Entre as principais novidades introducidas por estes artistas, que separan o seu estilo do das grandes orquestras, están sons como os órganos sesenteiros ou os puntes de guitarra cubertos de efectos como o wah-wah. Se ben no fondo hai moitas similitudes na proposta sonora destes artistas coa música de verbena de influencias suramericanas á que xa estabamos acostumados a escoitar, foron capaces de introducir os cambios suficientes tanto na súa estética como na súa música para achegala á escena máis independente da Galiza, converténdose en habituais dos distintos festivais que se realizan ao longo da nosa xeografía. O ritmo da cumbia é unha constante nesta nova corrente musical, un tempo tan sinxelo como engaiolante co que resulta difícil non pórse a bailar. Porén, entre as principais novidades introducidas por estes artistas, que separan o seu estilo do das grandes orquestras, están sons como os órganos sesenteiros ou os puntes de guitarra cubertos de efectos como o wah-wah, capaces de darlle unha nova dimensión a esta música que por momentos se achega ao terreo da psicodelia. Se ben para moitos galegos esta proposta era unha mistura de elementos completamente nova, ten unhas raíces moi claras, nun estilo coñecido popular mente como a \"chicha\". Coa súa orixe na Amazonia peruana, esta variante da cumbia combina bailes como o \"huayno\" co rock psicodélico que comezou a chegar a esta zona do sur do continente americano a partir da década dos 60, e especialmente dos 70, incorporando as guitarras eléctricas e os seus pedais de efectos. A chicha xurdiu con motivo das grandes migracións masivas producidas desde as áreas andinas cara ás grandes cidades da costa como Lima desde a década dos anos 50, facendo que nestas zonas urbanas xurdiran novas correntes musicais impulsadas polos emigrantes, onde daban continuade ás súas tradicións ao mesmo tempo que incorporaban técnicas, ideas e instrumentos da nova música a que estaban a ser expostos neste novo contorno da man de bandas como Los Destellos. A día de hoxe, novos proxectos como o dos mexicanos Sonido Gallo Negro seguen a levar esta proposta sonora polo mundo, mesmo por festivais galegos como o PortAmérica. Porén, se ben esta música xa se escoitaba máis alá das fronteiras do Perú, aínda resulta sorprendente que esta proposta musical en certa maneira tan allea atopara un espazo propio na música independente galega e entre un público mozo. Agora queda por ver se o éxito de artistas como Ortiga chega a influír novos músicos galegos, asimilando as influencias da chicha e incorporándoas de maneiras diferente xunto a outros estilos musicais ou se simplemente quedará como un feito illado que non levará a ningures. Con todo, a inesperada fama da cumbia psicodélica de ascendencia amazónica na Galiza aínda dará para moitos bailes máis."}
{"ID": "NOS_22020", "summary": "O Concello de San Sadurniño organiza o vindeiro 29 de abril a XVII edición da Feira da Plantación. Durante un día, a vila convértese no referente comarcal para comprar todo tipo de planta e flor de temporada, así como obxectos de artesanía e outros produtos da terra.", "text": "A Feira de Plantación é unha oportunidade para poñer en valor as posibilidades do medio rural e o seu potencial a nivel económico. Posta en marcha no ano 1996 pola asociación medioambiental Bidueiro, o concello asumiu a súa xestión despois da disolución da agrupación. \"Fixémolo con moito gusto\", explica o concelleiro de Desenvolvemento Local, Participación Veciñal e Xestión Interna, o nacionalista Manuel Varela (BNG): \"É unha das patas que forman parte da política que estamos a facer apostando polo rural. A feira encádrase dentro dun conxunto de mercados que facemos todos os meses xunto coa Feira Rural que se celebra o último sábado de agosto\". \"A afluencia de público é fiel e a xente do concello vive a feira con moitas ganas. Ás veces é unha loita reivindicar o rural nunha área de influencia industrial tan potente. O boom da industria machucou especialmente esta zona. Agora costa recuperar, pero aí estamos intentando que o sector primario volva ser parte da economía dun pobo no que, recursos, hai dabondo\", conta o edil de Desenvolvemento Local. Este ano a feira contará cun total de 40 postos organizados nunha carpa de case 1.000 metros na que os asistentes poderán atopar todo tipo de plantas: ornamentais, aromáticas, medicinais, de horta e froiteiras. Situado ao pé do colexio público, o mercado abrirá as súas portas a partir das 10:00h, e estará precedido dunha xornada técnica sobre o sector primario que se celebrará esta sexta feira 27 na Casa da Cultura. Na súa aposta polo desenvolvemento rural, o concello organiza, en colaboración coa AGFA do Eume, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a Asociación Casa do Mel de Goente, tres charlas sobre produción froiteira, comercio de proximidade e apicultura, ordenadas baixo o título \"Apostando polo sector primario\". De entrada libre, a xornada desenvolverase a partir das 16:00 horas, cun primeiro pase aberto polo enxeñeiro e membro da AFGA do Eume Ramiro Martínez, que dará unha serie de consellos sobre as plantacións froiteiras e as súas técnicas de plantación e enxertado. A partir das 17:30h será o turno de Carmen Freira, representante da asociación de agricultura sostible Lentura, que contará a experiencia desta asociación na colaboración comercial entre casas labregas. Cabe destacar que os produtores que forman parte de Lentura subministran aos mercados próximos con produtos frescos e transformados obtidos de maneira sostible e ecolóxica. O apicultor Hugo Negrioli fechará a xornada cunha sesión sobre o manexo produtivo da colmea vertical. Este tipo de explotación, moi frecuente na Europa antiga, perdeu peso coa irrupción do modelo industrial, espazo que agora recupera grazas ao crecemento da produción tradicional e á súa facilidade de construcción e baixo prezo. Amais, dise que estas colmeas producen unha mel de maior calidade, pois non se mesturan as crías de abella co produto. Ubicado no interior da comarca da Ferrolterra, a feira tamén é unha oportunidade para coñecer San Sadurniño e o seu entorno. Nun área de 500 metros e seguindo a beira do río Xuvia, pode visitarse o Convento de Rosario, o Pazo da Marquesa (agora casa do concello) e os seus xardíns, o arboredo galego de San Sadurniño -un xardín botánico adicado á protección e cultivo de árbores autóctonas-, e a Horta de conservación e demostración de froiteiras autóctonas das comarcas do Eume, Ferrol e Ortega, que alberga aproximadamente 250 variedades distintas de mazá, cereixa, figos e pexegos, entre outras."}
{"ID": "NOS_32323", "summary": "Cinco comunidades están xa baixo feche para blindarse e evitar a propagación do virus, catro gobernadas polo PSOE (Asturies, Nafarroa, A Rioxa e Aragón) e Euskadi (PNV). Outras, con Presidencias do PP (Andalucía, Castela e León e mesmo Madrid), están a estudar decretar xa o fechamento. Porén, na Galiza, Alberto Núñez Feixoo non contempla polo de agora esta medida dirixida a limitar a mobilidade e blindar o territorio.", "text": "Até cinco comunidades permanecen esta terza feira, 27 de outubro, baixo confinamento perimetral por orde dos seus Gobernos para evitar a entrada e saída de persoas e limitar así a transmisión do virus. Estas son Asturies, Euskadi, Nafarroa, A Rioxa e Aragón. Todas elas están presididas polo PSOE, excepto Euskadi (PNV). Mais tampouco descartan o confinamento perimetral comunidades gobernadas polo PP, como a de Madrid, Andalucía ou Castela e León. Porén, na Galiza, Núñez Feixoo segue sen mover ficha á hora de blindar o país. Onte mesmo, segunda feira 26 de outubro, asegurou que non descartaba tomar esa medida no futuro, mais polo de agora non. A situación anunciada polos Executivos de cada comunidade, á tarde desta terza feira 27 de outubro, é a seguinte: A Galiza As autoridades sanitarias e o presidnete da Xunta, Albeto Núñez Feixoo, non teñen polo momento \"encima da mesa\" a posibilidade de decretar un fechamento perimetral da Galiza. Euskadi O Goberno vasco, un dos primeiros en pedir o estado de alarma, limitará a entrada e saída de persoas no territorio de Euskadi, así como os accesos e saídas dos municipios nos que as e os cidadáns teñan fixada a súa residencia. Andalucía O presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, posicionouse a favor de fechar perimetralmente a comunidade ante a ponte do 1 de novembro: \"Son moi pesimista sobre a posibilidade de manter a comunidade aberta esta fin de semana\". Aragón O confinamento perimetral en Aragón entrou en vigor o 26 de outubro e, en principio estenderase até o próximo 9 de novembro. As tres capitais -Huesca, Zaragoza e Teruel-- xa estaban fechadas desde a semana pasada. Asturies Pola súa banda, en Asturies, o fechamento perimetral entrou en vigor na madrugada do 26 de outubro e o recoller obrigatorio é desde as 24 até as 6 horas. Balears A presidenta do Govern balear, Francina Armengol, non fixo referencia a un confinamento perimetral das illas. Respecto ao recoller obrigatorio, o Executivo atrasouno de 24 a 6 horas. Canarias As Illas Canarias quedaron excluídas do confinamento perimetral e da limitación horaria que se impón en todo o Estado e que estabelece a restrición de movementos entre as 23 e as 6 horas, unha medida da que Canarias solicitara quedar exenta polos seus bos datos epidemiolóxicos. Castela e León O presidente da Xunta, Alfonso Fernández Mañueco, non descarta a posibilidade de que se poida decretar o confinamento perimetral de Castela e León. Castela A Mancha O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García- Page, confirmou que polo momento non haberá máis cambio nin ningunha limitación engadida á que xa expuxo o Goberno español de estabelecer o toque de queda. Cantabria O Goberno de Cantabria asegura que \"de momento\" non se formulou confinar o territorio. Catalunya A portavoz do Govern, Meritxell Budó, non concretou cales serán as próximas medidas que adoptarán para frear os contaxios de coronavirus e pediu esperar a que o Procicat avalíe a situación, aínda que advertiu de que dificilmente serán \"medidas de relaxación\" a teor das últimas cifras. Estremadura O conselleiro de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Estremadura considerou que na actualidade \"é prematuro pensar nun fechamento perimetral de Estremadura\", aínda que \"isto non significa que a ferramenta non estea aí encima\", e que nalgún momento teñan que utilizala. A Rioxa A comunidade rioxana anunciou o confinamento perimetral de Logroño e Arnedo, ademais do fechamento da hostalería e restauración durante un mes nestas localidades. Estas medidas súmanse ao confinamento perimetral da rexión que se decretou desde as 00.00 horas do pasado 23 de outubro até as 00.00 horas do 7 de novembro e que a Sala do contencioso administrativo do Tribual Superior ratificou esta segunda feira. Nafarroa Similar é o caso de Nafarroa, que iniciou o confinamento do seu territorio ás 00.00 horas do pasado 22 de outubro e até o 4 de novembro, cuxo Tribunal Superior ratificou a orde foral pola que limita a entrada e saída salvo por motivos laborais ou sanitarios, e que tamén ordena o fechamento dos establecementos de hostalaría e restauración. Murcia Pola súa banda, o presidente da rexión murciana, Fernando López Miras, sinalou sobre a posibilidade de que se instale o fechamento perimetral do territorio o seu desexo de \"evitar o cerre total, como ocorreu noutras comunidades\", pero para iso, insistiu, na necesidade de aplicar e cumprir todas as medidas que ditaminen os expertos. Madrid O Goberno da Comunidad de Madrid, que preside Isabel Díaz Ayuso, decidirá en poucas horas \"con mesura e criterio\" se levar a cabo o cerre perimetral da autonomía tras debatelo con técnicos de Sanidade e con outros presidentes autonómicos, principalmente os de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e Castela-A Mancha, Emiliano García- Page. Velencia O presidente da Comunidade Valenciana, Ximo Puig, sostivo que \"de ser necesario\" fecharase a comunidade antes da ponte de Todos os Santos, pero matizou que nestes momentos non o expoñen porque primeiro débese estudar como evoluciona a pandemia e os efectos que ten a implantación da restrición da mobilidade nocturna e a limitación das reunións a seis persoas. Ceuta e Melilla O Goberno da Ciudad Autónoma de Melilla endureceu desde a pasada noite o recoller obrigatorio ao adiantar das 23 ás 22 horas da noite a prohibición de circulación e adiantará o fechamento dos estabelecementos de alimentación das 22 ás 21 horas. Pola súa banda, o Goberno ceutí, non se pronunciou sobre a posibilidade de confinar perimetralmente a cidade autónoma."}
{"ID": "NOS_18457", "summary": "Laura Gómez, secretaria de organización da CGT na cidade condal, cumpría prisión preventiva imputada por cargos que suman até 20 anos de cárcere. Prendérona despois de participar nunha acción na que se queimou, de maneira controlada, unha caixa de cartón con papeis dentro, simulando cartos", "text": "A Audiencia Provincial de Barcelona comunicou nesta terza ao sindicato CGT que porá en liberdade baixo fianza de 6.000 euros a Laura Gómez, secretaria de organización desta central na cidade condal que cumpría prisión preventiva imputada pola comisión de actos violentos cometidos durante a folga xeral do 29M que sumaban até 20 anos de cárcere.O día 29 pola mañá Laura Gómez participou nunha acción fronte á Bolsa de Barcelona. Tal e como estaba acordado pola organización, @s manifestantes queimaron de forma controlada unha caixa de cartón con papeis dentro, unha performance que simbolizaba a queima de diñeiro. No marco desta acción, sen que estivese previsto, tamén se produciu a rotura dos cristais da porta da Bolsa de Barcelona. Segundo confirmou a secretaría de prensa deste sindicato en Barcelona, a organización recadou máis de 20.000 euros na campaña de solidariedade con Laura Gómez. As compañeiras e compañeiros da sindicalista coñeceron a noticia cando se concentraban fronte á Audiencia Provincial de Barcelona, onde pedían a súa posta en liberdade. Despois dirixíronse ás portas do Parlament de Cataluña, onde estaba prevista a comparecencia do conseller de Interior, Felip Puig, para explicar o dispositivo policial empregado na represión da folga do 29 de marzo en contra da reforma laboral. Segundo informa CGT, \"nun acto de covardía\" Puig decidiu atrasar a súa comparecencia alegando a súa asistencia aos traballos de extinción dun incendio en Barcelona. Sobre Gómez pesaban cargos de incendio, danos, coaccións, desordes públicas e delito contra os dereitos fundamentais, acusacións polas que o xulgado de instrución número 23 de Barcelona decretou a súa prisión preventiva o 25 de abril. A sindicalista non foi identificada nin detida por acto algún durante o 29M e a súa detención produciuse no seu lugar de traballo. Segundo os colectivos en apoio á sindicalista, o encarceramento de Gómez obedeceu a presións políticas sobre a fiscalía e o xulgado, dado que a acusada non tiña antecedentes, dispón de traballo fixo e é nai dunha menor, motivos polos que non cabía esperar o risco de fuga."}
{"ID": "NOS_51265", "summary": "Até finais de 2020, a cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% respecto ao ano anterior", "text": "Galiza rexistra un total de 4.642 mortes nas seis primeiras semanas de 2021 (até o 7 de febreiro), o que supón un exceso de 258 defuncións respecto ao mesmo período de 2020, un 5,87% máis. Así figura nos datos publicado esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que realiza unha táboa experimental durante o foco de Covid-19 con cifras de defuncións que actualiza cada dúas semanas. Esta taxa de incremento de falecidos na Galiza é inferior á media estatal nas seis primeiras semanas, onde se alcanza 23,87% de alza (cun exceso de 9.914 falecementos). Até finais de 2020, a cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% respecto ao ano anterior (1.959 defuncións máis), ao que agora súmase o exceso deses 258 óbitos. Estas 2.217 defuncións acumuladas (o INE recolle as ocorridas por calquera causa) na Galiza desde o inicio da pandemia son superiores ás 1.967 mortes relacionadas con Covid notificadas pola Consellería de Sanidade ao 7 de febreiro de 2021. Por provincias, nas seis primeiras semanas do ano, A Coruña está á cabeza unha repunta de mortes (+24%), mentres hai un lixeiro ascenso en Ourense (+0,26%). En cambio, hai un descenso en Lugo (-16,9%) e en Pontevedra (-1,29%)."}
{"ID": "PRAZA_3213", "summary": "O noveno ano de Praza.gal comeza apaixonante no informativo. Nun país no que resulta imprescindible, se cadra máis ca nunca na historia da autonomía, velar pola pluralidade informativa e situar en primeiro plano ese medio país que en múltiplas instancias é obviado para facer como que non existe", "text": "O 1 de febreiro do ano 2012 xuntámonos en torno a unha mesa para quitarlle as estadas á obra na que levabamos meses traballando con ilusión. Nacía Praza Pública, un xornal dixital e en galego, ambas cousas por vocación e convicción, en plena treboada da crise económica e no momento en que era estraño o mes no que non había un día no que almorzar coa nova do peche ou drástica redución dun medio de comunicación en Galicia.Pasaron xa oito primeiros de febreiro e hoxe é o oitavo aniversario do que comezou como Praza.com e que, felizmente, dende o ano 2014 é Praza.gal. Comeza o noveno ano dun xornal que segue a ser froito do traballo diario dun equipo aínda pequeno para todo o que hai que contar do país e do mundo. Dunha redacción que segue a ter presente cada día a importancia de contar o que sucede sen présa, porque queremos contalo ben.O noveno ano de Praza.gal comeza apaixonante no informativo. Nun país no que resulta imprescindible, se cadra máis ca nunca na historia da autonomía, velar pola pluralidade informativa e situar en primeiro plano ese medio país que en múltiplas instancias é obviado para facer como que non existeO proxecto de Praza.gal non é alleo aos cambios tecnolóxicos, sociais e económicos experimentados durante estes anos. A vontade de nos adaptar a eles estivo na base da nosa primeira gran mudanza, o redeseño que botamos a andar da man do Laboratorio NUMAX a finais de 2018, xusto cando naceu VINTE, o noso proxecto irmán, unha fiestra aberta aos contidos de sociedade, cultura e tendencias que procura novos -e mozos- públicos co audiovisual por bandeira. O noveno ano de Praza.gal comeza apaixonante no informativo. Nun mundo convulso e nun país cunha actualidade que estará inevitablemente marcada polas eleccións ao Parlamento. Nunha Galicia na que xorden ou mudan proxectos mediáticos -que saudamos- e na que resulta imprescindible, se cadra máis ca nunca na historia da autonomía, velar pola pluralidade informativa e situar en primeiro plano a ese medio país -se cadra, máis- que en múltiplas instancias é obviado para facer como que non existe. Porque do que non se fala, non existe.Son as socias e socios, co seu apoio, as mellores garantes de consolidación e do crecemento de Praza.gal e de que este se produza con condicións laborais dignas para cada membro do noso equipoPrincipiamos o noveno ano de Praza.gal con novos proxectos. O primeiro, o nacemento de TEMAS, os monográficos que as socias e socios do xornal terán ao seu dispor cada mes de agora en diante e cos que redobramos a nosa aposta polos contidos xornalísticos feitos para consultar con repouso, lonxe da última hora permanente que retorce o xornalismo ata, as máis das veces, facelo desaparecer. Son as socias e socios, co seu apoio económico, as mellores garantes da consolidación do proxecto de Praza.gal. Tamén do noso crecemento, que só se produce cando contamos con bases sólidas para garantirmos condicións laborais dignas para cada membro do noso equipo. Porque iso tamén é coidar o xornalismo e diso tamén hai que falar para que exista. Se xa es socia ou socio de Praza.gal, agradecémosche enormemente a túa confianza e agardamos seguirmos merecéndoa neste noso noveno ano, cuxo comezo celebraremos contra finais de mes cunha pequena festa na Coruña. Se aínda non o es, animámoste a que, cun aquel de agasallo de aniversario, te animes a confiar en nós e te fagas de Praza para termos unha man máis coa que contarmos sen cancelas a Galicia que vén."}
{"ID": "NOS_38280", "summary": "No que ten todo o aspecto de ser unha xogada táctica, a formación jeltzale envía un recado a Ferraz: equivócase o PSOE se dá por feito os 6 votos da formación liderada por Urkullu á investidura de Sánchez.", "text": "Todas as contas dos estrategas socialistas pasan por considerar seguros os 6 escanos do PNV, sen os cales sería inviábel a investidura de Sánchez salvo que este, cousa moi pouco probábel, rachase con Unidas Podemos e conseguise in extremis un acordo con Ciudadanos. En realidade, a lóxica política convida a pensar nunha certa reconstrución do bloque da moción de censura, a coalición de facto de distintas forzas progresistas e soberanistas que viabilizaron o desaloxo da Moncloa de Mariano Raxoi e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do Goberno. O primeiro paso nesa dirección sería garantir o respaldo do PNV. Esta mesma cuarta feira, e na rolda de contactos previa á sesión de investidura, socialistas (o secretario de Organizacion, José Luis Ábalos) e jeltzales (o portavoz nacionalista no Congreso, Aitor Esteban) mantiveron un primeiro encontro e o titular da reunión é que o PNV estaría neste momento no \"non\" a Sánchez. Un \"non\" con vocación de evolucionar e que moi ben podería tornarse nun \"si\" de asumir o PSOE algunhas das demandas do PNV. Ábalos e Esteban, de feito, quedaron en se volver ver co obxectivo de \"explorar as posibilidades de avanzar cara un entendimento\". O PSOE non só está interesado nos 6 votos do PNV, senón tamén na mediación de Sabin Etxea para conseguir que, se fixer falta, os 7 parlamentares do PDeCAT se abstivesen na segunda volta da investidura e viabilizasen así a entronización de Sánchez."}
{"ID": "PRAZA_17470", "summary": "Sinto a túa morte, MESTRE, pero alégrome moito de ter cadrado contigo na vida.", "text": "Ao longo da vida un ten moitos profesores, pero ao final escollemos quen foron os nosos mestres. Xabier P. do Campo, Paco, foi un dos meus mestres. Cando eu tiña doce anos, ao pouco da morte do ditador e coa sociedade do momento coma un fervedoiro, chegaron a Malpica un grupo de profesores, \"galeguistas\", na terminoloxía do momento e revolucionan a docencia. Rapaces e rapazas tivemos a ocasión de ser os protagonistas de novas formas de ensino. A revolucionaria presenza do idioma propio era o cerne, mais tamén o ensino con entregas de fichas de elaboración dos mestres coa \"multicopista\", hoxe un arcaísmo na tecnoloxía e no dicionario. A banda deseñada como método para ensinarnos a historia; lembro unha moi simpática sobre a revolución francesa. Os métodos de estudo, os exercicios de concentración e memorización. A memorización non era un problema se aplicabamos as técnicas de Paco. Podería reproducir hoxe unha lista das cousas que escribiamos no encerado para facer as probas. Ou a valorización do coñecemento do noso entorno. A ver, onde está o norte? O mapa estaba pendurado na parede, e todos, \"arriba\". \"O norte non está arriba\", saíde á rúa e mirade arriba, o norte non está alí. Para saber onde está o norte hai que tirar o mapa no chan. E Paco tiraba o mapa no chan, poñía a brúxula enriba e chamaba por todos para poñernos arredor, había que apartar as mesas da fila de adiante para caber todos arredor do mapa, e todos quedabamos sorprendidos de ver que as beiras do papel non cadraban paralelas coas paredes da aula. Cando Paco encargou como tarefa facer unha lista de nomes de paxaros, pasou o mesmo que cando pediu unha lista de plantas, ou das ferramentas para traballar a terra, pasou que os de Mens ben que nos foderon aos de Malpica, e os de Beo, e os de Cerqueda, eles sabíano todo e os pescos a velas vir, iamos perdendo por moito, pero máis adiante recuperamos cando Paco pediu listas de peixes, e listas de aparellos de pesca, e tantas outras cousas. El fartábase de rir véndonos competir co aprendido dos pais, das nais, dos avós e das avoas, vendo como o asunto funcionaba, como a rapazada aquela que viña de estudar o curso anterior os afluentes pola marxe dereita dos ríos españois da conca mediterránea, recitando a lista de memoria e sen saber pintala no mapa, aquela rapazada ía tomando conciencia do que lle rodeaba, do local ao universal. Lembro a revolución que se armou cando Paco nos deu leccións de arte románica e nos encargou comprobar a presenza de románico nas nosas parroquias. Aló fomos todos coas libretas á saída da misa dun día da semana para invadir a igrexa e recorrer os recunchos. Tamén lembro a contrariedade do de Don Benino vendo a igrexa chea de rapazada que nunca ía á misa, coas libretas e os bolígrafos, facendo debuxos dos capiteis e dos arcos de medio punto e preguntándolle por cada detalle. O cura informounos de que na igrexa de Malpica pouco quedaba de románico porque a igrexa anterior fora derrubada para facer a actual, máis grande, e que só se aproveitaran, o campanario, a cúpula que agora tiña a sancristía e a porta lateral. Cando chegamos ao día seguinte á escola, os de Mens volta a arrasar, eles tiñan igrexa románica, do século XII, e por se fora pouco, aquela lenda de que un túnel comunicaba coas Torres, e Paco vai e fálanos de que o castelo de Mens formou parte da historia da revolta irmandiña. Cando cheguei a casa e lle conto a miña nai que en Mens houbera unha revolución, moito discutimos eu e máis ela. Si ho, que o dixo Paco, que é mestre de historia. Como ía haber unha revolución en Mens, revolución foi a que houbo en Francia, esa si, pero en Mens, que ía haber. Vai a xunta de túa avoa a ver se sabe algo, eu nunca tal oín. Pois houbera, e moito antes que en Francia. Miña nai nunca tal escoitara e miña avoa tampouco, pero eu sóubeno porque mo ensinou Paco, e os de Mens tamén, e máis os compañeiros todos. Lembro ver a Paco unha vez enfadado, moi enfadado. Foi cando nun exame, \"control\", na nova linguaxe pedagóxica, colleu a unha compañeira intentando coller a libreta ás agachadas para copiar. Tocounos outra lección sobre que estabamos facendo un exercicio de autoavaliación. Eramos nós os que estabamos comprobando o que sabiamos, o que aprenderamos no tempo de traballo na aula e na casa, e non nos podiamos enganar a nós mesmos. Hai pouco tiven ocasión de falar con el con repouso, nun café, con motivo dunha proposta que lle faciamos desde Culleredo para facer un pase da película que acababa de presentar e para a que tiña moitos proxectos didácticos. Tiña claro que a poría a disposición dos centros de ensino público. Nesa conversa falei dalgunha das lembranzas que comentei aquí. Riu coas historias e el achegou outras máis sobre a súa vida en Malpica naqueles anos da súa xuventude. Lembraba cando viviu nas vivendas dos mestres, na Cerca, que estaban mesmo enriba do mar e como bruaba nas noites de inverno e como se notaba o movemento do aire na cociña do apartamento coma se estiveras fora. Sinto a túa morte, MESTRE, pero alégrome moito de ter cadrado contigo na vida. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_8371", "summary": "Está circulando pola rede un manifesto en defensa das editoras en galego impulsado por Héitor Picallo, que recolle sinaturas de apoio até este xoves. O texto lembra o peche recente d'A Nosa Terra e alerta sobre novas desaparicións de selos históricos.", "text": "Está circulando pola rede un manifesto en defensa das editoras en galego impulsado por Héitor Picallo, que recolle sinaturas de apoio até este xoves. O texto lembra o peche recente d'A Nosa Terra e alerta sobre novas desaparicións de selos históricos. E reivindica: \"Queremos vida onde ten que habela, entre a letra e os seus espazos, entre o son e a escrita, no pano do teatro e na ringleira de carácteres\". Di así: E hoxe –mentres os ladros de ilusións e normalidades reclinades as vosas cabezas nos acolchados diváns, a golpe elástico do tirante de don Celidonio– tócanos pór a man no peito e escoitar o latexo da máquina comunitaria, con sinceridade e dor ao unísono. A nosa vida comeza a fallar, o motor de arranque axustouse ao trebello pero este non carbura: a explosión na buxía cultural apenas sincroniza co avance das mentes políticas, baixa o pistón e a biela non se move. A explosión na buxía cultural apenas sincroniza co avance das mentes políticas, baixa o pistón e a biela non se move Prefire don Celidonio –man no bandullo– as empresas de lonxe, e os nosos artesáns da escrita perden medios de difusión,… Pecha o papel de prensa en galego, botan o fecho tamén algunhas editoras (A Nosa Terra liquida as súas existencias, as nosas re-existencias dende a memoria e a certeza), outras mantéñense sobre o arame –temerosas– e debaixo non hai rede para illalas do baleiro. Actrices e actores piden \"cidades para a cultura\", músicos e artistas buscan papel e partitura para as súas voces. Non se baixa a claqueta do cinematógrafo nin se ergue o pano, non se respectan as vangardas musicais de noso e tampouco o folclore do país. Unicamente ouvimos riseiras, gargalladas e arroutos dende as gorxas que engolen a nosa voz sen atragoarse. Xa sopra sen buguina o verso desacougante de Espiral Maior. De momento fica en puntos suspensivos a súa existencia. Mais,… quedarán xanelas para a esperanza? Cando deixarán de nos roubar o brillo e a fachenda? Cando? Cando a cor do horizonte será nosa na liña dun verdadeiro \"progreso\"? Don Celidonio \"ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón\",… Quen é capaz de comprender a historia da lírica galega dos últimos vinte e cinco anos sen esa espiral maior de autoras e autores? Sen ese labirinto de títulos e ese mosaico de estrofas e versos libres? Libres,… libres sodes para nos exterminar, para nos sacardes o pan da boca e darllo ao que máis devora e infla o bandullo. Libres,… libres sodes para nos introducir nun role-playing game no que non haberá vítimas humanas –iso coidamos– pero do que nacerán cadáveres entre as primaveras de Cunqueiro. Quen entende o ensaio de ideas sen Laiovento e o ensaio histórico sen Toxosoutos? Quen entende o ensaio de ideas sen Laiovento e o ensaio histórico sen Toxosoutos? Quen saborea dozura cando esas e outras enormes \"pequenas\" editoriais poden –se cadra– fechar mañá as cancelas das súas vidas? Estamos de rebaixas,… ou en LIQUIDACIÓN por peche? Deberase preguntar en \"industria\", en \"cultura\", en \"lingua\", no INEM,… Igual son eles os nosos xefes e nós non nos decatamos,… Igual a patronal ideou a deslocalización da nosa cultura para chantala sen regadío no país de ningures. Don Celidonio \"é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza\". Espiral Maior continúa co peche do círculo, co peche de ciclo, co cadeado e co grillón que nos resta pés para andar por camiño seguro e vieiros de antano,… polas liñas da certeza e do acerto, polos versos do compromiso e da lealdade a este recuncho do Atlántico, baluarte da nosa historia e da nosa identidade. Perdón, desculpen logo,… sentímolo moito, mais por aquí non rendemos preitesía, nin bicamos mans, nin pousamos o xeonllo en terra para sacarmos o chapeu e saudar ao amo… A reverencia só é para a Palabra, que se verte libre en torrente e manancial de saúde dende o maxín até a tórculo, dende a man que comeza a escrita até a letra impresa. Só guindamos caraveis á lingua de noso, á voz de antano, ao namoro do galego, ao amorodo nos beizos ao saborear os 150 anos dos Cantares de Rosalía. Queremos vida onde ten que habela, entre a letra e os seus espazos, entre o son e a escrita, no pano do teatro e na ringleira de carácteres Don Celidonio: \"adubo de ourego e pemento\". Queremos medios para sermos nós, e non medos, nin remendos, nin remedios,… Queremos vida onde ten que habela, entre a letra e os seus espazos, entre o son e a escrita, no pano do teatro e na ringleira de carácteres. Queremos ser núcleo e cerna, trabe e alicerces do paraíso, e escorrentar de vez os que non aman esta Terra porque non a senten dende as veas e dende o peito,… Hai pantasmas no castelo e nós non temos medo. Seredes culpábeis dos vosos actos. Seredes responsábeis de abrir a gabia e o nicho. Seredes furtivos da palabra, homicidas da linguaxe e ladróns. Iso, ladros e ladras da alma comunitaria. Seredes o que hoxe sodes e do que mañá quizabes vos arrepentiredes. Seredes o que hoxe sodes e do que mañá quizabes vos arrepentiredes Seredes,… E por iso para nós non sodes presuntamente inocentes. Seredes,… unicamente fedor, fenda e ferida; loito, pranto e inxustiza. Marzo de 2013, cumpríndose 90 anos de ser elixido Afonso D. Rodríguez Castelao como Director Artístico da revista Nós e a 80 de se crear –xunto con Vascos e Cataláns– o pacto Galeusca"}
{"ID": "PRAZA_20329", "summary": "O técnico da selección española prescinde da futbolista galega, recente subcampioa da Champions co PSG e líder do fútbol feminino español durante os últimos anos. \"Perder o torneo doe, e se non se reciben explicacións de ningún tipo doe máis\", di nunha nota pública \"Galicia merece e precisa un equipo na elite; sería máis doado volver para as que estamos fóra\"", "text": "\"Non por agardada a noticia é menos dura\", escribía Verónica Boquete nunha nota feita pública logo de confirmarse a súa ausencia na lista de 23 xogadoras que disputarán coa selección española a Eurocopa de Holanda deste verán. O adestrador Jorge Vilda prescindiu da xogadora galega, a que está considerada como mellor futbolista española das últimas décadas (e posiblemente da historia), a máis recoñecida en títulos e galardóns e quen vén de perder por penaltis co PSG a final da última Liga de Campións. \"Perder unha Eurocopa doe, e se non se reciben explicacións de ningún tipo doe máis\", di Boquete sobre a súa ausencia \"Perder unha Eurocopa doe, e se non se reciben explicacións de ningún tipo doe máis\", engadía Boquete no único reproche que amosou na nota na que quixo evitar \"malas interpretacións\". Con 30 anos e logo de participar e destacar na fase de clasificación para o torneo continental, a súa ausencia nas últimas convocatorias para partidos amigables fixéronlle temer o peor. \"O meu traballo está feito, deportivamente pouco máis podo facer\", dicía nesta entrevista en Praza.gal de tan só hai uns días. \"É evidente que me tería gustado ter outro final, pero non por agradecemento á historia ou ao meu pasado, senón polo meu rendemento presente e mérito deportivo\", escribiu este martes. Finalista da Copa en Francia, da Champions e destacada nun dos mellores equipos europeos, nin o aval presente nin o pasado máis inmediato valeron ao seleccionador, que xustificou a súa decisión no \"nivel que demostraron as outras 23 xogadoras\" e que, di, considera \"as máis adecuadas\". Posteriormente, nalgunha entrevista, Vilda negouse a entrar en máis detalles e xustificou a ausencia de quen acumula case 40 goles coa selección española en que non fora chamada, \"ao igual que lle pasou a calquera outra que tiña opcións de vir\". O seleccionador española argumenta a súa decisión unicamente no \"nivel que demostraron as outras 23 xogadoras\" Capitá da selección española nos últimos anos, líder no Mundial de 2015 e impulsora xunto a outras compañeiras da rebelión que acabou coa marcha do anterior técnico, Verónica Boquete sofre un duro golpe logo de converterse durante anos en símbolo da loita contra a invisibilidade do fútbol feminino e nun dos pulos máis importantes que tivo un deporte que sae aos poucos do amateurismo no Estado. Acumula experiencia nas ligas española, estadounidense, rusa, sueca, alemá e agora francesa e o seu palmarés inclúe a Liga de Campións, varios campionatos nacionais e mesmo unha Medalla Castelao. \"A vida e o deporte ensináronme que hai cousas que non podemos elixir nin controlar. As decisións e accións doutros non nos pertencen\", insiste Vero Boquete sobre unha non convocatoria que semella agochar algo máis que unha simple decisión técnica ou deportiva, máis tendo en conta o rendemento da dianteira compostelá nos últimos meses ou a súa contrastada experiencia en torneos importantes. Xa coa súa ausencia no último amigable ante o Brasil, foron a seleccionadora e xogadoras canarinhas as que amosaron a súa sorpresa pola incomparecencia dunha futbolista \"completa\". \"É coma se eu non convocase a Marta\", asegurara a adestradora en referencia á mellor xogadora do mundo. Primeira futbolista española en converterse en profesional, primeira que logrou gañar unha Liga de Campións (co Frankfurt), primeira en anotar nunha fase final dunha Eurocopa e capitá no primeiro Mundial da selección, no que tamén marcou. A súa ausencia -xunto coa de Sonia Bermúdez- é agora a principal noticia dun equipo que busca un título internacional absoluto que aínda non posúe. \"A miña carreira continúa. Estou sa e sen lesións\", advirte Boquete no seu comunicado, onde anuncia o seu apoio \"desde a distancia\" ás compañeiras que comezarán a Eurocopa o vindeiro 16 de xullo."}
{"ID": "NOS_33726", "summary": "A profesora do IES Fragas do Eume, Anxos García, lidera un proxecto cultural sobre Rosalía de Castro: \"A Rosa Incandescente\".", "text": "Anxos García é profesora do instituto Fragas do Eume de Pontedeume. O ano pasado, celebrando o Día de Rosalía de Castro no centro, decatouse, durante unha actividade, de que a utilización dunha actriz que encarnaba a poeta e falaba sobre esta en primeira persoa \"triunfou e sorprendeu enormemente o alumnado\", asegura en declaracións a Nós Diario. Ante a boa acollida deste feito e con \"moito tempo polos meses do confinamento\", García desenvolveu esta idea e creou o proxecto cultural \"A Rosa Incandescente\", que aglutina unha curtametraxe, actividades didácticas e a difusión da investigación feita sobre Rosalía de Castro. En relación á curtametraxe, aínda en proceso de preprodución, a idea \"parte de querer que sexa a propia Rosalía de Castro que nos fale de si mesma e nos guíe pola súa traxectoria vital e pola súa obra\". Para aproveitar este proxecto e como \"quería transmitir a todo o mundo o legado da poeta, creamos a parte didáctica da iniciativa\". Esta realizarase a partir do material audiovisual da curta e pretende ofrecer unha exposición xeral acerca do tema e propor diferentes actividades nas que se xoga coa análise da linguaxe cinematográfica e literaria e coa comparación dos recursos que ambas utilizan. Difusión do proxecto Ademais, crearon unha parte de difusión. \"A Rosa Incandescente\" tamén é o nome da páxina de Facebook na que se van compartindo os avances da investigación que está a facer co seu equipo para a realización da curta. Cuestións como os obxectos que debería haber nas casas que puido habitar Rosalía de Castro ou a vestimenta que se utilizaba nesa época dependendo da clase social ou do contexto son detalles que están a ser estudados con esmero. Ana Gesto é a responsábel do vestiario e da ambientación da localización. Un bosquexo do traballo que está a realizar xa está publicado nas redes sociais do proxecto, onde podemos ver a súa interpretación da vestimenta de Rosalía con base nas poucas fotos que existen dela. Tamén forman parte do equipo deste proxecto David Vázquez (Dirección e realización), Tamara Lorenzo (Banda sonora) e Alba López (actriz que interpretará a Rosalía). Na canle de Youtube pódese visualizar o seu primeiro vídeo: \"Declaración de intencións\"."}
{"ID": "NOS_33380", "summary": "Son os poemas d''Os eidos' (1955) de Uxío Novoneyra os ecos poderosos da nosa montaña interior e dos seres que a habitan na paz de todo o vivo. A beleza irrepetible dunha voz que é revelación e música. A chave dos campos para abrir cada cancelo e comprender a inmensidade da existencia, a profundidade do amor, a extrema condición do canto e os substratos infinitos dunha fala ancestral e futura: nela entendemos o canto do paxariño pousado no bicarelo do bico do brelo e con ela somos quen de lles tocar as mans aos antepasados. Unha tuba grandiosa que proxecta o estremecemento sutil do mínimo, cos pés postos en Parada do Courel, desde onde se contempla e comprende o universo.", "text": "Polo ano 2003 era eu unha moza entusiasta que ollaba o Courel desde a premontaña do Brollón. Escribía por entón o libro Uxío Novoneyra. Lingua loaira dedicado ao poeta máximo dos cumes do Piapaxaro, e o seu benquerido curmán Manuel Neira Pol fíxome un regalo que gardo coma un tesouro polo seu profundo significado emocional: unha chave antiga da casa do escritor. Para min, que sempre fun máis de cancelo aberto que de porta pechada, máis de horizonte e cume que de tranca e de couso, máis de casiña humilde que de castelo murado, esta chave simboliza a clave do enigma poético: é, como dicía André Breton desde a paixón surrealista, a chave dos campos. Mais de todos é sabido que os campos non teñen chave, e por iso unha chave dos campos non pode pechar nada senón talvez só abrir a conciencia. Esta é para min a chave-clave de Uxío Novoneyra: a que pode abrir as conciencias aos eidos, libres de marcos na mente. Con trinta e dous anos, asentado no Courel en 1952 comeza Novoneyra o intenso ciclo poético d'Os eidos, en estreito diálogo coa sensibilidade galeguista do momento, que trae a primeiro plano aquel vínculo romántico entre sentimento e paisaxe. Asentado na casa natal de Parada naqueles primeiros 50, entregarase ao canto, no que conflúen por unha banda o aguillón ideolóxico do galeguismo cultural de posguerra; por outra os fluxos literarios rosalianos, pondalianos, populares, medievais, orientais e primitivos; e o máis importante: a paixón telúrica que antecede á escrita, a convivencia cotiá co mundo labrego e a procura infinda da beleza como horizonte vital. E así, alí, naquel centro do mundo illado, o que fora neno fascinado coa natureza reintégrase ao agora estremecido lector e pensador da Galicia arredada, pero tamén á memoria familiar do labrego ancestral: todos estes estratos conformarán a inmensa e poliédrica personalidade poética novoneyriana, que dá lugar a un libro único que devén axiña un dos grandes clásicos da nosa literatura: Os Eidos, publicado por Galaxia no ano 1955. Mais o pulo creador que deu lugar a esa primeira achega ao universo courelao non cesará, de modo que no 1974 dará ao prelo Os eidos 2, ilustrada por Laxeiro. E xa nos anos 80, o ciclo courelao, depurado, verá a luz como Os eidos. Libro do Courel (Xerais, 1981), cunha versión ampliada no 1985 e outra anotada no 1990, que constitúe a versión definitiva. Estas sucesivas reescrituras, revisións, e ese regreso permanente ao poemas de Parada revelan que é este o cerne poético do noso autor. 'Os eidos' foron desde a súa publicación e seguen a ser na literatura galega a gran chave dos campos Porque foi naquel ónfalos e naquela apertura máxima da conciencia do ser integral e integrador, como Uxío Novoneyra chegou a sentir a fluencia dos seres e das cousas cara a el, cara á poesía. Ese sentimento de plenitude que confire a epifanía poética deulle unha harmónica e total sensación de paraíso no que crear unha escrita de fondo calado filosófico, que se abeira ao silencio, ao límite da linguaxe e ás últimas loairas do coñecemento. Un coñecemento por identidade amorosa. Por outra banda, o poeta que é Novoneyra é tamén o labrador que comprende a terra sen sacralizala e ao tempo é quen de ler nela, porque como ben ensina a arqueoloxía da paisaxe, a terra pode lerse coma un relato de relatos. E neste senso labrego é como Novoneyra intúe a forma da terra, coma se algo nela estivese escrito. Quizais por esa razón haxa que entender tamén os seus versos como unha revelación. En certo modo, o poeta maniféstase aquí como un especial interlocutor, pois ademais de ser un mediador entre as cousas e o humano, éo tamén dándolle voz a un mundo que se extingue e polo tanto conéctanos cun substrato ancestral que pervive, segundo el advirte, nos nomes e na lingua. A paixón pola materia ten en Novoneyra un carácter primixenio e a súa comprensión entronca coa agricultura tradicional que afonda as súas raíces no Neolítico. Precisamente neste senso, pode dicirse que a aproximación do poeta ao Courel non é paisaxística nin pasivamente contemplada senón intimamente sentida e traballada en longa herdanza. Na poesía de Novoneyra existe tamén unha gran lección antropolóxica, pois é o canto intrahistórico desa sociedade preindustrial aínda viva a mediados do século XX, e que pouco a pouco comezará a amosar os síntomas do seu desartellamento irreversible. Dicía Bachelard que na psique humana ten moita máis presenza a memoria do espazo que a construción dunha narrativa autobiográfica. En Novoneyra a creación dunha narración autobiográfica constrúese a través do espazo e da memoria do lugar, de modo que o espazo sustenta o tempo e a memoria reactualiza o pasado facéndoo presente. Así tamén a súa propia poesía leva inscritos os vellos e acompasados ritmos do campo, porque os seus son poemas do pastor, do home que gadaña, que vai á herba, que ve nevar e entende os augurios das nubes e sabe da boa auga das fontes da montaña; que comprende o canto dos paxaros ou soña co meixelo fincado na man mentres alinda as vacas. Na poética do rito de Uxío Novoneyra, os labores agrarios alcanzan unha significación altamente simbólica pois aseguran a permanencia do pasado, nun soño idealizado de harmonía rural chea da elegancia do pobo e da súa arte. E desa arte precisamente recolle o cantor certas estruturas rítmicas que se sitúan nos estratos profundos do seu quefacer lírico. Pero ademais os propios traballos da terra imprimen o seu ritmo a carón do sutil ouveo ou do delicadísimo canto do paxariño no bicarelo do bico do brelo. Porque canda a música cotiá que anima e fai máis levadeiros os labores máis duros, sitúase tamén a pausada observación dos animais e dos fenómenos atmosféricos, continuando no ronsel infinito da historia a sabedoría das nosas xentes atentas á chuvia e ao vento, coñecedores profundos da inminencia da auga e do trebón polos signos diáfanos do código celeste. E no horizonte a serra, e no íntimo a casa. Un universo atravesado pola delicadeza, pola fascinación ante a grandeza do mínimo, a sabia contemplación da beleza do todo. Pero sobre todo é poesía que aínda mantén o vello vínculo coa musiké, a poesía como canto emanado da materia. E é poesía oracular que manifesta a revelación por identidade profunda. A paixón pola materia ten un carácter primixenio e a súa comprensión entronca coa agricultura tradicional O seu canto verdadeiro vén de lonxe e vai para moito máis lonxe pois concíbese coma un canto vital de autenticidade radical, unha poesía necesaria que procede da experiencia e da conmoción, e que trae a primeiro termo a necesaria ecoloxía amorosa, ese humano lugar da palabra onde o temporal e o atemporal se funden na iluminación dun espazo histórico e ahistórico: o longo devalo da intrahistoria dun pobo inscrita no seu natural ámbito mítico. Os eidos foron desde a súa publicación e seguen a ser na literatura galega a gran chave dos campos. Deitados os ollos nos eidos de Novoneyra e abandonando a memoria e a materia á súa lectura, sabemos e sentimos que neles está contida a totalidade do que somos porque está contida a singularidade humana. Sobre os eidos courelaos a neve segue a atenuar as dores do mundo. Sobre eles perdura a vida noutras formas imprevistas. Sobre eles chove para que soñemos. Quizais daquel mundo intocado d'Os eidos nada quede, engulido o seu lento tempo de boi marón pola veloz devoración da produción. Pero daquel mundo queda a doada certeza do futuro, presente na poesía profunda da vida, a que se leva a cabo cada día nunha loita desigual como o é a loita da verdadeira paz poética contida como lección máxima no canto de Uxío Novoneyra, que foi e será sempre a voz de cada cousa do Courel. Nestas miñas palabras de hoxe, que continúan o diálogo co mestre, están as voces de quen me ensinou con sabedoría e paixón poética canto sei de Novoneyra: Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Elva Rei, Uxío e Branca Novoneyra e a familia Neira Pol. Escolma de textos [ 1 ] Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home… [ 2 ] Terras érmedas do Freixeiro!Montes irados!Pobos pobresque se foron quedando nos ósos! [ 3 ] Vai polo monte o camiñoouteando como un loucopolos cavorcos do vali as poxas do taramouco. Cruza solo a serra todasin levar outra compañaque a gran presencia do ceosobre o silencio da braña. Eu non sein pra onde vaiméntral'o quedo mirando.Sólo sein que eilí se cómpreo soño que estoun soñando... [ 4 ] Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde ninguén foi nin ha d'ir! Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca de vagoada máis sola e máis medosa... Rastrexapárase e ventafinca a pouta ergue a testa e oula cara o ceocon toda a sombra da noite na boca. [ 5 ] Os soños negros i os xeitos broucos da noitenun envoltoiro polos carreiros do monte. [ 6 ] Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume. [ 7 ] No bicarelo do bico do brelocanta o paxariño.No mesmiñobicarelo do bico do brelo. [ 8 ] Prados do Chao da Ladal! Baixa a auga durmindo.Ollando no ríovoume indo inordiña non sein pra que sitio… [ 9 ] Viña eu dos Calvaressoñando no aire. Pasein su a Fontecos ollos ó lonxe.Deiteinme na herbacas maos nas meixelas. [ 10 ] Teso do Lombáncamiño de Su a Cemba ó sol da mañá! Nada dixera que non ainda.Todo era unha cousa miña. [ 11 ] Ingrave de ensoñotenme a tarde no coloe só pouso os ollos… Verdega o mofoque fía o pouso do tempo longo. [ 12 ] Quen na outa tardeanduvo a catar o airesabe que a sombra é máisque unha lene escuridade. /O aire ten unha cousaque se perde se ún a conta. [ 13 ] Está o aire enfexon'algo que non vexo.Os paxaros os pradosos eidos calados… [ 14 ] Iba ca alba caladasin pararme con nada. Fonte do Pombo caíndo a fiu! Algo ruxiue do meu corpo saiude briua cobra do calafriu. [ 15 ] Vaise vaiseo camiño d'aire polo airecamiñando cara un sitio aonde nunca foi nadie… [ 16 ] Fala a tarde baixiñoi o corazón sínteo. [ 17 ] Fincado na anta-a fiestra aberta á alba-vía voar as anduriñas. Levein os ollos prá serrai esquecinme da alba de min e delasque anque iban e viñani anque oía non oía… [ 18 ] Chove para que eu soñe… [ 19 ] Esta tarde o aire é meu amigo.Vounme sumindo sumindo.Si o aire querchegarein a non ser ninguén. [ 20 ] Vendo i ouvindo o ríovaise o tempo sin sentilo. Naza'a auga su as abrairasentr'as penas sombrizasroxe e baixade pincheira en pincheirae corre entretecida… /Esta auga da presason eu ou é ela? [ 21 ] Chovenon sein desd'onde nin pra onde… No quedo da tardeollo longo nembrando choivas d'antes. [ 22 ] Chove maina e calada.Veinse os fius da augacontra as bandas das penas…En soutos e devesasas pingoadas esbaran e baixanpetando de folla en folla.Por vecesco vento a ruxidoiramedra e esveceen ondas que ún alonga… Agoraeu son sólo para choiva. [ 23 ] Cain as follas…Sinto unha cousaque se apousa en min e no me toca… [ 24 ] Como sólo nela penso cando cruzo os ucedosa min no me poñen medo as figuras dos penedos. [ 25 ] Ventana de Doña Ildaraprá banda da tara!Castelo do Carbedosólo prá tarde no bico do penedo! [ 26 ] Neva no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.………………………………………………………………………Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume. [ 27 ] Dobran as campás da neve…A alma de seu gardadatornouse inda máis caladae nin pode nin se astreve. [ 28 ]Pasan as nebras…Eu sinto que me deixan e me levan... [ 29 ]Fontiña do Carabel!Auga brancanacida ó pé dunha faiateñe que ter bon beber. -Tomapon de calexa esta folla.Aséntaa ben no buracoe préndea cunha pedra. Qué fontiña máis pequena!Sécase dun sorbato. Fontiña do Carabelque dás xusto o que ún pode beber! [ 30 ]Canta a fontiñacanta a fontelai anque a canción é delaten unha cousa miñapola que podo entendela. [ 31 ]Eu sein o que oiono souto soioe non sein o que sein. [ 32 ]A casa de pedra e cal vella-solaina e ventás prá serra-feita fai cen anos á miña maneira! [ 33 ]Penas do Fedoollándovos sin sabelotiña eso que eu querocando sin quitalos ollos deixaba de vervos. /Quero ser como erana Campa da Lucenza. [ 34 ]Inda non estoun co'ela.Aínda ún sigue n'el.Estoun en Compostelavendo nevar no Courel. [ 35 ]Branca, Uxío i Arturoquedaranse no Futuroquedaredes no Futuropre que siga o Pasadoe ti Galicia a duraranque se funda o lousadoe caia a neve no lar.Anque se funda lousadoe se descubra o faiado.No coarto en que fun nadoe no mesmo leito ha nevar. [ 36 ]Neva pecho na valiñaneva na Corzarizaneva na tara fraguizaneva nos outos carballosi en tódolos arburallosneva nos soutos i en tódiñolos gallos.Neva pra a pena e pra aciñaneva pra min diante miña….................... Cai a neve polvoriña"}
{"ID": "NOS_26021", "summary": "O BNG coruñés lembrou no cemiterio de Santo Amaro o compromiso deste mozo asasinado con 19 anos que \"sempre daba a man esquerda cando se presentaba e cando saudaba. Tamén cando se despedía. Facíao porque a esquerda é a man que sae do corazón\".", "text": "Un ano máis, o cemiterio de Santo Amaro acolleu a homenaxe e lembranza que o BNG da Coruña rende a Pedro Galán Calvete, mozo de 19 anos, nacionalista, que foi asesinado en 1936 polos franquistas. \"Sempre daba a man esquerda cando se presentaba e cando saudaba. Tamén cando se despedía. Facíao porque a esquerda é a man que sae do corazón\", dicían del os seus coñecidos. \"Como galego son nacionalista, como home son marxista. Para que me entendas, son un separatista\", defeníase a el propio. 16-S, 81 aniversario do asasinato do mozo Pedro Galán Calvete Lois Diéguez e María Xosé Bravo tomaron a a plabra no acto de homenaxe para lembrar toda unha xeración de coruñeses comprometidos coa Galiza e coa democracia e que pagaron un alto prezo por iso: morte, cadea, exilio. Galán Calvete foi detido o 10 de setembro de 1936 na rúa Bailen da Coruña, mentres paseaba coa súa moza e foi conducido ao cárcere da Coruña e posteriormente ao cuartel da policía de Orzán. As xestións familiares diante de Luís Tovar Filgueiras, xefe do estado maior da VIII rexión militar, non conseguiron a liberdade dun mozo que ao pouco do golpe de estado do 18 de xullo, renunciara a fuxir a América, tal como lle suxerira seu pai, camareiro naqueles barcos de pasaxe que cruzaban o Atlántico transportando emigrantes. O seu corpo apareceu na Corveira-Culleredo. Lois Diéguez e María Xosé Bravo tomaron a a plabra no acto de homenaxe para lembrar toda unha xeración de coruñeses comprometidos coa Galiza e coa democracia e que pagaron un alto prezo por iso: morte, cadea, exilio. Fundador en Outubro de 1933 da \"Mocedade Galeguista\" da Coruña\", aquela \"centuria de marxistas, troskistas e libertarios unidos unicamente por un nacionalismo a ultranza\" en palabras do seu presidente Jenaro Marinhas. Secretario de organización e asinante do seu primeiro manifesto \"eiquí os mozos consentes da Coruña, seguindo o vieiro doutras mocidades galegas, xunguímonos nas Mocidades Galeguistas dispostos a loitar pola liberdade da Nai-Terra\"."}
{"ID": "PRAZA_10303", "summary": "Un informe, baseado no país e en Extremadura, reclama un sistema de denuncias \"rápido e eficaz\", formación no profesorado ou \"axuda\" aos pais. A investigación recolle varios testemuños de vítimas galegas: \"Se vos din que o acoso non existe, ou non coñecen a verdade ou ocúltana\".", "text": "O acoso escolar é un dos graves problemas do ensino no Estado e en Galicia. Milleiros de casos permanecen \"ocultos\", sen ser rexistrados oficialmente por non ser tido identificados nin saber como actuar, porque \"as medidas para atallalo non están funcionando\" ou por \"erros\" da Administración na recollida de datos. É a denuncia que fai Amnistía Internacional (AI) nun extenso informe presentado este mércores e que ten o territorio galego como unha das bases da súa investigación.Amnistía Internacional denuncia un\"problema invisible\" e lembra que o 96% dos casos que detecta o teléfono contra o acoso escolar non chega á inspecciónAsí, AI conclúe que o acoso escolar é \"un problema invisible que precisa dun sistema de denuncias útil de verdade\" e advirte da necesidade de que centros escolares e profesorado \"transmitan unha mensaxe clara e de tolerancia cero\". Faino logo dunha detallada investigación centrada en Galicia e Extremadura, ao ser dúas das comunidades autónomas desde as que menos chamadas se recibiron no servizo de atención telefónica implantando polo Ministerio de Educación durante o seu primeiro ano de funcionamento, aínda que sen que iso signifique \"que o acoso escolar sexa un motivo de preocupación máis significativo\" nestes dous territorios.A investigación levada a cabo por AI revela numerosas eivas no tratamento do acoso e destaca que o 96% dos casos que detecta o teléfono contra o acoso escolar non chega á inspección. Así, reclama a implementación dun \"sistema de denuncias complementario ao actual, un mecanismo que utilicen acotío os e as adolescentes e que sexa anónimo\". Ademais, pide \"confiar\" nos máis novos á hora de prever este acoso escolar e para identificar as solucións. E pon deberes ao Goberno central e ás comunidades autónomas, \"que están fallando á hora de protexer estes nenos e nenas, o que constitúe unha violación de dereitos humanos\".O informe achega testemuños impactantes de familias, profesorado e mocidade galega que deitan luz sobre as eivas á hora de prevención e da actuación. Amnistía Internacional realizou dúas visitas a Extremadura e Galicia en abril e maio do ano pasado e entrevistouse con 26 docentes, seis directores, tres orientadores, catro psicólogas, anpas, organizacións de voluntariado, sindicatos, dous inspectores educativos, tres membros da oficina do Valedor do Pobo, seis pais, 11 nais e máis de 50 adolescentes, ademais de grupos de rapaces.Ademais, xa en outuno, AI entrevistou co Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa do Ministerio e co responsable da inspección educativa de Extremadura. Segundo aclara, \"as autoridades educativas de Galicia declinaron\" a súa \"petición de reunión\". Desde a Consellería asegúrase que \"por motivos de axenda\" non foi posible a xuntanza coa persoa solicitada \"e non se propuxo data alternativa\". \"Se vos din que o acoso escolar non existe é porque non coñecen a verdade ou porque a están ocultando. Eu trato de facer o contrario\", di a nai dun menor acosado\"Se vos din [a AI] que o acoso escolar non existe é porque non coñecen a verdade ou porque a están ocultando. Eu trato de facer o contrario\", conta no informe Pura Prado, directora dun centro escolar de Ribeira. \"Deberían os nenos ter a pel máis dura? Quizais. Pero iso non é algo que haxa que planificar. Ocorrerá de forma natural. Como mestre, preferiría que me acusasen de preocuparme de máis e non de ignorar o sufrimento dunha ou dun das miñas alumnas ou alumnos\", engade Javier Rouco, profesor de Primaria na Coruña.\"Non queremos agobiar os nosos pais. Están ocupados con moitas outras cousas, por iso intentamos resolver as cousas pola nosa conta\", explica un adolescente de 15 anos, que destaca que \"non hai contacto persoal coa maioría dos profesores\" malia que cada día o alumnado \"pasa moitas horas con eles\", mesmo \"máis que cos pais e nais\".Como lembra AI, unha macroenquisa en 2015 sobre a vida escolar en Galicia concluía que, aínda que máis da metade das persoas afirmaban que a convivencia mellorara nos últimos tres anos, o 8,5% das familias aseguraron que seus fillos foran vítimas de actos contrarios a esa convivencia. A porcentaxe aumetnaba até o 12% de preguntar entre o alumnado e até case o 15% entre o estudantado menor de 16 anos.A investigación advirte de que as vítimas de acoso escolar \"adoitan sentirse indefensas e crer que ninguén está da súa parte\":\"Teñen a sensación de que non teñen apoio\"A investigación de Amnistía Internacional amosa que as vítimas de acoso escolar \"adoitan sentirse indefensas e crer que ninguén está da súa parte\". \"Teñen a sensación de que non teñen apoio\", di AI, que destaca tamén un sentimento \"fondo\" de culpa e \"común\" entre pais e nais, que senten que non prestaron atención dabonda nos avisos e queixas dos máis novos. A falta de apoio doutras familias ou profesorado ante o acoso é unha queixa habitual entre os proxenitores.Nos casos galegos analizados, hai varios exemplos no documento. \"En clase nunca se falou de acoso escolar. Non o denunciei. Quen me axudou? En realidade, ninguén. Amañeime só, meténdome na miña burbulla [...] O acoso físico rematou cando un dos rapaces me rompeu o brazo ao empurrarme polas escaleiras. Supoño que se asustou. Ás veces véxoo pola rúa e saludámonos como se non tivese pasado nada. Non creo que entendese nunca as consecuencias dos seus actos\", di un adolescente galego. Noutro caso, un pai denuncia o acoso por racismo sufrido por un dos seus fillos, de orixe africana. \"A orientadora escolar foi realmente unha axuda, pero en 2016 o colexio puxo fin ao servizo, até 2018. O colexio era unha empresa, díxome, e había que recortar gastos\", conta sobre a súa experiencia nun centro concertado da Coruña. O pequeno chegou a pedirlle que lle borrara a cor da súa pel. O pscólogo recomendoulle cambiar de colexio e a Inspección Educativa aceptouno. \"Nunca nos informaron de protocolo ningún para casos de acoso escolar; eu coñecía a existencia do teléfono de axuda pero premiería tartar co colexio e falláronnos totalmente\", conta.\"O acoso físico rematou cando un dos rapaces me rompeu o brazo ao empurrarme polas escaleiras. Supoño que se asustou\", relata un rapaz acosadoOutra familia galega conta a súa experiencia, tamén nun centro concertado. Un dos seus fillos sufriu acoso. \"O único que conseguimos con moito esforzo foi o traslado de colexio\", explica a nai. Tras varios intentos, o centro puxo en marcha un protocolo para chegar á conclusión de que \"non era un caso de acoso escolar porque non había sinais físicos nin un desequilibrio de poder entre o rapaz e o grupo de acosadores\", lembra. O caso pechouse e a muller acudiu á inspección educativa. \"Dixéronme que tampouco podían axudar\". Finalmente, foi o mozo quen, tras ser cambio de grupo, falou da súa experiencia cos compañeiros e arranxou o problema. \"Sentímonos totalmente abandonados polo centro. Tres anos despois, el aínda non entende como persoas adultas non atoparon o modo de axudalo dalgunha maneira\", conta.\"A inspección é a garda pretoriana do sistema educativo\", engade un representante sindical e ex-profesor de Compostela. \"Informamos a inspección pero non agardamos nada deles; non critico os inspectores, pero arranxámolo internamente\", di unha nai. \"Se os centros non informan das denuncias de acoso escolar, non hai nada que a inspección poida facer por nós\", engaden.\"Polo xeral, os docentes non esperan moito da inspección educativa\", conclúe Amnistía Internacional, que di que os docentes \"teñen medo das consecuencias negativas para a súa reputación se denuncian\"\"Polo xeral, os docentes non esperan moito da inspección\", di AI, que asegura que os directores consultados recoñeceron que \"teñen medo das consecuencias negativas para a súa reputación se denuncian casos\". \"Esa é a razón que deron para xustificar que prefiren abordar o problema internamente\".Así, para AI, as autoridades \"non están adoptando todas as medidas necesarias para protexer nenos e nenas, previr o acoso escolar e facilitar que se informe de todas as denuncias e queixas\". E destaca que, \"tanto en Galicia como en Extremadura\", a investigación percibiu \"un importante grao de escepticismo\" entre os membros da comunidade educativa sobre o valor engadido de mecanismos das administracións autonómicas, cualificados de \"plenarios inoperativos\" e órganos \"burocráticos\".Nas súas conclusións finais, AI fai varias recomendacións \"ás consellerías de Educación, incluída a inspección educativa, das comunidades autónomas, tamén en Extremadura e Galicia\", territorios analizados. Así, pide \"que se aborden todos os casos de acoso escolar sen dilación\"; pedir información aos centros sobre a forma na que o abordan, máis alá dos protocolos; recoller datos cuatitiativos e cualitativos para facer un seguimento; facer obrigatoria a formación permanente do profesorado no ámbito e que esta estea a disposición de todos os membros da comunidade educativa. Amnistía Internacional recomenda ás consellerías de Educación, incluída a galega, \"que se aborden todos os casos de acoso escolar sen dilación\", pedir información aos centros e facer un seguimento dos casosO auxe do ciberacoso é outro dos problemas graves dun problema global para o que, segundo AI, \"as medidas son insuficientes ou non se puxeron en práctica\". \"Non se están implementando todas e quedan importantes cousas por cubrir\", explica nun proxecto contra esta lacra denominado Pupitres Libres, no que se recollen sinaturas.En resumo, Amnistía Internacional pide un sistema de denuncias \"rápido, eficaz e feito a media dos máis novos para que se sintan escoitados, seguros e protexidos\". Tamén reclama formación do profesorado para que \"saiban detectar e intervir nos casos de acoso nas aulas\" e aposta pola \"axuda entre iguais\" para que saiban \"detectar e intervir\". Ademais, recomenda \"axudar a pais e nais a recoñecer cando os seus fillos sofren acoso e que saiban como actuar e que se recollan \"de maneira axeitada datos para coñecer a realidade\" deste problema no Estado."}
{"ID": "NOS_4601", "summary": "O barómetro de xullo dá aos socialistas case 30% en intención de voto, mentres PP e Ciudadanos empatan a 20%. En Marea baixa a 0,7% cando en xullo de 2016 lograra 1,4%.", "text": "O PSOE volve situarse de primeiro nun barómetro electoral do CIS, unha situación da que os socialistas non gozaban desde había sete anos. A chegada de Pedro Sánchez á Moncloa impulsa o PSOE, que tería case 30% en estimación de voto no barómetro de xullo. No anterior, abril, tiña 22% e nas eleccións de 2016 os socialistas atinxiron 22,7% dos votos. O PP pasa do 24% do barómetro de abril a 20,4% no barómetro do CIS de xullo. Os populares están lonxe de 33% obtido nas eleccións xerais de 2016. Nesta eqnuisa, porén, non inflúe o efecto da elección de Pablo Casado como presidente do PP. Ciudadanos serían terceira forza, empatados co PP. Os de Rivera baixan respecto a abril (22,4%). O espazo de Unidos Podemos e confluencias suma unha intención de voto de 15,6%, o que é catro puntos menos que a intención de voto que sumaban en abril (19,6%) e fica por baixo dos seus resultados electorais en xuño de 2016, 21,1%. No caso concreto de En Marea, tería agora –e segundo o CIS- a metade de apoios que nos comicios de 2016: 0,7% fronte a 1.4%. ERC lograría 3,9% dos apoios (case un punto máis que en abril) e o espazo do PDEcaT pasaría de 1,7 a 1,3%. O apoio ao PNV manteríase practicamente inalterábel, un por cento, e Bildu moveríase en 0,9%"}
{"ID": "NOS_7990", "summary": "Aurélio Lopes (Irmandade Tv) estivo en Barcelona após coñecerse a data e pregunta do referendo pola independencia de Catalunya. Na súa viaxe entrevistou a importantes referentes políticos e xornalísticos do Principat como o director de Vilaweb, Vicent Partal, ou o número dous de ERC, Oriol Amorós. Conversamos con el arredor das impresións que tirou do que está a acontecer en Catalunya.", "text": "Como está o ambiente en Catalunya após anunciaren a data e pregunta do referendo?Eu percibín o ambiente dun país que ten xa a mentalidade posta moito máis alá do que pode ser a consulta. Séntense un país e pensan como tal. Cando desde o Estado español se especula con imposibilitar a consulta e que os cataláns poidan ser independentes, o que está a facer é botar aínda máis argumentos cara á independencia e afortalando as forzas políticas que a apoian. Que sensación percibiches naquela xente menos politizada?Por falar de anécdotas concretas. De camiño ao acto de Esquerra o taxista que nos levou era de orixe andaluza, nado en Jaén, castelán-falante e totalmente a favor da consulta. É interesante ver como entenden o proceso estas bolsas de inmigrantes que en Catalunya son tan importantes. Si que se relativiza a cuestión da independencia e a posibilidade de que se poida dar unha mudanza social real. Neste senso, unha ampla maioría da sociedade catalá está a favor da independencia. Mais, esoutra que non ten como obxectivo inmediato a creación dun novo Estado ou que mesmo é contraria a el, si está a favor de que se poida consultar pois cren que é unha cuestión democrática. \"Aquela xente que non ten como obxectivo a independencia está a favor da consulta pois cren que é unha cuestión democrática\" Percíbese como algo negativo a posición de España?Si, totalmente. Segundo os inquéritos publicados mesmo por El Periódico –que é unha cabeceira próxima ao PSC-- o 75% da sociedade catalá demanda ao executivo central que permita a legalidade da consulta. Neste senso, está asumido dunha maneira tan natural que as posicións que mantén o Estado español non fai senón alimentar a espiral do proceso. Pois o papel do Estado, nos últimos 3 ou 4 anos cando comeza esta etapa do movemento independentista --coa consulta en Atenys de Munt e a creación da Asemblea nacional catalana-- o que está é a alimentar o propio proceso. E a imprensa, que di?Para comezar, a primeira impresión que tirei ao achegarme ao quiosque foi atopar todas as cabeceiras catalás, independentemente do seu posicionamento a respeito do proceso, en catalán. Iso para alguén que vén dun país coma o noso, onde non existe ningunha cabeceira diaria en galego, é algo que che pega un golpe na cara. Para alén dos xornais soberanistas que están escritos en catalán, as cabeceiras que tradicionalmente foron escritas en español, como La Vanguardia ou El Periódico, teñen diariamente a súa propia versión en catalán. A respeito das valoracións que fixeron, os xornais máis soberanistas como Ara ou El Punt, defendían a resposta SiSi, a celebración da consulta e festexábana abertamente. Outros como La Vanguardia, tamén o asumían como algo natural, embora apuntar que constitúe un reto para o Estado español. Se procuramos un denominador común é o da normalidade absoluta coa que se recibiu a proposta. \"Se procuramos un denominador común entre a imprensa é o da normalidade absoluta coa que se recibiu a proposta\" E as forzas políticas, cal é o sentir que atopaches nas persoas que entrevistaches?Non se agardaba que o anuncio for tan inminente, mesmo persoas moi próximas ao poder político, aos medios de comunicación, malia a que se sabía que sería antes de rematar o ano de acordo co compromiso adquirido no Parlament e as demandas da Asemblea nacional catalana, que representa practicamente o 40% do electorado. As forzas políticas veno como algo natural. E cando a imprensa española di que Artur Mas está nunha fuxida cara adiante ou que está enganando a poboación pois non é unha análise seria. Pois é a sociedade catalá a que empurra a CiU e a Artur Mas, foi a que fixo que todo isto se movese. Logo, no campo independentista a cuestión de se haberá consulta ou non hai quen lle dá máis e menos importancia. Hai quen coida irrenunciábel a celebración do referendo e quen pensa que a independencia chegará de todas as maneiras. Quer nunha consulta ou, no caso de se prohibir, através dunhas eleccións plebiscitarias. Isto tamén é salientábel do independentismo catalán. A cantidade de maneiras diferentes que se propoñen como medio para alcanzar a independencia. Algo que tamén contrasta coa nosa realidade é a pluralidade de propostas ideolóxicas que apoian a independencia. Desde aquelas que queren rematar co sistema económico capitalista até quen gostaría de que ese Estado se convertera nun paraíso fiscal. \"Algo que contrasta coa nosa realidade é a pluralidade de propostas ideolóxicas que apoian a independencia\" Coidas que o proceso aberto en Catalunya inflúe noutras nacións sen Estado, concretamente na Galiza?Xa está a influír. A respeito de Euskal Herria, cando a esquerda abertzale decide fechar a cuestión da violencia xa estaba a colocar na súa análise elementos deste tipo, incluído que Catalunya estaba a acumular unha forza cívica impresionante, un movemento pacífico e democrático que lle estaba a botar un pulso ao Estado. Embora en Euskal Herria o debate soberanista está máis silnciado por mor dunha guerra de 50 anos, cando estabilizaren ese proceso, Euskadi pulará por un estado de seu. Sete de cada 10 bascos así o demandan. No tocante a Galiza, tamén inflúe mais doutra maneira polos nosos propios ritmos no proceso nacional. Mais inflúe porque está a exixir que todas as forzas políticas tanto galegas coma as estatais que operan na Galiza teñen que ter un posicionamento sobre esta cuestión. Aliás, pode contribuír a abrir os ollos a certos sectores do nacionalismo que acreditando en certas potencialidades do país nunca chegaron a estaren convencidos de que o país ten todas as potencialidades e capacidades –tanto de recursos como de persoas-- para sermos un estado e xestionalo de maneira absolutamente adulta. O pobo catalán, nese senso, está a demostrar co seu proceso, que si se pode."}
{"ID": "NOS_47301", "summary": "Perante o desexo de Feijóo de que Francisco I visite o País en 2014, unha petición en Change.org rexeita o financiamento con diñeiro público da viaxe da máxima autoridade da Igrexa católica. É o tiro de saída doutra mobilización social ao redor do Eu nom te espero que en 2010 deu a 'benvida' a Ratzinger", "text": "Após a \"aspiración ambiciosa moi difícil mais non imposíbel\" feita pública polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na liña de que o novo papa, Jorge Mario Bergoglio, visite a Galiza en 2014, unha petición aberta en Change.org aberta polo colectivo Dereitos Civís rexeita o financiamento con diñeiro público da estadía do pontífice no noso País. Hai tres anos a viaxe de Bento XVI a Compostela custou 2.456.558 euros en diñeiro público, segundo detallou no Parlamento o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Tomando en conta que o papa tomou posesión do cargo como Francisco I en lembranza a Francisco de Asís e cadrando co oitavo centenario da peregrinación deste santo a Compostela, segundo a tradición relixiosa, Feijóo e o ministro xeral da orde franciscana, José Rodríguez Carballo, subscribiron un protocolo de colaboración entre a Xunta e esta orde relixiosa en que o titular do Executivo galego manifestou o seu desexo de que o papa \"volva aos pasos\" de Francisco de Asís e visite a capital da Galiza como \"guinda\" a unha programación \"ambiciosa\" coa que o Goberno galego pretende conmemorar o acontecemento relixioso. Porén, tal e como aconteceu en 2010, a morriña de teocracia proclamada por Feijóo bateu coa cidadanía. Se daquela a capital galega estoupou en mostras de rexeitamento á visita da máxima autoridade da Igrexa católica ao abeiro do Eu nom te espero, desta volta non vai ser menos. Unha petición en Change.org procura sinaturas en contra da visita papal e do seu financiamento con diñeiro público, así como medidas postas en marcha daquela como a blindaxe de Compostela con 6.000 efectivos da policía española, limitando a libre circulación da cidadanía e tornando en cotiáns os cacheos nas semanas previas á aterraxe de Bento XVI. Eu nom te espero Foi o lema da 'cara B' da visita do papa á Galiza cadrando co Ano Santo e o punto de partida dunha ampla mobilización cidadá que se organizou após o éxito das bandeiras deseñadas ex profeso polo centro social compostelán Gentalha do Pichel, que levaban rotulado o Eu nom te espero acompañado dunha mitra rotulada dentro dun triángulo, en sinal de 'perigo'. Distribuíronse 1.300 panos. Así as cousas, Mulheres Transgredindo e a Rede Feminista Galega pediran o ingreso en prisión do papa por \"delitos de lesa humanidade\", entre os que citaban os referidos a \"tortura, abusos sexuais a menores e encubrimento dos mesmos, apoloxía da misoxinia e homofobia por persecución por motivos políticos, étnicos de xénero ou de orientación sexual\", entre outros. Varias manifestacións deixaron claro o seu rexeitamento á presenza do pontífice. Centos de persoas concentráronse na Alameda de Compostela o 4 de novembro de 2010 e un cordón da policía española impediulles saír en manifestación. Dous días despois e rodeadas pola policía (\"porque a cruz e a porra veñen xuntas\") realizouse a concentración 'As mulheres galegas nom te esperamos' que rematou nunha bicada masiva. Tamén acadou protagonismo unha parodia desta bandeira en que se vía Mehmet Alí Agca, o home que disparou a Juan Pablo II en 1981 na praza de San Pedro do Vaticano, acompañado do lema Eu sim te espero. As protestas rexeitaron a turistificación da Galiza e os valores da xerarquía eclesiástica, así como o investimento de cartos públicos para pagar a visita e a paralización que supuxo da vida cotiá na cidade de Compostela."}
{"ID": "NOS_23700", "summary": "O Alto Tribunal rexeita os recursos das empresas Clece e Eulen e ratifica as sentenzas previas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que xa son firmes.", "text": "O Tribunal Supremo dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) no seu litixio contra dúas das principais empresas do sector de axuda a domicilio na Galiza, Eulen e Clece. O Alto Tribunal rexeita os recursos das demandadas e ratifica as sentenzas previas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que agora xa son firmes. Por esta razón, Eulen e Clece deberán actualizar os salarios consonte o IPC real e non poderán formalizar contratos inferiores ás 25 horas semanais. Na sentenza de unificación de doutrina 1362/2018, o TS obriga Clece \"e o resto do sector de axuda a domicilio\", aclara o sindicato, a estabelecer por contrato unha xornada mínima de 25 horas semanais. Con esta sentenza na man, \"xa non existe dúbida ningunha: os contratos cunha duración inferior son ilegais\", apunta Sergio López, secretario xeral da Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galiza, sindicato maioritario no sector."}
{"ID": "NOS_16645", "summary": "O presidente da Xunta fai públicos os once nomes que o acompañarán nesta nova lexislatura con só dous cambios respecto da anterior, ao retirar os titulares das áreas máis prexudicadas pola xestión da crise sanitaria.", "text": "Alberte Núñez Feixoo nomeou este mediodía a súa nova equipa de conselleiros e conselleiras, marcada polo carácter continuador desta cuarta lexislatura. Os únicos cambios prodúcense nas consellarías máis afectadas pola xestión da Covid-19: educación e Sanidade. Carme Pomar e Xesús Vázquez Almuíña dinlle adeus as súas consellarías e cédenlle a titularidade das áreas de Educación e Sanidade a Román Rodríguez, titular de Cultura, e a Julio García Comesaña, respectivamente. A estas novas incorporacións hai que sumarlle a creación da Consellaría de Emprego e Igualdade, baixo a titularidade de María Xesús Lorenzana. O cadro das consellarías complétano: Alfonso Rueda, que continúa na vicepresidencia, aínda que a comparte con Francisco Conde, titular de Economía; Valeriano Martínez segue en Facenda; Ánxeles Vázquez en Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Ethel Vázquez en Infraestruturas e Mobilidade; Rosa Quinta, conselleira do Mar; Xosé González, no Medio Rural; e Fabiola García, na área de Política Social. Cómpre destacar que o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, cede Administracións Públicas a Valeriano Martínez, pero toma a responsabilidade de Turismo de cara ao Xacobeo 2021."}
{"ID": "NOS_43489", "summary": "Os Estados membros da UE impugnan a sentenza que obriga a contar co consentimento da Fronte Polisario para aprobar acordos que impliquen o Sáhara Occidental.", "text": "A finais de setembro, o Tribunal Xeral da Unión Europea resolveu anular os acordos pesqueiros e comerciais de Marrocos coa UE por incluír o Sáhara Occidental sen o consentimento da Fronte Polisario, o lexítimo representante do territorio segundo a Organización das Nacións Unidas e a Unión Africana. Porén, os Gobernos dos países membros da UE aprobaron esta sexta feira recorrer a decisión do tribunal para intentar manter a vixencia aínda sen o visto e prace da poboación saharauí, nunha decisión ratificada polas ministras e ministros de Asuntos Exteriores. O pacto de pesca afecta as augas da colonizada República Árabe Saharauí Democrática, mentres que o tratado de comercio outorga aos produtos que proveñen do Sáhara Occidental unha diminución dos aranceis para acceder ao bloque comunitario, no que, lembra a sentenza, é aínda unha zona pendente dun proceso de descolonización. Expolio do territorio Un 91% das capturas que forman parte do acordo proveñen das augas saharauís, o que reporta a Marrocos 52 millóns de euros anuais. O Estado español, un dos principais responsábeis do falido proceso de descolonización ao abandonar a favor de Marrocos un territorio no que constituíra unha colonia, é o principal beneficiario do acordo. Até 92 dos 128 buques autorizados pertencen a este Estado. No fallo, o tribunal permitiu que o acordo continuara en vigor dous meses e dez días máis, o tempo co que contaban os Estados da UE para presentar o recurso, pero a decisión desta sexta feira permite que teñan vixencia até que haxa unha sentenza definitiva do mesmo tribunal. Durante o litixio, estes países argumentaron que a Fronte Polisario non tiña nin lexitimidade nin capacidade de presentarse como afectada perante o Tribunal Xeral da Unión Europea. Tamén argüíron que, por unha banda era \"imposíbel na práctica\" obter o consentimento dos habitantes do Sáhara Occidental pola \"situación particular\" do territorio, e pola outra que fixeran consultas coa \"poboación afectada\", que lles transmitira a súa aprobación. A pesar diso, todas as xustificacións foron tombadas pola Xustiza, que ratificou que \"non pode considerarse que as xestións da UE antes dos acordos permitiran obter o consentimento\" popular, así como que os pactos \"teñen efectos directos sobre a situación xurídica da Fronte Polisario na súa calidade de representante dese pobo e de parte no proceso de autodeterminación dese territorio\"."}
{"ID": "NOS_2155", "summary": "O vicepresidente do Goberno español, Pablo Iglesias, amosou as súas reticencias á integración de Bankia e Caixabank por entender que con esta operación o Estado perde a posibilidade de crear unha banca pública como a que Portugal prevé ter operativa en novembro para facer fronte aos efectos da Covid-19.", "text": "O anuncio de fusión de Bankia e Caixabank volveu evidenciar as diferenzas dentro do Goberno español sobre o papel que debería xogar a entidade presidida por Ignacio Goirigolzarri no escenario financeiro estatal. Durante anos, Pablo Iglesias, vicepresidente do Goberno e líder de Unidas Podemos, defendeu a creación dun banco público a partir de Bankia, entidade nacionalizada polo Estado (posúe máis de 60%) após inxectar 24.000 millóns de euros no seu rescate, para inxectar financiamento ás pemes, ás persoas autónomas e ás empresas da economía social e, ao mesmo tempo, recuperar os cartos investidos. Baixo a titularidade do Estado, esta nova entidade podería introducir parámetros de xustiza no mercado hipotecario e atender a necesidades de ámbito social, como a exclusión financeira ou a promoción de vivendas sociais. Agora, o Executivo de Pedro Sánchez, que sempre defendeu que o Instituto de Crédito Oficial é a verdadeira banca pública, pon en mans privadas o control de Bankia. O Estado pasará a controlar aproximadamente 14% da entidade resultante, co que queda relegado a un papel secundario. O seu único obxectivo será o de recuperar a maior parte dos cartos investidos no rescate cando a situación económica sexa máis favorábel. Banco público en Portugal E mentres se debate sobre banca pública no Estado español, no outro lado da península, en Portugal, avanzan na creación dunha auténtica banca pública. O pasado mes de agosto, a Comisión Europea deu luz verde ao proxecto de creación do Banco Português de Fomento (BPF), unha medida contemplada no programa de estabilización económica e social aprobado polo Goberno luso para mitigar os efectos económicos da crise da Covid-19. A entidade, que terá a súa sede central en Porto e que comezará a operar o vindeiro mes de novembro, nace co obxectivo de \"facer fronte aos fallos do mercado ou situacións de necesidade de optimización do investimento e promover a sostibilidade e a cohesión económica, social e territorial en Portugal\". O banco terá capacidade para xestionar fondos de investimento e outros instrumentos encamiñados a apoiar a internacionalización das empresas do país. Tamén figura entre as súas funcións a de avalar sociedades a través do Fondo de Contragarantía Mutuo. Iapmei, unha institución resultante da fusión da Institución de Desenvolvemento Financeiro (IFD) o sistema portugués de garantía mutua (SPGM) e PME Investimentos, será a principal accionista, con 47,01%. A Dirección Xeral de Facenda e Finanzas (41,28%), Turismo de Portugal (7,93%) e AICEP (3, 77%), completan o cadro de accionistas da entidade, que nace cunha capital social de 255 millóns de euros. A alternativa do ICO No Estado español, moitas das funcións que terá o BPF asúmeas o Instituto de Crédito Oficial (ICO), que actúa como canalizador de investimentos produtivos. Na crise da Covid-19, está a xogar un papel fundamental na supervivencia de empresas grazas ás diferentes liñas de avais impulsadas desde Moncloa. A diferenza dun banco tradicional, non ten depositantes nin accionistas, xa que está adscrito ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e finánciase a través da emisión de débeda pública nos mercados internacionais. Esas emisións están respaldadas polo Estado español, de aí que moitas expertas consideren unha temeridade ampliar as súas funcións á concesión de préstamos e hipotecas, xa que sería a cidadanía a que respondería dos mesmos e restaría incentivos á súa devolución. Unidas Podemos parece agora mostrarse máis partidaria desta opción. De feito, no seu programa xa recollía a creación do Banco de Investimento para a Transición Tecnolóxica e Económica (BITTE), unha entidade creada a partir do ICO, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) e a Empresa Nacional de Innovación (Enisa) para financiar o cambio cara un modelo produtivo máis verde e impulsar o I+D+i. Co Igape na Galiza No caso da Galiza, o BNG leva anos reclamando a creación dunha banca pública galega para xestionar o aforro após a \"aniquilación\" do sistema financeiro galego, unha medida que vai na liña da reclamación dun novo modelo de financiamento baseado nun concerto que permita ao país xestionar os seus recursos e estabelecer prioridades de gasto e investimento, así como intervir na política fiscal. Galiza en Común tamén incluía no seu programa a creación dunha banca pública con capacidade para intervir empresas e investir en fondos privados. Sería a través de instrumentos como o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Xesgalicia, a xestora de fondos de capital risco da Xunta, e a sociedade de garantía recíproca Afigal."}
{"ID": "NOS_15017", "summary": "Jordi Calvo é economista de formación e investigador por paixón. Activista contra o armamentismo, leva desde 2007 traballando no Centro de Estudos pola Paz JM Delàs sobre as relacións entre a banca e as empresas de armamento no Estado español.", "text": "Jordi Calvo Rufanges (La Vall d'Uixó, Castelló,1975) estivo en Galiza hai uns meses convidado por Amarante Setem e Fiare Galiza para apresentar o seu libro \"Banca Armada vs Banca Ética\". Como foi o proceso de investigación? Primeiro identificamos cales son as empresas de armas e logo os bancos que tiñan relación con elas. Miramos quen tiña accións ou participacións en empresas de armas do estado e do resto do mundo. Atopamos uns cantos bancos que a través doutras empresas de investimentos participaban neste negocio. Algunhas en bases de dados públicas e outras non. Tivemos que descubrir a parte traseira dos fondos de investimento desas empresas. Por sorte cada vez hai máis traballos de investigación como o noso en Europa, por exemplo sobre o financiamento de armas nucleares. Nesas investigacións tamén aparecían bancos españois. Identificamos 45 mil millóns de euros en investimentos que saíron de entidades do Estado español. \"Identificamos 45 mil millóns de euros en investimentos (en financiamento de armas nucleares) que saíron de entidades do Estado español\" Que papel xogan, logo, os departamentos de Responsabilidade Social Corporativa dos bancos? É o departamento que medrará máis en todas as empresas. Cando comezamos a nosa campaña contactaron desde o BBVA. Foi ese departamento e decatámonos que a súa función non era a de facer dese banco unha empresa \"socialmente responsábel\". A súa reacción foi a de tentar reducir o impacto da nosa denuncia. Minimizar a imaxe negativa, a súa reputación. É o único que lles importa ás empresas grandes, posto que poden perder moitos clientes. Saben que a xente no quere colaborar cunha empresa \"mala\". Pasan os anos e os bancos máis grandes fixeron unha política de defensa que limita algúns investimentos en armas que están prohibidas... algo lóxico. Prepáranse para investir noutras armas. Separan o que son armas controvertidas, as que xeran controversia na sociedade para a súa imaxe como as químicas... e as que non. Todo depende da crítica social, como acontece cos gobernos. Sempre negan que os seus cartos van ás armas... A outra opción é a banca ética... Desde logo. O comportamento do consumidor nos bancos é dos máis complicados de mudar. Baséase na confianza, algo que leva anos gañar. Os grandes bancos teñen moitos anos de historia e a banca ética é moi nova, precisa que os seus clientes fagan a recomendación. Cantos máis anos pases máis será unha opción de confianza. Logo está a comodidade. O banco tradicional xogaba a ofrecer os seus servizo en cada recuncho con moitas sucursais e caixeiros, agasallos,... e a banca ética non pode, opta pola sucursal virtual. Os bancos imposibilitan que marches. Ofrécenche paquetes de produtos baratos que logo non podes separar. Nós sempre dicimos que non hai que mudar de banco de súpeto. Abre unha conta e pouco a pouco pasa os teus aforros para coller confianza e acostúmate a facer as operacións doutro xeito. Esa confianza desapareceu con temas como o das preferentes? É un momento que temos que aproveitar. A xente perdeu a confianza e vemos como hai bancos que poden quebrar, mesmo empresas históricas. Notouse até o punto que un banco ético como Tríodos Bank conta agora con 150.000 clientes! Novagalicia Banco tamén figura na listaxe de \"bancos armados\"? Atopamos participacións de accións aínda que non en cantidades tan grandes como os que máis invisten en armamento que son o BBVA e o Santander. Todas as entidades invisten nelas porque o beneficio é seguro, saben que ao final o Estado pagará polas armas.... aínda que custen o dobre ou o triplo. Logo o Estado vai ser o primeiro interesado neses investimentos... Hai investimentos dos bancos en armas que responden non ao beneficio, senón a unha decisión política. As empresas precisan financiamento para comezar a facer as armas que o Estado quere mercar. Sen os cartos estas empresas non poden realizar as investigacións, mercar material,... e o Estado sempre asegura que pagará para que a empresa devolva o diñeiro ao banco. Contra isto está a crítica social. Se hai protestas contra determinadas armas, o Estado responde. Pasou coa prohibición das minas anti-persoa. A democracia cando se utiliza funciona. Publicado no Sermos Galiza nº91"}
{"ID": "NOS_15322", "summary": "Carlos Luis Rodriguez inventa novas formas legais para saír en defensa do PP de Santiago un día despois de que sete dos seus membros deixaran unha das imaxes da campaña, e non era un mitin malia que si había concelleir@s en primeira fila.", "text": "Teimaron coa matraca de Bildu na Voz Televisión ante Xavier Vence -preguntar era unha obriga xornalística, estirar o chicle de forma artificial, non- con todo, e malia non pertencer directamente á campaña electoral, hoxe a prensa recolle a que seguramente será a imaxe máis simbólica do que se leva da mesma. Sete concelleir@s do PP en Santiago, do goberno local, sentados ante o xuíz. Pero coas actas municipais no peto, que dimitir é nome ruso. Un escándalo asumido como tal polo propio Partido Popular e mesmo, segundo se comprobou nas declaracións, por algún d@s imputad@s. Para todo o mundo menos para El Correo Gallego, sempre máis papista que o papa. A versión en defensa d@s concelleir@s arrinca xa desde a capa, onde se centra a mirada no aval que recibiron de \"técnicos de Raxoi\" para decidir pagar con cartos públicos a defensa dun compañeiro que ía ser xulgado por outro caso, que abondo hai deles con concello santiagués. Esa é a teoría que sostén, así mesmo, o columnista estrela do xornal e presentador partidista na TVG, Carlos Luis Rodríguez, outro que forzado polo amiguismo co poder non pode máis que inventar delirantes escusas: \"Cómpre lembrar que é precisamente o secretario quen vixila a legalidade do que se actúa nun consistorio\", afirma o director de Foro Aberto, que polo tanto considera que o feito de ser técnico dun concello equivale á absoluta inmunidade. Se o alcalde decide que chegou o momento de recuperar o dereito de pernada e o secretario municipal nese intre chegaba dunha voda rozando o coma etílico e dille que adiante, o dereito de pernada podería volver ser legal. Iso afirma Carlos Luis Rodríguez e El Correo Gallego para favorecer ao PP. Tres patas dun banco. Diante un xuíz."}
{"ID": "PRAZA_2080", "summary": "A sociedade gañou a poxa cunha oferta de 670 mil euros, superando á presentada por Casa Macán. A CIG amosa a súa sorpresa pola non comparecencia de ningún dos licitantes.", "text": "A sociedade Leite Noso fíxose este venres con Deleite e Muu, marcas de Alimentos Lácteos, dentro do proceso de liquidación desta empresa. Leite Noso gañou a poxa cunha oferta de 670 mil euros, a pagar en tres anos. O pasado 9 de setembro tamén Casa Macán se presentou á poxa convocada polo xulgado mercantil de Lugo, facendo unha oferta de 652 mil euros, que incluía o compromiso de contratación dos ex traballadores de Alimentos Lácteos e a incorporación de cooperativas. O compromiso de contratación de Leite Noso é, segundo destaca este sábado El Progreso, menos \"preciso\" que o que realizara Casa Macán. A CIG sinalou que á poxa deste venres \"non compareceu ningún dos licitantes\", polo que finalmente resultou gañadora a oferta inicial de Leite Noso. O sindicato amosou a súa \"sorpresa polo modus operandi\" dos licitantes, e cre que a decisión de non comparecer obedece ao obxectivo de \"non elevar o gasto\". A central afirma que haberá que ver se a adquisición das marcas \"obedece á materialización dunha vontade de proceso transformador de leite ou a unha estratexia de, definitivamente, eliminar a posibilidade dunha arma arreboladiza entre as empresas transformadoras\". Leite Noso, salienta Campo Galego, é unha sociedade constituída hai 21 días, o 28 de agosto, cun capital de 3.000 euros. Esta domiciliada no Polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela, e como administradora figura Patricia Sánchez Lorenzo. Alimentos Lácteos quebrou en outono do pasado ano. Fora creada con capital cooperativo e contara co apoio financeiro (e algún outro) da Xunta. Uns 9 millóns de euros de inxección pública xestionados por destacados militantes do PP, cuxo proxecto foi elixido polo Goberno galego pasando por riba dunha unión de máis de vinte cooperativas liderada por Feiraco e que aspiraba a ser a semente do desexado grupo lácteo galego. Tralo concurso de acredores presentado por Alimentos Lácteos hai dous anos, lembra Europa Press, as súas marcas comerciais foron taxadas, á baixa, en 5.6 millóns de euros. O pasado ano unha primeira poxa ficou deserta, ao non haber ofertas que quixesen pagar un prezo de saída de 1.6 millóns, máis do dobre do pagado este venres."}
{"ID": "NOS_51088", "summary": "O avogado da Xunta solicitou a suspensión da comparecencia de Ángel B. Tahoces para ter máis tempo para estudar a causa.", "text": "O Xulgado nº2 de Noia suspendeu a declaración do director xeral de Minas da Xunta de Galiza, Ángel B. Tahoces, que estaba citado como investigado (antes imputado) por prevaricación ambiental na explotación mineira de San Fins, en Lousame. O letrado da Xunta solicitou máis tempo para poder estudar a causa, alegando o volume de actuacións, e esa petición foi aceptada pola xuíza posto que a Fiscalía non se opuxo. Tampouco rexeitou esa solicitude a acusación particular, que exerce Verdegaia. O procedemento contra o director xeral parte da Fiscalía de Medio Ambiente. No proceso de reapertura da mina considera que puido haber irregularidades, denunciadas por plataformas, organizacións ecoloxistas e veciñanza. Non houbo estudo de impacto, vertéronse augas residuais sen el, e ninguén respondeu polo estado das balsas mineiras, que conteñen metais pesados con potenciais efectos canceríxenos. Malia esa situación, a Xunta e en concreto a Dirección Xeral de Enerxía e Minas resolveu autorizar a reapertura da explotación."}
{"ID": "NOS_29125", "summary": "O sindicato nacionalista presentou o informe 'Mercado laboral galego 2017', estudo que documenta a grave perda de peso dos salarios no PIB derivada da destrución de emprego e deterioro das condicións laborais. Unha situación que leva á consolidación en Galiza dunha figura que emerxeu ao longo destes anos: a do traballador pobre.", "text": "No documento analízase a evolución do emprego en 2017 a partir de datos oficiais e compárase coa situación nos anos inmediatamente anteriores ao inicio da crise (2008- 2009) mais tamén co 2012 porque foi cando se aprobou a última reforma do PP que \"supuxo un antes e un despois nas condicións do mercado de traballo en Galiza\", denuncia o sindicato nacionalista. 1) Sangría demográfica. A poboación de máis de 16 anos en Galiza reduciuse desde 2008 en 51.300 persoas. Para Natividade López Gromaz, responsábel do gabinete de economía da CIG a situación derivada tanto do saldo vexetativo negativo que sofre Galiza, como a que \"a medida que a crise comezou a destruír emprego miles de galegos abandonaron o país en busca dun posto de traballo\". Na actualidade hai 175.300 persoas menores de 45 anos menos que en 2009. Entre os menores de 24 anos reduciuse a poboación activa á metade e os menores de 35 anos pasaron de representar 27,7% a un 19% na actualidade. 2) 148.000 persoas ocupadas menos. Con respecto a 2008 aínda hai 148.000 persoas ocupadas menos en Galiza, e \"cun deterioro enorme das condicións laborais que se ve tanto nos ingresos como nas condicións do traballo\". 3) Mocidade golpeada. O colectivo de mozos e mozas foi dos máis afectados pola destrución de emprego. Por volta de 7.000 menores de 35 anos perderon o posto de traballo en 2017 e son 112.300 ocupados menos que no ano 2009, pasando de representar 33,4% do total de ocupados de Galiza a 23,1%, 10 puntos menos. 4) Tempotalidade de récord. A temporalidade que era máis característica do sector privado estase estendendo a sector público. \"Rematou o ano 2017 cunha taxa de temporalidade de 27% que foi do 52% entre os menores de 35 anos porque practicamente todo o emprego que se creou nestes anos foi temporal e a xornada parcial\". Desde 2009 hai máis de 100.000 persoas menos que traballan a xornada completa e hai 26.300 persoas máis con xornadas parciais, 90% mulleres. 5) En 2017 asináronse máis dun millón de contratos, dos que 35% non chegaron á semana de duración. Xornadas parciais, contratos de escasa duración e sectores con salarios medios moi baixos levou a que se reduciran os ingresos da clase traballadora de forma importante e parello a iso, o peso dos salarios no PIB. \"Un deterioro das condicións laborais agravado fortemente desde o ano 2012\". En 2009, 14% de asalariados tiñan uns ingresos inferiores á metade do SMI e hoxe son 18%, catro puntos máis. Foi ademais neste grupo de asalariados/as no único no que medrou o emprego e hai un 30% da poboación cuxos ingresos non chegan ao SMI. Hai un 30% de poboación cuxos ingresos non chegan ao SMI. Un traballador galego perdeu, de media, 11% do poder adquisitivo. 6) Causas. Fran Cartelle, secretario confederal de Enprego da CIG, manifestou que estamos a pagar as das reformas laborais impostas de 2010 e 2012. \"Hoxe a clase obreira galega está máis empobrecida; o peso das rendas das persoas asalariadas descendeu no PIB en catro puntos; as traballadoras e traballadores galegos perderon 11% de poder adquisitivo desde o ano 2009\",. O secretario confederal de Emprego lembrou que a CIG, alén de promover folgas xerais e mobilizacións no día a día na rúa presentou no ano 2013 un documento con 100 medidas para a creación de emprego en Galiza que \"viña demostrar que con outras políticas si que se podería ter conseguido emprego de calidade no noso país\"."}
{"ID": "NOS_40159", "summary": "Hoxe, quinta feira, ás 18:00 horas.", "text": "'O soberanismo ante a COVID-19' é o título do debate aberto que organiza Galiza Sempre coa colaboración de Mar de Lumes e que decorre hoxe, quinta feira. O debate, que se retransmitirá a través de facebook.com/obloque reunirá representantes de diferentes organizacións soberanistas e independentistas. Néstor Rego (portavoz do BNG no Congreso), Mertxe Aizpurua (portavoz de EH Bildu no Congreso), Marta Rosique (deputada ERC no Congreso), Albert Brotán (deputado da CUP no Congreso) e Laura Borrás (portavoz de Juns per Catalunya no Congreso) son as participantes neste coloquio. A xestión do coronavirus, co 'mando único' activado baixo o estado de alarma, ten xerado interrogantes desde as diferentes nacións do Estado perante unha 'centralización' que se tema que veña para ficar."}
{"ID": "NOS_41183", "summary": "A literatura galega celebrou a I Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Compostela para lle render homenaxe á lectura na nosa lingua, coa entrega dos premios que por vez primeira convocaron a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores. Sermos Galiza recibiu o premio de Xornalismo Cultural.", "text": "Como un acto de amor ao libro galego e de reivindicación dun sector estratéxico do país, da propia Galiza e da lingua. Así transcorreu a I Gala do Libro Galego, na que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores entregaron un total de 14 premios, que consistiron nunha escultura de Francisco Pazos, para facer realidade a celebración do libro, da cultura e das letras galegas. Na categoría de Ensaio o premio recaeu en Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas (Apiario), de varios autores e autoras, por ser \"unha ferramenta necesaria para a aula\" e polas \"posibilidades prácticas que ofrece\"; na categoría de Narrativa, obtivo o premio a novela de Manuel Rivas O último día de Terranova (Xerais) pola \"complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante\"; na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil, o galardón foi para O meu pesadelo favorito (Galaxia), de María Solar por ser unha \"construción narrativa con trazos surrealistas que axudan a desenvolver un mundo onírico no público lector; e na categoría de Libro Ilustrado, o premio recaeu en Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (Kalandraka) polo \"seu lirismo e a coherencia gráfico-textual coa elegancia da ilustración\". Lendo lendas, digo versos (Xerais), de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa obtivo o premio na categoría de Iniciativa bibliográfica polo \"excepcional traballo de conciliación da literatura oral coa escrita\"; Mocidade (Joseph Conrad), en tradución de Alejandro Tobar, obtivo o premio á mellor tradución polo \"importante labor de documentación que enriquece a lectura e axuda a acceder en profundidade ao orixinal cunha lectura fluída\", en tanto que o premio de poesía recaeu en Oso, mamá, si (Xerais), de María Lado pola \"unidade do poemario\". Aliás, Xogando con gatos (Xerais), de Antón Cortizas, obtivo o premio na categoría de Teatro polo \"dominio dunha escrita coidada e dirixida ao público infantil dentro do xénero dramatúrxico\"; Espazo Lectura (Gondomar) acadou o premio á mellor iniciativa cultural polo \"fomento da lectura a pé de rúa, no día a día e para todas as idades\" e Poétic@, de Fran Alonso, acadou o premio a Proxecto literario na rede pola \"innovación (...) que eleva á rede un proxecto literario poético único á procura da permanente construción renovadora\". Sermos Galiza, premiado Sermos Galiza obtivo o premio na categoría de Xornalismo cultural. O xurado valorou \"a constancia da atención ao xornalismo cultural, sustentada na atención preferente a trasladar á sociedade a diversidade das producións do seu sistema literario\". Xoán Costa, presidente do Consello de Administración, recolleu o premio de Sermos Galiza, do que salientou que é \"un diario e un semanario de intereses galegos, intereses que son os que están detrás desta gala\". \"O sector do libro non é só un valor no mundo da cultura, tamén o é na creación de riqueza e a eses sector atende con especial interese Sermos Galiza\", engadiu. Xoán Costa: \"Medramos en función do que chamamos Comunidade Sermos, formada tamén por escritores e escritoras, polos editores e editoras e polas librarías\" Xoán Costa lembrou que o diario dixital fixo catro anos en abril e que o semanario, a través do cal regresou o galego aos quiosques, fará catro anos no mes de xuño. Afirmou que Sermos Galiza \"precisa medrar moito e medramos en función do que chamamos Comunidade Sermos, formada tamén por escritores e escritoras que colaboran desinteresadamente en Sermos, polos editores que co seu soporte literario axudan a que a nosa economía vaia manténdose día a día e polas librarías, que contribúen coas vendas e facendo que Sermos chegue, pouco a pouco, a máis xente. Votacións As directivas das organizacións convocantes, previa votación dos seus asociados e asociadas, fixeron chegar a listaxe de finalistas nas once primeiras modalidades a un xurado externo –formado por Irene Penas, Pilar Sampedro, Gracia Santórum, Mercedes Queixas, Pilar Rodríguez, Ramón Nicolás e Ana María Guerra- que fallaron estes galardóns sen dotación económica. Pere Gimferrer, a Libraría Pedreira e Laiovento, premiados pola AELG, a Federación de Librarías e AGE O premio ao Escritor Galego Universal foi concedido pola directiva da AELG a Pere Gimferrer. Aliás o premio Honorífico á libraría foi concedido pola directiva da Federación de Librarías á Libraría Pedreira e o premio Honorífico á editora foi concedido pola directiva da AGE a Laiovento. \"Recuperar\" a Consellaría de Cultura En nome dos convocantes, Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, apelou á necesidade de lograr \"unha industria editorial forte que reflicta a diversidade da literatura\", o recoñecemento dos escritores e escritoras e un plan de apoio á rede de librarías que visibilice o libro galego, sen esquecer os mediadores do ciclo de vida dos libros. Os convocantes reivindicaron o \"necesario peso orzamentario\" e a implicación da Xunta A AELG, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores reivindicaron a \"recuperación da Consellaría de Cultura\", co \"necesario peso orzamentario e \"a implicación real da Consellaría de Industria, con orzamento específico para o libro galego\". Tamén solicitaron a creación do Instituto Rosalía de Castro de promoción da cultura galega na Galiza e no exterior e plans anuais de lectura. Aliás, instaron a crear axudas específicas de grandes proxectos editoriais e obras de interese galego, así como a necesidade de que os medios públicos galegos difundan en horario de máxima audiencia a literatura do país. Na mesma liña, Cesáreo Sánchez salientou que o obxectivo da galega pasa pola \"necesaria visibilidade social que precisa o sistema literario, un dos sectores máis importantes de Galiza, así como \"a carga simbólica de ser unha celebración feita por todo o sector como forma de se reivindicar fronte ao efémero\". Tamén tivo palabras para Manuel María e as Irmandades da Fala. \"Queremos ser legatarias desta herdanza\", subliñou o presidente da AELG, que finalizou a súa intervención cunha lembranza a escritores, xornalistas e libreiros falecidos recentemente. Na gala, conducida por Camilo Franco, quen reivindicou a lectura como \"o máis importante acto cultural da especie humana\", contou coa actuación de Áureas, un proxecto de música e teatro formado por artistas que interpretaron personaxes de ficción nun espectáculo-concerto internacional ambientado nos anos vinte. [Imaxes da información: Irene Pin. Na primeira imaxe, as persoas premiadas; na segunda, Xoán Costa e na terceira, actuación de Áureas]"}
{"ID": "NOS_38390", "summary": "O 7 de agosto de 1924 a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson desembarcaba no porto de Vigo. Comezaba hai agora noventa anos unha viaxe na que ía tirar máis de 5.000 fotografías que comporían o magnífico retrato da Galiza dos anos vinte.", "text": "O que atopou a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson nos anos vinte na Galiza queda á vista nos máis de 5.000 retratos que tirou de cidades máis tamén de aldeas case incomunicadas nas que a súa presenza tiña que ser abondo perturbadora. Unha muller nova, armada con cámaras fotográficas que se interesaba por costumes, paisaxes e persoas e que pedía mesmo entrar nas casas para recoller a forma de vida non era habitual por camiños e corredoiras polas que Anderson transitou. Filla do fotógrafo Alfred Theodore Anderson, con quen se formou, a primeira viaxe a Galiza faina acompañada de seu pai, nunha expedición fotográfica encargada pola Hispanic Society of America que ía comezar o 7 de agosto de 1924 e se prolongaría durante trece meses ate o 28 de agosto de 1925. Varias viaxes Nada escapa ao obxectivo de Ruth Matilda, os labores do campo e da casa, os distintos oficios, as comidas, os traxes ou as paisaxes son recollidos polas súas cámaras no inmenso álbum de imaxes da Galiza dos anos vinte asinados pola fotógrafa. Volverá aínda á nosa terra o 14 de novembro de 1925 xunto coa fotógrafa Frances Spalding para fotografar, desta volta, as provincias da Coruña e Pontevedra antes de, xa na súa derradeira visita, deterse uns días en Ourense de viaxe a Zamora en 1926. A imaxe das dúas mulleres conducindo un automóbil For ate onde chegaba e interesándose polos costumes, festas e tradicións e retratando a vida cotiá de vilas e aldeas era abondo singular nos anos vinte galegos, unha visita inaudita que deixaría un impresionante legado á memoria gráfica do país. A fotógrafa nacera en Nebraska en 1893 e en 1921 entrara a traballar na The Hispanic Society of America, centro ao que estaría vencellada durante toda a vida e onde desenvolvería o seu labor profesional, en especial, como conservadora de fotografía. En 1998 unha selección das súas imaxes de Galiza foron recollidas na exposición que se abriu na Igrexa da Universidade de Santiago comisariada por José Luís Cabo e en 2011 da man de Miguel Anxo Seixas e Patrick Lenaghan seleccionábanse 439 fotografías para a exposición \"Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano\" que se inauguraría na Coruña. Este mesmo ano no que se conmemora o noventa aniversario da súa chegada ao país, edicións Xerais dedícalle o seu almanaque anual no que, cun prólogo de Manuel Rivas, inclúe 13 fotografías da autora."}
{"ID": "NOS_56555", "summary": "Entre 2012 e 2016 pasamos no noso país de ter 54.400 persoas ocupadas a menos de 43.300. Mentres, no estado e no noso período pasaron de 678.500 a perto de 712.000.", "text": "Os anos de crise foron un verdadeiro rolo compresor para os postos de traballo no estado español. Destruíuse emprego a esgalla ao longo destes período ao tempo que os que se creaban viñan co selo da eventualidade e a precariedade. Mais hai importantes diferenzas entre estado español e Galiza no que atinxe a esta cuestión. Unha delas, a relativa aos sectores afectados. Así, mentres no estado a volta ao sector primario nestes anos foi unha vía para o emprego, en Galiza iso non aconteceu. A evolución entre 2012 e 2016 nas persoas ocupadas na agricultura rexistra comportamentos antagónicos en Galiza e no estado español. No noso país perdemos neses cinco anos 11.100 postos de traballo mentres que no mesmo período aumentou en 33.400 o número de empregos nese sector no estado español. Se nos fixamos na industria agroalimentar, observamos igual tendencia. Entre 2012 e 2015 [último ano contabilizado] Galiza pasou de ter nese sector 38.400 empregos a menos de 33.500 en 2015. Perdemos perto de 5.000, o que vén sendo unha media de tres postos de traballo menos cada día. E que pasou en España neses mesmos anos? Pois que o número de persoas ocupadas aumentou en máis de 22.000. No 2012 eran 451.400 e no 2015 superaban as 475.500. Un sector en Galiza cun comportamento contrario aos mencionados foi o da silvicultura, onde de 2012 a 2016 aumentou o número de ocupados nunhas mil persoas. No estado ese incremento foi pouco máis, polo que os postos de traballo xerados no noso país neses anos nesta actividade foron os que representaron a maioría do emprego no estado neste campo."}
{"ID": "NOS_21841", "summary": "Na mostra Galicia, un relato no mundo, que se pode visitar na Cidade da Cultura, sobrancea a presenza dun manuscrito excepcional que é, para alén do seu valor artístico, o máis relevante testemuño da vitalidade das comunidades xudías na Galiza medieval, poboacións espalladas por todo o territorio galego, vivindo illadas ou formando núcleos organizados.", "text": "Trátase da chamada Biblia Kennicott (nome do cóengo que recomendou a súa compra en Oxford no século XVIII), un manuscrito que actualmente é propiedade da Bodleian Library de Oxford. O libro fornécenos unha notábel información xa que está datado en 1476 na cidade da Coruña, sabéndose que foi copiado por Moses ibn Zabara e miniado por Joseph ibn Hayyim. Galicia, un relato no mundo | Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, até 12/4/2020 Estamos perante a biblia hebraica máis ricamente iluminada no contexto hispánico baixomedieval e nela podemos percibir, combinados, motivos cristiáns, islámicos e populares. En xeral, a arte do manuscrito ten débedas evidentes co plateresco hispánico, con trazos mudéxares, o que se pon de manifesto especialmente nos arcos que enmarcan as distintas páxinas do Sefer Mikhlol, un tratado gramatical hebreo inserido no volume, e tamén nos espectaculares trazados con motivos xeométricos. Entre nós a obra xa era coñecida desde un traballo do historiador Emilio González López que en 1967 publicou un artigo na revista Grial dando información dun estudo sobre o manuscrito do hebraísta Cecil Roth. Este último, que analizou pormenorizadamente o volume, sinalou que Joseph Ibn Hayyim preferiu utilizar en xeral elementos decorativos, como debuxos de enleado entrelazamento e drôleries —un tipo de iluminacións decorativas nas marxes dos manuscritos que desenvolven unha escena de fantasía máis ou menos cómica, alleas ao texto- con imaxes de bestiario. É de subliñar a habilidade do iluminador para representar animais, especialmente paxaros, e figuras humanas, entre as que é excepcional a de Xonás engulido por unha balea. Moi literario, e ben característico da cultura coeva, é o gusto pola realización de escenas de fábulas, como un oso tocando unha gaita ou o ataque que realizan gatos armados a un castelo defendido por ratos. Con todo, como é característico na cultura xudía, é ben importante o acento posto no verbal, estando a palabra, e só a palabra, no centro do mundo."}
{"ID": "PRAZA_8652", "summary": "Cualifícana de \"escándalo impresionante\" e práctica \"delictiva\" tras os relatos de varios afectados galegos e acusan a PP e PSOE de \"facer política de partido\" co problema. \"É moito peor do que estou afeita a escoitar\", di unha europarlamentaria danesa.", "text": "\"O noso estado de perplexidade vai medrando; é inaceptable e non debemos falar en termos delicados do comportamento destes bancos, que foi fraudulento, valéndose do abuso da confianza dos clientes\". Quen así fala non é ningún estafado, senón Victor Bostinaru, europarlamentario romanés do grupo socialista, logo de escoitar os relatos dos afectados galegos polas preferentes que denunciaron este mércores ante a Comisión de Peticións da Eurocámara a súa situación. \"De ser a situación como se conta, o comportamento dos bancos españois foi de todo menos correcto\", continou o parlamentario. \"Asináronse contratos de preferentes co dedo, cunha cruz ou a persoas con Alzheimer?\", chegouse a preguntar, sorprendido polos exemplos -moitos deles documentados- que os afectados galegos levaron á Eurocámara. \"Non hai que ser xurista para entender que estas operacións fixéronse en base a abusos e enganos\", engadiu, tras cuestionarse as \"pescudas e investigacións\" do Goberno español e logo de cualificar de \"delictivas\" as actividades das entidades financeiras españolas. Un eurodeputado romanés cualificou de \"delictivas\" as vendas masivas de preferentes e criticou o \"abuso\" e a \"fraude\" dos bancos españois Non foi Bostinaru o único que amosou a súa perplexidade ante os casos de afectados polas preferentes. Margrete Auken, eurodeputada danesa da Alianza Libre Europea, cualificounos de \"escándalos de magnitude impresionante\". \"O que escoitei hoxe é moito peor do que estou afeita a escoitar, e estou afeita a oír cousas moi malas\", asegurou tras incidir tamén nas dificultades dos aforradores españois para reclamar ante a Xustiza pola suba das taxas. \"Visto o visto, o sistema xudicial en España non é xusto e é delictivo; estou alucinada co que ocorre nese Estado, onde é imposible que os cidadáns recorran ao sistema xudicial de maneira normal\". \"É un escándalo impresionante; o que escoitei hoxe é moito peor do que estou afeita a escoitar\", dixo unha eurodeputada danesa Os eurodeputados non españois foron moi críticos co proceder do Goberno e das entidades financeiras no caso das preferentes, que consideraron unha \"fraude\" e un \"abuso\" dos bancos, pero tamén coa actitude dos seus colegas españois do PP e do PSOE, que durante o debate se dedicaron a reprocharse mutuamente. \"Non usen isto para facer política de partidos porque se trata de defender os intereses dos cidadáns e iso non axuda nada aos aforradores\", asegurou un eurodeputado alemán, que lembrou que no seu país \"rescatouse a banca para rescatar os aforradores\", pero tendo en conta \"que os bancos non son razonables cando a cuestión é gañar diñeiro\". \"Se existe fraude, hai que meter os culpables na cadea, aínda que isto non restitúa os aforros dos afectados\", chegou a dicir, tras apoiar claramente que se manteña aberta a petición e reclamar, como no caso do resto de europarlamentarios non españois, que a comisión \"se implique máis\" na solución do problema. Eurodeputados estranxeiros recriminaron aos de PP e PSOE de usar o problema \"para facer política de partidos\" O caso é que antes, todos os representantes do PP nesta Comisión de Peticións defenderan a actuación do Goberno de Mariano Rajoy no problema das preferentes, do que culparon o Executivo de Zapatero. \"España xa está achegando solucións\", dixeron, tras defender a arbitraxe como a vía máis factible para recuperar os cartos. O eurodeputado galego Millán Mon chegou a asegurar que o Estado tiña \"as mans atadas\" á hora de buscar unha saída porque dependía do que lle ordenase a Comisión Europea. Malia todo, houbo excepcións. O parlamentario español Miguel Ángel Martínez, do grupo socialista, definiu o caso das preferentes como \"unha estafa non puntual, senón xeralizada e cientificamente levada cara a adiante contra a xente máis vulnerable\" e pediu tamén máis implicación á Comisión Europea para que artelle \"unha solución que permita a devolución de todos os aforros\". Ana Miranda pediu á Comisión Europea e ao Estado español que non botasen balóns fóra á hora de arranxar o problema Porque antes, Fábregas Fernández, en representación da Comisión, botara balóns fóra ao centrar no Estado español a responsabilidade de dar solución á estafa. \"É responsabilidade dos tribunais nacionais e autoridades abordar compensacións por posibles malas praxes bancarias\", dixo, obviando a lexislación europea sobre produtos financeiros. Ana Miranda, eurodeputada do BNG, respondeulle acusando a Comisión de \"desleixo\". \"Non se trata de obter información, senón de dar solucións a estes cidadáns que sufriron un roubo e unha estafa facilitada tamén polo desleixo do Goberno español, que se lava as mans ante o problema\", insistiu. Ademais, censurou tamén a actitude dos eurodeputados do PP que interviron no debate por \"remitir vergoñosamente ao laudo e á Xustiza\". \"Para que? Para que paguen máis taxas xudiciais? Acaso non saben de sobra que a arbitraxe non é arbitraria, senón que os afectados son chamados polo banco? Curiosamente, antes das eleccións chamaron a moitas persoas e moitas delas vinculadas ao PP\", espetou. Así, Miranda pediu que que a Comisión de Peticións manteña as denuncias abertas ata dar unha solución e reclama reclama ao Parlamento Europeo \"unha resposta política clara\" a favor dos miles de afectados polas estafa das preferentes. Antes, José Manuel Estévez, en representación da plataforma de afectados polas preferentes de Vigo e Val Miñor, e Xesús Domínguez, pola de Compostela, relataran ante os eurodeputados a \"estafa masiva\" sufrida por uns 80.000 galegos atrapados na \"fraude\" provocada polas antigas caixas. \"Unhas 25.000 persoas estanse enterando aínda agora de que están afectados\", explicaron os voceiros da Coordinadora de Plataformas de Afectados de Galicia, tras acusar o Goberno galego e español de \"complicidade\" e logo de contar os casos máis sangrantes: \"persoas con Alzheimer, sinaturas falsas, nenos pequenos\". \"Todos abusando da confianza que os cidadáns tiñamos nas sucursais de toda a vida\". \"Axúdennos a recuperar estes aforros; que de aquí saia unha voz clara e firme que lle diga ao Goberno español que cometeu un atropelo e que está roubando os cidadáns para salvar a banca estafadora\", rematou Domínguez. A Comisión de Peticións acordou levar o caso á Comisión de Asuntos Económicos e aposta por diferenciar \"entre investidores e aforradores\" Xa para rematar, o presidente da Comisión de Peticións, Willy Meier, apostou por \"traballar\" para conseguir \"a devolución integral dos aforros\" e para \"facer unha diferenza\" no memorando da UE que afecta a España entre \"o que son investidores e os pequenos aforradores\". Ademais, acordouse remitir toda a información achegada polos afectados e europarlamentarios á Comisión de Asuntos Económicos co obxectivo de \"buscar unha solución\", así como enviar unha carta ao Goberno español \"para ver como traballar desde alí para arranxar o problema\". \"Por suposto, esta comisión de petición mantense aberta\", sentenciou."}
{"ID": "NOS_2348", "summary": "Unha sentenza do Tribunal Superior recoñece o dereito dos directos dos colexios públicos a non se facer cargo da recepción dos alimentos destinados ao comedor escolar. Confirma un ditame previo dun xulgado vigués, emitido a raíz dunha demanda presentada pola CIG.", "text": "De fondo atópanse as intencións da Consellaría de Educación de evitar retribuír axeitadamente os oficiais de cociña dos centros públicos. \"Na meirande parte dos centros non se conta con oficial de primeira\", sinala a CIG Ensino nun comunicado, \"e existe xa reiterada xurisprudencia que lles recoñece o dereito aos oficiais de segunda a cobrar por realizar funcións de categoría superior, pagamento que a consellaría pretende evitar\". O Superior bota abaixo coa súa sentenza a imposición unilateral do xefe territoria de Educación de Pontevedra, que obrigou a que fose a directora dun centro \"a que tivese que estar pendente de recibir os provedores e as mercadorías para o comedor escolar\". Esa Xefatura Territorial nin sequera respondeu ao escrito que lle remitiu esa traballadora pedindo explicacións sobre \"as responsabilidades e funcións da dirección\". O documento xudicial afea á Administración que faga recaer no colectivo docente \"responsabilidades que lle corresponden ao persoal de cocila por cuestións puramente economicistas\". \"Foi un abuso de autoridade do xefe territorial de Pontevedra\", afirma o sindicato, maioritario no ensino público, \"ao impoñer unha funcións que non son propias do persoal docente, sexa membro da dirección ou responsábel do comedor\"."}
{"ID": "NOS_26957", "summary": "Amelia Pérez (CCOO) analiza para Nós Diario o acordo da reforma laboral que chega agora á Cámara Baixa para a súa aprobación definitiva. O sindicato que dirixe na Galiza foi, xunto con UXT, o que apoiou o texto xunto á patronal e o Goberno español.", "text": "—Que supón para os traballadores e traballadoras galegas o acordo de reforma laboral que chega agora ao Congreso? É unha reforma de calado que ten unha afectación sobre todo a cuestións que levabamos reclamando moito tempo, como é o comportamento da temporalidade. Co tempo irase albiscando a súa transcendencia. —Aínda que incide na temporalidade e precariedade, non é a derrogación das reformas do PP, como se falaba nun principio. É verdade que non é o camiño da derrogación, pero na situación na que estamos hoxe, cos cambios de paradigma e sobre todo con ese mercado de traballo que levabamos denunciando desde hai tanto tempo altamente precarizado, estamos contentos. E non é só a temporalidade. Tamén está a supresión da prevalencia do convenio de empresa en materia salarial, que fixo que a partir desa reforma de 2012 se desvalorizasen os salarios. Son dous puntos de inflexión importantísimos. Ter estabilidade no traballo, non estar entrando e saíndo da empresa sen ningún tipo de dereito de continuidade, facer un proxecto de vida e de futuro e ter salarios dignos incide directamente sobre calquera outro ámbito laboral. —Falaba dos convenios, o feito de que se primen os estatais non resta competencias á Galiza? Ao final o importante para conquistar melloras no eido sindical é o teu músculo, a túa forza. Aos traballadores e traballadoras o que lles preocupa é a mellora das súas condicións laborais e salariais, e para iso o que precisas é ter unha organización de clase forte. Necesitamos convenios fortes que amparen a situación dos traballadores e as traballadoras nas empresas, e para iso é importante o músculo sindical. —Un dos obxectivos da reforma é a estabilidade laboral, que a xente teña un proxecto de vida e non teña que emigrar. Cre que a reforma vai posibilitar iso? Eu creo que si, pero tamén son consciente de que non vai ser da noite para a mañá. Haberá un proceso de transición, pero hai sectores que están altamente precarizados nos que só evitar que o traballador estea entrando e saíndo da empresa xa vai ser moi importante, sobre todo porque había unha bolsa de fraude bastante grande. Estase acudindo a este modelo para contratar traballo ordinario. Acabou esa barra libre e veremos co paso do tempo ese resultado. Non podemos queixarnos eternamente da temporalidade e da alta taxa de rotación do mercado de traballo e, cando temos a oportunidade de actuar sobre el, dicir que non. -A Inspección de Traballo será, pois, unha peza chave no cumprimento destes acordos. Evidentemente, porque ao final a picaresca existe. Sempre vas atopar empresas que intentan terxiversar a norma ou buscar fisuras para transgredila. O feito de pór coto a esas causas na contratación temporal xa vai ser un golpe imporante para empresas e sectores altamente precarizados. Coa reforma, que prima o interese xeral, eliminamos os contratos de obra e introducimos mecanismos de flexibilidade para que, ante unha situación de crise, non se acuda aos despedimentos. Hai que avanzar paso a paso, pero o importante é que pon coto á temporalidade e actúa sobre os convenios en materia salarial, algo que para min é primordial."}
{"ID": "NOS_16982", "summary": "A formación frontista presenta unha emenda á totalidade do proxecto de reforma da segunda instancia que procura Gallardón ao estender os tributos a todas as persoas físicas ou xurídicas, gravando por vez primeira os preitos laborais", "text": "O BNG vén de presentar no Congreso español unha emenda á totalidade contra o proxecto de lei polo que o goberno central pretende incrementar as taxas xudiciais e estendelas á cidadanía, gravando por vez primeira a xurisdición social: o dereito laboral. \"É un sistema estabelecido baixo o falso pretexto de evitar a saturación dos xulgados e que porén vai provocar unha diminución da tutela xudicial\", valorou a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila. Considera a formación frontista que a contrarreforma impulsada polo titular de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, \"incrementará os gastos en avogado e procurador\", e que a súa aprobación se traduciría en que as persoas e as empresas con menos recursos non recorrerán aos tribunais. Cambadela con afán recadatorio contra o carácter universal da xustizaAínda que é certo que as taxas xudiciais no Estado español se volveron implantar xa en 2003 --após erradicalas en 1986 na procura dunha xustiza universal--, hoxe en día están previstas unicamente para volumes de facturación superiores a un millón de euros anuais, polo que só as abonan as grandes empresas. Aliás, por primeira vez, coa xurisdición civil —preitos entre particulares— e a contencioso administrativa —preitos coa administración pública—, grávase o dereito laboral. A xurisdición penal fica excluída —non tiña taxas e seguirá sen as ter. Así, segundo o texto, un recurso de apelación, que agora custa 300€ para as grandes empresas, pasará a custar 800€ e pagaráos calquera que o interpoña. Un recurso de casación perante o Supremo pasa dos 600€ aos 1.200€. Entende o BNG, tal e como explicou na Cámara española a súa deputada Fernández Davila, que a saturación do sistema xudicial \"debe solventarse con máis medios e coa súa modernización\", reprochando que no estado se destina á xustiza \"a metade\" do orzamento medio calculado na UE e recalcando que ao Executivo de Rajoy \"só o asiste un afán recadatorio\"."}
{"ID": "NOS_42229", "summary": "Diversas concentracións en cidades galegas amosan o seu rexeitamento da Lei de Seguridade Cidadá no Día Mundial das Migracións.", "text": "En Vigo ante a sede do PP e na Coruña fronte a Subdelegación do Goberno. Foron dúas das concentracións que esta quinta feira decorreron en Galiza en rexeitamento da 'Lei Mordaza'. Mobilizacións que, no Día Mundial das Migracións, querían denunciar a legalización das 'devolucións en quente', mais non só. A criminalización dos movementos sociais, o ataque aos dereitos civís, o recorte de liberdades públicas... os protestos que tiveron lugar na xornada sinalan as consecuencias dunha lei aprobada en solitario polo PP. As persoas concentradas entenden a Lei Mordaza como máis un paso por parte do goberno de intentar, alén de ter un maior control social, desmobilizar e punir en momentos de crise como a actual."}
{"ID": "PRAZA_7242", "summary": "A taxa de emprego nas mulleres con fillos é case dez puntos inferior á das mulleres sen fillos. Nos varóns, o impacto é inverso: os homes con descendencia teñen unha taxa de ocupación dez puntos maior. O 93% das persoas que toman excedencias para coidar un fillo son mulleres.", "text": "Segue habendo fendas de xénero no mundo laboral. Hainas nos salarios e na incorporación das mulleres a certas profesións ou postos e estas fendas danse, ademais e de forma moi acentuada, cando o traballador ou traballadora son pai ou nai. As cifras da EPA amosan como a taxa de emprego (a porcentaxe de persoas ocupadas sobre o total de poboación en idade de traballar) en homes e mulleres varía substancialmente en función de que estes homes e mulleres teñen fillos ou fillas pequenas ao seu cargo. E fano de maneira inversa. Segundo datos de Eurostat, os homes de 25 a 49 anos con fillos e fillas menores de 12 teñen unha taxa de ocupación do 74,5%, 9,4 puntos por riba da porcentaxe acadada polos homes sen fillos. Pola contra, a taxa de emprego das mulleres con fillos é do 58,1%, 16 puntos inferior á dos homes, e 9,3 puntos inferior á das mulleres sen fillos. Homes sen fillos e mulleres sen fillos presentan taxas de emprego moi semellantes, mesmo superior no caso das mulleres (67,4% fronte a 65,1%). Segundo datos do INE, canto maior é o número de fillos e fillas dunha muller, a probabilidade de que teña un traballo asalariado tamén é menor: teñen un contrato o 61,1% das que teñen un fillo, o 58,2% das que teñen dous e o 47% das que teñen máis. Porén, nos homes a porcentaxe non varía ou varía moito menos: teñen un contrato o 78,8% dos que teñen un fillo, o 80,6% dos que teñen dous e o 72,8% dos que teñen máis. O 92,7% dos traballadores que toman unha excendencia a tempo completo para coidar dos fillos son mulleres Outra estatística que permite constatar a moi diferente incidencia que ten na vida laboral de homes e mulleres ter descendencia é a que fai referencia ás excedencias para coidar dun fillo ou filla enferma. O 92,7% dos traballadores que toman unha excendencia a tempo completo con este fin son mulleres (242 mil no 2013 en España), fronte a un 7,3% de homes (19 mil en total). Ademais, a maioría destas excedencias tomadas polos varóns foron de menos dun mes, mentres que no caso das mulleres, a metade foi de máis de seis meses, e un terzo máis durou entre un mes e seis meses. De igual xeito, só o 5% das persoas que se ven forzadas a traballar só a tempo parcial para poder coidar familiares en situación de dependencia son homes, un total de 16 mil en 2013 no conxunto do Estado). Elas representan o 95% (316 mil), unha cifra que non varía en absoluto dende os datos de 2010. Na metade dos casos, a razón alegada para ter que buscar un emprego a tempo parcial é \"por non haber ou non poder pagar os servizos axeitados para o coidado de nenos\"."}
{"ID": "NOS_28505", "summary": "Foi lindo ir à Arca da Noe numa manhã fria e soalheira. Por esse espaço rural passam artistas várias, músicas de todos os estilos, com muito nome ou sem tanto, e isto é possível desde que Noemí Vázquez se lançou a um projeto tão inovador como autêntico: criar um entorno de cultura estável no rural.", "text": "A pandemia preside e condiciona todo, também a música. Na Corunha seguimos \"perimetrados\" e as possibilidades de sair dependem de uma licença por causa justificada. Os concertos desde março estão cancelados ou no melhor dos casos adiados... E de repente salta a nova. Ainda que pareça insólito o vinte e seis de dezembro fomos a Vilar de Santos. As cousas vêm quando menos as esperas em vez de virem quando mais as desejas. E é verdade. Havia tempo que queríamos ir à Arca da Noe, mas nunca imaginamos que ia ser dessa maneira, concerto adiado de há três meses, avisado três dias antes dentro da Rede de Música ao Vivo, concerto sem público, emitido ao vivo em streaming para ficar on line... Foi lindo ir à Arca da Noe numa manhã fria e soalheira. Por esse espaço rural passam artistas várias, músicas de todos os estilos, com muito nome ou sem tanto, e isto é possível desde que Noemí Vázquez se lançou a um projeto tão inovador como autêntico: criar um entorno de cultura estável no rural. Para ir a Vilar de Santos é preciso atravessar o país de norte a sul, e embora hoje as autovias reduzam as distâncias, é inevitável sentir na velocidade as cores da paisagem, coroar o alto de São Martinho, passar Arenteiro e Minho e penetrar na Límia onde tão próximo fica Portugal. Chegar é visionar a aldeia de pedra onde se abre para nós a taberna do evento. É meiodia e a lenha aquece um espaço ainda frio mentres fazemos a montagem. Fora é todo uma beleza que ainda se sublima com um copo na mão degustando o sol de inverno e uma arquitetura popular bem conservada. Atuar sem público nunca é de todo verdade. Está a gente ao outro lado da rede, alguém da aldeia que veu ajudar, à beira do lume duas ou três colegas que vão atuar depois, e está a Noe que não pára Atuar sem público nunca é de todo verdade. Está a gente ao outro lado da rede, alguém da aldeia que veu ajudar, à beira do lume duas ou três colegas que vão atuar depois, e está a Noe que não pára, igual que a Helena, moça bem novinha atenta a todo. Este tempo de máscaras impede ver o sorriso dos lábios, mas não a beleza e a louçania nos olhos da gente, e quando o fogo do lar atingiu a temperatura desejada nada pode evitar o melhor licor café do mundo e um vinho do Alentejo depois do canto. Começa o espectáculo com dous ou três objetivos de cámara a filmar, mentres se olha ao fondo a claridade da porta e alguma silhueta camuflada no iris dos espelhos. Desde o palco concentras o som e a melodia nos contados olhares da taberna. É como buscar complicidade, esse alento que sempre se procura. Ouves a tua própria música refletida nuns corpos que abalam ou balançam, e é avondo para sentires que valeu a pena. A seguir recolhes instrumentos, amplis, cabos, deixando todo livre para o seguinte grupo. Enfim, trabalho feito. Haverá que dar volta, não sem antes degustar os produtos da terra e comprar um licor de sabugueiro e um pão maravilhoso para levar. Ao saírmos vai entrando gente de idades diversas, aos poucos, em parelhas, leda como para uma festa. É meia tarde de sábado e a Arca da Noe funciona como lugar de encontro. Algum dia, quando isto passe, havemos de voltar."}
{"ID": "PRAZA_14297", "summary": "Os sindicatos educativos rexeitan a futura modificación da LOE e advirten dos riscos de que o Estado impoña máis contidos comuns ás autonomías ou das reválidas que inciden na \"elitización\" do ensino público. Dende o mundo editorial tamén se asiste con preocupación a un proceso que prexudica gravemente as empresas da periferia e que non ten xustificacións pedagóxicas só polítícas.", "text": "O \"escurantismo\" e a \"recentralización\" que agocha a futura reforma da lei orgánica educativa que prepara o Goberno estatal preocupa os sindicatos educativos. Son as continuas filtracións á prensa, e algunha declaración illada de membros do Executivo, as que están empezando a desvelar o contido dunha modificación -a sétima da democracia- que pretende que o Estado impoña máis contidos escolares ás autonomías, así como xeneralizar as reválidas dos alumnos en varias etapas educativas. O Goberno central pretende impoñer máis contidos ás autonomías e podería decidir até o 65% do que se estuda en Galicia Xa a pasada semana, El País adiantaba que o Goberno pretende, coa reforma da LOE, aumentar a porcentaxe mínima de contidos fixados polo Estado nos currículos escolares, desde a educación primaria até o bacharelato e a FP. A medida suporía diminuír a marxe de manobra que as autonomías teñen agora para completar os contidos escolares, tal e como recolle o borrador desta lei orgánica educativa preparado polo Ministerio de Educación. Así, e segundo o diario, o Executivo de Madrid pasaría a fixar \"os contidos comuns necesarios para a adquisición das competencias básicas\", pasando do 55% actual nas comunidades autónomas con lingua propia -como Galicia- ao 65%, e aumentando estes contidos comúns do 65% ao 75% no resto de autonomías. A medida afectaría a todas as materias, desde Matemáticas até Coñecemento do Medio, pasando pola polémica Educación Cívica e Constitucional, que substitúe a Educación para a Cidadanía. E supón unha modificación máis da que aínda non ten coñecemento a comunidade educativa e, por suposto, tampouco os sindicatos. \"Estanse facendo moitos anuncios antes de que as cuestións sexan debatidas e analizadas por todas as institucións educativas\", destaca José Fuertes, responsable de Acción Sindical de Ensino Público de CCOO-Galicia, que insiste en que non ten \"nin idea\" das propostas oficiais porque \"non foron presentadas publicamente polo Goberno\". No mesmo sentido se manifesta Marcelino Brea, secretario xeral de FETE-UGT na comunidade, ao que non lle parece \"axeitada\" a forma na que o Executivo está a presentar a nova lei educativa, \"sacándoa aos poucos nos medios sen que pase polos órganos de negociación\". Para Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, \"a columna vertebral que se coñece\" desta nova normativa supón \"unha contrarreforma, un ataque ao ensino público e un desatino, tanto desde o punto de vista social como pedagóxico\". Os sindicatos ven na medida \"un erro pedagóxico\" e un \"intento de recentralización\" A pretención do Goberno de aumentar a súa intervención no currículo escolar dos cativos é unha vella teima do PP. Desde hai tempo. \"Non pode ser que en España haxa 17 sistemas educativos diferentes\", adóitase a oír desde Génova. \"É un erro, non é positivo; o Executivo vai crear conflito cando a diferenza entre os contidos dunha e doutra autonomía non é tan grande; a marxe de manobra non é tan ampla\", aclara José Fuertes, que cre que a decisión de Madrid obedece a unha intencionalidade ideolóxica e que pretende facela servir de \"aviso\" logo de que Andalucía engadise á nova Educación para a Cidadanía algúns contidos vetados polo Estado. \"Queren evitar estas situacións, pero iso será imposible porque as comunidades seguirán tendo posibilidades de engadir contidos, por moi pequenas que sexan\", insiste. Louzao, pola súa banda, destaca que esta intención non é máis que un paso máis do Goberno na súa \"estratexia de recentralización que abrangue todos os ámbitos\". \"A educación é un factor fundamental na colonización mental e social do noso país, unha forma de transmitir unha serie de valores que poñen en cuesitón a nosa historia, a nosa xeografía, a nosa maneira de pensar e o noso idioma\", destaca quen lembra tamén que, a efectos prácticos, a porcentaxe de contidos marcados polo Estado xa supera os límites teóricos. \"Ten que haber contidos semellantes no Estado, pero a marxe de manobra para as autonomías é fundamental\" Marcelino Brea, de UGT, prefire nin opinar. \"Haberá que analizar en profundidade esa proposta cando se coñezan os detalles\", aclara. Desde CCOO, pola contra, insisten en que esta medida engadirá conflitividade a un sector educativo xa golpeado polos recortes e avoga \"polo entendemento e a negociación\". \"Evidentemente, ten que haber contidos educativos semellantes en todo o Estado, pero a marxe de manobra para as autonomías é fundamental\", engade, logo de exemplificar: \"Como vas explicar a xeografía española en Galicia sen te centrar nos ríos galegos? Como explicas en Coñecemento do Medio o ecosistema sen centrarse nas especificidades de Galicia? É ridículo\". \"Sería un erro pedagóxico, e máis nun Estado descentralizado como o noso\", volve aclarar Fuertes, que cre que o Goberno \"non debe partir da base de diminuír os contidos que marcan as autonomías\" e menos cando desde o Executivo se insiste en darlle máis autonomía aos centros. \"De que autonomía falan se non lles deixan nin adaptar os currículos\", aclara. Onde si se molla UGT é na intención do Executivo de establecer avaliacións externas ao final de cada etapa. Unhas reválidas que estaban confirmadas para ESO e Bacharelato, pero que tamén semella que se establecerán en 3º de Primaria, é dicir, con tan só oito anos. Sería un exame obrigatorio e común para todos os cativos españois co obxectivo da detención precoz do fracaso escolar. \"É sectario porque se intenta clasificar o alumnado, ademais de que non coñecemos se existe unha memoria económica que aclare o que supoñen estes cambios\", asegura Brea, que insiste en que é \"lamentable\" que as novidades se vaian coñecendo a través dos medios. Os sindicatos ven nas reválidas \"un despropósito\", con intención \"sectaria\" e que \"afondará nas diferenzas sociais\" Desde a CIG, Anxo Louzao considera a instauración de reválidas como \"un despropósito\" que \"pon en dúbida as capacidades da avaliación continua e dos docentes\". \"Quen mellor que o profesorado para avaliar os coñecementos adquiridos dun rapaz\", asegura, tras advertir de que estes exames teñen \"un único obxectivo\", que non é outro que o de \"introducir elementos selectivos para que sexa cada vez menos o alumnado que poida continuar os seus estudos, o que afecta claramente as clases populares e afonda máis nas diferenzas sociais\". Para a CIG, as reválidas tamén \"incidirán na centralización do ensino\" e na \"elitización\" do ensino Aínda máis, Louzao lembra tamén que as reválidas supoñen \"que todo estea orientado a que o alumno supere esas probas, o que condiciona o traballo diario e permanente do profesorado\". \"Vai mermar as destrezas daqueles contidos que non sexan básicos, polo que a educación deixará de ser integral\", di, logo de destacar que é \"unha forma de afondar na centralización do ensino\" ao instaurarse \"probas homologadas para todo o Estado que non terán en conta as especificidades de Galicia\" e que, tamén, \"darán estatus aos centros segundo o número de alumnos que superen esas probas\". \"É unha elitización dos centros e un paso máis cara á privatización e o desprestixio da escola pública\", remata."}
{"ID": "NOS_40914", "summary": "O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, salientou \"a demostración de forza\" que supón a celebración simultánea das sete asembleas onde se concentrou \"o máis comprometido e capaz do sindicalismo combativo e de clase que representamos\".", "text": "A CIG celebrou este sábado as VII Asembleas Comarcais das que resultaron elixidas por unanimidade as novas Executivas para os próximos catro anos. Un acto que foi simultáneo nas bisbarras de Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol, co obxectivo de reforzar a central como primeira organización sindical do país fronte \"os brutais ataques que está a padecer a clase traballadora\", así como na tarefa de afondar na cohesión interna \"para multiplicar a capacidade de resposta e mobilización\". O novo secretario xeral da CIG, Paulo Carril, tomou a palabra nas asembleas celebradas en Vigo e na Coruña para salientar \"a demostración de forza\" que supón a celebración simultánea das sete asembleas nas que, asegurou, \"se concentra o máis comprometido e capaz do sindicalismo combativo e de clase que representamos\". Carril explicou os principais retos que enfronta a central sindical nos vindeiros anos. \"No organizativo, temos por diante a consolidación como principal forza en afiliación e converternos tamén na primeira forza do país en representación\". Xabier Filgueira, reelixido secretario comarcal na Coruña \"A CIG encabezou a resposta sindical ás contrarreformas laborais, dando a batalla en defensa do emprego, dos servizos públicos e pola mellora das condicións de vida e de traballo\", dixo Filgueira, que chamou a centrar na negociación colectiva \"os nosos esforzos para ir recuperando dinámicas de mobilización e de resposta que nos permitan desbloquear moitos dos convenios hoxe paralizados\". Alberto Gonçalves, reelixido en Vigo \"Dicímolo con claridade: non é hora de pacto social, de entreguismo, nin de concertación; non é hora de negociar o alcance da nosa derrota, senón de apostar por dar a batalla para recuperarmos os dereitos que xa nos roubaron e para conquistar a mellora das nosas condicións de vida e de traballo\", afirmou Gonçalves. Pepe Maio, novo secretario comarcal en Compostela Pepe Maio foi elixido como novo secretario comarcal de Compostela, substituíndo o que foi durante os últimos vinte anos o máxime responsábel desta bisbarra, Anxo Noceda. \"Non somos un sindicato de clase que queremos cambiar o sistema por romanticismo, senón porque pensamos que este sistema non ten nada que ofrecer ao conxunto da clase traballadora\", asegurou Maio, que marcou como metas levar o nacionalismo e a conciencia de clase a cada un dos centros de traballo. Antonio Niño renova en Lugo-A Mariña \"Coas nosas luces e sombras o certo é que a CIG protagonizou a conflitividade laboral que se deu na nosa provincia: en practicamente todos os conflitos sindicais que se deron había presenza da CIG, senón fora pola nosa iniciativa moi poucos conflitos laborais terían transcendencia, non existiría un contrapoder que freara a patronal\", defendeu Niño. Anxo Pérez, novo secretario comarcal en Ourense A VII Asemblea da CIG-Ourense escolleu Anxo Pérez Carballo como novo secretario en substitución de Etelvino Blanco, que estivo á fronte da central na bisbarra dende a súa creación en 1994. \"Seguimos a ser a organización que máis capacidade ten de mobilización da comarca; co aumento da nosa presenza nos centros de traballo conseguimos ser a forza cun maior número de afiliación; ao mesmo tempo, conseguimos mellorar os nosos resultados electorais até situarnos por primeira vez como segunda forza en representación\", explicou Pérez. Manuel Grandal Anca, reelixido en Ferrol \"A situación de necesidade xerada fixo callar un discurso propiciatorio da división dentro da propia clase traballadora que temos que combater con uñas e dentes, a base de moita solidariedade e concienciación, pois non podemos esquecer que a solidariedade de base é a nosa forza\", aseverou Grandal. Marcos Conde, reelixido en Pontevedra Conde manifestou a súa \"preocupación\" polos \"problemas moi duros\" para a clase traballadora perante os recortes de dereitos e salariais. Reclamou levar a loita sindical ás rúas aínda a risco de recibir algún \"zasca\", segundo declaracións recollidas polas axencias."}
{"ID": "NOS_57647", "summary": "Esta quinta feira, día 20, amenceu con lumes activos en Negreira, Boiro e As Pontes.", "text": "Os lumes non dan respiro en Galiza nestas semanas. O inverno e primavera secos están a pasar factura. Esta quinta feira amenceu no noso país con tres incendios activos que sumaban por volta de 140 hectáreas afectadas. O máis grande, en Negreira, que calcinou 70 hectáreas; en Boiro son 50 as afectadas e nas Pontes unhas 20, segundo un primeiro balanzo provisional. Esta superficie afectada vén a se sumar ás máis de 600 hectáreas queimadas en Galiza durante a semana santa. A propia Xunta declarou período de alto risco de incendios forestais mais, como denunciaron nestes días desde a CIG, \"non se activa ao persoal propio da administración destinado a este período\". Embora catalogar a administración galega a situación como alto risco, os traballadores de reforzo para as tempadas de alto risco, pertencentes ao persoal propio do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, \"continúan sen seren contratados\". A Asociación de traballadores de incendios forestais de Galiza (Atrifoga), lembraba o pasado mes de febreiro que entre decembro e xaneiro houbo no noso país perto de 180 lumes forestais, dous terzas partes dos cales decorreron en Ourense. Certo é que se deu unha coxuntura especial: altas temperaturas, ausencia de chuvias, sequedade da biomasa vexetal e do chan... Porén, non é algo exclusivo deste inverno. Así, lembran en 2015 houbo tamén importantes lumes forestais no país. En moitos casos nas mesmas zonas onde tiveron lugar os de 2016."}
{"ID": "PRAZA_16898", "summary": "A nova terminal \"para serviço transfronteiriço de mercadorías\" disporá de catro vías de manobras e sitúase a similar distancia de Vigo que o seu Porto Seco, onde aínda non se licitou a infraestrutura ferroviaria Valença poderá recibir trens de mercadorías máis longos que os que caben nas vías galegas tras a mellora da liña ao Porto", "text": "Valença poderá recibir trens de mercadorías máis longos que os que caben nas vías galegas tras a mellora da liña ao Porto O Goberno portugués vén de adxudicar a construción dunha estación de tren en Valença dotada de vías para poder formar nela convois de mercadorías máis longos que os que se poden cargar en toda a obsoleta rede galega. Estará situada a unha distancia da cidade de Vigo e dos seus principais polígonos industriais similar á existente ata o denominado Porto Seco da cidade, a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), construída ao lado da liña de tren entre Vigo e Ourense pero onde aínda nin se licitaron os proxectos necesarios para construír a terminal de mercadorías e conectala coa rede ferroviaria. A nova terminal \"para serviço transfronteiriço de mercadorías\" disporá de catro vías de manobras e sitúase a similar distancia de Vigo que o seu Porto Seco, onde aínda non se licitou a infraestrutura ferroviaria Hai un mes Praza.gal desvelou que, no marco da mellora que ten en marcha da liña ferroviaria entre Porto e Valença, o Goberno de Lisboa ten previsto realizar obras que permitirán que circulen por ela trens de mercadorías de ata 750 metros de lonxitude, o estándar ao que aspira a Unión Europea, mentres que en toda a rede galega as limitacións técnicas impiden que poidan operar trens de máis de 550 metros, cifra que se sitúa á cola do Estado. Agora Infraestruturas de Portugal, entidade dependente do Ministério do Planeamento e das Infraestruturas, vén de confirmar que a súa idea é que eses trens máis longos poidan formarse en Valença. Así llo vén de transmitir o presidente de Infraestruturas de Portugal, Anónio Laranjo, ao Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal, que lle trasladou unha pregunta ao respecto formulada por este diario. No seu escrito, Infraestruturas de Portugal confirma que a nova estación de Carvalha, situada a uns oito quilómetros ao oeste de Valença, onde hoxe hai un apeadeiro de viaxeiros, está pensada \"para serviço transfronteiriço de mercadorias\" e contará, ademais de coa vía central de circulación de trens, con \"duas linhas de resguardo e duas linhas de topo para formaçao e desformaçao de comboios\". \"Estima-se que a obra possa ser consignada em maio/junho de 2018 (início da obra)\", di Infraestruturas de Portugal Segundo Infraestruturas de Portugal, a obra de mellora da liña ferroviaria entre Viana do Castelo e Valença, actuación na que se inclúe a construción desa nova estación de Carvalha, foi xa adxudicada o pasado 22 de febreiro e está pendente de que o Tribunal de Contas portugués autorice o seu pagamento. \"Estima-se que a obra possa ser consignada em maio/junho de 2018 (início da obra)\", di o ente público portugués. Mentres Portugal avanza coa mellora da súa liña ferroviaria entre Valença e Porto, en Galicia non se encargou aínda nin unha soa infraestrutura ferroviaria para o Porto Seco de Salvaterra, vinculado ao tráfico de mercadorías de Vigo. Tampouco acaba de arrancar o Porto Seco de Monforte, que Galicia aspira a converter no seu enlace co denominado Corredor Atlántico ferroviario de mercadorías malia que a súa liña ferroviaria cara á Meseta permite trens dun máximo de só 540 metros e só de xeito extraordinario."}
{"ID": "NOS_4109", "summary": "Foi un 24 de novembro de 1861, no número 47 de El museo universal, sen dúbida a revista ilustrada española máis importante do terceiro cuarto do século XIX.", "text": "El museo universal: periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles, tal era a denominación completa, é unha complexa e vasta obra colectiva realizada ao longo de trece anos (1857-1869) por unha extensa nómina de autores que reúne intelectuais e artistas de diversos ámbitos, desde debuxantes, fotógrafos, gravadores até científicos ou diplomáticos, pasando por historiadores, xornalistas, narradores e poetas. Foi un ambicioso proxecto e un produto cultural de primeira orde, supuxo un enorme esforzo por alcanzar cotas de calidade, tanto en contidos literarios como xornalísticos e, moi especialmente, nas ilustracións e na presentación material da publicación. Editouse entre 1857 e 1869, ano en que foi adquirido por Abelardo de Carlos, o propietario de La Ilustración Española y Americana, revista editada até 1921. ¡Adiós qu´e eu voume! No número 47, correspondente ao 24 de novembro de 1861 publícase o primeiro texto en galego de Rosalía. Sería o poema ¡Adiós qu´e eu voume! e que logo se consagrará como Adiós ríos, adiós fontes. O poema publícase por primeira vez solto en El Museo Universal e conservará este título nas dúas edicións de 1862, tanto na revista Galicia .Revista universal de este reino (15 de agosto de 1862) como en El Álbum de la Caridad (1862). Mais nas edicións en libro, a partir de 1863, o título desaparece e o poema pasa a se titular cos primeiros versos do cantar popular que glosa o poema, Adiós ríos, adiós fontes. Todo… todo é dos señores A edición do poema publicada en El Museo Universal presenta unha estrofa máis que as publicacións posteriores. Tanto a edición de Galicia, como a de Álbum de la Caridad non inclúen unha estrofa que di: Por xiadas, por calores desde qu´amañece ó día dou á terra os meus sudores mais canto esa terra cría todo… todo é dos señores. E que ía despois da estrofa que remata co verso \"o que naceu desdichado\" . Adiós, rios, adiós fontes As edicións en libro do poema engadirían o cantar popular, que non está nas tres edicións soltas Adiós, rios, adiós fontes,adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos. Nas versións soltas do poema, de 1861 e 1862, aparece este verso: Desd´ a orilliña do mar, forma que é substituída na edición de 1863, en libro por Desd´á veiriña do mar. Cal a razón da supresión desta estrofa? Téñense apuntado varias, mais para Francisco Rodríguez a razón é evidente: \"O poema hai que analizalo poñendo en relación o drama da emigración ultramarina coa problemática da propiedade da terra. A eliminación da estrofa deixa constancia dunha censura imposta á hora de denunciar que a terra é dos señores.\" Cento cincuenta e cinco anos despois na Galiza as previsións apuntan para unha importante perda de poboación, máis de duascentas mil persoas nos próximos quince anos, e nese proceso de perda de poboación, quer por transvase de persoas do rural para o urbano quer por morte, a terra está a mudar de propietarios. Xa hoxe os anuncios de venda de propiedades agrícolas se contan por millares. Aldeas completas están en venda. E as multinacionais están atentas para esas compras. ENCE xestiona xa máis de 10.000 hectáreas de terreo. Serán outros os donos da terra, muda a fasquía dos señores, mais aínda ha de ter razón Rosalía: Por xiadas, por caloresdesde qu´amañece ó día dou á terra os meus sudoresmais canto esa terra críatodo… todo é dos señores. PSO corpo deste texto está tirado do Almanaque das Irmandades."}
{"ID": "PRAZA_20461", "summary": "Praza.gal distribúe o cómic O báculo de Daghdha, editado polo Eixo Atlántico para potenciar o coñecemento dos rapaces dos seus veciños e descargable en galego ou portugués", "text": "Norberto Fernández, debuxante: \"Foi unha aventura fascinante romper as fronteiras de Galicia e Portugal nun cómic\" Praza.gal, xunto a outros medios de comunicación galegos, distribúe de xeito gratuíto e en versións en galego RAG e portugués, un cómic de aventuras para a rapazada, O báculo de Daghdha, editado polo Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal. A iniciativa enmárcase no obxectivo da asociación transfronteiriza de acadar un maior coñecemento e relacións entre a cidadanía dos dous lados da fronteira, neste caso dos máis novos, a través dunha historia que se inicia en Lisboa e percorre o camiño portugués a Santiago dando a coñecer as cidades polas que pasan os seus protagonistas. Praza.gal distribúe O báculo de Daghdha, a banda deseñada editada polo Eixo Atlántico para potenciar o coñecemento mutuo da rapazada galega portuguesa O autor do cómic é o debuxante Norberto Fernández (Vigo, 1967), que ademais de publicar en diversos medios de comunicación galegos participou en revistas do sector como El Víbora ou Golfiño e ten varias obras en publicadas por Dolmen Editorial. Tamén ten traballos como entintador e portadista nos Estados Unidos, entre outros para Marvel Comics."}
{"ID": "NOS_34178", "summary": "As persoas con discapacidade serán as encargadas de transformar as lonas retiradas das campañas publicitarias en bolsas para a súa posterior venda.", "text": "A compañía Hijos de Rivera, propietaria de Estrella Galicia, vén de poñer en marcha o proxecto DLONAS coa Fundación Adcor. Esta iniciativa, que conta co apoio do museo MEGA da cervexeira, pretende fomentar a reciclaxe e reutilización das lonas publicitarias en bolsas orixinais e resistentes \"cunha personalidade única\". Como apuntan desde a compañía nun comunicado, trátase dunha iniciativa integral que permite fomentar a integración social e fomentar a empregabilidade de persoas con discapacidade, ao tempo que se reduce a xeración de residuos e se protexe o medio ambiente. As bolsas que se fabriquen poranse despois a venda a un prezo de 15 euros na tenda do MEGA. O recadado destinarase aos programas da Fundación Adcor encamiñados a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia."}
{"ID": "NOS_43664", "summary": "Quando restam 20 dias do crowdfunding, a Semente Compostela acadou 50% do objetivo mínimo na campanha de micromecenado para a reforma dum novo local em Moas de Abaixo (Vidam).", "text": "O Projeto Moas reuniu em quinze dias mais de 350.000 euros em avais de centos de pessoas que deram o seu apoio económico ao projeto. Depois deste primeiro paso, o Projeto Moas continua procurando ajuda económica através de doaçons e um crowdfunding ou mecenado. Entre as recompensas, cabe salientar que nom som, como adoito, físicas ou materiais: som \"experiências únicas\", como concertos com Guadi Galego, Malandrómeda, Paco Nogueiras ou A Rabela; formaçom em temas tam diversos como narraçom oral, com Vero Rilo, escrita criativa com Séchu Sende, regueifa com Alba María, A Rabela e o próprio Séchu Sende; masterclass de pandeireta com Sés; iniciaçom ao rap e DJ com Sondarúa; treino com o triatleta Antom Ruanova; roteiros de tudo tipo; e mesmo elaboraçom dumha pandeireta personalizada com o obradoiro de percussom tradicional Sanín. Desde Semente Compostela destacam a \"forte solidariedade\" com o Projeto Moas, estamdo a procurar apoio económico entre a cidadania para reformar um novo edifício que reúna o alunado de infantil e primário em Moas, na zona de Vidam. \"Isto demostra o necessária que é umha escola de inmersom linguistica em galego. Umha escola também laica, feminista, fundamentada no respeito ao meio e à nossa cultura\", apuntam. Podem fazer-se achegas no enlace https://gl.goteo.org/project/projeto-moas."}
{"ID": "NOS_17338", "summary": "Analizamos o adeus do preparador arxentino e o que pode agardar a afección celeste do técnico portugués.", "text": "Envorcou a Chachoneta. Eduardo Coudet, o técnico que salvou o Celta na tempada 2020/21 e que fixo que a parroquia celeste recuperara unha alegría perdida desde a marcha de Eduardo Berizzo no verán de 2017 foi despedido, sendo o novo propietario do banco do conxunto olívico o portugués Carlos Carvalhal. Anunciamos en Nós Diario que de perder contra o Almería a pasada fin de semana Eduardo Coudet corría serio risco de ser destituído como técnico celeste, e así foi. A derrota por 3-1, aínda coa escusa dunha actuación arbitral desastrosa que prexudicou gravemente o cadro vigués, foi a última pinga que fixo desbordar o vaso da paciencia do presidente Carlos Mouriño, que agardou até o día de onte para cesar o seu décimo sétimo adestrador desde que se fixera co bastón de mando do club en 2006. As cifras de sete derrotas, dous empates e tres vitorias, que deixan o Celta con un só punto de marxe sobre os postos de descenso a Segunda División, foron unha lousa demasiado grande para un preparador arxentino que foi renunciando progresivamente aos principios futbolísticos que defendía á súa chegada a Vigo, en novembro de 2020. Convertido a base de golpes -que murcharon o espírito vivo e ofensivo co que aterrou en Europa desde a liga arxentina- nun técnico demasiado conservador que tamén evidenciou en numerosas ocasións non ter un 'plan B', sería inxusto dicir que a complicada situación da escuadra celeste é exclusivamente culpa súa, pois a directiva deixouno sen cinco titularísimos a pasada tempada e forneceuno cunhas fichaxes que partido a partido demostrou que non lle convencían. O caso máis estremo é o do sueco de 18 anos Williot Swedberg, que chegou a cambio de cinco millóns de euros coa bitola de ser o novo talento máis prometedor de Suecia e que até o de agora non disputou nin un só minuto, vendo como incluso o canteirán Pablo Durán entraba antes que el na rotación. O Chacho, que recibiu o agradecemento do club, despediuse entre bágoas pero non quixo facer sangue con esta \"inesperada decisión\" que recibiu na súa casa pola mañá da boca do director xeral, Antonio Chaves. Iso si, reflexionou sobre que o Celta é o conxunto \"máis desarmado\" con respecto ao pasado ano. Unha frecha lanzada ante directivos como Chaves, pero sen o presidente Mouriño. \"Non quero leas nin fábulas\", sentenciou para fechar etapa. Carvalhal, o escollido O substituto do Chacho Coudet, como no seu momento o foi o arxentino, é un gran descoñecido para a afección, pois o portugués Carlos Augusto Soares da Costa Faria Carvalhal non conta con experiencia en ningún club da Liga, a pesar de que leva adestrando desde 1998 tanto no seu país como en Grecia, Turquía, Abu Dhabi ou Inglaterra. A man detrás da súa chegada é a do asesor deportivo Luís Campos, que reforza o seu poder no Celta coa contratación do segundo adestrador luso na historia do club. O primeiro, Miguel Cardoso, apenas aguantou no cargo 14 xornadas na 2018/19, nas que tan só sumou 11 puntos sobre 42 posíbeis. Máis agarda durar un Carvalhal que ofrecerá un fútbol moi diferente ao do seu predecesor. Tacticamente é moito máis flexíbel, condicionando a estratexia adoptada ás características do seu rival, polo que non será raro ver que un día o Celta saia da partida cunha defensa de cinco homes e no seguinte opte por unha fórmula moito máis ofensiva, como un 3-4-3. Esa versatilidade foi o segredo do seu éxito no Sporting de Braga, co que finalizou o pasado verán un exitoso bienio no que conquistou a Taça de Portugal e alcanzou as finais da Supertaça e a Taça da Liga e os cuartos de final da Europa League. Outra das chaves de Carvalhal -que na tarde de onte xa dirixiu o seu primeiro adestramento- será a súa aposta polos rapaces da base, algo case anatema para un Coudet que desde a súa incorporación só confiou con regularidade nos canteiráns cando non tiña máis opcións. Os casos máis paradigmáticos foron a circunstancial titularidade do porteiro Iván Villar en 19 partidos en 2021 polas lesións de de Rubén Blanco e Sergio ou o máis recente de Gabri Veiga, que non contaría co peso que adquiriu nas últimas semanas de non estar Denis Suárez marxinado pola súa guerra aberta co presidente Mouriño. A chegada de Carvalhal non mudará en absoluto esta situación, polo que Gabri Veiga continuará contando con moitos minutos... a partir do segundo partido do portugués, pois o Comité de Competición oficializou onte a sanción dun encontro ao mediocampista galego pola pisada ao almeriense Robertone, un mal menor nunha xogada claramente involuntaria pero que, pola redacción do colexiado Del Cerro Grande na acta facendo énfase na intencionalidade, facía prever un castigo de polo menos dous choques."}
{"ID": "NOS_48530", "summary": "Fiadeiras, o grupo de traballo en prol da equidade de xénero vinculado ao Colexio de Educador@s da Galiza, enceta unha campaña para visibilizar os micro-machismos, para que os relatos das mulleres que se sentiron violentadas se coñezan e para traballar sobre eles coa intención de os erradicar.", "text": "\"Non calar. Non consentir. Non sentir culpa [...] O avestruz agocha a cabeza, máis os depredadores seguen estando ao seu derredor. En relación á violencia de xénero comportámonos tal que así, pois desvelar as propias experiencias supón dor e sufrimento\". Son parágrafos estractados das Memorias dunha educadora social, o primeiro texto con que o grupo de traballo en equidade Fiadeiras, vinculado ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais da Galiza encetou a campaña Micro* machismos: Moito máis que micro. Após aclarar que o prefixo 'micro' non fai referenza desta volta a un comportamento machista menor nen secundario, senón unicamente \"máis invisíbel, imperceptíbel para a sociedade\", as Fiadeiras destacan que o obxectivo da acción reivindicativa é \"denunciar as actitudes dominantes que os homes seguen a exercer sobre as mulleres\", cualificando tales actuacións como \"formas de violencia\". O grupo de traballo das educadoras sociais rexeita a denominación 'machismo de baixa intensidade' \"porque a violencia que padecemos, sexa do tipo que sexa, é unha coacción ás nosas posibilidades de ser. Cando non somos escoitadas, tomadas en serio, valoradas... en todos estes casos estamos a ser violentadas e fronte a iso non hai gradacións posíbeis\", subliñan as Fiadeiras. E en que consiste a campaña? En visibilizar as violencias. As educadoras que fan parte deste colectivo convidan a todas aquelas mulleres que nalgún momento se sentiron violentadas a partillen, de maneira persoal ou anónima, no blogue do grupo. A data límite para enviar os relatos será o 1 de setembro de 2014. As Fiadeiras empregarán os testemuños nas vindeiras campañas de educación social que enceten en contra da violencia machista. A primeira pedra contra os micro (e os macro) machismos tirárona elas propias ao escribiren as Memorias dunha educadora social."}
{"ID": "NOS_38859", "summary": "Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich visitaron Conxemar, onde defenderon que \"para potenciar a nosa pesca é necesario que Galiza teña a capacidade de decidir\".", "text": "O BNG, por medio do seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, e o o número 1 pola circunscrición de Pontevedra, Carlos Aymerich, visitou a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados -Conxemar- que se celebra en Vigo. Alí os representantes nacionalistas acusaron os gobernos do PP, tanto o de Feijóo como o de Rajoy, de \"abandonar o sector pesqueiro\". \"Non se pode desenvolver e xerar emprego na pesca con medidas como as que toma o PP, coa subida do IVE ou a inacción perante o acordo entre a Unión Europea e Mauritania que deixa fóra de xogo á frota cefalopodeira galega\", afirmou Guillerme, que tamén lamentou que \"se golpea o sector ao eliminar a etiquetaxe en orixe dos produtos conserveiros\". \"Por iso é necesario un cambio de rumbo como o que propón o BNG\", concluíu o portavoz da formación nacionalista. Pola súa banda, Aymerich asegurou que \"para apostar pola pesca galega é necesario que Galiza teña capacidade de decidir\". \"Por exemplo, Alaska decide nese sector por si propia e certifica a orixe dos produtos, sen estar ás ordes de Washington, o que demostra que non estamos a dicir nada estraño\", explicou. Doutra banda, nun almorzo informativo en Pontevedra, o propio Aymerich afirmou que \"regalar as caixas galegas ás grandes corporacións bancarias é unha das 'fazañas' de Feijóo\". O candidato do BNG engadiu que \"o PP quere sanear o balance dos bancos, mais non sanear os balances das persoas, no momento en que en Galiza existen unhas 3.000 familias que foron desposuídas da súa vivenda\". O que foi deputado nas últimas dúas lexislaturas no Hórreo tamén falou sobre a competencia con outras forzas, afirmando que \"se pode votar á dereita directamente ou indirectamente, xa que hai opcións que non van entrar no Parlamento por non acadar o cinco por cento dos votos, como esixe unha lei que por certo o Bloque quere cambiar\"."}
{"ID": "NOS_51413", "summary": "Un supercluster dos Gobernos galego, asturianos e cántabro xunto a 112 empresas busca impulsar o sector da eólica mariña no norte peninsular.", "text": "Galiza, Asturies e Cantabria formalizaron esta sexta feira, 24 de setembro, a creación do Supercluster Atlantic Wind (SAW), unha alianza para impulsar a enerxía eólica mariña no Mar Cantábrico que parte de tres agrupacións industriais do sector integradas por 112 empresas. O conselleiro cántabro de Industria, Javier López Marcano, recibiu como anfitrión os conselleiros de Industria galego e asturiano e os integrantes das agrupacións industriais dos tres territorios. Marcano opinou que as tres comunidades están \"sobradas de argumentos e fundamentos\" para levar a cabo este proxecto enerxético. Pola súa banda, o conselleiro galego de Economía, Francisco Conde, destacou que a posta en marcha desta agrupación industrial nace da \"visión compartida\" que a Galiza, Asturies e Cantabria teñen da industria e da transición enerxética. Avogou por traballar desde o consenso e por crear sinerxías, subliñando a importancia da colaboración público-privada como a fórmula para afrontar o actual proceso de transformación económica, dixital e sostíbel. O acordo de colaboración para pór en marcha a alianza estratéxica SAW subscribírono os presidentes das tres principais agrupacións industriais vinculadas á eólica 'offshore' do norte peninsular: polo Sea of Innovation Cantabria Cluster, Luis San Segundo; por Galician Offshore Energy Group (GOE-ASIME), Enrique M. Mallón; e do Consorcio Tecnolóxico da Enerxía de Asturies, Indalecio González. Con todo, trátase dunha alianza aberta en que se espera a curto prazo a incorporación doutras asociacións do norte peninsular. A alianza persegue favorecer as relacións co Goberno estatal para facilitar o desenvolvemento da eólica mariña no Estado, especialmente na costa noratlántica da península. Precisamente, o norte peninsular conta con plantas fabricantes de turbinas, ademais de \"ampla\" cadea de provedores e centros de investigación. Risco para a pesca A Comisión de Pesca do Parlamento europeo emitiu en xullo un informe en que advirte, ante o aluvión de proxectos de enerxía eólica mariña que se está a producir en todo o litoral comunitario, dos efectos negativos que estas infraestruturas provocan sobre a actividade pesqueira. Sinala que especialmente a costa atlántica e os pequenos caladoiros, onde faena 80% da frota europea, pode verse afectada pola instalación de aeroxeradores. Así, recalca a necesidade dunha \"maior investigación\" sobre o impacto dos eólicos e fai fincapé na importancia de realizar \"estudos rigorosos e detallados\" do impacto ambiental e económico."}
{"ID": "NOS_54596", "summary": "A presentación da demanda contra representantes da Generalitat polo 9-N podería adiarse até a vindeira semana.", "text": "A querela contra Artur Mas pola convocatoria do proceso participativo decorrido o 9 de Novembro continúa retrasándose. Embora ser anunciada o día despois da consulta, ese día aínda non chega. E as razóns son múltiples. Porén, o maior atranco está a ser o rexeitamento da maioría de fiscais de Catalunya. A Fiscalía de Catalunya ve \"erros\" no texto deseñado por Madrid e di que continuará co proceso mais con garantías legais Na xuntanza desenvolvida entre representantes do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya e a Fiscalía Xeral do Estado na terza feira (11 de Novembro), @s fiscais catalás plantáronse perante a proposta deseñada por Madrid. Segundo a Fiscalía catalá a querela contén erros no texto polo que decidiron non darlle apoio. No concreto, segundo recolle La Vanguardia, d@s 9 fiscais do TSXC, 6 terían amosado o seu rexeitamento a presentar a querela neses termos. Erros no texto presentado por Madrid E é que o documento achegado desde Madrid prevía acusar o president da Generalitat e outr@s integrantes do Govern de \"usurpación de funcións\", \"desobediencia\" e \"prevaricación\". Porén, segundo a Fiscalía catalá non existiría materia penal suficiente para soster tales acusacións. Neste senso, a vontade amosada desde o Principat é continuar co proceso seguindo as ordes da Fiscalía Xeral do Estado mais facelo coas debidas garantías. A querela podería centrarse en Mas e Ortega por un suposto delito de desobediencia Doutra banda, a proposta de querela defendida por Madrid pretendía dirixirse tamén contra o conselleiro de Interior, Ramón Espadaler, a quen o Estado atribuía responsabilidades na área de Governació, algo que non se axusta á realidade. Así mesmo, califícase o executivo catalán como \"Goberno sedicente\", un feito que para a Fiscalía catalá non era \"de recibo\". Segundo as últimas informacións publicadas, @s fiscais do TSXC poderían presentar, finalmente, tan só unha acusación contra Mas e a vice-presidenta da Generalitat, Joana Ortega, por un presunto delito de desobediencia mais a decisión final non se produciría até a vindeira semana."}
{"ID": "NOS_2387", "summary": "Hungría ou Polonia, onde a industria do carbón ten grande importancia, ven nas políticas de transición ecolóxica da UE a causa da suba do prezo da luz. Bruxelas sostén todo o contrario: cómpre acelerar o proceso para poder fuxir da dependencia enerxética de terceiros países e das consecuencias da súa xeoestratexia.", "text": "A Comisión Europea presentará un paquete de medidas a semana vindeira co fin de mitigar a actual escalada nos prezos da enerxía, segundo informou a comisaria de Enerxía, Kadri Simson, durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo desenvolvida onte. Entres estas estarán o apoio específico aos consumidores ou a redución de impostos á enerxía. O anuncio chega despois de que os Gobernos de Chequia, España, Francia, Grecia e Romanía emitisen un comunicado conxunto exixindo a Bruxelas \"reaccionar inmediatamente á dramática suba de prezos\". Ademais, pediron unha investigación sobre o mercado do gas e defenderon adquisicións coordinadas que \"aumenten o noso poder de negociación\". Dentro do bloque comunitario non hai consenso, porén. Agárdase que a partir da primavera a situación mellore e algúns Gobernos consideran que até entón é mellor aguantar con medidas a nivel estatal, tal e como defendeu o primeiro ministro dos Países Baixos, Mark Rutte. A suba de prezos chega ademais nun momento en que a UE se prepara para aprobar máis medidas para combater o cambio climático, como maiores taxas aos combustíbeis contaminantes. Unha circunstancia que algúns Estados, como Hungría ou Polonia, consideran que incrementará o prezo das facturas. O primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán, cualificou onte as políticas verdes de \"imposto indirecto\" e acusou a Bruxelas de ser a culpábel de que os cidadáns paguen máis. Porén, as análises de organismos internacionais sosteñen que as taxas ao carbón ─industria de grande importancia en centro Europa─ apenas tiveron impacto. É, aseguran, o mercado do gas o principal causante. Oferta e demanda Neste sentido, a comisaria anunciou que antes de acabar o ano haberá unha reforma deste mercado, para abordar os problemas relacionados co almacenamento de gas e a subministración. No territorio euroasiático, o incremento da demanda non foi acompañado dunha maior oferta, o que provoca que a UE e os países asiáticos ─especialmente a China─ compitan polas reservas dispoñíbeis a prezos históricos. E todo isto, ás portas do inverno. Josep Borrell, vicepresidente da Comisión Europea e alto representante para a Política Exterior, xa sinalaba hai unhas semanas que \"antes ou despois, Europa terá que dicir algo. O sistema debe ser revisado porque ten demasiadas disfuncións. Trasladar o custo do gas a outras enerxías cuxo custo de produción non ten nada que ver é algo que non ten unha xustificación económica clara\". Nord Stream 2 A UE importa arredor de 60% do total da enerxía que consume, sobre todo gas e petróleo rusos (no caso do gas, 43,4% do total en 2020, segundo Eurostats). Erick Behar-Villegas, profesor de Economía da Universidade Internacional de Ciencias Aplicadas de Berlín, explicaba hai uns días en France 24 que a escaseza de gas e o consecuente aumento do prezo poderían responder a unha decisión xeoestratéxica. O obxectivo: o impulso definitivo ao gasoduto Nord Stream 2, un proxecto polo que Rusia agarda a aprobación definitiva para comezar a bombear gas directamente até Alemaña. Esta teoría callou entre algúns Estados da UE, que acusan a gasística rusa Gazprom de aproveitar a súa posición hexemónica no mercado para facer subir os prezos. Os datos que ofrece na súa web mostran que ─tal e como defende o Kremlin─ está a cumprir co acordado nos contratos asinados. Mais as acusacións veñen por non incrementar o fluxo neste momento de alta demanda. As queixas levaron a Comisión a emitir un comunicado na terza feira, sinalando que investigarían o asunto. Porén, \"a nosa valoración inicial suxire que Rusia está a cumprir cos seus contratos de longa duración\", sinalou. Tamén ten efectos no prezo da luz o conflito diplomático entre Marrocos e Alxeria. Este último é distribuidor de gas á Península Ibérica (12% do total da UE, só por detrás de Rusia e Noruega), mais o 31 de outubro fechará o gasoduto que atravesa territorio marroquí até Europa tras a recente rotura de relacións, o que vaticina a suba da factura da luz e do prezo en xeral doutros produtos. Transición \"dura\" Para Simson, a mellor maneira de protexer a cidadanía europea destas subas está nunha rápida transición cara á enerxía verde. \"Ao final, a solución é a mesma, xa sexa a respecto dos prezos, da seguridade no subministro ou do clima: máis enerxía renovábel a nivel local, accesíbel economicamente, para progresar\". Un discurso na liña do exposto o pasado 14 de setembro, tamén ante a Eurocámara, polo comisario para o Pacto Verde, Frans Timmermans. \"Se tivésemos o Pacto Verde hai cinco anos non estariamos nesta situación\", sinalaba. E afirmaba que a transición \"vai ser condenadamente dura, e ninguén debería facerse ilusións de que vai ser doada\". Mais ─advertiu─ canto máis se tarde en acelerar esa viaxe tecnolóxica, máis volátil será o sistema. Máis cara será a luz. Protestas en Francia pola carestía da vida Miles de cidadáns tomaron as rúas de cidades de toda Francia na terza feira para protestar polas subas na factura da luz, mais tamén doutros produtos básicos, e exixiron ao Goberno que lexisle para que se controlen os prezos e se produzan incrementos salariais. \"Non podemos facer que os traballadores paguen os custos da crise\", declarou Yves Veyrier, secretario xeral do sindicato Force ouvrière (FO), a France Info. Advertiu que o plan do Executivo de salvar a economía \"custe o que custe\" non pode pasar polos despidos ou a través de controvertidas medidas como a reforma da xubilación. A respecto do aumento da inflación, da suba no prezo dos carburantes, do incremento do prezo do gas desde o 1 de outubro e as altas facturas da luz, o secretario xeral do sindicato Confédération générale du travail (CGT), Philippe Martinez, exixiu \"respostas urxentes\"."}
{"ID": "NOS_16760", "summary": "É coñecido polo gran público por ser o membro do xurado que fai o papel de malo no concurso 'Vai de gaita' do Luar. Pero é un multiinstrumentista que estrea o vindeiro mes o seu primeiro disco, cuxo título semella toda unha declaración de intencións.", "text": "A gaita levada ao mundo do pop, do rock ou mesmo da electrónica. Ou iso parece logo de coñecer o seu primeiro single, \"A insignificante historia do home astronómico\", que vai un paso máis aló do que se ten feito até o momento coa gaita. E todo isto adubiado cunha estética potente, provocadora e pouco vista nun mundo da cultura galega onde estes adxectivos son escasos. O disco seica estará listo para levar a finais de ano e será presentado no Culturgal o sábado 5 de decembro, ademais da estrea o 24 de novembro dunha curtametraxe co primeiro single. Os dez temas que o compoñen están producidos e interpretados por el, chegando a tocar medio cento de instrumentos. Soamente conta con colaboracións de artistas como Davide Salvado, a quen ten acompañado no seu disco, Pedro Pascual ou o grupo Pandeiromus. Editado por Inquedanzas Sonoras, Ego leva o son da gaita e da percusión tradicional a un plano distinto, diferente e anovador. Dese xeito, o tradicional viaxará cara a unha sonoridade indie-pop con tintes de rock, flamenco e música electrónica. Ademais de membro do xurado no concurso Vai de Gaita do Luar, Silva é profesor no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol e no Conservatorio de Vilagarcía. Até o momento só o coñeciamos musicalmente a través das súas múltiples colaboracións con artistas da altura de Susana Seivane, Davide Salvado, Rosa López ou Carlos Núñez."}
{"ID": "NOS_13377", "summary": "Un total de 2.240.616 galegas e galegos están chamados ás urnas este domingo para escoller as 23 deputadas e deputados e as 16 senadoras e senadores polas catro circunscricións galegas.", "text": "Arrancou a xornada electoral e fíxoo coa apertura dos colexios ás 9 horas. Un total de 2.240.616 galegos están chamados ás urnas para decidir os 16 asentos do Senado e os 23 escanos no Congreso en xogo. Son catro escanos menos que nas primeiras eleccións ás Cortes Xerais españolas após a morte de Franco, un dato que evidencia a perda de peso poboacional de Galiza. Dos máis de 2,2 millóns de electoras e electores, 929.181 elixirán representantes pola circunscrición da Coruña; 772.631 por Pontevedra, 278.291 por Lugo e 260.513 por Ourense. As galegas e galegos poderán escoller entre 49 candidaturas ao Congreso e 47 ao Senado. Todas as circunscricións, agás Ourense, con 13, contarán con 12 listaxes distintas –PP, PSOE, En Marea, En Común-Unidas Podemos, BNG, Ciudadanos, Compromiso por Galicia, Vox, Pacma, Recortes Cero, Por un mundo máis xusto e Partido Comunista dos Traballadores de Galiza, para elixir os oito escanos da Coruña, os sete de Pontevedra e os catro de Lugo. En Ourense tamén se elixirán catro, o mesmo número de representantes que se elixen para o Senado en cada circunscrición. A Delegación do Goberno informa de que na Galiza hai dispoñíbeis 7.912 urnas en 3.956 mesas distribuídas en 2.416 locais electorais. O voto CERA De constiuíren unha circunscrición electoral, o CERA, o censo electoral de residentes ausentes, sería a terceira circunscrición galega, despois da Coruña e Pontevedra. E é que perto de 458.000 galegos e galegas da emigración foron chamadas a participar nas eleccións xerais, una cifra que supón case o 22% do CERA do conxunto do Estado, que ascende ás 2.088.000 persoas. Por país de residencia, Arxentina é o que máis electoras e electores achega, seguido do Uruguai, de Suíza, de Cuba e de Venezuela."}
{"ID": "NOS_22896", "summary": "Create Infographics", "text": "A coligación entre BNG e Bildu acada o seu escano no Parlamento europeo, cun 7,9 dos votos para o Bloque. O PP rexista un retroceso histórico, cedendo 15 pontos percentuais a respeito de 2009. Podemos foi a grande sorpresa das eleccións. Lidia Senra tamén estará en Bruxelas. Segundo os primeiros datos oficiais, xa practicamente definitivos, o BNG estará de novo presente en Europa mediante a súa alianza con Bildu, coa que terían conseguido un eurodeputado, que será rotativo. Queda nun 7,9 por cento dos votos en Galiza o Bloque, case 80.000 respaldos, superado por décimas por Podemos, cun 8,3, grande sorpresa da xornada, que se converte en cuarta forza a un dous puntos de AGE, que queda freada pero obtén acta e segue como terceira forza. Gaña o PP e o PSOE mantense como segunda forza, pero a súa caída en conxunto resulta enorme. Sobre todo para a dereita galega, que perde 300.000 votos respecto ás autonómicas de 2012. Un castigo xigantesco, o seu peor balance en 25 anos, que tamén afecta ao PSOE, que gaña un punto de porcentaxe, pero perde 80.000 apoios respecto a 16 meses antes e case 190.000 se se bota a vista atrás cinco anos, nas últimas europeas. Create Infographics No Estado, gaña o PP, con só 16 deputad@s, por 14 do PSOE, afundido. Seica chega a fin do bipartidismo, xa que entre ambas formacións nin suman o 50% dos votos no Estado. IU leva seis escanos -un deles o de Lidia Senra, nomeada por Anova- namentres que UPyD só saca catro, por dous de Cidadáns. Un de Equo-Compromís-CHA. Podemos é a sensación da noite. A formación de Pablo Iglesias consegue cinco deputad@s, mesmo supera a Izquierda Unida en Madrid. Outro punto de atención estaba en Cataluña, onde creceu a participación en case dez puntos, e onde ERC obtivo un par de deputad@s en solitarios. superando a CIU en case un par de puntos (23,6 contra 21,8). En canto a forzas a prol do dereito a decidir, case tiveron un terzo máis de apoio que as españolistas. A coalición CIU-PNG-CC gaña dous, pero non pode estar contenta co resultado, menos pola parte vasca, onde no conxunto de Euskal Herria foi superada por EH-Bildu. A nivel europeo, o crecemento e/ou vitorias da estrema dereita marcou a xornada, con triunfos como o de Le Pen en Francia. Syriza en Grecia foi a outra cara. De cara á Comisión Europea, todo indica que o gañador será Juncker, do Partido Popular Europeo. Tamén son salientábeis os catro eurodeputad@s do Sinn Féin. En Portugal gañan @s socialdemócratas e o PCP duplica ao Bloco."}
{"ID": "PRAZA_6605", "summary": "Queríamos o Windows em galego? Partir de zero. Queríamos ler Paul Auster? Partir de zero. Queríamos os desenhos animados da Peppa Pig? Partir de zero. O pior é que conseguiram convencer a maioria dos galegos de que o seu zero particular era de todos, e multiplicar por zero sabemos no que dá.", "text": "Regularmente são feitas campanhas para promover o uso social do galego. Não escasseiam, por sua parte, debates públicos sobre o seu estado de saúde social e por onde devemos transitar a médio prazo. Um debate recorrente a respeito do discurso em volta do galego, quando queremos promover o seu uso social, é: devemos focar apenas aspetos positivos ou mostrar também o avançado estado de substituição linguística? Trinta anos deveria dar para fazer análises embora também seja certo que, quando alguém só tem UMA estratégia, para que servem as análises? Se correr bem, regozijemo-nos, se correr mal, é a vida Há uns anos apareceram, na cidade onde moro, pintadas com um número que indicava os falantes perdidos no ano anterior. Depois surgiram vozes diversas, quer criticando a campanha, por pessimista, quer gabando-a, por promover a consciência. Uma regra básica da publicidade, poderia-se arguir, é que o comum das pessoas não costuma pegar, para si, no que está associado ao fracasso. Ainda, os que finalmente pegarem são tão poucos que nem justifica a promoção. Ora, acontece que este \"tapemos o negativo\" dá muito jeito aos responsáveis da estratégia institucional para esconder um fracasso e não questionar um modelo. Trinta anos deveria dar para fazer análises embora também seja certo que, quando alguém só tem UMA estratégia, para que servem as análises? Se correr bem, regozijemo-nos, se correr mal, é a vida. Queríamos o Windows em galego? Partir de zero. Queríamos ler Paul Auster? Partir de zero. Queríamos os desenhos animados da Peppa Pig? Partir de zero Os inícios dos anos 80 foram muito importantes na história da nossa língua. Foi quando se começou a implementar a estratégia \"oficial\". Partia da base de que a cidadania do Brasil e de Portugal e as suas produções, do género que fossem, não tinham nada a ver connosco. Eram estrangeiras. A consequência mais relevante desta focagem era que, para construir, havia que partir de zero. Queríamos o Windows em galego? Partir de zero. Queríamos ler Paul Auster? Partir de zero. Queríamos os desenhos animados da Peppa Pig? Partir de zero. Queríamos o Asterix? Partir de zero. É o momento de trabalhar com outras aritméticas, sobretudo porque não vamos ter muitas mais sequências de trinta anos O pior é que conseguiram convencer a maioria dos galegos de que o seu zero particular era de todos, e multiplicar por zero sabemos no que dá. É o momento de trabalhar com outras aritméticas, sobretudo porque não vamos ter muitas mais sequências de trinta anos."}
{"ID": "PRAZA_18037", "summary": "Francisco Jorquera pola Coruña, Iván Rivas por Ferrol, Goretti Sanmartin por Santiago, Ruben Arroxo por Lugo, Luis Seara por Ourense, Xavier Pérez Igrexas por Vigo e Miguel Anxo Fernández Lores por Pontevedra encabezarán as listas da formación nacionalista.", "text": "O BNG proclamou este sábado os seus candidatos e candidatas para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio nas sete cidades galegas. Francisco Jorquera pola Coruña, Iván Rivas por Ferrol, Goretti Sanmartin por Santiago, Ruben Arroxo por Lugo, Luis Seara por Ourense, Xavier Pérez Igrexas por Vigo e Miguel Anxo Fernández Lores por Pontevedra encabezarán as listas da formación nacionalista. No Consello Nacional celebrado este sábado e que supón o inicio da precampaña dos comicios municipais de 2019, a portavoz Ana Pontón salientou que \"todas estas persoas non foron escollidas por ningún dedazo\", senón como \"resultado dun proceso asembleario onde é a militancia quen decide\". Francisco Jorquera pola Coruña, Iván Rivas por Ferrol, Goretti Sanmartin por Santiago, Ruben Arroxo por Lugo, Luis Seara por Ourense, Xavier Pérez Igrexas por Vigo e Miguel Anxo Fernández Lores por Pontevedra encabezarán as listas Para Pontón, \"as eleccións locais son o primeiro paso para o cambio político que Galiza precisa e que aspiramos a liderar\". A portavoz nacional do BNG afirmou que \"a fortaleza do BNG son os nosos gobernos municipais cun proxecto propio para Galiza\" e fixo especial fincapé na xestión realizada en Pontevedra, da que destacou que se trata dunha \"cidade referente internacional cun modelo propio\" que \"mellorou a calidade de vida, reduciu a mortalidade por atropelos, reduciu as emisións contaminantes, apostou polo comercio local e pola nosa cultura e identidade\". Pola contra, Pontón puxo como exemplos negativos a Ourense, \"incapaz de aprobar os orzamentos municipais\" e Vigo, caracterizada polo \"despilfarro en luces para tapar a falta dun proxecto político para esa cidade\". Pontón reclamou \"unha axenda galega que sitúe no mapa a Galiza e fronte a irrelevancia política a que nos conducen as forzas estatais, incapaces de ter un proxecto propio de país porque mentres nos teñen entretidas con másteres, plaxios e demais corruptelas\" \"Queremos concellos que ofrezan alternativas propias, centradas na nosa realidade, que reforcen a nosa identidade e autoestima como galegas e galegos. Concellos onde o galego e a nosa cultura sexa defendida e apoiada. Queremos concellos comprometidos co público, que garantan a boa xestión da cada euro que sae do peto das cidadás, e que non despilfarren en obras megalómanas e erradiquen calquera tipo de favoritismo\", afirmou Pontón. \"Queremos concellos onde a igualdade de xénero sexa elemento transversal das políticas públicas, concellos que melloren a vida das veciñas e veciños con servizos públicos, con calidade urbana, apostando por recuperar o espazo público para as persoas e superando a vella concepción das cidades como almacén de coches\", engadiu. Na súa intervención Pontón reclamou \"unha axenda galega que sitúe no mapa a Galiza e fronte a irrelevancia política a que nos conducen as forzas estatais, incapaces de ter un proxecto propio de país porque mentres nos teñen entretidas con másteres, plaxios e demais corruptelas\". Pontos propuxo \"rebaixar o prezo da luz cunha tarifa propia, unha AP-9 libre da estafa das peaxes, poñer fin á ilegal e inmoral prórroga de Ence\" ou 2unha Facenda propia que nos permita ter unha fiscalidade xusta\"."}
{"ID": "PRAZA_3541", "summary": "A pasada semana presentouse en Ferrol o libro colectivo 'O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero', coordinado por Bernardo Máiz e que se une ao volume 'Hei de entrar no meu povo' (Edicións Embora), no que tamén colabora o historiador", "text": "Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e pasou 29 anos da súa vida na cidade naval, en tres etapas: de 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950. Aínda que a partir deste ano non volveu residir na súa localidade natal, mantivo sempre unha estreita relación con ela, e o agarimo foi correspondido, recibindo en Ferrol en 1981 a súa primeira homenaxe trala súa xubilación (a cargo da sociedade cultural Medulio) e tamén sendo recoñecido como fillo predilecto en 1990, pouco antes do seu falecemento.Dende Ferrol tamén partiron sempre unha parte importante das iniciativas para que fose homenaxeado no Día das Letras Galegas, escolla que por fin se produciu hai uns meses.\"Hei de entrar no meu povo, / para ver se tropeço / numha rua qualquer do Ferrol Velho / -sera a de Sam Francisco, a do Socorro?- / com o neno que fum e que foi outro\", escribiuO pasado 26 de febreiro o salón de actos de Afundación en Ferrol acolleu a presentación do volume colectivo 'RCC. O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero\", editado polo Club de Prensa de Ferrol e coordinado polo historiador Bernardo Máiz, que durante anos traballou para que a RAG aprobase o recoñecemento. O libro conta coas achegas de investigadores e estudosos \"ferrolterráns de orixe ou adopción\" e en parte afonda na relación que Carvalho Calero mantivo coa comarca.A obra únese á publicada hai uns meses por Edicións Embora baixo o título de 'Hei de entrar no meu povo', en referencia ao poema de Carvalho Calero no que escribira \"Cruzando a ría /pola ponte das Pías, / se os obreiros de Astano / nom cortaron o tráfico, / entrarei em Ferrol, a minha terra. / Se o cortaron, daquela, hei tomar o caminho antergo...\", e engadindo \"hei de entrar no meu povo, / para ver se tropeço / numha rua qualquer do Ferrol Velho / -sera a de Sam Francisco, a do Socorro?- / com o neno que fum e que foi outro; / aquel que fum e que nom fum entom, / quando eu nom era o velho que hoje som\". Falamos con Bernardo Máiz.\"En Ferrol foi sempre moi apreciado. En decembro de 1981, a iniciativa de Medulio, don Ricardo recibiu en Ferrol a primeira homenaxe pública cando se xubilou como catedrático\"Como foi a relación de Carvalho Calero con Ferrol?Residiu en Ferrol apenas vinte e nove dos seus oitenta anos de vida, en tres etapas, de 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950, este último período ben espiñento. O primeiro foi unha etapa de formación, o segundo de amor, de inxel acción política e de creación poética, o terceiro de amargura e de escritura forzosamente oculta. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación facciosa de 1936 e á guerra subseguinte na que combateu no bando leal, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela.Foi suficientemente recoñecido en Ferrol?En Ferrol foi sempre moi apreciado. En decembro de 1981, a iniciativa de Medulio, don Ricardo recibiu en Ferrol a primeira homenaxe pública cando se xubilou como catedrático, \"pola súa fidelidade á causa de recuperar o seu país e a súa propia cultura\". Ademais, a proposta do BNG á corporación municipal, foi nomeado Fillo Predilecto de Ferrol o 7 de xaneiro de 1990, honor que agradeceu na que foi a última viaxe da súa vida. Nesta cidade unha rúa, un instituto e un centro cultural levan o seu nome. Ferrolterra foi na súa obra obxecto literario e el definíase como \"ferrolán enxebre\".\"En 1941 outórganlle unha liberdade condicional que se converteu en permanente. Foron anos duros para el, mesmo recibía ameazas pola rúa en Ferrol\"Falas dun \"período espiñento\", eses anos nos que volve a Ferrol, sufrindo a represión polas súas ideas e non podendo dar clase. Como foi ese tempo e esa represión?El era un home da esquerda do Partido Galeguista e loita para que o PG se integre na Fronte Popular. A sublevación franquista sorpréndeo en Madrid, facendo o exame de oposición á Cátedra e alí incorpórase como miliciano ao batallón de UGT, despois intégrase nunha unidade de profesionais do ensino e finalmente nas milicias populares mandadas por Enrique Líster. Ao remate da guerra cólleno prisioneiro en Andalucía, pero a pesar do que se escribiu sobre o tema, nunca pediron para el pena de morte, caéndolle ao final 12 anos de cadea.En 1941 outórganlle unha liberdade condicional que se converteu en permanente. Como non tiña certificado de boa conduta, non podía solicitar praza en ningún centro de ensino, e como non lle permitían colexiarse tampouco podía dar clases de forma privada. Foron anos duros para el, mesmo recibía ameazas pola rúa en Ferrol. Hai un poema, no que di \"como puidemos viver e mais vivemos\", no que retrata a represión franquista do momento. Grazas a que a súa muller daba clases, entre os dous foron capeando o temporal. As cousas melloran para el grazas á súa incorporación ao colexio Fingoi, en Lugo, no que aínda que actuaba como director, aparecía como conselleiro delegado, porque non podía exercer.\"Nunca quixo pedir a cancelación dos seus antecedentes políticos. El negábase, porque dicía que el non fixera nada mal\"A partir dese momento as cousas melloran moito para el, non si?Os anos en Lugo son moi bos e a súa vida cambia definitivamente cando marcha de Lugo para Santiago, grazas a que lle cancelaron os seus antecedentes políticos. El nunca quixo pedir a cancelación, a pesar da insistencia de persoas como Filgueira Valverde, que lle dicían que só con que o pedira o réxime llos cancelaría. Porén, el negábase, porque dicía que el non fixera nada mal. Cando por fin llos cancelan, pode por fin presentarse a unha praza de profesor de instituto, á vez que o decano da Facultade de Filosofía e Letras lle ofrece a posibilidade de ser catedrático de Lingua e Literatura galega, unha praza que ían crear.Neses anos aínda asinaba como 'Carballo' e aínda non defendía un achegamento da norma do galego á norma portuguesa. Cando se produce ese cambio?Si, Don Ricardo era o único titulado para elaborar unhas normas para o galego. E elabóraas no ano 1971 para a Real Academia Galega, unhas 'Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego' que son reeditadas en 1977. Porén, contra 1973 prodúcese un conflito con Manuel Rodrigues Lapa, que publicara un artigo en Portugal defendendo que o galego debía achegarse na súa norma culta ao portugués. Houbo unha resposta moi dura de Ramón Piñeiro en Grial. Piñeiro quería que Carvalho a asinase, pero Carvalho negouse. Este episodio levouno a interesarse máis polo asunto e iniciou un achegamento a esas posicións.\"Nunca quixo cargos, pero na súa contra dixéronse moitas miserias, como que estaba anoxado por non ter sido escollido para presidir a RAG\"Xa en 1975 Carvalho publica un artigo en La Voz de Galicia defendendo que non hai que innovar sen tradición, que hai que ir ás raíces históricas e que o portugués é fillo do galego. A partir de aí Carvalho comeza a publicar en editoriais que non son Galaxia. En resposta comezan a utilizar o Instituto da Lingua Galega contra el, e pouco a pouco vese sometido a unha marxinación por parte de determinados sectores.A partir de 1981 comeza a asinar como 'Carvalho' e pouco a pouco vaise distanciando máis dos organismos oficiais. De feito, cando lle propoñen entrar no CCG non quere. Nunca quixo cargos, pero na súa contra dixéronse moitas miserias, como que estaba anoxado por non ter sido escollido para presidir a RAG.\"Foi rexeitado durante anos por defender que Galicia forma parte do sistema lingüístico galego-portugués e tamén por afirmar cousas como que 'a autonomía mantén todo o aparato do estado unitario'\"Na túa opinión, cal é a razón de que ata agora a Real Academia Galega non accedera a dedicarlle o Día das Letras Galegas?Foi rexeitado durante anos por defender que Galicia forma parte do sistema lingüístico galego-portugués e tamén por afirmar cousas como que \"a autonomía mantén todo o aparato do estado unitario, mentres que a autodeterminación prantexa o problema dende o propio país galego, unha forma de organización de Galiza que pode chegar desde a separazón total do País con relazón aos circundantes ate a Federazón ou Confederazón\", como dixo en 1989.Foi expulsado do trato respectuoso que merecía. Con retranca el mesmo afirmou en 1986 que \"certas elites entenden que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura que eles sinalan\".\"A dirección actual da RAG é suficientemente intelixente para entender que don Ricardo é un xigante intelectual e que polo tanto non podía ser mantido no ostracismo\"E por que agora si foi posible a escolla?Pois foi posible grazas ao traballo que estiveron desenvolvendo durante anos moitísimas entidades e moitísimas persoas a título individual. E tamén porque houbo unha anovación da Real Academia Galega: a dirección actual da RAG é suficientemente intelixente para entender que don Ricardo é un xigante intelectual e que polo tanto non podía ser mantido no ostracismo. Recapacitaron e viron que non podían seguir ocultando a unha persoa desta talla. É o momento de sacar adiante a memoria de Don Ricardo."}
{"ID": "PRAZA_19787", "summary": "Un informe do Consello da Cultura Galega sobre as prácticas e actitudes lingüisticas da xente nova en Galicia insiste en crear un espazo de \"solidariedade co galego\" centrado na \"afectividade e a emotividade\" como \"vía máis eficaz\" para incrementar o seu uso", "text": "A mocidade galega valora positivamente a lingua galega pero mantén prexuízos respecto da normativa estándar e amósase pesimista respecto do seu futuro malia recoñecer que son eles, os máis novos, os que teñen a clave para impulsala. Deste breve xeito poderíase resumir unha das conclusións do informe Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, elaborado polo Consello da Cultura Galega (CCG) e aprobado polo seu plenario o pasado 6 de abril. A mocidade, mesmo a castelánfalante, non despreza o galego pero é pesimista sobre o seu futuro e segue amosando prexuízos O informe foi elaborado a partir de entrevistas a mozos e mozas de 15 a 25 anos entre decembro de 2015 e febreiro de 2016, optando por un cuestionario -en colaboración co Seminario de Sociolingüística da Academia- para a parte cuantitativa, mentres que para a parte cualitativa establecéronse tres grupos presenciais de discusión, diferenciados entre si polo tipo de hábitat (Frades, Viveiro, Vigo). A conclusión á que chega o CCG é que \"a vía máis eficaz\" para incrementar o uso da lingua galega entre a mocidade é a creación dun espazo de \"solidariedade co galego\", movidos pola \"afectividade e a emotividade\" e por riba das vías máis institucionais coma o ensino e os medios de comunicación. Do informe tírase tamén un \"patrón maioritario\" de valoración positiva do galego, mesmo entre os castelánfalantes, pero tamén de pesimismo sobre o seu futuro. O CCG conclúe que \"o máis eficaz\" para incrementar o uso do galego é crear espazos de \"solidariedade co galego\" con \"afectividade e emotividade\" Ademais, o hábitat de residencia amósase coma o marcador máis relevante para entender os usos lingüísticos da mocidade, onde o urbano é o hábitat con menos uso do galego, fronte as vilas ou ao rural, onde o contacto é superior. Con todo, é a falta de transmisión xeracional, de pais a fillos, a que se revela coma a causa fundamental de desgaleguización. No informe, ademais, revélanse tamen moitos dos prexuízos que aínda pairan sobre o galego e que se fan moi evidentes nos grupos de discusión da análise cualitativa. Alí, por exemplo, é a propia xente nova monolingüe en galego e do rural a que amosa \"unha auto-representación que identifica o galego como unha lingua de persoas brutas\". Tamén, no mesmo grupo, existe a consideración de que o idioma que eles falan é \"dunha variedade de baixa calidade, un castrapo\", malia que coinciden tamén en reivindicar a autenticidade do galego propio como algo \"do país\" ou \"do bo\". A mocidade monolingüe en galego do rural amosa \"unha auto-representación que identifica a lingua como de persoas brutas\" Alén diso, e aínda que os datos amosan que os mozos e mozas consideran ter unha alta competencia en galego, as entrevistas revelaron \"a inseguridade respecto da normativa ou do seu uso\". Os mozos non se identifican co \"galego estándar\" dos medios de comunicación, chegando a dicir que na escrita séntense máis cómodos en castelán. Como lembra o CCG, \"instrumentalízanse os cambios normativos no galego como parte da distancia que explica ese desprazamento da lingua oral\". Pero o Consello da Cultura advirte que se ve \"como permanente un proceso de cambios normativos que tivo lugar hai máis dunha década\" e cuxos efectos, no caso dos entrevistados, \"non deberen de ser moi salientables por razóns meramente de idade\" ao apenas ter previamente a esas mudanzas pouco contacto coa escrita\". Ademais, obsérvase tamén \"unha explícita referencia ao galego normativo como unha variedade allea ás experiencias vitais dos/das falantes tradicionais\". O CCG asegura que \"se instrumentalizan os cambios normativos como parte da distancia que explica ese desprazamento da lingua oral\" \"Este distanciamento é aínda moi habitual en Galicia, tendo en conta que o proceso de estandarización é aínda relativamente recente e, ademais, continúa a ser contestado, tanto desde posicións elitistas coma desde a autoridade que dá falar un galego tradicional, nomeadamente entre unha mocidade consciente das dinámicas sociolingüísticas polas que transita o galego actual\", conclúe o CCG. O documento tamén deixa claro como, \"por razóns de diversa índole\", tamén callou entre algunha mocidade -nomeadamente na urbana- o mito da imposición do galego no ensino, chegando a xente nova a \"reivindicar a liberdade á hora de empregar o castelán nas materias en que é obrigatorio aprender en galego\" pero \"non explicitando tal liberdade a favor do galego\". \"Isto é consecuente coa representación da imposición da lingua galega, que ten unha certa preeminencia na poboación urbana castelanfalante\", advirte o CCG, que ve como \"se desliga o galego das obrigas e asúmese que só o castelán ten este privilexio\". Por outra banda, malia que a escola é un lugar importante para aprendizaxe da lingua, non funciona como lugar de dinamización do uso do galego e non contribúe a mudar o status da lingua, aínda que o informe sinala que \"hai que cambiar o modelo de ensino entre os 0 e 6 anos para o que é precisa unha oferta de educación infantil en galego\". O mito da imposición tamén callou entre moitos mozos: \"reivindícase a liberdade de usar o castelán nas materias en galego pero non ao revés\" Con todo, as estatísticas revelan que as familias \"preparan\" os nenos para o cambio tamén lingüístico que agardan na escola, \"o cal supón un importante factor de desgaleguización\". Ao tempo, as relacións horizontais supoñen un importante factor de desgaleguización, xa que \"a mocidade manifesta ter un comportamento lingüístico acomodaticio\" nos contactos coas súas amizades. Ademais, o informe do CCG sinala que o Plan Xeral de Normalización Lingüística segue tendo \"plena validez\" e que a medida básica para solucionar a baixa implantación da lingua galega na mocidade sería, en realidade, \"deseñar un plan de fomento da lingua galega para toda a sociedade, pois se non é así é inviable que se acaden melloras efectivas entre a xente moza\" . Tamén avoga por excluír o galego da \"loita partidista\" na política."}
{"ID": "NOS_51134", "summary": "O Ministério Público (o fiscal) acusa o ex primeiro ministro, o primeiro na história da democracia portuguesa em ser processado por corrupção, de ter perpetrado um total de 31 delitos: 16 crimes por branqueamento de capitais, 9 de falsificação de documentos, 3 de fraude fiscal e 3 de corrupção, estes últimos alegadamente practicados enquanto exercia funções ao fronte do Conselho de Ministros.", "text": "José Sócrates, líder histórico do Partido Socialista, foi na sua época um dos principais vultos da socialdemocracia europeia. Primeiro ministro de Portugal durante o período 2005-2011, foi prendido em novembro de 2014 acusado da comissão de delitos de fraude fiscal, branqueamento de capitais, corrupção e tráfico de influências, no quadro da Operação Marqués. Em essência, o Ministério Público teria indícios de o político do PS ter empregue o seu cargo e as suas influências políticas para conseguir dinheiro ilicitamente de grandes grupos empresariais, como a construtora Grupo Lena, cujos intereses teria promovido desde o executivo. Sócrates teria branqueado capitais por valor de mais de 30 milhões de euros, a utilizar como testa de ferro um seu amigo íntimo, o empresário Carlos Santos Silva, quem teria 24 milhões de euros em Suíça em contas tituladas por ele mas que em realidade pertenceriam ao ex primeiro ministro. Sócrates esteve em prisão preventiva um total de 288 dias -o que o levou a se auto-qualificar como um \"preso político\"- e agora será julgado na companha de outras 28 pessoas arguidas. Numa entrevista concedida em exclusiva esta quinta feira à RTP, Sócrates voltou a negar todas as acusações da Procuradoria Geral da República e baseou a sua defesa em que o Ministério Público não dispõe de provas que certifiquem que o dinheiro de Carlos Santos Silva seja realmente seu. \"Isto nunca foi uma perseguição a um crime, isto foi uma perseguição a um alvo\", disse, a reiterar a sua tese de que o seu é um julgamento motivado por razões não jurídicas, mas políticas."}
{"ID": "NOS_7372", "summary": "Nunha serie de asembleas informativas a Organización Galega de Comunidades de Montes recolleu as achegas das comunidades para elaborar unha proposta de Lei de Montes e presentala aos grupos parlamentares.", "text": "A Organización Galega de Comunidades de Montes percorreu nestas semanas a xeografía galega, organizando asembleas informativas coas comunidades veciñais en man común. Xosé Alfredo Pereira, un dos seus integrantes, sinala o seu duplo obxectivo : \"Presentamos o borrador dunha nova Lei de Montes que redactou a organización e expoñemos os motivos polos que nos manifestamos o 20 de outubro\". Esta semana completaranse as asembleas, con encontros no Barbanza, no Baixo Miño e en Lobios. A manifestación nacional foi convocada pola plataforma Por un monte galego con futuro, integrada por máis dunha vintena de colectivos e asociacións. No seu manifesto reivindican a defensa do monte veciñal en man común, unha xestión \"multifuncional e sustentábel\" dos montes, o \"freo á eucaliptización\" e mudanzas na prevención dos lumes forestais. Pereiro lembra tamén a necesidade de que se recoñeza \"ás achegas sociais das comunidades de montes\" e a aprobación dunha fiscalidade \"adaptada a esta figura propia da Galiza\". Unha nova Lei de Montes Unha das reclamacións da mobilización é, precisamente, a anulación da proposta de revisión do Plan Forestal de Galiza. O borrador da Lei de Montes, que prepara a Organización Galega de Comunidades de Montes, presentarase como alternativa. \"As asembleas foron satisfactorias, hai acordo respecto aos principios xerais do borrador e as propostas que recibimos son para melloralo\", adianta Pereira. Unha vez recollidas as achegas o documento entregarase ás formacións parlamentarias de cara aos vindeiros compromisos electorais e as eleccións nacionais do 2020. Un dos obxectivos das comunidades é anular as débedas contraídas coa Xunta logo do remate da súa xestión dos montes comunais. \"Grazas ás mobilizacións conseguimos aprazar o pagamento até o 2021, e que só se contabilicen as débedas a partir do 2005. Mais consideramos que a Xunta asinou un contrato con elas e rachouno de xeito unilateral, o xusto é que a débeda sexa condonada\", demanda Pereiro."}
{"ID": "NOS_1705", "summary": "A Autoridade Palestiniana abriu finalmente a via para os crimes de guerra israelitas serem julgados e punidos pelo Tribunal Penal Internacional da Haia. Segundo The New York Times, o Congresso dos EUA poderia \"castigar\" o governo palestiniano por esta decisão.", "text": "O passo dado por Abbas -longamente demandado por amplos sectores do povo palestiniano- bate com a oposição da Administração Obama, que nas questões políticas relativas ao Meio Oriente continua a ser um fiel aliado do regime sionista de Israel. Fontes informaram o New York Times que o Congresso está a pensar em cortar em 400 milhões de dólares a ajuda que recebe a Autoridade Nacional Palestiniana (em 2014 a estimação é que os subsídios do governo Obama à Administração Abbas chegam até os 440 milhões de dólares). Os norte-americanos alegam que o movimento da Autoridade Nacional Palestiniana supõe um passo unilateral e uma violação dos acordos de Oslo assinados no seu dia com Israel e em função dos quais nenhuma parte do conflito recorreria em solitário a nenhum organismo de carácter internacional. Quer Israel quer os Estados Unidos nunca aderiram ao TPI para evitar que os seus militares possam cair sob a alçada da justiça internacional. Abbas tomou a decisão de apresentar a solicitude de adesão ao Tribunal Penal Internacional -ao que não pertencem nem os EUA nem Israel- após o Conselho de Segurança da ONU não ter tomado em consideração uma proposta de resolução para garantir que no prazo de três anos Israel abandonaria os territórios ocupados. Segundo publicou Esquerda.Net, Abbas explicou nestes termos o passo dado pela Autoridade Nacional Palestiniana: \"Queremos queixar-nos. Há uma agressão contra nós, contra o nosso território. O Conselho de Segurança desiludiu-nos\", afirmou Abbas, citado pela Associated Press. A ameaça palestiniana pode vir a tornar-se realidade ao fim de décadas de negociações falhadas e de autênticos massacres militares por parte das tropas de ocupação israelitas. Com a adesão ao TPI, a Palestina tentará contestar nesta instituição a construção dos colonatos no seu território, para além de tentar julgar os crimes de guerra cometidos contra a sua população nos últimos anos, nomeadamente os ataques militares que deixaram milhares de mortos. Quer Israel quer os Estados Unidos nunca aderiram ao TPI para evitar que os seus militares possam cair sob a alçada da justiça internacional."}
{"ID": "NOS_12985", "summary": "A situación das listas de agarda chegou onte ao Parlamento da Galiza. Mentres as persoas usuarias da sanidade pública sitúan como primeiro problema o tempo de espera para conseguir unha cita médica, o Goberno galego insiste en defender políticas que teñen provocado atrasos na atención de máis de dous anos.", "text": "Malia que os responsábeis da Consellaría de Sanidade negan os atrasos que superan o tempo de agarda legalmente establecido, as asociacións en defensa da sanidade pública así como usuarias e usuarios da mesma veñen denunciando longas esperas no Sergas. 596 días en lista de espera Os temos de agarda foron exemplificados onte no Parlamento . A deputada do BNG Iria Carreira lembrou na comisión de Sanidade aos responsábeis do Sergas que \"un doente da área sanitaria de Santiago e Barbanza tivo que agardar dous anos, dous meses e 23 días para unha intervención cirúrxica de uroloxía\". \"Se miramos os datos oficiais da Xunta para área sanitaria de Santiago e Barbanza, no servizo de Uroloxía non había ningún paciente con máis de 12 meses de permanencia na lista de espera. O paciente que mencionei anteriormente levaba xa 596 días\", aseverou Carreira. O exemplo sinalado pola deputada é un síntoma do funcionamento das listas de agarda. Neste sentido, significou que \"nalgunhas especialidades hospitalarias da área sanitaria de Ourense non se lle dá cita aos pacientes para unha consulta hospitalaria até 2023\". Ao tempo, denunciou que \"a día de hoxe hai pacientes oncolóxicas en estadío IV [o máis grave] que requiren dunha Tomografía Axial Computerizada (TAC) trimestral, por exemplo, e que se lle está a realizar cada 6 meses\". A Xunta minimiza o problema das agardas Pola súa parte, o director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta da Galiza, Jorge Aboal, puxo en valor a xestión desenvolvida polo Goberno galego nesta materia. Malia recoñecer que a finais de decembro de 2021 eran 43.194 pacientes os que estaban agardando por unha intervención cirúrxica -3.455 dos cales agardan máis de seis meses- e que o seu tempo de espera incrementouse en 22,5 días desde 2019, manifestouse satisfeito co funcionamento das listas de espera. A situación das persoas incorporadas ás listas de agarda non estruturais, aquelas que non teñen soporte legal, planeou sobre todo o debate parlamentario. \"Hai dous tipos de listas, as estruturais, as que son bonitas, as que van cumprindo medianamente os prazos, e as non estruturais. Esas listas son as que non se publican e nas que reina a anarquía. Nestas listas de espera non estruturais entran todos aqueles pacientes que rexeitan a derivación á privada, por exemplo. E unha vez que entran nesa lista, os tempos desaparecen. Desaparece a obriga de prestación sanitaria nun prazo máximo\", sentenciou Carreira Aboal significou que as listas de espera non estrutural \"non poden ser eliminadas\" e negouse a facer público o número de persoas que fan parte das mesmas. A este respecto, afirmou que \"as listas de agarda estruturais son as que reflicten a xestión de doentes\", carecendo as outras de importancia. Valedora do Pobo A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, tense manifestado de xeito moi crítico no seu informe de 2020 a respecto da \"particular situación daqueles doentes que, estando na lista de agarda estrutural para ser intervidos dunha patoloxía, xeralmente con prioridade tres, rexeitaban a oferta dun centro concertado. Como xa comentabamos no anterior informe, estes doentes -ao rexeitar o centro privado- pasaban a formar parte dunha lista de espera diferente, coñecida como 'lista de espera non estrutural' na que non resultaba de aplicación o tempo de espera máximo estipulado legalmente para a realización da devandita cirurxía\". A recomendación efectuada por Galiño ao Goberno galego segue sen cumprirse. A mesma estabelece que \"para estes doentes que rexeitan a oferta do centro concertado, debe garantirse igualmente un prazo máximo de tempo, de xeito que se garanta a súa atención sanitaria nun período definido, dando así cumprimento ao mandato do lexislador estatal establecido no artigo 4 da Lei 16/2003, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde ao referirse aos dereitos da cidadanía no conxunto do Sistema incluíndo entre eles o dereito a recibir unha asistencia sanitaria na súa comunidade autónoma de residencia nun tempo máximo\". As derivacións á privada A Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias de 2013 consolidou a derivación de pacientes á sanidade privada xa prevista na lexislación sanitaria. Segundo sinalou onte na Cámara galega, Jorge Aboal, nos últimos cinco anos deriváronse á privada máis de 117.000 cirurxiás e de 300.000 probas diagnósticas"}
{"ID": "NOS_8719", "summary": "Desde esta segunda feira, os restaurantes galegos poderán aumentar a súa capacidade de 30% do total até 50%.", "text": "O Centro de Coordinación de Operativa (Cecop) da Xunta da Galiza acordou incrementar a capacidade dos restaurantes e locais de hostalaría até 50% a partir desta segunda feira. Para facelo, esta entidade, que conta con representantes da Delegación do Goberno español na Galiza, da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), ampárase en que \"as instrucións publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) para a fase 2, autorizan aos distantos territorios a modificar o aforamento máximo no interior destes establecementos, ben reducíndoo a 30% ou incrementándoo a 50%\". Así, os locais deberán \"manter as medidas de seguridade estabelecidas polo Ministerio de Sanidade\" para que favoreza a adecuación hixiénico-sanitaria destes establecementos e garantir a seguridade a traballadoras e usuarias. Esta ampliación leva tamén unha \"especial chamada de atención á responsabilidade dos usuarios de hostalaría e ao 'sentidiño' que se reclama sempre para poder seguir progresando durante esta pandemia\" até recuperar unha vida medianamente normal, subliñou Rueda."}
{"ID": "NOS_57357", "summary": "A vía continúa fechada e Adif prevé restablecer a circulación ferroviaria en torno ao mediodía de hoxe", "text": "Un vagón de tren que cubría a liña entre A Coruña e Lugo sufriu a pasada noite un descarrilamento con 17 viaxeiros a bordo, á parte do maquinista e o interventor, sen que ningunha persona sufrise feridas, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Renfe. En concreto, ás 20:21 horas produciuse o descarrilamento do bogie dianteiro de autopropulsado do tren de Media Distancia 12642 A Coruña-Monforte de Lemos, no punto quilométrico 515/900. Segundo informaron fontes do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), o descarrilamento do coche produciuse a consecuencia dun desprendemento de terras sobre a vía, á altura do termo municipal de Oza-Cesuras. O centro de seguridade de Renfe e o persoal de Adif contactaron co 112 Galiza para alertar do ocorrido e solicitaron medios para colaborar no transbordo das persoas que viaxaban no convoi para poder continuar coa súa ruta. Ás 22:43 horas os viaxeiros foron evacuados por estrada. Como o vagón descarrilado quedou na vía á espera de ser retirado, a circulación ferroviaria segue cortada, aínda que a previsión de arranxo está fixada ao redor das 12:00 horas do mediodía de hoxe, segundo confirman fontes de Adif."}
{"ID": "PRAZA_17731", "summary": "O meu único interese é que a Xunta de Galicia promova máis iniciativas culturais que sexan unha homenaxe aos galegos que axudaron na fundación e mantemento dunha república que camiña con paso firme polo carreiro do progreso.", "text": "O vindeiro ano a miña primeira colaboración na prensa cumprirá 40 anos. Foi no El Diario Español de Montevideo sobre a constitución española de 1978. Despois de centos de notas en diferentes medios sinto que cada vez hai menos xente que queira informarse sobre a moi nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai. As pegadas de Galicia poden ser seguidas desde 1527 ata este mesmo 2018. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso atlántico achegan o seu suor para encher de solidariedade os vieiros dunha afastada terra do sur americano. As pegadas de Galicia poden ser seguidas desde 1527 ata este mesmo 2018. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso atlántico achegan o seu suor para encher de solidariedade os vieiros dunha afastada terra do sur americano Vou facer un breve resumo de fitos nos que Galicia deixa o seu selo de identidade. O primeiro é falar do mariño Diego García quen nunha carta de 1527 nomea aos nativos coma \"charruases\". O tal Diego chámalle \"charrúas\" xa que o seu aspecto faille lembrar as máscaras do entroido de Allariz. En 1740 temos ao primeiro galego que casa en Montevideo, o mindoniense Alonso Puga Miranda, sarxento do Reximento de Cantabria. A primeira botica da capital uruguaia foi aberta en 1740 por Gabriel Piedracueva Varela, nativo do concello de Miño. O emigrante de Paramos (O Covelo) Francisco Rodríguez Alonso é o dono dunha \"pulpería\" en Sarandí del Yi (Durazno). En 1782 ergue unha capela na súa propiedade que hoxe é monumento histórico nacional. Arredor do 1800 os irmáns Xosé e Luís Fernández Bermella de Maside-Ourense levan a Montevideo dous cruceiros de pedra que encargaron a canteiros da súa parroquia de Santa María de Amarante. Son os monumentos máis antigos do Uruguai. Un deles está no cemiterio Central e o outro na igrexa do Cordón. É necesario ir debullando para logo poder xustificar o meu laio pola escasa atención que Xunta e Deputacións lle prestan a un país onde aínda a nosa lareira está acesa. En 1811 ten lugar o chamado \"Grito de Asencio\" que marca o comezo do proceso independentista. O promotor do levantamento foi o alférez Ramón Fernández Ximénez, fillo de Dionisio F. (Arcade-Soutomaior). O primeiro poeta que lle canta a patria uruguaia foi Bartolomé Hidalgo que se considera o fundador da lírica gauchesca no Río da Prata. É moi curioso que nos seus famosos \"cielitos\" de 1811-1815 use a nosa lingua nun verso ao escribir: echando al hombro un fungeiro. É o primeiro que fai referencia a gaita e aso galegos coma sinónimo de godos (españois). O dous secretarios do heroe nacional don Xosé Artigas son Miguel Barreiro (ata 1815) e Xosé Monterroso (1815-1820), ámbolos dous descendentes de familias cambadesas. O meu único interese é que a Xunta de Galicia promova máis iniciativas culturais que sexan unha homenaxe aos galegos que axudaron na fundación e mantemento dunha república que camiña con paso firme polo carreiro do progreso Imos agora a falar dos presidentes uruguaios de ascendencia galega. En 1838 foi presidente interino Gabriel Antonio Pereira e logo, entre 1856-1860, o sexto presidente. Pedro José Varela foi interino en 1868 e logo o décimo presidente en 1875. Lorenzo Latorre foi dictador entre 1875-79 e logo presidente constitucional entre 1879-1880. Francisco Antonino Vidal estudou pediatría en París e foi presidente interino e logo o décimo segundo presidente constitucional. Máximo Santos foi o décimo terceiro presidente. Máximo Tajes foi o décimo quinto. Julio Herrera y Obes Martínez foi o décimo sexto. Claudio Williman González foi o vixésimo. Alfredo Baldomir foi o vixésimo séptimo. Óscar Gestido Pose foi o trixésimo segundo. Tabaré Vázquez Rosas foi o trixésimo noveno na súa primeira presidencia e agora mesmo é o cuadraxésimo primeiro. Don Tabaré é neto por liña paterna de Xosé Vázquez e Dolores Edreira. O avó era da parroquia ourensá da Purísima Concepción de Vilar de Astrés e a avoa da parroquia betanceira de Santiago de Requián. Don Tabaré remata o seu mandato o primeiro de marzo do 2020. Coido que sería un peche moi emotivo para a súa ética traxectoria que Galicia o distinga como se merece Fixen unha reducida síntese das obras dos centos de albaneis emigrantes que sementaron alicerces no Uruguai. Os interesados en maior información poden pedir a Montevideo a documentada publicación \"SOBRE GALLEGOS Y ORIENTALES: Familias y Apellidos de Dos Orillas\" da autoría de José Monterroso Devesa. O meu único interese é que a Xunta de Galicia promova máis iniciativas culturais que sexan unha homenaxe aos galegos que axudaron na fundación e mantemento dunha república que camiña con paso firme polo carreiro do progreso. Non entendo que ningún parlamentario ou membro do goberno presente á consideración do consello da Xunta a proposta de distinción de don Tabaré (ademais de presidente é recoñecido médico óncologo) como MEDALLA DE OURO de Galicia. Non debemos esquecer que foi médico na Casa de Galicia –-a mutualista galega máis grande do mundo--- o cal o uniu a compañeiros descendentes da emigración que tamén suaron con fidelidade ao país que acolleu aos seus loitadores avós. Don Tabaré remata o seu mandato o primeiro de marzo do 2020. Coido que sería un peche moi emotivo para a súa ética traxectoria que Galicia o distinga como se merece. Publicidade"}
{"ID": "NOS_9104", "summary": "A Denominación de Orixe (D.O.) Valdeorras leva desde comezos dos anos 2000 cun incremento constante das plantacións de godello para os seus viños monovarietais, con gran acollida no mercado. Nos tintos, o mencía manda, pero tamén medra a aposta por recuperar outras variedades autóctonas da Galiza.", "text": "—Cando falamos de viños na Galiza moita xente pensa nun traballo case artesanal. Na D.O. Valdeorras teñen mudado moito as cousas nos últimos anos? Nós desde pequenos xa estamos ligados ao viño. Eu son adegueiro e viticultor a tempo parcial, pero xa de pequeno iba ás viñas dos meus avós. Pero si, ten mudado moito todo. —Cal diría vostede que foi o gran cambio na produción? O gran cambio foi a conversión de moitas fincas en monovarietais de godello, a principios dos 80. Foi lento ao principio, e cobrou importancia a principios dos 2000. Despois hai unha segunda parte, no cambio varietal dos tintos a mencía, xa máis tarde, a finais dos 90 principios do 2000. Ademais, modificouse o sistema de produción e pasamos das viñas en forma de vaso, que non permitían a mecanización, ao cultivo en espaldera. —Na D.O. prodúcese branco e tinto. En que proporción? Cada vez máis branco. Pode estar nun 65% branco e 35% tinto, pero ano a ano vaise modificando. No ano 2000 estaba a cousa moi repartida (50%-50%), pero o tirón do godello estase a notar. Esa variedade representaba 25% do total e agora case 60%. —Pódese dicir que o Godello é o seu buque insignia pero, que o diferencia doutras denominacións de orixe? En Valdeorras somos a única que exixe por norma que a botella que poña godello sexa 100%. Realmente as adegas xa estaban a funcionar así, simplemente o fixemos para diferenciarnos un pouco. Ademais, fomos os que volvemos traer esta variedade á vida. Antes eran só cepas illadas nalgunhas viñas. —Que tal acollida teñen os viños de Valdeorras no mercado? Obviamente, se non hai mercado non podes sacar unha variedade adiante. O mercado é o que manda. Tivemos catro ou cinco anos colleitas moi pobres por xeadas, a pedra, o mildiu... e o mercado podería ter absorbido incluso o dobre de godello que sacamos sen problema. —Como se está a traducir isto nos usos da terra? Valdeorras segue a estar composta de moito minifundio, aquí é algo exacerbado. Agora o que se está a plantar é 95% godello e 5% outras variedades autóctonas tintas que se queren recuperar (brancellao, sousón, merenzao) para viños ben monovarietais ou mesturados, que nos tintos funcionan moi ben. —O godello pisa forte. En catro anos pasamos de 300 hectáreas plantadas a máis de 500, case duplicando a extensión. As adegas intentan medrar, se poden comprando os terreos que teñen máis próximos, para gañar en extensión, porque se son pequenos, por moi mecanizábeis que sexan, non son rendíbeis, porque perdes a metade no camiño. O problema, como pasa en todas partes é que a xente pide exaxeracións por eses terreos ou directamente non cha venden. —E ven xente detrás con interese en facerse viticultor? Hai relevo xeracional, pero non é suficiente. Hai rapaces novos e non tan novos que están investindo en viñedo. Ademais, as adegas, ao ter unha cantidade de viñedo significativa, tamén xeran moitos postos de traballo. —E a crise como lles está a afectar, sobre todo a inflación? Verémolo nesta vendima. Até o de agora os prezos foron axeitados. A evolución debería ser a unha suba de prezos da uva. Electricidade, cartón, botellas... non houbo ningún custo que non subise. O prezo incrementarase razoabelmente, mais non nos interesan os dentes de serra."}
{"ID": "PRAZA_8319", "summary": "Yolanda Díaz e Francisco Jorquera denunciaron en senllas preguntas no pleno do Parlamento que o presidente da Xunta practica o \"escapismo\" e a \"política do permanente engano\" en lugar de enfrontar os problemas.", "text": "Alberto Núñez Feijoo respondeu esta mañá no pleno do Parlamento e recibiu duras críticas dos tres grupos da oposición, en especial de AGE e BNG, que denunciaron non só a súa xestión senón a actitude persoal que mantén á hora de enfrontar ás voces que a cuestionan. A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, acusou o presidente da Xunta de practicar \"o escapismo e a oposición á oposición\" e de igual xeito o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acusou a Núñez Feijóo de practicar a política do \"permanente engano\". Cando Yolanda Díaz preguntou sobre o feito de que as pensións galegas sexan as máis baixas do Estado español o presidente da Xunta respondeu cunha \"restra retorta de números e sen ningunha explicación nin compromiso concreto\", denuncia a coalición de esquerdas. \"O sistema público de pensións é un dos instrumentos fundamentais para a protección das persoas, unha peza chave do Estado do benestar froito das loitas obreiras\", expuxo Díaz, \"pero vostedes son vasalos dos bancos e ameázano\". \"Deixe de facer escapismo e teña un pouco de ética\", pregoulle a viceportavoz de Alternativa A pensión media en Galicia, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), é de 715 euros ao mes, un 16% menos que no total do Estado. É dicir, 2.000 euros menos ao ano. Díaz pediulle a Feijóo que explicase se estas cifras lle parecían \"dignas\" ou se compartía \"os ataques continuados do Goberno central ao sistema público de pensións\". \"Deixe de facer escapismo e teña un pouco de ética\", pregoulle a viceportavoz de Alternativa, despois de lembrar que \"co decretazo de marzo, o PP modificou o acceso ao subsidio dos maiores de 55 anos, unha vía fundamental para as persoas expulsadas do mercado de traballo e que en moitos casos xa non poderán acceder a unha pensión contributiva malia ter cotizados moitos anos\". Jorquera acusa a Feijóo de \"estar ao servizo da oligarquía de Madrid\" Jorquera preguntoulle a Feijóo se pensa \"facer algo\" para evitar a sangría industrial que padece Galicia ou se polo contrario \"continuará practicando a política de engano que leva ao Partido popular a defender o dique flotante en Galiza e votar en contra en Madrid\" O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acusou pola súa banda ao presidente da Xunta de \"estar ao servizo da oligarquía de Madrid\" e renunciar a defender a política de impulso industrial en Galicia. Na súa intervención Jorquera leu unha resposta do Goberno central ao BNG no Congreso na que confirma que a Xunta non dirixiu ningunha demanda ao Goberno central para manter NGB en Galicia. Jorquera preguntoulle a Feijóo se pensa \"facer algo\" para evitar a sangría industrial que padece Galicia ou se polo contrario \"continuará practicando a política de engano que leva ao Partido popular a defender o dique flotante en Galiza e votar en contra en Madrid\". O deputado do BNG asegurou que \"empresa que abraza Feijóo, empresa que vai a pique\" e nomeou os exemplo de Pescanova, Alimentos Lácteos, Navantia, Barreras e Santa Bárbara. Ao desmantelamento industrial, Jorquera sumou o \"roubo das preferentes\", e engadiu que De Guindos \"ten o descaro de afirmar que Estado español non é Chipre\" pero mentres en Chipre, explicou, o seu Parlamento impide unha quita a pequenos e medianos aforradores, aquí \"róubase os pequenos aforradores galegos\"."}
{"ID": "NOS_53154", "summary": "O evento anual co que a ONG Implicadas no Desenvolvemento atinxiu o domingo a súa décimo terceira edición. A mestura e o cruzamento de artes, nun serán conducido pola poeta Yolanda Castaño e o actor Mon Santiso, volveron caracterizar o Implícate. Como cada ano desde 2006, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu, con boa entrada, as actuacións.", "text": "Coa voz de Sonia Lebedynski arrincou o desfile de poetas, escritores, músicos e mesmo acróbatas. \"A misión principal do espectáculo\", relataba a Sermos escritora e tradutora María Reimóndez, fundadora da organización hai 20 anos, \"é visibilizar o traballo de Implicadas, que a cidadanía se achegue ao noso labor a través da arte\". Intervencións laudatorias do activismo como a de Suso de Toro, ou a lectura de poemas de Verónica Martínez Delgado e Ismael Ramos, colocaron o elemento literario sobre as táboas do principal. Axudou tamén o monólogo cómico do actor -coñecido polo seu traballo en Land Rober ou Air Galicia- ISI e a intervención da actriz Marta Iglesias, parte acrobática incluída. A dimensión musical quedou ben, e variadamente, cuberta. A francesa, asentada no rural ourensán, Mounqup amosou os seus experimentos coa voz e a súa manipulación electrónica, nalgún lugar derivado de Björk. Xacarandaina ocupouse da tradición: música e baile. A Atrás Tigre e o seu indie pop melancólico tocoullem pechar. Reimóndez reclamaba uns días antes da celebración do Implícate 18 maior atención para a cooperación e o desenvolvemento. \"Desde 1998 até agora vemos un retroceso tremendo nas políticas de financiamento público á cooperación e desenvolvemento\", expuña, \"polo que vemos esencial conseguir aumentar o compromiso social\". Para iso serviu, tamén, o serán do pasado domingo. Nota: a banda Atrás Tigre, que pechou Implícate 18. Foto: Implicadas no Desenvolvemento."}
{"ID": "NOS_47604", "summary": "Un estudo elaborado polo Centre Maurits Coppieters propón un outro modelo de representación parlamentar que rache coas limitacións actuais da Galiza, Euskal Herria e Catalunya. O noso país conta con menos eurodeputad@s que Eslovenia malia posuír 800.000 habitantes máis. Vídeo no interior", "text": "O 9 de maio é o Día de Europa. A maré soberanista que avanza polo vello continente levou ao Centre Maurits Coppieters a reivindicar co gallo desta data, máis voz para as nacións sen Estado que coma Galiza, Euskal Herria, Escocia ou Flandes ven minguada a súa representación por non seren recoñecidas. The Ascent of Autonomous Nations from Centre Maurits Coppieters on Vimeo. A través dunha mudanza na fórmula matemática coa que se asignan o número de escanos no Parlamento europeo mais tamén, a partir do seu recoñecemento como pobos, os resultados tirados do estudo deixan ver como o noso país goza dunha representación inferior á doutros pequenos Estados independentes da UE. \"Galiza é das peor tratadas no modelo actual\" aseguran no libro O ascenso das nacións autónomas. Neste senso, apuntan que o noso país podería mesmo triplicar o número de eurodeputad@s (de 3 a 6) a partir da aplicación da nova fórmula de cálculo. O estudo foi coordinado por Matthew Dumford --investigador do Plaid Cymru-- e propón o incremento do número de Estados membros da UE até 34. Aliás, recolle as mudanzas lexislativas precisas para incorporar a presenza das nacións sen Estado após concluír que os territorios submetidos a réximes administrativos superiores sofren unha infra-representación en relación cos pequenos Estados independentes."}
{"ID": "NOS_53978", "summary": "Unha nutrida mobilización pideu que non se malgastasen cartos en proxectos como o do barco na rotonda de Coia -que o alcalde comparou coa Fontana de Trevi- e denunciou a criminalización da protesta veciñal.", "text": "'Xustiza Social: Nin cartos na rotonda nin Estado policial' e 'Os cartos para as persoas'. Non se pode dicir que as faixas de cabeceira da manifestación que na tarde desta sexta feira percorreu Vigo non sexan clariñas en canto a demandas. Centos de persoas secundaron a mobilización convocada pola Asemblea Aberta de Coia para, como se esplicitaba nas faixas, pedir que non se malgaste diñeiro en poñer un barco na rotonda de Coia (un custo de por volta de 300.000 euros) e que pare a criminalización da oposición veciñal a ese proxecto. O alcalde vigués, Abel Caballero, insiste en defender a instalación, unha obra que mesmo chegou a comparar coa Fontana de Trevi de Roma. A policía multou a furgoneta da CIG que anunciaba a manifestación, malia ter permiso para facelo A manifestación partiu da Praza de América e acabou fronte a rotonda de Coia. Moitos dos asistentes -máis de mil, segundo medios locais-, seguindo a chamada das convocantes, levaban barcos de papel. Veciñ@s de Coia mais tamén doutros barrios de Vigo e tamén de vilas e localidades do país formaban parte dunha mobilización que fai fincapé na gravidade de que se \"malgasten\" cartos en proxectos como o do barco en ves de investilos en servizos sociais ou loita contra o paro. \"É unha loita que hai tempo deixou de ser só por un barco\" No comunicado lido ao final da manifestación sinálase que \"Non sabemos se ao final chantarán o barco na rotonda, pero si temos claro que no seu intento están dispostos a empregar todos os medios que teñen á man: represión, criminalización, multas, mentiras... Nestas semanas golpeáronnos con forza, pero non acalaron, nin acalarán, a nosa resistencia; porque nós temos razóns, forza colectiva, constancia, poesía, mandarinas ecolóxicas... para continuar cunha loita que hai tempo superou a cuestión do barco\". Denuncian que o alcalde \"e os seus concelleiros\" falen de \"agresións, vandalismo e minoría marxinal para non ter que falar e afrontar o colapso do departamento de Benestar Social, dos meses de espera nas UTS, das protestas das propias traballadoras sociais, da falla de orzamentos, das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia, da miseria e precariedade da cidadanía...;\". É a segunda manifestación en Vigo en apenas nun mes contra a instalación do barco na rotonda. Estaba apoiada por diferentes colectivos sociais e organizacións políticas como BNG, Anova, IU, Nós-Up, Causa Galiza ou Podemos, entre outras."}
{"ID": "PRAZA_10226", "summary": "O BNG volve gañar con claridade aínda que perde un concelleiro e queda en 11. O PP recúperase e sobe dous e o PSdeG aumenta un mentres que Ciudadanos mantén representación. Marea perde os dous escanos que tiña.", "text": "Miguel Anxo Fernández Lores seguirá sendo catro anos máis alcalde de Pontevedra, cidade que goberna desde 1999. O seu partido, o BNG, mantén a maioría, con 11 escanos, pero perde apoios con respecto ás últimas locais ao sumar un representante menos e caer uns mil votos e algo máis de tres puntos.O BNG perde un edil, o PP gaña dous, o PSdeG un e Ciudadanos mantén o que tiña; a Marea perde os seus dous dous representantesCon todo, o candidato nacionalista seguirá na alcaldía ao ser con claridade o máis votado fronte a un PP que suma 9 escanos tras recuperar dous respecto das anteriores municipais e sete puntos con respecto ás xerais de hai un mes. O PSdeG sobe un escano, de 3 a 4, e Ciudadanos mantén o seu representante no pleno ao acadar case os mesmos resultados, algo máis do 5% de apoio.Quen desaparece é a Marea de Pontevedra, que pasa dos dous escanos que acadara en 2015 a non obter representación logo de caer máis de catro puntos e deixar polo camiño case 2.000 votos. A coalición que encabezaba Podemos, pola súa banda, sumou algo máis de 1.200 votos e superou por pouco o 3%, quedando tamén sen representación."}
{"ID": "NOS_34542", "summary": "Tras o éxito recollido polas salas de cinema ao longo do país, o filme sobre Moncho Reboiras, dirixido por Alberte Mera e producido pola Fundación Terra e Tempo e Nós Produtora, chega a Filmin, unha das plataformas de cinema de referencia en Europa.", "text": "Máis un paso na traxectoria da película dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo e Nós Produtora Cinematográfica Galega que narra a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, o histórico nacionalista asasinado pola ditadura franquista en Ferrol o 12 de agosto de 1975 con tan só 25 anos de idade. Reboiras. Acción e corazón xa se pode ver en calquera dispositivo electrónico e en calquera parte do mundo a través de Filmin, unha das plataformas de referencia do mundo audiovisual en toda Europa. Filmin, pioneira do cinema independente, vén de incorporar no seu catálogo o filme documental sobre o destacado membro da Unión do Povo Galego (UPG), que foi a última vítima mortal do franquismo na Galiza. Para subscritoras de Filmin e tamén para non subscritoras A longametraxe está dispoñíbel de balde para subscritoras e subscritores de Filmin e baixo opción de aluguer para persoas non subscritoras: https://www.filmin.es/pelicula/reboiras-accion-e-corazon Pode visualizarse en versión orixinal en galego e con subtítulos en galego, castelán, catalán, euskera, inglés e portugués. \"Na madrugada do 12 de agosto de 1975 foi asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Esta longametraxe documental leva á pantalla a vida de Moncho Reboiras desde unha perspectiva humana e política. A súa vida e o seu pensamento recréanse a través de entrevistas a 29 testemuñas que compartiron con el diversas etapas da súa vida. Ademais, a obra recrea a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas e de arquivo\", recolle a sinopse de Filmin. Integran o reparto da película, que foi estreada nos cinemas en 2020, Daniel Celester, Lidia Veiga, Daniel Prieto, Carlota Mosquera e Sergio Alfonso. A música corre por conta de Alex Salgueiro e Marcos Paino. O filme fíxose realidade após unha campaña de micromecenado impulsada pola Fundación Terra e Tempo."}
{"ID": "NOS_41138", "summary": "O chamado \"chauvinismo de vacinas\", é dicir, mirar primeiro pola inoculación da poboación do país propio no canto dunha estratexia coordinada e progresiva a nivel global, está a provocar fisuras tamén dentro da UE. A lentitude no reparto e certificación de novos fármacos está a levar os Estados a buscar alternativas.", "text": "\"Estou contento de que Ursula Von der Leyen [a presidenta da Comisión Europea] tomase tan axiña a iniciativa de conseguir a vacina para a UE. Mais témonos que preparar con tempo para próximas mutacións perigosas da Covid-19\", escribía esta terza feira, 2 de marzo, no Twitter o presidente do Goberno austríaco, Sebastian Kurz. E explicábase: \"Os expertos agardan que nos próximos anos teñamos que vacinar dous terzos da poboación, é dicir, máis de seis millóns de austríacos cada ano. Coa vacinación volveremos á normalidade no verán. Mais a pandemia continuará a manternos ocupados con diversas mutacións durante moito tempo\". \"Polo tanto, queremos traballar de forma estreita con Dinamarca e con Israel no desenvolvemento e produción de vacinas\", engadía. Austria e Dinamarca son membros do First Movers Group (\"grupo dos que actúan primeiro\") e non dependerán de Bruxelas no futuro para adquirir vacinas contra a Covid. O First Movers Group foi fundado polo propio chanceler austríaco (do conservador Partido Popular, ÖVP) na primavera de 2020, ao comezo da pandemia. Kurz e Netanyahu Austria foi un dos primeiros Estados da UE en fechar as fronteiras e impor un confinamento nacional. Iso malia que a taxa de mortalidade era moi inferior á rexistrada noutros Estados da UE como España ou Reino Unido. Decisión censurada pola propia Von der Leyen ao considerar que ía en contra da libre circulación dentro do bloque comunitario. Kurz ─que aposta pola liña dura contra a inmigración e xa gobernou coa extrema dereita─ defende que esta capacidade e efectividade para fechar fronteiras foi chave na contención do coronavirus. E alentado polo primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, ─con quen ten unha relación de amizade desde que foi ministro de Exteriores austríaco (2013-2017)─, decidiuse a fundar o First Movers canda a outros Estados que mantiveran por unha razón ou outra a Covid-19 baixo control. O ecléctico grupo, que en circunstancias normais non tería relación política ou económica estreita, confórmano desde maio do ano pasado cinco países europeos: Austria, Dinamarca, Grecia, Noruega e República Checa; e tamén Australia, Israel, Nova Celandia e Singapur. Naquela altura, en tanto que Estados como Italia ou Francia xa sumaban ducias de miles de mortos, nestes países non chegaban ao medio milleiro ou apenas eran unha vintena, como no caso de Nova Celandia. O obxectivo era compartir as experiencias e pór sobre a mesa posíbeis estratexias para conter o virus, reactivar a economía e desenvolver e distribuír a vacina. Segundo informaba o xornal austríaco Der Standard (progresista), Netanyahu propuxo entón a Austria a compra conxunta de vacinas, mais foi rexeitada para respectar a estratexia conxunta impulsada desde Bruxelas. Nun comunicado enviado na terza feira a APA, a axencia estatal de noticias austríaca, Kurz recoñecía que ese plan inicial foi \"correcto\", mais criticaba que \"a EMA [a Axencia Europea do Medicamento] é demasiado lenta na aprobación das vacinas e créanse funís na subministración por parte das empresas farmacéuticas\". Isto, sumado ao éxito de Israel na inoculación da súa poboación ─grazas á súa capacidade económica, ao seu limitado número de habitantes nunha área pequena e á súa potente sanidade pública─, alentou a Kurz, de 34 anos de idade, a dar o paso. No Die Press (conservador) salientaron a resposta da Comisión Europea á vontade de Kurz de non querer depender de Bruxelas. O portavoz Eric Mamer sinalou que desde o Executivo comunitario queren aprender desta alianza entre Austria, Dinamarca e Israel, e que a iniciativa non entra en competencia coa estratexia conxunta da UE, senón que a reforza. Viaxe a Tel Aviv O xornal tamén informou de que o premier austríaco viaxará hoxe a Tel Aviv para se reunir coas autoridades israelís. Uniráselle mañá a primeira ministra de Dinamarca, Mette Frederiksen (do Partido Socialdemócrata, Socialdemokraterne), que tamén foi crítica co programa de vacinación da UE. \"Non creo que se poida manter por si só, porque necesitamos incrementar a capacidade. Esa é a razón de que teñamos a sorte de iniciar unha colaboración con Israel\", recolleu DR, a radiotelevisión pública danesa. As vacinas rusas e chinas chegan polo Leste Preguntado polas novas críticas á estratexia de inoculación de Bruxelas ─tamén desde Polonia─, o portavoz da Comisión aclarou que os Estados membros poden usar vacinas fóra da carteira da UE. Por exemplo, Eslovaquia converteuse nas últimas horas no segundo país ─despois de Hungría─ en recibir doses da rusa Sputnik V (en total 200.000, dos dous millóns encargados), malia non estar aínda aprobada na UE. Neste sentido, desde Bruxelas insistiuse en que se segue a apostar pola seguridade e pola eficacia das vacinas, algo que require a certificación da EMA. En todo caso, pouco a pouco máis países buscan alternativas, especialmente os do Leste, e concretamente os catro do grupo de Visegrado, que miran cara a Rusia e cara á China. A República Checa, coa infección máis alta a nivel mundial, tamén valora adquirir doses da Sputnik V. E Hungría recibiu xa a vacina chinesa desenvolvida por Sinopharm, coa que o primeiro ministro, Viktor Orbán, se inoculou o domingo (na imaxe)."}
{"ID": "NOS_49264", "summary": "A eurodeputada tamén se mostra preocupada polo impacto que a saída do Reino Unido da UE (axendada para marzo deste ano) podería ir ter nos sectores produtivos do país.", "text": "\"Enorme preocupación\". Esa é a expresión que emprega o escritorio do BNG no Europarlamento para retratar a súa reacción perante a eventualidade de Londres abandonar a UE sen ningún tipo de acordo con Bruxelas. A colonia galega no Reino Unido (por volta de 40.000 galegas e galegos, de acordo coas estimacións da formación nacionalista) e os sectores produtivos do país sufrirán as consecuencias, estima Ana Miranda. No debate habido esta cuarta feira no pleno do Parlmento europeu, coa intervención do comisario para o Brexit Michel Barnier, Miranda tomou a palabra para defender unha \"transición ordenada\" que permita, por exemplo, \"negociar caladoiros de pesca para a frota galega\". A saída do Reino Unido, que afectaria directamente a libre circulación de persoas, atinxiría tamén o téxtil galego, que podería ver mermado o seu potencial exportador."}
{"ID": "NOS_848", "summary": "A chispa que prendeu o lume en Sarria foi o cobro do imposto persoal, porén as razóns do descontento e da revolta son máis de fondo. O catorce de novembro de 1870 soldados dunha compañía do rexemento de Murcia e números da Garda Civil desprazados a Sarria, respondendo a unha petición do alcalde da localidade, abren fogo contra a veciñanza de Betote, deixando unha persoa morte, dúas feridas graves que morrerían aos poucos días e arredor de sesenta con feridas leves.", "text": "O catorce de novembro de 1870 soldados dunha compañía do rexemento de Murcia e números da Garda Civil desprazados a Sarria, respondendo a unha petición do alcalde da localidade, diante do descontento social existente e para facer efectiva o cobro do imposto persoal abren fogo contra a veciñanza de Betote, deixando unha persoa morte, dúas feridas graves que morrerían aos poucos días e arredor de sesenta con feridas leves. Segundo informou a alcaldía de Sarria ao gobernador nos días seguintes á masacre, \"acometida así a forza por máis de 300 sediciosos, os xefes da tropa dispuxeron romper fogo contra os sediciosos, conseguindo dispersalos en breve tempo e deixando no campo un morto, dous feridos de gravidade, outros moitos cuxa vida non corre risco, sendo tamén detidos trinta destes\". Na mesma liña diversos medios escritos madrileños como La discusión, La correspondencia universal ou La época, deron conta da nova destacando a gravidade da traxedia e denunciando nalgúns casos o actuar das forzas da orde seguindo os mandatos das autoridades locais e provinciais. A chispa que prendeu o lume en Sarria foi o cobro do imposto persoal, porén as razóns do descontento e da revolta son máis de fondo. A reforma fiscal de Figuerola, primeiro ministro de facenda do sexenio, non fillo máis que avanzar nas liñas trazadas na lei tributaria de 1845, dirixidas a unificar o mercado estatal, asentar unha especialización económica no marco peninsular, onde Galiza xogaba un papel subalterno, fortalecer o poder da clase social emerxente e favorecer a penetración do capital europeo. Así, o imposto persoal, criado para substituír os odiados consumos, non só resolve os problemas que estes viñan xerando senón que aumenta a carga fiscal de Galiza, provocando en Sarria enfrontamentos ao longo de todo 1870. Así, por exemplo, El pensamiento español, no seu número do 28 de febreiro, dá conta que \"en Sarria (Lugo) houbo desordes ao presentarse un comisionado con 25 soldados para cobrar o imposto atrasado, enfreándoselles 300 homes armados de fouces\". A revolta de Sarria non se pode desligar da frustración provocada pola actuación gobernativa dos executivos do sexenio nos sectores populares e da axitación do republicanismo federal nos ámbitos rurais A revolta de Sarria non se pode desligar da frustración provocada pola actuación gobernativa dos executivos do sexenio nos sectores populares e da axitación do republicanismo federal nos ámbitos rurais. As expectativas abertas co derrocamento de Isabel II, no marco dunha acción combinada entre unha parte do estamento militar e dos sectores civís agrupados arredor das xuntas revolucionarias, fecháronse en seco cos primeiras medidas do gabinete de Sérrano e Prim, coherentes coa axenda liberal mercado, lei e orde. A propia planificación das protestas levadas adiante ao longo de 1870 e que terán continuidade ao ano seguinte, a mobilización dun número tan importante de persoas, a extensión do movemento a cando menos catorce parroquias, segundo afirmaba o alcalde ao gobernador, o propio intento de asaltar en dúas ocasións o cárcere do partido para liberar aos compañeiros detidos ou a simpatía dos xornais republicanos coa protesta, evidencian a existencia dunha estrutura organizativa que coordina, impulsa e dirixe a protesta Non foi un feito illado, explicase pola contra no ciclo de protestas sociais, seguidos moitas veces de masacres, que se sucederon na Galiza do sexenio Non foi un feito illado, explicase pola contra no ciclo de protestas sociais, seguidos moitas veces de masacres, que se sucederon na Galiza do sexenio. Só en 1870, reparando exclusivamente naquelas mobilizacións de máis repercusión ou que remataron en matanzas a mans do exercito ou da garda civil , debemos facer mención, cando menos, ás revoltas de Monforte de Lemos, Maceda, Palas de Rei, A Estrada, Quiroga, Trives ou San Amaro. Unha visión de conxunto das mesmas, danos conta das resistencias e do carácter conflitivo da inserción de Galiza no Estado español, construción nos seus aspectos fulcrais dos liberais do século XIX, da situación de emerxencia da nosa sociedade e das dificultades abertas no proceso de articulación do modelo unitario e tamén da vitalidade e do carácter combativo do pobo galego. Ao tempo, sucesos como os referidos, infórmanos da incidencia das posicións de avanzada social no rural galego, maiormente desde posicións do republicanismo federal pero tamén vinculadas á Internacional, significándose no caso dos primeiros, o rexeitamento ao modelo centralista e uniformizador en marcha."}
{"ID": "NOS_30873", "summary": "Francisco Jorquera exixe que Xunta e goberno español \"rectifiquen as súas políticas que condenan ao desmantelamento do sector\".", "text": "O Bloque Nacionalista Galego apoiou, a través do seu portavoz no Parlamento, as reivindicacións da frota de baixura galega. As embarcacións están amarradas nos portos de A Coruña, Muros, Ribeira e Celeiro como protesta polas cotas pesqueiras. Francisco Jorquera manifestou que a Xunta e o goberno central teñen que \"rectificar as súas políticas nesta materia\" ou pola contra Galiza vai cara ao \"desmantelamento\" deste sector básico. Para o portavoz do grupo nacionalista, o reparto de cotas \"non se xustifica por criterios de sustentabilidade das diferentes especies\" e sinala que se realizou con intereses políticos e económicos que \"prexudican gravemente ao noso país\". Jorquera afirma que o reparto de cotas \"non se xustifica por criterios de sustentabilidade das diferentes especies\" Un sector prexudicado pola UE A frota pesqueira galega nunca foi ben tratada pola UE. Segundo datos do propio sector perdéronse 831 embarcacións nos últimos anos, a maior parte delas (718) no sector de baixura ou artesanal, a que representa máis postos de traballo. A razón desta situación ten moito a ver co desleixo das administracións galega e española diante do destino das axudas comunitarias que, nunha grande parte, teñen como destino o desmantelamento e non a recuperación da frota. A frota de baixura ten varias reivindicacións urxentes. A primeira sería a unificación das augas galegas e a segunda, se cadra máis importante, que a redistribución de cotas teña en conta o sector."}
{"ID": "NOS_47906", "summary": "Até cincocentas persoas xa confirmaron a súa participación na homenaxe nacional ás vítimas do fascismo que cada ano organiza a Iniciativa Galega pola Memoria na Illa de San Simón, antigo campo de concentración franquista, e que se realizará o vindeiro domingo 21 de xullo. Nesta edición denunciarase a \"xustiza invertida\" que ampara o legado franquista e reprime a quen denuncia os crimes e o espolio da familia Franco.", "text": "A Illa de San Simón acollerá unha nova edición da homenaxe nacional ás vítimas do fascismo. Este enclave situado na ría de Vigo e que foi campo de concentración durante varios anos do franquismo recibirá un ano máis cincocentas persoas chegadas desde distintos puntos da Galiza. Nesta edición o acto centrarase na denuncia da \"xustiza inversa\", tal e como sinalou a Sermos Galiza a investigadora e xornalista Montse Fajardo, unha das voceiras da Iniciativa Galega pola Memoria. \"Estamos a ver como a familia Franco segue campando con impunidade mentres investigadoras e investigadores como Carlos Babío son denunciados por esa familia polo feito de documentar e esixir a devolución do patrimonio roubado polo ditador e que segue nas mans da súa familia\", afirma Fajardo \"Estamos a ver como a familia Franco segue campando con impunidade mentres investigadoras e investigadores como Carlos Babío son denunciados por esa familia polo feito de documentar e esixir a devolución do patrimonio roubado polo ditador e que segue nas mans da súa familia\", afirmou Fajardo en referencia á denuncia que os herdeiros de Franco presentaron nos xulgados contra Babío, autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, editado pola Fundación Galiza Sempre en 2017. O acto chega este domingo 21 de xullo á súa décimo terceira edición, as tres primeiras (2006-2008) foron organizadas desde a Xunta de Galiza co goberno do BNG e o PSdeG, mais coa chegada de Alberto Núñez Feixoo á presidencia eliminouse, e foron os colectivos sociais agrupados na Iniciativa Galega pola Memoria quen o retomaron en 2010 e desde entón organízao esta entidade anualmente. O acto chega este domingo 21 de xullo á súa décimo terceira edición, as tres primeiras (2006-2008) foron organizadas desde a Xunta de Galiza co goberno do BNG e o PSdeG O acto central desta edición estará conducido pola xornalista e escritora Ana Cabaleiro. Intervirá tamén Carlos Babío, quen explicará como a riqueza e o patrimonio espoliado polo ditador segue en mans dos Franco. Pola Asociación Cultural O Galo falará Elvira Cienfuegos, quen fará lectura dun documento sobre unha persoa torturada polo franquismo. O historiador Xosé Ramón Ermida lembrará os represores do franquismo aínda vivos. Estarán presentes tamén representantes da Coordinadora estatal de apoio á querela arxentina simbolizando a loita contra a impunidade nos tribunais internacionais e denunciando as trabas para conseguir reparación das vítimas na xustiza española. Ángel Gómez, torturado polo policía franquista Billy el Niño, falará en nome desta coordinadora. Estarán presentes tamén representantes da Coordinadora estatal de apoio á querela arxentina simbolizando a loita contra a impunidade nos tribunais internacionais e denunciando as trabas para conseguir reparación das vítimas na xustiza española Os barcos saen desde o peirao de San Hadrián de Cobres, no concello de Vilaboa, desde as nove da mañá, mais na IGH xa teñen as 500 prazas das que dispoñen completas, e están traballando xa cunha lista de agarda. Ao mediodía arrincará o acto nacional. Previamente o deputado do BNG e investigador da memoria histórica Luís Bará realizará un roteiro pola Illa de San Simón explicativo do pasado deste espazo como campo de concentración fascista. Após o acto, ás 13 horas no peirao das verbas, haberá un micrófono aberto para intervencións e poesía."}
{"ID": "NOS_42439", "summary": "Os múltiples camiños do martirio nacionalista están aínda por percorrer. A traxedia daquelas persoas sacadas unha noite da súa casa ou dunha cela para non volver xamais.", "text": "Os múltiples camiños do martirio nacionalista están aínda por percorrer. A traxedia daquelas persoas sacadas unha noite da súa casa ou dunha cela para non volver xamais. A memoria das persoas condenadas a morte por un consello de guerra franquista para morrer con dignidade diante de calquera paredón. E tamén as caídas coas armas na man, as finadas no cárcere ou as mortas nos campos de exterminio franquistas ou nazis. Hoxe recuperamos o exemplo dunha persoa desas. Facía parte da sección local do Partido Galeguista de Franza, núcleo de poboación concello de Mugardos. Nado en 1909, ao pouco de instaurase a II República incorporouse á militancia nacionalista naquel grupo que, baixo o maxisterio do pintor Bello Piñeiro, comezou a espallar a semente patriótica, nun traballo corpo a corpo, como explicaba un dos cofundadores da agrupación, Xoán Picos, nunha carta publicada en A Nosa Terra o 25 de Agosto de 1934, onde explicaba o proceso de implantación do nacionalismo en Franza, sinalando que \"había que traballar pola cultura, pola personalidade da Terra, e niso estamos con todo o noso entusiasmo.\" A vaga represiva, posterior á revolución de 1934, implica a clausura e ilegalización do grupo, que remata coa súa reorganización en agosto de 1935 e cunha renovación da súa dirección en decembro de 1935, sendo elixido Xosé André Pena como secretario de intervención, Gabriel Manso como secretario xeral, Manuel Gómez Varela como secretario de organización e Filipe Bello Piñeiro como secretario de administración e educación. O 18 de Xullo de 1936 atopábase en Mugardos. Se ben descoñecemos a súa participación na resistencia ao golpe militar na localidade, a dura represión neste concello e o temor a ser el mesmo unha vítima, lévano a alistarse como voluntario ao exército franquista para fuxir do perigo, recurso utilizado por outros nacionalistas ou demócratas, pasándose posteriormente ao exército popular. Segundo sinalou a súa propia irmá \"foi testemuña dun múltiple asasinato cometido polos falanxistas, a causa do cal, e tamén porque as súas ideas políticas eran de esquerdas, comeza a temer pola súa vida\", desertando da lexión e pasándose ao exército leal. Nada sabemos do momento da súa incorporación ao mesmo e tamén descoñecemos da súa experiencia nas filas republicanas, do que xa formaba parte o seu irmán Xoán, que após a vitoria franquista pasaría a Franza, exiliándose posteriormente na República de Cuba. Xosé André Pena fuxe a Francia en 1939, como milleiros de cidadáns do Estado que escapaban da vitoria do fascismo, sendo recluído polas autoridades galas no campo de concentración de \"Les Alliers\", situado nas proximidades da cidade de Angulema, e que, na altura, pasaba por ser dos campos menos duros en territorio francés, na medida que posibilitaba o reagrupamento familiar e a inserción laboral, malia as condicións de vida no mesmo seguían a ser moi penosas. Xosé André Pena fuxe a Francia en 1939, como milleiros de cidadáns do Estado que escapaban da vitoria do fascismo, sendo recluído polas autoridades galas no campo de concentración de \"Les Alliers\", situado nas proximidades da cidade de Angulema Unha vez conquistada Angulema polos alemáns, o 20 de Xuño de 1940, é tomada a decisión de que esta cidade sexa gobernada directamente polos ocupantes, as autoridades nazis acordan, o 20 de agosto, enviar a 927 reclusos do campo de \"Les Alliers\" á localidade austríaca de Mauthausen, a onde chegan o 24 de agosto. Ese mesmo día, Xosé André Pena é internado no campo Mauthausen, co número de matrícula 3836, xunto a outras 469 persoas, os 457 restantes serán entregadas ao réxime franquista, sendo trasladado o 17 de febreiro de 1941 ao campo de concentración de Gussen, co número de matrícula 10.361, outra instalación carceraria do complexo Mauthausen, onde é asasinado o 16 de outubro de 1941."}
{"ID": "PRAZA_17635", "summary": "ENTREVISTA | Óscar Corral, fotógrafo de El País en Galicia, foi un dos catro únicos xornalistas que cubriu a bordo a crise humanitaria das persoas migrantes rescatadas polo Aquarius.", "text": "Óscar Corral (Santiago, 1981), fotógrafo de El País en Galicia, onde tamén colabora coa axencia EFE e outros medios, foi un dos catro únicos xornalistas que embarcaron hai unhas semanas no buque Aquarius das ONG Médicos Sen Fronteiras e SOS Mediterranée para relatar o día a día do rescate de migrantes náufragos no Mediterráneo. Non sabía que esa singradura ía ser unha das que máis cobertura mediática tería dos últimos anos, unha vez que o barco rescatou 629 persoas e se abriu o debate de cal debía ser o seu porto de destino. Corral, que gañou o premio Galicia en Foco 2016 e cubriu, entre outras crises ademais da dos refuxiados, as dos incendios en Galicia ou o accidente de Angrois, reflexiona sobre esa experiencia. Como acabou un fotógrafo galego embarcado no Aquarius? A cuestión é que non cheguei ao Aquarius cando comezou a crise humanitaria do barco senón que xa estaba embarcado. Tres días antes de que comezara todo zarpamos unha compañeira e máis eu para facer o que pensabamos que ía ser unha cobertura máis facendo un rescate calquera. A idea era facer unha reportaxe ao comezo deste verán porque xa se supuña que ía ser un verán con moita saída de pateiras. Xusto antes de partir ocorren os cambios de goberno en España e Italia, con Salvini e Sánchez, e xa saímos un pouco preocupados. Pero ía ser unha cobertura como calquera outra. Cal foi o momento máis duro da viaxe? \"Probablemente os momentos máis tensos foron cando o barco se parou; non entendían por que nos parabamos alí cando xa se vía a costa de Italia\" Foron dous. O máis duro probablemente é o do rescate, como vivencia persoal de ver o que está alí acontecendo. Pero unha vez feito o rescate, que foi de noite, e no que o momento máis tenso foi cando unha pateira naufragou e houbo moita xente na auga que non sabía nadar, probablemente os momentos máis tensos que se viviron na viaxe do Aquarius foron cando o barco se parou. O Mediterráneo é un mar moi calmo e vese perfectamente que estás parado. Ata que se lles puido explicar aos migrantes por que o barco estaba parado, foi un momento de tensión porque eles non entendían que vendo a costa de Italia, o Etna, non entendían por que nos parabamos alí. Houbo incluso algún que quería tirarse a nado e houbo que convencelo de que aínda que parecía preto era moi lonxe. E o outro gran momento de tensión foi cando se lles trasladou aos migrantes que iamos cara a Valencia, porque aínda que ao mellor cara á prensa se trasladou a alegría maioritaria no barco porque a xente quería chegar a porto, houbo xente a bordo que vén de países que teñen convenio de extradición con España, que estaban intentando cruzar por Libia cara a Italia para evitar España. Dicirlles que iamos a España era problemático. As ONG, sabendo isto, moi profesionalmente os separaron para poder ter unha reacción controlada. E tamén houbo tensión cando se acabou a comida, pero grazas á presión e probablemente a que había medios de comunicación no barco, non chegou a faltar a comida en ningún momento. E o momento máis alegre? \"Para os máis pequenos o momento máis alegre foi cando as ONG solicitaron e conseguiron que as autoridades italianas trouxeran xoguetes\" Pois eses dous momentos á inversa. Cando se lles trasladou, tras estar parados varios días, que España ofrecía un porto seguro. E o momento da chega a porto. E para os máis pequenos, cando as ONG solicitaron e conseguiron que as autoridades italianas trouxeran xoguetes. As propias ONG e os xornalistas non gráficos que estaban a bordo do Aquarius divulgaban imaxes en tempo real en redes sociais. Cal é o papel dun fotoxornalista nunha crise humanitaria no século XXI das redes sociais e o audiovisual? Este foi un caso especial porque probablemente volvemos a unha época anterior en que non había tanta xente a bordo competindo por captar imaxes. Se isto pasase en terra firme, moita máis xente enviaría imaxes, habería moita máis saturación. Así puiden ter o privilexio de establecer unha relación moito máis ordenada, clara, do que estaba a pasar no barco. As ONG e os compañeiros enviaban outras imaxes, de teléfonos móbiles, pero non había ninguén máis facendo unha cobertura gráfica como a miña. É algo excepcional hoxe en día. A cobertura ten menos fotos pero pode quedar unha maior impresión na opinión pública. Unha das críticas que fan as ONG aos gobernos que lles impiden traballar no Mediterráneo é que o fan para silenciar o que alí está a pasar. Que atrancos atopan os xornalistas? \"Moi acertadamente todos os barcos que traballan na zona de rescate levan sempre xornalistas a bordo para evitar que se silencie o que alí pasa\" Xusto por iso que din as ONG de silenciar é polo que creo que moi acertadamente todos os barcos que traballan na zona de rescate levan sempre xornalistas a bordo. Nós queriamos contrapoñer na reportaxe que nos levou alí os tres tipos de rescates que se producen nesa zona, os das ONG, os dos gobernos ou militares e os dos mercantes que pasan por esa zona. Fixemos a cobertura nosa no barco da ONG e tamén en mercantes, pero non conseguimos introducir ningún equipo de xornalistas en barcos militares, só facilitaron imaxes súas a propia capitanía italiana. Esa parte, os rescates militares, é a máis opaca. E posteriormente coa expulsión das ONG por parte do Goberno italiano da súa zona de rescate, esa zona é agora a máis opaca. Pasou case un mes do inicio da crise do Aquarius e segue habendo rescates case a diario pero xa non se fala tanto deles. Pasa así con todas as coberturas xornalísticas de emerxencias? \"Fomos facer unha reportaxe ao comezo do verán pensando que ía ser o inicio do período de maior afluencia, e coincidiu a crise do Aquarius, pero o problema vaise dar durante todo o verán\" Os medios responden a un modelo de negocio informativo que introduce información a demanda da súa audiencia. O Aquarius colleu repercusión pola acumulación de circunstancias, por ser o primeiro barco que non conseguía atracar en Italia coa chegada de Salvini ao poder ao tempo que Sánchez daba un xiro de política en España. Todo iso axudou a que a nova collera pulo. Pero insisto en que nós estabamos alí para cubrir unha realidade que xa se prevía, que se leva dando desde hai anos e que vai seguir. O pico informativo produciuse de xeito anómalo cando nós estabamos alí, pero El País xa decidira facer o esforzo informativo de facer unha reportaxe ao comezo dun verán que se prevía conflitivo. Aos migrantes do Aquarius déuselles unha saída excepcional, pero non foron os primeiros nin serán os últimos. Hai que darlle algunha solución porque o problema sigue existindo, pero tamén forma parte do noso traballo intentar que non se mire para outro lado. Nós fomos ao comezo do verán pensando que ía ser o inicio do período de maior afluencia, e coincidiu a crise do Aquarius, pero o problema vaise dar durante todo o verán aínda que non haxa tanta presenza de xornalistas ou ONG. E a solución que deu o Goberno español non é viable para as ONG porque é moita distancia para rescates que se producen en augas fronte a Libia. \"Para min as coberturas máis duras son as dos incendios porque tocan de preto, afectan un ano tras outro, a xente da túa contorna, onde adoitas traballar todo o ano, e ves que non hai melloría senón que volve haber mortos\" Cubriches o accidente de Angrois e a súa investigación posterior, os incendios de cada verán en Galicia ou protestas sociais de todo tipo. Cal foi a cobertura máis dura da túa carreira? Probablemente, aparte da excepcionalidade desta cobertura do Aquarius que pode ser a que máis transcendencia tivo na miña cobertura laboral, para min as coberturas máis duras son as dos incendios porque tocan máis de preto. Afectan un ano tras outro, a xente da túa contorna, onde adoitas traballar todo o ano. E ves que non hai melloría senón que volve haber mortos. De todos os xeitos, os fotoxornalistas temos unha falsa seguridade detrás da cámara que nos afasta da realidade en primeira persoa. En moitas coberturas temos unha falsa sensación de protección tras da cámara que non é certa porque estás pasando os mesmos perigos que as persoas que te rodean. A excepcionalidade da cobertura do Aquarius foi a de traballar durante tantos días coas mesmas persoas, que cando marcharon se despediron polo nome. Non é habitual traballar durante tantas horas seguidas nun mesmo tema."}
{"ID": "PRAZA_16306", "summary": "Na noite deste luns, 12 de febreiro, comeza o asfaltado dos taboleiros centrais da ponte e o ministerio di que \"se prevé que os traballos finalicen antes da época estival\"", "text": "Un mes e medio despois de que os presidentes Rajoy e Feijóo inaugurasen o pasado 30 de decembro a ampliación da ponte de Rande de dous a tres carrís por sentido, este luns 12 de febreiro o Ministerio de Fomento vén de anunciar novas restricións de tráfico para rematar os traballos que quedan pendentes nela. Serán obras de asfaltado dos vellos taboleiros centrais do viaduto, e non dos novos carrís engadidos polas súas beiras exteriores, ratificándose así as presas da concesionaria, Audasa, para rematar canto antes as obras desa ampliación e poder cobrar por ela canto antes malia que os traballos sigan na parte máis antiga da infraestrutura. Unhas obras pendentes cuxas restricións farán que, mentres duren, a circulación pola ponte estea máis limitada que antes da ampliación acelerada por Audasa, xa que só estarán habilitados dous carrís por sentido pero os condutores non poderán desprazarse libremente entre eles para adiantar. Na noite deste 12 de febreiro comeza o asfaltado dos taboleiros centrais da ponte e o ministerio di que \"se prevé que os traballos finalicen antes da época estival\" A nota de prensa divulgada este luns por Fomento indica que na noite deste luns 12 de febreiro comezará o asfaltado dos taboleiros centrais da ponte \"e traballarase de forma continua para minimizar a duración da restrición, que tamén dependerá das circunstancias meteorolóxicas\". A nota indica que se procurou programar os traballos para \"os meses con menor volume de tráfico\" e engade que \"se prevé que os traballos finalicen antes da época estival\", sen aclarar se iso implica que os cortes de carrís, que non serán só en horario nocturno como anunciara en decembro o ministro De la Serna, se van estender ata o verán ou serán outro tipo de traballos os que continuarán aínda varios meses sen afectar ao tráfico. Nesa liña ambigua de considerar que a obra da ampliación de Rande estaba rematada malia que os traballos seguen a producir restricións, a nota di que o 30 de decembro, cando Goberno e Xunta falaron de \"inauguración\", realmente \"abríronse ao tráfico as calzadas laterais da Ponte de Rande dentro das obras de ampliación da AP-9 a tres carrís por sentido\", matiz ao que se engade que o asfaltado do taboleiro central que se realizará agora vai \"en consonancia co programa de obras\" aínda non rematado. Só estarán dispoñibles dous carrís por sentido pero sen posibilidade de desprazarse entre eles Fomento facilita dous esquemas sobre como serán desviados os tráficos dun ou doutro taboleiro central no que se traballe en cada momento cara os carrís exteriores ou o outro taboleiro central que quede en servizo, de xeito que só estarán dispoñibles dous carrís por sentido pero sen posibilidade de desprazarse entre eles. Aos dez días da inauguración Fomento xa tivo que restrinxir o tráfico polo novo carril máis próximo a un colexio de Chapela para reducir o risco dun accidente Estes non son os únicos traballos sen rematar tras a inauguración por parte das autoridades. Tamén están pendentes de executarse diversas obras de integración urbana da autoestrada por importe superior aos 11 millóns de euros ao seu paso polos barrios de Teis e Chapela, onde mesmo hai que construír un novo colexio noutro emprazamento xa que a ampliación pasa demasiado preto do actual. Esa situación xa obrigou a Fomento a construír un muro de protección e, aos dez días da súa inauguración, restrinxir o tráfico polo carril ampliado máis próximo ao centro educativo para reducir o risco dun accidente."}
{"ID": "NOS_27127", "summary": "Vén de instar o Ministerio Fiscal a que abra unha investigación contra a entidade pública empresarial ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.", "text": "A asociación solicita á Fiscalía de Medio Ambiente que determine se existe delito ambiental nos feitos transcorridos o pasado día 2 de agosto, cando dous dos vagóns do tren de mercadorías que descarrilou o pasado 28 de xullo na liña Monforte-Ponferrada, á altura de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), foron botados ao río Sil. \"Os feitos denunciados contraveñen todo marco normativo vixente en materia ambiental, de residuos, ou de planificación hidrolóxica e de protección de augas, pois o depósito de refugallos sobre os leitos fluviais, a contaminación dos ríos ou actuacións que impliquen a súa degradación están totalmente prohibidas\". Alén diso, indica Adega, \"calquera actuación en dominio público hidráulico debe contar con autorización previa do organismo de bacía e doutros organismos con competencias no espazo, especialmente, tratándose de actuacións de elevado risco para a seguridade das persoas e do medio ambiente ou con impactos potencialmente graves sobre os ecosistemas acuáticos e fluviais. Porén, semella que a empresa pública se saltou todo marco regulador e procedemento administrativo legal para proceder \"polas bravas\", de xeito improvisado e sen medir as consecuencias sobre a contorna\". Alén poderíamos estar, prosegue, ante unha infracción moi grave contra o dominio público hidráulico feita á mantenta ou sabendo que esta podería causar graves prexuízos sobre o curso fluvial e a súa ribeira, o cal podería ser constitutivo de delito."}
{"ID": "NOS_16867", "summary": "A comunidad internacional ofrece axuda ante o temor a un novo desastre humanitario mentres Protección Civil advirte da chegada da tormenta tropical 'Grace', que pon o país en alerta amarela.", "text": "O terremoto de magnitude 7,2 que este sábado provocou graves danos en Haití, especialmente no sur e no oeste do país, deixa, segundo o último balance facilitado por Protección Civil, 1.297 persoas mortas e máis de 5.700 feridas, á espera de novos recontos. Máis de 30.000 familias víronse afectadas polo derrubamento das súas vivendas ou danos noutros moitos edificios como igrexas, centros escolares, comisarías, hoteis e institucións sanitarias. O sismo, que provocou nove réplicas con magnitude superior a 4 nas horas posteriores, tivo lugar a primeira hora do sábado -08.29 hora local- a uns 12 quilómetros da localidade de Saint-Louis du Sud, con hipocentro a 10 quilómetros de profundidade, de acordo co informe do Instituto Xeólogico dos Estados Unidos. Tormenta tropical 'Grace' Doutra banda, Protección Civil advertiu que nos próximos dous días espérase a chegada da tormenta tropical 'Grace' polo que pediu á poboación \"prepararse para protexer as súas vidas e posesións\". Unha alerta que levou ao Goberno de Porto Príncipe a pór o país baixo alerta amarela. Ante esta nova ameaza, a directora executiva do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), Henrietta Fore, recoñeceu que \"aínda non se coñece o alcance total da devastación provocada polo terremoto\". \"Os centros de saúde, escolas, pontes e outras instalacións e infraestruturas esenciais das que dependen os nenos e as familias tamén se viron afectados, nalgúns casos, de maneira irreparábel\", alertou nun comunicado. Axuda humanitaria \"As necesidades humanitarias nas zonas afectadas son graves, xa que se interromperon os servizos esenciais\", dixo. Neste sentido, fai un chamamento aos \"actores armados\" nas áreas afectadas polo sismo para garantir que as organizacións humanitarias e a axuda internacional teñan \"acceso sen restricións para brindar de maneira segura apoio e servizos oportunos para salvar vidas aos sobrevivientes\", ante o risco de que a inseguridade relacionada coa violencia destres grupos poida debilitar a resposta xeral. Haití, considerado o país máis pobre do hemisferio occidental, aínda vive o impacto do terremoto de 2010 que deixou unhas 200.000 persoas mortas, ademais do estado de axitación política que respira desde o asasinato en xullo do presidente Jovenel Moise."}
{"ID": "NOS_27304", "summary": "O deputado do BNG en Madrid, Néstor Rego, reclama \"concrecións\" ao PSOE para que conten co seu voto. A incerteza rodea a investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, a un día de que comecen as tres sesións de debate e votación convocadas no Congreso esta fin de semana.", "text": "O deputado do Bloque Nacionalista no Congreso, Néstor Rego, condiciona o seu voto afirmativo ao candidato socialista ao Goberno do Estado, Pedro Sánchez, a que se \"concreten\" cuns orzamentos e uns prazos determinados as medidas que lle formulou ao PSOE nas súas conversas para sacar adiante a investidura. Até o día de hoxe mantiveron dúas reunións e as negociacións, segundo trasladou a formación nacionalista, están paradas desde os festivos de Nadal. A posición do BNG non mudou desde o inicio e os asuntos urxentes para o partido galego pasan por aprobar un estatuto que permita a viabilidade das industrias electrointensivas no país e camiñar cara a unha tarifa eléctrica propia, así como por retomar a transferencia da autoestrada AP-9 á Xunta comezando, cunha rebaixa das peaxes. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_18426", "summary": "O senfogarismo é unha situación complexa cunha concorrencia importante de causas; agrupalo nun colectivo etiquetado e uniforme supón, como pouco, un erro (interesado)", "text": "Un tema agroma, e seguirá a agromar, nos espazos de certo sector da prensa do país nos últimos días: o senfogarismo volve aos espazos mediáticos, e volve da man dunha compañía habitual e xa coñecida, na forma de sesgo na información, manipulación da opinión pública e uso interesado dunha problemática social con finalidades claramente políticas. Neste senso, nas dúas últimas semanas puidemos testamuñar non só notas de prensa e reaccións do Goberno galego, senón tamén ofensivas de medios afíns coma El Correo Gallego ou La Voz de Galicia; e mesmo reportaxes de medios nacionais. Pouco efecto parece manter o posicionamento, de 21 de xuño de 2017, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, chamando á responsabilidade e ao rigor no tratamento xornalístico. De pouco parece ter servido o chamado ao respecto dos dereitos das persoas en situación de vulneración extrema. Lamentamos a ausencia dunha mínima aproximación crítica aos datos presentados por Cruz Vermella, que parten dun estudo cuantitativo e cualitativo aínda non publicado (ao que nos sorprende que a Xunta de Galicia teña tido xa acceso, e que só presenta na súa sección cuantitativa). Un breve ollar á súa metodoloxía fainos partícipes dunha eiva manifesta: os datos parten dun único reconto, acaecido nun día frío, chuvioso e ventoso. É dicir, non pode sorprender que, por exemplo, os Albergues Municipais presentasen prazas ocupadas sen implicar isto necesariamente que todas as persoas que alí pernoctasen estivesen nunha situación de rúa ou de senfogarismo. Amais do antedito, non pode validarse a obtención dun índice, de ningún tipo, baseado só nun único dato obxectivo. Esta reflexión debe levarnos a unha segunda consideración evidente: no estudo non se analizan as causas subxacentes, ou os factores concomitantes que provocan as situacións de senfogarismo, tratando estes contextos como un continuo e unha categoría homoxénea, tratamento este tan falaz como inxusto, co que se busca deliberadamente responsabilizar en exclusiva aos gobernos locais da Galiza. O senfogarismo é unha situación complexa cunha concorrencia importante de causas; agrupalo nun colectivo etiquetado e uniforme supón, como pouco, un erro (interesado) O senfogarismo, así o afirman os estudos prospectivos realizados noutros lugares do Continente Europeo, é unha situación complexa cunha concorrencia importante de eventuais/posíbeis causas: dende ruptura de lazos persoais, á perda do traballo ou precariedade laboral e imposibilidade material para manter unha vivenda segura e nun réxime de tenencia firme. Con isto, agrupar ao senfogarismo nun colectivo, nun grupo etiquetado e uniforme ou mesmo nunha problemática de abordaxe unicamente local supón, como pouco, un erro (interesado). Non pode descoñecerse que non son os Concellos aquelas Administracións Públicas con competencia maior en materia de vivenda, nin sequera en materia de saúde, factores estes clave nas causas pero tamén na abordaxe efectiva do senfogarismo. Si o son en materia social, e quizais esa sexa a súa maior \"condena\". En termos de Martínez Virto: \"Os municipios non poden desenvolver con plenas garantías a función que teñen encomendada dentro do sistema de servizos sociais: son o nivel máis próximo ao cidadán e a porta de entrada ao sistema, pero non conseguen ter a autoridade de prescrición precisa para conseguilo. Teñen a obriga de garantir o benestar dos cidadáns do seu territorio, pero non teñen a dimensión, nin o volume, nin a Carteira de Prestacións precisa para conseguilo: as funcións e tarefas que se lles adscriben son inabarcábeis, con moito, para as capacidades de xestión e xeración de recursos dos Concellos\" Así, depositar a responsabilidade única e última das situacións de senfogarismo nos Concellos galegos non é senón un exercicio de falacia política de primeiro nivel. Unha abordaxe que impide achegar as iniciativas e mecanismos coordinados que o país precisa para intentar poñer freo ao senfogarismo. Non comprendemos como é posíbel que o presidente demostre \"sorpresa\" polo senfogarismo no país e non demostre a mesma rección coas tácticas pseudo-mafiosas para excluír as persoas da súa vivenda ou como é posíbel que non cause estupor a inhabilidade do seu Goberno para prover de vivendas sociais a aquelas persoas que as precisan. Non comprendemos como é posíbel que o presidente da Xunta de Galicia demostre \"sorpresa\" polo senfogarismo no país, e que non demostre a mesma rección co gallo das tácticas pseudo-mafiosas para excluír ás persoas da súa vivenda ou como é posíbel que non cause estupor a inhabilidade do seu Goberno para prover de vivendas sociais a aquelas persoas que as precisan. Xa por último, cómpre referir, con respecto a Santiago de Compostela que aínda tomando como certo que o índice de situacións de rúa fose superior ao de outras cidades do país, non é menos certo que a exclusión residencial e o limiar de pobreza na cidade son superiores tamén ao doutras poboacións. Así, Santiago é a cuarta cidade con maior prezo do alugueiro en Galicia (fonte: portais \"idealista.com\" e \"Fotocasa\"), e tamén a que no primeiro trimestre do ano ten rexistrado un maior incremento no prezo do alugueiro (cunha alza do 6,7%). Ademais cómpre considerar que o 38,7% da súa poboación refiren chegar a fin de mes con dificultade, namentres que algo máis do 11 refire facelo con moita dificultade (fonte: IGE). É dicir, para unha cidade que rexistra unha das rendas medias máis altas da Comunidade, vivir en Santiago e poder manter unha vivenda segura é sensiblemente máis custoso que en moitos outros núcleos de poboación. Unha cidade na que concorren factores coma ser fin do Camiño de Santiago, para mostrar cifras de aloxamento de emerxencia superiores a outras cidades. Un municipio no que se sitúa un dos complexos hospitalarios máis grandes do país e o maior hospital psiquiátrico da Galiza; factores estes que tamén contribúen á presenza de persoas sen unha situación habitacional axeitada. Se non alcanzan a albiscar o importante rol que xogan no espallamento de visións estigmatizantes e comportamentos discriminatorios, sería de agradecer cando menos que empregasen o rigor e a responsabilidade nas informacións Por desgraza, hai veciñas e veciños de Santiago de Compostela que viven en situacións de rúa, como hai en todas as Cidades do país e en todos os Estados da Unión Europea. O persoal de Servizos Sociais Comunitarios da cidade, así como as entidades de acción social que operan na mesma traballan diariamente e con esforzo decidido (moito máis alá do que o propio traballo obriga) para intentar pór freo a estas situacións. Neste contexto, facer da crispación, do enfrontamento e da demagoxia un recurso habitual non só non suma posibilidades de éxito, senón que supón un obstáculo ao labor que se realiza a diario na cidade. Nesta orde de cousas, se o presidente da Xunta de Galicia non considera axeitado colaborar dende as competencias autonómicas para poñer fin ao senfogarismo, sería de agradecer que canto menos non enrarecese o ambiente coas súas súbitas \"sorpresas\". Nesta orde de cousas, se algúns medios de comunicación do país non alcanzan a albiscar o importante rol que poden xogar e, de facto, xogan no espallamento de visións estigmatizantes e na aparición ou mantemento de comportamentos discriminatorios, sería de agradecer canto menos que empregasen nas súas informacións o rigor e responsabilidade que esixe o seu Colexio Profesional, en aras a un tratamento ético daquelas. Publicidade"}
{"ID": "NOS_58564", "summary": "Un acto en que interviron as cabezas visíbeis da cultura institucional galega serviulle á Xunta para pechar, na mañá desta sexta feira, o acordo co Centro Galicia de Bos Aires grazas ao que se exporá, por primeira vez en Galiza, A derradeira lección do mestre de Castelao.", "text": "A sinatura do convenio realizouse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, que tamén acollerá a mostra do cadro no último trimestre do ano en curso. De \"galeguismo integrador\" cualificou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o proxecto expositivo -comisariado por Miguel Anxo Seixas, biógrafo do rianxeiro- en que se poderá ver unha obra que Castelo pintou no exilio arxentino en 1945. E que representa a violencia fascista, especialmente cruel cos docentes republicanos. Para o presidente do Centro Galicia, José María Vila Alén, que o lenzo se amose no país natal do seu autor resulta \"oportuno como demostración da achega\" da diáspora. Certo debate sobre a pertinencia de que A derradeira lección do mestre quede en Galiza ou regrese ao lugar onde foi pintada por Castelao atravesou os medios culturais galegos nas últimas semanas. O acordo asinado entre a Xunta e a institución da diáspora supón a cesión durante catro meses. O conselleiro explicou que o Goberno galego \"non pedirá\" o depósito da obra, engadiu que \"o Centro Galicia é Galiza aínda que estea a dez mil quilómetros\". No acto desta mañá tamén falaron os presidentes da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares."}
{"ID": "PRAZA_3257", "summary": "O presidente publicita as oposicións que agora se celebrarán da oferta de emprego público de 2019 e salienta que permitirán reducir os contratos temporais aos que a Xunta vén recorrendo", "text": "O presidente publicita as oposicións que agora se celebrarán da oferta de emprego público de 2019 e salienta que permitirán reducir os contratos temporais aos que a Xunta vén recorrendoPara o presidente Feijóo as críticas pola morte dun paciente mentres agardaba para ser atendido no Hospital Clínico de Santiago (CHUS) son \"inmerecidas\" para o persoal dos servizos sanitarios. O titular da Xunta, que este xoves publicitou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta un informe propagandístico sobre o ritmo de execución da oferta pública de emprego de 2019 no Sergas, foi preguntado se as oposicións que agora se celebrarán teñen que ver coa recente morte no Chus, no que sindicatos veñen criticando que falta persoal. \"Iso non ten nada que ver cos feitos\" ocorridos no Chus, asegurou Feijóo. No Consello deste xoves houbo sete informes propagandísticos sen valor legal fronte a dous decretos e un acordoO informe divulgado pola Xunta -documento propagandístico sen valor legal que os gobernos de Feijóo veñen empregando de xeito crecente, ata o punto de que no Consello deste xoves houbo sete informes fronte a só dous decretos e un acordo con valor legal- limítase a constatar que a oferta de emprego público de 2019 para o Sergas celebrará os exames en febreiro e marzo deste 2020. Feijóo salientou que estas oposicións permitirán cubrir 1.492 prazas, e foi preguntado se iso, publicitado apenas dous días despois de coñecerse a morte dunha persoa agardando no CHUS, supón recoñecer dalgún xeito que fai falta máis persoal.\"Durante cinco anos en España non puidemos sacar todas as vacantes, inevitablemente tiñamos que facer contratos temporais\"Segundo a explicación de Feijóo, nos últimos anos a Xunta foi cubrindo prazas sanitarias con contratos temporais porque o Goberno central non deixaba convocar oposicións para todos os postos que quedasen baleiros por xubilacións ou outros motivos senón só para unha pequena parte, a coñecida como taxa de reposición. \"Durante cinco anos en España non puidemos sacar todas as vacantes, inevitablemente tiñamos que facer contratos temporais\", dixo, situación que se quere reverter en parte coas oposicións que agora se celebrarán.Feijóo reclamou ao actual Goberno central que lle permita convocar máis prazas, sen dicir nada a respecto de que as restricións foron impostas no seu momento polo anterior Goberno de Mariano Rajoy. Pero asegurou que esa situación non supón que non haxa o suficiente persoal sanitario xa que di a Xunta está cubrindo as vacantes con contratos temporais."}
{"ID": "PRAZA_5699", "summary": "O presidente da Xunta equipara a situación de Paula Prado con Besteiro e co BNG, que vén de acreditar que o ingreso de 6.000 euros atribuído a Véndex por Vixilancia Aduaneira foi realizado realmente pola propia organización política.", "text": "En abril de 2013 Alberto Núñez Feijóo pasaba por un dos transos máis difíciles da súa vida política. A publicación no xornal El País das fotos no barco de Marcial Dorado cando o actual presidente da Xunta dirixía o Servizo Galego de Saúde sacudían a política galega e a oposición insistía na necesidade de coñecer se o Goberno galego contratara con empresas do narcotraficante. Tras un Consello da Xunta Feijóo equiparaba contratos con axudas e concluía que o narco recibira máis fondos do bipartito que do PP. Case un ano despois, o pasado febreiro, as explicacións que pedía a oposición eran sobre o caso Pokémon e, en sede parlamentaria, o presidente veu asegurar que todas as forzas están igualmente implicadas na presunta trama corrupta. Este venres, nas derradeiras horas da campaña electoral, o titular do Executivo volveu botar man da mesma estratexia.Tras a xira electoral que en menos dunha semana o levou a Madrid, Catalunya, Andalucía e Euskadi, Feijóo compareceu tras a adiada reunión semanal do Consello da Xunta e, como vén acontecendo semana tras semana, foi cuestionado a respecto da operación Pokémon en xeral e en particular sobre Paula Prado, a quen Vixilancia Aduaneira lle atribúe unha factura \"inchada\" no Concello de Santiago e que leva sen exercer como voceira do PPdeG dende hai tres meses. Segundo o presidente \"estamos con pouca información adicional\" derivada de \"extractos dun sumario\" no que \"unha serie de empresas\" están \"sendo investigadas en relación cos seus ámbitos contractuais\" en \"distintas administracións\", a saber: \"o Concello de Santiago, o Concello de Ourense, o Concello da Coruña e a Deputación de Lugo\", asegura, obviando as demais administracións investigadas -caso por exemplo do Carballiño, Boqueixón ou Sada, entre outras-.Feijóo equipara a Paula Prado con Besteiro e co BNGNeste contexto e ante as preguntas da prensa Feijóo asegura que na súa vontade non está \"sacar conclusións antes de tempo; nin sobre o financiamento e o pago da casa e das reformzas do líder do PSOE en Galicia nin sobre o financiamento do BNG nin sobre calquera tipo de persoa relacionada no sumario que pertenza ao PP, con independencia de que nin sequera estea imputada\". A referencia do presidente ao Bloque refírese ao treito do sumario recollido por algúns medios nos últimos días segundo o cal o delegado de Véndex en Galicia, José María Tutor, ingresou 6.000 euros nunha conta dos nacionalistas en 2011. \"Todo aquilo que estea feito de forma irregular hai que corrixilo\", recoméndalle Feijóo ao BNG, amosándose ademais \"sorprendido\" de que \"haxa partidos que non saiban de onde veñen exactamente as súas doazóns, sobre todo cando se fan vía transferencia e como destinatario\".O BNG amosa o documento bancarioO que Feijóo define como \"transferencia\" non é tal, senón un ingreso realizado nunha oficina de Novagalicia Banco na Coruña o 19 de maio de 2011, a poucos días das eleccións municipais. O comprobante dese ingreso foi atopado nun dos rexistros da investigación e detallado nun informe datado o 26 de febreiro de 2014, no que os investigadores se refiren a un \"ingreso en efectivo por importe de 6.000 euros\" na conta \"cuxo titular é Bloque Nacionalista Galego\" e \"ordenante o mesmo\", isto é, o propio BNG. Dous días máis tarde os investigadores acoden á oficina bancaria na que se realizou o ingreso e entrevístanse coa súa directora \"coa fin de confirmar a identidade da persoa que realizou o ingreso\". A traballadora de Novagalicia manifestou que o ingreso \"foi realizado por José María Tutor\", contradicindo así o recibo atopado.A directora da sucursal atribuíulle o ingreso a Véndex, aínda que como \"ordenante\" figura o BNGEse mesmo recibo, cuxa reprodución acompaña estas liñas, foi amosado este venres aos medios polo secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira e nel figura como ordenante, efectivamente, \"Bloque Nacionalista Galego\". O documento, di a formación frontista, \"constata que a empresa Véndex non realizou ningún ingreso na conta\", senón que quen o fixo \"foi o propio BNG\" cadrando \"coa campaña electoral, en que son habituais achegas de militantes, simpatizantes e outros ingresos extraordinarios como a venda de material\". \"A documentación achegada por Novagalicia Banco -explican- non permite aclarar cal foi a persoa concreta que realizou o ingreso\", xa que a conta \"tiña varios titulares autorizados\" e algún deles \"a día de hoxe xa non é militante do BNG\".Neste contexto Lobeira expresa a \"extrañeza\" do BNG \"polo feito de que no sumario apareza unha documentación na que se recolle unha información falsa, á vista das probas achegadas pola propia entidade bancaria, derivada das declaracións da responsable da sucursal\". Dadas as circunstancias, a organización \"valora a pertinencia de adoptar algún tipo de medida legal, dado o prexuízo evidente causado\" e expresa o seu \"desconcerto polo feito de que os axentes instrutores non tivesen solicitado ningunha proba documental que ratificase as declaracións\" da directora da sucursal."}
{"ID": "NOS_53689", "summary": "Tegestacín anuncia un ERE de extinción para a factoría neste concello da comarca de Lugo.", "text": "Tegestacín, a sociedade que actualmente leva a antiga planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei, comunicou este 24 de decembro á representación dos traballadores e das traballadoras o inicio do período de consultas para a extinción da totalidade dos contratos na factoría de Outeiro de Rei. A factoría dá traballo a 70 persoas. A noticia, sinala a CIG, supuxo o particular e 'macabro' agasallo de nadal da empresa ao seu persoal. \"Por diante fican datas intensas nas cales haberá que avaliar o contido e as xustificacións realizadas pola empresa\" e dar a resposta adecuada, aponta o sindicato nacionalista O comité e o persoal amosan a súa máxima preocupación diante desta situación pero tamén a incerteza polo futuro que a empresa terá pensado para estas instalación. O comité, diante dos últimos movementos acontecidos na planta, solicitou diversas reunións coa Xunta \"na intención de que sexa parte interesada polo futuro das instalación desta industria e no mantemento dos postos de traballo\". \"A CIG manifesta o total rexeitamento á actuación empresarial, quen vén orquestrando o seu particular desenlace nunha clara operación especulativa, sen solución de futuro para o persoal nin para as instalación\", denuncia o secretario da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, Christian López. Neste senso, subliña que calquera alternativa de futuro para a fábrica de Outeiro de Rei ten que pasar por garantir a continuidade de todos os postos de traballo. A CIG considera moi preocupante esta decisión empresarial \"que volve situar no peche esta fábrica\", despois de que Leche Pascual decidira hai anos abandonar a produción e tras o fracaso do proxecto Alimentos Lácteos. Por iso, o secretario comarcal da FGAMT-CIG insiste na necesidade de clarificar os motivos desta medida empresarial, e de buscar alternativas que engadan o valor engadido da actividade e permitan o mantemento de postos de traballo."}
{"ID": "PRAZA_16353", "summary": "A saída para reverter a situación en Galiza pasa por unha aposta decidida pola súa soberanía fiscal; pasa por utilizar ese marco para lexislar, regular e recadar co obxectivo de achegar máis recursos ás políticas de dinamización económica do país e aos servizos públicos fundamentais", "text": "Galiza sae prexudicada cando o xestores da austeridade deciden que toca apertar o cinto e sae damnificada cando entenden que hai que afrouxalo. A reforma do financiamento autonómico e a reestruturación da débeda pública das Comunidades Autónomas disimúlase como unha cuestión técnica, pero o seu resultado atenderá ao peso político de cada un dos autogobernos. Desde 2009 Feijóo abonouse a solucións tecnocráticas banais e practicou presión política cero diante o Goberno Central. Galiza non tivo un goberno que fixera valer os seus dereitos nin a esixencia dun financiamento significativamente mellorado. O pasado 31 de xaneiro, o ministro de Economía, Cristobal Montoro, nunha comparecencia no Congreso dos Deputados, anunciou a posibilidade de reestruturar a débeda das Comunidades Autónomas «infrafinanciadas». Para salvar o expediente, Feijóo lidera as voces críticas contra o anuncio do Goberno de realizar quitas á Comunidades Autónomas que recorreran os Fondos de Facilidade Financeira e están máis endebedadas. A política de abaixamento de Galiza como un autogoberno manso, subalterno e submiso practicada por Núñez Feijóo anticípalle, agora, un financiamento desfavorable. Durante anos dedicouse a facer propaganda tecnocrática austeritaria, a calar perante do desfavorable financiamento galego e a crear a imaxe dunha Galicia subsidiada xenerosamente polo Estado. Agora, amaga coa protesta; protesta para a galería, sen crédito e peso político que é tan só ruído, ruído e postureo indignado que dará paso, coma sempre, a un silencio resignado diante da marxinación de Galicia. A andrómena da Galiza pobre e subsidiada Os apoloxetas da recentralización do Estado, tanto a dereita chovinista como o progresismo unitarista, difunden teimudamente a andrómena de que Galiza é pobre e está xenerosamente subsidiada no actual modelo de financiamento. Unha falsidade ao servizo da subalternización do autogoberno de Galiza que na súa idea debe ser relegado á segunda división das Comunidades Autónomas. A Xunta de Galicia trafica activamente con esta andrómena para enmascarar a súa inoperancia gobernamental e xustificar a súa anemia reivindicativa fronte ao Estado. Os indicadores galegos no referido á recadación, capacidade e esforzo tributario deixan ben á luz que Galiza non é «unha autonomía de segunda». En termos de esforzo fiscal (recadación sobre PIB), Galiza cun 11,23 % ocupa un lugar destacado. Se atendemos á recadación por habitante, os datos de Galiza —2.434,41 euros— sitúan igualmente nunha posición destacada. No periodo 2009-2016 Galicia foi das CCAA onde máis incrementou a súa capacidade tributaria, co empuxe das exportacións de sectores coma o da automoción ou o textil.Dende o 2009 (ano de implantación do actual sistema) ata o 2015, a recadación tributaria estatal total en Galiza medrou un 46,88% (pasando dos 4.3354 millóns aos 6.395 millóns), mentres que en Madrid fíxoo nun 31,58% e en Catalunya so un 27,38%, por exemplo. A porcentaxe de recadación galega do Imposto de Sociedades (16,89%) supera con moito a media estatal. O relato da Galiza «dependente» e «pobre» que vive da «beneficencia» e a «solidariedade» do Estado é falsa e fundaméntase nunha contabilidade de balanzas fiscais feitas á medida da ideoloxía do nacionalismo español O relato da Galiza «dependente» e «pobre» que vive da «beneficencia» e a «solidariedade» do Estado é falsa e fundaméntase nunha contabilidade de balanzas fiscais feitas á medida da ideoloxía do nacionalismo español. Se algo evidencian as balanzas fiscais é a cartografía dunha economía periférica interferida pola subordinación política a un centro que chucha unha boa parte dos dos beneficios xerados na nosa nación. Un dato para non extraviarse coa literatura unitarista: a Comunidade de Madrid «recibe» case o 50% do total de tributos das CC.AA. do réxime común cando o seu PIB rexional representa unicamente a quinta parte. Non somos un país pobre, se cadra somos empobrecido, polas políticas enerxéticas, financeiras ou de infraestruturas deseñadas con intereses alleos e feitas ao servizo dunha oligarquía plutocrática que parasita as políticas públicas. Hai, efectivamente, unha Galiza empobrecida, sistematicamente empobrecida polo deseño das políticas públicas do Estado e pola falta de iniciativa da Xunta de Galicia para facerse valer na defensa da soberanía fiscal e a procura dun financiamento acaído para o país. Si, a pobreza política do Goberno galego do Partido Popular e a súa política de dependencia tradúcese nun progresivo empobrecemento de Galiza. O PP é causa fundamental do atraso de Galicia. O nefasto balance dos «bos xestores» Desde 2009, en Galiza, aplicouse sen piedade o receitario austeritario neoliberal. Xunto coa Comunidade de Madrid, é unha das CCAA que sufriu máis recortes en servizos públicos e, malia a brutal caída do gasto autonómico, a súa débeda pública seguiu aumentando: de 4.859 millóns, en 2009, a 11.137 millóns no terceiro trimestre de 2017. A decisión de Feijóo de endebedarse cos bancos en vez de recorrer ao financiamento público, unha mala conta para non dar a imaxe dunha Galiza financeiramente intervida polo Estado, significou aceptar un sobrecusto dos préstamos bancarios para o pago da débeda de varios centos de millóns. A soberbia do goberno do PPdeG impuxo que Galiza só comezase a beneficiarse tardiamente dos fondos estatais Este sobrecosto traduciuse para a cidadanía galega nunha continua retallada dos orzamentos públicos en servizos fundamentais. Feijóo decidiu impoñer maiores sacrificios aos galegos e galegas para sacar peito como «campión da austeridade»; a factura do seu postureo electoral pagámola entre todos cunha significativa mingua de servizos públicos e de benestar. A soberbia do goberno do PPdeG impuxo que Galiza só comezase a beneficiarse tardiamente dos fondos estatais; concretamente, en 2015 solicitáronse 1.567 millóns de euros do Fondo de Facilidade Financeira, de tal forma que, dos 131.073 millóns de euros destinados ás CCAA nese período, a Xunta de Galicia só pediu 1.567 millóns de euros, apenas o 1.2 %. Como consecuencia, Galicia é das Comunidades Autónomas menos beneficiadas do aforro xerado por estes fondos. Galicia, no período 2012-2016, tivo tan só o 0,19 % dos aforros totais. A gloriosa xestión de Feijóo para enfrontar a débeda pública supuxo pagar préstamos máis caros ao bancos,os grandes beneficiados, especialmente ABANCA, solicitar axudas financeiras ridículas ao Estado e apenas aforrar custos. E, en termos políticos, deixou en claro a súa irrelevancia na negociación do financiamento autonómico, insignificancia política que ameaza con colocar a Galiza no furgón de cola do financiamento dos nosos servizos públicos. Montoro e a contrarreforma do financiamento autonómico Montoro adiantou que era un «bo momento» para realizar iniciar a reforma do sistema de financiamento autonómico. O bo momento de Montoro é o bo momento autoritario do artigo 155. Montoro é un tecnócrata que fai política e entende que o clima actual de fervoroso unionismo e autoritarismo estatal é propicio para impulsar un cambio regresivo e recentralizador do Estado das Autonomías e o seu financiamento. Desde a perspectiva de Galiza, a reforma non será tal, será un mal axuste de contas. Por outra banda cómpre non perder de vista, como salienta Gustavo Buster, «a crise fiscal do Estado das Autonomías é consecuencia das políticas neoliberais, do modelo territorial, e do Estado Monárquico do Réxime do 78. E isto, non é reformable». Hai límites maiormente insalvables para unha reforma positiva e o Partido Popular aspira unicamente a aproveitar o «espírito do 155» para santificar unha contrarreforma do financiamento dos autogobernos do Estado. Feijóo cruza os dedos para que, tras a reforma, Galiza quede como está, non ten maior ansia que manter o actual status de insuficiencia financeira de Galiza e disimular a súa absoluta falla de relevancia política orquestrando unha fronte de autonomías mansas con Castela e León e Asturias para evitar a política de quitas A Coalición do 155 e do 135 crese vencedora no conflito catalán e desexa aproveitar o momento de euforia unionista para mudar o Estado das Autonomías, non para permitir máis autogoberno, senón para virar cara un Estado aínda máis centralista, máis centralizado e máis uniformizado. En termos de financiamento, o Estado convida a un xogo de suma cero, onde as Comunidades Autónomas se pelexen por unha torta limitada e as súas frangullas, porque o quiñón do Estado non se toca. En atención dos intereses de Galiza, unha solución que só mude eses equilibrios sen mudar nada máis, será prexudicial, prexuízo agravado pola irrelevancia de Galiza no debate do financiamento pola acomodación servil de Feijóo. Feijóo cruza os dedos para que, tras a reforma, Galiza quede como está, non ten maior ansia que manter o actual status de insuficiencia financeira de Galiza e disimular a súa absoluta falla de relevancia política orquestrando unha fronte de autonomías mansas con Castela e León e Asturias para evitar a política de quitas. Durante case unha década non reivindicou, non protesteo, non molestou, a Feijóo valeulle con manter o status quo de dependencia de Galicia e facer que facía pedindo uns tímidos cambios no cálculo da poboación axustada. A saída para reverter a situación en Galiza pasa por unha aposta decidida pola súa soberanía fiscal; pasa por utilizar ese marco para lexislar, regular e recadar co obxectivo de achegar máis recursos ás políticas de dinamización económica do país e aos servizos públicos fundamentais Esa política de entreguismo non dá na actualidade para soster unha posición de firmez, por iso, o único camiño que ofrece Feijóo, pero tamén o PSOE e Ciudadanos, é o esgotamento do autogoberno de Galiza pola vía da súa dependencia financeira, institucionalizar un réxime de infrafinanciamento para un infraautogoberno que se torna cada día que pasa nun réxime de preautonomía. A saída para reverter a situación en Galiza pasa por unha aposta decidida pola súa soberanía fiscal; pasa por utilizar ese marco para lexislar, regular e recadar co obxectivo de achegar máis recursos ás políticas de dinamización económica do país e aos servizos públicos fundamentais. Os esforzos de Galiza han de centrarse en que a modificación do sistema de financiamento se encamiñe nunha dobre dirección: maior soberanía fiscal e maior capacidade de financiamento. E pasa, igualmente, por demandar que o incremento dos recursos do sistema sexa tamén a costa do Estado cun conseguinte incremento das transferencias e un novo réxime competencial do Estado. A crise do modelo de Estado do Réxime do 78 deita enriba da mesa unicamente dúas saídas. Unha, de ruptura democrática e a apertura dun proceso constituínte, cunha lóxica confederal, respectando o dereito das nacións sen Estado a exercer a plena soberanía e a apertura de diálogos e acordos entre iguais. E outra, autoritaria, antisocial e recentralizadora que é a unifica á Coalición do artigo 155 e do artigo 153 ao PP, PSOE e Ciudadanos xunto coas grandes corporacións económicas e mediática do Estado. Para as forzas políticas que aspiren a un cambio político substancial, a saída democrática pasa necesariamente por unha lóxica confederal de negociación permanente entre iguales, nin o unionismo amable nin un federalismo livián son alternativa, a crise autoritaria do Estado obriga democraticamente a elixir bando e a liña divisoria para pola asunción do dereito a decidir e a construción dun consenso constituínte confederal e en pé de igualdade. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_22354", "summary": "O portavoz da formación de confluencia considera que Galiza é titular dese dereito como nación, mais cre que \"non existe unha pulsión social arredor do seu exercicio\", nunha entrevista na Radio Galega.", "text": "O portavoz parlamentar de En Marea, Luís Villares, asegurou este domingo que a súa formación non ten \"ningún interese\" en poñer o dereito a decidir en \"ningunha axenda\". Villares defendeu que \"Galiza é unha nación e o dereito a decidir é un dereito que nos asiste\", mais considerou que \"non existe unha pulsión social arredor do seu exercicio\". \"Simplemente somos titulares dese dereito\", afirmou o portavoz de En Marea nunha entrevista na Radio Galega. Falou tamén sobre o referendo en Catalunya, do que opinou que non ten efectos xurídicos pero si políticos. \"Os efectos políticos son claros. Existe unha vontade cidadá clara de decidir politicamente como queren organizar o seu goberno e polo tanto esa vontade política ten que ser respectada\", asegurou."}
{"ID": "PRAZA_18590", "summary": "Os traballadores afectados por expedientes, sancións por motivos políticos ou destitucións, poderían superar os 200. Alcaldes e concelleiros que participaron durante a ditadura franquista nesa represión contra os traballadores do concello da Coruña continúan con todo tipo de distincións", "text": "O Pleno da corporación municipal da Coruña de 7 de setembro de 2009 aprobaba, a proposta da chamada Comisión de Expertos, retirar os retratos dos alcaldes José Fuciños Gayoso e Hernán Martín-Barbadillo y Paúl, que formaban parte dos 52 símbolos franquistas que se aprobara retirar. Pero houbo outros alcaldes que participaron na represión dos traballadores do concello, que recibiron distincións que aínda continúan (nomes de rúas, retratos no palacio municipal de María Pita, monolitos etc.), e que hai que eliminar en aplicación da Lei da Memoria Histórica. Tardaron moi pouco os sublevados do 18 de xullo de 1936 en tomaren medidas para acabar con todo o relacionado coa Fronte Popular, tanto partidos, sindicatos e asociacións de todo o tipo, como funcionarios e traballadores Tardaron moi pouco os sublevados do 18 de xullo de 1936 en tomaren medidas para acabar con todo o relacionado coa Fronte Popular, tanto partidos, sindicatos e asociacións de todo o tipo, como funcionarios e traballadores. Esta represión xa foi anunciada polo xeneral Emilio Mola na Instrución Reservada nº 1 de abril/maio de 1936, antes do chamado Alzamento: \"Producido el movimiento y declarado el Estado de Guerra... se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posible al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Desde luego, serán encarcelados todos los directivos de los Partidos Políticos, Sociedades o Sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándose castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas\". Por outra parte, a Octava Orden de Urgencia de la Junta de Gobierno incitaba ao terror e asasinato de persoas: \"En el primer momento y antes de que empiecen a hacerse efectivas las sanciones a que dé lugar el bando de Estado de Guerra, deben consentirse ciertos tumultos a cargo de civiles armados para que se eliminen determinadas personalidades, se destruyan centros y organismos revolucionarios\". Iniciada a sublevación, o xeneral Mola afirmaba o 19 de xullo de 1936: \"Es necesario propagar una imagen de terror (...) Cualquiera que sea, abierta o secretamente, defensor del Frente Popular, debe ser fusilado\". Para propagar o terror e executar a represión, a Presidencia de la Junta de Defensa Nacional facía público o Decreto 108, que asinaba en Burgos o xeneral Miguel Cabanellas (Boletín Oficial de la Junta de Defensa Nacional de España. Burgos, número 22, de 16 de setembro de 1936). Constaba de sete artigos e un artigo adicional: Artículo primero. Se declaran fuera de la Ley todos los partidos y agrupaciones políticas o sociales que, desde la convocatoria de las elecciones celebradas en fecha 16 de febrero del 1936 del corriente año han integrado el llamado Frente Popular, así como cuantas organizaciones han tomado parte en la oposición hecha a las fuerzas que cooperan al movimiento nacional. Artículo segundo.- Se decreta la incautación de cuantos bienes muebles, inmuebles, efectos y documentos pertenecieron a los referidos partidos o agrupaciones, pasando todos ellos a la propiedad del Estado. Artículo tercero. Los funcionarios públicos y los de las empresas subvencionadas por el Estado, la provincia o el municipio o concesionarias de servicios públicos, podrán ser suspendidos y destituidos de los cargos que desempeñen cuando aconsejen tales medidas sus actuaciones antipatrióticas o contrarias al movimiento nacional. Artículo cuarto. Las correcciones y suspensiones a que se refiere el artículo anterior, serán acordadas por los jefes del centro en que preste sus servicios el funcionario y en su defecto, por el superior jerárquico del corregido, y aquellos, en su caso, previa la formación del oportuno expediente, propondrán la destitución a la autoridad, empresa o Corporación a quien correspondiera hacer el nombramiento. Para a apertura de expedientes e destitucións dos traballadores do concello utilizáronse todo tipo de argumentos, ademais dos citados artigos 3º e 4º do Decreto 108: fuxida por non querer participar no exército fascista, ingreso en prisión, comunicación do Delegado de Orde Pública, etc. A represión chegaba a todo tipo de traballadores: gardas municipais, bombeiros, recadadores de arbitrios, conserxes, choferes, xardineiros etc. Algúns deles ocupaban importantes responsabilidade como o caso de Antonio Tenreiro Rodríguez, arquitecto municipal, ou do médico Enrique Villardefrancos Rodríguez, Director Médico dos establecementos da Beneficiencia Municipal. A represión chegaba a todo tipo de traballadores: gardas municipais, bombeiros, recadadores de arbitrios, conserxes, choferes, xardineiros etc. A Comisión Permanente (CP) da Xestora Municipal e 29 de outubro de 1936 trataba o tema da reorganización nas oficinas e servizos municipais e acordaba \"cubrir rápidamente algunas vacantes de personal producidas en las diversas dependencias municipales como consecuencia de fallecimientos ocurridos y de expedientes que se instruyeron a varios funcionarios e empleados que fueron declarados destituídos por su actuación antipatriótica, así como las vacantes que puedan originarse todavía al aplicar los artículos 3º y 4º del Decreto 108 de la Junta de Defensa nacional de 13 de setiembre de 1936\". Desde a CP de 19 de novembro de 1936 até a celebrada o 14 de xaneiro de 1937 foron destituídos 25 funcionarios en aplicación do citado Decreto, segundo recollen as actas. O Pleno municipal de 21 de decembro de 1936 facía un primeiro balance desa represión, que o alcalde Fuciños xustificaba así, como recolle a acta: \"Relajado el principio de autoridad por la nefasta actuación del Frente Popular, tuvo especial cuidado la Delegación Militar primeramente y luego el Alcalde y la Comisión Gestora Municipal Permanente, robustecer por todos los medios el concepto de autoridad. Hoy se pude decir que la disciplina social más completa impera en la vida coruñesa. Disciplinado plenamente el personal, trabaja con eficacia y su rendimiento es completo. En estos cinco meses se produjeron en el mismo 122 bajas, de las cuales se cubrieron interinamente 37\". Para os fascistas a represión era un arma fundamental para conseguir a \"prosperidade\" Para os fascistas a represión era un arma fundamental para conseguir a \"prosperidade\", como sinalaba o alcalde Martín-Barbadillo na CP de 18 de febreiro de 1937: \"Debido a las actuales circunstancias por que la Patria atraviesa, la Autoridad Militar se ve precisada á facerse cargo de todos los organismos y resortes de mando para normalizar la vida de los pueblos y encauzar con férrea mano la Nación á fin de conseguir la España pujante y próspera que todos ansiamos\". Detrás dunhas supostas irregularidades administrativas ou técnicas estaba, realmente, a depuración e represión política. Así, a CP de 14 de outubro de 1937 resolvía o \"expediente contra Enrique Villardefrancos Rodríguez como Director Médico de los Establecimientos de la Beneficiencia Municipal de La Coruña, con el fin de depurar su actuación político-social (Decreto 108 de la Junta de Defensa Nacional) por las irregularidades observadas en el Hospital Municipal antes y durante los primeros días del Glorioso Movimiento Nacional\". Nesa mesma CP, o expediente a Antonio Montiel Cacharrón, oficial de administración de primera clase, sinala \"que está en suspensión de empleo y sueldo con motivo del sumario que se le instruye por irregularidades cometidas en la exacción del timbre municipal, por si pudiera estar incurso en disposiciones emanadas de la Junta de Defensa Nacional\". Na CP de 3 de marzo de 1938 quedaba claro na resolución do expediente que a represión era por motivos políticos: \"El Señor Montiel fue muy afecto al Frente Popular; perteneció al Partido de Unión Republicana; fu iniciador de una suscripción abierta para pagar al funcionario municipal César Alvajar (procesado por la Jurisdicción de Guerra) los sueldos que no percibió durante la sustantación del sumario, y se le considera desafecto al Glorioso Movimiento Nacional, habiendo sido como tal recientemente encarcelado por orden gubernativa\". A CP de 14 de outubro de 1937 aprobaba a destitución de Antonio Tenreiro Rodríguez, arquitecto municipal. A acta da CP de 4 de novembro de 1937 tentaba xustificar o expediente aos arquitectos Antonio Tenreiro Rodríguez e Santiago Rey Pedreira como un tema profesional, para \"depurar sus responsabilidades en el desenvolvimiento de su función técnica\", pero un oficio do Gobernador Civil de data 22 de setembro de 1937, comunicaba os verdadeiros motivos políticos da depuración de Tenreiro (\"antecedentes desfavorables de conducta\"), que concretaba: \"relaciones con significados elementos políticos del llamado Frente Popular y otros realizados con anterioridad al advenimiento del Movimiento Nacional, para menospreciar la gloriosa Bandera de España\". Os traballadores afectados por expedientes, sancións por motivos políticos ou destitucións, poderían superar os 200 Os traballadores afectados por expedientes, sancións por motivos políticos ou destitucións, poderían superar os 200. Para ocupar esas vacantes e favorecer os \"vencedores\", seguiron uns criterios políticos, deixando só o 20% para o turno libre. Así, para cubrir unha \"vacante de una plaza de Arquitecto Municipal encargado de la Zona Sur de este término\", o Pleno de 30 de abril de 1940 aprobaba que \"dicha plaza se proveerá por el turno de Caballeros Mutilados por la Patria; y si no se presentasen mutilados, se traspasarán de unos a otros cupos\". Concretaba as condicións: \"Los concursantes deberán acreditar ser de buena conducta, que justificarán con certificado del Alcalde del pueblo de su residencia; carencia de antecedentes penales, que probarán con certificado del Registro Central de Penados y Rebeldes, e de ser persona de indudable adhesión al Movimiento Nacional y a las ideas representadas por éste\". Nese mesmo Pleno concretábase o número de prazas vacantes e a súa distribución, segundo a Orde de 30 de outubro de 1939. \"Cuerpo Administrativo, 8: Mutilados (2), Oficiales Provisionales o de Complemento (2), Ex–combatientes (2), Ex–cautivos, huérfanos y personas perjudicadas por la Guerra (1), Turno libre (1). Cuerpo Auxiliar Administrativo, 10: Mutilados (2), Oficiales Provisionales o de Complementos (2), Ex–combatientes (2), Ex–cautivos, huérfanos y personas perjudicadas por la Guerra (2). Turno libre (2). Vacantes de Subalternos, Guardias Municipales, Agentes Armados y Obreros Municipales, 191: Mutilados (39), Ex–combatientes (76), Ex–cautivos de la Causa nacional (19), Huérfanos y otras personas dependientes de las víctimas Nacionales de la Guerra y asesinados por los rojos (19), Turno libre (38)\". Alcaldes e concelleiros que participaron durante a ditadura franquista nesa represión contra os traballadores do concello da Coruña continúan con todo tipo de distincións: nomes de rúas, Fillos Adoptivos e Predilectos, monolitos, retratos en María Pita... Alcaldes e concelleiros que participaron durante a ditadura franquista nesa represión contra os traballadores do concello da Coruña continúan con todo tipo de distincións como nomes de rúas, Fillos Adoptivos e Predilectos, monolitos, retratos no palacio municipal de María Pita etc. Moitos concellos aprobaron xa unha serie de medidas: eliminación desa simboloxía franquista; anulación de todos os expedientes de sancións a traballadores; reparación desas vítimas do franquismo colocando na entrada do concello unha placa co nome das persoas asasinadas ou represaliadas; realización dunha homenaxe pública a todas elas. O concello da Coruña non pode quedar atrás. Publicidade"}
{"ID": "NOS_37469", "summary": "Durante o programa que se desenvolveu na Coruña.", "text": "A Coruña foi o emprazamento elixido polo programa 'Masterchef celebrity' de TVE para o seu concurso en exteriores desta semana. Un concurso que rematou con malestar e irritación en parte da audiencia galega que seguía o programa polo que consideraron unha \"burla\" do sotaque galego por parte dos 3 xuíces do programa. Nun momento do concurso, e para elixir os seus respectivos equipos, estes xuíces decidiron realizar unha proba: vender percebes como entenden que o faría un veciño da zona. E aí optaron por 'imitar' o que consideran o acento galego, o que non gustou en parte dos espectadores, que axiña lles recriminaron a través das redes sociais o que estaban a facer. \"Que decepción de programa! O trío caveira ( jordi, samantha e pepe) burlándose do acento galego\", \"Levei unha decepción despois da broma do acento galego da proba de hoxe na Coruña\", ou \"O acento galego podiádesvolo aforrar, unha pésima burla. Non imitades o acento en ningún sitio. Tocámosvos nunha tómbola?\", foron algúns dos comentarios. Até A Mesa mostrou o seu malestar polo sucedido: \"Esta canle pública @rtve), pagada por todas nós, que só se emite un 0,52% de galego ao día, estas imaxes coméntanse soas!\". Me parece fatal la burla que habéis hecho de nuestro acento. Cuándo vais a Cataluña o País Vasco no hacéis eso.Sí queríais hacer algo en nuestra lengua, haberos aprendido unas frases en gallego y quedábais mejor.— Emma Rey (@Emma_con_2M) October 4, 2021 Jordi, Pepe y Samantha hoy en @MasterChef_es \"imitando\" el acento gallego ha sido de lo más patético e insultante que he visto en la tv, aún encima en la pública. Sospecho, además, que con otros acentos no se atreverían.— Sietedeoctubre (@sietedeoctubre) October 4, 2021 El único capítulo de masterchef q veo en años y literalmente se han cagado en el acento gallego q putos cuñaos— KabraPunkarrⒶ🏴 🌻 (@cesarn1000) October 4, 2021 ‼️ Na canle pública (@rtve), pagada por todas nós, que só se emite un 0,52% de galego ao día, estas imaxes coméntanse soas! pic.twitter.com/1Itfn4uSL5— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) October 5, 2021"}
{"ID": "NOS_24578", "summary": "Feixoo compareceu no Parlamento para dar conta da xestión da pandemia da Covid. A súa mensaxe foi sinxela: non se pode facer mellor e, para mostra de que se pode facer peor está o Goberno español.", "text": "Núñez Feixoo compareceu hoxe no Parlamento da Galiza a petición do BNG para dar conta da xestión da pandemia da Covid, que xa matou máis de mil persoas no noso país e que na actualidade mantén o nivel de casos activos por volta de 9.900. O presidente é can vello. Sabe que a este tipo de comparecencias hai que ir sempre con 3 ou 4 titulares para que medios amigos transmitan o que ao Goberno galego lle interesa que se transmita, lástima fóra. Ademais, hai que levar tamén unhas cantas críticas e acusacións a outras Administracións para facer de 'cortina de fume'. Principiou a súa exposición como se agardaba e como, de certo, indicarían as casas de apostas se houber apostas sobre como iniciaría Feixoo este debate: Incidindo en que os dados da Galiza son moito mellores que os da maioría do resto do Estado. É un argumento que adoita empregar o presidente nas sesións de control na Cámara ou nas intervencións no Pleno. Como unha mensaxe subliminal, ou non tanto, aos galegos: \"Pobre de vós que vos tocase ser gobernados polos outros\". Non levaba nin 5 minutos de intervención e xa apuntou cara 600 kilómetros: \"Preocúpame a actuación do Goberno central\" na pandemia, dixo. Apuntou coa vista posta tamén a 600 Km, en Madrid, por cuxas tertulias e faladoiros gosta de ir e onde se lle teima en presentar como o centro dereita razoábel e centrista. Promesas Feixoo sinalou 3 obxectivos do seu Goberno: evitar o aumento da presión hospitalaria, evitar un segundo confinamento total e atender as persoas máis vulnerábeis. Falou entón de EPis compradas, euros gastados en material, louvou o esforzo do persoal, minimizou o impacto do CVovid no ensino e anunciou, atención, \"un sistema de \"autodeclaración\" ante o Sergas para persoas que son contacto dun positivo\". Como lle retrucou a portavoz do BNG na súa quenda: \"anuncia que a poboación galega se rastrexe a si mesma\". Intervención a da nacionalista da que non gostou o presidente: \"Non vin facer máis demagoxia en 10 minutos\". Mais Feixoo tiña otros anuncios preparados: a detección temperá a través das augas residuais das residencias de anciás da presenza de Coronavirus, por exemplo. Non desaproveitou o presidente a oportunidade para a súa teima particular nas redes sociais nestes días: acusar o Goberno español de ser \"inactivo fronte á Covid\" mentres é \"hiperactivo no que fragmenta a sociedade\", referíndose á \"exclusión do castelán como lingua vehicular no ensino\". Recupera Feixoo o argumentario dos sectores sociais máis excluíntes a respecto das linguas cooficiais do Estado. \"Que fixo?\" A portavoz do BNG, organización que solicitou a comparecencia, lembrou que a pandemia xa superou os mil falecementos na Galiza e que estabamos diante da \"situación máis difícil das últimas décadas\", polo que recomendou menos triunfalismo do Goberno galego. Reprochou que despois de 8 meses de pandemia haxa campos nos que non se avanzou. \"Que fixo no ámbito sanitario para anticiparse?\", preguntoulle, lembrándolle os \"10 anos de recortes na sanidade\". Ana Pontón puxo o dedo sobre cuestións como a opacidade en torno aos rastrexadores, a baixada na realización de PCR ou a situación das residencias, con especial atención ao que se denunciou na de Salvaterra do Miño. Tamén incidiu na ausencia de \"compromiso\" do Goberno galego para con aqueles sectores máis golpeados pola crise, como comercio e hostalaría; ou por unha política de Covid no ensino que se basea, resumiu, en que \"cada centro se busque a vida\". A nacionalista quixo tamén tender a man do BNG para procurar solucións e `propostas á pandemia. Presentou un decálogo de medidas, entre as que se inclúen un plan de reforzo de sanidade pública. Dotación de máis persoal e medios ao ensino ou un plan de rescate para os sectores económicos máis afectados. \"Improvisación\" Gonzalo Caballero, do PSdeG, criticou a \"improvisación\" de Núñez Feixoo nesta pandemia e a súa teima de acusar sempre e de cargar contra o Goberno do Estado. Exixiulle transparencia e, como Pontón, incidiu na redución de PCR nestes días: \"Fixéronse 60.000 nos últimos 15 días fronte ás 125.000 dos 15 anteriores\". \"A intervención vai na súa liña, buscando excusas\", reprochoulle o socialista, que tamén sacou a opacidade sobre os rastrexadores e lembrou cando falaban de 6.000, \"unha fake news\". A falla de apoio económico aos sectores económicos máis afectados pola crise derivada da pandemia tamén foi criticada polo socialista, que lle reprochou que \"se escape das súas responsabilidades\"."}
{"ID": "PRAZA_20319", "summary": "No 2016 os pensionistas galegos recibiron unha media de 1.019 euros mensuais, fronte aos 741 das mulleres. As contías que reciben as persoas que se acaban de xubilar levan dous anos conxeladas. Consulta neste mapa interactivo o importe medio das pensións por concello", "text": "Consulta neste mapa interactivo o importe medio das pensións por concello A fenda de xenero nas pensións non só non diminúe, senón que nos últimos anos non deixou de aumentar en Galicia. En 2016 o importe medio cobrado polos homes pensionistas foi de 1.019 euros mensuais, fronte aos 741 das mulleres, unha diferenza de 278. En 2011 a marxe era de 238 euros (905 e 667 euros). A media global situouse en 2016 nos 880 euros, para un total de 658.806 pensionistas residentes en Galicia. As maiores diferenzas nos importes percibidos por homes e mulleres pensionistas danse na franxa de idade de 55 e 64 anos (homes: 1145 euros, fronte aos 796 das mulleres) e na dos 65 aos 74 (1.169 e 812), mentres que por riba dos 75 anos a fenda redúcese, polas menores contías recibidas por eles. Os datos do Ministerio de Emprego amosan que nas novas pensións de xubilación se mantén unha situación de conxelación dende hai dous anos. No conxunto de España, mesmo se aprecia un lixeiro descenso dende o ano 2015, mentres que en Galicia os datos apenas variaron nos últimos 24 meses."}
{"ID": "NOS_30643", "summary": "A Plataforma Eiquí Eólicos Non impulsou unha andaina con recital poético para dar a coñecer os lugares máis afectados polos proxectos eólicos en Folgoso do Courel.", "text": "O Chao dos Lobos, lugar simbólico onde se vai instalar un muíño de 200 metros de altura, foi o sitio escollido pola Plataforma Eiquí Eólicos Non, para que confluíran as dúas marchas da andaina reivindicativa e recital literario do que gozaron este sábado. As 150 persoas que responderon o chamamento da plataforma para \"defender a Serra do Courel e evitar a instalación dos macroparques eólicos\", dividíronse en dous grupos. Un saíu desde o alto do Couto e outro desde a aldea de Hórreos, no concello de Folgoso do Courel. Na andaina, indica o comunicado, \"participaron veciños e veciñas do Courel e do Bierzo e achegáronse numerosas persoas de diversos lugares da Galiza afectados por outros macroeólicos, como da Plataforma Monfero Di Non, de Cerceda, de Ferrol, de Cerdido ou da Rúa\". No percurso do roteiro impulsado pola entidade, que entregou mais de 5.000 alegacións contra os Parques Eólicos de Busmaior e Barxas-, pasaron polas zonas de impacto destes parques eólicos proxectados, cunha \"serie de charlas divulgativas sobre os valores económicos, naturais e socioculturais do territorio afectado\", explica a agrupación. O Chao dos Lobos, no monte comunal de Hórreos, onde se pretende instalar un dos muíños eólicos, está \"a poucos metros da recentemente declarada Microrreserva de Orquídeas, un dos espazos protexidos desta comunidade xunto cunha Masa Consolidada de Frondosas Autóctonas de 80 hectáreas\", detalla. Alí, comezou o recital poético, no que participaron Urbano Arza, Xesús Manuel Marcos, Miguelanxo Lar e Tegra Romeo Veiga. A plataforma, composta por unha ducia de asociacións, xa anunciou \"unha próxima actividade para recuperar o camiño que une Vilafranca e Lugo, entrando á comarca courelá por Visuña, unha das aldeas afectadas polos macroeólicos\", o camiño \"tradicional\" entre o Bierzo e o Courel."}
{"ID": "NOS_52945", "summary": "As dúbidas sobre os tempos, a xestión e a contía dos fondos recollidos no denominado Plan de recuperación continúan. A xuntanza de Pedro Sánchez e a presidenta da Comisión Europa, Ursula von der Leyen, cos mandatarios autonómicos adiantou algunhas liñas, mais non serviu para clarificar as cuestións chaves do programa.", "text": "O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, anunciou na XIII Conferencia de Presidentes que aproximadamente o 50% dos proxectos financiados a cargo do Plan de recuperación serán xestionados polas autonomías, porén a contía destas propostas representan unha parte reducida das axudas. Segundo Sánchez, a capacidade de participación destas estarán limitadas a aqueles aspectos \"onde a Constitución recoñece competencias ás autonomías. Será nestas áreas onde as comunidades poidan executar os proxectos e programas que presentan e sexan aprobados\". Sánchez sinalou no cumio que os Executivos autonómicos poderán impulsar proxectos ou programas en materia de vivenda, educación, políticas sociais, políticas activas de emprego ou medio ambiente. Neste sentido, destinarán á rehabilitación de vivendas 4.300 millóns, a biodiversidade 2.500 millóns, a coidados e igualdade de oportunidades 2.000 millóns e a dixitalización 600 millóns. Así e todo, as fontes gobernamentais recoñeceron que estas cifras non son definitivas, xa que se descoñece con exactitude a contía total das liñas de asistencia económica. A respecto do total das axudas solicitadas polo Executivo estatal, Sánchez anunciou, na reunión, a vontade de demandar a totalidade dos 140.000 aprobados na reunión do Consello Europeo de xullo, rectificando o criterio enunciado a semana pasada. A presidenta da Comisión Europa, Ursula von der Leyen, quen estivo presente na xuntanza telemática, manifestou o apoio da UE ao Estado español, nun momento onde as autoridades comunitarias e algúns países como Alemaña ven con moita preocupación a súa situación e mesmo a súa posíbel quebra. \"Europa está con vostedes\", afirmou Von der Leyen, quen destacou que un terzo dos investimentos servirá para financiar as liñas do Pacto Verde europeo e expresou o seu convencemento en que o Plan de recuperación poida impulsar unha \"década dixital\". A dirixente comunitaria felicitou Sánchez pola súa decisión de modificar a lexislación en materia de contratos e subvencións públicas para avanzar na colaboración público-privada. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, aproveitou a reunión para expor \"o traballo realizado até agora pola Galiza, cunha proposta de máis de 100 proxectos xa enviada ao Goberno e que suporía unha mobilización de máis de 9.400 millóns de euros\". Nesta liña, afirmou que \"é necesario un programa de proxectos tractores da nosa economía vinculados á innovación, ao medio rural e á transición ecolóxica e que podería encaixar nos obxectivos da UE\". \"Hai que recoñecer que estes criterios son aínda descoñecidos e a maioría dos presidentes autonómicos sinalámolo\", destacou. A este respecto, a principal formación da oposición, o BNG, criticou os criterios da Xunta da Galiza e apostou en facer chegar as axudas aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas. O presidente galego recoñeceu, en relación cos fondos, que \"estamos aínda sen criterios tanto europeos como españois, aínda que hai algúns parámetros xerais que coñecemos\". Defendeu un reparto atendendo \"a criterios transparentes e obxectivos\". \"É necesario un deseño que combine tres aspectos: concorrencia competitiva sen arbitrariedade, proxectos de viábeis e de futuro e que se garanta unha recuperación simétrica das diferentes rexións europeas, tendo en conta a demografía, a renda per cápita ou a dispersión da poboación\", salientou Feixoo. Ao tempo, confirmou que a chegada dos fondos se atrasaría até finais de 2021, se ben non entrou a valorar as consecuencias da demora na súa chegada en relación coas previsións iniciais do Executivo. Feixoo continuou sen concretar o contido da totalidade dos proxectos presentados pola Xunta da Galiza e apuntou á vindeira semana para facelos públicos, mais destacou \"a totalidade dos vinculados á viscosa, pola especial importancia dos sectores da madeira e o do téxtil na Galiza\" e os do \"impulso da economía circular relacionado coa produción láctea e os residuos gandeiros\". Segundo algunhas fontes, após a proposta da viscosa atoparíase a compañía Ence, propietaria da fábrica de celulosa de Pontevedra, e tras a planta de hidróxeno anunciada por Feixoo, Liberty House, a multinacional interesada na factoría de Alcoa de San Cibrao (Cervo). Outra das propostas estaría impulsada polo grupo Inditex, co obxectivo de ampliar e mellorar a dixitalización dalgúns dos seus centros de produción na Galiza. O plan de reformas enviado a Europa O mesmo día en que Pedro Sánchez, acompañado da mandataria europea Ursula von der Leyen, compareceu na XIII Conferencia de Presidentes para dar conta das liñas do Fondo de Recuperación, deuse a coñecer o programa de reformas enviado polo Goberno español a Bruxelas para poder acceder ás liñas de axudas europeas. A proposta remitida polo Executivo español ás autoridades comunitarias recolle boa parte das mudanzas lexislativas que a Unión Europea lle tiña solicitado ao Estado no marco dos semestres remitidos nos últimos tres anos. Así, entre elas destacan a renuncia a derrogar a reforma laboral aprobada polo Partido Popular ou a modificación do réxime de pensións na perspectiva de alongar a duración da idade laboral. A Comisión Europea e os Estados membros da UE terán a última palabra sobre as mesmas."}
{"ID": "NOS_33744", "summary": "O quimiqueiro continúa na costa de Ares á espera dun novo intento que terá lugar ás 14 horas.", "text": "O barco quimiqueiro Blue Star, con bandeira de Malta, continúa embarrancado na costa de Ares logo de fracasar un novo intento esta madrugada de Salvamento Marítimo en colaboración coa Marina Mercante e Capitanía Marítima para rescatalo. Fontes oficiais indicaron que este domingo haberá outro intento cara as 14 horas. O buque embarrancou na noite desta sexta a sábado na costa de Ares. En concreto, entre as praias de Barrosa e A Canteira, na zona de Punta Miranda. Segundo Salvamento Marítimo, a tripulación do buque está en bo estado e a bordo. O barco foi construído en 2011 e ten 128 metros de eslora e 19,5 de manga. O barco dedícase a transporte de produtos químicos e petroleiros se ben no momento de embarrancar non levaba carga a bordo."}
{"ID": "NOS_31151", "summary": "O xurado destaca o traballo deste investigador, de \"elevada complexidade\", polo emprego de \"técnicas novidosas\" e as súas múltiples aplicacións.", "text": "Diego Soto, egresado en Exeñaría Técnica Agroalimentaria e investigador da Universidade de Vigo, vén de recibir o Premio á Mellor Tese de Doutoramento en Ciencia do Solo que outorga a Sociedade Española da Ciencia do Solo. A tese aborda a partir de técnicas actuais \"un dos problemas da física de solos moderna, atopar ligazóns entre as propiedades físicas da rede porosa do solo e a capacidade deste para actuar como filtro\". O xurado destaca que \"aborda un campo de elevada complexidade\", emprega \"técnicas novidosas e de alta calidade que permiten comprender diferenzas asociadas ao manexo agrícola moitas veces postas de relevo, pero poucas veces evidenciadas como neste traballo\" e que ten un gran número de aplicacións. Soto compartiu a súa satisfacción. \"Estou moi contento de recibilo\" e asegurou que o galardón \"anima a seguir investigando neste campo\". \"Temos un equipo de investigación bastante potente\", afirmou a respecto dos seus compañeiros e compañeiras na universidade, José Eugenio López e Marcos Paradelo, aos que agradeceu o seu apoio. \"O ambiente de traballo é moi bo, e todo iso axuda\", agregou o investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo."}
{"ID": "NOS_4634", "summary": "O número de postos de traballo directos caeu nun 4% en 2014, de 19.000 a 18.150, segundo dados do Cluster.", "text": "O sector galego da automoción pechou o 2014 cun descenso en facturación do 2,8% a respecto de 2013 e cunha queda no emprego do 4%, segundo os dados facilitados polo Cluster da automoción de Galiza (Ceaga), integrado por 106 empresas. Este sector achega o 12% do emprego industrial directo de Galiza. En 2014 este sector moveu 7.600 millóns de euros e despediuse do ano con 18.150 postos de traballo directos, case 900 menos que a comezos. Así pois, e de media, dous empregos menos cada día. O 73% da súa facturación procede das exportacións, sendo os principais mercados Europa e América."}
{"ID": "NOS_137", "summary": "A capital galega reúne referentes internacionais do cinema de autoría.", "text": "Este domingo finaliza en Santiago de Compostela a 19ª edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. O certame, organizado polo Concello de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e o Instituto Cinematográfico e das Artes Audiovisuais (ICAA), é unha das citas cinematográficas máis importantes da Galiza. O festival Curtocircuíto trae cada ano á capital do país propostas artísticas a nivel internacional. Neste sentido, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou durante a presentación do programa que a cultura debe ser \"unha ventá aberta ao mundo, un espazo de liberdade e creatividade no que convivir uns de outros\". Unha máxima que o certame defende como eixo fundamental tanto na escolla da nómina de artistas e propostas cinematográficas que participan en cada edición, como no deseño organizativo do evento. Pilar Palomero inaugurou o festival La maternal, peza audiovisual da directora Pilar Palomero, foi a encargada de abrir o Curtocircuíto o pasado día 1. Após o seu paso polo Festival de San Sebastián, a segunda obra de Palomero chegou a Compostela para ser estreada na Galiza. A cineasta sacou á luz en 2020 o seu primeiro traballo, Las niñas. Unha longametraxe que obtivo catro premios Goya á Mellor Película, Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal e Mellor Dirección de Fotografía. A propia Pilar Palomero asistiu á proxección de La maternal no Teatro Principal para, a continuación, impartir unha sesión maxistral aberta para o público asistente. Cinema de autoría e novas linguaxes O Festival Curtocircuíto aséntase sobre as bases do cinema de autoría, as linguaxes contemporáneas e as \"artes vivas\". A organización do certame intenta deseñar unha \"experiencia de inmersión\" a través de distintos niveis, que van desde as actividades centradas no ocio e na diversión dos espectadores e espectadoras, até outras que abordan a cultura cinematográfica desde o pensamento e o debate. Todo co obxectivo de \"xerar unha experiencia presencial que non pode ser substituída por visualizacións domésticas en plataformas VOD (video on demand en inglés) nin noutros espazos dixitais\". En canto as diferentes seccións que conforman a programación do certame cinematográfico, a organización volveu apostar pola combinación de directores e directoras galegas con nomes do panorama estatal e internacional. Exemplo disto é a sección 'Explora', unha das máis recoñecidas do Curtocircuíto, que nesta edición contou cos nomes de Lois Patiño, Deborah Stratman, Sasha Litvintseva, Pedro Maia, Ben Russell, Peter Tscherkassky e Joseph Wilson, entre outros e outras cineastas. Homenaxe a Eugenio Granell O Festival Curtocircuíto tivo tamén un espazo especial dedicado a homenaxear o artista Eugenio Granell, nado en Compostela en 1912. O 2 de outubro o Teatro Principal acolleu o ciclo Film Granell. A nova restauración da obra cinematográfica de Eugenio Granell, no que o público acudiu á proxección de varias longametraxes dirixidas polo creador entre 1960 e 1980. As películas foron recuperadas pola escola Elías Querejeta Zine Eskola en colaboración coa Fundación Eugenio Granell. Todd Solondz visita hoxe o festival Curtocircuíto A programación do festival Curtocircuíto ten marcado para hoxe, como unha das principais actividades, un ciclo deseñado polo cineasta Todd Solondz, que recolle longametraxes de Kenneth Anger, Paul Bartel, Satyajit Ray, Robert Butler, Paul Morrisey, George Waggner e Herschell Gordon Lewis. Ademais, o propio Solondz estará presente en Santiago de Compostela para manter un encontro co público. Terá lugar tamén hoxe, ás 17.30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)."}
{"ID": "NOS_39901", "summary": "Por tan só catro votos salvou esta quinta feira o Goberno de coalición o decreto que aproba un novo complemento á pensión de maternidade e amplía o acceso ao Ingreso Mínimo Vital. Non é a primeira vez que PSOE e Podemos logran salvar pola mínima as súas propostas, agora fano ademais con tensións agravadas no seu seo.", "text": "O Congreso validou por catro votos de diferenza o decreto polo que se aproba un novo complemento á pensión por maternidade e que facilita o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) de colectivos vulnerábeis. Votaron a prol PSOE, Podemos, Junts, BNG, Compromís; e optaron polo 'non' PP, Vox, Cs e PNV. \"Trátase dunha política máis xenerosa, máis progresiva e mellor deseñada para corrixir a fenda de xénero nas pensións no medio e longo prazo. Cun incremento orzamentario adicional de 40 millóns, ampliamos 30% o número de beneficiarias e concentramos o efecto nas rendas máis baixas\", explicou esta quinta feira o ministro José Luis Escrivá. Segundo puntualizou, \"para as pensións de menos de 12.600 euros, o incremento é de 80%, mentres que para o resto de tramos permanece con escasos cambios\". Afirmou tamén que co decreto poderán acceder ao IMV os 60.000 fogares aos que se lle denegou por non cumprir o requisito de unidade de convivencia, facilitando agora o acceso a \"persoas con residencia itinerante, sen fogar, temporeiros ou que comparten vivenda\". O decreto tamén recoñece a Covid-19 como enfermidade profesional no persoal sanitario. Desde o PP expresaron a súa oposición porque, ao seu xuízo, prexudica as mulleres con dous fillos e as familias numerosas. O BNG mostrou o seu apoio pese a non lles convencer o decreto, pois a proposta do Bloque é subir as pensións mínimas até equiparalas co Salario Mínimo Interprofesional para acabar \"coa fenda territorial e de xénero\". ERC, Bildu e CUP abstivéronse, reclamando \"respecto competencial\" e advertindo de que o novo complemento de maternidade é \"moi cativo\". Non é a primeira vez que o Executivo aproba pola mínima un decreto. Hai pouco foi a abstención sorpresa de Vox a que deu luz verde ao decreto dos fondos europeos. Ao Executivo cústalle cada vez máis reter o apoio das forzas que permitiron a investidura, e as tensións medran no seo do Goberno entre PSOE e Podemos, agravadas coa lei Trans e coas críticas de Pablo Iglesias a eivas democráticas do Estado, no medio das mobilizacións de protesta pola detención de Pablo Hasel. O PSOE gaña vantaxe sobre Casado após as confesións de Bárcenas O barómetro de opinión realizado en febreiro polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) volve situar o PSOE á cabeza, que gañaría as eleccións se fosen hoxe cunha estimación de voto de 30,7%, mesma puntuación que recibiu no estudo de xaneiro. Iso si, agora ampliaría a case 12 puntos porcentuais a súa vantaxe sobre o PP, que queda en 18,8%, tras baixar case dous puntos nun mes. En terceiro lugar sitúase Vox (13,6%), con medio punto máis que no mes anterior; seguido de Unidas Podemos (11,2%), con medio punto máis que en xaneiro. Iso si, segue por baixo do 12,84% que obtivo nas últimas eleccións estatais. Ciudadanos repite na quinta posición con 9,3%, mesma porcentaxe que en xaneiro. No campo do nacionalismo, a forza que sobe é o BNG, que aumentaría a 0,7% en intención de voto, 2 puntos porcentuais máis que no mes anterior."}
{"ID": "NOS_33985", "summary": "'Rock in Riot' combinou festa e luta em uma grande mobilização para defender uma Lisboa para as pessoas, não para os negócios.", "text": "Centenas de pessoas desfilaram este sábado 24 de março entre a Alameda e o Largo do Intendente de Lisboa num protesto contra a especulação imobiliária e a gentrificação da capital portuguesa. O protesto reuniu associações de moradores e pelo direito à habitação, com reivindicações como \"A cidade para quem a habita\" ou \"Luz, casas, água\" ou \"Não somos especuladores, somos espectaculares\". \"A manifestação tem vários objectivos, mas o principal é reclamar o direito à cidade e à habitação. Tem a ver com os inúmeros despejos que têm acontecido e com o processo de gentrificação do centro da cidade, bem como com o policiamento nas periferias e privatização dos espacos públicos, como o teatro Maria Matos\", explicou aos medios Sara Dias, elemento da organização do protesto. Uma mobilização popular, afirmam participantes, em torno a temas que preocupam em Lisboa como a especulação imobiliária, a ocupação do espaço público e em particular os preços da habitação, que são incomportáveis para a maioria da população. \"A manifestação tem vários objectivos, mas o principal é reclamar o direito à cidade e à habitação. Tem a ver com os inúmeros despejos que têm acontecido e com o processo de gentrificação do centro da cidade, bem como com o policiamento nas periferias e privatização dos espacos públicos, como o teatro Maria Matos\", explicou aos medios Sara Dias, elemento da organização do protesto."}
{"ID": "PRAZA_9945", "summary": "O luns 29 de abril o Parlamento celebrará o pleno extraordinario forzado pola oposición para votar a continuidade de Milagros Otero como Valedora tras a sentenza por desvío de poder no outorgamento dun posto a unha sobriña de Fraga", "text": "No Parlamento galego fálase dende hai semanas do ambiente político que ía imperar no pleno que toca celebrar inmediatamente despois das eleccións xerais do 28 de abril, inevitablemente condicionado polo resultado das urnas. Finalmente, en plena resaca electoral non só se celebrará o pleno ordinario que estaba previsto. Antes, o propio luns 29 de abril, desenvolverase un extraordinario para determinar se Milagros Otero continúa exercendo como Valedora do Pobo ou é destituída.O luns 29 de abril o Parlamento celebrará o pleno extraordinario forzado pola oposición para votar a continuidade de Milagros Otero como Valedora tras a sentenza por desvío de poder no outorgamento dun posto a unha sobriña de FragaNos primeiros días de abril Otero comunicou á Cámara galega por escrito a súa vontade de \"renunciar\" ao cargo cando os grupos parlamentarios se puxesen de acordo para substituíla. Fíxoo despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o seu recurso contra a sentenza na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba por \"desvío de poder\" o nomeamento como xefa de servizo na institución de María Puy, sobriña do falecido presidente Manuel Fraga, irmá do actual voceiro parlamentario do PPdeG e filla do catedrático de Dereito da USC Francisco Puy, de quen Otero foi \"discípula\" académica.Pero, como veu informando Praza.gal, Otero modificou a redacción desa renuncia apenas vinte e catro horas de formulala. Segundo acreditaron os servizos xurídicos do Parlamento, o xeito en que a tramitou \"non cumpre os requisitos\" legais para considerala unha renuncia real. Daquela, pode quedar no posto por tempo indefinido. Esta é a razón pola que os grupos da oposición impulsaron a convocatoria do devandito pleno extraordinario no que apenas nove meses despois, o PP terá que volver decidir se salva a Otero ou a deixa caer.Unha vez confirmado que se producirá a votación os populares evitan amosar as súas cartas en plena campaña do 28A. Segundo o seu secretario xeral e vicevoceiro parlamentario, Miguel Tellado, o da Valedora é \"un debate superado\" porque Otero puxo \"o seu cargo á disposición do Parlamento\" e agora o que \"toca\" é \"consensuar un nome para substituír tanto a esa persoa como ao adxunto ao Valedor\". Isto é, acordar dous nomes que conciten o mínimo de 45 escanos que marca a lei.O PP evita aclarar cal será o sentido do seu voto pero, entre eloxios á \"responsabilidade\" de Otero, advirte que o que \"toca\" é negociar o nome de quen a substituirá a ela e ao seu adxuntoPero o certo é que antes desas negociacións, a votación do luns obriga a unha decisión binaria sobre a continuidade de Otero, de quen Tellado eloxia o seu sentido da \"responsabilidade\". En Marea, PSdeG e BNG votaran pola súa destitución e só os votos do PP a poden salvar, como fixeron en xullo de 2018.Pola banda da oposición a situación é clara. \"Esta Valedora que antes de selo participaba en faladoiros de radio como simpatizante do PP non pode continuar no cargo un día máis\", afirma Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, para quen a actitude dos populares ante este caso xa pasou a liña de \"rir da xente\". Tamén o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga resalta que tras a confirmación da sentenza por \"desviación de poder ao amañarlle unha praza á irmá do voceiro do PP\" non queda outra saída que destituír a Otero, a quen a vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, atribúe un exercicio de \"nepotismo\" e \"caciquismo\" incompatible co cargo."}
{"ID": "NOS_29891", "summary": "O persoal da empresa alemá radicada en Narón foi chamado a unha folga indefinida contra o acordo que no Estado asinou CC.OO, que é rexeitado pola CIG.", "text": "Os 110 traballadores que ten a multinacional alemá BIS no centro de traballo de Galiza, localizado no polígono industrial naronés de Río do Pozo, secundarán a folga indefinida convocada polos representantes da CIG e CCOO na mesa de negociación como medida de protesta polo acordo asinado este xoves entre a dirección e mais os once delegados sindicais de Comisións no resto do Estado. Se ben BIS, adicada á instalación de andamios e illamentos, reduciu de 131 a 80 os despedimentos, non se coñece aínda en que medida afectará á delegación galega, que nun primeiro momento vería reducido nun terzo o seu plantel -41 rescisións de 110-. A partires de agora ábrese un prazo de adscrición voluntaria cunha indemnización de 26 días por ano traballado até un máximo de quince mensualidades. Rexeitamento Ademais, CCOO aceptou aplicar as táboas salariais de 2012 e cobrar as horas extraordinarias moi por debaixo do que marca o convenio provincial do Metal. Desde a CIG rexeitouse calquera recorte porque, ademais de vir de contratarse doce eventuais, se están a facer moitas horas ex"}
{"ID": "NOS_49127", "summary": "A Fegamp demanda información sobre a situación dos concellos e protocolos unitarios sobre o uso de máscaras.", "text": "A Xunta demandou ao Goberno estatal que utilice na Galiza o mesmo criterio de aplicación da orde de franxas horarias para saídas á rúa que se usa en Asturies, onde o límite a localidades de máis de 5.000 habitantes aplícase en núcleos de poboación e non en concellos. Así o trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios após a reunión desta terza feira do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado na Galiza pola epidemia do coronavirus COVID-19, no que tamén participa a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cuxo presidente, Alberto Varela, demandou á Xunta \"información\" por territorios sobre a situación sanitaria para mellorar a coordinación no proceso de desescalada. A Cecop, segundo o exposto por Alfonso Rueda, elevou unha consulta ante o Ministerio de Sanidade para que aclare por que en Asturies se aplica un criterio diferente ao da Galiza á hora de permitir que as saídas á rúa en poboacións de menos de 5.000 habitantes non deban rexerse polas franxas establecidas para evitar concentracións. \"Se seguísemos o exemplo de Asturias, case 50% dos galegos terían liberdade horaria, con todas as garantías sanitarias, para saír das súas casas. Pero, seguindo o criterio da Delegación, só 15% ten esta liberdade\", incidiu Rueda. Concellos Pola súa banda, en declaracións aos medios ao final da xuntanza, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, insistiu en que os concellos \"necesitan información\" sobre a súa situación sanitaria, ademais de protocolos unitarios \"claros\" sobre a utilización de máscaras e \"que papel\" terán que xogar as administracións locais na súa repartición. \"Agora que se expón por territorios a desescalada, para os alcaldes sería importante que a Xunta compartise a información para facer as previsións do que imos ter que facer os concellos\", incidiu o rexedor de Vilagarcía de Arousa, que subliñou a necesidade de \"compartir información para que as liñas de acción de cada administración sexan complementarias unhas con outras e non se perdan esforzos e recursos\". Cuestionado sobre o plan de expansión hospitalaria que contempla a Xunta para o proceso de desescalada, Varela sinalou que non se achegou información aos concellos, que insisten en reclamar á Xunta datos por zonas sobre a evolución da epidemia. Ademais, tamén incidiu en que as administracións locais reciban parte dos fondos extraordinarios habilitados polo Executivo estatal. \"Pedimos que nos sentemos todos nunha mesa a ver cales son as medidas a adoptar e cales son as previsións\", subliñou Alberto Varela, que considera prioritario abordar o impacto económico da crise."}
{"ID": "NOS_7542", "summary": "Entre 2002 e 2015 emigraron do país perto de 379.000 persoas, o equivalente á suma de todos os habitantes das cidades de Vigo e Pontevedra. Deses 379.000 galegos emigrantes, 279.000 fórono con destino a outros territorios do Estado español e 100.000 fóra del. Vén sendo o equivalente 14% da poboación total de Galiza. Como se, por exemplo, de Alemaña emigrasen 11 millóns de persoas.", "text": "Un país de apenas 2.719.000 habitantes perdeu como consecuencia da emigración e en pouco máis dunha década 378.870 persoas. O que equivale a 14 por cento da súa poboación. Como se Alemaña perdese neses mesmos anos por emigración 11 millóns de habitantes, Francia 9 millóns ou, máis perto, Portugal vise emigrar un millón catrocentos mil dos seus habitantes. Entre 2002 e 2015, e segundo dados do Instituto galego de estatística, emigraron perto de 379.000 galegos. Deles, 280.000 con destino a outros territorios do Estado español mentres que 99.000 tiveron que coller rumo a outros estados. Eses 378.870 habitantes que perdeu Galiza neses anos pola vía da emigración é equivalente á totalidade da poboación que teñen as cidades de Vigo (293.000) e Pontevedra (82.000) sumadas. Ou, por dar unha última comparación, máis que todas as persoas que viven na provincia de Lugo (336.000 habitantes). En 2002 emigraron 22.877 galegos, dos que 4.193 tiveron como destino países fóra do Estado español. Trece anos despois, en 2015, a emigración atinxiu 30.707 persoas no noso país: 10.714 deles marcharon ao estranxeiro e case 20.000 cara outras zonas do Estado. Dentro dese período, o ano no que máis xente emigrou de Galiza foi en 2013, cando marcharon case 31.000 persoas (como a poboación de Carballo, o undécimo concello con máis habitantes do país). E o ano no que máis galegos tiveron que marchar para o estranxeiro foi tamén 2013, con 11.739 persoas abandonando Galiza con destino a outros países. Pola contra, 2007 é o exercicio en que máis galegos emigraron a outros territorios do Estado, 22.722."}
{"ID": "NOS_50023", "summary": "Rosa Enriquez (A Rúa, 1969) presenta esta quinta 27 de setembro (Libraría Lila de Lilith, Compostela, 20:00 h) o seu ultimo libro 'Atlas de Chaguán' en compañía de Teresa Moure, Andrea Nunes e Alfonso Láuzara. Feminismo, crítica social, cinema... Un universo propio chamado Chaguán do cal nos fala nesta entrevista.", "text": "Dedícalle o libro a súa nai e fala das relacións diferentes...O libro tenta ser unha denuncia do patriarcado posto que estamos todos e todas educad@s nel. Afecta moitas veces ás relacións entre nais e fillas e entre nais e fillos. Eu falo da miña, posto que cando morreu meu pai o ano pasado puiden achegarme moito máis a miña nai e aceptar un pouco que eu, en moitas ocasións, estaba errada. Como tamén ela o estaba ao respecto de min. Véxome reflectida na protagonista de 'Brave', filla e nai cunha relación difícil até que se poñen unha no lugar da outra e decátanse ambas as dúas de que teñen prexuízos. Puxo un exemplo cinematográfico e no libro aparecen outros. Que parte de linguaxe cinematográfica ten a súa obra?Gústame moito o cinema e hai títulos de cine que me parecen representativos. Un exemplo é \"Lola rennt\" que aparece revisitado no libro. A idea de vivir con présas, determinada por unha sociedade capitalista que nos exixe a cotío producir e representar un papel de eficiencia. Os sentimentos, as amizades, as conversas tranquilas quedan a marxe. No libro hai tamén unha forte crítica social...Hai unha crítica á sobrevaloración dos obxectos na última parte do libro. Cousas que consumimos, a propiedade privada. Gústame o que dixo Alba Rico sobre as cousas necesarias, as cousas marabillosas como a arte e a literatura que acaban sendo unha forma máis de consumo: consumimos música, sexo, amor, amizade... Vivimos nunha sociedade líquida onde as cousas non permanecen e os obxectos tamén son así, como na obsolescencia programada. Igual que dura pouco un computador tamén acontece coas amizades entre as persoas, os amores... O sexo case non ten valor... Non sei... Paréceme duro.Convidei a Teresa Moure para a presentación porque me gustou moito o seu libro \"O natural e político\", sobre todo cando fala da importancia das conversas tranquilas que se perden coas crianzas, no traballo... Por iso penso que vivimos nunha soidade multitudinaria. Entendo o feminismo como un movemento de liberación que busca a igualdade entre as persoas Todo pode mercarse con dólares?Dólares, euros... Entendo que Estados Unidos é o emblema máximo do capitalismo. Permitiume ser máis explícita na condena a unha sociedade neoliberal que se agocha tras ese sentido común, do que tanto se fala, dunha crueldade infinita. Estase a ver agora cos recortes na sanidade ou na educación. Está moi estendida a idea de que é necesario recortar en todo. Hoxe hai xente que ten dereito a vivir e outra que non o ten. A loita das mulleres contra o patriarcado é un dos temas máis importantes desta obra?No libro hai moitos temas. En principio pode parecer denso mais ten unha serie de rexistros, ás veces coloquial, outras do cinema, outros narrativo, outras como de documental, polo que ten un ritmo menos denso o texto. A loita das mulleres está presente e considero que o feminismo é algo transversal, por iso aparecen tantos temas. Entendo o feminismo como un movemento de liberación que busca a igualdade entre as persoas. Non falo de sexos, non falo de xéneros... Falo de persoas. Afecta a educación, a maneira en que nos relacionamos homes e mulleres. É necesario procurar a liberdade de todas as mulleres, tamén daquelas que non participan do feminismo. Cando di : \"Aquelas que non cantan a pombas i frores aman a liberdade de todas as mulleres, tamén a das idiotas\" é unha crítica a certa poesía \"da beleza\"?Tamén. Esa literatura que se oculta da sociedade a través do \"boismo\" que oculta a profunda desigualdade social existente. Eu respecto a liberdade de toda persoa de escribir o que desexe, mais a min persoalmente interésanme máis, nos tempos que vivimos, @s que denuncian as inxustizas sociais. Aínda que entendo que existe tamén un valor na literatura que non é política. Emprega varios idiomas ademais do galego (inglés, castelán, francés)...O núcleo é o galego sempre. Eu son monolíngüe en galego mais fun castelánfalante. Gústame moito a frase de Sechu Sende que afirma que \"o novo galeg@ será neofalante ou non será\". Os outros idiomas aparecen por unha cuestión estética de investigar nas fronteiras das moitas posibilidades que a linguaxe ofrece. O castelán permíteme empregar a ironía e o sarcasmo e reflectir unha realidade lingüística de moitas persoas da forza castelanizadora que tivo sobre min."}
{"ID": "NOS_11410", "summary": "O sindicato denuncia a falta de compromisos da empresa con proxectos que garantan a viabilidade futura dos estaleiros públicos", "text": "As seccións sindicais da CIG en Navantia Fene e Ferrol volveron denunciar esta segunda feira o \"abandono\" da Dirección de Navantia, a quen acusan de \"boicotear e torpedear\" o potencial dos estaleiros e hipotecar o seu futuro. Para a representación sindical é o momento de actuar, aproveitando a elaboración dos orzamentos e a aplicación dos fondos europeos da Covid. \"Non podemos perder esta oportunidade, porque doutro modo Navantia Ría de Ferrol quedará hipotecada e discutida fortemente de cara ao futuro\", advertiu Marcelino Amado durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado por Xoán Rico, da sección sindical da CIG en Navantia Fene. Unha das principais demandas da CIG desde hai anos é a construción dun novo dique, unha infraestrutura \"irrenunciábel\" para Carenas, un departamento que, como denuncian, \"está nunha situación límite\". O investimento que require esta obra resulta moi cativo con respecto aos beneficios que produce ao largo do tempo, apuntou Amado, quen adiantou que a división de Carenas entrará en perdas este ano, \"algo inaudito desde hai décadas\". En situación similar está Turbinas, que pasou de ser departamento propio xunto a sistemas e motores en Cartaxena, a ser un mero taller máis de Ferrol, o mesmo que lle pode acontecer ao estaleiro de Fene. Segundo Xoán Rico, \"agora mesmo hai unha petición por parte de Windar de aumentar o espazo para almacenamento, pero non de traer para Fene outro tipo de actividade con máis valor engadido\". Neste senso, acusou Navantia de imporse autolimitacións e non apostar noutras alternativas á eólica mariña, \"como a mareomotriz\". En canto ás novas instalacións, denunciaron o abandono do proxecto de estaleiro co dique que había en 2017, que se substitúe agora por un taller de subloques cun investimento moi inferior. Tal e como apuntou Amado, ese investimento é vital para a supervivencia de Navantia na ría de Ferrol. \"É importante para poder competir en prazo e en prezo, non só para facer produtos para a mariña española, tamén para competir internacionalmente e de cara a ese proxecto europeo de fragata común, se non, quedaremos facendo partes do barco, como un simple taller e non como un estaleiro\", alerta."}
{"ID": "NOS_4447", "summary": "Fernández Davila afirma que presentarán unha emenda á totalidade porque \"seguen a ser unhas contas anti sociais, destinadas a cubrir a débeda mais non a satisfacer as necesidades dos cidadáns\".", "text": "Olaia Fernández Davila, portavoz do BNG no Congreso español, afirmou este mediodía após de coñecer os Orzamentos Xerais do Estado 2015 que hai tres cuestións \"moi graves\" nestas contas: a consolidación da perda dos dereitos sociais, do empobrecemento das maiorías socias e o feito de que son os orzamentos \"dos incumprimentos con Galiza\". Davila denunciou o baixo grao de execución dos Orzamentos enfatizando que \"unha cousa é o que se pón sobre o papel e outra moi distinta ver os graos de execución das partidas a final de ano\". Ilustrou as súas declaracións cuns dados: segundo a previsión de investimento para 2014 do sector público empresarial en Galiza, inicialmente de 1.127 millóns de euros, só está previsto investir o 74 por 100 (834 millóns de euros), tal e como se pode comprobar no proxecto de orzamentos. Tildou as cifras proxectadas de \"propagandísticas\" e de \"slogan publicitario\" que non se corresponde coa realidade dos graos de execución. Davila explicou que a sumatoria do programado para Galiza \"danos unha cifra de 1.379 millóns, un aumento de só un 2,5% aproximadamente en relación ao ano pasado. Hai que ten en conta\", recalcou, que \"Galiza perde peso no conxunto do estado ao pasar do 13,8 ao 12,4\", e falou dun orzamento estancado practicamente. Avanzou asemade que o BNG presentará unha emenda á totalidade ao proxecto de Orzamentos do Estado para 2015 porque \"seguen a ser uns Orzamentos anti sociais, destinados a cubrir a débeda pero non a satisfacer as necesidades dos cidadáns\"."}
{"ID": "PRAZA_5994", "summary": "28 de Junho tem que existir para encorajar a que cada pessoa com conduta afetivo-sexual \"nom correta\", cada pessoa que viva a sua sexualidade de maneira \"nom convencional\", faga o seu particular Stonewall contra aquelas forças que de umha maneira violenta perpetuam a opressom que sofre no seu quotidiano.", "text": "Stonewall e Manhattan som dous nomes ligados a Nova Iorque. Também muito ligados à luita polo respeito à diversidade sexual. Tudo começou no ano 1969, num 28 de Junho, no que as comunidades gai, lésbica e transgénero se enfrentarom fisicamente à mesma polícia neoiorquina que as assobalhava com a sua implacável e arbitrária perseguiçom. O cansaço provocado polas sistemáticas detençons sem motivo, malheiras e intimidaçons, fixo que aquele dia se desatara a rebeliom nas ruas vizinhas ao local Stonewall Inn, sediado na Christopher Street de Manhatan. Fazendo umha viagem a travês do oceano e o tempo, um outro episódio referencial na luita polos direitos dos gais, as lesbianas e os transgéneros na Galiza achamo-lo num Manhattan que se encontra na Corunha, concretamente na Praça de Ponte Vedra Mas quando eu decidim pôr-lhe o título que figura aí acima a este artigo, refero-me a um Manhattan que está a miles de kilómetros do Stonewall Inn. Fazendo umha viagem a travês do oceano e o tempo, um outro episódio referencial na luita polos direitos dos gais, as lesbianas e os transgéneros na Galiza achamo-lo num Manhattan que se encontra na Corunha, concretamente na Praça de Ponte Vedra. No ano 1980, e para protestar pola expulsom em dias anteriores de dous homens pola sua tendência homossexual daquele exclussivo local corunhês (ainda hoje frequentado por alta burguesia e pessoal vinculado às esferas do poder) dúzias de pessoas entravam no café assim chamado para pedir consumiçons e posteriormente ir embora sem as pagar. Este \"plante\", foi o primeiro ato massivo em apoio a pessoas homossexuais objecto de algum tipo de discriminaçom ou agressom que se conheça na cidade herculina. 28 de Junho é umha data para a luita, sem excluír a festa, mas sem perder de vista que se celebra conmemorando um levantamento contra a impunidade policial e polo direito a existir em liberdade O trajecto de Nova Iorque a Galiza, continua para nós, numha constante como referência. 28 de Junho é umha data para a luita, sem excluír a festa, mas sem perder de vista que se celebra conmemorando um levantamento contra a impunidade policial e polo direito a existir em liberdade, sem terror, sem coacçons. No periodo que vai de 1980 aos nossos dias forom bastantes os episódios nos que homossexuais, lesbianas, trans, seriam objecto de agressons na Corunha, com especial destaque para os atos de violência física e verbal procedente de polícia ou elementos reaccionários. Um cenário frequente destes episódios seriam os cantons, lugar de socializaçom habitual, sobre tudo para gais. Lá tenhem acontecido vagas de detençons e identificaçons e periodicamente, de agressons, às vezes dentro de \"campanhas de limpeza\" de grupos de extrema direita. Um período especialmente conflitivo forom os últimos anos da década de noventa. Nom quer dizer que hoje o problema acabasse. Enquanto nom houver igualdade perante a lei, enquanto houver espaços de atividade pública onde se censurarem certas condutas afetivas, enquanto a família for um dos principais cenários da repressom, a travesia de Stonewall a Manhattan deve continuar a ser praticada por nós, desde a nossa perspetiva revolucionária. Nom podemos permitir que o 28 de Junho se converta num circo onde cortem o bacallhau os membros de umha elite que nom necessita de Stonewall para nada. 28 de Junho tem que existir para encorajar a que cada pessoa com conduta afetivo-sexual \"nom correta\", cada pessoa que viva a sua sexualidade de maneira \"nom convencional\", faga o seu particular Stonewall 28 de Junho tem que existir para encorajar a que cada pessoa com conduta afetivo-sexual \"nom correta\", cada pessoa que viva a sua sexualidade de maneira \"nom convencional\", faga o seu particular Stonewall contra aquelas forças que de umha maneira violenta perpetuam a opressom que sofre no seu quotidiano. Para que cada vez mais pessoas passem de agachar-se a rebelar-se. Vemo-nos no caminho...de Stonewall a Manhattan, próxima parada, a libertaçom sexual da humanidade!"}
{"ID": "NOS_7947", "summary": "A formación celebrou o seu I Congreso, onde se aprobou o balance de xestión, anunciaron a súa negativa a incorporarse ás Deputacións e tamén pediron unha lista única galega para os comicios estatais do ano que vén.", "text": "Compromiso por Galicia (CxG) celebrou en Padrón o seu I Congreso Nacional, que escolleu de novo a Xoán Bascuas como secretario xeral co 100 por cento dos votos, que tamén foron maioritarios para aprobar o informe de xestión. Ao acto de clausura acudiron, así mesmo, delegacións de BNG, Anova e Cerna. Bascuas obtivo un apoio do 100% nunha clausura na que estiveron presentes BNG, Cerna e Anova Precisamente, as estas organizacións dirixiuse Compromiso para, no seu relatorio político, \"facer un chamamento aos galeguistas e nacionalistas para conformar unha candidatura unitaria nas vindeiras eleccións xerais para que Galicia a e o galeguismo teñan voz nunha máis que previsible reformulación territorial o Estado, unha necesidade de vital importancia\". Así mesmo, após un fondo debate, CxG decidiu \"non participar nas Deputacións por consideralas inútiles\", xa que logo, os representantes da formación non formarán Goberno nin participarán das institucións provinciais. A formación centra os seus esforzos nas municipais de maio que vén No seu discurso de clausura, Xoán Bascuas afirmou que \"vivimos momentos de cansanzo, indignación e carraxe. A situación económica, o desemprego, os recortes, a supresión de servizos sociais non contribúen máis que á crispación e ao discurso incendiario\", e ante isto, \"temos que propor transparencia, igualdade, Estado de Benestar, autogoberno e aire fresco á política. Porque somos quen de facelo\". Bascuas pediulle á militancia que centrase os seus esforzos \"nas municipais, a pé de obra\"."}
{"ID": "NOS_33725", "summary": "Marisol Bello denuncia a situación que está a vivir co seu pai ingresado no Centro Galego de Desenvolvemento Integral, xestionado pola Xunta da Galiza.", "text": "O pasado día 25 de xaneiro ao pai de Marisol Bello facíanlle un test de antíxenos e unha PCR e, ante o resultado positivo do primeiro, activábase na residencia San José de Arzúa o protocolo a seguir, \"Sanidade notifícanos o positivo e é a Xunta quen se encarga de trasladalo en ambulancia ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi)\", indican desde a Fundación San Rosendo, que xestiona a residencia. A Consellaría de Política Social pasa a tutelar este ancián de 92 anos e trasládano ao Cegadi ese mesmo día. \"Só nos informaron de que o ían trasladar a Santiago sen pedirnos consentimento algún\", comenta Bello en conversa con Nós Diario sobre o procedemento. \"Dous días despois de facerlle a PCR notifícannos que o resultado é negativo e o doutor indícanos diariamente o seu estado, que por aquel momento non tiña síntomas, mais non nos explica se lle van facer algunha proba máis\". Tan só unha semana despois, na única videochamada que puido facer co seu pai, \"vexo que nuns días adelgazou moito e está deteriorado; foi operado dun carcinoma no beizo superior e precisa axuda para comer, cousa que non estou segura de que o estean a facer\". Ante a preocupación, Bello pide máis explicacións sobre a situación de seu pai, \"na primeira semana a relación co doutor era moi agradábel, mais despois de queixarme pola falta de coidados que semella ter o meu pai e pola falta de seriedade que parece existir, a cousa cambiou\". Bello relata ao xornal que na primeira semana de estar o seu pai no Cegadi comunicáronlle que lle ían repetir a PCR, \"pero non recibimos ningunha notificación dos resultados, cando antes os recibiamos sempre dous días despois como moi tarde; o que nos fai pensar que non houbo tal proba\". O mesmo aconteceu a semana pasada, \"o doutor díxonos que o día 1 lle fixeron unha proba e que saíu positiva, pero unha vez máis non recibimos notificación algunha deses resultados\". Actualmente \"o meu pai, segundo a información que nos transmitiu o médico, ten algo de catarro e está con osíxeno e estamos a espera do resultado doutras probas\", indica Bello. O que máis lle preocupa é que \"unha vez máis, ignoraron as nosas peticións de videochamada con el baixo a explicación de que podemos ir alí visitalo, pedínlle a pasada sexta feira que me chamasen durante o domingo e pasou o día e non recibín chamada algunha\". Marisol Bello sinala que o seu pai non tivo que ser trasladado ao Cegadi, \"desde a residencia cometeron unha neglixencia, porque non esperaron a ter o resultado da PCR, que deu negativa, para movelo\" e \"agora terá que estar alí até o día 15, como mínimo\"."}
{"ID": "NOS_17816", "summary": "Causa Galiza interpreta o xuízo do 24 e 25 deste mes na Audiencia Nacional como un salto cualitativo do Estado fronte o independentismo. Temen que se abone o terreo de cara a \"ilegalizacións ou persecucións de organizacións e militantes independentistas\"", "text": "Este sábado, a partir das 19:00 horas, a Alameda compostelán acolle unha manifestación \"solidaria\" para cos catro independentistas galegos que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 de xuño. Antom S, Eduardo V, María O. e Roberto F. enfrentan unha petición de 64 anos de prisión. Desde Causa Galiza faise un apelo á cidadanía a tomar parte nesta mobilización e lembran a importancia de exercer a \"solidariedade activa\" pois é moito, apuntan, o que está en xogo. Así, sinalan que a novidade do proceso non reside tanto \"nas extraordinarias peticións fiscais\" como o de aposta do Estado \"por demostrar que en Galiza hai unha banda terrorista activa\", en referencia a Resistencia Galega. \"Hai que dar unha resposta ampla e plural frente ao xuízo e a perspectiva da ilegalización e/ou persecución de organizaciónsas, asociacións e militantes independentistas\" Aliás, engaden que se produce un \"punto de inflexión xurídico\" polo que se estaría a abonar o terreo de cara a \"posteriores procesos represivos\" contra o indipendentismo ou \"disidencia política\". Causa Galiza incide, así pois, en que a sentencia que saia dese xuizo na AN vai ser transcendetal e \"terá un alto contido político basado en criterios de eficacia na represión do independentismo\". Por todo iso, a plataforma soberanista apela aos \"axentes políticos, sociais e sindicais\" do nacionalismo, e non só do nacionalismo, a \"reaxir ante esta ofensiva\" e \"configurar unha resposta ampla e plural\""}
{"ID": "NOS_52644", "summary": "As primarias para elixir as candidaturas galegas de Podemos para o Congreso teñen como terreno de xogo non Galiza, senón o Estado. Isto significa que os votos de andaluces, estremeños ou cataláns -por exemplo- poden determinar a lista galega, sendo que a circunscrición destas primarias é estatal. No Senado, en troca, as e os candidatos galegos si se elixirán só na Galiza.", "text": "O método de escolla das candidaturas de Podemos ao Congreso é con moito o máis centralista de todos os que utilizan as forzas políticas con presenza na Galiza. As e os candidatos vanse elixir nunha circunscrición eleitoral única. Aquelas ou aqueles que obteñan maior número de votos resolverán ir nunha circunscrición provincial ou noutra (ou sexa Pablo Iglesias, presumibelmente o que lidere a votación, elixirá ir por Madrid). Isto significa que en teoría unha persoa de Murcia ben colocada polos votos dos eleitores dentro das primarias podemitas podería elixir ser candidato por unha provincia galega. Un sensentido político que, porén, é teoricamente factíbel. Perguntado a este respeito polo xornalista de La Voz de Galicia Carlos Punzón, quen especificamente o interpelou sobre se alguén de Soria podería ser representante da Galiza no Congreso, Pablo Iglesias dixo non concebir \"que non haxa galegos nas listas de Galiza ou cataláns na lista de aquí\". Mais a seguir aduciu que \"a xente en xerais non vota por un representante da súa provincia, están a votar un proxecto político\". En teoría unha persoa de Murcia ben colocada polos votos das e dos eleitores dentro das primarias podemitas podería elixir ser candidata por unha provincia galega Este método de escolla das candidaturas de Podemos ten erguido non poucas críticas no seo da organización na Galiza. Fontes consultadas por Sermos Galiza afirman que no partido dos círculos no noso país existe non pouco malestar co núcleo dirixente. \"Non entendemos o que están a facer Pablo e Íñigo [Errejón]. O lóxico é que as candidaturas galegas se elixan aquí\", afirman. Isto non significa en principio que se vaia producir unha rebelión a bordo da escadra podemita, e moito menos a tan poucos meses das eleccións xerais: a adhesión ao líder abafa finalmente calquer crítica. En todo caso, existe certa expectación polo que ao respeito poda dicer Pablo Iglesias na súa visita desta sexta feira ao noso país. O secretario xeral da forza emerxente aproveitará a súa estadía na Galiza para manter contactos con Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Fontes consultadas por Sermos Galiza afirman que no partido dos círculos no noso país existe non pouco malestar co núcleo dirixente A votación das candidaturas ao Congreso por circunscrición única foi votada pola cúpula do partido o pasado sábado e contou coa oposición da líder de Andalucía Teresa Rodríguez, ex dirixente de Esquerda Anti-Capitalista e unha das figuras da organización máis críticas con Pablo Iglesias. Tampouco tivo o apoio doutro dos referentes da formación que non fai parte da garda pretoriana do director de La Tuerka, Pablo Echenique. Echenique e Rodríguez concordan en valorar que o procedimento de votación en circunscrición única permite ao aparato controlar ferreñamente o proceso de conformación das candidaturas, o que se afasta do espírito orixinario do proxecto podemita, en teoría máis libertario e amigo da horizontalidade. Críticas desde Podemos-Euskadi O carácter aberamente centralista do procedimento provocou tamén as críticas, expresadas até de agora en círculos restritos, segundo recolle El Mundo, por parte do secretario xeral de Podemos Euskadi, Roberto Uriarte. \"Con este mecanismo podería ocorrer que a dirección de Madrid nos impuxese un paracaidista\", afirman fontes próximas a Uriarte. A resposta ás críticas por parte do aparato pode resumirse nunha frase pronunciada durante o acto de presentación destas primarias por parte de Íñigo Errejón: \"Esta é unha candidatura de país\", dixo quen virtualmente é o número 2 da organización. O núcleo dirixente alega tamén que as listas deixarán \"ocos\" para seren completados por persoas doutras organizacións -ou por independentes- naqueles territorios en que Podemos aspira a concorrer conxuntamente co que Monedero cualificou no seu día de \"Outra Cousa\", ou sexa, Galiza, Valencia e Catalunya [a marca sería Podemos máis o nome dalgunha plataforma, na entrevista de La Voz Iglesias falou da Marea Galega]. En Euskal Herria Podemos irá como Podemos. Alí non dou atopado \"outra cousa\" coa que ir."}
{"ID": "NOS_12629", "summary": "A crítica das sextas achéganos a Citizenfour, a historia de Edward Snowden que o noso crítico define como \"un documental de obrigado visionado para coñecer o mundo en que vivimos e indispensable para quen guste de teorías de conspiración\".", "text": "Ano: 2014 Duración: 114 min. Nacionalidade: estadounidense Directora: Laura Poitras Fotografía: Kirsten Johnson, Trevor Paglen, Laura Poitras e Katy Scoggin SINOPSE En xuño de 2013, Laura Poitras e o periodista Glenn Greenwald reúnense en Hong Kong con Edward Snowden para a primeira de moitas reunións que desvelarán un dos maiores escándalos do século. CRÍTICA George Orwell xa avisaba na súa obra 1984 a finais dos anos 40 dos perigos opresivos dunha sociedade controlada polas grandes esferas que observa sen pudor aos seus cidadáns. Unha advertencia? ou quizais deu ideas? Porque si amiguiñ@s... o Grande Irmán xa está aquí. E leva unha chea de tempo observando. Citizenfour, un dos documentais máis galardoados do ano pasado, pon sobre o tapete os mecanismos gobernamentais que avalan que ninguén está a salvo de seren vixiado. \"Citizenfour, un dos documentais máis galardoados do ano pasado, pon sobre o tapete os mecanismos gobernamentais que avalan que ninguén está a salvo de seren vixiado\". En xaneiro de 2013, Laura Poitras pretendía pechar unha triloxía de documentais arredor do 11-S e sobre os abusos da seguridade nacional: My Country My Country con nomeación a Óscar en 2006, e The Oath gañadora da Mellor Fotografía no Festival de Sundance de 2010. Tras estas dúas películas os servizos de intelixencia norteamericanos puxeron a Poitras no punto de mira, de aí que un analista informático da NSA (Axencia de Seguridade Nacional) empezou a enviarlle correos electrónicos cifrados baixo o alcume de \"citizenfour\" advertíndolle desta circunstancia. A correspondencia empezou a ser regular durante meses ate que un día combinaron un encontro en Hong Kong baixo unhas precisas instrucións. Alá foron ela e máis os xornalistas de The Guardian, Glenn Greenwald e Ewen MacAskill. Ese \"citizenfour\" resultou ser Edward Snowden, unha personaxe descoñecida ate a data. Cun caderno de notas, unha cámara e moitas preguntas, entrevistárono durante varios días dando lugar a incribles revelacións dunha trama de espionaxe cibernético internacional dos Estados Unidos non só contra os líderes mundiais, senón tamén sobre os propios cidadáns. Revelacións que eran retransmitidas ao mundo apenas unhas horas de seren coñecidas, o que lles levou a acadar o Pulitzer. Citizenfour nos desvela unha realidade da que todos intuíamos e escoitamos falar nos medios, pero ademais fai algo insólito, presenta de cerca ao mundo o lado máis humano e real dun informador. Alguén que soe estar na sombra. Pero aquí presenta a cara descuberta a Edward Snowden, un informático de apenas 30 anos con suficientes coñecementos como para ter o nivel máximo de acceso dentro dos sistemas de seguridade nacional dos Estados Unidos. Un home que viu en primeira persoa como a liberdade das persoas estaba minguando de maneira exponencial a medida que se ían desenrolando elaborados programas de espionaxe cibernético baixo os nomes de XKeyScore e PRISM, que implicaban de cheo a compañías como Microsoft, Facebook, Google, Yahoo, Skype, Youtube ou Apple que, loxicamente, se apresuraron en negar. É dicir, todo o mundo con acceso a internet controlado baixo un sistema de selección de palabras clave capaz de extraer milleiros de arquivos de audio, vídeo, fotos e emails nun só minuto. A maior arma de opresión de toda a historia. \"Snowden se coloca no lado oposto dos ditadores e decide desvelar esta trama, consciente sempre de que está a poñer en risco a súa vida e a dos seus seres queridos\". Snowden se coloca no lado oposto dos ditadores e decide desvelar esta trama, consciente sempre de que está a poñer en risco a súa vida e a dos seus seres queridos. E non é que Snowden fora un tipo solitario que lle importe todo un carallo. Non. Intuímos un tipo afable, con don de xentes, seguro de si mesmo e que ademais deixa atrás unha vida acomodada cun soldo de 200.000 dólares e unha namorada á que espera volver a ver algún día. Quizais neste punto nos asalte unha dúbida: que razóns podería ter entón para pór en perigo todo iso? Por que o fai? ...o aliñamento e o bombardeo sistemático de novas manipuladas polos medios pode facernos pensar así. A pregunta debería ir máis no sentido de: por que non se fixo antes? Por que non hai máis xente que o faga? Edward Snowden négase a colaborar nunha \"sociedade que fai ese tipo de cosas\". Non quere vivir \"nun mundo onde se rexistra todo\" o que se di. Quere un mundo onde se poida falar sen temor a que alguén estea escoitando. Coas novas tecnoloxías sabemos que iso non é posible e case que o damos por bo... Cada vez as leis están máis encamiñadas no control do que visitamos, o que vemos, o que compramos... Todos controlados. Controlados polo medo. O comunismo, o independentismo, as armas de destrución masiva... Ultimamente o conto vai polo xihadismo islamita. Andrómenas e mentiras manipuladas que anuncian diariamente nos medios para ter ao pobo caladiño e ben controlado. A historia de sempre... En fin, creo que me fun un pouco do tema. \"En decembro hai máis sobre Snowden, nada menos que da man de Oliver Stone. Promete... Mais como di o propio Snowden: \"eu non son a historia neste conto\". Volvendo a Citizenfour creo que lle sobran os primeiros 15 minutos de introdución. Están cheo de imaxes de arquivo algo inconexas e datos difíciles de asimilar que non cadran demasiado con que ven despois. Iso si, tras a interesante entrevista na habitación de hotel de Hong Kong, a cousa convértese nun auténtico thriller de espionaxe moito máis alucinante que calquera película de ficción. Abraia ver a calma coa que Snowden leva a situación cando recibe unha chamada anónima na propia habitación de hotel, dando a intuír que xa todos os medios de comunicación saben que está aí, e quen sabe se alguén máis. Calquera na súa situación poríase como mínimo algo nervioso, pero el nin sequera sufre unha inflexión na voz. Snowden mantén a calma. Calmo ate cando trata de urdir unha saída pola porta de atrás do hotel e nos momentos tensos en que trata de decidir se opta por Ecuador, Venezuela ou Islandia, os máis países seguros do planeta. Momentos moi reveladores sobre a situación mundial e sobre a personalidade de Snowden. Citizenfour non é o documental do século, pero si un documental de obrigado visionado para coñecer o mundo en que vivimos e indispensable para quen guste de teorías de conspiración... aínda que neste caso sexan temas probados. En decembro hai máis sobre Snowden, nada menos que da man de Oliver Stone. Promete... Mais como di o propio Snowden: \"eu non son a historia neste conto\"."}
{"ID": "NOS_7424", "summary": "O Movemento galego da saúde mental reclama \"visibilizar este grave problema de saúde pública, desconsiderado na súa importancia\". En 2014 suicidáronse 394 persoas no noso país, mais dunha cada día, fronte as 333 do ano anterior.", "text": "No 2014 morreron por suicidio 394 persoas, un 18% máis que en 2013 (333 persoas), o que supón máis dun falecido cada día no noso país por esta causa. No ano 2000 foran 293 as persoas que morreran por esta causa. Son dados do Movemento galego da saúde mental co gallo do Día Mundial da prevención do suicidio. En 2012 morreron no mundo por suicidio 804.000 persoas. En Galiza o problema é \"especialmente grave\", afirman, cunhas cifras crecentes, \"taxas moi elevadas, sendo uns tristes líderes deste tipo de mortes no conxunto do Estado e malia iso, cun descoñecemento do fenómeno, agravada pola actitude que elude as responsabilidades por parte da Administración pública\". O Movemento Galego da Saúde Mental pede que se elabore un Plan Galego sobre o Suicidio A pesar de estar diante dun asunto de tal magnitude, sostén este colectivo, non se menciona na avaliación da Estratexia Sergas 2014 nin nas memorias da Dirección Xeral de Saúde Pública. Non existe plan para o suicidio en Galicia, pero é que tampouco existe plan de saúde mental. Nun contexto de crise económica e cos graves recortes na cobertura social, especialmente co deterioro da rede de atención á saúde mental, agrávanse os factores de risco. O Movemento considera que cómpre elaborar o Plan Galego sobre o Suicidio, \"acorde coas orientacións da OMS e no seu marco, de carácter multisectorial\", liderado pola Consellería de Sanidade e asumida a súa responsabilidade pola Dirección Xeral de Saúde Pública. \"Este plan ten que ser concibido como un plan de saúde pública e artellado co Plan de Saúde Mental, cun carácter prioritario e dotado cos recursos acordes á gravidade do problema de saúde, e implicando tamén á comunidade\"."}
{"ID": "NOS_20768", "summary": "Finou a pasada noite da segunda feira 18 de novembro o músico e compostir portugués José Mário Branco, imprescindíbel da canção de intervenção.", "text": "José Mário Branco, un dos nomes máis importantes da canção portuguesa, finou durante a noite da segunda 18 de novembro. Os seus 77 anos neste mundo deixaron un percurso de grande peso, caracterizado pola variedade e inquietude que o levou a tocar xéneros que van da música de intervenção até o fado. Traballou con outros grandes músicos portugueses como Zeca Afonso, Sérgio Godinho ou Luís Represas. Ademais, foi compositor e produtor de boa parte dos álbums do fadista Camaném e algúns discos de Kátia Guerreiro. Exilio e música Co nome de José Mário Monteiro Guedes Branco naceu no Porto en 1942 e estudou Historia nas Universidades de Coímbra e do Porto, cursos que non chegou a rematar. Fillo de mestres, foi militante do Partido Comunista Português (PCP), exiliado en Francia en 1963 por mor da ditadura. Só voltaría a Portugal en 1974. Os seus traballos máis coñecidos inclúen Mudam-se os Tempos, Mudam-se as Vontades (1971), de Margem de Certa Maneira (1973), do duplo Ser solidário (1982), A Noite (1985), Correspondências (1990) ou Resistir é Vencer (2004). O mestre foise, mais fica por sempre o seu legado de incalculábel beleza e comprosmiso. «Do mal ficam as mágoas na lembrança / E do bem, se algum houve, as saudades», dicía Camões nun dos poemas musicados por Branco. O seu pasamento deixa, sen dúbida, nostalxias de bo e do malo, atrapada para sempre entre os acordes da súa música."}
{"ID": "NOS_36765", "summary": "Das 82.400 solicitudes presentadas en 2013 perto de 24.000 foron denegadas, case un terzo do total.", "text": "En 2013 rexistráronse en Galiza 82.400 solicitudes para atención por dependencia, segundo os dados oficiais do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais dados a coñecer polo PSdeG. Destas solicitudes só 38.729 foron recoñecidas plenamente. 18.106 galeg@s teñen recoñecida a prestación mais non a reciben. E 23.801 ficaron excluídas. Para @s socialistas estes dados son preocupantes, cun 30% de excluídos, e insisten en que o goberno de Núñez Feijóo está \"a escatimar axudas\" en dependencia. Sinalan que mentres a media no Estado de ditames emitidos é do 3,25 % en Galiza esa porcentaxe cae (e malia ter unha poboación envellecida) até o 2,9 por cento. A portavoz de Política Social do PsdeG, Carmen Gallego, criticou que con estas cifras sobre a mesa o presidente da Xunta presuma de que vai incluír no servizo de axuda ao fogar a 500 persoas, acusando a Feijóo de \"cinismo cruel con quen máis o necesita\". A socialista responsabiliza ao presidente da Xunta de levar a cabo unha política de \"derrubamento\" da Lei de Dependencia que tenta \"maquillar\" con anuncios."}
{"ID": "NOS_43266", "summary": "A firma, propiedade do empresario Luis de Valdivia, será a segunda empresa galega de renovábeis en cotizar en bolsa, após Greenalia", "text": "Hai xa más de tres anos que non se produce unha saída á bolsa dunha empresa galega. Foi o 1 de decembro de 2017, cando Greenalia comezou a cotizar. Agora, outra firma de renovábeis tamén con sede na Coruña, Ecoener, será a encargada de tomar o relevo. Segundo anunciou a compañía, a súa idea é dar o salto á Bolsa española mediante unha oferta de subscrición das súas accións ordinarias de nova emisión entre persoas investidoras cualificadas que, ao igual que o calendario, está suxeita, entre outros aspectos, ás condicións do mercado e á aprobación dun folleto de admisión pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). A través desta emisión de novas accións, Ecoener prevé obter uns 200 millóns de euros cos que aspira a sufragar os gastos da operación e financiar o desenvolvemento e construción dos proxectos en carteira. Na actualidade, a firma, cuxo fundador, único accionista e presidente é Luís de Valdivia Castro, conta con 141 megavatios (MW) en operación, 142 MW en construción e unha carteira de aproximadamente 1,5 xigavatios (GW) en distintas fases de desenvolvemento. \"Non somos unha empresa fotovoltaica nin unha empresa eólica. Tendo a hidráulica no noso ADN, somos únicos pola nosa diversificación xeográfica e tecnolóxica\", sinala De Valdivia, quen destaca que a potencial saída á bolsa \"daría continuidade ao labor realizado até a data e reforzaría o noso crecemento a medio e longo prazo\". \"O señor das minicentrais\" Ecoener ten máis de 15 anos de experiencia no sector das renovábeis. Comezou na Galiza con varios aproveitamentos hidroeléctricos que foi incrementando nas últimas etapas de Manuel Fraga no Goberno, con Ramón Ordás, cuñado de Castro Valdivia (alterou a orde dos seus apelidos en 2018), como director xeral de Industria. En 2005, co Goberno en funcións, Fraga adxudicou varias concesións hidroeléctricas das que as empresas dos irmáns Castro Valdivia foron as principais beneficiarias, o que lle valeu ao empresario o alcume de \"o señor das minicentrais\". Por estes feitos, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) chamaría a declarar dous anos despois a Ordás e Castro Valdivia como investigados por un susposto delito de tráfico de influencias, en posíbel concurso con outros de prevaricación e suborno na concesión de nove minicentrais hidroeléctricas mais sete parques eólicos. A causa foi finalmente arquivada, mais a presión política levou o empresario a pór terra de por medio e probou sorte en América Latina, mais alí a situación fóiselle das mans. En Guatemala, Castro Valdivia tentara sen éxito, e cun violento conflito coa poboación local polo medio, levantar unha central hidroeléctrica no río Cambalam, no municipio de Barillas. Varias ONG, entre elas Intermon Oxfam, que elaborou un informe independente ao respecto, denunciaron que os plans da empresa Hidralia, coa complicidade do presidente Otto Pérez Molina, desembocaran en represión, abusos sexuais e tiroteos. A compañía abandonou o proxecto en 2016 alegando que as exixencias técnicas, económicas e ambientais o facían inviábel, non polos probelmas sociais."}
{"ID": "NOS_26777", "summary": "Os populares acadaron un acordo dun edil de TeGa e outra independente. A rexedora do concello pontevedrés é a nacionalista Cecilia Tarela.", "text": "O PP acadou un acordo cun concelleiro de TeGa e unha independente para presentar unha moción de censura en Pontecesures (comarca de Caldas) para botar da alcaldía a nacionalista Cecilia Tarela (BNG), que goberna co apoio do PSOE. A moción está avalada polo candidato popular á alcaldía cesureña, Juan Manuel Vidal, o edil de TeGa Ángel Souto e a independente Maribel Castro. Porén, a moción está pendente de ser rexistrada, pois un defecto de forma motivou que os servizos xurídicos do Concello solicitasen rectificar o documento, segundo recolle Europa Press, citando fontes municipais. As eleccións municipais de 2015 deixaron un mapa político axustado nesta vila. O partido máis votado foi o PP (25% dos sufraxios, 3 concelleiros), seguido do BNG (2 edís e 21,4%). TeGa logrou o 17,9% e 2 concelleiros, IP, tamén 2, co 17,4%; e o PSOE obtivo o 15,3% e 2 cadeiras na Corporación. Non é a de Pontecesures a primeira moción de censura na Galiza desde as eleccións municipais de 2015.En agosto dese ano, o PP valeuse desta opción para acabar co goberno local, presidido por Xosé L. Rivas, 'Mini', do BNG."}
{"ID": "NOS_27103", "summary": "O BNG denunciou no Parlamento o trato de favor por parte da Xunta a determinadas empresas tecnolóxicas, como Indra e Everis.", "text": "O BNG denunciou no Parlamento o trato de favor por parte da Xunta a determinadas empresas tecnolóxicas, como Indra, e Everis, que recibiron \"cuantiosos contratos\" por máis de 70 millóns de euros pola prestación de servizos informáticos e tecnolóxicos. \"Estas empresas foron multadas pola Comisión Nacional de Mercado de Valores (CNMV) o pasado 1 de agosto de 2018 por argallar un cartel de empresas, así o di o propio órgano de control, para amañar adxudicacións de contratos por servizos tecnolóxicos e informáticos con administracións públicas\", explicou o deputado Luís Bará. A modo de exemplos, o parlamentar citou os contratos de atención 012 adxudicados en 2011 a unha empresa de capital risco, Contac Nova do grupo Netadccede-, creada en 2009 por ex altos cargos da Xunta e do PP, \"entre eles o ex director xeral de informática\". Foi beneficiaria de numerosos contratos nos últimos 8 anos, \"como o de atención telefónica e de cita previa do Sergas desde 2011 por valor de 9 millóns de euros\". \"Falta transparencia e sobra opacidade neste ecosistema de empresas, moitas delas multinacionais que se están lucrando da privatización de servizos públicos como ocorre na sanidade\", dixo. Por iso, o nacionalista pide á Xunta que leve a cabo unha investigación \"pola posíbel actuación deste cartel tamén na Galiza, pois estas empresas que recibiron ducias de contratos millonarios, están empotradas na administración pública\"."}
{"ID": "NOS_50145", "summary": "Cos circuitos culturais paralisados e AGADIC sen dirección, o sector das artes escénicas está a atravesar un momento agónico. O BNG, a través da deputada Ana Pontón, ven de apresentar varias iniciativas encamiñadas a que a Consellaría remate coa súa parálise.", "text": "No ano 2011 realizáronse 546 funcións a través do programa \"Camiños de Cultura\" no que participaron 163 concellos mais que o ano seguinte non se convocou, o que supuxo un duro golpe para un sector que está a padecer de maneira especial a crise económica. De \"situación dramática\" califica Ana Pontón o momento nas súas iniciativas nas que reclama un cambio nas \"políticas culturais\" da Xunta diante do \"risco certo de desmantelamento\" do sector.Demanda da Consellaría de Cultura,en primeiro lugar, que se recuperen os circuitos culturais tanto para o propio futuro do sector como polo \"dereito de galegos e galegas a gozar da nosa cultura\". Interésase Ana Pontón polas tres redes de programación cultural, a Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Salas e a de Música ao Vivo. \"Agadic non ten aberto as contratación para o primeiro semestre de 2013\" polo que o ano comeza sen ningún tipo de programación en ningunha da tres redes cando deberan, ao seu ver, de ter programado 425 actuacións de 70 compañías en máis de corenta concellos. Esixiu, neste sentido, a convocatoria urxente de programación e a activación de fórmulas que compensen os meses perdidos.A deputada nacionalista criticou tamén que a Consellaría non teña nomeado dirección para AGADIC despois de que o seu anterior responsábel, Juan Carlos Fasero fora dar na SGAE ao tempo que pediu explicacións polo retraso e a paralización do organismo. Fíxose eco tamén do malestar dos representantes das asociacións das artes escénicas ao non seren os seus representantes recibidos polo Conselleiro despois de terlle pedido unha xuntanza."}
{"ID": "NOS_48031", "summary": "Na Galiza, as previsións indican unha baixa circulación do virus. Saber quen entrou en contcto coa poboación e xerou anticorpos é unha das chaves para determinar medidas acordes de desconfinamento ante unha posíbel segunda onda.", "text": "Evitar unha segunda vaga de contaxios é unha das prioridades da comunidade experta e tamén dos Gobernos á hora de fixar, avanzar ou reverter as condicións da desecalada. O risco existe, e non cesará durante os próximos meses. \"Non podemos pensar que no verán imos lograr erradicar o virus. Todas as investigacións apuntan que vai estar aí, entre nós. E non o imos controlar nin vai desaparecer mentres non teñamos unha vacina\", explica o catedrático de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Caamaño Isorna, a Nós Diario. Vaise crear unha especie de diálogo entre o virus e a nosa forma de vivir. Para o xefe de servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), caben dúas posibilidades. \"Ben pode que o virus decida non continuar, como sucedeu en 2002 co SARS-CoV, que volveu aos reservatorios, cousa pouco previsíbel neste caso, debido á grande extensión que acadou\", sinala Benito Regueiro; \"ben pode entrar nunha fase na que se vaian sucedendo brotes dispersos\". A hora dos tests Neste segundo suposto, destaca o integrante do comité de xestión de crise que asesora á Xunta da Galiza, esas vagas de contaxios poden responder ou non a un patrón estacional e van depender, ademais, \"da relación que o novo coronavirus estabeleza con outros virus que poidan estar en circulación e das actuacións da propia poboación. Vaise crear unha especie de diálogo entre o virus e a nosa forma de vivir\". Así, engade Regueiro, se a xente volve a unha normalidade total, de forma rápida e con grandes aglomeracións, o comportamento do virus pode chegar a ser máis preocupante, porque gozará de condicións máis favorábeis, \"con taxas de poboación altas e contacto continuado\". Neste contexto, gañan relevancia os estudos poboacionais de seroprevalencia, indica Caamaño Isorna. \"É hora dos tests, para saber que porcentaxe pasou a enfermidade, quen está enferma e quen son os seus contactos para podelos illar e conter a doenza\". Circulación e inmunidade Eses estudos están en marcha, recalca Benito Regueiro. E malia que non hai sistemas perfectos que o midan todo e ofrezan 100% de sensibilidade, incide, as probas que se desenvolven son importantes porque \"nos van permitir ter unha idea aproximada de canto e por onde circulou o virus\". E aquí, na Galiza, tendo en conta o confinamento, \"todo apunta a que a circulación do virus foi moi baixa\". Os tests que se están facendo detectan a presenza de anticorpos. \"Dirannos quen estivo en contacto co virus e se circulou máis nunhas zonas que noutras, o que permitirá tomar medidas acordes con cada territorio\". Todo apunta a que a circulación do virus foi moi baixa. Coñecer a inmunidade de grupo é fundamental de cara á desescalada e posíbeis rebrotes. É dicir, saber que porcentaxe da poboación xerou defensas contra o virus \"malia que aínda se descoñece a súa capacidade para neutralizar o virus cando nos infecta\", lembra Regueiro. Con todo, os expertos coinciden en que, a pesar da ausencia de tratamento e de vacina, unha segunda vaga \"vainos coller mellor preparados\", con equipos xa adestrados, máis medios diagnósticos e coñecemento previo. Por iso piden \"plan e cabeza\"."}
{"ID": "NOS_15776", "summary": "A vaga de calor que afecta Galiza desde a pasada quinta feira deixa temperaturas máximas históricas na nación. Arbo volveu rexistrar o sábado a temperatura máxima, con 43,7 graos. Este domingo a situación tende a se normalizar.", "text": "Segundo Meteogalicia, volveu ser Arbo a localidade onde máis se fixo notar a vaga de calor. Se na sexta feira os termómetros chegaban a 43,5 graos no lugar de Cequeliños, o sábado acadaron os 43,7. A continuación situouse Arnoia, con 42,3 graos; Leiro, con 42,3; Areas (Tui), con 40,9 e Salceda de Caselas, con 40,5. As mínimas tamén foron elevadas, como proban os 26 graos de Vigo ou os 25 do Baixo Miño. Meteogalicia mantén a alerta laranxa por temperaturas máximas superiores aos 39 graos na zona de Miño e por máis de 36, na comarca de Valdeorras [poden consultarse os avisos no arquivo xunto]. Este domingo comezará un lixeiro descenso das temperatura. Na segunda feira a caída das temperaturas serán aínda máis notábeis. Recomendacións A Consellaría de Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Recomenda evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucradas, así como as comidas copiosas. Prendas e calzado lixeiro, o uso de cremas protectoras solares, baixar as persianas e pechar as ventás, abríndoas pola noite para ventilar, refrescarse cunha ducha ou baño e eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado son outras das recomendacións. Sanidade lembra que non se debe facer deporte en horas calorosas, non ficar durmido ao sol nin deixar persoas ou animais no interior dos coches."}
{"ID": "NOS_37771", "summary": "Unha ducia de mobilizacións decorreron no país na defensa dunha sanidade pública e de calidade e contra as políticas privatizadoras impulsadas polos gobernos de Galiza e o Estado. Vídeo no interior.", "text": "Á mesma hora en que Núñez Feijóo, nun acto en Vilagarcía de Arousa, afirmaba que a sanidade galega goza de boa saúde e que en 2 anos o 70% d@s galeg@s vivirán nun área con hospital ou centro \"novo ou reformado\"; milleiros de persoas marchaban polas rúas de cidades e vilas para denunciar que 'os recortes matan'. Convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada por diferentes sindicatos, organizacións e colectivos, estas mobilizacións convertéronse nunha defensa da sanidade como servizo público e universal e nunha crítica da súa privatización polo PP. O lema, 'Os recortes matan, non ao negocio coa saúde'. De Burela a Vigo, da Coruña e Ferrol a O Barco, pasando por Pontevedra,Ribeira ou Compostela, as mobilizacións denunciaron que desde a chegada de Núñez Feijóo á Xunta o goberno reducíu o orzamento sanitario en 460 millóns de euros e o Sergas perdeu case 2.100 traballadores e traballadoras. \"Queren facer negocio coa nosa saúde\" foi unha das denuncias da xornada. Cómpre lembrar que, como sinala o informe 'Sanidade privada, achegando valor', na actualidade o 45% dos hospitais e o 24% das camas hospitalarias de Galiza pertencen ao sector privado, que recibe anualmente centos de millóns de euros públicos en base a concertos coa Xunta. As políticas de externalizacións foron tirando servizos e prestacións da sanidade pública para traspasarllos á privada. Unha actuación que parte de decisións políticas, como lembra SOS Sanidade Pública, e con prexuizos directos sobre o sistema público. Fotografías tiradas do Twitter de @BNGAcorunha @martinhonoriega e @crtvg_vigo"}
{"ID": "PRAZA_8953", "summary": "O Goberno galego gastou, contando o Xacobeo, máis de 40 millóns de euros en anuncios entre 2009 e 2012. A Secretaría Xeral de Medios asegura que \"todas as campañas eran necesarias\"", "text": "\"A política de axudas aos medios de comunicación debe ter un soporte legal, como sucede na maioría dos países europeos. Desta forma, o PPdeG comprométese a que as convocatorias de axudas dirixidas aos medios de comunicación se fagan de acordo coa lei e sempre con transparencia\". Esta promesa estaba incluída no programa electoral co que os conservadores galegos concorreron ás eleccións en marzo de 2009. Ao retornaren ao poder con Alberto Núñez Feijóo á fronte concretaban este compromiso na garantía de sacar adiante unha Lei de Publicidade Institucional, a mesma que o propio Feijóo volveu prometer na campaña de 2012. Sen esta norma, as achegas do Goberno galego, xa sexa na forma de anuncios, convenios ou axudas directas, dependen na súa gran maioría da vontade política do propio Executivo. Unha parte destes cartos financian as insercións publicitarias e propagandísticas, que entre 2009 e 2012 superaron os 25 millóns de euros. Ao contrario do que adoita acontecer, este dato non se corresponde cunha estimación procedente de sumar diferentes contratos publicitarios, senón que procede da propia Xunta. A través dunha resposta parlamentaria a unha pregunta escrita do BNG a Secretaría Xeral de Medios sinala que \"as campañas desenvolvidas polos distintos departamentos da Xunta\" neses catro anos \"supuxeron un desembolso de 25.437.522 euros\". Contando os gastos do Xacobeo, o importe total das campañas supera os 40 millóns O gasto en propaganda do Executivo adoitou estar entre os 5 e os 6 millóns anuais agás en 2010, cando chegou aos 9,1 millóns. En 2009, ano do acceso de Feijóo á Presidencia, quedou nos 5,3 millóns, en 2011 foron 5,96 millóns e en 2012, 5,1 millóns. Sempre segundo os datos oficiais, con estes cartos a Xunta financiou 25 campañas ás que cómpre engadir \"o investimento en promoción e difusión do Xacobeo 2010\", realizada \"no bienio 2009-2010\". Este \"amplo programa de accións\", tivo un impacto nas arcas públicas de 15,3 millóns de euros, o que eleva o montante total a 40,7 millóns en catro anos. As campañas Na mesma documentación achegada ao Bloque o Goberno galego debulla, dalgún xeito, a filosofía que inspirou cada unha das súas campañas publicitarias, se ben non especifica canto custou cada unha. Así, por exemplo, é posible coñecer que por tras a campaña Solidariedade contributiva estaba a intención de \"concienciar sobre a corresponsabilidade entre cidadáns e Administración para garantir o sistema de prestación de servizos públicos de calidade\" e \"incidir na conveniencia de que todos os cidadáns (...) cumpran coas súas obrigas para poder preservar o estado de benestar neste momento de fortes restricións orzamentarias\". Como informou Tempos Dixital, esa campaña custou 400.000 euros e foi semellante a outra licitada pouco despois, para a que o Goberno reservou 800.000 euros, como adiantou Praza Pública. O Goberno relata os nomes e intencións de vinte e cinco campañas, pero non especifica canto custou cada unha Tamén figura nesta relación de campañas a acción propagandística Galicia competitiva: a innovación, o emprendemento e a internacionalización como eixos clave para o crecemento económico e do emprego de Galicia. Estes anuncios, que sementaron a polémica en plena campaña electoral e cos que a Xunta pretendía inxectar \"optimismo\" ante a crise económica e \"incrementar a confianza dos galegos no futuro, facéndolles sentirse un factor activo e decisivo na recuperación económica\", tiveron un impacto de case un millón de euros no erario. Un chisco máis é o que custou a campaña Medicamentos xenéricos, cuxa retirada foi esixida pola oposición e que, segundo a Xunta, cómpre que sexa enmarcada nun \"plan de austeridade aplicado á mellora da prescrición e uso racional do medicamento\". Como recolleu este diario, estes anuncios superaron o gasto de 1,2 millóns de euros. As outras achegas aos medios Modernización da sanidade pública en Galicia, Incendios forestais ou Galicia Calidade como concepto global para o impulso da economía e industria de Galicia son outras das campañas admitidas pola Xunta nun contexto no que, non obstante, as insercións publicitarias ou propagandísticas non son, nin de lonxe, a principal vía para inxectar fondos nos medios de comunicación. Así, por exemplo, no informe do Consello de Contas no ano 2010 ao que tivo acceso Praza Pública -e que aínda non foi tramitado no Parlamento- reflíctese que, en tan só un ano, o Goberno achegou ás empresas editoras de xornais, radios e televisións máis de 15 millóns de euros dos que só o 11% foron asignados \"mediante convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva\". A Secretaría Xeral de Medios asegura que \"todas as campañas eran necesarias\" e responden á \"utilidade pública\" Con este pano de fondo, na mesma resposta parlamentaria o Executivo asegura que \"todas as campañas eran necesarias\" e \"axustáronse ao establecido\" á lei estatal de publicidade institucional, \"tendo como obxectivo común o de estar ao servizo das necesidades e intereses dos cidadáns e dos colectivos nos que se integran\". Á falta dunha lexislación propia, a Xunta asegura que \"o criterio que se utiliza para decidir a realización de gastos de propaganda é que a campaña institucional dea resposta a unha necesidade e a un obxectivo de utilidade pública, garantindo que estas accións (...) supoñan un servizo para os seus destinatarios lexítimos, que son os cidadáns\". Xunto a esta xustificación, a Secretaría Xeral de Medios asegura que, en momentos de crise, \"optimiza ao máximo o uso dos recursos públicos, pero sen desatender as obrigas da Administración de informar aos cidadáns dando resposta ás súas necesidades, dereitos e intereses\". Xunto a todo isto, o Goberno popular engade que \"o gasto da Xunta en campañas publicitarias na pasada lexislatura recortouse nun 50% a respecto do investido no período 2005-2009\"."}
{"ID": "PRAZA_225", "summary": "O sindicato cre que a Axencia Galega do Coñecemento en Saúde e a Axencia de Sangue, Tecidos e Órganos son unha \"oportunidade perdida\" para \"potenciar e desenvolver a investigación na sanidade pública\".", "text": "\"Chiringuitos\". Para CIG-Saúde a presentación, este xoves, dos borradores dos decretos de creación da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde e da Axencia de Sangue, Tecidos e Órganos confirmou as denuncias que xa realizara hai uns meses. Segundo o sindicato, os novos entes teñen como obxectivo principal \"crear postos fóra de cadro, baixo o epígrafe de libre designación\", mentres se deixa o persoal investigador \"nunha situación de inestabilidade e a expensas do que recolla cada ano a Lei de Orzamentos\". A central critica, ademais, a falta de diálogo do SERGAS, que \"non tivo a ben incorporar ningunha das modificacións propostas nas alegacións presentadas\". Para María Xosé Abuín, é especialmente grave que no texto non se especifiquen, tal e como se recolle na Lei de Ciencia, os requisitos necesarios para acceder a postos de dirección Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, é especialmente grave que no texto non se especifiquen, tal e como se recolle na Lei de Ciencia, os requisitos necesarios para acceder a postos de dirección. É por iso que sospeita que o SERGAS utilizará estas axencias para colocar a cargos \"nomeados a dedo\". O borrador prevé facer nomeamentos administrativos no caso de que a persoa a designar sexa profesional de carreira ou estatutaria fixa, con licenciatura universitaria ou de grao, e contratos de alta dirección a quen non cumpra estes requisitos. Ademais, non se especifica se –estes últimos- deben ou non ter relación co sistema sanitario. Segundo Abuín, na propia Mesa Sectorial o SERGAS xa anunciou a súa intención de contratar baixo a modalidade de \"alta dirección\" a dúas persoas. Unha sería a Directora do ente e a outra \"sospeitamos que é unha persoa que xa aparece no directorio do SERGAS como Xefe de Servizo cando a súa vinculación é como auxiliar administrativo\". \"Oportunidade perdida para a investigación\" Manuel González Moreira, membro da Executiva da CIG-Saúde, lamentou a oportunidade perdida que representan estes decretos \"para potenciar e desenvolverá investigación na sanidade pública\" Manuel González Moreira, membro da Executiva da CIG-Saúde, lamentou a oportunidade perdida que representan estes decretos \"para potenciar e desenvolverá investigación na sanidade pública\". Segundo o sindicato, o propio proxecto, no seu articulado, xustifica que non se vai potenciar o I+D+i \"porque a situación de crise impide o seu desenvolvemento\". Para a central, a creación desta Axencia \"tería sentido se o seu obxectivo fora garantir a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet, profesionais que tiveron que superar un proceso de acceso altamente competitivo no que obtiveron as máximas cualificacións e que contan con demostrado prestixio no labor que desenvolven\". Porén, o decreto de creación da axencia implica manter en situación de \"inestabilidade\" laboral o persoal investigador, pois a súa continuidade estará condicionada cada ano pola Lei de Orzamentos. Para a central, a creación desta Axencia \"tería sentido se o seu obxectivo fora garantir a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet\" González Moreira denunciou que \"se está deixando en mans de empresas privadas a investigación biomédica\" e que isto coloca os profesionais \"nunha delicada situación á hora de tomar decisións\" porque ao final \"as únicas fontes que temos son as que chegan da industria farmacéutica e custa moito discernir se se basean en información científica ou atenden aos intereses dos laboratorios\"."}
{"ID": "NOS_44532", "summary": "O mandato de Tino Fernández concluiría en teoría en xaneiro. Lendoiro pide que se convoque o proceso en xuño, \"prazo mínimo necesario para tomar decisións importantes para a próxima temporada\".", "text": "Tino Fernández é presidente desde xaneiro de 2014 e o seu mandato concluiría en xaneiro de 2019, mais Lendoiro pensa que a situación actual -a equipa está a tres pontos da salvación- aconsella adiantar a xuño o proceso eleitoral para unha nova equipa executiva ter tempo para planificar a próxima campaña. Lendoiro non esclarece, no comunicado de imprensa en que pide o adianto eleitoral, se se vai candidatar ou non a ocupar unha presidencia que desempeñou ao longo de 26 anos (1988-2014). Si di que \"oferezo máis unha vz a miña experiencia ao servizo do clube e desta directiva\", ao tempo que fai un cántico á unidade -\"debemos aparcar uns meses todos aqueles temas que nos separan\". Argumenta o ex presidente que o Deportivo non se pode permitir \"o luxo dunha división\" que levaría o clube ao \"descenso de categoría e a conseguinte perda do 75 por cento do orzamento polos direitos de televisión\". O Deportivo é unha S.A. Por tanto, a decisión sobre o futuro da entidade recaerá na xunta xeral de accionistas. O accionariado do clube está moi atomizado: máis de 25 mil persoas teñen participacións do clube. No comunicado, Lendoiro cualifica as \"eleccións\" que en 2014 o desprazaron da presidencia de \"loucura\" por se realizar en \"plena temporada\", no mes de xaneiro, un erro que non se debería voltar a cometer. \"Non nos esquezamos de que aquilo puxo en serio perigo o ascenso [finalmente o Deportivo dirixido por Fernando Vázquez logrou o obxectivo] e xerou unha división do deportivismo que, unido á actuación institucional no asasinato de Jimmy, levou á ruptura social da actualidade\". Pide o ex presidente que a \"a unión e a sensatez imperen\", o que permitiría manter o Deportivo \"no lugar que lle corresponde quer na esfera deportiva quer na social\"."}
{"ID": "NOS_8069", "summary": "A Deputación de Pontevedra fixo entrega esta quinta feira dos premios de fotografía sobre o espazo público 'Ágora'. A convocatoria destes premios tivo unha grande acollida xa que a institución recibiu un total de 297 fotografías de até 62 persoas.", "text": "O primeiro certame de fotografía sobre o espazo público da Deputación de Pontevedra, '#FotoÁgora', repartiu onte os seus 32 galardóns premiando \"imaxes simbólicas e de gran forza\" que pretenden mostrar que as \"persoas deben ser as 'propietarias' ou principais destinatarias do espazo público para mellorar a súa calidade de vida\". Os recoñecementos, que alcanzan os 40.000 euros, entregáronse nunha gala de que se desenvolveu ao ar libre. Alí recreouse un 'salón de estar' dunha casa que representaba unha metáfora: \"que as rúas e prazas das vilas e cidades deben ser o lugar no que a cidadanía se sinta máis cómoda\". Un total de 210 persoas formaranse na Facultade Ágora para dar valor ao espazo urbano O xurado do certame explicou que as imaxes premiadas \"recolleron perfectamente todos e cada un dos principios da Rede Ágora de maneira visual e atractiva, facendo que as mensaxes que defende a Deputación de Pontevedra de recuperar os espazos públicos para as persoas fronte aos vehículos sexan claramente identificadas por calquera que as vexa\". Os galardóns O primeiro premio foi para Víctor Manuel Lorenzo Santiago, un \"entusiasta da fotografía\" do Concello de Marín. A súa peza ten o título de Síntome un máis e foi realizada na praia do Bao, na Illa de Arousa, mostrando unha persoa en cadeira de rodas diante dunha bicicleta, circulando nunha zona accesíbel para persoas con dificultades de mobilidade. O segundo premio foi para Francisco Javier Arcenillas Pérez, fotógrafo e editor, titulado en Cinematografía e Realización na escola de Cine da Comunidade de Madrid e profesor de fotografía documental. A súa instantánea mostra unha nena pequena xogando soa entre ducias de pombas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que \"este certame de fotografía reflicte como este novo modelo que estamos a desenvolver xa logrou a concienciación da xente porque todas as persoas que fixeron estas fotografías son verdadeiros axentes dese cambio\". A presidenta da institución fixo tamén fincapé na importancia que este feito ten tamén no eido da igualdade, xa que \"rachou cun modelo urbano masculinizado, pensado por e para eles, que era hostil\". Pontevedra será a sede dun encontro internacional de expertos en planificación urbana O vicepresidente da Deputación, César Mosqueira sinalou a importancia de \"ter valentía política para levar adiante obras que inicialmente poden non ser ben recollidas pola cidadanía\". Pola súa parte, o deputado provincial Uxío Benítez subliñou que o premio de fotografía '#FotoÁgora' foi concibido para promover e difundir de maneira gráfica e amena a filosofía que promove a Deputación de que os espazos públicos son un dereito das persoas."}
{"ID": "PRAZA_18860", "summary": "Esta historia amosou tamén que a España da lingua e da cultura única é moi forte canto á súa representación na política e nos media, mais bastante menos na cidadanía, nomeadamente entre a xente máis nova, que ve con naturalidade que os galegos falemos galego e os cataláns catalán", "text": "Desejava de te ver, trinta dias cada mêscada semana o seu dia e cada dia umha vez (Tris tras- Marful)A participación de Sabela Ramil no programa Operación Triunfo da TVE , cantando en lingua galega en tres ocasións, xerou unha grande simpatía na cidadanía galega, amosando unha vez máis que case todos, galegofalantes e non galegofalantes, asumimos a nosa lingua como un patrimonio común moi valioso, visibilizando que a lingua galega ten futuro e serve para cantar, amar, traballar e crear.Cantando Tris tras tamén visibilizou a ortografía internacional do galego, inxustamente tratada dende o Poder durante tantos anos e a proximidade do galego co portugués, xerando interese no público portugués e brasileiro. Unha importante achega para a precisa conexión cultural e empresarial galega co mundo da lusofonía.Esta historia amosou tamén que a España da lingua e da cultura única é moi forte canto á súa representación na política e nos media, mais bastante menos na cidadanía, nomeadamente entre a xente máis nova, que ve con naturalidade que os galegos falemos galego e os cataláns catalán. E que o veria con moita máis naturalidade se os media estatais visibilizaran que o Estado español non só fala en castelán, como aínda millóns de españois semellan acreditar.Porén, non é tan positivo que só lle deamos valor ao noso cando trunfa en Madrid ou se reflicte dende Madrid. Porque o éxito ou a aprobación en España non habería ser nunca o parámetro para avaliar os nosos produtos culturais. A cultura galega precisa ser consumida pola nosa cidadanía polo que é e polo que achega, sen necesidade do seu éxito alén das nosas fronteiras. Se Manolo Rivas non escrebira na prensa madrileña sería igual de bó.Cando se cumpren 25 anos do Xabarín, que conquistou para a galeguidade unha xeración enteira, fenómenos como o da nosa Sabela reflicten a necesidade de termos referentes de éxito e modernidade para a nosa xente nova e de valorar a xeito a magnífica riqueza cultural que hoxe ofrecen os creadores galegos en todas as artes."}
{"ID": "PRAZA_1100", "summary": "A quen gustamos deste oficio o frío peche de El País Galicia énchenos de tristura e déixanos un chisco máis sós na batalla diaria por tentar rachar co relato monárquico da Galicia oficial e tentar, cando menos, combinalo co da Galicia real. Dende a aperta solidaria coas compañeiras e compañeiros afectados énchenos tamén de responsabilidade para seguir adiante co noso traballo", "text": "A noite do pasado domingo, moi probablemente, houbo quen foi durmir cun chisco máis de tranquilidade do habitual. En pleno fragor da efervescente campaña electoral producíase, cando menos, un punto de certeza: ao acordar na mañá do luns habería menos risco de atoparse cunha nova incómoda na prensa, cun titular froito do traballo xornalístico serio que exercese como espello das vergoñas dalgún poderoso. Por primeira vez en máis de oito anos o persoal de El País Galicia non tivera que traballar para achegar, co seu traballo, algunha relevante peza de actualidade ao día seguinte. As tranquilidades e ledicias que, con toda seguridade, vén de provocar o desmantelamento definitivo do que quedaba da redacción galega de El País, xibarizada para tornala nun pouco relevante posto de correspondente, son, probablemente, as mostras máis reveladoras do valor do traballo das e dos xornalistas deste diario nos últimos anos. Nomes como Xosé Hermida, Sonia Vizoso, Silvia R. Pontevedra, Lorena Bustabad, David Reinero, Cristina Huete, José Precedo, María Pampín e moitos outros asinaron nos últimos anos algunhas das informacións, guste ou magoe a quen proceda, máis relevantes do xornalismo galego. Sen mitificacións, pero tamén sen imposturas que neguen a evidencia, cabe preguntarse nesta hora cantas cousas non saberíamos se El País Galicia nunca existise Sen mitificacións, pero tamén sen imposturas que neguen a evidencia, cabe preguntarse nesta hora cantas cousas non saberíamos se El País Galicia nunca existise. Ou, se cadra, cantas cousas non pasarían se as páxinas galegas deste xornal non desen cumprida información sobre asuntos que alguén prefería manter ocultos. Teríamos detalles, por exemplo, da contabilidade creativa da Xunta? Saberíamos con quen alternaba Marcial Dorado nos 90? Coñeceríamos o testemuño de anciáns carrexados para votar en Lugo por altos cargos do PP? Cantas prácticas caciquís deixaríamos de coñecer? Quen sería agora mesmo alcalde de Santiago? Preguntas coma esta e algunhas máis teñen, seguro, resposta nos miolos daquelas persoas que a noite do domingo ao luns durmiron un chisco máis tranquilas. O desexo tardara en cumprirse, pero finalmente chegou. O pesadelo rematou. Pola contra, tamén hai outras persoas que o luns pola mañá sentiron que faltaba unha fonte de bo xornalismo en Galicia. Non cómpre santificar nos altares da liberdade de expresión un grupo multinacional cuxas cabezas pensantes hai moito que se dedican a mesteres pouco ou nada relacionados coa información honesta para ser quen de recoñecer o bo xornalismo que practicou a redacción agora extinguida. A quen gustamos deste oficio o frío peche de El País Galicia énchenos de tristura e déixanos un chisco máis sós na batalla diaria por tentar rachar co relato monárquico da Galicia oficial A quen gustamos deste oficio o frío peche de El País Galicia énchenos de tristura e déixanos un chisco máis sós na batalla diaria por tentar rachar co relato monárquico da Galicia oficial e tentar, cando menos, combinalo co da Galicia real. Dende a aperta solidaria coas compañeiras e compañeiros afectados énchenos tamén de responsabilidade para seguir adiante co noso traballo. É a mesma responsabilidade que queremos compartir co noso público, cuxo compromiso lector, difusor e -si, tamén- económico é o mellor consello de administración para calquera medio de comunicación que, coas limitacións e imperfeccións de toda obra humana en construción, aspira a realizar cada día un traballo honesto."}
{"ID": "NOS_33724", "summary": "No novo número do suplemento, que atoparás este sábado nos quiosques xunto co teu Nós Diario de sempre, contarás con interesantes análises do tecido produtivo galego (desde a industria até as grandes empresas, pasando pola investigación) da man de persoas expertas na materia.", "text": "Este sábado no quiosque, xunto co teu Nós Diario e o semanario Sermos Galiza, atoparás o caderno Producir, que vén de sinaturas de renove temas que analizan a economía galega desde diferentes puntos de vista. Na capa vas atopar un texto de María do Carme García-Negro no que incide na \"Necesidade de máis industria\". Esta ten que vir, destaca, \"con capital e recursos propios\". Este debate, que se amosa cada vez máis preciso na Galiza dadas a situación actual do sector servizos e a crise en complexos industriais coma o de Alcoa en San Cibrao, comparte espazo no suplemento coa reflexión da economista María Cadaval, que analiza \"Que agocha o novo baile bancario?\". Completa a apertura de Producir un artigo de opinión de Bernardo Valdês Paços sobre os impostos e os lucros. As e os precarios, aínda peor Na primeira peza da sección Saber Facer, Xabier Pérez Davila advirte de que \"O Pacto de Toledo penalizará máis a precariedade\". O autor fornece argumentos como a negociación, case ás agachadas, para que parte dos gastos da Seguridade Social pasen a depender dos Orzamentos Xerais do Estado. No apartado Pé a terra o profesor da USC Gonzalo Rodríguez fala sobre a absorción do Instituto Nacional de Oceanografía (IEO) polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). \"IEO: Estábamos ao bordo do abismo\", titula. O tema central do caderno desta semana profundiza no \"Concerto económico para abrirmos o caminho\" da man de Joám José Romero Durán. Este fala da posibilidade dun novo financiamento para o país que non só dependa da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas. O economista Manoel Barbeito aproveita este número para explicarche \"Qué é realmente a Taxa Tobin?\". A xestión das empresas grandes a debate A reportaxe que atoparás para fechar a quenda de artigos máis analíticos titúlase \"Por que non proponer a coxestión na grande empresa\" e conta coa sinatura de Iago Santos Castroviejo. No texto inclúense algunhas das chaves na tarefa de recuperación da actual crise. Esa información contrasta con outra das grandes lacras coas que ven loitando a nazón desde hai décadas. O enxeñeiro agrícola Xosé Carballido opina sobre a \"Concentración parcelaria: fin dun modelo\". No Quen fai que comparten espazo o porto de Marín cos empresarios Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, e Álvaro Dorado, presidente de Alcoa no Estado Español. O Selfie deste sábado é para o fundador e Ceo de IberAtlantic Global Corporation, Pedro Mouriño. Segredos para coñecer a actualidade Xa sabes que se queres estar ao día sobre a economía galega tes que conseguir o Producir que atoparás no teu quioque habitual acompañando a Nós Diario. Tamén estará dispoñíbel para mercar na nosa loxa online. Apura que ficas sen el! Moito apuro para a próxima fin de semana? Preme aquí e aforra traballo!"}
{"ID": "PRAZA_10536", "summary": "Dos 25 quilómetros da nova vía están rematados 10, outros 4 quedaron a medio construír e o Goberno galego anuncia agora que dos pendentes 2 serán \"autovía urbana\" con rotondas e o impacto do resto concretarase \"nos vindeiros meses\"", "text": "Dos 25 quilómetros da nova vía están rematados 10, outros 4 quedaron a medio construír e o Goberno galego anuncia agora que dos pendentes 2 serán \"autovía urbana\" con rotondas e o impacto do resto concretarase \"nos vindeiros meses\"\"Autovía urbana\" é a denominación que vén de dar a Xunta á ampliación de un a dous carrís por sentido, cunha rotonda na metade do recorrido, dun treito de só 2 quilómetros da estrada autonómica PO-552 que une Tui e A Guarda a carón do treito final do río Miño. Esa obra supón a renuncia a parte do polémico corredor do Baixo Miño, unha nova infraestrutura paralela á estrada actual prometida pola Xunta tras o afundimento do Prestige no marco do seu Plan Galicia cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial. Os atrasos, obstáculos e cambios de proxectos sufridos neste tempo pola nova estrada do Baixo Miño son similares aos experimentados por outras dúas infraestruturas que se comezaron a xestar pola mesma época, as autovías da Costa da Morte e do Morrazo, abertas anos despois do previsto.A Xunta xustificou no seu momento a paralización das obras pola crise e a falta de cartos para acometelasA denominada Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda comezou a ser deseñada en 2003 como alternativa a unha estrada convencional pola que hoxe circulan preto de 15.000 vehículos ao día. Pero década e media despois dos 25 quilómetros que ía ter só están en servizo, desde xullo de 2014 e tras o investimento duns 60 millóns de euros, os 10,2 quilómetros finais, entre A Guarda e Goián, no concello de Tomiño, nas proximidades da ponte internacional que conecta coa portuguesa Vila Nova de Cerveira. Tamén se iniciaron as obras no outro extremo da vía, nos seus 3,9 quilómetros iniciais nas proximidades de Tui, cuns 28 millóns de euros de orzamento, pero a comezos desta década os traballos quedaron a medias ao tempo que a Xunta argumentaba que coa crise non tiña cartos para acometer toda a nova infraestrutura.Os trazados estudados para o treito intermedio do corredor, o máis atrasado, recibiron protestas dunha e outra veciñanza afectada que reclamaban que fose \"polo río\" ou \"polo monte\" en función dos intereses de cada quen Pero os económicos non foron os únicos problemas da nova vía do Baixo Miño. Os principais chegaron polo trazado escollido polo Goberno galego e o seu impacto, especialmente no seu treito intermedio de 10,5 quilómetros ao seu paso polo concello de Tomiño. A presenza do río Miño e da estrada convencional actual coas súas marxes moi urbanizadas só deixa dúas posibilidades para a nova infraestrutura. Ou entre as vivendas e o monte, onde afectaría a importantes espazos agrícolas e viñedos da denominación de orixe Rías Baixas na subzona do Rosal, ou entre as vivendas e o río, con impacto ambiental e efecto barreira. Un e outro trazado obtiveron sucesivas protestas dunha e outra veciñanza afectada que reclamaban que a nova estrada fose \"polo río\" ou \"polo monte\" en función dos intereses de cada bando. Segundo o Goberno galego a que vén de lanzar agora é \"a proposta de trazado que garante a viabilidade da actuación coa menor afección ambiental e social e maior accesibilidade\"Tras quedar aparcado durante anos, este martes a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, desprazouse ata Tomiño para alí facer públicos parte dos seus plans para ese treito intermedio de dez quilómetros. Os 2,1 quilómetros máis occidentais, nas proximidades do treito xa en servizo, non terán novo trazado senón que se aproveitará a estrada convencional actual para engadirlle un carril máis en cada sentido e vías de servizo para convertela en \"autovía urbana\". Ademais, na metade deses dous quilómetros esa \"autovía urbana\" estará interrompida por unha rotonda para facilitar a comunicación cos barrios veciños. A actuación, que agora a Xunta somete a exposición pública, custará uns 12 millóns de euros e segundo o Goberno galego é \"a proposta de trazado que garante a viabilidade da actuación coa menor afección ambiental e social e maior accesibilidade\".A Xunta adía a \"os vindeiros meses\" as solucións para o treito intermedio co trazado aínda pendente de definir e para o enlace do primeiro treito inacabado coa A-55 en TuiPara os restantes 8 quilómetros do treito intermedio pendente ao seu paso por Tomiño, a conselleira avanzou que o seu polémico trazado será concretado \"nos vindeiros meses\", cando será sometido novamente a avaliación ambiental. Tamén aos \"vindeiros meses\" remitiu Vázquez a construción por outros 20,5 millóns de euros do enlace que conectará o inacabado primeiro treito de 3,9 quilómetros, nas proximidades de Tui, coa A-55 Vigo-Portugal. Un enlace que tamén facilitará o acceso ao veciño polígono empresarial de Areas, construído a carón da autovía pero para chegar ao cal hai que dar un rodeo de máis de dous quilómetros."}
{"ID": "NOS_26699", "summary": "O Plaid Cymru obtería 12 dos 60 escanos da Asemblea Nacional nuns comicios nos que os Laboristas volverían ser vencedores (28 deputados), á beira da maioría absoluta na Cámara.", "text": "Gales (Cymru, en galés) ten en poucas semanas cita coas urnas para elexir os 60 parlamentares que integran a Asemblea Nacional (Cynulliad Cenedlaethol Cymru), o parlamento deste país que fai parte do Reino Unido. Segundo as enquisas , o independentista Plaid Cymru pasaría ser segunda forza, con 12 deputados (1 máis que nos comicios de 2011) e por volta do 20% dos sufraxios. Os Laboristas volverían gañar en Gales, ao obter 28 escanos (tivo 30 en 2011). Descenderían significativamente os conservadores, que pasarían dos 14 deputados que posúen actualmente aos 10 que lle cocneden os inquéritos; e os liberais-demócratas, que atinxirían 2 deputados por 5 que lograron hai cinco anos. Porén, entra con forza a dereita populista e británica que representa o UKIP. Na actualidade carece de representación no Parlamento de Gales mais as sondaxes vaticinan que podería obter até 8 deputados, pasando ser a cuarta forza da Cámara. Retrocesos Embora o ascenso que lle prognostican os inquéritos, o Plaid Cymru está lonxe de lograr resultados como os que acadou nas primeiras eleccións á Asemblea Nacional, en 1999, cando tivo 17 escanos. Nas pasadas eleccións británicas, os independentistas galeses obtiveron 3 escanos."}
{"ID": "NOS_35883", "summary": "En comparación con hai apenas un ano, o prezo do pool para a segunda será un 213,65% superior aos 52,01 euros/MWh do 11 de abril de 2021.", "text": "O prezo medio da electricidade no mercado maiorista volverá subir esta segunda feira, cun incremento do 2,38% con respecto ao domingo, e situarase nos 163 euros por megavatio hora (MWh). O prezo máximo da luz para a segunda será entre as 20:00 e as 21:00 horas, con 270,2 euros/MWh, e o mínimo, de 55,1 euros/MWh, será entre as 15:00 e as 16:00 horas. En concreto, o prezo medio da 'pool' para esta segundas será de 163,13 euros/MWh, catro euros máis caro que os 159,33 euros/MWh do domingo, segundo os datos publicados pola Operadora do Mercado Enerxético Ibérico (OMIE). Deste xeito, o mercado maiorista eléctrico mantén unha tregua iniciada na sexta, cando rexistrou un prezo --154,7 euros/MWh-- que era o máis baixo desde o pasado 19 de febreiro, antes de que comezase a guerra en Ucraína. O prezo máximo da luz para a segunda será entre as 20:00 e as 21:00 horas, con 270,2 euros/MWh, e o mínimo, de 55,1 euros/MWh, será entre as 15:00 e as 16:00 horas. En comparación con hai apenas un ano, o prezo do pool para a segunda será un 213,65% superior aos 52,01 euros/MWh do 11 de abril de 2021. Estas son as cinco opcións que formula a UE para abaratar o prezo da luz A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) comprobou que en 2021, no marco da espiral ascendente da enerxía, pertode 1,25 millóns de persoas pasaron do PVPC a unha tarifa no mercado libre a prezo fixo. O pasado 29 de marzo, o Goberno aprobou un plan nacional para facer fronte ao impacto da guerra en Ucraína que inclúe, entre outras medidas, a prórroga da rebaixa fiscal dos impostos que gravan a factura da luz ata o próximo 30 de marzo. Xuño, así como o ampliación do bono social eléctrico ata chegar a 1,9 millóns de fogares beneficiarios."}
{"ID": "NOS_15438", "summary": "A administración destes viais retomarase nesta cuarta feira.", "text": "A Comisión de Saúde Pública decidiu nesta segunda feira ampliar en dez anos o rango de persoas que recibirán a vacina de AstraZeneca, até os 65 anos, após valorar a medida nun pleno extraordinario do Consello Interterritorial. O Ministerio de Sanidade agardaba, antes de tomar a decisión definitiva, polos resultados do ensaio de fase III que veñen de realizar nos EUA as e os responsábeis deste fármaco. As conclusións extraídas reflicten unha eficacia en maiores de 65 anos de 80%, e de 79% na prevención da Covid e de 100% para evitar o desenvolvemento dunha enfermidade grave e a consecuente hospitalización. Unha semana de paro A pasada semana suspendeuse a inoculación destes viais na Galiza tras facerse público que a Axencia Europea do Medicamento (EMA, en inglés) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) estaban a estudar un posíbel nexo causal entre a vacina e os episodios de trombose que experimentaron algunhas persoas que a recibiran. Porén, ambas as organizacións aclararon que segue a ser \"segura e eficaz\" e que os seus beneficios \"superan abondo\" os riscos. Así mesmo, non se demostrou polo de agora que exista relación algunha cos trombos detectados. Consecuentemente, a vacinación cos viais de AstraZeneca retomarase na cuarta feira, mais as autoridades sanitarias reforzarán os protocolos: a ficha técnica da vacina incluirá indicacións sobre esas posíbeis tromboses, principalmente en persoas menores de 55 anos e mulleres. Ademais, remitirase ás e os profesionais sanitarios unha misiva a respecto sobre os síntomas que deben tomar en consideración após inocular cada unha das doses. A Xunta defende a medida O Goberno galego deu na segunda feira o seu visto bo á decisión de inocular esta vacina ás persoas de até 65 anos. Por outra banda, cómpre lembrar que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adiantou na pasada sexta feira que non se chamará, de momento, ás persoas que a rexeitaron: \"Hai que distinguir entre as que non quixeron vacinarse por motivos persoais e aquelas ás que a mensaxe non lles chegou, ás que é fundamental volver citar\", dixo, en alusión ao \"fallo\" detectado hai dúas semanas no sistema de citación."}
{"ID": "NOS_54041", "summary": "Sanitarios protestan no centro de saúde de Baltar (Sanxenxo) para denunciar as condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo no verán, con oito médicas e médicos para atender a 80.000 persoas.", "text": "\"Sobran políticos e xestores, falta persoal sanitario ¡Solución xa!\", líase na pancarta que encababa esta cuarta feira a mobilización de traballadores sanitarios, acompañados de usuarias e usuarios, diante do centro de Saúde de Baltar, en Portonovo (Sanxenxo). Oito dos dez sindicatos con representación na xunta de persoal da área de Pontevedra convocaron a protesta, da que non formaron parte Co.Bas e TSP, para exixir solucións á situación límite na que se atopan este verán, que traballadoras e traballadores do centro médico chegaron a denunciar nun escrito a finais de xullo dirixido á Valedora do Pobo, á Fiscalía de Pontevedra e ao Defensor do Pobo estatal. Ademais de denegar case todos os reforzos, a Xerencia da área sanitaria do Sergas bloqueou a metade do horario laboral dos médicos para atender exclusivamente a turistas, \"na metade de tempo temos que atender un número case igual de pacientes de Sanxenxo que nun horario completo\", cuestionan no escrito, no que revelan os \"grandes problemas de asistencia sanitaria\" que esta situación está a xerar. Esta decisión está a implicar gardas de 17 horas no Punto de Atención Continuada (PAC) con 99 pacientes na axenda dunha única titular médica, ou doutores que se atopan con até 87 citas por atender na súa xornada laboral. Segundo explican os profesionais, nesta época había reforzos específicos de consulta médica, enfermería e persoal non sanitario, o mesmo que ocorría no PAC. Porén, este ano non foron aprobados os reforzos, sumándose a un grupo de persoal moi axustado apenas unha persoa para tarefas de enfermería. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, argumentaba no Parlamento esta terza feira que as vacacións dos facultativos en agosto impedía cubrir as prazas precisas. Diante desta situación, as traballadoras e traballadores do centro reclaman que se investigue se esta \"clara neglixencia\" do Sergas pode constituír un delito contra a saúde e a seguridade dos traballadores, conculcando \"os dereitos dos pacientes e creando unha situación de gravísimo perigo de incorrer en delito de omisión de socorro pola imposibilidade de atender a poboación\". As 17.000 persoas censadas en Sanxenxo pasan durante os meses de verán a 80.000, con picos de poboación que poden superar as 100.000 persoas co turismo. O número de médicas e médicos para atender a estas persoas é de oito profesionais."}
{"ID": "NOS_58353", "summary": "Tras 16 anos, Angela Merkel non estará á fronte de Alemaña, a locomotora económica da UE que, para mellor ou peor, marca as políticas dos Estados membros en moitos aspectos. A incógnita de quen a sucederá comezarase a despexar este domingo 26 de setembro, tras o voto nas eleccións xerais.", "text": "O resultado, a día de hoxe, está no aire. Despois de tres debates electorais entre os candidatos das tres formacións favoritas e dun derradeiro multipartito na noite da quinta feira, os socialdemócratas chegan en cabeza ao día da votación por unha mínima diferenza de tres puntos sobre os democristiáns. E, con todo, esta lixeira vantaxe non asegura nada. Segundo a enquisa publicada polo diario conservador Frankfurter Allgemeine Zeitung, arredor de 40% das persoas consultadas non tiñan decidido aínda quen votar a semana pasada. O sufraxio que Merkel arrastraba case por inercia está agora sen dono. A \"enquisa de enquisas\" elaborada por Politico outorga ao Partido Socialdemócrata (SPD) 25% do voto (+5 que en 2017); á Unión Demócrata Cristiá (CDU) e á súa filial bávara, CSU, dálles 22% (-11); mentres que Os Verdes conquistarían 15% (+6). Pola cuarta posición pelexarían a ultradereitista Alternativa por Alemaña (AfD), con 11% (-1), e o Partido Democrático Liberal (FDP), tamén con 11% (non varía). Die Linke, herdeiro do Partido Comunista que gobernou Alemaña Oriental, tería 6% (-3). Tres líderes en 2021 O liderado nas enquisas foi variando ao longo deste Superwahljahr (\"súper ano electoral\", con varios comicios rexionais alén das xerais deste domingo). Da CDU pasou ao partido dos Verdes en primavera e, finalmente, ao SPD hai un mes. Os ecoloxistas, liderados por Annalena Baerbock e Robert Habeck, lograron aglutinar a inicio de ano o apoio que o Goberno da gran coalición (CDU/CSU e SPD) perdía como consecuencia do desgaste na xestión da pandemia. A finais de abril e comezos de maio, Os Verdes lideraron por vez primeira nas enquisas, con 25% do voto, coincidindo coa elección de Baerbock como a súa candidata (e do pouco carismático Armin Laschet, polos democristiáns). Porén, o atraso de Baerbock para declarar uns pagos recibidos do partido, as dúbidas sobre o seu currículo ou o plaxio no seu libro ─sumados a varios erros fácticos en campaña─, cobraron aos Verdes unha importante peaxe nas enquisas. A mediados de xullo as cousas ían ben para a CDU, que chegaba ao 29% en intención de voto, mentres que Os Verdes caían a 19% e o SPD seguía arredor de 16%. Mais as inundacións que arrasaron Renania do Norte-Westfalia, o land gobernado por Laschet, mudaron todo. O candidato conservador interrompeu as vacacións e viaxou ás zonas inundadas co presidente alemán, Frank-Walter Steinmeier. Na memoria o ano 2002, cando o socialdemócrata Gerhard Schröder logrou unha axustada vitoria nas xerais grazas ao seu papel activo durante as inundacións daquel ano en Saxonia. Laschet quixo presentarse como un dirixente capaz de xestionar unha crise, de xestionar Alemaña; mais saíu coa imaxe dunha persoa con falta de empatía tras ser gravado a gargalladas nun momento da visita. E a finais de agosto, apenas 40 días despois, o SPD ─aproveitando os erros de Laschet e Baerbock─ certificaba a remontada e superaba á CDU nas enquisas por vez primeira en 15 anos. Unha posición que mantén até o día de hoxe, mais cunha lixeira repunta dos democristiáns na última semana. Xurdimento de Scholz Os erros dos rivais serviron de combustíbel para o avance do SPD, que se consideraba desafiuzado (en 2017 logrou o peor resultado da súa historia). O impulso definitivo chegou o 10 de agosto, cando o vicepresidente do Goberno alemán e ministro de Finanzas, Olaf Scholz, foi proposto como candidato para dirixir a nave nestes comicios. A gran popularidade de Scholz sufriu un revés esta semana, cando foi chamado a declarar ante a comisión parlamentaria que investiga supostas irregularidades por parte da unidade especial dedicada á loita contra o branqueo de diñeiro, dependente do seu ministerio. Agardábase que se ausentase, argumentando problemas de axenda pola campaña, mais acudiu en medio dun gran despregue mediático. Alí rexeitou taxativamente as acusacións. O tabloide conservador Bild, o de maior tirada de Alemaña (e de Europa), levou durante toda a semana ás súas primeiras informacións artigos relacionados co caso. Onte acusaba a comisión parlamentaria de manter en secreto partes da declaración de Scholz. Ademais, salientaba que nas últimas horas de campaña el e o seu equipo se están a desprazar por Alemaña en jet privado e en dous Mercedes S-Class. Balance esquerda-dereita Como se comprobou cos casos de Baerbock e de Laschet, calquera erro pode custar caro e restar peso de cara ás negociacións que comezarán inmediatamente despois da votación. Porque se o gañador non está claro, si que parece evidente que serán necesarias alianzas para poder formar Goberno. No debate final da quinta feira, o candidato da CDU asegurou que non lle importa quen acabe primeiro ou segundo, que o importante para eles é evitar que se forme unha coalición de esquerdas (SPD, Verdes e Die Linke). Desde o avance nas enquisas dos socialdemócratas, tanto el como Merkel levan ameazando co \"dano\" que causaría ao país e a Europa a entrada do comunismo no Goberno. Laschet xa dixo con anterioridade que aínda que a CDU sexa segunda buscará a alianza cos Verdes (con quen goberna en varios länder) e co FDP. Die Linke, pola súa banda, moderou a posición sobre a abolición da OTAN, un dos temas que máis fricción causa con Verdes e SPD. \"Si, criticamos a OTAN\", sinalou a súa candidata, Janine Wissler, mais aclarou que un Goberno alemán non a pode disolver. Tamén o líder parlamentario da formación, Dietmar Bartschnunha, asegurou nunha entrevista en Augsburger Allgemeine que Die Linke nunca exixiría a saída de Alemaña da OTAN para entrar no Goberno. Baerbock, seducida por Laschet e por Scholz, non se decantou aínda que dixo que Os Verdes prefiren ao SPD. En tanto que o candidato socialdemócrata ─que a priori deberá elixir como terceira pata entre Die Linke e o FDP─ lanzou unha chiscadela en á candidata verde en forma de desexo: \"Se cadra chega con dous\". Unha cousa ficou clara: a diferenza do que acontece noutros Estados europeos, todos os partidos alemáns comprometéronse a non pactar coa extrema dereita. \"Que veñen os socialistas\": o gran capital alemán leva fondos a Suíza Suíza, malia os esforzos para acabar coa súa imaxe de refuxio financeiro para millonarios, segue a ser o país que acumula máis activos offshore. A estabilidade política do sempre neutral país centroeuropeo fixo que o fluxo de diñeiro mesmo medrase coas tensións xeopolíticas dos últimos tempos e, especialmente, coa pandemia da Covid-19. Tamén a posíbel viraxe cara á esquerda en Alemaña está a levar as grandes fortunas xermanas a trasladar desde comezos de ano parte do seu capital a bancos suízos, segundo declararon a 'Reuters' banqueiros e avogados do país. A hipotética alianza SPD-Verdes-Die Linke traerá, de cumprir os seus programas electorais, a reintrodución de impostos ás grandes fortunas e ás sucesións, así como outro tipo de taxas de carácter ambiental. Unha tendencia noutras partes da UE, onde por outra parte, de se confirmar a saída da CDU do Goberno alemán, o centro dereita perdería a maioría no Consello Europeo."}
{"ID": "PRAZA_9913", "summary": "Fronte á tendencia recentralizadora, cómpre opoñer un pensamento exterior acorde coas esixencias de transformación e participación cívica nas políticas públicas capaz de incorporar aqueles eidos nos que Galicia pode desenvolver políticas específicas que deveñen das súas propias características nacionais.", "text": "Cabe alegrarse de que as propostas galegas que concorren aos comicios xerais incorporen cada vez máis nos seus programas reflexións e medidas a propósito da nosa acción no ámbito dos intereses exteriores. Isto importa especialmente para influír, en primeiro lugar, nun cambio na nosa cultura política que sexa capaz tanto de ampliar horizontes como de sumar a internacionalización en todas as súas dimensións ao catálogo de demandas do país. Fronte á tendencia recentralizadora, cómpre opoñer un pensamento exterior acorde coas esixencias de transformación e participación cívica nas políticas públicasEn efecto, non se trata só de asegurar a plena participación das autonomías no desenvolvemento das propias competencias no marco europeo e global, senón de instar a participación directa na concepción e xestión dos propios intereses exteriores do Estado, que debe dar cabida ás súas necesidades e ambicións establecendo sinerxías mutuamente beneficiosas. Fronte á tendencia recentralizadora instada por algunhas formacións políticas nos últimos anos, cómpre opoñer neste eido un pensamento exterior acorde coas esixencias de transformación e participación cívica nas políticas públicas –e esta tamén o é- capaz de incorporar aqueles eidos nos que Galicia pode desenvolver políticas específicas que deveñen das súas propias características nacionais. Admitida a crítica sobre a improcedencia de regulamentar por decreto a nosa acción exterior, agora que a Xunta de Galicia semella proporse a elaboración dun novo marco normativo na busca do máis amplo consenso, importa, primeiramente, instar a modificación da lei estatal da acción e do servizo exterior, de 2014, para superar a visión restritiva que a inspira instando outra acorde cunha visión da participación internacional que responda aos requirimentos dos novos tempos.Case corenta anos despois de aprobarse o estatuto de autonomía, incluso as tímidas previsións que contempla relacionadas con esta materia seguen á espera de desenvolvemento. O estado, Europa, o mundo, cambiaron de xeito notable dende 1980. Non semella haber condicións para modificar agora ese estatuto pero si pode habelas para procurar un maior alongamento da nosa esfera de actuación e tamén para achegar unha maior e mellor cobertura desas accións. Por suposto, a regulación do voto exterior, a incorporación da nosa diáspora á acción política, a asunción a todos os niveis da realidade plural do Estado e a súa visibilización global, o papel preponderante de Galicia en áreas e eidos específicos, etc., requiren atención urxente.Na conxuntura presente importa ser capaces de integrar a pluralidade existente en termos de representación co desenvolvemento de políticas no eido exteriorÉ posible aquelar unha axenda común con vascos e cataláns para promover un compromiso activo cunha visión transformadora no trazado da política exterior estatal. Partindo da coincidencia na defensa de valores e principios compartidos, pódese mesmo aspirar a reforzala cunha vontade innovadora na praxe exterior que poña coto á belixerancia exclusivista de tempos recentes. A suma a partir da incorporación da pluralidade non ten por que debilitar o Estado e este e todos deben preocupárense de dotar de coherencia a presenza exterior dos respectivos axentes. É posible consensuar unhas regras de xogo. Para actuarmos no mundo temos tamén que actuar a través do Estado. Facendo uso dos seus activos e mecanismos, na conxuntura presente importa ser capaces de integrar a pluralidade existente en termos de representación co desenvolvemento de políticas no eido exterior."}
{"ID": "NOS_28099", "summary": "O datos de paro rexistrado que vén de facer público o Ministerio de Emprego para o mes de xuño rexistran unha caída quer en Galiza quer no Estado. O traballo estacional fai baixar número de persoas desempregadas en 10.452 na Galiza.", "text": "Os datos de desemprego en xuño rexistraron unha baixada de 10.452 persoas, un descenso debido ao emprego estacional que fan do mes un dos máis positivos do ano. Construción e servizos son os sectores que contribuíron ao dato. O número de persoas rexistradas no desemprego na Galiza sitúase así en 273.434. No total do Estado, o descenso é de 127.248 persoas."}
{"ID": "NOS_7128", "summary": "Un discurso cheo de referencias a unha tecnoloxía coa que convivir, e poboado de animais cibernéticos que dialogan e reinterpretan, con certo aire steam-punk, a posibilidade dun futuro diferente no que convivir doutra maneira, máis xusta pero tamén duramente realista ao respecto do papel dos novos elementos e suxeitos que median no mundo actual.", "text": "Nun eido cuns ritmos tan peculiares como a poesía, sempre cabe achegarse ás autoedicións. Moitas das achegas que revolucionaron a lírica galega nas últimas décadas viñan dese ámbito mal distribuído pero capaz de acadar un público sempre fiel ao xénero. Animais Mecânicos, o que parece ser o primeiro poemario dunha autora que só lembramos de revistas e proxectos de difusión limitada de finais do pasado século. Unha sorpresa agradábel, tamén a da nova ortografía escollida. Animais Mecânicos / Rebeca Malde / Autoedición / 2022 / 120 páxinas / 20 euros Rebeca Malde regresa desde a emigración para pulir unha das vetas menos explotadas na poesía galega destes anos. Poesía e tecnoloxía unidas, con Donna Haraway ao fondo, na procura dun novo suxeito revolucionario onde cyborgs e animais se suman á loita das mulleres. Desde o merlo mecánico que esperta o eu lírico no primeiro verso até os cans biónicos que a seguen polas rúas dos arrabaldes dunha cidade do Brasil para lamber electricamente as súas mans, a autora mergúllanos nun universo rico e profundamente persoal. E porén, a procura do eu vai máis aló do individualismo e sinala, como xa apuntamos, o perfil dun novo colectivo no que definir identidades e subversións. Unha forma de tramar a volta a vellos temas coñecidos como a saudade ou a paixón erótica nun mundo onde xogamos a facer chocar hádrons para dar sentido ao universo: E nesse big-bang diminuto / sei que verei por um momento / o sentido do mundo: / o perfil da casa da avó / o teu corpo nu no palpite / das minhas mans (...). Un discurso cheo de referencias a unha tecnoloxía coa que convivir, e poboado de animais cibernéticos que dialogan e reinterpretan, con certo aire steam-punk, a posibilidade dun futuro diferente no que convivir doutra maneira, máis xusta pero tamén duramente realista ao respecto do papel dos novos elementos e suxeitos que median no mundo actual. Non é a única novidade, a referencia a códigos informáticos, xunto cos debuxos que tratan de crear unha sorte de neo-caligramas, concede ao libro unha aparencia obxectual que encaixa coa súa dimensión innovadora e complementa os seus temas. O xogo sobre as mensaxes ocultas no texto, o azar que demostra a existencia dun deus-xogador como intelixencia artificial suprema, acaban por deixarnos unha sorte de \"val da estrañeza\" poético, como se un deses cyborgs puidese achegarse a musitar tres versos nos nosos ouvidos: Mecânica como a obrigaçom do ocaso (praias do Brasil). / Os olhos nom lembram o eclipse nin a xistra / pero escoito teléfonos sussurrando fogar."}
{"ID": "NOS_46760", "summary": "A Senadora de ERC, Ester Capella considera que Catalunya está á volta da esquina de conseguir a independencia, un proceso social do que os partidos son, ao seu ver, \"acompañantes. Será a representante de ERC nos actos do Día da Patria do BNG.", "text": "A coherencia é, segundo Capella unha das claves que sitúan a ERC como unha forza política en ascenso, que os inquéritos sitúan como primeira en expectativa de votos, e que se libra da desafección que padecen moitos partidos fronte novas fórmulas de representación política. -Participa como representante de ERC nos actos do Día da Patria Galega. Que relación defende que manteñan as organizacións do soberanismo galego, vasco e catalán? Sempre mantivemos relacións fraternais e de solidariedade e mesmo en momentos determinados fomos quen de establecer coalicións co BNG, poño por caso, ás eleccións ao Parlamento Europeo. A idea é manter esas relacións estratéxicas que no futuro é posíbel que se dean. Neste momento, a situación en Catalunya é distinta e iso obríganos tamén a accións diferentes. Máis alá do conxuntural temos elementos en común que deberiamos defender e alianzas no obxectivo común da defensa da autodeterminación. Nese sentido, hai unha liña de continuidade de colaboración que é de solidariedade e unidade de acción. \"A cidadanía percíbenos como os que non defraudamos. No momento de desafección das organizacións políticas hai determinados partidos, como o noso, que continúa gozando da confianza da cidadanía. -O nacionalismo catalán está na mira coa data próxima do referendum. Está a independencia xa a un paso? Nestes momentos ninguén dubida de que estamos moi cerca, a volta da esquina de poder conseguir a autodeterminación e, polo tanto, a independencia. Un elemento pon sobre a mesa definitivamente a imposibilidade de encaixe e é o Estatut de 2006. Por parte de Catalunya hai desexo de maior autogoberno e España volve pechar a porta. Temos a sensación de que só en Catalunya hai federalistas. Ese movemento reflíctese na toma de conciencia que vai a máis, nas manifestacións, en como saímos a rúa para reivindicar unha realidade distinta. Iníciase un proceso progresivo de desafección co estado por parte da cidadanía, inimaxinábel na súa velocidade. -Estímase que o vindeiro 11 de setembro arredor de dous millóns de persoas sairán a rúa. Agardan unha mobilización desta dimensión? O proceso foi in crecendo e trátase da mobilización da sociedade civil na que os partidos só acompañamos. Non están no noso control. Cada nova mobilización comportou o aumento da cidadanía que saía ás rúas. Agora manéxanse esas cifras, os dous millóns e poden ser posíbeis se temos en conta de que a Vía Catalana mobilizou máis de millón e medio e é posíbel que se superen con creces. E, repito, non somos os partidos, é a sociedade civil a que se mobiliza. -Mais ese proceso cidadá semella que fortaleceu a ERC, valórano así? A cidadanía percíbenos como os que non defraudamos. No momento de desafección das organizacións políticas hai determinados partidos, como o noso, que continúa gozando da confianza da cidadanía. Somos percibidos como un instrumento útil para conseguir os obxectivos. Non dicimos cousas distintas do que sempre dixemos. O que se valora é que entre o discurso e os feitos non haxa disociacións, disfuncións. Gozamos desa confianza porque non fallamos. Presentámonos dicindo que eramos garantías da consulta para que a cidadanía puidese decidir o seu futuro. Cando Convergencia parece que ten dúbidas somos os primeiros en tirar do carro. Somos depositarios dos votos que confiaron en nós e temos obriga de dar cumprimento do que nos encargaron. O problema dalgúns partidos é a disociación entre a campaña e a execución do mandato das urnas. A cidadanía non os considera instrumentos útiles e iso explica o que acontece nalgunhas organizacións do Estado español. -Como se libran desa falta de confianza nas organizacións e os efectos da aparición de novas fórmulas de representación política? Temos procesos de conformación de programas electorais, ideolóxicos e de participación da cidadanía que teñen similitudes con esas novas fórmulas. Somos unha formación política moi transversal, que nace de abaixo a arriba. Non somos un partido ao uso. Iso comportounos dificultades no seu momento, dicíase que eramos inestábeis, pouco serios... en momentos dos partidos políticos ao uso eramos unha organización que despertaba desconfianza. Non somos un partido clásico, nunca o fomos e por iso tampouco nos alcanzan as críticas doutros partidos. Os militantes teñen capacidade crítica, de control e de decisión á hora de escoller a dirección do partido en cada congreso. Comprometémonos co que dicimos e tentamos levalo a cabo. Neste panorama político e social no que abundan os casos de corrupción, os partidos que están controlados pola militancia teñen menos escándalos. Defendemos a transparencia en todos os puntos de vista, desde o financiamento á toma de decisións. Os partidos temos que ser instrumentos para alcanzar os obxectivos da cidadanía. Iso fai que nos fagamos máis atractivos e que non nos alcance o castigo doutras organizacións políticas. \"Non somos un partido clásico, nunca o fomos e por iso tampouco nos alcanzan as críticas doutros partidos. Os militantes teñen capacidade crítica, de control e de decisión\" -Esa coherencia entre programa e acción non se ve afectada polo paso polo goberno? ERC recuperou apoio despois de perder moitos votos no goberno tripartito. O paso polo tripartito supuxo un gran desgaste que a nivel electoral mesmo foi severo mais a análise é que se nos castiga cando non hai coherencia nin transparencia, cando non somos quen de transmitir as razóns que nos levan a tomar determinadas decisións. O primeiro tripartito foi vivenciado de maneira positiva, o segundo non e é posíbel que fora por non ser suficientemente explicado e foi percibido como un fraude á cidadanía. Para explicar o que aconteceu hai que ter maior perspectiva histórica. No primeiro goberno propiciouse un avance e no segundo a cidadanía entendeu que nos presentaramos cunha perspectiva e desenvolvemos outra. A estratexia de ERC foi o cambio no Estatut de Autonomía, o que os goberno de CIU nunca se atreveran. Facilitamos poñelo contra a parede, mover os límites de encaixe no Estado. Tivemos capacidade de reacción rápida, que hai cousas non toleradas pola cidadanía. -Como valora a próxima xuntanza entre Rajoy e Mas que finalmente xa ten data? Dese ERC parécenos moi ben que o presidente da Generalitat dea todos os pasos para que o nove de novembro sexa posíbel que decidamos o noso futuro. Dentro desta afirmación, todo o que supoña reafirmarse na votación benvido sexa mais xa non é tempo de sacar coellos da chisteira. Se Rajoy é demócrata ten que autorizar a consulta. Non está en xogo un novo sistema de financiamento e outras manobras. O mandato que temos das urnas é moi claro. A cidadanía non nos pedía un novo encaixe no Estado español. Este mandato non é débil nin permite outras interpretacións. Reforzáronse os partidos que defenden o dereito a decidir. Todo o que non sexa o referendo é inviábel. Somos depositarios dun mandato moi claro e non admite matizacións. Que nos puxeramos de acordo na pregunta e na data tivo unha grande relevancia no proceso. Paréceme ben a xuntanza mais escoitar que Rajoy diga que é unha decisión unilateral paréceme dunha caradura sideral. Solicitamos que se avalase a posibilidade da consulta e o que atopamos foi un dobre muro. Se miramos e analizamos as leis aprobadas polo goberno do Estado español dáste conta de que é unha laminación constante do autogoberno e da capacidade de decisión de Catalunya. Unha cousa é o que di Rajoy e outra o que fai. -Existe tensión entre CDC e Unió? Desde fóra e sen vontade de opinar sobre outras organizacións considero que CIU ten clara a súa posición na consulta e o seu compromiso e a proba é a estabilidade que existiu de cara a que o proceso chegara ao seu obxectivo. Compre distinguir unha posición individual da que manteñen as organizacións."}
{"ID": "NOS_17346", "summary": "Mónica Martínez Porteiro estuda Enxeñeiría Industrial e é responsábel nacional de organización dos Comités, organización con máis representación estudantil no conxunto da universidade galega. O proxecto do Real Decreto de Bolsas e Axudas ao Estudo preparado por Wert afonda, ao seu ver, nunha universidade máis elitista que deixa fóra a moitas mozas e mozos, en especial, neste contexto de crise.", "text": "-Que supón para o estudantado o decreto de bolsas que o ministro Wert quere impor? A imposibilidade de que mozos e mozas con problemas económicos cheguen ao ensino superior. As bolsas cada vez son menores cando cada vez son máis necesarias e as imposicións para chegar a axudas son maiores. Cada vez atopamos máis trabas de carácter económico para poder estudar na Universidade. Só os fillos de ricos van poder se universitarios. -Manteñen que 1.100 estudantes das universidades galegas non poden pagar a matrícula. Increméntase entón o abandono dos estudos? Trátase dunha cifra moi alta. O número de bolsas reduciuse e, pola contra, aumentou de certo o número de abandono de estudantes. Ademais, o carácter retroactivo está facendo que algúns teñan que devolver as bolsas, que poden ser 4.000 euros, de golpe e iso está a levar a situacións moi difíciles. Vemos como as universidades están creando fondos sociais para axudar aos alumnos cando, por outra parte, non están no seu mellor momento. Asistimos a casos extremos que nunca se deron. Xa non se trata só do alumnado afectado persoalmente senón tamén da propia calidade educativa. Vemos como se reducen o número de investigadores e docentes e a universidade perde nivel no ensino. -Canto pode custar hoxe unha matrícula universitaria? As de letras teñen un custe inferior que as de ciencias pero unha Enxeñería Química, como a que eu estudo, pode andar polas 1500 ou 1700 euros, con prezos incríbeis para as terceiras e cuartas matrículas. Son cifras que deixan nunha situación moi complexa a moitos mozos e mozas, en especial en tempo de crise tan dura como a que vivimos. Celebran que non se van subir taxas estes ano pero ocúltase que a subida do pasado foi espectacular. -En que casos hai obriga de devolver as bolsas co decreto? Non é novidade, xa se está a dar e hai alumnado que se ve en situación de devolver a totalidade do contido das bolsas. Concedíaselle pola situación económica e, no fin, vese na obriga de devolvela, a situación é moi dura e de difícil saída. Os fillos de xente que non ten moitos cartos vese na obriga de sacar notas. Se non es rica non podes suspender. -Deixa fora a moita mocidade da posibilidade de estudar? Moita xente vai perder as bolsas e dáse outra circunstancia que é a cantidade de persoas que xa non opta por entrar ao pensar que non ten posibilidades de continuar no ensino universitario. Xa nin pensa nesa posibilidade por ser un luxo. Están actuando con carácter disuasorio para xente que non ten moitos recursos. A Universidades cada vez é máis elitista. O contexto socioeconómico é cada vez máis duro como para pagarlle esas cifras d matricula a unha filla ou un fillo. O PP está a converter a universidade en privilexio de poucos, dos que se poden permitir economicamente ou dos que teñen moita capacidade. -A nota de acceso e créditos superados é moi alta? Nalgunhas titulación é difícil chegar a elas? En carreiras como enxeñeirías ou arquitectura é moi complicado chegar a eses requisitos que se impoñen. Conseguir un cinco costa suor e superar todos os créditos é realmente difícil mais o goberno ten que saber que nós estamos para estudar e conseguir un futuro mellor, non para gastar cartos fora da casa. -Do que máis se fala é do 6,5 requerido nas notas, é o punto máis conflitivo do decreto? Céntrase niso todo o problema cando o decreto ten outros puntos moi duros. O carácter retroactivo das bolsas é escandaloso, que teñas que devolvelas ao final se non acadas os obxectivos académicos ou tamén a posibilidade que dá de que saiamos da universidade tendo que devolver un crédito, cunha hipoteca posta cando xa nos preparan para rematar e coller a maleta e marchar do país."}
{"ID": "NOS_19878", "summary": "A viraxe ideolóxica e deserción política de Vicente Risco marcou a ferro toda unha xeración de persoas que partillaran con el militancia por Galiza. Xosé Ramón e Fernández Oxea (Ourense 1896-Madrid 1988), coñecido no mundo cultural galego como Ben-Cho-Shey, non foi unha excepción. Achegamos a documentación inédita desa disputa.", "text": "Á volta de 1948, Vicente Risco retornou a Ourense, após tres anos de estadía madrileña, onde continuou, con escaso éxito, a súa relación co franquismo. Ben-Cho-Shey, desterrado pola ditadura desde 1937 en terras estremeñas e residente en Madrid, a consecuencia da súa militancia nacionalista, non tardou en ter coñecemento da noticia e deixou testemuño da mesma. Así, o 13 xaneiro asinaba un poema satírico, recreando a etapa de Vicente Risco na capital do Estado e ironizando cos seus contactos co réxime, a conta do libro deste Satanás. Biografía del Diablo, publicado en 1947. Os versos de Ben-Cho-Shey, conservados no arquivo da Biblioteca Provincial de Ourense, como a práctica totalidade da súa obra inédita, non ofrecen dúbidas. Nun poema titulado Nin ao demo trabucas, escribía: \"Cóntase que Don Vicente / tiña tal clase de medo / que vivía sen sosego / e até fuxía da xente. Mais sentíndose valente / foise un día para Madrid / coidando que por alí / faría as paces co Diaño / e este listo por vedraño / díxolle: \"A min?¡por aquí!\". Risco sen alma O transformismo político e ideolóxico de Vicente Risco ocupou de maneira reiterado as reflexións de Ben-Cho-Shey durante dúas décadas. Tanto é así que o 26 de abril de 1943 anotou no seu diario persoal que \"o caso diste ex amigo meu e ex correlixionario é para ocuparse mais longamente del e é tema que me tenta moito e que teño gañas de o desenrolar, se me queda vagar para facelo a gusto\". A continuación procedeu a comentar un artigo de Vicente Risco na revista ourensá Misión, onde criticaba o pensamento do intelectual e primeiro presidente provisional da república portuguesa Teófilo Braga. A resposta de Ben-Cho-Shey non deixou dúbida da súa consideración sobre Vicente Risco. \"Quizais tamén algún día, se hai un desocupado que se ocupe do Risco, poderá dicir. Asemade, que lle asombra que un home que di tales cousas puidera ter sido galeguista, republicano e candidato a deputado ás constituíntes. E do mesmo xeito que el podemos nós dicir que se lle quitamos ao Risco o galeguismo e o liberalismo ¿Qué queda del? Entón ficaría só a mona, porque o Risco ficaría sen alma, sen contido, que o perdeu ao conxuro do medo\", espeta Ben-Cho-Shey. O 26 de abril de 1944, Ben-ChoShey atopouse con Vicente Risco en Madrid. A ocasión deulle para lembrar no seu diario tempos pasados sinalando que \"este serán atopei o Vicente Risco que viña a Madrid despois de 26 anos de ausencia desta vila. En tan longo período, cantas voltas deu a vida e deron os homes! Tamén por aquel entón estiven aquí con el, andaban daquela os ánimos excitados contra dos catalanistas e por ir falando o Risco na plataforma dun tranvía, diste noxento Madrid tivemos un incidente desagradábel cuns viaxeiros, que nos tomaron por cataláns\". O medo de Vicente Risco O encontro casual con Vicente Risco deulle para volver analizar a traxectoria política deste. Así, escribiu no seu diario que \"neste período de tempo; canto danzou tamén o Risco! De liberal demócrata a galeguista, cun intermedio de xestor provincial durante a ditadura, para volver ao galeguismo republicano, fundar logo a dereita galeguista e cambiar de chaqueta covardemente ante o terror falanxista do 36 que lle quitou todo o prestixio de home íntegro que aínda tiña. A min danme pena del porque o tiña por un bo amigo, pero ten unha cantidade de medo que se o puidese vender facíase rico\". As diverxencias de Ben-ChoShey e Vicente Risco xurdiron a raíz da escisión pola dereita do Partido Galeguista e tomaron unha nova forma após o golpe de Estado fascista de xullo de 1936. Risco, canda Filgueira Valverde, xogou un papel chave na ruptura da unidade do nacionalismo, escribindo Ben-Cho-Shey, o 1 de novembro de 1942, que \"hai días coma hoxe, supoño que é pola data, que dou en pensar nos irmáns asasinados e tamén naqueles que un día nos abandonaron para montar aquela dereita galeguista. Aqueles homes, os máis, poucos eran, a esta hora xa arrepentidos convertéronos en obxectivos do franco falanxismo a todos aqueles que nos mantivemos fieis á disciplina do Partido\". As referencias ao papel político da militancia da dereita galeguista e a súa colaboración, nalgún caso, co franquismo foron constantes en Ben-Cho-Shey. Sen ir máis lonxe, o 15 de agosto de 1936, tras ter coñecemento da condena a morte de Alexandre Bóveda, anotou no seu diario \"e cal será a actitude dos chamados galeguistas de dereita? Que pensarán eses homes que até onte chamaban irmán a Bóveda? Que clase de conciencia terán os que como o Filgueira, o Risco, ou o Vilarelle e, quizais outros, sigan apoiando os rebeldes que cometen crimes tan horrendos? Serán capaces de contar que tamén este salvaxe asasinato se comete no nome de Deus? Se covarde é a actitude da masa do pobo galego ante este crime máis tremenda é aínda a traizón destes homes aos que algún consideramos os nosos amigos\". A lectura das anotación persoais de Ben-Cho-Shey durante as semanas do terror quente de agosto e setembro de 1936 non aforraron as críticas máis duras a Vicente Risco. Así, en 19 de agosto, após saber do asasinato de Ánxel Casal, Xoán Antón Suárez Picallo e Camilo Díaz Baliño, concluíu: \"Que grande remordemento para Risco e compañía\". A paixón por Galiza de Ben-Cho-Shey Ben-Cho-Shey foi o nome con que Galiza chegou a coñecer a Xosé Ramón e Fernández Oxea. A súa orixe remontábase á súa etapa de soldado en Marrocos, para escapar á censura naquelas crónicas de guerra publicadas en La Zarpa, editadas por Sotelo Blanco e estudadas polo historiador Dionisio Pereira. A súa contribución á cultura galega foi inmensa. Etnógrafo, lingüista, pedagogo, historiador, poeta, narrador, arqueólogo, os seus traballos recolléronse nunha chea de xornais, publicacións especializadas, monografías ou libros que deu ao prelo após moitos avatares. Porén, unha parte importante deles permanecían inéditos. Militante do nacionalismo desde as Irmandades da Fala, presidente do Partido Galeguista en Lugo nos últimos anos da II República, represaliado polo franquismo coa pena de desterro, dirixente nacionalista na clandestinidade nos anos 40 e colaborador da Unión do Povo Galego (UPG) nos anos 60 e primeiros 70, non abdicou nunca do seu compromiso político e da súa lealdade á alternativa defendida por Daniel Castelao. Xosé Ramón e Fernández Oxea tentou reconciliar na segunda metade da década dos anos 50 o núcleo de Galaxia con Vicente Risco. Malia as súas coñecidas discrepancias co director da revista Nós e tamén con Ramón Piñeiro, entendeu que podía actuar como ponte entre un e outro. A tentativa de Ben-ChoShey cortouna de vez Ramón Piñeiro, sinalándolle en outubro de 1954 que \"Vicente Risco é o meirande testemuño vivo contra a significación da súa obra. Eu coido que a súa meirande traxedia biográfica consiste precisamente nisto: en que a súa vida chegou a ser inimiga da súa obra. Mais para o poder reivindicar, o estorbo principal está no propio Risco, en cuxa conduta diaria renega da súa obra\"."}
{"ID": "NOS_13236", "summary": "Galiza está a sufrir neste verán os incendios máis duros dos últimos anos porén os dirixentes populares seguen sen botar man daquela mangueira coa que en 2006 Núñez Feixoo quería apagar os lumes.", "text": "Os grandes incendios de 2006 foron aproveitados polo Partido Popular para lanzarse contra o Goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG. Naquela altura, o líder da oposición, Alberto Núñez Feixoo, armouse dunha mangueira de xardín para denunciar a falta de medios no operativo contra o lume da Xunta da Galiza. A liña de actuación de Núñez Feixoo foi replicada pola totalidade dos alcaldes populares, que culparon daquela vaga de incendios á Consellaría de Medio Rural e aproveitaron para criticar as propostas de cambio estrutural lanzadas desde ese departamento. Alfonso Rueda A táctica de desgaste ao Goberno galego, que levou a pedir a dimisión do conselleiro de Medio Rural en plena campaña de incendios, estivo dirixida polo entón secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, que criticaba nas súas comparecencias de prensa propostas como o Banco de Terras ou a decisión de mudar o modelo de brigadas contra incendios. 16 anos máis tarde, Alfonso Rueda, convertido en presidente da Xunta da Galiza vén de propor como alternativa aos incendios a posta en marcha de medidas estruturais, significando, entre as mesmas, a limpeza dos predios e a Lei de recuperación de terras, como instrumento para integrar no Bantegal a terreos abandonados ou sen propietario coñecido. Os alcaldes do PP As propostas do mandatario galego non rematan aí e apúntase agora a un novo modelo de organización das brigadas forestais, que non se centren unicamente na extinción das chamas cando se producen, senón tamén en labores de prevención, e que poidan traballar durante máis meses ao ano, non só nas épocas de maior risco. Na mesma liña, defende unha profesionalización dos servizos de extinción. O silencio e actitude dos alcaldes populares sorprende a todos aqueles que os viron en acción en 2006. Mentres naquela altura denunciaban a falla de medios e a proposta da Consellaría de Medio Rural de avanzar nun novo sistema de brigadas de extinción, a comezos de agosto de 2022 na maioría dos seus concellos están sen constituír as brigadas municipais contra o lume. Un exemplo disto atópase na comarca do Barbanza, a máis afectada nestes dous últimos días pola vaga de lumes, onde só A Pobra do Caramiñal, gobernada por unha coalición entre independentes e BNG, dispón do servizo municipal de extinción de incendios. A situación desta zona repítese na totalidade do país, onde as brigadas municipais contra os lumes están sen constituír polos diferentes concellos. Ribeira sen brigada municipal contra incendios O concello de Ribeira, rexido na actualidade por Manuel Ruiz Rivas, en 2006 un dos voceiros do PP no Parlamento da Galiza, é un dos municipios que a esta altura do ano non ten constituída a brigada municipal contra incendios. Sen ir máis lonxe, a comezos desta semana sacou a convocatoria para contratar ao capataz da mesma. A oposición, tamén, cambiou de actitude en relación a 2006. Se daquelas o PP liderado por Núñez Feixoo se lanzou a unha batalla sen cuartel contra o Goberno reclamando a cabeza do conselleiro de Medio Rural en plena vaga de incendios, actualmente nacionalistas e socialistas actúan cun escrupuloso respecto institucional, situando a loita contra o lume por riba da loita partidaria."}
{"ID": "PRAZA_18973", "summary": "Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería \"máis doado\" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de \"transición xusta\" para compensar o peche das centrais térmicas. Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar o posible pechce en Lourizán", "text": "O posible traslado de Ence fóra da ría de Pontevedra vén sendo un asunto recorrente na vida política galega. Xa fose como reivindicación de colectivos e dirixentes contrarios á permanencia da pasteira en Lourizán ou como aposta ou promesa do propio Goberno galego incluíndo ao de Alberto Núñez Feijóo, que durante anos se comprometeu a impulsar a súa recolocación noutro punto da \"comarca de Pontevedra\", sen maior concreción.Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería \"máis doado\" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de \"transición xusta\" para compensar o peche das centrais térmicasEsta posibilidade, que a empresa di ver inviable, volveu ao primeiro plano despois das tres sentenzas da Audiencia Nacional que anularon a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy en funcións (2016) para que Ence puidese continuar na ría ata 2073. Eses pronunciamentos están pendentes do ditame definitivo do Tribunal Supremo e, mentres, o Ministerio para a Transición Ecolóxica vén amosando a súa disposición a promover o traslado aproveitando os fondos europeos de recuperación tras a COVID.Mentres a Xunta -que tras as primeiras sentenza tamén expresara a súa preferencia pola vía do traslado financiado con fondos comunitarios- agora se centra en defender o seu plan para procurar esquivar a sentenza -adscribir os terreos da fábrica ao porto de Marín, posibilidade que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre o posible peche-, o Ministerio concreta un chisco máis a súa iniciativa apuntando a dous posibles destinos: As Pontes ou Cerceda.No marco da súa visita a Galicia do pasado xoves -para, entre outros aspectos, supervisar o inicio dos traballos da rexeneración ambiental da ría do Burgo, en Culleredo-, a ministra Teresa Ribera reiterou a súa aposta polo traslado e foi un chisco máis alá. Esa posibilidade \"é máis doada\" se o destino da fábrica é unha das \"zonas que cualificamos como de transición xusta\", isto é, as que van ser receptoras de fondos europeos por teren industrias que van pechar no marco dos plans de descarbonización. E en Galicia só hai dúas destas zonas: Cerceda, pola fin da xa desconectada central térmica de Meirama, e As Pontes, onde a central de Endesa transita polos derradeiros compases da súa vida útil antes de que comece o desmantelamento.Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar a anulación da prórrogaO Estado, reitera Ribera, ten vontade de achegar fondos europeos a esta operación. E \"onde máis recursos financeiros existen\" é neses dous emprazamentos, porque para eles hai \"fondos europeos dedicados expresamente para poder reactivar actividades industriais. Feijóo, pola súa banda, reitera o plan que apadriña para que formalmente o complexo de Lourizán pase a ser considerado parte do porto de Marín e así poder esquivar a anulación da prórroga se finalmente o Supremo mantén o ditame da Audiencia. A ministra reiterou que o Goberno de España -que por outras fontes xa o veu sinalando como xuridicamente inviable- estudará a proposta, xa sinalada polo Concello de Pontevedra como \"ilegal. Pero \"se non fose viable, hai que pensar noutras alternativas\" e as máis realistas para que Ence continúe producindo en Galicia son As Pontes ou Cerceda, conclúe.Mentres continúa o debate e, sobre todo, a espera pola resolución do Supremo, Ence e a Xunta reiniciaron a finais do pasado ano a tramitación de medidas ambientais que prometeron tras a prórroga de Rajoy á pasteira en 2016. Ao tempo, a compañía informaba este 14 de xaneiro de que o vindeiro luns, día 17, comezará a súa parada anual, que durará en torno a unha semana. Esta parada, defende, realízase para \"executar un ambicioso plan de traballo para incorporar novas tecnoloxías e mellorar as xa existentes. \"Como é habitual\", asegura, os labores de mantemento combínanse con outros de \"reforzo da sustentabilidade\"."}
{"ID": "PRAZA_16417", "summary": "As licenzas outorgounas o Goberno de Fraga en funcións; Popular TV comezou a emitir en 2009 e pechou en 2013 e V Televisión emitiu de 2010 a finais de 2017. A Xunta explica que as prórrogas que concedeu a estas empresas en 2014 e 2016 a través de senllas reformas legais supón que non emitir non implique incumprimento HEMEROTECA | A Xunta evita con outra prórroga rescatar as licenzas de televisión ás empresas que as incumpren", "text": "HEMEROTECA | A Xunta evita con outra prórroga rescatar as licenzas de televisión ás empresas que as incumpren Unha das últimas decisións do Goberno de Manuel Fraga en funcións foi, o 22 de xullo de 2005, deixar adxudicadas as dúas licenzas de televisión privada autonómica. As empresas beneficiarias foron V Televisión, do Grupo Voz, e Popular TV, ligada á Cadena COPE, que se comprometeron a investir 97 e 2,3 millóns de euros, respectivamente, e xeraren cadanseus 148 e 40 postos de traballo para poñeren en marcha os seus proxectos. Apenas unha semana despois daquela adxudicación tomou posesión o novo Executivo, sustentado pola coalición de PSdeG e BNG, que optou por manter a decisión malia ás protestas doutras compañías que participaran no procedemento. Ningunha desas dúas canles emite na actualidade, pero a Xunta coida que iso non implica \"incumprir\" as súas licenzas. Estas concesións, así como as 46 de ámbito local que a Xunta asignaría ao ano seguinte, cadraron coa implantación total da Televisión Dixital Terrestre, pero a demora do seu inicio provocou que coincidisen tamén co estourido da crise económica. Popular TV comezou a emitir no outono de 2009 e pechou en xullo de 2013 sen cumprir en ningún momento o comprometido, cando menos en materia de xeración de emprego. V Televisión botou a andar en 2010 con entorno a medio cento de empregados, segundo indicara o grupo empresarial que a promovía, e deixou de emitir o pasado 1 de xaneiro. As licenzas outorgounas o Goberno de Fraga en funcións; Popular TV comezou a emitir en 2009 e pechou en 2013 e V Televisión emitiu de 2010 a finais de 2017 O feito de que ningunha das dúas canles estea operativa na actualidade levou o BNG a dirixirse á Xunta para cuestionala polas medidas que prevé adoptar ao respecto. A resposta chegou ao Parlamento esta semana e nela o Goberno galego indica que \"non cre que a non emisión de contidos\" supoña \"un incumprimento das condicións que rexen as concesións de frecuencias de radio e televisión\". O Executivo sustenta a súa afirmación nas dúas prórrogas que concedeu nos últimos anos a estas empresas para cumpriren a totalidade das súas obrigas, evitando así rescatar as súas licenzas. A primeira desta prórrogas chegou incluída na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2015. Esta modificación outorgou ás concesionarias un prazo de dous anos adicionais a contar dende o 1 de xaneiro de 2015 para \"materializar os compromisos asumidos\" e \"acreditar o cumprimento\". Se a comezos de 2017 non cumpriran, quedarían sen licenza. No entanto, apenas dous anos despois a Xunta utilizou o mesmo procedemento para aplicar outra prórroga, neste caso de 4 anos e aínda vixente: a marxe para evitar o rescate chega agora ata 2021. A Xunta explica que as prórrogas que concedeu a estas empresas en 2014 e 2016 a través de senllas reformas legais supón que non emitir non implique incumprimento nin ter que rescatar as concesións É precisamente a estas dúas reformas legais ás que alude o Goberno para explicar que non considera que o feito de non emitir sexa motivo dabondo para rescatar as concesións. No que atinxe ás televisións locais adxudicadas en 2006, polas que o Bloque tamén pregunta, a Secretaría Xeral de Medios sinala que \"algunhas delas dispoñen de autorización de posta en funcionamento e atópanse emitindo\". No referido ás 20 licenzas que outorgou o Goberno do PP en 2014 sinala que \"os licenciatarios están -dentro do prazo- a cumprimentar os trámites recollidos nas bases do concurso\". O Goberno conclúe o seu escrito respondendo á pregunta final do BNG, a respecto do \"futuro\" da TDT en Galicia \"tendo en conta a situación actual\". \"Dicir que é difícil, nestes momentos, establecer un prognóstico acertado sobre o futuro das teleivsións, pois o sector da imaxe está a cambiar constantemente como consecuencia dos continuos avances no campo das novas tecnoloxías\", conclúe a Xunta."}
{"ID": "NOS_8713", "summary": "Coa previsión de que o peor da pandemia do coronavirus aínda non tocou Galiza, o presidente da Xunta anunciou onte unha serie de medidas que buscan evitar o colapso do sistema sanitario con persoal e recursos, e censurou a \"falta de resposta\" do Goberno central pola falta de abastecemento de material de protección.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez, Feixoo, anunciou aonte, na comparecencia posterior ao Consello, unha serie de medidas sanitarias e económicas dirixidas \"a facer fronte ao coronavirus\" nun momento no que Galiza aínda está, dixo, en fase de \"contención reforzada\" da pandemia, ao contrario que outros territorios do Estado, o que permitirá \"seguir facendo probas diagnósticas\". \"Temos que ser realistas. O peor do pico asistencial está por chegar\". Con estas palabras, e a previsión dun incremento de casos para mediados da semana vindeira e a primeira de abril, Feixoo anunciou un investimento de 52 millóns de euros, con autorización de gasto \"desde xa\", para a compra de material como ventiladores volumétricos para os hospitais, equipos portátiles de raios X ou mamparas para protexer os servizos de admisión de hospitais e centros de saúde. Entre as iniciativas avanzadas cóntase o aumento de camas para as UCI, que pasan das 160 previas á pandemia ás 274 actuais, mediante a transformación de camas de reanimación. Trátase, destacou, dunha medida \"crítica\" que permite ao Sergas \"estar dotado de momento\" e que a Xunta seguirá tratando de aplicar para seguir incrementando o número \"tanto no sector público como no privado\". A preguntas de Nós Diario, o presidente do Executivo galego concretou que, segundo os últimos datos dispoñíbeis, 19 desas camas da UCI están ocupadas hoxe por persoas afectadas pola COVID-19, co que hai dispoñibilidade \"para os próximos días\". \"Os criterios para priorizar pacientes son os adoptados polos médicos, non hai máis criterios que eses\", apuntou. Dentro do \"plan de reforzo\" debullado por Feixoo cóntase unha \"inxección de persoal\" de 189 profesionais. Para iso, segundo avanzou, o Sergas contratará \"de forma inmediata\" a totalidade de persoal médico residente (MIR) de último ano, que até agora traballa con categoría de formación, como persoal facultativo especialista, un total de 158, ao que se sumarán 31 profesionais de enfermaría que están concluíndo a formación. A decisión de facer contrato como médicos adxuntos a MIR \"bordea –segundo recoñeceu Feixoo– a legalidade, esperamos que por dentro\". \"É evidente que precisamos persoal e non imos esperar a maio –cando este colectivo profesional conclúe a residencia–, non imos esperar a que baixe o pico\", considerou, e tamén pregou ao persoal en listas de contratación do Sergas \"que sexa solidario e se incorpore cando sexa chamado\". \"Son imprescindíbeis para manter a resposta asistencial\", subliñou. Crítica ao Goberno central Imprescindíbel é tamén, segundo advertiu o titular da Xunta, que o Ministerio de Sanidade atenda as peticións de material sanitario. \"Hai nove días que Galiza non recibe nada. Estamos usando segundo a prioridade: urxencias, atención a domicilio e planta, pero é necesaria unha reación\", censurou Feixoo, quen alertou do \"atasco\" do Goberno central na provisión deste abastecemento. \"É a primeira cuestión que transmitín ao presidente do Goberno e pedímolo todas as noites ao ministerio (...) Se non tivesemos depósito hoxe estariamos colapsados. Equipos de protección individual, máscaras, ventiladores... son a primeira prioridade e a Administración Xeral do Estado ten que funcionar\", censurou, nunha crítica que cualificou de \"crónica\" . \"Se nos deixan sós na compra de material traballaremos sós\", avanzou, antes de recoñecer que a Xunta está a buscar proveedores para o caso de que o ministerio levante a \"prohibición\". Nesta mesma liña, dentro do plan de reforzo económico anunciado onte, o presidente da Xunta deu conta dunha liña de 10 millóns de euros a fondo perdido para industria que poida fabricar esta clase de material e instrumental sanitario, para facilitar a súa restruturación produtiva ou loxística. A ese fin, a Axencia de Innovación Galega manterá aberto até o día 27 unha manifestación de interese aberta a este tipo de empresas, para \"identificar capacidades de innovación\" contra o coronavirus. \"Se algunha industria na Galiza cre que pode fabricar ventiladores, máscaras, lentes de protección ou vestimenta adecuada pode comunicalo e, automaticamente, a Axencia Galega de Innovación disporá de fondos para que estas empresas poidan empezar a fabricar\", detallou. As medidas económicas inclúen tamén unha liña de \"prestamos ponte\" por uns 250 millóns de euros para persoas autónomas e pequenas empresas que se manterá mentres o Goberno central non desenvolve a súa liña de avais. A Xunta avalará 75% destes empréstitos. Novo teléfono para atención psicolóxica polo coronavirus Entre as medidas \"sociais\" acordadas onte cóntase a posta en marcha dun novo servizo telefónico de atención psicolóxica vinculado ao coronavirus, o 900400800. Empezará a atender desde a vindeira segunda feira para asistir persoas maiores, soas ou vulnerábeis, que precisen de atención psicolóxica ou acompañamento, así como para resolver dúbidas relacionadas con voluntariado ou recursos sociais. \"Non é para chamadas sanitarias, senón sociais\", precisou Feixoo. En canto ao número habilitado para a información sobre o coronavirus, o 900400116, sinalou que recibe unha media de 10.600 chamadas ao día para aclarar dúbidas sanitarias. Segundo destacou, co incremento de persoal xa \"practicamente desapareceron\" as chamadas non atendidas e se está prestando o servizo, dixo, \"en tempo real\"."}
{"ID": "NOS_39746", "summary": "A folga encetada este 17 de maio ficou adiada porque a dirección incumpre os seus propios \"e abusivos\" servizos mínimos. Con todo, as reclamacións non cesan: esixen que se cumpran as resolucións xudiciais que obrigan a prorrogar o marco laboral propio e non o provincial.", "text": "Malia teren adiada a folga indefinida até que Povisa non acate os seus propios \"e abusivos\" servizos mínimos, o pulso entre @s traballador@s e a dirección da clínica privada concertada co Sergas continúa para frear o despedimento de 14 compañeir@s da quenda de fin de semana. Se na cuarta feira se concentraron diante da Inspección de Traballo para esixir que se acaten os devanditos servizos mínimos, esta quinta feira as reclamacións transladáronse aos xulgados, onde pediron que a dirección da empresa cumpra as sentenzas ditadas na súa contra e que a obrigan a aplicar o marco laboral propio fronte á súa intención de aplicar o marco provincial. \"Estivemos case na porta de entrada até que a policía nos desaloxou, mais seguimos co protesto\", explica a presidenta do comité de empresa, María Xesús Neira (CIG), quen asegura que \"aínda que non nos recibiu ninguén non imos parar até que alguén faga cumprir as resolucións xudiciais que gañamos\". 500 euros mensais menos nas nóminas Foi precisamente unha desas sentenzas a que paralizou a greve indefinida convocada a finais de agosto de 2013: a sentenza avocou Povisa a deixar de aplicar o marco laboral provincial para voltar ao marco propio namentres non se aprobase un novo. Os sindicatos con representación no comité de empresa calculan que o convenio provincial supón unha perda de 500 euros mensais nas nóminas d@s traballador@s que xa fan parte do cadro de persoal, e unha perda meirande aínda para quen veña nov@. \"Agardaremos a que polo menos Inspección de Traballo se reúna connosco e, namentres non o faga, seguiremos cos protestos\", conclúe María Xesús Neira quen na terza feira informou do aprazamento da folga porque a empresa empregou \"a esquirolaxe interna\" para lle por a cambadela a este dereito da clase traballadora ao contratar efectivos para substituír @s profesionais en greve."}
{"ID": "NOS_29969", "summary": "A denuncia presentada asegura que o popular combina o seu traballo como xerente co de apoderado dunha empresa de investimento desde hai un ano. De ser así Gónzález incorrería nunha infracción lexislativa que prohibe a compatibilidade entre a xerencia con calquera outra actividade pública ou privada.", "text": "Nun escrito enviado á Fiscalía provincial de Pontevedra --ao que tivo acceso Sermos Galiza-- traballadoras e traballadores do Complexo hospitalario de Pontevedra (CHOP) veñen de presentar o pasado día 20 unha denuncia contra o actual xerente do hospital e ex-conselleiro de Sanidade (2004-2005), José Manuel González Álvarez. Segundo figura na denuncia presentada, González incorrería desde hai un ano nunha infracción de incompatibilidade ao combinar o seu cargo como xerente do complexo pontevedrés co de apoderado mancomunado da empresa de investimento financeiro Plan B S.L, dedicada a fornecer \"actividades de intermediación en operacións con valores e outros activos\". Neste senso a Lei 9/1996 sobre incompatibilidades de altos cargos así como o Lei de saúde de Galiza fixan a xerencia do hospital \"en réxime de dedicación absoluta\" e consideran \"incompatíbel\" o seu exercicio co de \"calquera outra actividade pública ou privada\". Para apoiaren a súa denuncia @s traballadoras e traballadores axuntan á denuncia un estracto cos datos identificativos da empresa en que aparece reflectivo o nome do ex-conselleiro como apoderado mancomunado sendo administrador único o seu fillo, Manuel González Sanchildrián. Segundo @s empregad@s do CHOP a súa vontade é \"pór en coñecemento da sociedade todos os 'feitos' irregulares\" que son cometidos en aras de \"rematar con esta corrupción tan próxima á nosa contorna\". No entanto, aseguran que froito do \"medo ás represalias\" prefiren manterse no anonimato. A denuncia vense sumar á publicación dun escrito asinado por 75 facultativos do CHOP en que denunciaban o pasado mes de outubro unha situación laboral \"agresiva e irrespetuosa\" da que acusaban naquela altura á \"equipa xestora\" ecabezada polo popular González Álvarez. Días após a súa denuncia pública medic@ do complexo hospitalario aseguraron recibir ameazas e mesmo térense aberto tres expedientes disciplinarios \"como medida persecutoria\" contra parte das persoas que se amosaran críticas coa xestión do ex-conselleiro do Partido Popular."}
{"ID": "NOS_29850", "summary": "Unha perspectiva turística e viaxeira para o novo ano. Cara a onde imos?", "text": "Despois de dous dos anos máis diferentes que moitos recordamos, chega 2022 cheo de novas esperanzas, algunhas novas leccións aprendidas, e tamén novas realidades. Os primeiros tempos da década dos 20 ensináronnos a querer e valorar máis o próximo e moitos agardamos que esta idea se consolide non só a nivel galego senón tamén a nivel mundial. Viaxemos lonxe, pero tamén preto. Persoalmente sinto que 2022 e os seguintes van ser anos dunha especial esixencia por parte das e dos viaxeiros... cada vez máis educados, sensíbeis e tamén positivamente críticos. Se ben antes a sensación -polo menos así o vexo eu- era que as maiorías eran exquisitas e selectivas á hora de viaxar lonxe e pouco á hora de viaxar preto... penso que agora esa realidade pode igualarse ou incluso inverterse: as sociedades, e a galega por suposto incluída, démonos conta de que o lugar onde máis turismo podemos ou debemos facer -aínda que sexa só por unha lóxica económica e ambiental- é nas nosas contornas... e polo tanto queremos e esiximos, afortunadamente, unha cada vez maior atención e posta en valor dos nosos recursos. O Camiño de Santiago e o Xacobeo son dúas marcas paraugas indiscutíbeis a seguir mimando sempre por todo o que arrastran, a arte urbana chegou para quedar e dará moitísimo que falar nas vindeiras décadas, o sendeirismo e a procura de paisaxes de asombro teñen un percorrido infinito na nosa terra... mais os profesionais do turismo e da cultura temos que seguir innovando e creando posibilidades dun lecer sostíbel que, polas nosas características territoriais, podería ou debería ser referencia mundial. Unha das miñas apostas de sempre, pero moi especialmente neste 2022, é a nosa historia e a nosa arqueoloxía: dúas das materias onde temos máis potencial e marxe de mellora. Quédanos moito por coñecernos a nós mesmos como pobo, e quédanos moito por darnos a coñecer aos de fóra. Estimular a investigación, fortalecer a formación universitaria e non universitaria nestes campos, e promover este tipo de turismo... sería, desde o meu punto de vista, un dos maiores acertos que poderían ter as distintas administracións e proxectos particulares. A histórica dispersión poboacional do territorio galego favorece extremadamente un turismo desconcentrado que moitos outros destinos ansiarían. Todas as nosas comarcas teñen cousas que contarnos e relatos para potenciar a nosa lonxeva historia. Visitar o noso pasado, reconstruír o tempo e o espazo do noso pobo é un paseo emocionante e singularísimo que nos levará desde os oestrimnios e saefes ás fazañas da estirpe de Breogán, aos romanos, suevos, bretóns, aos nosos heroes e lendas do gran relato dun reino que foi pioneiro en Europa, unha nación que ten sinais en cada sitio, cada aldea, cada vila ou cidade. Un relato que poderemos reconstruír non só con arqueólogos e historiadores senón tamén coa memoria da veciñanza, o gran legado oral dos pobos. Volvendo ao principio: temos que prepararnos para unha nova era do turismo que eu estou case seguro de que comeza agora. Con este achegamento aos nosos lugares próximos, máis que nunca as persoas valoramos o feito de poder viaxar, fisicamente e tamén coa nosa imaxinación, polos nosos barrios, parroquias e concellos. Máis que nunca queremos saber máis sobre cada recuncho do noso planeta, máis que nunca non nos conformamos cos famosos \"sota, cabalo e rei\" do turismo internacional e das axendas viaxeiras tradicionais. Queremos máis profundidade... e esa é unha xigante oportunidade para un país tan rico en patrimonio como este. Subimos ao carro desta aventura? Eu anímovos a facelo desde estas liñas e con algunhas fotografías que agardo susciten a vosa curiosidade. Feliz 2022!"}
{"ID": "NOS_31255", "summary": "O deputado do BNG no Congreso asegura que o pacto de investidura \"non é un cheque en branco\" aos socialistas", "text": "O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, empregou hoxe o seu turno de intervención na primeira sesión do Pleno de investidura de Pedro Sánchez, para lembrar que Galiza foi \"historicamente\" maltratada polos sucesivos Gobernos estatais \"e que, a pesar diso, non se resigna\". E deixoulle claro a Pedro Sánchez que os seu Goberno non é o do BNG: \"Ningún Goberno español será nunca o noso Goberno\". Rego sinalou que a súa formación está no Congreso para \"defender os intereses da Galiza por enriba de todas as cousas, dos máis inmediatos aos estratéxicos, da solución da crise das industrias electrointensivas á autodeterminación\". \"Nós puxemos a axenda galega sobre a mesa e traballamos nos últimos días para lograr un acordo que desbloquease a situación\", trasladou o deputado nacionalista, que salientou os progresos do seu acordo co PSOE, que pasa pola transferencia da autoestrada AP-9 á Xunta, asegurar os postos de traballo na industria electrointensiva e naval, o saneamento das rías e a normalización do galego na Administración de xustiza, entre outros puntos chave como \"avanzar na disposición a transferir todas os asuntos pendentes do Estatuto de Autonomía\". Rego aludiu a que os \"compromisos\" conseguidos por este pacto de investidura cos socialistas \"non os acadou o desgoberno sumiso do PP na Galiza\". O nacionalista apuntou que con esta avinza se progresa na solución de \"porblemas que levan anos agardando\" e que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, non resolveu \"porque non tivo interese ou capacidade\" para facelo. \"Onte comprobamos que acertamos co acordo\", sostivo Rego, \"ao ver a reacción de rabia incontida de Feixoo\", engadiu. Así mesmo, o deputado nacionalista apuntou que este pacto \"non é un cheque en branco, nin moito menos un acordo de lexislatura, só é un apoio puntual para posibilitar que haxa un novo Goberno\". \"Agardamos que cumpra cos compromisos dun país que leva moito tempo esperamos\", engadiu Rego. Pedro Sánchez: \"Obrigado\" Na súa quenda de réplica, o candidato Pedro Sánchez agradeceu o voto afirmativo de Rego cun \"obrigado\" e sinalou que o acordo alcanzado entre ambos partidos é \"bo para España e para Galiza\". \"Ogallá poidamos encontrarnos e reforzar esa cooperación tamén en Galiza porque eso significará que poidamos provocar un cambio na Galiza\", sostivo Sánchez. Un desexo que foi compartido por Rego na súa segunda intervención no Pleno. O deputado do BNG ratificou a \"necesidade de que se produzca un cambio na Galiza\" e apuntou que esa mudanza na Xunta ten que ser \"non só de persoas\", senón tamén \"de políticas\"."}
{"ID": "NOS_21000", "summary": "A Xunta ten previsto aprobar esta mañá un plan de reactivación económica para facer fronte á crise. As expectativas da oposición sobre as medidas que anuncie hoxe o Goberno galego son case nulas, e acusa o presidente Núñez Feixoo de manter os \"brazos cruzados\" ante a crise.", "text": "Os grupos parlamentarios da oposición coinciden en reclamar á Xunta medidas efectivas para afrontar a fonda crise económica que o país atravesa por mor do coronavirus e critican o Goberno galego por adoecer de \"falla de iniciativa\" e por \"limitarse a non facer máis que matizar\" as iniciativas do Executivo español. Así, a oposición non ten moitas expectativas sobre o plan de reactivación económica que o Consello da Xunta ten previsto aprobar na mañá de hoxe. O plan, segundo explicou o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, prestará especial atención \"os sectores máis afectados pola crise como o turismo, o comercio, a hostalería e a automoción\". O anuncio da aprobación desta folla de ruta económica da Xunta realizouno onte Feixoo, após reunirse co comité de expertas e expertos económicos que formou o Executivo galego. Precisamente foi este comité o que elaborou as bases do plan, segundo indicou a Xunta. O presidente avanzou que o relatorio contempla ofrecer microcréditos a pequenas e medianas empresas e profesionais por conta propia para paliar os efectos da crise. O PSdeG pon un horizonte máis verde e dixital No PSdeG critican a \"parálise\" de Feixoo en materia económica e lamentan que, a diferenza doutros Gobernos territoriais, o galego non convidase os partidos nin os axentes sociais a participar da elaboración do programa que hoxe se aproba. \"O comité de expertos é designado polo propio Feixoo e traballa a petición da Xunta. Hai empresariado, por exemplo, mais non hai representantes de sindicatos, o cal xa indica a existencia dun desequilibrio\", sinala o presidente do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga a Nós Diario. As claves da reactivación están, para Leiceaga, en \"dinamizar a economía sen deixar ninguén atrás, primar o investimento que crea emprego de calidade, e incidir en medidas que afecten a formación para o emprego e a xeración de valor engadido\". O presidente do PSdeG resalta ademais a existencia \"dun deseño europeo para unha transición a unha economía máis verde e dixital\". A ese respecto, considera que as medidas económicas que se impulsen desde a Galiza han de ir neses mesmos parámetros. O BNG quere primar a innovación e o traballo digno \"O Goberno galego vai tarde e a remolque\" doutras Administracións e \"non toma ningunha medida excepcional para a gravidade da situación actual\", resalta a Nós Diario a deputada do BNG e coordinadora de programa electoral, Olalla Rodil. \"Precisamos medidas urxentes para paliar a situación dos sectores prexudicados pola crise, mais tamén este momento ten que ser un punto de inflexión de cara ao futuro\", di Rodil, facendo énfase na necesidade de primar a innovación, o desenvolvemento e a xeración de valor engadido. A líder do BNG, Ana Pontón, xa avanzou que a primeira medida que adoptará, no caso de presidir Galiza, será \"promover un grande acordo cos axentes económicos, sociais e políticos para sacar adiante Galiza\". Para rescatar a economía e potenciar o emprego o Bloque propón a derrogación da reforma laboral e a adopción de medidas para mellorar as condicións laborais das autónomas e autónomos, para quen o BNG pide a posta en marcha dunha axuda de pago único de até 2.000 euros. O nacionalismo tamén defende \"un marco flexíbel\" para ter máis recursos á hora de incorrer en déficit e débeda; que sexa a Galiza quen xestione directamente os fondos europeos que lle corresponden, a mobilización de recursos estatais concretada na creación dun fondo extraordinario dirixido á loita contra a COVID-19; un novo modelo de financiamento \"que permita ao país ter a chave dos seus cartos\"; e unha tarifa eléctrica para que esa riqueza beneficie a familias e empresas do país. Urxen ademais a recuperar \"os 60.000 millóns de euros do rescate bancario na anterior crise, fundamentais agora para sacar o país adiante\". Reino defende unha renda mínima galega O voceiro e candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, sinala a Nós Diario tres elementos \"de choque\" que o próximo Goberno galego debe abordar. O primeiro é estabelecer unha renda mínima galega, complementaria ao Ingreso Mínimo Vital aprobado polo Executivo estatal, \"para combater os recortes de Núñez Feixoo\". Reino prioriza a posta en marcha dun plan de recuperación do tecido industrial galego, pois \"logo de anos de deslocalizacións, a economía galega precisa relocalizar o tecido industrial que xera valor engadido e empregos de calidade\". O candidato tamén pon \"o reto\" na vivenda, e promete \"que todas e todos os menores de 30 anos que queiran emanciparse poderano facer no primeiro ano de lexislatura do Goberno progresista\". En Marea reivindica decidir sobre os orzamentos da UE O coportavoz de En Marea, Pancho Casal, indica a Nós Diario as prioridades para a economía do programa da Marea Galeguista, a coalición coa que a súa formación concorre. Para Casal, todas as estratexias económicas teñen que ir encamiñadas a mitigar a crise económica e climática. Nese sentido demanda que, dos orzamentos da UE destinados ao Estado español, 22.000 millóns de euros sexan para a Galiza, e reivindica o dereito a decidir sobre estes recursos, para empregalos no desenvolvemento das necesidades produtivas, cunhas premisas transversais: garantir os servizos públicos, unha transición ecolóxica xusta e crear emprego."}
{"ID": "NOS_21262", "summary": "Xusto Beramendi (Madrid, 1941), catedrático de Historia Contemporánea e especialista na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, ofreceu a pasada semana a palestra titulada Galiza, provincialismo. 1840-1846. A actividade, organizada pola Asociación Cultural O Galo, tivo lugar no Museo do Pobo Galego, unha institución da que Beramendi foi cofundador e presidente do seu Padroado até o mes de abril en que anunciou a súa retirada. Nós Diario conversa con Beramendi da importancia do provincialismo na orixe do galeguismo e do futuro do proxecto museístico compostelán.", "text": "Que elementos salienta desa primeira etapa do provincialismo? É o nacemento do galeguismo político con datas moi concretas, entre 1840 e 1846. Rematou abruptamente co esmagamento do levantamento de Miguel Solís. O contexto político en que nace ese provincialismo situámolo ao remate da guerra carlista e o triunfo dos liberais, coas pugnas no conxunto do Estado español para ver que modelo de estado se vai construír. Nesa loita, sobre todo entre moderados e progresistas, na Galiza comeza a aflorar una corrente de pensamento diferenciada que xa non ten como referente político principal España senón Galiza. \"Os Mártires de Carral convertéronse no mito fundacional do galeguismo\" Outro factor importante son as influencias intelectuais que proceden de Europa. Por exemplo, o historicismo alemán que dá moito valor ás características culturais dos diferentes pobos. Tamén o celtismo, que nace en Francia no século XVIII e que introduce na Galiza Verea e Aguiar. Foi importante un grupo de estudantes universitarios liberais en Compostela, fundamentalmente, que se xuntan na Academia Literaria e reciben esas influencias europeas. Politicamente son progresistas e empezan a pensar Galiza doutra maneira a través dunha prensa propia e participando tamén en política dentro da Xunta revolucionaria do Partido Progresista e no levantamento de Solís de 1846. Crean un novo sistema no que ten moito valor a obra de Antolín Faraldo. Todo isto desemboca no levantamento de 1846. Como configura o provincialismo o concepto da Galiza? Vai mudando na evolución ao longo do galeguismo histórico. Nesta primeira etapa do provincialismo, a Galiza é unha nación no pasado, mais no seu presente é unha parte do Estado español que ten unhas características propias, facendo máis fincapé na cuestión histórica que na cultural. En función desa personalidade que ten reivindican que teña dereito a un maior peso na política do Estado, mais non pasan de aí. No segundo provincialismo, na xeración de Rosalía e Murguía, isto cambia e xa a Galiza comeza a ter conceptualmente unhas características propias dunha nación de seu, aínda que este concepto non se traduza, de momento, ao plano político que chegará despois co rexionalismo a finais do século XIX e, posteriormente, serán as Irmandades da Fala as que cheguen a un concepto pleno da Galiza nación con todas as súas consecuencias. Anunciou que deixaba as súas responsabilidades no Museo do Pobo Galego. Que representou para vostede formar parte da institución? Seguirei no Padroado mais xa ía sendo hora de renovar agora que se pode facer esa transición dunha maneira ordenada. Para min o Museo representou unha das partes máis importantes da miña vida profesional e pública. Como o foi para García Martínez [cofundador e anterior director do Museo do Pobo Galego]. Os dous temos dous fillos e sempre dicíamos que o Museo era como o noso terceiro fillo. Partiu dunha idea que tivemos en 1976 e que, por fortuna se puido materializar, creo que conseguimos que tivese continuidade. O Museo do Pobo Galego abre ao público as primeiras coleccións de 'Historia da Galiza' Como lle gustaría que evolucionase agora o Museo? En primeiro lugar que se completase o programa museístico, que semella que está en vías de concretarse. Tamén que mantivese e aumentase esa influencia e respecto que ten a maior parte da xente polo Museo. Por último, que se garanta o relevo xeracional dos que xa estamos \"medio desaparecidos\" e que siga adiante."}
{"ID": "NOS_8130", "summary": "O ex-director de 'El Mundo' anuncia o lanzamento dun novo xornal dixital que tamén pode servir para reforzar unha dereita unionista diferente á que sostén ao PP de Rajoy, enfrontado co coñecido xornalista.", "text": "Cinco millóns de euros de investimento inicial e unha expectación enorme que tamén conta con ecos políticos. Así se vive o anuncio feito por parte do xornalista Pedro J. Ramírez do lanzamento dun novo xornal, neste caso dixital, que se sumará aos moitos xa existentes na dereita española con centro en Madrid. O seu nome, sen deixar lugar a dúbidas, será 'El Español'. Estará o ex director de 'El Mundo' á fronte deste proxecto, co que finalmente romperá de xeito definitivo co xornal que fundou hai máis de 25 anos e do que foi despedido, en principio por presións do Goberno de Mariano Rajoy. Posteriormente, en medio dunha polémica co seu substituto, tamén deixou de colaborar cunha columna semanal. Agora convértese en competencia. Será 'El Español' un medio máis da chamada caverna, pero con perfil propio precisamente debido a esa mala relación de Pedro J. coa actual dirección do PP, que recibiu con mal xesto a nova. De feito, considérase que o lanzamento do xornal servirá para apoiar a novas referencias dentro da dereita españolista, tanto dentro do PP -Esperanza Aguirre- como moi especialmente fóra, con persoas como Albert Rivera de Ciudadanos, que o influínte xornalista considera que pode liderar \"un Podemos de dereitas\" nun escenario de fin do bipartidismo. Sen ter aínda data de saída, será en poucos meses, 'El Español' aspira, segundo dixo o seu creador, a ter uns 200 pequenos accionistas, entre os que parece que estará o polémico e conservador magnate da comunicación mundial Robert Murdoch."}
{"ID": "NOS_52937", "summary": "Deberá pagar unha multa de 24.000 euros pola segunda condena que recibe pola mesma causa.", "text": "O Xulgado Penal 6 de Barcelona condenou esta cuarta feira o expresident da Generalitat de Catalunya Quim Torra a 15 meses de inhabilitación na segunda causa pola que é xulgado por desobediencia, após non descolgar unha pancarta da fachada da Generalitat cando era president. A sentenza, que tamén lle impón unha multa de 24.000 euros, comunicouse menos de dúas semanas despois de que o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) dese por cumprida a primeira condena de inhabilitación de Torra, tamén por desobediencia. Trátase da segunda condena a Torra polo mesmo delito: neste caso, por non retirar a pancarta en período electoral antes das eleccións do 10 de novembro de 2019, mentres que na primeira o TSJC condenárao a un ano e medio de inhabilitación por manter unha pancarta antes das eleccións xerais do 28 de abril do mesmo ano. Existe delito na desobediencia de Quim Torra? A xuíza lembra no fallo que Torra foi requirido para retirar a pancarta, unha medida cautelar que acordou o TSJC por mor dun recurso interposto pola entidade Impulso Ciudadano que invocaba a vulneración do deber de obxectividade. Antes dese requirimento, após coñecer a medida cautelar que tomou o TSJC, a oficina do president emitira un comunicado manifestando a súa \"vontade de recorrer e de non retirar a pancarta\". Para a xuíza, ese comunicado mostraba a \"negativa aberta\" de Torra a cumprir coa orde de retirar a pancarta. A maxistrada constata que, unha vez requirido, Torra \"non cumpriu de forma inmediata\" coa orde do tribunal, polo que o tribunal tivo que ordenar aos Mossos d'Esquadra que retirasen a pancarta logo de varios requirimentos. Torra ve \"afán de vinganza\" O ex president afirmou esta cuarta feira, a través dun comunicado, que a súa segunda condena por desobediencia é unha sentenza \"inducida polo afán de vinganza dos xuíces que actúan como brazo político do Estado español en Catalunya\", e sostivo que é unha \"lección\" de que \"a independencia é urxente\"."}
{"ID": "PRAZA_4569", "summary": "Tras sete asasinatos machistas en catro días a indignación percorre os movementos feministas, que seguen a censurar que só se olle cara a esta violencia cando ten resultado de morte. A Marcha Mundial das Mulleres advirte de que estas agresións son consecuencia do \"ninguneo\" que sofre a muller e dun patriarcado \"que tamén é malo para os homes\".", "text": "\"Se ETA matase sete policías en 4 días teríamos especiais informativos as 24 horas. Se son 7 mulleres asasinadas polo machismo, dous minutos e andando\". Unha moza galega deitaba esta reflexión en Twitter o pasado xoves, xornada na que #alertafeminista e #7asesinadasen4días tentaban facerse oco entre as novas e chanzas do día. A intención era reflectir nesta rede social a indignación polos reiterados casos de agresións machistas, con ou sen resultado de morte, que non semellan motivo dabondo para que esta violencia estea situada en primeiro termo da axenda pública. E isto, por que acontece? \"Son mortes de segunda clase, porque somos cidadás de segunda clase\". Quen ofrece esta explicación ao feito de que a violencia machista aínda sexa tratada de maneira secundaria é Tereixa Dacosta, unha das voceiras da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia, quen en conversa con Praza Pública constata que segue sen \"pasar nada\" cada vez que unha muller é asasinada. \"Nós seguimos concentrándonos cada vez que hai un asasinato; onte estivemos en Vigo, antes de onte en Ferrol, hai un mes de novo en Vigo...\", relata. A Marcha mobilízase porque \"a violencia está aí\" e só se \"chama a atención\" sobre ela \"cando hai unha morta\". \"Pero hai moita máis da que vemos\". Sete mulleres foron vítimas de asasinatos machistas en catro días \"Tamén sufrimos violencia as mulleres que temos parella e non sufrimos maltrato\" pola súa parte, sinala Dacosta. \"O Estado exerce violencia cando aproba unha lei contra nós, cando recorta ou pecha camas de Xinecoloxía....\", exemplifica. A Marcha Mundial, explica, leva \"máis de dúas décadas analizando esta situación do mesmo xeito\", unha análise que chega á conclusión de que \"todo o relacionado coas mulleres está interrelacionado: economía, política...\" nun contexto no que o que fica claro é \"o que significa\" un patriarcado \"que non só é malo para as mulleres, porque nos invisibiliza, nos cousifica e nos ningunea\", senón que tamén \"é malo para os homes, porque tipifica un determinado tipo de masculinidade\". A educación e a política Se nin sequera sete asasinatos en catro días aguilloan a sociedade para priorizar a loita contra o machismo, cal é a vía para que isto aconteza? Para a Marcha Mundial das Mulleres un dos camiños fundamentais é o da educación, pero \"tal e como se segue educando as rapazas e os rapaces, vai ser máis do mesmo\", porque \"non se están tomando en serio as advertencias que se nos dan\". Dacosta considera \"demencial\" que se \"poida xogar con isto\" ao tomar medidas como \"a eliminación da materia de Educación para a Cidadanía, que se subvencionen colexios que segregan nenos e nenas, o peche dos centros de información afectivo-sexual\" ou a \"privatización\" da dispensación da pílula do día despois. \"Todo isto vai parello a ningunearnos\", salienta Dacosta, que observa no fondo da cuestión o \"reforzamento da familia tradicional, fundamentalista e católica\". \"Trabállase a prol disto, de Rouco Varela e dos seus secuaces, que falan do crime que supón eliminar unha célula pero non abre a boca\" ante os casos de violencia machista, \"nin agora, nin antes\". \"Todo é unha trampa\", critica, e por iso \"agora o que queren é volvernos meter na casa, que sexamos economicamente dependentes, e dende a Marcha Mundial das Mulleres temos moi claro que, de seguir con estes patróns, a violencia de xénero e as mortas van seguir estando aí\". A Marcha Mundial alerta do \"reforzamento do fundamentalismo católico\" e do \"ninguneo\" ás mulleres E, afecta a crise á protección e empoderamento das mulleres? \"Esta hipocrisía dános a risa\", ironiza. \"Que non nos digan que é cuestión de crise, porque temos que pagar a débeda pública, si, pero tamén se están financiando empresas privadas como se fosen públicas\" e \"financiando os grupos chamados de defensa da muller embarazada, aos que o único que lles preocupa é que ti paras e, despois do nacemento, a criatura queda sen ningunha protección\". Mentres, por exemplo, a Xunta recorta un 25% o salario da liberdade \"subvenciona eses grupos de mulleres que bordan para as nais que van dar os fillos en adopción\", e \"a adopción só é un sistema lícito cando a muller o fai de forma libre\". \"Estamos ideoloxicamente a anos luz deles, pero este tamén é o noso Goberno\", sintetiza Dacosta, que resalta que a Marcha Mundial aínda non foi quen de que o Goberno galego lle \"responda\" ás súas achegas a normas tan específicas como a Lei de Familia, que só serviu, na súa opinión, para \"afortalar o fundamentalismo católico\". \"Trátannos como un cero á esquerda\" e, quizais por iso, as sete mortes en catro días seguen a ser \"mortes de segunda clase\"."}
{"ID": "NOS_8147", "summary": "Belarmina Ordóñez cumpre hoxe 99 anos e con ese motivo recuperamos a súa historia solidiaria cos presos asturianos no campo de concentración de Rianxo no relato de Luís Bará no seu blog Non des a esquecemento.", "text": "Belarmina Ordóñez naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1916. Aos seus 99 anos é un grande símbolo da memoria viva, da memoria resistente. Neste artigo cóntase a súa historia de muller valente, comprometida, xenerosa. A rede solidaria que teceron as mulleres de Rianxo para lle emprestar axuda aos presos asturianos confinados no campo de concentración da Fábrica do Castelo. Un facho de luz no medio da noite e da infamia do franquismo. Toda a historia no blog Non des a esquecemento."}
{"ID": "NOS_50767", "summary": "Veio o bom tempo... chegou a hora! Sachas ao lombo, luvas nas mãos, botas de goma nos pés... @s de Compostela (porque a vaca não é de onde nasce) vêm com ânsia de semear a revoluçom musical. Quisemos saber como lhes vai na leira", "text": "A cadela Maca na horta, olhando uma bola do mundo. É a primeira imagem que tivemos de vocês. Corria o verao de 2007, eramos jovens e atolondradas! (risos) A imagem que daquela empregamos segue o padrom do grupo naquela altura: criaçom a base de arroutada e com o objectivo fundamental de desfrutar fazendo 'cousas bonitas', que nos encheram o peito e puxesem um sorriso nos beiços. Sem mais. Mas, mirando-a com perspectiva, se calhar di mais de nós do que pensabamos. Maca, um membro mais da grande familia que se foi criando em torno à 'Casa do sol', a velha casinha da Rúa das Hortas em Compostela que partilhamos várias das componhentes originais da banda. Maca, coma nós, contemplando o mundo desde a tranquilidade da horta, imaginando outros espaços, sonhando realidades possíveis, desfrutando do calor humano a pesar da chuva, alheia ao ruido dos carros, aos turistas... \"No primeiro concerto, em Cuba, deixamos constáncia do som da gaita galega no malecom da Habana!\" Deveu gostar porque junto com o primeiro tema que compuxemos, Biocultivos, inspirado nesse clima (aínda que chova aqui vai calor!) fixonos ganhar, dum jeito totalmente inesperado, o concurso A Polo Ghit. De aí nasceu a banda. Até daquela eramos só umhas amigas brincando e deixando voar a imaginaçom, a música e o que nos saía de dentro. Grupo galego que canta em galego, deram-se a conhecer fora, em Cuba. Que lembram daquela experiência? Buf! Um feixe de cousas! Foi umha experiência moi intensa! Para começar, foi inesperada. Ainda havendo músicos profissionais na banda quase seguro que ningum de nós esperabamos acabar tocando na Feira do Livro da Habana como membros do país convidado. Foi todo um regalo poder partilhar a experiência entre nós e com outras artistas galegas, à margem de polémicas sobre os orçamentos do evento e demais. Por outro lado, poder achegarnos a umha realidade como a cubana. Coincidiu ademais com o traspasso de poderes de Fidel ao irmao. Conhecimos pessoas que nos fixerom entender um pouco melhor a súa realidade e deixamos constáncia do som da gaita galega no malecom da Habana (risos) Mas, para alem disso, nom foi o nosso melhor concerto. A parróquia estaba mais interesada no baile que tinham organizado no centro cívico no que tocamos no que na agropatchanka das sachadoras galegas... (risos) Nom estaria mal volver a ver se agora convencemos mais! (moitos risos) \"Nas letras nom falamos doutras cousas que as que nos passam pola cabeça e de como as vivemos\" Por que sobem ao palco em bata de faena? Bata por fóra, mulher por dentro. Para nós a bata é todo um símbolo de identidade. Umha prenda que nos conecta com as nossas nais, tias, avoas... com as mulheres que admiramos, com as obreiras, com as labregas. Umha prenda que nos fala da dignidade das mulheres que sostenhem o mundo com os seus coidados, com os seus saberes, com o seu trabalho. As primeiras que usamos eram de licra e coloridas, quase traje de festa para nós, num intento de reapropiarnos desse símbolo e resignificalo engadindo-lhe a todo isso que nos transmite o gozar da música, de ter a palabra e difundila, de festexar com outras, de levalo a outros contextos. Nesta nova xeira continuamos com as batas, mais agora, graças à nossa amiga e modista Marta, remedadas para fazer fronte ao trabalho que require a violência dos tempos duros que vivemos. Militantes pela língua, os feminismos, o agroecoloxismo... quanto há de retranca e quanto de reivindicaçom na sua música? Pois como nas nossas vidas, suponhemos. Nas letras nom falamos doutras cousas que as que nos passam pola cabeça e de como as vivemos. O patriarcado sufrimo-lo, todas, a diario, o espólio dos recursos naturais, a falha de soberania alimentaria, a hegemonia e imperialismo culturais, etc, etc. etc... um longo etc! \"É preciso, oponher-se, a confrontaçom, mas também construir em positivo. Rebeldia com alegria\" Se nas nossas dinámicas diarias intentamos introducir prácticas para mudá-las assim o partilhamos nas letras que cantamos. Mas, como na vida, tentamo-lo facer, se nom em clave positiva, si com um toque de humor, sem machucar-nos mais da conta. É preciso, oponher-se, a confrontaçom, mas também construir em positivo. Rebeldia com alegria, que dizia a outra. Se nom podemos bailar nom é a nossa revoluçom! De ativismo vão servidas! Que tal se manejam com a sacha? Pois nom temos duda, a verdade (moitos risos) E ademais temos bom lombo! A pesar de que moitas vivemos na vila, quem nom cultiva horta na sua casa tem raices na aldeia. Somos filhas do rural, como a grande parte da sociedade galega. Primeiro foi o nome do grupo, mais o certo é que pouco a pouco imos dando passos cara a volta ao rural. Volvendo à casa da aldeia, começando a trabalhar com abelhas ou participando do sindicalismo agrario. Medram muito as más ervas na leira musical galega? Está inzada! E de pesticidas, transgênicos, producçom intensiva, dependência das subvençons...! Já nom sabemos se falamos do agro ou da música (risos) Na música, como noutros sectores produtivos galegos, faltam meios para que a gente nova se poida incorporar com garantias, apoios públicos, amor propio... e para trocar ou vender o teu produto dignamente. É moi dificil viver ao 100% da música. A norma dos grupos galegos é eslombar-se a trabalhar, moitas veces em precário como a maioría, para poder logo financiar e sacar tempo de ensaiar, gravar, ir aos bolos... A falha de apoios também se nota na difussom, que malamente e com moitos esforzos se vai compensando autogerindo-nos a través das posibilidades que ofrece Internet. O que nom é normal é que conheçamos mais grupos de fóra que de dentro do país ou que a radio pública na súa canle musical emita mais música em espanhol que na nossa lingua... Em fim, som só algúns ejemplos. \"Quantas mulheres na musica galega tocam punk, ska, heavy, rap? O normal é tirar por estilos nos que nos encorsetarom\" Por que custa tanto encontrar mulheres? Buf! Questom complexa também. Pensamos que nom deixa de ser outra das consequências do capitalismo patriarcal que rege a nossa sociedade. Igual que che dam umha boneca para brincar, a maioria das veces nom che ponhem um baixo ou um saxo na mao. Nom combinas com as amigas para ensaiar polas tardes (tampouco tes moito onde), educam-nos para andar preocupadas doutras cousas. De fazê-lo moitas vezer acabas (por casualidade?) cantando ou tocando estilos nos que nos encorsetarom... Quantas mulheres na musica galega tocam punk, ska, heavy, rap? O normal é tirar por outros géneros. E logo o tema da autoestima. Chantar-te fronte o público superando medos, inseguridades... tamben lhes pasará aos homens, mas eles vam com outro rolho, mais despreocupados. Pensemos numha xuntança, de vecinhos ou política, e em como se expresam eles. A maioria das mulheres calamos moitas veces, a pesar de que nos ferva o peito. Eles tenhem menos reparo em dizer o que pensam, mesmo parvalhadas, gostam mais de ouvir-se. Bom, se calhar algum nom concorda ou nom gosta de ouvi-lo, mas ai fica isso para a reflexom. \"Temos claro é que a nossa lingua é internacional. E a nossa música, também\" Busco amante galego-falante: há que se posicionar por uma norma ou é suficiente com perpetuar a nossa língua? O nosso compromiso é com a nossa lingua. Se vem no plano individual moitas militamos no reintegracionismo, a realidade é que como banda nos aliamos com todas aquelas pessoas que defendem de maneira radical a nossa lingua própria e no grupo nunca supuxo nengum problema a escolha normativa. Fica à vontade de quem escreve, sem mais. Podemos dizer que partilhamos a opiniom do Carlos Calvo, companheiro generoso e lúcido, secuestrado pola maquinaria represiva do Estado espanhol, quando di no seu artigo Por umha nova aliança pola língua que \"Ora 'galiña', ora 'galinha', temos duas formas de que nom nos obriguem a dizer 'gallina'\". É preciso construir alianças. Já o dizemos sempre: temos moito que sachar! E todas somos necessárias. O que temos claro é que a nossa lingua é internacional. E a nossa música, também."}
{"ID": "NOS_37097", "summary": "O equipo herculino impúxose en Blanes (Catalunya) no enfrontamento galego que inaugura unha competición que o Liceo conquistou en 9 ocasións.", "text": "O Liceo gañou por 8 tantos a 1 ao HG Cerceda no enfrontamento galego que na tarde desta quinta feira abriu a Copa do Rei de Hoquei a patíns, que decorre en Catalunya. O equipo de Carlos Gil é deste xeito o primeiro clasificado para semifinais. Tres goles en cinco minutos de partido ( Lamas, Toni Pérez e Bagalló) 'noquearon' un Cerceda que logrou o seu tanto de penalti. O Cerceda, que compite por segundo ano consecutivo neste torneo, deu boa mostra neste período de por que merece estar na elite deste deporte. O Liceo -segundo na OK Liga con 19 vitorias, 2 empates e só 1 derrota- posúe 9 copas do Rei e quer que a que se está a disputar en Blanes sexa a súa 'Décima'. A última que atesoura na súa galería é de 2004. O principal favorito para o título é o Barça."}
{"ID": "NOS_27925", "summary": "O re-elixido secretario xeral da CIG explica por que non hai unidade con CC OO e UGT: rexeitan a súa postura \"de entreguismo\". Díxoo na Radio Galega", "text": "Pasar da defensiva á ofensiva e \"pelexar\" nas rúas unhas políticas alternativas ás que se están a aprobar desde os gobernos galego e español, ambos os dous en mans do PP, camiñando cara á soberanía da Galiza e dos seus sectores produtivos, que neste momento é \"unha necesidade\". Xesús Seixo, secretario xeral da CIG que repetirá mandato por outros catro anos após ser elixido co 90% dos votos no VI Congreso celebrado este domingo en Compostela, debulla algunhas desas alternativas que propón a central nacionalista e que pasarían por unha política fiscal \"onde pagan máis quen máis teñen\"; acabar cos paraísos fiscais sinalando que o argumento de que ao lle por cambadelas ás grandes empresas estas deixarán de producir na Galiza \"non é máis que unha escusa fácil, non é críbel\"; e apoiar a pequena e mediana empresa, \"a verdadeira creadora de emprego e a que máis está a sufrir por falta de crédito\", mediante a posta en funcionamento dunha banca pública galega. Rexeitamento da postura \"desmobilizadora\" e \"de entreguismo\" de CC OO e UGT Dixo Seixo que o sindicalismo combativo leva tempo mobilizándose \"á defensiva, respondendo a políticas antisociais\" e recoñece que chegou a hora de \"pasar á ofensiva\" para conquerir outro modelo social e laboral \"sen esperar a que estes señores se fagan bos e aproben outras medidas, porque esperar sería unha posición inocente, infantil\". Ao fío, explicou as razóns polas que, ao seu xuízo, non existe unidade no sindicalismo a respeito das dúas centrais con dependencia española, CC OO e UGT: \"o noso modelo é moi crítico co deles, cos grandes acordos estatais, coa postura de desmobilización e cos pactos sociais onde se vai a unha mesa de negociación desde unha perspectiva de entreguismo\". O secretario xeral da CIG recordou o último pacto asinado, co goberno de Zapatero (PSOE) e batizado como Pacto polo crecemento, o emprego e os servizos públicos básicos. \"Onde está o crecemento? E o emprego? E os servizos públicos básicos?\", preguntou o sindicalista para concluír a renglón seguido que \"o único que nos quedou daquilo foi que teremos que nos xubilar aos 67 anos\". Soberanía para decidirmos sobre os nosos sectores produtivos Nun panorama onde a destrución de emprego e o debilitamento da negociación colectiva deixan a clase obreira galega \"na situación máis complicada desde a caída da ditadura\", a soberanía, a autodeterminación da Galiza para poder decidir sobre os seus sectores produtivos básicos, \"é neste momento unha necesidade\", após o castigo que sufriron o sector pesqueiro, naval e agrogandeiro coa entrada do Estado español nunha Unión europea hoxe gobernada \"por institucións que foxen do control da cidadanía\", en referencia ao Banco central europeo, a Comisión europea e o Fondo monetario internacional, isto é, a troika. \"Camiñamos cara a un modelo de sociedade cada vez máis antidemocrático\", enfatizou Xesús Seixo na entrevista concedida ao Galicia por Diante, na Radio Galega, onde repasou os seus inicios no nacionalismo da man de Erga (Estudantes revolucionar@s galeg@s) e no sindicalismo participando na fundación do Sindicato obreiro galego. A este respeito, subliñou que \"desde aquela mudaron moitas cousas, comenzando por min propio. Os anos están aí e nótanse\"."}
{"ID": "NOS_10437", "summary": "@s deputad@s do BNG no Congreso español, presentaron unha iniciativa parlamentar encamiñada a instar ao goberno español a negociaren coa concesionaria da AP-9 un Programa de Descontos. O vindeiro día 1 de setembro, a suba do IVE incrementará máis unha vez o custo das portaxes.", "text": "Após a suba do prezo das portaxes o pasado 29 de xullo, o incremento do IVE aprobado polo goberno de Rajoy encarecerá aínda máis o seu custo a partir do vindeiro sábado. Asemade, @s usuari@s das autoestradas non son beneficiari@s de ningún desconto en condición de desempregad@s, xubilad@s ou estudantes. @s deputad@s do Bloque Nacionalista Galego no Congreso español, veñen de presentar unha iniciativa parlamentar encamiñada a negociar coa concesionaria da AP-9 --a empresa AUDASA-- a aplicación dun Plan de Descontos. Neste senso, o nacionalista Francisco Jorquera, lembrou ao goberno do Partido Popular que en marzo de 2011 o seu grupo parlamentar votara a favor unha proposición non de lei achegada polo BNG \"que instaba ao Goberno a realizar as xestións precisas ante AUDASA para que a Autoestrada do Atlántico incluise un Programa de Descontos\". Porén, nin o actual goberno nin a Xunta de Galiza teñen feito nada neste sentido. Jorquera fíxose eco no Congreso d@s deputad@s do malestar d@s usuari@s que asemade, \"padeceron un verán de chamativos atascos e un pésimo servizo da concesionaria\" aseverou o nacionalista. O candidato á Xunta de Galiza polo BNG, recuncou na necesidade de reducir os prezos das autoestradas en tempos de crise económica polo que instou ao Ministerio de Fomento a preocuparse pola aplicación dun Plan de Descontos na AP-9, para o que urxe o inicio dun proceso de negociación coa empresa concesionaria."}
{"ID": "PRAZA_16967", "summary": "O Goberno galego deita parte da responsabilidade de reformar o transporte interurbano nos concellos e deputacións a un ano das eleccións municipais", "text": "A Xunta iniciou este luns a exposición pública do documento base para a reformulación ao longo do próximo ano e medio de todas as liñas de autobús interurbanas de Galicia. Un inicio da tramitación que se produce cando o plan xa tiña que estar aprobado, segundo os prazos establecidos por lei hai case dous anos. Ademais, esta reformulación vén obrigada pola anulación por parte do Tribunal Supremo da prórroga de todas as xa daquela obsoletas concesións que decretara o Goberno galego en 2009. Un proceso que o pasado ano provocou unha folga pero que a Xunta presenta no documento agora divulgado como un \"caso de éxito\". O Goberno galego deita parte da responsabilidade de reformar o transporte interurbano nos concellos e deputacións a un ano das eleccións municipais No documento xenérico agora a información pública para recoller suxestións, a Xunta refírese a esa \"primeira fase\" de reforma das liñas impulsada o pasado ano e di agora de xeito ambiguo que \"na situación creada\" o servizo público de transporte \"poderíase considerar en risco\", sen indicar que a orixe desa situación foi a súa propia decisión de adiar hai case unha década a reforma do sistema de transporte en Galicia. Tras a sentenza do Supremo que anulou aquela prórroga, a Xunta viuse obrigada a acelerar o que antes adiara, pero o Goberno galego presenta agora como un \"caso de éxito\" a reforma parcial á vista dos \"exiguos prazos dos que se dispoñía\" tras o seu revés xudicial. Tras esa reestruturación parcial dalgunhas rutas á que se viu obrigada a Xunta o pasado verán, agora o Goberno galego estenderá a reforma a todo o país. E malia que a responsabilidade do transporte interurbano dentro da comunidade é súa, o Goberno galego apela, a un ano das eleccións municipais, a que se impliquen no proceso tamén os concellos e as deputacións, que o pasado ano se amosaron críticos co xeito en que se implantou aquela reforma parcial de liñas, sen información suficiente para os usuarios. Unha das novidades que se queren introducir é a implantación de liñas non radiais nas áreas metropolitanas, isto é, que non só haxa autobuses entre as cidades e os seus concellos veciños senón tamén entre estes sen ter que pasar polas cidades Este luns, tanto nunha rolda de prensa acompañada do seu equipo como nunha nota divulgada posteriormente, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, aproveitou para instar ás cidades de Ferrol e Pontevedra a que, aproveitando a reorganización de liñas que agora comeza, asuman a súa \"obriga legal\" de prestar servizos de transporte urbano, dos que carecen na actualidade. De igual xeito, apelou ás deputacións a que colaboren no deseño do novo mapa de transporte e a que presten apoio financeiro aos concellos na posta en marcha de novos servizos, salientando que só a Deputación de Ourense, a única que controla o PP, respondeu de momento ao chamamento da Xunta de iniciar conversas ao respecto. Nesa liña, se a reforma parcial iniciada o pasado ano se centrou fundamentalmente nas zonas máis rurais, cuxa reducida demanda permitiu introducir modalidades como o transporte compartido entre escolares e usuarios xerais e o transporte a demanda, a fase que agora se inicia chegará ás zonas máis poboadas. No documento xenérico para a recollida de suxestións iniciais que agora se somete a información pública sinálase como unha das novidades que se queren introducir a implantación de liñas non radiais nas áreas metropolitanas. Isto é, que non só haxa autobuses entre as cidades e os seus concellos veciños senón tamén entre estes sen ter que pasar polas cidades. A Xunta tamén comezará a probar un novo sistema para identificar e controlar a rapazada nos servizos escolares. Esquema das novas liñas non radiais que quere implantar a Xunta na contorna das cidades Segundo a Xunta, toda a reestruturación afectará a unhas 1.400 liñas, 3.000 autobuses e 5.000 postos de traballo Vázquez tamén fixo balance este luns da reestruturación parcial de liñas iniciada o pasado ano. Segundo dixo, o transporte a demanda, unha das principais novidades introducidas para que algúns autobuses deixasen de circular cun horario regular e só o fixesen se algún usuario demanda os seus servizos, foi reclamado neste tempo por unhas 750 persoas. Tras as suxestións que se reciban no proceso agora aberto, a Xunta di traballar coa idea de aprobar o plan e licitar as súas novas rutas redeseñadas ao longo do próximo ano para que todas poidan estar en servizo antes de que remate 2019, como esixe a lexislación europea. Segundo o Goberno galego, toda a reestruturación afectará a unhas 1.400 liñas, 3.000 autobuses e 5.000 postos de traballo, que prevé que sexan subrogados polas novas concesionarias."}
{"ID": "NOS_26353", "summary": "Jaume Sastre e Carles Furriols principiaron o pasado 20 de abril esta acción reivindicativa, que Furriols tivo que abandonar por cuestións de saúde. Con esta folga de fame manifestan o seu fondo desacordo coa sentenza do Tribunal Supremo que impón 25% de castelán nas aulas de Catalunya.", "text": "Dous activistas iniciaron na pasada cuarta feira unha folga de fame na localidade catalá de Vic a fin de defender o uso da lingua propia de Catalunya como vehicular no sistema educativo. \"Cómpre tomar medidas. A sentenza foi a pinga que derramou o vaso\", dixo un deles, Jaume Sastre, en declaracións recollidas por Nació Digital. Sastre facía alusión nas súas palabras á sentenza que o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) declarou firme o pasado xaneiro e que obriga o Goberno de Pere Aragonès a impor 25% de castelán nas aulas, unha medida que promulgara o Tribunal Supremo. Dous meses de prazo para impor o 25% de castelán nas escolas catalás Esta sentenza, precisou Sastre, \"repercute aquí [en Catalunya] e tamén no País Valencià e en Balears\". \"Non podemos permitir que os xuíces españois determinen con que lingua debemos falar\", engadiu Carles Furriols, outro dos activistas, subliñando que \"o catalán é a columna vertebral da patria e é vital\". Sastre ironizou tamén sobre este fallo xudicial: \"Como se atreven a impor 25% de castelán se eles só fan 7% de sentenzas en catalán en Catalunya?\". Ambos os activistas aloxábanse desde a pasada cuarta feira no local do Consell per la República de Vic, onde reciben visitas de moitas persoas que se suman a esta causa como o ex president da Generalitat, Quim Torra, que trasladou o seu apoio e pediu a \"protección do catalán e a inmersión lingüística fronte aos ataques constantes do Estado español\". Carles Furriols abandonou a folga de fame na pasada sexta feira, segundo el mesmo indicou, por cuestións de saúde. Mais o seu compañeiro Jaume prosegue e nesta segunda feira suma xa seis xornadas consecutivas. A respecto da posición das forzas políticas catalás en relación a esta sentenza xudicial, Sastre apuntou esta segunda feira no seu perfil de Twitter: \"O que os partidos políticos —ERC, Junts, PSOE e Podemos— pretendían facer con nocturnidade e aleivosía, alén de ser un acto escandaloso de entrega aos fiscais e xuíces de Felipe VI, é unha barrabasada que non se pode aturar en ningures; nin sequera desde o punto de vista xurídico\"."}
{"ID": "NOS_50656", "summary": "O Plenario da Real Academia Galega decidiu presentar recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a sentenza do Supremo polo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario. Afirma que se ve na \"obriga\" de facelo, en defensa das \"persoas galegofalantes\".", "text": "A Academia decidiu continuar adiante nos tribunais coa súa oposición ao decreto do plurilingüismo no ensino non universitario e chega agora ao Tribunal Constitucional cun recurso de amparo contra a recente sentenza do Tribunal Supremo que ditaminaba sobre o recurso de casación á sentenza do Superior de Xustiza de Galicia. A RAG asina, ao facer pública o recurso perante o Constitucional, un comunicado máis que cuestiona a política lingüística do goberno de Feijóo. A entidade presidida por Alonso Montero confesa verse \"na obriga\" de presentar o recurso na \"defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, que considera vulnerados polo devandito decreto\". Continúa, pois, o proceso xurídico que se iniciaba coa demanda presentada pola RAG perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Vulneración do dereito de igualdade O cerne do recurso móvese arredor da vulneración do dereito á igualdade que non está amparado, segundo din, na sentenza á que se refire. Os argumentos nos que se fundamenta o recurso de amparo da RAG son, entre outros, o dereito á igualdade e no mandato a prol da normalización lingüística recollido na propia Constitución e o Estatuto de Autonomías. Remítese tamén á Lei de Normalización Lingüística e á Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, co máximo nivel de compromisos por parte do Reino de España que obriga entre outros \"a ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega\". \"Perpetúa a situación de inferioridade\" \"O máis grave é que o dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuízos contra a mesma, ao excluír taxativamente o seu uso nas materias de contido científico\", di no seu texto unha Academia que entende que o Decreto 79/2010 no canto de desenvolver a LNLG \"en realidade está en aberta contradición con esta, obviando o concepto de normalización e anunciando no preámbulo un cambio do marco legal, pese a que se trata unicamente dunha norma para o desenvolver\". A Real Academia Galega entende que as devanditas consideracións fundamentan o recurso ante o Tribunal Constitucional, sendo que poñen de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza recorrida. \"A propia xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten establecido que ambas as linguas oficiais (galego e castelán) deben ter unha presenza no ensino suficiente para garantir a consecución do obxectivo de igualdade\", explícase no recurso, remitindo ás propias sentenzas emitidas polo TC."}
{"ID": "NOS_31481", "summary": "Lewis Allen Reed perde en todas e cada unha das categorías nas que teimamos en analizalo a raíz da súa morte, aos 71 anos: simpatía, fermosura, educación, glamour, empatía... Só gaña nunha: as cancións. E diso é do que se trata, non é?", "text": "Morreu Lou Reed aos 71 anos. Sen o son e as letras que pariu nos 60 con The Velvet Underground non existiría niso que os entendidos chaman a gran enciclopedia do rock os tomos adicados ao punk, rock alternativo, noise, música industrial, fuzz-rock, hard-rock etc... Probabelmente a el importaríalle unha figa todos e cada un deses movementos musicais e os seus respectivos grupos e artistas. Tanto coa VU coma en solitario deixou traballos demoledores. Tanto cando navegaba pola vangarda (o Banana cover da Velvet e Nico, Metal Machine Music, Berlin,...) como cando optaba por facer un pouco de simple e bo rock do de toda a vida (New York). Unha vintena de discos ás costas e case ningún prescindíbel. Bueno, quizás o de Lulú con Metallica. Iso si que foi duro dixerilo. Tiña fama de borde, de arisco. Érao, si, mais el víao doutro xeito: \"simplemente, non lambo cus\". Coa idade, iso si, fíxose máis accesíbel. Hai xornalistas que sinalan que incluso chegou a dar as boas noites antes de comezar un concerto, mais seguramente sexa unha lenda urbana. En Compostela actuou en dúas ocasións. Hai quen di que desde logo non foron os seus mellores concertos e hai quen di que desde logo levitou escoitándoo. En ningunha das versións aclaran se deu as boas noites ou non. Ruído, ruído, ruído Sen Reed non habería o ruído, por dicilo así, 'suxo' no rock. Habería, si, o ruído 'limpo', ese onde habitan os riffs e punteos claros, compactos e 'entendíbeis'. Cos que podes mover a cabeza ao compás. Mais foi Lou Reed o que xogou coa distorsión, co son que doe nos ouvidos como unha otite, co 'white light'. Cando apretas os dentes e pechas os ollos porque molesta. Ese. Mais tamén foi moito máis, claro: sons limpos, riffs limpos, letras inmensas (tanto no lado salvaxe como no outro), gañas de probar e experimentar, temas para se 'relaxar', aloumiños ao blues,... É unha pena que morrese, a verdade."}
{"ID": "NOS_23666", "summary": "O barómetro de marzo do CIS sinala que o PSOE continúa a subir en intención de voto e amplía distancia co PP. As preguntas foron realizadas con anterioridade a que se dectretase o estado de alarma. A sanidade bate récord e sitúase como terceira preocupación da poboación do Estado español.", "text": "A nova entrega do barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), con entrevistas realizadas antes de que se decretase o estado de alarma polo coronavirus, marca unha nova subida do PSOE en estimación de voto. De realizárense hoxe as eleccións xerais, o Partido Socialista obtería pois 31,9% do voto, un punto máis que no barómetro de febreiro e catro a maiores respecto dos comicios xerais do 10 de novembro. Pedro Sánchez tería así unha distancia co Partido Popular de 12,3 puntos. O PP quedaría en 19,6%, fronte a 20,8% que lograran nas urnas. Quen se mantería igual respecto aos comicios é Unidas Podemos, que obtería 12,9% de apoio, estancándose así o ascenso que experimentara nas enquisas publicadas após o pacto de Goberno co PSOE. Vox mantería a terceira praza con 14,8%, 1,4 puntos máis que o mes anterior, pero aínda por baixo do resultado das urnas. Ciudadanos segue no quinto posto e, aínda que baixa case un punto nun mes, neste barómetro do CIS aínda se mantén por riba do obtido o 10-N. No campo soberanista medraría o BNG, pasando do 0,5% colleitado en novemebro a agora ter 0,6%. Baixaría ERC, que obtería 2,4% e Junts, que ficaría en 1,2%, case a metade do seu resultado do 10-N. A CUP tamén descendería.O PNV estaría en 1,5% e Bildu en 1,2%, niveis moi similares aos do 10 de novembro. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mantense como o líder mellor valorado, cunha nota de 4,4. Sígueno Pablo Iglesias (UP) e Pablo Casado (PP), con 3,5 puntos. Na Galiza, no caso de realizárense eleccións estatais agora, o PP obtería 23,7% do voto, atendendo aos datos que o CIS recolle en voto+simpatía. Case empataría pois co PSOE, que tería 22,2%. Seguirían Podemos (11,9) e BNG (6,7). Sanidade A sanidade colocouse como terceira preocupación no Estado a principios de marzo, segundo os datos do CIS, alcanzando así o seu récord de mencións en toda a serie histórica, rozando 20% e escalando catro postos na clasificación. Ademais, a saúde colócase tamén como terceira inquietude a nivel persoal, con 18,4% de mencións. O desemprego continúa na cúspide da escala de preocupacións, seguido dos problemas de índole económica."}
{"ID": "NOS_8430", "summary": "O comité clínico de persoas expertas recomendou confinar os concellos de O Carballiño, Boborás, O Irixo e Verín. As restricións entrarán en vigor na medianoite desta quinta feira.", "text": "Tras constatar o aumento de contaxios en xuntanzas sociais e familiares, a Consellaría de Sanidade acordou na tarde de onte prohibir as reunións en toda Galiza, tanto as públicas como as privadas, a un máximo de dez persoas. Comunicouno na noite da terza feira a proposta do comité clínico que fai seguimento da evolución da Covid-19. A medida, que se publicará hoxe no Diario Oficial da Galiza (DOG), entrará en vigor desde as 00 horas da quinta feira, día 15 de outubro. Alén de limitar as xuntanzas a dez persoas en todo o territorio, a Consellaría de Sanidade acordou fechar os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, como xa fixera a semana pasada co de Ourense e o de Barbadás. Desta maneira, fica estabelecida unha mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, polo que as súas e os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles excepto por motivos laborais, educativos ou sanitarios. \"O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posíbel, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona\", afirmou a Consellaría nun comunicado enviado aos medios de comunicación. Aumenta as restricións en Verín Por outra banda, a Xunta da Galiza decidiu elevar ao nivel tres de restrición o concello de Verín, no que seguen as limitacións de xuntanzas a grupos de conviventes. Bares e cafeterías, informa Sanidade, limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas conviventes e os restaurantes poden servir tamén no interior, cunha capacidade limitada ao 50%. Ademais entra en nivel dous a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación da capacidade ao 50% nos estabelecementos comerciais, de restauración e hostalaría -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros, así como a redución das capacidades en celebracións, velorios e lugares de culto."}
{"ID": "NOS_19244", "summary": "O parlamentar na Cámara galega Javier Dorado carga nas redes sociais contra a sentenza do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos que tomba a Doutrina Parot.", "text": "Javier Dorado Soto (Vigo, 1988) é deputado do Partido Popular no Parlamento galego, así como presidente de Novas Xeracións de Galiza. Na súa conta de twitter (@JaviDorado) escribiu textualmente (en español): \"Un violador reincidente con 200 anos de condena liberado pola sentenza do TEDH. Unha desas bos novas para os comunistas\". Un chío que xa xerou a súa polémica nas redes sociais. Desde que esta segunda feira o Tribunal de Estrasburgo fallase contra o Estado español, o PP posicionouse en contra da mesma, criticando abertamente a sentenza. Este partido, que sostén o Goberno de España, asistirá o domingo á manifestación convocada pola Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT) sob o lema \"Xustiza para un final con vencedores e vencidos\". Os convocantes da protesta, que tamén conta co apoio de UpyD, teñen se manifestado publicamente nestes díasa prol de que o Estado español abandone o convenio internacional dos Dereitos Humanos para non ter así que aplicar o fallo de Estrasburgo."}
{"ID": "NOS_7017", "summary": "Familia Caamagno é unha das máis engraxadas maquinarias do rock & roll galego. De rigoroso uniforme -chaqueta americana e camisa- e formación canónica -dúas guitarras, baixo, batería e frontman-, os seus concertos transfórmansen en cerimonias colectivas dedicadas ao baile e ao desafogo. Manuel Caamagno é o seu cantante, saxofonista e escritor.", "text": "O ritmo e o blues, a tradición musical anglosaxoa dos sesenta -con límite en 1967-, conforman a materia prima sobre a que traballan os Caamagno. E iso cadra á perfección coa escolla internacional de Manuel para os Albums de aquí e de acolá: o Arthur dos ingleses The Kinks. De título completo Arthur ou a decadencia e caída do Imperio Británico, publicado en 1969, é unha desas obras magnas en que Ray Davies -guitarrista e compositor principal da banda- realizou un demoledor exercicio de crítica dos costumes da sociedade inglesa da época. \"Todas as cancións deste disco teñen algo\", explica Manuel Caamagno, \"do rhythm & blues británico máis sixties dunha canción como Brainwashed, que hoxe chamarían garaxe, á magnífica Shangri-La e ese pop brillante, máis orquestrado\". The Kinks significaron tamén unha terceira vía, idosincrática e progresista, ao debate entre Beatles e Rolling Stones. \"Gústame moito a división do disco entre pop e rhythm & blues, éncheme, entre rockeiro trasnoitado e poeta traveso\", engade. Algo de poesía travesa e rock & roll se non trasnoitado si dispoñíbel a trasnoitar hai nos discos de Familia Caamagno. Familia Caamagno (2012), Hai que andar cos tempos! (2014) e Para unha vez que saímos (2016) son tratados de garaxe punk, este último con certos ángulos psicodélicos. Manuel Caamagno atende a Sermos Galiza mentres descarga os instrumentos da banda. Están gravando un novo traballo. En que talvez se sintan ecos do elepé que elixe entre a produción galega: Volve a canción protesta (2018), de Oh! Ayatollah. Con base en compostela, esta banda de pop lixeiramente ruidoso e existencialismo posadolescente é unha das sensacións recentes da escena. \"Perdoando a The Homens, Oh! Ayatollah fixeron o mellor disco de pop galego. Son delicados e bailongos á vez -como tamén o eran The Homens-\", afirma, \"e aínda por riba teñen unha letras... Quen as escribe domina o código perfectamente\". E quen as escribe é Nuno, líder do grupo e autor dunha lírica disconforme e incómoda e simpática. Os propios Familia Caamagno participaron no concerto colectivo que, o pasado febreiro en Compostela, serviu de presentación a Volve a canción protesta. E aínda que esa relación de amizade existe, Manuel bromea: \"Namorei antes das cancións ca dos rapaces\"."}
{"ID": "NOS_37412", "summary": "As farmacéuticas na Fase 3 con resultados máis prometedores xa recibiron a compra por adiantado de máis de 10.000 millóns de doses de vacinas. Os habitantes dos países menos desenvolvidos poderían ter que agardar até 2024 para as recibir.", "text": "A Axencia Europea do Medicamento (EMA) confirmou hoxe que as compañías farmacéuticas Moderna e BioNTech/Pfizer trasladaran os datos referentes aos seus respectivos proxectos de vacina da Covid-19 co fin de conseguir a autorización para a súa comercialización condicional. Con toda a información xa no seu poder desde esta terza feira, agora reunirase para analizar a vacina de BioNTech/Pfizer o 29 de decembro, mentres que a discusión sobre a de Moderna está prevista para o 12 de xaneiro, segundo o publicado onte polo Financial Times. O tempo de exame até que a EMA se pronuncie non debería superar os catro días. Os documentos aos que tivo acceso o xornal sinalan que, no mellor dos casos, a data de avaliación orixinal para ambos os dous remedios era o 22 decembro. Polo tanto, de confirmarse a información, a análise de datos por parte da EMA adiaríase, como tamén se adiaría a distribución destas vacinas con respecto as datas previstas. Ademais, a vacina de AstraZeneca/Oxford tampouco será examinada até xaneiro. Representantes dos Estados membros da UE estiveron a presionar a EMA para se aliñar coas axencias reguladoras dos EUA e do Reino Unido, que poderían autorizar a vacina de BioNTech/Pfizer xa esta mesma semana. Porén, desde a EMA sostívose que daría a autorización cando visen \"que os beneficios da vacina pesan máis que os riscos á hora de protexer contra a Covid-19\". Dobre velocidade mundial Por outra banda, segundo as estimacións feitas polo Centro de Saúde Global da Universidade de Duke, nos Estados Unidos, os produtores de vacinas que mostraron resultados positivos durante a fase 3 poderían fabricar, entre todos eles, doses para un terzo da poboación mundial antes de finais de 2021. Porén, a maioría dos habitantes nos países con menos recursos económicos terían que agardar até 2023 ou 2024 para poder ser vacinados. Recólleo esta semana a revista Nature: AstraZeneca/Oxford, BioNTech/Pfizer e Moderna \"estiman unha capacidade de produción de 5.300 millóns de doses para 2021, que poderían cubrir entre 2.600 millóns e 3.100 millóns de persoas, dependendo se a vacina de AstraZeneca é administrada en dúas doses ou nunha e media\". Ademais, a vacina de Gamaleya \"podería cubrir outros 500 millóns de persoas por ano fóra de Rusia a partir de 2021\". Non obstante, máis de 10.000 millóns de doses de vacinas contra a Covid xa foron mercadas por adiantado. Segundo o máis recente cálculo de Nacións Unidas, a poboación mundial actual é de 7.800 millóns de persoas."}
{"ID": "NOS_40828", "summary": "A Casa-Museo Manuel María vén de convocar a primeira edición dun concurso de videopoemas sobre a obra de Rosalía e a do autor da Terra Chá.", "text": "A Casa-Museo Manuel María vén de convocar unha nova iniciativa escolar dirixida a todo o alumnado non universitario: un concurso escolar de videopoemas protagonizado polos versos da obra en galego de Rosalía ou polos da amplísima produción poética de Manuel María para seguir achegando a poesía ás aulas a través de todo tipo de formatos.Este concurso, que se convoca por vez primeira, está dirixido a alumnado de 3º da ESO en diante, incluindo, por tanto, Bacharelato, Ciclos Formativos e todo tipo de ensinanzas artísticas nunha única categoría. A participación poderá ser individual ou en grupo. Os centros de ensino que desexaren participar deberanse preinscribir antes do 7 de abril e os traballos audiovisuais deberán ser enviados, por calquera medio dixital, antes do día 27 de abril. Posteriormente, un xurado composto por tres persoas do ámbito da literatura e do audiovisual seleccionará as pezas finalistas, que serán proxectadas nun acto público que terá lugar na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei o sábado 20 de maio. Ao remate deste acto final premiaranse os dous mellores videopoemas presentados."}
{"ID": "NOS_2357", "summary": "A escola Semente Compostela organiza a unha serie de cursos en liña orientados a aprender arredor da sexualidade en crianzas e adolescentes e tamén sobre a igualdade. O primeiro dos obradoiros desenvólvese esta sexta feira, entre as 17 e as 20 horas, previa inscrición. O custo para participar nos cursos, dirixidos especialmente a familias e persoas educadoras, estabelécese en 30 euros para un obradoiro, 60 para asistir a dous e 75 no caso de inscribirse nos tres que terán lugar entre febreiro e abril.", "text": "'Dialogando coa adolescencia' é o nome do curso que impartirán o vindeiro 26 de febreiro. En que vai consistir? Trátase dun obradoiro de educación sexual que ten en conta as familias. Ás veces organízanse cousas nos colexios dun modo puntual, non unha intervención global, e nós tratamos de darlles ás familias ferramentas para que poidan acompañar o desenvolvemento sexual das crianzas. O que imos facer é explicar, en primeiro lugar, para que se fai unha educación sexual, trátase de abordar a temática desde a nosa implicación como sexólogas, máis tamén buscamos a idea de sexo que teñan as persoas participantes, porque ás veces, a educación sexual que desenvolvemos deriva desa idea, e en ocasións pode ser educación para a saúde ou para a igualdade, que está moi ben, pero que non é o que pretendemos como sexólogas. Para nós o sexo é unha calidade humana algo que ten unhas implicacións que nós compartimos, facemos proxectos... Estes coñecementos, cada familia pode acomodalos ao seu sistema de valores para facer o acompañamento que mellor lles encaixe, porque non hai unha variña máxica, non hai ninguén que o faga mellor ou peor. Nós somos as profesionais, as encargadas de ter o coñecemento e de comunicalo e as familias ocúpanse de asentar ese coñecemento nos seus valores. Como se aborda un debate así entre a adolescente e a a súa familia? Damos ferramentas e coñecementos para que esas familias saiban como se crea a identidade sexual, que cousas acontecen na adolescencia, e tamén damos as chaves para que os familiares acompañen en como se van xerando esas identidades, a nivel individual, a nivel de relacións... A idea que nos manexamos é unha idea moderna, e que nos move a acompañar moito ás familias e tamén aos mozos e ás mozas para ensinarlle como tecer o que lles está a acontecer. Porque ás veces, na adolescencia, sobre todo, aparecen moitas cousas e poden darse conflitos, líos... Hai mocidade que chega á súa identidade soa e outra que ten que dar máis voltas... Así que hai que tentar darlle certeza ante a incerteza que é adolescencia. Por iso o obradoiro está orientado ás familias pero tamén a un público máis amplo como pode ser o profesorado e a xente en contacto coa adolescencia. O contexto restritivo da Covid-19, como está a afectar a adolescencia? O reto actual das adolescentes é o distanciamento social, porque o fundamental nesa idade é a relación cos iguais e as iguais, e iso está afectando en certo modo á construción que están a facer agora os mozos e as mozas. Non sabemos aínda como está a repercutir, pero traballamos con familias e adolescentes e si que vemos que neste momento a falla de relación, fóra do instituto, por exemplo, estalles a afectar. Temos en conta tamén que os seres humanos nos imos facendo coas circunstancias. Hai cambios nas nosas vidas sutís e outros máis marcados que, igual que a Covid-19, afectan á adolescencia, como a maternidade ou a morte, a enfermidade... Situacións que impactan na nosa biografía inevitabelmente e que producen cambios en nós, iso é obvio, na adolescencia e na idade adulta. Mais a necesidade adolescente de contar a intimidade, que non se produce na familia, deben suplila dalgún modo e estará tendo lugar doutra maneira segundo cada persoa á hora de relacionarse... As adolescentes estanse a buscar a vida, compartindo, por exemplo unha serie que cada unha ve na súa casa..."}
{"ID": "NOS_27807", "summary": "O actual portavoz parlamentar do PSOE envía un carta aos candidatos ás primarias nas que amosa a súa disposición a deixar o cargo que ocupa na actualidade se así o considera o gañador.", "text": "Apenas suman uns días de discreta campaña electoral pero as primarias do PSOE galego xa provocan consecuencias na formación, por exemplo no seu grupo parlamentar, na actualidade dominado polos afíns a Pachi Vázquez, o secretario xeral que deixará de selo nun congreso en outubro, cando será substituído polo vencedor das primarias consultivas que se celebran este sábado. Ante ese horizonte, o portavoz d@s socialistas no Parlamento galego, Abel Losada, enviou un carta aos dous candidatos do proceso consultivo coa militancia -Xosé Ramón Besteiro e Manel Vázquez- para poñer o seu cargo á súa disposición e ofrecerlle a renuncia ao que gañe. Segundo fontes do partido, o parlamentario \"entende que o novo responsábel e a súa dirección deben ter as máximas facilidades e colaboración dos cargos institucionales para conformar os seus equipos nesta nova etapa\". Losada descarta abandonar o Hórreo no que afirma que seguirá \"traballando onde se dispoña con lealdade e a maior colaboración\"."}
{"ID": "NOS_24420", "summary": "O sindicato denuncia a perda de poder adquisitivo das persoas empregadas no sector público desde a crise de 2008, que sitúa en 17%.", "text": "A Confederación Intersindical Galega remitiu un escrito á Secretaria de Estado de Función Pública solicitando a convocatoria inmediata da Mesa Xeral de Negociacións. 31% dos contratos no sector público son eventuais A central sindical solicita así, abordar as medidas que, na súa opinión, debe conter o Proxecto de Lei dos Orzamentos do Estado para 2023, de maneira que \"permitan a recuperación real e efectiva dos salarios e dos niveis de emprego público\". Ademais, a CIG avanzou esta segunda feira que convocará mobilizacións a partir do mes de outubro \"se o Executivo español e a Xunta da Galiza non atenden as súas propostas para combater a precarización do emprego e o deterioro dos servizos públicos\". O Tribunal de Contas detecta salarios en especie a directivos do sector público alleos ao seu contrato O voceiro da Área Pública da CIG, Luís Carballo, subliñou que \"desde o estoupido da crise de 2008, o persoal empregado público está sufrindo un continuo recorte dos seus salarios\", de modo que \"a perda acumulada do poder adquisitivo ascende xa a 17%\". Unha situación á que lle hai que engadir, incidiu Carballo, \"o deterioro progresivo dos dereitos laborais imposto baixo a escusa da crise\" a través da \"ampliación das xornadas, a suspensión dos convenios colectivos, e a eliminación de permisos e licenzas ou reducións de retribucións en situacións de incapacidade temporal\". Folga no sector público para exixir a fin da temporalidade laboral No actual contexto no que a carestía da vida medra a causa dunha inflación que supera os dous díxitos, a CIG rexeitou \"que se pretenda acordar unha suba salarial para o persoal das Administracións no marco dun pacto de rendas no que as grandes empresas imporán sempre o seu interese económico por enriba do servizo público\". Por este motivo, adiantou o representante da central sindical, a CIG \"non asumirá unha suba salarial do sector público ligada aos beneficios empresariais\". Por contra, a central sindical propón subir as retribucións 5% en cada unha das anualidades entre 2022 e 2024, asegurar a revalorización de salarios a niveis do IPC, a recuperación da contía das pagas extras, a eliminación das taxas de reposición estabelecidas e o desenvolvemento da normativa de xubilacións parciais e anticipadas."}
{"ID": "NOS_18734", "summary": "A nova coalición foi presentada en Donosti por responsábeis da esquerda abertzale, EA, Aralar e Alternatiba. Os inquéritos auguran que obtería o 25% dos votos", "text": "EH Bildu, eis o nome da marca co que o independentismo de esquerdas concorrerá nos vindeiros comicios vascos. O Museo da Ciencia de Donosti acolleu a presentación dunha coalición conformada pola esquerda abertzale, Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba e na que teñen cabida tamén voces do tecido asociativo de Euskal Herria que non intergran ningún referente político. Segundo afirman os seus impulsores, EH Bildu aspira ser o referente político de todas aquelas persoas que ven nos comicios vascos a oportunidade para sentar as bases dun proxecto de construír Euskal Herria en base á independencia, a xustiza social e a democracia directa e participativa. Candidato a lehendakari No que atinxe á persoa que podería concorrer pola nova marca como candidato a Lehendakari, desde os promotores de EH Bildu sinálase que esa cuestión \"non é a importante\", e que todos os esforzos están centrados en elaborar un programa político de actuación no que se combinen os \"proxectos de soberanía nacional e verdsdeira transformación social\". Expectativas As sondaxes e inquéritos do Euskobarómetro sobre as eleccións vascas sinalan que o PNV sería a forza máis votada, aínda que só cunha lixeira vantaxe en escanos por riba da esquerda abertzale, que se situaría na segunda posición. Os 'jeltzales' obterían o 30,7 por cento dos votos e entre 22 e 23 escanos dos 75 de que consta o Parlamento vasco. O PNV sería a forza máis votada en Bizkaia Pola súa parte, o Euskobarómetro sinala que a esquerda abertzale obtería o 25% dos votos (entre 19 e 22 deputad@s). Dez escanos lograríaos en Gipuzkoa, territorio onde sería a forza máis votada. Esta sondaxe foi feita antes da presentación da nova marca. O PSOE acadaría 16 escanos (18,3 por cento dos sufraxios) e o PP, 14 (15,4% dos votos). Os populares serían a principal forza en Araba. Izquierda Unida, co 3,1%, bailaría entre os 0 e os 3 escanos, mentres que UPyD perdería o deputado que ten (1,8 por cento dos votos)."}
{"ID": "NOS_12803", "summary": "Primeiro foi Alemaña, agora Francia. O eixo que goberna a UE pon a proa as negociacións con Washington.", "text": "Até agora a voz cantante alemá e francesa non veu dos solistas das respectivas orquestras, senón de segundas figuras, o vicechanceler alemán Gabriel, e o secretario de Estado galo de comercio Fekl, mais o aviso a Obama é clarísimo: as negociacións chegaron a un ponto morto e mellor deixalo correr. Despois das declaracións do socialdemócrata Gabriel, número dous da chanceler Merkel, sobre o fracaso das negociacións, esta terza feira o secretario de estado de comercio francés, Matthias Fekl, elevou o ton e pediu a \"paralización definitiva\" das negociacións. \"Non hai máis apoio político de Francia a esas negociacións\", dixo Fekl, admitindo que as conversas, rexidadas por unha opacidade absoluta, xeraran \"moita desconfianza e medo\". A posición oficial de Francia non sería contraria a un tratado de libre comercio cos EUA, senón a como este tratado está a ser plantexado neste momento por Washington \"Os americanos apenas dan nada ou simplesmente migallas. Este non é o xeito de negociar entre aliados\", engadiu Fekl. A posición oficial de Francia non sería contraria a un tratado de libre comercio cos EUA, senón a como este tratado está a ser plantexado neste momento por Washington. \"Necesitamos a paralización destas negociacións [que xa levan consumidas 14 roldas] en orden a recomezalas sobre bases novas\", esclareceu. Francia, avanzou o secretario de Estado, levará este asunto á reunión de ministros de comecio exterior da UE axendada para este mes de setembro en Eslovaquia. A hipótese dun acordo de libre comercio entre os EUA e a UE, que claramente beneficiaría as grandes transnacionais e prexudicaría a economías como a galega, levantou desde que se coñeceu hai tres anos unha grande oposición popular, con intensas mobilizacións, tamén na Galiza, con especial protagonismo para as convocadas pola CIG."}
{"ID": "NOS_39723", "summary": "O evento, que se desenvolverá esta cuarta feira 3 de abril, únese ao movemento global de rexeitamento e indignación pola realización do festival en Israel.", "text": "A rama galega de BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións) e a organización Pallasos en Rebeldía organizan a gala \"Eurovisión. Artwashing apartheid, limpeza étnica e xenocidio\", que terá lugar mañá ás 20.30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O acto, que será de balde para toda aquela persoa que queira asistir, estará presentado por Isabel Risco e Xurxo Souto e contará coas actuacións musicais de Monica de Nut, Alba María e Queco Díaz, Somdolilá e Jásper Nao. Tamén colaborarán Jano Costas, Culturactiva Producións e Check Point Clown, quen ofrecerán espectáculos circenses, o Mago Teto e Zeltia Irevire e Neves Seara. Segundo informa a dirixente de Esculca (entidade colaboradora), Elvira Souto, a Sermos Galiza, antes do comezo da gala instalarase un check point de cartón en simulación aos controis realizados en Gaza. Tamén se realizará unha batukada polas rúas da cidade durante a cal se repartirán folletos informativos ás persoas transeúntes. A realización deste evento enmárcase na campaña internacional de boicot a Eurovisión impulsada por artistas palestinos. Tal como explica Souto, \"alén de ser un disparate xeográfico, o festival é unha tentativa de lavar a cara a un réxime internacionalmente acusado de cometer crimes contra a humanidade\". Coloquio sobre Palestina Como actividade complementaria, hoxe realizarase, ás 20 horas, un coloquio sobre a situación de Gaza e Cisxordania na Facultade de Historia. No evento participarán o gazatí Shami Ashou, presidente da Asociación Galaico-Árabe Jeni, Daniel de BDS GZ e Roxo de Pallasos en Rebeldía, os cales desenvolveron accións de axuda humanitaria en Palestina."}
{"ID": "NOS_30868", "summary": "O alcalde, Fernández Lores, puxo en valor ao recoller o galardón a importancia da política e o compromiso para mellorar a vida das persoas.", "text": "Pontevedra recibiu en Dubai o máximo galardón internacional que pode recibir unha cidade en recoñecemento ao seu modelo, o 'Dubai Award', un premio concedido pola ONU Hábitat. Esta distinción ten como finalidade subliñar \"as mellores prácticas para incrementar a calidade de vida da cidadanía\", segundo destaca o propio concello pontevedrés. O alcalde, Fernández Lores (BNG), recoñeceu após a cerimonia de entrega do premio estar \"moi orgulloso\" do recoñecemento á cidade galega e destacou que o galardón é algo de todos e todas as pontevedresas. Puxo en valor a función da política na sociedade como ferramenta para mellorar a vida das persoas, e considerou un logro da veciñanza que Pontevedra fose o único referente institucional nesta décima edición destes premios da ONU: \"O resto dos premiados son moi valentes: ONGs que traballan en situacións extremas de necesidade, pero nós estamos mellorando o noso medio desde a propia institución, e iso temos que defendelo con vigor: ter institucións fortes para que o poder público beneficie a todos os cidadáns\". Este ano cumprítronse dúas décadas desde a institución do premio, que se entrega cada dous anos: 4.900 candidaturas presentadas, de 140 países. Nesta décima ronda, as candidaturas foron 319, que proviñan de 49 países."}
{"ID": "NOS_53759", "summary": "O ex-rexedor compostelán continuará como concelleiro na nova equipa de goberno que encabezará Agustín Hernández, o terceiro alcalde da capital galega nesta lexislatura.", "text": "Ángel Currás presentou esta segunda feira (9 de xuño) a súa demisión como alcalde da capital de Galiza. O rexedor foi a última peza en caer dunha corporación municipal ferida de morte polos casos de corrupción. E deu paso a unha nova equipa de goberno que encabezará o conselleiro Agustín Hernández, número 25 na listaxe eleitoral. Á demisión d@s 7 edís condenad@s a 9 anos de inhabilitación por un delito de prevaricación e á de Paula Prado como voceira do Partido Popular, tamén se produciu --finalmente-- a saída do alcalde. Porén, Currás non deixará a acta de concelleiro, segundo recolle o diario La Voz de Galicia. O ex-alcalde continuará no Pazo de Raxoi no que desde o Partido Popular definen como \"unha nova etapa\". A terceira no que vai de lexislatura."}
{"ID": "PRAZA_14782", "summary": "Nos poucos días despois á celebración dunhas eleccións xóganse as seguintes. Un dos peores erros da oposición (PSdeG e BNG) foi que nas datas posteriores ás eleccións do 1 de marzo de 2009, cando todo o Partido Popular se dedicou a demonizar o bipartito, ninguén saíu a defender a actuación do goberno; só algunha voz, tímida, se atrevía a defender unha actuación ou consellería moi próxima, pero ninguén fixo unha defensa global do que agora si sabemos que foi, a pesar dos erros cometidos, o mellor goberno que tivo Galicia até a data de hoxe.", "text": "A pesar dos votos acadados, Feijóo segue sendo o peor Presidente da historia de Galicia. É importante repetir esta frase non vaia a ser que a dereita mediática e o aparato do Partido Popular nos vaian convencer do contrario. Os votos e os escanos dan gobernos pero non respectabilidade; Feijóo fortaleceu a súa lexislatura e campaña cun conxunto inmenso de mentiras e promesas incumpridas. Podemos falar dos eólicos, de Pemex, dos recortes na educación ou sanidade pero tamén do principal eixo da súas proezas: Feijóo \"o austero\", o presidente que controlou o déficit como un novo San Xurxo loitando contra o dragón... pero a realidade é outra moi distinta como nos ilustrou o Consello de Contas presidido polo conselleiro de Economía de Manuel Fraga, José Antonio Orza. Feijóo facía trampas e agochaba 411 millóns de euros no ano 2010 e aínda non coñecemos as cifras actuais pero os ruxe-ruxe falan dun desfase que hoxe se podería achegar aos 2.000 millóns. A mentira permanente. Un dos peores erros da oposición (PSdeG e BNG) foi que nas datas posteriores ás eleccións do 1 de marzo de 2009, cando todo o Partido Popular se dedicou a demonizar o bipartito, ninguén saíu a defender a actuación do goberno Nos poucos días despois á celebración dunhas eleccións xóganse as seguintes. Un dos peores erros da oposición (PSdeG e BNG) foi que nas datas posteriores ás eleccións do 1 de marzo de 2009, cando todo o Partido Popular se dedicou a demonizar o bipartito, ninguén saíu a defender a actuación do goberno; só algunha voz, tímida, se atrevía a defender unha actuación ou consellería moi próxima, pero ninguén fixo unha defensa global do que agora si sabemos que foi, a pesar dos erros cometidos, o mellor goberno que tivo Galicia até a data de hoxe. A iso contribuíron as voces máis destrutivas dentro da oposición -especialmente no BNG- que nun exercicio de frivolidade política preferiron facer en moitas ocasións os coros a Feijóo O Partido Popular, coñecedor de que non existían valedores que puideran contradicilo e coa forza dunhas eleccións recén gañadas aínda que fora por escasa marxe, dedicouse a repetir até a saciedade o desastre que foi ese goberno, e de tanto repetilo acabou sendo \"certo\". A iso contribuíron as voces máis destrutivas dentro da oposición -especialmente no BNG- que nun exercicio de frivolidade política preferiron facer en moitas ocasións os coros a Feijóo. Eses días de marzo de 2009 a esquerda e o nacionalismo comezaron a perder as actuais as eleccións. Así as cousas, que poden pensar os electores cando despois de 4 anos de goberno ninguén se fai responsable do mesmo?, cando os dous partidos renegan das actuacións do goberno e mesmo dos lideres que nel participaron? Agora a dereita, coa forza de 41 actas no Parlamento vai intentar outra vez repetir a xogada e non vai cansar de lembrarnos que este último foi o mellor goberno de Galicia, do Estado e se lles deixamos do Universo Agora a dereita, coa forza de 41 actas no Parlamento vai intentar outra vez repetir a xogada e non vai cansar de lembrarnos que este último foi o mellor goberno de Galicia, do Estado e se lles deixamos do Universo. Ninguén lle coñece unha actuación positiva; a campaña do PP foi un conxunto de mentiras pasadas e futuras e só se o consentimos acabaran demostrándonos que votamos a favor dos recortes, da baixada de salarios e pensións, do incremento do paro, da destrución da nosa cultura e lingua..., pero todo polo noso ben grazas, pois temos o \"mellor/peor\"* Presidente da historia de Galicia. (* rísquese o que non proceda)."}
{"ID": "NOS_4586", "summary": "O escritor Manuel Rivas e a eurodeputada do BNG Ana Miranda desenvolveron unha acción de protesta a bordo do barco Primeiro Vilar para demandar unha solución aos 220.000 bidóns que conteñen residuos radioactivos diante das costas galegas. Denuncian que se atopan descontrolados baixo a inacción do Estado español por considerar este cemiterio nuclear fóra das súas competencias.", "text": "A bordo do barco Primeiro Vilar o escritor Manuel Rivas e a eurodeputada do BNG e candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, levaron a cabo unha acción de protesta contra a falta de control dos residuos radioactivos que se atopan na Foxa Atlántica, o cemiterio nuclear situado a tan só 650 quilómetros das costas galegas. \"Galiza non quere cemiterios nucleares\" afirmaron Miranda e Rivas, e amosaron a súa preocupación pola inacción do Estado español para controlar as 140.000 toneladas de residuos nucleares depositados entre 1949 e 1982 en 220.000 bidóns na Foxa Atlántica. Os propios Estados Membros son os responsábeis de controlar a radioactividade das súas augas Hai dous meses que a Comisión Europea respostou a pregunta presentada pola eurodeputada Ana Miranda recoñecendo que os propios estados membros son os responsábeis de controlar a radioactividade das súas augas, e engadeu que o Estado español non ten abordado especificamente ningún plan de control da radioactividade nesta zona, aducindo que eses depósitos están fóra das súas augas. Ante esta situación, \"a conclusión é que Galiza é tratada como un vertedoiro\", denunciou Miranda. Ante esta situación, \"a conclusión é que Galiza é tratada como un vertedoiro\", denunciou Miranda A Comisión Europea tamén admitiu non dispor de información actualizada do estado dos bidóns e que os últimos informes realizados, referidos ás augas do Atlántico Norte, datan de 1990 e 2003. \"É terrible que despois de 38 anos da acción do Xurelo non existan datos actualizados sobre o estado destes restos radioactivos, depositados a 650 quilómetros da costa galega, e o seu impacto sobre o medio ambiente e os ecosistemas mariños\", denunciaron Miranda e Rivas ao remate do acto. O Xurelo antinuclear Esta protesta organizada polo Bloque Nacionalista Galego lembrou as mobilizacións celebradas en 1981 a bordo doutra embarcación, o Xurelo. Participantes daquelas contra o cemiterio nuclear nas costas galegas estiveron hoxe tamén presentes como Manuel Méndez, Gonzalo Vázquez Pozo, o candidato do BNG á alcaldía da Coruña Francisco Jorquera, o patrón do barco Xosé Iglesias e a poeta coruñesa Teresa Ramiro. Ao remate da protesta, Manuel Rivas e Teresa Ramiro leron o manifesto daquela mobilización histórica de 1981 e recitaron diversos textos reivindicativos para esixir o fin dos vertedoiros radioactivos próximos ás costas galegas. O Xurelo foi un barco galego de Ribeira que enfrontou até en dúas ocasións os cargueiros que depositaban os residuos nucleares fronte as costas galegas. Case corenta anos despois desa protesta, permanece a falta de control sobre os bidóns nucleares por parte do Estado español, feito que Miranda e Rivas consideraron \"moi preocupante e unha auténtica irresponsabilidade\"."}
{"ID": "NOS_31033", "summary": "\"A viaxe de Leslie\", o documentario de Marcos Nine sobre o accidente do actor británico nas costas galegas, gaña o premio ao mellor filme no Festival de Cinema Europeo de Estetino, en Polonia.", "text": "O xurado do Festival de Cinema Europeo de Estetino, en Polonia, destacou o xogo entre ficción e realidade en 'A viaxe de Leslie', o documentario de Marcos Nine que reconstrúe o misterio de desaparición de Leslie Howard, o actor inglés que protagonizou entre outras 'Foise co vento' e que morreu cerca das costas de Cedeira cando o avión no que viaxaba desde Lisboa a Londres foi derribado por cazas alemáns. A fita de Marcos Nine (A Illa, 1977) foi seleccionada entre 900 películas presentadas ao festival polaco e foi escollida como mellor filme. Na longametraxe, en palabras do director, preténdese que o espectador \"disfrute do relato dunha historia real que quedou como un misterio, sen aclarar se a morte do actor foi accidental ou foi un ataque por motivos bélicos\". O filme utiliza exclusivamente imaxes de arquivo para a narración de maneira que pola longametraxe atravesan personaxes históricos como o propio Howard, que ademais de actor foi un activista en contra da Alemania nazi, Winston Churchill, Hitler, Franco ou compañeiros de profesión do intérprete inglés, nomes e caras tan célebres como Clark Gable, Humphrey Bogart ou Ingrid Bergman. Ademais do premio en Polonia, 'A viaxe de Leslie' foi premio Mestre Mateo á mellor Montaxe na súa máis recente edición, pasando por festivais como a Seminci de Valladolid, Cineuropa en Santiago, Play-Doc en Tui, (S8) Mostra de Cinema Periférico ou o Aegean Docs na illa grega de Lesbos. 'A viaxe de Leslie' chegará as salas comerciais o vindeiro 20 de novembro. Poderá verse nas seguintes salas: Multicines Norte de Vigo, Dúplex de Ferrol e As Cancelas de Santiago."}
{"ID": "NOS_1339", "summary": "Publicamos a seguir 'En tinta negra', gañadora do Certame de Microrrelatos de 'Nós Diario'", "text": "En tinta negra —Completa as seguintes oracións empregando a forma correcta de \"ca\", \"cá\" ou \"que a\". A voz da profesora de galego escóitase con claridade en toda a aula. Retiro a tapa do meu bolígrafo azul e escribo o número do exercicio nunha esquina do caderno, trazando un círculo ao seu redor. —Xiana, por favor, le o primeiro apartado e complétao ti xa. Cando escoito o meu nome escorrerse entre os seus beizos, aclaro a gorxa para falar e busco coa ollada o texto que teño que ler. Collo aire e pronuncio as palabras que veñen escritas en tinta negra no libro de texto de primeiro de bacharelato. —A moza de Laura é máis alta ca ela. A mestra indícame que a resolución do exercicio é correcta e avanza coa seguinte oración, pero eu quedo parada mentres as súas palabras se esvaecen nos meus oídos. Volvo recorrer coa mirada a liña que acabo de ler en voz alta. Repásoa unha e outra vez, co temor de que nesta ocasión as letras cambiasen de posición. Pero seguen aí. Exactamente iguais. A moza de Laura. Non podo evitar que se me escape un sorriso. Porque está escrito. Por primeira vez está escrito no meu libro do instituto. Acaricio suavemente a banda de tea de cores que descansa arredor do meu pulso e volvo prestar atención á clase, aínda saboreando na punta da lingua a sensación de que cada vez chegamos máis lonxe."}
{"ID": "NOS_41242", "summary": "'Augas Abisais' estreouse a finais do pasado ano no Sheffield Doc/Fest, pasando logo polo Clermont-Ferrand ou o Festival de Xixón. Na procura dunha linguaxe propia, Xacio Baño afonda na memoria familiar para reconstruír, a través de cartas e o relato oral, a historia dun parente desaparecido, soldado dunha guerra que non era súa.", "text": "Convertémonos en linophryne lucifer, eses peixes lanterna, para internarnos nas Augas Abisais da memoria, explorando os espazos da casa familiar, en Xove, onde se ergue o relato das cartas que reconstrúen a vida dun parente seu obrigado a ir á guerra con 17 anos, en 1938. Como foi atopar esta correspondencia? Foi como xogar a Indiana Jones, buscando no faiado tesouros agochados entre baúis e colchóns vellos. Resultou unha alegría atopar as cartas de alguén do que case non sabía nada e cun transfondo tan solemne e grave como o dunha guerra, e tratar de imaxinar só cos textos o que pasou ese rapaz. Aí había unha película sobre un soldado calquera, gustábame a idea de facer algo con este descarte, alguén que non quería ir á guerra e foi, como tantos outros, levado a filas. \"Gustábame a idea de facer algo con este descarte, alguén que non quería ir á guerra e foi, como tantos outros, levado a filas\" Daquela pensou instantaneamente en facer un filme? Cando din coas cartas viñamos de facer, un ano antes, a curtametraxe Eco [2015], cuns diarios da nai do actor Xosé Barato. Quedei moi prendido da lectura da palabra escrita e de todo o que agochaban os documentos, a caligrafía... Todo iso que ao final non se podía levar ao filme. Ao atopar as cartas, decateime de que aí había algo que quería seguir investigando: todo o que non se di, como decoras as cartas... Mais tiña claro que non quería facer unha curtametraxe sobre a Guerra Civil. Hai moita xente que xa falou, e moi ben, sobre iso. Eu quería tratar outro tema. E apareceu unha fotografía nun armario deste home. Cando atopei o cadro, roído polos bechos, souben que ese era o filme que eu quería facer, sobre como traballa o esquecemento, como nos imos convertendo en negros absolutos na nosa existencia. Augas Abisais arrinca xustamente cunha cita de Navokov nesa liña: \"A nosa existencia non é máis que un curtocircuíto de luz entre dúas eternidades de escuridade\". O traballo coa luz vólvese fundamental para traducir o esquecemento esteticamente. Como se chega a ese tratamento? Eu son montador e penso ideas de como empregar o cinema e os seus recursos narrativos para contar. Unha das miñas anotacións de hai algúns anos era meter unha luz na narración, que se prendese e apagase cambiando todo o espazo, a relación coas personaxes... Isto xuntouse con esta historia das cartas e foise fechando coa idea de zona abisal. Foi moi bonito cando lle dixen a Lucía Catoira Pan, a directora de fotografía, que quería facer unha curtametraxe sen iluminación, sen focos. Escura, nocturna, de soño. Cunha soa lámpada. Traballamos para ver como chegar con ese nivel tan feble de luz para levar ao espectador a ese estado de durmideira. De feito, dáme moita mágoa non ter podido velo aínda en cinemas polo tema da pandemia, creo que é unha proposta que se vai gozar moito máis en sala, coa escuridade e o traballo de son de [David] Machado. O filme explora o oco entre a realidade e o mito, pois os textos das cartas entran en tensión co relato oral, sobre a imaxe que se transmite desa persoa. Si, para min era moi importante ese contraste. O cinema ten dúas ás. Está o soño, a imaxinación, con Méliès e a creación de mundos, pero tamén está o documento. Eu tiña claro que o filme debía ser unha confrontación entre esas dúas naturezas do cinema, entre a sequidade das letras, aséptica, sen moito dramatismo, en contraste co relato oral que conta a miña avoa Pepa. Ela non coñeceu este home, o que sabe del é o que lle contaron, nin leu as cartas. Pero gustoume moito desde o inicio como ela conta a historia dun heroe, unha fábula. Como adorna o relato e se xeran as hipérboles, as mentiras e todo o que se crea durante 80 anos de contar un conto. \"A miña avoa Pepa non coñeceu este home, o que sabe del é o que lle contaron, nin leu as cartas\" Comentaba antes a atracción que lle causa a palabra escrita. Este filme relaciónase con Eco dentro dunha triloxía arredor desta tópica que rematará con Recordos. Saúdos. Apertas. É un título tamén moi epistolar. Si, estou agora traballando nesta terceira parte que ten a ver coas postais de Santiago de Compostela. Eu vivín alí durante dez anos e a miña relación coa cidade é un pouco estraña. Sentíame algo lonxe da zona vella e do turista, e iso deume para reflexionar sobre a idea de urbe que transmitimos e que vendemos. \"Sentíame algo lonxe da zona vella e do turista, e iso deume para reflexionar sobre a idea de urbe que transmitimos e que vendemos\" Colecciono postais escritas de Compostela e por aí vexo e aprendo como se transmite esa imaxe, como cambia, como a visitan os turistas, os traballadores ou os habitantes. As postais tamén van debuxando outra cidade máis imaxinaria, máis sentimental. Isto vai ser unha longametraxe mesturada con ficción, a ver se nuns anos o podemos facer. E ten algún outro proxecto no horizonte? Estamos con outra curtametraxe. Agora, co da pandemia, custa moito rodar ficción con todas as restricións e tensións... Imos facer un documental cativeiro, entendendo isto como \"feito coas mans\", como Augas Abisais, por primeira vez na miña carreira en fílmico. Traballamos sobre a idea do descarte, outra vez, pero na fotografía: como rexeitamos onde saímos mal, onde se cola un dedo ou queda sobreexposta... Todo o que narra ese relato negado da nosa existencia, a nosa relación actual coa imaxe, tan presente nos móbiles, o como se forma nas redes sociais. Todo este tema do Eu e a fotografía. Debilidade polos descartes Xacio Baño mergúllanos nos fondos da memoria, un lugar tan escuro e incerto como as fosas abisais. Algunhas das imaxes máis impactantes tornan as paredes en paisaxes acuáticas, proxeccións nas que o director agradece a pegada de Laura Iturralde: \"Ela puxo todo o seu saber e saíu unha peza máis teatral, de atmosferas e de xogo coa transformación do espazo\". \"Penso que é máis reto traballar cos descartes, ter unha historia anódina e darlle o pulo desde a visión e desde a narración\", confesa Un recurso que se emprega, na procura dunha linguaxe propia, para falar deses \"descartes\" que reaparecen na súa obra. \"Penso que é máis reto traballar con eles, ter unha historia anódina e darlle o pulo desde a visión e desde a narración\", confesa. Baño demostra de novo a súa habilidade para pór a lupa na \"xente que non fai historia, que non triunfa, eses mundos B ou Z é onde me sinto máis cómodo\", di. \"Nos festivais, interésame máis falar coa xente que non é do gremio, os outsiders\", engade."}
{"ID": "QUEPASA_48", "summary": "As prazas estarán destinadas a homes e mulleres en situación de desemprego, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Os interesados en participar poden inscribirse na oficina do Servizo Público de Emprego da capital de Bergantiños antes do 6 de marzo.", "text": "A II Lanzadeira de Emprego de Carballo comezará a funcionar en marzo e terá 20 prazas, destinadas a homes e mulleres en situación de desemprego con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poderán participar persoas con calquera nivel formativo (sen estudos, Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios), e procedentes de calquera sector laboral, con ou sen experiencia previa. Con iso perséguese configurar un equipo o máis variado e heteroxéneo posible para que entre os seus integrantes non exista competencia á hora de buscar traballo, senón que compartan coñecementos e experiencias, e aposten por unha cultura colaborativa para impulsar o seu acceso ao mercado laboral. As 20 persoas que resulten seleccionadas reuniranse varios días á semana en locais cedidos gratuitamente polo Concello de Carballo. Coa guía e orientación dun técnico especializado da Fundación Santa María a Real levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa procura de traballo: talleres de autocoñecemento e intelixencia emocional para aprender a facer un plan de procura de traballo e enfocar o seu obxectivo; actualización e modernización de currículos; simulacións de entrevistas de traballo e procesos de selección grupal. Ademais, aprenderán novas técnicas de comunicación, márketing e marca persoal; elaborarán un mapa de empregabilidade, realizarán visitas a empresas e organizarán encontros con recrutadores e expertos para lograr a súa inserción laboral. A lanzadeira non é unha axencia de colocación onde se dá traballo aos participantes. É un programa intensivo para orientar a persoas desempregadas a activar e optimizar a súa procura de traballo no mercado actual, con novas técnicas que lles permiten gañar confianza e seguridade nas entrevistas, e con novas actividades que lles achegan ao tecido empresarial. Con este esquema funcionaron máis de 500 lanzadeiras de emprego por todo o país, con máis de 11.000 participantes, dos que o 60% modificaron e melloraron a súa situación laboral. Inscricións As persoas interesadas en participar no programa, de carácter gratuíto e voluntario, dispoñen ata o 6 de marzo para inscribirse, solicitando, enchendo e entregando o correspondente formulario de inscrición na Oficina do Servizo Público de Emprego, situado na planta baixa do edificio administrativo do Fórum Carballo, en horario de 9 a 14 horas. Tamén poderán solicitar información adicional no teléfono 881 960 441."}
{"ID": "NOS_22147", "summary": "Os branquiazuis foron superiores na primeira parte. Logo da súa eliminación, os únicos galegos vivos no torneo do KO son Pontevedra e Lugo, que xogan mañá.", "text": "Segundo equipo galego eliminado da Copa do Rei. O Deportivo da Coruña caeu en Riazor (0-1) ante o Alavés nun partido nos que os branquiazus plantaron cara a todo un Primeira División nos primeiros 45 minutos. Non obstante, a falta de gol -e, por que non dicilo, de ambición- que leva penalizando o conxunto dirixido por Fernando Vázquez durante toda a tempada volveuse notar neste encontro, e despois do descanso os vascos botáronse arriba até que Luis Rioja, no minuto 76, anotou o primeiro e único tanto da eliminatoria. Pontevedra e Lugo queren dar a sorpresa Os únicos equipos galegos que quedan por competir nesta segunda rolda da Copa do Rei son o Pontevedra Clube de Fútbol e o Clube Deportivo Lugo. O conxunto granate recibe hoxe ás 19 horas en Pasarón o Cádiz -verdugo do CD Ribadumia na primeira fase-, e a visita do décimo clasificado da Primeira División non pode chegar en peor momento para un Pontevedra que no día de onte informaba do primeiro caso de Covid-19 detectado entre o seu cadro de xogadores. Os do Lérez non deron a coñecer o seu nome, pero si informaron de que \"volveu contaxiado das vacacións\". Non obstante, o resultado das probas PCR aplicadas sobre o resto dos seus compañeiros deu negativo, polo que o partido de Copa poderá desenvolverse con normalidade. O Lugo, pola súa banda, visita o campo do Girona ás 21 horas de hoxe para un partido no que Mehdi Nafti tratará de equilibrar o seu desexo de \"dosificar\" os homes máis habituais sen renunciar a \"por un equipo moi competitivo sobre o céspede\". Porque, lonxe de tirar a Copa, Nafti mesmo traballou os lanzamentos desde o punto de penalti durante a semana, aínda que agarda \"non chegar a eles\"."}
{"ID": "NOS_21632", "summary": "Esta sexta feira haberá en Glaiza diversas mobilziacións e actos con motivo do Día d Clase Obreira Galega", "text": "Con mobilizacións en Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, Compostela e Cee conmemorará a CIG o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Unha data reivindicativa na que a central sindical dá continuidade á campaña impulsada no mes de decembro e que se desenvolverá baixo o lema \"2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos\". -Vigo: manifestación dende o cruce da Dobrada ás 20.00 horas. -Ferrol: ofrenda floral no monumento 10 de Marzo ás 12.00 horas e manifestación dende o local da CIG (Avenida de Esteiro) ás 20.00 horas. -Lugo: manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla) ás 20.00 horas. -Ourense: manifestación dende a Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas até a Praza Maior. -Vilagarcía: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 horas. -Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.00 horas. -Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas. -A Coruña: manifestación dende a fábrica de Brens (Cee) ás 19.30 horas até a Praza do Concello. De por parte, desde CCOO chaman a un 10 de marzo de \"Empregos e salarios dignos para unha vida digna'. Ás 11:00 horas realizarán unha ofrenda floral no monumento do 10 de Marzo, e ás 19:00 horas unha manifestación partirá da Praza da Constitución, en Ferrol."}
{"ID": "NOS_12382", "summary": "Ambas as dúas formacións fan piña, na xunta de portavoces do Parlamento galego, para impedir a apertura dunha comisión de investigación sobre as causas e responsabilidades do sinistro. O BNG asegura que PP e PSdeG teñen \"responsabilidades compartidas\" nun trazado ferroviario cuxo deseño prexudica a Galiza, denunciou Jorquera. Beiras, en troca, non ve responsabilidades no PSdeG.", "text": "PP e PSOE volveron situarse no mesmo bando. Esta terza feira realizouse unha xunta de portavoces na cámara, para ordenar o pleno da vindeira semana. Nela os dous grupos maioritarios da Cámara aliáronse para rexeitaren a constitución dunha comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois, proposta conxuntamente por BNG e AGE. Se ben desde o PSdeG aseguran que o seu rexeitamento se asenta na focaxe da comisión --que entenden só debe destinarse ao \"estudo\" dos acontecementos-- o portavoz parlamentar d@s socialistas tildou de \"precipitada\" a proposta e declinou avanzar a postura que defenderán no vindeiro pleno, en que se debaterá e votará a proposta. Pola súa banda, Pedro Puy advertiu que o seu grupo votará en contra ao entenderen que \"non é conveniente\", co argumento de que a traxedia xa está a ser investigada nos xulgados. BNG bate contra un deseño ferroviario responsabilidade de PP e PSOE Para o portavoz parlamentar do Bloque, \"Galiza é vítima dun deseño das infraestruturas ferroviarias do que son co-responsábeis o PP e o PSOE\", de aí que, acrecentou, \"non hai interese en esclarecer a verdade do que aconteceu\". Neste sentido, cumpre lembrar que a decisión de manter a curva de A Grandeira -un trazado dos anos 40 do pasado século- na liña Santiago-Ourense a tomou un ministro do PP (Álvarez Cascos), mentres que un ministro do PSOE (José Blanco) é o responsábel de que non se dotase co sistema de seguranza ERTMS o tramo en que se produciu o sinistro. O Parlamento, sinalou Jorquera, \"non pode ser un mero espectador\" e, continuou o nacionalista, existe \"unha demanda social e cidadá\" que exixe depurar as responsabilidades dun accidente que deixou 79 falecid@s. A Cámara, considerou o voceiro do Bloque \"ten a obriga ética e política de satisfacer esa demanda\". AGE non ve responsabilidades no PSdeG e pídelles que recapaciten Por súa parte, Xosé Manuel Beiras, dixo \"comprender\" os argumentos expresados polo voceiro do PSOE a cuxo grupo Beiras non atribúe responsabilidades. \"O PSdeG non está implicado\", sinalou ao tempo que dixo agardar unha rectificación d@s socialistas para que finalmente apoien a iniciativa que será sometida a votación a vindeira semana. No entanto, Beiras cargou contra o Partido Popular a quen si atribuiu responsabilidades no sinistro e cuxas políticas, di, \"mataron a 80 persoas\"."}
{"ID": "NOS_525", "summary": "As verteduras na zona obrigan a prohibir o consumo de auga do abastecemento público en Pontedeume. A estación depuradora traballará con medios especiais para solucionar o episodio o antes posíbel.", "text": "Augas de Galiza, un organismo dependente da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, emitiu hai escasos momentos un comunicado no que declara a emerxencia sobre a situación de turbidez na que se atopa o río Eume desde hai días, como xa viña denunciando Nós Diario. Así mesmo, este departamento da Xunta prohibe á veciñanza de Pontedeume que consuma a auga do abastecemento público por se a ou as verteduras tiveron consecuencias negativas na calidade dese líquido. Fontes do departamento de Infraestruturas avanzaron que van actuar con medidas de emerxencia para eliminar a turbidez das augas. Algunhas delas terán lugar na estación de tratamento de auga potábel para lograr, o antes que sexa posíbel, que sexa apta para o consumo humano. A idea é restabelecer con urxencia o servizo á poboación da zona. Con independencia do que afecta directamente ás e aos usuarios, o Goberno galego ten previsto crear unha comisión de seguimento da situación na que estarán representados os técnicos de calidade de Augas de Galiza, a empresa que xestiona o encoro (Endesa), o Concello de Pontedeume e a concesionaria do abastecemento público da vila. Todas e todos intentarán dar coa orixe da contaminación no Eume. Hoxe mesmo especialistas en emerxencias ambientais e operarios de Augas de Galiza recorreron as beiras do Eume para ver de preto a situación e adoptar medidas de control."}
{"ID": "NOS_21058", "summary": "Os orzamentos da Xunta para 2020 presentados no Pleno do Parlamento prevén un recorte nas partidas destinadas aos tres órganos principais da Axencia Galega de Industrias Culturais: o Centro Dramático Galego (recorte 40%), o Centro Coreográfico Galego (- 60%) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (-20%). A Axencia contestou que o montante restante está rexistrado no orzamento de Turismo de Galiza, relacionado co Xacobeo 2021. A oposición e o sector cultural critican a xestión do PP, á que acusan de desgastalos por \"inanición\".", "text": "Durante o Pleno do Parlamento da cuarta feira desta semana, 21 de novembro, a deputada do BNG Olalla Rodil preguntou ao conselleiro de Cultura pola diminución dos recursos destinados á Axencia Galega de Industriais Culturais (Agadic) prevista para 2020. A nacionalista referiuse, concretamente, aos tres órganos principais da Axencia: o Centro Dramático Galego (CDG), o Centro Coreográfico Galego (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A folla de ruta do Goberno galego destina 350.000 euros ao CDG fronte aos 600.000 de 2019, 120.000 euros ao CGAI, 30.000 menos que o pasado ano, e o CCG 50.000 euros, fronte aos 150.000 dos pasados orzamentos A folla de ruta do Goberno galego destina 350.000 euros ao CDG, fronte aos 600.000 de 2019, 120.000 euros ao CGAI, 30.000 menos que o pasado ano, e o CCG 50.000 euros, fronte aos 150.000 dos pasados orzamentos. \"O PP está a desmantelar os órganos de produción cultural, deste xeito non poden cumprir co fin para o que foron creados\", denuncia Olalla Rodil a Sermos Galiza. Colectivos do sector, inquedos polos datos publicados nos orzamentos, reuníronse co director da Agadic, Jacobo Sutil. Belén Pichel, presidenta de Escena Galega, explica a Sermos que no encontro transmitiulles que \"non habería recortes\". Están a tempo de aceptar as emendas da oposición, afirma Rodil A axencia, contactada por este diario, confirmou que \"varios dos proxectos de ambas unidades de produción para 2020 desenvolveranse ao abeiro do programa cultural de promoción do Xacobeo 2021\". Segundo a Agadic, a súa dotación económica \"contabilízase no orzamento de Turismo de Galiza\". Rodil replica que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, non facilitou esta información durante o pleno. \"Penso que a explicación chega porque o sector comezou a preocuparse e así tratan de saír desta situación\". \"Están a tempo de aceptar as emendas parciais da oposición e aumentar o presuposto da Axencia\", incide. Para Ánxeles Cuña, deputada do Grupo Común da Esquerda, existe un \"enorme desequilibrio\" entre e a Agadic e outras axencias da Xunta, como a de Turismo, \"que recibe máis de 70 millóns de euros\". \"Levamos toda a lexislatura alertando da súa precariedade, que non permite que desenvolva as súas competencias\", manifesta a Sermos Galiza. Tres buques sen rumbo \"Está claro que a nosa cultura está vivindo á intemperie, os números denotan unha ausencia grande de compromiso do Goberno cun ecosistema vizoso e maduro, pero tamén precario e inestábel\", denuncia Cuña. \"A situación é tremenda, tanto no Centro Dramático como no Centro Coreográfico.Toda a profesión ten unha opinión máis ou menos unánime, son estructuras que están esmorecendo\", analiza Belén Pichel. A situación é tremenda, tanto no Centro Dramático como no Centro Coreográfico.Toda a profesión ten unha opinión máis ou menos unánime, son estructuras que están esmorecendo\", analiza Belén Pichel CDG, CCG e CGAI comparten, alén de recursos minguantes, a falta de directora ou director á fronte. O responsábel do CGAI desde 2007, Guillermo Escrigas, xubilouse; a directora do CDG desde 2016, Fefa Noia, abandonou o seu posto. Por último Mercedes Suárez, no cargo desde 2010, cesou no seu posto. A súa xestión de fora duramente criticada por profesionais do eido da danza, que sinalaban a falta de producións propias do centro, dunha folla de ruta para o órgano ou a \"opacidade\" do seu funcionamento administrativo ou económico. Son estruturas que non interesan ao Goberno galego Pichel sinala a gravidade dos casos do CDG e do CCG, dous centros \"produtivos\". \"Son dúas estruturas que non interesan políticamente ou estratéxicamente ao Goberno galego, pero nós seguimos pensando que ten que existir unha institución pública dese tipo\", afirma. Para a representante das profesionais da escena cómpre revisar os estatutos do CDG, \"non poden ser os mesmos que nos 80\". \"O presuposto é minúsculo, a concepción do propio centro hai que darlle unha volta. Non é só unha cuestión orzamentaria, tamén o é de rumbo\", incide Pichel. \"Unha produción ao ano non é suficiente\", engade Cuña. \"O Partido Popular só ten na cabeza o Xacobeo, iso demóstrase nos orzamentos da Consellaría de Cultura. O único queda para cultura son as migallas e máis recortes\", denuncia Olalla Rodil. \"Hai que lembrar que o sector cultural representa 2% do PIB galego e 3% do emprego que se xera no noso país\", salienta a deputada nacionalista. Novo estatuto Durante o pleno no que se debateron os orzamentos da Consellaría de Cultura o seu titular anunciou un novo estatuto para a Agadic, declaración que espertou novas críticas no sector. A Asociación Galega de Actores e Actrices Galegas afirmou nun comunicado que \"non consta que se producisen contactos desta natureza coa gran maiorías das asociacións do sector escénico, músical e audiovisual, polo que consideramos que o estatuto se levou a cabo de costas á profesión e obviando o tecido asociativo profesional\". \"Só podemos amosar a nosa perplexidade ante este anuncio\", destacan. \"É unha noticia moi preocupante\", di Ánxeles Cuña. \"Eu, que fun durante un breve período de tempo directora do CDG, participo en case todas as asociacións do ámbito teatral e paréceme un despropósito que redactasen o anteproxecto do novo estatuto sen contar con elas\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_16352", "summary": "ENTREVISTA | Jessyca Ocampo creou en xaneiro un Mapa do Medo para recoller e xeolocalizar testemuños de situacións de acoso en distintos puntos do país. En menos dun mes conta xa con 150 relatos de intentos de violación, tocamentos e outras vexacións sufridas por galegas de todas as idades Le aquí algunhas das historias de agresións e acoso recollidas no proxecto Seis mulleres pediron que o bus urbano de Vigo as deixase fóra dunha parada na primeira noite dese servizo contra o acoso", "text": "Le aquí algunhas das historias de agresións e acoso recollidas no proxecto Seis mulleres pediron que o bus urbano de Vigo as deixase fóra dunha parada na primeira noite dese servizo contra o acoso A mediados de xaneiro a pontevedresa Jessyca Ocampo, estudante de fotografía en Compostela, puxo en marcha o Mapa do Medo. O seu obxectivo era recoller testemuños de mulleres galegas que sufriran agresións sexuais en espazos públicos e, ademais, xeolocalizar esas agresións, para alertar ao resto das mulleres dos perigos concretos que pode haber nunha zona determinada. A iniciativa inspírase noutra levada a cabo en Brasil -Chega de Fiu Fiu- creada pola organización feminista OLGA. Un mes despois, o Mapa do Medo conta xa con 150 relatos de situacións de acoso, intentos de violación, tocamentos e outras vexacións sufridas por galegas de todas as idades en distintos puntos do país. E o proxecto non deixa de medrar. Ocampo buscaba \"plasmar o que sucede cando unha muller vai soa pola rúa de noite. Tentar transmitir como se sente e que se vexan as distintas situacións polas que pode pasar. Ou como nós podemos actuar en caso de que nos vexamos nunha situación de perigo\" Co Mapa do Medo, Ocampo buscaba \"plasmar o que sucede cando unha muller vai soa pola rúa de noite. Tentar transmitir como se sente e que se vexan as distintas situacións polas que pode pasar. Ou como nós podemos actuar en caso de que nos vexamos nunha situación de perigo\". O proxecto comezou recollendo testemuños en Compostela (de feito, Santiago suma polo de agora o maior número de relatos), pero a iniciativa moi rapidamente estendeuse ao resto de cidades e vilas do país, cun gran número de historias en Pontevedra, Vigo, Lugo, A Coruña, Ferrol ou as Rías Baixas. \"Ninguén debería ter medo de camiñar polas rúas simplemente por ser muller. Infelizmente iso é algo que ocorre todos os días. Pouco se discute e case nada se sabe sobre o tamaño e a natureza do problema\", destacábase igualmente na web brasileira. Unha lectura demorada polas ducias de historias publicadas ata agora, por desgraza moi frecuentes, permite tomar conciencia (sobre todo aos homes) dunha realidade que sofren ou poden sufrir todas as mulleres en calquera momento. Entre as 150 situacións denunciadas hai moitas que teñen lugar pola noite, pero tamén polo día. En rúas desertas, pero tamén rodeadas doutras persoas que en moitos casos preferiron ollar para outro lado (noutras ocasión, en cambio, a súa intervención foi determinante para afastar o agresor). En discotecas, en autobuses e nas paradas do autobús. En colexios e facultades universitarias, mesmo con agresións a cargo de mestres e profesores. Algunhas destas agresións foron denunciadas ante a Policía e moitas outras (a maioría) non o foron, destacando moitas das mulleres que decidiran non acudir ás autoridades por medo a non ser tidas en conta ou para non ter que atopar de novo os seus agresores. Os mapas do medo crecen en paralelo con outras iniciativas, coma o #MeToo ou a campaña #PrimAcoso, que a finais de 2016 impulsou o Concello de Pontevedra. Hai uns meses Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega) destacaba en entrevista con Praza que \"non pode haber é amparo social e banalización ante as agresións\", subliñando María Montenegro (Marcha Mundial das Mulleres) \"todos os días sufrimos micromachismos que nada teñen de micro e que levan a que o número de agresións sexa cada día máis grande\". Cada ano medio cento de mulleres son violadas en Galicia, case unha por semana, unha estatística que agocha unha realidade máis ampla de agresións de todo tipo, de acoso e de medo. \"Hai moitas situacións e comportamentos que a sociedade ten normalizados, e que non deberían estalo\" O mapa ao comezo recollía testemuños só de Compostela, pero agora xa se ampliou a toda Galicia. Como nace a idea de levar a cabo este proxecto? O proxecto nace centrado en Compostela, porque parte dun traballo de clase, de reportaxe fotográfica. Eu quería facer visible nas miñas fotos a violencia machista nas rúas que sufrimos todos os días. Pero unha profesora viu o proxecto e animoume a buscar os 'mapas do medo' que se fixeran en Brasil. A través das redes sociais animei a que me enviasen denuncias e testemuños e comezaron a chegar ducias de historias, de toda Galicia, que fun recollendo nun mapa, para que todo o mundo poida ser consciente do que pasa nas nosas rúas. Por que é importante que se visibilicen estas agresións? Hai moitas situacións e comportamentos que a sociedade ten normalizados, e que non deberían estar normalizados. Non é normal que unha rapaza vaia pola rúa e que un home ou un grupo de homes lle berren ou lle digan calquera cousa. Con este tipo de iniciativas ponse de manifesto que a agresión ou a situación de acoso que sufriu unha muller non é un caso illado e, ademais, contalo publicamente sérvelle a esa muller para desafogar, porque moitas veces sucede que son cousas que non se contan. E, por outra parte, os homes cando len este tipo de testemuños, poden decatarse do que está a suceder, ou mesmo ser conscientes de que eles tamén levan a cabo eses comportamentos. \"No mapa hai algunha historia de agresións que tiveron lugar hai anos, e que elas mesmas recoñecen que poucas veces contaron. Hai ocasións en que a propia sociedade tamén xulga ás mulleres que foron agredidas. O mapa é tamén unha forma rachar con estes silencios\" Lendo os relatos, chama a atención nalgúns casos que hai mulleres que confesan que poucas veces contaran o que lles sucedera. Por que resulta tan difícil facer público isto? Si, no mapa hai algunha historia de agresións que tiveron lugar hai anos, e que elas mesmas recoñecen que poucas veces contaron. Hai ocasións en que a propia sociedade tamén xulga ás mulleres que foron agredidas. 'Por que ías soa pola rúa?' é unha pregunta habitual. Pero por que non vou ir soa pola rúa? Eu non debería ter que andar con coidado camiñando polo meu barrio ou paseando o can pola noite. Hai moitos silencios sobre algúns destes temas. E o mapa é tamén unha forma rachar con estes silencios. Nas historias tamén se atopan situacións que tiñan lugar con moita xente ao redor, e que o vía como algo normal ou miraba para outro lado. Temos que reflexionar como sociedade sobre isto? Si, creo que a sociedade en xeral está pouco involucrada con este tema. Temos que comezar a darnos conta de que estas situacións se poden cambiar, de que se lles pode botar unha man ás mulleres que vemos que están sufrindo estas agresións. Creo que lendo estas historias unha persoa pode reflexionar sobre o tema e a próxima vez que vexa algo así pola rúa, ser máis consciente do que está a pasar, para poder axudar. \"Lendo estas historias unha persoa pode reflexionar sobre o tema e a próxima vez que vexa algo así pola rúa, ser máis consciente do que está a pasar, para poder axudar\" Nos últimos tempos está habendo un movemento de visibilización e denuncia das agresións machistas: o #MeToo, o #PrimAcoso, os mapas do medo... E fronte a estas denuncias sempre xorden voces que poñen en dúbida os relatos de acoso, que cuestionan a súa importancia ou que critican que con isto se mata a sedución ou non sei que máis. A que se deben estas reaccións? Si, chámannos esaxeradas, din que isto non é para tanto, que por que non se pode piropear... O mesmo rapaz que un día me di algo pola rúa, ao día seguinte igual agarra polo brazo a outra rapaza, e ao outro día máis igual lle fai algo máis a outra. É que non tes por que molestarme pola rúa, é que eu non debería ter que preocuparme cando vou soa pola noite. O problema é que esas actuacións están normalizadas, o problema é que está todo moi arraigado. A cousa vén de vello e habería que cambialo todo, dende a base."}
{"ID": "PRAZA_18631", "summary": "Cineuropa presentou Cuna de músicos, de Pablo Vázquez e Denís Carballás, La estrella errante, de Alberto Gracia e o adianto de 9 fugas, de Fon Cortizo. Tres filmes unidos polo escenario no que se desenvolven -Vigo na primeira e un non-lugar en ruínas que podería ser Vigo ou Ferrol no caso da segunda e a terceira- e pola música como fío condutor. 'Cuna de músicos', do Vigo da 'Movida' dos 80 á actualidade", "text": "'Cuna de músicos', do Vigo da 'Movida' dos 80 á actualidade \"A pregunta que fago con este filme é sinxela: por moito que nos afastemos da unidade que supón a identidade, realmente o humano, a alma, desaparece de todo?. Ou o que é o mesmo, por moito que nos convertésemos en pura mercadoría, en zombis que se están a buscar a si mesmos a través de noso (auto)consumo, non queda un axitamento, unha convulsión, unhas pulsións e unhas pantasmas que nos están a lembrar constantemente que aínda somos humanos?\". É o cineasta Alberto Gracia quen fala así, ao ser preguntado nesta entrevista pola súa segunda longametraxe, La estrella errante, que foi seleccionada no Festival de Rotterdam e gañou o premio Deluxe las Nuevas Olas de non ficción no Festival de Sevilla. Hai pouco puidemos vela, ademais, en Cineuropa. La estrella errante sitúase nun non-lugar que podería ser Vigo. Ou as súas ruínas. Vigo como pantasma do que foi. Habitado por uns personaxes que son, tamén, pantasmas. \"Viviremos para siempre, muertos de por vida\", canta Rober, un dos protagonistas da película, 30 anos atrás, ao principio da película. Fanlle despois unha entrevista na que parece desinteresado por todo. Mais a historia que se nos conta é a do Rober actual, que volta a Vigo. Igual de desorientado, de errante, ca tres décadas atrás. Cal foi a túa primeira idea sobre o que querías contar na película e como foi evolucionando? Non penso que a película parta de unha idea, senón de unha serie de imaxes. Máis tarde as ideas aprópianse destas imaxes coma fondo para aparecer como forma, sempre tendo en conta súa natureza impensable e indicible. En concreto, parte da imaxe dunha película sen alma, na que o seu protagonista tiña que ser unha presencia ausente, un home secularizado, desalmado, e os lugares nos que tiña que aparecer tiñan que ser non-lugares, lugares derruídos ou desendustrializados (Ferrol, Vigo e Xixón). Estradas, estacións, un bar dun porto, dun territorio liminar (que se chama Almas Perdidas), etc.. Esas imaxes acabaron por confluír nunha película desestruturada ou máis ben hiperestruturada ata a esaxeración, na que ese protagonista tiña que amosar o outro lado da esperanza. Esas consecuencias de seguir con apetito o que dita a vontade, a acción, que acaba por converter unha persoa nun zombi que non pode máis que escapar da realidade a través do eterno buscarse a si mesmo. \"O protagonista amosa as consecuencias de seguir con apetito o que dita a vontade, a acción, que acaba por converter unha persoa nun zombi que non pode máis que escapar da realidade a través do eterno buscarse a si mesmo\" O Rober novo é un punk, unha persoa que destrúe tanto o mundo como o seu lugar nel, a súa personalidade. E hai que ter en conta que o punk (e o seu no future ) é unha resposta distópica á thatcherización do mundo, á cesión da vontade política a uns automatismos financeiros que che fan chegar sempre tarde ás túas decisións, fagocitando así o futuro. \"O punk é unha resposta distópica á thatcherización do mundo, á cesión da vontade política a uns automatismos financeiros que che fan chegar sempre tarde ás túas decisións\" O Rober adulto quedou atrapado nese lugar da adolescencia na que aprendemos a xestionar o desexo e descubrimos a sexualidade, a enerxía das decisións e a creatividade que nos permite \"labrarnos\" un futuro. Os protas están atrapados nun presente loopeado, como zombis que se alimentan da cultura morta á que volven unha e outra vez segundo a lóxica do \"sempre novo\" da moda, que en realidade supón o \"sempre visto\" do loop histórico reinterpretado. Ó propio cine pásalle algo similar, iso de que para facer algo con valor cinematográfico hoxe hai que volver ós orixes é unha falacia en certo sentido, aínda que ó mesmo tempo é do todo acertado. \"Os protas están atrapados nun presente loopeado, como zombis que se alimentan da cultura morta á que volven unha e outra vez segundo a lóxica do \"sempre novo\" da moda, que en realidade supón o \"sempre visto\" do loop histórico reinterpretado\" É dicir, penso que as utopías son necesarias, pero sempre sen tomalas demasiado en serio. É dicir, para preguntarse por ese lugar espazo-temporal raptado que se chama futuro, non para chegar á realización desa ilusión. O mundo fai tempo que desapareceu e vivimos nunha ilusión que se reinicia constantemente: é unha idea que ronda na película constantemente. A pregunta que fago con este filme é sinxela: por moito que nos afastemos da unidade que supón a identidade, realmente o humano, a alma, desaparece de todo?. Ou o que é o mesmo, por moito que nos convertésemos en pura mercadoría, en zombis que se están a buscar a si mesmos a través de noso (auto)consumo, non queda un axitamento, unha convulsión, unhas pulsións e unhas pantasmas que nos están a lembrar constantemente que aínda somos humanos?. Penso que esta bifrontalidade é a que fai da peli un exercicio de certo interese formal e conceptual, xa que hai unha especie de autoboicot en todo isto que a fai máis humana ca calquera melodrama naturalista. (Na miña opinión, claro está…). É coma querer facer unha xenealoxía dun obxecto surrealista, que é xustamente surrealista porque se resiste a esa clasificación. Puro curtocircuíto. Rocking. Rober chega a Vigo, a unha estación un pouco estartelada (a de verdade), e o seu colega Nacho faille unha sesión de fotos con poses de estrela do rock. O resto da película ten algo diso, de sucesión de poses, de busca permanente da imaxe. Nacho, cando non está traballando, está como abducido pola televisión, pola imaxe -sempre zapeando-. É como se a tele o comese, lle fixese (literalmente) desaparecer. Por que ambos personaxes parecen abducidos pola imaxe? (A imaxe mediática, publicitaria: fragmentaria, omnipresente…) O consumo desaforado de imaxes ten isto, que perdes o teu corpo, como se estiveses metido nunha escuridade na que non podes adiviñar a contorna do teu corpo. Digamos que a televisión nesta peli está metarrepresentada en todo momento, xa que a montaxe é un simulacro de comunicación, coma o propio espectáculo televisivo, onde son as imaxes as que realmente nos miran a nós e non nós a elas. Na peli isto evidénciase nun xogo incómodo co espectador, e ó mesmo tempo nunha despersonalización dos protagonistas, que se converten en imaxes, por estar nunha película e por se converter en imaxes de imaxes dentro da mesma. Pero nese simulacro de comunicación hai algo que traballa de forma subliminar, e ese algo é algo que ten un ritmo propio. (Podemos ver a película coma una canción visual?). \"O consumo desaforado de imaxes ten isto, que perdes o teu corpo, como se estiveses metido nunha escuridade na que non podes adiviñar a contorna do teu corpo\" A idea da estrela do rock é perfecta para falar disto por varias cuestións. Unha delas é que unha estrela é un referente a seguir para se orientar, xustamente porque sempre está no mesmo sitio, facendo un xogo entre a errancia do personaxe e a súa falta de referentes, así coma con un catasterismo secularizado -un star system que se ten convertido máis nun strash system, onde o ceo está cheo de personaxes grotescos e efémeros nacidos do real time televisivo-. \"É unha estrela errante, un referente que deixa de ser referente máis alá da súa constante metamorfose\" É dicir, unha estrela errante, un referente que deixa de ser referente máis alá da súa constante metamorfose. Un ceo de referentes que cambian e que pertence máis ó lumpen que a ese star system que Hollywood e os grandes grupos de Rock (Beatles, Rollings, etc) que reinaron durante o século pasado. Para máis inri, o rock ten moito que ver nesta rebeldía que supón crear contraculturas, onde se pode inscribir ironicamente a película: unhas contraculturas que son sempre fagocitadas polo sistema cultural para o seu beneficio, pero que son necesarias para combater en cero sentido a indiferenza na que estamos inmiscuídos como suxeitos políticos. \"A Movida?. Un fin de festa do século pasado que deixou moitas baixas, e que foi unha resposta ó sensentido formulado por unha transición sen pés nin cabeza\" Vigo xa non é o Vigo vivo de cando eles eran novos. É máis como as ruínas, os restos do que foi. Rober queda durmido -ou catatónico- entre ruínas. Vigo é unha pantasma. Como parece unha pantasma o terceiro amigo ao que buscan durante toda a película: Ronnie. Todo é tan fantasmagórico que ata hai momentos nos que desaparecen os personaxes, como levados por un raio. Como se non quedase nada. Só espectros. Non parece un discurso moi no sentido da mitificación da \"movida\" musical dos 80. Por que? Que pode ter esta película diso, de reflexión sobre ese movemento musical como algo, no fondo, tamén adormecedor? A túa pregunta é máis unha interpretación. Non teño máis que dicir e faime moi feliz ter comunicado contigo coma espectadora esas sensacións. A Movida?. Un fin de festa do século pasado que deixou moitas baixas, e que foi unha resposta ó sensentido formulado por unha transición sen pés nin cabeza, unha resposta automática a unha sensación de falta de futuro. Unha benvida á posmodernidade e ó culto ao individuo, coas súas cousas boas e o seu reverso de aniquilación, coma toda esperanza ou utopía tomada demasiado en serio. Na película xoga un papel importante tamén a droga. E o deterioro que provoca nas persoas, que ademais de pantasmas teñen algo de zombis. Penso que esa presenza non se debe só á intención de non mentir: porque a droga estaba moi presente na mocidade da época, e de feito acabou con parte dela. Que papel xoga a droga nesa deriva existencial dos personaxes na que parece centrarse a peli? (Ata ese repetitivo I love myself. Algo é algo). A droga é unha analoxía da que me sirvo para falar do desexo romántico, que parece imposible que desapareza (que lle dá unha importancia desaforada á imaxinación), e que tanto ten que ver cos non-mortos (esas criaturas fillas da monstroficación romántica da razón: Frankensteins, vampiros e zombis e todos os seus derivados posmodernos) coma coa propia natureza do consumo. Ese buscarse a un mesmo é o que sostén esta cultura do consumo e da obsolescencia, como reza o anuncio de BMWX5 de cuño recente: \"Ninguén por diante, ninguén en quen se fixar, o referente es ti\". \"Ese buscarse a un mesmo é o que sostén esta cultura do consumo e da obsolescencia, como reza o anuncio de BMWX5 de cuño recente: \"Ninguén por diante, ninguén en quen se fixar, o referente es ti\". Circulamos sen parar coma mercadorías detrás de nós mesmos. Puro desexo romántico: xa se sabe, o amor romántico presupón para a súa realización a inmortalidade, o que nos converte en mortos en vida, en imaxes imaxinadas polas propias imaxes que nos seducen. Unha tolería. O que pasa é que nese loop eternamente adolescente, hai algo que cambia, e ese algo somos nós, que nos facemos máis vellos e finalmente morremos. Nos consumidores de droga o deterioro faise aínda máis evidente, aínda que no momento do seu consumo haxa algo de endeusamento, de inmortalidade, de sentir a nada. Un alterarse que non deixa de ser ó mesmo tempo a base da creación de identidades, necesariamente asociadas ó consumo de imaxes. \"Circulamos sen parar coma mercadorías detrás de nós mesmos. Puro desexo romántico: xa se sabe, o amor romántico presupón para a súa realización a inmortalidade, o que nos converte en mortos en vida, en imaxes imaxinadas polas propias imaxes que nos seducen\" Nesa especie de viaxe sen rumbo, Rober vai en barco a unha illa. Está entre árbores a uns metros da xente que está na praia. E ten que pedir reforzos. Chega Nacho e é como se unha barreira invisible os separase da praia, do mar. Como se estivesen atrapados na mesma selva amazónica. Nese momento, Nacho parece tan perdido coma Rober. Que papel xoga na película esta secuencia? De que maneira se produce como unha especie de reforzo mutuo entre a deriva de Rober e a Nacho? Non penso que interpretar esta secuencia sexa a miña labor, pero si che vou falar de certas cousas que están presentes nas miñas intuicións. Esas cousas son a praia como lugar da infancia e o cine, ou como lugar a secas, facer camiño coma un simple cometido sen sentido dos personaxes na peli, e a imposibilidade de acceder a esa praia como autorreferente especular da peli. Os personaxes e o propio espectador vendo o filme están tentando acceder a un lugar que permita recoñecer o que están vendo. Penso que as sensacións que transmite esa secuencia dependen moito do espectador, coma o resto das secuencias desta e todas as demais películas. Hai que ter en conta que ese buscarse a un mesmo, non deixa de ser unha busca de sentido onde non o hai, un sucumbir ó canto das sereas do símbolo. -Que xa sabemos todos que foi utilizado no seu beneficio pola linguaxe publicitaria, que parece estar moi presente en todo o filme-. Hai outro personaxe relacionado con Nacho (Nacho no baño, o outro no cárcere), que é un home que estivera 18 anos no cárcere por asasinato e deixara de cantar. Cal é a relación deste personaxe con Nacho e con Rober? (É como outra alma perdida, pero polo menos presente, non coma Ronnie) Aquí xa estamos correndo perigo de facer spoiler demais!. Penso que na película hai varias películas e ás veces crúzanse. Esas interferencias fánseme moi interesantes para tratar eses temas dos que estamos a falar. Un home de raza xitana, testemuña do que acontece, que parece saír da televisión, ou que parece estar sempre presente, outeando, mentres o seu corpo está pechado nun baño público… Non sei hai algo que se quere expresar dentro destas coordenadas… A banda sonora é moi importante na película. O son, en xeral, axuda moito a contar a historia. En que sentido? Podes falar da achega, nesta película, do responsable da banda sonora? A achega é miña, o responsable da banda sonora (Jonay Armas), puxo o seu gran talento para materializar o que lle ía dicindo. Coñecémonos ben e non fixo falta darlle moitas voltas: só algunhas referencias, coma a magnífica canción de Sánchez Ferlosio que el versiona, e sobre a que pivota en certo sentido a película. Para non facer spoiler non podo seguir contando cousas, pero dicir que é moi importante o son en xeral, xa que cando hai unha sobrecarga de espazos significantes (imaxes) que non acaban de atopar un sentido concluso na montaxe (unha orde temporal), o recoñecemento faise máis cos oídos que recoñecen melodías, ordes temporais, que polos ollos, que están extasiados na busca da imaxe que lles falta para completar o puzzle. Aínda que se perciba a decadencia por todos os lados, a película non deixa de xogar, tamén, -penso-, coa fascinación que nos espectadores pode provocar a propia imaxe. Mesmo que sexa de ruínas. Nese sentido, hai escenas que poden resultar especialmente impactantes: Nacho comendo chourizo mentres unhas rapazas fan aerobic ou Rober atravesando un río de polos nunha granxa. É como se ao espectador se lle advertise do control que sobre el pode exercer a imaxe, ao mesmo tempo que se tenta seducilo con ela, mais sen mitificacións. Sen propostas nostálxicas. Cal pretendes ou che gustaría que sexa a relación do espectador coa imaxe, nese sentido? Nada que engadir ó que dis, nada que restar. Moi contento coa túa lectura, afinada e sintonizada coas nosas achegas. En realidade é unha película sinxela dentro da súa natureza monstruosa, e iso faime moi feliz. Na película, é como se o propio director fose, dalgunha maneira, fulminado. Durante ela parece, moitas veces, como se os actores non actuasen. Como se non estivesen a recibir indicacións do director. Como se se xogase coa liña entre documental e ficción... Sen agochar tampouco o feito da manipulación posterior: a montaxe, os efectos. En que sentido a película cuestiona, tamén, o papel do director? O director e a película son os máis zombis de todos, por non deixar de se buscar entre as imaxes. Nacho atravesa un mar de polos, e os nenos xogan, fascinados, cunha galiña. Os nenos -e os animais- parecen case como o único vivo da película. Non son zombis. Non son espectros. Por iso non deixa de ser todo, tamén, pese a todo, unha reivindicación da vida. De que xeito contrastan os nenos cos adultos? (A Nacho danlle igual os polos. Non os pisa porque se apartan) A sensación vendo esas imaxes que gravamos é de que os animais, os nenos e os tolos -as persoas que non se comportan segundo un modelo social establecido-, teñen máis verdade que os que que tratamos de explicarnos todo a través da linguaxe. Pero ademais, se temos en conta a canción dos créditos, os cantantes son eses que veñen da loma, onde se constrúen os frenopáticos, e como di a canción \"cantan en llano\", cantan para o común dos mortais: é dicir, traen unha mensaxe recoñecible dunha dimensión diferente, a dimensión da música, que está mais aló o mais acó da dimensión do ser da linguaxe. \"Os cantantes son eses que veñen da loma, onde se constrúen os frenopáticos, e como di a canción \"cantan en llano\", cantan para o común dos mortais\" Na túa outra longametraxe, O evanxeo de Gaspar Hauser, Gaspar Gauser desdóbrase en cinco personaxes que están pechados no interior dunha casa. Mais cada un vive abducido no seu mundo. Cal é a relación -e a diferenza- entre esta anterior película e La estrella errante? Penso que son dúas formulacións moi diferentes para falar das mesmas cousas, aínda que hai certos avances biográficos na miña vida que se reflicten tamén nas diferenzas que hai entre elas."}
{"ID": "NOS_9751", "summary": "Neste lustro destruíronse no sector da comarca viguesa máis de 10.800 postos de traballo. Todos eles, en ringleira e collidos da man, suporían máis de 17 quilómetros. Unha cifra que podería se multiplicar se hai que devolver as axudas do 'tax-lease'. Esta quinta feira, o sector xógase boa parte do futuro en Bruxelas, na reunión co comisario da Competencia.", "text": "Esta quinta-feira, a partires das 20:00 horas e desde a Praza dos Cabalos de Vigo unha mobilización convocada polos sindicatos en defensa do naval, e que ten o apoio de numerosos colectivos e orgalizacións, entre elas o Consello Social da cidade. Nesta quinta, tamén, representantes de Galiza, Asturies, Euskadi e goberno central están en Bruxelas para se reunir co comisario de Competencia e tentar paralizar a devolución das axudas do 'tax-lease'. Unha Desde 2009, o naval vigués perdeu 10.800 empregos. O que supón, nestes catro anos, unha media de oito postos de traballo diarios perdidos.\"Hai cinco anos, o naval representaba o 30% do PIB da comarca de Vigo. Agora non chega ao 20, e baixando\", apuntan desde os sindicatos. \"Poucos sectores hai que sofreran un golpe tan forte neste lustro. Golpe ao que engadir os recibidos xa en anteriores reconversións\",. Un total de 10.800 traballadores do naval da comarca de Vigo perderon o seu emprego nestes últimos catro anos. Se todos eles se xuntasen e se collesen da man nunha ringleira, formarían unha longa fila de máis de 17 quilómetros de lonxitude. Unha distancia como a que hai do Areal de Vigo até a porta do Concello de Nigrán, pasando por Beiramar, a estrada de Camposantos, as avenidas Pablo Iglesias e Val Miñor...Dazasete quilómetros de beirarrúas cheas de milleiros de rostos con nome e apelidos. Extraído de 'Bruxelas: un torpedo na liña de flotación do naval galego', publicado no Sermos Galiza número 54"}
{"ID": "NOS_18245", "summary": "O Encontro Galego de Ilustración terá a súa edición deste ano completamente online, o sábado 14 de novembro.", "text": "A XVII edición do Encontro Galego de Ilustración será a primeira completamente virtual, que terá lugar o próximo sábado 14 de novembro. O programa está composto por catro faladoiros arredor do mundo da ilustración máis alá do papel, entre os videoxogos e os novos soportes dixitais. Os convidados e convidadas que reflexionarán e achegarán a súa experiencia son Javi de Castro, Susy Broullón, Montse Piñeiro e Isabel Méndez. A presentación correrá a cargo da actriz Neves Rodríguez. Todas as charlas emitiranse en directo en formato webinar e o público poderá participar mediante preguntas por escrito. O encontro é de balde, mais cómpre inscribirse previamente. Miguel Cuba, recentemente escollido como presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que organiza este evento, sinalou que \"os autores convidados para esta edición visibilizarán partes da nosa profesión menos coñecidas, en mercados crecentes e en clara expansión\". En dixital Así mesmo, a cita pretende combinar a liña fundamental da historia destes encontros: profundar nos distintos aspectos da profesión e buscar unha maior visibilidade do seu traballo e de todos os aspectos do sector que quedan fóra da ollada dos espectadores. Por outra banda, existe a vontade de estrear este ano o formato virtual obrigado polas circunstancias provocadas pola pandemia. No entanto, será sen renunciar aos cometidos de debater entre profesionais as novidades do sector e os distintos escenarios nos que se move e tamén ofrecerlle ás persoas interesadas na ilustración algunhas perspectivas sobre este emprego, tratando argumentos sobre novos soportes e plataformas para o traballo dos e das ilustradoras."}
{"ID": "NOS_54347", "summary": "Co gallo do segundo cabodano do falecemento de Bautista ´lvarez, Cilia Torna rastrexa o seu papel os episodios iniciais do capitulo contemporáneo do nacionalismo galego.", "text": "Cando os primeiros chegaron a casa do nacionalismo xa estaba alí Bautista Álvarez cun Ducados na boca para darlles a benvida. A súa militancia política de máis de sesenta anos permítenos reconstruír a loita dos nacionalistas galegos a cabalo entre os séculos XX e XXI. Aproveitamos o segundo aniversario da súa morte para rastrear o seu papel os episodios iniciais do capitulo contemporáneo do nacionalismo galego. Brais Pinto Caracteriza a vontade por galeguizar o país dun grupo de mozos nacidos á vida pública na década dos cincuenta. A aparición do grupo Brais Pinto á volta de 1958, arredor dun grupo de traballadores e estudantes galegos emigrados en Madrid, respondeu a vontade de darlle continuidade ao legado do nacionalismo formulado por Daniel Castelao. O colectivo, formado por persoas que rematarán por acadar co tempo un destacado relevo na vida política, social e cultural galega, rematou por centrar a súa actividade na produción editorial poética e a celebración de actos culturais. A publicación de Bocarribeira, un libro de versos da autoría de Ramón Otero Pedraio, iniciaría a colección literaria de Brais Pinto, na que se darán a coñecer como escritores Bernardino Graña, Raimundo Patiño, Ramón Lourenzo, Alexandre Cribeiro ou Fernández Ferreiro. As homenaxe a Ramón Cabanillas, Luís Pimentel e particularmente a Rosalía de Castro remataría por marcar a traxectoria do colectivo. Será precisamente no marco deste último acto, onde se contou coa presenta de Otero Pedraio, cando Manuel Fraga afirme que \"desde o trunfo do Caudillo na Galiza xa non hai viúvas de vivos\", provocando unha protesta dos membros Brais Pinto, que patearon na sala espoleados por Bautista Álvarez durante a intervención do ministro franquista e posteriormente abandonaron o recinto. O Consello da Mocidade Simboliza o esforzo dunha xeración galega que recuperou o proxecto político de Daniel Castelao e do Partido Galeguista. A decisión de Ramón Piñeiro e dunha parte dos dirixentes das Mocidades Galeguistas do período republicano de articular un proxecto político e cultural sobre unhas bases ideolóxicas diferentes ás do nacionalismo, non tardaría en ser contestado por un núcleo de mozos. Neste contexto debemos situar a elaboración en novembro de 1963 dun documento titulado Pola Unión do Pobo Galego da autoría de Raimundo Patiño, Xosé Antonio Arxona e Bautista Álvarez, onde se formula a necesidade dunha ferramenta para loitar pola soberanía da Galiza. A expresión organizativa dese proxecto político será o Consello da Mocidade. A plataforma, nacida coa vontade de aglutinar nunha estrutura unitaria a toda a mocidade de práctica patriótica, xurdiu dun importante traballo previo, onde destacou a labor de Antón Moreda, importante dirixente das Mocidades Galeguistas en Bos Aires, que sería elixido secretario xeral da entidade. A existencia do Consello da Mocidade alongaríase desde novembro de 1963 até marzo de 1964, momento no que a maioría da organización, atendendo as orientacións de Ramón Piñeiro, procedeu a expulsión do sector caracterizado como comunista, onde se integraban, entre outros, Antón Moreda, Xosé Luís Méndez Ferrín, Raimundo Patiño, Xosé Antonio Arxona, María Xosé Queizán, Saleta Goi, Luís González Blasco, Manuel María e o propio Bautista Álvarez A Unión do Povo Galego Significa a decisión de restaurar unha práctica ideolóxica e organizativa en plena ditadura franquista co obxectivo de loitar pola soberanía da Galiza. As diverxencias de fondo entre os dous sectores enfrontados no Consello, a imposibilidade de atopar puntos de acordo, de xeito xa definitivo tras unha xuntanza celebrada en Madrid en marzo de 1964 entre Ramón Piñeiro, Domingo García Sabell, Xosé Antonio Arxona e Bautista Álvarez e os propios termos da ruptura, convenceron ao sector depurado do Consello da necesidade de recuperar o proxecto xa enunciado no documento titulado Pola Unión do Pobo Galego. A comezos de xuño de 1964, aproveitando a presenza na capital do Estado de Xosé Luís Méndez Ferrín con motivo das súas oposicións a cátedra, procedeuse a dar nome, forma e programa a Unión do Povo Galego, nunhas xuntanzas onde participaron o propio Méndez Ferrín, Raimundo Patiño, María Xosé Queizán, Xosé Antonio Arxona e Bautista Álvarez. Unhas semanas máis tarde, concretamente o Día da Patria Galega, nunha xuntanza celebrada nun merendeiro do barrio compostelán da Rocha, acórdase formalizar a proposta adoptada en Madrid de constituír unha organización política nacionalista. O trIunfo da constancia. Bautista Álvarez exemplifica a constancia e a fidelidade a unha causa. A súa participación en todo o proceso de arranque e conformación do capítulo contemporáneo do nacionalismo galego, continuou cunha militancia continuada de practicamente seis décadas, ocupando boa parte dela responsabilidades de dirección en diversas organizacións políticas, culturais ou de masas. A carón do seu activismo social e dentro do seu labor militante desenvolveu un inxente traballo teórico, parte do cal foi recollido en tres volumes pola Fundación Terra e Tempo nunha edición a cargo de María Pilar García Negro. Estamos, logo, diante dunha militancia sen concesións, entendida como un servizo ao pobo que non sabe de continxencias nin ciclos vitais."}
{"ID": "PRAZA_11227", "summary": "Miguel Uclés, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, foi golpeado ao ser confundido por un militante independentista en pleno centro da capital do Estado tras participar nunha mobilización", "text": "Miguel Uclés é presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia. O pasado sábado desprazouse a Madrid xunto a milleiros de compañeiros de Galicia e doutros territorios para reclamar un servizo público de calidade e unha \"lei marco\" que regule todos os profesionais do Estado. A xornada reivindicativa acabou mal para este traballador do parque vigués, que foi agredido por un grupo fascista entre insultos e berros como \"puto independentista\". Miguel Uclés foi abordado e golpeado por un grupo fascista ao ser confundido cun independentista catalán: \"Estaban axustizándome en público\"Confundido cun manifestante a prol da independencia de Catalunya, conta agora que o dano \"foi máis moral que físico\". Miguel Uclés camiñaba cara ao coche para gardar as bandeiras usadas na mobilización da praza de Neptuno, onde o esperaban os seus compañeiros, cando foi abordado polas costas. Moi preto de Cibeles, foi rodeado por cinco persoas que comezaron a insultalo. Unha delas bateu nel varias veces, mentres o bombeiro preguntáballe que facía e advertíalle de que se estaba a trabucar, que el era galego. \"Levaba unha camiseta que pon Vigo sen bombeiros e unha bandeira de Galicia. De súpeto, comezan a insultarme e logo a golpearme, a dicirme cousas que nunha sociedade libre ninguén ten dereito a dicir\", conta Uclés, bombeiro que exerce como delegado sindical da CIG no parque de Vigo e que hai dous anos relataba en primeira persoa o drama vivido na zona cero da destrutora vaga de incendios do outono. Agora relata unha agresión \"sorprendente\": \"Estaban axustizándome en público\". Para Uclés, o máis \"frustrante\" foi a actitude dos viandantes. \"Estaba no medio da rúa, no centro de Madrid, con centos de persoas camiñando e pasando por alí, e non é que non parasen ou me defendesen, é que nin observaban. Esa sensación de invisibilidade foi o peor\", conta o bombeiro, que ao repoñerse da agresión e recuperar os lentes foi detrás dos culpables para intentar denunciar ao momento e intentar atopar un policía. O bombeiro asegura que o \"frustrante\" foi comprobar a actitude dos viandantes: \"Ninguén facía nada; foi peor esa sensación de invisibilidade que a dor\"\"A xente camiñaba sen parar; eu ía comentando que me acababan de agredir e ninguén facía nada... Mesmo houbo quen se me encarou para dicirme que se cadra aínda levaba algún golpe máis\", lembra quen di que foi peor \"a sensación de invisibilidade, a apatía da xente e a impotencia que a dor\". Uclés asegura que non busca \"alarmismo, nin moito menos\", pero si que se pregunta \"cara a onde estamos indo como sociedade\". \"Por unha banda estannos dando unha dose brutal de odio e pola outra hai unha caparuza de apatía que é brutal\", insiste quen agradece a \"morea\" de apoios que está recibindo.A agresión foi abortada ao descubriren os agresores que non era catalán nin independentista. E se o fose? \"Se vou pacificamente, cunha camiseta ou bandeira que expresa algo no que creo, pero non fago dano a ninguén nin falto ao respecto... Cal sería o problema?\", pregúntase. \"Todo é lícito se respectas uns valores fundamentais nun Estado de dereito, todo o mundo ten dereito a expresarse\", di. Porque Miguel Uclés, está convencido de que tería moitos máis problemas se responde á agresión para se defender. \"Daquela si que sería etiquetado pola camiseta que levaba, pero se cadra ninguén lle diría nada a quen, sen símbolo ningún, empezou a bater en min\", reflexiona. \"Se chego a ir cunha camiseta con insultos en inglés e berrando cunha cervexa na man, aínda me aplauden\", ironiza quen non presentou denuncia pero que medita facelo nos vindeiros días."}
{"ID": "NOS_46761", "summary": "Nun novo verán marcado polos incendios o colectivo ecoloxista advirte que \"moitos\" dos incendios \"comezan prendendo nun despacho\".", "text": "\"Dende 1988 até hoxe en Galiza, e segundo datos oficiais, téñense producido máis de 100.000 incendios forestais que queimaron máis de 500.000 has. de monte, das que preto de 200.000 has. eran de arboredo\", sinalan desde a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) após a intensa xornada de lumes que atinxiu o domingo (9 de agosto) o país. \"Dende 1995, hai uns 10.000 incendios ao ano, un incendio por cada 2 Km2 de superficie forestal –a media estatal é dun incendio por cada 25 Km2. En Galiza, co 7,7 % da superficie forestal estatal, acontecen o 45% de todos os incendios, estando un 30% da superficie forestal afectada\", acrecentan. Perante esta realidade, o colectivo ecoloxista vén de lanzar un decálogo de medidas coas que, lembran, \"non é posíbel avanzarmos na solución deste problema que nos atinxe a todos e todas sen información, educación ambiental e participación social\". \"En Galiza, co 7,7 % da superficie forestal estatal, acontecen o 45% de todos os incendios, estando un 30% da superficie forestal afectada\" Para Adega \"as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas\". \"A pregunta é como unha administración que ten a cacidade técnica e xurídica para poñelas en marcha, alén de non o facer, mesmo lexisla en sentido contrario\", afirman. O colectivo ecoloxista refírese desta maneira á recentemente aprobada Lei de Montes, un texto normativo que foi duramente criticado, entre outras razóns, por permitir a recalificación de terreos queimados cando existen \"razóns imperiosas de interese público\". Neste senso, \"diminúense as distancias de salvagarda da vexetación ás vivendas (de 50 a 30 metros); redúcense os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados (de 3 a 2 anos); elimínase o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 25 e 50 hectáreas continuas; ábrese de novo a posibilidade de forestar terras agrarias e desvíase cara os concellos parte das responsabilidades de control, entre outras medidas\", explica Adega. Perante esta realidade, a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza, lembra dez medidas para loitar \"eficazmente\" contra os lumes e aseguran que \"moitos\" destes \"comezan prendendo nos despachos\". Un ordenamento territorial acorde coas características do noso país, no que o monte ocupa uns 2/3 do territorio e coa maior densidade de núcleos de poboación de Europa. Evitar o despoboamento, o abandono dos usos tradicionais e a forestación de terras agrarias ao tempo que se fomentan alternativas produtivas sustentábeis para o medio rural. Unha nova política forestal que promova a multifuncionalidade do monte e protexa as súas funcións ecosistémicas (regulación do ciclo hídrico, sumidoiro de carbono, reserva de biodiversidade) e sociais. Un novo Plano Forestal que contemple os montes como algo máis que subministradores de madeira barata para triturar ou queimar, que limite a expansión das especies pirófitas e alóctonas e que promova unha silvicultura preventiva e sustentábel. Incrementar os esforzos e os investimentos en prevención, que deberían ser superiores aos de extinción. Os labores de prevención, vixilancia, loita contra o lume e rexeneración deben desenvolverse durante todo o ano. Planificar e desenvolver programas de rexeneración hidrolóxico-forestal nos montes queimados para evitar a perda de solo e a erosión, prohibindo a mudanza de usos e a especulación nestes terreos. Labores de rexeneración da vexetación natural nas zonas queimadas. Promover o incremento dos montes públicos e reforzar o papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, impedindo a súa privatización e a entrada de capital especulativo no monte. Profesionalizar os equipos de prevención, detección, extinción e rexeneración nos incendios, que deben estar baixo un mando único dependente da Xunta de Galicia, evitando privatizar os seus servizos. Rapidez e transparencia no acceso á información sobre os lumes, poñendo a disposición da cidadanía as ferramentas informáticas e de comunicación precisas. Fomentar a Educación Ambiental a todos os niveis para promover na sociedade valores e comportamentos compatíbeis coa preservación do medio. Formar e informar especialmente ás Comunidades e propietarios de montes, para promover o sentimento de vencello e identidade positiva entre a veciñanza e o monte."}
{"ID": "NOS_4360", "summary": "A batalla de Defensa do Común pola devolución gratuíta á cidade dos terrenos da Solana e o Hotel Finisterre, na Coruña, continúa a gañar adeptos. Esta quinta feira, 25 entidades cívicas e sociais asinaron a plataforma reivindicativa da comisión cidadá. Estudan convocar unha consulta popular.", "text": "A reivindicación básica de Defensa do Común é que \"tanto os terrenos ocupados polo complexo polideportivo da Solana como do hotel Finisterre sexan devoltos de forma gratuíta ao Concello da Coruña para equipamento público\", informa a entidade cívica nun comunicado. Quinta feira pasada, reuníronse na Casa Museo Casares Quiroga máis de 70 persoas, en representación de 25 entidades con presenza no tecido social da cidade, para dar apoio á plataforma reivindicativa da Comisión Aberta en Defensa do Común. Denunciaron o que consideran unha \"forte ofensiva oficial para desprenderse de espazos que sempre foron comunais\" e expresaron a súa opinión de que os bens comúns non poden ser nen obxecto de poxas nen de vendas directas \"para salvar a conta de resultados de institucións como a Autoridade Portuaria, cuxa xestión resulta máis que dubidosa á vista dos resultados que se van coñecendo\". As entidades reunidas na Casa Museo Casares Quiroga animaron o goberno local a que convoque os distintos actores sociais a unha mobilización en defensa do público e contra a privatización dos terrenos que en orixe foron a praia do Parrote, afectada durante a ditadura pola Autoridade Portuaria. Defensa do Común e as entidades cívicas e sociais acordaron colaborar na recolla de asinaturas por toda a cidade contra os planos da Autoridade Portuaria Defensa do Común e estas entidades acordaron colaborar na recolla de asinaturas por toda a cidade contra os planos da Autoridade Portuaria. Avaliaron tamén a posibilidade de convocar unha consulta popular que permita coñecer \"a opinión da cidadanía coruñesa sobre os intentos do titular do ente portuario de financiar o sobrecuste do porto exterior de Punta Langosteira coa venda de terreos tan emblemáticos como os ocupados pola Solana e o Finisterre\". Após a aprobación o 9X dunha moción no Pleno da Coruña a prol da devolución gratuíta dos terrenos -proposta de Defensa do Común vehiculada polo BNG- a entidade cívica vai solicitar un encontro co alcalde, Xulio Ferreiro, para saber que pasos vai dar para dar cumprimento a esta iniciativa e para o instar a que estude a convocatoria dun referendo popular. Defensa do Común e goberno municipal concordan en que os terrenos deben ser públicos, mais discrepan sobre os meios para evitar a privatización: a entidade cívica pide a devolución gratuíta e o executivo local está disposto a desembolsar 1,4 millóns de euros para se facer coa titularidade dos solares."}
{"ID": "NOS_38099", "summary": "A resposta é si. Ou mellor, depende de que o Partido Republicano impoña a disciplina de voto, unha figura que en puridade non existe na política norteamericana. O xuíz federal Brett Kavanaugh, proposto por Donald Trump para ocupar un posto vitalicio no Supremo, mantén o respaldo do inquilino da Casa Branca, após a sesión do comité xudicial do Senado decorrida esta quinata feira. Nela compareceron a profesora de California Christine Blasey Ford que o acusa de tentar violala durante os anos do instituto e o propio Kavanaugh. Trump xulgou o testemuño do xuíz como \"poderoso, honesto e moi interesante\".", "text": "O primeiro cargo contra Trump formulouno Christine Blasey Ford, quen deu a cara contra Kavanaugh nas páxinas de The Washington Post. Logo chegaron denuncias con nomes e apelidos doutras dúas mulleres, Deborah Ramírez e Julie Swetnick, esta última a acusar o xuíz de mesmo ter participado en violacións grupais con rapazas previamente drogadas. Hai unha cuarta acusadora de Kavanaugh, cuxa identidade aínda se descoñece. Mais mesmo así, con indicios tan abrumadores en contra, a maioir parte dos senadores do Partido Republicano -todos os representantes do partido conservador no Comité Xudicial da Cámara Alta son homes- están dispostos a votar a confirmación de Kavanaugh como integrante do Tribunal Supremo. O voto afirmativo do Senado é requisito sine qua non para validar o nomeamento do xuíz por Trump. Non só ten que votar o Comité Xudicial após escoitar os testemuños de acusado e denunciante —está previsto que o faga esta sexta feira—, senón que tamén se ten que pronunciar o pleno da cámara. Todo este proceso está fortemente condicionado polas inminentes eleccións lexislativas de novembro, comicios que renovarán as dúas cámaras lexislativas, congreso e senado. Trump pisou esta quinta feira o acelerador na defensa de Kavanaugh, mais non é absolutamente seguro que o acompañe a totalidade dos senadores republicanos. Segundo informa The Washington Post, no mínimo tres deles non manifestaron que irían facer co seu voto. Se non respaldan o xuíz proposto pola Casa Branca a súa candidatura podería ser rexeitada pola Cámara (os conservadores superan en 4 escanos os demócratas —51 face 47—, mais hai dous senadores independentes de tendencia progresista —un deles é o socialista Bernie Sanders—, isto é, que sen teren afiliación ao partido de Obama e Clinton si participaron nas súas primarias). O aparato do Partido Republicano é consciente de que unha dilación no proceso —o Partido Demócrata pide un aprazamento mentres o FBI non investigue as denuncias das mulleres— podería resultar en que o candidato a ocupar un posto no Supremo fose votado non agora, senón despois das eleccións de novembro, co conseguinte risco de que nelas muden as maiorías a favor do centro-esquerda. O testemuño de Ford En todo caso, a candidatura de Kavanaugh ficou seriamente debilitada polo contundente e críbel alegato de Christine Blasey Ford no Comité Xudicial do Senado. \"Estou aquí non porque queira estar\", dixo. \"Estou horrorizada. Estou aquí porque acredito que o meu deber cívico dicerlels o que me ocorreu durante a época en que Kavanaugh e eu coincidimos no instituto\", dixo."}
{"ID": "NOS_740", "summary": "\"Sei canto vostedes, a nación enteira e diría que todo o mundo, simpatizan comigo nesta irreparábel perda que sufrimos\", dixo o rei, sobre o pasamento da súa nai, Isabel II.", "text": "Charles Philip Arthur George foi proclamado na mañá deste sábado novo rei do Reino Unido, un cargo que ostentará baixo o nome de Carlos III tras o pasamento da súa nai, Isabel II, na pasada quinta feira. Dado que era o primeiro na liña sucesoria da Coroa británica, non había lugar a sorpresas este sábado, se ben a proclamación non tornou en anuncio oficial até que así o decidiron os membros do chamado Consello de Acceso. Este órgano con máis de 300 anos de historia está integrado por relevantes figuras sociais e políticas do país e representantes das 14 nacións que conforman a Commonwealth. Loito no Reino Unido até unha semana após o funeral de Isabel II En primeiro lugar, a presidenta designada para este consello pola primeira ministra —Liz Truss—, Penny Mordaunt, oficializou a morte de Isabel II, e nun segundo acto, o secretario do Consello proclamou Carlos III novo rei. \"Sei canto vostedes, a nación enteira e diría que todo o mundo, simpatizan comigo nesta irreparábel perda que sufrimos\", dixo o monarca, sobre a súa nai. A oposición republicana suma apoios Tal e como relata a prensa británica, o afecto que moitos e moitas cidadás do Reino Unido sentían cara a Isabel II contiña os sentimentos republicanos en boa parte do país, se ben agora poderían agromar após a fin do seu reinado, se ben se trata aínda de sectores minoritarios. As últimas enquisas en Inglaterra dan un apoio maioritario á opción monárquica, de até 80% segundo algunhas empresas de sondaxe, se ben noutros territorios como Irlanda do Norte, onde os republicanos do Sinn Féin veñen de gañar as eleccións, ou Barbados, que o pasado ano tornou en república. \"A raíña é a monarquía para a maioría da xente e despois de que ela morra, a institución estará en perigo. Carlos poderá herdar o trono, mais non a deferencia e o respecto dela\", sinalaba a comezos deste ano Graham Smith, director executivo da organización 'Republic'. Este mesmo colectivo dixo, após coñecerse a noticia: \"Non queremos outros 70 anos. É hora da república. Cómpre desmitificar a monarquía e impulsar o debate sobre un modelo constitucional alternativo\"."}
{"ID": "NOS_48280", "summary": "Con A baba, a incontinencia e o can de Paulov de Alberte Momán a colección de libros editados en epub por Sermos Galiza ofrece o seu primeiro título de narrativa. A súa nova achega narrativa xa está disponíbel neste enlace que remite a nosa loxa.", "text": "Dez anos despois da publicación de O lobo da xente (Edicións Positivas) ,que lle valera o Premio Narrativas Quentes, Momán ten xa dez títulos na súa conta de libros e unha editorial que promove pola súa paixón literaria. -Por que sendo responsábel dunha editorial publica este novo libro con Sermos Galiza en formato epub? Tiña posibilidade de publicalo con O Figurante mais non son partidario de montar un selo para editar os meus libros. A creación da editorial tiña como obxectivo dar oportunidade a outras persoas que teñen dificultades de visibilización nun momento de grandes recortes no eido da cultura. O selo ten, entre outras funcións, o de darlle valor engadido a unha obra e se eu me publicase a min mesmo non estaría a pasar ningún filtro previo. En literatura, compre ter rigor, se a min me publica outra editorial significa que alguén o aceptou, que pasou ese filtro necesario. -O Figurante, o seu selo editorial, responde á súa aposta persoal pola literatura? A miña experiencia previa en A Porta Verde do Sétimo Andar levoume a dar o paso. Desde a colectividade decidimos apostar pola literatura galega e ese foi o inicio, os pasos previos. Eu viña doutro mundo distinto e foi ese proxecto o que me impulsou a coñecer o mundo editorial e, a partir de aí, crear unha iniciativa tamén para promover proxectos persoais que tiña ganas de desenvolver. Quería, de maneira inicial, publicar a obra da poeta francesa Anne-Marie Cazalis e ter unha experiencia previa axudoume a crear o selo co fin de e editar a obra desta autora. Vendo que tiña acollida continuei publicando outras cousas. \"En literatura, compre ter rigor, se a min me publica outra editorial significa que alguén o aceptou, que pasou ese filtro necesario\". -O que me está a contar parece mesmamente un relato. Quere dicir que creou un selo para publicar os poemas dunha autora francesa? Cando coñecín Anne-Marie Cazalis vivía en Perugia cun Erasmus. Era un tempo na que eu estaba especialmente receptivo. Tiña ganas de aprender e curiosidade por todo. O meu interese por esta autora partiu dun poema e quixen seguir afondando na súa figura. Ao coñecer aquel poema quedei tan impresionado que decidín seguir afondando para atopar máis obra súa. Por momentos, Anne-Marie Cazalis parecía a autora dun só poema! Finalmente descubrín que escribira dez poemas a través dun libro que atopei en Francia. Decidín publicalos en galego e así naceu O Figurante. -Este episodio que relata describe unha certa maneira apaixonada de se atopar coa literatura. Cando dou con algo que me entusiasma tiro para adiante e neste caso aconteceu. Comecei moi tarde a ler, na miña casa non había hábito nin libros, mais agora non concibiría a miña vida fóra da literatura. Foi coñecela e apaixonarme de tal maneira que até que fun dando pasos como lector, como escritor ou como editor non parei. De feito, houbo autores e lecturas compulsivas, de non poder parar de ler, de vivir absolutamente as novelas ou a poesía. -Iso tamén se transmite na súa traxectoria, intensa, cunha morea de títulos e premios. A súa maneira de escribir é tamén compulsiva? Escribo rápido tamén pola miña forma de ser e polo propio proxecto literario. Falo de cousas próximas, que teño moi claras porque as teño vivido e sobre as que reflexionei durante moito tempo. A escrita chega cando xa todo está na cabeza, é o último paso dun proceso e por iso é rápido porque falo de temas que teño cercanos. Non podería escribir do que non ten a ver comigo e co meu entorno inmediato. A escrita prodúcese de maneira intensa. -Despois dese proceso previo, prolongado, de reflexión, como nace un libro de narrativa, poesía ou ensaio? Vexo a literatura como un eido de experimentación, no que estou probando constantemente. Todos os libros teñen parte biográfica e parte de creación mais toda a miña obra camiña por un campos comúns, con distintos protagonistas e diversas perspectivas, pero en relación. Ao meu ver, un ensaio forma parte da literatura e, por outra parte, eu collo elementos da poesía para aplicar á narrativa. En moitos momentos, os parágrafos da narrativa son prosa poética, con imaxes moi cinematográficas e intensas, por veces mesmo en exceso concentradas, como me teñen dito. Concibo a literatura como ese campo de experimentación, cando a pulsión me xorde. Teño tamén moitos textos que se que non vou publicar nunca porque son resultado dunha pulsión errada e tampouco son partidario de revisalas. Son resultado dese momento tan intenso e así quedan. \"A escrita chega cando xa todo está na cabeza, é o último paso dun proceso e por iso é rápido\" -Pode identificar eses \"campos comúns\" da súa obra? Un, principal, é a súa condición abertamente política, desde unha perspectiva de esquerdas e moi significada co contexto deste país. Tento mostrar sempre dentro dese campo da política o meu ideario e as contradicións que se dan na sociedade actual. A ideoloxía pasou de ser algo fundamental nos partidos a ser un lastre do que se hai que desfacer. Quen se denomina marxista leninista ten xa un problema. Mostrar as propias contradicións que se están a dar é unha teima na miña obra. Tamén abordo a influencia disto nas relación sociais, desde o punto de vista da parella ou dos individuos co entorno. Aparecen sempre vistas desde a perspectiva ideolóxica. Tamén identificaría o tema erótico, romper co silencio e non só co sexo, que hoxe está asimilado, senón desfacerse dos clixés machistas e de moral perversa que a igrexa católica botou sobre nós. Loitar contra esa moral e contra nós mesmos é outra das teimas que aparece desde o meu primeiro libro O lobo da xente. -A baba, a incontinencia e o can de Paulov é o libro que publica en versión dixital en Sermos. Como editor, e xa que non sae en formato papel, pode darme unha proposta para o que sería a contracapa de presentación? Son títulos que gardan relación cos relatos que levan ese nome mais, ao meu ver, repetiría o que dixo Boris Vian cando lle preguntaron polo significado do outono e Pekín na súa novela \"O outono en Pekín\". A trama non estaba en Pekín nin se producía no outono. Eu xoguei con iso. \"A baba\" -un dos relatos- é o fluído que cae e non pode conter en persoas con problemas de trastorno mental. A pretensión real do sistema é manternos desta maneira, esnaquizar o noso cerebro a tal punto de ternos coa baba pingando. \"A incontinencia\" é o punto de vista das persoas que son rebeldes sen causa, como a magnífica película. Trátase de perder a continencia, esa capacidade de ter vergoña dun mesmo, e así podes facer cousas que poden ser chamativas, politicamente non correctas mais sen un fin definido, como a sociedade actual. Fanse sen razón, sáense da norma sen ningún tipo de fundamento. Con \"o can de Paulov\" refírome a esa maneira de adestramento para controlar os estímulos. Así somos nós, formamos parte dun grande experimento, como o de Paulov. Aínda hai pouco dicíase que as políticas que estaban a desenvolver contra a crise eran experimentos para ver como a cidadanía aguantaba. \"Sería inocente pensar que obras deste tipo, como as novelas existencialistas, non están absolutamente vixentes\". -Vostede sinala como referente literario a Boris Vian mais o universo que recrea evoca en certa medida o das novelas existencialistas. Que Boris Vian sexa un referente non quere dicir que o sexa tamén político. Era coetáneo de Sartre e de Camus que viviron, coma nós, nun momento de cambios profundos que van marcar o porvir. Estamos a vivir un punto de inflexión entre as xeracións que viviron o estado do benestar e as que nazan cando xa non exista. O choque vai ser terríbel. Cando a privatización dos servizos públicos sexa absoluta, as persoas van estar cinguidas ao seu barrio. Sería inocente pensar que obras deste tipo, como as novelas existencialistas, non están absolutamente vixentes. Marcan unha transición, daquela, coa ocupación nazi, aínda non se sabía ben cara onde ía Europa. Concretamente en Camus, agroma a situación de Alxeria revolvéndose contra o colonialismo. Agora vivimos tamén un punto de inflexión, partindo dunha sociedade pechada e en proceso de cambio, coa mesma sensación que se vivía naquel momento. -En certa medida, a súa obra é crónica literaria do noso tempo? Ese papel é imprescindíbel. Non acredito na novela histórica para a miña obra porque non me gusta dar a visión dunha persoa que non viviu o momento que relata. Vivir con quen está padecendo e sufrindo a historia. Non concibiría a miña obra fóra dese contexto inmediato e próximo. Compre, de todas maneiras, distinguir literatura e propaganda. Pérez Reverte está a transmitir ideoloxía nas súas novelas e se el inflúe nunha xeración por que non o imos facer os que temos máis criterio? A miña obra non fai propaganda de ningunha opción política senón crónica como individuo político que todos somos. Dese esa perspectiva non podemos separar a miña obra do que son eu mesmo. Eu son a miña obra que é unha crónica literaria da realidade que estamos a vivir."}
{"ID": "NOS_30467", "summary": "Logrou na poxa de interrumpibilidade potencia para activar dous fornos máis.", "text": "Ferroatlántica non vai aplicar o o expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) que anunciara en febreiro pasado. Así o anunciou a empresa após lograr na poxa de interrumpibilidad potencia para activar dous fornos máis no seu complexo de Cee e Dumbría. Un Expediente de regulación de emprego (ERE) de dous anos de duración, até 2012. Esa foi a proposta que a dirección de Ferroatlántica puxo en febreiro sobre a mesa e dirixida a todas as factorías do Estado. A dirección alegaba para aplicar esta medida a existencia de causas obxectivas como, indicaba, a acumulación de perdas durante os últimos tres trimestres. O Grupo Villar Mir vendeu o complexo Cee-Dumbría e as centrais de Xallas ao fondo TPG Sixth Sreet Partner en alianza coa española Ithaka por 170 millóns de euros. A operación supón o traspaso de dez plantas hidroeléctricas cunha potencia de xeración de 167 megavatios e da factoría de ferroaleacións de Cee-Dumbría. Fica fóra a planta de Sabón, especializada en producir silicio de metal."}
{"ID": "NOS_17658", "summary": "\"Dende a cociña\" é un proxecto de recolla e divulgación de patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino, dous municipios da comarca de Arzúa, que parte da Asociación Cultural A Pinguela de Bama, unha entidade creada en 2017. O seu obxectivo é implicar a sociedade na investigación e conservación do patrimonio. Nós Diario fala con Andrea Mosquera, membro da organización da iniciativa.", "text": "-Como nace e en que consiste o proxecto? A maior parte das actividades da asociación están relacionadas coa música e o baile. Levabamos tempo querendo desenvolver un proxecto co obxectivo de facer unha recolla do que é todo o relacionado co patrimonio intanxíbel, desde cantigas e coplas até puntos de baile, pasando por mitos e lendas ou fotografías. Todo o patrimonio da zona que non se recolleu até agora. Nos municipios que tratamos, Touro e O Pino, nunca se fixera algo polo estilo. Este ano animámonos, o que pasa é que normalmente as recollas fanse de maneira persoal, indo á casa da xente e conversando. Agora a situación sociosanitaria non o permite. Por ese motivo buscamos a maneira de darlle a volta e poder facelo dunha forma colaborativa e que sexa a xente quen recolla das persoas que teña ao seu arredor, avoas, veciñas, nais... Unha parte importante do proxecto é a participación que terán os Centros Públicos Integrados de Touro e O Pino, nas que o profesorado se implicou en propor actividades ao seu alumnado. Dentro desta iniciativa tamén queremos ofrecer formación para realizar as recollas. -Polo de agora con que material contan? Contamos con sesións persoais de xente coñecida e achegada á asociación. Tamén temos material que estaba no Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego e dalgunhas publicacións que atopamos na zona. Mais non tivemos oportunidade aínda de realizar unha recolla de forma persoal. -É urxente contar con este tipo de iniciativas? Urxe a tradición porque hai un salto xeracional que é moi visíbel. Por exemplo, como é, no meu caso, a dos meus avós e a dos meus pais. Dos primeiros, que xa non están aquí para contalo, estaban familiarizalos coas cantigas e coa tradición oral que non pasou para a seguinte nin desde logo para a nosa. Por este motivo esa información, nalgún punto, vaise perder. Preocúpanos que se nos acabe un pouco o tempo nese sentido. -Como se podería implicar a sociedade? Volve o interese pola cultura tradicional galega. Hai moita xente moza que se está involucrando en asociacións de nova creación como a nosa. Tamén hai xente particular que se dedica a isto a nivel profesional ou no seu tempo de lecer. Si que é verdade que falta aínda moito traballo. Unha maneira de reconectar sería traela á orde do día e modernizala. Facela chegar á xente que non ten contacto con este tema. No noso caso partimos do traballo cos centros e duns obradoiros, algo que para a maior parte será o primeiro contacto que teñan co baile galego, por exemplo. E non sería por non querer senón por non ter esa oportunidade. É importante que as xeracións que son o noso futuro, polo menos, que o coñeza. Para o resto da poboación pensamos que é mellor facer actividades de lecer. -Xogan un papel importante as redes sociais no proxecto? Agora mesmo, coa pandemia, sen as redes sociais non poderiamos levar adiante a iniciativa, mais en xeral é unha ferramenta máis que introducimos no noso día a día. As redes son unha canle para chegar a todo tipo de xente que empregamos con poucos recursos, algo importante para unha asociación pequena como a nosa. -Que farán con todo o material recollido? Queremos que se lle dea valor e un recoñecemento da importancia que merece. Pensamos facer unha publicación a finais deste ano para que a xente poida compartila e, ademais, depositarémola no arquivo do Museo do Pobo Galego aberta para todo o mundo."}
{"ID": "NOS_33333", "summary": "As imaxes impresas marcan a sociedade no decorrer da Idade Moderna e Contemporánea", "text": "A primeira vez ten un aura, ten tamén valor simbólico e sempre marca un fito. Velaquí neste artigo a primeira vez das imaxes impresas na Galiza. Celebrámolas porque as imaxes impresas marcan a sociedade no decorrer da Idade Moderna e Contemporánea e hoxe máis ca nunca non se explicaría o mundo sen elas. Para non falar xa das imaxes en movemento: filmes, vídeos, televisión... E velaí o primeiro libro impreso que se conserva, o Breviario auriense, un único exemplar na catedral ourensá, impreso segundo Odrizola na segunda metade da década de 1480, época na que tamén se imprimirían na contorna ourensá outros libros, coñecidos por follas soltas ou referencias da época. O erudito Alfonso Prada Allo, salienta que o bispo daquela época, o italiano Antonio Pallavicino Gentile, titular da sé auriense entre 1486-1507, non pisou a cidade do Miño e gobernou a diocese mediante o seu vicario, Xoán de Deza, que no seu sartego na catedral figura cun libro sobre o peito. O 23 de abril haberá que levarlle unha rosa. Case seguro que a el teñamos que agradecer a chegada da imprenta á Galiza. Moi pouco posterior é o Missale auriense, de 1494. Sábese porque é o primeiro libro que na Galiza presenta un colofón, no que Rodrigo de la Passera e Juan de Porres dan conta da súa obra, impresa no castelo de Monterrei. Durante moitos anos figurou coma o primeiro impreso na Galiza, mérito que agora ten o Breviario. Pero o grande avance do Missale é que presenta notación musical impresa, a primeira vez nos territorios do actual Estado Español. Só hai dous exemplares, un na catedral de Ourense. Volvemos a Ourense para valorar as primeiras imaxes impresas na Galiza, en 1544, as xilografías que presentan as Constitucións sinodais do bispado de Ourense, impreso polo inefábel Vasco Díaz Tanco de Frexenal, que mesmo ten rúa ao seu nome na cidade.Agora cómpre dar un chimpo até o 11 de maio de 1938, no que aparece a primeira imaxe impresa a cores, o lindo cabalo do Semanario instructivo, que dirixe José María Gil Rey e no que grava as litografías o seu irmán Ramón Gil Rey. O semanario resistiu seis meses. Como remate salientar a primeira fotografía impresa, no número 1 do Extracto de literatura, o 7-1-1893, só trece anos despois da innovación dun xornal neoiorquino. A proeza é un selfie do escritor Labarta Pose, editor da revista, que así se explica: 'De gallegos notables la galería, / Inaugura mi propia fisonomía...' En 1897 Labarta aínda nos fornece outra primicia, os primeiros anuncios con fotografías, é na revista Galicia Moderna. Ben merece que lembremos o seu retrato."}
{"ID": "NOS_141", "summary": "No Estado español hai xa 98 positivos confirmados e fica á cabeza dos contaxios no mundo, por riba do Reino Unido e Portugal.", "text": "A rede sanitaria estabelecida pola Consellaría de Sanidade para avisar de posíbeis casos sospeitosos de varíola do mono detectou outros dous novos na Galiza, logo do resultado negativo dos tres iniciais en estudo. Así o confirmou esta sexta feira, a preguntas dos medios, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen explicou que \"había tres primeiros sospeitosos que apareceron\" e \"xa está confirmado que o resultado é negativo\". \"Por tanto, non se trata de casos de varíola de mono\", apostilou. Con todo, anunciou que \"agora hai outros dous que tamén son sospeitosos\" e están \"en período de análise\", polo que \"aínda están sen confirmar nun sentido ou noutro\". Por iso, o presidente da Xunta insistiu en que \"a día de hoxe non hai ningún caso confirmado\" de varíola de mono no país tras \"eses tres xa descartados\". Case 100 casos no Estado español Porén, si se incrementaron os positivos confirmados no conxunto do Estado español, onde ascenden a 98, isto é, 14 máis que os que había rexistrados na quinta feira. Aliás, o Instituto de Saúde Carlos III (Madrid), encargado das análises, recibiu até o momento un total de 200 mostras pertencentes a casos sospeitosos de monkeypox ou varíola do mono —entre elas as da Galiza—, 43 novas sospeitas nas últimas 24 horas. Deste modo, o Estado español fica á cabeza do mundo en contaxios deste gromo de varíola, seguido do Reino Unido, con 90, e Portugal, con 58. En total, unha vintena de países notificaron xa positivos, que no seu conxunto achéganse aos 300."}
{"ID": "NOS_22891", "summary": "\"Descolonizar corpos e territorios\" é o obxectivo explícito das xornadas que a asociación cultural O Galo organiza en Santiago de Compostela entre o 2 de outubro e 9 de novembro e que se propoñen en sete sesións reflexionar sobre o denominado feminismo poscolonial.", "text": "A etiqueta feminismo poscolonial agrupa aquelas correntes que pensan nos efectos da dominación colonial e racista sobre as mulleres en principio non occidentais. Para esta heteroxénea escola, a muller non pode definirse unicamente polo xénero e cómpre ter en conta a raza, a clase, a etnia ou a orientación sexual. Entre as súas teóricas máis salientábeis atópase a india Gayatri Spivak -autora do clásico ensaio Pode falar a subalterna?-, as afroamericanas bell hooks e Audre Lorde, ou, máis recentemente, a arxentina Rita Segato. As xornadas do Galo, organizadas coa Deputación da Coruña, dirixidas por Purificación Cabido, e de título completo Noutrén: feminismo poscolonial. Descolonizando corpos e territorios, serán ás oito do serán na Casa do Taberneiro (rúa San Pedro, 15), agás a do 9 de novembro, que será ás 12 da mañá. O programa é este: 2 de outubro. Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 1. Os corpos disidentes. Jeane Costa e Lucrecia Masson. 9 de outubro. Lugares do feminismo: de onde, cara onde, o aquí... o noutrén? Lola Ferreiro Díaz e Lupe Ces. 16 de outubro. Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 2. Identidades e territorios. Maria Fidalgo e Rut León. 23 de outubro. Feminismo poscolonial: activismo e coidado da vida. Erea Blanco e Rebeca Raso. 30 de outubro. Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 3. Feminismo transgresor. Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Cristina Palacios. 6 de novembro. Feminismo poscolonial: Descolonizando territorios e corpos. A soberanía feminista. Estratexias. Ximena González, Iraitz Agirre Aranguren e María Reimóndez. 9 de novembro. Mulleres e feminismo en Compostela. Roteiro guiado polas rúas de Compostela que ademais contará con música, poesía e teatro. Saída da Praza 8 de Marzo."}
{"ID": "NOS_44982", "summary": "Os conflitos agroman e reprodúcense por todos os recantos e servizos da sanidade pública. A Xunta de Feixoo recolle o que vén sementando ao longo dunha década de recortes e reorganización neoliberal do sistema. A manifestación que o persoal de Urxencias do Hospital de Santiago convocou para o 9 de xaneiro é apenas un novo síntoma.", "text": "As traballadoras e traballadores de Urxencias do CHUS levan oito semanas de folga indefinida. Portestan pola precariedade laboral e a asfixia económica ás que os somete o Sergas. \"A xerencia da área sanitaria sabe que o plan funcional implantado até agora non é viábel por mor da escaseza de persoal\", argumenta o comité de folga. Para reclammar unhas \"Urxencias dignas\", a representación dos traballadores chama á cidadanía a se manifestar en Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xaneiro, a partir das 19.00 horas na Praza Roxa. \"A sanidade pública é de tod@s, en ti está saír defendela\", di a palabra de orde. A problemática de Urxencias do Hospital de Santiago é unha máis dunha sanidade pública cuxas traballadoras e traballadores están a protestar pola redución orzamentaria e de condicións laborais en ámbitos tan diversos como a medicina de familia, os PAC ou as ambulancias."}
{"ID": "NOS_51677", "summary": "A asociación cultural O Galo organiza o 9 de novembro un roteiro guiado por Eli Ríos e Alba María", "text": "O 9 de novembro, ás 12.00 horas, a asociación O Galo porá o punto e final ás xornadas \"Noutrén: Feminismo poscolonial\" cun roteiro en Santiago de Compostela. O punto de partida será a praza 8 de marzo, coa escritora Eli Ríos e a cantante e regueifeira Alba María guiando os pasos das camiñantes. Entre parada e parada sucederanse actuacións da man de artistas galegas. A actriz Mónica Caamaño interpretará o Monólogo de Morgana de Begoña Caamaño. Laura Lamontagne recitará o poema rosaliano A xustiza pola man. Alba María interpretará a Cantiga de Coralia e Maruxa e a Cantiga tradicional das leiteiras. A maiores, Mai Insua e Laura Lamontagne representarán o monólogo Sancha e María, e Alba María porá o peche ao roteiro cantando o Himno das Mulleres. A derradeira charla do ciclo \"Noutrén: Feminismo poscolonial. Descolonizando corpos e territorio\" terá lugar o 6 de novembro, ás 20.00 horas, na casa do Taberneiro da rúa de San Pedro. Baixo o título A soberanía feminista, estratexias, conversarán Iraitz Agirre, representante de Euskal Erriko Bilgune, Ximena Gonzalez, activista e participante da Marcha Mundial das Mulleres, e a escritora e tradutora María Reimóndez. As palestras son de libre acceso, mentres que para o roteiro cómpre inscribirse no enderezo comunicacion@ogalo.gal, pois as prazas son limitadas."}
{"ID": "NOS_11720", "summary": "Non fai falta ir aos EUA para experimentar a épica das estradas de costa a costa ou as rutas que serían cantadas polos Stones. Temos ben pertiño de nós a EN2, 738 quilómetros que unen Chaves e Faro, o norte e o sul de Portugal. A columna vertebral do país viciño. Unha viaxe que descobre todo un fresco do Portugal interior. Un festín especialmente apetitoso para persoas viaxeiras en xeral e para o colectivo moteiro en particular. Unha alternativa cada día máis popular que sumar ás lendarias Route 66 norteamericana e Ruta 40 arxentina.", "text": "A EN2 (ou simplemente N2) pide demora na súa descuberta. Non pide turistas, pide viaxeiras. Este percurso de 738 quilómetros non se pode despachar dunha sentada. Unha ruta de 9 días, a fraccionar sensacións e paisaxes, é o que con acerto recomendan as guías de viaxe. Ir de vagar é imprescindíbel para tirar todo o proveito a unha viaxe que sen dúbida mudará a visión que temos do país irmán. Non por acaso a editora especializada Frommer's identificou a EN2 como un dos 19 destinos a visitar no mundo en 2019. Segundo a publicación norteamericana, estariamos perante unha viaxe \"icónica\" desde a \"cidade romana\" de Chaves, na raia con Galiza, até as \"amenas praias\" do Algarve. A espiña dorsal de Portugal. Un río de cemento que comunica todo o interior dun país que se está a redescubir a si propio após os devastadores incendios forestais de 2017. Con efecto, Portugal sempre ollou de preferencia para o mar (virai costas a Castela...) e durante séculos deixou un chisco de lado o seu territorio máis continental. Iso está a mudar nos últimos tempos e \"unha onda de interese\" polos concellos non costeiros comeza a ser moi palpábel. E nesa descuberta a EN2 ten un papel estelar, para portuguesas e estranxeiras. É un imán, polo seu propio valor intrínseco e porque conecta con toda unha mítica, a que inevitabelmente remite para a literatura (On the Road, Jack Kerouac) e para a música (Route 66, The Rolling Stones) con moi fácil venda publicitaria en todo o orbe. \"Temos cada vez máis persoas a facer o percurso\", afirma ao respeito a secretaria de Estado de Turismo, Ana Mendes Godinho, para quen os 738 quilómetros da EN2 supoñen a porta de entrada no \"mapa turístico\" de Portugal, \"a descobrir mil e unha experiencias... paisaxes deslumbrantes, aldeas únicas, praias fluviais irresistíbeis, patrimonio inesquecíbel e gastronomía completamente diferente ao longo do camiño\", di entusiasmada. Retórica á marxe, o Governo de António Costa decidiu apoiar o proxecto de valoración turística lanzado pola Asociación de Municipios da Rota da Estrada Nacional 2. Entre as actividades programadas até se puxo en andamento un grande premio de ciclismo por etapas. En todo caso, quen mellor nos pode falar da EN2 é alguén que xa a percorreu de cabo a rabo. \"Ten o seu aquel. É das estradas máis longas de Europa. Moi recomendábel. Dáche outra visión de Portugal, distinta da que temos se visitamos Porto, Lisboa ou en xeral a costa\", dille a Sermos Ángel Blas Rodríguez. Ourensán aficando en Vigo, fixo a EN2 en 2017 na compaña doutras 8 persoas —\"eramos catro parellas e un single\"—. Cinco motos a facer os 738 quilómetros en cinco días. Agosto. Moita calor. Combustión no ambiente. \"Foi o ano do incendio de Pedrogrão grande, en que houbo tantos mortos [64]\", evoca. \"Se o fixésemos hoxe de novo, fariamolo con máis relaxo. Con máis tempo por diante\", afirma. Houbo os seus contratempos. \"A vía non estaba ben sinalizada en moitas ocasións, o que fixo que nos perdésemos algunhas veces. Hai estradas novas que tamén se solapan coa EN2. Hoxe levariamos a viaxe mellor planificada\", di. O que máis impacto produciu en Ángel foron as planicies do Alentexo. \"Esas rectas inmensas. Un pouco como en Estremadura. Cun asfalto moi malo e na paisaxe moita sobreira e moita oliveira\", describe. \"É unha zona moi pouco turística, moi bonita de ver, moi pouco explotada\", afirma. Comer e durmir non son caros. \"Comías por 6 ou 7 euros e atopas hoteis a prezos razoábeis\", ilustra. O Algarve xa é outra cousa. \"Cando chegas a Faro si que te encontras con moito mogollón. Esa zona si que está moi masificada\", relata. Un apuntamento máis. O patrimonio histórico a visitar é impresionante —desde o palacio rococó da Casa de Mateus (Vila Real) até o Convento da Sertã— , con bens xa protexidos pola UNESCO. \"Hai un respeito ao patrimonio tremendo. Ves virguerías. Que contraste coas desfeitas que se fixeron na Galiza!\", conclúe Ángel."}
{"ID": "NOS_33749", "summary": "A orde procede do xulgado de Instrución nº13 de Barcelona, que investiga o referendo do 1 de outubro de 2017.", "text": "A Garda Civil entrou esta terza feira na Generalitat e no Departamento de Asuntos Exteriores, segundo publican diferentes medios cataláns. A xuíza de Instrución nº13 de Barcelona, que investiga os preparativos do referendo do 1-O, ordenou ao instituto armado procurar nova documentación na Generalitat sobre esta consulta. Este xulgado procesa 30 persoas investigadas en relación a aquel referendo e que están acusados de desobediencia, falsidade, revelación de secretos, prevaricación e malversación. A investigación, solicitada pola Fiscalía, céntrase no pagamento dos observadores internacionais. A garda Civil dirixiuse ao departamento de Exteriores. Tamén procuran información nas consellerías de Traballo e Presidencia, así como no gabinete xurídico central, entre outros."}
{"ID": "NOS_39756", "summary": "A galega María Mariño (Pontevedra, 1993) aspira a vindeira semana, concretamente o día 25 de abril, a facer bo o vello dito e clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio 2021 na que será a súa terceira tentativa, logo de quedar ás portas de conseguilo tanto en Río de Xaneiro 2016 como nos de 2012.", "text": "—A pouco máis dunha semana vista do Preolímpico no que se xogará estar nos seus primeiros Xogos Olímpicos, como valora as súas opcións de conseguir unha praza, logo de estar a piques de logralo hai cinco e nove anos? Non é doado contestar a esta pregunta (ri). No Preolímpico non estarán grandes potencias como Rusia, Italia ou Francia, que xa están clasificadas por equipos, polo que as opcións son moito maiores. Aínda así, é no continente europeo onde resulta máis difícil clasificarse para os Xogos Olímpicos, porque é onde están a maioría dos países fortes no noso deporte, como Polonia, Romanía, Austria, Israel... todos eles teñen xente forte. Por tanto, hai opcións, si, mais haberá que pelexar moito por esa praza. —Cal é o nivel actual da disciplina na Galiza? O deporte da esgrima a nivel galego poderíamos dicir que está en pleno crecemento. Por exemplo, o meu club, que é o Olivo de Vigo, é moi novo, terá tan só uns 20 anos en funcionamento, e aínda así xa logrou moitísimos éxitos, especialmente nas categorías inferiores, o que significa que se están facendo ben as cousas. Ademais, tamén hai un bo nivel na Coruña, e resulta enriquecedor ter dúas cidades con xente de alto nivel, pois iso xera que xurda unha competencia ben entendida que acaba por axudar a medrar, pois rivais que te empurren a superarte son as que fan desenvolverte. En xeral, estase realizando un bo traballo a nivel galego, pero hai unha serie de dificultades que tamén teñen noutros deportes, que moitas veces están moi centralizados en Madrid porque é onde están a base de adestramentos estatal, os Centros de Alto Rendemento, onde se move a xente a causa do traballo e os estudos... Iso fai que sexa alí, en Madrid, onde máis nivel hai, aínda que creo que é cuestión de tempo que superemos esas diferenzas. —De feito, e a pesar da súa xuventude, vostede é practicamente unha pioneira, quizais non na práctica desde deporte na Galiza, pero si en alcanzar o nivel que leva xa unha década exhibindo. Vostede que, cónstame, mantén contacto coas xeracións máis novas, as que veñen detrás a tomar o relevo, pensa que están subindo o nivel ou aínda queda moito camiño por percorrer? Está mellorando. Eu, cando empecei, non tiña moita xente maior por diante na que poder fixarme, e agora os nenos e nenas si que teñen eses referentes que son tan necesarios, xa non só a nivel galego, senón en todo o Estado, no que a esgrima está medrando moito, sobre todo na miña arma, o florete, onde había un gran baleiro xeracional. Por exemplo, Carlos Llavador acaba de conseguir unha praza para os Xogos de Toquio, que é algo que facía tres ciclos olímpicos que España non lograba, e esa clase de cousas son as que, ao final, axudan os rapaces e rapazas a medrar e ser máis ambiciosas. —Desde fóra chama un tanto a atención o feito de que unha disciplina tan histórica como é a súa, que mesmo formou parte dos nove deportes que integraron o programa dos primeiros Xogos Olímpicos Modernos en 1896, estea vivindo unha irrupción desde practicamente cero. A que se debe esta atípica situación? Á falta de recursos. Este é un deporte minoritario que, lamentabelmente, non ten moitas achegas privadas, así que dependemos exclusivamente duns recursos públicos que cando hai escenarios de crise sempre se limitan aínda máis, o que dificulta que as deportistas poidan ser profesionais e dedicarse integramente á esgrima. Entón, sen eses recursos, é moi difícil xerar resultados a nivel internacional, porque logo por aí fóra hai que loitar contra xente que vive disto, que se dedica á esgrima todos os días, que é profesional... é unha mágoa, pero dependemos duns recursos económicos que durante moito tempo non tivemos. Máis ou menos é como ir á guerra cun tiracroios (ri). —Vostede adestra, desde o pasado ano 2019, con varios dos nomes máis potentes do mundo na Frascati Scherma, unha das asociacións de esgrima máis importantes, que está situada moi cerquiña de Roma, capital da primeira potencia esgrimística. Que a levou a tomar esa decisión? Como dis, Italia é unha gran potencia, probabelmente a mellor do mundo a nivel esgrimístico, e nesta escola teñen moi claras as bases a nivel técnico e táctico. Así que, por unha banda, estar alí sírveme para pulir ese tipo de detalles, que melloro grazas ás súas achegas, e por outra, tamén é importante resaltar que o noso é un deporte de contacto. Entón, para poder medrar necesitas estar rodeada de xente de nivel, e aquí no club teño a sorte de adestrar diariamente con campioas europeas e mundiais como Alice Volpi. —Nota na súa preparación o efecto dos meses nos que o confinamento estrito lle impediu adestrar con normalidade? Os máis de tres meses que estiven fechada na casa foron un período moi difícil, pero a partir de xuño de 2020 retomei os adestramentos en Madrid e en setembro de novo en Italia, polo que agardo que ese bo traballo diario desde entón acabe por reflectirse nos resultados."}
{"ID": "NOS_9842", "summary": "A Sección Sindical da CIG na planta que Ferroatlántica ten en Cee advirte de que \"se está poñendo en perigo a saúde dos traballadores e a viabilidade das fábricas\". Culpa a \"venda especulativa\" e lamenta a \"complicidade e a pasividade da Xunta\", malia ter, insiste, plenas competencias.", "text": "A fábrica que Ferroatlántica ten en Brens (Cee) está completamente cuberta polo fume nos últimos días. \"Padecemos as consecuencias negativas da operación de venda especulativa, utilizando materias primas para o funcionamento dos fornos de mala calidade, que non se queren noutros centros de traballo do Grupo de Ferroatlántica (FG) e, como se está a demostrar, poñen en perigo as instalacións e son altamente prexudiciais para a saúde dos traballadores e das traballadoras\". Advírteo a Sección Sindical da CIG, que responsabiliza da situación a \"venda especulativa\". A CIG sinala que en Cee traballan \"cos fornos rebaixados\", que a produción se atopa \"por debaixo de custos por estar a expensas dun único cliente\" e que se consomen \"materias primas de mala calidade\". Ademais de alertar a respecto da saúde dos traballadores, a CIG pon de manifesto que se pon en perigo \"a integridade das instalación e a viabilidade dos centros de traballo\". A venda especulativa, afirma a Sección Sindical, \"en vez de traer investimento, trae máis recortes e máis precariedade laboral\". Cifra en \"numerosas\" as incidencias producidas nos últimos días e denuncia que a Dirección do centro \"non está a tomar ningún tipo de medidas\". \"Levan meses sen convocar o comité de seguridade e saúde, incumprindo claramente a lexislación vixente\", informa o sindicato nunha nota de imprensa. Malia a gravidade da situación e das accións de Ferroatlántica, denuncia a CIG, \"o Goberno galego, que ten plenas competencias nesta materia, mantén un silencio e pasividade inauditos\". Non exixe o perceptivo plan de viabilidade, tal e como obrigan as cláusulas concesionais, nin se dirixe ao comité para trasladarlle a documentación presentada pola empresa, acrecenta o sindicato, que advirte de que a situación de incerteza será aínda maior a partir de xaneiro de 2020."}
{"ID": "NOS_48557", "summary": "Carrefour, distribuidora asinante do acordo promovido pola Xunta e o Ministerio español en decembro de 2012, agasalla a día de hoxe cartóns de leite pola compra de refrescos de cola. Pola súa banda, a industria Lactalis --a de maior volume de mercado no país-- vén de anunciar co envío dunha misiva @s produtor@s que diminuirá nun céntimo o prezo do litro de leite actualmente situado nos 0,31€.", "text": "Após cinco meses do anuncio por parte de Alberto Núñez Feijóo da sinatura dun acordo co sector lácteo encamiñado a rachar coa crise que padecen as explotacións gandeiras, os incumprimentos da Xunta de Galiza c@s produtor@s deixan o sector nunha situación límite. O BNG exixe a creación dun marco de relacións que empodere @s produtor@s e permita a Galiza liderar o sector lácteo a nivel estatal habida conta de que produce o 40% do leite de todo o estado Así o expuxo a deputada nacionalista, Tereixa Paz, na Comisión de Adricultura, Medio Rural e Montes celebrada esta cuarta feira no Pazo do Hórreo. Neste senso, a deputada do BNG denunciou que a \"Xunta de Feijóo non protexa aos produtores fronte á industria\" e se amose indolente entrementres \"os gandeiros están a vender o seu leite por debaixo dos custos de produción\". Neste senso, fican por terra as promesas electorais de Núñez Feijóo quen aseguraba que \"ía subir os prezos en xaneiro\". Porén o certo é que a realidade do sector leiteiro galego segue a día de hoxe a ser \"catastrófico\", aseverou a nacionalista perante o pagamento do leite moi por embaixo dos custos --como reflicte a advertencia feita pública por Lactalis. Unha realidade que se \"ve agravada pola falta de iniciativa do Goberno galego\" --asegurou Paz-- que non só \"non adoptou ningunha actuación para facer fronte a esta situación\" senón que \"mesmo adoptou decisións políticas que comprometeron gravemente a viabilidade e o futuro das explotacións\". O PP apela á \"globalización\" para asegurar que o marco galego de relacións no sector lácteo non é válido. Tereixa Paz responde \"teñen vostedes unha cara dura coma o cemento armado\" Neste senso @s nacionalistas exixiron --co apoio de PSdeG e AGE-- a moratoria na aplicación do Decreto promovido polo Ministerio español de agricultura (1363/2012, de 28 de setembro) ao entenderen que perpetúa a situación de dominación da industria fronte ás explotacións gandeiras. Segundo Tereixa Paz, a norma promovida pola administración española \"non estabelece sancións\" converténdose máis unha vez nunha \"declaración de intencións\". Así pois, a deputada do BNG denunciou que malia os acordos adoptados coa industria e as empresa distribuidoras \"Carrefour, asinante do acordo con Arias Cañete vende a 0,54 céntimos o litro de leite\" e agasalla cartóns deste produto coa compra de bebidas refrescantes de cola sen que as administracións galega nin española adoptasen medidas para frearen este tipo de actuacións comerciais."}
{"ID": "PRAZA_12248", "summary": "Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos", "text": "Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos. O último, a pasada fin de semana. Un total de 13 medallas en 16 categorías, tres delas de ouro, para unha federación que dirixe unha muller algo que, por desgraza, é tan extraordinario como a cantidade de títulos acumulados. Títulos que, recoñece, deberíanse celebrar máis. \"Temos que aprender a gozar máis do que estamos conseguindo; é lamentable\", asume. Afaise un a tantos éxitos? Hai moitos anos, un técnico da selección galega e compañeiro meu dicíame: \"Temos que gozar máis de cando gañamos, porque isto é cíclico e chegará un momento no que non gañemos\". Non estamos gozando o suficiente. Tomámolo case como unha obriga. A pasada fin de semana chegamos coas tres copas de campións e o primeiro que lles dixemos aos rapaces ao aterrar foi que a seguinte semana tiñan que adestrar porque había outros compromisos importantes. É un pouco lamentable. Temos que aprender a gozar máis porque para outros deportistas estes éxitos serían moi grandes. Non o sabemos gozar dabondo e aquí debemos facer autocrítica. É demasiada a esixencia? Pode ser. Galicia non baixa do podio dos campionatos de España desde hai anos e en ningunha categoría. Cando estás no segundo chanzo ou no terceiro pensas que algo fallou, mentres outras seleccións celebran ter acadado iso. Nós conseguimos cousas moi grandes, pero a esixencia lévanos a intentar conseguir máis. Xa estamos pensando en cantos deportistas podemos achegar aos campionatos de Europa e mundiais. Eche así. Prefiro ter unha selección galega na que teñamos 16 medallas de 13 pesos que unicamente catro ouros, porque significa que temos un nivel de formación alto Malia todo, Galicia non terá taekwondistas nos vindeiros Xogos Olímpicos... Para min é un fracaso, pero no deporte apréndese algo esencial na vida e é que hai factores que ti non controlas. Podes facer todo ben e que logo Estefanía Hernández (coruñesa e unha das mellores taekwondistas mundiais) rompa un nocello nun Mundial o mesmo ano dos Xogos, ou que este sexa o peor ano de Andrea Rica, que foi seis anos campioa de España. Son factores incontrolables. O importante é saber que estamos facendo as cousas ben, porque hai veces no deporte nas que facendo as cousas mal, tamén se conseguen bos resultados e son estes resultados os que xustifican traballos moi mal planificados. Nese caso, os resultados son 'a pesar de' e non 'grazas a'. Prefiro ter unha selección galega na que teñamos 16 medallas de 13 pesos que unicamente catro ouros, porque significa que temos un nivel de formación alto. Nos Xogos Olímpicos o taekwondo ten que reducir pesos e os países teñen un límite de seleccionables, non é un sistema moi inxusto? O sistema de clasificación olímpica en taekwondo é o máis duro de todos. En ningún outro deporte o hai. Nos últimos Xogos, foron 50 atletas españois e non houbo nin un que sacase medalla. Clasificarse para ir aos Xogos nalgún deporte é moi doado, pero non no noso. En taekwondo pasan cousas como que Belén Asensio, dúas veces campiona mundial e catro de Europa, nunca fose a uns Xogos. Estefanía Hernández e Andrea Rica acadaron medallas europeas e mundiais nos últimos cinco anos e tampouco estarán. É moi frustrante porque para calquera deportista é un soño acudir a uns Xogos. Os rapaces taekwondistas galegos son os deportistas novos que máis mundo viron en Galicia Cal é a clave para que Galicia domine así o taekwondo estatal? Hai moitas claves. A primeira, a excelente formación dos técnicos galegos. Hai seleccións nas que se teñen que formar os rapaces nas concentracións da selección e iso non ocorre aquí, porque os clubs xa fan moito traballo. Logo hai que darlles rodaxe e experiencia, pero estou seguro que os rapaces taekwondistas galegos son os deportistas novos que máis mundo viron en Galicia, porque van a Corea, México, Guatemala, Alemaña, Croacia... Nós temos que darlles esa formación adicional, pero ademais tamén nos preocupamos deles de forma integral. A que se refire? Para moitos adestradores o deportista ten o valor do resultado que consegue e iso non pode ser. Non é que por detrás dun deportista haxa unha persoa, senón ao revés. É unha persoa que fai deporte, e se ten medios e nivel, será de elite. Pero os rapaces teñen amigos, familia, problemas... Uns adestran para gañar e outros porque o precisan. A relación que temos con eles é fundamental e é moi achegada. Coñecémolos moi ben e iso é moi importante. Axudámolos en todo o que podemos. Afecta moito a crise á Federación de Taekwondo? E tanto que nos afecta. Levamos varios anos con recortes importantes. Recortes das administracións públicas, nos programas xerais, conxelación... En equipamentos xa non hai subvención, por exemplo. Ademais, ti antes podías ir a un concello ou deputación a proporlles un patrocinio dun campionato, pero agora é moi complicado. Suplimos todos os atrancos con imaxinación e nesta federación, se hai algo que se fai moi ben, é ser imaxinativos para sacar de onde non hai. Recortamos, por exemplo, da gala de taekwondo, que é prescindible. O que non é prescindible é que un equipo participe no campionato de España ou que os deportistas estean ben equipados. Onte mesmo, saquei 25 billetes de avión para o equipo sénior por 1.000 euros. Pero vostede fai iso tamén? A presidenta terá que facer o que teña que facer para que o seu equipo chegue ao campionato nas mellores condicións posibles. Digo eu. A detalles como este débese o premio á xestión deportiva que recibiu o ano pasado? Non sei moi ben o motivo do premio. Si que sei que nós, cos recursos que temos, facemos máis do que ninguén. Estamos afeitos ao principio do ben común. Desde o presidente ata o seleccionador aloxámonos en cuartos triplos e hoteis de peor calidade para poder levar a máis competidores aos torneos. Se isto llelo ensinamos aos rapaces, eles tamén o farán así no futuro. Teño visto deportistas doutros países con menos logros que son moito máis coñecidos. Hai que ter en conta que hai rapaces que senten este baleiro, e moito Reciben a atención que merecerían polos seus triunfos deportivos? Non se fai un seguimento dos grandes logros deportistas. Se Galicia fose un estado, se fósemos os Países Baixos ou Bélxica, os nosos taekwondistas serían grandes heroes locais e recoñecidos. E irían á televisión e todo. Teño visto deportistas doutros países con menos logros que son moito máis coñecidos. Hai que ter en conta que hai rapaces que senten este baleiro, e moito. Non ter tanta transcendencia para algúns é como unha xarra de auga fría. Non esquezamos que España é unha potencia mundial de taekwondo, así que quedar campión aquí é moi complicado. Pero hai outras federacións que tamén acadan moitos títulos, como a de tríatlon, e que tamén merecerían unha maior repercusión social. Teñen culpa os medios de comunicación? A resposta dos medios non é mala, sobre todo desde 2008, pero aos xornalistas pediríalles que exercesen máis a súa profesión, é dicir, que fagan chegar á sociedade os nosos deportes. Unha disciplina deportiva non se segue porque non se coñece. E refírome a contar en que consiste o deporte, cantas horas se dedican, cal é a súa técnica... A xente non se interesa polo fútbol porque sexa un deporte extraordinariamente complexo, senón porque se explica calquera detalle sobre el. Ese labor didáctico dos medios de comunicación élles esixible, especialmente aos medios públicos, que teñen un labor que facer. O que non se pode facer é falar de taekwondo unha vez ao ano. Hai que darlle apoio á xente que consegue cousas. Ademais, se non saímos en ningures, como imos conseguir patrocinadores?"}
{"ID": "NOS_29782", "summary": "252 pezas pasarán polas pantallas do mías popular dos festivais cinematográficos que se celebran en Galiza: o de Cans, na parroquia do mesmo nome do Concello do Porriño. Superan así as 235 da pasada edición e as 215 de 2016.", "text": "O certame, especializado en curtametraxes, recibiu obras de ficción -68-, de non ficción -43-, de animación -15- e mais 105 videoclips. \"Estes datos constatan que estamos nun prolífico momento da creación audiovisual galega\", sinalan desde a organización, \"e que edición tras edición, o festival dá pasos adiante\". Amais de moita produción galega, os traballos remitidos a Cans proceden do Estado español, Portugal, Inglaterra, Estados Unidos, Italia ou Hungría. O Festival de Cans atinxirá a súa décimo sexta edición. Será entre o 23 e o 26 de maio e estreará unha nova categoría competitiva, Furacáns, dedicada á non ficción. A maiores, consolidará o concurso de videoclips, \"a categoría que máis medrou respecto a 2017\". \"O festival traballa agora contrarreloxo tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o orzamento\", engaden desde a organización, que vén de poñer en marcha ao respecto a iniciativa Apadriña un jalpón -moitas das proxeccións son en galpóns repartidos pola aldea."}
{"ID": "NOS_39722", "summary": "O xulgado proclama o sobresemento e arquivo da causa contra o colectivo de activistas que ocuparon o conxunto histórico de forma simbólica. A resolución é provisional e pode ser recorrida polos Franco ante a Audiencia.", "text": "O Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos vén de sobreser de forma provisional a causa aberta contra os 19 de Meirás, o colectivo de activistas pola memoria histórica que ocuparon o pazo de maneira simbólica o 30 de agosto de 2017 para denunciar o \"espolio\" acometido polo franquismo e exixir a devolución de todo o patrimonio roubado ao pobo galego. Estamos enormemente orgullosas e orgullosos do que fixemos aquel agosto de 2017 para denunciar o espolio e reclamar a devolución de todo o roubado ao pobo galego A Xustiza paraliza así o procedemento aberto a raíz da denuncia presentada pola Fundación Francisco Franco e a familia do ditador. Con todo, precisa que o auto de sobresemento e o arquivo da causa non é firme, pois cabe recurso por parte dos herdeiros de Franco ante a Audiencia da Coruña. Orgullosos Para o colectivo de activistas, o sobresemento e arquivo da causa aberta contra el, o auto provisional do xulgado é \"vitoria\". As e os 19 de Meirás amósanse \"enormemente orgullosas e orgullosos do que fixemos aquel agosto de 2017 coa ocupación simbólica do Pazo de Meirás para denunciar o espolio perpetrado polo franquismo e reclamar a devolución de todo o roubado ao pobo galego\" explica Anxo Louzao, voceiro das e dos 19 de Meirás. O pazo debe ser transferido á Administración galega e honrar a memoria democrática do pobo galego \"Aquela mañá de agosto un grupo de galegas e galegos, nacionalistas e demócratas, realizamos esta acción porque entendíamos que as institucións públicas tiñan que actuar para pór fin a máis de 80 anos de ignominia\", sinalou Louzao. \"A día de hoxe fica absolutamente demostrado que o pazo foi roubado ao pobo galego e que é absolutamente vergoñento que os herdeiros da ditadura sigan a desfrutar dun patrimonio que foi espoliado co sangue de milleiros de galegas e galegos\", incidiu. Memoria democrática Neste sentido, desde o colectivo reivindican que, unha vez que conclúa o proceso xudicial, o pazo sexa transferido á Administración galega e \"que o destino que se lle dea sexa o de honrar a memoria democrática do pobo galego\". Con todo, os e as 19 de Meirás salientan que \"é innúmero o patrimonio que foi espoliado ao noso pobo por parte da ditadura franquista e que debe ser devolto\". Ao respecto, ademais de Meirás, Louzao apuntou a espoliación doutros bens como a Casa Cornide ou as esculturas do Pórtico da Gloria. A primeiros de decembro de 2020 o Pazo de Meirás pasou a mans públicas oficialmente, tras a execución da sentenza que determinou que a posesión do conxunto patrimonial pertence ao Estado e non aos Franco."}
{"ID": "NOS_42426", "summary": "CIG e CCOO convocan a I Marcha a Monte Pío (residencia oficial d@ president@ da Xunta), que terá lugar esta quinta feira para denunciar os recortes do PP n@s empregad@s públic@s e a mala xestión do goberno popular.", "text": "Os sindicatos CIG e CCOO, así como a Xunta de Persoal de Servizos Centrais e o seu comité de empresa, organizan esta quinta feira a I Marcha a Monte Pío, residencia oficial d@ president@ da Xunta, unha mobilización lúdico-reivindicativa con que pretenden denunciar e chamar a atención sobre as consecuencias para traballadoras e traballadores da administración e cidadanía destes tres anos e medio de goberno Feijóo. A marcha partirá ás catro e media da tarde de San Ceatano, edificio administrativo da Xunta en Compostela, e finalizará en Monte Pío, no barrio picheleiro de Casas Novas. As organizacións convocantes animan as persoas asistentes a levar pan \"porque os chourizos xa están aquí dentro\", en referencia á residencia presidencial. \"Feijóo quere que @s traballador@s públic@s teñan cero dereitos e a cidadanía, cero servizos\" Fernando García, da CIG, sinalou a residencia como \"símbolo do dispendio deste goberno, ao igual que a Cidade da Cultura\", e acusou o presidente Feijóo de \"procurar que as e @s traballador@s públic@s teñan cero dereitos e a cidadanía, cero servizos\". As medidas de recortes están a minguar a calidade dos servizos públicos, \"e semella que Feijóo quere máis que unha administración do século XXI unha do XIX\". Pola súa banda, Pedro Méndez, de CCOO, incidiu na \"falta de respecto\" do goberno popular de Núñez Feijóo ao se negar a negociar e dialogar c@s empregad@s e aplicar graves medidas de recortes."}
{"ID": "NOS_31376", "summary": "As deputadas nacionalistas presentaron no Congreso un feixe de emendas ás contas propostas polo PP procurando aumentar as partidas para eidos como o agro e a pesca, o sector naval, o ensino, o pequeno comercio ou a dependencia.", "text": "O BNG presentou nesta cuarta feira as emendas parciais aos Orzamentos Xerais do Estado 2016, procurando coas achegas, afirma, que se reduza \"o gasto en capítulos innecesarios e adicándoo a cuestións importantes para a xente\". Nesta liña, o Bloque propón emendas que abranguen desde o aumento de dotacións para sectores produtivos, seguridade ferroviaria até unha aposta decidida por revistar á alza as dotacións para servizos públicos ou pensións. Pola contra, o BNG pide recortes nos fondos para a Igrexa e a Casa Real española. Educación: 60 millóns para os Programas de Educación Infantil, 100 millóns para Bolsas, 50 millóns para axudas para libros de texto, 20 millóns para Bolsas para estudantes universitarios. No eido industrial: Plan de Modernización do sector naval dotado de 150 millóns e para fomento da industria auxiliar 30 millóns. 50 millóns para un Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico-Industrial para Galiza. Para a reactivación económica das comarcas mineiras do carbón de Galiza, o BNG plantexa 20 millóns de euros. E un Plan de I+D+I dotado de 450 millóns. Outra das propostas do BNG é un Plan de incentivos ás enerxía renovábeis dotado de 100 millóns. Ambiental: Plan para o Saneamento integral das Rías galegas dotado de 22 millóns. Tamén solicita 20 millóns para valorizar os bosques autóctonos de Galiza. 20 millóns para un Plan de Recuperación de zonas afectadas por incendios. Seguridade ferroviaria: \"Dado o dramático accidente acontecido en Angrois\", o BNG propón 40 millóns de euros a destinar a la seguridade ferroviaria. Para a Real Academia Galega o BNG plantexa un aumento de 727.000,-os orzamentos só contemplan unha dotación de 273.070. Agro: incentivos fiscais, un Plan de Fomento da agricultura ecolóxica con 10 millóns. E un Fondo Lácteo dotado de 50 millóns. Para facer fronte á grave crise do sector lácteo pola baixada dos prezos do leite, as deputadas nacionalistas piden medidas estraordinarias cunha partida de 50 millóns. Para un Programa de Desenvolvemento Rural na Galiza pídese 30 millóns. Pesca: solicita un Plan de Acicón para as comarcas dependentes da pesca por 10 millóns, compensacións a profesionais do sector pesqueiro por paros obrigatorios por 8 millóns. Recortes: Entre as emenadas nacionalistas aos OXE 2016 tamén se propón recurtar nun 40% a asignación tributaria á Igrexa Católica no IRPF, diminuir nun 30% a aportación á Casa Real así como o orzamento de Defensa. Emprego e financiamento muncipal, pensións: Fondo Especial de Financiamento a favor dos municipios de poboación de menos de 20.000 habitantes. Demanda o BNG unha subo do 3% dos salarios dos empregados públicos e que a taxa de reposición de emprego público sexa do 100%. Tamén pide un Plan de Emprego dotado de 120 millóns de euros, e partidas para a reinserción laboral e para parados de longa duración. En materia de pensións, pide que se actualicen dacordo á evolución do IPC posto que a previsión de incremento do 0,25% \"é na práctica unha conxelación salarial\". Servizos Sociais e dependencia: 40 millóns para un Plan Concertado coa Xunta para Programas Sociais. Para Programas de Asistencia Social para Mulleres vítimas de violencia de xénero, piden 6 millóns de euros. 150 millóns para Atención a Persoas en situación de Dependencia en coordinación coas CC.AA. En materia fiscal, o BNG presenta unha seria de emendas coa finalidade de acadar unha fiscalidade máis progresiva e xusta, gravando máis ás rendas de capital e aos que máis gañan. Piden cambios nas Leis Fiscais para arranxar o problema da fiscalidade das pensións percibidas do estranxeiro. Demandan a rebaixa do IVE en bens e servizos empregados na produción agrícola, gandeira e forestal dado o encarecemento dos custes de producción."}
{"ID": "NOS_48650", "summary": "Na Galiza hai máis de 2,2 millóns de persoas chamadas a acudir aos colexios electorais este domingo. Son 3.000 menos que en abril. As galegas e galegos escollen o 10-N un total de 23 representantes para o Congreso e 16 para o Senado.", "text": "Por terceira vez no ano acoden as galegas e galegos aos colexios electorais. Após votar en abril ao Congreso e o Senado e en maio aos concellos e ao Parlamento Europeo, o Estado viuse abocado a repetir as eleccións xerais. Un total de 2.237.423 galegas e galegos teñen dereito a voto, o que supón 3.193 menos que nas eleccións xerais do mes de abril. A este total de electoras e electores hai que sumar 461.225 (3.316 máis que en abril) do censo de residentes ausentes (CERA), que tamén foron chamados a votar. Delas, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, aceptouse o voto de menos de 28.000. 928.251 electoras e electores correspóndense coa circunscrición da Coruña, 772.766 coa de Pontevedra, 277.229 con Lugo, e 259.177 coa de Ourense. 11.371 persoas poderán votar por primeira vez na Galiza ao cumpriren 18 anos. Delas, 4.674 son da circunscrición da Coruña, 4.524 de Pontevedra, 1.114 de Lugo e 1.059 de Ourense. Máis de 59.000 electoras e electores residentes na Galiza solicitaron o voto por correo. Correos ratificou que a sexta 8 de novembro que xa custodiaba o voto de 44.301 galegas e galegos. A cidadanía galega poderá optar entre 46 candidaturas ao Congreso (fronte ás 49 de abril) e 44 ao Senado (nos últimos comicios xerais foron 47). A Galiza ten 7.908 urnas Nos colexios electorais da Galiza hai 26,2 millóns de papeletas (23,9 millóns para o Congreso e 2,27 para o Senado), 3,5 millóns menos que en abril. Haberá tamén 3.954 mesas electorais (dúas menos que en abril) dispostas en 2.416 locais (os mesmos que nos anteriores comicios) con 7.908 urnas (catro menos). Temos na nación 11.862 membros de mesa (seis menos). A Delegación do Goberno tamén destacou que sobresae o crecemento de solicitudes de kits para votantes con discapacidade visual, que ascende a 119. Esta cifra supón que case se multiplica por catro o número de solicitudes realizadas na última cita, que foi entón de 33."}
{"ID": "NOS_45266", "summary": "Os versos de Perozo xogan á sinxeleza e ao cotián, sempre ao redor da figura da avoa e, aínda que poden ser gozados por crianzas maiores de oito anos, tamén dá a sensación de que poderían ter un público excelente moito máis novo.", "text": "Xosé Antonio Perozo, orixinario de Extremadura, é unha das voces alófonas máis emblemáticas e lonxevas da literatura galega. Cunha traxectoria que ten tocado case todos os xéneros, é especialmente relevante a súa participación na emerxencia da literatura infanto-xuvenil do posfranquismo, con obras xa clásicas como O enigma de Embívicus. Trátase dun eido, o dos libros para a xente máis nova, no que o autor mantivo sempre unha presenza tan constante como diversa. O libro das avoas é un bo exemplo disto, ao abordar un subxénero tan complexo como é o da poesía infantil e xuvenil. O libro das avoas / Xosé A. Perozo (il. María Lires) / Galaxia / 2021 / 72 páxs. / 9,80 euros Se consideramos que escribir poesía para crianzas é algo difícil é principalmente pola dificultade de dar cun ton que non desmereza nin subestime a intelixencia do lectorado ao que vai dirixida. Un público ao que moitas veces se lle ensinan os ritmos máis básicos que dan os versos rimados, pero que tamén comeza a ser capaz de identificar as principais figuras literarias e os xogos aos que nos convidan os textos. Neste sentido, o primeiro que podemos apoñer a O libro das avoas é se o arco de idade suxerido por Galaxia (a partir dos oito anos) non será un pouco alto. Os versos de Perozo xogan á sinxeleza e ao cotián, sempre ao redor da figura da avoa e, aínda que poden ser gozados por crianzas maiores de oito anos, tamén dá a sensación de que poderían ter un público excelente moito máis novo. Empregando ritmos sinxelos e rimas principalmente consonantes, Perozo constrúe un catálogo de avoas apoiadas nos motivos típicos que as crianzas poden identificar inmediatamente: os agasallos de cartos, as merendas, as mascotas, o chocolate... Unha colección que tamén aposta por temas máis soñadores, como o da avoa que vende estrelas ou a que quere subir á lúa en bicicleta. Unha combinación entre o cotián e o fantástico que tamén introduce moitas destas mulleres como personaxes. Porén, un libro así non podería subtraerse ao momento social de empoderamento e posta en valor que as mulleres maiores tiveron nos nosos tempos. As avoas de Perozo recollen esa parte de elementos que os netos recoñecen facilmente, pero tamén son capaces de moitas máis cousas que transcenden o ámbito do familiar (hai avoas arquitectas / temos avoas doutoras / hai avoas xornalistas /hainas que son profesoras), construíndo unha imaxe que vai máis aló dos tópicos. Un libro curto que aposta por unha sinxeleza capaz de servir como introdución aos ritmos poéticos e á súa linguaxe."}
{"ID": "NOS_14760", "summary": "A docencia telemática á que alumnado e profesorado se viu forzado desde o pasado 16 de marzo como consecuencia da crise sanitaria pola propagación do coronavirus vese gravemente lastrada pola fenda dixital e social da Galiza. A conclusión tírase da enquisa que a CIG-Ensino realizou durante a semana pasada de forma telemática entre o profesorado galego.", "text": "Con máis de 6.300 respostas, o estudo sinala que a gran maioría do persoal docente ten problemas para interactuar co seu alumnado. Segundo o inquérito, apenas unha de cada cinco respostas sinala que pode facelo sen problema, mentres que a maioría do profesorado (61%) di que a súa comunicación ten \"limitacións\", orixinadas de forma moi maioritaria (81,7%) polas dificulades de conexión do alumnado, e, existe 18,2% que non tivo \"ningunha posibilidade de se conectar co seu alumnado\", cunha incidencia maior nesa falta de comunicación no ámbito rural. Segundo o estudo, nunha cuarta parte das aulas do profesorado que contestou á enquisa a participación está a ser inferior a 30% do estudantado e unicamente nunha de cada dez aulas a asistencia telemática alcanza 90% da clase. \"O profesorado dinos que en máis da metade das súas aulas participa menos da metade do alumnado\", conclúe o informe, que reflicte unha diferenciación segundo o nivel educativo, de maneira que en primaria unha ampla maioría do profesorado (71%) cifra o seguimento do alumnado en menos da metade da aula, mentres que na ESO, Bacharelato e FP é o 68% e nas EOI e ensinanzas de réxime especial é o 70%. Resulta relevante tamén o dato sobre a experiencia previa en traballo con recursos ou ferramentas en liña por parte do alumnado, segundo as respostas desta enquisa: 53% nos centros de FP, mais unicamente 18% no caso de infantil e primaria. No que respecta ao profesorado, 70,4% do colectivo docente de educación infantil manifestou non ter experiencia en teledocencia, mentres que en secundaria esa porcentaxe baixa a 45,5%. \"A desconexión, segundo revela o inquérito, é moito máis avultada e de carácter xeneralizado do que se podería esperar\", sinala o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, quen subliña o diferente impacto desa desconexión dixital, nas distintas etapas educativas. O estudo, realizado na súa maior parte antes de que se fixeran públicas as instrucións desde o Ministerio de Educación e da Xunta, amosa unha ampla porcentaxe do profesorado, 79%, que considera que o mellor criterio para ese curso é unha promoción xeneralizada, na que as excepcións teña que fixalas o equipo docente, tal e como se estipulou. Máis alá do curto prazo, o responsábel sindical expresa a preocupación ante as consecuencias desta desconexión nos cursos vindeiros, polas \"eivas\" que pode levar consigo, unha vez se retome o ensino presencial, a promoción xeneralizada, se non vai acompañada de medidas de reforzo, como desdobre de aulas. Neste sentido, Bermello salienta ademais a resposta practicamente unánime (95%) na crítica á falta de iniciativa da Consellaría de Educación nesta crise. \"A enquisa corrobora a denuncia que vimos facendo a unha Consellaría que está a ser parte do problema e non da solución; non está actuando, non tomou a iniciativa e, por riba de todo, non procurou nas organización sociais e nos axentes sociais nin consenso nin contraste nas decisións a adoptar\", censura. Dereitos, non parches pescuda a atención ao alumnado con NEAE Tamén a plataforma de familias Dereitos, non parches ten aberto un cuestionario en liña, difundido a través das súas redes sociais, para recoller información sobre a atención educativa que está a recibir no confinamento o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) escolarizado en centros ordinarios da Galiza. O colectivo, que traballa a prol \"dunha educación verdadeiramente inclusiva\", recolle opinións sobre os materiais, a orientación e a comunicación dos equipos docentes e as familias para adaptar a aprendizaxe á distancia. O informe da CIG xa anticipa que o alumnado con NEAE está a sufrir unha \"dupla desconexión\": máis de dous terzos das respostas apuntan a unha menor participación e insuficientes recursos. Ademais, 85% do profesorado participante di que non recibiu ningunha indicación específica para traballar con este alumnado empregando a formación a distancia."}
{"ID": "NOS_1804", "summary": "O novo caderno monográfico da colección \"De Nós\", editada por Sermos Galiza, S.A., con imaxes do fotógrafo compostelán Santos, xa está dispoñíbel nas librarías do país.", "text": "Chegou aos andeis das librarías o monográfico sobre os entroidos rurais galegos editado por Sermos Galiza S.A. dentro da colección \"De Nós\". A publicación recolle máis de medio cento de entroidos, boa parte deles sen apenas difusión, e reproducen as imaxes do fotógrafo compostelán e xubilado de TVE Alfonso García Santos. Prologado polo arqueólogo e museólogo Felipe-Senén, o monográfico, o primeiro destas características na Galiza, permite coñecer nun día, e sen saír da casa a Marela de Maceda; a Morena de Matamá; a Pita das Eiroás; a Queima do Meco; a Solta da Marela de Maceda; as figuras de animais no entroido; as Bonitas de Sande; Baixada da Morena de Laza; Boteiros de Trives; Boteiros de Viana do Bolo; Boteiros de Vilariño de Conso; Charrelos de Baños; Chocalleiro de Vilardevós; Cigarróns de Verín; Entroido Ribeirao; Fareleiros; Felo de Garabás; Felos de Boborás; Felos de Esgos; Felos de Maceda; Gárgolas de Celanova; Galos da Mezquita; Labardeiros de Mugares; Máscaras de Buxán; Madamas e Galáns de Cobres; Madamitas de Entrimo; Maragatos de Laza; Mázcaras da Xironda; Mázcaras de Manzaneda; Meco das Teixugueiras; o Boi da Veiga; o Cabreiro de Muíños; o Cigarrón de Verín; o Exército dos panos; o Fedelloso de Meira; O Folión; o Irrio de Lumeares; o Meco da Xironda; o Meco das Teixugueiras; o Oso de Salcedo; o Rei de Covelo; o Xigante e o Touro de Celavente; o Vellarrón de Riós; o Vello dos Cornos de Vila de Cruces; o Zarramanculleiro de Cualedro; os Chambergos de Santeles; Pantallas de Xinzo; Peliqueiros de Campobecerros; Peliqueiros de Laza; Troteiros de Bande; Vergalleiras das Teixugueiras; Vergalleiros de Sarreaus; Vixigueiros de Samede e os Xenerais da Ulla. Baixo o título Antroidos e máscaras na Galiza rural, o monográfico, de máis de cen páxinas, dá a coñecer as variedades tradicionais, aquelas que distan das fórmulas importadas e uniformadas e das carautas de plástico á venda nos bazares. As subscritoras e subscritores do semanario Sermos Galiza recibiron nos seus enderezos postais un exemplar da publicación como agasallo. Alén da venda en librarías, a publicación está dispoñíbel a un prezo de 19,90 euros na loxa."}
{"ID": "NOS_32588", "summary": "O crime aconteceu en Moraña. A Garda Civil mantén aberta a investigación.", "text": "Esta sexta feira (31 de agosto) un home, D.O., asasinou as súas dúas fillas --de 9 e 10 anos-- en Moraña. Segundo recolle o xornalista da Voz de Galicia, López Penide que cita fontes veciñais, o crime tería sido cometido como vinganza cara á súa compañeira da que estaba divorciado. Porén, as pesquisas da Garda Civil continúan abertas baixo instrución xudicial. As nenas estaban a pasar as ferias de verán co seu pai e debían ser devoltas á nai mañá mesmo. Até o momento, a Subdelegación do Goberno español só confirmou oficialmente o asasinato e o intento de suicidio posterior por parte de D.O., que foi trasladado ao hospital. Aliás, unha muller, de 33 anos, foi asasinada pola violencia machista en Palma e un outro a súa nai en Madrid."}
{"ID": "PRAZA_4584", "summary": "A UE teima nun deseño que vincula o reparto de fondos á superficie e non exixe que sexan as explotacións agrogandeiras as principais beneficiarias dunhas axudas que seguen a subvencionar grandes terratenentes e que marxinan a Galicia por ter unha base territorial menor.", "text": "A reforma da Política Agraria Común (PAC) volve ter pendente a Galicia. Labregos e gandeiros agardan a unha nova estratexia comunitaria para o campo que, no seu deseño inicial, volve discriminar o país, tal e como denuncian os sindicatos e tal e como llo manifestaron ao ministro Arias Cañete a pasada semana. Porque á espera de futuras modificacións, a UE pretende vincular o reparto de fondos á superficie das explotacións, o que prexudica con claridade un territorio como o galego, cunha base territorial moito menor. A UE pretende vincular o reparto de fondos á superficie das explotacións, o que marxinaría a Galicia, cunha base territorial moito menor Tanto o Sindicato Labrego Galego (SLG) como Unións Agrarias (UUAA) coinciden en alertar deste criterio de reparto das axudas baseado no número de hectáreas de cada explotación. O orzamento fixado pola UE ata 2020 sitúase en preto dos 50.000 millóns de euros que terán que ser repartidos polo Goberno central tras o acordo coas comunidades. A Conferencia de Agricultura e Desenvolvemento Rural, que se celebra entre este luns e martes en Madrid, será fundamental para que autonomías e Estado cheguen a un pacto, pero hai moito por resolver. De seguirse o criterio aprobado en Europa -e co que o Executivo de Rajoy pretende seguir adiante-, Galicia seguiría tendo a contía en axudas por activo máis pequena de todo o Estado, sendo o sector lácteo un dos grandes prexudicados. Así, os sindicatos reclaman xa que se inclúan medidas correctoras para que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes. De non facerse así, Galicia sería duramente marxinada, xa que ten unha media de 15 hectáreas por explotación, fronte ás 30 do conxunto do Estado. E é aquí onde xorde o outro gran problema. Mentres o ministro de Agricultura, Arias Cañete, teima en continuar coa situación actual, o 20% dos preceptores das axudas da PAC levan a maioría dos fondos comunitarios, tal e como denuncia o SLG, que xunto a UUAA solicita que se controle que estes fondos europeos cheguen a aqueles profesionais \"que realmente viven da agricultura e da gandería\" para que se deixe á marxe os propietarios de grandes extensións que non teñen como actividade efectiva o sector primario. A duquesa de Alba, a familia Domeq ou Mario Conde son dos maiores beneficiarios de axudas comunitarias no Estado E por que pode suceder isto? Porque no actual deseño da PAC estipúlase que para ser perceptor de axudas só é preciso que o 10% dos ingresos proveñan da agricultura, así como ter o 15% de UGM (Unidades de Gando Maior) por hectárea. Terreos inmensos que non se dedican a actividade agrogandeira ningunha, agás unha mínima que lles permita recibir subvencións que acaban cobrando grandes propietarios. \"Un xeito inmoral de recibir axudas\", como aclaran os sindicatos agrarios. Ata o momento, os máximos perceptores de axuda en Europa son grandes terratenentes e empresas, tales como o príncipe Carlos de Inglaterra, Heineken, a tabacaleira Philip Morris, Basf, Nestlé ou Credit Agricole Bank. En España, a duquesa de Alba, a familia Domeq ou Mario Conde están tamén estre os maiores beneficiarios. No Estado, hai 910.000 perceptores de axudas da PAC, mentres os que cotizan á Seguridade Social Agraria son uns 350.000. En España hai máis de 900.000 perceptores de axudas da PAC pero só 350.000 cotizantes á Seguridade Social Agraria Ademais, a UE segue situando o tope nos 300.000 euros por axuda, ademais de deixar sen definir con claridade que é un agricultor activo. Os sindicatos agrarios vían nun límite máis pequeno -entre os 100.000 e os 60.000 euros- unha solución para limitar así o cobro destes fondos a labregos con medianas e pequenas explotacións que realmente teñan unha actividade profesional agraria, xeren postos de traballo e manteñan vivo o medio rural. Pero non parece que vaia cambiar, nin tan sequera na ida da progresividade das axudas que tamén propoñen as centrais labregas pero que non son escoitadas. A fin das cotas lácteas Outro dos maiores impactos que sufrirá o campo galego será tamén a fin do sistema de cotas lácteas a partir de 2015 e que suporá a desregularización do mercado do leite en Europa. Desde o SLG reclaman que se artellen outras medidas reguladores do mercado alternativas para que se garantan uns prezos dignos e lembra que máis do 80% dos ingresos das explotacións depende do prezo ao que cotiza o leite. UUAA lémbralle tamén ao Goberno central que o feito de que os gandeiros galegos teñan que comprar desde hai anos cota para poder producir debe ter unha compensación económica agora que terán que afrotnar un novo escenario que, se non hai cambios, volveraos deixar como os máis prexudicados. Centos de gandeiros que investiron en comprar cota terán agora que competir endebedados contra explotacións que tiñan cota gratis Durante moitos anos, centos de gandeiros de Galicia investiron moitos cartos en comprar cota e adquirir uns dereitos de produción que agora quedan en nada. Moitos destes traballadores soportan débedas que terán que seguir afrontando nun mercado liberalizado e no que competirán con explotacións que, como as francesas, tiñan cota gratis do Estado. Desde os sindicatos agrarios tamén se alerta do sector hortícola, con cada vez máis importancia no país, sobre todo entre a xente moza que se incorpora á actividade agraria. Detacan que, malia a súa importancia, non recibe ningún tipo de apoio na nova PAC, ao igual que no sector do viño, onde as limitacións impostas provocarían que ningún viñedo galego cobrae céntimo ningún."}
{"ID": "NOS_46720", "summary": "O concello adoptou a decisión en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, cualificou de \"erro moi grave\" a decisión do Concello de Cedeira de retirar o nome dunha rúa a Manuel Fraga para dar así \"cumprimento coa Lei de Memoria Histórica e de respecto ás vítimas do Franquismo\". Nun pleno extraordinario do goberno local, o concello aprobou tomar esta decisión argumentando o cumprimento coa lei, polo que retirou o nome 'Fraga Iribarne' a unha rúa e substituíuno por 'A Fraternidade'. Este domingo, o titular do Goberno galego pronunciouse sobre o asunto ao ser preguntado polos medios de comunicación. Criticou a decisión e considera que esta fai quedar mal \"a quen retira a rúa máis que ao resto de cidadáns\", xa que para el \"a política require un pouquiño máis de altura\". Ademais, Feiixx apuntou que \"nun momento de pandemia onde todos estamos chamados á unidade, con independencia das discrepancias\", o feito de que un Concello faga iso \"acredita que hai políticos determinados que non están á altura da situación política e sanitaria do momento\". Por outra banda, o presidente galego destacou que o nome da rúa estaba dedicado a un \"presidente democrático en Galicia durante 16 anos continuados\" que foi \"un dos pais da Constitución Española, que ten rúas en cidades que goberna o Partido Socialista e a ningún alcalde do PSOE se lle ocorre\" tomar unha decisión como esa. Con todo, no seu día, o goberno local de Cedeira xustificou esta decisión argumentando que a rúa recibira este nome \"na época na que\" Fraga \"desempeñaba un cargo no Franquismo\". Neste sentido, o alcalde socialista da vila mariñeira insistiu na decisión e na importancia de cumprir coa Lei de Memoria Histórica, por respecto ás vítimas do Franquismo. \"Recibimos tres avisos desde o Senado de que tiñamos que cambiar o nome da rúa\", reiterou."}
{"ID": "NOS_4864", "summary": "A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou mobilizacións en diversas localidades en apoio ao protesto convocado por Erguer. Estudantes de Galiza.", "text": "\"Continuaremos mobilizándonos mentres non se derroguen definitivamente aLOMCE e as reválidas\". Afirmouno Anxo Louzao, portavoz da Plataforma Galega en defensa do ensino público (PGDEP), esta segunda feira ao anunciar o apoio á greve estudantil convocada para o 16 de febreiro por Erguer. A Plataforma valorou positivamente as mobilizacións e accións que se desenvolveron neste trimestre, como a entrega de máis de 13.000 sinaturas contra a Lomce e as reválidas. O \"recuamento\" do Ministerio de Educación, que aprazou a aplicación das reválidas de 6º de Primaria, 4º da ESO e 2º de Bacharelato, tamén foi destacdo por Louzao, se ben matizou que \"a supresión das reválidas non é definitiva, está condicionada ao futuro Pacto de Educación, e a Lomce aínda non foi derrogada\". Ora ben, aclarou, o Pacto para a Educación \"nace trucado\" na medida en que \"non se contempla unha concepción plurinacional do Estado español, nin se teñen en conta as demandas e consideracións das organizacións sociais, nin as educativas; só atinxe ás organizacións políticas\". Anxo Louzao tamén volveu denunciar a \"discriminación\" que sofre o galego como consecuencia da implantación da Lomce, que vén se sumar á \"escasa presenza\" que xa tiña na ESO. \"Esta situación constata que o Decreto de plurilingüismo naceu para expulsar o galego como lingua vehicular no ensino\"."}
{"ID": "NOS_43151", "summary": "Cambiou de nome pero nunca puido deixar de ser un príncipe. Hoxe morreu, en circunstancias aínda descoñecidas, no seu estudo de Minneapolis. Ofreceu un único concerto memorable na Coruña en 1990 mentres en Vigo facía o propio Madonna. Era o tempo das vacas gordas.", "text": "Aínda que bastante desaparecido da esfera pública nos últimos, foi un dos cantores da música popular máis influintes da década dos 80 e unha icona pop para varias xeracións de xente nova. Cantor, autor, multiinstrumentista e performer, deixou varios temas para a historia, como Kiss, Little Red Corvette, Purple Rain ou When Doves Cry. Prince Rogers Nelson, que así se chamaba, morreu en circunstancias que aínda se descoñecen, pero cancelara a comezos deste mes algúns concertos. A semana pasada tamén estivo hospitalizado algúns días. Nado en Minneapolis en 1958, comezou no mundo da música a finais dos 70 pero non triunfa até os 80 cunha das cancións máis coñecidas da historia, 'Purple rain', que editou en 1984 e que o levou tamén ao cinema, acadando un Oscar á mellor banda sonora orixinal ao ano seguinte. Editou 39 álbums ao longo da súa vida, dous deles en 2015 (HITNRUN Phase One e Two). Acadou sete Grammys. En 1990 na Coruña Só estivo en Galiza nunha ocasión (poden ver un anaco do concerto no arquivo web da TVG). Foi o 29 de xullo de 1990 nun auditorio do máis sorprendente: o campo de fútbol do colexio Santa María del Mar dos xesuítas da Coruña, por mor das malas relacións entre o Concello e o Deportivo. Aquel día, Galiza dividiuse en dous: os que ían (ou quererían) ver a Prince, e os que foron ver a Madonna, que estaba exactamente a mesma noite en Vigo, con camisola do Celta e bandeira local incluída."}
{"ID": "PRAZA_10696", "summary": "Tres ferramentas que axudan a que a nos, mulleres, e a os nosos fillos nos sigan matando", "text": "Cada vez me custa mais escribir.Cada vez me resulta mais difícil expresar, sexa do xeito que sexa, o que sintoÉ como se as verbas se me quedasen retidas dentro, porque a dor, a carraxe, a impotencia, non as deixan sair.Os asasinatos machistas están a ser case diarios, e non soamente somos as mulleres as que caemos vítimas da sinrazón dunhos malnacidos que nos consideran obxectos da súa propiedade, se non tamén os nosos fillos, porque, non o esquezamos, o fin primordial dun maltratador, do que sexa, é facernos dano, canto mais mellor, e, non hai nada que nos destroce mais, que nos rompa por dentro do xeito mais atroz as nais, que o dano que se lles causa aos nosos fillos, nin xeito mais cruel de matarnos, de que fiquemos mortas en vida que arrebatárllela a eles, o que mais queremos.Cristian, o neno de Beniel, foi unha das vítimas desa sinrazón, un instrumento nas mans dun animal que tan só buscaba vengarse, danar a quen decidiu non seguir presa con él nunha prisión de medo e humillacións. Pero no asasinato de Cristian existiron cómplices. Seu pai foi o autor material do crime, certo, pero non actuou en solitario. De feito, se lle brindaron os medios para que ese crime se consumara.Non había nin un mes que o asasino fora condeado non en unha, se non en dúas ocasións, por coaccións a primeira e por quebrantar a orde de afastamento a segunda, pero deu o mesmo, ninguén impediu que Cristian, por mais que súa nai avisou do perigo que o neno corría, se achegara a seu pai, e todo porque, unha vez mais, ese test case máxico, elaborado, seica, por unhas mentes privilexiadas (outra cousa é que teñan nin a mais remota idea do que é realmente a violencia de xénero), e que no eido policial defenden con uñas e dentes, algo que cada vez teño mais claro que, polo menos en moitos casos, é porque resulta infinitamente mais cómodo para eles e os libera de moitísimo traballo, decidiu, dándolle a tecla oportuna, rebaixar o nivel de risco de medio a baixo, e, xa se sabe, cando o VioGén fala....todos calan e, principalmente, todas.Non lles queda outra, porque canto digan, será predicar no deserto, malia que a vida lles vaia nisto.O mesmo da que unha vítima de violencia de xénero, ante os resultados arroxados polo VioGén, advirta que o risco que corre, e mesmo tal vez os seus fillos, é maior que o que valora a maldita computadora. É inútil que suplique protección, porque ninguén coma ela coñece a agresividade, a maldade do seu maltratador. Ninguén coma ela é quen de interpretar o significado desas miradas que lle conxelan o sangue, de ler entre liñas o significado desas mensaxes malditas que lle envía, pero de nada serve que o repita unha e outra vez.Os resultados do test, dese VioGén que todo o sabe, dí que non corre perigo, e, porén, ninguén a protexerá, polo que, desde que sae desa comisaría a que acudiu facendo un esforzo sobrehumano que moi poucos, por moita formación que teñan, son quen de entender, a súa vida vai ser unha ruleta rusa, na que a bala mortal dun maltratador ainda mais agresivo do que xa era unha vez que se sabe denunciado, e circula libre pola rúa, a pode alcanzar en calquera momento, e con toda probabilidade rematará por facelo. Hai xa case tres anos que, desde Si, hai saída advertimos por primeira vez da mais que dubidosa fiabilidade do VioGén.A violencia de xénero non é unha ciencia exacta, hai moitos matices e moitas circunstancias diferentes en cada caso, casos, non esquezamos, protagonizados por seres humanos, con sentementos, con reacción diferentes.Tentar medir na súa xusta medida a agresividade dun maltratador e, porén, o perigo real que corre a vítima, valéndose dun programa informático, é, como mínimo, temerario.Que un home que agrede a unha muller non consuma certas sustancias, ou non teña armas na súa casa, por citar algunhas das cuestións xenéricas que o devandito test plantexa, non significa que non sexa quen de agredila de novo ou mesmo de matala. A realidade non é así.Non sempre se da esa \"escalada de agresividade\" que dín valora o VioGén por mor desas preguntas tipo.Sempre hai unha primeira vez, e que un maltratador non traiga as súas costas un longo historial de agresións, que o seu delito sexa, a simple vista, un feito puntual e non teña o perfil, según o VioGén, dun \"candidato\" a exercer esa escalada de violencia na que se basea para a súa valoranción, non implica que non sexa quen de facelo de novo e mesmo de matar, ainda que non consuma ningún tipo de sustancia que altere o seu ánimo, nin teña a escopeta cargada ao carón da súa cama. A maldade non entende de lóxica, nin moito menos de baremos.Obviamente, o resultado dese test, avalado polas conclusións que a policía lle traslada ao xuiz, van xogar un papel decisivo para a posible adopción, por parte deste, dunhas medidas de protección, ou para que as desestime, dando por sentado que non son precisas.Moito choveu desde esa primeira vez que alertamos disto, e moi numerosas foron as ocasións nas que, posteriormente, de novo, expresamos a nosa alarma. Os resultados do VioGén non eran reais na maioría dos casos, e, o peor de todo, cando nos mesmas acompañábamos a unha vítima a denunciar e se daba esta circunstancia, era, e segue sendo, inútil que advertíramos que a muller corría mais perigo do que valoraba o test. Lonxe de sair desa comisaría cunha muller desfeita, vulnerable, si, pero protexida dabondo para continuar o seu camiño, o dos seus fillos, hacía a liberdade dunha vida sen medo, o facíamos con unha espada de Damocles enriba da súa cabeza.A crónica negra da violencia machista deixa cumplida testemuña de que estas situacións non son, nin de lonxe, infrecuentes, e Cristian, con tan só 11 anos, e a tráxica evidencia, a, polo momento, derradeira vítima dunha ferramenta que se supón concebida para protexer, pero que, lonxe deso, remata en demasiadas ocasións por ser unha condea, cando non unha sentencia de morte.O verdadeiramente demencial é que ninguén con potestade semelle ter nin a mais mínima intención de facer nada ao respecto.Estamos fartas, moi fartas, de escoitar eso de \"algo está fallando\", obvio!, sen que se faga nada por remedialo.Estamos fartas de que a nosa costa, das nosas vidas, das dos nosos fillos, políticos, colectivos de dubidosa traxectoria, se suban ao carro da dor para medrar, para alimentar os seus egos, sen amosar un ápice de empatía, de sensibilidade. A súa implicación dura o que duran esos hipócritas e a todas luces inútiles minutos de silencio.Acaso pretenden facernos crer que están convencidos de que a unha alimaña que é quen de matar a sangue fría a súa parella, aos seus fillos a van disuadir as concentracións, os minutos de silencio, as repulsas políticamente correctas?.Se realmente queren tomar medidas, que comecen a facelo depurando responsabilidades e actuando con toda a contundencia non soamente co asasino material, se non con quen, tendo a obriga de velar pola seguridade, pola vida da vítima, fai caso omiso das chamadas de socorro e se ampara nun programa informático que case sempre, como xa dixen, os libera dunha gran parte do traballo, xa que o contrario, escoitar esas chamadas, implica un seguimento, un acompañamento, que non están dispostos a levar a cabo.A ver cando comezamos a chamarlles as cousas polo seu nome, e asumimos que, se a violencia de xénero medra de día en día e porque non se está a facer nada por impedilo, porque moitos dos que poderían tomar medidas reais e efectivas están mais preocupados por acadar o mellor sitio para a foto cando ainda o cadaver da vítima está quente, que de traballar para que non volva a suceder.E non esquezamos tampouco algunhas desas \"gafas violetas\", que semella que non deixan ver a cor real da dantesca situación que estamos a vivir.As consignas, as arengas, por moi violetas que sexan, non salvan vidas.Ese feminismo, esa sororidade da que tanto falan, de nada servirá se non se traduce en traballo real, en loitar de verdade para rematar con este feminicidio, e eso non se consigue saindo a rúa dúas datas do ano, nin concentrándose cando unha de nos, ou un dos nosos fillos é asasinado.É vistoso, certo, e moi rendible para algunhas, que, malia dicir ser antisistemas, non teñen ningún problema en facer todo o posible para tentar vivir del, pero efectivo, a vista está, en absoluto.Moito se fala da loita contra a violencia machista, pero, polo momento, e mentras non se demostre o contrario, mais alá dos minutos de silencio, cando o irreparable xa sucedeu, pouco mais se está a facer, e, por se isto non abondara, tamén nos temos que protexer dunha ferramenta, do VioGén, que, mais que axudarnos, nos condea.E, xa para rematar, un recordatorio, que tal vez semelle obvio, pero que, curiosamente, semella ser esquecido con demasiada frecuencia: A violencia de xénero non pecha por vacacións."}
{"ID": "PRAZA_10817", "summary": "Logo da \"vergonza\" daquel naufraxio, a UE comprometeuse a buscar solucións, pero seis anos despois hai menos medios para rescatar no Mediterráneo e non hai misión alternativa á operación Mare Nostrum, o que empurrou as ONG a fretar barcos que sofren restricións e bloqueos", "text": "Ía ser \"o punto de inflexión\". O naufraxio de Lampedusa e os preto de 300 féretros que en outubro de 2013 conmocionaron a opinión pública provocaron que os líderes europeos se comprometesen a buscar solucións á \"vergoña\". Seis anos despois, cada vez son menos as mans que salvan vidas no Mediterráneo central: a UE cede a coordinación dos rescates a Libia, baixan os barcos oficiais e a ONG que cobren o baleiro deixado polos Estados enfróntanse a obstáculos ao seu labor.A última, Open Arms, que tivo que agardar 19 días para poder desembarcar 83 migrantes naquela mesma illa que viu chegar centos de corpos sen vida en 2013. Desde aquel ano, polo menos 11.692 persoas faleceron no seu intento de chegar ás costas italianas, segundo datos da OIM. Aínda que Lampedusa ía traducirse nunha \"solución europea\" ás mortes, o Mediterráneo acabou converténdose en escenario dunha tira e afrouxa constante cada vez que unha nave europea -sexa militar for humanitaria ou comercial- rescata persoas en perigo.Seis anos despois da traxedia de Lampedusa, menos as mans salvan vidas no Mediterráneo: a UE cede a coordinación dos rescates a Libia, baixan os barcos oficiais e a ONG sofren obstáculos\"Os gobernos europeos acovardáronse ante a aparición de discursos europeos populistas. Pasamos dunha misión de salvamento [da Garda Costeira italiana] a unha de securitización. De rescatar xente no mar, a apostar claramente por deixar que os libios se encarguen. Non se garantiu o dereito á vida. Habemos ir a peor en recursos de rescate e nos discursos públicos\", reflexiona David Noguera, presidente de Médicos Sen Fronteiras (MSF) España.Así que se reduce a capacidade de rescate no mar, os dirixentes europeos non se pon de acordo para deseñar un sistema de desembarco predicible que permita acabar coas imaxes de buques estancados en alta mar durante días con rescatados a bordo. Os buques mercantes que se topan con náufragos atópanse todo tipo de dificultades e a ONG tratan de continuar coas súas misións no mar entre bloqueos, investigacións e acusacións de favorecer, coa súa presenza, a saída de botes febles desde as costas libias. Elas repíteno sen descanso: \"Se estamos aquí, é por unhas mortes ás que a UE non dá respostas\".O baleiro tras o cesamento da operación Mare NostrumEn outubro de 2013, o naufraxio dun bote con medio milleiro de migrantes eritreos e somalíes fronte ás costas da illa de Lampedusa deixou en evidencia a política migratoria europea e precipitou as conversacións no seo da UE para atopar unha \"solución europea\".Aos 15 días, Italia lanzou de forma independente un operativo con medios navais e aéreos, Mare Nostrum, cun obxectivo explícito: garantir \"a protección da vida\" no mar. En 2014, autoridades italianas rescataron a 156.362 persoas.Durante preto dun ano, o Goberno italiano solicitou á UE fondos ou medios suficientes para manter este labor de salvamento. O seu custo andaba sobre os 114 millóns de euros. Nunca os chegou a recibir, o que empurrou a Italia a suspendelo ante a falta de fondos. A decisión disparou as alarmas. \"Indubidablemente, isto aumentará o risco para aqueles que tentan atopar seguridade en Europa, e podería provocar a morte de máis refuxiados e migrantes no mar\", alertou Acnur.Logo da cancelación da misión italiana, os países da UE apoiaron a creación de Tritón -agora Themis-, unha nova operación coordinada pola axencia europea de fronteiras (Frontex) para substituíla. Varios Estados participaron. \"É a maior operación marítima que coordinou Frontex, axudará a salvar vidas no mar e contribuirá aos esforzos humanitarios de Italia\", dixo a comisaria de Interior, Cecilia Malmström.Con todo, a diferenza de Mare Nostrum, Tritón centrábase no control fronteirizo e non contaba cun mandato específico de procura e salvamento. A zona na que interviña tamén era moito menor: mentres o dispositivo impulsado polo Goberno italiano tiña un radio de actuación que alcanzaba a fronteira das augas internacionais, Tritón operaba dentro dun radio de 30 millas desde a costa italiana.\"Era xa evidente que o resto de Estados europeos estaba pouco disposto a compartir con Italia a responsabilidade de limitar a perda de vidas no Mediterráneo central\", sostiña Marco Bertotto, responsable de Incidencia Política de Médicos Sen Fronteiras en Italia. \"Italia fixo un esforzo enorme que non foi correspondido por outros países, o que reflicte a fraxilidade da UE como institución\", apunta Noguera.Os detractores de Mare Nostrum acusaran a Italia, como actualmente ocorre coa ONG, de provocar un \"efecto chamada\" co operativo. A estas críticas sumouse Frontex. Unha vez finalizada, o seu director adxunto descartou que fose un factor de atracción: \"A xente segue vindo aínda que a operación xa non estea alí\".Os detractores de Mare Nostrum acusaran a Italia, como agora as ONG, de provocar un \"efecto chamada\", pero o seu director foi claro: \"A xente segue vindo aínda que a operación xa non estea alí\"As consecuencias do cesamento da operación italiana comezaron a notarse. Nos catro primeiros meses de 2014, cando a misión aínda funcionaba, faleceron 60 persoas na ruta migratoria que une Italia e Libia, segundo cifras da OIM. No mesmo período de 2015, esta cifra elevouse até as 1.936 con repetidos naufraxios. Na noite do 18 de abril de 2015, un pesqueiro no que viaxaban máis de 700 migrantes afundía ao sur de Lampedusa. Só 28 sobreviviron.Poucos días despois, Jean-Claude Juncker recoñecía que pór fin á operación Mare Nostrum foi un \"grave erro\". \"Custou vidas humanas\", sinalou o daquela presidente da Comisión Europea ante a Eurocámara. A resposta da UE ás traxedias no Mediterráneo, sostivo o propio Juncker, seguía sendo \"inadecuada\".Este baleiro deixado pola misión italiana foi o que empurrou a ONG a fretar os seus propios buques de rescate para facer fronte ás incesantes mortes. A primeira fora a maltesa MOAS, que lanzou o seu primeiro barco en agosto de 2014. En maio de 2015, MSF e a alemá Sea Watch xa sucaban as augas do Mediterráneo central.A golpe de traxedia, os xefes de Estado e de Goberno decidían crear EUNAVFOR Sophia, unha nova operación militar que prioriza as accións de vixilancia e desarticulación das redes de tráfico. Ademais, perseguía a formación da cuestionada Garda Costeira de Libia, cuxo apoio financeiro e técnico incrementaron paulatinamente os Estados membros no seu intento de frear as chegadas irregulares ao continente.As ONG sacaron do mar o 35% dos migrantes socorridos en 2016 e 2017, case tres veces máis que a misión militar da UE, que salvou o 12%Sophia tampouco contaba cun mandato específico de salvamento. É dicir, como calquera outro barco, ante vidas en perigo, tiña a obriga de actuar. \"Os recursos navais dos Estados europeos 'agóchanse' tras a obriga de salvar vidas só cando son solicitados para iso. Como navíos militares, a súa posición exacta é habitualmente descoñecida para as autoridades que coordinan os labores de rescate e a súa contribución á procura de embarcacións en perigo antes de intervir en actividades de rescate, ás que están obrigadas por lei, queda totalmente subordinada ao resto das súas prioridades\", explica Bertotto.O groso das operacións de salvamento eran levadas a cabo pola ONG, que sacaron do mar o 35% dos migrantes socorridos en 2016 e 2017, uns 93.000, segundo datos dos gardacostas italianos analizados por eldiario.es. É case tres veces máis que os rescates completados pola misión militar da UE (12%, unhas 33.000) no mesmo período. Un total de 11 organizacións humanitarias despregaron misións para salvar vidas: MSF, SOS Méditerranée, Sea Eye, Jugend Rettet, Refugee Boat Foundation, Lifeline, Proactiva Open Arms e Save the Children.As súas intervencións, como marca a lei, estaban dirixidas pola Garda Costeira italiana, que ata daquela xestionaba exclusivamente as tarefas de salvamento a través do Centro de Coordinación de Rescate Marítimo en Roma. Desde aquí, os axentes italianos decidían que barcos estaban mellor situados para atender unha alerta no mar, dando instrucións e asignando os portos italianos como punto de desembarco. Entre 2016 e 2017, os gardacostas socorreron coas súas unidades máis de 64.000 persoas, un 24%.Das restricións ao peche de portos italianosXa daquela a ONG soportaban acusacións, por parte de grupos minoritarios, de operar en complicidade cos traficantes e incentivar coa súa presenza a saída de pateras desde Libia. Pero esta teoría amplificouse a finais de 2016 coa publicación un informe confidencial de Frontex, onde a axencia mencionaba supostos vínculos entre traficantes e ONG. \"Quen financian os taxis do Mediterráneo?\", preguntábase Luigi Di Maio, daquela aspirante a líder do Movemento 5 Estrelas en Italia. As organizacións humanitarias negárono de forma rotunda e lembraban o mesmo que levan repetindo desde que fretaron os seus primeiros barcos: se estaban no mar era para tentar dar unha resposta aos centos de mortes que continuaban a producirse.As primeiras restricións chegaron durante os últimos meses do Goberno de Paolo Gentiloni. As entidades con barcos no mar foron obrigadas a asinar un código de conduta que limitaba as súas operacións. Despois, produciuse o triunfo do Movemento 5 Estrelas e o ascenso político do ultradereitista Matteo Salvini, que converteu a ONG na diana dos seus furibundos ataques. O 10 de xuño, pechaba os seus portos ao buque Aquarius con máis de 600 persoas a bordo. Cando o barco, tras oito días, atracou en Valencia, o ministro do Interior cantou vitoria: \"É un sinal de que algo está a cambiar, xa non somos os felpudos de Europa\".\"Aínda que algúns as acusan de colaborar cos contrabandistas, aínda non se atoparon probas de contactos entre os traficantes e a ONG\"Desde o primeiro peche de portos, as trabas políticas e administrativas forzaron as ONG a afastarse da zona de rescate durante días, algunhas obrigadas a abandonar as súas actividades polas restricións, outras bloqueadas en porto, acotío, facendo fronte a investigacións dos fiscais italianos. \"Aínda que algúns as acusan de colaborar cos contrabandistas, aínda non se atoparon probas de contactos entre os traficantes e a ONG\", afirman Eugenio Cusumano e James Pattison, profesores das universidades de Leiden e Manchester. \"O comportamento dos rescatadores é incuestionable. Ademais, as consecuencias da procura e o rescate, en termos de salvar vidas, parecen contrarrestar calquera dano que poida causar facilitar o contrabando\", afirman.Cando as ONG non se atopan en zona de rescate, os migrantes continuaron tratando de chegar a Europa e as mortes non deixaron de producirse. A finais de xullo, máis de 100 persoas perdían a vida \"na peor traxedia do ano no Mediterráneo\". Non había ningún barco humanitario na zona. A Operación Sophia tampouco conta xa con medios navais, como acordaron os 28 o pasado marzo. Os operativos de salvamento quedaron principalmente en mans das patrulleiras libias, que incrementaron as súas operacións no Mediterráneo a medida que os gardacostas italianos cederon a coordinación dos labores de salvamento das que se encargaron durante anos.A capacidade de Libia para facer fronte aos rescates foi cuestionada en numerosas ocasións, con casos nos que estes axentes non responden as chamadas de quen pide auxilio e a falta de coordinación cos barcos da ONG dispoñibles para prestar axuda. Así mesmo, acumulan un longo historial de denuncias de abusos e conflitos coas organizacións humanitarias. Logo de interceptar os migrantes, os axentes trasládanos de novo ao país, que non é considerado un porto seguro e onde son encerrados de forma \"practicamente automática\", segundo a ONU. Torturas, agresións sexuais, malleiras e escravitude son algúns das violacións de dereitos documentadas en Libia.Acotío, os náufragos que non son interceptados polos axentes libios quedan a mercé de buques mercantes que pasen pola zona, polo xeral pouco preparados e cada vez máis reticentes a atender o seu deber de auxilio debido ás dificultades experimentadas por outros, como documentou Acnur.Torturas, agresións sexuais, malleiras e escravitude son algúns das violacións de dereitos documentadas en Libia, a onde son trasladados os migrantes que interceptan as patrulleiras dese paísEn 2016, uns 2.700 migrantes morreron tratando de atravesar as augas que unen Libia e Italia. En 2018, este número reduciuse a 1.130. A cifra dos que alcanzan as costas italianas tamén diminuíron. Con todo, \"cruzar o Mediterráneo é hoxe máis perigoso que nunca\", segundo Acnur, que advertiu do aumento da mortalidade: en 2018, rexistrouse unha morte por cada 14 chegadas desde Libia. En 2017 era dunha por cada 38. Atribúeo directamente á redución dos medios de rescate. Son, ademais, as mortes que se coñecen, porque numerosas voces alertan da dificultade de coñecer con exactitude cantas persoas morren nun mar con cada vez menos ollos que o vixíen. \"Expúlsasenos porque somos testemuñas incómodas\", insiste Noguera.Sen case mans que salven vidas no mar, algunhas como Sea Watch, See Eye, Mediterranean Saving Humans, MSF ou Proactiva Open Arms tratan de resistir aos obstáculos ao seu labor. Unha vintena de bloqueos, case 3.000 migrantes rescatados e 200 días acumulados de espera son as cifras dun ano de pulso contra os barcos que auxilian os que se atopan en perigo no mar.\"Expúlsasenos porque somos testemuñas incómodas\", di David Noguera, presidente de Médicos Sen Fronteiras (MSF) España\"Se hai seis anos nos din que ía haber tantos mortos no Mediterráneo, non nolo cremos. Normalizámolo, aceptámolo dunha forma case pasiva. Hai seis anos había solidariedade cara a estas persoas, agora insúltaselles, a xente que foxe de guerras e situacións económicas límite\", sostén Noguera. \"Preocupa moitísimo ver xente dicindo que hai que deixalos afogar no mar ou devolvelos a Libia, que se tolere e se acepte. Que poidamos ter debates sobre se hai que rescatar a xente do mar ou non. Xamais nos imos a sentar a discutir isto\", afirma.Estes días, outra nave, o Ocean Viking, espera respostas con máis de 300 persoas a bordo. Os náufragos auxiliados polo buque catalán xa están en Lampedusa tras a orde dun fiscal. \"É un alivio a unha situación insustentable, creada polo fracaso das políticas migratorias europeas no Mediterráneo central\", reiteraron entidades como Amnistía Internacional. Proactiva Open Arms enfróntase a posibles multas do Goberno español por desafiar a prohibición de navegar a ruta migratoria máis mortífera do mundo, pero adianta que a súa intención é regresar axiña. O motivo, o de sempre. \"Queremos volver estar onde non hai ningunha intervención nin civil nin militar que garanta os rescates\"."}
{"ID": "NOS_51657", "summary": "Ana Pontón critica o \"espectáculo partidista de PP e PSOE\" e reclama que Feixóo compareza na Deputación permanente para dar explicacións das responsabilidades no accidente", "text": "O BNG remitiu unha solicitude ás forzas da oposición (En Marea e PSdeG) para crear no Parlamento de Galiza unha comisión de investigación \"que esclareza as causas do accidente no Marisquiño e depurar responsabilidades\". Ademais, os nacionalistas reclaman unha convocatoria urxente da Deputacións permanente na Cámara galega na que o presidente da Xunta dea explicacións do acontecido no Marisquiño. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, cualificou de \"lamentable, penoso e unha falta de respecto ás vítimas\" o \"espectáculo partidista\" que dende hai unha semana están a dar o Partido popular e PSOE para ir \"botando balóns fora\" en canto a responsabilidades neste sinistro, que deixou máis de 400 persoas feridas. Lembrou a portavoz que tanto Concello como Autoridade Portuaria son responsables da xestión dese espazo, responsabilidade que estendeu á Xunta. Pola súa parte, o deputado do BNG, Luís Bará asegurou que hai \"un colapso\" nas institucións que non aceptan as súas responsabilidades e seguen \"mirando para outro lado\". PP e PSOE, dixo, están inmersos en \"intereses partidistas\" e non en dilucidar responsabilidades e sentar as bases para que este tipo de sucesos non acontezan."}
{"ID": "PRAZA_15921", "summary": "A monxa nega que ameazase ou coaccionase as relixiosas indias rescatadas pola Policía e asegura que se trata dun malentendido. O maxistrado Lago Louro tomou tamén declaración como testemuñas a dúas monxas mexicanas do mesmo convento.", "text": "A madre superiora das Mercedarias de Santiago, Luisa Tato Gil, deixou este mércores unhas horas o convento de clausura para declarar como imputada no xulgado. Ante o maxistrado Andrés Lago Louro, a madre superiora negou que ameazase ou coaccionase as tres mozas indias para que non abandonasen a clausura, informaron fontes xurídicas. O maxistrado tamén tomou declaración a outras dúas monxas mexicanas do convento en calidade de testemuñas. O carácter insólito do caso mantívose durante toda a xornada do mércores. O xuíz citara a nai superiora, de 79 anos, como investigada, a figura que substitúe á de imputado desde a reforma da Lei de Axuizamento Criminal. Tiña por tanto o dereito a declarar asistida dun avogado. Pero non o fixo. Ela e as dúas monxas testemuñas fixéronse acompañar unicamente do capelán. O avogado do Arcebispado nin sequera foi informado. Pola tarde, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou de que o xuíz de instrución número 3 de Santiago citara a declarar como investigada a unha persoa e a outras dúas como testemuñas, sen precisar a quen se refería. Tratábase \"de formarse un mellor criterio sobre a existencia de indicios de responsabilidade penal no asunto incoado\", recollía a nota, tras a denuncia presentada ante a Policía por unha exmonxa do convento e a muller española que lle deu traballo no seu domicilio de Madrid. A relixiosa tiña dereito a declarar asistida por un avogado, pero só se fixo acompañar do capelán do convento Todo facía pensar que o xuíz non ofrecía máis datos para evitar o balbordo mediático que se produciría o día que marcase a citación do xulgado. Con todo, eldiario.es puido saber pola noite que as declaracións se produciran pola mañá. Tras escoitar a nai superiora, a fiscal do caso, Aránzazu San José, evitou solicitar medidas cautelares e o xuíz deixouna marchar. As mesmas fontes aseguraron que a madre superiora mostrou consternación polo balbordo causado en torno ao convento de clausura e que insistiu en que todo debía tratarse dun malentendido. O caso recaeu no maxistrado Andrés Lago Louro por repartición. Foi a súa compañeira Ana López-Suevos, en funcións de garda, a que, alertada por un presunto delito de detención ilegal, ordenou a funcionarios do xulgado e policías da UCRIF presentarse no convento o pasado 23 de xaneiro cunha misión: sacar de alí ás monxas indias, provistas da súa documentación, e trasladalas ao xulgado. As cinco confirmaron os indicios expresados na denuncia ante a Policía da súa excompañeira, pero tres pediron a continuación deixar o convento e outras dúas, regresar. As cinco monxas confirmaron os indicios expresados na denuncia pola súa excompañeira de convento Coa declaración das dúas monxas mexicanas, o maxistrado puido ampliar os testemuños a respecto do engano principal que exercía presuntamente a madre superiora, quen facía crer ás mozas que se deixaban o convento, serían deportadas de inmediato ao seu país de orixe. Algunhas delas denunciaron tamén que a madre superiora lles retiña a documentación. E as cinco apuntaron ante a xuíza López-Suevos que dúas relixiosas que deixaron o convento en 2011 foran enviadas á India. A xuíza apreciaba no seu auto indicios de detención ilegal, delito contra a integridade moral, coaccións e ameazas. As tres monxas que deixaron o convento chegaron a finais dos noventa a Santiago, pensando que se ordenarían e prestarían servizo á comunidade. Ningunha sabía o que era un convento de clausura. Tras máis de 15 anos coas Madres Mercedarias de Santiago decidiron colgar os hábitos, pero a nai superiora, segundo o seu testemuño, resistíase. A xuíza López-Suevos apreciaba no seu auto indicios de detención ilegal, delito contra a integridade moral, coaccións e ameazas Só a denuncia doutra exmonxa india do convento e da muller española que a contratou logrou, con axuda da Policía e a xuíza, que veñan de inaugurar unha nova vida fóra dos muros do convento de clausura. Tras o caso das monxas indias, revelado en exclusiva por eldiario.es, o Papa Francisco expresouse en contra da \"inseminación artificial\" dos conventos. Fíxoo o martes durante un encontro no Vaticano con monxas e frades, no que expuxo que \"algunhas congregacións fan o experimento da inseminación artificial\". \"Que fan? Acoller. E veñen, veñen, veñen... E despois, os problemas que hai alí dentro. Non. Débese acoller con seriedade!\", dixo o Papa tras anunciar que se ía a apartar do discurso previsto."}
{"ID": "NOS_13666", "summary": "A federación nacional determinou que os descensos quedaban anulados logo dun brote de coronavirus en dous equipos que pelexaban por non descender e que a Liga 2020/21 pasaría a ser de 18 equipos en lugar de 16. A seguinte tempada recuperaríase o número habitual programando un só ascenso e tres descensos directos.", "text": "O Deportivo da Coruña ten un cravo ardendo ao que agarrarse para tratar de evitar o descenso a Segunda B... no fútbol checo. A República Checa é un país no que viven pouco máis de 10 millóns de seres humanos e no que a pandemia do coronavirus mostra unha alta taxa de expansión, de 131,83 doentes confirmados por cada 100.000 habitantes. Pese a estes datos, que están lonxe de poder ser considerados como positivos, a Liga Fortuna -que é como denominan á máxima categoría- retomou a competición o 25 de maio para finalizar tanto a propia Liga como unhas posteriores fases de grupos nas que se enfrontan: os seis mellores clasificados, que loitan polo título; catro equipos que pelexan por entrar na Europa League; e os seis últimos clasificados, para asegurar a permanencia. Con público nas bancadas -a diferenza do que acontece na maioría dos países- os partidos foron desenvolvéndose con normalidade até que un rebrote nas minas de carbón do nordés afectou fortemente a zona de Karviná, de onde procede o equipo MFK Karviná, escuadra que competía por non descender e que rexistrou sete positivos entre o cadro de xogadores. Tras varios adiamentos, a federación nacional chegou a un acordo para xogar eses encontros en xullo, mais novos casos positivos, esta vez entre os xogadores do Opava -que tamén pelexaba no grupo por salvar a categoría- levounos a suspender o torneo e determinar que os descensos quedaban anulados, a pesar de que tanto Karnivá como Opava eran os principais candidatos a descender, con permiso do FK Příbram, e que a Liga 2020/21 pasaría a ser de 18 equipos en lugar de 16. A seguinte tempada recuperaríase o número habitual programando un só ascenso e tres descensos directos."}
{"ID": "NOS_39467", "summary": "O naval galego está mellor que hai catro anos, cando a crise puxera na picota este sector estratéxico para a Ría de Vigo e o conxunto do país, mais non se pode dicir que o naval se recuperase. Afírmao César Rodríguez, responsábel deste sector na CIG de Vigo, que lamenta a \"campaña de desinformación\" da patronal para dar unha imaxe de 'bonanza' que non é tal e tras a cal podería haber outros intereses.", "text": "-Por que afirmades que a patronal \"desinforma\" cando di que o naval está recuperado? Hai quen pensa que os sindicatos teñen alerxia ás boas noticias… -Xa houbo quen preguntou se a patronal era optimista e nós pesimistas, e o que pasa é que nós somos realistas. É verdade que a situación do sector naval mudou nos últimos anos, estabamos en parálise e nestes momentos por primeira vez están todos os estaleiros en actividade. Agora, hai que matizar. É irresponsábel mandar unha mensaxe que non se atén aos datos reais e a mensaxe que se dá cara á sociedade desde a patronal é que o naval da Ría de Vigo está en recuperación, que precisa 1.500 traballadores. Unha mensaxe que calla, desde o sindicato vemos que vén xente preguntar, solicitar cursos de prevención, quer saber como se pode acceder a un deses postos que din que se precisa no naval… E a realidade é que agora estase a traballar menos que hai seis meses. Agás dúas excepcións contadas, os estaleiros de Freire e Armón, o resto teñen un único buque en construción e non contan con ningún barco previsto no futuro \"A diferenza doutros países de Europa, a administración aquí nunca se interesou realmente polo naval\" -Non é certo logo que o naval estea recuperado? -Ultimamente sempre que se dá información de novos barcos para facer é de barcos dos que xa se falaba hai anos. A situación é preocupante porque non hai continuidade: tes un barco para facer e cando o acabes, fin, non hai outro esperando. Ráchase a continuidade produtiva dos estaleiros. O que non pode ser é que acabes un barco e ter que esperar a ver cando cae outro. A cadea produtiva de traballadores —os que cortan chapa, montadores, fabricación de bloques, — no momento en que non hai continuidade, desaparece. -Se, como dicides, non hai tal recuperación no naval, entón cal é o interese da patronal en incidir nesa mensaxe de que si existe? -Entendemos que pode haber un interese conectado á formación. Sempre vai ligado ese número de traballadores aparentemente necesarios para proxectos de formación. O interese en que a administración lles solte cartos formar man de obra. A día de hoxe non temos constancia de que se estea realizando a última que solicitaron. Non vemos que esa posíbel formación vaia ligada a un posto de traballo. Para recuperar o naval o primeiro é ter as ideas claras -É outra das denuncias que fixo o sindicato nacionalista, a de que no naval hai un \"negocio\" dos fondos para formación tras as falsas expectativas xeradas a desempregados… -A formación tal e como se daba antes xa non existe, non hai acceso a ela e pasou a ser da empresa. Toda a formación que había a través da administración, con fondos da administración, desapareceu. Debemos andar polos seis anos no mínimo en que a nivel industria non hai ningún deses cursos. Dá a impresión de que se utiliza esa suposta necesidade de traballadores pola \"recuperación\" do sector para xustificar o financiamento público dos cursos de formación. -En paralelo, e embora este discurso de recuperación aumenta a denuncia de precariedade do naval… -Houbo quen se aproveitou da situación de crise, se querías traballar tiña que ser naquelas condicións que che marcaban e punto. Por moito que digan desde a patronal que se conta cos dedos das mans as empresas que incumpren, entendemos que isto non é así e aválanos a multitude de denuncias que temos perante Inspección de Traballo. A precariedade non vai ligada só a cumprir o convenio, non podemos perder de vista a vertente da prevención, na que non se está a investir. En 2007 había 10.000 traballadores vinculados ao naval e hoxe, dentro dos estaleiros, non chegamos a 2.000 cando hai cinco meses estabamos nos 2.600 -Se non hai logo tal \"recuperación\"… Que medidas entendedes que habería que adoptar para posibilitar que se si se dea ese escenario? -O primeiro é ter as cousas claras. No seu momento, cando tanto desde administración como patronal empezaron a dar esa mensaxe de que se estaba a recuperar o sector, nós xa dixemos que era o momento de reunir a Mesa de Contratación do Naval, un órgano onde estaban sindicatos, administración, patronal, Inspección de Traballo… Entendiamos que ante esa suposta recuperación era mester ver cales eran as problemáticas e retos do sector nese momento, que propostas… mais iso non foi adiante. E ao final estamos a repetir eses erros do pasado. -E por que considerades que administración e patronal non queren ter \"as cousas claras\"? -A administración tampouco se pode dicir que tivese moito interese polo naval, só hai que comparar como se defendeu este sector aquí nos últimos anos e como se defendeu noutros países de Europa. Aquí a administración non intervén, deixa que as cousas vaian e de vez en cando anuncia uns cursos. A patronal tampouco ten moito interese en que se normalice a situación, apertan as auxiliares e as auxiliares apertan os traballadores. As patronais falan de que precisan man de obra, de que hai unha falla de profesionais e iso é unha gran patraña. Vai na liña de abrir as portas a empresas e traballadores que curren por baixo do convenio. De tanto repetir que precisan esa man de obra van acabar facendo que a xente crea que iso é verdade. En 2007 había 10.000 traballadores vinculados ao naval e hoxe, dentro dos estaleiros, non chegamos a 2.000 cando hai cinco meses estabamos nos 2.600. Onde van eses miles de profesionais que traballaban aquí? Pois tiveron que emigrar, até 2.000 deses traballadores galegos poden andar por fóra: no naval de Alemaña, Noruega, Euskadi, Asturies… E moitos outros tiveron que cambiar a traballar noutros sectores da industria. Iso é o que hai que analizar, se se quere ter profesionais con experiencia, hai que conseguir as condicións necesarias para que volvan."}
{"ID": "NOS_48890", "summary": "Nun primeiro momento anunciárase que a cantante mexicana Paulina Rubio e o cantante portorriqueño Elmer Figueroa Arce 'Chayanne' tamén farían parte da nómina de comendadores.", "text": "O Partido Popular (PP) nomeará como \"comendadores\" do cocido de Lalín José Luís Rodríguez, coñecido como 'El Puma', a \"Miss Mundo\" Alicia Machado, o alcalde de Miami, Francis Suárez; o comisario Joe Carollo e o produtor audiovisual Carlos Vasallo, nunha gala que terá lugar na cidade do estado de Florida (EUA). Pese a que nun primeiro momento anunciaran que a cantante mexicana Paulina Rubio e o cantante portorriqueño Elmer Figueroa Arce 'Chayanne' tamén farían parte da nómina de comendadores, finalmente serán estes cinco persoeiros os encargados de representar o cocido galego a nivel internacional. O acto, no que os novos embaixadores poderán degustar un cocido elaborado polos cociñeiros lalinenses Alberto Currás e Alberto Candia, está na axenda da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que realiza unha viaxe institucional a Miami para promover o Xacobeo 21-22. Precisamente en Miami, Castro participou esta sexta feira na inauguración dun novo fito do Camiño de Santiago. Segundo a responsábel de Turismo, \"o Camiño sitúa a Galiza no mundo e únenos por todos os continentes e países a través da fina liña debuxada polas frechas amarelas e dos fitos que estamos a situar en distintos países como símbolo do Xacobeo\". A representante do Goberno galego tamén participou na xornada 'A Galiza Trasatlántica', promovida por Abanca e que acolleu diversos encontros entre empresarios estadounidenses e galegos."}
{"ID": "NOS_11572", "summary": "O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, vén de recoñecer os atrasos nas listas de agarda. Até 2023 non se recuperarán os tempos de espera anteriores á pandemia, dixo, sinalando que \"serán necesarios dous anos\" para volver á normalidade preCovid. Neste sentido, 43.914 persoas agardan por unha cirurxía e 193.622 por unha consulta hospitalaria, o que implica que 236.816 persoas están en lista de espera nos hospitais galegos.", "text": "As declaracións de José Flores nunha entrevista na Cadena Ser impugnan o relato da Consellaría de Sanidade, que até hai pouco afirmaba que se producira unha rebaixa do tempo medio de espera no sistema galego de saúde Porén, e segundo os últimos datos oficiais da Administración galega, referidos a xuño de 2021, a agarda media para cirurxías no Sergas sitúase en 70,3 días, 16 días máis que en decembro de 2019, última cifra anterior á pandemia. Neste sentido, colócase á cabeza dos tempos de espera a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco con 77,9 días, seguida da área ferrolá, con 77,5; a da Coruña-Cee, con 74,3; a de Santiago-Barbanza, con 71,9; a área de Pontevedra-Salnés, con 71,7; a viguesa, con 66,3; e a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 53. Até 193.622 galegas e galegos agardan por unha consulta en Atención Hospitalaria. Así, o Sergas recoñece un tempo medio de espera de 65,8 días na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte; de 50,7 na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco; de 43,1 na área sanitaria de Ferrol; de 37,9 na área sanitaria da Coruña-Cee; de 34,2 na área sanitaria de Vigo: de 31,6 na de Pontevedra-Salnés, e de 30,4 na área sanitaria de Santiago-Barbanza. Neste caso, o tempo media de agarda para o conxunto do sistema sanitario colócase en 42,6 días, unha duración semellante aos momentos previos á pandemia, cando a Consellaría de Sanidade declaraba unha espera de 41,5 días. Os tempos de agarda para unha proba diagnóstica téñense incrementado de modo moi importante no último ano e medio. Por exemplo, o período medio de espera para unha endoscopia é de 156 días, 37 días máis que en 2019, 101 días para unha tomografía axial computerizada (TAC) ou 100 días para unha resonancia magnética. Neste contexto, son moitas as especialidades, en función das áreas sanitarias, onde a espera supera por moito os prazos fixados nos diversos protocolos de atención asinados polo Goberno galego. Sen ir máis lonxe, a propia Xunta, recoñece máis de 100 días de agarda nas consultas de ecografía vascular, de endoscopia dixestiva, de ecografía xinecolóxica, de endoscopia otorrinolaringoxina, de radioloxía de mama, de estudo do sono ou de intervencionismo. Cuestionan as cifras oficiais da Consellaría A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública cuestiona as cifras ofrecidas polas autoridades sanitarias galegas. O seu presidente e voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, en conversa con Nós Diario, sinala que \"seguen maquillando as listas de agarda ao non publicarse os doentes que se acumulan nas listas non estruturais\" e denuncia \"o seu importante incremento nos últimos tempos\". Neste sentido, apunta a que \"o número real de persoas en lista de agarda pode ser de entre 30% e 60% superior aos recollidos nos dados oficiais da Xunta\" e lembra un estudo elaborado polo seu colectivo en 2019 que \"situaba en 17.000 ou 18.000 as persoas nesta situación na área sanitaria de Vigo\". \"A realidade das listas\", continúa Martín, \"coñéceas ben a poboación, que debe agardar meses antes de ser intervida. A media de tempo dun doente desde que acude a Atención Primaria por un problema achégase a 200 días, dado que hai que sumar o tempo da primeira consulta en Atención Especializada, das probas diagnósticas e da agarda para cirurxía\". Na mesma liña, advirte que \"mentres non se normaliza a situación na sanidade a cousa vai seguir empeorando, xerándose problemas novos como o colapso dos servizos de Urxencias polo feche dos centros de saúde ou atopándose nas consultas persoas con patoloxías graves moi avanzadas, porque a enfermidade non espera\"."}
{"ID": "QUEPASA_782", "summary": "\"Creo que de ter algo máis de acerto de cara a portería en momentos puntuaís podíamos ter 5-6 puntiños a maiores\" \"A clave deste equipo é a predisposición ó traballo que hai en cada entrenamento\"", "text": "Muros e Coristanco son os equipos revelación da temporada na Liga da Costa. Recén ascendidos, pechan o grupo de cabeza, só detrás de claros candidatos ao título. Outro día focalizaremos a atención en Miraflores, pero hoxe imos ata a Rocheira, para falar cun adestrador, coa L de nóbel en equipos sénior, e recén saído do céspede, para contarnos cal é o segredo deste Coristanco, que esta semana pode seguir escalando posicións se vence ao Malpica. QPC: Un equipo recen ascendido e un míster Novel en equipos senior. Como está a ser a experiencia? Polo momento a experiencia positiva. Todos tiñamos claro que ó ser recén chegados á categoría pode ser un ano complicado. Sin embargo, nin para min nin para o equipo a Liga da Costa nos é descoñecida. O que creo que axuda a que ata o momento vaiamos sumando puntos cara ó obxectivo da salvación. QPC: Cando o Coristanco ofreciuche a posibilidade de adestrar o equipo senior, como reacionaches? dúbidas, ilusión, medo…? A verdade é que sorpresa, porque non me esperaba que un equipo do quen non coñecía a ninguén fose a apostar por min.Por iso sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans. E dende logo, esta oportunidade o que xerou en min foi unha ilusión e ganas de traballar enormes. QPC: Defínete como Adestrador? Como adestrador igual me deberían definir os xogadores... Pero ben, teño claro que o principal que busco dende que me sento nun banquillo é que os meus equipos teñan unha identidade e saiban o que queren facer en cada unha das fases do xogo. Para isto, gústame empregar sempre tarefas nas que o balón sexa o protagonista, xa que creo que é a maneira na que máis progresa un futbolista, así como a máis motivadora. QPC: Que queda do Juni xogador no Juni adestrador? Do Juni xogador quedan moitas gañas de xogar, demasiadas para o estado do meu xeonllo diría eu, jaja. Pero isto é bo, porque ó final son ganas de fútbol, ganas de que cheguen os adestramentos e os domingos e dar o máximo para o meu equipo. QPC: Está sendo un bo inicio de tempada. Esperábalo? Cando cheguei non sabía o equipo que me atoparía, pero unha vez coñecidos ós xogadores a verdade é que non me sorprende. É máis, creo que de ter algo máis de acerto de cara a portería en momentos puntuaís podíamos ter 5-6 puntiños a maiores. QPC: Cal é o motivo desta tan boa andaina do equipo? Cales son as pezas claves do Coristanco? Estou seguro de que a clave é a predisposición ó traballo que hai en cada entrenamento. Igualmente son o primeiro en recordarlles que no momento en que isto cambie cambiará tamén a dinámica. En canto a pezas clave, non me gusta individualizar, porque todo o mundo ten un nivel alto e, igual de importante, unha implicación enorme. Pero sorprendeume, por exemplo, todo o que traballa o capitán Pazos polo equipo e polo clube.E no futbolístico, para xogar combinativo, como intentamos (aínda que en ocasións lea nalgunha crónica o contrario, sei que é porque nunca viron un partido noso) é fundamental un centro do campo cun nivel futbolístico tan grande con R, Mario, Jose e Álex. QPC: A tempada pasada do Coristanco foi todo un éxito na 3ª, pensaches nalgun momento que esa euforia fose negativa para esta tempada? Ou aproveitaches ese bo nivel para este nova tempada? A verdade é que en ningún momento pensei no que lograron o ano pasado, máis aló de felicitalos por ser algo cun mérito enorme. Dende que me atopei co grupo vin que seguía sendo moi ambicioso e intento convertir iso en bo traballo que nos achegue a bos resultados. QPC: Cal é o obxectivo real do Coristanco? O obxectivo real é o que xa comentei e me propuxo a directiva dende o día un: salvarnos. A partir de ter os puntos precisos para iso intentaremos facelo o máis bonito posible. QPC: Futuro de Juni? Queres seguir medrando como adestrador? Por suposto que si, sigo e teño pensado seguir formándome todo o que poida. É algo que fago porque disfruto como un neno, e co esforzo e dedicación que sempre lle adiquei a isto da pelota seguro que continuarei levando moitas alegrías dos campos de fútbol. ENTREVISTAS QPC Tolo: \"Sen o traballo de toda a xente \"invisible\" do club non estaríamos aí\". Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas. Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes. Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán. Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: \"Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa\". Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega. Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa. Raúl Periscal: \"Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa\" Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente. Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC. Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría. Pablo Conde: \"Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente\". Lelo: \"Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo\"."}
{"ID": "NOS_54971", "summary": "O Ministerio quere dotar de máis poder as Confederacións Hidrográficas á hora de xestionar as concesións para aproveitamentos hidroeléctricos. Galiza, xunto con Catalunya, Euskadi, Andalucía e as illas, é dos poucos territorios con competencias propias na xestión de parte dos ríos do seu territorio.", "text": "A suba do recibo da luz e o papel das centrais hidroeléctricas na produción de enerxía centrou boa parte do debate político a semana pasada. Cuestións como a creación dunha empresa pública para abaratar o prezo da enerxía xurdiron no devandito debate, alimentado polas declaracións da ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, nas que avogaba por sumar a esta compañía as concesións que fosen vencendo. No seu discurso, a ministra tamén abriu a porta a dotar as confederacións hidrográficas de maior poder á hora de xestionar as concesións para aproveitamentos enerxéticos nos diferentes cursos fluviais. En concreto, Ribera avanzou que en todo o Estado español hai máis de 200 explotacións hidroeléctricas cuxa concesión termina ao longo desta década, ao tempo que lembrou que xa existen plantas xestionadas directamente polas confederacións hidrográficas, nas que podería caer directamente a xestión do resto, segundo suxeriu. \"As condicións nas que se asinaron as concesións de hidroeléctricas non teñen nada que ver coas situacións agora, por iso estudamos como xestionalo mellor e facelo de maneira centralizada\", aclarou Ribera. As vías que estuda o Goberno estatal son a de rescatar as concesións \"a través dun sistema de concesións distinto ou a través dunha empresa pública segundo se vaian liberando\" e, deste modo, \"intervir ou facilitar outra maneira de ofertar enerxía\", explicou a ministra. A vía galega Galiza é, xunto con Andalucía, Euskadi, Catalunya e os dous arquipélagos, Canarias e Baleares, un dos poucos territorios cunha confederación hidrográfica propia (Galiza-Costa), que ten competencias sobre a xestión dos cursos de auga que nacen e morren no país e verten as súas augas nas costas do Océano Atlántico e do Mar Cantábrico. Na actualidade, a Xunta, responsábel da xestión destas bacías, está a tramitar a extinción de cinco concesións hidroeléctricas nos ríos da confederación Galicia-Costa, pero son moitos os aproveitamentos que afectan a esta demarcación. Entre eles atópanse os encoros de Endesa nas Pontes (Eume e Ribeira), as centrais asociadas a actividade de Xeal ─antiga Ferroatlántica─, que volverían ao dominio público no caso de fechar as factorías ou desvencellar a actividade de xeración enerxética da industrial, e os encoros de Naturgy nos ríos Tambre e Ulla, algunhas delas xa nos últimos anos de concesión. A Xunta ten ante si o reto de artellar unha política que debuxe o futuro destes aproveitamentos, pero os pasos dados até o momento non fan albergar moitas esperanzas de que o Executivo de Núñez Feixoo decida recuperar os encoros para a xestionar pública, de modo que os beneficios quedasen no país. En 2019, o PP botaba por terra no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola CIG para, precisamente, recuperar os encoros unha vez vencida a súa concesión, deixando clara unha vez máis que a súa prioridade é favorecer os intereses das eléctricas. A semana pasada, o deputado do BNG Ramón Fernández volvía instar a Xunta a crear unha empresa galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega ante a situación xerada pola fixación de prezos da electricidade, propostas xa formuladas en diversas ocasións ás que o PP \"votou sistematicamente en contra\". O deputado nacionalista sinalou que é posíbel crear unha empresa galega da enerxía e estabelecer unha tarifa eléctrica galega, pois existen \"exemplos de empresas públicas de enerxía en Europa como Enel, propietaria de Endesa; mais tamén a principal produtora de enerxía hidráulica de Europa, Statkraf, que é propiedade 100% do Estado noruegués\". Para iso, apunta, habería que modificar a regulación do sector e introducir un operador público cuxo criterio non sexa en exclusiva o beneficio empresarial, senón que atenda a compoñente esencial e social deste sector: \"outros criterios á hora de promover proxectos de xeración de enerxía, outros criterios á hora de fixar os prezos e outros criterios á hora de repartir beneficios da actividade\", concluíu."}
{"ID": "NOS_42793", "summary": "O Consello Nacional do BNG ratificou este sábado as e os cabeza de lista en 47 concellos do país, entre eles as 7 cidades. Hai dous modelos posíbeis de política municipal na Galiza: ou a parálise de quen non é quen de aprobar os orzamentos (Ourense, PPdeG) e practica o desbaldimento de recursos públicos \"en luces\" (Vigo, PSdeG) ou a solvencia xa demostrada dos gobernos municipais do BNG. Así o defendeu Ana Pontón na súa intervención perante o máximo órgao do Bloque entre asembleas. A líder nacionalista ve nas locais do próximo maio o comezo da \"mudanza política\" no país, coa conquista da Xunta no horizonte.", "text": "A batalla das municipais vaise xogar basicamente nas cidades e así o entende o BNG, que outorga un protagonismo de excepción á escolla dos seus referentes nas urbes do país. Este sábado, o Consello Nacional ratificou as decisións das asembleas locais respectivas e, por tanto, oficializou as apostas da formación nacionalista nas localidades máis populosas do país. A saber, Goretti Sanmartín, en Compostela; Francisco Jorquera, na Coruña; Iván Rivas, en Ferrol; Rubén Arroxo, en Lugo; Miguel Anxo Fernández Lores, en Pontevedra; Luís Seara, en Ourense; e Xabier Pérez Igrexas, en Vigo. Os obxectivos? Basicamente incrementar a representación no conxunto das 7 urbes, revalidar a alcaldía de Pontevedra (que Lores ostenta desde 1999) e recuperar a presenza perdida en 2015 en Ourense e Vigo. Na súa intervención perante o Consello Nacional, Ana Pontón puxo en destaque que o BNG é unha forza de goberno no ámbito municipal con capacidade de xestión perfectamente contrastada: \"Temos unha organización con concelleiros e concelleiras que coñecen ben as súas veciñas e veciños e os seus problemas, mais tamén temos concellos do BNG [os gobernos municipais] que son referentes en moitos ámbitos]\". O BNG olla o resto do taboleiro e faino con optimismo. Ve axitación nos partidos estatais (con problemas no horizonte de Casado e agora tamén de Sánchez a conta dos seus currículos académicos) e olla división no espazo da Marea. En troca, as augas baixan calmas en Rodríguez de Viguri. O BNG enfronta o desafío das municipais de 2019 \"coa tranquilidade de ter unha organización unida, solvente e cun proxecto claro para mellorar a vida das galegas e dos galegos desde os concellos\", enfatizou Ana Pontón. \"Moi poucos\", acrecentou, \"poden dicir o mesmo\". No discurso da líder do BNG sobrancearon as críticas ao vello bipartidismo estatal e apenas houbo referencias veladas ao mundo das Mareas. No campo municipal, situou por un lado a ineficiencia do goberno municipal de Ourense ao non ser quen de aprobar os orzamentos (ataque ao PPdeG) e, por outro, cargou contra Abel Caballero, a quen atribuíu o \"despilfarro en luces [o alumeado para nadal] para tapar a falta dun proxecto político para esa cidade\". Os dardos a PP e PSOE apareceron tamén cando a líder nacionalista analisou os últimos acontecimentos no campo de batalla estatal: mentres os partidos do réxime \"nos teñen entretidas con másteres, plaxios e demais corruptelas, dispárase a factura da luz, os carburantes están polas nubes, súbennos outra vez as peaxes da AP9 e non hai solucións á precariedade e á emigración da xente nova\". No discurso do líder do BNG sobrancearon as críticas ao vello bipartidismo estatal e apenas houbo referencias veladas ao mundo das Mareas. Mudou o goberno en Madrid, mais o país continúa a ser obxecto de discriminación por parte do estado, veu argumentar a portavoz nacional do BNG: \"Temos un Pedro Sánchez convertido en alternancia na discriminación con Galiza, co silencio cómplice de todos os deputados e deputadas electos, e temos un Feixóo máis preocupado de ser o recadeiro de Casado que por solucionar os problemas das galegas e dos galegos\". A alternativa na Galiza, subliñou, só pode vir da man do nacionalismo. E nese sentido quixo dar boas noticias ás súas compañeiras e compañeiros do Consello Nacional. \"O BNG está á alza e iso vai notarse nas municipais\", prognosticou Pontón, quen a seguir fixo un apelo a partillar o proxecto do nacionalismo galego a \"todas as persoas que compartan con nós a necesidade de defender Galiza, o seu dereito a decidir e a construción de alternativas que melloren a vida das maiorías sociais\"."}
{"ID": "NOS_7308", "summary": "Desafiado polo groso do seu grupo parlamentar, o veterano líder socialdemócrata retén o apoio decisivo das trade unions, o poder sindical dentro do Partido Laborista.", "text": "A votación interna para resolver se Jeremy Corbyn retén ou non a lideranza do Partido Laborista comeza esta segunda feira, nun proceso que se irá completando até o próximo 21 de setembro. Corbyn enfróntase a Owen Smith, un parlamentar de 46 anos que nos últimos días está a prodigar os acenos aos sectores máis esquerdistas do partido para socavar os apoios que neles ten o actual líder do partido. Porén, todo indica que Corbyn non só mantería o respaldo das trade unions, senón tamén o da grande maioría de novos continxentes de afiliadas e afiliados a un partido que desde febreiro de 2015 experimentou un considerábel incremento da súa militancia (pasou duns 200 mil a uns 540 mil). O facto de a militancia laborista estar á esquerda de boa parte das suas elites dirixentes -saudosas da época Blair- garantiría a vitoria de Corbyn, de acordo coa maioría dos analistas A oposición a Corbyn sitúase no grupo parlamentar laborista (o 80% do cal votou no seu día contra a continuidade do líder) e en xeral nas elites do partido, tal e como puxo de relevo nos últimos días o alcalde de Londres, Sadiq Khan, o primeiro musulmán en alcanzar o cargo, quen bateu contra o veterano político de 67 anos ao que reputou incapacidade para gañar o \"respeito e a confianza do pobo británico\". En xeral, Corbyn soporta críticas por se afastar en exceso dos caladoiros centristas (o que, segundo os seus detractores, inviabilizaría unha alternativa laborista á hexemonía conservadora) e por ter sido excesivamente tépedo na defensa da permanencia do Reino Unido na UE no recente referendo que se saldou co triunfo do Brexit. En todo caso, o facto de a militancia laborista estar á esquerda de boa parte das suas elites dirixentes -saudosas da época Blair- garantiría a vitoria de Corbyn, de acordo coa maioría dos analistas. O resultado desta votación interna vaise coñecer o 24 de setembro no curso dun congreso extraordinario do partido que vai ter lugar en Liverpool."}
{"ID": "NOS_6133", "summary": "Conferencia Nacional de ERC. Cara á independencia. Contraste de experiencias con outros proxectos soberanistas, entre eles o galego. Que é iso de GpS?, perguntaron @s cataláns, en relación á iniciativa que naceu este sábado en Santiago. Os nacionalistas galegos Xavier Vence e Camilo Nogueira encarregáronse de informar ao respeito.", "text": "Esquerra Republicana de Catalunya realizou esta fin de semana unha importante conferencia nacional na que aprobou a folla de ruta cara a independencia. Unha conferencia na que economistas, políticos, sociólogos e representantes de diferentes organizacións sindicais, cidadáns... debateron sobre o proceso de independencia e as experiencias en diversos países europeos. Entre os convidados a participar estaban Xavier Vence e Camilo Nogueira, do Bloque Nacionalista Galego. Forzas soberanistas das nacións do Estado e de Europa debullaron os diferentes procesos que existen nos seus respectivos países No contexto destas achegas por parte dos responsábeis das diferentes forzas europeas dos distintos procesos con base á reivindicación do dereito a decidir que existen nos seus países, a delegación galega informou de Galiza pola Soberanía. \"Apoio á aposta do pobo catalán polo dereito a decidir\" Segundo afirma nun comunicado a fronte nacionalista, no marco destes debates, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, transladou o apoio \"á aposta do pobo catalán polo dereito a decidir\". Foi nese contexto de experiencia de intercambio que Xavier Vence achegou o que estaba a acontecer no noso país, \"informando aos representantes das distintas formacións sobre as iniciativas e a visión de Galiza, en particular sobre a iniciativa social pola soberanía que están a artellar en Galiza persoas e colectivos arredor da iniciativa social Galiza pola Soberanía (GPS)\". GPS nace como unha iniciativa cidadá e supra-partidaria que procura sumar forzas no camiño da conquista dun Estado Galego. No manifesto fundacional, asinado por 200 persoas, avógase pola soberanía como o elemento en base ao cal tecer a sociedade máis libre, xusta e igualitaria. Desbótase a actual vía autonómica por estar esgotada e ser parte mesma do sistema que se quer superar en chave social e nacional."}
{"ID": "NOS_16587", "summary": "Boa parte da primeira comparecencia oficial do movemento talibán dedicouse a asegurar á comunidade internacional que os dereitos das mulleres serán respectados dentro da sharia. Isto é, non retroceder ao período en que non lles estaba permitido traballar fóra da casa nin estudar. Nin saíren á rúa sen tapar da cabeza aos pés.", "text": "Algunhas mulleres musulmás visten un pano para cubrir a cabeza. Outras, prendas similares dependendo do país, como o niqab, que tamén cobre a cara. Tapar a cabeza considérase un símbolo relixioso de humildade ante Deus. No caso do Afganistán, o burqa tamén se converteu en símbolo, mais da opresión exercida sobre as mulleres polo Goberno talibán (1996-2001). Esta prenda cobre o corpo por completo, da cabeza aos pés, unicamente cunha reixa de malla ante os ollos para poder ver. Na súa primeira conferencia oficial, os talibán aseguraron estar \"comprometidos cos dereitos das mulleres baixo a sharia [lei islámica]\". \"Imos permitir que estuden e traballen dentro do noso sistema\", sostiveron. Da cuestión da vestimenta non se falou. Si que o fixo Suhail Shaheen, en entrevista coa cadea de TV británica Sky News. O voceiro do grupo en Doha (onde se desenvolveron as conversas de paz) sostivo que \"o burqa non é o único hijab (velo, e por extensión o acto de cubrir a cabeza) que se pode levar. Existen diferentes tipos de hijab\". A 'autocensura', en todo caso, funciona con tanta ou maior efectividade que a prohibición. Segundo as axencias de noticias e medios internacionais sobre o terreo, as mulleres tomaron a decisión preventiva de adquirir un burqa. O rápido avance dos talibán levou a cidadanía, especialmente en Kabul, a apurar a retirada de diñeiro e a compra de produtos básicos. Entre estes, para as mulleres, está o burqa. A alta demanda provocou que o prezo da prenda se multiplicase até por dez esta semana. Do hijab ao al-amira Unha das xornalistas que o constatou é a correspondente da CNN Clarissa Ward, que nas últimas horas foi involuntariamente usada nas redes sociais para ilustrar o antes e despois da chegada talibán. Nunha primeira foto, aparecía coa cabeza descuberta; na segunda, tapada cun al-amira (con só a cara visíbel). Ward aclarou en Twitter que a imaxe inicial se tomara nunhas instalacións privadas e a posterior, nas rúas de Kabul, onde sempre usou un pano, aínda que non cubríndose totalmente como fai agora. \"Así que hai diferenza mais non tan radical\", clarificou. Mais en Herat, informou Associated Press, os talibán xa repartían esta semana panos ás portas dos colexios para se cubriren as nenas. E fóra das principais cidades ─onde está posto o foco da opinión pública mundial─, especialmente no rural, os relatos en redes sociais ─sen verificar xornalisticamente─ aseguran que o retroceso de dereitos para nenas e mulleres xa está en marcha."}
{"ID": "PRAZA_5221", "summary": "Precisaríase un programa de mínimos, e non de máximos, no que agora estamos, para crear confianza e recuperar a sintonía cunhas maiorías sociais e xente común que noutro tempo estivo achegada e que agora asisten incrédulas á exacerbación dun discurso que por mais fundamentado que estea non é quen de reflectir o noso timing.", "text": "É profundamente desalentador o panorama actual do nacionalismo galego. Por non remontarse mais atrás, as accidentadas idas e vindas pre-europeas das diferentes formacións que hoxe conforman ese escenario político dan conta dunha profunda crise que a duras penas se pode disimular. Cun país en réxime de autodestrución imperativa –da que tamén agora participa contaxiado o nacionalismo-, o momento non podía ser peor. As accidentadas idas e vindas pre-europeas das diferentes formacións que hoxe conforman ese escenario político dan conta dunha profunda crise que a duras penas se pode disimular A crise do nacionalismo afecta ao liderado, á estrutura e ao discurso. Fallou primeiro á hora de resolver os problemas de sucesión, sempre difíciles en calquera formación pero aínda máis cando se carece de fórmulas institucionais suficientemente sólidas e respectadas. Non é un problema de estatutos ou de que algunhas personalidades, con méritos indubidables por outra banda, non souberan estar á altura, é que faltan regras que faciliten eses tránsitos e cultura de respecto. En consecuencia, chegamos a un punto en que cada un mira polo seu. A estrutura, con independencia do tradicional debate sobre a idoneidade da opción frontista, probablemente a mais acaida nas actuais circunstancias, é dunha fragmentación inaudita, descorazonadora, tanta que descoloca a calquera observador externo. O feito de que esa división se complemente cun enfrontamento ás veces hiperideoloxizado dificulta mesmo a posibilidade de artellar redes de colaboración non superficial en aspectos tan elementais como a democratización, a defensa de servizos públicos ou a lingua. Canto máis se radicaliza máis se afasta das maiorías sociais e mais complexo resultará evitar as vitorias conservadoras que están levando o país pola senda da súa marxinalidade a todos os efectos O discurso confunde as arelas estratéxicas e as tácticas, radicalizándose a cada paso tanto en razón dunha necesidade de diferenciación fronte aos competidores emerxentes como da lóxica do momento, marcado pola regresión neoliberal, cun impacto demoledor en Galicia. Pero canto máis se radicaliza máis se afasta das maiorías sociais e mais complexo resultará evitar as vitorias conservadoras que están levando o país pola senda da súa marxinalidade a todos os efectos. Os erros terán sido moitos e de todas partes, pero o punto de inflexión definitivo semella que non chegou de todo. Sumidos no desgaste recíproco, trátase agora de saber quen porta a bandeira máis grande. Unha batalla fratricida e estéril. Precisaríase con urxencia un Comité suprapartidario de Bos Oficios que achegue razón, humildade, perspectiva, xenerosidade e creatividade á política nacionalista galega para pechar feridas e retomar impulso, pasando a segundo plano os egos, as liortas persoais e ideolóxicas. Precisaríase un programa de mínimos, e non de máximos, no que agora estamos, para crear confianza e recuperar a sintonía cunhas maiorías sociais e xente común que noutro tempo estivo achegada e que agora asisten incrédulas á exacerbación dun discurso que por mais fundamentado que estea non é quen de reflectir o noso timing. Recuperar a sintonía cunhas maiorías sociais e xente común que noutro tempo estivo achegada e que agora asisten incrédulas á exacerbación dun discurso que por mais fundamentado que estea non é quen de reflectir o noso timing Cómpre partir da realidade, coas súas complexidades e os seus matices, non afastarnos dela erguendo listóns para construírmos castelos de purismo endogámicos e estériles. De pouco valen os apelos a rebelións incertas se non garantimos os apoios das maiorías. O que compre conseguir é o apoio cívico para outra política, crible, xestionada por persoas cribles e nas que se poida confiar. Galicia será todo un mundo pero é un país pequeno no que se tende demasiado a imitar por falta de suficiente autoestima, incluso no nacionalismo. Cando perdemos de vista onde estamos, quen somos e de onde vimos, tamén acabamos sendo vítimas da mesma desfeita que pretendemos superar. E perdoen a intromisión."}
{"ID": "NOS_44606", "summary": "A facturación do sector na Galiza caeu en 2011 a niveis de 2002. En dous anos aprobáronse EREs temporais que afectaron pola volta de 10.000 operarios", "text": "Falar do sector da automoción na Galiza é falar dun alicerce en canto a emprego e peso no PIB do país, para alén dun ramo punteiro en I+D+i e de representar unha parte considerábel das exportacións da economía galega. Un sector, pois, a coidar e incentivar. Mais nestes últimos catro anos, a automoción galega está a sofrer a combinación do embate da crise coa falla dunha planificación dos poderes públicos galegos (para alén de subvencións e axudas sen visión a medio ou longo prazo) do que pode ser este sector para Galiza. Informes e estudos de diversas centrais sindicais alertaban a comezos deste 2012 que no sector da automoción de Vigo e contorna (onde se ubica a inmensa maioría do existente no pais) nestes últimos anos lévanse perdidos pola volta de 6.000 empregos, a maioría deles eventuais. E a isto hai que engadir que en dous anos aprobáronse EREs temporais que afectaron a uns 10.000 traballadores. En dous anos aprobáronse EREs temporais que afectaron a uns 10.000 traballadores deste sector Emprego directo e indirecto A finais de 2008 nos polígonos de Vigo e O Porriño había pola volta dun centenar de empresas auxiliares que traballaban para a automoción. Case todas elas pasaron (e pasan) por dificultades. Empregan a uns 25.000 traballadores en sectores tan diferentes como o metal, textil, química... En canto ao emprego directo, e segundo recoñece o propio Cluster do sector, só en traballos directos perdéronse 2.400 en dous anos (do 2009 a 2011). A facturación do sector da automoción da Galiza foi en 2011 de 7.000 millóns de euros, retrocedenco a niveis de hai anos. En 2007 o volume de negocio rondaba os 9.300 millóns de euros. Exportacións En 2009, a automoción representaba o 32 por cento das exportacións da Galiza. Dous anos despois, en 2011, 'só' é o 26 por cento, seis puntos porcentuais menos. En canto ao peso deste sector no Produto Interior Bruto (PIB) galego caeu un punto, tras pasar de ser o 13% en 2010 ao 12% no ano pasado. Rebaixar custos salariais Alén deste panorama preocupante, desde os sindicatos alértase da tendencia crecente en empresas do sector desde hai uns tres anos a introducir nos convenios novas categorías laborais para así reducir os custos laborais. Aplícanse aos novos contratos temporais nas escalas máis baixas de cualificación, que poden pasar a cobrar até un 15% menos. Feijóo gábase da situación do sector Mais todas estas dificultades non impediron que o Presidente da Xunta se gabase onte da situación do sector. Feijóo participou da presentación dos novos vehículos eléctricos que se producirán na factoría viguesa de PSA-Peugeot Citröen, Peugeot Partner e Citröen Berlingo, No acto o candidato popular presumiu de que se produzan en Vigo estes dous novos modelos. A tal fin o Goberno galego inxectou na multinacional francesa 11 millóns de euros para que as furgonetas eléctricas leven marca \"Galicia\" nos laterais das portas. Unha axuda económica a un grupo empresarial privado que contrasta co desleixo do executivo galego en relación ao sector naval, como criticou días atrás o BNG."}
{"ID": "NOS_20526", "summary": "O ministerio español de Interior anunciaba nunha nota na súa páxina web as detencións de varios avogados namentres mantiñan unha reunión nun despacho, axusados de firmar parte da estrutura de ETA. A nota de prensa remitiuse aos medios, filtrándose a algún deles os nomes dos detidos. Mais todo iso fíxose antes da operación.", "text": "Unha operación da Garda Civil en Euskal Herría saldouse coa detención de oito persoas, varias delas avogad@s, que se ocupan da defensa dos e das presas da organización ETA. O departamento español mesmo filtraba nomes e apelidos dos detidos a medios afíns. Segundo informaba o ministerio español de Interior na súa páxina web, os arrestos producíronse namentres @s letrad@s mantiñan unha xuntanza no despacho dun deles. Son seis en total as persoas detidas e a Garda Civil considera que era esta \"a única estrutura activa de ETA en España\". O departamento que dirixe Jorge Fernández Díaz fala de \"presuntos membros de ETA\", malia informar de que se trata de profesionais do dereito. A orde foi ditada polo xulgado central de instrución nº6 da Audiencia Nacional española. Mais o propio ministerio solicitou minutos despois de colgar esta nota de prensa que a mesma fose anulada. Un erro? Máis ben un 'adianto', pois pouco despois o despregamento das forzas de seguridade españolas en Bilbo, Hernani e Donosti saldábase coa detención dalgunhas das persoas que o ministerio 'filtrara' a medios amigos. Este operativo prodúcese ás portas da mobilización contra a dispersión dos presos vascos que este sábado decorrerá en Bilbo e que espera reunir, como é tradicional, a ducias de milleiros de persoas."}
{"ID": "NOS_16989", "summary": "Máis de mil persoas manifestáronse na Coruña na mobilización convocada por CCOO e UXT. Ambos destacan a importancia da nova reforma laboral e lanzan críticas contra a CEOE.", "text": "A manifestación con motivo do 1 de maio convocada polos sindicatos CCOO e UXT tivo lugar na Coruña nunha marcha pola Avenida Linares Rivas desde a Praza da Palloza até a Praza de Ourense. Neste percorrido corearon consignas como \"que viva a loita dá clase obreira\", \"é a criminal, a patronal\" ou \"aquí está, aquí vese, a mocidade obreira en pé\". Minutos antes do inicio, a secretaria xeral de Comisións Obreiras na Galiza, Amelia Pérez, defendeu que o factor traballo \"segue transformando a vida da xente\" e, por tanto, debe poñerse \"no centro das políticas\". As mulleres galegas seguen a cobrar de media 5.000 euros menos que os homes Para ela, estas políticas deben buscar a suba de salarios, a contención de prezos, algo \"imprescindíbel\" xungo con máis igualdade e cohesión social. \"A desigualdade é o maior disolvente da democracia\", remarcou respecto diso. Tal e como detallou, é necesario subir salarios \"porque na situación na que está a clase traballadora non pode volver pagar os pratos rotos . Con todo, sinalou algúns puntos fortes dos últimos anos como o incremento dos dous últimos anos do salario mínimo interprofesional ou a reforma laboral, \"que xa dá os seus resultados en materia de contratación\". Pérez tamén se mostrou moi crítica coa patronal, á que afeou a súa \"intransixencia\" en canto a \" garantir o poder adquisitivo nos convenios\" e co Partido Popular. \"Non podemos seguir nunha situación de interinidade, as familias deste país non poden esperar polos tempos do PP\". Polo seu lado, o líder do outro sindicato convocante, UXT, José Antonio Gómez, expresouse nos mesmos termos. Así, demandou á CEOE \"que os beneficios empresariais revertan na clase traballadora\" e insisitiu en que \"non pode ser que se neguen a incluír cláusulas de revisión salarial nos convenios cando os prezos soben un 10%\". CCOO e UXT reivindican que o Goberno \"cumpra\" co persoal traballador Gómez tamén solicitou aos gobernos \"as axudas públicas necesarias\", cun control de prezos, a subida de salarios e políticas de igualdade. \"Hai máis de 500.000 persoas na Galiza que reciben menos de 1.000 euros\", lembrou. O líder sindical lamentou ademais o contexto no que se celebra este 1 de maio. \"Todos pensabamos que iamos falar de recuperación económica mais coa desgraza da guerra de Ucraína, a subida da inflación, cambiou todo o escenario económico\", comentou, tras o que quixo tamén mostrar \"toda a solidariedade\" cos pobos que sofren guerras e opresión, \"concretamente cos ucraínos\". Representación poítica Na manifestación tamén participaron algúns dos líderes políticos, como a vicesecretaria xeral do PSdeG e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que mostrou a \"preocupación\" do partido por \"os dereitos que se van vendo mermados\". Por iso, pide seguir \"consolidando dereitos laborais\" e \"reivindicado o traballo en maiúsculas\"; \"a mellor capacidade para crecemento da Galiza e o Estado español\". Méndez mostrouse especialmente crítica co partido popular e co presidente en funcións da Xunta, Núñez Feixoo, ao que acusou de deixar a Galiza \"coa maior taxa de desemprego en 13 anos, cunha perda de 100.000 postos de traballo; o PIB un 5% por baixo da media e con 1.800 euros menos por persoa a nivel per cápita\". Tamén o secretario xeral de Podemos na Galiza, Antón Gómez Reino, chamou a continuar á mobilización e á loita para \"consolidar\" os \"avances\" conseguidos até o momento. \"Levamos dous anos moi difíciles, coa guerra e a pandemia, e a pesar diso avanzouse no marco xeral dos dereitos dos traballadores\", defendeu. \"Temos moitas tarefas pendentes, sobre todo nesta comarca, cunha crise industrial a liquidar\", lembrou Gómez Reino, que a pesar disto puxo en valor a reforma laboral actual, \"a primeira en 40 anos que defendeu e puxo por diante os dereitos dos traballadores, en termos de combater a temporalidade e a precariedade\"."}
{"ID": "NOS_13011", "summary": "A CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas con motivo do Día da clase obreira galega .", "text": "O Día da clase obreira galega a CIG pedirá na rúa a derrogación das reformas laborais e lei mordaza. Con este motivo, decorrerán asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas baixo o lema \"Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!\". O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que coas reforma laborais e a Lei Mordaza empeorouse a calidade de traballo e de vida das clases populares, facilitouse despedimentos, limitáronse liberdades e dereitos... E entende que após os resultados do 20-D,\"ábrese unha porta que pode facilitar a derrogación\" desta lexislación laboral e do recorte de dereitos e liberdades públicas que, a xuízo do secretario xeral, \"están, en grande parte, na base do que foi o deterioro das condicións laborais e da política represiva do PP\". Pobreza laboral Seixo explica que, xunto con estas reivindicación, a CIG avaliará, nas asembleas e na campaña que arredor do 10 de Marzo se está a desenvolver en toda Galiza, a situación sociolaboral e económica que sofre o noso país e que define como \"altamente preocupante\". Neste sentido, salienta que o desemprego afecta a preto de 250.000 persoas; que o tramo de asalariados que medrou nos últimos anos foi o daqueles que teñen uns ingresos do 50% do SMI e que non chegan aos 2.000 € ao ano e que \"non poden ter a consideración de traballadores/as en activo\". Asembleas e concentracións - Ferrol 10:00 h. Asemblea Delegados/as 12:00 h. Ofrenda Floral 20:00 h. Manifestación con saída de Eduardo Pondal, a carón do local sindical - A Coruña: 10:00 h. Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos Edificio Sindical 12:00 h. Concentración diante da Delegación do Goberno. - Compostela: 18:00 Asemblea de Delegados/as na Faculdade de Políticas 20:00 h. Manifestación con saída da Praza Roxa - Lugo 10:00h. Asemblea de Delegados/as no Salón de Actos da Casa Sindical 12:00h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno de Lugo (Praza de Armanyá) - Viveiro: 10:00h. Asemblea de Delegados/as no local da CIG de Viveiro 12:00h. Concentración diante dos Xulgados de Viveiro. - Ourense Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos da Casa Sindical 11:30 h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno. - Pontevedra: 10:00 h Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos Edificio Sindical 12:00 h Concentración diante da Delegación do Goberno - Vigo: 20:00 h. Manifestación con saída desde a Doblada"}
{"ID": "NOS_41077", "summary": "O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos fallou a favor de Patxi Arratibel que fora detido pola Garda Civil en 2011.", "text": "O TEDH condenou esta terza feira, por sétima ocasión, ao Estado español por non ter investigado a denuncia de torturas presentada polo cidadán basco, Patxi Arratibel quen foi detido pola Garda Civil en 2011 acusado de facer parte da organización Ekin. Arratibel denunciou, xa naquela altura perante as instancias xudiciais españolas, ter padecido torturas físicas e psicolóxicas durante o período de incomunicación. Entre os feitos denunciados atópanse \"golpes por todo o corpo\", \"simulacros de violación\" e a aplicación de \"electrodos\" para alén de ameazas. Porén, a súa demanda non foi escoitada aínda despois de sinalar que nunha das declaracións policiais asinadas escribira , xunto á súa sinatura, a palabra 'aztnugal', 'Laguntza' ao revés que en euskera significa 'axuda'. Arratibel denunciou ter padecido torturas físicas e psicolóxicas durante a incomunicación Agora, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos dálle a razón e condena ao Estado español por non ter investigado a denuncia. Neste senso, sinala que a pescuda desenvolvida polas institucións españolas \"non se fixo a fondo nen foi efectiva\". Aliás, o Tribunal lémbralle a España que durante o período de incomunicación exíxese \"un esforzo máis importante por parte das autoridades\" para \"determinar os feitos denunciados\" debido á \"vulnerabilidade\" da persoa detida. Con esta sentenza referida ao caso de Arratibel, suman xa sete as sentenzas condenatorias ao Estado español por non investigar torturas policiais. Seis delas referentes a cidadás e cidadáns bascos: Mikel San Argimiro (2010); Iker Beristain (2010); Martxelo Otamendi (2012); Beatriz Etxebarria e Ohian Ataun (2014). Outra --a primeira-- tivo lugar no 2004 e facía referencia á detención de 45 persoas no marco dos Xogos Olímpicos de Barcelona'92. Foran acusadas de pertenza a Terra Lliure nun operativo dirixido polo xuíz Baltasar Garzón."}
{"ID": "PRAZA_958", "summary": "Os investigadores detectan unha rede de presunto \"tráfico de influencias\" no Concello canalizado a través do tenente de alcalde. A información atopada nos ordenadores municipais amosan o intercambio de currículos, recomendacións e agradecementos.", "text": "Xulio Ferreiro: \"Mentres 22.000 persoas padecen o paro na Coruña, as amizades do PP parten con vantaxe\" En maio de 2012 había 23.849 persoas anotadas nas oficinas de emprego do municipio da Coruña, case un 20% máis que un ano antes, cando o PP logrou a súa histórica maioría absoluta con Carlos Negreira á fronte. Mentres, a afiliación á Seguridade Social non deixaba de baixar, cunha media dunhas 85.000 persoas afiliadas que un ano despois eran apenas 82.000 e en 2014, pouco máis de 80.000 como cifra media. Este é o contexto no que, segundo a investigación da Operación Pokémon, o Concello da Coruña se converteu nunha \"axencia de colocación\" na que, segundo a xuíza Pilar de Lara, os postos de traballo non se asignaban de forma \"regulamentaria\" e con criterios de \"igualdade, mérito e competencia\", senón que pesaba máis a afinidade co PP e a posibilidade de ter acceso directo a cargos do goberno municipal. Segundo os últimos informes de Vixilancia Aduaneira incorporados ao sumario do caso, a cuxo contido tivo acceso Praza Pública, a suposta rede de enchufes de cargos populares desenvolveuse dende o seu acceso ao Concello en 2011 e vese \"referendada\" polos correos electrónicos intervidos no \"volcado informático\" realizado polos axentes no Pazo de María Pita en decembro de 2013. Eses correos sitúan o tenente de alcalde, Julio Flores, como receptor de currículos e peticións de recomendacións de, cando menos, unha corentena de persoas. O número dous de Negreira redirixiría, á súa vez, esas solicitudes de enchufes cara ao grupo Véndex, conglomerado de empresas que a investigación sitúa na cerna da trama. Os investigadores detectan unha rede de presunto \"tráfico de influencias\" no Concello canalizado a través do tenente de alcalde Atendendo ás indagacións de Vixilancia Aduaneira o responsable de Véndex en Galicia, José María Tutor, colaboraría activamente neste \"presunto tráfico de influencias\" atendendo as \"recomendacións de Julio Flores\" dentro do seu \"propósito de colocar persoas recomendadas por persoal da máxima representatividade do Concello\" como contrapartida para conseguir concesións municipais. Unha das concesións sinaldas é o \"contrato de servizos integrais de limpeza, conserxaría e mantemento do centro sociocultural Ágora\" onde, destaca Tutor nunha das conversas telefónicas gravadas, \"as persoas que están traballando son todas da nova corporación\". Por este motivo, din os investigadores, \"o máis importante\" para lograr a concesiń \"non é o contido dos pregos, senón que o persoal (...) é da nova xente do goberno municipal da Coruña\". Intercambio de currículos e agradecementos Os correos electrónicos intervidos son todo un retrato de múltiples casos de persoas afectadas pola crise que, como moitas outras, sufren problemas para facerlle fronte a pagamentos cotiáns ou para manteren as súas vivendas, ou padecen a presión da fin das prestacións por desemprego. A diferenza fundamental a respecto do resto da poboación é a posibilidade de acceder a un emprego vinculado ao Concello dende fóra das canles ordinarias. Deste xeito, por exemplo, Flores pídelle a Tutor que \"lle busque algo\" a unha persoa que lle pediu un posto de traballo. Tutor, pola súa banda, indícalle ao tenente de alcalde que \"necesita\" un \"diplomado en turismo para substituír aos que están na caseta que está ao pé da Torre de Hércules\" e que \"mire se ten alguén na lista\" que responda a ese perfil. O mesmo fai, pouco despois, para cubrir postos de persoal de limpeza para dúas instalacións municipais. O responsable de Véndex pídelle a Flores nomes da súa \"lista\" para cubrir postos vacantes Os correos retratan, ao tempo, as reaccións de agradecemento das persoas enchufadas. \"Querido Julio. Quiero expresarte toda mi gratitud y cariño. Me has ayudado, quizás cuando más lo necesitaba en mi vida. Como nadie lo ha hecho nunca. Todo este tiempo me ha servido para reafirmarme como persona\", indica un traballador que atribúe á mediación do político o seu traballo nos servizos das praias e nos grupos de emerxencias. \"Querido Julio, esta mañana (...) confirmaron a mi hija (...) en la alcaldía. Quiero pues transmitirte mi profundo sentimiento de reconocimiento por todas las molestias que en este terreno determinastes. Si en algún momento, he molestado, pido disculpas por ello los hijos forman parte especial en la vida de los padres\", di un funcionario municipal tras confirmar a colocación da súa filla. \"Querido Julio, me has ayudado como nadie lo ha hecho nunca\", dille ao tenente de alcalde unha das persoas presuntamente enchufadas Do devandito volcado informático realizado os axentes tamén tiran a presunta intermediación nas cuñas doutros membros do PP, como as edís Begoña Freire, Rosa Gallego e Mariel Padín, ou o ex conselleiro de Educación e candidato do PP en Ourense, Jesús Vázquez. Asemade, é posible observar tamén como algunhas persoas botaban man de Flores tanto para tentar a consecución dun posto de traballo como para salvar outro tipo de trámites: \"Como sé que eres una persona que siempre estás atenta a cualquier oportunidad, te envío el currículum de una persona por si surge alguna opción\", indica un dos correos. \"Te agradecería si puedes hacer algo sobre lo de mi hijo para las Becas USA\", dille o pai dun alumno dun colexio privado da cidade."}
{"ID": "NOS_44483", "summary": "Os dous candidatos á secretaría xeral do PSdeG continúan coa súa xira por Galiza para conseguir apoios de cara ás primarias. Antes do debate, un e outro defenderon as súas equipas e ideas como as que poden loitar contra o Goberno de Alberto Núñez Feixoo para apealo da Xunta.", "text": "As primarias do PSdeG para conseguir o posto de secretario xeral están cada vez máis perto e os dous candidatos seguen a percorrer a Galiza na procura de apoios aos seus proxectos. Nesta cuarta feira, o actual secretario Gonzalo Caballero, que quere revalidar o cargo, estivo en Lugo onde defendeu que representa \"o proxecto de esquerda galeguista gañador na Galiza\". Antes da participación no debate co seu rival, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou que \"cada día atopa máis forza na militancia socialista\", que desde o seu punto de vista \"quere seguir avanzado\". Camiñando nesa vía de esquerda e galeguismo cos \"valores do feminismo, o ecoloxismo e o compromiso ético como bandeira\". \"Este proxecto é a mellor garantía para afrontar con éxito as municipais e as xerais de 2023 e para gobernar Galiza no 2024\", sinalou Caballero. Porén, o aspirante ao liderado do partido no país, considera que a alternativa real e viábel ao Partido Popular é a que representan el e a súa equipa. González Formoso, que entre outros lugares estivo na Coruña até a tarde desta cuarta feira, remarcou que as e os socialistas queren \"un PSdeG forte\" porque a Galiza \"precisa dun PSOE forte, que sexa alternativa clara ao Goberno de Feixoo\". Estabelecéndose como garante desa fortaleza, o opoñente de Caballero chamou a unha participación masiva da militancia na cita coas urnas deste sábado 30 de outubro. \"Non nos podemos conformar con superar ao BNG e ser segunda ou terceira forza política, temos que gobernar para mudar a vida das persoas\", reflexionou."}
{"ID": "NOS_14837", "summary": "Distintos medios de comunicación fanse eco da publicación no número 102 do semanario Sermos Galiza de dous poemas e un debuxo inéditos de Álvaro Cunqueiro.", "text": "Unha páxina completa dedícanlle os xornaiEl Correos El Progreso e El Correo Gallego á publicación dos inéditos de Cunqueiro en Sermos Galiza. \"Documentos anteriores ao ano 1936 localizados nunha trabe situada nunha construción anexa á residencia familiar da estirpe dos Cunqueiro na Praza de Mondoñedo permitiron sacar á luz textos inéditos e debuxos do escritor mindoniense\", comeza El Progreso na súa información na que dá conta da aparición e publicación destas pezas de mocidade do autor. \"O semanario 'Sermos Galiza' publicou o achado na súa edición en papel\", titula, pola súa banda El Correo Gallego que recorren ás explicacións de César Morán para valorar a relevancia dos poemas e os debuxos. Tamén El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña recolleron nas súas seccións de cultura a nova do aparecimento dos textos do autor de Mondoñedo, un dos nomes máis relevantes da literatura galega do século XX. Pola súa parte, o xornal El Mundo informou nas súas páxinas da publicación dos dous poemas de Álvaro Cunqueiro na súa edición para todo o estado. eldiario.es e mundiario.com Tamén a axencia EFE remitiu un teletipo no que informaba da noticia literaria, nota que se reproduciu en numerosos medios, información que foi recollida impresa na pantalla na cadea televisiva de TVE 24 Horas. No ámbito dixital, o xornal Mundiario.Com -dirixido polo xornalista José Luís Gómez- facíase eco da información; da mesma maneira, eldiario.es recolle a información para todo o Estado, citando a orixe no semanario galego Sermos Galiza."}
{"ID": "NOS_55905", "summary": "As Plataformas das Preferentes continuarán coas mobilizacións até que @s afectad@s recuperen a totalidade dos cartos. Segundo denunciaron no xuízo celebrado este día 9 en Compostela, quedan aínda 20.000 persoas que continúan sen recuperar os seus aforros.", "text": "A Plataforma de Afecta@s por Preferentes e Subordinadas de Compostela e Comarca apoiaron cunha concentración na mañá da quinta feira 9 de outubro á parella de afectad@s nun novo xuízo e anunciaron unha nova xuntanza de toda a coordinadora para aprobar novas accións encamiñadas a reclamaren a devolución da totalidade dos seus aforros. O vista oral do novo xuízo contra NovaGalicia Banco pola demanda presentada por Esther Perol e o seu home Miguel, activistas da plataforma serviu máis unha vez para que se fixera pública a vontade do colectivo de non deter as protestas até que se lles devolva a totalidade dos aforros. Sentenzas favorábeis a membros da plataforma de Compostela recibidas nos últimos tres días, coa conseguinte anulación do contrato e restitución dos aforros, ademais de costas xudiciais a cargo da entidade demandada animan á plataforma a continuar na súa loita, como fixeron na mañá desta quinta feira, cando diante dos xulgados da cidade manifestaron a súa vontade de continuar até que se recupere o 100% dos aforros. Segundo informan, devólvense polas sentenzas cantidades de 23.400 e 20.000 € e hai outros dous casos pendentes de sentenza. Hipocrisía de Escotet Valoran o anuncio do novo propietario de ABANCA, Juan Carlos Escotet da solución do problema para os dous mil empregados das caixas como \"unha hipocrisía máis xa que incumpriu a que lles fixo aos clientes afectados o pasado mes de decembro de solucionar o problema nun prazo de tempo inferior a 90 días, a toas luces incumprido\". Os colectivos de afectad@s calculan que son 20.000 as persoas que aínda non recuperaron os seus cartos que ascenderían a 200 millóns de euros, cantidade que poñen en comparanza cos 440 millóns que ABANCA recoñece como beneficios do primeiro semestre. Sen xuntanza con Feixoo O sábado 11 de outubro está convocada en Santiago unha xuntanza da Coordinadora Galega de Plataformas de Afectado na que se aprobarán novas mobilizacións para reclamar a solución definitiva do tema. Lamentan non ter tido neste tempo ningún apoio do goberno da Xunta e o seu presidente Alberto Núñez Feixoo, que continúa sen responder ás solicitudes de xuntanza. \"O goberno galego desentendeuse totalmente e ignora a problemática dos afectados trala venta da entidade nacionalizada\", denuncian, ao tempo que lembran que os casos solucionados débense a tres anos de mobilizacións e tamén ás resolucións xudiciais que están a ser a favor das demandas presentadas. \"Considerámonos non só totalmente abandonados, senón aínda por riba represaliados polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a membros das mesmas por participar en actos pacíficos de protesta\", engaden, dunhas multas que ascenden a 20.000 euros dos que esixen a súa retirada."}
{"ID": "PRAZA_12137", "summary": "Socialistas e nacionalistas explicitan o seu apoio as reivindicacións unitarias do persoal da Administración e esixirán este martes a retirada da lei que diminuirá retribucións e dereitos tanto ao funcionariado como aos traballadores contratados", "text": "A Xunta contra o mundo. Vinte e catro horas antes de que culmine no Parlamento a rapidísima tramitación da \"lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma\", isto é, do plan de recortes ao conxunto do persoal ao servizo da Administración autonómica, as dúas forzas da oposición parlamentaria e todos os representantes dos propios traballadores veñen de sacar músculo a xeito de fronte común. Como era de agardar, en senllas xuntanzas socialistas e nacionalistas amosaron o seu total apoio ás reivindicacións unitarias de CIG, CCOO, UGT, CSI-F e USO e, no pleno que celebrará o Parlamento este martes, esixirán a devolución do proxecto de lei tanto polo xeito en que foi tramitado, por \"autoritario\", como sobre todo polo \"ataque aos servizos públicos\" que, afirman, trae consigo. A irritación das centrais sindicais non vén dada só polo propio plan de recortes -que abrangue dende xubilacións forzosas a recortes nas prestacións por baixa ou reducións de xornadas-, senón polo feito de que, din, non houbese lugar a negociación posible. Neste sentido, o responsable da área de función pública de Comisións, Ramiro Otero, lamenta especialmente que non puidesen dispoñer oficialmente da \"exposición de motivos\" da lei ata o encontro cos grupos da oposición. \"Grazas ao PSdeG e ao BNG fomos quen de ter na man o motivo da rebaixa dos nosos salarios\". Deste xeito, di Otero, queda demostrado o \"sentido claro\" da \"negativa das organizacións sindicais\" a sentar coa Consellería de Facenda para negociar: \"a falta de información\". O propio contido do plan de recortes é tamen para as centrais sindicais motivo dabondo para que non haxa lugar á negociación. Cómpre a \"retirada do texto enteiro\", sinala Carmen López Santamariña, da CIG, en cuxa opinión non procedeu \"negociar punto por punto porque todos son lesivos\", tanto para \"os traballadores\" como \"para o conxunto dos servizos públicos\" mediante a \"liquidación de condicións de traballo e de postos de traballo\". Con esta interpretación coincide José Francisco Méndez, de CSI-F, que ve no proxecto do gabinete de Alberto Núñez Feijóo un verdadeiro risco para uns servizos públicos que ata agora foron \"modélicos\" e tamén \"dos máis baratos\" de Europa. A sanidade, por exemplo, supón \"o 6% do produto interior bruto, dous puntos por baixo da media da Unión Europea\". \"Estamos dispostos a traballar na procura da eficacia, se hai absentismo, estamos dispostos a poñer as medidas para previlo\". Pero todo iso, advirte Méndez, \"só pode facerse co diálogo, non con imposicións e leis non negociadas\". A oposición ofrece alternativas ao axuste Así as cousas, o Goberno galego transitará entre un enorme cabreo dos representantes do persoal para chegar á Cámara e alí defender este martes, tamén en solitario, a súa tesoirada. Diante do seu proxecto a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, atopará tamén os deputados de PSdeG e BNG que, ademais de no rexeitamento, coinciden tamén á hora de formular alternativas aos recortes. Tras coñecer de primeira man as demandas sindicais, o voceiro socialista en materia de función pública, José Manuel Lage Tuñas, ve a Feijóo decidido a \"pór enriba das costas dos traballadores públicos o custo da crise económica\", facéndoo ademais amosando \"a súa faciana máis déspota\", aprobando a lei cun trámite de urxencia que reduce ao mínimo a capacidade de intervención da oposición. No capítulo das alternativas, Lage coida que hai vías de aforro que deben ser exploradas antes de meter a tesoira no funcionariado. \"Non se pode manter unha oficina da Xunta en Miami que custa máis de 11.000 dólares ao mes e ao mesmo tempo recortar servizos e negarlle dereitos aos traballadores, non se poden manter as delegacións territoriais mentres non se cubren baixas do persoal médico e se deteriora o ensino público\", exemplifica. Do mesmo xeito, a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, lembra que os nacionalistas defenderán no pleno un texto alternativo completo á lei de Feijóo, con \"outro tipo\" de \"racionalizacións\": supresión das deputacións e das delegacións territoriais, eliminación do gasto \"en propaganda\" ou \"axustes no gasto de gabinete\". Ademais, di, a eliminación do plus de altos cargos debe ser \"definitiva\". Xunto a eses axustes, o paquete de medidas que proporá o Bloque inclúe tamén unha proposta de \"incremento da recadación\" mediante unha suba do treito autonómico do IRPF ás rendas máis altas e a recuperación plena do imposto de patrimonio. Con todo, non semella que estas iniciativas vaian ter acollida no Goberno, ao que lle abondan os votos do PP para sacar adiante o proxecto pola vía rápida. Desde a súa aprobación no Consello da Xunta e a súa ratificación definitiva median tan só doce días."}
{"ID": "NOS_29219", "summary": "Ferrín anuncia que a Academia interpuxo un recurso de casación ante o Tribunal Supremo de Madrid contra o decreto da lingua para pedir a súa \"anulación total\" e amósase convencido de que teñen \"moitas posibilidades de gañar\". A presentación do recurso foi aprobada pola totalidade de membros do plenario.", "text": "A batalla xurídica contra o decretazo da lingua da Xunta do PP chega até as máximas instancias estatais. O presidente demisionario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, anunciou dende a sede da rúa Tabernas da Coruña que a institución cultural presentou no Tribunal Supremo de Madrid un recurso de casación contra a sentenza do TSXG referente á polémica norma lingüística do actual goberno galego, da que só anulou dous puntos. \"Pedimos a anulación total\", afirmou Ferrín, que tamén se mostrou optimista xa que, segundo as súas palabras, \"falei con algúns avogados e me dixeron que presentamos un recurso moi bo e temos posibilidades de gañar e cambiar así a presente política cultural\". \"Nós temos unha boa relación coa Xunta, menos neste asunto\", afirmou Ferrín, que estivo acompañado por Xosé Luís Axeitos e Manuel González. Este último foi o que recoñeceu que o recurso de casación presentado pola RAG podería chegar a retirarse se o goberno do PP estivese disposto a sentarse a negociar unha mudanza da súa política lingüística. Ferrín denunciou o desleixo co que o Executivo de Feijóo tratou á Academia nesta cuestión: \"Antes da elaboración do decreto, a RAG solicitoulle á Xunta poder exercer as súas funcións institucionais de defensa e promoción do idioma galego emitindo o correspondente informe preceptivo e non vinculante. Infelizmente a Xunta impediu que a RAG cumprira a súa función, o que nos obriga ao noso pesar a reivindicar de xeito legal a defensa do idioma, a única razón de ser desta Academia que fundou Murguía\". Disenso no Parlamento e na rúa \"Vivimos nunha situación de diglosia, cun bilingüismo desigual que mantén o galego en inferioridade e con esta acción a RAG pretende que se actúe a prol da normalización, para a cal o sistema educativo é decisivo. Queremos que se volva á norma aprobada por unanimidade en 2004, cando Feijóo era vicepresidente. Teño saudade daqueles tempos nos que había consenso sobre o galego no Parlamento, agora hai disenso, no Parlamento e na rúa\", indicou o presidente da Academia, que lamentou que \"a algúns que parece que non lles importe que se extinga o galego botarían as mans á cabeza se derrubaran o Pórtico da Gloria, cando o idioma é unha obra moito maior\". Nin Ferrín -nin os membros da Academia que o acompañaban- quixeron referirse durante a conferencia de prensa a outras cuestións como a hipotética reconsideración da súa demisión. ,"}
{"ID": "NOS_14679", "summary": "O barril brent chegou aos 48 dólares, unha queda de practicamente o 50%.", "text": "Maduro sinala os Estados Unidos como responsábeis da queda do petróleo ao aplicar métodos de extración de crú -o fracking, de altísimo impacto ecolóxico- que están a afundir as cotizacións e a provocar serios problemas en economías altamente dependentes da exportación desta fonte de enerxía. O presidente de Venezuela acha que coa guerra do petróleo Washington persegue destruír Venezuela e Rusia. Desvelou Maduro que o plan de Washington consiste en \"inundar o mercado petroleiro inxectando petróleo producido por un método de destrución natural, o método do fracking\" \"No mes de setembro o barril estaba a 95 dólares, e agora, 29 de decembro, está a 48, baixou case 50 dólares\", afirmou esta segunda feira nunha reunión con empresarios do sector agrícola en Caracas. Para o líder venezuelano, \"hai unha guerra planificada estratexicamente con tempo para destruír Rusia\" e que tamén visa \"destruír Venezuela. A Administración Obama tenta \"recolonizar\" o país bolivariano, acabar coa súa \"revolución\" e procurar o seu \"colapso económico\". Desvelou Maduro que o plan de Washington consiste en \"inundar o mercado petroleiro inxectando petróleo producido por un método de destrución natural, o método do fracking\". O sucesor de Hugo Chávez sostén que o proprio Obama ten admitido nos seus círculos máis próximos que \"todo se ten feito para quebrar o presidente de Rusia, para quebrar a Federación rusa\". A dependencia de Venezuela do petróleo é enorme. Estamos a falar do quinto exportador mundial de crú, vendedor de 2,5 millóns de barrís de petróleo diarios, dirixidos na súa maior parte a China e aos EUA. Recortes inevitábeis O 90% das divisas que recebe Venezuela e a metade dos ingresos do orzamento nacional veñen do petróleo. O orzamento estatal de Venezuela para 2015 estimaba que o barril estaría nos 60 dólares. A queda até os 48 obrigará o Goberno Maduro a introducir recortes. A oposición promovida e financiada por Washington apréstase a encirrar as contradicións sociais e procurar o derrubamento do Partido Socialista Unido de Venezuela no goberno."}
{"ID": "NOS_49453", "summary": "O xurado destacou \"a gran orixinalidade estrutural da obra\", a través da cal se conta a vida do protagonista, o actor Sebastian Nell.", "text": "O xornalista e escritor compostelán Alberto Ramos gañou a XXVI edición do premio de novela 'Manuel García Barros (Ken Keirades)' coa súa obra 'Máscaras rotas para Sebastian Nell'. O xurado destaca a \"gran orixinalidade estutural da obra e a densidade humana humana que resulta da caracterización do seu protagonista\", un actor inglés nas súas últimas horas. Os membros do xurado destacan, ademais, a capacidade para aunar diferentes estilos que conxugan o narrativo co xñenero da entrevista. Un relato no que o protagonista lembra as luces e sombras da súa vida, amosando \"todo un mundo de miserias personais e profesionais, de envexas e de iras que trazan un retrato intenso e non sempre agradecido do difícil universo do teatro e do espectaculo\". A súa obra 'Máscaras rotas para Sebastian Nell' impúxose a outros 32 traballos que se presentaran a concurso. Como galardón, o autor recibirá 9.000 euros en metálico e verá publicada a obra nos vindeiros meses coa Editorial Galaxia. Malia a súa xuventude, anteriormente publicou Dor pantasma(2006); Con acuse de recibo (2010); e Todos os días (2013)."}
{"ID": "NOS_54988", "summary": "A multinacional non participou na reunión multilateral telemática convocada polo Ministerio de Industria e tampouco na última xuntanza do período de consultas do ERE.", "text": "A ausencia de Alcoa na reunión multilateral telemática convocada para a pasada cuarta feira pola ministra de Industria Reyes Maroto e a non comparecencia tampouco na última xuntanza co comité de empresa en Lugo eleva a tensión entre as partes. Desde a representación do cadro de persoal faise un chamamento máis ás Administracións para que interveñan para evitar os despedimentos en San Cibrao. \"Necesitamos que alguén arbitre isto\", afirmaba José Antonio Zan, presidente do comité de empresa cando constatou que a multinacional marchaba de Lugo sen querer sentar con eles. \"Onte comportáronse como auténticos voitres e hoxe queren facerse as vítimas de que sufriron moito e que o pasaron mal, e aquí non hai ninguén\", opinaba, \"non entendemos por que as autoridades permiten isto\", engadía. A multinacional aseguraba nun comunicado que persoal da planta de aluminio \"impediron o seu acceso con intimidación e violencia\". Zan contestaba que \"se comparamos tirar un ovo para estar despedindo..., que o poño en dúbida porque non contaron unha verdade desde hai tempo\", aseguraba o presidente do comité de empresa. O persoal de Alcoa concentrarase hoxe a partir das 10 horas diante do Parlamento galego, en Compostela, con motivo da sesión constitutiva da Cámara, para demandar que Alcoa abra o proceso de venda a Liberty House \"sen condicionalo a un ERE ou ERTE\" nin \"á parada de cubas\". Ademais solicitarán, ás novas e novos parlamentarios que apoien \"as súas reclamacións\" tendo en conta que finalizou o proceso de consultas do ERE."}
{"ID": "NOS_22506", "summary": "A organización Implicadas no Desenvolvemento celebra en Compostela a novena edición do festival Implícate con nomes destacados como Najla Shami, Ataque Escampe, Olga Novo, Daniel Salgado, Camila Bossa ou Iolanda Muíños.", "text": "Fronte aos chamamentos á caridade e as campañas de captación de soci@s, a organización Implicadas no Desenvolvemento turra da arte feita na Galiza para visibilizar o seu traballo na cooperación, concebida esta desde unha ollada crítica, feminista e, sobre todo, desde a idea de que as estruturas do Sur só van mudar se mudan as estruturas no Norte. Baixo estas premisas, o colectivo que a escritora María Reimóndez impulsou en 1998 celebra este 12 de xaneiro no Teatro Principal de Compostela [20.30h] a novena edición do festival Implícate, unha mistura de música, palabra, teatro e danza que pretende unir a cultura feita en galego e, ao tempo, demostrar que a crise que mantén máis de 1.200 millóns de persoas en situación de pobreza extrema nos países do Sur é a mesma crise que está a soportar a clase obreira nos países do Norte. O diñeiro recadado coa venda de entradas [12 euros a xeral, 8 euros a de estudantes e 5 euros para a fila 0] irá destinado a financiar os proxectos que Implicadas desenvolve, centrados en dous lugares prioritarios: a India e a Etiopía. Desde pular pola alfabetización de crianzas até loitar pola erradicación do feminicidio, a organización aposta na autoxestión das propias comunidades e na experiencia das contrapartes, as entidades locais con que Implicadas traballa para a xestión de cada proxecto. Sinalado todo o anterior, só queda repasar o programa do festival deste ano, que estará conducido pola poeta Yolanda Castaño. O outro colaborador habitual deste evento, o actor Luís Tosar, non se implicará desta volta. Eis o cartaz completo: MÚSICA Najla ShamiDeusa TolaAtaque Escampe DANZA Druídadanza LITERATURA Olga NovoCesáreo Sánchez IglesiasElvira RiveiroDaniel Salgado TEATRO Camila Bossa e Iolanda MuíñosDavid Perdomo"}
{"ID": "NOS_34057", "summary": "A historia pódese visitar. Literalmente. O portal web de divulgación historiadegalicia.gal vén de anunciar unha iniciativa para, canda asociacións en defensa do patrimonio de todo o país, organizar roteiros por espazos e paisaxes determinantes na historia de Galiza.", "text": "O monte Seixo, en Terra de Montes, (17 de setembro); a pegada megalítica na Serra do Barbanza (23 de setembro) e as batallas entre nobreza e igrexa na Idade Media en Ponte Maceira, en Negreira (30 de setembro), serán as primeiras etapas dunha Rutas de Historia que máis adiante pararán nas guerras que, no século XVII, provocaron o distanciamento de Galiza e Portugal; na sauna castrexa do Castelón da Fonsagrada; nas pegadas de Excálibur, e na función dos irmáns Naveira na ilustración e modernización de Betanzos. \"O proxecto Rutas de Historia nace coa idea de recuperar o patrimonio oculto do país e concienciar a sociedade da importancia da súa historia e patrimonio\", afirma a organización de Rutas de Historia nunha nota de prensa. Para se anotar nas andainas, guiadas por expertos e membros de diferentes entidades relacionadas coa defensa e promoción do patrimonio histórico galego e cunha duración aproximada de catro ou cinco horas, hai un espazo habilitado na web rutasdehistoria.com."}
{"ID": "NOS_14008", "summary": "\"Constatouse a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007\", segundo o sindicato. Logo de sete horas de xuízo, a fiscal non rebaixou a petición de cinco anos de cadea, malia que a súa responsabilidade non quedou acreditada.", "text": "Varios centos de persoas concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos Xulgados vigueses para trasladarlles a súa solidariedade aos acusados. Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, e García, ex responsábel do Naval, accederon ás dependencias do Xulgado do Penal número 2 pasadas as 9.30. Sete horas despois, o xuízo quedaba visto para sentenza sen que a fiscal reducise a petición de cadea, que é de 2,6 anos para cada un deles por cada un dos dous delitos que se lles imputan, desordes públicos e danos, a pesar de que en ningún momento quedou constatada a súa participación nos feitos. Para a CIG isto demostra a \"obsesión\" do Ministerio Fiscal por criminalizar o movemento obreiro, en especial os dirixentes da CIG. Pola sala pasaron 20 testemuñas, entre policías, gardas xurados , ex responsábeis políticos e sindicalistas, e reproduciuse o contido das gravacións feitas polas cámaras de seguridade do edificio autonómico. Integrantes da mesa de negociación Tanto Alcántara como García explicaron que se atopaban no edificio para participar na mesa de negociación do convenio coa patronal e que en ningún momento a intención dos manifestantes foi acceder ao edificio da Xunta. \"Estabamos a piques de chegar a un acordo e estaba claro que non nos interesaba que tiveses escusas para botarse atrás\", indicaron. Atribuíron o sucedido a que un pequeno grupo perdeu a paciencia ao saber que a xuntanza non ía ter lugar porque un representante da patronal se atopaba atrapado co seu coche nun atasco. O único que quedou acreditado durante o xuízo foi que a cuantificación dos desperfectos fíxose sen o máis mínimo rigor (non existen facturas das reparacións nin se desglosaron os conceptos que sumaban 30.000 euros), polo que a fiscalía non tivo máis remedio que rebaixar a petición de indemnización a 6.000 euros. Con todo, a letrada da Xunta non accedeu a modificar a súa petición. Xunto a Alcántara e García sentaba no banco dos acusados un traballador do sector naval que tamén foi acusado pola Policía española de retirar unha bandeira española do edificio da Xunta e \"tirar e queimar contenedores pola rúa\". Alcántara explicou que \"durante o xuízo quedou perfectamente claro que este proceso é unha persecución a dous sindicalistas; pretenden darlle un golpe de graza ao movemento obreiro nun momento tan duro para que non haxa contestación social\". Neste senso, asegurou que \"comezaremos a crer nesta Xustiza se, no caso de ter que ir a prisión, nos acompañasen persoas como Rodrigo Rato ou o presidente do BBVA\". Reaccións O secretario comarcal da central nacionalista en Vigo. Serafín Otero incidiu en que \"a actitude da Fiscalía supón un ataque ao sindicalismo e á democracia xa que quedou perfectamente evidenciado que non existe nada contra eles\", polo que se amosou convencido de que \"se tiveran dignidade retirarían todos os cargos\". \"Estamos no mundo ao revés. Xúlgase a sindicalistas por defenderen os dereitos das traballadoras e traballadores mentres os responsábeis da desfeita, os que provocaron o paro de millóns de persoas e o descenso dos salarios, están tranquilamente na casa despois de cobraren indeminacións multimillonarias\", denunciou o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, nun encontro cos medios de comunicación previo ao xuízo. Para Vázquez, a sociedade vive unha \"onda represiva xeral\", que vai a máis canto máis se agrava \"a incompetencia dos gobernos fronte á crise\". \"Non podemos continuar pola vía de que se reprima a quen defender os dereitos dos traballadores\". Xunto co voceiro nacional, estiveron a secretaria de organización Montse Prado, o deputado no Parlamento Henrique Viéitez, o portavoz do grupo municipal nacionalista, Santi Domínguez, e a responsábel comarcal, Manuela Rodríguez."}
{"ID": "NOS_21350", "summary": "O presidente da Xunta pide \"respectar os tempos\" malia que cada vez máis membros do PP apuntan que sería o candidáto idóneo para liderar o partido.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, mantén a incógnita sobre o seu futuro político e, aínda que practicamente todos no PP —e fóra do partido— dan por feito o paso adiante para relevar a Pablo Casado, pediu \"respectar os tempos\" e sinalou que anunciará a súa decisión a partir desta cuarta feira. En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, o tamén presidente do PPdeG lembrou que o Congreso Extraordinario para elixir o novo mandatario popular a nivel estatal aínda non está formalmente convocado, e remitiuse ás reunións que terán lugar esta terza feira, do Comité Executivo Nacional e da Xunta Directiva do seu partido. Con todo, e após afirmar que só anunciará a súa decisión a partir desta cuarta, agradeceu o \"apoio explícito\" tanto da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, como do resto de presidentes territoriais do PP, aínda que lembrou que todos eles teñen \"un voto\" no Congreso, do mesmo modo que calquera militante de calquera lugar do Estado español. Ayuso apoia a candidatura de Feixoo á presidencia do PP Esta mesma segunda feira, o líder do PP en Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, enxalzou a \"autoridade moral\" e a \"referencia\" de Núñez Feixoo e avogou por afrontar con \"unidade\" o congreso da formación conservadora. Tamén Juanma Moreno, presidente dos populares andaluces, apuntou que o mandatario galego pode ser un \"revulsivo\" contra o Goberno de Pedro Sánchez, e definiu Núñez Feixoo como \"un home maduro, sensato, capaz e bo xestor\" que pode \"reforzar\" o partido. Aliás, o alcalde de Madrid e ex portavoz estatal do PP, José Luis Martínez-Almeida, engadiu: \"Limítome a dicir que o importante é a unidade. Os españois non perdoarían que non fósemos capaces de construír unha alternativa desde a converxencia dos intereses do PP\". Esa \"unidade\", dixo, \"encárnaa\" Feixoo. \"Espero que Feixoo dea o paso adiante para, arredor del, reforzar a imaxe do PP\", concretou o alcalde popular de Málaga, Francisco de la Torre."}
{"ID": "NOS_29229", "summary": "Onte mesmo falaba co meu compañeiro Gus do moito que me custa entender certas mentalidades. Existe unha fenda xeracional na música galega. Entendo que é difícil entender o que non se viviu e é difícil valorar as cousas doutro xeito. Vivimos tempos duros para a mocidade. Pouco a pouco a vida dixital vaille comendo espazo á vida real. Aínda que algúns se sintan cómodos nese ámbito, desde o meu punto de vista, non deixa de ser unha vida fake, un autoengano, unha vida baleira, capitalismo new age e control de masas.", "text": "Ter sempre a palabra éxito na boca, medilo en números, ben sexan descargas, visualizacións, ou publicacións compartidas, contalos como se fosen cartos, é cando menos, ridículo. E cústame entender en que momento o éxito pasou de ser colectivo a ser individual. Presúmese en entrevistas dun éxito banal, individual, mérito dun mesmo e do seu talento ou esforzo, sen ter en conta que nunca chega só. Dous recados: 1.º Hai camiños que percorremos grazas a que outros os abriron antes. 2.º \"Dime de que presumes e direiche do que careces\". E para colmo da prepotencia e a estupidez, hai quen solta dardos envelenados criticando os compañeiros que estivemos antes ou que aínda están, chegando incluso a criticar que as bandas crean lazos de apoio e solidariedade entre elas. Cústame entender isto. Penso que con artistas así sepárame un abismo e supoño que a eles lles pasará o mesmo. Xamais entenderán todo o corazón que puxemos Gus e mais eu nun proxecto como NAO. Nunca foron os números o que nos motivou e tampouco foron o noso orgullo. E aínda así foron uns números inigualábeis, especialmente na derradeira xira. Mais nós non fixemos música para encher de ego unha autoestima baixa ou para presumir de cifras. O noso orgullo foi ser quen de facer país, de construír unha enorme colectividade que sente e pensa dun xeito común, orgullosa do propio, da súa cultura, da súa lingua e da súa clase. O noso maior éxito foi ser quen de pór a nosa lingua na boca de xente que nunca a falara, ser quen de pór na palestra temas que molestaban ao poder, ser quen de coñecer e compartir centos de historias de loita e orgullo e facelo gozando, facelo a través da arte. Síntome afortunado percorrendo Galiza coa miña compañeira Nébeda. Aprendendo con humildade de tantos proxectos imprescindíbeis como a loita dos comuneiros de Tameiga. Esa aldea valente no medio do polígono de Mos que resiste ao invasor. Loitando contra a desaparición do seu monte que quere ser pasto do beneficio de empresarios sen escrúpulos como o presidente do R.C. Celta. E combaten desde abaixo, construíndo comunidade e a través das artes na súa fantástica Sala Rebullón. Proxectos como as escolas Semente, imprescindíbeis nun tempo de exterminio do galego planificado polo Goberno de Feixoo. Hai uns días en Neda vino cos meus propios ollos: unha comunidade de nenos libres falando a nosa lingua, xogando na contorna natural da escola como faciamos nós de nenos, sen pantallas. Lembreime do libro Summerhill de A.S. Neill. Os Dakidarría explicárono moi ben: Camiñar e facer camiño, escoitar, aprender e compartir. O outro? Non deixa de ser propaganda e escusas baratas de desleixados."}
{"ID": "NOS_39848", "summary": "O Día das Letras Galegas 2020, que a Real Academia Galega (RAG) dedica neste 2020 a Ricardo Carvalho Calero, celebrarase en toda Galiza cunha \"morea de actividades\" que está previsto que se prolonguen durante todo o ano.", "text": "O Día das Letras Galegas 2020, que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica neste 2020 a Ricardo Carvalho Calero, celebrarase en toda Galiza cunha \"morea de actividades\" que está previsto que se prolonguen durante todo o ano. Así o anunciou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, durante o acto de presentación da programación prevista por diferentes institucións e entidades que tivo lugar durante a xornada de onte. Exposicións, concursos e edicións especiais, entre moitas outras cousas, levaranse a cabo para recordar o legado do homenaxeado, \"unha das grandes figuras do galeguismo e da cultura galega do século XX\", segundo salientou Freixanes. A programación das Letras Galegas de Carvalho Calero inclúe, entre outras propostas, a mostra Imaxe de cen anos, que xa pode verse no Centro Cultural Torrente Ballester do Concello de Ferrol, así como a exposición Don Ricardo de Fingoi, que está a percorrer distintas localidades galegas, tras presentarse no colexio lugués que o autor dirixiu durante máis de 15 anos. Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela organizará outra mostra con imaxes inéditas de Carvalho Calero, na que foi outra das cidades fundamentais na súa vida. Ademais, a Xunta da Galiza, en colaboración coa Associaçom Galega da Língua (AGAL), levará a exposición A voz presente a once localidades entre marzo e decembro, entre elas o concello portugués de Viana do Castelo. Da divulgación na Rede ao debate académico A Real Academia Galega abriu o pasado mes de xaneiro na súa web, academia.gal, o espazo biográfico dedicado a Ricardo Carvalho Calero, asinado polo académico e secretario da institución Henrique Monteagudo, unha sección \"que se completará con novas, reportaxes, entrevistas e artigos que se publicarán ao longo dos vindeiros meses.\", informa a institución. Tamén na Rede, e concretamente a semana pasada, botou a andar a nova edición do proxecto Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), co que a Real Academia Galega \"fornece as nenas de recursos lúdicos e didácticos para achegarse á figura e á obra do autor\". A web, que se irá enriquecendo con novos contidos até o mes de maio, foi presentada o 11 febreiro da man da comunidade educativa do CEIP Cruceiro de Canido, en Ferrol. O Portal das Palabras, a web de difusión do léxico galego da Academia e a Fundación Barrié, tamén celebrará as Letras Galegas de Carvalho Calero con distintos contidos divulgativos, aínda por determinar. A casa de Carvalho Calero A Academia Galega volverá á cidade natal do autor o vindeiro 17 de maio para celebrar o seu pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, nunha sesión aberta a todo o público e que terá lugar no teatro Jofre. A celebración do Ano Carvalho Calero continuará á volta do verán cun simposio que afondará, desde a perspectiva académica, en distintos aspectos da súa obra e do tempo histórico que o intelectual viviu. Durante o acto de presentación desta programación, o presidente da Real Academia Galega estivo acompañado, entre outras, polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; as fillas do homenaxeado e representantes das diversas entidades colaboradoras nos actos."}
{"ID": "NOS_32913", "summary": "A Asemblea Xeral do Viño do Sindicato Labrego Galego acorda crear un grupo de traballo para dinamizar un sector no que as axudas da Xunta son acaparadas por 15 grandes adegas.", "text": "Durante o pasado ano, os fogares incrementaron o consumo de viño en 21%, con especial incidencia das denominacións de orixe. Porén, esta lixeira repunta das vendas non foi suficiente para facer fronte aos efectos económicos da pandemia, sobre todo pola caída das exportacións. O Sindicato Labrego Galego (SLG) celebrou este sábado a súa Asemblea Xeral do Viño, un evento no que viticultoras e adegueiras das cinco denominacións de orixe do país (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) acordaron crear un grupo de traballo para dinamizar o sector. A curto prazo, encargarase de organizar o Congreso do Viño e \"dar corpo á futura dirección do sector na organización agraria\", segundo informa a organización sindical. \"Quixemos, coa participación de todas as denominacións de orixe, sermos quen de pór en marcha un equipo de traballo que volva relanzar o sector do viño de cara a afrontar os retos e desafíos que temos por diante\", explica Xosé Manuel Parente, técnico dinamizador do Sector do Viño no sindicato. Problemas crónicos Durante a asemblea, as e os profesionais vinícolas evidenciaron as principais problemáticas \"crónicas\" ás que se enfronta o sector: \"Estamos situados na tormenta perfecta no sector vitivinícola. Despoboamento e falla de relevo xeracional, total desleixo por parte das autoridades competentes na materia, abandono por esgotamento, consellos reguladores que actúan como malas asociacións de empresarios, cambio climático, pandemia, desembarco de grandes empresas nas denominacións de orixe e unha administración que fai todo o posíbel por facilitar o camiño a eses grandes grupos\", denuncia o responsábel do Viño no SLG, Bernardo Estévez. E é que o sector vinícola sofre directamente as consecuencias dos fechamentos obrigados na hostalaría por mor da expansión da Covid-19, xa que é unha das súas principais fontes de ingresos. \"A falla de vendas fai que a liquidez sexa cada vez menor, mentres que os gastos, tanto nas viñas como nas adegas, non entenden diso. Se este verán non hai unha boa reactivación, moitas adegas van quedar no camiño\", lamenta. Axudas acaparadas polos grandes grupos Aliás, o Sindicato Labrego Galego pon o foco no \"crecente acaparamento de terras\" por parte de grupos empresariais e grandes adegas, \"amparadas por un sistema de axudas deseñado para tal fin pola Consellaría de Medio Rural\". Malia que o Ministerio de Agricultura destinou 90 millóns de euros á recuperación do sector vinícola, na Galiza só se concederon 17 solicitudes de axuda, que, segundo o SLG, supuxeron perto de 235.000 euros, \"debido a que os requisitos esixidos para solicitalas marxinaban claramente a nosa terra\". Neste senso, a organización sindical alertou recentemente de que quince adegas e grupos empresariais están a acaparar 50% das axudas ao sector do viño convocadas pola Consellaría de Medio Rural (un total de 6.658.685 euros a través de tres liñas de subvención), ficando practicamente excluídas as e os pequenos produtores do país. Martín Códax, con máis de medio millón de euros outorgados, foi a principal beneficiada. Axudas concedidas a 15 grandes empresas do sector vinícola na Galiza (Fonte: SLG). \"As regras do xogo fan que só grandes adegas e grupos empresariais sexan quen de cumprir todos os requisitos para aprobar grandes proxectos de reestruturación e plantación, quedando fóra do reparto a maioría dos viticultores e viticultoras\", lamentou o sindicato, que advertiu que esta práctica supón a concentración da produción de viño \"cada vez en menos mans\"."}
{"ID": "NOS_37858", "summary": "LGx15. Ideas para o futuro da lingua, evento organizado pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL), chega á quinta edición con propostas sobre o uso do galego no cinema, na rede, no transmedia ou na música. Oito intervencións trasladarán, o vindeiro sábado 9 de novembro en Teo, experiencias de compromiso lingüístico en diferentes eidos, do cotiá á atención médica, procurando influír nas actitudes e alzar a conciencia lingüística.", "text": "O LGx15 fai cinco anos, consolidándose como evento dinamizador que procura a reflexión sobre alternativas para fomentar o uso da lingua especialmente entre a mocidade, algo fundamental á vista dos resultados que deita a última enquisa sobre \"coñecemento e uso do galego\" do Instituto Galego de Estatística. Organizado pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e do Concello de Teo, a quinta edición terá lugar no Auditorio Constante Liste (Teo), o sábado 9 de novembro, ás 18 horas. Ollando sempre cara ao futuro, o evento propón oito charlas breves, nas que se transmitirán ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o emprego do galego. Activismo multidisciplinar Cada unha das convidadas disporá de 15 minutos como máximo para trasladarlle ao público a súa experiencia. Malia seren os perfís do máis variado, teñen especial relevancia aquelas charlas relacionadas coas novas tecnoloxías. Neste senso, estará presente Dhaunae de Vir, especialista en transmedia, que analizará o uso da lingua nos videoxogos e outras narrativas. Alba Mancebo, xornalista e responsábel de contidos web da CRTVG, exporá as súas ideas sobre a importancia de contar historias en galego na rede. Tamén haberá exemplos a seguir, como o de Alba Rodríguez Carrera, traballadora e estudante que falará da súa decisión de comezar a falar galego desde 1 de xaneiro de 2019, algo que \"na área metropolitana de Vigo e mesmo en outras moitas zonas da provincia implica sentirte forasteira na túa terra\", afirma. Outro referente, a cantante de Xoana, abordará a lingua na música desde a perspectiva creadora, atendendo ao seu camiño de recuperación da lingua materna. Rosa Aneiros, escritora e xornalista, propón a charla \"O que entendín cando aprendestes a andar en bicicleta\", poética meditación sobre a importancia da lingua na infancia. Á orde do acontecemento cultural do momento, a estrea na Galiza de O que arde, o produtor cinematográfico de DOGHS, Suso López, falará da realización de cinema independente en galego, lanzando preguntas sobre a necesidade, a dificultade e a rendibilidade de o facer. O dermatólogo Emilio del Río, pola súa banda, tratará a relación coa lingua como instrumento médico, mentres Roberto Rivas, bombeiro e activista social, remitirá á importancia de facer cambios positivos socialmente a favor do idioma. Lingua, música e humor O LGx15 virá, como de costume, cargado de música e humor, nesta ocasión a cargo de Os da Ría Íntimos (Arturito Puy e Fabián Santomé, acompañados por Suso Pián), que farán de condutores do evento. Diferentes temas e visións compoñen un programa que habilita un espazo para axudarnos a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos, propostas de mellora e azos para seguir o camiño. Ofrece, en definitiva, un formato para meditar, actuar e intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando experiencia e propostas para trazar novos camiños. As entradas están á venda na web do LGx15, ao prezo de 6 euros anticipada e 10 euros no propio día en billeteira."}
{"ID": "NOS_55775", "summary": "Chega o Nadal e as programacións infantil agroman por toda parte, desde museos a teatros ou bibliotecas. En Vigo, na libraría Libros para Soñar, de Kalandraka, as crianzas a partir dos 6 anos poderán construír a cidade dos seus soños, o mundo imaxinario no que quererian vivir.", "text": "De seis anos en adiante e do 26 ao 29 de decembro, mini-arquitectura de soños da man do ilustrador Pablo Otero que se pon á fronte dun obradoiro no que todos os sentidos se poñen a andar. \"Un taller de plástica total onde xuntos podemos imaxinar, planificar e construir esa cidade na que nos gustaría vivir\" reclama o programa de \"Supercidades\", un encontro lúdico e de aprendizaxe que xa se realizou na Coruña. Elaboración de maquetas, pintura, modelados, reciclase, planificación e construcción son os elementos cos que se elabora o que se presenta como un xogo mais tamén como unha visión crítica e reflexiva sobre os espazos de vida. O ilustrador Pablo Otero ten traballado na elaboración de escenografías para teatro ademais da elaboración de cartaces. Formouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e ten na súa traxectoria distintos premios e distinción polo seu traballo artístico e creativo. Con \"Contos por teléfono\" acadou o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración no 2011."}
{"ID": "PRAZA_2854", "summary": "Tras prohibir as preguntas da prensa aos seus candidatos e admitir a carencia de propostas para Galicia, o partido de Albert Rivera lanza ideas sobre orquestras e anuncios entre tópicos sobre o tempo, as festas e a comida.", "text": "\"Ha llegado el momento de hacer propuestas\". Quen fala é Marta Rivera de la Cruz, novelista nada en Lugo e número tres da lista de Ciudadanos por Madrid. A escritora, protagonista durante a década pasada dunha pirotécnica polémica ao proclamarse marxinada en Galicia por escribir en castelán, exerce como presentadora do mitin do seu partido na Coruña, o único en Galicia, do que Albert Rivera se descolgou a última hora. Do inicio do seu discurso dedúcese que vai tratar de paliar a carencia de propostas dos seus candidatos locais pero, en canto empeza a debullalas, entre tópicos sobre a choiva ou a paisaxe comezan a xurdir orquestras, sesións vermú, o consabido Camiño de Santiago... E \"rodar\" a serie 'Xogo de tronos'. A campaña galega do partido laranxa comezou facéndose viral, pero non para ben. Os titubeos do seu candidato coruñés ao ser preguntado nun programa de V televisión sobre as súas propostas para Galicia difundíronse rapidamente polas redes sociais entre comentarios retranqueiros. Aquela intervención viña suplir a negativa de Antonio Rodríguez a asistir a un debate da mesma canle e, ante as repreguntas da xornalista, o representante de Albert Rivera acabou sinalando que habería iniciativas concretas para Galicia, pero despois das eleccións. O que toca agora é \"sacar partido\" do candidato \"nacional\", sinalou. A reacción ás críticas por carecer de propostas foi atribuílas á \"vella política\" e prohibir que se lle formulasen preguntas ao candidato O primeiro tropezón do candidato Rodríguez e as súas propostas en diferido foi abordado polo equipo de comunicación de Ciudadanos por dúas vías. Primeiro, facendo público un comunicado no que negaban carecer de propostas. Iso, afirmaban, non eran máis que \"mentiras\" de \"la vieja política\", artimañas de \"PP, PSOE y los nacionalistas gallegos\" para atacar a Albert Rivera por ser \"la verdadera opción de cambio político\". Despois, o cabeza de lista foi blindado de posibles preguntas que lle obrigasen a pasar dos apertóns de mans e as reparticións de dípticos á concreción. Así, Ciudadanos veu convocando os seus actos unicamente para prensa gráfica e o seu gabinete prohibiu explicitamente as preguntas dos xornalistas. Entre ausencias reiteradas nos debates a nivel local, Antonio Rodríguez viuse obrigado a conceder entrevistas nas que engadiu explicacións á ausencia de programa político algún para o territorio polo que se presenta. \"Agora non toca\", afirmou en declaracións a La Opinión de A Coruña, molesto por que o obrigasen a tirar \"un programa da chistera\". Nas xerais, di, vótase \"para una política nacional, no para problemas concretos\", cuxas solucións chegarán máis tarde, desde \"los ministerios\". Esperando a Rivera Con este pano de fondo a tropa laranxa agardaba como auga de maio o 15 de decembro, data fixada para o que inicialmente ía ser un mitin de Albert Rivera en plena Praza do Obradoiro de Santiago, espazo enorme co que só se atreveu o PP do fraguismo, dado o máis que evidente risco de fracaso de asistencia -e que, por outra banda, está parcialmente ocupada por árbores de nadal-. Descartado o improbable baño de masas na capital galega, o plan B foi unha visita de Rivera a cidade da Coruña con paseo e acto político incluído. Pero a coincidencia co funeral dos policías asasinados en Cabul provocou que houbese que recorrer a un plan C. Cos candidatos locais agochados, Rivera de la Cruz lanzou \"unhas cantas propostas\" entre tópicos sobre o atraso, o tempo e as festas Rivera só estivo na Coruña en espírito e en vídeo. No seu lugar acudiu Inés Arrimadas, agradecida ao poder falar \"por\" o seu \"inimitable\" xefe de filas, con Rivera de la Cruz no papel de algo semellante a unha anfitrioa. O lugar da cita era unha sala do coruñés Pazo da Ópera, nun sombrío auditorio no que os candidatos locais, entre a escuridade, se limitaron a saudar coa man desde os seus asentos ás 300 persoas asistentes. \"He seleccionado unas cuantas propuestas que afectan directamente a Galicia\", anunciou Marta Rivera. A saber: unha baixada do IVE cultural que, no caso galego, \"afectaría para bien\" a \"a la actividad de las orquestas\": \"Todas las villas gallegas tienen sus fiestas patronales, su sesión vermú y su verbena... ¡Lo que va a ser eso!\". No pack viría tamén un \"registro ambiciosísimo de lugares en los que se pueden rodar\" series, comezando polos cantiis de Vixía da Herbeira -entre os municipios coruñeses de Cedeira e Cariño-, que \"podrían salir perfectamente en 'Juego de Tronos\". E que dicir das Fragas do Eume, \"una maravilla para hacer un anuncio\". Rivera rematou a xogada reprendendo un xornalista por preguntarlle a respecto das súas medidas para Galicia Pero para Ciudadanos non todo son paisaxes e bo comer. \"En Galicia es muy difícil todo\", laméntase Rivera de la Cruz, que nunha imaxe máis propia de mediados da década pasada glosa un territorio de difíciles comunicacións no que, por exemplo, será \"muy difícil\" ir votar o domingo \"si lleve\". Coa candidata por Madrid substituíndo ao candidato local tamén nas chanzas de internet, a xogada iniciada no íntimo mitin -tras o cal Arrimadas e o resto de cargos escaparon literalmente da prensa- rematouna o propio Albert Rivera, ratificando nunha entrevista con La Voz de Galicia que carece de plans específicos para Galicia, xa que só propón \"medidas generales\". Ao optar por repreguntar, o xornalista foi reprendido: \"Perdone, pero es que no quiero hacer un debate. A min me han dicho que esto era una entrevista...\", replicó."}
{"ID": "PRAZA_20120", "summary": "O número de violacións con penetración en Galicia leva cinco anos crecendo. No primeiro trimestre do 2017 rexistráronse 13, fronte ás 5 do mesmo periodo do ano anterior. Falamos con María Montenegro (MMM) e Pilar Estévez (PFG)", "text": "Entre xaneiro e marzo a policía investigou 13 agresións sexuais con penetración en Galicia, fronte aos 5 casos rexistrados no mesmo período de 2016, segundo os datos do Informe de Criminalidade feito público hai uns días polo Ministerio do Interior. O número de violacións denunciadas non deixou de crecer nos últimos cinco anos. En 2015 foron 54 as agresións sexuais con penetración, sete máis que as 47 que se rexistraran en 2014, e moi por riba das 42 de 2012. Tamén se vén incrementando en Galicia a frecuencia doutros delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual, que inclúen outro tipo de agresións e abusos sexuais sen penetración, acoso sexual, delitos de contacto mediante tecnoloxía con menores de 13 anos con fins sexuais, exhibicionismo, provocación sexual e relativos á prostitución. O seu número en 2015 (332) era moi superior ao rexistrado en 2014 (287) e 2013 (254). No que levamos de 2017, a cifra tamén se incrementou con respecto ao mesmo período do pasado ano (83 fronte a 77). Nesta estatística chaman a atención algúns datos, como que (a nivel estatal) a terceira parte (33%) das vítimas de violación teñen entre 18 e 30 anos e que outro 23% contan entre 14 e 17. Así mesmo, en 2015 o 91% das vítimas de violación no Estado español foron mulleres, o mesmo que o 85% das vítimas dos demais delitos contra a liberdade/indemnidade sexual. Á vista desas cifras, non estrañan outras estatísticas, coma a publicada polo IGE en 2015, que indicaba que un 36% das mulleres galegas dicían sentirse moi inseguras ou un pouco inseguras camiñando soas de noite pola zona na que viven, unha porcentaxe que se reducía ata o 16% no caso dos homes. De igual xeito, o 30% dos homes aseguraban sentirse moi seguros, exactamente o dobre que as mulleres (15%). \"Unha muller que denuncia debe sentirse cómoda, debe haber medios para investigar esa denuncia e, finalmente, o que non pode haber é amparo social e banalización ante as agresións\" \"Este tipo de estatísticas non sempre son coñecidas, quedan nun segundo plano. Non chega a todo o mundo que no Estado español se produce unha violación cada oito horas, non todo o mundo coñece o dato de que de cada seis violacións só se denuncia unha. Pero que non exista unha denuncia non quere dicir que non se producise a violación\", alerta María Montenegro (Marcha Mundial das Mulleres). \"Nós pedimos que todas as mulleres que sofran unha agresión a denuncien, aínda que sabemos que denunciar certas agresións é moi complexo. O problema, ademais, é que os trámites do proceso xudicial son moi lentos. Quen quere converter a súa vida nun proceso xudicial no que, ademais, se sente desprotexida e incomprendida?\", di Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega). \"Unha muller que denuncia debe sentirse cómoda, debe haber medios para investigar esa denuncia e, finalmente, o que non pode haber é amparo social e banalización ante as agresións. As agresións sexuais deben ser cuestionadas socialmente en todos os ámbitos: no espazo laboral e no ámbito familiar e de amizade\", engade O que se agocha por debaixo das agresións Estas estatísticas debuxan unha realidade. Con todo, en ocasións non nos permiten albiscar por completo as circunstancias complexas nas que se asentan este tipo de fenómenos: outro tipo de agresións menos rechamantes e un reparto de roles por xénero que asenta os mecanismos de dominación e cousificación e que contribúe á normalización social dos comportamentos denunciados. Nos últimos meses, o proceso xudicial contra os presuntos violadores dos Sanfermíns está amosando en determinados medios de comunicación e nas redes sociais a peor cara destas prácticas: a desculpa aos agresores, a banalización do impacto dos feitos ou a culpabilización da vítima. \"Todos os días sufrimos micromachismos que nada teñen de micro e que levan a que o número de agresións sexa cada día máis grande\" \"Hai pequenas cousas que pasan todos os días, actos de todo tipo que non relacionamos con eses outros actos que son denunciados. Todos os días sufrimos micromachismos que nada teñen de micro e que levan a que o número de agresións sexa cada día máis grande\", di Montenegro. \"Se ti, home ou muller, ao longo da túa vida vas vendo e escoitando certas cousas que te van posicionando nunha situación de poder ou de submisión, despois non sabes discernir se este tipo de relacións son normais ou non, se é lóxico ou non ceder ante certas cousas ou asumir certo tipo de agresións. E todo isto vaise construíndo con milleiros de pequenos actos que se producen todos os días\", engade. \"Hai certos límites que se traspasan e que non deberíamos permitir. Se un rapaz de 14 anos lle toca unha teta a unha nena, tamén hai que denuncialo. E se cadra a Fiscalía de Menores debe darlle catro pautas a ese neno para que con 20 non cometa unha violación\", di. \"Non se quere ser consciente da asignación de roles que se mantén, da cousificación das mulleres e da responsabilidade que nisto teñen os poderes públicos\" \"Non se lle dá a este tema a importancia que ten e non se toman medidas para solucionalo. As situacións de acoso son o xermolo de agresións máis fortes e o seu impacto non se valora o suficiente, non se ten en conta o seu efecto na vida diaria das mulleres\", sinala Pilar Estévez. \"Non se quere ser consciente da asignación de roles que se mantén, da cousificación das mulleres e da responsabilidade que nisto teñen os poderes públicos\", afirma así mesmo a representante da Plataforma Feminista, que engade que \"o día que asasinan unha muller as institucións e a sociedade si se mobilizan. Pero antes dese asasinato houbo moitos pasos previos, que non se quixeron ver e ante os que non se actuou\". \"Ata que sexamos conscientes de que eses micromachismos xeran violadores e xeran vítimas non vai cambiar a situación. Ata que non nos demos conta de que certas cancións son machistas e non se deben escoitar, de que unha nena non pode ser tratada de princesa, de que non podemos ter os roles nas casas tan marcados, non imos acabar coa violencia. Porque está todo interrelacionado, porque é a estrutura que mantén esa relación de poder\", subliña Montenegro. \"Hai que educar en valores de respecto, educar para que ninguén invada o espazo da outra persoa, para que todo o mundo sexa consciente de que a outra persoa é libre para andar por onde queira sen ser agredida\" Pilar Estévez propón solucións que pasan pola educación: \"Hai que educar en valores de respecto, educar para que ninguén invada o espazo da outra persoa, para que todo o mundo sexa consciente de que a outra persoa é libre para andar por onde queira sen ser agredida\". Subliña así mesmo que \"os homes deben desaprender\". \"Os homes tamén son vítimas desa educación patriarcal e machista, que durante anos lles inculcou que debían ser os máis fortes, que debían dominar, que debían esixir o que é seu\", di. A culpabilización da agredida Estévez chama a atención sobre os \"debates públicos sobre se o comportamento da muller violada non foi o correcto, sobre se ela coñecía os seus agresores, sobre se ela quería que a violasen ou non\" Montenegro e Estévez tamén fan fincapé nas representacións sociais e mediáticas sobre este tipo de actos, dende os discursos benévolos e exculpatorios sobre os agresores, ata as argumentacións que poñen o foco sobre unha suposta responsabilidade da agredida, presentes mesmo en campañas públicas que -para previr violacións- lles piden ás mulleres que modifiquen os seus hábitos de vida. \"Ese tipo de campañas ou consellos poñen o foco de atención enriba nosa, coma se nós fósemos o problema. Nós, que somos a vítima deses feitos, somos convertidas na causa que motiva esas agresións. Coma se as violacións fosen culpa nosa ou coma se nós tivésemos a capacidade de cambiar esta realidade. Ponse o foco enriba noso, e nunca no outro lado, no lado do agresor. Somos nós as que nos temos que medir á hora de realizar certos actos, somos nós as que temos que ter medos, as que temos que poñer límites\", denuncia María Montenegro. Estévez chama a atención igualmente sobre os \"debates públicos sobre se o comportamento da muller violada non foi o correcto, sobre se ela coñecía os seus agresores, sobre se ela quería que a violasen ou non\" que decote reproducen certos medios de comunicación, que \"se dedican a facer espectáculo dunha violación\", como vén sucedendo nas últimas semanas ao fío do xuízo aos agresores de Pamplona. \"Primeiro, vitimízanos e ademais fannos responsables de que sexamos agredidas, fannos chamamentos a estar vixilantes, a vivir as nosas vidas dunha determinada maneira\", denuncia. \"Nós acabamos convertidas nas culpables desa situación, mentres que ao agresor se lle intenta buscar unha razón para a súa agresión. É surrealista\" A representante da MMM destaca que \"non estamos en igualdade de condicións, non estamos en igualdade de condicións de coller unha borracheira, non estamos en igualdade de condicións de pasalo ben. Ás veces parece que cando un home ve que estamos empoderadas sexualmente pensa que iso significa que poden irromper nos nosos corpos. É coma se eu deixo a miña carteira ou a miña casa aberta; iso non significa que alguén me poida vir roubar\". \"Nós acabamos convertidas nas culpables desa situación, mentres que ao agresor se lle intenta buscar unha razón para a súa agresión. É surrealista\", resume."}
{"ID": "NOS_46230", "summary": "\"Queremos facer divulgación social sobre o Reino da Galiza\". Son palabras do deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, onte, durante a presentación do congreso sobre o Reino Medieval da Galiza que impulsa a institución provincial, nun acto no que estivo acompañado polos comisarios do evento, Xosé Lois Vázquez e Anselmo López Carreira.", "text": "Couto explicou que este congreso nace \"porque estamos firmemente convencidos da necesidade de que todas as sociedades deben coñecer o seu pasado para poder recoñecerse no presente, e nós queremos contribuír, con humildade pero con determinación, a que a sociedade galega coñeza mellor o pasado do noso país e a historia social e política do que foi a Galiza ao longo dos séculos\". \"Chegou o momento de pór fin á ocultación da existencia do Reino da Galiza desde o rigor e o compromiso científico, porque foi unha época de esplendor cultural e artístico\", apostilou. A Deputación da Coruña difundirá o Reino da Galiza en múltiples formatos Pola súa parte, Xosé Lois Vázquez cualificou este congreso como \"unha das accións máis importantes e extraordinarias no eido do coñecemento do país\". Este tamén foi o encargado de dar a coñecer a imaxe creada especificamente para o congreso, na que se integran elementos do brasón e do escudo de armas do Reino da Galiza. O logotipo deseñado está composto por catro trevos brancos e unha copa real con tapadeira (representativa dos actos nobiliarios) coroada co ideograma dunha fortaleza, símbolo do poder político. Un período central Para rematar, tomou a palabra o historiador Anselmo López Carreira, que cualificou o Reino da Galiza como \"o máis antigo existente en Europa occidental, pero sobre o que a memoria está perdida por completo, está completamente esquecido, ao contrario do que sucede co de León, o de Asturias ou o de Castela\". O reino da Galiza volverá florecer da man da Deputación da Coruña \"Botaremos luz sobre esta circunstancia -afirmou o historiador-, mais sen entrar no detalle, pois queremos facer un congreso que realice un percorrido desde a época sueva até o século XIX, pero centrándonos nos 1.000 anos da Idade Media, tocando temas como a arte, a literatura, a estrutura administrativa...\". Especialistas de primeiro nivel O Congreso Internacional Reino Medieval da Galiza terá lugar no Museo do Pobo Galego do 19 ao 22 de setembro do presente ano, e a organización informou de que as inscricións poderán realizarse \"a partir de mediados de xuño\" na páxina web oficial do evento. Quen o desexe, poderá asistir a todas e cada unha das sesións, conformadas por un total de 18 persoas relatoras de diferentes perfís que abordarán cuestións relacionadas coa historia, a arte, a literatura, ou a organización administrativa do reino medieval da Galiza, procedentes de institucións como a Universidade de Santiago de Compostela (Pegerto Saavedra), a Universidade de Berkeley (Ramón Grosfoguel) ou a Universidade de Salamanca (Pablo Díez). Entre as relatoras e relatores galegos estarán, ademais de Anselmo López Carreira, Martín Fernández Calo, Alberte Lago, Mariña Bermúdez, Carlos Andrés González, Carlos López Bernárdez, Carlos Baliñas, Xosé Miguel Andrade, Ramón Yzquierdo, Heitor Picallo, Mercedes Brea López, Xosé Ramón Pena, Eduaardo Pardo, Antón Xosé Meilán."}
{"ID": "NOS_10005", "summary": "A cifra máis alta desde 2015.", "text": "Un total de 470.000 fogares galegos, 44% do conxunto, recibiron en 2020 máis da metade dos seus ingresos de prestacións públicas, xa sexan pensións da Seguridade Social, subsidios de desemprego ou outras axudas non contributivas como a Renda de inclusión social de Galicia (Risga). De acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) trátase da cifra máis alta, tanto en números absolutos como en termos relativos, nos últimos sete anos Ademais, un de cada tres fogares na Galiza (35%) teñen nesta vía, as prestacións, tres de cada catro ingresos que entran na casa. E 30% teñen todos os seus ingresos por este medio, é dicir, procedentes de prestacións. No primeiro dos casos estamos a falar de 370.000 fogares galegos e no segundo 330.000. 52,22% dos fogares galegos ten dificultades ou moitas dificultades para chegar a fin de mes, segundo os datos publicadospolo Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos ao terceiro trimestre de 2021. Esta taxa supón un descenso de dous puntos respecto dos anteriores tres meses, mais computa un lixeiro incremento fronte ao mesmo período de 2020. Así, os fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade sitúanse no 47,78%, tres puntos máis que no segundo trimestre (44,18%), aínda que por baixo de hai un ano (48,18%). En comparación co segundo trimestre deste ano, os fogares que chegan con dificultade a fin de mes aumentan (pasan do 46,81% ao 47,05%), aínda que os que contan con moitas dificultades diminúen (do 9% ao 5,17%). Se se toma como referencia o terceiro trimestre de 2020, crecen máis de dous puntos os fogares con dificultades, mentres descenden dous puntos o que teñen moitas dificultades. Exclusión A taxa de risco de pobreza na Galiza aumentou 0,88 puntos en 2020, até se situar en 16,11%, segundo a enquisa conxuntural a fogares d o Instituto Galego de Estatística (IGE). En 2020, 19,51% da poboación residente na Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador reduciuse nos grupos de 50 a 64 anos e de 65 ou máis anos e aumentou nos tres grupos restantes: menores de 16, de 16 a 24 e de 25 a 49."}
{"ID": "NOS_4478", "summary": "A cita será este domingo 17 de outubro e estará organizada pola Sociedade Ximnástica. Confirmaron a súa presenza deportistas de elite como Carlos Porto e Adrián Lago.", "text": "A clásica Medio Maratón de Pontevedra regresa este domingo 17 de outubro. En 2020 serviu de exemplo como primeira proba en ruta a nivel estatal e o éxito do seu protocolo marcou a realización doutras carreiras. Agora volve, como xa é habitual, organizada pola Sociedade Ximnástica e coa incorporación, unha vez máis, dos 10 km, unha distancia moi demandada a través das redes sociais desde que en 2019 se incluíse por primeira vez e que en 2020 non se puidera manter polas limitacións de ocupación que existían naquel momento. Desta maneira, das 950 persoas inscritas nesta edición, 350 participarán nos 10 km e 600 no medio maratón, quedando unicamente 50 das prazas dispoñíbeis sen cubrir na distancia curta e enchéndose por completo a de 21.097 metros. Participación de deportistas de elite As probas desenvolveranse nun circuíto urbano, fechado ao tráfico e sobre asfalto, no que cada quilómetro estará sinalizado visualmente. A saída será na Ponte de Santiago e rematará nas pistas de atletismo do CGTD, onde as e os atletas correrán pola rúa 1 das mesmas, para dar case unha volta completa e atravesar a liña de meta. Nas dúas carreiras confirmaron a súa presenza grandes figuras do deporte. Na proba de 10 km estarán Carlos Porto, atleta vigués fondista e mediofondista, campión na distancia curta en 2019, vixente campión galego nos 3.000 metros e subcampión galego absoluto de 1.500 metros; Adrián Lago Tizón, atleta vigués fondista e mediofondista que volve competir despois de un ano de parada; tamén o vallisoletano Víctor Alonso e María Ángeles Castro Rosales. A distancia longa contará con deportistas de máximo nivel como Carlos Villamor, atleta internacional en categoría xuvenil; Álvaro Prieto, fondista e vixente subcampión do Medio Maratón de Pontevedra; Manuel Hurtado, atleta e adestrador da Ximnástica, un dos fondistas de máis renome galego e o deportistas que máis veces gañou a proba, resultando campión en 2012, 2013 e 2015 e quedando segundo en 2014 e en 2018; Edymar Brea, vixente campioa do medio maratón e Sara Castillo, terceira na edición realizada en 2020. Tamén ten previsto acudir á cita a medalla de bronce no Europeo sub23 de 20 km marcha, Antía Chamosa."}
{"ID": "NOS_56638", "summary": "O músico e escritor emprende este sábado unha viaxe de amizade literaria que o levará tamén por Pontevedra e A Coruña.", "text": "O escritor, músico e xornalista Xurxo Souto está, segundo afirma, de \"humilde\" celebración para lembrar os seus 20 anos de relación coa literatura. Por este motivo percorrerá parte do país visitando algúns dos lugares que coñeceu grazas aos libros. \"Non quero falar dos libros, a miña idea é reivindicar ese tecido de amizade que fun coñecendo grazas ao feito de escribir libros\", explica en conversa con Nós Diario. A proposta comezará este sábado por Lugo (Vello Cárcere, 12 horas) da man da asociación Cultura do País e continuará o 9 de marzo en Pontevedra (Libraría Paz, 19.30 horas) e pola Coruña o 10 do mesmo mes (AAVV da Agra do Orzán, 20 horas). Rede de amizades e algunha complicidade En cada un dos lugares contará coa participación de amizades convidadas, persoas que teñen inquedanzas en común \"polos libros e a literatura\". No caso de Lugo estará acompañado de Antón Díaz, músico dos Papaqueixos e Ulträqäns, na que se agarda como \"unha conversa, con algunha cantarea, para compartir historias de Pangalaica e de O Retorno dos Homes Mariños\" e mesmo falar \"dese Lugo rabudo que dos 90\". Souto indica tamén que farán \"unha crónica do Amaro navegante, feito extraordinario: 111 anos despois, volveu a romaría das galegas e dos galegos en Lisboa\". Unha experiencia que, recoñece a este xornal, procede \"dos camiños invisíbeis que nos trae a literatura\". E a música que non vai faltar tampouco ao lembrar a colaboración con Cultura do País e o himno que lles fixo unha das veces que estivo na cidade a muralla. En Pontevedra pensa reivindicar \"coa canción que fixemos na Banda Xangai, que a illa de Tambo foi felizmente cedida á veciñanza\". Na Coruña asegura que contará \"con moitas complicidades\" que, como no resto de lugares, forman parte do seu universo literario."}
{"ID": "NOS_26803", "summary": "A Mesa Galega de Educación no Rural, integrada por CIG Ensino, CCOO Ensino, STEG, FETE-UGT, CSI-F, AS-PG, Nova Escola Galega e Asociación socio-educativa Antonio Gandoy critica o abandono do goberno galego e reclama a elaboración dun plan específico de educación para o rural.", "text": "A través dun documento presentado hoxe cuarta feira en Compostela, representantes da Mesa Galega de Educación no Rural reclamaron unha atención específica que fite atención sobre o abandono do ensino no rural e esixiron a elaboración dun plan específico que atenda as súas necesidades. Fronte ao dominio dos criterios económicos que se utilizan como argumento para impoñer recortes no ámbito educativo, a Mesa esixe que se primen \"os dereitos da infancia a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras etapas, como forma de dignificar o mundo rural, chave para reverter o proceso de abandono e despoboamento\". Alén de recoñecer os proxectos pedagóxicos que naceron en escolas rurais, a Mesa recoñece que é nese ámbito onde se atopan as nosas raíces como pobo, co cal o seu recoñecemento ten que estar \"presente nas accións educativas do país\". Reverter o proceso de despoboamento Esixen do goberno galego a elaboración dun plan de educación específico para o rural que non estea alleo a outro de desenvolvemento socioeconómico no que se terían que implicar distintas consellarías co obxectivo de reverter o tráxico proceso de despoboamento. O plan incluiría, ademais da elaboración dun mapa escolar galego, a necesidade de fornecer ás escolas rurais de medios humanos e materiais que garantan unha educación de calidade, con especialistas en educación infantil e primaria ademais de persoal de apoio pertinente. \"A poboación rural non é de segunda categoría e merece os servizos educativos en igualdade respecto do resto da poboación: por ser rural non deixa de pagar os impostos que sosteñen a satisfacción do dereito básico da educación, adaptada ás necesidades do territorio\", sinalan. Defende o plan o proxecto educativo Preescolar na Casa como acaído \"na procura e mellora das prácticas parentais\" e piden que se tome como referencia para reformular a atención educativa á etapa 0-6, integrando no sistema o ciclo 0-3, formulada desde \"unha perspectiva global e comunitaria coa familia\". Manter as escolas unitarias e acelerar a extensión da rede de CRAs son outras das demandas entre as que se inclúen a necesidade de asumir un novo modelo de escola heteroxénea \"un novo perfil de escola pequena e de centro adaptado ao rural cunha apropiada organización e unha debida dotación compensatoria de profesorado e de todo tipo de recursos pedagóxicos\". Neste sentido son varias as medidas encamiñadas a que se manteña a rede de ensino público no rural, freado o peche de centros e a redución de unidades, mantendo a ESO e adecuando BAC e FP á realidade rural. Un transporte de calidade e a gratuidade dos comedores escolares son outras das medidas nas que a Mesa incide e que xa defenderan as Asociacións de Nais e Pais de toda Galiza na súa primeira asemblea celebrada en Lugo, na que a preocupación pola desfeita do mundo rural tamén quedou á vista. A Mesa incide aínda nunha serie de medidas co fin de que o sistema educativo responda á especificidade do mundo rural, se insira nel e implique á comunidade á participación, iniciativas que pide que se recollan nos Proxectos Educativos de Centro. \"Non renunciamos nin renunciaremos tampouco ao mellor que a nosa sociedade merece nin ao que os máis sobresaíntes estudos e experiencias en pedagoxía e ciencias da educación marcan como meta; por moito que se nos fale de crises, recortes e demais estratexias destinadas a acabar co ensino público, favorecer ao privado, empobrecer a sociedade e enriquecer os petos do gran capital\", manifestan como conclusión dun documento no que tamén participaron ademais das organizacións da Mesa, Movementos de Renovación Pedagóxica, Anpas do Rural e profesorado da Universidade."}
{"ID": "NOS_42434", "summary": "Os socialistas logram 157 câmaras (Lisboa incluída) por 96 do PSD, 9 dos comunistas e 6 da direita (CDS).", "text": "António Costa logra a sua primeira vitória á fronte do Partido Socialista após o actual primeiro-ministro ter ficado em segundo lugar nas legislativas de 2015. O PS obteve 41,3% dos votos e 157 câmaras municipais, entre elas repetem em Lisboa (Fernando Medina atingiu 40% dos apoios). Nove das cámaras ganhou-lhas á CDU (coligação de comunistas e verdes). Estavam chamadas a votar 9,5 milhões de pessoas para escolherem 308 alcaldes e mais de 3.000 presidentes de juntas de distrito. A abstenção esteve em 44,6%. De por parte, a outra face das autárquicas é o PSD (centro-direita) que afundiu nas principais cidades do país. De facto, Braga e Cascais passam a serem os seus feudos mais importantes. Obteve 25% dos votos e 78 câmaras, 38 menos que há quatro anos. Em Lisboa, a sua candidata apenas chegou a 15 por cento dos votos, ficando terceira. Na segunda cidade portuguesa, Porto, repete mandato o independente Rui Moreira. Os comunistas tiveram o pior resultado da sua história em umas autárquicas. Logra 9,2% de votos e perde 9 câmaras ao ficar com 24. Entre as que perde, históricas como a de Almada. O Bloco de Esquerdas fica como estava: tinha zero alcaldes"}
{"ID": "NOS_55385", "summary": "A Federación de Libreiros de Galiza decidiu non aplicar a subida do IVE ao material escolar até o 15 de outubro, unha vez pasado o inicio do curso. Unha medida que toman despois de comprobar que se estaban a facer mercas masivas para evitar o pagamento da subida imposta polo goberno do 4 ao 21%.", "text": "Arredor do 95% das librarías galegas se estima que non subirán o IVE do material escolar a comezos do curso.Mediante un cartel identificaranse os establecemenos que se acollan a esta recomendación da Federación de Libreiros de Galiza. A entidade que agrupa a representantes das librarías galegas sinalou que chegan a tomar esta medida unha vez se detectou a compra masiva de material escolar co fin de fuxir da suba imposta polo goberno. As librarías asumirán a suba até o 15 de outubro, unha vez pasado o periodo de volta ao colexio. A aplicación do 4 ao 21% do IVE realízase en todo o Estado pero a federación galega é a primeira que exime aos seus clientes do pagamento ate un mes e medio despois do que tería que ser a súa aplicación. Despois de dar carpetazo á gratuidade dos libros de texto, a noticia da eliminación da redución do IVE dos materiais escolares como libretas, folios ou bolígrafos provocara o malestar das persoas máis afectadas, de maneira especial, as agrupacións de anpas. A través da deputada Carme Adán, o BNG presentara en xullo no Parlamento Galego unha interpelación na que instaba ao goberno de Feijoo a valorar o impacto social e económico da subida do IVE nos materiais escolares e demandaba actuacións para frear as consecuencias no inicio do curso. Reclamaba do goberno de Feijóo que non se aplicara a medida e que, de non \"ter valentía para o facer\" que desenvolvera actuacións encamiñadas a que nenos e nenas que vivan en casas con dificultades económicas podan acceder ao material escolar preciso para o novo curso. O goberno de Feijoo non anunciou ningunha das dúas posibilidades e é agora a Federación de Libreiros a que decide tomar a decisión de librar á familia da subida do IVE a inicios do curso."}
{"ID": "NOS_9724", "summary": "O comité de expertos do Consello de Europa considera que o 'decreto de plurilingüismo' do goberno de Feijóo entra en contradición cos acordos contemplados na Carta Europea das Linguas.", "text": "O Consello de Europa insta \"encarecidamente\" á Xunta a que impulse o galego no ensino. É o que pide o Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas (tratado internacional ratificado polo Estado Español ), que vén de facer publico o seu 4º informe sobre o cumprimento da Carta da Carta no Estado Español. Este documento, lembra a Mesa pola Normalización Lingüística, foi avaliado polo Consello de Ministros do Consello de Europa que á súa vez instou ás autoridades españolas e galegas a cumpriren os acordos que sinala a Carta. Para A Mesa, o Consello de Europa reafírmase nas conclusións que xa emitira no anterior periodo, publicado en 2012, \"considerando que os acordos sobre o tratado internacional non está cumpridos nin na educación infantil, nin na primaria, nin na secundaria, en relación ás limitacións impostas polo Decreto 79/2010 ao uso do galego no ensino\". Sinalan nesta liña que o obxectivo de reducir a presenza do galego a un terzo \"entra claramente en contradición cos compromisos escollidos polas autoridades de acordo coa Carta que esixe a educación predominantemente en galego\". Así, inciden en que a educación trilingüe (unha das 'obsesións' de Feijóo) non debe \"acetar negativamente a protección e promoción\" do galego. Xustiza No documento hai outras recomendacións e propostas. Así, por exemplo, o Comité de expertos e o Consello de Ministros instan os gobernos estatal e autonómico a modificaren a lexislación para dar efectivo cumprimento ao uso do galego na xustiza e na administración. Para A Mesa, a Xunta de Galiza non pode continuar \"facendo ouvidos xordos\" ao que lle está a dicir \"non só a sociedade galega, senón tamén organismos da relevancia do Consello de Europa\". Marcos Maceira, presidente da MNL; afirma que este informe \"demostra máis unha o nivel de agresividade contra o galego que se acadou na etapa actual da Xunta\". \"A política lingüística da Xunta é un ataque continuado ao galego, nomeadamente no ensino, aínda que non só\"., sinalou, e instou Feijóo a \"mudar radicalmente o rumo\". Para a Mesa \"a Carta Europea é un \"deses acordos incumpridos que compre activar xa para garantir o galego no ensino, na administración, na xustiza, nos medios de comunicación ou nas relacións de consumo\"."}
{"ID": "NOS_16357", "summary": "A Confederación Anpas Galegas insta á Consellaría de Educación a definir con claridade as posibilidades de \"avance\" no terceiro trimestre para non prexudicar o alumnado.", "text": "A Confederación Anpas Galegas considera que as instrucións dadas a coñecer onte pola Ministra de Educación, Isabel Celáa, sobre a terceira avaliación e a fin de curso atenden, en xeral, ás solicitudes que tanto as Anpas públicas da Galiza como os sindicatos maioritarios do sector lle trasladaron esta mesma semana á Administración galega. \"A ministra deixou bastante claro que o acordo xeral fixa a avaliación case exclusiva dos dous primeiros trimestres como avaliación conxunta do curso, de forma que se aprobaches esas dúas etapas, tes o curso superado. E o terceiro trimestre só pode servir para mellorar a nota, nunca para empeorala\" resume Fernando Lacaci, presidente da Confederación Anpas Galegas. O curso académico rematou Desta forma, engade, a conclusión que se pode tirar é que o curso académico rematou o 12 de marzo, que o último trimestre resérvase para o reforzo, o repaso e a recuperación daquelas materias que o alumnado pode ter pendentes. Neste contexto é onde as Anpas recoñecen a súa maior preocupación, por iso lle reclaman á Consellaría de Educación que clarifique con detalle \"o que se vai facer\" no caso galego. Avance de contidos \"No marco estatal queda moi desdebuxado cal é a posición a respecto da evolución da terceira avaliación. O acordo permite que se avancen contidos, ademias doutras actividades de repaso e reforzo\", explica Lacaci. \"Esta posibilidade vaise facer de forma discriminatoria porque as eivas de conectividade que non se resolveron nun mes non se van solucionar en mes e medio\". En conversa con Nós Diario, o presidente da Confederación Anpas Galegas amósase preocupado por que triunfe unha falsa sensación de avance. \" Con que haxa unha soa crianza que non poida seguir o ritmo, ese ritmo non serve. Ou estamos todas ou non está ninguén\", recalca, para incidir na necesidade de que a Consellaría de Educación defina un plan específico, sempre en beneficio do alumnado, tendo en conta as materias que non foron accesíbeis para volvelas impartir o curso que vén. \"Se non o facemos corremos un risco en enorme\" Programa de reforzo Fernado Lacaci rexeita o Programa Proa, de reforzo ao que se referiu a Ministra Celáa, aínda sen desenvolver. \"O que hai que facer é investir fondos públicos en infraestruturas estábeis, en contratar persoal para que haxa a posibilidade de desdobramentos e apoios educativos nas aulas e para que haxa profesorado de apoio ás necesidades especiais de forma permanente\". Doutra banda, advirte da necesidade de coñecer a conectividade real do alumnado galego e as causas da falta de conexión para atender a teledocencia. \"Non responden só a problemas de tecnoloxía, de autonomía ou de accesibilidade\". Segundo di Lacaci, existe unha fenda emocional que non se está considerando. Familias con dificultades económicas, con profesións de risco, con persoas enfermas… \"Sen coñecer este escenario con detalle, manter a ilusión de que estamos avanzando é amparar a discriminación a boa parte do alumnado\". O papel da Consellaría A Confederación Anpas Galegas urxe a Administración a facer propostas baseadas nas circunstancias variábeis do alumnado e na capacidade adaptativa do ensino para darlles a atención que requiren. \"Para que queremos unha Consellaría de Educación senón? Unha vez dentro do marco excepcional que nos trouxo o novo coronavirus, deuse nunha nova normalidade. A Consellaría non fixo máis que esperar pacientemente a ver que pasaba, cando debería ter formulado diferentes plans para distintos escenarios. Está perdendo o tempo e facéndolle perder o tempo a moitas familias galegas\"."}
{"ID": "NOS_28939", "summary": "O galego \"é o único idioma do Estado que non conta cunha entidade destas características\", afirmou Ana Pontón, que defendeu a creación deste organismo para abrir as portas da \"amplísima comunidade lusófona\".", "text": "Decenas de persoas citáronse este sábado na Coruña na xornada organizada polo BNG 'Medre a lingua', un evento no que se analizou a situación actual do galego ante a política lingüística do PP. Este debate prodúcese, advertiron, \"tras doce anos de aplicación do denominado decreto da vergoña, que converteu o galego nunha lingua de segunda na educación con consecuencias nefastas, como desvelan os datos da Real Academia Galega e as estatísticas do IGE\". \"24% dos nenos e nenas menores de 14 anos non sabe falar galego\", precisou Pontón O galego, subliñaron neste encontro, é a única lingua do Estado que perde falantes, así como que a escola tornou nun axente \"desgaleguizador\". Algo que, afirmaron, xa empeza na etapa infantil. \"24% dos nenos e nenas menores de 14 anos non sabe falar galego, e 30% non é capaz de escribilo\", comentou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón. Acusaron ademais o Goberno popular de incumprir a lei \"desde o Estatuto de Autonomía, pasando pola Lei de Normalización lingüística e até a Carta europea de linguas minoritarias\", e criticaron a \"falta de apoio\" por parte do Executivo, cuns fondos de promoción do idioma que son \"50% máis baixos que en 2009\". O galego é a única lingua do Estado español que perde falantes Batería de medidas Ante esta situación, precisou Pontón, \"un Goberno do BNG porá en marcha unha batería de medidas para reverter o proceso de perda de falantes, en particular das novas xeracións\". Entre elas, a derrogación do decreto e \"pór fin a disparates como a prohibición por lei de impartir en galego materias como Matemáticas ou Tecnoloxía, que si poden impartirse en francés, alemán, inglés ou castelán\". Aliás, proporán a creación de contidos audiovisuais en galego a través dunha canle da televisión pública de temática específica para o público infantil e xuvenil, \"orfo deste tipo de contidos\". A isto sumarán a promoción internacional da lingua a través da creación do Instituto Rosalía de Castro, \"tendo en conta que é o único idioma do Estado que non conta cunha entidade destas características\". \"Ter unha lingua é un valor que nos enriquece, que nos abre as portas dunha amplísima comunidade da lusofonía, e non podemos ter un Goberno na Xunta en contra do galego en lugar de traballar a favor\", comentou. O galego, á cola do Estado español en recursos tecnolóxicos A xornada foi coordinada pola portavoz parlamentaria de cultura e integrante da RAG, Mercedes Queixas, e contou ademais coa participación do portavoz municipal da Coruña, Francisco Jorquera, e do lingüista Xosé Ramón Freixeiro."}
{"ID": "NOS_34293", "summary": "O escritor é membro numerario da Real Academia Galega (RAG).", "text": "\"Son membro numerario da Academia Galega: non asistirei a ningún acto no que estea presente o presidente da Xunta, Feijóo é o nome, e o seu Goberno mentres no deroguen o decretazo de exterminio do idioma galego de 2010\". Conciso e directo, o escritor Manuel Rivas facía este anuncio a través da súa conta de Twitter. Un anuncio que axiña xerou comentarios nas redes sociais, na súa maioría parabenizando a decisión do escritor. Ante as preguntas de por que daba este paso, o propio Rivas respondeu que \"expreso en tuit o que levo tempo facendo\". O que o Goberno galego do PP denomina 'decreto do plurilingüismo' acumulou nestes anos fortes críticas, situándoo como un elemento clave na desgaleguización no sistema educativo. Informes como o do Consello de Europa apontan á necesidade da súa derrogación, unha postura que ten sido solicitada por numerosos colectivos, entidades e organismos. A propia RAG presentara un recurso contra o que se coñece como 'decretazo'. Son membro numerario da Academia Galega: non asistirei a ningún acto no que estea presente o presidente da Xunta, Feijóo é o nome, e o seu Goberno mentres no deroguen o decretazo de exterminio do idioma galego de 2010.— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) January 29, 2020"}
{"ID": "NOS_33409", "summary": "[ACTUALIZADA ÁS 14.40] Varios milleiros de persoas colapsaron o centro da cidade da Coruña na mañá do sábado para esixiren a retirada do ERE extintivo presentado por Alcoa e que supón o feche da factoría coruñesa e da perda de máis de 400 postos de traballo directos.", "text": "Baixo o lema \"Estabilidade enerxética, futuro para a industria xa\", varios milleiros de persoas percorreron o centro da Coruña na mañá do sábado contra o feche da factoría que Alcoa ten na cidade. \"Isto é a guerra, Alcoa non fecha\", \"Enerxía solución\" ou \"Fóra iankees, panda de mangantes\" foron algunhas das consignas máis coreadas polas persoas que responderon ao chamado dos traballadores. Juan Carlos López, presidente do Comité de Empresa de Alcoa na Coruña, esixiu ao inicio da manifestación a retirada do ERE de inmediato porque \"non se pode impoñer esa solución sen negociación\". \"A partir da retirada do ERE, ten que abrirse unha mesa de negociación. Isto non pode parar\", agregou. O presidente do Comité tamén salientou que as plantas da multinacional do Estado español son produtivas \"alén do que manipula Alcoa\" e denunciou que as axudas públicas concedidas á multinacional non reverteron en mellora ningunha nin nas condicións laborais dos traballadores, que xa advertiron de que non pararán de producir. Na mesma liña, apuntou que desde 1998 a 2014, A Coruña e Avilés -factorías que Alcoa quere fechar- xeráronlle á multinacional \"unha riqueza de 1.490 millóns\". Cartos, denunciou, que \"foron investidos na planta de Arabia Saudita, Islandia e compañía\". Juan Carlos López sinalou como \"culpábel do ERE\" a empresa, mais tamén se pronunciou sobre a \"tomadura de pelo\" do mercado eléctrico. \"Os consumidores estamos fartos. Para os grandes intensivos pasouse de 3 millóns ao mes antes, a 6 millóns de euros ao mes agora, é un cachondeo\". A empresa anunciou o feche das fábricas da Coruña e de Avilés. O ERE non lle afectaría á factoría de San Cibrao (Cervo), cuxos traballadores se desprazaron este sábado á Coruña para participar da mobilización, á que se sumaron as e os representantes políticos de todas as forzas políticas. Reaccións das forzas políticas Ao remate da marcha subiu o estrado o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), para expresar que a cidade \"non deixa ninguén atrás, desde hoxe e até que isto se solucione, todas e todos somos traballadores de Alcoa\". Tamén participou da manifestación o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, quen sinalou que o anuncio de feche representa \"unha preocupación moi importante\" para o Goberno galego e quen apelou a un \"traballo conxunto entre as institucións\". Luís Villares, portavoz de En Marea, esixiu o mantemento dos postos de traballo e reclamou perante a prensa \"a devolución das axudas públicas\" de se consolidar o feche \"para evitar que mentres uns accionistas en EEUU se reparten 200 millóns en beneficios, aquí centos de familias queden na rúa\". Villares considerou tamén imprescindíbel a modificación do sector eléctrico \"para facer competitiva toda a industria\". \"A primeira medida é sacar a produción hidraúlica, eólica e nuclear das poxas diarias de enerxía e obrigar a que sexa vendida a longo prazo con prezos xustos e estábeis\". Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, declarou que a ministra de Industria lle trasladou que \"a estratexia de traballo está centrada no mantemento dos postos de traballo\". \"A prioridade pasa por que non se presente o ERE e se abran liñas de acción para o que buscamos: que a planta manteña o nivel de emprego\", agregou. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, ademais de centrar o foco de atención na defensa dos postos de traballo, puxo a ollada na reivindicación dunha tarifa eléctrica galega, \"resulta inconcibíbel que nunha Galiza excedentaria vexamos como hai 400 postos de traballo en risco por culpa dunha regulamentación que só pensa nos intereses das empresas eléctricas e que marxina Galiza\". \"Para nós é indignante que nestes anos se vetasen as propostas para unha tarifa eléctrica galega que nos permitiría non estar hoxe nesta situación porque abarataría non só o prezo para as industrias, senón tamén para as persoas\", expuxo, \"temos unha electricidade pola que tamén pagamos un custo social e ambiental\". A CIG insiste na tarifa eléctrica galega Tamén insistiu na tarifa eléctrica galega o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen defendeu a necesidade de \"retomar un consenso político sobre o sistema eléctrico, en base á proposta que a CIG formula para a creación dunha tarifa eléctrica galega que permita abaratar o custo da enerxía e a implantación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predicíbeis, á que se poidan acoller as empresas de grandes consumos baixo o cumprimento dunha serie de requisitos e que recoñeza o estatus específico deste tipo de industrias\". Lembrou, ao respeito, a ILP presentada polo sindicato para lograr a tarifa eléctrica galega. Iniciativa que non prosperou pola negativa do PP."}
{"ID": "PRAZA_14481", "summary": "A entidade anunciou na súa asemblea galega, que se celebrou o sábado, que o vindeiro verán ofrecerá servizos e produtos de banca: banca electrónica, contas correntes, domiciliacións…", "text": "Fiare Galiza aprobou esta fin de semana en Vigo a proposta de integración do proxecto na italiana Banca Popolare Etica, que camiña paseniño pero sen pause até a súa constitución nunha entidade bancaria completa pero con fundamentos éticos. Até o momento, Fiare actuaba como axente desta entidade no Estado Español. Na asemblea anunciouse que a entidade ofrecerá o vindeiro mes de xullo servizos e produtos de banca: banca electrónica, contas correntes, domiciliacións… Fiare Galiza aprobou a integración no proxecto por unanimidade dos 50 presentes agás dúas abstencións. A asemblea contou coa presencia do presidente de Fiare, Peru Sansia. A diferenza doutras entidades como Triodos Bank, Fiare ou Banca Popolare son cooperativas, nas que as persoas que achegan o capital social pasan a ser socias de pleno dereito. Nas asembleas da entidade decídense desde as escalas salariais das persoas liberadas ou a taxa de xuro dentro do marco estabelecido polo Banco de España. Na última parte da asemblea os asociados debateron a posibilidade da creación dunha segunda forma xurídica, separada da cooperativa pero relacionada coa mesma, que manteña a rede de redes creada durante todos estes anos e permita realizar certas actividades (parabancarias, denuncia…) que non teñen cabida na cooperativa. A cuestión é como manter a autonomía da que agora gozan as diferentes entidades territoriais dentro do Estado. Segundo Raúl Asegurado, activista de Fiare, \"para a banca ética é fundamental a creación de grupos locais, o asentamento no territorio e a sensibilidade cara as diferencias culturais e sociais\"."}
{"ID": "PRAZA_1761", "summary": "Gómez Besteiro aposta por \"un Estado integral que combien equilibradamente a descentralización política coa unidade de todos os pobos\", durante a ofrenda a Castelao dos socialistas galegos en Rianxo.", "text": "O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu no Día Nacional a necesidade dunha \"Galicia partícipe, como actor principal, da construción dun Estado Federal resultado dunha reforma constitucional máis necesaria que nunca; unha Galicia cun status institucional e un peso importante na organización dun Estado Federal Español\". Besteiro defende unha Galicia que sexa \"actor principal da construción dun Estado federal\" Besteiro participou, xunto a numerosos cargos e militantes do PSdeG, na tradicional ofrenda a Castelao en Rianxo e no seu discurso apostou por \"un Estado integral que combine equilibradamente a descentralización política coa unidade de todos os pobos, un Estado no que, como galegos e como socialistas, temos moito que dicir en temas como o financiamento autonómico ou o modelo territorial\". O líder dos socialistas galegos, que transmitiu o \"ánimo, afecto e consideración\" ás vítimas de Angrois, falou dun \"día de reivindicación da nosa identidade como galeguistas e socialistas\". \"A crise cuestionou moitas cousas e levou consigo moitas outras, pero o que non nos pode arrebatar a crise é a nosa coherencia, a coherencia co que sempre fomos e co que sempre defenderemos\", asegurou. Besteiro cre que tanto o PSdeG como Castelao defenderon sempre \"un proxecto político incluínte\" \"O galeguismo para nós, non é só unha cultura propia, unha forma de ver o mundo ou unha forma de falar e entenderse, o galeguismo para os socialistas é ante todo unha forma de organizarse como país e de afrontar retos futuros como sociedade dende a nosa propia singularidade\", insistiu, tras comparar o \"galeguismo de Castelo co do PSdeG\", ambos, segundo dixo, \"un proxecto político incluínte, que ve na unión solidaria un dos seus acenos de identidade\". O secretario xeral do PSdeG lembrou que \"Galicia ten o mellor capital físico e humano da súa historia, temos as mellores infraestruturas e a xeración de mozos e mozas mellor formada da nosa historia, e non obstante perdemos poboación, os mozos marchan e Galicia retrocede en todos os aspectos sociais e económicos con respecto a España e Europa\". \"Hoxe é o día de proxectar o que Castelao quería para Galicia, un desexo que coincide coas ideas que os socialistas galegos defendemos cada día no Parlamento, nos concellos, nas nosas vilas, nos nosos barrios; cómpre recuperar un galeguismo útil, ligado á unha economía propia de Galicia para volver a ter peso no conxunto do Estado e aumentar a nosa capacidade de protexer aos galegos como sociedade\", rematou."}
{"ID": "NOS_18172", "summary": "Amasar galletas, facer pan ou enfornar galletas son actividades polas que devecen boa parte das crianzas. As Feiras do Libro que se celebran esta primavera e verán nas distintas cidades galegas programan cursos de cociña para as crianzas.", "text": "Profesores titulados en cociña son os responsábeis de impartiren estes obradoiros que duran hora e media e están pensados para nenos e nenas de 6 a 10 anos. O programa inclúe receitas doadas e saborosas para que se afeccionen á cociña, xoguen e aprendan ao tempo. A elaboración de masas é o centro do curso, en resposta á actividade que máis lle gusta á rapazada, darlle forma á mestura que logo enfornarán.O programa de cursos polas Feiras do Libro compila as citas de Compostela o 5 de maio e Lugo o sábado 19. O 3 de xuño aprenderán a facer pizza a xente nova de Ourense e o 7 de xulllo a de Vigo. Xa en agosto será a cita anual da Coruña cos libros ao ar libre a que reciba aos cociñeiros e cociñeiras con menos idade e máis ganas de aprender.Gorros e mandís profesionais introducen a este particular alumnado nun mundo gastronómico de altura. A editorial Ouvirmos organiza os cursos despois do éxito acadado coa colección de libros \"Cociña infantil e familiar\", recetarios que ensinan a preparar aos máis pequenos pratos doados e imaxinativos.Muffins con chocolate e abelás ou flan de regaliz para a sobremesa, bocata en forma de cempés para a festa, pizza \"Bob Esponxa\" ou cornete de pavo e verduras son algunhas das receitas que se recollen nos títulos publicados até o momento. A colección completarase até un total de dez libros nos que se agardan arroces, zumes, cociña internacional ou chocolates e xeados, un pracer para o padal infantil. Como todo hai que dicilo, a colección complétase cun volumen dedicado aos peixes, eses grandes heroes sobreviventes nas mesas con comensais de menos de dez anos."}
{"ID": "NOS_20009", "summary": "O músico e sonidista faleceu onte día 21 de agosto en terras galegas. Hoxe, nos concertos que fan parte do programa do Feito a Man, festival do que foi enxeñeiro durante moitos anos, gardarase un minuto de silencio no seu recordo.", "text": "Jon Scullard foi baixista do grupo escocés Shooglenifty, co que chega a Galiza. Estableceuse na nosa terra hai 20 anos, onde se converteu nun galego máis e nun respetadísimo enxeñeiro de son. Como sonidista traballou en grupos como Berrogüetto ou a Banda das Crechas, ademais de en salas e concertos como no festival Feito a Man ou na Casa das Crechas. O festival Feito a man e Cidade Vella, a asociación que o organiza, renderá esta terza feira tributo á figura deste escocés que marcou a vida musical compostelá dos últimos anos."}
{"ID": "NOS_53038", "summary": "Operarios da construción que traballan na instalación dunha nova tenda de ZARA en Zurich levan 4 días de paro denunciando a explotación laboral á que, din, os somete Inditex. Denuncian xornadas laborais de 12 horas diarias e dumping salarial após percibiren 900 euros ao mes, condicións que violan os convenios colectivos do sector.", "text": "Isto é o que está a acontecer en Bahnhofstrasse (Zurich) onde arredor de 50 operarios galegos --mais tamén portugueses e andaluces-- iniciaron esta segunda feira (24 de febreiro) un paro na construción da nova tenda que abrirá ZARA na capital suíza. Através dunha filial do imperio téxtil fundado por Amancio Ortega, Goainvest, os operarios foron contratados en condicións precarias que vulneran o convenio colectivo fixado polo país. Con salarios de entre 900 e 2.000 euros ao mes --o convenio suízo polo que ha de rexerse a contratación fixa un soldo mínimo de 4.000 francos-- e xornadas laborais superiores ás 60 horas semanais (das segundas feiras ao sábado), os traballadores iniciaron unha folga para reivindicaren os seus dereitos laborais. Organizados arredor do sindicato Unia e, nomeadamente através de Xosé Manuel Abelenda, representante sindical en Suíza, aseguran que se trata dun caso de \"dumping salarial\" no que \"a terceira fortuna do mundo está a explotar os traballadores\". Após meses recompilando a documentación de ducias de traballadores, a central sindical verificou que os operarios estaban a asinar nóminas que reflectían menos horas das que en realidade traballaban. Aliás, explica Xosé Manuel en conversa con Sermos Galiza, \"tiñan todo moi preparado para unha inspección\". E é que a filial de Inditex obrigaba os operarios a declarar que percibían un salario maior e traballaban menos horas, \"se viña o sindicato ou un inspector\", subliña. \"Un multimillonario non pode facer o que lle dea a gana\" Trátase de \"traballadores desprazados\" que, de acordo coa lexislación laboral suíza, deben ser contratados segundo o fixado polo \"convenio do país\" á fin de \"evitar que os salarios se veñan abaixo\", explica Abelenda. Por esta razón, denuncian que a transnacional fundada por Amancio Ortega estaría a cometer un delito de \"dumping salarial\". \"Non vale que sexan unha subcontrata\", advirte Xosé Manuel, para que Inditex tente lavarse as mans, \"a empresa é responsábel e ten que saber\" o que acontece en relación cos traballadores que operan na instalación das súas tendas. Neste senso, desde Unia iniciaron unha campaña de socialización do conflito entre os estabelecementos da cidade para denunciaren o réxime de explotación laboral en que se atopan os operarios. \"A xente ten que ser consciente de que un multimillonario\", no concreto a 3ª fortuna mundial, \"non pode facer o que lle dea a gana\", denuncia Abelenda ao tempo que subliña que, \"non é a primeira vez\" que acontece pois \"cada vez que Inditex abre unha tenda collémolos nun renuncio\". De feito, neste último caso, Inditex mesmo desprazou traballadores desde a obra da súa tenda principal a outra \"que tamén está parada\" froito das mesmas condicións laborais."}
{"ID": "NOS_48440", "summary": "Galiza e A Rioxa son os dous únicos territorios do Estado pendentes de aprobar o decreto de prescrición enfermeira.", "text": "O Sindicato de Enfermaría denunciou que a Galiza é, a canda A Rioxa,o único territorio no que as súas enfermeiras e enfermeiros aínda non poden indicar e usar medicamentos como as vacinas contra a Covid-19 con todas as garantías xurídicas. Transcorridos máis de dous anos e medio desde a entrada en vigor do decreto de prescrición enfermeira, Satse láiase de que as consellarías de Sanidade da Galiza e A Rioxa sigan sen aprobar a regulación que permite acreditar as enfermeiras e enfermeiros dos seus respectivos servizos de saúde para que poidan indicar e usar medicamentos sen o risco de que sexan denunciados por cometer intrusismo profesional. Isto implica máis lentitude, burocracia e ineficacia Satse lembra que o feito de que as enfermeiras destas autonomías non estean acreditadas aínda para indicar, utilizar e autorizar a dispensa de fármacos como as vacinas supón, na práctica, que calquera persoa debe ter antes unha necesaria prescrición clínica, \"o que implica máis lentitude, burocracia e ineficacia\". Coidados de calidade A organización sindical subliña que a tramitación administrativa pertinente para regular este asunto foi dispar ao longo dos dous últimos anos, xa que houbo comunidades autónomas que foron máis áxiles que outras, aínda que, en termos xerais, podería xeneralizarse antes para que todos os enfermeiros e enfermeiras, independentemente do servizo de saúde no que exerzan o seu labor, teñan os mesmos dereitos e garantías. Satse reclama que tanto a Galiza como A Rioxa se sumen de inmediato ao resto de comunidades autónomas e acrediten unha actuación asistencial que as enfermeiras e enfermeiros realizan de forma habitual \"e que, sen dúbida, beneficia á atención e coidados que se prestan aos pacientes e ao conxunto da cidadanía\", ademais de facilitar un maior achegamento do profesional e o paciente e favorecer un control máis próximo da evolución do seu tratamento."}
{"ID": "NOS_27172", "summary": "A concelleira Avia Veira solicita unha xuntanza con Santiago Villanueva para que este dea \"as explicacións oportunas\".", "text": "A concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira, vén de solicitar unha reunión co delegado do goberno español na Galiza, Santiago Villanueva, para instarlle a que dea as \"explicacións oportunas\" sobre a \"brutal carga\" policial que a policía española protagonizou contra seareiros deportivistas este sábado. Os nacionalistas seguran que a actuación policial ás portas do Hotel onde estaba concentrado o Deportivo produciuse \"sen que mediase ningún incidente\". Alegan que nas imaxes da TVG e en diversos vídeos pode obsrvarse como non hai nada que xiustifique unha carga. \"A Policía Nacional cargou sen que mediase ningún incidente o que provocou que resultasen feridas algunhas persoas e mais tamén unha avalancha de xente que fuxía da agresión policial polo que entendemos que o delegado do Goberno en Galiza, como responsábel da actuación deste corpo, debe dar explicacións\" Fontes consultadas por Sermos Galiza indicaron naquela altura que todo transcorría con normalidade até que, de súpeto, a Policía comezou a cargar contra os seareiros e seareiras. A propia Federación de Peñas do Deportivo aludiu o acontecido o sábado como un \"ataque da Policía\". Segundo recolle La Opinión, citando fontes da Federación, a carga comezou cando os xogadores comezaron a saudar os afeccionados."}
{"ID": "NOS_44070", "summary": "Unanimidade de todos os sectores do persoal da USC para facer fronte aos recortes laborais. Convocan hoxe asembleas nos campus de Santiago e Lugo para preparar accións que se desenvolverán a comezo do próximo curso para mostrar a súa oposición aos recortes orzamentarios e salariais.", "text": "Asembleas nos campus de Santiago e Lugo pulsarán a opinión e prepararán un calendario de mobilizacións para o vindeiro curso coa idea de mostrar a súa oposición unánime á política de recortes do sistema universitario galego. Comezan tamén unha serie de contacto con representantes das Universidades de Vigo e A Coruña co fin de lograr unha fronte común para defender a calidade do ensino universitario, afogado polos recortes orzamentarios, salariais se de persoal. A Xunta de Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI) e de Persoal de Administración e Servizos Funcionario (PAS) e os Comités Intercentros de PAS Laboral e de PDI Laboral acordaron por unanimidade desenvolver hoxe xoves asembleas nos campus de Santiago e Lugo co fin de mostrar a unanimidade de todos os sectores da universidade e preparar mobilizacións que previsiblemente se desenvolverán a comezos do vindeiro curso. Os recortes, segundo a presidenta da Xunta de PDI funcionario de Santiago, Alba Nogueira, son no presente ano dun 20%. O obxectivo é que das asembleas que hoxe se celebren se artellen mobilizacións para o próximo curso co fin de que os orzamentos que se comezarán a elaborar en setembro non recollan novas rebaixas nin consoliden as actuais. Segundo Alba Nogueira, \"a idea é recuperar os investimentos previstos no Plan de Financiamento e non consolidar os recortes orzamentarios deste ano\". Ao recorte nos salarios engádase a diminución nas convocatorias de investigación e recursos humanos, a redución nos fondos que afectan a actividades de docencia e investigación, afectando á calidade do ensino. Alertaron, nese sentido, de que ao non se repoñer as xubilacións pode haber áreas de coñecemento que non teñan cuberta a docencia. Recórrese, segundo denunciaron, a impartir certas materias por medio de profesorado afín coa perda do criterio de especialización. Desde a de Santiago están a iniciar contactos con outras Universidades co fin de facer un fronte común na defensa do sistema universitario galego."}
{"ID": "NOS_11768", "summary": "A Deputación da Coruña vén de crear un novo premio, chamado Begoña Caamaño, para promover a igualdade de xénero. Tamén lle dará o nome de Fran Pérez 'Narf' ao certame de grupos e artistas musicais que xa vai pola novena edición.", "text": "A escritora Begoña Caamaño dará nome ao novo premio que recoñecerá persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven a igualdade de xénero e o músico Fran Pérez, Narf, ao certame de grupos e artistas musicais da área de Cultura da Deputación da Coruña. A vicepresidenta e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, presentou as novas convocatorias acompañada de tres persoas moi vinculadas cos dous artistas: Uxía, Bea Caamaño e Josemari Etxaniz. \"Os dous premios buscan dialogar coa contemporaneidade, que a xente nova se achegue a estas grande figuras que nos deixaron en momentos magníficos das súas traxectorias artísticas, persoas que tiñan un gran futuro que queremos trasladar ás novas xeracións porque consideramos que as súas obras deixan xermolos para que a xente nova se encardine nelas\", dixo Goretti Sanmartín Rei no acto de presentación dos premios no que estivo acompañada de Uxía, que mantiña cos dous unha intensa relación de amistade e de proxectos comúns, e de Bea Caamaño e Josemari Etxaniz, irmá e compañeiro de Begoña Caamaño. A responsábel da área de Cultura da Deputación destacou o novidoso do premio Begoña Caamaño que busca recoñecer persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura. \"Recolle os ámbitos en que Begoña Caamaño traballou na súa vida como activista feminista e cultural, comprometida cos dereitos das mulleres e na súa faceta de escritora\", explicou Goretti Sanmartín. Goretti Sanmartín: \"Os dous premios buscan dialogar coa contemporaneidade, que a xente nova se achegue a estas grande figuras que nos deixaron en momentos magníficos das súas traxectorias artísticas\" Pola súa parte o músico Fran Pérez, Narf, dará nome ao concurso para Grupos e Artistas Musicais da área de Cultura da Deputación da Coruña que chega este ano a súa IX edición. \"Con este premio quérese recoñecer artistas emerxentes de calquer estilo musical e continúa tamén a pegada dun artista que abriu camiños para a renovación. O concerto cos finalistas terá lugar na sala Mala Testa de Santiago que nos seus inicios como Sala Nasa foi un espazo cultural moi vinculado coa figura de Narf\", anunciou Goretti Sanmartín do evento final en que artistas e grupos tocan ao vivo nun acto público diante do xurado que por vez primeira se celebrará en Santiago de Compostela. Grande amiga de Begoña Caamaño e de Fran Pérez, Narf, Uxía agradeceu a \"iniciativa brillante que reúne a dúas figuras referenciais e importantísimas da vida cultural galega que nos deixaron recentemente\". Destacou Uxía as \"grandes afinidades que tiñan xa que eran activistas da cultura, amantes do seu oficio e comprometidas co seu tempo e a súa realidade o que gustaban compartir cos demais\". De Narf lembrou Uxía as moitas conversas na súa convivencia dos últimos tempos nos que naceu o proxecto conxunto \"Baladas da Galiza imaxinaria\" e destacou o seu \"compromiso coa xente máis nova para impulsalos a que tomasen en serio o seu oficio, para establecer pontes con outras culturas. A xente máis nova admirábao por iso e por crear unha nova linguaxe musical propia\". En canto a Begoña Caamaño fixo fincapé no seu papel á hora de \"dar voz ás sen voz, ás mulleres silenciadas, ás que estaban nun segundo plano con protagonista masculino\" e afirmou que o novo premio \"acompaña o seu perfil, estaría feliz de que se recoñecesen as iniciativas de xénero a través das artes\". Convidou Uxía ás novas xeracións de creadoras e creadores a se \"engancharen a unha nova forma de facer, de comprender o mundo, de estar coas persoas máis desfavorecidas, no modelo de ambos que loitaron por un futuro diferente, máis xusto e igualitario\" e animou a difundir as convocatorias e agrandar a memoria das dúas figuras. A irmá da escritora, Bea Caamaño, agradeceu a creación dun novo premio que, segundo valorou, \"recolle a súa esencia, o que foi, o que fixo e o que quixo\". \"Agradezo a memoria sobre a súa figura e a súa obra que é fundamental para transmitir que a historia pode contarse doutra maneira a través dunha obra que, ademais da calidade da escrita é unha achega fundamental ao feminismo\". Prazos e candidaturas O I Premio \"Begoña Caamaño\" nace coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura, tanto no ámbito da provincia como no galego. O certame está dotado con 6.500 € destinados a un único premio que pode quedar deserto ou ser compartido por dúas candidaturas se aí o estimara o xurado. Todas as persoas físicas ou xurídicas poderán propoñer candidaturas de persoas, colectivos, asociacións ou entidades que estean ligadas a proxectos de igualdade desde o campo da cultura ou que salienten polo desenvolvemento de actividades culturais que impliquen o seu avance social desde o traballo artístico, con residencia ou sede social en territorio galego. O prazo de presentación remata o 30 de agosto. Por outra parte, o músico Fran Pérez \"Narf\" dará nome ao concurso para Grupos e Artistas Musicais da área de Cultura da Deputación da Coruña que chega a súa IX edición. Poderán participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos e os premios serán de 3.000 € para o primeiro clasificado, 2.000 para o seguindo, 1.500 para o terceiro e 1.000 para o cuarto e quinto. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de xullo."}
{"ID": "NOS_25927", "summary": "Fillos de Breogán e Ártabros superaron os seus partidos diante de Irmandinhos e os Mecos Ogrobe.", "text": "O primeiro campionato oficial na Galiza de fútbol gaélico continuou esta fin de semana na cidade da Coruña. Tivo lugar na Cidade Deportiva da Torre de Hércules e reuniu á equipa anfitroa, Fillos de Breogán, cos Irmandinhos da Estrada, os Ártabros de Oleiros e os Mecos Ogrobe. Nesta xornada o primeiro encontro, marcado polas baixas nos dous conxuntos, gañou Fillos de Breogán a Irmandinhos por 4 goles e 10 puntos (22 puntos en total, xa que o gol vale tres puntos) contra tres puntos dos estradenses. Aínda así, nos primeiros compases do encontro, os Irmandinhos chegaron a ir gañando por 2-3. As fotografías que ilustran este artigo son deste partido. O outro encontro desta xornada enfrontou a Mecos Ogrobe, equipa que se estreaba, ante os Ártabros de Oleiros. Os grovenses son o conxunto con media de idade máis baixa do campionato e os oleirenses o que ten un equipo máis veterano. Malia que o ímpetu dos Mecos lles serviu para poñerse por diante no marcador nos primeiros minutos de partido, os Ártabros tiraron de oficio e dureza no xogo e gañaron por 18 (3 goles e 9 puntos) a 11 (3 goles e 2 puntos). Fillos de Breogán lideran a clasificación provisional con catro puntos e no último posto están os Irmandinhos que aínda non gañaron ningún partido. Fotos: Kamy Fernández"}
{"ID": "NOS_52364", "summary": "O obxectivo agora é \"dobregar a curva\", di o ministro de Sanidade.", "text": "O ministro de Sanidade, Salvador Illa, informou onte de que xa se alcanzou o \"pico\" da pandemia do novo coronavirus, polo que o obxectivo que marcan as autoridades sanitarias para esta semana é \"consolidar\" a segunda etapa na loita contra a COVID-19, é dicir, \"dobregar a curva de novos contaxios\". Illa congratulouse polos datos feitos públicos durante a xornada de onte, cando se detectaron 3.477 novos casos, é dicir, 2% de incremento a respecto das cifras do pasado domingo. Ademais, tamén destacou a subida de 6% no aumento de doentes recuperadas, así como que crecese en 3% o número de persoas falecidas. \"Son uns datos que nos permiten confirmar que superamos xa a primeira fase da epidemia, alcanzando o pico\", resaltou, agradecendo o \"magnífico comportamento\" da cidadanía con respecto ás restritivas medidas que impuxo o Goberno español desde o decreto do estado de alarma, así como ao persoal sanitario polo seu labor en primeira liña contra a COVID-19. A pesar destes datos positivos, Illa lembrou que o Estado español \"segue en fase de confinamento\". \"Non iniciamos ningún proceso de desescalada nin finalizaron as restricións á circulación das persoas\", insistiu o ministro, quen sinalou que a volta ao traballo de actividades non esenciais transcorreu con \"normalidade\". Neste sentido, defendeu que o Goberno vai ser \"moi cauteloso\" na relaxación progresiva das medidas. \"Imos analizar día a día como vai avanzando a enfermidade, sempre en base á evidencia científica. Hai moitas zonas de incerteza neste virus. En base á evidencia das expertas, imos tomar as decisións, respectando sempre ao máximo posíbel os dereitos e liberdades de todas as cidadás, e analizando todos os posíbeis escenarios\", engadiu. Finalmente, o ministro insistiu na \"necesidade\" da colaboración entre todas as Administracións, en especial Goberno e comunidades autónomas."}
{"ID": "PRAZA_12560", "summary": "O pasado 21 de marzo tivo lugar o día internacional do Síndrome de Down, afección que por primeira vez conta cun día exclusivamente propio. Hoxe en día xa é habitual ver a mozos e adultos con este síndrome ou outras discapacidades, traballando en empresas ordinarias, estudando en institutos e colexios ou formando incluso as súas propias familias. Estes resultados non son una casualidade. Son o froito do traballo de fundacións coma a Down Compostela, que se constituíu oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais", "text": "O pasado 21 de marzo tivo lugar o día internacional do Síndrome de Down, afección que por primeira vez conta cun día exclusivamente propio. O Síndrome de Down é un trastorno xenético causado por unha copia extra do cromosoma 21 (ou unha parte do mesmo) en lugar dos dous habituais (trisonomía do par 21). Este trastorno é o responsable das alteracións de tipo morfolóxico, bioquímico e funcional que se producen en diversos órganos, especialmente no cerebro, durante distintas etapas da vida. Numerosas fundacións traballan con persoas que padecen este trastorno en todo o mundo. En Santiago de Compostela destaca a fundación \"Down Compostela\" que o pasado 21 de marzo celebrou o día internacional do Síndrome de Down dunha maneira moi especial. A fundación instalou dúas mesas informativas no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e na praza do Toural. Estas mesas estaban constituídas por integrantes da fundación e traballadores da mesma. Os novos usuarios da fundación tamén participaron mediante a lectura do Manifesto do Día Mundial do Síndrome de Down, que tivo lugar ás 11 da mañá no Pazo de Bendaña. A actividade da fundación finalizou ás oito co acto máis importante, a entrega de premios Down outorgados a Sofía Cebro Seijo, Julio Castro Marcote e ó Concello de Santiago. A entrega de chapas conmemorativas ó largo do día foi constante. \"Down Compostela\" constituíuse oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais Hoxe en día xa é habitual ver a mozos e adultos con Síndrome de Down, ou outras discapacidades, traballando en empresas ordinarias, estudando en institutos e colexios ou formando incluso as súas propias familias. Estes resultados non son una casualidade. Son o froito do traballo de fundacións coma a \"Down Compostela\", que se constituíu oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. Esta fundación está integrada pola Asociación Down Compostela, o Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela. Só con esta unión de esforzos pódense conseguir grandes metas. Down Compostela leva a cabo diferentes actividades para os usuarios da asociación. Algunha delas é o inicio nas novas tecnoloxías, nas que as persoas que padecen síndrome de down afianzan mellor o aprendido cando o soporte é visual. Mediante este programa os rapaces e rapazas adquiren, a través de medios tecnolóxicos, contidos escolares e de formación profesional que lles serán de grande axuda no seu futuro próximo. Os usuarios de Down Compostela necesitan a supervisión de alguén que entenda de materia tecnolóxica, e o gran problema destas actividades é que a maioría dos responsables destas persoas non teñen capacidades dixitais. A asociación tenta introducir aos pacientes ás novas tecnoloxías para que poidan axudar aos usuarios na casa e así avanzar e aproveitar a as vantaxes que ofrecen. A inserción laboral é outras das actividades das que se ocupa a asociación Outra das actividades das que dispón esta asociación é a psicomotricidade. A través de esta actividade os rapaces adquiren un dominio consciente do propio corpo, das nocións espaciais e temporais e da súa impulsividade. Este programa axuda os integrantes de Down Compostela a interiorizar conceptos relacionados coa linguaxe, matemáticas, conduta, expresión corporal, etc. A inserción laboral é outras das actividades das que se ocupa a asociación. O Emprego con Apoio é un modelo de integración social que xorde ante a necesidade de loitar polos dereitos e intereses destas persoas. Finalmente estas persoas acaban conseguindo unhas destrezas, habilidades e capacidades que facilitaranlle no futuro o seu desenvolvemento integral como persoas en sociedade. As persoas con Síndrome de Down son capaces e demóstrano cada día A axuda e a confianza depositada nas persoas con Síndrome de Down por parte desta fundación xunto co constante esforzo realizado por estas persoas fixeron posibles os logros actuais. As persoas con Síndrome de Down son capaces e demóstrano cada día. A fundación pon en marcha numerosas e variadas actividades para as persoas que padecen este trastorno. Estas actividades constitúen o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP), que conta con programas con máis de 10 anos de experiencia, os cales prestan unha atención integral tanto a persoas con discapacidade como ás súas familias. A psicóloga que dirixe estes programas é Marta Rodríguez Lorenzo. Grazas aos coidados e á atención actual, as persoas con Síndrome de Down poden sentirse coma outra persoa calquera. Todos somos iguais e iso é algo que convén recordar máis a miúdo. Os discapacitados son capaces coma ti e coma min. Asociación Down Compostela"}
{"ID": "PRAZA_14226", "summary": "A Asociación Abeiro e a Asociación Animalista Libera esixen unha auditoría para aclarar os erros denunciados, que nalgúns anos roldan os 600 animais.", "text": "A Asociación Abeiro e a Asociación Animalista Libera continúan denunciando a xestión que nos últimos anos se vén realizando no refuxio de animais de Bando. As dúas entidades esixen unha auditoría para aclarar os desfases que segundo eles se producen nos rexistros de entrada e saida de animais. Abeiro e Libera denuncian por exemplo que nos anos 2007 e 2009 hai desfases de ata 592 animais, como sucede co capítulo das saídas: o informe anual de 2009 sinala 631 saídas, pero sen embargo o resumo contido na documentación dous anos despois ofrece un dato ben diferente: 1123 animais. Para os animalistas o feito de que a comparativa de informes anuais co informe co balance do período 2005-2010 teña tal baile de números amosa \"a necesidade de auditar as contas da Fundación Refuxio de Animais\", pois \"resulta estraño que aparezan e desaparezan seres vivos segundo o escrito que se revise\". Os dous colectivos cualifican de a xestión que realiza a dirección do refuxio de Bando como \"pésima\" e cun carácter \"moi errático\". Afirman que nos últimos dias mantiveron contactos con algúns membros do padroado co obxectivo de poñelos ao tanto da situación que se está a denunciar e \"das condicións en que foron expulsados varios voluntarios e da necesidade de realizar un rigoroso estudo económico da xestión\"."}
{"ID": "NOS_20132", "summary": "O código penal é moi explícito ao respeito. Serán reos do delito de rebelión \"os que se alzaren violenta e publicamente\", artigo 472. Esta circunstancia -a violencia- non concorre no caso catalán. O único que ten habido é unha votación parlamentar sobre a vontade de construír unha República.", "text": "O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, acaba de interpor senllas querelas por rebelión, sedición e delitos conexos -prevaricación e malversación- contra os membros do Govern e os integrantes da Mesa do Parlament que admitiron a trámite a proposta de resolución sobre a independencia votada no Pleno do Parlament a pasada sexta feira. Maza compareceu perante a imprensa esta segunda feira para dar leitura a un breve comunicado sen se submeter ás perguntas dos meios. A querela ao Govern apreséntase perante a Audiencia Nacional, mentres que a denuncia á Mesa se formaliza perante o Tribunal Supremo, sendo que os seus integrantes conservan aínda o seu aforamento ao seren moitos deles membros da Deputación Permanente do Parlament (Puigdemont, Junqueras e os consellers terían perdido o foro especial ao seren destituídos por Rajoy). Maza dixo que nos próximos días as persoas denunciadas terán de prestar declaración con vistas á hipotética imposición de medidas cautelares, que non precisou. Cabe lembrar a este respeito que os líderes dos colectivos soberanistas Jordi Sànchez e Jordi Cuixart cumpren prisión preventiva incondicional após seren denunciados por un delito de sedición. Rebelión O delito con maior carga punitiva que pende sobre os membros do Govern é o de rebelión. Porén, destacados xuristas -e até o inspirador da redacción deste artigo no código penal, o ex dirixente de IU e PSOE Diego López Garrido- afirman que non se pode imputar rebelión ao executivo de Puigdemont. E con efeito unha leitura do artigo 472 do código penal basta para ver que non é de aplicación neste caso ao non concorrer o requisito da violencia. O artigo reza así: \"Son reos do delito de rebelión os que se alzaren violenta e publicamente para calquera dos fins seguintes\", e entre eses propósitos cítase explicitamente a declaración de independencia (ponto 5 do artigo). Mais é obvio que ningunha das actuacións do Govern non procés estivo conducida pola violencia, algo que a contraparte española -dada a forma en os corpos e forzas de seguridade do Estado tentaron impedir o exercicio do voto no referendo do 1 de outubro- en ningún caso pode argumentar."}
{"ID": "NOS_15409", "summary": "A tese de doutoramento da pedagoga Rosa María Rúa, da Universidade de Vigo, afonda nesta cuestión.", "text": "A pedagoga Rosa María Rúa vén de presentar a tese de doutoramento Abuso sexual Infantil: detección e afrontamento por parte do profesorado de Educación Secundaria na Galiza, dirixida pola profesora Carmen Verde, da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da Universidade de Vigo (Uvigo). \"O obxectivo desta tese foi investigar se o profesorado de Educación Secundaria da comunidade autónoma de Galicia ten coñecementos e a formación suficiente sobre abuso sexual infantil, así como a súa capacidade de afrontamento na súa detección e notificación\", apunta a autora, licenciada en Filosofía e Pedagoxía. A experiencia do abuso sexual infantil, afirma, \"é un suceso traumático e ten un carácter especialmente negativo para as vítimas por estar causado deliberadamente polas persoas que debían protexelos e non agredilos\". O colexio La Salle abre unha investigación interna sobre os abusos sexuais a crianzas Na súa tese, Rúa empregou varias técnicas de investigación, explican desde a UVigo: \"Unha revisión sistematizada para analizar de que forma se abordou o abuso sexual infantil na literatura especializada, entrevistas para obter valoracións expertas sobre a materia e un estudo realizado mediante un cuestionario a unha mostra de 478 profesoras e profesores de centros públicos e concertados de Educación Secundaria na Galiza\". O estudo, detalla, \"arroxa unha porcentaxe moi baixa (37,3%) do profesorado\" que afirma saber como actuar ante o abuso sexual a un menor de idade, o que indica que a meirande parte deste colectivo (63%; seis de cada dez) \"non sabe como abordar a cuestión\". Condenado o cura dos Salesianos de Vigo que abusou sexualmente de seis menores Os resultados reflicten que 85,8% das persoas participantes no cuestionario opinan que o profesorado pode contribuír a detectar o abuso sexual infantil, e 87,4% manifesta un total acordo no papel do centro educativo na protección do menor de idade fronte ao abuso sexual. \"Observamos un acordo unánime en sinalar o profesor como a persoa máis indicada de todos os profesionais do medio escolar para detectar que un menor está a ser abusado sexualmente\", sostén a pedagoga, agora xa doutora pola UVigo."}
{"ID": "NOS_3099", "summary": "A crítica de cinema desta sexta feira aborda un filme de ciencia ficción con trasfondo social: Elysium.", "text": "ELYSIUMAno: 2013Duración: 109 min.País: Estados UnidosDirector: Neill BlomkampGuión: Neill BlomkampMúsica: Ryan AmonFotografía: Trent OpalochReparto: Matt Damon, Jodie Foster, Sharlto Copley, Alice Braga, William Fichtner, Diego Luna, Talisa Soto SINOPSENo ano 2159 o planeta Terra está superpoboado e con graves problemas de contaminación. Os ricos viven na órbita da Terra nunha construción chamada Elysium onde teñen todo o que precisan, mentres que a clase baixa trata de sobrevivir no ambiente hostil da Terra. Sempre que poden tratan de emigrar a Elysium pese á dura política contra a inmigración da gobernante Rhodes (Jodie Foster). Tras un accidente mortal, Max (Matt Damon) acepta un perigoso traballo que pode significar a súa salvación e de paso a dos menos favorecidos. CRÍTICA\"Elysium\" é herdeira directa de \"Distrito 9\", a anterior e primeira película do surafricano Neill Blonkamp. Posúe elementos moi similares que nos evocan a aquela: un futuro cunha sociedade en decadencia, guettos onde meter a clase social inferior, efectos especiais realistas e un protagonista que evolúe e muda. Isto, máis que ser un hándicap, amósanos a obsesión do director por un peculiar universo de ciencia ficción que xa plasmara nos seus primeiros traballos en varias curtas e que axudaron a que Peter Jackson lle financiara a súa primeira longametraxe. Volta a contar cun director de fotografía de confianza, Trent Opaloch, que a pesar de non ter unha marcada traxectoria ás súas costas, dá realismo a cada secuencia cunha fotografía luminosa e diferente. Tamén conta co seu actor fetiche, compatriota e amigo Sharlto Copley, que xa fora o protagonista de \"Distrito 9\", pero que aquí aparece nun papel secundario en detrimento dun inspirado Matt Damon; que vende máis e que, coma unha sorte de Serpe Plissken, tentará cumprir unha misión para así salvar a súa vida infectada por unha mortal radiación. Porén, a Copley resérvalle o papel máis agradecido de todos: o malo. E a verdade e que fai un malo moi convincente e que eclipsa os demais en canto sae a escena. Completan o reparto a tamén estrela Jodie Foster, a brasileira Alice Braga e o mexicano Diego Luna. Canto a nacionalidades, Blomkamp, orgulloso da súa ascendencia e aínda que estea nacionalizado canadense, logra meter a bandeira surafricana en canto pode. Nesta ocasión nun helicóptero. A trama do filme supón unha loita de clases na que uns poucos viven nunha especie de paraíso na órbita da terra chamado Elysium. Alí teñen todo o que precisan, mesmo unha sanidade gratuíta e de calidade que pode curar calquera enfermidade. Pola outra banda, están os cidadáns de segunda que viven na Terra traballando e loitando por sobrevivir cunha sanidade moi precaria. Moitos tratan de acceder a Elysium en pateras espaciais para curar os seus fillos/as ou buscar unha vida mellor, pero teñen que conseguir un código de barras válido implantado na súa pel. O goberno actúa coma un estado terrorista activando exconvictos e robots asasinos que obedecen as súas ordes cando se aprecia no pobo algún pequeno indicio de que queren recuperar a igualdade social. Neste tipo de xénero sempre é de agradecer que a través dunha suposta ciencia ficción nos mostren a sociedade actual tal e como é. A trama do filme supón unha loita de clases na que uns poucos viven nunha especie de paraíso na órbita da terra chamado Elysium. A película non supera a \"Distrito 9\" canto a narrativa e mesmo patina un pouco no desenrolo, mais ten o que todo bon amante do xénero demanda. As escenas de loita lembran ás de \"The Hunted\" (2003, William Friedkin) e hai que resaltar por riba de todo uns efectos especiais de resultado moi realista. Todos os deseños saen directamente da mente de Blomkamp que, se se segue o seu traballo desde as súas primeiras curtas, repite elementos en cada unha das súas creacións. Desde mozo xa fora un apaixonado do deseño de máquinas e da animación en 3D. Nas súas películas trata de fuxir das escenas rápidas e precipitadas onde case non se ve nada (véxase \"Star Trek, na escuridade\" coma exemplo) e detense con detalle no funcionamento das máquinas, naves, artefactos e robots. Algo indispensable en toda boa película de ciencia ficción que se prece. Toda a imaxinería visual que ten Neill Blomkamp ben o poden elevar á categoría de marca da casa e visionario do xénero dentro duns anos ou ben arrastralo aos infernos se non sabe canalizala nos seus diferentes traballos. Por certo, o ano que vén ten previsto estrear outra película de ciencia ficción, desta vez con toques de comedia e tamén con Copley de protagonista. Pinta ben."}
{"ID": "NOS_7504", "summary": "Cheikh Fayé (Gade Escale, Senegal, 1962) era mestre en Dakar antes de emigrar feitos os corenta. Entrou en Europa como turista, logo foi ilegal e desde hai un tempo espera a nacionalidade. É unha desas persoas as que o Estado define \"en situación de exclusión social\". E desde aí escribe. Primeiro un blogue, agora un libro: Ser Modou Modou, editado pola ASPG. Modou Modou é o nome xenérico co que se coñece a un inmigrante africano a este lado do Mediterráneo. A terza feira día 11, Cheikh Fayé, colaborador de Sermos, presenta o libro na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na Coruña.", "text": "-Que esforzo require publicar un bloge e despois un libro desde unha situación, como a súa, de precariedade? -Non sei que esforzo necesitarán outros, eu precisei axuda, entre outras razóns porque non podo permitirme nin ter un computador nin unha conexión a Internet. Todo foi a raíz da miña exclusión da lista electoral do BNG da Coruña nas municipais de 2015. Eu coñecera Xosé Manuel Carril unha tarde que nos citamos con el varios inmigrantes senegaleses. Daquela tiñamos problemas coa Policía Local, e Carril, que era concelleiro, fixo de intermediario e facilitounos as cousas. Pensei que había que comprometerse como parte da nosa integración. Pero a Xunta Electoral dixo que eu non podía ser candidato, e tampouco Djiby Fall, outro senegalés, porque non tiñamos a nacionalidade. -Xa a conseguiu? -Non. Levo catorce anos vivindo aquí. En setembro de 2015 puiden por fin solicitala. Estou esperando desde entón. -A que se dedica? -Vivo da venda ambulante como moitos dos senegaleses desde a crise. Meu último contrato de traballo foi en 2010. Dun mes. Antes traballara na ferralla, pero a empresa fixo un ERE. Xa non se escoita falar diso, non? A min hoxe paréceme que foi unha manipulación das leis para roubar aos traballadores. Case todos os que pasaron por unha cousa desas ficaron despedidos. -Cando escribe? -Pola noite, na casa. Se non teño que saír cedo pola mañá, quedo esperto até tarde, collo un bolígrafo e un caderno e reflexiono. Quería contar cousas sobre nós, os emigrantes. Ao principio foron saíndo cuestións máis políticas, pero despois xa empecei a falar de cousas da vida cotiá. Un lector do blogue, un próximo, tivo a idea de que aquilo podía servir de base para un libro e facilitou o contacto coa editora. -O libro fala de cuestións sociais e económicas, pero tamén da familia e dos sentimentos. Como se se fose abrindo pouco a pouco… -Pois pasou que fun collendo confianza. O blogue ten algún lector que anota comentarios, despois chamáronme para dar unha charla nun clube de lectura nas Pontes, logo nun colexio, e logo entrevistáronme un par de veces en emisoras de radio. Para calquera é máis fácil opinar sobre os problemas sociais que contar intimidades. Eu son lector diario de prensa, é parte do esforzo que fago por integrarme para intentar comprender o que pasa neste país e no mundo. -O libro está cheo de referencias a heroes da cultura e da historia de Senegal, coetáneos, pero o máis citado é Léopold Sédar Senghor. Quen é para vostede Senghor? -Sobre todo foi un gran humanista. E o pai da patria senegalesa. Foi quen de superar as divisións étnicas e relixiosas e ser o presidente de todas e todos nós. Era un católico que gobernou un estado con máis de 90% de poboación musulmá. El trouxo a paz ao país. Só hai unha figura equiparábel nesta época, Cheikh Anta Diop, un intelectual de múltiples dimensións. Os sesenta e os setenta do século pasado eran os tempos do panafricanismo. Eles dous estaban na vangarda daquela visión. Nasser tiña unha visión parecida, pero desde a África branca, un panarabismo. Se falamos de heroes do panafricanismo, a liña continúa con Thomas Sankara. Foi asasinado. Hoxe queda pouco do legado de Senghor, Diop ou Sankara. -Pero foi Senghor quen deixou a porta aberta ao que chamou diálogo entre culturas. -Nalgún momento do libro explico o seguinte: Sedar Senghor buscaba o recoñecemento por parte do antigo amo, Diop buscaba o recoñecemento por parte do outro. En calquera caso, digo que ambos querían chegar ao mesmo punto: reclamábanse iguais e reclamaban a fraternidade dos homes. Os dous estudaron en Francia e casaron con francesas e tiveron fillos franceses. Eles experimentaron ese diálogo. Pero aquel foi un diálogo de elites. Por abaixo non o hai. Seguramente eles soñaron con velo. -Ti ves por aquí algún achegamento nese sentido? -Nunha charla que dei nun colexio de Monte Alto sorprendeume que nenas e nenos de tan curta idade tivesen viaxado polo mundo. Iso é enriquecedor. Coñecernos. Iso nos achega, pero inda non é diálogo. Eu creo na cultura como ferramenta para terminar coas tensións no mundo, e máis nesta situación de crise económica. Dese diálogo deberían estar tratando os parlamentos, e non de cuestións de seguridade e peches de fronteira. -Cara onde debería conducir ese diálogo? -Cara unha civilización verdadeiramente do universal, como dicía Senghor. Paz, concordia e boa convivencia. Pero o capitalismo non podería resistir algo así, claro. No fondo, debaixo de todas as cuestións sociais e culturais están as relacións económicas. -Tamén na cuestión do conflito lingüístico, no que parece que hai paralelismos entre o wolof e o galego? -O wolof é a lingua popular diante do francés da administración. Cada unha delas fica en ámbitos diferentes. O wolof fálase na familia, pero non ten escrita. Hai outro conflito, que é o do wolof que se impón a outras linguas étnicas minoritarias. Senghor non chegou a poñer en dúbida o francés como lingua da administración, pero quixo ter unha lingua nacional, mais non foi quen de convencer as diferentes etnias e deixou que as súas linguas competisen entre si. No caso da Galiza, o que me parece é que nas familias hai esta ruptura da transmisión que tanto preocupa, e pese a que o galego ten unha ampla produción como lingua de cultura non se está a promover a cultura en galego. Visto desde o wolof, xa nos gustaría ter algunha das fortalezas que ten o galego. Supoño que ao revés pasa o mesmo. -Máis a súa lingua de integración no país non foi a lingua do país. -É curioso. Os compañeiros no traballo ou os clientes nas feiras, o habitual é que o primeiro que che falen sexa en galego. A Administración non, e os cursos de integración son en castelán. -Faloulle xa a Matou, a súa muller, á que lle dedica un fermoso poema, que se publicara por fin o libro? -Na casa saben que se acaba de publicar. Pero inda non o recibiron. A única resposta que recibín de alá foi a dun amigo, Mamadou, que soubo da publicación a través do facebook duns amigos, que me di: \"non entendo nada do que dis, pero seguro que está ben o que dis\". -Gustaríalle seguir escribindo e publicando? -Gustaríame gañar cada mes algún diñeiro para enviar á familia. Alá hai quince persoas que esperan por eses cartos. Pasa en cada familia. O outro día lin que nós somos o estado do benestar daquelas persoas. É iso. -Segue tendo intacta esa coraxe da que lle fala a seus fillos nun dos textos? -Fai falta coraxe, si; e tamén mounge, paciencia. Isto escribino no blogue pero non deu tempo a metelo no libro: \"Vexo a miña familia unha vez ao ano se teño un bon ano, viaxo polas feiras e durmo sobre cartóns faga frío ou calor. Aprendín a ser paciente desde que saín da aldea para estudar. Meus pais non sempre podían mandar cartos e ás veces fun ao instituto sen comer. Cada ano que pasa teño máis paciencia (mounge). Teño a conciencia máis clara do que pasa, de cada situación da vida. A paciencia non é sentar a esperar\"."}
{"ID": "NOS_58471", "summary": "Até o de agora inscribíronse 1.300 corredoras", "text": "O Concello da Coruña presentou na xornada de onte unha nova edición da carreira C21: o Media Maratón. Esta será a primeira proba destas características que se desenvolva tras dous anos de interrupción por mor da pandemia e tras o progresivo regreso das carreiras populares ás rúas herculinas. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, foi a encargada de presentar as principais características deste certame, que se levará a cabo o 13 de febreiro a partir das 9.30 horas e que contará cun percorrido homologado pola Federación Galega de Atletismo (FGA), representada neste evento polo seu presidente, Isidoro Hornillos. Será unha proba a unha soa volta, a diferenza das anteriores edicións, cando se percorría un circuíto a dúas. A maiores, esta será a segunda vez, logo da edición do 2015, na que a C21 se desenvolva nun único traxecto, co obxectivo de mellorar aínda máis as características de rapidez tan propias dun evento que naceu o 21 de xuño do 2009. A saída e a meta estarán situadas na zona do Obelisco, no Cantón Grande, lugar desde o que se presentou a carreira. Do mesmo modo que ocorreu coa súa irmá pequena, a C10, unha das novidades do circuíto en 2022 será o seu paso polos peiraos do Porto, que este ano quedarán abertos á cidadanía. Tamén é inédito o paso pola céntrica rúa de San Andrés, en pleno proceso de transformación nun bulevar peonil. O trazado completarase co habitual percorrido desde O Parrote até Oza, ampliándose nesta ocasión cun tramo que seguirá a antiga beira do río Monelos. Obxectivo: esnaquizar o récord da proba A gran meta do C21 neste regreso será tratar de rachar co récord da proba, estabelecido nunha hora, dous minutos e 30 segundos na categoría masculina e 1.11.16 na feminina. A persoa que o consiga, tal e como anunciou a organización, recibirá 1.000 euros de premio. Até o de agora o Concello coruñés confirmou a inscrición de \"máis de 1.300 participantes\", aínda que xa está aberto un segundo prazo para apuntarse e que se estenderá até o 6 de febreiro -a un prezo de 30 euros-, ao que sucederá un derradeiro e extraordinario até o 8 do mesmo mes cun custo para esas persoas inscritas de última hora de 40 euros."}
{"ID": "NOS_13212", "summary": "Na Galiza consómese moita cervexa (arredor de 32 litros anuais per cápita segundo dados tirados do INE),mais tamén se produce e ademáis de maneira artesá seguindo receitas tradicionais. Conversamos con Valeria e Alberte ou o que é o mesmo: Menduíña. Unha empresa familiar afincada en Cangas que produce cervexa, artesá, natural e galega.", "text": "Coñécense desde hai 11 anos e a súa historia comezou na Patagonia arxentina --de onde é orixinal ela. Após traballaren noutros sectores e ver que a cousa non ía ben decidiron pór a andar unha fábrica de produción no Morrazo. Hoxe comercializan máis de 15 mil litros de cervexa e 5 variedades distintas que nos convidan a probar. De onde vén a tradición de beber cervexa na Galiza?Investigando por Internet, revisando libros e viaxando descubrimos que antes da chegada dos romanos xa se facía cervexa. Comezamos a procurar nomes, receitas .. calquera tipo de información, e botámonos a producir na casa. A xente gostaba. Cando iamos ás festas e levabamos o noso barril todos consumían. Logo, cando os sectores nos que nós traballabamos se foron deteriorando decidimos abrir a empresa basicamente como autoemprego. Que ten Menduíña que non teñan outras cervexas galegas?A nivel técnico somos os únicos que lle damos máis tempo de maduración en frío e en grandes volumes. As nosas cervexas, desde que as elaboramos até que se poden consumir, pasa entre 3 meses e 1 ano. En troca, unha cervexa industrial nun mes e medio está pronta. Os sabores redondéanse. Logo, a auga da Galiza, que é fantástica! Mesturades nas receitas innovación e tradición...Respectamos o modo tradicional na elaboración. Aínda que facemos receitas que son creacións propias, baseámolas noutras que existen e na metodoloxía alemá pois na Galiza non puidemos recuperar ningunha das receitas que supostamente facían os pobos pre-románicos. No entanto, procuramos –sobre todo nas especiais-- incorporar ingredientes propios da nosa terra para que os consumidores, amais de sentírense identificados co sabor da auga, recoñezan sabores de aquí. A Beltán ten trigo e está especiada con loureiro. Logo, a, Imperial stout, Demo Neghro leva mel e as últimas variedades que sacamos están maduradas en madeira de carballo. O noso obxectivo é que estas cervexas se parezan máis a un viño. \"Aínda que facemos receitas que son creacións propias, baseámolas noutras que existen e na metodoloxía alemá\" De onde veñen eses nomes?Todos teñen unha explicación. Loira, evidentemente porque é rubia. Barda vén dos bardos, os poetas celtas. Duir no idioma pre-románico significa carballo e marrón como a cervexa tostada. Asemade, para estes pobos o carballo era unha árbore sagrada e símbolo de forza. Neste senso, é a cervexa que máis carácter ten. Corma, que é a stout (negra), baséase nunha suposta receita semellante pre-románica que tamén levaba este nome. Logo, con Demo Neghro e Santa Compaña queremos facer unha serie traballando a mitoloxía da Galiza. Por último, Beltán –que contén loureiro e está pensada para o verán-- baséase na festa desenvolvida por estes pobos coa chegada do verán para celebrar a calor e a época das colleitas. Propoñedes unha maridaxe con outros produtos do país. A cervexa mellor na terraza ou na mesa?O bon da cervexa artesá é que hai un estilo para cada comida. A cervexa non é só para quitar a sede e para tomar con maníses. Mesmo hai tantas variedades que maridan mellor que o viño. O pasado ano sacamos un libro en colaboración con Radio Vigo onde achegamos propostas de maridaxe con produtos de aquí. \"Aínda non somos 100% sostíbeis, mais agardamos selo nun futuro próximo\" Promovedes unha produción sostíbel, quer co medio quer coa sociedade. Cal é a filosofía empresarial de Menduíña?Ao ser un produto artesán e natural procuramos ser coherentes en todo. No día a día queremos manter esta filosofía e contaminarmos o menos posíbel. Aínda non somos 100% sostíbeis, mais agardamos selo nun futuro próximo. Neste senso, actualmente quentamos a auga cunha xeradora de vapor que funciona cunha madeira prensada que se emprega nas calefacións, sobre todo en Escandinavia. Así evitamos traballar con gasoil ou electricidade. Tamén nos axudamos con paneis solares situados no tellado da fábrica. Toda a nosa maquinaria está adaptada para nós e está semi-soterrado para termos unha temperatura constante e non precisarmos ar acondicionado ou electricidade. Tamén ideamos un sistema para recuperar a auga que empregamos nun momento determinado da produción –para arrefriar o mosto. Esa auga recuperámola para limpar a maquinaria. Empregamos, tamén, deterxentes biodegradábeis e o bagazo –residuos orgánicos-- lévaos un señor dunha granxa local para alimentar o gando. Entrevista tirada do número 53 do semanario en papel"}
{"ID": "NOS_12550", "summary": "\"A Festa do Avante! não é um simples festival de música\", diz PCP.", "text": "O PCP emitiu feira uma nota de imprensa na qual afirma que \"a Festa do Avante! não é um simples festival de música\", já depois de ser conhecida a decisão do Governo de não permitir a realização de festivais de verão até 30 de Setembro. Os comunistas, porém, não dizem se a festa se vai realizar ou não. Já depois da nota do PCP, o Governo mudou o texto saído do Conselho de Ministros, substituindo a designação \"festivais de música\" por \"festivais e espectáculos de natureaza análoga\" A Festa do Avante! está marcada para os dias 4, 5 e 6 de Setembro e o PCP já afirmou que a pretende realizar. Na nota emitida nesta quinta-feira descrevem a sua festa como \"uma grande realização político/cultural que se realiza desde 1976, muitos anos antes da existência daquele tipo de festivais\"."}
{"ID": "NOS_2910", "summary": "Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.", "text": "A cultura é cada vez máis un terreo cambiante no que as distintas disciplinas, antes separadas, conflúen para xerar produtos que se definen como híbridos. Así, no eido literario emerxen nos últimos tempos propostas ben interesantes e rompedoras nas que se ensamblan as letras coa música, os versos coas ilustracións ou fotografías, e mesmo o cinema coa memoria. As creadoras e creadores da Galiza atópanse na vangarda na renovación das formas e na creación de estruturas que levan o público lector a reflexionar e a buscar significados máis alá do evidente. Para iso é, á fin e ao cabo, a literatura, non? Nese contexto de busca da orixinalidade, a poesía sitúase como unha forza emerxente na que resulta máis doado propor renovacións e novos retos estilísticos e temáticos. Todo iso fai que a poesía galega actual sexa destacada pola crítica e polo lectorado, sobre todo porque existe unha gran cantidade de poetas que xogan coa forma e que, tomando como base a aprendizaxe das que as precederon, impulsan contidos desde múltiples olladas adaptadas a este tempo cambiante. A presente reportaxe pretende centrar, pois, a ollada nunhas poucas propostas significativas do que poderiamos chamar \"literatura híbrida\" ou de contrastes. Cartas ás 12 Tamara Andrés e Marcos Viso forman o dúo literario e artístico Cartas ás 12, un proxecto que, segundo eles mesmos definen, \"desdebuxa os lindes entre conceptos que adoitamos encaixar en solitario, pero que aquí transitan\". Parten de diversas preguntas: \"Que é poesía?, Que é ilustración? Que é un libro?\". E, ante todas elas, Viso e Andrés propoñen que nos deixemos levar. Cartas ás 12 vén a ser un diálogo entre unha nena e o seu pai a través de cartas postais. Desa reflexión sobre o proceso creativo agromaron iniciativas como Distancias (Galaxia, 2020), un álbum no que se mesturan versos e ilustracións que nos levan por un camiño que cómpre percorrer paseniño, para dixerir o gran compoñente emocional que gardan. Distancias é, pois, un deleite para os sentidos, un deixarse caer en picado, un xogo literario de futuro. As imaxes propostas por Marcos Viso incitan a pousar a ollada sobre os obxectos do cotián, e precisamente aí é onde estes se imbrican cos versos de Tamara Andrés, o que xera unha experiencia multisensorial e de goce lento. Un pouco diso tamén se observa n\"O meu baleiro (Hércules Ediciones, 2020), unha historia para público universal creada por Viso e na que se destaca a amizade como sentimento salvador, aínda que tamén alude ao sentido da perda e do abandono. Os límites tamén se alongan ao máximo en irmá paxaro (Cuarto de Inverno, 2019), unha proposta que cumpre á perfección coas características dun libro-obxecto, pois os poemas de Andrés son acompañados das potentes ilustracións de María Montes e dunha coidada edición. O libro reflexiona sobre o antes e o despois dunha relación entre dúas irmás que compartiron experiencias na infancia e que pouco a pouco van ficando á intemperie. Podería ser, entón, o relato de calquera persoa, pois a infancia sempre adoita ser territorio compartido e o paso á idade adulta semella facer estourar todo. A autora escribe neste poemario, que quedou finalista do I Premio María Victoria Moreno, sobre a vida e o pasado, cuns versos ateigados de sinceridade e de certo aire nostálxico: \"trenzabamos as tardes / tras a fiestra do salón / do outro lado da cortina / todos corrían sen saber / que se dirixían / directos / cara ao impacto\". Nos poemas e nas ilustracións atópanse ademais referencias ao mundo rural, un mundo ateigado de felicidade e de liberdade, mais tamén de incógnitas e de misterio. O terremoto Rial Rosalía Fernández Rial é, quizais, un dos mellores exemplos da confluencia entre disciplinas, o que demostra en Bonus Track (Galaxia, 2018), unha compilación de 22 contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. Tal e como ela mesma destaca: \"as mellores historias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar\". Igualmente, a escritora de Muxía dedicou un poemario aos \"sen teito\", no que reivindica o dereito a seren persoas e a non sentiren medo. Co acompañamento das ilustracións de Mon Lendoiro e María José Costa Valiño \"Chiña\", os versos de Vinte en escena (Positivas, 2012) levan os lectores e lectoras a esa parte máis escura do ser humano, somerxida de carraxe mais tamén de beleza. Rial lémbranos que non podemos esquecer o sentido da poesía como compromiso, como instrumento que propón debates e, na medida das súas posibilidades, ofrece alternativas para a consecución dun mundo mellor, máis xusto e igualitario. Encádrase así nunha corrente que reivindica a capacidade mobilizadora desta arte tal e como ela a concibe, pois os seus poemarios teñen o poder de transmitir os sentimentos e a forma de ver o mundo das persoas que sobreviven nas rúas e que reclaman os seus recunchos de felicidade. Herdanza das vangardas Continuamos coa obra de sther f. carrodeguas, concretamente con na butaca (Galaxia, 2017), un experimento poético teatral de escrita contra o esquecemento: o das persoas que pouco a pouco perden a memoria debido á doenza do alzhéimer. A lectura de na butaca convértese, pois, nunha experiencia sensorial, na que os versos máis longos se ensamblan con palabras soltas que evocan a dor, o baleiro e a sensación de esquecemento, alén de obxectos, exclamacións e frases que se repiten até a saciedade. Libro herdeiro das vangardas, existe nel un exercicio xornalístico e memorialístico, que propón preguntas aos lectores e lectoras. Por que un día de súpeto esquecemos o que fomos? Que nos leva a non lembrar? Atópase neste na butaca un manifesto, un berro, moitos debates e reflexión. Verbas que se funden con ese sofá omnipresente, que simboliza o estatismo das persoas condenadas a non recordar as súas vivencias nin os seus seres queridos. O compromiso de Kalandraka Unha editorial que nos ofrece sempre libros que levan a poesía e a ilustración até os últimos límites é Kalandraka, sobre todo a través de dous dos certames que coorganiza, co obxectivo precisamente de fomentar a creatividade e dar cabida a novas propostas. Tal é o caso do Premio de Poesía para nenas e nenos Cidade de Orihuela, en cuxa décima edición resultou gañadora Marga Tojo con Cara de velocidade, unha proposta poética ilustrada por María Hergueta na que se fai unha alegación do día a día, do dereito de todas as persoas a soñar e buscar sempre as grandes emocións do cotián. A través dos versos e das imaxes, Marga Tojo, recoñecida tamén por outro ensaio titulado Maternidade fóra de catálogo (Xerais, 2018), fomenta a sensibilidade e o debate arredor do propio corpo, e transmite esa idea da arte como vital para demostrar que esta non ten fronteiras nin límites: \"Desde que aprendín / a poñer o abrigo, / vou\". Un libro, polo tanto, do que gozarán pequenas e pequenos, pero tamén persoas adultas. Fotografías da lembranza Mesturando poesía e fotografía atopamos a recente publicación de Charo Lopes, unha muller polifacética, con estudos de xornalismo, fotografía e un mestrado de literatura. Toda esta experiencia diversa levouna a crear Álbum, un poemario co que gañou o XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense e que vén de publicar a editorial Aira. Neste libro, Lopes indaga na intrahistoria familiar para analizar a violencia estrutural dun sistema que ataca sempre os e as máis débiles. Coa fotografía como inspiración, os versos parten da infancia e percorren distintas vivencias que, aínda non sendo orixinais, si conteñen unha profunda querenza polo propio país e pola familia e seres achegados. Tampouco pasa desapercibida a análise que a autora fai do mundo e das súas complexidades a partir dos detalles e experiencias aparentemente máis nimios, o que nos fai pensar nesta proposta coma nun diálogo perfecto entre o pasado, o presente e, mesmo, o futuro. Como a autora confesou nunha entrevista a Nós Diario con Montse Dopico, \"o ressentimento nasce da ferida, de nom sentir reconhecimento e bom trato; num nível mais estrutural, da opressom. A representaçom ajuda ao autoconhecimento e ao empoderamento. Tanto individual como coletivo\". O libro é, tamén, un exercicio de xustiza, de carraxe colectiva, algo que se observa desde o mesmo inicio, cando atopamos unha imaxe de Cinta Rey retratada por Amalia Álvarez no piñeiro onde fusilaron o seu fillo. As creadoras e creadores da Galiza atópanse na vangarda na renovación das formas e na creación de estruturas que levan o público lector a reflexionar e a buscar significados máis alá do evidente. Para iso é, á fin e ao cabo, a literatura, non? Coa fotografía como base da creación vén de saír do prelo Melancoholemia, vida de Mamarracho, de Antón Reixa (Kalandraka, 2020), ideado como unha construción híbrida, mestura de poesía, fotografía e ensaio antropolóxico, no que se dá cabida ás experiencias máis íntimas e dolorosas a un tempo, para desembocar nas preocupacións colectivas que atravesan o mundo de hoxe. Reixa non oculta, pois, a súa teima polo futuro do medio ambiente, o auxe acelerado do capitalismo, o feminismo e o cinismo de moitas das accións dos nosos días. Percorre tamén o libro unha continua sensación de aprendizaxe, a obriga da voz narradora de ficar quebrada e ter que recompoñerse de novo, o que fai que esteamos diante dunha proposta que transmite o seu aquel de terapia. Esa mestura con outras artes dáse neste caso de forma dupla, pois a Melancoholemia é un proxecto literario que antes foi tamén unha obra teatral dirixida por Fernando Bernués, interpretada por Pedro Brandariz e Antón Reixa, coa dirección técnica de Pako de Pin, a dirección videográfica de Antonio Segade e a música de Cachopou. Mais, que é a \"melancoholemia\"? Tal e como se detalla na contracapa do libro, trátase dun \"pasmo. O pasmo, que é o fósil do espanto. Sabemos como lle comezou a melancoholemia a Persoa, pero non como acabará. O pasmo. O enigma da forma de ser e estar na vida\". Os versos de Silvia Penas Estévez e as fotografías en branco e negro de Jesús Andrés Tejada forman o tándem baixo o que se suxeita Fronteira Paraíso (Urutau, 2018), no que se nos convida a reflexionar sobre as fronteiras, eses espazos nos que semella non existir nada e, con todo, atopamos confluencias impensábeis. E é que neses non-espazos constrúense as vidas e as nosas lembranzas e pensamentos. Remata o poemario falando da perda do paraíso e do nacemento do poema, aludindo á capacidade das palabras para nomear mesmo aquilo que xa non existe. A profundidade dos versos lévannos da man: \"Así era Paraíso: / Unha serie de liñas simulando o ceo, / a casa con fiestras debuxadas, / o revestimento firme, / vistoso; / un meniño branco, / unha árbore breve, / rostros nas fotos / moitas fotos. / Todo era instante, / todo quietude; / se me movía, / o paraíso / estaba perdido\". Precisamente, Penas e Tejada traballaron xuntos na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas, da compañía Inversa Teatro, unha obra que trata sobre a violencia machista a partir de Sócrates, Platón e Aristóteles interpretados por mulleres, co que se busca un novo logos e unha nova forma de comprender a historia que apartou as mulleres do camiño. Poesis: un encontro coa música A música e a poesía son protagonistas a partes iguais de Poesis (autoedición, 2016), o primeiro proxecto Elisabeth Oliveira no que se recollen os seus mellores poemas en catro linguas: galego, castelán, portugués e francés, nas que ela escribe, pensa e sente. Precisamente, na busca desa linguaxe universal, a autora residente en Pontevedra acudiu á música de catro grandes, como son Manoele de Felisa, Luis Quintana, Gustavo Almeida e Cédric Lezais, e a portada está composta por un cadro do artista Antón Sobral titulado Horizonte XXIV. O libro- disco conta cun prólogo da escritora galega Fina Casalderrey, quen recoñece que \"estes estoupos da alma que veñen sendo Poesis e que por veces explotan coma foguetes de festa e outras, baten no peito coma tronos, mais sempre cargados de matices afectivos e detalles sensoriais que que sucan os ceos polas rúas do vento ceibe, ateigados de imaxinación\"."}
{"ID": "PRAZA_14646", "summary": "O informe do Consello de Contas que detecta \"desprazamento\" de 400 millóns de euros en facturas de 2010 a 2011 amosa tamén o reparto de cartos entre a prensa, no que apenas un 11,2% do montante total se adxudica mediante unha convocatoria pública de subvencións", "text": "Unha nova irritou especialmente á cúpula do PP na primeira semana da presente campaña electoral. A saída á luz pública do informe que o Consello de Contas prepara para analizar as finanzas públicas do ano 2010 -o organismo realiza esta avaliación anualmente- no que se detecta o \"desprazamento\" de máis de 400 millóns de euros en facturas para o exercicio do ano 2011 provocou airadas reaccións no seo do Goberno galego e do partido que o sustenta. Ademais desa suposta enxeñaría contable o informe do organismo fiscalizador, instruído polo que fora conselleiro de Economía de Manuel Fraga, José Antonio Orza, e a cuxo contido tivo acceso Praza Pública, permite observar tamén o xeito de proceder do gabinete de Alberto Núñez Feijóo nun dos aspectos máis controvertidos da xestión dos sucesivos Executivos galegos: as axudas aos medios de comunicación. E unha ollada aos cadros económicos dá lugar a unha suma doada: en 2010 a Xunta inxectou 15,2 millóns de euros públicos en empresas privadas de comunicación. Cando retornaron á Xunta os conservadores fixérono cun programa electoral no que se comprometían a desterrar as prácticas opacas a respecto da prensa. Así, prometían que a \"política de axudas aos medios de comunicación\" pasaría a ter un \"soporte legal, como sucede na maioría dos países europeos\" e as subvencións e demais achegas económicas gozarían sempre de \"transparencia\". Pero a lexislatura pasou e ese soporte legal non chegou, como tampouco o fixo a prometidísima Lei de Publicidade Institucional. Por este motivo o informe do Consello de Contas semella ser a única vía para comprobar o reparto de cartos entre os medios e as vías polas que se fai. Deses 15,2 millóns de euros só o 11,2%, isto é, 1,7 millóns, se asignaron \"mediante convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva\" (Capítulo IV). O resto fixéronse en procedementos escasamente transparentes e aos que o común da cidadanía non pode acceder. Así, 2,3 millóns corresponden a \"subscricións, subministración de exemplares e insercións publicitarias\" (Capítulo II). Neste capítulo destaca a achega realizada pola Xunta a La Voz de Galicia, que supera os 1,3 millóns de euros, e supón máis da metade do total. O segundo xornal que máis recibe nesta categoría é El Correo Gallego, con pouco máis de cen mil euros. 55.885 euros derivan de \"subvencións de capital\" (Capítulo VII) e o groso do gasto, 9,65 millóns (Capítulo VI), son gastos \"derivados de convenios de colaboración con distintas consellerías\", isto é, da compra de espazos informativos por parte do Goberno, que inserta mensaxes propias presentadas como noticias, e tamén da contratación de anuncios publicitarios. E, quen recibe estes cartos? As inxeccións monetarias da Xunta foron parar 23 empresas de comunicación, se ben algunhas delas pertencen aos mesmos grupos empresariais. O rexistro de achegas económicas está encabezado por La Voz de Galicia S.A, que recibiu 3,5 millóns de euros, a maioría por subscricións e convenios. Para achar a cantidade total que recibe a empresa con sede en Sabón cómpre sumar os cartos recibidos pola súa división de internet, Canal Voz (277.839 euros) e pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (243.120 euros). A suma acada, deste xeito, os 4 millóns de euros. A este montante hai que engadirlle, ademais, o que recibiu non na súa calidade de medio de comunicación, senón como \"empresa privada\", 655.628 que dan lugar ao resultado de 4,6 millóns de euros nun só ano. Non é La Voz a única cabeceira á que a Xunta lle achegou fondos públicos a través das diferentes empresas do grupo ou por vías diferentes: a de \"medios de comunicación\" e a de \"empresas privadas\". Así, por exemplo, Faro de Vigo ingresou 1,15 millóns como medio e 233.519 euros máis como empresa, e a Editorial Compostela -editora de El Correo Gallego- recibiu 1,6 millóns na súa empresa matriz por ser un medio, 205.585 a través da súa filial Código Televisión e 276.121 euros máis como \"empresa privada\". O Grupo El Progreso recibiu algo máis de 2 millóns, ben directamente ou pola actividade informativa de Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias ou De Luns a Venres. E La Región algo máis de millón e medio a través da cabeceira ourensá e do Atlántico Diario. Na lista, que só recolle os medios que recibiron máis de cen mil euros, chama a atención a completa ausencia dalgunhas cabeceiras coma El País ou o Xornal. O reparto do último ano do bipartito Pero, son inéditas estas prácticas ou exclusivas do Goberno do PP? En sentido estrito, non. Unha ollada ao informe do Consello de Contas correspondente ao ano 2008, o último completo do mandato do bipartito, amosa que o Executivo de PSdeG e BNG tamén distribuía cantidades nada desprezables entre os medios. Daquela os fondos repartidos chegaron aos 25 millóns de euros entre 38 empresas de comunicación, dos que o 11,6% se repartiron pola vía das subvencións públicas e, o resto, polos devanditos procedementos opacos (subscricións, convenios e publicidade). Á hora de comparar co ano 2010 un dos primeiros datos que coinciden son os nomes das principais receptoras de axudas e as contías destas. Así, como en 2010, en 2008 tamén encabezaba o rexistro La Voz de Galicia, S.A, que a través das súas filiais e por todos os devanditos conceptos chegou a ingresar 6,9 millóns de euros públicos nun só ano. Tendo en conta que daquela esta empresa se encargaba tamén de imprimir o Diario Oficial de Galicia (DOG) por un importe de 1,9 millóns de euros ao ano cabe concluír que as axudas foron duns 5 millóns de euros. En 2010, con 15 empresas menos no reparto, só recibiu 400.000 euros menos, case a terceira parte do total. A suspensión do contrato de impresión do DOG que antes correspondía a La Voz de Galicia (en abril de 2011 deixou de imprimirse) viuse compensado polo incremento do capítulo de \"subscricións, subministración de exemplares e insercións publicitarias\" para o xornal coruñés, que pasou de 131 mil euros en 2008 aos 1,3 millóns de 2010."}
{"ID": "NOS_54180", "summary": "No 44 aniversario do seu asasinato a mans da policía franquista, o dirixente da UPG Moncho Reboiras vai ser obxecto de varios actos en tributo á súa memoria a vindeira segunda feira 12 de agosto.", "text": "Nacionalista. Comunista. Revolucionario. O legado de Moncho Reboiras continúa plenamente vixente 44 anos depois de a represión exercida desde o Estado español lle tirar a vida o 12 de agosto de 1975, nos estertores da sanguenta ditadura franquista. Destarte, distintas organizacións que reivindican a súa acción e o seu pensamento programan actos de homenaxe a un dirixente imprescindíbel na loita —durísima nas condicións da clandestinidade—por dotar o país de organizacións políticas e sindicais coas que enfrentar o réxime totalitario, sempre coa emancipación nacional no horizonte. Estes son os eventos axendados: UPG A Unión do Povo Galego comeza a xornada do 12 de agosto en Dodro. No cemiterio de Imo, a partir das 12 horas, desenvolverase a ofrenda floral. En Fene, na SCDR Agarimo, Sillobre, decorrerá o xantar popular ás 14.30 horas e posteriormente, ás 16.30 horas, terá lugar a conferencia de María Pilar García Negro titulada \"Lingua galega: todo pasa por ela\". Xa en Ferrol ás 19 horas, está convocada a concentración da Praza de Armas para saír cara á rúa da Terra, onde foi asasinado Moncho Reboiras. Alí desenvolverase unha ofrenda floral e entoarase a Internacional. As intervencións políticas decorrerán ás 19.30 horas no Cantón. Tomarán a palabra Mercedes Tobío, responsábel comarcal do BNG de Ferrolterra; Paulo Ríos. secretario xeral da UMG, e Néstor Rego, secretario xeral da UPG. Ao remate, cantarase o Himno Nacional. Nos actos organizados pola UPG entregarase material informativo sobre a campaña de micromecenado que desenvolve a Fundación Terra e Tempo para a produción do primeiro filme sobre Reboiras. MGS O Movemento Galego ao Socialismo conmemora a súa xornada dedicada a Moncho Reboiras o propio día 12. Ás 13 horas no cemiterio de Imo, en Dodro, terán lugar as intervencións de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG en Dodro; Xosé Rodríguez, Mesa Nacional de Isca!; Lucía Freire, Mesa Nacional do MGS e Executiva Confederal da CIG, e de Nemesio Barxa, avogado dos represaliados nacionalistas. Causa Galiza Nos días previos ao 12 de agosto, Causa Galiza publicou a entrevista que Augusto Fontán, da produtora Aventar, fixo en 2011 a Inácio Hernando. 'Cholo', militante nacionalista que participou con Moncho Reboiras na Frente Militar. Tamén resgataron o Especial nº 1 que sobre Reboiras publica Informaçom Obreira em 1996 Agora Galiza Tamén o 12 de agosto, e no cemiterio de Imo, convoca Agora Galiza o seu acto de homenaxe a Reboiras. Neste caso, decorrerá ás 11.30 horas. Actos este sábado Por outra banda, este sábado, día 10, terán lugar outras dúas actividades. Xeira e a FPG convocan unha homenaxe popular ás 12.30 horas na praza do Toural, no barrio vigués de Reboiras, Teis. O BNG de Dodro convoca ás 21 horas deste sábado, na Lavandeira, parroquia de Imo, un acto na memoria de Reboiras. Presentaranse \"dous proxectos necesarios para a Galiza\", en palabras da organización, a presentación de Nós Diario e do filme Reboiras. Acción e Corazón. Tomarán a palabra María Obelleiro, directora de Sermos Galiza; Alberte Mera, director da película sobre Reboiras, e Xoán Bautista Mariño, tenente alcalde de Dodro."}
{"ID": "NOS_24730", "summary": "O Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades considera que é \"un trato cruel, inhumano e degradante para as persoas, e constitúe en si mesmo unha forma de tortura\".", "text": "Esculca pide acabar co réxime de confinamento solitario nas prisións do Estado español. A organización de defensa dos dereitos e liberdades considera que \"o isolamento prisional implica un trato cruel, inhumano e degradante para as persoas, e constitúe en si mesmo unha forma de tortura\". Esculca elevará esta reclamación ás e os representantes políticos galegos dentro dunha campaña estatal de asociacións de dereitos humanos que, nun manifesto titulado 'O cárcere dentro do cárcere', denuncian que \"o réxime de confinamento solitario é aplicado de maneira costumeira contra a lexislación que o regula, e sempre vulnerando os dereitos das persoas sobre as que se aplica segundo están recollidos nos tratados internacionais\". O réxime de isolamento supón, entre outras cuestións, a limitación das saídas ao patio (entre 2 e 4 horas ao día, ou até 6 horas na Catalunya, que ten competencia en materia de execución penitenciaria), a limitación dos contactos con outras persoas presas, a limitación dos obxectos permitidos na cela, comidas en solitario, e restrición das comunicacións con persoas do exterior (limitación a dúas cartas semanais). Na Galiza a poboación recluída en centros carcerarios supera as tres mil persoas –son 3.200, segundo o Informe 2019 do Mecanismo estatal de prevención da tortura (MNPT), que depende do Defensor del Pueblo–, o que supón un 5,4% das presas e presos no conxunto do Estado español (58.517 persoas). Nas prisións do Estado prodúcense cada ano centos de casos de confinamento solitario, que afectan a presas e presos en réxime de primeiro grado (1.702 persoas, cos datos de 2019). Mais non hai datos públicos oficiais sobre as prácticas de isolamento ou confinamento solitario. No ano 2004, a Oficina do Alta Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos publicou o Manual da capacitación en dereitos humanos para funcionarios de prisións no que establecía unha serie de principios básicos para o tratamento de reclusos. O principio 7 di así: \"Tratarase de abolir ou restrinxir o uso do isolamento en celas de castigo como sanción disciplinaria e alentarase a súa abolición ou restrición\". Malia as recomendacións internacionais, os relatores que visitaron diferentes centros carcerarios no Estado español, entre eles, dous na Galiza, para elaborar o último informe (2019) do MNPT advirten: \"Durante as visitas efectuadas, seguiuse a constatar que o emprego de medios coercitivos é profuso. Efectivamente, o isolamento provisional, a forza física e as suxeicións mecánicas son bastante frecuentes na maioría dos centros\"."}
{"ID": "NOS_17517", "summary": "Já está em prisão embora não haver sentença firme contra ele e embora não terem sido ainda julgados os recursos apresentados contra o seu ingresso na cadeia pelo PT. O ex presidente do Brasil (2003-2010) afirmou a sua condição de presos político: \"Já não sou um ser humano, sou uma ideia\".", "text": "Antes de se entregar às autoridades, Lula teve de convencer as milhares de pessoas que barravam a saída da sede do Sindicato dos Metalúrgicos, o local em que passou as suas últimas horas em liberdade, de que o deixassem sair para tomar rumo à prisão. Foi um acto simbólico que reflecte o apoio popular de que dispõe Lula, o candidato que encabeça com grande vantagem os inquéritos para as eleições presidencias de Outubro. Também havia milhares de pessoas a aguardar por Lula quando este chegou à sede da Polícia Federal em Curitiba, na noite do sábado, para se entregar. Manifestaram-lhe lá o seu apoio e lealdade, com gritos de \"Lula, vale a luta\"!. Lula fez da sua entrega um acto político. Num discurso aos seus apoiantes perante a sede do Sindicato dos Metalúrgicos, afirmou: \"Todos vocês vão virar Lula. Eles têm que saber que a morte de um combatente não pára a revolução\". Não por acaso elegera Lula o local do Sindicato dos Metalúrgicos para pôr em cena as horas prévias à sua entrega: o líder do PT já foi preso há 38 anos, durante a ditadura, precisamente pelas greves que dirigiu na sua condição de sindicalista. Sobre Lula pesa uma condena a 12 anos de prisão por um crime de corrupção -uma empresa teria-lhe dado um apartamento, um triplex, em troca de contratos coa pública Petrobras-, mas a sentença ainda não é firme e está pendente de ser confirmada ou anulada pelo Tribunal Federal Supremo. O PT afirma que Lula foi condenado sem provas e que a causa contra o seu líder é o segundo acto do golpe de estado que derrubou a presidenta Dilma Rousseff. Nota: nas fotos em branco e preto vê-se as cenas prévias a entrega de Lula -transportado pelos seus apoiantes- nas duas vezes em que entrou em prisão, em 1980 durante a ditadura militar e em 2018."}
{"ID": "NOS_57842", "summary": "A inflación da UE dispárase e alcanza 9,6% en xuño.", "text": "A taxa de inflación interanual da zona euro situouse en xuño en 8,6%, fronte á cifra de 8,1% rexistrada en maio, no que supón o maior encarecemento dos prezos na área da moeda de toda a serie histórica e máis de catro veces a meta de estabilidade de prezos de 2% do Banco Central Europeo (BCE), segundo os datos da oficina comunitaria de estatística, Eurostat. Vivir na Galiza sae caro: a suba dos prezos encadea case un ano e medio superando a do conxunto do Estado Pola súa parte, no conxunto da Unión Europea (UE), a escalada dos prezos acelerouse en xuño até 9,6% desde o 8,8% do mes anterior e moi por encima do 2,2% rexistrado hai un ano. A pesar dos históricos datos de inflación, a cifra alcanzada pola Galiza nese mesmo mes de xuño, de 11,1%, superou a da UE en 1,5 puntos e 2,5 puntos a da zona euro. A inflación na Galiza, disparada: alcanzou 11,1%, por riba da media estatal Así, a Galiza superou a suba de prezos experimentada no conxunto do Estado español (10%), así como a de todos os Estados da contorna occidental da zona euro: Francia (6,5%), Alemaña (8,2%), Italia (8,5%), Portugal (9%), Irlanda (9,6%), Países Baixos (9,9%), Luxemburgo (10,3%) e Bélxica (10,5%). Enerxía e alimentación Segundo a oficina estatística comunitaria, a imparábel escalada dos prezos da zona euro no sexto mes de 2022 respondeu á suba interanual de 42% do prezo da enerxía, que se acelerou desde a cifra de 39,1% de maio, mentres que o incremento do prezo dos alimentos frescos en xuño foi de 11,2% interanual, cando en maio fora de 9%. A inflación na Galiza supera a media rexistrada nos Estados da zona euro Á súa vez, os servizos encarecéronse un 3,4% interanual, unha décima menos que o mes anterior, mentres que os prezos dos bens industriais non enerxéticos subiron un 4,3%, fronte ao 4,2% de maio. Ao excluír do cálculo o impacto da enerxía, a taxa de inflación interanual da zona euro situouse en xuño en 4,9%, fronte á porcentaxe de 4,6% do mes anterior. Pola súa parte, ao deixar fóra tamén o efecto dos prezos dos alimentos frescos, o alcol e o tabaco, a taxa de inflación subxacente situouse en 3,7%, unha décima por baixo da marca da cifra de 3,8% rexistrada en maio."}
{"ID": "PRAZA_17956", "summary": "Recoñece que ningún traballador denunciou nin ratificou que se sentise intimidado e que o denunciante non estaba presente no lugar dos feitos, pero critica con dureza unha acción \"orquestrada e organizada\" que \"impedía o normal desenvolvemento dunha votación democrática\"", "text": "A Fiscalía de Pontevedra decidiu arquivar as dilixencias de investigación penal abertas por presuntas coaccións durante as votacións levadas a cabo polos traballadores da Administración da Xustiza en Galicia o pasado 27 de abril para ratificar ou non o preacordo que varios sindicatos pactaran coa Xunta para poñer fin á folga. O caso aberto tras unha denuncia dun delegado sindical contra outros compañeiros péchase ao non apreciar o fiscal delito. Destaca a \"ausencia de persoas coaccionadas\" ao comprobarse que \"ningunha\" das que se atopaba no lugar do feito \"acudiu nese momento ou noutro posterior\" a denunciar a \"imposibilidade\" de exercer o dereito a voto ou a \"sensación de presión\" da que si alertara o impulsor da demanda. O fiscal destaca que ningunha persoa presente no lugar dos feitos presentou denuncia por coaccións e que o que si o fixo só aludiu a vídeos Precisamente, no decreto de peche da investigación, ao que tivo acceso Praza.gal, destácase que \"a denuncia foi posta por un terceiro que non se atopaba no lugar dos feitos\", aos que fixo referencia unicamente polas imaxes gravadas con teléfonos móbiles. Foron momentos de tensión durante unhas votacións sobre un preacordo ao que se opoñían os sindicatos AX-CUT, CIG e STAJ, que acusaban as outras centrais (CCOO, UGT, USO e CSIF) de \"traidores\" ou \"vendidos\" por ter pactado coa Xunta de costas ao resto de representantes. O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, decide pechar as investigacións penais pero lanza duras críticas contra os sindicatos que avogaban polo non naquela votación e contra os seus representantes, tres deles chamados a declarar en calidade de investigados: Quique Araújo, de STAJ; e Fina Iglesias e Pablo Valeiras, de Alternativas Xustiza-CUT. Non declararon, pero na primeira das dúas veces que acudiron presentaron unha \"petición de abstención do instrutor, sobre a base da súa falta de imparcialidade, baseada na súa relación cunha persoa allea á denuncia presentada\". Refírese a unha queixa pola coñecida relación de amizade entre este fiscal xefe e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, responsable precisamente na Xunta do sector en conflito e acotío moi crítico e belixerante cos sindicatos sinalados na demanda. Os sindicalistas investigados presentaron unha queixa pola \"falla de imparcialidade\" do fiscal en base á súa coñecida amizade co conselleiro Rueda O fiscal asina o decreto de peche de investigación, non atopa delito e advirte de que non hai denuncia de ningún dos presentes, pero carga con dureza contra a situación vivida aquel día en Pontevedra. Así, cre que dos vídeos que acompañan a denuncia dedúcese que \"a votación resultou practicamente imposible, xa que no seu curso produciuse un gran balbordo, constantes berros e insultos infamantes\". O fiscal non aprecia delito pero carga contra unha \"coacción orquestrada e organizada\" que \"impedía o normal desenvolvemento dunha votación democrática\" O fiscal fala dunha \"clara coacción orquestrada e organizada, onde un grupo uniformado e dirixido, trataba de forma secuencialmente ordenada de evitar a votación, á que deberían acudir todos os integrantes do censo; no entanto, alí non se ve votar a ninguén, malia que na urna si se advirte de que hai numerosas papeletas e é difícil pensar que a aquela votación puidesen acudir outros distintos dos uniformados\". Segundo os datos que facilitaran os sindicatos daquela, en Pontevedra gañou o non ao preacordo, con 184 votos en contra del e 50 a favor. A mesma opción vencera tamén en Vigo (204 contra 112), Ferrol (54-49) e Lugo (86-54). Para o fiscal, segundo os vídeos, \"algunhas persoas, todas elas vestidas con camisolas azuis, impedían o normal desenvolvemento dunha votación democrática, con berros constantes aos integrantes dunha mesa onde se atopaba a urna, berrando outros e algúns xesticulando fronte á mesma, dicindo que os representaban, chegando mesmo a golpear a urna de votación\", di. Para os investigados, no entanto, quedou \"demostrado\" que non houbo coacción ningunha porque \"ningunha das persoas que alí estaban chamadas a votar ou que foron votar denunciaron nada\". \"O denunciante quixo facer dano, esa era a súa intención; o fiscal puxo moito interese en que o caso prosperase, pero a realidade agromou\", aclara un dos sindicalistas que declarou. \"O denunciante quixo facer dano, esa era a súa intención; o fiscal puxo moito interese en que o caso prosperase, pero a realidade agromou\" Sexa como for, o fiscal non aprecia delito de coacción e aclara que este requiriría que houbese quen se teña sentido intimidado, algo que ningún dos traballadores da Administración da Xustiza ratificou nin denunciou. Ao tempo, insiste en que \"sorprendentemente\", o denunciante non estaba nos xulgados de Pontevedra no día das votacións que foron postas en dúbida. Plan de recuperación pola folga Por outra bada, o Goberno galego anunciou que analizará co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) as necesidades do plan de recuperación nos xulgados despois da folga dos funcionarios do sector xudicial para trasladalo posteriormente ao Ministerio de Xustiza. Segundo informou a Xunta, a reunión celebrarase a semana próxima e permitirá concretar os recursos necesarios a achegar por cada Administración, despois de que o TSXG achegue os datos solicitados nos órganos xudiciais galegos. O Executivo autonómico levará a posta en marcha da segunda fase deste plan como asunto prioritario na reunión que prevé manter este mesmo mes con representantes do Ministerio de Xustiza. De feito, remarcou que a \"colaboración\" do Ministerio é \"fundamental\" para \"axilizar ao máximo\" a recuperación do traballo, en tanto persoal, xuíces, letrados ou letrados \"dependen directamente\" do Estado e a el corresponde --incide a Administración galega-- a remuneración do seu traballo extra. Desde algúns sindicatos, como a CUT, critícase que \"máis de tres meses despois da publicación no DOG do acordo\" para pór fin ao conflito, \"a primeira fase dos plans de actuación e recuperación do traballo por causa das xornadas de folga son ridículos en duración e contías, alí onde se puxeron en funcionamento, sen estudo das cargas de traballo\". Ademais, aseguran que xa se perdeu moito tempo e que o resultado volve ser \"a improvisación\" e un plan \"para perpetuar os atrasos na Xustiza galega\"."}
{"ID": "NOS_31417", "summary": "\"La cerveza de los que tienen lo que hay que tener. Para los que tienen lo que hay que tener\" ou \"Tenemos lo que hay que tener\". Así reza a última campaña de Estrella Galicia con soportes publicitarios en locais hostaleiros do país e que está a espertar críticas polo sexismo que desprende.", "text": "Con motivo do lanzamento da cervexa elaborada con castañas, Estrella Galicia difunde unha campaña publicitaria que está a espertar malestar polo seu carácter machista. En expositores de madeira que serven como soporte publicitario en locais hostaleiros de Galiza pode lerse como Hijos de Rivera presenta a nova bebida de castañas co lema \"La cerveza de los que tienen lo que hay que tener. Para los que tienen lo que hay que tener\". Unha consigna que reproduce non só a linguaxe sexista, senón unha expresión construída en base a un estereotipo machista. Aliás, na súa páxina web, Estrella de Galicia anuncia a cervexa co eslogan \"Tenemos lo que hay que tener\". Aínda que non aparecen trazos de xénero na redacción da frase, vóltase a recoller a expresión machista referida aos testículos. A respecto do contido visual da imaxe, hai quen percibe nesta publicidade o órgano xenital masculino, ao entenderse que a botella se erixe a modo de símbolo fálico entre dous ourizos de castañas que representarían as gónadas."}
{"ID": "PRAZA_9548", "summary": "Os comununeiros de Tameiga alertan de que hai cinco traídas comunitarias afectadas polo proxecto do centro comercial asociado á cidade deportiva do Celta en Mos: Casal- Tameiga, Baxiña, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras, ás que se suman captacións particulares, que serven a 1.700 familias de auga \"pura e limpa\".", "text": "\"Non podes arrasar un monte, enchelo de cemento e dicir que vas garantir a auga, porque se anulas os acuíferos, non hai auga\", asegura o presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. Desde que se presentou o proxecto da nova cidade deportiva do Celta en Mos, onde se vinculaba irrremediablemente a construción dos campos de fútbol e demais instalacións deportivas coa existencia dun novo centro comercial, o rexeitamento da Comunidade de Montes de Tameiga foi absoluto. \"Nós non temos nada en contra da cidade deportiva, que se vai facer na zona de Pereiras, pegada a nós. Alí farán uns campos de fútbol, como na Madroa\", indica Antonio Cajide, presidente da entidade mancomunal. \"Non podes arrasar un monte, enchelo de cemento e dicir que vas garantir a auga, porque se anulas os acuíferos, non hai auga\", asegura o presidente da Comunidade de Montes de TameigaO feito é que na zona de Pereiras os traballos avanzan eficazmente e os movementos de terras acordes co proxecto de Irisarri-Piñera son unha realidade. O problema radica na área comercial prevista na parroquia veciña de Tameiga, que conta co rexeitamento frontal dos veciños sobre todo por motivos ambientais.\"O Concello di que vai garantir auga de por vida, pero isto non é certo. Din que van facer un estudo informativo sobre as posibles repercusións desta aberración, pero o día de mañá, cando constrúan e despois vendan, porque esa é a idea, o que compre vai garantir a auga? Non pode. Ademais, se logo a terra xa non filtra a auga xa non habería nada que facer, porque xa non habería auga\", lamenta Antonio Cajide. \"Claro que o Concello traería auga doutro lado, de Vigo ou do Oitavén, pero a que custo e con que calidade?\"Segundo indica Cajide, hai cinco traídas comunitarias afectadas polo proxecto: Casal- Tameiga, Baxiña, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras, ás que se suman captacións particulares, que en total serven a 1.700 familias desa auga \"pura e limpa\".Hai cinco traídas comunitarias afectadas polo proxecto: Casal- Tameiga, Baxiña, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras, ás que se suman captacións particulares, que en total serven a 1.700 familias desa auga \"pura e limpa\".Con respecto ás especies arbóreas en perigo, a Comunidade de Montes indica que nas 80 hectáreas afectadas hai principalmente castaños, pseudotsugas (abetos) e pino radiota, e tamén, en menor medida carballos, eucaliptos e piñeiros. \"Nós pedimos que nos deixen en paz: unha comunidade de montes como a nosa, o que quere é manter o monte periurbano para lecer, para poder pasear, apañar castañas, ou para ir en bicicleta. É unha zona verde. Se a isto de repente lle fas un macrocentro comercial, pois alá vai a tranquilidade que poida ter toda esta zona. A afluencia de vehículos vai ser monstruosa, e tamén o consumo e depuración de augas. Cambiaría a forma de vivir. A propia sociedade está a dicir que eses centros comerciais non funcionan\", indica o representante dos comuneiros.Andaina solidariaCo obxectivo de facer visible esta loita está prevista unha andaina solidaria este domingo 10 de marzo polos montes de Tameiga. Co obxectivo de facer visible esta loita está prevista unha andaina solidaria este domingo 10 de marzo polos montes de TameigaSegundo explican os organizadores nun comunicado, durante o percorrido atravesarán os montes que están ameazados polo proxecto e poderase apreciar todo o valor que achega o monte á nosa vida. \"Con esta andaina solidaria pretendemos que non se esqueza o despropósito que queren facer os promotores do macrocentro Comercial arrasando os nosos montes\". A camiñada está convocada pola Plataforma Auga é vida, a cal está integrada polas Comunidades de Traídas de Augas de Petelos-Tameiga, de Casal-Tameiga, de Monte Baxiña e de Sanguiñeda maila Comunidade de Montes de Tameiga."}
{"ID": "PRAZA_10862", "summary": "Menáncaro sobrevive de milagre e pola defensa dun grupo de ecoloxistas e veciños a un proxecto especulativo artellado desde algún político do propio concello que há anos tiña intereses lucrativos nel", "text": "Son as sete da tarde de finais doutro agosto. O silenzo do val de Muras é rachado polo son dos sinos e, deseguida, polo ladrido dun can. A torre das campás xace arredada da igrexa e do camposanto no prado alto albiscando un mesto val de veludo verde. Polo oeste chegan os fermosos nubeiros a pintar no ceo unha grade de grises dispostos a se espellar no Eume como unha promesa de nova sementeira. As marelas danlle o rabo na aba do prado, perto da torre sineira co ritmo pousón doutros tempos e pasa un carro de vagar pola estrada principal do povo, a que abeira o camposanto, camiño da serra. Nunha das dúas baiucas unha muller fala cun home na nosa lingua. Os pequenos non. Algo que me atristura sempre nas vilas e aldeas. Na casa verde repousa un fermoso poio feito cicais polas mans habelenciosas de seu dono cun respaldo moi creativo labrado de dúas toradas dunha árvore que non consigo descifrar dada a miña ignorancia botánica. Ignorancia que case dúas décadas de escola academicista non foi quen de tirar.Abaixo está A Veiga. Unha pequena e fermosa carvalleira agarimada polo río, o mesmo que fornece, como un grandioso dragón, as fragas do Eume e derrama as súas augas en Pontedeume competindo exitoso cos seus outros irmaos, disque por non ser tan durmiñento. Quen sabe que pasará cando a lagoa da mina de As Pontes comece a trastallar o seu natural fluir cara o mar dos Ártabros.As casas grandes de pedra de Muras fan gala de clan lugués, ao abeiro de terras largacías e serras bravas comestas polos ventos e albas de neve que nos lembran o ouleo dos lobos na Gañidoira. Un paraíso que en terra de colonia bota a xente á emigración. A escola e o traballo lonxe como ponlas tortas dunha raigame enxoita. Só as vacas e o plástico e un parque eólico a moer un ar cobizado polas grandes empresas da enerxía.Os eucaliptos comezan a asomar a súa longueirona testa no máis outo. Ralean, mais son unha sombra avesa que estarrece nesta bela paisaxe. O feísmo urbanístico é moderado en Muras. Magoa dunha casa á venda, tradicional, con galería, chegando á igrexa e que un concello nacionalista devera conservar e que, ano tras ano, vaise mudando en ruína.Aínda ben, Muras é un exemplo de povo acolledor. Deitada na carvalleira pública con mesas de pedra e grella a dispor de todos, penso na fraga do Menáncaro e o río da Sardiña, no val de Pazos, no concello de Ferrol e non podo por menos que envexar a Muras. Menáncaro sobrevive de milagre e pola defensa dun grupo de ecoloxistas e veciños a un proxecto especulativo artellado desde algún político do propio concello que há anos tiña intereses lucrativos nel. Agora durme no deleixo so da ameaza de calquera lume solto que xustifique a súa urbanización. A distancia ao clube de campo fai da fraga un espazo cobizado a pesares de ter unha gaveta de Medio Ambiente algún plan de protección do río da Sardiña.Quen nos dera, malia o plástico, ter no Menáncaro unha Bibiana Adriana López de Pablos Quevedo que conservara a fraga para disfrute das presentes e vindeiras xeracións!."}
{"ID": "NOS_54560", "summary": "O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) inicia esta terza feira, ás 19 horas, Novos tempos na acción exterior da Galiza: A Coruña no mundo global do século XX, o seu ciclo de coloquios en liña.", "text": "O ciclo congrega figuras relevantes da política e da análise, xunto con representantes da Universidade e da sociedade civil, debaterán o papel internacional e desenvolvemento futuro da Coruña. A acción, creada polo Igadi en colaboración co Concello da Coruña, ten como obxectivo xerar un foro no que se debata e promova o relato da Coruña como cidade internacional conectada á Axenda 2030 da ONU e á Axenda Urbana do Concello. A primeira sesión, titulada \"A globalización na cidade metropolitana: da entrada na UE á pandemia\", reunirá esta terza feira, a partir das 19 horas, a varios expertos. De maneira virtual falarán o ex presidente da Xunta e economista Fernando González Laxe, a xefa de informativos de Radio Coruña-Cadena Ser, Consuelo Bautista, e o catedrático de Xeografía Humana Andrés J. Precedo Ledo e o xornalista cultural Marcos Gendre. O seguinte encontro, centrado na nova e vella diáspora galega e o rol da Coruña nestes movementos, será o vindeiro día 10 á mesma hora e tamén de forma virtual. O programa completo pódese consultar en acoruna.hub.gal."}
{"ID": "NOS_7906", "summary": "A enfermaría conmemora este 12 de maio o seu día mundial. Faino, aínda, baixo o amparo do movemento global Nursing Now, unha campaña deseñada polo Consello Internacional de Enfermeiras en colaboración coa Organización Mundial da Saúde para elevar a súa posición e convertelas en axentes de cambio na promoción da saúde e o tratamento da enfermidade.", "text": "Despois de tres anos, a finais de maio chega á súa fin o programa internacional Nursing Now, dedicado a sinalar o papel crucial da enfermaría na promoción da saúde e no desenvolvemento de novos modelos de coidados comunitarios para a prevención de doenzas. Segundo as súas estimacións, só Galiza precisa 8.000 enfermeiras máis para garantir unha atención de calidade a toda a poboación ademais dunha continuidade asistencial imposíbel baixo as circunstancias de precariedade actuais que atravesa este grupo profesional. \"Nós sempre falamos de precariedade\", destaca Nuria González, enfermeira do Servizo Galego de Saúde e parte do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, que esta semana completa unha serie de cinco xornadas en liña, a través das súas redes sociais, \"para debater sobre eventualidade na Galiza\", mais tamén para crear e explicar a necesidade de loita e de non nos conformar con todo\". Eventualidade \"A eventualidade ten que existir, pero non nos niveis de precariedade actual\", matiza Nuria González, quen apunta a intención do Goberno estatal, trasladada a Europa, de obrigar os Gobernos autonómicos a reducir a temporalidade, mellorar as condicións laborais e o desenvolvemento profesional do persoal sanitario. Temos un sistema sanitario que segue tutelando o desenvolvemento profesional das enfermeiras \"As condicións de traballo, precariedade e eventualidade que describimos asociadas á enfermaría tamén afectan a outros profesionais: auxiliares, celadoras, traballadoras da limpeza. E é importante que se saiba\". Esas condicións son resultado dun proceso de contratación falto de \"criterios comúns e de transparencia\", apuntan desde Eventuais en Loita, mais tamén \"do menosprezo e infrarrepresentación da enfermaría\" en todo o que ten que ver coa planificación sanitaria e asistencial, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín. Enfermaría \"tutelada\" \"Levamos anos reclamando que na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria exista unha subdirección Xeral de Enfermaría que se encargue de planificar as actividades asistenciais e os programas sanitarios propios desta categoría e a Administración négase. Temos un sistema sanitario que segue tutelando o desenvolvemento profesional das enfermeiras e a súa participación\", alerta Abuín. A esta demanda, de vello, o sindicato nacionalista suma \"un sistema identificativo que nos permita saber por xerencias e por centros os cadros de persoal que hai e en que medida son fixos, interinos ou eventuais, tamén co obxectivo de transformar en prazas estruturais do sistema aquelas que durante 24 meses se cobren de forma continua ou discontinua\". É un paso imprescindíbel cara a estabilidade, que, de media, o persoal eventual do Sergas tarda en alcanzar uns 12 anos. Neste tempo, denuncian desde Eventuais en Loita, o habitual son contratos moi curtos que lles impiden beneficiarse dos acordos e dereitos esenciais estabelecidos no estatuto marco. O coidado do paciente está no centro das nosas reivindicacións \"En vez de facer un contrato de seis meses, fan seis contratos de un mes. E en vez dun contrato dunha semana fan cinco dun día e cada xornada nun centro de saúde ou nun servizo distinto. Aforran as fins de semana. Non temos dereito a baixas nin a vacacións. Tampouco a unha carreira profesional, a unha formación estábel, que non nos exixa dobrar quenda para poder facer prácticas en servizos especiais\", describe Nuria González. Este é o día a día das enfermeiras temporais do Sergas, 40% do total. Un dato que a Xunta non ofrece pero que revelou o Consello de Contas e confirmou un estudo do colectivo profesional. \"Non sabemos cantas enfermeiras traballan no Sergas, mais a ratio por doentes é insuficiente. Poden cinco enfermeiras coidar de mil persoas?\" Non, di González. \"Falta transparencia, persoal e condicións laborais dignas. Para chegar a toda a poboación, gozar de continuidade asistencial, saber dos nosos pacientes e que eles confíen en nós. O seu coidado está no centro das nosas reivindicacións\". E debe guiar o plan de reordenación do persoal do Sergas, remarca Abuín."}
{"ID": "NOS_2217", "summary": "Pescanova presentou un recurso de reposición ante o Xulgado número 1 de Pontevedra contra o auto polo que se afastaba da xestión da empresa ao consello de administración, por entender que non valora axeitadamente as \"gravísimas consecuencias\" que se derivarían desta decisión", "text": "Fernández de Sousa non quere soltar Pescanova. A decisión do xuíz de afastalo da presidencia, e ao consello de administración, no concurso de acredores non lle sentou moi ben ao até non hai moito todopoderoso empresario. \"A resolución non valora axeitadamente as gravísimas consecuencias que resultarán da drástica decisión de suspender as facultades de administración e disposición dos actuais administradores de Pescanova\", sinala a empresa no recurso de reposición. A multinacional considera que os motivos do auto \"non xustifican a sustitución d régime normal nun concurso voluntario\", ou sexa, o de intervención por parte de administradores concursais, polo acordado polo Xulgado, que é o de \"suspensión do exercicio do deudor das súas facultades de administración\"."}
{"ID": "PRAZA_7", "summary": "Arranca o proceso para elixir os seus candidatos a \"procesos maiores de converxencia\" e aclara que confluirá nas plataformas cidadás onde as haxa e fortalecerá AGE aló onde non existan eses procesos.", "text": "Esquerda Unida (EU) aposta polas mareas e a confluencia en Galicia. Así o reiterou a formación ao presentar este venres o programa marco para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Así, a súa coordinadora, Yolanda Díaz, aclarou que desde \"xa\" queren \"poñer a traballar as mellores mulleres e os mellores homes de EU nos procesos de converxencia, compañeiros que sairán reforzados destas primarias para achegar ao debate programático aberto en procesos como as mareas\". EU arrancou o proceso para elixir os seus candidatos a \"procesos maiores de converxencia\" Ante iso, Esquerda Unida arrancou o procedemento para elixir os seus candidatos a procesos maiores de converxencia que culminará o 28 de febreiro nun consello político nacional no que se ratificará os resultados da votación do 14 e 15 de febreiro. Será esa fin de semana cando simpatizantes e militantes escollerán os candidatos e a persoa que queren que aspire á presidencia do Goberno por IU. \"As de maio de 2015 non son unhas eleccións calquera\", senón que \"se trata de recobrar as cidades e romper co modelo de municipalismo inserido nun liberalismo atroz no que ata o municipio máis pequeno se converteu nun negocio para as grandes multinacionais\", destacou Díaz, que cre que os comicios serán claves \"para recuperar un municipalismo baseado na ética, na democracia participativa e na prestación dos servizos públicos, os concellos non teñen que dedicarse a nada máis que a coidar os seus veciños e a cambiar a súa realidade\", Para iniciar esta nova etapa Esquerda Unida aprobou un calendario que inclúe a proclamación de candidatos ás primarias aos municipios de máis de 50.000 habitantes o próximo 31 de xaneiro, unha vez realizada a verificación dos censos, as incidencias e as reclamacións. Despois diso, do 31 de xaneiro ao 14 de febreiro a formación abrirá a campaña ás primarias, cuxa votación se realizará o fin de semana do 14 e 15 de febreiro, coincidindo co proceso de elección ao candidato á presidencia do Goberno por parte de IU a nivel estatal. Xa o 18 de febreiro, a formación que lidera Yolanda Díaz celebrará o escrutinio definitivo dos votos, para ratificar os resultados nun consello político nacional que terá lugar o día 28 de febreiro. EU participará nas mareas sempre que as súas decisións \"sexan democráticas e horizantais e sen acordos de partidos\" En rolda de prensa, Rubén Pérez, secretario de Organización, apostou de forma \"decidida\" por participar en \"procesos maiores de converxencia\" alí onde existan, pero sempre condicionado a unha serie de requisitos, como que as súas decisións sexan \"democráticas e horizontais\", \"sen acordos de partidos polo medio\". \"Ir a proceso verdadeiramente constituíntes e democráticos\", indicou. Tamén precisou Yolanda Díaz que a participación de EU nestes proceso en \"ningún caso\" suporá renunciar á identidade como organización política. \"Non renunciaremos ao valor engadido que teñen as organizacións políticas, senón que traballaremos dende elas para sumar\", explicou para aclarar que a súa formación \"formará parte\" desas plataformas cidadás aló onde as haxa, mentres que noutros lugares acudirá aos comicios como AGE, \"unha ferramenta de unidade popular inconclusa\" na que \"seguirá traballando\". Todo iso sen que iso poida evitar que haxa determinados concellos nos que EU \"teña que acudir en solitario ou con outras formulacións aos comicios\", apuntou. Esquerda Unida apoiará as plataformas cidadás onde as haxa e apostará por AGE onde non haxa mareas \"Haberá espazos de xeometría variable, imos construír esta nova realidade política conxugando distintos actores políticos para concitar un único suxeito político que é a unidade popular\", defendeu. Precisamente, segundo detallou Rubén Pérez, no caso dos municipios de menos de 50.000 habitantes, serán as asembleas locais e comarcais de Esquerda Unida abertas as que decidan a forma na que a organización irá aos comicios. Ademais, o deputado autonómico Xabier Ron debullou tamén algúns detalles do borrador de \"programa-marco\" que a organización está a realizar de cara a estes comicios. Segundo indicou, este documento desenvólvese en torno a cinco eixos principais. O primeiro deles é a democracia e participación, cuestións que \"teñen que artellar toda a vida institucional e orgánica dun concello\" e así habilitar os espazos necesarios para que a \"cidadanía codecida\". En segundo lugar Xabier Ron situou a economía e o emprego. \"Reclamamos dende hai moito tempo aproveitar todos as competencias dos concellos para crear emprego de calidade e aí queremos loitar\", sinalou antes de explicar que o terceiro eixe corresponde ao servizos públicos, cuxa xestión a formación pretende \"recuperar\". O cuarto lugar, segundo apuntou, corresponde á inclusión social e á igualdade, mentres que, o quinto, se centra en distintas medidas relacionadas co medio e a ecoloxía Social. Por último, na rolda de prensa, o responsable de Organización de EUtamén deu conta dun \"aumento\" do número de simpatizantes da organización dende a apertura dos censos de militantes e simpatizantes nas organizacións locais. Así, segundo indicou, aos 1.400 militantes da formación xa existentes súmase un incremento dos simpatizantes de en torno a un 30%, 300 persoas, ao mes."}
{"ID": "NOS_37372", "summary": "Consideran negativo o pacto de rendas sen outras medidas adicionais que garantan o mantemento do poder adquisitivo da poboación.", "text": "O Goberno español, a través do presidente, Pedro Sánchez, as vicepresidentas e varios ministros e ministras, trasladou a comezos desta semana á patronal e aos sindicatos a necesidade dun \"pacto de rendas\" como resposta á situación económica derivada da crise da Covid e o conflito armado entre Rusia e Ucraína. Foi durante un encontro na Moncloa no que Sánchez incidiu no argumento de que esta medida permitiría proporcionar estabilidade e confianza ao conxunto da sociedade, evitando unha espiral inflacionista e reforzando a recuperación económica, a creación de emprego e o poder adquisitivo dos salarios. Porén, os axentes sociais, que amosaron o seu apoio ao Goberno español na resposta á actuación de Rusia en Ucraína, defenderon a súa autonomía para acordar as subidas salariais no marco dos convenios colectivos e incidiron en que aínda hai que definir os temas que poderían formar parte do devandito acordo de rendas, pois estes pactos estiveron historicamente ligados a cuestións de índole fiscal. Como lembra en declaracións a Nós Diario, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, \"a carestía da vida xa existía antes destes conflitos pola ausencia de políticas por parte dos Gobernos para evitar que a tendencia inflacionista repercutise na clase traballadora\". Por iso desde o sindicato entenden que \"non tomar esas medidas\" e impor un pacto de rendas sería \"moi negativo\". Intervención pública Carril, que teme que o Goberno español estea a empregar o conflito en Ucraína como \"pretexto\" para tomar decisións \"moi inxustas\", sinala que os convenios colectivos, \"con moita dureza e gran adversidade\", están a conseguir actualizar os salarios de acordo á carestía da vida. \"É inevitábel que así sexa e calquera negociación que pretenda topar os salarios para nós é negativo\", insiste o secretario xeral da CIG. Nesta liña, exixe do Goberno español un paquete \"completo e integrado de intervención pública\" para que o prezo da luz e os combustíbeis non repercuta dunha forma extraordinaria no peto dos traballadores e das traballadoras\", abundou. Desde CCOO, a súa responsábel de Emprego, Maica Bouza, aclarou que non están a pór o pacto de rendas enriba da mesa, senón falando do acordo de emprego e negociación colectiva e de como poden os salarios recuperar o poder adquisitivo previo á pandemia. \"O Goberno non pode mesturar a negociación colectiva con políticas que son da súa competencia. Non aceptaremos que se fale só de salarios. Nós o que queremos é que poña medidas máis amplas enriba da mesa que non recaian só na clase traballadora\", indicou Bouza, que suxeriu minorar os beneficios empresariais, limitar o reparto de dividendos ou \"darlle unha volta\" ao sistema fiscal. Postura da patronal Pola súa parte, a Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), ao contrario que os sindciatos, considera \"moi necesario e positivo\" alcanzar un pacto de rendas ante a inflación desbocada e a guerra en Ucraína. \"Este pacto daría confianza aos mercados e aos investidores nun escenario infestado de incertezas pola situación derivada da pandemia e agravada agora polo conflito bélico comentado\", argumenta a patronal galega."}
{"ID": "PRAZA_14211", "summary": "ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN presentaron un Programa pola Terra, as súas principais demandas para as formacións politicas que concorren ás eleccións. Entre outras cousas pídese o peche de Sogama en 2017, a moratoria da construción de novas autovias e derivar os cartos do AVE para o tren de proximidade.", "text": "ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN presentaron este mércores en Ourense Un Programa pola Terra, un breve documento que recolle as propostas do ecoloxismo galego para que os diferentes partidos e coalicións políticas as integren na súa acción tanto de goberno como de oposición durante a vindeira lexislatura. O texto inclúe tanto reflexións e recomendacións máis xerais (mudanza do \"actual modelo económico e social\" por ser \"inxusto e insustentábel\", democracia participativa) coma reivindicacións concretas comezando pola proposta de pechar a incineradora de SOGAMA no 2017 e promover a redución e a reciclaxe dos residuos urbanos. Entre outras cousas pídese a redución das emisións de gases de efecto ínvernadoiro (GEI) para que non superen nun 15% as de 1990 e cumprir así o límite de aumento ao que se comprometeu o conxunto do Estado español no ámbito do Protocolo de Quioto. Para o 2050, é necesario diminuír as emisións polo menos nun 80% a respecto de 1990. O texto inclúe tanto reflexións e recomendacións máis xerais coma reivindicacións concretas comezando pola proposta de pechar a incineradora de SOGAMA no 2017 e promover a redución e a reciclaxe dos residuos urbanos Así mesmo esíxese o decrecemento do consumo de enerxía e a promoción das renovables sen destruír o territorio. O texto pide a aplicación dun vigoroso Plano de Aforro e Eficiencia Enerxética, capaz de reducir en termos absolutos o consumo de enerxía en polo menos un 20% até 2020. Asemade, o programa afirma que a Xunta \"debería apostar pola substitución, o antes posible, das altamente contaminantes centrais térmicas das Pontes e de Meirama. O texto pide así mesmo \"estabelecer unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas, derivar os investimentos do AVE cara á rede ferroviaria de proximidade e redactar un Plano Integral de Transportes sustentábel\". O texto pide \"estabelecer unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas, derivar os investimentos do AVE cara á rede ferroviaria de proximidade\" O cuarto punto do programa propón \"aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa\". Entre outras cousas proponse \"apostar por cidades e vilas compactas (como garantía de dotación de servizos) fronte á dispersión e á fragmentación, e antepor a rehabilitación e o uso das vivendas baleiras á construción de novas\". Tamén se pide protexer de forma permanente e efectiva todos os solos non urbanizados situados a 500 metros do mar ou a 100 metros dos ríos, así como impedir novos recheos no litoral. De igual xeito propose unha planificación portuaria e a súa integración na sociedade galega, através da integración na intermodalidade do transporte marítimo de pasaxeiros, da reorientación do tráfico marítimo pesado e do uso racional das instalacións portuarias. Esíxese fortalecer as alternativas sustentábeis para a agricultura, gandería, silvicultura forestal e a pesca, favorecendo máis a produción ecolóxica ou con certificado de sustentabilidade e a pesca industriais nun Programa de Desenvolvemento rural orientado a fixar poboación e impedir o abandono. Tamén se pide impulsar as redes curtas de comercialización para mellorar os ingresos dos produtores e produtoras e incentivar o consumo de alimentos locais e galegos. Co obxectivo de frear \"a perda de diversidade natural\" no primeiro semestre da lexislatura ampliariase a Rede Natura 2000, \"tomando como punto de partida a proposta da Xunta de 2008 e tentando acadar unha porcentaxe de representación territorial consonte coa media estatal\". Tamén se pide ampliar a cativa rede de parques naturais (comezando pola declaración do Macizo Central Ourensán, Os Ancares e O Courel, no primeiro ano da lexislatura). Tamén se pide protexer de forma permanente e efectiva todos os solos non urbanizados situados a 500 metros do mar ou a 100 metros dos ríos En canto á politica fiscal proponse aproveitar as competencias autonómicas \"para penalizar os comportamentos ambientais incorrectos e favorecer aqueles acordes coa sustentabilidade, através da reforma dos tributos existentes\" coma o imposto sobre a contaminación atmosférica para gravar tamén as emisións de CO2, e a introdución de novos tributos, como un sobre o lixo, un sobre as canteiras e un sobre as grandes superficies. Programa pola Terra (.pdf)"}
{"ID": "NOS_30546", "summary": "É a metade do sector, advirte o SLG.", "text": "\"A proposta de axudas de Medio Rural ao sector de vacún de carne ten pequenas trampas destinadas a deixar fóra a unha gran parte das posíbeis beneficiarias\". Así de contundente se manifestan desde o Sindicato labrego galego, que calcula que ficarían excluídas destas axudas pola Covid 10.000 granxas. En primeiro lugar, indican, exclúe as granxas con menos de 10 vacas reprodutoras, \"o que supón excluír 10.284 explotacións das 19.708 que hai en activo\". A isto engaden que se destina un orzamento \"manifestamente insuficiente de 12 millóns de euros\" para cubrir as axudas para vacún de carne e flor. \"Se solicitan a axuda só as granxas de vacún de carne que cumpren os requisitos esixidos, terían dereito a ela 9.427 explotacións que deberían cobrar máis de 16 millóns de euros\". \"Sería necesario un orzamento ao redor dos 25 millóns de euros só para poder cubrir unha axuda que chegase a todas as granxas do sector do vacún de carne\". O SLG mantén que os cálculos dos seus servizos técnicos indican que no mínimo sería necesario un orzamento ao redor dos 25 millóns de euros \"só para poder cubrir unha axuda que chegase a todas as granxas do sector do vacún de carne\". O Sindicato Labrego Galego lembra que é unha das organizacións que participou, o 20 de outubro, na xuntanza telemática do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural PDR 2014-2020, representado pola técnica Ana Rodríguez. O tema central desta xuntanza foi a proposta de crear axudas para paliar o impacto da Covid-19 nos sectores do vacún de carne e de flor e planta. \"A pesares de que o SLG presentou unha batería de alegacións contra a proposta da Xunta, por ser manifestamente insuficiente, a Consellaría publicou, ao remate do comité, un comunicado no que fixaba a súa posición coma un feito consumado\"."}
{"ID": "NOS_17986", "summary": "O coordinador de hospitalización Covid da área sanitaria -que tamén inclúe O Salnés-, Juan Turnes, destaca tamén que unha de cada tres persoas que son atendidas noutras unidades de hospitalización tampouco recibiron o tratamento fronte ao coronavirus.", "text": "Mentres se reactiva a campaña de vacinación das crianzas -estes días na franxa de idade entre os 7 e os 9 anos- e de continúa coa inoculación das doses de reforzo, persoal sanitario da Galiza revela outras informacións relacionadas cos fármacos creados para loitar contra a Covid-19. O coordinador de hospitalización Covid da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Juan Turnes, destacou esta terza feira, 4 de xaneiro, que a metade das persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) da demarcación \"non están vacinadas\". O tamén xefe do servizo de Aparello Dixestivo, tamén afirmou que unha de cada tres doentes que están noutros espazos de hospitalizacións en centros como o Montecelo ou o do Salnés tampouco recibiron ningunha dose dos remedios contra o virus. Así o manifestou Turnes ao facer balance da situación actual da pandemia e os contaxios nesa zona, pois na de Vigo a situación epidemiolóxica deu paso ao colapso da Atención Primaria. O facultativo aclarou que na actualidade hai nove infectadas polo coronavirus nas UCI e 40 en camas en plantas convencionais. Iso supón, subliñou, \"dez pacientes máis en hospitalización convencional e dúas menos en coidados intensivos\" no Montecelo. Non houbo variacións no Salnés, onde as equipas sanitarias atenden 5 desas 40 doentes de menor gravidade. Turnes engadiu que \"a metade dos pacientes en intensivos non foron vacinados e un de cada tres ingresados tampouco\". Peor na Atención Primaria Con independencia destes datos, que non entrou a valorar máis aló da presión hospitalaria, o responsábel tamén aclarou que hai maior acumulación de traballo pola pandemia en Atención Primaria e nos servizos de Urxencias. En todo caso, na súa opinión, malia que o número de casos activos \"é alto, podía ser maior\" porque \"aínda non pasaron suficientes días\" para identificar os cambios no protocolo de seguimento de contactos da Xunta. \"Todo fai pensar que vai seguir incrementándose o número de casos durante un tempo\", alertou."}
{"ID": "NOS_29518", "summary": "As enquisas son favorábeis a un Netanyahu que anuncia a anexión das colonias da Cisxordania ocupada, de revalidar coma primeiro ministro.", "text": "O actual primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, declarou en televisión que a anexión das colonias de Cisxordania está a ser tratada cos Estados Unidos. Ademais, anunciou que, de gañar as eleccións do martes 9 de abril, a anexión realizarase en moi pouco tempo. As enquisas prognostican que após as eleccións, será Netanyahu quen se manteña coma primeiro ministro, grazas aos pactos que poida alcanzar. Porén, os estudos decántanse por situar ao ex xeneral Gantz como gañador das eleccións ao parlamento, aínda que a suma de apoios non lle permita acceder ao cargo. É a vez primeira que Netanyahu compite un rival forte. O ex xeneral Binyamin Gantz foi Xefe do estado maior do exército, coincidindo cos ataques israelís que devastaron Gaza entre 2012 e 2014. Ademais, na campaña electoral, o ex xeneral amosou o seu orgullo por \"devolver zonas de Gaza á Idade de Pedra\"."}
{"ID": "NOS_35312", "summary": "Catro persoas enferman ao inxerir unha ensalada rusa caseira elaborada con atún en lata en aceite de xirasol da marca Dia e elaborado por Frinsa na Coruña. A causa do brote é unha toxina botulínica presente na lata. A axencia estatal de seguridade alimentaria decreta alerta sanitaria. Este produto non se distribuíu na Galiza.", "text": "A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición decretou un brote de intoxicación alimentaria causado por toxina botulínica, que se asocia ao consumo de conserva de atún en aceite de xirasol. Detectouse nunha lata de atún distribuída pola cadea de supermercados DIA e elaborada por Frinsa do Noroeste, na Coruña. Segundo indicou a propia axencia estatal, o produto corresponde a unha conserva de atún en aceite de xirasol formato RO 900, da marca DIA, con lote 19/154 023 02587 elaborado en Frinsa do Noroeste S.A. con data de consumo preferente 31/12/2022. Informouse que a totalidade do produto foi distribuída pola plataforma DIA a estabelecementos de Asturias, Castela e León, Catalunya, Aragón, A Rioxa, Murcia, Nafarroa, Castela A Mancha e Valencia, onde se procedeu á inmobilización e retirada dos produtos afectados. A confirmación da aparición da toxina no produto foi dada a coñecer esta sexta feira. O Grupo DIA pediu esta sexta ás e aos seus clientes que adquirisen o lote de atún en aceite de xirasol de 900 gramos fabricado por Frinsa 19/154 023, con data de caducidade decembro de 2022, que devolvan o produto na súa tenda máis próxima. \"Este lote de atún fabricado por Frinsa foi retirado xa o 10 de agosto de todas as tendas por iniciativa de DIA e de forma preventiva, após o aviso dunha posíbel contaminación por parte das autoridades sanitarias coas que DIA estivo en permanente contacto\", indica a cadea de supermercados. Os casos detectáronse en Castela e León e os pacientes foron ingresados no Complexo Asistencial de Salamanca e de Zamora. Comunicado da Xunta A Consellaría de Sanidade afirma nun comunicado emitido que realizou inspeccións en Frinsa do Noroeste e non detectou \"ningunha anomalía\" no tratamento para as conservas, após verificar os controis de produción e os procesos de esterilización. Asegura no comunicado que efectuou as inspeccións após recibir aviso da Axencia Española de Seguridade Alimentaria. Asegura que identificou \"que todo o produto implicado foi fornecido\" a DIA, empresa distribuidora, \"non existindo máis existencias fóra dese distribuidor\"."}
{"ID": "NOS_32433", "summary": "Nunha estratexia perfeitamente orquestrada, os grupos da oposición no concello de Pontevedra apoiáronse entre si para, a meio de emendas, modificar o cerne do proxecto de orzamentos do Goberno. A súa idea é obrigar o executivo local a gobernar co orzamento da oposición.", "text": "Esta mañá realizouse na Comisión de Economía do Concello de Pontevedra o debate do proxecto de orzamentos previo á súa pasaxe, para a súa eventual aprobación, polo Pleno da corporación local. O goberno do BNG apresentaba unhas contas por un importe de 72 millóns de euros, 13 dos cales vanse destinar a investimentos. Os orzamentos experimentan un incremento do 2 por cento a respeito dos actualmente en vigor. Fontes do goberno municipal indicaron a Sermos que as distintas partidas \"foran negociadas cos distintos grupos municipais e incorporaban non poucas achegas do tecido social e veciñal da cidade\". O proxecto de contas do goberno local non puido saír adiante na comisión porque os grupos da oposición apoiáronse entre si á hora de aprobar as súas diferentes emendas. O debate deu como resultado un orzamento novo, modificado aquí e alá polas propostas dos distintos grupos. Fixérono en algún caso mesmo contra as alegacións dos técnicos municipais. \"As contas tal e como saen da comisión fican desequilibradas e poden ser mesmo ilegais. Compromisos adquiridos polo concello con gastos plurianuais desaparecen do orzamento\", afirman as fontes do goberno local consultadas. \"O que é alucinante é que nas conversas previas cos grupos en ningún caso nos explicitaron as propostas de modificación das contas que logo se materializaron nas súas emendas\", afirma. O proxecto de contas do goberno local non puido saír adiante na comisión porque os grupos da oposición apoiáronse entre si á hora de aprobar as súas diferentes emendas A Corporación ten 25 concelleiras e concelleiros. O BNG, con 12, está a só un da maioría absoluta. Mais o debate evidenciou que neste momento existe na oposición unha estratexia conxunta de desgaste do goberno de Lores na que participan PP (7 concelleiras e concelleiros), PSOE (3), Marea de Pontevedra (2) e Ciudadanos (1). Nese sentido é especialmente chamativa a pinza entre Marea e o PP, colaboración táctica que están a manter en distintas materias desde a constitución da corporación xurdida das urnas de maio de 2015. En que medida alterou a oposición o proxecto do goberno? Nunha que o fai practicamente irrecoñecíbel e impracticábel, din desde o goberno local. Sería un orzamento \"inaplicábel por este goberno ou por calquera outro\" e del foron retiradas, vía emendas, partidas destinadas ao desenvolvimento urbano ou á compostaxe (a merca de composteiros). É especialmente chamativa a pinza entre Marea e o PP, colaboración táctica que están a manter en distintas materias desde a constitución da corporación xurdida das urnas de maio de 2015 Alén do máis, e grazas a unha emenda do PP apoiada polo resto de grupos, modificáronse as bases de execución do orzamento de xeito que se impedirá na práctica -así o aseguran as fontes do goberno local- que \"o concello poda receber transferencias ou subvencións de ningunha outra administración\" ao facer descansar a competencia nesta materia no Pleno. \"Neste momento é do alcalde e ten todo o sentido porque os prazos de tramitación dos Plenos non se axustan aos prazos de tramitación das subvencións. Sería deixarnos na práctica sen posibilidade de acceder a elas\". E agora? O orzamento tal e como foi ditaminado esta mañá pola Comisión de Economía é o que irá ao Pleno da próxima segunda feira. Mais non é seguro que iso aconteza. A competencia para fixar a orde do día tena a Alcaldía, que está a estudar as distintas opcións que se abren con este novo escenario, absolutamente inédito (que un goberno teña que aplicar un orzamento da oposición é algo bastante insólito). Entre os aspectos a valorar, as dúbidas sobre a legalidade duns orzamentos que, tal e como ficarían, rachan con compromisos económicos previos do concello. \"Valorámolo como unha moción de censura covarde. Non se atreven a presentar unha alternativa e o que fan é intentar bloquear e inviabilizar a acción do goberno\", afirman desde o executivo local."}
{"ID": "PRAZA_11067", "summary": "Tan só o 26% dos nenos e nenas falan na lingua propia sempre ou acotío, dez puntos menos que hai dez anos. Tras unha década do decreto do plurilingüismo, a rapazada fala e sabe menos galego", "text": "A xente nova fala cada vez menos galego ou, directamente, nin tan sequera sabe falalo. Segundo os últimos datos do IGE sobre o coñecemento da lingua propia no país, practicamente un cuarto (23,9%) da rapazada entre os 5 e os 14 anos non sabe expresarse no idioma. É este, se cadra, o dato máis desolador da enquisa realizada polo IGE e que reflicte un estancamento no uso do galego pero tamén un futuro nada positivo de ter en conta o uso que del fan as novas xeracións. Así, ese case 24% de rapaces e rapazas que non saben falar o idioma supón case oito puntos máis que hai dez anos (16,4%) e un e pico máis que en 2013. Case un de cada catro nenos galegos, o 24%, non sabe falar galego, oito puntos máis que hai unha década; o 44% exprésase sempre en castelánÉ a xeración que se atopa agora escolarizada no ensino obrigatorio e que, polo tanto, contacta co galego na escola, no colexio ou no instituto en base á política lingüística instaurada polo goberno de Feijóo hai unha década a través do polémico decreto do plurilingüismo. Sabe e usa menos o galego que a xeración anterior. E é, ademais, un grupo de idade no que o aumento daquelas persoas que usan sempre o castelán aumentou espectacularmente, ao pasar do case o 30% de hai dez anos ao 44,1% da actualidade, 14 puntos máis. Xa que logo, e despois dunha década con novo decreto do plurilingüismo e nova política lingüística, os nenos e nenas galegos falan menos a lingua propia e moito máis o castelán. No caso da mocidade entre 15 e 29 anos, a xeración que estaba a estudar no ensino obrigatorio hai dez anos, a porcentaxe de persoas que usa exclusivamente o castelán tamén aumentou na última década, aínda que non tanto, ao pasar do 25,5% de 2008 ao 31,9% da actualidade. Tan só o 26% dos nenos e nenas galegas falan en galego sempre ou acotío, dez puntos menos que hai unha décadaA realidade é teimuda. Os cativos e cativas de entre 5 e 14 anos que falan en galego sempre ou maioritariamente son minoría. Representan a tal hora o 26,1% fronte ao 36,1% de hai dez anos. Son dez puntos menos nunha década. Xa que logo, máis do 63% usa exclusivamente ou maioritariamente o castelán na súa vida diaria. A situación, aínda que algo mellor, tampouco é especialmente boa entre a mocidade (de 15 a 29 anos). Segundo os últimos datos do IGE, o 37,4% desta xente nova fala en galego sempre ou acotío, o que supón máis de cinco puntos menos que en 2008. No que respecta aos que falan sempre en castelán ou máis castelán que galego, son o 62,6%, cinco puntos máis que en 2008. En canto ao ámbito familiar, o 44,3% da poboación de Galicia que ten fillos ou fillas fálalles en galego sempre, o 31,2% sempre en castelán, o 13,9% máis castelán que galego e o 9,5% máis galego que castelán. No tocante aos fillos e ás fillas, cabe destacar que arredor do 39% fala sempre en galego cos seus proxenitores e arredor do 37% sempre en castelán. Ademais, como é habitual nos resultados destas enquisas, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 34,1% da cidadanía habitualmente fala sempre en galego cos amigos e coas amigas. Porén, o 39,4 % comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en castelán e o 34,1% sempre utiliza este idioma cos especialistas sanitarios."}
{"ID": "NOS_28217", "summary": "Xabier P. Igrexas (Vigo, 1984) participou activamente do movemento veciñal da cidade desde moi novo e durante case 15 anos, tanto na Asociación Veciñal Val do Fragoso como tamén na Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC), da que foi secretario. Fixo parte activa do movemento estudantil e chegou a ser secretario xeral a nivel galego dos Comités Abertos de Estudantes. Preséntase á Alcaldía de Vigo polo BNG. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.", "text": "Que supuxeron estes catro anos para o seu concello? Estes anos foron en grande medida tempo perdido. Non se impulsou ningún proxecto de fondo. Hai unha xestión instalada na improvisación, con accións de moito impacto propagandístico pero que apenas inciden na mellora da calidade de vida. Se non for pola inercia que ten unha estrutura municipal tan grande a situación inda sería peor. E a un goberno incapaz de atender os problemas e necesidades da cidade engádese unha oposición que o único que ofreceu durante estes anos foi un permanente e estéril pim-pam-pum. Os plenos reducíronse a unha lea permanente, onde do único do que non se fala é das cousas que verdadeiramente lle preocupan ás viguesas e vigueses. Ese Vigo 'top' do que fala o candidato do PSOE en realidade non existe Ese Vigo 'top' do que fala o candidato do PSOE en realidade non existe. E as viguesas e os vigueses sábeno. Cando van coller un autobús e este pasa cada hora ou non pasa en fin de semana. Cando as súas crianzas quedan sen escola infantil porque nos últimos catro anos non se creou nin unha soa nova praza. Cando ven como as rúas do seu barrio están abandonadas, mentres se concentra o investimento no centro do casco urbano. Cando ao solicitar unha axuda social quedan sen ela ou tardan sete meses en tramitarlle unha RISGA, cuns servizos sociais colapsados e incapaces de atender a situación de emerxencial social con 61 mil persoas en risco de exclusión e pobreza. Cando ven reducida a política cultural a concertos de Chenoa, dinoseto e luces. Cando ven como cada semana algún veciño ou veciña perde a casa nun desafiuzamento sen que haxa vivendas sociais, na mesma cidade na que hai 18.500 vivendas baleiras. Cando nesta cidade que se di que está humanizada non hai noite na que non te cruces cunha persoa durmindo nun caixeiro, nun parque ou en plena rúa. Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía? É claro que a maioría absoluta do PSOE tornouse nunha maioría absolutamente inútil que lle sentou faltal á cidade. Temos un goberno de 17 concelleiros e concelleiras reducidos a un único concelleiro plenipotenciario [Abel Caballero]. Vigo non pode gobernarse dándo titulares e fotos. Así o demostra que 4 de cada 10 euros de investimento orzados non fosen executados. Foron tamén anos de desmantelamento e nisto Caballero si que se colocou como alcalde top. Ningún goberno antes fora incapaz de como mínimo manter en marcha os programas que xa funcionaban. Vémolo claramente na desaparición de máis dunha ducia de programas culturais, na situación lamentábel da rede museística, no feche sen motivo nin alternativa do Súbete ó Castro, do Punto Xove ou da Casa da Xuventude. Na falla de política deportiva, no colapso dos servizos sociais municipais ou no devalar nun ámbito no que o Concello de Vigo chegou a ser referente, como son as políticas feministas. E no total abandono dos barrios e das parroquias. E o traballo realizado polo seu partido? Malia non ter presenza no Pleno, creo que o BNG demostramos durante estes catro anos que temos un proxecto de cidade. Mentres os partidos con representación no pleno se entretiñan nese pim-pam-pum permanente do que falaba antes, o Bloque fixo un intenso traballo por abaixo. A pé de rúa. En contacto directo cos movementos sociais. Pateando os barrios e parroquias da cidade. E modestamente creo que fomos os únicos que nos esforzamos en poñer acima da mesa propostas en positivo e alternativas concretas sobre os temas que realmente preocupan ás viguesas e aos vigueses. Nos últimos meses a onda de simpatía que viñamos recollendo intensificouse Hoxe o BNG ademais está nun momento completamente diferente ao de hai catro anos. Temos un Bloque, máis Bloque. Un BNG unido, unificado e cohesionado, cunha militancia ilusionada con empurrar o proxecto de transformación que queremos impulsar para Vigo. Fixemos unha renovación moi importante, de persoas e tamén de actualización do discurso. E iso comeza a notarse. Nos últimos meses a onda de simpatía que viñamos recollendo intensificouse. Desde que son candidato percibo de maneira clara que estamos de remontada en Vigo e que hai moitas persoas que agora ollan, ou volven ollar para o BNG, como unha opción de futuro para a cidade. Persoas que nos votaron nalgún momento pero que optaron hai catro anos por outras opcións, persoas que nunca nos deron o seu voto ou que van votar por primeira vez, o que nos transmiten é que o BNG ten que volver estar no Concello de Vigo. Porque a nosa ausencia notouse, e moito. Alédame inmenso especialmente o feito de que nese crecente apoio social haxa moita mocidade e, sobre todo, moitas mulleres. Con esa enerxía imos ser imparábeis. Cal é a principal necesidade do seu concello? Pois algo tan simple como fundamental: que haxa política municipal. Ter un goberno que goberne, de verdade, que xestione mellor e que poña en marcha proxectos de futuro para facer avanzar a cidade. O que se necesita é que o Concello de Vigo coloque todas as súas enormes capacidades, con 258 millóns de euros de orzamento, con todo o seu persoal directo e indirecto, ao servizo de resolver as necesidades reais das viguesas e dos vigueses. O que precisa Vigo é un novo impulso que revolucione a cidade para mellor, como sempre logramos facer cando o BNG tivemos un peso decisivo e determinante, tanto no goberno como na oposición. En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará na nova lexislatura se está no goberno? Hai tanto por facer despois destes anos perdidos que é ben difícil precisar unha única medida. Mais, se teño que escoller unha decisión sería a de impulsar un novo Regulamento de Participación Cidadá. Hai que acabar coa xordeira e cos tics autoritarios. Temos que asegurar o dereito das viguesas e os vigueses, e das asociacións e colectivos nos que se organizan, a seren escoitados, si ou si. Non pode depender da vontade dun ou doutro goberno. Hai que blindar a participación e facela efectiva, por exemplo poñendo en marcha os Consellos Veciñais de Barrio e Parroquia ou reformulando os consellos sectoriais. Non como espazos ornamentais e protocolarios, senón como verdadeiros espazos de codecisión, de construción de poder popular. E impulsando os orzamentos participativos. Queremos sumar en positivo e poñer en valor a pluralidade desta cidade felizmente diversa. Contando con todos e con todas. Porque Vigo é tarefa de todos e todas Hai unha vella máxima do movemento zapatista que urxe asumir: mandar obedecendo. Gobernar obedecendo o pobo. Gobernar co pobo, non de costas a el ou contra del. As mudanzas que historicamente transformaron e fixeron avanzar Vigo teñen un denominador común: a forza da xente. Os cambios reais constrúense, sempre, desde abaixo. E o novo impulso que lle queremos dar a Vigo non pode darllo só o BNG, necesitamos a forza, a enerxía e a afouteza das viguesas e dos vigueses. Sumando en positivo e poñendo en valor a pluralidade desta cidade felizmente diversa. Contando con todos e con todas. Porque Vigo é tarefa de todos e todas."}
{"ID": "NOS_49415", "summary": "O XXIII Salón do Libro de Pontevedra abriu esta sexta feira as súas portas, recuperando a total presencialidade. Até o 27 de marzo o Pazo de Cultura será o epicentro de múltiples actividades con Euskal Herria como país convidado. 'Nós Diario' conversa con Carme Fouces, concelleira de Cultura en Pontevedra e responsábel do evento, para facer balance do esforzo realizado en pandemia e do que veremos agora.", "text": "O Salón do Libro recobra a normalidade? Estamos entusiasmadas e case cos nervios dunha primeira edición. Despois do mal que o pasamos en 2020 cando seis días despois da inauguración tivemos que fechar e mudar todo cara ao streaming para que as nenas e os nenos nas súas casas tivesen un recuncho de goce... Sabiamos que podiamos achegar cousas mais foi moi duro e frustrante, con moito desgaste. O ano pasado voltamos recollendo como tema a emerxencia climática, xa no Pazo da Cultura, aínda que con ocupación reducida. Sempre coa sensación da xente que non podiamos ter. Por ese motivo este ano imos con toda a ilusión, toda a arte para deixar voar a imaxinación cara a novos mundos. Que agarda vostede desta nova edición? Para nós o Salón do Libro non é un programa cultural corrente, non é algo que lle encargues a unha empresa para ter actividades. É o sangue da cidade, o mascarón. O máis importante é a participación e agardamos que volte a como foi durante estes 23 anos. Historicamente o Salón sempre se relacionou co mundo da educación. Introducimos hai catro anos o Congreso de Mediación Lectora no que participa moito profesorado que busca recursos para transmitir a paixón pola lectura ao seu alumnado. A maiores, tecemos redes. Queremos ter unha relación moi estreita coas escolas da cidade que traballan todo o curso para presentar as súas obras na zona expositiva que habilitamos. Despois temos visitas de milleiros de escolares durante toda a semana con actividades específicas polas mañás. Polas tardes é máis para as familias e público en xeral. Atópaste con esas nais e pais novos que foron nenas e nenos do Salón e manteñen esas lembranzas de cando viñan e agora chegan coas súas crianzas para gozar. É unha irmandade entre a estrutura organizativa e toda a cidadanía. Agardamos que teña boa acollida. Agora mesmo sabemos que moitas actividades xa están cheas. Este ano a cultura convidada é a de Euskal Herria. Si, mostrarán o seu proxecto educativo e a cultura que teñen. Nesta ocasión a escola convidada é a Ikastola de Zumaia, que ten 700 alumnas e alumnos, desde os cero até os 18 anos. Toda a elaboración do seu currículo baséase nas artes e na literatura. Haberá intercambio co noso profesorado para que coñezamos os recursos que teñen, relacionados coa cultura da paz e na formación das persoas como seres integrais. Elas e eles tamén levan unha parte da nosa cultura e quedaron abraiados da potencia cultural de Pontevedra e do noso país. Estase a cultura recuperando da pandemia en Pontevedra? A nivel de infraestruturas temos o teatro en obras, aproveitamos a situación para facer unhas melloras. É un lugar moi empregado, no centro da cidade, e este paro empregámolo para melloralo. Por esta razón toda a actividade pivota no Pazo da Cultura. A nivel de cultura da cidade e dos seus axentes culturais, aínda que non sexan do Concello, temos o Museo, que conta cunha programación cultural espectacular, con grande éxito nas exposicións. Tamén está a actividade privada, sustentada nun programa que se chama 'Cabos soltos' para dar cobertura legal a todas as salas de concertos para que poidan programar música sen meterse en problemas legais con todas as mudanzas que houbo. Sabemos que están facendo unhas programacións marabillosas con moita participación de público. Ademais reiniciamos as 'Noites abertas', a opción de lecer para a xente moza que leva xa 20 anos, e está aberto o local de música que facilita que haxa grandes bandas na cidade. A cidade de Pontevedra, agora mesmo, ferve de cultura."}
{"ID": "PRAZA_4015", "summary": "O Movemento Galego polo Clima lanza unha convocatoria á cidadanía para que na noite deste venres participe nunha acción colectiva que reclama que \"a saída da crise xerada pola COVID-19 non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual\"", "text": "O Movemento Galego polo Clima (MGPC) lanzou unha convocatoria á cidadanía para que participe este venres nunha Acción Global polo Clima para reclamar que \"a saída da crise xerada pola COVID-19 non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual\". O movemento chama a unha \"manifestación de luces e sombras chinesas\" dende fiestras e balcóns ás dez da noite, ofrecendo na súa web patróns para realizar as figuras.O movemento reclama que \"a saída da crise xerada pola COVID-19 non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual\"Para o MGPC a actual situación de urxencia xerada pola pandemia \"non nos debe facer esquecer que a mudanza climática e a perda de biodiversidade seguen a ser as principais ameazas para o planeta e a humanidade, e que os gobernos non están a facer dabondo para evitalas\".O movemento vén de publicar un novo manifesto no que afirma que \"non debemos descartar que a actual pandemia da COVID-19 sexa unha consecuencia máis do cambio climático e a continuada perda da biodiversidade\". Así, entendendo que a actual crise sanitaria é o máis urxente, piden tamén aprender dela: \"se non aproveitamos esta forzada paralización da actividade para reducir e reorientar a nosa actividade, decidida e rapidamente, alcanzarase un cambio climático de tal magnitude e rapidez que faría imposible a nosa adaptación\".O MGPC chama a unha \"manifestación de luces e sombras chinesas\" dende fiestras e balcóns ás dez da noite, ofrecendo na súa web patróns para realizar as figurasNeste senso, o movemento fai unha proposta de actuacións para relanzar a actividade \"dunha forma xusta e sostible\", que parta dunha \"redución drástica das emisións netas de gases de efecto invernadoiro\". Entre outras medidas, proponse \"unha moratoria ás novas plantacións de eucalipto\" e tamén a súa inclusión nos catálogos de especies invasoras; así mesmo, pídese un plan forestal que garanta a recuperación dos ecosistemas naturais protexidos pola lexislación, os solos agrarios e a vexetación de ribeira.Tamén se aposta pola \"reconsideración das políticas comerciais, nacionais e internacionais\", primando os consumos de proximidade e limitando a dependencia exterior. E deféndese \"apostar polo rural na procura dunha nova ruralización da sociedade\". E apóiase \"a protección das persoas máis vulnerables, sexa cal for a causa da súa vulnerabilidade (clase, raza, xénero…), avanzando cara a unha renda básica\".Consumo de proximidade, enerxía renovable, redución e transformación da mobilidade, defensa do rural e protección das persoas máis vulnerables a través dunha renda básica, entre as propostasReclámase a aceleración da transición enerxética desde os combustibles fósiles cara a un modelo baseado na reducción dos consumos e 100% renovable, sen emisións contaminantes, xusto, eficiente e en mans das persoas, apostando decididamente polo autoconsumo. Proponse igualmente a redución e transformación da mobilidade de persoas e mercadorías, axustándoa á necesaria, minimizando o uso do vehículo privado e fortalecendo as infraestruturas e os servizos do transporte público e compartido, especialmente do ferrocarril convencional tanto para mercadorías como para pasaxeirosPreviamente ao Día de Acción Global do venres 24, dende o MGPC organizouse unha completa semana de palestras web polo clima. De luns a venres distintas persoas expertas puxeron enriba da mesa as diferentes dimensións da crise ecosocial global e moitas das alternativas impulsadas dende o movemento climático. O MGPC está formado por 85 entidades galegas, que conforman o groso do movemento ecoloxista galego coas principais organizacións ambientalistas as nivel xeral e tamén de ámbito local ou comarcal; ademais, participan na plataforma outras entidades sociais e veciñais."}
{"ID": "PRAZA_7270", "summary": "Se os partidos da oposición cren o que din están obrigados a comprometerse publicamente a que esa lei será derrogada inmediatamente e a recorrela conxuntamente ante o Tribunal Constitucional", "text": "Coa aprobación da \"lei mordaza\" o Goberno de Rajoy e o PP traspasaron a liña que separa e enfronta a demócratas con antidemócratas. Soubemos hai uns días que o ministro Fernández Díaz ten unha unidade de policía política secreta dedicada a espiar a políticos e personalidades catalás, pero agora con esa nova lei transforma a policía española nunha policía política e ao Estado nun Estado policial. Coa aprobación da \"lei mordaza\" o Goberno de Rajoy e o PP traspasaron a liña que separa e enfronta a demócratas con antidemócratas Estou a esaxerar? Estou paranoide? Entón estao a maior parte da sociedade, segundo as enquisas, e todos os demais partidos, segundo manifestaron no Parlamento. \"A lei é unha volta ao Estado policial e non é necesaria\" e \"coa coartada da seguridade queren cernar dereitos dos cidadáns, impondo o dereito administrativo do inimigo e eliminando o control xudicial\". Así se manifestou o portavoz socialista e con argumentos semellantes todos os demais partidos. Efectivamente, un Estado policial é aquel en o que o poder Executivo usa discrecionalmente a policía sen control xudicial, nun Estado policial todas as liberdades e garantías democráticas que figuren na constitución están anuladas por decisión do Goberno ou mesmo dun axente calquera da policía. O ocultamento da realidade en que vivimos estas décadas baseábase en gran parte en que non lles chamásemos \"franquistas\" aos franquistas. Eran franquistas e ségueno sendo, nunca se avergoñaron de selo, son \"a xente normal, a xente como Deus manda\". Se os partidos da oposición cren o que din están obrigados a comprometerse publicamente a que esa lei será derrogada inmediatamente e a recorrela conxuntamente ante o Tribunal Constitucional Ante algo tan grave o único que corresponde é a actuación conxunta de todos os demócratas. Se os partidos da oposición cren o que din están obrigados a comprometerse publicamente a que esa lei será derrogada inmediatamente e a recorrela conxuntamente ante o Tribunal Constitucional. Aínda que o PP fagocitara tal institución é necesario que os demócratas fagan o percorrido polas institucións do Estado existentes. E só se pode explicar por falta de perspectiva e de liderado social que non estean a chamar xa á cidadanía a responder por todos os medios. Quen ten que convocar a cidadanía a que se manifeste en todas as cidades do Estado contra o roubo dos seus dereitos?"}
{"ID": "NOS_57156", "summary": "A organización sindical revelou xa en setembro a situación de \"pasividade\" e a \"ausencia de medidas da Xerencia da área sanitaria ante os reiterados accidentes por situación de violencia\" no centro, algo que o Movemento Galego de Saúde Mental tachou de \"preocupante, intolerábel e sufocante\".", "text": "O Movemento Galego da Saúde Mental denunciou que na Galiza \"están a vulnerarse os dereitos fundamentais dos e das pacientes con problemas de saúde mental\", para o que se fixo eco dun informe elaborado polo Defensor del Pueblo con base nunha visita ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, no que se detallan as \"irregularidades\" diagnosticadas. Así, entre os días 6 e 8 de xullo de 2022, un equipo do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura do Defensor del Pueblo realizou unha visita ao centro sen aviso previo, dentro do proxecto de visitas \"con enfoque de xénero\". O informe agora publicado recolle unha serie de irregularidades \"que atentan contra os dereitos dos e das residentes do hospital, sen que a maior parte das cuestións denunciadas fosen resoltas\", aseguran. Os problemas achados e reflectidos no informe do organismo van desde a falta de información clínica e social das pacientes á ausencia de rexistros dos casos e das motivacións das contencións mecánicas realizadas, pasando polas condicións de habitabilidade do edificio. Ademais, denuncian a falta dun proxecto \"realmente rehabilitador\", que teña en conta \"motivacións diferenciais por idade, problemática de saúde ou envellecemento activo\". Tampouco se facilitan as comunicacións co exterior nin a realización de obradoiros ocupacionais -que só benefician a 23% das pacientes-, nin \"se garanten ás persoas residentes os dereitos sexuais nin reprodutivos, nin unha vivencia positiva da sexualidade\". Destacan ademais que o centro non conta cun protocolo de prevención de suicidios axustado a institucións residenciais de media e longa permanencia, e que tampouco se realiza ningún tipo de abordaxe terapéutico das adiccións, \"sendo esta unha problemática coñecida polo persoal e un frecuente motivo de sanción\". Trato discriminatorio Doutra banda, gran parte das irregularidades detectadas xiran arredor do \"trato desigual e discriminatorio\" entre os homes e as mulleres que residen no Hospital de Conxo. Así, rexistrouse mesmo unha acusación de violencia sexual, notificada ao centro. \"A dirección realizou unha abordaxe deste problema deslexitimador e revictimizador. Esta actitude, verificada no curso da visita, proba a dificultade de calquera tipo de revelación e a falta de protección fronte ao abuso\", reza o informe. O caso xa foi denunciado ante os tribunais. O informe revela tamén que non existe ningún protocolo de prevención e protección da violencia de xénero, ou calquera outro tipo de violencia ou abuso, que garanta unha resposta adecuada e protectora para unha potencial vítima de violencia de xénero, agresión física, ou sexual. Respecto á discriminación de xénero, o documento sinala ademais que as mulleres ingresadas no hospital atópanse \"en situación de maior dependencia, menor autonomía para as súas actividades diarias, e tempos de estancia máis prolongados, entre outros. Ademais, apuntan que segue producíndose unha división sexual do traballo: \"as mulleres en lavandería, os homes en xardinería e carpintería\". A todo isto súmase que hai, destacan, unha maior porcentaxe de mulleres ingresadas en módulo fechado \"sen que se saiban os criterios deste tipo de ingreso\". Continúan producíndose tamén contencións mecánicas, cunha media de duración da contención de 16 horas para as mulleres. Nun dos casos, unha muller sufriu máis de 30 contencións nos últimos dous anos, levando 19 anos de ingreso e \"cun diagnóstico psiquiátrico para o que \"a propia institución non considera adecuada a súa estancia alí\". O Movemento Galego de Saúde Mental tachou esta situación de \"preocupante, intolerábel e sufocante\", producíndose en 2021 \"situacións que deberían estar superadas desde hai moito tempo\". \"Digámolo claramente, unha vez máis: na Galiza, na atención á saúde mental, están a vulnerarse dereitos fundamentais\", concluíu a asociación. Inspección recibe unha denuncia da CIG Este informe do Defensor del Pueblo chega un mes despois de facerse pública a denuncia ante a Inspección por parte de CIG-Saúde na que a organización denunciaba \"unha serie de deficiencias estruturais e de carencia de sistemas de seguridade que Conxo vén arrastrando no tempo\". \"A día de hoxe, hai un alto rexistro de situacións de violencia\", advertía a CIG, quen xa puxo en coñecemento da Xerencia a situación en diferentes reunións. Ademais de informar á Inspección de Traballo, o sindicato, entre outras cousas, criticou que \"o sistema de seguridade de alerta inmediata para pedir axuda no caso de agresión non funciona\", e reclamou \"protocolos para doentes susceptíbeis, reincidentes e de especial agresividade e tratamentos individualizados centrados nas e nos doentes que permitan a máxima rehabilitación e autonomía\"."}
{"ID": "NOS_44773", "summary": "Desde que en 1981 se realizou o primeiro transplante de órganos na Galiza, de ril, na Coruña, os hospitais galegos rexistraron máis de 3.100 persoas doantes e 9.000 transplantes. No Día Mundial da Doazón de Órganos, Tecidos e Transplantes, 'Nós Diario' conversa co responsábel da Oficina de Coordinación de Transplantes do CHUAC, Fernando Mosteiro.", "text": "—O CHUAC é un dos hospitais do Estado con maior actividade de doazóns e transplantes. Que balance fai do que vai de 2022? O balance é positivo a respecto dos dous anos previos, mais sen esquecer onde estamos. No mes de xaneiro só puidemos facer tres transplantes, cando habitualmente facemos entre 20 e 30 ao mes, o que nos leva unhas cifras de entre 220 e 250 transplantes ao ano. Debido a ese descenso inicial, por mor da tensión hospitalaria derivada da pandemia, imos rexistrar unha cifra menor, pero o balance é positivo na segunda metade, porque recuperamos a actividade regular e se hai doante hai transplante. —Na Galiza cada área sanitaria xestiona as súas propias doazóns, pero non todos os hospitais realizan transplantes nin todos os órganos doados quedan aquí.Todos os hospitais grandes teñen coordinación de transplantes mais só hai dous centros autorizados para facelos: o de Santiago, que transplanta fígados, riles e páncreas, e o da Coruña, que ademais transplanta corazóns e pulmóns. Cando xorde un doante na Galiza, ponse en coñecemento da Organización Nacional de Transplantes. Se non hai urxencias no ámbito estatal, quedan na comunidade. Cando se trata de órganos compartidos, temos un sistema de quendas: vai un para un Santiago o seguinte para A Coruña. Mais, se a persoa doante está nalgún destes dous centros e non hai urxencias, os órganos quedan no propio hospital. —Hai moitas persoas á espera dun transplante na Galiza?Existe unha lista de espera, pero non é unha lista de agarda convencional. Son listas que priman a situación clínica do doente, que é a que a que marca a prioridade á hora de recibir un transplante. En canto ao tempo de agarda, é moi variábel e ningunha medida é moi útil. A lista de espera máis grande que temos é a de ril. Hai entre 150 e 200 persoas en agarda. No resto, na listas de fígado, corazón e pulmón, temos entre 8 e 12 persoas en listas de espera, polo que no prazo de cinco ou seis meses todas estarán transplantadas. Pero a demanda é alta. Un menor, transplantado tras dous meses cun corazón artificial —E o número de órganos dispoñíbeis non abonda. Mudou a sensibilidade da poboación e a negativa das familias á doazón?Cambiou moito na última década. Galiza era un dos territorios, se non o que máis, coa cifra de negativas máis alta. Entre os 90 e os 2000 estaba perto de 30%. Hoxe estamos en 14%. De cada 100 persoas que se entrevistan 14 rexeitan a doazón. No CHUAC esa porcentaxe baixa até 6%. As expectativas son boas, cada vez hai menos tabús, pero non estaremos cómodos até rebaixar a cero as negativas, até que a poboación entenda que dicir 'non' a unha doazón significa a perda de até sete órganos que poden salvar outras tantas vidas. Se non hai doantes non hai transplantes. Temos dous pulmóns, dous riles, un fígado, un páncreas e un corazón. Un doante novo e sen patoloxías pode doar eses sete órganos, un máis maior igual pode doar só dous ou tres. De media, unha persoa que doa os seus órganos salva entre tres e catro vidas. —Mudou o perfil das doadoras?Cambiou polo tipo de falecementos que temos. Hai 20 anos o doante medio era un varón novo, menor de 40 anos, que falecía a causa dun accidente de tráfico. As campañas de tráfico e a mellora nos vehículos e na atención sanitaria conseguiron que este tipo de doante sexa case residual. O perfil do doador maioritario é o dunha persoa de 60 ou 65 anos que falece a causa dun accidente cerebrovascular, isquémico ou hemorráxico. Na Galiza hai 13.700 doantes de médula ósea Novas técnicas ao servizo das doazóns A evolución tecnolóxica experimentada nos últimos anos, extrapolada a distintas ciencias e de forma concreta á medicina, favoreceu a incorporación de novos dispositivos que \"benefician a todo o mundo\" ao tempo que \"dificultan cada vez máis os transplantes\". Antes se non aparecía un doante a tempo a persoa falecía, hoxe, explica Mosteiro, hai sistemas que permiten aguantar o receptor nunha situación moi complicada durante días, incluso meses, até que aparece un órgano compatíbel\". Outros avances xa consolidados son as doazóns en asistolia e os transplantes de doantes vivos. \"Até hai un ano extraíanse fígados, pulmóns, riles e páncreas a corazón parado, pero non corazóns. Agora tamén, e nós xa sumamos dous\". Máis habituais son os transplantes de ril de doantes vivos, \"calquera persoa por debaixo dos 70 anos sen patoloxías e boas condicións físicas\". \"Está demostrado que a supervivencia é igual ou mellor que a dos transplantes de doadores falecidos, e que a calidade de vida do doante é igual a do resto da poboación\"."}
{"ID": "PRAZA_2976", "summary": "Estará presentada por Isabel Risco, e actuarán Os d'Abaixo, O Sonoro Maxín e o picadiscos Bigote Mix, con entrada libre e de balde. Comezará ás 23.15 horas, con parada para as badaladas e as uvas e conexión en directo coa TVG", "text": "A Verbena Galega chega este xoves á Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para despedir o 2015 con todo o sabor da música galega, e a súa esencia tradicional e contemporánea ao tempo. É unha festa imparable a que agarda polo público nesta praza a partir das 23.15 horas, presentada pola humorista Isabel Risco, e cunha parada con conexión en directo da TVG, para acompañar as baladadas da Berenguela coas uvas, e entrar no 2016 con bo pé. A Verbena Galega é unha revisión do concepto de verbena, reinventándoo e actualizándoo cunha proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza Esta Verbena Galega especial de Fin de Ano comezará con sete músicos da comarca, Os d'Abaixo, grupo nacido no 2010 ao xuntárense Xacober Varela, Xabier Agra, Gonzalo \"Gom\" Goás, Ricardo \"Richi\" Martín, Xosé Ramón Vázquez, Roberto Rama e Quim Farinha, que reinterpretan música tradicional e teñen tamén composicións propias. Seguirá cos vibrantes ritmos d'O Sonoro Maxín, onde converxen varios talentos con orixe en Lamatumbá e Cinnamon Gum para que a xente non pare de bailar, o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, empregando nos seus concertos o termo \"Galicia Tropical\". Por último, o picadiscos máis festeiro de Compostela, Bigote Mix, pechará a velada coa súa selección. A Verbena Galega é unha revisión do concepto de verbena, reinventándoo e actualizándoo cunha proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza (ritmos latinos, pachanga, cumbia, reggae, bravú...), coa opción de seren complementadas con diversas actividades para público familiar, que enchen de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e destacar. Nesta ocasión, o Concello de Santiago de Compostela e Culturactiva argallaron este evento para organizar unha grande festa que encha de calor o Nadal, nun lugar tan emblemático para recibirmos o Ano Novo como é a Praza do Obradoiro. Ás badaladas da Berenguela, as uvas e o cotillón (que se repartirán entre as primeiras persoas asistentes en chegar) sumaranse os ritmos máis festivos."}
{"ID": "PRAZA_11309", "summary": "O líder do PSdeG subliña que, especialmente dende a reforma sanitaria, a veciñanza da Mariña \"sabe que para as operacións máis complexas e para ter todas as prestacións sanitarias ten que desprazarse a outras zonas\". Nunha visita preelectoral á comarca insta a contrastar os \"38 millóns de euros\" do Goberno de España a Alcoa coa \"campaña de demagoxia e falsidade continua\" que atribúe a Feijóo", "text": "A das enfermeiras eventuais é unha das mobilizacións do persoal do Servizo Galego de Saúde que maior impacto acadou nos últimos meses en Galicia. Dende que, o pasado maio, aproveitaron a celebración das oposicións do seu sector no recinto feiral en Silleda para faceren unha primeira demostración de fortaleza da súa reivindicación contra a precariedade laboral, lograron incorporar á axenda pública a súa problemática tanto pola vía da mobilización como mediante a realización de estudos que poñen cifras ás súas denuncias.O líder do PSdeG subliña que, especialmente dende a reforma sanitaria, a veciñanza da Mariña \"sabe que para as operacións máis complexas e para ter todas as prestacións sanitarias ten que desprazarse a outras zonas\"O colectivo tamén mantivo nestes meses diversos encontros á procura de alianzas. \"Non podemos seguir así\", advirten, e para iso xuntáronse con colectivos profesionais, pero tamén coas forzas políticas da oposición galega. Así o fixeron este mércores co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que durante unha visita á Mariña no marcos de precampaña do partido cara ao 10N, sinalou a situación destas profesionais como mostra da \"precarización sanitaria de Feijóo\" na comarca.\"Queremos a sanidade que merecemos na segunda década do século XXI\", afirma o socialista, e esa non é a dos \"recortes, falta de orzamento e mala xestión\" que comarcas como a da Mariña padeceron nestes anos, afirma. A veciñanza mariñá \"sabe que para as operacións máis complexas e para ter todas as prestacións sanitarias ten que desprazarse a outras zonas\", especialmente dende a reforma sanitaria, subliña Caballero. Alí, censura, \"A dotación de ambulancias é exigua e eliminouse o técnico da ambulancia medicalizada\".\"Pedimos á Xunta que rectifique, que faga unha dotación óptima de recursos para a sanidade pública na Mariña, volvendo poñer o técnico e dando dotación suficiente en ambulancias\" para o conxunto do país, reclamou en compaña de María José Franco, voceira das Enfermeiras en Loita na comarca.Durante a xuntanza, subliñou, expuxo ao líder socialista e aos integrantes da lista encabezada por Ana Prieto, número un por Lugo, que \"temos que estar doce anos traballando para conseguir unha praza\". Ademais, en clave estatal, reclamou a fin \"da taxa de reposición\", para que o Sergas poida incorporar máis efecivos. \"É moi duro vivir esta situación\"; lamenta.A situación de Alcoa en San CiraoCaballero insta a contrastar os \"38 millóns de euros\" do Goberno de España a esta industria coa \"campaña de demagoxia e falsidade continua\" que atribúe a FeijóoAlén da situación da sanidade pública, a axenda da visita de Caballero á Mariña incluíu tamén, en compaña con alcaldes da comarca, a situación de Alcoa en San Cibrao. Neste sentido, o líder socialista chama a contrastar a actuación do Goberno de España fronte á crise industrial coa \"campaña de demagoxia e falsidade continua\" que atribúe a Feijóo. \"En vez de axudar a que haxa solucións, convértese en parte do problema\", censura.Neste sentido, o secretario xeral do PSdeG insta a ter en conta os \"38 millóns de euros\" asignados recentemente polo Executivo de Pedro Sánchez á compañía alumineira entre as compensacións polos custes de emisións de CO2 á atmosfera e as poxas de ininterrumpibilidade eléctrica. \"A mellor garantía para o apoio a este sector é un goberno socialista presidido por Pedro Sánchez\", afirma Caballero, que nas últimas semanas veu afirmando que un novo Executivo de Sánchez aprobará o prometido estatuto electrointensivo."}
{"ID": "NOS_55764", "summary": "Oferecim este livro à minha sobrinha no natal. Aos dous dias o pai surprendeu-na estombalhada no sofá a ler para a irmã estas estórias de bichos.", "text": "Acho que cá poderia acabar a recensão. Não é preciso mais comentário. Que uma criança decida partilhar de motu proprio um livro com outra criança diz tudo. Porém, restam 2.200 caracteres, assim que vou continuar. Bechopoemas diz todo no título. Não são poemas sobre bichos, mas poemas que tiram a bichentos. O lógico se sabemos terem sido escritos por formigas a recorrer páginas brancas para enchê-las de pegadas. Como aquele conto de um macaco que bate nas teclas da máquina de escrever e dá com o Quixote. Ou a Bíblia, não lembramos. Bechopoemas e outras bestas | Leire Bilbao | Tradução de Isaac Xubín | Ilustrações de Maite Mutuberria | Kalandraka | 2019 | 64 páxinas | 14 euros Bechopoemas está dividido em quatro partes, com poemas voadores, aquáticos, reptadores e rugidores. Mas esta é uma classificação um pouco louca e formiguenta, pois podemos dar com a ovelha entre as mais rugidoras das bestas ou com o ascensor entre os bichos voadores. Esta é uma das alegrias que proporciona o volume: onde aguardamos melindrosas odes às maravilhas animais, damos com um bestiário surpreendente que horrorizaria ao Linneo tanto como nos prende às leitoras. Outra cousa da que gostamos é que o ser humano, como bicho e como poema que é, também tem cabida neste volume. Não estamos perante uma natureza adâmica na que cantamos ao sol e à lua e ao caracol e à eiruga. Há crianças que rubem às pólas das árvores, que mergulham nos sonhos a contar ovelhas, que têm que ir à escola se o cuco as deixa. Isto facilita a identificação da leitora com o eu poético e faz a leitura mais empática (simpática também). A autora joga com o repertório da tradição infantil, com fábulas, versos encadeados, nonsenses, poemas fónicos (não podiam faltar as onomatopeias nos poemas-becho), mas muitas vezes revirados para dar-lhes uma nova função. Exemplo pode ser o poema Amor na corte, onde um encadeado tradicional de animais que se agridem vira num encadeado de animais diversos que se amam. Acho que deve ser mencionada a brutal tradução de Isaac Xubín, que fez com que sentíssemos como galegos estes textos chegados do euskera: o ritmo e a rima parecem originais, mas o que adoramos é a adaptação dos versos à tradição popular galega, como essa joaninha que voa voa na página 13. Amém das ilustrações collage e viscosas de Maite Mutuberria, que completam a leitura. E lá vão os caracteres."}
{"ID": "NOS_26733", "summary": "Os diferentes mercados que forman parte do Clúster de Turismo da Galiza consideran que este foi un bo verán en canto aos datos, fornecidos sobre todo polas viaxeiras do país, doutros territorios do Estado ou de Portugal. Mais estes bos resultados non compensan todo o tempo que pasaron fechados os negocios, polo que acusan ao Executivo español de facer case imposíbel acceder á súa liña de axudas e demandan un cambio nos criterios.", "text": "Nun clima de satisfacción por un verán co traballo ben feito por parte da maioría do sector, o Clúster de Turismo da Galiza considera que ten o cóctel de ingredientes preciso para que 2022 \"sexta un dos mellores ou o mellor da última década turisticamente falando\". O presidente da organización, Cesáreo Pardal, aclara que se este ano xa houbo negocios \"con cifras mellores ás de 2019\", salvo unha recaída inesperada noutra cepa do coronavirus esperan unhas cifras que dean a volta aos balances. É posíbel, moi probábel, que por moi bos que sexan os resultados do futuro non se compensen as perdas de máis dun ano de crise sanitaria coas restricións derivadas, mais feitos como que o Xacobeo se amplíe a 2022 e que a xente teña cada vez máis gana de saír da casa fan pensar nese récord para \"todo tipo de negocios\". Quizais os que máis tarde remontarán serán as axencias de viaxe, porque como lembra o representante do Clúster, os \"voos internacionais van despegando pouco a pouco e tamén hai que ser cautos\". De feito, o turismo de proximidade foi a aposta clara deste verán. \"É certo que a xente non viaxou moito fóra da Galiza; hai que agradecelo aos turistas nacionais, galegos e portugueses\", considera Pardal, pois calcula que as e os visitantes internacionais non deberon superar o \"5%\" sen contar aos do Estado veciño. Así, por exemplo, a ocupación dos hospedaxes en xullo estivo nunha media do 75%, que pasou ao 85% en agosto. Nesta primeira quincena de setembro as porcentaxes movéronse no 50% para dar paso a \"entre un 35 e un 50% na segunda quincena\". En todo caso, entre un estío satisfactorio e un ano que agardan histórico, \"veñen tempos complicados\" na tempada de outono e inverno. Incremento dos prezos Ademais de completar as capacidades, ter unha maior estabilidade económica pasa por procurar unha maior rendibilidade. Pardal considera que un problema do sector é que ten unha \"relación calidade-prezo\" que non hai noutros territorios do Estado español pero non está a \"cobrar o xusto\". \"Temos unha calidade moi boa e os prezos non se corresponden con ela, tiñan que ser superiores\", di, aludindo ao que considera falta desa rendibilidade. \"A planta hoteleira renóvase cada cinco anos pero se vendemos só a prezo morremos porque non podemos seguir investindo\", reflexiona, incidindo en que hai que camiñar cara \"un turismo de calidade, rendíbel e sostíbel\". Propietarios de vivendas facendo \"competencia desleal\" Precisamente, preguntado por Nós Diario, sobre as posíbeis perdas dos aloxamentos de sempre polos pisos destinados a visitantes temporais, o presidente lembra que representa a todo o sector e destaca que aquelas persoas que emprenden \"a nivel empresarial, que están dadas de alta, que cotizan, que pagan os seus seguros e aos seus traballadores, teñen un negocio\" e son iguais que o resto das compañías. \"Ogallá todos xogásemos na mesma liga\", di, ao tempo que subliña que hai moitas propiedades dentro do circuíto pero sen \"regular\". Iso é \"competencia desleal\" porque non teñen todas as empresas \"as mesmas cartas\". Se hai uns 15.000 apartamentos e casas legalizados, o representante do sector fai referencia a datos de que habería outros \"14.500 sen regular\". Por iso, demandan á Xunta que incremente o control porque na actualidade hai \"poucos inspectores\". Críticas ao Estado español por uns criterios que premian ao peor empresariado Porén, agora mesmo teñen un problema maior que é a imposibilidade de acceder as liñas de axudas do Goberno de Pedro Sánchez como compensación ás perdas derivadas da Covid-19. Mentres que agradece que as do Executivo galego si chegaran aos negocios, Pardal acusa ao Estado de pór case imposíbel adaptarse aos criterios. \"Tiñan 3.500 millóns de euros para repartir entre o sector turístico pero van quedar sen gastar porque non se axustan á realidade\", destaca. Se nas subvencións galegas houbo 40.000 solicitudes, neste caso só se pediron 4.000 e non é porque os estabelecementos non as precisen para saír das súas particulares recesións. \"Non ten dereito a axudas o que declarou perdas en 2019 ou o que non tivo unha baixada dun 40% da facturación, e non ten dereito aquel que non debe nada\", lamenta. \"Premian á xente que debe cartos\", subliña, advertindo de que senta un mal precedente porque podería levar a que o empresariado preferira deber nun futuro. \"Ao mellor algunhas persoas descapitalizaron as empresas para facer fronte aos pagos\", pero iso non lles permite reclamar, polo que teñen interlocutores en Madrid que están facendo presión para que se rebaixen as características para poder demandar unha achega económica pública."}
{"ID": "NOS_763", "summary": "As fontes consultadas por Sermos Galiza afirman que o grupo promotor o compoñen por volta de 200 persoas.", "text": "O 21 de febreiro, en Compostela, será a presentación en sociedade da plataforma cívica Somos Nós, que impulsa Anxo Quintana canda persoas moi próximas politicamente a el, entre elas a ex deputada do BNG Ana Luisa Bouza. Fontes da contorna de Quintana informaron a Sermos Galiza de que o 21 de febreiro comezará un \"proceso constituínte\" para definir as \"liñas programáticas\" e os \"obxectivos anuais\" do que cualifican como \"asociación\" que ten como principal propósito \"non o de refundar o nacionalismo\", senón o de \"garantir que Galiza teña existencia política por si propia\". Que é Somos Nós? \"É un movimento cívico transversal de adscrición individual que, entre outras cousas, tenciona a adhesión de xente que até o de agora non tiña tido participación en política\", afirman esas fontes, que esclarecen que a plataforma se vai dirixir á \"maioría social\". \"Nisto pode estar todo aquel ao que lle doa Galiza, todo aquel que se rebele contra a situación que vive o noso país e que teña o noso país como único centro de gravidade\" Somos Nós -que tenciona ter presenza organizativa en todo o territorio galego- emprega a forma Galicia, e non Galiza, para se referir ao nome do país. A escolla do nome da plataforma é unha chiscadela á Xeración Nós, salientan. O nome tamén pretende ser \"moderno\". \"Nisto pode estar todo aquel ao que lle doa Galiza, todo aquel que se rebele contra a situación que vive o noso país e que teña o noso país como único centro de gravidade\", resaltan. O grupo promotor de Somos Nós vano constituír por volta de 200 persoas, de procedencia moi \"diversa\" e \"plural\", entre o \"nacionalismo\" e o \"galeguismo\", \"levando en conta que para nós esas palabras son sinónimos\", conclúen."}
{"ID": "NOS_26616", "summary": "O xurado elixiu a obra Feliz Idade, da poeta orixinaria da Pobra do Brollón, \"por tratarse dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo\".", "text": "A poeta Olga Novo Presa vén de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2020, que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. Este galardón, dotado cunha contía de 20.000 euros, vai para a obra Feliz Idade. O xurado destaca da peza que é \"un relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo\". Igualmente, as persoas expertas resaltan que o libro da autora orixinaria do lugar de Vilarmao, na Pobra do Brollón, \"é unha criatura viva que relaciona a maternidade e a morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica\". A distinción a Feliz Idade, obra publicada na colección Tambo de Kalandraka, súmase ao recente Premio Nacional da Crítica Española no apartado de Poesía Galega e ao Premio Gala do Libro 2020. O eixo de Feliz Idade é o ciclo vital que abrangue o tempo desde o nacemento e a nenez da filla da autora até o declive físico e o pasamento do pai desta, polo que se trata dun poemario cunha intensa implicación sentimental e emocional. Comeza cunha carta-limiar dirixida á nena sobre a importancia das raíces familiares e da terra de Vilarmao, na localidade da Pobra do Brollón, onde habitaron os seus ancestros, polo que nestes versos tamén teñen moito protagonismo o mundo rural e o seu progresivo abandono. \"A voz poética de Olga Novo, inconfundíbel e de gran potencia\", afirma o xurado do Premio Nacional de Poesía 2020, \"conxuga autenticidade e verdade, e distínguese pola súa linguaxe visionaria que trae á contemporaneidade o eco ancestral de toda unha tradición literaria\". Precisamente, en Feliz Idade xúntase a pegada de voces literarias diversas, desde Rosalía de Castro ou Luís Pimentel, a John Berger, Walt Whitman ou Dylan Thomas. Vidas, persoas e historias son a materia prima deste libro que enlaza pasado, presente e futuro a través das distintas xeracións dunha familia. Trátase dunha poesía sinestésica, elaborada desde a madurez biográfica e literaria dunha escritora que reflicte -con autenticidade e paixón- a evolución da vida. Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario en Monforte, Olga Novo exerceu antano a docencia nas Universidades de Rennes e de Lorient, na Alta e na Baixa Bretaña. Ademais de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, publicou os títulos A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011, Premio da Crítica). Como ensaísta, é autora, entre outros, dos volumes O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 2008) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005, Premio de Investigación Ánxel Fole). Feliz Idade é segundo Premio Nacional de Poesía que recibe unha obra publicada na colección Tambo de Kalandraka, despois de Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, en 2013. Foi o primeiro poemario escrito orixinalmente en lingua galega que resultaba galardoado con este recoñecemento do Ministerio de Cultura."}
{"ID": "NOS_53178", "summary": "A Federación Olívica de Anpas denunciou esta cuarta feira o \"abandono\" da Xunta da Galiza ás familias e ratificouse en manter o pechamento da xestión dos servizos complementarios, como os comedores escolares, a aula de madrugadores e as actividades extraescolares que viña realizando nos últimos cursos.", "text": "En rolda de prensa, o presidente de Foanpas, Miguel Álvarez, trasladou a posición das asociacións, que foi aprobada nunha asemblea que decorreu nas últimas horas e logo de que a Consellaría de Educación \"non fixese nada\" a respecto das súas demandas. A Federación lembrou que, entre as súas peticións, está a contratación de profesorado para poder baixar a ratio de alumnado e garantir a súa seguridade sanitaria e a supervisión por parte de inspectores de educación e sanidade dos protocolos que se van aplicar en comedores e actividades extraescolares que viñan xestionando as Anpas. \"A responsabilidade do que suceda debe ser da Xunta, de ningunha maneira das Anpas\", sinalou Álvarez, quen lembrou que as asociacións que representan as familias e as directivas dos colexios poden \"colaboraren\" na adaptación e aplicación dos protocolos, mais non asumir enteiramente a responsabilidade sobre a eficacia dos mesmos\". Foanpas insistiu en que a ausencia dos servizos complementarios supón \"un problema\" para as familias, do que responsabiliza a Administración. Lembra que, só en Vigo, hai 2.500 nenas e nenos que acoden a comedores xestionados por Anpa, ademais doutros milleiros de usuarias e usuarios de actividades extraescolares e de aulas de madrugadores. Reunión co BNG Membros de Foanpas mantiveron no día de hoxe un encontro coa deputada do BNG Alexandra Fernández e co concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, quen lles trasladaron o seu total apoio ás demandas formuladas."}
{"ID": "PRAZA_8031", "summary": "A web social especializada na riqueza patrimonial de Galicia supera as 3.000 entradas en apenas dous anos de andaina", "text": "A igrexa mosteiral de San Salvador de Vilaza, no concello de Monterrei, é a ficha número 3.000 de Patrimoniogalego.net, o catálogo social de bens culturais do país que bate récords dous anos despois de iniciar a súa andaina en internet. Co obxectivo de ofrecer un \"mellor coñecemento colectivo do inmenso patrimonio cultural de Galicia\", Patrimoniogalego.net medra \"grazas ao esforzo dun cada vez máis nutrido grupo\" de persoas colaboradoras, sinalan os seus impulsores. O autor da ficha número 3.000 é Xabier Moure, un dos últimos en incorporarse á web pero tamén \"un dos máis activos nos últimos meses, con máis de trescentas fichas no seu haber\", destacan. \"Outros catalogadores tamén superan o cento de bens inventariados\", subliñan. Els son Elixio Vieites, Xosé Troiano e Gavilanes67, Óscar Franco, Xandlinathry, Xokas ou Manuel Rial. Estes usuarios, salientan, son a mostra de que, \"ao contrario do que ocorre cos inventarios oficiais\", Patrimoniogalego.net \"permítelle á cidadanía poder involucrarse activamente a través dunha participación directa\" e así \"unha rede cada vez mís extensa vai abranguendo maiores áreas do noso territorio conforme avanza o proxecto. Esta extensión xeográfica é un dos factores de maior importancia para Patrimoniogalego.net, xa que existe unha \"inxente cantidade de bens patrimoniais por toda a xeografía galega\" que, na súa \"gran maioría\", están \"aínda pendentes de se catalogaren\". \"A participación cidadá é, de feito, o motor de Patrimoniogalego.net\", apuntan, toda vez que xa \"contabiliza máis de 180.000 visitas por páxinas e un número de usuarios que día a día vai a máis\". Quen se achegue á web e se rexistre como persoa colaboradora ten á súa disposición \"impresos que facilitan o labor de catalogación\", con campos como o nome do ben patrimonial, \"a súa tipoloxía, ubicación, datación, descrición, propiedade, estado de conservación e demais aspectos que poidan resultar de interese, como é o caso da tradición oral asociada\". Despois, o resto da comunidade pode ampliar a información. A ficha número 3.000 da web é a da igrexa de San Salvador de Vilaza, no concello de Monterrei A base técnica de Patrimoniogalego.net é o popular sistema WordPress e por tras do proxecto está un grupo de profesionais de distintas áreas. O seu coordinador é o profesor da USC Manuel Gago, encargado tamén do mantemento da web xunto a Eladio Rial. A plantel de produción intégrano Milagros Bará, Álex Bragaña e Soledad Felloza e o de edición, Adela Oyonarte, Franjo Padín, Carmela Sánchez Arines, Xosé Gago e Elixio Vieites. O avogado Bernardo Dios colabora nas \"cuestións xurídicas\" e a comunicación é a parcela dos xornalistas Xurxo Salgado e Félix Aragunde. Patrimoniogalego.net"}
{"ID": "NOS_35667", "summary": "Tensión polas concesións a Feixoo.", "text": "Gonzalo Caballero é un dos contados dirixentes territoriais do PSOE que teñen saído a criticar publicamente o acordo da súa formación con Bildu. A unha pregunta dos medios de comunicación, non dubidou en sinalar a pasada sexta feira que \"o PSdeG non quere ningunha alianza con Bildu\" e apuntouse así á liña iniciada por outros cadros do partido na Galiza, como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen após afirmar que con \"Bildu nin os bos días\" remachou a súa intervención engadindo que con esta organización \"non hai nada que facer\". As críticas de Gonzalo Caballero agochan máis que unha discrepancia puntual. Segundo fontes socialistas consultadas por Nós Diario, o secretario xeral do PSdeG aproveitou a ocasión para dar un toque de atención a Pedro Sánchez, cansado dos desplantes do presidente do Goberno español e indignado pola falla de apoio á súa candidatura á presidencia da Xunta. Estas fontes sinalan que as dificultades sanitarias, económicas e sociais que padece o Estado non poden servir de escusa \"para deixarnos abandonados ás portas dunhas eleccións nas que nos xogamos moito\". As queixas pola falla de apoio da dirección central do partido á campaña dos socialistas galegos chegan ás diferentes esferas da formación. Así, por exemplo, persoas próximas ao secretario de organización do PSdeG demandan \"un compromiso real de cara ás eleccións galegas\" e consideran que \"a posición de Ferraz e sobre todo de Moncloa desmobiliza unha afiliación actualmente moi desanimada polas circunstancias políticas\". \"Se queremos que a nosa militancia e a sociedade galega nos tomen en serio os activos electorais teñen que estar en primeira fila, e Pedro Sánchez segue a ser o noso principal activo\", destacan desde o círculo do número dous dos socialistas galegos, José Antonio Quiroga. Alcaldesas, concelleiras e dirixentes locais do partido son conscientes desta realidade. Nesta liña, un alcalde socialista da Terra Chá lamenta, en declaracións a Nós Diario, que se senten \"abandonados\". \"Malia ser Galiza o primeiro lugar onde as políticas de Sánchez se someten a referendo tras a crise do coronavirus, desde o Goberno de Madrid non hai ningún xesto connosco. De feito, están paralizando temas da súa competencia referidos a concellos socialistas\". \"A nosa xente non é parva e dáse conta desta situación e actúa en consecuencia, ou Madrid cambia de postura ou vai ser moi difícil mover as nosas bases na vindeira campaña electoral\", conclúe. Unha volta á década dos noventa Un veterano militante do PSdeG, bo coñecedor do partido após moitos anos con responsabilidades internas, sinala que esta sensación non é nova. \"O ambiente que se vive hoxe entre as dirixentes do partido pero tamén nunha parte dos cadros locais garda semellanzas con aquelas campañas da década dos 90, onde existía a percepción interna de que o partido en Madrid e Felipe González apoiaban a continuidade de Manuel Fraga á fronte da Xunta para debilitar o liderado de José María Aznar\", conclúe este antigo dirixente, quen ten o convencemento de que Sánchez desexa \"como o que máis un Goberno socialista na Galiza\". A posición de Sánchez a respecto do calendario dos comicios galegos non gustou nas filas socialistas, que lle critican ao presidente do Executivo estatal ter permitido a Feixoo adiantar a xullo ás eleccións na Galiza, malia a situación sanitaria e as advertencias das persoas expertas. Neste sentido, consideran que Feixoo foi o principal beneficiado da modificación das disposicións do estado de alarma, cando o voto do Partido Popular non determina a continuidade das medidas de excepción. Ademais, séntense molestas por saber pola prensa das negociacións da ministra Carmen Calvo co presidente galego, unha liña de diálogo que se ten intensificado nas últimas semanas. A dirección do PSdeG considera excesivas as concesións do Executivo estatal a Feixoo. Segundo puido saber Nós Diario, as socialistas galegas vanlle \"demandar compromisos firmes e inequívocos\" a Sánchez e \"un apoio claro na campaña\". \"Unha cousa é que os comicios non sexan unha prioridade para el, dadas as actuais circunstancias e os retos que ten por diante, e outra ben distinta é que non achegue a súa colaboración nunhas eleccións onde de maneira evidente se somete a referendo a súa xestión na crise do coronavirus e o seu liderado\", destacan estas mesmas fontes. Ao tempo, recoñecen que os termos da participación de Sánchez na precampaña e na campaña galega aínda están por concretar"}
{"ID": "NOS_55743", "summary": "A muralla é o símbolo de referencia da vella capital da Galiza na Idade Antiga e na Alta Idade Media. Construída no século III, nun momento no que a crise do Imperio romano comeza a manifestarse, é a única desa época que se mantén no Estado. Viaxar a Lugo é atoparse con esta construción que define a súa personalidade.", "text": "Lugo é a cidade máis antiga da Galiza actual. A súa fundación, ao igual que o das outras dúas poboacións de máis relevo da vella Gallaecia, Braga e Astorga, está asociada á estratexia militar de conquista do Imperio romano. Segundo Covadonga Carreño, \"foi inicialmente un campamento, posibelmente para dúas lexións, que xogaría un papel estelar nas guerras cántabras, como campamento base estabelecido por Caio Antistio, un dos condutores da campaña do 25 antes de Cristo, e permaneceu como campamento estábel durante uns 10 anos, até o retorno de Augusto á península entre o 15 e o 13, que será reconvertido en estabelecemento urbano civil\". Os testemuños epigráficos sinalan Paulo Fabio Máximo como fundador da cidade. A este respecto, Covadonga Carreño indica que \"non foi ao chou senón como parte dun amplo e ben pensado proxecto de urbanización, vértice sobranceiro en todo o proceso de romanización, tanto do extenso noroeste como doutras terras próximas ou afíns\". Na mesma liña, Covadonga Carreño destaca que \"a transformación urbanística de campamento en urbe civil non se realizaría de maneira instantánea, prolongaríase a primeira fase da súa xestación ao longo da primeira centuria da era\". A topografía de Lugo xa está ben definida nas primeiras centurias na nova era cunhas características que son comúns a todo o período do Alto Imperio. Así, Felipe Arias destaca que dos século I ao III \"está documentado o hábitat por fóra do miolo ou do núcleo urbano, así como unha necrópole de incineración urbana na área da praza de Ferrol\". Ao tempo, significa que \"as termas públicas da cidade estaban ao pé do río Miño e preto da ponte vía XIX\", \"no contorno do actual balneario, onde xa se explotaban, pois as súas augas mineiro medicinais eran de múltiples aplicacións\". Unha edificación do séc. III Lugo coñece unha importante transformación que a marca até hoxe en día a partir do século III, momento en que se acorda erguer as murallas. A súa construción vai coincidir coa creación da nova provincia da Gallaecia por Diocleciano, onde a cidade pasa a ser capital dun dos seus conventos xurídicos. A súa importancia política vaise manter ao longo de toda a Alta Idade Media, como dá conta a realización do conci lio de 569, convocado polo rei galego Miro e xa séculos máis adiante como praza reservada para o herdeiro ao trono, exemplificado nos casos dos reis Ramiro I e Ordoño I. O deseño e trazado global da muralla de Lugo comprende actualmente un cerco completo cun perímetro de 2.266 metros, reducíbeis a pouco máis de 1,5 millas romanas, medidas polo eixe do adarve actual. Practicamente, a única alteración visíbel do trazado orixinal está no bastión angular do Reduto Cristina, colocado en 1837 por diante da liña orixinal do recinto, ocultando a localización de catro dos cubos primitivos. As outras alteracións destacábeis no conxunto, malia non ter afectado ao tratado propiamente dito, consistiron na eliminación ou mutilación dalgúns cubos e na apertura de portas modernas. O recinto da muralla adopta unha planta aproximadamente rectangular, cun eixe maior de norte a sur duns 700 metros e un menor de leste a oeste duns 500 metros, abarcando unha superficie de 34,4 hectáreas. Os lados deste rectángulo son lixeiramente oblongos, probabelmente para axeitarse mellor ao terreo preexistente, conservándose actualmente 71 torres, se ben orixinariamente deberon ser 85. A maior parte delas están construídas en planta semicircular, agás as que seguen á porta Miñá, e deberon de estar coroadas por torres de dous pisos como testemuña a torre da Mosqueira, na que aínda fican algúns restos. As portas da muralla A muralla contou orixinariamente con seis portas ás que se lle sumaron cinco máis ao longo dos séculos XIX e XX. Actualmente consérvanse desa primeira etapa as portas Miñá, Poxigo ou de Santiago, Toledana ou de San Pedro, Nova ou da Rúa Nova e Falsa, e atópase cegada desde o século XVII a coñecida como Porta Castelli. A porta Miñá é a máis antiga, está formada por unha bóveda de canón e un arco de medio punto, protexida exteriormente por dúas torres con perpiaños de granito e laxe, antigamente daba saída á estrada que ía ao Miño e cara a Iria Flavia. A porta do Poxigo ou de Santiago foi inicialmente de uso particular dos cóengos, destaca polas súas dimensións de 4,15 metros de longo e 5,50 metros de alto, e foi modificada arredor de 1759 coa incorporación dunha imaxe do Apóstolo Santiago, que se atopa fronte á catedral de San Martiño. A porta Toledana ou de San Pedro mide 3,70 metros de longo e 4,85 metros de alto, cunha altura do adarve neste punto de 10,80 metros, formando unha bóveda de medio canón e un arco faxón. Esta porta servía de entrada ás calzadas XIX e XX procedentes de Braga e Astorga, e utilízase hoxe en día como lugar de acceso á cidade do Camiño Primitivo. A porta Nova tal é como a coñecemos hoxe data de 1900, está situada nunha ladeira e ten 4,60 metros de largo por 8 metros de alto, mide 8,95 metros até o adarve, e era na súa orixe o lugar de saída cara a Brigantium e a principal vía de comunicación cara ao norte. A porta Falsa era un acceso empregado pola gornición romana, presentaba as características das edificacións coñecidas como posterulae, cuxo único fin era militar, como saída dunha trincheira escavada no terreo. As termas romanas de Lugo As termas son outros dos restos patrimoniais de máis relevo da época romana. Conservadas nas instalacións do actual balneario situado ás beiras do río Miño, a súa orixe remóntase probabelmente á da propia fundación da cidade, podéndose observar parte do antigo vestiario e outra instalación que os expertos consideran parte da zona de baños quentes. Segundo Rosa Meijide, \"sábese que o conxunto edificado, sen contar cunha probábel gran palestra, comprendería como mínimo 2.500 metros cadrados\", sinalando que \"a magnitude das instalacións fai supor, con toda seguridade, que a cidade Lugo dispoñía duns grandes baños públicos\" As tentativas de demolición da muralla A cuestión do derrubo da muralla dividiu durante practicamente un século a sociedade lucense. A un lado, os partidarios de botala abaixo, aducindo que era un atranco para o progreso da cidade ao impedir o seu crecemento, argumentando a necesidade de tirala por razóns de \"hixiene pública\". En fronte, un sector de opinión durante moito tempo minoritario, que acudindo a razóns de orde arqueolóxica e histórica apostaban pola súa conservación como unha lección cultural viva e permanente. As diversas tentativas de derrubala, a máis seria delas a de 1895, non foron adiante, e aceptouse finalmente en 1912 a súa declaración no Congreso dos Deputados como monumento nacional. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_2302", "summary": "Matarile estreou 'El cuello de la jirafa', no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). A compañía compostelá, que cumpre 30 anos, procura nesta obra, máis que nunca, a comunicación directa co espectador.", "text": "Non era doado atopar, no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), entrada para acudir á estrea de El cuello de la jirafa, a nova obra de Matarile. O medio cento de espazos que ofrecía, cada un dos dous días de función, a capela da Universidade, enchéronse en poucas horas. E non era para menos. A compañía compostelá cumpre 30 anos cunha obra que procura, se cadra máis que nunca, a comunicación directa co espectador. Entendido non como público, senón como individuo que pode ver, se o desexa, o invisible. Que pode non deixarse dominar polos xuízos predeterminados. Polo imposto. Que procura a quebra da roda da rutina. Do tempo. Que quere o extraordinario. A beleza. Muda o ton respecto a Staying alive e Teatro Invisible. Se en Staying alive xa había máis movemento, esta trasmite moita enerxía… É outra perspectiva. Staying alive botaba toda a enerxía cara a fóra. En El cuello de la jirafa todo se altera pola disposición do espazo, pola idea de compartir, que fai que todo se vexa desde outra perspectiva e que altera a sensación de tempo ao velo todo máis próximo. A percepción do tempo é alterada. Por que a metáfora da constelación da xirafa? Está presente en varias das imaxes da obra, ademais. É a idea de evolución, de adaptación, do colo da xirafa. En referencia tamén á constelación, as estrelas e a súa luz, o tempo que tarda en chegarnos. E a nosa sensación de pequenez, de fraxilidade da existencia. A sensación de ser polvo de estrelas. E esa fenda entre a perspectiva grandísima do cosmos e o obxectivo focalizado no pequeno. Todo na obra está relacionado. Todo vai sumando en canto transcorre o tempo na propia obra. Por iso os obxectos. Os homiños pequenos. Si. Eses homiños son unha representación da fraxilidade e a finitude dentro do cosmos. Os humanos pensamos na infinitude, na duración, pero somos parte do finito. A luz das estrelas chega do pasado. En Staying alive estaba a idea de que vivimos no pasado e iso dificulta o movemento presente. Seguimos atrapados nese pasado? O tempo e a súa repetición constitúen a esencia do ser humano, que busca a interrupción desa roda, desa rutina. Busca o extraordinario, o inefable, o misterioso. A beleza, a arte, que é o que nos salva. O que se sae do repetir cíclico. E 'El cuello de la jirafa' é iso. É unha obra moi enerxética, moi vital, como dicías, nese sentido. A busca do que se sae, do que transforma, do que nos conduce a outras miradas, á alteración da realidade. A procura da beleza, entendida non como o contrario a fealdade, senón da indiferencia. A arte é, fundamentalmente, unha rebelión contra o paso do tempo. O tempo e a súa repetición constitúen a esencia do ser humano, que busca a interrupción desa roda, desa rutina O observador determina a historia. A mirada constrúe o mundo. Tamén está moi presente esta idea. En Métase nos seus asuntos xa estaba a posición do espectador. É non só como o observado se crea coa mirada, senón como se manipula esa mirada. Temos que estar atentos. Ter coidado cos xuízos preestablecidos, predeterminados. E é certo que os europeos vivimos de rendas, do pasado. Todo se fai \"a partir de\". Do que foi antes. En Staying alive falaba de que necesitamos mirar cara a outro lado e non só ao que nos conformou, á historia. Porque iso convértenos nunha cultura cansada, sen ilusión polo futuro. Tamén é unha cuestión de ciclos vitais. Eu tento non caer nos preconceptos, no prexuízo. E hai momentos en que te gardas máis diso. Protagonista ou secundaria? Preguntábase Staying alive. A comunicación co público é se cadra, en El cuello de la jirafa, a máis directa de todas as vosas obras. Houbo unha evolución niso. A min interésame achegarme. Salvar o que se interpón entre nós. A comunicación directa, que afecta ao xeito de actuar, ao espazo… Trátase de dar un papel predeterminante ao espectador, entendido como persoa individual, non como público. En canto á relación entre vós, entre os corpos, hai ás veces certa tensión. Uns manipulan os corpos dos outros… Iso é unha constante nas nosas obras. Tamén se mestura co feito de que eu aparezo, en El cuello de la jirafa, como quen pon en marcha cousas. Quen empurra, quen move. En relación co tema da perspectiva, a obra pregúntase que é o real. O vivido, o soñado, o imaxinado? É un tema que me fascina. Se quedamos só co que nos contan, non temos nada. Ademais, somos tan escorregadizos, temos tantas caras, estamos tan afeitos a que se nos diga que somos de tal maneira, que pensamos que podemos traducilo todo a conceptos claros. Pero non é así porque somos absolutos ignorantes de todo o que nos rodea. Cometemos sempre os mesmos erros. Así, a realidade non é o que nos contan, pero tampouco é a primeira impresión, porque a nosa maneira de ver as cousas tamén vai cambiando. Só que a primeira impresión inflúe nas nosas seguintes percepcións. O primeiro xuízo pode facernos pensar que o temos todo claro. Pero despois a realidade non é así. E non digo que sexa algo negativo. É algo que me fascina. Moitos espectadores dixéronnos que querían volver ver a obra, e iso alegrounos moito, porque é coherente co que queremos: ver a realidade desde distintas perspectivas. Somos absolutos ignorantes de todo o que nos rodea. Cometemos sempre os mesmos erros O actor, o louco, o morto. En que se parecen? Iso é de Kantor. A un actor contemplámolo con distancia, como a un louco ou a un morto. E o tema da loucura sae bastante na obra. O louco sae do establecido. É imprevisible e lánzanos aos ollos unha realidade que pode ser máis real que a que nos vemos. É como a conversa, se a deixamos solta. Non sabemos por onde vai saír. E fascínanos o que nos sorprende, o que nos saca do preestablecido. O misterio. Por iso sae na obra o tarot. Enrique Gavilán é profesor de Universidade e tamén especialista en tarot. Porque temos necesidade doutras realidades distintas á nosa. Enrique Galván é un dos actores, ou actuantes. Os outros son, ademais de ti e Baltasar Patiño, Óscar Codesido, Mónica García e María Roja. Fálasnos deles? A Enrique Galván coñecémolo hai moitos anos. Séguenos desde hai moito. Desde que en Truenos y misterios traballamos cun científico el xa nos dicía que el tamén podería… E así foi. El fala como o que é: profesor, conferenciante… Balta tamén ten unha presenza absoluta na obra. Houbo, ademais, unha compenetración absoluta entre os seis, que somos como seis planetas. Todos diferentes. Con Mónica García xa é o cuarto espectáculo que facemos. Está nun momento de madurez excepcional. María, porén, coa súa pureza e o seu misterio, ten unha presenza máis plástica, máis performativa. E Óscar é un descubrimento de hai pouco. O seu entusiamo, a súa predisposición, foron básicas para que o escolleramos. Ademais ten ese físico que permite presentalo coa imaxe estereotipada de home, que despois se rompe… Balta está moi presente en todo momento: falando co público, na parte plástica que é a instalación dos obxectos… Son moi importantes, nese aspecto, os libros. Libros vellos. O peso do pasado: das citas, das referencias. Pero xa dicides que no teatro o texto non é o máis importante. E que se podería facer teatro sen texto, sen música… só cos actores e cos espectadores. Aí sae Artaud. A palabra é só unha parte da nosa maneira de comunicarnos co mundo. E hai unha tendencia a darlle excesivo peso á palabra no teatro. É un dos meus leitmotiv de sempre. Hai unha tendencia a darlle excesivo peso á palabra no teatro Staying alive e Teatro invisible falaban moito de invisibilidade. De adicarse a facer teatro. De non ter que xustificar nada, a estas alturas. Facedes 30 anos de traxectoria. Non tedes xa esa necesidade de falar de invisibilidade nesta obra? Eu creo que o tema tamén está, pero doutra maneira. Gavilán fala de que no teatro existe a posibilidade de ver cousas que non existen. Que evocas, que imaxinas. Como na poesía. Como as estrelas. Todo está aí e contámosllo ao espectador individual que, se quere, pode ver cousas invisibles. Pode ver o que non está claro. O que non está onde se sitúan os focos de información. Hai, coma sempre nas vosas obras, moito movemento. E música que crea distintos ambientes. E coreografías as que bailamos todos xuntos e facemos os mesmos pasos... É gracioso porque Gavilán antes de chegar dicíame que el non tiña ritmo, que non podía bailar. Pois o baile do principio foi do primeiro que preparamos. Vaia se pode bailar. A música prepáraa Baltasar, que fai mesturas en directo segundo o que vai pasando, os ritmos… E iso é un luxo. El está nun momento moi bo tamén. A luz, porén, é moi sinxela. Porque Balta quere darlle menos protagonismo á iluminación. Mais tamén hai imaxes de gran plasticidade. Non tanto se cadra como en 'Hombres bisagra', que era case escultórica. Pero a luz é moi importante. É verdade, pero a luz segue a ser moi sinxela. Sae tamén a morte de Deus. Nietzsche. E, se cadra, Deleuze, polo \"entre\". Nietzsche sae antes de falar da morte de Deus. Cando falamos diso xa non fai falta especificalo. O \"entre\" é por outro motivo. O entre as imaxes de Godard, por exemplo. Porque o teatro é o que hai entre as escenas. Quero dicir, que as escenas por si soas non teñen sosteñen, sen o conxunto, sen o que as antecede e acompaña. Tamén a idea de Artaud do entre nós e o espectador. Entre a nosa mirada e a súa. E iso afecta á forma: de actuar, a disposición do espazo…"}
{"ID": "NOS_15272", "summary": "Na edición deste ano actuarán as formacións Límbico e Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Poderán verse os documentais sobre Thelonious Monk e Keith Jarrett.", "text": "O Ames Jazz celebra en 2022 o seu quinto aniversario e volve un ano máis dobrando a súa programación e a súa duración. Por primeira vez, o festival durará dous días, 1 e 2 de xullo, e incorpora ao itinerario a proxección de dous documentais relacionados con figuras históricas deste xénero musical. Para Xacobe Martínez, director artístico e representante do grupo Xacobe Martínez Antelo Quinteto, \"Ames demostrou ao longo destes cinco anos o seu interese e compromiso por fixar esta cita anual algo, que ten moitísimo valor, pois o Ames Jazz é unha das poucas mostras de jazz exclusivamente galego se non a única que hai na Galiza\". O virtuoso do saxo Kenny Garrett, entre os artistas do Jazz Lugo Da mesma maneira o nivel desta edición ten que ver co \"talento dos músicos de jazz na Galiza que é tremendo. É un luxo que a veciñanza de Ames poida velos e ademais neste espazo, no Pazo da Peregrina, que é un lugar marabilloso para facelo. Eu traio o meu novo quinteto con músicos de primeiro nivel e un repertorio divertido de escoitar e ver\". Jazz e documentais para os dous días Abrirá esta edición do Festival Iago Marta e o seu grupo Límbico cunha proposta diferente. Segundo este músico, o seu \"é un quinteto instrumental que nace hai ano e medio con composicións propias e unha formación inusual porque ademais de batería, guitarra e contrabaixo levamos saxo e chelo cos que tentamos xerar temas diferentes e ambientes diferentes\". Xa na segunda xornada de Ames Jazz, o sábado 2 de xullo, actuará Xacobe Martínez Antelo en formato de quinteto, cunha formación totalmente renovada e na que buscará equilibrar o pasado, con todo o repertorio persoal deste contrabaixista compostelán, co presente e o futuro. Neste sentido en breve presentará o seu próximo traballo discográfico. Xacobe Martínez Antelo: \"Galiza leva sendo unha canteira de proxectos jazzísticos interesantes desde hai corenta anos\". Ademais, por primeira vez no Ames Jazz, incorpóranse á programación dúas proxeccións de cinema, que completan a oferta musical do festival. O Pazo da Peregrina acollerá os dous filmes a partir das 20.30 horas, tamén repartidos entre ambos os días. O 1 de xullo proxectarase Thelonious Monk: Straight, No Chaser (Charlotte Zwerin, 1988), unha biografía desta lenda do jazz que inclúe metraxe de concertos e entrevistas. Pola súa parte, o sábado poderá verse o documental Keith Jarrett: The Art of Improvisation (Mike Dibb, 2005), un traballo que xira en torno á figura do pianista e a súa improvisación jazzística."}
{"ID": "NOS_43048", "summary": "A Coruña recibirá ás embarcacións en agosto de 2023.", "text": "A Galiza, e máis concretamente a cidade da Coruña, acollerá o próximo ano as regatas da histórica Tall Ships Races, unha competición que regresa non só a territorio galego, senón ao conxunto da Península Ibérica, tras sete anos de ausencia. Nesta nova edición, a organización da proba réndelle homenaxe á primeira circunnavegación do mundo, realizada hai máis de 500 anos por Fernando de Magallanes e Sebastián Elcano, \"unha das viaxes máis importantes da historia da navegación marítima\". A cidade herculina -curiosamente, o porto onde máis recalou nos seus máis de 60 anos de historia- será o primeiro destino peninsular dunha Tall Ships Races 2023 que comezará o 15 de agosto en Falmouth, Inglaterra, a primeira parada dun itinerario que conducirá ás embarcacións até as augas da Coruña o 24 de agosto, onde permanecerán durante tres xornadas. Tal e como destacou o Concello coruñés, este evento \"atrae participantes e espectadoras chegadas de toda Europa\", pois, destacaron, é un certame \"de prestixio mundial\". Tras o seu paso pola Coruña, a Tall Ships Races achegarase até a capital portuguesa, Lisboa, do 31 de agosto ao 3 de setembro, introducíndose logo en territorio do Estado español para o seu feche, concretamente na cidade andaluza de Cádiz, o 7 de setembro. II 'Ruta Rías Baixas' Un total de 25 veleiros emprenderán a próxima segunda feira, día 4 de xullo, unha moi particular \"peregrinación\" por mar desde Baiona até Compostela, con diferentes etapas que pasarán por Combarro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Muros e Portosín. Trátase da segunda edición da Ruta Rías Baixas, unha iniciativa turístico-deportiva de carácter lúdico que busca \"divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos portos galegos\", segundo explicaron desde a organización, responsabilidade do Monte Real Club de Iates de Baiona, o Real Club Náutico de Portosín e a asociación Camiño de Santiago Ría Muros-Noia. Na primeira edición do roteiro, desenvolvida o ano pasado, participaron 24 embarcacións, e este ano serán 25, chegando á cifra límite estabelecida pola organización para poder ofrecer aos e ás participantes \"unha experiencia de calidade, tanto na navegación como nas diferentes escalas\". XIV Volta a Ons E continuando co deporte da vela, a Copa Galiza de Clubs alcanza a súa terceira etapa puntuábel, que se levará a cabo na Pobra do Caramiñal. Así, o Club Náutico Arousa Norte dará un ano máis o pistoletazo de saída a un clásico da vela pesada galega, a Volta a Ons. Neste 2022 a saída será ás 11.30 horas de hoxe, enfrontándose durante 35 millas de navegación polo corazón da Ría de Arousa unha frota de embarcacións que terá que circunnavegar as illas de Ons e Onza. Entre os favoritos a facerse cos faros de Ons de Sargadelos que levarán os primeiros clasificados de cada clase destacan os vencedores da recente regata Frinsa, o vigués Bonn III, de Victor Carrión, que se fixo co triunfo na clase Regata, e o pobrense José Manuel Pombar, que tentará encher de puntos a mochila do Club Náutico Arousa Norte para a disputa da Copa Galiza."}
{"ID": "NOS_25712", "summary": "A campaña desenvolveuse en 70 centros de ensino da provincia", "text": "Un total de 3.392 estudantes de 70 centros de ensino participaron nas 91 sesións do programa \"O galego a miña lingua propia\" da Deputación da Coruña, que animou a usar o idioma a mozos e mozas de centros públicos de 43 concellos. A campaña baseábase nunha proposta de actividades encamiñada a eliminar prexuízos contra o galego e defendelo como lingua de prestixio. Con actividades de interese para a xente moza como é o audiovisual, a música ou o graffiti. \"Reforzar o galego como lingua propia, con valor e prestixio, foi o obxectivo deste programa que tivo uns estupendos resultados, sinala Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación. A valoración das comunidades escolares dos centros de ensino foi moi positiva, en especial, en canto á conexión das rapazas e rapaces cos contidos do programa. Na campaña participaron representantes de distintos ámbitos como o deporte, a literatura ou a música que son referentes para a mocidade e mostraron na súa traxectoria compromiso coa lingua galega. As poetas Antía Otero e Rosalía Fernández Rial, as contadoras Paula Carballeira e Aldaolado; representantes do mundo da música como Xurxo Souto, MJ Pérez, García MC, Davide Salvado, Monoulious Dop; ademais de Irene Lourido, Fran Cañotas e María Yáñez do eido xornalístico formaron parte do cadro de colaboracións de \"O galego a miña lingua propia\". Ademais, o audiovisual estivo representado por profesionais como Lois Blanco, Jaione Camborda, ou a compañía Gaita Films, as artes plásticas por Leandro Lamas, o mundo da moda e a ilustración por Cestola na Cachola e Laura Romero, o graffiti por Sokram e Mou e o ámbito sanitario por Iria Veiga."}
{"ID": "NOS_51293", "summary": "Un estatus de nación para Galiza e a superación do marco herdado do réxime do 78, que non dá solucións ao país. Estas foron as principais reclamacións do BNG no acto pola soberanía e de recoñecemento dos deputados expulsados do Parlamento en 1982 por non acatar a Constitución.", "text": "Como cada 6 de decembro, o BNG volveu reivindicar a soberanía de Galiza. Fíxoo, desta vez, en Compostela, nun acto en que homenaxeou Lois Diéguez –quen tomou a palabra–, Claudio López Garrido e Bautista Álvarez, os tres deputados nacionalistas expulsados do Parlamento en 1982 por se negaren a xurar a constitución e por cuestionaren xa daquela un marco herdado do réxime do 78. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou todas as forzas políticas a dar un paso adiante co fin de superar un marco que \"non resolve os problemas de Galiza\". A formación nacionalista levará o debate ao Parlamento galego co fin de abordar \"a crise do réxime do 78 e dunha autonomía autoanémica\" e para elaborar unha proposta de novo estatus de nación para Galiza. Entende Pontón que non se pode agardar porque \"corremos o risco real de quedarmos atrás\". Recortes nos investimentos do Estado, atrasos na chegada do AVE, subida das peaxes, espolio enerxético, supresión do sistema financeiro... foron algúns dos exemplos da involución de Galiza que puxo Pontón sobre a mesa. \"Desde que Feijóo ten maioría absoluta todo son malas novas, por non ter, non temos nin choiva\", ironizou. A constitución, unha fraude Na súa intervención, a portavoz nacionalista tamén puxo de manifesto que a constitución naceu \"dunha transición fraudulenta\" e \"dun pacto de silencio\", así como dun acordo en que estaban o vello réxime franquista e o exército e que nunca foi aceptado polo nacionalismo galego, porque \"non aceptamos a impunidade dos crimes fascistas, a monarquía, nin a negación de que Galiza ten dereito a decidir\". Cargou contra a esquerda española por lexitimar a \"historia edulcorada da transición\". \"Nós non nos trabucamos de bando en 1978. En 2017 tampouco. Outros equivocáronse hai 40 anos e volven facelo agora ao pensar que o problema é Catalunya, Euskadi e Galiza e non ver que o problema é esa idea desfasada dunha España una, grande y libre\", agregou. Reforma da constitución En relación á pretendida reforma constitucional, afirmou que \"non se pode esperar nada\". \"Alguén pensa que se pode esperar algo dos que puxeron en marcha as contrarreformas laborais, a lei mordaza, antepuxeron a banca ás persoas ou pactaron a aplicación do 155?\", preguntouse. A reforma, engadiu, \"é o comodín dos partidos estatais para frear as aspiracións das nacións sen Estado\", que \"temos que ser as que abramos unha fenda democrática a favor da igualdade, da xustiza e dos dereitos\". Deste xeito, apelou a \"construír un poder político propio e levantar un muro de contención contra os recortes, os agravios e as discriminacións\". \"Temos todo por gañar se confiamos en nós mesmas e exercemos como galegas e galegos\", concluíu a nacionalista, que volveu lembrar as Bases democráticas para unha nova Galiza, co fin de superar a constitución."}
{"ID": "NOS_29475", "summary": "O domingo 2 de marzo de 1856, sectores da mocidade ilustrada compostelá e da clase operaria máis consciente da cidade celebraban un xantar de confraternidade na carballeira de Conxo, co obxectivo de facer declaración pública da súa posición política.", "text": "Significou a presentación en sociedade dunha nova xeración galega disposta a darlle continuidade ao proxecto ideolóxico que animou a revolución de 1846 e foi derrotado unha década antes a lume e ferro. Desenvolveuse nun momento decisivo do proceso de acumulación capitalista no Estado español e de empuxe á axenda centralizadora iniciada unhas décadas antes polos liberais. Expresou, en definitiva, a decisión de garantir a existencia da Galiza desde posicións políticas avanzadas. A memoria da revolución galega de 1846 e do martirio de Carral estaba moi presente no núcleo promotor do Banquete de Conxo. Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Luís Rodríguez Seoane, Paz Novoa, Manuel Murguía ou a propia Rosalía de Castro tomaron conciencia social arredor do Liceo da Xuventude, unha entidade constituída en Santiago de Compostela en abril de 1847, baixo o impulso e dirección de persoas ligadas politicamente ao grupo de Antolín Faraldo, como Antonio Neira de Mosquera, Alberto Camino ou Leopoldo Martínez Padín. Sen ir máis lonxe, unha das grandes referencias da xeración, o poeta Aurelio Aguirre dedicou versos apaixonados aos Mártires de Carral, publicados só un mes despois do Banquete de Conxo no xornal La Oliva. Manuel Murguía escribiu anos máis tarde como \"o pobre Aurelio, que era un neno cando o alzamento de 1846, contoume que ficara gravado na súa memoria o tránsito polas rúas compostelás, camiño de Carral, do infortunado Solís e demais compañeiros de traxedia\". A conciencia de facer parte da mesma alternativa política defendida polas revolucionarias de 1846 e a vontade de continuar a súa loita non deixaba lugar a dúbidas. Un bo exemplo disto foi o xornal La Oliva, auténtico voceiro e organizador colectivo do grupo, que non dubidou en defender as organizadoras do xantar de Conxo nas circunstancias máis delicadas. Así, no seu número de 26 de abril de 1856 homenaxeou os Mártires de Carral, escribindo un mozo Manuel Murguía \"non somos nós os que renegamos da obra dos nosos irmáns\" para sinalar, de seguido, \"non queremos ser máis que galegos, dixeron entón\". O acto de Conxo O domingo 2 de marzo de 1856 congregábanse nunha carballeira próxima ao mosteiro exclaustrado de Conxo arredor dun cento de persoas, nas palabras dos seus promotores, \"cheos do ardente entusiasmo que inspira a virtude e o dereito, enchendo o mundo coas súas aspiracións, defendendo a causa do débil contra o forte, a causa do oprimido contra o seu opresor\". Segundo afirmaba no seu número de 8 de marzo de 1856 La Oliva, \"acudiron os nosos virtuosos estudantes acompañados cada un dun artesán ao convite. Antes de dar comezo ao xantar saíu unha comisión ao campo na busca dos símbolos da liberdade, como son o loureiro e a palma, cos que se adornou un fermoso tarxetón que ocupaba o posto central da mesa e en cuxo centro líase a inscrición \"Orde, Fraternidade\". Ao sentarse intercaláronse os artesáns e os estudantes. Algúns mozos inspirados visaron a composición\". Os autores das mesmas foron Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luís Rodríguez Seoane. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube"}
{"ID": "PRAZA_7789", "summary": "No último ano o desemprego medrou en 691.700 persoas en todo o Estado, destruíronse 850.500 postos de traballo e o número de persoas ocupadas está en mínimos", "text": "Hai un ano, o ministro de Economía, Luis de Guindos, besbexaba ao oído do comisario europeo de Asuntos Económicos, Olli Rehn, que o Goberno de España estaba a piques de sacar adiante unha reforma laboral \"extremadamente agresiva\". Non mentía. Un día despois, o Consello de Ministros aprobou unha norma que puña patas arriba as relacións laborais e que agora fai xusto un ano. Os efectos máis inmediatos e de máis impacto foron unhas cifras de paro e destrución de emprego que superan ás de 2011 e que se asemellan ás do peor ano da crise até o momento, 2009. A reforma abaratou e facilitou o despedimento: eliminou os contratos con despedimento de 45 días por ano traballado e permitiulles ás empresas despedir con 20 días por ano traballado (e un tope de 12 mensualidades) e por un amplo abano de causas económicas. É dicir, desde o 11 de febreiro do ano pasado, as empresas teñen todas as facilidades para impor este despedimento, e son os traballadores os que teñen que recorrelo xudicialmente e pelexar a indemnización de 33 días se consideran que este non estaba justificado por algunha causa económica ou da produción. As empresas teñen todas as facilidades para despedir e son os traballadores os que teñen que recorrer xudicialmente Ademais, as empresas xa non necesitan autorización laboral para levar a cabo expedientes de regulación de emprego (ERE), que teñen que negociar cos traballadores. Iso si, se non hai acordo, o empresario pode impor a súa decisión. Uns despedimentos que desde febreiro do ano pasado tamén poden levar a cabo as administracións públicas, que poden desprenderse do seu persoal laboral e facer un ERE con requisitos similares aos das empresas. O resultado inmediato? No último ano, o desemprego creceu en 691.700 persoas e destruíronse 850.500 postos de traballo, segundo a última Enquisa de Poboación Activa. Ademais, o número de persoas ocupadas, é dicir, con traballo ben sexa por conta propia ou allea, está en mínimos: 16.179.438, moi lonxe dos datos dos anos de bonanza, cando os afiliados á Seguridade Social superaban con moita folgura os 18 millóns. Os ERE aumentaron un 66% a respecto de 2011 Entre xaneiro e novembro de 2012 o número de expedientes de regulación de emprego aumentaron un 66% respecto ao mesmo período de 2011. Os traballadores afectados por expedientes de regulación de todo tipo pasaron de ser 278.999 en 2011 a algo máis de 400.000 ao longo de 2012. \"O balance é bastante desastroso, caeu moi forte o emprego, e ademais ao mesmo tempo que cae a poboación activa, por exemplo, por mozas que volven á educación ou emigran, por inmigrantes que volven aos seus países de orixe, aínda que haberá que ver se se trata tamén de mulleres que abandonan o mercado laboral. Isto quere dicir que as expectativas da xente non melloran\", sinala Santos Ruesga, catedrático de Economía Aplicada na Universidade Autónoma de Madrid. Contratación e indemnizacións A contratación apenas aumentou nin sufriu cambios desde que a reforma entrou en vigor: máis do 90% dos novos contratos que se asinan cada mes son temporais. A contratación indefinida medrou en 300.000 contratos. Con todo, un informe da UGT sinala que aínda que aparentemente aumenten trátase dunha comparación enganosa que esconde \"unha menor calidade do emprego\": desde o pasado febreiro diminuíu a indemnización de todos os indefinidos, tamén a dos aprobados antes da reforma. Ademais, inclúense os chamados 'contratos de emprendedores', que a pesar de ser indefinidos teñen un ano de proba durante o que o despedimento é gratis. Máis do 90% dos novos contratos son temporais \"A reforma laboral non permitiu que se incremente a contratación indefinida. Os contratos indefinidos ordinarios crecen no conxunto do período, aínda que en realidade as cifras quedan compensadas pola desaparición do contrato de fomento da contratación indefinida [de 33 días por despedimento] e o descenso das conversións a indefinidos que se produce en xeral en 2012 fronte a 2011\", di o informe. O sindicato subliña, ademais, que a conversión de contratos temporais a indefinidos descenderon un 10,1%. Neste período formalizáronse uns 86.000 contratos de emprendedores, unha modalidade que está fortemente bonificada se se mantén o emprego tras o ano de proba. Con todo, UGT sinala que o 82% destes novos contratos están a facerse sen acollerse aos incentivos fiscais, o que significaría que as empresas están a substituír os contratos temporais por estes e primando, así, o despedimento gratis durante un ano. En calquera caso, representan tan só o 0,6% do total de contratos asinados. \"A calidade do emprego diminúe e iso aumenta as desigualdades, e unha sociedade máis desigual crea potencialmente menos empregos\", apunta Santos Ruesga. Emprego público As novas condicións da reforma laboral facilitaron que as administracións públicas eliminen postos de traballo. Durante 2012, fixérono con forza, especialmente sobre o emprego temporal. Tras o axuste sobre os eventuais, os expertos sinalan que durante este ano as administracións poderían empezar a tocar o seu núcleo de emprego indefinido. O ritmo de destrución de emprego público foi maior que no privado O ritmo de destrución no emprego público foi maior que no privado: o público rexistrou unha caída do 7%, mentres que no privado o emprego destruíuse a un ritmo do 4,3%. É o segundo ano no que o sector público destrúe postos de traballo: concretamente 219.000, case sete veces máis que en 2011, cando se eliminaron 32.400 empregos públicos. Negociación colectiva Doutra banda, a reforma entraba de cheo na negociación colectiva: daba todo o poder ao empresario para modificar as condicións laborais unilateralmente e acababa coa chamada ultraactividade, que garantía a vixencia dos convenios (e, por tanto, dos dereitos adquiridos polos traballadores nunha empresa) e que agora está limitada temporalmente se empresa e traballadores non chegan a un acordo sobre a súa renovación. \"Observouse certo parón na negociación colectiva, e é algo que se materializará no aumento da conflitividade, nalgúns sectores máis que noutros. A concertación social, ben a gran escala ou ben no ámbito micro das empresas, ivo a virtude de xerar un clima de paz social bastante estendido, pero poderiamos estar no inicio dun cambio importante\", subliña Santos Ruesga. As subas salariais apenas chegan ao 1,3%, o nivel máis baixo en 20 anos En decembro do ano pasado, había 3.069 convenios pendentes de negociar que afectan a 5,4 millóns de traballadores. Ademais, a subida salarial media apenas chega ao 1,3%, a máis baixa en máis de vinte anos e moi lonxe da subida da inflación, próxima ao 3%. Os sindicatos alertan de que en moitos casos as empresas tratan de alargar a negociación para evitar aplicar as actualizacións salariais e para forzar que a vixencia do convenio decaia."}
{"ID": "NOS_32917", "summary": "A formación socialista acusa o presidente do PP estatal de \"claudicar perante Vox\".", "text": "O portavoz da Executiva Federal do PSOE, Felipe Sicilia, asegurou este sábado en Santiago de Compostela que o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, \" claudica perante Vox\" e censurou que non aplicase a lei contra a discriminación LGTBI na Galiza, a iniciativa dos socialistas galegos, aprobada en 2014 cos votos favorábeis de todos os grupos do Parlamento galego. Así, sinalou que Feixoo \"non puido dicir que non\" a esta lei porque \"evidentemente non se ía a negar a loitar contra a discriminación\", mais \"gardouna nun caixón\". \"O que non puido aplicar na Galiza, non vai poder aplicalo a nivel de Estado e máis aínda dependendo da extrema dereita, xa que está claro que o que fixo Feixoo neste último tempo foi claudicar: primeiro perante a corrupción do seu partido e despois perante a extrema dereita de Vox\", criticou. Cada 12 días hai un delito racista ou LGTBfobo na Galiza Neste sentido, cuestionou que \"se tivo a posibilidade de loitar contra a discriminación cunha lei na Galiza e non a quixo aplicar, que vai facer entón a nivel estatal?\". Así, engadiu que agora \"Feixoo xa non é libre\" e \"está hipotecado pola extrema dereita\". \"Se non cre na loita contra a discriminación, imaxínense se está hipotecado por Vox e a extrema dereita que día tras día o que fai é atacar colectivos como o LGTBI ou chegar a desprezar as persoas con discapacidade, como vimos hai uns días a unha deputada de Castela e León\", manifestou. Sicilia, que participou nunhas xornadas en Santiago sobre a 'Lei Zerolo' -Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación-, insistiu tamén, sobre o actual presidente do PP, que \"o que non foi bo para a Galiza, tampouco o vai a ser para España\". Así mesmo, censurou que o colectivo LGTBI foi \"desprezado e esquecido\" por Núñez Feixoo e polo Goberno da Xunta. Ante isto, argumentou que nos últimos anos \"tan só destinou 0,002%\" a políticas para o colectivo LGTBI e para \"loitar contra a discriminación que sofre este colectivo\", Nesta mesma liña, sentenciou que o líder dos populares \"non creu nas políticas para loitar contra a discriminación\"."}
{"ID": "NOS_3907", "summary": "Trátase do segundo feminicidio nunha semana nesta localidade catalá.", "text": "Esta cuarta feira foi asasinada unha muller en Castelldefels (Barcelona). Segundo recolle a imprensa catalá o seu ex-compañeiro foi detido após acoitelala na rúa. O presunto asasino, que a agardaba perto do seu domicilio á volta do traballo, foi retido pola veciñanza até a chegada das forzas policiais. O asasinato machista é o segundo nunha semana en Castelldefels após o feminicidio hai seis días dunha outra muller e as súas crianzas a mans do seu compañeiro."}
{"ID": "NOS_47575", "summary": "O Goberno español di agora que non afecta Netfilx, HBO ou Amazon Prime.", "text": "O Goberno español admite agora que a cota para resevrar un 6% para o galego, o catalán e o euskera na lei do audiovisual non afecta plataformas como Netfilx, HBO ou Amazon Prime, segundo informan medios cataláns. Fontes do executivo de Pedro Sánchez, indican, recoñeceron á Axencia catalá de noticias (ACN) que o proxecto de lei aprobado no Consello de Ministros festa terza feira só obriga a garantir a participación das linguas oficiais en plataformas con sede en España, como Movies e Movistar+. Porén, aseguran que o que recolle a lei respecta o pacto con ERC.A porcentaxe para as linguas oficiais introduciuse como consecuencia do acordo con ERC para aprobar o orzamento español para 2022, pero até o momento o Goberno español non dixera que excluíse a Netflix, HBOMax ou Amazon Prime. ERC ameaza con tomar a lei Mesaxe de ERC após o Goberno español deixar fóra a cota de catalán, galego e euskera en Netflix, Amazon Prime, Disney Plus e HBO do proxecto de lei de laudiovisual aprobado en consellos de ministros. Os republicanos din nun comunicado que votarán en contra da norma no caso de que a lingua non estea protexida de acordo co anunciado a semana pasada. O acordo alcanzado por ERC co Goberno español dunha cota do 6% non figura no borrador definitivo. \"O proxecto de lei do audiovisual aprobado no consello de ministros é incompleto e insuficiente e non responde ao que necesita o audiovisual catalán e do país\", sinalan os republicanos nun comunicado, que insisten en que aínda hai marxe para negociar, tamén no aprobación dos orzamentos no Senado. \"Todaos os escenarios están abertos\", dixo Gabriel Rufián, portavoz do partido en Madrid. Antes de ser presentado, o portavoz de ERC no Congreso Gabriel Rufián xa advertira de que un dos obstáculos do novo texto era que existía a posibilidade de que plataformas que non tiñan a súa sede en España puidesen blindarse na normativa europea para eludir a obriga de cumprir as cotas. A vicepresidenta do Goberno español e ministra de Economía, Nadia Calviño, eludiu unha pregunta sobre este buraco para esquivar a cota ao tempo que sostivo que o proxecto de lei fixo un equilibrio entre potenciar o Estado español como polo da produción audiovisual. protección doutras linguas oficiais: \"Chegamos a un bo equilibrio. Agora o texto envíase aos tribunais e, no transcurso dos trámites parlamentarios, pode haber melloras e axustes, pero partindo dun texto que creo que é moi bo\". A Mesa pola Normalización Lingüística lamentou nun comunicado que o acordo acadado no Estado en relación á presenza das linguas oficiais na nova Lei do audiovisual non recolla a petición unánime de \"equidade\" expresada en diversas ocasións polas forzas políticas galegas e afirmando que \"ningún acordo en Madrid sobre o audiovisual será suficiente, se non se chega ao solicitado en maio polo Parlamento galego\". A Mesa pola Normalización Lingüística lamentou nun comunicado que o acordo acadado no Estado en relación á presenza das linguas oficiais na nova Lei do audiovisual non recolla a petición unánime de \"equidade\" expresada en diversas ocasións polas forzas políticas galegas e afirmando que \"ningún acordo en Madrid sobre o audiovisual será suficiente, se non se chega ao solicitado en maio polo Parlamento galego\"."}
{"ID": "NOS_15543", "summary": "Os dados da EPA son desoladores para a Galiza, o terceiro territorio do Estado en destrución de emprego no último trimestre de 2013. Os sindicatos advirten de que estamos ante unha verdadeira \"desfeira\" con 278.000 desempregad@s e 93.000 fogares con todos os membros activos no paro.", "text": "Galiza acabou 2013 con máis parad@s que 2012 e o noso país xa roza as 278.000 persoas en situación de desemprego. Mais este dato da EPA (Enquisa de Poboación Activa) non vén só. Acompáñano outros, como o da queda en filiación, ou ben a de fogares con todos os seus integrantes desempregados, que permiten ver unha situación \"desoladora\", en palabras de Miguel Malvido, da CIG. 104 galeg@s quedaron sen emprego cada día en 2014, afirma Xavier Vence (BNG), que considera este dato \"unha emenda á totalidade á política austericida de Feijóo\" Malvido, secretario confederal de Emprego da central nacionalista, considera que o escenario é \"tremendo\" e que os dados de parad@s \"son números, e os números son fríos, mais detrás de cada un deles hai unha historia\". Para a CIG, a Xunta \"ten a súa responsabilidade\" na lacra do desemprego que asola Galiza, porque \"non fai nada de nada\" e \"estanos a levar á ruína\". Solucións A CIG lembra que ten activada unha campaña para que a creación de emprego pase ser un tema fulcral na axenda política de Galiza, campaña na que se combina a defensa da ILP con actos e asembleas nos centros de traballo, actividades na rúa... AGE esixirá que o presidente da Xunta explique no Parlamento as \"catastróficas cifras do paro en Galiza\" Outra voz é a de Domingos Barros, de UGT, que considera os datos \"desesperanzadores\" e incide en que en Galiza danse algúns dos peores rexistros do conxunto do Estado español. \"É unha situación que xa sobrepasa o preocupante\", afirma, e lembra que as políticas activas de emprego en Galiza \"son competencia da Xunta\". Desde CCOO, Maica Bouza, secretaria de Emprego, pídelle á Xunta que teña a \"valentía\" de explicar a diferente dinámica do emprego en Galiza respecto do Estado pero, sobre todo, \"que teña a vontade política de mudar as políticas que están aplicando con tan malos resultados\". Segundo o sindicato, Galicia ten \"competencias abondo\" para que non sexa así. \"Galiza e os galegos e galegas non merecen padecer esta situación\"."}
{"ID": "NOS_49431", "summary": "\"É unha contraprestación polo seu traballo, non unha comisión por intermediación\", afirma, malia recoñecer que Tomás Díaz Ayuso xestionou a venda á Comunidade de Madrid de máscaras procedentes da China.", "text": "A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, aclarou que o seu irmán, Tomás Díaz Ayuso, cobrou 55.000 euros máis IVE da empresa Priviet Sportive non por obter un contrato coa Administración rexional, senón pola cobranza das \"xestións realizadas\" para conseguir o material sanitario, en concreto máscaras na China, e polo seu traslado a Madrid. \"É unha contraprestación polo seu traballo, non unha comisión por intermediación\", defendeu a través dun comunicado esta sexta feira, onde subliñou que dá esta explicación tras pór \"en cuestión\" a dirección do PP estatal a súa \"honorabilidade\" e a do seu Goberno. Aliás, Díaz Ayuso recoñeceu que sempre se negou a dar explicacións sobre a actividade laboral do seu irmán e nunca interferiu nela. Admitiu que quizais fose \"en erro\", mais parécelle \"denigrante\" ter que aclarar as relacións comerciais do seu irmán cunha empresa \"por sospeitas baseadas en informacións que ninguén explica de onde saíron\". A presidenta madrileña explicou que o seu irmán enviou á empresa Priviet Sportive catro facturas no ano 2020. Segundo detallou, a factura do 30 de xuño de 2020 foi por xestións para a compra de máscaras na China, vendidas á Comunidade de Madrid a cinco euros cando os prezos nese momento chegaban a 10,5 euros. Así, expuxo que nese momento, en abril de 2020, as seguintes empresas venderon máscaras a prezos superiores: Biogen (FP3: 10,5€), Palex ( FFP2: 6,5€), Lost Simetry ( FFP2: 6€), Helianthus ( FFP2: 5,95€) e Barna ( FFP2: 5,30€). A factura a Priviet Sportive, subliñou, \"non é unha comisión por obter o contrato da Administración, senón a cobranza das xestións realizadas para conseguir o material na China e o seu traslado a Madrid, que é distinto\". \"É unha contraprestación polo seu traballo, non unha comisión por intermediación. Esa factura é de 55.850 euros máis IVE\", especificou. A presidenta subliñou que do resto de facturas non ten que dar conta \"porque non teñen relación coa Comunidade de Madrid\" e o seu irmán ten \"dereito á súa privacidade\". \"Espero que con esta explicación ninguén dubide da miña honorabilidade nin da miña exemplaridade. Insisto en que nunca influín para a compra de máscaras a esta empresa, e que souben dese contrato cando me informou Pablo Casado, non antes\", sinalou, á vez que asegurou que facilitará o informe do secretario do Consello de Goberno no que se recolle que non tivo \"ningún deber de abstención neste contrato\"."}
{"ID": "NOS_16347", "summary": "Mariló Candedo, membro da directiva de En Marea, incorporarase ao Grupo Mixto do Parlamento da Galiza.", "text": "Manuel Lago presentou onte un escrito á Presidencia do Parlamento galego no que anunciou a súa renuncia ao escano de deputado polo Grupo Común da Esquerda. A súa saída, para incorporarse o gabinete de Yolanda Díaz no Ministerio de Traballo, abre a posibilidade de que o actual Grupo Mixto (onde están as deputadas de En Marea) se conforme como outro grupo parlamentario. Lago comunicou a pasada segunda feira a súa marcha ás súas compañeiras da coalición Común da Esquerda a través dun escrito no que daba as grazas ao grupo e ás traballadoras polo traballo realizado nesta lexislatura. \"Remata para min un período intenso e enriquecedor, no que tiven a honra de formar parte da Cámara na que reside a soberanía do pobo galego\", afirma Lago no seu comunicado de despedida. \"Mudo de lugar, pero non de obxectivo: lograr un cambio político e social no noso país que mellore o benestar da cidadanía. O pesadume que sinto por deixar o Parlamento só se compensa pola ilusión de traballar no primeiro Goberno de coalición de esquerdas na recente historia democrática do Estado\", engade. Nesa despedida insiste en que Galiza \"ten que deixar atrás a década perdida para o benestar que se iniciou en 2009\" e vaticina que \"o que sucedeu agora no Estado, sucederá nos próximos meses\" no país. \"A formación do Goberno de coalición no Estado demostra que si se pode articular maiorías a través da alianza das forzas da esquerda\", asevera. O aínda deputado non formalizará a súa renuncia ante a Mesa da Cámara galega até a vindeira segunda feira, segundo fontes próximas consultadas por Nós Diario. A partir desde momento o escano estará listo para ser ocupado pola seguinte persoa na lista do partido instrumental En Marea que concorreu ás pasadas eleccións. Esa persoa é Mariló Candedo, membro do Consello das Mareas e profesora titular de Pedagoxía Social na Universidade da Coruña. Desde En Marea confirmaron a Nós Diario que Candedo collerá a acta de deputada na Cámara galega e traballará a tempo completo para o grupo parlamentario. Candedo foi decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC entre 1999 e 2004, e actualmente é Adxunta para Titulacións nesta mesma universidade. Está vinculada co activismo educativo a prol do ensino público desde os movementos de renovación pedagóxica. En Marea vaise amparar no artigo 26 do regulamento do Parlamento para solicitar recuperar o seu grupo propio na Cámara. Este punto recolle que, \"iniciado un novo período de sesións\", \"só para o suposto de que por calquera circunstancia se extinguise ou rematase a actividade do partido ou coalición electoral polo que concorresen\" as deputadas \"poderán constituír, por unha soa vez, grupo ou grupos parlamentarios distintos se para iso cumpren as esixencias previstas\". No primeiro Pleno de 2020 no Grupo Común da Esquerda serán nove deputadas pola marcha de Lago, pero no Grupo Mixto seguirán sendo catro porque non dá tempo a que Candedo tome posesión. Planificado o traballo da Cámara galega até a fin da lexislatura Na sesión da Xunta de Portavoces de onte no Parlamento quedou repartido o traballo dos grupos até a fin da lexislatura. Un reparto da actividade que se verá alterado coa saída de Manuel Lago, pois con grupo propio ou ficando no Mixto, En Marea gañará unha deputada e corresponderanlle máis iniciativas e preguntas ao presidente da Xunta polo principio de proporcionalidade do regulamento da Cámara."}
{"ID": "PRAZA_20541", "summary": "Traballadores e alcaldes cualifican a xuntanza con Javier López Madrid a iniciativa de Ferroatlántica como o \"último intento á desesperada por provocar un punto de inflexión na comarca\" e conseguir o apoio á segregación que non logrou ante a posición firme de rexedores e persoal", "text": "Ferroglobe aumenta a presión para conseguir por parte de traballadores e alcaldes da comarca un impensable apoio á venda das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte no caso de que a Xunta aceptase a solicitude da compañía para segregar as súas actividades de ferroaliaxe e xeración eléctrica. Nunha reunión convocada pola matriz de Ferroatlántica, e á que acudiu o director das factorías costeiras e membros da dirección en Madrid, a compañía recibiu un non rotundo e unánime de empregados e rexedores ás súas intencións de venda das centrais. Foi nunha xuntanza que algúns dos presentes cualificou como \"un último intento á desesperada por provocar un punto de inflexión na comarca\". Non o conseguiron. \"Foi un último intento á desesperada da empresa por provocar un punto de inflexión na comarca\" Á reunión do pasado luns asistiron, entre outros, Javier López Madrid, presidente de Ferroglobe, implicado en varios casos de corrupción e coñecido na Casa Real como o seu \"compi-yogui\". Marchou sen a resposta desexada por parte dos representantes do comité de empresa e dos alcaldes. \"A reunión acabou en táboas. A intención da empresa era que negociáramos un si á venda das centrais porque iso significaría unha serie de investimentos na Costa da Morte que non se concretaron, pero alcaldes e traballadores mantivémonos firmes\", di Manuel Antelo, rexedor de Vimianzo e un dos presentes na xuntanza. Desde o comité de empresa insisten no intento á \"desesperada\" da empresa por acadar o visto e prace de alcaldes e traballadores aos seus plans, así como para pedir \"diálogo\", mesmo no caso de que finalmente poida vender as centrais. O cadro de persoal, pola súa banda, volveu reiterar a súa postura contraria a esta posible venda, pediu a Ferroglobe que retire a solicitude de segregación e insistiu en que ese diálogo debe respectar o \"marco legal\", ese que impide a segregación das actividades da compañía na Costa da Morte e, xa que logo, a venda das centrais. Alcaldes e comité insistiron en rexeitar rachar co \"marco legal\" que impide a segregación das actividades de Ferroatlántica Desde o comité sospeitan que Ferroglobe sabe da máis que posible resposta negativa da Xunta á súa petición de segregación e que iso é o que a leva a actuar á \"desesperada\" para intentar conseguir o apoio de alcaldes e/ou traballadores. Pola banda dos alcaldes, no entanto, as previsións sobre o futuro informe da Xunta non son tan positivas. Con todo, Antelo pregúntase se, \"tal e como asegurou o presidente Feijóo, todo depende única e exclusivamente do principio de legalidade e dun informe xurídico, como vén a empresa intentar convencernos sobre unha venda que depende dunha resolución?\". \"No que ten que ver coa seguridade xurídica, é todo un engano\", insiste quen advirte que, aínda no caso imposible de que os alcaldes ou os traballadores acordasen coa compañía, \"unha decisión contraria estaría indo contra argumentos xurídicos moi sólidos e en contra dos intereses dos galegos\". Os implicados temen unha resolución \"ambigua\" por parte dos servizos xurídicos da Xunta Ademais, e segundo outras fontes presentes na xuntanza, Ferroatlántica xa advertiu que recorrerá a resolución da Xunta no caso de non lle ser favorable e mesmo hai quen adianta xa un informe final \"ambiguo\" que deixe \"marxe\" a futuras negociacións e a que o Goberno lave as mans neste conflito. Ao tempo, integrantes da xuntanza coinciden en destacar as semellanzas entre as palabras que Feijóo pronunciara ante os rexedores sobre este tema e as da propia multinacional. \"O desleixo da Xunta non pode ser; deixa todo pendente dunha negociación entre empresa, alcalde e traballadores, o que nos dá unha idea de como funciona e como entende o PP o Estado de Dereito\", asegura Antelo. \"Dá impresión de que queren que se xogue a partida para logo decidir dar as cartas que máis lle conveñan\", engade. Por último, tanto traballadores como boa parte dos alcaldes destacan a \"demora\" por parte da Administración á hora de emitir o pronunciamento sobre a petición de Ferroatlántica, e que depende de Augas de Galicia. Ao tempo, a empresa lembra que a venda das centrais insírese nun plan a futuro apoiado polos sindicatos nas negociacións a nivel estatal e que prevé un investimento en Galicia duns 100 millóns de euros e a xeración de ata 500 empregos entre postos directos e indirectos."}
{"ID": "NOS_54867", "summary": "A opacidade na xestión fiscal e contábel da Igrexa", "text": "O privilexio de non ter que presentar contas que ten a igrexa Católica na Federación Ibérica é algo único no mundo. Permítelle aos membros da Igrexa desviarse todo o que lles pareza da súa misión, impide calquera forma de rendición de contas, mantén opaco o manexo e actividades da xerarquía e invita abertamente aos comportamentos corruptos no seu máis amplo significado. Vexamos: ti vas facer a declaración do IRPF e decátaste de que deches certas cantidades de diñeiro á Igrexa ao pasaren a bandexa ao cadullo. Como as doazóns á Igrexa están desgravadas, vaslle pedir ao cura un certificado de que deches ese diñeiro. O cura diche que moi ben. Pregúntache: Canto queres que te poña? Póñoche o que ti me digas. Hai algún control sobre isto? Non: se o cura o certifica é bastante para ser aceptada pola Facenda. Como a Igrexa non ten que presentar contas, o Estado non ten outra función máis que dar por válida a cantidade doada que a Igrexa e o crente decidiron certificar. Os paraísos fiscaisson un lixo ao lado do verdadeiro paraíso fiscal interior no que converteu o Estado Alcaiote a Igrexa na Federación Ibérica Os paraísos fiscais, verbigracia as Bahamas, son un lixo ao lado do verdadeiro paraíso fiscal interior no que converteu o Estado Alcaiote a Igrexa na Federación Ibérica. Se estás algo confuso e queres descubrir a canto ascende este escarnio, podes ir preguntar á Axencia Tributaria. Has quedar parvo cando vexas que alí ninguén sabe nada: \"Uuh!: iso non se pode saber. Non hai maneira da Facenda puider saber iso. Ese dato non hai maneira de que o saiba a Axencia Tributaria. Etc.\" En fin: acabas por deixar a pregunta encolgada do portal de transparencia á espera da non-resposta: para iso está a Facenda: para pór gafas opacas cando se trata de tan sacro-santa institución. Arguméntanche que é unha institución de carácter fundacional, que é unha institución sen fin de lucro... Pero non coa: trátase dunha institución tremendamente venal, que mantén multitude de negocios polos que non tributa, non declara, con relacións laborais moi atípicas, e o que é peor, non presenta contas: residencias de estudantes, de anciáns, hostalarías, restaurantes, aparcadoiros, alugueiros, arrendos, plusvalías, cobros para ver a arte que \"custodia\" (custódiao o Estado, fundacións e demais iniciativas civís, pero a Igrexa é quen usa e lle tira rendemento). Todos estes cobros están absolutamente sen documentar. Non é que estean desgravados, non é que se cualifiquen de bens e actividades de utilidade pública: é que ninguén pode saber nada das súas contas. Se tes que documentarte sobre a sanidade, pódeslle pedir aos hospitais da Igrexa datos: nunca saberás nin che darán a máis mínima conta. Nin a ti nin ao Estado nin á Sanidade, nin tan sequera á perspicaz Axencia Tributaria, que a outros tanto persegue e abafa. Fago unha honrosa excepción: os irmáns San Xoán de Deus si che darán as contas dos seus hospitais e colaborarán solícitos co teu propósito. Isto hónraos e temos que os louvar. Son a excepción. Ollai como resolve unha cuestión fundamental un goberno alcaiote: o Goberno de España, cando soubo que o Códice Calixtino e outros tesouros da Catedral estaban custodiados por un cabido irresponsábel, que puxera en risco o legado artístico e cultural, que fixo? Retirarlle fulminantemente a capacidade de custodia? Non!: asignoulle un retén da policía nacional ao dispor de tan sensíbel e recta institución. A Igrexa é considerada unha institución sen fins de lucro. Isto esténdese mesmo ás súas numerosas actividades lucrativas. Faise necesario dicir aquí que \"sen fins de lucro\" consiste nas sociedades nas que os resultados reverten en beneficio dos usuarios, non de terceiros, por moi santos que estes terceiros sexan. Pensades que as actividades lucrativas da Igrexa están sometidas á lexislación? Pois ídelle pedir as contas. Ou reclamádelle aos honorábeis inspectores de Facenda, tan ásperos convosco, que llas pida. As consecuencias deste trato inxustificadamente privilexiado (e daniño) para coa Igrexa son patentes: non vou facer aquí un reconto. Si digo que entre os peores males está a desviación da misión da Igrexa –na teoría unha asemblea transparente de crentes que segue os principios evanxélicos– nunha institución opaca que realiza toda clase de presións indebidas para traficar co poder e co diñeiro e para impor unha narrativa escura. Naturalmente, a comunidade de crentes é cómplice desta desviación. Outra consecuencia intolerábel é a humillación a que nos somete o Goberno da Federación Ibérica, cando lles encomendamos a misión de avanzar nun Estado de Dereito e non obstante fainos vítimas de tantas vexacións e humillacións á comparanza desta institución escura que anda ao que lle convén. Podedes atopar argumentos opostos ao noso en Barreiro o Turiferario: el sabe teoloxía bastante, unha ciencia que lle permite demostrar todo o que el queira, destacando isto, ocultando aqueloutro e pondo de manifesto as causas eficientes. Pero nós só sabemos abrir o ollos e ver: un Estado alcaiote dunha igrexa desviada"}
{"ID": "NOS_5749", "summary": "Nas últimas horas sufriu unha debilitación temporal.", "text": "O furacán Danielle, o primeiro que se forma no Océano Atlántico nesta tempada, segue a manter en alto os servizos de meteoroloxía de varios países, entre eles a Galiza. O seu comportamento anómalo e a súa propia orixe, difícil de explicar a estas alturas do ano e na súa situación xeográfica, orixinan diversas preguntas aos expertos que, polo de agora, non teñen resposta. El @ECMWF estima una probabilidad del 5-10% de que #Danielle se aproxime a menos de 120 km a la costa portuguesa en los próximos 10 días. pic.twitter.com/xDCJp7rlSt— Ernesto Barrera (@waveologist) September 3, 2022 A primeira e máis evidente é saber que traxectoria collerá o furacán nos vindeiros días. Polo de agora, os modelos meteorolóxicos sinalan que esta masa tormentosa moverase cara ao leste, en dirección ao Reino Unido, aínda que manténdose moi lonxe das illas. Un furacán este mes de setembro na Galiza? Meteorólogos lanzan unha advertencia Porén, o European Centre for Medium-Range Weather Forecasts (ECMWF) mantén aberto un abano de posibilidades que levarían Danielle desde desprazarse até Groenlandia a entrar na península a través do norte de Portugal, o que podería deixar algúns efectos na zona sur da Galiza. Este último escenario, segundo un mapa deseñado polo propio ECMWF, conta cunha probabilidade de 5% a 10%, aínda que como ben sinalan os meteorólogos, estes modelos de predición poden cambiar en calquera momento, polo que non será até os vindeiros días cando se saiba con máis certeza cal será o rumbo definitivo deste furacán. Debilitación de Danielle O National Hurricane Center (HNC) informou no día de hoxe que Danielle volvía ser considerada unha tormenta tropical, no canto dun furacán, despois de que se rexistrase unha debilitación. Malia isto, o HNC matiza que, con toda seguridade, nos vindeiros días, volverase fortalecer, recuperando a súa condición de furacán. A depresión tropical 'Danielle' é xa un furacán: Pode chegar á Galiza? O físico e meteorólogo da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) Juan Jesús González Alemán, un dos máis reputados especialistas neste tipo de fenómenos, explicaba esta mañá que, se ben a debilitación tivo lugar \"por cuestións descoñecidas\", os servizos de control meteorolóxico sospeitan que o seu causante foi \"un proceso físico relacionado coa súa interacción co océano\". O meteorólogo de Aemet Ernesto Barrera explicou na súa conta de Twitter que os fortes ventos da cicloxénese desprazaron a auga quente que había no centro de Danielle cara ao exterior da tormenta, deixando así as augas máis frías nese centro. Este fenómeno, coñecido como afloramento frío autoinducido, é o que estaría a provocar esta debilitación temporal da depresión tropical. ¿Qué es el afloramiento frío autoinducido y cómo afecta al desarrollo al desarrollo de un ciclón tropical como Danielle?(🧵brevísismo)👇— Ernesto Barrera (@waveologist) September 3, 2022 \"Nas ultimas 12 horas, o furacán Danielle permaneceu practicamente estacionario cun sistema de altas presións limitando o seu avance\", detallou Barrera."}
{"ID": "NOS_52756", "summary": "A opción a favor da autodeterminación de Donetsk -autoproclamada como República Popular- e Lugansk obtivo un apoio abrumador nas urnas nos referendos realizados este domingo.", "text": "A alta participación -arredor do 75% en Donetsk e na contorna do 80% en Lugansk- marcou o desenvolvimento da xornada, pese a realización dos referendos ter sido considerada ilegal por Kiev e os socios occidentais, liderados polos EUA, do goberno de Ucraína. A tensión pre-bélica non enrrugou as poboacións destes territorios rusófonos da Ucrania oriental. Tampouco o chamado de Putin a que se aprazasen as consultas tivo o menor efeito. As forzas rebeldes mostraron un alto grao de organización e a xornada decorreu con relativa normalidade. A contaxe preliminar das primeiras papeletas non deixa marxe para a dúbida: en Lugansk o voto contrario á constitución deste territorio como un novo Estado apenas alcanzou o 5% dos sufraxios, mentres que na República Popular de Donetsk o apoio á vía autodeterminista atinxiu o 89,7% dos votos emitidos. Kiev non recoñece a lexitimidade destas consultas, mas a Ucraína oriental tampouco recoñece a lexitimidade das autoridades de Kiev, un conglomerado con presencia neonazi que depuxo o presidente democrático do país. A situación é de práctica ruptura. A partición do Estado ucraniano está sobre a mesa como unha hipótese nada desbotábel, como tampouco ninguén pode descartar a perspectiva dun confronto armado aberto que acabase envolvendo a OTAN e a Rusia."}
{"ID": "PRAZA_4609", "summary": "As traballadoras e traballadores afectados pola medida volverán concentrarse este mércores en Vigo denunciando a súa situación. Denuncian \"escurantismo\" na xestión da empresa e \"nula vontade negociadora\"", "text": "As traballadoras e traballadores de Freiremar, despedidos pola empresa hai unhas semanas, continúan coas súas mobilizacións en demanda da anulación do ERE de extinción presentado pola empresa e dos soldos e indemnizacións que lles adebeda. Este mércores concentraranse diante do Marco de seis a nova da tarde, buscando \"visibilizar socialmente\" o conflito, mentres agardan por respostas por parte da compañia e do conselleiro de Industria, con quen hai semanas solicitaron unha entrevista para analizar a situación creada, pola que 101 dos 114 empregados en Vigo foron despedidos. O cadro de persoal leva semanas esixindo a anulación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) e que se inicie unha nova tramitación, e tamén a readmisión dos traballadores despedidos até que non remate o proceso. O secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro, explicou que o expediente adoece de \"vicios\" na súa tramitación, xa que a dirección \"limitou a información sobre a situación económica da empresa\" e negociou \"con mala fe\" porque se se negou a \"estudar alternativas\". A pesar de que a empresa alegou non ter \"liquidez\" como xustificación para non pagar as nóminas pendentes e indemnizacións, persoal e sindicatos denunciaron que nas últimas semanas, no proceso de desmantelamento da factoría, retirou da planta mercadorías por valor de máis de tres millóns de euros co apoio da policía, que evitou que os traballadores puidesen deter esta operación. A sensación xeral é de \"escurantismo\" e de falta de información en todo o proceso. O caso de Freiremar, cuarta empresa pesqueira de España, non é moi distinto ao de Pescanova, sobre todo no que se refire á complexidade de sociedades e filiais do grupo, que está dificultando o proceso e as vías de impugnación dos despedimentos abertas polas traballadoras e traballadores. O grupo está compostos por Freiremar, Elaborados Freiremar Vigo, Elaborados Freiremar, Freiremar Comercial e Centropesca, con actividade local, pero tamén por Ocean Eleven Trading (con sede en Panamá), Comercial D'Argoni (Cuba), Sopecasen (Senegal), Cephapeche (Marrocos), Quark Fishing (Malvinas), Heute Mer (Mauritania), Isla Alegranza (Uruguai), Freiwin (Malvinas), Kicomar (Angola) ou Isla Graciosa LTD (Sudáfrica), entre outras moitas empresas, máis de medio cento. Segundo a CIG, Freiremar utiliza estas sociedades para \"desviar beneficios\" dunhas a outras: \"Foron trasladando beneficios ás empresas que lles conviñan e deixando outras na bancarrota, que foron as que despois executaron os despedimentos\" Segundo a CIG, Freiremar utiliza estas sociedades para \"desviar beneficios\" dunhas a outras: \"Foron trasladando beneficios ás empresas que lles conviñan e deixando outras na bancarrota, que foron as que despois executaron os despedimentos\". A CIG está a preparar un contrainforme económico que defenderá a viabilidade da empresa. Segundo o sindicato, os centros de Freiremar en Vigo tiñan boas perspectivas de traballo pero cando a situación económica empeorou hai meses \"a empresa non tomou medidas para evitar futuros despedimentos porque o que pretende é desmantelar as plantas de traballo para salvagardar unha única parte da súa actividade, a flota pesqueira\". A pesar desta suposta situación de crise e falta de liquidez, o director do IGAPE, con quen se reuniu unha representación dos traballadores, sinalou que o IGAPE non ten prevista actuación ningunha porque desde a empresa non se puxeron en contacto coa administración en ningún momento."}
{"ID": "PRAZA_19503", "summary": "O multiculturalismo quere nivelar pola base. Todo o mundo serve para todo. Se teñen inquietudes para algunha actividade cultural, artística, queren facer cousas. Nesta decadencia, a mistificación do novo é un argumento que serve para todo. Non queren vestir como no pasado. Mais confabúlanse para non ver e recoñecer que van espidos. Como o rei do conto.", "text": "Debo ser optimista, xa por natureza, xa por necesidade, porque acostumo ver a botella medio chea. Porén, estame custando. Hai só 38 anos, as nenas e mozas deben asistir obrigatoriamente aos centros de ensino, co cal pasan a ter e mesma formación que os mozos da súa idade Vivo, e me consta que non son a única, o momento máis decadente da miña historia, tendo en conta que aturei toda a ditadura fascista que non foi precisamente un camiño de rosas. Mesmo así, a esperanza era un asideiro, e a loita tiña un obxectivo, que mal que ben, deu como resultado unha transición que non supuxo recuperar a República, como fora o goberno anterior, afogada por un golpe de estado, senón unha Monarquía, sistema máis propio do absolutismo que dunha democracia. Sexa como for, aprobouse unha Constitución progresista en moitos aspectos. Mal que nos pese, máis adiantada que o pensamento reaccionario dunha boa parte da cidadanía. Cito un gran logro: Por primeira vez na historia de España, hai só 38 anos, as nenas e mozas deben asistir obrigatoriamente aos centros de ensino, co cal pasan a ter e mesma formación que os mozos da súa idade. Desde a imposición desa lei xa son maioría as mulleres nas diversas materias da Universidade. Un 70%. Porén, non se ven os froitos desta supremacía cultural na valoración das mulleres. A misoxinia imponse á realidade. Isto merece unha explicación que ninguén se molesta en facer. Se ben son elas as que compran libros (acto xa insólito), van ao cine, asisten a conferencias, presentacións de libros, recitais de poesía e outros actos culturais, ou queiman as pestanas nos laboratorios científicos, nada disto importa Se ben son elas as que compran libros (acto xa insólito), van ao cine, asisten a conferencias, presentacións de libros, recitais de poesía e outros actos culturais, ou queiman as pestanas nos laboratorios científicos, nada disto importa. A \"cultura\" esmorece nun ambiente ruinoso, a ignorancia e a grosería imperan, até chegar á presidencia do país máis destacado do mundo, a arte contemporánea non é máis que un parasito indolente das vangardas, e, paralelamente á perda económica nunha gran crise capitalista, levamos camiño de perder integramente o noso herdo cultural. A historia do pensamento e da arte oscila como o fai a orografía terrestre formando simas aparentemente insuperables. Quevedo, con gran estatura literaria, mostra o seu desalento ante a España do século XVII, entusiasmada polo espectáculo, como a actual, coa Igrexa e a Política corrupta. Non é estraño que haxa quen chama Contrarreforma á Posmodernidade. Coma sempre, no declive, son as persoas máis débiles, pobres e desprezadas da sociedade as que devalan. As mulleres, no último chanzo social, vense obrigadas a abaixarse até niveis que xa críamos superados. O feminismo atravesa un mal momento e o poder masculino medra. A moda é un paradigma visible: as saias, as melenas, as formas, os tacóns, todo consegue diferenciar o máximo as mulleres dos homes. O trato que se nos dá é cada vez peor. Nótase no día a día. Non pedimos que nos deixen os asentos, ou a dereita, pero nola disputan se queremos seguir o noso camiño, tan afeitos están a que as mulleres llela cedan. A acritude e palabras desagradables aparecen con facilidade, e cando son cariñosos perdoan a vida cun \"mulleriña\". Os anuncios obscenos invaden os medios. \"Entrada, copa e cen euros, ofrecen nunha discoteca, para cada muller que entre sen braga\". Unha foto, sen parangón, mostra, nunha dependencia da Casa Branca, a Trump en plena recepción a unha extensa comisión negra, mentres a funcionaria, melena loura como todo o seu séquito, está subida, aparentemente descalza, nun sofá, desentendida do que a rodea, cunha aptitude pouco digna e sen dúbida inadecuada para asistir ao acto. Non me atrevo a dicir que como eran negros non merecían respecto, porque mesmo sendo importantes para o presidente, non lle preocuparía que a dama adoptase ese comportamento propio de muller frívola, e parva, \"que mellor é\". Quen quere unha bachillera? ironizaba Rosalía de Castro. Desde logo este personaxe desequilibrado, non a quere. Dada a pouca valoración das mulleres, é normal que padezan todo tipo de violencias. Das denuncias de agresións da clientela nas consultas, de profesionais de sanidade, 14 denuncias ao mes, o 80% son de médicas e enfermeiras. Sen saírmos do xornal do día 4 deste mes, lemos: violación dunha menor de 17 anos, previamente drogada; agresión e violación dunha señora de 72 anos, discapacitada, ingresada no hospital de Vigo; condena dun home de 75 anos por abusos a unha nena de 7 anos; dúas mulleres asasinadas, que, malheuresement, xa non son noticia. Mesmo persoas que non aceptan esa propaganda bioloxicista, dubidan que unha señora a quen se lle botan dous tíos enriba, reducíndoa pola forza, deixándoa malferida, fose violada se tiña posto un tampax Non é este holocausto o que se denuncia nun autobús dunha asociación católica que circulou por Madrid, anunciando que un home é un home desde que nace, e unha muller é unha muller, dogma demostrado porque un pene é un pene e unha vulva, un oco para gorecer o pene. O demais son bobadas, sexualidades perversas. Pero mesmo persoas que non aceptan esa propaganda bioloxicista, dubidan que unha señora a quen se lle botan dous tíos enriba, reducíndoa pola forza, deixándoa malferida, fose violada se tiña posto un tampax. O concepto normalizado de muller é de obxecta sexual. Case ninguén pensa que teñan condición de persoa, con independencia e liberdade, e poidan decidir por si mesmas. Porque neste caso, violar é violentar, é actuar contra o dereito da persoa sobre si mesma. Olladas, palabras, toques, todo o que se faga en contra da vontade das mulleres é punible, por moito que aos homes lles pareza o máis natural do mundo. No nivel político, a maioría non escapa desa mediocridade e pretenden demostrar o seu progresismo \"asustando os burgueses\", ulos?, coa transgresión como procedemento, exhibindo xestos e ideas atrasadas Pero non teñan coidado. A maioría delas aínda son da mesma opinión e, mesmo rapazas novas, confunden interese persoal con coerción, ou cariño con control. Isto é o peor. A decadencia cultural e a asimilación machista tamén alcanza as mulleres. E velaí van, de seguidoras e adoratrices, coa melena dividíndolle a cabeza. O nivel político, a maioría non escapa desa mediocridade e pretenden demostrar o seu progresismo \"asustando os burgueses\", ulos?, coa transgresión como procedemento, exhibindo xestos e ideas atrasadas, por moi nobres pretensión que tivesen no pasado, cando xa son historia mesmo para os bebés que xa manexan smartphones. Falan de pobres e ricos, acoden á caridade cristiá, que non é xustiza, repiten, iso si, co mesmo descaro que se presentan nun escenario, uns argumentos inservibles con aires de profetas. Non hai proxectos nin principios interesantes. Os medios de comunicación, as editoriais, os xornais, optan polo mediocre, polo que venden, polo que chaman novo, unha ruptura coa historia, a liquidación da tradición cultural Négome a pensar que non as haxa. Pero os medios de comunicación, as editoriais, os xornais, optan polo mediocre, polo que venden, polo que chaman novo, unha ruptura coa historia, a liquidación da tradición cultural. Pero non existe o novo absoluto. O novo sempre está en relación co existente. Non pode eludir a moral nin a conciencia, que segundo unha amiga de meu, é verde e comeuna un burro. Ao \"espírito crítico\" defecouno. O multiculturalismo quere nivelar pola base. Todo o mundo serve para todo. Se teñen inquietudes para algunha actividade cultural, artística, queren facer cousas Non me fagan pensar! é o lema. Se teño que ler, que sexa algo agradable, non estou para esforzarme. O cine, se é unha película divertida, que para sufrir xa chega a vida. Un documental interesante na Tele, quero estomballarme no sofá e que me entreteñan. Onde, digo eu, van encontrar ideas interesantes? E, sobre todo, para que as queren? O multiculturalismo quere nivelar pola base. Todo o mundo serve para todo. Se teñen inquietudes para algunha actividade cultural, artística, queren facer cousas. Nesta decadencia, a mistificación do novo é un argumento que serve para todo. Non queren vestir como no pasado. Mais confabúlanse para non ver e recoñecer que van espidos. Como o rei do conto."}
{"ID": "NOS_41864", "summary": "Europa advirte ao PP español e lémbralle que a xustificación ou trivialización dos crimes do fascismo \"deben ser sancionados penalmente\". Lembra que os gobernos teñen que investigar os episodios de negación da represión e advirte de que a fins do próximo ano a Comisión Europea terá competencias para sancionar aos estados que non penalicen o fascismo.", "text": "Á Europa non lle gustan que os actos de ostentación do fascismo queden impunes no Estado español nin as reticencias do PP á hora de condenar o fascismo. A eurocomisaria de Xustiza, Viviane Reading respondeu que \"a exculpación, negación ou trivialización flagrante, intencionada e pública dos crimes cometidos por réximes totalitarios deben ser sancionados penalmente\" a unha pregunta, con retraso e abafada xa polos últimos episodios, realizada por BNG, CIU, ICV, e PNV. Europa fai pública a resposta á pregunta formulada no seu momento polos eurodeputados Ramón Tremosa e Salvador Sedó de CIU, Raúl Romeva de ICV, Izakun Bilbao de PNV e Ana Miranda do BNG e lémbralle ao PP español que \"todos os estados membros da UE está obrigados a sancionar penalmente a incitación pública e intencionada á violencia e o odio contra grupos ou persoas pola súa raza, cor, relixión, ascendencia ou orixe nacional ou étnico\". Sanción de Europa e importancia da memoria Reding sinala que é responsabilidade das \"autoridades públicas, os partidos políticos e a sociedade civil condenar enerxicamente os comportamentos racistas e xenófobos e loitar contra eles\" e os gobernos teñen que investigar os episodios de \"incitación ao odio ou de negación do holocausto e xulgar a quen os realice\". A Comisión Europea advirte tamén que a partir do próximo 1 de decembro de 2014, a Comisión Europea terá xa competencias para sancionar aos estados que non penalicen o fascismo. Reding, responsábel tamén de dereitos Fundamentais e Cidadanía, destacou a especial relevancia de recuperar a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios. Os eurodeputados cataláns levaran tamén a Bruselas o programa de Telemadrid que comparaba a Mas con Hitler e Stalin ademais da semellanza que o director do Mundo, Pedro J.Ramírez fixera do Nou Camp co mosaico estrelado co estadio nazi de Berlín de 1936. Casos recentes como a ostentación de simboloxía franquista por parte de membros do PP, a homenaxe a combatentes da División Azul vestidos co traxe de Falanxe ou o propio do alcalde de Baralla terían conducido á eurodeputada de Xustiza a asinar agora a súa resposta."}
{"ID": "NOS_1335", "summary": "Vila Nova de Foz Côa vai acolher, de 23 a 27 de abril, uma nova edição do Festival de Poesia e Música, um festival que é tido como o mais antigo festival literário do país, fundado em 1984, e que agora quer ganhar uma nova dinâmica e tornar-se numa iniciativa cultural de nível internacional.", "text": "Vila Nova de Foz Côa, por vezes designada abreviadamente Foz Côa, é uma cidade portuguesa, pertencente ao Distrito da Guarda, Região Norte e sub-região do Douro, com cerca de 3 100 habitantes e é conhecida pelo complexo de gravuras rupestres ao ar livre no vale do Rio Côa, um dos maiores centros arqueológicos de arte rupestre da Europa. A pouco mais de duas horas da Galiza, Vila Nova de Foz Côa vai acolher, de 23 a 27 de abril, uma nova edição do Festival de Poesia e Música, um festival que é tido como o mais antigo festival literário do país, fundado em 1984, e que agora quer ganhar uma nova dinâmica e tornar-se numa iniciativa cultural de nível internacional, acolhendo, em 2019, por exemplo, a atuação do Coro Del Collegio Universitario Mazza-Padova (Itália). \"Muitos dos poetas que estiveram nas primeiras edições tornaram-se nossos amigos e continuam a vir a Vila Nova de Foz Côa, para participar na iniciativa\", adiantou Jorge Maximiano, cofundador do Festival e que acredita nesta iniciativa literária como impulsionadora de uma dinâmica cultural da região do Douro Superior e no distrito da Guarda. O festival de literatura, que terá uma forte presença dos escritores nas escolas, conta com a participação de nomes como Rosa Alice Branco, Casimiro de Brito, Luís Quintais, Paulo Sucena, Adélia Carvalho, Rui Spranger, Daniel Rocha, Raquel Patriarca, Ana Margarida Ramos, Maria Estela Guedes, João Pedro Gama, Sérgio Almeida, Aurelino Costa, José Viale Moutinho, entre outros. Do programa do festival faz também parte uma sessão com o poeta italiano Marco Fazzini, promovida em parceria com a Biblioteca Municipal Eduardo Lourenço, na Guarda. No dia 23 terá lugar uma homenagem a Manuel Alegre, o escritor e político que tem sido distinguido por inúmeras condecorações e medalhas. Em 2017 recebeu o Prémio Camões e foi doutorado \"honoris causa\" pela Universidade de Pádua. Manuel Alegre tem edições da sua obra em diversas línguas, nomeadamente italiano, espanhol, alemão, catalão, francês, romeno e russo. A sua obra goza de reconhecimento nacional e internacional, tendo recebido múltiplos e importantes prémios literários. A sua poesia foi e é um hino à Liberdade e, talvez seja por isso que é lembrada por muitos resistentes que lutaram contra a ditadura. É considerado o poeta mais cantado pelos músicos portugueses, designadamente Adriano Correia de Oliveira, José Afonso, Luís Cília, Manuel Freire, António Portugal, José Niza, António Bernardino, Alain Oulman, Amália Rodrigues, Janita Salomé e João Braga. As comemorações do 25 de Abril serão realizadas através de espetáculos de poesia e música, comunicações de personalidades como Arnaldo Saraiva, Eduardo Lourenço e Guilherme d'Oliveira Martins e a apresentação do livro \"A Águia e a Água\", de Mia Couto, e de \"A canção do jardineiro louco, antologia coletiva de poesia para a infância\"."}
{"ID": "NOS_37310", "summary": "A Organización Internacional do Traballo apunta a que a reforma laboral aprobada polo goberno de Rajoy facilita o despedimento \"sen que haxa contrtatación\" e manifesta que hai outras alternativas ás políticas do executivo español de recortes no modelo social", "text": "A Organización Internacional do Traballo (OIT) non cre que as políticas de recortes e austeridade aplicadas polo executivo español vaian servir para saír da crise no curto prazo. Máis ben, apunta este organismo, provocan a imposibilidade de xerar emprego, polo menos até 2017. Así o manifestou un representante da OIT, Raymond Torres, que analizou o escenario laboral do Estado español, apuntando que o mercado laboral non vai crear emprego neto até \"máis alá de 2017\". Para Torres, hai políticas alternativas e que pasan por non recortar dereitos nin o modelo de benestar, incidindo na necesidade de elaborar actuacións e medidas dirixidas a evitar o alto desemprego, sobre todo na mocidade. Nesta liña, desde a OIT tamén se considera que a última reforma laboral, aprobada polo executivo de Mariano Rajoy, só contribúe a facilitar o despedimento, sen que haxa contratos. Cómpre lembrar que nos últimos meses xurdiron diferentes voces de organismos internacionais que alertan da situación do Estado español. A Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica (OCDE) advirte nun informe que en 2012 e 2013, o Estado español presentará as máis altas taxas de desemprego dos países desenvolvidos, en torno ao 25 por cento. Isto é, unha de cada catro persoas do estado. Moi por riba de países que, como Portugal ou Grecia, o discurso oficial español presenta como que están nunha situación verdadeiramenmte calamitosa, moito peor que a española."}
{"ID": "NOS_10989", "summary": "O novo circo colle folgos para recuperar o ritmo no mes de agosto logo do parón que supuxo a corentena por mor da COVID-19 e a cancelación de actuacións, festivais, etc. Nun repaso á axenda dos próximos días non pode faltar PistaCatro Produtora de Soños, empresa pioneira na creación, produción e distribución de espectáculos de Novo Circo e Cabaré. A compañía, que se fundou en Compostela en 2006, naceu \"cunha dobre finalidade\", reza na súa páxina web, \"crear e producir os espectáculos individuais e do colectivo e darlle saída as nosas inquietudes e actitudes artísticas ademais de distribuír no mercado galego e internacional\".", "text": "Entre a heteroxénea carteira de espectáculos de PistaCatro atópase 'OhLimpiadas' da compañía galega La Sincro e que se repersenta esta tarde no parque de Santa Margarita da Coruña (19 horas). Unha representación que mereceu o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa da Feira Europea de Artes Escénicas para nenas e nenos (Fetén) 2019. \"Este é o primeiro espectáculo da compañía\", comenta Mónica Suárez de La Sincro e por iso \"xa foi unha sorpresa que seleccionasen o espectáculo e máis aínda o premio\". Do seu paso pola feira destaca a importancia de \"darse a coñecer a través dun festival tan importante coma Fetén e contrastar co público que o noso humor absurdo funciona\". 'OhLimpiadas' nace a partir dun número de clown de natación sincronizada e protagonízano dúas limpadoras que soñan que están a participar nos Xogos Olímpicos. \"Pretendemos así homenaxear as mulleres deportistas\" comenta Mónica \"e reflectir, a partir dos roles aos que se supón que están destinadas as mulleres, coma o de limpar, as trabas ás que nos enfrontamos, tamén no deporte\". Este espectáculo de La Sincro, ao igual que a maior parte dos que se inclúen en PistaCatro, lévase á escena tanto en salas coma na rúa e adáptase a todos os públicos. Ademais de 'OhLimpiadas', nos próximos días poderase gozar conas acrobacias e o humor de 'Nono', 'C'est pas possible' ou a Orquestra de Malabares, que o día 15 retoma a súa xira exterior cunha actuación en Ponferrada e outra na cidade de Soria o día 26 de agosto. CALENDARIO— Monterrei: 'C'est pa possible' de Sempre Arriba / 14 de agosto / Negueiros / 21.00 h.— Ponferrada: 'Orquesta de Malabares' de PistaCatro / 15 de agosto / Auditorio / 20.30 h. — Cariño: 'OhLimpiadas' de La Sincro /16 de agosto / Campín / 20.30 h.— Melide: 'OhLimpiadas' de La Sincro / 18 de agosto/ praza do convento / 20.30 h.— Cambados: 'Nono' con Arturo Cobas / 20 de agosto / parque Torrado / 21.00 h.— Soria: 'Orquesta de Malabares' de PistaCatro / 26 de agosto / Palacio de la Audiencia / 19.30 h.— Vilalba: 'Orquesta de Malabares' de PistaCatro / 31 de agosto / Festas de San Ramón"}
{"ID": "NOS_2938", "summary": "Segundo a xuíza, non semella que a formación política tivese facultades para expulsar os edís posto que partido e formación municipal \"son entidades diferentes\".", "text": "O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense suspendeu cautelarmente o acordo adoptado pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Democracia Ourensá do pasado 18 de outubro polo que se expulsou da formación municipal tres edís críticos. Estímase a solicitude de medidas cautelares presentada a pasada semana precisamente polas concelleiras María del Mar Fernández, Maite Rodríguez e o concelleiro Miguel Caride. Así, deixan de ser non adscritos e recuperan os seus anteriores postos. No caso de Caride regresaría tamén á segunda vicepresidencia da Deputación Provincial. O xulgado obriga así mesmo a Democracia Ourensá, o partido que lidera o alcalde da cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome, a asumir os costes do xuízo. Segundo a xuíza \"non parece\" que a formación \"tivese facultades para expulsar\" os edís posto que o grupo municipal e o partido \"son entidades diferentes\". \"O partido político Democracia Ourensá só pode impor sancións disciplinarias a quen estea afiliado a el, polo que carecen de calquera eficacia aquelas sancións que poidan acordar impor a persoas alleas a esa organización\", expón no auto. Democracia Ourensá avanzou que recorrerá en apelación a decisión do xulgado. Nun comunicado cualificou o auto de \"erróneo\" e explica que se impulsou a sanción aos edís \"ao declaralos tránsfugas\". Pérez Jácome, a través das redes sociais, advertiu que a formación non perdeu \"ningún xuízo\", senón que a maxistrada apraza os efectos da resolución de expulsión \"até o desenvolvemento do proceso\". A anulación da asemblea supón que \"xa non vale\" todo o aplicado desde entón, segundo valorou un dos tres edís expulsados, Miguel Caride. \"Hai que volver formar as xuntas de portavoces, volver formular as intervencións, a presenza nas comisións informativas e a presenza en xuntas de área\", agregou o edil. Reparto de dedicacións Tamén na xornada de hoxe, o Partido Popular, Democracia Ourensá, o Partido Socialista e Ciudadanos acordaron un novo reparto das dedicacións exclusivas do Concello de Ourense tras a ruptura do pacto de Goberno entre a formación que lidera Jácome e o PP. Só o BNG rexeitou este acordo"}
{"ID": "NOS_21444", "summary": "O 23 de abril sae á venda o primeiro disco de Gelria, 'Cantos de poeta', que pon música aos versos de 14 poetas galegos nos que fai un percorrido pola historia da poesía galega contemporánea.", "text": "Gelria (que tira o seu nome do barco holandés no que embarcou Manuel Antonio) lanzará á venda o próximo 23 de abril o seu primeiro traballo discográfico. Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorrerá a historia da poesía galega contemporánea, desde o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que lles poñerán música. A banda –creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)- estréase así cun proxecto que se presenta en formato de libro-disco acompañado de fotografías e ilustracións e no que, ademais, se incluirán as letras dos diferentes temas en galego, portugués, castelán e inglés. Cantos de poeta recolle un total de catorce poemas cuxa selección busca trazar un itinerario musical das diferentes etapas da poesía galega contemporánea, ademais de achegar unha radiografía -a través da música e dos versos- do imaxinario colectivo galego. De Curros a Chus Pato Cantos de poeta é un disco ecléctico que posúe resonancias de diferentes estilos e xéneros -desde a música tradicional á contemporánea, pasando polo jazz- que propón un percorrido polas diferentes etapas da nosa historia poética. O camiño proposto por Gelria principia na época do Rexurdimento (poñéndolle música a Rosalía de Castro – Castellanos de Castilla- e Curros Enríquez –A nena na fonte-), e continúa aproximándose á lírica de vangardas (con poemas como Amenceu Bico ou onda o mar, de Álvaro Cunqueiro; Sós, de Manuel Antonio, ou Canzón para que un neno non durma, de Luís Pimentel) e á poesía de posguerra (versionando Eu quero oír o teu silencio, de Aquilino Iglesias Alvariño, ou Longa noite de pedra, de Celso Emilio). A antoloxía tamén se achega ao grupo Brais Pinto (Cantiga do amante preso, de Xosé Luis Méndez Ferrín ou O gato da tasca Mariñeira, de Bernardino Graña) e a poesía do autor de referencia das Irmandades da Fala, Ramón Cabanillas a través do seu poema Acción Gallega, prestándolle tamén a atención a poetas da Xeración dos 50 como son Luz Pozo Garza, co seu poema Far Blues; ao poeta da Terra Cha, Manuel María, a quen se lle dedica ás Letras Galegas deste 2016, co poema Zocas, e ao seu compañeiro de xeración Uxío Novoneyra, de quen se musica Cousos do lobo. O periplo remata cun Unha luz que se afasta e se nos dirixe, poema de 2013 de Chus Pato, unha das voces máis destacadas no panorama da lírica actual."}
{"ID": "NOS_26409", "summary": "As probas de carga nos viaductos do treito ente Pedralba e Taboadela, que reducirá en 50 minutos a viaxe a Madrid, comezarán en marzo.", "text": "Entre as múltiples datas que se anunciaron para a chegada do AVE a Galiza, 2020 foi unha das que máis se escoitou estes últimos anos. Se ben todo apunta a que non vai chegar a tempo, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) loita por apurar os prazos para que as galegas non tarden en contar cun tren en condicións que lles comunique coa meseta. De feito, desde o organismo español adiantan que as dúas vías do treito de 101 quilómetros entre Pedralba de la Pradería (Zamora) e Taboadela estarán \"totalmente rematadas\" no segundo trimestre do ano, antes do verán. Na actualidade traballan nas obras cinco equipos, cun rendemento de execución de vía a razón de \"200 metros por día por equipo\". En marzo \"estase a programar\" o inicio das probas de carga nos viadutos e xa no mes de xaneiro Adif iniciará o tendido da catenaria na vía dereita. En canto ao treito anterior, o que discorre entre Zamora e Pedralba de la Pradería, de 110 quilómetros, o administrador ferroviario sinala que está en fase de probas o sistema de seguridade ERTMS, e que o prazo da súa posta en servizo mantense para a vindeira \"primavera\". \"En breve comezarán as probas dinámicas co tren laboratorio Séneca en diferentes chanzos de velocidade até os 300 quilómetros por hora\", explica a entidade presidida por Isabel Pardo de Vera sobre este treito. No que atinxe á chegada a Ourense, Adif vai aproveitar os 17 quilómetros do corredor convencional desde Taboadela como solución complementaria á variante exterior. Porén, traballa na implantación do ancho mixto, a construción dun novo ramal para conectar a liña de alta velocidade coa convencional, a instalación da superestrutura e a construción dun cambiador de ancho en Taboadela."}
{"ID": "PRAZA_9559", "summary": "A crítica e comisaria Rosario Sarmiento realizou o documental 'Arte+Muller+Galicia' tras a exposición 'Mulleres de Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz', celebrada no MARCO de Vigo, coma un xeito de deixar pegada -para a historia- deste proxecto, ante a ausencia de catálogo do mesmo. Conversamos con ela", "text": "A crítica e comisaria Rosario Sarmiento realizou o documental 'Arte+Muller+Galicia' tras a exposición 'Mulleres de Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz', celebrada no MARCO de Vigo, coma un xeito de deixar pegada -para a historia- deste proxecto, ante a ausencia de catálogo do mesmo. O filme supón, ademais, un chanzo máis nun esforzo colectivo levado a termo nas últimas décadas por visibilizar e analizar a arte feita por mulleres no país. 'Arte+Muller+Galicia' forma parte do programa 'Olladas de muller', organizado polo Consello da Cultura e polo CGAI polo 8 de marzo, e este 11 de marzo proxéctase en Compostela, na sala Numax. Falamos con Rosario Sarmiento. Como xorde a idea de facer este documental? Cales son os seus obxectivos?O documental xorde tras a mostra 'Mulleres do Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz' do Museo MARCO de Vigo, da que eu son comisaria, pola necesidade de recoller o traballo os testemuños das artistas participantes no proxecto, xa que non se publicou un catálogo da mesma. Tentei paliar con este documental esa ausencia de catálogo imprescindible nunha exposición. Afortunadamente, a Deputación de Pontevedra vai editar finalmente o catálogo da mostra.\"O que tento é construír o mapa da creación artística feminina en Galicia\"Como se complementa con outros proxectos teus como a exposición 'Territorios de intimidade'? Que supón, en concreto, no traballo que tes feito en relación coa arte e as mulleres? Supón un paso máis. O primeiro traballo foi a mostra 'A Arte Inexistente' (1995) no Auditorio de Galicia, despois 'Mulleres do Silencio' no Marco (2016) e, despois do documental, 'Territorios de Intimidade' (2018) no Auditorio de Galicia. Con estes proxectos o que tento é construír o mapa da creación artística feminina en Galicia.Hai un estudo do Consello da Cultura, dirixido por María Luisa Sobrino, de hai uns poucos anos, que ten un título moi semellante e un contido tamén confluente ao do teu documental. Houbo tamén varios proxectos (como algunhas exposicións que citas) sobre arte e xénero en Galicia, cuxo obxectivo foi primeiro visibilizar o traballo feito por mulleres e despois analizar cuestións máis concretas (a relación entre o arte e o feminismo, por exemplo, en 'Alén dos xéneros', que estivo no MARCO). Dentro de todos estes traballos realizados desde os 90, en que lugar se inscribe o teu documental?Tanto o estudo do consello, 'Arte+Mulleres. Creadoras galegas' (2015) dirixido por Mª Luisa Sobrino Manzanares, onde se revisa pormenorizadamente o protagonismo das artistas en Galicia en diferentes ámbitos, entre os anos 1990-2013, que eu cito no documental, como a mostra 'Alén dos Xéneros', forman parte desa revisión do acontecido co papel cumprido polas mulleres ao longo do século XX en Galicia, que ten as súas primeiras referencias nas Bienais de Artistas Galegas (1987, 1990, 1994 e 1997) organizadas polo colectivo Alecrín que empezaron a sacar á luz o traballo exclusivo de mulleres, ás que seguiron exposicións como 'Presente Plural' (1994); 'A arte inexistente' (1995); 'Nos-outras. Pintoras, poetas e orgullo de ser muller' (1997); 'Clónicas' (2004); 'Marxes e mapas' (2008); 'Generosas y fuertes' (2009); 'Artistas. Proxectos de visibilización', 'Elas fan tech' (2013)… .O documental divídese en dúas partes: a primeira é un percorrido histórico. Como e con que criterios se escolleron as mulleres entrevistadas no documental? .Como comentaba antes, fíxose a partir do proxecto da mostra 'Mulleres do silencio', que incluía un abano moi amplo de artistas desde Maruja Mallo e Julia Minguillón como as primeras mulleres artistas profesionais formadas na escola de Belas Artes de Madrid, ata as artistas que forman parte da primeira xeración de profesionais formados na escola de Belas Artes de Pontevedra. Por certo, o testemuño de Berta Caccamo para este proxecto foi o último que gravou.\"O testemuño de Berta Caccamo para este proxecto foi o último que gravou\"Na segunda parte do documental as dez artistas vivas da exposición contestan a cinco preguntas. As súas respostas axudan a entender a situación e pensamento destas artistas galegas en relación a arte e a muller. Unha mirada moi plural e con puntos de vista diferentes.O feito de ser mulleres marcou \"o seu protagonismo nos espazos de poder e decisión\". Esta é, supoño, unha das ideas nas que poden estar máis ou menos de acordo as entrevistadas. Porque todas viviron, seguramente, maneiras de seren discriminadas ou minusvaloradas dalgún xeito. Polo que se ve no documental, como foron cambiando estes xeitos de discriminación?No documental falan artistas de distintas xeracións e con diferentes opinións, vivencias e circunstancias. Non todas se sentiron discriminadas, en realidade. Para algunhas a discriminación non foi na súa formación senón na súa carreira e por circunstancias diferentes. Pero tamén hai artistas que a pesar de estar presentes en proxectos como 'A Arte inexistente', de 1995, e posteriormente en 'Mulleres do Silencio', do 2016, seguen sen ser recoñecidas nin valoradas. O feito de ser mulleres si que marcou \"os seus espazos de poder é decisión\".\"O feito de ser mulleres si que marcou \"os seus espazos de poder é decisión\"Desigualdade supón, neste contexto, o do arte, entre outras cousas, unha (inoculada polo patriarcado), falta de seguridade en si mesmas ou, polo menos, algunha tendencia a restarlle relevancia ao que facían. De que feito se reflicte iso no documental?. Penso que nas respostas das artistas, algunhas de forma moi explícita.O documental céntrase no caso galego, aínda que seguramente non sería moi diferente noutros lugares. No franquismo si que, seguramente -en Galicia e en España- o traballo das mulleres como artistas viuse máis limitado. En que aspectos? Complicaba aínda máis a situación vivir en Galicia, dada a falta de espazos para formarse? Certo. Non só de espazos para formarse, senón dunha sociedade moi pechada e prexuiciosa, na que non se entendía que unha muller quixese ser artista profesional. Se tiñan posibilidades e recursos económicos, podían marchar fóra, case sempre a Madrid, e polo tanto traballar en mellores condicións. Ata o 1991 non hai Facultade de Belas Artes en Galicia. Isto vai supoñer un gran paso adiante.\"Ata o 1991 non hai Facultade de Belas Artes en Galicia. Isto vai supoñer un gran paso adiante\"Na parte de percorrido histórico trátanse cuestións coma a escasa presenza nas vangardas anteriores á guerra (Maruja Mallo debe ser das poucas, e estivo fóra case todo o tempo) ou como mudaron as circunstancias coa volta da democracia tras o franquismo. Como mudou, efectivamente, a situación coa democracia e a autonomía? Houbo entón algún fío que se retomase de antes da guerra?. A democracia e a autonomía supuxeron o inicio dunha normalización da vida cultural. Pero foi un case comezar de novo, porque non había modelos. Só Maruja Mallo, que volve do exilio e vive en Madrid. Isto amosa a ausencia de mulleres artistas galegas na etapa republicana e nas vangardas históricas. Os oitenta e noventa do século XX foron décadas moi importantes nese aspecto. As referencias femininas eran as poucas mulleres recoñecidas que destacaron baixo o franquismo.\"Só está Maruja Mallo, que volve do exilio e vive en Madrid. Isto amosa a ausencia de mulleres artistas galegas na etapa republicana e nas vangardas históricas\"A dinamización das artes plásticas (a creación dos principais museos, por exemplo), ou o novo escenario formativo (a Facultade de Belas Artes, principalmente) tamén axudou a mudar a situación, aínda que segue a haber desigualdade na presenza de mulleres nos museos, por exemplo. (No aspecto positivo, agora mesmo no CGAC hai dúas exposicións de dúas artistas). Cales son as dinámicas que seguen a explicar, aínda hoxe, a desigualdade? A discriminación e a desigualdade da muller en tódolos ámbitos da sociedade, como non, tamén no eido artístico. Pois as cifras da desigualdade están aí. As porcentaxes de estudantes mulleres nas facultades de Belas Artes son do 78%, nas de historia da arte do 68% e en Restauración do 76%. Nos premios Nacionais de Belas Artes só o 18% son mulleres… e poderiamos engadir máis datos..… A desigualdade existe en tódolos ámbitos sociais, e na cultura é exactamente igual. No entramado artístico -museos, coleccións, galerías, crítica, etc- as mulleres seguen sendo minoritarias e seguen sen detentar os postos de poder en igualdade de condicións ca os homes. O poder é dos homes e non o ceden se non loitamos xuntas.\"O poder é dos homes e non o ceden se non loitamos xuntas\"Na segunda parte do documental falan mulleres que participaron na exposición 'Mulleres do silencio', como salientabas antes. Entre outras preguntas, responden a se hai diferenzas entre o arte feito por homes e por mulleres (cuestión bastante discutida) e que achegou a arte feita por mulleres en Galicia. Como podemos resumir as respostas a respecto disto, cal é opinión xeral das mulleres entrevistadas?. Pois hai diferentes respostas. Algunha delas cren que a arte feita por mulleres é máis sólida, máis rompedora e sincera porque teñen menos que perder. Outras non ven diferenzas. En canto ás achegas das mulleres á arte, tamén hai diferenzas pero, en xeral, creen que achegaron pouco porque a súa presenza na historia foi moi pequena.\"Polo feito de ser mulleres non teñen que ser boas artistas, pero si que hai mulleres moi interesantes como creadoras aínda case descoñecidas\"Visibilizar a arte (ou a literatura, a música, o teatro, o cine, etc) feito por mulleres é algo necesario, dado que o patriarcado tende a situar as súas creacións nun segundo plano. Mais tamén se corre sempre o perigo de acabar creando etiquetas como \"arte feminino\" ou \"arte de mulleres\", que negan a heteroxeneidade da creación feita por mulleres e que pode caer, ademais, nun certo esencialismo. Como evitar isto nun documental coma o teu? Certo. Meus criterios son de respecto ao pluralismo na visión da arte feita por mulleres, tanto de tendencia artística como xeracional, ou incluso de situación económica. Isto vese nas respostas do documental. Eu creo que é necesario visibilizar porque aínda é necesario reconstruír o \"escribir\" unha historia que non está relatada en todos os seus capítulos e con todas as súas protagonistas. Canto máis investigas, máis de dás conta de que nos falta moito por coñecer e estudar. Eu creo que iso é o que hai que facer. Claro que sen caer nos paternalismos. Polo feito de ser mulleres non teñen que ser boas artistas, pero si que hai mulleres moi interesantes como creadoras aínda case descoñecidas. A labor dos historiadores é esa, investigar e dar a coñecer, con criterios rigurosos.\"As exposicións pasan pero os catálogos permanecen e son documentos para a historia. As institucións deben ser conscientes de que as exposicións deben acompañarse dun catálogo\" Algo máis que queiras comentar?Unha das miñas liñas de traballo é recuperar e dar a coñocer a arte feita por mulleres. Este documental é unha experiencia nova para min, á que tiven que recurrer, como dicía antes, ante a imposibilidade de que desde o MARCO se editase un catálogo. Unha vez exhibido o documental no museo de Pontevedra, Carmela Silva, moi sensible ao tema femenino, viu a necesidade de editar o catálogo. As exposicións pasan pero os catálogos permanecen e son documentos para a historia. As institucións deben ser conscientes de que as exposicións deben acompañarse dun catálogo."}
{"ID": "PRAZA_6178", "summary": "A mobilización, de carácter unitario, pechouse coa lectura dun manifesto e a intervención de varios cidadáns palestinos. Este martes está convocada unha nova manifestación, en Compostela", "text": "\"O pobo galego, co pobo palestino\". Máis de dúas mil persoas manifestáronse na tardiña deste luns en Vigo, nunha mobilización de carácter unitario que se pechou coa lectura dun manifesto e a intervención de varios cidadáns palestinos. Este luns tamén se celebrou en Ourense unha concentración en solidariedade co pobo palestino e este martes está convocada unha nova manifestación, en Compostela. \"A situación en Gaza hoxe traspasa a loucura, traspasa o imaxinable, é un exterminio real\", destacou Fayed Khalaf, da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), lembrando os máis de 500 mortes provocadas polos ataques israelís na última semana, máis de 100 nenos e nenas. Khalaf reclamou unha negociación \"que non estea baseada nos postulados norteamericanos ou europeos, queremos unha negociación baseada no dereito internacional\". O representante da FPLP despediuse citando a George Habash, fundador da Fronte Popular para a Liberación de Palestina: \"poden destruír as nosas casas, poden destruír as nosas árbores, poden destruír os hospitais, poden destruír as escolas, pero hai unha cousa que non poden destruír: o noso espírito de loita. Seguiremos na loita até que o pobo palestino consiga a independencia, nun Estado democrático, laico e progresista, do río Xordán ao Mediterráneo\". No comunicado final da manifestación denunciouse que o Estado de Israel \"tortura, somete a terrorismo e mata o pobo de Palestina por resistir a colonización\" e que \"a ONU vén de sinalar que tres de cada catro mortos na invasión a Gaza son civís, na súa maioría mulleres e nenos\". Dende Galiza con Palestina demándase \"que os responsables desta nova agresión sexan levados ante os tribunais internacionais e xulgados polo delito de xenocidio\" e que \"a UE e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontables acordos de Nacións Unidas, e que implican o abandono do territorio ocupado polo Estado de Israel\". Este martes 22 de xullo está convocada unha nova concentración e manifestación en Compostela, ás 19.30 horas na Praza do Toural, na que se volverá dar lectura ao comunicado que xa pechou a concentración celebrada o pasado luns. No texto, destácase que \"desde Galiza non podemos permanecer impasíbeis diante deste novo crime. Non se trata só dun problema ético. Trátase tamén dun delito à luz de todos os conceitos do dereito internacional. A situación da nosa nación aproxímanos necesariamente máis á dor da Palestina e a necesidade de os pobos poderen exercer a súa autodeterminación, posuíren un territorio que non sexa constantemente violado e se desenvolveren economicamente en función dos seus proprios intereses colectivos e non en base a intereses alleos de carácter imperialista\". O comunicado pechábase facemos un chamado \"á solidariedade activa e a apoiar a campaña internacional de boicote, desinvestimentos e sancións contra Israel\". Podes ver a galería completa de imaxes nesta ligazón"}
{"ID": "PRAZA_15202", "summary": "A película galega de animación lanza unha campaña para esixir a súa proxección nas salas comerciais. A distribuidora prometéralle unha estrea en 80 salas e finalmente non chegou máis que a 25, en moitos casos cun único pas diario e con horarios pouco favorables.", "text": "Son moitas as virtudes de O Apóstolo: trátase da primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa, é un proxecto galego no que dende 2008 traballaron con mimo ducias de profesionais, contou con Philip Glass para a creación da Banda Sonora e obtivo recoñecementos en festivais coma Moscú, Málaga, Sitges, Bogotá ou Buenos Aires. Por suposto, cada ano prodúcense moitos bos filmes que fican fóra das salas comerciais ou que apenas teñen distribución, pero o caso do Apóstolo é significativo porque esta película obtivera un compromiso da súa distribuidora para ser estreada o pasado 31 de outubro, véspera de Defuntos, en 80 salas de todo o Estado. Finalmente non foron 80 senón 25. En moitas das cidades nas que estaba prevista a súa proxección (Sevilla, Bilbao, Donostia, Murcia, León…) a película non chegou a estrearse, e noutras coma Madrid quedou relegada a salas afastadas do centro ou a horarios incómodos para a meirande parte dos espectadores. A produtora do filme denuncia que dende entón este trato se vén repetindo en cines de toda España: dende grandes superficies que incumpren o prometido e alegan que nas súas moitas salas non teñen espazo para O Apóstolo ou outros cines que a proxectan en días alternos. Neste momento O Apóstolo pode verse en 17 salas en todo o Estado, aínda que non todos os días da semana e non sempre nas mellores horas. En Galicia está na Coruña, Ferrol, Carballo, Compostela, Vigo e Monforte. Os responsables do Apóstolo veñen de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na rede para esixirlle a Yelmo Cines, Cinesa, Kinepolis ou Cinebox que lle dean un espazo. Mentres o filme busca fóra de España a súa rendibilidade e vén de participar no American Film Market para negociar a súa distribución nos Estados Unidos."}
{"ID": "PRAZA_17339", "summary": "Despois de anos de loita, Van Bree gañou en 1937 o Mundial; só un par de anos despois estaba de volta na casa, coidando da nai enferma e afogando a frustración en alcol", "text": "Que dura e que triste foi case sempre a vida das pioneiras do ciclismo. Quizá ningunha tanto coma a de Mien van Bree, precursora das fabulosas rodadoras holandesas que dominan desde hai anos o calendario internacional. Despois de anos de loita, Van Bree gañou en 1937 o Mundial; só un par de anos despois estaba de volta na casa, coidando da nai enferma e afogando a frustración en alcol. A xornalista Mariska Tjoelker escribiu hai uns anos unha biografía de Mien van Bree sobre unha vida chea de rabia que só se apagaba enriba da sela. Nacera preto da Haia en 1915, e un campión do mundo veciño (cousas de vivir na terra das bicis) descubriu o seu potencial véndoa pedalear detrás dos autobuses por puro pracer. Ademais dunha forza descomunal, a rapaza tiña un compromiso enorme co deporte, e fora con 16 anos a fundadora dun dos primeiros clubs ciclistas femininos da volta. Empezar a competir en serio supúxolle a primeira decepción: nos Países Baixos as carreiras entre mulleres estaban prohibidas, así que non lle quedou máis remedio que trasladarse a Bélxica, onde si había un circuíto máis ou menos estable de ciclismo feminino. Durante varias temporadas mediuse coa entón dominadora do pelotón, a belga Elvire de Bruyn, que se retiraría a mediados da década e reaparecería anos despois correndo en probas para homes baixo o nome de Willy Debruyne. Despois de anos de loita, Van Bree gañou en 1937 o Mundial; só un par de anos despois estaba de volta na casa, coidando da nai enferma e afogando a frustración en alcol O final dos trinta foi a súa época. En 1937 coroouse campioa de Europa e en 1938 gañou o Mundial. Repetiría títulos unha temporada máis. Ata que, no 1940, o seu mundo se derrubou. Co comezo da Segunda Guerra Mundial, as competicións pararon. Ademais, Van Bree viuse obrigada a regresar a Holanda para coidar á nai, xa moi vella. Nada que non saiban tantas e tantas mulleres. En Bélxica quedoulle, ademais, o amor da súa vida, a tamén ciclista Maria Gaudens. Mien van Bree desaparece por completo dos rexistros ciclistas desde entón. Privada da vida que quería ter, atopou unha nova amiga tan acougante como perigosa: a xenebra. Durante corenta anos traballou de enfermeira nun psiquiátrico (e, polo visto, tamén pasou polo mesmo sanatorio como interna, debido á depresión e á bebida). Viviu soa e recluída nunha casiña, criando canarios e vendo o Tour de Francia pola televisión, durmindo coa bici que pilotara nos anos trinta ao lado da cama e cos xerseis de campioa do Mundo ben dobrados no armario. En 1983 atoparon o seu corpo frío dentro da vivenda: afogara no seu propio vómito."}
{"ID": "PRAZA_7031", "summary": "Veciños da Coruña volven intensificar as protestas ante o inminente desaloxo dunha familia en Elviña, cuxa casa podería ser derrubada na vindeira semana. As manifestacións colapsaron varias veces o tráfico e irromperon no pleno municipal sen que o Concello dea unha solución.", "text": "\"O Ofimático será o próximo Gamonal\". Con esta pintada de fondo manifestáronse este xoves a última hora da tarde 200 veciños da Coruña en apoio ás familias da zona de Elviña ameazados polo desaloxo e o inminente derrubamento das súas casas. Son os domicilios de varias persoas cuxos terreos deben ser destinados aos equipamentos públicos para os futuros habitantes do parque Ofimático, unha urbanización que se acaba de comezar a construír na entrada da Coruña. Neste mes de novembro, a administración local conta con desafiuzar a Isabel, o seu fillo Álvaro e os dous fillos deste. Con fachos e candeas e sobre as oito da tarde, os manifestantes cortaron o tráfico na principal vía de saída da cidade e colapsaron o tráfico durante algúns minutos. Dous días antes, no pleno municipal, varios cidadáns foron expulsados por berrar contra o goberno local e o pasado luns, outra protesta colapsou a entrada do tráfico ao campus universitario. As convocatorias son cada vez máis concorridas e a indignación, tamén maior ante o silencio do Concello. As protestas intensifícanse ante as ameazas de desaloxos con cortes de tráfico e irrupcións nos plenos municipais É o colectivo Stop Desafiuzamentos, que xa amosara a súa capacidade convocatoria no caso da anciá Aurelia Rey ou de Elisabeth Salnés, quen lidera unhas mobilizacións que están a concienciar a veciñanza sobre unhas ameazas de desafiuzamento exemplificadas agora no caso de Álvaro e a súa nai Isabel, de 72 anos, que foron advertidos da inmimente derruba da súa casa a través de dúas funcionarias escoltadas pola policía hai unha semana. Unhas notificacións que cualifican de \"intensísima presión\" por parte da administración local para unha expropiación \"forzosa\". Unha expropiación, explican os afectados, que os obrigou cambiar a súa propiedade por outra con cargas e que non inclúe vivenda. Unha expulsión obrigada para unha urbanización de máis de 1.000 vivendas promovida pola Xunta e que leva vinte anos con atrancos, cambios e numerosas denuncias xudiciais. Nin esta familia afectada inminentemente nin o resto dos veciños con ameaza de desaloxo viron aínda un peso da indemnización da Xunta. Uns 200.000 no caso Álvaro e Isabel pola casa e a horta onde viven. Os cartos foron retidos polo Concello para cubrir os gastos de urbanización do Ofimático e o terreo que lles outorgaron en compensación preto da nova urbanización de nada lles serve porque din que nin teñen capacidade económica para construír nada nin promotor que llelo compre. E eles non queren nin os cartos da compensación nin ser desafiuzados, senón a desafección, xa que, tal e como lembran e segundo as pevisións, a vivenda de Álvaro e Isabel debe ser derrubada para construír unha ponte \"que quedaría truncada a oito metros de altura, suspendida no aire\" porque \"aínda non está previsto onde rematará\". Agora, e tras os avisos do Concello, esperan que o desaloxo se produza na vindeira semana, situación ante a que Stop Desafiuzamentos prepara xa máis mobilizacións. Eles son unha das cinco familias afectadas de Elviña pola ameaza de despexo, pero hai máis tamén noutras áreas que cobre o Ofimático. Stop Desafiuzamentos advirte que a loita é contra os desaloxos pero tamén \"contra a especulación e os caciques locais\" A loita, como advirte Stop Desafiuzamentos, é contra os desaloxos, pero tamén \"contra a especulación\" e \"contra os caciques locais que están a tentar desesperadamente deixar apañados os favores comprometidos cas súas amizades de negocios, esnaquizando para iso a vida das familia, sen que lles dea o máis mínimo reparo substiuír estas persoas por unha grande lameira salpicada de bloques, cemento e coches\". \"Negreira, escoita, Elviña está en loita\", advirten os manifestantes. \"Ese é o concepto de 'progreso' dos partidos que apoiaron esta fanfarronada urbanística , o dos 'beneficios' que se agochan tras as concesións e xestión de obras megalómanas que serven aos corruptos para tecer as súas redes clientelares\", denuncia Stop Desafiuzamentos, que denuncia que, malia que os veciños solicitaron unha xuntanza co alcalde Carlos Negreira en setembro, este \"prefire seguir agochado e non mirar á cara da xente á que vai estragar a vida\". Ademais, lembran tamén que os afectados presentaron alegacións ao plan do Ofimático en maio, mentres o Concello advirte da inminente derruba das casas \"antes de que se pronuncie o xulgado\". Segundo o colectivo contra os desaloxos, o devandito plan é modificable e lembran que se está revisando na actualidade \"en beneficio de Adif\". \"A desafección das casas de San Vicente de Elviña é totalmente factíbel e lóxica; daquela, que é o que está a ocultar o Concello?\". \"Isto non acaba aquí\", aseguran varios dos afectados, que anuncian que continuarán coas mobilizacións \"Non nos dan ningunha alternativa e non queren dialogar con nós\", queixábanse dúas veciñas afectadas polo Ofimático tras ser expulsadas do pleno municipal. \"Quedamos sen casa e endebedados para o resto da nosa vida, con débedas de ata 200.000 euros e o Concello só nos amosa represión e non dá a cara\", dicía outra. Mentres, as accións de protesta continuarán. \"Isto non acaba aquí\", advertía o xoves un dos afectados polos desaloxos. Álvaro, que ten a ameaza máis inminente, ve o seu problema agravado xa que nos terreos que se van expropiar ubícase tamén o taller no que el traballa xunto aos seus dous fillos. \"Estamos en alerta vermella porque en calquera momento poden vir desaloxar\", insiste Stop Desafiuzamentos."}
{"ID": "NOS_55901", "summary": "A campaña de micromecenazgo, feita a través da plataforma británica Dig Ventures, financiar unha nova intervención arqueolóxica no castro da Cabeciña (Mougás, Oia).", "text": "A Asociación Costa dos Castros – unión de catro Comunidades de Montes do Concello de Oia – vén de anzar a súa segunda campaña de micromecenado para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico e natural da súa contorna. A campaña realízase a través da plataforma británica DigVentures, especializada en crowdfunding arqueolóxico. Desde que se activara, hai case dúas semanas, xa se recadaron 1.246 euros, un 13% do obxectivo. En 2015, a campaña de Costa dos Castros, o primeiro micromecenado arqueolóxico de Galicia, conseguiu o cento por cento do obxectivo, máis de 10.000 euros Nesta segunda campaña,agarda conseguir outros10.000. Esta iniciativa das Comunidades de Montes de Mougás, Pedornes, Viladesuso e Santa María de Oia vai ter como destino principal axudar a Asociación Costa dos Castros (ACdC) a financiar unha nova intervención arqueolóxica no castro da Cabeciña (Mougás, Oia). Previas intervencións neste castro revelaron un xacemento densamente poboado e con varias fases de ocupación ao longo da Idade do Ferro. A Asociación Costa dos Castros xorde cando as catro Comunidades de Montes desta costa ao sur de Galicia – Mougás, Pedornes, Viladesuso e Santa María de Oia – unen os seus esforzos por buscar novas maneiras de dinamizar os seus montes a través da arqueoloxía e a promoción do lecer na natureza."}
{"ID": "NOS_35833", "summary": "O secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, o portugués Antonio Guterres, evitou un pronunciamento expreso ao conflito catalán pero amosou o sentir da institución á que representa para a lectura entre liñas: \"A creación de condicións para o diálogo é importante\".", "text": "A ONU apoia, aínda que nun segundo plano, a apertura dun proceso de negociación entre o Goberno do Estado español e Catalunya. Así o deixou ver na sexta feira o secretario xeral do organismo, António Guterres, que compareceu con Pedro Sánchez após unha reunión. Desta forma tan simple amosou ese respaldo ao diálogo en Catalunya fronte á oposición do bloque político de dereitas. Se ben Guterres non quixo facer alusións directas ao proceso, pero despois de ser preguntado ao respecto reflexionou: \"Non é propio comentar cuestións de política interna para un secretario xeral. Pero, en termos xerais, hai un principio global\". \"Todos os problemas teñen que solucionarse coa política. O diálogo é un instrumento fundamental\", continuou. Aliás, para falar do procés, dos indultos e do futuro de Catalunya hai que fornecer \"condicións\" para esa conversa na que se acheguen puntos de vista. \"A creación de condicións para que o diálogo poida frutificar é sempre algo moi importante nas nosas sociedades\", insistiu o representante da ONU. Na mesma comparecencia, Sánchez descartou de forma rotunda -polo menos, por agora- un referendo de autodeterminación, sexa vinculante ou non, ou calquera tipo de consulta cidadá que sexa \"divisiva\"."}
{"ID": "NOS_795", "summary": "A décima novela de Manuel Portas, un relato de amor e desamor", "text": "Cadencias é un libro sobre as cousas que latexan baixo a superficie das realidades aparentes. Un relato no que as mentiras, esas que nos contamos a nós mesmas, adquiren especial relevancia. Son os seus ritmos, sutís, para ollares adestrados, os que se moven por baixo da densidade. Así, cun estilo impresionista, Manuel Portas debuxa, emulando a paixón do protagonista, a súa visión do particular triángulo amoroso que une as vidas de tres personaxes: ela, el e Elisa. O autor admite que sería difícil determinar un motivo único como xerminal da obra, mais a reflexión sobre o amor e as relacións humanas, coas amorosas no foco da curiosidade, está na cerna desta breve e condensada narración. Ao tempo, hai un xogo constante \"entre a aparencia e o que realmente é\", nun \"ménage à trois que non é típico\", con esas personaxes que saen da normalidade. Mais é precisamente a realidade unha das principais fontes de inspiración do relato, un punto de partida dun texto que bebe da observación do mundo, o que traduce nunha naturalidade e sinceridade que resultan por veces abafadoras. Estas pinceladas impresionistas perfiladas nas palabras coas que o autor retrata o cotián son precisamente tradución dunha concepción da literatura que \"non debe dicir, senón insinuar\", segundo comprende Portas. Así, a través dun xesto, dunha chiscadela, descubrimos lenemente o carácter auténtico das persoas, as súas sombras e contradicións, aquilo que ocultan, mesmo de si propias. Conflitos incómodos As diferenzas de idade entre os dous protagonistas -nun xogo que bebe da poética cunqueiriana de Poemas do si e do non-, así como a polémica profesión de Elisa -escort de luxo- constrúen os ingredientes singulares do trío amoroso. A novela trasládanos á Barcelona natal do autor de ascendencia arousá, unha cidade na que o protagonista masculino vive unha existencia marcada polo fracaso, incapaz de manter relacións duradeiras. Os tempos entremestúranse en capas reflexivas nunha sorte de foto fixa, entre a fráxil relación que mantén con ela, unha rapaza moito máis nova, natural da mesma aldea ca el, que chega para estudar arquitectura, e as reminiscencias prendidas na realidade da presenza de Elisa, a anterior moza e verdadeiro amor dese home sen nome. Esta condena ao máis absoluto anonimato de dúas das personaxes xurdiu de entrada como \"unha cabriola lingüística e literaria cos protagonistas\", que nun comezo eran só dous, revela Portas. Mais a necesidade de outorgar unha profundidade maior á historia levouno a desenvolver esoutra personaxe, Elisa, que supón unha porta aberta á escuridade na novela. A focalización predominante atópase no protagonista masculino, mais abandonado en certos momentos, especialmente cara ao final, para introducir a lectora na psique das dúas mulleres. Para Portas, o home \"é o máis contraditorio de todos\". Sen chegar a ser narcisista, séntese como \"unha folla que move o vento, case cun determinismo pesimista\" e certa carga na concepción vital que podemos emparentar con Baudelaire. Mais son elas, se cadra, moito máis interesantes. A de Cadencias é unha historia que foxe do politicamente correcto, porque a literatura, para Portas, \"ten que ser crúa, como a propia realidade\". E é xusto nese desacougo dalgunhas escenas onde podemos atopar a verdade, unha propia, cadaquén a súa."}
{"ID": "PRAZA_19976", "summary": "As enquisas prevén unha clara vitoria do candidato liberal sobre a ultradereitista Marine Le Pen. A vitoria nas presidenciais pode non servirlle de moito de non lograr gañar tamén as eleccións lexislativas de xuño. A comisión electoral prohibe a publicación de mails filtrados da súa campaña", "text": "Los franceses decidieron en la primera ronda de las elecciones presidenciales Os franceses decidiron na primeira ronda das eleccións presidenciais deixar fóra os partidos que dominaron a política do país na Quinta República. Este domingo, deben elixir entre un home sen partido e unha muller que lidera a extrema dereita. Hai algo que une a Emmanuel Macron e Marine Le Pen. O que se converta en presidente deberá pelexar outra vez en xuño nas eleccións lexislativas para contar cunha maioría que lle permita gobernar. A incerteza acompañará Francia durante moito tempo. O gañador deberá pelexar outra vez en xuño por contar cunha maioría que lle permita gobernar As enquisas, que acertaron na primeira volta, prevén unha vitoria clara de Macron cunha diferenza ao seu favor ao redor dos 20 puntos. A última sondaxe de Ipsos concede a Macron un 63% e ao seu rival un 37%. Aínda así, un resultado de Le Pen próximo ao 40% sería a cota máis alta alcanzada pola extrema dereita en Francia. En 2002, o seu pai só chegou ao 17,7% no seu duelo directo con Jacques Chirac. O desenlace da campaña viuse afectado pola filtración de miles de documentos atribuídos á campaña de Macron coa intención de favorecer á candidatura de Le Pen. Moi poucos franceses chegaron a coñecer o seu contido. A comisión electoral advertiu o sábado aos medios de comunicación e usuarios de internet que establecerá accións penais contra os que publiquen os documentos resultantes do ataque informático. Millleiros de documentos internos de En Marche! foron publicados en Internet unha hora antes de que finalizase a campaña electoral Millleiros de documentos internos de En Marche!, o movemento político fundado por Macron, foron publicados en Internet unha hora antes de que o venres ás doce da noite finalizase a campaña electoral e os partidos tivesen prohibido facer declaracións públicas de ningún tipo. O momento elixido pretendía conseguir unha rápida distribución e que a campaña de Macron non tivese xa a oportunidade de responder as alegacións concretas que fosen xurdindo da lectura dos documentos. \"A comisión destaca que a diseminación ou publicación desa información obtida de forma fraudulenta e con toda probabilidade mesturada con información falsa pode ser considerada un delito penal polo que os seus autores serán feitos responsables\", dixo o comunicado da autoridade electoral. A comisión diríxese de forma especial aos medios de comunicación e \"tamén a todos os cidadáns\" para que non difundan o contido da filtración e preserven \"a integridade do voto\". Dirixido a \"alterar o proceso electoral\" O diario Le Monde informou de que examinara algúns deses documentos, pero que non ía revelar o seu contido, porque o hackeo \"está claramente dirixido a alterar o proceso electoral\". Por iso, do mesmo xeito que outros medios franceses, non publicará o seu contido ata que remate a segunda volta e se coñezan os resultados o domingo ás oito da tarde. Case nove gigas de datos con documentos supostamente relacionados coa campaña de Macron apareceron en Pastebin, que permite compartir documentos de forma anónima, subidos por un usuario que elixiu o alcume EMLEAKS. O material estendeuse rapidamente a través do foro 4chan, utilizado con frecuencia no último ano por grupos ultradereitistas norteamericanos e partidarios da campaña de Donald Trump. En Twitter, usuarios de extrema dereita nos EUA foron os primeiros en difundir o cancelo #MacronLeaks. O primeiro que o fixo enlazando o material foi Jack Posobiec , da web ultra The Rebel. Wikileaks difundiu a ligazón e deulle credibilidade á documentación filtrada A conta de Wikileaks tamén difundiu a ligazón despois sen entrar a valorar o contido, aínda que si dándolle credibilidade polas súas dimensións: \"Unha filtración interesante. Non é economicamente viable fabricar todo isto\". Tras examinar algúns dos documentos, descartou que houbese falsificacións, como alegou desde o primeiro momento a campaña de Macron. \"Aínda non descubrimos falsificacións en #MacronLeaks e non cremos que a campaña de Macron sexa máis rápida que nós\". En Marche denunciara no seu comunicado que os arquivos pirateados -correos electrónicos, documentos contables ou contratos- \"foron obtidos hai varias semanas grazas ao hackeo de enderezos de correo persoais e profesionais de responsables do movemento\". En Marche viu no roubo \"un intento de desestabilizar\" as eleccións semellante ao que se produciu nos EUA Para En Marche, o roubo foi \"un intento de desestabilizar\" as eleccións, similar ao que se produciu \"nos Estados Unidos na última campaña\", que os servizos de intelixencia estadounidenses atribúen a Rusia. Na noite do venres, o vicepresidente da Fronte Nacional, Florian Philippot, non desaproveitou a oportunidade para preguntarse se os documentos filtrados \"revelarán algo que o xornalismo de investigación mantivo oculto\". Durante a campaña, o equipo de Macron denunciou sufrir varios intentos de ataque informático nos últimos meses, cuxo orixe situou en Rusia. O presidente ruso, Vladímir Putin, reuniuse con Lle Pen en Moscova en marzo nunha evidente mostra de apoio. Putin dixo que non tiña ningunha intención de interferir nas eleccións francesas. Un político sen partido Se o liberal Macron se convertese no próximo presidente, e o máis novo que nunca houbo, será alguén case sen pasado político. Nunca se presentou até o de agora a unhas eleccións. Hai tres anos, foi nomeado polo presidente François Hollande ministro de Economía, cargo no que só estivo dous anos. Hai un ano, nin tan sequera aparecía nas enquisas de cara ás eleccións presidenciais. Macron nunca se presentara antes a unhas eleccións e hai un ano nin tan sequera aparecía nas enquisas de cara aos comicios presidenciais Macron prometeu o cambio, reformas políticas e económicas profundas e un futuro brillante. Non o conseguirá se non conta cunha maioría na Asemblea Nacional, para a que se celebran eleccións en xuño. O seu movemento comprometeuse a presentar candidatos nas 577 circunscricións electorais, pero só se coñecen os nomes dunha presa deles. Se non o consegue, e vese obrigado a unha cohabitación cun primeiro ministro doutro partido, existe o perigo de que o sistema político francés quede paralizado, o que converte ás eleccións lexislativas, que tamén se celebran en dúas roldas, case en tan importantes como as presidenciais."}
{"ID": "PRAZA_2942", "summary": "Besteiro arroupa o líder do PSOE e lémbralles aos baróns críticos que o partido goberna en varias autonomías grazas a Podemos. Mantén que os socialistas son a segunda forza en Galicia e advirte das diferentes sensibilidades que conviven na \"coalición de partidos\".", "text": "Besteiro apoia a Pedro Sánchez. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, situouse do lado do líder do PSOE ante as duras críticas que está a recibir de destacados baróns territoriais, que amosan o seu rexeitamento a calquera pacto con Podemos mentres defende unha consulta en Cataluya. E fíxoo antes co cónclave deste domingo previo ao comité federal do luns, no que as dúas marxes do socialismo estatal intentarán marcas as pautas para futuros pactos. \"Sería unha completa incoherencia agora votar a Rajoy ou ao PP\", advirte Besteiro Así, en senllas entrevistas no Faro de Vigo e en Radio Galicia-Cadena SER, o líder do PSdeG deixou claro que Sánchez debe facer \"o que está facendo\", é dicir, \"actuar de forma responsable\". Así o dixo no xornal vigués, no que asegura que \"sería unha completa incoherencia agora votar a Rajoy ou ao PP\" porque \"se vería que o PSOE nunca podería ser alternativa de goberno\". Besteiro foi máis aló e lanzou unha mensaxe directa aos baróns que rexeitan de pleno un acordo coa formación que lidera Pablo Iglesias, recordando o PSOE goberna Extremadura, Aragón, Valencia e Castilla-La Mancha \"grazas a Podemos\". Respecto a Susana Díaz, presidenta da Junta de Andalucía, lembroulle tamén que foi investida grazas a Ciudadanos e, respecto das palabras que advertiron de \"aventurismos políticos\", o dirixente galego foi claro: \"Non os temo\". Besteiro lémbralles a varios baróns que Podemos goberna en Extremadura, Aragón, Valencia e Castilla-La Mancha \"grazas a Podemos\" Aínda así, advertiu que o referendo que pretende Podemos en Catalunya \"non se pode aprobar sen cambiar a Constitución\", polo que esta reforma \"necesita o consenso co PP\". En Radio Galicia, Besteiro insistiu en que Pedro Sánchez debe manterse á expectativa de que Rajoy intent formar goberno para, de non ser así, dar un paso e tratar de presentar unha alternativa. Así, engadiu de novo que \"está a actuar de xeito responsable\". Insiste en que o PSdeG é segunda forza Con todo, e malia a súa defensa do intento dun acordo de esquerdas, Besteiro quixo tamén marcar distancias con En Marea e con outros espazos de confluencia ao idnicar que Podemos \"é refén das mareas e doutros movementos localizados en determinadas autonomías\". \"Non é que Pablo Iglesias lle poña condicionantes ao PSOE, senón que as mareas llos poñen a el\", insistiu no Faro de Vigo para preguntarse se os electores da agora segunda forza en Galicia \"teñen como máxima prioridade\" a autodeterminación. O líder do PSdeG insiste en que a súa formación é a segunda de Galicia ante unha coalición de partidos debe \"adquirir madurez\" Na Cadena SER, insistiu en que o PSdeG é a segunda forza en Galicia \"porque a Marea é unha coalición de partidos\" e considera que esta só terá expectativas de goberno cando \"adquira madurez para que todos opinen o mesmo sobre diferentes cuestións\" e decidir que é o que quere para Galicia. \"Hai nacionalistas a tempo completo, nacionalistas a tempo parcial, nacionalistas do 25 de xullo, comunistas e poscomunistas\", dixo quen insistiu en que \"a liña vermella sobre a unidade territorial para o PSOE é unha obviedade\". Ademais, Besteiro afirma que ten a esperanza de poder ser o candidato socialista ás autonómicas. \"Levo tempo traballando niso\", dixo tras afirmar que nin pensa en ter que dar un paso atrás de manterse a súa imputación no caso Garañón porque confía \"en que esa cuestión quede axiña disipada\". Por último, advirte que non lle gustou que seis deputados do PSdeG se aabstivesen na votación de Modesto Pose como senador por designación autonómica, aínda que cre que o debate interno é unha riqueza. Por outra banda, a plataforma En Positivo, por un Novo Proxecto Socialista Galego reclámalle aos baróns socialistas \"respecto\" para o secretario xeral, Pedro Sánchez, e, a este, a apertura dunha consulta entre os militantes para decidir a política de pactos. Novo Proxecto Socialista Galego pide aos baróns \"respecto\" para Sánchez e unha consulta entre a militancia para decidir a política de pactos \"Queremos manifestar o noso profundo desacordo co cruzamento de declaracións irresponsables e fóra de contexto e dos órganos do partido co ánimo de convulsionar a vida interna do PSOE por parte de varios altos cargos autonómicos e ex altos cargos socialistas ou en institucións gobernadas no seu día polo PSOE\", din nun comunicado, no que recordan que Sánchez foi elixido para representar o PSOE nas xerais e obtivo unha representación o faculta \"a abrir un proceso de negociacións para impulsar un goberno alternativo ao actual, presidido por un socialista\", no caso de que o PP non acade apoios."}
{"ID": "PRAZA_8787", "summary": "O descenso do 0,25% é menor que o rexistrado no Estado (0,91%), onde o número de desempregados baixa dos cinco millóns.", "text": "O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego en abril baixou en 728 persoas en Galicia con respecto ao mes anterior, o que supón un descenso do 0,25% e que sitúan a cifra total de desempregados en 290.459. A baixada é menor que no conxunto do Estado, onde o paro diminuíu en 46.050 cidadás, un 0,91% respecto de marzo, rexistrando así o seu segundo mellor dato nun mes de abril desde 2007. O descenso do paro é do 0,25% en Galicia e do 0,9% en España Con este descenso, o segundo seguido tras o de marzo, o paro volve baixar dos cinco millóns de persoas, ao situarse en 4.989.193 desempregados, segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Abril é un mes no que adoita descender o paro, aínda que na serie histórica, desde 1996, hai dúas subidas neste mes, as de 2008 e 2009, próximas cada unha delas ás 40.000 persoas. En abril de 2012, o paro baixou en 6.632 persoas, mentres que abril de 2011 marcou até agora o mellor dato neste mes, cun descenso de 64.309 parados. No entanto, desde abril de 2012, o desemprego subiu en 244.958 persoas, un 5,16%. A secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo, resaltou que desde maio de 2012 a taxa interanual do paro rexistrado reduciuse en 7,5 puntos. De feito, en maio do ano pasado, o aumento interanual do desemprego superou os 524.000 desempregados. \"Estamos a piques de completar un ano con datos mensuais de paro rexistrado mellores que os do mesmo mes do ano anterior e o Goberno seguirá traballando para conseguir o seu obxectivo de frear a destrución de emprego\", asegurou Hidalgo, que engadiu que proba diso son as medidas que se adoptaron para o emprego xuvenil, as políticas activas e o envellecemento activo. Galicia conta con 12.815 persoas máis anotadas no paro que hai un ano O paro rexistrado reduciuse en 15 das 17 comunidades autónomas, entre as que destaca Andalucía (-18.430), Cataluña (-7.055) e Illes Balears (-6.535). No entanto, ascende en Canarias (4.152) e a Comunidade Valenciá (1.672). Galicia sitúase, deste xeito, como a décima comunidade na que máis baixou o paro en termos relativos. Con todo, na comparación interanual, a comunidade mostra un incremento do paro do 4,62%, o que supón que hai 12.815 persoas máis anotadas nas listas do desemprego que en abril de 2012. O desemprego entre os menores de 25 anos, pola súa banda, experimentou un descenso do 0,91% no cuarto mes do ano, até situarse nun total de 20.593 persoas, das que 11.223 son homes e 9.370 son mulleres. En canto á afiliación á Seguridade Social, a media en España é de 16.232.352 persoas, mentres que en Galicia o número de afiliados sitúase en 908.879, o que supón un descenso do -3,67% con respecto ao mesmo mes do ano pasado, 34.654 persoas menos."}
{"ID": "PRAZA_11012", "summary": "Máis de 30 manifestacións e concentracións ocuparon as rúas na noite deste venres, lembrando que \"máis da metade das agresións e violacións ocorren pola noite, de madrugada, cando voltamos para a casa\".", "text": "En Vigo, na Coruña, en Compostela, Ferrol ou Pontevedra, en Lugo e en Ourense, pero tamén en Miño, Cuntis, Cangas, Ames, Vilalba, Carnota, Poio, A Gudiña ou Sober. Máis de 30 cidades e vilas de toda Galicia (e ducias máis no resto do Estado) ilumináronse de violeta na noite deste venres para reclamar medidas decididas e reais contra a violencia machista.Unha emerxencia feminista que lembrou que no que vai de ano \"contabilizáronse 74 feminicidios en España: 39 deles, practicamente a metade, só este verán\", e que o mes de xullo foi o peor en 13 anos. O triplo asasinato de Valga foi o máis recente en Galicia, hai tan só uns días. Ademais, salientouse que \"no que vai de 2019 rexistráronse 42 agresións sexuais múltiples, das cales só no mes de xullo foron nove\".\"Máis da metade das agresións e violacións ocorren pola noite, de madrugada, cando voltamos para a casa\"As mobilizacións convocáronse pola noite porque \"máis da metade das agresións e violacións ocorren pola noite, de madrugada, cando voltamos para a casa\". \"Estas rúas, compañeiras, aínda non son nosas\", engadía o manifesto. Porque diso se trataba, de esixir que as rúas das cidades e vilas tamén son das mulleres, tamén pola noite. \"Este verán non foi un verán máis, e non podemos finxir que o foi. Con estes datos só nos queda rabia, impotencia, e, a verdade, medo… Dixéronnos que xa está todo conseguido, e aínda tentan convencernos de que non temos ningún motivo para estar aquí. Pero neste mundo ser muller é máis perigoso ca ser home, convivimos coa dúbida de quen será a seguinte\", sinalábase no manifesto.Centos de persoas manifestáronse nas cidades, varias ducias nas vilas. Todas levando luces (lanternas, os móbiles...) e candeas violeta, iluminando \"esta maldita escuridade\", como tamén se dicía no manifesto que foi lido nas mobilizacións.\"Remataron os minutos de silencio. Aquí estamos e estaremos, denunciaremos cada caso de acoso, pederastia, explotación sexual e trata, violacións e agresións\"\"Remataron os minutos de silencio. Aquí estamos e estaremos, denunciaremos cada caso de acoso, pederastia, explotación sexual e trata, violacións e agresións\", berrouse, esixindo accións decididas e non só \"xestos\". \"Estamos desamparadas, non podemos confiar nunha xustiza que segue sendo patriarcal, nunhas institucións que miran cara outro lado, nunha parte da sociedade espectadora e cómplice. A violencia non é illada, é sistémica\", díxose, e esixíronse \"medidas que muden as estruturas, cambios integrais do sistema\". \"Erradicar a violencia é unha cuestión de estado, é unha prioridade, é unha Emerxencia Feminista\", concluía o texto."}
{"ID": "NOS_2350", "summary": "A proba piloto de administración masiva terá lugar na Cidade da Cultura e están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago.", "text": "Galiza inicia na tarde desta quinta feira a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha proba piloto de administración masiva que terá lugar na Cidade da Cultura e á que están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago. O proceso seguirá o sábado con outras 20.000 persoas de todas as áreas. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico. En concreto, o inicio da campaña entre os galegos de 50 a 55 anos, para dar saída ás vacinas de AstraZeneca, principiará na tarde da quinta feira, cando a Cidade da Cultura acollerá un dispositivo piloto de vacinación masiva para testar tanto o sistema de citas como o proceso. Para iso, están citadas 1.000 persoas da área. Cos resultados deste piloto e os axustes necesarios, o sábado continuará a vacinación deste colectivo con 20.000 persoas citadas en todas as áreas sanitarias. As doses administraranse nos hospitais comarcais naquelas áreas con menos poboación e en dispositivos especiais masivos no resto. Por áreas Esas 20.000 persoas de todas as áreas que serán citadas para vacinarse o sábado distribúense do seguinte modo: - 2.300 da área sanitaria de Lugo: 1.700 da de Lugo, 300 da Mariña e 300 de Monforte - 2.200 da área sanitaria de Ourense: 1.750 da de Ourense, 250 do barco e 200 de Verín - 2.400 da área de Santiago: 2.000 da de Santiago e 400 da do barbanza. - 1.300 da área sanitaria de Ferrol - 4.400 da área sanitaria de Vigo - 2.200 da área sanitaria de Pontevedra: 1.700 da de Pontevedra e 500 do Salnés."}
{"ID": "NOS_50748", "summary": "O combate final será co Mallorca, un histórico que, así é o fútbol, viviu o pasado exercicio o seu inferno particular na Segunda B e disponse agora a asaltar o ascenso. A clasificación da liga regular foi a que foi —os baleares quintos, os galegos sextos—, mais as apostas ven favorito a un Dépor que parece definitivamente de volta.", "text": "Esta quinta feira o combate final vivirá o seu primeiro episodio. Será en Riazor a partir das 21 horas. O clube coruñés porá entradas a prezos populares, a partir de 10 euros, co obxectivo de ateigar as bancadas. A freguesía foi decisiva na vitoria contra o Málaga. A freguesía e os fados: nos 180 minutos de xogo os paus branquiazuis repeleron até tres bolas de gol do emerxente Ontiveros, un xogador de calidade superlativa que apunta, el si, claramente á Primeira División. A volta desta eliminatoria final do play off de ascenso terá lugar o domingo, en plena celebración do San Xoán, en Son Moix, tamén por volta das 21 horas. É o Deportivo o favorito? Con todas as cautelas do mundo, e tomando como referencia as semifinais deste play off, a resposta é si. Ten o equipo coruñés máis potencia de fogo (Cartabia, Borja Valle, Carlos Fernández), nervo defensivo (Bergantiños, Domingos Duarte) e un gardamallas de garantía (Dani Giménez). Alén diso, desde o banco o estratega Martí está a acertar en asuntos cruciais como a rotación dos futbolistas (modélica a dosificación dos recursos fronte ao Málaga) ou a motivación psicolóxica (o que permitiu os deportivistas superar con éxito a saída en tromba do Málaga durante os primeiros 20 minutos do partido na Rosaleda). En todo caso, unha eliminatoria a 180 minutos sempre contén certas doses de aventura imprevisíbel. O azar —como mostrou o choque co Málaga, esa teimosía de Ontiveros en catar a madeira da portería de Dani Giménez—goberna moitas veces o fútbol. Até agora militou a prol do Deportivo."}
{"ID": "NOS_20094", "summary": "O descenso na participación das electoras e electores na xornada deste domingo centro boa parte das primeiras declaracións públicas realizadas desde os partidos.", "text": "Ao pouco de fechar os colexios electorais, Miguel Tellado, secretario xeral do PP na Galiza, agradecía as votantes a participación nos comicios estatais deste domingo, \"grazas por vencer o cansazo electoral, o tedio de repetir eleccións, mesmo a meteoroloxía adversa dunha xornada complicada\". Lembrou Tellado que \"ninguén\" pediu estas eleccións, que teñen lugar, dixo, \"polo capricho e irresponsabilidade\" do líder do PSOE, Pedro Sánchez. Rubén Cela, responsábel de campaña do BNG, puña de manifesto a \"evidente\" baixada da participación que ás 18 horas sufría un descenso de máis de 5 puntos a respecto dos comicios de abril, case 2 puntos a respecto da media estatal. \"Nunca é unha boa nova a baixada da participación\", sinalou o nacionalista. Cela atribuíu o descenso \"ao cansazo e malestar\" das votantes \"coas forzas políticas de ámbito estatal\", as que acusou de seren \"incapaces de xestionar os resultados das anteriores eleccións e a conformación dun goberno e trasladáronlle ese problema á sociedade\". Desde En Común-Unidas Podemos salientouse que a participación, malia descender a respecto do mes de abril, \"mantense dentro do nivel que se viña mantendo na serie histórica\". Este feito é, para Podemos, IU e as súas confluencias, \"signo de madureza e de que a cidadanía segue mobilizada\"."}
{"ID": "NOS_8144", "summary": "Muller negra vítima do racismo dos EUA da década de 1950.", "text": "Henrietta Lacks, a muller negra falecida de cancro cervical en 1951 e cuxas células permitiron unha mudanza radical nas investigacións médicas, foi condecorada postumamente pola OMS. Legado crucial, mais turbio: as mostras biolóxicas foron tomadas sen o seu consentimento. O director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, salientouno na entrega do premio ao fillo dela, Lawrence Lacks, de 87 anos. \"Aproveitáronse de Henrietta Lacks. É unha das moitas mulleres de color cuxos corpos foron explotados pola ciencia\", sinalou, salientando que a discriminación racial na atención sanitaria é un problema que perdura hoxe en día en moitas partes do mundo. Segundo datos da OMS, o cancro do colo do útero afecta as mulleres negras nunha proporción moito maior que ás brancas. Unha consecuencia directa da desigualdade no acceso á prevención e tratamento de enfermidades, nun século XXI onde cor de pel e falta de recursos aínda van da man. Estudos internacionais rexistran que 19 dos 20 países do mundo con maior afectación de cancro cervical están en África. Células \"inmortais\" Henrietta Lacks acudiu ao hospital Johns Hopkins de Baltimore para ser atendida desta doenza. Alí, os investigadores tomaron mostras do seu corpo, estabelecendo as chamadas células HeLa (iniciais de Henrietta Lacks): a primeira liña celular \"inmortal\" da historia. Henrietta Lacks. Isto é, células que conservadas en condicións adecuadas poden ser divididas un número ilimitado de veces nun cultivo de laboratorio. Esta liña celular foi chave para desenvolver a vacina da polio ou medicamentos para a sida. Con este recoñecemento póstumo, desenvolvido na cuarta feira (madrugada galega de onte) na sede da OMS en Xenebra, quíxose paliar o \"erro histórico\" cometido con Lacks. O organismo da ONU salientou que a comunidade científica global ocultou durante anos a etnicidade e a historia real desta muller. \"A OMS recoñece a importancia de asumir inxustizas científicas do pasado e avanzar na equidade racial na saúde e na ciencia\", manifestou Tedros. E engadiu: \"Tamén é unha oportunidade para distinguir as mulleres ─particularmente as mulleres de color─ que fixeron incríbeis, mais con frecuencia invisíbeis, contribucións á ciencia médica\". Legado inmortal O vindeiro 31 de outubro fanse 70 anos da morte de Henrietta Lacks, falecida con só 31 anos. \"Miña nai foi unha pioneira en vida, colaborando coa súa comunidade, axudando outras persoas a ter unha vida mellor e preocupándose pola xente. En morte, continúa a axudar o mundo. O seu legado vive en nós e dámoslle as grazas pronunciando o seu nome: Henrietta Lacks\", declarou o seu fillo."}
{"ID": "NOS_37841", "summary": "A praza de Mazarelos acolleu esta terza feira 4 de decembro unha concentración contra o fascismo que reuniu a perto de 200 persoas. A convocatoria vén por parte de estudantado autoorganizado da USC.", "text": "A concentración deu paso a unha marcha até a praza de Cervantes na que se leu un manifesto. \"Nos últimos tempos, especialmente tras o proceso independentista catalán, faise cada vez máis palpábel o aumento da extrema dereita. A última mostra foron os case 400.000 votos obtidos por Vox nas eleccións andaluzas. Hoxe, Día Nacional de Andalucía, queremos transmitir a nosa solidaridade internacionalista con este pobo, coa súa clase operaria e o seu estudantado\", así comezaba o texto no que chamaban a organizarse dende as aulas e nas rúas. Dende a plataforma sinalan directamente a profesorado da USC por asinar un texto contra o proceso catalán que pedía a intervención militar en Catalunya no 1 de outubro. En concreto, reférense a Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias e Miguel Caínzos López. Antes de rematar, pediron á xente alí presente que non fiquen caladas e colaboren activamente co antifascismo. \"Somos un grupo de estudantes dispostas a organizarnos fronte o auxe da extrema dereita. Isto foi so o principio, esperamos facermos máis cousas e que cada vez máis xente se una nunha fronte común contra o fascismo. Nestes tempos que vivimos témolo claro, a loita antifascista está nas rúas. Berramos ben alto que non pasarán\", contan dende o grupo a Sermos Galiza."}
{"ID": "NOS_10455", "summary": "A psicóloga clínica Rosa Cerqueiro prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.", "text": "Alcanzar a equidade en saúde significa que as persoas poidan desenvolver o seu máximo potencial de saúde independentemente dos determinantes sociais aos que se ven sometidas. A OMS salienta a urxencia de promover as accións necesarias destinadas á eliminación das \"desigualdades evitables\" como poden ser condicións laborais e de vida non saudables, exposición á pobreza ou a falta de acceso á atención sanitaria e outros servizos básicos. As políticas públicas, sanitarias e sociais, non conseguiron ata o momento reducir de forma relevante as desigualdades en saúde. No eido da saúde mental, o atraso na planificación sanitaria é ostensible, sostido por unha visión bioloxicista sobre a enfermidade mental, e a medicalización como resposta case exclusiva. Porén, existe forte evidencia sobre a influencia dos determinantes sociais nos problemas de saúde mental. Un informe do Ministerio de Sanidade sobre saúde mental utilizando a base de datos clínicos de atención primaria, resaltan dous trazos comúns na maioría dos diagnósticos psiquiátricos. O primeiro deles é a fenda de xénero na maior parte dos problemas de saúde mental. A porcentaxe nas mulleres duplícase nos problemas de ansiedade, de adaptación, fobias ou psicoses afectivas. Triplícase nos trastornos depresivos e son sete veces maiores nos trastornos alimentarios. Na infancia, un maior número de nenos reciben diagnósticos de saúde mental (sobre todo comportamentais), pero este patrón invértese coa idade ata chegar a ser o dobre de mulleres que de homes. Podería reflectir a expresión sintomática dos roles de xénero desde idades moi novas. En calquera caso, toda aproximación ao estudo de xénero ten que incorporar a interseccionalidade (xénero, pobreza, racialización...). O consumo de psicofármacos dispárase a medida que diminúe a renda, sobre todo no caso das mulleres O segundo trazo común é o gradiente social; os problemas de saúde mental aumentan conforme diminúe o nivel de renda, moi acusado na psicose (12 veces máis en rendas baixas), nos trastornos de personalidade (11 veces máis), e nos trastornos de ansiedade ou depresivos (entre 2 e 3 veces). Na infancia e adolescencia tamén aparece este gradiente social (case o dobre nos problemas de aprendizaxe e de comportamento). O gradiente social tamén está presente na prescrición de psicofármacos, de tal xeito que o consumo dispárase a medida que diminúe a renda, sobre todo no caso das mulleres. Precariedade laboral A crise económica iniciada en 2008 tivo efectos aínda non superados sobre a saúde mental, moi estreitamente relacionados coas condicións do mercado laboral (o desemprego, a precarización ou a caída das rendas laborais) tal e como apunta no informe de 2020 da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Podemos observar o efecto das desigualdades socioeconómicas nas persoas con discapacidade psicosocial. Segundo datos da enquisa de poboación activa de 2020, a taxa de emprego en Galicia para persoas sen discapacidade está preto do 67% fronte ao 24% para as persoas cunha discapacidade recoñecida. A desvantaxe agrávase no caso das persoas con discapacidade psicosocial, xa que soamente traballan un 14,8% delas fronte o 35,1% no caso da discapacidade sensorial, o 29,6% da discapacidade física ou do 21,2% da discapacidade intelectual. E cando traballan, as condicións de precariedade son maiores, con salarios un 15% menores con respecto á media dos salarios das persoas con discapacidade en xeral, que xa son máis baixos con respecto aos das persoas sen discapacidade recoñecida. As condicións de vida adversas incrementan o risco de mala saúde mental A relación entre condición socioeconómica e saúde mental é bidireccional. As condicións de vida adversas incrementan o risco de mala saúde mental. Á súa vez, a presenza dun trastorno mental implica un maior risco de exclusión social, sobre todo a idades mais novas: pola quebra inicial da traxectoria formativa ou laboral, e as dificultades para recuperala; polos obstáculos para a emancipación e a vida independente; pola ruptura de vínculos sociais máis aló das familias; polos procesos de discriminación e marxinación que entran en xogo. Por iso é moi preocupante o aumento no número de persoas con discapacidade psicosocial recoñecida, moi especialmente na infancia e xuventude. Entre os anos 2017 e 2021, dáse un aumento do 137% nos menores de 15 anos, e do 95% entre os 16 e os 29 anos. O efecto é previo á pandemia e pode ter relación coas necesidades económicas, laborais ou educativas que se intentan cubrir (moi parcialmente) a través do sistema de protección social que facilita o certificado de discapacidade. Son medidas paliativas cando se actúa ao final da cadea, pero sen efectos relevantes na prevención das desigualdades en saúde. E para empeorar a situación, a Atención Primaria, depauperada tras anos de desleixo interesado, ten máis difícil soster unha atención de cobertura universal, accesible e equitativa."}
{"ID": "PRAZA_1523", "summary": "Chicharrón será unha das bandas galegas da edición 2015 do Festival do Norte, que a vindeira fin de semana se celebrará na Illa de Arousa. Falamos con Alberto M. Vecino.", "text": "Un disco de amor a un amigo. Algunha vez os integrantes de Chicharrón definiron dun xeito tan sinxelo todas as cousas que agacha o seu álbum de debut, un disco homónimo que naceu como homenaxe a Alberto Gende, o deseñador carballés finado en 2013, con só 40 anos de idade. Alberto Martínez Vecino (ex Franc3s), Rubén Domínguez (ex Telephones Rouges) e Diego Gende deron forma a un feixe de cancións que navegan entre a dor e a superación desa dor, profundas, rotundas e ao mesmo tempo moi sutís e fráxiles, un dos mellores traballos da música do país no pasado ano. Chicharrón será unha das bandas galegas da edición 2015 do Festival do Norte, que a vindeira fin de semana se celebrará na Illa de Arousa, acompañando a Trajano, Alex Casanova ou Cazador. Falamos con Alberto Martínez Vecino sobre o álbum, o futuro da banda e a súa propia relación con este festival. Utilizouse xa algunhas veces a figura de \"Franc3s en acústico\" para definir a música de Chicharrón. A finais do 2013 a ruidista formación carballesa anunciaba a súa disolución, comezando pouco despois Alberto M. Vecino este novo proxecto coas cancións que comezara a escribir para Alberto Gende (e co nome, ademais que o propio Gende pensara para unha banda que daquela era máis conceptual que real). Aínda que nunha primeira escoita os estilos de Chicharrón e Franc3s están moi afastados, dá a impresión de que cando ás cancións de Franc3s lle comezas a quitar capas de son e de ruído, o que queda, o núcleo, está moi preto da actual proposta de Alberto M. Vecino. \"Podo entender en parte que algunha xente pense que Chicharron é un Franc3s desenchufado porque as cancións en Franc3s eran miñas ao igual que no primeiro disco de Chicharrón\" -di- \"Pero por outra banda paréceme unha mirada demasiado simple e unha infravaloración do tremendo traballo do resto; os arranxos de guitarra de Diego e os teclados, batería e produción de Ruben teñen unha importancia vital no disco e non teñen nada que ver con Franc3s\". \"É completamente necesario escoitalo como obra completa\" -destaca- \"O disco ten un principio, un desenrolo e un final\" Trátase dun disco conceptual que adquire un significado propio como conxunto, máis aló da suma das súas cancións e que en certa maneira esixe unha escoita completa e na orde na que foi pensado e publicado. Unha proposta que nada a contracorrente na era do single, das cancións soltas e do random, na que seica o álbum perdeu o seu sentido. \"É completamente necesario escoitalo como obra completa\" -destaca- \"O disco ten un principio, un desenrolo e un final. Son consciente de que a día de hoxe escoitar un disco deste xeito require un esforzo por parte do oínte, pero realmente ese é o tipo de oíntes que nós queriamos ter e do que nos importaba ter a valoración e a crítica. De feito, no directo, antes de ter cancións novas seguíamos estritamente a orde do disco\". Preside todo o álbum o recordo a Alberto Gende. \"Axudáronche estas cancións a asumir a súa perda, a mantelo, dalgún xeito, vivo?\", pregúntolle. \"A música explica cousas que non se poden contar doutra forma, así que sería unha parvada tratar de explicala. Foi un disco que simplemente necesitaba facer\", responde. \"É un disco alegre ou triste?\" \"Iso é algo que ten que decidir cada quen que o escoite. Ata o de agora oín todo tipo de opinións e iso paréceme estupendo\". \"A música explica cousas que non se poden contar doutra forma, así que sería unha parvada tratar de explicala. Foi un disco que simplemente necesitaba facer\" A disolución de Franc3s sorprendeu sobre todo polo momento no que se produciu. Non é fácil asomar a cabeza neste mundo, e xusto cando despois de anos de traballo o grupo comezaba a facelo, soando en toda España e contando con colaboracións de auténtico luxo, anunciou a súa separación. Xa cunha certa perspectiva para valorar o proceso Alberto destaca que \"o que menos me interesa da música é o negocio da música e iso era onde nos estabamos metendo, así que sobre iso non teño ningún tipo de nostalxia. Prefiro catro millóns de veces tocar no Liceo Mutante ou na Casa Tomada que no Low Cost de Benidorm\". \"O que si sinto foi rematar do xeito no que o fixemos, tanto por nós como por Limbo Starr, que apostou por nós e sempre nos tratou moi ben\", engade. \"O que menos me interesa da música é o negocio da música e iso era onde nos estabamos metendo. Prefiro catro millóns de veces tocar no Liceo Mutante ou na Casa Tomada que no Low Cost de Benidorm\" \"Volverá o ruído aos novos temas de Chicharrón? Ou continuaredes con estas estruturas máis espidas, máis acústicas?\". \"Volverá ao Festival do Norte e ao Sereas e Piratas\" -responde- \"Apetecíanos probar as cancións neste formato e sempre facemos o que nos apetece. Con respecto ao que faremos mais adiante, non temos nin idea\". Alberto adianta tamén que quedou aparcado, de momento, o anunciado proxecto de publicar un EP de catro cancións en galego, unha proposta que mesmo se podería chegar a converter en álbum longo: \"Chegamos a gravar cancións, pero tiñamos tantas e custábanos tanto elixir que decidimos agardar un pouco máis e facer outro disco\". \"Para min este é sen dúbida o mellor momento da historia da música en Galicia\" -di Alberto- \"E estamos moi orgullosos de formar parte activamente del\" Unicornibot, Elvis Negro, Puma Pumku, Linda Guilala, A Veces Ciclón, Trajano, Disco las Palmeras, Músculo, Carrero Bianco, Novedades Carminha..., por non falar de Triángulo de Amor Bizarro. \"Bos tempos para a música galega?\" \"Para min este é sen dúbida o mellor momento da historia da música en Galicia\" -di Alberto- \"E estamos moi orgullosos de formar parte activamente del\". Con todo, sempre houbo bos grupos, e dá a impresión de que o que en moitos momentos faltou foi unha estrutura (salas, festivais, selos discográficos e promotoras, medios de comunicación...) que rodease as bandas e lles dese estabilidade. Festivais coma o propio Festival do Norte, o Sereas e Piratas, o Osa do Mar ou o WosInc; selos coma DiscoPorno, Discos da Máquina, Matapadre ou Work on Sunday; e espazos coma o Liceo Mutante ou a Casa Tomada semellan avances na boa dirección. \"Non só creo que van na boa dirección, senón que creo que é a dirección a seguir. Os colectivos que existen actualmente en Galicia son a mellor das estruturas, porque todo o que fan, fano por amor e non co afán de gañar cartos\", destaca Alberto M. Vecino. \"Nun momento da madrugada Alberto chegou a dicirme que algún día Chicharrón tocaríamos no FDN, e ao final será certo\" O Festival do Norte vai xa por 15 edicións, que deixaron un innegable pouso nos afeccionados á música en Galicia, e tamén entre os integrantes de Chicharrón. \"Como é a túa relación co festival, como artista e como espectador? Que momentos e concertos lembras especialmente?\", pregúntolle a Alberto: \"Aínda que vin concertos incribles coma por exemplo algún de Los Planetas, de Hidrogenesse ou o dos Vaselines, quedo co recordo do último ano no que tocamos Franc3s e o ben que o pasei con Alberto Gende\" -di- \"Foron tres días marabillosos de risas (venme agora á cabeza cando saímos do festival para ver un Barça-Madrid, ou cando acabamos a bebida e asaltamos o camerino doutro grupo mentres tocaba), pero tamén de confesións e revelacións de plans... Nun momento da madrugada Alberto chegou a dicirme que algún día Chicharrón tocaríamos no FDN, e ao final será certo\"."}
{"ID": "NOS_26789", "summary": "No ano 1572, Ambrosio de Morales, por orde do Rei Filipe II, fixo unha viaxe a Galiza para inventariar reliquias de santos, sepulcros reais e libros manuscritos das catedrais e mosteiros.", "text": "O resultado desa investigación consérvase na Biblioteca Nacional de España nunha copia manuscrita. Tamén na mesma BNE se garda a edición de 1765, impresa pois case 200 anos despois de ser escrita e publicada en Madrid por Antonio Marín, con notas, coa vida do autor e co seu retrato. Sen dúbida sería útil comparar o estado de todo o patrimonio descrito por Morales no século XVI co estado actual de moitos daqueles predios, non só por algúns estaren hoxe en ruína senón tamén polas transformacións realizadas, especialmente no período Barroco. Moi interesante é a descrición do altar maior da catedral de Santiago. A viaxe comeza por Lourenzá e finaliza no Cebreiro, en cuxa igrexa está \"el misterio del Santísimo Sacramento\" mais non fai ningunha alusión ao cáliz. Ambrosio de Morales naceu en Córdoba en 1513. En 1572 realiza unha viaxe, ou como el di, \"iba yo de romería a Santiago\" e o rei encárgalle que lle traia \"razón y certificación por vista de ojos\" de reliquias, enterramentos reais e libros antigos. Para iso leva consigo unha \"Cédula Real de Comisión\" que o autoriza a examinar arcas e relicarios. Pídeselle que poña especial empeño en encontrar a cabeza de San Lourenzo, que se entendía estaba nun mosteiro da Galiza sen que se teña noticia de onde. Encóntraa no mosteiro de Santa Clara e descríbea con moito pormenor, indicando tamén que procede de Italia e pasou polo mosteiro de San Lourenzo antes de chegar a Santa Clara. Resulta moi curioso o método de autenticación de reliquias que Morales utiliza. Mais non imos falar diso. A peste e o grande río Morales entra en Galiza procedente de Asturias. Non visita Lourenzá nin Mondoñedo. Razón: \"la gran peste que allí había\". Durante a segunda metade do século XVI, as vagas de peste foron frecuentes na Galiza. Baiona, Caldas de Reis, A Coruña, Betanzos, asolado pola peste e logo por un incendio cara a 1563, Vigo, onde se di que en 1569 morreron máis de 5000 persoas e, como moitos marcharon para o monte, non houbo quen os enterrase. En Mondoñedo, entre o verán de 1571 e o outono de 1572, coincidindo pois coa viaxe de Morales, os episodios de peste foron altos.Deixando atrás os episodios de peste, Morales continúa cara a Meira onde non encontra nin reliquias, nin libros nin enterramentos mais fica sorprendido polo nacemento do Miño, porque nace \"harto diferente que los otros ríos grandes suelen nacer, porque nace en un valle harto pequeño en tierra llana\" e o que máis chama a atención, a fonte: \"es muy grande, de un tiro de piedra de largo y la mitad de ancho, y de todo el suelo, que es llano, y lleno de guijas, salen grandes borbollones ácia arriba, y a tiro de ballesta ya es un gran río\". Ningunha mención ao pedregal de Irimia. Lugo O seguinte destino de Morales é Lugo, onde desde o punto de vista da súa viaxe non encontra nada interesante, nin libros, nin reliquias nin enterramentos reais. Equivócase ao dicir que \"la ciudad es quadrada\" pois non é así o trazado da muralla e aproveita para censurar que os bispos galegos se \"intitulen Obispo y señor de la Iglesia y ciudad ...\" a diferenza dos bispos casteláns que prescinden de \"Señor de la Iglesia\", xa que tal cousa ofende ao escoitalo. Non achando cousas que encaixen no seu inventario, Morales describe a cidade, especialmente os baños que están na ribeira do Miño, que xa cheiran a xofre a cen pasos. A hidria de Cambre A pesar de que o rei lle encarga que lle traia \"razón y certificación por vista de ojos\" Morales fai unha boa parte do seu inventario segundo, e seguindo, o que lle contan, e non o que el pode comprobar. Tal é o caso da hidria que se conserva en Cambre, priorato bieito suxeito ao mosteiro de San Martiño Pinario de Compostela. Aquí só é inventariábel unha hidria \"de las de Caná de Galilea\", semellante á que se conserva na catedral de Oviedo. As hidrias son, segundo a tradición bíblica, as tinallas utilizadas para converter a auga en viño nas vodas de Caná. A de Cambre sería unha das seis que se utilizaron (\"Alí había seis grandes tinallas para auga, das que usan os xudeus nas súas cerimonias relixiosas ...) e parece case seguro que este enorme recipiente calcáreo foi traído polos Templarios desde Xerusalén. O lago que mide dous tiros de arcabuz Monfero e Sobrado son os derradeiros destinos de Morales antes de chegar a Santiago. De Monfero di que é un mosteiro \"no muy grande\". A viaxe de Morales coincide co desaparecimento das vellas, e pequenas, instalacións e a substitución polas que chegaron a nós, segundo se deduce das palabras dun monxe que, en 1668, isto é, 96 anos após a viaxe, afirma que: \"todos los edificios se han hecho de nuevo de ochenta años a esta parte. De Sobrado, igual que sucedía con Meira, chama máis a atención o nacemento do Tambre do que o propio mosteiro. A diferenza, en Meira a fonte mídese a un tiro de pedra; en Sobrado, o lago, a tiros de arcabuz. \"El río Tamare, que es de los grandes de Galicia, nace a un quarto de legua deste Monesterio. Su nacimiento es de un gran lago que tiene dos tiros de arcabuz en largo, y uno en ancho, y está lleno de buen pescado, y de allí sale el río\". Santiago En Santiago o viaxeiro Morales fai unha crónica máis polo miúdo. Xa nos advirte que \"aqui se dirá todo por entero\" Máis de 12 páxinas de reliquias, historias, monumentos e comentarios. Isto fica para a próxima."}
{"ID": "NOS_21867", "summary": "A fronte nacionalista valora mesmo a opción de modificar o formato tradicional que veu desenvolvendo o 25 de Xullo", "text": "O Bloque Nacionalista Galego partilla a proposta que nestas semanas agromou no tecido político, cultural e social do soberanismo instando a realizar unha mobilización unitaria do Día da Patria que sume a todo o nacionalismo, \"organizado e non organizado\", en torno á defensa de Galiza como nación. O Consello nacional do BNG aprobou na súa última xuntanza, segundo informa fronte nun comunicado, \"favorecer e sumarse\" a unha celebración unitaria que cualifica de \"desexábel\". Neste sentido, o BNG di que mesmo está aberto á \"posibilidade de modificar o tradicional formato do BNG nesa cita anual emblemática, que conclúe coa intervención política do máximo responsable da formación nacionalista na Praza da Quintana\". En todo caso, o BNG si que celebrará a súa propia campaña por todo o país con actos festivos arredor da idea da \"unidade\" de Galiza e celebrará tamén o habitual certame do Festigal, dúas xornadas de conferencias, debates, intercambio de ideas e música na Alameda compostelá."}
{"ID": "NOS_53852", "summary": "O Servizo Público de Emprego publica as cifras de desemprego do mes de novembro. En Galiza, a taxa de paro increméntase máis do 3% e sobe máis do dobre da media estatal.", "text": "As cifras de desemprego tiradas do mes de novembro apuntan un incremento do 9,12% a respecto da taxa mensual de 2011. Segundo os datos feitos públicos polo Servizo Público de Emprego, en Galiza o número de persoas desempregadas aumenta máis do dobre que no Estado español. Por provincias, son A Coruña e Pontevedra as que maior paro rexistran, situándose por enriba d@s 100.000 desempregad@s, entrementres en Ourense e Lugo --malia seguir en aumento-- sitúase en perto das 30.000 persoas. O Estado español sitúase xa próximo aos cinco millóns de persoas desempregadas (4,907.817) e continúa encabezando a listaxe de Estados da UE con maior taxa de desemprego (26%) seguido das economías rescatadas de Grecia (21%) e Portugal (16%). Canto aos sectores, en Galiza segue a ser o sector servizos o que maior índice de desemprego reflicte."}
{"ID": "NOS_16500", "summary": "Despois do parón con motivo dos feriados de abril, o semanario en papel Sermos Galiza volve aos quiosques cun número no que son protagonistas as eleccións xerais do 28 de abril. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos puntos físicos habituais.", "text": "O semanario en papel Sermos Galiza suma xa 343 números e faino cun número que abre unha información sobre as eleccións xerais do 28 de abril, comicios aos que dedicamos un total de cinco páxinas. Así, ademais do Tema de Primeira, recollemos unha análise sobre as perspectivas electorais e unha escolma das respostas aos cuestionarios formulados por Sermos Galiza aos candidatos e candidatas das distintas forzas que se presentan ás eleccións. As opinións da semana asínanas Marilar Aleixandre e Guillerme Vázquez e publicamos cadriños de Nacho Hortas e Tokio. En A ollo nu, Xoán Costa reflexiona sobre o refraneiro e os meses do ano. Por outra banda, publicamos unha reportaxe sobre Erich Andres, o fotógrafo nazi que visitou Galiza, e damos a coñecer imaxes apenas difundidas até a data. Ademais, entrevistamos o historiador Justo Beramendi cando se fan 173 anos dos acontecementos que deron pé aos Mártires de Carral. Unha reportaxe sobre o Primeiro de Maio, coas correspondentes mobilizacións e reclamacións, e outra feita polo xornalista portugués Bruno Amaral de Carvalho sobre o 25 de abril abren Economía e Internacional, respectivamente. Fóra de Serie achéganos un novo episodio da sección A Galiza ignorada, onde desta vez analizados o exilio galego do século XIV, as súas causas e as súas consecuencias, e entrevistamos a poeta Olga Novo, que vén de publicar Feliz Idade. A crítica de literaria, asinada por Mario Regueira, debulla Longas sombras na pedra, e a de cinema, de Andrés Castro, pon o foco en Spider-man, un novo universo. Ademais, Manuel Xestoso dá conta da nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña. Mercedes Espiño ensínanos a facer robaliza con acelgas e piñóns e o colectivo XEA lévanos a coñecer a Trapa do Aloia. Ademais, a psiquiatra Iria Veiga escribe sobre a influencia da Lúa nas nosas vidas e a filóloga Iolanda Gomis infórmanos sobre o colapso industrial galego 4.0. O selfie é para Cristy Lojo, campioa de parakarate. Fechamos a sección co calendario de maio, cortesía da AS-PG. [O número 343 do semanario en papel Sermos Galiza xa está á venda na loxa e a partir da quinta feira, nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_46396", "summary": "Carme da Silva, concelleira do Ciclo da auga de Pontevedra, sinala que medidas como o \"feche de Ence\" logrou a estabilidade no caudal.", "text": "A concelleira do Ciclo da auga de Pontevedra, Carme da Silva, detallou que ao longo da última semana o río Lérez tivo un comportamento \"bastante estábel\", en contraste coa quincena anterior, na que o caudal baixara de maneira \"moi preocupante\" e obrigara a activar as medidas de aforro por parte do Concello da cidade e outros da súa contorna. \"O feche de Ence e dos turbinados das centrais que hai no río parece que lograron manter, de momento, a estabilidade no caudal\", sinalou a concelleira. O Supremo resolverá o 4 de outubro sobre o recurso contra a anulación da prórroga de Ence en Pontevedra Na reunión onte do grupo de información e seguimento do plan excepcional ante a seca, constituído por todos os municipios que se abastecen do río Lérez, Da Silva trasladou unha proposta que ten como base as diferentes presas existentes ao longo do río Lérez: Pontebora, San Xusto, Anllo, Almofrei 1 e Almofrei 2. A idea do Concello consiste en que, de empeorar a situación do caudal do río, debería facerse un traballo de coordinación e laminación da auga destas presas para ir combinando estas reservas coas do Pontillón de Castro. Alén diso, a concelleira sinalou que os servizos técnicos municipais están a estudar todos os grandes consumidores de auga do municipio para \"informalos e recomendarlles actuacións que reduzan o consumo\". A Xunta pide \"responsabilidade\" A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, fixo un chamamento para que toda a poboación e as institucións actúen con \"responsabilidade para salvar o verán\" diante da \"seca prolongada\" no país, con especial alarma en Pontevedra pola prealerta na conca do Lérez. O posíbel transvasamento dos ríos Verdugo e Oitavén chega ao Parlamento da man do BNG Sobre se as medidas actualmente en vigor, como evitar baldeos, regas de xardíns e outros usos de lecer, insistiu en que \"se cadra\" podería \"salvarse o verán\" coas reservas de auga que de encoros e ríos."}
{"ID": "PRAZA_16640", "summary": "O Goberno galego presenta a súa planificación de normas para este ano a finais de marzo, cun trimestre xa superado, e despois de que o pasado ano deixase sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera HEMEROTECA | A Xunta deixa sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera para 2017", "text": "\"O obxectivo do Goberno é gobernar con previsión\". Así presentou este xoves o presidente Feijóo a planificación de leis e decretos que o seu executivo prevé aprobar ao longo deste ano 2018. Fíxoo cando xa case pasou un trimestre do exercicio e anunciando 12 novas leis, cinco das cales xa prometera na súa planificación para 2017 sen ser quen de cumprila. O Goberno galego presenta a súa planificación de normas para este ano a finais de marzo, cun trimestre xa superado, e despois de que o pasado ano deixase sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera O ano pasado a Xunta divulgou o seu Plan Anual Normativo, unha obriga establecida pola lexislación estatal, a finais de maio. Nel comprometía a aprobación en 2017 de 11 leis, pero na actualidade están aínda sen remitir ao Parlamento para o seu debate e validación cinco delas: as leis de patrimonio de Galicia, emprego, administración dixital, patrimonio natural e ordenación farmacéutica. Este xoves o propio Feijóo admitiu que as dúas primeiras están \"atrasadas\". Ademais de volver comprometer para este 2018 esas cinco leis non aprobadas en 2017, Feijóo enumerou este xoves as outras leis que a Xunta prevé remitir este ano ao Parlamento para o seu debate e aprobación: Orzamentos de 2019, xogos e apostas, calidade das augas durante as secas, rehabilitación urbana, uso lúdico de augas termais e impulso demográfico, ademais dun decreto lexislativo para obter un texto refundido da lei de cooperativas. Entre os decretos novamente prometidos agora está o que regulará a Risga, que chegará con máis de tres anos de atraso O incumprimento do Goberno galego das súas propias previsións normativas foi criticado a finais do pasado ano polo PSdeG cun exhaustivo informe que, ademais das leis, indicaba que en 2017 tamén quedaran sen aprobar 35 dos 69 decretos comprometidos pola Xunta. Agora, ademais das leis que compromete para este ano, o Goberno galego anuncia 70 novos decretos e 25 regulamentos. Entre esas normas de rango inferior ás leis, a Xunta volve prometer, entre outros, o decreto que debe desenvolver o regulamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), cuxa tramitación vén de iniciar con tres anos e medio de atraso tras a aprobación a finais de 2013 da Lei de Inclusión Social de Galicia."}
{"ID": "PRAZA_5201", "summary": "O presidente da Xunta acusa a AGE de \"mentir\" ao denunciar casos de malnutrición infantil a causa da pobreza e gábase do aumento de orzamentos da Renda de Inserción Social, a axuda de emerxencia que aumenta ou diminúe en función da demanda.", "text": "O pasado outono o curso escolar comezaba convulso. As familias enfrontábanse á súa particular costa de setembro, desta volta con menor cobertura das axudas parciais para libros de texto e, sobre todo, cos prezos dos comedores disparados en máis dun 40% por decisión da Xunta. Neste contexto a presidenta das Anpas dos centros públicos, Helena Gómez Vecino, lamentaba en conversa con Praza Pública que a Xunta \"non se decate de que hai nenos e nenas que a única comida en condicións que fan é no colexio\". Máis cedo que tarde podíase estar a falar de \"fame\" entre o alumnado e \"disto a responsable subsidiaria é a Consellería\", dado que se trata \"de centros públicos\", explicaba. Este mércores o presidente da Xunta negou en termos absolutos esta situación, mesmo desdeñando a entidades sociais de referencia. Como cada dúas semanas Alberto Núñez Feijóo tiña que responder ás preguntas a oposición e a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, instouno a abordar a cuestión da malnutrición infantil. Para isto, Díaz apoiouse en datos de entidades como Cáritas, que acredita a existencia de 650.000 persoas en situación de exclusión social en territorio galego, 120.000 delas en pobreza severa. \"Temos por riba do 20%\" da infancia \"en situación de pobreza\", alerta, nun contexto no que o propio IGE acredita que case 13.000 nenos e nenas do país viven en fogares nos que ningún dos seus membros ten traballo remunerado. \"Diante desta situación\", lamenta, a Xunta limitouse a contestarlle por escrito a Alternativa que \"non dispón de habilitación legal nin de medios especializados que permitan iniciar unha campaña de detección de menores en risco de desnutrición\". Díaz: \"Non sei se é un insulto, pero as cifras non as nega\" \"Non sei se coñece que hai nenos que nin sequera poden facer unha comida diaria, que deixan de facer actividades extraescolares, que non poden mercar as lentes, que pasan fame e frío\", cuestionou Díaz, diagnóstico que ao presidente lle parece unha \"lectura apocalíptica\" da situación, ademais dun \"insulto ao Servizo Galego de Saúde\". \"Non sei se é un insulto, pero non nega as cifras, retrucou a parlamentaria de AGE, que advirte que as fontes dos seus datos son organizacións que \"non son revolucionarias\", como asociacións de profesionais da pediatría ou a propia Cáritas. A Xunta presume do aumento da Risga \"A Igrexa ten os seus informes e o INE, laico, ten os seus datos\", di Feijóo, que acusa a AGE de \"mentir\" Foi neste punto no que Feijóo introduciu unha rechamante novidade no seu discurso. Xunto coas habituais referencias á Junta de Andalucía o presidente \"agradeceu\" que AGE \"traia informes da Igrexa ao Parlamento\", en referencia a Cáritas. Pero \"a Igrexa ten os seus informes e o INE, laico, ten os seus datos\", que \"son moi claros\" e din que agora hai 2,2 puntos menos de pobreza en Galicia que en 2008, enfatiza. \"Reitero os datos de obreza, non os que vostede inventa\", acusa o líder da dereita, para quen o mellor xeito de acreditar a súa xestión neste ámbito é que o Goberno galego \"incrementou un 74%\" o orzamento da Risga, a axuda para persoas en risco de exclusión social que incrementa ou diminúe en función da demanda e que ten carácter extraorzamentario. \"Supervisamos todos os nutrientes, todos os menús\" escolares, continuou Feijóo para tentar probar que Yolanda Díaz, que pide infrutuosamente un \"informe a respecto da malnutrición\" infantil, \"está mentindo\". \"Temos fogares con problemas, sen dúbida, temos un problema de desemprego en Galicia\". \"Pero descricións apocalípticas, ningunha\", asegura. Neste contexto de desdén ao eclesiástico o titular da Xunta conclúe a súa réplica cun reproche: \"parece a Santa Inquisición\", espetou."}
{"ID": "NOS_51628", "summary": "Rafael Pillado Lista é un das grandes referencias do movemento obreiro galego durante a ditadura. Nado nunha familia comunista, dirixente do Partido Comunista de Galicia e CCOO e preso político nos cárceres franquistas, lembra no Día da Clase Obreira Galega os sucesos de 10 de marzo de 1972 en Ferrol.", "text": "A que reivindicacións responderon as folgas de marzo de 1972 en Ferrol? As reivindicacións eran económicas, sociais e culturais. Isto é, xornada, salario e condicións de traballo, pero, sobre todo, aprenderamos unha cousa xa desde había anos e era esa relación entre as reivindicacións económicas e sociais e as reivindicacións políticas. Así, na negociación do convenio, formulábase o dereito á folga, á liberdade sindical e á necesidade de liberdades políticas, que eran elementos de referencia para todos os traballadores. O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio. Inscríbese na batalla contra a ditadura e pola democracia, na batalla polos nosos dereitos políticos. Iso estaba moi presente e esas reivindicacións levaban moi en primeiro plano as de natureza política. Que lembranzas garda con máis forza daquelas xornadas de mobilización de marzo de 1972? Á volta de 1971, comeza a negociación dun novo convenio e alí xa se reclama un convenio de factoría para que a negociación se faga máis perto dos traballadores e para que se lles puidese informar do que pasaba na negociación. A partir da negativa a negociar en Ferrol, comezan dúas semanas de protestas, con concentracións diante da Dirección da empresa. Naquela altura, reclamabamos a desaparición das quendas de 12 horas e igualar o salario dos traballadores que facían 8 horas con aqueles que facían 12, como condición previa a entrar a negociar o convenio. Chegamos ao 8 de marzo e alí xa se formula que o día 12 se organizaría unha concentración de todo o cadro de persoal, pero o 9 de marzo, cando chegamos á factoría, soubemos que varios compañeiros do xurado de empresa foran despedidos e, de inmediato, paramos. Na zona dos arsenais, fixemos un percorrido longo para rematar en Dirección. Alí, tentamos negociar o retorno dos despedidos, mais indicóusenos que de ningunha maneira, e ás 17 horas a policía desaloxounos a golpes e botounos fóra da empresa, polo que esa noite reunimos a coordinadora comarcal de Comisións Obreiras (CCOO) e acordamos que no caso de estar fechada a empresa, nos concentraríamos diante do local do sindicato vertical. Que acontece entón o 10 de marzo? Unha vez comprobado que a empresa estaba fechada, indicámoslles aos traballadores concentrados diante do sindicato vertical a nosa intención de marchar até Caranza, onde se unirían os traballadores de Bazán, e alí tentaríamos de agrupar os miles de obreiros da construción que estaban traballando nas obras de construción do barrio. Xa non nos deixaron chegar. Cando pasamos da estrada de Castela e entramos na estrada das Pías, a policía baixou do cuartel, tentando cortar o grupo pola metade para disolvernos, e a xente respondeu con pedras recollidas dun vertedoiro da construción que quedaba alí perto. Neste contexto, un mando, eu creo que con disparos ao aire, tratou de amedrentar a xente, mais cando comezou a disparar este mando, outros que levaban pistola dispararon e xa despois, dous mortos, Amador [Rey] e Daniel [Niebla], e non só os 40 ou 50 feridos por disparos de balas dos que se fala. O número superou o cento, mais a xente sabía que se a ferida non era grave non podía curarse nun centro sanitario, porque se ías a un centro sanitario quedabas apuntado. Como foi a resposta da cidadanía á represión do réxime? Unha vez que se coñece a resposta policial, paralízanse a cidade e as empresas da comarca e dáse unha vaga de solidariedade en toda a Galiza. Os preámbulos de 1972 Rafael Pillado sitúa os antecedentes do conflito de 1972 nun longo proceso que arranca en 1948, cando o Partido Comunista (PC) decide pór fin á loita guerrilleira e pasa a facer \"entrismo\" [unha forma de intentar gañar simpatizantes] nas estruturas do sindicato vertical. Neste contexto, cunha estrutura do PC e CCOO moi fortes, na comarca de Ferrol desenvólvese a negociación do convenio de 1966. O sindicalista lémbrao da seguinte maneira:\"Alí tocoume participar na negociación dun convenio en Madrid coa representación das outras factorías do grupo, isto é, de Cartaxena e San Fernando en Cádiz, e aprendín que había que reclamar un convenio de factoría pola correlación de forzas desfavorábel que existía nestes dous centros de traballo do grupo\". Esta experiencia acabou por marcar a negociación do seguinte convenio, que concluíu en 1972 co asasinato de Amador Rey (nado en Trasancos, Narón, en 1933) e Daniel Niebla (nado en Ferrol en 1933) por mor dos disparos da policía"}
{"ID": "NOS_44845", "summary": "Unha moza ourensá de 24 anos de idade diagnosticada coa Covid-19 e con outras \"graves patoloxías\" morreu na tarde-noite da quinta feira nun hospital de Vigo, pero como negativizara días antes de falecer a Consellaría de Sanidade non a inclúe entre as vítimas da pandemia naGaliza.", "text": "Segundo confirmaron fontes sanitarias, a moza diagnosticada con Covid morreu na tarde-noite deste 30 de setembro na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que permanecía desde o pasado mes de agosto. Esta paciente fora trasladada o pasado mes de agosto desde o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ao hospital vigués. Fontes da Consellaría de Sanidade puntualizaron que a moza negativizara hai tempo. As mesmas fontes de Sanidade indicaron que a muller, que fora derivada desde o Complexo Hospitalario de Ourense, \"presentaba graves patoloxías xa no momento do seu ingreso\". Ademais, ratificaron que no transcurso da súa estancia na UCI a paciente dera negativo da Covid-19, polo que Sanidade non a conta entre as vítimas Covid. De incluíla sería a máis nova até a data. Até o momento faleceron 2.638 persoas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza desde o inicio desta pandemia, xa que a morte desta paciente non se inclúe nos rexistros. A última vítima mortal coa Covid da que informou Sanidade foi un home de 93 anos que se atopaba hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e tiña patoloxías previas."}
{"ID": "NOS_52105", "summary": "En Corredora, María Reimóndez regresa a temas recorrentes na súa escrita: o xénero, a sociedade patriarcal, a igualdade ou o interese por países menos desenvolvidos. E á violencia de xénero, e ao silencio como forma de resistencia. Entrevistámola no Sermos Galiza 255.", "text": "Desde A Sega apoiastes a candidatura de María Victoria Moreno ás Letras 2018, entre outras mulleres. E finalmente foi escollida. Cres que foi unha vitoria do feminismo? Eu son moi reticente a falar en termos de vitorias e derrotas, porque creo que é unha retórica moi patriarcal. Eu concibo máis as cousas desde o punto de vista do traballo doméstico ou da agricultura, eu creo que hai que ir sachando, sachando e sachando e en certo momento se o clima ou as circunstancias son propicias, entón dase un froito, pero ese froito non existiría se non se sachase. E eu creo que o labor dos feminismos ten que ser ese sachar para que certas cousas non sexan admisíbeis noutros espazos. O feito de que se escollese a María Victoria Moreno é evidente que parte de distintas iniciativas, como por exemplo, cando se buscou que entrasen máis mulleres na RAG. Estou totalmente convencida de que tería sido imposíbel se na directiva non estivese Marilar Aleixandre ou Fina Casalderrey. Si é certo que no caso concreto de Moreno é necesario ser xustas e recoñecer que se non fose polo traballo que fixo A Sega en 2015 a súa figura seguiría totalmente escurecida. E isto é preocupante, porque é unha muller que morreu non hai moitos anos. Acontece o mesmo con Xela Arias, con Luisa Villalta. Foron mulleres que tiveron un impacto moi grande durante a súa vida, pero que rapidamente caen no esquecemento do sistema literario. Non se fan estudos sobre elas nin sobre a súa obra. Hai unha serie de baleiros, con pingas aquí e alá, pero que realmente nun período moi curto de tempo as mulleres desaparecen. E creo que niso foi vital o traballo que se fixo desde A Sega en 2015 de botar luz sobre esta autora, sobre todo no feito da lingua como escolla dos afectos, que creo que no contexto no que nos movemos é importante, ese compromiso, esa filiación de afecto cara á lingua. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 255, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_16257", "summary": "A CNMC censura a Fomento por non facer públicas as súas previsións, como obriga a UE, e di que así \"dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos\", o que supón \"incerteza para os usuarios\"", "text": "Adif, a empresa pública que xestiona a rede ferroviaria, pasou de non cumprir as súas propias previsións oficiais sobre os novos treitos que porá en servizo cada ano a non facer públicas esas previsións, entre elas a do treito Zamora-Sanabria do AVE entre Galicia e Madrid que o presidente Rajoy anunciou que funcionaría neste 2018. Esa falta de previsión de Adif foi censurada este martes pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que critica que \"desta forma, dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos\". A Comisión da Competencia critica a Fomento por non facer públicas as súas previsións, como obriga a UE, e censura que así \"dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos\" Todos os anos Adif fai oficial a súa denominada Declaración sobre a Rede, o documento no que actualiza e detalla as características das súas infraestruturas para que as empresas que operan nelas transportando pasaxeiros ou mercadorías, tanto españolas como internacionais, poidan planificar o seu traballo. Ese documento é avaliado pola Comisión da Competencia, que o ano pasado reprendeu a Adif porque non cumprira coa súa previsión de que o novo treito de AVE duns cen quilómetros entre Zamora-Pedralba de la Pradería, o próximo en pórse en servizo entre Galicia e Madrid, estaría aberto en 2016. Non foi así e aínda se porá en servizo ao longo deste 2018, segundo confirman diversas fontes e anunciou en público Rajoy o pasado 29 de decembro, cando tamén avanzou que este ano o AVE chegaría a Castellón (treito inaugurado o pasado 22 de xaneiro), Burgos, Murcia e conectaría as estacións de Chamartín e Atocha cun túnel específico. O informe de Competencia sobre a Declaración sobre a Rede 2018 de Adif di que \"sorprende que os borradores remitidos non inclúan información concreta sobre as postas en servizo que, aparentemente e de acordo con información pública, entrarán en funcionamento nun horizonte temporal próximo\", e remítese aos anuncios realizados por Rajoy. \"Desta forma, dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos e solicitar capacidade de treitos que os propios xestores non informan de se entrarán en servizo ou non en dito período\", censura Competencia. \"Idealmente, a información contida na Declaración sobre a Rede debera incluír [...] as aperturas de liñas e a evolución xeral da Rede Ferroviaria de Interese Xeral en 2018 e 2019\", engade. Competencia critica que Fomento tampouco fixo pública a súa estratexia a cinco anos vista, como está obrigado desde hai dous anos, e di que iso supón \"incerteza para os usuarios\" A CNMC critica en xeral esa falta de previsións públicas a respecto da evolución da rede ferroviaria nos próximos tempos tanto por parte de Adif como do Ministerio de Fomento, que ten a obriga, imposta pola normativa europea, de publicar a súa estratexia ao respecto para o medio prazo. A propia Comisión da Competencia salienta que esa estratexia do ministerio \"que cubrirá un período temporal de, alomenos, cinco anos, será renovable\". A crítica de Competencia a Fomento é directa: \"Esta sala xa sinalou [hai un ano] o atraso que acumula a publicación da citada estratexia indicativa por parte do Ministerio de Fomento, tanto respecto da data límite establecida na Directiva RECAST (16 de decembro de 2014) como da propia Lei\" estatal que, lembra, \"fixa o prazo da súa publicación o 16 de decembro de 2016\". Dous anos despois, Fomento aínda non fixo públicos os seus plans, polo que Competencia remata pedíndolle expresamente que o faga canto antes \"de forma que os xestores de infraestruturas poidan, á súa vez, elaborar os seus programas de actividade, limitando a incerteza sobre a evolución das infraestruturas ferroviarias para os usuarios das mesmas\". DOCUMENTO | Informe da CNMC sobre a Declaración sobre a Rede 2018 de Adif"}
{"ID": "NOS_52168", "summary": "Medio milleiro de delegadas da CIG-Industria manifestáronse na Coruña contra unha centralización da negociación colectiva que, afirman, prexudica os traballadores.", "text": "As reformas laborais dos gobernos do PSOE e PP sentaron as bases para un proceso de centralización ou estatalización da negociación colectiva que se traduce, denuncia a CIG, na mingua da capacidade de decisión dos traballadores e nunhas peores condicións laborais. Medio milleiro de delegados da central nacionalista manifestáronse esta cuarta feira na Coruña na defensa do marco galego de relacións laborais. O secretario Nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi \"Tupi\", denunciou que a sinatura do I convenio estatal do metal é un exemplo desa centralización. \"Non queremos unha negociación entre cúpulas patronais e sindicais en Madrid, afastada dos centros de traballo\", dixo Bouzas Aboi, que manifestou que .centralizar a negociación, favorece a aplicación de todos os recortes recollidos nas reformas laborais a través dos propios convenios colectivos. \"Hai que combater este tipo de negociación, porque separar a negociación colectiva dos centros de traballo é abrir unha dinámica que deixa sen capacidade de decisión e sen loita os traballadores e traballadoras, creando un marco ideal para recortar dereitos e salarios\", advertiu. A CIG aposta nun marco galego de relacións laborais \"e por iso hoxe estamos aquí demandando un convenio galego do metal, que unifique as catro plataformas provinciais, homoxeneice o sector e evite así que entre as propias empresas se poidan facer competencia desleal polos custes salariais\". \"Non necesitamos a negociación colectiva para negociar os día festivos, necesitámola para negociar os nosos salarios, a nosa xornada e as nosas condicións laborais\", insistiu. Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denunciou que a patronal aproveitou a situación de crise e uns gobernos favorábeis para tentar precarizar cada vez máis as condicións de traballo. Areforma da negociación colectiva, afirma, \"busca matar a negociación colectiva\", aseverou. A esta pretensión obedece a limitación da ultraactividade, favorecer os convenios de empresa fronte aos sectoriais, ou facilitar os descolgues."}
{"ID": "NOS_18834", "summary": "Un concello que a Xunta sitúa no nivel de alerta verde, o 0, tiña xa a pasada semana restricións do nivel 2. As mesmas que pode ter un concello no nivel de alerta vermella, o 4. Esta falta de correlación entre os niveis de alerta e os de restricións está a xerar confusión na poboación. Agora, a Xunta terá que adaptalos ambos niveis aos criterios acordados entre as autonomías e o Ministerio de Sanidade.", "text": "Un municipio pode estar situado no nivel de alerta 3 da Xunta, representado en cor vermella, e non obstante ter as mesmas restricións que outro no nivel de alerta 1, en cor verde. Esta falta de correlación entre os niveis de alerta e os niveis de restricións, unha clasificación que a Administración galega comezou a empregar hai unhas semanas, está a causar confusión na poboación. Unha confusión que pode aumentar cando a Administración galega se adapte aos niveis de alerta, con criterios comúns de actuación, aprobados onte polo Consello Interterritorial coa votación a prol da Xunta. Nel desbotouse, polo momento, a aplicación dun toque de recoller. Un mapa orientativo Até que a Xunta proceda a aplicar estes novos niveis, os mapas como o da imaxe son o máximo nivel de desagregación de casos novos que ofrece á poboación. Reflicten o número acumulado de novos casos confirmados por proba PCR nos últimos 7 días e máis nos últimos 14 días. Sanidade liga ese número a catro niveis de alerta: o 0, en cor verde; o 1, en amarela; o 2, en laranxa; e o 4, en vermella. Os mapa de niveis de alerta foi a máxima desagregación que publicou a Xunta Para asignar unha cor fixáronse limiares que varían en función da poboación. Os municipios de menos de 50.000 habitantes sitúanse no nivel 0 se teñen menos de 7 casos, no 1 se teñen entre 7 e 13, no 2 se teñen entre 14 e 20 e no tres se teñen máis de 21 casos novos sobre o conxunto de habitantes. Para os concellos de máis de 50.000 persoas os limiares fixáronse en menos de 28 casos, entre 28 e 55 casos, entre 56 e 111 ou máis de 112 por cada 100.000 habitantes. Parámetros da Xunta Que Teo ou Monforte avanzasen onte ao nivel 3 de alerta non implica que a Administración galega lles aplique novas restricións automaticamente e aí radica boa parte da confusión da cidadanía. A maiores, dáse o caso de concellos como A Arnoia, en cor verde desde hai tres semanas, que encadea desde o 7 de outubro medidas máis estritas que outros nese nivel como A Pastoriza ou Vimianzo. Daquela, por que as restricións no municipio de A Arnoia? A resposta figura, en parte, nas ordes do Diario Oficial da Galiza (DOG) do 7, 14 e 21 de outubro. Nelas o comité clínico e Sanidade xustifican as restricións na comarca do Ribeiro, á que pertence este concello, por varios motivos. Entre eles, a situación epidemiolóxica da comarca, na que preocupan determinados grupos de idade en Ribadavia ou Leiro, a interrelación da poboación dos concellos entre si ou súa proximidade con Ourense, cunha mala evolución. Así pois, non só se ten en conta a situación da Arnoia para determinar restricións. Tamén a dos municipios da súa contorna e a relación que gardan entre si a nivel, por exemplo, de mobilidade. O fechamento dos concellos de Ourense e Barbadás obedeceu, precisamente, a tratar de rachar con parte deses desprazamentos e limitar a \"irradiación\" do virus. Sanidade non detallou os parámetros que baralla o comité clínico Como explicou o conselleiro de Sanidade , Julio García Comesaña, os parámetros que baralla o comité clínico da Xunta inclúen até dez cos seus correspondentes indicadores. Nin o conselleiro nin a Xunta aclararon cales son. De novo a resposta está no DOG, no que Sanidade xustifica as restricións recollidas nas súas ordes a unha serie de parámetros. Entre eles, a incidencia acumulada de casos por cada 100.000 habitantes a 3 días, 7 días ou 14 días; os gromos ou a ocupación hospitalaria. Mais tamén, como se exemplificou no caso da Arnoia, a localización xeográfica. E a demografía. Na comarca do Carballiño, que reúne os tres municipios coas restricións máis estritas do Estado, Sanidade fai alusión ao impacto do virus nunha poboación moi envellecida. E advirte que un maior nivel de contaxio en idades avanzadas pode influír nas taxas de hospitalización da área sanitaria. En troques, na comarca da Terra de Celanova sinala a afectación na poboación nova \"cunhas características de presentación da Covid-19 (con maior probabilidade de non desenvolver sintomatoloxía) que pode facilitar a transmisión\". Niveis de restricións Que relación gardan estes parámetros cos que a Xunta deu en denominar niveis de restricións? Segundo explican fontes de Sanidade a este medio, estabelecéronse para explicar dunha maneira máis sinxela á poboación as limitacións vixentes. Porén, a Administración galega non recolle en ningunha publicación oficial en que niveis se pode situar un municipio e que restricións se lle aplican en cada caso. Esas mesmas fontes sinalan que até o momento só sitúan os municipios en tres niveis de restricións. O nivel 1, ao que Sanidade non fixera alusión nos seus comunicados, é no que se situaban a maior parte dos municipios que esta semana avanzaron até o nivel 2. Non existe ningún nivel máis alá do 3, se ben non se descarta. Modificacións estatais Agora, e a raíz do acordo do Consello Interterritorial, Sanidade terá que modificar os niveis de alerta, asociándoos aos parámetros acordados entre o Ministerio de Sanidade e os seus homólogos a nivel territorial. O obxectivo é que todos os territorios comuniquen de maneira homoxénea unha serie de indicadores sanitarios, cun marco común para a súa comprensión. Os niveis de alerta da Xunta, por exemplo, limitábanse aos casos confirmados por PCR e calculábanse de maneira distinta segundo o nivel de poboación. O Ministerio de Sanidade propón tamén catro niveis de risco que asocia a oito indicadores principais. Un deles é a incidencia acumulada en 7 e 14 días, pero por cada 100.000 habitantes e con distintos limiares que os da Administración galega. O Ministerio engade esa incidencia pero en maiores de 65 anos anos, a porcentaxe de PCR positivas do total feitas, a porcentaxe de casos das que se pode determinar a orixe ou a ocupación hospitalaria. Estes parámetros son similares aos que Consellaría de Sanidade manexa nas reunións do comité epidemiolóxico. Da mesma maneira, o Ministerio propón que se valoren de maneira conxunta en combinada os parámetros para decidir un cambio de nivel, como tamén estaba a facer a Xunta. A proposta estatal inclúe a posibilidade de que nas unidades territoriais de menos de 10.000 habitantes, como moitos dos municipios galegos, se realicen agrupacións para os niveis e restricións, poñendo por exemplo a comarca. Nestes territorios o Ministerio introduce outros parámetros, como a proporción de casos novos asociados a gromos. En canto ás medidas, a nivel xeral proponse limitar ao máximo os contactos sociais nas áreas cun nivel máis alto de alerta. Nese caso o Ministerio propón un límite de 6 persoas en reunións sociais. Agora, os territorios terán que adaptar eses niveis e restricións. Por exemplo, volvendo á Galiza, a Xunta xa adoptou a redución dos encontros en vivendas a 5 persoas, mesmo en concellos que sitúa no nivel 2 de alerta."}
{"ID": "NOS_23161", "summary": "O Celta de Vigo recibe hoxe en Balaídos (22 horas) o actual campión de Liga e Champions, o Real Madrid, coa intención de lograr a súa terceira vitoria no que vai de século. O Lugo, pola súa parte, viaxa até Tenerife co obxectivo de sumar os seus primeiros puntos na tempada 2022/23.", "text": "Quen podería esquecer ese duelo único entre Celta e Real Madrid edenizado nas memorias e que rematou 2-0 a prol dos celestes? Os momentos dos dous goles transformados por Charles antes e despois do tempo de descanso vivíronse cunha descomunal intensidade nas bancadas. Pero tras ese triunfo en maio de 2014, o Celta iniciou unha negativa xeira de resultados unicamente interrompida polas táboas que asinaron na tempada 2017/18. Con todo, para calibrar a magnitude da fazaña que supón derrotar, aínda que sexa na casa, o actual campión da Liga e da Champions League, é necesario seguir viaxando no túnel do tempo até 2001 para atopar a seguinte ocasión na que os celestes sumaron os tres puntos ante o Real Madrid, vencéndoo por un contundente 3-0 logrado por un cadro de xogadores -Cavallero; Velasco, Đjorović, Cáceres, Juanfran; Giovanella, Vágner, Gustavo López, Edú, Mostovoi; Catanha- que evoca inevitabelmente á nostalxia do Euro Celta. Agustín Marchesín: \"Para gañar ao Real Madrid teremos que rozar a perfección\" A chave para lograr repetir aquel fantástico resultado, aínda que soe a topicazo de xornalista deportivo, estará en que Eduardo 'Chacho' Coudet, técnico da escuadra viguesa, sexa quen de maximizar as virtudes dos seus homes para que o fagan \"todo perfecto\" e o Real Madrid, simplemente, non teña o seu día. Así o manifestou o porteiro local, Agustín Marchesín, que recoñeceu ser \"consciente\" da magnitude do desafío, pero tamén mostrou \"ilusión\" por facer un gran partido. O internacional arxentino será un dos once da partida en Balaídos. Con el estarán Javi Galán, Unai Núñez, Aidoo e Hugo Mallo; Fran Beltrán, Renato Tapia, Óscar Rodríguez e Franco Cervi; Gonzalo Paciência e Iago Aspas. Pola súa parte, o preparador madridista, Carlo Ancelotti, terá á súa disposición todos os seus homes para un partido previsto ás 22 horas de hoxe. Polo tanto, salvo sorpresas de última hora, e logo de sufrir na xornada inaugural ante o Almería a causa das rotacións tras facerse coa Supercopa de Europa, optará por Courtois na portería; Alaba, Rüdiger, Militão e Carvajal en defensa; Camavinga, Tchouaméni -de non confirmarse o seu traspaso ao Manchester United, a súa posicion podería ser ocupada polo brasileiro Casemiro-, Modric no medio do campo; e o ex deportivista Fede Valverde, Vinícius e Benzema na dianteira. Tenerife ten \"seguro de sol\"... e de puntos Unha vella canción de 1968 cantaba aquilo de \"Tenerife tiene seguro de sol\", pero tamén de puntos para os visitantes do Heliodoro Rodríguez López, pois a pesar de ser un serio candidato ao ascenso de categoría -o conxunto canario vén de ser o mellor visitante do pasado campionato ligueiro-, tan só foi o décimo primeiro como local. Neste escenario, o Club Deportivo Lugo tratará de sacar petróleo das eivas do seu rival e resarcirse así da dolorosa derrota na primeira xornada de competición contra o recentemente ascendido Albacete do seu ex adestrador, Rubén Albés. O extremo Sebas Moyano, quen semella que terá moito máis protagonismo esta tempada que na anterior, na que só disputou 795 minutos distribuídos en 19 partidos, sinalou antes do duelo lucense-tinerfeño que implementarán \"cambios\" para evitar novos \"afundimentos\" como o que sufriron ante o Queixo Mecánico: \"Buscaremos a vitoria intentando aproveitar as nosas armas para gañar\". Os galegos da Primeira RFEF quentan motores A tan só unha semana do comezo da competición, os equipos galegos da terceira categoría quentan motores esta fin de semana con distintos amigábeis, destacando o Trofeo Concepción Arenal entre Rácing de Ferrol e Compostela (A Malata, hoxe, 20.30 horas) e o Deportivo-Bergantiños (Arteixo, mañá, 19 horas)."}
{"ID": "NOS_7101", "summary": "Afirma que o traspaso suporía un incremento do orzamento destinado á principal infraestrutura viaria de Galiza. PSdeG, En Marea e BNG critican con dureza a decisión.", "text": "O goberno español volta a vetar o debate sobre o traspaso da AP9 a Galiza. A mesma maniobra que xa fixera en outubro de 2016 e coa mesma desculpa: suporía un aumento dos créditos orzamentarios. Segundo un informe do Ministerio de Fomento remitido ao Congreso dos Deputados ao que tivo acceso a Cadena Ser, o departamento solicita que se vete a tramitación da proposición non de lei que pide o traspaso da autoestrada a Galiza. Fomento afirma que \"a aprobación desta proposición de lei xeraría un aumento dos créditos orzamentarios\", polo que o departamento \"non presta a conformidade para a súa tramitación en virtude do estabelecido no artigo 134.6 da Constitución\". A petición de traspaso responde a unha iniciativa orixinariamente impulsada polo BNG e aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza e até o presidente Núñez Feijóo se comprometeu a facer xestións para que esa petición chegase a bon porto. Desde En Marea, o seu viceportavoz, Antón Sánchez, afirmou que este veto \"demostra que estamos gobernados aquí e en Madrid por xente que cre cero en democracia e ten cero escrúpulos cando se trata de defender os intereses económicos de determinadas empresas\". Sánchez criticou que nin sequera se permita o debate da proposición e instou Feijóo a dar \"unha resposta\". Os socialistas xa se dirixiron á presidenta do Congreso, Ana Pastor, para pedirlle que rache coa disciplina de voto, lembrándolle que ela foi elixida deputada por Pontevedra, provincia afectada pola AP9. Ana Pontón, portavoz do BNG, entende que estamos perante \"unha nova mostra do agravio e desprezo co que se trata Galiza en Madrid\", un trato que, engadiu, ten \"responsábeis\" na Xunta, da que critucou que sexa \"incapaz\" de defender os intereses de Galiza. Pontón afirma que este veto indica que Feijóo \"non pinta nada en Madrid\" e incide en que non é de recibo que se argumente o veto con que o traspaso sería un orzamento do crédito orzamentario, máxime após os centos de millóns gastados en resgates á banca ou ás radiais madrileñas."}
{"ID": "NOS_7378", "summary": "Figura chave na canción de autor galega, Miro Casabella (Ferreira do Valadouro, 1946) mira de atrás adiante explicando de forma paralela a súa carreira e a evolución dunha música galega que segue a adoecer de propostas nas que a palabra ocupe un lugar destacado. Entrevistámolo con motivo da homenaxe organizada polo Concello de Cambre.", "text": "O 29 de xullo dedícanche unha homenaxe no Concello de Cambre, pero cando e como entrou a música en Miro Casabella? Foi no ano 65 cando comecei a cantar. Agasalloume a guitarra unha prima miña que viña de Venezuela e aí foi cando comecei a tocar. Aprendeume a tocar un médico veciño meu, e aprendín tamén a cantar. Supoño que o fundamental foi a túa chegada a Barcelona e o teu contacto coa Nova Cançó. Si, na miña vila eu empecei a facer as miñas primeiras cancións, no ano 66 ou por aí, pero cando realmente me botei a cantar foi cando cheguei a Barcelona. O primeiro ano empecei a coñecer pola radio os cantautores cataláns. E no 67 é cando comezo xa a cantar con eles. Coñezo a Manuel María, que vén a Barcelona a unha homenaxe, e escóitame cantar, así que me pon en contacto coa casa de discos coa que el fixera o disco aquel de poemas. E con eles publico o primeiro disco, e así comezo a moverme con cantores cataláns, e tamén coñezo a Voces Ceibes, porque van gravar alí, e aí é canto me integro no seu movemento. En Voces Ceibes non botas moito tempo. Claro, porque eu estaba en Barcelona e viña pouco por aquí, eu cantaba máis por fóra, por Catalunya, e tiña saído a Francia, Alemaña, Bélxica, España... E logo Voces Ceibes ten unha crise, hai xente que marcha fóra de Galiza, xente que discrepa... Desmémbrase o grupo, eu tamén me aparto, aínda que sigo tendo moi boa amizade con Vicente Araguas. Non chego a irme, pero apártome porque era un concepto diferente de música. A música que tocaba Voces Ceibes miraba cara á canción francesa ou catalá, e prescindía moito do folclore. O folclore catalán é menos rico que en Galiza e tiña pouca influencia na canción, pero eu vexo que o importante é ter unha conexión coas formas populares da música, porque eu coñecía a canción popular moi ben. A min parecíame que era moi importante, polo que aí se produce unha discrepancia e iso apártame da razón musical de Voces Ceibes. Aprendín a tocar instrumentos populares, como a gaita ou a zanfona, e a raíz de aí comezo xa con estes instrumentos e a miña música dá unha volta importante cara á raíz máis popular, aínda que eu sigo facendo canción de autor. Iso foi o que te distinguía doutros cantautores, non só galegos, non? Si, aínda que, por exemplo, os vascos tiñan tamén esa inquedanza, agás Mikel Laboa e Xabier Lete. É Benito Lertxundi quen se achega máis ao popular, quen utiliza estes instrumentos e canta mesmo pezas populares. Mentres, en Catalunya a música popular está totalmente desautorizada, afástanse dela porque non teñen un folclore tan rico e variado coma o de Galiza. E residindo xa en Galiza desde o ano 71, toco moito por fóra, fago incursións por todas partes: Alemaña, Francia, a onde fun moito con Paco Ibáñez, e tamén no resto do Estado. Ti compartiches escenario con grandes da canción, como José Afonso ou Joan Baez, ademais de Paco Ibáñez, con quen tes unha estreita relación e vai estar tamén na túa homenaxe. Si, eu non sabía nada. Contactaron directamente con el desde o Concello de Cambre. Encántame porque tivemos moitas vivencias e actuacións xuntos. Coñecino en Barcelona, el tiña moito interese pola canción e pola poesía galega para incorporala ao seu repertorio, para que os seus recitais fosen un pouco como un Galeuscat, porque el coñecía tanto o euskera como o catalán, porque súa nai era vasca e o seu pai, valenciano. Quería cantar en todas as linguas do Estado. E comezamos unha longa amizade, temos cantado moito xuntos. Unha vez que remata o franquismo comezas a túa carreira en solitario, cun total de sete discos. Si, eu utilizaba as formas musicais populares para facer canción de autor social, que tiña un sentido reivindicativo e que ao mesmo tempo tiña unhas connotacións que se poden identificar cun sitio a través dun instrumento, que tamén é o que te ancora. O meu instrumento, a zanfona, veño utilizándoo desde os 70, e xa te ancora nun sitio, cunha determinada sonoridade e harmonía. Coa perspectiva do tempo, que disco cres que reflicte mellor a túa visión do mundo e da música? Como calquera creador nunca quedas totalmente satisfeito co que fas, pero se che digo a verdade, co que me sinto máis feliz é con O meu país, que fixen no ano 69, cos versos de Xoán Manuel Casado. Sempre a canto, e sempre sinto que o fago por primeira vez, a emoción embárgame. Faime traspasar a barreira do tempo e lévame a cando a fixen. Tamén é a túa canción máis popular. E probabelmente a máis versionada. Si, tamén porque a cantei máis veces. A coral de Ribadeo fixo unha versión moi bonita, tamén Eladio y los Seres Queridos ten outra preciosa, e Luar na Lubre cantada por Rosa Cedrón. E hai outra medio flamenca, e unha dun coro de nenos da Arxentina, do colexio Rosalía de Castro. É curioso como en Galiza, despois da Transición, a canción de autor perdeu moita forza, cousa que non aconteceu, por exemplo, en Euskadi ou Catalunya. Por que cres que a atención ás letras é máis escasa na nosa música? A canción de autor despois da Transición desapareceu practicamente. Tivo unha crise bestial, desapareceron unha cantidade de autores porque cambiaron os tempos. Nalgúns sitios como en Catalunya e no País Vasco a canción pasou ás festas. Eu alí teño cantado con Mikel Laboa, Xabier Lete, Urko... en festas masivas. Eu quedaba abraiado, e en Catalunya igual. Aquí en Galiza traían orquestras e segue pasando iso. Non se concibe unha festa sen unha orquestra para bailar. Logo chegou Milladoiro, que se esqueceu da palabra. Logo Luar na Lubre xa incorpora unha cantora. E todo isto leva a que o cantautor vaia desaparecendo. O cantautor é máis áspero, ten pouco acompañamento, é máis pobre de recursos. Iso foi o que matou o cantautor, desapareceu, matárono. E logo veu Carlos Núñez, unha figura moi internacional, pero desaparece ese home que transmite unha lingua, unha historia, unha cultura. Iso queimárono, desapareceu, non hai. Quedamos catro. Como ves o estado actual da música galega? Eu véxoa moi ben. Hai uns músicos incríbeis e unha canteira impresionante. A desgraza é ter unha TVG que é un lastre. Eu hai dous sitios sitios onde estou totalmente desaparecido: en La Voz de Galicia, para quen non existo, e na TVG, eu e máis xente somos invisíbeis para eles. Non hai máis que ver os tres programas punteiros, que é un tal Land Rober, o Piñeiro e o Gayoso, que nos desprestixian e nos insultan. Así estamos. O labor é duro. E fan falta moitos anos para ter un prestixio. Poderemos agardar algún novo disco de Miro Casabella? O último foi en 2004. Teño moitísima música gravada. Eu son un tipo que teño moitísima facilidade para facer música e fago case un tema cada día. Teño centos de cancións, pero moitas veces penso haberá alguén a quen lle interese? Aos medios non lle interesa para nada, pero logo vas a sitios pequenos cantar e agradécencho tanto que te anima a seguir. [Esta entrevista foi publicada no A FONDO especial Miro Casabella, publicado no Sermos Galiza 255, á venda na loxa]"}
{"ID": "PRAZA_6964", "summary": "Armando Requeixo dá conta de Fulguración e Silencio, a máis recente obra de Xavier Rodríguez Barrio, un \"poeta Halley\" que \"aparece só moi de vez en cando no ceo literario galego\" mais cun brillo que \"loce intenso\"", "text": "Xavier Rodríguez Barrio é poeta Halley. Aparece só moi de vez en cando no ceo literario galego, mais, cando o fai, o seu brillo loce intenso no firmamento das nosas letras. Fortuna quixo que hai pouco dese á luz Fulguración e Silencio, un poema longo dedicado á lembranza de Xosé María Díaz Castro que editou a Deputación Provincial de Lugo. Confeccionado materialmente polo Obradoiro do Libro CENTRAD (esa magnífica factoría artesanal que tanto apoia a infatigable Rexina Polín), esta edición numerada é un obxecto artístico admirable. Impreso en papel rústicus fabiano de alta gramaxe, con portadas feitas en policarbonato gravado e encadernado nunha espiral de vimbio, protexido todo por un estoxo de cartón corrugado que deseñou Fonso Castro. Marabilla. Toda a edición foi coidada ata o mínimo detalle: a publicación ten 14 páxinas, mide 14 X 14 e a espiral de vimbio desliza en 14 punteados, todo en homenaxe ao ano 14, o do nacemento de Díaz Castro e o do actual centenario. Canto ao poema en si, Rodríguez Barrio lembra o vencello indisoluble que uniu a Díaz Castro con Galicia, máis concretamente cos eidos natais, tal se a eles os xunguise \"un fío para o sangue/ un cíngulo de lúas\". Tamén incide no papel decisivo da mater familias, quen o fixo persoa pola \"luz nos adentros dun ventre que se abre/ e disemina como un outonar para os días\". Do mesmo xeito, hai espazo para a acordanza dos amigos fraternos, ese \"Aquilino evocando pedregais de Seivane/ decruando contigo o idioma, os entusiasmos lentos,/ a orde substantiva da palabra\". Incluso se vira a atención para os días nas Rías Baixas, coa memoria dos \"poñentes de Arousa (...) as nubes submarinas dun ceo interminable,/ tratando de ancorar eternidades/ en cada baixamar de lonxanías\". Hai nos versos deste Fulguración e Silencio un procurado ton outonizo, unha luz cembada, indecisa, que deixa no tasto os claroscuros das \"tempas doídas\", da \"dor do equilibrio\", dos \"veráns feridos\". É un dicir melancólico e evocador, de \"tardes longas\" e \"sombras caladiñas\", de \"anxos/ que non deixan o seu ronsel no aire/ senón no corazón de quen os mira\". Unha poética da Beleza a caer co \"ruído do sangue\". Excelente este Fulguración e Silencio, peza memorable dun Xabier Rodríguez Barrio que rende, así, homenaxe ao amigo e mestre neste ano tan sinalado."}
{"ID": "NOS_10233", "summary": "Finalizada a tregua de 72 horas sen acordo de a prolongar, o exército israelita encetou novos ataques contra a Faixa, din, en resposta aos foguetes lanzados por Hamas. Unha crianza foi asasinada.", "text": "A organización islámica, Hamas, nega ter algo a ver co lanzamento de foguetes desde Gaza. Porén, o exército israelita asegurou que dous proxectís caeran no sul do Estado de Israel e que en resposta o Tashal reanudaría a ofensiva contra a Faixa. \"Cada lanzamento dun foguete por parte de Hamas ten como obxecto matar civís israelitas. Cada foguete é un crime de guerra\", afirmou un mando militar desde o Estado de Israel en clara resposta ás investigacións que desenvolverá o Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas polas vulneracións do dereito internacional que supuxo a operación 'Bordo Protector' deseñada polo executivo de Benjamin Netanyahu. As hostilidades foron encetadas horas despois de se concluír a tregua de 72 horas acordada entre o goberno de Tel Aviv e as organizacións palestinas. Logo da cal non se produciu unha prolongación se ben, aseguraron fontes das delegacións desprazadas no Cairo, as conversas entre elas. Asasinada unha crianza en Yabalia Nesta nova onda de ataques morreu asasinada unha crianza no campo de refuxiad@s de Yabalia, segundo informou o Ministerio de Saúde da Faixa. Aliás, resultaron feridas outras cinco persoas froito de seis bombardeos que peinaron todos os sectores de Gaza, de acordo co relato achegado polas forzas armadas israelitas. Cóntanse por milleiros as persoas que están a abandonar as súas moradas no norte e leste da Faixa de Gaza perante o medo polos novos ataques."}
{"ID": "NOS_22501", "summary": "O Tribunal Constitiucional permite a investidura de Carles Puigdemont só se é presencial, prohibindo que esta sexa a distancia ou delegada.", "text": "O Tribunal Constitucional optou por unha solución intermedia para intentar solucionar o problema que lle formulaba o recurso presentado polo goberno español contra a investidura de Puigdemont. O TC non admite o recurso da Moncloa e a terza feira poderá realizarse a investidura mais só se Carles Puigdemont está presente. Este xa deu os pasos para intentar estar no Parlament e solicitou autorización xudicial para ir ao pleno. Após máis de seis horas de deliberación, o TC desestimou o recurso do goberno español e non impugna o pleno de investidura que está convocado para o 30 de xaneiro, a próxima terza feira, polo presidente do Parlament, Roger Torrent, con Carles Puigdemont como candidato. Mais o TC impón unha medida cautelar: que a investidura sexa presencial, prohibindo que esta sexa a distancia ou delegada. A resolución do Constitucional considera que para ser investido, Puigdemont necesita obter a autorización do xuíz. O deputado de JxCat Josep Rull anunciou que Carles Puigdemont demandará autorización xudicial para asistir ao pleno de investidura. Deste xeito, o Constitucional segue a liña do Consello de Estado, que sinalaba que o recurso da Moncloa non tiña fundamentos xurídicos.Ou do letrado maior do Parlament, Antoni Bayona, que criticaba unha medida \"preventiva\" contra alguén que non estaba inhabilitado para o exercicio do cargo."}
{"ID": "PRAZA_10560", "summary": "A data chega coa causa xudicial pendente de que a Audiencia da Coruña decida se valida ou rectifica a proposta do xuíz instrutor e do fiscal de xulgar como responsables en igual grao ao maquinista e ao director de Seguridade de Adif", "text": "A data chega coa causa xudicial pendente de que a Audiencia da Coruña decida se valida ou rectifica a proposta do xuíz instrutor e do fiscal de xulgar como responsables en igual grao ao maquinista e ao director de Seguridade de AdifComo en anos anteriores, a plataforma de vítimas do accidente de Angrois vén de convocar actos de protesta e lembranza para o sexto aniversario do accidente. O 24 de xullo, ás 11 horas, marcharán polas rúas de Santiago desde a estación de tren ata a praza do Obradoiro, onde lerán un comunicado. Pola tarde, tras unha misa na Colexiata do Sar ás 18 horas, concentraranse na curva da Grandeira, en Angrois, na que ocorreu o accidente, onde realizarán diversas intervencións de lembranza dos falecidos ata as 20.41 horas, o momento en que descarrilou o Alvia. Tras os actos públicos do día 24, as familias afectadas celebrarán o día 25 un acto privado no Pazo do Faramello.O sexto aniversario do accidente chega este ano coa causa xudicial pendente de que a Audiencia Provincial da Coruña decida se valida ou rectifica a proposta do xuíz instrutor avalada polo fiscal de levar a xuízo polas 80 mortes ao maquinista do tren e ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, o primeiro por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois e o segundo por non habilitar as medidas de seguridade necesarias para evitar o risco previsible dun erro humano que alí existía. No eido político, a UE abriu este ano unha nova investigación contra España polo xeito en que analiza os riscos ferroviarios, cuestión clave na investigación penal de Angrois. Pola súa banda, a comisión de investigación política que as vítimas reclamaron durante cinco anos rematou a comezos deste ano no Congreso sen que se chegasen a emitir conclusións sobre o sinistro polo adianto das eleccións xerais."}
{"ID": "NOS_44337", "summary": "A partir de hoxe nos núcleos de poboación separados de menos de 5.000 habitantes poderase saír sen restrición de franxas horarias. É a Xunta quen ten que determinar que considera un núcleo mais na Galiza hai máis de 3.700 parroquias con menos de cinco mil veciñas.", "text": "Os núcleos de poboación separados que teñan menos de 5.000 habitantes tamén poderán saír sen restricións horarias a partir de hoxe mesmo e aínda que pertenzan ao mesmo concello, segundo anunciou o presidente da Xunta esta quinta feira. O Goberno español autoriza así que nestes núcleos separados que non chegan ás 5.000 veciñas e veciños se funcione como nos concellos de menos de 5.000 habitantes, onde xa non entraron en vigor as franxas horarias decretadas polo Ministerio de Sanidade. Unha medida que permitiría que máis da metade das galegas e galegos non teñan franxas horarias: A pregunta que se fan miles de galegas e galegos é se habitan nun lugar que entra deses parámetros. En principio, e en virtude do novo espírito de 'cogobernabilidade', é a Xunta quen ten que determinar que é un núcleo de menos de 5.000 habitantes (se aposta pola parroquia ou ben outro criterio) e cales son. Mais no Instituto galego de estatística (IGE) hai un listado de núcleos que están por baixo de 5.000 habitantes (máis de 3.700 parroquias) e dos que superan esa poboación. Así, na Galiza hai 46 núcleos de máis de 5.000 habitantes, que están en 44 dos 314 concellos da Galiza. En principio, estes serían os excluídos da decisión. A CRTVG fixo unha listaxe de cal son eses núcleos que superan as 5.000 veciñas e veciños:"}
{"ID": "PRAZA_18715", "summary": "A empresa nega as acusacións do Concello e asegura que o accidente se debeu á desmontaxe de equipos obsoletos. O Goberno municipal comunicará nos vindeiros días \"a paralización de todos os traballos ilegais que se realizan en Lourizán\". O lume, que provocou unha gran fumareda visible dende toda a comarca, comezou ás nove da mañá e foi sufocado media hora despois.", "text": "O Concello de Pontevedra denuncia que o incendio que esta mañá afectou á factoría de ENCE en Lourizán iniciouse nas obras que a empresa está a realizar no complexo e que carecen de licenza municipal. As chamas foron provocadas polos traballos de desmontaxe dunha torre de refrixeración ao prender no material de poliéster no que está construída a citada instalación. O Goberno municipal abriu un expediente informativo e comunicará nos vindeiros días \"a paralización de todos os traballos ilegais que se realizan en Lourizán\". O lume, que provocou unha gran fumareda visible dende toda a comarca, comezou ás nove da mañá e foi sufocado media hora despois. O Goberno municipal abriu un expediente informativo e comunicará nos vindeiros días \"a paralización de todos os traballos ilegais que se realizan en Lourizán\" A tenente de alcalde e responsable de Disciplina Urbanística, Carme da Silva, explicou esta mañá en rolda de prensa que \"se a empresa non tivera actuado como actuou, o incendio non se tería producido\". Da Silva lembra que hai uns meses ENCE lle comunicou ao Concello dous proxectos: un en materia de eficiencia enerxética de aforro de auga e calidade ambiental, e un segundo de integración paisaxística. Naquel momento, a resposta municipal foi que a empresa necesitaba un título habilitante municipal para facelas, a pesar que de a empresa se amparaba en ter un permiso da Consellería de Industria. \"Non é suficiente\", aclara Carme da Silva, que explica que cómpre un expediente na que se reclamen informes a todas as administracións implicadas con estas obras ou os terreos nos que se van realizar. En novembro técnicos do Concello visitaron a factoría e comprobaron que se estaban a facer obras tanto en materia de eficiencia enerxética (pola cal se desmantela a torre de refrixeración) como do proxecto de integración paisaxística. Da Silva insta á empresa a \"que cumpra toda a normativa como a teñen que cumprir todos os pontevedreses e todas as empresas de Pontevedra\". A empresa nega pola súa banda as acusacións do Concello e asegura que o accidente se debeu á desmontaxe de equipos obsoletos A empresa nega pola súa banda as acusacións do Concello e asegura que o accidente se debeu á desmontaxe de equipos obsoletos na torre de refrixeración, unhas actuacións para as que -asegura- non necesita licenza municipal. A compañía minimizou o sucedido: \"Trátase dun silo que xa non se utiliza no proceso fabril, moi escandaloso pola importante fumareda negra, pero sen máis consecuencias\". \"Máis alá da transcendencia que poida ter este feito puntual, ponse en evidencia máis unha vez o perigo que supón para a poboación da comarca e para o medio ambiente\", di a APDR As obras foran denunciadas tamén pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR), que sinala que \"máis alá da transcendencia que poida ter este feito puntual, ponse en evidencia máis unha vez o perigo que supón para a poboación da comarca e para o medio ambiente convivir cunha fábrica que non só está a contaminar as augas da Ría e o ar que respiramos e a destruír os nosos recursos económicos, senón que atenta contra a integridade da cidadanía en xeral e a dos seus traballadores en particular\". \"Accidentes coma este, deixan en evidencia tamén, a inexistencia -na práctica- dun Plan de Emerxencia Exterior que protexa á poboación no caso dun accidente de maior gravidade e xustifican máis -se cabe- a esixencia da eliminación da fábrica do seu actual emprazamento\", engade a entidade, que convoca unha concentración este mércores ás 21 horas na Praza da Peregrina para pedir o peche da fábrica."}
{"ID": "NOS_3892", "summary": "O número de persoas falecidas na pandemia é xa de 880. Aumentan a 459 as persoas con Covid hospitalizadas, delas 58 en UCI", "text": "O coronavirus na Galiza continúa a avanzar e se estender con cifras por riba dos 500 contaxios diarios. Nas últimas 24 horas detectáronse 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e xa superamos os 7.000 casos activos ao chegar a 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde a pasada sexta feira. Así se desprende dos datos actualizados na mañá na web da Consellería de Sanidade con cifras até as 18,00 horas de onte, nas que se constata que esta segunda onda rexistra a cuarta cifra máis elevada da pandemia en Galiza en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas cos 525; após os 687 do sábado 24 de outubro, os 603 da segunda feira pasada e os 597 do domingo 25. Na primeira, o volume maior corresponde ao 29 de marzo, con 516. Por áreas sanitarias, detectáronse 137 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 86 na da Coruña e Cee; 73 na de Ferrol; 69 na de Ourense; 66 na de Pontevedra e O Salnés; 60 na de Santiago e Barbanza; e 34 na de Lugo. En canto aos casos activos, que aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, soben en 115 na de Vigo até os 1.358; a de Ferrol suma 58 até os 546; a de Pontevedra rexistra 727 -44 máis-; a da Coruña conta con 1.201 -outros 34 máis-; a de Ourense sobe en 33 até os 1.423; e a de Santiago e Barbanza ten 1.128, o que supón seis máis que a segunda feira. Até a data na Galiza leváronse a cabo 646.233 PCR fronte ás 640.621 contabilizadas a xornada anterior. Galiza rexistra até a data 880 falecidos con Covid-19, após notificar Sanidade esta segunda feira a morte de 12 persoas con coronavirus, o que supón a maior cifra de falecementos comunicados nunha xornada nesta segunda onda da pandemia. En todo caso, este número de vítimas mortais é o máis alto comunicado nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos. O día con máis mortos en toda a pandemia notificados foi o 3 de abril, con 27."}
{"ID": "PRAZA_10716", "summary": "A sanidade galega adentra-se numha via da internacionalizaçom parcial que comporta riscos de evasom fiscal", "text": "A Federaçom de associaçons pola defesa da sanidade pública, FADSP, dava a luz o informe 2019 relativo ao grau de privatizaçom da atençom sanitária em Espanha. Encabeçavam a listagem em intensidade privatizatizadora as Comunidades de Madrid e Catalunha, com 31 e 29 pontos respectivamente, e cerravam-na as de Castela-A Mancha e Extremadura com 13 e 12 pontos. Galiza situava-se na zona meia com 19 pontos, igual que Múrcia e Navarra. A pontuaçom adoptada combina a incidência de nove variáveis qualificadoras, umha das quais é a presença de instalaçons de financiamento público-privado na oferta sanitária.A discreta privatizaçom relativa atribuída à sanidade galega nom consegue apagar o balbordo de insatisfaçom que acompanha a gestom privada das nossas doenças. Umha recente instruçom gerencial de Povisa aconselhava reduzir no possível a atençom aos doentes concertados com o Sergas para concentrar-se na atençom à clientela privada, muito mais lucrativa. Dinheiro e doença é um difícil binómio que sempre discrimina ao desfavorecido.Agora nos inteiramos da recente venda da participaçom de Concessia a um fundo de investimento de curta vida. A sanidade galega adentra-se desta maneira numha via da internacionalizaçom parcial que comporta riscos de evasom fiscalCabe recordar que Povisa é o maior hospital privado de Espanha, com 1.400 empregados, aos quais se encomenda a atençom de umha área sanitária de 140.000 habitantes. Povisa, propriedade do grupo de serviços navieiros Nosa Terra XXI, que possui também o Sanatório da Esperança de Santiago, disque estuda apresentar um pré-concurso de credores alegando perdas crescentes que atribui ao serviço concertado com o Sergas. Um informe de auditoria independente poderia porventura esclarecer quanto há de razom nas contas da sociedade e quanto de assédio aos castigados recursos públicos dedicados ao nosso mais prezado bem público como é a sanidade: 3.783 milhons de euros cada ano, 33,5% do gasto público total segundos os Orçamentos de 2019. Mais de 1.400 euros por habitante e ano.O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, inaugurado em 2015 para atender um colectivo de 600.000 cidadaos, é umha Associaçom Público Privada, APP, gerida por umha Sociedade Concessionária que acolhe um selecto grupo de empresas promotoras de infra-estrutura e serviços públicos. O grupo espanhol Acciona (43,3%), o galego Puentes y Calzadas (23,3%), o veterano grupo francês Veolia (16,7%) e, até há pouco, o consórcio bancário Concéssia (16,7%) onde figuram Bankia, BBVA, Sabadell, CaixaBank, KutxaBank e Ibercaja. O capital investido pola Concessionária ascendeu a 250 milhons de euros dos quais 110 procedem do Banco Europeu de Investimentos, 30 mais de Axis, filial do ICO, e os restantes 110 do pool bancário promotor. Umha aventura financeira em regime de project finance.Agora nos inteiramos da recente venda da participaçom de Concessia a um fundo de investimento de curta vida, sede central em Londres e imprecisa trajectória financeira, de nome RiverRock European Capital Partners. A sanidade galega adentra-se desta maneira numha via da internacionalizaçom parcial que comporta riscos de evasom fiscal.O convívio entre necessidades públicas e lucro privado, é um campo de confronto conflituoso tanto do ponto de vista da qualidade do serviço oferecido como das exigências tributárias.Um interessante informe britânico ao respeito, significativamente titulado O desastre das PPP (partenariado público privado) no Reino Unido, desvenda sem rodeios o fracasso do financiamento da sanidade mediante a fórmula APP. Pode ser umha proveitosa leitura para os supervisores do gasto público galego como o Serviço de Gestom Económica e Controlo Orçamentário da Conselharia de Fazenda ou o Conselho de Contas de Galiza. O informe foi elaborado por Jubilee Debt Campaign, umha plataforma democrática fundada em 1996 para denunciar o abuso dos compromissos de dêveda com fundos incontrolados como os denominados off-shore e os fundos abutres.As APP som umha pedra de moinho ao pescoço dos hospitais de Londres, declarava em 2015 o alcaide da cidade Sadiq KhanAs APP som umha pedra de moinho ao pescoço dos hospitais de Londres, declarava em 2015 o alcaide da cidade Sadiq Khan. E também aos de Lugo e Vigo senhor Mayor of London, se me desculpa a intromissom. O informe aludido denuncia os riscos inerentes ao financiamento em regime APP, entre os quais cabe destacar o sobrecusto financeiro em comparaçom com a alternativa de financiamento mediante dêveda pública, os custos de formulaçom e avaliaçom do projecto, habitualmente encomendados a empresas de auditoria de primeira categoria, o risco de evasom fiscal por parte das concessionárias com sede no exterior ou mesmo de reversom do contrato por parte da concessionária como tem acontecido com as auto vias de circunvalaçom madrilenas. Vem ao caso lembrar a magnitude económica dos compromissos assumidos pola Junta de Galiza em regime APP e a correspondente série de pagamentos assumidos que se prolongam até 2040.Um exame dos Orçamentos públicos galegos, particularmente os de 2019, permite delimitar o impacto dos programas APP em vigor. Cinco som referidos a vias de comunicaçom (auto vias AG-56, (Santiago-Briom), AG-41 (Salnês), AG-11 (Barbança), A-52, (Celanova-Fronteira portuguesa) e AG-55 (Costa da Morte), orçados em total em 536,5 milhons de euros, mais um sexto referido ao Hospital Álvaro Cunqueiro orçado em 315,2 milhons mais: 851,7 milhons em total registados em regime APP.Importa assinalar que os 852 milhons comprometidos geram compromissos de pagamentos por importe superior a 2.615 milhons pendentes até 2040, á parte dos já fôrom liquidados em exercícios anteriores a razom de 140 milhons por ano aproximadamente. Um montante de pagamentos em volta dos 3.000 milhons.Importa assinalar que os 852 milhons comprometidos geram compromissos de pagamentos por importe superior a 2.615 milhons pendentes até 2040Nom podemos por menos de assinalar a inconveniência de concertar operaçons a prazo tam longo num contexto como o actual de taxas de financiamento próximos de zero e submetidas aliás a sobrecusto por negociaçom, gestom e revisom periódica e a risco renegociaçom de cánones ou de reversom de compromissos por denúncia unilateral da parte privada.Longe de a nossa intençom denegrir as vantagens das APP. Externalizar actividades sob estrito controlo do contratante é um procedimento adequado e mesmo imprescindível no caso de investimentos altamente onerosos e tecnicamente exigentes. A prática empresarial abona a externalizaçom de tarefas como expediente para ganhar eficiência e reduzir custos. Concentrar-se na actividade principal e subcontratar tarefas auxiliares a um concessionário ou empreiteiro é um imperativo de produtividade. O perigo reside em confiar a obra ou serviço sem um exaustivo caderno de encargo que fixe estritamente calendário, pagamentos e arbitragem de conflitos. É aí onde as Administraçons se manifestam torpes e vulneráveis ante a astúcia experimentada dos fornecedores do capital e a tecnologia. O venerável Direito Administrativo mal serve para gerir os riscos de tam desigual contenda. Essa é advertência do ponderado informe do Tribunal de Contas Europeu para este tipo de operaçons."}
{"ID": "NOS_56017", "summary": "Desde a \"corresponsabilidade\", explicou Caballero, \"todas as forzas políticas estamos buscando a fórmula\" para adiar esas eleccións.", "text": "O líder das socialistas galegas, Gonzalo Caballero, explicou esta terza feira após a reunión mantida co presidente da Xunta e o resto de líderes das forzas galegas, que se buscou un \"mecanismo\" para \"lograr un novo tempo e un novo calendario\" porque \"a prioridade é a loita contra o coronavirus e as medidas económicas que se estabelezan para paliar esta crise\". Desde a \"corresponsabilidade\", explicou Caballero, \"todas as forzas políticas estamos buscando a fórmula\" para adiar esas eleccións\". O socialista trasladou que non hai ningún informe que indique os pasos a seguir e que o escenario que se manexa recolle que unha vez deixe de estar vixente o estado de alarma, e todo estea de volta na normalidade, se poidan retomar esas eleccións. Por iso, segundo manifestou Caballero, están buscando os mecanismos para que a Deputación Permanente teña capacidade nestes días. \"Estamos na liña de cooperar e de traballar. Hoxe avanzamos na vía de solución para que unha vez finalice a crise se abra unha nova convocatoria electoral. Estamos en tempos de excepcionalidade porque non sabemos canto vai durar isto\", sostivo. \"O PSdeG está disposto a que se alargue o tempo electoral até o máximo, o prioritario é a loita contra o coronavirus\", dixo, para engadir que \"o PSdeG asume que a nova data electoral poida ser despois do verán\". \"Unha vez pasado o estado de alarma e de emerxencia precisaremos un período de 54 días para retomar as eleccións e agora estamos centrados na loita contra o coronavirus\", apuntou Caballero, dando por feito que o proceso electoral se iniciará de novo, cunha nova precampaña. \"Vai existir unha prórroga de mandato ao actual presidente da Xunta. Imos corrixir o decreto de disolución da Cámara pero o Parlamento vai seguir sen funcionamento\", salientou. Caballero conta con ter un borrador do Decreto que manexa o Goberno galego esta tarde, para traballar sobre el. \"Abrímonos á posibilidade de estudar o mecanismo acordado en Euskadi\", dixo, mais agregou que \"non se barallou ningunha data concreta\". \"Falouse do sistema e comparamos o sistema, primeiro o borrador que traía a Xunta da Galiza e despois se plantexou a posibilidade de traballar cun decreto similar ao do Goberno vasco\", manifestou o líder das socialistas. Polo tanto, este Decreto daría máis garantías xurídicas ao proceso electoral a respecto dos votos por correo xa emitidos e das persoas que a día de hoxe non teñen a maioría de idade pero que si a teñan na nova data dos comicios. Un sistema sanitario \"forte\" \"Esta vai ser unha batalla continua na que os riscos van seguir estando presentes, temos que extremar as accións públicas necesarias. Imos saír disto traballando cada un no seu ámbito de responsabilidades\", debullou Caballero, que describiu as \"dificultades\" da situación actual, na que \"temos que extremar as precaucións porque a curva de contaxios segue a estar enriba da mesa\". O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta celebrou as medidas implantadas polo Executivo estatal \"para conseguir que esa curva caia nalgún momento con claridade\" que van na \"búsqueda dun escudo de protección para a cidadanía\". \"As medidas sanitarias e a saúde son o primeiro, mais de seguido temos que ter unha atención especial á economía. Isto é unha cuestión de solidariedade e e de reciprocidade. Necesitamos ter un mínimo de calidade de vida para que as persoas poidan estar facendo o traballo nas súas casas\", argumentou. \"Esta é unha batalla de todas na que todas temos que estar á altura das circunstancias. Por iso cooperamos de forma leal co Goberno do Estado e co Goberno da Xunta da Galiza\", dixo, \"é o momento da unidade e da lealdade de todos os ámbitos públicos e tamén da cidadanía, así llo trasladamos ao presidente da Xunta, que o PSdeG está centrado na sanidade e na economía\". \"Temos que poñer a todo o persoal sanitario dispoñíbel\", asegurou, para matizar que deben ter contratos non precarios. Así, referiuse a que se incorporen as profesionais xubiladas, que se aumente a enfermería a domicilio e que se abran todas as instalacións dos hospitais pechadas. \"Canto máis forte sexa o noso sistema sanitario, máis capacidade teremos de afrontar con éxito esta situación de crise\", sinalou, após recoñecer que a prioridade das decisións é \"evitar os colapsos\" da atención sanitaria."}
{"ID": "NOS_38197", "summary": "O prezo media da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista, baixa este domingo 8,84% con respecto a este sábado.", "text": "O prezo media da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista, baixa este domingo 8,84% con respecto a este sábado, até os 261,67 euros por megawatt hora (MWh), segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado almacenista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade. Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) situouse para este domingo en 141,1 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 00.00 e as 01.00 horas, con 205,41 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 25,09 euros/MWh, darase entre as 17.00 horas e as 18.00 horas. O comercio galego acepta, \"de mala gana\", as medidas de aforro enerxético do Goberno estatal A este prezo do pool súmase a compensación de 120,57 euros/MWh ás gasistas que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada. A 'Excepción Ibérica' En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da electricidade en España sería de media uns 373,19 euros/MWh, o que supón uns 111,52 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así un 29,88 % menos de media. O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no cal os prezos da enerxía son máis caros. Disparidade nas cidades galegas para aforrar enerxía En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida."}
{"ID": "NOS_29168", "summary": "Ignazio La Russa, vencellado ao fascismo desde os anos 70, foi elixido presidente do Senado nunha sesión que comezou dirixindo, como presidenta provisional, a sobrevivente do Holocausto Liliana Segre.", "text": "O Senado italiano elixiu esta quinta feira o novo presidente da Cámara, Ignazio La Russa, militante do partido de extrema dereita que dirixe Giorgia Meloni, Fratelli d'Italia. O seu nome, do mesmo modo que o da previsibelmente futura primeira ministra, está vencellado ao movemento fascista italiano. La Russa ficou durante dúas décadas nas filas do Movimento Sociale Italiano (MSI), formación herdeira do Partito Fascista de Benito Mussolini que leva no seu logo a chama tricolor, un símbolo habitualmente empregado pola ultradereita italiana que simboliza a \"chama eterna\" que brotaría do cadaleito do ditador. Posteriormente, igual que o fixo Meloni, pasou a formar parte de Alleanza Nazionale, o sucesor inmediato do MSI após a súa disolución en 1995, e hai dez anos integrouse en Fratelli canda Meloni. Loanzas a Mussolini, militancia no fascismo... Quen é Giorgia Meloni? Mais o caso de La Russa é especialmente rechamante, pois, nunha entrevista concedida catro anos atrás, exhibiu unha habitación na que almacenaba diferentes reliquias da época da ditadura, incluída unha figura de Mussolini. Giorgia Meloni celebrou esta quinta feira o seu nomeamento como \"un patriota, un servidor do Estado e namorado de Italia\" e, dentro da súa formación, Fratelli, \"un referente insubstituíbel\". O novo presidente do Senado foi elixido con 116 votos a favor —a maioría absoluta ficaba en 104—, nunha sesión na que o veterano líder de Forza Italia, Silvio Berlusconi, que volveu ocupar un escano aos seus 86 anos, mantivo un brusco enfrontamento con La Russa, a quen proferiu un \"Vaffanculo!\". ANÁLISE | A extrema dereita avanza en Europa, por Luca Chao Mais a cuestión máis significativa dunha xornada na que se elixiu presidente da Cámara Alta un orgulloso simpatizante do fascismo recaeu en Liliana Segre, sobrevivente do Holocausto que foi a encargada de ocupar a presidencia provisional do Senado nesta sesión. Segre, designada senadora vitalicia en 2018 polo presidente da República, Sergio Mattarella, convidou os lexisladores a combatiren \"as mensaxes de odio\", nun discurso fortemente aclamado."}
{"ID": "NOS_30444", "summary": "O coronavirus provoca o aprazamento da regata internacional, programada para o verán de 2021.", "text": "A Coupe de la Jeunesse, unha das regatas máis importantes do calendario internacional, con máis de tres décadas de traxectoria, terá que ser adiada debido ao coronavirus. Programada para disputarse este verán na localidade austríaca de Linz e en 2021 en Castrelo de Miño, a organización decidiu atrasar un ano todo o calendario da competición. Así o anunciou o presidente da Coupe de la Jeunesse, Gary Harris, logo de consultar ás respectivas federacións internacionais, nunha decisión que contou co \"total apoio\" das autoridades provinciais, tal e como fixo público a Deputación de Ourense."}
{"ID": "NOS_45009", "summary": "A coalición de Anova e Esquerda Unida reivindica a \"radicalidade democrática\" e os principios da \"liberdade, fraternidade, igualdade e laicidade\".", "text": "Na páxina web de Anova xa está dispoñíbel o borrador final do acordo programático con que Alternativa Galega de Esquerdas --coalición que une a formación de Xosé Manuel Beiras, Esquerda Unida e tamén grupos máis pequenos, como o Espazo Ecosocialista ou Equo-- se presenta ás eleccións do 21 de outubro. No mesmo expoñen 30 puntos de acción que din estar construídos \"na necesidade de recuperar a dignidade dunha acción política baseada na radicalidade democrática, nos principios republicanos de igualdade, liberdade, fraternidade e laicidade; na conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta; na loita contra calquera caste de discriminación, na permanente fiscalización por parte da cidadanía dos elixidos e elixidas e en que a orientación das políticas, en todos os ámbitos, deberá sempre estar presidida pola defensa do benestar das maiorías sociais e a defensa das minorías oprimidas, en definitiva na procura do ben común\". Aseguran que a sociedade está \"diante da fin dun ciclo histórico\" A coalición electoral divide os seus obxectivos en catro grandes bloques: \"Contra o espolio; Defensa do noso; Democracia, igualdade e dereitos sociais e Solidariedade económica e desenvolvemento\". Aseguran que a sociedade está \"diante da fin dun ciclo histórico tanto a nivel mundial como europeo tras catro décadas de imposición de políticas económicas contrarias ás maiorías sociais, que desmantelaron o modelo do estado do benestar\", circunstancia que pensan que tamén \"se manifesta no Estado español, onde está esgotado o modelo chamado 'da transición'\". En canto a puntos máis concretos, AGE aposta por facer unha \"auditoría da débeda pública\", comprométese a \"non aportar fondos públicos para viabilizar entidades bancarias e esixir responsabilidades penais aos xestores destas entidades\". Fala tamén da creación dunha \"Lei da Memoria Histórica para Galiza\" ou aposta pola \"soberanía enerxética e alimentaria\". No programa electoral tamén hai referencias á \"defensa activa contra a desaparición da identidade galega, contra o exterminio planificado da nosa lingua, o deterioro da nosa paisaxe, o abandono do noso patrimonio cultural e a deturpación da nosa historia\"; \"o combate contra a profesionalidade da política institucional\" ou a prol da \"promoción e equidade económica, fiscal e social para as formas de traballo autónomo e de pequenas empresas, con fincapé nas formas cooperativas de de economía social\"."}
{"ID": "NOS_35555", "summary": "O parlamentar pola circunscrición de Ourense, de Anova, aceptou un contrato de investigación en Dinamarca que, di, supón \"unha grande oportunidade\" profesional para el. Iolanda Pérez Docampo será quen tome posesión do escano segundo informou Anova.", "text": "David Fernández Calviño deixará a finais de outubro o Parlamento após aceptar un contrato de investigación na Universidade de Copenhage, segundo comunicou a través dunha misiva á militancia de Anova. O deputado por Ourense asegura que a decisión supón \"unha grande oportunidade\" para el e que, en realidade, nunca quixo \"ser un político profesional\". Así o recolle Galicia Confidencial facéndose eco da carta enviada polo parlamentar. Así mesmo, Fernández Calviño afirma que permanecer máis tempo afastado do terreo científico complicaría máis a súa volta á investigación. A militante de Esquerda Unida, Carme Iglesias Sueiro, sucede a David Fernández na orde estabelecida na listaxe electoral da coligación en Ourense. Porén, e segundo recolle Europa Press, a formación manterá o equilibrio na representación das forzas que a integran e será Iolanda Pérez Docampo quen tome posesión do escano."}
{"ID": "NOS_348", "summary": "Facenda analiza as contas de 134 grandes grupos a nivel mundial.", "text": "As multinacionais españolas pagan en imposto de sociedades 12,6% dos seus beneficios. Tributaron a nivel mundial por este imposto 11.594 millóns de euros mentres o seu beneficio neto – unha vez descontadas as perdas- superou os 91.000 millóns de euros. Son resultados da análise do Ministerio de Facenda cos dados achegados por 134 multinacionais en 2016, multinacionais que teñan unha facturación anual superior aos 750 millóns de euros. O tipo xeral de sociedades no Estado español está en 25%, que se eleva a 30% para banca e empresas de hidrocarburos. Tan só 43 multinacionais acaparan case a metade do beneficio dos 134 grupos analizados. Porén, só pagan 1 de cada 10 euros da tributación total deses grupos. En resumo: esas 43 multinacionais declaran que gañaron 45.000 millóns de euros e por sociedades pagaron menos de 1.200 millóns. Desde 2016, os grandes grupos teñen a obriga de cubrir o modelo 231 de declaración informativa país por país (Country by Country Report,), establecida pola OCDE."}
{"ID": "NOS_52087", "summary": "Non entendes que nas cidades, lugares con capacidade de 1.000 butacas fiquen limitados a 60 persoas e destacan que en todo o proceso de reactivación do sector cultural ningún surto tivo orixe en espectáculos ao vivo.", "text": "A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), que aglutina unha parte importante do tecido empresarial e artístico das artes escénicas profesionais na Galiza, fixo pública a súa \"fonda preocupación e estrañeza\" ante as medidas \"absolutamente restritivas\" que se están a tomar en relación ao sector na actual e cambiante situación sociosanitaria. Malia deixar constancia das prioridades de seguridade sanitaria que deben rexer neste momento, consideran que é \"difícil de entender en base a que criterios se estabelecen medidas como a restrición de capacidade dos espazos escénicos ou mesmo o feche doutros espazos de actividade cultural como medida preventiva\", en referencia ás salas de concertos. Todo isto cando, segundo destacan, \"se demostra que nestes se cumpren, de maneira escrupulosa, as indicacións e medidas hixiénico-sanitarias marcadas polas autoridades\". Neste senso, fan fincapé en que o público mantén en todo momento a distancia interpersoal, empregando máscara. Pola súa banda, os espazos operan con plans de continxencia adaptados á situación, cun control escrupuloso da capacidade dos espazos, medidas de desinfección ou toma de datos das asistentes. Criterios incomprensíbeis Escena Galega pregúntase \"por que non se continúan a implementar medidas que atendan de maneira específica á porcentaxe de capacidade nos espazos, que blinden (aínda máis) a seguridade do público e das persoas traballadoras da cultura\". A respecto disto, non entenden \"que teatros e outros espazos escénicos de 1.000 localidades deban operar en certas vilas e cidades a unha capacidade máxima de 60 espectadores (6% da capacidade total do espazo)\". Ademais, lembran que nestes meses de reactivación da actividade cultural \"non se ten detectado nin un só gromo relacionado coa actividade do espectáculo ao vivo\"."}
{"ID": "NOS_54974", "summary": "O director da Corporación de Radio Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, rexeitou que o ente público incorpore unha figura concreta que vele polo cumprimento de boas prácticas no tratamento de temas relacionados coa violencia de xénero.", "text": "En resposta á deputada do PSdeG Noa Díaz, Sánchez Izquierdo cuestionou a efectividade da figura e sinalou que el opta pola formación dos profesionais. Díaz cuestionou os cursos de formación que se ofrecen na CRTVG e a súa revisión temática, tendo en conta que se imparte agora un referido ao acoso laboral e nel inclúense descargábeis con imaxes de pernas de mulleres que levan minisaia e zapatos de tacón. \"O que menos esperamos é o tratamento frívolo\", manifestou Noa Díaz a respecto do faladoiro do programa \"Quen anda aí\", no que se tratou a serie documental de Rocío Carrasco. A socialista leu o diálogo que se mantivo entre colaboradores, con \"risas, gargalladas\" e mesmo o son dunha \"caixa rexistradora\" a modo de ilustración sonora cando unha das persoas que interveu preguntábase se se cobrou por difundir datos da vida persoal e que se fixo con ese diñeiro. \"Un esperpento\" en directo, dixo a parlamentaria. Persoas non expertas Sánchez Izquierdo admitiu que eran \"persoas que non son especializadas nesta cuestión\". Díaz propuxo que non participen en faladoiros deste tipo e o director da CRTVG acusou a deputada de querer adoptar \"medidas contundentes de despedimentos\" dos profesionais da comunicación que estaban no programa. Díaz aclarou que as caras dos presentadores denotaban incomodidade e preguntouse por que non se actuou despois de espazos publicitarios, mentres que Sánchez Izquierdo apelou á programación en directo, o 86% da programación efectiva, para xustificar que neste tipo de situacións se poden cometer \"erros\". Noa Díaz quedou \"alucinada\" cos argumentos esgrimidos por Sánchez Izquierdo, quen na súa última intervención apelou a que a súa intervención estivo revisada por unha muller avogada con experiencia en temas de violencia de xénero. Erros \"Foi escrita case na súa totalidade por unha profesional avogada, experta en temas de xénero e non serviu para evitar as descualificacións\", reprochoulle. Sánchez Izquierdo indicou que mesmo as dilatadas traxectorias dos profesionais e colaboradores \"non garanten que non vaian cometer erros\". \"Nin eles nin ninguén está exento de cometelos\", dixo o director da CRTVG, quen volveu defender a especial sensibilidade da CRTVG coa materia e con programación específica. Con todo, o director da compañía sinalou que os comentarios que alí se verteron \"non foron acertados\". \"É obvio\", recoñeceu Sánchez Izquierdo, quen, con todo, indicou que a TVG \"seguirá\" apostando pola \"formación\", pero \"tamén pola liberdade de expresión\". En canto á cuestión da violencia de xénero, o director da corporación indicou que \"as principais ferramentas están nos lexisladores, parlamentos e gobernantes\" e \"non só na cidadanía e nos medios de comunicación\"."}
{"ID": "NOS_7759", "summary": "O talento do país segue medrando no fútbol.", "text": "O Real Club Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Lugo presentaron no día de hoxe dous novos reforzos, Raúl García Carnero e Miguel Loureiro, talento galego para os carrís laterais das súas defensas. Necesitados de reforzos para lograr o obxectivo do ascenso e a permanencia, respectivamente, unha das zonas na que era máis imperioso incorporar efectivos tanto para branquiazuis como para albivermellos eran os laterais, optando as súas directivas polo talento galego para acabar coas súas carencias. O Deportivo rescatou un vello coñecido, Raúl García Carnero. Aos seus 33 anos, o coruñés, que vén de lograr o ascenso a Primeira co Valladolid, regresa \"moi feliz\" ao lugar onde debutou na elite, na tempada 2009/10. \"É un paso atrás, pero non o sinto así, porque quero axudar a devolver o Dépor onde merece\", afirmou. Miguel Loureiro, pola súa parte, percorre o camiño contrario, pois salta da Primeira RFEF á Segunda División tras destacar como un dos mellores da categoría na súa posición. \"Teño moitas ganas de xogar no Lugo, sei que o meu rendemento pode estar á altura da competición e estou ilusionado por competir\", apuntou o de Cerceda. Adeus ao patriarca da dinastía dos Agulló Na madrugada de onte faleceu aos 91 anos de idade Jaime Agulló Blasco, dianteiro ilicitano que defendeu as cores do Deportivo durante oito partidos, -nos que marcou catro goles- na tempada 1957/58. Non obstante, na cidade herculina máis que polo seu legado sobre o terreo de xogo é coñecido por ser o pai dunha lenda deportivista, Jaime Agulló Quintela, nado xa na Coruña, quen xogou no Dépor oito tempadas na década dos 80. Prezos populares para o Memorial Quinocho O Celta confirmou os prezos dos boletos para asistir ao Memorial Quinocho, que nesta edición enfrontará ao conxunto celeste co Al Shabab saudita, campión da súa Liga en 2021 e que ten no arxentino Ever Banega o único xogador recoñecíbel para o gran público. As persoas aboadas accederán de balde e o público en xeral pagará entre sete e 15 euros."}
{"ID": "NOS_33019", "summary": "O candidato do PSdeG acusa o actual presidente da Xunta de comprometerse con proxectos non realizados como o AVE Lugo-Ourense e de non conseguir máis transferencias para Galiza.", "text": "O ton da campaña electoral sobe un chanzo após o debate electoral. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, cargou esta terza feira contra o actual presidente, Alberto Núñez Feijóo, a quen comparou con Donald Trump. \"Trump falou de construír un muro en Estados Unidos que pagaría México. Feijóo dixo en 2009 que ía facer o AVE Lugo-Ourense e conseguir que Fomento pagase. Igual que Trump, son promesas esquecidas, que logo non cumpre\", sinalou durante un mitin en Lugo. Leiceaga chamou Feijóo \"un gran construtor da súa carreira\" e criticou a súa falta de \"compromiso\" con Galiza. \"Non conseguiu máis transferencias desde 2009 cun goberno afín en Madrid\", apuntou o candidato socialista, que insistiu na idea central da súa campaña. \"Hai dous camiños: o do cambio ou o da Arcadia feliz de Núñez Feijóo\", dixo durante o acto electoral, no que estivo novamente acompañado polo líder do seu partido, Pedro Sánchez. \"As enquisas din que vai ganar o de sempre, pero non hai nada escrito\", apelou Sánchez ante dous centenares de persoas, segundo declaracións recollidas por Europa Press. O número un do PSOE chamou a \"votar o único que garante o cambio\" para facer que \"Feijóo se converta nun mal recordo para esta terra\". \"As enquisas din que vai ganar o de sempre, pero non hai nada escrito\", apelou Sánchez en Lugo. Sánchez enfocou parte da súa intervención ao escenario electoral estatal, pedindo a dimisión de Rita Barberá, despois de coñecerse que o Tribunal Supremo abriu unha causa contra a dirixente popular por presunto lavado de diñeiro. Pola súa banda, o candidato do PSdeG tivo palabras para o debate electoral emitido pola TVG, no que considerou que quedou de manifesto que Feijóo \"só quere a continuidade dun goberno insensible, que pensa máis nas contas que nas persoas\". Esta cuarta feira, Sánchez continuará en Galiza para acompañar a Leiceaga nos actos de campaña en Santiago de Compostela, Ourense e Vigo."}
{"ID": "NOS_50289", "summary": "Un candidato que responde cun mitin á pregunta dunha crianza. Unha contra atrás de desexos de todas as idades. Un carro que conduce cara ao abismo, rotulado co logotipo dunha empresa con dilatada experiencia no seu. Máis un candidato, e unha candidata, que reparten a partes (des)iguais o tempo dun anuncio electoral. E, en derradeiro lugar, unha chamada a ouvir a voz d@s emudecid@s. Así son os anuncios de PP, PSOE, BNG, AGE e CxG", "text": "Un candidato que responde cun mitin a pregunta dunha crianza. Unha contra atrás de desexos de todas as idades. Un carro que conduce cara ao abismo, rotulado co logotipo dunha empresa con dilatada experiencia no seu. Máis un candidato, e unha candidata, que reparten a partes (des)iguais o tempo dun anuncio electoral. E, en derradeiro lugar, unha chamada a ouvir a voz d@s emudecid@s; dos emudecidos, máis ben. En liñas xerais, sobre estas cuestións xiran os spots con que PP, PSOE, BNG, AGE e CxG chaman ao voto o 21 de outubro. Vexamos as liñas concretas. Un PP que fará o que desfixo en tres anosAs dúas follas da porta do hospital sepáranse. Polo oco que deixan, unha muller e a súa filla pequena entran sorrintes visitar o home da primeira e pai da segunda, ingresado no centro. Seguidamente, quen aspira a repetir na Xunta, Alberto Núñez Feijóo, colocado detrás dun atril e disposto para o mitin, di que \"xorde a pregunta de se seremos quen de construír hospitais públicos, centros de saúde, residencias para os maiores e escolas infantís para os mais cativos, e a resposta está en Galicia\". Na outra versión, a pregunta \"xorde\" após erguer a man unha crianza nunha aula: \"seremos capaces de garantir unha educación pública de calidade e en liberdade\". O trienio de Feijóo á fronte da Xunta, e o panorama en que a súa xestión deixou estes dous dereitos fundamentais, fan pensar que a resposta a ambas as cuestións é negativa. O BNG alerta do precipicio\"O Partido Popular anuncia un recorte drástico das pensións e prestacións por desemprego despois das eleccións galegas\". Dentro do carro, catro traballador@s de Demolicións Feijóo ouven con atencións o boletín informativo que botan pola radio. Marcadas no GPS as coordenadas que, após un xiro á dereita, conducen até un barranco. Tres anos de traballo ben centralizado outorgan a esta empresa un certo prestixio no seu, os derrubamentos. A piques de caer polo precipicio, o condutor exemplifica cunha manobra o que unha voz de muller explica: turrar do freo de man 'para facerlles fronte'. De seguido, pide o voto para a forza política que subscribe este spot, o BNG. Pachi Vázquez, unha voz en offAsunción quere ter 101 anos, Antonio, que non lle toquen a pensión, Susa prefire voar, Olalla opta por escribir libros e Ramón confórmase con chegar a fin de mes. Ao final do spot, a voz en off de Pachi Vázquez, aspirante do PSOE a gobernar a Xunta, explica en poucas palabras cal é a intención deste anuncio: 'É o momento da Galicia das persoas'. A presencia do político do Carballiño neste anuncio limítase unicamente á unha foto do cartaz electoral. O tema escollido por este partido para a campaña, Prezo aos corazóns, non será nomeada nunca a canción revolucionaria do ano. Arrola os ánimos até os adormecer. Mais entre crianzas, homes e mulleres, mocidade e xente idosa, linguaxe de signos e cadeiras de rodas, ninguén poderá negar que a equipa de Vázquez prestou atención á diversidade. Beiras coloca AGE \"abaixo e á esquerda\"Os acordes de Hai que botalos, pegadizo tema composto para a ocasión por Gonzalo Bahamonde. Un pantallazo cunha breve explicación, que se entende mellor ao remate do video: a Alternativa galega de esquerda é a suma da Anova de Xosé Manuel Beiras e a IU de Yolanda Díaz. De fronte e de perfil, nunha fugaz aparición que dura cinco segundos, Díaz chama a \"paralos\". Deseguido, Beiras sitúa a coalición no espectro político: \"nós estamos, coma vós, abaixo e á esquerda, onde está o corazón\". A combinación de primeiros planos e perfís do histórico nacionalista ocupa o dobre de tempo que o dedicado a Yolanda Díaz neste anuncio electoral centrado en dar a coñecer a coalición e @s candidat@s. CxG abre as orellasDo anuncio que postula a Xoán Bascuas para a presidencia da Xunta, Compromiso por Galicia, hai que reprochar o rol de coidadoras e nais en que fican relegadas as mulleres. Entre un mozo preocupado \"por traballar e non emigrar\" e un avó que anhela \"vivir e disfrutar o que traballei\" sae ela, \"preocupada pola educación dos meus fillos\". O empeño desta formación política pasa por escoitar as reclamacións da cidadanía, \"a túa voz\", explica o propio Bascuas na recta final do video, rodeado doutras seis persoas, cinco homes e unha muller. Antes de pedir o voto, unha sucesión de bocadillos falan das ideas en que, de chegar a San Caetano, CxG centrará a súa acción de goberno."}
{"ID": "NOS_53730", "summary": "O presidente da Xunta afirmou que é Juan Carlos I é \"un galego ilustre\". \"Sempre que queira volver (á Galiza) estaremos encantados de recibilo\".", "text": "Case tres horas durou o encontro mantido entre o rei Felipe VI e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, no Palacio da Zarzuela, esta terza feira, 15 de setembro, nunha xuntanza protocolaria ao ser electo xefe do Executivo galego. Feixoo proclamou o seu \"cariño e admiración\" pola monarquía constitucional, valorou positivamente o papel da institución nos actuais momentos de dificultade pola crise derivada da pandemia de coronavirus e declarouse \"entusiasta\" do papel que xoga o monarca español. Por outra banda, cuestionado polos xornalistas sobre a fuxida do rei emérito, Juan Carlos I de Borbón, Feixoo afirmou que é \"un galego ilustre\". \"Sempre que queira volver (á Galiza) estaremos encantados de recibilo\", aseverou. O mandatario galego informou Felipe VI sobre a evolución da pandemia do coronavirus na Galiza, onde \"a Sanidade seguirá sendo unha prioridade\", dixo. Ademais abordou co rei outros \"temas que interesan aos galegos\", como \"os problemas de Alcoa, das Pontes\" ou os proxectos 'tractores' cos que a Xunta pretende optar aos fondos europeos de reconstrución post Covid-19. Nesa liña, e \"dado que o rei é embaixador vitalicio do Camiño de Santiago\", o presidente da Xunta pediu a súa \"axuda\" para ampliar a celebración do Xacobeo até xullo de 2022. A ese respecto, lembrou que, coa actual crise sanitaria, \"hai dificultades para peregrinar e celebrar o Ano Santo, que empezará o 1 de xaneiro de 2021\"."}
{"ID": "NOS_55661", "summary": "Torra desculpa a súa asistencia á entrega de premios da patronal catalá e apúntase a que se debe a un veto de Moncloa para que non peche o acto. Aragonès substitúeo e pide retomar o diálogo.", "text": "O día en que o president da Generalitat Quim Torra asistiu como acusado ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya por negarse a retirar lazos amarelos durante a campaña remata cun veto chegado desde Moncloa, tal e como denuncian desde o entorno do president. Torra desculpou a súa ausencia ao acto de entrega de premios que organizou a patronal catalá Foment del Treball esta segunda feira 18 de novembro. Aludiuse a que esta inasistencia se debeu a un veto de Moncloa para que o president non puidese dar o discurso de encerramento do evento, como marca a tradición. De feito foi a ministra Nadia Calviño a quen designaron para pechar o acto. En substitución do president acudiu Pere Aragonès, número un de Esquerra e vicepresident do Executivo catalán. Aproveitou a súa chegada ao acto para solicitar ao Goberno a recuperación do diálogo que se iniciara no Acordo de Pedralbes. Insiste así ERC en que tan só cunha negociación e un diálogo entre iguais España-Catalunya poderá haber unha abstención ou voto favorábel á investidura de Sánchez, xa que a formación republicana está situada no voto en contra a Sánchez."}
{"ID": "PRAZA_18984", "summary": "A sétima edición desta iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade salienta o traballo dunha ducia de mulleres de toda Galicia, Galegas en leiras de mar e terra, \"que dende os seus proxectos vitais e laborais traballan a terra e o mar para alimentarnos\"", "text": "A sétima edición da Axenda Feminista que todos os anos edita o Observatorio da Mariña pola Igualdade céntrase nesta ocasión nas mulleres do sector primario. Nas súas páxinas dá a coñecer o traballo dunha ducia de mulleres de todo o país, Galegas en leiras de mar e terra, \"que dende os seus proxectos vitais e laborais traballan a terra e o mar para alimentarnos\". En anos anteriores as protagonistas foron músicas, teatreiras, escritoras ou científicas. A axenda xa se pode atopar en librarías e outros puntos de venda de toda Galicia e espera repetir o éxito acadado en anos anteriores, nos que a súa tiraxe se esgotou completamente en poucas semanas. A edición modifica este ano o formato de axendas anteriores: tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada. O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Mónica Justo, e baséase na figura de Maruxa Mallo, que protagonizará o Sía das Artes Galegas o vindeiro 1 de abril de 2017. No seu interior podemos coñecer doce mulleres, unha por mes, que desenvolven a súa actividade laboral no campo e no mar: Marta Juncal, bateeira de Vilanova de Arousa; Xulia Bande, viticultora de Leiro; Montserrat Otero, labrega de Lourenzá; Eva Beres, queixeira de Ordes; María del Carmen Suárez, percebeira de Corme-Ponteceso; Anxos Orgueira, produtora de Palas de Rei; Carmen Abad, mariñeira de Xove; Nieves Fernández, gandeira de Viana do Bolo; Beatriz Molanes, redeira do cerco de Cangas; Mercedes Alonso, gandeira de Cotobade; Carmen Formoso, mariscadora de Carnota e Clara Basanta, gandeira de Trabada. O prezo da axenda son 13 euros e pódese atopar nos seguintes puntos de venta: Ribadeo: Libraría Casa das Letras. Foz: Libraría Bahía. Burela: Libraría Espacio Lector Nobel. Viveiro: Libraría Porta da Vila. Vilalba: Papelería Pergamino 2. Lugo: Libraría Trama. Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith. A Coruña: Livraria Suévia. Vigo: Libraría Andel. Allariz: Aira das letras. Pontevedra: Libraría Paz. O Observatorio da Mariña pola Igualdade recibiu en novembro o Premio da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais. O xurado salientou que \"esta iniciativa afonda no traballo necesario pola igualdade de xénero dando visibilidade ao esforzo das mulleres\". En entrevista con Praza, Lisa Pérez Vázquez, unha das súas responsables, sinalaba que \"queremos visibilizar mulleres que lle están achegando á sociedade o seu saber, esforzo e experiencia\"."}
{"ID": "NOS_29810", "summary": "Carlos del Río (Cedeira, 1967) é o portavoz de Bases-Podemos a nivel estatal, movemento crítico coa cúpula do partido de Pablo Iglesias. Membro de Ferrol en Común, é \"firme defensor dunha candidatura galega única, elaborada desde abaixo\".", "text": "Que é Bases-Podemos? É un movemento crítico a través do que intentamos recuperar o que eran os principios fundacionais de Podemos antes da asemblea de Vista Alegre. Somos entre 3.000 e 4.000 persoas críticas coas cúpulas de Podemos e cada vez sumamos máis. O día 16 de outubro imos dar unha rolda de prensa en Madrid para amosar a nosa versión sobre a situación actual de Podemos. Como definiría esa situación? Podemos está a ter un grave erro de estratexia, non está sabendo ver o que demanda a cidadanía, o discurso da cúpula estase quedando vello. O xiro de Podemos até o centro, un espazo que xa está ocupado por Ciudadanos, é un erro tremendo. Por todo isto, hai un desencanto dentro das bases. Ademais, Podemos pasa de ser un partido ilusionante a ser do sistema. Algo está ocorrendo cando as enquisas nos daban en xaneiro un 28% de intención de voto e hoxe dan entre o 13 e o 14%. En Cataluña non souberon ler o momento histórico, nin en Andalucía fixeron unha lectura correcta. Falta autocrítica na cúpula, que é hermética e desconfía das bases. Non entendemos a folla de ruta marcada por Pablo Iglesias, Errejón e Bescansa. O movemento, que era de abaixo cara arriba, cos círculos, converteuse nun partido non circular, no que a cúpula impón. Se Podemos se presenta só en Galiza teño dúbidas de que sacase algún representante E en Galiza, que lectura fai de Podemos? Está aínda máis roto que a nivel estatal. Agás no caso de La Rioja e Santander, onde non hai órganos autonómicos, Galiza é a comunidade na que Podemos ten menos apoios, un 2,9%. As dimisións en masa, a falta de quórum dentro do propio Consello Cidadán autonómico para tomar decisións... hai moitos problemas. Se Podemos se presenta só en Galiza teño dúbidas de que sacase algún representante. En Galiza, o espazo de Podemos foi tomado polas candidaturas de unidade popular. Creo que é un erro levar Podemos na papeleta, porque é unha que tira á baixa. Na bolsa caen as súas accións. Como ve o futuro de Podemos? É unha marca que non está a achegar nada. No tempo en que xurdiron as mareas era unha marca á alta. En Galiza, se hai malos resultados, pode estoupar todo polo aire. Xóganse moito Breogán, o proxecto de Beiras e Yolanda Díaz... como sexa malo este experimento vailles pasar factura política... Son bastante pesimista sobre o futuro de Podemos se non hai refundación. Deberían confluír o Encontro cidadán por unha Marea Galega e Iniciativa pola Unidade? Por suposto, pero hai unha cuestión de egos. O que están facendo é un pacto de cadeiras, de actas. Iso vese. Que medo hai a facer unha gran marea que faga unha asemblea e a xente elixa a quen queira como candidato? Teño claro que se van impoñer listas pechadas e que non se vai permitir unha liberdade democrática radical como dicía Podemos. O Encontro pensa que o cabalo gañador é Anova, Podemos e EU Que diferenzas percibe entre estas dúas plataformas? O Encontro pensa que o cabalo gañador é Anova, Podemos e EU. Eu penso que será gañador de forma pírrica, non será unha candidatura gañadora, gañadora. O Encontro tería que xogar papel de unión entre as dúas e non facer un desmarque tan chamativo. Hai que dialogar e chegar a acordos e empezar polo que une. Ampliar o espazo de unión e non de desunión. Nestes intres, síntome desilusionado polo panorama que hai en Galiza. Eu avogaría sempre por dialogo sincero, polo que une, e unha papeleta única. O bipartidismo e o neoliberalismo van utilizar a desunión para facer dano. Ten que haber un grupo parlamentar galego propio? Eu estou por un grupo parlamentar propio, téñoo moi claro. Defendo o dereito a autodeterminación e dígoo, non o calo. É, precisamente, un dos temas que me levou a entrar en Podemos, pois Podemos aceptaba o dereito de autodeterminación dos pobos. Logo, comezou a cambiar o discurso e agora non se sabe se está pola autodeterminación ou non. En Cataluña, non souberon ler o momento e o voto de Podemos foi moito para a CUP, un movemento máis sensato, cun discurso máis democrático, desde abaixo cara arriba. Se vivise en Cataluña, eu votaría a CUP e non Podemos. Haberá unha única candidatura galega? Non. Xa o tiña claro antes de conformarse o pacto e mesmo antes de nacer o Encontro ou Iniciativa pola Unión. Sabía que habería dúas ou tres papeletas. Son bastante pesimista ao respecto... e iso que creo que era un momento histórico para derrotar o PP. Coa división do voto, non auguro bos resultados nin para uns nin para outros. O pacto deixou fóra moita xente, sobre todo as bases que estamos por unha gran marea galega Que lectura fai do pre acordo asinado entre Anova, EU e Podemos de cara a crear unha listaxe para as xerais? Para min é un erro tremendo. Visualízase que isto é parte de tres partidos. A foto xa o di todo, e o que demanda a sociedade galega é unha única papeleta. O pacto deixou fóra moita xente, sobre todo as bases que estamos por unha gran marea galega. Hai moita xente desencantada con que poida haber dúas candidaturas dentro dun espazo semellante, coas súas variábeis, e tanto uns coma outros van ter que darlle explicacións á cidadanía deste erro histórico. Penso, ademais, que o BNG tería que dar o paso de apoiar as mareas nos concellos. En Ferrol, estamos sufrindo unha oposición bastante forte. O BNG podería entrar nos gobernos sen problema e este sería un paso importantísimo para poder ter un diálogo máis sincero e unha posición máis forte. Como valora a ruptura de Podemos con Garzón? Non é serio. Coñezo persoalmente Garzón, que é un gran político e que defende valores claros de esquerda. IU, que ten débedas económicas importantes, se non presenta só non vai ter poder de financiamento. Non entendo como en Galiza ou Cataluña si conflúen a nivel estatal non o fan... É certo que Pablo Iglesias é unha persoa bastante arrogante, que se creceu moito. Ese endeusamento vaille pasar factura. Penso que neste caso é un problema de egos e de cadeiras. En Galiza Podemos sabe que está debilitado e que ten máis posibilidades se concorre con Anova e IU."}
{"ID": "NOS_9465", "summary": "O Ministerio Público actuou após investigar os casos denunciados polo colectivo Batas Brancas en marzo.", "text": "Con data do 29 de decembro a Fiscalía de Compostela denunciou o Sergas perante o \"xulgado de garda\" por presunta responsabilidade penal dos seus responsábeis na xestión dos fármacos contra a Hepatite C. No concreto, a denuncia débese a que o Sergas non tería facilitado estes medicamentos a determinados doentes polo que causaron a morte de cando menos tres persoas. Os feitos foran denunciados no mes de marzo polo colectivo médico Batas Brancas e, a partir desa demanda, a Fiscalía iniciou un proceso de investigación. Segundo Batas Brancas, do acontecido \"pode deducirse claramente a existencia dunha infracción penal\" pois a subcomisión que debía autorizar a prescrición destes fármacos e que, naquela altura, estaba presidida polo actuar xerente do CHUVI, Félix Rubial, non autorizou o uso dos novos tratamentos solicitados por especialistas, de acordo co protocolo aprobado polo Ministerio de Sanidade. Algunhas das persoas solicitantes, como unha doente da Coruña, morreron mentres agardaban pola autorización. O Sergas deberá agora explicar que criterior rexían a aprobación ou denegación dos tratamentos para derimir que grao de responsabilidade ten a Xunta no falecemento destas persoas."}
{"ID": "NOS_55611", "summary": "Un total de 447 plataformas, vinculadas a 35 Reservas de Biosfera, apoiaron unha solicitude de moratoria científica presentada no Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miterd) o pasado mes de xullo.", "text": "Tres plataformas veciñais alertaron esta segunda feira do \"alto risco\" que supón a \"potencial implantación masiva\" de complexos eólicos na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, xa que provocaría unha degradación ambiental e social \"causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión\". Denuncian perante a Comisión Europea a Xunta e o Goberno español polos eólicos Neste sentido, os colectivos Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non apoiaron unha campaña impulsada pola Alianza Enerxía e Territorio (Aliente) para solicitar unha moratoria científica en todas as Reservas de Biosfera do Estado español até que se realice un \"estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termosolares, incluída a repotenciación, e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español\". Un total de 447 plataformas, vinculadas a 35 Reservas de Biosfera, apoiaron esta solicitude de moratoria científica, que foi presentada no Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miterd) o pasado mes de xullo. Plataformas e colectivos anuncian en Monfero mobilizacións contra os eólicos Nun comunicado, os colectivos veciñais da zona do Eo destacan que a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón foi a que máis apoios obtivo, con 134 colectivos \"de diferente índole\"; o que mostra \"o crecente rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo impoñer na nosa Reserva da Biosfera\". Toma de postura das administracións As tres plataformas veciñais lamentan que, \"ante a gravidade da situación, non haxa unha clara toma de postura para defender a Reserva da Biosfera nin por parte dos Concellos, nin por parte dos xestores\". Segundo critican, \"até o momento apenas dous concellos, o de Negueira de Muñiz e o de Santalla de Oscos, se adheriron á campaña (que segue aberta para novas adhesións)\". Colectivos contra a invasión eólica de Cantabria poñen como exemplo de \"saturación\" Galiza Denuncian que a \"ameaza de invasión é real\". Segundo datos proporcionados por estes colectivos, actualmente hai en funcionamento 286 aeroxeradores dentro da Reserva de Biosfera e 150 máis dentro da \"área de influencia\", duns 10 quilómetros de distancia. A previsión sería que se instalasen outros 333 muíños no interior deste espazo natural e 264 na súa área de influencia. Para os colectivos veciñais, \"a proposta de macroproxectos centralizados non é a solución por presentar graves problemas\", entre os que enumeran a limitación do potencial, a dependencia de materiais \"escasos\" e a dependencia fósil, entre outros. O Observatorio Eólico da Galiza sitúa Mazaricos como exemplo de negociación Aliás, as plataformas aseguran que existen alternativas, e subliñan que a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Buró \"é un escenario fantástico para propor unha transición enerxética xusta, baseada nun modelo de enerxía renovábel distribuído, promovendo o aforro enerxético, o autoconsumo e a eficiencia enerxética\"."}
{"ID": "PRAZA_556", "summary": "O vindeiro 20 de marzo no noroeste galego chegará a ocultarse máis do 75% do sol. Será a última grande eclipse que se poderá ver no noso país ata o 2026.", "text": "O vindeiro venres 20 de marzo terá lugar unha eclipse total de sol que terá en Galicia un dos seus mellores puntos de observación, chegando a ocultarse en máis dun 75%, a maior porcentaxe de toda España. Por exemplo, en Madrid o sol ocultarase nun 66% e en Barcelona nun 63%, lonxe do norte de Europa, onde capitais coma Oslo (90%) ou París (80%) poderán ver o fenómeno con máis claridade. A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, chegará ao seu máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18, como se pode ver na información achegada polo Observatorio Astronómico Nacional (OAN). Será, ademais, a última grande eclipse solar que se poderá ver na Península ata o 12 de agosto de 2026 cando haberá unha eclipse total. A web Misión Eclipse ofrece unha gran cantidade de información sobre o fenómeno e tamén permitirá seguir a súa evolución en directo. Tamén realizará un seguimento en directo a web do Real Instituto y Observatorio de la Armada. Será, ademais, un día festivo para moitas persoas, pola ponte do 19 de marzo, o que pode animar a seguir a evolución deste fenómeno. O Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC, organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento. Distintas entidades realizan estes días recomendación para evitar os graves danos que pode provocar na visión o mirar directamente o eclipse. A principal é nunca ollar directamente o sol neses momentos, pero de igual xeito tamén se desaconsellan outras solucións, coma empregar radiografías, carretes antigos de fotos ou cedés. Entre as alternativas seguras están algúns modelos de gafas especiais, gafas de eclipse. Ou, de forma máis sinxela e barata, pódese idear algún artefacto que permita ver a imaxe do sol proxectada sobre algún tipo de superficie lisa. Este método baséase no efecto Pinhole (ollo de agulla), semellante ao que se produce nunha cámara oscura. O buraco pódese facer nese momento ou tamén se pode empregar algún instrumento que teñamos pola casa, coma unha escumadeira."}
{"ID": "NOS_42200", "summary": "A compañía pode volver reclamar eses gastos no futuro fronte a quen sexa sinalada como responsábel do accidente na investigación penal que está en curso e na que figuran como investigadas técnicas do Porto e do Concello de Vigo.", "text": "Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na que desestima un recurso interposto por Mapfre, estabelece que a aseguradora debe asumir o custo da asistencia sanitaria ás feridas durante un concerto celebrado en Vigo, na edición de 2018 do festival O Marisquiño, cando se afundiu parte da pasarela de madeira do Paseo das Avenidas. A Sala do Contencioso do alto tribunal galego desestimou un recurso interposto por Mapfre, a quen a Xunta estendeu unha factura en concepto do gasto por asistencia sanitaria a unha persoa ferida durante ese concerto, na noite do 12 de agosto de 2018. Na súa sentenza, o TSXG sinala que a aseguradora da empresa que organiza o festival debe soportar os gastos de asistencia sanitaria das lesionadas naquel accidente, xa que na póliza subscrita recollíase como risco asegurado a organización de eventos culturais e deportivos e, en concreto, o festival O Marisquiño. Aínda sen responsábel penal Na resolución, contra a que cabe recurso, tamén se sinala que a compañía pode volver reclamar eses gastos no futuro, fronte a quen sexa sinalada como responsábel do accidente na investigación penal que está en curso (na que están investigadas técnicas do Porto de Vigo e do Concello). Fontes xudiciais confirmaron que se trata da terceira sentenza ditada polo TSXG no mesmo sentido, é dicir, estabelecendo que a aseguradora debe pagar a asistencia sanitaria ás feridas no accidente da noite do 11 ao 12 de agosto de 2018 cando, durante a celebración dun concerto, parte do paseo e a dársena sobre a que estaban centos de persoas afundiuse, causando máis de 460 feridos. Porto e Concello de Vigo responsabilizáronse mutuamente do mal estado dese paseo cuxa estrutura inferior, segundo constatou a xuíza instrutora da causa, non tivo mantemento desde que foi construída hai máis de 30 anos."}
{"ID": "NOS_8977", "summary": "O avance da pandemia provocada polo coronavirus na Galiza agravou a situación sanitaria e fixo aumentar o número de falecidos. O incremento das cifras ameaza con reducir o drama das residencias a simples números. Mais a realidade dos centros de maiores, que seguen a ser un dos focos de contaxio máis castigados pola morte, convida a observar a súa magnitude desde outra punto de vista: o da falta de recursos e control para garantir a supervivencia das residentes mediante unha asistencia de calidade.", "text": "A evolución da pandemia da Covid-19 na Galiza non deixou de empeorar nas últimas semanas. Ao incremento do número de contaxios sumouse a suba das hospitalizacións e dos ingresos en unidades de críticos que levaron o Goberno galego a tomar diferentes medidas de restrición, tanto da mobilidade como da interacción social co fin de frear a propagación do virus. A área sanitaria de Ourense anticipou un avance negativo agora xeneralizado que tamén comeza a observarse a través do número de falecementos. Sen acadar as cotas rexistradas durante a primeira vaga da enfermidade, non deixa de crecer. O goteo de mortes, incesante desde os primeiros días de agosto despois de case dous meses sen anotar ningún caso volve sinalar directamente a gravidade da situación nas residencias da terceira idade. A Consellaría de Sanidade informou na tarde da terza feira, 3 de novembro, de sete novos falecementos, dous deles vinculados a residencias. Antonte notificara un total de 21 defuncións, a cifra máis alta rexistrada na Galiza nun só día no que vai de segunda onda da pandemia. A metade das persoas eran residentes en centros de maiores. Todas, salvo unha muller de 85 anos que faleceu na residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, morreron no hospital, mais procedían da residencia de Salvaterra de Miño, da Ballesol de Oleiros, da Nosa Señora dos Milagres de Barbadás e da San Miguel de Silleda. Un millar de falecidos Tras este ascenso, Galiza achégase ao millar de falecidos diagnosticados con coronavirus. Os primeiros meses da epidemia foron os máis duros, sen materiais de protección suficientes e con medidas de seguridade máis laxas que acrecentaron a virulencia dos brotes e as súas consecuencias. Desde mediados de marzo até finais de abril, Galiza rexistrou 565 mortes, segundo os datos divulgados por Sanidade na súa web. Perto da metade, 251, procedentes de centros da terceira idade. 274 mortos até xuño Naquela altura, a Xunta xa decidira intervir os centros de maiores DomusVi Barreiro, en Vigo, e DomusVi Cangas para convertelos en residencias integradas e tratar de garantir a calidade asistencial das usuarias ante o elevado número de positivos por coronavirus detectado en ambos os dous casos. Xuntas, chegaron a superar as 60 mortes ás portas do verán. Mais non foi a única intervención por parte do Goberno galego. Política Social tamén se fixo co mando da residencia privada Nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras durante o pico da pandemia mais dispuxo da residencia Porta do Camiño, en Compostela, e doutro centro en Baño de Molgas para a asistencia de persoas maiores con Covid-19 procedentes doutras institucións do territorio. Entre outras da residencia San Carlos de Celanova e da DomusVi San Lázaro da capital galega, dous focos de contaxio magoados polo coronavirus, con 11 e 53 persoas falecidas respectivamente, segundo as familias. Mais a primeira vaga da Covid estendeuse até primeiros do mes de xuño. Despois dunha xornada de pausa sen mortes, a do 29 de abril, a conta de falecidos aumentou durante o mes de maio até estabilizarse nos 619, 274 no caso das residencias de maiores. 70 mortes nun mes O inicio do verán consolidou unha tregua que se estendeu até comezos de agosto, momento no que se empezou a falar do inicio da segunda onda da pandemia. Nestes tres meses, Galiza rexistrou 332 novos falecementos, até alcanzar os 951. Nas residencias, desde o 20 de agosto, día en que Sanidade informou de dúas novas mortes, o número de persoas falecidas ascendeu até as 412, o que representa 138 novas defuncións. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]"}
{"ID": "NOS_55504", "summary": "A importante biodiversidade de Galiza ten ameazas e perigos varios e diversos, gran parte dos cales poden ser neutralizados e/ou revertidos se unha especie, a humana, ten intención diso.", "text": "Galiza posúe unha importante biodiversidade, unha abundancia de hábitats naturais e seminaturais. No noso país están presentes 56 dos 179 tipos de hábitats naturais catalogados como 'de interese comunitario' pola directiva europea 92/43/CEE. Neste pequeno pais hai 563 especies de vertebrados, 850 de moluscos, 72 especies de crustáceos, entre 8.500 e 10.000 de insectos, 137 de equinodermos... En plantas vasculares, Galiza conta con 3.000 taxóns vexetais (o 28% do total da Península). No que atinxe a fauna, hai 563 especies de vertebrados (59 mamíferos, 152 aves, 14 anfibios...). Se imos aos invertebrados, a lista faise inmensa: 850 especies de moluscos, 72 de crustáceos, 577 de anélidos, 137 de equinodermos...e entre 8.500 e 10.000 de insectos. Extintas Calcúlase que 47 especies de flora e fauna desaparecen cada día no planeta. Un proceso cuxo impacto non se limita á perda de diversidade biolóxica, senón que frea procesos de benestar en eidos como a saúde, a alimentación, a enerxía ou a conservación ambiental. En Galiza tamén hai taxóns ou poboacións que se consideran extintas. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza cita varios exemplos: 3 de flora e 5 de fauna vertebrada. No primeiro grupo, a Rhynchospora fusca (vivía en turbeiras e mananciais), a Rhynchospora modesti-lucennoi (desapareceu no aís co desecamento da turbeira das Gándaras de Budiño) e a Christella dentata, un fieito tropical e subtropical A cabra montés galega, o esturión ou a pita do monte No que atinxe a fauna vertebrada, es especies cuxas poboacións se consideran extintas no noso país son cinco. O lince ibérico, a gavina negra, a pita do monte cantábrica, o esturión, e a cabra montés galega. Está a piques de se extinguir en galiza a 'paxariños amarelos', (Linaria polygalifolia) unha planta que vive en areais e acantilados entre Cabo Vilán e Estaca de Bares Aliás, a administración galega apunta a que hai 65 especies en risco de extinción en Galiza, 40 de flora e 55 de fauna. Entre a flota están taxóns coma o 'paxariños amarelos' (Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis), que vive en acantilados e areais costeiros entre Cabo Vilán e Estaca de Bares. O risco procedeu do impacto do chapapote do Prestige, así como da presión urbanística na costa. Sapo-concho e aguia real No que se refire á fauna en risco no noso país, figura desde o oso (ursus arctos) até o Sapo-concho común (Emys orbicularis) pasando pola Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) ou a Aguia real (Aquila chrysaetos). E así, até 25. Na práctica totalidade dos casos, a acción do home é directamente responsábel desta situación."}
{"ID": "PRAZA_1576", "summary": "Ana Acuña gañou o premio Losada Diéguez cunestudo que reivindica os \"madrigalegos\" como pioneiros en diversos campos da política ou da cultura. Unha entrevista de Montse Dopico.", "text": "Ana Acuña gañou o premio Losada Diéguez de investigación e ensaio con 'Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)' (Xerais), un estudo que reivindica os \"madrigalegos\" como pioneiros en diversos campos da política ou da cultura. Vén de editar tamén 'Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega', publicado polo grupo GAELT da Universidade de Vigo. Por que os galegos en Madrid foron \"pioneiros\"? En que aspectos? Un dos máis coñecidos é o político co nacemento da UPG. Os dez puntos básicos deseñáronse en Madrid. Tamén no aspecto literario, lingüístico e artístico coa revista Loia, o grupo Atlántica, a \"Carta Circular ó cardeal, bispos e cregos de Galicia\", o especial da revista Signo dedicado a Galicia, a Estampa Popular Galega, a banda deseñada... O grupo máis coñecido é o que tivo máis trascendencia política: Brais Pinto... Pero os galegos en Madrid foron pioneiros en moitos aspectos. Moitos son estudantes que están de paso, pero moi implicados cos movementos reivindicativos. Por iso falo de \"xeracións activas\", que é un termo de Julio Aróstegui. É dicir, grupos que nacen, introducen cambios e actúan como portadores dunha cultura nova. Moi conscientes da terra da que veñen pero tamén da que os acolle, da difícil situación das clases subalternas de Madrid, por exemplo, e coñecedores dos movementos de liberación anticolonialista. Participan na construción de partidos políticos e no \"asociacionismo nacional popular\". Cales foron as principais achegas, nese sentido? Ao mesmo tempo que se desenvolvía en Galicia, nos anos 60 e 70, un potente movemento de asociacionismo cultural, -O Galo, O Facho...-, en Madrid actuarán Lóstrego ou a Irmandade Galega. O mesmo tipo de actividades que se facían en Galicia organizábanse tamén en Madrid e Barcelona. Non hai diferenzas importantes niso. A emigración favorece, ademais, a toma de conciencia sobre Galicia. Máis se cadra nas primeiras xeracións... Non só nas primeiras. Tanto os galegos que chegan a Madrid nos anos 60 como aqueles que chegan nos 90 faláronme do seu choque cultural ao atoparse nunha sociedade monolingüe. En Madrid volvíanse máis conscientes do conflito lingüístico en Galicia e, nalgún momento, da súa relación coa estratificación social. A segunda xeración, a dos Brais Pinto, analiza \"a problemática galega desde unha óptica socio-política e non só cultural\". Que é que os distingue da primeira xeración, - a da Mocedade Universitaria Castelao-, para non merecer o adxectivo de \"culturalistas\", indo aos feitos? Sobre a primeira xeración, eu digo que as súas actividades \"foron eminentemente culturais pero que xa se apreciaban gomos dunha certa reivindicación\" lingüística. Non se pode esquecer a polémica lingüística sobre a persecución do idioma nacida dunha actividade deste grupo de galegos en Madrid nin o seu eco en Bos Aires. Esta xeración carecía de mestres tralo corte provocado pola Guerra Civil. \"Brais Pinto, era para eles unha \"tapadeira\" de algo máis, dunha acción política. Non queren facer só arte\" En canto á actividade cultural de Brais Pinto, era para eles unha \"tapadeira\" de algo máis, dunha acción política. Non queren facer só arte. Son moi conscientes das necesidades e das eivas que había no ámbito artístico: os artigos de Patiño críticos coa pintura do momento, por exemplo. Reivindican a novidade, a innovación, pero para algo máis. Están aprendendo a realidade política e histórica coa que se implican co obxectivo de liberar Galicia. É significativa, por exemplo, a relación que manteñen con América. Ou actos concretos, como cando se erguen e marchan tras unhas determinadas afirmacións de Fraga sobre Rosalía... Eran tempos difíciles. Non é como coller e marchar hoxe. Nesa procura da vangarda tamén se cadra se chegou algunha vez a forzar os encontros coa literatura de fóra... que por outro lado non eran tan novidosos. Xa Nós miraran moito ao mundo... Non sempre para ben. Si que hai esa procura da innovación na forma de escribir de Patiño ou na de Fernández Ferreiro. Ou na poesía de Ramón Lorenzo. Se cadra as súas obras son menos coñecidas, pero non menos importantes nese aspecto. O que ocorre é que houbera un fondo corte, o producido pola guerra civil. E, nese sentido, tamén foi unha descuberta para eles porque houbera moito silencio sobre a cultura galega anterior á guerra. Imaxina como podía ser estudar en Santiago nos anos 50. Había censura, non había acceso a moito do que estaba a pasar na literatura mundial do momento. É indicativo disto, por exemplo, o feito de que a xente da Mocedade Universitaria Castelao coñecese 'Retrincos' de Castelao pero non o 'Sempre en Galiza'. Mais cando se fala de estratexia \"culturalista\" parece que se coloca a cultura nun chanzo inferior, como se a cultura non fose política e a política cultura. Outra cousa é se se ten como obxectivo derrubar o réxime e cando, ou se se decide reconstruír ou non unha organización política galeguista... É unha cuestión complexa. En Madrid existían outros grupos que eu só cito porque o que me interesaban eran as xeracións máis activas e que conformaron unha conciencia política, lingüística e literaria. Os adxectivos, como \"culturalista\", reducen a complexidade. En todo caso non se poden esquecer feitos como os dos daqueles aparentemente \"culturalista\" que tamén interviron politicamente. Porque indicar que tipo de literatura é a axeitada, e facelo desde un lugar privilexiado, como representante da cultura galega, tamén é intervir politicamente. Ademais, non importa só o que se publica. Tamén o que non se publica porque se lle poñen pexas. Sobre iso dinnos moito os epistolarios. Hai moito por investigar aínda. Na terceira xeración, na segunda metade dos 60, desenvólvese a resistencia política organizada, na clandestinidade. É xa outro tempo: o empurre do PCE, da UPG... E o madrigalegos realizan ás veces \"actividades máis arriscadas\" que as que se facían en Galicia. Propaganda política subversiva, reunións secretas... \"Os galegos de Madrid participaron en moitas loitas da época, como a de Castrelo de Miño. Xosé Soto estableceu contactos políticos e células da UPG en América... Fixeron moitas cousas\" Distribúen pegatinas que levan por mensaxe 'Liberdade para Galicia' ou 'Viva Galicia ceibe e socialista', agochan unha \"meniña\" ou multicopista... Moitos detalles sobre este tipo de actividades non poderiamos coñecelos se non fose polas entrevistas: como se organizaban, como se enfrontaban á censura... Os galegos de Madrid participaron ademais en moitas loitas da época, como a de Castrelo de Miño. Xosé Soto estableceu contactos políticos e células da UPG en América... Fixeron moitas cousas. A cuarta xeración, da segunda metade dos 70 e primeira dos 80, continúa por esa liña. Seguen as xuntanzas clandestinas, os libros prohibidos, os actos políticos disfrazados doutra cousa... O que chamas \"rexistros ocultos\". Se cadra temos que volver a eles agora coa Lei Mordaza, ademais. Unha das accións máis importantes desa xeración é a implicación no proceso de redacción do Estatuto. É moi importante tamén a acción literaria e cultural: a revista Loia, a editorial (xa non o grupo) Brais Pinto... Si disfrazan política de cultura, como nunha obra de teatro que fixo Lóstrego e que representaba un bispo de Ourense moi rexeitado, pero tamén criticaban a realidade labrega galega marcada pola mobilización contra a cota empresaria. Actividades cunha aparencia lúdica podían ser unha maneira de reivindicación da escola en galego e do ensino en galego. Como cando pasearon unha lingua enorme por Preciados, xa nos anos 80... A quinta e última xeración que distingues é a da segunda metade dos 90. Hai máis heteroxeneidade no aspecto político. A literatura xa non ten que ser expresión da disidencia política, ou non nuns sentidos determinados. Desideoloxización ou autonomía da cultura? Porque que a cultura teña que ser parte da construción nacional tamén pode ser unha dificultade... \"Non é que haxa desideoloxización. O que pasa é que o contexto é outro. Galicia xa ten representación política en Madrid a través dos deputados do BNG, por exemplo. Pero si continúan as reivindicacións da identidade, agora nun mundo globalizado\" Estou de acordo co que dis, no esencial. Non é que haxa desideoloxización. O que pasa é que o contexto é outro. Galicia xa ten representación política en Madrid a través dos deputados do BNG, por exemplo. Pero si continúan as reivindicacións da identidade, agora nun mundo globalizado: continúa o malestar coa situación lingüística galega e o esforzo pola visibilidade, literaria ou non, das mulleres... Ademais, que é política? O que se fixo en cultura en Madrid é menos coñecido e se cadra debería ser máis tratado como cando se estuda a literatura do exilio. Por outro lado, que é literatura? Ao meu ver, o campo literario abrangue máis que a escrita de libros. Para escribir este libro fixeches moitas entrevistas. Para 'Letras nómades' utilizaches documentos persoais. Por que este tipo de fontes? Para 'Conciencia política e literatura galega en Madrid' entrevistei máis de 50 protagonistas. En 'Letras nómades' o obxectivo era analizar a mobilidade feminina na literatura a través de documentos persoais. Escollín ese tipo de fonte, a historia de vida, -documentos persoais e rexistros biográficos-, porque era a mellor maneira de acceder á experiencia persoal da mobilidade. Que nos leva tamén á análise da identidade no contexto do exilio, do retorno, da emigración. Nun seminario recente, María Reimóndez dicía que parte da memoria da literatura feita por mulleres se perdera porque os textos escritos desde o íntimo, desde a experiencia persoal, e por mulleres, non se consideraran \"literatura\". Nese sentido, 'Letras nómades' recupera memoria das mulleres. A través de artigos realizados por mulleres. Como Aurora Marco coas guerrilleiras. É que o estudo teórico co que comeza o libro, de Josefina Cuesta, é sobre a memoria. Pero non foi intencionado que as autoras do libro fosen todas mulleres. Creo que iso non é relevante, ademais. E tamén participan homes nalgún capítulo asinado por unha muller. En canto a Aurora Marco, traballou moito pola recuperación da memoria das mulleres, si. Ocupouse neste libro dunha cuestión que merece recoñecemento, que é a memoria das mulleres silenciadas por ser guerrilleiras antifranquistas e por ser mulleres. O texto de Olivia Rodríguez achégase á construción da identidade no exilio. Cal é a conclusión do libro nese aspecto? O texto de Olivia Rodríguez conta a historia dunha familia de Cangas que ten que exiliarse. A investigadora recompila a documentación sobre a historia dun condenado a morte (José Mejuto Bernárdez), recuperada grazas á súa descendente (Ana Paula Mejuto Soba). A mesma familia é a protagonista do libro 'Cartas de un condenado a muerte'. Tamén Carmen Mejía escribe sobre iso e, neste sentido, é interesante o termo usado pola investigadora da UCM, o exilio herdado. Carmen Mejía fala de \"insilio\" ou exilio interior. Nese sentido, o libro oponse a diversos tópicos. Nin as mulleres que emigraban eran meras \"acompañantes\" dos maridos. Nin a motivación era só a fame. Tamén a necesidade de saber. Nin a viaxe tiña que implicar necesariamente o traslado a moitos quilómetros de distancia. \"As mulleres non emigraban só para acompañar os maridos. Nos capítulos hai historias ben crúas, como as das mulleres que emigraban para aleitar os fillos doutras e levaban un canciño na viaxe a América para non perder o leite\" Hai moitas formas de mobilidade e a interior é unha delas, si. Carmen Mejía trata, tamén, a mobilidade dos nenos do campo á cidade na Galicia dos anos 50 a través dun documento remitido por Luz Pichel. María do Carmo Kruckenberg, que aparece no capítulo de Manuela Palacios e no de María Xesús Nogueira, viaxaba por necesidade de coñecer. Eva Moreda tamén amosa motivacións para a mobilidade máis próximas a nós (razóns laborais, académicas...). E claro que as mulleres non emigraban só para acompañar os maridos. Nos capítulos hai historias ben crúas, como as das mulleres que emigraban para aleitar os fillos doutras e levaban un canciño na viaxe a América para non perder o leite... A viaxe como forma de coñecemento tamén pode ter algo de clixé. Pode ser un xeito de consumo e nada máis. E o encontro co outro tampouco esixe agora desprazarse a centos de quilómetros... \"Viaxar é... ler o mundo sen intermediarios\", dicía Begoña Caamaño, segundo recolle un dos textos. Aínda que a mobilidade sexa máis ou menos afastada, máis ou menos virtual, creo que sempre obriga a confrontarse cunha mesma e co outro ou coa outra. Sempre é unha aprendizaxe. Sempre tes que enfrontarte a algunha situación. O encontro co Outro ou coa Outra podes realizalo no teu país, pero a confrontación é maior se estás fóra. No libro aparece, ademais, unha consciencia da viaxe que ten moito de preocupación polo outro e pola outra, nun sentido social. A mobilidade está moi presente na literatura feminina. Eu mesma escribín sobre a literatura alófona. Sobre cuestións como a hibridación lingüística, sobre as que queda moito por investigar."}
{"ID": "NOS_6908", "summary": "Unha vintena de traballador@s de T-Solar e unha deputada do Bloque prestaron declaración no xulgado de Ourense demandad@s por se pecharen nas instalacións da empresa. Denuncian o desmantelamento do centro de traballo", "text": "Se nada o impide 174 empregos da factoría de T-Solar en Ourense serán destruídos. O maior accionista da entidade, Isolux, abandona a fábrica após 5 anos de actividade e 45 millóns de euros públicos investidos. Perante esta realidade @s traballador@s exixen unha solución ao administrador concursal e á Xunta de Galiza que interceda. Porén, malia existiren sobre a mesa até 3 propostas diferentes que visan mercar a fábrica e garantiren o mantemento da actividade, a día de hoxe segue sen existir unha solución para T-Solar. \"Este é un dos motivos polo que os traballadores permanecen no peche\", asegurou Tereixa Paz nunha entrevista publicada no Sermos Galiza a pasada semana. A deputada do BNG foi demandada xunto con 19 traballador@s pola empresa Isolux após iniciar un feche nas instalacións como protesta polo desmantelamento da factoría. \"Os traballadores e as traballadoras están unicamente defendendo os seus empregos\", sinalou Paz. Porén para a dirección de Isolux @s operari@s e a parlamentar están a ocupar \"ilexitimamente\" as instalacións e exixe á xustiza que \"despexe\" un protesto que vai xa polo seu segundo mes. \"Xa primeiramente tentaron desaloxarnos pola vía do penal mais non o conseguiron\", conta a nacionalista. Porén, esta cuarta feira a deputada do Bloque e 19 traballador@s declararon no xulgado de Ourense. \"É o mundo ao revés, quenes defenden a supervivencia dunha empresa punteira e a continuidade de 174 empregos vitais para Ourense son sentados ante a xustiza polos que estafan e destruen emprego\", sinalou o portavoz nacional da organización frontista ás portar do tribunal onde se congregaron centos de persoas para se solidarizaren c@s demandad@s. \"Quen tiña que comparecer ante os xulgados para dar explicacións son os directivos de Isolux por estafa ao desmantelar unha empresa creada cunha subvención pública de 70 millóns de euros\", acrecentou Xavier Vence. \"Orgullosa\" de sentar na bancada por estar \"do lado da clase traballadora\"A parlamentar do BNG, Tereixa Paz, asegurou ás portas do xulgado sentirse \"orgullosa\" de acudir aostribunais por \"estar do lado da clase traballadora\" e non \"por recibir sobres nin prevendas\" en clara alusión aos casos de corrupción que atinxen o PP."}
{"ID": "NOS_51986", "summary": "Esta comisión chegará, de confirmarse como é intención, despois de que se coñeceu un auto da Audiencia Nacional.", "text": "O Parlamento da Galiza volverá contar cunha comisión de investigación da fusión das caixas galegas -Caixanova e Caixa Galicia- e a súa posterior bancarización e venda, máis de oito anos despois de que se abrise por primeira vez na Cámara. Tanto PP como BNG incluíron na orde do día senllas peticións concretas sobre esta cuestión, pero xa negocian, tamén co PSdeG, un acordo para abrir este órgano de investigación parlamentar co consenso de todas as forzas políticas. A idea é, ademais, aproveitar os traballos realizados, que acabaron sen un ditame da Cámara. No escenario dunha comisión de investigación a oposición advirte de que, en primeiro lugar, a Xunta \"ten\" que entregar a documentación que aínda non se enviou no seu día. Esta comisión chegará, de confirmarse como é intención, despois de que se coñeceu un auto da Audiencia Nacional no que se sostén, sobre a intervención do FROB relativa ás caixas de aforro galegas, que \"a única razón\" pola que tivo que actuar \"foi pola situación económico-financeira na que se atopaba, en 2010, Caixa Galicia, antes de que se producise a fusión\". Nese mesmo auto, que sinala as responsabildades da Xunta, engádese que \"Caixanova nunca sería intervida se non se viu obrigada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia\". O resultado da fusión, Nova Caixagalicia, tivo un breve percorrido antes do nacemento de Novagalicia Banco, constituído en setembro de 2011 e de trazado igualmente efémero. En 2013 o grupo venezolano Banesco mercouno por 1.003 millóns de euros. No primeiro ano de actividade da xa denominada Abanca os beneficios da entidade ascenderon a 1.115 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_38753", "summary": "China deféndese das críticas dos Estados Unidos e da Unión Europea, asegura non temer unha investigación imparcial e promete que a vacina será un ben público mundial.", "text": "A asemblea anual da Organización Mundial da Saúde (OMS), que arrancou nesta segunda feira, 18 de maio, e se prolongará durante a terza, é a primeira que se fai de maneira telemática e non chega só nun momento crucial de pandemia mundial, senón que tamén se desenvolve entre constantes ataques do Goberno dos Estados Unidos de América (EUA) á entidade internacional. A Administración de Donald Trump acusou nas últimas semanas a OMS de favorecer a China e cancelou, de facto, a súa colaboración económica, o que supón a perda para a OMS de 15% do seu orzamento. Precisamente, na fin de semana, o secretario de Estado dos EUA, Mike Pompeo, afirmou que \"o mundo se ten que unir para impor o pagamento dos custos (da crise) a China até que esta cambie o seu comportamento\", e acusou a potencia asiática de non ter partillado datos e de non ser transparente. Ademais, os EUA acusan o director xeral da OMS, o etíope Tedros Adhanom Ghebreyesus, de ter \"confiado\" nos datos das Administracións chinesas, sobre os cales estenden as súas dúbidas. Mais tamén a Unión Europea ten previsto presentar nesta asemblea da OMS unha proposta de resolución en que se pide unha revisión da xestión que a organización fixo sobre a pandemia, co obxectivo de buscar responsabilidades, segundo anunciou hai dez días o representante da UE para a Política Exterior, Josep Borrell. O propio presidente chino, Xi Jinping, foi quen tomou a palabra en representación do seu Estado nesta 73 asemblea anual da OMS. Segundo anunciou o mandatario, a China apoia a realización dunha investigación exhaustiva da resposta global á pandemia, unha vez que o coronavirus estea baixo control. Nese sentido amosouse confiado cos resultados da investigación que se leva a cabo, se é imparcial, e remarcou no su discurso ante a asemblea o papel transparente do seu Goberno desde o primeiro momento en que se detectou o virus. Así mesmo, o Xi anunciou que a China proporcionará 2.000 millóns de dólares nos próximos dous anos para axudar a países afectados pola pandemia no plano socioeconómico. O presidente chinés tamén prometeu que calquera vacina que o seu país desenvolva contra a COVID-19 será de inmediato \"un ben público\" para todo o mundo."}
{"ID": "PRAZA_10546", "summary": "Xunto á renuncia de Losada, que propicia a entrada de Caballero, o PSdeG tramita tamén a de Juan Díaz Villoslada, novo concelleiro de Urbanismo na Coruña. O secretario xeral socialista estará xa presente no derradeiro debate de política xeral da lexislatura", "text": "En marcha as remudas no Grupo Parlamentario do PSdeG no Parlamento que terán como mudanza máis visible a entrada na Cámara do secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero. Abel Losada, ata agora deputado por Pontevedra, iniciou xa os trámites da súa xa prevista renuncia ao escano tras ser elixido concelleiro en Vigo, onde é responsable de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.Os socialistas prevén que este mércores, ao remate do pleno ordinario, a Mesa do Parlamento faga efectiva esta renuncia e con ela, dea paso á incorporación ao lexislativo do quinto candidato do PSdeG por Pontevedra en 2016, o propio Caballero. A renuncia de Losada vén acompañada de, como mínimo, outra máis. A do coruñés Juan Díaz Villoslada, que deixa o Parlamento para dedicarse só ao labor municipal, no seu caso como concelleiro de Urbanismo do novo goberno da Coruña. No seu caso a substituta será María Teresa Porritt, número seis nas eleccións.A substitución de Losada e Villoslada será visible no outono, cando o secretario xeral do PSdeG asumirá as preguntas a Feijóo e representará o seu grupo no derradeiro debate de política xeral da lexislaturaO feito de que estas mudanzas cheguen no remate do período de sesións -a actividade ordinaria da Cámara finaliza o 15 de xullo e retómase a mediados de setembro- provoca que a nova composición do Grupo Socialista, primeira forza da oposición tras a ruptura do Grupo de En Marea, non sexa visible no Pazo do Hórreo a efectos prácticos ata as portas do outono. Daquela Caballero comezará a exercer como presidente do grupo e dende esa posición, previsiblemente, comezará a intervir nas sesións de control ao presidente da Xunta e será principal representante do PSdeG no derradeiro debate de política xeral da lexislatura -tras a última reforma legal, esta sesión extraordinaria non se celebra en anos electorais-.O PP mófase do secretario xeral do PSdeG afirmando que \"non se atreve a ir á Cámara por medo\" a Feijóo e Caballero reta a que o presidente da Xunta \"elixa lugar e hora para un debate\"Dende a dirección socialista mantense que, na liña do expresado polo propio Caballero, a súa entrada no Parlamento para o tramo final da lexislatura responde ao plan xa trazado dende a súa chegada á secretaría xeral, un \"roteiro ben perfilado\" que está a levar o partido a \"unha posición máis forte ca nunca\", afirmou o líder do PSdeG nunha recente entrevista con Praza.gal. Nesa mesma liña, o propio Caballero advirte de que malia incorporarse á Cámara, os seus \"esforzos\" seguirán centrados en que o PSdeG logre a \"mobilización do electorado progresista\" para \"construír unha maioría progresista en 2020\".O PP, pola contra, interpretou nos últimos días por boca do seu secretario xeral, Miguel Tellado, que Caballero \"non se atreve a ir á Cámara por medo a medirse co presidente da Xunta\" e por iso adía a recollida da acta parlamentaria. Neste sentido, Caballero retrucaba instando a Feijóo a \"elixir lugar e hora\" para \"un debate\" e \"alí estarei\". Aínda que a Feijóo realmente \"nunca lle gustou o debate político\" porque \"prefire ampararse no marketing electoral antes que responder polos seus fracasos\", di."}
{"ID": "NOS_4148", "summary": "Hoxe é posíbel construír un búnker nunha casa particular desde 30.000 euros e en menos de dous meses. A demanda destas infraestruturas subterráneas, preparadas para actuar de refuxio en caso de guerra ou catástrofe natural, experimentou nas últimas semanas un incremento considerábel.", "text": "Esta quinta feira, 14 de abril, fixéronse 91 anos da proclamación da II República española, unha curta época de progreso que interrompeu o golpe de Estado fascista apenas cinco anos despois. Na Galiza, se ben apenas houbo combates porque as tropas de Francisco Franco se impuxeron cedo pola forza, dando pé a unha sanguenta e cruel represión, a cidadanía estaba preparada para se protexer dos posíbeis ataques. Daqueles escuros tempos quedan aínda algúns vestixios, como é o caso da rúa Ronda de Don Bosco de Vigo, onde o símbolo pintado na parede dun edificio indica a existencia dun refuxio antiaéreo. Tamén salienta o búnker do monte de San Pedro, na Coruña, que ordenou construír o ditador Miguel Primo de Rivera, mais neste caso con fins \"intimidatorios\" de cara a posíbeis ataques, e non pensado para acoller civís. Se callar, o lugar máis emblemático da resistencia antifranquista é a Cidade da Selva ergueita nos montes de Casaio, que xurdiu como asentamento de milicianos galegos e do resto do Estado que loitaban contra o franquismo unha vez rematada a guerra. A incesábel ameaza do botón nuclear... É posíbel que alguén o prema? Tamén cómpre lembrar o caso de Cambedo, unha aldea da localidade lusa de Chaves que fai fronteira con Oímbra e que en 1946 foi duramente atacada por servir de refuxio de milicianos antifranquistas. Os restos daquel lugar foron descubertos varias décadas despois nunha prospección arqueolóxica. Constrúa o seu propio búnker Agora, case un século despois da última guerra que sufriu a Galiza, o temor a un novo conflito a grande escala como foi a II Guerra Mundial está a provocar un 'boom' na construción de búnkeres, un sector que nos últimos anos experimentou un importante crecemento co xurdimento de diferentes empresas. En 2018 o empresario onubense Francisco Márquez decidiu deixar o sector da construción, ao que se dedicara toda a vida, para ir un paso máis aló: os edificios baixo terra. A súa compañía, Underground Buildings, constrúe búnkeres a medida para particulares. \"Desde que estoupou a guerra en Ucraína en febreiro a demanda medrou 90%, estamos notando o medo que ten moita xente a un posíbel ataque\", explica, en conversa con Nós Diario. A Galiza, afirma, é o territorio do que máis chamadas recibe \"xunto a Madrid e Catalunya\". Porén, rexeita ofrecer datos concretos sobre os refuxios que ten construído no noso país porque \"todos os contratos teñen unha cláusula de confidencialidade co cliente\". Construción dos cimentos dun soto. (Foto: Cedida) O custo da obra varía en función dos materiais empregados, a localización, a orografía e as dimensións do refuxio, e pode alcanzar os dous millóns de euros. Porén, Márquez constrúe tamén búnkeres 'low cost' a partir de 30.000 euros: \"Sería un habitáculo de 3 por 4 metros, o que denominamos un 'cuarto do pánico' no que cabería pouco máis que unha cama\", indica. As infraestruturas que constrúe son fundamentalmente de ferro, polo que o proceso de construción non é demasiado longo: \"Dependendo das características do terreo e do que solicite o cliente, podemos construílo en dous meses\", di."}
{"ID": "PRAZA_6322", "summary": "O 18 de agosto de dentro de trinta e catro anos finaliza o período concesional da AP-9, que acumula indignación cidadá mentres ingresa uns 300.000 euros diarios en peaxes. Repasamos a historia da principal vía de comunicación terrestre do país e da súa concesionaria. Infografía no interior", "text": "O 18 de agosto de 2048 disolverase o matrimonio forzoso entre Galicia e Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A. Ata esa data, se ninguén o evita, continuará vixente a concesión outorgada polo Goberno franquista no ano 1973 e que inicialmente tiña que rematar no 2013. Restan, polo tanto, trinta e catro anos para poder desligar a principal vía de comunicación terrestre do país dunha empresa cuxos propietarios nada teñen que ver cos concesionarios orixinais, un grupo de bancos españois, toda vez que dende o ano 2008 o Grupo Itínere, no que se integra Audasa, está en mans do estadounidense Citigroup. Pero, como chegamos ata aquí? A orixe da empresa que, un verán máis, desata a ira cidadá mentres os gobernos galego e español se limitan a lanzar mornas advertencias e un expediente informativo, está na concesión franquista que, apenas dez anos despois da súa posta en marcha, regresou a mans públicas por orde do Estado. En plena vaga expansiva da crise do petróleo de finais dos 70 o Goberno de Felipe González mercaba Audasa e integrábaa, xunto a Aucalsa e Audenasa, na nova Empresa Nacional de Autopistas (ENA), nunha operación que implicou estender a concesión dez anos máis, ata 2023. Aznar prorrogou a concesión ata 2048 e, xusto despois, vendeu a autoestrada Así, como empresa pública, Audasa seguiu construíndo treitos da autoestrada -e cobrando peaxes- ata que en 1992 completou o trazado entre A Coruña e Vigo. Aos poucos a AP-9 deixou de ser unha infraestrutura e comezou a gañar inxentes cantidades de cartos que, en última instancia, ían parar ás arcas públicas. Esta era a situación cando, en 1998, a meteoroloxía soltou o buque Discoverer Enterprise das súas amarras nos estaleiros de Astano, indo impactar á ponte das Pías e deixando illada a cidade de Ferrol. Aquel accidente impulsou o Executivo de José María Aznar no ano 2000 a encargarlle a ENA que estendese a autoestrada ata Ferrol e, como contraprestación, estendeulle a concesión ata 2048, o límite vixente. Neste escenario a galega era a autoestrada máis rendible do Estado e, en 2003, o gabinete de Aznar meteuna no paquete da súa derradeira gran privatización, a da propia ENA. A empresa das autoestradas públicas foille adxudicada por 1.586 millóns de euros ao grupo empresarial encabezado por un dos emblemas da burbulla inmobiliaria española, Sacyr, no que tamén participaban Caixa Galicia e Caixanova. A crise do ladrillo impulsou a Sacyr a vender a súa filial de autoestradas, Itínere, que xa en mans de Citigroup, nacionalizado polo Goberno federal estadounidense tras a caída de Lehman Brothers, segue a recortar servizos e postos de traballo malia gañar case 10 millóns de euros no primeiro semestre do ano."}
{"ID": "NOS_39950", "summary": "Hai anos, Xurxo Souto teorizou sobre Los Tamara como avanzada da denominada world music. Os de Pucho Boedo e Prudencio Romo, activos durante un cuarto de século desde finais dos 50, visitaron territorios soul, bolero, danzón, baladas, canción lixeira. Con A Santiago voy, talvez o cimo da súa popularidade, estabeleceron o himno oficioso do galego emigrante. Novedades Carminha, trío compostelán, veñen de rexistrar a súa lectura do clásico á luz da cumbia psicodélica.", "text": "A canción será o avanzo do seu quinto disco. Este sábado presentárona en Santiago de Compostela dentro da programación do Festival Curtocircuíto. Porque ademais da versión, en que colabora o dúo Esteban & Manuel, os Carminha protagonizan un documental dirixido por Lois Patiño. O espírito de Pucho Boedo ateigou o Teatro Principal, que asistiu ao rexistro cámara en man da gravación de A Santiago voy nos estudios La Mina de Sevilla. \"Nunca amosáramos así a nosa intimidade\", explicou no coloquio posterior Carlos Pereiro, Carlangas, guitarrista e voz da banda. O filme asómase ás costuras da versión. Grava disertacións dos músicos sobre o crooner Boedo ou sobre as diferentes modalidades da cumbia como ritmo global. Levanta acta da artesanía da repetición e do ensaio-erro a partir do que se constrúen as cancións en estudio. Patiño, premiado autor de obras como Costa da Morte en que o plano longo e fixo centra a linguaxe, modificou a súa escritura para esta peza. Así o explicou ao público do Principal. Case cinema de guerrilla -rodado en tres días de convivencia cos músicos, montado en catro-, é ao tempo unha homenaxe aos autores de A Santiago Voy. Porque máis alá do folcore de orquestra, Los Tamara foron pioneiros en cantar pop en galego, vestiron de elegantes arranxos poemas de Curros Enríquez, serviron de educación sentimental para varias xeracións. \"Non pode soar a broma\", vén advertir Carlangas na mesa de mesturas. Nos tempos mortos de La Mina, os Novedades Carminha e mais Esteban & Manuel -dúo tamén compostelán especialista en cumbias e cuxa carreira despega a gran velocidade- ven vídeos de Boedo. Este canta na TVG poucos meses antes de morrer, ou é sometido á investigación de Xurxo Souto no documental Un crooner na fin do mundo (2003). É xusto cando a outra cara de historia se entremete no Espírito de Pucho Boedo. Antón Patiño Regueira, avó de Lois, relata a Souto a súa participación na fuga de republicanos despois do golpe fascista de 1936. Entre eles, os irmáns de Boedo. Manuel Rivas afirma que, cando este canta, a dor emerxe na súa voz. Como un blues, ao cabo. Os Carminha e os técnicos -andaluces- escoitan atentos. Pero estes traducen A Santiago voy ao seu particular, suave, post punk filtrado por músicas de baile. Neste caso, á cumbia psicodélica. Aqueles Novedades Carminha que iniciaron o seu traxecto hai dez anos e catro discos como maquinaria punk son hoxe unha banda para danzar. E A Santiago voy, o seu tributo á cidade e unha celebración do ritmo. Que O espírito de Pucho Boedo captura en construción."}
{"ID": "NOS_16975", "summary": "A taxa de mortaldade en Galiza por suicidio no ano pasado sitúase en case 12 persoas cada 100.000 habitantes. Houbo 324 suicidios no 2017", "text": "O 10 de marzo conmemórase o Día Mundial da Prevención do suicidio, data con motivo da cal o Movemento galego pola saúde mental convoca a un acto simbólico na Praza de Praterías en Santiago: badaladas pola prevención do suicidio. Desde este Movemento lembra que se fixo un ano da presentación pública pola Xunta do Plan de Prevención do Suicidio para Galiza. Un plan que tiña que dar cumprimento ás decisións adoptadas na 66ª Asemblea Mundial da Saúde de 2013 e ás orientacións da OMS. \"Levamos un ano de plan. A taxa de mortaldade en Galiza por suicidio no ano pasado sitúase en case 12 persoas (11,9) cada 100.000 habitantes. Seguimos a case unha morte diaria por esta causa\", informan desde o MGSM. \"Un ano de Plan que naceu, e así continua, sen compromisos de execución, sen responsables da súa materialización, sen dotacións económicas nin profesionais, sen prazos, sen concrecións de actuación. Un Plan de papel\". Para o Movemento é \"desesperante a desidia dos responsables da saúde da nosa comunidade. É indignante a utilización política e propagandística que fixeron do que debera ser un plan de protección da saúde e da vida\"."}
{"ID": "NOS_33775", "summary": "Ducias de anti-disturbios empregáronse a fondo para desfacer o 'muro popular' de ducias de veciñ@s para protexer 3 mozos independentistas, finalmente detid@s. Hai 70 persoas detidas e 20 feridas, segundo @s solidari@s.", "text": "Máis de 25 furgonetas da Ertzaintza entraron cediño pola mañá desta segunda feira na Praza da Virxe Branca de Gasteiz. Distribuíronse de forma estratéxica para pechar todas as saídas e rodear as persoas que conformaban desde a fin de semana un 'muro popular e solidario' en torno a 3 militantes independentistas sobre os que hai orde de entrada en prisión por militar en Segi. @s ducias de solidarios, con caretas e pelucas -para dificultar a identificación- estaban sentados no chan, nun entorno tinxido de laranxa, a cor que simboliza a desobediencia civil á xustiza española e contra a criminalización do independentismo. Entre estas persoas, Aiala Zaldibar, Igarki Robles e Ibon Esteban, as tres en busca e captura. A Audiencia Nacional condenou cada un deles a seis anos de prisión, \"exclusivamente pola súa militancia política nunha organización xuvenil\", denuncian as persoas concentradas. Os anti-disturbios comezaron sobre as nove a 'desfacer' o muro popular. Porrazos, golpes, empurróns e levar as e os solidarios a rastro. Dúas persoas terían perdido o coñecemento, segundo denuncias de xornalistas presentes no lugar, sendo trasladadas a centros hospitalarios. A Ertzaintza cifrou en 11 as persoas detidos, as que acusa de agresións e resistencia á autoridade.. Porén, Txerra Bolinaga (do movemento Eleak, de desobediencia civil) denunciou que a operación deixou máis de 70 feridos e 20 detidos, entre eles os 3 militantes de Segi buscados pola AN. Eh Bildu reclamou ao PNV que \"deixe de ser\" o brazo executor do PP e do Estado español. A esquerda abertzale manifestou o apoio á estratexia de desobediencia civil, como a realizada pola mocidade vasca estes días en Gasteiz, e anteriormente en localidades como Donostia ou Ondarroa. As declaracións de Podemos, afirmando a respecto do acto de Gasteiz que \"non temos nada a ver cos herdeiros da violencia\", xerou un profundo e gran malestar en Euskal Herria, mesmo alén do que é o corpus social da esquerda abertzale."}
{"ID": "NOS_27643", "summary": "Un comunicado da Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles (ACEA) afirma que é a peor situación que viviu a industria do automóbil.", "text": "A Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles (ACEA) alerta de que a industria automobilística europea está diante dunha crise \"sen precedentes\" provocada pola expansión do virus Covid-19. Aseguran que esta situación pon enxogo 14 millóns de empregos neste sector. Nun comunicado, ACEA lembra que esta crise sanitaria está a obrigar a pechar ducias de factorías en toda Europa polo colapso da demanda, a carencia de subministración e as medidas adoptadas polos distintos gobernos para evitar o maior contaxio. Eric-Mark Huitema, conselleiro delegado de ACEA, asegura que \"é a peor crise na industria do automóbil\" e que por este motivo \"están en xogo uns 14 millóns de empregos\". Por este motivo, solicitou aos diferentes países e ás autoridades da Unión Europea (UE) medidas para apoiar ás empresas do sector, así como aos seus provedores e distribuidores compoñentes."}
{"ID": "NOS_56948", "summary": "O rexeitamento á lingua da Galiza por parte da rede social transcendeu a pasada semana, despois de que a Xunta non puidera pór unha campaña sobre o sector cultural. Diferentes usuarias e usuarios da plataforma amosan o seu apoio á idea do activista Carlos Vieito.", "text": "En paralelo á conmemoración do Día da Lingua Materna -que foi este domingo- e despois de que a plataforma dixital de moda, TikTok, bloqueara a posibilidade de facer publicidade oficial en galego, o activista dixital Carlos Vieito e A Mesa pola Normalización Lingüística veñen de lanzar unha campaña para que a compañía acepte esta lingua como oficial. A iniciativa, que se bautizou como 'Conquistemos TikTok!' demanda á rede social que inclúa o galego entre os idiomas que considera oficiais e, en consecuencia, permita o seu uso tanto para campañas promocionais como para outros proxectos. A idea é que esta campaña decorra durante toda a semana para \"concienciar á comunidade galega e facer un chamamento a TikTok\", pois a ninguén se lle escapa que hai miles de usuarias e usuarios galegos. Malia que a lingua do país nunca foi entendida como oficial, si había moitas contas que defendían o seu emprego e mesmo a súa historia. Unha vez impulsada a idea, \"diferentes 'tiktokers' galegos, algúns deles con miles e millóns de seguidores, estanse a solidarizar co lanzamento\". Hai vídeos nos que se está a empregar o galego e outros nos que mesmo se fala abertamente da prohibición que transcendeu a semana pasada a raíz da negativa a admitir un anuncio da Xunta de apoio á cultura co hashtag \"#aculturasegue\". Agora a protesta non chega só en modo de campaña, senón que a colaboración da Mesa co impulsor, Carlos Vieito, vai implicar a tramitación dunha queixa a través da Liña do galego para denunciar o veto na rede social. \"Agardo que o Goberno galego realice as accións necesarias para instar á plataforma a incorporar a nosa lingua na plataforma e que non quede simplemente nunha anécdota\", explicou Carlos Vieito."}
{"ID": "NOS_39131", "summary": "A poesía é tamén un exercicio sobre a propia memoria. Así parece enfocala Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) no seu último libro, 1968 (Laiovento, 2018). Mais nestes poemas, a memoria individual crúzase coa memoria colectiva e os múltiples rostros da rebelión constitúen a súa materia. \"O 68 aínda é un ano tan significativo para a miña xeración...\", di, \"puntualizo: para os que fan parte da miña xeración e non desertaron\".", "text": "Hai 50 medio século abriuse a talvez última oportunidade global para instaurar unha orde nova. As revoltas sucedíanse por todo o planeta. O poeta Vaqueiro deita unha ollada lírica sobre feitos que marcaron o mundo. Tamén Galiza. Tamén a el propio, que os viviu en primeira persoa. \"Galiza insírese daquela na corrente internacional\", sinala, e menciona tres significados acontecementos vertebrais no seu libro: o 68 de Compostela, unha potente revolta universitaria que se inicia en xaneiro; a resposta popular contra o encoro de Castrelo de Miño \"cando adquire forma por primeira vez o nacionalismo\"; e a faixa que, na alameda de Santiago, saúda o Día da Patria de 1968 cun Viva Galiza ceibe e socialista. \"Daquela o Viva Galiza ceibe e socialista non era xa unha pintada infrecuente en Compostela\", relata. Á pancarta dedica a prosa poética 25 de julho, descritiva e cun aquel de Peter Weiss -devoción de Vaqueiro: \"[...] nas suas pólas, pendurada uma faixa e na faixa, branquíssima, cinco palavras mínimas, de significação, não obstante, infinita, viva Galiza ceive e socialista, tudo petrificado para sempre na história\". 1968 organízase por textos datados nos axitados días dese histórico ano. O escritor Vaqueiro bota man dunha ampla cantidade de recursos estilísticos para levar adiante un proxecto en que traballou máis de catro anos. Do poema en prosa ao verso medido -fundamentalmente heptasílabos, endecasílabos e alexandrinos- ou ao versículo de inspiración beat. \"En realidade, beben dos cantos de Ezra Pound\", corrixe, \"con todas as distancias, porque xa me gustaría a min\". Esta caixa de ferramentas pona ao servizo dun relato en que a guerra contra o Imperio no Vietnam, os Panteras Negras, as Marías, a matanza na praza de Tlatelolco de México D.F., o Che Guevara asasinado ou a clandestinidade antifranquista explican como o bloque dominante pasou apuros. \"Do nada emerge a fraga clandestina / entre cada cuadrícula, simultaneamente / hipótese de cárcere ou vitória / aberta ao mar infindo e ao mato inesperado. / Convertidos en lótus, em nenúfar, Ernesto\", escribe en 9 de outubro, aniversario da morte do Che. \"A variedade formal empata coa miña visión da literatura\", argumenta, \"sempre denunciei que a división entre xéneros é ficticia, só responde ás necesidades da crítica e non ás do discurso literario\". Como exemplo para el totémico, Vítor Vaqueiro coloca A morte de Virxilio (1945), de Hermann Broch, \"unha obra total en que a división por xéneros é difícil\". Da política e a poesía 1968 parece confirmar certo xiro na traxectoria poética de Vaqueiro iniciado no seu libro anterior, Palavras a Espártaco (Através, 2015). O poeta dos 80 que politiza o seu discurso. El, amabelmente, non concorda. \"Eu non teño máis credibilidade que calquera outro lector á hora de reflexionar sobre a miña obra\", indica, \"pero a política xa está no primeiro, Lideiras entra a paisaxe (Castrelos, 1979), ou en Informe da gavilla (Galaxia, 1980), en que, coa metáfora do bandoleiro, aproveito para falar do poder e a represión\". Non obstante engade que, entre 1980 e 1986 \"produciuse unha inflexión\" no xeito en que se leu o seu traballo. A publicación dos poemas de A fraga prateada (Galaxia, 1983) valéronlle o \"sambenito de poeta épico, malia conter poemas antinazis e antisionistas\". \"E, porén, no seguinte, A cámara de néboa xa volvo ao tema da represión\", conta. A súa escrita, de elevada densidade e formalismo acusado, nunca refugou a cuestión política, asegura. 1968, que inclúe un extenso limiar de Xosé María Álvarez Cáccamo -compañeiro de promoción poética e outro autor que non escapou da poesía política- e notas ao pé con ligazóns a cancións e imaxes consignadas nas súas páxinas, preséntase esta quinta feira, 22 de novembro, no Espazo Enocultural Vide Vide de Compostela. Será ás 20.30 horas nun acto organizado pola asociación cultural O Galo e no que participarán Vaqueiro, a cineasta e escritora Margarita Ledo, e os profesores da Universidade de Compostela Luís Martul e José Alberto García Suárez."}
{"ID": "NOS_2984", "summary": "O número de contaxios na última xornada foi de 224 mais o cómputo de casos positivos reduciuse en 16. Dos cinco falecementos de onte un rexistrouse nas propias instalacións da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei.", "text": "O coronavirus xa se cobrou máis de 700 vítimas desde que comezaron a darse os primeiros casos desta enfermidade no país, aló polo inicio do ano. En concreto, coas cinco mortes de onte xa son 701 as e os finados pola Covid-19, 82 desde o pasado mes de agosto coa \"nova normalidade\". Un dos datos máis preocupantes que está a deixar o virus entre a poboación é a cantidade de mortes que está causando na Galiza. Hoxe, após dunha xornada moi negativa, a Dirección Xeral de Saúde Pública informou de que xa se traspasou a fronteira das 700. Os últimos falecidos foron unha muller de 56 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro; un varón de 56 que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOP) e outra muller de 77 anos que era atendida no Hospital Lucus Augusti (HULA). Así mesmo, de todas as vítimas, un home faleceu nas instalacións do centro residencial DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, que leva semanas intervido pola Xunta. Ao estabelecer os cálculos segundo a información que facilita nos seus partes a Consellaría de Sanidade, até 310 das e dos finados estaban vinculados a xeriátricos. 142 deles faleceron nas propias residencias e outras 168 en hospitais ou residencias integradas. En calquera caso, o certo é que o 44% dos pasamentos gardaron unha relación coa xestión dos gromos nas residencias. Por áreas sanitarias No que se refire exclusivamente aos contaxios, entre a noite desta terza feira e onte, rexistráronse 224 positivos novos. É unha suba que contrasta co número de casos activos, que baixou lixeiramente até os 4.306 (15 menos). De todas as doentes, 28 permanecen nas UCI e outras 201 nas unidades de hospitalización dos centros hospitalarios da nazón. A maioría da xente garda corentena na casa e recibe chamadas de seguemento por parte de persoal sanitario. Cando xa se practicaron 410.517 probas PCR, a área sanitaria da Coruña e Cee perde un doente con respecto a onte e queda con 1.236 veciños e veciñas aínda baixo o control. No caso de Lugo, produciuse unha caída de 9 enfermas e enfermos, até quedar en 772, e en Compostela rexistrouse o descenso máis importante de casos activos con 24 menos. Agora hai 635 afectadas. No extremo contrario sitúanse Pontevedra con 584 positivos (7 máis); Vigo con 394 (sete a maiores); Ourense con 503 e a suma de 3 persoas e Ferrol, novamente con 182 pacientes."}
{"ID": "NOS_40575", "summary": "A resolución vén sumarse a outras dúas xa coñecidas en que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza se pronunciou a favor d@s traballador@s públic@s do Concello de Oleiros e do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.", "text": "Unha sentenza ditada pola sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza obriga a Compañía Radio e Televisión da Galiza (CRTVG de aquí en diante) a abonar ao seu persoal público a paga extra de verán que se lles negou en 2012 e correspondente ao periodo que vai do 1 de xaneiro ao 14 de xullo de 2012. Tomando en consideración que son xa tres as resolucións xudiciais que dan a razón aos sindicatos con representación na mesa da función pública --CIG, CC.OO, CSI-F e UGT--, as catro centrais coinciden ao reclamar que a devolución das extras se faga de oficio e sen agardar máis pronunciamentos xudiciais en contra pois nalgúns casos, coma o do Sergas, a administración pública foi condenada tamén a satisfacer os gastos do proceso."}
{"ID": "NOS_23435", "summary": "O próximo sábado 21 de abril, dúas columnas de autocarros sairán da Galiza para visitar cinco cárceres onde hai presas independentistas galegas, todas encarceradas por cargos de terrorismo.", "text": "\"É duro pasar tantas horas no bus e é frustrante chegar alí, ver os muros tan altos, non saber se te están a sentir...\". Cristina Rodríguez Ramos, integrante do colectivo Que voltem para a casa, fala sobre a Marcha às cadeias, que leva xa 12 anos a denunciar a vulneración de dereitos humanos que sofren as presas independentistas. \"Entendémolo como algo necesario, unha mostra de afecto para a xente presa, e como un xeito de visibilizar a realidade da dispersión\", apunta. Este sábado 21 de abril, unha caravana conformada por dous autocarros percorrerá os centros penitenciarios de Dueñas (Palencia), Ocaña (Toledo), Topas (Salamanca) e Villabona (Asturias) –dous cada columna– para acabar converxendo en Mansilla de las Mulas (León), onde está internada actualmente a presa independentista Maria Osório. O día da marcha, cada un dos autocarros percorrerá entre 1.100 e 1.400 quilómetros. \"Hai xente que nunca foi visitar ningún preso ou presa e, claro, alucina coa cantidade de quilómetros que é necesario facer para unha visita de só 45 minutos\", explica Rodríguez. Violación dos dereitos humanos A actual situación das presas independentistas galegas incumpre sistematicamente varias lexislacións e normativas internacionais que atinxen os dereitos humanos. Logo de décadas da actual política penitenciaria do Estado español, na que se lles aplica de forma indiscriminada ás presas independentistas a clasificación en réxime FIES –'lexislación de excepción' que contradí o réxime legal que debería ser imposta– e a dupla condena da dispersión, a situación non semella estar en vías de mudar. \"Levan varias condenas do Tribunais de Dereitos Humanos de Estrasburgo por vulneración da protección da tortura, incumpren a súa propia Constitución, o Convenio de Dereitos Humanos, a Lei Orgánica Xeral Penitenciaria, entra en contradición coas regras Mandela apoiadas pola ONU…\" , enumera Cristina Rodríguez. Isto non semella provocar ningunha mudanza, pola contra, constatan un empeoramento da situación. \"Seguimos a falar do mesmo problema que hai doce anos, e canto máis tempo pasa, máis están a sufrir as consecuencias desa dispersión, alén de ser trasladadas constantemente\", sinala. María Osório, Diego Santim e Eduardo Vigo –presas desde 2011– pasaron xa por catro centros penitenciarios, cifra que se eleva cinco no caso de Raúl Agulheiro –ingresou na cadea no ano 2014–. Roberto Rodríguez Fialhega 'Teto', tamén preso desde 2011, pasou por tres. Intoxicación mediática Desde Que voltem para a casa poñen o foco nun aumento xeneralizado da represión no Estado español, cada vez máis difícil de detectar debido á intoxicación mediática. \"Nos últimos anos houbo un incremento da criminalización e persecución social, e non só do independentismo. Semella que a xente pode comezar a empatizar máis cando ve os casos dos rapeiros, titiriteiros… mais tamén ás veces dá a impresión de que no caso das presas independentistas galegas, fóra de sectores moi politizados, é máis difícil visibilizar a súa realidade. No mellor dos casos, non se coñece a súa situación, e na peor, a persoa ten unha visión totalmente distorsionada do que está a pasar por mor dos meios\", detalla Rodríguez. O colectivo reclama que se garantan os dereitos das presas para que estas poidan cumprir a condena en centros penitenciarios galegos, de acordo ao que dita a lei. A dispersión penitenciaria, engaden, \"non só é ilegal, senón que tamén responde a unha decisión política –tomada nas máis altas instancias do Estado español–, vingativa –xa que non existe argumento legal ou xurídico para xustificar a situación– e inhumana –ao implicar tamén unha condena extra para a presa, que cumpre a pena lonxe da súa terra, do seu idioma e dos seus seres queridos–\". A dispersión en cifras As familias e amizades son convertidas tamén en vítimas da sentenza. Así, no caso de Eduardo Vigo, son 61.707 euros os invertidos nas viaxes, que rexistran un total de 399.960 quilómetros entre setembro de 2011 e setembro de 2017. O círculo de Roberto Rodríguez Fialhega 'Teto', conta até 52.717 euros gastados en viaxar o total de 372.722 quilómetros que fixeron falla para visitalo cada fin de semana desde 2011. No caso de María Osório, as cifras ascenden até os 27.512 euros e os 185.320 quilómetros. As persoas achegadas a Diego Santim destinaron 8.793 euros en desprazarse os 71.098 quilómetros que o separaban del nestes últimos seis anos. Por último, a familia e amizades de Raúl Agulheiro -preso desde 2014- rexistran 27.012 euros adicados a percorrer 186.372 quilómetros. \"E non só estamos a falar do gasto económico que implica, senón dos riscos que asumen cada vez que collen o carro para facer unha visita, a ansiedade das persoas presas que non saben como estará a xente de camiño e todo o desgaste emocional que iso supón\", resume Rodríguez. Participar na marcha Os dous autocarros habilitados para as marchan sairán desde Santiago de Compostela (ás 3:00 horas do sábado) e de Vigo (á media noite) e pararán, respectivamente, en Lugo (por volta das 4:35 horas) e Ourense (arredor da 1:30 horas). As persoas que desexen participar na marcha poden anotarse no formulario web ou enviando unha mensaxe ao enderezo comunicacionquevoltem@gmail.com. Tamén se pode colaborar e apoiar a marcha –cuxo custe ascende até os 3.500 euros– mediante a compra de bonos-axuda (á venda en centros sociais) ou do merchandising do colectivo."}
{"ID": "PRAZA_1141", "summary": "Organizacións non gobernamentais denuncian que as grandes compañías da moda seguen a vulnerar os dereitos laborais máis elementais. As empresas externalizan a produción cara a \"onde os salarios son máis reducidos e as condicións de sindicación, máis precarias\".", "text": "Por tras dos vaqueiros que se compran nas tendas do primeiro mundo escóndese unha realidade moi pouco amable. \"Salarios miserentos que non cobren as necesidades básicas, xornadas extensas, condicións laborais inhumanas e perigosas, traballo infantil ou ausencia de sindicatos legalmente constituídos son algunhas das violacións de dereitos fundamentais que se producen no sector téxtil\". A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto vén de publicar un informe sobre a situación do sector téxtil no mundo, un sector que esconde \"situacións de escravitude moderna\": as organizacións denuncian que as grandes compañías da moda seguen vulnerando os dereitos laborais máis elementais. Quen fai a nosa roupa? O perfil é o dunha muller asiática con xornadas que poden chegar ao catorce horas diarias e salarios que poden ser estar entre 50 e 100 dólares mensuais. Por que Asia. Ningunha das cincuenta compañías líderes do sector téxtil no mundo garanten salarios dignos, a pesar de que así o recollan as súas memorias de Responsabilidade Social Corporativa, asegura o informe. \"No sector téxtil, a explotación laboral é a norma máis que a excepción. As empresas externalizan a produción alí onde os salarios son máis reducidos e as condicións de sindicación, máis precarias\". As compañías fíxanse, sobre todo, no sueste asiático e a India: o 60% da produción de pezas de vestir concéntrase en Asia. \"As empresas externalizan a produción alí onde os salarios son máis reducidos e as condicións de sindicación, máis precarias\" Salarios baixos. Nun sector que move 34.000 millóns de euros ao día só en Europa, o salario medio das persoas que traballan no téxtil no mundo é de seis euros diarios. Ese salario é moito menor en países como Bangladesh e Vietnam, que contan cos soldos máis baixos do mundo, dun cincuenta dólares mensuais (pouco máis de 40 euros). En Bangladesh e Vietnam os soldos son duns 40 euros ao mes A pesar de que o derrube da Rana Plaza en Bangladesh impulsou unha vaga de protestas e de presión internacional e algúns países aumentaron os salarios, as subidas foron insuficientes. En Cambodia, por exemplo, o salario mínimo incrementouse até 128 euros mensuais, aínda lonxe do nivel que a Alianza por un Salario Digno en Asia recomenda: esta rede de sindicatos e organizacións calcula que serían necesarios 283 dólares mensuais para cubrir as necesidades básicas. Un sector feminizado. O 80% das persoas que traballan na elaboración de roupa son mulleres e a maioría, novas. Aínda así, os salarios das mulleres son máis baixos que os dos homes do sector, segundo a Campaña Roupa Limpa. O soldo das traballadoras é entre un 10% e un 50% inferior que o dos seus compañeiros homes que realizan traballos iguais ou do mesmo valor. \"Como se ven obrigadas a traballar máis para chegar a fin de mes, é común que sufran esgotamento e lesións causadas pola tensión e a sobrecarga de traballo\", di o documento. As empresas ven vantaxes en contratar mulleres. Consideran que as súas mans son máis áxiles para a costura, o corte e a confección Por que esta feminización? As empresas ven vantaxes en contratar mulleres. Consideran que as súas mans son máis áxiles para a costura, o corte e a confección. \"Adoitan contar con menos organización sindical e é máis fácil contratalas por un breve espazo de tempo e un salario moi baixo, pois se asume que o ingreso familiar principal é o do home\", sinala o informe. Con todo, moitos estudos demostran que, a nivel mundial, cada vez son máis as mulleres que teñen a responsabilidade de soster ás familias. Xornadas de doce horas. As xornadas laborais destas traballadoras son de entre doce e catorce horas, aínda que poden chegar a estenderse até as 16 horas. Os centros de traballo de cando en vez reúnen as mínimas condicións de seguridade e saúde laboral. As organizacións denuncian unha fustrigación sistemática aos sindicatos para impedir a mobilización laboral e a esixencia de mellores condicións. En Bangladesh, rexistrar un sindicato era moi difícil. Despois da traxedia da Rana Plaza, o Goberno cambiou a lexislación para facilitar a súa legalización, pero a represión persiste."}
{"ID": "QUEPASA_217", "summary": "Mentres, Baio prepárase para a súa Carballeira", "text": "Entre as novidades que o Festival da Carballeira de Zas ofrécenos nesta 36ª edición hai espazo para a solidariedade. Este ano a dirección da Carballeira chegou a un acordo coa Asociación Íntegro. De cada entrada comprada online doarase 1€ á devandita entidade. A Asociación Íntegro é unha entidade social sen ánimo de lucro fundada no ano 1992 e declarada de utilidade pública para promover a inclusión das persoas con diversidade funcional na Costa da Morte. As súas instalacións atópanse en Nantón no municipio de Cabana de Bergantiños. A recadación deste acto solidario destinarase para o programa de ocio inclusivo das 40 persoas usuarias do centro de día e centro ocupacional da Asociación. Con este xesto desde a Carballeira apóiase o importante labor que desenvolve a Asociación e espérase poder, non só axudala economicamente senón servir como recoñecemento do seu compromiso. As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea. O bono para os dous días é de 10€, tarifa que se manterá todo xuño. En xullo pasará a custar 12€. A venda en despacho de billetes será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións, os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños e duchas. Evento familiar Un ano máis, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o goce de maiores e pequenos, contando cunha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir das 14 h. Baio prepárase para unha nova edición da Festa da Carballeira Ademais, a Carballeira de Baio xa está preparada para encherse o próximo domingo, 30 de xuño, de merendas e de música. Será cunha nova edición da Festa da Carballeira que xa vai pola 39 e que ano tras ano se converte nun punto de encontro interxeracional no que a diversión está asegurada. A festa comeza cunha sesión vermú que amenizarán o grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro e o dúo D`Festa. Pero a troula non cesará durante todo o día, así despois de repoñer forzas co xantar será a charanga Santa Compaña a que anime a sobremesa por cada unha das merendas xunto cunha foliada aberta a todos e a todas e organizada pola Asociación Cultural Adro. E xa a partir das 20:00 horas actuarán o dúo D`Festa e o dúo Charada que animarán a festa ata ben entrada a noitiña. A organización da Festa da Carballeira de Baio corre a cargo do Concello de Zas que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio. Co fin de preservar a carballeira e a súa contorna e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin equipos musicais. Por outra banda, xa se poden adquirir as camisetas da Festa da Carballeira deseñadas para a ocasión por Adrián Varela. As camisetas están á venda ao longo de toda a semana no Bar Cruce, na Cervecería Río Grande e no Bar Trébol. O prezo é de 7€ e tamén está dispoñible un pack composto por camiseta, pañoleta e mochila por 10€. A venta do material corre a cargo da Comisión de Festas de Baio."}
{"ID": "NOS_10911", "summary": "Tamén pide que o concello de Sada xestione as visitas ao Pazo de Meirás. Decisión adoptada por unha iniciativa de En Marea.", "text": "A comisión de Cultura do Congreso español aprobou coa abstención do PP unha proposición de En Marea transaccionada polo PSOE para instar a Xunta a dar inicio aos trámites necesarios para recuperar o Pazo de Meirás. Na proposta tamén se insta a que se encomende ao Concello de Sada a xestión das visitas a este Ben de Interese Cultural propiedade da familia Franco. O PP tamén se abstivo no acordo do Congreso para reclamar a ilegalización da Fundación Francisco Franco, que é quen xestiona as visitas. \"A ilegalización ten que ser por resolución xurídica\". O PP alegou unha \"cuestión de competencias\" para se abster, afirmando que é a Xunta quen ten que dar os pasos necesarios. De feito, no propio día en que se deba aeste debate a Consellería de Cultura informaba que creaba unha comisión para estudar a recuperación do Pazo de Meirás. Cómpre lembrar que o goberno galego desbotou facer parte da Xunta pro-Devolución do Pazo impulsada pola Deputación da Coruña, integrada por unha trintena de concellos e da que fan parte expertos e historiadores. Os populares, aliás, opuxéronse tamén a que o Concello de Sada asuma a xestión das visitas. \"Instamos o Goberno a aprobar o requeremento do concello de Sada para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público e que sexa xestionado polo consistorio e non pola Fundación Franco\", argumentou o deputado Miguel Anxo Fernán Vello, que defendeu a iniciativa na Comisión de Cultura. Unha vez recuperada a titularidade pública do Pazo de Meirás, o Congreso aprobou que se promova a súa conversión nun Centro de Divulgación da Memoria Histórica democrática galega . \"É de xustiza reclamar a devolución do Pazo de Meirás, que no seu día foi de Emilia Pardo Bazán, ao pobo galego e que sexa de titularidade pública\", concluiu o deputado Fernán Vello."}
{"ID": "PRAZA_19146", "summary": "O Goberno local non pode pagar as nóminas ante a ausencia dunha persoa que ocupe este posto. Os populares rexeitaron dúas veces no pleno a creación da praza. A alcaldesa Pilar López (PSdeG-PSOE), que goberna en minoría, pídelle unha solución ao Ministerio de Facenda", "text": "No outono de 2013 o bloqueo orzamentario propiciado polo Partido Republicano nos Estados Unidos levou á paralización temporal do Goberno federal, deixando sen soldo a case un millón de funcionarios. Salvando todas as distancias, un bloqueo semellante está a acontecer en Sarria. O problema, aquí, non está no orzamento, senón na ausencia dunha persoa que poida exercer legalmente o labor de tesoureiro/a. Dende o pasado 1 de xaneiro todos os tesoureiros e tesoureiras dos concellos deben ser habilitados/as nacionais (Lei 18/2015 de 9 de xullo). Ata ese momento as localidades de menos de 20 mil habitantes non tiñan esa obriga. De feito, en Sarria unha funcionaria municipal viña realizando ese labor de forma transitoria, algo que legalmente xa non é posible, o que impide pagar as nóminas de 90 traballadores e traballadoras e tamén aboar as facturas de empresas provedoras, o mesmo que cobrar taxas municipais. O Goberno local levou dúas veces ao pleno a proposta para contratar un tesoureiro ou tesoureira. Porén, o PP opúxose ambas as dúas veces á medida. A alcaldesa Pilar López (PSdeG-PSOE) goberna en minoría, con 4 concelleiros de 17 mais o apoio dos 2 edís do BNG. O PP conta con 7 representantes e durante todo o pasado ano pairou a posibilidade de que presentase unha moción de censura co apoio de dous concelleiros de Compromiso por Galicia. CxG expulsounos, unha medida pola que pasaron a ser non-adscritos e imposibilitou legalmente a presentación da moción de censura. Ante a situación de bloqueo que vive o Concello, a rexedora envioulle unha carta ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, reclamándolle unha solución que permita a realización dos obrigados pagamentos. Pilar López ameaza mesmo con \"plantarse\" na sede do Ministerio se a situación non se resolve. Este xoves o tema será debatido de novo no pleno, pero mesmo se a proposta de contratación fose aprobada, a praza non se crea instantaneamente, e habería que agardar \"dous ou tres meses\", advirte López, que denuncia que \"a oposición non considerou necesario nin prioritaria a creación desta praza\". Segundo a alcaldesa, representantes do Ministerio comprometéronse a buscar unha medida que permita realizar os pagamentos sen atrasos, unha solución que podería chegar esta semana."}
{"ID": "PRAZA_303", "summary": "O derrubo da Casa da Xuventude foi unha das moitas propostas de reforma para o espazo público de Santiago que saíron das xornadas A Cidade Intuída, celebradas en 2011. Porén, semella que os demais proxectos -algúns ben interesantes- quedaron no esquecemento", "text": "Un dos argumentos empregados polo Goberno municipal compostelán para defender o derrubo da Casa da Xuventude é o de que a proposta partiu do congreso A Cidade Intuída, unhas xornadas técnicas promovidas en 2010 polo Concello e o Colexio de Arquitectos que, en efecto, serviu de base para o acordo plenario que en 2011 deu inicio ao proceso de retirada do edificio. A Cidade Intuída celebrouse entre setembro de 2010 e marzo de 2011 e nas súas sesións participaron un gran número de arquitectos, arquitectas e urbanistas, que realizaron ducias de propostas concretas para repensar a cidade e intervir sobre o espazo público. \"Non se trataba dunha representación virtual de proxectos xa previstos, senón de realizar un exercicio de imaxinación, con bases rigorosas e técnicas, que permitise aventurar e recrear posibles realidades dun futuro próximo, e ensaiar as distintas direccións que a cidade podía tomar, precisamente como reflexión previa para orientarnos nesa andaina\", explicaban os seus organizadores. Entre as propostas e reflexións, que se poden consultar nunha publicación editada nese momento polo Concello, estaba a de derrubar a Casa da Xuventude para conectar o Parque de Belvís coa Porta do Camiño, pero había moitas outras \"con máis intención transformadora a nivel territorio, cidade e mobilidade\", subliña o blog Urbe d'Compostela, que \"foron olvidadas\". Esquecidas ou non, dende logo hoxe non parecen estar sobre a mesa. Había algúns proxectos realmente ambiciosos de reforma do entramado urbano, por exemplo o que propoñía o \"soterramento da vía entre San Clemente e Carreira do Conde, facilita a circulación dos vehículos entre Pombal e Rosalía de Castro\", humanizando tamén a Senra, e unindo deste xeito a Zona Vella coa Alameda e co Ensanche, formando un continuo urbano que lle dese unidade ao centro da cidade. Nesta proposta tamén se suxerían algunhas ideas moi novidosas, coma o aproveitamento do interior dalgunhas mazás do Ensanche para o seu uso como patios públicos: \"supón explorar un territorio acoutado non visible, que pode ser o inicio dun novo xeito de entender a cidade que, de non facelo, acabará por esgotar o espazo que contén\". Defendeuse a recuperación e promoción dos antigos camiños, facendo destas vías \"unha alternativa peonil e ciclista ao uso do automóbil\" Outras propostas, no entanto, eran igual de ambiciosas na súa concepción, pero moito máis baratas e facilmente executables. Defendeuse a recuperación e promoción dos antigos camiños en todo o amplo territorio deste Concello, facendo destas vías \"unha alternativa peonil e ciclista ao uso do automóbil\" e recuperando \"a capilaridade da cidade co seu territorio rural\". De igual xeito, propúxose a potenciación dun corredor fluvial aproveitando o río Sarela e as súas canles, \"integrando solucións aos nosos problemas actuais e a resposta a demandas sociais crecentes como vida sa, alimentación de calidade e relación coa natureza en entornos urbáns\". O corredor fluvial combinaría a restauración do estado de saúde do río, coa reconfiguración do sistema xeral de saneamento e a habilitación de percorridos peonís. Tamén se debateron reformas para varios dos barrios do centro da cidade, por exemplo para San Pedro, reordenando o tráfico e potenciando o eixo Concheiros-A Trisca como alternativa a Concheiros–San Pedro Tamén se debateron reformas para varios dos barrios do centro da cidade, por exemplo para San Pedro, reordenando o tráfico e potenciando o eixo Concheiros-A Trisca como alternativa a Concheiros–San Pedro, \"captando parte da súa complexidade, introducindo novos fluxos ao interior do barrio, provocando a aparición de novos usos, abrindo e revitalizando o barrio, invitando á cidadanía a participar do que alí ocorra\". Ademais, peatonalizaríase, As Trompas accedendo ao aparcadoiro do parque de Belvís exclusivamente dende o Seminario. E crearíase un corredor peonil entre a Costa do Veedor e o Miradoiro da Trisca. Ou para San Roque, onde se aplicaría un \"tratamento de continuidade co recinto monumental\", limitando a rúa a un só carril e \"superando a fractura de borde a través da recuperación dos espazos de convivencia e paseo, a racionalización do uso do vehículo privado e do transporte público\". Ademais, promoveríanse percorridos alternativos de carácter transversal, \"que superen o illamento da Almáciga e poñan en valor o tecido viario tradicional preexistente, enlazando os espazos verdes do norte\". Na rúa Virxe da Cerca, hoxe vía de comunicación interna fundamental para o tráfico rodado, propoñíase un debate sobre \"se é imprescindible que os vehículos privados e públicos teñan que utilizala con tanta intensidade\" ou se \"é lóxico que o 30% dos baixos de Virxe da Cerca non teña actividade\". Tamén se poñía en dúbida a necesidade da existencia dun aparcadoiro público na Praza de Galicia, que podería ser substituído por un só para residentes. En definitiva, propoñíase a conversión de Virxe da Cerca nunha vía dun só carril, promovendo o seu uso peonil, e a potenciación da Avenida de Lugo para o tráfico interno da cidade. Propoñíase a conversión de Virxe da Cerca nunha vía dun só carril e a potenciación da Avenida de Lugo para o tráfico interno da cidade Finalmente, as reflexións tamén atinxían á relación entre a Cidade da Cultura e a propio centro de Compostela, e facíanse varias propostas para conectar os dous espazos, favorecendo o uso público das caras instalacións construídas no Gaiás. Entre as ideas estaban a conexión a través de zonas verdes e peonís ou aproveitando a nova estación intermodal. As reflexións tamén atinxían á relación entre a Cidade da Cultura e a propio centro de Compostela As xornadas, coordinadas por Javier Fernández Muñoz e Carlos Quintáns Eiras, completáranse con debates e reflexións máis xerais sobre o espazo público, a relación entre as zonas urbanas e as zonas rurais que as circundan ou sobre a reapropiación do espazo público por parte das persoas. Porén, como sucede moitas veces con este tipo de achegas, a maior parte das ideas desenvolvidas nestas sesións semellan lonxe de ser aplicadas."}
{"ID": "NOS_21197", "summary": "As autoridades sanitarias tamén alertaron dun surto na área de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, se ben este afecta de momento a seis doentes. Aliás, hoxe comunicouse un novo falecemento polo que as vítimas da pandemia abeiran as 2.300.", "text": "O Concello de Silleda alertou esta tarde da aparición dun gromo da Covid-19 na residencia de maiores da vila. Nas probas practicadas no centro residencial localizáronse a 30 persoas co virus pero sen síntomas. O municipio pasou de ter seis casos activos a 37. No entanto, o Goberno local pide que isto non afecte á hora de estabelecer restricións porque as e os usuarios \"non interactúan socialmente co resto dos habitantes\" da localidade. Por outra parte, a Consellaría de Sanidade informou doutro foco, neste caso, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Polo que explicaron fontes do departamento que dirixe Julio García Comesaña este surto está localizado no departamento de Dixestivo e implica a infección de seis pacientes. A cifra podería mudar nas próximas horas porque seguen a practicarse probas por se puidera haber máis positivos. Desde a Xunta confirmaron a Europa Press que a alerta se activou após realizar un test a unha persoa ingresada. Esa PCR deu resultado positivo, polo que se estenderon os exames ao resto de pacientes ingresados nesa zona e, até agora, confirmáronse outros cinco casos máis. Unha vez se obtiveron os datos, as e os pacientes foron illados no espazo para doentes da Covid-19 do complexo sanitario. Preto das 2.300 mortes Á marxe deses focos, Sanidade tamén comunicou o falecemento dunha muller de 75 anos que estaba ingresada no mesmo hospital. Esta tiña patoloxías previas e non puido superar o coronavirus. Con esta morte -á que se poderían sumar máis nos próximos días, pois o Executivo galego notifica algúns pasamentos con atraso nas últimas semanas-, o número de vítimas da pandemia na Galiza xa está en 2.290."}
{"ID": "NOS_38276", "summary": "O presidente do Executivo estatal reivindicou o \"compromiso\" do seu Goberno con \"todos os territorios, entre eles a Galiza\".", "text": "O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, respondeu nesta segunda xornada do debate do Estado de Política xeral ao deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen interveu a primeira hora da mañá desde a tribuna da Cámara baixa. Rego carga contra a \"desatención\" do Goberno estatal á Galiza Na súa intervención, Sánchez detallou que, dos 40 compromisos que o Executivo estatal acordou co Bloque para conseguir o seu voto a favor na sesión de investidura, cumpríronse 21. Entre estes acordos cumpridos, o presidente español destacou a \"gratuidade do tramo Vigo-Redondela da AP-9\" e a \"aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo\". Ante a acusación de Rego da falta de execución de recursos na Galiza, o dirixente socialista asegurou que o seu Goberno deu \"27% máis\" á Galiza que o Goberno de Mariano Raxoi. Recursos e transferencias Segundo Sánchez, os Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2022 outorgan ao noso país 1.074,7 millóns de euros. \"Non quero aburrilo con datos, mais penso que se algo demostran é o compromiso do Goberno do Estado español con todos os territorios, e tamén a Galiza\", engadiu. O Goberno estatal investiu na Galiza só 69,7% do orzamentado para 2021 O presidente español afirmou que a cantidade asignada á Galiza nos OXE é \"un importe superior á porcentaxe sobre o PIB estatal que representa\" o país. En materia de transferencias, o dirixente socialista asegurou que o Goberno prevé transferir 54,9 millóns de euros para a bonificación da peaxe da AP-9 Ferrol-Fronteira de Portugal; 8,7 millóns á supresión de peaxes O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala; 4,5 millóns para o Consorcio de Santiago; 9,3 millóns para o pago das primas de seguros agrarios; e 20,2 millóns de euros destinados ao plan estatal de vivenda na Galiza. Soberanía europea Por outra parte, o xefe do Executivo lamentou que \"nas análises e valoracións\" de Néstor Rego non estea presente \"a soberanía europea\". A UE lamina os pobos de Europa \"Vostede fala, por exemplo de pór un tope ao prezo do gas e do petróleo, e esquece que existe unha directiva europea, que o Goberno español estivo a loitar por conseguir ese tope para o prezo do gas\", detallou Sánchez."}
{"ID": "PRAZA_3453", "summary": "Un día de verán marcha a luz en Compostela. E non volve. E ningún xeito de comunicarse, fóra do cara a cara, funciona. A xente, asustada, comeza a fuxir dunha cidade que, tamén, comeza a arder. Porque moita xente, chea do estado de cousas, agardaba poder prender lume. Disto vai 'Rueiro da cidade escura', a nova novela de Patricia A. Janeiro.", "text": "Un día de verán marcha a luz en Compostela. E non volve. E ningún xeito de comunicarse, fóra do cara a cara, funciona. A xente, asustada, comeza a fuxir dunha cidade que, tamén, comeza a arder. Porque moita xente, chea do estado de cousas, agardaba poder prender lume. As poucas persoas que deciden ficar tentan construír unha orde nova. Novas comunidades, que arrastrarán tamén os problemas da sociedade anterior. Disto vai 'Rueiro da cidade escura', (Positivas), a nova novela de Patricia A. Janeiro. A autora respondeu as nosas preguntas por correo electrónico. Compostela queda un día de verán sen luz e desátase certo caos. Aínda que non unha especie de apocalipse, como nas películas ou no relato mediático sobre as apagadas en California... Por que decides deixar a cidade sen luz? De onde vén a idea?A idea xurdiu da forma máis tonta. Un día de agosto estaba en Santiago traballando mentres toda a miña familia estaba na praia. Sentíame \"abandonada\" porque Santiago en agosto é bastante infernal: ía camiñando polo barrio de Conxo, onde traballaba, e de súpeto decateime de que era a única persoa na rúa. Así veu a idea de Isaura espertando e descubrindo que está soa na cidade. O motivo da apagada escollino cando empecei a pensar nalgo que puidese facer fuxir a xente. Lera algo sobre tormentas solares, e pensei que unha apagada é un evento que non semella demasiado catastrófico nun principio, pero se non se resolve ten consecuencias moi graves.\"Pensei que unha apagada é un evento que non semella demasiado catastrófico nun principio, pero se non se resolve ten consecuencias moi graves\"Penso que, máis que un relato dun inmenso caos, quixeches contar o que poderían ser as consecuencias do pánico colectivo, sexa polo motivo que sexa. Ao ler, non deixaba de pensar na alarma do coronavirus. Cal era, nese sentido, o teu obxectivo neste libro?Sempre me interesa reparar nas decisións individuais para ver como artellan o colectivo. Neste caso o pánico vén da falla de información: ao non haber electricidade a comunicación vólvese rudimentaria, xa non hai autoridades ou medios que nos indiquen o que facer, e cada quen ten que depender da comunidade máis próxima, amigos, veciñanza... Interesábame explorar esas relacións.\"Sempre me interesa reparar nas decisións individuais para ver como artellan o colectivo\"É unha novela bastante coral. Vaise centrando en Isaura, que parece abandonada pola súa familia; Xan, que fora abandonado por Iria; a tía Piedá, que decide quedar soa por medo a que a deixen atrás os sobriños; Samuel, o celador que decide vivir só hospital; Xesús e os seus fillos; Mauro, o freak aspirante a líder; unha camareira que lembra a túa novela anterior e Manolo e Ramón, dous ionquis da Praza de Cervantes. Dalgunha maneira, todos ocupan unha posición marxinal na sociedade con respecto a algo. Por que estes personaxes? Que representa cada un?Tenme pasado moitas veces, que estou a ler un libro ou ver unha serie, e de súpeto penso \"de que vive a protagonista?\", porque o conflito que se narra é calquera outro e os autores parten dunha personaxe coas necesidades básicas cubertas: parece tan obvio que nin o mencionan. No caso destas personaxes o conflito comeza no día a día, as personaxes teñen traballos precarios ou nin sequera teñen traballo porque iso é o que coñecín eu e o que me apetece contar. Creo que a clase obreira está infra-representada na narrativa e non hai que ter medo de falar de nós.\"Creo que a clase obreira está infra-representada na narrativa e non hai que ter medo de falar de nós\"Canto ao que representan individualmente, a miña obsesión era que estivesen todos ben definidos, que non tivesen a mesma voz, pero todos teñen algo de min, mesmo os personaxes máis odiosos teñen aspectos da miña personalidade.Canto á forma na que está narrada, son capítulos (cada un leva unha canción por título) nos que se vai alternando o relato da vida de cada personaxe principal, nos que non hai unha narración lineal de todo (están as partes en cursiva, por exemplo, para reforzar isto)... Nese sentido, hai maior complexidade que na túa novela anterior. Por que escolles esa forma de narrar?Como digo, quería contar moitas historias individuais para formar unha voz colectiva, e iso obrigoume a prestar moita atención á liña temporal de cada personaxe, para despois encaixar unhas con outras. Foi un traballo que requiriu moita reescritura (e un taboleiro con ducias de post-its ao estilo dos que teñen os tolos conspiranoicos nas películas) pero estou contenta co resultado, é algo que nunca antes tentara facer e gústame cambiar.Xesús pensa que as cousas non poden simplemente ser coma antes: que teñen que cambiar. Mauro tamén, á súa maneira: quere ser o líder, un tanto autoritario, dunha nova comunidade. Moita xente comeza a prender lume a cousas porque xa antes quería facelo, mais temía as consecuencias. O libro apunta, así, a unha sociedade que xa moito antes desta \"crise\" tiña bastante de desintegrada, de desigualitaria e de insolidaria. En que medida é, máis que unha transformación da sociedade, unha mostra do que xa era? Ademais dunha mostra de que, como se di nun momento, as cigarras (indignadas) están aproveitando para facer saltar as cousas polos aires… Apetecíame darlle unha volta ás distopías que están tan de moda ultimamente: na ciencia ficción clásica, as distopías como '1984' ou 'Farenheit 451' servían de advertencia sobre o mundo que se estaba a construír despois da Segunda Guerra Mundial, dicían \"por este camiño imos chegar aquí\". Porén as de agora, e penso sobre todo nas televisivas, parecen amosar un mundo moi semellante ao noso pero \"malo\", para crearnos a ilusión de que vivimos no mellor dos mundos posíbeis, como dicindo \"mirade que mal podiamos estar\". \"A idea é que partindo de cero pódense facer as cousas moi mal pero tamén moi ben\"Eu non comparto esa idea: o mundo tal e como o coñecemos é un lugar terríbel para a maioría dos habitantes do planeta, e apetecíame xogar coa idea dun \"universo paralelo\" no que os personaxes poidan aprender a vivir nun mundo distinto. Obviamente, despois da apagada amósanse esas desigualdades e ese medo, pero tamén hai iniciativas solidarias, coma a de toda a xente que se vai xuntando na Alameda, os desherdados que comparten comida e recursos desinteresadamente. A idea é que partindo de cero pódense facer as cousas moi mal pero tamén moi ben.Varios dos personaxes teñen segredos. O amor da nenez de Piedade. O marido de Coralia, e Isaura mesma. E moitas veces eses segredos teñen que ver con desexos ocultos, socialmente non considerados normais… Por algún motivo especial? (Cousa que tamén pasaba, por certo, en 'A perspectiva desde a porta').Pois non o sei, a verdade. Á historia de Isaura e a súa irmá levaba un tempo dándolle voltas. Era case unha débeda que tiña que saldar escribíndoa neste libro. En moitas das historias de Piedade están mesturadas historias que me contaba a miña avoa sobre o Santiago da súa época, e que na miña cabeza eu fun retorcendo até facer máis literarias, por así dicilo. É algo que fago decote, penso no que a xente oculta, imaxino segredos e de aí van saíndo as historias, supoño que por iso é un tema recorrente nos meus libros. De feito Branca Rosa, a mociña que morreu de tuberculose, existiu de verdade, pero que eu saiba miña avoa non tivo ningún affair con ela.\"Penso no que a xente oculta, imaxino segredos e de aí van saíndo as historias, supoño que por iso é un tema recorrente nos meus libros\"Xa que un dos personaxes acumula libros sobre mundos apocalípticos, cítase algún na propia novela, coma 'A Praga escarlata' de Jack London. É fácil pensar tamén no 'Ensaio sobre a cegueira' de Saramago (que é moito máis tráxico que o teu). Es afeccionada a este tipo de literatura (e supoño que de cinema) ou só é unha afección dun dos personaxes? Pode haber algunha relación entre algunha destas obras e a túa novela?Gústame moito a ciencia ficción clásica. Por exemplo, agora mesmo estou a ler 'The Man in the High Castle', de Philip K. Dick, que me ten enganchada. Todos os libros que Samuel atesoura son libros que eu lin de adolescente, como o 'Mecanoscrito da Segunda Orixe' de Pedrolo, ou xa de adulta, cando estaba a facer algo de investigación para esta novela, como o de London. Os temas centrais de moitos deses libros, como a supervivencia, son tamén temas do Rueiro, aínda que no meu caso comecei cunha idea moi clara do que quería escribir, que se cadra se parecía máis á ciencia ficción, e despois as interaccións das personaxes fóronme levando por outros camiños.\"Gústame moito a ciencia ficción clásica\"O libro ten bastante, tamén, supoño, de homenaxe a Santiago. De feito, inclúe mapas polos que podemos seguir o desprazamento dos personaxes. En que sentido é o libro tamén iso, homenaxe á cidade?Case todo o que escribo ten como escenario Santiago porque é a cidade na que vivín toda a miña vida salvo un ano que pasei en Dublín, e porque as historias da miña familia, que tamén recollo para a miña escrita, tamén son historias da cidade. O que teño claro é que o Santiago que me interesa a min é o Santiago vivido, por iso na novela aparecen as persoas nas que normalmente non reparan os turistas.\"O que teño claro é que o Santiago que me interesa a min é o Santiago vivido, por iso na novela aparecen as persoas nas que normalmente non reparan os turistas\"O dos mapas foi unha idea fantástica de Paco Macías, o editor, e estou encantada porque creo que aportan moitísimo á novela, para seguir o camiño das personaxes e tamén para reparar en todo o que dá de si esta cidade cando saímos do itinerario marcado no mapa de Incolsa.O nivel de violencia increméntase moito nun enfrontamento entre os composteláns e os turistas. Aí parece funcionar a dicotomía nós/os outros. Que en realidade explica bastante do que acontece en toda a novela (vanse formando grupos cuxas identidades se opoñen, e mesmo os amigos pasan a ser inimigos…). A que quixeches apuntar con isto?\"Cando vives no casco histórico e tes que cruzalo para ir ao traballo ou a facer a compra, ou simplemente queres pasear, hai veces nas que é moi complicado atravesar os grupos compactos de turistas que se amorean arredor dun guía\"Cando vives no casco histórico e tes que cruzalo para ir ao traballo ou a facer a compra, ou simplemente queres pasear, hai veces nas que é moi complicado atravesar os grupos compactos de turistas que se amorean arredor dun guía, ou os peregrinos que van en pelotón cara á catedral. Neses intres pódenche pasar pola cabeza todo tipo de ideas, porque o teu día a día se ve violentado por un modelo de explotación que non se sostén, e é lóxico que ás veces alguén salte. De aí saíu a idea principal dun enfrontamento, que era algo que xa tiña pensado cando comecei a novela. Despois, o xeito no que este se produce e as consecuencias foron cambiando segundo escribía. De feito esa escena reescribina varias veces, e con finais moi distintos. A camareira, que non ten nome, móstrase moitas veces como a máis racional de todos, ou polo menos a que ten máis humanidade. Samuel abandona unha amiga ferida, por exemplo. Por que a camareira non ten nome e por que, en certos aspectos, diferente (mellor) ao resto dos personaxes?Como dicías antes, a camareira é a mesma que a de 'Manual Básico de Hostalería', de feito a personaxe naceu aquí, e como me gustaba recupereina para o 'Manual', que escribín mentres aínda estaba con esta. O de que non teña nome é intencional: cando estaba escribindo eu tamén traballaba de camareira, e todo o que escoitaba era \"chica, moza, rubia, chavala...\" e cousas menos amábeis, pero pouca xente coñecía o meu nome. \"A camareira é unha persoa mellor, coido que amosa a humanidade, e sobre todo os recursos, que eu observaba en outras compañeiras de profesión\"Supoño que é unha personaxe que tratei con máis cariño, porque a traballei para dúas novelas. Eu ao principio da novela identificábame moito con Isaura e Xan, que son uns choromicas e evitan responsabilizarse dos seus actos, e despois introducín a personaxe da camareira como redención. É unha persoa mellor, coido que amosa a humanidade, e sobre todo os recursos, que eu observaba noutras compañeiras de profesión.Cara ao final hai un intento de montar unha sorte de sociedade utópica -aínda que o liderato non é o mellor. Seguramente, o que sobra é precisamente o liderado-. Mais van aparecendo os mesmos problemas: desigualdade, exclusión… que albergara a vella sociedade. E, nese sentido, por exemplo Xan amósase máis realista ca Mauro. Por que acaban as cousas así? (Supoño que non había outra opción: as persoas eran as mesmas).Eu non creo que a pequena sociedade que montan non funcione. Está claro que ten un comezo complicado porque, como ti dis, o liderado non era o máis axeitado. Ningunha comunidade é perfectamente harmónica, e a miña idea era que á xente lle levaría tempo sacudir de enriba os antigos vicios, pero aos poucos van logrando que funcione. De feito, escollín a mesma canción para abrir o primeiro capítulo e o derradeiro para reforzar esa idea: ao comezo temos a nosa sociedade occidental actual, algo acontece e parece a fin do mundo, pero ao final tamén hai unha sociedade funcional, tamén é o mundo tal e como o coñecen...Algo máis que queiras comentar?A última vez que me entrevistaches, cando saquei o Manual, anoxóuseme moito a patronal hostaleira por algunhas das miñas respostas. A ver a quen consigo amolar desta vez..."}
{"ID": "NOS_31651", "summary": "CIG-Ensino esíxelle á Consellaría a publicación \"inmediata\" das listaxes.", "text": "A unha semana de que se inicien as oposicións, a Consellaría de Educación continua sen publicar a relación de persoas admitidas e excluídas nestas probasde ensino. Denúnciao CIG-Ensino, que critica a situación \"de incerteza na que a Consellaría deixa os opositores e opositoras\", polo que exixe que se publiquen as listaxes \"de xeito inmediato\". CIG contrapón que a Consellería \"si se apresurou a publicar unha nota de prensa con número de matriculados\". Porén, os propios afectados non saben se a súa matrícula foi aceptada ou non. \"Segundo a orde os excluídos teñen un prazo de 5 días para reclamar que dificilmente se vai poder cumprir cando o primeiro exame está convocado para o próximo venres\"."}
{"ID": "NOS_4430", "summary": "O movemento bolivariano está pronto para atuar ante calquer tipo de eventualidade nas primeiras horas posteriores ao falecimento de Hugo Chávez. Non por acaso Nicolás Maduro convocou onte unha reunión co Exército, cuxos mandos se manteñen fieis á Revolución.", "text": "A cúpula dirixente confirmou Maduro como novo líder e presidente, embora parte dos cadros militares preferiren Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional e tamén militar. Maduro alertou onte contra unha hipotética intervención estranxeira alentada pola dereita contrarrevolucionaria. Tamén dixo ter dados de o cancro de Chávez ter sido provocado por algún tipo de arma biolóxica empregue polos que cualificou como \"inimigos\" de Venezuela. Foi o vicepresidente Nicolás Maduro que, onte á noite, hora galega, confirmou a noticia do falecimento do presidente bolivariano. Fíxoo despois de ter atribuído a súa enfermidade aos \"inimigos\" de Venezuela, en clara alusión ao Imperio norteamericano e á oigarquía venezolana, e após ter chamado aos sectores sociais que apoian a Revolución a se preparar para unha eventual intervención estranxeira e/ou un golpe contrarrevolucionario. As forzas militares e políticas bolivarianas áchanse en estado de máxima alerta. O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, morreu esta terza feira no hospital de Caracas, onde ficaba ingresado desde hai dúas semanas aqueixado dunha infección respiratoria que sobreveu após se operar por cuarta vez dun cancro hai tres meses. Así o confirmou o vicepresidente do goberno bolivariano, Nicolás Maduro, após ter atribuído a súa enfermidade aos \"inimigos\" de Venezuela, en clara alusión ao Imperio norteamericano e á oligarquía venezolana, e após ter chamado aos sectores sociais que apoian a Revolución a se preparar para unha eventual intervención estranxeira. \"Imos ser dignos herdeiros dun home xigante, como foi e como sempre será no recordo o comandante Chávez\", sinalou Maduro nun discurso televisado pola canle nacional que pronunciou visíbelmente afectado polo acontecido. Após máis de ano e medio de loita contra un cancro que lle sobreveu na zona pélvica, o mandatario bolivariano faleceu por volta das catro e media da tarde hora local, as dez da noite na Galiza. Maduro ordenou o despregamento dun dispositivo militar e policial especial \"para garantir a paz\" e para \"acompañar e protexer o noso pobo\".Cronoloxía de catro maiorías absolutas Hugo Chávez Frías naceu en 1954 foi presidente da República bolivariana de Venezuela desde o 2 de febreiro de 1999. Ingresou no exército nacional en 1971, cando contaba 18 anos, e aos poucos foi agromando nel un interese pola política que desembocou en 1982 na creación do Movemento bolivariano revolucionario 200 no medio dunha crise económica e social que derivou no chamado Caracazo contra o goberno de Carlos Andrés Pérez. Corría o ano 1989. O 6 de decembro de 1998 presentouse aos comicios presidenciais e venceu con case o 60% dos votos. Avogou por derrogar a constitución de Venezuela de 1961 e impulsar un referendo constituínte que foi aproiado por máis do 80% do pobo venezolano. Nun segundo referendo ficou avalada a nova constitución, de 1999, co 72% dos apoios. En 2002 un golpe de estado argallado contra el apartouno da presidencia durante 48 horas, transcorridas as cales unha revolución civil e militar leal ao mandatario devolveuno á súa cadeira no palacio de Miraflores. Eses dous días detentou o cargo o industrial e presidente da patronal Pedro Carmona. As eleccións do 3 de decembro de 2006, para o periodo 2007-2013, gañounas con máis do 64% dos votos. Promete que será nacionalizado \"todo o que foi privatizado\". O 15 de febreiro de 2009 saíu aprobada en referendo e tamén cun apoio moi importante da cidadanía a reelección ilimitada, que permitiría a Chávez presentarse máis unha vez aos comicios, en 2012. O dez de xuño de 2011 sométese á primeira operación polo tumor detectado na zona pélvica. Dez días despois opérano outra vez. En febreiro de 2012 será a terceira vez, só uns meses antes de gañar nas urnas máis un mandato á fronte de Venezuela, nos comicios do 7 de outubro. O 16 de decembro, nas eleccións por territorios, o chavismo vence en 20 dos 23 estados."}
{"ID": "NOS_27720", "summary": "A memoria de Moncho Reboiras segue máis viva do que nunca. Así se evidenciou esta sexta feira con diversos actos de homenaxe en Dodro, Ferrol e Fene para lembrar o que foi un dos últimos asasinados políticos pola ditadura franquista. Na fin de semana tamén haberá varios actos de lembranza da súa figura.", "text": "\"Xuntámonos aquí, neste Ferrol galego e proletario, para render tributo a quen tanto debemos como partido, como movemento nacionalista e como país. Congregámonos para lembrar o camarada que nesta cidade camiñou por rúas clandestinas e na cal, infelizmente, caeu en combate, asasinado pola policía española naquel xa lonxincuo agosto de 1975\", así comezou Néstor Rego o seu discurso no acto de tributo a Xosé Ramón 'Moncho' Reboiras Noia que o partido do cal é secretario xeral, a Unión do Povo Galego (UPG), vén levando a cabo desde hai xa 47 anos. Ademais de Rego, no acto tamén interviñeron Manuel Polo, secretario de zona da UPG e concelleiro do BNG en Fene e Iria Carreira, secretaria xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG) e deputada no Parlamento Galego. Así foron as distintas homenaxes do nacionalismo galego a Moncho Reboiras O papel de Reboiras no relativo á formación dun sindicalismo nacionalista forte na Galiza centrou boa parte do discurso de Rego, máis en tempo de grandes dificultades como os que se vivían na fin da ditadura. \"Sabemos do papel crucial de Reboiras nese proceso de clarificación política e ideolóxica e de organización da clase traballadora da nosa nación en tempos de grandes dificultades. O que hoxe é o sindicalismo nacionalista galego debémolo a persoas como Reboiras e á clarividencia e acertada análise do noso partido sobre a necesidade de incorporar os traballadores e traballadoras á causa da liberación nacional do noso país\", salientaba Rego ao tempo que tiña unhas palabras para outros \"mártires\". O que hoxe é o sindicalismo nacionalista galego debémolo a persoas como Reboiras \"Nesta cidade que viu camiñar e caer Reboiras en horas clandestinas, honramos os nosos heroes e os nosos mártires: Bautista Álvarez; Castelao; Alexandre Bóveda, asasinado; Ánxel Casal, asasinado; Amador e Daniel, asasinados; Moncho Reboiras, asasinado. E con eles todas e todos os que entregaron a súa vida a esta nobre causa. Elas son, eles son, semente de vencer, as bandeiras da nosa redención que marcan o camiño que inexorabelmente conduce á independencia nacional\", exclamaba o secretario xeral da UPG e deputado do BNG no Congreso en Madrid. Moncho Reboiras xa ten unha rúa en Dodro: \"Non esquecemos os bos e xenerosos que deron a vida pola liberdade\" Para alén diso, Rego tamén se referiu no seu discurso a diferentes problemáticas que se veñen dando na actualidade como a inflación, indicando que \"estamos vivindo unha escalada descontrolada de prezos que está a provocar o empobrecemento das clases populares e fronte á que o Goberno español se nega a adoptar medidas estruturais porque significaría tocar fortes e poderosos intereses económicos, cousa que non están dispostos a facer\". Rego proseguiu asegurando que \"só a forte presión social os levou a anunciar medidas como impostos ás enerxéticas ou á banca, mais que xa limitan no tempo e no alcance aos 'lucros extraordinarios', sen precisar como é que realmente se van calcular\". Ofrenda floral Antes do acto central de homenaxe, a UPG realizou, como tamén vén sendo habitual, unha ofrenda floral a Reboiras no cemiterio de Imo, lugar en que naceu Reboiras, no concello de Dodro. Despois da ofrenda floral, na localidade de Fene houbo un xantar popular que foi seguido por unha conferencia de Duarte Correa titulada \"Novos desafíos no marco internacional\". Pola súa parte, o Movemento Arredista tamén levou a cabo un acto de conmemoración da figura de Reboiras baixo o lema \"Co exemplo de Reboiras: Militancia, solidariedade e compromiso\". Tivo lugar tamén no cemiterio de Imo e foi un acto no cal houbo sitio para a música, para a poesía e para as intervencións políticas. \"47 anos despois do seu asasinato a mans da policía española, o Movemento Arredista reivindica que os valores que representa Reboiras son hoxe máis necesarios que nunca, pois son os que alicerzan calquera proceso de transformación social\", manifestaron desde o Movemento Arredista. Actos da fin de semana Os actos en homenaxe a Reboiras terán continuidade o 13 de agosto na praza do Mercado no barrio vigués de Teis e o domingo 14 de agosto ás 21 horas en Dodro, cunha palestra organizada polo BNG da localidade."}
{"ID": "PRAZA_7914", "summary": "O director xeral de Industria dá por garantidos os dous floteis para Barreras e Navantia por \"145 millóns cada un\" e achácalle os problemas do naval aos \"incumprimentos\" do BNG cando estivo na Xunta", "text": "O bucle Pémex chega ao Parlamento e queda tan enleado como estaba. O adianto das eleccións autonómicas provocou que a Cámara galega non puidese tratar ata este mércores en sesión ordinaria a cuestión do acordo asinado o 19 de setembro entre a petroleira mexicana e os estaleiros Barreras e Navantia para a construción de dous buques hoteis, coñecidos como \"floteis\". O acto, apadriñado e solemnizado pola Xunta foi arrefriado días despois por directivos da compañía mexicana que, como adiantou Praza Pública, revelaron que \"non había contrato ningún\", que o acordo non era con Pemex senón coa súa filial PMI e que as empresas galegas culminarían a operación se eran seleccionadas nun concurso público. Sete meses despois a Xunta teima na existencia e vixencia dos contratos, pero admite que \"non os ten\". O debate deste mércores chegou a raíz dunha pregunta da nacionalista Carme Adán, que cuestionou en comisión ao director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, de xeito \"concreto\": \"En que consiste o acordo asinado con Pemex ou cunha filial de Pemex e cantos postos de traballo garante?\". Coa mesma enfática dialéctica que o caracterizou na súa etapa de deputado, Tahoces asegurou a existencia de \"dous contratos asinados cunha navieira, que é PMI Comercio Internacional -a filial de Pemex- e o obxecto é a construción de dous buques por 145 millóns cada un\". \"Ese contratos van determinar a xeración dun emprego medio de postos de traballo directos de 500 postos de traballo\", asegura. Son \"realidades tanxibles e cuantificadas\", acrecenta. \"Se son dous contratos firmes vostede poderá amosalos ou remitírnolos aos grupos parlamentarios\", argumenta Adán Na mesma xornada en que o estaleiro Barreras anunciaba que Pemex lle concedeu máis marxe de manobra para captar avais que lle permitan acceder á construción do buque, Adán tentou, como veñen facendo os grupos da oposición dende hai meses, lograr acceso aos contratos. \"Se son dous contratos firmes vostede poderá ensinalos ou remitírnolos aos grupos parlamentarios\". \"Vostede di que hai dous contratos asinados, tómolle a palabra, pero querémolos ver\", sinala a parlamentaria do Bloque, nun contexto no que o naval \"non necesita retórica\" senón \"feitos\", asevera. Pero Tahoces asegura que esa petición é imposible de cumprir. Malia seren asinados no Pazo de Raxoi, ante Alberto Núñez Feijóo e implicando a unha empresa pública -Navantia-, o director xeral proclama que o documento \"non está asinado por ningunha administración, senón por dous estaleiros e unha empresa estranxeira\". Polo tanto, di, a Xunta \"non pode ter ese contrato, porqeu non é parte dese contrato\", \"enmarcado\", non obstante, \"nunha alianza estratéxica\" da Xunta con Pemex. Neste contexto, e ante as peticións de explicacións formuladas por Adán, Tahoces tira pola rúa do medio. O Bloque, di, lanza \"acusacións importantes\" a respecto do labor da Xunta a respecto do naval -a propia Adán lembrou durante a sesión promesas como o dique flotante para Ferrol-, pero ao seu xuízo, cómpre lembrar os \"grandes incumprimentos\" co naval, que \"se produciron noutra época\", nomeadamente, durante a presidencia de José Luis Rodríguez Zapatero. Así, Tahoces insta a Adán a \"lembrar aquel conselleiro nacionalista [Fernando Blanco] que prometeu un plan industrial para Ferrol e nunca apareceu, que prometeu o levantamento ao veto de Astano\". Do mesmo xeito, o verdadeiro incumprimento a respecto do dique flotante non é dos actuais gobernos central e galego, senón dese mesmo \"conselleiro nacionalista\"."}
{"ID": "NOS_3395", "summary": "Segundo os datos tirados polo Instituto Vanezolano de Análise de Datos (IVAD), o candidato bolivariano obtería o 53,8% dos apoios fronte ao 31,6% da Mesa de Unidad Democrática encabezada por Henrique Capriles.", "text": "Pouco menos dun mes fica para as eleccións presidenciais en Venezuela e o candidato do Partido Socialista Unido de Venezuela lidera todos os inquéritos. Segundo a enquisa realizada polo IVAD, Maduro supera en 22 pontos os resultados obtidos pola dereita e achégase ao 54% dos apoios en intención de voto. O proxecto que encabeza Nicolás Maduro concorre ás eleccións co programa electoral que deu a vitoria ao líder bolivariano, Hugo Chávez, nos anteriores comicios desenvolvidos a finais de 2012. E o certo é que o electorado valora maioritariamente o candidato do PSUV (54,3%) como quen garante maior estabilidade política ao país, fronte ao 31,5% de enquisad@s que confían na candidatura de Henrique Capriles para gobernar Venezuela a vindeira lexislatura. Neste senso, segundo os resultados tirados do IVAD o 64,7% d@s venezolan@s cren que --independentemente da preferencia política-- é o actual presidente o que maior confianza reporta ao electorado. Nesta variábel só o 22% apunta cara ao presidenciábel Capriles como proxecto de futuro. Por tanto, e sempre de acordo coas proxeccións realizadas por diversas axencias independentes, o líder bolivariano vencerá nos comicios do vindeiro 14 de abril. Imaxe capa tirada do Flickr ChávezCandanga"}
{"ID": "PRAZA_7734", "summary": "Créase a asociación Corcoesto Sí, Mina Sí para defender o proxecto da multinacional canadiana Edgewater Exploration. Segue o discurso da empresa e da Xunta e afirma que a explotación creará emprego na comarca.", "text": "Vén de nacer a asociación Corcoesto Sí, Mina Sí para defender o proxecto da multinacional canadiana Edgewater Exploration. Esta plataforma segue o discurso da empresa e da Xunta e afirma que a explotación creará emprego na comarca e mellorará a situación económica do veciños. Aseguran ter reunido nunhas poucas semanas ao redor de dúas mil sinaturas a favor do proxecto mineiro, unha cifra que con todo fica moi lonxe dos 21 mil apoios que suman os grupos contrarios á mina. A entidade asegura ser \"un movemento veciñal, afastado da política e dos intereses da mesma cuxo único obxectivo é dar a coñecer outro punto de vista a favor da explotación mineira nas súas terras\" A entidade asegura ser \"un movemento veciñal, afastado da política e dos intereses da mesma cuxo único obxectivo é dar a coñecer outro punto de vista a favor da explotación mineira nas súas terras\" e di nacer \"para impulsar o desenvolvemento económico da parroquia\". A asociación critica ademais os grupos e entidades contrarias á mina e afirma que empregan \"argumentos demagóxicos\" e que \"nada teñen que ver coa realidade do proxecto\". Finalmente, aseguran que o proxecto \"en ningún momento presenta aspectos que poidan danar o medio ambiente contando cun amplio estudo para a recuperación da zona unha vez terminada a explotación e sen poder causar dano ningún a calquera dos habitantes da zona\"."}
{"ID": "NOS_43023", "summary": "Afectad@s dan un novo pulo á protesta contra o calote e ocupan caixeiros e o concello do Rosal para exixiren solucións. Aliás, este sábado decorrerá en Lugo unha gran manifestación con presenza das 24 coordinadoras de afectad@s do noso país", "text": "@s afectad@s polo calote das preferentes e subordinadas, pola volta de 90.000 na Galiza, non están dispost@s a que este problema fique no caixón de asuntos para seren resoltos sine die para Xunta e entidades financeiras. Por iso, aumentan e intensifican, sobre todo no sur do país, as protestas, pasando a ocupar caixeiros automáticos e mesmo o Concello do Rosal. As protestas esténdese así por Gondomar, Cangas ou o xa mencionado do Rosal (neste concello hai máis de 1.300 estafad@s). A finalidade é, como sinalaron os e as participantes nestas mobilizacións, manter o problema na axenda dos políticos e presionar para que se lle dea unha solución, conscientes de que após as eleccións do 21-O o goberno de Feijóo xa non se amosa tan preocupado polo impacto das protestas. Manifestación Aliás, a Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Galiza convoca para este sábado 15 de decembro unha manifestación que percorrerá as rúas de Lugo, con saída ás 11 da mañá de diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Lugo. Participarán na manifestación persoas das 24 plataformas de afectad@s, en que @s pequen@s aforrador@s reclamarán que se lles integren o 100 % dos seus aforros xa que consideran as \"quitas\" abusivas e \"que son un roubo\". Javier Novo, portavoz da Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Lugo, reclamou a implicación dos gobernos da Xunta de Galiza e do estado para pór solución \"a un roubo dos cartos de milleiros de pequenos aforradores galegos por parte dos bancos\". As reivindicacións d@s afectad@s polas participacións preferentes pasan por que o goberno central e o da Xunta recoñezan, tal e como explicou Javier Novo, \"a fraude xeneralizada que supuxo a comercialización deste tipo de produtos financeiros de alto risco e que se recoñeza a estafa que isto significa. Solicitamos a devolución íntegra dos aforros das persoas que se están a demostrar que son claros casos de fraude como acontece en cada caso que se resolve a través dos laudos de arbitraxe\"."}
{"ID": "NOS_53895", "summary": "Unha testemuña que non declarou no seu momento por medo sinala como autor o que fora o principal sospeitoso.", "text": "Dous anos despois, a Audiencia Provincial de Madrid reabriu o caso que investiga o asasinato do afeccionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero, Jimmy, porque hai unha testemuña que podería darlle a volta á investigación e sinalar os autores materiais do asasinato. Nun auto, ao que tivo acceso EFE, a Sección Cuarta revoga a orde do 26 de xuño de 2018 emitida polo xefe do Xulgado de Instrución 20 de Madrid, Jesús de Jesús Sánchez, que fechou a investigación \"ao non haber indicios de criminalidade contra ningunha persoa \", é dicir, sen culpar pola morte de Jimmy a ninguén. A causa que reabre é a peza separada denominada \"homicidio e feridas\" para a investigación da morte do seareiro galeg e das feridas que sufriu o outro afeccionado ao Deportivo que foi guindado ao río Manzanares, Santiago A. Mais non afecta á peza principal da lea tumultuaria, que está á espera de sinalamento de xuízo. O xulgado de Madrid reabre o caso e ordena o xuíz instrutor que realice un único procedemento que consideran de gran importancia, a declaración a unha muller -solicitada polas acusacións- que afirma ter escoitado un dos presuntos autores do asasinato de Jimmy gabarse diso e que figura nun informe policial. Resulta que esta muller non quixo ir despois a testificar na comisaría por medo á súa seguridade, pero nin o xulgado a convocou nin se lle ofreceu protección para garantir a súa declaración, explica o auto."}
{"ID": "NOS_50320", "summary": "As relacións entre os galegos e os nórdico precisan de novas liñas de interpretación. Até agora a maior parte das investigacións e publicacións teñen posto o acento nas expedicións de saqueo levadas adiante polas xentes do norte, esquecendo o marco de relacións establecido entre un e outro pobo e mesmo o asentamento, durante períodos máis ou menos longos, dos viquingos na Galiza.", "text": "As primeiras novas sobre a estadía dos viquingos na Galiza poderían remontarse ao século VIII. Segundo o historiador sueco Melvinger, botando man das crónicas árabes, o primeiro contacto teríase producido á volta da década de 790, e máis concretamente en 795, momento en que vascos e vikingos asentados en Gascuña terían apoiado ao rei galego Afonso II a repeler unha expedición árabe diante das nosas costas. Poren o portugués Helio Pires, autor dunha monumental tese de doutoramento sobre a presenza dos pobos nórdicos en Galiza e Portugal, considera esta tese moi débil, mantendo como data da primeira incursión a tradicional de 844. O século X A comezos do século X, segundo López Alsina antes do 912 e na opinión Florez antes do 934, está documentada presenza dos viquingos en Tui. Un documento fala dun bispo obrigado abandonar a diocese a consecuencia dos ataques da xente do norte e refuxiarse no mosteiro de Labruxa, no actual concello da Ponte da Lima. A medias entre 968 e 969, nesta ocasións mandados por Gunderedo, un novo ataque, que mesmo puidera acadar as terras do Cebreiro, remata coa toma de Iria-Compostela, a derrota dos galegos e a morte do bispo Sisnando, aquel xerarca da igrexa enfrontado ao rei Ramiro III e ao seu parente Rosendo, fundador do Mosteiro de Celanova. Un texto datado arredor de 794, conservado no arquivo da catedral de Ourense, da conta doutro ataque, nesta ocasión contra o mosteiro de San Xoán da Coba, situado na contorna de Ribas do Sil. A década final do século reserva outras referencias a presenza das xentes do norte no reino de Galiza, sexa no 992, na idea de Paulo Martínez en Santo André de Boimente (Viveiro) e na consideración de López Alsina nas proximidades do Mosteiro de Sobrado, for no 995 en Santalla de Curtis. O século XI As referencias á estadía dos viquingos no Reino da Galiza do século XI son abondosas. Outra vez máis Tui foi atacado antes do 1022, sendo destruída a cidade e o seu bispo Afonso capturado o que provocou que a sé pasara a ser administrada primeiro polo bispo de Lugo e a partir de 1024 polo de Iria Compostela, non volvendo haber noticia dun prelado na diocese até 1071. Segundo un documento citado por Florez en España Sagrada, á volta do 1032 sinalase a participación dunhas tropas mercenarias viquingas a carón do nobre galego Rodrigo Romaniz, no asalto ao Castro Lupario, nas proximidades da cidade Lugo, entón en mans duns colonos ou soldados vascos. Máis unha vez, a Historia Compostelán achega outra información de interese, neste caso referida a 1066, dando conta da morte do bispo Cresconio e do seu papel na construción de defensas contra os nórdicos na área do Salnés. Xa a finais da centuria, arredor do 1068, outro documento procedente do fondo mosteiro de San Martiño de Xubia, refírese ao saqueo do mosteiro de San Xián do Mondego, no actual concello de Sada, por parte dos viquingos. A relación entre galegos viquingos vaise manter nos dous séculos posteriores. Neste caso, cun papel moi activo dentro da política interna do reino galego e asociado a nomes tan lendarios como Ulf Galiciefarer ou Galicieulf, \"O lobo da Galiza\" ou ao propio rei noruegués Sigurdr, enfrontado aos defensores dos dereitos do emperador galego Afonso VII"}
{"ID": "NOS_33976", "summary": "A letra e a música viñan de vello. O conflito que viviu as Encrobas non foi máis, pero tampouco menos, que outro capítulo da loita na defensa dun modelo de desenvolvemento racional e sustentábel para Galiza, na oposición ao espolio dos seus recursos económicos, nomeadamente os enerxéticos e tamén no apoio á dignidade das súas labregas e labregos. DOCUMENTARIO DE CARLOS VARELA NO INTERIOR.", "text": "Non lle faltaba logo, razón a Fuxan os ventos cando na súa Cantiga das Encrobas, composición musical sobre letra do poeta Manuel María e popularizada en pleno conflito, afirmaba: \"Primeiro Portomarín/ logo Castrelo de Miño/ despois tocoulle as Encrobas/ sufrir parello destiño\". Ao fin, o \"destiño\" das Encrobas presentará mudanzas substanciais co de Portomarín e Castrelo de Miño e o seu futuro será distinto ao previsto por Fenosa e o Goberno do Estado, como consecuencia da presión popular. A morte de Franco e o proceso que o sucede non só posibilita pequenas raiolas de liberdade que favorecen certas formas de loita con anterioridade moi dificultosas, senón que favorece un clima político de apertura, como consecuencia da confusión dos poderes fácticos diante das perspectivas que se podían abrir e que remataría por fecharse a medida que se asenta o proceso de reforma. Ao tempo, o movemento nacional popular galego, o bloque social e político conformado polo nacionalismo, era xa unha realidade organizativa asentada en importantes sectores do noso pobo, cunha relativa influencia social e cunha importante capacidade de mobilización. A loita das Encrobas exemplifica á perfección o xeito de actuar do movemento nacional popular galego, sintetizado naquela voz de orde, repetida en tantas ocasións nas xuntanzas da UPG e da ANPG, de \"concienciar para organizar, organizar para mobilizar\". Aínda que as orixes do conflito hai que situalas en 1974, momento no que FENOSA merca ao empresario Epifanio Campos unha concesión mineira e o Consello de Ministros celebrado en Meirás aproba a utilidade pública da actuación, non será ate febreiro de 1976, data na que as Comisións Labregas desprazan á localidade un cadro clandestino, nome de guerra \"Marcelo\", cando comece a protesta de xeito organizado. Tocaba concienciar, e a partir de aí sucédense asembleas veciñais semanais, escritos á prensa socializando e informando da problemática, estudos elaborados polas equipas técnicas do nacionalismo sobre as consecuencias para a zona da explotación mineira e actos informativos, o primeiro dos cales foi celebrado en Agosto de 1976 coa presenza dos economistas da UPG Manuel Pousada Covelo e María do Carme García Negro e do xornalista Xosé Antón Gaciño. Era tempo de organizar, e así procédese a unir á veciñanza, dividida polas propostas da empresa e de certos poderes locais e nacionais, a reorganizar a \"Comisión dos Veciños\" poñendo á súa fronte ás persoas máis firmes e clarificadas e visibilizar novas referencias socias, algunhas das cales como Manolo Rodríguez, Manuel Silveira, Cesáreo Pena, Antonio Bastilleiro ou Xesús Vilamisar ficaran para sempre ligadas á historia da loita. A situación estaba madura para pasar a unha nova fase de loita e as Comisións Labregas acordan convocar un mobilización nacional para socializar o problema, expresar a súa solidariedade coas protestas das Encrobas e demandar unha solución xusta. O 29 de Agosto de 1976, unha manifestación previamente legalizada pola sinatura de oito particulares, arranca da Praza de Portugal da Coruña, chegando a xuntar ao seu remate arredor de 8.000 persoas, entre ás xentes das zonas afectadas e galegas e galegos mobilizados polas organizacións do nacionalismo. A marcha, inmortalizada en Super 8 pola cámara de Carlos Varela Veiga, destacou pola súa combatividade, testemuñada polas consignas de \"A Terra é nosa e non de Fenosa\", \"Cartos non, traslado da poboación\" \"Caciques fora da nosa Terra\"e \"Galiza ceibe, poder popular\", procedendo a disolvela pola forza a Policía Armada mentres os presentes cantaban o Himno Galego, tras as intervencións de Moncho Valcarce e de Manuel Rodríguez. Á manifestación da Coruña, cuxa brutal disolución vai provocar unha enxurrada de solidariedade coas Encrobas, vana seguir as concentracións en oposición á ocupación das terras, trámite previo para expropiación forzosa segundo a lexislación vixente na época. A primeira deles o 16 de Setembro, canda 150 veciñas impiden o acceso á propiedade a técnicos de FENOSA acompañados polo Alcalde de Cerceda e a Garda Civil, e unha segunda o 29 de Novembro, ao impedir preto de 200 persoas a ocupación das terras ao longo de toda a mañá e obrigar a empresa a sentarse a negociar. O 15 de febreiro de 1977 arredor de 100 veciñas e veciños das Encrobas enfróntanse en Pau Rañón a uns 80 números da Garda Civil que tentan ocupar os terreos para facer efectivo o procedemento de expropiación forzosa. Ante a imposibilidade de conseguir os seus obxectivos, as forzas de seguridade mudan de táctica, iniciando a detención un a un dos presentes, até un número de 40 que son retidos no cuartel de Cerceda. Xa ánotiña, 11 deles son trasladados á Coruña, ficando Manuel Rodríguez, Ricardo Mosquera e Moncho Valcarce a disposición da xurisdición militar, baixo a acusación de agresión e resistencia á Garda Civil. A solidariedade coas Encrobas non se fai agardar, organizando o nacionalismo nos días seguintes concentracións diante dos Gobernos Civis, promovendo chamados de apoio do conxunto do tecido social de Galiza, forzando ás organizacións de obediencia española, nomeadamente ao PSOE e ao PCE, que até aquela permanecían a marxe da loita, a expresar o seu apoio. O 20 de febreiro de 1977, A Coruña, practicamente tomada pola policía armada, vive outra xornada de loita en solidariedade coas Encrobas que remata coa detención de 12 dirixentes nacionalistas, entre eles Bautista Álvarez ou Francisco Rodríguez que denunciará torturas na comisaría por negarse a falar en español. Xa pola tarde, ao tempo que continuaban retidos algúns dos participantes na manifestación, As Encrobas acolle un dos actos máis emotivos desta loita, a homenaxe ao militante de ERGA Emilio Suárez, un mozo de 18 anos natural do Bierzo e estudante da Universidade Laboral da Coruña que morreu electrocutado mentres colocaba unha faixa en solidariedade coas Encrobas. É hora de cantarlle de novo as Encrobas, recuperando a súa letra e a súa musica sen distorsións, para explicalas, para avalialas e para devolverllas ao pobo galego. Explicar As Encrobas implica ter presente o rol asignado ao País na división internacional do traballo e por conseguinte o carácter da súa dependencia, esencialmente colonial. Comprender As Encrobas obriga coñecer que o nacionalismo, en canto creación xenuína e orixinal, articulou unha alternativa política que asumía as reivindicacións que pasado o tempo definiron o que se deu en chamar a \"nova esquerda\", sinaladamente para o caso que nos ocupa, o ecoloxismo. Entender As Encrobas require coñecer a consideración do nacionalismo sobre os labregos e as labregas como axentes centrais do cambio político e social no noso País, en confronto cunha esquerda española narcotizada por unha visión eurocéntrica do marxismo. Avaliar As Encrobas esixe asumir os obxectivos non acadados, pero significar os logros conseguidos na loita, sexa no aumento dos prezos das terras, multiplicando nalgúns casos por cinco a oferta inicial, na concesións de pensións vitalicias, no acceso preferente ao emprego na empresa para os afectados ou na construción de vivendas para os caseiros. Valorar As Encrobas supón recuperar a experiencia daquela loita cos seus aspectos emotivos e tamén sinalando os políticos, isto é, condicións obxectivas, análise da realidade cun corpo doutrinal que permita explicala, traballo organizado, disposición da militancia e vontade do corpo social. Ao fin que volvan As Encrobas á Galiza enteira, crear dúas, tres, moitas Encrobas. As fotografías son da autoría de Xosé Castro, a de arriba, e de A Nosa Terra, a que vai inserida no corpo do texto."}
{"ID": "NOS_55578", "summary": "O noso crítico de referencia, Andrés Castro, fíxonos unha listaxe das dez mellores fitas que puidemos ver no cinema neste 2015. E, como el di, \"non son todas as que son, pero si que son todas as que están...\"", "text": "- Frankenstein-04155: Estamos ante un filme valente, áxil e con gran sentido da responsabilidade. - El Desconocido: Un gran filme de acción onde hai cabida para o drama, a intriga e a denuncia sobre un dos temas máis controvertidos dos últimos anos e que Dani de la Torre rescata dunha maneira moi intelixente para que endexamais se esqueza. - The Assassin: Cada plano e composición desprende unha elegancia e beleza fora do común. Preciosas imaxes baixo unha dirección soberbia e delicada ao compás da minimalista banda sonora de Lim Giong. - Phoenix: Un deses filmes que paga a pena ir descubrindo paseniño segundo se nos van revelando os feitos que nos levan da man ate un clímax final que é, sen exaxerar, para enmarcar. - A canción do mar: Rompe cos convencionalismos da Pixar, Disney e Dreamworks para apostar por un cine que queda na retina e no corazón. Unha auténtica delicia visual e narrativa desas que quitan de golpe todos os prexuízos que se poidan ter sobre os debuxos animados. - Mad Max. Furia na estrada: A película non ten desperdicio. Profusa de principio a fin, pero tamén unha gozada para os sentidos. Case se pode ulir o cheiro a gasolina e o sentir a calor do lume.... Acción sen respiro, personaxes grotescas, humor negro, xiros de guión e algunha que outra sorpresa para manternos pegados á butaca as dúas horas de duración, e con ganas de máis. - CitizenFour: un documental de obrigado visionado para coñecer o mundo en que vivimos e indispensable para quen guste de teorías de conspiración... aínda que neste caso sexan temas probados. - Eu, el e Raquel: Estamos ante un filme indie certamente atípico xa que tenta fuxir de todos os tópicos que acompañan desde hai anos ao xénero. Unha película sobre a amizade, o futuro, as inquedanzas adolescentes e, claro, a enfermidade terminal. - It follows: Filme de terror de adolescentes na onda retro do xénero dos oitenta. Non apta para mentes suxestionábeis. - Sils Maria: Infinidade de capas que afondan na natureza humana, a madurez fronte á xuventude, o autengano ou a aceptación do inevitábel."}
{"ID": "PRAZA_19030", "summary": "O Comité de Defensa das Rías Altas alerta de que no lugar, proximo ao río Anllóns, foron taladas árbores centenarias. Critica, igualmente, o perigo que ao seu xuízo pode supoñer a actividade para as persoas que circulen pola estrada anexa ao espazo.", "text": "O Comité de Defensa das Rías Altas vén de presentar unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo da provincia da Coruña en relación coa construción dun campo de tiro olímpico no lugar de Vilar de Fraga, Soandres, concello da Laracha. A denuncia alerta de que a instalación ocupa parte dunha fraga de 8,5 hectáreas de superficie, situada á beira do Río Anllóns, e na que varias árbores centenarias foron taladas. O proxecto inclúe o levantamento dunha nave de 3,5 metros de altura que a entidade entende que non debe ser autorizada. A asociación subliña que a fraga é \"especialmente valiosa\" e que polo lugar pasa un antigo camiño real, documentado xa polo Marqués da Ensenada no século XVIII \"e no que se atoparon restos romanos e tumbas de datación incerta\". A entidade critica, igualmente, o perigo que ao seu xuízo pode supoñer a actividade para as persoas que circulen pola estrada anexa ao espazo e por un camiño público \"desafectado recentemente por razóns que non entendemos\", que formaría parte da Vía XX ou Per Loca Marítima. Ademais, alerta da posible contaminación por chumbo que do campo pode pasar ao río, afectando á ría na que o Anllóns desemboca. O Comité de Defensa das Rías Altas busca facer pública a denuncia do que considera \"un precedente terrible\", que afecta a \"unha zona de gran valor arqueolóxico e paisaxístico\", dunha gran biodiversidade \"con case 70 especies protexidas de especial interese recoñecidas no propio Estudo de Impacto Ambiental\", e \"con, cando menos, 5 especies prioritarias que precisan de plans de xestión e coidado do seu hábitat\"."}
{"ID": "PRAZA_10067", "summary": "A sinalada polos axentes como agredida \"solicitou o arquivo\" da causa e que non fosen impostas medidas cautelares contra Luciano Méndez. A Fiscalía, baseándose no testemuño dos gardas, ve motivos dabondo para acusalo dun \"delito de maltrato de obra no ámbito da violencia de xénero\"", "text": "Méndez foi absolto destes feitos en xullo de 2019O nome de Luciano Méndez, profesor da Universidade de Santiago, saltou á luz pública en 2016 polas súas declaracións machistas nas clases e a través dos medios de comunicación. Dous anos despois volveuno facer polo seu apoio público aos agresores da Manada entre ataques verbais á súa vítima. O pasado martes foi detido por un presunto caso de violencia machista, polo que agora o acusa a Fiscalía.A sinalada polos axentes como agredida \"solicitou o arquivo\" da causa e que non fosen impostas medidas cautelares contra Méndez; a Fiscalía, baseándose no testemuño dos gardas, ve motivos dabondo para acusaloA detención de Méndez, avanzada pola axencia Europa Press, produciuse este martes. Foi realizada por axentes do posto da Garda Civil de Brión. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirman que o detido foi citado para este mesmo mércores a un xuízo rápido no Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, con competencias en materia de violencia sobre a muller. No acto a sinalada polos axentes como agredida \"solicitou o arquivo\" da causa e que non fosen impostas medidas cautelares contra Méndez, sinalan as mesmas fontes.Pero a Fiscalía, baseándose no testemuño dos gardas que interviñeron na detención, ve motivos dabondo para seguir adiante co caso. Ao non existir conformidade no xuízo rápido, o asunto será abordado \"nun xulgado do penal para o seu axuizamento\". Nese procedemento o Ministerio Público acusará a Luciano Méndez dun \"delito de maltrato de obra no ámbito da violencia de xénero\". Segundo o fixado no artigo 153 do Código Penal, unha eventual condena por este tipo de delito implica de seis meses a un ano de prisión ou, no seu defecto, entre 31 e 80 días de traballos en beneficio da comunidade. Supón ademais, \"en todo caso\", a \"privación do dereito á tenza e porte de armas\" entre un e tres anos.A Fiscalía atribúe ao acusado un \"delito de maltrato de obra no ámbito da violencia de xénero\"Esta detención produciuse apenas un ano despois de que Méndez protagonizase outro incidente tras o que tamén acabara detido. Daquela a causa fora a presunta agresión a dous axentes da Policía. Segundo transcendera, os funcionarios advertírano que non podía estacionar o seu vehículo nunha zona prohibida próxima á comisaría da Policía Nacional en Santiago. Méndez iniciara unha discusión na que terminou agredindo aos axentes, que resultaron feridos, segundo indicaran.Méndez estivera no centro da opinión pública por publicar en Facebook varios vídeos manifestando o seu apoio aos integrantes dos agresores da manada, considerando que non cometeran unha violación, senón que practicaran sexo consentido e despois padeceran unha denuncia falsa. \"Négome a chamala vítima\" ou \"ía buscando marcha\" foran algúns dos seus comentarios sobre a muller agredida durante as festas de San Fermín de Pamplona no ano 2016.Tras estes comentarios a Universidade de Santiago abriu unha investigación interna que acabou remitindo á Fiscalía por non poder sancionalo directamente, ao non producirse as declaracións nas aulas. \"A min non me dá un tirón de orellas ninguén. Eu teño a razón\", respondera Méndez daquela."}
{"ID": "PRAZA_6522", "summary": "Foron as mulleres e non a graciosa vontade do PP as que frearon a involución e a quen lles corresponden agora, como noutrora, os parabéns pola vitoria na defensa dos seus dereitos, dos dereitos humanos.", "text": "Vitoria popular, feminina e feminista. O presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, renunciou este martes a culminar a contrarreforma da lei do aborto que lle encomendara ao xa ex ministro Alberto Ruiz-Gallardón, eterno sucesor no PP, antigo discípulo predilecto de Manuel Fraga e fillo de José María Ruiz Gallardón, quen como deputado asinou o recurso de Alianza Popular contra a lei do aborto de 1985. O proxecto que ía derrogar a lei vixente, aprobada en 2010 por unha ampla maioría parlamentaria, foi activado polo PP en Consello de Ministros -non, obviamente, por Ruiz Gallardón na intimidade do seu fogar- a poucos meses das eleccións europeas, convocatoria electoral na que os conservadores temían unha marcha do sector máis dereitista do seu electorado cara a formacións máis radicais, caso de VOX. Os populares concretaban así a vaga promesa electoral de \"reforzar a protección do dereito a vida\" a costa da vida das mulleres, moitas das cales comezaron a mobilizarse de inmediato mentres, en Galicia, o PPdeG aplaudía o movemento e Alberto Núñez Feijóo se mantiña nunha calculada ambigüidade. Foron as mulleres e non a graciosa vontade do PP as que frearon a involución Os rexistros de corpos ante o Rexistro da Propiedade, as reclamacións ante o Valedor do Pobo, as masivas manifestacións ou o simbólico Tren da Liberdade foron exemplares mobilizacións que, convocadas e lideradas polo movemento feminista, xeraron unha marea alegre e combativa secundada pola parte máis activa e consciente da sociedade que conseguiu frear a contrarreforma. Foron as mulleres e non a graciosa vontade do PP as que frearon a involución e a quen lles corresponden agora, como noutrora, os parabéns pola vitoria na defensa dos seus dereitos, dos dereitos humanos. O fracaso da contrarreforma non debe ser sinónimo dunha baixada da garda, o recurso do PP contra a lei vixente segue vivo nun TC de maioría conservadora Así e todo, o fracaso da machista contrarreforma non debe ser sinónimo dunha baixada da garda e, moito menos, dunha desactivación da alerta, tal e como subliña a Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto e outros colectivos feministas. O recurso do propio PP contra a lei vixente segue vivo nun Tribunal Constitucional de maioría conservadora que podería servirlle en bandexa aos de Rajoy a escusa perfecta para un recorte de dereitos que, por outra banda, agora prevén executar a menor escala e centrándose nas mulleres de entre 16 e 18 anos que teñan que abortar. A contrarreforma, ao cabo, non era a Lei Gallardón, senón a Lei Rajoy e, en última instancia, a Lei PP."}
{"ID": "QUEPASA_118", "summary": "Apaixoado do Fútbol da Costa, este zaseiro leva xa 5 anos nas Escolas Deportivas Luís Calvo. Polas mañás cómpre traballar, en Sogama, pero polas tardes seguro que o atoparás nas Eiroas, coordinando unha das canteiras máis prolíficas de toda a provincia. Falamos con Josiño Abelenda, este coristanqués de Cuns, criado nas fins de semana de San Andrés (Zas), agora nas Eiroas.", "text": "Cal é a túa función dentro da estrutura das Escolas e o Bergan? No fútbol base do Bergantiños F.C somos 3 coordinadores os cales compartimos tarefas para o seu correcto funcionamento pero, tamén temos parcelas de traballo definidas para cada un dos membros que formamos parte da área de coordinación. No meu caso, levo a captación de todo o fútbol base do clube e son coordinador da etapa cadete, amais de adestrar o Cadete de División de Honra. Cóntanos como nace a túa paixón polo fútbol, polo Fútbol da Costa. Quen foron os teus referentes? A miña paixón polo fútbol nace dende ben pequeno. De feito, podo decir que a maioría dos bos recordos que gardo e lembro da miña infancia están relacionados co fútbol. Dende moi pequeno sentía devoción polo fútbol de cercanía: o Sporting Zas de Preferente con Mato que para min é un dos mellores xogadores que vin; cando me achegaba moitas fin de semana ao campo das Fontiñas a Nantón con grandes xogadores como Forxán, Lareu, Vila etc ; ou no campo de Agualada o máis cercano ao meu fogar, onde Rogelio nos deleitaba cada domingo; e a medida que pasaron os anos, en Santa Comba onde coñecín a dous xogadores, que sempre me pareceron diferenciais, que son Ricard no Xallas e Miguel no Mineiro.Podería seguir enumerando grandes momentos e recordos ata o día de hoxe, que admito que na actualidade vou menos por falta de tempo, pero confeso que sempre fun (e serei) un apaixoado do fútbol da costa, un afeccionado que cheguei a ver 3 ou 4 partidos cada fin de semana de seniors da Costa. Quen che ía dicir a ti que ías acabar no Bergantiños, non? E xa van 5 anos… A verdade é que nunca pensei en formar parte da estrutura do Bergantiños, pois sempre estiven moi cómodo e recibín en todo momento un trato espetacular no Xallas, club no que estiven ata que recalei no Bergantiños, o que me levaba a pensar que ía estar ligado sempre á Costa. Pero ao chegar aquí, non deixas de sentir que formas parte dunha estructura dun clube no cal todo está moi profesionalizado, e iso fáite sentir moi cómodo e dáche un plus á hora de realizar un traballo de calidade no día a día. Sinto un verdadeiro \"enganche\" por realizar un traballo de formación e de preparación de xogadores para competir en equipos de rendemento. Estou moi cómodo e contento de formar parte da estructura do Bergantiños, onde o trato por parte de todos e todas é inmellorable. Botas de menos o puro fútbol da Costa? Que é o que máis botas de menos? Si claro! Como comentei antes, vivín o fútbol da Costa dende que era moi pequeno. Bótoo moito de menos, se dixera o contrario mentiría, e aínda máis neste tempo tan complicado e con esta nova realidade sen público nas gradas e ata, por momentos, pensei que non tiña moito sentido xogar e competir sen que o poidera disfrutar a xente, os afeccionados dos cubes e deste deporte en xeral. Os afeccionados, que por outra banda tanto precisan os xogadores que saen ao campo cada fin de semana, creo que para todos o público é unha parte moi importante do fútbol. Algo que comprobei en Fisterra este pasado 14 de marzo. Voltei a vivir ese auténtico Fútbol da Costa. Nada máis entrar no Ara Solis, púxoseme a pel de galiña. É algo difícil de explicar con palabras, son sensacións. O ambiente era case equiparable ao que se vive nun clásico partido copeiro de costa e decindo a verdade, ata o minuto 15 custoume prestar atención ao encontro xa que me viñeron moitos recordos á cabeza. Se ben é certo, que dende Carballo, a nivel futbolístico, ata agora sempre se mirou un pouco máis cara o norte que cara o sur, que supón para o Fútbol costeiro ter aquí, en Bergantiños, unhas Escolas do nivel das Luís Calvo? Creo que a nivel formativo é moi importante, e que un neno de calquera lugar da Costa poida ter a oportunidade de competir en ligas deste nivel de esixencia e medirse aos mellores xogadores da súa idade de toda Galicia. É unha parte da formación do deportista. Cales son as diferencias máis importantes que hai entre as escolas e a canteira de calquera club da zona? Principalmente o método de traballo do propio clube e a esixencia competitiva que todos/as o/as xogadores/ as teñen en idades temperás que fai que se enfrenten a competicións de rendemento dende moi novos. Creo que precisamente isto os fai medrar e evolucionar non só no fútbol, senón tamén como persoas. Adquiren hábitos de traballo, esforzo, disciplina, de competitividade entendendo ésta sempre dende o lado máis positivo… Uns hábitos que logo lles servirán no futuro tanto na súa vida profesional como persoal. Que ten o traballo de canteira que tanto vos engancha aos adestradores? Creo que calquera traballo con nenos e nenas sempre parte de algo moi vocacional, ou eu así o entendo, e no caso do fútbol tamén. Para min é unha mestura de paixón que sinto polo fútbol e de saber que dalgún xeito formas parte desa formación dos que serán os protagonistas do noso futuro. O traballo de canteira é paixón: compartir o teu día a día con eles, acompañalos no seu crecemento deportivo e formar parte da súa educación. É algo que case nada o pode igualar, polo menos para min. E logo a gratitude que moitos deles mostran co paso dos anos cando os voltas a ver…. iso é algo impagable. Que sacas da túa experiencia como adestrador das Seleccións da Costa de base? Dende o día que me transmite Corredoira que vou ser seleccionador xunto con Martín Vecino para min foi un agasallo. Disfrutei delo cada segundo! Foi unha etapa moi bonita e da que gardo grandes recordos. Ver eses rapaces cheos de ilusión en cada adestramento, percibir ese brillo especial nos seus ollos cando o bus saía de Baio para os torneos é algo inesquecible e que me marcou moito. A pesar das dificultades, eses xogadores lograron competir con todas as seleccións e acadar un 5º posto que foi un recoñecemento ao seu traballo de todo o ano, un premio polo esforzo de vir adestrar de cada esquina da Costa. O traballo de cada un deles e a implicación de cada un dos convocados foi incrible os 3 anos.Agora as seleccións da Costa están nas mellores mans. Veste adestrando algún día en equipos sénior? Se así fose, veste máis nun Cerqueda da Liga da Costa ou nun Laracha de 3ª División? Complicado responder a esa pregunta xa que o fútbol base é unha parte importante da miña vida e do que me resultaría moi difícil desprenderme. Con todo se algún día chego a adestrar séniors, de seguro será nun equipo de Costa, diso non teño dúbida!"}
{"ID": "NOS_12008", "summary": "O suplemento deste sábado tamén inclúe propostas de arquitectura e cociña e fala co reelixido presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, de diversos temas. Procura o 'Sermos' co teu 'Nós Diario' de mañá nos puntos de venda habituais para ler todos os contidos.", "text": "Que queda daquel movemento do 15-M unha década máis tarde? Cal é o futuro da Real Academia Galega nun momento no que os estudos revelan a caída do uso do galego entre a mocidade? Como é unha arquitectura que permita o \"divertimento\"? Poderás atopar as respostas a todas estas preguntas no Sermos Galiza que sae mañá á rúa. No número deste sábado, o semanario leva como reportaxe de apertura unha reflexión de David Rodríguez sobre aquel movemento cidadá que derivou en acampadas e asembleas nas rúas de todo o Estado español, especialmente en Madrid ou Barcelona. Baixo o título '15M dez anos despois. O réxime do 78 a xuízo', o autor repasa que foi daquelas ganas de cambiar o mundo e de como evolucionaron as formacións que saíron daquel levantamento social. Aliás, Manuel Xestoso entrevista ao novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, que vén de saír reelixido para o cargo. En 'Víctor Freixanes. Máis aló da política lingüística', o tamén xornalista, escritor e profesor universitario aborda distintas cuestións como por onde pasa o futuro da institución ou o seu parecer sobre o decreto do plurilingüismo. Tamén fala sobre a presenza das mulleres na RAG, a necesidade de conectar coa mocidade e as estatísticas que deixan o galego en mal lugar. Pola súa banda, Iago Valverde analiza o traballo arquitectónico para \"vivir con alegría\" na peza 'Emilio Rodríguez, divertimento'. Esta semana o Colectivo Xea -Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo- andan e ven 'A costa de Poio'. Para as e os fanáticos da música e da literatura, tampouco faltan as habituais críticas. No primeiro caso van da man de Sara García e Carlos Penela, mentres que no segundo son Mario Regueira e Inma Otero Varela os autores. Así mesmo, Andrés Castro fai algunhas recomendacións de cinema. Para pasar a fin de semana con bo sabor de boca está Anxo Fole, que propón un menú de alcachofas e polo con caldos chegados de Vide, Vide! E nas páxinas finais atoparás os pasatempos ideados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Non queres perder ningún destes interesantes temas? O único que tes que facer e ir ao quiosque ou á nosa loxa en liña a mercar o Sermos Galiza que sae este sábado acompañado do Nós Diario. E para non ter que preocuparte nunca de perder algo que che interese... Fai a subscrición agora!"}
{"ID": "PRAZA_18155", "summary": "Xabier Xil Xardón, unha das novas voces da poesía galega, publica 'detéxtonos', (Positivas)", "text": "Non saber que dicir. Que facer. Como reaccionar ante a barbarie. Atropelados por un tempo histórico que nos colleu co pé cambiado. Con iso ten que ver detéxtonos, o novo poemario de Xabier Xil Xardón, que vén de ser publicado por Positivas. Mais a constatación dos límites da palabra, saber que a poesía non vai redimirnos, non conduce o poemario á deriva do relativismo posmoderno. Ou da chamada \"posverdade\". Pois queda, polo menos, a enunciación da realidade. \"Xa, pero falta moito para Europa?./ Cala, neno, e segue nadando\", di un dos poemas. O seu autor respondeu as nosas preguntas por correo electrónico. Podemos empezar polo título, se queres. \"detéxtonos\" vén do poema da contracapa. Por que decidiches chamarlle así? O título é un xogo de palabras, como é obvio, un tanto chusco. Avisa da actitude aceda e desencantada que impregna o poemario, mais tamén do elemento lúdico que atravesa os textos. O texto da contracapa foi o último que escribín e explicita a mensaxe do título afirmando a presenza dun eu autorial e que se complementa coa \"dedicatoria\" que abre o poemario. Hai, en fin, nos paratextos, unha vontade de provocar, un pouco gratuitamente. O libro está estruturado en cinco partes. Non conforman unha unidade na que as partes poidan entenderse como continuidade unhas das outras, mais tampouco están desligadas entre si. Cal foi, un pouco, o criterio para estruturalo nesas cinco partes? Manexei moito material acumulado para compor o poemario, e o resultado final é fruto dunha selección que ben podía ter dado un conxunto distinto, pero deu este. Non hai un proxecto que dote os textos de unidade a priori, senón que se foi facendo a base de bourar neles e, sobre todo, de polos a falar entre si. A disposición e o agrupamento final en cinco capítulos buscan facilitar a lectura e reforzar unha certa idea de caos organizado. Si hai certa continuidade, poderiamos dicir, na forma. A segunda e cuarta parte estruturan a páxina de xeito semellante: poemas curtos ao principio e ao final da mesma. Entre a primeira, a terceira e a quinta, é como se o verso se fose soltando, cada vez menos contido: faise máis longo, máis narrativo, aumentan as maiúsculas, desaparecen signos de puntuación… Por que? Estou de acordo. Na segunda e cuarta partes agrupei textos curtos e epigramas arredor de dúas cuestións que me pareceron centrais: a identidade e a propia escrita. Neles, os títulos cobran unha importancia central. Nos capítulos impares agrupei textos longos, máis pensados ás veces para ser ditos do que para fixarse nunha folla, e si, a sintaxe e o sentido vanse diluíndo. \"Tentei expresar a idea do esfarelamento. A sintaxe que se disloca, o sentido que tende ao absurdo\" Tentei expresar a idea do esfarelamento. A sintaxe que se disloca, o sentido que tende ao absurdo... Outra cousa é que o resultado sexa eficaz do punto de vista comunicativo; cando se xoga contra os elementos que estruturan o discurso córrese o risco de que pareza que o poema trapalea ou que se lle está a tomar o pelo a quen o le. É un risco. Hai moito xogo coa intertextualidade: Rosalía, Díaz Castro, Martin Codax, o himno galego… Con poemas, cancións… E é moitas veces un xogo irónico, retranqueiro, desmitificador. Por que está, cal é a función da intertextualidade neste poemario? Algunhas referencias e citas literais buscan reforzar a mensaxe, outras ironizar cos textos orixinais. Trátase de textos que chegaron a min, como lector, para quedarse, e que non dubidan en meterse polo medio cando escribo. Ás veces cobran un sentido novo ou mesmo oposto ao orixinal. \"O caso é que non sei se o poemario pasaría a proba esa da \"máquina do plaxio\", porque case nunca emprego cursiva nin explicito a mención a outras autoras\" É un xogo que me gusta, e creo que o diálogo que se establece pode ser enriquecedor. O caso é que non sei se o poemario pasaría a proba esa da \"máquina do plaxio\", porque case nunca emprego cursiva nin explicito a mención a outras autoras. Correrei ese risco. O poemario ten un sentido xeral como de non saber como posicionarse, que dicir, como reaccionar, ante a barbarie. Como se o tempo histórico se nos adiantase, deixándonos mudos e na retagarda. Por que? Ben, esa podería ser unha boa síntese do conxunto. Creo que é obvia a analoxía coa realidade social, política e cultural na que estamos inmersos. E nese sentido creo que non é tanto unha denuncia o que fago, mais unha constatación do que hai. \"A nosa casa/ era unha sucesión de incendios controlados\". En relación co anterior, na primeira parte do libro está a familia, a orixe, o silencio obsceno, o asistir tranquilos á destrución, mentres avanza o tempo, a historia. Por que? A figura da nai aparece tamén cara ao final. Por que? A nai quere ser a orixe, esa pulsión que nos leva a refuxiarnos no ideal dun tempo que se esgota. A casa vén ser algo parecido, a memoria oral da familia e da comunidade de orixe, sexa cal for. Quere ser, dalgún xeito, aquela casa do poema de Aresti tan ben traducido do euskera por Isaac Xubín, que onde no orixinal dicía \"a casa do meu pai\", el fixo dicir \"a casa da miña mai\". Só que a nosa casa é mala de defender porque xa está ardendo. Arde todos os anos. \"A nosa casa é mala de defender porque xa está ardendo. Arde todos os anos\" Na segunda parte hai como unha constatación dos límites da palabra, e do poema, para dicir. Non deixa de ser un tema moi presente na poesía actual mais, por que este enfoque? Dígoo porque tamén vexo aí algo xeracional. Admitir como que a poesía non vai salvarnos, fronte a tantas esperanzas que se puxeron nela, por exemplo, ao asignarlle un papel tan relevante na construción nacional galega. A poesía galega cangou sobre os seus textos un peso inmenso. Ás veces parece que se converteu nun fetiche onde depositar as esperanzas dunha sorte de redención histórica. \"Vendo que a poesía vai un pouco derreada pola vida, nesa sección cebeime a gusto a frivolizar con todo iso\" A poesía ten moito por facer dentro das súas limitacións, mais creo que non entra dentro das súas posibilidades salvarnos de nada nin mudar nada por si mesma. Así que, vendo que a poesía vai un pouco derreada pola vida, nesa sección cebeime a gusto a frivolizar con todo iso, empezando pola miña propia condición de persoa que lle dedica tempo a lela, a escribila e a gozala. Mais esta constatación da dificultade para dicir non leva ao pensamento posmoderno nin moito menos á \"posverdade\" -de feito, hai varios versos que critican, a través da ironía, a linguaxe dos medios e da publicidade-. Porque a realidade si é enunciada, sobre todo a partir da terceira parte. \"Xa, pero falta moito para Europa?./ Cala, neno, e segue nadando\", di un dos poemas. E esa realidade enúnciase desde a conciencia da subalternidade. En que sentido e por que? Iso si que pode facelo a poesía, enunciar. Non redimir, mais si armar un texto que articule un certo sentido do real, aínda que con moitas limitacións. Pode, creo, sinalar a realidade, deformala para revelala como construto ideolóxico, póla contra as cordas da evidencia. Pero esa realidade ten que transformarse por outras vías, e aí, como dixen, a poesía nada ten para dicir nin para facer. Creo que se lle deu en chamar \"posverdade\" ao que en realidade é monopolio absoluto da violencia. \"Creo que se lle deu en chamar \"posverdade\" ao que en realidade é monopolio absoluto da violencia\" A posmodernidade acaboulle botando a culpa de todo á linguaxe, ao discurso, mais creo que ese proceso de ensimesmamento é fruto dunha derrota que pouco ten que ver coa linguaxe nin moito menos coa poesía, senón coa substracción da economía do ámbito da decisión política. Podemos laiarnos pola xente que morre fuxindo da miseria, mais non podemos tomar ningunha decisión política de calado ao respecto; mentres non afrontemos iso, ningún poema \"servirá para salvarnos\". \"Podemos laiarnos pola xente que morre fuxindo da miseria, mais non podemos tomar ningunha decisión política de calado ao respecto\" Aínda que falar dun binomio rural/urbano podería ser falso -e máis nun poemario que parece situarse en Vigo-, si hai unha certa constatación do caos da cidade como unha sorte de ocultación, -da memoria histórica, por exemplo-. Por que? Creo que falarmos hoxe de rural e urbano é unha cuestión moi discutible. Aínda así, no meu percurso vital si que pasei de ser de aldea a vivir nunha cidade. Atopei aí un conflito permanente, tanto co lugar de onde veño coma co lugar ao que cheguei. Obviamente, no noso imaxinario colectivo, a cidade é ese lugar onde o país se desarticula; o urbano penetrou no rural nas últimas décadas ata disolver moitos dos modos de vida tradicional, que non teñen tanto que ver cunha visión romántica do rural como co desmantelamento de lóxicas de convivencia en que a comunidade tiña (ten) un grande papel protagonista. \"Estamos no medio (final?) dun proceso de individualización salvaxe que nos desarma pouco a pouco\" Estamos no medio (final?) dun proceso de individualización salvaxe que nos desarma pouco a pouco, nun contexto en que unha persoa xurídica ten moito máis peso social ca unha comunidade composta por persoas físicas. Podería resumirse nunha brincadeira: dispersádevos todos, é o espolio final. E o despoboamento do rural ten moito que ver con isto. Unha Xunta que declara a bosta patrimonio da humanidade, un IES Moncho Reboiras concertado e un IES María Miramontes concertado e segregado. Tras un intento de redacción dun manifesto que se destrúe a si mesmo, que se desescribe. Hai tamén no poemario bastante sentido do absurdo. Mais, detrás deste absurdo, hai como un sentido de urxencia, como certa esperanza de que, pese ás limitacións da palabra, algo poderiamos facer para que o tren non nos colla definitivamente. É así? Por que? Pois vivo o día a día, coma calquera que non pense apenas en salvar o seu cu, cunha sensación de impotencia moi aguda ante o desmantelamento de moitas cousas que considero básicas para un futuro viable e vivible. \"Vivo o día a día, coma calquera que non pense apenas en salvar o seu cu, cunha sensación de impotencia moi aguda ante o desmantelamento de moitas cousas que considero básicas para un futuro viable e vivible\" Mais tamén recupero de vez a esperanza ao ver que segue habendo unha chea de colectivos e persoaos que erguen, contra vento e maré, proxectos ilusionantes. A lista é inabranguible. O caso é que, malia ao pesimismo, non podo deixar de ser tamén optimista, e creo que iso tamén se reflicte nalgúns textos. \"O esgotamento dos estereotipos masculinos roza/ os límites do escatolóxico e a min tócame os/ collóns\". É un libro, tamén, quizais, escrito desde un \"masculino singular\" -como Carlos Negro-, con conciencia de selo. En que sentido? No sentido de non fuxir de confrontar co espello, de non obviar o que non debe ser obviado; lembro ser eu moi neno e sentir una satisfacción enorme por ter nacido rapaz. Ser unha nena, supoño que por todo o que eu vía e malamente daba razonado, resultábame unha mala idea. \"A nosa maneira de relacionarnos coa nosa propia masculinidade é contraditoria e xéranos grandes contradicións\" Creo que os homes arrastramos ese prexuízo ao longo dos anos, e ímolo vestindo de diferentes maneiras. A nosa maneira de relacionarnos coa nosa propia masculinidade é contraditoria e xéranos grandes contradicións, a empezar por como xestionamos os privilexios dos que gozamos e de que maneiro imos elaborando discursos e conxugandoos co politicamente correcto para xustificalos."}
{"ID": "NOS_36172", "summary": "O ex-dirixente do Partido comunista español finou nesta terza feira aos 97 anos mentres durmía a sesta. Un dos seus últimos actos públicos foi un almorzo con El-Rei en lembranza do 23-F, en 2011", "text": "Santiago Carrillo, histórico dirixente do Partido comunista español, finou esta terza feira aos 97 anos de idade entrementres durmía a sesta, segundo confirmaron fontes familiares. No PCE foi secretario xeral entre 1960 e 1982. \"Xubilado da militancia, mais non do mundo da política\", como dixo de si propio, anunciou a retirada da política activa en 1991, desde entón sufriu até sete ingresos hospitalarios, mais ficou activo até o último momento, desde a súa sinatura en artigos xornalísticos, até a publicación de libros e os almorzos con El-Rei. Así, os últimos actos aos que asistiu o ex-dirixente comunista foron no Congreso d@s deputad@s. Un deles en homenaxe a Jordi Solé Tura, un dos pais da Constitución española; o outro, un almorzo en lembranza do 23-F celebrado cadrando con esa data en 2011 e que estaba presidido por Juan Carlos I. Desde a infección de ouriños que o levou ao hospital en outubro do ano pasado a súa única aparición pública foi con motivo da morte en marzo deste ano de Domingo Malagón, quen axudara moitos militantes comunistas a fuxir da represión da ditadura falsificándolles a documentación."}
{"ID": "NOS_25943", "summary": "Unha roteiro o sábado 27 conmemorará un ano de defensa do río e o seu patrimonio a través da Plataforma Sarriana polo río.", "text": "Un roteiro que sairá ás 11 da mañá do sábado día 27 e con saída na Ponte da Áspera conmemora o primeiro aniversario da creación da Plataforma Sarriana polo río e a loita da veciñanza pola defensa do seu patrimonio natural e histórico. \"Subiremos dende a Ponte da Áspera polo regato de Cervos porque Sarria está impracticable. Os familiares que volvan por Nadal atópanse un Malecón que asemella un campo de batalla\", denuncian desde o seu facebook no que convidan a participar nesta iniciativa que é tamén conmemorativa da defensa da veciñanza do seu río que tivo neste ano os seus resultados. Salvar o patrimonio Desde a Plataforma sinalan que, cando hai un ano botaron a andar a súa loita na denuncia das obras que non ían, segundo xa anunciaron daquela, solucionar os problemas de desbordamentos e ocasionarían, pola contra, graves prexuízos ao seu patrimonio \"posibelmente non imaxinaban que, un ano despois tería que seguir estando en pe de alerta porque nada ou pouco ía trocar\". Malia iso, no outro lado da balanza sitúan os resultados, \"salvar, ao menos temporalmente, este bosque de ribeira, a ponte da rúa Peregrino (á espera da decisión xudicial que se tome neste punto) ou a salvación definitiva da baranda de malecón\". Lamentan a perda da ponte do Toleiro substituída polo que definen como un \"atentado á intelixencia de todos os veciños de Sarria, unha ponte que é unha infamia e desperta xa as críticas de toas as persoas de boa vontade que non perderon o sentido común\". Acusan ao goberno municipal e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil ademais dos responsábeis das distintas Consellerías da Xunta de Galicia da desfeita e anuncian que seguirán \"pelexando na defensa de Sarria\"."}
{"ID": "PRAZA_20644", "summary": "En Marea, PSdeG e BNG critican o anteproxecto que reduce de once a sete as áreas sanitarias. Censuran que se presente en pleno agosto \"pola porta de atrás\" e cren que \"prioriza o criterio económico\" e que supón a \"perda de xestión directa da atención primaria\" Folga e protestas ante a negativa do Goberno a recuperar os dereitos perdidos polo persoal", "text": "Folga e protestas en outono ante a negativa do Goberno a recuperar os dereitos perdidos polo persoal Sanidade vén de publicar o anteproxecto de lei que muda a actual Lei de Saúde de Galicia. Faino, segundo di, para \"simplificar a organización territorial do sistema sanitario e adaptalo ás novas necesidades poboacionais\". En definitiva, reduce de once a sete as áreas sanitarias en Galicia e crea 14 distritos asociados a cadanseu hospital público. A noticia foi recibida con fondo rexeitamento por parte de toda a oposición. En Marea cre que o novo mapa sanitario \"só vai servir para afondar aínda máis na mala praxe que o Sergas ven practicando e que significa un peor servizo\", mentres que o PSdeG acusa o Goberno galego de \"covardía\" por iniciar a reforma da lei en pleno agosto \"pola porta de atrás\" e vai pedir a comparecencia extraordinaria do conselleiro Vázquez Almuíña. O BNG, pola súa banda, pide retirar o anteproxecto e advirte que, de saír adiante, \"provocará máis deterioro na sanidade pública\". O anteproxecto reduce de once a sete as áreas sanitarias en Galicia e crea 14 distritos asociados a cadanseu hospital público En canto ás áreas sanitarias, o borrador non especifica cantas serán, pero si que se asimilarán ás vixentes sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) mentres non se faga un novo mapa sanitario: A Coruña; Santiago de Compostela; Ferrol; Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; Pontevedra e O Salnés; e Vigo. Xa que logo, suprimiríanse as do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, antes independentes. Sobre os distritos, de nova creación, serán división das áreas e \"toman como referencia a institución hospitalaria no seu ámbito territorial\" e mantendo a agrupación de concellos que xa se realiza no decreto das EOXIs. Son, xa que logo, os seguintes: Barbanza, A Coruña, A Mariña, Cee, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense, O Salnés, Pontevedra, Santiago de Compostela, Verín e Vigo. A Xunta defende que a nova reorganización \"permitirá unha coordinación entre primaria e hospitalaria máis efectiva, cunha cobertura asistencial realizada cos mesmos criterios asistenciais e de derivación entre centros, protocolos únicos de área, e maior interactuación de profesionais de ambos niveis asistenciais\". Con todo, queda por ver como afecta o cambio á cidadanía unha vez se delimite o ámbito xeográfico para cada zona cun decreto que determine o novo mapa sanitario. A oposición denuncia que a Xunta inicie a modificación da Lei de Saúde en pleno mes de agosto Para Eva Solla, deputada de En Marea, a redución de áreas sanitarias que propón a Xunta \"será totalmente prexudicial para os servizos sanitarios galegos e un atropelo aos dereitos da cidadanía en materia sanitaria\". Na súa opinión, esta diminución \"ten que ver cos recortes xa feitos nas xerencias comarcais\", onde se \"incrementou o gasto pero non serviu para nada\". \"Hai máis burocracia e menos capacidade de xestión para o persoal, que depende cada vez máis dos grandes hospitais sen ter os recursos suficientes\", dixo. Desde o PSdeG, o seu portavoz de Sanidade no Parlamento, Julio Torrado, cre que o anteproxecto supón unha ampliación \"moito máis dura\" do modelo de áreas sanitarias, cunha redefinición do mapa \"encamiñada a reducir á nada o peso das áreas comarcais\" e que supón \"a perda da xestión directa da atención primaria\". PSdeG, En Marea e BNG ven na redución de áreas o intento de \"reducir á nada\" as áreas comarcais e a \"perda de xestión directa da atención primaria\" No BNG, a súa deputada Montse Prado cre que o anteproxecto \"consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico en detrimento das necesidades dos usuarios e usuarias e afecta negativamente a calidade asistencial\". Ademais, cre que \"restará capacidade á atención primaria, porta fundamental para acceder ao sistema sanitario\", así como ás áreas sanitarias e hospitais comarcais. \"O novo mapa afasta sanidade da poboación; as EOXI pasan a ser áreas e estas serán distritos, eliminando as áreas sanitarias vinculadas aos hospitais comarcais\", engade. Os socialistas tamén inciden avisan da \"profundización na redución de servizos nos hospitais comarcais ou impoñer unha obrigada derivación de persoal cara os hospitais das cidades\". De feito, Torrado asegurou que o PSdeG xa está en contacto con sindicatos, alcaldes das vilas principais afectadas e deputados locais para posibles mobilizacións. CIG-Saúde reaccionou xa advertindo de que a reforma presentada pola Consellería \"suporá afastar a atención sanitaria da cidadanía e recortar servizos e persoal\", polo que pide a súa retirada. Ao tempo, tanto PSdeG como Bloque son moi críticos polo feito de que o Sergas presentase este anteproxecto con só 15 días para alegacións en pleno mes de agosto. \"Non é un bo exemplo de vontade para acadar algún tipo de negociación\". Feijóo, preguntado polas reaccións da oposición, non ve \"mercatilismo\" ningún no anteproxecto e nega que a presentación en pleno mes de agosto teña as intencións que lle atribuén as formacións políticas. O anteproxecto, ademais, recolle outros cambios na participación social na xestión sanitaria. Ao Consello Galego de Saúde engádeselle un Consello de Saúde de Área por cada unha destas zonas. O obxectivo, seguno o Sergas, é \"simplificar as canles de participación\" para \"acadar unha participación máis realista e máis próxima aos pacientes\". Nestes órganos por cada área estarán representados os concellos incluídos no territorio da área, os sindicatos, as organizacións empresariais e as asociacións de pacientes. Ademais, créase o Consello Asesor de Pacientes, un órgano de participación das asociacións nas que se agrupan os doentes, que ten como finalidade \"a mellora da calidade da asistencia sanitaria\" a través da percepción dos propios usuarios. Alén disto, establécese que se poderán establecer outros órganos de participación e consulta para ámbitos concretos de actividade sanitaria. A esquerda advirte de que a composición do Consello Galego de Saúde queda agora \"nas mans da Xunta\" O PSdeG advirte de que a partir de agora \"vaise participar na sanidade pública por decreto\". Ata o de agora, segundo explica, nos Consellos de Saúde Galego e de área participaban alcaldes, representantes de entidades locais, federacións de veciños, asociacións de pacientes, etc. \"Esta reforma di literalmente que a composición se decidirá 'por decreto do consello da Xunta\", di. Así é na modificación prevista para o artigo 23.3 da futura nova lei. En Marea, pola súa banda, asegura que a Xunta \"nunca tivo vontade de desenvolver os Consellos de Saúde\" e cre que estes cambios \"o que fan é interromper algo que podía ser un elemento máis de participación democrática\". O Bloque advirte que a modificación \"retira as funcións de asesoramento e consultivas\" deste Consello de Saúde, así como a capacidade de avaliación neles. Ao tempo, asegura tamén que a súa configuración que quedará \"en mans da propia Xunta\"."}
{"ID": "NOS_30514", "summary": "Coa coidada posta en cena marca da casa e ao ar libre, Podemos apresentou esta quinta feira a súa campaña eleitoral. Ben, en realidade apresentou a campaña de Unidos Podemos, a marca coa que, en coligazón con IU, concorre ás urnas o 26X. Fíxoo sen que no acto aparecese ninguén de IU.", "text": "A táctica de comunicación de Podemos é clara: o adversario é o PP, o PSOE é un aliado e o obxectivo é gañar as eleccións. Mais quer Iglesias quer Errejón verbalizaron que no mapa de obxectivos os territorios marcados como prioridade son o Mediterráneo e nomeadamente Andalucía. Os meios fixéronlles ver que Andalucía é o principal celeiro de voto do PSOE, ergo, que a enunciación deses territorios como target evidenciaba que o que ten na cabeza o partido morado non é tanto gañar as eleccións como dar o sorpasso ao PSOE. Naturalmente os dirixentes podemitas non saíron do carril e mantiveron en todo o momento o discurso. En palabras de Pablo Iglesias, o reto é \"gañar as eleccións ao PP\" -ou sexa, ser primeira forza en votos-, para o cal están dispostos a \"tender a mao\" á \"vella socialdemocracia\", en alusión ao PSOE. Iglesias e Errejón apresentaron a campaña canda Irene Montero e Carolina Bescansa. Estas ficaron silentes durante a práctica totalidade do acto e só falaron cando foron interpeladas por unha xornalista que, irónica, dixo formular a pergunta para confirmar que con efeito elas estaban presentes. \"O sorriso dun país\" é o lema de campaña e o símbolo é un corazón, o que se corresponden co \"o\" de \"unidos\" \"O sorriso dun país\" é o lema de campaña e o símbolo é un corazón, o que se corresponde co \"o\" de \"unidos\", a alusión á presenza de IU na marca eleitoral. Os meios dedicaron varias perguntas a se interesar por se IU faría tamén un acto de apresentación da campaña ou se se subsumiría neste de Podemos. Errejón argumentou que nestes días haberá multitude de referentes -tamén as confluencias- e que todos eles manterán perfil, autonomía e discurso. Non ficou moi claro se IU apresentará campaña específica. Como será a carreira até o 26? Para resumilo nunha frase de Errejón: será unha \"campaña patriótica\" para \"gañar o noso país\" o 26 de xuño. \"Esta é unha campaña coral de xente que vén de lugares moi diferentes para construír unha plataforma patriótica\", engadiu."}
{"ID": "PRAZA_9382", "summary": "Os socialistas serían a primeira forza cuns dous puntos máis que hai cinco anos, segundo o inquérito divulgado pola Eurocámara, que non ten en conta coalicións como a que une o BNG con ERC ou Bildu", "text": "O PSOE sería a primeira forza na circunscrición española das eleccións europeas cun escano máis que o PP. Ciudadanos experimentaría un gran ascenso e a extrema dereita de Vox irrompería en Bruxelas con seis escanos. Son algúns dos principais resultados da proxección do Parlamento Europeo para as próximas eleccións do 26 de maio baseada en estudos demoscópicos xa publicados nos 27 estados nos que se celebran eleccións -todos agás o Reino Unido, que para daquela xa estaría fóra, segundo o calendario do Brexit.Os socialistas serían a primeira forza cuns dous puntos máis que hai cinco anos, segundo o inquérito divulgado pola EurocámaraNo caso de España, o informe fundaméntase nas enquisas de NC Report e GAD3 publicadas recentemente. Os socialistas españois aumentarían a súa representación de 14 a 16 eurodeputados e pasarían a ser o principal partido español no hemiciclo europeo, que tras a recomposición pola saída do Reino Unido dá a esta circunscrición única estatal 59 escanos fronte aos 54 actuais.A sondaxe divulgada polo Parlamento Europeo non ten en conta coalicións como a que une o BNG con ERC e BilduPola súa banda, o PP conseguiría 15 escanos -un menos- e seguiríao Ciudadanos con 12 eurodeputados fronte aos 2 que logrou en 2014. Unidos Podemos perdería dous escanos con respecto á suma de IU e Podemos en 2014 e obtería 9 eurodeputados. Estes inquéritos outorgan ademais un eurodeputado a ERC, pero non teñen en conta as coalicións xa anunciadas como a de Esquerra co BNG e mais Bildu. Tampouco a do PNV co PDeCAT, formacións á que esta proxección non dá representación na vindeira Eurocámara, nin as alianzas que finalmente conformen formacións como En Marea, aínda por coñecer.Segundo esta sondaxe de proxección do futuro Parlamento Europeo, os actuais grandes grupos parlamentarios da Eurocámara –populares, socialdemócratas e liberais– seguirán sendo os maioritarios con cadanseus 183, 135 e 75 deputados."}
{"ID": "NOS_13898", "summary": "Galiza conta con 1.179 persoas menos rexistradas nas listas do paro.", "text": "Segundo os dados publicados esta cuarta feira (2 de marzo) as oficinas de emprego de Galiza suman menos persoas rexistradas que no pasado mes. Neste senso, as cifras de paro reducíronse en 1.179 persoas a respeito do mes de xaneiro e en 22.281 en relación ao mesmo período no ano anterior. As cifras de paro reducíronse en 1.179 persoas a respeito do mes de xaneiro e en 22.281 en relación ao mesmo período no ano anterior Por sexos, as mulleres continúan a situarse nas cifras de paro rexistrado por riba dos homes sendo que, dun total de 235.268 persoas desempregadas, 126.405 son mulleres e 108.863 homes. Aliás, as persoas menores de 25 anos inscritas como demandantes de emprego sitúanse en 12.123. Por sectores económicos, os servizos abranguen a maior parte das persoas anotadas nos servizos de emprego 151.908 incrementándose en 102 a respeito do mes de xaneiro. Igualmente aumenta en 287 persoas aquelas que non contaban cun posto de traballo con anterioridade sumando xa 18.487 persoas. En troca, diminúen as persoas demandantes de emprego na agricultura (-297), na industria (-641) e na construción (-630). A temporalidade representa o 90,79% do total de contratos Porén, a temporalidade continúa a ser maioritaria nos contratos asinados durante o último mes. Neste senso, dos 61.614 contratos creados, 55.733 foron temporais fronte apenas 5.881 de carácter indefinido. No contexto xeral, a temporalidade representa o 90,79% do total de contratos acumulados (124.302) e incrementouse. Maquillaxe Ao fío dos dados de paro rexistrado referidos ao mes de febreiro a Confederación Intersindical Galega (CIG) subliña \"o incremento dos contratos que teñen menos dunha semana de duración logrou maquillar os dados de desemprego\" pois, \"a principal característica dos postos de traballo que se crean é a precariedade\". Un feito que para a central sindical se manifesta en que \"máis do 90% dos 61.614 contratos contabilizados\" no pasado mes fosen temporais. Sen cobertura Pola súa banda, desde UGT aseguran que as cifras de paro rexistrado \"evidencian precariedade na contratación e altos niveis de rotación laboral\" o que carrexa, din, \"temporalidade e precariedade\". Asemade, advirten da \"cronificación do desemprego\" o que leva a moitas persoas sen traballo a non contar con prestacións. No concreto, subliñan, 119.780 persoas non contan con \"ningún tipo de cobertura\" o que representa \"máis da metade dos desempregados\"."}
{"ID": "NOS_9873", "summary": "A galaicofobia fai parte do discurso de acompañamento da construción da identidade española. Malia que a súa aparición semella unha creación do século XVII, pola súa forte presenza nos traballos literarios dos autores do denominado Século de Ouro español, a súa construción é anterior, asociándose o seu nacemento ao proceso histórico de incorporación subordinada da Galiza ao espazo castelá. Moi presente na actualidade, como odio e desprezo ao pobo galego, o doutor Alexandre Péres Vigo vén de presentar unha tese sobre o fenómeno na Universidade da Coruña.", "text": "Miguel de Cervantes é un dos creadores máis recoñecidos da literatura española, cunha obra estudada nos diferentes niveis educativos e cuxos valores literarios son xeralmente gabados malia o carácter racista da súa produción en relación cos galegos. Así, nun texto escrito en 1613, lembrando o seu relato curto La tía fingida, afirma que os galegos \"non son alguén\". Un contemporáneo seu, autor dunha ampla produción literaria aínda hoxe moi valorada, Francisco de Quevedo, escribe en 1609 como Galiza \"en España é tida aínda polos mesmos españois en desprezo, por ruda, pobre, bárbara e remota\". Outro compañeiro de xeración, neste caso Lope de Vega, non dubida en cualificar a Galiza como esterqueira de España. Cervantes, Quevedo ou Lope de Vega son algúns dos autores estudados por Alexandre Péres Vigo. O profesor ferrolán, nunha tese de doutoramento presentada na Universidade da Coruña baixo o título O estereotipo antigalego na literatura española moderna. Unha análise das orixes da galaicofobia reflectida na literatura do Século de Ouro e dirixida polo profesor Manuel Ferreiro, sinala que \"malia a súa influencia, o certo é que nin Quevedo, Cervantes nin Lope de Vega foron os creadores da lenda negra antigalega, senón en todo caso meros transmisores, e grandes amplificadores dun sentir social que nunca comprendeu de escala social, poder económico ou nivel cultural\". \"A galaicofobia xa era daquela un recurso ben popular en Castela\", comenta Péres Vigo a Nós Diario mentres significa que \"os refráns na Castela do século XVI acostumaban incluír referencias de carácter fortemente antigalego\". A este respecto, destaca \"unha das xoias históricas dos refraneiros ibéricos como é Los refranes e proverbios en romance, obra de Hernán Núñez de Toledo, publicada postumamente en 1555, onde se recollen algúns que demostran gran desprezo e hostilidade contra o pobo galego, salientando a súa suposta falsidade, \"paz de galego tena por agoiro\" ou a súa corrupción xudicial, \"a xuíces galicianos, cos pés aos maos\". 'Nin can, nin negro, nin mozo galego' \"En realidade a lingua apenas transparentaba unha idea ben asentada na mentalidade castelá, a inferioridade dos galegos fronte aos casteláns; un concepto que atopa o seu mellor expoñente noutro dos refráns compilados por Núñez de Toledo: \"A galego pedidor, castelán posuidor\". Con todo, de todos eles, o que sen dúbida desprende un maior racismo é aquel coñecido \"Nin can, nin negro, nin mozo galego\", que recordaba como a triste sorte de \"negros\" e \"galegos\" apenas se distanciou en determinadas épocas, mesmo nalgunhas non tan afastadas\", continua Péres Vigo, quen destaca que \"como cabería de esperar dun clima social adverso contra as linguas non-castelás, as referencias ao idioma galego tamén resultaron inescusabelmente despectivas\". Péres Vigo liga a aparición da galaicofobia ao proceso de incorporación subordinada do Reino da Galiza á Coroa Castela. Neste sentido, apunta ao século XIII, após a derrota militar dos galegos en 1230 a mans de Fernando III, como o momento da aparición das primeiras manifestacións da galaicofobia, porén dun modo aínda incipiente que se agudiza tras o fracaso da rebelión galega contra a Castela do século XIV e a súa conquista definitiva a finais do século XV polos Reis Católicos. \"A galaicofobia reactívase cos Reis Católicos\", afirma Péres Vigo, quen lembra que \"con anterioridade os galegos eran presentados como rebeldes ou bárbaros\", unha imaxe moi semellante á que Castela constrúe sobre os portugueses a partir da revolta de 1640. \"En principio, até o século XII ou XIII non hai unha imaxe da Galiza negativa en ningún tipo de literatura. Unha vez que o Reino da Galiza perde os seus propios monarcas, e pasa a estar sometido politicamente ao Reino de Castela, que o que fai é promover a cultura castelá, automaticamente ocorre que o que non entra na cultura castelá entra na incultura periférica. Aí empeza un certo supremacismo cultural\", asegura Péres Vigo. O relato racista castelán pasa porque \"a idea de sucidade aparece ligada á Galiza e aí é onde a muller galega aparece referida como tal en todo o relato culto ou popular castelán\". A galaicofobia cebouse coas mulleres galegas As mulleres son unha das principais vítimas da galaicofobia. \"A muller galega até o século XV carece dunha imaxe negativa. No século XVI comeza a aparecer, cando, como consecuencia da situación económica do país, se ven obrigadas a emigrar a Castela. A partir de aí as mulleres galegas convértense no máis baixo no relato castelán. Son presentadas como porcas, aparecen representadas na literatura case sempre con deformidades físicas e moitas veces tratadas como animais. Nalgúns textos as mulleres galegas aparecen como porcas ou vacas\", advirte Péres Vigo. O racismo contra os galegos chega até hoxe. \"A galaicofobia, como unha doenza crónica non só aflora cada certo tempo, senón que leva presente décadas e séculos no pensamento colectivo español. Transmitida xeración tras xeración e perpetuada na sociedade española a través da literatura, dos mass media e da propia linguaxe coloquial\", comenta Péres Vigo, quen destaca que \"hoxe, como onte, a pesar da súa atenuación, e da forzosa continencia que exixe a corrección política, a galaicofobia segue a comportar un fenómeno que marca as relacións galego-españolas\". As páxinas dos medios de comunicación españois ou as declaracións públicas de políticos e intelectuais son significativas ao respecto. Así, por exemplo, en xullo de 2020, a dirixente do Partido Popular Cayetana Álvarez de Toledo non dubidaba en apuntar que os galegos \"non se saben se soben ou baixan, se van ou veñen\". Porén, declaracións deste tipo non son exclusivas do acerbo político da dereita española, como deixou claro en 2014 o director de cinema Pedro Almodóvar, quen cualificou os estafados polas preferentes de Bankia como \"galegos, analfabetos\". Un discurso que goza de normalidade A galaicofobia non é un residuo do pasado. Pola contra, este fenómeno, que Alexandre Péres Vigo dá en cualificar como \"o odio e desprezo ao relativo á Galiza e ás súas xentes\", goza de plena normalidade, sometido a un proceso de actualización permanente conforme as necesidades do proxecto unitario español. Neste sentido, estamos diante dunha construción doutrinal necesaria para afirmar e perpetuar un modelo asentado sobre o papel reitor de Castela, representada por Madrid desde o século XVI e funcional para inocular o autoodio e a falla de consideración polo propio dos galegos. Precisamente, ás orixes, causas, expresións e implicacións deste fenómeno o profesor Péres Vigo dedica a súa tese de doutoramento, dirixida por Manuel Ferreiro e presentada na Universidade da Coruña. Madrid ten un papel chave na articulación do relato galaicófogo. A este respecto, Péres Vigo afirma que \"nun principio , a imaxe do galego é a do salvaxe que non é aínda conquistado, despois é de rebelde, e despois é a do pobre que está en Madrid. No século XVI, Felipe II pon a corte estábel de Castela en Madrid, e iso supón que moita xente da Galiza ten que emigrar alí. Non é unha cidade populosa, mais é onde se concentra a corte. Alí van moitos galegos traballar de oficios humildes: augadeiros, criados, amas de cría. Esa xente reflicte esa realidade marxinalizada, pero coa intención de facer dano\". Péres Vigo centra a súa investigación nos autores do Século de Ouro español porque naquela altura constrúense moitos dos estereotipos contra os galegos. Porén, nas súas palabras \"esta semella arrastrar no pensamento español gran parte da denigrante concepción que o Reino da Galiza mantiña en Castela. Un fenómeno que case cincocentos anos despois segue a lastrar a autoestima do país en todas as súas caras imaxinábeis\"."}
{"ID": "PRAZA_4092", "summary": "Pasaron dos 10,1 millóns de toneladas de 2018 ás 2,5. O impacto na caída da produción eléctrica con carbón fixo que Galicia superase o obxectivo de redución de emisións das térmicas proposto para 2030.", "text": "Un descenso de máis do 75%. Esa foi a caída nas emisións de dióxido de carbono (CO₂) das centrais de carbón situadas en Galicia en 2019 con respecto ao ano anterior. Segundo os datos feitos públicos pola UE, a baixada no principal gas de efecto invernadoiro (GEI) causante da crise climática no país foi dun 75,2%, pasando das 10,1 millóns de toneladas de 2018 ás 2,5 de 2019, situando as emisións totais territoriais destes GEI no nivel máis baixo desde 1990.As emisións de dióxido de carbono das centrais de carbón en Galicia descenderon en máis dun 75% en 2019A central de carbón de Endesa nas Pontes, que anunciou os seus plans de peche este pasado ano, emitiu 2,3 millóns de toneladas fronte aos 7,9 millóns de 2018, segundo a análise dos datos realizadas pola plataforma Galiza, un futuro sen carbón. Esta redución foi tamén importante na central de Naturgy en Meirama, que ten previsto o peche para o vindeiro verán, ao pasar dos 2,2 millóns de toneladas ás 0,2 do pasado ano. Só desde a instalación de Cerceda, por poñer un exemplo, saíron en 2017 2.380.000 toneladas de CO₂, unha cantidade equivalente ao 42% das emisións de gases de efecto invernadoiro de todo o sector do transporte en Galicia ao longo de 2015 (último ano con datos accesíbeis).A drástica redución nas emisións de CO₂ vén provocada pola caída nun 71,6% da produción eléctrica con carbón, derivada da suba do prezo do CO₂ no mercado europeo de emisións, o que restou competitividade a este combustible fronte aos ciclos cominbados a gas natural, menos intensivos nestas emisións. A diminución das emisións de CO₂ das térmicas de carbón en Galicia vai en paralelo á rexistrada en toda a UE, aínda que é moi superior á media europea (-24,3%) e á española (-59,4%). Esta redución, como explica Galiza, un futuro sen carbón, \"seguramente terá aproximado as emisións de GEI por habitante de Galicia á media da Unión Europea\". Porque en Galicia, durante os últimos anos, a elevada xeración eléctrica con carbón provocou que a achega por habitante do país á crise climática fose moi superior á media da UE. En 2017, último ano con datos oficiais para as emisións totais de GEI no país, as nosas emisións por habitante ascendían a 11,2 toneladas, fronte a 7,7 en España e 8,8 na UE.Galicia superou en 2019 obxectivo de redución de emisións das térmicas proposto para 2030O impacto da caída na produción eléctrica con carbón foi tal que en 2019, segundo explica a plataforma, superouse o obxectivo de redución das emisións das térmicas (carbón e ciclos combinados) proposto pola Xunta para 2030. Estaba fixado nun descenso do 54,3% respecto de 1990 e alcanzou xa o 72,2%. Con todo, como aclaran, esa caída na produción das centrais de carbón en 2019 \"non foi compensada pola produción de máis electricidade renovábel senón polo descenso no consumo e na exportación neta de electricidade e mais polo aumento da actividade das centrais de ciclo combinado a gas natural de Sabón (Naturgy) e As Pontes (Endesa)\".Todos os factores anteriores, engaden, provocaron unha forte diminución das emisións totais de CO₂ das centrais térmicas (carbón máis ciclos combinados) e, por conseguinte, do impacto sobre o clima global da produción eléctrica galega. As emisións territoriais totais de GEI de Galicia quedaron no nivel máis baixo desde 1990, hai 30 anos, o que \"demostra que o peche das xa innecesarias centrais de carbón é, de lonxe, a mellor medida ao noso alcance hoxe para reducirmos drasticamente as emisións galegas de GEI\".\"Lamentablemente\", di Galiza, mellor sen carbón, \"o Goberno galego teima en minusvalorar a emerxencia climática e en defender o carbón, por iso a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE) carece de ambición\". Malia o descenso nas emisións, a central das Pontes segue a ser a industria galega con maior impacto climáticoA plataforma aclara que \"a falta de compromiso climático da Xunta non se limita ao sector eléctrico\" e que, \"aínda que os datos oficiais das emisións totais de Galicia en 2019 non se coñecerán até 2021, semella que non serán moi superiores ás que a EGCCE propón como obxectivo para 2030, isto é, 22 millóns de toneladas. E todo indica que, debido á crise económica desencadeada pola Covid-19, as emisións caerán por debaixo desta cifra durante o presente ano.A central de carbón das Pontes, con todo, segue a ser a industria galega con maior impacto climático, malia a importante baixada na súa actividade. Endesa xa manifestou a súa intención de pechar a factoría no segundo semestre de 2021, \"aínda que Xunta, Goberno central e Parlamento galego presionan para que a actividade se manteña mediante a co-combustión de carbón con outros residuos orgánicos e mantendo activos dous dos seus catro grupos\". Hai tan só dúas semanas, o Executivo central, xunto cos principais sindicatos do Estado, selou con Endesa, Naturgy e Iberdrola acordos de transicón xusto para As Pontes e Meirama (Cerceda) co compromiso de manteren o emprego ante o peche das dúas centrais térmicas. Ademais, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) emitiu xa informes favorables para que ambas empresas procedan á clausura das súas centrais en León. As seguintes serán as galegas, cuxo proceso de desmantelamento durará meses e dará traballo o persoal. En comparación con anos anteriores, Endesa segue a ser a empresa responsable do maior volume de emisións directas de CO₂ á atmosfera en Galicia. Naturgy, que pechará a central de carbón de Meirama en 2020, foi desprazada da segunda posición pola fábrica de alúmina-aluminio de San Cibrao. No terceiro lugar sitúase a refinería de petróleo de Repsol na Coruña, con pouco máis de 1 millón de toneladas de CO₂, e en cuarto, a central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes, con máis de 735.000. A planta de ciclo combinado en Sabón e a de Meirama, ambas as dúas de Naturgy, son as seguintes nesta clasificación. Malia a baixada, a central das Pontes é aínda a cuarta instalación de España que máis CO₂ emiteMalia o espectacular descenso nas emisións, a central térmica das Pontes é aínda a cuarta instalación con máis emisións de CO₂ no Estado, só superada por ArcelorMittal, a central de carbón de Aboño e a refinería de Cartagena. Xusto despois sitúase Vueling, mentres que o complexo industrial de Repsol na Coruña sitúase no posto 23º."}
{"ID": "NOS_37045", "summary": "O ente público deberá readmitir e indemnizar a un traballador que non quixo renunciar ás súas vacacións", "text": "A Xustiza vén de condenar a Corporación Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) a readmitir, restituír os salarios e indemnizar por danos un traballador por vulneración de dereitos fundamentais. Así o recolle a Central Unitaria de Traballadores (CUT) nas súas redes sociais, nunha publicación na que cualifican a sentenza de \"boa nova\" xudicial, ao tempo que denuncian que a condena non fai senón evidenciar \"o abuso que exerce a CRTVG sobre as e os traballadores con contratos máis precarios, os de prácticas, aos que cada día acode máis a empresa para paliar a ausencia dun cadro de persoal suficiente para desenvolver as tarefas estruturais\". Segundo relatan no perfil da CUT, o traballador é un compañeiro especialista de montaxe, que levaba un ano co primeiro contrato en prácticas, \"que sempre se prorroga outro ano máis\". Cando estaba a piques de chegar a data de renovación para o segundo ano, que coincidiu co inicio da pandemia, o seu coordinador propúxolle, sempre segundo o relato do sindicato, que cambiase o seu período de vacacións, xa que a pandemia obrigara a suspender varios eventos deportivos e non o necesitaba nese momento. Ao parecer, o traballador argumentou que non lle ía ben cambiar as vacacións que xa tiña programadas e autorizadas. Como represalia automática, o superior xerárquico comunicoulle a relacións laborais que non quería renovarlle o contrato para que traballase ese segundo ano, como é normal e habitual na CRTVG, contan desde a conta da CUT. Vulneración de dereitos O traballador, ante estes feitos, puxo unha demanda por vulneración de dereitos fundamentais, o que iniciou un procedemento xudicial que concluíu a pasada sexta feira coa publicación da sentenza, que condena a CRTVG por despido nulo, obriga a empresa pública á readmisión do traballador (o segundo ano de contrato remataría en marzo de 2021), así como ao pagamento dos salarios que o compañeiro deixou de percibir desde marzo até agora, e ao pagamento dunha indemnización por danos morais de algo máis de 6.000 euros. Desde o sindicato apuntan que o compañeiro se incorpora xa esta fin de semana, no seu horario anterior ao despido, ao seu posto de traballo."}
{"ID": "PRAZA_16372", "summary": "O presidente da Xunta anima os mozos de orixe galega a \"facer a viaxe ao revés\" e instalarse no país, e ve nesa Galicia exterior \"unha fonte de posibilidades para sumar solucións ao problema demográfico\"", "text": "Entre os anos 2013 e 2016, Galicia viu marchar a outros territorios do Estado case 7.000 menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron ao país. Nese último ano debullado polo IGE, o saldo migratorio interautonómico foi de -2.126, mudándose a Madrid máis de 3.300 mozos e mozas, uns 1.800 a Catalunya e preto de 1.600 ás Canarias. No mesmo exercicio, 6.115 persoas novas emigraron fóra de España, aínda que 9.185 chegaron do estranxeiro a terras galegas, provocando un saldo positivo que non fora tal nos peores momentos da crise: entre 2012 e 2015 foron traballar ao estranxeiro 23.000 galegos e galegas. Entre 2013 e 2016, Galicia viu marchar a outras autonomías case 7.000 menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron A emigración, xunto coa baixa natalidade, provocan un grave problema demográfico en Galicia que semella irá a peor. As proxeccións indican que en 2030 o país perderá uns 20.000 habitantes pola diferenza entre nacementos e mortes e gañará arredor de 3.000 pola vía migratoria. Así, o saldo vexetativo, a diferenza entre o número de persoas que nacen e morren, profundará na súa tendencia negativa: de -10.000 en 2016 a case -20.000 dentro de quince anos. Con eses case 10.000 cidadáns menos no pasado ano, o país converteuse na segunda comunidade autónoma que perdeu máis poboación no conxunto do Estado. En 2030, o país perderá uns 20.000 habitantes pola diferenza entre nacementos e mortes e gañará 3.000 pola vía migratoria, segundo as proxeccións O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este martes unha opción para axudar a combater ese problema demográfico, ao animar os descendentes de emigrantes a \"facer a viaxe ao revés\" e asentarse en Galicia. Foi durante acto de entrega de diplomas a 94 mozos descendentes de galegos --residentes en 16 países como Venezuela, a Arxentina ou Cuba-- que participan na primeira edición de Bolsas de Excelencia para cursar másteres no país. No seu discurso, que fixo en castelán, Feijóo advertiulles aos mozos que \"hai unha Galicia aberta\" para eles, mentres observa na \"Galicia exterior unha fonte de posibilidades para sumar solucións ao problema demográfico que se ten desde a década dos anos 80 do século pasado\". \"Hai unha Galicia ansiosa por aproveitar o voso traballo, os vosos coñecementos, as vosas experiencias e as vosas ambicións de futuro\", engadiu, tras aclarar que a Xunta en a \"vontade\" de \"atraer currículos valiosos para incentivar\" que esta xente nova poida \"continuar formándose\" na comunidade e \"valorar a posibilidade de fixar aquí a residencia, o futuro e o traballo\". Feijóo di que a Xunta ten a \"vontade\" de \"incentivar\" que os descendentes de emigrantes \"valoren a posibilidade de fixar a residencia\" no país Feijóo insistiu en indicarlles Galicia como \"un fogar para aqueles que pensen en volver, especialmente desde os países da emigración que peor se atopan política e economicamente nestes momentos\". Así, o presidente da Xunta insistiu en que Galicia \"é bo lugar\" para \"quedar\" e que coas novas xeracións descendentes de emigrados pódese \"facer unha Galicia máis aberta, máis dialogante, máis internacional\". Por iso, chamou \"aproveitar a globalización\" para \"facer a viaxe ao revés\". \"Toca aproveitar esta longa experiencia da emigración da man da vosa xeración\", díxolles. Ademais, fixo fincapé en como o país mudou desde os tempos de emigración dos avós e pais destes mozos. \"É a mellor Galicia que vivimos xamais\", sentenciou, tras destacar que \"agás os irlandeses e os xudeus, non hai un pobo\" como o galego. A deste ano é a primeira convocatoria deste programa que conta co apoio do tres universidades galegas e ten 94 beneficiarios dun total de 16 países, con Venezuela á cabeza, con 23 alumnos. O resto proceden do Brasil (18 beneficiarios), a Arxentina (15), Reino Unido (8), México (7), Uruguai (6), Alemaña (6), Perú (2), Costa Rica (2), Cuba (2), Chile (1), Chipre (1), Francia (1), Panamá (1), Polonia (1) e Suíza (1). Durante o seu discurso, Feijóo mandou un saúdo especial aos participantes chegados de Venezuela, aos que enviou \"un abrazo moi forte\", porque di que lle \"preocupa\" a situación que se vive neste país."}
{"ID": "PRAZA_8610", "summary": "Coma se dun castelo de naipes se tratase, o armazón empresarial de Galicia esboróase desde que lle falta o comodín das caixas de aforros, e arrastra con el decenas de millóns de euros dunha errada política de axudas públicas.", "text": "Coma se dun castelo de naipes se tratase, o armazón empresarial de Galicia esboróase desde que lle falta o comodín das caixas de aforros, e arrastra con el decenas de millóns de euros dunha errada política de axudas públicas. A fusión e posterior desaparición de Caixanova e Caixa Galicia deixaron a economía galega sen o balón de osíxeno que a viña asistindo, e probablemente inflando. A fusión e posterior desaparición de Caixanova e Caixa Galicia deixaron a economía galega sen o balón de osíxeno que a viña asistindo, e probablemente inflando A relación entre a caída da efémera Novacaixagalia e Pescanova é estreita. Aínda que de forma máis indirecta, outras dúas compañías históricas do téxtil e a decoración, Caramelo e Pórtico, cambalean sen o flotador das caixas ao que agarrarse. A semana, que se completa co anuncio de peche de T-Solar, a segunda maior fábrica de placas solares de España, non puido ser máis negra para a economía de Galicia, empeñada en desmentir a mensaxe da Xunta de que capea a crise mellor que o resto. Pescanova, Caramelo e T-Solar afunden ademais con inxentes cantidades de cartos públicos nas súas adegas. O primeiro caso é paradigmático da nova economía postcaixas, que nos anos de crecemento económico, e mesmo despois, entraron no seu accionariado e apoiaron a súa política expansiva con créditos xenerosos. Claro que Pescanova non sería o que é nin tería Manuel Fernández de Sousa ao mando se xa en 1995 o entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, non rescatara ambos con 7.000 millóns de pesetas (42 millóns de euros) das arcas autonómicas, ante o intento de compra pola multinacional Unilever. Noutras moitas axudas en 2004 chegarían outros cinco millóns de euros para ampliar a súa factoría central e despois un plan acuícola á medida. En Caramelo, que o 15 de abril solicitou o concurso de acredores, non cae só o diñeiro das caixas ou o que o multimillonario Manuel Jove obtivo da venda de Fadesa, senón tamén o da Xunta, que posúe o 7,5% do capital e senta no seu consello de administración. Esta semana sóubose que o concurso de acredores solicitado por T-Solar leva o peche da súa planta nas inmediacións de Ourense. Nacida ao amparo das primas ás enerxías renovables e en alianza de Isolux con caixas de aforro, o seu peche enterra decenas de millóns de euros de fondos públicos dun proxecto que naceu ao amparo do Goberno bipartito. No caso do Grupo Pórtico, o principal acredor chámase Novagalicia, o banco herdeiro das caixas, que non está en condicións de ser xeneroso na renegociación da débeda. Cando Jove decidiu entrar en Caramelo a finais de 2008, fíxoo co apoio de 30,5 millóns de euros do bipartito, 27 deles en créditos e avais e o resto, directamente ao capital Cando Jove decidiu entrar en Caramelo a finais de 2008, fíxoo co apoio de 30,5 millóns de euros do bipartito, 27 deles en créditos e avais e o resto, directamente ao capital. Poucos meses despois emprendía o seu primeiro ERE, de 237 traballadores. En 2010, xa con Alberto Núñez Feijóo, a Xunta do PP inxectou outros 5 millóns de euros máis vinculados ao mantemento dos postos de traballo. Tratábase de internacionalizar a empresa, pero o modelo Inditex só lle funciona a Inditex, o xigante galego do téxtil que aguanta impasible no medio do ciclón. A débeda recoñecida de Caramelo ascende a 100 millóns de euros, o 43% dela cos bancos. E si, en efecto, Novagalicia encabeza de longo a lista dos acredores. Aínda que a marca Pórtico poida resultar menos coñecida que Caramelo, o seu volume de emprego é moito maior: 850 traballadores fronte aos 132 da compañía de Manuel Jove e a Xunta. Claro que 500 deles están nas súas casas desde o ERTE de setembro. A crise sorprendeu a empresa cando comezaba a afrontar un investimento de 20 millóns de euros nun almacén robotizado, neste caso sen axudas públicas de ningún tipo. A débeda agora supera os 30 millóns de euros, segundo fontes sindicais, difícil de afrontar cando a caída do consumo se traduce nunhas perdas de ao redor dos 10 millóns de euros anuais. Con todo, a compañía está empeñada nunha difícil negociación cos bancos para tratar de saír adiante. T-Solar, da que a Xunta posúe o 29%, chegou a dar emprego a 250 persoas na súa fábrica do Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense). O pasado mércores, presentou un ERE de extinción para os 170 empregados que conserva, despois de continuados expedientes temporais e de solicitar o concurso voluntario de acredores. O fracaso da compañía é o fracaso das renovables, pero tamén o dunha política económica de axudas multimillonarias sostida por distintos gobernos da Xunta. O golpe de graza á fábrica de paneis solares deullo o decreto de Rajoy que eliminou xa por completo as primas ás renovables. Esta vez non houbo a máis mínima crítica desde o Goberno galego Cando se creou, en 2007, o Executivo de Emilio Pérez Touriño -amigo íntimo de Luís Delso, presidente de Isolux- non o dubidou: 13 millóns de euros en axudas, cinco millóns ao capital social (dun total de 17,5) e un aval de 10 millóns. As caixas, antes da fusión, sindicáronse para conceder préstamos por outros 20 millóns. O Goberno central sumouse á festa de T-Solar: 6,4 millóns de euros do Ministerio de Economía, 2,6 millóns de Educación, 7 millóns de Industria... A Deputación de Ourense achegou o seu gran de area, en forma de 100.000 euros. E cando o Goberno de Zapatero comezou a retirarlles as primas ás renovables, entre grandes críticas de Feijóo, a Xunta achegou cinco millóns de euros máis. O golpe de graza á fábrica de paneis solares deullo o decreto de Rajoy que eliminou xa por completo as primas ás renovables. Esta vez non houbo a máis mínima crítica desde o Goberno galego."}
{"ID": "PRAZA_17293", "summary": "En Marea, PSdeG e BNG reclaman unha verdadeira rede de escolas infantís de 0 a 3 anos pública e gratuíta e a ampliación dos permisos de paternidade e maternidade. Os tres grupos cualifican as políticas actuais de \"insuficientes\" e \"maquillaxe\". O 2017 vai camiño de ser o ano con menos nacementos da historia en Galicia.", "text": "Este martes falouse de conciliación no Parlamento e das medidas que as administracións públicas poden poñer en marcha para facilitar a vida laboral e a crianza de nenos e nenas. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu a petición propia para dar conta das actuacións realizadas ou previstas. E fíxoo cun ton exultante (\"as familias galegas teñen hoxe máis apoios que nunca para facilitar o seu pleno desenvolvemento e a crianza dos seus fillos e fillas\"), destacando algunhas das medidas adoptadas dende a aprobación do Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) en 2015. A oposición reclamou a posta en marcha dunha verdadeira rede de escolas infantís de 0 a 3 anos pública e gratuíta e a ampliación dos permisos de paternidade e maternidade Con todo, os grupos da oposición criticaron con dureza a exposición do conselleiro, cualificando o actual catálogo de medidas de \"parche\" ou \"maquillaxe\" e reclamando a posta en marcha dunha verdadeira rede de escolas infantís de 0 a 3 anos pública e gratuíta e a ampliación dos permisos de paternidade e maternidade. A realidade é que o número de nacementos segue descendendo en Galicia dende a posta en parcha do Programa da Xunta en 2015. En 2016 foron 19.062, fronte aos 19.427 de 2015 e aos 19.630 de 2014. As últimas estatísticas oficiais dispoñibles amosan, ademais, que o 2017 vai camiño de ser o ano con menos nacementos dende que hai datos; nos tres primeiros trimestres naceron 13.649 nenos e nenas, fronte aos 14.353 dos nove primeiros meses de 2016 ou os 13.771 de 1998, o ano con menos nacementos na historia recente (18.538). Ademais, as insuficientes axudas á conciliación seguen a provocar unha moi importante fenda salarial de xénero que en boa medida está provocada polo coidado dos fillos e fillas por parte das nais de forma preferente. A natalidade segue a descender en Galicia, a pesar das medidas postas en marcha pola Xunta hai dous anos Rey Varela destacou \"o reforzamento da rede de atención e coidado\" para nenos e nenas de 0 a 3 anos, subliñando que o vindeiro curso 2018/2019 a ratio de atención en escolas infantís de 0 a 3 anos \"será do 41% en Galicia\", cun total de 24.081 prazas, 1.642 máis que o ano anterior. O conselleiro destacou igualmente o apoio da Xunta á conciliación no rural a través da posta en marcha de novas Casas Niño, que acadan a cifra total de 46, coa previsión de incorporar 15 máis nos vindeiros anos. O Goberno galego quere facer fincapé na apertura de novas escolas infantís en polígonos industriais, pois na actualidade só existen tres financiadas pola Xunta: unha xa en marcha no polígono Río do Pozo de Narón e outras dúas pendentes de construción nas contornas industriais da Pobra do Caramiñal e Mos. Rey Varela prometeu a construción doutras catro. O responsable de Política Social da Xunta salientou na súa intervención, igualmente, a Tarxeta Benvida, que recibiron uns 30.000 nenos e nenas nos dous últimos anos, e o Bono Coidado, ao que accederon unhas 400 familias. Críticas da oposición O 2017 vai camiño de ser o ano con menos nacementos dende que hai datos, empeorando as cifras de 1998, que foran as máis baixas da historia Polo grupo de En Marea, Paula Verao reclamou o establecemento dunha rede de escolas infantís publicas para a etapa de 0 a 3 anos e apostar pola ampliación dos permisos de maternidade e paternidade cada vez máis alongados e iguais. \"Combinar estes dous elementos é fundamental para a conciliación e para posibilitar ás distintas unidades de convivencia ter as crianzas que desexen\", dixo. Verao destacou que \"entre os factores que condicionan a baixa natalidade está a desigualdade das mulleres, no plano do traballo remunerado e no traballo de coidados\" e que \"para eliminar esta desigualdade hai que adoptar políticas transformadoras en ambos os dous planos\". A deputada de En Marea lembrou igualmente que a oferta de escolas infantís \"non é homoxénea no territorio, habendo zonas con prazas libres e outras cun acusado déficit de prazas en escolas infantís, como as cidades de Lugo ou Vigo\" e criticou que a Xunta está \"apostando por consolidar o modelo de concerto e privatización, a través do bono concilia e nin sequera o bono concilia cobre a demanda\". Na súa réplica o PSdeG cualificou de \"maquillaxe\" as políticas de conciliación do Goberno galego. Noela Blanco acusou a Xunta de aplicar unhas políticas sociais \"insuficientes\" que levan a \"debilitar a rede pública de atención aos nenos e nenas, aos nosos maiores e ás persoas con discapacidade\". Blanco denunciou que o Goberno galego converte a conciliación nun \"xogo de malabares para as mulleres e unha misión imposible para as monomarentais\" e lembrou que o peso dos coidados na casa \"segue recaendo nas mulleres\". A deputada socialista subliñou que as escolas infantís públicas \"seguen sendo completamente insuficientes\", como demostra o feito -dixo- de que aínda que hai menos nenos e nenas, \"hai unha lista de agarda provisional de 3.800, que acabarán como todos os anos derivándoos a centros privados\". O PSdeG-PSOE tamén acusa a Xunta de \"deixar sen executar o 70 por cento do orzamento para facer escolas públicas nos polígonos industriais e o 54 por cento das partidas para casas-niño\". Aínda que hai menos nenos e nenas, \"hai unha lista de agarda provisional de 3.800, que acabarán como todos os anos derivándoos a centros privados\", denuncia Noela Blanco (PSdeG) Finalmente, polo BNG Montse Prado cualificou a intervención de Rey Varela de \"catálogo recompilatorio\" de medidas xa coñecidas que só buscaba -dixo- \"un titular nos medios baixo o epígrafe de Galicia, o mellor lugar para atención ás familias\". Para Prado, o conselleiro \"perdeu a oportunidade de presentar medidas destinadas a solucionar os graves problemas que afectan ás familias en Galiza, entre os que destacou a atención e conciliación\". O BNG acusa a Xunta de limitarse a poñer \"parches\" de ter aproveitado a crise \"para desmantelar e non desenvolver unha rede pública de servizos sociais, secundarizando as prioridades para beneficiar a empresas privadas\". Finalmente, Prado acusou a Rey Varela de \"non cumprir a lei en materia de conciliación\" na propia consellería que dirixe: \"As traballadoras do Consorcio están a denunciar nos xulgados a vulneración dos seus dereitos para lactancia, adaptación de postos de traballo ou riscos laborais durante o embarazo\"."}
{"ID": "PRAZA_17972", "summary": "CON VÍDEO | Tras reclamarllo o martes as vítimas ao ministro Ábalos, Fomento deixa caer a Antonio Lanchares, quen un ano antes do accidente pedira ao seu homólogo de Adif desconectar a seguridade dos Alvia HEMEROTECA | Renfe eloxia o seu directivo imputado que mantivo avariada dous anos a seguridade en Angrois", "text": "HEMEROTECA | Renfe eloxia o seu directivo imputado que mantivo avariada dous anos a seguridade en Angrois O Ministerio de Fomento vén de aceptar a dimisión como director de Seguridade na Circulación de Renfe de Antonio Lanchares, imputado na causa xudicial polo accidente do tren Alvia en Santiago que o 24 de xullo de 2013 deixou 80 mortos e 144 feridos na curva de Angrois. O xuíz considera que Lanchares e o seu homólogo en Adif, Andrés Cortabitarte, reduciron a seguridade dos Alvia na curva de Angrois sen avaliar como debían o risco que alí existía dun descarrilamento por despiste como o que sufriu o maquinista do tren, Francisco José Garzón, tamén imputado. Vítimas do accidente viñan reclamando desde hai anos o cesamento de Lanchares e así llo pediron en persoa o pasado martes ao novo ministro de Fomento, o socialista José Luis Ábalos, que se comprometeu a estudalo. Segundo confirman a este diario fontes do ministerio, tras ese encontro Lanchares, cuxa continuidade xa estaba a ser cuestionada polo actual equipo de Fomento, presentou a súa dimisión e foille aceptada, ao contrario que pasou hai uns meses, cando tras a súa imputación fixo o mesmo pero o daquela equipo directivo de Renfe, do PP, o mantivo no cargo. Tras reclamarllo o martes as vítimas ao ministro Ábalos, Fomento deixa caer a Antonio Lanchares, quen un ano antes do accidente pedira ao seu homólogo de Adif desconectar a seguridade dos Alvia Lanchares foi quen en xuño de 2012, un ano e un mes antes do sinistro, pediu ao seu homólogo de Adif, Andrés Cortabitarte, permiso para desconectar o sistema de control constante da velocidade propio do AVE (ERTMS) a bordo dos trens Alvia na liña entre Ourense e Santiago porque daba fallos. A avaría, que Adif sempre defendeu que se producía nos trens e non nas súas vías, debería estar reparada nun mes, pero non foi así e os Alvia seguiron circulando sen ERTMS ata que un ano e un mes despois un deles descarrilou en Angrois por exceso de velocidade. Tras ese sinistro, Adif instalou outras medidas de seguridade convencionais, pero o ERTMS non foi reparado e posto en servizo novamente a bordo dos Alvia de Renfe ata outro ano e un mes despois, en agosto de 2014. En total, baixo a dirección de Lanchares o ERTMS permaneceu desactivado a bordo dos Alvia dous anos e dous meses. Así como Cortabitarte deixara de ser director de Seguridade de Adif pouco antes de que se producise o accidente e hoxe ocupa postos de rango inferior -pero igualmente de libre designación-, Lanchares leva ocupando ese posto en Renfe desde hai máis dunha década. A súa imputación na causa xudicial produciuse en outubro de 2017, derivada da declaración ante o xuíz tres meses antes do daquela principal investigado, Cortabitarte, que desviara a responsabilidade a subordinados seus e outros departamentos como Renfe, o que acabou provocando a actual imputación doutras cinco persoas ademais el mesmo e do maquinista. No seu auto, o xuíz salienta que \"non podemos obviar\" que Lanchares foi quen solicitou a desconexión do sistema de seguridade nos Alvia \"sen que conste que, con carácter previo, se realizase unha previa avaliación do risco que podería representar para a seguridade na circulación tal desconexión que, se ben en principio prevíase temporal, á postre mantívose durante case un ano e estaba vixente á data do accidente\". Durante o anterior Goberno, Renfe eloxiou e avalou a Lanchares, ao que mantivo no seu posto Tras a súa imputación, e antes da súa declaración ante o xulgado, Renfe, daquela controlada polo PP, eloxiou e avalou a Lanchares, ao que mantivo no seu posto mesmo despois de que este amagase con dimitir. Na súa comparecencia ante o xuíz en novembro do pasado ano o imputado argumentou que nin Adif nin os seus subordinados o avisaron do risco existente en Angrois. Tamén dixo que a decisión de desconectar o sistema de seguridade a bordo dos Alvia \"nunca\" podía ser considerada como un cambio significativo que obrigase a realizar unha análise específica do risco que supuña. Porén, a Axencia Ferroviaria Europea presentou o pasado xuño un informe no xulgado no que di expresamente que esa desconexión si debía ser considerada un cambio \"significativo e cun impacto na seguridade, cuxos riscos débense avaliar sistematicamente\" e sinalaba que esa análise debía ser realizada tanto por Adif como por Renfe. O pasado martes vítimas de Angrois puxeron ante o ministro ese feito como exemplo do descoñecemento de Lanchares da normativa de seguridade europea que ao seu xuízo o inhabilitaba para seguir no cargo. En 2014 o propio Lanchares admitira no Congreso que se sentía \"fracasado\" tras o accidente de Angrois Moito antes da súa imputación, en outubro de 2014 Lanchares compareceu no Congreso na subcomisión de avaliación do sistema ferroviario español en xeral que se creou tras o accidente de Angrois. As sesións eran a porta pechada, pero as intervencións foron recollidas en actas. Segundo ese documento, na súa intervención Lanchares desviou ao fabricante a responsabilidade da demora na reparación do ERTMS. Pero rematou a súa intervención asumindo o seu \"fracaso\": \"Vaia desde aquí a miña lamentación e a miña condolencia coas vítimas. Como responsable de seguridade síntome, digamos, fracasado e lamento o accidente\", dixo daquela Lanchares no Congreso."}
{"ID": "NOS_6021", "summary": "O Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa organiza o ciclo '(Des)Encontros Galego-Portugueses' que aborda en Lisboa a partir de mañá (e ao longo de marzo, abril e maio) as relacións históricas e actuais entre os dous países.", "text": "O Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova Lisboa (FCSH/NOVA) organiza o ciclo de eventos (Des)Encontros Galego-Portugueses, que terá lugar en Lisboa durante os meses de marzo, abril e maio no local da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Estruturado en seis sesións monográficas, abordará temas como a lingua, a historia e a cultura da fronteira, a emigración, as loitas pola democracia ou a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura. A primeira sesión terá lugar o próximo 4 de marzo, ás 19h, e estará centrada na lingua. Contará coa presenza de Marco Neves, tradutor e profesor da FCSH/NOVA, e de José Ramom Pichel, enxeñeiro informático e investigador na área dos sistemas de tradución. A intervención de Neves leva por título \"Galego: a língua invisível\", e nela interrogarase polas razóns que dificultan aos portugueses recoñecer o galego, ademais de avaliar as vantaxes que o reencontro co galego poderían fornecer para Portugal. A intervención de Pichel, titulada \"Galiza, essa peça de Tetris linguística a configurar e encaixar entre os relatos de Espanha e Portugal\", abordará a eliminación do galego do relato político e lingüístico portugués, así como as novas perspectivas que a expansión da Web, a flexibilización das fronteiras ou a Lei Valentín Paz Andrade conceden aos falantes de galego no futuro inmediato. A segunda sesión terá lugar o 18 de marzo. Nela, a antropóloga e profesora da FCSH/NOVA, Paula Godinho afondará na historia do Couto Mixto, especialmente no tratado asinado en 1864 polos estados español e portugués e nos procesos de resistencia desenvolvidos polas poboacións afectadas. O día 8 de abril, Carlos Pazos, profesor da Universidade do Minho, ofrecerá as súas reflexións sobre as imaxes e os estereotipos que sobre a Galiza e as persoas galegas se foron xerando en Portugal ao longo da historia, nunha conferencia titulada \"Dos gallegos de exportação à Eurorregião. Visões lusas da Galiza e os galegos\". A cuarta sesión do ciclo será realizada o 22 de abril e estará centrada nos procesos de resistencia ás ditaduras salazarista e franquista. Con este motivo, será exhibido o filme Santa Liberdade da realizadora galega Margarita Ledo Andión. O día 7 de maio regresa o tema da emigración ao ciclo, a través dunha visita guiada polos espazos máis importantes da historia da comunidade galega en Lisboa, como o barrio da Bica onde durante moitos anos os galegos desenvolveron o oficio de aguadeiros e coñecido naquela época como a \"Illa dos galegos\". Pechará o ciclo, o 20 de maio, unha conferencia de Mercedes Queixas Zas sobre a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura, nunha ponencia que leva por título \"Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina\". O Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses é organizado en parcería co Centro Galego de Lisboa e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Fai parte do programa de actividades culturais do Centro de Estudos Galegos da FCSH/NOVA, que integra a rede de Centros de Estudos Galegos no exterior da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este programa completarase nos próximos meses con outros eventos, como as visitas a Lisboa da escritora Teresa Moure (16 a 18 de marzo) e da antropóloga Luzia Oca González (19 e 20 de abril)."}
{"ID": "NOS_39555", "summary": "As diferenzas no seo de En Marea non son de matiz. Atinxen a propia cerna do proxecto. O núcleo dirixente -por volta de Luís Villares- concibe En Marea como un partido nacional galego de afiliación individual. Podemos e Esquerda Unida, os parceiros de Anova con vínculos estatais, vena simplesmente como unha plataforma electoral.", "text": "O último plenario de En Marea, decorrido este sábado en Compostela, caracterizouse por dous trazos. O primeiro, a escasa concorrencia, pouco máis de 250 persoas, a menor convocatoria dos conclaves da confluencia. A segunda, as significativas ausencias. Non só orgánicas -Podemos e Esquerda Unida-, mais tamén persoais, os tres tenores da Coruña, Compostela Ferrol. A incomparecencia de Ferreiro, Noriega e Suárez é especialmente significativa, sendo que o plenario se debruzou fundamentalmente sobre a estratexia a seguir nos concellos con vistas ás decisivas municipais de 2019. Quen si estivo desta volta con Villares -e non é pouco apoio, dada a súa forza icónica dentro da confluencia- foi Xosé Manuel Beiras, quen non se limitou a estar, senón que lanzou frechas á facción parlamentar de En Marea non adicta á oficialidade. \"Calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar os cidadáns que o elixiron\", acotou o veterano político de Brión. E, plenamente consciente do ruído que costuman facer as súas declaracións, aínda engadiu: \"Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro\". Os míseis beiristas ían dirixidos a Podemos e Esquerda Unida, renuentes a recoñecer o liderado de Villares. A situación de Beiras dentro da confluencia, aliás, é dun estraño equilibrio. Non sempre está na mesma posición. De feito, a cúpula do grupo do que continúa sendo o máximo referente, a Anova que agora lidera Antón Sánchez, está na oposición interna. Anova ve con moitas reservas a influencia que Cerna, a corrente dirixida por Mario López Rico e Luís Eyré Palleiro, exerce sobre o portavoz orgánico e parlamentar de En Marea. Mais, alén das escaramuzas típicas dunha organización composta por distintos segmentos partidarios, o conflito na Marea remite para un asunto non menor, a súa propia esencia. Hai un posicionamento colectivo -a asemblea constitutiva de xullo de 2016 en Vigo- que definiu a formación como un partido instrumental de afiliación individual. Mais a partir daí a interpretación dese acordo difere sustancialmente entre a oficialidade do sector nucleado arredor de Villares e a oposición interna. Para aquel o partido instrumental é un partido nacional galego e o natural é que as partes -os partidos pre-existentes- fosen camiñando cara á extinción. Para a corrente crítica, o partido instrumental é só unha plataforma eleitoral. Dito en palabras pronuciadas esta segunda feira por Carmen Santos, parlamentar e secretaria xeral na Galiza da formación liderada por Pablo Iglesias: \"Podemos é un partido político autónomo como defendimos sempre. Un partido instrumental é un partido instrumental para se apresentar ás eleccións\". Esa mesma consideración de En Marea como simples artefacto eleitoral tena tamén Eva Solla, coordenadora nacional de Esquerda Unida. Solla evitou entrar en discusión con Beiras, mais deixou ben claro que unha cousa è EU e outra En Marea: \"Xa dixemos que non faríamos ningunha avaliación nen a esta intervención [por Beiras] nen a un plenario no que non participamos\", alegou esta segunda feira nunha conferencia de imprensa. O equilibrio interno pode rachar en calquera momento. Oficialidade e oposición acumulan forzas. É nesa perspectiva onde cobra pleno sentido a contra-cimeira municipalista que preparan as marés municipalistas lideradas pola Marea Atlántica -claramente críticas coa dirección da confluencia- para o próximo 28 de abril en Mos."}
{"ID": "PRAZA_16643", "summary": "ENTREVISTA | Este venres o Colexio Oficial de Traballo Social celebra en Compostela unha xornada de encontro e formación, coincidindo co Día Mundial do Traballo Social. Falamos con Antía Sobrino, vicepresidenta da entidade", "text": "Este venres o Colexio Oficial de Traballo Social celebra en Compostela unha xornada de encontro e formación, coincidindo co Día Mundial do Traballo Social. O encontro, que terá lugar no Centro Cívico de Fontiñas a partir das 17 horas comezará cunha presentación a cargo da presidenta da entidade, Miriam Rodríguez Sierra. Haberá unha sesión técnica, a cargo de Carmen Rodríguez (vogalía de Comunicación), e dúas ponencias: unha sobre ética e deontoloxía no Traballo Social (Saleta de Salvador Agra) e outra sobre proteccións de datos nos Servizos Sociais (María Elena Puñal Romarís). Finalmente, entregaranse os premios (de Investigación, Boas Prácticas e TFG/TFM) e haberá unha homenaxe á colexiación polos 25 anos anos da entidade. Os actos pecharanse cunha intervención de Antía Sobrino, vicepresidenta do Colexio, con quen falamos. As xornadas vanse emitir en directo en streaming, vídeos que poderán consultarse tamén nos días seguintes a través da web do COTSG. Sobrino salienta que as sesións \"vanse realizar nun centro cívico, porque cremos que os recursos da comunidade deben estar dispoñibles e ser aproveitados\". \"Temos que estar presentes en todos aqueles sitios nos que poidamos facer falta. Por desgraza en moitos sitios non nos teñen suficientemente valoradas\" Cales son os principais retos dos Servizos Sociais e das profesionais do Traballo Social neste momento en Galicia? O maior reto é tratar de chegar a todas as persoas que nestes momentos están precisando dalgún tipo de axuda que pode provir do traballo social: as persoas en risco de exclusión, as persoas dependentes... Temos que estar presentes en todos aqueles sitios nos que poidamos facer falta. Por desgraza en moitos sitios non nos teñen suficientemente valoradas. Dende o Colexio o que queremos é explicar a nosa profesión, amosarlle á sociedade por que facemos falta, que non nos vexan simplemente como xestoras de recursos, senón como persoas que estamos para traballar no benestar social da poboación e da comunidade en xeral. É importante aínda salientar o labor que facedes as persoas que estades nesa primeira liña, pola vosa capacidade para detectar situacións de risco e necesidades que teñen as persoas coas que traballades, non si? Hai situacións nas que se nos achega unha persoa porque necesita unha axuda para poder, por exemplo, mercar unhas gafas. Nunha primeira intervención comezas a establecer unha relación de confianza coa persoa que acude aos servizos sociais e iso pode derivar en que co tempo coñezas a súa familia, poidas detectar outras necesidades que esas persoas poden ter, tanto a nivel material, como na ensino dos e das menores ou na xestión doutros asuntos. Non estamos só para cubrir papeis, senón que a nosa intervención debe ser moito máis integral, buscando o benestar das persoas como primeiro obxectivo. Por desgraza non sempre podemos cumprir todas estas funcións. \"Non estamos só para cubrir papeis, senón que a nosa intervención debe ser moito máis integral, buscando o benestar das persoas como primeiro obxectivo\" Que necesidades tedes? Que sería preciso para poder cumprir esas funcións? Por un lado necesitamos máis persoal, tanto nos servizos sociais públicos coma nos servizos sociais privados, porque case todas as profesionais están a sufrir unha gran sobrecarga de traballo. Necesitamos, ademais, máis recursos cos que poder intervir. Por exemplo máis prazas en residencias para maiores, en centros de día, en centros de atención a discapacidades, en escolas infantís... E máis axudas económicas para que estas persoas poidan facer fronte ás necesidades básicas. A nivel organizativo prevedes cambios no Colexio? Partindo da realidade xeográfica de Galicia e da dispersión da poboación, dende o COTSG queremos contar cunha persoa de referencia en cada provincia, para que as persoas que están máis lonxe de Compostela se poidan dirixir con máis facilidade ao Colexio. \"Coa crise viuse que calquera persoa pode precisar nalgún momento dos servizos sociais\" Ao longo da crise económica cambiou o tipo de persoas que se achegaban aos Servizos Sociais ou as súas necesidades? Antes da crise o perfil das persoas que facían uso dos servizos sociais estaba moito máis estereotipado. Pero coa crise viuse que calquera persoa pode precisar nalgún momento dos servizos sociais. Nós xestionamos dereitos que a xente ten pero moitas persoas aínda se achegan a nós cun pouco de vergoña de atoparse nesa situación. Eu neses casos sempre me digo que eu podería ser quen estivese do outro lado da mesa. Un dos grandes problemas que estamos atopando é o da precariedade no emprego; se unha persoa atopa un emprego pero só lle dura un mes, iso non lle vai solucionar a maior parte dos problemas que sofre. Pode que haxa quen saíu da crise, pero dende logo esa recuperación non chegou a todos os sectores que se viron golpeados por ela. \"Os datos cos que traballamos nos servizos sociais son datos moi protexidos, da mesma maneira que están protexidos os datos sanitarios\" Dedicades unha sesión á protección de datos. Na actualidade esta información está correctamente protexida? Moita xente non é consciente que os datos cos que traballamos nos servizos sociais son datos moi protexidos, da mesma maneira que están protexidos os datos sanitarios. Para iso utilizamos numerosas ferramentas, que serven para garantir esta protección, e parecíanos importante destacalo nestas xornadas. Nós aseguramos a confidencialidade dos datos e utilizámolos unicamente para aqueles fins para os que foron obtidos. Temos un código deontolóxico, como ten a Medicina, e queremos remarcar que traballamos en todo momento tendo como obxectivo a salvagarda dos dereitos da persoa coa que estamos a traballar."}
{"ID": "NOS_33637", "summary": "Atrifoga afirma que isto \"mingua a operatividade\" e ten consecuencias concretas: motobombas paradas, centros de coordinación de distritos que non están operativos as 24 horas ou torres e casetas de vixiancia fechadas en gran parte das quendas.", "text": "Os anos nos que os incendios forestais que afectaban Galiza se concentraban entre os meses de xullo e setembro semella que son pasado. A propia Xunta decretou o pasado 13 de abril a alerta por alto risco de incendios e a desestacionalización dos lumes é algo sobre o que os profesionais levan advertindo nestes anos. Porén, e como teñen denunciado desde a Asociación de traballadores de incendios forestais de Galiza, Atrifoga, lamentan que a Xunta non asuma estes cambios e que manteña en situacións como a vivida nestas semanas un operativo que desaproveita centos de profesionais. Hai 436 efectivos que con contratados entre xullo e setembro, no que tradicionalmente era a tempada de alto risco de incendios. Tres meses aos ano. Mais, apontan, os incendios asolan os montes galegos tamén fóra deses tres meses. Mais a administración galega non recorre a eles. E iso, afirman, \"merma a operatividade do servizo\" e propicia que se produzan \"situacións inexplicábeis\". Situacións das que poñen exemplos: centros de coordinación dos distritos que non están operativos das 24 horas, casetas ou torres de vixilancia contra incendios forestais que se fechan \"gran parte das quendas\", ou motobombas de servizo que \"permanecen paradas, na base, ao non dispoñer de suficientes condutores\". Atrifoga lembra que nos catro primeiros meses de este ano xa arderon máis de 3.500 hectáreas en Galiza. Indicador de que se precisa un servizo dimensionado á nova realidade da desestacionalización dos lumes forestais. A asociación lembra, aliás, a precariedade da súa situación laboral: contratados por só tres meses, cuns contratos \"en fraude de lei segundo Inspección de Traballo\" e sentencias xudiciais, e sometidos a desprotección social. ."}
{"ID": "NOS_28341", "summary": "Marta Pazos, directora artística da compañía Voadora, estreará no Teatre Lliure de Barcelona, o vindeiro 3 de febreiro, unha adaptación ao teatro de 'Viaxe á lúa', o único guión cinematográfico que deixou García Lorca. Pazos consegue ser así a primeira que dirixe un espectáculo no mítico espazo catalán.", "text": "Non se pode obviar que durante a súa viaxe a Nova York, Federico García Lorca presenciou en primeira fila iso que agora chamamos o \"crac do 29\", a máis célebre crise do capitalismo. Aquela cidade onde o poeta viu \"os camareiros e os cociñeiros e os que limpan coa lingua / as feridas dos millonarios\" deu lugar a un libro –Poeta en Nova York– que suporía unha viraxe case copernicana na súa obra, mais tamén foi a cidade onde escribiu o seu único guión cinematográfico, Viaxe á lúa, setenta e dúas secuencias dunha película sen discurso narrativo, na que se suceden lúas que vomitan, bágoas que son peixes, mans que asfixian paxaros e estrañas imaxes de violencia contra mulleres e menores. Un universo onírico cuxa escura simboloxía non oculta a reacción ante un mundo tomado pola velocidade, a adoración irracional da técnica e a violencia. Un mundo que mantén moitos paralelismos co momento actual. Marta Pazos (Pontevedra 1976), directora artística da compañía Voadora, levará ás táboas do Teatre Lliure de Barcelona todo ese caudal de imaxes na primeira incursión dunha artista galega dirixindo nese templo do teatro catalán. \"En realidade, xa colaborara con eles: Je suis narcissiste [a ópera que Pazos estreou no Teatro Real de Madrid e que foi finalista dos International Opera Awards] contaba entre os coprodutores ao Teatre Lliure, mais esta é a primeira vez que desenvolvemos todo o proxecto nesta casa\", declara Marta Pazos en conversa con Nós Diario. \"Lorca escribe a obra a finais dos 'loucos anos vinte' e nós estreamos o espectáculo a principios destes louquísimos anos vinte\", afirma Pazos entre risas. \"Efectivamente, hai moitos paralelismos coa situación actual, como se a humanidade estivese a pasar polas mesmas paisaxes. Interesábame moito reflectir esa situación en que o autor parece sentirse moi pequeno ante o mundo. Non só pola inmensidade dunha cidade cunhas dimensións descoñecidas até entón, senón porque nese momento o mundo tal e como se coñecía até ese intre estaba derrubándose e había que reformularse todo: o sistema, a sociedade… Con moitos matices, penso que estamos nun tempo moi semellante, e por iso parecía pertinente levalo a escena\". Embaixadores do teatro galego Voadora é con seguridade a compañía galega que maior proxección exterior está tendo nos últimos tempos. A estrea no Lliure continúa no ronsel dun monllo de coproducións que a levaron a Porto, Lisboa, Madrid ou Francia, entre outros moitos lugares onde a súa estética –fortemente cargada de referencias artísticas e cunha impronta plástica que deixa un enérxico impacto visual no público– non pasou desapercibida. Nesta Viaxe á lúa, o herdo das vangardas históricas é moi evidente, e conflúe coa particular linguaxe da directora. \"Eu non coñecía esta obra\", confesa Pazos. \"Enviouma Pomba Luxilde, de Teatro Baixo a Area, que acaba de estrear Poeta en Nova York en galego. Ela fíxome chegar a obra sinalando as coincidencias entre as imaxes que se suceden no guión e moitos elementos da estética das miñas montaxes, e teño que llo agradecer moitísimo, porque cando o lin, decateime tanto da súa beleza como da dificultade de levalo á escena. Mais cando empecei a traballar foi todo como un xogo: habitualmente eu traballo desde a palabra e sempre hai algo que teño que atravesar para chegar á imaxe. Nesta montaxe, pola contra, todo é un diálogo constante coa poesía visual e todo resultou moi doado e pracenteiro. A complexidade veu máis polo complicado que é transportar a linguaxe cinematográfica –de cinema mudo, ademais– ao teatro. Foi un reto adaptar a obra desde os principio do teatro, sen apoiarnos en filmacións nin no vídeo\". O reto foi compartido polo teatro: \"Traballar no Lliure resulta moi especial non só pola grande historia que ten, senón polo ben que comprenden os procesos de creación artística. O proxecto, en principio, ía ser pór en escena o Baal de Bertolt Brecht, mais axiña o proceso me levou a cambiar de obra, e contei cunha absoluta liberdade e co apoio de toda a equipa para mudar o plan\". A crebadiza situación do teatro nestes momentos obriga a falar con cautela de calquera evento próximo, mais Pazos mantén unha febril axenda de traballo: \"Temos que ser conscientes de que o que lle dá sentido a esta época é o aquí e agora. Nunca sabes que é o que se vai poder facer ao día seguinte, mais é curioso ver como a xente ten ganas de ver teatro, como un espazo de ficción é o lugar que reflicte a realidade á que queremos volver\". Unha axenda que esquiva a pandemia Marta Pazos abrirá en febreiro o festival Escenas do Cambio de Compostela con Sincro. Dirixirá a posta en escena de Tanatologia, de Xavier Uriz no Teatre Principal de Palma de Mallorca, e presentará, en xuño, a súa versión do Othello de Shakespeare no Teatro de La Abadía de Madrid."}
{"ID": "NOS_1652", "summary": "O refraneiro popular predí chuvias, un día si e outro non, durante os próximos 40 días.", "text": "Compostela celebra hoxe o Día da Ascensión, unha xornada marcada no calendario como non laborábel. A pandemia provocou que xa o ano pasado as imaxes da Alameda, con polbeirías ateigadas de persoas, non se repetisen, e desta vez, aínda que as festas máis populares entre os composteláns regresaron timidamente, con limitacións propias da situación sanitaria, mais fano entre intensas chuvias. Segundo o refraneiro popular, \"cando marzo maiea, maio marcea\". E así está a ser. De feito, a tradición oral prognostica outros 40 días de chuvia, un si e un non. \"Se chove na Ascensión, 40 días de choiva son, un si e un non\". De momento, o refrán semella ter a razón, pois Meteogalicia prevé intensas chuvias para a mañá da quinta feira, nubes e claros para a sexta feira e chuvias, de novo, o sábado. Cúmprase ou non o refrán, en Compostela aínda quedan xornadas de festa. A cita cabalar e as atraccións da Alameda non entran no cartaz, mais si os cabezudos, sen ruada e na praza da Quintana, e o torneo de chave. O prato forte das festas é o concerto de Andrés Suárez, na noite da quinta feira no Obradoiro. Tamén actuarán Cepeda e Sidecars. As entradas, de balde, están dispoñíbeis no Teatro Principal. As galegas De Vacas actuarán na sexta feira ás 20 horas no Obradoiro e os cataláns María Arnal e Marcel Bagés farán o propio o sábado. A Banda de Música ofrecerá dous concertos: un esta tarde na Quintana, con Brincadeira, ás 19.30 horas, e o día 16 en solitario. As crianzas teñen a súa propia programación, con espectáculos todos os días na Alameda que requiren de entrada, tamén de balde. O teatro chegará ao Principal na tarde do día 13, ás 20 horas, con Crónica dunha heterosexual insatisfeita. Prognóstico do tempo Esta quinta feira espérase a chegada dunha fronte activa que traerá un día de ceo parcialmente nubrado con choivas puntualmente intensas pola mañá e unha tarde de chuvascos ocasionais con apertura de claros. Segundo a información publicada por Meteogalicia, o vento soprará de compoñente oeste moderado, virando a norte pola noite. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 20 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 10 graos en Lugo e Santiago."}
{"ID": "NOS_55735", "summary": "A través dun comunicado publicado tamén nas redes sociais, Nós-Unidade Popular valora de maneira positiva o encontro desenvolvido coa executiva do BNG por se sentar as bases dun \"clima de confianza!\" que supere o \"anómalo período de ausencia de vías de diálogo\".", "text": "O encontro que tivo lugar o pasado día 16 entre as direccións de Nós-UP co BNG foi avaliado polos primeiros como un paso adiante na normalización da relación entre as dúas forzas \"sentando as bases para un clima de confianza e mutuo respecto que permitirá progresivamente a superación dun longo e anómalo período de ausencia de vías de diálogo e comunicaçom, e de hostilidade política\". Tese soberanistas No seu comunicado, Nós-UP non só valora o resultado do encontro senón tamén transmite a súa satisfacción pola aproximación do BNG ás posicións soberanistas e antineoliberais, e resituar a rúa como espazo esencial das loitas populares\", o que permitirá consolidar accións e respostas conxuntas. Segundo Nós-UP, as dús forzas coincidiron tamén na análise do diagnóstico da grave situación social e económica actual alén de na idea de que a vía estatutaria está esgotada e que a solución se atopa na soberanía nacional. Por todo isto, na súa idea está contribuír a un \"amplo e plural movemento sociopolítico soberanista de masas, de carácter suprapartidario, que de posicións de esquerda e feministas, conduza á acumulación de forzas populares para a ruptura democrática e un proceso constituínte galego\"."}
{"ID": "NOS_12402", "summary": "O BNG reclama cunha Proposición non de lei iniciar de novo a escolla de maneira \"limpa e transparente\".", "text": "A organización frontista presentou através da portavoz de Cultura, Ana Pontón, unha iniciativa na que insta o goberno galego e, no concreto, a Consellaría de Cultura a \"enderezar\" o camiño na xestión do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) após a demisión da integrante do Padroado, Marisa Sobrino. Sobrino, como avanzou Sermos Galiza, abandonou o órgao poucos días despois de se coñecer o nome do que será seu novo director, Santiago Olmo e sen que se respostasen as alegacións presentadas polos dous finalistas galegos ao proceso de selección. Na súa dura despedida, publicada no seu Facebook persoal, a profesora e investigadora na historia da arte galega, non dubidou en verter duras acusacións sobre o deterioro do centro e o abandono e control por parte da administración. Desde o Bloque aseguran que a saída de Marisa Sobrino responde á \"situación anómala\" que atinxe o CGAC e á política cultural do Partido Popular reducida, denunciou Pontón, a \"seguir dilapidando fondos na Cidade da Cultura\", proxecto, que ao seu entender, \"non ten impacto positivo no panorama cultural galego\". Asemade, a parlamentar nacionalista calificou de \"opaca\" e \"sen rigor\" a xestión cultural da Xunta sinalando que a escolla do novo director do CGAC \"non é unha convocatoria limpa e está feita a medida dun nome\". Neste senso, exixen a convocatoria dun novo concurso suxeito á lexislación vixente."}
{"ID": "PRAZA_600", "summary": "SOS Sanidade Pública realizou unha acción na Coruña, un 'muro defensivo simbólico' contra o avance dos recortes e as privatizacións, para presentar as mobilizacións que se realizarán en todas as cidades galegas o vindeiro xoves 19", "text": "O BNG denuncia o \"colapso\" da sanidade en Vigo cun hospital de campaña na rúa \"Máis que nunca é necesario facer entre todos, cidadanía, pacientes e profesionais, un muro de defensa da nosa sanidade pública. Máis que nunca temos que berrar moi forte 'Non pasarán'. Non destrocen máis a sanidade de todos, a sanidade pública\". As portas do ambulatorio do Ventorrillo, na Coruña, acolleron este luns unha acción da plataforma SOS Sanidade Pública, un simbólico muro defensivo en representación da loita que profesionais, pacientes e entidades de todo o tipo están a realizar para frear o avance das privatizacións e dos recortes. Máis dun cento de persoas participaron na convocatoria, que demostrou -en palabras de Ramón Veras, voceiro da plataforma na Coruña- que \"os profesionais estamos de garda en defensa da sanidade pública\". Despois de ler o manifesto, os seus organizadores chamaron a formar, enlazando as mans dos e das asistentes, \"un muro imposible de romper para Feijoo e a conselleira de Sanidade, un muro que nos asegure unha sanidade para todo o mundo, igualitaria, humana e de calidade\". O acto tamén serviu para presentar as concentracións e manifestacións que este xoves percorrerán as rúas de todas as cidades galegas e algunhas vilas baixo os lemas \"Os recortes matan\" e \"Non ao negocio coa saúde\". Máis dun cento de persoas participaron na convocatoria, que demostrou que \"os profesionais estamos de garda en defensa da sanidade pública\" Polo de agora SOS-Sanidade Pública confirmou actos en oito localidades para este xoves \"contra os recortes e as políticas de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública\": A Coruña (Casa do Mar, 20 horas), Vigo (Praza de España, 20 horas), Santiago (Praza do Toural, 20 horas), Pontevedra (Hospital Provincial, 20 horas), Ferrol (Praza de Armas, 19 horas), Burela (Hospital da Costa. 20:30 horas), O Barco (Hospital Comarcal Valdeorras. 20 horas) e Ribeira (Praza do Concello, 20 horas). No acto deste luns na Coruña fíxose fincapé así mesmo en dous asuntos clave para a calidade asistencial e para o benestar de moitos e moitas pacientes: a universalidade e igualdade no acceso á atención sanitaria, sobre o que chamou a atención o censurado informe da Comisión Galega de Bioética: \"Para que a sanidade sexa universal, para todo o mundo independentemente da clase social ou dos ingresos económicos\", díxose. E tamén o acceso aos tratamentos e medicamentos, cunha mención particular aos afectados e afectadas de Hepatite C: \"Para que todo o mundo teña dereito ao acceso a tratamentos e probas diagnósticas\", destacouse. 'Hospital de Campaña', en Vigo No acto deste luns na Coruña fíxose fincapé na a universalidade e igualdade no acceso á atención sanitaria e no acceso aos tratamentos e medicamentos Mentres, en Vigo, o BNG instalou un hospital de campaña en plena Rúa Príncipe como acto simbólico de denuncia da situación de emerxencia da sanidade pública pola política continuada de recortes e de privatización do PP, que se traduce nun recorte en 3.000 efectivos do persoal sanitario, e que afecta especialmente á área sanitaria viguesa. Baixo o lema Tensiónate en defensa da sanidade pública, o portavoz nacional, Xavier Vence, instou a cidadanía a utilizar as eleccións municipais do 24 de maio como primeira oportunidade para derrotar ao PP e dicirlle \"non\" a súa política sanitaria que entende a saúde como un negocio para as empresas privadas, e que en Vigo ten Povisa como exemplo destacado. \"Mentres Povisa ten garantido 75 millóns anuais nun convenio por 8 anos, e segue despedindo persoal, as urxencia do CHUVI se colapsan en explicación de Feijóo porque once operacións de cadeira nunha área sanitaria con cerca de 500.000 usuarios e usuarias potenciais. E, ao mesmo tempo, o futuro hospital xa nace privatizado posto que a infraestrutura é propiedade da empresa construtora, e o Sergas un mero inquilino\", destacou. \"Mentres Povisa ten garantido 75 millóns anuais nun convenio por 8 anos, e segue despedindo persoal, as urxencia do CHUVI se colapsan\" De igual xeito, o cabeza de lista BNG-Asembleas Abertas Vigo, Serafín Otero, anunciou que o seu grupo municipal vai levar ao próximo pleno unha iniciativa de apoio contra os traballadores e traballadores despedidos e en folga de fame polos despedimentos de Povisa, para instar a Xunta a que corrixa a imposición da empresa \"que afecta a calidade da prestación que presta en Vigo\". Olla aquí un vídeo do acto"}
{"ID": "PRAZA_5005", "summary": "Os representantes saharauís en Galicia instan o Goberno de España a recoñecer a lexitimidade da Fronte Polisaria e apostar pola República do Sáhara, como xa reclamou o lexislativo galego en 2013. Vídeo no interior", "text": "Unha asociación de vítimas da vulneración dos dereitos humanos, o grupo promotor dunha escola infantil para persoas con discapacidade, unha asociación de mulleres, unha asociación pola paz, un comité de familias de persoas encarceradas... E así, ata vinte organizacións. Son só algúns exemplos dos colectivos do Sáhara Occidental que a pasada fin de semana se reuniron coa delegación do Parlamento de Galicia que, acompañada por membros de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), visitou os territorios ocupados. Todas elas son ilegais por decisión do Goberno marroquí, o mesmo que enviou a súa polícia -a uniformada e a secreta- para realizarlles un estrito seguimento aos parlamentarios galegos.Os axentes marroquís \"acompañáronnos dende que entramos ata que saímos\" da antiga colonia española, afirma a socialista Carmen Gallego, que formou parte da delegación xunto a Xabier Ron (AGE), Montse Prado (BNG) e Gonzalo Trenor (PP). \"Facíano de maneira ostentosa para que nos decatásemos de que estábamos sendo vixiados\" mentres ían completando cada unha das xuntanzas. \"Fomos quen\" de manter a axenda intacta grazas ao \"nivel de organización do pobo saharauí\", di a parlamentaria, para quen a preocupación está no que puidese acontecer \"a saírmos nós de alí\", isto é, as posibles represalias.Os axentes marroquís vixiou a delegación galega \"de maneira ostentosa, para que nos decatásemos de que estábamos sendo vixiados\"\"Están organizados\" pero \"ilegalmente\", subliña Prado, quen chama a atención sobre o feito de que estas organizacións humanitarias teñan que funcionar en vivendas privadas por que Marrocos impídelles ata dispoñer de locais propios. Isto acontece mentres as resolucións internacionais sobre os dereitos individuais e colectivos do pobo saharahuí seguen sen cumprirse. Ese incumprimento, subliña a nacionalista, é a que os levou a \"perder o medo a visibilizarse\", artellar \"unha intifada\" e \"arriscarse a reunirse con nós\", algo \"difícil nunha ditadura como a marroquí\".Un bo exemplo dese \"desafío ao medo\" é para Xabier Ron o labor de Equipemedia Sahara, un grupo de vinte e catro persoas mozas que decidiron facerlle fronte á \"mascarada dos medios marroquís\" e \"poñer en marcha unha rede de inormación audiovisual\" sobre o que acontece no territorio ocupado. \"Eles colócanse nos lugares máis perigosos e estratéxicos\" para que \"nós, a sociedade occidental, poidamos ver o que está acontecendo\", mesmo sabendo \"que o día de mañá poden entrar na súa casa, destruíla, secuestralos e facelos desaparecer\".Loita polo recoñecemento da RepúblicaGallego, Ron, Prado e Tenor compartían estas impresións coa prensa en rolda de prensa tras regresar da viaxe. Xunto a eles comparecía o delegado saharaguí en Galicia, Habibullah Mohammed Kori, moi satisfeito coa visita galega e desexoso de que \"a próxima visita\" xa non sexa a un territorio ocupado, senón \"á zona liberada do Sáhara Occidental, da Fronte Polisaria e a República Saharauí\". Ese recoñecemento da república é, precisamente, unha das principais loitas que o pobo do Sáhara Occidental está a desenvolver. Nesta liña, explica Kori, \"o Parlamento sueco votou unha moción pedíndolle ao Goberno sueco que recoñeza a República Saharahuí; espero que o Goberno e o parlamento español fagan o mesmo para a solución na derradeira colonia de África.O Parlamento galego xa pediu en 2013 avanzar cara ao \"recoñecemento da República Árabe Saharauí Democrática\"Nesta liña pronunciouse xa o Parlamento galego, que nunha declaración oficial de xuño de 2013 lembrou a \"responsabilidade histórica, legal e política que o Estado español ten coa situación no Sáhara Occidental\", isto é, coa súa \"descolonización non culminada\". Por este motivo o lexislativo galego dirixiuse ao Goberno español para que \"promova as iniciativas necesarias\" na \"defensa do lexítimo dereito do pobo saharauí á súa autodeterminación, así como o outorgamento de rango diplomático á representación da Fronte Polisaria en España \"como única e lexítima representante do pobo saharauí\" e como \"paso previo ao recoñecemento da República Árabe Saharauí Democrática\". Case á mesma hora na que se celebraba este acto en Compostela, en Ceuta o Goberno español intercambiaba fotografías e cumprimentos co Executivo marroquí."}
{"ID": "NOS_10923", "summary": "Pedro Sánchez vén de comparecer en rolda de prensa para informar sobre as medidas que se tomarán desde o Goberno cun comunicado no que chama á \"unidade\".", "text": "As medidas \"son drásticas e terán consecuencias\", sentenciou o presidente do Goberno ao principio da rolda. Estas comprenden catro grandes bloques: apoio ás traballadoras, apoio á flexibilización, apoio á actividade económica e apoio á investigación. Non obstante, aclarou Sánchez, estas medidas sumaranse a outras novas que irán aprobando. As medidas \"afectan a todo o Estado español durante 15 días\" e a partir de hoxe, mais poderán prorrogarse se fose necesario. Así mesmo, \"a autoridade competente en todo o territorio será o Goberno de España\", todo mediante un decreto que entrará en vigor esta mesma noite após a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, informou este sábado que a autoridade competente en todo o Estado será o Goberno de España e engadiu que en virtude desta decisión, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e todos os corpos policiais autonómicos e locais quedarán so as ordes directas do ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska. Ademais, engadiu que o estado de alarma entrará en vigor esta noite e apelou á unidade de todas as forzas políticas porque veñen \"semanas difíciles de sacrificios\". os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e todos os corpos policiais autonómicos e locais quedarán so as ordes directas do ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska Así se pronunciou tras un Consello de Ministras extraordinario no Palacio da Moncloa, para decretar o estado de alarma, que se prolongou durante máis de sete horas e que se realizou de maneira presencial. De feito, o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, participou nesta reunión interrompendo así o proceso de corentena ao que se tiña sometido por estar en contacto coa súa parella, a ministra de Igualdade, Irene Montero, que dou positivo en COVID-19. Após o citado Consello de Ministras, Sánchez asegurou que o Estado español se enfronta a \"unha emerxencia de saúde pública que require decisións extraordinarias\" e xustificou que o Consello de Ministras tome agora a decisión de aprobar o Estado de alarma alegando que a situación non é \"estática\" e hai que ir adaptándose a este escenario \"tan dinámico\". Pedro Sánchez chama á \"unidade\" e pide deixar de lado \"ideoloxías\" Así mesmo, Pedro Sánchez continuou a súa rolda de prensa facendo fincapé na unidade do Estado español. Será este domingo cando se reúna por videoconferencia coas presidentas e presidentes autonómicas. Neste senso, o presidente solicitou \"a máxima coordinación desde a unidade\", para as comunidades \"situarse detrás do goberno de España\", xa que na loita contra o virus \"non hai poderes políticos\", continuou o presidente, \"non hai ideoloxías\", \"aprendamos de 40 anos de constitución\", sentenciou. \"Daremos unha resposta conxunta\", mais \"co goberno de España liderando\", xa que \"o virus non distingue de ideoloxías nin de cores políticas\", rematou."}
{"ID": "PRAZA_5999", "summary": "O 28 de xuño de 1936 aprobouse en referendo o primeiro Estatuto de Autonomía, cuxa entrada en vigor foi impedida polo golpe de Estado franquista. Setenta e oito anos despois Feijóo atribúe aos \"caprichos da historia\" que os \"ideais\" de Castelao non puideran \"cumprirse\" na \"desafortunada República\".", "text": "No verán de 2011 Avelino Pousa Antelo xa andaba xusto de forzas físicas pero a súa lucidez mental estaba intacta. Un recuncho da súa casa de Teo, convertido en pequeno despacho, rebordaba libros, fotografías e carteis que eran só unha pequenísima parte da morea de lembranzas que atesouraba quen fora membro destacado das Mocidades Galeguistas. Co seu inseparable caxato na man don Avelino relataba con detalle, por exemplo, o mitin que Ramón Suárez Picallo ofrecera nun Día da Patria na compostelá Praza da Quintana e que fora interrompido \"por un facha\" con berros de \"viva España\". Lonxe de ignoralo Suárez Picallo retrucou sinalando que se se trataba da España da liberdade, da diversidade de do respecto aos dereitos el tamén se unía ao berro. En troques, se o viva era para a España \"escura\", o seu berro sería \"morra España\". Esa experiencia acumulada serviulle a Pousa Antelo para cando, con pouco máis de 20 anos, tivo que ofrecer os seus propios mitins para animar a apoiar o Estatuto de Autonomía de 1936, do que este sábado se fan setenta e oito anos. Xunto a outros membros das Mocidades Galeguistas e doutras organizacións, caso por exemplo do \"chaval\" Isaac Díaz Pardo, a Pousa Antelo tocoulle facer campaña pola comarca de Compostela. Para pedir o apoio ao Estatuto contaban cunha ferramenta esencial: un camión de recollida do lixo do Concello de Santiago emprestado polo alcalde da capital, o tamén galeguista Ánxel Casal, con \"dúas buguinas de cartón\" acopladas no vehículo para a ocasión. Salas de teatro, de cinema ou a propia rúa foron os escenarios desa campaña de proselitismo cuxa orixe hai que buscala catro anos antes, na Asemblea de Concellos convocada en Compostela para o lanzamento do texto estatutario. Pousa Antelo e outros mozos participaron activamente na campaña a prol do Estatuto Quen impulsara esta convocatoria fora o concelleiro santiagués Enrique Rajoy Leloup -avó do actual presidente do Goberno de España-. No consistorio da actual capital leu unha carta remitida por Alfonso Rodríguez Castelao explicando a importancia da autonomía, que xa avanzaba con vigor en Euskadi e Catalunya, e propiciou unha asemblea á que foron convocados, ademais dos gobernos locais, os deputados galegos nas Cortes da II República, \"os partidos políticos organizados en Galicia\", as cámaras de comercio, as sociedades de amigos do país, as sociedades agrarias e a universidade. Eran, en definitiva, \"todas as forzas vivas do país\", en verbas de Castelao. O risco localista Os debates desenvolvidos naquela Asemblea poden ser recuperados grazas ás actas elaborada polo notario Manuel Banet, quen recibiu este \"honroso requerimento\" de Arturo Cuadrado, xornalista e funcionario do Concello de Santiago. Ademais das cuestións referentes ao propio autogoberno, ao idioma e aos diferentes asuntos sectoriais aquel cónclave de 1932 foi tamén escenario de debates que marcaron tamén a recuperación da autonomía nos anos 80 do século pasado, caso por exemplo do localismo. Así, como faría cincuenta anos despois Francisco Vázquez, o alcalde da Coruña, Manuel Iglesias Corral, esixiu que o Estatuto fixase a súa cidade como sede da Asemblea -Parlamento- de Galicia, isto é, como capital. Os representantes doutros municipios fixaron posicións a favor e en contra ata que Valentín Paz Andrade tomou a palabra \"no nome do Partido Galeguista\" e \"pediu á asemblea serenidade para non deixarse influír por ningunha tendencia localista\". Reclamou, ademais, \"concordia polo ben de Galicia\", segundo as actas de Banet. Valentín Paz Andrade apelou á \"serenidade\" e á \"concordia\" para \"non deixarse influír por ningunha tendencia localista\" na elaboración do Estatuto Malia ás tensións o Estatuto ficou aprobado e encomendoulle ao denominado Comité Central da Autonomía, con Rajoy como secretario xeral, a negociación co Goberno español para obter un imprescindible decreto que facultase o comité para realizar os trámites previos ao referendo. O decreto foi, efectivamente, aprobado, pero a vitoria da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) nas eleccións do outono de 1933 freou o proceso. \"Os galeguistas -deixou escrito Castelao- xuramentámonos para gardar silenzo, a ver se o Goberno se esquecía de derrogalo\". Esquecemento ou non, o certo é que non o derrogou e, cara ás eleccións de 1936, o Partido Galeguista integrouse na Fronte Popular e inseriu no seu programa a reactivación do proceso autonómico galego, que en maio de 1936 quedou fixado para o devandito 28 de xuño. Neste punto foi no que entrou en xogo unha campaña que, a xulgar polos resultados, se podería cualificar como exitosa: 993.351 votos a favor e pouco máis de 6.000 en contra. O Executivo da II República Española fixara como requisito para a entrada en vigor do Estatuto que este fora apoiado por dous terzos do censo e fora cumprida \"de maneira insuperábel\", dixo Castelao, no que para algúns foi un éxito das teses autonomistas e, para outros, un \"santo pucheirazo\" acorde cunhas discretas garantías na celebración de procesos electorais. Tras a vitoria do \"si\" unha delegación galega desprazouse o 15 de xullo a Madrid para entregar o Estatuto aos presidentes das Cortes e da República, só tres días antes do golpe de Estado franquista. Mentres as tropas de quen sería ditador durante corenta anos sometían Galicia a unha férrea represión as Cortes republicanas, exiliadas en Catalunya, tramitaban o Estatuto galego."}
{"ID": "NOS_45131", "summary": "O presidente da Xunta da Galiza vén de avanzar mudanzas na política contra o lume. Neste sentido defende un cambio nas tarefas das brigadas contra os incendios e aposta por mellorar os traballos de prevención.", "text": "O presidente galego, Alfonso Rueda, defende un novo modelo de brigadas forestais que non se centren unicamente na extinción das chamas cando se producen, senón tamén en labores de prevención, e que poidan traballar durante máis meses ao ano, non só nas épocas de maior risco. As declaracións do xefe do Executivo galego representan un emenda á totalidade da política da Xunta da Galiza durante a última década. Neste sentido, o mandatario galego ábrese agora a aceptar as propostas das forzas da oposición, que lle viñan reclamando nos últimos anos a profesionalización do servizo de extinción de incendios. Rueda admitiu que \"este non está sendo\" un ano bo en materia de incendios, sinalando que tivo que enfrontar \"unha primeira vaga de incendios propiciada por tormentas e temperaturas extremas\" e \"unha segunda vaga de lumes tras a que técnicos e autoridades locais e autonómicas ven intencionalidade\". O mandatario galego defendeu que a alternativa aos lumes pasa por unha maior profesionalización das brigadas e ampliar o labor dos seus integrantes a todo o ano Nesta dirección, afirmou que \"o modelo do futuro\" da Xunta \"irá por aí\", se ben matizou que \"isto non se fai dun ano para outro\". Unha nova política contra o lume O presidente da Xunta apostou por articulación de brigadas \"multitarefas\" que traballen \"cada vez máis tempo\". Asemade, sinalou que unha parte do seu traballo debe dedicarse a labores de prevención, antes de que comeza a tempada de riscos polos lumes. O dirixente dos populares galegos reclamou medidas estruturais para combater os incendios, significando, entre as mesmas, a limpeza dos predios e a Lei de recuperación de terras, como instrumento para integrar no Bantegal a terreos abandonados ou sen propietario coñecido. Rueda anunciou \"pasos importantes\" co fin de mellorar a loita contra os incendios cando \"pase a tempada máis dura dos lumes\". \"A miña intención é, a partir do último trimestre do ano, empezar a falar e falar con todo o mundo. E espero que todos esteamos á altura, non só o Goberno da Xunta, senón o resto de partidos políticos, os sindicatos na parte que corresponde ao traballo das brigadas, e o resto de administracións\", aseverou. O mandatario galego sumouse á tese da Fiscalía sobre a causa dos lumes. Así, significou que \"se por terrorismo falamos de tramas organizadas dun territorio xeográfico moi amplo que actúan de xeito coordinado, a Fiscalía dixo reiteradamente que non existen\"."}
{"ID": "NOS_12618", "summary": "A Deputación de Ourense debaterá unha moción do PSdeG polas declaracións de Prado e Tellado sobre a chegada do AVE á Galiza.", "text": "O PSdeG defenderá unha moción no vindeiro pleno da Deputación de Ourense para nomear 'persoas non gratas' a secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, e o vicesecretario de Organización dos populares a nivel estatal, Miguel Tellado, polas súas polémicas declaracións sobre a chegada do AVE á Galiza que ambos pronunciaron. Así mesmo, a iniciativa, que foi presentada esta quinta feira polo secretario dos socialistas ourensáns, Rafael Rodríguez Villarino, tamén pedirá aos dous dirixentes populares que renuncien aos seus cargos tanto no ámbito orgánico como no institucional. Os \"regalos da hostia\" de Paula Prado O pasado 25 de xuño nun acto do PP, Prado denunciou, ante a ausencia dos trens Avril no país, que \"o AVE chegou a Ourense, pero non á Galiza\". \"Non é defendíbel que veñan aquí de modo planificado, á nosa cidade, e que fagan ese tipo de declaracións\", recriminou Villarino, que entende as palabras da secretaria xeral do PP galego como unha manobra para \"atacar o Goberno español\". Paula Prado, sobre a sanidade, \"non é un problema de diñeiro, somos a envexa de España\" Para o dirixente socialista, \"(Prado e Tellado) demostraron cal é a perspectiva que ten o Partido Popular sobre Ourense\", que é \"unicamente o seu celeiro de votos\". Postura de Baltar Aliás, os socialistas puxeron o foco en que tiveron \"todo o tempo do mundo\" para rectificar, \"porque todo o mundo pódese equivocar nunhas declaracións\", pero \"non só non pediron desculpas, senón que persistiron nese tipo de declaracións\". O AVE chegou a Ourense pero non chegou a Galicia. A Santiago, Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo non chega o AVE Pedimos ao goberno de España que cumpra co compromiso da chegada dos trens AVRIL a Galicia en Xullo. Quedan 5 días ⏰ tic-tac pic.twitter.com/vZVBQRX3S9— 🍒 Paula Prado (@paulapra2) June 25, 2022 No pasado pleno municipal de Ourense, Democracia Ourensá (DO) presentou nun primeiro momento unha moción para exixir a dimisión de Paula Prado, aínda que finalmente a formación decidiu retirala. Agora o PSdeG solicita \"declarar 'persoas non gratas'\" estas dúas persoas no pleno da Deputación, onde o PP non conta coa maioría absoluta. A chegada á Galiza dos trens Avril segue sen data En canto á postura do PP ourensán, Villarino recoñeceu a \"dificultade\" que supón para os populares, dirixidos por Manuel Baltar, de votar a favor desta moción, polo que lle pide que \"se poña de perfil\". \"Non fai falta que ataquen o seu propio partido\", simplemente que \"permitan que aquelas persoas que loitan por Ourense saquen adiante esta moción\", concluíu o socialista."}
{"ID": "NOS_50606", "summary": "'Nós Diario' bota luz sobre unha figura chave do atletismo", "text": "O de Manuel Méndez é un deses nomes fundamentais nas etapas seminais do deporte na Galiza que foron invisibilizados, cubertos cun manto de silencio que furtou do coñecemento público figuras tan grandes como a súa, a de Andres Balsa ou a de Irene González a varias xeracións de galegos e galegas. A súa traxectoria deportiva está intimamente vinculada co atletismo, mais curiosamente comezou no fútbol, dando patadas a un balón naquel Eiriña presidido por Antón Lousada Diéguez que fixo latexar a ritmo de gol o corazón dun Castelao que inmortalizou varios dos seus xogadores co seu carbón na revista Aire. Esa vinculación co club da intelectualidade galega -Alexandre Bóveda tamén era seareiro do Eiriña- manifestaríase con forza en Manuel Méndez durante o tempo do seu exilio interior no seu Marín natal logo do golpe de Estado, e máis concretamente despois da súa retirada dunhas pistas de atletismo nas que destacou especialmente durante a década dos 40. Neses anos de constantes tribulacións e padecementos colectivos o deporte baixou moitos enteiros nas prioridades da xente do común, mais algunhas persoas como Manuel Méndez conseguiron manter viva a súa fachareada. A súa punta de velocidade fixo del un dos mellores do seu tempo nas categorías de 100 e 200 metros lisos, chegando a facerse coa medalla de ouro na primeira das modalidades no Campionato de España disputado sobre as pistas de cinza do Estadio de Montjuïc, en Barcelona, a finais de xullo de 1943. Un ano antes, en 1942, non gañaba pero asinaba a súa mellor marca persoal nos 100 metros lisos (11.2 segundos) no Festival da Xuventude Europea, un evento organizado na cidade italiana de Milán en plena Segunda Guerra Mundial coa intención de ocupar o lugar dos cancelados Xogos Olímpicos e no que foron da partida potencias do Eixo e países afíns como o Estado español. Segundo revela a familia do desaparecido atleta galego, falecido no ano 2007, este sempre falaba \"do longa que foi aquela viaxe\", de como vestían \"uns traxes feitos a partir duns uniformes da Mariña\" e do sistema de \"dopaxe\" que utilizaban naquela época, \"un pouco de azucre\", algo que dicía que lles daba \"enerxía extra\". O galego que dixo \"non\" a Juan Antonio Samaranch Cando un deportista se retira adoita dicirse del que \"colga as botas\", unha expresión que no caso de Manuel Méndez adopta un duplo significado, pois non só fabricaba o seu propio calzado de competición, senón que fixo da zapatería o seu oficio, actividade que alternou cos seus labores na Biblioteca Pública Municipal e como adestrador no Club Noray de Atletismo. Porén, non estaba satisfeito coa dirección dun conxunto dependente por completo da fascista Fronte de Xuventudes, polo que promoveu, xunto con outros amantes do deporte o Club San Miguel de Atletismo, aproveitando as vantaxes que ofrecía a Lei de Asociacións promulgada en 1964 e que estivo en vigor até o ano 2002. Desde o seu posto de adestrador de velocidade, saltos e lanzamentos tornou nun impulsor do deporte local, en xeral, e do feminino en particular, preparando mulleres como Flor Guzmán e Maite Villanueva, que brillaron nesa primeira fornada de atletas femininas que xurdiu na década dos 60. Como adestrador estivo detrás da primeira fornada de atletas femininas A súa obsesión era que esas rapazas e rapaces puidesen contar con instalacións dignas nun tempo no que a area para os saltos de lonxitude había que traela das praias dos arredores, a mesma que se empregaba ante a carencia absoluta de xergóns para amortecer minimamente as caídas dun salto con pértegas que el mesmo elaboraba artesanalmente con canas de bambú. De aí que rexeitase a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo que lle quixo conceder o que sería presidente do Comité Olímpico Internacional (COI) e que por aquel entón era o máximo responsábel da Delegación Nacional de Deportes -organismo predecesor do actual Consello Superior de Deportes-, Juan Antonio Samaranch, a quen lle deixou moi claro que medallas non quería, senón \"instalacións deportivas dignas\". Afortunadamente, o seu acto de valor e rebeldía non foi castigado, e co falanxista catalán xa á fronte do COI foi convidado a portar o facho olímpico antes dos Xogos de Barcelona 92, collendo a remuda en Terra de Trives."}
{"ID": "PRAZA_13775", "summary": "A Axencia Española de Medicamentos acusa o Colexio de Farmacéuticos de Ourense de carecer de \"fundamento técnico\" polos seus temores a dispensar fármacos cuxa orixe descoñece", "text": "Non sentou ben na Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) a alerta lanzada polo Colexio de Farmacéuticos de Ourense. Como adiantou Praza Pública, a entidade colexial dirixiuse ao organismo dependente do Ministerio de Sanidade para, no seu propio nome e tamén no dos farmacéuticos da Coruña e Lugo, amosar a súa inquietude por vérense \"obrigados\" a dispensar medicamentos cuxa orixe descoñecían e dos que, ademais, non podían obter datos procedentes dos laboratorios que os fabrican. Segundo vén de facer público a Consellería de Sanidade a AEMPS dirixiuse por carta á Xunta para garantir a calidade de todos os produtos xenéricos dispoñibles nas oficinas de farmacia un texto no que a directora da Axencia, Belén Crespo, introduce ademais unha dura crítica ás dúbidas do colexio ourensán ou, o que é o mesmo, de tres dos catro colexios galegos. A Axencia estatal acusa o colexio ourensán de \"adoecer de fundamento técnico\" nos \"conceptos\" polos que cuestiona os medicamentos Antes de explicar que \"todos os medicamentos están suxeitos ao mesmo tipo de garantías\" Crespo explica que lle traslada ao Goberno galego datos \"en relación á información que nos transmitiu por correo\" na que \"o presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense -Orense, na misiva orixinal- cuestiona a calidade de medicamentos xenéricos autorizados\". \"Queremos aclarar algúsn conceptos verquidos nela\", di a alto cargo do departamento que dirixe Ana Mato xa que \"adoecen de fundamento técnico que os avale\", advirte. Tras a andanada contra os profesionais das farmacias galegas a a máxima responsable da AEMPS asegura que é \"imposible\" que \"haxa medicamentos xenéricos\" nas farmacias \"que non cumpran coas esixencias de calidade químico-farmacéutica, bioequivalencia a respecto do medicamento de referencia e correcta información segundo os estándares utilizados en todos os países da Unión Europea\". Neste sentido, e ante as dúbidas sobre a seriedade e rigor dos laboratorios, abonda para asegura que \"non se autoriza ningún medicamento fabricado nun laboratorio que non cumpra coas normas de correcta fabricación\" aplicables na UE, \"atópese o laboratorio onde se atope\". \"Os medicamentos non se fabrican en calquera planta industrial\", afirma, nun belixerante ton no que tamén engade que \"isto é así, fabríquense os medicamentos no país do mundo no que se fabriquen\". Obviando que unha das peticións do colexio de Ourense é, precisamente, coñecer de primeira man os estudos de bioequivalencia -datos que acreditan a semellanza dun xenérico a respecto doutro- para así dispensar os produtos con precisión, a carta da Axencia asegura que estes estudos \"teñen sólidos fundamentos científicos baseadnos no principio de que os efectos sistémicos do medicamento se ocasionan pola entrada do medicamento no organismo\" ou nas cantidades de principio activo, entre outros aspectos. \"Cando un medicamento xenérico solicita unha autorización de comercialización presenta, entre outros documentos, estes estudos de bioequivalencia, que son avaliados polo persoal técnico da AEMPS\", sinala. \"En definitiva, que os medicamentos autorizados (...) cumpren os requisitos que lles permiten estar no mercado coas máximas garantías de calidade, seguridade e eficacia para a sociedade no seu conxunto\", conclúe."}
{"ID": "NOS_3577", "summary": "O Concello presentou o seu programa dedicada á Narración Oral para o 20 de marzo. Actuarán, entre outras voces, Candido Pazó, Quico Cadaval e Raquel Queizás.", "text": "O Concello de Pontevedra presentou esta terza feira o seu programa para celebrar o Día Internacional da Narración Oral 2022 este domingo 20 de marzo. O denominado 'Festival dos Sete Falares', unha cita consolidada na cidade, contará para a ocasión co convento de Santa Clara. A concelleira de Festas, Carme de Silva, sinalou no acto que era \"o mellor sitio para contar\" e \"ideal por conter 750 anos de historia e historias\". No anuncio da programación estivo presente Xacobe Rodríguez, de Pavís Pavós, que lembrou o comezo do do festival que naceu coa \"idea de festexar unha celebración moi especial, que naceu en Suecia no ano 91 cando un grupo de contadores de historias decidiu conmemorar a súa vocación, lembrando esa noite de equinoccio no que agardaban a chegada da primavera contando relatos toda a noite\". Manifesto de Reigosa Rodríguez indicou que \"un país que perde os seus narradores perde a súa infancia… Nós cremos que un país que perde os seus narradores perde a súa historia\". Este narrador apuntou que este ano Antonio Reigosa, escritor e divulgador da tradición oral galega, foi o autor do manifesto que se lerá en todas as sesións de contos que se farán en máis de 30 lugares de toda a Galiza de maneira simultánea para conmemorar a data. Para conseguilo conta, ademais de coa colaboración de Pontevedra, de Falando a Boca Chea da Coruña e os integrantes do colectivo Narración Oral Galega (NOGA). Reigosa, rememora na actualidade a importancia e a necesidade que hai de ter historias a viva voz, de contar e escoitar. \"Contar é escoitar a fonte do saber\", asegura no texto que reivindica a memoria e a lingua a través da palabra. Actividades da xornada A xornada comezará un Roteiro de contos no Salón do Libro. Unha cita que terá como protagonistas a Bea Campos, Pavís Pavós, Polo Correo do Vento e Raquel Queizás, no Pazo da Cultura, ás 11.30 horas e destinado a un público familiar. Non necesita de inscrición previa e abondará acudir un tempo antes da hora sinalada para o seu comezo para poder gozar do evento. Pola tarde, ás 19.30 horas, Candido Pazó e Quico Cadaval contarán contos e historias desde a igrexa de Santa Clara, nun espectáculo destinado a público adulto e para o que se precisa inscrición previa través da web oficial. A ocupación máxima, neste caso, é de 150 persoas e a solicitude non ten custo algún. O prazo para a recollida de nomes comeza hoxe ás 15 horas."}
{"ID": "NOS_26504", "summary": "A empresa reunirase esta quinta feira cos traballadores para informarlles do estado das negociacións coa sempresas interesadas en mercar a factoría de San Cibrao, Cervo.", "text": "O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, urxe a que a Sociedade Estatal de Patentes Industriais (SEPI) se faga cargo da operación de compravenda da planta de Cervo (Lugo), despois do fallo da Audiencia Nacional que condena a Alcoa a indemnizar ou recolocar a traballadores das fábricas da Coruña e Avilés. Zan quere que o Ministerio de Industria \"se meta de cabeza vía SEPI\" na planta de San Cibrao, unha cuestión que exporán na reunión que manterán esta quinta feira. Demanda que \"a SEPI garanta toda a operación despois de que o xulgado diga que Alcoa actuou de mala fe coa Coruña e Avilés e só é posíbel esa fórmula para garantir que a venda sexa a un comprador fiábel\". As empresas interesadas Así mesmo, o presidente do comité informou que mantiveron contactos co Grupo Liberty e outras dúas compañías interesadas na planta de San Cibrao. \"Son dous grupos que parecen serios e solventes, son grupos industriais a diferenza da Coruña e Avilés, que eran grupos de investimento bastante dubidosos\". Dos encontros con eses posíbeis compradores, o sindicalista puxo o acento en que \"algún, mesmo, avanzou as solucións na operación\". Piden contundencia con Alu Ibérica O comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña urxe ás administracións, nun comunicado, a \"tomar as rendas\" do sector ao ver \"probado\" coa sentenza da Audiencia Nacional que o obxectivo de Alcoa era \"esnaquizar\" as plantas, tanto a herculina como a de Avilés. Neste sentido, considera que o fallo \"constata o tremendo engano\" de Alcoa \"en todo o proceso do expediente de regulación de emprego (ERE) que promocionou o 17 de outubro de 2018\". Por este motivo concentraranse hoxe diante da Delegación do Goberno español na Coruña a partir das 12.30 horas. Pola súa banda, a multinacional do aluminio afirma que está a revisar a sentenza e que determinará os próximos pasos \"no momento apropiado\", segundo sinalan fontes da firma. En concreto a Audiencia Nacional condenou a Alcoa a cumprir as condicións sobre extinción de contratos que se produzan e de recolocación externa nos termos que se fixaron nos acordos alcanzados o 15 de xaneiro de 2019 na Coruña e Aviles."}
{"ID": "NOS_42591", "summary": "O tópico ordena escreber que con Blue and Lonesome os Stones voltan ás súas orixes. Mais iso sería falaz, en realidade os Stones nunca as abandonaron, sempre criaron a partir delas. O que si é certo é que Blue and Lonesome é o primeiro disco en estudo da lendaria banda desde 2005.", "text": "O blues está na orixe de todo, a música negra está na orixe de todo, non só da dos Rolling Stones, mais de todo o rock and roll. Niso tiña razón Michael Jackson, a débeda dos brancos coa negritude nunca será paga. No principio, anos 50 do pasado século, estaba a tristeza non impostada de músicos que pola cor da súa pel non podían ser estrelas de consumo masivo, tipos de talento simpar como Muddy Waters, Little Walter ou Jimmy Read. Da dor da súa raza emerxeron ritmos que interpelaban o corazón, o estómago, tamén o cerebro. Todas as paixóns humanas achaban acubillo no blues. De cofre tan cheo de tesouros apañaron as súas primeiras xemas Jagger e Richards antes de se atreveren a escreber as súas primeiras letras (se Lennon e Mccartney as escreben, por que nós non habemos facer o proprio?). Seis décadas despois, os Stones tiveron a lucidez de falar con Mark Knopfler e pedirlle que, previo pago dunha seguramente cuantiosa suma, lles alugase o seu estudo de gravación londrino. Alí foron para no mes de decembro pasado gravar o seu primeiro cd desde 2005, Blue and Lonesome. Estaban descontraídos, ledos, talvez até Richards recuperou sensacións da amizade perdida con Jagger (por que sempre nos importan tanto as vidas persoais dos nosos heroes musicais?). Tan, tan descontraídos que na primeira sesión no estudo gravaron dunha tiraxe as cinco primeiras cancións do álbum. Blue and Lonesome factura un set de doce cancións e estará nos trinques o 2 de decembro. The Guardian trombeteaba esta quinta feira a boa nova de que nos achamos perante un verdadeiro disco dos Stones. Palabras maiores. Con eles habémonos sentir, talvez, algo menos tristes e solitarios."}
{"ID": "NOS_5386", "summary": "A Pokemon dá un segundo desgusto a Paula Prado ao investigar ao seu home por falsidade documental e tráfico de influencias. A xuíz Pilar de Lara, instrutora do sumario, está a investigar si o seu home utilizou a súa relación con Prado para a venda de materiais textís da súa empresa en organismos públicos como os concellos de Santiago e Boqueixón.", "text": "O auto de Pilar de Lara sinala que está a investigar ao home da portavoz de PP, Paula Prado para comprobar se empregou a súa \"relación matrimonial\" para beneficiar a súa empresa coa venda de materiais textís a organismos públicos entre os que se atoparían dous concellos con grupos de goberno do PP, Boqueixón e Santiago, no que a propia Prado foi concelleira de goberno. O home da voceira do PP podería ser acusado de delito de tráfico de influencias e falsidade documental, xa que existe a posibilidade, que se está a investigar, de que tivera emitido facturas falsas da venda de produtos textís por medio de intermediarios e persoas interpostas. As probas que manexa De Lara son, de novo, intervencións telefónicas e informes de Vixiancia Aduaneira, da que se deducen o presunto beneficio que tería obtido o home de Paula Prado ao se beneficiar da relación coa actual voceira do PP, amparado tamén na influencia doutras persoas \"fortes\" do goberno de Compostela como o ex-xefe de gabinete Ángel Espadas, do aínda concelleiro de Deportes, Adrián Varela -acusado, entre outras cousas, de tentar despedir a unha traballadora por ser compañeira dun sindicalista da CIG- ou o exconcelleiro Albino Vázquez, os tres implicados na Operación Pokemon. De Lara investiga facturas non só do Concello senón de varios organismos públicos dependentes. A xuíz de Lara sinala por segunda vez a Paula Prado despois de se dar a coñecer as conversas telefónicas nas que, entre outras cousas, gabábase de ter engadido 3.000 euros ao custe real dun contrato polo espectáculo \"A abella Malla\". O PP, polo de agora, non fixo ningún movemento para afastar a Prado do seu posto de voceira no Parlamento."}
{"ID": "NOS_51545", "summary": "O centro asociado da UNED organiza a próxima semana unhas xornadas para formar, facer visíbel e previr a violencia obstétrica.", "text": "A violencia obstétrica existe. Trátase dun tipo de violencia de xénero que, desde a asociación O Parto é Noso definen como \"o acto de ignorar a autoridade e autonomía que as mulleres teñen sobre a súa sexualidade, os seus corpos, os seus bebés e as súas experiencias de xestación e parto\". É tamén violencia obstétrica ignorar \"a espontaneidade, as posturas, os ritmos e os tempos que o parto require para progresar con normalidade\", así como tamén desatender \"as necesidades emocionais da nai e do bebé en calquera momento do embarazo, parto e posparto inmediato\". Un modo de violencia que será tratado a próxima semana, desde o día 17 até o 19, nas xornadas que ofrece o centro asociado ourensán da UNED e que se retransmitirán a través da rede, previa inscrición. Tres psicólogas, Iria Carnoto, Natalia Guedella e Andrea Rodríguez; unha avogada, Ana García; unha traballadora social, Elena Gil e unha matrona, Begoña Pérez; serán as responsábeis de ofrecer unha aproximación teórica e práctica da violencia obstétrica e de reflexionar sobre a necesidade da súa visibilidade e prevención. Gil, traballadora social e representante da asociación O Parto é Noso –que abrangue perto dun cento de mulleres galegas– explicará na súa intervención que \"pór nome a este tipo de violencia foi unha revelación que permitiu esclarecer que non son casos puntuais que lle poden acontecer ás mulleres, senón que é unha situación normalizada, mais por sorte, desde hai 10 anos, vanse dando menos casos\", expón en declaracións a Nós Diario. A traballadora social sinala que este tipo de violencia deixa, en maior ou menor medida, secuelas ás xestantes. \"Procedementos como a episiotomía –sección cirúrxica na vulva para facilitar o paso da cabeza do feto– practícanse de maneira habitual e moitas veces sen unha xustificación, o que logo leva a ter problemas anais ou vaxinais ou dificultades nas relacións sexuais\". Iso no físico. No mental \"temos coñecemento de mulleres que relatan os seus partos como experiencias traumáticas, chegando a ter trastornos de estrés postraumático, cando debería ser un dos días máis felices da súa vida\", comenta Gil. Desde o punto de vista do persoal sanitario, Begoña Pérez, matrona no Hospital de Verín, expón que as profesionais son conscientes de que existe violencia obstétrica \"cando causamos estrés e malestar ás xestantes\" mais \"vémonos atadas de pés e mans pola sobrecarga asistencial, a falta de medios e uns protocolos non actualizados que non nos permiten traballar doutra maneira\". Na súa opinión, \"deberíase respectar máis os desexos das mulleres, na medida do posíbel, á hora de dar a luz\". Parir de pé ou a catro patas \"non se realiza porque as profesionais non se senten preparadas para atender un parto desa maneira\". Por iso considera que se debería \"tratar as mulleres como xestantes e non como pacientes, xa que estamos aí para acompañalas e informalas\". Pola súa banda, a avogada e fundadora de Femlegal, Ana García, fechará as xornadas cunha intervención na que tratará o asesoramento xurídico ante casos de violencia obstétrica, a cal \"é unha manifestación máis da violencia de xénero, entendida desde o Convenio de Istambul e a Lei galega para a prevención do tratamento integral da violencia de xénero, que define este concepto como calquera tipo de violencia que atenta contra a muller polo mero feito de ser muller\", indica en declaracións a Nós Diario."}
{"ID": "PRAZA_17914", "summary": "O Goberno galego limítase a asegurar que a finais deste ano contará só cun estudo de viabilidade sobre o que foi considerado hai dous anos como o principal compromiso do PP para a provincia HEMEROTECA | Feijóo promete un parque acuático para Ourense", "text": "HEMEROTECA | Feijóo promete un parque acuático para Ourense O 7 de setembro de 2016, dúas semanas antes das eleccións autonómicas nas que revalidou por terceira vez a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo prometeu un parque acuático para Ourense. Dous anos despois, sen que neste tempo se volvese saber daquela promesa, o Goberno galego vén de desempoala achegando futuros novos pasos do proxecto ás eleccións municipais do ano próximo pero limitando de momento a proxección mediática que adoita darlle a decisións de menor calado. A oposición aos populares en Ourense, pola súa banda, critica a pouca ambición do proxecto, que se limitaría a unha mellora das instalacións deportivas con piscinas xa existentes en Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar veciño da capital provincial. O Goberno galego limítase a asegurar que a finais deste ano contará só cun estudo de viabilidade sobre o que foi considerado hai dous anos como o principal compromiso do PP para a provincia Cando na campaña das autonómicas Feijóo anunciou, acompañado polo presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar, que a Xunta e a institución provincial impulsarían un parque acuático no complexo deportivo de Monterrei, no que xa hai varias piscinas, todos os medios locais coincidiron en destacar a promesa como a principal das enunciadas daquela para a provincia. Porén, pouco tempo antes boa parte da clase política ourensá tomaba a broma esa mesma idea cando a propuña o populista e popular líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, cuxos oito concelleiros na corporación municipal están a supor unha dor de cabeza constante tanto para os gobernos local e provincial do PP como para o resto da oposición. Jácome, menosprezado habitualmente polos populares, chegou a ironizar hai un tempo nun pleno no que se debatía outra cuestión coa posibilidade de que Baltar acabase prometendo \"o monorraíl dos Simpson\", en referencia a un capítulo da serie de animación na que un estafador convence ao pobo da necesidade de construír semellante medio de transporte malia que non tivese utilidade. Tras a promesa de Feijóo de que faría o parque que Jácome viña reclamando, este apresurouse a felicitar ao líder popular: \"En Democracia Ourensana sentimos o que se coñece como o orgullo do mestre. E ríanse de nós cando propuxemos a idea\". Pero tras aquela promesa, nada máis se volveu saber do proxecto. A Xunta graduou a proxección mediática do seu anuncio de que está avaliar a viabilidade do parque acuático A menos dun ano de novas eleccións municipais, este verán Democracia Ourensana volveu insistir en varias ocasións coa súa vella idea e este luns, á fin, a Xunta deu o primeiro paso público tras aquela promesa de Feijóo de hai dous anos. A Secretaría Xeral para o Deporte emitiu unha nota de prensa na que informou de que a súa titular, Marta Míguez, \"acompañada por técnicos da Xunta e por unha consultora especializada no deseño de parques acuáticos\", visitara esa mesma mañá o complexo deportivo de Monterrei. A visita non foi incluída, como adoita facerse, na axenda de actos previstos dos cargos da Xunta para ese día. E a propia nota de prensa posterior non foi distribuída nin incluída na web da Xunta co resto de notas de prensa do Goberno galego, o que lle restou visibilidade no conxunto de Galicia pero non en Ourense, onde o parque é agora unha baza electoral empregada pola maioría dos partidos. No seu comunicado o Goberno galego limitábase a sinalar que haberá que \"reorganizar\" a parcela actual do complexo deportivo de Monterrei e aseguraba que baralla \"un investimento próximo aos 6 millóns de euros e unhas dimensións ao redor dos 35.000 metros cadrados\", cifras que \"serán cuantificadas definitivamente de acordo ao resultado do estudo de viabilidade, que será presentado á Secretaría Xeral para o Deporte antes do remate do presente ano\". Isto é, a finais deste ano só se saberá se a Xunta ve viable ou non acometer o que Feijóo prometeu hai dous anos, limitando así as posibilidades temporais de que a promesa sexa unha realidade durante esta lexislatura autonómica. Pola contra, ese novo paso daráse moito máis preto das eleccións municipais de maio do ano próximo. Jácome considera \"ridículo\" o investimento de 6 millóns de euros previsto pola Xunta e o PSdeG di que o Goberno galego vai limitarse a reordenar a parcela deportiva actual co que o resultado será unha \"charca\" máis pequena que o parque acuático de Cerceda O xeito da Xunta de recuperar a promesa e os datos que facilitou xa fixeron que a oposición amose as súas dúbidas sobre a intención real do Goberno galego. De entrada, Jácome xa salientou a \"extraña causalidade\" de que o anuncio do Goberno galego se produza despois de que el mesmo recuperase este verán esa vella reclamación. Para o líder de Democracia Ourensana, o investimento previsto é \"ridículo\" e non permitirá acometer un proxecto da envergadura do que el propón. Pola súa banda, o PSdeG puxo o foco nas dimensións e salientou que a Xunta pretende limitarse a reordenar os espazos xa existentes no recinto deportivo de Monterrei sen gañar novos terreos, co que o parque acuático sería ao seu ver máis pequeno que o outro único recinto similar existente en Galicia, o de Cerceda. Será, din os socialistas, \"unha charca\". Imaxe promocional do parque acuático de Cerceda [Foto: Aquapark Cerceda]"}
{"ID": "NOS_48190", "summary": "O desconcerto entre as elites económicas e a caverna española é total perante a aplastante vitoria na Cámara de Comercio de Barcelona da candidatura Eines de País (Ferramentas de País), apoiada pola Asemblea Nacional de Cataluña, pois deixa moi clara a posición do empresariado da capital catalá a favor do proceso soberanista.", "text": "A canidadura Eines de País (Ferramenta de País) logrou unha ampla maioría nas eleccións á dirección da Cámara de Comercio de Barcelona, facéndose coas 32 cadeiras das 40 a elixir. Isto supón unha clara posición do empresariado barcelonés que deu un resultado aplastante para a lista apoiada pola Asemblea Nacional de Catalunya (ANC). Hai 20 cadeiras máis que non se elixen por votación e que copan grandes empresas como CaixaBank, Naturgy, Augas de Barcelona ou Indra, mais aínda así, a maioría independentista seguirá sendo insuperábel numericamente. Após os poderes españois levar anos prognosticando o abandono de empresas por mor do proceso soberanista, levan un duro revés por parte do propio empresariado O desconcerto na caverna mediática e máis nos poderes económicos españois é total, pois após anos prognosticando o abandono de empresas de Catalunya por mor do proceso soberanista, levan un duro revés por parte do empresariado barcelonés ao este apostar cunha maioría absoluta pola candidatura independentista. As cámaras son institucións públicas que segundo a lexislación teñen o obxectivo de defender os intereses xerais das empresas, ademais de fortalecer o tecido económico, fomentar a ocupación e axudar á promoción internacional. Como analiza Manuel Monge no seu artigo publicado en Sermos Galiza, a Cámara de Comercio de Barcelona \"xoga un importante papel en toda a vida económica da cidade\" e é unha plataforma para a promoción económica e que está ao servizo das empresas e da súa proxección internacional. A Cámara de Barcelona ten un orzamento de vinte millóns de euros. A Cámara de Barcelona ten un orzamento de vinte millóns de euros Monge recolle tamén no seu artigo algúns dos principios cos que se apresentou a candidatura Ferramenta de País, \"para que non haxa dúbidas sobre o carácter da candidatura gañadora\", entre os que se atopa converter a Cámara, como \"estrutura de Estado\", nun ente ao \"servizo da República\" e \"sen submisión aos intereses de oligopolios e empresas con sede non catalás\". Outro dos seus compromisos no seu programa sinala que, fronte a uns poderes fácticos centralizados, o que chaman \"palco do Bernabeu\", aposta por redeseñar o sistema de infraestruturas: aeroporto, porto, enerxía, autovía do Mediterráneo. 📸 El #president @QuimTorraiPla i la #consellera @angelschacon durant la reunió que han mantingut a #Palau amb la candidatura guanyadora a les eleccions a la @cambrabcn @EinesdePais pic.twitter.com/ugDmpEccbF— Govern. Generalitat (@govern) 20 de maio de 2019"}
{"ID": "NOS_25905", "summary": "Rapeiro, regueifeiro e agricultor. O Pinto d'Herbón responde á chamada de Sermos Galiza mentres esfolla o millo. O seu nome deu sona a unha das expresións máis senlleiras da cultura bravú: a regueifa. Dúas décadas despois daquel movemento cultural, as súas amizades réndenlle homenaxe.", "text": "-Recibes unha homenaxe este sábado 25 como unha figura chave da cultura bravú. Como senta? -É unha cousa que me encanta, que vén dos compañeiros que comezamos hai 20 anos coa andaina do bravú. Fixémolo porque tiñamos cousas que dicir. Estabamos cansos de ser os da confraría dos caladiños porque nacemos humildes e seica non podiamos falar, só podían facelo os que eran de boa familia. Eramos xente nova, con inquedanzas. Que despois de 20 anos che recoñezan estas cousas, a min agrádame, evidentemente. -A regueifa é unha disciplina que versa precisamente diso, de non calar... -É poesía irreverente. A regueifa sempre foi unha poesía rabuda para defenderte por medio da lingua dos ataques que recibes do contrario. Mais só podes usar a lingua. Eu antes de coñecer o bravú facía algo de improvisación mais non sabía o que era isto da regueifa. Despois souben que era unha disciplina propia do país, que tiña moito auxe pola comarca de Bergantiños e, a partir de aí, seguín. Dinme a coñecer, fun coñecendo a máis xente e outra comezou a improvisar. Así comezamos cos obradoiros da regueifa polos colexios. -Como responde a rapazada neses obradoiros? -Queda abraiada. Estamos no mundo da tecnoloxía mais os rapaces botan 2 e 3 horas cavilando para sacar adiante as probas que nós lles pomos. Isto é unha cousa máxica. Seguimos con isto porque funciona, mais tamén porque os rapaces gostan e participan cunha ledicia espantosa, como din os portugueses. -Dis que ao comezo a regueifa era unha grande descoñecida. Após 20 anos cal é o seu estado de saúde? -Agora estamos sacando rapaces novos. Hai moitas actuacións. Chámannos asociacións de veciños, asociacións culturais, colexios, comisións de festas... O que acontece é que a min nas festas non me gusta. Enriba do palco dunha festa a min non me presta. Non é a mesma historia. A regueifa ten un sitio e non se pode mesturar con outras cousas, que xa me dixo miña nai que mesturar era mao. -É a taberna o seu espazo natural? -Centros culturais e tabernas. Mais a taberna é onde mellor funciona porque alí hai gasolina. E coa gasolina o motor encende, entendes? [Ri]. Tamén nos chaman para ir a vodas. O centro de saúde da regueifa eran os casamentos. Aí naceron. A regueifa era o pan que se servía como pote nas vodas. Comezaban os improvisadores e o que quedaba coa última copla era o que repartía a regueifa. Era unha especie de mettre. -Hai 20 anos levaches, acompañado de Manu Chao, a regueifa até Francia. Como era a acollida? -Quedaban coa boca aberta. Ao mellor non me entendían pero reflexaba a miña ollada nalguén e botáballe unha copla e cantaban o lalalailo. A onomatopeia si que a entendían. A xente quedaba entusiasmada. Explicábanlles, ademais, en francés que aquilo era unha cousa propia da cultura do noso país. Tanto en París como en Lyon foi apoteósico. Iso si, foi despois de tomar a queimada. -Despois deste tempo, que queda de todo aquilo? -A bravura aínda queda aí, tamén o sentimento pola terra. Isto é unha leiriña que botou xérmolo ao seu debido tempo e agora é unha planta forte. Agardo que, embora sermos poucos, esa fortaleza perdure e continúe para adiante. Comezou Rosalía e nós temos obriga de continuar o camiño. Esta terra é nosa e, polo tanto, temos que defendela. Esta entrevista apareceu no Sermos nº119, publicado a 23 de outubro de 2014."}
{"ID": "PRAZA_6045", "summary": "O Barrio do Cura ou a situación do Berbés volveron poñer sobre a mesa nas últimas semanas a situación do casco histórico vigués.", "text": "Os cascos vellos das cidades semellan ás veces organismos vivos, cuxa saúde depende de múltiples elementos, cunha dimensión física e estética, que se deixa ver no bo estado ou na degradación das vivendas e dos espazos públicos, e unha dimensión social, que depende da calidade de vida dos seus habitantes, e da actividade comercial e humana nas súas rúas e prazas. Esta última dimensión, cando inicia un proceso de abandono, adoita ser a máis difícil de rehabilitar. Cada casco vello é distinto a outro, ás veces teñen problemas comúns, pero as súas traxectorias e circunstancias son normalmente distintas. Os problemas ou a evolución de centros históricos coma o de Compostela ou Pontevedra foron moi diferentes aos que sufriron os de Vigo ou Ferrol, por exemplo. O casco vello de Vigo, o lugar no que, dende o mar, naceu a cidade iniciou hai décadas un proceso de abandono e de despoboación, en beneficio doutras partes da cidade. Ficou esquecido. Só en tempos relativamente recentes dende a administración se comezaron a pensar e aplicar estratexias para a súa rehabilitación, con actuacións que mudaron a face da Ferrería, da Porta do Sol ou das zonas próximas á Praza da Constitución. Un proceso que sempre é longo e que tamén xerou acusacións de exclusión de colectivos, de especulación urbanística e de promoción de procesos de xentrificación. Recentemente, ademais, unha denuncia de Henrique Macías, expresidente da Asociación Vecinal del Casco Vello e actual voceiro de Compromiso por Galicia, chamou a atención sobre a falta de cumprimento das promesas de recuperación da Praza do Berbés, o aumento de peches de negocios e o continuo abandono de veciños da zona. Compromiso denunciaba que \"a pesar dos distintos anuncios propagandísticos tense acelerado nestes últimos meses o aumento de pisos e locais en venda e os peches de negocios, dos poucos que xa quedaban no barrio, entre eles clásicos locais de hostelería e financeiros de toda a vida\". Falamos con Macías, así coma con representantes de BNG, Anova e do colectivo Xentrificación Vigo, sobre os problemas do Casco Vello de Vigo, e sobre as posibles solucións. Henrique Macías explica que durante décadas, \"a poboación do Casco Vello foi marchando, sobre todo pola baixa calidade das vivendas e dos servizos, en comparación cos que podía atopar noutras zonas da cidade\" Xentrificación Vigo explica que o proceso de abandono institucional foi tan prolongado no tempo (dende anos 60 e 70) que \"durante toda esta tempada produciuse un éxodo da poboación orixinal a outros barrios da cidade, situación que provocou o abandono e derrubamento de moitos dos edificios do barrio, así como a baixada de prezos de moitos alugueres. Isto provocou a chegada de novos veciños e veciñas de rendas máis baixas, aumentando así a fenda social entre a zona vella e os barrios da súa contorna\". Décadas de degradación até as primeiras actuacións Henrique Macías explica que durante décadas, \"a poboación do Casco Vello foi marchando, sobre todo pola baixa calidade das vivendas e dos servizos, en comparación cos que podía atopar noutras zonas da cidade\". E tamén \"pola conversión do barrio nun lugar de marcha nocturna, que facía moi difícil o descanso. Sen residentes, moitos edificios fóronse degradando\". Porén, Macías salienta que dende a constitución do Consorcio (en 2005) comezou \"unha recuperación do barrio\", sobre todo da Porta do Sol cara arriba, na zona da Ferrería, onde \"houbo un proceso de recuperación, con novos veciños e novos comercios, erradicando a prostitución e os problemas xerados pola droga\". Pola contra, Macías láiase de que cara abaixo da Porta do Sol, agás na zona da Praza da Constitución, \"o resto do barrio continuou degradándose, sobre todo chegando ao Berbés. A praza perdeu vida despois das súas obras de humanización, perdeuse a relación co porto, e en consecuencia, foron pechando comercios, sucursais bancarias, supermercados... Non se lle prestou atención ao Berbés, a pesar de ser o lugar onde naceu Vigo, e unha das imaxes\". Santiago Domínguez: \"Toda a cidadanía pode comprobar que houbo un período, entre 2007 e 2011 no que o Casco Vello tivo un revulsivo importante\" Santiago Domínguez (BNG), impulsor das políticas de recuperación do Casco Vello na pasada lexislatura, coincide na análise: \"Toda a cidadanía pode comprobar que houbo un período, entre 2007 e 2011 no que o Casco Vello tivo un revulsivo importante, cando o BNG tiña a xestión das políticas do Casco Histórico Aí está todo o que se fixo: a ampliación da Porta do Sol, as actuacións que se fixeron en Poboadores, Elduayen e na rúa Real, ou a renovación de pavimentos e do saneamento... e neses catro anos o casco vello reviviu, mesmo chegou xente nova a vivir\". Domínguez salienta que \"fixemos un traballo para que os veciños e veciñas gañaran calidade de vida, e para que o resto da cidade se beneficiase de contar cun casco histórico habitable e visitable. Tamén dotamos o Casco Vello de elementos importantes, coma a Pinacoteca, coma o Centro Galego de Fotografía ou o Rexistro da Propiedade\". Porén, Domínguez subliña que \"o problema na actualidade é que dende o 2011 se entrou nunha certa desidia, falta mantemento e comeza a percibirse un pequeno abandono\". \"E hai unha gran materia pendente, que é a reforma do Berbés\", indica, \"cando o BNG aínda estaba no goberno, conseguimos que a Xunta se comprometese a financiar unha parte importante da reforma, con case catro millóns de euros\". Domínguez subliña que \"o problema na actualidade é que dende o 2011 se entrou nunha certa desidia, falta mantemento e comeza a percibirse un pequeno abandono\" A análise que fai Anova é moito máis crítica. A formación sinala que \"a xestión que se fai do patrimonio está baseada en criterios formais ou estéticos. Rehabilítase unicamente o continente, e non o contido: nin as relacións sociais, nin as redes que están creadas e que forman a cohesión do barrio. Só se leva a cabo un embelecemento externo, sen ter en conta as necesidades dos seus habitantes nin os da cidade\". Afirman que \"está a producirse, tanto no casco vello coma no Barrio do Cura un proceso de xentrificación\". Para Anova, este proceso \"sempre ten dúas fases: unha primeira de degradación, da que son responsables as administracións públicas, pois non se dotou a zona de equipamentos públicos necesarios para a vida. Permitiuse a degradación e non se apostou por fixar poboación, todo acompañado dun proceso de criminalización dos sectores da poboacións máis marxinais\". E unha segunda fase, \"na que aparece un grupo de investidores para facerse coa riqueza do patrimonio dos centros das cidades\". \"É un modelo de cidade neoliberal no que as administracións públicas son cómplices de todo o que está pasando, neste caso a través da actividade do Consorcio\", conclúe. Anova: \"Está a producirse, tanto no casco vello coma no Barrio do Cura un proceso de xentrificación\" Para Xentrificación en Vigo as políticas de rehabilitación que se levaron a cabo nos últimos anos fixeron que \"todos os grupos sociais instalados durante os anos de abandono\" sexa \"expulsados (xentrificación), xa que a través das melloras dos inmóbeis comezan a subir de novos os alugues e os prezos das vivendas\". Tamén sinalan como problemas do barrio \"a falta de infraestruturas públicas e de servizos no barrio, así como os problemas de ruído que sofren certas rúas\". O colectivo critica que \"Consorcio e o concello está a realizar unha dinamización e rehabilitación baseada na especulación e nun ocio dirixido, entendendo por dinamizar un barrio que xente doutras zonas e parroquias de Vigo, así como o turismo, se achegue ao centro histórico para consumir ou pasar o seu ocio\". Sinalan, finalmente, que o traballo de rehabilitación do Consorcio busca \"atraer o interese de investidores privados que queiran investir no barrio. Pensamos que forma parte do intento de transformar a economía do barrio ao sector servizos, xa sexa a través de bares na zona baixa ou con tendas moi especializadas (fotografía, produtos ecolóxico, ou sectores de profesión máis liberais) na zona alta da Ferrería\". Posibles solucións Dende Anova demándase que a solución para o barrio pasa por \"promover un banco de vivendas en aluguer, co obxectivo de que o acceso á vivenda sexa democrático\" Dende Anova demándase que a solución para o barrio pasa por \"promover un banco de vivendas en aluguer, co obxectivo de que o acceso á vivenda sexa democrático\". Engaden que tamén \"debe incrementarse a dotación de servizos no barrio, por exemplo coa construción dun novo aparcamento para os veciños e veciñas\". \"Deben incrementarse igualmente as axudas á rehabilitación, para fixar a poboación actual\", din e piden \"substituír o valor de cambio especulativo que queren darlles aos centros históricos por un valor de uso, cun modelo participativo, no que a xente poña enriba da mesa as súas necesidades\". Santiago Domínguez chama a completar o traballo iniciado na lexislatura anterior: \"O traballo do Consorcio para a compra e rehabilitación de vivendas está funcionando ben, e tras esa rehabilitación física, debe comezar unha segunda fase de rehabilitación social, que debe facerse en cooperación cos comerciantes e coa hostalaría da zona\". Domínguez conclúe que \"se está no bo camiño e o importante é que se completen os proxectos iniciados, porque quedan moi poucas zonas por rehabilitar. Cando un casco vello se comeza a rehabilitar e a dotar de actividades, iso é algo que tes que manter no tempo. É cuestión de vontade política\". Macías: \"Xa se está notando unha maior actividade comercial, pero o que hai que conseguir agora é que máis xente vaia vivir ao casco vello\" Henrique Macías tamén sinala a importancia de completar algunhas das actuacións pendentes e a piques de pecharse, coma a apertura do edificio do rexistro da propiedade, ou o plan de rehabilitación do Berbés. \"Hai que continuar co labor do Consorcio, porque a súa actuación non se pode deixar a medio facer\", afirma. Macías é relativamente optimista de cara ao futuro do barrio: \"Xa se está notando unha maior actividade comercial, pero o que hai que conseguir agora é que máis xente vaia vivir ao casco vello, solucionando algunhas das eivas actuais, coma o aparcamento ou a necesidade de que o barrio conte cun supermercado, do que actualmente carece\". En canto ao Berbés, afirma que debe conseguirse a implicación da Autoridade Portuaria, que debe autorizar a derrubar o muro que separa o Berbés do mar, e \"debe conseguirse a peatonalización de toda esa zona\". Finalmente, considera prioritaria a recuperación das axudas a rehabilitación, que antes existían, pero que a Xunta leva dous anos sen convocar. Para o colectivo Xentrificación Vigo, calquera proceso de rehabilitación \"ten que abrir un diálogo construtivo e participativo entre a cidadanía\" Para o colectivo Xentrificación Vigo, calquera proceso de rehabilitación \"ten que abrir un diálogo construtivo e participativo entre a cidadanía, e o que é máis importante, que todos os sectores que habitan o barrio antes da rehabilitación se teñan en conta para crear un tecido social conxunto, atendendo as necesidades particulares de cada colectivo (como é o caso dos xitanos, drogodependentes, prostitutas, xente maior...)\". Afirman que \"o abandono conseguiríase frear, sen caer nun proceso especulativo, a través da rehabilitación e construción dun parque de vivendas de protección oficial onde a xente puidese acceder a través dun alugueiro social\". \"Outros xeitos de atender as necesidades sociais é creando unha partida de orzamentos para un programa de axuda social específico para a zona vella, ademais de crear zonas onde se permita estabelecer tecido social, como poden ser zonas verdes ou hortas comunitarias\", engaden."}
{"ID": "PRAZA_7302", "summary": "Na Chaira, temos o noso propio apalpador, a nosa figura admirada e redentora, sanadora e simbólica, agardado, traedor de novas, agasallos, novidades, alegrías, sanador, contador de contos e de utensilios de valor e de alegría: o Trapeiro, e concretamente o Trapeiro dos Vilares.", "text": "Os Reis Magos, o Papá Noel, o Santa Klaus, todos importados de culturas de fóra, cecais Os Reis con máis tradición pola cultura cristiana imperante no occidente, pero a cultura comercial fai tambalear tradiccións en funcion de intereses económicos que nin os monarcas resisten por moi magos que sexan... O Apalpador parece consolidarse como unha alternativa ao colonialismo exterior, emerxe cómo unha figura autóctona e agarimosa, con imaxe propia Recuperar a tradición sempre está ben, poñer en valor e fomentala mellor, e o Apalpador parece consolidarse como unha alternativa ao colonialismo exterior, emerxe cómo unha figura autóctona e agarimosa, con imaxe propia. Apoio o Apalpador nacido das cumes do Courel, ese Carboeiro sanador... E dito esto, na Chaira, temos o noso propio apalpador, a nosa figura admirada e redentora, sanadora e simbólica, agardado, traedor de novas, agasallos, novidades, alegrías, sanador, contador de contos e de utensilios de valor e de alegría: o Trapeiro, e concretamente o Trapeiro dos Vilares. Para min, o Apalpador, o Trapeiro, representan o mesmo, pero como chairego dinme moito os trapeiros e na tradición da Chaira aínda é recente a memoria desta figura que recorreu aldeas de Galiza e que foi cantada por poetas e músicos Ese trapeiro que era curandeiro, proveedor de materiais que.melloraban a calidade de vida, novas no illamento, barbeiro, furafor de orellas, xoguetes para os cativos e acompañado dun burro que cumpría máis e mellor que ningún reno coa función desta encomenda de felicidade. Para min, o Apalpador, o Trapeiro, representan o mesmo, pero como chairego dinme moito os trapeiros e na tradición da Chaira aínda é recente a memoria desta figura que recorreu aldeas de Galiza e que foi cantada por poetas e músicos, Marica Campo, Luis Foxo ou Fuxan os Ventos en concreto coa figura representativa de Pedro Trapeiro. Para min na Chaira, o meu Noel, o meu Klaus, o meu Rei, o meu Apalpador é o Trapeiro, e porque non, Pedro Trapeiro... Ben puidera ser un carboeiro, un trapeiro, ou outro oficio humilde, itinerante, que levara aos fogares esas novidades e alegrías tan escasas en tempos, pero en calquer caso, dos nosos, do país, e para min na Chaira, o meu Noel, o meu Klaus, o meu Rei, o meu Apalpador é o Trapeiro, e porque non, Pedro Trapeiro..."}
{"ID": "NOS_9372", "summary": "As enquisas coinciden en sinalar a Nicola Sturgeon como gañadora, por diante do actual primeiro ministro e o líder da oposición laborista.", "text": "As enquisas deron como gañadora do primeiro debate electoral no Reino Unido á líder do SNP e primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon. Todos os inquéritos coinciden en situala á cabeza, por diante do xefe dos conservadores, David Cameron, e dos laboraristas, Ed Miliband. Sturgeon obtivo unha media do 22% de apoio, que no caso da sondaxe de YouGov alcanza o 28%, dez puntos por riba do actual primeiro ministro do Reino Unido. Os analistas coinciden en que estes comicios, os máis incertos das últimas décadas, apuntan ao derrube do bipartidismo británico. Unha percepción que reflicten a maioría de enquisas, que deron un empate técnico a conservadores e laboristas. Os independentistas, chaves de goberno Os independentistas escoceses parten como favoritos para ser chave de goberno nas eleccións do 7 de maio. Sturgeon defendeu durante o debate, no que participaron os líderes dos sete partidos principais, que a súa prioridade é a independencia de Escocia, aínda que deixou a porta aberta a posibles acordos coas forzas de esquerda. \"Non farei ver que non quero a independencia, a quero, pero mentres Escocia forme parte do sistema, o SNP traballará con outras forzas coa mesma visión en todo o Reino Unido\", dixo a líder escocesa, segundo recolleu Vilaweb."}
{"ID": "PRAZA_14728", "summary": "O presidente do Goberno desprazouse de Bruxelas a Vigo nun Falcon, malia criticar con dureza que Zapatero usase a mesma aeronave para viaxar a actos do PSOE. Feijóo non vía \"axeitado usar avións do Exército para acudir a mitins\" hai dúas semanas.", "text": "Mariano Rajoy empregou este venres un dos avións Falcon dos que dispón como presidente do Goberno para pechar a campaña electoral galega e acudir aos últimos mitins do seu partido en Vigo e Ourense este venres, segundo adiantou El Periódico de Cataluña e recollen xa varios medios. Rajoy usa o Falcon malia que criticou con dureza que Zapatero viaxase nel para actos do PSOE O xefe do Executivo español usou esta aeronave para desprazarse desde Bruxelas, onde acudiu ao Consello Europeo, a Vigo e malia que, cando estaba na oposición, criticou con dureza a José Luis Rodríguez Zapatero por viaxar en Falcon a actos do PSOE durante as campañas dos anos 2009 e 2011, sendo o socialista presidente do Goberno. En maio de 2009, Rajoy cualificou de \"prepotente\" a Zapatero por viaxar nun avión oficial desde Madrid a Asturias para acudir a un mitin do PSOE. No mesmo día, o líder do PP desvelou que Zapatero tiña previsto usar outra aeronave do Exército español para estar presente nun acto do partod en Gran Canaria. \"Se iso se confirma é unha burla e é rirse dos españois, mofarse dos contribuíntes, é nha proba da prepotencia impropia dun gobernante democrático no século XXI\", dixera, logo de que o PP asegurara que cada viaxe nun Falcon costaba máis de 15.000 euros. Segundo El Periódico, fontes do Goberno aseguran que \"non se poden comparar\" as condutas de Zapatero e Rajoy, xa que o actual presidente do Goberno regresou a España logo de levar tres días participando en encontros internacionais e elixiu regresar a Vigo e non a Madrid, mentres que Zapatero usaba o avión oficial directamente desde Madrid a outras partes do Estado para actos do PSOE. \"Non me parece axeitado que outros usen avións do Exército ou Falcon para acudir a mitins\", dixera Feijóo tras descubrirse que fixera campaña en Arxentina na aeronave dun empresario Ademais, Feijóo tamén asegurara xa na precampaña das eleccións galegas que el nunca usaría un Falcon para viaxar a actos de partido, recriminando tamén a acción de Zapatero e logo de que se descubrira que acudira a mitins en Arxentina no avión dun empresario amigo denominado Paxariño. \"Non vou usar nunca fondos públicos para facer campaña, non o fixen nunca e non o vou facer. Acudo con recursos do partido ou de afiliados do partido, nonusarei o coche oficial para ir a mitins como se fixo noutros anos. É o que fixen e seguirei facendo, a lexislatura acabará coa mesma regra; eu non usarei fondos públicos nin me parece axeitado que outros usen avions do Exército ou Falcon para acudir a mitins\", dixera. Tales foran as críticas a Zapatero daquela, que o PP ata chegou a utilizar un vídeo de cara ás eleccións europeas de 2009 nas que Rajoy presumía de viaxar en voo regular. \"Rajoy vuela como tú, como todos\", titulábase a cinta, que formaba parte da publicidade electoral dos conservadores pero cuxa autorían atribuíron a Sergio Ramos e Jorge Moragas. O diálogo que Rajoy mantén con outro viaxeiro era claro e destinado a censurar a actitude de Zapatero. \"- Ti, presidente, voas en voo regular, non? - Si. En que vou voar, senón? - Iso do Falcon non... - Non. Iso Zapatero, eh? Zapatero, si.\" Cómpre lembrar tamén que o Tribunal de Contas pediu aos partidos que regulen o uso dos medios públicos de transporte en campaña, unha medida que o PP defendeu cando el estaba na oposición, pero que rexeitou este mesmo ano, xa na Moncloa. HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_47496", "summary": "Ricardo Carvalho Calero volverá ser candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas. Nove académicos de número da Real Academia Galega rexistraron a proposta esta segunda feira, 20 de maio, día en que abriu o prazo para facelo", "text": "Segundo puido coñecer Sermos Galiza, Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro, Francisco Fernández Rei, Salvador García-Bodaño, Manuel González, Chus Pato, Xosé Luís Regueira, Manuel Rivas e Euloxio Ruibal son os membros do Plenario da institución que promoven a candidatura. O pasado ano, Carvalho Calero -escritor e crítico de primeira orde, nado en Ferrol en 1910 e morto en Compostela en 1990- perdeu a nominación fronte a Antonio Fraguas. Esta é a sexta vez consecutiva en que é proposto. O Plenario da Academia é o máximo órgano de goberno da mesma. Na súa primeira xuntanza despois do 17 de maio escolle \"o persoeiro\" ao que se lle dedicará a conmemoración do ano seguinte. Segundo os estatutos da entidade, este debe \"ser autor dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe\". Deben pasar como mínimo dez anos entre a súa morte e a designación. \"As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente\", din as normas. Nesta ocasión foron nove as académicas asinantes."}
{"ID": "PRAZA_14115", "summary": "O comité de empresa de Navantia denuncia que os quimiqueiros que a Xunta dixo que se construirían en Galicia foron adxudicados xa en Corea. \"Os gobernos do PP menten até a saciedade\", critican, tras advertir da \"dramática\" situación do naval.", "text": "O globo de Pemex desínflaselle a Feijóo. O comité de empresa de Navantia Ferrol vén de denunciar que, \"segundo fontes solventes\", a construción de \"dous buques quimiqueros\" que a Xunta anunciara que a compañía petroleira mexicana podería contratar a estaleiros galegos xa foron \"adxudicados\" a empresas coreanas. Por iso, os sindicatos \"esixen\" que Navantia ou os responsables políticas fagan \"un pronunciamento urxente\". O comité di saber de \"fontes solventes\" que os quimiqueiros prometidos por Feijóo non se construirán en Galicia Nunha rolda de prensa celebrada este martes, os sindicatos dos comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene advertiron de que contan con \"información de fontes solventes\" de que a \"carga de traballo anunciada por Feijóo\" non se materializará en Galicia. Ignacio Naveiras, presidente do comité, esixiu que se \"esclarezan estes feitos\", que en caso de se confirmaren serían \"unha mostra máis de que este Goberno vén confundir á sociedade e a enganar aos traballadores e aos cidadáns de Ferrol\". Pemex España asegura á axencia Europa Press que os buques aínda non foron adxudicados No entanto, fontes de Pemex en España aseguraron logo a axencia Europa Press que a adxudicación dos dous buques para o transporte de produtos químicos aínda non se produciu e que, polo momento, tampouco manexan un prazo concreto para que a empresa mexicana adopte unha decisión. \"Desmentimos rotundamente que fosen adxudicados\", indicaron estas fontes. Aínda así, o comité insistiu e asegurou que \"ao PP, en palabras de Rey Varela e de Feijóo, enchéuselle a boca de que antes do verán habería dique flotante ou carga de traballo\". \"A día de hoxe non temos resposta nin de carga de traballo, militar nin de Pemex, nin do dique flotante\", queixouse Ignacio Naveiras. Feijóo anunciara que Pemex solicitaría en xullo ofertas a estaleiros galegos para a construción de dous quimiqueiros Fora o presidente da Xunta quen a mediados de xuño anunciara a \"ampliación\" do acordo estratéxico alcanzado con Pemex, de forma que a petroleira mexicana solicitaría nos dez primeiros días de xullo ofertas de orzamento a Navantia e outros estaleiros galegos para a construción de dous quimiqueros. Estes dous buques uniríanse ás opcións de construción de 14 remolcadores, a adquisición dun barco flotel e a intención de converter o Porto Exterior de Punta Langosteira, na Coruña, en base loxística da petroleira mexicana en Europa.Os sindicatos xa non se fiaban daquela. Por todas estas promesas incumpridas, os responsables dos comités acusaron os gobernos central, autonómico e central do PP de \"mentir até a saciedade\". Para Naveiras, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, \"mente\" ao afirmar que \"non houbo contratacións no seis últimos anos\", e reprochou a Alberto Núñez Feijóo que asegurase que \"no verán habería carga de traballo ou dique\", que \"os remolcadores serían unha solución para Navantia\" ou os seus pronunciamientos sobre o centro de reparacións para a ría de Ferrol. \"Feijóo está a mentir no tema dos quimiqueros porque xa están comprometidos con Corea e mente Mariano Rajoy cando di que se vai a impulsar a construción da sexta fragata\", que xeraría emprego para os estaleiros públicos de Ferrol e Fene, insistiu Naveiras. A industria auxiliar do naval perdeu 702 empregos en só dous meses Ademais, os sindicatos denunciaron que a situación do sector naval de Ferrol é \"dramática\". Segundo os datos achegados polos sindicatos, a finais de xuño o número de traballadores da industria auxiliar vinculada a Navantia era de 2.579 e na actualidade é de 1.877, o que se traduce na destrución de 702 empregos \"en só dous meses\". A cifra súmase á de máis de mil empregos perdidos no último ano por falta de carga de traballo. Esta situación derívase da saída dos estaleiros do primeiro \"megabuque\" construído para Australia e a finalización da Fragata Cristóbal Colón para a Armada española, polo que só resta concluír o segundo \"megabuque\" australiano. Con este panorama, o comité de empresa denunciou que non se celebrou a reunión que estaba prevista a finais de agosto da comisión de seguimento, creada tras a visita do presidente da SEPI a Ferrol, Ramón Aguirre, para analizar a construción do dique flotante para a área de reparacións. \"Esiximos que se poña data para a comisión do dique flotante, que haxa unha presenza do Goberno central\", aclarou Naveiras, quen engadiu a demanda de que se cumpra o prometido de que canto antes se dea o OK ao dique para que o inicio da actividade se produza a finais de ano\". Así, este mércores está previsto que teña lugar en Madrid unha reunión do Comité Intercentros de Navantia na que se acordará un novo calendario de mobilizacións para \"presionar ao ámbito político que segue dando as costas\". No entanto, os traballadores lembraron que as protestas xa se iniciaron hai case dous anos e reclamaron que o sector naval non sexa \"moeda de cambio\". \"Rey Varela, o conselleiro de Industria Javier Guerra, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy ratifícanse nas súas promesas incumpridas\", reprobaron. Naveiras criticou que o alcalde de Ferrol afirmase nos últimos días que a situación do naval se desbloquearía en setembro porque sostén que \"ou ben se quere utilizar esta solución de forma partidista ou ben se quere gañar tempo de face ás eleccións\"."}
{"ID": "NOS_37200", "summary": "A caída é dous puntos superior á media do Estado español. No que vai de ano destruíronse máis do 2% dos postos de traballo neste sector", "text": "A facturación do sector servizos caeu nun 10,1 por cento na Galiza no pasado mes de abril en comparación con ese mesmo período do ano pasado, un descenso que sinala até que punto a crise está a bater nun dos sectores cruciais a nivel de emprego no país. Este descenso do 10,1 por cento supón dous puntos máis que a media do Estado español (onde a caída foi do 8,3%). De feito, Galiza foi o quinto territorio do Estado onde este descenso foi máis acusado, só superada por Canarias, Nafarroa, Baleares e Cantabria. Desde xaneiro, e no que se refire ao conxunto do Estado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o emprego no sector servizos reduciuse en dous puntos. Na Galiza, nese msmo periodo, a caída no empreo foi do 2,2%. E no anual, ese descenso é xa máis acusado, pois supuxo unha perda do 3,3%. Mellor e peor comportamento As actividades con maior repercusión negativa na análise da cifra de negocio do sector servizos foron a venda de vehículos, motocicletas e repostos; o comercio ao por maior de alimentos, bebidas e tabaco; as axencias de viaxes e operadores turísticos, ou ben o comercio ao por maior de combustíbeis, metais e outros. Porén, entre aquelas actividades con maior repercusión positiva están o comercio ao por maior non especialziado; o comercio ao por maior de materias primas agrarias e animais vivos; ou ben a programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática."}
{"ID": "PRAZA_4277", "summary": "Os populares aseguran que en realidade as eleccións non son a súa \"prioridade\" e din que promoverán que \"a campaña se circunscriba a unha semana\", aínda que a todos os efectos durará 15 días nos que os partidos poden celebrar ou non os actos que consideren, desta volta condicionados polo coronavirus", "text": "Ás cero horas do vindeiro 26 de xuño comezará oficialmente a campaña electoral das eleccións galegas do vindeiro 12 de xullo, que seguen sendo anticipadas malia estaren inicialmente previstas para o 5 de abril, toda vez que a lexislatura non remata ata finais de setembro. Durará dúas semanas, como fixa a lei, ata as 23:59 do 10 de xullo. Neses quince días, as forzas políticas que opten a estar representadas no vindeiro Parlamento de Galicia poderán pedir o voto por todas as vías contempladas na lexislación electoral, constrinxidas nesta ocasión polas limitacións para evitar contaxios do coronavirus.O PP asegura que en realidade as eleccións non son a súa \"prioridade\" e di que promoverá que \"a campaña se circunscriba a unha semana\", aínda que a todos os efectos durará 15 días nos que os partidos poden celebrar ou non os actos que consideren, desta volta condicionados polo coronavirusXa nos días previos a ratificar o 12X como data electoral, o propio Alberto Núñez Feijóo dixo concordar co PNV non só no día elixido, senón tamén na conveniencia de acurtar a campaña electoral. Así o reiterou tamén tras convocar formalmente os comicios, aínda que admitindo que o Goberno galego carece de marxe legal para diminuíla, polo que a todos os efectos dura dúas semanas. Afirmouno en rolda de prensa retransmitida ao vivo pola Televisión de Galicia, canle pública que as principais forzas da esquerda instan o PP a non utilizar na campaña no seu propio beneficio.Esa reclamación de ignorar unha parte da campaña foi reiterada este mércores polo número dous de Feijóo no PP, o secretario xeral. Miguel Tellado asegura que, malia vilas de convocar, \"as eleccións non son a nosa prioridade\" porque \"a prioridade segue a ser combater a pandemia\" e \"preservar a saúde\". Esa é a razón pola que, afirmou, quere promover \"acurtar\" a campaña e que \"se circunscriba a unha semana\", o cal ao seu xuízo é dabondo para \"garantir a explicación das propostas de todos os partidos políticos\".En realidade, a campaña comezará en calquera caso o 26 de xuño, se ben os partidos poden decidir non organizar acto ningún un ou varios días, como en calquera outra ocasión. Nas filas da esquerda interprétase este chamamento a ignorar a metade da campaña como unha aposta do PP por limitar a visibilidade do resto de formacións mentres Feijóo aproveita a Xunta en clave electoral. \"Mestura o partidario co Goberno, cre que Galicia é o seu chiringuito e pode campar pola súa televisión, por Tele Feijóo, sen ningún límite nin castigo. Pero hai moita cidadanía farta\", cre o secretario xeral dos socialistas, Gonzalo Caballero.\"O PP mestura o partido co Goberno, cre que Galicia é o seu 'chiringuito'\", afirma Gonzalo Caballero, quen augura que Feijóo \"vai levar unhas sorpresa cando abran as urnas\"Nas filas do PSdeG, que este mércores reuniu a súa Executiva Nacional a través de videoconferencia para abordar as eleccións, preocupa especialmente o que Caballero define como \"unha intervención indecente da CRTVG\" por parte do PP. \"É impropio dun país democrático\", cre o candidato socialista á Presidencia, que reclama múltiples debates electorais na CRTVG -ao seu xuízo, debérase celebrar un cara a cara entre el e Feijóo e máis encontros \"coa presenza tamén do BNG e Galicia en Común\"- e que advirte de que o seu partido fará unha campaña \"de argumentos e ideas, sen complexos\", defendendo aspectos como a importancia de non repetir \"os recortes na sanidade pública\", especialmente tras a crise da covid-19. \"Feijóo -augura- vai levar unha sorpresa cando abran as urnas\". Sobre a proposta concreta de \"reducir\" a campaña electoral, o PSdeG retrucaba este mércores cun comunicado: \"Se Feijóo quere reducir a campaña, que lle poña un bozal a Tellado\". \"A lei establece que acampaña electoral debe durar un mínimo de 15 días e ninguén pode reducir as garantías democráticas en Galicia\", agregan.Pontón: \"Feijóo leva 1.634 minutos de campaña na TVG, o BNG non o conseguiría nin saíndo no Telexornal todos os días da lexislatura\"Tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pon o foco na necesidade de que cese a \"campaña en prime time\" que, censura, Feijóo \"leva facendo dous meses\". O actual presidente e candidato do PP, reprocha, interveu ata o pasado martes \"1.634 minutos\" ao vivo ante as cámaras da Galega. \"O BNG -ilustra- non o conseguiría nin saíndo no Telexornal todos os días da lexislatura\". Nesta liña, o Bloque propón \"debates a dobre volta cos candidatos das principais forzas, ampliar espazos de información\" relativa á campaña e recuperar os debates entre cabezas de lista provinciais. Trátase, di, de achegar á cidadanía as diferentes opcións para \"reconstruír Galiza\" tras a pandemia e facelo en igualdade de condicións.Gómez-Reino: \"Vimos de moitos anos de propaganda e de 60 días de acaparamento dos medios públicos por parte do PP\"Nesta liña, dende Galicia en Común o seu candidato, Antón Gómez-Reino, tamén aposta por \"numerosos debates\" na CRTVG\" e \"non só de candidatas e candidatos\", senón tamén \"sectoriais\" sobre os diversos temas da campaña, como sucede \"en países da nosa contorna, como Portugal\". Galicia en Común, sinala Gómez-Reino, considera imprescindible a igualdade entre as forzas na campaña, máis aínda despois de \"virmos de moitos anos de propaganda\" do PP dende a Xunta e tras \"60 días de acaparamento dos medios públicos\" por parte de Feijóo. Dado que a campaña vai ser necesariamente \"anómala\" pola propia pandemia, sinala, cómpre deixar aínda máis claro do habitual que o partido do actual Goberno non pode beneficiarse dos medios públicos."}
{"ID": "NOS_38047", "summary": "O movemento memorialista galego celebra este sábado unha marcha cívica nas inmediacións do pazo de Meirás para reclamar a propiedade dos bens móbeis e exixir o fin da \"impunidade franquista\". O Estado deu a calada por resposta ante a petición de acceso á finca, mais a manifestación non se cancelou.", "text": "O pasado 10 de decembro o Estado recuperaba a propiedade do pazo de Meirás, en mans da familia Franco desde que llo entregara en 1938 a Xunta Pro Pazo a través de coaccións e doazóns forzosas —como acreditou a xuíza de primeira instancia Marta Canales, malia que posteriormente a Audiencia Provincial da Coruña considerou \"irrelevante\" esta cuestión—. Porén, a sentenza permitía aos herdeiros do ditador retirar os bens do interior do edificio, ao entender que o Estado \"unicamente demandou, e así se estimou, un dereito de propiedade sobre unha finca catastral\". Finalmente, o pasado 21 de maio, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña suspendeu a 'mudanza' que preparaban os Franco até se determinar a propiedade dos bens móbeis, logo do recurso presentado pola Avogacía do Estado. A fin de asegurar a recuperación para o patrimonio público dos bens \"espoliados\" por Francisco Franco, a Iniciativa Defende Meirás mobilízase este sábado —a partir das 12 horas— na explanada principal do pazo de Meirás. O Concello de Sada acondicionará o espazo para acoller os \"centos de persoas\" que se prevé participen da mobilización, que apoian 68 entidades sociais, veciñais e culturais de toda Galiza, incluíndo partidos políticos e sindicatos. \"Acudimos coa mellor das vontades para chamar a atención sobre esta cuestión e reclamar á sociedade e as autoridades que nos comprometamos a loitar contra a impunidade franquista\", argumenta, en declaracións a Nós Diario, o historiador e portavoz de Defende Meirás Carlos Babío. O Estado non autoriza o acceso ao interior do Pazo Malia ter formulado a petición \"en tempo e forma\" perante a Delegación do Goberno estatal na Galiza e a secretaría de Estado de Memoria Democrática, o colectivo aínda non obtivo \"ningún tipo de resposta\" sobre a autorización desta marcha cívica. \"Parécenos sorprendente porque non somos un grupo de turistas que pide acceder ao pazo. Somos os movementos memorialistas e temos colaborado de forma activa nesta causa, de tal feito que a propia sentenza considera imprescindíbeis as nosas achegas\", lamenta. De se denegar finalmente o acceso a Meirás, sería a segunda vez que o Estado dá \"coa porta nos fociños\" aos memorialistas: \"Déronse un baño triunfal na entrega das chaves —o 10 de decembro— e deixáronnos fóra, esquecendo o noso movemento, as vítimas e a sociedade en xeral\", cuestiona Babío. Con todo, o historiador rexeita entrar en \"liortas\" co Estado que \"poderían favorecer aos Franco\" ou \"comezar outra guerra que non sexa contra a impunidade franquista\". Aliás, reividinca o \"dereito fundamental\" de se manifestar, e insta o Estado a retomar o \"método Meirás\", termo acuñado polo secretario de Estado de Memoria, Fernando Martínez, a fin de \"sumar colectivamente como sociedade democrática\". Fontes da Delegación consultadas por este xornal non aclararon a posición do Goberno do Estado a respecto desta mobilización. A familia Franco podería recuperar Meirás Carlos Babío destaca que a mobilización deste sábado vai máis aló da recuperación dos bens do interior de Meirás —entre os que se atopan as estatuas do Mestre Mateo, catalogadas como Ben de Interese Cultural (BIC)—, senón que a propia titularidade do pazo aínda podería mudar: \"Os Franco están a dar unha batalla xudicial sorprendente, e a propiedade do propio inmóbel aínda está pendente dunha resolución xudicial —recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo o pasado marzo—\", lembra. Tamén está pendente de se resolver, alén da propiedade dos bens do interior do edificio, se cómpre finalmente indemnizar á familia do ditador \"polos danos e prexuízos causados\". En calquera caso, ver á familia Franco retirando os móbeis de Meirás sería para Babío \"unha imaxe vergoñenta\". \"Intentar convivir coa impunidade franquista nunha sociedade democrática sería o mundo ao revés\", sentencia. Apoio á manifestación desde Bruxelas O grupo de Memoria Histórica do Parlamento europeo, do que forma parte a deputada e portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda —xunto con representantes de EH Bildu, PNV, Unidas Podemos, PSOE, Junts, ERC e outros partidos europeos—, amosou o seu apoio \"sen fisuras\" á manifestación que decorrerá en Meirás. \"O pazo é un referente simbólico indiscutíbel na loita en favor da memoria histórica europea e contra o espolio levado a cabo polo franquismo, polo que a celebración desta marcha tres anos despois da nosa visita ao pazo —o 3 de maio de 2018— ten un valor moi especial\", expuxo o grupo. Aliás, as e os eurodeputados salientaron o seu \"firme\" apoio \"non só á devolución do pazo de Meirás, senón tamén ao resto de bens incautados polo franquismo, como a Casa Cornide, así como a reparación ás vítimas\"."}
{"ID": "NOS_28406", "summary": "As e os representantes no Parlamento de PP, PSdeG e do grupo de En Marea (Anova-Podemos-EU) votaron conxuntamente designar para o Senado unha lista formada por dous ex edís do PP e un da Marea Atlántica (Vázquez, Muñoz e Sande). Producíronse 8 votos en branco, emitidos polos seis parlamentares do BNG e por dous deputados do novo grupo mixto nado após a ruptura de En Marea (Luís Villares e Pancho Casal). Os outros dous membros do mixto (Paula Vázquez Verao e Davide Rodríguez) ausentáronse da votación.", "text": "O pleno do Parlamento galego designou as tres persoas que a esta cámara lle corresponde elixir para representar Galiza no Senado. As papeletas contiñan os nomes de Jesús Vázquez e Elena Muñoz do PP e José Manuel Sande a proposta do grupo parlamentario En Marea. Os tres nomes recibiron o mesmo número de votos, xa que as e os 62 deputados de PP, PSdeG e o grupo parlamentario de En Marea (Anova-Podemos-EU) votáronse entre si. Houbo 8 votos emitidos en branco, correspondentes aos 6 escanos do Bloque Nacionalista Galego e 2 pertenceron ao novo grupo mixto nado da ruptura de En Marea. En concreto abstivéronse Luís Villares e Pancho Casal. Os outros 2 membros deste grupo, Paula Verao e David Rodríguez, non estiveron presentes durante a votación parlamentaria. Quen fora alcalde de Ourense polo PP durante a anterior lexislatura e ex conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, será senador por designación do Parlamento Galego xunto á ex conselleira de Facenda e ex portavoz popular en Vigo, Elena Muñoz, cuxa candidatura foi impulsada polo seu partido após renunciar en Vigo a continuar como líder da oposición debido ao fracaso electoral na cidade. O terceiro senador é José Manuel Sande, ex concelleiro de Culturas da Coruña pola Marea Atlántica. Ao grupo parlamentario de En Marea, polo feito de ser o maioritario da oposición antes de se producir a ruptura do mesmo o pasado 20 de xuño, correspondíalle por reparto proporcional designar unha persoa senadora. Porén, o debate sobre quen candidatar supuxo a ruptura definitiva no seo do grupo e acelerou a súa fractura. A proposta con máis apoios no grupo parlamentar de En Marea para ser designado como senador era o propio José Manuel Sande, defendido por Anova, Podemos e Esquerda Unida (as formacións que a día de hoxe continúan no grupo). A proposta que realizara o Consello das Mareas, a de Mariló Candedo, só conseguiu un apoio xa que o grupo de Villares abstívose de participar na votación, cuxo resultado non recoñeceu. A ruptura semellaba que podía dar ao PSdeG a capacidade de designación da representante para o Senado, xa que o grupo de Gonzalo Caballero pasou de ser o terceiro grupo do parlamento a ser o segundo máis numeroso, após a disgregación de En Marea. Finalmente, conservouse ese dereito para o actual grupo composto por Anova-EU-Podemos. A votación desenvolveuse nun pleno extraordinario celebrado no arranque da sesión no Pazo do Hórreo esta terza feira 25 de xuño. Antes da votación gardouse un minuto de silencio en memoria do ex deputado do PSdeG Raúl Fernández, falecido a pasada semana tras padecer unha enfermidade. Jackeline Fernández tomou ademais posesión como deputada do PP en substitución de César Fernández Gil, novo alcalde de Ribadavia."}
{"ID": "NOS_2606", "summary": "O proxecto televisivo poderase ver en diferentes soportes (TDT, cabo -na plataforma R-, internet) e comezará a retransmitir a fins do presente mes. Na grella: informativos, magazine cultural, deportes, lecer, curtas...", "text": "Un maratón de 12 horas polo galego inaugurará as emisións da nova etapa de Irmandade TV a finais deste mes. \"O sábado 21 ou o sábado 28\", anuncia Aurelio Lópes, un dos responsábeis do proxecto televisivo que vai desembarcar neste mes de marzo a través de diferentes soportes: TDT, por cabo -através da plataforma R- e internet. Se ben en principio a data prevista é 21, non se confirma definitivamente ao estar ultimándose detalles e resolvendo algún imprevisto, polo que se mantén sobre a mesa a opción do 28. O que si está confirmado é que o primeiro día de emisión de Irmandade TV consistirá nun maratón de 12 horas polo galego, de 12:00 horas a 00:00 horas. Un programa especial no que se abordará o idioma desde múltiples perspectivas e miradas. Haberá entrevistas, mesas de debate, pequenas reportaxes sobre o día a día do galego en máis dunha ducia de localidades do país coa xente do común como protagonista, conexións en directo... Mesmo se está a traballar coa posibilidade dun concerto como broche de ouro. \"É un esforzo moi importante, e queremos facer un traballo profesional\", di Lópes sobre o maratón. A 'posta de longo' de Irmandade TV vai ser 12 horas de emisión combinando diferentes formatos (da mesa de debate á conexión en directo), unha mostra de que o proxecto entrou na maioría de idade. A primeira fase desta nova etapa contará con informativos, magazine cultural, espazos de deportes, debates de actualidade.. Aposta na información De segunda a sexta feira Irmandade TV emitirá un informativo que vai presentar Sara Torreiro. De 21:00 a 21:30 é a quenda da información local e a partir de aí da xeralista, na que se analizará a actualidade co foco posto nos diferentes eidos: Galiza, economía ou internacional, entre outros. O novo proxecto traballara con axencias para cubrir aqueles aspectos que non poida abranguer, mais a aposta principal farase na información propia. De segunda feira a quinta feira haberá a partir das 22:00 horas un programa de análise da actualidade política, económica e social. Terá un formato de tertulia e vaise debruzar desde diferentes perspectivas e voces diversas sobre aquelas cuestións de interese que marca a actualidade. A semana de Irmandade TV dá para máis ofertas, como un programa semanal no que se entrevistará a fondo a unha personaxe. Tamén Sermos Galiza terá o seu espazo, con carácter mensal, nun programa no que se poñerá o foco sobre un determinado tema ou cuestión, debatindo convidados a favor e en contra do mesmo. \"Queremos ser unha televisión que non teña na que envexar o resto\" Cultura e deportes Na grella de Irmandade TV tamén vai haber espazo para un magazine cultural, que en principio será as sextas feiras. Os deportes – formato debate- terán a súa quenda dúas veces por semana. O proxecto televisivo tamén está en contacto para emitir curtametraxes, documentarios (por exemplo, tirados do amplo catálogo de traballos feitos nestes eidos na Universidade). Esta é a oferta para as primeiras semanas, que progresivamente irase ampliando, variando e enriquecendo a medida que vaia collendo forma e contido as emisións de Irmandade TV. Tense en axenda, por poñer un exemplo, a posibilidade de retransmitir eventos deportivos na fin de semana. O principal é, como lembran desde Irmandade TV, que a xente opte por sintonizar, que opinen sobre ela e que a dean a coñecer. \"Queremos ser unha televisión que non teña na que envexar o resto\". E feita desde aquí e para aquí."}
{"ID": "NOS_31969", "summary": "Despois de varias semanas de declaracións cruzadas, emendas e enfrontamentos públicos entre o oficialismo encabezado por Luís Villares e os sectores críticos -dos que os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol son insignia-, En Marea adiantará finalmente a escolla dunha nova dirección.", "text": "Esta era a principal reclamación da denominada Mesa pola Confluencia, impulsada por Compostela Aberta e á que asistiron membros de numerosas mareas locais e representantes da dirección de Anova, Esquerda Unida e Podemos. Pero non os villaristas, que sosteñen o mando da coalición. A Mesa pedía acelerar os procesos internos para que estes non se entremetesen coa campaña das eleccións municipais. Esta sexta feira, o Consello das Mareas -principal órgano de dirección de En Marea- decidiu atender á esixencia e marcou un novo calendario para a remuda da dirixencia. Comezará o 29 de setembro, pasará por un plenario o 27 de outubro en que se debaterán as teses políticas e o regulamento de elección, e rematará \"antes de que finalice o mes de novembro\". Un proceso de \"votacións telemáticas\" servirá para que \"todas as persoas inscritas exerzan o seu dereito a expresar a súa opinión sobre quen pensan debe dirixir o espazo político\". \"Este é o Consello onde todo o mundo pode opinar e decidir\", declarou Luís Villares, portavoz do partido instrumental, \"e onde se garante que os inscritos e as inscritas teñan a última palabra do que pase no espazo político de En Marea\". En realidade, a maior parte do sector crítico abandonou o órgano despois cando o portavoz mudou de aliados e deu as costas á lista interna coa que optara -e fora o máis votado- a liderar En Marea. No mencionado plenario de outubro, En Marea tamén decidirá como se presenta ás eleccións europeas de 2019. En 2014, Lidia Senra -daquela militante de Anova- saíu elixida por Alternativa Galega de Esquerda en Europa -integrada nunha lista con Izquierda Unida ou Esquerra Unida, entre outras organizacións- mais a metade de mandato rachou coa candidatura."}
{"ID": "NOS_17201", "summary": "Nélida Piñón, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Rivas falarán de literatura o vindeiro 3 de outubro na clausura da VI Bienal Literaria de Compostela.", "text": "Durante os 2 e 3 de outubro a Cidade da Cultura de Galiza acollerá a VI Bienal Literaria que celebrará tamén o XXV aniversario do Centro Pen Galiza, dúas xornadas completas nas que participarán diversos escritores e escritoras dos distintos xéneros literarios e que concluirá cunha conversa entre a escritora brasileira Nélida Piñón e os galegos Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Rivas. Após a apertura institucional, a Bienal comezará o día 2 ás 13 horas cunha mesa de narradores nas que participarán Camilo Franco, Santiago Jaureguizar, Luís Pousa e Juan Tallón, moderado por Xesús Fraga. A seguir a poesía e a música serán protagonistas nun recital coa participación de Xardín Desordenado, Elena Zernova, Alba Cid, Berta Dávila, Gonzalo Hermo, Román Raña, Mario Regueira, Dores Tembrás e presentación de Armando Requeixo. A primeira xornada rematará coa conferencia de Roberto Alifano \"Borges e o xardín de conversas que se bifurcan\", presentado por Luís Alonso Girgado. A conmemoración dos 25 anos do Pen Galicia centrará a segunda xornada cunha mesa redonda con novelistas na que participarán Marilar Aleixandre, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes e Bieito Iglesias e moderará Inma López Silva para seguir con outra de poetas coa intervención de María do Cebreiro,Miguel Anxo Fernán-Vello e Modesto Fraga, moderados por Luciano Rodríguez, antes do \"Encontro en Compostela\" de Nélida Piñón, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas. Todas as actividades se desenvolverán nos distintos espazos da Cidade da Cultura."}
{"ID": "NOS_32257", "summary": "Concentración ás portas do Parlamento de Galiza en apoio aos prisioneiros palestinos. As concentradas levaban auga e sal, o único que estes presos inxiren e que se converteron en símbolos do apoio aos centos de prisioneiros que manteñen a greve desde hai case un mes.", "text": "Máis de 1.200 presos políticos palestinos iniciaron o pasado 17 de abril unha greve de fame indefinida nos cárceres israelís, consumindo unicamente auga e sal para demandar melloras nas prisións e a fin da política de isolamento e quebrantamento aplicada a este colectivo polo estado de Israel. Impulsada polo carismático Marwan Barguti, preso condenado a cadea perpetua e coñecido como o 'Mandela palestino', a greve está a recoller mostras de apoio e solidariedade desde diferentes partes do mundo. Primeiramente, desde Palestina, onde en moitos fogares algúns dos seus membros se sumaron a esta greve de fame. E onde até algúns restaurantes substituíron os seus menús por auga e sal, en símbolo de apoio aos prisioneiros. Na tarde desta terza feira, auga e sal estiveron presentes nas portas do parlamento de Galiza. Unha concentración convocada por BDS-Galiza en apoio e solidariedade cos presos políticos e a súa loita nas prisións. Entre os concentrados, deputados do BNG e de En Marea. As demandas básicas dos presos palestinos resúmense en catro puntos: a fin do isolamento e detención administrativa sen cargos nin xuízos; a mellora da atención sanitaria; restablecemento de visitas familiares regulares, e permiso de entrada de libros e xornais. Segundo a organización Addamir, hai uns 6.300 presos palestinos, entre os que están 500 en situación de detención 'administrativa', 300 menores de idade, 13 parlamentarios e 28 xornalistas. Por volta de 1.000 desas persoas presas teñen prohibidor ecibir visitas por \"motivos de seguridade\" e perto de 20 permanecen en isolamento absoluto. Desde 1968 máis de 800.000 palestinos foron detidos polas forzas israelís."}
{"ID": "NOS_48068", "summary": "O 13º Congreso de UXT-Galiza realizado en Compostela o 17 de marzo, adiado desde o ano pasado pola pandemia, avalou a actuación destes anos do seu secretario xeral, José Antonio Gómez, que recunca no cargo. A nova Executiva está formada por seis membros. Conversamos con el sobre a etapa que comeza.", "text": "Como definiría estes anos de xestión na Unión Xeral de Traballadores (UXT)? Foi unha xestión difícil e complexa. Ao principio estabamos transitando para saír da crise de 2008 e as súas consecuencias, como foron as reformas laborais e a das pensións xunto cunha fonda precariedade laboral. Nunha segunda parte xorde a pandemia e a actividade do sindicato centrouse, a través das nosas delegadas e delegados, en atender as necesidades inmediatas das persoas. Aparcamos momentaneamente algunhas das nosas reivindicacións, aínda que continuáramos con elas, mais loxicamente marcamos que a prioridade era a saúde das persoas. Implementamos algunhas medidas a través do Diálogo Social e da concertación, como foron o tema dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) ou o ingreso mínimo vital, aínda que non nos gusta como se están xestionando. Agora, unha vez que semella que a vacina ten os seus efectos, xa estamos intensificando as nosas accións cunha campaña de mobilizacións necesaria e imprescindíbel. Non desbotamos, se é necesario, unha folga xeral. A derrogación desas reformas é a demanda máis importante agora mesmo na mesa de Diálogo Social tendo en conta que os ERTE rematarán algún día? Apostamos polo mantemento dos ERTE, mais efectivamente se desapareceran coa situación de crise económica, podémonos atopar con que, coas medidas impostas pola reforma laboral, habería despedimentos sen xustificar que hoxe mesmo pode levar a cabo calquera empresa non por ter perdas senón só con ter previsións de telas, un despido sen ningún tipo de control de carácter administrativo... Ao final verémonos nos xulgados e con moitas posibilidades de que as traballadoras e os traballadores sexan despedidos cunha man diante e outra atrás se non se derrogan. Que opinión ten da ministra de Traballo, Yolanda Díaz? Non me gusta valorar a xestión dun Goberno, pois como principio básico creo que as decisións teñen que ser colectivas. Yolanda Díaz estivo máis á altura que a clase política na xestión da pandemia, grazas ao esforzo das organizacións sindicais e empresariais. Tamén para socorrer os máis prexudicados pola crise, as traballadoras e os traballadores. Dito isto, o obxectivo é que cumpra cos compromisos que ten coa cidadanía e a clase traballadora de derrogar as reformas laborais e as das pensións, unha cuestión que xa non se pode adiar máis. Vimos dunha folga xeral en Ferrolterra. Como se pode reverter o futuro industrial que ten por diante Galiza? Falar de industria galega é falar dun cóctel explosivo. Hoxe en día cando se fala de enerxías renovábeis, enerxías verdes e logo unha multinacional como Siemens Gamesa deslocaliza a produción... é unha indecencia. Nese aspecto o Goberno español e o galego deberían presionar doutra maneira. É verdade que conseguimos para o seu cadro de persoal unhas condicións de saída digna mais a comarca queda sen unha das súas empresas punteiras. Por outro lado, Ferrol ten Navantia sen carga de traballo e non sabemos se se construirá o dique. Esta situación condena a comarca aos peores indicadores sociolaborais da Galiza. Se engadimos o feche de Meirama (Cerceda) e o anunciado feche das Pontes estamos diante da tormenta perfecta. Nós cremos que hai que defender todos e cada un dos postos de traballo. Para iso son fundamentais os Gobernos español e galego, os partidos políticos tamén. Teñen que apostar por unha industria medioambiental sostíbel e competitiva que non deixe ninguén atrás. As empresas enerxéticas, que tanto se beneficiaron das condicións da Galiza, deberían traballar na chegada de novos proxectos. A enerxía incide directamente no desenvolvemento dun país. Sen unha política industrial forte estamos abocados a un modelo de país abonado á precariedade. Que parte de culpa ten a Xunta desta situación? No congreso estiveron o presidente da Xunta e o delegado do Goberno español. Nós demandamos un consenso de país. Creo que as organizacións sindicais estivemos á altura todo este tempo e os Gobernos non. Botaron balóns fóra. No caso de Alcoa fomos as organizacións sindicais as que apertamos e gañamos sentenzas xudiciais. Hoxe negóciase pola presión sindical. É lamentábel que Endesa estea en mans dunha multinacional na que participa o Estado italiano cando aquí o Estado español non ten ningunha. Neste crise deberiamos aprender o papel das Administracións públicas fronte ao papel de poder absoluto que teñen os mercados. A epidemia incrementou a fenda laboral de xénero. Que medidas se deberían tomar desde as Administracións? Ten que haber unhas políticas por parte das Administracións. Por unha parte da galega, que é quen ten competencias, e tamén polo Estado español, para incentivar que a igualdade real exista dunha vez por todas. Tamén hai que mellorar os salarios en sectores moi feminizados como o das residencias de maiores."}
{"ID": "NOS_31220", "summary": "A décima edición do Festival Culturgal, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar entre os días 1 e 3 de decembro. Esta edición estará marcada pola participación do país veciño como cultura convidada e pola adhesión do espazo Arte Contemporánea na programación da feira.", "text": "Os máis de 120 stands que acollerá este ano Culturgal colocan á edición como a máis completa ao respeito do seu programa, dentro do cal poderemos atopar proxectos de peso que se están a dar ao outro lado da fronteira portuguesa, coma a Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira. O novo espazo de Arte Contemporánea incorporará tamén a mostra e venda de pezas de arte de forma paralela a dos outros sectores representados en Culturgal. A primeira xornada da mostra contará cun programa enfocado ao mundo profesional, con propostas informativas, formativas e de encontro para profesionais e estudantes de diversos ámbitos que operan na cultura. Durante o sábado e o domingo, os asistentes poderán disfrutar de actividades para os máis pequenos, presentacións de distintas editoriais e espectáculos musicais. Xosé Leal, responsábel de cultura na Deputación de Pontevedra, destacou o importantísimo papel da arte nesta edición: \"Celebrar 10 anos e incorporar novidades como o Espazo de Arte Contemporánea, denota a boa saúde e as novas ideas de Culturgal\". O secretario xeral de cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, insistiu na integración que fai Culturgal entre as industrias culturais e a cultura de base, \"cultura inclusiva\". \"Hai que ter en conta estes dez anos difíciles, de crise para o público e para as institucións na súa capacidade financieira. A pesar deste escenario, Culturgal non só innova senón que aumenta o seu volume de acollida\", destacou. Nesta edición o equipo directivo de Culturgal recibiu ata 238 propostas para o seu programa, demostrando o interese de entidades e creadores por ter cabida e visibilidade na feira pontevedresa. Porén, o custo da entrada manténse a respeito dos últimos anos, cun prezo de dos euros para o público adulto e dun euro para os nenos de ata doce anos."}
{"ID": "NOS_25251", "summary": "Vicepresidenta en funcións do ente provincial, no seu albo está agora realizar unha \"oposición construtiva\" ao goberno local do PSdeG que vai encabezar Xosé Sánchez Bugallo.", "text": "Goretti Sanmartín compareceu esta quinta feira en rolda de prensa con dous obxectivos. O primeiro, facer un balance do seu traballo na institución provincial. O segundo, anunciar que ao termo deste mandato non vai repetir na Deputación e que vai centrar todos os seus esforzos en realizar unha \"oposición construtiva\" no concello de Santiago. En Compostela o 26M as urnas deitaron este resultado: PSdeG, 10 escanos; PP, 8; Compostela Aberta, 5; e BNG, 2. En relación a 2015, a formación nacionalista aumentou apoios de forma significativa (pasou de 3.329 votos, 6,92% a 4.870, 9,31%), mais o avanzo non foi suficiente para incrementar o número de escanos. O Bloque ten decidido non entrar no executivo local. O propósito de Sanmartín é traballar a partir de agora para \"recuperar e reforzar a idea\" de converter Compostela \"nun lugar referente en políticas de todo tipo\". \"Todas as forzas, todas as cabezas, todas as mans que se podan botar son poucas para facer un proxecto ilusionante que marquen outro camiño para Santiago de Compostela\", dixo a concelleira electa."}
{"ID": "NOS_48924", "summary": "Anatomía da lingua é o último libro de Antón Cortizas (Ferrol, 1954). Editado pola Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) e con ilustracións de Leandro Lamas, ofrece un monllo de poemas co idioma galego como obxecto. \"A lingua é unha dor que hai que intentar curar\", explica, \"e a poesía é como un analséxico. E unha denuncia\".", "text": "Cortizas, cunha ampla traxectoria na literatura infantil, presenta a obra esta sexta feira, no Centro Cívico de Canido de Ferrol ás oito do serán. A vindeira segunda feira, 20 de novembro, farao na Coruña, á mesma hora na sede da asociación cultural Alexandre Bóveda. \"O que máis me interesa é falar do problema da lingua\", di, \"porque temos que tomar unha determinación. Non é doado\". - Por que un libro de poemas sobre a lingua? - Anatomía da lingua foi escrito aos poucos, pero am preocupación polo noso idioma sempre estivo aí. É unha dor, unha cousa latente, que hai que intentar curar. A poesía é un analséxico e, á vez, unha denuncia, nun país coma o noso que abandona o seu. Eu empecei a falar galego aos 16 anos, e a idea de que era a miña lingua foi medrando. Mais estou contento de dominar as dúas. Nun país normal, a xente preocúpase polo seu salario, o seu traballo... Nós, ademais de por todo iso, temos que preocuparnos pola lingua. - A poesía como analséxico? - Eu sempre dixen que facía poesía como un analséxico. Escribo poesía desde cativo, e coa adolescencia xa foi unha explosión, con esas cousas que teñen os adolescentes [ir]. Pero si, a poesía é un desafogo, serve para botar fóra o que elaboramos dentro de nós. Para ben e para mal, aínda que eu penso que máis para ben. - Anatomía da lingua contén unha importante dimensión lúdica. - Si, está relacionada coa miña maneira de escribir. E creo que unha das funcións da literatura tamén é xogar. Así intentei transmitilo no meu traballo de docente. Tamén usei o xogo para transimitir o galego. Agora estou prexubilado, pero eu entrei na escola aos cinco anos e aínda non saín. Amais, os xogos tradicionais son outra das miñas paixóns. E aínda lembro xogar de cativo na rúa... - Ao tempo, a preocupación musical e rítmica tamén está moi presente. - É a música das palabras, a súa secuencia, os golpes de voz. Pero eu escribo como me sae de dentro, non sigo tendencias. - E, porén, outros poetas xa ensaiaron, en diferentes rexistros, obras sobre o idioma, de Manuel María -hai unha escolma, A esencia máis nosa, que recolle os seus poemas ao respecto- ao pop humorístico de Poetarras. - Si, pero eu non sigo tendencias. De feito, este libro levan moito tempo escritos. Eu defínome como un cenobita, e estou no meu cenobio e escribo o que me sae. E igual que fago unha banqueta, escribo un poema. - Reivindica a poesía como artesanía. - Non sei se o fago ben, mal ou regular, pero eu intentei construír. Sempre lles expliquei isto aos meus alumnos: hai que facer, non quedar sentado. Aínda que ficar sentado e contemplar tamén é facer algo. - Que achegan as ilustracións de Leandro Lamas ao libro? - Home, pois fano bonito. Os deseños, a maquetación, o papel, fai que, nada máis abrilo. Nos libros infantís, os debuxos moitas veces intepretan o escrito e dirixen excesivamente a imaxinación do lector ou lectora. Neste caso non é así. As ilustracións de Leandro, con quen xa traballei moitas veces, gústame moito e ademais é boa persoa, acompañan moi ben a idea."}
{"ID": "PRAZA_2471", "summary": "A candidatura unitaria de Podemos, Anova, EU acorda procurar un modelo de primarias para que as candidaturas propostas sexan referendadas pola militancia das diferentes forzas", "text": "Apúrase o acordo entre Podemos, Anova, EU e as plataformas municipalistas de cara a unha candidatura conxunta para as eleccións xerais. A falta de detalles posteriores e da inclusión doutras forzas, a lista unitaria reproducirá basicamente o esquema que en moitas cidades galegas se deu nos pasados comicios do 24M. E artellarase nunha confluencia que, tal e como xa contou Praza, aludirá tamén a aquel éxito e a aquela marca exitosa coa que se identificou o cambio nalgúns municipios. 'En Marea' é a tal hora a opción acordada por todos os actores, á espera de que a marca sexa definitiva. 'En Marea' semella o nome final dunha candidatura que se configura a tan só dous días de que se peche o prazo para inscribir coalicións de cara aos comicios do 20D. Finalmente, Podemos recuou para acabar por aceptar que a súa marca non aparecese na denominación deste espazo de confluencia, a pesar de que 'En Marea Podemos' foi unha opción tamén máis que factible. A inclusión das denominacións de todas as forzas que apoien este espazo nas papeletas sería a única forma de que a formación de Pablo Iglesias non se saltase o mandato das bases que en referendo decidiron priorizar a súa marca. Podemos recuou e aceptou finalmente que a súa marca non fose incluída na denominación da candidatura Esta candidatura de confluencia sería unha coalición instrumental de partidos, tería personalidade xurídica propia e garantiría a creación dun grupo parlamentario galego, no caso de que se acadasen os requisitos, un obxectivo ben ambicioso que non parece doado. En canto á confección das listas, nos últimos días todo pareceu indicar que se artellaría unha fórmula na que os diferentes axentes implicados e a súa militancia poida referendar unha serie de nomes propostos polas formacións. Foron varias as voces que insistiron en que \"nin o tempo nin as condicións permitirían un proceso de primarias con todas as garantías\", xa que o día 16 deste mes teñen que estar as listaxes presentadas. No entanto, no serán deste xoves transcendeu a través da axencia Europa Press que as formacións abren a porta a celebrar unhas primarias baseadas nos censos dos partidos e plataformas que participan na candidatura. A candidatura abre a porta a unhas primarias baseadas nos censos das forzas que a compoñen Será agora, e á espera de que a militancia de EQUO dea o visto e prace á súa inclusión nesta candidatura, cando Podemos, Anova, EU e as mareas, fundamentalmente, teñan que acordar un modelo que deixe satisfeitos a todos nunha confluencia á que se unirán outras pequenas forzas, como Espazo, e na que con case toda probabilidade non entrará Cerna. Ademais, este mércores, o Encontro Cidadán por unha Marea Galega celebrou unha asemblea para \"informar e debater sobre os acordos para unha candidatura de unidade popular do Foro\", en referencia á unión de partidos impulsada pola plataforma. Será momento de calibrar tamén como recibe o colectivo a intención de non celebrar primarias, unha das condicións coas que apoiara a confluencia. Unhas 5.800 persoas están censadas para participar nas primarias de Iniciativa pola Unión Precisamente, IxU continúa traballando no seu proceso de primarias, que se desenvolverán o vindeiro domingo 8, e para as que xa está pechado un censo que quedou, finalmente, en 5.812 persoas. Carlos Callón, Tereixa Novo, Carme Adán, Olalla Rodil e Noa Presas son as cinco persoas que se postulan para encabezar as listas provinciais para as eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro, aínda que só no caso dous dous primeiros nomes haberá competencia por ocupar o primeiro posto na circunscrición da provincia da Coruña. Logo de facerse pública a listaxe provisional con todos os candidatos a formar parte das listas, este mércores publicaranse os nomes definitivos sobre os que se pronunciarán case 6.000 persoas o vindeiro domingo."}
{"ID": "NOS_54588", "summary": "No futebol profesional está prohibido regalar nada. O Deportivo regalou ao Espanyol, que non se xogaba nada, nada máis e nada menos que 45 minutos de xogo.", "text": "Todo comezou cunha acción un tanto cómica -un central a golpear o baleiro no canto de darlle á pelota- que deveu tráxica. Co 0-1 no taboleiro de marcas, Riazor presentiu o drama. E, con moita razón e perante o desleixo apático dos seus, comezou a ruxir. Na súa comparencia post-partido, Mel diría que o 0-1 deixou groggies os deportivistas. Ben, non son alevíns nen cadetes. Son profisionais. Nada -nen sequer a conmoción após un agasallo tan xeneroso como o de Arribas- escusa a unha equipa profisional do seu comportamento durante a primeira parte. Perante tanta dávida e tanta ausencia, o Espanyol, que si estaba no campo, non tivo máis remedio que anotar o 0-2 no vídeomarcador. E aí realmente acabou todo. Na segunda parte, a equipa saíu con outra actitude. Pareceu que o fixera máis para aplacar a ira do respeitábel do que por contrición ou produto da previsíbel bronca de Mel no intermedio. Xerou un bon feixe de ocasións -propulsado polos mellores minutos de Ola John desde que está na Coruña- deu materializado o tanto de Andone e criou a sensación de que no mínimo sería quen de empatar. Abeirou a igualada nunha cabezada de Arribas á trabe, o central sevillano a procurar a redención após a súa pifia da primeira metade. Mais o arreón inicial foi remitindo, Ola John foi perdendo azos e, embora Marlos estivo máis que notábel no relevo do holandés, as ocasións foron espaciándose até desapareceren no tramo final do xogo. Caeu o pano sobre Riazor e o público despediu con asubíos e apupos xeralizados -os blues a berraren \"Xogadores/Mercenarios\"- a un plantel de futebolistas que como combo desprende un certo ar de equipa walking dead, un espectro sen alma que se despraza penosamente polo verde sen nengún plan nen propósito, como quen cumpre unha condena e só agarda a que se consuma o tempo. Fican 6 pontos por disputar, mais a sensación que transmite o Dépor é que perfeitamente pode concluír o campionato sen sumar un só ponto máis. A salvación hoxe pasa máis polas desgrazas alleas -ou sexa, que o Sporting non sexa capaz de gañar no campo do Eibar- do que polos logros propios. PD: No choque debutou o fabrilista Edu Expósito en Primeira División. Apontou boas maneiras na distribución da bola. Non se lle pode apór a responsabilidade de nada. Foi dos poucos que durante a primeira metade cumpriu co seu traballo. No descanso ficou no banco, relevado por Carles Gil. Pois si, incomprensibelmente Mel non aliñou de inicio Gil, neste momento un dos futebolistas con máis capacidade de desequilibrio e inventiva da equipa. Un tipo que, alén do máis, corre, o que o constitúe neste momento nunha rara avis en Riazor. RC Deportivo: Lux, Juanfran, Álex Bergantiños, Arribas, Fernando Navarro, Borges, Guilherme, Edu Expósito (Carles Gil, min. 46), Emre Çolak (Fayçal Fajr, min. 82), Andone e Ola John (Marlos Moreno, min. 71). RCD Espanyol: Diego López, Marc Navarro (Marc Roca, min. 64), Diego Reyes, David López, Víctor Álvarez, Jurado, Víctor Sánchez, Javi Fuego (Pape Diop, min. 69), Piatti (Rubén Duarte, min. 89), Léo Baptistão e Gerard Moreno. Goles: 0-1 Léo Baptistão (min. 14); 0-2 Gerard Moreno (min. 29); 1-2 Andone (min. 47). Árbitro: Mateu Lahoz (c. valenciano). Cartóns amarelos a Carles Gil (min. 60), Piatti (min. 78) e Víctor Sánchez (min. 81). Incidencias: partido correspondiente á 36ª xornada de LaLiga Santander disputado no Estadio de Riazor ante 22.803 espectadores."}
{"ID": "NOS_7687", "summary": "BNG e PSdeG pedirán a transferencia de novas competencias á Galiza na próxima sesión plenaria, que decorrerá a semana que vén. Anunciárono hoxe ambas as forzas políticas. Galiza non recibe ningunha nova competencia desde 2009. Após un inicial empuxe nos anos inmediatamente posteriores á aprobación do Estatuto de Autonomía e unha segunda vaga na década dos 90, o traspaso de competencias mantense estancado, até o punto de que o Goberno galego continúa a día de hoxe sen xestionar materias atribuídas como exclusivas no texto estatutario de 1981. Analizamos as chaves desta situación con motivo do 40 aniversario da proclamación do Estatuto.", "text": "Os grupos da oposición, BNG e PSdeG, anunciaron hoxe que volverán pedir no Parlamento o traspaso de competencias á Galiza. O groso das actualmente xestionadas pola Xunta da Galiza transferíronse nos primeiros anos do réxime autonómico. Malia que con anterioridade á aprobación do Estatuto de 1981 cedéronse á Galiza atribucións en materia de turismo, urbanismo ou transporte, foi unha vez aprobado o texto estatutario cando o Estado levou adiante o maior número de transferencias. Así, en 1982 cedéronse un total de 20 competencias, en áreas de relevo como o ensino, a pesca, a agricultura, o comercio ou as estradas interiores. Porén, a súa negociación deixou déficits no financiamento dos servizos recibidos. Galiza recibiu o 44% das súas competencias actuais entre 1982 e 1985. Nese período formalizáronse 68 traspasos, a razón de 20 en 1982, 18 en 1983, 17 en 1984 e 13 en 1985. Á volta de 1987, o Estado cedeu a formación profesional e as universidades, completando a xestión educativa. En 1990 concretáronse as transferencias en materia sanitaria. Precisamente, nese exercicio, o naquela altura ministro de Administracións Públicas e futuro candidato socialista á presidencia do Goberno, Joaquín Almunia, entregou á Galiza as funcións desenvoltas até o momento polo Instituto Nacional de Saúde (Insalud), onde anos despois se iniciou Alberto Núñez Feixoo na política estatal. A avalancha dos 90 A segunda metade dos 90 foi escenario doutra manchea de transferencias. A ausencia de maiorías absolutas no Goberno do Estado e a necesidade dos apoios das forzas nacionalistas obrigou primeiro o socialista Felipe González e posteriormente o popular José María Aznar a ceder un importante paquete de competencias ás autonomías. Neste contexto, Galiza recibiu entre 1994 e 1999 transferencias en 46 áreas de xestión gobernamental así como novas atribucións en materia fiscal, a día de hoxe unha das materias onde resulta máis evidente o grao de centralización do Estado español. Galiza recibiu o 44% das súas competencias entre 1982 e 1985 As últimas cesións de competencias fixéronse efectivas en 2008. Após unha primeira metade do novo século sen transferencias, marcada pola política centralizadora de José María Aznar, a correlación de forzas e a necesidade dos apoios parlamentarios do BNG obrigaron José Luis Rodríguez Zapatero a acordar coa Xunta da Galiza traspasos en diversas materias. Neste contexto, o presidente español, e o vicepresidente galego Anxo Quintana pactaron a cesión de nove competencias, deixando para a seguinte anualidade a transferencia do salvamento marítimo. Porén, o novo tempo político iniciado na Galiza coa derrota do Goberno bipartito e a chegada á presidencia de Feixoo supuxo o fechamento do proceso aberto. O actual xefe do Executivo galego non negociou o traspaso de ningunha competencia non seus 12 anos á fronte do Goberno galego e prescindiu de continuar a tramitación daquelas acordadas en 2008 pola Xunta da Galiza e o Goberno do Estado referidas á Inspección de Traballo, á titularidade patrimonial dos bens da Tesouraría da Seguridade Social ou aos centros de investigación de Estado con sede na Galiza. A este respecto, o secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia do Goberno bipartito e persoa chave no proceso de transferencias de 2008, Xoán Antón Pérez Lema, lembra a Nós Diario que en 2009 entregou a Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, \"un documento sobre o estado dos traspasos\". Asegura que a súa posición inicial era \"favorábel aos mesmos\", mais \"non tardei en comprobar que o meteron no caixón e que se esqueceron del\". A paralización das transferencias desde 2009 Os dirixentes do Partido Popular explicaron a decisión de paralizar as transferencias a partir de 2009 como consecuencia da crise económica. A este respecto, en xaneiro de 2019, a parlamentaria popular Paula Prado afirmou, na Cámara galega, que \"na época da crise ocupámonos do urxente e deixamos de lado o importante, pero seguimos considerando importante a transferencia de competencias\". Nunha dirección semellante, en abril dese ano, Feixoo reiterou a mesma liña argumental, salientou que a \"Galiza acumula un atraso nos traspasos como resultado da difícil conxuntura económica\" e reclamou \"o mesmo trato para Galiza que para Euskadi\", que viña de recibir 30 novas competencias como resultado das conversas entre o PNV e Pedro Sánchez. As declaracións de Feixoo de abril de 2019 non implicaron un cambio de postura dos populares galegos. A maiores, as palabras do mandatario galego foron desautorizadas ao momento polo presidente estatal do Partido Popular, Pablo Casado, quen sinalou que \"España non pode transferir máis competencias ás comunidades autónomas\", porque \"isto xa non se aguanta\". \"Somos o país máis descentralizado da nosa contorna. Non hai que reforzar as autonomías, sobre todo as desleais, senón reforzar o Estado. Hai que reforzar a nación\", acrecentaba. Neste sentido, o PP galego continuou sen mover ficha até marzo de 2021, cando levou ao Parlamento da Galiza a solicitude da transferencia á Galiza da xestión do dominio público marítimo terrestre. O tempo dará ou quitará razóns sobre a vontade do Goberno para obter competencias A proposta, finalmente aprobada por unanimidade, xerou dúbidas entre as filas da oposición, quen vinculou a iniciativa ao interese do PP por garantir a continuidade da factoría de Ence na ría de Pontevedra e non por conseguir unha competencia demandada desde hai anos pola Galiza. Neste sentido, desde as filas do BNG, o deputado Luís Bará sinalou que a proposta \"ten catro letras: Ence\" e acusou os populares de \"travestismo político\" ao entender que o fortalecemento do autogoberno nunca estivo entre as súas prioridades. Nunha liña semellante, o parlamentario socialista Pablo Arangüena cuestionou a sinceridade da proposta dos conservadores e cualificouna de \"escapismo político competencial\". O tempo dará ou quitará razóns sobre a vontade do Goberno galego de avanzar na consecución de novas competencias que fican pendentes de transferir após 40 anos e a disposición do Executivo estatal en camiñar na descentralización recollida no texto estatutario. Corenta anos de transferencias pendentes Transcorridos 40 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía existen competencias exclusivas recollidas no mesmo que continúan sen traspasar á Galiza. Así, entre estas sinálanse \"a creación dunha Policía Autónoma\", \"o salvamento marítimo\" ou as atribucións en materia laboral, da que se deriva a cesión á Galiza da Inspección de Traballo, acordada co Goberno do Estado en 2008 e pendente de facerse efectiva. Ao tempo, fican se transferir competencias parciais en materia educativa, como as bolsas e as axudas aos estudos non universitarios, en materia cultural, como algúns museos, arquivos ou bibliotecas, e en materia de ordenación hidráulica, como a xestión da bacía do Miño-Sil. O BNG cifra en 70 as competencias pendentes de cesión á Galiza por parte do Estado. Neste sentido, a portavoz nacional da organización, Ana Pontón, considera \"imprescindíbel\" abrir xa \"a transferencia de todas as competencias pendentes no actual Estatuto. É o mínimo que se pode exixir, que cumpran a lei\". O secretario xeral dos socialistas, Gonzalo Caballero, reclama o traspaso de 30 novas competencias. Algunhas delas refírense \"á xestión do litoral\", \"ao tráfico\", \"ao Catastro\" ou \"á FP náutico-pesqueira\" e están recollidas no anexo segundo do acordo de investidura asinado entre socialistas e nacionalistas en xaneiro de 2020. O voceiro do grupo parlamentario popular, Pedro Puy, no contexto dos actos do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía e após reclamar o BNG a superación do marco autonómico e o PSdeG a súa reforma, sinalou que \"aínda fican por transferir competencias \" e destacou que \"se Galiza non conta con máis competencias\" a día de hoxe \"non ten que ver co Estatuto\" senón coas \"actitudes mantidas desde o Goberno\" estatal."}
{"ID": "NOS_43423", "summary": "Despois de tres décadas á fronte do país, a presión popular nas rúas, especialmente das mulleres, conseguiu a saída do Goberno de Omar Al Bashir en 2019. Tras dous anos de transición, cun poder compartido entre militares e civís, o Exército resístese a ocupar a posición que lle corresponde nun Estado democrático.", "text": "O presidente do Consello Soberano de Transición do Sudán, Abdel Fattah Al Burhan, anunciou a disolución deste organismo mixto (militares e civís) e do Goberno de transición, ratificando o golpe de Estado iniciado á primeira hora desta segunda feira coa detención do primeiro ministro, Abdalla Hamdok, e varios ministros. O xeneral Al Burhan anunciou a suspensión de varios artigos do Documento Constitucional pactado en agosto de 2019 entre civís e militares. Meses antes, o 11 de abril dese ano, o entón presidente, Omar Al Bashir, víase forzado a presentar a renuncia ante a presión do Exército e, especialmente, das intensas manifestacións populares. A internet foi cortada e os militares bloquearon vías de comunicación e pontes, segundo a páxina de Facebook do ministerio de Información sudanés. Miles de persoas saíron ás rúas ante as chamadas dos principais partidos democráticos. O Partido Comunista chamou á folga xeral dos traballadores e acusou a Al Burhan de orquestrar o alzamento militar. Polo menos tres persoas morreron e 80 resultaron feridas por disparos dos militares. En setembro pasado produciuse outra tentativa de golpe de Estado, co islamismo máis conservador avogando por un Goberno militar no canto da transferencia do poder ao movemento civil que logrou derrocar a Al Bashir. A asonada de onte prodúcese a poucas semanas da entrega da Presidencia do Consello aos civís. Líderes mundiais e ONG polos dereitos civís condenaron a detención dos membros do Goberno sudanés. Unión Africana A través dun breve comunicado publicado en Twitter, o presidente do secretariado da UA, Moussa Faki Mahamat, pediu \"retomar inmediatamente as consultas entre civís e militares\", e exixiu a \"liberación de todos os líderes políticos detidos\". Nacións Unidas O representante especial da Secretaría Xeral da ONU para Sudán, Volker Perthes, cualificou as detencións de \"inaceptábeis\". Nunha mensaxe en Twitter, urxiu todas as partes implicadas á \"contención\", a \"regresar ao diálogo\" e a \"restaurar a orde constitucional\" no país. Liga Árabe \"Non hai problema que non poida ser resolto a través do diálogo\", declarou o secretario xeral da Liga Árabe, Ahmed Abul Gheit, nun comunicado publicado na web do organismo, avogando por \"respectar todas as decisións e acordos asinados sobre o período de transición, que levará á celebración de eleccións nas datas elixidas\". Organización para a Cooperación Islámica O organismo multilateral con sede en Arabia Saudí tamén urxiu os líderes sudaneses a \"respectar o documento constitucional e o acordado durante o período de transición\", segundo un comunicado recollido pola axencia saudita SPA. Unión Europea O alto representante comunitario para a Política Exterior, Josep Borrell, tamén se expresou en Twitter. \"A UE fai un chamamento a todos os actores e aliados rexionais para volver encarreirar o proceso de transición\", manifestou. Alemaña e Francia O ministro de Exteriores alemán, Heiko Maas, exixiu nun comunicado \"continuar coa transición á democracia e respectar a vontade do pobo\". O presidente francés, Emmanuel Macron, condenou en Twitter \"a tentativa de golpe de Estado\" e manifestou o apoio de Francia ao Goberno de transición. Estados Unidos O enviado especial estadounidense para o Corno de África, Jeffrey Feltman ─que na fin de semana estivo na capital sudanesa, Khartún, para mediar─ considerou o golpe \"totalmente inaceptábel\" e asegurou que \"calquera mudanza pola forza no Goberno de transición pon en risco a axuda dos EUA\". China O portavoz do Ministerio de Exteriores chinés, Wang Wenbin, avogou polo \"diálogo\" para que as partes \"resolvan as diferenzas\" e para \"manter a paz e a estabilidade no país\". Ademais, asegurou que se garantirá a seguridade das institucións chinesas e do seu persoal no Sudán. Consello Noruegués para os Refuxiados A ONG exixiu a protección da poboación civil e que se manteña o acceso á axuda humanitaria dos millóns de persoas que fuxiron da guerra. Nun comunicado, e posteriormente nunha entrevista na BBC, o seu director no Sudán, Will Carter, pediu ás autoridades que cumpran coas promesas previas e aseguren que esa axuda da que depende 13 millóns de persoas non será bloqueada. Amnistía Internacional \"O pobo sudanés está de volta nas rúas para protexer a transición democrática. Estará o mundo ao seu carón?\", cuestionábase en Twitter a secretaria xeral de Amnistía Internacional, que nunha entrada previa salientaba ─sen desenvolver─ a circunstancia de que o golpe chegaba xusto tras a visita de Feltman. Datas no camiño do Sudán á democracia 2018, decembro: Represión mortal das protestas contra a pobreza e a corrupción. 2019, 11 abril: Al Bashir abandona o poder tras 30 anos e o Exército impón tres meses de estado de emerxencia. 2019, xuño: Intervención militar ante os acampados que piden un Goberno civil. 2019, agosto: Acordo militar-civil para compartir o poder tras a intervención da UA. Eleccións para 2023. 2019, decembro: Al Bashir, condenado por corrupción. Rexéitase a extradición á Haia polo xenocidio en Darfur. 2020, primavera: A crise agrávase pola Covid. Intento de asasinato de Hamdok. 2020, outubro: Acordo de paz interna. EUA retira da lista de \"países terroristas\" o Sudán, que accede a iniciar relacións con Israel. 2021, febreiro: Fractura interna no movemento civil. 2021, setembro-outubro: Golpe frustrado. Marchas pro e contra un Goberno militar."}
{"ID": "NOS_31138", "summary": "A nena pasou a COVID-19 xunto á súa familia e deu negativo nun test no mes de maio, agora está hospitalizada por outra doenza e deu positivo nunha nova proba de coronavirus.", "text": "Unha menor permanece hospitalizada en Ourense cunha proba PCR positiva en COVID-19 despois de pasar a infección xunto co seu núcleo familiar, após o que deu negativo noutro test realizado o pasado mes de maio. O caso desta menor inclúese entre as dúas persoas hospitalizadas con PCR positiva por COVID-19 na área sanitaria de Ourense, onde outras 41 doentes fican en seguimento domiciliario. Así o confirmaron a Europa Press fontes desta área sanitaria, que indicaron que a nena, que ingresou por criterio de pediatras, volveu dar positivo na PCR que se lle pediu, entre outras probas, ao ser hospitalizada recentemente por síntomas non vinculados ao coronavirus. As mesmas fontes lembraron que unha PCR pode dar positivo \"aínda que o virus estea inactivo\" porque poden quedar \"trazas\" no organismo. A respecto diso, insistiron en que posibelmente o virus estea \"inactivo\" no caso desta menor porque xa superou a infección. No entanto, segundo resaltaron estas fontes, ao volver dar positivo na PCR aplicóuselle, como ao resto de pacientes, o protocolo de seguimento e rastrexo de contactos."}
{"ID": "NOS_42674", "summary": "Aos seus 34 anos e no poder desde 2011, Kim Jong-un, o líder norcoreano, aínda non se reunira con ningún estadista estranxeiro. A súa visita a Beijing, precedida dun alto grao de secretismo, remarca o carácter estratéxico que para Pyongyang ten a súa alianza con China, co que mantén 90 por cento do seu comercio. Kim teríase comprometido a avanzar na desnuclearización, mais cunha condición: que o desarmamento implique tamén a Washington e Seúl.", "text": "Nos últimos anos, e moi nomeadamente desde Kim Jong-un alcanzar o topo do poder en Corea do Norte, os lazos entre Pygongyang e Beijing fóronse afrouxando, até o ponto de China ter apoiado sancións económicas, no Consello de Sguranza de Nacións Unidas, contra o seu tradicional aliado. O encontro de Beijing abre un novo capítulo nas relacións e ten a ver con dous factores básicos. O primeiro, a ofensiva diplomática lanzada desde o comezo deste 2018 por Kim Jong-un, e que se ten saldado coa organización de cimeiras co líder sul-coreano Moon Jae-in (prevista para comezos de abril) e co presidente dos EUA Donald Trump, aínda por axendar mais todo apunta a que será a finais de maio. O segundo, a necesidade de Beijing de xogar un papel decisivo na pacificación da península coreana, unha das prioridades estratéxicas da axenda de Xi Jinping. A segunda feira ruxe-ruxes chegados desde Beijing apuntaban a unha visita surpresa de Kim Jong-un. A chegada dun tren blindado desde Pyongyang e as impresionantes medidas de seguranza adoptadas na capital chinesa abonaban a sospeita. Foron as axencias oficiais Xinhua -chinesa- e KCNA -norcoreana- os meios que finalmente confirmaron esta terza feira a presenza de Kim en Beijing. Xinhua rebaixaba a \"privado\" o carácter de visita -que non ten rango oficial- e informaba de que o líder norcoreano -acompañado da súa esposa- ficaría en territorio chinés por espazo de 4 días. Mais por moito que Beijing quixese enfatizar o carácter privado da visita -que respondería a un convite realizado por Xi Jinping, a cimeira tivo un enorme impacto mediático, até o ponto de ser noticia de capa en meios globais de Occidente como The New York Times ou The Guardian. A intención de Xi Jinping -reforzado como líder após a Asemblea Nacional Popular ter eliminado a limitación de mandatos na Constitución chinesa- é a de remarcar perante o mundo que non vai aceitar ningún avanzo da influencia norte-americana na zona. Nese sentido, para Pyongyang non foi un suceso menor combinar a súa entrevista con Donald Trump. En boa parte esa cimeira obrigou China a facer un movimento e a retomar o control do taboleiro. A intención de Xi Jinping é a de remarcar perante o mundo que non vai aceitar ningún avanzo da influencia norte-americana na zona A partir daí, as fontes oficiais diferen un tanto no relato da cimeira. Xinhua enfatiza a aposta de Kim Jong-un e Xi Jinping pola desnuclearización da península coreana. A KCNA, en troca, elude na súa información calquera alusión a este asunto. Mais non hai dúbida de que o dossier nuclear foi o tema central das conversas. Segundo fontes chinesas, Kim Jong-un si tería dito a Xi Jinping que está disposto a eliminar o seu armamento nuclear -Pyongyang realizou o pasado mes de setembro o seu sexto test con míseis inter-continentais- sempre e cando Washington e Seúl tamén avanzasen no desarmamento. Para Pyongyang non foi un suceso menor combinar a súa entrevista con Donald Trump. En boa parte esa cimeira obrigou China a facer un movimento e a retomar o control do taboleiro \"Se Corea do Sul e os EUA responden con boa vontade aos nosos esforzos e crían unha atmosfera de paz e estabilidade, e toman medidas progresivas e sincronizadas para alcanzar a paz, o asunto da desnuclearización da península podería atinxir unha solución\", tería afirmado Kim Jong-un segundo a axencia Xinhua. Pyongyang -segundo fontes norteamericanas- dispón dun arsenal de por volta de 1.000 míseis de longo alcance, algúns deles -os Taepodong 2- con capacidade para atinxir obxectivos situados en solo norteamericano, a 8.000 quilómetros de distancia da península norcoreana."}
{"ID": "PRAZA_12542", "summary": "Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.", "text": "*Texto publicado no IGADI Paper nº 82 Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional. Aínda que non é un país membro da Unión Europea, o exemplo islandés serve como referencia de participación democrática cidadá no actual contexto de tensións económicas e financeiras na zona Euro, con especial atención cara países como Grecia, Portugal, Irlanda, Italia e España. O impulso democrático islandés contrasta notoriamente coa preponderancia dos designios políticos e económicos emanados das elites comunitarias á hora de acometer os cada vez maiores problemas socioeconómicos europeos, intensificando o descrédito e a desconfianza cidadá ante a clase política europea. As incertezas sobre o futuro islandés seguen centradas na persistencia dun escenario de suxeición e práctica \"hipoteca\" económica do país perante os organismos internacionais. Con pouco máis de 320.000 habitantes, Islandia figuraba entre os países con maior renda per cápita a nivel mundial e, segundo un estudo da ONU de 2007, como \"o mellor país do mundo para vivir\". Pero o colapso financeiro desatado a partir de outubro de 2008, coa masiva retirada cidadá dos seus aforros reproducindo escenas similares á acontecidas durante o \"corralito\" na Arxentina de decembro de 2001, deu paso á abrupta caída da economía islandesa e a volatilización da súa pretendida estabilidade social e política. Dende entón, a popularmente denominada \"revolución das cazolas e tixolas\" deu paso a unha inédita rebelión cidadá que levou á caída do goberno islandés e á aprobación parlamentaria dunha Lei para a Asemblea Constituínte que impulsa a democracia participativa a través da redacción dunha nova Constitución. Non obstante, as incertezas sobre o futuro islandés seguen centradas na persistencia dun escenario de suxeición e práctica \"hipoteca\" económica do país perante os organismos internacionais. Os alcances dunha rebelión cidadá Outubro de 2008 marcou unha referencia clave na historia contemporánea de Islandia, unha illa atlántica de só 320.000 habitantes habitualmente considerado como un dos países con mellores condicións socioeconómicas e saudable e democrática estabilidade política. Tras unha intensa e expansiva privatización do seu sector económico público e, especialmente, bancario a partir de 2003, os efectos da crise económica global de 2008 sacudiron fortemente en Islandia, unha vez a bancarrota financeira deu paso á nacionalización do Landsbanki, Kaupthing e Glitnir, os principais bancos do país, que contaban cunha enorme preponderancia de capital exterior, principalmente británico e holandés. Os efectos da crise económica global de 2008 sacudiron fortemente en Islandia, unha vez a bancarrota financeira deu paso á nacionalización do Landsbanki, Kaupthing e Glitnir, os principais bancos do país, que contaban cunha enorme preponderancia de capital exterior, principalmente británico e holandés A bancarrota financeira islandesa evidenciouse a través de diversos indicadores, como o seu elevado nivel de endebedamento (calculado nun 33% do seu PIB), déficit externo (30% do PIB) e presión fiscal (42% do seu PIB, entre as mais altas dos países membros da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, OCDE), que repercutiron na caída do valor monetario da coroa islandesa e a suspensión das actividades da Bolsa de Valores de Reikjavik, cunha dramática caída do 76% das súas accións. Compre sinalar outros factores que canalizaron a crise islandesa: case un 70% da débeda dos bancos islandeses estaba concentrada en moeda estranxeira, principalmente euros, libras esterlinas, dólares e coroas norueguesas. Se ben unha parte desta débeda foi pagada a bancos estranxeiros, outra porción moi significativa foi canalizada a través dunha masiva expansión de créditos internos, principalmente cara os sectores da minería e da construción. Isto provocou un alarmante desequilibrio na balanza comercial e fiscal islandesa tendo en conta que a emisión de créditos era escandalosamente superior á produción económica real do país. A reacción cidadá islandesa deu paso, dunha forma sucinta e inesperada, a unha mobilización popular inducida pola bancarrota e a indignación, levándose por diante o primeiro goberno a raíz da crise económica global Moitos analistas consideraron que o colapso bancario islandés de 2008-2009 constituíu o mais grande sufrido por país algún na historia económica mundial, obviamente con repercusións noutras economías, como a británica. Por tanto, a reacción cidadá islandesa deu paso, dunha forma sucinta e inesperada, a unha mobilización popular inducida pola bancarrota e a indignación, levándose por diante o primeiro goberno a raíz da crise económica global. Entre 2008 e 2009, milleiros de cidadáns islandeses tomaron as rúas en sucesivas protestas, con medios de expresión tan elementais como a utilización de cazolas e ovos contra os parlamentarios e as elites políticas, responsabilizados directamente pola crise financeira. Igualmente, organizáronse asembleas populares nas rúas de Reikjavik, como elemento inicial e referente das posteriores manifestacións dos \"indignados\" en varias capitais europeas ou do movemento \"Occupyng Wall Street\" en EUA durante o 2011. Estas mobilizacións e protestas nas rúas deron paso á renuncia do entón primeiro ministro Geir Haarde en xaneiro de 2009 e á convocatoria dun referendo popular en abril seguinte, no que o 93% dos islandeses decidiron non pagar a débeda externa do país, en gran medida en mans de bancos ingleses e holandeses. Se ben Islandia forma parte do Espazo Económico Europeo (EEE) e do Espazo Schengen, noutro referendo celebrado en 2009, a maioría dos islandeses votaron en contra da súa adhesión á Unión Europea. En abril de 2009 realizáronse eleccións parlamentarias que deron a vitoria ao actual goberno de Jóhanna Sigurðardóttir, ex ministra de Asuntos Sociais que formou un goberno de coalición na denominada Alianza Socialdemócrata, incluíndo ao Movemento Esquerda-Verdes e o Partido Progresista No transcurso de 2009 e 2010, as novas autoridades islandesas emanadas das asembleas cidadás e das eleccións parlamentarias apresaron a políticos, banqueiros e altos executivos responsabilizados pola crise, entre eles o ex primeiro ministro Haarde, mentres Interpol ditou orde de arresto contra eventuais fuxitivos. En abril de 2009 realizáronse eleccións parlamentarias que deron a vitoria ao actual goberno de Jóhanna Sigurðardóttir, ex ministra de Asuntos Sociais que formou un goberno de coalición na denominada Alianza Socialdemócrata, incluíndo ao Movemento Esquerda-Verdes e o Partido Progresista. Como elemento simbólico que realza aínda mais os efectos da \"revolución islandesa\", Sigurðardóttir converteuse no primeiro caso dunha xefe de goberno de orientación sexual homosexual, xa que posteriormente casou en 2010 coa escritora e xornalista Jónína Leósdóttir. As principais diverxencias políticas no entorno de Sigurðardóttir teñen como principal fundamento a súa posición proclive ao ingreso islandés na UE e á adopción do Euro como moeda nacional. Poder constituínte e \"non\" ao pago da débeda En 2010, e a pesar da oposición dos partidos políticos tradicionais moitos deles pertencentes ao goberno de Haarde, o Parlamento islandés aprobou unha Lei de Asemblea Constituínte na que os islandeses puideron elixir un parlamento composto por só 25 cidadáns sen filiación política. Este parlamento encargaríase de redactar unha nova Constitución baixo o aval e competencia dun poder cidadá determinado a evitar o auxe dunha clase política \"profesional\" e oligárquica enquistada nos partidos políticos tradicionais. A discusión pública sobre a nova Constitución segue o seu curso e será votada noutro referendo durante o ano 2012 Non obstante, en xaneiro de 2011, o Tribunal Supremo islandés invalidou estes resultados constituíntes por presuntas irregularidades do proceso electoral. Aínda así, a discusión pública sobre a nova Constitución segue o seu curso e será votada noutro referendo durante o ano 2012. Está igualmente por ver qué sucederá finalmente co referendo de rexeite do pago da débeda externa, unha vez en febreiro de 2011, e probablemente baixo presión dos bancos británicos, o Parlamento islandés decidiu pagar os compromisos de débeda externa islandesa alén do 2019. Non obstante, o presidente islandés Ólafur Ragnar Grímssonnegouse a asinar esta decisión, chamando a un novo referendo finalmente celebrado en abril de 2011, onde o \"non\" volveu a gañar aínda que con menor votación. Tras este resultado, os gobernos británico e holandés, con bancos que posúen unha notable carteira de clientes afectados pola bancarrota islandesa, anunciaron demandas contra Islandia ante os tribunais internacionais, á vista de que a negativa islandesa supón que non devolverá un monto aproximado de 4.000 millóns de euros pola creba dos seus principais bancos. O silencio exterior da revolución islandesa Aínda que a mobilización cidadá islandesa constitúe un saudable exemplo de democracia participativa nun contexto marcado pola crise económica global e a preponderancia de centros de poder que ditan os programas de rescate financeiro a economías en risco de bancarrota, as incertezas seguen ilustrando o panorama islandés e, probablemente, condicionando gran parte da súa evolución socioeconómica e política. Pero a pesar da negativa popular a satisfacer esa débeda, o país segue suxeito aos ditames dos organismos financeiros internacionais A gravidade da crise financeira en 2009 provocou un inmediato empréstito do Fondo Monetario Internacional (FMI), valorado en US$ 2.100 millóns, un monto insuficiente para paliar a crise xa que constitúe aproximadamente o 3% da débeda externa. Pero a pesar da negativa popular a satisfacer esa débeda, o país segue suxeito aos ditames dos organismos financeiros internacionais, cuns programas de axuste financeiros e compromisos de pago que poden afectar o desenvolvemento da economía islandesa nos próximos anos, unha situación similar á que acontece actualmente con Grecia con respecto á UE e o FMI. É salientable o silencio e a escasa relevancia outorgada polos principais medios de comunicación sobre os alcances da resposta islandesa á crise Neste contexto, é salientable o silencio e a escasa relevancia outorgada polos principais medios de comunicación sobre os alcances da resposta islandesa á crise, moi probablemente motivados pola necesidade de non reproducir a manifestación dunha masa crítica cidadá e unha forte mobilización popular contra os modelos de austeridade e control financeiro ditaminados polos organismos financeiros internacionais ou, no contexto da UE, polo Banco Central Europeo e os eixes de poder en Bruxelas, Berlín ou París. Paralelamente, e se ben se anuncian síntomas de recuperación, Islandia segue inmersa na crise económica, cun control de capitais, un inédito desemprego próximo ao 10% da poboación economicamente activa e unha caída do PIB do 15% desde 2010. As negativas ao pago da débeda externa e obviamente ao ingreso na UE seguramente afectarán ás relacións do goberno de Sigurðardóttir cos acredores financeiros internacionais, o FMI e as negociacións coa UE. Aínda así, apréciase un forte incremento do orgullo e dignidade nacionais no seo da sociedade islandesa, notablemente satisfeita polos avances democráticos logrados na súa particular e exteriormente silenciada \"revolución das cazolas e tixolas\". Web do Igadi O Igadi Paper nº 82 pódese descargar aquí (.pdf)"}
{"ID": "NOS_43195", "summary": "Ana Pontón, do BNG, pediu hoxe no Parlamento que se investiguen os fondos públicos da Fundación Cela e reclamou que o Executivo galego se desvincule por non ser de \"interese xeral\".", "text": "\"Estamos mantendo unha Fundación que non cumpre ningún dos preceptos do interese xeral\", afirmou para Sermos a deputada do Bloque, \"senón que está ao servizo de intereses que non teñen nada que ver co ben común\". Desde 2007 a Xunta leva \"investido\" máis de 3 millóns de euros nunha entidade afundida froito dos numerosos desfalcos que tivo que rescatar \"con diñeiro de todos\" e convertela nunha Fundación pública. As cifras tampouco acompañan na defensa dunha institución que recibe menos de 3.000 visitantes ao ano e que custa, só en gastos correntes, máis de 317.000 euros ás arcas públicas, dos cales 220.000 se dedican aos salarios de sete traballadores que foron asumidos pola Fundación pública sen ningún proceso de selección [ver orzamentos de 2015, en pdf]. A súa directora xerente, filla de Dositeo Rodríguez, tampouco. En opinión de Ana Pontón, a intervención pública tampouco se pode xustificar por motivos de protección do legado xa que a maioría está na Cidade da Cultura. Ao seu entender, a Xunta segue confundindo \"manter o legado dun escritor co mantemento de intereses escuros dunha Fundación que nos últimos anos se caracterizou polos escándalos e situacións vergonzantes.\" Posibles ilegalidades Pontón presentou hoxe -sexta feira- no Parlamento a iniciativa que será debatida no vindeiro pleno na que reclama \"investigar os fondos públicos da Fundación Camilo José Cela e desvincular a Fundación do sector público por carecer de utilidade pública real\". En concreto, Pontón propón investigar axudas concedidas en 2010 a esta entidade cando era privada dado que a Lei de Subvencións prohibe concedelas a entidades que teñan débedas coa Seguridade Social, como era o caso. Aínda así, ese ano a Xunta \"destinou medio millón de euros\". Ademais, a nacionalista cualificou de \"escandaloso\" que con fondos públicos \"fora financiado o despedimento do xerente con 150.000 euros, pagaramos créditos hipotecarios da Fundación, financiaramos viaxes dos membros do patronato, incluída a propia Marina Castaño, e fora abonado o litixio do fillo de Camilo José Cela pola herdanza, Coxíns de Damasco de veludo, butacas de bambú, flores e unha mesa de máis 1.000 euros\"."}
{"ID": "NOS_55726", "summary": "Un concello como A Coruña recebe 270 euros por habitante procedentes da súa participación nos ingresos do Estado. Barcelona ten, en troca, 664 e Madrid, 489.", "text": "O 9 de abril de 2015, a Cámara galega dera luz verde a unha iniciativa que emprazaba a Xunta a se mover politicamente para conseguir a reforma do modelo de financiamento dos concellos galegos, en concreto no que ten a ver cos fondos que obteñen da súa participación nos ingresos do Estado (PIE). Aquela proposición non de lei non se chegou a materializar en nada en concreto, daí que o BNG voltase a levar o asunto á comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento para instar ao seu cumprimento. Isto é o que se debateu esta tarde e o que se aprobou por unanimidade. Falta agora que se cumpra. Como ironizou Francisco Jorquera ao termo do debate: \"Agardo que, se resulta aprobada, non sexa necesario que dentro duns meses debatamos unha iniciativa na que se inste a Xunta a dar cumprimento ao acordo deste 18 de febreiro\". Os dados que achegou Jorquera ao debate levan o carimbo da FEGAMP. A chave do asunto é que o actual modelo de participación dos concellos nos ingresos do Estado non toma en suficiente consideración variábeis tan relevantes para Galiza como o avellantamento da populación ou a dispersión do hábitat [cumpre lembrar a este respeito que o noso país, con apenas o 5,9% da poboación do Estado, ten en troca a metade de núcleos habitados que existen no territorio estatal]. \"Acabamos de saber que en 2016 se vai producir un recorte de 10,6 millóns de euros nos fondos que receben os nosos concellos a cargo do PIE. Pasaremos de 582,88 millóns a apenas 572,8\", denunciou Jorquera. \"É unha diminución que agrava as consecuencias dun modelo escandaloso, claramente discriminatorio para o noso país\", alegou. Segundo os dados da FEGAMP, desde 2004 os concellos galegos deixaron de perceber 1.376 millóns de euros a consecuencia deste modelo de PIE. Se compararmos os dados Galiza/España en financiamento por habitante, a discriminación é patente. En 2015, os concellos galegos receberon 216,06 euros por habitante, face a media estatal de 263,16. Cuase un 20% menos. Os dados han ser piores segundo as proxeccións de 2016. Jorquera deu o dado de que a media galega será de 209 euros por habitante, entanto que nos municipios da comunidade autónoma madrileña os ingresos por persoa serán de 344 euros. 135 euros máis, un 40%. En 2015, os concellos galegos receberon 216,06 euros por habitante, face a media estatal de 263,16. Cuase un 20% menos O desequilibrio tamén é brutal se ollamos os concellos máis urbanos, de acordo coa información achegada polo parlamentar nacionalista. É ilustrativo a este respeito realizar unha comparativa entre A Coruña, a cidade galega que recebe máis fondos do PIE, e por exemplo Barcelona. A desproporción é sideral: A Coruña tería 270 euros, en tanto que a capital catalá xestionará 664 euros. A diferenza tamén é moi abastada se tomarmos como referencia Madrid ou Valéncia, con 489 e 424 euros, respectivamente. Todo isto leva ao portavoz do grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, a concluír que \"estamos ante un sistema de financiamento local que condena á insuficiencia de recursos aos concellos galegos e que, portanto, lastra as posibilidades de benestar dos seus veciños e veciñas\"."}
{"ID": "PRAZA_5611", "summary": "O embaixador israelí en España escríbelle a Pilar Rojo para reprocharlle unha declaración institucional en apoio ao Pobo palestino. Alon Bar remitiulles copias da carta aos portavoces de PP e PSdeG, ao seu homólogo conservador no Congreso e a Dolores de Cospedal.", "text": "O pasado día 6 o pleno do Parlamento aprobaba unha breve declaración institucional en apoio a Palestina. \"Co gallo do aniversario do comezo do éxodo do pobo palestino\", todos os grupos do lexislativo galego -para saíren adiante, as declaracións institucionais precisan de unanimidade- reclamou que \"a comunidade internacional\" lle \"esixa a Israel\" varios puntos a prol dos dereitos humanos, a comezar polo \"cumprimento das resolucións das Nacións Unidas\". A declaración resultou especialmente molesta no Goberno hebreo, ata o punto de chegar a cualificar o Parlamento de Galicia de \"inimigo\". Segundo vén de facer transcender a organización BDS Galiza apenas tres días despois da aprobación da declaración o embaixador de Israel en España, Alon Bar, remitiulle unha carta á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, para lanzarlle duros reproches. \"Diríxome a vostede para transmitirlle a miña sorpresa pola declaración\", dille Bar a Rojo. Para o diplomático, que o Parlamento galego reclame \"o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas das que foron expulsadas\" suporía \"a desaparición do Estado de Israel\". \"Con esta esixencia -acusa- o Parlamento de Galicia únese aos peores e máis extremistas inimigos de Israel\". O embaixador sitúa o lexislativo galego entre \"os peores e máis extremistas inimigos de Israel\" A misiva, remitida con copia aos voceiros de PP e PSdeG, Pedro Puy e José Luis Méndez Romeu, e tamén ao voceiro do PP no Congreso, Alfonso Alonso, e á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, acusa tamén de situarse \"fóra do que é o consenso da UE sobre os parámetros do futuro acordo de paz entre palestinos e israelíes e das posicións defendidas polos sucesivos gobernos de España\". Segundo as conclusións do embaixador, aprobar unha declaración \"con estes contidos e enfoques só serve para favorecer as posicións máis extremistas de quen perseguen a desaparición do Estado de Israel\". O Parlamento esixiu \"o recoñecemento ao retorno das persoas expulsadas\" e o respecto aos dereitos humanos Ademais dos devanditos puntos o texto acordado por PP, PSdeG, AGE e BNG pediu tamén o \"respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinas e palestinos\" e o \"respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino\". Ademais, os deputados e deputadas manifestaron o \"máis firme compromiso cos dereitos inalienábeis da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana\" e o Parlamento no seu conxunto propúxose non \"escatimar esforzos en contribuír dende Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito\". Declaración do Parlamento en memoria das vítimas do Holocausto"}
{"ID": "NOS_14825", "summary": "Se pensarmos en escritora africana, menor de 40 anos, con produción en francés e inglés, crítica co papel das potencias Occidentais en África, o resultado é Edwige-Renée Dro.", "text": "Edwige naceu na Costa de Marfil. Estudou en Inglaterra e voltou para a África. Defínese como unha retornada ao país natal. Forma parte dunha xeración de escritoras africanas que se distancian e son críticas co modelo cultural que se está a implantar na África. \"Cando nos dedicamos a demostrar que tamén temos praias bonitas, e grandes edificios, e supermercados con queixos e viños, paréceme que o que temos é un complexo. Temos cousas que nos son propias. Coñezámolas e asumámolas\". Nunha charla da iniciativa TED, escenificada en Adbidjan, defínese, ironicamente, como un dos valores da nova xeración de escritoras africanas, mais matiza \"se somos a nova xeración e ninguén nos coñece, temos un problema\". Forma parte do proxecto África 39, unha iniciativa do que é considerado, polo menos polas súas repercusións mediáticas, un dos mellores festivais de literatura do mundo Forma parte do proxecto África 39, unha iniciativa do que é considerada, polo menos polas súas repercusións mediáticas, un dos mellores festivais de literatura do mundo, o Hay Festival of Literature and the Arts Limited (Hay) e do Bloomsbury Publishing Plc (Bloomsbury). O resultado foi unha antoloxía de historias ou extractos de novelas, escritos orixinalmente en inglés, francés, portugués e algunhas linguas africanas. Dos 39 autores de 17 países que participan na selección, 9 son nixerianos, seis kenyanos, catro surafricanos, tres escritores de Ghana e tres de Uganda. Na escrita predomina o inglés e entre os escritores lusófonos achamos, se non contei mal, dous: Eileen Barbosa (Cabo Verde) e Ondjaki (Angola). Os 39 escritores -menores de 40 anos- son oriúndos da África subsahariana ou da diáspora. De acordo cos promotores, os escritores e escritoras escolleitos teñen o potencial e o talento para definiren as tendencias que han marcar o desenvolvemento da literatura nunha determinada lingua ou rexión. Foron publicados, en inglés, en outubro de 2014. Edwige-Renée Dro cre que a literatura africana xa está a ser recoñecida mundialmente – aí están varios nobel nos derradeiros anos- mais pensa que iniciativas como África 39 dan xogo a outras voces, a outras historias contadas \"por autores que residen no continente, que coñecen a dura realidade da vida aquí\" fronte á literatura africana que circula polo mundo e presenta África a través de autores que residen fóra. Edwige-Renée Dro acredita no compromiso, na militancia política, na denuncia, na literatura combativa Edwige-Renée Dro acredita no compromiso, na militancia política, na denuncia, na literatura combativa. E cita o nixeriano Ken Saro-Wiwa, executado polo goberno de San Abacha, despois dun xuízo-farsa, por se ter enfrontado á multinacional petrolífera Shell: \"Para un escritor na miña situación a literatura debe ser combativa... O escritor ou a escritora debe estar activamente implicado na transformación do presente e do futuro da sociedade\". E o seu perfil nas redes sociais está inzado de referencias a Thomas Sankara, alcumado \"Tom Sank\" e considerado por algúns como o Che Guevara de África polos seus revolucionarios programas de autosuficiencia africana, unha alternativa desafiante ás estratexias neoliberais impostas por Occidente que o transformaron nunha icona para moitos dos pobres de África e o levaron a ser deposto e asasinado nun golpe de estado en 1987 que contou co apoio do goberno francés. Máis o compromiso non limita a temática:\" Podemos escribir sobre o que quixermos máis sempre nunha perspectiva de compromiso\". Edwige escribe en francés e inglés e participa en actividades literarias en ambas esferas. Nas súas palabras está sempre presente a idea de compromiso é acredita en que a literatura non se pode afastar da realidade. Ten unha visión crítica da relación entre Europa e África: \"Temos de criticar os nosos gobernos, claro, mais cando o que os occidentais din é falso temos que os abordar a eles. Preséntanse como os grandes defensores dos dereitos humanos. Daquela, que os apliquen, que dean a asistencia necesaria a aqueles que están en perigo\". A escritora reivindica as linguas nacionais africanas Edwige móstrase reivindicativa coas linguas nacionais africanas cando afirma: \"temos que traballar sobre as nosas identidades ... iso pasa necesariamente por un acceso a linguas como o inglés ou francés a pesar de que continúan perpetrando a colonización ... mais é preciso achar un mecanismo para obrigar os estados a comunicar nas linguas de cada un de nós\". A escrita de Edwige non se limita á creación literaria. Tamén os artigos de ensaio forman parte do seu activismo como escritora. Nun deles, de onde están extraídas algunha das frases anteriores e publicado en L´Obs (nome actual de Le Novel Observateur) entra de cheo no asunto \"poverty porn\", isto é, aqueles medios de comunicación que explotan imaxes da pobreza para xerar simpatía e vender. Mais acrecenta, \"nós somos responsábeis do poverty porn\" pois nin os Estados Unidos nin a Europa son uns \"eldorados\" e cando os africanos \"se ollen nun espello, deben verse tal como son e deixarse de fantasmar sobre a vida do home branco\". Como esta son moitas as voces que hoxe se levantan en África. Voces pesimistas? Non, simplemente voces que pensan que \"non vai ser construíndo grandes rañaceos e estradas como vai mudar a imaxe de África\" Case estou por pensar que algunhas destas ideas se poden aplicar á Galiza."}
{"ID": "PRAZA_9710", "summary": "Oito poetas participarán nunha acción colectiva impulsada por Edicións Positivas, que busca promover \"que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital\"", "text": "Este sábado 30 oito poetas de Galicia desembarcarán na cidade do Porto para levar a cabo unha serie de actos na cidade portuguesa co obxectivo de \"arrincar marcos\", eliminando a fenda existente entre Galicia e Portugal e promovendo \"que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital\". Quérese promover \"que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital\"A iniciativa está impulsada por Edicións Positivas e nela participarán os autores e autoras dos últimos oito poemarios publicados pola editorial: Eduardo Estévez, Paula Carballeira, Quico, Raúl Gómez Pato, Roi Vidal, Rosalía Fernández Rial, Suso Díaz e Xabier Xil Xardón. Eles e las compoñen ademais a antoloxía Arrincando marcos 2019, realizada para a ocasión.Os actos comezarán ás 15.30 coa entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro, na Praza da Galiza. A seguir, na Livraria Poetria (R. Das Oliveiras 72) terá lugar unha rolda de prensa (17.00) e un recital conxunto dos e das oito poetas. O programa completarase coa lectura colectiva do poema de Lois Pereiro \"Que é Galicia?\", para rematar a medianoite cun \"Chamado aos pobos galego e portugués\".Participarán Eduardo Estévez, Paula Carballeira, Quico, Raúl Gómez Pato, Roi Vidal, Rosalía Fernández Rial, Suso Díaz e Xabier Xil XardónA poesía galega \"quere pasar da reflexión aos feitos, da queixa á práctica, do illamento ao diálogo... eliminar lindes para podermos respirar, e despois camiñar\", destácase na antoloxía publicada, que bota man de Méndez Ferrín para salientar que \"o punto un da política internacional de Galicia debería de ser o da abolición dos marcos da Raia Seca e das liñas misteriosas que nos separan de Portugal no medio do río Miño\". E engádese: \"tan certo é este pensamento do intelectual galego como o é que faltan accións, e sobran queixas, lamentos\". Unha acción, unha abolición de marcos, que nesta fin de semana pasará pola poesía."}
{"ID": "PRAZA_12443", "summary": "Se nos atemos a estes textos, as novas argalladas de Medio Rural transformarían o Banco de Terras nun outlet inmobiliario para fornecer ás industrias enerxéticas e da celulosa con fincas de saldo. O que nun principio foi pensado como ferramenta para solucionar a falla de base territorial das explotacións agrogandeiras, ponse ao servizo da especulación empresarial. Pura traxicomedia se pensamos que unha das principais causas desa falla de base terrritorial son, precisamente, as forestacións ilegais de terras agrarias fomentadas polo negocio deses mesmos sectores industriais que pretenden, agora, acaparar as agras en desuso en detrimento da produción alimentaria.", "text": "Unha lenda india conta a historia dun raxá que malvivía sumido na tristeza porque perdera ao seu fillo en batalla. O raxá volveu recuperar as ganas de vivir cando un brahmán, de nome Lahur Sessa, lle ensinou a xogar ao xadrez. Agradecido, o monarca ofreceulle a Sessa que lle pedise o que quixera para poder corresponderlle. O brahmán só quixo o trigo que lle dese un taboleiro de xadrez do seguinte xeito: na primeira casa, un gran; na segunda, dous; na terceira, catro; na seguinte, oito. Así, sucesivamente, dobrando o número de grans, de casa en casa, até completar as sesenta e catro. O raxá, que non debía estar moi posto en matemáticas, dixo no intre que si, pensando cara aos seus adentros que ben pouco lle pedira. Mais cando os seus sabios fixeron o cálculo, deulles como resultado un número de vinte díxitos (algo máis de 18 trillóns), equivalente ás colleitas de trigo que daría toda a superficie terrestre dedicada hoxe á agricultura durante unha década. Falando en prata: permítese o acceso das empresas privadas ás terras agrarias do Bantegal para producir o que lles pete, non necesariamente alimentos Vén a conto isto porque as argucias da Consellaría de Medio Rural para permitir facer plantacións forestais en terras agrícolas, práctica hoxe tan prohibida como estendida na Galiza, teñen un algo de brincadeira de Lahur Sessa. As modificacións xa feitas na Lei de Mobilidade de Terras permiten que \"calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada\" acceda ás fincas do Banco de Terras (artigo 4) e define como \"predio de vocación agraria\" aquel que \"sexa susceptible de ter un aproveitamento agrícola, forestal, gandeiro ou mixto\" (artigo 3.1.). Falando en prata: permítese o acceso das empresas privadas ás terras agrarias do Bantegal para producir o que lles pete, non necesariamente alimentos. O que sabemos da Lei de Montes, que aínda está en fase de proxecto, pecha o círculo ao permitir que \"terreos rústicos de uso agrícola en estado de manifesto abandono e que estiveran adscritos a un banco de terras agrarias\" se poidan forestar se cumpren, entre outros supostos, \"que linden con terreos forestais\" (artigo 61). As novas argalladas de Medio Rural transformarían o Banco de Terras nun outlet inmobiliario para fornecer ás industrias enerxéticas e da celulosa con fincas de saldo Se nos atemos a estes textos, as novas argalladas de Medio Rural transformarían o Banco de Terras nun outlet inmobiliario para fornecer ás industrias enerxéticas e da celulosa con fincas de saldo. O que nun principio foi pensado como ferramenta para solucionar a falla de base territorial das explotacións agrogandeiras, ponse ao servizo da especulación empresarial. Pura traxicomedia se pensamos que unha das principais causas desa falla de base terrritorial son, precisamente, as forestacións ilegais de terras agrarias fomentadas polo negocio deses mesmos sectores industriais que pretenden, agora, acaparar as agras en desuso en detrimento da produción alimentaria. Para velo de xeito gráfico e xustificar a presenza de Lahur Sessa neste artigo, podemos botar man dun taboleiro de xadrez. Cada unha das 64 casas do taboleiro identifícase cunha coordenada obtida de poñerlle unha letra -da A á H- ás columnas, e un número -do 1 ao 8- ás filas, coma no xogo da guerra de barcos. Imaxinemos que a casa E5, que é unha das catro centrais, é unha finca forestada, legal ou ilegalmente, no medio doutras 63 leiras e prados inscritas no Banco de Terras, que serían o resto do taboleiro. Coa xeometría dos grans de trigo, ao estar forestadas esas nove casas do centro do taboleiro, poderíanse forestar, automaticamente, as dezaseis que arrodean ás novas plantacións Tal como vai redactada no proxecto, a nova Lei de Montes permitiría forestar as oito casas que arrodean a ese plantío forestal, xa que todas lindan con E5; e xa que todas están en \"estado de manifesto abandono\" pois, do contrario, non formarían parte da oferta do Banco de Terras. Coa xeometría dos grans de trigo, ao estar forestadas esas nove casas do centro do taboleiro, poderíanse forestar, automaticamente, as dezaseis que arrodean ás novas plantacións. E así, sucesivamente, iriamos construíndo esa Galiza soñada polas fábricas de celulosa e as industrias enerxéticas, que tentan convencernos de que o rendible e moderno para o noso agro non é cultivar alimentos para vivir, senón materia combustible para queimar. Coma se de lume andásemos necesitados e a mantenza viñese do aire, vaia. Coma se, algún día, as follas de eucalipto e o arume dos piñeiros puidesen substituír aos grans de trigo."}
{"ID": "PRAZA_7652", "summary": "As tres forzas da oposición advirten de que darán \"unha resposta conxunta, firme e contundente\" se Pilar Rojo non recúa no veto aos convites ás sesións plenarias; o PP acúsaos de \"esaxerar\" e ratifica que o criterio da presidenta será o único que se aplique para admitir ou non as persoas convidadas", "text": "Na pasada lexislatura houbo que agardar ata case o ecuador do mandato para presenciar un xesto público de unidade da oposición parlamentaria, daquela formada por PSdeG e BNG, e no conxunto do período abondaban -e sobraban- os dedos dunha man para contar este tipo de accións conxuntas. A novena lexislatura autonómica apenas vén de comezar e este luns o Parlamento xa foi escenario dun xesto unitario entre as tres forzas da oposición. Os voceiros de PSdeG, AGE e BNG compareceron conxuntamente ante a prensa cunha mesma mensaxe. O estímulo para a unidade déulleo tres días antes a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, coa súa decisión de prohibir que os grupos políticos conviden a cidadanía a presenciar as seccións plenarias. \"Este é o Goberno tripartito, en minoría\" e con \"agallas\", ironizaba polos corredores do Parlamento Xosé Manuel Beiras, voceiro de Alternativa. Fíxoo despois da rolda de prensa na que, con breves intervencións, os voceiros anunciaron a súa intención de desenvolver unha, en verbas de Francisco Jorquera, \"resposta conxunta, firme e contundente\" á decisión de Pilar Rojo no caso de que esta \"non rectifique\" o \"secuestro\" do Parlamento. \"Ten aínda tempo a rectificar e queremos esperar; se non o fai, teredes a oportunidade de constatar en que vai consistir a resposta\", abonda o nacionalista, quen aínda \"está esperando\" a que a conservadora responda as súas chamadas de teléfono. A oposición anuncia unha resposta \"conxunta, firme e contundente\" este mesmo martes \"Fixemos un emprazamento a que rectifique unha decisión aparentemente tomada\" e comunicada \"de maneira verbal\", especifica o socialista Abel Losada, que concreta que se todo segue igual o movemento da oposición se producirá \"mañá mesmo\", isto é, no pleno do Orzamentos, o primeiro no que o acceso ou non de persoas convidadadas á tribuna do salón de plenos depende en exclusiva de Pilar Rojo. \"Se nos dixo que ela asumía o criterio de decidir quen accedía á tribuna de convidados do Parlamento\". \"Ese -lamenta Losada- foi o único criterio exposto\", que para Beiras é mostra dun \"despotismo sen ilustración\" que esixía \"esta coincidencia\" entre as tres forzas \"na defensa dun Parlamento democrático\". Rojo, di o líder de AGE, debe lembrar que preside unha Cámara e non é \"a directora dun reformatorio ou centro conventual do século XVIII\". O PP ve \"radicalidade\" e \"esaxeración\" A resposta do PP á unidade da oposición chegaba minutos despois a través, Pedro Puy, quen repartiu acusacións de \"tendencia á esaxeración\" nun ton sensiblemente máis airado do que é habitual no voceiro dos conservadores. \"A medida da presidenta é proporcionada e non é unha novidade nos Parlamentos que hai en España\", di o popular, quen ademais asegura que a presidenta \"en absoluto limita a entrada de persoas\", senón que \"limita a entrada de persoas que non se ateñan ao Regulamento\". Puy reprocha que os grupos non controlasen \"os seus convidados\" aínda que portasen \"camisolas ou cartaces\" En calquera caso, nos case corenta e cinco minutos en que contestou ás preguntas da prensa Puy non foi quen de aclarar cales serán os criterios a seguir para as prohibicións preventivas de acceso ás sesións. Será \"o criterio que entenderá ela\", a presidenta, a quen lle corresponde establecer un \"certo control\" para que ninguen acuda \"rebentar o normal funcionamento da institución democrática\". Isto, di, sería o que terían que facer os grupos cando \"no pasado\" -ata a pasada semana- podían convidar \"automaticamente\" a cidadanía. Pero non o facían aínda que as persoas convidadas levasen \"camisolas ou cartaces\" de protesta, material que, suxire, portaban ao \"saír\" das instalacións dos grupos parlamentarios da oposición. \"Parece que quen ten un tic antidemócrata é quen defende as institucións\", censura Puy, quen coida que a medida é \"a decisión menos radical posible\" nun contexto no que, ao seu xuízo, non cabe \"comparar\" protestas como as dos afectados polas preferentes coa dos alcaldes do PP que, en 2005, protagonizaron incidentes no Parlamento contra o Goberno bipartito. O que si conclúe o conservador é que o PSdeG ten \"merecida\" a \"benvida\" que \"o señor Beiras lle deu á radicalidade\"."}
{"ID": "NOS_41502", "summary": "O ministro de Sanidade insta a seguir as recomendacións de distancia, protección e hixiene no desconfinamento para evitar un novo abrocho do coronavirus, que \"non é descartábel\". O Exército español prevé dúas ondas máis da pandemia da COVID-19 e sinala que se poderá recuperar a normalidade no prazo dun ano ou un ano e medio.", "text": "O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegura que \"non é descartábel\" un segundo brote da COVID-19 no Estado nas vindeiras semanas polo que instou a cidadanía a seguir as recomendacións sanitarias para evitar a volta a un confinamento estrito, como o que se mativo desde a declaración do estado de alarma a mediados de marzo. \"Non é descartábel unha segunda onda, o mellor é seguir as recomendacións que estamos a dar\", sostivo Illa, que resaltou os \"esforzos\" da comunidade científica internacional para atopar unha vacina contra o coronavirus. Un documento do Exército de Terra prevé dúas ondas máis da pandemia da COVID-19 e un prazo dun ano ou un ano e medio para recuperar a normalidade, aínda que asume que ningunha vacina ofrecerá un 100% de protección nin poderá estar lista até principios de 2021. Relacionarse e manter a seguridade Salvador Illa referiuse a que a \"nova normalidade\" vaise manter até que se dispoña dunha vacina e incidiu en que hai que \"aprender a relacionarse de forma distinta\". \"Se seguimos as recomendacións ao pé da letra, se usamos a máscara de forma obrigatoria no transporte público e mantemos a distancia interpersoal, é a forma máis eficaz para evitar unha segunda onda\", salientou. O ministro advertiu de que se se produce un novo brote da COVID-19 \"haberá que deter o proceso de desconfinamento e, eventualmente, retroceder se así o aconsella a situación epidemiolóxica\". \"A chave para non retroceder é a responsabilidade individual, que nos comportemos todas dunha forma exemplar como até o de agora, seguindo as recomendacións das expertas sanitarias\", evidenciou. Nesta liña, a portavoz do Goberno español e ministra de Facenda, María Jesús Montero, instou a \"manter moita precaución e as medidas de seguridade para non tirar por terra todo o conseguido até o momento\". Montero lembrou que Corea do Sur ou Alemaña sufriron novos brotes da COVID-19 na progresiva relaxación das medidas de contención do coronavirus."}
{"ID": "NOS_20456", "summary": "O Panteón de galegos ilustres, un espazo simbólico en mans da Igrexa e oculto para o público en xeral. O tema no que afondamos neste Sermos183. E, ademais, olladas galegas desde Lesbos, a ameaza dunha nova recesión chama á porta, actualidade política, internacional, lusofonía... e moito máis. Eis na nosa loxa.", "text": "Sen status legal, sen visibilidade e sen máis que os mínimos coidados sobrevive o Panteón de Galegos. Con motivo do próximo Día de Rosalía analizamos a situación de parálise derivada da propiedade do ben por parte da Igrexa. Unha reportaxe a fondo sobre un símbolo nacional esquecido polas institucións. 'O Panteón de galegos ilustres, sumido no desleixo'. En 'Roupa made in Galiza' falamos de diversos proxectos que pulan pola produción de roupa de maneira responsábel nun país que coñece as consecuencias do modelo 'low-cost'. A partir de materias primas ecolóxicas ou mesmo materiais reutilizábeis, Galiza amosa a súa potencialidade no terreo do deseño e da confección téxtil. Endesa desatende queixas por estaren presentadas en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña para denunciar o acontecido e lembrar a lexislación lingüística incumprida. Contámoscho en 'O espolio de Endesa non vale unha palabra en galego'. A crise de persoas refuxiadas da man de dúas persoas que a coñecen de primeira man 'Olladas galegas desde Lesbos'. Debruzámonos sobre a crise de persoas refuxiadas da man de dúas persoas que a coñecen de primeira man. O profesor da UDC, Alfonso Mascuñana, voluntario en Lesbos, e o fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón que viaxou coa súa cámara non só por Grecia senón tamén Macedonia. Neste número a actualidade política volve ter un papel de referencia. \"A chave para a investidura non é Pablo Iglesias. A chave é Rajoy\", afirman a Sermos fontes do PP. O presidente do goberno en funcións resístese a facilitar un executivo de coligazón entre o PSOE e Cs. Falamos disto en 'Rajoy non se fai a un lado'. Tamén debullamos o documento de Podemos-En Comú-En Marea para un pacto co PSOE, e explicamos cales son os dilemos de Pablo Iglesias para gobernar. Primeiro capítulo da refundación do BNG 'Alta participación e moito debate nas asembleas comarcais do BNG'. Eis o título da crónica sobre o primeiro capítulo da Refundación do BNG, que estes días escrebiron as 1.500 persoas que participaron nas asembleas comarcais da organización. Un total de 146 nomes foron propostos para facer parte do Consello Nacional da organización En Internacional, imos até EUA. O socialdemócrata Bernie Sanders obriga Hillary Clinton a abandonar o centrismo e Donald Trump revoluciona as filas republicanas cun discurso reaccionario e fortemente populista. 'Unhas primarias moi abertas radicalizan os discursos republicano e demócrata'. Tamén nesta sección, Arxentina. A chegada do dereitista Mauricio Macri á Presidencia de Arxentina puxo fin a doce anos de gobernos progresistas liderados polos Kirchner. O politólogo Julio Gambina debulla as consecuencias desa mudanza, a partir das primeiras medidas adoptadas. O peor comezo de ano nas bolsas europeas, as luces vermellas sobre o 'intocábel' Deutsche Bank, as dúbidas sobre a China, o feble medre europeo, os tambores de recesión nos EUA, o baixo prezo do cru, as dificultades das economías emerxentes… moitos son os factores que ensamblan para dar paso a unha \"treboada perfecta\". Rosa Duce, economista do banco alemán, defíneo nunha palabra: pánico. Analizamos este tema en 'A gran recesión 3.0 chama á porta'. E publicamos un fragmento de 'A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza', traballo de Xoán Doldán no que, desde unha perspectiva afouta e nada complaciente co pensar maioritario, explica a necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza. \"É urxente, mesmo cando o tránsito será accidentado e a un ritmo lento\". Escrebe. 'Lusofonía, um conceito a debate' 'Lusofonía, um conceito a debate'. De 1 a 3 de fevereiro passados teve lugar na cidade da Praia o VI encontro de escritores da União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa (UCCLA) e nos debates posteriores aos seminários ou em declarações dos assistentes surdiu mais uma vez uma questão que não é nova. Essa questão é: existe uma comunidade lusófona? Se existir, em que termos devemos defini-la? Non falta neste número a crítica literaria de Mario Regueira, a de cinema, de Andrés Castro, ou a sección de Lola Dopico. Ademais, a axenda e todas as sección de Fóra de Serie: viños, astronomía, viaxes... E as columnas de Iago Varela e Uxío-Breogán Diéguez. E as de Marilar Aleixandre e Guillerme Vázquez. 'Magnolias para Amalia'. O 10 de febreiro Pontevedra estreaba o parque Amalia Álvarez con música e arrecendo a magnolias. Pechábase un ciclo que comezou o 11 de decembro de 1999, cando unha emocionada Amalia recibiu do alcalde Lores a medalla de ouro da cidade e o título de fillo adoptivo, concedidos a Alexandre Bóveda a título póstumo. Na selfie-entrevista abordamos Bea Hervella e en 'A contracorrente' paramos, pampos, diante dos pequenos paraísos dos que tanto gostaba Urbano Lugrís."}
{"ID": "NOS_44942", "summary": "A que foi segunda entidade en Galiza desaparece após case 250 anos de existencia, engulida polo Banco Santander.", "text": "Banco Santander absorberá integramente as marcas Banco Popular e Banco Pastor, filial de Popular, en xuño de 2019, segundo adianta Europa Press, de forma que desde entón operarán baixo a mesma insignia. O grupo dirixido por Ana Botín pon así data de caducidade á que fora una das marcas máis importantesdo sistema financiero galego, o Banco Pastor. Nin ficha bancaria propia, nin sede social en Galiza. Os temores que espertou a compra do Pastor polo Banco Popular en 2011 e que multiplicou a adquisición de ambos os dous polo Santander en xuño de 2017 (e por un euro), vanse cumprindo: a fin do banco creado en Galiza en 1776. Un paso máis no furacán que acabou co sistema financeiro galego. O Consello de administración do Santander e o Popular acordaron o pasado mes de abril a fusión e o grupo Botín ficaba \"por sucesión universal\" coa totalidade dos dereitos e as obrigas do Pastor. Este fica reducido a una dirección rexional e a una marca que vai desaparer en 2019. Nada vai ficar dunha entidad que foi segunda en cota de mercado en Galiza. O Popular-Pastor era a segunda entidade en depósitos da Galiza, posuía 20 por cento da cota de mercado. Como aponta a CIG, o Santander, coa entrada no Banco Pastor, conseguiu converterse na segunda entidade en cota de mercado en Galiza chegando case a 29%. O sindicato nacionalista aposta porque se manteña a filial 'Pastor' pola relevancia que ten para Galiza. Demanda, por iso, un pronunciamento ao respecto do goberno galego. A representante da CIG-Banca, Rosa Conde, explicaba hai uns meses en conversa con Sermos Galiza que \"é moi importante que se manteña en Galiza, tanto do punto de vista do negocio, como do punto de vista do emprego\" mais tamén porque \"é unha empresa que tributa aquí, porque ten a súa sede na Coruña; porque permite unha maior cercanía ao mercado galego e porque facilita que se apoie con maior efectividade a economía produtiva en Galiza\"."}
{"ID": "NOS_20100", "summary": "O novo número do semanario, que de forma puntual sairá publicado esta sexta feira en lugar do sábado, tamén inclúe unha entrevista con Xosé Lois Carrión sobre o facsímile do derradeiro número da revista 'Nós' que agasallará Nós Diario ás lectoras e lectores o próximo 31 de decembro.", "text": "O novo número de Sermos Galiza sae publicado de maneira excepcional esta sexta feira 24 de decembro (o sábado 25 de decembro non se publica o xornal) e canda el chega o Apalpador á túa casa... Xosé Barros analiza esta figura propia do Nadal galego na reportaxe de apertura: 'O Apalpador. Do Courel para a Galiza'. No texto alude aos diferentes nomes que recibiu este personaxe así como aos contos sobre a súa visita para comprobar se as crianzas foran ben alimentadas durante o ano, entre outras cuestións. Así mesmo, Xosé Ramón Ermida entrevista Xosé Lois Carrión, nun texto que inclúe imaxes de Xan Muras. Baixo o título 'Xosé Lois Carrión. Custodio da memoria galeguista', o garda do legado de Leuter González Salgado -primeiro concelleiro nacionalista de Ourense- e fundador e director da Asociación de Amigos da República de Ourense avanza algunhas das chaves do facsímile que Nós Diario agasalla a próxima sexta feira, 31 de decembro, ás persoas lectoras. O experto alude á xeración Nós, á revista Nós e tamén á represión que padeceron \"as xentes de Nós\". Tamén reflexiona sobre a figura do seu pai, Eleuterio González, explicando quen foi. Hai tempo para falar con claridade sobre outras dúbidas. E de claridade pasamos á ornamentación de Nadal da man de Lois Alcayde e o fotógrafo Arxina. 'As moitas e as poucas luces. O custo ambiental e económico do acendido de Nadal' fala da realidade actual de Vigo, pero non só desa cidade para amosar os efectos de tanto led nas rúas. Mentres unhas persoas elixen visitar ou reflexionar sobre o alumeado festivo, outras optan por aprender máis sobre a arte urbana. Se é o teu caso podes ir canda o Colectivo Xea -formando por Xan Colazo, Mon Daporta e Adela Leiro- coñecer 'DesOrdes' creativas. Gozando da arte na rúa'. Máis tempo para a lectura ou a música Aproveitando que hai festivos, gozarás de máis tempo para a lectura. Por iso temos unha escolma de recomendacións de todo tipo ben interesantes. Na sección de Libros Mario Regueira propón ler O grupo de Tito Pérez e Susana Sanches Arins escolle Desmontando o corpo: construíndo a ciencia de Andrea Barreira. Belém Tajes selecciona BMP de Salvador Sobral para que teñas un acompañamento musical, mentres que César Morán asina 'Memoria do Zeca'. No que respecta ao cinema, con Andrés Castro poderás saber máis sobre a premiada Eles transportan a morte de Helena Girón e Samuel M. Delgado. Manuel Xestoso analiza a nova peza da compañía Elefante Elegante na parte de Escena e Xerardo R. Roca e Xoán Costa fornecen algúns retos mentais cos seus pasatempos. Que tes que facer para dispor de todos estes contidos? Merca o Sermos Galiza que acompaña Nós Diario esta sexta feira, 24 de decembro, nos quiosques ou na nosa loxa en liña. Tamén podes adiantar agora mesmo un dos propósitos do novo ano e facer a subscrición!"}
{"ID": "NOS_35728", "summary": "O partido hegemónico em Angola desde a independência continuará a dirigir o país, após obter 61,70 por cento dos votos e eleger como presidente o seu candidato, João Lourenço. Porém, o MPLA fica aquém das suas expectativas e perde 25 escanos na Assembleia Nacional.", "text": "Por apenas 3 assentos conseguiu o MPLA o seu objetivo de conseguir uma maioria qualificada (tem 150 escanos numa asembleia de 220). Com 97 por cento do voto apurado, conseguiu 4 milhões de votos, 61,10 por cento, face os 1,7 da UNITA, o partido direitista e pro-norteamericano que lidera a oposição. Em relação às eleições gerais de 2012, o MPLA cede 10 pontos percentuais, enquanto que UNITA aumenta 8 (passa de 18,7 por cento a 26,71 por cento). A participação foi muito alta, por volta de 75 por cento."}
{"ID": "NOS_4459", "summary": "O Celta puxo terra de por medio a respeito do descenso, o Deportivo recuperou o liderato e o Lugo encadeou o segundo trunfo consecutivo.", "text": "Boa colleita para as equipas galegas de elite nesta fin de semana. As boas noticias comezaron a sexta feira en Balaídos, coa vitoria dos de Luis Enrique por 4-2 face o Betis. Charles, Orellana (2) e Nolito marcaron para os celestes, que foron quen de remontar o 0-1 asinado por Rubén Castro, autor do outro tanto bético. O Celta suma xa 22 pontos, após 6 vitorias, 4 empates e 11 derrotas. Totaliza 27 goles a favor de 34 en contra. Está tres pontos por enriba da fronteira que deslinda a permanencia do descenso. A evolución do xogo celeste nas últimas xornadas está a ser moi positiva. Ao tradicional bon tratamento da bola, os de Luis Enrique engadiron nas últimas semanas o instinto asasino perante a baliza rival sen o cal ninguén dá un euro por ti nunha das ligas maiores. Hai que salientar a este respeito o estado de graza en que vive Orellana. A sociedade Salomão-Luisino O Deportivo saiu da súa má xeira de resultados (levaba 5 xornadas sen gañar) grazas a un gol no tramo final do seu choque perante o Córdoba, en campo alleo. Asinouno Borja Bastón, mas a autoría hailla en realidade que atribuír a un dueto que se estreou en terras andaluzas e que pode dar moito xogo: a sociedade que na banda esquerda forman Salomão e Luisinho. O choque estivo presidido polo tacticismo e pola loita polo control do centro do campo. Aí comezou a se impor o Deportivo. Fernando estreou un duplo pivote de carácter conservador, unha malla protectora constituída por Wilk e Bergantiños. O centrocampista polonés exhibiu un enorme despregamento físico. Por diante deles oficiou como media punta JuanDo. A má nova do encontro foi a lesión, nunha xogada de aparencia inofensiva, de Lux, que apoiou mal nun chouto face un dianteiro rival. Aínda non hai un diagnóstico definitivo sobre a mancadura. O porteiro retirouse entre bágoas. O talento de Setién E mentres, o Lugo encadeaba a súa segunda vitoria consecutiva, desta volta a custa do Barcelona B. Marcou o de case sempre, Rennella. O Lugo continúa fiel a si propio e o mellor que se pode dicer da equipa que treina Setién é que soubo estar á altura das circunstancias anímicas nestas semanas atrás, cando viñeron mal dadas. Aí é onde loce o talento dun treinador, capaz de inculcar no vestiario a idea de que resistir (non torcer a cara malia os maos resultados) é gañar. O Lugo suma 33 pontos, produto de 9 victorias, 6 derrotas e 8 empates. Unha curiosidade: marcou máis goles (25 face 24) do que o líder Deportivo. Por contra, encaixou ben máis goles: 24 face 16. As fotografías están tirados dos webs de Celta, Deportivo e Lugo."}
{"ID": "NOS_54707", "summary": "Francis Suárez dixo que unha intervención militar na illa debería de estar riba da mesa do Goberno de EUA", "text": "O alcalde de Miami, Francis Suárez, asegurou que Estados Unidos non debe desbotar unha intervención militar en Cuba, tras as protestas que se rexistraron nos últimas días na illa. En entrevista coa presentadora da cadea estadounidense Fox News, Martha MacCallum, reiterou o seu respaldo ás manifestacións e mobilizacións. \"É difícil que un funcionario elixido, sexa republicano ou demócrata, non se poña a caróndo pobo cubano cando ve imaxes de persoas que arriscan as súas vidas e protestan nas rúas\", manifestou. Sobre unha eventual intervención militar na illa, sinalou que nos pasado mandatarios estadounidenses adoptaron medidas similares en países como Panamá, Paquistán e Kósovo. Horas despois da súa intervención en Fox, Suárez aseguroulle a Newsweek e ao Miami Herald que \"nunca suxeriu bombardear Cuba\". \"Non son un experto militar. Non me vou a sentar aquí e opinar sobre que tipo de intervención militar debería usarse\", dixo o funcionario. Con todo, as súas palabras ficaron gravadas e en repetidas ocasións durante a súa entrevista con Fox contemplaba a idea dunha intervención militar na illa. \"Debería contemplarse agora mesmo unha coalición de potencial acción militar en Cuba tal e como sucedeu no pasado, tanto en administracións republicanas como demócratas… Derrocaron Noriega e ese país (Panamá) tivo unha democracia pacífica durante décadas\", declarou Suárez na súa intervención en Fox, \"e o presidente Clinton en Kósovo interveu nun tema humanitario con ataques aéreos\", agregou. As declaracións de Suárez, fillo do primeiro alcalde de Miami nacido en Cuba que busca manter o electorado anti- castrista do seu lado, segundo diversos xornalistas da cidade."}
{"ID": "PRAZA_9720", "summary": "Unha investigación galaico-lusa liderada pola arqueóloga da Universidade de Vigo Beatriz Comendador revela \"a excepcionalidade deste xacemento\" e amosa \"a presenza de indicios de ocupación prehistórica\"", "text": "No ano 2017 foron atopadas unhas pinturas rupestres de estilo esquemático no Penedo da Moura de Vilardevós (Ourense), tamén coñecido como Penedo Gordo. Meses despois, un equipo galaico-luso liderado pola arqueóloga da Universidade de Vigo Beatriz Comendador iniciou unha intervención arqueolóxica que buscaba principalmente determinar se existira ou non ocupación humana vinculada ás pinturas. Este xoves veñen de coñecerse os primeiros resultados da investigación que revelan \"a excepcionalidade deste xacemento\" e confirman \"a presencia de indicios de ocupación prehistórica inmediatos ás paredes pintadas do penedo\", en palabras de Comendador.A investigación revela \"a excepcionalidade deste xacemento\" e confirma \"a presenza de indicios de ocupación prehistórica\"As pinturas foron datadas nun período entre o neolítico antigo e o neolítico final e os traballos arqueolóxicos permitiron verificar a existencia de diversos niveis de ocupación, histórica e prehistórica, no penedo. \"Verifícase a presenza dunha ocupación prehistórica no abrigo do Penedo Gordo e a súa vinculación coa pintura rupestre esquemática localizada\", salienta a arquóloga. Entre os materiais achados destaca a presenza de cuarzo, sílex e xisto ou lousa e, aínda que en menor medida, tamén hai presenza de cerámica prehistórica, algunha con decoración plástica ou incisa.Nos últimos dous anos foron atopadas pinturas rupestres en Baleira, Vilardevós e ValdeorrasComendador explica que esta zona do val do Támega \"é moi importante porque se sitúa na fronteira natural entre a gran rexión bioclimática atlántica e a rexión bioclimática mediterránea, pola que preferentemente se expande a tradición de arte esquemática pintada en Europa Occidental\". A busca destas pinturas polo sur oriental de Galicia, apunta, comezou hai máis dunha década, seguindo \"a idea da continuidade xeográfica con estes conxuntos nos límites fronteirizos, como o val do Támega na raia sur ou o núcleo de Bierzo, polo Sil\".A arqueóloga destaca que dous descubrimentos casuais no ano 2017 viñeron a confirmar estas hipóteses, aparecendo primeiro pintura na Cova da Fontaneira (Baleira) e posteriormente no Penedo Gordo (Vilardevós), aos que se engadiu recentemente o descubrimento dun conxunto en Casaio (Valdeorras)."}
{"ID": "NOS_10056", "summary": "Desestima os recursos presentados por medio cento de senador@s á nova Lei da Función Pública impulsada polo Govern de José Ramón Bauzá (PP) e declara legal a exclusión do catalán como criterio xeral para acceder a un emprego na administración.", "text": "A lei respecta \"o equilibrio entre linguas\", así consirera o TC a exlusión da lingua propia das Illes da función pública. Segundo o máximo intérprete da Constitución española a supresión do catalán como criterio de acceso a un emprego na administración non supón un elemento discriminatorio e, polo tanto, desestima os recursos presentados por 50 senador@s socialistas. Neste senso, a sentenza publicada polo TC considera que a lingua propia das Illes Balears non pode ser un criterio xeral de acceso. Asemade, entende que a súa exclusión non supón en ningún caso unha discriminación nin unha vulneración dos dereitos da cidadanía --como recollen os recursos presentados polo PSOE balear. Para o Constitucional a nova Lei da Función Pública aprobada polo Govern \"equilibra\" a situación entre o español e o catalán fronte a lexislación anterior que, di, \"refourzou a posición\" da lingua propia \"outorgándolle certa prevalencia\". A vice-presidenta do TC considera que o tribunal excede nas súas funcións coa sentenza Así, 8 d@s 12 integrantes do TC posicionáronse a favor da nova lei impulsada polo Govern de J.R Bauzá (PP) entrementres tan só unha xuíza, Adela Asúa emitiu un voto particular no que cuestiona a decisión do Constitucional da que di, vai para alén da estrita función de control da constitucionalidade. \"Á xurisdición constitucional\", sinala a vice-presidenta do Tribunal \"a cuestión que debiamos resolver era se a lexislación garante suficientemente o dereito estatutario a utilizar a lingua propia\" e non, subliña, \"se existen outras formas máis efectivas\" de garantir o devandito dereito lingüístico. Así pois, recalca, ao TC non lle compete \"proceder á avaliación da convenencia dos seus efectos, da súa calidade ou perfectibilidade\". \"A garantía dos dereitos lingüísticos\", afirma Asúa, \"non é cuestión allea á xurisprudencia constitucional, que manifestou que o uso dunha lingua cooficial implica o provisionamento por parte dos poderes públicos dos medios precisos\" como condición \"para garantir o dereito a usala\". Desta maneira, lembrou a maxistrada que a obriga de coñecer unha lingua é o primeiro chanzo para respectar o dereito a usala pois a nova lei exime @s funcionari@s mesmo do coñecemento do catalán. A esta agresión á lingua propia recollida na nova Lei da Función Pública que agora ampara o TC, veuse sumar con posterioridade o decreto do plurilingüismo rexeitado de maneira masiva na folga indefinida desenvolvida polo profesorado e que aínda se mantén."}
{"ID": "NOS_21047", "summary": "Con concentracións en todo o país, o BNG saíu á rúa na defensa do sector financeiro galego, contra a colonización financeira e pola creación dunha Banca Pública Galega.", "text": "Contra o \"espolio do aforro galego\" o BNG ás rúas en oito concentracións após o anuncio da venda de NGB ao banco privado venezuelano Banesco. A organización nacionalista reclamou nun comunicado final a investigación da fiscalía do proceso de venda, o mantemento dos postos de traballo, a devolución dos cartos de preferentes e subordinadas, o inicio da recuperación do control galego sobre NGB e a creación da Banca Pública Galega. Para a organización nacionalista, o día 18 de decembro pasa á historia do país, infelizmente, como o día \"en que Madrid decidiu que Galiza perdera o control definitivo da principal entidade financeira que quedaba en pé e que xestiona o 40% do noso aforro\". O \"agasallo\" do FROB e o Goberno Central de NGB a Banesco pola cantidade \"irrisoria\" de 1.000 millóns en cómodos prazos supón, para o BNG unha posición de grande irreponsabilidade por parte dun presidente da Xunta que mostrou a súa satisfacción polo fin do proceso. \"Sen sistema financeiro propio non hai condicións para o desenvolvemento da economía produtiva, nin tampouco do poder político propio\"sinalaron no comunicado que se leu no fin das concentracións. Como \"traizón aos intereses do país\" cualificaron a \"liquidación do noso sistema financeiro, consumando a nosa colonización financie ira\". Ao seu ver, foi precisamente a presión do nacionalismo a que conseguiu que non se optara por outras das opcións, as da banca española, trunfaran, moito máis prexudiciais aínda para o destino da entidade xa que suporía, entre outras cousas, un maior número de despedimentos. Perda de oportunidade e intervención da fiscalía \"Coa perda de control de NGB perdemos o control do 40% do noso aforro, perdemos a oportunidade de crear unha banca publica galega e perdemos 8.200 millóns de euros de todas e todos os contribuíntes\", sinalan desde a organización nacionalista nunhas concentracións nas que, entre outras, se corearon consignas como \"Isto non pasaría con soberanía\" ou \"Non ao espolio do pobo galego\". Reclamaron, máis unha vez, a intervención da fiscalía cunha investigación contra os directivos do FROB e o ministro de Guindos debido á \"evidencia de desbalde de recursos públicos, xestión neglixente, prevaricación e malversación de fondos públicos, de todas e todos nós\". Esixiron tamén a conservación dos postos de traballo, o compromiso de devolución íntegra dos aforros estafados por preferentes e subordinadas e tamén o inicio do traballo por parte do Goberno galego para recuperar o control galego sobre NGB. Entre os obxectivos políticos en materia financeira, o BNG volveu defender a creación dunha Banca Pública Galega"}
{"ID": "NOS_17114", "summary": "Os Vingadores reúnense unha vez máis para contrarrestar a ameaza que nace do bastón de mando de Loki con forma dun todopoderoso androide de nome Ultrón. Baixo a responsabilidade de Bruce Banner e Tony Stark, e en contra de toda a equipa, deciden concluír un perigoso proxecto que pode acabar coa ameaza.", "text": "Impresionante nova achega dos superheroes da Marvel na que repite Joss Whedon na dirección e, por suposto, aparecen todos: Iron Man, o Capitán América, a Viúva Negra, Hulk, Thor, Ollo de Falcón... e outras incorporacións que non convén desvelar. A acción transcorre inmediatamente despois de Capitán América: Soldado de Inverno. O Barón Wolfgang von Strucker utiliza o poderoso bastón de Loki para experimentar con seres humanos e crear seres \"mellorados\" con poderes especiais. Concretamente experimenta con dous xemelgos: os irmáns Maximoff, que corresponden cos mutantes Quicksilver e a Bruxa Escarlata, fillos de Magneto nos comics mais, por temas de dereitos, han ter que reinventar a súa procedencia e tampouco poden dicir que son \"mutantes\"... senón \"mellorados\". Unha licenza, entre outras, que en absoluto afecta ao desenrolo da acción. A cousa ponse seria cando o proxecto Ultrón, que pretendía acabar coa ameaza global do planeta, escapa do control de industrias Stark e se converte nun poderoso vilán cun só obxectivo: acabar coa raza humana en xeral, e cos Vingadores en particular. Tony Stark e Bruce Banner deciden, unilateralmente e sen contar co beneplácito do resto de Vingadores, crear outro poderoso ser que estea a altura para acabar con Ultrón... mais tamén pode ser que acabara co Universo. Espectacular filme no que Whedon \"deixou a pel\", en palabras textuais. Hai un traballado guión cheo de acción, comedia, drama, (sorprendente) romance, intriga e todos os elementos que calquera amante do cómic podería desexar. Ate o máis purista vai quedar satisfeito. Destaca por riba de todo a realización de escenas de acción, que debe ser onde verdadeiramente deixou a pel Joss Whedon. Filmadas con moito criterio, planificación milimétrica e un realismo inusitado impropio dun filme de superheroes. Realizadas máis coma un filme bélico que coma un fantástico. O reparto tamén está en estado de graza. Só hai que botar un ollo á ficha técnica para empezar a sentir certo vertixe. Porén, lonxe do que se podería pensar, entre tanta estrela a cousa está moi equilibrada. Ningún ego destaca sobre outro, senón que cada un aporta o seu grao de area para que a historia flúa como unha máquina ben engraxada. Os Vingadores: A Era de Ultrón é unha verdadeira montaña rusa de entretemento palomiteiro que se goza de principio a fin. Comeza a modo jamesbondiano, continúa con interesantes xiros de guión que potencian a intriga, e remata coa correspondente traca final, desas que deixan sen folgos. Por suposto haberá o pertinente \"final sorpresa\" post-créditos que, como na primeira dos Vingadores, volve a conectar con Gardiáns da Galaxia. Así, unha vez máis, todo o Universo Marvel acaba por confluír nun todo enorme cada vez máis en simbiose co cómic. Xa se anuncia continuación dos Vingadores nun máis difícil aínda dividido en dúas partes baixo o título de: Infinite War. Non dirixirá Joss Whedon senón os irmáns Russo, que tampouco son ningúns novatos na materia: xa realizaran previamente Capitán América: Soldado de Inverno e teñen en preprodución Capitán América: Guerra Civil. A derradeira(?) entrega dos Vingadores estreará entre o 2018 e 2019... ata entón non hai que desesperar porque semella que deron coa chave para perpetuar esta saga de adaptacións. Polo de pronto xa hai data para novas entregas do Capitán América, Thor e Gardiáns da Galaxia, ao tempo que personaxes como Ant-Man, Doutor Estraño, Deadpool ou Capitán Marvel irán aparecendo co pertinente spin-off. E así sucesivamente ata que non teñan máis personaxes que levar á pantalla ou ata que o público canse... cousa que parece pouco probábel se continúan con historias desta calidade."}
{"ID": "NOS_4005", "summary": "Eva Solla confía nun \"entendemento\" para formar unha candidatura unitaria da esquerda.", "text": "Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, presentou esta quinta feira a candidatura da formación para as eleccións galegas de 2020, manifestando en que agarda a \"chegar a un entendemento\" que permita conformar unha candidatura unitaria de esquerdas para o que tendeu a man a Podemos e Anova. \"Estamos certas de que a unidade dentro da esquerda rupturista é, probabelmente, o único camiño para trasladar unha alternativa que sexa forte\", manifestou, facendo un chamamento aos partidos políticos cos que xa traballaron para \"chegar a un entendemento\". Esquerda Unida analizará \"nos vindeiros días\" cal \"é o momento máis propicio para sentar a falar\" e \"manter\" o principio da \"capacidade de confluencia\" da esquerda cara ás elevcións de 2020. \"Agora ben, a nosa organización ten que facer o seu traballo, exista ou non esa confluencia\", apuntou Solla, que garantiu que Esquerda Unida fixo \"as tarefas\". En Común abre a porta a sumar Anova Antón Gómez Reino, secretario xeral de Podemos e deputado de En Común, abre a porta sumar a Anova a una confluencia para concorrer ás eleccións galegas de 2020. Destaca que partillan \"espazo político\" con Anova, polo que agardan que se sumen a este espazo, que procura ser \"hexemónico na esquerda deste país\"."}
{"ID": "NOS_50403", "summary": "Carlos Morales afirma que o acordo dos estaleiros de Galiza é con PMI España \"que vai ser un participante máis na licitación que se fará para a contratación de servizo\"", "text": "Até xaneiro de 2013 non se licitarán os dous buques hoteis que quere construir Pemex. Un concurso que se realizará entre os diferentes estaleiros do mundo que fixeron chegar as súas ofertas ou proxectos. O director de Pemex, Carlos Morales, afirma nunha entrevista en El Universal que mentres que o goberno de Galiza da por feito que a paraestatal vai mercarlles dous floteis por valor de 300 millóns de euros, en México a visión é distinta. Así, Morales Gil explicou que \"apenas preparan unha licitación para obter este servizo\". No que atinxe á filial PMI, sinalou, o que fixo foi procurar un socio, estaleiros galegos, con quen asinou un acordo para poder participar neste concurso que estárá listo en 2013, \"mais iso non significa que desde agora xa se vaian mercar eses floteis\". O acordo dos estaleiros de Galiza é con PMI España \"que vai ser un participante máis na licitación que se fará para a contratación de servizo\". Non é a primeira As declaracións de Morales non son as primeiras que nestas últimas semanas van noutra dirección diferente ao que apontan desde o goberno galego. Así, hai dúas semanas, Morales recoñecía en declaracións recollidas por CNN México que non hai ningún acordo pechado don Galiza para esa operación. É máis, Morales apuntaba a que o único que hai é unha \"fase de sondaxe de mercados\" para ver as mellores ofertas e opcións para construiren eses dous buques. Esa sondaxe fíxose entre 21 empresas de diferentes países. E será o consello de administración quen decida. E as cláusulas suspensivas incluidas no principio de acordo cos estaleiros galegos poden levar a Pemex, sen costo ningún, a non aceptar a oferta galega."}
{"ID": "NOS_53120", "summary": "A área sanitaria da Coruña sitúase en 960 após rexistrar 39 novos casos.", "text": "Continúa o aumento de casos activos na Galiza de máis de cen en cen dun día para outro, nunha dinámica que xa se produce desde hai máis dunha semana e que sitúa a Galiza con 1.623 casos activos. Desta vez ese incremento de activos en 24 horas foi de 118 casos, máis que na xornada anterior, que aumentou en 105. A suba na Coruña ralentízase (39 casos activos novos) mais increméntase de forma notábel noutras áreas sanitarias, como a de Santiago, con 24 casos máis; ou a de Lugo, con 23. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.623. Deles 960 son da área da Coruña (39 máis), 136 da de Lugo (+23), 145 da de Ourense (+14), 84 da de Pontevedra (+9), 138 da área de Vigo (baixa 1), 91 da de Santiago (+24), e 69 da de Ferrol (+10). Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.657 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 286.968. Hai 17 casos activos nas residencias galegas, dos cales 11 corresponden a persoas usuarias e 6 a traballadores e traballadoras destes centros."}
{"ID": "NOS_50324", "summary": "O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, defendeu hoxe no pleno da Cámara galega pospor a reunión coa líder do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, até que se feche a comisión parlamentar de reactivación económica e social.", "text": "A pasada semana Ana Pontón solicitou por carta ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, sentar e falar nunha reunión para abordar a situación actual da Galiza e a saída á crise social, sanitaria e económica, así como o horizonte poscovid. Tamén Gonzalo Caballero urxiuno a manter unha reunión \"a tres\", na que participasen el, o titular da Xunta e Pontón. Porén, Feixoo optou esta terza feira, 9 de marzo, por dar largas á petición da oposición e agardar a que conclúa a comisión de reactivación, co obxectivo de non alterar un \"formato\" xa acordado nin \"faltar ao respecto\" á trintena de comparecentes que pasaron por ela, segundo dixo esta terza no pleno do Parlamento galego. Caballero interpretou a resposta de Feixoo como unha marcha atrás en relación ás súas manifestacións da semana pasada, cando afirmou que estaba disposto a reunirse coa oposición. \"É necesario que o PP baixe do pedestal, que deixe de estar preocupado por Pablo Casado e Luis Bárcenas, e fale coa oposición. Non é momento de ensimesmarse na súa maioría absoluta\", espetou o socialista. Reivindicación feminista O ronsel do 8-M repercutiu nun pleno en que Pontón e Feixoo contrapuxeron datos e posicións en relación á igualdade, e ás súas respectivas posturas políticas sobre as manifestacións feministas que percorreron Galiza. De facto, Pontón iniciou a súa intervención cunha mensaxe de agradecemento ao feminismo galego pola mensaxe de \"reivindicación e responsabilidade\" que lanzou o 8-M nas rúas. Ao tempo, alertou da \"involución\" na igualdade, por exemplo, no ámbito laboral, e expuxo as súas propostas, empezando pola necesidade dun plan de emprego feminino. \"15.600 mulleres pasaron a realizar coidados no fogar, porque así é como suple a falta de servizos públicos o Goberno galego, con traballo de balde e sen dereitos das mulleres\", exclamou a líder do Bloque, apuntando que \"oito de cada dez postos de traballo destruídos estaban ocupados por mulleres\", recordando ademais que \"continúa a fenda salarial con 4.527 euros menos de media anual\". A nacionalista tamén exixiu á Xunta traballar nun novo modelo de coidados \"que permita crear unha rede pública suficiente para conciliar\", e demandou que se exclúa da contratación pública as empresas condenadas por discriminación laboral. A continuación criticou o PP e a Xunta: \"Non imos esquecer que a súa gran contribución foi usar a figura de Pardo Bazán para branquear o franquismo\", advertiu, acusando os populares de tamén \"cuestionar\" o dereito das mulleres para manifestarse e de \"pactar coa ultradereita\", en alusión a Vox. Pola súa banda, Feixoo, que tivo palabras de recordo ás vítimas da violencia machista, acusou o BNG de \"patrimonializar\" a igualdade e reivindicou a \"contribución\" do PP nesta materia ao longo de \"30 anos\". Rexeitou ademais que o seu Goberno estivese en contra de que houbese manifestacións. Con todo, posteriormente, a deputada nacionalista Olalla Rodil recordou no pleno que o popular Jaime Olano, deputado por Lugo no Congreso, pediu ao Goberno estatal a prohibición por lei de todas as manifestacións do 8-M. Bonificacións na AP-9 Durante o pleno, Caballero afeou que \"non contestase\" a súa pregunta sobre a posibilidade de que a Xunta achegase recursos das arcas galegas para poder facer un acordo amplo de rebaixa de peaxes na AP-9, ao que Feixoo respondeu que esa cuestión a abordará hoxe co ministro de Transportes, Jose Luis Ábalos, na reunión que ambos manterán en Madrid. Iso si, remarcou que a Xunta non vai bonificar as peaxes dunha autoestrada estatal. Unhas portaxes, dixo, que o Goberno español debe \"cumprir o compromiso de rebaixar\", para logo abordar a transferencia desa infraestrutura a Galiza. O socialista aproveitou o debate para denunciar falta de concreción na comisión parlamentar de reactivación sobre os plans da Xunta para a captación dos fondos europeos Next Generation e tachou o centenar de proxectos anunciados polo Executivo galego de \"fake news\". Feixoo replicou que 40% destes proxectos xa foron \"presentados a Ministerios\". \"E vostede nin o sabe\", lamentou."}
{"ID": "PRAZA_11293", "summary": "A contundente vitoria electoral de Alberto Fernández nas presidenciais arxentinas (48,10%) predín posibles reestruturacións tanto a nivel de liderados como de tendencias políticas a nivel rexional.", "text": "A contundente vitoria electoral de Alberto Fernández nas presidenciais arxentinas (48,10%) predín posibles reestruturacións tanto a nivel de liderados como de tendencias políticas a nivel rexional. Con crises persistentes a nivel institucional en Perú, socioeconómicas en Chile e Ecuador e postelectoral en Bolivia, a rexión tamén rexistrou comicios presidenciais en Uruguai (a definir en segunda volta) e municipais en Colombia (cunha severa derrota para o uribismo). O contexto ofrécese así proclive a eventuais cambios na recente configuración da arquitectura política e de integración rexional, particularmente en casos concretos como a incerta continuidade de plataformas como o Grupo de Lima, moi activas dentro da crise venezolana, e a recuperación de espazos dende a esquerda vía Foro de São Paulo e Grupo de Puebla.Tras coñecerse a sua vitoria electoral, o peronista Fernández pediu a liberación do ex presidente brasileiro Lula da Silva, en prisión polo escándalo de corrupción do \"Lava Jato\", e cuxa sentencia está sendo obxecto de controversia en Brasil por posibles motivacións políticas. Non semella casual a referencia de Fernández á liberación de Lula, aspecto que obsérvase como unha \"bandeira política\" dunha esquerda hemisférica que busca recuperar posicións trala orientación dereitista observada desde 2015 en países chave como Brasil, Arxentina, Chile, Perú, Paraguai e o Ecuador \"post-Correa\". O retorno do \"kirchnerismo\" en Bos Aires anunciaría a intensidade destes cambios eventualmente por vir. Durante a campaña electoral, Fernández declarou que sacaría a Arxentina do Grupo de Lima, plataforma creada en maio de 2018 por mor da crise institucional, política e humanitaria en Venezuela. Fernández aduciu que a presidencia do hoxe derrotado electoralmente Mauricio Macri busca a confrontación e a saída inmediata de Nicolás Maduro do poder en Venezuela. O próximo presidente arxentino anunciou a súa intención de apostar polo diálogo multilateral adoptado por países como Uruguai e México, para a resolución da crise venezolana. Por tanto, a certificación da vitoria electoral de Fernández significa un \"balón de osíxeno\" para Maduro á hora de reducir a presión internacional.As recentes crises e o cambio de tendencias electorais condicionan por tanto a viabilidade deste Grupo de Lima. As convulsións sociais presentadas en Chile e Ecuador debido a restritivas medidas de axuste macroeconómico e a crise institucional en Perú trala disolución do Congreso provocan erosións internas que poden minar a capacidade de actuación desta plataforma rexional, particularmente de cara ao caso venezolano. Condicionados pola forte explosión social e presión política nas rúas, en Chile e Ecuador, os seus respectivos presidentes Sebastián Piñera e Lenín Moreno deron marcha atrás coas súas medidas económicas. En Perú, todo apunta a unha intensificación da crise institucional de cara aos comicios lexislativos de xaneiro de 2020.Toda vez, as incertezas ante o contexto postelectoral en Bolivia, sen lexitimidade aceptada por consenso sobre o gañador nas presidenciais do pasado 20 de outubro entre o presidente Evo Morales e o opositor Carlos Mesa, poden abrir unha nova crise política e institucional no país andino que, como no caso venezolano, requira a urxente atención rexional. Entre acusacións de presunto fraude e \"golpe de Estado\" en curso, a OEA sospeita de irregularidades cometidas na contabilidade dos votos unha vez deuse como gañador na primeira volta ao presidente Morales toda vez, co 84% do escrutinio, se anunciaba unha segunda volta prevista para decembro, sendo a distancia entre Morales e Mesa notablemente reducida. Paralelamente, a derrota política do \"uribismo\" e do presidente Iván Duque nas municipais colombianas, particularmente a súa perda nas estratéxicas alcaldías da capital Bogotá (histórico triunfo do feminismo político en mans de Claudia López) e de Medellín (tradicional feudo do \"uribismo\", traduce un posible novo momento político en Colombia, toda vez as negociacións de paz vense obstaculizada pola volta ás armas dunha facción guerrilleira das FARC. En Uruguai, está por ver se estamos ante un cambio político na segunda volta electoral entre o candidato oficialista da Fronte Ampla, Daniel Martínez, e o conservador Luis Alberto Lacalle. As tendencias darían unha vitoria á dereita conservadora no ballotage, rematando así con quince anos de gobernos progresistas da Fronte Ampla, dende Tabaré Vázquez ata Pepe Mújica. Un escenario diametralmente oposto á veciña Arxentina, na que o \"kirchnerismo\" volve ao poder tras un quinquenio \"macrista\".Diversos enfoques aducen que esta posible recuperación da esquerda rexional débese, entre outros factores, ás consecuencias sociais da persistencia do modelo neoliberal dentro da vaga dereitista dos derradeiros anos. Non obstante, compre observar a recomposición de forzas políticas e das axendas estratéxicas da esquerda continental tralo cumio do Foro de São Paulo de xullo pasado en Caracas e a actual activación do Grupo de Puebla. Ámbalas dúas son abertamente contrarias ás iniciativas mais radicais establecidas polo Grupo de Lima co respecto á activación do TIAR para premer pola caída de Maduro como resolución da crise venezolana. Recentemente, o presidente da oficialista Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela, Diosdado Cabello, asegurou que a convulsión política rexional anuncia unha \"brisa bolivariana\" de cambios políticos continentais.Para ambas plataformas complementarias (Foro de São Paulo e Grupo de Puebla), a liberación de Lula en Brasil supón un imperativo político estratéxico. Casualidade ou non, o propio Fernández xa lles deu unha \"chiscadela\" a esas expectativas, unha vez coñeceuse a súa contundente vitoria nas presidencias arxentinas. E pode que esas expectativas se confirmen cun eventual cambio de perspectiva rexional de cara á crise venezolana."}
{"ID": "NOS_21649", "summary": "Esta fin de semana estréase en Compostela 'Goldi libre', un espectáculo protagonizado polo mesmo protagonista dos feitos que o inspiran: o César Goldi insumiso dos anos 90. Un autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González.", "text": "- Esta sexta feira estréase 'Goldi libre' en Compostela e es o único actor en escena. Que é o que contas? A túa estancia na cadea ou todo o proceso?- Hai unha primeira parte que é unha introdución máis documental, a modo de DJ, vou soltando audios de protagonistas reais da épica, para que a xente non perda a perspectiva do que se vai falar, aínda que todo isto é en linguaxe teatral, claro. Logo na segunda parte conto como foi a miña chegada a Compostela e como acabei facéndome insubmiso. É moi guai facelo no Teatro Principal, porque a parte vella de Santiago ten absoluto protagonismo, porque así era a Compostela que eu atopei cando cheguei do Prepirineo con 20 anos, dun pobo de montaña, e cheguei a unha cidade que para min era fascinante: facíase de todo, había unha efervescencia cultural e política bestial. E cóntoo todo con moito humor e con moita autocrítica. E logo hai unha terceira parte na que conto como o vía eu por dentro e como vivín o meu paso pola prisión. - Fuches un dos insubmisos máis populares. Por que o teu caso foi tan especial?- Eu non teño esa sensación, creo que moitos outros foron máis populares, como Vítor Belho ou Elías e Ramiro. - O teu nome -naming que se chama agora- tamén axuda. Goldi quedounos a todas na cabeza. - Pode ser que axudara [risas]. E non quixemos desperdicialo para poñerlle o título á obra. Pero si que había moitas pintadas na cidade. A diferenza doutros países de Europa, aquí o pacifismo tiña un matiz moi antimilitarista. - Visto con distancia, poucos movementos sociais foron tan exitosos coma este. Cal cres que foi a razón?- Sería moi longo de explicar, pero aí había moitos factores. Primeiro, o tipo de exército, que tiña o marchamo de exército fascista e era claramente impopular. E logo había unha tradición no Estado español, a diferenza doutros países de Europa, aquí o pacifismo tiña un matiz moi antimilitarista. E foi un movemento antimilitarista sen precedentes en toda Europa. Eu penso que iamos moi a rebufo de todo o que foi o movemento anti-OTAN, pero os primeiros presos de conciencia en Europa por esta razón foron españois. O fenómeno da insubmisión, esa resposta contundente, clara e radical ao servicio militar, só se deu no Estado español. - O movemento baseouse nunha capacidade de compromiso e de sacrificio por parte dos insubmisos, que fostes máis de 4.000, pero tamén houbo un grande apoio social. - Si, porque o recrutamento afectaba tanto á sociedade en xeral, que malo fora que un fillo dun deputado non estivese implicado nun caso de insubmisión. Afectaba a tantos sectores sociais que iso fixo que se sensibilizara en primeiro lugar o propio entorno dos insubmisos e despois a propia xudicatura. Un xuízo non tiña nada que ver con outro. A min tocoume un xuíz moi posicionado e moi contundente, o seu alegato final fora case coma nun xuízo por terrorismo. E, en cambio, hoxe falando con Modesto Toribio, el foi o primeiro caso no que a xuíza pediu o indulto. A propia xudicatura estaba dividida. A min tocoume un xuíz moi posicionado e moi contundente, o seu alegato final fora case coma nun xuízo por terrorismo. - Ti fuches condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día. Cantos cumpriches?- Eu cumprín a condena regulamentaria, o que pasa é que aos insubmisos aplicábannos o 3º grao, porque daquela o grao de contestación social era tan grande que para evitar que as mobilizacións foran a máis -cousa que non conseguiron-, sacábannos polo día. Nós todos os días pola noite iamos durmir ao cárcere, así durante 14 meses, e unha condena, se non tes antecedentes, polo menos daquela tiñas que cumprir a metade da condena na prisión. - E a onde ías?- Á Coruña. En Santiago estudaba e ía durmir á Coruña todos os días. - 'Goldi libre' é o primeiro proxecto saído da Berberecheira, un criadeiro de proxectos teatrais creado por Chévere. Como foi traballar a partir da túa propia experiencia vital?- Eu nun primeiro momento escribín un borrador contando todo o que Xesús Ron -o director- quería que contara, e sobre iso el foi facendo un argumento e estruturando. Nese proceso estivemos tamén tendo reunións con xente de Rompam Filas, que era o colectivo antimilitarista no que estaba eu, e tamén con autoinculpados meus, familiares... fixemos un proceso de documentación moi longo, que nos levou un ano. Coincidiamos en que foi unha parte da historia superimportante a nivel europeo, que está sen escribir. Non existe o relato do que foi todo aquilo e iso está perdido na memoria colectiva. - E dicides que é un traballo de \"teatro documento\". Que é isto exactamente?- Eu non o sei moi ben [risas]. É unha obra de teatro, que nace coa vocación de entreter ao público, pero ten derivacións documentais, porque se documenta a través do meu caso particular toda unha historia e todo un movemento. É un documento histórico, ao igual que un ensaio, pero nós utilizamos a linguaxe do teatro. E, ademais, dase a casualidade de que podía ser outro actor, pero neste caso o actor e o protagonista son a mesma persoa. - Ti interprétaste a ti mesmo. Pero está dirixido e escrito por outra persoa. É máis doado que a narración recaia sobre outro, non?- Si, por suposto, porque xa no proceso do borrador, as miñas reflexións levaban camiños infinitos. Creo que aí hai material para varios espectáculos, e creo que é necesario que o vexa alguén desde fóra. O director é como o demiúrgo entre o creador e o público. E facilitou moito unha estratexia que usou Xesús: que eu contase a miña historia en 3ª persoa. Goldi, que son eu, quen está a contar a historia do Goldi daquela época, que é César. Entón Goldi conta a historia de César, o que me facilitou ser máis irreverente comigo mesmo. Chevere veu que por aí hai inquedanzas e historias interesantes, polo que decidiron crear a Berberecheira para darlle saída a proxectos que desbordan o núcleo estable da compañía. - E como funciona a Berberecheira? Como son os procesos?- Iso explicaríacho mellor alguén de Chévere. Aí hai outro proceso en marcha, que se chama Salvador, que se presentará en primavera ou por aí. É un espazo que crearon eles, que ten que ver con todo o traballo que están a facer ultimamente, con Eroski Paraíso e antes con Citizen e Eurozone. Esa forma de documentar a historia a través do teatro, e a través de acontecementos que lle pasaron á xente do común e non dan abasto. E eles ven que por aí hai inquedanzas e historias interesantes, polo que decidiron crear a Berberecheira para darlle saída a proxectos que desbordan o núcleo estable da compañía. E o primeiro proxecto foi o meu, aí coincidiamos todos en que foi unha parte da historia superimportante a nivel europeo, que está sen escribir. Non existe o relato do que foi todo aquilo e iso está perdido na memoria colectiva. Eu véxoo cando fago funcións nos institutos, que non se preguntan por que non teñen que facer o servizo militar. - O proxecto foi iniciativa túa ou deles?- Foi deles. Xurdiu de conversas con eles, e Patricia de Lorenzo dixo: \"aquí hai material para facer un espectáculo\". E aí xurdiu todo. Pero se non existiran eles, probablemente non existiría este proxecto. Eu estou preocupado por outras cousas: buscarme a vida, conseguir traballo, etc. E isto é un proxecto de tal envergadura que non se me ocorrería levalo adiante. - Estás na Berberecheira, pero xa non es un bivalbo no seus primeiros estadios, senón que tes unha longa carreira detrás. Cales son os teus próximos proxectos?- Aínda hai pouco que estreamos e estamos comezando a xira, polo que aínda non hai máis proxectos. Despois de Santiago iremos ao Barco de Valdeorras en febreiro e logo a Porriño en marzo."}
{"ID": "NOS_51998", "summary": "A situación de paralización ou baixa produción das plantas de biodiésel galegos vén de orixinar unha batería de iniciativas parlamentares do BNG que se debaterán hoxe mércores na comisión de Industria.", "text": "O sector do biodiesel galego está nunha situación de paralización ou baixa produción, segundo o BNG, motivado por unha crise que se agudiza desde o ano 2010, complicada aínda mais co baile normativo que prexudica o desenvolvemento dun sector que pode contribuír á creación de emprego en comarcas como Ferrol. A imposibilidade de competir cos prezos no mercado diante da competencia de países que gravan a exportación de materias primas máis que a do biodiesel mais unha normativa equívoca que pon trabas á produción galega son, segundo a iniciativa que o BNG defendera no Parlamento, algunhas das razóns da situación de crise pola que atravesa o sector. A rebaixa da cantidade de biodiésel en diésel que pasou dun 7% a un 4,1%, mesmo aínda estando alonxado do 10% do obxectivo comunitario para enerxías renovábeis no transporte, complica aínda máis a situación do sector. \"Se as cotas non son aprobadas de inmediato as petroleiras terán cumprido as novas porcentaxes de biodiésel en diésel antes do segundo semestre de este ano debido as importacións que están facendo de outros países e os stocks almacenados\" polo que se condena ao sector á parálise no ano 2013, apunta Carme Adán, que defenderá a iniciativa na comisión, na defensa dunhas plantas que poden ser referente de produción pola súa situación estratéxica e pola forte potencialidade económica que terían nunha comarca como Ferrolterra. O BNG reclama do goberno galego que incentive a investigación na obtención de biodiésel, en todos os ámbitos implicados, desde as propias empresas ata o sector da fabricación do automóbil ou o naval e que se dirixa á Madrid para esixir a eliminación de atrancos que están a paralizar o sector, entre eles, que desenvolva accións para situar no 7% a mezcla de biodiesel en diesel, para cumprir coa directiva europea."}
{"ID": "NOS_10845", "summary": "O campesiñado dese país considera que as leis deixan en mans das grandes empresas o seu futuro polo que danarán a vida de millóns de persoas.", "text": "As protestas de traballadoras e traballadores do agro na India continúan. Segundo o colectivo da Fronte da Unidade Campesiña (Kisan Ekta Morcha) de India os tres puntos de entrada á capital do país permanecen ocupados por milleiros de agricultoras e agricultores de distintas rexións dese país. A súa demanda é a derrogación inmediata de tres leis agrarias que consideran lesivas para o seu desenvolvemento. A través das redes sociais afirman que após eses 100 días continúan \"para desafiar a súa loita con intensa fereza e coraxe\". Aseguran que están listos para protestar \"os días e meses\" que fagan falta \"até que se derroguen as leis\". O colectivo agrario indicou que as e os manifestantes se congregaron na autoestrada KMP, ao oeste da capital, impedindo o tránsito na zona, mentres levan bandeiras negras \"como sinal de apoio ao movemento en curso contra o Goberno indio\". Como parte das manifestacións, as entradas a Nova Deli nas localidades de Singhu, Tikri e Ghazipur están ocupadas por milleiros de agricultores que se achegaron principalmente dos veciños estados de Punxab, Haryana e Uttar Pradesh. Nas vías de acceso instaláronse con tractores, camións e tendas de campaña. Sen acordo entre Goberno e agricultores As e os agricultores protestan desde novembro de 2020 contra tres leis aprobadas polo Parlamento en setembro do ano pasado, pois consideran que os seus postulados debilitan o mecanismo de compra dos seus produtos por parte do Estado, quedando en mans das grandes empresas e danando os medios de vida de millóns de persoas. Malia varias roldas de conversacións entre o Goberno e os sindicatos de agricultores, ambas as partes non lograron concretar un acordo, chegando a momentos de moita tensión como enfrontamentos coa Policía durante unha marcha de tractores o Día da República o pasado 26 de xaneiro, que deixou un morto e centos de feridos."}
{"ID": "NOS_2516", "summary": "A Cámara acolleu a XX Conferencia dos intergrupos parlamentares \"Paz e liberdade para o pobo saharauí\", con participación de Castela-A Mancha, Nafarroa, Euskadi, Cantabria, Canarias, Castela e León, Aragón, Valencia, Madrid, Murcia e Galiza .", "text": "É necesaria unha \"solución política\" para o Sáhara que sexa \"xusta e definitiva\". O intergrupo que traballa no Parlamento galego deu conta dos acordos da conferencia 'Paz e liberdade para o pobo saharaui', que decorreu esta fin de semana na Cámara lexislariva galega. Esas conclusións fican recollidas na 'Declaración de Santiago de Compostela' e na mesa participaron grupos interparlamentares de 11 comunidades do Estado español, entre eles, ademais de Galiza, Euskadi, Nafarroa, Valencia, Castela... Así, apóstase nunha \"solución política\" liderada pola ONU que se concrete na práctica do dereito de auto-determinación do pobo saharauí mediante un referendo. A declaración exixe tamén a \"fin do espolio\" no Sáhara, así como a fin da represión a liberación dos presos políticos saharauis. O intergrupo está formado por representantes de todos os grupos con presenza no Parlamenbto galego (PP, PSdG, BNG, AGE, Grupo Mixto). Coincidiron en que, aliás da axuda e programas humanitarios, é importante a actuación a nivel político para lograr a auto-determinación saharauí."}
{"ID": "NOS_26320", "summary": "As tres organizacións subscribiron un documento que aposta na solidariedade internacionalista a prol da \"soberanía plena\" das nacións sen estado.", "text": "Esta sexta feira (24 de xullo) véspera do Día da Patria Galega representantes de EH Bildu, a CUP e BNG asinaron a Declaración de Bonaval, un documento no que as tres organizacións --como expresión política das nacións sen estado-- se comprometen a estabelecer \"sinerxias que permitan avanzar no obxectivo común de ruptura co modelo de estado consagrado pola Constitución do 1978\". Maite Ubiria (EH Bildu), Roger Castellanos (CUP) e Xavier Vence (BNG) subscribiron este documento no Panteón de Galegos Ilustres de Compostela, acarón das sepulturas que gardan os restos de Rosalía e Castelao. O acto, que foi conducido por Sabela Bará, representante da organización xuvenil Galiza Nova, contou coa presenza de numerosos cargos institucionais da organización frontista e integrantes da Executiva do Bloque. O texto asinado sitúa o \"modelo territorial e político imposto no Estado español\" e o proceso de construción europea como \"expoñentes de vulneración, cando non de agresión aberta\" dos \"dereitos da cidadanía\" e da \"soberanía dos pobos\". Aliás, critica a \"operación de branqueamento do réxime franquista\" que supuxo a Transición española e a instauración da \"monarquía\" da man da \"Constitución do 1978\". Camiños propios Neste senso, sinalan, \"desde o respecto a realidades nacionais distintas\" sitúan a \"superación\" do modelo territorial e socio-económico español como o camiño a seguir cara á construción dunha \"verdadeira democracia\" que pasa pola construción, acrecentan, dun \"futuro de xustiza social, igualdade e benestar\" sustentado no \"principio de soberanía nacional\". \"Cada pobo debe dotarse dos instrumentos precisos para levar avante o seu proceso de autodeterminación\" sendo a \"auto-organización\" o vieiro \"imprescindíbel\" cara á \"ruptura co estado que nos oprime\". A Declaración de Bonaval compromete a BNG, EH Bildu e CUP a \"estreitar as relacións\" entre os seus respectivos pobos promovendo o \"intercambio de experiencias\" e o estabelecemento de \"sinerxias que permitan avanzar no obxectivo común de ruptura co modelo de estado consagrado pola Constitución do 1978\". Asemade, sinalan, apoiaranse \"mutuamente perante os ataques que procuren impedir o avance de cada unha das nosas nacións no camiño da plena soberanía\", así como defenderán \"o dereito de todos os pobos do mundo a decidir o seu propio futuro sen inxerencias externas\". Procesos constituíntes non supeditados En senllas intervencións posteriores á rubricación do documento as tres formacións defenderon a abertura de \"procesos constituíntes propios\" non submetidos a ningún outro que pasan, enfatizaron, pola \"liberación nacional e social\" das respectivas nacións sen estado. \"Dúas loitas indisociábeis\", subliñou Roger Castellanos (CUP) para \"rachar coas cadeas do Estado español\", acrecentou Maite Ubiria (EH Bildu). Vence: \"Esta sinatura é un paso adiante para desde a colaboración conseguir avances importantes na ruptura con este modelo institucional\" Ambas as dúas organizacións (CUP e EH Bildu) agradeceron o convite lanzado polo Bloque Nacionalista Galego e amosáronse \"honrados\" de poder asinar a Declaración de Bonaval \"á sombra de Rosalía e Castelao\" nun intre, segundo definiu Xavier Vence, en que \"as aspiracións\" independentistas \"pasan por un momento crítico\" mais tamén \"chave\". A \"crise institucional\" que atinxe o Estado español \"construído pola Constitución de 1978\" vese agravada pola \"crise do actual sistema socio-económico\". Neste senso, Vence asegurou que a sinatura deste documento, que fica aberto á adhesión de máis \"organizacións nacionalistas e independentistas\", explicou, supón \"un paso adiante para desde a colaboración conseguir avances importantes\" na liberación nacional. \"O futuro depende de cada un de nós\", enfatizou o voceiro nacional do Bloque. E é que as tres organizacións amosáronse críticas con aqueles movementos políticos xurdidos nos últimos anos que, como \"cantos de serea\" --dixo Castellanos-- \"falan de reformar un Estado español irreformábel\"."}
{"ID": "PRAZA_7266", "summary": "A deputada do BNG Ana Pontón trasladou ao Parlamento a denuncia realizada polo Observatorio Galego do Audiovisual, que sinala que a televisión pública buscaba facerse cos dereitos de emisión de curtametraxes galegas sen remuneración ningunha", "text": "Hai unhas semanas o Observatorio Audiovisual de Galicia publicou un informe que denunciaba a nova política iniciada pola CRTVG en relación coa emisión de curtametraxes e o apoio ao sector audiovisual, baseado en solicitarlles aos realizadores destas pezas curtas a cesión dos dereitos de emisión das súas obras sen remuneración ningunha. O informe analizaba de forma global o apoio emprestado pola TVG ás curtametraxes nos últimos anos, poñéndoa en relación coa súa obriga \"de desenvolver o cinema e o audiovisual dentro de Galicia\" e coa política seguida por outras canles autonómicas. O informe criticaba as \"claras regresións\" no investimento da televisión pública en curtametraxes e \"un interese nulo\" por apoiar este formato. Sánchez Izquierdo xustificou a política seguida e a decisión de non pagar por estes produtos, destacando que aínda que a TVG non retribuía economicamente estes autores, si lles ofrecía visibilidade Este xoves a deputada do BNG Ana Pontón trasladoulle estas críticas e análises ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, instando a modificar a procedemento seguido polo ente público. Na súa réplica Alfonso Sánchez Izquierdo xustificou a política seguida e a decisión de non pagar por estes produtos, destacando que aínda que a TVG non retribuía economicamente estes autores, si lles ofrecía visibilidade, e negando que estes realizadores se puidesen considerar \"profesionais\" do sector: \"Dentro deste espazo [Zig-Zag/Eirado] abriuse unha ventá para a exhibición deste produto cultural de novos realizadores que en xeral fan as súas primeiras aproximacións en experiencias deste tipo. Non se trata polo tanto de traballos de profesionais do sector ou encargas de produtos televisivos, senón de poñer en coñecemento do público as iniciativas e propostas feitas nese formato para que sexan coñecidas polo público e mesmo dar a posibilidade aos seus autores de amosar as súas creacións\" O director xeral da CRTVG obviou que ata hai pouco a TVG emitía o programa Onda Curta, que si pagaba polos dereitos de emisión das curtas, como é habitual noutras televisións públicas de toda España Sánchez Izquierdo obviou que ata hai pouco a TVG emitía o programa Onda Curta, un espazo que adquiría os dereitos de emisión dunha curta (por cinco anos) pagando 100 euros por minuto máis o IVE correspondente. Este programa semanal de media hora de duración, desaparecido da grella da TVG, tiña un orzamento anual de 152.000 euros, un 0,152% do orzamento total da CRTVG, situado nos 100 millóns de euros. Tamén esqueceu que, como lembraba o informe do Observatorio, outras canles públicas de todo o Estado, dende a ETB á TV3, pasando por Telemadrid ou La2 si apoian economicamente os e as creadoras de curtametraxes. \"Cans dedicou este ano 5.800 euros para remunerar o esforzo dos realizadores. Sempre é pouco e dámolo con moito esforzo, pero é bastante máis do que dedica a TVG, que quere aproveitarse deles e facelo gratis\", afirman dende o festival Sánchez Izquierdo tamén afirmou que \"está fóra de contexto falar de profesionalizar o sector ou non, ou de aforrar gastos na TVG grazas a non pagar por difundir ao público unha serie de curtametraxes, como tampouco fan as xornadas ou festivais de curtas que se celebran en distintas vilas e cidades do noso país\". Esta última afirmación, referida á política seguida polos festivais de curtas, foi contestada polo Festival de Cans, que sinalou que \"Cans dedicou este ano 5.800 euros para remunerar o esforzo dos realizadores. Sempre é pouco e dámolo con moito esforzo, pero desde logo é bastante máis do que dedica a TVG, que quere aproveitarse deles e facelo gratis\". Os responsables deste festival engadiron que \"o peor é que as asociacións e festivais teñamos que suplir cos nosos precarios presupostos as funcións que debería facer a televisión pública de Galicia\". \"Os que non somos profesionais, como di el, impulsamos os novos creadores, e os que son profesionais, coma el, nin se preocupan por coñecer a realidade audiovisual do país\", concluíron. O informe do Observatorio do Audiovisual pechábase instando a CRTVG a buscar \"novos modelos de colaboración co sector\" e \"novas maneiras de establecer apoios ao sector audiovisual de Galicia que reincidan alén da simple emisión do produto\"."}
{"ID": "NOS_57645", "summary": "As vítimas da pandemia na Galiza elévanse a 1.718 tras informar a Consellaría de Sanidade de 30 novos falecementos coa Covid-19 que se rexistraron desde o pasado 18 de xaneiro.", "text": "Esta cifra é a segunda máis alta comunicada en toda a pandemia na Galiza. En concreto, o día 3 de abril, Sanidade informara de 27 falecementos, un dato que se igualou esta mesma semana con 27 casos comunicados na segunda feira e superado na cuarta, cando transcenderon 29 novas vítimas. O pasado 1 de abril o departamento galego informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días após corroborar que se trataban de casos con Covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria. Unha delas tratábase dunha muller de 91 anos na Residencia Paz e Ben de Tui, o pasado día 18; un home de 71 anos en atención domiciliaria en Cartelle o 19 de xaneiro; outra muller de 91 na residencia Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo e un home de 95 anos no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), o día 24. Dous días despois, faleceu unha muller de 74 anos no Hospital Quirón da Coruña, un home de 84 no seu domicilio en Ribadeo e unha muller de 64 no Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS). O 27 de xaneiro, pola súa banda, faleceron un home de 64 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e unha muller de 99 anos no mesmo centro; unha muller de 90 anos e un home de 86 no CHUS; unha muller de 88 no Complexo vigués; un home de 87 e outro de 81 no Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF); outro de 81 anos no CHUAC; e un de 75 no Hospital de Lugo (HULA). O resto de casos rexistráronse onte. Trátase dun home de 87 anos no Cegadi de Santiago e que procedía da residencia San Simón de Cacheiras; unha muller de 89 e un home de 58 no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO); un home de 90 anos no Hospital da Mariña (Burela); un home de 66 no HULA; unha muller de 76 no CHUF e unha muller de 80 na residencia DomusVi de Carballo. Finalmente informouse dun home de 65, outro de 93 e outro de 81 no CHUAC; un home de 88 e outro de 91 no CHUO; unha muller de 91 no CHUO; ademais dun home de 88 e unha muller de 91 que estaban ingresados no Hospital de Verín e no CHUO pero que procedían da residencia Residencia Santa María de Verín e da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos."}
{"ID": "NOS_926", "summary": "A escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco centra o seu traballo no ideario galeguista do homenaxeado. El mesmo definíase como \"un galeguista puro\" nunha entrevista publicada en A Nosa Terra o 2 de decembro de 1977. Unha declaración que reflicte unha realidade desde que, en idade temperá, se sumou ao galeguismo. Non por acaso foi (co)fundador do Partido Galeguista (PG) e \"apreixou o ideal que uniu mulleres e homes no proceso de construción dun país e na defensa da súa lingua e cultura\".", "text": "\"Son un galeguista puro\". Así se definiu politicamente Carvalho Calero nunha entrevista publicada n'A Nosa Terra (2 de decembro de 1977), unha declaración que reflicte unha realidade desde que, en idade temperá, adheriu ao galeguismo, foi (co)fundador do Partido Galeguista (PG) e apreixou o ideal que uniu mulleres e homes no proceso de construción dun país e na defensa da súa identidade, da súa lingua e cultura. Porque naquel tempo de crise político-social, coa ditadura de Primo de Rivera e os últimos gobernos monárquicos, as e os galeguistas decatáronse de que tiñan que estruturar de novo Galiza para o cal era preciso construíren unha forza política, PG, para axuntárense quen estaban unidos por unha angueira común, a de laborar pola Terra, porque querían un país mellor e máis xusto. Alí estivo o mozo ferrolán, concentrado naquela tarefa que desenvolveu desde moi diferentes ámbitos: a través da entidade sindical escolar de que foi presidente, a Federación Universitaria Escolar (FUE); a través da escrita creativa, o publicismo e a crítica literaria; en conferencias, discursos, no traballo continuado no Seminario de Estudos Galegos (SEG); na actividade política, moi intensa no período republicano; a única etapa da súa vida, por outra parte, en que actuou publicamente como militante e directivo do PG. Ocupouse da política xeral para situar dentro dela a política cultural, porque –entendía– a palabra cultura, en sentido amplo, abranxe non só as manifestacións artísticas, senón tamén as realizacións de tipo social. Carvalho chegara a Compostela cunha bagaxe intelectual infrecuente para un mozo da súa idade (ía cumprir 16 anos), e cunha auréola de poeta, a súa verdadeira vocación, gabada por Nicolás García Pereira, Xaime Quintanilla e Rodrigo Sanz, entre outros. En contacto cos homes do Seminario de Estudos Galegos (SEG), non é que se convertese ao galeguismo senón que asimilou moi ben a súa doutrina e perfeccionou a conciencia de galego, como máis dunha vez referiu. Na Festa da Prosa Galega, celebrada en abril de 1927 en Compostela, coñeceu os homes da Xerazón Nós, un ponto de referencia constante para o ferrolán, nomeadamente no que di respecto a Castelao e Otero Pedrayo, a quen consideraba os seus mestres. \"O poeta\", como comezou a ser coñecido nos círculos estudantís, fixo de Galiza o seu norte e, para alén de realizar con brillantez os estudos de Dereito e Filosofía e Letras, defendeu as aspiracións comúns a todo o estudantado universitario, ás que engadiu as particulares para Galiza: que a universidade fose galega de corpo enteiro. O primeiro paso consistiría en lograr a coexistencia oficial de galego e castelán nas cátedras. Como \"cualificado representante da clase escolar\", fora elixido polos alumnos do Padroado da USC para intervir no acto de inauguración do curso 1930-1931 onde expresou unha idea fulcral: Galiza existe e, por existir, ten dereito a ter unha cultura propia, para o que é preciso ter un centro de cultura, a Universidade. Na altura, e en palabras de Borobó, foi, sen estrelas, o Comandante do Corpo Escolar de Compostela. Pola súa parte, Lois Tobío, lembrou aqueles anos en As décadas de T.L. (1994) e escrebeu que Ricardo levaba \"o sinal dos escolleitos\". Carvalho defendeu as aspiracións comúns a todo o estudantado universitario, ás que engadiu as particulares para a Galiza: que a universidade fose galega de corpo enteiro Días despois da proclamación da República iniciou a actividade estritamente política e cun grupo de personalidades significadas –Banet Fontenla, Tobío Fernández, González García-Paz, Xoán Xesús Gonzalez, Luís Seoane, Xosé Eiroa, Manuel Queizán, Vázquez Enríquez–, participou na constitución da \"Agrupazón Nazonalista Independente\" de Compostela. Na xunta directiva presidida por Lois Tobío, Carvalho ocupou o cargo de vicepresidente. Embora tivese vida efémera aquela agrupación, porque como outros grupos locais tamén se integrou no PG en decembro dese ano, o mozo ferrolán interveu en Vigo e Pontevedra, en representación do grupo, en abril e maio de 1931, e referiuse aos universitarios composteláns como a vangarda do galeguismo. Entre os intervenientes estaban Castelao e Otero Pedrayo, cos que coincidiría en numerosos comicios, campañas, asembleas, conferencias, como militante e directivo do PG (pertenceu ao Consello e presidiu o grupo ferrolán). Non puido ter mellor estrea: após aqueles actos de afirmación galeguista, foi sinalado como un dos valores máis prestixiosos da xuventude galega. Aquelas actuacións continuaron até se trasladar a Madrid, o 26 de xuño de 1936, para opositar a cátedras. Foi tempo de sementar, na acción política, cultural, social; xa chegaría a recolleita. Tempo de entrega na elaboración do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía; tempo de percorrer pobos e cidades para espertar a conciencia galeguista: en teatros, prazas, agrupacións locais, ateneos, centros de cultura; nas asembleas do PG (II e IV), en sociedades agrarias, Carvalho fixo ouvir a súa voz, quixo estar á altura do momento que lle tocou vivir –como manifestou en \"O noso día 1933\", publicado en ANT–, porque eran momentos cargados de substancia histórica. Foi tempo de se reunir coas embaixadas vasca e catalá (Galeuzka) na viaxe triangular que se iniciou en Pontevedra o 24 de xullo de 1933 e finalizou o 5 de agosto en Cataluña. Na visita a Ferrol, o 27 de xullo, tras un paseo pola ría camiño da Graña, houbo un mitin no Ateneo onde falou, con outros irmáns, Carvalho Calero. Foi tempo de levar a cabo xeiras de propaganda na comarca Ferrol-Ortigueira, para proseguir co labor proselitista e de esclarecemento dos problemas vitais que afectaban a Galiza, nomeadamente a mariñeiros e campesiños: San Sadurniño, A Graña, San Xoán de Filgueira, O Seixo, Fene, Mugardos, Serantes, Ferrol, Cobas, Cedeira, Valdoviño, Pantín, acolleron as personalidades máis relevantes con especial protagonismo de Ricardo Carvalho. Foi tempo de pular polo entendemento coas esquerdas, nomeadamente con Izquierda Republicana para as eleccións de 1936; de acudir a Madrid como compromisario para a elección do presidente da República, en maio de 1936, e de falar polas emisoras de radio de Ourense, A Coruña e Lugo na campaña do plebiscito de Autonomía. O labor político carvalhiano diversificouse en diferentes frontes, coa publicación de manifestos, con artigos en A Nosa Terra, Erte (boletín do PG de Ferrol), El Correo Gallego, El Pueblo Gallego... En todas aquelas manifestacións de fervor autonomista, de defensa de Galiza e da República –\"queremos unha República de contido republicano, non un mero fetiche oco\"–, participou con enorme entrega e entusiasmo o ferrolán, recoñecido, na altura, pola súa brillante oratoria e capacidade intelectual, pola súa valía, en definitiva. No noso libro Foula e ronsel (1992, 2020), Manuel Beiras García lembrou o seu galeguismo de esquerdas e a faceta de orador que facía vibrar o auditorio, como aconteceu nun mitin en Compostela, onde se escoitou un berro após a súa intervención: \"Carvalho, es da madeira que se necesita para a loita\". Todo aquel traballo incesante compatibilizouno con outras muitas tarefas, como é sabido, sen o esquecer a actividade cultural. Había que multiplicarse porque eran poucos brazos a achegaren vontade e compromiso co obxectivo posto no progreso da Terra. Reclamado como conferenciante, Carvalho disertou diante de público moi diverso. Por citar algúns actos, en Compostela participou nos ciclos organizados polo alumnado das diversas facultades (1931) ou no que levou a cabo Ultreia para mozos menores de 20 anos, no marco da I Exposición de Arte Ultreia (1931); en Ferrol fíxoo nun ciclo de Literatura e Historia de Galiza (1933); na Coruña, na celebración do Día da Patria (1935) diante do monumento a Curros Enríquez, estivo entre os dezaseis oradores que glosaron un aspecto da vida e obra do poeta celanovés; en Serantes expuxo o tema \"A nosa fala\" na sede do sindicato de agricultores \"Libertad y Progreso\". Sobre a lingua escrebera un interesante artigo en 1930, \"Na homenaxe á lingua. A fala viva\", cuxa frase final pon o ramo a este artigo: \"A nosa Fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir\"."}
{"ID": "NOS_30948", "summary": "O seu mundo é esa música afroamericana que marcou o século XX e espallouse por todo o planeta, o jazz. Instrumentista destacado, arranxista, compositor e docente, Carlos Barruso (1961) é o \"indiscutíbel merecedor\" do Premio Honorífico 2019 outorgado pola Asociación Músicas ao Vivo.", "text": "Barruso recollerá o galardón na gala da sexta edición dos premios Martín Códax da Música o vindeiro 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Será a ocasión de que o gremio lle agradeza \"o seu exemplo vital e profesional\". A directiva de Músicas ao Vivo descríbeo na laudatio como \"incuestionabelmente un Músico con maiúscula, apaixonado e dedicado en corpo e alma\". A infinidade de proxectos dos que fixo parte, foi se cadra o Carlos Barruso Cuarteto o máis persoal. Pero tamén achegou saber e habelencia á S. E. M. Big Band de Compostela, ao grupo Canajazz, con sede na Estrada ou ao octeto Baio Ensemble. Profesor na escola de música Estudio de Compostela, e antes na Baio de Vigo, Barruso \"é unha personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galiza, un profesional impecábel cun talento colosal que influenciou e segue a influenciar a moitas xeracións\". Segundo Músicos ao Vivo, Barruso foi \"un traballador en silencio, humilde e discreto\" que, ademais, \"fixo un inmenso labor pedagóxico\". \"Xeneroso e aberto, é un dos motores esenciais da nosa banda sonora\", conclúe o texto que argumenta o premio honorífico. Barruso aprendeu a querenza pola música do seu pai, director da Banda de Música de Peñafiel (Valladolid, Estado español). Axiña adquiriu o posto de clarinetista principal e comezou a gañar a vida coa música. A Galiza chegou por traballo, como arranxista para orquestras en pleno boom do xénero. De aí pasou á docencia, que xa non abandonaría."}
{"ID": "NOS_36696", "summary": "Amigos, familiares e coñecidos do sociólogo e escritor súmanse nun acto aberto que decorrerá este domingo no Teatro Principal, organizado polo Concello e a revista Luzes.", "text": "Fermín Bouza Álvarez naceu en Compostela en 1946 e alí viviu até 1969, ano no que colleu as maletas para liscar a Madrid. A súa participación no maio do 68 compostelán provocou que a policía fose a buscalo á casa. Alí,seu paí, o xuíz e poeta galeguista Fermín Bouza Brey, foi quen de convencer os axentes de que o seu fillo non andaba xa pola cidade pois exiliárase en Arxentina. Fermin fillo safou esa vez mais entendeu que era mellor cambiar de aires e colleu rumbo á capital do estado, onde faría vida mais sen esquecer nunca Galiza. Foi catedrático de Socioloxía, articulista. Tamén foi narrador e poeta en lingua galega.Non fixo honra ao significado do seu apelido (Bouza: terreo inculto, poboado de mato, como toxos, xestas, uces...\" Dicionario da RAG) e foi quen de manter sempre, alá onde estiver, unha mirada de esquerdas, ampla e galeguista, que até os últimos momentos plasmou no seu blog, El Voto co botas. Este domingo, ás 12:00 horas, o Teatro Principal de Compostela acolle unha Homenaxe Nacional a Fermín baixo o nome #SomosFerministas. O acto estará presentado por Manuel Rivas e X.M. Pereiro. Falarán, entre outros, a súa viúva, Carmen Pena, Xosé Manuel Beiras, Antón Losada, Antón Baamonde ou Ana Acuña. Haberá espazo para a música, coas actuacións de Eladio dos Santos, Miro Casabella, Luis Emilio Batallán ou Fermín, fillo do Fermín homenaxeado e neto do Fermín que con 'Nao Senlleira' abrira novas rotas para a poesía galega. Na homenaxe tamén intervirá a escritora Dores Tembrás e proxectarase 'Aquela Compostela de Fermín', a entrevista que o xornalista Suso Iglesias lle fixera en 2014."}
{"ID": "NOS_54208", "summary": "Feijóo compareceu esta mañá para dar conta do tratado no Consello da Xunta, onde se aprobou o Plan de incendios desta campaña, a ampliación do Hospital de Montecelo e a creación dun historial sociosanitario para os galegos. Aliás, avaliou o 26X e as súas consecuencias sobre as vindeiras eleccións galegas. Feijóo dixo que terán lugar no outono próximo como estaba previsto, mais sen aportar unha data concreta. VÍDEO NO INTERIOR", "text": "Con ocasión do Consello da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo atendeu os medios por primeira vez, após das eleccións xerais do pasado domingo e valorou os resultados do seu partido, aludindo a que son eles quen deben gobernar e delegou a responsabilidade dos acordos na \"sensatez de Ciudadanos\" e nas posibilidades de \"volver facer un pacto democrático co PNV.\" \"Beiras xa se presentaba a eleccións cando eu estaba na Facultade de Dereito.\" Canto ás eleccións galegas, Feijóo confirmou que se realizarán este outono: \"As eleccións galegas van a ser, como estaba previsto, o dia que tocan\". O día en cuestión poderá ir dende o domingo 25 de setembro até o 18 de decembro, xa que Feijóo afirmou non poder precisar unha data exacta con tanta antelación. Ao ser perguntado por Sermos Galiza sobre se prevía ter que enfrontarse a Xose Manuel Beiras nos vindeiros comicios, Núñez Fijóo respondeu que \"o único que sabe quen será o candidato das mareas é Pablo Iglesias\", ao tempo que tirou de ironía para lembrar que: \"Beiras xa se presentaba a eleccións cando eu estaba na Facultade de Dereito.\" \"É a data idónea segundo as condicións climatolóxicas desta primavera, xa que estamos nun período tranquilo\" Por outra banda, na súa comparecencia, Feijóo deu a coñecer os acordos acadados no Consello da Xunta, onde se aprobou o Plan de Incendios cara ao recén comezado verán. A Empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, SEAGA, será a encargada de xestionar as brigadas anti-incendios, que comezarán a traballar, en dous grupos, o día 13 e o día 15 de xullo, respectivamente. Con isto pónselle data dende a Xunta ao inicio do traballo das 125 brigadas que traballarán en Galiza fronte aos lumes durante tres meses. Este inicio demorase case un mes con respecto ao comezo do verán, ante o que o Presidente da Xunta alegou: \"É a data idónea segundo as condicións climatolóxicas desta primavera, xa que estamos nun período tranquilo\". O despregamento de brigadas contra os lumes constará de 125 equipos de 4 persoas que traballarán até mediados de outubro, xunto á maquinaria específica que se manterá operativa até o 31 do mesmo mes. Por parte do goberno central sumaranse 7000 efectivos máis xunto con 40 brigadas militares do Ministerio de Defensa. Feijóo incidiu en que para el é moi importante facer fronte a quen provoca os incendios, de aí que se lle outorgue á Policía Autonómica a potestade de vixiar os montes dotándoa de 260 axentes con 40 todo terenos, 8 motos de monte e 5 coches camuflados, para previr e investigar os delitos forestais, sendo que, segundo Feijóo, \"os lumes son a maior doenza social que sofre Galiza, polo tanto o noso labor é combatelos frontalmente.\" Por outra banda, a Xunta anunciou a dixitalizacion dos servizos sociais publicos, poñendo en marcha un programa que pretende recoller a historia social e sanitaria de cada individuo galego, á que poderá accederse mediante a tarxeta sanitaria. A proposta comezará a implantarse despois do verán e arrancará cunha fase de pilotaxe nos concellos de Boqueixon, Brion, Tordoia e Viveiro. Outro dos puntos do día foi o acordo co Concello de Pontevedra para a ampliacion do hospital publico de Montecelo. A Xunta chegou a un consenso co estamento da cidade do Lérez para levar a cabo o proxecto, derivando as responsabilidades do abastecemento de auga, electricidade e gas, ben como a recollida de lixos e a construción de accesos e aparcamento, ao Concello pontevedrés. Do mesmo xeito, a Xunta encargarase da expropiación de 45,000 metros cadrados de solo para a construción da ampliación, dotando dunha cantidade de 4 millóns de euros para indemnizacións."}
{"ID": "PRAZA_20612", "summary": "O Concello busca \"regular a contratación da publicidade, transparencia, fiscalización das relacións cos medios, garantir a utilidade pública e racionalidade da distribución dos anuncios e consolidar un espazo de comunicación plural\". O texto podería ser a base para outros municipios", "text": "O Concello de Ames vén de aprobar as bases orientadoras para a contratación de publicidade institucional, unha iniciativa pioneira que presentou este venres o goberno municipal e coa que se intenta dotar de transparencia e regular o investimento municipal neste eido. Ames aproba unhas pioneiras bases orientadoras para a contratación de publicidade institucional por parte do Concello As bases establecen os criterios e mecanismos que rexen a contratación de publicidade institucional do Concello, de acordo coa Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional. Tal e como explicou Isabel Vaquero, concelleira de Comunicación e unha das presentes no acto de presentación, con esta normativa búscase \"regular a contratación da publicidade institucional municipal, dotar de transparencia e permitir a fiscalización das relacións entre o Concello e os medios en materia de publicidade institucional, garantir a utilidade pública e a racionalidade na distribución da publicidade oficial, e contribuír á consolidación dun espazo de comunicación plural\". O Concello busca \"regular a contratación da publicidade, transparencia, fiscalización das relacións cos medios, garantir a utilidade pública e racionalidade da distribución dos anuncios e consolidar un espazo de comunicación plural\" O alcalde de Ames, José Miñones, pola súa banda, asegurou que dende o goberno municipal queren \"dispor dunha regulación clara e obxectiva para a contratación de publicidade, pero principalmente dotar de transparencia os procesos de contratación cos medios de comunicación\", tal e como se recolleu no acordo de investidura e se levou a cabo coa implantación do portal da transparencia. Co obxectivo de \"ir un pouco mais alá\" elabases que foron aprobadas este venres na xunta de goberno local. O obxectivo principal, segundo o alcalde, é \"dotar de transparencia os procesos de contratación cos medios de comunicación\" A titular de Comunicación, Isabel Vaquero, explicou que as bases \"orientan a adquisición dos espazos publicitarios institucionais nos diferentes medios de comunicación\" e están estruturadas en tres partes: na primeira recóllese a definición de publicidade institucional baseada na lei; na segunda parte, o procedemento que se vai a seguir cando se trate de contratos menores de publicidade; e na terceira, os criterios que se terán en conta para contratar: a difusión e audiencia (máximo 5 puntos), as condicións do medio (máximo 4 puntos), contidos en galego (máximo 7 puntos), responsabilidade social (máximo 5 puntos), e tarifas (máximo 15 puntos). \"É unha actuación absolutamente novidosa, xa que hai contratos e pregos para grandes contratos de publicidade, pero no que se refire a contratos menores e a criterios como estes non vin nada semellante\", di Vaquero, que asegurou que o documento está inspirado nunha proposta de Compromís para o Concello de Alacant. \"Buscamos transparencia, obxectividade, pluralidade e influír na medida do posible nos medios para que se son bos sexan aínda mellores para Ames e para o país\", destaca. As bases foron enviadas aos medios cos que o Concello de Ames traballa habitualmente e que están máis próximos ao propio Concello para que poidan facer as súas achegas nun prazo de 15 días. Durante o mes de agosto, os medios poderán comezar a presentar por Rexistro a documentación que se lles require nas devanditas bases para poder optar ás campañas que se publiquen por parte do Concello. O Concello contou coa colaboración do Colexio de Xornalistas e a Asociación de Medios en Galego, que se felicitan polas bases aprobadas Desde o goberno municipal agradeceuse a colaboración ao Colexio de Xornalistas de Galicia e á Asociación de Medios en Galego pola súa colaboración. Xaime Leiro, da primeira das entidades, destacou a posta en marcha da iniciativa e aplaudiu que se contase co Colexio para participar na elaboración do documento. Ademais, avanzou que se aproveitará o modelo para \"tratar de exportar a outros municipios galegos\". Xurxo Salgado, da Asociación de Medios en Galego, destacou \"a transparencia, os valores democráticos, o acceso libre do cidadán á información e que se teña en conta o uso do galego como os puntos máis salientables destas bases\" e o \"paso moi grande\" dado polo Concello de Ames. Pola súa banda, Genma Otero, concelleira de Economía e Facenda, cre que as bases \"son un xeito de ampliar a pluralidade e dar cabida tanto aos grandes medios galegos como aos medios de ámbito comarcal e local\". Ademais, ofreceu os datos de gasto en publicidade e propaganda dos tres últimos anos. Así, en 2014 gastáronse 34.000 euros, en 2015 o gasto feito neste eido foi de 36.500 euros, mentres que en 2016 gastáronse 31.700 euros. A nivel galego, o PP negárase xa en 2015 a tan sequera debater a lei de publicidade proposta pola Asociación de Medios en Galego que tiña obxectivos semellantes ás bases agora aprobadas en Ames: \"cultivar, difundir e socializar o idioma galego\" e que as axudas da Xunta ao sector \"se repartan en convocatorias públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións\""}
{"ID": "NOS_39006", "summary": "As probas en municipios ourensáns inícianse en Barbadás con alta demanda, polo que chaman á \"calma\" porque o screening será \"paulatino\".", "text": "As farmacias ourensás que colaboran coa Consellería de Sanidade na realización de probas serológicas de Covid-19 en sete concellos -Ourense, Barbadás, O Carballiño, Verín, O Barco, Boborás e O Irixo- comezaron en Barbadás a \"pilotaxe\" desta iniciativa presentada a pasada sexta feira, polo que chaman á \"calma\" á poboación para pedir cita porque o screening \"vai ser paulatino\". Ademais, defenderon que o test \"son válidos\" após admitir que algúns contan cunha caducidade \"moi próxima\". Así o destacou, en declaracións a Europa Press, o presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes Vence, quen explicou que esta pilotaxe comezou no municipio de Barbadás -que, xunto ao de Ourense, teñen en vigor un peche perimetral para frear os contagios de Covid-19-. \"Estamos a comprobar que o traballo é correcto\", afirmou, para estendelo ao resto de farmacias da provincia que se adheriron a esta iniciativa. Deste modo, incidiu en que para o resto da poboación dos outros municipios ourensáns incluídos neste cribado levará a cabo \"paulatinamente desde hoxe\". Até o momento, apuntou Leyes Vence, adheríronse máis de 40 farmacias ourensás a este peneirado con test serolóxicos desde que a pasada sexta feira presentouse a iniciativa. E agora as farmacias traballan en \"preparar as citas previas\" para \"paulatinamente\" realizar o test. Por iso, puntualizou que irán \"citando os cidadáns\" dun modo \"paulatino\", polo que \"ante a demanda\" os farmacéuticos ourensáns piden aos interesados \"que vaian con calma e pregunten na farmacia\". \"Que o cidadán non teña urxencia, hai tal demanda..., que haxa calma\", apostilou. Neste sentido, os farmacéuticos ourensáns que participan neste cribado prevén realizar as probas nas boticas \"nunha, dúas ou tres semanas, o que sexa necesario\", matizou Leyes Vence. Preguntado polas críticas de que se envían a farmacias ourensás test con caducidade próxima para este cribado, o presidente da entidade colexial provincial sinalou que en conversación coa Consellería de Sanidade comunicoulles que \"había unha caducidade moi próxima\", pero reivindicou que \"o test son válidos\". \"Son parte dos recursos públicos. Non podemos deixar que se desperdicien recursos públicos\", aseverou Santiago Leis Vence, quen defendeu que \"non se desperdicien\" estas probas. \"O test é válido e colaboramos para participar nese cribado\", insistiu para \"non deixar que se perda ese material que é válido\"."}
{"ID": "NOS_19892", "summary": "76 persoas usuarias destes centros e 21 traballadores e traballadoras.", "text": "O número de persoas contaxiadas por COVID-19 nas residencias galegas abeiran as 100, segundo dados do Ministerio de Política Social a Europa Press: 76 persoas usuarias destes centros e 21 traballadores e traballadoras O maior número de residentes infectados atópase na Domus Vi Barreiro de Vigo, con 30 casos positivos (12 máis que esta terza); despois contabilizáronse 13 na residencia San Carlos de Celanova; 13 na Domus Vi San Lázaro de Santiago (dúas máis); nove na Residencia El Portazgo da Coruña (unha máis); catro na Domus Vi de Cangas (tres máis) e un novo caso apareceu no centro de Castro Caldelas (Ourense). Noutros, mantense o número de afectados desde o último día: tres no Fogar Bellolar da Coruña; dous en Nosa Señora de Fátima no Barco e un na Nosa Señora da Asunción en Caldas de Reis . Por outra banda, tamén se contabilizaron os traballadores e traballadoras que prestan servizos nestas residencias e que sofren o virus. En total son 21 empregados e empregadas afectadas, 14 en San Carlos de Celanova, 5 na Domus Vi Barreiro de Vigo, 1 en La Esperanza San Rosendo e un en San Simón de Teo. Para intentar frear os distintos brotes nos fogares de maiores - grupos vulnerábeis e de maior risco - a Xunta decidiu habilitar e adaptar dous centros de Ourense e Santiago para trasladar aos afectados para que poidan ser atendidos alí, en lugar de illalos. onde corrían o risco de expandir aínda máis a epidemia."}
{"ID": "PRAZA_8164", "summary": "O Bloque vota en contra do paquete lexislativo dunha Política Agraria Común máis verde por \"manter unha distribución das axudas inxusta\", malia uns avances que cre \"insuficientes\". \"Esperabamos unha PAC máis xusta e sustentable\", asegura a eurodeputada Ana Miranda.", "text": "O pleno do Parlamento Europeo aprobou este mércores apoiar unha nova Política Agraria Común (PAC) contra cuxo paquete lexislativo 2014-2020 votou en contra o BNG por \"manter unha distribución das axudas inxusta que prexudica o sector agrario galego\". A proposta será defendida polo Europarlamento, que a considera máis verde e equilibrada na repartición das súas axudas, \"aínda que con elementos que flexibilicen o chamado pago verde\". \"A distribución das axudas segue a premiar aos grandes latifundios, aos grandes rendistas e as grandes multinacionais\", di o BNG \"Hai avances, pero son insuficientes, de tal xeito que pouco máis do 20% de todas as explotacións agrogandeiras da UE acapara o 80% das subvencións directas da PAC, nunha distribución que segue a premiar aos grandes latifundios, aos grandes rendistas e as grandes multinacionais\", asegurou a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda., cuxo voto negativo afecta aos catro documentos que conforman a PAC: pagos directos, OCM dos produtos agrogandeiros, desenvolvemento rural e control da xestión financeira dos fondos. \"Esperabamos unha PAC máis xusta, máis sustentable desde o punto de vista medioambiental, que fixe poboación ao territoritorio e con garantías de rendas xustas para agricultores e gandeiros que son, finalmente, os que nos dotan de alimentos de calidade e deben ver recompensado o seu traballo\", argumentou a representante do BNG. Precisamente, entre as emendas aceptadas polo Europarlamento, logo de máis de dúas horas de votación, está a que promoveron PP e PSOE para dar aos países máis liberdade á hora de establecer a superficie elixible que percibirá fondos da PAC, unha reivindicación do Goberno que teme un forte incremento nas hectáreas do campo español aptas para as axudas. Así, os eurodeputados apoian condicionar o pago do 30% das axudas directas ao agricultor a que este cumpra con determinados esforzos ambientais, aínda que matiza a proposta inicialmente presentada por Bruxelas. O comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, quere que estas prácticas se resuman en tres \"a rotación de cultivos, o mantemento de pastos permanentes e a creación de áreas de interese ecolóxico\", mentres que países como España reclaman un menú máis extenso. Axudas directas No que se refire ás axudas directas, os eurodeputados tamén pediron que se conceda un 25 % máis de apoios aos novos agricultores e que se eleve a 1.500 euros subsidio máximo que unha pequena explotación pode obter. Ademais, apoian a vontade do comisario de establecer un teito de 300.000 euros anuais por produtor, unha histórica reivindicación do Executivo comunitario que os estados membros frearon en reformas anteriores. O Bloque cre \"inasumible\" que se manteñan axudas de ata 300.000 euros por explotación e propón un límite máximo de 100.000 Pola contra, o BNG considera \"inasumible\" que se manteñan axudas de ata 300.000 euros por explotación, cando a proposta nacionalista era pór un límite máximo de 100.000 e un mínimo de 20.000, \"en aras dunha distribución máis equitativa, que favoreza ás pequenas e medianas explotacións como as galegas\", destacou Miranda. \"A PAC mantén as axudas ligadas ao número de hectáreas da explotación pero non á actividade agraria, outro elemento penalizador para o noso sector\", insiste a eurodeputada nacionalista, que cre que persisten as grandes diferenzas nas subvencións que recibe cada agricultor por estado que no caso galego \"están moi por debaixo da media da UE\". Sobre os distintos réximes de cotas de produción, cuxa liberalización está prevista nos próximos anos, o Europarlamento rexeita prorrogar máis aló do previsto as cotas lácteas, pero si apoia estender o réxime de cotas até 2020 no caso do azucre. En ambos os dous casos España era partidaria de frear a liberalización do sector. Ana Miranda propón un fondo compensatorio do que se beneficien as explotacións leiteiras galegas ante a desaparición das cotas Neste ámbito, o voto negativo de Miranda obedece á supresión do sistema de cotas lácteas, toda vez que a maioría da Eurocámara rexeitou as emendas asinadas polo BNG solicitando a prórroga ata 2020. Confirmada a desaparición das cotas, o Bloque propón un fondo compensatorio. \"A dotación dese fondo debe negociarse co sector leiteiro e ter a dobre función de compensar as explotacións que se endebedaron para comprar dereitos de cota que xa non terán ningún valor e corrixir a inestabilidade dos prezos do leite que en Galiza están por debaixo da media estatal e, con frecuencia, por debaixo dos custes de produción\", alegou a eurodeputada. En canto ao desenvolvemento rural, o BNG obxecta a \"centralización\" dos fondos do Feader e reclama que sexa o Goberno galego o que \"faga un plan de desenvolvemento rural específico para Galiza\". \"O Estado limitarase a transferir os orzamentos territorializados que nos correspondan. Ninguén mellor ca nós para saber as necesidades do noso medio rural\", explicou Miranda, que lembra que a PAC permite facer plans estatais de desenvolvemento rural \"co que o Estado pode acaparar os fondos e distribuílos como considere, gastando en regadíos, por pór un exemplo, en detrimento da resolución de problemas do sector agrogandeiro galego\", argumenta. Ademais, Miranda xustifica o voto negativo do BNG ao o documento de control da xestión financeira dos fondos a que obedece á \"falta de transparencia pública das axudas que se conceden ás explotacións con cargo aos fondos da PAC\". As emendas nacionalistas para que fose de acceso público o listado de beneficiarios e as cantidades percibidas non foron aprobadas tampouco. Aínda así, para a eurodeputada nacionalista a PAC 2014-2020 ten \"aspectos positivos aínda que insuficientes para recibir o apoio do BNG\". Así, destaca a permanencia dos dereitos de plantación de viñedos ata 2030, \"que asegura unha produción de calidade e de man de obra intensiva para o sector vitivinícola galego e o protexe de que empresas foráneas acaparen hectáreas para plantación de uva para un produto de escaso valor engadido e con menor emprego\". Miranda tamén destaca como positivo que un 30% das axudas directas se destinen a unha agricultura \"verde e sustentable\" como a galega e que os mozos que se incorporan ao sector reciban un 25% máis de subvencións durante dous anos."}
{"ID": "PRAZA_16877", "summary": "ENTREVISTA | Este luns 23 a Universidade de Vigo celebra eleccións ao Reitorado. Falamos cun dos dous aspirantes a suceder a Salustiano Mato, o catedrático en Ecoloxía Emilio Fernández, que lidera a candidatura Ideas que Suman", "text": "Este luns 23 a Universidade de Vigo celebra eleccións ao Reitorado, que abandonará Salustiano Mato, unha vez acadados os oito anos que pode ocupar o posto. Dous candidatos optan ao cargo, Manuel Reigosa e o catedrático en Ecoloxía Emilio Fernández, con quen falamos. Fernández é o director do Campus do Mar desde o ano 2010; con anterioridade, foi Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente. Lidera a candidatura Ideas que Suman, que subliña \"tres prioridades\": Recuperar a ilusión e aumentar a confianza da institución no seu persoal \"fomentando a identificación deste coa institución á que pertence\", gañar o futuro e \"preservar a autonomía da institución\". \"O primordial é identificar e deseñar entre todos e todas cal vai ser o futuro da nosa universidade nun horizonte de 15 anos. E para iso queremos que o Claustro tema un papel activísimo na primeira fase da lexislatura\" Cales son os principais retos que debe enfrontar a Universidade de Vigo nos vindeiros anos? Debemos atallar a excesiva burocratización da universidade, que está a ocupar moitísimo tempo do profesorado e do persoal de administración e servizos e que nos resta capacidade de facer o que temos que facer, que é investigar e das docencia. Polo tanto, temos que proceder a unha transformación radical do sistema administrativo da universidade. Temos tamén problemas importantes no ámbito da docencia, con desequilibrios serios. Pero para a nosa candidatura o primordial é poder identificar e deseñar entre todos e todas cal vai ser o futuro da nosa universidade nun horizonte de 15 anos. É dicir, ter unha visión estratéxica compartida sobre cara onde imos, que é o que queremos ser, como imos enfrontar os retos de futuro, como por exemplo a demografía que temos no territorio. O obxectivo prioritario da nosa candidatura, polo tanto, é a elaboración dun plan estratéxico da Universidade de Vigo que marque as liñas centrais de traballo. E para iso queremos que o Claustro tema un papel activísimo na primeira fase da lexislatura. \"Somos conscientes do difícil momento no que o equipo do reitor Mato desenvolveu o seu traballo. A economía da Universidade está saneada, o que nos permite estar agora nunhas condicións óptimas\" Que valoración fai da xestión realizada por Salustiano Mato nos últimos anos? Que se debe manter? Que se debe mellorar? Somos conscientes do difícil momento no que o equipo do reitor Mato desenvolveu o seu traballo, posiblemente o peor momento económico da historia da universidade. Polo tanto, toda a análise que se faga ten que ter en conta o contexto no que se desenvolveu, con recortes de financiamento extremos. Hai algúns elementos que para min son extraordinariamente positivos: o primeiro, que a economía da Universidade está saneada, o que nos permite estar agora nunhas condicións óptimas para seguir traballando. Ademais, fíxose un gran traballo de proxección exterior da Universidade. Hai aspectos que temos que corrixir, relacionados coa propia estrutura administrativa e de xestión, como dixen anteriormente. Tamén aspectos ligados á política de profesorado. E temos que mellorar moitísimo a nosa oferta de mestrados e de doutoramento. Como debe ser o financiamento da Universidade de Vigo? Como se pode mellorar? Como se poden incrementar os ingresos? Se queremos unha universidade pública que traballe para a igualdade de oportunidades, o financiamento ten que ser fundamentalmente público. Isto non quere dicir que as universidades non teñamos corresponsabilidade na procura de recursos, de feito a Universidade de Vigo xa está a traballar intensamente nesa vía. \"Imos retomar un programa de retención de talento, ofrecendo contratos postdoutorais de tres anos a investigadores e investigadoras novas que doutro xeito marcharían da Universidade\" De que forma se pode promover a estabilización do profesorado ou do persoal investigador que neste momento se atopa nunha posición máis precaria ou que tivo que buscar oportunidades laborais noutros territorios? Temos un problema importante na Universidade de Vigo e na universidade española en xeral, que é que estes anos que pasamos con taxas de reposición moi baixas, do 10% provocaron que os cadros de persoal docente e tamén de PAS están a envellecer moito. Isto, que sería grave en calquera administración, na universidade aínda o é moito máis, porque un profesor ou profesora non se forma en meses. A canteira para levar a cabo este relevo xeracional sen dúbida está neses investigadores e investigadoras mozos e mozas que neste momento figuran como profesores axudantes, axudantes-doutor ou mesmo asociados neste momento. E temos que conseguir estabilizalos. Con todo, temos un obstáculo importante: a masa salarial que podemos gastar en contratación de persoal é algo que nas universidades nos vén limitado. Gustaríanos poder estabilizar a todas estas persoas, que teñen un talento moi importante e se atopan nunha situación de grande incerteza, pero teremos que facelo gradualmente, porque a nosa capacidade de contratación é dunhas 20 ou 25 prazas por ano, aproximadamente. Mentres, o que imos facer é retomar un programa que xa existiu na Universidade, de retención de talento, ofrecendo contratos postdoutorais de tres anos a investigadores e investigadoras novas que rematan a súa vinculación e que doutro xeito marcharían da Universidade. Non podemos permitir que este talento, formado aquí, marche. \"A constitución dun ecosistema universitario entre os centros do norte de Portugal e a Universidade de Vigo pódenos abrir as portas de América Latina\" Que propostas ten para a Universidade de Vigo nos vindeiros anos en materia de internacionalización, sobre todo tendo en conta a proximidade de Portugal e os vínculos cos centros da Eurorrexión? Débese facer un esforzo importante na internacionalización dos nosos e nosas estudantes, co maior número posible de programas de mobilidade internacional e dando alternativas a quen non poden acceder á realización de estudos no estranxeiro. En canto á relación con outras universidades temos que emprestar unha atención preferente a Portugal, porque a relación entre Galicia e Portugal, sobre todo co norte de Portugal é privilexiada. Nós pensamos que a constitución dun ecosistema universitario entre os centros do norte de Portugal e a Universidade de Vigo pódenos ademais abrir as portas de América Latina, tanto dos países de fala hispana como de portuguesa, unhas relacións que poden ser determinantes para nós. Como debe ser a relación entre as tres universidades galegas? Como debe ser a súa coordinación? Estanse a aproveitar todas as posibilidades que permitiría o traballo conxunto entre as tres institucións? Neste momento hai moitos espazos e proxectos de colaboración entre as tres universidades galegas, pero na miña opinión hai unha marxe de mellora clara. Temos que incidir na coordinación dos estudos conxuntos que temos, varios mestrados universitarios nos que debemos mellorar a formación. Débense fortalecer ademais os mecanismos de colaboración do sistema universitario galego sobre todo no eido da investigación. \"Existe unha concepción, que eu rexeito, da universidade como empresa, que pode derivar na consideración dos e das estudantes como simples clientes dun produto que dende a universidade se ofrece\" Nas eleccións ao Reitorado chaman a atención habitualmente as reducidas porcentaxes de participación do estudantado. De que forma se podería implicar máis os e as estudantes nos comicios e coa propia universidade e a súa xestión? Ós índices de participación do estudantado nas eleccións son efectivamente moi baixas habitualmente. E iso reflicte un problema que é común a todas as universidades do Estado, e que veu crecendo nos últimos anos. Existe unha concepción, que eu rexeito, da universidade como empresa, que pode derivar na consideración dos e das estudantes como simples clientes dun produto que dende a universidade se ofrece. Pero a concepción clásica da universidade era distinta: o estudante, cando ingresaba na universidade, pasaba a formar parte da mesma e isto foise perdendo. No programa incluímos medidas para fomentar o asociacionismo. \"A Universidade de Vigo ten que estar presente en todos os debates que existen na sociedade, de toda índole\" Que función deben cumprir as universidades na sociedade? Perdeuse un chisco o papel central que viñan cumprindo como formadores a varios niveis, de forma integral, e tamén o rol que antes cumpría como actor social? Ese é un dos aspectos que máis vimos repetindo na nosa campaña. Creo que a universidade española cumpre con creces o seu obxectivo de formar profesionais, e así o din os empregadores, que resaltan que os e as estudantes que saen das universidades están ben formados e formadas nas súas áreas de coñecemento. Pero non estamos a formar universitarios e universitarias, o que estamos a formar son especialistas. A universidade é outra cousa: temos que formar unha cidadanía crítica que teña coñecementos amplos, que as persoas de carreiras científicas e técnicas teñan coñecementos de artes e humanidades, e ao revés, que as dos ámbitos humanísticos teñan unha ampla cultura científica. Estamos a perder, se non a perdemos xa, esa función e debemos retomala. Nas propostas levamos a posta en marcha dun programa moi intenso de formación transversal, de xeito que o coñecemento dos distintos ámbitos se mesture, tanto entre o estudantado coma entre o profesorado. E a segundo cuestión é que a Universidade de Vigo ten que estar presente en todos os debates que existen na sociedade, de toda índole. Neste momento non sempre a universidade é unha voz importante e protagonista destes debates. As empresas son parte desa sociedade coa que a universidade ten que estar en permanente contacto. Pero en ocasións unha excesiva proximidade pode levar a unha mercantilización excesiva da institución? Como acadar un equilibrio? As empresas forman, efectivamente, parte da sociedade, e as universidades públicas temos que ter unha estreita relación con elas, transferir coñecemento, establecer vínculos, programas de prácticas profesionais... Pero a universidade debe manter a súa autonomía, sobre todo no aspecto económico, porque doutro xeito nos converteriamos en algo que difire do que debe ser unha universidade pública. Isto non quere dicir que non poidamos participar en proxectos de I+D con empresas, accedendo a liñas de financiamento da investigación deste xeito, pero isto non pode significar que sexa o sistema empresarial o que determine o destino das nosas institucións. \"É un asunto que xa está a danar a imaxe das universidades públicas, non só a da URJC, porque pode dar a impresión de que todas funcionamos da mesma maneira\" A polémica xerada ao redor do caso do máster de Cristina Cifuentes pode prexudicar á imaxe do conxunto das universidades públicas españolas? É un asunto evidentemente moi grave, que xa está a danar intensamente a imaxe das universidades públicas, non só a da URJC, porque pode dar a impresión de que todas funcionamos da mesma maneira. Eu son profesor de varios máster e pódoche asegurar que nun vin nada parecido: temos actas, os estudantes suspenden, repiten curso, se non se presentan a un exame aparecen como non presentados... Nun sistema universitario tan grande pode haber algún departamento que funcione mal, pero a cidadanía ten que ter a seguridade de que a inmensísima maioría funcionan correctamente. É un feito lamentable, moi lesivo, e do que temos que sacar unha aprendizaxe: que temos que extremar as precaucións para que este tipo de acto non sucedan."}
{"ID": "PRAZA_3415", "summary": "A estrutura, no cruzamento da rolda de Nelle coa avenida Fisterra, comeza a ser derruída tras máis dunha década de loita veciñal contra o ruído, a suciedade e o 'feísmo' dunha imaxe fiel do desenvolvemento urbano descontrolado e a prol do automóbil.", "text": "Algún veciño veterano da zona non dubidou en colocar unha cadeira e sentar para ver como, por fin, 40 anos despois, o viaduto que se eleva no cruzamento entre a rolda de Nelle e a avenida Fisterra da Coruña comezaba a ser demolido. Símbolo do descontrolado e deshumanizado desenvolvemento urbano de finais dos 70 e dos 80, as escavadoras rematarán con el de vez neste Entroido, acabando tamén co que para moita da veciñanza foi unha entroidada demasiado longa. A demolición do viaduto da rolda de Nelle pon fin a un símbolo do descontrolado e deshumanizado desenvolvemento urbano dos 70 e 80 na CoruñaA derruba foi impulsada e licitada polo anterior goberno local da Marea Atlántica e adxudicada e executada polo actual socialista. \"Curiosamente, unha das obras máis importantes do mandato da Marea Atlántica é unha demolición\", lembra Xiao Varela, ex-concelleiro de Rexeneración Urbana no anterior executivo, que destaca que esta fin de semana \"rematan 40 anos de sufrimento para a veciñanza do viaduto\". \"Ben merecen unha rúa máis humana pensada para as persoas e non só para os coches\", destaca. Abofé que pouco se pensara nos peóns nin nos veciños da zona cando naquel 1978, e co obxectivo de superar os atrancos circulatorios que se producían na encrucillada da rolda de Nelle e a avenida de Fisterra, decidiuse apostar por elevar un viaduto por riba da segunda das vías, á altura das fiestras de varias vivendas, pegado ás fachadas e incrementando algo máis a suciedade, a contaminación e o ruído nunha das zonas da cidade con maior contaminación acústica por tráfico rodado. Todas esas ventás que case baten co asfalto amosan agora a ruindade do paso do tempo, desa suciedade e do abandono daquelas casas que deixaron familias fartas do ruído e dos coches, dos máis de 20.000 que agora pasan diariamente pola estrada, pero que foron moitos máis. Construído, ademais, ao pé do barrio da Agra do Orzán e xusto cando este era un dos de meirande densidade de poboación de toda Europa, nos lindes coa Sagrada Familia, outro barrio popular saturado de vehículos, o viaduto foi erguido cando alí xa estaban os edificios. Aínda no franquismo, os veciños da zona tiveron que contribuír con cotas de entre 100 e 200 pesetas para a construción que acabaría por escurecer e degradar aquela área. O viaduto, erguido cando xa estaban os edificios, obrigou moitas familias a deixar os pisos que case batían co asfalto, fartas de ruídos, suciedade e contaminaciónA estrutura servía de barreira entre os barrios e o inicio da costa que levaba ao centro, a aquela cidade real á que se baixaba e da que se subía. E os seus baixos viraron tamén en aparcadoiro improvisado. Sobre a beirarrúa, ducias de coches ciscados a calquera maneira, mantendo unha tradición cidadá que desaparece moi aos poucos. Pero tamén de pequeno vertedeiro improvisado e de acubillo da chuvia ás escuras. Moi ás escuras. Desde hai máis dunha década, veciñanza organizada propúxose acabar con ese viaduto \"antiestético\" que obrigou a marchar a moitas familias que agora ven como aqueles pisos se revalorizan xa ante o lavado de cara dunha zona que terá máis verde, un cruzamento semafórico e ata un carril bici que vén de Riazor e segue ata Catro Camiños. \"Foi unha obra moi agresiva que puxo a circulación dos coches por diante de todo o demais e enterrou varias vivendas entre ruído e fume\", lembraba o anterior goberno local sobre un proxecto que, actualmente, nin sequera está xustificado pola elevada circulación que acollía, ao diminuír nun 40% o tráfico pola rolda de Nelle desde a apertura da Terceira Rolda. \"Foi unha obra moi agresiva que puxo a circulación dos coches por diante de todo o demais e enterrou varias vivendas entre ruído e fume\"Con todo, foron moitos os anos de espera. A primeira proposta, xa co goberno de Francisco Vázquez, foi a substituír a infraestrutura por un túnel subterráneo, unha opción que tampouco era vista con bos ollos por moitos veciños que advertían do muro que suporía para unha área que xa é límite abondo entre os barrios máis populares e a zona de Cidade Xardín, Paseo das Pontes ou o centro. Finalmente, o executivo da Marea Atlántica optou pola opción que agora ratifica o actual executivo socialista tras o acordo pactado entre ambas formacións. Logo do Entroido iniciarase a terceira fase das obras ata o 5 de marzo. A partir de maio, comezarán os traballos de reurbanización que acabarán por humanizar unha intersección onde os coches reinaron demasiado tempo."}
{"ID": "PRAZA_10364", "summary": "A entidade presentou o VIII Informe Foessa, que alerta de que hai máis persoas en situación de exclusión social que antes da Gran Recesión iniciada en 2008. Galicia ten menos poboación pobre que outros territorios, pero presenta un grupo moi importante de persoas \"no gume da navalla\".", "text": "Cáritas presentou este mércores o VIII Informe Foessa, unha completa radiografía da situación social no Estado Español, e que lle dá continuidade aos traballos publicados en 2008 e 2014: antes da recesión económica e no peor momento da crise. Este novo estudo analiza os efectos desta década de crise e recortes, preguntándose se houbo unha recuperación e que sectores sociais puideron acceder a ela. Unha das primeiras conclusións do documento é que na actualidade hai en España 8,5 millóns de persoas en situación de exclusión social, 1,2 millóns máis que hai unha década.Isto representa unha porcentaxe do 18,4%, que é moi semellante en Galicia (17,5%). Un amplo grupo da poboación \"para quen o ascensor da mobilidade social non funciona, e non é quen de subir sequera ao primeiro andar\". \"Este grupo da sociedade insegura móvese no gume da navalla. E intúe que ante unha eventual acudida, nunha nova crise, o seu sostén económico crebará\"O informe si detecta que dende o ano 2014 se produciu un incremento das persoas \"que non teñen dificultades para a súa supervivencia, que levan unha vida digna en termos materiais e que se recuperaron cando menos aos mesmos niveis de antes da Gran Recesión\". Porén, tamén advirte da situación dun grupo intermedio, que denomina sociedade insegura e que estaría composto por persoas que neste non se atopan en situación de pobreza ou en risco de exclusión social, pero que podería caer nestas situacións en caso dunha hipotética nova crise. \"Este grupo da sociedade insegura móvese no gume da navalla. E intúe que ante unha eventual acudida, nunha nova crise, o seu sostén económico crebará. Indígnalle que a sociedade segura se desentenda do resto e colla máis impulso ata desconectarse\", destaca o informe, que cifra en seis millóns o número de persoas que estarían neste grupo en todo o Estado.Esta sociedade insegura é especialmente importante en Galicia. O noso país sitúase por debaixo da media española en canto á porcentaxe de poboación en situación de exclusión social e moi lonxe por exemplo dos datos de Canarias (29%) ou Estremadura (23%). Porén, Galicia é tamén a segunda comunidade autónoma con menos poboación con integración plena, é dicir, fóra de todo perigo. Fronte ao 48,4% do conxunto de España, o dato galego é do 40,96%, e só mellora ao das Illas Canarias.O 42% dos galegos e galegas forman parte da 'sociedade insegura', que está \"na antesala da exclusión\"No medio fica unha parte moi importante da poboación galega, maioritaria, de feito, o 42% do total, que fica adscrita a esa categoría de sociedade insegura, que está \"na antesala da exclusión\", destaca o informe. \"Mira cara á fracción estancada e ve que é próxima, aínda que non é semellante. Non a coñece nin a comprende porque apenas mantén vínculos con ela\", explica. \"Porén, cando mira cara ao outro lado, ve que tamén se están debilitando os lazos coa sociedade segura, a que vive instalada na soberbia\", engade. \"A sociedade insegura aínda se valora, non perdeu a autoestima e os compromisos co estado de dereito, pero intúe que na próxima sacudida o seu sostén económico crebará e caerá a terra. Non ten poder económico nin son da súa propiedade os medios de comunicación. Ten un emprego precario, insuficiente, e un futuro incerto\", completa a descrición.O informe debulla a situación dos factores de sostibilidade das distintas capas da sociedade, a ameazas máis urxentes e os elementos que ameazan con debilitarse. Alerta, por exemplo, sobre o encarecemento da vivenda, lembrando que nos últimos anos o prezo dos alugueiros nas cidades creceu un 30%. E advirte dos efectos da crecente precariedade laboral, subliñando que \"o 14% das persoas que traballan están en exclusión social\", que \"un de cada tres contratos temporais dura menos de sete días\" ou que \"o 15,1% dos fogares sofre inestabilidade laboral grave (son fogares nos que a persoa principal pasou por 6 ou máis contratos, por 3 ou máis empresas, ou estivo 3 ou máis meses en desemprego durante o último ano).O informe alerta do encarecemento da vivenda e lembra que \"o 14% das persoas que traballan están en exclusión social\"Alerta igualmente sobre o efecto dos recortes sobre os servizos públicos, apuntando que o número de persoas con cobertura sanitaria privada aumentou do 13,3% en 2012 ao 16,3% en 2017 como resultado das crecentes deficiencias do sistema sanitario público e da presión das empresas privadas para gañar espazo de negocio. No campo do ensino tamén salienta \"o aumento da ratio de alumnado e a carga electiva para o profesorado\" ou das \"dificultades para a obtención dunha bolsa\".Tamén fai fincapé na situación especialmente vulnerable que sofren algúns colectivos, como as familias monoparentais (que dependen case exclusivamente dunha muller) e, en xeral, os fogares nos que viven menores de idade. Quen saíu da crise? Quen sufriu a crise?O documento salienta que \"non se adquiriu unha conciencia clara de que os máis prexudicados foron os grupos máis excluídos socialmente\"O informe destaca que na sociedade española \"implantáronse dous significados da saída da crise que se basean en indicadores diferentes\". \"Para as elites significa crecemento da economía, para a cidadanía común significa traballo e soldo dignos\", di, destacando que non se trara só \"dos indicadores nos que baseamos os nosos relatos, senón de entender que diferentes miradas xeran diferentes prioridades e diferentes resultados\". O documento salienta que \"non se adquiriu unha conciencia clara de que os máis prexudicados foron os grupos máis excluídos socialmente\". E comenta que a crise pagárona principalmente os traballadores maduros (61%), seguidos polos mozos (56%).\"É urxente construír espazos para o empoderamento social e político das persoas máis afectadas pola crise. Todo desde a perspectiva de non deixar a ninguén atrás\"\"Necesitamos unha proposta de horizonte ético, unha pedagoxía da indignación e a esperanza\", conclúe o informe de Cáritas, que di que \"é urxente construír espazos para o empoderamento social e político das persoas máis afectadas pola crise\". \"Ábrese a necesidade de crear un sector público composto polo espazo de traballo conxunto das administracións públicas, as entidades non lucrativas e as empresas sociais. E todo iso desde a perspectiva de non deixar a ninguén atrás\", remata"}
{"ID": "PRAZA_11712", "summary": "O recorte á pescada do Cantábrico, que partía dun 20%, queda nun 5%. \"Para a situación de partida na que estabamos coa proposta de Bruxelas, en liñas xerais podemos dicir que mantemos o barco a flote\", di a conselleira do Mar, que participou na negociación xunto ao ministro de Agricultura", "text": "No solpor, preto xa das 7 da mañá, os ministros de Pesca da Unión Europea chegaban a un acordo para unha repartición sostible e responsable das cotas pesqueiras. A proposta final suaviza as intencións iniciais da Comisión, e mesmo as mellora, en especies que son fundamentais para o sector pesqueiro galego.O recorte inicial á pescada do Cantábrico, dun 20%, queda nun 5%Así, a pescada do Cantábrico torna do recorte inicial do 20% proposto por Bruxelas ao 5%, co que a frota española poderá pescar 5.600 toneladas en augas ibéricas. O xurelo do sur pasa dun recorte do 50% ata un incremento do 24%, que suporá 30.200 toneladas.As mudanzas tan radicais débense a un erro de criterio do informe técnico no que se baseou a repartición, tal e como explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que formou parte da delegación do Estado que negociou durante dous días na capital comunitaria. Só puxo unha pega a conselleira, en relación coas cotas da pescada no Gran Sol, pero amosouse optimista sobre a pesca da cigala no Cantábrico, que leva tres anos en veda. A conselleira do Mar cre que o logrado en Bruxelas \"mantén o equilibro social, económico e ambiental no sector pesqueiro\".\"Para a situación de partida na que estabamos coa proposta de Bruxelas, en liñas xerais podemos dicir que mantemos o barco a flote\"En resumo, o Estado español suaviza os recortes inicialmente propostos: as cotas da pescada do sur recórtanse un 5% con respecto ás deste ano fronte ao 20% que se anunciara; no caso do xurelo entre Fisterra e Cádiz, pasa dun recorte do 50% a un aumento dun 24% máis. Sobe tamén, un 41%, a cota da xarda no Cantábrico, e mantéñense sen cambios a pescada en augas do Gran Sol, o xurelo ao norte de Fisterra ou o peixe sapo. No caso do lagostino do Cantábrico, seguirá negociándose unha reapertura da pesca.O ministro de Pesca en funcións, Luis Planas, cre que é un \"moi bo resultado para España, para o conxunto do sector pesqueiro\", e di que o pactado \"está en liña coa Política Pesqueira Común\". Francia bloqueouno durante horas por cuestións técnicas. Os totais admisibles de capturas acordados comezarán a aplicarse o próximo 1 de xaneiro.\"Para a situación de partida na que estabamos coa proposta de Bruxelas, en liñas xerais podemos dicir que mantemos o barco a flote e que, desde logo, estamos na liña de manter o equilibrio social, o económico e o medioambiental na xestión pesqueira\", concluíu a conselleira do Mar."}
{"ID": "PRAZA_9447", "summary": "Nesta nova fase da iniciativa promovida pola Deputación da Coruña participan once centros de ensino de Ortegal, Ferrol e Eume, que levarán a cabo obradoiros, concursos, sesións formativas e encontros con familias. Así mesmo, funciona unha asesoría whatsapp para responder dúbidas", "text": "Hai dous anos a Deputación da Coruña botou a andar Suprime o Control, un programa socioeducativo de prevención e eliminación da violencia de xénero nos centros de ensino. Dende entón centos de mozos e mozas de 3º e 4º de ESO participaron nas súas actividades: obradoiros, concursos, sesións educativas..., que se suman a unha asesoria a través de Whatsapp para detectar e combater estes comportamentos. Nas vindeiras semanas 11 novos institutos das comarcas de Ortegal, Ferrol e Eume incorporaranse ao programa.\"Perciben a violencia de xénero como algo que só afecta aos adultos e identifican os ciumes e o control como propio do amor romántico\"O estudo previo promovido desde este programa detectou que case a metade das mozas e mozos continuaban considerando os celos como un símbolo de amor, como destaca a responsable da área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación, Ánxela Franco: \"Consideran que a violencia de xénero é só a agresión física, que é algo que só se dá entre os adultos e ademais non a relacionan coa súa contorna máis próxima. Así mesmo, percíbena como unha cuestión que só afecta aos adultos e identifican os ciumes e o control como propio do amor romántico\". Unha conclusción semellante á que chegaron outros programas semellantes, como o nAmorAndo promovido polo Concello de Pontevedra.\"Queda moito por facer e é preciso un compromiso institucional claro con iniciativas destinadas tamén ao ámbito educativo e a un tempo de formación en que se poden mudar os marcos e traballar por unha sociedade igualitaria\", apunta Ánxela Franco.Nos obradoiros que se desenvolverán en tres sesión ata o mes de marzo nos 11 centros de ensino (680 alumnos e alumnas en total) trabállanse contidos relacionados coas relacións afectivo sexuais como as actitudes e condutas de control, tamén aquelas formas de violencia de xénero máis sutís como os micromachismos, o papel das novas tecnoloxías nas relacións entre iguais, a diversidade afectivo sexual ou a resolución de conflitos pacífica. \"A transformación parte da formación. Se con 14 ou 16 anos somos quen de facelos conscientes dos perigos que teñen diante, nuns anos verase o resultado deste esforzo\"Dende o comezo do curso púxose a disposición do alumnado un servizo de Asesoría Whatsapp a través do que resolver as dúbidas e atender ás consultas sobre a violencia de xénero. Así mesmo, nos meses de abril e maio organizaranse encontros coas familias en cada un dos centros participantes para ofrecerlles unha visión sobre a problemática da violencia de xénero e outras violencias machistas na adolescencia, así como achegarlles pautas e ferramentas que permitan ás familias abordar estas situacións.\"Tentamos que perciban que os micromachismos son o caldo de cultivo no que crecen e se desenvolven as outras violencias, que ao final desembocan na violencia física\", salienta Ánxela Franco. \"A transformación parte da formación. Se con 14 ou 16 anos somos quen de facelos conscientes dos perigos que teñen diante, nuns anos verase o resultado deste esforzo\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_12864", "summary": "O Valedor pedía en 2009 máis velocidade na atención ás persoas dependentes, que agora propón paralizar. O servizo de comunicación da institución asegura que Benigno López \"en ningún momento reclamou a suspensión\" da lei. Audio coas declaracións íntegras, no interior", "text": "A Vicevaledora do Pobo marcha. Dolores Galovart, encargada das área social da institución, decidiu este venres presentar a súa dimisión despois de que o Valedor incendiase este xoves parte da opinión pública e irritase os grupos da oposición parlamentaria ao propoñer un curioso camiño para pór fin aos problemas de aplicación da Lei de Dependencia: deixar de aplicala. Durante a súa intervención ante a Comisión de Peticións do Parlamento Benigno López considerou un \"erro\" a posta en marcha a normativa para asistir as persoas dependentes sen \"respaldo orzamentario\" pero, ao ver \"difícil, por non dicir imposible\" que che acheguen \"máis cartos\" a esta materia, \"ao mellor conviría deixar en suspenso a aplicación da lei ata que teñamos a sorte de vir a mellor fortuna\". \"En ningún momento reclamou a suspensión da Lei de Dependencia\", asegura o servizo de comunicación do Valedor Co incendio político e mediático xa provocado e coa vicevaledora fóra da institución López tentou este venres emendar ou, cando menos, matizar as súas propias palabras. A través dunha nota elaborada \"coa fin de que respecten a literalidade das súas declaracións\", o servizo de comunicación do Valedor remitiulles aos medios a transcrición da exposición de López e, ademais, unha engádega aclaratoria. \"En ningún momento o titular da institución reclamou a suspensión da Lei de Dependencia\", senón que, \"aludindo ás súas disfuncionalidades, enumerou unha serie de hipóteses de futuro co que podería ocorrer de manterse a actual conxuntura económica\". \"Neste senso, insistiu en que non está na man da defensoría, senón dos lexisladores, facer que esa lei xenerosa continúe sendo aplicada\", sinala. Aínda que dende o alto comisionado se atribúe a polémica a \"interpretacións libres que en nada coinciden co espírito da defensoría\", o certo é que entre as \"hipóteses\" de Benigno López figurou a posible suspensión da lei ata que amaine a crise, vía á que engadiu que el \"non fai máis que apuntar unha problemática puntual neste tema\".Ademais de supoñer toda unha toma de posición política a súa exposición, na que tamén considerou \"imprescindibles, xustos e necesarios\", constitúe unha significativa mudanza nas posicións que o alto comisionado viña mantendo neste ámbito, especialmente a respecto do anterior Goberno da Xunta. López consideraba hai dous anos que os prazos da lei eran demasiado \"xenerosos\" Dende o inicio da aplicación da lei, en 2007, o Valedor comezou a recibir queixas cidadás relacionadas coa súa aplicación. Ao existir un novo dereito, os potenciais beneficiarios reclamaban que a súa posta en marcha efectiva amosase toda a celeridade posible e non sempre era así. Por este motivo, a comezos de 2009 o Valedor dirixiuse ao departamento daquela encargado dos asuntos sociais na Xunta, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, reclamando máis velocidade no recoñemento das prestacións. Nomeadamente, López facíase eco de varias reclamacións para instar o Goberno de PSdeG e BNG a valorar e asistir as persoas dependentes nos prazos \"legal e regulamentariamente previstos\", sen demoras \"inxustificadas\". Os prazos que a Xunta se daba para aplicar a lei eran \"moi xenerosos\" e cumpría acurtalos, sinalaba o Valedor, que ademais formulaba outra petición moi concreta: a Vicepresidencia debía abonarlles de maneira retroactiva aos coidadores as prestacións que lles correspondían aos dependentes que faleceran durante a tramitación. Entre acusacións de \"irresponsabilidade\" cara a área do Goberno na altura dirixida por Anxo Quintana celebráronse as eleccións autonómicas e o PP regresou á Xunta. Neste contexto o Valedor trasladáballe á nova titular de Benestar, Beatriz Mato, as reclamacións que, aseguraba, o bipartito non resolvera satisfactoriamente. Do mesmo xeito, poucos meses despois, a comezos de 2010, Benigno López aseguraba, no marco dunha xuntanza con Mato, que seguiría \"vixiante\" na aplicación da Lei da Dependencia se ben aseguraba que o decreto que neses días aprobaba o gabinete de Alberto Núñez Feijóo supoñía \"unha porta de esperanza para a cidadanía\". O Executivo de socialistas e nacionalistas \"desoíra\" as súas recomendacións e o do PP asumíraas \"nun 99%\". Aínda en 2011 o alto comisionado vía \"perentorio\" resolver \"con máis dilixencia as reclamacións de dependencia\" Malia ao evidente cambio de ton ata hai poucos meses o Valedor do Pobo seguía apostando por manter a asistencia aos dependentes no medio da crise. Así, por exemplo, o pasado verán dirixía un artigo á revista Entremayores, especializada en servizos sociais para a terceira idade advertindo de que, malia ás \"limitacións orzamentarias provocadas pola crise\", as \"necesidades colectivas neste terreo non fan máis que crecer\". Por este motivo, consideraba, \"unha política pública orientada á protección integral da vellez resulta unha esixencia no Estado Social e Democrático de Dereito\" que, lembraba, define a Constitución. \"Por iso, resulta perentorio resolver con máis dilixencia as reclamacións de dependencia e ampliar o insuficiente catálogo de servizos postos á disposición da súa atención\", dicía. O feito de que Benigno López realizase as súas controvertidas valoracións na súa derradeira quenda de palabra, cando xa non había lugar a réplica da oposición, motivou que nin PSdeG e BNG puidesen valorar ante López a súa mudanza de criterio. Non obstante, pouco despois o Bloque remitía aos medios un comunicado no que consideraba \"totalmente improcedentes\" as declaracións do alto comisionado e lamentaba que López \"confunda o seu papel e converta a súa comparecencia no Parlamento nunha toma de partido político\". \"A función de Benigno López é garantir dereitos que están amparados por lei, non pedir que se derroguen\", lembraban os nacionalistas."}
{"ID": "NOS_58410", "summary": "A Xunta decreta uns servizos mínimos de 80% no 112 e de 100% no 061.", "text": "A CIG convoca para esta cuarta feira unha xornada de folga no sector dos centros de chamadas, \"ante a falta de avances na negociación do convenio colectivo e a postura da patronal\", que, di o sindicato, \"teima en recortar ao persoal dereitos que xa ten consolidados\". A xornada de folga será de 24 horas e afectará todos os centros de traballo deste sector que operan no país e que se rexen polo convenio colectivo estatal de centros de chamadas. Aliás, convócanse senllas concentracións, todas ás 11.30 horas, en Vigo (Farola de Urzaiz), A Coruña (Obelisco), A Estrada (CIAG-061) e Sarria (fronte á empresa Inelcom). A pandemia saca á luz as carencias da atención psicolóxica no 112 \"Mentres as empresas seguen a ter beneficios millonarios, o ano pasado o persoal empobreceuse 6,5% e en tres meses de 2022 levamos perdido 9%\", salientan. De forma paralela, lamentan a existencia de contratos de 15 horas semanais, \"concatenando ampliacións de xornada cando á empresa lle convén e vivindo co medo de quedar sen a ampliación por coller unha baixa, facer uso dun permiso ou acudir a unha consulta médica\". A patronal, critican, puxo enriba da mesa un modelo de contratación temporal por circunstancias da produción que \"imposibilita a estabilidade laboral\" e un modelo de contrato fixo-descontinuo \"que de 'fixo' só ten o nome\". Servizos mínimosPola súa parte, a Xunta estabeleceu os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nos centros dependentes do Goberno galego durante a folga de 80% dos efectivos de operadores do 112 Galiza, e de 100% para o 061."}
{"ID": "NOS_16857", "summary": "Unhas 800 familias da factoría coruñesa dependen da decisión que se podería coñecer esta segunda-feira e que desde o comité de empresa agardan con \"confianza\" mais sen deixar a mobilización.", "text": "O persoal da fábrica de Alcoa na Coruña afrontan con \"incerteza\" a poxa enerxética que terá lugar esta segunda-feira, aínda que podería adiarse un día máis- e da que depende o futuro dos 400 postos de emprego da factoría, así como outros tantos indirectos, agora en claro perigo. En declaracións á axencia Europa Press, o presidente do comité de empresa da fábrica da Coruña, Nazario Arias, asegurou que a pesar dos nervios está \"confiado\" á espera do resultado xa que a multinacional afirma que cesará a súa actividade se non consigue \"prezos competitivos\". En todo caso, o plantel de Alcoa non cesará a súa mobilización, que xa reuniu en varias marchas a decenas de milleiros de persoas. Deste xeito, segundo Arias, unha ampla representación de traballadores acudirá na mañá desta segunda-feira ao pazo de María Pita, onde terá lugar o último Pleno municipal do ano, e onde contan con recibir o apoio de todas as forzas políticas. Así mesmo, o Comité viaxará a Madrid para ter unha xuntanza coa dirección da empresa para negociar o posíbel ERE, que podería quedar en nada de saír con éxito da poxa, \"pero que temos que ir prevendo\", segundo indican desde a representación sindical."}
{"ID": "PRAZA_7470", "summary": "O secretario xeral dos socialistas explica que a súa \"ilusión\" é que a formación que encabeza sexa \"a primeira federación\" do PSOE en renovarse \"co novo modelo\" interno, que será aprobado nunha conferencia política en outubro", "text": "\"Antes do verán\" ou no outono? Esa semella que será a principal incógnita que estará sobre a mesa no seo do PSdeG, a comezar pola xuntanza do seu Comité Nacional e a seguir polas diversas agrupacións do partido. Despois de que, nos últimos días, o presidente da formación, Xosé López Orozco, asegurase que a intención da actual dirección é celebrar o seu congreso extraordinario antes do período estival o secretario xeral, Pachi Vázquez, retomaba este sábado o argumento de agardar á renovación das normas internas do PSOE para celebrar o cónclave, o que equivalería a levalo ao vindeiro outono. A reflexión de Vázquez chegaba dende Madrid, onde participou no Comité Federal no que o PSOE aproboou o seu calendario a nivel de Estado. Nel inclúese a conferencia política de outubro, na que previsiblemente se dará luz verde a uns novos estatutos que contemplarán, entre outros aspectos, a elección das persoas titulares das secretarías xerais a través de eleccións primarias, isto é, coa participación de toda a militancia. Este, di Vázquez, é o momento de \"modernizar o partido con novos instrumentos políticos\" e a súa \"persoal ilusión\" é que o PSdeG \"sexa a primeira federación que se renove co novo modelo, e non a última do antigo modelo\". Para que isto sexa así o congreso tería que celebrarse no outono. A plataforma En Positivo acordou hoxe en Lalín espallar as súas propostas por todas as agrupacións do partido Así e todo, e ante as voces internas que reclaman un congreso \"urxente\", Vázquez advirte de que \"o imos falar entre todos e formularemos estratexias nas próximas datas\". \"É o momento de que fale a militancia, de propoñer ideas, programas e compromisos que nos permitan recuperar a confianza cidadá\", abonda, nun contexto no que non cre axeitado \"falar de persoas\". \"Ninguén entendería que viñésemos falr dunha persoa ou doutra cando estamos falando de como acadamos un novo socialismo, a clave é primeiro facer o barco e despois falar da tripulación\", ilustra. Por este motivo, di, \"todos os militantes van recibir un convite para poder falar do que realmente lles preocupa aos cidadáns\", o que se traduce nun período máis prolongado de reflexión interna antes do congreso. Mentres isto sucedía en Madrid, en Lalín a plataforma En Positivo, nada no seo do PSdeG e crítica coa actual dirección, reunía cincuenta persoas \"de diferentes agrupacións socialistas das catro provincias\" para \"planificar as actividades necesarias para espallar entre a militancia\" un programa baseado \"nas ideas de participación, galeguismo e cidadanía activa, entre outras premisas\". Entre outras \"iniciativas\", explican, En positivo \"acordou dirixirse a toda a militancia socialista galega de base para presentarlle o seu proxecto político\" e \"convidada á participación na elaboración de documentos durante as próximas reunións que se celebrarán\" en diferentes puntos do país. Esta xuntanza tivo unha especial lembranza para Ceferino Díaz, histórico socialista e galeguista falecido recentemente que \"foi un dos principais impulsores\" da plataforma."}
{"ID": "NOS_49251", "summary": "Non arrefece a temperatura na Ucraína e sobe de ton por momentos o confronto entre o bloco EUA-UE e Rusia polo control dun enclave xeoestratéxico esencial para o dominio de Europa.", "text": "O referendo de Crimea, axendado para o vindeiro domingo 16 de Marzo, acha amparo na legalidade internacional, enfatizou o presidente de Rusia, Vladimir Putin. Na consulta, @s cidadáns crime@s -a maior parte deles de orixe rusa- decidirán se a república autónoma continúa a integrar o estado de Ucraína ou, se pola contra, se incorpora á Federación Rusa. A maior parte das forzas políticas crimeas son partidarias desta segunda opción. En realidade, o referendo ía ser en primeira instancia unha consulta sobre se Crimea debía constituír un non un Estado independente, mas nas últimas semanas, ao recruar o confronto aberto con Kiev, as forzas con representación no Parlamento crimeo optaron por modificar o conteúdo da pergunta do referendo e por o focar na permanencia no Estado da Ucraína ou na eventual integración na Federación rusa. Este domingo 9 de Marzo, Vladimir Putin aproveitou un contacto telefónico coa chanceler alemá, Angela Merkel, para patentizar o seu respaldo ao referendo crimeo, tido por ilegal polas novas autoridades de Kiev. O novo primeiro ministro ucraíno, Arseny Yatseniuk, viaxará esta cuarta feira a Washington Portavoces do Kremlin filtraron que na conversa con Merkel Putin atacou con dureza o novo governo ucraíno por non facer nada para frear \"o comportamento descontrolado\" dos grupos parafascistas de ideoloxía nazi nos territorios rusófonos de Ucraína. Advertencia de John Kerry Os EUA, mentres, elevan o volume do seu discurso, mesmo evocando os tambores de guerra. Nese sentido, o secretario de Estado norteamericano, John Kerry, advertiu o seu homólogo ruso, Sergei Lavrov, que \"calquer paso na dirección de Rusia anexionar Crimea non deixaría ningún espazo para a diplomacia\". En troca, William Hague, o ministro dos Exteriores británico, afastou explicitamente a hipótese dun conflito armado con Rusia, e situou as eventuais represalias no campo das sancións económicas a Moscova que, iso si, resaltou, serían \"moito duras\". En todo caso, é ben fixarse máis na posición de Kerry do que na de Hague. A influencia dos EUA sobre o novo goberno de Kiev é indubidábel, até o ponto de que esta cuarta feira viaxará a Washington o novo primeiro ministro ucraíno, Arseny Yatseniuk, para manter contactos de alto nível coa Administración Obama, sen que se desbote que mesmo se entreviste co presidente norteamericano."}
{"ID": "NOS_43518", "summary": "Son 36.", "text": "A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixaron hoxe a 36, un menos que onte, xornada respecto da cal se produce o ingreso no grupo de concellos en aviso máximo de Burela, Porto do Son e Nigrán e a saída de Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra de Miño. Así figura no mapa 'semáforo' que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanidade, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello .Respecto a esta terza feira, prodúcense as novidades do ingreso da localidade de Burela no grupo de concellos en alerta máxima, no que tamén entran Porto do Son e Nigrán. Por contra, saen do 'vermello' os concellos de Vimianzo e Ordes -ambos en 'laranxa' agora, segundo escalafón de alerta- e Tui e Salvaterra de Miño, que tamén pasan ao 'laranxa'. En aviso máximo pola incidencia do coronavirus están, logo, A Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Nigrán, O Porriño e Vilagarcía de Arousa. Tamén Ferrol, Narón, Pontedeume, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Cabana, Boiro e Porto do Son. Lugo, Sarria, Burela, Vilalba e Xinzo de Limia completan esta listaxe. A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112- e Vigo -máis de 332-. No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai hoxe un total de 23 concellos -un máis-."}
{"ID": "NOS_52531", "summary": "A operación despregada pola Garda Civil baséase en contidos publicados en Twitter e Facebook. Entre elas, o concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON, Andrés Garcia.", "text": "O Ministerio do Interior informou esta cuarta feira (13 de xullo) da detención de tres persoas en Cangas acusadas de difundir nas redes sociais \"publicacións de contido violento nas que se incitaba de forma clara e directa ao odio e a violencia contra persoas relacionadas, fundamentalmente, co ámbito político das distintas administracións públicas, vítimas do terrorismo e contras as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado\", de acordo co comunicado difundido por Interior. No concreto trátase de Andrés García, concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, segundo confirmaron fontes da organización a Sermos Galiza; B.L.P., de 26, e A.C.R., de 26. A Frente Popular Galega (FPG), unha das formación que fai parte de ACE Son, expresou nas redes sociais o seu apoio para coas persoas detidas ao tempo que denunciaba unha acción propia dun 'Estado totalitario'. A operación despregada pola Garda Civil foi alcumada 'Operación Tarántula' e foi desenvolvida coa coordenación da fiscalía delegada para delitos de odio e o Grupo de Información da Comandancia de Pontevedra, apoiado desde o Servizo de Información do instituto armado en Madrid. O caso está sendo levado polo Xulgado de Instrución número 3 de Cangas. A Garda Civil difundiu un vídeo con imaxes dos chíos publicados e da detención dunha das persoas. Concentración de solidariedade Non existe coherencia no feito de deter a mozas e mozos que se expresan con liberdade Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE-Son) organización da que fai parte e pola que é concelleiro de Mocidade en Cangas un dos detidos, Andrés García, vén de facer público un comunicado no que amosa a súa solidariedade coas tres persoas apresada na Operación Trarántula. Un operativo, din, que reflite \"un índice de infelicidade e represión\" pois, acrecentan, \"non existe coherencia no feito de deter a mozas e mozos que se expresan con liberdade, baixo nomes pantasma como \"Operación Tarántula\" en lugar de lles garantir un traballo e una vida digna\". Así mesmo, continúan, \"apuntamos directamente ao ministro Fernández Díaz como máximo responsable das represalias, non esquecemos que el é un presunto delincuente, o mesmo que quere chegar ata o final co seu ideario franquista e ditador\". Aliás, entenden que o obxectivo da detención é \"amedrentar\" mais achan que lles \"vai saír mal pois a cidadanía democrática non vai permitir un pais no que non exista nin a liberdade nin a vida digna\". Para esta cuarta feira ás 21 horas foi convocada unha concentración de apoio diante do Concello de Cangas."}
{"ID": "NOS_910", "summary": "Foi a Asociación Cultural do Sentir do Carballo de Santa Margarida quen impulsou a candidatura.", "text": "O carballo de Santa Margarida, situado na parroquia de Mourente, en Pontevedra, enfrontarase a outras sete árbores do Estado español co obxectivo de poder participar no certame Árbore Europea do Ano 2023. As votacións para elixir a árbore que participará no concurso, abriranse esta quinta feira, 10 de novembro, e pecharán un mes despois, o vindeiro 10 de decembro. A aventura por salvar o Carballo de Santa Margarida Foi a Asociación Cultural do Sentir do Carballo de Santa Margarida quen impulsou a candidatura, tras máis de dous anos de traballo, encamiñado a visibilizar e pór en valor o \"histórico carballo\", como un dos exemplares icónicos do patrimonio natural de Pontevedra e da Galiza. O concelleiro de Desenvolvemento Sostíbel e Medio Natural, Iván Pontes, mostrou a súa \"absoluta satisfacción tras coñecer que o centenario carballo, símbolo, patrimonio e orgullo de Santa Margarida e de Pontevedra, fose elixido para competir con outros sete árbores para participar no certame Árbore Europea do Ano 2023\". Presentan o Carballo de Conxo ao certame europeo de Árbore de 2022 \"A pesar de problemas derivados da súa da idade e das recentes podas de emerxencia realizadas para aliviar os problemas de sobrecarga nas ramas, a súa beleza é incalculábel. Trátase dun exemplar absolutamente merecedor deste galardón. Para conseguilo é necesario que, da mesma forma que o Concello de Pontevedra, toda a cidadanía apoie esta candidatura e vote de forma masiva\", engadiu Pontes. Sucesor do Carballo de Conxo Na edición de 2022 do certame da Árbore Europea do Ano, quedou segundo o carballo de Conxo, situado no bosque no que, en 1856, decorreu o \"insólito e polémico\" Banquete de Conxo. O carballo de Conxo fica segundo na votación da Árbore Europea do Ano \"Foi un acto político do Partido Demócrata de defensa dos ideais da revolución francesa que se celebrou nesa carballeira e que tivo que ser disfrazado de banquete para que as autoridades o permitisen\", explicou a Nós Diario o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos. A árbore galega recibiu 168.234 votos, só 11.000 menos que o carballo Dunin de Polonia, con 179.317. A unha distancia maior ficou a Sobreira Grande de Portugal, con 70.563 sufraxios."}
{"ID": "PRAZA_17473", "summary": "As cifras provisionais de inscricións para votar rexistran 4.222 persoas en Galicia; o PPdeG asegura ter 101.100 militantes e suma case 1.900 cargos electos", "text": "O PP é o máis semellante a unha organización política de masas en Galicia. Cando menos, sobre o papel. O pasado 6 de xuño, no inicio do proceso interno cara ao Congreso extraordinario que determinará quen sucederá a Mariano Rajoy, os conservadores aseguraron ter en territorio galego un total de 101.100 militantes. No entanto, unha vez finalizado o prazo de inscricións para as votacións na primeira volta da elección interna, o máis semellante a unhas primarias na historia do partido, a cifra de afiliación activa é moito menor. Un total de 4.222 persoas. Isto é, o 4,22% da militancia oficial. As cifras provisionais de inscricións para votar rexistran 4.222 persoas en Galicia; o PPdeG asegura ter 101.100 militantes Segundo as cifras provisionais feitas públicas este martes -o partido resalta que aínda caben correccións-, das catro provincias galegas a que máis sufraxios achegará será A Coruña, con 1.600 persoas inscritas para votar, e a continuación estará Lugo, con 1.386. A seguinte sería Pontevedra, con 518 votantes, e en Ourense participarán 518. Mesmo coas eventuais correcións dos censo definitivo, o número total estará moi lonxe das máis de 100.000 persoas que o PPdeG di ter entre as súas bases. Nun contexto no que o PPdeG suma un total de 1.897 cargos electos en Galicia entre edís nos concellos e membros do Parlamento e das Cortes, aos que habería que sumar as persoas que ocupan postos de libre designación nas diferentes institucións públicas, as cifras das inscricións para esta elección interna amosan unha radiografía interna ben distinta á dos masivos actos de campaña electoral que o partido que encabeza Alberto Núñez Feijóo adoita celebrar. Non en van, o 4,22% de participación está notablemente por baixo da media estatal, que quedou provisionalmente no 7,6%. Para participar nestas votacións a militancia debía ter ao día os seus pagamentos de cotas ou, cando menos, abonar a 'tarifa plana' de 20 euros que a comisión organizadora do Congreso fixou para animar á participación. Así e todo, a ata agora secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, xa dera en admitir que arredor do 90% das bases do partido non paga cotas. Comparación con outras formacións galegas Este inédito proceso interno no PP racha ademais outro lugar común da política galega a respecto da participación nas formacións políticas, toda vez que os conservadores adoitan gabarse da amplitude das súas bases en comparación coa escaseza militante das organizacións da esquerda. Así e todo, as 4.222 inscricións do congreso do PPdeG están, por exemplo, moi por baixo das cifras de participación das últimas primarias celebradas polo PSdeG ou tamén das organizadas por En Marea -co seu censo agregado ao de Podemos- para elixira as candidaturas ao Parlamento galego en 2016. O número de votantes sería, daquela, máis próximo ao rexistrado nas primarias internas de Podemos e estaría por riba das persoas que participaron nos plenarios das últimas asembleas nacionais do BNG."}
{"ID": "NOS_50646", "summary": "Concello e editorial Kalandraka activan outro ano máis o galardón que está dotado con 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 13 de maio.", "text": "O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 13 de maio de 2022 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño. Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado por Xosé Pérez en representación de Kalandraka e Beatriz Varela, técnica do Departamento de Educación, presentaron onte en rolda de prensa a XV edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, dirixido a libros cun relato que se conte a través de imaxes, ou de imaxes e textos que se complementen. As obras que se presenten poderán estar realizadas por unha ou varias persoas de calquera nacionalidade, e as obras presentadas deberán ser sempre orixinais e inéditas, en calquera das linguas oficiais da península Ibérica. Non se admitirán aquelas que sexan adaptación doutros orixinais ou as obras que foran premiadas noutros concursos. Tampouco se admitirán as obras que teñan máis de tres ilustracións publicadas en Internet. Estabelécese un único premio, dotado de 9.000 euros, que non se fará efectivo até que os autores ou autoras entreguen a obra rematada para a súa publicación. A obra premiada será publicada en todas as linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka no mes de novembro do ano 2022. Prazos de presentación das obras Os traballos serán remitidos ou entregados no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende núm. 4, 15705 Santiago de Compostela). No sobre especificarase obrigatoriamente 'XV Premio Internacional Compostela para álbums Ilustrados'. O prazo de presentación de orixinais abriuse o pasado 21 de febreiro e remata o 13 de maio de 2022. O Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é un certame convocado desde 2008 despois dunha iniciativa que xurdiu na Campaña de Animación á Lectura en 2001."}
{"ID": "PRAZA_8655", "summary": "O deputado David Fernández Calviño tamén pregunta pola parálise das xuntas consultivas da rede de parques naturais de Galicia", "text": "Alternativa Galega de Esquerda proporá este xoves en comisión parlamentaria a creación do Parque Natural do Courel. Farao a través do deputado David Fernández Calviño, para quen a serra oriental presenta \"unha diversidade xeolóxica e biolóxica das máis importantes de Europa\". Ademais, engade na argumentación da proposición non de lei que defenderá que \"esta gran diversidade concéntrase nun pequeno territorio, polo que é necesario protexelo. E a súa protección conta con gran apoio entre os habitantes do lugar\". AGE buscará o apoio dos demais grupos parlamentarios para instar á Xunta a realizar o plan de ordenación dos recursos naturais da Serra do Courel, da conca do río Lor e de áreas limítrofes no prazo dun ano, constituír o Parque Natural antes de que remate a lexislatura e confeccionar un plan de valoración económica da zona baseado na sustentabilidade ecolóxica e agraria. AGE instar á Xunta a realizar o plan de ordenación dos recursos naturais da Serra do Courel, da conca do río Lor e de áreas limítrofes no prazo dun ano O parlamentario Fernández Calviño tamén presentou unha pregunta en que interroga ao Goberno galego pola parálise das xuntas consultivas das áreas protexidas. \"Malia que a composición destas xuntas consultivas teñen unha abusiva presenza gobernamental\", argumenta Calviño, \"constitúen a día de hoxe o único vieiro aberto para camiñar cara á transparencia e a participación cidadá na xestión dos espazos protexidos\". Moitos deses organismos levan anos sen ser convocados e así, \"o espírito da lei de conservación da natureza fica en papel mollado\"."}
{"ID": "NOS_42134", "summary": "Nin este \"grupo burbulla\" nin o albergue de Palas onde permanecen en corentena tiveron, máis de 12 horas despois, noticias do equipo de rastrexo da Xunta. Aliás, compartiron pavillón con outras 50 persoas que proseguiron o Camiño cara a Melide.", "text": "Segundo puido confirmar Nós Diario, un \"grupo burbulla\" de oito peregrinas permanecen desde a sexta feira illadas nun albergue de Palas de Rei, no Camiño Francés, após dar positivo en coronavirus esta mesma madrugada outra integrante do grupo, que agora está ingresada no Hospital Clínico de Compostela. Esta persoa —que antes de iniciar o Camiño estivera en Mallorca— comezou sentir malestar no día de onte, polo que se dirixiu ao centro de saúde para solicitar unha proba PCR, que lle foi denegada dado que non quedaban tests dispoñíbeis. A solución que lle deron foi \"autoconfinarse\" esa noite e viaxar o día seguinte ao Hospital de Lugo, mais, ante a imposibilidade de illarse nunha habitación individual no albergue onde se atopaba, un familiar foina buscar en coche e levouna até Compostela, onde, debido a que presentaba síntomas, se lle practicou unha PCR que resultou positiva. Após coñecer a noticia, o resto do grupo autoconfinouse no albergue e, máis de 12 horas despois, aínda non foi contactado polo equipo de rastrexo do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Tampouco desde o albergue saben como proceder ante a falta de instrucións da Administración, e descoñecen se as peregrinas realizarán o período de corentena aí ou serán trasladadas. Aliás, unha delas, coa que contactou este xornal, sinala que unha das noites compartiran un pavillón \"con outras 50 persoas\", cuxas liteiras estaban unicamente separadas \"por cortinas de tea\". Os outros grupos xa retomaron a viaxe e este sábado chegaron a Melide, polo que, de estaren contaxiados, poderían espallar o virus no seu percorrido. Ninguén ao teléfono A persoa que trasladou á peregrina doente afirma que o servizo de atención telefónica habilitado pola Xunta para a Covid-19 non a atendeu até pasados 45 minutos, e dixéronlle que non precisaba nin a PCR nin seguir confinada. Cando lle repicou que desde o 061 lle indicaran o contrario, recibiu como resposta: \"Non son médico, isto só é un servizo de operadores telefónicos subcontratado para desvío de chamadas\". Malia ter solicitado unha cita co médico, aínda segue agardando a chamada. Así mesmo, esta mesma persoa indica que nin no centro de saúde nin no hospital sabían nada do seguro para peregrinos que vén de subcontratar a Xunta cunha empresa madrileña, nin tampouco se o Goberno galego se faría cargo do illamento dos posíbeis positivos. Tamén lamenta que, malia compartir o vehículo desde Palas até Compostela coa peregrina que deu positivo, non se lle practicou unha PCR porque \"segundo o protocolo da Xunta, ao estar vacinada non se lle podía facer\", malia que aínda coa pauta completa é posíbel contraer o virus e contaxialo."}
{"ID": "NOS_8317", "summary": "A presenza da vespa velutina está a supor un problema engadido para as persoas que se dedican á apicultura na Galiza. A meteoroloxía e a floración tardía afectan á produción nos panais, vítimas tamén dos ataques das velutinas. Desde a Asociación Galega de Apicultura exixen que se considere esta especie como praga.", "text": "O mel galego é un manxar recoñecido pola súa calidade que depende en gran medida do tempo. Este ano, as abundantes choivas rexistradas na primavera e a floración tardía dalgunhas especies anticipa unha colleita escasa, que pode levar a unha suba dos prezos e á entrada de mel foráneo nos mercados. Tamén foi un mal ano para as vespas velutinas, unha especie invasora chegada de Asia que pon en risco as colmeas galegas. Mais a súa presenza, lonxe de diminuír, mantívose estábel e agora comeza a aparecer. Nalgunhas zonas, como os municipios de costa, está a facelo con moita virulencia, segundo sinalan desde a Asociación Galega de Apicultura (AGA). O seu portavoz, Xesús Asorey, explica que esta \"praga\" está a amosar \"toda a súa furia\" na Galiza, con niños \"nas árbores, á beira de regatos, pero tamén no chan ou situados en muros co perigo que supón para a xente que vai rozar ou realizar labores no campo\", apunta. A súa presenza no territorio non é homoxénea. Así, Asorey matiza que nas zonas de montaña atrasou a súa presenza \"ou hai algo menos\" pola menor presenza de froita, aínda que medra en zonas de viñedos. Nos últimos anos, a afectación na produción situouse de media entre 40% e 50%. Manuel Ferreira, presidente da asociación Casa do Mel das Pontes, recoñece a Nós Diario que este ano haberá produtores que queden \"a cero\" como consecuencia da escasa produción na primavera e o confinamento das abellas pola velutina, que \"comerán o pouco mel que xuntaron\". E a afección ás colmeas pode ir a máis se se dá unha seca nos meses de setembro e outubro, como xa aconteceu outros anos, advirte. A eficacia do trampeo Para facer fronte a esta situación, Ferreira aposta por \"facer un bo trampeo de primavera e deixarse de escusas\". Critica así a postura da Xunta, contraria a xeneralizar este método. \"A velutina fai moito máis dano se non trampeamos cando saen as raíñas de invernar do que poidan facer esas trampas. Eles sábeno, mais non queren entender\", lamenta este apicultor. \"Trampeando baixou moito a presión, pero ten que ser algo xeneralizado, porque do contrario non vale. De nada serve que un Concello trampee se o que ten ao lado non fai nada. E o mesmo entre veciños\", apunta o responsábel de Casa do Mel, que opina que a Xunta debería \"collelo en serio e deixarse de propagandas\". \"Cando eles queren, saben facelo, como pasou coa couza da pataca\", lembra Ferreira. Un método cuestionado Até o momento, o papel da Xunta na loita contra a velutina limítase a un plan apoiado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a retirada dos niños. Mais os apicultores consideran que a retirada dos niños por si soa non vai atallar a praga. Neste senso, exixen do Executivo galego, ao que acusan de descoordinación, un plan global no que tamén se inclúa o trampeo na primavera, unha práctica que agora están a sufragar moitos concellos pola súa conta. Os métodos que están a empregar desde o sector preséntanse moi variados. Son na súa maioría solucións caseiras como a eliminación dos niños con escopetas de balíns cun mínimo de insecticida, ou o uso de trampas nas que se atrae a vespa velutina cunha composición de auga, azucre e fermento. Tamén hai apicultores que optan por instalar arpas eléctricas, uns bastidores con fíos de arame, enchufados a unha fonte de enerxía (que pode ser solar ou eléctrica) polo que logran pasar as abellas, mais non as velutinas. Aínda con estas medidas, o portavoz da Asociación Galega de Apicultura insiste en que \"non haberá resultados sen prevención, sen investigación e sen que a Unión Europea declare a velutina como praga para que haxa axudas destinadas aos sectores máis afectados\". \"E, por suposto, a retirada de niños\", remarca. Axudas pola praga Precisamente a declaración da vespa velutina como praga é outro dos puntos que reclaman as persoas que se dedican á apicultura na Galiza. Así, emprazan a Xunta a que inste o Goberno estatal a elevar esta petición á Unión Europea para que se poida artellar un sistema de axudas aos sectores afectados, fundamentalmente o da apicultura e a fruticultura, e medios para a retirada efectiva dos niños. Nesta liña, desde AGA lembran que xunto aos prexuízos económicos, como son a caída da produción e a desaparición de moitas colmeas, están tamén os medioambientais, relacionados coa polinización, e os sanitarios, derivados dos ataques da vespa á poboación."}
{"ID": "NOS_53250", "summary": "O BNG comprometeuse cos independentistas encausados na 'Operación Jaro' a presentar unha inciativa ao respecto na Cámara galega e a facer un seguimento do proceso xudicial.", "text": "O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento galego sobre a suspensión de actividades decretada pola Audiencia Nacional para Causa Galiza e polo arquivo do proceso no que están imputados 9 independentistas a raíz da 'Operación Jaro'. Delegacións do Bloque e dos encausados mantiveron unha xuntanza esta quinta feira en Compostela, reunión na que os nacionalistas se comprometeron levar á Cámara Galega a ilegalización de facto da organización independentista. \"A iniciativa ímola presentar seguro, agora fica por ver cal será o formato, unha vez que comece\", manifestaron fontes do BNG consultadas por Sermos Galiza. \"Hai un compromiso de levar ao Parlamento este tema, e en base a dúas cuestións: é unha ilegalización anti-democrática e, ademais, pedir o arquivo do proceso ao que a Audiencia Nacional nos somete a 9 independentistas\", indica un voceiro dos encausados na 'Operación Jaro' a Sermos Galiza. Para alén desta vía institucional, o BNG tamén se comprometeu a facer un seguimento do proceso xudicial aberto tanto contra Causa Galiza como contra cada un dos nove independentistas procesados. \"Reiteramos o noso rexeitamento á ilegalización, a nosa denuncia do retroceso de liberdades e dereitos, e do papel que xoga a Audiencia Nacional\", apontan desde o BNG. Os representantes dos encausados informaron aos nacionalistas sobre a situación de inseguridade xurídica na que se atopan, máxime após denunciar a súa defensa a vulneración da cadea de custodia de varias probas. \"Transmitíronnos o apoio da organización a aquelas accións que poida haber de denuncia desta represión\", conclúen. Apontan, tamén, que embora solicitar unha xuntanza con En Marea aínda non recibiron resposta."}
{"ID": "NOS_36012", "summary": "70.000 millóns de euros. É a cantidade que nos vindeiros 8 anos, e no conxunto do Estado, vai ficar sen ir o peto d@s pensionistas por mor da reforma do goberno español. Unha reforma que suporá que un pensionista cobre 1.500 euros menos ao ano. Un proxecto ideolóxico que prepara o camiño para o asalto á caixa das pensións", "text": "É o bocado gorentoso do modelo de benestar: a caixa das pensións. A Seguridade Social recada anualmente uns 110.000 millóns de euros en cotizacións. \"Por iso hai, desde un tempo, interese en xerar debates falsos sobre a sostibilidade dese sistema para vender a idea de que non hai outra que facer reformas. E esas sempre son en detrimento d@s pensionistas\". O goberno español prepara unha reforma que, afirma, permitirá \"aforrar\" 33.000 millóns de euros en 8 anos. Mais a realidade é contraria a esta propaganda. Diso alertan economistas e colectivos sociais e cidadáns. Cada pensionista verá como lle furtan 1.500 euros anuais. Cantidade que tería que perceber e que non vai chegar aos seus petos. \"O debate sobre as pensións non é técnico, de facer contas, é ideolóxico\" Esa ideoloxía subxacería na memoria económica do proxecto de reforma das pensións que prepara o goberno español. O propio executivo non ten reparo en sinalar que vai supoñer un importante recorte no poder adquisitivo d@s pensionistas nos vindeiros anos. Mais que é o único camiño para evitar a quebra da Seguridade Social, e que é unha decisión técnica, non ideolóxica. \"Mentira, mentira e mentira\", indican desde a Comisión de Federacións de Pensionistas. Artigo completo neste número do Sermos Galiza, o 66, disponíbel nos quiosques ou na nosa loxa"}
{"ID": "PRAZA_466", "summary": "A liberdade de expresión para os galegos pasa por defender a nosa voz, a nosa cultura, o noso modelo social, por ser capaces de construír un país no que o autogoberno permita activar as políticas necesarias a tempo.", "text": "Ríos de tinta corren nestes tempos que nos toca vivir sobre a liberdade de expresión, verbas, as máis delas que en boca dos mass media soan canto menos cínicas, medios que atentan cada día co seu xeito de informar ou desinformar sobre a realidade que está a ocorrer no mundo. Non podía deixar pasar a oportunidade de comezar este texto cunha cita do gran Rafael Correa: \"Desde que se inventó la imprenta, la libertad de prensa es la voluntad del dueño de la imprenta\". Xa que a liberdade de prensa, ó fin, non deixa de ser un medio idóneo para desenvolver a primeira, podemos afirmar que a liberdade de expresión é a que o establishment ten vontade de aceptar como válida. Unha frase moi acertada para explicar a situación do periodismo no seu país, pero que se pode extrapolar perfectamente a case calquera lugar do mundo. Refírome, como todos sabedes á defensa acérrima en nome da liberdade de expresión que se fai dende as instancias políticas e os grandes medios do celebérrimo atentado contra a revista francesa. Un ataque, que por outra banda acaba de servirlle as eleccións en bandexa á Fronte Nacional, un partido que, ironías da vida non debe estar moi a prol da liberdade de pensamento nin de expresión. Ás veces semella que a liberdade de expresión é a relixión do século XXI, pois no seu nome é doado xustificar case calquera cousa Ás veces semella que a liberdade de expresión é a relixión do século XXI, pois no seu nome é doado xustificar case calquera cousa, pero a súa realidade está suxeita á arbitrariedade do que interpreta as leis e do propio lexislador. Pois non parece coherente defender a liberdade de expresión do país veciño, cando no propio non se pode nin mentar algo tan anacrónico como é a familia real. Cando se mantén artificialmente en prisión á persoa que probablemente máis traballou para conseguir que o proceso de paz no país vasco saíse adiante. Cando en fin, se acaba de aprobar unha lei de seguridade cidadá que ven precisamente a coutar esa liberdade entre outras. Adoitase falar da liberdade de expresión como se fose algo tanxible, sinxelo e que se pode acadar de forma inmediata, sendo acotío unha quimera, un imposible, pois non pode existir liberdade de expresión se non existe liberdade de pensamento. Esa liberdade intelectual, ou o mesmo acceso ao mercado das ideas do que falaban Oliver Wendell Holmes e Louis Brandeis, deben ser fantasías cando o individuo non pode nin quere moitas veces (porque está alienado) ser autónomo para participar da política e da sociedade que o rodea, non se pode nin sequera imaxinar que sexa ceibe para expresar ideas propias, se non prestadas, ou o que é máis grave, impostas. Cando a poboación que vive baixo o umbral da pobreza non deixa de aumentar, cando o acceso a unha educación superior é un imposible para grande parte das familias, cando en fin, as necesidades básicas dun sector cada día máis amplo da cidadanía non están a ser cubertas, faise complicado ver algo desa liberdade de expresión. Estaremos a sobrevalorar a liberdade de expresión? Pode un pobo no que se couta o anceio de falar e expresarse no seu idioma, ter liberdade de expresión? Se é evidente que esta liberdade non é tal per sé, fágome unhas preguntas: Pode un pobo no que se couta o anceio de falar e expresarse no seu idioma, ter liberdade de expresión? Pode un país sen unha voz propia, pensar e expresarse libremente? Como un país no que dende as institucións non se aposta pola súa lingua (que é a única que pode expresar os sentimentos e as formas de vivir e de pensar dunha comunidade de falantes) pode ter liberdade de expresión? Se non podes pensar na lingua materna (porque hai outra imposta) semella difícil poder ter liberdade para expresar unha idea que non estea enormemente contaminada por unha cultura allea (entendida como unha maneira de pensar, obrar, sentir e falar) Que por desgraza fagocita cada día un pouco máis á autóctona. A liberdade de expresión para os galegos pasa por defender a nosa voz, a nosa cultura, o noso modelo social, por ser capaces de construír un país no que o autogoberno permita activar as políticas necesarias a tempo. O paso de converter o Portugués en lingua optativa está ben, era lóxico, pero chega tarde, moi tarde. A liberdade de expresión para os galegos pasa por defender a nosa voz, a nosa cultura, o noso modelo social, por ser capaces de construír un país no que o autogoberno permita activar as políticas necesarias a tempo A nosa liberdade está intrinsecamente ligada á saúde do noso idioma, sen el non teremos liberdade, porque non existiremos como tal. De aí a célebre frase de Alfonso Daniel: \"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma\", el xa se decatou fai máis de medio século que a nosa liberdade como colectivo no mundo estribaba na lingua. Parece dramatismo, pero é difícil imaxinar un país galego sen idioma propio. Moitas veces gosto de compararnos con Escocia, máis a forza do nacionalismo galego é a que é. Evidentemente este fenómeno ten os seus motivos, pero a realidade e a historia impóñense. Escocia sobrevive como nación cun idioma extinto na práctica (o Gaélico Escocés anda polos 50.000 falantes), mentres que Galicia cun idioma en horas baixas no ámbito puramente nacional, pero cunha proxección enorme cara o mundo da lusofonía que o sitúa como o terceiro máis estendido do mundo, aínda comeza a espertar do bipartidismo que a asoballa. As novas forzas emerxentes que din respectar o dereito de autodeterminación dos pobos deben decatarse que o caso galego é especial, que require un tratamento específico para unha doenza particular, aquí non chega con respectar, na nosa pequena nación requírese por tódolos medios institucionais ó servizo do idioma e da sociedade. Somos pouco máis de dous millóns e medio de habitantes e non contamos cunha elite empresarial para elaborar un discurso que nos poña en valor Somos un país culturalmente enorme, que abrangue formas de vivir e de sentir moi diversas, máis ó mesmo tempo temos un peso específico moi pequeno na política e na economía, somos pouco máis de dous millóns e medio de habitantes e non contamos cunha elite empresarial para elaborar un discurso que nos poña en valor (os anuncios do Gadis, están moi ben como intento, pero é escaso, e ademais da unha imaxe estereotipada do noso pobo, semella que en lugar de retratar o país, fai unha caricatura). Por iso somos a propia cidadanía a que debe traballar nos diferentes eidos ós que non chega o apoio das institucións, temos o deber de implicarnos activamente na política, nos movementos sociais, nas diferentes iniciativas (que hai moitas e diversas), nas multitudinarias manifestacións a prol tanto do idioma como dos diferentes sectores produtivos que morren cada día de inanición. Ó fin trátase de defender a nosa liberdade, de expresarnos, de vivir e de pensar. Somos a cidadanía a que temos que arrastrar ás institucións, porque en Galiza a política case sempre vai varios pasos por detrás da realidade social Cómprenos a nós desenrolar ese papel de construír unha identidade propia que nos libere. Somos a cidadanía a que temos que arrastrar ás institucións, porque en Galiza a política case sempre vai varios pasos por detrás da realidade social. Se queremos liberdade de expresión e sobre todo de pensamento, para nós e para os nosos descendentes, debemos comprometernos dende abaixo, para que ninguén lles meta nos miolos xamais que son bestas por falar o seu idioma, que ninguén lles diga que son un país empobrecido que vive dos demais, que ninguén os mire por riba do ombreiro, para que sexan ó fin ceibes, que poidan sentir, pensar e expresarse sen trabas nin complexos, porque só así acadaremos esa voz propia, a liberdade de expresión á que temos dereito como cultura única no mundo."}
{"ID": "PRAZA_9603", "summary": "\"Con ánimo de ilícito enriquecemento dedicouse a apoderarse de incorporar ao seu patrimonio decenas de obxectos relixiosos e de culto\", afirma a Fiscalía no seu escrito de acusación. Entre os obxectos presuntamente subtraídos polo ex-párroco, que xa non é cura, figuraba unha campá do século XVIII, segundo o escrito de acusación", "text": "En decembro de 2008 un crego mozo de orixe valenciana foi nomeado polo bispado de Mondoñedo-Ferrol como párroco de Santalla de Vilaosende, en Ribadeo. Apenas medio ano despois fóronlle encomendadas oito parroquias máis de Ribadeo e Trabada e en 2010 pasou a ser párroco doutras tres. Don José chegou a gobernar once parroquias ao mesmo tempo e nalgunhas delas comezou a ser ollado con receo. Sinalábano como responsable de roubos nas igrexas parroquias, subtraccións polas que se enfronta agora a unha petición de catro anos de cárcere por parte da Fiscalía.\"Con ánimo de ilícito enriquecemento dedicouse a apoderarse de incorporar ao seu patrimonio decenas de obxectos relixiosos e de culto\", afirma a Fiscalía no seu escrito de acusaciónTras un primeiro aprazamento motivado pola folga do persoal da xustiza do pasado ano, o ex-sacerdote terá que sentar os días 20 e 21 de marzo no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo para responder como presunto autor dun delito de apropiación indebida polo que o Ministerio Público reclama catro anos e medio de prisión e dez meses de multa diaria de dez euros. Xunto a el sentará outro home, acusado de \"receptación\" dos bens presuntamente roubados.Segundo o escrito de acusación da fiscal, \"ata o seu cesamento como párroco\" en 2012, cando anunciou tamén que deixaba o sacerdocio mentres negaba ter nada que ver cos roubos -que el mesmo denunciara, afirmaba-, \"o acusado, con ánimo de ilícito enriquecemento\", dedicouse a \"apoderarse e incorporar ao seu propio patrimonio decenas de obxectos relixiosos e de culto, imaxes relixiosas\" e mesmo \"mobles e obxectos\" das parroquias nas que, como máximo responsable, era \"encargado da súa custodia\".Sempre atendendo ao relato da Fiscalía, o modus operandi do ex-cura consistía en entregar os bens roubados ao outro acusado, que llos intercambiaba por outros \"obxectos artísticos\". Nesas \"permutas\" utilizou, por exemplo, \"unha campá de ferro fundido do século XVIII\", \"unha imaxe de San Francisco\" do mesmo século ou \"dous sagrarios. Tamén \"entregou\", indica o escrito de acusación, \"dous estantes, varios anacos dun altar, un confesionario, un armario sen porta, un reclinatorio\" e outros dous mobles.Entre os obxectos presuntamente roubados figuran dende unha campá de ferro fundido do século XVII ata imaxes de virxes e santos, mobles e mesmo un banco dunha igrexa parroquial, segundo a fiscalPero os obxectos subtraídos polo antigo cura eran máis, di a Fiscalía, algúns foron recuperados pola diocese e outros, aínda non. Entre os que si regresaron ao patrimonio eclesiástico están dúas figuras que representaban anxos, un peto de ánimas, unha imaxe de Santalucía, unha Virxe, un santo Antonio, unha Virxe dos Milagres tallada en pedra ou dos cálices de prata. Cruces, candelabros, misais ou mesas tamén foran roubados, pero recuperados.Así e todo, o Bispado reclama tamén neste proceso outros obxectos que non volveron ás súas mans. É o caso dunha \"imaxe de San Xosé recollida no inventario artístico de Lugo e da súa provincia\", unha casula, dúas cómodas, imaxes de San Francisco e da Virxe do Carme, unha bandexa de prata, dous misais, un manto da Virxe das Dores, unha cruz, dous floreiros, unha mesa do século XVIII e mesmo un banco dunha igrexa, entre outros. Todos estes bens, evidencia a fiscal, \"están sometidos a un réxime de especial protección derivado da súa especial natureza\" e protexidos polas leis estatal e galega de patrimonio artístico e cultural.Ademais das penas de prisión e multa o Ministerio Público defenderá no xuízo que o ex-crego indemnice o Bispado polos \"obxectos non recuperados\" e o suposto receptor dos bens, que \"devolva os efectos recibidos que se atopan no seu poder\"."}
{"ID": "NOS_33167", "summary": "A primeira folga indefinida no sector bombeiro de Vigo arrincou esta cuarta feira 14 de agosto convocada polos sindicatos CIG e CUT esixindo máis prazas e recursos. Apresentarán esta mesma mañá unha denuncia en Inspección de Traballo contra o Concello de Vigo por manter un decreto que está obrigando a varias persoas deste servizo a realizar até 120 horas laborais á semana, con xornadas superiores ás 48 horas. Miguel Uclés, representante da CIG no comité de empresa do servizo de bombeiros de Vigo conversa con Sermos Galiza sobre a precariedade laboral e a perigosidade que esta situación entraña para a cidade.", "text": "O persoal do servizo de bombeiros de Vigo iniciou esta cuarta feira 14 de agosto a primeira folga indefinida do sector. Esixen a ampliación de prazas para poderen chegar a un mínimo de 150 efectivos fronte os 100 actuais e denunciarán o Concello de Vigo perante Inspección de Traballo por un decreto municipal que os está obrigando a realizar 120 horas laborais á semana, con xornadas superiores ás 48 horas. Os sindicatos CIG e CUT convocaron esta folga. UXT e CCOO non se sumaron. Sermos Galiza conversa con Miguel Uclés, representante da CIG no comité de empresa do servizo de bombeiros de Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos da Galiza, que une persoal bombeiro de todos os parques municipais de administración pública directa. Arrincan esta primeira folga indefinida de bombeiros denunciando en Inspección de Traballo o Concello de Vigo polo decreto municipal que este emitiu e que lles afecta laboralmente. En que consiste esa normativa? Imos estar ás 10:30 horas na oficina de Inspección de Traballo de Vigo para denunciar a situación de explotación laboral e de grave risco contra a saúde dos traballadores que implica o decreto que o Concello de Vigo aprobou hai oito meses. Ese decreto impúxose daquela para suplir a falta de persoal existente debido a que non convocaron prazas. Somos 100 efectivos cando o necesario para a cidade terían que ser 150, e a iso hai que sumarlle que 30% do persoal está de baixa por sobrecarga e que 48% ten máis de 55 anos. Ademais, estanse cubrindo baixas con bombeiros en formación que, sen remataren aínda o seu ciclo de estudos, están sendo postos a traballar. Isto é un perigo para estas persoas e unha prevaricación por parte do Concello. Comezaremos o proceso en Inspección de Traballo e despois iniciaremos o proceso de denuncia pola vía penal Esiximos unha oferta pública de emprego inminente e que as probas de oposición sexan transparentes, xa que a última convocatoria foi denunciada por irregularidades e estamos actualmente á espera do que resolva o xulgado. Comezaremos o proceso en Inspección de Traballo e despois iniciaremos o proceso de denuncia pola vía penal. Cobren a falta de persoal realizando máis horas das que lles corresponden? Ese decreto municipal marca que debe haber un mínimo de 21 bombeiros por garda, tal e como figura no plan de emerxencias municipal. Nós non nos podemos negar a traballar neses casos para garantir os 21 efectivos permanentes e podemos ser mobilizados en calquera momento. As consecuencias de negarse son a suspensión de tres anos de emprego e soldo. O problema reside en que ao estarmos faltos de efectivos, estamos empatando xornadas. Esta semana houbo compañeiros que fixeron 120 horas en tan só sete días, con xornadas de 48 horas seguidas. A situación é un nivel de carga de traballo insoportábel. Os 12 compañeiros en formación que comentaba antes inclúenos na listaxe porque é a única forma do Concello chegar a 21 efectivos. A folga é por tanto unha medida límite á que chegamos polo grave risco no que se está a pór a cidadanía e o persoal de salvamento. Como son os servizos mínimos durante a folga? Informáronos hai tres días dos servizos mínimos, que son 21, o cal nos dá a razón de que estamos traballando sobre servizos mínimos constantemente e que nunca damos chegado a un servizo ordinario nesta cidade. Que máis medidas teñen previstas durante a folga? Unha cidade que ciclicamente ten sinistros de grande envergadura atópase agora baixo mínimos, con poucos bombeiros, cansados e maiores Emprenderemos accións de denuncia e de visualización da situación na rúa e na rede. Mobilizacións e distintas accións. Quero que entendan os vigueses e viguesas que non temos a capacidade de resposta que tivemos no pasado, por exemplo nos incendios do 2016. Unha cidade que ciclicamente ten sinistros de grande envergadura atópase agora baixo mínimos, con poucos bombeiros, cansados e maiores. Avanzaron algo as negociacións co concello?A folga é indefinida até que a situación mellore. O responsábel do Servizo de Seguridade do concello é incompetente e non transmite ás e aos responsábeis políticos a urxencia das nosas demandas. Non entende a situación. Ademais, non hai xefatura do parque de bombeiros porque o xefe está de baixa tamén. Nós formulamos distintas alternativas para que de forma inminente puidese entrar a traballar máis persoal, mais non se non escoita Desde que foi a renovación municipal após as eleccións só tivemos unha reunión e foi de carácter meramente informativo. Convocounos agora a concelleira Elena Espinosa a unha xuntanza en setembro. Isto evidencia que non entenden a gravidade e urxencia da situación. Vigo pode ser unha cidade fermosa, mais sen bombeiros é moi perigosa. Nós formulamos distintas alternativas para que de forma inminente puidese entrar a traballar máis persoal, mais non se nos escoita. . Cal é a posición dos outros sindicatos con representación? CUT e CIG convocamos esta folga. COO e UXT entenden que isto é urxente, mais tamén o ven desde unha reivindicación de negociación colectiva. Nós estamos levando este conflito pola urxencia da seguridade, son ritmos diferentes e CIG e CUT decidimos tirar para adiante e convocar folga. Temos ademais o apoio maioritario dos compañeiros."}
{"ID": "NOS_21618", "summary": "Politicamente reforçada pelo resultado do 4O, a líder do Bloco de Esquerda, Catarina Martins, demandou esta terça feira ao Partido Socialista que \"rompa com a austeridade\" e se anime a \"formar um governo de esquerda\".", "text": "Martins acha que se Partido Socialista rachar com as políticas de direita iria ter não só o apoio do Bloco de Esquerda, senão também o da CDU, a coligação liderada polo Partido Comunista Português. A líder bloquista salientou: \"três milhões de eleitores decidiram votar contra a direita. A maioria votou nas forças políticas que se opõem à austeridade\", uma frase com a qual apelou ao Partido Socialista para que vire à esquerda e não permita a formação dum governo de direita. Ao não conseguir a maioria absoluta Portugal à Frente, a coligação de direita do PDS e CDS-PP, Passos Coelho só poderia manter-se no poder se conseguir o voto favorável ou a abstenção da bancada socialista. O presidente da República, o conservador Cavaco Silva, tem previsto reunir Portugal à Frente e o PS para ver que opções há de que cheguem a um acordo que viabilize a governança do país. Por sua parte, o Comité Central do PCP está a realizar esta terça feira uma reunião plenária para analisar os resultados eleitorais."}
{"ID": "PRAZA_1571", "summary": "Hoxe sabemos que Podemos só non pode, vímolo en moitos lugares de Galicia e en Madrid. Para que unha alternativa na que participe Podemos trunfe en España ha de haber unha alternativa de unidade popular maioritaria en Galicia, é dicir, se Podemos se presenta só tería uns resultados que non irían moito máis alá do 15%, o que supón frustrar o desexo de cambio no noso país, pero ademais podería significar a imposibilidade de articular un cambio a nivel de Estado. Eu quero crer o que dixo Podemos desde o comezo e que a unidade popular é posible.", "text": "A revitalización do nacionalismo contemporáneo apareceu procurando a unión do pobo galego, a esquerda sempre procurou l'Unitá coreando que o pobo unido xamais será vencido, E pluribus unum di o lema nacional USA, e Juan Pardo cantaba claro: \"Xuntos máis fortes, non haberá quen poida, miña nai querida, xa o sabemos ben\". A unión sempre é bonita, fai a forza e convirte a esa xente unida nun suxeito colectivo potencialmente invencible. O problema é quen se xunta a quen, quen ampara da unión, se debe haber pau de palleiro, cales son os presupostos da unión. É habitual comprender a unidade como que os outros se aveñan ao que digo eu, xa se sabe que son eu o que quero a unidade e se non se suman é porque non son unitarios, poden ser irresponsables, traidores, esquizofrénicos, pero unitarios non. Unidade orgánica Houbo un tempo no que a administración da unidade se xogaba no plano organizativo, contando maiorías militantes. A hexemonía social -gañar a batalla política e das ideas na sociedade- era un obxectivo secundario, entendíase que a fortaleza interna era a que permitiría o avance das posicións políticas, a cohesión e a suma de militantes era o importante, a correlación de forzas internas determinaba quen era unitario e quen disidente, á marxe do que acontecese de portas para fóra. Deste xeito, as loitas faccionalistas operaban coa lóxica d'A vida de Brian, non tanto pola grupusculización en si, canto pola súa derivada principal: os únicos a quen se odia máis ca os romanos é aos disidentes, e chega un punto que xa non sabes ben se o traidor do traidor é un aliado ou un recontratraidor. Hoxe pódese situar a posición política de moita xente por algunhas palabras fetiche pero sobre todo observando a quen detesta máis. Os romanos tanto ten. Unidade liquida e gasosa O tempo da xestión orgánica da unidade rematou, e Amio foi un símbolo dese cambio de época. Por suposto pasaron cousas politicamente máis importantes como o 15M e había moita máis vida fóra que dentro de Amio, pero si que foi un punto de inflexión importante se temos en conta a 'autonomía da política'. O BNG, moito máis alá de que se comprendese na súa versión nacionalista, deixaba de ser o grande espazo onde se articulaba a unidade o cambio político. A desorientación posterior é coñecida, sabíase de que se escapaba pero non cara onde se ía, hoxe sabemos que non era unha simple crise interna, o propio tempo histórico era un momento de apertura e confusión. As eleccións galegas premiaron a proposta da Alternativa Galega de Esquerdas, pero logo se viu que o vello aguanta máis do que se pensa As eleccións galegas premiaron a proposta da Alternativa Galega de Esquerdas, pero logo se viu que o vello aguanta máis do que se pensa. Tamén se pensou que a aceleración do tempo histórico tiña que que ver cun suposto momento destituínte, como se o tempo xogara só en contra do adversario. Houbo quen pensou que abondaba sentarse a esperar a caída do réxime, nunha nova versión teleolóxica do materialismo histórico, deixar que aconteza, empuxar un pouco, e agardar a levantar sobre as ruínas, iso si, coller boa posición para o día despois. Témome que non vai así. Temos que vencer, e non está tan claro que poidamos, é posible, pero precisaremos toda a forza e a intelixencia que poidamos xuntar. En todo caso sabemos que a aceleración do tempo aféctanos a todas, acumulamos experiencias varias que aguantan mal os momentos posteriores aos trunfos electorais. Pasámonos de moda. Dicía o antropólogo E. Gellner que as sociedades tradicionais esaxeran o seu inmobilismo, e as modernas a súa mobilidade, isto mesmo esta acontecendo cos partidos tradicionais e as forzas emerxentes, non só polo interese, tamén pola diferente concepción da realidade e do tempo. Desde logo agora como dicía a canción de Manu Chao vai \"mu rápida la vida\", de feito esta unidade orgánica que era o marco de xogo hai poucos anos semella xa doutro século. No noso país temos un escenario privilexiado para comprender o que está pasando, e saber o que facer. Vou contar o avance político último como 4 momentos de unidade (3+1 por vir): AGE, Podemos, Mareas, unidade popular complexa, pode parecer como unha mesma evolución por fases e na realidade non é iso, mais si que os momentos posteriores incluíron e aprenderon das experiencias previas. Unidade 1.0. AGE Logo de big bang de Amio non estaba claro como debía ser o big crunch, parecía que o sensato era reconstituír ese espazo e amplialo, pero non se sabía como. Esta nova apertura activou distintos rumbos, a procura da centralidade como centrismo por parte de CxG abrindo campo cara o galeguismo moderado, e a procura da centralidade mudando o foco a través da crítica do bipartidismo existente con AGE, abrindo o campo cara a esquerda rupturista. AGE removeu as mansas augas da política galega, era unha proposta política moi precaria, sen apenas novidade programática nin organizativa, pero rompeu un molde, o encontro de nacionalistas e non nacionalistas, xunto a unha crítica ácida á política de sempre e Beiras canalizando a rabia social. A unidade 1.0 alimentaba unha esperanza: deixar de lado os ideoloxismos, o encontro entre esquerdas plurais e romper coa resignada aceptación do existente. Reducir AGE a unha coalición de partidos non permitiu comprender a súa potencia como movemento de cambio. O fenómeno emerxente xestionouse pola vella, cos apaños tácticos dos vellos e novos aparatos. A xente quería moito máis que unha boa coalición, ofrecéuselle bastante menos. Unidade 2.0. Podemos É un lugar común comprender AGE como un antecedente de Podemos, Anxo Lugilde xa nos contou que Pablo Iglesias aprendeu por aquí como se podía. Podemos foi moito máis alá de AGE, a cuestión era darlle cauce non só á rabia senón tamén á pulsión cidadá de participar no cambio, e rompeu outros tres moldes: a redución da participación á forma partido ou sucedáneos, o encasillamento discursivo que sempre situaba o transformador como marxinal, e a falta de ambición renunciando resignadamente a vencer. O clamor polo novo premiou a experimentación, falaban idiomas que entendía calquera e facían verosímil a ambición maioritaria. Non está claro que era nin se esta vía servía, pero estaba claro que as outras era o de sempre, retornaba o principio de esperanza. Todo era moi precario pero moita xente dáballe -nunca mellor dito- un voto de confianza, era osíxeno nun aire viciado. Miles de persoas que non participaran en política facíano e tiña todo o encanto dos momentos constituíntes, xente facendo algo novo en común. A hexemonía só se gañaría xerando un novo sentido común no que se conectase a alternativa coa pulsión social de cambio. Non se trataba de que a sociedade asumise ideoloxemas-programa-tradición de esquerdas, para romper o marco dominante había que polarizar a dinámica política entre unha pequena elite privilexiada e a xente vítima da inxustiza. Ocuparon unha nova centralidade ao sintonizar coa rúa, comprendemos que eran alternativa cando foron ameaza real aos poderes fácticos, ao entremado de corrupción, a esa casta que nos abocaba á miseria. Todo semellaba crible. Os inimigos eran poucos, poderosos pero vencibles. O Grândola enchía as prazas, esperanza 2.0. A aceleración do tempo volveu actuar. O que era emerxente pronto parecía detido, non avanzaba A aceleración do tempo volveu actuar. O que era emerxente pronto parecía detido, non avanzaba. O maldito Gadamer volvía ter razón: non hai nada máis obsolescente ca o novo. A proposta líquida comezou a espesar. O que se concibía como unha ferramenta coas formas da nova política entendeu que debía xogar coas regras da competición electoral. E xa se sabe que se te organizas como un partido, actúas como un partido, se dirixe como un partido... se percibe como un partido. A ferramenta cidadá unitaria acabou tendo unha dobre natureza, un lugar para o wishful political thinking, un espazo de participación cidadá onde cadaquén proxecta o que desexaría, e ao mesmo tempo un actor político, sólido e ríxido coma os croios. A lei da gravidade electoral tira dos obxectos políticos cara o chan, aínda que sexan non identificados. O efecto realidade das autonómicas e municipais situounos nun 15-20%, moi loable, pero moi escaso para vencer. Hai tempo reclamei para a nova política a formulación misteriosa da física cuántica para pensar conxuntamente a política da organización e o movemento, as nosas 'luces' precisan que as partículas se comporten como ondas, e viceversa. O que comezou a abrirse con Podemos rematou sendo máis real en diversas iniciativas municipalistas. Unidade 3.0. Mareas. O misterio das mareas podería ser este, operar a un tempo coa materialidade e posición das partículas, xunto a velocidade e ausencia de masa das ondas. Igual que na física cuántica cando aplicas métodos de observación -diriamos aquí demoscópicos- só detectas os corpúsculos, pero as ondas están aí aínda que non se vexan, ao mesmo tempo. Penso que isto é máis que un símil, as mareas non foron comprendidas porque só se apreciaban as partículas partidarias, militantes, organizativas..., e non se percibía a intensidade e extensión da vitalidade cidadá, da intelixencia colectiva, da enerxía colaborativa. Comprendelo en clave dinámica, na intelixencia o importante non son tanto as neuronas como as conexións neuronais. As experiencias da Marea Atlántica, Compostela Aberta e outras están sendo a grande experiencia de innovación democrática deste tempo. Diriamos que inclúen e superan a unidade 1.0 e 2.0, non é unha simple oferta para o mercado electoral, é un movemento cidadán/iniciativa política que desborda a suma das partes. Os definidores do posible sempre ridiculizan como cándida calquera iniciativa que pretende innovar. Ben sexa polo interese, ben por ten a cabeza formateada en códigos binarios a conclusión era semellante: o que dicides é moi bonito pero non serve para o mundo real Todo isto ten relevancia práctica, non só teórica ou analítica. Os definidores do posible sempre ridiculizan como cándida calquera iniciativa que pretende innovar. Ben sexa polo interese, ben por ten a cabeza formateada en códigos binarios a conclusión era semellante: o que dicides é moi bonito pero non serve para o mundo real. A política de verdade sempre era para quen sabía, xente madura, para quen tiña oficio curtido na real politik, para homes; os experimentos con gasosa. Agora resulta que a política liquida e gasosa non só erosiona senón que derrota a pétrea. As mareas gañaban en terreo inimigo, trunfou o que parecía un lastre: ética, coherencia, política a escala humana, honestidade, sen promesas de cemento, candidat@s sen oficio na política tradicional, democracia aberta nas prazas, xente falando, escoitando e colaborando nun desexo común. E por que non dicilo, ás veces as mareas tamén adoeceron de moita precariedade, que non era opción era carencia, reflectindo a brutalidade social do contexto, a política como a vida mesma. Iso aínda a facía máis real, a verdade era verosimil. O capital intanxible da cooperación, da ilusión, da imaxinación, a potencia da multitude valía máis ca os orzamentos, a militancia, a influencia mediática ou o know how electoral. Invertíase o razoamento, innovar e apostar polo que cres tiña recompensa fronte as receitas e a política impostada. A sintonía coa sociedade viña pola vía da empatía, o cotián e a implicación plural da xente en vez da prédica ideolóxica ou os cálculos de marketing sobre o votante medio. A diversidade das mareas tamén nos serviu para comprender o seu alcance, houbo algunhas que foron unha versión ampliada de AGE (en versión +/- Podemos), outras con centralidade cidadá non conseguiron a confluencia, a casuística é ampla. As elección municipais permitiron ponderar a súa forza: con carácter xeral as propostas AGE (son) ou Podemos situáronse por baixo do 15% cando foron soas, a suma AGE+Podemos andou no 20%, o protagonismo cidadán con confluencia por riba do 30%. Este non é só un debate cuantitativo, a clave está na capacidade de vencer, disputarlle o primeiro posto ao PP sendo alternativa principal de goberno. Iso só se consegue canalizando toda a ambición democrática de recuperar as institucións para a xente. Unidade 4.0. Unidade popular complexa Agora sabemos que a proposta mareas non só é desexable, tamén é exitosa. Tamén sabemos que as mareas non son reducibles a receitas, mostran o sentido pero non hai fórmula. A política a escala humana ten moito de artesanía, establecendo dinámicas colaborativas entre xentes e comunidades concretas. A alquimia nunca se aclara sobre o elixir do trunfo popular, non coñecemos as doses nin sequera ben todos os compoñentes. Porque de que falamos cando falamos do protagonismo cidadán? Cidadáns somos todos e todas, as persoas afiliadas non son menos cidadáns, mesmo é posible que teñan un plus de dedicación ao colectivo, pero todo o mundo comprende o que significa combater as lóxicas dos partidos como vella política. Máis difícil é comprender o que é iso das mareas e que a cidadanía manda, vou explicar -para xente ben intencionada- o que a min me parece, diriamos as características chave que na realidade sempre son imprescindibles ma non troppo: 1. creación colectiva: a proposta política é froito da participación da xente, o proxecto é unha creación común na que o resultado non está predefinido nin é unha suma de individualidades; 2. participación aberta, a xente implícase coa lóxica dos movementos, a organización é porosa sen saber ben onde está o dentro e o fóra, que busca a apertura no territorial, no temático, nas redes, fronte a suma de militantes; 3. democracia inclusiva, o proceso está baseado na confianza baixo o principio calquera pode participar, ninguén pode controlar, a través de dinámicas de participación democrática horizontal, evitando a súa captura ou bloqueo por parte de partidos, trolls, grupos de interese... 4. igual participación, todas as persoas participan en calidade de cidadáns en pé de igualdade, a xente que non milita intégrase de xeito non subalterno, ou sexa, a política non é só para iniciados; 5. autonomía social, as iniciativas e movementos cidadáns son axentes clave para a cambio social, as iniciativas políticas cidadáns contan coa súa intelixencia e enerxía de transformación, desde o maior respecto; 6. espazos deliberativos, os debates son lugares amables nos que a xente razoa, se emociona e decide en común, as persoas transforman e se transforman no proceso sen sensación de renuncia, fronte as formulacións gañar-perder; 7. proxecto compartido, a construción de alternativa non é unha agregación de demandas, de propostas ou de forzas, tratase de articular un relato que ten sentido, os participantes senten que son parte dese desexo común; 8. sentido común, trátase de xerar un relato con vontade hexemónica capaz de mudar o marco de interpretación da realidade -situación e alternativas posibles- sintonizando coas razóns e emocións comúns da xente; 9. confluencia cidadá, as organizacións transformadoras e cidadanía sen adscrición deben confluír nunha proposta de cambio no que se aceptan as regras de xogo da democracia participativa aberta, sen preeminencia dos partidos; 10. as persoas primeiro, os problemas e as inquietudes da xente son o centro da acción pública, definidos nos termos das persoas implicadas, o labor dos gobernos é promover o desenvolvemento humano; 11. praxe, ata agora os militantes políticos dedicáronse a predicar a importancia do pobo, do que se trata é de practicar a democracia coa cidadanía como protagonista. A clave hoxe está na credibilidade e a cidadanía aquí cobra un papel primordial na percepción da proposta Non pretendo facer outra gracieta coas teses sobre Feuerbach, o que quero dicir é que boa parte 'rupturismo' da mareas foi facer o que dicían. Non tanto contar o que pasaría o día que tomaran o pazo de inverno senón mostrar no outono e na primavera outra forma de facer, e facelo nas prazas. A clave hoxe está na credibilidade e a cidadanía aquí cobra un papel primordial na percepción da proposta: quen enuncia, con que palabras, en que lugares, sobre que, con que sensibilidade e as mareas significaban unha honestidade brutal, política de proximidade mirando aos ollos. Claro que se podía, non era unha promesa, a democracia non era un conto, era unha práctica, a materialidade da esperanza. A radicalidade das mareas non era por extremista era por ir raíz. Cos pés na terra e paxaros na cabeza. Hoxe tamén se pode, sempre e cando se comprenda que o importante para o trunfo da marea galega sería o protagonismo cidadán, esa cousa etérea e incomprensible que supuxo a pequena diferencia entre vencer e non importar. Unidade sen hexemonía: pannacionalismo, panesquerdismo e outras empanadas A alternativa debe recoller toda traxectoria emancipadora dos galeguismos e das esquerdas, pero penso que debe evitar calquera formulación que pretenda reducir esta creación cidadá plural a un ecumenismo de igrexas vellas ou novas, nin sequera a unha suma de tradicións valiosas. É habitual que sexamos dependentes da traxectoria propia -path dependency-, diriamos que pesa moito máis de onde vimos, a secuencia das decisións previas, que a realidade do momento. Ninguén é alleo a súa historia ou a do seu grupo, nin se trata de prescindir da mesma ou enmascarala, a clave é pensar que o futuro o facemos nós, non está escrito de antemán. Tampouco deberamos comprender o encontro como cesión. A metáfora da parcelaria non é moi útil, pensa nunha realidade acoutada na que só hai que reordenar aos propietarios existentes e xuntar fincas, sabemos que o mar non ten cancelas, as mareas tampouco. O problema aparece cando se establece un perímetro que limita quen debe de arrexuntarse, de partida ou de chegada. Isto é unha opción perfectamente lexítima por suposto, pero segundo eu o vexo ese límite sería limitativo da potencia cidadá que permite vencer Por outra parte, o problema aparece cando se establece un perímetro que limita quen debe de arrexuntarse, de partida ou de chegada. Isto é unha opción perfectamente lexítima por suposto, pero segundo eu o vexo ese límite sería limitativo da potencia cidadá que permite vencer. Ben sexa xuntar aos nacionalismos ou as esquerdas tal e como as coñecemos, deixaría de lado o carácter verdadeiramente innovador e a súa aspiración maioritaria. Esquerdismo e nacionalismo -nas súas versións reducionistas- poden converterse en enfermidades senís da democracia. O problema non é a súa irresponsabilidade xuvenil, é máis ben a súa esclerose discursiva, que acaba convertendo as identidades partidarias en fetiche, o activismo en patriotismo militante e burocracia, a vitalidade transformadora en maquinaria. Se formulamos a proposta como a unión dos e das nacionalistas -máis ou menos ampliada- significa concibila como unha nova parcelaría, unha nostalxia cara os soñados momentos onde estabamos 'todos' xuntos. A min paréceme que calquera tempo pasado foi antes. Opera unha idealización que é comprensible en momentos de crise, pero non está de máis lembrar que o BNG só acadou nunha ocasión o 18% en 2004 do voto galego para o congreso -a certa distancia por tras do PSOE e cando o PP alcanzou o 54%-, eran uns magníficos resultados cando semellaban unha progresión cara un novo período, pero logo se viu que era a excepción a unha serie histórica que se mantivo no 12%. O asunto hoxe non pode ser aspirar a xuntar todas as forzas galeguistas e ser a grande representación do pobo galego, do 12% do pobo galego. O peor aínda é pensar que ser coherente implica non aspirar a máis, entender o encontro e a mestura como renuncia. Podendo ter 0/2 deputados para que imos ter 10, grupo parlamentario e determinar o próximo goberno do Estado. Opera unha idealización que é comprensible en momentos de crise, pero non está de máis lembrar que o BNG só acadou nunha ocasión o 18% en 2004 do voto galego para o congreso Outra deriva posible é o panesquerdismo, comprendelo como a unión de todo o que queda para alá do PSOE. A pauta é similar, encaixar á sociedade nuns esquemas predefinidos que confunden a sociedade: dis anticapitalismo e enténdese abolición da propiedade privada e o mercado, dis loita de clases e enténdese defensa corporativa dos obreiros fabrís ou o desprezo dos traballadores precarios e autónomos. Por favor que ninguén me explique que isto non é certo, o que quero dicir é que claman pola maioría pero non falan con palabras recoñecibles por esa maioría. Igual a alienación non está do lado da xente, senón de quen articula as propostas transformadoras. O pobo non é contrario aos cambios, o que sucede é que determinadas etiquetas impiden unha formulación hexemónica. Se calquera modificación se ve como revisionismo gatopardista xa estamos noutra deriva marxinalizadora, igual menos marxinal que a anterior pero que se contenta con ser a terceira forza e a verdadeira esquerda. Rupturismo que nunca chega a romper. Por suposto que os valores da esquerda deben inundar as propostas pero temos que evitar que nos encasille o adversario, recuperar moitas palabras para nós, liberdade ou democracia e tamén iniciativa ou responsabilidade. Temos que ocupar a centralidade, claro que si, e iso significa construír un novo sentido común sobre a base do sentir popular, a loita pola hexemonía implica entrelazar a comprensión popular da realidade coa emancipadora, de xeito que a realidade deixe de percibirse como un estado natural ou de resignación sen-alternativa para adquirir unha dimensión política, pode cambiar e está na nosa man facelo. Eu como Žižek tamén \"Estou farto desa esquerda marxinal que non só sabe que nunca chegará ao poder, senón que secretamente nin sequera o desexa\". Por sorte hoxe aspirar a vencer compréndese como 'poder para' transformar, e non como arribismo. Por último outra actitude que impediría a unidade popular é a crenza nos salvadores, eu si que creo nos liderados e aínda máis nas persoas que son referentes sociais. Hai un par de anos comentaba tamén en Praza a respecto de Beiras \"Moitos non buscamos un mesías, nin un heroe, nin un líder que nos guíe, que saiba o que hai que facer en cada momento. Beiras ten unha enorme intelixencia política e intuición pero eu non penso sentar a esperar o que pensa, o que opina ou o que di, eu quero facer en común con el e coa maioría social\". O mesmo me acontece con Pablo Iglesias, teño unha alta consideración e quixera colaborar con el e toda a súa xente nun proceso de transformación profunda, pero ten que operar como un catalizador do cambio e non como un guía. Moitas e moitos queremos participar nese proceso con ilusión, e hei de facer todo o posible para xuntarme a maioría cidadá que sabe que só podemos se o facemos xuntos. Eu penso traballar en común, non seguir a ninguén, como dicía o chiste do señor que recibía a uns mormóns na casa: \"home, xa non creo no meu, que é o verdadeiro...\". Hoxe sabemos que Podemos só non pode, vímolo en moitos lugares de Galicia e en Madrid. Para que unha alternativa na que participe Podemos trunfe en España ha de haber unha alternativa de unidade popular maioritaria en Galicia Hoxe sabemos que Podemos só non pode, vímolo en moitos lugares de Galicia e en Madrid. Para que unha alternativa na que participe Podemos trunfe en España ha de haber unha alternativa de unidade popular maioritaria en Galicia, é dicir, se Podemos se presenta só tería uns resultados que non irían moito máis alá do 15%, o que supón frustrar o desexo de cambio no noso país, pero ademais podería significar a imposibilidade de articular un cambio a nivel de Estado. Eu quero crer o que dixo Podemos desde o comezo e que a unidade popular é posible. O vello Z. Bauman contábanos que as realidades políticas sólidas vense superadas polas líquidas, e mesmo polas gasosas. Pero hai que ter coidado cos estados da materia e os seus cambios, chamamos sublimación ao paso de sólido a gas, e ao paso inverso denomínase 'deposición'. Todo o gasoso pode reificarse e facerse fetiche, máis cousa que movemento. Obviamente a política actúa en todos os estados: todo o sólido esvaece no aire (Marx), agora vemos como partidos pétreos fan augas, con desgastes que van máis alá da erosión; tamén vemos unha 'nova' real politik na que o que semellaba máis etéreo opera coa contundencia da tectónica de placas. Coas mareas comprendemos que a implicación da xente non quere partidos, un novo patriotismo de partido coas lóxicas, as marcas e as lealdades partidarias bloquearían a potencia cidadá. Se prima a fidelidade sobre a confluencia vai disuadir a moitos e moitas que queremos camiñar xuntos, non sei se será prepotencia actual, o que será seguro é impotencia futura. As forzas políticas están actuando para que a unidade se faga nos seus termos. Dá un pouco de pudor ver como grandes defensores dunha marea galega a xentes que non só foron escépticos das mareas existentes, senón que as combateron de forma activa, dicindo -e facendo- cousas bastante feas. Nada máis lonxe de min que preservar o mundo mareas para as/os cidadanistas, ten que ser un espazo hibrido onde nos remexamos xentes diversas, pero no que as regras do xogo son as das iniciativas cidadás. É magnífico que se comprenda a vía marea como (a única) alternativa capaz de vencer á dereita, aínda que sexa por sobrevivir. É unha alegría ver que podemos coincidir na pluralidade e que van quedando de lado vetos como a escisión nacionalistas-non nacionalistas. A clave é conseguir o marco cidadán de confluencia, onde forzas políticas e militancia actúen como cidadáns, se operan como soldados, como lobby ou de xeito instrumental non vai funcionar. A experiencia amósanos a abundancia política dos reis Midas, que converten en metal todo o que tocan, a auga, o pan, as bandeiras ou a xente. E pensan que lle dan valor. Desde Galicia para o mundo Un programa clásico da televisión, Desde Galicia para o mundo, dá conta do país trasladando unha visión do mesmo un tanto edulcorada. Eu que son un gran valedor dun relato positivo do país paréceme un tanto inefable esa lectura na que calquera 'recanto da nosa terra' sempre é 'o máis' nalgunha cousa, o máis insólito sempre. Galicia oscila entre alcaldes facendo publirreportaxes naif e intelectuais contando que o país non dá para máis, co síndrome que chamei noutro lugar identidade negativa de segundo grao. O bo sempre pasa noutro lado. Teño para min que nestas eleccións Galicia está na cabeza das experiencias municipalistas máis interesantes, Barcelona abriu camiño e prendeu a mecha en moitas cidades españolas, pero moi poucas co nivel de ilusión, de innovación, de éxito da Coruña e Compostela. O universo municipalista foi un espazo colaborativo en código aberto e fomos aprendendo todas, unhas das outras. Mais fronte a esa concepción mimética na que se pensa que por aquí sempre se fan versións adulteradas do que pasa en Madrid ou Barcelona, os experimentos das mareas foron un referente, e desde logo hoxe mostran camiños posibles. Os mellores exemplos, os maiores saberes, a maior lexitimidade e as enerxías máis poderosas para o cambio están aquí. A potencia dunha posible marea galega é enorme, mesmo para irradiar o cambio a nivel de Estado. En Galicia están pasando as cousas politicamente máis interesantes e o ámbito español é onde poden acontecer cousas máis relevantes a nivel europeo. Con Nunca Máis o mundo mirou para Galicia, co 15 M o mundo mirou para España, esa corrente ten moito recorrido. Eu si quero ser protagonista dese cambio que recupere o goberno das nosas vidas, quero que a cidadanía galega, que aposta maioritariamente polo cambio, conflúa nunha iniciativa conxunta. A min si que me importa o que pase no Estado e o que pase en España. Son habituais as posicións dicotómicas sobre a representación do pobo galego no congreso, por unha parte, quen comprende como valedor de Galicia de Madrid, desentendéndose do goberno do Estado; e quen se concentra en soster ou combater o goberno español, desentendéndose da consideración de Galicia como suxeito político. Os mellores exemplos, os maiores saberes, a maior lexitimidade e as enerxías máis poderosas para o cambio están aquí. A potencia dunha posible marea galega é enorme, mesmo para irradiar o cambio a nivel de Estado Ao meu xuízo as propostas de marea galega que recoñecen ao pobo galego como un suxeito político nacional e promoven un grupo galego no congreso deberían integrar ambas dimensións. Por unha parte, representar á cidadanía galega como suxeito político autónomo ao que se deben e han de render contas e, por outra, participar activamente na grande onda de cambio que agardemos chegue neste inverno. Nin reducionistas nin subalternos. Penso que debemos ser máis ambiciosos e proactivos na relación co Estado, hai que ir máis alá do tradicional 'facer valer a nosa voz en Madrid', demandar competencias, e contar para que nos traten como Cataluña e o País Vasco, para non perder posicións e descender a rexional preferente... Non debemos permanecer nunha posición defensiva. O importante sería que de xeito práctico a maioría social galega operase como un suxeito político autónomo, facéndoa partícipe do cambio a nivel estatal e incorporando a vindicación de Galicia en canto comunidade nacional nos procesos constituíntes que se aveciñan. Que a cidadanía galega sexa protagonista na conformación complexa dun modelo de Estado no que a xente manda, tamén como galegos e galegas, non só nos investimentos territorializados ou nas políticas 'que nos afectan', cales non nos afectan?. Claro que importa o goberno do Estado, e ten que estar Galicia pero sobre todo debe estar o pobo galego. Demos, plebs, populum. Penso que as ondas da marea deberían chegar ata as eleccións galegas, non me fagades moito caso que son de terra a dentro, pero eu vexo que moita xente está clamando por esa grande iniciativa cidadá de encontro Penso que as ondas da marea deberían chegar ata as eleccións galegas, non me fagades moito caso que son de terra a dentro, pero eu vexo que moita xente está clamando por esa grande iniciativa cidadá de encontro. Non se trata de apaños tácticos para saír do paso: nesta que estou débil imos xuntos, a seguinte que é a miña xa vou eu só, unha xeometría da confusión variable que conduza a unha xestión posterior exclusiva dos partidos. A demanda é clara: iniciativas cidadás de confluencia con capacidade para vencer, non instrumentos de conveniencia para pasar apuros, uns nas xerais outros nas autonómicas. As forzas políticas deben xogar o seu papel, e teñen moito que gañar se facemos caso dos seus idearios e programas, ninguén está pedindo que se suiciden. Por iso creo que o principal sería poñernos a facer desde agora iso que prometemos para o día despois, mellor dito deixar de prometer e poñerse a facer. A democracia non se conta, practícase, se a xente vai estar no centro da proposta política a participación aberta da cidadanía terá que ser o fundamento da súa construción. Todo o mundo fala da unidade, todos e todas imos ser unitarias, sensibles, xenerosas e a marea é o modelo, pero falamos de cousas ben distintas. A unidade é a resposta, a marea galega é a solución. A cuestión hoxe non é unidade si ou non, a cuestión é que unidade, está claro que o capital simbólico da unidade e do protagonismo cidadán son moi importantes, lonxe deles podes quedar fóra de xogo. O detalle non está en predicalo ou acoplarse a iniciativas exitosas, o detalle está en activar procesos nos que a cidadanía poida participar de verdade na xeración da alternativa. Demostrar a nova política na práctica, mobilizando a ilusión, a enerxía e a intelixencia da multitudes. E non habemos poder!. No Atlántico, no Cantábrico, no Miño, no Sil, somos a terra dos mil ríos e de máis quilómetros de costa. A lúa atráenos a todos, o sol tamén, toda a Terra se move, toda a Terra é dos homes e das mulleres. Hai marea!"}
{"ID": "NOS_2190", "summary": "A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) reclama medidas económicas \"consensuadas\" coas administracións públicas para \"paliar\" as consecuencias.", "text": "A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) estimou que a crise sanitaria derivada da propagación do coronavirus implica perdas de máis de 3 millóns de euros que afectan 20 proxectos do sector audiovisual na Galiza. A través dun comunicado, a entidade detallou que as longametraxes de ficción foron os traballos máis afectados por unha situación que, segundo apuntou, tamén prexudicou a documentais, curtametraxes e series. En concreto, a asociación indicou que as rodaxes xa iniciadas paralizáronse \"na súa totalidade\", mentres que as que non comezaran tiveron que se pospoñer. Ademais, sinalou que a suspensión de festivais cinematográficos interrompeu \"a exhibición e distribución de películas que xa contaban con seleccións e confirmacións de estrea\". Da mesma forma, a chegada ás salas de cinemas de 'Lúa Vermella' de Lois Patiño, estreada no Festival de Berlín; e 'A illa das mentiras', dirixida por Paula Cons e distribuída por Filmax; tamén foi suspendida. Mentres, Agapi apuntou que a data de estreno de 'María Soliña', dirixida por Ignacio Vilar, fixada para o vindeiro 15 de maio, sitúase na \"corda frouxa\". Adicionalmente, as proxeccións da longametraxe 'O que arde' e a comedia audiovisual 'Eroski paraíso' interrompéronse debido ao peche das salas de cinema. A asociación tamén resaltou que o financiamento de proxectos conxelouse \"en moitos casos\" e alertou de que as propostas do sector audiovisual galego independente para 2020 acumulan perdas medias de 16 por cento do seu orzamento. Así, sinalou que, ante o \"reto\" que supón conseguir apoio económico para proxectos independentes, os seus impulsores \"viven con moita frustración a situación de incerteza financeira\"."}
{"ID": "NOS_43288", "summary": "O 24 de novembro de 1910 a Garda Civil abría fogo contra unha manifestación de tres mil persoas que protestaban en Noia contra a suba do imposto de consumos. A política do mauser volvíase a facerse presente en Galiza como sostén do réxime da I Restauración, provocando nove feridos e a morte de Ricardo Alonso Arias, un mariñeiro de Manle que deixaba cinco fillos, e dunha moza de dezaseis anos chamada Consuelo Queiro Gómez.", "text": "É probablemente un dos últimos motíns de consumos da historia de Galiza. O imposto de consumos era un tributo indirecto tan ao gusto dos liberais, criado pola lei de reforma tributaria de Mon-Santillán, vixente no Estado español entre 1845 e 1911, suspendido durante un breve período polo goberno da I República e que mereceu a contestación permanente da poboación galega. Á marxe da súa natureza inxusta, ao carecer de ningún tipo de progresividade, do alto grao de ineficacia na súa xestión e das corruptelas provocadas na súa imposición, o eixo fundamental da súa reprobación social derivouse de gravar os bens de primeira necesidade, como se afirmaba na norma \"de comer, de beber, de arder\", provocando unha alza nos prezos que favorecía a carestía da vida e aumentaba o desabastecemento das subsistencias. O gravame, obxecto ao tempo dun importante debate doutrinal entre os diferentes actores da política do momento, particularmente entre as diversas correntes do liberalismo, será suprimido por unha modificación lexislativa que deu paso a unha nova norma que comezou a gravar as rendas urbanas. O 21 de novembro de 1910 arredor de 1.000 veciños concello de Noia desprázanse á vila para protestar pola alza do imposto de consumos. A concesión por parte da corporación local presidida por Severo Gómez Botana da xestión da recadación do tributo a Francisco Pérez Hermo, implicou unha suba moi importante no prezo da carne de porco, pasando a cobrarse a arroba a doce reais fronte aos sete que custaba anteriormente. A resposta da poboación no se fai agardar, enchendo primeiramente as rúas de Noia e reuníndose posteriormente co alcalde que compromete unha rápida solución coa comisión, instándoos a que acudan á localidade tres días máis tarde, coincido coa celebración dunha sesión plenaria, a fin de deixar resolto o problema. Porén, o día 24, nunha nova xuntanza co máximo responsábel da corporación, este muda de opinión, prendendo o lume para unha nova protesta que percorrerá a vila e rematará coa intervención desproporcionada dos axentes da orde. O 21 de novembro de 1910 arredor de 1.000 veciños concello de Noia desprázanse á vila para protestar pola alza do imposto de consumos O 24 de novembro a veciñanza, nun número de 3.000 segundo as crónicas xornalísticas, volve a tomar as vilas de Noia. Após abandonar a casa do concello e percorrer a zona do cantón, diríxense á vivenda do contratista do imposto de consumos Pérez Hermo e de Álvarez, un importante comerciante da localidade, a fin de achegar as súas protestas, aparecendo as mesmas custodiadas por números da Garda Civil que ordenan disolverse aos manifestantes. Perante a negativa dos veciños a cumprir coas indicacións das forzas da orde, estas —conformadas por membros do instituto armado da vila pero tamén de concellos veciños como Porto do Son ou Muros— disparan contra os manifestantes provocando dous mortos e varios feridos. Así, entre os primeiros, atopamos Ricardo Alonso Arias, un mariñeiro no lugar de Manle, na parroquia de Barro que deixaba a muller en cinta e cinco fillos, e un moza da vila de dezaseis anos, Consuelo Queiro Gómez. Ao tempo, ficaron feridas outras noves persoas, destacando pola súa gravidade Xosé Ventura Ínsua de corenta e cinco anos, Antonio Ríos Ronquete de quince e Dores Romero de dezasete. A resposta da Garda Civil e o asasinato de dúas persoas abre unha nova fase no conflito. A vila é paralizada, féchase o comercio, decrétase unha folga xeral, colócanse crespóns negras nas vivendas e o concello paraliza temporalmente a suma do imposto de consumos. O enterro polas dúas vítimas convértese nunha grande mobilización de repulsa, sinalando a prensa a presenza de máis catro mil persoas, iniciándose, ao tempo, unha subscrición popular para recadar fundos para as familias das vítimas, onde se contou co apoio das xentes do Partido Conservador, que vían a ocasión para debilitar o goberno liberal de Canalejas. Aínda así, quen se faría eco no parlamento do acontecido en Noia, solicitando a aclaración dos feitos e esixindo responsabilidades polo acontecido foi Pablo Iglesias, deputado e máximo responsábel do PSOE, o que indicaría unha presenza dos socialistas, no conflito. Pasada a solidariedade inicial, fundamentalmente polo impacto das mortes na opinión pública da comarca e de Galiza, a represión volveu para os veciños, sendo sometidos tres labregos a un consello de guerra, a orde pública estaba militarizada, en Santiago de Compostela o 22 de decembro de 1911."}
{"ID": "PRAZA_11474", "summary": "Este xoves están convocadas concentracións nas sete cidades e, ademais, vén de difundirse un manifesto asinado por un cento de activistas, intelectuais e profesionais galegos e galegas que que lle pide á comunidade internacional \"que actúe de contado e deteña esta barbarie\"", "text": "Galicia mobilízase contra o golpe de estado en Bolivia que xa provocou a morte de 25 manifestantes a mans da Policía e do exército. Tras as concentracións impulsadas a pasada semana pola plataforma Mar de Lumes, este xoves están convocadas mobilizacións nas sete cidades. Ademais, vén de difundirse un manifesto asinado por un cento de activistas, intelectuais e profesionais galegos e galegas que rexeita a autoproclamación dun novo goberno da man do exército e que esixe unha reacción da comunidade internacional.O manifesto rexeita \"o recoñecemento do autoproclamado goberno Añez por parte dos EEUU, Brasil e a UE\" e pídelle á Comunidade Internacional \"que actúe de contado e deteña esta barbarie\"O texto sinala que \"denunciar o xorne represor e ditatorial do golpe de estado en Bolivia, vén sendo hoxe un imperativo ético e, ao tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades e a soberanía dos pobos\". Ademais, rexeita \"o recoñecemento do autoproclamado goberno Añez por parte dos EEUU, Brasil e a UE\" e pídelle á Comunidade Internacional \"que actúe de contado e deteña esta barbarie\".O manifesto alerta de que \"a realidade que se está a vivir en Bolivia, Ecuador, Chile, en Haití ou en Honduras retrotráenos á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, na década dos '70 e '80 do pasado s.XX, a partir dos pláns perpetrados desde a coñecida Escuela de las Américas\".A lista de asinantes do manifesto, publicado nas catro linguas oficiais no Estado, está encabezada polas sinaturas do escritor Xurxo Borrazás, o historiador andaluz José Antonio González Alcantud, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, o escritor Suso de Toro, o historiado Uxío Breogán Diéguez e o historiador Eliseo Fernández.Este xoves distintas organizacións políticas, sociais e sindicais convocan concentracións de apoio ao pobo boliviano e para rexeitar o golpe de estadoEste xoves distintas organizacións políticas, sociais e sindicais convocan concentracións de apoio ao pobo boliviano e para rexeitar o golpe de estado. As convocatorias denuncian que \"o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder\" e que, ao tempo, \"vulneráronse as normas legais para a sucesión, todo no medio dunha espiral de violencia e represión armada de calquera tipo de protesta\".Sinálase que \"as elites sociais e económicas, así como a cúpula militar antiesquerdista, sempre se resistiron a ser gobernadas por un campesiño indíxena de orixes humildes\", engadindo que \"nos catorce anos de goberno de Morales, Bolivia conseguiu estabilidade, os seus mellores índices de crecemento, escolarización e acceso a servizos públicos e saúde, que nunca foron ben vistos polas devanditas elites\".Convocatorias: Xoves 21 ás 20.30A Coruña: ObeliscoFerrol: palco da música (Cantón)Santiago de Compostela: praza de CervantesLugo: diante do ConcelloOurense: praza MaiorPontevedra: Subdelegación do GobernoVigo: praza da PrincesaVilagarcía de Arousa: praza de Galicia"}
{"ID": "NOS_739", "summary": "En Unicorn Wars, Alberto Vázquez continúa co seu estimulante universo particular, e tan provocativo, mestura de animación naif, fanzine grotesco, humor negrísimo e temas adultos.", "text": "Unicornios e osiños peludiños con arcos e frechas en forma de corazón nunha guerra fraticida polo control dun bosque máxico? Onde hai que firmar? Intúo que Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) non o tivo tan sinxelo. Iso si, contaba cunha excelente carta de presentación: Sangue de unicornio, a curtametraxe na que se basea Unicorn Wars e que tivera un percorrido internacional espectacular antes de que fixera Psiconautas, a súa primeira longa xunto Pedro Rivero. Unicorn Wars / Alberto Vázquez / Galiza-Euskadi-Francia / 2022 / 91 min. En Psiconautas utilizara o mesmo sistema. Primeiro curta, Birdboy, e logo usar ese material como base para desenvolver a longa. De feito, Decorado, curta gañadora do Goya a Mellor filme de animación en 2016, vai ser o seguinte proxecto de Alberto Vázquez. Tendo en conta que Unicorn Wars tardou seis anos en facerse, pandemia mediante, a espera vaime resultar eterna. En Unicorn Wars continúa co seu estimulante universo particular, e tan provocativo, mestura de animación naif, fanzine grotesco, humor negrísimo e temas adultos. Denota un considerábel salto de calidade, non só na animación, senón tamén por contar cun guión redondo, aderezado cun bo desenvolvemento de personaxes, unha xenial mestura de elementos alegóricos, iconografía na cor, un memorábel clímax e un longo etcétera de acerto tras acerto. Achégase ao público empregando frases do imaxinario colectivo (\"sanda sanda cuíño de rá\") e, ao mesmo tempo, utiliza alicerces da cultura occidental (unicornios, osiños de peluche ou os arcos da vella) dándolles un sentido e características inesperadas, moi inesperadas... A banda sonora de Joseba Beristain merece mención á parte. Coros, sintetizadores, música sacra ou dodecafonismo. Un cóctel explosivo e consciente que subliña cada imaxe. A canción 'Respirando odio', de Hongo, xa utilizada en Sangue de unicornio, úsase nos títulos de crédito finais mentres imos asimilando o que acabamos de ver. Fantasía mesturada con pasaxes bíblicos, fundamentalismo relixioso, teoloxía, control, poder, fascismo (ollo ao Millán-Astray osiño) e todo o que conduce a unha guerra sen sentido, nunha anti-fabula ecoloxista e anti-bélica con ecos de Bambi e Miyazaki protagonizada por unicornios implacábeis, macacos adoradores de tótems e, atención, osos amorosos adictos ás drogas, sádicos, perturbados e sexualizados (e non a través de pestanas, precisamente); xuntos nun entorno bélico debedor de Platoon, Apocalypse Now ou A chaqueta metálica. É dicir, a típica película que veríamos coas nosas crianzas... se pretendemos traumatizalas de por vida."}
{"ID": "NOS_55565", "summary": "A asociación cultural Retrouso de Cela, fincada en Bueu, xa ten no forno Elelelos, un proxecto de recuperación e divulgación da música de tradición oral de tres parroquias do Morrazo.", "text": "Un elelelo é unha palabra onomatopeica que designa un cantar. Pois ben, moitos elelelos, ou moitos cantares, son os que compoñen o duplo CD que a asociación cultural Retrouso de Cela, de Bueu, está a ultimar e que levará por título Elelelos. Esta sinxela explicación resome un amplo e laborioso traballo de recopilación da música de tradición oral en tres parroquias do Morrazo e na Illa de Ons, para alén das historias que esas músicas agochan. 15 anos recollendo os sons da comarca De Retrouso fai parte Guillerme Ignacio Costa, voz de Quempallou e produtor artístico de Elelelos. Leva 15 anos compilando cantares e música tradicional oral que dan forma a un arquivo sonoro de onde sairán 80 minutos de gravación rexistrados no primeiro disco. \"Mais tamén queriamos que participase o alumnado cun proxecto discográfico propio\", polo que o segundo disco recolle unha ducia de pezas reinterpretadas. Pandeiretas, acordeón, gaita, zanfona, tambor e bombo soarán acompasados nesta homenaxe musical aos e ás informantes que colaboraron no proxecto. As músicas incluídas na escolma pertencen a tres parroquias do Morrazo --Beluso, Bueu e Cela-- e á Illa de Ons onde, conta Costa, \"había moitas tocadoras de pandeireta\" malia non exixir ningunha edición discográfica que recolla os seus sons de maneira directa. Aparecerán en Elelelos, e tamén aparecerá a arte de Consuelo de Pardiñas, a última pandereteira do concello de Bueu, ou José Entenza, o gaiteiro de Cela. Cada cantar, unha historia Música para xogos, cantares de arrolo, comparsas, cantares de reis e romances de cego son algúns dos subxéneros que se divulgarán con este proxecto de tradición viva. Con cada cantar vai tamén unha historia e Guillerme Ignacio Costa sabe moitas porque llas transmitiron @s informantes, as persoas con quen combinou para a recuperación dos sons que fan parte do seu arquivo. \"Explican cando e onde se cantaba\" e conta unha historia que ouviu de boca da Teresa, alcumada 'A Neta'. Traballando en Massó nos anos da postguerra, unha compañeira súa namentres lavouraba entoaba estes versos: \"os que eran comunistas agora son requetés / cambiaron a chaqueta do dereito pro revés\". Ao pasar o dono da empresa, que era afín aos fascistas, escoitou e, lonxe de a mandar calar, riu e animouna a seguir cantando. Non se perderon músicas, perdéronse usos Di o integrante de Quempallou que, mais que desaparecer unha parte música de tradición oral, \"desapareceron usos\". Así, explica que, se ben a pandeireta deixou de se tocar na comarca aló polos anos 50, comezou a se escoitar a filarmónica. Antes xuntábanse nas casas para tocar \"e agora van tocar aos furanchos\". A necesidade que viron desde Retrouso de Cela non foi logo a de recuperar este patrimonio, que tamén. Foi, sobre todo, a de o quitar do prelo. \"Había un baleiro de divulgación e foi a iso ao que nos acollemos\", continúa sinalando Guillerme Ignacio Costa. Crowdfunding pola tradición oral A orixinalidade do proxecto non vén dada unicamente porque sexa o primeiro proxecto de música tradicional da Galiza e do Estado español. Tamén é orixinal o modelo de financiamento que puxeron en marcha: micro-mecenazgo, financiamento social, a través da plataforma de crowdfunding Verkami. En 40 días tiñan que conseguir 1.600 euros para poder seguir adiante. Porén, aos dez pasara xa dos 2.000 euros. De aquí ao 17 de decembro terá que xuntar 3.600 euros, o valor total do disco. Para Verkami vai o 5% e para o banco o 1,35%. A produtora Danga Danga axudou coa produción do vídeo; para a casa de quen colabore irá unha camisola cun deseño orixinal de Luís Davila."}
{"ID": "NOS_32127", "summary": "Expertas chaman á calma após a suspensión preventiva da administración destes viais.", "text": "O Ministerio de Sanidade anunciou na segunda feira a suspensión \"cautelar\" da administración das vacinas de AstraZeneca por un período de 15 días, após notificarse en diferentes países da Unión Europea, incluído o Estado español, casos puntuais de trombose \"temporalmente relacionados\" con estes viais. Na Galiza, porén, non se terían rexistrado aínda \"reaccións adversas graves\" en ningunha das persoas que recibiron a primeira das doses. Países como Francia, Alemaña, Italia ou Portugal decidiron tamén paralizar de forma temporal a vacinación con AstraZeneca. Outros, en cambio, optaron por continuar. É o caso de Australia, Bélxica ou Reino Unido, onde se desenvolveu o fármaco (Universidade de Oxford). Con todo, a Axencia Europea do Medicamento (EMA, nas súas siglas en inglés) asegurou na terza feira que os beneficios desta vacina \"superan os riscos dos efectos secundarios\", e que aínda non se acharon \"indicios\" que evidencien unha relación de causalidade entre a súa inoculación e o xurdimento de coágulos sanguíneos. Tamén a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomendou aos países proseguir a vacinación. \"Todos os fármacos teñen algún risco\" África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo con case tres décadas de experiencia neste campo, explica a Nós Diario que calquera fármaco, \"até a aspirina ou os anticonceptivos\", entraña algún risco: \"A vacina probouse en perto de 30.000 de persoas e os efectos secundarios detectados eran leves e perfectamente asumíbeis, como cansazo ou febrícula, mais é lóxico que, após administrala a máis de 17 millóns de persoas, aparezan outros novos. Haberá que determinar se quen sufriron os trombos tiñan algunha patoloxía previa\". Malia que concorda coa decisión do Estado de adiar a vacinación con AstraZeneca para \"estudar en detalle os casos e facer unha vixilancia\", fai un chamamento á \"calma\". \"Non hai datos que demostren que sexa máis perigosa que as de Pfizer ou Moderna, e de feito países como Reino Unido, que xa administrou millóns de doses, non consideran que exista relación entre a vacina e a trombose\", argumenta. Na mesma liña apunta o xefe de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e coordinador do centro colaborador da OMS en seguridade vacinal, Federico Martinón-Torres, quen traslada á poboación unha \"mensaxe de tranquilidade\". \"Houbo un número moi reducido de fenómenos tromboembólicos que coincidiron no tempo coa vacinación, e agora, simplemente, estase a pescudar unha posíbel causalidade\", sostén. A segunda dose Nas últimas semanas, milleiros de galegos e galegas recibiron a primeira dose de AstraZeneca, mais Martinón-Torres asegura que a interrupción cautelar non será un problema: \"A segunda pódese administrar até 12 semanas despois, e, se por calquera motivo a suspensión continuase, as autoridades sanitarias proporían completar a pauta con outra vacina\", expón, e engade que, se algunha destas persoas tiver síntomas persistentes, deberá consultar ao seu médico. A vacina Sputnik V continúa sen recibir o visto e prace da UE A finais do mes de febreiro este xornal adiantou que a farmacéutica Zendal e o grupo Iberatlantic Global Corporation amosaron ante o Ministerio de Industria a súa \"dispoñibilidade\" para fabricar no Porriño a vacina rusa Sputnik V. Porén, as autoridades sanitarias europeas aínda non autorizaron o seu desembarco na UE. \"Os procedementos para aprobar unha vacina non só exixen unha determinada información burocrática sobre a súa efectividade e posíbeis riscos, senón que é preciso tamén realizar unha serie de informes de farmacoloxía posteriores\", relata África González, en referencia á documentación que a UE segue a demandar a Rusia. \"Temos un sistema moi garantista, que ten a vantaxe da seguridade que xera, mais tamén resta rapidez\", conclúe."}
{"ID": "NOS_20441", "summary": "Segundo un informe do ISGlobal, as sete cidades galegas teñen, cando menos, 65% da súa poboación exposta a niveis superiores aos recomendados pola OMS.", "text": "Sete cidades galegas expoñen máis de 65% da súa poboación a niveis de ruído prexudiciais para a saúde, segundo indica o último estudo publicado a respecto desta cuestión polo Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal). A revista Environment International publicou os resultados do estudo que avalía os niveis de ruído procedentes do tráfico rodado en 749 cidades europeas e que afecta uns 60 millóns de europeos e europeas, segundo informa nun comunicado o centro impulsado pola Fundación La Caixa. O tráfico rodado é a fonte principal de ruído ambiental, que estudos anteriores relacionaban con alteracións do sono, enfermidades cardiovasculares e metabólicas, efectos adversos ao nacer, deterioración cognitiva e saúde mental pobre, entre outros. Entre as cidades españolas analizadas no estudo, atópanse sete galegas. A relación lidéraa A Coruña, a urbe na que máis poboación está exposta a niveis de ruído prexudiciais, 90,4%. Séguea Vigo, con 75,5% dos seus habitantes baixo niveis de ruído nocivos; Ourense, con 74,1%; Lugo, que presenta 73,1%; Ferrol, con 70,6%; Compostela, que conta con 70,2%, e Pontevedra, a única cidade por baixo de 70%, con 65,2% dos seus habitantes expostos. Ruídos impostos Os resultados do estudo mostran que máis de 48% dos 123 millóns de adultos incluídos no estudo soportan niveis de ruído superiores ao recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), que recomenda que o nivel de ruído medio rexistrado ao longo de 24 horas non exceda os 53 decibeis, e cumprir con estas recomendacións evitaría cada ano \"máis de 3.600 mortes por cardiopatía isquémica\". 25 mortes evitábeis No que atinxe ás mortes evitábeis e relacionadas cos niveis de ruído, a Galiza suma, entre as sete cidades que se atopan na clasificación, 25 falecementos que se podían evitar. Máis unha vez, A Coruña lidera a lista de cidades galegas, con nove óbitos que se poderían previr. Se se ordenan as cidades analizadas do Estado español con base neste parámetro, A Coruña ocupa o posto 11º. Por detrás, aínda que tamén no 'top 20' a nivel estatal, está Vigo, con seis mortes evitábeis. Séguea Ourense, con tres falecementos; Lugo, Ferrol e Compostela, con dúas mortes cada unha, e Pontevedra, cun pasamento. A Ribeira Sacra, do 'remanso' de paz e harmonía á \"autoestrada fluvial do Miño\" Cidades españolas e europeas O persoal investigador detallou os datos de capitais europeas e a porcentaxe de poboación exposta a niveis de ruído do tráfico por riba do recomendado pola OMS: Ámsterdam (47,3%), Berlín (29,8%), Bruxelas (30,3%), Copenhague (46,5%), Lisboa (40,6%), Madrid (43,8%), Oslo (62,5%), París (66,9%), Roma (60,5%) e Viena (86,5%). Por cidades españolas, os investigadores tamén salientaron os resultados de Barcelona (83,4%), Bilbao (94,1%), As Palmas (86,8%), Málaga (90,6%), Sevilla (88,7%) ou Valencia (86,4%). Aclararon, con todo, que os resultados das distintas cidades non son comparábeis entre si, \"debido á heteroxeneidade dos datos dispoñíbeis sobre o ruído do tráfico rodado e á falta de calidade\" dos mapas de ruído de moitas cidades europeas."}
{"ID": "PRAZA_16458", "summary": "Tan só o 10% dos case 70.000 contratos asinados no pasado mes foron indefinidos e prodúcense case 14 contratacións por cada traballo creado", "text": "Galicia creou emprego no pasado mes de febreiro, onde tamén descendeu o número de persoas paradas. A cifra de afiliados á Seguridade Social medrou en 5.027 con respecto a xaneiro e en 24.926 comparada con hai un ano. Ao tempo, o paro rexistrado descendeu en 1.679 (-0,88%), acumulando unha baixada interanual de 23.717 cidadáns menos apuntados á listaxe do antigo INEM. O paro descendeu en 1.679 persoas en febreiro, onde medraron en máis de 5.000 o número de afiliados á Seguridade Social Xa que logo, o paro rexistrado queda en Galicia en 188.207 persoas nun mes de febreiro no que se volveron asinar moitos contratos --69.200-- aínda que 11.070 menos que en xaneiro. De todas esas contratacións, pouco máis do 10% (10,6%, 7.355) foron indefinidos, manténdose así a temporalidade e precariedade que caracteriza o mercado laboral galego desde hai anos. Son, con todo, 6.877 contratos máis que hai un ano e case 14 contratos por cada posto de traballo creado neste segundo mes do ano. Tan só o 10% dos case 70.000 contratos asinados en febreiro foron indefinidos O paro descende en todas as provincias e en todos os sectores, aínda que con moita maior forza nos servizos, onde descende en 1.048 persoas. Sobe, pola contra, no colectivo sen emprego anterior. Por sexos, o desemprego rexistrado segue a afectar bastante máis ás mulleres (106.174 das persoas paradas) cós homes (82.033). Entre os máis mozos, os menores de 25 anos seguen a sufrir o estancamento do mercado laboral galego. Neste caso, o desemprego medrou en febreiro nun 2,7% entre a mocidade, evolución contraria á rexistrada no conxunto de idades. No ano a baixada foi inferior tamén ao resto de idades, de tan só un 9%. O número de afiliados á Seguridade Social en Galicia segue por baixo do millón de persoas que se rexistraban antes da crise Respecto da afiliación, e malia o ascenso deste mes, o número de cotizantes sitúase en Galicia nas 978.489 persoas, aínda por baixo do millón de afiliados que o país rexistraba antes da crise. En canto á cobertura por desemprego, atópase xa baixo mínimos. O número de beneficiarios de prestacións en xaneiro (último dato dispoñible) foi de 97.226 persoas, 7.325 menos que hai un ano. Queda así a taxa de cobertura nun 55,7% (59,2% no resto do Estado), quedando fóra do sistema 75.803 desempregados. Esta cifra ascende aos 92.660 de termos en conta as persoas desempregadas que non teñen dereito á cobertura. Ademais, tan só 43.792 persoas son beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, o 45% do total, cun importe medio de 792,9 euros ao mes, tal e como destaca UGT-Galicia. A gran maioría da cobertura por desemprego é de carácter asistencial, ben sexa por subsidios (41.893); renda activa de inserción (9.256); ou programa de activación do emprego (2.285). No conxunto do Estado, e segundo os datos difundidos polo Ministerio de Emprego, o número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) diminuíu en febreiro en 6.280 persoas respecto ao mes anterior, situando a cifra total de desempregados en 3.470.248, a máis baixa contabilizada desde xaneiro de 2009. Cataluña, logo dos malos datos que foron atribuídos ao procés independentista, rexistra os mellores datos do Estado respecto da baixada de paro e da afiliación á Seguridade Social en termos absolutos. En Galicia, a Xunta destaca que a comunidade é \"a segunda na que máis baixa o paro na evolución anual\" e considera que o país \"segue a consolidar a súa recuperación e unha mellora na calidade do mercado laboral\":"}
{"ID": "PRAZA_3665", "summary": "Nun centro de Santiago están illadas 60 persoas tras varios contaxios. As coidadoras no fogar tamén notan a escaseza de materiais de protección e avisan de que algúns usuarios se están a dar de baixa por medo", "text": "As residencias de maiores e os servizos de atención domiciliaria continúan funcionando durante o estado de alarma. O persoal advirte das condicións nas que traballa: con medios de protección insuficientes, dedicado a persoas que están nun maior risco polo coronavirus e desempeñando labores que imposibilitan manter a distancia de metro e medio que se recomenda para evitar contaxios.En Galicia están confirmados nove casos de contaxios de coronavirus de maiores en residencias. Cinco dos afectados son residentes do centro privado DomusVi do barrio compostelán de San Lázaro, no que unha planta con 60 persoas permanece illada. Un dos afectados foi trasladado ao Hospital Clínico da capital galega e os outros catro seguen na residencia.Hai dez casos de coronavirus confirmados en residencias de maiores galegas e nun centro de Santiago están illadas 60 persoasHai outros dous contaxios na DomusVi Barreiro de Vigo, onde tamén deu positivo un médico. Súmanse un caso rexistrado no centro Hermanitas de Caldas de Reis e outro na residencia San Carlos de Celanova, segundo os datos da Consellería de Política Social, que indicou que todos estes centros son privados e nos públicos non consta, polo momento, ningún positivo.En Galicia o número total de prazas é de 19.491 en 223 residencias da terceira idade. Só nas públicas traballan arredor de 2.100 persoas, indica a Xunta. Una delas é Mar Peteira, traballadora do centro de Volta do Castro, en Santiago, e presidenta do comité de empresa, que cre que as medidas para detectar a enfermidade Covid-19 e para evitar a súa transmisión son insuficientes.En Galicia hai máis de 19.000 prazas en residencias de maiores e nos centros públicos traballan unhas 2.100 persoasNos diferentes centros de Galicia, agrega, \"hai diversidade\" nas situacións. Na de Volta do Castro empezouse a controlar a temperatura do persoal ao entrar e está comezando a haber material de protección, asegura, ao igual que na residencia de Oleiros. No Centro de Atención a Persoas con Discapacidades da Coruña \"se lles dixo que levaran o material da casa\", afirma. O problema que alegan as direccións das instalacións é que non hai subministración.\"Nas residencias non podes estar a metro e medio. Tes que lavar aos residentes, levantalos, sentalos. Hai cousas que normalmente se fan entre dúas persoas\", explica Peteira, que sinala que os residentes están en contacto co persoal que traballa a diario con eles pero tamén con profesionais sanitarios se teñen que saír a unha consulta médica. \"Se non tes máscara nin nada podes contaxiar ao resto\", subliña.\"A xente está traballando con moito medo pero, sobre todo, indignada. Vas ao supermercado e teñen máscara e guantes e a ti, que estás traballando con xente con patoloxías e en risco, non che dan nada\", protesta e cuestiona que non se estean facendo probas aos residentes para comprobar se hai algún positivo e actuar rápido.O persoal das residencias está traballando \"con moito medo pero, sobre todo, indignación\", di a presidenta do comité de empresa nun centro compostelánCon respecto ás familias dos internos, indica que co estado de alarma están prohibidas as visitas e a vía para falar cos seus familiares ou para que estes estean ao tanto do estado dos seus maiores é a telefónica. Informan a traballadora social ou os médicos e \"o día que non están, non hai información\", expón. Os centros están estes días, ademais, saturados de chamadas.As coidadoras que asisten a persoas dependentes no seu fogar tamén continúan coas súas tarefas a diario. \"Se os EPI -equipos de protección individual- faltan nos hospitais, que non nos vai falta a nós, que somos as últimas esquecidas\", di Margarita Castro, unha das traballadoras do servizo de axuda no fogar da cidade de Lugo.A situación, afirma, \"é complicada para todo o mundo\" e os materiais de protección \"escasean\". \"A empresa non é que non os queira dar, é que non os ten\", expón. Elas estes días estaban traballando con luvas, batas de tea e máscaras e deixando un conxunto destes materiais en cada un dos domicilios aos que tiñan que ir. Desde o venres contan con batas desbotables. Tamén teñen xel desinfectante.As traballadoras de axuda no fogar tamén contan con medios escasos e avisan de que algúns usuarios se están a dar de baixa por medo\"Estamos preocupadas? Si, pola nosa saúde e porque non sabemos que vai ser de nós\", asegura e refírese a que un dos problemas que teñen é que \"moitos usuarios estanse a dar de baixa porque teñen medo\" e non queren que tampouco as coidadoras entren na súa casa. Algúns deles, engade, son persoas dependentes que viven coa súa parella, xa maior, e que precisan axuda para o aseo.As coidadoras temen agora que a caída da carga de traballo poña en perigo o seu posto. Polo momento, non hai cambios anunciados na empresa, que lle ofreceu a algunha das persoas que viu máis reducido o número de usuarios aos atende que colla vacacións para seguir cobrando.Polo momento, indica Castro, non coñece ningún caso de contaxio entre os usuarios deste servizo en Lugo, aos que lles toman a temperatura, e traballa \"tranquilamente, pero con todas as proteccións\". \"Teño as mans queimadas de tanto lavalas\", di e considera que é máis preocupante a situación nas residencias de maiores.A Sociedade Galega de Xerontoloxía propón habilitar residencias intermedias comarcais con cuartos individuais para os contaxiados dos centros de maioresA Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría destacou nun comunicado que a enfermidade que provoca o coronavirus é máis perigosa para a xente de máis idade e en Galicia o 25,8 por cento da poboación é maior. Nas provincias de Lugo e Ourense hai máis dun seis por cento de persoas que superan os 85 anos. Propón crear centros residenciais intermedios nas comarcas ou provincias, con cuartos individuais e recursos médicos e de enfermaría as 24 horas, para trasladar as persoas que teñan coronavirus ou sexan sospeitosas de terse contaxiado nas residencias de maiores."}
{"ID": "NOS_57790", "summary": "O incendio que asola a comarca do Barbanza desde onte continúa descontrolado. As principais incidencias rexístranse agora nos concellos de Porto do Son e A Pobra. Os membros das brigadas forestais da Xunta da Galiza agardan unha \"noite dura\".", "text": "O vento e a alta concentración de eucaliptos e piñeiros favorecen a expansión do lume na comarca da Barbanza. Se na noite de onte e na maña de hoxe o principal risco localizábase en Ribeira, nesta tarde a preocupación do operativo de extinción trasladábase as parroquias da Carballosa en Porto do Son e de Santo Isidro na Pobra. O Goberno galego recoñeceu na súa última comunicación que a superficie calcinada desde a pasada cuarta feira, cando prendeu o lume na parroquia boirense de Curés, é de 1.750 hectáreas. Os axentes forestais da Xunta da Galiza consultados por Nós Diario recoñecen que os medios chegaron tarde e non son suficientes. A este respecto, afirman que a multitude de lumes en todo o país impide poder concentrar os equipos nun punto, o que dificulta os traballos de extinción. Os equipos de extinción están a ser axudados no combate contra o lume en todos os focos operativos pola veciñanza dos lugares afectados. Neste sentido, unha parte i deles puxeron a disposición do operativo tractores con cisternas e outros colaboran na loita contra as lapas con apaga lumes de elaboración caseira. As fontes da Consellaría de Medio Rural consultadas por Nos Diario agardan que \"o vento amaine nas próximas horas e se poida ir estabilizando\" o incendio mais \"non descartan que haxa imprevistos porque nestes días o forte vento e a continuidade inmensa de especies pirófitas fixeron imposíbel controlalo\". O incendio que golpea o monte da Fracha, con especial incidencia nos concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas, suma máis de 300 hectáreas queimadas. Neste caso, o principal perigo concéntrase parroquia de Xuntáns, en Ponte Caldelas, e no núcleo da Canicouva, en Pontevedra. A Consellaría de Medio Rural sinalou que continúan, tamén, activos o incendio de Caldas de Reis, Arbo e na Mezquita."}
{"ID": "PRAZA_15560", "summary": "Un documental elaborado pola Gentalha do Pichel nas montañas do leste de Galicia revela \"a verídica e xenuína tradición de inverno\" desta figura mítica que colle pulo nas vilas e cidades galegas desde hai anos. Vídeo no interior.", "text": "\"O Apalpador é un invento, un invento milenario que emana das memorias graníticas da nosa terra. Inventamos o Apalpador a cada inverno, a cada folerpa. Inventámolo e reinventámolo desde antes de que ti naceses\". Con esta declaración, a Gentalha do Pichel presenta un documental sobre esta figura mítica que recuperou pulo durante as últimas festas do Nadal en Galicia.Grazas a colectivos como a Gentalha do Pichel, moitos galegos (re)descubriron unha antiga tradición de inverno á que, como case sempre que se intenta a recuperación destes símbolos, moitos acusaron de \"invento nacionalista\", entre outros cualificativos menos suaves. Así, durante tres anos varios membros da Gentalha estiveron \"aprendendo tradicións nas montañas do leste da Galiza\" para estrear un documental do Apalpador que se pode ver xa a través de internet.O documental é froito dun traballo de tres anos \"aprendendo tradicións nas montañas do leste da Galiza\"Son decenas de gravacións que conforman \"unha mostra verídica e cargada de humanidade da nosa máis xenuína tradición de inverno\". Pero iso non significa que non sexa unha copia, tal e como lembra A Gentalha. Claro que é unha copia dos galegos que desde hai anos e anos imitaron esta tradición \"do Pai Natal, do Esteur, do Olentzero vasco, do San Nicolás, do Julemanden, do Ded Moroz ou do Joulupukki\". \"E eles copiaron a nosa\", reivindican.\"Claro que o Apalpador é unha copia, igual que o Olentzero ou o Pai Natal é unha copia do Apalpador\"\"Copiamos todiño con papel de calco; copiamos hai mil anos nos espellos da faixa atlántica europea\", din na Gentalha do Pichel, que lembra como \"na Galia urbana do segundo milenio unhas poucas resistentes configuraron o suxeito da máis recente reinvención do Apalpador\".No documental, a Comisión de Memoria da Gentalha do Pichel percorre varias aldeas e casas da montaña do leste galego preguntando pola tradición do Apalpador aos máis vellos do lugar. Son moitos os que lembran a figura dun home que \"disque viña das montañas, cargado de castañas, a apalpar as barrigas dos máis pequenos\". E son tamén moitos os que lembran as ameazas que os pais daquelas épocas duras empregaban cos seus cativos para que ceasen con xeito. \"Come que ha vir o Apalpador\", dicíanlles.O documental revela a existencia dunha fonda e antiga tradición de 'apalpadores' nas montañas galegasE pola noite, xa na cama, os cativos sentían unha man na barriga -a do seu propio pai normalmente- que comprobaba se os nenos tiñan ou non fartura. \"Cheo ou delgado, así esteas todo o ano\", dicíaselle (e díselle) nas montañas lucenses aos picariños. Unha tradición milenaria que se recupera agora en moitas vilas e cidades da man de colectivos sociais que dan pulo á figura dun home con barba, cargado cun saco de castañas e que baixa das montañas a apalpar as barrigas dos máis pequenos. Como leva o Olentzero facendo anos en Euskadi e como outros moitos personaxes fan desde hai centos de anos noutros países.Sexa como for, a Gentalha do Pichel quere dedicar o documentario. E dedícallo a quen os \"acusou de inventar a tradición\". \"Tamén a Vicente Risco, a Xaquín Lorenzo, Xocas, e a toda a xente que humildemente aprendeu do noso pobo a eternidade milenaria que construíu contra os imbéciles\", din. Esta noite, en moitos lugares do país, tamén ha vir o Apalpador. Ou non."}
{"ID": "PRAZA_18447", "summary": "ENTREVISTA | A antropológa ecofeminista Yayo Herrero participou en charlas e debates en Vigo, A Coruña e Touro, onde falou dos perigos do extractivismo e da megaminería e das políticas de sustentabilidade que se poden poñer en marcha dende as institucións locais", "text": "A antropóloga ecofeminista Yayo Herrero (Madrid, 1965) participou a pasada semana en senllas charlas e debates en Vigo, A Coruña e Touro, en senllos actos organizados polo colectivo Matogueira, a plataforma Mina Touro-O Pino Non e Marea Atlántica. Alí falou dos perigos do extractivismo e da megaminería, dos riscos dun modelo económico que non teña en conta os límites do planeta e das políticas de sustentabilidade que se poden poñer en marcha dende as institucións locais. Herrero foi coordinadora estatal de Ecologistas en Acción e directora xeral da Fundación FUHEM, ademais de exercer a docencia na UNED. As súas investigacións céntranse na análise da actual crise ecolóxica producida polo modo de produción capitalista e fan fincapé no feito de que os traballos de coidados e de sostemento da vida -realizados maioritariamente por mulleres- non son tidos en conta no ciclo económico, carentes de remuneración ou completamente precarizados. Como se ligan ecoloxismo e feminismo? E ecoloxismo e xustiza social? Son os grupos máis empobrecidos e as mulleres quen sofren en primeiro termo e de maneira máis brutal os efectos máis negativos da degradación medioambiental e do cambio climático? O nesgo de clase é clarísimo. As dimensións ecolóxicas do cambio climático non teñen en si mesmas un nesgo de clase, pero quen se ve prexudicado en maior medida polas consecuencias de fenómenos meteorolóxicos extremos son claramente as clases populares. Ou, por exemplo, se observamos toda a dinámica extractivista nun momento en que os límites físicos do planeta está superados, son precisamente as sociedades máis empobrecidas as que se ven expulsadas dos seus territorios para poder extraer as materias primas que van beneficiar os sectores máis privilexiados. Se miramos ademais cal é a pegada ecolóxica deses materiais, a quen prexudican máis é aos sectores máis empobrecidos. E así temos medio mundo convertido nunha mina e nun vertedoiro, ao servizo dunha minoría amparada polo poder económico, político e militar. \"Temos medio mundo convertido nunha mina e nun vertedoiro, ao servizo dunha minoría amparada polo poder económico, político e militar\" E en relación coas mulleres, atopamos por exemplo que os fenómenos de contaminación masiva con produtos químicos e alteradores hormonais as afectan sobre todo a elas. Pero, ademais, se observamos como se sostén a vida humana, vemos que non só depende da natureza, senón que depende tamén de que as persoas recibamos ao longo de toda a vida -pero sobre todo na infancia, na vellez ou nos momentos de enfermidade- unha cantidade inxente de traballo de coidados, que son realizados maioritariamente por mulleres. Temos un modelo que ataca a vida, que debe ser sostida polas mulleres. E polo tanto ecoloxismo e feminismo teñen por diante un camiño conxunto, moi sinérxico. \"A medida que a demanda crece e que os espazos de onde obter minerais se van reducindo, comeza a optarse por sacalos máis preto da casa\" O pasado xoves estiveches en Touro, onde se está a vivir unha loita moi importante contra a reapertura da mina. Este tipo de conflitos vai ser cada vez máis habitual, mesmo nos países máis desenvolvidos? Nalgunhas zonas do planeta levan sufrindo este esquema máis de 500 anos, porque o modelo capitalista desenvolveuse cun esquema racista e colonial. O propio modelo de estado de benestar que coñecemos, que funcionou durante 30 ou 40 anos, funcionou a custa do fluxo de materiais e enerxía procedente dos países empobrecidos. A medida que a demanda crece e que os espazos de onde obter minerais se van reducindo, comeza a optarse por sacalos máis preto da casa. É por iso que no Estado español están pendentes de aprobarse centos de proxectos extractivistas, en moitos casos minas que xa se deran por pechadas anos atrás, como o caso de Touro. O procedemento é moitas veces o dunha alianza entre unha empresa transnacional con algunha compañía local, como unha forma de dar cumprimento a toda esta retórica do desenvolvemento local, xeración de postos de traballo e demais. E estes proxectos acaban provocando unha perda de calidade de vida moi importante nos lugares nos que actúan, xerando uns poucos postos de traballo a custa de perder outros moitos nas actividades tradicionais. Ademais, estragan o territorio nun momento en que o cambio climático nos vai ir obrigando a vivir de novo máis relocalizados nos nosos propios territorios. É un suicidio. Nos últimos meses está crecendo un debate sobre se a esquerda debe priorizar as respostas ás necesidades materiais da poboación ou ás necesidades identitarias (unha denominación na que entraría todo o non referido directamente ao campo económico e ao benestar material), presentada esta dicotomía como unha oposición entre dous conceptos case indeparables. Como valoras este debate? Ese debate dáse moitas veces no que para min é unha falsa oposición. Non creo que poida haber un debate materialista en oposición a un debate identitario como se levar adiante ambos temas fose algo incompatible. É un erro habitual das esquerdas que vén dende hai moitísimo tempo. Abordar as condicións materiais, é dicir, o reparto da riqueza e o sostemento da vida digna da maioría social, é absolutamente imposible sen abordar os límites físicos do planeta e a dependencia que a reprodución humana ten dos traballos de coidados, que veñen realizando as mulleres de forma sistemática. \"Paréceme moi torpe que dende algúns sectores das esquerdas non se vexa que detrás do ecoloxismo e do feminismo hai elementos absolutamente materiais\" Detrás da crise económica, detrás do feito de que a economía capitalista estea sendo incapaz de reproducirse a partir da economía real non especulativa está o propio declive dos recursos naturais do planeta. O problema do desemprego masivo non é consecuencia da aplicación de políticas ecolóxicas que nunca foron aplicadas, senón que é un problema de límites no modelo establecido. Cando as taxas de ganancia xa non son suficientes para ese modelo, o que se fai é expulsar os traballadores. A crise ecolóxica está no corazón da crise económica. Se ti tes a tentación de separar o material do ecolóxico, que está na base do material, corres o risco de facer propostas que sexan inviables, convertendo as propostas da esquerda en irrelevantes, dando paso á emerxencia dos fascismos. E o mesmo pasa co feminismo. O capitalismo non se sostén sen o traballo de coidados que realizan as mulleres. Se ti non incorporas esa dimensión, o resultado é que as clases máis desfavorecidas quedan privadas dese traballo de coidados. Por iso paréceme moi torpe que dende algúns sectores das esquerdas non se vexa que detrás do ecoloxismo e no feminismo hai elementos absolutamente materiais. \"Algúns partidos e movementos sociais elitizáronse enormemente: non hai organización de base e hai en cambio un traballo máis abstracto e desvinculado dos lugares concretos\" Como se pode chegar ás maiorías sociais? A aquelas persoas e colectivos máis afastados dos núcleos activistas? Creo que aos partidos políticos de esquerda e aos movementos sociais con ollada emancipadora nos falta organización. Aí si que creo que temos que mirar cara atrás e ver como se organizou o movemento obreiro, que en cada barrio onde estaba a xente que sufría había persoas que realizaban un traballo dende a base. Algúns partidos e movementos sociais elitizáronse enormemente: non hai organización de base e hai en cambio un traballo máis abstracto e desvinculado dos lugares concretos. E creo que temos que recuperar estas cousas. \"É clave que a xente participe: en partidos políticos, en movementos sociais, en asociacións de nais e pais..., para aprender e para autodefenderse, para coidarnos as unhas ás outras\" As verdadeiras mudanzas (por exemplo nos hábitos de consumo) chegan a través de cambios colectivos e non só individuais? As dúas cousas son necesarias e unha non se separa da outra. Un cambio colectivo xera cambios individuais e os cambios persoais fan que te integres máis no colectivo. Eu creo que cando os cambios persoais os fas ti soa e pensas en mudar hábitos de consumo, por exemplo, podes acabar caendo en dinámicas que estruturalmente non provocan cambios reais. Cos cambios colectivos cada persoa vai aprendendo a resolver os problemas. Para min é clave que a xente participe: en partidos políticos, en movementos sociais, en asociacións de nais e pais..., pero o importante é estar organizadas, para aprender e para autodefenderse, para coidarnos as unhas ás outras. \"O movemento feminista está facendo unha lectura moito máis global do momento histórico: de como hai unha ideoloxía capitalista, machista, heteropatriarcal e ecocida que está poñendo en risco o conxunto da vida\" Hai unha gran diferenza de xénero no voto que reciben Trump, Bolsonaro, Salvini ou a AFD, maioritariamente masculino. Ademais, o movemento feminista erixiuse nunha das grandes forzas de oposición ao ascenso da dereita populista en varios países. Por que se produce isto, ao teu xuízo? O movemento feminista está indo máis aló de simplemente ocuparse da violencia machista ou das desigualdades de xénero. Está facendo unha lectura moito máis global do momento histórico que estamos vivindo: de como hai unha ideoloxía capitalista, machista, heteropatriarcal e ecocida que está poñendo en risco o conxunto da vida, a posibilidade de vivir vidas que mereza a pena ser vividas. Está sabendo ler este momento de complexidade, xerando axendas nas que se senten incluídas a maior parte das persoas, como vimos no 8M. Que capacidade teñen as administracións locais, por exemplo os gobernos municipais de cidades e vilas, para introducir cambios reais nas políticas de sustentabilidade? Dende as cidades pódense facer moitisimas cousas, se temos en conta en primeiro lugar que son as responsables de xerar a maior parte dos gases de efecto invernadoiro. Dentro da cidade pódese traballar tamén no cambio dos sistemas alimentarios, no modelo urbanístico ou nos sistemas de transporte e mobilidade. Pero as institucións, ademais, poden pelexar pola hexemonía cultural; mesmo cando non se teñen competencias, o poder cuestionar o discurso dominante é clave. En Madrid vivímolo na loita contra a contaminación atmosférica, cando por primeira vez se tomaron medidas: determinados sectores conservadores revolvéronse de maneira violenta, pero amplos sectores da poboación viron por primeira vez que isto era necesario, e iso tivo que ver coa capacidade de amplificar un discurso que xa viña facendo o movemento ecoloxista. \"As institucións poden pelexar pola hexemonía cultural; mesmo cando non se teñen competencias, poder cuestionar o discurso dominante é clave\" Hai que traballar ademais en termos de ecorrexión, que as cidades teñan en conta que están rodeadas por un tecido rural rico, no que se pode relocalizar economía. E, por último, hai que ter en conta que moitas veces as administracións non son neoliberais só porque haxa persoas neoliberais á súa fronte, senón porque os procesos, a institución, as formas de contratación..., son en si neoliberais. Hai que facer cambios aí, aínda que moitas veces implique facer algunha forma de desobediencia institucional. E para facer desobediencia institucional é necesario ter maiorías sociais detrás que estean dispostas a apoiar iso. E aí volvemos a ese traballo de base nos barrios, cos movementos sociais..., e na atención ás persoas que están a sufrir a emerxencia social e a precariedade social máis directamente e de forma máis brutal."}
{"ID": "NOS_26651", "summary": "O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, emprazou o sábado o presidente da Xunta, Alberto Nüñez Feixoo, que poña inmediatamente ao dispor da loita contra o coronavirus \"todos os recursos sanitarios privados que hai no país\".", "text": "Gómez-Reino pon de manifesto nun comunicado de imprensa que \"os 22 hospitais privados de Galiza contan con 2.285 camas, 23% do total. A prioridade da Xunta debe ser empregalas xa para enfrontar a epidemia antes de propor a construción de hospitais de campaña\", dixo. Os datos da Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), sinala Galicia En Común, \"poñen de manifesto a relevancia que cobraron os recursos privados no sistema sanitario de Galicia durante os Gobernos de Feixoo\". De feito, din, centros e clínicas privadas realizan o 26,5% da atención hospitalaria e sanitaria da Galiza. Ademais, Gómez-Reino cifra en 563 o persoal sanitario que compaxina a actividade privada coa pública e en 1.744 os profesionais da enfermaría. \"Só os hospitais integrados en Ahosgal suman 73 boxes de Urxencias, 82 quirófanos, 56 salas especiais, 14 equipos de tomografía axial computerizada ( TAC) e 18 para resonancias magnéticas\". \"Todos eses recursos materiais e humanos en mans privadas terían que estar xa ao dispor da loita contra a COVID-19. Non ten sentido que antes de empregalos, a Xunta se propoña levantar hospitais de campaña para derivar alí pacientes que estarán obxectivamente en peores condicións que neses centros\", afirma Gómez-Reino."}
{"ID": "PRAZA_19723", "summary": "O movemento asociativo das persoas con TEA e as súas familias reclama no seu día muncial unha lei de accesibilidade \"firme e eficaz\" e máis implicación do mundo político e empresarial", "text": "As persoas con transtornos do espectro do autismo (TEA) enfróntanse cada día a diversas barreiras nas súas actividades cotiás. Acontece malia á existencia de normativas autonómicas, estatais e internacionais a prol da súa integración en todos os ámbitos. A necesidade de \"romper\" esas barreiras é a mensaxe central dos movementos de persoas con autismo e as súas familias neste 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, no que organizacións como a Federación Autismo Galicia fan un esforzo de visibilización para chamar a atencións obre as tarefas pendentes. Unha campaña na que rostros coñecidos de ámbitos como a política, o deporte e a cultura fixeron súa esta mensaxe, estas asociacións poñen o foco en que hai xa dez anos que foi asinada a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Esta convención \"foi ratificada pola Unión Europea e case todos os seus Estados membros\", pero non todas as autoridades, lamentan, adquiriron aínda un \"compromiso firme na eliminación de moitas barreiras\" que \"aínda impiden as persoas con TEA gozar dos seus plenos dereitos\". \"Aínda que a concienciación sobre o que é o autismo está medrando\", explican no seu manifesto polo día mundial, \"moitas persoas con TEA e as súas familias consideran que non se acaba de comprender\", por iso \"é crucial que os responsables políticos de toda Europa e a sociedade no seu conxunto logremos unha mellor comprensión do autismo e actuemos na eliminación das barreiras que impiden a plena inclusión\". Para facelo propoñen unha estratexia con dúas vías: a lexislativa e a social. O movemento asociativo das persoas con TEA e as súas familias reclama unha lei de accesibilidade \"firme e eficaz\" e máis implicación do mundo político e empresarial No eido lexislativo coidan que o máis axeitado sería \"unha lei europea de accesibilidade firme e eficaz\" que instaure de vez \"criterios comúns en accesibilidade\" para produtos e servizos no ámbito comunitario. \"A lei -bosquexan- debería incluír un amplo conxunto de requisitos en accesibilidade\" e a \"abordaxe da gama de necesidades cognitivas e sensoriais das persoas con TEA\". No ámbito social, din, cómpre que os gobernos \"traballen xunto ao movemento asociativo do autismo para identificar e eliminar barreiras\". O cumprimento destas demandas, resaltan, pode lograrse con medidas concretas como \"promover o acceso ao mercado de traballo\" mediante \"axustes para adaptar procedementos de contratación e estruturas de traballo inaccesibles\". \"Instamos os responsables políticos, os profesionais, os líderes empresariais e a sociedade en xeral a que consulten e colaboren coas persoas con TEA e coas súas entidades representativas para crear unha sociedade máis acolledora en todos os ámbitos da vida\", conclúen. Unha gala en Ponteareas co acompañamento musical de Uxía e Magín Blanco pon, no caso galego, o punto final a un amplo programa de actos que incluíu actividades tan diversas como un obradoiro para persoas con TEA sobre Maruja Mallo no CGAC, actos reivindicativos, proxeccións de filmes ou unha carreira adaptada. Ademais, como xa sucedera outros anos, este domingo serán alumeados coa cor azul, símbolo do movemento a prol da integración das persoas con autismo, numerosos edificios públicos e monumentos como a Torre de Hércules, as torres da Cidade da Cultura, a Muralla de Lugo, ou as fontes da rúa Aragón en Vigo, así como case unha ducia de casas consistoriais."}
{"ID": "NOS_29587", "summary": "Un grupo formado por 13 militantes presentou un escrito de impugnación contra a constitución da Asemblea Local de Anova en Ferrol. Acusan o secretario de Organización, Luis Eyre, de utilizar un censo \"non coñecido\" por este sector da militancia.", "text": "Inacio Martínez, Lupe Ces, Elena Casal, André Martínez, María Jesús Lois, Justo Riobóo, Daniel Alexandre Martínez, Miguel Anxo Abraira, Jennifer Prieto, Daniel Bonome, Francisco Maceira, Cristina Martínez e Aurora Riva asinan un escrito de impugnación ao proceso de constitución da Asemblea Local de Ferrol. Estes militantes da organización que lidera Beiras teñen un blog na Internet -http://anovaferrol.wordpress.com/- e autodefínense nel como \"un grupo de persoas que non desisten de conseguir que Anova, sexa unha organización diferente, fresca, horizontal e territorial. Onde haxa democracia, participación e transparencia\". Denuncian en concreto que o secretario de Organización, Luis Eyré, utilizou un censo non coñecido por este sector da militancia durante a reunión constitutiva da Asemblea Local de Ferrol. Segundo o escrito dirixido á Coordenadora Nacional de Anova, Eyré presidiu a asemblea cun computador en que se achaba arquivado \"o censo da organización\", unha listaxe de afiliad@s que \"canda menos a militancia\" que agora recorre o proceso \"non coñecíamos\". \"Moitas das persoas que participaban na asemblea eran descoñecidas, nunca o fixeran en anteriores, e tampouco poderiamos sinalalas como participantes en mobilizacións ou nos movementos sociais mais activos da comarca. Aínda así, parecían obedecer a unha consigna clara, non opinar, non entrar ao debate e votar canto antes. Mesmo unha delas berrou: aquí vimos a votar\", alegan estes militantes críticos. Para expresar a súa discrepancia, ningún destes militantes participou na elección da coordenadora local de Anova en Ferrol."}
{"ID": "PRAZA_6949", "summary": "O profesor de Astronomía e Astrofísica da USC Manuel Andrade explica, nun vídeo elaborado dende o campus de Lugo da universidade compostelá, a importancia da chegada do robot Philae ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, un fito histórico na investigación espacial. Vídeo no interior", "text": "Un evento científico de primeira magnitude que é comentado con profusión nas redes sociais e mesmo consegue chegar ás primeiras páxinas da prensa e rabuñar un chisco dos informativos televisivos. Que pasou este mércores coa sonda espacial Rosetta da Axencia Espacial Europea? Por que é un fito histórico para a investigación espacial? Como xa aconteceu en anteriores ocasións, a chegada dunha actividade científica complexa ao gran público adoita ter o risco de ficar diluída na pirotecnia dos titulares se, por tras, non hai persoas expertas na divulgación, cun pé no ámbito do coñecemento que se trate e outro, na comunicación. Isto é o que vén de facer a Universidade de Santiago a través do seu profesor de Astronomía e Astrofísica Manuel Andrade co gallo da chegada da Rosetta ao cometa cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. A chegada do robot Philae ao cometa é un feito inédito na investigación espacial O pasado 4 de novembro este docente do campus de Lugo ofreceu unha conferencia para explicar a importancia desta \"partida de billar cósmica que se eva xogando durante máis de dez anos\" e que vén de ter como resultado que o robot Philae lograse pousarse no cometa, algo que sucede \"por primeira vez na historia\" e que abre unha perspectiva inédita para estudar os \"obxectos máis antigos do sistema solar\". Daquela palestra xurdiu esta peza audiovisual, na que Andrade explica \"a historia desta misión espacial dende unha perspectiva divulgativa\". A peza ofrece unha \"explicación sinxela e asequible, pero tamén rigorosa\" desta misión O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico da USC, Andrés Barreiro, e o propio Manuel Andrade veñen de presentar o vídeo, acabado de realizar e difundido mediante licenza Creative Commons. trátase, explican, de difundir \"unha explicación sinxela e asequible, pero tamén rigorosa\", dunha misión espacial histórica. A iniciativa, salientan, \"pretende conxugar a vocación de transmisión de coñecemento á sociedade\" co uso das novas canles de comunicación. Tamén, resaltan, é unha mostra da \"capacidade da universidade pública galega para xerar contidos e informacións científicas propias\". Twitter da misión espacial Rosetta"}
{"ID": "NOS_17535", "summary": "A empresa ditara uns servizos mínimos perante a greve de xullo pasado que a CIG considerara claramente abusivos. O xulgado do social número 1 da Coruña dá agora a razón á central nacionalista. Ferroatlántica ten que indemnizar a CIG con 25.001 euros en conceito de danos morais decorrentes da vulneración de dereitos fundamentais.", "text": "O 8 de xullo pasado, as fábricas de Cee, Dumbría e as centrais eléctricas de Ferroatlántica foron o cenario dunha greve de 24 horas, dentro das mobilizacións convocadas para impedir a segregación de activos que pretendía a empresa (e que, froito da presión social, a Xunta acabou por non autorizar). De acordo coas estimacións da CIG, os planos da compañía puñan en perigo até 400 postos de traballo. A empresa combateu o paro estabelecendo uns servizos mínimos que a CIG estimou desde un primeiro momento como abusivos. O asunto foi levado pola central nacionalista á xustiza. Un xulgado da Coruña acaba de atender os argumentos da parte social -para a cal a compañía de Villar Mir non tencionaba outra cousa que impedir o dereito de greve-, anula os servizos mínimos e condena Ferroatlántica a abonar á CIG unha indemnización de 25.001 euros polos danos morais causados pola vulneración dos dereitos das e dos traballadores [na demanda, a central nacionalista solicitaba 100.006 euros]. Nun comunicado de imprensa, a CIG explica que a representación do cadro de persoal formulara unha proposta de servizos mínimos que á vez que garantía o maior grao posíbel de participación na greve aseguraba tamén o cumprimento dos requisitos \"estabelecidos na lexislación\" con vistas a manter \"un servizo de seguridade e mantemento das instalacións para que, unha vez rematada a xornada de folga, se puidese reiniciar a actividade con toda normalidade\". A empresa rexeitou a proposta e, segundo a parte social, impuxo unha xornada de traballo con máis persoal que un día ordinario, feito que o xuíz estima probado. O maxistrado entende que a empresa non acreditou con suficiencia as súas razóns -argumentaba que se baixaba a produción se podía pór en risco o compromiso de interrompibilidade [o consumo mínimo que ten contratado con Rede Eléctrica de España na súa condición de grande consumidor de enerxía] e se exporía a hipotéticas sancións- e, ao tempo, estima que as alegacións formuladas pola compañía simplesmente disfrazan a súa vontade \"de manter un nivel de rendemento igual ou similar ao de calquera outra xornada na que non se tivese declarado folga\"."}
{"ID": "NOS_43361", "summary": "Catro voces do movemento feminista galego analizan a xornada histórica que se viviu o 8 de marzo e opinan sobre cara a ónde debe camiñar o movemento agora.", "text": "Ducias de miles de persoas tomaron parte o 8 de marzo nas mobilizacións que decorreron en Galiza ao abeiro da greve xeral de mulleres. Unha verdadeira maré lilá que sorprendeu pola súa magnitude e compromiso. Falamos con catro feministas, de diferentes xeracións e movementos, sobre o que todos coinciden en que foi unha xornada histórica e os pasos a dar a partir de agora. Concha de la Fuente (Marcha Mundial das Mulleres): \"Foi todo un éxito das mulleres\" \"Foi todo un éxito das mulleres, do traballo desenvolvido ao longo deste tempo polo feminismo\", sinala Concha de la Fuente. A falla dunha valoración\"rigorosa e polo miúdo\" da xornada por parte da Marcha Mundial das Mulleres, que farán en breve, as primeiras impresións son que o 8M foi moi positivo. De la Fuente destaca non só as importantes mobilizacións mais tamén os paros secunda ados polas mulleres traballadoras nas súas quendas e o esforzo daquelas que \"estiveron na greve de 24 horas\", unha greve que non era só laboral senón que tamén de coidados e consumo. \"Foron meses nos que no feminismo conseguiuse traballar con diferentes colectivos e organizacións de mulleres de todo o país\", afirma, salientando a importancia desa comunicación, dese tecido, do que naceu a mobilización do 4 de mazo, \"que foi marabillosa e que animou a moitas a se sumar ao 8M\". A presenza de moitas mozas mais tamén de mulleres moi maiores é todo un motivo de satifacción e de coller pulo e folgos para continuar na loita, sosteñen desde a Marcha. Margarida Corral (CIG): \"Este 8M foi o Nunca Máis das mulleres\" \"Foi unha xornada verdadeiramente histórica, revolucionraia\", expresa con contundencia Margarida Corral, secretaría da Muller da CIG, que recoñece que a xornada de mobilizacións \"desbordou mesmo as expectativas que tiñamos moitas\". De procurar un movemento galego próximo de 'contundencia' semellante, Corral apontaría a que este foi un \"Nunca Máis das mulleres\". Salienta a sindicalista non só as mobilizacións sociais senón tamén os paros e implicación das traballadoras. \"O papel das mulleres sindicalistas foi determinante para o éxito da xornada, que era unha folga\", aponta, e afirma que \"as mulleres da CIG fomos quen moveron ás mulleres nos postos de traballo para ir a esta folga\". Así, ela pon en valor que \"nas quendas de noite, mañá e tarde conseguiuse que as mulleres saísen dos seus postos de traballo para parar\", implicándose así moitas por primeira vez en mobilizacións feministas. \"Este 8M houbo mulleres que asumiron que están discriminadas simplemente por selo\". Á pregunta de agora que?, a secretaria da CIG responde: \"o mesmo que onte e que antonte, as mulleres de Galiza temos que seguir a loitar, a demandar e formular as nosas reivindicacións: no fogar, no laboral, contra a violencia machista\". \"Aí ben o10M, Día da clase operaria galega, e como mulleres traballadoras temos que reclamar os nosos dereitos\". Paula Ríos (Plataforma feminista galega): \"\"Isto non fixo máis que comezar\" \"Foi un día histórico\", manifesta Paula Ríos. \"O feminismo demostrou que ten capacidade, que ten forza\", indica ao tempo que salienta que \"o activismo feminista, sen liberadas e co traballo de todos estes anos, é quen de encher as rúas\" contra a discriminación da muller. Ríos aponta ao traballo e compromiso desenvolvido ao longo de todos estes anos, \"e que moitas veces non se vía\", como unha das explicacións do éxito deste 8M. Mais non só, tamén fala a da Plataforma feminista galega da \"reactivación do movemento [feminista] nestes últimos tempos\" da man da loita contra a violencia machista ou no dereito ao aborto. Así, lembra, as mobilizacións do 8 de marzo do ano pasado \"xa foran concorridas\". E a partir de agora? \"Darnos un par de días para descansar e dixerir todo isto (ri)\", contesta. E advirte: \"Isto non fixo máis que comezar, sairemos á rúa as veces que faga falla\". Como un dos primeiros pasos aponta a idea de \"sentarnos os feminismos para ver de facer chegar ás administracións as demandas, que hai moitas que non son difíciles de aplicar\". Marisela González (Tamborililás): \"Foi un punto de inflexión\" O himno deste 8M en Galiza foi o 'Verdegaio lilá', variando a letra da coñecida cantiga tradicional (\"As penurias que pasaron / as nosas antepasadas, / non as imos aguantare / esta loita está gañanada!\" / Vai tu, vai tu / vai ela\"). As Tamborililás son as súas intérpretes. Unha delas, Marisela, tamén emprega adxectivos como \"histórico\" ou \"incríbel\" para se referir ao que aconteceu esta quinta feira. \"Todas as mobilizacións petadas, incríbel, nas cidades e tamén nas vilas\", salienta. Indica que a afluencia ás concentracións da mañá indicaban que a cousa era seria e as mobilizacións da tarde ían recordar. Por iso se decidiu cambiar o final da mobilización para a Praza do Obradoiro, cansdo nun principio estaba previsto un lugar máis pequeno. E o Obradoiro encheuse. \"A xornada foi un punto de inflexión, a partir de agora o 8M ten que ser todos os días. Isto non pode ficar nunha manifestación\", afirma González, que destaca todo o tecido creado en cidades e vilas polo movemento feminista para este 8M. \"Iso haino que manter\", indica, \"porque o de onte [polo 8 de marzo] é só un punto de partida\"."}
{"ID": "NOS_45523", "summary": "O Concello de Pontevedra continúa co seu esforzo económico á hora de modernizar as parroquias rurais da bisbarra. Agora chega a quenda de Salcedo, onde se construirá unha grande área deportiva e de ocio, grazas á unión de forzas entre a comunidade de montes do lugar e o propio Concello.", "text": "Polo pronto, serán máis de 73.000 os metros cadrados nos que se traballará. Ditos terreos son os recuperados polos comuneiros á Brilat, os cales foron usados como campo de tiro, en exercicios e manobras que os tomaban como se se tratase dunha aldea afgá. A actuación pactada inclúe a construción dun campo de fútbol de herba sintética, que ocupará o espazo central dos terreos, ben coma unha área que servirá de aparcadoiro e que contará con 137 prazas para automóbiles. Tamén se contempla un parque infantil e unha zona de xogos cardio-saudábeis, xunto a un campo da festa para a organización de diferentes eventos, un circuíto para a práctica de BMX, unha pista de atletismo, un rocódromo no que levar a cabo escalada e unha carballeira. Este último punto é clave, xa que o concelleiro Alberto Oubiña, representante do Concello na zona, porá en valor os terreos forestais autóctonos \"fronte á eucaliptización\". De igual maneira, definiu o proxecto durante a súa presentación como \"ambicioso\" e co obxectivo de conseguir un aproveitamento total do monte da parroquia de Salcedo, e con estruturas respeitosas co medio natural. Serán máis de 73.000 os metros cadrados nos que se traballará, os recuperados polos comuneiros á Brilat Se todo marcha ben, o proxecto, que aínda está en fase de redacción, vaise pór en marcha no segundo semestre do 2018. Nesta futura primeira fase, levarase a cabo a construción do campo de fútbol, que ocupará 11.3000 metros cadrados dos 73.500 dispoñibles, e dará servizo para o seu uso habitual ao equipo da parroquia que máis nenos e nenas move na zona, a SCD Salcedo. Tamén se levantará o aparcadoiro (4.000 metros cadrados). Por diante queda unha tramitación de carácter complexo, e é que o concello terá que presentar informes á Xunta pola grande cantidade de restos arqueolóxicos que existen na zona, tamén ao departamento de Medio Rural, e ao Ministerio de Defensa, por estar xusto ao lado da Brilat. O concelleiro Oubiña tamén lembrou que este é o cuarto (e espera ser o definitivo) proxecto para construír un novo campo de xogo na parroquia. Houbo hai anos un intento desbotado ao carón da Misión Biolóxica, e máis recentemente outro proxecto falido ao lado do pavillón por mor da aparición de restos arqueolóxicos e o proxecto rexeitado pola Comunidade de montes de Lourizán para facelo na actual ubicación, en terreos a cabalo de dúas comunidades de montes veciñais (Lourizán e Salcedo). O concello terá que presentar informes á Xunta pola grande cantidade de restos arqueolóxicos que existen na zona O presidente dos comuneiros, Fernando Pintos, enmarcou a iniciativa nun proxecto global de recuperación do monte de San Martiño, que inclúe unha explotación forestal sostible na que se plantaron más de 40.000 árbores frondosas, coníferas e de ribeira e na que se habilitaron máis de 20 quilómetros de sendas. Ademais, estanse recuperando simultaneamente unhas 120 hectáreas nas que tamén se está ultimando a instalación dunha aldea neolítica, para a que tan só resta a licenza municipal, un centro de interpretación de natureza ou un servizo de bar nas inmediacións do futuro campo de fútbol. Pintos tamén fixo fincapé na proximidade desta futura área deportiva coa cidade de Pontevedra. Só cinco quilómetros separarán as súas instalacións do centro da cidade, polo que espera que a zona se converta nun reclamo non só para a veciñanza de Salcedo, senón tamén para a da Boa Vila, e toda a da bisbarra pontevedresa. Este novo proxecto e o seu respectivo investimento volve manifestar o interese do Concello por manter un rural vivo e dinamizado. Fronte ás críticas de abandono das zonas menos urbanas do municipio, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores lembrou este verán que non podían ser máis infundadas. \"Gastamos de media cinco veces máis por habitante que no ámbito urbano\", sinalou en rolda de prensa. Recoñeceu que é difícil operar e chegar a todos os sitios á vez, pero resaltou o esforzo feito polo goberno local por trasladar os estándares de calidade urbana ás parroquias. Nota: o plano que acompaña esta información é o do proxecto e foi cedido a Sermos polo concello."}
{"ID": "NOS_3828", "summary": "Terá lugar en Moaña este sábado, 11 de marzo. As convocantes apuntan que nas vindeiras semanas até en cinco comarcas de Galiza poderían desenvolverse encontros similares.", "text": "A Biblioteca da Casa da Cultura Daniel Castelao de Moaña acolle este sábado, ás 11:30 horas, a primeira Asemblea contra a eucaliptización, convocada polos colectivos Erva e Loita Verde e dirixida a entidades e asociacións ambientalistas, culturais, comunidades de montes, organizacións agrarias... así como a persoas interesadas. A asemblea convócase coa intención de ser un primeiro paso de cara a novas xuntanzas e reunións ao longo de Galiza. Desde as convocantes apóntase que nas vindeiras semanas decorreríán citas deste tipo en cinco comarcas máis. O obxectivo destes encontros é, indican nun comunicado, \"debater e contrastar as posibilidades de organizarmos a nivel de país unha resposta a curto prazo contra a eucaliptización\", envolvendo nela a cantas organizacións, colectivos e persoas \"sintan a necesidade de pór na axenda unha outra visión dos nosos montes e as nosas árbores\". Ademais, tamén se valoraría a posibilidade de constituír \"unha asociación específica\" para tal fin. Indican que a eucaliptización é unha ameaza \"non só as nosas fragas, carballeiras, hábitats de interese e espazos naturais de grande valor senón que tamén os sectores produtivos básicos \"para a pervivencia do noso medio rural están en perigo\"."}
{"ID": "NOS_41465", "summary": "O número 267 do semanario Sermos Galiza estará nos quiosques esta cuarta feira, en lugar da quinta, como é habitual, debido ao feirado do 12 de outubro. Así, adiantamos a edición para evitar atrasos na chegada da publicación ás subscritoras e subscritores.", "text": "O semanario Sermos Galiza, que suma 267 números, estará dispoñíbel na loxa a partir do serán desta terza feira e nos quiosques a partir da cuarta feira (11-O). Adiantamos a súa publicación para evitar atrasos na súa distribución ás subscritoras e subscritores por ser non laborábel o 12 de outubro. Neste número, afondamos nos mecanismos e resultados dos orzamentos participativos que desenvolven concellos galegos; nos recortes na liberdade de expresión vinculados ao caso catalán; nos resultados das eleccións primarias do PSdeG; nas licitacións da Xunta das que se nutren empresas de fóra da Galiza ou na participación feminina no mercado de traballo. Acompaña o Sermos 267 o caderno de pensamento Comprendermos, suplemento da Fundación Moncho Reboiras."}
{"ID": "NOS_37212", "summary": "Revés histórico para a socialdemocracia de Hollande nas municipais francesas e forte entrada da extrema dereita de Le Pen nos concellos. Son, xunto á alta abstención, as dúas claves dunhas eleccións que rexistran unha viraxe á dereita nos concellos franceses.", "text": "A socialdemocracia de Hollande conserva o goberno de París que por vez primeira será rexido por unha muller, Anne Hidalgo, mais é o pouco consolo que lle queda ao Partido Socialista nunha noite na que a derrota foi abrumadora. Segundo os primeiros resultados, a socialdemocracia tería perdido por volta de 155 cidades nas que gobernaban até agora nun xiro histórico á dereita que aínda se agrava coa forte entrada da extrema dereita de Marine Le Pen que acadaría o 8% dos votos e gobernaría, por vez primeira quince concellos e conseguiría 1.200 edís. As eleccións, marcadas tamén pola forte abstención do 38%, supoñen un golpe forte para o goberno de Hollande, ao que xa se lle piden responsabilidades e do que se agarda unha remodelación inmediata. O castigo a Hollande é produto da asunción práctica por parte do goberno do PS das políticas neoliberais promovidas polo eixo Berlín-Bruxelas. A dereita do Unión por un Movemento Popular faríase co 45% dos sufraxios fronte ao 40,5 do Partido Socialista e o 8% da extrema dereita no que xa se definiu como un \"castigo\" sen precedentes ao goberno de François Hollande. A dereita teríalle arrebatado cidades até agora rexidas polo partido do goberno como Amiens, Saint-Étienne, Limoges, Toulouse, La Roche-sur-Yon, ou Reims. Un dos casos singulares en relación co cómputo xeral é o cambio á socialdemocracia do goberno de Aviñón. O ultradereitista Frente Popular -que na campaña procurou ocultar o seu discurso xenófobo, e que parte como favorito para as europeas de maio- fíxose con alcaldías como Cogolin, Fréjus, Hayange ou de Villers-Cotterêts."}
{"ID": "NOS_35234", "summary": "O conxunto vigués tivo claras ocasións pero caeu no campo do Espanyol (1-0).", "text": "Está en crise o Celta. O seu nivel de xogo está por riba dos froitos pero a realidade indica que os vigueses seguen sen obter bos resultados e aquel equipo que ilusionou mesmo coa Champions ao comezo de tempada é agora só un recordo, xa que na actualidade os de Berizzo xa teñen que estar máis atentos de non entrar en maiores problemas na zona baixa da táboa que en mirar cara Europa. Perdeu o conxunto celeste no campo do Espanyol (1-0) nun partido que insistiu en dous dos defectos do Celta: a falta de gol dos últimos partidos e a tendencia a perder puntos na recta final dos noventa minutos. Porque precisamente foi no suspiro final cando marcaron os barceloneses, por medio de Caicedo. Así se levaron a vitoria. Malia que puideron ser os vigueses os merecedores da mesma. Larrivey e Orellana dispuxeron de claras ocasións para adiantar ao Celta nun choque no que tampouco houbo demasiadas. Non as concretaron os celestes en gol como si fixo o Espanyol cun balón solto na área cando a concentración defensiva debería ser máxima. Desafortunadamente para o Celta, os locais non fallaron. E levaron o triunfo."}
{"ID": "PRAZA_7250", "summary": "Este xoves celébrase o Día Mundial das Migracións. A entidade denuncia tamén a \"continuada persecución policial\" que sofre o colectivo migrante en Galicia.", "text": "Este xoves celébrase o Día Mundial das Migracións. Coincidindo con esta data, o Foro Galego de Inmigración denunciará na rúa, na Coruña e Lugo, o trato que as persoas migrantes reciben, tanto cando tentan entrar en España coma a \"continuada persecución policial\" que sofren cando xa se atopan no interior do país, tamén en Galicia. A entidade súmase ás convocatorias realizada por varios diferentes movementos sociais contra a Lei Mordaza. Na Coruña, cunha manifestación que percorrerá a Avenida da Marina entre a Subdelegación e a Delegación do Goberno e na cidade de Lugo cunha concentración na Praza Maior. No transcurso deses actos, que comezarán ás 11 horas lerase un comunicado de denuncia, que alerta das \"intolerables devolucións en quente\", dos \"macrovoos de deportación forzada de persoas migrantes\" e \"da continuada persecución policial que sofre o colectivo migrante\" tamén en Galicia. Ademais, entregarán nos rexistros das subdelegacións de goberno de A Coruña e Lugo un escrito con estas demandas. \"Preténdese dar apariencia de legalidade a actuacións brutais, inhumanas e contrarias aos máis elementais principios democráticos\" O Foro denuncia \"a recente aprobación no Congreso dos Deputados da mal chamada 'Lei de Seguridade Cidadá', que entre outras cousas pretende legalizar as chamadas 'devolucións en quente', que non son outra barbarie que a expulsión de seres humanos que chegan e se atopan xa en territorio do Estado Español, sen as mínimas garantías legais que a propia Lei de Estranxeiría establece\". A entidade lembra que \"estas actuacións ilegais polas que o Estado Español recibiu a reprobación formal das Nacións Unidas e da propia Unión Europea non se poden lexitimar de maneira algunha porque van en contra dos Dereitos Humanos e dos dereitos que establece a propia Constitución Española\". \"Preténdese dar apariencia de legalidade a actuacións brutais, inhumanas e contrarias aos máis elementais principios democráticos\", engaden. O colectivo sinala que en Galicia tamén se están a producir deportacións forzadas de persoas migrantes, \"deportadas directamente ou previo ingreso en CIES, utilizando métodos violentos, ás veces brutais, cando se resisten e reclaman os seus dereitos\". Engaden que \"as deportación son o derradeiro paso dunha continuada e habitual persecución policial que sofren en Galicia as nosas veciñas e veciños migrantes que se atopan nunha mera situación de irregularidade administrativa\". \"As deportación son o derradeiro paso dunha continuada persecución policial que sofren en Galicia as nosas veciñas e veciños migrantes que se atopan nunha mera situación de irregularidade administrativa\" Subliñan a este respecto que \"ademáis de identificacións racistas en espazos públicos de uso habitual como estacións, centros de saúde, etc., atopámonos coa persecución nos seus propios domicilios de persoas migrantes que tratando precisamente de regularizar a súa situación administrativa fanse visibles para os corpos e forzas de seguridade do Estado, que acoden a deter a perigosas mulleres que traballan como empregadas de fogar nas nosas casas, coidando aos nosos vellos e vellas\"."}
{"ID": "NOS_22839", "summary": "Este 11 de agosto cúmprese un cuarto de século da loita popular que rematou co goberno do Partido Popular en Allariz e iniciou un proceso de transformación municipal liderado pola veciñanza.", "text": "O Concello de Allariz celebra a vindeira segunda feira (11 de agosto) os vinte e cinco anos da revolta popular que marcou a historia recente deste municipio ourensán. Cunha xornada de convivio veciñal @s alarican@s lembrarán os acontecementos daquel verán de 1989. \"A gota que colmou o vaso\", explica o alcalde de Allariz, Francisco García, nunha entrevista que Sermos Galiza publicará esta semana no xornal en papel, foi atopárense co río Arnoia cheo de peixes mortos pola contaminación. \"Daquela non había saneamento\", explica, e todos os refugallos ían parar ao leito do río. Fart@s da situación de \"desgoberno\" que vivía o concello desde había anos e da \"inoperancia\" do seu alcalde, Leopoldo Pérez Camba (Partido Popular), as veciñas e veciños de Allariz exixiron ao rexedor a convocatoria dun pleno extraordinario para avaliar a situación do Arnoia, mais tamén o cansazo veciñal. A veciñanza toma a Casa do Concello O popular Leopoldo Pérez rexeitou convocar a corporación municipal e após unha asemblea de veciñ@s, @s alarican@s decidiron tomar a Casa consistorial. \"Eu era un simple obreiro, traballador\", explica Antonío González, un dos veciños no documental editado con motivo dos 18 anos da revolta, mais, acrecenta, \"os abusos que se vían obrigábante a reclamar os dereitos coma calquera outro cidadán\". O movemento popular xurdido en Allariz abranguía a práctica totalidade da veciñanza. En quendas, o casa do concello nunca ficaba baleira. Así durante tres meses as veciñas e veciños reclamaron un futuro mellor para a súa vila mais co paso dos días, tamén a demisión do alcalde e a convocatoria dunhas novas eleccións municipais. \"Aos tres meses, cando a xente podía comezar a fraquear\", explica no mesmo documento audiovisual Anxo Quintana, unha das facianas máis recoñecíbeis daqueles acontecementos, \"o alcalde saíu nos medios facendo unhas declaracións nas que insultaba a todo o mundo\", aquelo, explica, \"foi motivo suficiente para que a xente quedara\". A soberbia de Leopoldo Pérez contribuíu con moito a que a veciñanza de Allariz se mantivese unida e non decaesen os ánimos malia as ameazas de desaloxo e mesmo a detención de cinco dos participantes no encerramento. Solidariedade popular Ese feito, que ficou na memoria colectiva de Allariz, marcou o decorrer do conflito. \"Iso foi o peor de todo\", explica a alaricana Rosa Vila. \"O que pensei estando no xulgado é que a partir dese momento ía xerarse unha situación moi difícil de controlar\", sinala Quintana, un dos apresados. \"Até ese momento fora un proceso cívico e pacífico\", acrecenta, mais as detencións facían complexo que os ánimos non se quentaran. A figura de Euloxio, un veciño dos máis maiores da vila, enfermo de cancro e pai dun dos presos foi quen chamou á calma. \"Pediu clemencia para que non pasase nada\", explica Alberto Conde, \"foi o único capaz de parar aquela masa para que non houber violencia\". A saída do alcalde Todo o que aconteceu a partir das detencións foi que o movemento popular se tornou tamén de solidariedade entre @s veciñ@s que reclamaron a posta en liberdade das persoas presas e a saída \"fora como for\" do alcalde. \"Esa era a única vía pola que se lle podía pór fin ao conflito\", sinala Román Bouzas. A renuncia de Leopoldo Pérez, xunto coa d@s demais integrantes da equipa municipal en novembro puxo punto e final á loita d@s veciñ@s. Nas eleccións municipais convocadas o BNG resultou a forza política maioritaria e encetou un proceso de transformación de Allariz de acordo coas demandas e propostas da veciñanza. \"Non hai mellor alcalde que o pobo\" é unha das frases coas que o actual alcalde, Francisco García, participante tamén na revolta de 1989, sintetiza o novo tempo xurdido en Allariz após a loita social daquel verán. Un fito histórico que fica na memoria de Allariz, mais tamén na de tod@s @s galeg@s."}
{"ID": "NOS_42302", "summary": "A Ron Woodroof (Matthew McConaghey), un vaqueiro drogadicto e mullereiro diagnostícanlle o virus VIH. Estamos a mediados dos 80 cando a información e tratamentos contra SIDA eran moi escasos.", "text": "Sinopse Sinopse A Ron Woodroof (Matthew McConaghey), un vaqueiro drogadicto e mullereiro diagnostícanlle o virus VIH. Estamos a mediados dos 80 cando a información e tratamentos contra SIDA eran moi escasos. Tras superar o shock inicial, Ron asume a súa nova situación e comeza unha cruzada personal contra o sistema e as farmacéuticas que tratan de introducir o AZT coma o único medicamento que parece combater esta terrible enfermidade. Pero Ron descubriu pola súa conta cunha mestura de medicamentos que manteñen a raia os síntomas do SIDA sen tantos efectos secundarios coma o AZT. Crítica Estrea que chega ás nosas pantallas co respaldo dos Óscar. Un para Matthew McConaghey como actor principal, e outro para Jared Leto coma actor de reparto, así coma outro na categoría de Maquillaxe. Ademais dos Óscar ambos actores xa se levaran nas mesmas categorías un par de Globos de Ouro, entre outros premios da crítica americana e internacional que foron compartindo e alternando. McConaghey adelgazou uns 15 quilos, ata pesar apenas 62 para dar vida a Ron Woodroof, un home texano que se ve sorprendido cando lle diagnostican SIDA, nunha época na que se pensaba que só afectaba a homosexuais. Ten que enfrontarse aos prexuízos (propios e alleos) e loitar contra as farmacéuticas e o goberno para que non monopolizaran a enfermidade coma un negocio e permitiran investigar e probar diferentes medicamentos aprobados en outros países pero prohibidos nos Estados Unidos. Leto non tivo que adelgazar tanto posto que é xa delgadiño de por si, pero si que ten unha aparencia de extrema delgadeza para interpretar a Rayon, un transexual tamén infectado co VIH que axudará a Ron na súa cruzada. Ambos tiveron que facer unha transformación física destacable o cal invita a pensar se os premios de interpretación van da man dun cambio de peso ou afeamento para poder acadalos. Porque sendo sinceros... non están mellor Bruce Dern en \"Nebraska\" ou Leonardo DiCaprio en \"O lobo de Wall Street\"? ou no rol secundario... non lle da mil voltas Michael Fassbender en \"12 anos de escravitude\"? Porén non quere dicir que McConaghey e Leto non teñan unhas actuacións notables, que as teñen e que incluso eclipsan ao resto do reparto (aínda que en ocasións nótase certa falta de química entre as dúas personaxes), o único é que as veces os cambios físicos parece que son máis premiados que unha boa interpretación. Iso si, as comparacións sempre son odiosas por suposto. Como película \"Dallas Buyers Club\" funciona coma un biopic de época baseado en feitos reais. Moi ben ambientada tanto en deseño de produción, coma en fotografía e música pero que ten o estigma de que non se quita nunca de enriba o de \"baseado en feitos reais\". Dirixida con bastante bo facer polo canadense Jean-Marc Vallée que xa saltara ao panorama internacional no 2005 con \"C.R.A.Z.Y\", unha interesante película premiada en Xixón que mesturaba adolescencia e descubrimento da sexualidade con música dos Rolling Stones e Pink Floyd de fondo. En \"Dallas Buyers Club\" conta tamén cunha boa selección musical onde colabora Jared Leto co seu grupo \"30 Seconds to Mars\", pero do amplo repertorio da época destaca a música dos T-Rex, xa que a personaxe de Rayon (Jared Leto) está obsesionada con Marc Bolan, cantante do grupo T-Rex, ata o punto de ter un parecido máis que razoable. Unha película sobre unha época convulsa onde o SIDA era unha das enfermidades máis temidas e descoñecidas a través dunha historia de dignidade fronte aos intereses económicos dos poderosos. Unha boa elección na carteleira deste fin de semana."}
{"ID": "NOS_4611", "summary": "O Partido Popular presentou no Rexistro do Parlamento o proxecto para reducir de 75 a 61 (o mínimo fixado no Estatuto) os escanos da Cámara galega. Unha decisión que os conservadores xustifican na 'austeridade' e que a oposición entende como unha manobra para manter a maioría absoluta.", "text": "O PP presentou esta quinta feira no rexistro do Parlamento de Galiza o seu proxecto para pasar as tesoiras tamén na representación da Cámara, reducindo o número de escanos dos 75 actuais a 61 (un máis que o mínimo fixado no estatuto). Feijóo gasta en asesores o triplo do que di querer aforrar co recorte de deputad@s Parlamento No proxecto presentado os populares varían algúns dos elementos que defendían nun principio. Así, baixa de 10 a 8 as actas mínimas por provincia. Din desde a formación conservadora que así se mantén a proporcionalidade e que o recorte é por austeridade e para aforrar. Así, o Partido Popular di que con esta medida prevén reducir 1,2 millóns de euros en catro anos, Feijóo destinará máis de 800 mil euros en 2014 á súa equipa de asesor@s. Carme Adán (BNG): \"Feijóo ten a vista posta na súa carreira en Madrid e quere reducir en democracia e autogoberno\" O presidente da Xunta de Galiza gasta só no seu departamento o triplo do que di querer aforrar o seu partido coa redución de escanos no Pazo do Hórreo, unha medida que suporá unha redución de 1,2 millóns de euros nunha lexislatura, isto é, catro anos. \"Pucherazo\" O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, nega que esta reforma supoña \"un pucherazo como din os da oposición\" e deixou ver que a lei vai saír adiante si ou si malia rexeitamento da oposición, sen deixar porta abrta a consensos. \"Estará aprobada en marzo ou abril\". O que suporía que nas vindeiras eleccións autonómicas, previstas para 2016, @s galeg@s elexirían 61 parlamentares, 14 menos que agora. Consuelo Martínez (AGE): \"O PP sabe que perde votos e quere amarrar a maioría absoluta como sexa\" En base a este proxecto presentado no rexistro polos conservadores, pola Coruña sairían eleitos 20 deputados (agora, 24) e por Pontevedra 18 (22 actualmente). Lugo en vez dos 15 escanos de agora terá 12 e Ourense recortarse de 14 a 11. Manobra para manter a maioría Para a oposición, o proxecto do PP non é máis que unha manobra para tntar manter a maioría absoluta. Destacan que a desculpa de reducir escanos para aforrar non é críbel, posto que se podería aforar moito máis en outros temas (asesores, deputacións,...) sen comprometer con iso a representación democrática. Pablo García (PSdeG): \"É un proxecto torticero. Non imos negociar un recorte de deputados\" Para o BNG, o proxecto non é máis que unha aposta \"por reducir a democracia e o autogoberno\" en palabras da deputada Carme Adán. A parlamenar nacionalista sinala que mentres outras nacións do Estado \"apostan\" polo \"dereito a decidir\" da súa cidadanía, Feijóo quer \"facer carreira en Madrid\" e presenta este recorte do autogoberno de Galiza. En AGE enmarcan a medida en que o PP \"sabe que está a perder moitos votos\" e por iso fai esta \"manobra para se garantir a maioría e manter o bipartidismo\". Pola súa banda, desde o PSdeG advirten que \"non imos negociar o recorte de deputados\" e acusan a Feijóo de querer cambiar as reglas do xogo sen buscar sequera un mínimo consenso."}
{"ID": "NOS_6442", "summary": "Nado en Viveiro en 1923, o poeta \"beat\" residía en Vigo, logo de vivir durante anos en Madrid e no Courel, onde conviviu coa familia de Uxío Novoneyra.", "text": "Carlos Oroza (Viveiro, 1923) faleceu a noite do sábado no hospital de Vigo tras un empeoramento da súa saúde. Após vivir durante anos en Madrid e no Courel, onde tomou contacto e conviviu coa familia de Uxío Novoneyra, elixiu Vigo como lugar de residencia. O poeta foi especialmente coñecido pola interpretación dos seus poemas, na liña da poesía \"beat\". Foi galardoado en Nova York co premio internacional de Poesía Underground e, posteriormente, recibiu a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Desde hai un mes, o seu nome conta cunha rúa en Vigo. Entre as súas obras, atópanse Eléncar, Cabalum, Alicia, Una porción de tierra gris en el norte, En el norte hay un mar que es más alto que el cielo, La verdad prestada ou Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente. De ideoloxía libertaria e anarquista, Oroza fundara a revista Tropos xunto a Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua."}
{"ID": "NOS_29097", "summary": "As cidades galegas fican lonxe do podio a nivel estatal", "text": "O Instituto Nacional de Estatística, INE, publicou onte os seus Indicadores Urbanos, que miden a renda neta media anual por habitante en 413 municipios do territorio estatal de máis de 20.000 habitantes, e que nesta edición sitúan as cidades galegas lonxe do podio nestes parámetros. Só o municipio de Oleiros, cunha renda de 15.765 euros en 2017 –ano de referencia para o estudo–, está entre os vinte primeiros postos, concretamente no número 17 dunha lista que encabeza Pozuelo de Alarcón, con 25.903 euros por habitante e ano. Para atopar na listaxe unha cidade galega hai que chegar aos postos 45 e 46, onde se localizan Santiago de Compostela e A Coruña, con rendas medias de 13.517 e 13.516 euros, respectivamente. Con Oleiros á fronte, a área metropolitana da Coruña presenta a renda anual por habitante máis elevada da Galiza, cunha media de 12.951 euros por habitante e ano. A área urbana funcional (AUF) coruñesa sitúase no posto undécimo nesta clasificación, que lidera a de Donosti con 15.399 euros. Baixa actividade en Ferrol Nesta edición dos Indicadores Urbanos do INE tamén aparecen outras clasificacións, como a de municipios con menores taxas de actividade, onde Ferrol ocupa o peor posto, con 50,7%, cunha taxa igual á de León. Ourense é a octava pola cola (52%). Ferrol cóntase tamén entre as áreas urbanas funcionais cun menor peso do sector servizos na súa actividade, con 72,6% do total. No entanto, as cidades de Vigo, Ourense e Ferrol destacan por ter unha maior proporción de emprego na industria. En concreto, Vigo sitúase no octavo posto, cunha taxa de emprego industrial de 19,7%, sensibelmente por debaixo de Avilés, que ocupa o primeiro lugar con 28,7%. Ferrol, con 16,8%, e Ourense, con 16,7%, colócanse nos postos 14 e 15 desta táboa, calculada con datos de 2018, e que apunta Marbella como o municipio con menor peso do emprego industrial. Tanto Ferrol como Ourense aparecen tamén na lista de municipios con menor número de fillas ou fillos por muller, con 1,05 e 1,06 respectivamente, o que leva estas cidades a quedar na oitava e undécima posición dos rexistros máis baixos. Tamén Vigo está entre os vinte con menores taxas, cunha media de 1,09 descendentes. A cifra máis baixa atópase en San Cristóbal de la Laguna, Canarias, con 0,95. En cambio, o maior número obsérvase en Melilla (2,27)."}
{"ID": "NOS_36332", "summary": "A administración recibiu por primeira vez aos e ás afectadas, após case dous anos de denuncias. O Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto, veuse na obriga de se comprometer a estudar os expedientes relacionados coa trama", "text": "Unha delegación de afectado@s pola presunta fraude sobre a xestión de axudas forestais na Costa da Morte, acompañados por membros do sindicato Fruga, reuniuse co Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto. Na xuntanza, informan dese a organización agraria, @s afectad@s puideron \"expor en primeira persoa a situación na que se atopan\" e \"sen que, até hoxe, a adminitración emitirá declaración algunha de compromiso coa investigación do problema e a defensa das vítimas\". A Fruga, así mesmo, sinala que Fernadez Couto se comprometeu a comprobar a totalidade de expedientes que poideran incorrer na mesma situación que os denunciados \"así como a comunicar às presuntas vítimas a sua a súa posible utilización nesta fraude\". Recoñecelo Após meses de negalo por activa e por pasiva, a Consellería de Medio Rural recoñeceu hai uns días que o que veciñ@s e comuneir@s da Costa da Morte levaban tempo denunciando, e que está mesmo en mans dos xulgados, pode ser certo. Xa nos primeiros meses de 2012, desde Sermos Galiza se informaba de que o xulgado de Corcubión estaba a investigar unha empresa presuntamente implicada nos feitos, destapados pola Federación Rural Galega (Fruga). A fraude saíu á luz a raíz de que propietarios de montes na Costa da Morte decatáronse 'por casualidade' de que eran beneficiarios de axudas da Xunta que nin tiñan solicitado nin tampouco recibido."}
{"ID": "PRAZA_17200", "summary": "A nossa língua não periga a nível universal. Porque, mália o acosso e dominação do castellano, continuou o seu desenvolvimento normal em Portugal, tornando-se língua de Estado. Mas sim periga no berço onde foi criada, na Galiza.", "text": "Dizia Castelao :\"Se ainda somos galegos é por obra e graça do nosso idioma\"(1). A língua galega como identidade coletiva encontra-se já em Rosalia \"Cantarte hei Galicia na língua galega\"...que así mo mandaron, que cante e que cante na lingua que eu falo\"(2).Esta declaração de intenções desvela um conflito social e linguístico. Rosalia identifica-se com Galiza através da língua e é uma subversiva fazendo do galego uma língua de cultura. A utilização literária do idioma galego converte-se num ato normalizador,reivindicativo, e identitário face a homogeneização espanhola. Apagar a língua galega faz parte dum processo colonial de conquista. Porque o idioma é a expressão sonora e de permanência da nossa cultura. É o sinal evolutivo da espécie como grupo humano. Manuel Maria escreve e Miro Casavella canta: \"O idioma é a chave coa que abrimos o mundo:..Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. Precisamos a lingua se queremos vencer!3 Manuel fala de vencer. Reconhece que há luta. E claro que há! Soterrada ou explicita: O Castellano dominando e o galego na defensiva, na resistência. Eu opino que estamos carregadas de razões para enfrentar a luta: A) O Nosso é um idioma antigo e importante (4).(O texto mais antigo data de 1175) \"Levamos séculos aqui\" (5) ( A Quenlla) B)Mália ter sido proscrito por mais de trezentos anos preservou-se como língua oral com uma unidade e identidade assombrosa: Nas lendas, na cultura popular e nos cânticos do povo herdeiros da nossa lírica medieval a mais importante de Europa (69. C)A Língua galega foi defendida por grandes vultos da cultura como Frei Martim Sarmiento (7) e o Padre Benito Feijoo (8) que já no século XVIII recomendam seu uso no ensino. D) A primeira organização nacionalista galega ativa chamou-se Irmandades da Fala (9), e E)existe Academia da Língua Galega desde 1906. F) É uma Língua formosa, extensa e útil. G) É a nossa. Há pois reconhecimento, por parte da classe intelectual galega, de que o idioma galego é importante e identitário. Mas creio que isto não se trasladou ao povo em geral. Mália termos aulas de galego obrigatórias desde há mais de 30 anos o nosso idioma perde utentes com cada um que passa em beneficio do Castellano. Num processo aculturizante de diglossía e auto-ódio generalizado. Identidade e língua estão a ser diluídas na homogeneidade geral em que a cultura familiar é substituída pela televisiva ou dos mass media. Eu observo isto com alarme. Um povo inculto é mais manipulável. Um povo colonizado culturalmente tem menos defesas face o poder e menos interesse no cuidado de seu Património. Perde capacidade reivindicativa para projetos comuns. Empobrece-se. A nossa língua não periga a nível universal. Porque, mália o acosso e dominação do castellano, continuou o seu desenvolvimento normal em Portugal, tornando-se língua de Estado (10). Mas sim periga no berço onde foi criada, na Galiza. E,quanto a mim, o meu país é em galego. Como disse Carvalho Calero: Se finalmente o castellano acabasse por \"vencer\" esse já não seria o meu país. Não teria já para mim qualquer interesse. Não mais do que qualquer outro lugar da Terra. Faço meu o slogam:Na Galiza em Galego. NOTAS 1.- Castelao: Sempre en Galiza 2.- Rosalia de Castro: Cantares Galegos.17Maio 1863 3.-Manuel Maria,Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior) 4.-1175 José António Souto: Doc. Entre Gomes Pais e Ramiro Pais( Torre do Tombo, Lisboa) 5.- A Quenlla, - Mini e Mero, Poema Coa luz á porta. 6.-Refere-se á Lírica dos cancioneiros medievais. Recentemente esteve exposto o pergaminho Vindel no Museu do Mar de Vigo que data de fins do seculo XIII Outro: O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica \"Ora faz ost&#39;o senhor de Navarra\" de Johan Soarez de Pávia, datado en 1196 por algúns expertos . 7.-Frei Martin Sarmiento. Erudito ilustrado nascido em Vilafranca do Berço, mas que recolheu muitos dos seus saberes durante as viagens que fez por Galiza no 1745 e seguintes. Destaco dele este texto:\"Tomei a pluma para escribir estes pregos, compadecido da xuventude galega, que tanto tempo ocupa en estudiar unha lingua que ignora por outra que non sabe; sendo así que na lingua nativa, que mamou, ten os principais fundamentos para entender con máis facilidade o latín e con máis prefección o castelán\" ( tomado de Belén Pérez Aldariz ,Master em Educación. UNED 2016)Indica para seu sobrinho:\"Quero que se lle ensine a lingua galega con especial coidado, ademais que debe charlar con outros nenos. Non penses en que castelanice ata que saiba ben e con extensión o galego... É unha desalmada necedade poñer ós nenos galegos á xiria da Gamática antes de saber con moita extensión a lingua galega... Faite cargo que o portugués se lle ensina en portugués, ó francés enfrancés... ó castelán só en castelán. Pois que tiranía é que ó galego non se lle ensine en galego. (Da Educacion da Juventude) Colección de voces y frases gallegas, Onomástico Etimologico da Língua Galega.1970 [edición de J. L. Pensado] -Coloquio de vintecatro galegos rústicos, 1995 [edición de R. Mariño Paz] ). Cantigas de Perico e Marica. O Padre Sarmiento recomenda fazer trabalho de campo dando as instruções bem precisas para isso. Com a finalidade de recolher as voces galegas ( junto com nomes das plantas e outros dados de interese.)<< Indica que seis pessoas percorram toda Galiza, acompanhadas de dous gardas que deveram ser galegos porque, desta maneira entenderám melhor as vozes que se vão recolher e investigar. Manda que estes \"investigadores\" – três principais- escriba en gallego todos los nombres según se pronuncian en cada país respectivo, añadiendo siempre el acento correspondiente, y distinguiendo con alguna señalita la O y la E cuando son abiertas o cerradas. Sinala que se escreva o \"x\" ,O \"G\"ou o \"j\" segundo a pronuncia que , << En Galego tem diferente son que en castellano>> E, tambem insiste em que se recolham as vozes galegas diretamente das pessoas falantes, separando-as das \"castellanizantes\" . 8.-Padre Benito Jerónimo Feijoo: El gallego no es un dialecto del castellano:Benito Jerónimo Feijoo • Teatro crítico universal • Tomo primero • Discurso XVParalelo de las Lenguas Castellana, y Francesa§. I.28. Que la lengua Lusitana, o Gallega se debe considerar dialecto separado de la Latina, y no subdialecto, o corrupción de la Castellana, se prueba, a mi parecer con evidencia, del mayor parentesco que tiene aquélla, que ésta, con la Latina. Para quien tiene conocimiento de estas lenguas no puede haber duda de que por lo común las voces Latinas han degenerado menos en la Portuguesa. Esto no pudiera ser, si la lengua Portuguesa fuese corrupción, o subdialecto de la Castellana: siendo cierto, que con cuantas más mutaciones se aparta una lengua de la fuente, tanto se aleja más de la pureza de su origen.// ....el Lusitano: en que, advierto, se debe incluir la lengua Gallega, como en realidad indistinta de la Portuguesa, por ser poquísimas las voces en que discrepan, y la pronunciación de las letras en todo semejante: y así se entienden perfectamente los individuos de ambas Naciones, sin alguna instrucción anterior. 9.-Na sua fundación declara: \"Na fala galega vive a ialma da nosa terra\". 10.- Denis Vicente Quilombo Noroeste, jan, 2017 Publicidade"}
{"ID": "QUEPASA_908", "summary": "SEA recoñece que o da Laracha é o seu \"polígono estrella\" O polígono de Buño non se activa; o de Vimianzo volve a moverse", "text": "Os de Cee, A Laracha, Malpica, Muros e Vimianzo son 4 dos 13 polígonos que xestiona Suelo Empresarial del Atlántico. A tendencia é moi positiva, sendo recoñece a entidade, sobre todo nos parques empresariais de Cee, A Laracha, Muros e Vimianzo, se ben o de Buño non acaba de arrincar. Así o explica a súa xerente Beatriz Sestayo, que sinala as novas operacións pechadas este trimestre, que atinxen aos parques de A Laracha, Vimianzo, Muros e Cee. Sobre todo gracias aos sectores que aguantaron ben a pandemia, as conserveiras, o frío industrial ou os relacionados coa loxística. As última operacións son a aprobación da venda de preto de 18.000 m2 na Laracha, de dúas novas parcelas en Vimianzo e as operacións comerciais pechadas con Sogama e Búa Construcións en Cee.Pouco despois a¡Insuapesca corroboraba a súa integración, pola modalidade de Dereito de Superficie, ao polígono de Muros. A Laracha, polígono estrella O polígono da Laracha (que xa está en proceso de ampliación) \"consolídase como polígono estrella de SEA\", recoñece Sestayo, que xa o pasado verán o colocaba como \"un dos parques industriais con máis potencial de Galicia\". A última operación, como dicimos, foi unha importante venda pechada por valor de 1.091.808 euros máis IVA e que afecta ás parcelas D.2.3., D.2.4 e D.2.5, que suman 17.898 metros cadrados. Deste xeito, este parque empresarial, que xa conta cunha ocupación próxima ao 70%, afianza a súa posición como un polo xerador de emprego e desenvolvemento económico no área coruñesa, con empresas como Inditex, Galitráns, Esmorís e Fillos, Hidroeléctrica de Laracha, Unifersa, Uniter ou Cardemad. Cee e Vimianzo SEA tamén valora a sinatura realizada da venda dunha parcela de 1.897 metros cadrados a Búa Construcións e Servizos S.L. por importe de 113.630,30 euros máis IVA. E de igual xeito, poen como fundamental a venda á Sociedade Galega do Medioambiente, Sogama, de dúas parcelas que ascenden a 2.370 metros cadrados en total, cun custo de 135.104,25 euros máis IVA, que pon de relevo os froitos da \"colaboración institucional coa Xunta\". Pola súa parte, en Vimianzo xa hai unha nova operación pechada no parque empresarial de Vimianzo, tras anos sen avances e que supón a movilización de 2.370 metros cadrados \"dúas parcelas- por un importe de 135.104,25 euros."}
{"ID": "NOS_54068", "summary": "O sindicato interpuxo contencioso administrativo contra os concellos de Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós. Acusa os gobernos locais de \" \"deseñar unha carreira de obstáculos para favorecer a un grupo reducido de escollidos\".", "text": "O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense publicaba o pasado 9 de xullo sete resolucións de cinco concellos polas que se aprobaban as bases para contratación de persoal temporal, nomeadamente traballadores das brigadas de incendios mais tamén monitores, albaneis e outras profesións. A través destes anuncios tamén se convocaban os correspondentes procesos selectivos. O sindicato CIG aponta que as persoas interesadas tiñan o \"exiguo prazo\" de 3 días hábiles para presentar as solicitudes. E que as bases reguladoras das convocatorias publicaríanse nas webs dos municipios e nos taboleiros de anuncios. Para a central, isto significa que non se publicaron en diarios oficiais, tal e como obriga a lei. \"Deseñaron unha carreira de obstáculos coa finalidade de agochar aos cidadáns en xeral as convocatorias, reducir ao máximo a súa difusión pública, dificultar a obtención das bases reguladoras e, en definitiva, quebrar o principio de igualdade, co obxecto de reservar os postos de traballo públicos pra un grupo reducido de escollidos\", sostén a CIG. Puntuación Na maioría das bases reguladoras publicadas, explica o sindicato, outórgaselle 0,25 puntos por mes e un máximo de catro puntos a quen acredite a prestación de servizos previa para o propio Concello ofertante; fronte aos 0,10 puntos por mes e un máximo dun punto a quen acredite a prestación de servizos nalgunha das demais ddministración públicas, \"tornando tal criterio discriminatorio por razón de residencia e emprego\", sostén a central. Prevese, aliás, a realización da denominada entrevista persoal, consistente na avaliación duns supostos méritos específicos (indemostrábeis obxectivamente). \"En realidade, esta entrevista persoal, baixo a aparencia dunha segunda avaliación de méritos, non é mais que o típico apaño para facer o encaixe pretendido e adxudicar o posto a quen se prefire\", critican. Por iso o sindicato interpuxo contencioso administrativo contra os concellos de Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós."}
{"ID": "NOS_21240", "summary": "O PP recoñece que a medida funcionou pero volve desbotar poñela en marcha de novo.", "text": "A portavoz parlamentaria de Política Social do BNG, Olalla Rodil, vén de reclamar a restitución da tarxeta básica co obxectivo de \"paliar as urxencias das persoas que máis o precisan\" e que, salientou, \"viron agravada a súa situación pola forte inflación que se está a padecer\". Neste senso, acusou a Xunta da Galiza de \"contribuír a empeorar a situación de milleiros de fogares galegos\" e non axudar \"a poboación máis vulnerábel\", nun momento no que medra o número de persoas \"en situación de pobreza e risco de exclusión\". A Xunta cancela a tarxeta axuda que beneficia máis de 35.000 familias vulnerábeis \"A Xunta non adoptou nin unha soa medida no marco das súas competencias para aliviar a escalada de prezos, senón que retira o pouco que había co cal está a contribuír a empeorar a situación económica de milleiros de fogares galegos\", lamentou a deputada, que lembrou que o BNG demandou hai máis dun ano a regulación desa axuda básica para sufragar os gastos en alimentación, \"sen obter resposta ningunha do Goberno galego\". Así, Rodil instou o Executivo de Alfonso Rueda a \"manter a tarxeta básica para garantir con carácter de urxencia acceso a produtos de primeira necesidade a poboación en situación de pobreza e risco de exclusión social e darlle un carácter permanente como ponte cara á outras prestacións económicas que tardan en ser tramitadas\". O PP recoñece a utilidade da medida, mais négase a mantela Esta mesma terza feira tanto BNG como PSdeG demandaron na Cámara galega que se manteña esta axuda, unha demanda que non foi escoitada polo PP, malia que este partido gabouse de ser Galiza o territorio do Estado pioneiro en activar esta medida e destinar a ela 41 millóns de euros. Os partidos galegos toman posicións ante a supresión da Tarxeta Básica por parte da Xunta O deputado popular Alberto Pazos Couñago manifestou que a Xunta \"non muda o seu compromiso contra a pobreza\", mais defendeu a supresión desta axuda, que beneficiou milleiros de familias galegas. \"Ningunha comunidade gobernada por socialistas ou nacionalistas implantou unha tarxeta así\", dixo. Unha tarxeta que se suprimiu o pasado 1 de xullo e que fora aprobada no contexto da pandemia da Covid-19."}
{"ID": "PRAZA_8228", "summary": "Aplica un axuste de máis do 20% en 21 centros, que agora ven en perigo o seu funcionamento diario e a calidade do ensino. A Consellería de Educación acláralles que aqueles onde máis se aforrou sofren agora os \"reaxustes\".", "text": "A Consellería de Educación castiga o aforro e recorta a partida destinada a gastos de funcionamento dos centros de ensino de Secundaria. En case catro de cada dez institutos, centros de FP e centros públicos integrados de Galicia o axuste supera o 9%, tal e como adiantou a CIG-Ensino nun estudo. Son 123 dos 334 (un 36,8% do total) e froito dunha decisión que chegou por sorpresa a moitos destes colexios, que ven como este novo e elevado recorte dificulta o seu día a día e volve pór en perigo a calidade da súa ensinanza. O recorte en gastos de funcionamento supera o 20% en 21 centros e o 15% en 42 Tan sorprendente foi o tamaño do axuste que houbo directores de centros que o pasado venres, ao recibir a comunicación da transferencia reducida desta partida, puxéronse en contacto coa Consellería de Educación para advertir do que supoñían un erro. Non era tal. O recorte foi masivo e en 21 centros superou o 20%, chegando nalgúns casos a un descenso do 55% e ata do 73% en centros como os de Navia de Suarna ou Carballeda de Valdeorras. En 42 centros o axuste supera o 15%. A Consellería explícalle aos centros que sufrirán máis recortes canto máis tivesen aforrado no seu orzamento A explicación dada pola Consellería a algúns dos directores indignados polo axuste foi aínda máis sorprendente. Todos os centros que teñan aforrado máis dun 33% do seu orzamento sufrirán un maior recorte na partida de gastos de funcionamento e que será aínda máis grande canto máis presuposto tivesen aforrado. Ese é o caso do CPI Doutor Daniel Monje, de Navia de Suarna, que viu como a partida pasou dos 36.498 euros do curso pasado aos 16.486 deste 2012-13. É o premio a ser un dos centros con maior remanente, segundo lle explicou a Administración. A Consellería recoñece \"un pequeno reaxuste\" nas partidas destinadas a gastos correntes e explica que os centros educativos \"poderán utilizar os remanentes do 2012\", cantidades que nalgúns casos \"son dunha contía igual ou superior ao do propio orzamento dos centros para o 2013\". \"Este reaxuste, que afecta a un 30% dos centros públicos, realizouse tendo en conta a realidade e as necesidades específicas de cada centro, polo que nalgúns caso obsérvanse baixadas e noutros subidas do orzamento\", explica nun comunicado. Non están tanto de acordo os afectados. \"Pensei que era un erro na transcrición, que en lugar dun tres puxeran un un na cifra final, pero non era así\", explica Dolores Vázquez, directora do centro de Navia de Suarna, que dispón agora de 20.000 euros menos para gastos de funcionamento, o que supón un descenso de case o 55%. Terá menos cartos para financiar excursións, actividades extraescolares, a calefacción, amaño de infraestruturas, material... \"Este ano non teremos problemas económicos neste aspecto, pero si os haberá si nos seguen recortando; o noso problema principal é a falta de profesores porque temos catro en Primaria e seguramente para o vindeiro curso teñamos tres\", quéixase a responsable. \"Non valoran o esforzo que fixemos; aínda por riba de aforrar, recórtannos máis\", explica a directora dun centro de Navia Porque este novo recorte únese á ampliación do copago nos comedores escolares, á redución do profesorado ou á diminución orzamentaria da Consellería de Educación, polo que pon en serias dificultades o funcionamento diario de moitos centros. \"Estamos na alta montaña lucense e só en calefacción xa se nos van 10.000 euros\", insiste Dolores Vázquez, que pode \"entender\" un pequeno axuste, pero non que se lle recorte tanto, \"precisamente a quen foi capaz de aforrar mantendo a calidade educativa e de servizos no centro\". \"Nin valoran nin teñen en conta o esforzo que fixemos, pero tampouco parecen ter en conta que podemos ter momentos de dificultade; aínda por riba de aforrar, recórtannos máis\", insiste. Ao axuste global na partida para gastos correntes hai que unirlle o incremento no importe da luz, a auga, o transporte ou o material Xa no ano 2012, a partida destinada ao gasto de funcionamento destes centros foi de 31,1 millóns de euros fronte aos 28,3 deste ano 2013. A este decrecemento do 9% respecto do ano 2012 habería que lle engadir o incremento dos prezos dos gastos que os centros teñen que facer fronte con esta partida, pois a calefacción, a luz, a auga, gastos de departamentos, material ou trasporte para actividades complementarias sufriron un notable incremento. \"É unha vergonza porque afecta gravemente a calidade do ensino e o funcionamento do centro\", quéixanse en Malpica \"Con eses cartos pagamos o mantemento dos ascensores, a calefacción, as alarmas, a caldeira, os taboleiros dixitais, un programa informático... Pero agora hai arranxos dalguha infraestrutura que se cadra non poderemos facer\", asegura Teresa Berdía, directora do IES Urbano Lugrís de Malpica, que sufriu un recorte de case o 28% na partida, uns 13.000 euros menos. Ela, ao contrario que a súa compañeira de Navia, non recibiu aínda explicación ningunha por parte da Consellería. \"E iso que mando carta de protesta por cada recorte que nos fan\", lembra. \"É unha vergonza e claro que afecta gravemente ao funcionamento e á calidade da escola; non imos poder facer todas as actividades que desexamos\", recoñece Berdía, que recorda tamén que os centros afastados das grandes áreas urbanas teñen que, por exemplo, contar coa axuda dos pais para sufragar excursións ou visitas culturais a algún museo das urbes. \"Pero hai moitas familias en paro ou cobrando unha axuda mínima; o 40% dos pais sofren unha situación precaria e achegada ao limiar da pobreza, así que non lles podemos exixir que paguen estas cousas\", quéixase, mentres segue esperando unha explicación por parte da Consellería. \"Hai moitas familias en situación precaria que non poderán colaborar para sufragar excursións ou visitas culturais\" Ademais, hai centros aos que aínda incrementando o número de alumnado redúceselles a partida destinada a gastos de funcionamento para este ano. A merma de cartos destinada a este concepto, tal e como explica a CIG, reduce a dotación de recursos en relación aos centros concertados. Un novo golpe ao ensino público."}
{"ID": "NOS_50196", "summary": "A opción de concorrer ás eleccións europeas integrados na candidatura que Izquierda Unida vai promover a nível estatal colleita até 380 dos votos emitidos pol@s 791 participantes no referendo. Con 369 ficou a segunda opción, mentres que @s partidari@s de non concorrer foron unicamente 37, segundo informou a propia organización.", "text": "Opción 1: integrarse na candidatura promovida por Izquierda Unida a nível estatal. Foi a escolla que a militancia de Anova-Irmandade Nacionalista realizou este domingo nun referendo que resolveu a incógnita de con quen concorrería a formación soberanista ás eleccións europeas. Esta posibilidade, a mesma que defendeu Xosé Manuel Beiras, colleitou un total de 380 votos emitidos polas 791 persoas que tomaron parte da votación, o 72,44% da militancia chamada ás urnas, segundo os dados facilitados pola propia organización. Por detrás, mais tan só a 11 votos de diferenza, quedou a Opción 2, que pasaba por que Anova conformase unha coligación con forzas políticas nacionalistas de esquerda das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas da esquerda rupturista. Do referendo tomaron parte 791 persoas, o 72,44% da militancia, segundo o dado facilitado por Anova Así as cousas: finalizado o escrutinio das por volta de 40 mesas colocadas en todo o País, os dados son os que seguen: 380 votos para a primeira opción; 369 votos para a segunda opción; 37 votos para a terceira opción --non concorrer aos comicios europeos--; 3 votos en branco e 2 votos nulos. Por comarcas, os maiores índices de participación rexistráronse en Vigo, onde votaron 101 persoas e venceu a primeira opción con 58 papeletas riscadas ao seu favor. A opción escollida recibiu o 48% dos votos, representando menos da metade da organización; a opción 2 ten o 46,6% dos votos e a opción 3, o 4,6% Até 80 persoas votaron na Coruña, onde venceu a segunda das opcións con 46 votos; a mesma opción que se impuxo en comarcas máis pequenas como na Limia (15 votos de 18) e no Val Miñor (45 votos de 64). En Compostela e Ourense a meirande parte d@s eleitor@s decantáronse por concorrer na listaxe de IU con 40 votos na primeira comarca e 34 na segunda, respectivamente. Na mesa colocada en Teo, concello gobernado por Martiño Noriega, quen manifestou publicamente a súa preferencia pola candidatura da esquerda federal española, foi esa a opción que arrasou nas votacións: 39 votos dos 41 emitidos. A participación variou moito segundo as comarcas, sendo moi baixa en Ferrolterra, a primeira comarca da cal tivo dados Sermos Galiza, pois só votaron 31 persoas. Tampouco foi notoria en Compostela, contabilizándose 61 papeletas. En que se traducen os resultados deste referendo? A consulta á militancia que Anova-Irmandade Nacionalista decidiu emprender evidenciou que a organización que lidera Xosé Manuel Beiras está dividida en dúas metades e que ambas as dúas contan practicamente co mesmo peso político. Así o sinalan as papeletas riscadas: o 48% en prol da candidatura da esquerda federal e case o 47% en prol dunha candidatura que, a priori, carrexaría unha maior autonomía para a organización soberanista, como forza galega con capacidade para mudar a compaña da coligación en que se integra dependendo do proceso eleitoral que afronte. O pronunciamento público de Xosé Manuel Beiras xogou un papel decisivo nos resultados. Cando todo facía presaxiar que o líder de Anova ficaría do lado dos seus próximos, nomeadamente Luis Eyré 'Palleiro' e Mario López Rico, o histórico nacionalista deu un xiro de temón e posicionouse do lado do sector crítico que lidera Noriega, o alcalde de Teo. As dificultades para non se saír do espazo nacionalista chegan agora, cando a listaxe que incluirá @s candidat@s de Anova terá que ser ratificada, en último termo, polos órganos federais de IU en Madrid."}
{"ID": "NOS_40196", "summary": "Unha páxina web permite a todo aquel que así o desexe fornecerse de deseños e cartelaría para facer a súa propia campaña contra Núñez Feijóo denunciando incumprimentos e mentiras do PP neste mandato.", "text": "Descarga e difunde como actualización, no século XXI e na Galiza, do agit-prop. Unha páxina web, http://botamolos.wordpress.com/, está a revolucionar as redes en plena campaña electoral coa base no DIY (Do it Yourself, faino ti propi@) do primeiro hardcore. Cunha estética limpa, directa e atractiva, e coa mensaxe clara de que este 21-O \"hai que votar para botalos\", a web ofrece gratuitamente unha serie de cartaces que se poden descargar para a súa difusión polo medio que máis lle preste ou interese á ou ao usuari@. \"Non hai regras prestablecidas. A nosa imaxinación é a arma mais forte\", sinalan nesta páxina con material gráfico. \"Facede uso del do xeito que prefirades, tanto as imaxes como os textos deste blog están cedidos ao dominio público\", indican os promotores da idea. \"Non hai regras prestablecidas. A nosa imaxinación é a arma mais forte\", sinalan nesta páxina con material gráfico Impacto visual e reflexión Até o de agora levan varios cartaces deseñados. Denuncia e ironía entrelázanse en boa parte deles, na procura do impacto visual e a reflexión. No chamamento á cidadanía que os promotores da web inclúen, apuntan que \"o 21 de outubro temos unha cita coas urnas. Segundo a maioría das enquisas publicados até o de agora, o PP está moi perto de revalidar a súa maioría absoluta. De seguro que a maioría de nós pensamos que non é esaxerado considerar este escenario como un auténtico suicidio colectivo\". \"Unha maioría absoluta do PP sería un auténtico suicidio colectivo\" De aí que, proseguen, \"son tantos os motivos para botalos que parece incríbel que alguén pense en ficar na casa o 21-O. Como medida preventiva, daquí ao domingo imos recordar aos nosos familiares, amig@s, veciñ@s, compañeir@s do choio, xente no bar, etc. Desde aquí deixámosvos unha pequena axuda a xeito de cartaz. Se vos presta podédelo pegar onde mellor vos pareza: no voso muro de facebook, na uni, no choio, no bar, na biblioteca… Canta mais xente recorde mellor!\". Revolta nas redes contra Feijóo Desde que comezou a campaña, xurdiron varias webs que fan o papel de denunciar e dar a coñecer aquelas novas relacionadas con Feijóo candidato e Feijóo presidente que un lector non pode atopar nos grandes medios de comunicación. Desde Feijoo2012 a Galicia Primeiro, o abano de rexistros que empregan estas páxinas é amplo, desde a retranca e a ironía até as denuncias documentadas e argumentadas."}
{"ID": "NOS_30346", "summary": "O Partido Demócrata presenta a solicitude formal contra o presidente estadounidense co fin de inhabilitalo e impedir que se volva presentar a unhas eleccións.", "text": "O Partido Demócrata presentou onte a solicitude formal de apertura de xuízo político ou impeachment contra o presidente estadounidense, Donald Trump, por un único artigo de \"incitación á insurrección\" despois do seu apoio ás mobilizacións que culminaron co asalto ao Capitolio no 6 de xaneiro. Os prazos impedirían destituílo antes do 20 de xaneiro, día da toma de posesión de Joe Biden, mais si permitirían inhabilitalo para exercer cargos públicos e volverse presentar como candidato nunha eleccións. Os membros demócratas da Cámara de Representantes David Cicilline, Ted Lieu e Jamie Raskin subscriben a solicitude de apertura do proceso de destitución contra Trump por \"incitar premeditadamente á violencia contra o Goberno dos Estados Unidos\". A moción para a tramitación de urxencia da solicitude foi recorrida polos republicanos, mais o proceso de xuízo político contra Trump está xa formalmente aberto. O texto presentado sostén que Donald Trump repetiu afirmacións falsas sobre a súa suposta vitoria nos comicios presidenciais do 3 de novembro, arengou os seus seguidores nun discurso retransmitido o propio 6 de xaneiro e presionou o secretario de Estado de Georgia para mudar o resultado electoral. \"Con todo iso, o presidente Trump puxo en grave perigo a seguridade de Estados Unidos e as súas institucións de Goberno\", sinala a resolución, á que tivo acceso anticipado a cadea CNN. 25ª emenda Ademais, entre hoxe e mañá está previsto que a Comisión do Regulamento da Cámara de Representantes se reúna para estabelecer un marco de debate sobre a posíbel activación da 25ª emenda da Constitución. Neste caso, son o vicepresidente e os membros do Goberno os que iniciarían o proceso de destitución."}
{"ID": "NOS_37833", "summary": "Calvine Coolidge foi o último mandatario en pisar a illa, en 1928.", "text": "Desde que se iniciara o desxeo das relacións entre os EUA e Cuba, após máis de medio século da imposición por parte do goberno estadounidense do bloqueo económico, comercial e financeiro, diversas foron as medidas adoptadas por ambos os dous países no camiño por normalizar as súas relacións políticas e diplomáticas. O mantemento do bloqueo e a ocupación de Guantánamo continúan a ser puntos de discordia entre os dous territorios Neste senso, os EUA retiraron definitivamente Cuba da listaxe de países 'promotores do terrorismo internacional', aliás, foron re-abertas senllas embaixadas en Washington e La Habana para alén da liberación de presos políticos cubanos apresados en Miami. No eido económico volverán a desenvolverse de maneira regular voos comerciais entre ambos os dous territorios e mesmo empresas estadounidenses poderán volver a instalarse na illa, de maneira limitada inicialmente. No marco deste novo contexto o presidente dos EUA, Barack Obama, viaxará a Cuba no mes de marzo. Farao os días 21 e 22 segundo comunicou a Casa Branca. O seu obxectivo, sinalou através da rede social Twitter o propio Obama, para \"promover o progreso e os esforzos que poden mellorar a vida do pobo cubano\" e para lle amosar \"directamente\" ao goberno liderado por Raúl Castro as \"diferenzas\" que, di, partillan co executivo. Só Jimmy Carter viaxou a Cuba en dúas ocasións mais a nivel persoal, non oficialmente A viaxe constitúe un fito histórico. Ningún presidente dos EUA visitou a illa de maneira oficial desde 1928. Unicamente Jimmy Carter viaxou á illa en dúas ocasións, 2002 e 2011. Ora ben, a nivel persoal. O último mandatario ianqui en pisar Cuba foi Calvine Coolidge cando o territorio aínda era considerado parte do 'patio traseiro' dos EUA, sendo presidente Gerardo Machado. Malia as aproximacións entre os dous territorios continúan riba da mesa dúas cuestións fundamentais na normalización das relacións entre Cuba e os EUA. Dunha banda o mantemento do bloqueo cuxo levantamento depende en última instancia do Congreso e doutra, a devolución a Cuba do territorio de Guantánamo ocupado na actualidade polo exército estadounidense e no que se atopa, para alén da base militar, unha das cadeas máis opacas do mundo, denunciada internacionalmente por casos de tortura e vulneración dos dereitos fundamentais das persoas apresadas nela."}
{"ID": "NOS_17846", "summary": "Fracaso Tropical significou unha inflexión no traxecto dos Resentidos. O cuarto elepé da banda máis importante do rock galego introduciu influencias latinas, facilitou a irrupción do rap e despregou lírica brillante e crítica sobre migracións. Fai 30 anos da súa publicación. Eis un extracto da peza publicada no número 319 de Sermos Galiza.", "text": "En 1987, Os Resentidos atravesaban unha etapa complicada. O ano anterior excederan toda expectativa e mesmo rebentaran as pistas das salas de baile. Fixera un sol de carallo e a presión era elevada. Música doméstica, o seu terceiro disco, non cumpriu co que agardaban. Nin a nivel comercial nin, confesa Antón Reixa, a nivel artístico. A consigna foi a retirada. Aos cuarteis de inverno na Galiza. Un ano despois, e reducidos a trío, a banda fundamental do rock galego publicaba unha das súas obras máis frondosas: o inesgotábel Fracaso Tropical. \"Era un momento complexo, si\", admite Reixa (Vigo, 1957), vocalista e escritor do grupo, a Sermos Galiza, \"condesámonos en trío, con Alberto Torrado [baixo] e Xavier Debesa [guitarra], e viñemos gravar a Galiza por primeira vez\". Antes fixérano en Madrid. Agora, o estudio estaba a 500 metros do local de ensaio. \"Tomámoslle a medida á nosa repercusión e traballamos de xeito case introspectivo\", engade. O resultado, nove cancións que ampliaban o seu campo de batalla a extensións case heréticas. Non por acaso Os Resentidos foron un proxecto post punk e no post punk todo estaba permitido. \"Tiñamos certa obsesión por asumir as músicas latinas\", lembra Reixa, \"e comezabamos a albiscar a importancia do rap\". Con esa daquela inaudita maneira de recitar, Galicia Sitio Distinto (2ª parte) pechaba o elepé e axiña se erixiría nun dos seus himnos de combate: \"así che nos vai a coruña lugo ourense e pontevedra / nambia palestina nicaragua e guatemala\". Polo medio, Songoro Cosongo en homenaxe a Nicolás Guillén ou ese sabrosón Tumbao. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 319 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_14572", "summary": "O vindeiro domingo, 30 de xaneiro, están convocadas na Galiza senllas mobilizacións en contra do novo texto aprobado polo Executivo estatal.", "text": "A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno estatal, Isabel Rodríguez, lembrou esta terza feira que a reforma laboral \"está vixente\", debido a que xa se publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a finais de decembro de 2021, e insistiu en que o Executivo só valora o escenario da súa convalidación no Congreso. \"O Goberno defende o apoio ao acordo na súa integridade porque é un acordo importante. Estamos a falar da convalidación dunha norma que está vixente. A expectativa do Goberno non é outra que valorar un escenario de convalidación efectiva deste acordo\", dixo Rodríguez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras. A ministra portavoz respondeu así a preguntas dos medios sobre o apoio de Ciudadanos á convalidación no Congreso, unha decisión que provocou asperezas dentro da coalición de Goberno. Unidas Podemos resístese a aceptar ese apoio e segue a procurar o visto e prace dos seus socios prioritarios, PNV, ERC, BNG e EH Bildu, a pesar das reticencias destes. O grupo socialista, pola súa parte, non fecha a porta á formación de Inés Arrimadas, aínda que Rodríguez evitou pronunciarse de forma expresa a esta posibilidade e centrouse en subliñar que non prevé outro escenario que a convalidación do acordo \"nos termos nos que se fechou en decembro entre o Goberno, os sindicatos e a patronal\". Rodríguez engadiu que é \"tan importante\" esta norma que se preguntou como é posíbel que algún grupo parlamentario poida dicir que non \"a que algúns traballadores de subcontratas poidan percibir 12.000 euros anuais máis de salario\" ou dicir que non a que \"30% dos empregados con contratos temporais pasen a ter un indefinido\". O acordo cos axentes sociais alcanzouse o pasado 23 de decembro e o Consello de Ministras aprobouno o 28 dese mes. A nova norma apareceu publicada no BOE o 30 de decembro e entrou en vigor un día despois. O Goberno estatal espera agora a súa tramitación parlamentaria, á procura de apoios suficientes. Mobilizacións contra a reforma laboral este domingo A CIG vén de convocar concentracións en diferentes vilas e cidades do país o vindeiro domingo, 30 de xaneiro, para protestar contra unha reforma lexislativa que, asegura o sindicato maoritario na Galiza, \"non recupera os dereitos perdidos pola clase traballadora coas mudanzas do Goberno estatal en 2010 e 2012\". De forma paralela está chamada a se mobilizar a cidadanía catalá e vasca, con diferentes mobilizacións convocadas tamén nestes países."}
{"ID": "NOS_40632", "summary": "A Xunta de Galiza ignora a educación sexual nas aulas, unha materia chave para combater as violencias machistas. A información que reciben as adolescentes depende da vontade e do compromiso dos centros e do profesorado. Analizamos algunhas propostas para a súa abordaxe.", "text": "O primeiro paso para que as rapazas se formen en educación sexual é desaprender. Chis Oliveira, catedrática de Filosofía e autora de diferentes libros sobre educación sexual con perspectiva de xénero, teno claro: \"temos que repensar o sexo e darnos permiso a vivirmos o desexo propio, non o desexo colonizado pola cultura machista\". Segundo unha enquisa da Sociedade Española de Contracepción (SEC), do ano 2019, a idade media da primeira relación sexual sitúase nos 15,7 anos entre a mocidade con idades entre os 16 e os 18 anos. A idade media para iniciarse no porno é de 11. Existe un termo para denominar a primeira xeración que chega ao porno antes que á súa sexualidade: 'pornonativos'. O imaxinario sexual está formado a partir da pornografía. Isolda Comesaña, de 18 anos, integrante do grupo de alumnado Comando Igualdade, asegura que \"as adolescentes resolvemos as nosas dúbidas sexuais en internet\", pero advirte de que os contidos que achegan os buscadores son pornográficos. A maioría do porno que se distribúe na rede, e consome a mocidade, é un porno que perpetúa os roles de xénero, e amosa relacións violentas que moitas veces non se basean no consentimento. O preocupante é que estes comportamentos \"están sendo asumidos, normalizados e reproducidos\" entre a xente máis nova, segundo observa Isolda. Onde debe comezar a educación sexual? Malia as recomendacións da Unesco e as esixencias de ONG como Save the Children, que reclamou unha materia obrigatoria de educación afectivo-sexual perante o récord de vítimas e de denuncias de maltrato e violencia machista, a sexualidade está esquecida no currículo educativo. Non existe ningunha materia, nin en primaria nin en secundaria, sobre educación sexual. A profesora Chis Oliveira asegura que, por mor deste baleiro no currículo, \"estamos educando na desigualdade\". A formación nos centros educativos redúcese a obradoiros e charlas que as directivas ou ANPA reclaman de maneira voluntario. Segundo apuntan as expertas, \"poden ser útiles mais son insuficientes\". A 'transversalidade' recollida no currículo, explica Oliveira, \"queda nunha declaración de intencións\". Ademais, o profesorado non ten a formación necesaria e os avultados programas de cada materia non teñen espazo nin tempo para introducir esta temática. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_41790", "summary": "Profesionais da Atención Primaria denuncian a tardanza da Consellaría de Sanidade en achegarlles o novo protocolo de vixilancia Covid. A estratexia fíxose pública a semana pasada, mais o persoal sanitario aínda non dispón dos detalles para poder aplicala.", "text": "Desde hoxe, a Galiza asume a nova estratexia de vixilancia e control do coronavirus após superar a \"fase aguda\" da pandemia. O novo protocolo deuse a coñecer a semana pasada. Tamén a data na que entraría en fucionamento. Mais nas primeiras horas deste 28 de marzo, profesionais de Atención Primaria advirten que aínda non dispoñen do documento oficial da Consellaría de Sanidade para informar os seus pacientes dos detalles do novo procedemento. Sen noticias concretas da nova estratexia polas canles oficiais, o persoal sanitario mantén en vigor o protocolo anterior, que aínda recomenda o estudo de casos e contactos para o conxunto da poboación e non só entre aqueles casos confirmados que estean relacionados con ámbitos ou grupos vulnerábeis. Na práctica, o inicio da \"etapa de transición\" en canto á \"vixilancia e control\" da Covid, anunciada a semana pasada pola Dirección Xeral de Saúde Pública atrásase até a recepción dos protocolos en todos os centros de saúde da Galiza. Seguimento Covid Chegado o momento, en todo o territorio, como no resto do estado inicarase unha nova vixilancia centrada especialmente nos ámbitos vulnerábeis: centros sanitarios asistenciais; centros sociosanitarios —residencias de maiores, centros de día e de discapacidade— e centros con persoas institucionalizadas —centros penais—. En concreto, a Galiza centrará a súa especial vixilancia nesta nova estratexia nas persoas maiores de 60 anos, no grupo de xente con condicións de alto risco —grupo 7 da estratexia de vacinación que inclúe os inmunodeprimidos— e as embarazadas. A Galiza é o único territorio do Estado que mantén restricións pola Covid A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán puntualizou que só as persoas deses tres grupos —maiores de 60, embarazadas e inmunodeprimidos— se someterán á proba de confirmación da Covid en caso de ter síntomas. Ademais, o estudo de contactos de casos de Covid incluirá persoas relacionadas con eses grupos vulnerábeis, como as que residen ou acoden como usuarias frecuentes ou están ingresadas nun ámbito vulnerábel; que traballen na atención directa a persoas nun ámbito de vulnerabilidade e traballadores que prestan apoio e coidados a outras vulnerábeis, como o persoal de axuda no fogar. Casos sospeitosos O novo protocolo estabelece como caso sospeitoso a persoa con clínica compatíbel ou con resultado positivo nun test de autodiagnose, para quen se recomenda extremar as precaucións até pasados os 10 días do inicio dos síntomas, ficar no domicilio até que melloren os síntomas, usar máscara e manter a distancia de seguridade, evitar contacto con persoas vulnerábeis ou acudir a ámbitos vulnerábeis, reducir as interaccións sociais, lavar as mans con frecuencia e informar os seus contactos estreitos."}
{"ID": "PRAZA_5725", "summary": "Xosé Luís Franco Grande ofreceu este luns unha conferencia no Ateneo de Santiago titulada Repensar Galicia en Europa, na que reivindicou o federalismo como solución máis axeitada para a inserción de Galicia en España e no continente.", "text": "\"A unidade europea sempre camiñou cara adiante, aínda que agora pareza paralizada. É imparable, non ten volta, cada vez será máis potente. O problema é que hoxe os líderes non son europeístas, teñen visións curtopracistas e non superaron a súa preocupación polas súas respectivas políticas nacionais\". 24 horas despois da celebración das eleccións ao Parlamento europeo, Xosé Luís Franco Grande ofreceu unha conferencia en Compostela baixo o título de Repensar Galicia en Europa. A súa intervención, no marco do ciclo de relatorios organizados polo Ateneo de Santiago, centrouse nunha apaixonada defensa do federalismo como fórmula máis axeitada para a estruturación política de Europa e de España. \"A realidade española, complexa, reclama unha solución federal\", salientou Franco Grande foi presentado por Pancho Candela, que destacou a \"oportunidade\" da charla, despois do proceso electoral vivido nas últimas semanas, e por Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, onde o autor publicou recentemente a complicación de ensaios Outra política para outros tempos. Freixanes destacou a Franco Grande como un \"exemplo de compromiso con Galicia\" e como un pensador \"heterodoxo e libre\". Tamén sinalou a necesidade de escoitalo, mesmo para aquelas persoas que se atopan en posicións distintas \"pois neste país é unha práctica moi habitual ignorar ou ningunear aqueles discursos que están na heterodoxia ou que non están na corrente do grupiño ao que pertencemos\". \"Aínda seguimos construíndo unha sociedade por parroquias, e nin escoitamos aos que non están na nosa parroquia ou na nosa relixión, porque vivimos a política como relixión, e esa é outra proba de premodernidade\", concluíu. Franco Grande destacou que \"o federalismo é o futuro de Europa\", pois \"a federación é a forma política máis acaida para encaixar nela a unidade europea e para respectar as minorías\" Este luns no Ateneo falouse sobre todo de federalismo, \"unha vella idea soñada tamén polos pais da CEE\", lembrou Freixanes, \"o federalismo como solidariedade, como espazo común, que recoñece as identidades pero se fundamenta na alianzas e nas lealdades, non como territorios isolados, sospeitando sempre do veciños, senón que espazos que na confianza son capaces de ceder para avanzar xuntos\". De igual xeito, Franco Grande destacou que \"o federalismo é o futuro de Europa\", pois \"a federación é a forma política máis acaida para encaixar nela a unidade europea e para respectar as minorías. A esencia do federalismo está no respecto ás minorías\". \"O problema é que hoxe os líderes non son europeístas, teñen visións curtopracistas e non superaron a súa preocupación polas súas respectivas políticas nacionais\" Para Franco Grande, \"a unidade europea sempre camiñou cara adiante, aínda que agora pareza paralizada. É imparable, non ten volta, cada vez será máis potente\". E opina que \"o problema é que hoxe os líderes non son europeístas, teñen visións curtopracistas e non superaron a súa preocupación polas súas respectivas políticas nacionais, como se demostrou na campaña feita por Arias Cañete ou Valenciano, na que se falou sobre todo de cuestións internas\". Así mesmo, botou en falta unha maior conciencia da importancia do Parlamento Europeo e doutros organismos da UE: \"A nosa vida vai estar marcada polas competencias sobre as que decide o Parlamento, que incrementou en moito o seu poder nos últimos tempos\". Franco Grande cre que \"os atrancos para o desenvolvemento da UE proveñen dos propios Estado, que se negan a ceder soberanía ante as institucións europeas. Pero cédena sen problema e cambian a Consitución nunha noite cando o impón a señora Merkel\". \"As nacións soberanas do pasado deixaron de ser o marco nos que se resolven os problemas\" O autor lembrou que o federalismo está na base na construción europea, presente nos escritos dos seus impulsores, como Jean Monnet, que \"xa recolleu que o mundo estaba inmerso nun proceso de cesión de soberanía por parte dos Estados-Nación. As nacións soberanas do pasado deixaron de ser o marco nos que se resolven os problemas\". Para Franco Grande é evidente \"o fracaso do centralismo liberal\" en Europa, pois \"a centralización é a preparación para o despotismo\". E, de igual xeito, pola cada vez maior interdependencia no mundo \"está totalmente superado o nacionalismo, que deu lugar ao principio das nacionalidades e que identifica Estado e Nación\". Explica que \"coa crise do nacionalismo refírome unicamente á crise da organización xuridico-política do Estado, non digo que estean superadas as reivindicacións dos movementos políticos nacionalistas. Hai que poñer ao día conceptos coma o de autodeterminación, hoxe en día non se autodetermina nin Alemaña. Tamén conceptos coma o de nación ou soberanía\". Franco Grande defendeu o federalismo froito dun pacto \"firme, de carácter duradeiro, e un pacto entre iguais\" que \"implica a participación directa dos estados federados\" e no que todas as competencias que non sexa explicitamente atribuídas aos Estado Federal, corresponderán aos estados federados, \"ao contrario do que suceden no estado autonómico español\". Só ficarían no Estado federal as competencias de política exterior, moeda e exército. Isto evitaría ademais as \"tentacións centralizadoras que impiden o desenvolvemento dos pobos, tanto na súa política educativa, defensa das linguas propias ou na política económica máis axeitada para cada territorio\". Opina que en España \"non hai cultura federal\", pero \"tampouco había cultura autonómica e foise creando nos últimos trinta anos\" Opina que en España \"non hai cultura federal\", pero \"tampouco había cultura autonómica e foise creando nos últimos trinta anos\". E para acadar este obxectivo cre que é precisa \"unha política de longo alcance, unha política de futuro, con pedagoxía\", pois \"o federalismo é unha política de valores, require a implicación da sociedade\". \"A realidade española, complexa, reclama unha solución federal que aúne a diversidade e a unión\", concluíu, nun pacto que \"debe ser libre, pois a soberanía das partes é o que dá valor ao conxunto\"."}
{"ID": "PRAZA_20246", "summary": "António Costa ve o Eixo \"consolidado como um dos grandes motores de desenvolvimento\" e mostra dunha Europa \"aberta para o mundo\". \"Chamou especialmente a atención a ausencia de representantes da Xunta\", di a entidade que agrupa os concellos de Galicia e o norte de Portugal", "text": "A mediados de maio o presidente da Xunta asumiu, no nome do Goberno galego, a presidencia rotatoria da Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal, o organismo transfronteirizo que pasaba a mans galegas ás portas da Cimeira Ibérica, pero tamén do terceiro Congreso do Eixo Atlántico, o organismo que agrupa 38 entidades locais das dúas beiras da raia, entre elas as principais cidades. No ano do seu vinte e cinco aniversario o organismo convocou para este xoves e venres en Braga \"unha sorte de estados xerais da Eurorrexión\" coa vista posta no futuro das contornas urbanas e fíxoo nun simbólico encontro ao que o Goberno de Portugal lle outorgou especial relevancia. Non en van, a clausura do congreso foi presidida polo primeiro ministro, António Costa, mentres que por parte do Goberno galego non existiu representación ningunha. Costa, que este venres tamén inaugurou un centro tecnolóxico na cidade bracarense, \"saudou\" o vixésimo quinto aniversario do Eixo, ente que ve \"consolidado como um dos grandes motores de desenvolvimento dos dois países\" e tamén como mostra da necesidade de apostar por unha Europa \"aberta para o mundo\". O Eixo Atlántico, salientou o mandatario socialista, é para o Goberno de Portugal un \"eixo estratégico de cooperação\" Costa foi o mandatario político de maior rango institucional nun acto de clausura no que, pola banda galega, participaron diversos representantes municipais, como os alcaldes e edís da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Ribeira ou Lalín, así como o rexedor do Barco de Valdeorras, Alfredo García, na súa calidade de presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, e edís de diversos municipios. Aos actos do eixo acudiron, igualmente, o voceiro de En Marea, Luís Villares, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, entre outros. António Costa ve o Eixo \"consolidado como um dos grandes motores de desenvolvimento\" e mostra dunha Europa \"aberta para o mundo\" O acto institucional do Theatro Circo de Braga pechou, con aires de celebración, un encontro ao que asistiron uns 250 especialistas de diferentes ámbitos para abordar a Axenda Urbana -un dos relatores do proxecto foi o deputado do PPdeG Martín Fernández-, o primeiro documento transfronteirizo destas características, resaltan dende o Eixo. Trátase, explican de abordaren \"pautas de funcionamento coordinado para o desenvolvemento da Eurorrexión nos vindeiros 20 anos\" con liñas como o crecemento económico e o emprego nas cidades, a participación cidadá ou a sostibilidade ecolóxica. Aos actos acudiron diversos representantes de concellos galegos, así como os voceiros de En Marea e do PSdeG Para o alcalde de Braga e presidente do Eixo, Ricardo Río, \"os sucessos do Eixo Atlántico serão os sucessos de todos\", do que Alfredo García, no nome da Fegamp, definiu como \"unha cidade con sete millóns de habitantes, a Eurorrexión\". Esa \"Europa das cidades e dos cidadáns\" debe ser, para o secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao, unha das principais aspiracións do Eixo. No comunicado oficial co que pechou o seu terceiro congreso o Eixo Atlántico reflectiu que durante os dous días de traballos \"chamou especialmente a atención a ausencia de representantes da Xunta de Galicia, que non participou no desenvolvemento dos debates nin no acto dos 25 anos\", confirma. Este xoves a axenda pública do presidente incluíu unicamente a toma de posesión da nova presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, ás 10 da mañá en Santiago, se ben esta fin de semana inicia unha viaxe á China. O vicepresidente Alfonso Rueda -de cuxo departamento depende a dirección xeral de Relacións Exteriores-, inaugurou a festa da primavera do Páramo pola mañá e ás oito do serán tiña previsto participar nos actos do Día de Portugal na cidade de Ourense. \"Chamou a atención a ausencia de representantes da Xunta\", destaca o Eixo As celebracións dos primeiros 25 anos do Eixo Atlántico continúan este mesmo mes de xuño, tamén en Braga, coa celebración de Expocidades, unha feira de turismo de proximidade, e no mes de xullo en Lugo, Sarria e Monforte, sedes da duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico. A sede do peche dos actos do 25º aniversario será A Coruña, tal e como confirmou o seu alcalde, Xulio Ferreiro, durante o congreso celebrado en Braga."}
{"ID": "NOS_39516", "summary": "O historiador Adrián Presas acaba de presentar unha tese que estuda como a ditadura franquista creou as súas elites locais nas principais cidades galegas. Coa análise de 4.840 nomes, as conclusións negan que o réxime fose continuista co caciquismo de épocas anteriores. Ao contrario, creou as súas propias elites.", "text": "Cal é o obxectivo da súa tese? Nun primeiro momento era intentar solucionar unha idea que se viña transmitindo na historiografía a nivel estatal: a ditadura como continuidade doutros fenómenos anteriores, tales como o caciquismo ou o clientelismo. Nós observaramos, por outros traballos que se veñen realizando na facultade de Historia de Ourense, que no eido rural non era así. Por iso decidimos apostar en facer unha investigación de longo prazo para comprobar se iso se axustaba co discurso historiográfico e en principio non acontece. Cando menos no plano urbano, prodúcese unha ruptura con todo o anterior. A ditadura emprega un tipo de homes con pouca experiencia política, ou sen ningunha, profesionais liberais: avogados, catedráticos, farmacéuticos, notarios, rexistradores... Xente que podía ter de seu unha atribución económica para ocupar eses cargos municipais, porque non se cobraban. Preferíanos a eles, mais tamén había persoas con experiencia política, os que eran definidos como \"católicos\", \"ferviente patriota\", \"muy leal al movimiento nacional\", xente conservadora que xa exercera con anterioridade cargos municipais. A ditadura emprega un tipo de homes con pouca experiencia política, ou sen ningunha, profesionais liberais: avogados, catedráticos, farmacéuticos, notarios, rexistradores... Por que se escolle o período entre 1917 e 1951? Porque precisamente en 1917 é cando se produce a Revolución Rusa, cuxo éxito provocou nas elites conservadoras un cambio espectacular porque supuxo que, por primeira vez, aqueles a quen estas tiñan medo accedesen ao poder. Hai un cambio na mentalidade da cultura conservadora, que por exemplo en España se manifesta co maurismo —unha postura un chisco máis radical e reaccionaria. Nese momento de 1917 as elites comezan a adaptar o que virá a ser despois a II Guerra Mundial, os nacementos dos totalitarismos, sexa fascismo, sexa nazismo ou sexa o franquismo. Ese é o momento de orixe de todo isto. Recollendo todos eses nomes e comprobando como se renovan ou como van desaparecendo ao longo do tempo, conseguimos estabelecer eses enlaces de continuidade e descontinuidade que nos permiten trazar unha liña ao longo de todas as elites. Habería outros momentos de discontinuidade? Na ditadura franquista, o momento clave é a partir do 39, cando xa o franquismo gaña a guerra e comeza a desenvolver posicións normativas O outro momento de cambio é a ditadura de Primo de Rivera, que pasa a vasoira a todos, limpando por completo as elites anteriores. Na II República tamén se produce, aínda que o nivel de limpeza e de cambio é menor. Na ditadura franquista, o momento clave é a partir do 39, cando xa o franquismo gaña a guerra e comeza a desenvolver posicións normativas e a ter máis claro cal é o seu modelo de home para os cargos de alcalde, concelleiro ou presidente da deputación. Daquela comeza a verse unha adaptación das elites dun xeito moito máis claro. Os resultados deste traballo abren algunha vía de investigación futura, como estendelo ao eido rural? E tamén facer estudos máis detallados sobre cal é a natureza do franquismo, a natureza política da ditadura, e superar eses vellos debates sobre se se trata dunha ditadura fascista, fascistizada, totalitaria ou autoritaria. Si, esa é unha das vías que se pode abrir. O estudo cara ao rural xa demostra, en lugares como Ourense, onde está estudado, que ao haber menos xente e menos onde escoller, a continuidade respecto a outras tradicións anteriores do caciquismo, da ditadura de Primo de Rivera ou mesmo da I República, vaise manifestar moito máis que no caso das cidades. Tamén se abren outras liñas de investigación no ámbito das cidades, por exemplo, para coñecer que tipo de elites, de maneira moito máis clara, en Santiago, en Ferrol ou en Lugo. E sobre todo, a investigación podería levarse de cara ao futuro, a partir de 1951, cando xa se estabelece a democracia orgánica, mal chamada democracia do franquismo. Sería interesante estudar como a partir de aí se comezan a seleccionar doutra maneira, se continúan ou se non continúan, cal é o grao de renovación e cal o de discontinuidade. Iso é o que se podería traballar a partir de aí. E tamén facer estudos máis detallados sobre cal é a natureza do franquismo, a natureza política da ditadura, e superar eses vellos debates sobre se se trata dunha ditadura fascista, fascistizada, totalitaria ou autoritaria. A miña motivación tamén era crear unhas bases para poder continualo cara ao futuro, levalo ao momento no que a ditadura de verdade se asenta —a partir dos anos 50— e comeza a ter un modelo máis definido do que quere ser de maior"}
{"ID": "PRAZA_9440", "summary": "A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria advirte a Sanidade que, lonxe de aplacar o conflito, o seu bosquexo de reforma da Atención Primaria \"está xerando crispación e agravándoo\"", "text": "Advertiuno o sindicato SATSE e reitérao a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec). Nas principais organizacións que representan o persoal da enfermaría en Galicia tampouco gusta a reforma da Atención Primaria que promove a Xunta coa intención declarada de trazar un novo modelo para as vindeiras xeracións, pero tamén coa vontade de frear o conflito que, como noutros eidos da sanidade pública medra dende hai meses entre reclamacións de máis persoal e medios.A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria advirte a Sanidade que, lonxe de aplacar o conflito, o seu bosquexo de reforma da Atención Primaria \"está xerando crispación e agravándoo\"Unha vez analizado o documento presentado pola Consellería, a AGEFEC resume a súa postura anunciando que vai presentar \"unha emenda á totalidade\" ao plan formulado polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña. Vano facer, advirten, porque no caso de ser aplicado vai \"supoñer un grave prexuízo para os intereses da cidadanía\", pero tamén por pretender facer \"retroceder a Atención Primaria a un sistema de ambulatorios da década dos 70 ou 80\" do século pasado.Como advertiran outros colectivos, caso da Coordinadora Galega de Atención Primaria, a asociación que aglutina o persoal da Enfermaría Familiar e Comunitaria coida que Sanidade non logrou con este documento preliminar un dos principais obxectivos que perseguía, aplacar o conflito. Ben ao contrario. \"Está xerando un grave malestar e crispación nos enfermeiros e enfermeiras de Atención Primaria, agravando de xeito considerable o conflito\" polo que consideran unha marcha atrás no tempo.\"Pódese concluír -explican- que a maior parte das propostas para o novo modelo\" presentadas polo persoal de enfermaría á Consellería \"non foron incluídas\", lamentan ante o que ven como \"un menosprezo e falta de consideración polo traballo realizado\", tendo en conta que \"formulamos propostas de mellora para os istema, non de beneficio individual\". \"O que Sanidade vende como novas competencias non son tales, senón competencias que a enfermaría tivo e que eran exercidas polos profesionais médicos\"Neste sentido, resaltan que \"a única petición de remuneración económica que se solicitou foi a compensación xusta para compensar a penosidade de realizar a atención domiciliaria no vehículo particular. E fixérono, afirman, polo \"actual volume de atención no domicilio e o incremento que se prevé coa posta en marcha do plan galego de atención ás persoas en situación de cronicidade\".Ademais, advirten de que un dos titulares lanzados pola Consellería para citar as novidades da reforma realmente non o é tal, do seu punto de vista. \"O que Sanidade vende como novas competencias non son tales\", senón \"competencias que os enfermeiros de Atención Primaria tiveron, que se recoñeceron e consolidaron formalmente coa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria\". A \"diferenza\", subliñan, é que \"estas competencias eran exercidas polos profesionais médicos\", xa que \"o sistema sanitario estaba enfocado a curar\" e \"agora débenas exercer os enfermeiros\" porque o sistema \"debe reorientarse a curar e coidar\".Estes son para a AGEFEC motivos máis que dabondo para afirmar que o documento lanzado pola Xunta \"debe ser mellorado na súa totalidade\". Trátase, din, de \"acadar unha Atención Primaria adecuada aos tempos e ás necesidades da nosa poboación\" e por iso \"esta Sociedade Científica presentará á Consellería as necesarias alegacións nun documento detallado e consensuado polo seu grupo de expertos\"."}
{"ID": "PRAZA_2988", "summary": "O paro rexistrado baixa en 351 persoas no mes de Nadal e en case 4.000 persoas nos últimos doce meses.", "text": "Galicia conta con case 4.000 persoas paradas rexistradas menos que hai un ano e con 14.152 afiliados máis á Seguridade Social. Os datos interanuais, tras as cifras ofrecidas polo Ministerio de Traballo este venres, contrastan cos dun mes de decembro moito menos positivo para o mercado laboral galego. Galicia destruíu máis de 3.300 empregos durante o mes de decembro pero creou uns 14.000 en 2019No último mes do ano, o paro rexistrado baixou un chisco en Galicia (-0,21) e en 351 persoas, pero no mesmo período perdéronse 3.331 empregos ao descender nesa cantidade as persoas afiliadas á Seguridade Social. Galicia perdeu, xa que logo, máis de cen empregos cada día en decembro, quedando o número total de cotizantes en 1.020.259 e o de parados rexistrados en 165.308.O descenso do paro rexistrado no mes de Nadal é menor ao que se dá no conxunto do Estado (-1%) pero maior en termos interanuais (2,36% fronte ao 1,2%). E baixa en todas as provincias agás na de na Coruña. Ademais, a realidade é que o desemprego rexistrado aumenta en decembro en todos os sectores menos nos servizos, onde descende en máis de 1.500 persoas, e no colectivo sen emprego anterior. En canto á afiliación, o descenso é constante en Galicia desde o pasado mes de agosto, o que teima nos \"preocupantes\" datos dos que advirten os sindicatos. En canto aos contratos, asináronse un total de 77.798 no pasado mes, só o 4% deles indefinidos. Ademais, a contratación indefinida diminúe un 14 % no último mes, mentres que a temporal medra nun 3,6 %, o triplo que a media no Estado.Por outra banda, no mes de novembro cobraron algún tipo de prestación 91.735 persoas. Delas, 42.595 perciben unha prestación contributiva e o resto subsidios. Así, en Galicia hai 60.200 persoas demandantes de emprego, con experiencia laboral, que non reciben prestación ningunha.Desde a Xunta, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destaca que Galicia incrementa as afiliacións \"por sexto ano consecutivo\" e que \"reduce o paro a niveis inferiores aos de 2008\", ademais de \"sumar dez meses superando o millón de cotizantes\"."}
{"ID": "NOS_41759", "summary": "O secretario de Estado do goberno dos Estados Unidos, John Kerry, pronunciou na Habana un discurso no que salientou os esforzos do Executivo para tratar de lograr o levantamento do bloqueo. EUA pode demostrar que a súa proposta é seria e firme se non prorroga a Lei do Comercio co Inimigo.", "text": "\"No somos ni enemigos ni rivales, somos vecinos\". Na súa recente visita á Habana, en español, para evitar modificacións na tradución, John Kerry trasladoulle ao pobo cubano os esforzos que realiza en aras de acabar co bloqueo. Cuba ve nas palabras de Kerry certa esperanza de cara á non prorrogación da Lei do Comercio co Inimigo. Cómpre lembrar que en setembro de 2014, Barack Obama, presidente dos EUA, prorrogaba por un ano máis a Lei do Comercio co Inimigo, estendendo o bloqueo contra Cuba. A día de hoxe, Cuba é o único país para o que está vixente esta normativa, despois de que fora suspendida en 2008 para Corea do Norte. Anteriormente, a China ou o Vietnam tamén estiveron afectados por esta lei. En setembro, Obama terá a oportunidade de non prorrogar a citada lexislación até 2016. O Goberno cubano vería na parálise desta lei unha política real dos EUA consecuente na liña de mellorar as relacións con Cuba."}
{"ID": "PRAZA_1365", "summary": "O que si constituiría unha liña vermella nesta plataforma de converxencia é o seu centro de decisión na Galicia: decidirmos nós. O que esixe a formación dun grupo parlamentario de noso, independente de calquera outro", "text": "A aparente converxencia de todos os axentes políticos galeguistas e outros de decisión estatal nunha plataforma galega para as vindeiras eleccións xerais non agacha certas e importantes diferenzas de criterio. Mentres o BNG defende cinguir o acordo ás forzas e sectores cidadáns non integrados noutras estruturas estatais, Podemos ou EU, maila recoñecer a singularidade do espazo político galego, semellan querer supeditar a eventual converxencia galega a un lexítimo proxecto que transcendería Galicia. Galicia é plural e poliédrica na súa expresión política. Descoñecelo e pormos o piloto automático é un camiño seguro para o fracaso Velaí porque son precisas, para esta caste de procesos, grandes doses de intelixencia e xenerosidade. E porque é preciso o pulo cidadán, a forza da sociedade non encadrada en partidos políticos. Mais, tamén, a adhesión de ducias de alcaldes, receptores do claro plebiscito das urnas. Porque, canda o grande éxito da Marea Atlántica coruñesa, Compostela Aberta ou NósPobra, non podemos esquecer que Pontevedra, Ribadeo, Lalín, Carballo, Teo ou mesmo Narón optaron por decisións en clave de partido moi vencelladas á persoa ou á equipa gañadoras. Galicia é plural e poliédrica na súa expresión política. Descoñecelo e pormos o piloto automático é un camiño seguro para o fracaso. De certo que a converxencia cara ás estatais non pode caer no erro de excluír ás forzas e persoas que non se consideren nacionalistas ou galeguistas. Na Galicia actúan importantes axentes do cambio que arelan unha fonda remuda das estruturas institucionais e políticas estatais. Mais esa pertenza ou referencia non impide a converxencia, porque en moi grande parte son obxectivos partillados cos galeguistas: transparencia, participación cidadá, loita contra a corrupción ou o afortalamento do Estado do Benestar. O que si constituiría unha liña vermella nesta plataforma de converxencia é o seu centro de decisión na Galicia: decidirmos nós. O que esixe a formación dun grupo parlamentario de noso, independente de calquera outro Mais o que si constituiría unha liña vermella nesta plataforma de converxencia é o seu centro de decisión na Galicia: decidirmos nós. O que esixe a formación dun grupo parlamentario de noso, independente de calquera outro. Que non quitaría para colaborar con outras forzas estatais, vascas, catalás ou doutros territorios para acadarmos os obxectivos comúns nos eidos da rexeneración democrática, da afirmación dos servizos públicos e da reforma constitucional que amplíe e blinde o noso autogoberno, chave do noso benestar."}
{"ID": "PRAZA_3437", "summary": "O Instituto de Estudos Ulloáns solicita á Xunta a declaración deste punto como Ben de Interese Cultural. Así mesmo, propón que algunha administración pública adquira o terreo para a realización de visitas didácticas ao lugar", "text": "O pasado mes de decembro o Instituto Xeográfico Nacional (IXN), dependente do Ministerio de Fomento, acreditou cun informe a localización exacta do centro de Galicia. Este punto, situado nas coordenadas 42º45'25,15\" Norte e 7º54'38,99\" Oeste, atópase no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, no concello de Antas de Ulla (Lugo).O Instituto de Estudos Ulloáns propón que algunha administración pública adquira o terreo para asegurar a protección do lugar e a realización de visitas didácticas ao lugarO informe fora solicitado polo presidente do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo Teijeiro, que pedía que o IXN realizase unha medición exacta para pechar de vez o histórico debate sobre cal é o centro xeográfico de Galicia, un honor que durante décadas reclamaron para si distintas localidades, dende Lalín a Melide, pasando por Agolada ou Chantada.Agora o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) vén de solicitarlle oficialmente á Xunta a declaración deste lugar como Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de \"paisaxe cultural\". O IEU destaca que neste caso \"estamos ante un lugar senlleiro, cuxas calidades culturais son únicas, sendo un elemento natural que require para a súa apreciación da intervención humana na construción de ciencias como as matemáticas ou a xeografía física\". A entidade conclúe que \"o Centro Xeográfico de Galicia constitúe un soporte material da súa identidade, porque fixa o punto no que os extremos do país son o máis equidistantes posibles\".A entidade pide ademais a intervención das administracións públicas (nomeadamente da Xunta, da Deputación de Lugo e do Concello de Antas de Ulla) para garantir a \"protección integral \"do Centro Xeográfico de Galicia, propoñendo que algunha destas administracións adquira a parcela na que se sitúa este punto, un terreo clasificado como \"solo rústico\", polo que \"o seu valor non é moi elevado\", engade.\"O Centro Xeográfico de Galicia constitúe un soporte material da súa identidade, porque fixa o punto no que os extremos do país son o máis equidistantes posibles\", destacaO Instituto de Estudos Ulloáns propón a realización de visitas didácticas ao lugar, nomeadamente por parte de centros de ensino, que permitirán \"ensinar o valor do patrimonio cultural con explicacións de xeografía e matemáticas\". Ademais, posibilitará \"amosar o valor da paisaxe tradicional da Ulloa (e, á súa vez, de boa parte de Galicia) no que se refire á súa vexetación autóctona, ao minifundio, ao muros de pedra en seco e ao outros elementos diferenciadores\", destaca.\"Poñémonos a disposicións das administracións para deseñar un lugar de referencia, de encontro para todos os galegos\", conclúe a entidade."}
{"ID": "NOS_1779", "summary": "Levan seis meses en terra e agora esixen que o presidente da Xunta se implique para que Mauritania modifique os termos do acordo que afecta a uns 400 mariñeiros da flota cefalopodeira.", "text": "Os mariñeiros que faenaban no caladoiro de Maurtania esixen ao presidente da Xunta que se implique no conflicto para que se modifiquen os termos do acordo que veta a flota glaega. Arredor de 400 mariñeiros de 21 pesqueiros están afectados desde hai seis meses polo peche do caladoiro de Mauritania após o acordo pesqueiro que o país africanos asinou coa UE.Convocan para o día 15 de febreiro unha gran movilización en Marín co fin de coincienciar da súa situación, a catro días de que, o 19, teña lugar a nova xuntanza da comisión mixta que negocia o pacto. Demandan, polo tanto, unha xuntanza previa co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co fin de que o goberno galego se implique na presión a Mauritania para que modifique os termos da negociación. Critican, tamén, a ausencia de representantes da Xunta este luns en Bruxelas no que se debatiu o tema nunha xornada que contou con presenza, pola contra, dunha representación canaria. Por Galiza, desprazáronse o responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, xunto cun grupo de mariñeiros afectados, convidados pola eurodiputada do BNG, Ana Miranda. Aboi destacou que o debate parlamentario deixar á vista que a maior parte dos eurodeputados están en contra do acordo ademais de confirmar que a poboación de polbo na zona non está ameazada.Aboi volveu denunciar que o acordo recolle pagar a Mauritania 70 millóns de euros por 110 barcos cando o anterior permitía faenar a 170, moi desfavorábel en comparación co asinado con China cando a UE é un socio preferente do país africano.Concentración o día 15Os mariñeiros iniciarán de novo unha campaña de concienciación social para a que xa está fixada unha concentración na Alameda de Marín o día 15 de febreiro ás 20.00 horas, seis meses e medio depois do amarre da flota."}
{"ID": "NOS_19357", "summary": "JxS e CUP votaron a favor do proceso constituínte catalán mentres que CQSP se posicionaba en contra, PSOE decidía non votar e PP e CS abandonaban a Cámara. Rajoy apresurouse a anunciar que levaría a decisión ao Constitucional.", "text": "O Parlament de Catalunya aprobou esta cuarta feira dar luz verde a iniciar un proceso constituínte catalán e encetar a \"desconexión con España\" no camiño unilateral cara a independencia. Unha decisión que se adoptou cos votos a favor de Junts pel Si e a CUP e os únicos votos en contra de Catalunya Si Que Es Pot (CSQP). O PSC negouse a votar esta cuestión e PP e Ciudadanos abandonaron a Cámara. O goberno español non perdeu un segundo e xa anunciou que levaría a decisión do Parlament ao Tribunal Constitucional. Non semella que iso preocupe moito a JxS e CUP, que votaron en conciencia as conclusións da Comisión do 'Procés Constituent' desobedecendo anteriores resolucións do TC. A deputada da CUP Gabriela Serra xa afirmou que \"non temos medo\".Na mesma liña, Neus Munté (conselleira de Presidencia) advertiu que \"non toleraremos ameazas\". A votación nesta cuarta feira supón, segundo o Tribunal Constitucional, un delito de desobediencia, tal e como ditou na resolución que anulaba a declaración independentista do 9 de novembro. Non houbo medo en JxS e a CUP, que solicitaron á presidenta do Parlament, Carme Forcarell, que alterarse a Orde do Día para debater as conclusións da comisión do proceso constituínte. Non sen debate subido de tono, o pleno aprobou debater as conclusións por 72 votos a favor (o independentismo) e 52 en contra. Unha vez presentadas e debatidas as conclusións, o informe foi aprobado por 72 votos a favor (JxS e CUP) e 11 en contra (Catalunya si que es Pot). PSC decidiu non votar e PP e CS abandonaron o hemiciclo. \"CSQP, moita cagalera\" Jordi Turull, portavoz do JxS, argumentou que votaban estas conclusións por se \"deber ao pobo de Catalunya\". Turull foi moi crítico co voto contratio de CSQP: \"Moito puño erguido, moita camisola, moita pancarta, mais á hora da verdade, moita cagalera!\" Anna Gabriel (CUP) defendeu que no Parlamento, coa decisión da desconexión, \"estase a construír democracia\" e criticou a CSQP pola súa decisión, acusándoos de \"se escudar na legalidade imposta, herdeira da ditadura franquista\". Joan Coscubiela, de CSQP, acusou os independentistas de impulsar \"un proceso dirixista\" e cualificou o vivido na Cámara de \"estafa política\". Coscubiela cargou contra a CUP acusándoa de procurar unha \"coartada\" para apoiar o president Carles Puigdemont na cuestión de confianza do 28 de setembro. Voces significativas da CUP, como David Fernández ou Quim Arrufat, responderon nas redes sociais reproducindo un dos puntos do programa de CSQP no que se falaba dun proceso constituínte propio para Catalunya, fundamentado na soberanía do pobo catalán e non subordinado a ningún outro. Arrufat mesmo cualificou a Coscubiela de \"coche vasoira do rexime do 78\"."}
{"ID": "NOS_16139", "summary": "Será este domingo (20 horas) no Auditorio do Pazo da Cultura coa posta en escena do espectáculo Oskara. Mais a oferta desta fin de semana non se esgota aí...", "text": "Sexta feira Os fíos do Querer Rois Auditorio Municipal 18.00h Concerto participativo para crianzas de 0 a 3 anos. Un agarimoso espectáculo musical a cargo de Cé Orquestra Pantasma, Sexta feira e sábado Interplay 2017 Carballo Pazo da Cultura e Forum Carballo Un festival de contidos dixitais que vai máis alá da ficción seriada (webseries), focando a cultura dixital e o patrimonio audiovisual dixital. Sábado Feminino plural. Cancións compostas por mulleres Ortigueira Teatro da Beneficencia 20.00h Concerto de Silvia Penide e Carla López, voz e teclado, amosan o percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. De conto en conto Santiago de Compostela Biblioteca Pública Ánxel Casal 12.00h Os sábados, choiva de contos para o público familiar. Contacontos a cargo de Ana Carreira para viaxar por un mundo de contos e maxia. Domingo Primavera enDanza Carballo Auditorio do Pazo da Cultura 20.00h Oskara, da compañía vasca Kukai Dantza Banaketa, pecha a Primavera enDanza con este espectáculo de danza contemporánea, tradicional e vangardista. Toda a finde A Forza Necesaria A Coruña Praza de María Pita Até o 15 de maio. Unha exposición que repasa a traxectoria histórica da Coruña na defensa dos dereitos laborais e o movemento obreiro, obra do deseñador Pepe Barro. Xeolodía 2017 San Sadurniño Tamén o 13 de maio. Unha xornada para promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Contarán con excursións de campo por zonas de interese que irán acompañadas das explicacións de profesionais nesta disciplina, cunha ruta polos concellos de San Sadurniño, Neda e A Capela, para coñecer o patrimonio xeolóxico desta zona. Barriga Verde Allariz Fundación Vicente Risco Até o 28 de maio. Organizada pola Asociación Cultural Morreu o Demo, Barriga Verde, de feira en feira, é unha mostra sobre o títere tradicional galego máis lembrado. A exposición recupera bonecos e pezas orixinais, fai unha introdución ao mundo das feiras, dos seus valores culturais, comerciais, sociais ou gastronómicos, e repasa a evolución e as conexións internacionais do protagonista. Festa do Muíño Coiro Muíño de Fausto Con charlas e actuacións musicais, actividades para crianzas e exaltación da fariña milla, a empanada de millo, os ovos fritidos e o viño."}
{"ID": "PRAZA_17506", "summary": "O xoves 5 comezarán catro xornadas de presentacións, debates, contacontos e concertos, que se abrirán co pregón de María Xosé Silvar Sés. Manolo Rivas, Pedro Feijoo, Enma Pedreira ou Eli Ríos pasarán pola vila. Todas as persoas que merquen un libro na primeira xornada da feira recibirán unha lata de atún Calvo", "text": "O vindeiro xoves 5 comezará unha nova edición da Praza dos Libros, tamén chamada Feira da Creatividade Cultural de Carballo. Serán catro xornadas de presentacións, debates, contacontos e concertos, que se abrirán co pregón de María Xosé Silvar Sés e que rematarán o domingo. Pola vila pasarán Pedro Feijoo, Rosalía F. Rial, Manuel Rivas, Enma Pedreira, Xan Fraga, Eli Ríos, Mercedes Queixas, Héctor Pose, Anaír Rodríguez, Miro Villar ou Beatriz Fraga, entre moitos outros e outras autoras. Ademais, nesa primeira xornada do día 5 todas as persoas que merquen un libro en calquera das 9 casetas (Á lus do candil, Brañas Verdes, Demo, Ler, Punto e Coma, Roget, Phottic, Teldy e Trasgo) serán agasalladas cunha lata de atún. En principio están preparadas 250, pero, como sinalou o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo, \"oxalá que se vendan bastantes máis, que por falta de atún non vai ser\". De igual xeito, durante a mañá do domingo 8 todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Haberá, igualmente, ao redor de 500 premios pola compra de libros, dende camisolas, chapas, chaveiros ou discos, e un 10% de desconto en todos os volumes adquiridos. O programa da Praza dos Libros (que se pode descargar aquí) inclúe un gran número de concertos para rapaces e rapazas, da man de Pablo Díaz (que presentará o novo libro-disco Coas miñas mans), Pakolas (que presentará o libro-disco Pakolas), Mamá Cabra (que presentará o libro-disco Eu cociño. Ti cociñas) ou Paco Nogueiras, que presentará o librodisco Radio Bulebule (Kalandraka). A xornada do sábado 7, ademais, pecharase cun concerto de Milladoiro. \"Creo que estamos case en cifra récord de librarías participantes\", apuntou Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. \"A lectura fainos libres, e polo tanto que a xente lendo aprenda a construír o futuro, a crear os seus soños, a convivir e a trazar amizades, incluso amizades de ilusión e de fantasía\", indicou o alcalde, que salienou que o evento \"serve para reforzar a imaxe e o bo nome de Carballo\". Programa da Praza dos Libros (.pdf)"}
{"ID": "NOS_35334", "summary": "BNG responsabiliza o presidente de non lograr nestes sete anos ningunha transferencia para o noso país nin pedir ningunha competencia, mentres AGE pediu explicacións sobre a política da Xunta para o rural e o PSdeG acusouno de vivir de costas á realidade.", "text": "O financiamento, autonómico e local, foi unha das cuestións sobre as que pivotou a sesión de control parlamentar ao presidente da Xunta que decorreu esta cuarta feira. Non foi a única, pois desde a oposición tamén se lle inqueriu a Núñez Feijóo (con sorte desigual á hora de ter unha resposta ao caso) sobre estado da economía galega ou as políticas para o rural. Desde o BNG, o seu portavoz na Cámara, Francisco Jorquera, apontaba o seu abraio polo feito de que unha cuestión tan fulcral para o día a día dos galegos como o financiamento autonómico e local estea fóra da axenda do goberno. Denunciou a pasividade da Xunta mentres co actual sistema cada veciño dun concello galego percebe de media un 20% menos que o dun español. \"O seu goberno leva 7 anos en funcións: cero competencias reclamadas, cero transferencias conseguidas\" (Francisco Jorquera) \"O seu goberno leva sete anos en funcións: cero competencias reclamadas, cero transferencias conseguidas\", reprochoulle Jorquera a Núñez Feijóo, \"é a segunda lexislatura en branco en autogoberno para Galiza\", algo inédito, dixo, na historia da autonomía. \"En cuestión de autogoberno, chegou vostede e mandou parar\", concluiu o nacionalista, citando a canción de Carlos Puebla. A resposta de Feijóo foi recoñecer que o sistema actual é prexudicial para Galiza, mais desbotar a oportunidade dunha revisión do modelo de financiamento cando hai \"ameazas independentistas\" como a de \"Cataluña e Navarra\". \"Sete anos despois dunha xestión Made in Feijóo estamos moito peor\" (Antón Sánchez) Debate sobre o rural Antón Sánchez (AGE) levou á sesión de control as dificultades que está a atravesar o rural galego. \"Sete anos despois dunha xestión 'made in Feijóo' a realidade está moito peor\", asegurou, afirmando que desde a chegada do actual presidente, en 2009, destruiouse un de cada tres empregos no sector gandeiro e forestal de Galiza. Nomeou os casos acontecidos en Boiro, Chantada e Friol, de vacas abandonadas polas dificultades económicas dos gandeiros e preguntou a Feijóo polo seu balanzo das políticas para o rural. \"A vostede, señor Feijóo, non lle gusta falar coa xente real\" (Méndez Romeu) O presidente optou, na súa resposta, en se dirixir a AGE en todo momento como Podemos, cando este partido non fai parte da Alternativa, e afirmou que descoñecen o que é o rural galego: \"O único verde que veu Pablo Iglesias é o da herba da facultade\", dixo, ao tempo que presumía da política do PP para o rural. Sánchez emprazouno a non \"frivolizar\" e acusouno de \"covarde\" por non responder as preguntas, lembrándolle que estaba a debater con \"Antón Sánchez, de AGE, non con Pablo Iglesias, e eu si coñezo o rural\". \"Pablo Iglesias o único que coñece do rural é a herba dos xardíns da facultade\" (Núñez Feijóo) De costas á realidade A quenda do portavoz socialista, Méndez Romeu, asentouse sobre os dados que indican a perda de empregos e o incremento da temporalidade e precariedade no mercado laboral galego. O deputado do PSdeG e candidato nas primarias acusou o presidente de vivir de costas á realidade e este respondeulle que coas políticas \"do PSOE\" o paro sería moito maior en Galiza."}
{"ID": "NOS_35786", "summary": "Expertos ambientais, labregos e representantes de parques naturais do Estadoe Portugal toman parte neste encontro, organizado por AGEe e GUE/NGL.", "text": "A eurodeputada Lidia Senra, integrada no Grupo de Esquerda Unitaria de Europa-Esquerda Verde Nórdica por AGEe, chamou a \"seguir no camiño de contribuír á loita para garantir a supervivencia das zonas de montaña\". Díxoo na presentación da xornada aberta \"As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña\" que terá lugar o vindeiro sábado 16 de abril na Casa da Cultura da Pobra de Trives (Ourense). Senra insistiu en que \"sen labregas e labregos vivindo nela, non é posible manter a montaña\". Nos debates destas xornadas toman parte persoas expertas en figuras de protección ambiental, labregastitulares de experiencias de produción en zonas de alta montaña, así como representantes de diferentes Parques Naturais do Estado español e de Portugal. \"O obxectivo é poñer en valor as figuras de protección, analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva\". Lídia Senra definiu esta xornada como un \"debate formativo e informativo\" para \"tentar sacar propostas e analizar como podemos aplicar mellor as medidas de protección e compatibilizalas coa actividade agraria para que sirvan de apoio económico para as labregas e labregos e as persoas que viven na montaña\". En contraste co que acontece en lugares como Austria ou Francia, onde os propios Gobernos poñen en marcha medidas para desenvolver actividades económicas e sociais que dinamicen estas zonas, a eurodeputada de AGEe Lídia Senra vén denunciando nestes espazos que nin desde a Xunta de Galiza nin dende o Goberno central están a levar a cabo actuacións suficientes neste sentido."}
{"ID": "NOS_33812", "summary": "O salario medio no conxunto da Unión Europea é de 2.194 euros mensuais, mentres na Galiza fica en 1.620, segundo un informe.", "text": "O salario medio ordinario bruto na Galiza é de 1.620 euros ao mes, o que implica que é 26,2% inferior ás retribucións medias dos 27 países da Unión Europea, situada en 2.194 euros mensuais brutos. No Estado español, esta cifra é de 1.751 euros mensuais, 7,5% máis que a nivel galego. Estes son datos recollidos no 'VIII Monitor Adecco sobre Salarios', elaborado por The Adecco Group Institute, que estima que en termos absolutos a diferenza entre o país e a media da UE é de 574 euros mensuais, isto é, 6.888 ao ano. A pesar desta desvantaxe, segundo destaca Adecco, a Galiza fica, igual que o conxunto do Estado, nunha situación intermedia do espazo comunitario, xa que hai varios países cuxos salarios medios brutos son inferiores ao galego. O poder adquisitivo dos traballadores da hostalaría caeu 14,4% de 2008 a 2020 Pola contra, hai outros once con remuneracións maiores. A diferenza con Alemaña, por exemplo, alcanzou en 2021 os 1.383 euros ao mes —16.596 anuais—, isto é, 46% menos. Estes datos significan que un asalariado medio galego precisaría traballar 22 meses para ter un ingreso similar ao que ten un asalariado medio alemán nun ano. A pesar diso, o nivel dos salarios do país supera os de 15 países da UE, chegando a triplicar o soldo medio en Bulgaria —562 euros ao mes— e duplicando o de Romanía —718—. Aliás, a vantaxe aínda é notábel en comparación con Portugal, xa que a media das retribucións na Galiza supera en 46,5% a do país luso, con 1.106 euros ao mes —514 euros de diferenza mensual—. O salario medio anual na Galiza, máis de 2.000 euros por debaixo da media estatal"}
{"ID": "NOS_46221", "summary": "Unha muller de 55 anos foi asasinada na noite do sábado presuntamente a mans do seu home, de 62 anos, que se atopa detido.", "text": "Máis un acaso de violencia machista. Nesta ocasión en Ciudad Lineal, Madrid, onde unha muller de 55 anos foi asasinada, supostamente, a mans do seu marido, de 61. O home atópase detido no hospital Gregorio Marañón, onde permanece por unhas feridas superficiais de arma branca. A chamada de alerta fíxoa o presunto agresor."}
{"ID": "PRAZA_150", "summary": "Até o século XIX as classes populares labregas viviam em casas, muitas vezes de uma só peça, com uma mínima separação de espaços. Mas a promiscuidade dos leitos não é sinónimo de sexualidade livre, senão, mais bem, de um espaço escasamente íntimo e com as suas próprias normas", "text": "Até o século XIX as classes populares labregas viviam em casas, muitas vezes de uma só peça, com uma mínima separação de espaços (1). Graças às reações escandalizadas da burguesia é possível fazer uma pequena etnografia da intimidade. Emilia Pardo Bazán, representante imelhorável desta olhada classista, descreve vários leitos labregos como este: \"El tálamo conyugal lo hacen cuatro tablas sin acepillar, formando una como caja pegada a la pared y abierta por donde es preciso que lo esté, para dar ingreso a sus ocupantes. Dos pasos más allá asoman la cabeza terneros y bueyes, que con ojazos tristones contemplan a los novios y con prolongados mugidos les cantan el epitalamio, mientras las gallinas escarban el suelo en derredor y el cerdo gruñe, hozando contra el lecho\" (2); sempre insistindo na escassa humanidade do campesinado, mais próximo da natureza do que do homano: \"el leito o camarote de tablas en que dormía el matrimonio que la había engendrado, eran los muebles que pertenecían a la humanidad en aquel recinto. La animalidad invandía el resto (3)\". Para Padro Bazán a casa labrega era uma \"especie de arca de Noé (4)\". A promiscuidade dos leitos, em efeito, preocupava muito ao emergente poder médico, esse relevo natural do poder eclesiástico que, não obstante, mantém a sua forte influência. O Manual de confesores (1845) de J. Gaume, por exemplo, recomenda encarecidamente os leitos individuais que cortem a promiscuidade, proibe a coabitação de pais com filhos de diferente sexo: a cama deve clasificar e vigilar. Mas se algo revela esta insistência da cúria é a sua própria ineficacia; na Galiza popular o leito individual não se generalizou até há algumas décadas, e a iniciação sexual de muitas pessoas ainda foram estos leitos superpovoados. Uma informante de Xavier Castro \"garda lembranza de que o súa propia iniciación sexual e a da súa irmá tiveron lugar cando andaban polos oito anos de súa idade, mercé ós xogos eróticos que practicaban cos seus curmáns. Isto resultaba posible porque os seus pais consentían que se deitaran con eles para durmiren a sesta. Recorda que no plano sexual \"os rapaces ían ó seu\", e ela non quedaba moi satisfeita (5)\". Mas a promiscuidade dos leitos não é sinónimo de sexualidade livre, senão, mais bem, de um espaço escasamente íntimo e com as suas próprias normas. A modalidade do moceio na cama, praticada sobretudo em Trasancos e comarcas próximas, demonstra que o control familiar sobre a sexualidade podia sair reforçado: a moça, que provavelmente durmisse com uma avó, tia ou irmã, podia receber os moços no leito, numa sorte de acordó tácito com os pais que, depois de tudo, jaziam praticamente ao lado (6). Em Monfero, mui significativamente, não se escandalizavam porque as moças moceassem na cama, mas sim que fossem no automóvil dos seus namorados (7). Mas ao falar da sexualidade camponesa guardemo-nos, com Alain Corbin, \"de insistir com demasiada compracência na falta de intimidade e a promiscuidade familiar dos retoços. Aquí, a alcoba e o lugar do amor acham-se completamente dissociados (8)\". Mesmo ao casal não se lhe pressupunha o dormitorio como âmbito das relações sexuais. \"Eu digo moitas veces que o papá i-a mamá, que iban por aí arriba camiño da Ulfe, algo terían que faguer\", contava-lhe um vizinho de Chantada a Julia Varela, \"A min faríanme aló no agro, o una nabeira (9)\". A geografia do amor galego estava noutra parte; apenas há que lembrar o cancioneiro popular, onde o leito erótico está na gesteira e na carvalheira, no moinho o una forme, mas nunca no quarto (10). De novo Pardo Bazán, dá comprida contad esta intimidade camponesa, que acha cumplicidade na natureza: \"¡En cuántas ocasiones, ya a la sombra del gallinero o del palomar que conserva la tibia atmósfera y el olor germinal de los nidos, ya en la soledad del hórreo, sobre el lecho movedizo de las espigas doradas, ya al borde de los setos, riéndose de la picadura de las espinas y del bigote cárdeno que pintan las moras, ya en el repuesto albergue de algún soto, o al pie de un vallado por donde serpeaban las lagartijas, habían pasado largas horas compartiendo el mendrugo de pan seco y duro ya a fuerza de andar en el bolsillo, las cerezas atadas en un pañuelo, las manzanas verdes, jugando a los mismos juegos, durmiendo la siesta sobre la misma paja! (11)\". Pola contra, \"impregnava la alcoba más misterio religioso que nupcial (12)\". Vejamos uma das orações que se rezavam de noite para abençoar o leito: Bendice la cama de canto en canto para que duerma conmigo el Espíritu Santo. Bendice la cama del medio al medio, para que duerma conmigo el Rey de los Cielos. Bendice la cama de esquina a esquina, para que duerma conmigo la Virgen María. Señor mío Jesucristo yo a acostarme vengo, mi alma y mi espíritu a vós lo encomiendo. Si dormir, valeime; si morir, alumbraime con las tres velas de la Santísima Trinidad, una del Padre, otra del Hijo, otra del Espíritu Santo, que me cubra co seu manto, seu mantiño de color, non teréi medo a cousa que iste mundo for. San Juan dijo la misa en Roma, San Pedro la cantó. Bendita sea la misa, bendita sea el altar, bendita sea la cama donde me voy a acostar. Déitome sola y acompañada. Nuestro Señor comigo na cama. Nesta cama me deitéi, sete ánxeles encontréi, trés ós pés, catro á cabeceira, María Santísima na dianteira. Persinouse Ela, persineime eu, a Nuestro Señor qué faría eu? (13)\" Que sítio resta para a intimidade numa cama –que é altar da missa da abstinência- povoada por sete anjos e Maria Santíssima? (14). Na noite de vodas, por outra parte, a comunidade afirmava a sua supremacía sobre o mais privado, através de brincadeiras mais ou menos ritualizadas como pôr toxos ou urtigas debaixo dos lençóis. Na França levavam de madrugada a rôtie ao novo casal: a mocidade apressentava-se no leito nupcial para agasalhá-los com uma mistura de vinho, chocolate, biscoitos e ovos, apresentada num burlesco urinal (15). Outro momento no qual a comunidade se expressava sobre a privacidade, instaurando mui simbolicamente uma espécie de intimidade mão-comunada, era nas viagens à sega, com quadrilhas de moços que durmiam \"em roda\". Assim o recorda um outro informante da Ulfe: \"A Gloria i-eu fomos antes de casarnos. I-eu durmía con ela i-ela conmigo e todo! Na cuadrilla iban as súas irmás i-o meu irmau Antonio, íbamos mozos e mozas xuntos. Se cadra un bico de vez en cando pillábamolo, pero de aí non se pasaba. Faciamos confianza unos nos outros, ademais íbamos en plan de ganar, non de brincar (16)\". A roda, como geometria dessa gestão comunal da intimidade, que controla e dá licença ao mesmo tempo, aparece em muitas etnografías da intimidade. Na Viana do Bolo de começos do s. XX, os moços acudiam às dilubas \"e formam redondel sentados no chão, alternando um homem com uma mulher, o noivo e a noiva, o pretendente e a pretendida; no centro acendem o tasco, única luz que usam (…) as moças sentadas dilubando o linho, os moços tendidos perto delas envoltos em mantas e com os sombreiros ou boinas botados à cara, e de vez em quando, ao arder o tasco com mais força como dá melhor luz, costumam surpreenderem-se cenas curiosas (17)\". Ainda, no dia da festa patronal, \"as moças com noivo acudem à festa, mas não dançam. O homem leva uma manta posta sobre a cabeça, vendo-se-lhe apenas a cara, e quando encontra a sua moça apartam-se os dous um pouco do sítio em que dançam, cubre-a com a manta botando-lha também pola cabeça, e juntos sentam no chão ou sobre as pedras ou troncos de árvores que haja perto, onde passam o tempo parolando enquanto dura o baile, o depois acompanha o noivo à noiva à casa (18)\". Além das mantas, os guarda-chuvas podiam servir também para criar espaços de intimidade erótica. No Vendée, a maraîchinage: \"intercambiável carícia muda, como masturbação recíproca de dous jovens deitados numa cuneta\", praticava-se \"ao abrigo de um amplo guarda-chuvas (19)\". Na Galiza, Rosalia de Castro menciona-o no poema de Cantares gallegos sobre a festa do Seixo, ao descrever o ambiente dionisiaco da romaria: \"Debaixo dos ricos pareaugas de seda / que abertos formaban tamaño rodel, / todiños chispados, ¡qué couas decían! / I a nosa señora detrás do tonel\". Ocasão por excelência dos jogos amorosos mas, o corpo coletivo, a preponderancia do comunitário manifesta-se no seu explendor de \"tamaño rodel (20)\". A manta e o guarda-chuvas, as incipientes formas de apropiação e acomodo do espaço (sobretudo as mulheres, com a colocação de alguma planta, o tecido de mantas profusamente decoradas, o perfumado da roupa da cama… (21)), etc, evidenciam o surgimento de vetores de intimidade. Em Ancares, onde a casa apresentava uma graduação da intimidade que privilegiava o casal mais velho, o desejo de intimidade dos jovens deu no quartim, dormitório anexo mas independente do que gozava o matrimónio mais novo, \"pa que se desbravaram ali (22)\". A promiscuidade dos leitos e os espaços não era nenhuma escolha, senão uma consequência indesejada da precariedade habitacional. \"O desejo de isolarem-se dentro do possível e a convicção de que esse isolamento é desejável subjaz em todos os nossos informes e observações (23)\", indicava González Reboredo. Pouco a pouco, no decorrer do s. XX, com mais intensidade nas últimas décadas, o leito individual vai-se impondo, afetando a toda a configuração da pessoa como sujeito. A sua nova soidade \"conforta o sentimento da pessoa, favorece a sua autonomia; facilita o despregamento do monólogo interior; as modalidades da plegária, as formas da ensonhação, as condições do sonho e do despertar, o desenvolvimento do sonhar, ou dos pesadelos, tudo isso experimenta um volcó (…). Mas os médicos deploram uma cousa: o prazer dolitário sai favorecido (24)\". Os pleitos galegos do S. XVIII apresentavam uma singular \"contabilidade dos leitos: denunciavam-se moços e curas que durmiam com várias mulheres à vez, embora às vezes só uma fosse a amante, mas a promiscuidade da cama apenas deixava espaço livre (25). Aí o crego perseguía o vício e o médico a falta de higiene; agora, com o letio individualizado, os velhos perigos deixam lugar a um novo, se cabe mais perverso: o da masturbação. Em 1760, o médico suíço Samuel-Auguste Tissot inaugura com o seu O onanismo uma nova fase de controlo sexual: a mastrubação pôe-se na origen de praticamente todo tipo de doenças (26). Muito antes, no s. XIII, a Igreja ensaiava controlos tanto sobre a promiscuidade dos leitos como das tentações da cama individual. Nos concílios de Paris (1212) e Ruã (1214) proibem às freiras durmirem juntas e exigem-lhe manter acessa toda a noite uma lámpada no dormitorio. Desde esse século, as regras monásticas censuram as tentações da privacidade: nem fecharem as portas com chave nem irem de um quarto a outro, a abadessa tinha que poder inspecioná-las em tudo momento. Não é o controlo comunitário da \"cama em roda\", na que todos eran à vez vigilantes e vigiados nessa precária intimidade consuetudinária: é a lógica do panótico com vários seculos de antelação, com um poder invisível e unidirecional que indificualiza e totaliza numa só olhada as freiras sempre visíveis (27). A masturbação masculina, mais associada aos rituais coletivos da sexualidade viril, não se vira tão afetada polo leito individual. Para as mulheres, porém, suporá a \"cama própria\" multiplica as posibilidades. Em Os camiños da vida duas moças –\"Xenoveva e Sabeliña, vagaceiras, malcriadas e larpeiras\"- apontam à emergencia de um espaço para a intimidade sexual, ainda frágil, e a recriação imaginativa que sinalava Corbin e requer a masturbação. Pola manhá, depois das onze, \"inda están nos leitos postos de par na cámara que dá à escaleira (…) Nas roupas lixadas as irmáns fan dous vultos. A Xenoveva, a xorobada, raña a testa. -\"¡Tes piollos, marrá!\", bérrale a pequena. -\"Voume durmir outra volta, pois pola noite berras como un gato enxaneirado\". -\"Gata serás ti, mal raio te parta, eu estoume compondo para falar co meu noivo\" (28)\". Nas será no romance de Torrente Ballester Los gozos y las sombras, ambientado numa imaginária vila da Costa da Morte durante os anos da II República, onde a conquista da \"cama própria\" apareça em todo o seu esplendor. Clara, que mora numa casa labrega, explica ao senhorito o que lhe sucederá com a sua irmã Inés, uma moça mui religiosa: \"Inés me pidió, con la mayor dulzura, que no volviese a dormir en su cama. Antes, dormíamos juntas porque en casa sólo hay tres camas y pocas mantas. Me dijo que no volviese a dormir en su cama, y comprendí que me había descubierto y que sentía asco de mí (29)\". O senhorito Carlos, comovido, apresenteia-a com uma cama velha que tem sem muso no paço; \"tienes derecho al secreto de tus pecados\", diz-lhe. Ao estrear o novo leito na sua casa, Clara expeimenta \"aquella felicidad de sentirse sola, caliente y limpia\" e acaba por masturbar-se. Tal \"como si un dragón enorme y oscuro se hubiese metido en ella\", e \"del lugar golpeado salieron olas lentas de deseo, súbitas oleadas que invadieron el cuerpo… (30)\". É ainda a linguagem do pecado, mas condensa a história da conquista do espaço privado, a \"cama própria\", o surgir da intimidade e a emergencia de um novo conhecimento de si. NOTAS 1. C. Sixirei Paredes, San Cristobo de Xavestre, Sada, Ediciós do Castro, 1982, p. 32. 2. E. Pardo Bazán, \"Cuentos e historias de Galicia\", Obras Completas, tomo I, Madrid, Aguilar, 1947, p. 1379. 3. E. Pardo Bazán, La madre naturaleza, Madrid, Alianza, 1985 (1887), P. 18. 4. Ibidem, p. 19. 5. X. Castro, Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, Vigo, Nigratrea, 2007, p. 259. 6. Sobre o moceio na cama: J. A. Fernández de Rota, \"Un enigma y un juego de amor\", Gallegos ante un espejo, Sada, Ediciós do Castro, 1987, pp. 172-215. Também em V. Risco, \"Etnografía\", em R. Otero Pedrayo (dir.) Historia de Galiza, tomo I, Buenos Aires, Editorial Nós, 1962, p. 560, e em C. Lisón Tolosana, De la estación del amor al diálogo con la muerte, Madrid, Akal, 2008, pp. 27-30. 7. Fernández de Rota, op. cit., p. 178. Sobre a revelação que supujo o automóvil privado para a intimidade. Manuel Vázquez Montalbán (Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas, Barcelona, Planeta, 1989, 5ª ed., p. 21) aponta através de Pepe Carvalho que fazer o amor no carro era uma \"práctica sexual bárbara que estuvo de moda en España en los años sesenta, cuando los únicos y últimos reductos de intimidad para los españoles bajo la dictadura eran o el seiscientos o el retrete\". Tom Wolfe, por sua parte, sianala em The Right Stuff (Nova Iorque, Ferrar.Strauss.Giroux, 1980) como o automóvil, combinado com o motel, supujo mais nos EUA para a revolução sexual do que a pílula anticonceitiva, ao criar novas condições de intimidade. 8. A. Corbin, \"Entre bastidores\", em P. Ariès e G. Duby (dirs.) Historia de la vida privada. 8. Sociedad burguesa: aspectos concretos de la vida privada, Madrid, Taurus, 1991, p. 246. 9. J. Varela, A Ulfe, Compostela, Sotelo Blanco, 2004, p. 116. 10. Para o campesinado francés secedia o mesmo: \"O exterior –o hórreo, o matorral, a zanja nos prados rodeados de bosque, o souto em médio dos campos rasos ao que se acolhem os pastores, as beiras umbrosas do rio-, todas estas paragens são, mais do que a habitação comum, os sítios propícios para os jogos do amor e os cuidados do corpo. M. Perrot, \"Formas de habitación\", em P. Ariès e G. Duby, op. cit., p. 16. 11. E. Pardo Bazán, La madre naturaleza, Madrid, Alianza, 1985 (1887), p. 10. 12. E. Pardo Bazán, Los Pazos de Ulloa, Madrid, Castalia, 1986 (1886), p. 237. Um outro exemplo literário é a cama de Blandina em La catedral y el niño de Blanco Amor, cheia de santos e apenas espaço erótico num brusco encontro iniciático. 13. V. Risco, op. cit., pp. 372-373. 14. Esta fiscalização religiosa do espaço íntimo dava, no País Basco, em mulheres que rezavam para si para não sentirem prazer na cama. S. M. Satrústegi, Comportamiento sexual de los vascos, São Sebastião, Txertoa, 1981, p. 213. 15. G. Vincent, \"¿Una historia del secreto?\", en P. Ariès e G. Duby, Historia de la vida privada. 9. La vida privada en el siglo XX, Madrid, Taurus, 1991, p. 77. 16. Julia Varela, op. cit., p. 75. Umas das personagens de Pedrayo também \"lembraba os tempos traballados e ledos, cando camiñando para Sant-Iago tiña que durmir nunha cama en roda, na montaña, quizais non lonxe dunha boa moza que había que buscar ás apalpadelas\", R. Otero Pedrayo, Os camiños da vida, Vigo, Galaxia, 1996 (1928), p. 350. 17. N. Tenorio, \"La aldea gallega\" (1914) em J. A. Durás, Aldeas, Aldeanos y labriegos en la Galicia tradicional, Compostela, Xunta de Galicia, 1984, pp. 256-257. 18. Ibídem, p. 294. Nessa mesma época os moços de Urdiain também construiam intimidades precárias com mantas: tinham o costume de \"acudir a recolher a noiva recoçado num lençol –mantajuna- e passear desta forma para que não os conhecessem\" (J. M. Satrústegi, op. cit., p. 200). Um tema repetido nos contos populares galegos é o do homem que asustam de noite quando vai ou vem de mocear, saltando-lhe ao caminho moços envoltos em lençóis, como ânimas em pena. 19. A. Corbin, op. cit., p. 249. A maraîchinage, literalmente \"marismeio\", foi objeto de um amplo debate entre historiadores do amor camponês na França, por causa da possível influência nela dos comportamentos sexuais burgueses. 20. Rosalía de Castro, \"Si a vernos, Marica, nantronte viñeras\", Cantares Gallegos, Compostela, Sálvora, 1984. 21. Para as moças que casavam para fora a ucha, mais do que un móvel, era o espaço reservado para si na casa da sogra. Sobre o perfumado dos lençóis, às vezes punham-se a clarear sobre plantas de mentastro e, mais habitualmente, colocavam-se-lhe no armario maçãs e marmelos para impregná-los do croma destas duas frutas, relacionadas como o amor. No caso do marmelo, além de estar consagrado a Vénus era uma prenda de amor, com grande tradição na cultura occidental. Plutarco (Questões romanas, 65) recorda que em Atenas um decreto de Solón recomendava à noiva comer marmelo antes da noite de vodas, para favorecer a fertilidade. 22. J. M. González Reboredo e J. Rodríguez Campos. Antropología y etnografía de las proximidades de la sierra de Ancares, vol. 1, Lugo, Deputación, 1990, p. 51. 23. Ibídem, p. 57. 24. A. Corbin, op. cit., p. 142. 25. Alguns exemplos desses peitos em P. Saavedra, La vida cotidiana del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica, 1994, pp. 195-196. 26. J. Varela e F. Álvarez-Uría, Las redes de la psicología, Madrid, Ediciones Libertarias, pp. 105-159. 27. Judith C. Brown, Afectos vergonzosos. Sur Benedetta, entre santa y lesbiana, Barcelona, Crítica, 1989, p. 17. 28. R. Otero Pedrayo, op. cit., p. 216. 29. G. Torrente Ballester, Los gozos y las sombras. I. El señor Vega, Madrid, Biblioteca El Mundo, 2001 (1957), p. 235. 30. Ibídem, p. 247-249. Há alguma alusão à masturbação feminina no cancioneiro popular, como esta: \"Miña nai cáseme logo / porque quero matrimonio / porque xa lle estou cansada / de rañar este demonio\". (A. Fraguas, Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, Ourense, Fundación Otero Pedrayo, 1985, nº 499), e também em forma de adivina, como esta que tem por resposta a tecedeira: \"Tras dunha porta está / eu vino facer, / cos dedos furgar / sacar e meter, / meter e sacar / e dar coa barriga… / Adiviña galán / que non é picardía\" (P. Martín, ¿Qué coua é cousa? Vigo, Galaxia, 1985, nº 776)."}
{"ID": "NOS_36599", "summary": "A insitutición estaría a exixir unha nova vaga de recortes que o goberno de Syriza se nega a aceptar.", "text": "O Fondo Monetario Internacional (FMI) anunciou que as conversas con Atenas estaban suspendidas por mor da falla de acordo. Unha declaración afastada da intensificación das conversas prometida na cuarta feira após a xuntanza entre Tsipras, Merkel e Hollande. Porén, é unha suspensión, non unha ruptura. Un 'impasse' a escasos días de varias citas fulcrais: Grecia ten que pagar máis de mil cincocentos millóns de euros ao FMI a final de mes, data en que expira o acordo actual. Ademais, o 25 e 26 deste mes hai cimeira europea e o 18, Eurogrupo. O xornalista grego Yannis Koutsomitis refire ruxe ruxes de que o FMI estaría a exixir recortes en campos como as pensións, algo que o goberno grego non acepta. O anuncio do FMI é interpretado como un medio de presionar a Grecia. Fontes do Fondo citadas polo xornal portugués Público falan de \"grandes diferenzas\" entre as partes, mais aseguran que \"o FMI nunca deixa a mesa\", afirmando que \"a pelota está no tellado grego\"."}
{"ID": "PRAZA_18617", "summary": "OBITUARIO O pedagogo municipal de Compostela faleceu este venres tras trinta anos de traballo nos que puxo en marcha iniciativas educativas que xa son emblema da capital galega", "text": "Foron numerosas as mostras de condolencia que este venres se produciron en Santiago ao coñecer que falecera Xosé Manuel Rodríguez-Abella (Santiago, 1957). Rodríguez-Abella era o pedagogo municipal, xefe do departamento de Educación do Concello, o mesmo que a finais dos anos 80 do século pasado contribuíu de forma esencial a poñer en marcha en tempos do alcalde Xerardo Estévez e que despregou durante tres décadas con iniciativas que tornaron en emblemas da capital galega. \"Puxo en marcha programas e accións pioneiras na innovación pedadgóxica e na galeguización do ensino; foi un bulebule da pedagoxía de sorriso permanente\" O nome de Rodríguez-Abella, figura tan sorrinte como discreta a traballar ao carón dos diferentes gobernos municipais, estará para sempre ligado a iniciativas como EducaCompostela, o nacemento da Escola Municipal de Música, o prestixioso Premio Compostela de Álbums Ilustrados, ou o recoñecemento de Santiago como Cidade Educadora. Son innumerables as unidades didácticas e proxectos educativos que chegaron ás aulas da capital co seu impulso. O agarimo por Xosé Manuel Rodríguez-Abella e a mágoa pola súa perda chegou tamén dende Nova Escola Galega, colectivo de renovación pedagóxica co que estivo moi implicado. \"Invádenos a tristura\" pola morte \"do compañeiro infatigable e agarimoso que pulou por facer realidade os valores e as oportunidades da Cidade Educadora\", sinalan. Rodríguez-Abella (esquerda), durante un acto de conmemoración de Santiago como Cidade Educadora / Concello de Santiago \"O Departamento de Educación naceu con el e el consolidouno con dedicación, profesionalidade e agarimo\" NEG lembra que Rodríguez-Abella \"puxo en marcha programas e accións pioneiras no ámbito da innovación pedagóxica\" e tamén \"da galeguización do ensino no Concello de Santiago\". \"Foi un bulebule da pedagoxía, do sorriso permanente, da actitude sempre receptiva e xenerosa\" e por iso \"quedamos coa inmensa sorte de termos compartido un longo e ilusionante camiño\" con el, evocan. As condolencias chegaron tamén dende o actual goberno municipal de Santiago, co que veu desenvolvendo tamén un intenso traballo ata que no último ano a enfermidade lle impediu continuar. O alcalde da cidade, Martiño Noriega, transmitiu o seu pesar especialmente cara á muller e os dous fillos de Rodríguez-Abella, por \"toda a viña que tiña por diante\" e recoñeceu \"toda a súa achega ao departamento de Educación durante tantos anos\". O concelleiro de Educación, Manuel Dios, subliñou que o departamento que agora el dirixe \"naceu con el e el consolidouno con dedicación, profesionalidade e agarimo\". \"Temos que estarlle eternamente agradecidos\" a quen \"deixa un oco imposible de encher\", afirma. \"Sentiremos a súa presenza nas nenas e nenos que crucen o limiar dos libros\" Tamén a editorial Kalandraka, colaboradora do Concello santiagués en numerosos proxectos educativos, manifestou o seu pesar polo pasamento de Rodríguez-Abella entre lembranzas do seu labor en iniciativas como a Campaña Municipal de Animación á Lectura. \"Contribuíu a aglutinar as inquedanzas dos docentes e das familias\", destacan, para salientar que \"non será tópico sentirmos en diante a súa presenza en cada nova fornada do certame do álbum ilustrado, nos acordes que amenicen futuras cerimonias\" cos instrumentos da Escola Municipal de Música ou \"nas nenas e nenos que crucen o limiar onde se abran ao universo de aventuras e ao torrente de emocións que se agochan nas páxinas dos libros\"."}
{"ID": "PRAZA_10745", "summary": "Os baixos orzamentos, os déficits de persoal, os obstáculos para acceder aos recursos diagnósticos e o sometemento dos centros de saúde ás xerencias dos hospitais, relegan a AP a un papel subalterno dentro do sistema", "text": "Desde hai vintecinco anos tense acumulado probas suficientes que demostran que a Atención Primaria (desde agora AP) é esencial para mellorar a saúde dos pobos; que os países que dispoñen dunha AP forte conseguen mellores niveis de saúde, maior satisfacción da poboación co seu sistema sanitario e menores custos do conxunto dos servizos. Tamén se sabe que o nivel de saúde é mellor nas zonas con maior número de médicos de AP; que as persoas que reciben coidados preferentemente de médicos de AP son máis saudables e que unha boa AP asóciase con mellores indicadores de saúde. En Europa, segundo os estudos do instituto neerlandés NIVEL, os países con mellor AP teñen unha poboación máis sa. Unha AP forte está asociada cunha mellor saúde da poboación, mellor saúde autopercibida e menos hospitalizacións innecesarias. As persoas que sofren enfermidades crónicas que poden en gran parte ser tratadas en AP (por exemplo, enfermidade cardíaca isquémica, enfermidade cerebrovascular e asma) perden menos anos da súa esperanza de vida total. Exemplos de países con forte atención primaria son Finlandia, Dinamarca, Países Baixos, Portugal, España e o Reino Unido. A variable de AP que máis se relaciona coa variación dos indicadores de saúde é o número de médicos de AP. Notificouse que o número de médicos de AP/10.000 habitantes relaciónase coa mortalidade por todas as causas, coa mortalidade específica por cancro, enfermidades cardio e cerebrovasculares, coa mortalidade infantil, co baixo peso ao nacer e coa mala saúde autopercibida.Axustando por nivel socioeconómico, tamén se relaciona coa prevalencia de tabaquismo, de obesidade e do uso do cinto de seguridade. A asociación é máis forte co médico de AP que co número de pediatras ou de médicos internistas. A influencia do número de médicos de AP é tal que incrementos de 1 médico/100.000 habitantes séguese de descensos da mortalidade de 0,65/100.000. Pola contra, o que se fixo estes últimos anos no estado e, particularmente en Galicia, foi darlle as costas á AP. Un recorte do investimento sanitario público de máis de 1.551 millóns de € en AP no Estado desde 2010; unha porcentaxe da 14,7% fronte ao 10,7% do recorte no conxunto dos servizos. En Galicia os recortes alcanzaron o 22,3% en AP e a supresión de 513 prazas de medicina familiar (392 en primaria e 121 en hospitais). Deste xeito, a participación da AP na repartición do orzamento sanitario reduciuse ata representar o 13,1% do total, moi por baixo do 15,4% da media española ou do 25% que se estableceu no Plan de Mellora de AP na Estratexia AP 21 acordada por todas as organizacións do nivel primario coa Conselleria de Sanidade en Galicia e o Ministerio de Sanidade no Estado. Agora, profesionais e pacientes xa sofren as consecuencias de cargas de traballo desmesuradas, acumulacións case diarias por falta de substitucións, consultas masificadas, demoras excesivas (en AP non debe haber lista de espera; a lista de espera é o fin da AP, porque a xente termina por irse ao hospital e perde a confianza na AP); contratacións precarias en duración e en salario, o que mina a lonxitudinalidade da atención, etc. Os baixos orzamentos, os déficits de persoal, os obstáculos para acceder aos recursos diagnósticos e o sometemento dos centros de saúde ás xerencias dos hospitais, relegan a AP a un papel subalterno dentro do sistema. É unha situación de empeoramento da AP, porque perde orzamento e postos de traballo e competencias en xestión, a favor dos hospitais, vía xestión unificada e crecemento crecente do orzamento e do poder do hospital. As consecuencias para a AP poden ser nefastas, porque pode acabar sendo engulida polas necesidades dos especialistas hospitalarios, impoñendo os criterios de derivación á súa conveniencia, reforzando a prescrición derivada, estendendo a hospitalización domiciliaria, etc.; aspectos todos propios do menor compromiso do hospital, como estrutura, cos obxectivos de políticas públicas de saúde. A dinámica de contratacións laborais (incluíndo sectores público e privado) nos últimos anos caracterízase pola prevalencia dos contratos temporais, particularmente os de moi curta duración (menos dun mes), que representaban en 2014 o 70% de todos os contratos temporais para os médicos de familia e o 64% para os demais especialistas. En 2017 asináronse case vinte mil (19,978) contratos temporais con médicos de familia (equivalentes ao 51% do total de médicos de familia que traballaban no SNS en xaneiro de 2018), e 40,754 contratos temporais con outros especialistas médicos.A taxa de temporalidade dos novos contratos é maior para os médicos de familia que para o resto de especialistas, aínda que mellorou nos últimos anos. En 2017 só o 6.9% dos contratos dos médicos de familia foron indefinidos (9.4% para outros especialistas). Galicia non é unha excepción. Ademais, Galicia hoxe non ha ha recuperado o número nin de médicos de familia, nin de pediatras nin de enfermería de AP que tiña en 2010. Segundo a OMC, en Galicia o 28,6% dos médicos de AP teñen cotas de máis de 1.500 persoas e o 27,7% dos médicos de familia realizan máis de 40 consultas diarias. O 20,18% dos pacientes presentan demoras de máis de tres días para unha consulta en AP. En vacacións a porcentaxe anterior increméntase ata o 46%. En definitiva, en Galicia procedeuse, desde 2010, ao abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, que a situaba no centro do sistema e potenciaba a súa capacidade resolutiva dotándoa do persoal, equipamento e acceso aos recursos diagnósticos necesarios para garantir as políticas de promoción e prevención de saúde e unha asistencia de calidade. A maiores, a creación das Xerencias Integradas de Área supuxo a desaparición das xerencias de AP, que foron absorbidas polas estruturas de xestión dos hospitais de área. A AP quedou relegada a realizar un control dos chamados Procesos Asistenciais, algo imposible de realizar dada a falta de poder, prestixio e liderado da Medicina de Familia con respecto aos servizos hospitalarios. Neste novo modelo, o Ministerio de Sanidade asignou ao nivel primario o papel de porteiro do sistema (e dos seus centros hospitalarios), coa finalidade de seleccionar pacientes e patoloxías para os hospitais atendendo a criterios de control do gasto e rendibilidade económica. Este papel é clave para que os centros hospitalarios poidan competir entre si, discriminando procesos e pacientes segundo rendibilidade económica, algo que ten pouco que ver coas necesidades de saúde da poboación.Non parten de sistemas de información comúns que poidan establecer estratexias de actuación globais nin que garantan a necesaria continuidade asistencial. Os novos esquemas seguen limitando a petición de probas complementarias aos médicos de familia, e non expoñen aumentar a súa capacidade resolutiva a través dos recursos e a organización. Aínda que si desenvolven protocolos e guías de actuación comúns, poucos establecen ferramentas que garantan o seu seguimento e avaliación. Non hai evidencia de que o fusionar as distintas organizacións que participan na atención aos pacientes mellore a integración clínica ou os resultados en saúde. Tamén carecemos de información suficiente para coñecer a capacidade do modelo de Xerencia Única para reducir os custos por economías de escalas e unificar valores e políticas entre os servizos preventivos, asistenciais e de rehabilitación dun mesmo territorio. As ameazas, por outra banda, céntranse no risco evidente, comprobado en todos os sistemas sanitarios, de que siga aumentando o desequilibrio de recursos cara á atención especializada, que continúe orientando o sistema sanitario máis cara ás necesidades da estrutura hospitalaria e dos profesionais que cara aos principais problemas de saúde dos cidadáns. Dado que a AP e a Asistencia Hospitalaria utilizan no seu labor asistencial paradigmas e métodos de traballo diferentes, manter unha estrutura directiva propia da AP pode contribuír ao seu fortalecemento, característica relevante para unha correcta atención integrada. Parafraseando a Winston Churchill, no seu modelo de AP, o PP aprendeu a ir de fracaso en fracaso… sen ESPERTARSE."}
{"ID": "NOS_18227", "summary": "Un novo número do semanario na rúa. Falamos de como Ence move ficha para seguir en Lourizán alén 2018, mergullámonos nas radios libres que hai en Galiza e achegámonos até Baralla, a vila cuxo alcalde xustificou as matanzas franquistas. E máis: contámosche o conflito de Povisa, entrevistamos o autor Fausto Isorna...", "text": "É quinta-feira e Sermos Galiza xa está en quioscos e librerías. O número 59 do semanario. No tema central pousamos a lupa sobre Ence e as manobras da pasteira para se perpetuar na Ría de Pontevedra alén 2018, ano no que caduca autorización. Ten o seu favor, a Lei de Costas feita polo PP a medida dos seus intereses. Mais neste número falamos de moitas máis cousas. Aínda que sexa verán, non descansamos. Non nos resignamos a insistir na vergoña de que as grandes corporacións paguen só 12 euros de cada 100 de beneficios, menos da metade do que paga unha pyme. Brasil, Ave, Angrois A traxedia de Angrois segue a ser noticia. O goberno español quere que o sinistro non salpique a alta velocidade española. O motivo? Brasil exixe aos aspirantes ao megacontrato millonario de 13.000 millóns de euros para construír a súa alta velocidade que nestes 5 anos non tivesen sinistros mortais. BNG e AGE insisten en pedir que se esclareza o que pasou, e por que, na Grandeira. E entrevistamos a María Xosé Abuín, da CIG-Saúde, que louba a resposta sanitaria no sinistro grazas á entrega dos profesionais. Radios Libres e liberadas Na Galiza hai media ducias de radios libres e liberadas. Unha programación allea a intereses de 'mercado' e que fusiona o interese por estar en contacto coa cidadanía, co espíritu de ser a outra voz, cada vez máis precisa. Tamén falamos neste Sermos dos efectos da reforma laboral e da privatización sanitaria de Povisa, da folga d@s seu cadro de persoal nunha loita que evidencia o carácter depredador das e dos que só procuran beneficios. Baralla: fascismo, nunca máis O franquismo ten a súa memoria. E non está arrepetindo. Quizás, porque nunca foi, nin é punido por iso. As palabras do alcalde de Baralla xeraron unha treboada política, mais ningún efecto máis. Nin dimisión nin cese. Nunha comarca onde os franquistas pasearon e fusilaron a máis de 40 veciños, a 'bestialidade' do alcalde do PP vaille saír de balde. Mais neste número 59 achegamos moitas máis cousas: Fomos ate o Festival de Pardiñas e alucinamos cuns xaponeses; viaxamos por Catalunya da man da paixón pola independencia que este 11 de setembro callará nunha xigantesca cadea humana; intentamos entender, cun seareiro coruño-coruño, a tolería que se viviu no Depor... Trinta anos a debuxar e visita ao País das Dornas E tamén entrevistamos a Fausto Isorna, o autor galego convidado a Viñetas desde o Atlántico. Trinta anos de historietas e personaxes nos ollos deste autor de Catoira. E na sección de Viaxes na miña Terra damos unha volta pola Arousa, así, cun A moi aberto, que é como os da contorna lle chaman á Illa de Arousa, aos carcamáns.. Gozamos dun lugar precioso pola paisaxe, vitalista pola súa xente e coas augas señoreadas polas dornas. D-o-r-n-a-s!! En que cres que viaxaban os vellos deuses celtas aos seus olimpos?"}
{"ID": "NOS_26754", "summary": "A esquerda abertzale vive un bon momento —no conxunto de Euskal Herria é a forza con máis presenza municipal após o 28M— e aspira a mostrar músculo social este sábado cunha marcha en favor da independencia. Será en Donostia (18 h). Na presentación da convocatoria, a portavoz Esti Elduaien puxo en valor o carácter estratéxico da converxencia con ERC no Congreso dos Deputados. \"Dixemos que íamos parar o trifachito. Iso é o que acabamos de facer en Nafarroa\", esclareceu.", "text": "O independentismo de esquerdas vasco ve con optimismo o futuro. A perspectiva dun Estado propio en forma de República está \"máis perto\". \"A tendencia dos últimos anos e, sobre todo, a dos últimos meses fainos ser optimistas e observar que cada vez temos máis perto alcanzar o noso obxectivo\", dixo Elduaien. \"Non hai máis que interpretar os resultados obtidos nas últimas citas electorais\", acrecentou. Nunca como agora a esquerda abertzale se mostrou tan disposta a participar nas dinámicas da política estatal e nese sentido Elduaien exteriorizou a satisfacción que produce en EH Bildu a entente con ERC no Parlamento español. Esa alianza, dixo, vai ser \"determinante\". Elduaien trouxo á tona a evidencia de que mentres \"o independentismo de esquerda vasco non deixa de crecer\", o Estado español está sumido \"nunha profunda crise estrutural\". A dereita máis ultra sería a que \"antes leu esta situación\". \"Quitaron as caretas para nos diciren que o seu único obxectivo é manter unha España unida\", alegou."}
{"ID": "NOS_5268", "summary": "O candidato do PP tivo un paseo pola vila arousá marcado polos apupos e recriminacións de ducias de afectad@s polo calote. A protesta mesmo lle obrigou a acelerar a súa visita á Festa do Marisco desta localidade, converténdoa nun paseo fugaz", "text": "O candidato do PP á Xunta, Núñez Feijóo, semella que non vai ter unha campaña moi tranquila. @s afectados polas preferentes están a se encargar de lembrarlle en cada acto a súa responsabilidade e a do seu partido no calote que afecta a perto de 100.000 galeg@s. Se o sábado estes e estas afectadas lle augaron ao PP o seu mitin central en Pontevedra, o domingo foi no Grove. Feijóo encabezaba unha ampla delegación popular que confiaba en repetir o guión de anos anteriores: paseo pola vila arousá até as carpas da Festa do Marisco para ver e, sobre todo, deixarse ver. \"Fóra, fóra\" Mais nesta ocasión os plans non lle saíron ben. Desde un primeiro momento, ducias de afectad@s polas preferentes apuparon a Feijóo e altos cargos do PP e lembráronlle a súa responsabilidade no calote. Para non ter que os escoitar, a comitiva popular acelerou o paso e aquilo máis que un paseo foi unha carreira até as carpas da Festa do Marisco. Mais nin alí acabou o calvario para Feijóo, que tamén no medio da festa tivo que escoitar os e as afectadas polas preferentes, para alén de asistentes a esta festa gastronómica que tamén lle recriminaron ao candidato do PP a súa presenza alí. Os berros de fóra, fóra dirixidos á comitiva do PP, encabezada por Feijóo e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, foron constantes."}
{"ID": "NOS_10079", "summary": "A súa obra 'Lixeiro' foi escollida polo xurado \"pola potencia da súa imaxinación poética\".", "text": "Ismael Ramos vén de ser galardoado co Premio Nacional de Poesía Xuvenil Miguel Hernández, correspondente ao ano 2022, pola súa obra Lixeiro, (Xerais), a proposta do xurado. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado destacou a súa obra \"pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia\". Aliás, o xurado sinalou que, como \"bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece unha proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma unha sorte de épica vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro\". Ismael Ramos, nado en Mazaricos en 1994, é autor dos poemarios Os fillos da fame (XVII Premio Johán Carballeira de Poesía; Xerais, 2016), Lumes (Apiario, 2017) e posteriormente Lixeiro (Xerais, 2021). En 2019 publica en La Bella Varsovia a primeira tradución ao castelán da súa obra Lumes, pola que recibiu en 2020 o Premio Javier Morote de 'As Librarías Recomendan'. Os seus poemas foron versionados tamén ao catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués, e incluídos en numerosas revistas e antoloxías. En maio deste ano Nós Diario publicou o seu relato Mentres tanto dáme a man, artigo gañador do V Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey do Concello de Fornelos De Montes coa colaboración da Deputación de Pontevedra. RELATO | 'Mentres tanto dáme a man', por Ismael Ramos"}
{"ID": "NOS_1087", "summary": "Na localidade balear de Calviá, unha circular interna do instituto armado obriga a manter un réxime diferenciado e máis duro segundo a cor da pel da persoa contra a que actúen.", "text": "O racismo institucionalizado con ánimo represor atopa unha grave comprobación na Garda Civil española en Calviá, nas Illes Balears. Segundo desvelou o diario Última Hora, alí o instituto armado manexa ordes racistas á hora do tratamento ás persoas detidas. Unha circular interna impón un réxime distinto e de maior dureza sobre @s detid@s de raza negra, nunha orde de claro matiz racista e ilegal. Así, segundo se coñeceu, unha instrución sinala que \"cando neste posto principal haxa unha detención ou se reciba un detido da Policía Local que se trate de raza negra (de calquera nacionalidade ou procedencia e con independencia do motivo da detención) chamarase ao xefe da Área de Investigación. Se a detención ten lugar de madrugada chamarase ás oito da mañá. Non se realizarán dilixencias de aviso a familiares nin ningunha outra até que o xefe da Área de Investigación dea as instrucciones oportunas\"."}
{"ID": "NOS_56971", "summary": "A tensión crece no conflito entre Armenia e Acerbaixán diante das acusación de Rusia e Armenia de que o país acerbaixano ten roto as disposicións da declaración tripartita. A próxima semana os dous países intentarán achegar posicións en Bruxelas.", "text": "Armenia e Acerbaixán acordaron reunirse en Bruxelas a próxima semana para iniciar novas conversacións de paz sobre Nagorno Karabaj. No seu momento, Rusia enviou 2.000 efectivos para facer cumprir o cesamento do fogo, pero na última semana os rusos e os armenios acusaron os acerbaixanos de violar o acordo debido á captura do pobo Parukh. Armenia alega que a poboación está a ser aterrorizada polos acerbaixanos como parte do que describe como un \"esforzo de limpeza étnica\". Armenia cede gran parte da República de Artsakh a Acerbaixán a cambio dun armisticio Ao tempo, a poboación armenia que queda no territorio mostra preocupación pola capacidade rusa para manter o cesamento do fogo. Diante da próxima mediación da Unión Europea no conflito, Rusia apresurouse a dicir que colaborará activamente en calquera acordo de paz. Vahe Manukyan, armenio na Galiza: \"Abandonar Armenia deixaría aberto o camiño para os que se rexen por valores medievais\" A pesar de que tanto Armenia como Acerbaixán acúsanse mutuamente de obstruír os esforzos de paz, ambos afirman estar dispostos a estabelecer negociacións para resolver unha guerra que supuxo a morte de máis de 6.000 persoas en 2020. Aumento da tensión A tensión en Nagorno Karabaj acentuouse a pasada fin de semana, cando o Exército do Acerbaixán se negou a retirar as súas tropas do territorio despois de ocupar a zona controlada polas forzas rusas para montar un posto de observación. Armenia entra en estado de guerra En consecuencia, o país acerbaixano foi acusado de violar as disposicións da declaración tripartita dos líderes de Rusia, Acerbaixán e Armenia, que foi asinada polas partes o 10 de novembro de 2020."}
{"ID": "NOS_1023", "summary": "A trama dos bebés desaparecidos no hospital Labaca", "text": "Un novo testemuño ao que tivo acceso Nós Diario deita máis luz ao redor dos casos denunciados pola asociación SOS Bebés Roubados, que advirte de que na Galiza \"hai arredor de 250 persoas buscando a súa familia\". Un dos hospitais citados pola presidenta da entidade, Estrella Vázquez, é o Labaca da Coruña, hoxe Centro Oncolóxico da Galiza, e onde deu a luz a nai de Manuel, nome suposto, por quen a súa familia tivo que pagar para o recuperar. Relátao a irmá de Manuel. \"A miña nai quedou embarazada de meu irmán tras unha violación grupal por parte duns veciños que volvían bébedos de madrugada tras celebrar as festas de San Xosé\" e \"obviamente, foi desde que se confirmou un embarazo non desexado\". \"A veciña contábame como a ten visto dando golpes na barriga mentres lamentaba aquel episodio do seu destino e de feito, tardou moitos anos en aceptalo\", apunta. \"Días antes de dar a luz, mamá desapareceu da casa, non lle contara nada a ninguén, agás á veciña, sempre confidente: quería parir no hospital Labaca da Coruña, pois un médico dixéralle que estaría mellor atendida que en ningún outro sitio\", lembra. \"Con esa valiosísima información, a miña avoa buscou o contacto da clínica e chamou. O meu irmán xa nacera, mais o xinecólogo que atendera a miña nai informouna de que fora asignado a unha familia de confianza, con importantes recursos económicos, que non podía ter fillos. Disque fora o 'acordo' ao que chegara con miña nai semanas antes\", afirma a testemuña, quen asegura que a versión da súa nai \"era substancialmente diferente\". \"Ante as ameazas da avoa, atemorizáronse, pero esixiron unha inxente cantidade de diñeiro para devolver o bebé en concepto de honorarios pola atención ao parto de mamá e os días previos que permaneceu ingresada e tratada coma unha raíña\", di. Para facer efectivo o ingreso, a familia tivo que vender \"unha das dúas vacas que tiñamos na casa\". \"Asumimos o importe e recuperamos o pequeno Manuel\", que naceu en 1983, \"en plena democracia\". \"Nós tivemos a sorte de ter a avoa, de ter a veciña que nos forneceu a información e de ter unha vaca. Outros nin iso\", conclúe. 37 dilixencias Até o momento, segundo SOS Bebés Roubados, a Fiscalía abriu en diferentes momentos na Galiza 37 dilixencias para investigar outros tantos casos de bebés subtraídos ás súas nais."}
{"ID": "NOS_56993", "summary": "Compromiso retoca o seu logo e presenta unha campaña de vocación \"bidireccional\" baixo o lema \"A túa voz\".", "text": "Sandra Araúxo e Inma López Silva, candidatas de Compromiso por Galicia na provincia de Pontevedra, presentaron esta cuarta feira a nova imaxe e o lema de campaña da formación galeguista, que matiza o X do seu anagrama para o \"converter no símbolo dun punto de encontro\". Así mesmo, a formación que encabeza Xoán Bascuas usará a frase \"A Túa Voz\" como lema para os comicios, aínda que acompañado doutro tipo de mensaxes engadidos, como \"Ti tes moito que dicir\" ou \"Quero falar contigo\". López Silva declarou que CXG \"ofrece un proxecto aberto, público e participado, empregando a palabra como clave da política nunha comunicación bidireccional\". Así, destacou que @s candidat@s da súa formación \"foron elixidos en primarias abertas como proba de apertura á sociedade\". Pola súa banda, Araúxo avanzou algunha chave do programa comprometéndose a \"axilizar os trámites da Lei de dependencia e o pagamento a persoas dependentes\"."}
{"ID": "QUEPASA_297", "summary": "Braulio Amaro, neto de ceense e residente por temporadas en Cabana, quere contarnos en primeira persoa como afecta directamente a política de desmantelación do servizo sanitario público galego.", "text": "Son Braulio Amaro Caamaño (nº historia clínica 469164), enfermo de cancro de próstata. O 17 de outubro de 2019 foime comunicada a presencia dun tumor na próstata despois da realización da biopsia. Uroloxía inicia o procedemento habitual neste casos: Tratamento hormonal, Resonancia Magnética e Gammagrafía. Despois de bastantes demoras e coas correspondentes reclamacións presentadas, chegamos ao 23 de decembro de 2019. Uroloxía me comunica que efectivamente teño cancro de próstata e que debo iniciar tratamento de Radioterapia no Hospital do Meixoeiro (Vigo) no Servizo de Oncoloxía Radioterápica, solicitando que se me faga unha PET Colina e se me asigna unha doutora do Servizo para o meu seguimento. Outra vez demoras na realización da PET, atribuíbeis como as anteriores ao Sergas. Volta a presentar reclamación para que se me realice a PET. Unha vez realizada a PET, realización dun TAC de simulación para iniciar o tratamento. O 12 de marzo son citado para consulta no Servizo do Hospital do Meixoeiro. Nesta consulta se me informa que aparte do cancro na próstata aparecen afeccións metastáticas na cabeza do fémur esquerdo e en vértebras e que precisan contrastar con Medicina Nuclear sobre a conveniencia de iniciar o tratamento de Radioterapia. O 13 de marzo se me comunica telefonicamente que realizada a consulta desisten do tratamento e se me indica que contacte con Uroloxía do Hospital A. Cunqueiro. Solicito cita e son convocado para o 1 de abril. Nesta consulta se me indica que realizada unha consulta con Oncoloxía Médica do A. Cunqueiro, teño que acudir o día 2 de abril á consulta presencial en Oncoloxía Médica. Nesta consulta se me informa e analizan as distintas posibilidades de tratamento, decantándose pola reanudación do tratamento de Radioterapia mais ten que consultalo co Servizo de Radioterapia do Meixoeiro. O 6 de abril se me comunica telefonicamente que hai plácet dos 2 Servizos para iniciar o tratamento e xa está solicitado formalmente o inicio deste. O 8 de maio son citado para consulta en Oncoloxía do Meixoeiro, na mesma se me indica que teño que realizar de novo o TAC de simulación e que o tratamento será en 2 fases para tratar na afeccións primeira a zona da próstata e na segunda as afeccións metastáticas. 18 de Maio, realización do TAC de simulación. Á vista de que non son citado, chamo ao servizo o 29 de maio para coñecer cando está previsto inicio do tratamento. Son informado que nesta altura está en estudio de Dosimetría para saber o tipo de radiación. Pregunto se hai algunha data prevista e danme como referencia probábel o 16 de xuño. Presentada reclamación ao Sergas o 31 de maio, a día de hoxe sen contestación. Como se fora un sarcasmo, temos que ler no Faro de Vigo do 17 de maio: \"El Chuvi logra mantener el tratamiento a todos los pacientes con cáncer durante la pandemia.Oncología extrema las precauciones para atender \"al 100%\" de los enfermos\". Só pido que me traten coma un cidadán normal sen necesidade de enchufes.... e que destinen os recursos necesarios para atender á cidadanía con garantías. Resulta obvio que, independentemente da situación de emerxencia sanitaria provocada polo Covid 19, un cancro se non se trata a tempo ten un final anunciado. Espero non estar nesa fase, somos persoas e non números nunha estatística. Vigo 6 de Xuño de 2020 Brauilio Amaro. Neto de ceense, residente estival en Cabana de Bergantiños e activo participante na loita contra a mina de Corcoesto."}
{"ID": "NOS_34335", "summary": "Con dez nomeacións, A tempestade da compañía Voadora parte como favorita para os premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Perplexo, de ilMaquinario Teatro, con 9 e Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere, con 7, completan o trío de cabeza da listaxe.", "text": "Un total de 16 espectáculos compiten como finalistas a algunha das catorce categorías dos Premios María Casares que esta quinta feira se deron a coñecer en Compostela, nun acto que conduciron Mónica García e Ricardo de Barreiro e no que participaron tamén Avelino González, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG); Guillermo Carbajo, secretario da AAAG e Vicente Mohedano, vogal da AAAG. A tempestade, de Voadora, con 10 candidaturas sitúase á cabeza dunha listaxe na que Perplexo, de ilMaquinario Teatro, ocupa o segundo posto concorrendo a 9 candidaturas e Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere, o terceiro optando a sete galardóns. Son as tres ademais candidatas a mellor espectáculo do ano e mellor dirección. Con 3 noemacións sitúanse Kassa, de Elefante Elegante, e outra montaxe de Chévere, As fillas bravas. Pequenas Certezas, de Sarabela Teatro; Pan! Pan!, de A Panadaría; Meu ben, de Eme2; e Roedores, de Redrum Teatro, competirán a dúas categorías mentres Ra, Ra, Ra, de Abrapalabra Creacións Escénicas; Demolición, de Talía Teatro; Bobas&Galegas, de Producións Teatrais Excéntricas, Longa viaxe cara á noite, do Centro Dramático Galego; O Feo, de CatroCadeiras, As fabas Máxicas, de Caramuxo Teatro, e A Casa do Avó, de Tanxarina poderán saír da gala dos María Casares cun dos seus galardóns. A listaxe completa de finalistas nas distintas categorías pode consultarse neste enlace."}
{"ID": "PRAZA_3631", "summary": "Xunta e Goberno central están a tomar medidas para garantir o sostemento do sistema no marco da epidemia do Covid-19, tanto abrindo a posibilidade de adiar citas e procesos non urxentes como reforzando os recursos humanos e materiais dispoñibles, mediante a contratación excepcional de máis profesionais", "text": "Xunta e Goberno central están a tomar medidas para garantir o sostemento do sistema no marco da epidemia do Covid-19, tanto abrindo a posibilidade de adiar citas e procesos non urxentes como reforzando os recursos humanos e materiais dispoñibles, mediante a contratación excepcional de máis profesionais, algúns dos cales aínda non son titulados (estudantes en formación) ou xa están xubilados (sempre que non cheguen aos 70 anos). Reprogramación de actividadeA Consellería de Sanidade anunciou este luns que se poderán reprogramar as citas co obxecto de facer fronte ás necesidades prioritariasA Consellería de Sanidade anunciou este luns que se poderán reprogramar as citas co obxecto de facer fronte ás necesidades prioritarias. Tanto as citas de atención primaria e hospitalaria como as probas diagnósticas non urxentes poderán ser adiadas seguindo criterios clínicos e sempre se comunicarán os cambios de xeito individual. A instrucción do Sergas é que calquera cambio na cita será comunicado de xeito individual e se non se recibe unha chamada por parte do Sergas, mantense a cita que xa ten.Nos hospitais poderá ser suspendida ou aprazada a actividade cirúrxica programada. As consultas e probas diagnósticas non preferentes poderán ser suspendidas ou aprazadas, e no caso das consultas, substituídas por modalidades de atención non presencial. Así mesmo, o Sergas suspende todos os programas de cribado, sen embargo realizaranse as probas diagnósticas derivadas destes programas nos casos que deran positivo. Ademais, mantense o calendario vacinal infantil.Igualmente, o Sergas promoverá a consulta telefónica en todos os casos posibles para evitar que se acuda aos centros sanitarios, e tamén empregará os procedementos que permitan a atención domiciliaria, a través de visita domiciliaria ou da plataforma TELEA de teleseguimento de pacientes. A Consellería de Sanidade activou así mesmo a medida que permitirá ás farmacias dispensar a domicilio medicamentos ás persoas usuarias que residan en zonas rurais illadas, dependentes e enfermos crónicos independentemente de onde residan. Tamén se posibilita a entrega de medicación hospitalaria nos domicilios dos pacientes ou a posibilidade de que sexa un familiar o que as recolla no hospital para evitar o desprazamento da persoa enferma.Contratación excepcional de persoalAutorízase a contratación daqueles profesionais sanitarios que a pesar de superar as últimas probas selectivas non obtiveron praza por non existir número de prazas suficientesO BOE publicou este domingo unha orde de \"medidas en materia de recursos humanos e medios para a xestión da situación de crise sanitaria\". Nela, prevese a contratación excepcional de profesionais que neste momento non teñen praza e mesmo de persoal sanitario xubilado. Así mesmo, establécese unha prórroga na contratación dos residentes no seu último ano de formaciónAdemais, autorízase a contratación daqueles profesionais sanitarios que a pesar de superar as últimas probas selectivas non obtiveron praza por non existir número de prazas suficientes. Tamén se prevé que se poidan incorporar de maneira inmediata aos servizos de saúde todos aqueles profesionais sanitarios pendentes de realización de prácticas ou formación e regúlanse as condicións para o recoñecemento dos títulos estranxeiros de especialista obtidos en Estados non membros da Unión Europea. Prevese que os profesionais sanitarios xubilados (ata 70 anos) poderán incorporarse voluntariamente aos servizos de saúdeAsí mesmo, prevese que os profesionais sanitarios xubilados (ata 70 anos) poderán incorporarse voluntariamente aos servizos de saúde compatibilizando o goce da pensión de xubilación coa prestación de servizos nos centros sanitarios, priorizando a localización dos mesmos en atención primaria. Tamén os liberados e liberadas sindicais poderán solicitar voluntariamente reincorporarse para desempeñar funcións asistenciais (isto non suporá en ningún caso o cesamento do persoal substituto que poida existir).Por último, as autoridades sanitarias poderán subscribir contratos laborais de duración determinada, de auxilio sanitario, destinado a estudantes do grao de medicina e enfermaría no seu último ano de formación. O contrato deberá indicar que se desenvolve en calidade de apoio e baixo supervisión dun profesional sanitario."}
{"ID": "NOS_5603", "summary": "Falamos con Mercedes Rozas, comisaria da mostra 'Retratos' de Carlos Maside, con quen non puidemos obviar a situación do Museo Carlos Maside de Sada. A quinta feira, O Galo organiza unha visita guiada á exposición, que podemos ver até mediados de marzo na Casa do Cabido compostelán.", "text": "- Esta mostra acolle un cento de retratos realizados por Maside nos anos 20 e 30. Con ela non só podemos coñecer os seus debuxos senón a boa parte dos seus contemporáneos: de Castelao a Lorca, pasando por Ánxel Casal, Colmeiro, Valle, Manuel Antonio...- Na expo amosamos unha grande selección de debuxos que el fixo en distintas colaboracións con varios xornais, como pode ser La Nueva España, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego... Son fundamentalmente debuxos: a tinta, a lápiz, a pluma, que el facía e logo enviaba aos xornais. Pero el quedaba cos orixinais. Temos debuxos dos anos 20 e 30 pero tamén posteriores da súa etapa de exilio interior que viviu Maside en Compostela. Achegábanselle xente como Otero Pedrayo e el debuxaba. Era un gran debuxante e ademais estaba sempre atento a calquera personaxe que se achegara a el. El era para todos os exiliados un referente importantísimo. - De onde proceden os orixinais? Da familia, fundamentalmente, non?- Da familia, si. Todos son de Xulio Maside [un dos sobriños do artista]. Esta mostra fíxose grazas á documentación de María Esther Rodríguez, a quen quero destacar, porque ela leva traballando coa súa obra desde hai anos, foi quen se preocupou desde sempre pola súa obra. Foi recompilando todos os debuxos orixinais, todos eses retratos que el facía para os xornais, e logo engadiulle unha documentación de cada un deles. O que fixemos nesta exposición foi ordenar toda esa documentación e adaptala á mostra. Son moitísimos retratos, aínda que quedaron moitos fóra. E logo destacamos certas figuras para facer un pouco máis dinámica a expo, porque a maioría dos retratos son moi pequenos, van en vitrinas. E, ademais, son en papel, o que supón a maior dificultade, porque tiveron un proceso de montaxe delicado, porque son materiais moi sensibles: papel transparente, papel de libreta, folios... Grazas a que a familia Maside tiña tamén os orixinais de 'Retrincos', os gravados que fixo para Castelao, entón destacamos ao rianxeiro. Ou a Fernández Mazas, porque hai unha carta fermosísima que Maside lle envía. Ou a Bóveda. - Ademais de retratos inclúe fotos do pintor e outros obxectos. - O que fixemos foi documentar todos eses retratos. Son retratos dos anos 20 e 30, e algúns dos 40. E o que fixemos contextualizar todos eses retratos con documentación, porque nalgúns casos existen cartas ou gravados. No de Lorca hai un libro dedicado a Maside polo escritor. Nesta mostra case todos os retratos de antes da guerra eran dos protagonistas das Irmandades da Fala, de deputados, artistas, escritores, xuíces... que logo foron represaliados ou exiliados. - Como cambiou a súa obra despois da guerra?- No caso dos retratos, certas colaboracións deixaron de existir, aínda que seguiu colaborando no Faro de Vigo. E, evidentemente, os contidos cambiaron moitísimo. Nesta mostra case todos os retratos de antes da guerra eran dos protagonistas das Irmandades da Fala, de deputados, artistas, escritores, xuíces... que logo foron represaliados ou exiliados. El seguiu debuxando pero evidentemente o que cambiou moitísimo foi a súa pintura máis que os seus retratos. Logo facía algún retrato para a xente que se achegaba á súa casa ou para o Faro, pero pouco máis. - Como sobreviviu a partir do 36 unha vez que non lle permiten seguir dando clase?- Pois nun exilio interior. A partir dos anos 40, aínda que o tiña prohibido, os amigos axudáronlle a facer algunha exposición e el seguía pintando na súa casa e vendendo algúns cadros. E pouco máis. El tívose que facer cargo da irmá, que quedara viúva, e dos seus fillos. Mentres daba clases non tiñan problemas, pero logo pasaron as súas. Dependían dunha irmá de Carlos que tiña un comercio en Santiago, creo que era un estanco. Porque el seguía pintando pero naquela época non creo que vendera moito. Os que viñeron de América nos anos 50, antes de que el morrera, intentaban axudaba dalgún xeito. Creo que Seoane foi un deles. Estase a intentar que o Legado Maside quede en Compostela porque era o que quería el. - Ao final da súa vida volveu ter relación co galeguismo que volvía agromar. - Nunca a perdeu. Fíxate que el era para todos os exiliados un referente importantísimo. De feito Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane fixeron un museo en Sada co seu nome. E el nunca perdeu esa relación. Hai cartas cos irmáns Dieste, con Isaac, con Seoane, e con moitos máis exiliados. O que pasa é que loxicamente tiña que ter moito coidado, porque estaba continuamente vixiado. Pero aínda así a familia ten cartas moi fermosas cos exiliados. A expo recolle todo o contexto artístico, político, cultural de preguerra. O primeiro retrato co que se abre a mostra é de Valle-Inclán. El coñeceuno e temos unha fotografía con el. E dos últimos que o visitaban na súa casa, cando xa estaba bastante mal é Otero Pedrayo. - Quen atesoura a maior parte da obra de Maside?- A maior parte está nas mans da familia Maside. Teñen o legado Maside, eses 21 cadros que hai uns anos viñeron de Vigo, do Museo Castrelos. Acórdaste do problema, que a familia decidiu sacar de Vigo aquel legado porque consideraban que non estaba ben atendido? E estase a intentar que quede en Compostela porque era o que quería Maside. E despois toda esta expo e coa súa documentación, cartas, fotos, etc. está en mans de Xulio Maside e de Esther. O legado, en cambio, é de Xulio e de varios irmáns. Creo que é deplorable a situación do Museo: está en moi malas condicións, con humidades, mala conservación, coas obras estragándose. - Toda a obra que hai no Museo Carlos Maside, que pasa con ela? Agora iso está pechado e...- Iso é terrible. Non sei, non teño palabras. A min tenme moi preocupada ese tema, porque realmente que todo ese legado, non soamente de Maside, porque Isaac aí recompilou unha cantidade de obra importantísima de xente que estaba no exilio. Hai obras dunha vangarda importantísima de artistas galegas. E de quen é iso agora? Non o sei, creo que está en terra de ninguén, dáme a impresión de que é un museo que non un faro, non se abre e a impresión que teño é que está totalmente abandonado. - Fálase de que queren vender esa obra. - Non me extrañaría. Isaac tíñalle un cariño enorme ao museo. Defendeu o museo desde o primeiro momento que o abriu, pero non sei exactamente cales son as intencións dos donos actuais, pero o que está claro é que iso debería de ser un patrimonio que unha institución -entendo que a Xunta- debería facerse cargo. Porque é un patrimonio de todos e non pode malvenderse nin dispersarse. Eu sei de xente que foi alí a ver obra para pedila para unha exposición e creo que é deplorable a situación do Museo: está en moi malas condicións, con humidades, mala conservación, coas obras estragándose. Eu creo que aí a Xunta debería ter algo que dicir. Aínda que sexa un patrimonio que está en mans particulares, debería ser unha cuestión de país. Debía de existir unha preocupación, algún tipo de iniciativa institucional para que ese patrimonio non se perdera, nin se malvendera nin se dispersara. Algunha institución debería recoller todo ese contido do Museo Maside. É un legado que se fixo entre Díaz Pardo e Seoane. A min preocúpame moito que iso se perda ou se malvenda."}
{"ID": "NOS_15208", "summary": "O Sergas confirma que hai 2.066 positivos en coronavirus entre as súas traballadoras até o día de hoxe. O número de profesionais da sanidade pública contaxiadas incrementouse en máis de 300 nos últimos sete días.", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou esta sexta feira que os positivos de COVID-19 entre as súas traballadoras ascende a 2.066 desde que comezou a pandemia. Dos casos confirmados, segundo puido saber Nós Diario, 1.035 profesionais sanitarias xa foron dadas de alta e están dispoñíbeis para regresar aos seus postos de traballo. Desta maneira, o Sergas traslada que neste momento ten 1.031 profesionais contaxiadas pola COVID-19 que aínda non superaron a enfermidade. Isto supón que o 51% dos casos de coronavirus activos na Galiza son persoal sanitario, pois na actualización desta sexta feira a dirección xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informou de que o número total de casos activos de coronavirus no país ascende a 2.008. Para o Sergas estes 2.066 positivos están relacionados co incremento de probas de detección do coronavirus entre as profesionais da sanidade pública. Ademais, aseguran que se están a realizar as probas a todas as traballadoras, mais fontes sindicais consultadas por Nós Diario apuntan que o están a facer \"a un ritmo moi lento\" e \"non nas dúas semanas nas que se comprometera Feixoo\". Así, nos últimos sete días pódese constatar un aumento de 358 casos de COVID-19 entre o persoal do Sergas, pois Nós Diario publicou o pasado día 7 que había 1.708 positivos. Hai pouco máis dun mes, o 7 de abril, eran 600 os casos de coronavirus entre as sanitarias. A maioría dos novos casos detectados son profesionais que non presentaron síntomas de ter a enfermidade, polo que se incrementa o risco de que sexan vectores de contaxio sen sabelo."}
{"ID": "NOS_30408", "summary": "O número de persoas curadas supera as 9.500. O virus matou 609 persoas nestas semanas de pandemia.", "text": "O número de persoas contaxiadas polo coronavirus na Galiza é de 990, o que supón un descenso de 73 casos a respecto da xornada de onte, cando se rexistraron 1.063. Por áreas sanitarias, 252 dos casos positivos corresponden á área da Coruña, 63 son da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 están na de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, o que supón 3 menos ca onte e 72 están en unidades de hospitalización (7 menos). Son 905 as persoas atendidas no domicilio cando eran 768 (63 máis) na cuarta feira. Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.505 persoas curadas (case cen máis), rexistrándose 609 falecementos. O número de PCR realizadas é de 130.424. Residencias de anciás No que atinxe ás residencias de anciás, hai 210 casos activos (15 menos), dos que 115 son de persoas usuarias mentres que 95 son de traballadoras e traballadores. No que atinxe a falecementos, mantense en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas."}
{"ID": "NOS_45824", "summary": "Galiza sitúase á cola do Estado en número de matronas. Mentres no conxunto estatal a porcentaxe de profesionais é de 18 por cada 100.000 mulleres , na Galiza cífrase en 12 por cada 100.000 mulleres", "text": "Os últimos dados sobre as ratios de matronas proceden do sindicato SATSE. Así, nun documento referido a 2019, sinala que Galiza ocupa o último lugar do Estado, con 12 profesionais por cada 100.000 mulleres, acompañada nos postos de cola por Castela-A Mancha, con 12 por cada 100.000, Asturias, con 13 por cada 100.000, e Aragón e A Rioxa, con 16 por cada 100.000. Na mesma liña, a Galiza fica a seis puntos da media estatal e moi lonxe das cifras presentadas por Cantabria, con 29 por cada 100.000 e Euskadi e Nafarroa, con 24 por cada 100.000. As cifras de 2019 non son conxunturais e responden a unha tendencia que se mantén ao longo da última década. Sen ir máis lonxe, á volta de 2014, o informe elaborado pola Federación de Asociaciones de Matronas de España confirma a Galiza á cola do Estado no número de profesionais, con 14,10 por cada 100.000 mulleres, moi próxima a Madrid, con 14,69 por cada 100.000 e a 10 puntos da media estatal. Ao tempo, o documento, elaborado polas entidades representativas do colectivo, sitúa nos postos de cabeza a Baleares, con 36,49 por cada 100.000, Catalunya, con 31,61 por cada 100.000 e Valencia, con 30,93 por cada 100.000 . A fenda entre a cifra de matronas da Galiza e dos Estados da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) non deixa de medrar. Mentres en 2019, a media dos países da OCDE é de 69 matronas por cada 100.000 mulleres, na Galiza sitúase en 12 por cada 100.000. Outro tanto acontece en 2014, cando Galiza rexistra 14,10 especialistas por cada 100.000 mulleres e no espazo da OCDE certifícase 69,8 por cada 100.000. Na mesma liña, as diverxencias son tamén moi importantes con aqueles Estados da Unión Europea cuns sistemas de saúde máis desenvolvidos, marcándose nese anualidade unha distancia con Francia de 46 puntos ou de 35 con Alemaña. Atención Primaria As previsións de cara o futuro non son mellores. Segundo sinalan desde a Asociación Galega de Matronas, 85 das 152 matronas actualmente en exercicio de Atención Primaria van estar xubiladas nos próximos cinco anos, concentrándose o groso das baixas nas áreas sanitarias da Coruña, con 45, e de Pontevedra, con 27. Neste sentido, desde o colectivo consideran \"urxente ofertar máis prazas de matrona e ofertar contratacións estábeis\" e alertan da fuga de profesionais cara outros territorios. Ao tempo, entenden \"preciso avaliar de novo as ratios matrona-muller que existen na Galiza e aumentar o número de matronas en Atención Primaria para que se poidan A falla de matronas é especialmente acusado en Atención Primaria. A Asociación Galega de Matronas sinala que a área sanitaria de Santiago de Compostela conta con 33 profesionais, unha matrona por cada 6.702 mulleres entre 15 e 69 anos , sendo os concellos con máis sobrecarga de traballo Ames, Ordes e Santiago de Compostela. Os centros de saúde da área sanitaria da Coruña-Cee dispoñen de 28 matronas, unha por cada 9.582 mulleres, significándose o déficit de Arteixo, onde unha especialista atende 16.064 mulleres en idade fértil. A rede de matronas na área sanitaria de Ferrol suma 13 profesionais, fixándose unha rateo de 7.621 mulleres por matrona. A situación repítese na Atención Primaria das áreas sanitarias de Lugo e Ourense. Así, na primeira, a ratio é de 11.273 mulleres por matrona, destacando a escasa dotación da comarca da Mariña e da cidade de Lugo. Pola súa banda, en Ourense dispóñense de 10 matronas, carecendo deste servizo localidades de moita poboación como Verín ou O Barco, onde a atención é prestado directamente desde os hospitais. Neste sentido, a Asociación Galega de Matronas denuncian a amortización de prazas, como ten acontecido no Pereiro de Aguiar cunha poboación de máis de 3.000 mulleres. Os dados das áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo son semellantes aos do resto da Galiza. A Atención Primaria da área pontevedresa conta con 23 matronas, unha por cada 6.883 mulleres en idade fértil. Porén, as ratios son máis elevados na área de Vigo con 26 profesionais para atender a 202.192 mulleres entre 15 e 69 anos. A este respecto, desde a entidade que agrupa ás matronas galegas reclaman a creación de 33 matronas máis."}
{"ID": "PRAZA_4796", "summary": "Ao longo da nosa vida atoparemos límites impostos e autoimpostos e podemos actuar como se cada problema que non nos afecta directamente non existise ou ao contrario colocarnos nas estremas e mirar arredor. Tomar consciencia deses límites e das súas consecuencias é o primeiro paso para eliminalos.", "text": "O 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia de xénero e o 3 de decembro o día internacional da discapacidade. Por motivos persoais estas dúas datas non se me pasaron por alto, como seguramente lles pasou a outras persoas ou como me pasa a min propia coa maioría dos \"días internacionais de\". Son tantos que ata mesmo coinciden na mesma data como o 2 de abril, día internacional do autismo e do libro infantil e xuvenil, dúas celebracións que, polo menos, son compatíbeis porque as persoas con autismo tamén len, con palabras ou con imaxes, pero len. Resultan máis chocantes outras coincidencias, como a do 19 de novembro, día internacional do home (si, si, desde 1999, para destacar o rol positivo e as contribucións do sexo masculino, por se alguén pensaba que non estaban suficientemente recoñecidas) e día internacional do inodoro (pola súa importancia sanitaria, indubidábel tamén). Lembro unha compañeira da universidade que se enfadaba moito cando chegaban o 25 de novembro e o 8 de marzo, porque non se sentía identificada con esas reivindicacións, sentíase incómoda, mesmo agredida, metida nun saco ao que pensaba non pertencer Lembro unha compañeira da universidade que se enfadaba moito cando chegaban o 25 de novembro e o 8 de marzo, non só porque pensase, como pensamos todas, que a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero é dos 365 días do ano, senón porque non se sentía identificada con esas reivindicacións, sentíase incómoda, mesmo agredida, metida nun saco ao que pensaba non pertencer. Ela recoñecía que a muller estaba discriminada pero outra, non ela. É normal, a quen lle gusta que lle digan que está discriminada? A quen lle gusta que se denuncie publicamente que non se respectan os seus dereitos e que vale menos socialmente? A quen lle gusta que a avisen de que sexan cales sexan os seus méritos non vai ter as mesmas oportunidades que outras ou outros? Ademais a razón desta situación é algo tan involuntario e incorrixíbel como ser muller ou como ter unha discapacidade ou como ter nacido nunha familia e non noutra, nun país e non noutro. Todas as clasificacións das persoas que nos colocan nun lugar da sociedade son construcións que imos aprendendo e aplicando ao longo da vida Todas as clasificacións das persoas que nos colocan nun lugar da sociedade son construcións que imos aprendendo e aplicando ao longo da vida. Nunha das noticias preparadas ad hoc para o día internacional da discapacidade contaban a historia dunha rapaza invidente que aprobou as oposicións e traballa como profesora de música nunha escola. Os pais e nais amosaron as súas dúbidas sobre as posibilidades de que desenvolvese ben o seu traballo e, sen pudor ningún, preguntáronlle como ía facer cousas básicas como corrixir os exames. Centráronse nos límites que unha persoa vidente entende que ten unha rapaza invidente, coa parcialidade de coñecer as dificultades pero non ter nin idea de como superalas e de non coñecer as capacidades diferentes. Ao contrario, unha alumna súa dicía que tocaba xenial a guitarra e que era moi lista porque sempre sabía onde estaba todo. Espero que esa nena, como os seus compañeiros e compañeiras, resistan o empeño en estragala das persoas adultas que dubidan das capacidades da súa profesora e que siga admirando as capacidades do resto da xente no canto de incapacitalas etiquetándoas cunha ou varias clasificacións discriminatorias. Ao longo da nosa vida atoparemos límites impostos e autoimpostos e podemos actuar como se cada problema que non nos afecta directamente non existise ou ao contrario colocarnos nas estremas e mirar arredor Ao longo da nosa vida atoparemos límites impostos e autoimpostos e podemos actuar como se cada problema que non nos afecta directamente non existise ou ao contrario colocarnos nas estremas e mirar arredor. Tomar consciencia deses límites e das súas consecuencias é o primeiro paso para eliminalos. Non parece que axuden moito os \"días internacionais de\" porque podemos seguilos enumerando e chegamos ao día internacional contra a mutilación xenital feminina o 6 de febreiro, a mesma semana que o goberno español inicia a reforma da lei para excluír este delito da xustiza internacional e que non se poidan emprender accións xudiciais contra quen someta unha nena a unha ablación. O mesmo goberno que di prohibir o aborto para protexer a vida dos concibidos non pensa facer nada se logo de nacidas son mutiladas durante unha visita á súa familia, o único que lles importa é que se sobreviven e volven aquí, se logo quedan embarazadas non poidan decidir sobre a súa maternidade. Ao final, é unha cuestión de poder, estes límites e estas clasificacións, cheas de cinismo e hipocrisía e asumidas e reproducidas pola maioría, benefician a uns poucos, os que están traballando tan duramente para aumentar as discriminacións, para reforzar a súa posición e ampliar as fendas, para gañar privilexios a costa de dereitos."}
{"ID": "PRAZA_6173", "summary": "O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros.", "text": "O Festival Revenidas convoca a segunda edición do seu concurso de grupos emerxentes. O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros. Deste xeito, unha banda amateur compartirá escenario con grupos históricos do rock bravú e coas revelacións do panorama actual da música galega Este ano conmemórase o XX aniversario do movemento bravú cunha programación especial. Destacan as actuacións de Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Sés e Nao, ademais de Terbutalina, Leo e Arremecaghona, Dakidarría, Ultraqans, Rastreros e Liviao de Marrao. Os bonos das entradas a un prezo máis económico (15 euros) estarán a venda durante poucos días a partir deste luns 21 de xullo. Os participantes no concurso non poden ter editado ningún disco, deben ter un repertorio propio de seis cancións en galego. Os grupos interesados terán que enviar a súa solicitude por correo electrónico a revenidascomunicacion@gmail.com. A presentación de candidaturas rematará o 7 de agosto. Despois de que a organización reciba todo o material todos os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas para que os seguidores/as do festival, voten e escollan o que ao seu favorito. A votación rematará o 14 de agosto. Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado composto por un membro da organización do Festival, un xornalista e dous membros dun grupo de música da actual edición Revenidas elixirán o gañador. O pasado ano 21 bandas participaron no concurso de grupos noveis do Revenidas, un certame que foi gañado polo grupo Maskarpone, que foi o encargado de abrir o festival. Supeoito e Bocinazo foron os outros dous grupos finalistas."}
{"ID": "NOS_46389", "summary": "A FIFA designou a árbitra coruñesa Iolanda Parga como asistente para a final do Mundial de Fútbol Feminino, un encontro que se disputará esta madrugada en Vancouver.", "text": "Por vez primeira, unha árbitra galega, a coruñesa Iolanda Parga, participará como asistente na final do Mundial Feminino de Fútbol. Así o decidiu a FIFA ao facer oficial o equipo arbitral para o derradeiro partido da competición, que se disputará en Vancouver entre os EUA e o Xapón (á 1h da madrugada do domingo ao luns). A árbitra será a ucraína Kateryna Monzul, á que asistirán a tamén ucraína Natalia Rachynska e a galega Iolanda Parga e como cuarta árbitra, a uruguaia Claudia Umpiérrez. Anteriormente, a árbitra coruñesa, de 36 anos, xa participara en tres encontros deste Mundial (Australia-Nixeira, o Ecuador-o Xapón e os EUA-Colombia) e, anteriormente, nos Xogos Olímpicos de Londres e no Mundial Sub-20. A súa elección como asistente na final supón todo un recoñecemento á súa traxectoria e supón, en termos absolutos, o maior éxito da arbitraxe galega no fútbol. A ourensá Zulema González ascende a Terceira División como árbitra principal e a lucense Tania Fente ascende a Segunda B como árbitra asistente A participación de Iolanda Parga na final do Mundial non é a única noticia positiva para as árbitras galegas, pois o Comité Técnico de Árbitros vén de decidir que a ourensá Zulema González ascenda á Terceira División. Converterase, deste xeito, na primeira árbitra galega en pitar nesta categoría. Ademais, a árbitra de Lugo Tania Fente ascende, como asistente, a 2ªB, un fito que só antes conseguira Iolanda Parga."}
{"ID": "NOS_1030", "summary": "A oposición cuestiona que as rebaixas fiscais anunciadas por Feixoo beneficien as rendas baixas e medias. \"A cuestión é que cambian os tramos e o cambio é regresivo\", de maneira que unha persoa \"que ingrese 12.000 euros\" mensuais aforrará \"12 euros ao ano, que non dán nin para un café ao mes\", explica a deputada do BNG Noa Presas.", "text": "\"Contas continuistas\" e con reformas fiscais \"regresivas\" que só benefician as rendas altas. Así cualificou a oposición a proposta de Orzamentos da Xunta para 2022, coincidindo co inicio das comparecencias dos membros do Executivo na comisión de Economía do Parlamento galego. Os primeiros en pasar pola comisión para expor o investimento dos seus departamentos foron o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; a de Vivenda e Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; e o secretario xeral da Presidencia, Álvaro Pérez. Para comezar, xa non hai consenso sobre o incremento dos orzamentos. O Goberno eleva as contas do ano que vén a 11.627 millóns, 0,55% máis que o orzamento de 2021 (11.563 millóns). Porén, cifra o incremento en 6,9% ao descontar de 2021 os 685 millóns recibidos polos fondos extraordinarios da Covid-19, polo feito de seren extraordinarios. Pola contra, non desconta da previsión de 2022 os 220 millóns que corresponden á devolución do IVE que o Estado adebeda á Galiza do ano 2017. O primeiro en intervir esta segunda feira, 25 de otubro, foi o titular de Facenda, que asegurou que a nova rebaixa do IRPF que inclúe a Lei de acompañamento dos orzamentos suporá un aforro medio de 144 euros para un fogar con dous contribuíntes. Non o ve así a oposición. A deputada do BNG Noa Presas sinalou que \"a cuestión é que cambian os tramos e o cambio é regresivo. Aglutinan maiores rendas en tramos determinados, en lugar de combater a regresividade\", explicou, de maneira que unha persoa \"que ingrese 12.000 euros\" aforrará \"12 euros ao ano, que non dá nin para un café ao mes\". Pola súa banda, Begoña Rodríguez (PSdeG) advertiu de que a medida que \"ten maior impacto\" é a diminución do imposto sobre o patrimonio, co que \"se está falando das rendas máis altas, non das medias nin das baixas\". Posteriormente expuxo as contas de Vivenda e Medio Ambiente a conselleira Ángeles Vázquez. Anunciou que a Xunta concederá un aval para facilitar a adquisición da primeira vivenda á mocidade. Cun orzamento inicial de 5 millóns de euros, a medida diríxese a menores de 35 anos, que poderán acceder a 15% do crédito. A Consellaría tamén asinará convenios con entidades financeiras para que faciliten a concesión da hipoteca a interese de préstamo Vázquez afirmou que o seu departamento xestionará 445 millóns o próximo ano, o que supón un incremento de 19% respecto a 2021. Porén, a contía que figura no proxecto de orzamentos é 262,8 millóns. Nós Diario preguntou á Consellaría por esta diverxencia nas contas. O argumento que esgrimiron é que á asignación da Consellaría (262,8 millóns) suman o orzamento de sociedades e consorcios que dependen ou nos que participa a propia Consellaría (como Sogama ou o Consorcio Casco Vello de Vigo). A deputada Alexandra Fernández (BNG) replicou que as contas \"son inferiores en termos totais ás de 2009\", cando gobernaban PSdeG e BNG na Xunta. Xa pola tarde, na comparecencia do secretario xeral de Presidencia, Álvaro Pérez, o deputado socialista Pablo Arangüena criticou a suba de 6,7% no orzamento destinado a asesores do Goberno, ao tempo que criticou o desmantelamento e manipulación na CRTVG, englobada en Presidencia."}
{"ID": "NOS_25878", "summary": "Vinte membros dunha mesma familia foron, dous minutos antes de que comezase a tregua, as últimas vítimas palestinas após os bombardeos indiscriminados de Israel.", "text": "A recuperación de polo menos 81 cadáveres de entre os escombros na Franxa de Gaza elevou por encima do milleiro o número de palestin@s mort@s durante a ofensiva militar israelí, segundo un novo balance do Ministerio de Sanidade gazací recollido polo diario 'Haaretz'. A procura de corpos intensificouse desde o sábado pola mañá en Gaza aproveitando a tregua de doce horas que pactaron manter Hamás e o Goberno de Benjamin Netanyahu, vixente desde as oito da mañá. Fontes médicas palestinas advertiron de que o Exército israelí bombardeó Gaza até dous minutos antes da entrada en vigor da tregua. Nun dos últimos ataques, ocorrido en Jan Yunis, perderon a vida 20 membros dunha mesma familia."}
{"ID": "NOS_29692", "summary": "No pleno municipal do dia 29 do mes pasado na cidade de Ferrol debateuse a mudanza de nome da Praza de España polo que foi o seu topónimo tradicional -Porta Nova- antes de ser alterado pola ditadura franquista. As vésperas do pleno estiveron marcadas polo ataque ao mural co que a Fundaçom Artábria celebrou o centenario das Irmandades da Fala.", "text": "A moción levada a pleno pola Fundaçom Artábria -co apoio do BNG- pedía unha restitución da memoria da cidade fronte a unha imposición franquista do nome da praza, unha praza que é a entrada á cidade, e que aínda conserva a placa conmemorativa da súa inauguración no ano 1953. Comezou o pleno coas palabras de Bruno Lopes, representante da Fundaçom Artábria, argumentando os porqués desta moción, as razóns en virtude das cais debe ser restituído o seu nome histórico, exemplificando con noticias da prensa do momento como era chamado ese mesmo lugar antes do cambio ilexítimo de nome. Lopes alegou que noutras cidades galegas tamén se impuxera o nome de Praza de España para espazos urbanos senlleiros e que felizmente foron quen de restauraren as denominacións lexítimas: Lugo regresou a súa Praza Maior e Compostela ao seu Obradoiro. O BNG defendeu esa restitución da memoria, así como tamén reivindicou a importancia do debate. Unha relevancia que outros grupos municipais negaron, co argumento de que estes temas non son os que preocupan a cidadanía. Iván Rivas, o portavoz nacionalista, veu dicer que se non tivese importancia non teríamos visto chíos alusivos ao asunto como o do portavoz de Cs, Juan Carlos Girauta. Cs e o PP basearon o seu \"non apoio\" co argumento de que esta moción é unha provocación e que o único que anima o grupo municipal que a promove, o BNG, é o seu \"sentimento anti-español\" sectario. Alegaron tamén que xa existe unha Porta Nova, dentro do bairro do Inferniño e que leva ese nome de cando se colocou, non hai moitos anos, na Avenida das Pías un monumento a esa \"porta nova\" que estaba colocada varios metros mais alá do que está a actual. A portavoz de Ciudadanos chegou a afirmar que a Praza de España nunca se chamou Porta Nova. Por parte do PSOE, Beatriz Sestayo dixo que se ben polas súas conviccións políticas ou de conciencia podería pedir o cambio de algúns nomes de rúas prefire que a cidade busque outros consensos sobre o traballo, o económico, etc... O portavoz de grupo do goberno de Ferrol en Común, Álvaro Montes, di que o grupo municipal está de acordo na formulación política, mais que está condicionado polo plan administrativo, xa que todo cambio de nome de rúas leva un estudo preliminar por Normalización Lingüística, logo pasaría a Cultura e tería de voltar ao pleno municipal. Que teñen vontade de facer eses cambios, mais teñen tamén unha obrigación administrativa que cumprir. Todos os grupos políticos no comezo das súas intervencións condenaron o ataque ao mural da Fundaçom Artabria. A moción foi rexeitada con 11 votos en contra, 9 votos a favor e 3 abstencións. As e os promotores da iniciativa ficaron relativamente satisfeitos, pois o resultado deixou en evidencia as estimacións da portavoz do PP, quen espetou no pleno que a moción só iría ter un voto a vavor. Nos dias anteriores ao pleno, e segundo puido saber Sermos, houbo algún medio de comunicación que propuxo unha enquisa para saber se os ferroláns consideraban necesario mudar o nome a Praza de España, a votación estivo moi axustada, mais finalmente gañou o si por moi pouca vantaxe. Algo que non saíu a luz, non publicitaron o resultado. En todo caso, a restitución da memoria e a normalización da toponimia (Puentedeume, Molino del Viento, Cuesta de Mella...) continúa a ser materia pendente en Ferrol. Unha cidade que non se recoñece a si mesma, que só vive a través dunha parte da súa historia, non pode loitar coas súas pantasmas. En Ferrol continúan a existir residuos da ditadura como a estatua a Camilo Alonso Vega (Ministro da Gobernación, entre os anos 1957 e 1969) no bairro de Caranza, ou como é a própria placa de inauguración da praza en cuestión."}
{"ID": "NOS_23386", "summary": "Nos chanzos da relación literaria entre Irlanda e Galiza, a figura de Seamus Heaney protagoniza un episodio de especial relevancia, non só pola recepción da súa obra na nosa lingua, senón tamén polo propio recoñecemento que o poeta tiña do noso país, ao seu ver, a primeira terra da \"imaxinación poética\" de Irlanda.", "text": "Nos chanzos da relación literaria entre Irlanda e Galiza, a figura de Seamus Heaney protagoniza un episodio de especial relevancia, non só pola recepción da súa obra na nosa lingua senón tamén polo propio recoñecemento que o poeta tiña do noso país, ao seu ver, a primeira terra da \"imaxinación poética\" de Irlanda. Ferrín dedicoulle \"Estirpe\", a Universidade da Coruña nomeouno Honoris Causa e Xerais inaugurara unha colección coa súa obra. O mundo da literatura galega lamenta de maneira especial a morte do escritor Seamus Heaney e, desde que a noticia se fixo pública, foron varias as mostras de pesar pola desaparición dun Premio Nobel para o que Galiza existía como nación e como universo literario. Deixouno claro cando participou no acto de nomeamento como doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña, cando xa recibira o Nobel, nun discurso no que evocou a Fisterra como unha das palabras claves no seu imaxinario biográfico e sinalou que, desde Irlanda, \"Galiza non é a fin da terra, senón o seu comezo, a primeira terra que atopamos. E Galiza é tamén, até certo punto, a primeira terra da nosa imaxinación poética\". O libro \"Traballo de campo\", na tradución de Vicente Araguas para a nosa lingua, ía inaugurar a colección de poesía Ablativo Absoluto O libro \"Traballo de campo\", na tradución de Vicente Araguas para a nosa lingua, ía inaugurar a colección de poesía Ablativo Absoluto de Xerais en 1996, apenas dous meses despois do acto no que Heaney recibía o Premio Nobel. O tamén escritor Manuel Outeiriño foi o encargado de verquer na nosa lingua a obra teatral \"A cura en Troia\", apenas dous anos antes de que, no 2000 o vínculo con Galiza se estreitase ao ser investido Doutor Honoris Causa pola Coruña. No 1999, a obra de Heaney merecería un lugar destacado no volume antolóxico, \"Poesía irlandesa contemporánea\", de Antonio de Toro Santos, profesor que impulsou o nomeamento do poeta pola Universidade da Coruña. \"Como a nosa Rosalía, Heaney foi un poeta capaz de canxar a vontade de estilo coa estirpe do xenio popular, converténdose nun heroe nacional e nun referente moral\", escribe Manuel Bragado, director de Xerais, selo que lle deu o destaque de inaugurar a súa colección poética. \"Poeta da terra e da experiencia campesiña, inserido na natureza e comprometido co proceso de resistencia da súa comunidade católica no Ulster, Seamus Heaney amosa o papel cívico esencial do poeta para cada unha das súas comunidades, que é o mesmo que dicir para toda a humanidade\", sinala Bragado. O recoñecemento de Ferrín ten moito a ver no acollemento do irlandés no mundo literario galego A dedicatoria de Ferrín Na rede, diversos nomes da literatura galega deixaron nestes días o pesar polo pasamento do escritor irlandés. A poeta María do Cebreiro afirmaba que o seu \"inglés ás veces facía pensar no galego, era unha lingua capaz de furar a terra e de sacar á luz o ouro do río\". Miro Villar, pola súa parte, facíase eco da informacións e da noticia nas primeiras planas da prensa para se preguntar se nalgunha ocasión acontecería iso con algún poeta da Galiza. Tamén Agustín Fernández Paz lamentou a perda do grande poeta e lembrou a calidade da tradución de Araguas naquel libro inicial na colección Ablativo. Mais se algún episodio marca de forma singular a relación de Heaney coa literatura galega é a dedicatoria de \"Estirpe\" (Xerais, 1994) de Xosé Luís Méndez Ferrín. No libro do poeta establécese a comunicación co irlandés, canda dous outros grandes nomes da poesía, Antonio Gamoneda e Derek Walcott. O recoñecemento de Ferrín ten moito a ver, sen dúbida, no acollemento do irlandés no mundo literario galego. \"Eu quixera este libro,/certamente pra el,/ enigmático, / posto na biblioteca/ de Seamus Heney/ alá lonxe no irlandés, / maldito, escuro/ confín das gándaras./ As torgueiras doces e podres/ daquelas fins do mundo/ na occidental República Morta,/ estrada de ósos/, son as nosas raíces comúns: /a miña alma é hoxe o Burren\"."}
{"ID": "NOS_26016", "summary": "O voceiro parlamentar do BNG asegura que existe \"o risco\" de quedar fóra da \"reformulación do Estado\" e por iso a súa formación non pode \"diluírse\" en candidaturas sen \"dimensión de país\".", "text": "Francisco Jorquera, voceiro parlamentar do BNG, asegurou nunha entrevista na Cadena Ser que as eleccións municipais do próximo mes de maio serán semellantes a \"unhas primarias\" das xerais que terán lugar, en principio, en novembro, e nas que o dirixente nacionalista considera \"imprescindíbel\" que Galiza \"obteña representación das súas forzas propias para non perder o tren da reformulación do Estado que está no ambiente, e da que non podemos quedar por detrás de Catalunya e Euskadi, un risco que é real\". \"O BNG ten un proxecto claro, nacionalista, que garante que a política galega non sexa un simple eco do que se fai en Madrid, por iso non cremos que sexa momento para cantonalismos, para candidaturas só locais, non podemos diluírnos en proxectos que non teñen unha dimensión de país, con Galiza no centro\", engadiu Jorquera, que tamén destacou que \"os avatares daqueles grupos que decidiron deixar o Bloque demostran que mantemos a hexemonía dentro do campo nacionalista\". \"Na Cámara vémonos obrigados a poñer no seu sitio a Feijóo, que se pasa seis pobos\", di o nacionalista O voceiro parlamentar do BNG tamén defendeu a \"claridade nas ofertas electorais\", que distinguiu da posibilidade de chegar a acordos \"despois das eleccións coas forzas coas que poida existir unha coincidencia no programa\", segundo dixo após ser preguntado pola posibilidade de pactos con Podemos. Por último, Jorquera tamén manifestou que \"Feijóo se pasa seis pobos\" nas súas actuacións no Parlamento, o que obriga a \"ter que pararlle os pés para facerse respectar\". \"Temos que poñelo no seu sitio\", afirmou en relación ao tenso ambiente que se vive na Cámara galega."}
{"ID": "NOS_27935", "summary": "\"A lúa da colleita\" de Anxos Sumai é a obra gañadora da XXV edición do Premio García Barros que se fallou no concello da Estrada.", "text": "A escritora Anxos Sumai aborda en \"A lúa da colleita\" a \"cuestión de identidade e a maneira de percibir a realidade que pode xerar incertezas, é dicir, dúas persoas poden interpretar un episodio de distinta maneira\". A pouco de saber que a súa nova novela é a gañadora do García Barros, Anxos Sumai prefire non desvelar o contido do libro que proximamente editará Galaxia. \"Trátase dunha novela especial, de grande tensión narrativa\" coméntanos, despois de anotar o grande esforzo que lle supuxo a escrita desta nova obra. \"Transcorre nunha praia e é unha novela chea de luz, co mes de agosto e a Ría de Arousa como marco, na desenvocadura dun río. Está chea de sombras personais\" afirma a escritora, feliz por un novo recoñecemento que se incorpora a súa sólida carreira narrativa. Literatura como evocación Nese feixe de títulos que marcan a traxectoria literaria de Anxos Sumai, \"A lúa da colleita\" supón para a autora \"unha continuidade\", a seguir coa súa vontade de se situar na fronteira, nas distintas fronteiras. \"No inicio foi nos límites da realidade e a ficción, logo na propia familia e agora na percepción, cando o propio corpo crea limitacións ou aperturas á vida. Aí está o xogo, a evolución, explorando no mesmo territorio\" explica Anxos Sumai. En canto ao oficio da escrita, a autora afronta nesta nova obra, unha \"forma de narrar máis descritiva, máis pausada e reflexiva, recreándose nos detalles e na importancia da literatura como evocación\". O xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo Cuba, Luis Alonso Girgado, Carlos González de Lema Malvar e Carlos Loureiro Rodríguez, destacou que se trata dunha novela \"na que destaca o elaborado traballo de caracterización dos personaxes, nunha historia onde o cuestionamento da identidade e a alteridade se vencella coa memoria e o pasar do tempo. A trama propón fortes doses de intriga, simbolismo e unha arquitectura perfecta, de linguaxe moi visual, que arrastra os personaxes a finais inesperados, pero de implacable lóxica. Todo este mundo, moi cambiante, e recreado a través dunha prosa límpida, da depuración extrema que flúe limpa e imparablemente.\""}
{"ID": "NOS_4432", "summary": "A elección do cadro de persoal para escoller membros do comité rematou con 21 delegados de SIT-FSI, catro de UXT, tres de CUT, e tres de CCOO. A CIG non conseguiu representación.", "text": "O cadro de persoal de Stellantis Vigo antiga PSA-Citröen, elixiu entre esta quinta e esta sexta feira o seu novo comité de empresa. Pontón reclama colaboración para que Stellantis participe do Perte O resultado final indica que o Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) ampliou a súa maioría, alcanzando 21 representantes e o 64% dos votos. Con estes datos, o SIT-FSI mellora os seus resultados con respecto ao anterior comité, onde tiña 20 delegados de 33 integrantes. Nesta ocasión, elixíronse 31 representantes, xa que o persoal diminuíu en algo máis de 300 empregados. A elección do cadro de persoal para escoller membros do comité derivaba 27 foron para o Colexio de Especialistas e non Cualificados e catro para o de técnicos e administrativos. O sindicato independente obtivo 2.908 votos mentres que UXT colleitou 711. En terceiro lugar quedou a CUT (500 votos) seguido de CCOO (475 votos). A CIG recolleu 240 apoios. Stellantis rexistra dous proxectos ao Perte de vehículos eléctricos, un deles apoiado pola planta de Vigo Ademais dos 21 representantes de SIT-FSI, o novo comité escollido esta semana contará con catro delegados de UXT -14,36% dos votos-, tres de CUT -8,72 por cento- e tres de CCOO -8,45 por cento dos votos-. Desta vez a CIG non conseguiu o 5% para poder contar con representación. Tras as últimas eleccións, realizadas en outubro de 2018, o comité de empresa quedou formado por 20 delegados do Sindicato Independente de Traballadores (SIT), 4 delegados de UXT, 4 delegados da CUT, 3 delegados de CC.OO. e 2 delegados da CIG."}
{"ID": "NOS_7125", "summary": "O novo xacemento arqueolóxico de Barreiros precisaría ser escavado para confirmar a precensa dunha sauna. Trataríase da sétima catalogada na Galiza.", "text": "As asociacións culturais Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo veñen de descubrir un novo castro no lugar da Maradona, parroquia de San Xusto de Cabarcos no Concello de Barreiros, na Mariña. Este novo espazo arqueolóxico foi localizado tras a corta duns eucaliptos, que ocultaban o xacemento. O castro está situado nun esporón rochoso a modo de península, entre o río Masma e o rego Puxigo. No istmo desta porción de terra, sinalan os colectivos patrimoniais, achouse \"un impresionante foxo picado na rocha que se converte en foxo dobre na metade do seu traxecto\". Sauna castrexa No interior do castro, os descubridores identificaron unha edificación parcialmente desenterrada na entrada, na que se pode ver un muro recto duns tres metros que remata nunha cabeceira semicircular. \"Esta edificación semella que conserva o arranque dunha falsa bóveda construída por aproximación de fiadas. Tanto polas características desta construción como pola súa localización podería tratarse dunha sauna castrexa\", aseguran. Na Galiza só se coñecen as saunas castrexas de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), Borneiro (Bergantiños), Espasante (Ortigueira), O Sarridal (Cedeira), Castañoso (A Fonsagrada) e a da Atalaia (Cervo). Así, de se confirmar como sauna a edificación do castro da Maradona, sería a sétima descrita no territorio. Tras a descuberta deste novo xacemento en Barreiros, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo informaron ao Servizo de Arqueoloxía de Santiago de Compostela do seu achado, unha vez confirmaron que non figuraba no Catálogo de Bens Patrimoniais. Protección Doutra banda, ante a posibilidade de que os labores de repoboación que poidan iniciar na zona afecten o xacemento, ambos os colectivos solicitaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural \"as medidas necesarias para protexer este ben patrimonial\", que delegou nos servizos de Vixilancia e Patrimonio de Lugo. Con todo, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo acordaron unha entrevista coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, para informar a Administración local da descuberta do novo xacemento. As xestións iniciadas pola rexedora facilitaron a visita dun arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía de Santiago que, após inspeccionar o xacemento, confirmou a existencia do castro e sinalou que a necesidade dunha escavación para asegurar a presenza da sauna castrexa."}
{"ID": "NOS_47169", "summary": "Con Estefanía Mosquera Castro debullamos a unidade didáctica que propón o emprego do código lingüístico das sms ou dos whatsapp para enriquecer as aulas de lingua e literatura.", "text": "Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS. É o título do volume en que a investigadora da Universidade da Coruña Estefanía Mosquera Castro explora as posibilidades dos novos códigos lingüísticos que nacen da man das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A expresividade e a identificación co alumnado son os segredos para que estas novas formas de expresión axuden nas aulas de lingua, xogando a rachar cos xéneros, xogando até coa ironía. O volume, que quedou finalista no premio internacional Educared no ano 2011, preséntase no Festigal o 25 de Xullo ás 16h, e está á venda na loxa de Sermos Galiza. O que propón é empregar os novos códigos lingüísticos para o ensino das linguas? Si, sería algo así. Utilizar os novos códigos que atopamos nas redes sociais ou nas mensaxes de móbil, por exemplo, para que o alumnado vexa que o que aprende ten moita relación co que fai fóra da aula. Aliás, trataríase tamén de estudar estas novas formas de comunicación como os chats ou os correos electrónicos, igual que antes se estudan as cartas ou os telegramas. Porén, non é certo que a linguaxe que empregamos nas sms ten un efecto nas nosas competencias lingüísticas, favorecendo unha escrita máis pobre? Non. Esa é unha percepción moi espallada, mais non é real. Na experiencia que nós tivemos, ao poñer en práctica os contidos desta unidade didáctica nun centro escolar, foi que o dominio dos novos códigos lingüísticos favorecidos polas TIC [tecnoloxías da información e da comunicación] non suscitaba ningún tipo de problema en relación ás competencias lingüísticas do alumnado. É dicir, hai quen escribe con faltas de ortografía ou non coloca os acentos gráficos, mais esa tendencia non ten nada a ver coa linguaxe sms. De feito, eu non creo que a das sms ou a das redes sociais sexa unha lingua mala ou de menor calidade; só está adaptada ao contexto tecnolóxico. Hai novelas que incorporan as sms como elemento dentro do relato. Agora mesmo vénseme á cabeza O coitelo de novembro, de Marilar Aleixandre. Coñece algunha que estea escrita integramente en linguaxe sms? Si, este novo código aparece como soporte na trama argumental da novela do mesmo xeito que noutras se incluíron fragmentos de cartas. Na literatura anglófona e tamén aquí, en 2010, si que houbo un concurso de mensaxes de Nadal que debían estar redactadas como sms. \"Do que se trata é de que o alumnado vexa como o que aprende na aula sobre lingua é o mesmo que practica fóra dela\" Esperta entón a nosa creatividade? Si, permite opcións moi creativas. Hai tamén un escritor finlandés que redactou toda a súa novela coa linguaxe das sms [The last messages, de Hannu Luntiala] porque o contido do relato propiciaba o uso deste tipo de código. O argumento trata sobre un executivo das TIC quen renuncia ao seu traballo e se dedica a viaxar por varios países de Europa e da India mantendo o contacto cos achegados mediante mensaxes curtas de móbil. É moi atractiva para o leitor porque deixa ocos en branco que deben ser enchidos por el. E non se perde nesa linguaxe a expresividade da comunicación oral? De feito, boa parte das características das sms son precisamente para emular a linguaxe oral. Os emoticonos son un bo exemplo, ou o uso excesivo de signos de admiración ou dos maiúsculos para enfatizar o que estamos a dicir. Eu usei as sms como exemplo porque foi o primeiro código, mais as características son as mesmas para a linguaxe de Facebook, por exemplo, pola rapidez e a inmediatez. Dixo antes que esta nova linguaxe nos facía máis creativ@s. Fainos tamén máis atrevid@s? Tamén! Facilita moito a expresión de sentimentos que á cara non nos atrevemos a dicir. Linlle nunha entrevista esta fin de semana ao profesor Manuel Gago que por whatsapp é máis doado dicir 'Quérote'. É iso mesmo. A unidade didáctica foi posta a proba nun centro de ensino na Galiza. Cal foi o resultado? Tivo moi boa acollida. Fixemos unha proba a través de textos poéticos. O alumnado tiña que os 'transcribir' a linguaxe sms e mandalos a un compañeiro da aula, coma se fose o xogo do amigo invisíbel. Gostaron moito. E o profesorado? Era un algo excéptico e tiña certas reticencias, as mesmas das que falamos antes e que afectan á populación en xeral. Porén, cando foron vendo como as abreviaturas están presentes xa nos primeiros textos escritos e que non é en realidade nada novidoso, que as mensaxes tan apocalípticas non son reais, entón gozaron tamén e comprometéronse a seguir empregando este novo código en leccións puntuais, cando o contido se adapte a eles. Do que se trata é de que o alumnado vexa como o que aprende na aula sobre lingua é o mesmo que practica fóra dela."}
{"ID": "NOS_16981", "summary": "O alcalde anuncia que a vindeira segunda feira a empresa Tragsa comezará a recoller residuos dos 'puntos de risco sanitario' e a facer cobertura de servizos mínimos.", "text": "O alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta sexta feria a intervención temporal da concesión do servizo de lixo da cidade, unha vez superado o mes de folga por parte dos traballadores de Urbaser. Segundo Europa Press, o rexedor lucense informou que xa para a vindeira segunda feira está previsto que a empresa Tragsa comece a recoller residuos dos 'puntos de risco sanitario' e a facer cobertura de servizos mínimos, así como o que indiquen os técnicos da Casa do Concello. Orozco referiuse o que cualificou de \"cambio de escenario\" como o detonante desta decisión, após que racharan as negociacións esta quinta feira entre traballadores e a dirección da concesionaria da limpeza. \"Xa estivemos en contacto con Tragsa para que unha vez intervida a empresa faga o traballo que se está deixando defacer na cidade, no que se refire á limpeza das rúas, o cumprimento exquisito e estricto das alarmas sanitarias, e o cumprimento dos servizos mínimos decretados polo Concello\", sinalou Orozco. O alcalde quixo aclarar que non se estaba a falar dunha \"rescisión\" do contrato senon dunha \"intervención temporal\" até que se resolva o conflito. Orozco tamén aclarou que Tragsa para o desenvolvemento das tarefas non vai empregar os de Urbaser, \"mais terá os medios necesarios\". O BNG xa solicitou unha reunión da xunta de portavoces urxente para o alcaldea dea as explicaciñons sobre esta medida. O alcalde mantén unha reunión con representantes dos traballadores, xuntanza que deu comezo unha vez feito o anuncio de intervención polo rexedor da cidade."}
{"ID": "NOS_4826", "summary": "O PP carga contra o Goberno español por ter autorizado a mobilización anti máscaras", "text": "O delegado do Goberno español na Comunidade de Madrid, José Manuel Franco, asegurou nunha entrevista en televisión que xa se contabilizou unha trintena de denuncias \"até o momento\" por mor da manifestación acontecida na Praza de Colón de Madrid en que cidadáns se mobilizaron sen máscaras e sen manter distancias. O obxectivo da cita era potestar polas medidas de protección obrigatorias ante o virus e negar a existencia do mesmo. \"Sancionarase coa máxima dureza permitida pola lei o incumprimento do uso da máscara na concentración\", asegurou con rotundidade esta segunda feira, 17 de agosto, o delegado do Goberno. Haberá que \"estudar caso por caso\", engadiu Franco, para determinar o custo da multa atendendo a se houbo incumprimento da norma ou desobediencia. \"Non só van ser 30 casos, imos investigar por todos os medios legais ao noso alcance algúns casos máis que se poidan tipificar e ser sancionados\", concluíu. Con todo, Franco dixo que ter disolto a manifestación tería sido peor, con \"centos de persoas pululando descontroladas\" polas rúas da capital española. \"Os casos flagrantes de ausencia de máscara foron no centro da concentración\", sinalou Franco, para valorar que de disolverse a convocatoria, eses compoñentes teríanse dispersado pola cidade. Así mesmo, o delegado do Goberno quixo insistir en que previamente á realización da mobilización non había \"motivos obxectivos\" para prohibir a convocatoria. Ao ser preguntado publicamente se autorizará unha nova manifestación promovida polas mesmas entidades convocantes, o delegado garantiu que \"se eses señores volven tentalo, non o van conseguir\". O Partido Popular cargou contra o PSOE e o delegado do Goberno por ter precisamente autorizado a manifestación anti máscaras. O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida (PP), pediu a José Manuel Franco \"que non se faga o indignado\" co acontecido na manifestación da Praza de Colón, \"xa que é el quen ten as competencias para evitala\".\"Parece razoábel pensar que nunha concentración que pide non usar máscaras, non levarán máscaras nesa concentración. O que un non pode facer é trampas. A Delegación non pode mostrar a súa indignación tendo competencias para tratar de evitar o que se produciu\", expresou o rexedor madrileño."}
{"ID": "NOS_55268", "summary": "Gorka Gómez reafirma o compromiso do ente", "text": "O deputado de Deportes de Pontevedra, Gorka Gómez, mantivo durante a xornada de onte sete xuntanzas telemáticas con máis dun cento de clubs de diferentes modalidades nas que lles trasladou o seu \"apoio nesta situación tan complicada\" e o seu \"compromiso\" en axilizar a tramitación de todas as subvencións \"para que poidan cobrar en moi pouco tempo desde que presenten as xustificacións\". En total, Gómez reuniuse virtualmente con 136 equipos, 20 de balonmán e baloncesto, 24 de fútbol e fútbol sala, 11 de ciclismo, 27 de piragüismo e 25 equipos de vela e remo, ademais de con 14 clubes de elite e 15 que compiten noutras modalidades de ámbito estatal como son o atletismo, o bádminton, o béisbol, os bolos, o rugby, o taekwondo, a natación, o voleibol e a ximnasia rítmica. O deputado de Deportes explicou logo das devanditas xuntanzas que \"moitos clubes están a ter problemas de liquidez por mor da perda de ingresos, polo que hoxe lanzamos unha mensaxe de que, no que atinxe ás subvencións da Deputación, poden contar con nós, pois non só mantemos as axudas, senón que as incrementamos e, ademais, imos pagalas antes\". A este respecto, o ente provincial informou de que durante 2021 o monte total destinado ás subvencións deportivas pasarán de 1.917.500 a 2.028.000 euros, o que representa un aumento de 6%. En canto aos prazos, o seu obxectivo é \"que todas as axudas estean transferidas e ingresadas nas contas dos clubes en poucos días desde que presenten as xustificacións de gastos requiridas nas diferentes convocatorias\". Dúas liñas de axudas A Deputación de Pontevedra estrutura as subvencións para o deporte en dúas grandes liñas, formadas polas axudas nominativas aos clubes de elite, que compiten nas máximas categorías estatais, e as subvencións en concorrencia competitiva, que se dividen, á súa vez, en tres grandes grupos: os equipos que compiten en categorías estatais; os deportes náuticos; e o apoio aos 600 equipos que non están en competicións regulares, pero participan en eventos deportivos. Ademais, tamén destina 325.000 euros ás bolsas DepoDan e DepoPromesas para deportistas de elite, unha partida \"que subiu en 8,3%\"."}
{"ID": "PRAZA_5674", "summary": "O Museo do Humor de Fene, único deste tipo en Galicia, celebra neste 2014 os seus 30 anos de historia. Naceu co impulso de Siro López e Xaquín Marín, que o dirixiu até a súa xubilación en 2008, e reúne materiais dos grandes nomes do xénero de Galicia e do resto do Estado.", "text": "\"O humorismo é unha das cualidades distintivas do espírito galego, aínda que o esquenzamos decote\". Así comezaba, citando a Ramón Piñeiro, o Manifesto en Defensa do Humor redactado en 1983 por Siro López e Xaquín Marín para acompañar unha mostra de humor gráfico que percorreu o país, un texto que facía un chamamento a medios de comunicación, editoriais, críticos e institucións para valorar o humor, e sobre todo o humor galego, na medida merecida e a \"participar na tarefa de dignificación do xénero\". Daquela mostra itinerante e daquel manifesto naceu en novembro de 1984 o Museo do Humor de Fene, concello que recolleu a demanda lanzada polos dous humoristas. O museo converteuse no primeiro do seu xenero en Galicia, e un dos poucos no mundo. Durante anos, baixo a dirección de Xaquín Marín, acolleu charlas, exposicións e unha mostra permanente con obras dos mellores autores galegos e españois, e tamén doutros países: Castelao, Maside, Seoane, Mingote, Dick Browne, Gila, Edgar Neville, Chumy-Chúmez, Máximo, Peridis, Gallego & Rey, Serafín, Pablo, Kim, Oscar, Idígoras & Pachi, M. Hernández, Dela Nuez, Fiddy, O´Sekoer, Cunha Díaz, Kazanevsky, Mort Walker, Dachuan Xia, M. Pohle, Harca, Garrincha, Pena Pai, Petkov, De Angelis, Effat... Tamén foi construíndo unha biblioteca, videoteca e fonoteca especializadas, e convocou os premios O Humor na escola e Curuxa, ademais de editar a revista Sapoconcho. Neste 2014 o museo celebra o seu 30 aniversario, e o Concello de Fene vén de iniciar unha programación especial de actividades para celebralo, baixo o lema \"As risas son boas\". Este pasado domingo proxectouse o documental Radiografía dun autor de tebeos de Marcos Nine (Premio Mestre Mateo ao mellor documental en 2011). No filme, David Rubín plasma nunha historieta como se sente no momento en que a súa vida está a ser gravada para un documental. E, de feito, os asistentes á proxección foron agasallados co álbum Uxío Novoneyra: A voz herdada, de Kike Benlloch e David Rubín. O resto da programación inclúe a participación, entre outros, de Manuel Manquiña, Isabel Risco ou Evaristo Calvo, e exposicións de caricaturas de debuxantes galegos coma O Carrabouxo ou Pinto. Naquel manifesto iniciático Siro López e Xaquín Marín buscaban que o humorismo dos galegos e galegas, tan presente na vida de todos os habitantes do país, fose recoñecido e elavado a unha categoría maior, a unha maior dignificación e recoñecemento, mesmo ao nivel dunha industria e dun símbolo de identidade. Dicían: \"Neste país que ten o humor como arma defensiva. Que deu os únicos 'humoristas' das letras españolas. No que os humoristas anónimos xorden como cogumelos para crearen as máis gaioleiras pantasías de Santas Compañas, Estadeas, Aquelarres, Lobishomes e Meigas Chuchonas. Onde o sorriso intelixente é un esperanto entre as xentes de boa vontade. No que aínda sabemos sorrir 'a pesares de...'. Neste país noso de cada día temos de ser máis os 'humoristas' de 'carné' e máis ricaz o noso labor\". Abofé que o Museo do Humor de Fene cumpriu estes obxectivos nos seus primeiros trinta anos de historia, a pesar de non ter contado con apoios de peso, máis aló da xestión realizada dende o Concello. Nunha entrevista a Xaquín Marín, publicada por Vieiros en 2008, no momento da súa xubilación, o debuxante sinalaba que \"creamos o Museo do Humor porque coidabamos que o humor galego se estaba perdendo\" e laiábase de que \"en realidade estase perdendo todo o humor\". Nese senso, subliñaba que \"o humor estase globalizando, como todo. O problema é que gran parte da identidade galega procedía da vida agraria, que se está perdendo, e moita xente non quere saber nada da identidade galega ou do humor galego. Pero como vai haber humor galego se nos están bombardeando todo o día na televisión cos Morancos?\", dicía. De igual xeito, destacaba que \"hai moitos e moi bos debuxantes; entrou moita xente nova con moi boa técnica\". Porén, queixábase de que \"utilizan un humor que ten moi pouco de galego. Cando se utiliza o humor galego moitas veces úsase mal, recorrendo á chabacanería, ao máis simple\". Manifesto en defensa do humor (Siro López e Xaquín Marín, 1983), publicado na revista Ferrol Análisis (.pdf)"}
{"ID": "NOS_2419", "summary": "Máis unha vez Ricardo Carvalho Calero non será protagonista do Día das Letras Galegas. Impúxose ao autor de Scórpio Antón Fraguas, historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que foi membro de entidades culturais como o Seminario de Estudos Galego e de institucións como a propia Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega. Foi director do Museo do Pobo Galego.", "text": "O plenario da Real Academia Galega que este sábado decidía entre Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero a figura homenaxeada co Día das Letras 2019 rematou sen sorpresas: o \"galego popular\" do de Cotobade impúxose ao reintegracionismo do ferrolán. Precisamente, o \"galego popular\" foi salientado pola Academia na rolda de imprensa en que se anunciaba o resultado e que tivo lugar 30 minutos máis tarde da hora de convocatoria. Amais diso, púxose de manifesto o seu labor como estudoso da cultura galega, a recuperación da voz do pobo a través do seu traballo de investigación e a súa actividade \"como escritor e falador en galego\". En palabras de Víctor Freixanes, presidente da RAG, \"a Academia este ano escolleu a reivindicación da memoria popular, da cultura e a lingua do pobo, que se fala desde abaixo\". Caracterizou Antón Fraguas como \"unha das persoas que máis tempo dedicou a recoller, sistematizar e coñecer esa riqueza que foi onde a lingua resistiu durante séculos\". Biografía Destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo, Antón Fraguas naceu na parroquia de Loureiro (Cerdedo-Cotobade) en 1905. Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos –sería un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos no Instituto de Estudos Galego Padre Sarmiento-, como etnógrafo encetou o estudo dos costumes ao redor do entroido galego. \"A biografía de Antón Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX\", indica a Academia nun comunicado de imprensa. Licenciouse en 1928 e un ano após iniciábase na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado de 1936 foi represaliado e depurado do seu posto de traballo. Tivo que desenvolver o seu labor como docente no ensino privado até que en 1950 recuperou a cátedra de instituto e puido doutorarse. Fíxoo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o Colexio Fonseca. Xubilouse en 1975 no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro de Compostela). En 1956 ingresou na RAG, onde ocupou a cadeira que pertencera a Castelao, co discurso Coplas, sobre as ruadas que se cantaban en Loureiro de Cotobade. A divulgación das cantigas no seu labor investigador foi outra das características salientadas pola Academia durante a conferencia de imprensa na rúa Tabernas. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, que en 1975 pasou a denominarse Museo do Pobo Galego. Tamén coordinou a sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega e foi membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias; correspondente da Real Academia de la Historia; da Associação dos Arqueólogos Portugueses e da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outros organismos. Amais de ser recoñecido co Pedrón de Ouro en 1984 e coa Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego no mesmo ano, obtivo o Premio Trasalba en 1985; a Medalla Castelao e o Premio Otero Pedrayo. Tamén foi Premio das Artes e das Letras de Galiza, entre outros galardóns colleitados. O próximo ano fanse 20 anos do seu pasamento. Na nota de imprensa, a RAG tamén expón que \"nos tempos de mocidade publicou con asiduidade en Nós e A Nosa Terra\". \"Comezaba unha obra, ampla e curiosa, con máis de trescentos libros e artigos de revistas, ademais de incontables anacos de xornais, nos que Galiza era o seu motivo esencial\". Tamén subliña que escribiu sobre xeografía, \"cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao\". Dous finalistas O 29 de xuño a Real Academia Galega informaba mediante un comunicado de imprensa que elixiría entre Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero a figura recoñecida coa xornada grande das nosas letras. Con Fraguas xa son 55 os homes homenaxeados co Día das Letras Galegas fronte a tan só catro mulleres (Rosalía de Castro; Francisca Herrera; María Mariño e María Victoria Moreno). Segundo puido saber Sermos Galiza, a candidatura de Fraguas foi impulsada polos numerarios Andrés Queiruga, Francisco Díaz-Fierros, Pegerto Saavedra e Salvador García Bodaño. A de Carvalho Calero, por Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, Manuel González, Chus Pato, Manuel Rivas Barrós, Xosé Luís Regueira e Euloxio Ruibal. Carvalho Calero, o eterno candidato Por sétima vez, o autor de Scórpio era elixido entre as persoas finalistas para ser protagonista do próximo Día das Letras. Téñense creado comisións populares de impulso á figura de Carvalho Calero ao respecto. \"Sen desmerecer a ninguén, é tempo abondo de que sexan recoñecidos ao fin os grandes méritos do profesor Carvalho Calero por unha academia na que ingresara o 17 de maio do 1958\", sinalaba a comisión que impulsou a candidatura no ano 2016, \"somos teimudos\", engadía, \"máis de 26 anos andados do seu pasamento, non pode continuar, en xustiza, unha das ausencias máis clamorosas e inxustas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país\". Este ano a candidatura do profesor ferrolán contaba co apoio de entidades como a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. A asociación dirixiuse o 4 de xullo á academia para que \"salde unha débeda de tantos anos con tan ilustre galego\" e para dedicar o Día das Letras 2019 a Carvalho Calero, pois \"de facelo así moitas serán as persoas e asociacións que ao longo do país celebrariamos esta decisión\". A Sociedade Cultural Medulio é outra das entidades culturais de base que teñen loitado por recoñecer a figura de Carvalho Calero. Precisamente, foi a primeira en organizar en 1982 unha homenaxe nacional ao autor en recoñecemento do valor intelectual e estético da súa obra e pola dignidade da súa conduta, que o condenou \"ao ostracismo\" por parte das institucións culturais oficiais, en palabras da asociación. Medulio ten denunciado publicamente \"a teimosía destas institucións, especialmente a Real Academia Galega, en manter nese ostracismo a figura e obra de Carvalho Calero polo simple feito de discrepar da política lingüística que tanto dano fixo e está a facer á nosa lingua e por manter unha actitude crítica respecto do réxime instaurado en 1978\", pois o intelectual entendía que non respondía a \"un modelo democrático xenuíno\" e que non daba resposta ás necesidades do pobo galego. Tamén se ten pronunciado na mesma liña a Fundación Artábria. Nun recente chío en Twitter, salienta que \"após anos de despreço Carvalho Calero nom precisa do reconhecimento da Academia Galega, cuja altura inteletual e compromisso ficam muito aquém do que caraterizou a vida do velho professor, o coerente inteletual ferrolano, galego e universal\". Este ano tamén se posicionou a favor de Carvalho Calero como protagonista do Día das Letras de Galegas o PSOE de Ferrol, que emitiu un comunicado de imprensa no que lembra as mocións presentadas por unanimidade no concello para que a RAG homenaxee quen foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na USC. Tamén o BNG, que cada ano realiza actos de conmemoración da figura de Carvalho Calero, ten reclamado en numerosas ocasións o recoñecemento ao intelectual co Día das Letras. Na cidade de Ferrol proliferan cada ano numerosas lembranzas a Carvalho Calero. [As imaxes que ilustran o interior do texto son de @tawil e de @xmtorne]"}
{"ID": "PRAZA_16351", "summary": "Cunhas administracións públicas que apostan pola austeridade fiscal, a precariedade laboral e o deterioro das funcións públicas de benestar e cun sector privado no que mingua a negociación colectiva e practicamente se desploma a demanda, o impacto negativo sobre o emprego está mais que asegurado.", "text": "Hai unha coincidencia xeral en que a EPA (INE) aínda que non resulta perfecta, pois ten notables fallos, é a mellor fonte estatística sobre o mercado laboral de España e, xa que logo, de Galiza. Ten fallos evidentes, como, por caso na consideración de persoa empregada (basta con que se traballe 1 hora a semana), nembargante é a mais fiable. Por esta razón vouna utilizar para fundamentar a miña opinión sobre o mercado laboral de Galiza. A última EPA (4º trimestre do 2017) recollía estes datos básicos relativos ao emprego en Galiza: 1.237.900 activos, 1.055.800 empregados e 182.100 parados. Esa mesma fonte recollera que no comezo da grande recesión (EPA 4º trimestre do 2008) a situación do emprego en Galiza era a seguinte: 1.324.100 activos, 1.195.100 empregados e 129.000 parados. Comparando os dous períodos atopámonos con que Galiza nesta década –ocupada case toda ela pola grande recesión- perdeu polo camiño 86.200 activos e 139.300 empregos e gañou 53.100 desempregos. A pesar de levar tres anos seguidos de crecemento do PIB, Galiza non recuperou aínda a situación laboral –activos, empregos, parados- que tiña antes de que estourara a crise financeira que dou paso a grande recesión económica. Non a recuperou e parece que tardará tempo en logralo: a pesar da perda de activos o desemprego medrou froito da debilidade do propio mercado laboral como subliña a elevada perda de empregos. Unha debilidade que queda ben reflectida nos seguintes indicadores: baixas taxas de actividade (53%) e de ocupación (45,2%) pero elevada de paro (14,7%). Comparémolos coas medias españolas: taxas de actividade (58,8%), de ocupación (49,1%) e de paro (16,5%). A pesares dunhas menores actividade (-5,8%) e ocupación (-3,9%) o paro mantense igualmente en valores elevados (-1,8%). Finalmente, e neste repaso dos principais indicadores do mercado laboral galego cabe destacar que ao mesmo tempo dispáranse os contratos temporais e hai unha importante caída do salario real medio. Dinámicas que se viron favorecidas polas sucesivas reformas laborais neoliberais (2010, 2011 e 2012) aplicadas durante a grande recesión. Que está pasando realmente no mercado laboral de Galiza?: que a demanda non cobre a oferta –problema sistémico da economía galega-. O mercado laboral de Galiza, como tódolos mercados laborais, pon en evidencia a falsidade da teses neoliberais, mercados eficientes e condutas racionais, quen defenden que a oferta e a demanda do traballo, como as de calquera outra mercancía, tenden automaticamente a equilibrarse, punto do pleno emprego, e que si, por caso, iso non sucede débese a que existe un problema na oferta –os traballadores desempregados non queren aceptar o salario de equilibrio-. Noutras palabras: que se hai desemprego a culpa é dos traballadores desempregados por non aceptar traballar polos salarios que se lles ofrecen (salario de equilibrio) que garantan o pleno emprego. Velaí a necesidade, segundo estes gurús do neoliberalismo, de flexibilizar o mercado laboral para garantir que os salarios se adaptan –baixan- ao mercado. Claro que si acudimos de novo as estatísticas e esta vez as que nos ofrece o SPE (Servizo Público de Emprego), que recollen as modalidades de contratación, as citadas teses quedan, unha vez mais, en evidencia. En Galiza multiplícanse exponencialmente os contratos (9.000 mais so no mes de xaneiro) sen poder por iso impedir que medre o desemprego (12.000 empregos menos). A pesares da forte caída dos salarios reais (un 3% en termos medios reais pero que se dispara a un 12% no caso dos salarios mais baixos) e o fortísimo incremento dos empregos precarios (mais de un terzo dos novos contratos teñen unha duración inferior a unha semana e duplícanse os contratos a tempo parcial) o desemprego segue en niveis moi elevados (14,7%). Evidencias empíricas que confirman a falsidade das teses neoliberais: non é que os traballadores rexeiten os salarios ofertados senón que a demanda non cobre a oferta como se pode ver, por caso, na caída do número de horas traballadas (4.450.000 horas menos ao mes en relación a cando estourou a crise: unha media equivalente a 5,3 horas menos por asalariado). Por que sucede isto? Se nos centramos no emprego asalariado e atendemos as cifras oficiais vemos como a caída do emprego afecta tanto ao sector público (15% dos empregos perdidos durante a grande recesión) como ao sector privado (85%). Importantes estes datos por dúas razóns: 1. Galiza é, de seu, unha comunidade con unha moi baixa ocupación (49,1%) polo que precisa dun potente sector público para que tire da mesma. 2. Pero Galiza é unha comunidade na que o peso do emprego público é tamén moi baixo (o emprego asalariado público apenas ocupa ao 15% da poboación activa galega) por mor, entre outras razóns, do deficitario estado de benestar (en Galiza o persoal asalariado nas funcións públicas de benestar apeas supón o 12,1% do total asalariado e/ou o 8,2% dos activos). Hai, xa que logo, unha primeira conclusión evidente: os poderes públicos –tanto a Xunta de Galiza como o Goberno de España- contribúen directamente, coas súas políticas austericidas, a perda de empregos e, xa que logo, a baixa ocupación en Galiza. Velaí, por caso, que co gallo dos recortes o número de empregos perdidos en Galiza nas funcións publicas de benestar superou a cifra dos 5.000 (Datos recollidos dos Boletíns Estatísticos do persoal ao Servizo das AAPP) a pesares da enorme precarización –flexibilización- introducida no sector público galego (a taxa de temporalidade no sector público galego ronda o 25%). Unha practica que o propio Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera ilegal. Perda de empregos públicos aos que hai que sumar os habidos no sector privado e que foron maioría (85%). Para entender esta perda de empregos no sector privado hai que ter en conta que o desemprego sole producirse por un desequilibrio entre a demanda e a oferta globais, mais exactamente pola realidade da demanda de bens e servizos cuxa debilidade fai que as empresas non vendan e se non venden nin invisten nin producen, e se non producen non contratan traballadores aínda que os salarios sexan extremadamente baixos, como sucede agora en Galiza. Se analizamos esta década comprobaremos que os empregos diminuíron (-139.300) ao par que caía a demanda agregada (13 puntos en termos reais) e ambos ao tempo que os salarios tamén caían (3% de media). Un período no que, por mor das reformas laborais, hai unha maior debilidade sindical e, xa que logo, unha merma da negociación colectiva (actualmente so o 25% dos traballadores asalariados galegos teñen un convenio con vixencia expresa: a metade en relación ao ano 2008. Unha merma que explica a citada caída dos salarios reais que, nembargante, non foi quen de provocar que aumentaran os empregos. Unha caída dos salarios reais que se acompaña no tempo dunha fortísima caída do investimento privado (-54,5% en termos reais). Importantes evidencias que desmenten as teses neoliberais dominantes sobre o emprego e a súa relación cao desregulación do mercado laboral e cos salarios. Evidencias que camiñan en sentido contrario a esas teses neoliberais. Galiza é un caso de libro: unha parte moi importante das empresas galegas están orientadas preferentemente ao mercado interno polo que as súas vendas dependerán da masa salarial que canto mais reducida sexa mais dificultades terán aquelas xa que diminuirá a demanda global e con ela as súas vendas. Velaí a realidade do mercado laboral galego. Cunhas administracións públicas que apostan pola austeridade fiscal, a precariedade laboral e o deterioro das funcións públicas de benestar e cun sector privado no que mingua a negociación colectiva e practicamente se desploma a demanda, o impacto negativo sobre o emprego está mais que asegurado. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_12967", "summary": "A formación frontista realizará esta quinta feira 25 unha reunión da súa Executiva nacional na cal decidirá unha data nova para a mobilización. Resolveu a suspensión do acto en solidariedade coas vítimas do accidente de tren acontecido en Santiago", "text": "O Bloque vén de decretar a suspensión de todos os actos que tiña previstos para conmemorar o Día da Patria, que inclúen tanto o Festigal como a propia manifestación. A formación frontista realizará esta quinta feira 25 unha reunión da súa Executiva nacional en que se escollerá unha nova data para a mobilización. A decisión tomouse en solidariedade coas vítimas do accidente de tren acontecido no lugar de Angrois, a catro quilómetros de Compostela. Representantes da formación nacionalista, como o portavoz parlamentar Francisco Jorquera ou o portavoz municipal no Concello de Compostela, Rubén Cela, desprazaronse até o lugar do sinistro para interesarse polo estado d@s viaxeir@s."}
{"ID": "PRAZA_7389", "summary": "Un acto cívico homenaxea o histórico galeguista no seu cabodano lembrando o inmenso baleiro que deixou no país.", "text": "E leváronlle as pombas e as mazás a Isaac Díaz Pardo. No cabodano do seu pasamento, o escritor e artista recibiu unha emotiva homenaxe nun acto cívico celebrado no cemiterio de Boisaca e no que unhas vinte persoas encargáronse de lembrar a súa figura, así como os seus compañeiros de xeración. Un deses compañeiros e amigo, Lorenzo Varela, publicara un poema no seu libro Lonxe titulado Compañeiros da miña xeneración mortos ou asasinados. Nel, escribía: \"Gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás\". Volveuse escoitar nunha homenaxe organizada pola Academia Real Díaz Pardo, que de aquí en diante encargarase de difundir a súa obra. Precisamente, Xesús Alonso Montero explicou que esa Academia terá como labor fundamental a de difundir \"a obra, as ideas e o legado\" de Díaz Pardo en todas as súas dimensións. \"a galega, ibérica e europea\". \"Hai que explicar todas estas dimensións para os novos que axiña serán o presente de Galicia\", aclarou. Os intervintes destacaron a figura dun Díaz Pardo que foi \"o motor de grandes causas\" \"Seguimos necesitando a Díaz Pardo\", asegurou Inma López Silva, mentres Martiño Noriega incidiu nesa necesidade dun Díaz pardo que \"xa tiña respostas\" para a situación actual da sociedade. \"Se hai un déficit é un déficit do público\", engadiu o alcalde de Teo. Carme Blanco, David Otero, Luz Pozo ou Xosé Luís Axeitos foron outros dos encargados de lembrar a figura do que xa é un pedazo da historia de Galicia. Este último definiu a Isaac como \"o motor de grandes causas\". Ao tempo, homenaxeouse tamén a Valle Inclán, soterrado tamén en Boisaca, e de cuxo falecemento se cumpren este 5 de xaneiro 77 anos."}
{"ID": "PRAZA_19243", "summary": "A Agadic presenta as novas marcas baixo as que se divulgarán as creacións galegas en oito feiras internacionais durante 2017", "text": "\"Un país de película\". Así é como se presentará o audiovisual galego en oito feiras internacionais durante o ano 2017. O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, en Francia, será a primeira cita da nova imaxe exterior do audiovisual galego, que baixo as marcas Films from Galicia e Shorts from Galicia presenta un catálogo de ata 70 títulos de cinema e televisión, no caso das longametraxes. Xunto a elas, o programa apoiado pola Agadic presenta seis curtas. Tras Clermont-Ferrand as seguintes citas serán tamén en Francia: O MIPTV de Cannes, un dos maiores escaparates de traballos para a televisión, do 3 ao 6 de abril, o Marché du Film, tamén en Cannes, do 11 ao 20 de maio, e mais o MIPCOM, que xunta na cidade francesa profesionais nos contidos de entretemento de todo o mundo entre o 16 e o 19 de outubro. No mes de xuño o destino será La Rochelle, onde se celebra o Sunny Side of the Doc, mercado especializado en documentais, e contra finais de ano as novas marcas galegas promocionaranse en Bos Aires, no Ventana Sur. Os catálogos de longas e curtas baixo a nova marca serán presentados en oito feiras internacionais durante 2017 Films from Galicia e Shorts from Galicia serán tamén protagonistas en Conecta Ficción, o encontro internacional previsto en Santiago entre o 20 e o 23 de xuño. Neste caso a aposta é \"conectar\" contidos de ficción televisiva entre Europa, Sudamérica e os Estados Unidos. Eventos coma estes, indica a Agadic, serven para promocionar as producións propias e tamén para \"estreitar vínculos de coprodución e distribución para os proxectos do audiovisual galego. Por algúns destes circuítos, subliña a axencia pública, pasaron filmes como a exitosa 'Mimosas', de Óliver Laxe, coproducida con profesionais de Marrocos. Tamén foi o caso de 'Feedback' -coproducida cos EUA-, 'A visitante', con Bélxica, 'As troitas cantan ao mencer', con Portugal, 'Buena Vista Australia', que implicou a profesionais galegos, australianos e alemáns, ou 'Día de Mortos', con México e Portugal. Longas O catálogo de Films from Galicia \"estrutúrase en catro grandes bloques\". O primeiro, 'Pics', amosa ata 23 longametraxes de ficción cunha \"elevada porcentaxe de proxectos en avanzada fase de desenvolvemento\" e mais de directores noveis en longas, como Andrés Goteira, Álvaro Fernández-Pulpeiro, Jaione Camborda, Anxos Fazáns ou Xacio Baño. 'Docs' presenta 18 longas documentais rematadas e tres en proxecto e 'Toons' integra seis creacións de animación, entre elas 'Psiconautas', de Alberto Vázquez, que vén de sumar un premio Goya aos seus múltiples recoñecementos. O último apartado, de televisión, presenta 13 obras de ficción e sete programas de entretemento. Curtas Shorts from Galicia está \"dirixida prioritariamente aos programadores\" de festivais especializados en curtas. \"Inclúe información e acceso profesional á visualización dos seis traballos seleccionados para 2017\", explica Agadic. Trátase de 'Montañas ardientes que vomitan fuego' (Helena Girón e Samuel M. Delgado), 'Einstein-Rosen' (Olga Osorio), 'Fajr' (Lois Patiño), 'Homes' (Diana Toucedo) e 'Volver allí' (Lucía Estévez). Xunto a elas figura 'Decorado', pola que Alberto Vázquez tamén vén de ser galardoado nos Goya."}
{"ID": "NOS_37689", "summary": "As primeiras probas terán lugar o domingo 14 de marzo no recinto feiral de Silleda.", "text": "A Xunta renovará os exames de oposicións o próximo mes de marzo con \"todas as garantías\" despois de que as autoridades sanitarias autorizasen a súa celebración seguindo protocolos de actuación para a súa realización con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade. Nun comunicado remitido aos medios, a Consellería de Facenda explicou que as primeiras probas terán lugar o domingo 14 de marzo e terán lugar no recinto da Feira Internacional de Silleda en Pontevedra. En concreto, pola mañá realizarase o exame para o proceso selectivo do grupo A2 de Fisioterapia, no que están convocados 404 aspirantes; e do A2 de Terapia Ocupacional/grupo II Terapeuta ocupacional, con 417 persoas convocadas. A continuación, na quenda de tarde, terán lugar as probas para o grupo A2 de Enfermaría no que están chamados a participar 719 aspirantes. Facenda detallou que os exames serán no recinto feiral de Silleda, con capacidade para 13.600 persoas e con todas as garantías sanitarias e total seguridade, unha vez que as autoridades sanitarias avalan o protocolo Covid para a súa celebración. Os aspirantes deben acudir sos (agás aqueles que necesiten asistencia) e presentaranse á hora indicada na convocatoria, non con antelación. Deberán gardar en todo momento a distancia de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso e o emprego de xel hidroalcohólico para entrar nos pavillóns. Ademais, en cada unha das portas nas que se desenvolvan as probas sinalarase de forma clara os accesos correspondentes, o que permitirá a súa visualización desde o exterior co fin de axilizar a identificación do acceso que corresponda a cada aspirante. Os interesados poderán consultar toda a información relativa ás medidas de seguridade no portal corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion."}
{"ID": "NOS_22807", "summary": "Pablo Sanmartín é responsábel do arquivo municipal do Concello de Teo, un espazo que preserva xoias patrimoniais coas que podemos viaxar desde a historia da Real Fábrica de Papel do Faramello (Ribasar, Rois), a única produción galega de papel durante anos, até a Batalla de Cacheiras (Teo), que o pasado 23 de abril fixo 174 anos. Co confinamento, o traballo de arquiveiro tamén muda substancialmente.", "text": "En que consiste o traballo dun arquiveiro municipal? Desde 2007 son o responsábel do arquivo municipal de Teo. Cando cheguei, tiven que clasificar e organizar toda a documentación que, nalquel momento, estaba a monte, disposta sen ningún criterio desde o punto de vista arquivístico. Ao pouco, adquiríronse instalacións novas e comecei a traballar coa documentación de carácter histórico e administrativo. Neste arquivo conservamos bibliografía que vai desde o mesmo ano de constitución do concello, en 1836. Temos series documentais relacionadas coa poboación, padróns de habitantes, quintas... Á parte de todo este material, no día a día tamén traballamos coa documentación que vai chegando nova, pois é un arquivo aberto que, na actualidade, conta cunhas 5.600 unidades. Ademais, tamén imos atendendo usuarios externos ou internos, investigadores que ao longo do ano veñen facer traballos, cursos, libros, estudos e demais. Por outra banda, o arquivo está moi vinculado ao eido cultural e, de feito, desde aquí tentamos estendernos nese sentido. A semana pasada foi, desde ese punto de vista, unha das máis fortes porque, á parte de ser o Día do Libro, celebrouse a efeméride do acontecemento histórico máis importante do concello de Teo, a Batalla de Cacheiras. A petición dos compañeiros, fixemos unhas pequenas achegas nas redes sociais sobre este acontecemento. Así mesmo, seguiremos facendo algunha aportación máis en maio, polo Día das Letras Galegas. Sobre a Batalla de Cacheiras sacaron unha publicación en liña, de consulta pública. Propuxéronme facer unha pequena colaboración sobre estes feitos históricos para falar un pouco da repercusión que tivo esta batalla. Para o meu ver, quizais sexa o acontecemento histórico máis importante do que agora é o concello de Teo. Sempre digo que, para min, hai dous acontecementos na Galiza que marcaron o devir do país: a Revolución Irmandiña, que sacou un pouco a Galiza do medievo, e a Revolución de 1846, que achegou a modernidade á Galiza. Ambas as dúas foron revoltas que resultaron un fracaso porque os seus promotores perderon a guerra, mais das que xerminaron despois ideas que cambiaron o rumbo da nosa historia. Co gallo disto, ocorréuseme facer unha pequena achega sobre os monumentos que hai, tanto no concello de Teo ou no de Carral, como nas propostas que houbo no seu día en Compostela para facer unha pequena homenaxe a estes que se chamaron heroes da Revolta. Que xoias se poden atopar no arquivo que tutela? Cada investigador ten as súas xoias. Por exemplo, para quen está facendo un traballo de educación é marabilloso poder ver os planos das primeiras escolas de Teo, de finais do século XIX; para quen se interesa polo padrón de habitantes, acceder aos documentos de 1880; tamén poder consultar proxectos de diferentes obras urbanísticas, planos da reforma da ponte medieval de Pontevea... Todos os documentos son xoias. Agora tamén temos unha fototeca con fotografías antigas, máis de 2.000 imaxes... onde cada unha conta unha pequena historia do que pasou en Teo ao longo do século XX. Nun concello de case 20.000 habitantes, unha persoa soa traballando no arquivo pouco pode facer... Con máis recursos, humanos e económicos, poderíaselle dedicar tempo a este labor cultural, que para min é fundamental. Hai moitos concellos na comarca que nin sequera teñen persoal dedicado ao arquivo. Ás veces hai bolsas da Xunta que destinan uns meses, mais non se lles dá continuidade. Tentamos documentar recursos patrimoniais, turísticos, porque para facer rutas, encontros, actividades... é importante botar man do arquivo e sacar á luz ese material. Nese sentido, tamén colaboramos no xornal Teovivo con informacións do arquivo."}
{"ID": "NOS_46262", "summary": "Inés Rey, Ángel Mato e Xosé Sánchez Bugallo.", "text": "Inés Rey foi elixida este domingo nova secretaria local do PSdeG da Coruña. A alcaldesa superou con 63% dos votos á outra candidata, a até agora secretaria xeral, Eva Martínez Acón. Segundo confirmaron fontes socialistas consultadas por Europa Press, Inés Rey obtivo 264 votos dos militantes coruñeses, mentres que Eva Martínez Acón alcanzou 152. Ambas as dúas socialistas, que se abrazaron após coñecer o resultado das votacións, protagonizaran un conflito interno que estalou coa expulsión de Martínez Acón do Goberno local por parte da rexedora por considerar que desatendía as súas funcións como concelleira. Pola súa banda, a até agora secretaria local respondeu asegurando que o motivo foi a reclamación das achegas que o grupo municipal socialista e algúns edís, entre eles a propia alcaldesa, debían ao partido. Inés Rey asegurou que o PSOE coruñés sae desta votación como un partido \"máis unido, próximo á cidadanía e integrador\", ademais manifestou que a militancia apoiou \"o proxecto de cidade\" que lidera desde hai dous anos. O novo equipo que lidera Inés Rey contará con Francisco Dinís Díaz Gallego como vicesecretario xeral e con Gonzalo Castro como secretario de organización. Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, repite como secretaria local do PSdeG pontevedrés cunha lista de \"consenso\". O concelleiro Iván Pontes será o novo secretario de Organización dunha Executiva presidida por Benito Gama e na que haberá tres vicesecretarías. A secretaria xeral dos socialistas pontevedreses mostrouse \"orgullosa e ilusionada\" de encabezar un \"proceso de renovación\" que tiña como obxectivo saír máis \"unidos, fortes e cohesionados\". O actual alcalde de Ferrol, Ángel Mato, é o novo secretario local da formación socialista en Ferrol após unificar a súa candidatura con Germán Costoya, edil da corporación que esta mesma semana anunciara que se presentaría para relevar no cargo á até agora secretaria local, Beatriz Sestayo. Na asemblea realizada este domingo en Ferrol, Ángel Mato asegurou que asumir este novo cargo é un \"reto persoal e unha responsabilidade moi grande\". Pola súa parte, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, regresa á Secretaría Xeral da agrupación socialista da capital galega ao ratificarse a lista unitaria pola que o rexedor regresará ao cargo que xa ocupou na súa anterior etapa como alcalde santiagués. Como 'número dous' de Bugallo estará a concelleira de Cultura no consistorio compostelán, Mercedes Rosón, mentres que a Secretaría de Organización será asumida por Carmen Fernández Morante. O tamén edil do goberno local Gonzalo Muíños asumirá a área de Política Municipal e Acción electoral. Así mesmo, este sábado tiveron lugar as asembleas de Vigo e Lugo nas que, do mesmo modo que en Santiago e Ferrol, houbo candidatura de consenso encabezadas, respectivamente, polo concelleiro olívico, Carlos Font, -substitúe a Abel Losada- e a concelleira lucense, Ana González-repite no cargo-. No caso de Ourense prevese que a asemblea teña lugar a próxima semana. Na cidade das Burgas, agora capitaneada por unha xestora, só se postulou polo momento un afín ao secretario provincial e portavoz local, Rafael Rodríguez. Nos últimos días, militantes do PSdeG en Ourense denunciaron que a dirección galega permitía unha alteración das bases da convocatoria de renovación da asemblea local para participar no proceso interno."}
{"ID": "PRAZA_3137", "summary": "O presidente lembra que os socialistas xa coñecían e asumiran os atrasos de 2016 e 2017 pero evita valorar as irregularidades agora desveladas polo Tribunal de Cuentas do xeito en que se pararon as obras", "text": "O presidente lembra que os socialistas xa coñecían e asumiran os atrasos de 2016 e 2017 pero evita valorar as irregularidades agora desveladas polo Tribunal de Cuentas do xeito en que se pararon as obrasTras adiantar este mércores Praza.gal o informe no que o Tribunal de Cuentas sinala numerosas irregularidades no xeito en que Adif paralizou en 2016 e 2017 varias obras do AVE galego, diversas voces socialistas reclamaron este xoves aos populares, nomeadamente ao presidente Feijóo, explicacións por aqueles feitos. En particular, os socialistas contrapuxeron aquela paralización de obras durante os mandatos dos ministros populares Ana Pastor e Íñigo de la Serna co ritmo elevado dos últimos traballos que está a acometer agora Adif e coas críticas que está a lanzar a Xunta pola imposibilidade do Goberno central de dar unha data concreta de posta en servizo mentres non se realicen as probas de seguridade.O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou que Feijóo dea explicacións no Parlamento sobre a paralización de obras durante os gobernos do PP, e similares explicacións esixiu o delegado do Goberno central, Javier Losada, quen lamentou a \"confrontación\" da Xunta cos prazos do AVE, cuxas obras están xa na súa recta final.Porén, preguntado sobre esa cuestión o presidente da Xunta evitou este xoves valorar as irregularidades agora detectadas polo Tribunal de Cuentas no xeito en que Adif paralizou as obras durante o Goberno do PP. Feijóo centrouse en lembrar que as paralizacións en si de diversos treitos, sen entrar no xeito en que se autorizaron, xa eran coñecidas porque as admitira o propio ministro De la Serna para adiar de 2018 a 2020 o prazo de entrada en servizo do AVE prometido previamente por Pastor. Ese novo prazo foi asumido no seu momento polo actual ministro socialista de Fomento, José Luis Ábalos, polo que Feijóo cualificou este xoves de \"desfachatez\" que o PSdeG, ao seu ver, xustifique os posibles atrasos actuais con aquelas paralizacións de hai tres ou catro anos. Por outra banda, este xoves un portavoz da oficina de representación da Comisión Europea en España insistiu en que o prazo de finalización do AVE a Galicia a efectos dos organismos comunitarios é 2022, data que Adif di que lle facilitou a Bruxelas con marxe a respecto das súas propias previsións para evitar perder fondos europeos ante un posible atraso. Porén, o portavoz comunitario engadiu que, á marxe desa data oficial, ese tipo de grandes proxectos poden atrasarse ou construírse máis rápido."}
{"ID": "PRAZA_4041", "summary": "Algúns gobernos democráticos aproveitan as situacións de emerxencia que van xurdindo para dotárense de máis poder e para lexitimar a súa discrecionalidade, que lles permitirá despexar o camiño para impulsar, ou impoñer, a súa axenda.", "text": "Non todo o totalitarismo emana de gobernos indiscutibelmente totalitarios. Estes existen, é obvio, pero existen igualmente unhas sombras deles con efectos parellos, trátase de gobernos con todos os selos e certificados precisos para cualificalos como democráticos, segundo a terminoloxía ao uso, pero que nalgúns casos segregan unha endorfina consciente ou inconsciente, liberan unha pulsión libidinal que se sustancia nunha suor fría... e autoritaria.Os gobernos abertamente totalitarios crean situacións de emerxencia, coma quen lanza un bote de fume entre a xente para tirar proveito da confusión e do medo e impoñer a súa lei. Algúns gobernos democráticos aproveitan as situacións de emerxencia que van xurdindo para dotárense de máis poder e para lexitimar a súa discrecionalidade, que lles permitirá despexar o camiño para impulsar, ou impoñer, a súa axenda.Dadas as circunstancias, e con licencia das súas cámaras de representantes, un goberno democrático pode ordenar o confinamento da súa poboación.Dadas as circunstancias, o goberno pode darlle ao botón de pausa do Parlamento e eludir as sesións de control.Dadas as circunstancias, pódense adiar as convocatorias de eleccións sine die, pese a ser a única canle de participación nas decisións políticas da cidadanía e, segundo nos din sempre, a festa e a encarnación da democracia.Dadas as circunstancias, pódese reprimir violentamente a quen saia da casa sen permiso, no que como máximo debería considerarse unha falta administrativa.Dadas as circunstancias, pódese legalizar a vixiancia dixital dos movementos ou dos parámetros biométricos das persoas, abrindo a porta a que por esa vía se coen outras intrusións na intimidade que pasarán a circular en favor de quen dispón da tecnoloxía para procesalas, clasificalas e beneficiarse delas económica ou politicamente, algo que dous meses antes nos parecería unha aberración. Dadas as circunstancias, pódese sacar o exército a patrullar as cidades e cederlle os atrís nas roldas de prensa para exercer de voceiros do goberno democrático, porque cando as cousas se poñen difíciles, ten que ser coma sempre o exército o que nos quite as castañas do lume.Dadas as circunstancias, pódense deixar virtualmente en suspenso dereitos como o de reunión e manifestación.Dadas as circunstancias, o estado autonómico pode deixarse reducido a un mínimo ente administrativo, sometido ao mando único.Dadas as circunstancias, o goberno pode seleccionar as preguntas que contesta e as que non, poñendo en corentena a liberdade de prensa.Enténdese que isto non é o que parece, moitas destas medidas poden mesmo ser razoabeis, e sono. Foron ademais suscritas por consenso ou mesmo unanimidade, o que non quita que entre as mensaxes implícitas se coe a idea de que, ante unha situación de emerxencia, o libro de estilo de todo goberno impón que se limiten os dereitos, se reforze a autoridade e a represión, e se aumente o control. Estas medidas vanse tomando con máis ou menos precaución, dependendo do signo das forzas políticas que gobernen cando a emerxencia se presenta. Neste caso, no Estado español, do mal o menos. En xeral, sexa cal sexa o signo, as medidas van sempre na mesma dirección, e se non se avanza máis agresivamente é porque vivimos das rendas dun proceso democratizador que foi asentando mecanismos de transparencia, equilibrio e rendición de contas contra a tentación dos excesos e as arbitrariedades dos executivos. Son estes os mecanismos que agora se están levantando e que, de non repoñerse integramente, non poderemos empregar como colchón fronte aos excesos futuros. Dinnos que se fai temporalmente pero tamén nos din que \"cando pase todo isto\" nada volverá ser coma antes. Sen ir tan lonxe, pensemos que entre PSOE e Podemos non foron quen en tres anos de derrogar algo tan retrógrado como a Lei Mordaza do PP. A todo se acostuma un, non é?Postos a imaxinar, poderíase aproveitar o estado de emerxencia con estratexias alternativas, por exemplo para poñerlle couto aos excesos do capitalismo e a globalización, para que sexan as fortunas especulativas das SICAVs e os paraísos fiscais as que contribúan fundamentalmente a que saiamos desta, para acelerar na loita por unha actividade económica sostíbel e un reparto da riqueza menos desigual, o que contribuiría a frear o cambio climático, que entre outros efectos ten o de facilitar o tránsito de virus entre especies e a súa posterior diseminación. Nada disto aparece no libro de estilo oficial para a xestión das emerxencias e todos os gobernantes aplicados se sinten máis seguros seguindo o libro."}
{"ID": "NOS_49623", "summary": "A primeira edición do festival de poesía Alguén que respira! de Compostela deixará pegada. Polo menos en forma de libro. Un volume editado por Política Lingüística e mais o concello recolle obra de todos as autoras participantes e algunha importante novidade: un avance dos novos poemas de Olga Novo ou as primeiras traducións ao galego do inglés Andrew McMillan e do sirio Mohamad Frias.", "text": "A maiores, a publicación inclúe textos inéditos de poetas como Luísa Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez ou Xil Xardón. Todas elas pasaron polos escenarios do certame, que comezou o pasado 21 de marzo -Día Mundial da Poesía- e remata este sábado, 24, cun recital do que farán parte Estíbaliz Espinosa, Ana Vallés e Nuria Sotelo traballarán sobre a poesía de Lupe Gómez, e o Niño de Elche. O pórtico do libro colectivo, deseñado por Manolo Martínez, corresponde ao manifesto do festival, responsabilidade de María Xosé Queizán e lido a pasada cuarta feira na apertura do encontro. \"O pasado arraiga na poesía. / Un vento de futuro empuxa a crear. / Poetas alcemos as copas metafóricas / para brindar no esplendoroso 2018. / Viva a poesía!\", finaliza o pregón, escrito en verso. Dedicado á poesía oral e á escrita en zonas de conflito, Alguén que respira! diríxeo o editor e poeta Antón Lopo."}
{"ID": "NOS_31124", "summary": "Ás 20:00 horas desta segunda feira e após que Feixoo saíse en defensa do español como lingua vehicular no ensino.", "text": "\"Hoxe ás 20h nas redes sociais: Sr Feixoo, combata o virus e non o galego! cos HT #OGalegoNonMata e #RemoveTheLimitations en referencia á indicación que lle fixo o Consello de Europa respecto do galego en decembro\". Esta é a mensaxe que está a circular por Whatsapp e otras redes sociais. A finalidade desta iniciativa impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística é desmentir as afirmacións feitas polo presidente da Xunta esta fin de semana a través de twitter. O presidente da Xunta da Galiza e líder dos populares galegos, acusou o Executivo que preside Pedro Sánchez de \"tentar eliminar por lei\" o castelán como lingua vehicular na educación e pretender \"amordazar a prensa\" a través dunha norma para que \"sexa o Goberno quen decida o que é verdade e mentira\".Fíxoo a través de dúas mensaxes publicadas en español e con dous minutos de diferenza no seu perfil na rede social Twitter na tarde deste domingo. \"En plena pandemia, cando se supón que debería estar a xestionar a segunda onda, o Goberno pasou a responsabilidade ás CCAA e dedicouse a tentar eliminar por lei o castelán como lingua vehicular, a tentar reformar a lei para elixir directamente os xuíces\", sinala o primeiro 'tuit' publicado polo presidente autonómico. Unhas declaración que baten coa realidade. O propio Consello de Europa recomendou a finais de 2019 á Xunta de forma \"inmediata\" eliminar \"as limitacións á docencia en galego\". Un informe da Comisión de Expertos sobre a realidade das linguas minorizadas no Estado español constata dificultades e incumprimentos para o galego e constata a preocupante perda de falantes. \"A transmisión do idioma de pais a fillos xa non está garantida\", alerta."}
{"ID": "NOS_14450", "summary": "O Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña puxo en marcha unha nova edición do proxecto de formación universitaria específico para persoas adultas, primeiro no mes de abril no municipio de Zas e agora en maio no das Pontes. A súa directora, Matilde García Sánchez, conversa con Nós Diario sobre esta experiencia, non tan coñecida, que conta na actualidade con case un milleiro de alumnas e alumnos entre os seus campus da Coruña e Ferrol.", "text": "De que maneira funciona unha universidade sénior? É para estudantes maiores de 50 anos e busca ofrecer formación ás persoas que unha vez que conclúen a súa vida laboral queren unha solución para as súas inquedanzas a nivel cultural. Cos programas universitarios procuramos darlle visibilidade ás persoas maiores e que dalgunha maneira tamén contribúa a construír unha imaxe máis positiva desa etapa da vellez. O perfil que temos presenta unha idade de entre 60 e 70 anos e teñen en común que non están traballando. Poden ser persoas xubiladas, prexubiladas ou desempregadas. Realizamos programas específicos para este colectivo posto que non perseguen, neste caso, alcanzar unha competencia profesional. A idea é cultivar a mente, propiciar a reflexión sobre a cultura, os valores e facilitar os maiores coñecementos para aprender a desenvolverse nunha sociedade tan cambiante como a que temos neste momento. Procuramos que as materias que hai no plan de estudos teñan todas as ramas de coñecemento, neste caso da nosa universidade, desde humanidades a ciencias sociais, ciencias e tecnoloxía e ciencias da saúde. O programa dura catro anos e, ao remate, obtense o título de graduado sénior. Non hai avaliación, polo que é unha aprendizaxe moi tranquila, non se senten sancionados nin lles obrigamos a realizar probas que moitas veces rexeita o estudantado. A dedicación é de dous a tres días á semana con materias obrigatorias e optativas. Ademais, temos obradoiros, saídas e conferencias. Tamén existe unha posibilidade de posgrao. O certo é que quen entra continúa. Agora mesmo a media de estadía é de 14 anos. Algunhas das experiencias educativas positivas da universidade sénior poderían aproveitarse na universidade convencional? A sénior ten un compoñente especial. O formativo, que participa da misión da propia universidade, mais o ámbito social que busca o alumnado maior. No grao júnior queren rematar rápido eses catro anos, conseguir o seu título e incorporarse ao traballo, facer un máster ou unha estancia. O obxectivo é totalmente diferente, non é unha ensinanza regrada. É certo que noutras universidades esa formación permanente nesa franxa de idade nalgúns títulos trabállase esa competencia. No noso caso buscamos un obxectivo interxeracional de forma que os que rematan o grao sénior poidan compartir as aulas coa mocidade. Hai unhas prazas reservadas que poden ocupar como oíntes. O intercambio é marabilloso. O estudantado novo percibe as inquedanzas dos maiores de aprender sen ningún tipo de obriga e estes moitas veces participan. Desde o Plan Boloña mudaron moitas cousas. A aprendizaxe é diferente e hai máis participación e non tanto a lección maxistral nos estudos regrados, búscase máis a autonomía do alumnado. Aínda así, hai cousas por mudar. A pandemia trouxo mudanzas na universidade sénior? Con esta pandemia cambiou o sistema a empregar como consecuencia da non presencialidade. Tivemos que traballar e reflexionar máis. A imaxe dos maiores está moi estereotipada e cando se falaba de ir á aprendizaxe virtual nun principio a previsión era de que sería moi complicado. Como rachar coa fenda dixital dos maiores? En realidade hai un perfil que se desmarca desta visión nas últimas décadas e teñen máis competencia dixital. As persoas maiores teñen moito que achegar, son proactivas, gozan do momento e integraron nas súas vidas as novas tecnoloxías, polo que están máis actualizadas e informadas."}
{"ID": "NOS_9257", "summary": "A hostalaría acolle con moita preocupación as novas restricións. Lamentan que, pese a arriscar para tirar adiante da economía, agora sexan o sector máis castigado. Advirten que a situación de moitos negocios está \"ao límite\" e anticipan unha vaga de despedimentos e feches a partir do 15 de decembro.", "text": "O pasado 21 de outubro entraron en vigor novas restricións encamiñadas a reducir a incidencia do coronavirus no país, pero que na práctica supoñen un duro golpe a sectores como o da hostalaría, que aínda segue á espera de medidas efectivas por parte da Xunta para aliviar a difícil situación pola que atravesan estes negocios. O sector non acolleu nada ben estas novas restricións. \"Vémolas desproporcionadas e non se corresponden coas doutros sectores\", sinala Lois Lopes, da Asociación de Hostalaría de Compostela. Na súa opinión, \"en todas as actividades onde hai contacto físico deberían tomarse as mesmas medidas, e realmente está demostrado que iso é o efectivo, mais tomalas parcialmente contra o noso sector non leva a ningún lado\", lamenta. Arredor de 85% dos locais están fechados porque non teñen capacidade para abrir ou non poden A propia Xunta recoñece no Diario Oficial da Galiza (DOG), no que veñen recollidas estas novas restricións, que moitos dos novos contaxios se dan por contacto familiar en lugares fóra do ámbito profesional nos que non se toman ningún tipo de medidas. \"Se restrinxes o servizo que nós prestamos e despois ese se realiza en espazos privados onde non hai capacidade ningunha de inspección nin de control, vemos que se agrava o problema. Non só non se corrixe, senón que se insiste en facelo mal\", denuncia. Os empresarios e as empresarias que se dedican á hostalaría coñeceron as novas medidas no mesmo momento que entraron en vigor. \"Non hai transparencia cos datos, non se reúnen co sector e lexislan no DOG á mesma hora que entra en efecto. A estas alturas merecemos algo máis de respecto\", sinala Lopes. \"Polo menos que se tomen a molestia de convencernos de que son as medidas que hai que tomar, pero aquí parece que canto máis duros sexamos, mellor\". Un sector ao límite Como sinala o integrante da Asociación de Hostalaría de Compostela, o sector está \"ao límite do límite\". Arredor de 85% dos locais están fechados porque non teñen capacidade para abrir ou non poden, \"e se isto se demora moito pode haber 3o% de feches definitivos\", alerta Lopes. Para evitar esta sangría, a Xunta vén de anunciar axudas de até 20.000 euros para que os negocios de lecer nocturno fagan fronte ao alugueiro. Á espera de concretar esta medida, Lois Lopez amósase cada vez máis reacio a valorar anuncios \"que non se corresponden coa realidade\". Explica que esas axudas irán para a xente que leva fechada 6 meses ou máis e \"as dificultades económicas dunha empresa non se poden avaliar polo tempo que leva fechada ou por outros parámetros que están empregando aí\". \"É benvida, pero insuficiente\", recoñece. En Compostela, as restricións veñen xa do 15 de agosto, co fechamento e do lecer nocturno. O 3 de setembro decretouse o nivel 2 e o pasado 21 de outubro toda a hostalaría galega pasou a nivel 3. \"Quizais o de abrir non era a mellor solución, pero o sector fixo unha aposta forte por recuperar a normalidade e pór os nosos negocios en marcha e reivindicar o noso dereito a traballar. O que non pode ser é que os que apostamos, os que tiramos para adiante, agora quedemos fóra. Deben mirar outros parámetros, non o tempo que levas fechado\". Cabeza de turco As persoas que traballan na hostalaría séntense \"cabeza de turco\" na aplicación dunhas medidas restritivas que, como apuntan, afectan de cheo a un sector que representa 20% da economía do país de modo directo, e do que dependen outros moitos sectores. \"Estanse a tomar medidas absolutamente lesivas sen un plan B. Non creo que sexa moito pedir que haxa un plan de rescate real, concreto e que todos saibamos a que aternos\", di Lopes, que lembra que a Xunta, como lle recordou recentemente o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, ten competencias na materia. \"A Xunta dicía que se limitaba a executar as directrices de Sanidade, pero estas non son máis que instrucións para que cada territorio actúe en función da súa realidade, e eles [o Executivo galego] fixérono en función dos seus intereses, non da realidade\", aféalles. Vaga de despedimentos Desde a Asociación Coruñesa de Hostalaría, Héctor Cañete, insiste no desproporcionado das restricións, na insuficiencia das axudas e na dramática situación pola que pasan moitas empresas. \"Están no límite absoluto após un verán no que non se puido traballar, e vaise acabando o aire que daban as terrazas, o que debuxa un escenario complicado de cara ao inverno\". Como explica Cañete, \"non só é cubrir os gastos, é que precisas un modo de vida, comer, pagar a escola dos fillos,...\". Afirma que os ERTE foron de grande axuda, mais o feito de non poder despedir \"foi un erro en toda regra\". Como apunta, en decembro, cando remate o prazo de carencia de seis meses que fixan os ERTE, haberá moitos despedimentos e fechamentos, \"mais dos que se producirían se tivesen deixado despedir para axustar o cadro de persoal ás necesidades\". \"Será algo sen precedentes\", advirte o directivo."}
{"ID": "PRAZA_2935", "summary": "Manuel Casal Lodeiro vén de publicar A Esquerda ante o colapso da civilización industrial (Véspera de Nada/ Asociación Touda) un ensaio sobre a resposta que os movementos políticos están a dar ante o esgotamento do actual modelo baseado no crecemento.", "text": "Dende hai uns días está xa dispoñible o libro A Esquerda ante o colapso da civilización industrial, un ensaio no que Manuel Casal Lodeiro, Casdeiro, membro fundador da asociación Véspera de Nada, reflexiona sobre a resposta das esquerdas políticas ante o colapso da civilización industrial motivado polo esgotamento das fontes fósiles de enerxía. Prologada por Teresa Moure, e coeditada por Véspera de Nada e a Asociación Touda, a obra contou cun proceso de crowdfunding \"urxente\", que permitiu financiar con pedidos anticipados a impresión dos 200 primeiros exemplares. O libro analiza criticamente as dificultades que a xuízo do autor teñen algúns sectores da esquerda política e social para \"asumir a situación de choque civilizatorio contra os límites biofísicos do planeta\" e como \"fica descolocada perante a perda de referentes sagrados como o protagonismo da clase obreira ou o mito no progreso material imparable da Humanidade\". Así mesmo, debulla algunhas propostas que si están a afondar no decrecemento. Ata que punto a esquerda (sobre todo na nosa contorna máis próxima) mudou a súa posición con respecto ao devalo da civilización industrial, o peak-oil e o propio concepto de crecemento? Observas algúns avances? Onde? Son suficientes? Eu vexo algún tépedo avance, cando menos no plano teórico, de declaracións ou inclusións programáticas dalgúns conceptos. Así, por exemplo, Nós-Candidatura Galega incluiu por primeira vez o recoñecemento do Peak Oil no seu programa ás xerais, e foron desaparecendo as mencións obsesivas (habituais en case toda a esquerda) a ese obxectivo totémico do \"crecemento económico\". No mundo de AGE-Mareas comezaran xa antes dar estes pasos, pero a nivel de demostración palpable, alí onde gobernan, a verdade é que aínda non vimos nada que demostre que é algo asumido máis alá da tona do discurso. \"É importante que nos novos gobernos municipais e nos novos parlamentos cada vez haxa máis presencia de persoas que teñen algún coñecemento da cuestión e que se atreven a cuestionar a viabilidade do crecemento económico\" Con todo, é importante que nos novos gobernos municipais e nos novos parlamentos cada vez haxa máis presencia de persoas que teñen algún coñecemento da cuestión e que se atreven a cuestionar a viabilidade do crecemento económico, aínda que de aí a dar o paso de recoñecer que a civilización ten os días contados tamén hai un abismo. E non debería ser así, en realidade, porque como di Jorge Riechmann, abonda botar contas durante 5 minutos para decatarnos de que o rumbo actual nos leva a un colapso catastrófico en non moito tempo. Velaí o manifesto Derradeira Chamada que asinaran bastantes políticos de esquerda o ano pasado, mais que aínda non deu froitos nas propostas políticas nin tan sequera da maioría dos propios asinantes. Tamén hai quen avanza no recoñecemento pero non o transmite no discurso público, e xoga a facer como que non hai un colapso civilizatorio en marcha, para non perder votos \"asustando\" o electorado. En resumo: moi escasos avances e exasperantemente lentos. E o colapso non espera. \"Hai quen avanza no recoñecemento pero non o transmite no discurso público, e xoga a facer como que non hai un colapso civilizatorio en marcha, para non perder votos \"asustando\" o electorado\" No libro tamén se analiza a transformación que neste novo tempo están a ter (ou deberían ter) outras correntes ideolóxicas, coma o soberanismo ou o feminismo. Como deben ser estes soberanismo e feminismo adaptados á nova realidade? Na miña opinión a adaptación que precisan pasa en primeiro lugar, como no caso da esquerda en xeral, por asumir a existencia, gravidade e inmediatez da discontinuidade civilizatoria. Iso muda moitos dos seus presupostos de partida, e sobre todo as súas estratexias. No caso do feminismo penso que se ten avanzado moito e temos un ecofeminismo forte, con importantes pensadoras e activistas camiñando nunha dirección sumamente interesante, e non só para o propio feminismo senón para o resto das ideoloxías e activismos. No canto, no terreo do soberanismo hai pouca consciencia de que o devalar civilizatorio supón unha oportunidade histórica ao tempo que novas ameazas. Sabemos así, que a cuestión enerxética é central no relacionamento (algúns din que \"colonial\") entre a España e Galiza, e se o repensamos a partir da consciencia de que vai haber unha queda brutal na dispoñibilidade enerxética a nivel global (fálase dun 80 ou 90% dos países máis industrializados) daquela palabras como \"soberanía enerxética\" cobran unha centralidade absoluta. É dicir, cando xa non hai para todos, é cando máis importante resulta saber de quen é / para quen é cada recurso. Outro tanto pasa coa cuestión de \"soberanía alimentar\" ou a monetaria en contextos de crise de alimentos (non só polo devalar da enerxía fósil senón tamén polas consecuencias do Caos Climático en marcha) e de insustentabilidade do sistema financeiro e das moedas actuais, que non esquezamos están baseadas no esquema Ponzi da creación de débeda a cargo dun crecemento futuro que non volverá. No noso país apenas xente como Miguel Anxo Abraira están a poñer estas cousas claramente no debate político. En Euskal Herria e Catalunya tense avanzado algo máis, como demostran algunhas formulacións que recollo no libro. \"No caso do feminismo penso que se ten avanzado moito e temos un ecofeminismo forte, con importantes pensadoras e activistas camiñando nunha dirección sumamente interesante\" No libro faise un dura crítica ás propostas de Renda Básica universal. Por que? Ben, non sei se é dura ou non, pero moitas veces si que podemos soar duros quen dicimos: amigos, isto que dicides soa moi ben e semella moi xusto e moi equitativo, pero partides dunha base que non é certa: que a civilización industrial vai seguir estando aí por moito tempo, coa súa hipercomplexidade social, cun Estado máis ou menos potente, con ingresos fiscais enormes denominados nas moedas actuais, cunha enerxía abundante que respalde ese diñeiro que propoñedes repartir, etc. Nós imos ao \"básico\" de verdade, que son as necesidades humanas: comer, beber, ter un teito, con que vestirnos, etc. E para iso o diñeiro é só un medio. Pero non é o obxectivo, o diñeiro non é o satisfactor final das necesidades. Puido estar ben a idea dunha RBU xestionada en euros polo Estado, pero noutros tempos, non agora que nin o euro nin o Estado teñen a súa continuidade asegurada. Nós volvemos a cuestións historicamente máis permanentes: o dereito á terra, a acceder a ela, como fonte principal da satisfacción das necesidades básicas non só dos humanos senón de todos os seres vivos. Penso que poderían xogar aí unha función de ponte entre ambas formulacións algún tipo de renda básica denominada en moeda complementaria respalpada pola creación emerxética de riqueza, como xa teño proposto noutras ocasións. \"Puido estar ben a idea dunha RBU xestionada en euros polo Estado, pero noutros tempos, non agora que nin o euro nin o Estado teñen a súa continuidade asegurada\" Na cuestión da chamada \"pobreza enerxética\" pasa un pouco o mesmo: centrámonos en buscar o xeito de pagar facturas sen ter en conta que a factura para o que serve é para pagar unha enerxía que se cadra podiamos obter doutro xeito ou simplemente non gastar. Partir do coñecemento de que hai un devalar enerxético inevitable que vai arrasar co noso modo de vida e de organización social muda a perspectiva completamente. E non estamos facendo esa mudanza de paradigma ao mesmo ritmo que devala a civilización e iso vai provocar unha gran confusión, carraxe e caos social, e vai alimentar totalitarismos e unha volta ás formulacións nazis (no libro insisto en que cómpre ler a Carl Amery para entender que en realidade Hitler foi un precursor do que nos agarda). Repítoche unha das preguntas que te fas na obra: \"O capitalismo é compatible con algunha caste de decrecemento?\" Eu coido que non. Polo menos non \"este\" capitalismo, hiperfinanciarizado, industrial, mundializado... E postos a ter que reformalo para que poida convivir coa imposibilidade de seguir a medrar e a acumular beneficios, confrontados cos límites do crecemento físico, as saídas que terán as elites serán ou seguir a opción que xa apuntara Susan George no Informe Lugano (é dicir, acabar con boa parte da poboación humana do planeta) ou simplemente abandonar o sistema capitalista e volver a outros que sempre lles funcionaron en épocas de menor dispoñibilidade de enerxía: o feudalismo e a dominación pura e dura, mesmo cunha volta a algunha forma de escravitude. Veremos durante un tempo intentos de reflotar o capitalismo a base de espoliar aínda máis o futuro, a natureza, a vida en xeral e os humanos en particular, pero ao final irán ao práctico: sen enerxía, sen industrias, sen sociedade de consumo, só quedará pasar da explotación á dominación, isto é, dominar as masas por medio ou por outro simplemente para conservaren o poder e sobreviviren a custa de quen for. O perigo non está só en que eses intentos poidan destruír boa parte da biosfera e supoñer un sufrimento social sen precedentes, senón que as elites o destrúan todo nunha demencional loita polos derradeiros recursos. Soa apocalíptico? Ben, abonda erguer a ollada e mirar o que temos diante: aí é cara a onde nos leva a inercia das políticas actuais. \"Veremos durante un tempo intentos de reflotar o capitalismo a base de espoliar aínda máis o futuro, a natureza, a vida en xeral e os humanos en particular\" Repasas tamén algunhas das iniciativas políticas e sociais que valorades positivamente. Cales destacarías? Eu penso que o máis interesante a día de hoxe está xurdindo moi \"por baixo do radar\", fóra do foco dos grandes de medios de comunicación e do teatro electoral. Son iniciativas como as Cooperativas Integrais e análises políticas na liña de Carlos Calvo Varela, Joám Evans, Carlos Taibo e moitos outros autores que menciono no libro. Tamén a Guía para o descenso enerxético penso que é un libro que, como dicía o propio Carlos C. Varela, agacha baixo a súa apariciencia de inofensivo manual práctico unha proposta política de reorganización social revolucionaria. Fóra de aquí paréceme especialmente interesante a proposta de Ted Trainer, de quen dentro duns meses teremos a tradución a castelán do seu libro máis revolucionario e todo o que levan anos construíndose en Chiapas, o Curdistán e nalgúns outros lugares. Hoxe en día o máis valioso véxoo nos terreos do ecoanarquismo, do decrecemento, das cidades en transición, do ecofeminismo, das ecoaldeas, do municipalismo libertario, da recuperación do concello aberto e das loitas indíxenas e polas soberanías da terra (pensemos nas ameazas aos nosos montes comunais), da enerxía, da auga, das sementes... Algo que poderiamos englobar no termo de \"ecocomunitarismos\". É dicir, en terreos que non ocupan precisamente moitos minutos nos debate políticos que botan as televisións e que determinan o terreo do posible na política partidista, e xa que logo, estatal. Quen queira ver e vivir a revolución debería apagar a tele, aparcar un chisco as redes sociais online e ollar ao seu redor movementos minoritarios que están sementando a mudanza de civilización que tarde ou cedo terá que seguir o resto da sociedade, se non quere acabar na outra opción, a fascista (e no caso do noso país o neocolonialismo extractivista, enerxético e alimentar). \"O máis interesante a día de hoxe está xurdindo moi \"por baixo do radar\", fóra do foco dos grandes de medios de comunicación e do teatro electoral\" Que medidas concretas se poden adoptar de cara a unha adaptación social pospetróleo? Tanto na xa devandita Guía para o descenso enerxético como tamén nun anexo deste novo libro ou en sitios de referencia en Internet como poden ser Municipios pospetróleo hai unha ampla batería de ideas, por suposto moi mellorable e ampliable. Hai un bo feixe de xente pensando en todo o mundo como pasar á práctica, tanto para unha adaptación desde riba (top-down) como desde baixo (bottom-up), para levantar unha nova civilización moi diferente entre os cascallos desta. Ambas as dúas parécenme estratexias válidas e mesmo hai quen apostamos por unha \"estratexia dual\" que combine a acción desde gobernos, concellos, etc. coa acción social de base. Cada unha ten as súas dificultades, os seus ritmos, as súas potencialidades e as súas limitacións. O que está claro é que hai que poñelas en marcha xa, sen agardar a que haxa unha consciencia social maioritaria da situación de colapso. \"Os prezos actuais do petróleo están dando unha perigosa impresión de tranquilidade, mentres o colapso progresa imparable en forma de exclusión social, de aumento do espolio, de colapso progresivo en diversas áreas do mundo\" Os prezos actuais do petróleo están dando unha perigosa impresión de tranquilidade, mentres o colapso progresa imparable en forma de exclusión social, de aumento do espolio, de colapso progresivo en diversas áreas do mundo, de destrución de industrias, de deterioro ambiental, de esgotamento de recursos vitais... Se agardamos a que haxa racionamento nas gasolineiras ou desabastecemento nos supermercados entón será demasiado tarde e teremos perdido a ocasión de prepararnos cando aínda tiñamos recursos. Por citar só un par de medidas importantes: desde abaixo podemos irnos organizando a nivel local en cooperativas integrais (estilo Enric Duran e compaña) ou de desenvolvemento comunitario (por usar a terminoloxía de Trainer), e desde os concellos podemos ir promovendo a autosuficiencia alimentar poñendo hortas urbanas ou periurbanas por todas partes. Como debe ser a esquerda postindustrial? Antes todo debe ser consciente de que debe ser postindustrial. Isto é, consciente de que conceptos ata o de agora fulcrais para ela como o traballo, a industria, o máis para todos, están a se esborrallar e que non van volver. Entramos nun período civilizatorio totalmente novo, que terá moito do período preindustrial pero tamén cousas moi diferentes, comezando polo feito de que agora temos unha poboación sete veces a que había entón, e unha biosfera moito máis deteriorada. Isto debe levar tamén, na miña opinión, a que se supere dunha vez a separación histórica entre esquerda estatista e antiestatista (marxistas e anarquistas, dito doutro modo), principalmente porque a vía estatal ao comunismo perde potencialidade en paralelo ao devalo enerxético-civilizatorio. Non quero con isto dicir que tras o petróleo non vaia haber Estados, porque tamén os houbo antes, por suposto; pero si que van ser Estados moi diferentes aos actuais, con moitísimos menos recursos e poder (para o ben e para o mal). Por suposto, esquezámonos de nada parecido ao Estado do Benestar, que case toda a esquerda teima en manter ou recuperar. \"Ante todo [a esquerda] debe ser consciente de que debe ser postindustrial. Isto é, consciente de que conceptos ata o de agora fulcrais para ela como o traballo, a industria, o máis para todos, están a se esborrallar e que non van volver\" Xa que logo, boa parte do noso futuro vaise xogar fóra do terreo estatal, e de aí que cobre importancia o concepto do comunitario (e dos bens comúns), como esfera aparte da pública (estatal) e a privada. A esquerda podería resituarse perfectamente nese novo contexto, aínda que xa estamos a ver que lle vai custar moitísimo, sobre todo se segue teimando en camiños sen saída como a socialdemocracia \"reloaded\" de Podemos, Syriza, etc. Esa non é a esquerda que precisamos, e se non mudan de propostas e trocan o neokeynesianismo polo decrecemento socialmente controlado, o que van facer é sementar a súa propia destrución cando a realidade do colapso demostre que son inviables as súas propostas e lle dea ás á estrema dereita. Web complementaria ao libro"}
{"ID": "NOS_23407", "summary": "A portavoz do PPdeG, desaparecida da escena pública en plena campaña electoral tras as revelacións xudiciais da Pokemon na que saía o seu nome, recuperou a palabra.", "text": "Paula Prado recuperou a voz. A portavoz do Partido Popular volveu facer uso da palabra en público tras unha longa tempada de silencio. Algo abraiante nunha portavoz dun partido político e máis en campaña electoral. O feito de que até por dúas veces a 'Pokemon' sinalase a esta deputada popular provocou que optase polo enmudecimento e por pasar a un segundo plano. A súa actividade restrinxiuse ás redes sociais. Mais foi pasar o día das eleccións europeas e recuperar Paula Prado a voz en público. Fíxoo en sede do parlamento Galego, no marco da sesión plenaria. A portavoz popular falou de diversos temas, como a \"disciplina orzamentaria\" ou para cargar contra o goberno andaluz. Mesmo para, na defensa da adaptación da lei de reforma local, preguntarlle á oposición como era posíbel \"tanta incoherencia, tanta hipocresía, tanto populismo de esquerda\". Retruque Mais o seu ataque máis duro reservouno para o BNG, ao que acusou de ter \"ingresos pantasmas que aparecen en contas de xeito inesperado\". Unha frase que fai referencia á noticia da semana pasada que vinculaba a Vendex cun ingreso de 6.000 euros nunha conta do BNG. Mais a propia fronte nacionalista xa aclarou, coa documentación que lles entregou a propia NGB a petición do BNG, que ese ingreso fora feito polo propio Bloque. Prado dixo esta frase durante o debate con Tareixa Paz (BNG) e Yolanda Díaz (AGE), que lle reprochaban que dese \"leccións\" malia a situación de corrupción na que aparecen envolvidos cargos do seu partido. As declaracións veñen a se sumar ás realizadas pola portavoz popular sobre o BNG xusto antes de acollerse ao \"voto de silencio\". Acusou os nacionalistas de lexitimar \"cincuenta anos de terrorismo\" (pola coligación con EH Bildu). Terceira demisión no PP de Compostela De por parte, o edil Adrián Varela presentou a súa demisión como concelleiro do PP en Compostela, asegurando que a súa decisión é de carácter persoal e non obrigada polo partido. É unha demisión que xustifica \"por solidariedade\" cos 7 compañeiros (edís do grupo de goberno) que sentaron no banco dos acusados tras aprobar en xunta de goberno pagarlle a defensa pola súa imputación na Operación Pokémon. A marcha de Varela é a terceira no que vai de mandato nas ringleiras do PP de Compostela, tras as de Conde Roa e Ángel Espadas. O alcalde compostelán negou que a demisión de Varela supoña unha \"crise\" no goberno local."}
{"ID": "NOS_38770", "summary": "O dispositivo permitiu a localización e posterior detención do president na súa viaxe de volta a Bruxelas desde Helsinki. O arresto produciuse no estado alemán de Schleswig-Holstein, que acaba de liberar Puigdemont ao non apreciar o delito de rebelión que lle imputa o xuíz do Supremo Pablo Llarena.", "text": "As autoridades belgas abriron dilixencias contra o Estado español en relación ao xeolocalizador instalado no vehículo de Puigdemont, segundo avanzou a TV3. A operación de seguimento e posterior arresto de Puigdemont foi supervisada por unha equipa de no mínimo 12 axentes do CNI, segundo terían informado fontes da investigación á axencia Efe. De por parte, un xuíz belga decidiu deixar en liberdade e sen fianza os ex consellers Toni Comín, Meritxell Serret e Lluís Puig, sobre os que pesa unha euro-orde emitida polo xuíz Llarena. Non se ditou ningunha medida cautelar contra eles, ao consideraren as autoridades xudiciais belgas que non existe risco de fuga."}
{"ID": "NOS_38200", "summary": "O agasallo é duplo mais nun produto único. Libro máis cd. O formato imponse na oferta editorial para estas festas dedicada á cativada. Desde sons tradicionais até propostas innovadoras. Pablo Díaz, Xurxo Souto e Lalo Carnota, Uxía, Xiana e Xosé Lastra, Mamá Cabra, Luís Prego, Suevia Sobral ou Migallas teñen novidades para ler, escoitar, xogar e bailar.", "text": "Os catálogos editoriais estanse a encher de discos-libros, un formato novo que se impón con forza na oferta para infantil e no que se están a comprometer tanto persoas do mundo da literatura como grandes nomes da música que atravesaron a barreira para se achegar a un público de menor idade, como Uxía -que se iniciou cun exitoso \"María Fumaça\" para continuar logo con \"Rosalía pequeniña\"- ou Magín Blanco que despois de dous discos cunha nena, un grilo e un barquiño como protagonistas anuncia xa o que será o seu próximo traballo dedicado a bebés. Recollemos unha escolma das novidades editoriais en discos-libros, algúns recén saídos para agasallar nestas festas. \"A Terra Queima\", de Xurxo Souto e Lalo Carnota (Xerais) A historia é de Xurxo Souto, a música de Lalo Carnota, Sesé Barreiro pon as ilustracións e a fotografía xurde da cámara de Xulio Rey. Das súas mans nace A Terra Queima (Xerais) un libro-CD no que todas as linguaxes conflúen para construír unha historia que se le e se escoita, que sabe a terra e mar e transmite a enerxía que agocha a natureza. Antón, un rapaz das Lagoas, é o protagonista que Xurxo Souto crea para achegar á rapaciada a unha historia de misterio, a resolver un enigma descomunal. Na aldea de seus avós, Lardeiros, un corvo de nome Roque pídelle axuda para atopar a solución a unha cuestión en aparencia complexa mais que ten as claves próximas, na contorna do mar que está á beira e que garda tantos misterios nos seus cons. Convida Xurxo Souto a visitar un roteiro singular, a través dunha ampla xeografía. O cerne estará na paisaxe que deseñan as pedras percebeiras que rodean á Torre de Hércules, todas con nomes sonoros, a Longuiña, O Grelle, Sogadoiro, As Eiras... que compre coñecer de querer atopar a solución ao crucial enigma. O conto de Xurxo Souto ten banda sonora que bebe tamén dos sons do mar e a natureza. \"As veces buscamos moi lonxe o que temos diante dos fociños\", dille a Antón o home mariño e esa é unha das leccións de A Terra Queima, o fascinio pola forza da natureza que nos rodea e a querenza polas nosas orixes. \"Toc toc\" para entrar no universo de Pablo Díaz (Galaxia) Con Toc toc (Galaxia) atravésase a porta que vai dar ao universo de Pablo Díaz. Música para cantar e bailar nun disco-libro que nos achega a un mundo alegre no que mesmo os animais poden chegar a formar unha orquestra. Toc toc rima con rock, con pop e con folk, di Pablo Díaz. E por algo será. Do achegamento de Pablo Díaz á música tradicional, nace o \"substrato\" de moitas das cancións e mesmo algún romance ao que el lle imprime a marca propia como acontece con \"O piollo e a pulga\". Os inicios están na creación de música para contar historias en actividades que desenvolvía en colexios e centros de ensino. Así naceu Tic toc, o seu primeiro disco (Kalandraka) que foi moi ben recibido polo público infantil. Uxía: \"Rosalía pequeniña\" (Galaxia) Rosalía pequeniña sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki\". Así presenta á autora de \"Cantares Gallegos\" a escritora Begoña Caamaño no limiar que abre o disco-libro no que Uxía ofrece novos ritmos para que as crianzas canten á poeta. Recolle os seus poemas nun amplo abano de ritmos, desde a muiñeira ao rock. Uxía contou para este traballo coas voces de Sés, Guadi Gallego, a Señora Carme ou Aline Franzao, os arranxos de Sergio Tannus, os sons de Isaac Palacín, Benxamín Otero, Pablo Seoane, Santi Cribeiro ou o propio Magín Blanco. \"Como chove miudiño\", \"Has de cantar\" \"Paseniño\", \"Miña santiña, miña santasa\", \"Alborada\" ou \"Maio longo\" son algúns dos poemas musicados nun disco que inclúe tamén unha recreación do poema de Curros dedicado a Rosalía. Xiana e Xosé Latra A miña primeira Rosalía (Xerais) A miña primeira Rosalía (Xerais) xunta un amplo grupo de artistas que van desde María Manuela -que tamén ilustra o libro CD- a Mini e Mero, Rodrigo Romaní ou Nani García, coordinados por Xosé e Xiana Lastra. O traballo xunta biografía, antoloxía e doce poemas musicados e cantados, entre eles, \"O forno está sin pan\", \"Vente, rapasa\", \"Tecín soia\", \"Negra sombra\", \"A xustiza pola man\" ou \"Máis o que ben quixo un día\". Pan de millo, a música saída do forno de \"Migallas\" (Kalandraka) Pan de millo (Kalandraka) naceu devagar e a lume morno, como o bo pan do que non queda nin as migallas. Co arrecendo inconfundíbel da panadaría pontevedresa de María Campos e Carlos Yus, Migallas. Desde aquel Canta connosco! de 1996, Migallas non tiña publicado ningún disco máis aínda que a música continuou a fluír nos seus espectáculos, no seu encontro constante cun público infantil co que empatizan de maneira especial. Magoia Bodega e Paulo Nogueira de Treixadura -intérpretes e autores dos arranxos- e os músicos Alberto Giadanes, Begoña Riobó, César Longa, Pancho Álvarez ou Segundo Grandío, e a ilustración de Dani Padrón forman parte do equipo de Pan de Millo. Un feixe de cancións de arrecendo propio, desde os tradicionais \"O piollo e a pulga\", \"O tiroliro\" , \"O moucho\" ou \"Que cousa, cousiña é?\" até os novos \"As actividades\". \"Pinocho\" e \"Pan de millo\". O meu marabilloso sombreiro, o encontro galego-xaponés (Edicións do Cumio) O libro publícase en dúas linguas, mais case ninguén poderá acceder a unha delas. Para a maioría de crianzas, pareceralles parte da ilustración. O meu marabilloso sombreiro (Edicións do Cumio) de Akiko Ishihara chega ás librarías grazas a Suevia Sobral, unha ponte coa cultura xaponesa. Canda o libro trae CD, tamén en xaponés e galego. O conto ten a estrutura dun relato tradicional mais é de nova creación. Akiko Ishihara tiña idea de que a cativada xa só se sentían próximas de videoxogos e Shin Chan mais quedou sorprendida cando no seu país se publicou unha listaxe de cancións preferidas e a maior parte delas eran do seu tempo, de cando era nena, é dicir, de hai cincuenta ou sesenta anos. Con ese dato comezou a escribir, un conto como os de antes, no que os animais son os protagonistas e un sombreiro marabilloso roda de man en man. Seis animais dan pé a seis cancións que forman parte do CD incluído no volume.Se Suevia Sobral é autora de ilustración e tradución, Akiko Isihara non só escribe o texto senón que tamén canta, na gravación que chegou desde Xapón na que tamén participou a música Sayo Sugioka para completar coa versión galega, un proxecto de Vítor A. Castro coa voz de Montse Ogando. Xogos Musicais, con Luis Prego (Edicións do Cumio) Cantar para xogar, para aprender, para se sentir ben. Desde que están no berce, cantaruxar cancións que quedarán toda a vida na memoria, como banda sonora inesquecíbel da infancia. Luís Prego ofrece en Xogos musicais unha colección de primeiras pezas para cantar coa cativada. Que as crianzas canten sen lle dar ao play. Esta é a proposta de Luís Prego, e para iso elaborou Xogos musicais, un volume con CD no que ofrece 38 temas para aprenderlles a cantar, a xogar e a bailar con música propia. Sen darlle ao play significa que alguén ten que cantar por vez primeira, para que logo, por medio de repeticións, sexa a propia cativada a que saiba ao dedo letras e melodías. O libro está, pois, dedicados a maiores, nais e pais, que, a maior parte das veces, perderon o costume da canción e tenden máis a tirar de mp3 que a entoar os temas infantís. Mamá Cabra escriben de novo Cartas que veñen e van (Galaxia) Gañadores do Premio Galego da Música no apartado infantil, Mamá Cabra é, sen dúbida, un dos referentes para o público de menor idade, con discos que se converteron en éxito de vendas algúns especialmente dedicados a estas festas. Desta volta, Galaxia recupera un libro-cd que xa saíra publicado nun formato singular mais que era xa difícil de atopar. Non é a primeira ve que o selo de Vigo publica a Mamá Cabra, sen dúbida, unha aposta segura para estes tempos. O polo Pepe, Papa Noel, a mamá loba e o lobiño, a ratiña ou a vaca Sofía son algúns dos personaxes desta entrega coa que entrarán ganas á cativada de poñerse a escribir cartas."}
{"ID": "PRAZA_485", "summary": "A CIG presentou o informe Muller e mercado laboral en Galiza 2014, que subliña que o 35% das asalariadas galegas teñen ingresos por debaixo do salario mínimo. Ademais, alerta da masiva emigración das menores de 35 anos na procura de traballo.", "text": "Desemprego, emigración, infraemprego. A realidade laboral dunha parte moi importante das mulleres galegas en idade de traballar repártese entre estas tres opcións. A Secretaría da Muller da CIG presentou este luns a campaña coa que, baixo o lema \"Traballo digno, salario xusto\", a central sindical conmemorará este ano o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. E fíxoo acompañada do Informe muller e mercado laboral en Galiza 2014. O sindicato reivindicou a conmemoración do 8 de marzo como unha data \"combativa\", que visibilice o esforzo das mulleres que \"loitan contra a opresión\" e animou a participar na manifestación unitaria do movemento feminista galego o vindeiro 8 de marzo, que sairá da estación do tren de Compostela ás 12 horas. O ano 2014 rematou con 131 mil mulleres desempregadas, fronte ás 132 mil do ano anterior. Porén, a realidade é que na actualidade hai en Galicia 13.600 mozas e mulleres de entre 16 e 35 anos menos que hai un ano Na presentación, a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López Gromaz, debullou unhas cifras que cualificou de \"demoledoras\" e que \"constatan o empobrecemento e a precariedade do emprego\" en Galicia \"lonxe dos datos achegados por organismos oficiais, que pretenden amosar unha imaxe de recuperación e saída da crise\". A CIG contesta con este estudo á \"falacia de que o ano 2014 rematou cun descenso do desemprego\". \"Redúcese o desemprego entre as mulleres non porque aumentase a ocupación entre estas, senón porque hai menos mulleres. Descendeu a poboación activa feminina, sobre todo entre as mulleres máis novas, as menores de 35 anos, que abandonaron o mercado de traballo porque emigran\", explicou López Gromaz. En efecto, o ano 2014 rematou con 131 mil mulleres desempregadas, fronte ás 132 mil do ano anterior. Porén, a realidade é que na actualidade hai en Galicia 13.600 mozas e mulleres de entre 16 e 35 anos menos que hai un ano. Dende 2008 o número de mulleres residentes en Galicia neste grupo de idade reduciuse en 72 mil, principalmente pola emigración a outros territorios do Estado ou ao estranxeiro. Das ao redor de 447 mil asalariadas galegas, 160 mil (un 35%) teñen ingresos por debaixo do salario mínimo e 235 mil (máis da metade), non chegan a mileurista A outra saída para moitas mulleres é o infraemprego. A CIG salienta que o 75% dos traballos a xornada parcial en 2014 foron desempeñados por mulleres e que un 23,7% das asalariadas tiñan un contrato a tempo parcial. Así mesmo, unha de cada cinco mulleres ocupadas ingresou en 2013 menos de 1.861 euros brutos. En total, das ao redor de 447 mil asalariadas galegas, 160 mil (un 35%) ten ingresos por debaixo do salario mínimo e 235 mil (máis da metade), non chega a mileurista. López Gromaz salientou a este respecto que \"non entendemos que unha muller se poida considerar ocupada cando os seus ingresos non chegan a 140 € mensuais. Cremos que deberían ser consideradas desempregadas e se isto fose así estariamos a falar dun total de 224.000 mulleres desocupadas en Galicia e dunha taxa de paro do 37%\". Engadiu ademais que, de sumar estas ás 71.000 mulleres que emigraron desde 2008, \"estariamos falando de 300.000 mulleres desempregadas e unha taxa de paro aínda maior\". De igual xeito, Margarida Corral, secretaria confederal da Muller e da Mocidade na CIG, subliñou que \"desde o momento en que as mulleres nos incorporamos ao mercado laboral até que o abandonamos, a desigualdade laboral está presente nas nosas vidas: desigualdade salarial e nas prestacións, maior nivel de contratación precaria e a tempo parcial, maiores dificultades en atoparmos o primeiro emprego e tamén para conseguirmos outro traballo ou dificultades para conciliarmos o emprego coa maternidade\". Corral denunciou que \"as políticas levadas a cabo polos distintos gobernos crearon un desemprego masivo e estrutural que aínda que non interrompeu a progresión da actividade laboral feminina, si fixo que esta teña lugar en condicións de desigualdade e precariedade\". \"Desde o momento en que as mulleres nos incorporamos ao mercado laboral até que o abandonamos, a desigualdade laboral está presente nas nosas vidas\" Corral explicou que \"as competencias e capacidades das mulleres están a miúdo infravaloradas. Hai unha predisposición, baseada no xénero, á hora de avaliar o traballo que realizan homes e mulleres: gaña menos unha caixeira dun supermercado que un home que traballa no almacén do mesmo supermercado ou unha limpadora que un traballador do lixo\". Corral lembrou tamén que \"as responsabilidades familiares non son compartidas de xeito equitativo\" pois \"as mulleres interrompen máis frecuentemente a súa carreira profesional e teñen un maior número de contratos a tempo parcial que os homes\". Isto supón, ao seu entender, que \"as carreiras profesionais sexan peor remuneradas\", situándose, de media, a diferenza salarial entre mulleres e homes na UE no 16%, o que repercute nos dereitos de pensión futuras e poden provocar que máis mulleres que homes sufran pobreza tras a xubilación. Informe muller e mercado laboral en Galiza 2014 (.pdf)"}
{"ID": "NOS_51520", "summary": "A Xunta quere dedicar o Pazo de Meirás á creación e á difusión de Emilia Pardo Bazán e foxe de facelo símbolo da memoria galega e a loita contra a ditadura.", "text": "Un \"faro para a igualdade\", para a creación e a difusión da figura da escritora Emilia Pardo Bazán, eses son os eixos do plan de usos para o futuro do Pazo de Meirás que está a deseñar a Xunta da Galiza, en caso de que o Estado español decida ceder a xestión destas instalacións á Administración galega. A pesar de que aínda non hai resposta á petición formal trasladada nesta liña pola Xunta ao Estado, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou esta quinta feira, 19 de novembro, algunhas das liñas do plan en que traballa o Goberno galego para a futura xestión do inmóbel. O pazo \"defínese como unha fantasía persoal de dona Emilia, que foi pioneira do feminismo en España, e foi un lugar para a creación cultural e literaria\", dixo Román Rodríguez, subliñando que a Xunta cre que o edificio \"se debe converter nun faro da igualdade\", polo que aposta por convertelo nun referente \"para reivindicar o papel\" e \"a forza creativa da muller\". Todo iso, con todo, \"sen obviar en ningún momento\" a historia do pazo e \"que aí viviu un ditador\", apostilou o conselleiro. Con todo, a Xunta é como un chuvasqueiro impermeábel a termos como memoria democrática ou histórica. De feito, esta semana, na comisión de Cultura do Parlamento galego, o PP sacou adiante unha proposta para que a Xunta reclame para si ao Estado a xestión do pazo \"co obxectivo de desenvolver usos culturais que expliquen a historia do inmóbel, reivindiquen o entendemento e a concordia e afonden no papel das escritoras na historia da literatura, particularmente de Pardo Bazán\". O PP está obstinado en substituír os termos \"memoria histórica\" ou \"democrática\" coa palabra \"concordia\", e non só na Galiza, pois o líder popular no Estado, Pablo Casado, anunciou esta semana a presentación dunha Lei da Concordia para contrapor ao proxecto de lei de Memoria Democrática que quere sacar avante o Goberno do Estado. Precisamente, na comisión de Cultura, decorrida na terza feira, BNG e PSdeG pedían que entre os usos do pazo estiver a reivindicación da memoria democrática galega e que a xestión do inmóbel non for unicamente da Xunta, senón que esta se estude e se pluralice entre as diversas entidades que traballaron para lograr a devolución do pazo ao pobo, como a Deputación da Coruña, ou o Concello de Sada, contando ademais cos movementos sociais de recuperación da memoria."}
{"ID": "QUEPASA_326", "summary": "Volvía a Taça Ibérica de Slalom servir de apertura da temporada do piragüismo galego-portugués, que este ano tamén contou con deportistas leoneses. E non podía faltar o Club Piragüismo Dumbría, facendo ademais unha fermosa demostración do nivel no que se atopa. Logou un fantástico 4º posto por equipos, e acadou 5 medallas, dúas delas de ouro, da man de Loren Costa e Jorge Quintáns.", "text": "Na previa do sábado non houbo sorte en categoría feminina, pois só Lorena Costa conseguía pasar o corte, quedando fóra das finais Alexia Canosa, Xiana Castro e Laura Antelo. Entre os rapaces foi a cousa bastante mellor, e Jorge Quintáns, Marcos Sánchez e Brais Pérez pasaron o corte quedando apenas o mazaricán Francisco Fernández fora da seguinte ronda tanto en K1 coma en C1. Jorge Quintáns, o mellor padexeiro xuvenil de Galicia Jorge Quintans do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Foto-Americo Dias copia Nas finais celebradas o domingo, Jorge Quintáns demostrou que a día de hoxe é o mellor xuvenil galego, a pensar de que o de Vimianzo non esta aínda no seu mellor momento de forma, impondose entre os K1, e sendo terceiro en C1. Os seus compañeiros de equipo Marcos Sánchez e Brais Pérez acadando o sétimo e noveno posto, respectivamente. Lorena Canosa, sobrada Pola súa parte Lorena Costa se impuxo con moita solvencia na categoría xuvenil, quedando a única incógnita por despexar se sería capaz de lograr o mellor tempo na categoría femenina, cousa que logrou por más de 10 segundos. A de Berdeogas xa está nun momento de forma espectacular. Outras 3 medallas Pola súa banda o infantil Martín Fernández Romar conseguiu subir ó podium tanto en C1 coma en K1, volvendo a casa con sendas medallas de plata. Na clasificación por clubes o CDM Piragüismo Dumbría acadou un brillante cuarto posto, a apenas 2 puntos do podium, e por diante de tódolos clubes portugueses, que ata non fai muito eran os auténticos dominadores desta proba. Vindeira proba A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría xa é para o fin de semán que ven, coa Copa Galega de Slalom que se celebra en Salvaterra de Miño."}
{"ID": "PRAZA_2723", "summary": "ENTREVISTA Falamos con Antón Sánchez (AGE) sobre o proxecto de Lei do Solo presentado pola Xunta, rexeitado con contundencia por toda a oposición, que o acusa de repetir os erros que levaron á burbulla inmobiliaria e de deixar desprotexido o rural.", "text": "A pasada semana a Xunta remitiu ao Parlamento o seu proxecto de reforma da Lei do Solo para a súa tramitación, aprobada unicamente cos votos do PP, que espera que a norma estea aprobada no mes de febreiro. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou entre as virtudes do documento as de \"promover e facilitar o desenvolvemento do medio rural\" e tamén que \"o planeamento urbanístico chegue ao 100 % dos concellos\" a través dun plan básico municipal que elaborará a Xunta para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñan a capacidade técnica de promover o seu propio ordenamento. Tamén defendeu que a norma será un instrumento para loitar \"con contundencia legal contra o feísmo\", aínda que en realidade o texto non engade ningún avance relevante neste senso con respecto á lei de 2002. Pola contra, o proxecto presentado polo Goberno galego foi rexeitado con contundencia por todos os grupos da oposición. O PSdeG-PSOE sinalou que a norma provocará \"inestabilidade e inseguridade xurídica\" e que \"desprotexe o medio rural\", constituíndo \"unha versión adelgazada da Lei en vigor, devaluada e empeorada, que elimina elementos básicos, fundamentais e positivos, en lugar de suprimir o inútil, farragoso ou innecesario\". Ademais, para os socialistas, a lei \"lonxe de evitar futuros riscos e problemas, elimina a especial protección aos terreos que sufriron un incendio\". De igual xeito, para AGE, o proxecto de Lei do Solo dálle \"continuidade a un modelo territorial fracasado e obsoleto que afonda nos peores vicios do pasado\", tenta \"inflar unha nova burbulla inmobiliaria\" e \"impide a construción dun modelo económico alternativo máis sustentable e que respecte as características e necesidades propias do noso país\". Pola súa banda, para o BNG, a lei proposta \"desregulariza o solo\", \"desprotexe o patrimonio\", \"provoca inseguridade xurídica\" e \"mantén un urbanismo contrario á realidade galega\", apostando por un urbanismo \"disperso cunha ocupación maior do territorio que provoca o encarecemento dos servizos\". Así mesmo, para o Bloque a norma provoca a \"desprotecció do medio rural\" permitindo que se urbanice máis do 80 por cento do solo rústico de Galicia. \"Hai elementos previos á Lei do Solo que hai que resolver: a organización administrativa do país, planificar a unha escala supramunicipal, facer un plan de usos do solo...\" Mesmo o Consello Económico e Social sinalou no seu recente ditame a respecto da lei que a norma rebaixa a protección do solo rústico. O CES recoñece que a lei proposta \"contén aspectos positivos\", por exemplo \"a introdución dun plan básico autonómico\" que proporciona \"un instrumento útil de planeamento\" aos concellos pequenos. Porén, tamén critica que a \"elevada indeterminación nalgúns dos conceptos e termos empregados\" podería \"crear inseguridade xurídica ou derivar en situacións de arbitrariedade\" e que \"o solo rústico de especial protección aparece definido con menor precisión que na lei actual\". Hai uns días Antón Sánchez (AGE) debullou nun artigo moitos dos elementos que critica neste proxecto, un texto que para Sánchez \"evidencia que temos un goberno incapaz para afrontar os cambios necesarios para este país nos vindeiros anos no que á ordenación do territorio e o urbanismo se refire\", concluíndo que \"é unha lei que segue a estar inspirada no modelo de liberalización e desregulación promovido polo Goberno do PP nos anos 90\", que \"non establece límites para as reclasificacións e recualificacións do solo\" e que \"desprotexe\" o rural facilitando \"calquera uso en calquera tipoloxía de solo\" e fomentando \"a dispersión urbanística\". Falamos con el. \"Este Goberno non ten capacidade para afrontar realmente os problemas. En vez diso limítase a anunciar novas leis que non son útiles para solucionar as demandas do país\" Falta unha visión global, de ordenación integral do país? Si. É necesaria unha verdadeira ordenación do territorio e cando falamos de ordenación territorial, hai outros elementos previos á Lei do Solo que hai que resolver: primeiro, a organización administrativa do país (áreas metropolitanas, comarcalización...), para poder facer un planeamento urbanístico a escala axeitada. Ademais, facer uns plans territoriais integrados, planificar a unha escala supramunicipal, facer un plan de usos do solo, un estudo detallado do patrimonio para asegurar a súa protección... En definitiva, todo o que non se fixo nestes anos e que se quere substituír cunha reforma da lei anterior. Parece que este Goberno non ten capacidade para afrontar realmente os problemas. En vez diso limítase a anunciar novas leis que ao final non teñen efectos e non son útiles para solucionar as demandas do país. A realidade é que as directrices de ordenación do territorio ou o Plan de Ordenación do Litoral deixáronse completamente de lado e non teñen efecto práctico ningún. \"Neste momento unha lei debería ser moito máis restritiva na posibilidade de crear solo urbanizable e de recualificalo, e debería incidir moito máis na rexeneración e na rehabilitación\" Sinalaches que o proxecto non ten en conta todo o que sucedeu estes anos coa burbulla inmobiliaria. Supón volver cometer os mesmos erros do pasado? A lei incide e afonda no modelo que nos levou á burbulla inmobiliaria. Nun país no que hai 300.000 vivendas baleiras, onde hai barrios urbanos que están caendo a pedazos, onde foi estragado moitísimo solo cun gran potencial agronómico, natural e paisaxístico, a figura máis relevante segue sendo a expansión urbanística. Neste momento unha lei debería ser moito máis restritiva na posibilidade de crear solo urbanizable e de recualificalo, e debería incidir moito máis na rexeneración e na rehabilitación. E esta lei pon menos restricións aínda que a anterior. Hai aínda moitas máis facilidades para reclasificar terreos rústicos, que deberían estar protexidos. Só hai que ler o artigo 23 (\"Constituirán o solo urbanizable os terreos que o planeamento considere necesarios e axeitados para permitir o crecemento da poboación e da actividade económica ou para completar a súa estructura urbanística\" ) para comprobar que aquí entra todo. É una lei continuísta co modelo anterior, pero que afonda aínda máis nel, é unha lei aínda máis favorable para os promotores privados e para os proxectos inmobiliarios. Por exemplo, agora se se aumenta o aproveitamento urbanístico ata un 30% non haberá que prever máis dotación pública, nin hai que ceder plusvalías. Para nós o urbanismo debe ter unha función social e pública, e defendemos que as plusvalías deben volver ao público. Con esta lei a plusvalía queda na parte privada. \"Esta lei pon menos restricións aínda que a anterior. Hai aínda moitas máis facilidades para reclasificar terreos rústicos, que deberían estar protexidos\" Ademais, a Xunta di que na lei tenta axilizar a tramitación de plans. Hoxe a tramitación non é áxil porque non se lle dedican os recursos suficientes para tramitar as declaracións de impacto ambiental ou de impacto sobre o patrimonio. Pero eses trámites non se poden eliminar. Aquí o que se fai é poñer prazos para a tramitación de plans urbanísticos que se cadra non poden ser cumpridos polos concellos e achega unha especie de silencio positivo. Isto é moi perigoso, pode ser unha coadeira para concellos pequenos que non teñan esta capacidade. \"Hai que facer un mapa de solos de todo o país, no que se preserven os solos que teñen aptitudes agronómicas. É un recurso non renovable e que temos que protexer\" Criticas que á norma lle falta \"concreción\". Tamén o CES alertou da súa \"elevada indeterminación\"... A lei non pode limitarse a definir nun artigo cales son os terreos de protección agropecuaria. Debería haber un mapa de usos do solo, con suficiente detalle para poder recorrer a eles cando se faga a clasificación. Hai que desenvolver unidades administrativas a nivel comarcal, a nivel de área metropolitana, para deseñar políticas urbanísticas a unha escala axeitada. No rural esa escala axeitada non son os concellos, senón que debería haber unha escala supramunicipal. Hai que facer un mapa de solos de todo o país, no que se preserven os solos que teñen aptitudes agronómicas. É un recurso non renovable e que temos que protexer, porque Galicia ten unha balanza alimentaria negativa de 900 millóns de euros, de alimentos vexetais que compramos fóra e que non somos capaces de producir, mentres que se abandona a terra. \"Unha Lei do Solo é un instrumento xurídico. Para loitar contra o despoboamento do rural, o que necesitas primeiro é un modelo social e económico definido\" O Goberno galego defende que a lei será un instrumento para o desenvolvemento do rural. Estás de acordo? Efectivamente, a conselleira quere vender que esta lei vai dinamizar o rural, queren utilizar a Lei do Solo como unha ferramenta económica. Pero unha Lei do Solo é un instrumento xurídico, non pode servir para dinamizar o rural, ten que facerse adaptada a un modelo económico e social previo. O que non pode ser é que renuncies a ter un proxecto de país. Para loitar contra o despoboamento do rural, o que necesitas primeiro é un modelo social e económico definido. Se o que queremos é un rural diversificado, no que se combine a actividade agraria, forestal, residencial, o turismo de calidade..., primeiro defines ese modelo e despois empregas unha lei do solo para defender os valores patrimoniais dese espazo. O que non podes é dicir que queres combinar agricultura, monte e turismo rural e despois encher todo de eucaliptos. Neste país evidentemente non hai só un problema de lexislación do solo, senón unha falta de proxecto socioeconómico. Cómpre unha visión máis ampla. Queda máis desprotexido o rural? O solo rústico, que é o 88% do territorio galego, queda excluído da planificación que poden facer os concellos. Queda restrinxido á planificación sectorial, por exemplo ao plan sectorial de actividades extractivas -cando se aprobe-, ao plan sectorial eólico ou ao plan de protección da paisaxe. Para entendernos: Se un concello considera que un espazo que non foi protexido por ese plan xeral de protección da paisaxe si merece esa protección como solo rústico de protección paisaxística, non poderá protexelo. Os concellos perden a súa autonomía sobre o solo rústico. \"Volve incidir en erros, como é reducir a parcela mínima edificable no solo rústico, de 5000 a 2000 metros\" Esta lei o que fai é tentar xerar expectativas económicas curtopracistas. Volve incidir en erros, como é reducir a parcela mínima edificable no solo rústico, de 5000 a 2000 metros. Permítese a demolición de construcións tradicionais no medio rural. E as edificacións anteriores a 1975 poden ser ampliadas ou cambiar o seu uso, aínda que non tiveran licencia para o uso anterior; por exemplo un galpón pode cambiar o seu uso para pasar a ser residencial. No fondo, o que se fai é volver dar barra libre. Ademais, unha lei do solo que xere expectativas no rural de revalorización de terreos é moi negativo, porque pode facer subir o prezo das terras para a actividade agraria e volver espertar situacións de especulación, sobre todo nun contexto de crédito fácil. É unha volta atrás tremenda, sobre todo porque estamos nun momento non que non hai tanta presión e se podería repensar o modelo. Criticabas tamén que para o PP, \"o planeamento segue a ser algo abordable exclusivamente a escala municipal\". Que riscos ten isto? A Lei ten como referencia o ámbito municipal, o que pode derivar nun reino de taifas. O urbanismo ten que ter unha función pública, orientada ao interese xeral. As inmobiliarias hai tempo que están traballando en escala supramunicipal, mentres a administración segue tomando os municipios como referencia neste tema. En vez de organizarse os espazos residenciais, industriais..., o que se consegue é que os distintos concellos compitan entre si e en ocasión dupliquen iniciativas. \"Politicamente e socialmente ten que haber un consenso, un consenso sobre como queremos vivir, como queremos producir, como nos queremos mover\" Cómpre chegarmos a un acordo de país sobre o territorio? Si, cómpre unha mirada máis ampla, é imprescindible ese pacto de país polo territorio. Politicamente e socialmente ten que haber un consenso, un consenso sobre como queremos vivir, como queremos producir, como nos queremos mover. Porén, a actitude do Partido Popular cando se tentaron propoñer acordos de país non convida ao optimismo. Pero haberá que desbordar o político co social, haberá que facer participar á xente. O PP sempre se escusa en que se forman comisións no Parlamento a onde van expertos, pero debe participar toda a cidadanía, e iso depende de que teña a información axeitada. Temos que contar con todo o mundo para definir o modelo de país que queremos. E se estamos deseñando actuacións no rural, teremos que contar coa xente que vive no rural. \"Este goberno non foi capaz de afrontar ningún problema estrutural do país: nin a ordenación do territorio, nin o modelo enerxético que segue paralizado, nin o agro\" Estes sete anos foron dúas lexislaturas perdidas para a ordenación do territorio. Este goberno non foi capaz de afrontar ningún problema estrutural do país: nin a ordenación do territorio, nin o modelo enerxético -que segue paralizado-, nin o agro -onde vemos datos dramáticos como que no 60% das explotacións os seus traballadores teñen 50 ou máis anos, abocándonos a un peche por falta de relevo-. Hai unha completa falta de vontade e de capacidade política. Queren vender unha lei do solo feita no último minuto para facer campaña electoral."}
{"ID": "NOS_31176", "summary": "O Goberno español volveu sacar adiante a prórroga do decreto de alarma. Mais fíxoo con menos votos a prol que en anteriores ocasións. Forzas soberanistas que apoiaran a investidura recriminaron ao Executivo estatal que tivese maior disposición a chegar a acordos coa dereita que cos nacionalismos.", "text": "A quinta prórroga do estado de alarma saíu aprobada polo pleno do Congreso dos Deputados esta cuarta feira, 20 de maio, e fíxoo con con 177 votos a favor, 11 abstencións e 162 en contra. O número de apoios é o menor de todas as votacións sobre os decretos da alarma. As forzas que forman o Goberno, PSOE e Unidas Podemos, mantiveron con elas o apoio de Ciudadanos (Cs) mais continúan a perder as forzas nacionalistas que facilitaron a investidura do presidente Pedro Sánchez. Quen noutrora votaran co executivo recriminaron a \"falla de vontade negociadora\" do Executivo, ao que acusan de preferir mirar para a \"dereita españolista\" e non para a súa esquerda e o soberanismo. Así o dixeron os deputados Néstor Rego (BNG) e Gabriel Rufián (ERC). \"Ou a maioría progresista ou a dereita\", sinalou Mertxe Aizpurua (EH Bildu) . \"Non é momento de vacilar, elixa ben\", advertiu a vasca a Sánchez. Precisamente, o Goberno fechou na terza feira, 19 de maio, un acordo con Cs para contar cos seus votos para o estado de alarma. A cambio, Pedro Sánchez non pediu unha prórroga dun mes senón dunha quincena; solicitude que tamén puñan sobre a mesa outras forzas para daren o seu apoio. Con todo, o portavoz adxunto de Cs, Edmundo Bal, advertiu a Sánchez que \"non se equivoque\" porque \"non ten un novo socio\". O propio Sánchez amarrou as palabras de Bal para dicir ás soberanistas que el non mudara de socias e incidiu en que a súa aposta continuaba a estar coa maioría da investidura. \"Até o representante de Ciudadanos o apuntou así\", dixo o presidente. Tamén o PNV votou a prol do decreto. A comezos de mes postulárase en contra, mais xa na anterior prórroga moderou a súa crítica ao novo decreto permitir a convocatoria electoral durante o estado de alarma, o que permitiu ao lehendakari vasco datar as urnas para o 12 de xullo. Na abstención situouse o BNG para non obstaculizar que o estado de alarma saíse adiante, a pesar de non compartir o contido do decreto, que continúa a limitar a mobilidade dentro da Galiza aos lindes das provincias. Tamén optaron pola abstención en EH Bildu. A deputada abertzale Aizpurua anunciou que o seu grupo está a negociar co Goberno estatal a derrogación da reforma laboral de hai oito anos. \"Non deixe caer esta oportunidade de facer algo bo para todas as traballadores e traballadores\", pediu Aizpurua. Sánchez, na súa resposta, amosou o seu compromiso con derrogar a reforma laboral, mais non lle puxo data. Foi entón cando Aizpurua confirmou a abstención da esquerda soberanista vasca a cambio de que o Goberno aposte por tombar a reforma. As forzas catalás votan xuntas en contra As forzas independentistas catalás partillaron o mesmo sentido de voto. Tanto Junts, como ERC e a CUP apostaron polo 'non'. O deputado republicano Gabriel Rufián non adiantara o sentido de voto e Esquerra estivo negociando co Goberno para pór fin á recentralización e reactivar a mesa de diálogo para a resolución do conflito catalán. Finalmente, Rufián afirmou estar ante a constatación de que o Executivo non quere negociar nada co independentismo e foi moi duro ante a falla de acordo logo de que o Goberno selase a votación con Cs. \"O espírito da investidura era pór un dique ao fascismo, mais vostedes prefiren a xeometría e escolleron a dereita\", dixo Rufián. Na bancada do 'non' estrouse inesperadamente o deputado Joan Baldoví (Compromís). O valencianista criticou ao Goberno non querer mellorar o financiamento autonómico e, por tanto, a sanidade valenciana, dixo. Criticou Baldoví así os criterios de reparto ás comunidades do fondo do Estado contra a crise. Os seus compañeiros de coalición de Más País votaron 'si'. Con todo, o seu portavoz, Iñigo Errejón instou a Sánchez a \"reconstruír\" a maioría da investidura. O PP inaugúrase no 'non' O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, cualificou de \"buraco negro para as liberdades públicas\" o estado de alarma e describiu como \"brutal reclusión\" o confinamento da poboación para previr o contaxio. Desta maneira o PP estreouse votando 'non'. Tamén Vox se mantivo no voto en contra. O BNG abstense polo 'non' á mobilidade na Galiza O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego xa anunciara que ía facilitar o mantemento do estado de alarma votando 'si' ou absténdose. A posición final, sinalou no atril, dependería de se o Goberno estatal aceptase ou non as demandas que o nacionalista puxera estes días enriba da mesa: reverter a centralización de competencias, permitir a mobilidade interprovincial dentro da Galiza entre as zonas que estean na mesma fase, e que criterios como a dispersión poboacional ou o envellecemento pesasen no reparto dos fondos contra a crise que o Estado distribuirá entre as comunidades. Finalmente, a escolla foi a da abstención porque, pese a que o BNG considerou que os cambios introducidos polo Goberno nas condicións do estado de alarma \"van na boa dirección\", o nacionalismo segue a defender que \"outro estado de alarma é posíbel\" e que os criterios de repartición das axudas \"non son xustos\". Razón de peso para o BNG absterse é que non se aceptase a demanda de mobilidade entre as provincias galegas cuxos lindes, incidiu o Bloque, non responden á realidade social galega. O propio Sánchez deu portazo ás negociacións co Bloque ao responder a Rego agradecéndolle \"a súa abstención\"."}
{"ID": "NOS_41487", "summary": "Convocatorias por redes sociais da ultradereita xudía para manifestarse contra a cidadanía árabe, nunha situación de violencia que o presidente israelí cualificou de \"guerra civil\".", "text": "Mentres que a ofensiva aérea sobre a Faixa de Gaza e o lanzamento de foguetes desde o enclave cara ao territorio israelí continuou durante a xornada de hoxe, en localidades de Israel con poboación mixta de xudeus e palestinos de Israel (árabes e palestinos con cidadanía israelí) os enfrontamentos violentos entre comunidades intensificáronse nas últimas horas. En Jaffa, segundo informou Haaretz, un soldado de 19 anos foi atacado e ingresado posteriormente nun hospital en condición crítica. No barrio de Hatikva, en Tel Aviv, as agresións producíronse entre militantes xudeus de ultradereita, dunha banda, e xornalistas e palestinos de Israel, da outra. O diario israelí sinalou que o enfrontamento violento se producira logo dunha convocatoria nas redes sociais chamando a participar nunha manifestación anti árabe. Un cámara da TV pública israelí, Kan, foi agredido polos manifestantes xudeus. Segundo esta mesma información, este tipo de convocatoria nas redes sociais, \"planeando ataques contra os árabes en cidades de todo Israel\", está indo en aumento nos últimos días. Os medios israelís tamén se fixeron eco esta quinta feira da malleira a un home por parte de militantes de ultradereita en Bat Yam, a 13 km ao sur de Tel Aviv, porque crían que se trataba dun palestino. Malleira en directo Nas imaxes do ataque, que foron televisadas en directo, pódese ver como o home é sacado pola forza do seu coche e golpeado por ducias de persoas. Segundo Harry Fawcett, reporteiro de Al Jazeera, \"semellaba un intento de linchamento público\". Ademais, a canle de TV árabe informou da emisión de imaxes en canles locais onde se mostran grupos de ducias de persoas con máscaras negras saqueando tendas palestinas. Segundo estas informacións, as convocatorias nas redes sociais estarían impulsadas por un grupo autodenominado La Familia. Tamén se informou de ataques a sinagogas, negocios e vehículos de cidadáns xudeus. E de agresións físicas, como o apuñalamento dun home. \"Guerra civil\" Neste sentido, o presidente de Israel, Reuven Rivlin, nunha advertencia ao primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, cualificou os enfrontamentos entre comunidades, os máis graves dos últimos anos, de \"guerra civil\". Netanyahu afirmou que a \"anarquía\" ten que parar, e reservistas da Policía de fronteiras foron chamados para reforzar a vixilancia nas localidades con poboación mixta. Discriminación e guerra O malestar latente polas políticas discriminatorias ─aínda que iguais sobre o papel, os palestinos de Israel reciben menos fondos do Goberno, o que leva a peores infraestruturas e servizos─ acabou por estallar tras o desaloxo en marcha no barrio Sheikh Jarrah en Xerusalén, e os sucesos da última semana coa represión de manifestantes en Al Aqsa. Hamas viu entón xustificado o lanzamento de foguetes desde Gaza contra localidades israelís, o que levou á desmesurada resposta aérea por parte de Israel, que segundo os últimos datos facilitados hoxe á noite, provocou xa 87 mortes no enclave. Un territorio bloqueado desde 2007 e cualificado por activistas palestinos de \"cárcere a ceo aberto\". Os foguetes continuaron saíndo de Gaza e os avións continuaron castigando a súa poboación. Ademais, tropas e tanques israelís comezaron a agruparse na fronteira coa Faixa."}
{"ID": "NOS_1084", "summary": "PP e PSdeG pactaron esta semana reducir as intervencións de Bloque e Alternativa. Falamos cos portavoces na Cámara de BNG e AGE sobre unha medida que boicotea a posibilidade de facer unha oposición efectiva.", "text": "Populares e socialistas pactaron a comezos desta semana distribuír as quendas de intervención e o número de iniciativas para dar espazo ao Grupo Mixto. Mais ese novo reparto só afecta – e prexudicando- a AGE e BNG, aos que se lle mingua a súa actividade parlamentar. As dúas formacións perderán a posibilidade de defender dúas Proposicións non de lei, unha moción, unha interpelación, 1 pregunta ao Goberno e 1 pregunta ao presidente. Falamos con Francisco Jorquera (portavoz parlamentar do BNG) e Yolanda Díaz (co-portavoz de AGE) do alcance dun pacto que, coinciden, quer \"blindar\" un bipartidismo en profunda crise. Francisco Jorquera: \"Nun momento en que ese bipartidismo está máis cuestionado que nunca eles deciden blindalo, evitando que haxa unha oposición real na Cámara galega\" - Este pacto entre PP e PSdeG na Galiza evidencia a existencia dunha 'Grosse Koalition' disposta a minguar o espazo das forzas que se lle opoñen? - F. Jorquera: É unha manobra para consolidar o bipartidismo no Parlamento galego, un bipartidismo que non se corresponde coa composición real do Parlamento, que é moito máis plural; e un bipartidismo que non se corresponde co que pensa e sente o pobo galego. Nun momento en que ese bipartidismo está máis cuestionado que nunca eles deciden blindalo, evitando que haxa unha oposición real na Cámara galega. PP e PSOE non só vulneran as normas do Parlamento, senón que mesmo con este pacto van contra unhas prácticas que estaban consolidadas xa nos tempos de Fraga presidente! É este o 'impulso democrático' do que tanto fala e do que tanto se gaba Núñez Feijóo? - Y. Díaz: Estamos diante doutro pacto do bipartidismo, que non ten problema en ningún en chegar a pactos ou acordos cando senten que están en risco, e saben que agora estano. Botan man de fórmulas 'trileras' para tentar calar a voz de 14 deputados e de ducias de milleiros de votantes. AGE e BNG somos os grupos que no Parlamento máis reflectimos a voz da rúa, os problemas e necesidades da xente; por iso recortan. - Non é a primeira medida que implica un Parlamento no que desde a oposición se ten denunciado que a capacidade de facer oposición mingua progresivamente... - F.J: Hai unha estratexia do PP nesa dirección. As negativas de Feijóo a comparecer, a 'invernación' daquelas cuestións que non son de interese para o goberno como pode ser a corrupción ou a fusión das caixas; converter as sesións de control ao goberno en sesións de control á oposición... Con este pacto afondan en querer recortar a capacidade de actuación da oposición. O Partido Popular non cre no auto-goberno e por iso quer anular o Parlamento galego. - Y.D: Teño claro que si. Todos os días podemos ver que non lles interesa para nada que haxa unha oposición real. Un exemplo claro é o papel da presidenta do Parlamento, que é unha das altas institucións do País, e que de imparcial non ten nada. Exerce un trato moi desigual entre o grupo do PP e a oposición. Tentan poñernos tantas trabas porque están aterrados, hai medo nos partidos do réxime. Yolanda Díaz: \"Botan man de fórmulas 'trileras' para tentar calar os grupos que no Parlamento máis reflectimos a voz da rúa\" - Que medidas ou pasos se poden dar para solucionar esa situación de recorte das intervencións e capacidade de oposición de BNG e AGE? - F.J: Este pacto entre PP e PSdeG é grave. Empregan o grupo mixto como pretexto para meterse a recortar nas iniciativas de BNG e AGE mais as do PP e PSdeG non as tocan, esas seguen igual. Nós non temos problema en que se alonguen os plenos e que sexan máis periódicos para así tratar todo o que haxa que tratar. Non imos permanecer parados ante ese pacto. Presentaremos un recurso perante a Cámara, recurso que estamos a ultimar. De non aceptalo, pediremos recurso de amparo no Tribunal Constitucional - Y.D: Estamos dispostos a adoptar medidas legais, mais tamén hai que facer unha actividade de divulgación e pedagoxía entre a sociedade do que supón ese pacto, de porque se adopta, do que está a pasar. Para a semana falaremos co BNG para facer algo, porque non podemos permanecer de brazos cruzados."}
{"ID": "NOS_56633", "summary": "Entrevista co portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, na Radio Galega. O miolo da conversa, as eleccións europeas. \"Esperemos que Anova bascule cara ás posicións nacionalistas e de esquerdas\", afirmou o líder do Bloque, o que traducido significa: esperemos que non se poñan ao servizo da estratexia eleitoral de IU.", "text": "A folla de ruta do nacionalismo galego, xulgou Vence, ten de ser \"a unidade de todos os nacionalistas\". O BNG ten feito o que o seu portavoz nacional cualifica de \"oferta aberta e xenerosa\" a todas as forzas nacionalistas galegas, visando que o país teña unha voz propia en Europa. \"Esperemos que Anova bascule cara posicións nacionalistas e de esquerdas. Nós continuamos coa man tendida. Agora é responsabilidade de cada quen tomar as súas propias decisións\", subliñou o portavoz nacional, que se nega a supeditar \"os intereses galegos\" ás estratexias eleitorais dunha forza política con centro de decisión en Madrid. Para Vence, o que o eleitorado nacionalista non entendería en ningún caso é que o nacionalismo galego \"se puxese baixo o paraugas dunha forza estatal\". A cidadanía, enfatizou, \"ten moi claro que necesita ter unha voz directa\" que represente Galiza en Bruxelas. Soberanía Vence foi interpelado abertamente polo xornalista Xabier Ares sobre se consideraba ou non viábel unha Galiza independente. Na súa réplica, o portavoz nacional do Bloque puxo o acento non no conceito independencia, mais no da soberanía. \"Galiza ten que ter capacidade de decisión. Ten que ter ferramentas para que non sexan Madrid, Bruxelas e determinados fondos de investimento os que tomen as decisións por nós. A soberanía é iso, é capacidade de decidir\", alegou. Baixou do abstracto ao concreto tomando como exemplo a situación do sistema financeiro galego: \"Vemos como nos están a roubar Novagaliciabanco, após os galegos ter colocado aí por volta de 9.000 millóns de euros\". Esa entidade vai ser agora vendida por Madrid -co silencio cúmplice da Xunta, criticou- a un grande banco español ou un fondo de investimentos norteamericano. \"Con soberanía non habería ese espolio\", enfatizou, ao tempo que reiterou cal é a aposta do BNG en relación a NGB: tornar esta entidade nun \"banco público galego\" para dar crédito a empresas e particulares."}
{"ID": "NOS_40790", "summary": "Miguel quere ser músico pese á prohibición da súa familia. Pero a súa familia ten varias xeracións e os mortos non opinan o mesmo.", "text": "Os máis pequenos da casa non teñen escola así que as carteleiras aproveitan a ocasión para encher a billeteira cunha ampla oferta de filmes de debuxos animados. A maior produtora de debuxos do mundo, Disney/Pixar, que de parvos non teñen nada, adoitan reservar a súa artillería pesada para estas datas tan sinaladas. Presentan Coco, unha cinta ambientada en México que segue os pasos de Miguel Rivera, un rapaz obsesionado con tocar a guitarra coma o seu ídolo Ernesto de la Cruz, un sosias de Jorge Negrete. O problema é que a familia de Miguel ten prohibida a música desde hai varias xeracións así que terá que conformarse con ser zapateiro, coma todos os membros desde que a súa tataravoa Imelda fundara a empresa Calzados Rivera. É tradición en México que todas as familias se reúnan cos seus antepasados no tradicional \"Día de Muertos\", unha festa chea de cor, flores e ofrendas. Miguel entra por error na dimensión da Terra dos Mortos, onde descubrirá o segredo que levou a prohibir a música na súa familia. Coco é unha preciosa oda á familia aderezada cunha animación alucinante (a escena da auga é brutal), música ad-hoc (nomeada a Mellor Canción nos Globos de Ouro e, previsibelmente aos Oscar tamén) e menos tópicos latinos dos que se podía agardar, aínda que habelos, hainos... Por momentos unha comedia disparatada (atención aos cameos osudos de persoeiros mexicanos), noutros un musical e noutros un melodrama que ameaza con superar o récord de bágoas de Un monstro vénme ver (2016, J.A. Bayona). Teñan un pano ben a man porque o van necesitar... Conta tamén cun interesante apunte arredor da emigración: os mortos mexicanos teñen que cruzar un muro para poder ver a súa familia viva mexicana. Píllase o símil, non si? Unha interesante alegoría entre o muro que separa os vivos dos mortos, e o muro que separa México dos Estados Unidos de Trump. Loxicamente a cousa queda bastante na superficie, e mesmo se pode dicir que está bastante edulcorada, mais aí está... Tendo en conta que provén dunha multinacional como a Disney a cousa ten ata vimbios de audacia. En México foi un éxito sen precedentes mais tamén o está sendo en todo mundo, conquistando de paso a toda a crítica especializada, pois conta con ingredientes máis que suficientes como para chegar a todo tipo de público con independencia da procedencia ou idade. Como curiosidade a cantidade de paralelismos culturais, concretamente na praza do pobo: se en troques de guitarras poñemos gaitas e pendeiretas estaríamos perfectamente no entorno dun serán. Coco é apta tanto para crianzas como para persoas maiores, sen restricións. Perfecta medición dos tempos, ben estruturada, hai intriga, non aburre, está chea de fantasía desbordante e a maioría de gags funcionan. Os xiros vense vir un pouco mais tampouco é un impedimento para a trama pois o que conta ao final son as sensacións que deixa e hai que recoñecer que Coco emociona, e moito... O único malo, ou perverso mellor dito, que se pode dicir de Coco non é sobre o propio filme, senón do que está xusto detrás: un xigante empresarial insaciábel da talla de Disney que, neste caso, obrigou a retrasar a estrea da coprodución mexicano-portuguesa-galega titulada Día de Muertos, pois a semellanza temática entre ambos filmes era evidente e, de seguir as datas previstas, ambas coincidirían en carteleira. De novo a sempiterna loita entre David contra Goliath... mais desta volta o intelixente non era loitar, senón retirarse ata atopar unha mellor momento para a estrea. En fin, aínda non hai data sinalada para Dia de Muertos mais de seguro deixarán pasar o rebumbio da entrega dos premios Oscar de Hollywood, onde se intúe que Coco acadará algunha que outra estatuíña dourada. Coco (EUA 2017, 105 min.) Dirección: Lee Unkrich e Adrián Molina Guión: Adrián Molina e Matthew Aldrich Música: Michael Giacchino"}
{"ID": "NOS_34905", "summary": "Filmes galegos coma o multipremiado Vikingland, de Xurxo Chirro, Pacios, As fotos da memoria, de Manuel Darriba, ou as curtas de WeareQQ e Vanesa Vilaverde, Eduardo Maragoto e João Aveledo que abren hoxe o programa, integran a mostra xunto con filmes procedentes do Congo, Níxer, Venezuela, Arxentina, Francia ou Alemaña.", "text": "Dende hoxe, 11 de xuño, até o vindeiro martes 19, o Museo compostelán acolle unha nova edición da Mostra de Cine Etnográfico, en colaboración coa Concellería de Cultura compostelá, o Cineclube de Compostela, o Festival de Cine Etnográfico Espiello, a TVG e a Consellaría de Cultura e Educación.Este luns, a mostra abre con curtas galegas na sección Carlos Velo: Goitik behera, behetik gora, do colectivo WeareQQ (Uxue Arrieta e Vicente Vázquez), ás 19.30, e a seguir, Em companhia da morte, unha curta de Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto. O mércores proxéctase o documental Pacios. As fotos da Memoria, de Manuel Darriba, e o xoves, Hombres de arena, do venezolano Joaquín Cortés Peteiro, Yatasto, do arxentino Hermes Paralluelo, ou Cautare, do romanés Ionut Pitirescu. Xa o venres, ás oito, será proxectado o exitoso documental Vikingland, de Xurxo Chirro. O venres pónse Lembrando os rostros da morte, de Lois Patiño. O martes será proxectada, na Sección Espiello, Dimanche a Brazzaville, de Enric Bach e Adrià Monés, merecedora dun accésit no festival que nomea a sección. Tamén teremos ocasión de ver nesta sección What has to be photographed!, da alemá Irina Linke, e Swimming in space, da tamén alemá Anna Mbiya Katshunga, ou Dreaming Nicaragua, do nicaragüense Marcelo Bukin, que foi Premio Espiello Boltaña ao máis votado polo público e Premio ASECIC Guillermo Zúñiga, así como Una casa para Bernarda Alba, de Lidia Peralta, Premio Espiello Rechira ao mellor traballo de investigación, e El Torero de los Andes, de Ignasi Rodríguez Batlle, premio ao Mellor Documental Etnográfico. No apartado de cinema histórico Jean Rouch poderanse ver filmes do cineasta francés, coma Petit à petit, La chasse au lion à l´arc, á parte do documental de Jean-André Fiesch: Mosso Mosso :Jean Rouch comme si. Por último, este mércores haberá unha sesión paralela dentro da programación regular do Cineclube de Compostela, con Fake Fruit Factory, de Chick Strand, e Reassemblage, de T. Minhh-ha Trinh. Será ás 21.45, no Pichel. Neste pdf pódese consultar o programa completo."}
{"ID": "PRAZA_17779", "summary": "O balance xeral deste proceso de recortes no gasto e privatización nos servizos presenta como resultado un recorte de medios que favorece a deriva dos pacientes aos centros privados", "text": "A estas alturas poñer en dúbida que en Galicia estase producindo, baixo a dirección da Xunta de Galicia (PP), un programado e minucioso desmantelamento da asistencia sanitaria pública resulta simplemente grotesco. Como antes sucedera nas comunidades de Madrid e Valencia tamén Galicia se sumou ao carro dos recortes e das privatizacións provocando que, do mesmo xeito que as comunidades citadas, Galicia pasara a converterse \"nun parque temático sanitario\" (M. Sanchez-Bayle, portavoz da FADSP). O balance xeral deste proceso de recortes no gasto e privatización nos servizos presenta como resultado un recorte de medios (fundamentalmente redución de persoal e peche de camas que resulta ser o recurso mais empregado para a redución de custos) que favorece a deriva dos pacientes aos centros privados co conseguinte incremento dos concertos (que se especializan na atención ós pacientes con patoloxías mais rendibles dende o punto de vista económico). Hai tamén unha privatización de servizos (especialmente de aqueles de maior rendibilidade que solen coincidir, en moitos casos, cos de mais alta tecnoloxía) e un claro deterioro da asistencia sanitaria especialmente nos centros de Atención Primaria pero tamén nos de Atención Hospitalaria. O recorte de medios, como por caso de camas (calcúlase que o SERGAS pechou xa mais de 750 camas), supón efectivamente unha peor atención aos pacientes. Mentres os responsables da Xunta intentan xustificar esta medida con criterios de suposta mellora da asistencia sanitaria (favorecería unha \"hospitalización a domicilio\" que seica resulta mais confortable para os pacientes que a ordinaria) as evidencias mostran que non so se trata dun recurso para reducir custos senón que ten graves consecuencias para os pacientes. Así, como podemos ver con demasiada frecuencia, non so se multiplican os casos de camas polos corredores hospitalarios, de pacientes graves encamados durante horas en camillas cando non oscultados nos propios corredores, senón que os Servizos de Urxencias dos Hospitais (SUH) vense superados pola saturación de pacientes –algo que calquera que teña que acudir a estes servizos pode comprobar- quen a súa vez teñen que permanecer mais tempo nese servizo en espera de ingresar por falta de camas hospitalarias. Como moi ben denuncian os profesionais sanitarios os recortes de camas producen o efecto boomerang especialmente nos pacientes con doenzas críticas. Efectos que se poden comprobar, a pesares do segredo con que se manexan, nas listas de espera que se incrementan tanto en número como en tempo de espera especialmente para intervencións cirúrxicas, evidencias que tratan de ocultarse con listas de espera maquilladas que sitúan a miles de pacientes no limbo e que, xa que logo, non se contabilizan. Nembargante as consecuencias poden ser aínda peores pois como demostran as experiencias en outros países europeos, por caso Gran Bretaña, o recorte de camas pode chegar a incrementar o número de mortes evitables nos centros hospitalarios. Un fenómeno parecido sucede cos recortes de persoal –so nos hospitais elimináronse preto de 1.800 prazas-. Si se trata de persoal médico resulta indiscutible que si un servizo perde persoal médico –elimináronse mais de 500 prazas- ou, por caso, se substitúe a persoal fixo por temporal aquel non poderá atender ao mesmo número de pacientes nin facelo co mesmo nivel de calidade. Moito máis se esa asistencia sanitaria pública, como sucede coa galega, ten xa de seu un importante déficit de persoal médico: Galicia é a terceira comunidade autónoma con menos médicos/as por habitante. Cando os recortes son de persoal médico en formación afectan non so ao desenrolo formativo dos profesionais da sanidade senón tamén ao relevo xeracional e, de rebote, a calidade da asistencia sanitaria. O mesmo sucede coa redución de persoal de enfermería –ó redor de 200 prazas- algo que veñen denunciando fontes solventes do sector: as evidencias científicas mostran como a redución deste persoal non so afecta a atención aos pacientes senón que segundo estudios recentes estase demostrado que teñen un efecto impulsivo da mortalidade nos pacientes tal que por cada 10% de redución na dotación de persoal de enfermería incrementase a mortalidade nun 12%. Entre os incontables casos que evidencian as consecuencias deste grande déficit de persoal sanitario non podo deixar de citar, pola súa gravidade e paradigma, o que está a suceder no Centro Psiquiátrico de Conxo onde, como así denuncia un Informe do Valedor do Pobo, son tales as carencias de persoal que colocan aos pacientes nunha situación de clara vulneración dos seus dereitos como seres humanos. Na maioría dos casos, como sucede actualmente en Galicia, a política de concertos coa atención sanitaria privada, que na práctica provocan un debilitamento financeiro e operativo do sistema público, non está debidamente xustificada dende unha perspectiva pública quedándose nunha crecente transferencia de recursos públicos a empresas privadas cuxos propietarios, en moitos casos, nada teñen que ver coa asistencia sanitaria como por caso sucede cos fondos de capital risco –\"fondos voitres\"- tal que o CVC Capital Partners presente en Galicia. Se dende o lado do público os concertos non solen estar debidamente xustificados si teñen xustificación dende o lado privado xa que resultan seren o negocio mais rendible dos centros sanitarios privados, a parte mais lucrativa do seu negocio. Supoñen un enfeblecemento do sistema público xa que a practica dos concertos condiciona o desenrolo do mesmo como sucedeu durante moitos anos na área de Vigo onde o concerto co centro de POVISA estivo condicionando o desenrolo do sistema sanitario público na zona ao tempo que facilitaba a consolidación dun proxecto privado que ten no SERGAS o seu principal cliente. Situación que se mantén hoxe en día a pesar da construción do CHUVI. Por outra parte e como denuncian continuamente os órganos públicos de control –como, por caso, o Consello de Contas- falta nos concertos un control axeitado das facturacións, tarifas e mesmo actividades tal que non é posible coñecer a evolución real dos custos da actividade concertada que se rematan fixando en base a estimacións. Escurantismo que xustifica a crecente desconfianza que, por caso, existe entre os pacientes galegos asignados a POVISA que descoñecen as condicións de asistencia sanitaria deste centro así como as razóns que existen desta asignación que leva a que, como ben denuncia a AGDSP, queden encadeados a un centro privado que ten menos recursos e servizos que os centros públicos. Na maioría das veces a privatización de servizos faise tamén dun xeito escurantista e sen a obrigada publicidade e transparencia esixible por tratarse de fondos públicos. En Galicia temos multitude de exemplos como denunciaba non fai moito o informe do Consello de Contas de Galicia sobre a privatización dos servizos de limpeza dos hospitais e centros de saúde galegos. Unha practica escurantista nunhas adxudicacións (laboratorios, investigación, alta tecnoloxía, historiais clínicos, loxística, mantemento, etc.) que na maioría dos casos supoñen, ademais, unha perda de calidade e de eficiencia. De feito son crecentes os informes do Consello de Contas que confirman como a privatización dos servizos empeoran os mesmos sen que haxa evidencia de que supoñan aforros significativos. Por si isto no fora suficiente para cuestionar a política de privatización de servizos que a Xunta de Galicia está impoñendo hai que engadir as sospeitas que levanta tal política polas indiscutibles conivencias que existen entre o Partido Popular –o partido mais corrupto de Europa- e as empresas adxudicatarias de tales servizos. Pero o máis criticable de todas estas políticas é o impacto enormemente negativo que teñen sobre a asistencia sanitaria pública. Unha asistencia que era modélica, cuxo real desmantelamento repercute moi negativamente na atención aos pacientes e, xa que logo, nos seus niveis de saúde. Moi especialmente na de aqueles/as galegos/as de rendas medias e baixas, clases populares, que por razóns obvias non poden acudir a asistencia privada. Un impacto que evidentemente é aínda maior nas poboacións das áreas rurais e periféricas de Galicia moi afectadas tanto pola redución das áreas sanitarias como polo peche de determinados servizos e especialidades. Un impacto que, nembargante, incrementará o negocio das industrias farmacéuticas para quen a boa saúde non é rendible. So cabe agardar, e desexar, que as mareas brancas paren este despropósito e revertan a situación. Por caso non se pode permitir que morran pacientes pola negativa do SERGAS a aprobar os tratamentos que os médicos prescriben como pasou con doentes de hepatite C. Publicidade"}
{"ID": "NOS_36736", "summary": "O presidente da Xunta de Galiza gabouse esta quinta feira da compra de Barreras por parte da Pemex. \"É unha oportunidade\" dixo. Núñez Feijóo atribuiu a entrada da mexicana no accionariado do estaleiro de Vigo á incapacidade desta para conseguir un aval que lle permitiría construír un buque flotel", "text": "A situación económica pola que atravesa o sector naval galego e, nomeadamente o estaleiro vigués Barreras son para o líder do executivo galego motivo sufiente para promover a súa venda ao capital foráneo. A entrada de Pemex no accionariado de Barreras --con 10 millóns de euros segundo vén de confirmar a empresa mexicana-- \"supón beneficios para os traballadores\" do naval de Vigo mais tamén, engadiu, \"para Galiza\" e \"as empresas auxiliares\". Segundo Alberto Núñez Feijóo a incapacidade de Barreras para conseguir o aval que lle permitiría presentarse á licitación dun buque flotel motivou a súa venda á petroleira paraestatal mexicana que nun comunicado de imprensa recoñecía a rendibilidade do investimento, habida conta da importancia económica de Barreras en tanto que \"columna vertebral do ecosistema de estaleiros e dos seus provedores\", aseveran desde Mexico. Para Pemex o 51% do accionariado supón a entrada en \"seis estaleiros\" e na \"industria auxiliar máis importante\" do Estado español. A importancia estratéxica que desde Mexico ven no sector naval galego semella non ser partillada por unha administración galega que rexeitou desde o comezo axudar directamente ao sector con fondos públicos ou pulando polo levantamento do veto á construción naval civil que, xa na Ría de Ferrol, impide a Navantia Fene acceder a carga de traballo. Á espera de se fechar formalmente o acordo,o estaleiro vigués pasará a tomar parte do organigrama da petroleira mexicana e comezará a construír \"de maneira directa e sen licitación\" buques. Neste senso, a dúbida cérnese sobre o futuro de Navantia e da construción do flotel prometido por Feijóo. No entanto, o presidente da Xunta quixo desbotar calquera dúbida ao respecto e asegurou que Pemex \"cumpre cos seus compromisos\" polo que se amosou \"convencido\" de que a construción dun outro flotel na ría de Ferrol continúa adiante. Mais a ultima palabra está agora en Mexico."}
{"ID": "NOS_15055", "summary": "O escritor, finado en novembro do ano pasado, obtivo esa consideración hai menos de dous meses.", "text": "O Partido Socialista da Galiza (PSdeG) presentou unha moción para o vindeiro pleno ordinario do Concello de Corcubión na que pide, a instancias da familia de Darío Xohán Cabana, \"deixar sen efecto o seu nomeamento de fillo adoptivo de Corcubión\", segundo recolle o propio documento de convocatoria da sesión. O mundo da cultura chora a perda de Darío Xohán Cabana, mestre da lingua Así o solicitaron os familiares do escritor a través dunha misiva dirixida ao Consistorio de Corcubión, na que agradecen a iniciativa para concederlle a distinción, mais na que tamén explican que asumen a \"difícil\" tarefa de \"pensar o que querería el\". O pasado 21 de maio, o escritor foi nomeado de maneira póstuma fillo adoptivo do concello, con motivo dunha moción presentada por Sempre Corcubión, que contou cos seus votos a favor, ademais dos do BNG, PP e PaCor. Pola súa parte, o PSOE, como grupo de Goberno, abstívose. Piden á RAG un Día das Letras a Darío Xohán Cabana antes dos dez anos do seu falecemento A formación argumentaba que o escritor e membro da Real Academia Galega (RAG) \"recolleu a nosa vila e a nosa paisaxe e mesmo obtivo inspiración de varias persoas da nosa localidade, cumprindo sobradamente os requisitos que normalmente son recollidos en calquera regulamento de honras e distincións dunha corporación municipal\". Ademais do nomeamento, o Concello tamén acordara pór unha placa conmemorativa no xardín da Casa do Concello e reeditar as súas obras nas que máis presente está Corcubión: o poemario Patria do mar e o volume de relatos Libro dos moradores. Semente de mencer, homenaxe nacional a Darío Xohán Cabana Dous meses despois, o pleno votará, a proposta neste caso da familia, se quita esa distinción ao escritor, finado o 17 de novembro de 2021 aos 69 anos de idade."}
{"ID": "NOS_16215", "summary": "Aliás, reclama que non se sigan practicando recortes nin no ensino nin na saúde pois entende que \"estamos dentro dun barco e temos que o salvar xuntos, non ir botando xente ao mar\"", "text": "A muller máis rica do Estado español e presidenta da fundación Paideia, Rosalía Mera, pronunciouse esta quinta feira en contra dos recortes en sanidade e en educación e dixo \"confiar\" en que a contrarreforma da lei do aborto que prepara Gallardón \"non saia adiante\" porque \"así protexe a uns e tamén ás nais no dereito a poderen decidir nunha cousa tan importante como é a maternidade\". Durante a presentación do informe 'Estado mundial da infancia 2013', Mera mostrou o seu desexo de que o Goberno español deixe esta norma \"como está, que está moi ben\" e enfatizou que debera tamén cesar nos recortes en ensino e saúde \"indo á parte máis fácil e recurtando por debaixo\". A segunda fortuna a nivel mundial en mans dunha muller quixo facer entender ás e aos presentes que \"estamos dentro dun barco e temos que o salvar xuntiños, non ir botando xente ao mar\"."}
{"ID": "NOS_34560", "summary": "O presidente da Xunta eludiu defender Dolores Cospedal despois de Luis Bárcenas denunciar o Partido Popular por despedimento improcedente.", "text": "Segundo a versión de Cospedal, o PP despediu Bárcenas en Abril de 2010. O ex tesoureiro négao e di que mantivo até hai nada a súa relación laboral co que chama \"a súa empresa\". Os dados da Seguranza Social non deixan marxe á dúbida: o PP continuou a pagar as cotizacións de Bárcenas até o 31 de Xaneiro deste ano. Interpelado directamente pola imprensa sobre esta cuestión, Feijóo evitou avalar a tese de Cospedal. \"Será a xustiza quen determine a verdade\", dixo. Foi saír hoxe na imprensa madrileña que na Moncloa existía un crecente malestar e descontento coa xestión que Cospedal, secretaria xeral do PP, estaba a facer do caso Bárcenas, e eludir o presidente da Xunta, a preguntas dos xornalistas, defender a actuación da castelá-manchega. Na rolda de imprensa após o Consello da Xunta, perguntouse a Feijóo que pensaba de que o ex tesoureiro do PP continuase a cobrar do PP até o 31 de xaneiro e da xestión que da polémica Bárcenas estaba a facer Cospedal. E Feijóo respostou, mais eludindo en todo momento apoiar á secretaria xeral popular. O presidente da Xunta afirmou que \"no Consello da Xunta non falamos desas cousas\", para asumir unha das liñas de defensa/ataque de Génova nesta cuestión: \"Unha persoa que ten esas contas en Suiza non merece credibilidade\". Mais Cospedal seguía sen aparecer na súa resposta, malia ser o obxecto central da pregunta. Feijóo mesmo afirmou que \"a xustiza determinará a verdade\", unha frase para interpretar nun cruzamento de versións contrapostas: a do ex tesoureiro do PP e a da actual secretaria xeral dos populares españois. Afirmou que \"os que agora piden dique flotante, negárono antes cando estaban no poder\". Naval: Balóns fóra O presidente da Xunta de Galiza tamén tivo que facer fronte a preguntas de por que o seu partido botaba unha cousa no parlamento galego (a favor de inxección económica para o dique flotante de Ferrol) e outra no español (onde non apoiou esta infraestrutura). Feijóo afirmou que \"os que agora piden dique flotante, negárono antes cando estaban no poder\". A partir de aí, adicouse a incidir en que a Xunta \"aposta pola carga de traballo\" para os estaleiros, sendo menos importante se esta procede do dique flotante ou dos buques de Pemex. Compostela: \"Necesitamos unha explicación\" No que atinxe ao último escándalo relacionado co goberno local de Compostela (as facturas falsas do concelleiro de Obras), Feijóo comezou afirmando que \"falsificar facturas é un delito\". A continuación sinalou que eses feitos \"precisan dunha explicación\" tanto do edil como do goberno local; e que el estaría \"moi atento a esas explicacións\". Semella esquecer Feijóo que en Compostela goberna o partido, PP, do cal el é responsábel en Galiza. E esa resposta (\"merecemos unha explicación\") xa foi dada por Feijóo hai varios días, a preguntas sobre as imputacións de cargos do PP do goberno local de Compostela. Estafad@s polas preferentes, manipulados Na mañá desta quinta feira, estafad@s polas preferentes obrigaban a suspender o pleno de Nigrán. Como xa fixeran cos doutros concellos do Baixo Miño. Veciñ@s deses municipios exixen dos seus representantes políticos, alcaldes do PP, que ou ben o seu partido dá unha solución xusta ao calote ou eles renuncien a seguir nesa formación. É neste escenario no que Feijóo vén de dicir que as preferentes son responsabilidade do goberno de Zapatero e que desde a Xunta \"estamos traballando para solucionar o problema\". Real Academia Galega N o que atinxe á demisión de Méndez Ferrín como presidente da Real Academia Galega,o presidente da Xunta cualificou de \"impecábel\" a relación institucional co escritor ourensá e apuntou que o goberno galego valora nel \"a aposta que fixo por poñer en valor a entidade e a língua\". \"Fixo un bon traballo\", concluiu. No Consello da Xunta desta quinta feira aprobouse a incidencia supramunicipal do Plan de Acuicultura, que entra así na súa última fase. Aliás,o Consello deu o visto bon a que nas subvencións e axudas autonómicas se primen os proxectos e ofertas presentadas por concellos conxuntamente ou ben concellos fusionados."}
{"ID": "NOS_16269", "summary": "A asociación contra a violencia machista Si, hai saída expresa a súa preocupación dadas as reaccións que xurdiron após o asasinato da moza Tatiana V.A.", "text": "\"Cando aínda se está a investigar a autoría do asasinato de Tatiana, e ante a posibilidade de que se trate dun novo caso de violencia de xénero, vemos con profunda inquedanza como se están a cuestionar aspectos da vida de Tatiana, das súas relacións, e mesmo da súa familia, algo que, ao noso entender non procede\", explica a asociación nun comunicado. Si, hai saída tamén cuestiona a \"gran relevancia\" que se lle está a dar ás características do presunto autor do crime. Refírese á súa procedencia e á súa etnia, \"como se isto explicase ou xustificase o seu proceder, no caso de que a súa culpabilidade chegue a demostrarse\". Culpabilización \"Non falta quen culpa a Tatiana por ter rexeitado a axuda que semella que tivo e a súa negativa a presentar a denuncia, esquecendo o máis importante e preocupante, que todas deberiamos cuestionarnos, que é a dependencia psicolóxica que adoita ter a muller maltratada e que a incapacita para tomar calquera tipo de decisión e para saír da súa tremenda situación\", engade a asociación. Neste sentido, Si, hai saída explica que moitas veces, a propia muller \"non é quen de recoñecerse como vítima de malos tratos nin de tomar conciencia da súa condición\". Ante esta situación, chama a \"prestarlles axuda\" e a \"ensinarlles a identificar eses signos que lles fagan entender que están inmersas nunha relación enferma\"."}
{"ID": "NOS_26331", "summary": "Máis unha voz a se pronunciar sobre 'O Diario Galego'. A da escritora, académica e colaboradora do semanario Sermos Galiza Marilar Aleixandre. \"A cultura galega está invisibilizada nos diarios en papel actuais\", afirma.", "text": "Aleixandre ve moi necesaria a aparición dun \"diario en galego\", dun meio que \"recolla a pluralidade de voces, opinións e perspectivas [con especial compromiso co feminismo] que existen na Galiza\". Para a escritora, é moi importante que o novo meio -cuxo lanzamento está programado por Sermos para 2019- \"non se perciba cunha liña moi determinada ou cunha orientación política moi específica\". \"Creo que a idea é facer algo transversal en certa medida\", engade. 'O Diario Galego' está chamado, pensa, a cubrir un oco, o da atención á cultura galega, \"invisibilizada\" nos actuais diarios en papel."}
{"ID": "NOS_24554", "summary": "Críticas á improvisación e ás incertezas da norma", "text": "O Diario Oficial da Galiza (DOG) do día de hoxe oficializou as medidas avanzadas na comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Xa que logo, quedan suspendidas sine die \"as competicións deportivas de ámbito autonómico\", tal e como sinala o DOG, e os adestramentos terán que desenvolverse de modo \"individual, ou colectivo con máximo de catro persoas sen contacto físico\". Ademais, as deportistas federadas deixan de estar exentas do toque de recoller, polo que terán que adaptar os seus horarios á devandita restrición. Esta medida chega apenas dez días despois de que a Xunta da Galiza e a Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) lanzasen a campaña #ForteCoDeporte, coa que, afirmaban, pretendían \"impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia\". Nós Diario púxose en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte coa finalidade de solicitar unha valoración destas medidas tan duras, máis polo de agora desde o departamento dirixido por José Ramón Lete Lasa non realizarán ningunha valoración. Quen si reaccionaron foron as distintas federacións deportivas do país, sendo a máis interesante a de atletismo, que revelou que a Secretaría Xeral para o Deporte confirmou que \"está a traballar na elaboración dunha guía con todas aquelas casuísticas que poidan servir para despexar todas estas dúbidas\". Estas contradicións e incertezas foron criticadas por deportistas como o velocista Adrián Ben, quen compartiu nas súas redes sociais un chío do adestrador galego Óscar Fernández. No mesmo reivindicaba que o deporte causa \"só 0,5% dos casos\" e que esta medida levará a un repunte \"cando agora a mocidade se xunte cos amigos ou vaian aos centros comerciais\"."}
{"ID": "NOS_45557", "summary": "Agosto rexistrou máximos históricos no prezo da electricidade, cun custo medio de 307,8 euros. Mentres se culpa desta suba ao gas, os datos mostran que os prezos máis elevados no mercado grosista ibérico veñen marcados pola hidráulica. Aliás, os beneficios das hidroeléctricas teñen superado 10.000% en xornadas deste ano.", "text": "O prezo medio da electricidade no mes de agosto situouse en 307,80 euros o megawatt/hora, o que representou o custo mensual máis alto para as usuarias e usuarios da tarifa regulada de toda a serie histórica. Así, superáronse os valores rexistrados no mercado grosista no mes de marzo, antes da entrada en vigor da 'excepción ibérica' e considerada até agora como a tarifa máis alta da luz. Na mesma dirección, os prezos da electricidade en agosto de 2022 superaron en 46,2% os do mesmo mes do pasado ano. O 30 de agosto de 2022 a electricidade marcou un prezo medio por megawatt de 201,96 euros no mercado grosista, ao que debe engadirse a compensación ligada á excepción ibérica, polo que o prezo final situouse en 459,4 euros. Non foi o gas responsábel do encarecemento da luz nesa xornada, onde a electricidade acadou os valores máximos da historia senón a tecnoloxía hidráulica. Tanto é así que en 15 de 24 horas do día a enerxía de orixe hidroeléctrica fixou os prezos máis altos da electricidade. A hidráulica A tecnoloxía hidráulica marcou 15 prezos máis altos da electricidade en 24 horas o día 30 de agosto. Isto aconteceu á 1 da mañá, ás 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 horas, así como pola tarde e noite ás 20, 21, 22, 23 e 24 horas. Precisamente, o prezo máis alto rexistrouse entre as 22 e as 23 horas e o máis baixo entre as 17 e 18 horas, neste caso fixado polas fontes renovábeis de orixe eólica. O prezo da luz dispárase e marca un novo récord desde a 'excepción ibérica' O acontecido no mes de agosto non foi unha excepción. O 8 de marzo de 2022 a luz marcou no espazo ibérico o prezo máximo de toda a serie histórica, chegando entre as 19 e as 20 horas a 700 euros. Esta cifra veu fixada pola electricidade de orixe hidroeléctrica. Así, das 24 horas do día, o gas natural só foi a fonte de produción máis cara en oito, rexistrándose o prezo máis alto ás 19 horas da tarde pola tecnoloxía hidráulica. As razóns desta situación están ligadas ao funcionamento do sistema marxinalista de fixación de prezos, que permite ás enerxéticas marcar os valores de mercado. A hidráulica produce maiores beneficios para as compañías eléctricas, na medida en que a xeración é a máis barata. Segundo o estudo de Prezos e Custos da Xeración da Electricidade, da Comisión Nacional de Enerxía en 2008, xerar entón un megawatt/hora hidroeléctrico nunha central amortizada custaba 3 euros. Estas centrais están máis que amortizadas, polo que a grande hidráulica está a xerar practicamente en todos os casos a menos de 3 euros o megawatt. O membro do Colectivo Bidán Fernando Branco pregúntase \"quen pode explicar que a xeración hidráulica, que ten un prezo estimado de xeración de entre 3 e 7 euros megawatts, oferte a súa produción a 700 euros, cun 10.000% de beneficio\". Branco sinala a Nós Diario que \"o mercado eléctrico, por decisión política, é marxinalista. O prezo de cada hora vén marcado pola última tecnoloxía necesaria para xerar a enerxía coa que atender o consumo previsto\". Iberdrola volve ao banco de acusados: a Audiencia Nacional enxuíza a eléctrica por manipular o prezo da luz A hidráulica fixa prezos O profesor de economía da Universidade de Santiago de Compostela Adrián Dios lembra a Nós Diario que \"a hidráulica adoita ser unha tecnoloxía que marca o prezo non só durante a excepción ibérica, senón nos últimos anos\". Nesta liña, explica que \"isto é porque as empresas propietarias teñen a liberdade de ofertar o prezo que queiran, entón o que fan é analizar cal é o prezo ao que está entrando o gas -o máis caro-, para meter a hidroeléctrica a prezos similares. É dicir, non entran no mercado marxinalista a prezo de custo, senón ao prezo máximo do mercado\". \"As enerxéticas fan isto para evitar que se consuma moita hidroeléctrica, e así gardan auga para máis tarde que a poidan vender máis cara, en definitiva, tentan que parte da hidroeléctrica entre despois do gas\", di. A luz sobe 20,3% O prezo medio da luz para clientes de tarifa regulada subirá nesta cuarta feira 20,3% con respecto a onte, até os 291,57 euros por megawatt/hora, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía. O sistema marxinalista Fernando Branco apunta ao sistema marxinalista como responsábel dos elevados prezos da electricidade no espazo europeo. Neste sentido, lembra que o sistema marxinalista de fixación de prezos aplicouse por primeira vez no Chile de Pinochet."}
{"ID": "NOS_23823", "summary": "Enerxéticas e bancos italianos estiveron a semana pasada en Moscova.", "text": "O presidente de Rusia, Vladimir Putin, prometeu ao primeiro ministro italiano, Mario Draghi, que haberá unha subministración \"estábel\" de gas natural a Italia, menos dunha semana despois da polémica reunión entre o mandatario ruso e directivos de grandes empresas do país transalpino, onde se tratou tamén a seguridade enerxética. A chegada do gas é unha preocupación recorrente entre os países que dependen da enerxía rusa, que temen os efectos colaterais dunha escalada política e mesmo bélica. Neste sentido, Putin reiterou a satisfacción polos resultados da reunión da pasada cuarta feira con directivos da enerxética Enel ou dos bancos Intesa San Paolo e Unicredit. O Goberno italiano pediu a cancelación deste encontro, do que se desmarcou en todo momento por coincidir co pulso entre Occidente e Rusia. Os empresarios defenderon que a reunión fora solicitada con meses de adianto. A conversa telefónica de onte entre Putin e Draghi produciuse con esta crise como pano de fondo. O italiano, segundo un comunicado emitido por Roma, avogou por rebaixar tensións, \"en vista das graves consecuencias que tería un recruar da crise\". Tanto Draghi como Putin coincidiron na necesidade de traballar para lograr \"unha solución sostíbel e duradeira\" á actual escalada, o que pasa tamén por \"reconstruír\" o \"clima de confianza\". O presidente ruso, segundo outra nota do Kremlin, volveu apuntar como un dos motivos principais da escalada o incumprimento por parte de Kiev do Acordo de Minsk, a folla de ruta para lograr a paz no leste de Ucraína tras oito anos de guerra. Reunión Lavrov-Blinken Por outra parte, os xefes da diplomacia de Rusia e dos EUA, Sergei Lavrov e Antony Blinken, falaron tamén onte por teléfono. Blinken apuntou a vontade de Washington de continuar cun intercambio \"substantivo\" con Moscova sobre preocupacións en materia de seguridade mutua, e pediu a retirada do equipamento ruso da fronteira con Ucraína para avanzar na desescalada. Lavrov criticou os esforzos da OTAN por obviar o principio da indivisibilidade da seguridade \"chave no dereito internacional\". \"Os nosos colegas occidentais non só están a tratar de ignoralo, senón a esquecelo por completo\", apuntou ante os medios. Ademais, a respecto do documento enviado por EUA e a OTAN, Putin asegurou tras unha reunión onte en Moscova co primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, que \"ignora as preocupacións fundamentais\" de Rusia, a respecto do avance da Alianza Atlántica cara ao leste."}
{"ID": "NOS_58341", "summary": "Unha das razóns polas que talvez non regresou á Coruña foi seguramente polo temor a que despois de tantos anos e de todo o que aconteceu tras o verán do 36, a súa cidade non fose a que ela tiña na súa memoria. Mais endexamais quebrou o seu amor e a súa fidelidade a Galiza.", "text": "Hai biografías noveladas e biografías que se len como novelas, que se beben como o licor café. María Casares, de Arantxa Estévez, por exemplo. Sempre que temos a ocasión de falar con alguén da grandísima María Casares permitímonos recomendarlle a magnífica biografía que Arantxa Estévez publicou en 1999 en Edicións A Nosa Terra, así como a entrevista que lle fixo Joaquín Soler Serrano para o programa \"A fondo\" en 1981. As persoas que sentimos auténtica adoración por María Casares temos a necesidade de ler todo o que se publicou e publica sobre esta muller, sexa o seu libro de memorias Residente privilexiada, sexa o número especial que lle dedicou en 2001 a revista de teatro Casahamlet, sexa a correspondencia con Albert Camus ou sexa o último libro que chegou a nós sobre María Casares, La Única, de Anne Plantagenet. Mais hoxe o noso propósito é reivindicar aquí o fermosísimo libro de Arantxa Estévez, que foi a primeira biografía que se publicou en toda Europa sobre a grande actriz galega, unha lectura imprescindíbel e deliciosa para coñecer esta enorme figura do teatro e do cine francés. María Casares / Arantxa Estévez / Edicións A Nosa Terra / 1999 / 126 páxinas Aínda que María Casares residiu en Francia desde os 14 anos e nunca máis regresou á súa cidade natal desde 1936, ela dicía que a terra da que estaba feita era Galiza e que a súa patria era o teatro. Certamente, dúas foron as súas patrias: a infancia e o teatro. Só hai que ler as súas memorias para comprobar o moito que significaba a terra das súas orixes para ela. Este país foi sempre o seu paraíso: a casa familiar da rúa Panadeiras, os veráns en Montrove, a praia de Bastiagueiro, Riazor, o Océano Atlántico… Incluso durante os anos do seu longo exilio non deixou nunca de sentirse galega e de lembrar as súas raíces. Unha das razóns polas que talvez non regresou á Coruña foi seguramente polo temor a que despois de tantos anos e de todo o que aconteceu tras o verán do 36, a súa cidade non fose a que ela tiña na súa memoria. Mais endexamais quebrou o seu amor e a súa fidelidade a Galiza. Así o demostraba cada 25 de xullo recitando por Radio París poemas de Rosalía, Curros ou Pondal. Así o demostrou visitando antes que a ninguén a Virxinia Pereira a primeira vez que foi a Bos Aires, onde viviu de novo o regreso emocional á terra con Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste, Tacholas e todo o exilio galego. E talvez hai que buscar tamén na necesidade que ela tiña de sentir dalgunha maneira a presenza de Galiza a súa decisión de rematar os últimos anos da súa vida no pequeno concello de Alloue, onde está soterrada. \"Hai que vivir preto do océano, que o mar e o vento che labren a cara\", dicía. Arantxa Estévez entregounos no seu día unha das biografías máis fascinantes e marabillosamente escritas que se poden ter entre as mans. Recentemente soubemos que Aira Editorial a vai reeditar. Volver a ese libro será como ver de novo esa película que tanto nos gusta. No nacemento de María Casares"}
{"ID": "NOS_45256", "summary": "O rapeiro mallorquín Josep Miquel Arenas, Valtònyc, está en Bélxica. E porase a disposición da xustiza dese país. Adiantouno esta mañá TV-3.", "text": "Valtònyc atopábase en paradoiro descoñecido despois de que a Audiencia Nacional o condenase a tres anos e medio de prisión polas letras das súas cancións. En concreto, o tribunal español apúxolle delitos de ameazas, inxurias á monarquía e enaltecemento do terrorismo. Ao mesmo tempo decretou o pasado 24 de maio como data límite para o seu ingreso no cárcere. Xusto o día anterior, o músico mallorquín comunicou a través das redes sociais que non llo ía poñer \"doado\" á Garda Civil. Non se presentou en ningunha cadea e non se volveu saber del. Ate hoxe, en que fontes achegadas a Arenas confirmaron que se encontra en Bélxica."}
{"ID": "NOS_33252", "summary": "Despois da disputa da primeira e mais longa etapa desta carreira Edição Especial 2020, o ciclista arousán conserva unha vantaxe dun segundo sobre os seus perseguidores.", "text": "O galego Gustavo César Veloso mantense no máis alto da clasificación xeral da Volta a Portugal tras a disputa da primeira e mais longa etapa desta carreira Edição Especial 2020. O deportista de Vilagarcía, nas filas do W52-FC Porto desde 2013, agatuñou até a primeira posición grazas á súa vitoria no prólogo disputado o domingo, onde realizou o percorrido en 9 minutos 39 segundos, cunha velocidade media de 43,523 km/h. A primeira xornada tivo partida de Montalegre e chegada ao monte de Santa Luzia, en Viana do Castelo, cunha distancia total de 180 quilómetros. A etapa contou cunha fuga, a do portugués Marvin Scheulen (LA Alumínios-LA Sport), que atacou aos catro quilómetros de etapa e só foi alcanzado cando restaban 13 para a meta. Durante este período chegou a ter algo mais de 8 minutos de vantaxe con respecto ao grupo perseguidor. No pelotón era o W52-FC Porto de Veloso que comandaba. Isto permitiulle a el e ao seu compañeiro Daniel Mestre conseguir puntos en todas as metas volantes da carreira, algo que acabaría sendo decisivo para a clasificación final da etapa. A só 17 quilómetros para a meta as posicións na vangarda do pelotón fóronse alterando, con varios equipos colocándose á fronte até unha rápida chegada a Viana do Castelo. Subida final Xa na subida final, un premio de montaña de 3ª categoría, houbo varios ataques que foron anulados, e é nos 300 metros finais que se acabou por decidir a etapa. Como se de un esprinte se tratase, Daniel Mestre asumiu o liderado da carreira, mais acabou por ser superado por Luís Gomes (Kelly/Simoldes/UDO), que se acabou alzando coa vitoria da etapa cun tempo final de 4 horas 24 minutos 41 segundos. Mestre ficou segundo e Veloso terceiro. Cuarto foi António Carvalho (Efapel) e quinto outro corredor do W52-FC Porto, João Rodrigues. Até o 26º posto marcouse o mesmo tempo. Así, na xeral individual, o arousán mantense no máis alto, cun segundo de vantaxe sobre Rafael Reis (Feirense) e Mestre."}
{"ID": "NOS_15636", "summary": "A central sindical nacionalista inicia unha campaña para implicar a todo o tecido asociativo en defensa dos sectores máis afectados da bisbarra.", "text": "A CIG de Vigo anuncia o inicio dunha campaña de información e mobilización baixo o lema SOS Vigo: polo futuro industrial da comarca, emprego digno e servizos públicos para denunciar a grave crise industrial que está a vivir a bisbarra e facer públicas as alternativas que propón a central. O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, explica a Sermos Galiza que \"hai que reverter unha situación de extrema gravidade pola destrución de tecido produtivo e emprego que pon en risco a continuidade de actividades estratéxicas para a bisbarra\". Datos alarmantes Desde o sindicato afirman que os sinais desta crise en toda a bisbarra son claros. Apuntan, por exemplo, que segundo datos da última EPA no segundo trimestre de 2019 na cidade hai 6.800 postos de traballo menos no sector industrial e na construción dos que había hai unha década. Na cidade hai 6.800 postos de traballo menos no sector industrial e na construción dos que había hai unha década O secretario comarcal explica que en termos de PIB a comarca viguesa descendeu en 1,57% entre 2010 e 2016, mentres que a bisbarra da Coruña aumentou en 21,54% no mesmo período. O Naval e a automoción no límite Os sectores que máis preocupan a CIG-Vigo son o naval e a automoción, sen esquecer a sanidade. \"O feche de Vulcano foi un golpe moi duro para a nosa comarca\", afirma Gonçalves a Sermos Galiza, \"e agora chega o tema de Barreras e as auxiliares pode ser a morte definitiva do sector naval na nosa cidade\". A solución para a CIG-Vigo, é \"a recuperación pública deste asteleiro por parte da Xunta que é quen ten competencias para facelo\". A proposta da central sindical para a recuperación do Naval pasaría por \"dedicar Barreiras para a elaboración de buques e Vulcano a reparación\" con todo o sector das auxiliares ao redor. No caso da automoción o secretario de organización de CIG-Vigo denuncia unha \"contínua deslocación de parte das empresas para o norte de Portugal perdendo emprego\". Gonçalves explica a Sermos Galiza que \"desde Citröen hai mensaxes de ter que abaratar e precarizar os salarios para competir\". En termos de PIB a comarca viguesa descendeu en 1,57% entre 2010 e 2016, mentres que a bisbarra da Coruña aumentou en 21,54% A CIG-Vigo suma a estes sectores o da sanidade con casos como a venta de Povisa ou o desmantelamento de boa parte do Meixoeiro. \"O Sergas debe mercar Povisa e que entre na rede de sanidade pública\", afirma o secretario comarcal da CIG-Vigo, \"a mesma empresa que quere mercar Povisa está interesada en entrar na UTE do Hospital Álvaro Cunqueiro co aumento da privatización dese centro aínda máis\". Marcha cidadá Esta situación \"preocupante\" exixe respostas urxentes segundo o secretario comarcal da CIG-Vigo. Por este motivo a primeira forza sindical da comarca fico un chamamento a participar na manifestación convocada polo central nacionalista para a vindeira cuarta feira 30 de outubro en Vigo con saída desde a Vía Norte ás 20 horas. \"Queremos que sexa unha grande marcha cidadá, unha chamada de emerxencia que agardamos se converta nun clamor histórico nas rúas da cidade\", sinala Gonçalves, \"para reclamar o noso dereito a vivir dignamente do noso traballo na nosa terra\". Esta situación \"preocupante\" exixe respostas urxentes segundo o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves Medidas para atallar a situación Diante esta situación desde a CIG propoñen, entre outras medidas, impulsar un plan industrial para a comarca, que inclúa a intervención pública en sectores estratéxicos, coa participación da Xunta ou a creación de empresas mixtas e asegurar o futuro do naval tomando o control público de Barreras e Vulcano. En relación ao sector da Automoción sinalan a importancia de crear unha Mesa Galega na que figure o Cluster, as centrais e as tres universidades para impulsar un plan comarcal para a industria do automóbil no que se condicione toda axuda pública ao mantemento do emprego. Tamén apuntan á creación dunha tarifa eléctrica industrial galega para reducir os custes enerxéticos da nosa industria. A central convocará nos vindeiros días os movementos sociais e o tecido asociativo para que se sumen e apoien a mobilización. Para a CIG é fundamental o apoio de toda a comarca e desde todas as plataformas e organizacións. Para salvagardar o sistema sanitario público na comarca na CIG propoñen a absorción de Povisa para a súa integración na rede pública do Sergas e rescatar a concesión privada do Álvaro Cunqueiro, garantindo a atención sanitaria 100% pública, universal, gratuíta e de calidade e o mantemento do emprego. Reunións cos movementos sociais e o tecido asociativo A central pensa convocar nos vindeiros días os movementos sociais e o tecido asociativo para que se sumen e apoien a mobilización. Para a CIG é fundamental o apoio de toda a comarca e desde todas as plataformas e organizacións. Neste sentido tamén achegaron a proposta a CCOO e UXT aínda que a resposta por parte destes sindicatos foi negativa. \"Rexeitaron convocala conxuntamente connosco porque din que non é o momento\". A CIG cre que non se pode agardar máis. \"Hai que reclamarlles aos gobernos español e galego unha mudanza radical nas súas políticas e medidas reais e efectivas en favor da reindustrialización\". Logo destas mobilizacións, se non hai resposta institucional, desde CIG-Vigo non descartan a convocatoria de folga xeral na comarca."}
{"ID": "NOS_48466", "summary": "O coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, imposto polo Ministerio do Interior para coordinar o operativo policial en Catalunya para impedir que teña lugar o referendo do 1 de outubro, fora xulgado por torturas ao preso vasco Kepa Urra.", "text": "Na mañá do sábado coñeciamos que o Ministerio do Interior impuña a Diego Pérez de los Cobos, coronel da Garda Civil e alto cargo da carteira da que é responsábel Juan Ignacio Zoido, como coordinador do operativo policial en Catalunya. O obxectivo: impedir o referendo do 1-O. Quen é Diego Pérez de los Cobos? Este coronel foi xulgado por torturas contra Kepa Urra, detido en xaneiro de 1992 acusado de pertencer á ETA. Durante o xuízo, que tivo lugar en 1997, tres gardas civís foron condenados con penas de até doce anos e seis meses de prisión por \"trasladar o detido a un descampado, onde, esposado, espírono, golpeárono cun obxecto e arrastrárono polo chan\", segundo lembra Naiz. En 1999, o primeiro Goberno de Aznar indultou os tres. O coronel que o Goberno de Mariano Rajoy puxo á fronte do operativo policial en Catalunya –tratando de anular as competencias dos Mossos d'Esquadra- ficou exonerado dos feitos. Urra denunciara que o maltratara durante a súa estancia no hospital ao lle tapar o nariz e a boca mediante beliscos. No libro Oso latza izan da. A tortura en Euskal Herria, de Julen Arzuaga, afírmase que Urra fora hospitalizado en Basurto ás poucas horas de ser arrestado nun piso de Basauri. O médico forense que o atendeu nas dependencias da Garda Civil constatara que tiña diversos hematomas nos ollos, equimose no pescozo e erosións nos pulsos, amais dun arritmia cardíaca. Sinalara ademais que estaba inconsciente e presentaba manchas recentes de sangue nas fosas nasais, boca e farinxe, así como lesións internas que danaban a función renal. Por outra banda, Diego Pérez de los Cobos é irmán de Francisco Pérez de los Cobos, ex presidente do Tribunal Constitucional asinante de varias decisións contra o procés independentista. O major dos Mossos, en contra O major dos Mossos, Josep Lluís Trapero, que na reunión que tivo lugar na quinta feira xa advertira de que non aceptaría que o corpo policial catalán fose tutelado polo Ministerio do Interior, trasladoulles aos axentes unha nota informativa onde explica que lle fixo chegar ao fiscal superior de Catalunya que o corpo seguirá dando cumprimento ás súas ordes, mais que non comparte que os Mossos sexan ordenados e tutelados por un órgano de depende do Goberno central. Nun chío recollido na conta oficial dos Mossos en Twitter, os axentes cataláns aseguraban que seguirían traballando nos seus cometidos, como até o de agora, \"continuaremos traballando como até o de agora: exercendo as nosas competencias para garantir a seguridade e a orde pública e estar ao servizo do cidadán\"."}
{"ID": "NOS_29351", "summary": "Ten unha oferta do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, apoiaría a operaciòn. A ministra, porén, afirma que aínda non tomou unha decisión ao respecto.", "text": "Nadia Calviño foi a aposta de Pedro Sánchez para dirixir o Ministerio de Economía. Viu nela preparación técnica e boas conexións con Bruxelas. Agora é a súa opción número un para encabezar a lista do PSdeG-PSOE por A Coruña. A ministra, no entanto, non ten claro que o seu mellor contributo á causa socialista sexa encabezar unha candidatura nas xerais: \"Ao presidente díxenlle que estou totalmente a disposición, e comprometida con el e con España, e haberá que ver onde podo achegar maior valor engadido; non estou certo de que indo nunha lista sexa onde eu podo facer un contributo máis grande\". Calviño naceu na Coruña, mais a súa vida profesional e política desenvolveuse na súa maior parte fóra da Galiza. Entre os seus apoios máis destacados no PSdeG figura o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, quen gaba a capacidade de interlocución da ministra, unha política situada na ala máis liberal da socialdemocracia, coa Comisión Europea. Esta quinta feira, Gonzalo Caballero deixou claro que a organización galega do partido socialista ve con bos ollos a aposta de Pedro Sánchez, aínda que poda ser interpretada como un dedazo desde Madrid: \"É unha magnífica ministra, ten un papel activo na política económica do país e, polo tanto, ten un espazo moi importante que cubrir onde a dirección federal considere que ten que xogar\"."}
{"ID": "NOS_48741", "summary": "Afirman que a supresión do rango de dirección xeral do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral supón un \"mazazo\" para as políticas preventivas no eido do traballo. Na Galiza hai unha media de 3 accidentes mortais por mes no que vai de 2012 e dous sinistros graves cada día.", "text": "Os recortes e a austeridade do goberno de Núñez Feijóo non coñecen liñas vermellas. Se non as tiveron coa sanidade ou a educación, agora non as teñen cun tema tan sensíbel como o da prevención e loita contra a sinistralidade laboral. Así o veñend e denunciar os sindicatos CIG, CCOO e UGT que califican a supresión do rango de dirección xeral do ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) como un \"mazazo para as políticas preventivas no eido do traballo\". O presidente da Xunta anunciou, no marco da súa aposta por 'adelgazar' a administración, que este instituto xa non será dirección xeral. As tres organizacións sindicais desconfían de que detrás desta decisión \"existe un intento de control de todas as políticas preventivas por parte da Consellería de Traballo e, polo tanto, a máxima politización das políticas preventivas no eido laboral. Unha das vertentes máis importantes desta medida, indican as centrais, \"é que supón unha baixada da garda en materia de prevención e, probablemente, en vindeiras datas un incremento e repunte da sinistralidade laboral. Máis feridos, máis falecementos e maiores custes para a sociedade, tanto en termos económicos, como en custes de carácter social para as familias e afectados\". Galiza: Dous accidentes laborais graves ao día Un total de 30 accidentes laborais con resultado mortal e 369 de carácter grave, para alén de 17.223 sinistros clasificados como leves. Galiza segue a ter nos accidentes laborais unha das súas lacras. A media dos datos do Issga, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral mostran como a sinistrabilidade no traballo segue a ser unha cuestión do día a día. A medida non deixa, neste sentido, lugar a dúbidas: 3 accidentes mortais por mes no que vai de 2012 e dous sinistros graves cada día. No cómputo global de accidentes laborais servizos é o que rexistra máis incidencias (8.106), seguido do sector da industria (4.905 accidentes) e da construcción (2.871). Na pesca rexistráronse entre xaneiro e setembro 864 sinistros laborais e na agricultura 816."}
{"ID": "NOS_17668", "summary": "Cinco novelas curtas de Gonzalo López Abente foron recollidas en A narrativa mariña (Edicións Xerais), nunha edición preparada por Suso Sambade. A Fundación López Abente de Muxía dá un paso máis no labor de redescubrir o grande escritor do mar e situalo no lugar que merece na literatura galega.", "text": "A redescuberta de Gonzalo López Abente sobe un chanzo coa publicación de A narrativa mariña. A Fundación de Muxía dedicada ao escritor marcouse o obxectivo reeditar a súa obra para lle dar o lugar de transcendencia que merece na literatura galega. O ano próximo, con gallo do cincuenta aniversario da súa morte, verá a luz a obra poética completa. O vicepresidente da Fundación, X.H. Rivadulla Corcón non aforra entusiasmo á hora de destacar a obra do autor muxián. \"Estamos diante dun dos grandes poetas do mar, á altura de Manuel Antonio, como teñen dito investigadores e críticos como Méndez Ferrín ou Miro Villar\", di. Bate así contra un esquecemento que, até hai ben pouco, botaba terra sobre a memoria dun autor cunha obra sen excesiva sorte editorial. \"Unha das razóns para que López Abente non estea entre os grandes da nosa historia literaria é a má fortuna da súa obra, que deixou de estar en circulación nos últimos tempos\" indica Rivadulla Corcón. Para situar a figura do escritor, remítese a Risco ou Otero Pedrayo para quen Abente era un dos grandes poetas do seu tempo. Fundador das Irmandades da fala, autor dunha obra monolingüe en galego, académico que leu en 1941 o seu discurso na nosa lingua, primeiro presidente da primeira Asociación de Escritores Galegos e home de firmes conviccións nacionalistas semella que este ronsel de datos se esvaen na memoria literaria galega sen darlle aínda a López Abente o lugar merecido. Desde a Fundación López Abente están por dar a volta á moeda e traer á actualidade os títulos que obrigarán a unha relectura da súa obra e a súa transcendencia. \"A publicación recente da obra inédita Bretemada (Alvarellos) foi, nese sentido, fundamental. Méndez Ferrín afirmou que se se editase no seu tempo, a historia da literatura galega leríase de xeito distinto\" afirma Rivadulla Corcón. A publicación de Bretemada, en edición de Miro Villar, principal estudoso da súa obra, supuxo a descuberta dun libro de 1922 que até entón ficaba depositada nos arquivos da Real Academia Galega. Cincuenta aniversario da morte En 2013 farase o 50 aniversario da morte do escritor que viviu sempre en Muxía e, para esa data, a Fundación ten previsto publicar a obra completa. Para iso chegou a un acordo con Espiral Maior, selo que publicará os oito títulos poéticos na colección Ópera Omnia da man de Miro Villar, investigador que xa publicou unha antoloxía poética do autor en 1995. Na carteira teñen tamén a publicación da obra teatral María Rosa, representada no seu tempo polas Irmandades da Fala con Antón Vilar Ponte no elenco. \"O obxectivo principal é rehabilitar o autor pondo a súa obra en circulación\" sinala Rivadulla Corcón. Alén diso, a liña de traballo da entidade que naceu en Muxía é converterse en foco de dinamización cultural na Costa da Morte. Con ese fin comezaron xa unha colaboración estábel coa Fundación Pondal, irmandando dúas fundacións que, por natureza, están chamadas a estabelecer unha relación na memoria da que mantiveron os seus dous escritores. \"Eran curmáns e López Abente entra na Academia cun discurso sobre Pondal\" comenta Rivadulla. Para o verán de 2013 prevén ter finalizado o roteiro que vai desde Ponteceso até Muxía, á aldea de Nemiña onde ía Pondal cada día a estudar."}
{"ID": "PRAZA_20291", "summary": "Gañamos na proximidade, cando falamos dos problemas da xente, e non cando o espazo é tensionado en debates estériles que pretenden levarnos a posicións mornas, o que suporía asumir a derrota sen dar batalla. Isto sábeo perfectamente o Partido Popular que leva centrando os seus esforzos de maquinaria de guerra cultural dende o minuto cero, buscando minar os espazos municipalistas", "text": "Durmíamos, despertamos, e comezamos a andar. A mocidade saíu ás rúas e os partidos avellentáronse. Así sintetizou El Roto un dos cambios esenciais do 15M nunha das súas viñetas. O non nos representan supuxo non só unha impugnación á democracia representativa protagonizada polo bipartidismo sistémico, unha denuncia da usurpación da vontade popular por parte das elites duns partidos que camiñaban de maneira groseira das institucións públicas aos consellos de administración. Foi iso, pero tamén supuxo un cuestionamento das vellas formas da esquerda tradicional. Nun primeiro momento os autofalantes do sistema fixeron mofa de todos aqueles \"desfarrapados\", \"perroflautas\" que ocuparan as rúas e as prazas. Pasando pronto da burla ao menosprezo soberbio, \"presentádevos ás eleccións\" dicían, seguros como estaban de ter todo atado e ben atado, incapaces de prever as aceleradas transformacións sociais que acabarían por sacudir un Réxime caduco. Como tampouco adiantaron, coa súa miopía clasista, que a indignación puidera activar un proceso de asalto a esas mesmas institucións que impugnamos, na procura de mudar unha correlación de forzas desfavorable para as maiorías sociais. Galicia foi vangarda do proceso de confluencia con AGE, encabezada polo líder histórico do nacionalismo galego Xosé Manuel Beiras, sendo a primeira experiencia electoral que bebeu do 15M. Logo nacería Podemos, como síntoma da recuperación da cultura republicana a nivel de Estado. E dende múltiples frontes e con fórmulas diversas, o desborde cidadán esixiunos espazos de participación mestizos, necesariamente plurais, para disputar o poder ao Poder naqueles espazos de proximidade, onde as consecuencias da crise se padecen de forma máis severa. A multiplicación de candidaturas cidadás de Unidade Popular será un gran salto adiante, e a primeira vez que o espazo de ruptura disputará e derrotará á dereita. Moitas veces somos incapaces de valorar o que conseguimos. A ruptura do mapa político anterior a 2012 en Galicia e a 2014 no Estado supón unha mudanza significativa, racha un taboleiro de xogo que tiña as cartas marcadas, e evidencia que o cambio político é posible. É normal que diante dos nosos avances o Réxime busque recompoñer as súas alianzas, na que viviremos avances e retrocesos. O que non pasará xamais é que volvamos ao pasado. Aínda que dous anos son poucos para poder valorizar a acción de goberno, e pese a carga da xestión ordinaria, o certo é que nas diferentes experiencias de goberno das mareas vemos avances substantivos na implementación material e simbólica dunha axenda de prioridades distintas. No material, o máis sinalable consiste no deseño dunhas novas políticas sociais concretadas nas rendas sociais municipais que xa son unha realidade na Coruña e en Santiago. Abrindo a posibilidade de participación directa aos cidadáns, tanto coa aposta de encontros abertos como os Ao Vivo ou os Dillo Ti, e dos orzamentos participativos. E no simbólico, campañas contra a violencia machista como Compostela en Negro - que na súa segunda edición replicouse en decenas de concellos - ou a recente exposición sobre a historia do 1º de maio na Praza de María Pita, mostran unha axenda de prioridades distintas e xeran un imaxinario onde o centro está na loita pola igualdade e a xustiza social, nunha retroalimentación no que as mudanzas materiais activan as mudanzas culturais e viceversa. Pero as mareas trouxeron tamén outro xeito de facer, onde a horizontalidade e a transparencia son algo máis que un slogan, para ser verdadeiro cerne de democracia radical coa que nos comprometemos. E malia que combinar participación e execución nunca é doado, nas mareas municipalistas ensaiamos novas formas organizativas que buscan superar a forma partido clásica. Trátase de ir avanzando por un camiño novo, aprender facendo. Esta metade de lexislatura, sen envites electorais no horizonte, despois de vivir tres anos nunha sorte de comité electoral permanente, supón tamén un momento óptimo para recoñecer a importancia do municipalismo como espazo de construción de alternativa política. Queiran ou non, as mareas que gobernan tres das sete cidades e varias vilas país, representan unha alternativa real ao Partido Popular. O seu impacto supuxo un antes e un despois a todos os niveis, tanto é así que os máis de 400.000 votos de En Marea o 20D non serían posibles sen pasar antes polo municipalismo. Porque gañamos na proximidade, cando falamos dos problemas da xente, e non cando o espazo é tensionado en debates estériles que pretenden levarnos a posicións mornas, o que suporía asumir a derrota sen dar batalla. Isto sábeo perfectamente o Partido Popular que leva centrando os seus esforzos de maquinaria de guerra cultural dende o minuto cero, buscando minar os espazos municipalistas, e mesmo xerando conflitos previamente inexistentes como aconteceu nestes días na capital da nación. Por iso debemos reforzar ás mareas dos gobernos fronte a todos os ataques que están a recibir. Porque non están atacando a Compostela Aberta, á Marea Atlántica ou a Ferrol en Común, tampouco a Jorge, a Xulio ou a Martiño, están tratando de minar a alternativa real, a que xa funciona nas cidades e que supón a proba palpable de que o cambio si é posible. Non chegamos para acomodarnos a un sistema político-institucional pensado para garantir que nada cambiara, senón para demostrar que as mudanzas alternativas son posibles. Nese senso, a supervivencia do espazo de ruptura tal e como o coñecemos depende da supervivencia desta primavera de cambio."}
{"ID": "NOS_1784", "summary": "Pide pendurar \"bandeiras vermellas e da patria\" nas xanelas e varandas e cantar A Internacional ás 12:00 horas do mediodía. O lema deste ano é \"Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro\"", "text": "A CIG presentou a campaña do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, unha xornada que a central sindical conmemora baixo o lema \"Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro\" e que vai estar marcada pola situación de emerxencia sanitaria e o estado de alarma. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, fixo un chamamento a manter o carácter combativo e reivindicativo da data, a que se penduren das xanelas e balcóns \"bandeiras da patria e vermellas\" e a cantar, ás 12:00 horas do mediodía A Internacional. Carril sinalou a importancia de continuar a se mobilizar para exixir \"políticas que garantan os nosos dereitos como clase traballadora, o benestar das maiorías sociais, pero tamén a autodeterminación, a soberanía dos pobos e nacións\". Afirmou que a crise sanitaria converteuse nunha crise económica e social que ademais ten lugar cando \"xa estabamos dentro dunha recesión económica\". Por iso advertiu que non se pode permitir \"que desta nova crise neoliberal este sistema pretenda recuperarse do seu fracaso, de tanta adoración do privado e criminalización do público, cun novo saqueo á clase traballadora\". No caso concreto de Galiza, indicou, \"estabamos de cheo nunha crise social, industrial, demográfica que xa de por si tiña o impacto dunha situación de emerxencia nacional e social\" e denunciou que a xestión da crise sanitaria polos gobernos galego e español \"vai na dirección contraria a unha saída xusta para a clase traballadora e para o pobo galego\". Nese sentido criticou unha recentralización que considera que serviu \"de escusa perfecta ao Goberno de Feixoo para tapar o seu proxecto ruinoso para o noso país, baseado nun modelo dependente e antigalego, reaccionario e privatizador da sanidade pública e da atención ás persoas maiores\". Ademais denunciou que nesta crise \"xogou a ampliar o caos, o abuso patronal e a inseguridade para quen traballa\", ademais de facer anuncios electoralistas. Carril rexeitou que as medidas adoptadas polos diferentes gobernos tivesen \"unha maior e descarada preocupación pola saúde da economía que pola saúde da poboación\", ao tempo que apuntou que o que tamén demostrou esta crise foi que as profesións feminizadas \"resultaron servizos esenciais e imprescindíbeis para o sostén da vida\" mais denunciou que \"seguen a estar desvalorizadas, desenvolvéndose en condicións de precariedade e inseguridade\". O secretario xeral da CIG denunciou \"a imposición de fórmulas inxustas, desde o primeiro día, que se fundamentan nas reformas laborais, como foron os ERTES indiscriminados, os despedimentos masivos, o teletraballo sen dereitos e control e os permisos e reducións de xornada para coidados da poboación vulnerábel\". Exixiu o pago inmediato do paro, habilitando un procedemento especial e extraordinario, coa confección nóminas para efectuar os pagos semana a semana, até a posta ao día que permita retomar os pagos a mes vencido porque, advertiu, \"manter a forma ordinaria de pago das prestación é causar un retraso de graves consecuencias\" ou garantir o cobro, durante todo o ERTE, do 70% da base reguladora de cada persoa traballadora. Ademais demandou que no pago das prestacións por desemprego á persoa traballadora non se lle desconte 4,7% da base de cotización e defendeu que teñan a mesma consideración, á hora de acollerse a todas as medidas referidas a esta protección do SEPE, todas as persoas traballadoras, \"incluíndo as que foron despedidas por causa desta situación ou que desde o 1 de xaneiro estiveran xa no desemprego percibindo prestación por desemprego\". Xunto a isto defendeu que todo o tempo de desemprego, desde a data que tivo lugar por despedimento ou aplicación de ERTE por causa do covid-19, entenderase por non consumido e que \"toda persoa traballadora, independentemente do tempo cotizado, teña dereito á prestación por desemprego\"."}
{"ID": "NOS_56390", "summary": "A escritora compostelá vén de ser elixida como Señora das Letras 2017, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse \"de forma sobranceira\" á cultura en xeral e á literatura en particular.", "text": "A autora reaccionaba así a este recoñecemento no seu perfil persoal en Facebook: \"Pois aquí estou, moi contenta e algo flipada agora que sei que vou ser unha señora galega nas letras, qué carallo, nas Letras, e cos nervios no canto de estudar púxenme a reler 'A Perspectiva' porque 'Caixa de Mistos non o teño', non sexa que me fagan preguntas para nota e non me lembre\". Patricia Janeiro (Compostela, 1978) confesoulle a Sermos a súa sorpresa: \"Como estaba afeita ao Día das Letras oficial, pois contaba con que había que agardar a morrer para estas cousas\", di con sorna. E alégrase deste tipo de iniciativas dado que \"é un pouco raro que desde o ano 63 a RAG só homenaxeara a tres mulleres, igual é que é unha institución algo anquilosada\". \"Como estaba afeita ao Día das Letras oficial, pois contaba con que había que agardar a morrer para estas cousas\", di con sorna. Janeiro ten dúas novelas publicadas: 'Caixa de mistos' (Sotelo Blanco, 2005) e 'A perspectiva desde a porta' (Positivas, 2009), que foi finalista do premio Xerais e trata sobre presos independentistas. A pesar da súa seca literaria dos últimos anos, a autora afirma que segue a escribir moito e está a rematar \"unha novela coa que levo a voltas bastantes anos, pero como estou con traballos precarios non teño moito tempo\", explica. Promete, iso si, rematala en breve. A Sega e os puntos suspensivos O Día das Galegas nas Letras, que ten lugar o 15 de agosto, é unha celebración instaurada pola Sega, a plataforma feminista de crítica literaria. Nas edicións anteriores as homenaxeadas foron María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubart. Nesta ocasión o manifesto que publican para anunciar a autor homenaxeada está dedicado \"a todas aquelas cuxos textos foron omitidos, cuxas transcricións literais non chegaron ao final da cita. A todas aquelas que tiveron que padecer que mentres uns atopan os recoñecementos, o lugar nos libros de texto ou os máis altos honores cunha ou dúas obras publicadas, outras escapen polos mesmos motivos ata dos andeis das librarías, xa non digamos a atención da crítica, o canon e a fama literaria\"."}
{"ID": "NOS_35600", "summary": "O actual coordinador xeral de EH Bildu chegou a pasar seis anos e medio na prisión de Logroño.", "text": "Agora hai case dous anos, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sentenciou que Arnaldo Otegi fora condenado por terrorismo nun xuízo que non foi xusto. Isto pasou en novembro do 2018. Non foi até esta sexta feira, 31 de xullo, que o Tribunal Supremo anulou a sentenza do caso Bateragune, seguindo o que ordenou Estrasburgo. O actual coordinador xeral de EH Bildu chegou a pasar seis anos e medio na prisión de Logroño. Non tivo ningún tipo de permiso. Agora a anulación fai decaer tamén a inhabilitación do líder da esquerda abertzale para exercer cargos públicos, que estaba vixente até o 2021. A sala admitiu os recursos de revisión de sentenza interpostos por Arnaldo Otegi, Rafael Díez Usabiaga, Arkaitz Rodríguez Torres, Sonia Jacinto Garcia e Miren Zabaleta Tellería. Así, anulou a sentenza do 2012 que os condenou a penas de entre seis anos e seis anos e medio de prisión polo delito de pertenza a organización terrorista, no caso Bateragune. Foran condenados por supostamente tentar reconstruír Batasuna para formar unha alianza independentista seguindo as ordes de ETA."}
{"ID": "NOS_38510", "summary": "Cubrir cun adhesivo o 'E' de España nas placas dos vehículos non é obxecto de sanción segundo a lei, que unicamente estipula que non poderá presentar \"obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura ou identificación\". Por este motivo, o Ministerio anula as multas impostas.", "text": "O cambio de milenio trouxo consigo importantes mudanzas: a chegada do euro era inminente, a Internet gañaba terreo en todos os ámbitos e as matrículas dos vehículos pasaban a ter catro números e tres letras. O Goberno de José María Aznar impulsou no ano 2000 unha modificación viaria que tamén suprimía os distintivos provinciais e engadía a bandeira da Unión Europea baixo o 'E' de España. A nova norma suscitou numerosas críticas xa daquela, ao entenderen diferentes forzas políticas do Estado que cumpría agregar unha insignia propia de cada comunidade autónoma. E así o fixeron, á marxe da oficialidade, centos de persoas que colaron os distintivos 'GZ', na Galiza, ou 'CAT', en Catalunya... mais toparon coas autoridades. Casos como os dos ex deputados cataláns Joan Tardà (ERC) ou Carles Campuzano (Convergència) tiveron repercusión en todo o Estado español, e mesmo o Govern chegou a polemizar cos Mossos sobre a pertinencia das sancións. Unha desas moitas persoas que optaron por situar o distintivo propio por riba do 'E' español foi o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira. O 'GZ' preside as matrículas dianteira e traseira do seu coche desde hai anos, algo que, asegura en conversa con Nós Diario, nunca resultou indiferente ás patrullas da Garda Civil de Tráfico. \"Chegaron a pararme dúas veces no mesmo día e cunha diferenza duns dous quilómetros\", sinala Bieito Lobeira Lobeira foi abordado polos axentes en reiteradas ocasións e en diferentes lugares: A Gudiña, Foz, Compostela, Curtis... \"Foron tantas e durante tantos anos que non podo lembrar o número exacto\", apunta. De feito, nun mesmo día foi obrigado a deter o vehículo en dúas ocasións diferentes, \"nun treito de só dous quilómetros\". \"Semellaba ser intencionado\", sostén. Algunhas veces o trato era \"cordial\"; outras, pola contra, foi \"absolutamente improcedente\" a actuación da Garda Civil: \"Chegaron a rexistrar o meu coche e a facer comentarios sobre a bandeira da patria que tamén colei\". Aquela mudanza legal de Aznar, defende Lobeira, foi \"un novo intento do Goberno español que uniformizar a simboloxía e evitar calquera tipo de distinción entre as nacións do Estado\". \"Entramos no debate do simbólico. Aquí desde hai tempo hai unha persecución da simboloxía galega, como a requisa de bandeiras nos estadios ou as multas a embarcacións por levala\", lamenta. \"A un axente díxenlle unha vez que se levase un adhesivo de Mickey Mouse no canto do 'GZ' non habería problema ningún; queren anular os nosos símbolos\", engade. \"Se o adhesivo impedía identificar o vehículo, como é posíbel entón que me chegasen as multas á casa?\", cuestiona Porén, Bieito Lobeira negouse unha e outra vez a cumprir a demanda dos axentes de retirar o adhesivo e recorreu cada multa que recibiu. O desenlace fíxose esperar, mais o Ministerio do Interior acabou por darlle a razón e agora vén de comunicarlle que todas as sancións quedan revogadas. \"Curiosamente, desde entón non me volveron parar. Saben que teñen a batalla perdida\", celebra. Resolución do Ministerio do Interior que lle dá a razón. \"A xustificación das multas era que non se podía identificar o vehículo; porén, a pregunta é: como é posíbel entón que me cheguen as notificacións á casa? Aliás, cómpre lembrar que o Estado español é o único da UE que ten catro díxitos e tres letras na matrícula, polo que tampouco podería haber confusión\", explica. Neste senso, a Lei de Tráfico vixente na actualidade unicamente recolle como infracción que a placa presente \"obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura ou identificación\", sen facer alusión ningunha a tapar o 'E', feito polo cal Interior tivo que anular as sancións. Para Lobeira, esta 'batalla' identitaria e simbólica transcende do plano persoal: \"É unha vitoria colectiva que senta precedente\"."}
{"ID": "PRAZA_20522", "summary": "A Casa da Matanza reabre cun espazo museístico renovado na xornada en que se fan 132 anos do falecemento da poeta. O papel da súa obra na Galicia contemporánea ou a súa vertente feminista, entre as novidades da exposición", "text": "O 15 de xullo de 1972, xornada do octoxésimo sétimo aniversario do falecemento de Rosalía de Castro en Padrón, a vila inauguraba a Casa-Museo da autora. Este 15 de xullo, 132 anos despois do pasamento e tras 45 anos de traxectoria do espazo museístico, a Casa da Matanza iniciou unha nova andaina. \"Reinaugurouse\". Tras media década de traballos a Fundación Rosalía vestiuse de festa para, en verbas do seu presidente, Anxo Angueira, vivir \"un día moi especial e importante, un día histórico\" a partir do cal o histórico edificio abre as portas de novos espazos, amplía a súa colección museística e ofrece novas perspectivas da poeta. \"A renovada Casa-Museo anova case por completo a súa museoloxía, adaptándoa aos novos tempos e ás novas lecturas da escritora\", explica a Fundación. Trátase, detallan, de que as persoas que a visiten \"comprendan a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega, achegando información esencial para entender a súa obra\", a de Murguía e a dos seus fillos. O proxecto realizado por Pepe Barro, desenvolvido co apoio económico da Deputación da Coruña, baséase nunha mestura de \"pezas senlleiras\", caso do retrato de Rosalía obra de Modesto Brocos ou mobles da familia, coa \"reprodución de documentos de arquivos e bibliotecas, como manuscritos ou edicións especiais\". Unha das principais novidades da Casa-Museo é que achega un espazo completamente novo que ata agora non era posible visitar: o sobrado. \"Talvez -di a Fundación- o máis importante sexan as pezas que agora se incorporan ao novo discurso: os cadros de Ovidio, o guecho de pelo de Rosalía, o piano e o tresillo familiares, a réplica do vestido ou os documentos do Arquivo Ramón Baltar Feijóo, entre outros\". O resto da casa tamén experimentou notables intervencións. As que antes se presentaban como \"comedor e cuarto das nenas\" son agora \"un único espazo dedicado á familia Murguía-Castro como unha factoría cultural\". O espazo central do cuarto no que faleceu a poeta aprovéitase coa nova proposta para \"explicar o proceso de mitificación da autora a través de pezas expositivas\" como coroas, un relicario, poemas ou traducións\". A peza fundamental segue a ser, non obstante, a propia cama, co cadro de Ovidio que representa a Rosalía xacente. O salón, pola súa banda, pon agora o foco no \"discurso feminista de Rosalía, con proxeccións de vídeo e audio\" tirados de cartas, artigos e outros documentos. Quen descubra agora a casa ou volva visitala atopará tamén un novo espazo temático, Os pais do país, co que a fundación pretende amosar a Rosalía e a Murguía como \"artífices intelectuais da Galicia contemporánea, do país que somos\". Nel amósanse e explícanse documentos dos protagonistas da exposición, pero tamén doutras figuras como Castelao, e obxectos de especial valor simbólico, como a bandeira que foi empregada na inauguración do monumento rosaliano de Padrón en 1957, \"utilizada en toda a comarca en actos galeguistas e recentemente doada á fundación\". O fondo desta sala está ocupado por pantallas con imaxes múltiplas, combinando estampas de Rosalía con imaxes de nenas e nenos do CEIP Rosalía de Castro da vila a debuxar a bandeira galega. Ao acto de \"reinauguración\" acudiron representantes institucionais de todo o país, caso da RAG, a Deputación coruñesa, ou a Xunta. A música de Amancio Prada foi a banda sonora dun serán no que, como cada 15 de xullo, a Fundación entregou a súa Rosa de Galicia \"a unha persoa ou institución que destacase na promoción do legado rosaliano\". Desta volta a distinción foi para a familia de Camilo Agrasar, \"alguén do pobo, republicano e galeguista, que velou toda súa vida por esta casa, que se entregou a ela con paixón nos tempos máis difíciles e lle testou, como despois seguiu facendo a familia, documentos e pezas de valor incalculable\", di Angueira."}
{"ID": "NOS_16025", "summary": "A poesía de Carvalho Calero conta con adaptacións musicais aos máis diversos estilos. Ofrecemos un repaso polos seus versos a ritmo de jazz, punk, bossa ou pop, mentres observamos con impaciencia as novas versións que axiña han chegar.", "text": "Malia ser a poesía de Carvalho Calero unha das faces menos coñecidas deste autor poliédrico, os seus versos atoparon (e van atopar, axiña descubriremos por que) na música numerosas adaptacións. E sen minguar a súa calidade como poeta, parte do mérito hai que atribuírllo ao concurso Musicando Carvalho Calero, un certame promovido pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando en 2010, en conmemoración do centenario do nacemento do ferrolán. Así, con este pulo engadido, atopamos máis dunha vintena de versións musicadas da lírica de Carvalho que percorren os xéneros máis diversos: jazz, rock, punk, hardcore... Mais foron os acordes sincopados e plácidos da \"María Silencio\" de A minha embalada, coa doce e maxistral voz da angolana Aline Frazão, os que se fixeron co galardón, nunha expresión perfecta da integración da Galiza na lusofonía. Aínda que, de certo, o importante neste caso era participar. Este texto do poemario O silenzo axionllado (1934) xa fora interpretado tres anos antes por Fanny + Alexander, recollido no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s. Ao pop únese unha voz electrónica que recita parte dos versos, co inconfundíbel selo poético que imprimía o dúo. Outra interpretación de \"Maria Silêncio\" chegará axiña da man de Carmen Penim, segundo nos confirma a cantante, dentro do próximo proxecto de 2naFronteira. Xa en 2015, o disco Sons de Nós, que musicaba poesía vencellada á revista Nós, incluía un tema de Calero: \"Teño unha dor\", co piano de Maurizio Polsinelli no acompañamento. \"Houbo temas que ficaron fóra do disco\", conta Penim, que agora, con motivo do centenario de Nós, farán parte dun concerto-exposición con estética de cómic, que estaba pensado para divulgar o autor polos institutos. Entre eles, seis poemas son de Carvalho. Mentres agardamos o desenvolvemento da pandemia, dúas novas poesías verán a luz este domingo, con motivo do Día das Letras, e outras dúas agardarán até o 31 de outubro, a data alternativa de celebración da homenaxe. A de Penim debe ser a que máis versos do ferrolán musicou, sobre todo da súa etapa xuvenil. \"Uns foron máis doados de adaptar que outros\", confesa. Por exemplo, \"Maria Silêncio\" está a dar traballo. \"É un texto moi longo e dá pena sacrificar unha parte\", explica a artista. Persoalmente, o que máis atractivo lle resulta da poesía de Carvalho é a capacidade para \"transmitir moito sentimento, mais dunha maneira próxima, fácil de entender mesmo para quen non consome habitualmente poesía\". A sedución da dúbida interna Para alén de \"Maria Silêncio\", houbo outros poemas do mestre que espertaron máis interese entre as bandas. \"Nom sei / se matei. / Estivem / na trincheira. / Nom vim / o meu / inimigo. / Disparei. / Nom sei / se matei\", comeza un dos textos de Futuro condicional (1961-1980) (1982). Foi esta incerteza torturada unha das que mais versións protagonizou, desde o rock do país de Ruxe Ruxe ao máis hardcore de Labazada. A banda que capitanea Vituco Neira recorre á anadiplose para alongar as frases e adaptalas mellor ás voltas de compases en catro tempos: \"Fun ferido mais non sei / non sei se matei\". Ademais, engaden algúns versos de colleita propia: \"atravesan o meu ceu / o meu ceu e o do meu inimigo\". O in crescendo final, cun memorábel slap do baixo, fura o dubidoso retrouso inevitabelmente na cabeza: \"Non sei eu non sei / non se matei\". Pola súa banda, Labazada tamén fai seu o tema agregando até unha estrofa: \"Non sabes onde está o inimigo / se está fóra ou está dentro contigo / non sabes onde viran as balas / nin se che dará tempo a esquivalas\". Unha versión máis dura, cunha distorsión que reflicte a crueza da loita interna que convocan os 32 curtísimos versos de Calero. A estas, súmase a musicalización máis arriscada de Alfeizar, dúo formado por Américo e Stif, que ofrecen un tema que xoga coa vertixe do ruído, a melodía da guitarra e un home que cantaruxa, sobre o que se espreguizan algúns versos recitados por voces case electrónicas. As incertezas de Europa Mais non fica atrás en versións outra das representativas líricas do \"fillo de Eva\", como el se definira, como é \"A orquestra filarmónica de Osaka\", tirado de Reticências... (1986-1889) (Sotelo Blanco, 1990). As súas versións resultan das máis ousadas, a comezar pola que asina A Foice. Esta adaptación traballa coa primeira parte do poema de maneira moi próxima ao spoken word, cunha base ecléctica no fondo sobre a que se cospen as palabras de Calero, que se van mesturando, no fondo dun eco múltiple que xoga a polifonía dunhas frases cada vez menos perceptíbeis. O recitado queda entón prendido na repetición: \"matam / coas tuas armas, amam / cos teus beijos, falam coas tuas palabras\", que finalmente enuncia en primeira persoa. Son eses mesmos versos que se retorcen até o extremo na versión que A Foice gravaba con Malvares de Moscoso, actual compoñente de Rebeliom do Inframundo, para un disco de compilación de Língua Nativa (2015): \"falam coas túas armas / matan cos teus beixos / aman cas túas palabras\". Unha base moito máis rítmica, mais cunha fluidez eléctrica, se cabe máis escura, que desenvolve unha atmosfera densa na que se integran á perfección as reflexións de Carvalho. Tres remixes deste tema darían para tirar un novo single que asinaron os artistas galegos Alexandre Villalba e J.CNNR xunto aos chilenos Lluvia Ácida. Malvares deixaría unha nova imaxe deste poema en colaboración con Tábula Rasa, banda de Soutomaior que ten por premisa a unión de metal e poesía galega. Sobre a base en vivo de guitarras distorsionadas e acrecentando asemade a última parte do poema, recollen en Bandcamp en 2017 esta nova alfaia da que se atopan rastros do directo, cando menos, desde 2012. Dun rock pesado, por veces próximo ao stoner, sete minutos vibrantes fan un tema con dilatados momentos instrumentais que deixa entrar un corte de música acougada no final, para logo coller de novo forza, ao berro repetido, case tribal, de \"Europa\". Porén, a versión máis persoal do tema deixárona Os Amigos dos Músicos, cunha interpretación totalmente libre, que cae do lado dun rock progresivo con reminiscencia floydianas. A letra mantén só uns poucos versos, mais procura desenvolver, desde unha construción nova, unha estrutura que xoga cos mesmos referentes e que traslada as fortes imaxes que hai no poema. Así o explica Arcadio Nóvoa, integrante da banda. De tal maneira, aparece esa orquestra filharmónica que toca con músicos nipóns desde o comezo –\"O nacional acolle acordes orientais\"– á estrofa con vocación de retrouso –\"E sei que en Bratislava / a sinfonía chega ao final\". Con iso, reelaboran o pouso do poema que fala de como \"para conseguir a distancia do discurso poscolonial empréganse os recursos da cultura colonizadora\", neste caso a Europea, a través da capacidade crítica. Igualmente, aparece o mitolóxico rapto de Europa, \"deitada entre areas / deixando ver os brancos peitos de muller\". Ese final, \"e son 1980\", explica Nóvoa, \"vén dun verso de Ferrín, que nos encaixaba moi ben coa idea dos vinilos e CD de orquestras que estaban tan de moda na época\". \"A orquestra filarmónica de Osaka\" foi o primeiro tema que gravaron xuntos Os Amigos dos Músicos. Mais entendéronse ben e foi \"o principio dunha longa amizade\", na expresión que quedou para a posteridade cinéfila, en diversos traballos máis longos ou máis curtos, que seguen aínda en activo. Curiosamente, na escolma do texto poético feita polos distintos grupos, hai tres versos que ficaron sempre fóra: \"como no curro / dos montes da Barbança os bravos poldros / de esgrêvias crinas, tardos de domar\". Outras pezas Os temas de Carvalho son case o único rastro que atopamos dalgúns grupos, como As avoas filólogas. O seu \"Eu protesto\" adapta cun rock dinámico e pegadizo un tema de Futuro condicional (1961-1980) (1982), que deixa a pegada da humildade: \"O demais nom som piores do que eu som...\". Milhomes asinaba \"Afastado de venus\", rap que se basea en \"Douscentos mil quilómetros\", de Reticencias, no que Carvalho se expresa cun intimismo culto, que xoga de novo coa mitoloxía grega. \"Nom estranhes que o amor / nom te seja propício\" é a síntese da aceptación da espera polo amor. Doutras bandas tivemos ben máis noticias, como o movido rock and roll de The Teta's Van ou o frenético punk dos Esquíos, ambas as dúas xogando con versos de \"Luísa Sorriso\", poema de O silenzo axionllado (1934). Tamén Ataque Escampe musicou Carvalho con \"Desde o céu com amor\", gravado por Marcos Payno. \"Pretende ser unha especie de testamento apócrifo\", aseguraban, no que Álex Charlón e Miguel Mosqueira cantaban alternándose, desde certa nostalxia mais cun convite a danzar, versos como \"calquera lugar é bo para morrer / cando todos están contra ti\". O verme homicida deixou unha versión de \"Mulher\", de Anjo de Terra (1950), que logo recollería no álbum O rei mukade. \"Automovel\", adaptado por Tommy Gun e Leite de Nai; \"Todo termina mal\", de Avante!; \"Jimmy mais eu\", de Les Trois de Cora ou \"Xadrez sobor lençóis\", de Intranxeira completan unha longa listaxe de que non ha demorar moito en sumarse novos elementos, pois xa se anunciou un novo concurso Musicando Carvalho Calero, que terá lugar proximamente, como froito da colaboración da AGAL, de novo, coa CRTVG. Agardaremos impacientes polos fértiles versos musicados que van vir [Artigo patrocinado pola Deputación da Coruña]"}
{"ID": "NOS_30908", "summary": "O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, manifestou no acto oficial de conmemoración da aprobación da Constitución española, que a Carta magna \"non se toca\" e que está \"plenamente vixente\". Un afirmación realizada na tradicional recepción no senado na que non tomaron parte @s deputad@s nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya nin @s representantes de IU", "text": "A Constitución española, aprobada hai 34 anos, segue de actualidade e en plena forma. Así o manifestou esta quinta no acto de celebración do aniversaro da Carta magna o presidente do goberno español. Pouco importa que nese acto destacasen as ausencias d@s representantes nacionalistas (de Galiza, Euskadi, Catalunmya) ou de IU. Rajoy, inmutábel, mantívose en que a CE é un factor de unión entre a cidadanía do Estado español. E iso malia que as propias enquisas españolas evidencian que cada vez son máis @s partidari@s de introduciren modificacións no texto, pois considérano desfasado. O BNG non acudiu a este acto institucional constitucionalista, realizando outro en Galiza na demanda dos dereitos nacionais de Galiza e da reivindicación da soberanía non só como algo que pertence ao pobo galego senón como unha vía máis que necesaria para combater a crise. E na mesma liña comportáronse o resto de organizacións nacionalistas das nacións do estado, optando por non asistiren ao acto no Senado español.Tamén IU apostou por non acudir. O seu representante, Cayo Lara, achegouse até o acto par maniestaren que a coalición española de esquerdas para manifestar que a \"CE non se cumpre en favor dos e das cidadás\". España, a tope Mais nada disto (ausencias e demandas) truncou o guión do goberno español, que por boca do seu presidente aproveitou patra defender neste 6D unha lectura da Constitución española máis recentralizadora, como exemplifica que o ministro Wert estivese a carón del en gran parte da recepción, alén das afirmacións do de Pontevedra a favor da unidade de España como alicerce da Carta magna."}
{"ID": "NOS_26116", "summary": "Mercedes é a patroa do arrastreiro Macallás. As súas mareas, puntuadas de lecturas e mitoloxía mariña, conforman unha xeografía do mar das galegas, unha epopea obreira e unha loanza do mundo do traballo. E revindican a unidade da fachada atlántica. Eis A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018), o último libro de Xurxo Souto.", "text": "\"É unha novela de tese, por suposto\", di, sen asomo de ironía, a Sermos Galiza, \"de dúas teses, máis ben: a primeira, Vigo e A Coruña son a mesma cidade; a segunda, rescatar o papel das mulleres no mar\". E sinalar ese mar como \"único futuro\" para Galiza, unha talasocracia, o goberno do mar, concepto co que Souto (A Coruña, 1966) salfire de seguido o seu discurso. A obra aparece cruzada polas obsesións do autor, tamén músico e vehemente animador cultural. \"Vivimos no centro dun mito. Galiza é unha pedra chantada no océano\", afirma, \"e os mitos son o sustento da realidade. Se os mitos pertencen aos homes, a realidade tamén o fará\". É por iso que a súa literatura contribúe a edificar outra mitoloxía. En que o feminino existe. Por caso, as sereas negras que veñen canda os mariñeiros senegaleses embarcados en pesqueiros galegos. Mami Watá! Mais A gran travesía de Chiruca Macallás, cuxa protagonista está inspirada pola figura de Mercedes Peón, non é fantasía. Dunha banda, os mitos tamén son a realidade. Da outra, ao escritor preocúpalle que o seu labor axude á revelación do oculto. \"Interésame a emoción e a potencia da realidade que fica tapada porque os arquetipos do que debe ser a cultura son outros\", asegura. Os mundos que retrata este reverso de ficción de Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014) -o anterior libro de Souto, un auténtico documental- non resultan excesivamente frecuentados na literatura actual. Obreiros, clases populares, as subalternas. Aquelas que cantan para resistir a experiencia da explotación. \"Até agora, os musicólogos rexistraran os cantos de traballo das mulleres na sega, das campesiñas, pero estamos a desenterrar os das mulleres das conserveiras, por exemplo\", indica. No Grove, na Illa, en Bueu, en Cangas, as traballadoras cantaban contra o patrón. \"É tremendo. [A escritora] Ledicia Costas contoume que no arquivo fotográfico Pacheco só hai unha foto antiga de empregadas de conserveiras. Todas aparecen de costas, agás o propietario\", relata, antes de enlazar coa actual folga do sector, secundada de maneira case unánime por 7.000 mulleres: \"É traballo case oculto. Porque son obreiras\". Rotérdam e o Eixo Atlántico A outra pelexa en que se embarca A gran travesía é a defensa dunha tese arriscada: \"Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Só hai que pensar nos barrios de Coia e Labañou, xente que veu das aldeas para traballar na urbe\". Os intereses localistas son asunto das elites, resume, e non populares. \"A proba definitiva é que Abel Caballero quere ser Paco Vázquez\", ri. Fóra das ironías da pospolítica -e das non ironías: \"Nin sequera o nacionalismo formulou isto de forma expresa\"-, lembra que os peiraos do importante porto de Róterdam (Holanda) miden 80 quilómetros. \"Non moita máis distancia entre Vigo e A Coruña\", engade, \"pero por terra hai unha sucesión salvaxe de peaxes. A incomunicación é un negocio\". Estafa educativa Non son estes dous os únicos silencios aos que se enfronta Souto. Que chegou ao mar porque se sentiu \"estafado\". \"A miña educación foi un fracaso\", esténdese, \"aprendín xeografías exóticas pero non os nomes das pedras da Torre. Nin que o mar que vai de aquí ao cabo Prior ten nome de muller: o Mar de María Antonia\". A esta \"mala educación terrícola\", na que inclúe a crítica literaria que desantendeu o marítimo, opón a escrita de poetas. Máis alá de Manuel Antonio: Xosé Iglesias, patrón do Primero Villar e autor de Transfusión oceánica (Caldeirón, 2014) e A relixión do mar (IEM, 2016); Teresa Ramiro, mariscadora e a piques de publicar o seu primeiro libro; ou Paulo Vilar, que acaba de presentar Entre buguinas e hipocampos. \"No século XIII xa Paio Gomes de Charinho, o grande almirante, escribiu do mar. É a pedra sobre a que construír unha literatura en chave de talasocracia\", explica. Á que sumar A gran travesía de Chiruca Macallás, \"unha versión extendida de Nordés\", célebre canción dos Diplomáticos de Monte-Alto con, xustamente, Mercedes Peón. A Coruña e Vigo acolleron as primeiras presentacións da novela. Volverá, pero aos barrios. O vindeiro 9 de novembro estará no Liceo de Bouzas (Vigo) -\"outra capital do mar\"-, o 14 na biblioteca da asociación de veciños de Monte Alto (A Coruña) e máis adiante en Teis (Vigo) ou na Gaiteira (A Coruña). \"Será unha ruta vigorenta e coruñenta, vigocoruñenta, como nunca antes se fixera\", avisa."}
{"ID": "NOS_44165", "summary": "A UE anuncia un plan de 10 medidas coas que reforzar a operación de vixianza en augas do Mediterráneo e combater as organizacións que trasladan @s migrantes.", "text": "Segundo comunicou o ministro do Interior italiano, Angelino Alfano, dúas persoas terían sido detidas no porto siciliano de Catania de entre @s superviventes do naufraxio dunha embarcación con 950 persoas a bordo perto da illa de Lampedusa. Entre elas, atoparíase o capitan e impútanselles delitos de homicidio múltiple, naufraxio e instigación á migración clandestina. Trátase, segundo o goberno italiano, dunha persoa tunecina e outra siria. Os arrestos producíronse após a chegada de 28 superviventes a Catania. Tamén foron resgatados 24 cadáveres. Doutra banda, xornada de onte decorreu en Luxemburgo unha xuntanza d@s responsábeis de Exteriores e Interior da Unión Europea para abordar a crise humana que tornou o Mar Mediterráneo nun cemiterio no que faleceron máis dun milleiro de persoas nos últimos días. No conclave os 28 Estados membros acordaron unha batería de 10 medidas urxentes dirixidas a frear a cifra de mortes. Neste senso, incrementarán os fondos destinados aos programas de vixianza fronteiriza, Tritón e Poseidón, mais sen concretar canto. Aliás, extenderá a área operativa para alén da costa italiana unha iniciativa que será debatida esta quinta feira nunha nova cimeira. A UE rexeita abrir vías legais de entrada para as persoas que fuxen dos conflitos armados, a fame ou a persecución política Destarte, tamén se abordará o financiamento de labores de vixianza e salvamento de Túnez E Exipto para evitar a saída masiva de embarcacións. No entanto, esta proposta é criticada polas organizacións internacionais de dereitos humanos ao denunciaren que os sistemas de asilo nestes países non garante o respecto dos dereitos das persoas que sexan interceptadas. A UE tamén estuda o desenvolvemento dun plan de reubicación de migrantes que @s distribúa entre os Estados membros e traballar nun mecanismo de repatriación máis rápido que o actual. Porén, non valora a abertura de canles legais para permitir a entrada de persoas perseguidas por razóns políticas ou que fuxen de conflitos armados como o libio ou o sirio."}
{"ID": "QUEPASA_982", "summary": "O CIM, que estivo activo tanto presencialmente como telematicamente durante o confinamento, tivo que mediar tres casos de violencia de xénero, dous derivados do 016 e outro derivado da policía local.", "text": "A semana pasada rematabámola falando e reflexionando sobre a violencia de xénero durante o confinamento con Patricia Vaquero, socióloga especializada en xénero, e representantes dos grupos feministas da Costa da Morte. Como ben comentamos en varios faladoiros, o Covid-19 trouxo a flote moitas das problemáticas que por desgraza xa estaban presentes no día a día de moitas mulleres e, como era de esperar, na violencia de xénero non ía ser menos. Concha Millán, directora do Centro de Información á Muller de Cee e psicóloga no mesmo, é unha desas persoas que tivo que traballar e afrontar de primeira man con isto durante o confinamento. O CIM, que estivo activo tanto presencialmente como telematicamente durante o confinamento, tivo que mediar tres casos de violencia de xénero, dous derivados do 016 e outro derivado da policía local. Todo isto, no medio dunha situación totalmente excepcional. \"Foi bastante difícil actuar porque foron xusto ao principio. Estábamos en confinamento, todo practicamente con teletraballo e era moi difícil organizar, pero finalmente conseguimos ofrecerlles toda a atención que necesitaron, solicitaron os recursos de forma rápida tamén e conseguimos solucionar os tres casos\", afirma Millán. Con estes tres últimos casos, xa suman polo menos dez novas usuarias do CIM de Cee por violencia de xénero no que vai de ano, chegando a un total de 25. Ben é certo que, tal e como comenta Millán, \"algunhas son do ano pasado, porque teñen o seguimento ao estar cobrando recursos, teñen atención psicolóxica... Despois tamén hai moitas mulleres que seguen coa sintomatoloxía da violencia de xénero un ano máis\". Outro dos factores a destacar desta cifra é que, a pesares de que orixinariamente o CIM de Cee recolle principalmente a zona de Corcubión, Fisterra e Cee, moitas outras mulleres doutras zonas da comarca deciden dirixirse á entidade ceense por non estar no punto de mira na súa vila. Segundo afirma Millán, \"ao mellor ven algunha de Muros ou de Muxía, porque elas ás veces non queren ir ao sitio onde pertencen por vergoña a van a outro CIM\". Axundando ás mulleres dende o 2004 Xa van 16 anos dende que o CIM de Cee abriu as súas portas e durante todo ese tempo, foron moitos os casos que pasaron polas súas mans. Millán recorda con especial agarimo o caso dunha señora de 70 anos que estivo sufrindo violencia durante toda a súa vida e que, cando chegou a xubilación do seu marido, ao pasar máis tempo na casa, a situación empeorou. \"Ela nunca traballou e non tiña información de ningún tipo. Non tiña salario, vivía do que cobraba el, e este dicíalle que os cartos e todo era del e que a ía deixar na rúa sen nada, como fan todos. Ela veu ao CIM, informámola e finalmente denunciouno. Disto xa hai seis ou sete anos, e cambioulle a vida totalmente. Ela di que comezou a vivir dende o mesmo momento en que se separou del e non para de agradecernos o traballo que fixemos\", explica Millán. Dende os inicios no 2004, Millán recoñece que houbo un gran avance: \"Cando eu comecei non había practicamente nada de igualdade, nin sequera nos centros escolares\". Durante este tempo, segundo indica, o progreso nótase sobre todo nas propias mulleres, que grazas a unha información terminan por tomar a decisión de denunciar. Mais, por outro lado, lamenta que está a haber un retroceso nos adolescentes nestes últimos anos. \"Hai moitos comentarios machistas, moito control a través das redes, e iso hai que cortalo\", afirma Millán, quen tamén é consciente da dificultade de atallar este tipo de conductas. Proba disto é nos últimos 3 anos, o CIM de Cee pasou de ter usuarias a partir de 25 anos por norma xeral, a comezar a recibir mulleres de 18, 19 ou 20 anos. Está claro que o camiño por percorrer aínda é moi longo. Segundo a propia experiencia de Millán, moitas mulleres que están a sufrir violencia de xénero, seguen sen recoñecela, normalizando certas actitudes polas que deben aguantar. Ademais, segue a haber moito machismo, xa non só por parte dos homes, senón tamén por parte de mulleres. Nestes casos, Millán fai fincapé na educación, vital para poder crecer como sociedade e poder alcanzar a igualdade real. \"Nós facemos moitísimas actividades, pero se logo na casa non se segue traballado o que é a igualdade, non facemos nada. A concienciación da igualdade non xorde dun día para outro, ten que vir dende o berce\", afirma Millán. Se o preciosas, acude ao CIM O CIM de Cee, situado no segundo andar do concello, acolle a todas as mulleres que o precisen, sexan ou non da zona. Grazas a unha última modificación no decreto de funcións, teñen potestade para atender a calquera muller de toda Galicia. Para todas aquelas que o requiran, teñen á súa disposición a unha avogada e unha psicóloga que lles informará e asesorará sobre calquera tema. \"Asesoramos xuridicamente, tramitamos avogados de oficio, temos atención psicolóxica... Poden vir a preguntar para informarse de calquera tipo de dúbidas. Tamén dispoñemos dunha serie de recursos que poden solicitar para que elas inicien unha nova vida. E, o máis importante, van a estar acompañadas dende o primeiro momento\", declara Millán."}
{"ID": "PRAZA_10137", "summary": "200 rapaces e rapazas dun instituto de Oleiros, onde ningún alumno usaba o galego, aceptan o reto de falalo dous días tras asinar un contrato de \"compromiso\" cunha lingua que lamentan que non teña máis presenza e cuxa precaria situación na mocidade ratifican iniciativas coma esta.", "text": "\"É unha pena que non nolo falasen antes, nin en Infantil nin en Primaria, que non nolo aprendesen desde pequenos na casa\". Con esta e outras reflexións semellantes reaccionaron rapaces do instituto María Casares de Oleiros a unha novidosa iniciativa no seu centro. Levaban xa varias horas falando en galego. O nunca visto. Non é tan sequera unha situación estraña, senón inaudita. Incrible se ollamos distancia a realidade sociolingüística nas zonas urbanas do país, pero tristemente habitual e nada sorprendente de meternos na maioría dos institutos de cidades e as súas áreas metropolitanas. 200 rapaces dun instituto sen ningún galegofalante entre 600 alumnos aceptaron o reto de falar galego 48 horas: \"É unha pena que non nolo falasen antes, que non nolo aprendesen\"\"O panorama é complicado e a situación é esta, non a podemos ocultar; temos que traballar, pero non podemos pechar os ollos ante o que ocorre\", di Nel Vidal, profesor de galego neste instituto oleirense. El foi un dos impulsores da idea que partiu do equipo de Normalización Lingüística do centro: conseguir o compromiso da rapazada para falar en galego durante 48 horas. Así de fácil e así de complicado. E así de revelador. Nel Vidal, un dos docentes impulsores, sabía que o contexto para o galego era \"malo\", pero non tanto: \"Non é que os datos fosen malísimos, é que son cero; ningún rapaz o fala\"Vidal, que traballou ata este curso en Carballo, chegou ao instituto sabedor de que a situación do galego non era boa. Os peores datos sociolingüísticos dalgúns centros en Galicia falan dun escaso 10% de galegofalantes entre a mocidade. \"Sabía que o contexto era malo; podes pensar mesmo en menor porcentaxe, en que sexan moi poucos... Pero non é que os datos sexan malísimos, é que son cero. Ningún rapaz, nin dous, nin tres nin dez... Nada\", reflexiona. Dos 600 alumnos que ten o IES María Casares, non había nin un só que falase en galego. En Oleiros. En Galicia. Nun centro escolar da Xunta. Agora, polo menos ata que rematou este xoves, houbo 200. Algo é algo. Moito para o contexto no que se desenvolven. Grazas a unha iniciativa que segue o ronsel doutras como 21 días co galego. \"Mesmo nos contextos máis negativos hai que conseguir algo, por pouco que sexa\", engade Nel, sorprendido gratamente e moi satisfeito coa reacción. Os rapaces implicados fixeron primeiro unha campaña de expectación, colgando centos de notas con mensaxes como --\"Atréveste?\", \"Aceptas o cambio?\"-- ou lanzando avións de papel no recreo sobre este Desafío 48 horas que aínda poucos sabían do que se trataba. A resposta foi mellor do agardada tras unha campaña de expectación: 200 rapaces asinaron un contrato co que se comprometían a falar galego durante dous díasFoi o mesmo alumnado que colabora co equipo de Normalización quen explicou o reto polas aulas. Pensando en que poderían convencer 30 ou 50 compañeiros como moito, argallaron un Contrato de compromiso lingüístico con dous posibles modelos para asinar: ProGalego, consistente en falar galego todo o tempo no instituto, e ProGalegoPlus, para usalo en todas as situacións, orais e escritas, dentro e fóra do centro. Formáronse ringleiras, acabaron asinando 200 rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos (canto menor idade, máis apoio) e a maioría optou polo contrato ProGalegoPlus. \"Sorprendeume moito, pola acollida que tivo a iniciativa, pola cantidade de xente anotada e pola implicación... Temíamos que moitos se anotasen por anotar, pero a maioría estano tomando en seri\", explica Vidal. Ao día seguinte, centos de mozos chegaron ao centro dando os \"bos días\" e coa chapa do desafío na solapa. Era algo novo para a maioría. \"En moitos casos, non é que sexan nenos de familias galegofalantes que non o falan, senón que nas súas familias non existe o galego nin nos pais nin nos avós, xa non é unha cuestión xeracional, senón que se perdeu hai moito\", explica Vidal, gratamente sorprendido pola reacción maioritaria: \"Eles mesmos fan a reflexión, pregúntanse porque non lles falaron en galego en Infantil ou Primaria, porque non llelo aprenderon... Senten pena por non telo falado antes\". \"Eles mesmos fan a reflexión, pregúntanse porque non lles falaron en galego en Infantil ou Primaria, porque non llelo aprenderon... Senten pena por non telo falado antes\"\"Miña nai comprendeuno no momento e agora recórdamo cada vez que non o fago, meu pai adoita falar en galego comigo... E o resto pregúntame por que falo galego e que estou a facer; explícolles isto e non me miran con cara rara despois\", explica Roi, un dos alumnos, nun dos vídeos difundidos polo propio Vidal. \"Hai máis xente no reto da que eu imaxinaba\"; \"non nos é complicado\"... Nerea, Irene, Arantxa, Nico ou Belén tamén valoran a iniciativa. \"Sorprendeume que ninguén se estrañase porque falase galego, nin sequera na miña casa, onde nunca o falo, e meu pai simplemente me respondeu en galego... Polo demais, normal\", di Luís. \"Algunha broma si que nos fixeron, dicíndonos que non lles gustaba o galego, pero como moita xente está facendo o reto...\", reflexionan Ana e Elena sobre os atrancos a falar na lingua propia. A realidade agocha aínda outra máis fonda. En Galicia, como lembra Nel Vidal, ha casos \"moi dispares\" en canto á situación do galego entre a mocidade. \"Non é o mesmo o rural que outras zonas, pero nos ámbitos máis urbanos a situación é mala\", lembra. Moito peor desde a aplicación do polémico decreto do plurilingüismo. \"De seguir así, será peor, porque a repartición en tres terzos das linguas pode ser mentira, se nas seccións bilingües as materias que se elixen dar noutra lingua son as de galego\", conta A maioría do alumnado só ten en galego a materia de Lingua Galega: \"Se no ámbito familiar e de ocio non teñen contacto coa lingua e tamén llela quitamos do ensino, é imposible que algún día escollan falalo\"Así, en moitos centros pode chegar a haber rapaces que só teñen en galego a materia de Lingua Galega. O resto, en inglés e en castelán. \"Se no ámbito familiar e de ocio tampouco teñen contacto coa lingua e tamén llela quitamos do ensino, é imposible que algún día escollan falar en galego porque xa llelo arrebataches do único ambiente onde poderían usalo\", engade. A iniciativa acabou sendo \"un éxito\", difundido por diferentes medios, entre ela a TVG. Puntual, pero beneficiosa e con posibilidade de afondar nela no futuro. \"A maneira de xestionalo despois está en intentar conseguir crear, polo menos no instituto, un ambiente dun mínimo de comodidade para quen queira seguir intentándoo\", explica Vidal. \"Para que a quen queira seguir falándoo, ninguén o vexa como un estraño, que non lles poñan mala cara ou que eles mesmos saiban xestionar os comentarios negativos\", insiste. Revelador. \"Pois si, estamos nun mínimo tal, que iso xa é relevante\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_10160", "summary": "O evento, organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol, serviu para celebrar o Día das Letras. Os rapaces e rapazas procedían de 22 centros de ensino de Ferrolterra e bailaron ao son de A Banda das Crechas. \"Queremos animar a todo o profesorado a que leve o baile tradicional á práctica diaria nas aulas\", din.", "text": "O pasado 10 de maio o estaleiro de Navantia en Ferrol acolleu un acto moi especial, que uniu baile tradicional e construción naval, a xeito de celebración do Día das Letras Galegas. 660 rapaces e rapazas de 22 centros de ensino da comarca de Ferrolterra bailaron unha gran muiñeira colectiva ao son da Banda das Crechas, como se pode ver no fermoso vídeo publicado hai uns días\"Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos carpinteiros de ribeira laborando a escola do porvir a ritmo de seis por oito\"O evento foi organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol a través do seu Grupo de Traballo de Danza Tradicional, un colectivo que leva unha década traballando para impulsar o baile, promovendo a súa incorporación ao curriculum escolar. O mar de muiñeras segue o ronsel aberto hai dous anos pola gravación no mesmo lugar da canción \"Chea de Vida\", a cargo de Guadi Galego e Guille Fernández, acompañados das voces de mil nenos e nenas da comarca, noutra actividade promovida polo CFR Ferrol.\"Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos carpinteiros de ribeira laborando a escola do porvir a ritmo de seis por oito\", destacan.Os nenos e nenas participantes procedían de 22 centros de ensino de Ferrol, Mugardos, Fene, Narón, Pontedeume, Cedeira, Cariño, San Sadurniño, Moeche e Ares. \"Queremos animar a todo o profesorado de Galicia a que leve o baile tradicional galego á práctica diaria nas aulas\", destacaron dende o CFR Ferrol \"Queremos animar a todo o profesorado de Galicia a que leve o baile tradicional galego á práctica diaria nas aulas\"\"É importante que os rapaces vexan o baile como algo presente, moderno, non como algo que esmorece\", engadiron os responsables desta iniciativa, que definiron como \"un acto cheo de esperanzas para a danza tradicional galega\".\"Foi unha xornada moi especial coa que queremos poñer un pé na tradición e outro pé na modernidade, no futuro; a tradición galega do baile e a tradición de construír barcos dende hai máis de 300 anos e o futuro dos estaleiros e o futuro do baile galego e de todas as tradicións\", concluíron."}
{"ID": "NOS_298", "summary": "Imposíbel optimizar mellor os seus resultados. Con só 16 goles a favor en 15 xornadas, o Deportivo é líder do campionato de Segunda División. O segredo? Os apenas 8 tantos encaixados. O Dépor gañou en Ponferrada (0-1), a única boa noticia para as equipas galegas. Na Primeira División, o Celta caiu o sábado en Donosti (4-3) e o Lugo, este domingo na casa perante o Sporting.", "text": "Un solitario gol de Culio de penalti -lanzado maxistralmente, con suavidade polo centro da baliza, co porteiro xa vencido ao pau esquerdo- abondou para o Deportivo sumar un novo triunfo fóra do seu estadio, e xa van 6. O Dépor tirou rendabilidade á súa extraordinaria orde defensiva e a un portentoso Lux, un muro demasiado groso para a voluntariosa Ponferradina. Certo é que a equipa de Fernando careceu do control do xogo, mais non é menos verdade que a forma en que o combo galego transita, e con grande suceso, polo categoría é xusto esa: a bola para a equipa rival e aquí non se desorganiza ninguén. A vitoria coloca o Deportivo con 29 pontos, 2 por enriba do Recreativo e 3 de vantaxe sobre o Las Palmas, que agora marca a fronteira entre o ascenso directo e a promoción. Xusto por debaixo viaxa o Lugo, que caiu no Anxo Carro (1-3) fronte ao Sporting de Xixón. Derrota dolorosa porque o fútebol estivo do lado dos galegos, mais os goles, infelizmente, quen os puxo foi o combo asturiano. Rafinha acha o camiño do gol A próxima xornada emparellará en Riazor a Dépor e Lugo, nun encontro cheo de alicientes, nun duelo apaixonante entre dúas equipas con sensibilidades ben distintas, o pragmatismo defensivo de Fernando face a ambición ofensiva de Setién. A historia do Celta en Donosti foi a dun partido xogado de poder a poder, cunha equipa galega que chegou a se pór cun 1-3 no taboleiro de marcas, propulsada por un Rafinha que achou de vez o camiño do gol, canda a un Álex López xa máis habitual nesas lides. A mágoa para o Celta é que enfrente bateu cun goleador febril, en estado de graza, o mexicano Carlos Vela, autor de catro goles, un killer que se bastou para finiquitar o partido. Foto tirada de @RCDeportivo"}
{"ID": "NOS_16361", "summary": "O esperpetento vivido no Concello de Compostela centrou a sesión de control ao goberno galego. A oposición sinalou a responsabilidade do propio Feijóo no acontecido.", "text": "10:50. Núñez Feijóo. \"Os galegos xa coñecemos a súa calaña política\", dille o presidente da Xunta a Yolanda Díaz. Pilar Rojo, presidenta do Parlamento, pide a Feijóo que retire esa frase. \"Vostedes forman parte do goberno con máis imputacións de España, a Junta de Andalucía\". \"Vostedes montaron un partido porque perderon a asemblea doutro partido. é iso rexeneración democrática?\". 10:46. Yolanda Díaz. \"Eu non teño amigos narcotraficantes. Algúns temos ética e vostedes non. Que traten con esta lixeireza o que pasa en Compostela é de manda truco\". 10:44. Núñez Feijóo. \"A súa coligación perdeu a metade dos votos en 24 meses, esa é a lectura que fago do 25M\", sinala Feijóo. \"Defendemos unha política limpa, respetando a xustiza. Sorpréndome que vostede nos dea leccións\" e cita o caso de Carme Iglesias. \"Vostede cre que é rexenerar a vida política insultar permanentemente?\". \"Todos os concelleiros e alcaldes de AGE non pertencían a AGE, senón a outra formación política\". 10:40. Yolanda Díaz (AGE). \"As urnas o 25M dixeron dúas cousas: que a cidadanía está farta de corrupción, que atinxe a todas as institucións, desde o Concello de Compostela até a Coroa. As urnas dixeron que estaban fartas dun presidente da Xunta que non cumpre coas súas responsabilidades\". A voceira de Alternativa Galega de Esquerdas considera que o 25M @s votantes tamén dixeron que estaban \"fartos\" do PP. 10:36. Núñez Feijóo. \"Vostedes os do BNG cambiaron o 100% dos seus concelleiros en Ourense. E en tres anos pasaron de ser un partido a ser tres\". Dí que responsabilidade dos nacionalistas que en Lugo e Ourense haxa alcaldes do PSOE, que están imputados. 10:33. Jorquera. \"Convídoo a ver o vídeo do PP nas últimas eleccións municipais de Santiago. Vostede debe ser un único residente en Santiago que non sabía o que buscaba Conde Roa\". Dille a Feijóo que el é o máximo responsábel da \"situación rocambolesca\". 10:29. Núñez Feijóo. \"Sigo pensando que os sete concelleiros de Compostela non son delincuentes. Que non actuaron a sabendas\". Di que o alcalde do BNG de Monforte pagou honorarios a un concelleiro do BNG desa localidade para se defender de diversos asuntos. Afirma que todos os concelleiros actuais do BNG en Ribeira ou en Vilalba non foron elexidos nas eleccións. 10:26. Francisco Jorquera (BNG). \"Vostede vai pasar á historia desputándolle a Houdini o título do mellor escapista de todos os tempos\". O portavoz nacionalista lembra a Feijóo que calificara de \"asunto menor\" a imputación de 7 edís de Compostela. \"Vostede non exerceu as súas responsabilidades\". \"Xa hai un ano o BNG demandoulle nesta Cámara que disolvese a Corporación e convocase eleccións. E non fixo nada\". \"Deixou apodrecer a situación até que o fedor lle obrigou a tomar decisións\". 10:22. Núñez Feijóo. Reitera que o PP é garantía de gobernabilidade. Fala de que nas cidades en mans do Partido Popular hai orzamentos e gobernabilidade, a diferenza de, e volve citar, Lugo e Ourense. Acusa os socialistas de ter unha longa listaxe de imputados. \"En Santiago hai gobernabilidade\". 10:20. Méndez Romeu. \"As súas responsabilidades son intrasferibles. Toda Galiza foi testemuña dos seus cambios erráticos. Hoxe falo de Compostela, pero poderiamos falar do Porriño, de Miño, de Trazo...\". 10:16. Núñez Feijóo. O presidente da Xunta di que Galiza leva cinco anos de goberno estábel, \"un exemplo de gobernabilidade. Hai outras experiencias contrarias\". Di que en Compostela \"o que fixemos foi aplicar a lei\". E contrapón iso ao que acontece en Lugo ou Ourense, gobernados por socialistas. 10:13. Méndez Romeu (PSdeG). \"Despois de 3 anos, onte deu o primeiro paso para resolver o problema do Concello de Santiago, unha situación sen precedentes en Galiza\". O portavoz d@s socialistas dille a Feijóo que \"debe de pedir perdón aos cidadáns\" por nomear a Conde Roa e ängel Currás. \"Subordinou os intereses da capital de Galiza aos do seu partido\". 10:09. Núñez Feijóo. Lembra que o artigo 16 da Constitución española foi \"pactado por todos, do PCE a AP\". E afirma que alcaldes de IU, como o de Archidena (Málaga), \"nomeou alcaldesa perpetua á virxe da súa vila\". E di que se alcaldes de IU van ás procesións na Semana Santa. 10:07. Carme Iglesias. \"Indo a eses actos como presidente de Galiza está marxinando aos galegos e galegas que non partillamos esas crenzas\" 10:02. Núñez Feijóo (presidente da Xunta). \"Cando participo nun acto relixioso fágoo respetando a constitución\", afirma Feijóo, que di que \"os políticos non podemos vivir de costas á realidade e o 70% do pobo español declárase católico. A relixión forma parte da sociedade\". Feijóo agradece a Carme Iglesias o ton da súa pregunta. 10:00 Carme Iglesias (grupo mixto). Pregunta a Feijóo pola presencia do presidente e membros do goberno galego en actos relixiosos. \"Cando vostede se axeonlla ante unha estatua para pedir intercensión ante a crise ou os incendios\" está a poñer en cuestión a separación igrexa e estado. \"Vaian á misa, están no seu dereito, mais fágano a título individual\". Iglesias pregunta que xustificación ten o goberno galego para ir a eses actos relixiosos."}
{"ID": "NOS_7544", "summary": "56 pessoas do mundo da literatura, a música, a língua ou a filología refletem a respeito da identidade da língua galega e a posição da Galiza na lusofonia no livro Galego, Português, Galego-Português. Os seus autores, Arturo de Nieves e Carlos Taibo, apresentam na Galiza esta semana da mão da editora ATravés", "text": "Este livro tem a sua origem em muitas conversações informais que os seus coordenadores mantiveram com figuras da cultura e, em geral, da vida galegas. As discussões relativas à condição da ortografia oficial ou as relações entre a Galiza e o mundo lusófono são frequentes e, além disso, e amiúde, duras e descorteses, circunstância que obriga a identificar uma matéria sensível que convém -esta é a nossa opinião- dessacralizar, tanto mais quanto que estamos a falar dum debate importante que ultrapassa o âmbito meramente ortográfico-linguístico. Arturo de Nieves e Carlos Taibo avisam assim, na contracapa, do que quem o leia vai encontrar no interior. Entrevistas a 56 pessoas do mundo cultural galego, da literatura, da historiografía, da política, da música ou do ativismo linguístico, todas elas respondendo três questões: a adequação da vigente norma institucional para o galego, a relação entre galego e português e a vinculação da Galiza com o resto da lusofonia. O livro em que se recolhem todas as conversas, Galego, Português, Galego-Português, foi editado por ATravés e durante esta semana os dois autores farão os correspondentes lançamentos no País. Serão nos lugares e datas que se assinalam deseguido: 21 de maio: Vigo, local da CIG (Avda. Alcalde Gregorio Espino 47, rés-do-chão ) 20h Apresenta Carlos Garrido 23 de maio: Compostela, A Nave de Vidán (Avda. Mestra Victoria Míguez, 44) 20.30h Apresenta Valentim Fagim 24 de maio: Corunha Biblioteca González Garcés (Miguel González Garcés, 1) 20h Apresenta Maria Castelo Carlos Taibo e Arturo de Nieves chegam dispostos a interatuar com os e com as leitoras. Talvez até a contar alguma conversa mais das que aparecem no livro, pois foram cem as pessoas entrevistadas apesar de que unicamente as incluídas responderon as três questões centrais por volta das quais girava a ideia original do livro."}
{"ID": "NOS_43280", "summary": "Hai un mes, o Goberno da Deputación de Lugo retirou a Suplusa, empresa pública en que a institución posúe a maioría accionarial, as competencias de xestión das residencias de maiores. A decisión desatou unha nova crise nun Goberno provincial que, en mans do PSdeG, non acaba de resolver a súa dependencia do díscolo socialista Manuel Martínez. Eis un extracto da información publicada ao respeito no Sermos Galiza 292.", "text": "Manuel Martínez, amais de deputado provincial e alcalde de Becerreá, é o presidente da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S. A. (Suplusa). Foi un dos cargos que asumiu en febreiro de 2017, cando asinou a paz co seu aínda partido e se converteu en vicepresidente da Deputación. \"A partir de agora poñemos o contaquilómetros a cero e comeza unha nova época\", declarou daquela o presidente provincial, Darío Campos. Mais iso non sucedeu. Os desencontros entre Martínez e Campos foron notorios, sonados e abondosos. O último, relacionado coa xestión das residencias de maiores públicas, forzou unha nova ruptura dentro dos socialistas lugueses que deu lugar á destitución do vicepresidente e a que o propio PSdeG-PSOE de Lugo incoase un expediente disciplinario que, probabelmente, remate na súa expulsión do partido. \"A nosa Executiva provincial considera a actitude de Martínez inadmisíbel\", explica a Sermos Galiza o secretario provincial dos socialistas lugueses, Álvaro Santos, \"e, segundo os estatutos, unha falta moi grave\". Santos refírese ás continuadas rupturas do sentido do voto entre Martínez e o grupo do PSdeG. A última delas, no relativo a Suplusa. A situación, descrita polo nacionalista Xosé Ferreiro como de \"tremendo guirigai\", é gráfica: os votos en pleno de PP e Manuel Martínez contradín a Xunta de Goberno, que foi a que retirou as competencias sobre as residencias do ámbito de Suplusa. A empresa pública tamén se nega a acatar a orde do Executivo. [Podes ler a información íntegra no número 292 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_50846", "summary": "A FIFA prepara un cambio revolucionario para o vindeiro mundial de Qatar polas polémicas decisións dos últimos anos.", "text": "Desde a chegada do árbitro asistente de vídeo (VAR) ao mundo do fútbol a implantación das novas tecnoloxías semella imparábel. Queda lonxe a súa primeira gran cita internacional no mundial de Rusia 2018 até a actualidade. Mais a polémica non rematou con esta \"axuda\" para o equipo arbitral en cada partido e seguen a estar de actualidade xogadas de dubidoso control. Un exemplo está nos fóra de xogo, como o que deu a vitoria á selección francesa na última final da Nations Ligue. Por este motivo a FIFA deu un paso adiante e anunciou que para o vindeiro mundial de Qatar contará con tecnoloxía específica para este tipo de xogada que será a que decida sobre o terreo de xogo. A idea da FIFA é \"deter menos o xogo porque iso é do que se pode culpar ao VAR\", explicaba Wengen \"Debemos seguir avanzando na velocidade da toma de decisións, particularmente en termos de fóra de xogo\", explicaba o ex técnico do Arsenal e actual xefe de desenvolvemento da FIFA, Arsène Wenger nunha rolda de prensa en París. \"No Mundial de 2022 estaremos moito máis capacitados para tomar decisións de fóra de xogo moi rápidas\", aseguraba. A máquina sinalará a infracción A idea da FIFA é \"deter menos o xogo porque iso é do que se pode culpar ao VAR\", explicaba Wengen, \"será un impulso emocional real\", engadía. Aproba o VAR mais recoñece que \"hai cousas que deben perfeccionarse\" polo que considera que \"o próximo gran avance da arbitraxe\" será \"a automatización\" en xogadas como os fóra de xogo."}
{"ID": "NOS_2567", "summary": "O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, que decorrerá do 11 ao 14 deste mes de xullo, reunirá barcos, cultura, historia, festa e unha manchea de actividades no Freixo. Un pequeno porto de Outes onde chegou haber 40 estaleiros", "text": "O Freixo. Un lugar onde levan máis de 200 anos a construír barcos. Chegou a ter máis de 40 estaleiros nos seus 14 quilómetros de costa. No Freixo (Outes), aínda hoxe seguen a facer barcos, aínda que fiquen xa só 3 estaleiros. Pois O Freixo (Outes) acolle do 11 ao 14 deste mes o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, un evento que cumpre este ano 20 anos de existencia. E xa está todo listo para gozar nese porto do marabilloso mundo da embarcación tradicional (e, tamén, a festa e da cultura) Unha cita imprescindíbel Xa máis de 120 embarcacións están anotadas para asistir a esta cita que organiza cada dous anos a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. De diferente envergadura, tipoloxía, fasquía e procedencia. DE todos os portos de Galiza, si. Mais tamén de Portugal, de Euskal Herria, de Francia... galeóns, bucetas, dornas, xeiteiras,... Mais non só no mar, senón tamén en terra, haberá actividades. Exposicións, artesanía, conferencias, obradoiros, coloquios, actuacións, cantos de taberna, teatro... Todo o preciso para gozar, vai un só, en cuadrilla de amigos, en parella ou en familia. Poderá un gozar da música de Sés, Terbutalina, Wayfarers, Os Cempés ou Son de Seu. Ao tempo que pasea polo porto e admira os vellos galeóns da Ría restaurados."}
{"ID": "NOS_22998", "summary": "Embora a gravidade do índice de desafiuzamentos no país, o goberno galego só empregou 43 das anunciadas 500 vivendas 'de emerxencia' para estes casos.", "text": "O goberno galego só impediu 80 dos máis de 8.000 despexos que se produciron na Galiza nestes anos, un dado que foi comunicado nunha recente comparecencia parlamentar e que amosa a escasa capacidade ou interese do poder público: só foi quen de paralizar menos do 1% dos desafiuzamentos. \"Pobre balanzo\", manifesta o deputado socialista Xosé Sánchez, que sinalou, ademais, que malia dispor a Xunta de 500 vivendas de emerxencia \"só utilizou 43 até o momento\" para acoller familias desafiuzadas. Paralelamente, Feijóo asina convenios estes días con entidades bancarias para que estas cedan vivendas baleiras destinadas a familias \"en emerxencia\". Para o parlamentar, \"o goberno galego dispón de capacidade e medios propios dos que non fai uso\". Feijóo demostra, máis unha vez, advirte, \"unha mais que preocupante falla de interese por destinar recursos públicos para axudar a xente que peor o está pasando\". Só en 2013 se executaron na Galiza 1.241 despexos, segundo dados do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Unha media de tres desafiuzamentos e medio por día. Ou sexa, sete cada dous días. No conxunto do Estado, o 2013 despediuse deixando cifras estarrecedoras: máis de 39.000 despexos."}
{"ID": "PRAZA_12187", "summary": "Ao desemprego rexistrado hai que engadir a todas as persoas que, inscritas como demandantes de traballo, non constan oficialmente como paradas. Son xa máis de 291.000 en Galicia, moi por riba da estatística oficial.", "text": "Os datos do emprego relativos ao mes de febreiro foron moi negativos. Foi o segundo peor mes de febreiro da serie dispoñible facilitada polo Ministerio de Empleo. Máis de 121.000 novos desempregados en todo o Estado e un incremento doutras case 3.400 persoas en Galicia. Non é posible verificar o efecto da reforma laboral cos datos de febreiro, pero si se aprecia que a redución de emprego non temporal (máis caro) non se está compensando con contratos máis baratos. Por primeira vez desde xaneiro de 2008 (os datos máis antigos que difunde o Estado) o número de contratos formalizados un mes baixou do millón de exemplares. Un golpe durísimo que se suma á caída de cotizantes á Seguridade Social, que xa ten menos de 17 millóns de contribuíntes. En Galicia hai cando menos 291.496 persoas en situación de desemprego e anotadas nos servizos de colocación Oficialmente, e así consta na nota de prensa, en Galicia hai 274.675 desempregados rexistrados. Son 26.396 persoas máis que no mes de febreiro do ano pasado tras un incremento interanual do 10,63%. Unha suba que supera a taxa estatal, do 9,6%. O mercado laboral galego rexistrou, xa que logo, un peor comportamento que o da media española en valores relativos. Pero, alén das cifras oficiais, en Galicia hai cando menos 291.496 persoas en situación de desemprego e anotadas nos servizos de colocación. Ata 16.821 persoas non constan como paradas malia que si o están, e buscan un posto de traballo de maneira activa. Trátase dos galegos que ben cobran a\"eventuais agrarios subsidiados\" ben son apartados de xeito aleatorio da listaxe oficial polos departamentos de colocación de cada comunidade autónoma. En base a unha lei de Jesús Caldera, as delegacións do antigo Inem poden clasificar a un desempregado dentro dunha categoría que se chama \"demandantes de emprego non ocupados\" se consideran que este precisa un curso de formación."}
{"ID": "PRAZA_2637", "summary": "A Xunta admite que empregará estes camións para atender a maior demanda sanitaria no verán, mentres pecha camas. Oposición e sindicatos ven un \"desbalde\" nestes equipamentos, dos que a empresa adxudicataria destaca que teñen mesmo \"aseos para clientes\".", "text": "Entre as múltiples protestas de persoal e pacientes que acompañaron a apertura do novo hospital de Vigo figuraba a realización de probas diagnósticas nunha unidade móbil, nun camión, mentres as resonancias magnéticas non funcionaban no novo centro. Algo máis dun mes antes de que comezase o accidentado proceso que acabou levando politicamente por diante a exconselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, o Consello da Xunta trataba un informe -documento sen valor xurídico, que o Executivo emprega para publicitar asuntos que considera relevantes- sobre a posta en marcha de dous destes camións na provincia de Ourense, neste caso con funcións de quirófanos e consultorios. Dous meses despois do inicio da súa actividade, a Consellería de Sanidade defende no Parlamento que estes equipamento favorecen a igualdade no acceso á asistencia sanitaria entre os pacientes. O pasado agosto o BNG rexistrou unha pregunta no Parlamento para instar o Goberno a aclarar se dispón de \"informes\" ou outro tipo de estudos que xustifiquen o gasto de 1,7 millóns de euros -a maior parte procedentes de fondos europeos- nestes dous camións \"para intervencións cirúrxicas e prestación sanitaria nos centros de saúde de Ourense\". Para a voceira do Bloque en materia sanitaria, Montse Prado, resulta \"indecente\" realizar este \"desbalde\" mentres Sanidade \"desmantela infraestruturas\" ou, por exemplo, mantén pechadas camas hospitalarios. \"É evidente -indicaba- que estamos diante dun gasto máis destinado a favorecer algún negocio que á mellora da asistencia sanitaria\". \"Incrementa a eficacia da atención sanitaria e mellora a equidade entre pacientes\" Hai escasos días chegou a resposta a esta pregunta e a Consellería, xa con Jesús Vázquez Almuíña á fronte, non só admite que os camións son empregados para facer fronte ao \"incremento da actividade asistencial en zonas que ven aumentada substancialmente a súa poboación en determinados períodos, como a época estival\", isto é, mentres o Servizo Galego de Saúde mantén camas pechadas -máis de 1.000 en toda Galicia nos últimos veráns-. Ademais, o departamento autonómico asegura que ubicar estes camións xunto a centros sanitarios \"incrementa a eficacia da atención sanitaria en xeral e, en particular, da atención primaria, achegando probas diagnósticas ou cirurxía menor a centros nos cales non se dispón delas, mellorando a equidade entre pacientes\". A Consellería admite que os camións poden ser empregados como reforzo no verán, mentres o Sergas pecha camas Aínda que o Goberno galego asegura que con estes camións \"non pretende substituír\" as instalacións sanitarias dos hospitais, no mesmo documento explica que tamén contempla a \"posibilidade\" de \"unir\" os dous camións, o que permite \"a realización de cirurxía maior ambulatoria, transformando un nun quirófano e o outro, nunha área postcirúrxica\". \"Este uso -di- realizarase nun entorno hospitalario e, no caso de que se produza algún tipo de continxencia nalgúns dos quirófanos existentes no centro sanitario\". Neste caso, polo tanto, o camión si substituiría un quirófano ordinario. A Xunta nega o desbalde que detectan os sindicatos Nesa mesma resposta a Xunta nega tamén que destinar 1,7 millóns de euros públicos nestes camións, que tiveron Ourense, Ponte Noalla e A Gudiña como primeiras paradas, supoña un malgasto de cartos públicos. \"Dende logo -argumenta- non implica 'despilfarro' de fondos propios\", toda vez que \"esta iniciativa\" se enmarca no convenio Innova Saúde, que está \"cofinanciado nun 80%\" por fondos europeos, indica. Sanidade nega malgasto porque o proxecto está financiado con fondos europeos Unha visión diferente é a que ten o sindicato CIG-Saúde, que ve un desbalde dedicar aos camións uns fondos que \"poderían servir para mellorar as moitas instalacións médicsa que se atopan en condicións pésimas\" na propia provincai de Ourense. \"É lamentábel, cando moitos dos centros de saúde se atopan en pésimas condicións\" e \"cando boa parte das salas de operacións\" do Complexo Hospitalario de Ourense \"están infrautilizadas\". Asemade, a CIG pregúntase se o uso deste tipo de equipamentos implicará \"pasear pola área sanitaria\" profesionais dos hospitais. A empresa adxudicataria destaca que os camións mesmo contan con \"aseos para clientes\" Mentres oposición e sindicatos recean da iniciativa, a empresa adxudicataria do proxecto, Alegría Activity, publicita o resultado do investimento a través da súa web. Como a Xunta, a compañía explica que os seus camións poden \"convertese nun consultorio médico rural ou servir de reforzo médico en localidades con aumento de poboación estival\", ademais de servir de quirófano en situacións programadas ou de emerxencia. \"Cando funcionan como centro de atención primaria -debulla- pódese crear un espazo dividido en diferentes salas: consultas de medicina e enfermaría, administración e aseos para clientes\"."}
{"ID": "NOS_3889", "summary": "A decisión colleu por sorpresa as agrupacións, que tentan que a xefatura da formación de Albert Rivera reconsidere a decisión.", "text": "A dirección de Ciudadanos impón as agrupacións da Coruña e Ferrol que non concorran ás municipais do 24 de maio, unha decisión comunicada a última hora desta cuarta feira e que xerou sorpresa e incertidume entre afiliados e simpatizantes coruñeses e ferroláns da formación. A decisión unilateral da xefatura do partido que lidera Albert Rivera chega, aliás, nun contexto doce para as aspiracións en Coruña, cidade nas que enquisas e sondaxes apuntaban a que C´s atinxiría representación. En principio, falla por aclarar se a decisión é definitiva ou ben pode darse que haxa candidaturas en Coruña e Ferrol, mais designadas directamente desde o cumio da formación. A vindeira segunda feira finaliza o prazo para presentar candidaturas. A medida decidida pola dirección central de Ciudadanos estaría relacionada coa conflitiva vida interior de ambas as dúas agrupacións, onde abundaron demisións, ceses, baixas de militancia..."}
{"ID": "NOS_18155", "summary": "O BNG-Nós Candidatura Galega elixiu Allariz como lugar de acollida do acto público principal de campaña que tivo lugar na noite do sábado. A candidatura nacionalista puxo como exemplo \"do país que queremos\" a vila gobernada polo Bloque.", "text": "\"Allariz é un exemplo do país que eu quero\". Así, con constantes alusións a un dos buques insignia do Bloque, encetaba Noa Presas, cabeza de lista do BNG-Nós Candidatura Galega por Ourense, a súa intervención no acto público principal que organizou a formación nacionalista na noite do sábado. \"Sodes un exemplo para toda a xente de que é posíbel cambiar o mundo, de que hai alternativa neste país\", continuaba a número 1. Noa Presas erixiu a do BNG-Nós como a candidatura que fará posíbel que \"Galiza conte no Congreso\", máxime \"nun contexto no que non vai a haber maiorías absolutas\". \"O voto dunha nacionalista pode ser decisivo para inclinar o Goberno cara a políticas de esquerdas\", advertía. A cabeza de lista por Ourense puxo de manifesto que \"Galiza só lle importa aos galegos\" e advertiu de que \"para cambiar o noso destino é preciso ter unha voz propia en Madrid\". Desbotou ofrecer dados arredor da economía e da exclusión social porque \"nós temos os pés nos chan, non nos platós de televisión\" e porque \"vós sabedes o que pasa\". \"A situación é case de vida ou morte, unha emerxencia vital\". Pontón insta a \"coller da man\" todas as persoas \"decepcionadas que viron como se xogou coas súas esperanzas\" Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque e candidata da formación nacionalista á Presidencia da Xunta, apelou no acto público da Praza dos Brancos a \"coller da man\" todas \"as persoas decepcionadas que viron como se xogou coas súas esperanzas\". \"Temos que coller a esa xente da man, esa xente que cree que Galiza pode, e desde o BNG temos que devolverlle a esperanza. Temos que dicirlles que Galiza pode, que é un país rico e que as mozas e os mozos non terían por que emigrar\", salientou. Desta maneira, Pontón erixía o nacionalista \"como alternativa para Galiza\". A portavoz nacional do BNG expresou en Allariz que \"queremos que o noso país rompa con ese destino que nos impide avanzar\" e puxo como exemplo dos atrancos, entre outras, a xestión privada dos montes ao servizo de empresas como Ence. Francisco García reivindicou un modelo de financiamento xusto para Galiza O alcalde de Allariz e número catro da candidatura ao Congreso por Ourense, Francisco García, denunciou na súa intervención a \"mentira asombrosa que se nos está a repetir constantemente: iso de que nos vivimos da solidariedade do Estado\". Explicou que a realidade \"é a inversa, Galiza achega materias primas, enerxía, aforro...\". Así, o rexedor da vila centraba a súa intervención nun modelo de financiamento para Galiza e para os concellos galegos, \"que están discriminados\". A axenda deste domingo leva o BNG-Nós Candidatura Galega, entre moitos outros lugares do país, a Fene, onde nestes momentos ten lugar un acto público no que participa Ana Pontón; á Pobra do Brollón, onde intervén Olalla Rodil (nº1 por Lugo) e a Cambados, onde terá lugar o acto público central da xornada, a partir das 20.30h, coa presenza, entre outras persoas, de Luís Bará (nº1 por Pontevedra), Ana Pontón ou Montse Prado, deputada no Parlamento galego."}
{"ID": "NOS_51178", "summary": "O noso crítico de cabeceira disecciona Spotlight ou como o xornalismo de investigación pode desentrañar verdades incómodos para os poderes.", "text": "SPOTLIGHT(Estados Unidos 2015, 128 min.)Dirección: Thomas McCarthyGuión: Thomas McCarthy e Josh SingerFotografía: Masanobu Yakayanagi Música: Howard ShoreElenco: Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams, Liev Schreiber, Stanley Tucci, Billy Crudup, John Slattery, Brian d'Arcy James, Gene Amoroso, Elena Wohl, Doug Murray, Paul Guilfoyle, Brian Chamberlain SINOPSEUn grupo de reporteiros do Boston Globe retoma un caso esquecido de pederastia no eido da igrexa católica a pesares das reticencias sociais, relixiosas, dos medios de comunicación e da xustiza. Ninguén quere que unha verdade incómoda saia de novo á luz. CRÍTICA Todo o periodismo está ao servizo do poder. Todo? Non... un grupo de irredutíbeis periodistas resiste agora e sempre á manipulación. Disto trata precisamente Spotlight, un filme baseado en feitos reais que saca a palestra a verdadeira historia dun grupo de reporteiros que destapou un dos maiores escándalos dos Estados Unidos: os abusos sexuais aos que se vían sometidos os menores que tiñan algunha relación coa igrexa de Massachussets. Unha causa xulgada en 1976 pero que foi silenciada sistematicamente polas partes interesadas, en connivencia, claro, cos medios de comunicación, a burocracia e, por suposto, a igrexa. En 2002, chega ao Boston Globe un novo director (Liev Schreiber) con gañas de dar un xiro editorial cunha gran historia que volva a poñer o xornal coma referente rexional. Así que decide retomar aquel caso pechado, sobre o que pesaban moitas incógnitas, coa axuda dun grupo de catro xornalistas independentes (Michael Keaton, Rachel McAdams, Mark Ruffalo e John Slattery) que forman o grupo de investigación chamado Spotlight, acostumado a poñer o \"foco de atención\" en realidades incómodas. A medida que avanzan nas investigacións descobren que existe unha verdadeira trama que parece abarcar máis do esperado. Xornalismo de investigación comprometido e valente que logrou destapar unha noxenta trama que salpicaba a igrexa local, a pesares de que a maioría dos lectores do Boston Globe eran católicos. Profesional, porque tiveron que escoitar as estremecedoras testemuñas dos afectados. Decidido, porque sortearon as negativas e obstáculos legais para seguir adiante. Arriscado, porque preferiron esperar antes de pararse só na igrexa de Boston. Exemplar, porque chegaron até o final do asunto destapando toda a podremia da Igrexa Católica por todo o mundo. Spotlight non aborda temas escabrosos. Salvando un par de testemuños que poñen a pel de galiña, a cousa tira máis polas entrevistas, controversias profesionais, investigación e dúbidas morais Thomas McCarthy (The Visitor, Vías Cruzadas) retoma esta historia para a gran pantalla 40 anos despois dos feitos iniciais -de 1976- para dar homenaxe, non só ao verdadeiro xornalismo, senón tamén para darlles voz a todas esas persoas damnificadas que sufriron abusos sexuais, foron ignoradas por todos e agora tratan de levar unha vida normal a pesar das secuelas psicolóxicas. Persoas que decidiron lembrar e dar a cara para evitar que se volva a repetir unha cousa semellante. Pero tranquilidade, a pesar de falar de pederastia, Spotlight non aborda temas escabrosos. Salvando un par de testemuños que poñen a pel de galiña, a cousa tira máis polas entrevistas, controversias profesionais, investigación e dúbidas morais. A maior parte do filme discorre entre a vida dos reporteiros e as conversas coas partes afectadas. Manter un filme de máis de dúas horas con só isto pode parecer un suicidio de aburrimento, mais a montaxe, as xeniais interpretacións e a posta en escena logran evitar o tedio do persoal. Non só iso, senón que Spotlight ten nada menos que seis nomeacións aos Óscar: Película, Director, Actriz Secundaria (McAdams), Actor Secundario (Ruffalo), Guión Orixinal e Montaxe. Dubido moito que se faga con algún, e non por demérito propio, senón porque a competencia nas categorías que compite apuntan a outro/as candidato/as. Porén xa é bastante mérito estar nomeado un filme que fala dun tema tan controvertido ao que, con estes eventos, se lle dá unha enorme visibilidade. Recordemos que vén de ter presenza tamén nos Globos de Ouro, Toronto, Venecia, aínda ten varias opcións de premio nos BAFTA e acumula unha recua de aclamacións da crítica especializada. Moi recomendábel para quen queira fuxir dos blockbusters e obrigatoria para todo estudante de xornalismo."}
{"ID": "PRAZA_14864", "summary": "O principal damnificado do 21 de outubro é ao meu humilde ver o mantra mil veces repetido da \"necesaria unidade do nacionalismo\". Dita unidade, concretada no papel do BNG até xaneiro pasado, fundamentárase no eido teórico nun relato seudocolonial do país que requiría unha resposta frontista e multipartidaria, ao estilo dos países subdesenvolvidos que acadaron a independencia no século pasado. A realidade, como xa nos viñan advertindo os galegos elección tras elección, é que ese relato non é o acaído para o país que temos.", "text": "Aínda que non nos guste, a maioría absoluta obtida polo Partido Popular o pasado 21 de outubro non é precisamente unha gran sorpresa. Se ben se ten destacado o feito de que Feijoo sexa un dos poucos dirixentes europeos que non acusa o desgaste da crise, hai varios factores que explican –baixo o meu punto de vista- a súa reelección. O principal é sen dúbida a incapacidade dos demais partidos políticos de presentar unha alternativa sólida e crible, e nomeadamente do PSOE por ser o partido que ineludiblemente tería que encabezar dita alternativa nesta ocasión. A vitoria de Feijoo, na que influíu o interesado adianto electoral, é máis que nada unha derrota da oposición. O feito de que AGE, unha coalición formada apenas catro semanas antes dos comicios, se convertera na terceira forza no parlamento así o acredita. Os resultados de AGE descansan en boa medida na atractiva e oportuna figura de Xosé Manuel Beiras así como en ser quen de ler o profundo cabreo diante da situación actual dunha parte da cidadanía, en particular da xente máis moza. Dalgún xeito os cidadáns galegos premiaron a quen consideraban que mellor oposición podía facer, ante a falla dunha alternativa sólida de goberno. Lía vai pouco tempo no facebook dun amigo que mentres a metade da poboación está moi asustada co que está sucedendo, a outra media está moi indignada e reclama mudanzas radicais En segundo lugar, á hora de explicar estes resultados é ineludible ter moi en conta a profunda crise económica e política que estamos a vivir tanto no noso país como noutros países Europeos. Lía vai pouco tempo no facebook dun amigo que mentres a metade da poboación está moi asustada co que está sucedendo, a outra media está moi indignada e reclama mudanzas radicais. Voume permitir matizar dita reflexión apuntando que a segunda metade é significativamente máis pequena que a primeira, como vimos de ver no caso galego e como, non neguemos a evidencia, acontece en dous dos Estados máis castigados pola crise: Grecia e Portugal. Nos dous, ao igual que en Galicia, gobernan forzas conservadoras porque así o decidiron –cos matices que queiramos- as súas respectivas cidadanías. A vella Galicia replica dese xeito os comportamentos conservadores da vella Europa, da maioría cidadá que ve con tremenda preocupación o que está acontecendo pero que antes de iniciar aventuras incertas escolle malo coñecido, canto menos mentres o deterioro social e económico non sexa moi superior ao actual. É por iso que resulta absurdo botar man, á hora de explicar os pasados resultados electorais, dunha suposta anomalía galega ou dos típicos tópicos da carretaxe e do caciquismo. Créanme, veño dun concello onde goberna o PP por ampla maioría dende hai máis de 16 anos, e podo afirmar que os cidadáns votan absolutamente libres e conscientes do que queren votar, dende os máis novos aos máis vellos. Para que se produza unha mudanza política en Galicia ao igual que no resto de Europa son necesarias alternativas cribles, sólidas e non rupturistas, nin na súa forma nin no seu fondo Como corolario dos dous factores que vimos de apuntar, a miña opinión é que mesmo nunha situación de fonda crise como a actual, para que se produza unha mudanza política en Galicia ao igual que no resto de Europa son necesarias alternativas cribles, sólidas e non rupturistas, nin na súa forma nin no seu fondo. Guste ou non, estes son os vimbios cos que hai que facer o cesto. A refundación do nacionalismo político e a fin do modelo frontista O ascenso de AGE veu a demostrar que había vida para o nacionalismo fóra do BNG, tal e como moitos apuntamos cando tomamos a decisión de saír desa organización A maiores de corroborar que os cidadáns galegos escollen malo coñecido, a outra grande consecuencia do 21 de Outubro é a ratificación de que estamos diante dun punto de inflexión na historia recente do nacionalismo galego. O BNG veu acentuado, dun xeito dramático, o declive iniciado xa en 2001, últimas eleccións nas que por certo Xosé Manuel Beiras concorreu como candidato da fronte á Xunta de Galicia. O ascenso de AGE veu a demostrar que había vida para o nacionalismo fóra do BNG, tal e como moitos apuntamos cando tomamos a decisión de saír desa organización. Pola súa banda, Compromiso por Galicia non foi quen de facerse sitio nestas eleccións debido tanto ao descoñecemento das súas siglas e dos seus líderes como, sobre todo, por verse literalmente arrollada polo papel estelar de Beiras e AGE durante a campaña electoral. A pesares dos nosos esforzos, os votantes coñecedores e mesmo simpatizantes da nosa proposta electoral optaron racionalmente polo voto útil a AGE e en menor medida ao BNG. É difícil soster a pertinencia de que convivan nunha mesma organización persoas e partidos de ideoloxías tan dispares como podían ser no seu momento o PNG e a UPG Sexa como for, o principal damnificado do 21 de outubro é ao meu humilde ver o mantra mil veces repetido da \"necesaria unidade do nacionalismo\". Dita unidade, concretada no papel do BNG até xaneiro pasado, fundamentárase no eido teórico nun relato seudocolonial do país que requiría unha resposta frontista e multipartidaria, ao estilo dos países subdesenvolvidos que acadaron a independencia no século pasado. Por certo, outra volta, non deixa de ser paradoxal que fora o profesor Beiras un dos autores que establecera as bases teóricas desta visión. A realidade, como xa nos viñan advertindo os galegos elección tras elección, é que ese relato non é o acaído para o país que temos. Por extensión, é difícil soster a pertinencia de que convivan nunha mesma organización persoas e partidos de ideoloxías tan dispares como podían ser no seu momento o PNG e a UPG. Era unha situación practicamente sen par, tanto noutras nacións do Estado como de Europa. Cómpre por tanto reinventar o nacionalismo político, ou se se quer, a expresión política do feito nacional galego, sobre outras bases ben diferentes. Anova, BNG e Compromiso terán nestes meses que veñen que clarificar cal é o seu proxecto para este país, as persoas que lideren no inmediato ditos proxectos así como o seu target en termos electorais. Evidentemente este exercicio autónomo non tería porque impedir no medio prazo o establecemento de alianzas electorais entre estas organizacións, tanto por unha cuestión táctica de aritmética electoral como por razóns de tipo estratéxico. Mais a unidade orgánica non semella nin posible nin desexable, dadas as lexítimas e razoables diferenzas ideolóxicas e de praxe existentes entre estas organizacións. Na parte que nos toca a CxG coido que o camiño non pode ser outro que o de situarnos en fórmulas nidiamente socialdemócratas, convenientemente adaptadas á realidade actual e conscientes do profundo debate que se está a vivir no seo da socialdemocracia europea Na parte que nos toca a CxG coido que o camiño non pode ser outro que o de situarnos en fórmulas nidiamente socialdemócratas, convenientemente adaptadas á realidade actual e conscientes do profundo debate que se está a vivir no seo da socialdemocracia europea. Dito debate refírese ao xeito concreto de garantir o acceso aos servizos básicos de Estado de Benestar, aos formatos de intervención na economía para acadar os obxectivos de estabilización, redistribución da riqueza e de promoción dun modelo de desenvolvemento medioambientalmente sostible. Debemos dirixirnos ao conxunto da sociedade, pero as clases medias urbanas e en particular os novos sectores de profesionais de índole diversa deben ser obxecto de especial atención. Nas coordenadas nacionais, Compromiso debe falar sen rubor de galeguismo, establecer un relato positivo da experiencia do autogoberno e adoptar unha estratexia reformista no camiño cara maiores cotas de soberanía no seo do Estado e da Unión Europea. Finalmente, as fórmulas de rexeneración democrática e apertura organizativa que viñemos practicando na nosa curta historia de vida, máis alá do asemblearismo fácil, deben ser marcas identificativas que debemos coidar e promocionar. Sen dúbida un camiño cheo de dificultades pero tremendamente apaixonante. Aí estaremos."}
{"ID": "NOS_16206", "summary": "O municipio de Cervo será a seguinte parada da Plataforma Sanitaria da Mariña na súa iniciativa de pedir apoios para a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que impulsa SOS Sanidade Pública.", "text": "A Plataforma Sanitaria da Mariña seguirá pedindo sinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de medidas urxentes que demandan para a Atención Primaria. A través dun comunicado anunciaron que se desprazarán o 18 de outubro, terza feira, até o consultorio de Cervo en horario de 11 até as 13 horas. A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia que Burela só ten unha pediatra para 1.500 crianzas A ILP está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada a Plataforma Sanitaria da Mariña, e recolle medidas que consideran \"tan importantes como garantir a presencialidade e calidade na atención, mellorar as condicións e dotar axeitadamente de persoal os centros de saúde, incorporar novas categorías e incrementar o xa existente ou rematar coas esperas en Atención Primaria\", entre outras. Desde este colectivo sanitario animan á veciñanza de Cervo para que se achegue até este dispositivo \"e apoiar coa súa sinatura esta iniciativa que tenta recuperar e reflotar a Atención Primaria\". Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma, cre que o servizo a sanidade pública \"nestes momentos camiña cara á deriva polas política de recortes e desprestixio que o goberno da Xunta leva practicando desde hai trece anos\". Recollida en Trabada e Lourenzá A Plataforma Sanitaria da Mariña cualificou de \"éxito\" a recollida de sinaturas da semana pasada nos concellos de Trabada e Lourenzá. O colectivo desprazou o seu dispositivo móbil a estas localidades para que as veciñas e veciños apoiaran coa súa sinatura a ILP. Alertan de novos recortes da Xunta nas ambulancias da Mariña Desde o colectivo sinalan tamén a gran indignación que se está a vivir no concello de Lourenzá pola ausencia continuada do pediatra que comparte con Mondoñedo e Barreiros, desde que a anterior facultativa concursara nun traslado. As familias exixen que se repoña ao pediatra compartido para recuperar este servizo. Falta de pediatras A inicios de outubro, a Plataforma Sanitaria da Mariña denunciaba que o centro de saúde de Burela contaba cunha única pediatra para atender arredor de 1.500 crianzas. Ademais, segundo este colectivo, algunhas familias trasladaron queixas sobre a falta de pediatras que tamén está a afectar os municipios de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo."}
{"ID": "NOS_4882", "summary": "O Sergas deixa de contabilizar aqueles pacientes que se someteran a unha proba diagnóstica diferente á PCR até que non se teña unha confirmación por este mecanismo.", "text": "Os casos activos de coronavirus na Galiza diminuíron até 1.199 afectados, 311 menos que o sábado; ao tempo que se rexistraron 335 altas que elevan os recuperados até 9.155, segundo explicou neste domingo, 17 de maio, a Consellaría de Sanidade. Desta maneira mantense a tendencia da evolución da pandemia que se viña rexistrando nos días pasados, aínda que o número de recuperados é menor que o rexistrado no sábado, así como tamén o é o descenso dos casos activos. A Dirección Xeral de Saúde Pública precisou que neste domingo a maioría de pacientes con COVID-19 concéntranse na área sanitaria de Vigo, con 352 infectados (49 menos que no sábado). Pola súa banda, a área da Coruña mantén 277 casos (-54), a de Ourense, 209 (-68), a de Santiago rexistra 187 (-57), a de Lugo 77 (-20), a de Pontevedra 62 (-31) e a de Ferrol 35 (-30). A respecto da atención sanitaria dos pacientes diagnosticado con COVID-19, a maioría reciben asistencia domiciliaria (1.087). Ao mesmo tempo, 94 persoas permanecen ingresadas en unidades de hospitalización convencional e 18 seguen na UCI, unha menos que no sábado. Até agora curáronse un total de 9.155 persoas e o Sergas continúa a realizar PCR para diagnosticar o virus. Durante a última xornada realizáronse un total de 1.724 PCR, que suman xa 125.832. Revisión completada Neste domingo, a Consellaría tamén comunicou que se completara a revisión dos casos activos \"para adecuar as cifras\" ao último requirimiento do Ministerio de Sanidade. Este estabelece que non se contemplará como un novo caso de coronavirus aqueles pacientes que se someteran a unha proba diagnóstica diferente á PCR até que non teña unha confirmación por PCR. Por este motivo, o Sergas determinou que \"procede deixar de considerar casos activos aqueles anteriores a esta instrución onde se comprobou que xa existe unha PCR negativa posterior á primeira proba diagnóstica\"."}
{"ID": "PRAZA_13566", "summary": "O presidente do Goberno asegura que \"non inclúe condicionalidade macroeconómica\", pero Draghi fala xa de \"condicións estritas\". O Executivo asegura que non pensa de momento pedir á zona euro que compre débeda soberana", "text": "Contradicións. Mentres Mariano Rajoy insite en que as medidas decididas no Consello Europeo para axudar a España e Italia non supoñen condicións por parte da UE, outros líderes europeos e incluso o Banco Central Europeo (BCE) aseguran o contrario. \"Non inclúe ningunha condicionalidade macroeconómica\", respondeu o presidente do Goberno ao ser preguntado sobre o mecanismo de axuda ao sector financeir, que está xa no seu proceso final. Aínda así, Rajoy tamén apurou a insistir no compromiso do seu Goberno coa consolidación fiscal, as reformas para crear emprego e o saneamento das contas públicas. Mentres, o presidente do BCE, Mario Draghi, amosaba a súa satisfación polas medidas do Eurogrupo para flexibilizar o rescate á banca española, pero pedía xa \"condicións estritas\" para que o proceso resultase \"crible\". \"Todas estas cousas deben ir acompañadas dunha condicionalidade estrita para ser cribles\", di Draghi \"A supresión do estatus de acreedor preferente do fondo de rescate para España é un dos resultados, a posibilidade futura da recapitalización directa dos bancos, algo que o BCE defendeu hai tempo, tamén é un bo resultado\", destacou Draghi. Pero rápido engadiu: \"Todas estas cousas, para ser cribles, deberían ir acompañadas dunha condicionalidade estrita; iso é esencial porque senón non serán cribles\". Ao mesmo tempo, Rajoy aseguraba que, malia chegar a un acordo para posibilitalo, non pensa nestes momentos pedir á zona euro que compre débeda soberana a través do fondo de rescate para rebaixar os custos de financiamento. \"Non pensamos en nada nese sentido\", asegurou o presidente do Goberno."}
{"ID": "NOS_9375", "summary": "O PP abalaría entre 35 e 38 representantes, PSdeG obtería 19-22, BNG atinxiría 13-15 a Unidas Podemos, 4.", "text": "O portal Electomanía vén de publicar unha nova enquisa, unha sondaxe de \"Sigma- Dos' filtrada polo PSOE galego\" e que sitúa Feixoo no limiar de perder a maioría absoluta. Este traballo, a tomar con cautela ao ser unha filtración procedente dun partido, concede ao PPdeG entre 35 e 38 representantes no Parlamento. A maioría absoluta está en 38. Así pois, \"hai partido\". Como segunda forza figura o PSdeG, que atinxiría entre 19 e 22 representantes, por riba das 14 que posúe actualmente. O BNG lograría entre 14 e 15 escanos (ten 6), o que supón máis que duplicar a súa representación actual. Por último, Galicia en Común lograrían 4 representantes na Cámara galega. Nin Ciudadanos nin En Marea obterían representación. Non é esta a primeira enquisa para o 5-A, que aponta a que Feixoo está no bordo de perder a maioría. Estes traballos demoscópicos tamén apontan unha importante recuperación do nacionalismo, unha suba do PSdeG e descenso da 'esquerda' rupturista'. Outra coincidencia nas diferentes enquisas e sondaxes é que nin Ciudadanos nin Vox van lograr entrar no Parlamento galego e que En Marea ficaría sen representación."}
{"ID": "NOS_7222", "summary": "Participarán nunha ducia de accións en diferentes comarcas de Galiza para erradicar eucalipto e outras especies invasoras. A acción, promovida por Cousa de Raíces, desenvólvese con motivo da celebración este 21M do Día Mundial dos Bosques. No interior, onde e cando son as accións 'deseucaliptizadoras'.", "text": "De Agolada a Teis, de Melón a Lousame, pasando por Cercedo-Cotobade e Ponte Caldelas. Estes son algúns dos lugares onde se desenvolverá a partir desta quinta feira, 21 de marzo, a iniciativa pola 'deseucaliptización simultánea' de Galiza, convocada por Cousa de Raíces e que xa sumou unha vintena de colectivos. Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan para esta quinta e o vindeiro sábado, 23 de marzo, máis dunha decena de accións de eliminación de eucaliptos e doutras plantas exóticas invasoras, como as acacias. Adega, Couto da Eiriña, Verdegaia, Montescola e CMVMC de Froxán (Lousame), a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, A Rente de Chan, Pladever, Fundación Eira, Proxecto Ríos, Amigos da Terra, CMVMC de Tourón (Melón), Asociación Vergasta, APDR, agrupación Arlequín, Proxecto MonTeis, a CMVMC de Teis (Vigo), a CMVMC de Ponteareas e a CMVMC de Carracedo (Caldas de Reis) responderon ao chamado da rede Cousa de Raíces para participar na deseucaliptización simultánea . O obxectivo desta iniciativa é, salientan as impulsoras, chamar a atención sobre a urxencia de favorecer e conservar os bosques galegos fronte o impacto negativo e a expansión descontrolada de especies e plantas exóticas invasoras no país, como é o caso do eucalipto ou da acacia. As accións de deseucaliptización comezarán esta quinta feira, no propio Día Internacional dos Bosques, na cidade da Coruña, cunha actividade de eliminación de flora exótica invasora, especialmente da acacia negra, organizada no Monte da Fraga pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, coa colaboración de Adega. As demais accións de eliminación de eucaliptos e outra flora exótica terán lugar o sábado, 23 de marzo. Montes de Froxán de Lousame En \"Campo de Lamas\". Nesta zona húmida, a comunidade de montes, xunto con Verdegaia e as brigadas deseucaliptizadoras, levan tempo promovendo a recuperación do bosque nativo. Nos montes de Ramil de Agolada A Fundación Eira e Adega darán continuidade aos labores previos de eliminación de eucalipto nunha parcela custodiada, na que haberá que eliminar os gromos que rebentaron nos tocóns. Río Tea, Mondariz. O colectivo ecoloxista, xunto co Proxecto Ríos, acudirán ao río Tea, en Mondariz, para eliminar especies exóticas invasoras, nomeadamente a acacia, no marco do Campo de voluntariado ambiental do Tea. Gradín, Pontecaldelas A tarefa principal do colectivo A Rente de Chan e Pladever (plataforma na defensa do Verdugo) será a deseucaliptización nunhas parcelas de experimentación, situadas nos montes de Gradín de Pontecaldelas, nas que se fará seguimento dos resultados da eliminación de eucaliptos, seguindo un protocolo deseñado para a ocasión, e que estas organizacións comparten co resto de entidades participantes O Regueiriño, Lourizán (Pontevedra) A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) eliminará eucaliptos no monte de O Regueiriño, na parroquia de Lourizán na que se sitúa tamén a fábrica de celulosas de Ence. Rebordelo, Cerdedo-Cotobade A comunidade de Montes de Rebordelo, de Cerdedo-Cotobade, coa colaboración de Adega, aproveitará esta ocasión para eliminar eucaliptos e promover un roteiro interpretativo polo Couto da Eiriña, lugar no que se está a promover un proxecto de custodia e de promoción dunha xestión forestal sostible. Melón A comunidade de montes de Tourón, no concello de Melón, aposta tamén pola retirada de eucaliptos dos seus montes. Participarán nesta actividades outras entidades como Amigos da Terra e a Asociación Vergasta. Ponteareas Pola súa banda, a comunidade de montes de Ponteareas está a substituír o eucalipto dos seus montes por especies forestais autóctonas, tarefa na que está inmersa desde a vaga de lumes de 2017. O sábado 23 continuará con este labor nos \"Chans da Picaraña\", luga no que se celebra a Romaría da Picaraña do vindeiro 1 de maio. Carracedo, Caldas de Reis Os comuneiros e comuneiras de Carracedo, de Caldas de Reis, eliminarán gromos de eucalipto de tocóns, Teis, Vigo Os e as comuneiras eliminarán exemplares máis grandes coa axuda de maquinaria. A agrupación Arlequín tamén colaborará na deseucaliptización da Madroa, en Teis, onde tamén se plantarán árbores autóctonas"}
{"ID": "NOS_13044", "summary": "Até 2 mil denuncias por abusos sexuais dos que serían responsábeis membros dos cascos azuis. Esta é a cifra que recolle un informe do que vén de dar conta a axencia Associated Press e que volta a poñer no punto de mira o continxente da ONU.", "text": "Un informe difundido pola axencia de noticias AP recolle até 2 mil denuncias contra cascos azuis por abusos sexuais en todo o mundo. Desas 2 mil, 300 pertencerían a menores de idade. Na documentación, segundo AP, alúdese a testemuños de decenas de mulleres, nenas e nenos que denuncian ter sido vítimas de abusos sexuais por parte deste corpo militar. \"Os actos sexuais descritos por nove vítimas son simplemente demasiados para seren presentados exhaustivamente neste informe, en especial en virtude de que cada unha afirma que tivo múltiplos acompañantes sexuais en diversos lugares onde os continxentes de Sri Lanka estiveron instalados durante anos en diversas partes de Haití\", recolle o informe da AP. A ONG Blue Code rexistrou 145 denuncias só en 2016 en Haití Cando menos 134 membros do continxente de Sri Lanka participarían entre 2004 e 2007 de violacións, explotación e abuso. Após unha investigación da ONU estes militares foron retirados da forza. Porén, as Nacións Unidas carecen de xurisdición directa sobre os cascos azuis e a sanción penal contra os culpábeis recae nos países que achegan os efectivos militares da forza. Haití O secretario xeral da ONU, António Guterres, xa se pronunciara en 2015 sobre os abusos: \"Digámolo cunha soa voz, non toleraremos que ninguén cometa ou consinta a explotación nin o abuso sexual. Non permitiremos que ninguén tape estes delitos coa bandeira da ONU\". Porén, en países como Haití, seguen amoreándose denuncias contra cascos azuis por presuntos abusos de natureza sexual. De feito, a ONG Blue Code rexistrou 145 denuncias só en 2016. O continxente militar leva na illa caribeña de maneira ininterrompida 13 anos. Na actualidade, os cascos azuis contan con máis de 5 mil efectivos que participan en misións de paz ao longo do mundo. O seu labor consiste no adestramento a policías, garantir a seguridade durante eleccións, apoiar o sistema xudicial, axudar en desastres naturais ou reconstruír a orde pública após crises políticas, entre outros."}
{"ID": "PRAZA_14013", "summary": "A coalición di ter recibido unha negativa dos socialistas a participar nunha fronte de esquerdas e afirma que \"sabíamos que era difícil un cambio de actitude mais non quixemos renunciar a que rectificasen a súa deriva neoliberal\"", "text": "Esquerda Unida di ter recibido unha negativa dos socialistas á proposta de conformar unha fronte ampla esquerdas e afirma que \"sabíamos que era difícil un cambio de actitude mais non quixemos renunciar a que rectificasen a súa deriva neoliberal\". En consecuencia, Esquerda Unida chama a todos os simpatizantes do PSOE desencantados coas súas políticas a participaren na Syriza galega, pois segundo a coalición de esquerdas \"vivimos tempos excepcionais que requiren actuacións excepcionais nos que a esquerda, máis que nunca, debe actuar conxuntamente para que rematen os ataques contra os traballadores e traballadoras e os recortes de dereitos contra a maioría social, porque está en xogo o modelo de sociedade, os dereitos sociais e ate a propia democracia\". EU di que \"sabíamos que era difícil un cambio de actitude mais non quixemos renunciar a que rectificasen a súa deriva neoliberal\" A executiva nacional de EU considera que a negativa do PSdeG a formar unha fronte ampla de esquerdas contra o PP demostra \"o seu nulo interese por transformar a situación actual de sufrimento que viven as familias traballadoras\". Esquerda Unida di que a oferta ao PSOE inscribiuse nunha forma de actuar sen \"apriorismos\", e cun diálogo aberto \"a todas as organizacións de esquerdas que pulen por rachar coa situación de inxustiza social e insustentabilidade medioambiental na que vivimos\". Esquerda Unida mantén en calquera caso o seu ofrecemento de diálogo \"sempre que estean dispostos a rectificar a súa errática política\" e afirma que deben ser os socialistas \"os que decidan se queren formar parte da Syriza galega ou prefiren conformar o bloque sistémico co PP, ao estilo do PASOK\"."}
{"ID": "NOS_13553", "summary": "Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, toma a palabra esta cuarta feira nas entrevistas do #VenhanMais5.", "text": "-Como avalías o estado actual da política galega? -Penso que a política galega está amordazada polo control e á vez o conformismo do goberno do PP e de Feijóo, que está a confundir a maioría absoluta co absolutismo, e que aguanta estoicamente os continuos golpes que Galicia recibe desde o goberno de España. Enfronte, os socialistas temos o reto de rearmar o liderado da esquerda tras unha etapa complicada, e de volver a representar desde o goberno a maioría social, que se identifica dun xeito claro coas nosas políticas. É innegable tamén que é necesario o diálogo co resto de forzas progresistas para poder desterrar de Galicia o goberno da resignación, que nos fai camiñar sempre coa lousa dunha fenda de desigualdade con respecto ao resto de España. -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? Espero que Sermos siga a ser un espazo de liberdade e de diferenciación dentro da prensa galega e nel teña cabida unha visión plural da realidade -Agardo que, tras os procesos de renovación que temos por diante no PSdeG de inmediato a nivel autonómico, provincial e local, sexamos capaces de comezar un tempo novo e recuperar gobernos de progreso. Debemos comezar coa recuperación de alcaldías socialistas nas eleccións municipais. É desde os concellos, onde a política é máis cercana aos cidadáns, desde onde debemos comezar a remontada para darlle a Galicia unha saída xusta da crise, coa igualdade de oportunidades e a garantía de dereitos, servizos públicos e liberdades como obxectivo. Iso debe trasladarse tamén a un cambio de rumbo do noso país nas eleccións autonómicas. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Espero que siga a ser un espazo de liberdade e de diferenciación dentro da prensa galega, e que nese espazo teña cabida unha visión plural da realidade desde unha perspectiva ampla para a sociedade de progreso do noso país."}
{"ID": "NOS_45615", "summary": "Folgoso do Courel converteuse nos últimos días na zona do cero dos incendios forestais na Galiza. Segundo os propios datos achegados pola Consellaría de Medio Rural, xa van máis de 1.900 hectáreas arrasadas a última hora de onte, manténdose os lumes aínda sen control.", "text": "O foco incendiario que máis preocupa atópase na parroquia de Seceda, iniciouse as 1,40 horas da sexta feira, e segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de 1.100 hectáreas. O lume está próximo ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, no limítrofe concello de Samos e nel traballan medios propios da Xunta da Galiza e da Unidade Militar de Emerxencias (UME). A alerta segue tamén decretada nun incendio da parroquia de Vilamor, en Folgoso, onde as chamas están preto do núcleo de Carballal. Este incendio empezou ás 20,42 horas da quinta feira e mantense en 300 hectáreas queimadas, segundo as estimacións provisionais do Goberno galego. O terceiro lume no Courel permanece activo en Vilamor. As lapas comezaron as 20,25 horas deste quinta feira e levan arrasadas, atendendo ás previsións da Xunta, unha superficie de 500 hectáreas. Axentes forestais O malestar é evidente entre os membros das brigadas contra os lumes e os axentes forestais que están loitando contra o lume neste concello. Segundo sinala a Nós Diario un membro das brigadas forestais, \"a falla de medios é evidente e tamén o de efectivos\". \"Con tampouco xente é imposíbel facerlle fronte a estes incendios\", continúa o axente forestal, quen significa que \"estamos traballando de sol a sol cunhas xornadas para nós descoñecidas e aínda así non nos resulta posíbel parar isto\". O axente forestal recoñece que \"neste momento hai lumes en moitas partes e iso dificulta concentrar aquí todos os efectivos pero si isto non se amplían vai ser imposíbel facer fronte ao lume\". A veciñanza conectada por Nós Diario sinala que \"non lembran ningún incendio igual no municipio\". \"Mira que ardeu en 2018\", sinala unha veciña que quere gardar a súa identidade\", \"pero aquilo era unha broma en comparación con isto\". A veciñanza \"Téñenos abandonados\", recalca esta veciña, quen reclama \"máis medios para pór freo a esta desfeita que non só afecta ao monte senón que chega a carón das casas e tal como está a cousa pode provocar unha desgraza\" O voceiro municipal de C@aurel Vivo, coalición de electores con presenza na corporación, considera que o grande alcance dos incendios está motivado pola falla de medios para loitar contra os lumes. Neste sentido, pronúnciase Óscar Carrete quen crítica en declaracións a Nós Diario de \"poucos medios para combater os lumes e nada de políticas de prevención\". Óscar Carrete destaca que \"somos un paraxe único, con moito masa forestal e un pulmón de biodiversidade ecolóxico , con moita marca de xeoparque, pero estamos a cola en dotación de servizos contra os incendios\" \"Estamos agradecidos da resposta da xente que nalgúns casos cortou unhas xestas e tentou paliar a falta de medios\", continúa Carrete, quen denuncia que \"a mellor maneira de parar un lume e detéctalo precozmente, e se están os medios con base na outra punta do distrito, cando chegan o lume pasou hora e media ou dúas no mellor dos casos\" Carrete advirte que \"non poden ter o Courel sen brigadas como as teñen. Sen brigadas de apoio de cinco meses, nin motobomba da Xunta de Galicia e débense facer máis puntos de auga porque sen auga non se apaga un lume\". Neste sentido, refírese a falla de auga que impediu unha maior eficacia no funcionamento das motobombas e das cisternas. C@urel Vivo O voceiro de C@urel Vivo explica a Nós Diario que as queixas pola ausencia dun operativo axeitado para combater os lumes forestais veñen de vello. Neste sentido, lembra que \"xa en xullo do ano pasado presentamos unha moción na que solicitabamos que se asignase unha Brigada de Extinción de todo o ano ao Courel\". Carrete lembra que \"naquela altura reclamamos tamén desde a Xunta de Galiza, o Concello, a Confederación e falando coa veciñanza se tente dotar dun pozo de carga a cada aldea nas que se dean as condicións para usar con motobomba , helicóptero\". O concelleiro de C@urel Vivo considera que algunhas das eivas que provocaron esta situación gardan semellanza coas denunciadas hai un ano. Nese sentido, crítica que \"a desorganización, fai que chegar a un lume do Courel, pódelle levar a unha brigada de reforzo, entre unha e dúas horas\" así como que \"non temos unha Brigada con base no Courel mentres debería haber, cando menos, dúas brigadas verdes todo o ano\"."}
{"ID": "NOS_50232", "summary": "Este 25X fanse 50 anos daquel Día da Patria de 1968 na que o nacionalismo volveu ás rúas de Santiago para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza.", "text": "'Sumar por Galiza' é o lema escollido polo BNG para este 25 de Xullo, Día da Patria Galega. Unha data que este ano fai o seu 50 aniversario: foi en 1968 -após décadas de parón pola ditadura franquista-, cando o nacionalismo galego foi quen de desafiar esa represión para recuperar a manifestación nas rúas de Compostela para celebrar o 25 de Xullo. A reivindicación dos dereitos nacionais de Galiza provocou aquel ano cargas policiais contra as persoas manifestantes. Unha dinámica que se reproducíu ano tras ano contra as manifestantes que tentaban chegar até a emblemática Praza da Quintana, en pleno corazón da capital de Galiza, o que non se logrou até 1983, tras unha sentada de oito horas na cidade vella de Santiago. Lois Diéguez, histórico militante nacionalista que participou nesa reivindicación do 68 e que,canda María Alonso, militante viguesa de 17 anos que acudirá a súa segunda celebración do 25X, acompañaron á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón na presentación da campaña para este Día da Patria. A dirixente nacionalista insistiu no chamamento para sumar arredor \"dun nacionalismo emancipador, forte, aberto e moderno desde o que construír un futuro mellor para Galiza, cun BNG coa man tendida para quen queira traballar na defensa deste país e deste pobo\". Medio século no que a defensa de Galiza como nación \"é hoxe tan revolucionaria como hai cinco décadas\", salientou Pontón, \"e tamén hoxe o nacionalismo significa a esperanza dun cambio real para deixar atrás precariedade, emigración e a discriminación a este país\". A dirixente do Bloque amosou o seu orgullo de liderar a que, \"segue a ser a mellor ferramenta política para defender Galiza e avanzar colectivamente\". A campaña do Día da Patria está centrada na idea de 'Sumar por Galiza' a todas as persoas que partillan a idea de que o pobo galego debe gobernarse a si propio. \"50 anos sumando por Galiza desde a diferenza, con diferentes visións do país, pero cun punto en común: O convencemento de que temos dereitos e somos capaces de gobernarnos a nós mesmas e non precisamos que nos marquen o camiño desde fora\". Pontón fixo un chamamento \"a desbordar\" as rúas de Compostela o 25X con xente que aposta en construír un país \"onde a xente moza como María non teña que coller a porta da emigración ou quen traballou toda a súa vida como Lois non sexa obrigado a loitar por unhas pensións dignas\". Nesta liña, mantivo, \"é clave fortalecer proxectos políticos propios como o BNG, para que Galiza non sexa un simple escenario do pim-pam-pum das forzas políticas estatais que mudan o seu discurso en función de se están no goberno ou na oposición, e nese escenario os galegos e as galegas sempre saímos perdendo\"."}
{"ID": "NOS_17564", "summary": "A deputada Noa Presa compareceu en rolda de prensa esta sexta-feira para informar sobre a proposta que levará ante a cámara e coa que a formación nacionalista esixe a rebaixa do IVE da factura eléctrica para que pase a ser superreducido.", "text": "Presas considera que, nun contexto social de xeneralizada perda do poder adquisitivo, é un deber garantir acceso da cidadanía á electricidade. \"Esta semana vimos con preocupación os dados do Instituto Galego de Estatística, que amosan como máis da metade das familias galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes\", apunta a parlamentar. Segundo ela, as familias galegas asumen \"uns dos IVE mais altos de Europa, por detrás dos países nórdicos e Portugal\", co agravante de que tamén hai que engadirlle máis impostos, como a taxa especial de electricidade ou a do aluguer dos equipos de medición. \"É como se tivésemos un IVE duplo, e entendemos que hai que reverter esta situación\", afirma. É por isto que o BNG pretende propor unha rebaixa do IVE actual –de 21%– ao superreducido, de 4%, o cal suporía que cada factura abaratase máis de 16%. Ante a previsíbel suba de 10% que se espera na factura da luz para este novo ano, Presas insiste en que \"cómpre tomar medidas para axudar a que a maioría de persoas do país poidan pagar con facilidade\". \"Aínda que tivemos un ano complexo a nivel metereolóxico, factor que pode incrementar a factura, o certo é que 80% desta son custes regulados, polo que hai decisións políticas a tomar con urxencia para abaratala\", acusou Presas. A nacionalista sinalou concretamente a pasividade do Partido Popular á hora de tomar medidas para axudar a cidadanía, con dificultades para asumir \"algo tan elemental como a factura eléctrica\". Máis recadación e menos emprego A deputada ourensá non dubidou en tachar de \"impositivas e abusivas\" as políticas do Partido Popular á hora de fixar as taxas públicas. \"Estamos nunha situación estatal na que hai máis nivel de recadación mentres o nivel de empregabilidade non retornou aos niveis previos á crise, e non podemos permitir mais tempo este abuso\", criticou. Ao mesmo tempo, Noa Presas tamén reafirmou o compromiso público do BNG coa cuestión da electricidade, \"tanto con todo o que ten que ver coa suá fiscalidade, como todo o que teña que ver coa transición enerxética ou o aproveitamento deste recurso como país excedentario en produción eléctrica que é Galiza\"."}
{"ID": "NOS_32031", "summary": "O alcalde da localidade dirixiulle una carta a Dolce & Gabanna, que nos seus últimos deseños emprega a figura emblemática do entroido desa zona.", "text": "Nunca unha colección de Dolce & Gabbana xerara tanta sorpresa e abraio en Galiza. Sobre todo en Viana do Bolo e comarca. No desfile de presentación da colección primavera- verán 2018 de D&G modelos con vestiario cunha grande similitude ao que luce O Boteiro, figura emblemática do entroido de Viana percorreron a pasarela. \"Todas as veciñas e veciños que viven o Entroido e que o senten quedaron perplexos ao observar as imaxes das modelos con eses traxes de Boteiro. Non só polo seu colorido, senón tamén polo seu deseño de figuras e pola forma de facelas (cintas de raso plisadas e \"fruncidas\")\", explica o alcalde, Secundino Fernández, nunha carta que vén de remitir a D&G. Unha misiva na que o rexedor explica a D&G que O Boteiro \"constitúe un ben cultural, e é o sinal de identidade máis importante do noso concello. Trátase dun capital cultural intanxible e dun coñecemento cultural colectivo que se transmite de xeración en xeración do que nos sentimos orgullosos e que respectamos como o que é, a nosa cultura\". Secundino Fernández afirma que \"o desgusto de Viana do Bolo, da veciñanza foi grande cando nin tan sequera se mencionou a orixe da \"inspiración\". Non se mencionou, nin se recoñeceu a esta figura centenaria da nosa tradición, nin as artesás que elaboran as camisas e que mantiveron esa tradición, que pasa fundamentalmente de nais a fillas\" Por este motivo, a través desta carta o alcalde Viana pide a D&G que recoñeza publicamente \"que é o noso Boteiro a fonte de inspiración dos seus deseños\". Ao tempo, convida os deseñadores a visitar o concello para gozar do Entroido. \"Tamén e como feito de desagravio e como mostra de hospitalidade convidámolos a mostrar esas creacións inspiradas no \"Boteiro\" en Viana do Bolo\", conclúe a misiva."}
{"ID": "NOS_38420", "summary": "O evento músico-cultural continuará coa promoción de grupos galegos e varias actividades que van da fotografía até a pintura.", "text": "Esta sexta edición do festival Arteficial trae a Ribadavia ás formacións InIbO (Celanova, gañadores do premio do público II Concurso de Grupos Galegos Arteficial), Plus Lottus (A Coruña, gañadores do premio Arteficial no II Concurso de Grupos Galegos Arteficial), Rosvita (Madrid), Unicornibot (Pontevedra), Guadalupe Plata (Xaén) e os Dj Chaco, Dj Arteficial e Dj ICF. Grupos novos que @s organizadores agardan que teñan unha boa acollida na capital do Ribeiro. Alén da música, entre as actividades que propoñen para ese día e a semana anterior, haberá exposicións de fotografía e pintura en diversos bares da vila, un obradoiro de graffiti durante os concertos dentro do recinto, unha Jam Session no pub ALJAMA de Ribadavia na sexta feira 17 de agosto e un obradoiro de musicoterapia o mesmo sábado 18, a partir das 18 horas, no Clube Artístico de Ribadavia.As entradas teñen desconto a través de internet mais tamén poden atoparse o mesmo día na billeteira. Unha parte da entrada doarase á ONG Menoria."}
{"ID": "NOS_42811", "summary": "[ACTUALIZADA ÁS 14.50] Á espera da comunicación oficial, todo apunta a que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, renunciará a aspirar como candidato á presidencia da Xunta de Galiza após coñecérense as súas novas imputacións. Continuará, pola contra, como secretario xeral da formación.", "text": "O propio Besteiro convocou reunión da Executiva do PSdeG para a tarde do sábado e será no marco desa xuntanza onde oficialice a renuncia a aspirar á presidencia da Xunta nas eleccións galegas, segundo fontes citadas pola Cadena Ser. Besteiro, malia as fortes presións, continuará a ser o secretario xeral do PSdeG. Na mañá do sábado César Luena, secretario de Organización do PSOE, xa deixaba ver que Besteiro renunciaría a participar nas primarias do PSdeG ao aludir ao \"compromiso intachábel\" do código ético do PSOE. Engadía ao respecto que \"hai dous meses houbo unhas eleccións e non había nin un só imputado nas listas\". As reaccións As seis novas imputacións sobre Besteiro no marco da Operación Pulpo que investiga adxudicacións ilícitas na Deputación de Lugo provocaron todo tipo de reaccións a nivel nacional e estatal. O president da Generalitat valenciana e secretario xeral do PSPV-PSOE, Ximo Puig, quen salientou que a transparencia e a explicación pública é fundamental. Engadiu que \"hai persoas que non están a exercer todas as súas lexítimas competencias no partido porque están, non imputados, pre-imputados\". \"Hai que dar exemplo\", afirmou. Tamén falou ao respecto o ex ministro de Asuntos Exteriores Miguel Ángel Moratinos (PSOE), quen tirou de prudencia para advertir de que \"hai que agardar a que os xuíces decidan\" e hai que darlle a Besteiro \"a confianza que merece\". A xestora do PSOE de Lugo acusou a maxistrada de ser \"a xuíza máis politizada\" Quen fechou filas arredor de Besteiro foi a xestora do PSOE da provincia de Lugo, quen acusou a maxistrada Pilar de Lara de ser \"a xuíza máis politizada\". Por parte do PP, o vicesecretario estatal de Organización, Fernando Martínez-Maíllo, salientou que sobre Besteiro pesan dez imputacións \"por delitos, precisamente, no menos graves, senón derivados da corrupción\". \"A algúns éncheselles a boca de nos acusar, pero logo vedes o que pasa aquí, precisamente en Galiza\", apuntou, tratando de desviar a atención sobre a morea de casos de corrupción que salfiren o PP ao longo do Estado. Desde Ciudadanos, o secretario de Acción Política, Estudos e Programas, Antonio Espinosa, sinalou que o secretario xeral do PSdeG, debería \"facerse a un lado\". Na mesma liña pronunciouse Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU, quen lle amosou todos os respectos ao PSOE. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que de estar na mesma situación \"tería dimitido con independencia do máximo respecto á presunción de inocencia\". Engadiu que é coñecida a posición do Bloque, que pasa pola dimisión de calquera cargo de reponsabilidade ante unha imputación por presuntos delitos de corrupción investigados pola xustiza, aínda cando se teña convencemento pleno da inocencia dos afectados e finalmente queden exculpados. As novas seis imputacións coñecéronse tan só un após de que Pedro Sánchez, aspirante do PSOE a ocupar a presidencia do Goberno central, viaxara a Galiza e apoiara publicamente a Besteiro. Son moitas as voces no PSdeG que aseguran que non se trata dunha coincidencia e que cuestionan a actuación da xuíza Pilar de Lara. Estas mesmas voces lembran que as anteriores imputacións, no marco da operación urbanística Garañón, frustraron a marcha de Besteiro ao Senado e, en consecuencia, a súa condición de aforado. [Esta información foi actualizada por volta das 14.50 para engadir o posicionamento do BNG a respeito da situación política de Besteiro]"}
{"ID": "NOS_43461", "summary": "Ana Peleteiro representa mellor que ningún outro nome a xigantesca evolución do atletismo feminino galego, que non fixo acto de presenza nos Xogos Olímpicos até Barcelona 1992. 30 anos despois de que as pioneiras Ángeles Barreiro e Estela Estévez esnaquizasen ese teito de cristal, as deportistas da Galiza non só son fixas en numerosas modalidades, senón que ocupan postos de privilexio e son temidas e respectadas no plano internacional.", "text": "Cando Ángeles Barreiro e Estela Estévez saltaron á pista do estadio de Montjuic en Barcelona'92 non só debutaron nas súas respectivas probas (lanzamento de disco e 3.000 metros obstáculos), senón que os seus pés se converteron nos primeiros dunhas galegas nunha cita olímpica. O seu era abrir un camiño que despois testemuñaron moitas outras atletas, sen máis tardar, Xulia Vaquero nos Xogos de Atlanta de 1996, nos que rozou coa punta da zapatilla o diploma olímpico ao quedar novena na proba dos 10.000 metros. A guardesa non só brillou nos XXOO, senón que tamén o fixo no cross, logrando dous subcampionatos de Europa no campo a través e un cuarto posto no Mundial de Turín de 1997. E o que aínda perdura é a súa plusmarca Estatal de 5.000 metros que, 25 anos despois, aínda ninguén logrou igualar, nun dos récords máis lonxevos para o atletismo estatal. Historia inacabada do deporte galego: \"Golpeando o saco das medallas\" Marta Míguez, en lanzamento de xavelina, e María Abel nos 10.000 metros, seguiron o legado en Sidney 2000 e, no caso da segunda, en Atenas 2004 (iso si, pasando á proba da maratón), como antesala para que a Pequín 2008 fose Alessandra Aguilar, tamén na especialidade raíña dos Xogos, na que chegou no posto 54. Especializada en probas longas e campo a través, a lucense empezou a despuntar pronto, como campioa xuvenil, ademais de lograr senllos quintos postos nos europeos de maratón de 2010 e nos mundiais de Moscova da mesma proba. Repetiría en Londres 2012, onde estaría acompañada na carreira doutra galega, a gondomaresa Vanessa Veiga, que rematou no posto 97, mentres que a lucense asinaba un posto 26. Os de 2016 foron os últimos Xogos Olímpicos de Alessandra Aguilar, nos que non puido rematar a carreira por mor dunha lesión. Elas foron a antesala do que xa se pode considerar como a grande explosión do atletismo feminino galego, encabezada pola medallista olímpica Ana Peleteiro e con nomes como Belén Toimil, Solange Pereira e as promesas Saleta Fernández, Antía Chamosa, Carmen Escariz ou Lidia Parada. Historia inacabada do deporte galego: \"Vitorias alén do 'mainstream'\" Porque as plusmarcas e os títulos xa case non son noticia na vida de Peleteiro, que ten todas as marcas estatais de triplo salto desde a categoría Sub-18 até a absoluta, e ademais conta cun campionato europeo en pista cuberta e outro subcampionato vixente, obtido en 2021 en Polonia, ademais da medalla de bronce no Mundial de pista cuberta de Birminghan de 2018 e o dos Xogos Olímpicos de Toquio. Na tradición de campo a través galega irrompeu tamén Solange Pereira para facerse co título europeo de 2018, ademais de lograr a oitava praza na proba europea de 1.500 metros nos campionatos de 2016. E se a ribeirense e a canguesa xa son marcas consolidadas, a de Belén Toimil pódese considerar como unha estrela en continuado ascenso. A lanzadora de peso non deixa de aumentar o seu valor desde o sétimo posto do europeo de pista cuberta de 2021 e, sobre todo, non para de incrementar as súas plusmarcas, batendo varias veces desde 2020 os récords de España. Historia inacabada do deporte galego: \"Dereito a competir\" Con todo, o nome que soa con máis forza nos últimos tempos no panorama atlético galego é o de Xela Martínez, quen con apenas 16 anos erixiuse como auténtica sensación xa non só eido galego, senón estatal, como esnaquizando as plusmarcas de España Sub-18 nos 1.500 e os 3.000 metros con tan só 16 anos e un mes de idade."}
{"ID": "NOS_49040", "summary": "A edición de libros en galego caeu nos últimos anos -en plena crise- 40 por cento. A tradución de volumes para o galego describiu unha traxectoria semellante, 50 por cento menos. Cumpre unha actuación decidida da Administración galega para reverter estes retrocesos. Así o defendeu Ana Pontón esta quinta feira en Vigo, nunha visita institucional á editorial Galaxia. O BNG pede o cumprimento efectivo da Lei Galega do Libro e da Leitura.", "text": "Pontón mantivo unha reunión co presidente e co director xeral de Galaxia -Antón Vidal e Francisco Castro, respectivamente- nun encontro en que lles transmitiu a idea de que, a xuízo do BNG, o sector do libro precisa dun apoio real por parte da Administración pública galega, dado o seu papel clave na conformación de \"calquera sistema cultural\" e, no caso concreto da Galiza, o seu rol decisivo na normalización da lingua. A líder do BNG ve o sector editorial no noso país \"amezado pola crise económica e polos cambios de modelo coa transformación dixital\", mais tamén en perigo \"pola falta de políticas públicas de promoción da leitura\". A portavoz do BNG -que acudiu á sede de Galaxia acompañada do parlamentar Luís Bará e dos dirixentes da formación frontista en Vigo Serafín Otero e Manuel Caride- trasladou aos responsábeis da editorial que os catro peares da alternativa nacionalista para o sector do libro son: O cumprimento efectivo da Lei Galega do Libro e da Leitura. A posta en marcha dunha Mesa do Libro como órgao de diálogo con todos os axentes implicados no sector. A recuperación nesta lexislatura dos orzamentos dedicados á promoción do libro e da leitura existentes antes da crise en 2009 (minguaron máis de 50 por cento) A derrogación de toda a normativa contraria á normalización da lingua galega, a comezar polo chamado decreto do plurilingüismo, cuxa posta en práctica penalizou as editoras galegas ao diminuír o número de libros de texto en galego no ensino. \"Se non facemos unha aposta por apuntalar o sector editorial serán outros os que editen os nosos libros. Temos un idioma e unha cultura que precisa dun sector editorial forte para que toda a produción científica, de ensaio e literaria, teñan cabida en lingua galega\", dixo Pontón nun encontro coa imprensa realizado na propia sede de Galaxia."}
{"ID": "NOS_52233", "summary": "Filla das culturas galega e palestina, Najla sempre estivo no mundo da música, fose coral ou tradicional, jazz ou rock ou world music. En formación constante, achegou a súa voz a grupos coma o Coro da Rá ou Os Tristáns até o seu debut en solitario, en 2013, co disco-libro 'Na lingua que eu falo', no que achegaba unha profunda mirada aos poemas de Rosalía. Agora xira con 'Ela sabe a sol'.", "text": "—Como está a ser o verán no relativo aos concertos? Antes do confinamento, coa pandemia, canceláronse moitos bólos e viaxes e agora toca reconstrución e readaptación. Temos no total do verán 5 bólos e dou grazas porque polo menos podemos presentar o novo traballo. Quero que saian cousas pero temos que ir un pouco ao ritmo que a vida nos impón. —O traballo que está a presentar é 'Ela sabe a sol', por que escolle o libro-disco como formato? Gústame moito o obxecto en si, son fetichista e gústame implicarme no proceso até o fin e en todos os detalles. E porque me gusta o obxecto quero tamén sacar o traballo dunha maneira que á xente lle guste ter e mercar. Na noite do 23 de agosto actúo na praza de Armas de Ferrol dentro da programación das festas do verán —Nos concertos que tivo até agora, cal é a sensación no escenario? Coido que a peor parte a sofre o público porque non pode moverse, bailar... é iso supón unha falla de expresividade que é necesaria para o 'feedback' cando estás no escenario. E para nós tamén é estrano porque realmente é un formato de concerto exterior cunha platea que é coma a dun auditorio, pero moitísimo máis calada. Basicamente é unha cuestión de 'feedback' e de enerxía. Pero mellor iso que nada. —Que supuxo para ti, a nível persoal e profesional, o confinamento? Teletraballei un pouqiño, máis ben coas clases que imparto, e tamén din 4 concertos online. Pero o importante sempre é acompañar e entreter a xente. Os artistas, en xeral, temos esa natureza. Nese senso o confinamento foi bo, eu paseino ben porque estou afeita a estar na casa e como artista son unha persoa que alimenta a soidade para traballar. A nível persoal e de traballo tiven tempo de crear e xogar e foi moi bonito. —Que novos proxectos ou espectativas ten para rematar o ano? Proxectos, de momento, rematar o verán cos concertos que temos, o 23 de agosto actúo en Ferrol, e dar grazas. Cara ao outono non hai nada porque hai moita incertidume e a xente está a ser moi cauta á hora de programar e ademais faino moi enriba da data. E espectativas, espero que o outono ou o ano que vén se constrúan con certa normalidade. Nós, desde o cultural, traballamos con Cultura Segura e de forma supereficaz."}
{"ID": "NOS_15480", "summary": "O intelectual galeguista faleceu onte pola mañá en Vigo. Era Presidente de Honra de Editorial Galaxia e co-fundador da editora en 1950.", "text": "Xaime Illa Couto finou onte en Vigo a idade de 97 anos. Ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo foi, xunto a Francisco Fernández del Riego, o fundador da Editorial Galaxia en xullo de 1950. Naceu na Compostela de 1915 pero de pequeno acompaña a súa familia a Vigo onde estudará Maxisterio e Comercio e realizará a maior parte da súa vida laboral. En 1934 participou na creación da Federación de Mocidades Galeguistas sendo o seu secretario xeral en Vigo. Neses anos tamén participou no proxecto do Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista. Coa chegada da represión posterior a 1936 entrou, como moitos da súa xeración, nun longo exilio interior. Foi a partir da saída do suplemento Literario do xornal La Noche en Santiago de Compostela primeiro e co proxecto de Galaxia despois cando a súa actividade intelectual volveu a luz pública.Desde Galaxia participou na creación de numerosas plataformas culturais: a Fundación Penzol (1963), a Fundación Otero Pedrayo (1979) e a Fundación Illa Couto (1987). Tamén formou parte doutros proxectos editoriais como a editorial Sept (1966) ou a dirección entre 1958 e 1968 da Revista de Economía de Galicia. En 1999 ingresou na Real Academia Galega e foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo."}
{"ID": "NOS_17743", "summary": "Movemento Galego ao Socialismo e Nós-UP desenvolveron senllas homenaxes ao nacionalista coincidindo coa data da súa morte", "text": "Amais do recordo brindado á figura do militante acribillado a balazos en 1975, MGS e Nós-UP lembraron a loita de Reboiras e a vixencia das súas ideas na actualidade. No cemiterio de Imo (Dodro) --onde repousan os restos de Reboiras-- arredor de 80 persoas acompañadas do teólogo e historiados Francisco, tomaron parte do acto que anualmente convoca o MGS. Coma cada 12 de agosto @s militantes levaron a cabo unha ofrenda floral fronte a súa sepultura e analisaron a vixencia do ideario de Reboiras perante unha realidade coma a actual marcada pola crise sistémica e a \"miseria\", afirmaron, que devén das políticas neoliberais. Por súa parte, Francisco Carballo --represaliado no seu día por denunciar publicamente o asasinato de Reboiras a mans do fascismo español-- fixo un repaso ao contexto histórico no que se enmarcou o asasinato do de Imo ao tempo que animou @s asistentes \"a continuar a loita\" emprendida por Moncho Reboiras. \"Gañade\", afirmou Carballo \"non teñades medo desa xente do neo-capitalismo. Tede esperanza\". Tamén así, o portal 27 da rúa da Terra en Ferrol acolleu máis unha homenaxe á figura de Reboiras, desta volta convocada por Nós-Unidade Popular. No acto, Bruno Lópes, responsábel nacional de Organización salientou \"a loita pola independencia e o socialismo\" que representa Moncho Reboiras e chamou a pular pola eclosión, dixo, de \"dous, tres, moit@s Reboiras\". Aliás, Lópes saudou o nacemento da iniciativa social Galiza pola Soberanía da que asegurou ser unha ferramenta necesaria perante \"a situación de emerxencia nacional\" provocada \"polas brutais agresións de España e a UE\". \"É necesario\", subliñou, \"unir forzas\" arredor dun \"programa soberanista, de esquerdas e feminista\" no camiño que, dixo, \"Reboiras contribuíu a marcar\"."}
{"ID": "PRAZA_268", "summary": "A concreción do xeito en que o Goberno galego difundirá os seus convenios coa nova lei de transparencia reproduce case literalmente a regulamentación vixente dende o ano 2006.", "text": "O plan de \"impulso democrático\" anunciado polo presidente da Xunta para fomentar que \"todas\" as forzas políticas fagan \"exame de conciencia\" inclúe a redacción e aprobación dunha nova lei de transparencia que substituirá a vixente dende 2006 e que, segundo Alberto Núñez Feijóo, será unha das \"máis avanzadas de Europa\". Como a aprobada hai case unha década esta nova normativa regulará o funcionamento do rexistro de convenios, isto é, do xeito en que se fan públicos os datos sobre os acordos aos que a Xunta chega con outras persoas ou entidades baixo esta forma xurídica. Á espera de coñecer os datos concretos do novo rexistro, para cuxa posta en marcha o Goberno se dá un prazo dun ano, o xa avanzado dende o Executivo indica que este mecanismo será practicamente idéntico ao que xa existe. Ademais da comparecencia do presidente do pasado xaneiro a información dispoñible a respecto deste programa é a contida nun documento de 80 páxinas difundido pola Vicepresidencia hai unha semana. Na páxina 46 o departamento autonómico describe o 'Eixo 4' do plan, a \"aprobación dun novo Rexistro de Convenios\", no que comeza remitíndose á lei de transparencia estatal, en vigor dende finais de 2014, na que se \"establece que se publicará a relación dos convenios subscritos, con mención das partes asinantes, o seu obxectivo, prazo de duración, modificacións realizadas, obrigados á relación das prestacións e, se é o caso, as obrigas económicas convidas\". Isto, é, basicamente, o que en Galicia xa era obrigatorio. A concreción do anuncio reproduce case literalmente un artigo da lei de transparencia vixente de 2006 Neste contexto, a Xunta indiaca que a \"futura lei galega de transparencia e bo goberno\", ademais de \"dar cumprimento aos preceptos normativos básicos\", desenvolverá e incrementará estas esixencias, co compromiso de manter un rexistro de convenios público, accesible dentro do portal de transparencia e goberno aberto\" que o Executivo galego vai crear. \"Unha vez que entre en vigor esta lei -continúa- cómpre elaborar un novo decreto\" que \"supere e mellore a regulación contida\" no vixente, tamén de 2005. Trátase, di, de \"aumentar a súa funcionalidade tecnolóxica e a súa transparencia, ao tempo que se garanta unh amaior accesibilidade por parte da cidadanía\". É neste punto onde o programa baixa un chisco ao concreto. \"Ademais de estar accesibles os convenios no portal web de transparencia e goberno aberto\", indica, \"dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro\" de cada ano \"publicaranse no DOG unha relación dos subscritos referida ao cuadrimestre anterior\". \"Cando os devanditos convenios impliquen obrigas económicas para a Facenda autonómica -especifica-, sinalaranse con claridade o importe destas, o obxecto do convenio e a persoa ou entidade destinataria da prestación\", indica. Recortes do programa difundido en xaneiro deste ano (esquerda) e da Lei de Transparencia vixente dende 2006 Como é posible comprobar na imaxe que acompaña estas liñas eses preceptos reproducen case literalmente a redacción do artigo 11 da lei de transparencia de 2006. Así as cousas, coa información ofrecida ata o momento cabe deducir que a única novidade reseñable da nova regulamentación a efectos de publicidade e de acceso da cidadanía á información será a inclusión do rexistro de convenios no futuro portal da transparencia, un sitio web obrigado pola normativa estatal . En principio, esta nova ferramenta será máis accesible que o actual emprazamento do Rexistro de Convenios, no interior da web da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia onde, por outra banda, non sempre están dispoñibles en tempo e forma todos os convenios asinados. Rexistro de Convenios da Xunta"}
{"ID": "NOS_10087", "summary": "Miguel Ayuso, membro do Tribunal Militar primeiro, considera que o lema carlista \"Deus, Patria, Foros e Rei lexítimo é a única bandeira de esperanza para o Estado español\". E afirmou publicamente que a represión franquista foi \"legal\".", "text": "Considera que a guerra civil foi \"unha verdadeira cruzada\", que a represión franquista foi Severa mais legal\", que as Forzas Armadas están sendo sometidas a leis que a prexudican ou ben que a constitución española ten unha orixe \"bastarda\". Mais ningunha desas opinións expresadas públicamente por Miguel Ayuso, teniente coronel do Exército español e catedrático na Universidade Pontificia de Comillas, lle custan un castigo, unha sanción ou sequer unha reprimenda. Segundo afirma o diario El País, o Ministerio de Defensa está a avaliar promovelo a coronel. Ou sexa, ascendelo. Outros cargos militares, como lembra este xornal, teñen sido sancionados simplesmente por criticar os recortes. Miguel Ayuso, informa El País, simpatiza coa vertente máis ultra do carlismo, Comunión Tradicionalista, e é membro do Corpo Xurídico Militar, desde onde se xulga a outros militares. Comunión Tradicionalista ten un dos seus alicerces nun ultraespañolismo impregnado dun forte conservadurismo. Tense acusado a esta organización de 'amparar' de certo xeito os ataques de grupos de extrema dereita en Nafarroa contra bens e persoas da esquerda abertzale."}
{"ID": "NOS_33956", "summary": "Pilar López insta José Quiroga a deixar o posto tras as súas polémicas palabras sobre Gómez Besteiro e González Formoso.", "text": "A ex alcaldesa de Sarria e hoxe concelleira no municipio, Pilar López, explicou nesta quinta feira que decidiu abandonar a dirección do PSdeG-PSOE debeuse a \"xente do partido\" coma o responsábel de Organización, José Antonio Quiroga, quen na terza feira arremeteu contra o ex secretario xeral e ex presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. López remitiu o pasado 15 de xuño unha carta a Caballero, \"o único\" ao que debe explicacións, dixo, na que adiantaba e xustificada a súa saída \"pola xente que ten ao seu redor\". \"Á vista dos acontecementos desta semana quedou claro quen son\", manifestou, en clara referencia a Quiroga. \"Como noutras ocasións, o problema que tivo [Gonzalo Caballero] é a xente que se lle xuntou, e este señor dedicouse esta semana a botar serpes pola boca sobre Besteiro ou Formoso, e paréceme que xa non debería estar no partido\", asegurou. Así, a ex rexedora sarriá afirmou levar \"moito tempo\" advertindo ao secretario xeral \"deste personaxe\". \"Leva moito tempo xogando a dúas bandas e agora unha delas acabóuselle. Vese que se lle esgota o tempo, mais non pode manter este espectáculo no partido e debe respectar a todos os compañeiros. Se el ten problemas, que os solvente con quen os teña\", engadiu. \"A min non me quixo, e cos temas que pasaron no Concello de Sarria coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil [que preside Quiroga] cada vez estaba máis claro que lle molestaba\", agregou a socialista. Aliás, Pilar López, que non se presentará ás eleccións municipais de 2023, sostivo que \"se de verdade Quiroga quere a Caballero, isto prexudícao\". \"Se este señor ten dous dedos de fronte, ten que marchar, non xa que o expulsen, que se vaia el se ten decencia\", concluíu."}
{"ID": "PRAZA_17511", "summary": "CRÓNICA | Cómpre facer unha reforma integral do sufraxio exterior, mais non se fala dela e o Goberno anuncia que impulsará a derrogación do \"voto rogado\" sen explicar como impedir as irregularidades mentres dá por boas as cifras dos tempos da fraude masiva. Por Anxo Lugilde. Galicia nunca pesou tan pouco no PP como nestas primarias, un 7%", "text": "Nunca houbo 382.568 españois, 114.625 deles galegos, que participasen nunhas xerais desde o estranxeiro. Aínda que o poña na páxina web oficial do Ministerio do Interior e adoiten repetilo as principais forzas políticas españolas é mentira. O que si ocorreu nas eleccións ao Congreso dos Deputados de 2008 é que chegaron do exterior 382.568 votos, 114.625 deles galegos, emitidos no nome doutros tantos electores residentes alén das fronteiras. Nunha parte significativa, imposible de cuantificar, esas cifras reflicten o irregular traballo das maquinarias de PSOE e PP na diáspora, nomeadamente no Río da Prata. Abranguía o tráfico de sacas, recollidas masivas e pagadas de papeletas, intervencións ilexítimas de gobernos alleos, participación de persoas xa falecidas e, en xeral, un descontrol descomunal xestionado por empresas de correos estranxeiras. Así está máis que documentado na prensa do momento e recoñeceron destacadas voces deses partidos. E en 2009 a mínima garantía introducida para as eleccións galegas de achegar a fotocopia do DNI fixo caer en máis dun 28% o volume de votos chegados do estranxeiro respecto ao récord de 2005, que foi o equivalente en Galicia do 2008 en España. Así que se o que se quere é tomar como ideal o dato dese último ano, para empezar habería que facerlle un desconto de ao redor do 28%, pois nin se esixía identificación ningunha.En 2009 a mínima garantía introducida para as eleccións galegas de achegar a fotocopia do DNI fixo caer en máis dun 28% o volume de votos chegados do estranxeiro respecto ao récord de 2005O debate sobre as cifras de participación na diáspora de 2008 non é, aínda que o poida parecer, unha discusión histórica de carácter técnico. Trátase dun imprescindible exercicio de saúde democrática na medida en que esa cifra de 382.568 votantes españois, 114.625 deles galegos, se toma como referencia para descualificar o máis que deficiente actual modelo de participación electoral do estranxeiro e, o que é moi perigoso, para defender a súa modificación sen unha diagnose asisada do que ocorreu no pasado e sen tampouco sinalar debidamente entre as principais prioridades a de que non se volvan repetir as falcatruadas daqueles anos de espectaculares escándalos. Nestas coordenadas, non moi acordes co tempo de rexeneración democrática que anunciou Pedro Sánchez, moveuse a secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, na súa intervención desta semana ante o órgano de representación da diáspora española, o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior. Alí se comprometeu a impulsar a derrogación do denominado \"voto rogado\", na mesma liña en que xa o fixera días antes no Senado o propio Pedro Sánchez.Rumí ocupara o mesmo cargo nos tempos de Zapatero, polo que no seu regreso ao Consello da Cidadanía Española quixo empezar explicando que en 2011, cando se reformou por última vez o sufraxio no exterior, non xestionaba a área, senón a de Función Pública. \"Yo no estaba de responsable en esta secretaría de Estado. Nunca he estado de acuerdo con el voto rogado. No sé que hubiera pasado... Pero hubiera luchado con uñas y dientes para que esto no se aprobara\", afirmou Rumí en relación a un acordo deseñado ao máximo nivel nas sedes centrais das rúas Génova e Ferraz como un pacto de desarme no exterior entre os dous principais partidos, que se daban tanto medo mutuamente que pactaron desactivar a bomba do sufraxio dos expatriados pola vía de obstaculizar ao máximo o seu exercicio.É certo que o sistema desanima e que ao redor dun terzo das peticións non se converten en sufraxios, mais se de verdade existise hai dez anos ese corpo electoral activo de case 400.000 votantes da diáspora a súa pegada tería que se reflectir nos números doutro xeitoA reforma xurdiu tras varios lustros de deslexitimación por mor dos recorrentes escándalos do que adoito se segue a chamar \"voto emigrante\" aínda que só un terzo dos españois do exterior nacesen en España. No seu discurso do pasado luns Rumí dixo que \"el requisito del voto rogado es verdad que se ideó porque hubo muchas denuncias en aquellos momentos sobre fraudes en el proceso electoral\". \"Para acabar con los fraudes, pues hay muchas medidas… Claro que tenemos que luchar contra el fraude\", engadiu. Porén, deu por boas as cifras de participación dese tempo, pois como referencia dos efectos da reforma sinalou que se pasou dos 382.568 españois que segundo ela votaron nas xerais de 2008 aos 73.361 de 2011.\"Los datos son escalofriantes\", opinou a secretaria de Estado, que omitiu o feito de que en 2011 só houbo 138.037 solicitudes de \"voto rogado\" e como moito se chegou ás 169.658 de 2016. É certo que o sistema desanima e que ao redor dun terzo das peticións non se converten en sufraxios, mais se de verdade existise hai dez anos ese corpo electoral activo de case 400.000 votantes da diáspora a súa pegada tería que se reflectir nos números doutro xeito. Non hai que esquecer que ata 2011 era máis cómodo participar nunhas eleccións galegas desde Santiago de Chile que desde Santiago de Compostela.Para facer efectiva a nova reforma do voto exterior que está nas mans das Cortes Xerais, a secretaria de Estado de Migracións sinalou tres liñas de actuación: \"La supresión de la obligatoriedad de solicitar el voto rogado. Mejorar sensiblemente la información clara sobre el proceso de voto desde el exterior por parte de la administración. Impulsar todas aquellas actuaciones para extender el voto\". Non hai ningunha referencia, polo menos directa, a esas moitas medidas que segundo Rumí se poden tomar para combater a fraude, unha realidade que Sánchez coñece ben porque el formou parte do equipo de José Blanco na campaña galega de 2005, na que o PSdeG rexistrou un máis que sorprendente crecemento na diáspora. Trátase das garantías que Fraga Iribarne reclamou á desesperada nesas eleccións, mentres que antes, cando o seu partido gobernaba en Madrid, lle parecían excesivas as poucas que había.En realidade o que falta no que expuxo Consuelo Rumí é o que precisamente cómpre facer, unha reforma integral do voto exterior español, que empece polo censo. O censo é a esquecida clave deste tipo de sufraxio, non só polo seu carácter de base de todo proceso electoral, senón porque o descontrol empezou precisamente por el, cando en 1995, a petición do equivalente ao actual Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, se aprobou a inscrición de oficio dos residentes no estranxeiro. Trátase dun procedemento excepcional que, se saiba, existe en moi poucos países, como Perú, no que se combina co voto en urna, ou Italia, no que hai outro mecanismo de contención, o das circunscricións específicas para o exterior. O normal en case todo o planeta é que o expatriado teña que pedir a súa alta, incluso para cada proceso electoral ou facendo unha renovación cada certos anos.En caso de que se volva reactivar a participación existe o risco de que rexurda toda a industria da fraude nos países do Río da PrataCando aínda había que solicitar a incorporación o censo exterior español alcanzou como máximo o medio millón de electores. Inmediatamente despois duplicouse, froito da incorporación de todos os apuntados nos consulados, o que incluíu varios milleiros de mortos. Logo as sucesivas nacionalizacións de descendentes de emigrantes e, en moita menor medida, o rebrote do éxodo durante a crise levaron automaticamente o censo ata os case dous millóns do 1 de xaneiro, entre os que hai 448.245 galegos, cifra que se pode disparar outra vez coa nova lexislación de nacionalidade. O regreso á obrigatoriedade da inscrición, a poder ser cunha renovación cada por exemplo cinco anos, conduciría a unha cifra moito máis realista, ademais de introducir un filtro do verdadeiro interese, que non se faría case sen prazos materiais como na actual chapuza do \"voto rogado\". Porén, tamén cómpre abrir, polo menos, o debate de quen debe ter dereito ao sufraxio, de se hai que esixir un tempo de residencia no país de orixe como fai Suecia.A prioridade debería ser garantir a participación da primeira xeración de residentes no estranxeiro, con plenas garantías democráticas e sen que volva haber burbullas artificiais e fraudulentasA outra cuestión esencial é a do método de emisión do voto. O postal, o que existe en España desde 1976, non dá garantías, a non ser en principio que haxa volumes irrelevantes como o da actualidade. En caso de que se volva reactivar a participación existe o risco de que rexurda toda a industria da fraude nos países do Río da Prata. Por iso, e porque con voto en urna nas eleccións ao Congreso tería que haber unha para cada provincia, o preferible sería un voto electrónico presencial, nos consulados, con prazos amplos.Trátase dunha cuestión moi sensible para Galicia. Nas últimas autonómicas de cada 100 votos só o 0,7% foi emitido no estranxeiro. Cos niveis anteriores á reforma do 2011 esa porcentaxe estaría entre o 7% e o 10%, segundo se tome como referencia cando xa había a norma do DNI ou cando non existía. Trátase de proporcións astronómicas, próximas á do Afganistán da guerra contra os talibáns. A prioridade debería ser garantir a participación da primeira xeración de residentes no estranxeiro, con plenas garantías democráticas e sen que volva haber burbullas artificiais e fraudulentas.Diante do Feijóo que fixo da CRTVG un \"ABC falado\", Cospedal acusa a Podemos e PSOE de querer imitar o PP en TVE A utilización da diáspora como unha reserva que se abre e pecha segundo intereses electorais comezou na Transición, cando Adolfo Suárez inaugurou esta tendencia. Dese tempo tamén data o modelo, instaurado por un presidente do Goberno que fora director de TVE, de converter os medios públicos nun instrumento da forza do poder, práctica que se estendeu ás canles autonómicas. En Galicia, logo de que o bipartito de PSdeG e BNG incumprise as súas promesas na materia, acabou da man de Feijóo e Mar Sánchez Sierra na conversión da CRTVG nunha especie de \"ABC falado\", pois os profesionais e comentaristas dese xornal ou saídos del controlan a información política. Porén, María Dolores de Cospedal falou onte de Feijóo como o seu modelo, mentres acusaba a PSOE e Podemos de pretender manipular a televisión pública, ao tratar de arrebatarlle ao PP o control para que o siga facendo. Non se lle ocorreu mellor exemplo que o de Informe Semanal, programa que nos últimos anos afundiu o prestixio que tivo noutrora. Pero o máis triste é que Sánchez e Iglesias estean ante a tentación de non rachar co modelo de Suárez.Galicia nunca pesou tan pouco no PP como nestas primarias, un 7%->SEGUIR LENDO"}
{"ID": "NOS_45481", "summary": "A illa vota hoxe nunhas igualadas eleccións xerais onde o primeiro ministro, Leo Varadkar, busca un terceiro mandato consecutivo para o seu partido, o Fine Gael. En fronte, o Fianna Fáil, nas súas mesmas coordenadas ideolóxicas, e un Sinn Féin que se presenta como a única alternativa real de esquerda.", "text": "O Sinn Féin de Mary Lou McDonald converteuse no rival a bater nas eleccións xerais en Irlanda. Segundo a última enquisa elaborada por Ipsos MRBI para The Irish Times, o Sinn Féin conta cun apoio de 25%, por 23% do liberal Fianna Fáil e 20% do conservador Fine Gael. O resto repártese entre Os Verdes e outras pequenas forzas da esquerda e independentes, que complicarán as negociacións para formar Goberno a partir da próxima semana. O progresivo ascenso dos nacionalistas é evidente. Hai dúas semanas, The Sunday Times daba 32% ao Fianna Fáil, 20% ao Fine Gael e 19% ao Sinn Féin. Os principais problemas para a cidadanía irlandesa ─temas que acapararon máis minutos e palabras durante a campaña electoral─ son a dificultade no acceso á vivenda, as carencias na sanidade e o aumento da idade de xubilación. O Fine Gael, que leva nove anos no poder, non foi quen de dar solucións profundas a estas cuestións, polo que foi callando na sociedade a necesidade dun voto de cambio. \"Cambio\", xa que logo, foi a palabra máis usada nestas tres semanas e media de campaña electoral por todos os partidos, mesmo polo propio Fine Gael. O seu líder e primeiro ministro, Leo Varadkar, alega que Irlanda é a economía que máis medra da UE. Segundo datos da Comisión Europea, o crecemento do seu Produto Interior Bruto foi de 6,8% en 2018, 4,1% en 2019 e prevese que sexa de 3,7% en 2020 (a media da UE para eses tres períodos é 1,9%, 1,5% e 1,7%). Porén, os seus rivais políticos argumentan que a bonanza macroeconómica non se trasladou á economía real dos fogares. O Fianna Fáil quixo subir ao tren do \"cambio\" nesta campaña, mais as similitudes entre as súas políticas e as do Fine Gael fixérono descarrilar no seu intento. O propio Varadkar recordoulle en numerosas ocasións ao seu líder, Micheál Martin, que estaba no Goberno cando se produciu a Gran Recesión iniciada en 2008. Martin foi ministro de diferentes carteiras desde 1997 até 2011, entre estas a de Industria, Comercio e Traballo (2004-2008). O Fine Gael presume como un dos seus logros nestes últimos anos de sacar o país do pozo da crise. Neste tempo, o desemprego baixou de case 16% a menos de 5%. Porén, aínda que o salario medio en Dublín anda polos 2.200 euros, o aluguer dunha casa de tres habitacións (a vivenda máis habitual en Irlanda) supera os 2.000, e o prezo por unha liteira nunha habitación compartida chega a alcanzar os 500. Ademais, as listas de espera nos hospitais xerais e pediátricos non paran de medrar. Pacto polo Brexit Tamén McDonald se encargou de abortar as tentativas de Martin por apropiarse do título de \"partido do cambio\", lembrándolle que durante os últimos catro anos facilitara a gobernabilidade do Fine Gael ─en minoría─ absténdose en votacións chave e apoiando a aprobación dos orzamentos. Foi un pacto tácito entre as dúas principais formacións irlandesas, que optaron pola mesura para afrontar o Brexit. Irlanda, cómpre lembrar, é o único Estado da UE que ten unha fronteira terrestre co Reino Unido, unha fronteira que ademais podería espertar pantasmas do pasado. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_57600", "summary": "Anunciou esta decisión, que implica o mantemento no nivel máximo de prohibicións Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras, após unha nova reunión coas integrantes do comité clínico que asesora sobre a evolución da pandemia na Galiza. No nivel alto de limitacións fican 16 municipios e outros 27 están no risco medio.", "text": "A Consellaría de Sanidade vén de anunciar que os concellos de A Pobra do Caramiñal e O Grove pasan ao nivel alto de restricións, despois de varias semanas coa mobilidade restrinxida, como consecuencia do control na expansión das persoas infectadas polo coronavirus. Pola contra, a hostalaría e as fronteiras seguirán fechadas en Cualedro, Vilanova de Arousa e Carballeda de Valdeorras. As e os expertos optaron por deixar no nivel alto aos dous que baixan un chanzo: O Grove e A Pobra. Estes súmanse aos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, Ribeira, Cambre e Coristanco. As novidades con respecto á pasada sexta feira están nas incorporacións a este rango de Verea, A Merca, Salceda e Coristanco. Pola contra, baixaron a nivel medio Lobeira e O Barco. Neste último caso, coas limitacións propias desta situación -entre as que está o feito de que as terrazas dos bares só poidan estar ao 50% e no interior a ocupación máxima sexa do 30%-, están tamén Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares. E tamén hai variacións con respecto ao último encontro de traballo. No resto dos concellos do país permanecerán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Estas novidades déronse a coñecer hoxe, após a finalización dunha nova reunión de representantes da Xunta co comité clínico que asesora sobre a evolución da pandemia na Galiza. Agárdase que mañá transcendan novos datos sobre o que se falou na mesa de expertos, cuxas decisións entrarán en vigor ás 00 horas desta sexta feira. Esta segunda feira o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xa apostaba \"na prudencia\" á hora de asumir a desescalada nas localidades con restricións máis fortes que na media do país. Na mesma liña falaban o propio Alberto Núñez Feixoo e expertos como o médico e membro do comité Xosé Luís Muíño, que destacaba que \"vale a pena facer o último esforzo\" nun momento no que hai unha inestabilidade nos contaxios. \"Efectivamente, estamos nunha situación de meseta, outros lle chamamos de val -unha terceira onda que subiu moi rápido e baixou-, cun discreto incremento, moi discreto, e por tanto, estamos a ver o fin do túnel, a luz\", engadía o doutor. Após varias semanas co fechamento perimetral, quer o rexedor da Pobra do Caramiñal. Xosé Lois Piñeiro, quer o alcalde do Grove, José Cacabelos, apostaban onte en que o encontro do comité clínico serviría para levantar tanto a restrición de mobilidade como as medidas máis duras para a hostalaría, por ter que estar sen actividade. No anterior encontro Cabe recordar que a pasada sexta feira o subcomité estabelecía o nivel máximo de prohibicións tanto na Pobra como no Grove, ademais de en Cualedro e Carballeda de Valdeorras. Aliás, incluía entre os municipios máis afectados pola Covid-19, nos que eran precisas medidas especiais, Vilanova de Arousa. No nivel alto ficaron antes da fin semana Lobeira, Muíños, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Petín, Meira, Cambre, Ponteareas, Ribadumia, Marín, Meis e Meaño. No nivel medio, na liña das decisións da pasada terza feira, estaban Vigo, Vilagarcía e outros lugares como A Illa de Arousa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Trabada, Barreiros, Carral, Catoira, Rianxo, Boiro, Verín, Chantada, Padrenda, Cortegada, Lobios e Cartelle."}
{"ID": "NOS_33782", "summary": "A Real Academia Galega premia tres colexios (CEIP Carballal, CEIP Manuel Mallo Mallo e CEIP Souto-Donas) polas súas propostas sobre a poeta.", "text": "Un videoclip, unha reportaxe audiovisual e unha explicación in situ foron merecedoras dos premios do concurso Contádenos o Voso Día das Letras, que a Real Academia Galega (RAG) promoveu este ano nos centros educativos galegos para homenaxear a poeta Xela Arias no marco do proxecto dixital Primavera das Letras. Con esa miradas máis nova sobre a figura e a obra de Xela Arias, achegada por 125 colexios do país cos premios nos centros do Carballal (Marín), Manuel Mallo Mallo (Lugo) e Souto-Donas (Gondomar), a Academia fechou a axenda de actividades das Letras Galegas dedicadas a Arias. Esta segunda feira decorreu na sede da Coruña a entrega de premios, na que participaron tanto o presidente da institución, Víctor F. Freixanes, como a académica que se ocupa do portal para as crianzas, Fina Casalderrey. Acompañados de Amparo Castaño, Darío Gil Arias e Marcos Arias Castaño, nai, fillo e irmán da escritora, editora e tradutora Xela Arias, escoitaron as ideas que ocuparon parte do ano nas aulas. O videoclip volveu triunfar, neste caso da man do CEIP do Carballal que xa levara premio cando a lembranza fora para Carlos Casares (2017). O colexio de Marín escolleu ese formato, entre outros, e rodou un pequeno filme protagonizado polo alumnado de 4º e 6º de primaria titulado Canto sei! A peza comeza cunha dramatización inspirada en Non te amola!, a obra narrativa da protagonista das Letras Galegas 2021 que permanecera inédita até este ano, e baséase nun poema de Darío a diario, o poemario que a autora publicou sobre a súa experiencia como nai. \"Non producimos este tipo de actividades de cara a presentalas a ningún concurso ou certame. Facémolo para espallar a cultura galega dunha forma lúdica e amena\", concretaron as profesoras. O CEIP Manuel Mallo Mallo tamén escolleu a linguaxe audiovisual para celebrar a data sinalada. As estudantes máis pequenas déronlle forma con plastilina a un relato de Non te amola! e outros cursos gravaron representacións teatrais de dous contos do mesmo libro. A delegación comentou o seu desexo de que haxa \"mil primaveras máis para a nosa lingua\". No Souto-Donas, fixeron diversos traballos para concluír que a poeta \"foi unha muller comprometida co idioma, coas mulleres, coa natureza, a ecoloxía e o pacifismo, unha defensora das causas xustas. Definiuse a si mesma como inconforme, o que se reflicte na súa obra\"."}
{"ID": "NOS_1429", "summary": "A familia de Díaz Castro legou a Xermolos a súa casa natal, e agora esta asociación creou a plataforma Salvemos a Casa de Díaz Castro, que vén de poñer en marcha unha campaña que chama á solidariedade colectiva para recuperala da ruína e convertela na \"Casa da Xente\".", "text": "Esta casa, situada na aldea do Vilariño (parroquia dos Vilares en Guitiriz) xa estaba en ruínas cando aínda vivía o propio Xosé María Díaz Castro (1914-1990). \"Tanto el coma os seus irmáns cando viñan a Galiza xa ían para a vila, porque a casa xa estaba moi mal daquela\", explica Alfonso Blanco, da asociación Xermolos. E agora esta asociación, responsable entre outras moitas actividades do Festival de Pardiñas, vén de botar a andar unha iniciativa de micromecenado para financiar a actuación máis urxente na casa: a reconstrución do tellado. Para iso puxeron en marcha unha campaña de 'crowdfunding' cun obxectivo mínimo de máis de 24.000 euros e un ideal de case 45.000 euros. Xermolos pretende desenvolver un ambicioso proxecto en base a tres eixos: museo do escritor, espazo sociocultural e pousada de creadores Até o momento levan acadado un 8%, 2.000 euros, e aínda fican 31 días para cumprir o obxectivo. E están a organizar actos de apoio por todo o país. O próximo será esta sexta feira -28 de abril- en Compostela, na República do Couto Mixto, onde haberá un concerto do grupo de pandereteiras Trepia, Falua e Leo e Arremecaghona, alén dun recital poético do grupo de poesía Nova Poesía Guitírica. Ademais, presentarase a plataforma Salvemos a Casa de Díaz Castro e unha exposición \"Imaxes e palabras\" do pintor e poeta chairego Anxo Lamas. Precisamente esta mostra de Lamas é \"un reflexo do que queremos facer coa casa\", indica Alfonso Blanco: \"Son táboas que el sacou de casas en ruínas e que convertiu nunha obra de arte dedicada a escritores chairegos\". O proxecto da Casa Unha vez resolta a cuestión da cuberta, Xermolos pretende desenvolver un ambicioso proxecto en base a tres eixos: museo do escritor, espazo sociocultural e pousada de creadores. \"Queremos que sexa un lugar onde poidamos demostrar que o rural ten futuro\", sinala un Blanco que non rexeita un investimento público que os axude a levar adiante a tarefa. \"Non queremos que sexa un museo máis, queremos que sexa unha casa que chame a reivindicar o rural, un espazo de encontro para a veciñanza, con biblioteca, aberta ás asociacións\", explica o crego. O proxecto a Casa da Xente tamén inclúe unha parte de museo dedicado ao poeta, dado que tamén Xemolos legou a súa obra inédita, manuscritos, mobles e obxectos persoais. \"A Terra Cha é unha patria poética. Os poetas humanizaron a súa paisaxe e queremos que todo iso teña reflexo na casa\". Outro dos obxectivos é convertela en fogar \"dos poetas dos ríos\" e campo de traballo para actividades medioambientais e arrqueolóxicas, alén de \"pousada de creadores, un espazo tranquilo para crear\". A paisaxe préstase, remata. SALVEMOS A CASA DE DÍAZ CASTRO (SPOT 1) from Salvemos a Casa de Díaz Castro on Vimeo."}
{"ID": "NOS_33870", "summary": "Mentres o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho demanda que se levante o fechamento perimetral para os núcleos con intereses comúns, o Goberno galego xa pediu ao Executivo do Estado español que \"garanta\" o control na fronteira para evitar que a reapertura de Portugal provoque saídas e entradas inxustificadas na Galiza.", "text": "O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, formado por concellos galegos e cámaras lusas, quere retomar a normalidade nos desprazamentos nunha zona de intereses e servizos comúns. Así o manifestaron hoxe por boca do seu vicedirector, Uxío Benítez, que pediu á Xunta que non complique a mobilidade na fronteira unha vez Portugal estea accesíbel. Nos últimos meses o fechamento de varios pasos na 'raia' e o incremento dos controis por parte das autoridades deron como resultado perdas e moitos problemas a traballadoras e traballadores de ambos estados, que estaban acostumados ao desprazamento e que tiveron que mudar as súas rutinas pola pandemia sen que as administracións tiveran en conta as circunstancias especiais. De feito, na zona hai varias eurocidades que comparten algunhas instalacións, non só persoal das empresas. Polo que transcendeu até agora, o Goberno galego ten previsto manter as prohibicións actuais, o que desde o punto de vista de Benítez implica pór \"máis paus nas rodas\" do territorio miñoto, que segue a sumar perdas. O representante manda unha mensaxe a San Caetano lembrando que \"non ten competencias nin poder de decisión sobre as fronteiras exteriores, como é a do Miño\". Polo tanto, non habería cabida para as prohibicións, pois daríanse decisións superpostas. Porén, o vicepresidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, xa pediu ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, que garanta os controis nos pasos transfronteirizos."}
{"ID": "PRAZA_6567", "summary": "Esta é unha carta de como unha persoa cun serio deterioro cognitivo, psicomotor e até afectivo pode conseguir sacarche un sorriso tódalas mañás, de como a pesar de convivir con fortes dores e unha grande dificultade respiratoria é capaz de contaxiar a calquera de ledicia nun momento.", "text": "Dicía Ghandi que o progreso e a grandeza dunha civilización se pode medir por como esta trata os seus animais, eu creo firmemente que se pode xulgar unha nación por como trata os seus maiores, e niso, o noso pobo ten unha cátedra secular. Eu creo firmemente que se pode xulgar unha nación por como trata os seus maiores, e niso, o noso pobo ten unha cátedra secular No país galego non tiramos cos nosos avós, na nosa ideosincrasia non está ese pensamento vil de que un ancián estorba, no noso Adn está asimilada a admiración e o respecto polas engurras, surcos labrados a forza de bágoas de sufrimento, penurias, fame e calamidades que se ollan na faciana dunha persoa que viviu media vida na escuridade da nosa derradeira longa noite de pedra, que diría Celso Emilio. Que ninguén se equivoque, esta carta non ten intención de facer país, nin de resaltar as nosas virtudes, que ben coñecemos todos, aínda que moitas veces pasamos por elas sen decatarnos, nin facer ruído, como o pobo xeneroso que somos. Esta é unha carta de como unha persoa cun serio deterioro cognitivo, psicomotor e até afectivo pode conseguir sacarche un sorriso tódalas mañás Esta é unha carta de como unha persoa cun serio deterioro cognitivo, psicomotor e até afectivo pode conseguir sacarche un sorriso tódalas mañás, de como a pesar de convivir con fortes dores e unha grande dificultade respiratoria é capaz de contaxiar a calquera de ledicia nun momento. De como un alma que apenas pasa do metro de estatura e que non coñeceu xamais a quentura dese afecto especial que dá a familia, pode mostrar unha humanidade tal e como si se criase envolta nun pranto de amor. De como nunha residencia de anciáns, cunha media que sobrepasa os noventa anos de idade se pode escoitar o balbordo, as risas e os berros do patio dunha escola. Ningún deles é consciente de que o terapeuta é o que en realidade fai terapia, pois a experiencia é marabillosa e invita ó pensamento Hoxe sae o Sol na Coruña, nestes derradeiros días de Verán, os vellos agardan no patio a súa sesión diaria de ximnasia terapéutica, mentres toman o sol. Ningún deles é consciente de que o terapeuta é o que en realidade fai terapia, pois a experiencia é marabillosa e invita ó pensamento, ver as súas caras asexantes de cada movemento, intentando imitar con sumo coidado cada xesto, con dificultades, por suposto, xa que as capacidades motrices van a menos, pero a vontade é férrea. Ver como aprecian a seguridade que dá unha cadeira de rodas, pero por riba de todo desexan a liberdade que brinda erguerse e camiñar, aínda que sexa un metro, a pesar da dor, a pesar de que as pernas fallan sen avisar, a pesar do sentimento de frustración. Ver a ledicia na faz dunha anciá cunha experiencia vital dun século, tan vasta que faría que calquera de nós sentise vergoña da propia, por algo tan trivial coma unha leve masaxe cervical. Un decátase de que as cousas máis mundanas son as que realmente importan, cando se está rodeado de xentes que están acostumadas a vivir no limbo da vida e a morte Ver como para moitos o seu pequeno mundo liliputiense se cingue ós muros exteriores da residencia, na que viven, á que consideran o seu fogar e da que non desexan máis que a tranquilidade de vivir con dignidade os seus derradeiros días. Un decátase de que as cousas máis mundanas son as que realmente importan, cando se está rodeado de xentes que están acostumadas a vivir no limbo da vida e a morte, persoas que son conscientes de que a súa data de caducidade está máis preto que tarde, que valoran por riba de todo unha conversa, unha verba garimosa, un simple aloumiño coa man, unha brincadeira ou tan sequera o simple feito de escoitar, algo que pasaría desapercibido para calquera de nós. Logo se da un de conta, que obviamente estudar os males dos seus gastados corpos sería dabondo para explicar a situación de deterioro fisiolóxico de moitos deles, pero os males do espírito son peores, pois non hai remedio, que cura ten o amor ou o desamor? Como se apaga a morriña dos que quedaron no camiño? Como deixa de doer perder a un compañeiro de vida? De onde sacan folgos para continuar a erguerse da cama cun sorriso? Como é sentir o sol a través da xanela logo dunha noite de choiva do teu noventa e tres verán? Reflexións que xorden imparables logo dun mes de convivencia durante apenas catro horas ó día con estes seres extraordinarios. Eles reciben unha terapia física, o terapeuta psicolóxica, pois só se pode facer medrar esa árbore que é a vontade, ou a alma (se se lle quer chamar así) que hai dentro de cada un de nós, empapándose de todas as experiencias interpersoais que transcorren durante a vida. Non podería rematar as miñas divagacións sen pararme na columna vertebral que da o soporte vital a este soño dunha noite de verán, que é o gran equipo humano que forma parte da residencia Non podería rematar as miñas divagacións sen pararme na columna vertebral que da o soporte vital a este soño dunha noite de verán, que é o gran equipo humano que forma parte da residencia, que atende e coida destas personiñas como se fosen os seus propios pais, nais ou avós, dende o médico, pasando polas enfermeiras e as coidadoras, até as recepcionistas e como non a súa directora que comanda o navío cunha man de ferro e a outra de seda. Todos eles igual de importantes, porque un fogar, ó igual que un País, non é un anaco de terra no que vivir, é a xente que vive, traballa e interactúa nese espazo común. Os vellos son o futuro do noso pequeno país Así pois, gustaríame humildemente falarlle a todos os que teñen o privilexio de traballar con esta nosa terceira ou cuarta idade á que se referiu Pondal no noso Himno, os bos e os xenerosos, os que deron cada ano da súa vida para que os que vimos detrás poidamos vivir un pouco mellor, que sigan facendo o seu traballo con agarimo, cun sorriso no corazón e unha verba amable nos beizos. Os vellos son o futuro do noso pequeno país."}
{"ID": "NOS_37587", "summary": "Figura indiscutíbel durante décadas do xornalismo deportivo, moi próximo á direita e á monarquía, García deixou entrever as súas simpatías por Cs nunha entrevista con Jordi Évole.", "text": "García foi un dos pións máis activos da direita española no combate a Felipe González durante finais dos 80 e principios de 90, a achanzar o camiño ao PP para conquistar o poder político en 1996. A súa cercanía co principal partido da direita chega xusto até os nosos días. Agora baixa do tren. Apunta a corrupción como causa. \"Rajoy decepcionoume abondo. É boa xente, mais xa non poño a man no lume por ninguén\", afirma. García non é un xornalista máis. Para as xeracións máis veteranas (el naceu en 1943), é todo un referente, con especial penetración nas clases populares, o groso da súa clientela radiofónica. É xusto neses caladoiros -persoas de máis de 50 anos- onde o PP mantén aínda certa vantaxe a respeito da emerxencia de Ciudadanos. Perder o aval de García -\"votar o PP é perder o voto\", dixo- é sen dúbida un duro golpe para Génova. A outra vertente política de García é o seu forofismo monárquico, á altura dun cortesán. Mais mesmo aí deixou ver o seu distanciamento cos borbóns, nomeadamente con Juan Carlos I. \"Sentín adoración por Juan Carlos, confésoo agora, equivocada. Fiquei triste ao coñecer esa noticia [a participación do monarca nunha cazaría de leóns en Botsuana], igual que ao coñecer a presenza tan próxima de Corinna ou de algunhas amizades masculinas\", dixo. Tamén tivo palabras para retratar as dúas formacións da nova política, Cs e Podemos. Mostrou simpatía pola marca liderada por Rivera, embora tampouco exteriorizou excesivo entusiasmo. O seu medre, argumentou, viría dado máis polos erros do PP do que polos acertos de Podemos. E sobre o partido morado deixou esta pérola: \"Na historia deste país só hai un partido tan torpe como o PP, e é Podemos. A min encantábame Pablo Iglesias, alguén coas ideas claras, que prometía acabar coa pollada do binomio PP-PSOE. Mais despois ves que unha cousa é a teoría e que outra cousa é a práctica, foi unha desilusión\". Évole e García debruzáronse tamén sobre o taboleiro mediático no Estado. E entón apareceu o García puro e duro. Tanto que até atacou a propia canle en que se estaba a emitir a entrevista. \"A Sexta non é plural. Eu gostaría de menos show e de máis pluralidade\", dixo. E completou así a súa radiografía do panorama dos mass media en España: \"O problema parte de que agora só dúas empresas -Mediaset [dona de Tele5 e Cuatro] e Atresmedia [propietaria de Antena 3 e La Sexta]- están forradas e é pola equivocación de Zapatero de retirar a publicidade de TVE. Podes crer que agora o aliado do Goberno do PP poida ser Prisa?\" Sintomático de como está o patio mediático é como a entrevista foi recollida nalgunhas cabeceiras. As máis próximas a Rajoy ou ao PP ou non se fan eco da entrevista ou -como no caso de La Voz de Galicia- extractan só as críticas a monarquía, mais non ao partido da gaivota."}
{"ID": "NOS_38073", "summary": "O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, trasladou ao ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, as peticións da Xunta en material cultural", "text": "O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo onte unha reunión por videoconferencia co ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, na que participaron tamén responsábeis doutros territorios e da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp). A principal reivindicación do representante da Xunta ao Goberno estatal foi a solicitude de ampliación até 2022 das desgravacións fiscais previstas para o Xacobeo, medida que polo momento ten por límite o 30 de setembro de 2021. Segundo alegou, isto permitiría \"seguir estimulando as achegas privadas e captar máis recursos\", o que repercutiría no desenvolvemento de proxectos culturais e turísticos. Rodríguez reiterou a petición de convocar un Consello Xacobeo extraordinario \"para avaliar a situación do Camiño de Santiago\" que, ante a proximidade do primeiro Ano Santo nunha década, \"debe actuar como un motor de reactivación económica para as industrias creativas e a dinamización das zonas rurais\". O titular de Cultura presentou tamén un paquete de medidas en materia fiscal e financeira, laboral ou de fomento do consumo, e trasladou as necesidades específicas do sector cultural galego, recollidas nas últimas semanas a través dunha rolda de encontros con representantes do audiovisual, o teatro, a danza ou o eido editorial. Rodríguez amosou a vontade de colaborar co Pacto de Estado ao que chamou o ministro e avanzou que a Xunta está a traballar nun plan de reactivación cunha dotación prevista de 25 millóns de euros, coa prioridade de \"manter o emprego\" no sector, dado que será un dos últimos en saír da parada provocada pola actual emerxencia sanitaria."}
{"ID": "NOS_44865", "summary": "Os seus clubs, o PM Friol e o Amio SD, retéñenas contra a súa vontade. Están a empregar o \"dereito de retención\", mais na acción de apoio destácase que as futbolistas non coñecían \"as verdadeiras consecuencias de aceptar algunhas das cláusulas\".", "text": "Unha campaña na plataforma social Change.org leva recollidas en menos de 24 horas 365 sinaturas -no momento de escribir estas liñas- das 500 que pide para solicitar a \"liberdade\" de María, Rai, Sara e Montse. Trátase de catro futbolistas que militan no PM Friol (María) e o Amio SD (as outras tres xogadoras) e ás cales os seus actuais equipos néganlles a carta de liberdade para poder fichar por outro equipo. Ambos os conxuntos están empregando o coñecido como \"dereito de retención\", unha práctica habitual nos contratos dentro do mundo do fútbol e que obriga María a permanecer no Friol un mínimo de dúas tempadas e a Rai, Sara e Monste a facer o propio no Amio por tres exercicios. A campaña en Change.org denuncia que as xogadoras asinaron os seus contratos sen a presencia \"dun asesor legal que lles explicase as verdadeiras consecuencias de aceptar algunhas das cláusulas\". \"Estas, aínda que legais e estendidas no fútbol base, xeran gravísimos problemas ás futbolistas, pois durante a súa vixencia o seu futuro deportivo queda exclusivamente en mans do seu club, que pode non permitirlles abandonar o equipo con independencia de ter razóns lexitimas, como cambios na vida persoal, non disputar os minutos que cren merecer ou non conxeniar co adestrador ou adestradora\", engade. Fichaxe polo rival Por outra banda, a recollida da sinaturas a prol da liberdade de María, Rai, Sara e Montse lembra que ningunha delas é \"profesional\", é dicir, que \"xogan ao fútbol por pura paixón, xa que o contrato que asinaron non inclúe contraprestación económica algunha\". Especialmente duro é o caso de María, de só 18 anos de idade, pois o Friol recoñeceu publicamente que non a deixa marchar porque sabe que asinaría por un equipo rival como é o CD Lugo."}
{"ID": "NOS_30552", "summary": "O ex vicepresidente do Goberno catalán, nun artigo publicado nesta terza feira, 16 de outubro, no xornal estadounidense Washington Post, considera que se o Estado español \"non quere sentar do outro lado da mesa [de negociación], a comunidade internacional terá que o obrigar a facelo\".", "text": "Spain has no interest in a political solution for Catalonia (\"España non ten interese nunha solución política para Catalunya\"). Con este titular resume o ex vicepresidente do Goberno catalán, Oriol Junqueras, nun artigo publicado esta terza feira, 16 de outubro, no Washington Post, a situación que se está a vivir no Estado español tras a recente sentenza do Tribunal Supremo no xuízo ás e aos líderes do procès. Junqueras, condenado a 13 anos de cárcere por sedición, apela nas últimas liñas do artigo a comunidade internacional para que interceda no conflito catalán. \"Se España non quere sentar do outro lado da mesa [de negociación], a comunidade internacional terá que o obrigar a facelo ou, no peor dos casos, ocupar o seu lugar\". O ex vicepresidente catalán considera que o Estado español, coa recente sentenza, \"dixo á cidadanía de Catalunya que non ten dereito a decidir o seu futuro dunha forma democrática, limitando polo tanto os seus dereitos civís e políticos\". Ademais, compara a situación con Turquía, que \"condena e encarcera demócratas\", e asegura que \"o referendo de autodeterminación é inevitábel; só nos cómpre debater cando e como vai ser organizado\"."}
{"ID": "NOS_32441", "summary": "O Boi, o Charrelo, as Señoritas, ... o Entrudio na Veiga, na comarca de Valdeorras, conseguiu manter cos anos unha festa que estivo prohibida durante a ditadura e que case desaparece como consecuencia da emigración forzada. O traballo da veciñanza, a través da asociación O Son de Trevinca e o Fulión da Veiga, foi quen de recuperar algunhas máscaras como a do Charrelo en 2014. Solicitaron ao Concello a realización dun estudo máis completo e de ámbito universitario. Nese traballo, presentado en 2019, participou a antropóloga Fátima Braña.", "text": "En tempo de Entroido, ou Entrudio como lle chaman no municipio da Veiga, nada mellor que achegármonos a coñecer como se realiza un estudo actual sobre esta festa. A vontade veciñal comezou un traballo que tivo a súa continuidade na colaboración da Universidade de Vigo a través un equipo formado pola antropóloga Fátima Braña, o investigador social Carlos Ares, o historiador Víctor Rodríguez e o estudoso do Entroido Lois Pardo. No caso de Fátima Braña podemos afondar no labor etnolóxico que se realiza no século XXI e mesmo entrar no debate sobre a conservación ou non, e de que maneira, de elementos sociais como esta festa. Como chega vostede á antropoloxía? Estudei Socioloxía en Madrid e alí descubrín a antropoloxía como unha especialidade dentro da carreira. Realmente foi o que máis me chamou a atención deses estudos. A miña familia vivía en Santiago de Compostela e a idea sempre foi voltar e, para min, a antropoloxía foi unha porta de entrada. Seguín por ese camiño e fixen o doutoramento na USC xa en temas de antropoloxía aplicada. Cando se converteu en grao pensei que sería o momento e decidín acabar o proceso. As obras de Vicente Risco, de Xaquín Lorenzo e de Bouza-Brei son o xermolo de case todo o que vemos neses museos na actualidade Na Galiza hai unha importante tradición nesta disciplina. Pensa que marcou o seu traballo e tamén o da antropoloxía galega contemporánea? No meu caso ten un peso moi importante, até o punto de que a miña tese de doutoramento foi sobre o Museo do Pobo Galego, como o Instituto Padre Sarmiento herda as redes que o conforman e que medran na propia universidade. É a base do que fago. Alén diso, eu traballo moito cos museos etnográficos na Galiza desde moitas perspectivas distintas e as obras de Vicente Risco, de Xaquín Lorenzo e de Bouza-Brei son o xermolo de case todo o que vemos neses museos na actualidade, algo que me gustaría traballar para que sexa diferente. Falta difundir máis e mellor os museos etnolóxicos galegos? En xeral os museos antropolóxicos ou etnográficos de costumes populares son moi socorridos e doados, en principio, de montar. Non hai que mercar ou entregar unhas grandes cantidades de recursos para facerte cunha boa ou polo menos interesante colección a nivel da etnografía. É algo que, na miña opinión, deberíamos comezar a modificar. Teñen unha identificación moi rápida. O público ten unha vinculación emocional coas exposicións que ves neste tipo de museos. Conectan moi ben e permiten facer moitos xogos, se queres e tes un equipo de educadoras e educadores que queiran traballar nese sentido de sacarlle todos os valores sociais á colección. Mais o que acontece é que como a maior parte das veces hai unha dotación non xa escasa, senón ínfima ou ningunha, estes museos ao final rematan por ser pequenos, mantidos por vontades locais moi cativas que conseguen agromar unha vontade política nun momento dado por aquelo de \"cortar a cinta\", algo que se leva dicindo moitos anos. Ao final esmorecen por non contar cunha dotación. É verdade que hai unha lexislación que lles exixe e, aínda así, cada vez hai máis, por ser lugares onde se lle mostra a identidade ao turista á vez que reconfigura a nosa propia imaxe. Neles ponse o ámbito patrimonial nun estado positivo e bonito, grosso modo. Como é o traballo dunha antropóloga máis alá do ensino na universidade? Unha parte moi importante do meu traballo como persoal docente investigador é ese último apartado que pesa máis en tempo que a dedicación na miña carga laboral teórica. É un equilibrio complicado. No meu caso teño intereses anteriores como é a dedicación ao mundo dos museos e ao patrimonio cultural. Hoxe en día investigar é algo complexo e investigar en antropoloxía é aínda máis complicado. Temos unha imaxe de que a antropoloxía é algo semellante a buscar os tesouros do pasado, moi ligado ao tema patrimonial. Non se sabe tanto que hai compañeiras que están traballando coas mariscadoras en temas de ecoloxía e outras que fan o seu traballo de campo en hospitais. Con esa idea é complicado que se visualice a necesidade de persoal adestrado en antropoloxía en equipos multidisciplinares para, desde a xestión administrativa de case todo até os equipos nos museos, polo que me din. O traballo de investigación vén, basicamente, da detección de necesidades ou da solicitude de atender necesidades. Podemos dicir, dalgunha maneira, que a Galiza tivo a \"sorte\" de contar con moitas tradicións que chegaron activas aos nosos días? Para min hai que saber o que facemos e cando o facemos. Máis alá temos a pregunta de que conservamos. Se miramos a antropoloxía como unha ciencia do presente, contemporánea, nós non facemos historia na antropoloxía. Miramos o pasado para entender o que acontece no presente. Se o vemos así, hoxe por hoxe se queremos conservar, que conservamos? Un iPhone10? Un Huawei? Nós seguimos tocando a pandeireta, é o normal. O anormal sería o contrario. É parte do día a día. Eu traballo co que recollo en presente. Mais non todos os países conservaron o seu da mesma maneira... Que teñamos unhas Tanxugueiras como \"Marca Galiza\" significa que somos máis conservacionistas que outros territorios? Creo que non. Ao mellor temos unha determinada identificación coa terra ou con elementos dela. Nós seguimos tocando a pandeireta, é o normal. O anormal sería o contrario. É parte do día a día. Eu traballo co que recollo en presente. No traballo da Veiga veu no equipo un fenómeno como documentalista como é Carlos Ares Pérez e non atopou pegadas do Entrudio. Achei algunhas fotografías mais había moitas máis que se perderon. Nas entrevistas que lles fixen, as persoas informantes falaban de todo aquilo que xa non é, nin vai volver ser, porque a sociedade de hoxe non é a de hai cincuenta anos. As nosas regras e as nosas pautas de comportamento, de traballo, de acción, non son iguais. A ritualidade do Entrudio non é a mesma nin pode selo. Cando fas traballo de campo decátaste que hai moito que quedou no camiño. O que pasa é que temos un Entrudio vivo e con moitas ganas de seguir, reinventándose como cócteis que imos refacendo por gustarnos. Quedarán con novas lóxicas de carácter conservacionista ou patrimonialista mais tamén como algo turístico ou identitario. Como chega a proposta desde A Veiga de estudar a súa festa do Entrudio? O encargo chega a través da vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo coa proposta de facer un estudo de investigación sobre o Entrudio da Veiga que xa iniciara a cidadanía dese municipio e que quería continuar a alcaldía a través de investigacións de carácter antropolóxico e dunha recollida exhaustiva ou demorada, aínda que, desafortunadamente non o foi tanto. A proposta era fixar os elementos da memoria e pescudar que había no Entrudio da Veiga que posibilitase a súa recuperación. En realidade o traballo xa estaba en marcha, levaban uns anos traballando nel desde a asociación Son de Trevinca e O Fulión da Veiga coas figuras que atoparon. Unha delas é o Charrelo. mais tamén estaban o Boi, o Zamarrón, o Touro, o Fargalleiro, a Morte, ... Cando nós fixemos o traballo de campo, contei coa axuda de Carlos. El levaba un ou dous anos facéndoo. Recollía polas aldeas como a xente entendía que se vestía unha vella, onde aparecía esta máscara e onde non. Con ese traballo gañou o XXIII Premio Vicente Risco. Contamos tamén co historiador Víctor Rodríguez. Basicamente procurabamos saber como era o Entrudio, como lembraban o Entrudio. Tentabamos voltar na memoria cara atrás e que nos dixesen como era. Ademais, había interese en que se caracterizase por parroquias. Ver, no concello da Veiga, que é moi grande, que máscaras percorrían todo o municipio e cales eran máis típicas dunha parroquia en concreto ou de varias. Foi moi complexo; nun estudo tan cativo e descritivo como o que fixemos apenas demos cunha pequena mostra. No pouco tempo que tiven, fixen moitas entrevistas. O resultado foi un moi bo traballo malia que foi unha mágoa non atopar pegadas documentais. Nós non fixemos o traballo de recuperación, en realidade estano facendo as persoas das asociacións. O que precisaban era un estudo para escoller o camiño polo que seguir. Teríame gustado -e non foi posíbel pola chegada da Covid- facer un traballo de recuperación coas cativas e cos cativos no colexio. Falaramos de continuar e, de feito, foi unha das conclusións do traballo: hai que seguir o traballo coas familias. Traballar co grupo escolar e co centro de maiores. Facer comunidade en relación co Entrudio. Cando preguntaba por como era a festa as persoas contábanme que as ideas de beleza e de fealdade cambiaron, que brincadeiras que hoxe en día serían moi pesadas, daquela admitiríanse. Como foi posíbel atopar tal número de personaxes nun mesmo concello? Amosa unha gran diversidade? Foi unha cuestión indutiva. A través das entrevistas do traballo de campo. Carlos tiña xa avanzado o seu propio estudo. Cando preguntaba por como era a festa as persoas contábanme que as ideas de beleza e de fealdade cambiaron, que brincadeiras que hoxe en día serían moi pesadas, daquela admitiríanse. Cando aparece unha nomenclatura, un personaxe, unha máscara descrita pola persoa, incides na entrevista para saber de que se trataba. E moitas veces a nomenclatura é tamén casual ou é unha lembranza difusa. A idea de máscara compacta, fixada tal e como a entendemos agora non creo que sexa a que había hai 50 anos. O que contan as persoas sobre o Entruido é que collían o que tiñan e disfrazábanse, por exemplo, de vella. Mais a vella non tiña a obriga de levar unha saia e un pano negros, a vella era que saía un home ou unha muller co primeiro que collía e empregábao. A estandarización é máis unha proba da nosa necesidade de comprensión dunha realidade moi rica e variada, máis que unha fixación de estándares de máscaras. Hainas, mais moitas veces responden a esa memoria de vestirse dunha determinada maneira, como no caso das vellas. Nas entrevistas xurdiu o tema do tempo en que se prohibiu esta festa coa ditadura posterior ao golpe de estado de 1936? Saíu. Traballamos a situación do cuartel da Garda Civil mais non estivo sempre no mesmo lugar. Por exemplo, na parroquia de Espiño, comentaron que durante a guerra (1936-39) ou non se celebraba o Entruido ou era menos festeiro. Cando acabou a guerra estaba medio prohibido, xa que os gardas non deixaban polo tema dos \"fuxidos\". Pouco a pouco foi perdendose, até que desapareceu nos anos da ditadura. Empezou por deixar de ir de vila en vila, facendo a festa cada un na súa aldea, até que co tempo desapareceu. Indicaban que as formas de celebrar o Entrudio se abandonaron ao redor de 1975. Había relación con outras celebracións da contorna? Había. Nos concellos situados perto da Veiga atopamos personaxes e elementos do Entrudio emparentados cos que podemos atopar neste municipio. Centramos as semellanzas nas comarcas de Viana, Valdeorras e Terras de Trives. Por exemplo, as formacións de comparsas e comitivas que corren o Entrudio con música e disfraces, así como os folións, tamén se documentan en lugares como Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso, Petín, Manzaneda e Pobra de Trives. Tamén están presentes as fariñadas, de maneira especial en Viana do Bolo, pintar as caras co sarrio dos potes na Rúa, e despedidas da festa na noite da terza feira con festas nas que se queiman mecos, e mesmo se organizan xantares a nivel veciñal, en case todos os lugares que forman as citadas comarcas. O lume tamén aparecía coas \"estopas\" ás que lles prendían lume. Coincidían tamén a nivel gastronómico, con comidas familiares a base de cocidos elaborados con derivados do porco. Atopamos outros casos singulares, como o da parroquia de Casdenodres onde saían a varrer as rúas con vasoiras, o mesmo que facían en lugares do concello de Castro Caldelas e Parada de Sil, en Chao do Castro, no Bolo; e tamén noutros lugares como Campobecerros, en Castrelo do Val, e Nogueira de Ramuín. Cal pensa que será o futuro deste Entrudio? Que esteamos falando da Veiga non é mérito deste traballo. O mérito é da xente da Veiga, que está empeñada en que teñen un Entrudio estupendo, co que eu, persoalmente coincido. Queren difundilo e convidarnos a celebralo con eles, a mantelo e a seguir gozando del. A xente pásao ben, é moi agradábel e é unha memoria moi positiva. A min gustaríame seguir investigando, tentar descubrir máis cousas sobre o Entrudio e chegar a esas pegadas documentais que seguro que hai e que non puidemos atopar por falta de tempo. Se cadra, para a recuperación da festa non é precisa esa investigación porque é a xente a que teima en que continúe. O problema son as dinámicas dos procesos de despoboamento e desertización do rural. Contra iso que podemos facer? Aínda así, o Entrudio nunca se deixou de celebrar na Veiga, o despoboamento foi unha das causas de que se institucionalizase. É unha dinámica que seguimos, a que leva a nosa sociedade. A min paréceme espectacular o que fan de ir co fulión de parroquia en parroquia, paseando e facendo unha merenda, levando a charrúa. É un esforzo ímprobo de veciñas e veciños. Se seguen facendo iso así e son quen de manter esa enerxía, que máis se lles pode pedir! Durante máis dun mes! É obvio que non é o mesmo que o Entrudio tradicional mais é unha moi boa forma de celebrar, de reunirse, de recoñecerse e de facer comunidade. De divertirse que, ao fin e ao cabo, iso é o Entrudio. Para min a idea de traballar co patrimonio é empregalo como ferramenta, non como algo que teña valor en si mesmo. A min interésame entender como a xente ve o patrimonio para darlle eses valores, a idea que a xente ten do seu. Non só a estandarización e a uniformización. Reivindicar o papel de persoa dentro dunha comunidade con capacidade de interpretación e de valorización do seu propio patrimonio. Se houbese posibilidades, eu seguiría traballando por ese camiño. O importante é a idea de que, se unha comunidade determinada posúe algo cun valor tan grande e se preocupa de coidala tan ben, se ese algo funciona como agromador de vontades e de movemento entre a poboación, que mellor que seguir traballando para continúe tecendo redes comunitarias."}
{"ID": "NOS_55998", "summary": "Os distintos grupos municipais con presenza na corporación rexeitan participar porque a Real Academia Galega (RAG) organiza un acto que decorrerá en Compostela e non en Ferrol, cidade natal do autor.", "text": "A corporación de Ferrol anunciou esta quinta feira que non asistirá ao pleno de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero que organiza a Real Academia Galega (RAG) por decorrer en Compostela e non en Ferrol, cidade na que naceu esta figura destacada das letras da Galiza. O acordo de todos os grupos con representación é unánime pois queren que a ausencia sexa interpretada como un acto de protesta porque Ferrol non fora escollida para conmemorar as Letras Galegas na honra do intelectual ferrolán. O voceiro do Goberno municipal, o socialista Julián Reina, foi o encargado de transmitir esta nova após unha xunta de portavoces na que todos os partidos deixaron claro o seu rexeitamento á que a sesión promovida pola RAG teña lugar nunha cidade distinta á de orixe. Na súa intervención, o representante do Goberno local lembrou que en maio o pleno aprobara unha declaración institucional para pedir que as Letras Galegas de 2021 se volveran a dedicar a Carvalho Calero para que \"reciba a homenaxe que merece\" e que non foi posíbel en 2020 polas circunstancias sanitarias excepcionais. De feito este pleno da polémica estaba previsto para o propio 17 de maio pero trasladouse ao 31 de outubro no teatro Jofre de Ferrol. A situación sanitaria fixo que se adiara novamente a cita, que finalmente sería na sede da RAG na Coruña. Finalmente optouse por un novo aprazamento elixindo Compostela e o 12 de decembro como data para a homenaxe. Porén, esta decisión non tivo respaldo en Ferrol, onde hai unión na negativa a asistir a un pleno que se faga de costas a localidade que viu nacer ao tamén crítico literario. Ademais, o agardado por todas e todos os edís sería que 2021 volvera ser o ano do autor."}
{"ID": "NOS_57351", "summary": "Convocada pola CTNL para dar recoñecemento a proxectos de posta en valor e fomento do galego.", "text": "A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL) convoca os II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, iniciativa que naceu en 2019 para recoñecer accións, campañas, proxectos e programas concretos que teñen como obxectivo promover o uso e o prestixio da lingua. Poderán ser candidatos os proxectos que tivesen vixencia, total ou parcialmente, en 2018, 2019 ou 2020 (até a data de finalización do prazo de inscrición). Para abranguer propostas diversas e diferentes colectivos e ámbitos sociais, os premios contarán con seis categorías: mellor proxecto estabilizado, mellor proxecto novo, mellor comunicación e impacto, o proxecto máis innovador, ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e/ou mocidade e ao mellor proxecto de fomento do galego nun ámbito sectorial A participación nos premios é voluntaria e a presentación dos programas de normalización lingüística candidatos deben facela as propias entidades que os desenvolveron, pois só elas poden describir de forma detallada os aspectos técnicos da súa planificación, xestión, execución e avaliación. Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2018, 2019 ou 2020. A inscrición faise a través dun formulario dispoñíbel en www.milprimaveras.gal. O prazo para inscribir proxectos está aberto do 17 de febreiro ao 5 de abril de 2020. Primeira edición dos Premios Mil Primaveras No ano 2019 tivo lugar a primeira edición destes premios, que serviu para recoñecer seis proxectos de normalización lingüística que se poden consultar en detalle no web: Modelo Burela (IES Perdouro), Falemos de ti e min (IES de Soutomaior), Desafío 48 h (IES María Casares de Oleiros), Proxecto Youtubeir@s (13 concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades), Eu presumo de galego (IES de Melide) e GCiencia."}
{"ID": "PRAZA_12317", "summary": "PP, PSdeG e BNG acordan pedir \"solucións\" para os clientes dos bancos afectados polas participacións preferentes. A unanimidade da Cámara avala instar a Xunta a tramitar a Lei de Publicidade Institucional, a reclamar a construción do Parador de Muxía e a promover a fin dos anuncios de prostitución na prensa.", "text": "Non haberá máis impostos para a banca nin para as persoas residentes en Galicia que cobren máis de 100.000 euros ao ano. A maioría absoluta do PP impediu que o derradeiro debate de política xeral da lexislatura rematase coa aprobación dunha lei para \"establecer unha imposición sobre os depósitos da banca\", proposta polo PSdeG, e coa \"elevación dos tipos no treito autonómico do IRPF para rendementos superiores aos 100.000\", como reclamaba o BNG. Ben ao contrario, a aposta dos populares na parte máis concreta foi sacar adiante sen modificacións o anuncio realizado vinte e catro horas antes polo presidente da Xunta, instando o Goberno galego a iniciar a tramitación dunha Lei do Emprendedor na que se inclúan baixadas de impostos para, segundo o grupo que sustenta o Goberno, contribuír á \"creación de emprego\". Concretamente, cando estea aprobada a nova lei deduciranse ata 600 euros no IRPF \"ás persoas que causen alta por primeira vez no censo de emprendedores\" e quen \"invista en accións ou participacións sociais de novas entidades\" poderá deducir ata 8.000 euros no imposto da renda. Ademais, o imposto de sucesións e doazóns desaparece nun 95% nas achegas de cartos de pais a fillos para crear \"unha empresa ou un negocio\" e o imposto de actos xurídicos elimínase \"na transmisión de inmobles destinados a local comercial\" e nos \"préstamos para adquirilos\". Estas iniciativas non contaron co apoio da oposición, xa que tanto socialistas como nacionalistas coidaron que, en plena crise, urxe \"incrementar a recadación\" da Xunta para así evitar novos recortes. O Goberno galego reclamará ante o Banco de España que Novagalicia Banco devolva os cartos das preferentes Fronte a este desacordo económico, os grupos acadaron a unanimidade nunha trintena de proposicións a comezar por un dos asuntos que máis presente estivo ao longo do pleno de política xeral: as participacións preferentes de Novagalicia Banco, emitidas polas antigas Caixa Galicia e Caixanova. Así, os tres grupos combinaron as súas tres iniciativas na materia para elaborar unha transacción na que se chama a Xunta a \"promover solucións aos titulares das participacións preferentes\" que mercaron estes produtos financeiros \"sen información axeitada\". Nomeadamente, o Goberno galego terá que reclamar ante o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores que \"promova\" ou \"preste\" as \"autorizacións necesarias\" a Novagalicia Banco \"e ao resto de entidades financeiras\" para que os investidores poidan recuperar os seus cartos. Asemade, o Instituto Galego de Consumo asesorará os afectados e remitirá semestralmente un \"balance\" ao Parlamento sobre o \"número de afectados e de reclamacións presentadas\". Lei de Publicidade , Parador de Muxía e veto aos anuncios de prostitución A unanimidade da Cámara avalou tamén que a Xunta inicie os trámites dunha lei que xa fora prometida polo actual Executivo e tamén polo bipartito, a de publicidade institucional, considerada \"urxente\" polo gabinete de Feijóo no inicio da lexislatura pero que aínda non comezou o seu percorrido parlamentario. Neste caso a instancias dunha proposta do PSdeG os populares comprométense a que \"no actual período de sesións\", isto é, antes de xullo, un texto legal \"remate coas prácticas opacas e regule a relación dos medios de comunicación e o poder político\". O PP comprométese a que a Xunta aprobe a Lei de Publicidade Institucional e reclame o Parador de Muxía Co mesmo apoio dos tres grupos saíu adiante outra proposta socialista relacionada cos medios de comunicación, a relacionada a tentar rematar cos anuncios de prostitución. Aínda que sen demasiada concreción, o PP asume o compromiso de, dende a Xunta, \"promover a eliminación\" deste tipo de anuncios tanto \"na Internet\" como \"nos medios de comunicación\" con difusión en Galicia. Tamén en materia de igualdade houbo acordo de todo o arco parlamentario en torno a unha proposta do PSdeG que, atendendo aos plans do Goberno central, podería ter pouco percorrido, dado que se relaciona coa lei do aborto que o ministro Ruiz-Gallardón prevé refomrar. Con todo, do debate de política xeral sae o compromiso de que o Executivo de Feijóo elaborará e remitirá ao Parlamento \"un informe\" sobre a aplicación desta lei, detallando \"como mínimo\" as \"medidas de educación afectivo-sexual\" postas en marcha, o uso dos \"métodos anticonceptivos\" ordinarios e \"de emerxencia\" e \"todo o relacionado cos embarazos non desexados e a interrupción voluntaria do embarazo\". Aínda que con algunha modificación tamén saíu adiante a proposta socialista para \"instar á Xunta a esixir do Goberno de España a inmediata execución das obras do Parador de Turismo de Muxía\", cuxa paralización anunciou este martes o ministro de Industria, José Manuel Soria. Fronte a estas e outras iniciativas do PSdeG apoiadas por todos os grupos o PP só permitiu que saíse adiante unha única das rexistradas polo BNG, segundo a cal o Goberno galego reclamará do Estado a transferencia das competencias en materia de formación profesional continua."}
{"ID": "PRAZA_19365", "summary": "Estou convencido de que o goberno de Macri non está preocupado polo futuro do Centro Galego de Bos Aires. O que está buscando é o xeito de pechar as portas sen facer barullo.", "text": "O glorioso Centro Galego de Bos Aires está sendo envelenado polo actual goberno do presidente Macri. Ata hai ben poucos anos mantiña a súa dignidade. Había problemas pero os seus directivos aínda levaban dentro un forte sentimento identitario que os facía comprometerse na salvagarda do esforzo emigrante. Na esquina de Belgrano e Pasco estivo a máis importante escola impartidora de amor a Galicia no exterior. Durante máis dun século os nosos descendentes enchían o seu peito de orgullo xa que formaban parte da estirpe xenerosa dos sementadores de solidariedade na beira riopratense. Na esquina de Belgrano e Pasco estivo a máis importante escola impartidora de amor a Galicia no exterior A desfeita comezou despois das eleccións celebradas o 29 de agosto de 2010. As urnas deciden que o presidente sexa Carlos Alberto Vello Pombo –-o pai de Covelo e a nai de Ordes--- candidato apoiado por dúas agrupacións: \"Unión Gallega\" e \"Galicia\". A mesma noite electoral e pensando nos socios, expresou: Estoy muy ilusionado porque renazca en todos y en cada uno de ellos la esperanza por el Centro Gallego que quieren y necesitan. O novo presidente comeza moi animado a traballar para asinar convenios con obras sociais para prestar servizos que acheguen ingresos e tamén negocia coas autoridades públicas acordos de prórrogas para o pagamento da grande débeda da entidade. Sen deixarlle tempo a Vello para avanzar na busca de solucións, recibe o golpe da demisión dos membros da Xunta Directiva Sen deixarlle tempo a Vello para avanzar na busca de solucións, recibe o golpe da demisión dos membros da Xunta Directiva que representan as tres agrupacións (\"Celta\", \"Breogán\", \"A Terra\") que perderan as eleccións. Deixan só a un presidente que necesitaba estar ben arroupada porque a crise era moi fonda. Unha gran débeda e moitas baixas sociais e un gasto excesivo en salarios xa que o números de empregados era de arredor dos 1500. A saúde de Vello vai mal e sofre unha doenza pola que ten que estar ser internado e logo demite. Hai que lembrar a lamentable actitude dos empregados que chegaron a petar nos bombos polos corredores do hospital para protestar polo retraso no pago dos seus soldos. O 25 de outubro de 2012 asume como interventor xudicial Carlos La Blunda Criado en representación del INAES (Instituto Nacional de Asociativismo e Economía Social). As autoridades electas quedan desprazadas por mandato xudicial. Nunha entrevista expresa que \"el objetivo es regularizar la situación económica y poder volver a convocar a elecciones porque el Centro Gallego es una mutual que funciona con un sistema electoral\". Hai que suliñar que grazas aos cartos do INAES foi posible que os traballadores cobrasen o seu salario. O interventor tiña moi boas intencións pero a grande maioría dos directivos non axudaron para que a súa difícil tarea fose máis levadeira. Puido conseguir un aumento na ocupacion de camas que pasou das 130 as 200. As críticas eran constantes e de carácter político: ¡Mirá lo que nos mandó la chorra de Cristina! Ahora tenemos un montonero en el Centro Gallego. A maioría dos directivos do Centro Galego votaron a don Mauricio e por tanto están felices e contentos. Os nosos alegres paisanos votaron a quen nunca gañou un peso de forma honrada O 22 de abril de 2016 asume como interventor xudicial Martín Moyano Barro. Hai un novo goberno nacional presidido por Mauricio Macri. A maioría dos directivos do Centro Galego votaron a don Mauricio e por tanto están felices e contentos. Os nosos alegres paisanos votaron a quen nunca gañou un peso de forma honrada. Está imputado en múltiples causas xudiciais. Hai uns días foi denunciado por \"fraude en perjuicio de la administración pública y negociaciones incompatibles con el ejercicio de funciones públicas\". Con Moyano todo ía ben. Sen problema ata que organizou unhas eleccións truchas (amañadas) cunha lista irregular que incluía a varios candidatos non habilitados por non ter a antigüidade mínima esixida segundo os estatutos sociais. A mafia macrista actúa sempre así pero os nosos alegres paisanos están anestesiados polos moi competentes lavadores de cerebro da prensa corrupta do dúo \"Clarín & Nación\". Un valente socio denunciou no xulgado. Non sei eu se irá adiante a demanda xa que nos tribunais hai un grupo que responde aos intereses coimeros do réxime macricida. Non hai que ser moi espelido para comprender que Moyano cumpre unha misión. O seu encargo é liquidar a mutualista de asistencia médica. A sección cultural non ten importancia. As valiosas obras de arte poden ir todas para un almacén xa que negocio está en dispoñer das máis de 300 camas do hospital. Sendo o actual goberno un inimigo declarado da saúde pública non entendo as queixas de algúns socios de que Moyano os enganou. Eu digo que non houbo engano. Foron beber grandes doses de veleno macrista para deixar de vivir por enriba das súas posibilidades. Don Mauricio fala de \"sinceramiento de la economía\" e quizais teña razón xa que a actual colectividade galega non merece ser propietaria dun hospital de calidade na céntrica esquina de Belgrano e Pasco. A sección cultural non ten importancia. As valiosas obras de arte poden ir todas para un almacén xa que negocio está en dispoñer das máis de 300 camas do hospital Non o sei, poida que Macri sinta envexa polo éxito dos vellos emigrantes galegos. O que está confirmado é que despreza a quen traballa e cumpre coas obrigas fiscais. Hai que desculpar a don Mauricio. É fillo dun destacado malandraestafador que andaba metido en ilegais calabresadas roubando aquí e acolá. O triste é ver a ringleira de galaico-porteños que se xuntaron coa Porcallada Macrista para esmagar aos que menos teñen. Desexan ser millonarios pero sen pagar impostos que manteñan aos preguiseiros. A súa túzara mentalidade fainos incapaces de recoñecer os erros e sorprende moito que nin sequera lle fixeron o convite ao ministro de Saúde Pública para que visite o Centro Galego. Estes activos criticadores do goberno anterior son agora mansos cordeiriños que non piden nada. Tampouco fan propostas para a continuidade do histórico Centro Galego. Desde o 10 de decembro de 2015 afundiron na miseria a millóns de cidadáns pero souberon encher de feixes de dólares as súas alforxas en Panamá e Suiza. O veleno do autoritarismo está moi presente nos máis altos cargos do goberno O certo é que os votos dos cínicos odiadores de orixe galega axudaron a poñer na ponte de mando da República Arxentina a un grupo ilícito de queimados empresarios. Desde o 10 de decembro de 2015 afundiron na miseria a millóns de cidadáns pero souberon encher de feixes de dólares as súas alforxas en Panamá e Suiza. O veleno do autoritarismo está moi presente nos máis altos cargos do goberno. Posúen unha especial protección mediática que lles permite manifestan calquera barbaridade ofensiva contra dos intereses maioritarios da poboación. O ministro de Educación dixo diante dun micrófono que \"hay que crear argentinos y argentinas que sean capaces de vivir en la incertidumbre y disfrutarla\". Hai que entender ben ao inmoral ministro. Está dicindo que se debe de aceptar a miseria pero sen queixarse. Non me cabe na cabeza que as palabras do ministro sexan recibidas con beneplácito por parte dos emigrantes galegos. O que corresponde é unha denuncia formal nos organismos internacionais que se ocupan da salvagarda dos dereitos humanos. Estou convencido de que o goberno de Macri non está preocupado polo futuro do Centro Galego de Bos Aires. O que está buscando é o xeito de pechar as portas sen facer barullo Estou convencido de que o goberno de Macri non está preocupado polo futuro do Centro Galego de Bos Aires. O que está buscando é o xeito de pechar as portas sen facer barullo. Por se aínda quedan inxenuos, vou informar de que o interventor Moyano estivo hai uns días en Madrid para reunirse co ex director xeral de Hospitais da Comunidade de Madrid. Estou a falar de Antonio Burgueño Carbonell que é moi coñecido pola súa nefasta xestión administrativa no Centro Galego. Hai que engadir que Burgueño foi denunciado nos tribunais de xustiza por falsidade documental, fraude, prevaricación e malversación de fondos públicos. Poida que Moyano necesite do asesoramento deste especialista de escuro pasado ou tamén –-non quero ser malpensado--- que viñese para falar dos goles de Messi ou do adestrador Simeone."}
{"ID": "QUEPASA_520", "summary": "Máis de 500 veciñ@s usaron o punto limpo da Laracha en 2020", "text": "É máis doado levalo ao punto limpo que deixar ciscados por aí uns sofás. Pero se ademais, o punto limpo se traslada ata a túa casa, xa non temos excusa para deixar de converter cemiterios en vertedoiros. O Concello da Laracha acaba de facerse cun novo punto limpo móbil, gracuas a unha achega da Xunta de máis de 58.000 euros a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co cargo ao programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Trátase dun camión de carga que será empregado como un punto móbil de recollida de residuos que dará servizo a todas as parroquias, moi parecido aos que xa teñen Muxía e Carballo. Como usamos o punto limpo? Non foron os 1.200 de 2019 polo evidente confinamento. Pero o volume de actividade no segundo semestre do Punto LImpo do Formigueiro foi semellante ao dos anos anteriores, sendo máis de 500 veciñ@s os que se achegaron ao punto coordinado pola Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber). En concreto, foron 430 persoas as que acudiron ás instalacións do punto limpo no Formigueiro e outras 79 as que solicitaron o servizo de recollida de voluminosos a domicilio. Estes son os datos ao detalle do recollido: 11,5 toneladas de voluminoso, correspondendo máis da metade a colchóns e sofás. 11 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios, etc). 9 toneladas de restos de obras (tellas, metais, pintura, etc.). 7,5 toneladas de madeira. 457 quilos de vidro plano. 600 quilos de aceites vexetais e minerais. 358 quilos de plásticos duros (silo e invernadoiros). 35 quilos de envases con restos de sustancias tóxicas ou perigosas. 20 quilos fluorescentes desbotados. 18 quilos de baterías e acumuladores. Vidro e cartón Aspaber tamén se encarga da recollida dos contedores azuis e dos iglús verdes en todo o termo municipal da Laracha. Neses recipientes –ademais das cantidades pouco significativas levadas directamente ao punto limpo- os laracheses depositaron en 2020 un total de 181 toneladas de envases de vidro e 109 toneladas de papel e cartón. Información útil Cabe lembrar que o punto limpo é un servizo totalmente gratuíto para os usuarios situado xunto á ponte do Formigueiro, moi preto do casco urbano da capital municipal. Está aberta ao público os luns, mércores e venres pola tarde e os sábados en horario de mañá. O servizo de recollida de voluminosos a domicilio tamén é gratuíto e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber vía telefónica (981 70 26 06) ou por correo electrónico (aspaber@aspaber.com)."}
{"ID": "PRAZA_6877", "summary": "É preciso máis que nunca, e antes de que o único obxectivo político contábel acadado sexa a pertenza ao Museo do Pobo Galego, que tanto o BNG como todo o esnaquizado abano de siglas que compoñen o nacionalismo galego abandonen o inmobilismo cicateiro e roñón da delimitación nanométrica dos universos endóxenos coñecidos, e procuren un xeito de mirar arredor de si e cara fóra do Padornelo", "text": "Facer política é sobre todo discrepar, pactar e chegar a acordos. De máximos ou mínimos, mais acordos sempre á prol dun obxectivo único e insoslaiábel: transformar e mellorar as cousas. O resto, como di o Caneiro, por moito barullo que se faga, é silencio. O pacto sempre é un elemento de moderación e renovación, unha ferramenta indispensábel para estar á altura, en alerta Na ciencia e na praxe política o pacto sempre é un elemento de moderación e renovación, unha ferramenta indispensábel para estar á altura, en alerta, para manterse cunha actitude viva e vixiante fronte á fortísima degradación a que as estruturas partidarias e institucionais son sometidas coas extremas tensións que abrollan da sociedade, do propio sistema de partidos, dos medios de comunicación, das elites financeiras, e sobre todo de axentes tan letais e poderosos como son a crise, a corrupción ou a desesperanza. Cando a xente detecta que os instrumentos políticos clásicos están tocados, que non funcionan, que non dan as respostas precisas, simplemente buscan outros no lugar máis próximo que teñan, nas rúas, nas plataformas ou nas redes sociais Cando a xente detecta que os instrumentos políticos clásicos están tocados, que non funcionan, que non dan as respostas precisas, simplemente buscan outros no lugar máis próximo que teñan, nas rúas, nas plataformas ou nas redes sociais. No caso dos partidos pertencentes ao sistema de dereito e aos que de xeito irremediábel tamén está homologado o BNG a pesar do abismo de democracia interna, participación da militancia e esencia colexiada que o separa do resto, ocorre exactamente o mesmo: xa é concibido simplemente como obsolescencia colateral derivada dunha macroestrutura política histórica, desgastada e viciada que xa non serve e, polo tanto, formando parte do problema, é desbotábel. Duro, mais certo. Por se restaba algún anaco para esperanza na creba da furibunda gráfica electoral que asombra ao BNG, aparece tamén a corrupción con todo o seu impacto estamental e como o cáncer sistémico que todo o podrece: códigos éticos, partidos, democracia, alternancia, competencia, regulación do libre mercado, igualdade de oportunidade ou control da redistribución da riqueza. Chegou Podemos mais os da caste xa nos enguliran. O nacionalismo galego ten que asumir este reto como a clave de bóveda exclusiva da nacionalidade histórica á que pertence, dunha nova articulación da Galiza no Estado español Hoxe coa enquisa do CIS na man é preciso máis que nunca, e antes de que o único obxectivo político contábel acadado sexa a pertenza ao Museo do Pobo Galego, que tanto o BNG como todo o esnaquizado abano de siglas que compoñen o nacionalismo galego abandonen o inmobilismo cicateiro e roñón da delimitación nanométrica dos universos endóxenos coñecidos, elemento diferenciador si mais non emancipador polo que se deduce dos derradeiros trinta anos, e procuren un xeito de mirar arredor de si e cara fóra do Padornelo non como o estigma aínda sangrante ou como a arrepiante escarificación da nación aldraxada pola Isabel II, senón reivindicándose ante o conxunto da sociedade como axentes dinámicos, abertos, corresponsábeis e desexosos de seren tamén masa fundamental e protagonista da construción e remate definitivo dese rañaceos estatal inacabado con licenza de galpón plurinacional que é a España. Cando menos, esta é a metonímica lección que nos está a deixar CIU e o seu desacougado 9N. Aprendamos na cabeciña dos demais. Ficar quietos, mesmo ledos nun anhelado guión preestablecido, previsíbel, reseso e irrelevante para o 90% da sociedade galega, simplemente é a peor teima que un nacionalismo obtuso e inmobilista lle pode ofrecer ao seu país O nacionalismo galego ten que asumir este reto como a clave de bóveda exclusiva da nacionalidade histórica á que pertence, dunha nova articulación da Galiza no Estado español a través tamén de converterse e reivindicarse como un novo elemento de moderación, renovación, pacto e reequilibrio ata finalmente chegar ao esgotamento manifesto do concerto autonómico, sen por iso renunciar a ningún chanzo na desempenada escada da emancipación nacional mais tampouco alancando insondables balados. Ficar quietos, mesmo ledos nun anhelado guión preestablecido, previsíbel, reseso e irrelevante para o 90% da sociedade galega, simplemente é a peor teima que un nacionalismo obtuso e inmobilista lle pode ofrecer ao seu país e á súa intelixente prole, a teima da frustración."}
{"ID": "PRAZA_2796", "summary": "O presidente da Xunta foi abordado á entrada do mitin do PP en Carballo. Os concentrados que xa tentaran falar con el en Marín ou Lalín, acusárono de non defender o sector. Núñez Feijoo respondeu que \"sei de que vai isto\" e que o actual reparto se \"pactou\" entre os barcos. Vídeo no interior", "text": "Os mariñeiros do cerco, que dende hai máis de 50 días, permanecen concentrados ás portas de San Caetano e noutros lugares en defensa do sector, conseguiron por fin falar con Alberto Núñez Feijoo. Tentárano antes en Marín ou Lalín, pero o presidente da Xunta evitáraos. Este xoves pola noite, en Carballo, á entrada do mitin do Partido Popular, unha representacións dos mariñeiros abordou a Feijoo, para entregarlle un documento de reivindicacións e pedir que se reúna con eles. O líder dos populares galegos respondeulles que el xa se reunira co sector e, ante as críticas, subliñou cunha certa arrogancia que \"sei de que vai isto\" e que o actual reparto se \"pactou\" entre os barcos. Os mariñeiros, nunha discusión de foi subindo de ton, pedíronlle a Feijoo que mirase \"á cara a esas 1.200 familias\" e despedírono dicindo \"ti non es galego nin nada\" e \"vostede non nos representa\". Os mariñeiros estiveron concentrados ás portas do lugar onde o PP levou a cabo o seu acto electoral en Carballo, cunha faixa na que se podía ler \"Eu apoio o cerco galego\" e na que mesmo se situou o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga (Partido Popular), que mesmo así defendeu a Núñez Feijoo en declaracións aos medios. No propio mitin o presidente da Xunta destacou que \"por moito que digan algúns, somos os que máis sabemos de mar e os que máis defendemos o mar\"."}
{"ID": "PRAZA_18650", "summary": "Os dous grandes galegos sitúanse entre os dez equipos preferidos para os afeccionados ao fútbol en España e entre os que teñen seareiros que amosan maior lealdade ás súas cores, segundo o estudo European Football Benchmark 2018.", "text": "Celta e Deportivo sitúanse entre os clubs preferidos da Liga española, son tamén dos que levantan maior simpatía e as súas afeccións están entre as que maior lealdade amosan ao seu club. Son algunhas das conclusións que se tiran do estudo European Football Benchmark 2018, un completo informe no que se comparan as cinco grandes ligas europeas centrándose nos seareiros, as entidades e os seus patrocinios. Celta e Deportivo sitúanse entre os dez clubs preferidos para os afeccionados da Liga española Segundo o informe, publicado este martes por Statista, os dous grandes clubs galegos sitúanse entre os dez preferidos polos afeccionados ao fútbol en España. O estudo, baseado nunha enquisa interactiva a máis de 3.000 seareiros no conxunto do Estado, indica que o Celta é o oitavo equipo en canto a preferencia (cun apoio do 1,9% dos participantes na consulta), seguido polo Deportivo, co 1,3% e só por detrás dos dous xigantes (Real Madrid, con máis do 38%, e Barcelona, co 28%) e doutros equipos de cidades importantes como o Atlético, o Athletic de Bilbao, o Valencia e o Sevilla e o Betis. Tal e como destaca o estudo, a Liga española \"ten unha gran diferenza na concentración de afeccionados\" con outras competicións, especialmente coa inglesa. Mentres que en España case o 67% dos enquisados elixiu ou Barça ou Real Madrid como preferencia, na Premier League tan só o 51% optou por un dos tres equipos principais (Manchester United, Liverpool e Arsenal) mentres que ata 18 equipos recibiron máis de 25 respostas como \"equipo preferido\". En España, pola contra, tan só dez equipos da Liga recibiron máis desas 25 respostas como \"club preferido\", sendo Deportivo e Celta dous dos incluídos nese top ten, no que tamén entra a Real Sociedad, e sendo o equipo coruñés o único que na actualidade milita na Segunda División que aparece en todos os ránkings destacados. Club preferido da Liga española Real Madrid 38,6% FC Barcelona 28% Atlético de Madrid 9% Athletic Club 4% Valencia CF 3,4% Real Betis 3,2% Sevilla FC 2,4% RC Celta 1,9% RC Deportivo 1,3% Real Sociedad 1,3% En canto ao sentimento dos afeccionados ao fúbol cara ao conxunto de clubs, a enquisa --elaborada en setembro pasado-- preguntou aos participantes a opinión sobre os diferentes equipos. Os resultados son contundentes en canto a que o Real Madrid é o preferido polo 46% das persoas consultadas, seguido polo Barcelona (36%) e o Atlético de Madrid (21%), situándose o Celta na oitava posición de novo (5%) e o Deportivo no posto 12º, co 3% de apoio. O Real Madrid é o equipo que máis simpatía esperta e o segundo que menos gusta aos afeccionados O estudo tamén se pregunta polos equpos que menos gustan, destacando o Barcelona entre o que menos afinidade esperta (o 35% dos enquisados aseguran que non lles gusta), seguido do Real Madrid (30%) e doutro equipo catalán, o Girona (24%). En canto a Celta e Deportivo, o 5% sitúan o equipo vigués como o seu preferido, o 23% asegura que lle gusta, o 59% declárase neutral e o 10% indica que non lles gusta. No caso do conxunto coruñés, o 3% sinálao como o seu preferido, o 19% aclara que lle gusta, o 61% amósase indiferente e o 13% colócao entre os que menos afinidade lle producen. O estudo sitúa as afeccións de Deportivo e Celta entre as que maior lealdade amosan aos seus equipos Ademais, as afeccións de Celta e Deportivo sitúanse entre as que amosan maior lealdade aos seus equipos. Segundo o estudo, están entre as dez con maior porcentaxe de seareiros que animaron desde sempre ao seu club. Case o 70% dos deportivistas consultados recoñece que foi sempre do Dépor fronte ao 31% que asume que mudou a súa afinidade desde outra anterior. No caso dos celtistas, esa lealdade rebáixase un pouco ao recoñecer máis do 40% que cambiaron ao Celta malia ter animado antes outro conxunto. Segundo o estudo de European Football Benchmark, o 25% dos afeccionados ao fútbol en España mudou de equipo preferido nalgún momento da súa vida. Alén disto, e debullando outros aspectos da enquisa. o Celta destaca tamén ao situarse como o segundo equipo ao que os afeccionados ven como máis \"enraizado na súa rexión\", só por debaixo do Athletic Club e por riba da UD Las Palmas, o Girona ou a Real Sociedad. En canto a outros aspectos, como a posesión dalgún tipo de merchandising ou símbolo do seu club, os seareiros deportivistas e celtistas son tamén dos que máis destacan, ao situarse entre as cinco afeccións onde máis xente recoñece contar con algún obxecto ou prenda identificativo da entidade. Tamén é destacable que os dous principais equipos galegos colócanse tamén entre os dez primeiros en canto á consideración de \"internacionais\" por parte dos afeccionados ao fútbol. Por último, si hai unha cousa na que Deportivo e Celta son imbatibles segundo o estudo: no coñecemento e aprecio cara ao seu pricipal patrocinador. A marca de cervexa galega que ambos locen nas súas camisetas é o patrocinador máis recoñecido de toda a Liga española, cun 80% de coñecemento. En canto á simpatía que esperta, esa mesma marca sitúase como a máis destacada no ránking, con case 30 puntos de diferenza sobre a segunda clasificada. Ademais, a combinación de Estrella Galicia con Deportivo e Celta é recoñecida entre os afeccionados como unha das mellores identificacións entre marca e entidade deportiva de toda a Liga."}
{"ID": "NOS_52885", "summary": "BNG e PSOE queren que o presidente da Xunta \"pase polo Parlamento\" para informar de como afectará a Galiza \"o saqueo\" de Rajoy. O noso País conta co maior número de pensionistas do estado, e máis de 276.000 persoas están no desemprego", "text": "A comparecencia de Mariano Rajoy no Congreso colleu no Parlamento @s deputad@s galegas, en plena sesión da Deputación Permanente, o órgano que substitúe os plenos nos periodos inhábiles. A ausencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que andaba pola localidade española de Aranjuez pronunciando unha conferencia, aproveitouna o PSOE. Dixo Pachi Vázquez que Feijóo \"fuxe da realidade malia unhas medidas que van directamente ao corazón da estrutura socioeconómica da Galiza\". Pola súa banda, Ana Pontón, voceira do BNG, queixouse de que os recortes \"o único que ofrecen son menos dereitos sociais, unha suba de impostos inxusta e un importante recorte ás persoas desempregadas\". Así, Vázquez tildou o anuncio de Rajoy de \"fraude electoral masivo\", por achegar \"xusto as medidas contrarias\" das que facían parte do seu programa co que venceu nos comicios. Máis crítico do que foi Alfredo Pérez Rubalcaba en Madrid, o PSOE galego deixou claro que os cambios anunciados para os concellos afectarán de maneira máis intensa á Galiza, con 315 municipios e 34.000 núcleos de poboación. \"Hoxe é un día que todos lembraremos. Imos intentar que o presidente da Xunta pase polo Parlamento para explicar como nos afectará todo isto aos galegos\", concluíu o carballiñés. Tamén con Galiza no albo, Ana Pontón espetou a Rajoy que as propostas son \"medidas erradas que só van afundirnos máis na crise\". Un Goberno ao servizo dos intereses da banca está, a xuízo da nacionalista, detrás deste \"saqueo\" ao pobo e, retomando as palabras de Francisco Jorquera no Congreso, Pontón recalcou que España é xa un estado intervido, tal e como queda de manifesto coa aplicación duns recortes \"xemelgos\" aos asestados en Grecia, Irlanda e Portugal. Precisamente por termos tres espellos, \"o grave\" é que \"xa se sabe que teñen uns efectos devastadores\" para a cidadanía, nomeadamente ás clases máis desfavorecidas --Galiza é o país con máis poboación xubilada e a cifra de desempregadas acariña os 286.000 segundo os datos de xuño--. \"Provocarán desigualdades sociais moi fortes\", dixo Pontón. Mentres, Compromiso por Galicia --Ecogaleguistas, Acción Galega e Máis Galiza-- expresou o seu rexeitamento aos recortes a través dun comunicado no cal Manuel González, da executiva nacional, falou do \"ataque máis grave á convivencia social nas últimas décadas\". Entendeu González que o Goberno do estado está a procurar \"cabezas de turco\" para a crise, como @s traballador@s públic@s, e apuntou cara a \"outras alternativas, como a eliminación das deputacións\", medida coa que se aforrarían máis de 20.000€. Porén, coas medidas anunciadas por Rajoy, os entes provinciais adquiren máis poder aínda, en detrimento dos pequenos concellos."}
{"ID": "NOS_54203", "summary": "O Banco de España cargou esta cuarta feira contra a subida do salario mínimo pactada polo Goberno Sánchez con Unidos Podemos e as súas confluencias, entre elas En Marea. Ficaría situado en 900 euros en 2019. A autoridade bancaria alertaba sobre os efectos que o incremento podería ter na destrución de emprego. Sobre o incremento das rendas dos ricos non dixo nin chío. Por exemplo, o medre dos dividendos de Amancio Ortega.", "text": "Arriba e abaixo. A economía funciona por parroquias. Vexamos. Abaixo O Goberno Sánchez e Unidos Podemos pactan o incremento do salario mínimo para o situar en 900 euros (neste momento está en 735, o aumento sería 22,3%). O acordo non é do agrado do gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos, quen esta cuarta feira se empregou a fondo contra el na súa primeira comparencia perante o Congreso dos Deputados. O responsábel do supervisor financeiro dixo que o incremento do salario mínimo resultaría nun aumento do gasto público superior a tres puntos percentuais do PIB, por volta de 1.161 millóns de euros. A subida tamén foi criticada, en termos moi semellantes, polo FMI. Para a autoridade bancaria española, a subida do salario mínimo terá como efecto máis prexudicial a destrución de empregos nos sectores de ocupación de menor produtividade e máis baixa cualificación profisional. Segundo as súas estimacións, porá en risco por volta de 156.000 empregos, ou sexa, arredor de 0,8 de toda a forza laboral (hai 19,5 millóns de persoas ocupadas) no conxunto do estado. Arriba En troca, o Banco de España non parece especialmente preocupado sobre os efectos negativos da extrema concentración de capital en poucas mans que se ten producido nos últimos anos. Destarte, ao día seguinte de Hernández de Cos mallar na subida do salario mínimo, sóubose por un despacho de axencias que Amancio Ortega ingresará este 2018 1.386 millóns de euros en dividendos, 693 dos cales xa os embolsou esta sexta feira. Os dividendos son o produto da súa condición de accionista maioritario de Inditex, á compañía que el fundou e da que posúe 59,294% do accionariado. En 2018 percibiu un total de 1.256 millóns de euros, isto é, 130 millóns de euros menos. A taxa de incremento de ganancia dun ano para outro sitúase desta volta en 10,3 por cento. O IRPF, mellor para o capital Por cobro de dividendos tribútase en concepto de ganancias do capital no IRPF. No caso de Ortega, o imposto élle aplicábel no tipo máximo, 23 por cento. As rendas do traballo están máis gravadas neste imposto. O tipo máximo para os ingresos das e dos traballadores no IRPF está en 45 por cento."}
{"ID": "NOS_12188", "summary": "BNG, CDC, ERC, PNV e Amaiur mostraron o seu apoio á Vía Catalana por medio do despregue dunha faixa portada por representantes de todas as forzas nacionalistas co lema \"Tothom a la Vía Catalana\".", "text": "As forzas nacionalistas con representación no Congreso dos Deputados de Madrid reclamaron co acto simbólico o apoio á cadea humana a prol da independencia que a Asemblea Nacional Catalana ten convocado para o próximo día 11 de setembro, coincidindo co día da Diada. A deputada do BNG, Rosana Pérez, sumouse ao acto reivindicativo no qe participaron deputados e deputadas das outras forzas nacionalistas. Consulta soberanista Pola súa Parte, Arthur Mas reafirmouse diante do Consell Nacional de CDC reunido en Bellaterra no seu compromiso de celebrar a consulta pola autodeterminación no 2014 no que chamou \"un marco legal\", é dicir, \"acordada ou tolerada\" polo Estado.Arthur Mas manifestou a vontade de acordar antes de fin de ano a data e a pregunta ou, no seu caso, preguntas da consulta \"Co máximo consenso posíbel\" e repetiu que, de non ser posíbel, convocaría eleccións plebiscitarias."}
{"ID": "NOS_36830", "summary": "A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, súmase ás críticas de Abel Caballero contra Leiceaga polas modificacións das listas. \"Non respecta a democracia\".", "text": "Que o feito de que Ferraz modificase as candidaturas ás autonómicas do PSdeG aprobadas nos comités provinciais para introducir nomes próximos á xestora galega ía ter consecuencias era algo que se daba por descontado. O difícil é prever o alcance do malestar con esa decisión, que nestas horas estase a estender poñendo o PSdeG ás portas dunha monumental lea interna cando fica un mes para as eleccións. O primeiro en protestar publicamente foi o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a cidade coa agrupación socialista máis grande de Galiza. Caballero acusou Leiceaga de marxinar Vigo na configuración das listas e advertiulle que non estaba disposto a permitir iso. Ao rexedor próelle, e non pouco, que entre as modificacións feitas por Ferraz estea a de colocar a Gonzalo Caballero, co que leva anos duramente enfrontado, de número 5 na lista do PsdeG por Pontevedra. Mais non só protestou Caballero. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, acusou o candidato socialista á Xunta de practicar \"a vella política\" e de \"non respectar a democracia cando perde\". As candidaturas aprobadas polos comités provinciais de Pontevedra e Ourense non eran do gosto dos partidarios de Leiceaga, pois excluían as persoas cercanas a este sector e daban ampla representación aos críticos. Rebelión de alcaldes Ademais, 14 dos 17 alcaldes do PSdeG na provincia de Pontevedra manterán en breve unha xuntanza da que podería saír unha expresión pública do seu malestar para coa decisión adoptada polo Comité Federal do PSOE de modificar as candidaturas. Son os 14 rexedores que subscribiran un escrito pedindo a Ferraz que non modificase as listas, algo ao que, e os feitos así o amosan, desde a dirección socialista española ben pouco caso lle fixeron. Mais este malestar non se focaliza unicamente na provincia de Pontevedra. Tamén en Ourense hai malestar en certos sectores polos retoques introducidos na candidatura. Un malestar que se concretou en que nin Raúl Fernández, nº2 da lista e líder do PsdeG na provincia, nin María Quintas, tamén integrante da candidatura, acudiron á presentación da mesma en Compostela. Fernández e Quintas son representantes do sector máis cercano a Pachi Vázquez, ex-secretario xeral do PsdeG."}
{"ID": "NOS_7343", "summary": "O salto á bolsa foi unha das aspiracións de Abanca nos últimos anos. Tivo a posibilidade de debutar no parqué da man de Liberbank, pero a operación non chegou a bo porto. Agora, o banco pode respirar tranquilo mentres outras entidades do sector ven caer á metade o seu valor no parqué pola crise derivada da COVID-19.", "text": "Abanca e o seu presidente, Juan Carlos Escotet, teñen desde hai anos a pretensión de dar o salto aos parqués. En 2017, mesmo marcaron o prazo de dous anos para estar cotizando en bolsa. A compra frustrada de Liberbank era o camiño máis rápido para facelo, mais esa opción foi desbotada polas reticencias do consello da entidade asturiana para seguir adiante coa operación. Abanca cambiou o rumbo e apostou en Portugal para seguir medrando. E parece que a xogada non lle saíu mal. Hai tres anos, Escotet sinalaba como premisas para comezar a cotizar a de contar cun historial de bos resultados e boa xestión e asegurar o maior valor ás accionistas. Tamén indicaba a necesidade de que as curvas de tipos mudasen, cuestión que parece que non vai acontecer, cando menos a curto prazo. Abanca sempre presumiu de ter un perfil prudente e baseado no modelo de banca tradicional. Esa cautela, tamén no que atinxe á saída á bolsa, evitou que a entidade correse a mesma sorte que boa parte do sector. Bancos como o Santander, Bankia, BBVA, ou Sabadell están a pagar no parqué as consecuencias da crise económica derivada da COVID-19. Até o 20 de maio, Sabadell encabeza as perdas anuais, cunha depreciación de 75%. A súa capitalización pasou de 5.852 millóns de euros a feche de 2019, aos 1.492 desta cuarta feira. En Bankia a caída é de 54%. Santander, a segunda entidade na Galiza por oficinas e número de clientas, ve reducido o seu valor á metade no que vai de ano. Perde 30.664 millóns de capitalización, que se sitúa en 31.321 millóns de euros. Outro dos grandes bancos, o BBVA, perde 45% e ve baixar o seu valor en bolsa en 16.000 millóns. E Bankinter máis do mesmo. Depréciase 44% e deixa a súa capitalización nos 3.196 millóns. Todos eles están entre os 10 valores que máis caen do Ibex35. \"O accionariado non ten ningún tipo de présa e pode esperar a que as condicións cambien para saír a cotizar\", sinalaba Escotet hai agora un ano. E parece que vai tocar esperar."}
{"ID": "PRAZA_14928", "summary": "Os tres políticos reclaman que despois do 25N se inicie un proceso de construción dunha nova esquerda nacional que sexa alternativa de goberno e \"decisiva\" no debate soberanista.", "text": "O ex vicepresidente da Generalitat por ERC Josep Lluis Carod-Rovira, o ex conseller socialista Ernest Maragall e o eurodeputado de ICV Raül Romeva enunciaron este luns unha proposta conxunta para conformar unha nova esquerda nacional catalá despois das eleccións do 25N. Nun debate celebrado no Col.legi de Periodistes de Catalunya, os tres políticos salientaron a necesidade de reformular este espazo para construír unha esquerda \"forte e sólida\", que sexa \"decisiva\" no debate soberanista e que aspire a ser \"alternativa\". Os tres definiron a intervención deste luns como un acto \"político\" pero \"non electoral\" co obxectivo de \"construir\" decisións de futuro despois das eleccións. Os tres políticos salientaron a necesidade de reformular este espazo para construír unha esquerda \"forte e sólida\", que sexa \"decisiva\" no debate soberanista e que aspire a ser \"alternativa\" O tres coincidiron na importancia de votar nestas eleccións para \"xerar a semente dunha alternativa catalá de esquerdas que poida ter moito que dicir no proceso de construción dunha Catalunya-Estado\". Alertan do perigo que CiU se apropie \"do feito nacional' e por iso cren que fai falta unha nova esquerda na cal poidan confluír partidos e sensibilidades diversas para discutirlle o liderado político á dereita. Carod-Rovira denunciou que o erro da esquerda catalá foi \"regalar\" a cuestión nacional á dereita \"que acabou identificándose co país\" Carod-Rovira denunciou que o erro da esquerda catalá foi \"regalar\" a cuestión nacional á dereita \"que acabou identificándose co país\" e reclamou unha esquerda \"soberana, é dicir, non dependente de Madrid\", \"soberanista\" e con vocación de goberno. Pola súa banda Maragall destacou que a esquerda debe participar no proceso soberanista como \"protagonista\" e non como un socio \"supeditado\". Mentres, Romeva situou o debate no contexto europeo e chamou a \"reconstruir\" o espazo de esquerdas. Ernest Maragall puxo en marcha hai unhas semanas un novo partido, Nova Esquerra Catalana, soberanista e de esquerdas. Pola súa banda, o dirixente do PSC e impulsor do movemento Avancem, Joan Ignasi Elena, avalou a proposta. Elena defendeu esta confluencia dos sectores progresistas con independencia do resultado das eleccións catalás de novembro: \"É un reto da esquerda en Cataluña e estou seguro que o imos conseguir\". En declaracións a Europa Press, defendeu que esta alianza debe ser un movemento que naza da sociedade, e non unha \"coalición fría de siglas\" dos principais partidos de esquerdas de Cataluña."}
{"ID": "PRAZA_10666", "summary": "O Consello de Contas alerta do incremento das reclamacións e da súa \"xudicialización\", que pode levar a practicar unha \"medicina defensiva\". Entre 2011 e 2016 foron presentadas 1.233 demandas por erros, atrasos, mala praxe e outros motivos.", "text": "Entre os anos 2011 e 2016 foron presentadas 1.233 reclamacións por danos derivados da asistencia sanitaria en centros do Sergas ou concertados, dende erros ou atrasos a mala praxe ou infeccións. Estas demandas sumaron en conxunto máis de 170 millóns de euros en peticións de indemnizacións. Aínda que unha parte importante destas reclamacións foron desestimadas ou a súa indemnización final reducida, en total o Sergas tivo que pagar xa máis de 14 millóns de euros dende o 2011, contando unicamente os procesos xa pechados.Contas alerta do incremento das reclamacións e da contía esixida, o que unido a un aumento da súa \"xudicialización\", pode levar a practicar unha \"medicina defensiva\" para evitar demandasSon algúns dos datos que figuran no informe de fiscalización da responsabilidade patrimonial do Sergas, un dos 17 documentos entregados este venres ao Parlamento polo Consello de Contas. O ente fiscalizador das contas públicas galegas salienta de que o número de reclamacións presentadas (e as contías esixidas) vén experimentando un crecemento, observándose igualmente \"unha tendencia crecente á súa xudicialización\". O Consello de Contas alerta de que isto pode levar \"á práctica dunha medicina defensiva por parte dos facultativos que non sempre redunda en beneficio do paciente\", prescribindo o persoal sanitario máis probas diagnósticas das necesarias \"coa finalidade de protexerse ante as posibles reclamacións que se formulen\". O Consello de Contas advirte así mesmo contra a xudicialización das reclamacións de menor contía, \"unha forma pouco eficiente de resolvelas ao levar asociados importantes custos de representación e defensa xurídica que, nalgúns casos, se aproximan ou mesmo exceden do importe das indemnizacións\", sinala. No período 2011-2017 o custo medio das indemnizacións en vía xudicial foi de 79.767 euros fronte aos 18.934 euros que representa o custo medio das indemnizacións en vía administrativa. Este incremento dos custos únese ao derivado da devandita \"medicina defensiva\" e a realización de probas e procedementos innecesarios para evitar futuras reclamacións. O número de reclamacións no período 2011-2016 ascendeu a 1.233, cunha contía económica total que supera os 177 millóns de euros, ao redor de 30 millóns de euros cada ano, unha cantidade que se foi incrementando, dende os 25 a 27 millóns nos anos 2011, 2012 e 2013 ata os 38 millóns do ano 2016. O 41% das reclamacións corresponden a centros e servizos da provincia da Coruña; o 10% aos de Lugo; o 11% aos de Ourense; o 28% aos centros de Pontevedra e un 9% a centros concertados. As indemnizacións esixidas ao Sergas por erros, atrasos e mala praxe superan os 30 millóns de euros ao anoOs servizos cun maior volume de reclamacións patrimoniais son os de Traumatoloxía (13%), Urxencias (12%) Obstetricia e Xinecoloxía (11%), Cirurxía Xeral e Dixestiva (8%) e Análises Clínicas (7%). Mala praxe e os erros ou atrasos no diagnóstico foron as causas de dano máis alegadas polos e polas pacientes afectadas.Unha boa parte destas reclamacións non son finalmente estimadas. O número de sentenzas estimatorias (total ou parcialmente) en primeira instancia no período 2012-2016 representa o 27% do total de reclamacións formuladas. O Consello de Contas detalla que do total de reclamacións formuladas no período 2011-2017, o 47% dos expedientes atópanse pechados, e destes, o 40% pechouse con resultado a indemnizar. Dos ao redor de 96 millóns de euros esixidos polas persoas demandantes, o Sergas tivo que aboar finalmente algo máis de 14 millóns de euros (14.410.696).O Consello de Contas destaca que a pesar do incremento das reclamacións, \"o grao de confianza\" dos e das paciente nos profesionais sanitarios do sistema público de saúde \"é elevado\"O Consello de Contas recomenda finalmente \"un maior esforzo por parte da Administración Sanitaria en orde a adoptar medidas que permitan reducir os prazos de tramitación do expediente, evitando unha prolongación innecesaria do procedemento administrativo\", sinalando ademais que se produce \"unha excesiva dilación na remisión ao CCG daqueles expedientes que requiren o preceptivo ditame desta institución\". Igualmente, subliña que se debería promover \"unha maior implicación dos servizos clínicos afectados polas reclamacións patrimoniais para obter tempos de resposta máis curtos na emisión dos informes facultativos necesarios\". O ente fiscalizador conclúe tamén que a pesar do incremento das reclamacións e da súa importante contía, \"o grao de confianza\" dos e das paciente nos profesionais sanitarios do sistema público de saúde \"é elevado\"."}
{"ID": "NOS_37521", "summary": "Alcanzou o mar esta noite, nove días despois de comezar a erupción", "text": "O Instituto Español de Oceanografía(IEO) advirte de que se está xerando un \"impresionante depósito\" de máis de 50 metros de altura na costa. A lava que emerxe da erupción volcánica da Palma chegou esta noite ao mar nunha zona de cantís na costa de Tazacorte. A lava foi caendo de forma lenta e o único que se puido ver de lonxe son pedras candentes que caen ao mar, segundo a retransmisión que realiza a Televisión Canaria desde un barco e as imaxes facilitadas desde o buque do Instituto Español de Oceanografía Ramón Margalef. A escuridade da noite non permitía ver as columnas de vapor de auga que supostamente se deberon formar polo choque térmico de lava co mar, columnas que levan uns gases que poden resultar tóxicas para os ollos, os pulmóns e a pel. Si se constata un fume negro, que forma parte do proceso que se produce cando a lava cae ao mar. Desde un cantil a lava caeu ao mar desde unha altura duns cen metros por un cantil situado nas proximidades da praia El Guirre, en Tazacorte. Momentos antes de que a lava chegase ao mar, pasadas as 23 horas, evacuouse a zona do porto de Tazacorte, no que se congregaban traballadores de medios de comunicación, que se desprazaron até o miradoiro da montaña El Time. Desde alí divísase desde a distancia a caída de lava polo cantil, situado lixeiramente ao norte do lugar onde caeron as coladas de lava do volcán de San Juan en 1949."}
{"ID": "NOS_21144", "summary": "Plantarán árbores autóctonas como acivros e carballos.", "text": "A asociación montes veciñais do Cha convoca para este sábado, 12 de marzo, unha \"ocupación activa\" do espazo que lles dá nome, e invita a todos a tomar parte nun acto no que reivindicarán o seu carácter como monte veciñal. A veciñanza de Brión e San Román de Doniños leva décadas loitando polo monte de seu e por iso organiza esta acción, co obxectivo de implicar á cidadanía na defensa do carácter comunal dese monte\". O monte Cha sitúase no cumio da montaña entre a entrada da ría de Ferrol e o val de Doniños. Conta con 230 hectáreas que na actualidade están xestionadas polo Concello de Ferrol. Ten unha altura de 260 metros sobre o nivel do mar e dende aí pódense ver as rías de Ares,de A Coruña, e de Ferrol. A comunidade veciñal quere que o seu monte teña a mesma condición que outros tantos 3.000 montes veciñais en man común en Galiza, n\"o que a propiedade do monte recae nos veciños e veciñas que residen de forma habitual nese territorio. Así poderían autoxestionar o monte dunha forma sustentable e entre todas as mans\". O encontro comezará ás 10:30 no lugar de O Confurco, entre Cariño e Doniños (Ferrol). Alí plantaranse acivros, carballos e outras árbores autóctonas, ademáis de haber música, un xantar e refrixerios para os que colaboren c\"on esta ocupación simbólica e temporal dun monte veciñal\"."}
{"ID": "NOS_40860", "summary": "Para o ministerio público, a xuíz de Madrid Carmen Rodríguez Medel non ten razón ao imputarlle dous delitos. Persoas nas mesmas circunstancias de Casado si que están a ser investigadas. Rodríguez Medel traspasou o asunto ao Supremo dado que o líder do PP goza de aforamento pola súa condición de deputado.", "text": "Para a Fiscalía Xeral do Estado —órgao nomeado directamente polo executivo, embora formalmente teña autonomía de decisión— non existiría prevaricación por parte do líder do PP na obtención do máster na Universidade Juan Carlos I porque non existe ningún dado que permita prexulgar que o político presionou os responsábeis do mestrado. A prevaricación en todo caso afectaría os profesores responsábeis do máster, estima o ministerio público. Canto ao delito de suborno, apontado tamén pola xuíz de Madrid Carmen Rodríguez Medel, os maxistrados do Supremo entenden que en todo caso estaría prescrito porque os feitos se remontan a 2008, isto é, xa pasaron máis de 5 anos desde que tiveron lugar. A decisión do Supremo supón un balón de oxíxeno para Casado nun momento en que, aliás, a atención está posta na apropiación dun texto sen cita por parte de Pedro Sánchez no libro en que recolleu as conclusións da súa tese."}
{"ID": "NOS_13672", "summary": "17-M? Non, 15-A! Desde este ano, as nosas letras teñen un novo día para conmemorar. Trátase do Día das Galegas nas Letras que inicia a súa andaina cunha festa feminista e colectiva promovida pola plataforma de crítica A Sega e que se desenvolverá no Areal de Berres, A Estrada.", "text": "A plataforma literaria feminista A Sega elixiu á investigadora Dorothé Schubarth como a primeira homenaxeada no Día das Galegas nas Letras. Unha xornada na que celebrar á figura da muller na cultura e literatura galega que terá como acto central unha romaría que se desenvolverá na Estrada. O escenario da conmemoración será o Areal de Berres, na Estrada, un espazo natural á beira do río Ulla que a veciñanza recuperou para uso comunal. A festa vai ser colectiva á maneira das populares romarías e comezará por volta das 13.30 coa presentación do acto e a lectura do manifesto por parte das integrantes d´A Sega. Para media hora despois está previsto o inicio do \"xantar compartido\" ao que convidan a quen queira participar nunha convocatoria que se presenta como aberta e participativa coa alegría do canto e do baile. A festa iniciarase ás 16:00 horas e está prevista a intervención da contadora Paula Carballeira, a música Mercedes Peón, a guitarrista Isabel Rei e as pandeireteiras de Habelas Hainas. O micro permanecerá aberto para quen queira tocar, cantar e contar nun programa no que se agardan aínda novas incorporacións. De estadía curta a investigación profunda Dorothé Schubarth chegou á nosa terra en 1978 e por entón era xa catedrática na Academia de Música de Lucerna. Buscaba descanso, logo de publicar unha inxente obra sobre a música popular europea. Do que ía ser en principio unha estancía curta, de meses, rematou nun traballo que hoxe se considera \"a Biblia da lírica de tradición oral galega\". A musicóloga suíza percorreu cada recuncho da xeografía galega ao longo de seis anos, onde tomou centos de gravacións e testemuñas que manteñen vivo o legado da lírica popular. En sete volumes baixo o título Cancioneiro Popular Galego, recolleu a maior cantidade, e que se manteñen en mellor estado, de melodías e letras. A importancia do traballo de Schubarth destaca ademais pola profundidade da análise e polos métodos de traballo utilizados. Parámetros de clasificación descoñecidos en Galiza que articularon unha nova visión da lírica popular. Os anteriores estudos, segundo A Sega, ficaran na superficie, non máis alá da compilación de cantigas. \"Vimos dunha estirpe de mulleres que crearon textos para cantalos, que compuxeron música de palabras\", destaca a plataforma no manifesto do acto."}
{"ID": "NOS_22646", "summary": "O sindicato denuncia a exclusión no xulgado.", "text": "A sección sindical da CGT en Navantia Ferrol denunciou que a empresa pública excluíu un candidato que se presentou ás prazas de técnico superior junior na convocatoria do 2019 por \"exceso de madurez persoal\" e por exceso de coñecemento\". A través dun comunicado o sindicato incide en que desta situación hai \"probas documentais e o caso xa está no xulgado\". Critica que a dirección de Navantia manifeste que \"escollen os mellores, tanta dinámica de grupo, tanta entrevista persoal, tanto vender imaxe e ao final resulta que se exclúe á xente por ser demasiado madura e saber demasiado do seu traballo\". O sindicato considera que foi o departamento de Recursos Humanos o que excluíu esta persoa, e que \"se está rexendo nos procesos de selección por criterios que non teñen nada que ver coa profesionalidade\". Ademais, apuntou que algúns xefes \"queixáronse de que as persoas que lles mandaba desde RRHH, para a entrevista profesional, que non cumprían os requisitos profesionais que eles necesitaban\". Aseguran por parte de CGT que este tipo de actitudes nunha empresa pública \"é especialmente escandalosa\" e pregúntanse \"onde queda aquilo da \"igualdade, mérito e capacidade?\"."}
{"ID": "PRAZA_18053", "summary": "Pedro Marques comprométese co Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal a \"falar co ministro español\"", "text": "A saída sur ferroviaria de Vigo, que poría fin á situación da cidade nun fondo de saco e que evitaría rodeos por Redondela aos trens que circulan cara ao sur (Portugal, pero tamén Ourense e a Meseta pola liña convencional da beira do Miño), é unha actuación planificada hai dúas décadas pero que sucesivos gobernos foron adiando con todo tipo de argumentos. O último, ofrecido polo anterior Goberno central do PP, condicionaba o proxecto a que Portugal amosase interese por el. Este luns, segundo vén de comunicar o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal, o ministro de Infraestruturas luso, Pedro Marques, comprometeuse ante a asociación municipal a \"falar co ministro español\" sobre a cuestión. Pedro Marques comprométese co Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal a \"falar co ministro español\" Nos últimos meses o Eixo Atlántico de cidades vén realizando unha intensa campaña de sensibilización das diversas administracións sobre as potencialidades que tería esa saída sur, que cuantifica en algo máis de 400 millóns de euros. Unha actuación que permitiría que os trens puidesen circular de xeito directo entre A Coruña e Lisboa ao pasar sucesivamente por todas as cidades intermedias e acumular así potenciais pasaxeiros. Ese novo trazado tamén facilitaría que o tren deixase de pasar polo centro do Porriño, onde hai dous anos un accidente provocou a morte de catro persoas. Nos últimos anos a crise económica e a decisión de priorizar as obras xa en marcha da conexión coa Meseta e o remate do resto do Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo foi deixando aparcado ese extremo meridional desa última liña que na súa orixe foi pensada como Ferrol-Tui. Pero a medida que se foron rematando esas actuacións o Ministerio de Fomento foi quedando sen eses argumentos e pasou a escusarse en que Portugal decidira cancelar a súa parte do proxecto, a construción dunha nova vía de alta velocidade entre Porto e a fronteira do Miño. Porén, as obras xa en marcha do país veciño para mellorar as prestacións da liña convencional volveron poñer a pelota no tellado do Goberno español, que durante o último mandato do PP pediu que Portugal amosase de xeito expreso o seu interese pola conexión Porto-Vigo para retomar o proxecto da saída sur viguesa. En febreiro o secretario de Estado portugués xa manifestara o seu apoio á saída sur de Vigo nunha carta, e agora é o ministro quen o comunica directamente ao Eixo Atlántico En febreiro, a través dunha carta remitida ao Eixo Atlántico, o secretario de Estado portugués xa manifestara \"o seu apoio à realização da Ligação Vigo-Porto via nova entrada a sul da Galiza, para potenciar a ligação à Corunha\". Este luns o interese, segundo o Eixo Atlántico, foi expresado directamente polo ministro luso, Pedro Marques, que recibiu en Lisboa á vicepresidenta da asociación de municipios e alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro, e o secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao. Segundo informa o Eixo Atlántico, no encontro os representantes dos concellos galegos e do Norte de Portugal fixéronlle ver ao ministro cales son as súas prioridades en materia de infraestruturas. Durante o encontro \"o Eixo Atlántico solicitou ao ministro que se interesara ante o Goberno español pola saída sur de Vigo xa que ese interese de Portugal é determinante para que Madrid retome esta actuación\". Segundo o Eixo, Marques \"comprendeu perfectamente o interese da obra e os seus obxectivos e comprometeuse a falar co ministro español\". O Eixo Atlántico tamén insistiu na importancia que para a eurorrexión terían actuacións a debate en Portugal como a conexión da liña Vigo-Porto tanto co aeroporto Sá Carneiro desa última cidade como con Braga No encontro o Eixo Atlántico tamén insistiu na importancia que para a eurorrexión terían actuacións a debate en Portugal como a conexión da liña Vigo-Porto tanto co aeroporto Sá Carneiro desa última cidade como con Braga, cidade que ao igual que Vigo tamén é fondo de saco ferroviario. Agora, o Eixo Atlántico está pendente de concretar un encontro co novo ministro español de Fomento, o socialista José Luis Ábalos, para trasladarlle o interese portugués pola saída sur de Vigo e coñecer de primeira man a visión do novo Goberno central sobre ese proxecto."}
{"ID": "PRAZA_5650", "summary": "Unha revisión de todas as análises sobre a posible relación entre a vacinación e os transtornos do espectro autista conclúe que non existe \"ningunha evidencia\" de nexo entre ambos.", "text": "É algo que xa se sabía, pero unha revisión de todo o publicado sobre o asunto é o peche cuantitavo á falsa relación entre vacinas e autismo. Un equipo de investigadores da Universidade de Sydney repasou todos e cada un dos traballos científicos sobre o posible nexo entre a vacinación de nenos e nenas e a aparición de trastornos do espectro autista. En total, revisaron máis dun milleiro de estudos, e tras pór o foco nos máis robustos e completos, a conclusión é diáfana: \"Esta metaanálise non proporciona ningunha evidencia dunha relación entre as vacinas e o autismo ou os trastornos do espectro do autista e, por tanto, defende que se continúe cos programas de inmunización de acordo coas directrices nacionais\". Este tipo de estudos, denominados metaanálise, céntranse en revisar a metodoloxía, a calidade e as conclusións de todos os traballos realizados sobre un tema, para tratar de realizar unha fotografía máis ampla. Tras repasar todos os números achegados por estes estudos científicos de calidade, e descartar os nesgados ou pouco fiables, o resultado mostra que entre os grupos de nenos vacinados o risco de autismo sería mesmo inferior. O equipo liderado por Guy Eslick centrouse nunha decena de estudos, cinco deles sobre grandes poboacións de nenos e cinco de casos de control, para extraer as conclusións cuantitativas. Todos estes estudos abranguen case 1,3 millóns de nenos en Reino Unido, Xapón, Polonia, Dinamarca e EUA, e a robustez das súas análises aséntase en que de media seguiron aos grupos estudados durante máis de oito anos despois da inmunización. Os resultados son tan concluíntes como seguen: Non hai relación entre vacinación e autismo. Non hai relación entre vacinación e trastorno do espectro autista. Non hai relación entre autismo ou trastorno do espectro autista e a vacina tripla vírica [sarampelo, papeiras e rubeola]. Non hai relación entre autismo ou trastorno do espectro autista e timerosal [un conservante de vacinas derivado do mercurio]. Non hai relación entre autismo ou trastorno do espectro autista e o mercurio [axente ao que os antivacinas acusan de provocar autismo]. Os resultados desa metaanálise suxiren que as vacinas non están asociadas co desenvolvemento de autismo ou trastorno do espectro autista. Son conclusións que as organizacións médicas de todo o mundo xa coñecían pero Eslick e o seu equipo veñen desmontar definitivamente, cun torrente masivo de datos, o bulo sobre o que cabalgaron os nocivos movementos antivacinas desde que en 1998 o doutor Andrew Wakefield publicase un estudo \"deshonesto e irresponsable\" que relaciona vacinas e autismo co único obxectivo de facerse rico. O seu traballo foi retractado e desmontado, pero as consecuencias dese falso nexo entre as vacinas e o trastorno perviven aínda. A partir de 1998, o número de vacinacións nos países desenvolvidos esborrallou notablemente e aínda hoxe non se recuperaron as taxas de inmunización previas á fraude de Wakefield, xa que os movementos antivacinación lograron asentar ese medo infundado no imaxinario colectivo. Nun caso moi peculiar dentro da literatura científica, o propio Eslick conclúe este estudo, que se publica en Vaccine, cun epílogo en primeira persoa no que expresa as súas preocupacións como pai: \"Como epidemiólogo créo os datos que se presentan nesta metaanálise. Con todo, como pai de tres fillos teño certa comprensión cos temores asociados ás reaccións e efectos das vacinas. Os meus dous primeiros fillos sufriron brotes febrís despois da vacinación rutineira, un deles grave. Estes casos non me impediron vacinar o meu terceiro fillo, e con todo, leváronme a tomar algunhas medidas preventivas para reducir o risco de efectos adversos similares. Vacineino pola mañá, así estabamos preparados para calquera reacción adversa durante o día e tamén lle dei ao meu fillo unha dose de paracetamol media hora antes de que se vacinase para reducir a febre que pode aparece despois da inxección. Como pai coñezo os meus fillos mellor que ninguén e atribúo as súas reaccións ao aumento da temperatura corporal por efecto da vacinación. Para os pais que notan un cambio significativo no comportamento dos seus fillos despois dunha vacinación, anímoos a informar de inmediato o seu médico de familia.\" Como ben explica Eslick, a vacinación é un método de inmunización que pode ter efectos secundarios. Pero segue sendo a mellor maneira de combater terribles enfermidades que causan dolorosos padecementos e mortes. E, como vemos, podemos estar seguros que entre eses efectos non está o autismo."}
{"ID": "PRAZA_7095", "summary": "Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela baixo o lema \"pan, traballo e teito\". O bombeiro Roberto Rivas, convertido en símbolo da loita contra os desafiuzamentos, ponlle voz ao manifesto e chama á unidade da esquerda social e política. Galería de imaxes e audio no interior.", "text": "\"Seguiremos a loitar e a medrar e aquí, ninguén sobra\". Quen fala é Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña cuxo nome saíu do anonimato ao negarse a desaloxar a anciá Aurelia Rey e a quen este sábado, convertido nun símbolo da loita contra os desafiuzamentos lle tocou, nas súas propias verbas, o \"marronazo\" de poñerlle voz ao manifesto das Marchas da Dignidade que confluíron na compostelá Praza do Obradoiro. \"A unidade dános forza\", \"cada enfrontamento entre nós, as organizacións sociais e políticas da esquerda, é unha vitoria para o réxime\", proclamou Rivas ante unha praza que tornou nunha caste de mar de bandeiras de tantas cores como loitas confluíron, de novo, baixo o lema \"pan, traballo e teito\". Na estela das mobilizacións iniciadas a pasada primavera as cinco columnas que camiñaron cara á capital transitaron polas rúas de Compostela xunto a persoas diversas que, a título individual ou colectivo, decidiron secundar a convocatoria contra a que, din, é unha \"gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios\". Bandeiras galegas con e sen estrela e enseñas da II República Española mesturáronse cos símbolos de organizacións políticas como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e sindicatos como a CUT, o STEG ou a CNT. Ao seu carón, a Marcha Mundial das Mulleres, o movemento veciñal ferrolán que se opón á permanencia de Reganosa na ría, persoal da CRTVG e de Correos na loita polos seus dereitos, traballadores afectados polo amianto, colectivos de defensa das persoas con discapacidade, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca ou Stop Desafiuzamentos, entre outros grupos. Todos xuntos encheron boa parte da céntrica praza compostelá -o Concello colocou valados para impedir que os manifestantes se achegasen ao Pazo de Raxoi-, á que acudiron nun ambiente a medio camiño entre a reivindicación e a festa, ingrediente que se ocuparon de poñer artistas como o grupo Habelas hainas ou os xa míticos Mini e Mero, así como o dramaturgo e actor Cándido Pazó, que actuou como mestre de cerimonias para lembrar algunhas das causas polas que, di, paga a pena entregar tempo e traballo. As verbas de Pazó suscitaron os primeiros aplausos que medraron aínda máis ao chegaren á praza os bombeiros da Coruña. \"Os bombeiros si son compañeiros\", aclamaron. O bombeiro Roberto Rivas púxolle voz ao manifesto e diversas persoas achegáronse a el para darlle as \"grazas\" Despois de que varios grupos de persoas se achegasen a el para, simplemente, darlle as \"grazas\", Rivas accedeu ao escenario para poñerlle voz ao manifesto contra \"este sistema ruín e perverso\" contra o que, di cómpre \"loitar para cambialo\". \"O inimigo non é pequeno\" e \"ten o coñecemento científico, a educación e a xustiza\" pero \"nós temos a nosa dignidade e unidade para derrotalo\". \"Mentres non o derrotemos seguiremos a padecer os seus crimes\", tales como \"nenos e nenas que pasan fame\" ou \"bancos que botan á xente á rúa\". \"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e non debemos nin o imos permitir, temos a obriga de rebelarnos\", tamén contra os que \"non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomuniais e perigosas ou autoestradas que destrúan paraxes tan importantes como a Ribeira Sacra\". \"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e temos a obriga de rebelarnos\" Nesta \"loita\", explicou Rivas, os \"antagonismos\" son un \"freo\". Por iso, alén do manifesto, o bombeiro coruñés achegou o relato de Eduardo Galeano sobre a Tecnología del vuelo compartido que, ao seu xuízo, ben podería marcar o vieiro polo que o traballo da esquerda social debería transitar. Nese texto o escritor uruguaio explica o xeito en que os parrulos voan en forma de letra uve: \"o primeiro parrulo que levanta o voo ábrelle o paso ao segundo, que lle despexa o camiño ao terceiro\" e \"cando cansa, o parrulo que fai punta baixa á cola e déixalle o seu lugar a outro\". \"Todos se van turnando\" e \"ningún se cre superparrulo por voar adiante, nin subparrulo por marchar atrás\". As Marchas preparan novas mobilizacións para o vindeiro mes de marzo A música ao vivo de Ataque Escampe serviu para poñerlle o ramo -e para facer bailar a moitos e moitas das presentes- a unha mobilización que terá o seu seguinte capítulo o vindeiro mes de marzo. \"A próxima cita é o 22 de marzo de 2015\", confirma un dos voceiros das Marchas en Galicia, Manuel Camaño, da CUT. Esa xornada \"vai ser a seguinte referencia de mobilización\" nun formato aínda por determinar pero coa intención de \"sumar\", que \"é a única maneira de acabar coas medidas destes desvergoñados\". \"Estamos chegando a unha istuación sen precedentes á que lle hai que poñer couto\" e \"ese couto tenllo que poñer a clase traballadora e os sectores populares de Galicia e do Estado\" mediante a \"acumulación\" das súas \"forzas\", reclama."}
{"ID": "NOS_6324", "summary": "Propostas concretas. Iso reclama o electorado comicio tras comicio fronte a choiva de titulares e slogans fabricados polos equipos de campaña. Esmiuzamos os programas electorais das principais forzas políticas cando a carreira cara ao 25S esgota xa as súas últimas 24 horas.", "text": "A principal preocupación dos galegos e das galegas segundo todas as enquisas: o emprego e o desemprego. Na última sondaxe elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), sete de cada dez persoas consideran o desemprego o problema prioritario do país. Que solucións traen os partidos? Emprego 25S Despois do paro, a sanidade preséntase coma unha das inquietudes prioritarias entre a xente do país. Mobilizacións e protestas ao longo da última lexislatura dan boa conta da importancia que lle outorga o electorado ao capítulo sanitario. Eis algunhas das propostas e compromisos das forzas políticas nesta materia: Sanidade 25S Que competencias debe xestionar directamente Galiza? Cal é o modelo territorial, o encaixe do país con respecto o Estado español? Que medidas propoñen os partidos este 25S para avanzar ou retroceder no autogoberno? Autogoberno 25S Un dos temas recorrentes en campaña electoral. O ensino como materia pendente para as forzas políticas. Igual que na sanidade, os programas dos partidos que concorren ás eleccións galegas presentan dous modelos contrapostos para a educación en Galiza. Ensino 25S O agro, o leite e a gandaría, a política forestal... Que proxectos para o medio rural teñen os partidos políticos? Que propostas para poñer fin a crise dos seus sectores produtivos? Rural 25S Do campo ao mar. Outro dos sectores fundamentais da economía galega, a pesca e o marisqueo, que reclama solucións aos paulatino descenso da frota e da actividade no país. Aquí algunhas das respostas que ofrecen os partidos para os próximos comicios autonómicos: Mar 25S O aumento da pobreza durante os últimos anos de crise económica situou as medidas para combater a exclusión no centro do debate político. Desafiuzamentos, cortes de suministros básicos, o funcionamento dos servizos sociais e os trámites para prestacións e axudas. Que propoñen contra a pobreza? Pobreza 25S E como non a corrupción, tan presente nos discursos desta campaña. Medidas de transparencia e participación cidadá, incompatibilidades e códigos éticos. Como pretenden poñer fin a lacra da corrupción? Corrupción 25S Preme no logo de cada partido para ollar os programas completos:"}
{"ID": "NOS_21252", "summary": "Após os resultados electorais do 26M Luís Villares despexou dúbidas sobre o seu futuro e comprometeuse a continuar como deputado de En Marea até o final da lexislatura. Mentres, Gonzalo Caballero chega ao Parlamento Galego para presidir o grupo do de deputadas e deputados do PSdeG.", "text": "O compromiso adquirido polo portavoz de En Marea é rematar a lexislatura como deputado do Parlamento Galego, tal e como afirmou esta sexta feira o propio Luís Villares, quen descartou así dimitir após os malos resultados das eleccións xerais, as municipais e europeas. \"o meu compromiso é até o final da lexislatura\", explicitou Villares Non abandonará tampouco o escano durante o tempo que queda até a celebración dos comicios galegos (outono 2020). \"O meu compromiso transcende a cidadanía que confiou en nós, e o meu compromiso é até o final da lexislatura\", explicitou Villares nunha entrevista na televisión galega.Lamentou o xuíz en excedencia que a súa formación foi \"colocada nun discurso de Podemos no que non quería estar\", porque En Marea quería \"formular políticas en positivo, sen enfados\" e cun ton \"máis amábel\" ao contrario do que acontece no partido liderado por Pablo Iglesias. En Marea quería \"formular políticas en positivo, sen enfados\" e cun ton \"máis amábel\" ao contrario do que acontece en Podemos, afirmou Villares Así, Villares asegurou que \"as teses impostas\" por Iglesias desde que venceu a Errejón no congreso de Vistalegre II provocaron un repregamento en Podemos e fixo que non se optase por \"tentar estenderse a todo o ámbito progresista\". Sobre a situación interna do grupo parlamentario, Villares asegurou carecer \"dunha bola de cristal\" para adiviñar que acontecerá e se o grupo se manterá unido até a fin da lexislatura. Villares asegurou carecer \"dunha bola de cristal\" para adiviñar que acontecerá e se o grupo se manterá unido até a fin da lexislatura De feito, as e os parlamentarios de En Marea están inmersas nun novo conflito con motivo da designación da persoa que se incorporará como senadora desta formación á cámara alta do Estado. A En Marea de Luís Villares propuxo a Mariló Candedo, mais o seu nome non gosta á maioría das e dos deputados de En Marea, que pertencen a Podemos, Esquerda Unida e Anova, xa que a ven como unha \"proposta dunha parte\". Con todo, Villares defende que debe ser a dirección política da organización En Marea e non o grupo parlamentario quen propoña, en virtude da aplicación do resultado das primarias, a persoa que se converta en senadora porque así o estabelecen \"as normas\" do partido instrumental. Podemos, EU e Anova optan porque sexa o grupo parlamentario quen acorde esta decisión, xa que a dirección da formación En Marea xa non os representa, sobre todo após teren competido nas urnas nas tres últimas eleccións. Villares defende que debe ser a dirección política da organización En Marea e non o grupo parlamentario quen propoña á senadora \"As cousas hai que facelas segundo mandan as normas. As normas son necesarias sempre, e cando hai problemas hai que observalas aínda con máis detalle\", engadiu Villares na entrevista televisada. Gonzalo Caballero presidirá o PSdeG no Parlamento sen desprazar a Leiceaga Nos próximos días incorporarase ao Parlamento Galego o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e será quen exerza a presidencia do grupo parlamentario. Así, Caballero aclara o seu papel, e con el tamén aclara cal será o de Xoaquín Fernández Leiceaga, que poderá continuar sendo o portavoz do grupo. Caballero agradeceu a Losada que puxese \"a disposición a súa acta para permitir\" a súa chegada ao Hórreo No transcurso dun acto político en Ferrol, aproveitou Caballero a este respecto a súa intervención para realizar un recoñecemento especial a Abel Losada, deputado no Parlamento Galego que vén de resultar electo concelleiro polo PSdeG na cidade de Vigo e que coa súa marcha do Hórreo facilita a entrada do secretario xeral ao ser que o substitúe. Caballero agradeceu a Losada que \"desde o primeiro momento\" puxese \"a disposición a súa acta para permitir\" a súa chegada ao Hórreo."}
{"ID": "PRAZA_18744", "summary": "A aseguradora británica resístese a pagar e blindouse no Reino Unido de posibles reclamacións directas de afectados pola marea negra. Algúns prexudicados piden ao Goberno de España que adiante as indemnizacións e evite que teñan que acudir en solitario á Xustiza británica", "text": "O 13 de novembro de 2002, un día cun temporal intenso, o petroleiro Prestige comunicou que tiña unha vía de auga e estaba a perder fuel fronte á costa galega. Tras seis días de desastrosas decisións por parte do Goberno de José María Aznar, o barco partiu en dous e afundiu. Asolagou a costa con 77.000 toneladas de cru nun dos maiores desastres ecolóxicos da historia recente. Dezaseis anos despois, o Estado español e os prexudicados non cobraron un euro da indemnización.A Audiencia da Coruña fixou hai máis dun ano a indemnización en 1.573 millóns de euros para España, 61 millóns para Francia e 1,8 para a XuntaA Audiencia da Coruña fixou hai máis dun ano esa indemnización en 1.573 millóns de euros para España, 61 millóns para Francia e 1,8 para a Xunta. Ese pago téñeno que afrontar o capitán do buque, Apostolos Mangouras, e a compañía aseguradora The London Steamship Owners Mutual Insurance Association até un límite de 1.000 millóns.A principal dificultade para cobrar esa cantidade é que a aseguradora ten sede no Reino Unido e o Dereito dese país non contempla -como si fai o español- a denominada 'acción directa'. É dicir, segundo a lexislación española -en concreto, a Lei do Contrato da Seguro Responsabilidade Civil- un prexudicado pode dirixirse directamente á aseguradora para esixirlle a indemnización.Chapapote nunha praia tras o afundimento do Prestige / Stephane M. GruesoEn Reino Unido é distinto. Os particulares prexudicados terían que dirixirse aos tribunais británicos con avogados pagos do seu propio peto e sen garantías de éxito. A aseguradora realizou nos últimos anos varios movementos para tratar de impedir que lle reclamen esa indemnización millonaria.O tribunal británico fixou que a aseguradora tería que pagar se así o establecía a Xustiza española, pero o trámite non pode ser a acción directa: os afectados debían iniciar un proceso no Reino Unido sen o paraugas da Avogacía do EstadoA aseguradora acudiu aos tribunais inglesesA compañía xa iniciou esta estratexia durante o proceso xudicial. A aseguradora non se presentou ás sesións do xuízo pensando que así evitaría unha sentenza en contra, pero ao ser responsable civil a súa presenza non era necesaria. Non se librou da condena.En lugar de acudir ao xuízo celebrado na Coruña, a aseguradora dirixiuse a un tribunal inglés. Alí informou en 2013 de que en España se iniciou un proceso para reclamar a cantidade de 1.000 millóns de euros e pediu unha aclaración sobre que facer no caso de que a Xustiza española os obrigase a pagar.A marea negra do Prestige / GreenpeaceEse tribunal inglés estableceu que si, que terían que pagar se así o establecía a Xustiza española. Pero aclarou que o trámite non podía ser a acción directa que contemplaba a lexislación española, senón que os afectados debían iniciar un proceso xudicial no Reino Unido.Esa circunstancia complica enormemente reclamar a indemnización. Os prexudicados teñen que pagar os seus propios avogados -non poden acudir baixo o paraugas da Avogacía do Estado- e nada lles garante que a Xustiza inglesa lles dea a razón.Fontes do caso apuntan ao Brexit como dificultade engadida para o cobro das indemnizaciónsAdemais, fontes do caso apuntan a unha dificultade engadida. O Brexit, o proceso iniciado polo Reino Unido para desvincularse da Unión Europea, podería complicar o cobro da indemnización se xorden problemas cos tribunais ingleses.Segundo esas fontes, traballar fóra do espazo de xustiza europeo porá trabas ao proceso porque non se disporá dos mesmos mecanismos para reclamar. Co Brexit pérdense instrumentos de cooperación xurídica que fan máis sinxelo recorrer unha decisión adversa dos tribunais británicos. Ao saír do espazo común de xustiza da Unión Europea, perderase unha vía impugnatoria. \"Se ese alicerce comunitario non existe, complícase todo\", insisten fontes do caso.Unha tutela xudicial do EstadoAcción do colectivo Burla Negra na Coruña tras o afundimento do Prestige / Unha gran burla negraDespois da sentenza da Audiencia Provincial, a Fiscalía presentou un recurso contra esa decisión para que o tribunal estableza que é o Estado español quen debe, da forma que sexa, amparar ao resto de prexudicados e exercer as accións en Reino Unido no seu nome. Que garanta que ningún dos reclamantes particulares teña que pór o seu diñeiro para avogados coa incerteza de non saber se terá éxito.A Fiscalía pediu que o Estado ampare o resto de prexudicados e exerza as accións no Reino Unido no seu nomeA Audiencia da Coruña ten que garantir \"unha tutela xudicial efectiva até o final\", apuntan fontes da Fiscalía. Lembran que a Avogacía do Estado tentou que o tribunal decrete unha execución provisional da sentenza, para que polo menos páguese unha parte da indemnización, pero non o conseguiron por agora.Jaime Fernández-Posse é o avogado da conserveira Isidoro de la Cal, unha das principais prexudicadas: \"O tema alí é moi complicado, moi custoso, inasumible para os os particulares\". Así que este avogado apunta a unha solución que tería que partir do propio Goberno.\"Coa cantidade que hai na Audiencia da Coruña, 20 millóns de euros e o que ten que resarcir o Fondo Internacional de Danos por Hidrocarburos, outros 20, pódese comprar a reclamación de todos os afectados particulares e subrogarse o Estado español\"\"Coa cantidade que hai na Audiencia da Coruña, 20 millóns de euros -a cantidade consignada polo seguro-, e a cantidade que ten que resarcir o Fondo Internacional de Danos por Hidrocarburos (Fidac), outros 20, pódese comprar a reclamación de todos os afectados particulares e subrogarse o Estado español\", explica. Isto é, que o Goberno pague aos afectados a súa indemnización e despois vaia el a reclamala como Estado ao Reino Unido.Con 11 millóns de euros emendaría as indemnizacións dos particulares e co resto podería financiar \"a aventura británica\", apunta Fernández-Posse. O Estado xa fixo esa oferta hai anos -aínda que con cantidades limitadas porque aínda non se fixaron as definitivas- pero non todos os prexudicados se acolleron. O avogado pide que se volva ofertar esa posibilidade, porque para os particulares é \"impensable\" iniciar pola súa conta unha reclamación en Reino Unido.\"Agora a Audiencia puxo cifras, a solución honrosa que o Estado español ofrecese esas cantidades aos afectados\"\"Agora a Audiencia puxo cifras, a solución honrosa que o Estado español ofrecese esas cantidades aos afectados, se subrogase e España fose a Londres\", resume. O Goberno tería que acudir xunto co francés e coa Xunta de Galicia porque \"se o tema de Londres é complicado xa de seu\", o Brexit só engade \"máis complicacións\".Fernández-Posse lembra que é a mesma solución que se estableceu tras o desastre do mar Exeo, e a única viable. Para que se inicie e os afectados que faltan cobren a indemnización 16 anos despois teñen que pecharse os últimos flocos en España e que haxa \"un Goberno definido\" e estable, apunta este avogado, ao que dirixirse para negociar."}
{"ID": "PRAZA_5501", "summary": "Javier Espinosa, Ricardo García Vilanova e Marc Marginedas recibiron este mércores en Ferrol o premio José Couso, polo seu labor como reporteiros en zonas de conflito, un traballo cada vez peor pagado e con máis riscos polo que permaneceron secuestrados durante meses en Siria. Falamos con eles.", "text": "\"A precariedade é moitisimo maior do que era antes. Estanse pagando cantidades ridículas en conflitos que esixen un investimento moito maior. É o caso de Somalia, por exemplo. Alí a situación é tan violenta que necesitas levar permanentemente un escolta, que cobra tres mil euros ao mes. Un xornalista freelance, que cobra catro ou cinco veces menos que esa cantidade e non pode pagala, non sei como pode sobrevivir día a día. É un milagre\". Javier Espinosa, xornalista de El Mundo, foi recoñecido este ano co Premio José Couso de Liberdade de Prensa, xunto con Ricardo García Vilanova (video-reporteiro freelance) e Marc Marginedas (xornalista de El Periódico). Foron secuestrados o pasado ano en Siria mentres facían o seu traballo, permanecendo durante máis de seis meses retidos e con escasas informacións sobre o seu estado. Nunca foi doada a profesión de xornalista de guerra, pero as condicións empeoraron moito nos últimos anos. Por un lado economicamente, con soldos máis baixos, unha menor achega de elementos de apoio, e cada vez máis freelances, xornalistas que acoden a un conflito cos seus propios medios e despois negocian a venda de informacións concretas. No marco da crise que sofren as empresas xornalísticas estas levan anos desfacéndose de correspondentes no estranxeiro, de enviados especiais, de reporteiros en áreas de conflito, daquilo que podía achegar unha información especializada e propia a un medio de comunicación, daquilo que constitúe (ou así debería ser) o cerne do seu negocio. \"Precarizouse a reportaxe de conflitos até o extremo de que haxa medios que digan que non queren traballar con freelances polo risco que poden correr. Non o risco persoal dos freelances, senón o risco para os medios de que poidan incorrer nalgún tipo de responsabilidade legal, se o xornalista morre\", sinala Javier Espinosa. O galardón, de feito, conta cunha mención especial a Ricardo García Vilanova, polo seu traballo como reporteiro freelance \"sen ter a cobertura dun gran medio detrás\". Sorprende que nun tempo no que se multiplicaron os medios tecnolóxicos para elaborar e difundir a información, haxa cada vez máis conflitos dos que se informa peor do que se facía hai dez, vinte ou trinta anos. A premiada o pasado ano, a tamén reporteira de guerra Mónica García Prieto (dona de Javier Espinosa), destacaba que \"a única forma de reducir a propaganda nunha guerra é que haxa moitos xornalistas sobre o terreo\". Doutro xeito, ausentes os xornalistas, o que domina é a propaganda dun ou doutro bando, difundida a través dos seus medios oficiais, de dúas ou tres axencias de información, e moitas veces a través das redes sociais polos propios activistas dun e doutro bando. \"Facebook ou Twitter nunca serán xornalismo, simplemente son vías de comunicación. Pero a xente comeza a aceptar iso como información, como xornalismo\" \"Banalizouse moito a información. Estase confundindo o feito de comunicar, a través das redes sociais, con facer xornalismo\" -denuncia Espinosa- \"Facebook ou Twitter nunca serán xornalismo, simplemente son vías de comunicación. Pero a xente comeza a aceptar iso como información, como xornalismo. E tamén os grandes medios, por exemplo a BBC, que instan á xente a que envíen fotos dos conflitos. Como podes comprobar que esa foto é real, foi obtida nese lugar ou non foi manipulada? E iso pode aplicarse tamén ao activismo da xente que escribe en facebook ou twitter: 'Houbo un ataque e morreu tanta xente'. Como podes asegurar que iso é certo?\". Espinsa engade que \"evidentemente o feito de que sexas xornalista non significa que sexa 100% real todo o que escribes, porque hai xornalistas que son uns golfos. Pero sobreenténdese que o xornalista ten unha formación e unha honestidade que non buscan nin o activista nin o cidadán de a pé\". Espinosa denuncia que \"máis do 90 por cento da información en Siria é realizada por freelance\", no mellor dos casos ou por \"activistas comprometidos cunha que ás veces difire coa honestidade do informador\". O xornalista advirte nos últimos anos \"un retroceso moi acentuado\" da calidade e da liberdade do xornalismo en España \"que debilita a democracia\" e que é consecuencia, ao seu xuízo, \"das presións tremendas do establishment político e económico sobre os medios e os xornalistas\". Espinosa advirte nos últimos anos \"un retroceso moi acentuado\" da calidade e da liberdade do xornalismo en España \"que debilita a democracia\" e que é consecuencia \"das presións tremendas do establishment político e económico sobre os medios e os xornalistas\" Por que seguir facéndoo, entón? Este mércores todos e todas as xornalistas preguntámoslles a Javier Espinosa e a Ricardo García Vilanova se despois do que sucedera tiñan intención de regresar a Siria ou de seguir cubrindo conflitos bélicos. \"Javier ten que preguntarllo á súa muller e eu ao meus pais\", dixo Ricardo García Vilanova. Pero a resposta de ambos era un rotundo \"si\". \"Ti vas alí a explicar o que sucede, o que lles pasa a esas persoas. Se ti non tes esa motivación, non estarías alí\", sinala García Vilanova. \"Hai que darlles ás vítimas dos conflitos a posibilidade de queixarse. E documentar o que pasa, para que polo menos se saiba quen son os responsables deses conflitos\", engade Javier Espinosa: \"No caso de Iraq sábese quen foron os responsables, aínda que non foran xulgados e sigan dando conferencias por aí e gañando millonadas. Pero sabemos os seus nomes, sabemos que foron George Bush, Tony Blair e José María Aznar, e sempre que van a un sitio hai alguén que lles lembra que foron os responsables\". \"No caso de Iraq sábese quen foron os responsables, aínda que non foran xulgados e sigan dando conferencias por aí e gañando millonadas. Pero sabemos os seus nomes, sabemos que foron George Bush, Tony Blair e José María Aznar\" Durante o tempo que durou o seu secuestro, Mónica García Prieto, dona de Espinosa, gravou un difundido vídeo, dirixido aos seus captores, no que lembraba o traballo que ela e Espinosa levaban meses realizando en defensa do pobo Sirio, dos seus habitantes: \"a pesar do risco, antepuxemos a vosa traxedia á nosa propia vida co único obxectivo de erguer a conciencia colectiva sobre os acontecementos en Siria. Dedicamos os últimos tres anos a darlles voz ás vítimas\". Siria, guerra esquecida Hai xa un tempo que o conflito sirio non ocupa as portadas dos medios. Foi substituído por Ucraína e outros temas de máis actualidade, e máis adiante será outra guerra a que ocupe este lugar. Javier Espinosa denuncia que, en realidade, \"o que segue pasando en Siria preocúpalle a moi pouca xente en España\", e apunta a que se trata dunha tendencia reproducida en moitos outros conflitos cuxa duración se estende no tempo: \"pasou en Iraq e noutros, a partir do segundo ou terceiro ano, os xornalistas comezan a marchar, e a guerra queda totalmente esquecida\". \"Creo que a guerra vai durar moitos anos e que Siria necesitará máis de medio século para recuperarse. Agora a única solución é o tempo, que a xente se canse de matar e de que os maten\" É, ademais, moi pesimista con respecto ao futuro do país: \"Creo que a guerra vai durar moitos anos e que Siria necesitará máis de medio século para recuperarse. O país está asolado, é un caos absoluto. Vino noutros conflitos: agora a única solución é o tempo, que a xente se canse de matar e de que os maten. Os señores da guerra, tanto do réxime coma da oposición non teñen intención de parar de momento, así que a guerra continuará\". Couso, presente Espinosa e García Vilanova recolleron o galardón nunha cerimonia que se celebrou no Teatro Jofre (Marginedas non puido acudir por problemas de axenda). Previamente, realizaron unha ofrenda floral ante a estatua Ás Ceibes (da que se lles entrega unha réplica aos premiados), dedicada á Liberdade de Prensa e, moi especialmente, á memoria de José Couso, o cámara ferrolán asasinado en Iraq polo exército norteamericano hai 11 anos. \"Couso era un xornalista que estaba facendo o que nós cremos que ten que facer un xornalista: estar sobre o terreo para contar o que pasa e para documentar os terribles efectos que pode ter un conflito\" Na rolda de prensa que pola mañá os dous premiados ofreceron no Concello de Ferrol xunto cos representantes do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, e do director territorial de La Caixa en Galicia, Marc Arthur Benhamou, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, referiuse ao caso Couso, destacando que \"a información é máis que un dereito democrático, é unha necesidade de vital importancia\". Rey Varela denunciou a \"impunidade\" e esixiu que \"se esclarezan dunha vez por todas as causas da súa morte\". O rexedor do Partido Popular parecía esquecer ou ignorar que a investigación, iniciada polo xuíz Pedraz, foi obstaculizada durante anos pola acción dos gobernos de PSOE e PP, e máis recentemente pola reforma da xustiza universal impulsada polos populares, que limita de forma legal as opcións de xulgar este caso dende España. Ricardo García Vilanova e Javier Espinosa destacaron que, precisamente, pola homenaxe a José Couso \"este é un premio moi especial, que valoramos máis que outros\". Espinosa engadiu que \"Couso era un xornalista que estaba facendo o que nós cremos que ten que facer un xornalista: estar sobre o terreo para contar o que pasa e para documentar os terribles efectos que pode ter un conflito\"."}
{"ID": "PRAZA_21029", "summary": "Os Colectivos Cidadáns pola Renda Básica Universal, organizados en Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos, veñen de publicar un vídeo no que economistas, docentes e persoas do ámbito da cultura como Quico Cadaval ou Patricia de Lorenzo explican o seu apoio a esta proposta", "text": "A proposta de poñer en marcha unha renda básica universal leva anos enriba da mesa. O debate medrou durante a anterios crise económica iniciada no ano 2008 e en xaneiro de 2014 rexistrouse no Congreso a Iniciativa Lexislativa Popular que pedía a aprobación deste mecanismo de redistribución, impulsada polo Movemento contra o Paro e a Precariedade. Foi fundamental o traballo de divulgación e análise desenvolvido por entidades como a Rede Renda Básica, que publicou propostas de financiamento deste instrumento, enmarcadas nunha ampla reforma fiscal. Houbo tamén unha Iniciativa de Cidadanía Europea a prol da Renda Básica Incondicional, que agora vén de poñerse de novo sobre a mesa.Os Colectivos Cidadáns pola Renda Básica Universal, organizados en Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos, veñen de publicar un vídeo no que explican o seu apoio a esta proposta A nova crise económica provocada pola pandemia de Covid-19 semella ter achegado novos argumentos a prol desta iniciativa en todo o planeta. En abril trece colectivos sociais galegos lanzaron a campaña Renda Básica Xa, que busca impulsar a proposta, subliñando as limitacións que presentan outras axudas, como o Ingreso Mínimo Vital, que nos seus meses de aplicacións arrastra moitas eivas, sobre todo na súa tramitación.Agora os Colectivos Cidadáns pola Renda Básica Universal, organizados en Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos, veñen de publicar un vídeo, que acumula máis de dúas mil reproducións en só tres días, no que activistas a prol da renda básica, economistas, educadoras sociais, docentes e tamén persoas do ámbito cultural (como Patricia de Lorenzo, Quico Cadaval, Oli Xiráldez ou Xacobe Martínez Antelo) explican o seu apoio a esta proposta e os beneficios sociais que podería achegar a súa aprobación. Os colectivos piden tamén o apoio para unha iniciativa de cidadanía europea que pide a \"Implantación de rendas básicas incondicionais (RBI) en toda a UE\" e que necesita acadar un millón de sinaturas antes do remate deste ano 2021.\"Eu creo que o dilema do século XXI é renda universal ou barbarie, renda universal ou falla absoluta de futuro\", dise no vídeoO vídeo 'RBU, unha idea deste tempo' debulla algunha das características desta iniciativa, incidindo no incremento do benestar xeral da poboación: \"Por que vivir para traballar? Coa renda básica traballaríamos para vivir mellor\", sinala a docente Olalla Liñares e no carácter case que inevitable da súa posta en marcha para a propia pervivencia do actual sistema de consumo, como explica o economista Gonzalo Rodríguez: \"A renda básica vén resolver un problema evidente, que é que o mercado necesita consumidores. E a actual lóxica económica leva ao contrario, con traballadores cada vez máis excedentarios e consumidores escasos fronte á produción. Temos que buscar solucións. A pregunta non é tanto por que apoiar a renda básica, senón por que opoñerse\".O avogado Xoán Antón Pérez-Lema resume o seu apoio dicindo que \"eu creo que o dilema do século XXI é renda universal ou barbarie, renda universal ou falla absoluta de futuro\". E Patricia de Lorenzo pecha o vídeo animando á cidadanía a saber máis sobre esta proposta: \"A xente o que ten que facer é ler sobre o tema, falar e informarse\".A proposta busca reducir as desigualdades sociais a través dunha maior redistribución da riqueza existente na sociedade, cunha única prestación que todo o mundo recibiría independentemente da súa renda previa e que as persoas con máis ingresos terían que devolver a través do IRPFA proposta da RBU busca reducir as desigualdades sociais a través dunha maior redistribución da riqueza existente na sociedade, cunha única prestación que todo o mundo recibiría independentemente da súa renda previa e que as persoas con máis ingresos terían que devolver posteriormente a través do pagamento do IRPF. A renda básica universal substituiría ás demais axudas e prestacións, simplificando os trámites e procedementos, pois a súa percepción sería incondicional. Entendida como un dereito e non como unha prestación, achegaría un ingreso mínimo para quen non tivese ingresos nestes momentos e completaría os salarios dos traballadores e traballadoras máis precarias, ofrecendo deste xeito unha maior liberdade para a escolla dun emprego. Pola contra, reduciría nunha pequena parte as rendas da minoría social con máis ingresos, a través dun aumento nos impostos directos que pagan.\"A Renda Básica dános liberdade para escoller empregos que de verdade lle dean sentido ás nosas vidas\", incidía neste senso David Casassas Márquez, profesor de Teoría Social e Política na Universidade de Barcelona e vicepresidente da Rede Renda Básica, nunha entrevista con Praza.gal. Unha idea semellante á apuntada por Jorge Moruno nestoutra entrevista: \"Non estaría mal ter un mínimo de seguridade para poder rexeitar traballos polos que che pagan 600 euros\". Pola súa banda, a activista Koldobi Velasco, indicaba que \"é necesario que vaia da man doutras ferramentas nunha verdadeira política de benestar, que ten que ver con fortalecer o público, desprivatizar, regular e xerar as condicións para que o Estado poida redistribuír a riqueza\"."}
{"ID": "PRAZA_16525", "summary": "ENTREVISTA Marleen MaLone publica o seu primeiro libro, un catálogo de amantes que é crítica ao machismo e, ao mesmo tempo, autocrítica das mulleres que, no seu camiño cara ao empoderamento, tropezan coas súas propias carencias.", "text": "Hai uns días que Iolanda Zúñiga comparte nas súas redes sociais as reflexións sobre os homes, tan directas, potentes e cheas de humor, da súa amiga -ou ex-amiga- Marleen MaLone: unha muller que cansou de ser, no ámbito da sedución, suxeito pasivo. Que decidiu saltar os roles impostos polo patriarcado e tomar a iniciativa. Cazar. Depredar. Empoderarse. Mais, nese proceso, atopouse coas súas propias contradicións. Cos seus medos e inseguridades. Coa súa atracción momentánea -tamén- polas vantaxes vendidas pola convención. A estabilidade. O amor. Marleen cóntao todo, a través da redacción de Iolanda, en 'Noites de Safari' (Xerais). Sen agochar nada. Conseguimos falar con ela -con Marleen- para coñecela mellor. Es novidade na literatura galega. Quen es? De onde vés? Antes de nada, eu a verdade é que escribir non escribo. En realidade son pintora. O que pasa é que pasei un tempo en Vigo e Iolanda Zúñiga e eu fomos amigas. E digo fomos porque hai moito tempo que non a vexo e que non sei nada dela. Pero naquela época na que as dúas faciamos vida nocturna en Vigo, pedinlle que ela escribise as miñas historias, os meus avatares sexuais cos homes. Como escribir non é o meu, preferín que redactase ela o que eu lle contaba. \"Pedinlle a Iolanda que ela escribise as miñas historias, os meus avatares sexuais cos homes\" En calquera caso, aínda que a redacción non sexa túa, é un libro de avatares sexuais no que se conta que moitos te trataron bastante mal. Non todas as persoas quererían presentar en público esa parte das dúas vidas… O libro leva o subtítulo de 'Manual sobre amantes desorientados' e a verdade é que eu tamén tiven amantes moi ben guiados e orientados que me produciron moita satisfacción, non só sexual senón tamén a nivel de coidados: que me respectaban.... O que pasa é que Iolanda escolleu redactar as historias dos desorientados. Eu tampouco lle vou preguntar por que fixo esa escolla. Mais, en calquera caso, non foi algo que pactase con ela. Pensaba, ao lelo, que se tivese sido escrito hai 20 anos, podería ser un escándalo. Unha muller que vai polas noites de safari, de caza. Que se comporta como se supoñía que só podían comportarse os homes… Iso mudou moito pero, cando nós estabamos no instituto, unha muller tiña moi difícil saír do rego nese sentido. Claro, a min mesma pasoume. Houbo moito tempo no que eu tamén me comportaba coma un suxeito pasivo. Quero dicir, que agardaba a que os homes me entrasen, segundo a convención: é o macho o que ten que tomar a iniciativa, pois da boca dunha muller non pode saír un convite, unha proposta… Pero farteime diso. Non quixen seguir agardando a ver se había sorte e me entraba o home que me enchía o ollo. Decidín empoderarme. Pero no camiño tamén tropecei. A verdade é que non foi fácil, porque ao meu arredor eu vía, como ti dis, que non eran as mulleres as que normalmente levaban a iniciativa. Pero un día lanceime e non me foi mal. Só que despois o que pasou é que me atopei con homes cos que non cheguei a bo porto… \"Non quixen seguir agardando a ver se había sorte e me entraba o home que me enchía o ollo. Decidín empoderarme\" Os amantes desorientados teñen moitas eivas como homes e como persoas, pero unha das cousas que teñen en común é que son egocéntricos, infantís, moi pouco empáticos e bastante machistas. Como dicía antes, foi a escolla de Iolanda falar dos desorientados. Pero si, son inmaturos, egocéntricos… O que pasa é que tiven momentos de certa... desesperación, -podería dicir-, debido á soidade. E iso levoume a ligar con homes para os que, seguramente, en épocas mellores da miña vida, non tería mirado. E ademais o que pasa tamén é que moitos deles, de cara a fóra, parecían outra cousa. Pero cando os coñecías mellor, e sobre todo na intimidade, mostraban o que eran realmente. \"Moitos deles, de cara a fóra, parecían outra cousa. Pero cando os coñecías mellor, e sobre todo na intimidade, mostraban o que eran realmente\" Por certo, case todos falan castelán -e Iolanda recolleuno nos diálogos-. Terá que ver con que vivías, daquela, en Vigo? Supoño que si. É a realidade. Eu non neofalante e non sempre falo en galego. Os amantes que coñecín en Vigo non falaban galego, pero a verdade é que tampouco castelán: máis ben castrapo. Non dominaban as artes do amor nin as da lingua -por partida dobre-. Noutros sitios, coma en Santiago, si que atopei amantes galegofalantes. \"Os amantes que coñecín en Vigo non falaban galego, pero a verdade é que tampouco castelán: máis ben castrapo\" Iolanda conta todo con moito humor. E co estilo, tan fresco, que a caracteriza, xa desde 'Vidas post-it'... Si, ela cóntao con humor, pero eu sufrín. O que pasa é que, cando eramos amigas, eu contáballe a Iolanda os meus problemas cos homes, e ela ría. Por iso, da miña traxedia, ela sacou unha traxicomedia. Comedia só non é, e drama tampouco. Pero para min foron dramas. Para a miña entreperna e para o meu corazón. Porque eu ía con intención de depredar, de cazar, pero ao final, por soidade, acabábame enganchando a homes que non me achegaban nada, que eran bastante mediocres… \"Eu ía con intención de depredar, de cazar, pero ao final, por soidade, acabábame enganchando a homes que non me achegaban nada, que eran bastante mediocres\" O libro está cheo de machismos -non sei se micro ou, quizais, algo máis-. Ti non tes a culpa de que os amantes che saísen así. Mais supoño que o que pasa, tamén, é que, coma todas, tratas de empoderarte, pero segues arrastrando roles femininos impostos polo patriarcado… Fomos educadas para ter parella, para que a nosa felicidade dependa, en boa medida, de ter a alguén ao noso lado... Claro! É a educación patriarcal que recibimos, que nos pesa moito. Empezando pola influencia do catolicismo. Eu non fun a un colexio de monxas, pero iso está aí. Despois, tamén, claro, pola influencia familiar. Meu pai é puteiro. Miña nai tamén tivo problemas de dependencia emocional e foi maltratada psicoloxicamente. Ela era independente ata que casou. Pero deixou de traballar para coidar dos fillos. Cando quixo separarse, os seus pais dixéronlle que había que apandar. Non conseguiu separarse ata ter máis de 60 anos. É todo: a relixión, a familia, os homes que te rodean… Todo o ambiente no que medras. O libro critica os homes, que presenta como tipos, case como caricaturas. Pero tamén fai autocrítica, no sentido que estamos a falar. Fala da túa dependencia emocional, da soidade que te leva irte con badulaques… Nese sentido, Marleen podería ser moitas Marleens, independentemente de que sexan cazadoras ou non. Supoño que si. Cando eu falaba con Iolanda, decatábame de todas esas cousas: a dependencia emocional… E ela reflectiuno no libro. Ademais, hai cousas no libro que non son miñas, que son de Iolanda ou doutras mulleres que coñecemos. E Iolanda reflectiu, seguramente, no libro, os seus propios medos, as súas carencias, os seus traumas... Mais, e iso quero deixalo claro, moita xente confúndeme con Iolanda, pero eu son Marleen. Non somos a mesma. Eu son nocturna e Iolanda é diúrna. Eu son cazadora e Iolanda non sabe nada diso. Eu son promiscua e ela non. Eu bebo e drógome e Iolanda non pode porque ten unhas resacas terribles. Eu son heterosexual e Iolanda non o ten moi claro… \"Iso quero deixalo claro, moita xente confúndeme con Iolanda, pero eu son Marleen. Non somos a mesma\" O vocabulario sexual do libro, por certo, é moi rico. Sabes como o traballou Iolanda? Pois eu penso que, se algún valor teñen os textos -porque a miña vida tampouco é tan interesante- é precisamente o feito de volver sobre eses termos, que están un pouco en desuso. Iolanda utilizou palabras que eu non uso nin coñezo. Pero quixo botar man delas para enriquecer o relato. E si que me falara dun recurso que había en Vieiros: o Vocabulario Sexual Galego. E despois hai outra cousa: Iolanda fora unha das autoras do guión de 'O Divino Ferrete', unha película porno galega que quedou en proxecto porque non deron atopado unha actriz porno que falase galego. Así que, dalgunha maneira, podo supoñer que 'O divino ferrete' levou a 'Noites de Safari'... Pero terías que preguntarlle a Iolanda. \"Iolanda utilizou palabras que eu non uso nin coñezo. Pero quixo botar man delas para enriquecer o relato\" 'Noites de safari' non é pornográfico, pero si ten partes bastante eróticas. Non hai moita narrativa en galego na que o sexo estea tan presente -si hai máis, quizais, en poesía-, mais hai algo que tiña que preguntarche: como imos superar que o teu mellor amante fose un facha? -Un auténtico facha-. (Ri). Pois é que foi así. Era un amante de primeira. Era totalmente retrógrado, pero moi bo na cama. Un amante de manual. Tamén pasa un pouco o contrario. Tiveches amantes cun discurso moi de esquerdas que non eran nada xenerosos na cama. Poderían ser representantes doutro xeito de entender a masculinidade… que non se afasta tanto da de antes. Un exemplo é o gaiteiro. Uff, si. Pode pasar iso que dis. No caso do gaiteiro, ademais, o que quería era ser admirado polas súas destrezas coa música. Quería unha espectadora, non unha persoa coa que compartir nada. Mais, falando de masculinidade, tamén hai homes aos que non lles apetece ser cazadores e depredadores, e o machirulismo dominante tampouco consente iso. Son considerados, por iso, menos homes… E logo tamén hai homes con pouca habilidade para a sedución que tentan enmascarala con ferramentas intelectuais. Que están moi centrados en proxectar unha determinada imaxe… Eu prefiro que non anden con tanto rodeo. \"Tamén hai homes aos que non lles apetece ser cazadores e depredadores, e o machirulismo dominante tampouco consente iso\" A redacción do libro leva a pensar, se cadra, que vives unha contradición constante entre o teu proxecto empoderador e o teu desexo de non estar soa, de ter parella estable. Pero se cadra non é tan fácil. Unha muller con parella tamén pode sentirse soa e ter dependencia emocional e sentirse mal polo que a súa parella lle fai ou di. E tanto! Quero dicir que, se non nos decatamos disto, o libro podería ata interpretarse coma unha sorte de fábula de advertencia contra a promiscuidade, no sentido de: se non segues o camiño marcado, vas acabar soa, humillada… Entendo o que dis e estou de acordo. Mais eu engadiría algo, que é a importancia, no libro, da nosa parte animal. Da bioloxía. -E Iolanda xa falou nalgunha entrevista de Félix Rodríguez de la Fuente, que tanto lle gustaba. Da homenaxe a el que dalgunha maneira tamén contén o libro….-. A ver, eu penso que conservamos algo en nós moi cavernario. Eu decido empoderarme, saír cazar. E que viva a promiscuidade, que hai que desfrutar da vida. Pero é un pouco como o anxiño e o diaño dos debuxos animados. Tampouco podo esquecer que son femia, que levo en min o instinto reprodutivo, e que iso me fai quizais proxectar nos meus amantes ideas de estabilidade, de futuro… Ese debate existe en min. E penso que non ten sentido negalo. Porque falamos de empoderarnos e é moi necesario, claro, pero iso está en nós tamén. \"Tampouco podo esquecer que levo en min o instinto reprodutivo, e que iso me fai quizais proxectar nos meus amantes ideas de estabilidade, de futuro...\" Co argumento da bioloxía tamén hai que ter coidado, porque o utilizan moitos machistas para xustificarse: o macho que vai poñendo a súa semente por aí... Mais o que quería dicir é que ti, como muller cazadora, tes contradicións, igual que as mulleres con parella estable, que tamén as temos. E moitas. Claro! Mesmo hai moitas mulleres con parella estable que tamén son promiscuas. Que senten, dalgunha maneira, necesidade de buscar fóra. Hai mulleres con parella que teñen unha relación que é máis fachada ca outra cousa… E a promiscuidade non ten que ser ademais algo só físico. Podes estar implicada emocionalmente con outra persoa, aínda que non sexas o que se entende normalmente por \"infiel\". Ademais, por moito que nos conten do amor, cantas parellas hai cun amor \"puro\", tal como nos venden? \"Por moito que nos conten do amor, cantas parellas hai cun amor \"puro\", tal como nos venden?\" En cantas se respecta a liberdade do outro, non hai celos…? Cantas están xuntas por certa inercia, ou porque se meteron nun embrollo de fillos e compromisos e xa non dan saído? Por certo, Iolanda contárame que houbera un libro que a influíu para escribir este: 'Como ser mujer', de Caitlin Morán. Houbo unha época que Iolanda deixou de escribir os meus relatos. O que dicía esta autora era moito máis interesante. O libro sobre min estivo, así, gardado nun caixón bastante tempo. Despois Iolanda retomouno, decidiu acabalo. En relación co que estabamos a falar, sobre todo ao final do libro fálase de que as mulleres que non seguen as normas son, un pouco, consideradas mulleres de segunda. As que non teñen parella estable, nin traballo estable… Mesmo algunha vez temos caído nosoutras na trampa de dicirlles ás nosas amigas promiscuas \"é que non te fas respectar\". Si… Mesmo podo dicirche que ás veces che dá a impresión de que envexan a nosa liberdade…. Nós escollemos un camiño, que é rebelarnos, como dis, contra o camiño marcado. Contra un proxecto de estabilidade na vida, en xeral: o traballo estable, o piso, o marido… E é como, si, nos considerasen mulleres de segunda. A propia Iolanda, cando eramos amigas, tense posto paternalista comigo, no sentido que ti contas: dicirme que tiña que ser doutra maneira, que tal… \"A propia Iolanda, cando eramos amigas, tense posto paternalista comigo\" De feito, Iolanda e eu tivemos un conflito e acabamos mal. Mais si, non é a primeira vez que oio que unha muller non debe andar por aí de noite borracha e drogada, que iso nunha muller non queda ben -nun home si-. Pero tamén é certo que nós, ao vernos no noso propio futuro, tampouco nos percibimos tan libres. Quero dicir, que nós tamén podemos pensar que, ao cabo, as que escolleron o camiño convencional son tanto ou máis libres ca nós. Porque nós estamos soas, sen cartos… Outra cousa que pode deducirse da lectura é que pode ser un reflexo, tamén, diso que chaman \"poliamor\". Da busca doutras maneiras de relacionarse… Coas súas trampas e contradicións -igual que a maneira tradicional de entender as relacións amorosas-. Que opina Marleen do poliamor? Ben, en realidade o que conta o libro non ten que ser iso necesariamente, porque non queda claro que parte dos amantes sexan simultáneos, que coincidan no tempo, aínda que se pode deducir que si. Tampouco os relatos están organizados por orde cronolóxica, senón pola letra do apodo do amante. Iolanda pensa, -é que dicía cando falabamos-, que o do poliamor ten bastante de mentira… \"Temos contradicións, claro, escollamos o camiño que escollamos\" Pero ben, indo á pregunta. É que eu realmente non tiña un pacto de fidelidade cos meus amantes. Eles non a querían tampouco. Eu estou moi a prol de que cadaquén faga o que queira, da promiscuidade se quere, de vivir a vida. Pero, como xa falamos, o que pasa é que ás veces acábaste enganchando e chorando… A min mesma parecíame que os casados podían ser os amantes ideais, porque suporían a liberdade máxima no meu proceso de empoderamento, no meu rol de cazadora: nunca me ían pedir compromiso. Pero tenme pasado de acabar pedíndolles que deixasen á súa muller… Temos contradicións, claro, escollamos o camiño que escollamos. En relación con iso, os amantes son un pouco imbéciles e insensibles -e axentes do chamado micromachismo, e ás veces de algo máis-. Pero quizais ti tamén proxectas as túas inseguridades neles. Por iso che sentan tan mal cousas que che din, que son comentarios dun idiota… Seino. Eu sei que teño unha autoestima baixa, que no meu proceso de empoderamento aínda me queda camiño por andar. Por iso me xorden conflitos como os que dis. \"No meu proceso de empoderamento aínda me queda camiño por andar\" Por certo, conta Marleen no libro dun día que se meteu nun \"sarao\" intelectual tras presentarse, polos cartos, a un certame literario. E o que viu alí non lle gustou moito. Por que? A verdade, e supoño que pode pasar en calquera gremio \"intelectual\", é que o que vin alí foi un mundo endogámico, narcisista, con personaxes, incluso, con grande habilidade para o servilismo. Uns discursos cheos de tópicos: os escritores, os de discursos máis afectados. Os do audiovisual, os máis narcisistas… Tamén se comenta no libro -iso será seguramente achega de Iolanda- que é unha babecada admirar alguén só polo feito de que escriba libros. Quizais, na cultura galega, a posición dos escritores no proceso de construción nacional tamén tendeu a situalos un pouco nun pedestal.. O escritor como militante, case como salvador da patria… Non quero xeralizar con iso. Pero baixar do pedestal o que antes se subiu, leva tempo. Mais ti pensas que é só en Galicia? Se cadra noutros lugares importan máis outros factores. Mais aquí, por exemplo, e iso téñoo observado moito, é máis tendencia dos escritores homes pensar que son moi importantes e que merecen que todo o mundo lles faga moito caso. Ás escritoras chámalas e moitas veces non queren falar porque se senten inseguras… Non o sabía, mira. Pero o que si penso, respondendo á túa pregunta inicial, é que por ter as catro ferramentas para xuntar letras e que quede algo que non sexa moi mediocre, non mereces admiración. Non sei por que os oficios intelectuais deslumbran máis. \"Non sei por que os oficios intelectuais deslumbran máis\" Debes sabelo ben, porque traballaches bastante de camareira. Seguramente non te tratan igual se saben que tes un libro -aínda que non o escribiras ti- que se pensan que es camareira. O trato é diferente, si. A primeira reacción é a sorpresa. Se tes un libro, que fas traballando de camareira? E non, non é igual ir de escritora -e eu teño dito que o son para ligar- que de camareira. Acabo de lembrar o último libro de Pati Janeiro. Fala da vida dunha camareira. De precariedade, vamos. 'Noites de safari' tamén fala de precariedade. Pois non hai tantísimos libros tan directos, tan auténticos, na nosa literatura, nese sentido, coma os vosos, por exemplo. Se cadra a literatura precisa máis proletarios, porque hai un desequilibrio en favor das chamadas profesións liberais. Mais, imaxino, ser obreira e escritora debe ser difícil… Si, hai moita maior presenza, na literatura, de intelectuais, profesores… E si, eu sei o que lle pasou a Iolanda. Tivo, por exemplo, que dedicar todo un paro, ata esgotalo, para acabar 'Noites de safari' e escribir outro libro que ten sen publicar. É moi difícil: se es camareira, non podes pedir uns días para acabar outro traballo, non podes planificar con antelación as vacacións para organizarte para escribir… Non é o mesmo. A Iolanda preguntábanlle por que non publicaba máis, despois de 'Periferia'. Pero é que é moi difícil sendo unha traballadora precaria. Se non tes diñeiro para poñerte como autónomo, se non preparas unha oposición… E preparar unha oposición tampouco che garante nada. \"Son consciente da miña dependencia, mais tamén de que eran uns badulaques\" No teu discurso salientas moito a falta de empoderamento. Mais se cadra es máis libre do que ti mesma cres. Coas túas contradicións. Sabes perfectamente que te liaches con badulaques. E penso que nunca namoraches de ningún deles. Aínda que en certos momentos pensases que si, levada pola \"soidade\", por eses roles de dependencia que herdamos. Mais, moitas veces, es ti quen os afasta. Non creo que os precises. Podería ser. Tamén se cadra por iso a dificultade de atopar algún que me encha o ollo. Mais si, son consciente da miña dependencia, mais tamén de que eran uns badulaques. É por exemplo o que me pasou co meu amante futboleiro… Nun momento pensei que sentía amor, pero acabei esquecéndome del. Se cadra non os necesito, non. Se cadra non preciso a estabilidade que parece buscar todo o mundo…"}
{"ID": "QUEPASA_1072", "summary": "GALERÍA DE IMAXES DA HOMENAXE.", "text": "Pechaba esta pasada noite de xoves a Real Federación Galega de Fútbol o ciclo de homenaxes por todo o Fútbol galego. Facía o Centro Cívico de Malpica facendo un emotivo reoñecemento a 18 adestradores históricos do noso Fútbol da Costa, para poñer en valor \"o seu legado, e agradecer o exemplo que foron e son\", como sinalaba o presentador do acto, César Méndez. \"Grazas de corazón por converter o Fútbol tanto na vosa como na vosa paixón\", lembra unha das frases desta campaña de homenaxe. O presidente da entidade, Rafael Louzán lembrou a paixón que temos o Fútbol da Costa, deixando claro que notou dende o primeiro día que pisou a nosa comarca que \"aquí hai algo especial\". Apuntou que o alcalde lle pediu a renovación do céspede de Pedra Queimada, e Louzán se comprometeu a facerlle o proxecto. O Presidente do Comité Galego de Adestradores, o armadanzas de todo este ciclo, Iván Cancela, recoñeceu que este era \"un día especial\", agradecendo aos protagonistas \"por poñer as bases e os piares que sustentan o noso fútbol, por dedicarlle tanto tempo e esforzo ao deporte que tanto amamos\". Non quixo deixar de contar o que sempre escoita por aí: \"Xa que xogo na casa, a xente dime por Galicia que teñen envexa do noso fútbol. Somos un referente á nivel galego e estatal e boa parte da culpa é de todos os que estades así\", lembrando a dous dos que non puideron estar onte, Sieso e Manolín, aos que enviou unha fonda aperta. Tocoulle o turno a un dos adestradores de moda do fútbol costeiro, José Luis Lemos, que ademais de recoñecer que lle faría ilusión fixo entrega dos detalles. Completou a quenda de discursos antes do carrusel de entregas, o alcalde Walter Pardo, dende \"Malpica, km.0 da Costa da Morte\". \"Gracias a todos polo que nos deixades, un legado eterno que é o Fútbol da Costa\", que el mesmo viviu \"naqueles campos de terra, chovendo, terra, nordés... \" Gracias por tod o tempo que discutistes coas mulleres, cando marchabastes un domingo dunha comuñón pola vosa paixón\". A partir de aí desfilaron os 16 adestradores que si puideron estar (ademais de Manuel Oliveira Gómez \"Manolín\" e José Ramón Gómez Ayala \"Sieso\"): Juan Ramón Lobelos Insua, José Antonio Moreira Fernandez, Manolo Varela Rey, José Ramón (Moncho) Varela Rey, Javier Lodeiro Eniceto, Agustín Costa Pose, José Pasantes García \"Camuel\" , , José López Marcote \"Manín\", José M. López Canosa, Manuel Fariña de Buño, Carlos Ortiz Rochicholi, Benedicto Quintela Trillo \"Nito\" , Jorge Mira López \"Calabanda\", José Antonio Periscal Barca, Jesús Lado Lestón, Francisco Collazo Añón \"Yuli\". Calabanda, un dos homenaxeados. Homenaxe a Manolo Martín Con máis de 30 anos facendo o torneo solidario de Muxía, que trouxo ao Madrid, Lugo, celta b, Bergan... a Federación quixo dedicarlle unha homenaxe especial a este muxián senlleiro, pioneiro no inicio do fútbol costeiro co primeiro San Isidrolo de Quintáns no ano 44 e mesmo gañador da Liga da Costa co seu Muxía do corazón. Emotivísimo foi o discurso, sacando os meirandes aplausos da noite, agradecedendo a RFGF un recoñecemento serio aos adestradores, eremitíndose aqueles anos nos que \"iamos a buscar aos compañeiros que viñan directamente do mar ao muelle para ir directamente a xogar a Malpica, Ponteceso\". De aí viu a idea de recadar fondos no Torneo para ofrecerlle becas aos fillos das xentes do mar. Tamén lembrou aquelas \"pataqueiras, ou aqueles pinares ou praias que facían de vestiarios. Nos bañábamos nas praias… o que agora chaman crioterapia para nós era precariedade e necesidade\". Fachendeou dos \"máis de 34 anos dedicado ao trofeo. Aquí non facemos as cousas de verdade, non por presumir\". Ao final a RFGF deu a palabra a varios dos protagonistas, como Moireira, que se amosou moi agradecido e orgulloso, lembrando os viños postpartidos. Ou Manín tirou dunha anécdota do Torneo de San Bartolomé de Noia, vacilando contra o porteiro do Bergantiños. Ou José López Canosa, que lembrou o ascenso do 81 á Terceira, \"algo histórico para un pobo de 5.000 habitantes de mariñeiros, como fixeron o ano pasado\". Tamén falou Manuel Varela Rey, que deixou o Fútbol pero non a música, e que se recoñeceu \"encantado de ver a tantos amigos\". Lembrou o primeiro o ascenso do Bergan a Terceira, tempada na que el mesmo fora adestrador accidental tralo tráxico falecemento de Gérardo. Finalmente Louzán lembrou antes de pechar o acto pediu un aplauso para todos os que non están."}
{"ID": "NOS_31385", "summary": "A lingua galega esmorece nos espazos urbanos mais no rural, onde aínda é maioritaria, perde presenza através do ensino nas xeracións máis novas.", "text": "Os dados publicados pola Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) en relación ao idioma alerta do importante descenso de falantes en lingua galega nos últimos anos. O máis preocupante a respeito do retroceso xeracional que reflicte o estudo onde as faixas de idade máis novas apena empregan o galego fronte un uso habitual mairitario do castelán (74,88% no caso das persoas entre os 4 e 14 anos). Este feito reflicte as consecuencias dunha política lingüística desenvolvida pola Xunta de Feijóo nos últimos 5 anos que varreu practicamente a lingua propia das escolas. A este respeito, un estudo realizado pola Mesa arredor da situación do galego no ensino amosou como Dos 289 centros consultados pola asociación para a normalización lingüística, só 11 afirmaban teren a disposición do alumnado material didáctico na lingua propia, como cadernos de aprendizaxe. En troca, o 94,43% dos colexios enquisados aseguraba impartir as aulas maioritariamente en castelán e non chegar nen ao 33% estabelecido legalmente, en galego. Esta realidade lingüística, que incide especialmente nos espazos urbanos, impide en moitos casos ás crianzas recibiren aprendizaxe en lingua galega, mesmo cando a súa contorna familiar é galegofalante. \"Cando os meus fillos comezaron a gardería viñan dun fogar no que se falaba cento por cento en galego nos últimos anos da gardería a miña filla Ánxela xa falaba máis castelán\". \"Cando os meus fillos comezaron a gardería viñan dun fogar no que se falaba cento por cento en galego\", explica Mar Pérez Fra, nai e profesora universitaria no campus de Lugo. \"Nos últimos anos da gardería a miña filla Ánxela xa falaba máis castelán\". O ensino rural O caso de Mar é o de moitas familias que residen na cidade de Lugo. Gardarías, escolas infantís, colexios e institutos imparten nas áreas urbanas a maioría das aulas e contidos en español, se ben, explica, \"depende moito, tamén, da sensibilidade e vontade do profesorado\". Esta foi unha das razóns –entre outras moitas-- que levaron á familia de Mar a se mudar a Friol, un concello próximo á cidade amurallada no que \"a maior parte dos nenos fala galego\". \"Non foi este o único moitivo, procurabamos unha mellor calidade de vida mais estabamos certos de que Friol era tamén garantía para que os nosos fillos tivesen un ensino en galego\". As súas crianzas teñen 6 e 7 anos e embora viviren nun contexto galegofalante o certo é que as mudanzas lexislativas están a introducir interferencias lingüísticas mesmo nos espazos rurais, onde aínda se mantén como maioritaria a lingua propia do país. O decreto do plurilingüismo \"Paulo rematou infantil e está a piques de entrar en primaria\". O decreto aprobado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo sitúa esta materia entre aquelas que non poden ser impartidas en lingua galega. Neste senso, após introducírense as reválidas recollidas na LOMCE \"en terceiro de primaria ha de examinarse de matemáticas e lingua castelá\". Así é que a proba deberá desenvolverse exclusivamente en español. \"Sorpréndeme ver o axiña que recoñecen cal é a lingua de prestixio\" A súa irmá, un ano maior cá el, \"contaba en galego mais agora non suma nen resta máis que en castelán\", sinala Mar Pérez Fra. Así mesmo, acrecenta, \"sorpréndeme ver o axiña que recoñecen cal é a lingua de prestixio\". Mar refírese así ás mudanzas lingüísticas que se producen nos grupos de crianzas, por exemplo, cando están xogando. \"Se todos falan galego a lingua que usan é a galega mais no momento en que aparece unha outra persoa e fala castelán quen mudan son os falantes en galego\", explica pondo como exemplo situacións cotiás como as que se dan con frecuencia nos parques infantís. \"Os nenos non queren un conflito, senón que procuran igualarse\" e saben, afirma, \"que a lingua de prestixio é o castelán, a que usan os medios de comunicación, a dos libros que teñen nas bibliotecas\". \"Os nenos non queren un conflito, senón que procuran igualarse\" O galego como o rural, desprestixiado A presenza da lingua galega fica relegada, apunta Mar, \"a ghettos\" nomeadamente localizados no rural, un espazo que, no entanto, perde poboación e fica \"menos valorado socialmente\" ao igual que a lingua de uso maioritario. As súas amizades, recoñece, \"din que os seus fillos son unha excepción\". E non se trabuca. Familias próximas a esta profesora universitaria \"tan comprometidas coma min ou máis pola cuestión lingüística teñen fillos que só falan castelán\". Pois non só as aulas se imparten neste idioma senón que os medios de comunicación, a ampla maioría dos contidos que partillan ou visitan na Internet e mesmo os libros de leitura están en español. \"Na escola dos meus fillos teñen unha actividade que consiste en levar un libro da casa que despois rotan entre eles, é unha maneira de valorizar a leitura\", explica. \"Malia que a maior parte das crianzas son galegofalantes todas elas, agás dúas, levaron libros en castelán\". Mar está certa de que \"non é unha decisión consciente\" senón, simplemente, \"máis doado\"."}
{"ID": "NOS_54594", "summary": "'Esca', un relato \"tenebroso\" e con elementos simbólicos ambientado na ría de Arousa dos anos 20, concretamente no Balneario da Toxa, foi a escollida polo xurado de entre un total de 13 obras.", "text": "O escritor ribeirense Antonio Piñeiro resultou gañador do IV Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta con Esca, un relato \"tenebroso\" e con elementos simbólicos ambientado na ría de Arousa dos anos 20, concretamente no Balneario da Toxa. Así o decidiu por unanimidade na súa reunión deste xoves o xurado deste galardón, composto por Rosalía Morlán, Pilar Sampedro, Juan Andrés Fernández e Fernando Redondo, membros do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, así como polo crítico literario e profesor Armando Requeixo. Segundo narrou Juan Andrés Fernández, de entre todas as obras presentadas, o xurado decidiu conceder o premio este ano á presentada por Antonio Piñeiro, da que destacou a súa \"calidade literaria\", o \"uso do vocabulario\" ou a \"posta en escena\" da trama, ambientada nos anos 20. Esca está ambientada no balneario da Illa de Arousa e ten como protagonista a un \"vello burgués retirado\". \"Ao seu ao redor viven unha serie de personaxes secundarios que van entrando e saíndo da novela dunha forma un tanto nebulosa\", destacou Juan Andrés Fernández. Na trama conviven personaxes adultos e infantís cun \"asunto tenebroso\" e \"elementos simbólicos\" que se desenvolven nunha atmosfera de tensión crecente e que conflúen nun \" brillantísimo final\", que permite ao lector comprender \"gran parte da novela\". Aínda que a calidade das 13 obras presentadas este ano levou ao xurado a ter que debater durante máis de dúas horas a decisión, finalmente foi esta \"calidade literaria\", unida á súa riqueza léxica e ao impactante final, o que motivou a súa elección. O profesor, editor e escritor Antonio Piñeiro, nacido en Ribeira en 1962, é autor de numerosas obras en narrativa e poesía, que o fixeron merecedor de galardóns como o Premio García Barros (2011), o Premio Avilés de Taramancos (2011), o Premio Torrente Ballester (2017) ou o XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis (2019)."}
{"ID": "NOS_14460", "summary": "CIG, CCOO e UGT lembran que a economía da comarca depende en boa parte deste sector e convidan á sociedade a secundar as mobilizacións", "text": "Os sindicatos maioritarios da comarca de Vigo -CIG, CCOO e UGT- fixeron un chamamento a tod@s os veciños e veciñas para que participen nas mobilizacións convocadas nos vindeiros días para reclamar unha solución definitiva á \"situación límite\" que atravesa o naval. Deste xeito, ao paro de media xornada previsto no sector para o xoves súmase tamén unha gran manifestación cidadá que percorrerá as rúas da cidade este sábado 12 de maio. O lema escollido nesta ocasión para celebrar a marcha reivindicativa é \"Polo futuro industrial de Vigo. Defendamos o naval\", moi en liña coas consignas que protagonizaron as últimas mobilizacións do sector. Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT compareceron esta mañá en rolda de prensa xunto aos responsábeis do Naval dos tres sindicatos para explicar os detalles do calendario de protestas elaborado conxuntamente polas centrais. Para este xoves está previsto un paro de media xornada no sector, que será aproveitado polas traballadoras/es para percorrer as rúas de Vigo até a delegación da Xunta de Galiza. Desde os sindicatos fixeron un chamamento a todos/as os parados/as do sector para que participen nas mobilizacións. Neste sentido, lembraron que arredor das 11.30 horas confluirán no cruce de Colón @s operari@s procedentes de Beiramar cos seus compañeiros/as de Teis. \"Neste lugar tamén está previsto que se sumen á marcha os traballadores/as do sector que nestes momentos están no paro\". A semana rematará cunha gran mobilización cidadá convocada tamén de xeito conxunto polos tres sindicatos. Será o sábado día 12 a partir das 19.00 horas desde o cruce das rúas Lepanto con Urzaiz. As tres centrais reclamarán o apoio dos colectivos e institucións da cidade á protesta no Consello Económico e Social que se reúne mañá no consistorio. Desde a CIG lembraron que a industria naval representa o 30% da riqueza da comarca e ten ocupado 10.000 empregos directos e preto de 30.000 indirectos. Ao mesmo tempo, denuncian que desde o bloqueo do tax lease xa desapareceron máis de 8.000 empregos e unhas 200 empresas tiveron que pechar. \"Hai culpábeis políticos desta situación e temos que sinalalos; os Gobernos español e galego teñen que buscar alternativas ao sistema de bonificación fiscal e facer unha aposta clara polo sector, xa que do contrario certificarán a súa morte\", explicou o secretario comarcal da central nacionalista, Serafín Otero."}
{"ID": "NOS_43495", "summary": "O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, defendeu unha emenda transversal aos Orzamentos 2014 para procurar, dixo, máis medre económico e benestar social.", "text": "O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu no Parlamento a emenda transversal do BNG aos orzamentos do Partido Popular para o 2014. Unha emenda que procura mobilizar 700 millóns de euros, \"froito de cambios impositivos e medidas de aforro\" que permitirían dotar con 50 millóns de euros \"un plan extraordinario de fomento de emprego\", investir 200 millóns de euros en sanidade, suspender os copagamentos como o que se establece para os enfermos crónicos e destinar 38 millóns máis para a mellora da atención primaria con 27 para a redución das listas de espera. Francisco Jorquera tamén sinalou que a emenda transversal prevé incrementar en 20 millóns á atención a dependencia, 15 para a renda de integración social, 5 para a loita contra os desafiuzamentos, ben como partidas para a atención ás vítimas de violencia de xénero. Que pague máis o que máis ten No apartado de ingresos, propuxo \"gravar máis as rendas altas no tramo do IRPF, elevar a actual escala deste imposto nos grandes patrimonios, e estabelecer un imposto sobre os depósitos bancarios, grandes superficies comerciais e empresas contaminantes\". Por outra banda, as emendas nacionalistas avogan por \"aforrar no gasto corrente improdutivo e impedir financiar servizos públicos básicos a través de fórmulas de colaboración público-privada\"."}
{"ID": "PRAZA_10845", "summary": "O Executivo abre expediente para a caducidade das actividades de Toysal tras a demanda da plataforma veciñal, que avisa que é unha \"noticia positiva\" pero que \"a batalla non está gañada\".", "text": "A Xunta abriu un expediente de caducidade á concesión da empresa Toysal na polémica canteira da Casalonga, onde a firma pretende levar a cabo un plan de restauración co que acumularía residuos logo de que lle fose vetada a planta de refugallos que pretendía inicialmente.A mobilización da veciñanza, a través da plataforma Casalonga Limpa de Residuos, deu eses froitos, polo menos no que ten que ver con este procedemento administrativo de caducidade que a entidade solicitou na súa última reunión coa Xunta pero que reclamara hai tempo.A Xunta abre expediente de caducidade logo de que a plataforma veciñal insististe na última reunión en reclamaloAnte a evidencia de que no espazo da antiga canteira non se estivo a realizar actividade ningunha nos últimos tempos, o Executivo galego iniciou este procedemento ao que Toysal poder presentar alegacións. \"É unha nova positiva porque abre unha porta para paralizar o proxecto\", explican desde a plataforma, que aclara tamén que as actividades paralízanse mentres dure o proceso administrativo e que ten \"claro\" que a Xunta reaccionou polas súas reclamacións. \"A batalla non está gañada\", avisan. Foi despois da última xuntanza coa Administración cando o colectivo foi advertido por carta de que non poderá comparecer como parte interesada no proceso levado a cabo pola empresa ao non ter, xustifican, \"lexitimidade\". Nesa mesma xuntanza insistiron na apertura dun expediente de caducidade que xa non confiaban que chegase. Malia este expediente aberto, a plataforma lembra que a Xunta deu o visto e prace neste mesmo mes ao plan de labores, incluído o permiso para baleirar a lagoa formada na antiga mina, polo que Toysal disporía dos permisos necesarios á espera do definitivo plan de restauración, a cuxo estudio de impacto ambiental se poden presentar alegacións ata o vindeiro 21 de setembro. Porque este plan de restauración é independente da explotación da canteira e de obrigada realización.O plan de restauración continúa adiante e a plataforma Casalonga Limpa de Residuos chama á veciñanza a facer alegacións masivasA plataforma fai un chamamento á veciñanza neste mes de setembro para comparecer \"de forma masiva\" no proceso como persoas individuais ante o veto á entidade, así como a \"conseguir miles de alegacións\". Ademais, celebrará unha reunión informativa o vindeiro día 12 para \"coordinar\" todas estas accións e axudará coas alegacións aos interesados a seguinte fin de semana. É o xeito no que se pretende facer esta restauración e a proximidade ás casas o que preocupa á veciñanza dun proxecto que Casalonga Limpa de Residuos ilustra coa recreación do espazo que ocuparía o terreo que se pretende encher de residuos. A Xunta insiste en que se limita a cumprir coa legalidade, pero a plataforma reclama unha modificación da lexislación para impedir que plans coma este, que implican o soterramento e a acumulación toneladas de residuos, non sexan permitidos ao pé de núcleos de poboación.No caso da Casalonga, o proxecto afecta 56 hectáreas de terreo da canteira, co obxectivo de deixar a zona nun aspecto similar ao anterior da explotación da canteira. No recheo, segundo o proxecto presentado, incluiríanse residuos inertes de minas, outros de fibra de vidro, de materias de construción e demolición, area ou pedras. En principio. Son case 10 millóns de metros cúbicos de refugallos, que serán cubertos por terra vexetal ou tecnosolos. As antigas instalacións mineiras están a uns 300 metros das casas máis achegadas. O documento presentado para a avaliación ambiental asume que se prevén efectos adversos como a alteración da calidade do aire polas emisións de gases, pó e partículas, así como afectacións na saúde das persoas por estes problemas ou risco de contaminación artificial das augas."}
{"ID": "NOS_42149", "summary": "Considera que as últimas lexislaturas confirman que para Galiza \"é nefasto carecer de representación\" nas Cortes españolas.", "text": "Coalición Galega pide o 28 de abril o voto para o nacionalismo. A Coordinadora Nacional desta organización entende que nestas eleccións \"é moito o que nos xogamos\" os galegos e galegas, polo que apelan a que o voto \"teña como destino aquelas opcións de obediencia estritamente galega que teñen acreditada unha traxectoria histórica de defensa inequívoca dos intereses do país\". \"Os precedentes do ciclo electoral iniciado en 2015 confirman que para Galiza é nefasto carecer de representación no Congreso dos Deputados e no Senado\", afirman, e apuntan como \"aprendizaxe\" destes anos \"que as hipotecas con grupos de non obediencia galega páganse, máis tarde ou máis cedo\". \"O caso dos deputados de En Marea (agás Alexandra Fernández) é representativo de que non abonda con que unha organización se presente as eleccións cun nome distinto en Galicia, tamén ha de manter a súa total soberanía no parlamento\", conclúen Para Coalición Galega feitos como que os orzamentos do estado para 2019 supoñan unha tesoirada de 19% no investimento para Galiza é unha das consecuencias de \"non ter presenza galega en Madrid\". Por último, para CG a cita do 28A non é unha \"batalla\" entre dereita e esquerda, senón sobre manter o réxime do 78 \"con máis dureza represiva\" ou ben encamiñarse \"cara a un sistema máis democrático, máis participativo, máis descentralizado, menos corrupto e máis respectuoso cunha comunidade histórica como é Galiza\"."}
{"ID": "NOS_21836", "summary": "Ao igual que os seus camaradas do KKE grego, os comunistas portugueses non estarán presentes durante o discurso do presidente de Ucraína no Parlamento, ao que afean os seus vínculos co nazismo de grupos como Pravi Sektor ou o Batallón Azov.", "text": "O Partido Comunista Português (PCP) anunciou na noite da cuarta feira a súa decisión de non asistir á intervención do presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, esta quinta no Asemblea da República de Portugal. Face à grave situação na Ucrânia e no Leste da Europa, o PCP reafirma a necessidade de serem realizados todos os esforços no sentido da paz e contra a escalada da guerra e que deve ser este objectivo que deve pautar o papel de Portugal e das suas instituições.+— PCP (@pcp_pt) April 20, 2022 Para o PCP, o convite a Zelenski \"constitúe un acto de instrumentalización dun órgano soberano\". Lamentan que a intervención ten por obxectivo alentar a escalada da guerra en Ucraína no canto de apostar por unha \"solución negociada do conflito\" e pola paz. Zelenski anuncia a captura do líder opositor Medvedchuk e propón intercambialo por prisioneiros de guerra Sobre Zelenski, os comunistas portugueses cualifícano como a personificación dun \"poder xenófobo e belicista, rodeado e sustentado por forzas de cariz fascista e neonazi\". En concreto, fan referencia a un episodio recente que ocorreu no Parlamento grego. Durante a súa intervención, o dirixente ucraíno deu voz a dous integrantes do grupo neonazi do Batallón Azov, decisión que espertou o malestar de toda a Cámara helena. Naquela sesión, o Partido Comunista grego (KKE) tampouco asistiu á intervención de Zelenski. Así é Azov, o batallón ao cal Zelenski cedeu a palabra no Parlamento grego Esforzos para a paz \"Ante a grave situación en Ucraína e Europa do Este, o PCP reafirma a necesidade de facer todo o posíbel pola paz e contra a escalada da guerra\", asegura na súa conta de Twitter a formación política, que defende que ese ten que ser o obxectivo que \"debe guiar o papel de Portugal e as súas institucións\". Os comunistas portugueses \"reafirman\" a necesidade de iniciativas urxentes e medidas que abran camiño á negociación e á paz\", no canto de \"dar forza á confrontación, incrementar a guerra e dificultar o cese das hostilidades\". Zelenski desliza Ucraína cara un réxime sen oposición parlamentaria A portavoz parlamentaria do PCP, Paula Santos, afirmou que a súa decisión non é unha mostra de apoio a Rusia, xa que a súa formación é \"oposta ás forzas políticas que gobernan a Rusia capitalista e os seus grupos económicos\". Os dous eurodeputados dos comunistas portugueses xa votaran en contra da resolución do Parlamento Europeo que condenaba a guerra en Ucraína, xa que entendían que \"daba forza á escalada da confrontación\", ao \"impor unha visión unilateral\" do conflito. Convite a Zelenski O presidente de Ucraína foi convidado a intervir na Asemblea de Portugal co voto a favor de todas as formacións políticas que integran o Parlamento, a excepción do propio PCP. Ademais de Zelenski, na sesión tamén falarán o xefe de Estado, Marcelo Rebelo de Sousa, e o presidente da Asemblea, Augusto Santos Silva. Precisamente, foron os dous políticos os que propuxeron convidar o dirixente ucraíno para intervir na Cámara lusa, da mesma maneira que xa o fixo noutros países europeos e no Congreso dos Estados Unidos (EUA)."}
{"ID": "NOS_50081", "summary": "Por contaminación e mala xestión no litoral.", "text": "Desde hai 15 anos Ecoloxistas en Acción presenta anualmente un informe no que toma o pulso á saúde do ecosistema litoral do estado español e no que a través da concesión de 'bandeiras negras' e 'puntos negros' quer advertir sobre as zonas máis agredidas do litoral. No seu informe de 2020, presentado esta terza feira, Ecoloxistas sitúa na Galiza seis desas 'bandeiras negras'. Tres delas por mala xestión no litoral e outras tantas por mor da contaminación. Algunhas delas acompañan os informes e denuncias dos colectivos ambientalistas desde hai anos. As 'bandeiras negras' por mala xestión corresponden á Praia das Delicias (Sada), Porto de Marín e á A Mariña. As ´bandeiras negras' por contaminación son para a Praia de Lires (Cee) , a Factoría de ENCE (Pontevedra) e Alcoa, en San Cibrao. Nunha rolda de prensa, o portavoz de Ecoloxistas en Acción, Cristóbal López explicou a situación na que se atopan estes puntos. A ampliación do dique do porto deportivo de Sada modificou as correntes na zona provocando unha acumulación de lodos, na Praia das Delicias. A Mariña, pola súa banda, é sinalada á súa vez pola \"mala xestión\" da presión urbanística que carrexa a masificación turística. No caso do Porto de Marín, o criterio foi a sentenza do TSXG que legaliza os recheos \"que anteriormente foran declarados ilegais en sentenza firme\". Segundo Ecoloxistas en Acción \"a administración pública manipula e engana, e todo isto con diñeiro público, para non asumir as ilegalidades cometidas\". \"É unha broma, unha tomadura de pelo, unha carallada\", engadiu, a coordinadora da Asociación Verdegaia, Sabela Iglesias, quen denunciou que \"o poder económico, en total conivencia co poder político, utiliza ao poder xudicial para o seu interese\". O colectivo situou a Praia de Lires, no concello de Cee, como \"exemplo do abandono da costa\", polos seus \"niveis elevados de contaminación\" debido ás verteduras de augas residuais. En este mesmo sentido, a factoría de Alcoa tamén é sinalada por \"contaminar a súa contorna\" e porque \"xoga coa necesidade de postos de traballo e a precariedade laboral para conseguir un maior trato de beneficio\" mentres deixa o seu paso \"miseria ambiental e destrución\". Finalmente, o presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Antón Masa, foi o encargado de explicar os motivos que levan a outorgarlle un ano máis a bandeira negra á fábrica de ENCE en Pontevedra. Segundo dixo Antón Masa, consideran merecedor da bandeira negra á papeleira \"pola combustión de aceites usados na planta de biomasa de Ence\", unha práctica que está absolutamente prohibida na Unión Europea polas consecuencias negativas na saúde humana e sobre o medio ambiente."}
{"ID": "NOS_25530", "summary": "Vilaxoán acolleu a apresentación pública dunha nova edición do festival Revenidas, que terá lugar no porto mariñeiro deste concello os días 9, 10 e 11 de agosto. O cartel encabézano Gogol Bordello, The Baboon Show, Chocolate Remix, Hard GZ, Mal Elevé, Flow do Toxo, Gatillazo e Nao, entre outras bandas e artistas.", "text": "A décimo sexta edición do festival Revenidas apresentouse no concello de Vilaxoán, en cuxo porto mariñeiro decorrerán durante os días 9, 10 e 11 de agosto diversas actividades culturais, sociais e musicais. O festival aposta un ano máis no seu carácter solidario, desenvolvendo actividades enraizadas coa cultura galega e a sustentabilidade. Xoan Quintáns, o director do Revenidas, debullou os tres obxectivos principais sobre os que a organización propuxo que xirase toda a programación, e que son \"revalidar o carácter solidario do festival, reforzar a programación feminina en distintos eidos alén do musical e a combinación de bandas emerxentes do país con grandes estrelas internacionais\". Nese sentido, \"elas serán as protagonistas da Gran Gala de Circo Solidaria deste ano\", anunciou Quintáns, \"unha actividade que se leva a cabo a prol da risa e da cooperación cos campamentos de refuxiados e refuxiadas\". O Revenidas propón unha reivindicación do circo feminino O Revenidas propón así unha reivindicación do circo feminino que contará o sábado 10 de agosto a partir das 17.30 horas coas artistas Isabel Risco, Pajarito, Patty Diphusa, Mireia, Desastronauts e a música de Brassica Rapa. O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festival, no que se celebrará un ano máis a multitudinaria Gran Sardiñada Popular onde se despacharán 1.000 quilos de sardiñas. Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas coas actuacións de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ. Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas O día grande, o sábado 10, comezará ás 13 horas no parque de Dona Concha con varias actividades de balde para todos os públicos: Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea. O mesmo día, a partir das 20 horas tocarán Gatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebeliom do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B. O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos de Carolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkinfantil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta. Os abonos xa están á venda para os tres días, inclúen a acampada e pódense mercar a través da páxina www.revenidas.com O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festiva Unha experiencia marítima O mar e o festival están estreitamente relacionados. Por iso, nesta edición as persoas asistentes poderán vivir unha \"experiencia marítima única pola Ría de Arousa a bordo do Chasula\", unha embarcación tradicional na que se poderá gozar de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos galegos, tal e como informaron desde a organización do evento. Esta actividade contará con tres saídas o sábado 10 a cargo do Leo, Gabri Dakidarría e Ugía Pedreira e outras tres o domingo 11 a cargo de Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola. Na apresentación tamén participaron Jacobo Sutil, director da AGADIC; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e Peter Punk, artista participante nesta edición."}
{"ID": "NOS_515", "summary": "Esta área colócase por detrás de Vigo en casos activos, nunha xornada que viu unha baixada nos positivos diarios malia o aumento en 200 probas PCR, pero na que sube a presión hospitalaria.", "text": "O número de casos de Covid-19 detectados na Galiza mantívose nas últimas 24 horas por baixo dos 350 positivos, con 200 probas PCR máis que o día anterior. A presión hospitalaria sofre un aumento do global de ingresados, a pesar de descender os pacientes en UCI. Así o anuncian actualización dos datos da pandemia publicados na mañá deste domingo pola Consellaría de Sanidade, con cifras recollidas até as 18 horas do sábado. Até ese momento, nas 24 horas previas foran descubertos 328 casos novos, 11 menos que o día anterior, despois de practicarse máis de 8.000 probas PCR cunha taxa de positividade do 3,6%. Por áreas sanitarias, a maioría atópanse por baixo deste limiar, con Ourense en 0,5%; Lugo en 3,2%; Santiago e Vigo en 3,3%; e Ferrol en 4,7%. Así, A Coruña mantense lixeiramente por riba, en 5,8%, mentres que Pontevedra está en 8,4%. Sobe a presión hospitalaria Pola súa banda, a presión hospitalaria repunta na Galiza logo de o sábado descender o número de hospitalizados en 27 pacientes. Un día máis tarde, soben a 346, nove máis, se ben o número de pacientes en UCI se reduce en tres, co que pasan a ser 53. Coa última actualización, a área de Santiago-Barbanza é o distrito sanitario galego con maior número de hospitalizados, despois de sumar outros seis ingresados. Son agora 78 en global, con 5 deles (un máis) na UCI. Deste modo, a área compostelá supera á da Coruña-Cee, que se mantivo ao longo dos últimos meses como a zona con maior número de pacientes ingresados con coronavirus. Con todo, tamén soben os hospitalizados neste distrito sanitario até os 73, un máis que hai 24 horas, dos que 14 se atopan atópanse en críticos, igual ca onte. Por detrás destas dúas atópase Vigo, onde tamén repunta o cómputo de ingresados relacionados coa pandemia até os 59 (dous máis). Na UCI da área viguesa non hai novidades e mantéñense 12 pacientes. Na área de Pontevedra-Salnés aumentaron a 48 (tres máis) os ingresados, con oito en críticos (sen cambios). En Ourense-Verín-O Barco mantéñense en 35 (sen cambios) con tres en UCI; mentres que en Ferrol hai 37 (tres menos) con 5 en críticos (un menos); e , por último, en Lugo-Mariña-Monforte son este domingo 19 as persoas ingresadas con Covid (sen cambios), das que seis están en UCI (sen cambios). Dous falecementos máis As vítimas mortais da pandemia na Galiza continúan en aumento e ascenden xa a 1.338 após a morte de dúas persoas nas últimas horas, a menor cifra notificada pola Consellería desde o 28 de novembro. Sanidade recolle que desde o principio da pandemia se diagnosticou de Covid-19 a un total de 59.067 persoas, das que 52.125 se curaron, 379 nas últimas 24 horas."}
{"ID": "NOS_2648", "summary": "A actriz e cantante Iria Pinheiro considera moi importante participar nas eleccións europeas xa que a implicación na comunidade, di, \"é fundamental para que se produzan cambios\", pese a sentirse pouco ou nada integrada nunha Europa que se esquece da Galiza e das persoas. Considera o feminismo como o reto principal a nivel social e político.", "text": "Que se xoga Galiza nestas eleccións europeas?A verdade é que estou desencantada con Europa. Non penso nela porque ela tampouco pensa en min. É difícil sentirse integrada nesta Europa que non ten os ollos postos na Galiza e que manda axudas como se fosen esmolas. A participación nas urnas é moi importante, todo o que sexa implicarse na comunidade para que se produzan cambios é fundamental De todas formas e pese a esta sensación, a participación nas urnas é moi importante, todo o que sexa implicarse na comunidade para que se produzan cambios é fundamental. E neste contexto, Galiza xógase ter presenza. Cales serían os retos de Europa?Para min o feminismo, porque este termo inclúe todas as demais loitas: o medio, a economía, o emprego, o ensino, sanidade... Que tema de relevancia considera que non se tratou polos partidos nesta campaña? Non se abordaron con contundencia as violencias machistas Non se abordaron con contundencia as violencias machistas. Salvo algunhas excepcións, a maioría dos partidos utilizan o feminismo en campaña a modo de mercadotecnia, mais baleirándoo de contido e de fondo. Estas forzas viron que hai un interese grande da sociedade na loita pola igualdade e contra as violencias machistas e, ao igual que fai a industria téxtil apropiándose de lemas, o capitalismo apropiouse dos termos para o seu beneficio mais quitándolles todo o seu significado."}
{"ID": "NOS_18517", "summary": "Levan desde o 4 de novembro sen poderen traballar. O Concello, gobernado polo PP, quere que se transladen a unhas instalacións provisorias que non reúnen as condicións de espazo e acondicionamento que fan falla para a conservación dos produtos e non teñen tampouco autorización de Sanidade.", "text": "Após o desaloxo pola forza que acometeron axentes antidisturbios, garda civil e policía local no mercado de Pontedeume na segunda feira 18 de novembro, @s praceir@s que teñen un posto na praza transladaron á rúa as súas reivindicacións. Nos soportais do propio mercado residen desde aquela, á espera de que o Concello, gobernado polo popular Gabriel Torrente, lles dea unha solución que remate cunha situación que lles impide traballar e que se prolonga xa desde o 4 de novembro. Contou Carme López, voceira dest@s traballador@s, que foi esa segunda feira \"o último día que nos deixaron vender, con todos os prexuízos económicos que iso carrexa para nós e para os empregados, e prexuízos tamén para a nosa saúde\". Nos soportais pasan os días mais tamén as noites \"e se nos botan non nos resistiremos, igual que non nos resistimos cando nos botaron do mercado malia o despregamento da policía\", subliña López, enfatizando que iso non suporá o cesamento na loita: \"se temos que ficar no medio da rúa, ficaremos\". Non se negan ao translado, mais esixen \"legalidade\" A campaña de desinformación que apoñen ao propio Concello levou @s praceir@s a realizar esta quinta feira un reparto de follas voandeiras polas caixas do correo de todo o municipio \"para que a xente saiba o que pedimos\". Tal e como explicou a propia Carme López en conversa con Sermos Galiza, non se opoñen ao translado ás dependencias provisorias que o Goberno local lles habilitou na zona do porto namentres acometen obras de mellora no tellado do mercado. O que rexeitan é que non exista ningún documento por escrito onde figuren as condicións en que se realiza ese translado, subliñando o seu carácter provisorio, así como que no novo emprazamento os postos son moi pequenos e non están acondicionados para conservar os alimentos. Serían el@s propi@s @s que terían que colocar estantes e refrixeradores. Aliás, non ten permisos de Sanidade. Investimento \"nulo\" en 8 anos En resumo: \"ou que nos deixen abaixo --no porto-- os postos listos para traballar ou que nos deixen continuar arriba --no mercado--\", remarca López. Canda o resto de praceir@s, denuncia o estado de abandono en que se atopan as dependencias comúns do mercado polo investimento \"nulo\" que nos últimos 8 anos se fixo desde o Concello. En 2012, o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para reclamar unha partida dun millón de euros para a segunda fase de rehabilitación do mercado, partida que foi vetada polo PP, o mesmo partido que está á fronte do goberno eumés. \"Temos o apoio dos partidos da oposición --BNG e PSdG-PSOE--, mais tamén de persoas afíns ao propio alcalde que din sentir vergoña de lle teren votado\", explica Carmen López. O grupo municipal do Bloque presentou unha moción para reprobar o alcalde. As praceir@s temen que a súa acción de protesta condicione a renovación das concesións, que nalgúns casos caducan xa en 2015."}
{"ID": "NOS_23043", "summary": "PP, En Marea e BNG apoiaban o texto, que solicitaba a fin desta medida que se mantén desde hai case 60 anos sobre a illa.", "text": "Unha declaración institucional do Parlamento de Galiza para rexeitar o bloqueo a Cuba e pedir o fin deste embargo que se mantén sobre a illa desde hai case 60 anos ficou en nada ao se desmacar o PsdeG dun texto que tiña o apoio de PP, En Marea e BNG. Isto é o que afirman desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A posición dos socialistas é máis sorprendente se temos en conta que hai escasos días o presidente español, Pedro Sánchez (PSOE) anunciou unha visita a Cuba. Desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil informan que a declaración da Cámara galega enmarcaríase na solicitude realizada por unha campaña internacional pola fin do bloqueo e que \" coincide plenamente co voto masivo da Asemblea Xeral da ONU a prol do levantamento\" do embargo. Segundo este colectivo, o portavoz parlamentar socialista tamén marcou distancia en relación coa anunciada visita de Pedro Sánchez á Cuba, e mesmo co anterior pronunciamento do Parlamento Galego contra o bloqueo. \"Daquela, eu non estaba no Parlamento\", comentou Leiceaga, sempre segundo esta versión. Leiceaga terá proposta unha transacional mais esta foi desbotada pola Villamil por entender que o seu contido era 'humillante' para Cuba."}
{"ID": "NOS_4651", "summary": "Guaidó, ante as críticas desde a propia oposición, escudouse na crise humanitaria. \"A nosa política céntrase en salvar vidas, en atender a urxencia e saír da ditadura\", dixo en Twitter.", "text": "O Goberno de Venezuela e os principais partidos da oposición que lidera Juan Guaidó alcanzaron un acordo para facer fronte á pandemia de coronavirus no país, que conta con 1.818 casos e 156 mortes por mor da COVID-19, segundo informaron ambas as dúas partes. Os asinantes son o chamado G4, o núcleo duro da oposición venezolana: Vontade Popular, ao que pertencen Guaidó e Leopoldo López; Primeiro Xustiza, de Henrique Capriles e Julio Borges; Acción Democrática e Un Novo Tempo. Por parte do Goberno, a firma é a do ministro de Saúde, Carlos Alvarado. Ademais, participan no acordo o doutor Julio Castro, asesor en temas de saúde da Asemblea Nacional, e o doutor Gerardo de Cossio, representante da Organización Panamericana da Saúde (OPS) en Venezuela. \"Se o diaño quere colaborar e faino en termos que sexan positivos para Venezuela, dicímoslle ao diaño que firme un convenio e co diaño traballaremos para podermos de maneira mancomunada traballar contra a pandemia\", dixo o vicepresidente de Comunicación e Información, Jorge Rodríguez, que anunciou o acordo nunha conferencia de prensa. O texto conta con sete puntos. A detección de casos activos a través dos diagnósticos de laboratorio e o seu tratamento oportuno son os máis relevantes. Críticas na oposición Pola súa banda, o gabinete de Guaidó emitiu un comunicado onde destaca que é \"un acordo que permitirá á OPS recibir e executar axuda humanitaria ante a COVID-19 en Venezuela\". O equipo do autoproclamado \"presidente encargado\" aclarou que o \"requisito final posto pola OPS para proceder a recibir os fondos aprobados\" é que \"os actores da ditadura se comprometan a non pór obstáculos á execución do programa\". Guaidó, ante as críticas desde a propia oposición, escudouse na crise humanitaria. \"A nosa política céntrase en salvar vidas, en atender a urxencia e saír da ditadura\", dixo en Twitter."}
{"ID": "PRAZA_11128", "summary": "O presidente da Xunta e o alcalde das Pontes reclaman \"compromiso de continuidade\", unha mesa técnica para procurar alternativas ao carbón e que Galicia se incorpore aos fondos de descarbonización da UE", "text": "Alberto Núñez Feijóo e Valentón García Formoso uniron este luns a súa voz para reclamar unha \"reactivación inmediata\" da central térmica das Pontes logo do anuncio de peche por parte de Endesa. O presidente da Xunta e o alcalde das Pontes acordaron, logo dunha reunión en Santiago, un \"posicionamento conxunto\" no que tamén solicitaron axudas fiscais para a instalación mentres se estudan alternativas como os biocombustibles para substituír ao carbón, cuxa queima está destinada a desaparecer. Feijóo e Formoso piden a \"reactivación inmediata\" da central térmica e vantaxes fiscais para que \"dean os números\"Ambos os dous mandatarios acordaron tres demandas de maneira \"clara e contundente\" cara a Endesa e ao Goberno central. A primeira, que haxa un \"compromiso de continuidade\" da central, que se estableza unha mesa técnica na que se \"aclare\" o futuro da planta e se procure \"outra materia prima\" coa que manter a súa actividade, así como que se incorpore Galicia aos fondos europeos de descarbonización a partir de 2021. Entre as medidas fiscais, como xa reclamaran outros dirixentes, o alcalde das Pontes e presidente da Deputación pediu que se elimine o céntimo verde que grava a produción enerxética con carbón, unha medida que cre \"necesaria\" para que \"dean os números\" e que considera \"un xesto\" que o Goberno central \"non terá obxección ningunha\" en levar a cabo. Reclaman \"compromiso de continuidade\", unha mesa para procurar alternativas ao carbón e que Galicia se incorpore aos fondos de descarbonización da UENesas \"políticas fiscais\" insistiu tamén Feijóo ao advertir de que á central \"non lle sae a conta de resultados\" porque \"o prezo de tonelada de emisión de CO2 na UE subiu\". \"Se hai un imposto que sobe, que son as emisións de CO2, teremos que baixar outros impostos que gravan a central térmica para facer un equilibrio e que a conta de resultados sexa viable para que 750 familias poidan seguir vivindo\", dixo. Ademais, García Formoso insistiu na busca dun biorresiduo que se poida queimar na central \"se é viable economicamente\" e chamou á creación desa mesa técnica para un proceso \"que non se fai nun mes ou 15 días\" e para que non se fale unicamente de expectativas que non teñan futuro. Malia que a central térmica das Pontes é a maior produtora de gases de efecto invernadoiro de todo o Estado e unha das meirandes de Europa, Feijóo asegurou que \"pode ser operativa 100% porque cumpre os cocientes de emisións de CO2 que obriga a UE\" e advertiu de que \"Europa non obriga a pechar\" a instalación. Ademais, volveu reivindicar o investimento de máis de 200 millóns de Endesa, que non afecta a emisión de CO2, e lembrou que foi unha das dúas que en España levaron a cabo esas reformas \"para poder cumprir a normativa europea\". \"Europa non obriga a pechar a central térmica das Pontes\", di FeijóoAo tempo, Feijóo amosouse \"a favor\" dunha transición \"xusta\" pero non dunha ruptura \"inxusta\", mentres que García Formoso reclamou tamén unha mudanza \"ordenada e sen impacto laboral\" e pediu que \"non se trate igual\" a unha central que investiu máis de 200 milóns que a outras que \"decidiron non apostar polo emprego\". Feijóo, ademais, considera que para que haxa investimentos cos que probar como substituír o carbón para introducir outras materias primas \"a central ten que seguir funcionando\". \"É posible manter a central térmica das Pontes? Si\", dixo Feijóo, quen lembra que países como Alemaña e Reino Unido teñen térmicas operativas na actualidade.Alén disto, o xefe do Executivo galego apelou á necesidade de manter a actividade da planta porque en \"anos climáticos complexos\" necesítase unha \"batería\" para xerar esa enerxía.Núñez Feijóo lembra que \"foi moi difícil conseguir que Endesa investise máis de 200 millóns na central\", o que \"non ten sentido é perder esta central térmica sen a cal Galicia se convertería nunha comunidade autónoma deficitaria en enerxía\". \"Sería a primeira vez na historia que os galegos tivésemos que importar enerxía eléctrica\", avisa o presidente da Xunta. \"Se apagamos As Pontes sen alternativa Galicia converteríase nun territorio deficitario en enerxía\". \"Ademais sería non só un problema para Galicia, senón un problema para España\", rematou."}
{"ID": "PRAZA_9557", "summary": "A nova lei de protección de datos reformou varios aspectos da normativa electoral. Implica novas garantías, pero tamén trae consigo novas incertezas e riscos, como a posibilidade de que os partidos elaboren perfís ideolóxicos da cidadanía tirando información das redes sociais", "text": "A lei de protección de datos do ano 2018 trouxo consigo diversas mudanzas na materia, fundamentalmente para adaptar a lexislación ás esixencias da UE e máis para introducir disposicións vinculadas ao uso dos datos en internet, sen desenvolvemento na normativa anterior. Unha das disposicións implicou unha reforma do artigo 39 da lei electoral e permite que a cidadanía poida deixar de recibir propaganda electoral dos partidos políticos na casa. As eleccións xerais do 28 de abril son, no caso galego, as primeiras nas que rexe este dereito, que pode ser exercido ata este 18 de marzo.O apartado da lei electoral que foi modificado pola nova normativa de protección de datos é o que regula a rectificación do censo en período electoral. Así, ademais de poder solicitar unha modificación do censo para corrixir datos erróneos -como nomes ou enderezos-, agora tamén é posible \"opoñerse á inclusión nas copias do censo electoral\" que se facilitan aos partidos políticos \"para realizar envíos postais de propaganda electoral\". Isto é, para non recibir na casa a propaganda dos partidos que adoita chegar acompañada por sobres e papeletas de votación.A solicitude de exclusión na recepción da propaganda debe realizarse ata o 18 de marzo para que atinxa xa ás eleccións xerais; en caso contrario estaría vixente para o seguinte proceso electoral, as municipais e europeasEsta solicitude pode formularse por dúas vías. Unha é por internet, a través da sede electrónica do INE, na que se inclúen os trámites relativos ao censo electoral. Para poder facelo cómpre contar cun dos certificados electrónicos que recoñece esta sede electrónica ou estar de alta no sistema de identificación dixital Cl@ve. A outra, presencialmente nos concellos ou consulados nos que están expostos os censos para o 28-A.Como explica a Oficina do Censo, esta solicitude de exclusión do censo que é entregado aos partidos é \"permanente\". Daquela, se a persoa que pide non recibir propaganda electoral quere volver recibila nun futuro ten que realizar o mesmo trámite en sentido contrario. Para que a exclusión xa rexa nas eleccións xerais do 28-A o trámite debe completarse antes da fin do período de exposición do censo, isto é, o devandito 18 de marzo. Se é realizado máis tarde o nome en cuestión sería excluído do censo dos partidos no seguinte proceso electoral, neste caso as municipais e europeas do 26 de maio.O controvertido 'spam' electoralPero a reforma do 2018 non implica só novas garantías para a cidadanía nos procesos electorais. Tamén novas incertezas e riscos no que atinxe á privacidade, porque tamén reformou a lei electoral abrindo a porta a que as formacións políticas poidan elaborar perfís ideolóxicos da cidadanía a partir de información tirada nas redes sociais, podendo así colocar mensaxes personalizadas para pedir o voto, situar determinados temas na axenda pública ou, no peor dos casos, tentar influír na vontade da poboación mediante a difusión de informacións falsas.A nova lei non implica só novas garantías; tamén trae consigo novas incertezas e riscos, como a posibilidade de que os partidos elaboren perfís ideolóxicos da cidadanía tirando información das redes sociaisCoa vista posta nas eleccións do 28-A a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de publicar no BOE unha circular na que reitera as súas advertencias sobre o uso de datos da cidadanía en internet por parte das formacións políticas. Así, a AEPD subliña aspectos como que \"só poderán recompilarse as opinións políticas que fosen libremente expresadas\" no \"exercicio do dereito á liberdade ideolóxica e á liberdade de expresión\" e \"en ningún caso, poderán tratarse outro tipo de datos persoais\" que, mediante o uso do big data ou a intelixencia artificial, permitan \"chegar a inferir a ideoloxía política\" dunha persoa en concreto.A Axencia de Protección de Datos lanza advertencias sobre os límites que os partidos deben seguir para tratar estes datos, se ben colectivos vinculados á defensa da privacidade advirten dos riscos desta porta abertaNeste sentido, abonda a Axencia, \"as únicas fontes das que se poden obter os datos persoais sobre opinións políticas son as webs e outras fontes que sexan de acceso público\", entendendo como tales \"aquelas cuxa consulta poida ser realizada por calquera persoa\" e non as \"restrinxidas a un círculo determinado de persoas\". Entre as advertencias da AEPD inclúese ademais que os partidos só poden tratar os datos relativos ás circunscricións nas que se presentan.Malia estas directrices, diversos colectivos vinculados á defensa da privacidade en internet advertiron xa dos riscos desta porta aberta pola nova lei e puxeron en marcha diferentes iniciativas legais para tentar que os partidos teñan prohibido realizar perfís ideolóxicos da cidadanía con este tipo de datos. A sombra do acontecido en procesos electorais como os dos Estados Unidos ou, máis recentemente, as eleccións brasileiras nas que o ultradereitista Bolsonaro empregou masivamente as noticias falsas distribuídas a través de WhatsApp, levan estas organizacións e persoas a estar en alerta ante eventuais usos fraudulentos como os realizados por Cambridge Analytica."}
{"ID": "PRAZA_2049", "summary": "Que bonito sería que toda esta enerxía branca servise para canalizar e poñer en práctica o lema inicial que adoptaron @s gandeir@s: \"A unión fai a forza\". Que as e os gandeiros de toda Galicia se unisen para crear unha industria láctea galega con peso no mercado global, xestionada unicamente dende a competencia e a idea de facer país.", "text": "A muralla tomada civicamente polos tractores… Incluso esteticamente, impresionante. Santiago tomado… Mais… que pasou? Non teño outra información cá que podo ler nos medios. E non sei se é toda a verdade… Sabíase que as discrepancias, antes ou despois, habían aparecer. Inevitable. Son moi variadas as circunstancias e as formas de entender e de vivir o conflito. Pero a loita continúa. Si, a maioría d@s nos@s gandeir@s seguen aí. Loitando polo seu. Loitando, cheos de razón, por vivir dignamente do seu traballo. Porque non é nin máis nin menos ca iso: cuestión de dignidade. E a sociedade, maioritariamente, con eles. Como non! Sempre hai voces discordantes. É de seu. Que se vaia tractores e maquinaria teñen. Que se viven en casas mellores cá maioría das persoas que vivimos en pisos nas cidades. Que se teñen dous ou tres coches por casa. Que se aproveitan moitas subvencións… Bla, bla, bla… É que @s gandeir@s (tanto @s que producen leite coma carne) non teñen dereito a vivir na era tecnolóxica na que vivimos a maioría da sociedade de referencia? É que @s gandeir@s non merecen o dereito a que as súas fillas e os seus fillos teñan as mesmas posibilidades de ir á universidade cá maioría d@s mortais? Que sería de Galicia sen gandeir@s? Alguén pode imaxinalo? O pouco que queda da Galicia rural está aí por elas e eles. Que sería da nosa terra, da nosa paisaxe, sen a actividade gandeira? E… indo máis aló, canto lles debe a nosa lingua? … Son pouc@s, comparado cos que foron. Pero son necesari@s. Imprescindibles! No económico, dos cartos da carne e do leite, principalmente, viven as vilas galegas. E, tamén, as cidades. Non o esquezamos. Alguén sabe cantos pisos venderon os construtores das vilas e cidades galegas grazas aos cartos da carne e do leite? … Claro, claro… Subvencións? Si, seguro. Pero eles e elas non loitan por iso. As subvencións son a consecuencia dunhas leis de mercado absurdas e acaban sendo imprescindibles para que a roda non pare. Quen vive sen subvencións? Que pasa co mar? E coa minaría? E con tantos outros sectores industriais? Mesmamente, coa cultura? Deixémonos de hipocrisías e de superficialidades… E o goberno, os gobernos, que? Para que están? Coma sempre, os gobernos acórdanse das goteiras cando chove. Daquela, remendos improvisados. E, no entanto, batalliñas electorais. Algún goberno pensa a máis alá de catro anos vista? Esta problemática, coma tantas outras, require de seriedade, de compromiso e de decisión. De estudo, análise, profesionalidade e de plans de actuación a curto, medio e longo prazo. E de valentía e pedagoxía para descabezar inercias tóxicas e privilexios moi enraizados. Ai, xa… Que bonito sería que toda esta enerxía branca servise para canalizar e poñer en práctica o lema inicial que adoptaron @s gandeir@s: \"A unión fai a forza\". Que as e os gandeiros de toda Galicia se unisen para crear unha industria láctea galega con peso no mercado global, xestionada unicamente dende a competencia e a idea de facer país. Que a administración, o goberno, fixese algo serio de verdade para que isto ocorrese. Que bonito, grande, intelixente e necesario sería… Ai, pero… non lles estarei contando o conto da leiteira?"}
{"ID": "PRAZA_2948", "summary": "As contas non cadran. A matemática parlamentaria desmente tanto a euforia da esquerda populista como o triunfalismo da dereita popular. O trámite de constitución do grupo parlamentario galego será o primeiro test sobre a capacidade das novas formacións políticas para cumprir os compromisos adquiridos en campaña.", "text": "As contas non cadran. A matemática parlamentaria desmente tanto a euforia da esquerda populista como o triunfalismo da dereita popular. O trámite de constitución do grupo parlamentario galego será o primeiro test sobre a capacidade das novas formacións políticas para cumprir os compromisos adquiridos en campaña. Nas democracias parlamentarias gaña as eleccións o partido que obtén o apoio necesario para presidir o executivo. Nos sistemas bipartidistas a presidencia adoita corresponderlle á lista mais votada, pero a regra non sempre funciona con mais de dous partidos. As dificultades que o Partido Popular experimenta para formar goberno ilustran ben o caso. De conseguir a presidencia sería ademais en minoría, lonxe de acadar a estabilidade necesaria para governar de acordo coa súa propia teoría política. Proclamar a vitoria nesas circunstancias resulta cando menos contraditorio. Laminada a necesaria reforma institucional, o fulgurante éxito das novas formacións políticas aseméllase mais ben a unha derrota A euforia das novas formacións políticas apunta a unha situación similar. O seu potencial de cambio institucional queda resumido nun algarismo: 117, os votos que impiden a formación de maiorías cualificadas no Congreso. Ao Partido Popular bástanlle os seus 123 escanos para bloquear calquera das reformas constitucionais promovidas polas forzas emerxentes. O mesmo sucede coas reformas por vía orgánica de estatutos autonómicos, lei electoral ou dereitos fundamentais, que os populares poden vetar en solitario coa súa maioría absoluta no Senado. Laminada a necesaria reforma institucional, o fulgurante éxito das novas formacións políticas aseméllase mais ben a unha derrota. As disfuncións da algoritmia institucional deseñada na transición resultan evidentes, pero ademais de acadar un apoio numérico suficiente é preciso coñecer os mecanismos capaces de mellorar o seu funcionamento. Xorden dúbidas razonábeis sobre a capacidade dos novos actores para facelo á vista da euforia coa que celebran o seu tan meritorio como acoutado éxito electoral. Teremos tempo para comprobar si se trata da inconsciencia de quen repasou mal as contas, ou si se trata dunha fuxida cara adiante ante a evidencia de que os números non cadran para implantar as reformas comprometidas. Precisamente Galicia protagonizará o primeiro test sobre a capacidade das novas formacións políticas para cumprir os seus compromisos. Cómpre lembrar que as cúpulas dos partidos que formaron a Marea comprometéronse a constituír grupo propio no Congreso. Tal como foi sinalado no seu momento a concorrencia xunto a Podemos vetaba esa posibilidade, mais supoñemos que a Marea identificou un mecanismo xurídico-político capaz de superar esa contradición, dado que mantivo a súa promesa. Teremos a certeza en breve. Cos orzamentos de 2016 xa aprobados, a troika non precisa formar novo governo para aplicar o seu programa económico durante o próximo ano No entanto, o verdadeiro gañador dos comicios observa distraído o ruidoso esperpento da corte madrileña. Tomar el cielo por asalto! Ante todo, estabilidad! Contrato único! Independencia! Cos orzamentos de 2016 xa aprobados, a troika non precisa formar novo governo para aplicar o seu programa económico durante o próximo ano. Ante a debilidade dos posíbeis gobernos minoritarios, basta a inercia do proceso administrativo sumada ao labor dos servizos de intelixencia para manter o status quo do Estado até os próximos comicios. Así as cousas, o dato mais valioso sería a data de celebración das novas xerais. Resulta interesante considerar a posíbel coincidencia dos comicios galegos coas elecións a Cortes. O adianto das autonómicas galegas é prerrogativa do Presidente da Xunta, quen tería na súa man facelas coincidir cunhas novas xerais de fracasar a consolidación dun goberno en minoría na Moncloa. Trataríase dun escenario propicio para o Partido Popular no caso de que a esquerda caera no erro de se enredar no espectáculo do desgoberno e frustase as expectativas de cambio depositadas nas novas formacións."}
{"ID": "NOS_57384", "summary": "O feche para as frotas do xeito e do cerco desta pesquería chave indigna o sector do mar.", "text": "O polbo, escaso e cos prezos aniñando nas alturas; e a sardiña, sen poder capturarse. Dous dos recursos tradicionalmente de peso na frota pesqueira galega. Galiza dixo esta sexta feira adeus á sardiña ao se fechar esta pesquería para o xeito, a arte tradicional que nesta campaña despacharan máis dun cento de embarcacións de portos como Rianxo, A Illa, Redondela ou Cambados. A mediados de semana fora a frota do cerco de Galiza a que tivo que parar de pescar este recurso, unha noticia que caeu coma unha xerra de auga fría no sector. En ambos os dous casos, o motivo do feche das pesquerías de sardiña vén de que rebasaron o cupo que tiñan asignado para maio, xuño e xullo, que é de 63 toneladas. Na época de mellor estado do recurso e cando este é máis demandado e acada mellores prezos. Desde confrarías e sector falan desta decisión como un mazazo. José Blanco, presidente da Asociación de armadores do cerco de Galiza (Acerga), afirmaba en conversa con Pilar Fernández que a Xunta ten moita responsablidade nesta situación por asumir e aceptar uns repartos e uns acordos \"prexudiciais para Galiza, ficamos coas farangullas\". O armador cerqueiro veu así a ratificar aquel debuxo de hai décadas de Castelao (que era da terra do xeito')de: \"As sardiñas volverían se os gobernos quixesen\". Desde o xeito lembran que son pesca de baixura, artesanal e que non son eles os que esgotan os recursos. Lamentan que o feche chegue nun momento de abundancia de sardiña nas augas galegas. A comisión de seguemento do xeito propón que se permita continuar pescando, con cargo á cota para o trimestre agosto-setembro-outubro. Mais as cousas aínda poden ir a peor: hai algunhas propostas de cota cero de captura de sardiña para 2010. Unha ruíña para a frota galega e, ademais, unha ameaza de sobrexplotación doutros recursos pesqueiros aos que etrían que ir traballar barcos que até agora tiñan a sardiña como recurso principal."}
{"ID": "PRAZA_115", "summary": "A liberdade de expresión sempre tivo límites. E iso non ten por que ser algo malo, porque defender o respecto cara as sensibilidades de todas as persoas, sobre todo cando non dispoñen do altofalante do que as poderosas si, tamén é democracia.", "text": "A visión hexemónica dentro do mundo do Dereito –esto é, o positivismo xurídico-, explica a natureza dos \"dereitos e liberdades públicas\" como obrigas para terceiros. Para o positivismo, todos os dereitos en realidade son obrigas, nalgúns casos, por exemplo, aqueles bens xurídicos protexidos por delitos, son obrigas que se predican das cidadás e cidadáns, noutros casos, como o sinalado, esas obrigas son obrigas que debe soportar o Estado. Así, cando falamos de liberdade de prensa, o Estado, que ten o monopolio da violencia, debe absterse de utilizala contra un xornal que publica algo que atenta contra os intereses do Estado –v.gr., un artigo chamando ao comunismo libertario, á insurrección contra do aparello estatal, unha crítica á política internacional dese Estado, etc.-. Ademais, derivado desa obriga, o Estado autoimponse o deber de regular mecanismos que permitan o exercicio libre dese dereito, por exemplo, tipificando delitos de particulares contra quen pretende limitar o labor da prensa. O Estado autoimponse o deber de regular mecanismos que permitan o exercicio libre dese dereito, por exemplo, tipificando delitos de particulares contra quen pretende limitar o labor da prensa Daquela, no caso dos asasinatos contra traballadores de Charlie Hebdo, falar de atentado contra a liberdade de expresión non é estritamente correcto, pois iso suporía un ataque á constitución do Estado. En realidade, estamos perante un feito meramente criminoso. Agora ben, é unha cuestión pacífica e compartida por todxs -agás, parece, que por algún opinador que afirma que non se lle poden poñer \"peros\" á liberdade de expresión- que os dereitos teñen sempre límites. Eses límites pretenden sempre asegurar o respecto aos dereitos de terceiros. Así, para o caso español, o artigo 7.2 do CC expresa que a Lei non ampara o abuso de dereito. Isto significa, por exemplo, que se un arrendador ten unha casa en alugueiro e o arrendatario non paga as rendas, o dono non pode, polos seus propios medios, botar ao arrendador moroso. Isto faise porque deixar que os particulares executen por si propios os dereitos privados pode conlevar a aparición de situacións de inxustiza, imaxinemos, por exemplo, que o arrendatario é un fillo menor do dono, ou que o dono debe á súa vez, diñeiro ao arrendatario, ou que o dono non quere cobrarlle as débedas ao arrendatario para así ter unha escusa para botalo da casa. Que é ou que deixa de ser unha inxustiza non é unha cuestión tan xurídica como política Agora ben, aínda que a natureza xurídica dos dereitos públicos sexa unha outra diferente á dos privados, o certo é que tamén teñen limitacións e que esas limitacións son impostas polas mesmas razóns que naqueles: para previr que se dean situacións de inxustiza. Que é ou que deixa de ser unha inxustiza non é unha cuestión tan xurídica como política. Por exemplo, agora mesmo se está a librar unha batalla sobre o tema do aborto. Unhas persoas consideran que se debe prohibir porque o dereito a dispoñeren as mulleres do seu propio corpo non pode prevalecer sobre o desenvolvemento dun feto; sendo que outras persoas, entenden que a inxustiza se produce xustamente na situación contraria. É unha batalla política, na que se enfrontan concepcións político-normativas opostas, que serve para crear bandos, que se agrupan sobor de tendencias máis progresistas ou máis conservadoras. Está claro que debuxar a caricatura de Mahoma, cando esto está prohibido polo Islam, crea unha percepción de inxustiza en moitas persoas Agora ben, indo ao gran, ao caso de Charlie Hebdo. Está claro que debuxar a caricatura de Mahoma, cando esto está prohibido polo Islam, crea unha percepción de inxustiza en moitas persoas que non teñen por que ser as máis radicais, nin radicais, nin tan sequera teñen que ser practicantes, nin tan sequera teñen que ser musulmás. Establecer se esa inxustiza debe ser un límite a unha liberdade pública é unha cuestión política, non xurídica. Unha cuestión política na que, evidentemente, o poder estatal e a chamada opinión pública francesa -que de pública non ten nada, nin en Francia, nin en España, nin na China popular- téñense decantado cara unha tendencia: entender que satirizar ás figuras sagradas do Islam é totalmente lícito. Esta decisión, para quen coñeza o currículum colonial, imperialista e lepenista francés, non é de estrañar. Aínda que así de súpeto moitxs queran agochalo, a liberdade de expresión sempre tivo límites. E iso non ten por que ser algo malo En realidade, todas as sociedades teñen os seus tabús, e a nosa, supostamente tan avanzada, progresista, culta e respectuosa, non é unha excepción. De feito, onte mesmo, en Francia -que casualidade- o Estado mandou deter a un humorista –Dieudonné- que expresou en Facebook tras participar na manifestación en apoio aos asasinados pola sinrazón que se sentía como Charlie... Coulibaly, o secuestrador da tenda xudía en París. E é que, aínda que así de súpeto moitxs queran agochalo, a liberdade de expresión sempre tivo límites. E iso non ten por que ser algo malo, porque defender o respecto cara as sensibilidades de todas as persoas, sobre todo cando non dispoñen do altofalante do que as poderosas si, tamén é democracia."}
{"ID": "PRAZA_1050", "summary": "Os casos de mulleres vítimas de violencia machista con orden de protección o medidas cautelares descenderon en Galicia das 1.368 (2011) ás 1.215 (2014). Só se incrementan nas mulleres por riba dos 45 anos.", "text": "Os casos de violencia de xénero denunciados, e nos que a vítima acadou unha orden de protección ou outro tipo de medidas cautelares, seguen desendendo en Galicia e no conxunto de de España. Esta, que podería constituír unha boa nova, tamén podería ser un indicador dunha violencia soterrada e oculta que en moitos casos non ve a luz e non se denuncia, sobre todo dende o comezo da crise económica. En concreto, en 2014 houbo 1.215 casos rexistrados de violencia de xénero en Galicia, unha cifra en constante descenso, dende os 1.368 casos de 2011, os 1.294 de 2012 e os 1.253 de 2013. No conxunto de España a tendencia é semellante, pasando dos 32.242 casos de 2011 aos 27.087 casos o pasado ano. As estatísticas publicadas polo INE a partir dos datos do Rexistro como vítimas de violencia de xénero do Ministerio de Xustiza ofrecen tamén información sobre a idade das denunciantes e dos denunciados, un perfil que nos últimos tempos foi sumando anos. Dende o 2011 diminuíu especialmente o número de casos nos que a vítima tiña menos de 25 anos (pasaron de 202 a 165) ou entre 25 a 44 (de 831 a 702), mentres que pola contra se incrementaban os casos que afectaban a mulleres entre 45 e 64 anos (creceron de 296 a 301) e a mulleres de máis de 65 (de 39 a 47). Dende o 2011 diminuíu especialmente o número de casos nos que a vítima tiña menos de 25 anos (pasaron de 202 a 165) ou entre 25 a 44 (de 831 a 702) O Rexistro permite igualmente observar o tipo de relación de parella que manteñen vítima e agresor. Na meirande parte dos casos o denunciado é o cónxuxe (29%), aínda que a súa proporción está a descender (era o 34% en 2011), en paralelo coa diminución do peso do matrimonio nas relacións. As parellas de feito supoñen xa o 23% dos denunciados, e as ex-parellas de feito outro 15%. Ex-mozos (14%) e mozos (12%) son a seguinte categoría en importancia, por riba dos ex-cónxuxes (6%) e as persoas en proceso de separación (2%)."}
{"ID": "NOS_46724", "summary": "Boa parte do persoal traballa en Stellantis, onde decorreu a protesta, e noutras compañías do sector do automóbil.", "text": "Persoal de Ilunion Servizos Industriais Galiza, centro especial de emprego do grupo Once, mobilizouse novamente na mañá desta sexta feira en Vigo para exixir un convenio de empresa \"xusto\" e salarios \"dignos\". Fixérono fronte á sede de Stellantis, xa que, explica a CIG nun comunicado, os 620 traballadores e traballadoras de Ilunion prestan servizo en compañías do sector do automóbil como a factoría viguesa ou Lear, Benteler e Denso, entre outras. O sindicato advirte que o persoal desta compañía percibe o salario mínimo interprofesional e sofre \"altos ritmos de traballo\". A precariedade laboral na automoción chega ao persoal con discapacidade \"Ademais de non recibir a formación obrigatoria estabelecida por lei, algo especialmente grave tendo en conta que se trata de persoas con capacidades especiais, tanto físicas como psíquicas\", salientan. A elas e eles aplícaselles o convenio estatal de Centros Especiais de Emprego, mais a CIG demanda que se lles aplique o do sector no que prestan servizo ou, en caso contrario, que se negocie un propio. A central sindical solicitou un AGA —procedemento extraxudicial de resolución de conflitos de traballo—, mais Ilunion \"rexeitou a mediación\". \"No marco desta iniciativa desenvolvéronse xa numerosas mobilizacións, tanto diante da sede do grupo Once como das distintas empresas da automoción nas que o persoal de Ilunion presta servizo\", precisa a CIG."}
{"ID": "PRAZA_3923", "summary": "Grupo Industrial Riesgo faise co 74% do capital de Alu Ibérica menos dun ano despois de que as plantas fosen mercadas polo fondo de investimento suízo Parter.", "text": "O Grupo Industrial Riesgo farase cargo da xestión das antiguas fábricas de Alcoa na Coruña e Avilés logo de que esta compañía adquirise o 74% do capital de Alu Ibérica menos dun ano despois de que as plantas fosen mercadas polo fondo de investimento suízo Parter. Grupo Industrial Riesgo faise co 74% do capital de Alu Ibérica menos dun ano despois de que as plantas fosen mercadas polo fondo suízo ParterSegundo informa Alu Ibérica nun comunicado, este grupo industrial español adquiriu \"a maioría do paquete accionarial\" de Alu Ibérica A Coruña e Alu Ibérica Avilés, polo que se fai cargo da xestión de ambas plantas desde este mes de abril co obxectivo de \"impulsar a actividade destas instalacións industriais\" e advertindo de \"accións inmediatas no campo dos necesarios investimentos nas plantas\". O novo xestor di qeu \"reindustrializará\" ambas as dúas fábricas \"sempre co obxectivo de preservar os empregos en ambas comunidades\". Alu Ibérica xustifica a revenda na \"difícil situación que atravesa a industria do aluminio en España\", que foi \"agravada pola crise do coronavirus\"Esta operación de revenda chega menos dun ano despois de que o fondo Parter comprase a Alcoa as plantas de aluminio galega e asturiana e malia que aquela operación estivese sempre supeditada a un proxecto industrial que nunca chegou. Alu Ibérica xustifica a decisión \"ante a difícil situación que atravesa a industria do aluminio en España, agravada extraordinariamente a nivel global como consecuencia da crise sanitaria da Covid-19\", o que levou a Parter Capital a \"integrar en Alu Ibérica, como socio estratéxico, ao conglomerado de empresas do Grupo Indutrial Riesgo, a través do seu vehículo de investimento System Capital Management SL (SCM)\". Segundo o comité de empresa da factoría de Avilés, Parter e este grupo industrial levarían negociando desde o outono pasado, poucas semanas despois de que o fondo suízo mercase as dúas plantas en xullo."}
{"ID": "NOS_5574", "summary": "Após navegar polos sete mares, Rumahoy chegan a porto co seu álbum de debut: The Triumph of Piracy. Un traballo que nos trae 9 temas de pirate metal que demostran que aprenderon a lección dos grandes do xénero, como Alestorm.", "text": "Tratándose de pirate metal, xa sabemos que imos atopar unha grande dose de folk metal, cantos mariñeiros e aventuras a bordo dos galeóns. E iso mesmo é o que atopamos este primeiro traballo de Rumahoy. Dende o primeiro tema, AHOY!, que en argot mariñeiro sería algo como \"á vista!\", aínda que tamén é empregado como saúdo, a banda marca claramente as bases de por onde vai o seu estilo. Non en van, foi elixido como tema de adianto deste plástico, xa que ademais de presentarse musicalmente, a banda preséntase nel. Destaca que a banda non trata de ser un clon de Alestorm, algo que, por desgraza é moi habitual no pirate metal, senón que tratan de facerse un estilo propio sen abandonar o canon. Algo que conseguen en parte grazas a ser de Ocracoke, unha vila mariñeira en Carolina do Norte e cuxa tradición musical tamén engadiron ás súas composicións. Rumahoy tratou neste traballo de crear temas festeiros con retrousos cantábeis, xunto con letras desenfadadas, até o punto nalgún caso de abeirar a parodia excesiva, algo que seguramente non lle gustará aos puristas, ao igual que o exceso de \"Ahoy's\" e de \"Yarr's\" , repetido até a saciedade. Conseguen perfectamente un aire moi propio en parte polo uso riffs moi propios do pagan metal xunto con retrousos que convidan a cantar cunha botella de ron na man. Con estes ingredientes é moi sinxelo caer no aburrimento dun disco plano e monótono, cousa que estes piratas de Ocracoke son quen de evitar cun par de receitas sinxelas. A primeira delas é tentar meter temas con algunha variación de tempo, como é o caso de The Hatian Slam ou Kill the Trolls, nos que aceleran até chegar a ritmos máis propios do speed metal, ou polo contrario frear até un medio tempo como é o caso de Netflix and Yarr. Mesmo sorprenden con toques disco dance en Pirateship. A segunda é que, agás de un par de temas, todos os temas quedan por baixo dos 4 minutos. Curiosamente, o corte de peche, The Triumph of Piracy, unha canción que dura pouco máis de 10 minutos, é o peor peche que lle poderían dar, xa que acaba aburrindo e só pensan en que acabe de unha vez, deslucindo todo traballo anterior. The Triumph of Piracy é un disco que descobre unha banda capaz de facer cousas novas dentro do pirate metal. Temas como Forest Party, Ahoy! e The Haitian Slam están chamados a pasar á historia do xénero como clásicos. En xeral é un disco de fácil escoita e cuxos retrousos fican soando na cabeza durante horas. Un moi bo Lp de debut desta banda nacida no 2012 e que vai dar moito que falar. Como din Alestorm: \"Rum, Ahoy!\" Rumahoy nas redes Web: http://rumahoy.xyz/Facebook: https://www.facebook.com/rumahoyTwitter: @Rumahoy Listaxe de temas 1.-AHOY! 2.-Quest for Heritage 3.-Forest Party 4.-The Haitian Slam 5.-Huffman, the Pirate King 6.-Kill the Trolls 7.-Netflix and Yarr 8.-Pirateship 9.-The Triumph of Piracy"}
{"ID": "NOS_33871", "summary": "Saud al-Qahtani, ex asesor do príncipe herdeiro, Mohamed bin Salman, ─considerado o instigador do crime─ foi liberado sen cargos na súa contra.", "text": "A Fiscalía Xeral de Arabia Saudí anunciou onte que cinco persoas acusadas do asasinato do xornalista Jamal Khashoggi foron condenadas á pena de morte. No entanto, Saud al-Qahtani, ex asesor do príncipe herdeiro, Mohamed bin Salman, foi finalmente liberado ao non seren presentados cargos na súa contra, informan as axencias internacionais. Na lectura do fallo xudicial, o voceiro da Fiscalía, Shalaan Shalaan, sinalou que outras tres persoas acusadas de estaren implicadas nos feitos foron sentenciadas a penas que suman 24 anos de prisión. Khashoggi morreu a mans de funcionarios sauditas dentro do Consulado do país árabe na cidade turca de Estambul. O xornalista, crítico co réxime e especialmente coa xestión de Mohamed bin Salmán (entre outros temas, opúxose á intervención no Iemen), acudiu ás dependencias consulares o 2 de outubro de 2018, co fin de tramitar a documentación necesaria para poder casar coa súa prometida, e xa nunca máis volveu saír con vida. \"Antítese da xustiza\" Segundo informara a prensa turca, os restos mortais de Jamal Khashoggi nunca chegaron a aparecer xa que, supostamente, o seu cadáver foi desmembrado e sacado secretamente da legación diplomática. O asasinato de Khashoggi provocou as críticas internacionais. A CIA e algúns gobernos occidentais sinalan o príncipe herdeiro como o indutor do asasinato. j) Bottom line: the hit-men are guilty, sentenced to death. The masterminds not only walk free. They have barely been touched by the investigation and the trial. That is the antithesis of Justice. It is a mockery.— Agnes Callamard (@AgnesCallamard) December 23, 2019 Segundo afirman persoas expertas na materia, o proceso foi \"a antítese da xustiza\". A relatora da ONU sobre dereitos humanos Agnes Callamard, nun fío no Twitter, desenvolve esa valoración, que resume cun \"os executores son culpábeis e condenados a morte. Os indutores non só saen libres, senón que apenas foron investigados\"."}
{"ID": "NOS_33839", "summary": "O portavoz parlamentar do PPdeG, Pedro Puy, asegurou esta mañá que cre que Alberto Núñez Feijóo, actual presidente da Xunta de Galiza, será candidato á Presidencia nas eleccións galegos de 2016. \"É a mellor aposta que ten o PP\", sinalou.", "text": "Nunha entrevista concedida á Cadea Ser, o portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, puxo de manifesto esta mañá que Feijóo será o candidato á Presidencia do Goberno galego nas eleccións galegas de 2016. Para Puy, o actual presidente da Xunta \"é a mellor aposta que ten o PP\". \"O meu desexo persoal é que Feijóo sexa o candidato\", sinalou Puy, quen advertiu de que está nestes momentos en política porque o presidente da Xunta llo pediu. Porén, lembrou que o PPdeG \"dediciu determinar quen é o presidente do PP e o candidato á Presidencia da Xunta nun congreso\", unha cuestión que considera \"un acerto\". Puy puxo de manifesto que \"estas decisións non só dependen do conxunto da militancia, senón do que opine a persoa elixida\", polo que engadiu que \"teñen que falar\"."}
{"ID": "NOS_7304", "summary": "O escultor Jorge Varela (Allariz, 1971) presenta en Vigo a mostra \"Variacións sobre a pedra fría\", terceira parte dun proxecto iniciado con 5 fragmentos dunha historia máis longa e seguido con \"As notas xeométricas\". O artista elabora obras entendidas como resultado dunha investigación que une o historiográfico, o elemento autobiográfico e a análise formal. Nesta ocasión parte dun tema, a pedra fría, que remite á iconografía medieval e renacentista, do \"Cristo á espera da morte sentado na pedra\".De feito o autor cita a representación do tema por parte do Mestre de Sobrado, un escultor manierista de quen se conserva este motivo na igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro (ca. 1574).", "text": "A análise do escultor, porén, lígase á materialidade cristalográfica e á estrutura dos poliedros, froito dunha intensa meditación sobre a forma, para acabar plasmando unha interpretación desde unha posición decididamente escultórica que a trata como volume no espazo. As sutís referencias visuais das súas construcións parten da evocación e deixan no espectador esa impronta, facendo que perante as súas esculturas pairen imaxes de longa tradición na arte occidental desde a Idade Media. Os debuxos, tamén presentes na exposición de SVT, non son os simples bosquexos dun escultor, senón que transmiten en dúas dimensións a potencia das formas volumétricas, mesmo non parecen ten un sentido como obra previa á escultórica, máis ben semellan obra paralela, ou mellor, obra en estreita simbiose coa desenvolvida no ámbito espacial. Todo o traballo de Jorge Varela ten un referente xeométrico que ten que ver cunha profunda identificación coa procura do que poderiamos definir como \"forma orixinaria\", como se o artista quixese captar da forma a pulsión, non a súa visión máis epidérmica. Esa análise de estruturas construtivas ten que ver con conceptos matemáticos. Vendo as obras podemos pensar nesas estruturas autosimilares chamadas fractais. A idea é simple: a natureza constrúe estruturas aplicando un criterio de economía. Crea un modelo ou \"motivo arquitectónico\" e repíteo a diferentes escalas dentro e fóra do obxecto. O exemplo clásico que sempre chamou a atención dos botánicos é o sistema de ramificación das plantas. Alén diso, os fractais son infinitos: é dicir, observemos ao nivel que observemos, son estruturas que semella que non se esgotan nunca. Temos a sensación de estar contemplando un mesmo patrón todo o tempo, modelo que se nos amosará con toda a súa beleza e complexidade, mais sen que mude por moito que se modifique o nivel de observación. Esa é a complexidade e beleza que nos queren transmitir as Variacións sobre a pedra fría vista desde a plasticidade que evoca o deseño, ligando o mundo cultural e o natural nun todo coherente."}
{"ID": "NOS_25722", "summary": "Esta nova formación ten entre a súa militancia algunhas persoas que participaron no proxecto Compromiso por Galicia.", "text": "Este sábado naceu un novo proxecto político na Galiza: o Partido Galego. Presentouse en Melide, e entre os seus membros atópase Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia. Ademais de Mosquera, atópase Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un \"proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia\". O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural). Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido \"en defensa\" da sociedade e da lingua propia, que estea \"convencido\" de que se sitúa nun marco europeo e que debe \"mirase á Eurorrexión\". Por iso, este novo partido debe primar a \"interlocución\" e o diálogo para recibir os \"impulsos que hai na sociedade\" e construír este país \"con todos\". A data e o lugar elixidos non foron casuais, pois decembro é un mes de referencia histórica para a política galega, tanto por ser o mes do nacemento do Partido Galeguista do ano 31 como por ser o lugar e mes da celebración hai 500 anos da Asemblea de Melide. \"Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande\", engadiu, pero sen caer en \"apriorismos\"."}
{"ID": "NOS_46312", "summary": "A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes reclama que \"é nas propias residencias onde deben ser atendidos todos os usuarios infectados pola COVID-19 que non precisen hospitalización\".", "text": "A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes (ASSP), na que se integran a Federación de Usuarios e Familiares das Residencias (REDE), as Traballadoras das Residencias de Galicia (TREGA), e o Movemento en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN), pide \"sentido común\" e \"renunciar\" á creación \"duns hipotéticos centros intermedios ou residencias integradas\" nas que atender a maiores con coronavirus nunha \"carta aberta\" ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Sanidade e á conselleira de Política Social. Así, reclaman que \"é nas propias residencias onde deben ser atendidos todos os usuarios infectados pola COVID-19 que non precisen hospitalización, así como os seus contactos próximos que tamén estean ingresados\". Desta maneira, solicitan que a Consellaría de Sanidade poña \"xa\" a disposición do persoal das residencias \"o material de protección (máscaras de protección, produtos de base alcohólica para hixiene de mans, luvas, gafas, batas...) que é imprescindíbel para poder atender ás persoas usuarias cun mínimo de seguridade\" para minimizar a posibilidade de resultar infectado polo coronavirus. E salientan que a Administración \"debe garantir que as traballadoras\" que van usar ese equipos de protección individual (EPI) teñen \"a formación adecuada para facelo correctamente\". Na súa misiva lembran que \"as residencias son centros socio-sanitarios, moi caros por certo\"; para a continuación salientar que \"é totalmente inadmisíbel que agora pretendan reivindicar que son só 'centros sociais', nos que non é posíbel atender a pacientes que teñen infeccións por coronavirus que non precisan hospitalización\". Pasar a responsabilidade á sanidade pública Neste sentido, critican a proposta inicial da Xunta de trasladar ás persoas maiores usuarias dunha residencia de anciáns que desen positivo en coronavirus ás residencias \"integradas\" de Baños de Molgas (93 prazas) e Porta do Camiño en Compostela (84 prazas) por carecer de \"sentido común\". \"A proposta contaba co apoio explícito do sector máis importante da patronal das residencias privadas, agrupados en AESTE-CEOE pois, se ía adiante, conseguían desfacerse das súas responsabilidades e trasladarlle o problema á sanidade pública (incluídos probabelmente tamén os custes asociados)\", denuncian desde a Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes. \"A proposta tamén contaba co apoio de algúns profesionais sanitarios que traballan nas residencias, e que estaban asustados diante dun problema que, sen apoio externo, é difícil de abordar nas condicións de enorme precariedade de recursos, humanos e tamén materiais, existente nas residencias desde moito antes da actual crise do coronavirus\", engaden. Porén, sinalan que ese plan do Executivo de Alberto Núñez Feixoo era \"pouco realista na estimación da magnitude do problema, como se demostra no feito de que dous días despois de que se fixera pública, xa hai mais usuarios (211) de residencias positivos ao coronavirus que prazas previstas para esa función (93+84=177)\". \"E todos os datos apuntan a que vai haber un incremento de casos nas residencias nos próximos días\", aseveran. Test de coronavirus ao persoal Asemade, instan á Consellaría de Sanidade a que considere \"prioritaria a realización de test diagnósticos de coronavirus ao persoal asistencial das residencias que presente un cadro clínico de infección respiratoria de calquera gravidade\". Ademais, contan con que \"tamén se debe considerar prioritario, a realización dos tests a todas as usuarias e usuarios das residencias nas que se identifiquen casos de coronavirus\". Por outro lado, apuntan que a Consellaría de Sanidade \"debe comprobar que en todas as residencias existen as zonas de illamento para as persoas usuarias que estean infectadas por COVID-19\", de acordo co estabelecido polo Ministerio de Sanidade. Esta Alianza constituíuse \"para defender uns servizos sociais (residencias, servizos de atención no fogar, servizos de día...) de calidade, diversificados, en numero suficiente, de proximidade e ao alcance de todos, e plenamente públicos, dirixidos aos maiores e os dependentes\"."}
{"ID": "PRAZA_13911", "summary": "O padexeiro de Cangas convértese no deportista español máis laureado duns Xogos Olímpicos logo de acadar a medalla de prata, o quinto metal olímpico da súa carreira, cunha espectacular remonta nos últimos 250 metros.", "text": "David Cal xa é unha lenda. O padexeiro galego converteuse este mércores no deportista español máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. Sumou a súa quinta medalla, cumpriu cos prognósticos e deulle a Galicia o seu segundo metal en Londres, outra prata, tras a conseguida onte polo ferrolán Gómez Noya. E conseguiuno cunha remonta histórica que o levou do sexto ao segundo posto nos últimos 250 metros. David Cal estaba a tres segundos do alemán Brendel a falta de 250 metros e case acaba gañando o ouro Gañou Brendel, o alemán, que marcou un ritmo espectacular desde a saída, pero máis espectacular foi aínda a remonta de Cal, que empezou os últimos 250 metros na sexta posición, pero que superou catro padexeiros no último cuarto da carreira. Faltáronlle tan só uns metros para alcanzar un ouro que semellaba unha utopía a metade de carreira, cando o galego ocupaba as últimas posicións. De feito, o de Cangas estaba a 1,90 segundos do xermano no primeiro cuarto da proba, a 2,33 nos 500 metros, e a 3 segundos nos 750. Na meta, quedou a 0,87 segundos do campión olímpico. Galicia suma nove medallas olímpicas en piragüismo en toda a historia, cinco delas gañadas polo de Cangas Catro pratas e un ouro adornan agora o palmarés dun deportista que acaba de deixar gravado para sempre o seu nome na historia do deporte e nunha disciplina, o piragüismo, na que Galicia é toda unha potencia mundial. Das dez medallas conseguidas por España nesta disciplina, en nove delas participaron deportistas galegos. Desde aquela prata de Ramos Misioné en K-4 en Montreal, que continuou cun bronce no K-2 en Moscova, xunto a outro bronce de Enrique Míguez ou o ouro de Carlos Pérez Rial en Pequín. O país suma xa nove metais olímpicos nas augas tranquilas, das que máis da metade corresponden a este padexeiro do Hío, que empezou a súa lenda en Atenas e promete non rematala ata chegar a Río de Xaneiro, en 2016. E sumou ademais unha medalla máis para o club Ría de Aldán, de onde saíu Carlos Pérez Rial e onde adestra tamén Teresa Portela, que disputará en Londres os seus cuartos Xogos Olímpicos. En canto á delegación española, David Cal supera xa a históricos como o ciclista Joan Llaneras e a tenista Arantxa Sánchez Vicario, os outros dous deportistas que conseguiran catro metais olímpicos. Agora o de Hío é único e vai camiño de selo aínda máis."}
{"ID": "NOS_56404", "summary": "Unha PCR negativa, despois dun diagnóstico positivo polo novo coronavirus, indica que o axente que provocou a enfermidade desapareceu. O virus xa non está, pero para as e os pacientes máis graves, a doenza segue presente. Profesionais médicos de distintas áreas vixían as secuelas da Covid-19.", "text": "Unha PCR negativa fai mudar a denominación dos casos diagnosticados de Covid-19. Confirma a desaparición do virus e converte os casos activos en casos curados. Mais a saúde das persoas doentes nin recoñece nin responde a un salto tan radical. Algunhas manteñen o soporte respiratorio, outras tratan de recuperar masa muscular e mobilidade, en moitas persiste a inflamación e requiren tratamento. Despois da Covid-19, o estudo e o seguimento das persoas infectadas polo SARS-CoV-2 continúa nos hospitais, coa mirada posta nas secuelas e nos coidados derivados das primeiras evidencias. \"Certezas aínda temos poucas\", apunta Pedro J. Marcos, pneumólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). \"As que temos son as que nos chegan do traballo previo desenvolvido na China. Aí só fan referencia a problemas a curto prazo, mais é posíbel que a medio e longo prazo cheguemos a ver máis complicacións\". Xa pasou con outras enfermidades mediáticas, a mediados dos anos 80, explica José Luis Jiménez, médico internista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e portavoz da Sociedade Galega de Medicina Interna. \"Estou pensando, por exemplo, nas persoas afectadas polo aceite de colza. Moitos pacientes quedaron con secuelas despois dun proceso agudo. Polo tanto, creo que é pertinente ter isto en conta, sobre todo porque xa temos doentes cunha síndrome poscovid que hai que vixiar e tratar, co coñecemento actual e co que vai xurdindo\". Unidades poscovid Neste sentido, comezan a formarse unidades poscovid que se encargan de avaliar todas as persoas que estiveron ingresadas. \"Son unidades de valoración que buscan avaliar os órganos diana, sobre todo os pulmóns, pero tamén o corazón ou os riles, para empezar a definir cales son as secuelas desta doenza\", sinala Jiménez. E son, ademais, unidades que \"non só pretenden ser asistenciais senón que asumen un labor de investigación fundamental co fin de saber que pasa, adquirir experiencia e coñecemento sobre algo que é absolutamente novo\". Están integradas por facultativas especialistas de diversas áreas que durante estes meses traballaron con pacientes Covid. O importante, engade Pedro J. Marcos, é \"ir definindo profesionais de referencia nas distintas especialidades a respecto da Covid-19\". Secuelas respitarorias Desde o punto de vista respiratorio, 80% dos casos positivos por coronavirus desenvolveron patoloxías leves e non precisaron ingreso hospitalario. \"É de esperar que a curto e medio prazo non presenten máis complicacións, pero non sabemos que efecto vai ter o paso do tempo nin como se vai ver alterada a resposta inmune\", advirte Marcos. \"Dentro do grupo de doentes máis graves, un 5% acabou na UCI e o resto cursaron pneumonías significativas que requiriron ingreso hospitalario. Hai que ver como impactaron esas pneumonías nos pulmóns das doentes. Moitas desenvolveron un dano alveolar difuso moi forte, cunha inflamación grave dos pulmóns. E aquí, contamos coa experiencia previa de pneumonías que non teñen que ver coa Covid-19 nas que os pulmóns reaccionaron intentando arranxar o dano e produciron fibrose\", confirma o pneumólogo. Este un dos supostos que trata de valorar agora o colectivo médico no caso das pacientes Covid: se os pulmóns desenvolveron fibrose, canta, e con que afectación á súa función respiratoria. \"Tamén sabemos que outros virus afectan un pouco os bronquios e poden deixar certo compoñente de hiperreactividade bronquial, unha afectación moi parecida á asma, que fai que se contraian e se fechen provocando unha crise de fatiga. Temos que ver se a medio prazo isto pode xerar algún tipo de problema\", engade Pedro J. Marcos. As e os profesionais sanitarios traballan cun plan de seguimento no que advirten a necesidade de realizar procedementos avanzados para controlar a función respiratoria, mediante espirometrías especiais e radiografías de control, \"que estamos facendo ás oito e ás doce semanas da alta hospitalaria, co fin de determinar cal pode ser o índice de fibrose, solicitar un TAC pulmonar, confirmar de que tipo é e progresar no estudo\". Risco de embolia pulmonar Outro dos riscos, apunta o internista José Luis Jiménez, é a aparición de embolias pulmonares, \"relacionadas cun problema de exceso de coagulación detectado xa en pacientes ingresados na UCI con episodios agudos\". Agora están vendo que se poden repetir durante a fase de recuperación. Así, \"a medio prazo debemos estar pendentes da aparición de calquera problema de obstrución arterial que xere un aumento da presión das arterias do pulmón\", engade Pedro J. Marcos, \"que se coñece co nome de hipertensión pulmonar\". O que é seguro, conclúe o portavoz da Sogami, \"é que esta enfermidade non se acaba cunha PCR negativa, en absoluto\". Recuperación física, cognitiva e psicolóxica Internistas e pneumólogas asumiron a maior parte dos casos de Covid-19 máis aló das Unidades de Coidados Intensivos. Agora coordinan un seguimento eficaz para a súa recuperación en contacto con outras especialistas que atendan posíbeis consecuencias neurolóxicas e psicolóxicas, ademais doutras alteracións físicas. \"Moitas das doentes que conseguiron saír da UCI fano con soporte respiratorio, conectadas a unha máquina a través do pescozo, dunha traqueotomía. Necesitan traballar coas fisioterapeutas respiratorias, gañar mobilidade e masa muscular, porque saen moi débiles\", explica Pedro J. Marcos. Co tempo, prescindirán do ventilador para volver respirar por si mesmas. Mellorar a súa función pulmonar é un dos obxectivos ao igual que a recuperación cognitiva e psicolóxica, que poida requirir un ingreso prolongado na UCI."}
{"ID": "NOS_48688", "summary": "Este sábado iniciouse en Vigo un curso presencial que complementa aos obradoiros que se viñeron realizando en dez institutos.", "text": "O proxecto \"Canteira de igualdade\", unha iniciativa que forma parte da programación da Escola de Igualdade María Vinyals, coordinada por Rosa Cobo, comezou este sábado un curso presencial de 40 horas que se impartirá durante os vindeiros dez sábados na sede da Deputación en Vigo. A proposta complementa o traballo realizado nos últimos meses en dez institutos de Vigo, As Neves, Caldas, Moaña, Vilaboa, Redondela, O Rosal e Pontevedra para abordar os conceptos básicos de formación feminista. Neles, oito formadoras abordaron con mozos e mozas da provincia temas como a división sexual do traballo, o amor, as redes sociais, a historia do feminismo, a cultura da violación, a pornografía, a prostitución e outros temas de actualidade. \"Queremos manternos como un referente nacional en materia de igualdade e unha parte fundamental deste obxectivo pasa pola formación da mocidade para facela partícipe do cambio\", aseguraba a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, horas antes do inicio do curso. Silva valorou como unha \"experiencia apaixonante\" as charlas nos centros de secundaria durante o último trimestre do ano e salientou \"o grande éxito polo interese xerado no alumnado e a súa participación\". O equipo de relatoras A selección das oito relatoras para o curso realizouna a Escola María Vinyals seleccionou un total de oito relatoras procedentes de diversos campos de traballo. Na actividade participan Priscila Retamozo, politóloga e coordinadora do proxecto coeducativo \"Comando igualdade\"; Mercedes Oliveira, catedrática de Filosofía; Luisa Abad, licenciada en Pedagoxía e premio á innovación educativa en prevención da violencia de xénero; Amada Traba, asesora en socioloxía de xénero e políticas de igualdade; Lola Varela, profesora e docente de cursos de formación contra a violencia; Amara Pérez, investigadora desde a perspectiva de xénero e experta en igualdade; Mónica Baleirón, asesora en programas educativos de igualdade; e, por último, Lucía Coutado, divulgadora, técnica en violencia de xénero e mediadora intercultural que traballa con adolescentes. Ao curso \"Canteira de igualdade\" asistirán 25 persoas polas restricións sanitarias en vigor, e conta cunha numerosa lista de agarda."}
{"ID": "NOS_52806", "summary": "O conselleiro Román Rodríguez salienta que os centros de ensino son \"seguros\" fronte á pandemia.", "text": "O comité clínico confirmou esta segunda feira que os centros de ensino da Galiza retomarán as aulas esta sexta feira 8 de xaneiro, como estaba previsto inicialmente. Após a reunión mantida polas responsábeis do comité e a Consellaría de Sanidade, acordouse non demorar o inicio das aulas neste 2021 e manter os protocolos sanitarios vixentes. Román Rodríguez, conselleiro de Educación, salientou que a ratificación desta decisión \"reafirma que os centros educativos e as aulas son lugares seguros\". Así mesmo, considerou que nos últimos meses \"se confirmou con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia\". Para o responsábel da ensinanza galega, isto é consecuencia das \"difíciles\" medidas postas en marcha, así como polo \"gran traballo do profesorado e as alumnas e alumnos\" respectando as normas. Cómpre lembrar que 2020 rematou con 55 aulas fechadas por casos positivos de coronavirus, que ascenderon a 858 cando finalizaron as aulas a finais de decembro."}
{"ID": "PRAZA_204", "summary": "O certame, centrado na Xustiza Universal, as vítimas de desaparicións e outros crimes de lesa humanidade, coincidirá cunha nova rolda de negociacións no Consello de Seguridade da ONU.", "text": "2015 será un ano importante para o Sahara. O pasado ano o Consello de Seguridade da ONU fixou o vindeiro mes de abril como data límite para a solución ás violacións de dereitos humanos que sofre a poboación saharauí por parte de Marrocos. Tamén se mantén a explotación ilegal dos recursos naturais do país, comezando polos fosfatos. No caso de non haber avances, o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, propuxo que o Consello realizase una revisión completa do proceso de negociación entre a Fronte Polisaria e Marrocos. En abril retomaranse unhas negociacións, con resultado incerto e nun contexto xeopolítico cada vez máis inestable, nas que España, como membro do Consello de Seguridade, xogará un papel aínda máis protagonista. Coincidindo con esas xuntanzas (do 28 de abril ao 3 de maio) celebrarase no campamento de poboación refuxiada de Dajla, en Tinduf (Alxeria) a XII Edición do Festival Internacional de Cine do Sáhara (FiSahara), un certame no que a Xustiza Universal e as vítimas de desaparicións e outros crimes de lesa humanidade serán protagonistas. Proxectaranse filmes como Granito de arena: Cómo atrapar a un dictador (Pamela Yates) sobre o proceso de xenocidio en Guatemala, e Testigos de la memoria (Eztizen Miranda) sobre a exhumación de fosas comúns no Sáhara Occidental. Tamén se tratará o proceso de Xusticia Universal en España e Arxentina, coa proxección de varias películas e a participación de cineastas e expertos. De igual xeito, familiares de vítimas do conflito do Sáhara Occidental protagonizarán a mesa redonda principal, centrada neste tema, e recibirán un recoñecemento especial por parte do festival. María Carrión, directora executiva de FiSahara, destaca que o festival é \"único no mundo porque é moito máis que un festival: forma parte dun extraordinario movemento solidario que loita por unha causa xusta\". Carrión sinala que \"quen vén a FiSahara namora da cultura saharaui; das súas familias de acollida; da experiencia de ver con elas cinema baixo as estrelas. E saben que a súa presenza no festival axuda a sacar da invisibilidade e do esquecemento a un pobo que loita pacificamente polo dereito a volver á súa terra libre\"."}
{"ID": "PRAZA_13263", "summary": "O Goberno galego recoñece que ao inicio da lexislatura observou un uso \"minoritario\" da lingua propia no alumnado da maioría dos centros educativos do país, contexto no que aplicou o chamado decreto do plurilingüismo", "text": "\"Desideoloxizar\", \"despolitizar\", retornar ao \"equilibrio\", \"recuperar o consenso\" e, sobre todo, poñerlle fin a unha suposta \"imposición\" do galego. Estes foron só algúns dos argumentos empregados pola Xunta para, no retorno do PPdeG ao poder, derrogar o decreto que rexía o uso dos idiomas no ensino dende o ano 2007, cun \"mínimo\" do 50% de materias na lingua propia do país, e substituílo polo denominado \"decreto do plurilingüismo\". Con esa norma, aseguraba a Consellería de Educación, o galego deixaría de preponderar sobre o castelán. Máis de dous anos despois da aprobación da controvertida norma o departamento que dirixe Jesús Vázquez vén de recoñecer implicitamente que a situación descrita non se correspondía coa realidade, aínda que non nunha intervención pública, senón nunha resposta a unha pregunta parlamentaria escrita, documentos que en contadas ocasións chegan á opinión pública. Educación aplicou o decreto malia detectar un \"uso minoritario do galego por parte do alumnado na xeralidade dos centros A mudanza de discurso chega a instancias das cuestións formuladas polos deputados do BNG Carme Adán e Bieito Lobeira sobre \"os datos referidos ao uso da lingua galega no sistema educativo\" como consecuencia do decreto en vigor. No inicio da súa exposición a Consellería asegura que a súa normativa \"garante a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia\", o \"máximo equilibrio posible\" entre ambas no referido a horas e materias e, ademais, a \"promoción da dinamización da lingua galega\". Pero ademais desta reiteración de mensaxes xa lanzadas en diversas ocasións dende o Executivo, Educación detense a describir \"a realidade da situación das dúas linguas oficiais nos centros educativos\" nos que fixeron \"incidir\" o decreo \"ao inicio da súa vixencia para acadar os devanditos obxectivos\". O escenario, admiten, era xa de aquela \"moi desfavorable para a lingua propia\". Nun exercicio ata agora inédito o departamento educativo do Goberno galego bota, de facto, por terra as teorías da imposición para recoñecer que o seu mandato \"partiu dunha situación de uso minoritario do galego polo alumnado na xeneralidade dos centros galegos\", algo que se dá \"especialmente nas provincias atlánticas\". No caso das \"sete cidades máis poboadas\" o uso do idioma \"poderíase dicir\" que é \"escaso\", abonda a Xunta. Malia isto Educación aplicou sen cambios un decreto que permite deixar nun terzo as horas lectivas en galego se ben, tal e como ten relatado Praza Pública, colectivos de docentes, grupos de defensa da lingua e sindicatos educativos sinalan que a lingua propia apenas está presente \"nun 20%\" nas aulas, circunstancia á que se suma, entre outras, a súa práctica \"desaparición\" en Educación Infantil nas cidades. \"Implantación xeralizada\" do decreto, segundo Educación Pero o exercicio de radiografía á realidade da lingua galega no sistema educativo detense aquí e na práctica totalidade das cinco páxinas restantes do documento Educación aposta por gabarse da \"implantación xeralizada\" das normativa \"do plurilingüismo\", afirmación para a que se basea só no curso 2010-2011, xa que é \"imposible proporcionar datos referidos ao 2011-2012 porque non está rematado\". Así, o Executivo asegura que \"nos centros públicos todas as medidas\" previstas \"se incorporaron ao desenvolvemento do labor pedagóxico dos centros e tamén do seu labor administrativo\", dende a \"determinación da lingua materna predominante do alumnado\" de Infantil ata impartir as materias de Primaria, Secundaria e Bacharelato en galego ou castelán segundo marca o decreto. Tamén, sempre segundo a Xunta, \"nos centros de FP e de ensinanzas artísticas existe unha oferta equilibrada de materias e módulos impartidos en galego e castelán\". Contradicindo os sindicatos educativos tampouco detecta ausencia de \"vocabularios específicos\" en galego para as aulas de formación profesional. A consellería limítase a describir o contido das axudas para libros escolares en galego, que caeron un 72% en dous anos Para completar a resposta ás cuestións formuladas polo Bloque a Consellería de Educación debulla tamén as accións de \"apoio á consecución dos obxectivos do decreto\", entre as que inclúe o desenvolvemento dunha \"liña de subvencións destinadas á elaboración e edición en lingua galega dos recursos didácticos curriculares e complementarios destes\", unhas axudas que o Goberno está obrigado a desenvolver non porque o mande o \"decreto do plurilingüismo\", senón porque así o estipula a Lei do Libro e da Lectura do ano 2006. Neste sentido o departamento de Vázquez limítase a describir que \"a convocatoria do exercicio de 2012 tivo un orzamento de 300.000 euros, con 132 axudas concedidas para materiais editados por 15 empresas editoras\". Como ten informado este diario, hai apenas dous anos esas axudas eran un 72% máis elevadas, chegando ao millón de euros anual. De todo isto, informa a consellería a Adán e Lobeira, cómpre tirar unha \"conclusión\": \"debemos destacar que en todos os centros educativos se están a aplicar as emdidas de fomento do plurilingüismo\", polo que \"a consellería garante, en todo momento\", que \"os alumnos do sistema educativo galego están recibindo o mesmo número de horas de formación en galego que en castelán e están utilizando materiais e recursos didácticos que lles facilitan e motivan a adquisición do mesmo nivel de competencia en galego que en castelán\"."}
{"ID": "NOS_53930", "summary": "Despois de publicar no inicio de milenio, \"Onde viven os monstros\", a editorial Kalandraka completará a triloxía coa tradución de \"In the night kitchen\" e \"Outside over there\", obras que publicará nas cinco linguas peninsulares. Durante o ano, a editorial con sede en Pontevedra publicará unha decena de títulos do autor e ilustrador.", "text": "Dez títulos durante o 2014 aos que se engadirán máis no ano seguinte. Kalandraka aposta por Sendak na súa nova tempada editorial polo autor americano, falecido en 2012, cincuenta anos despois de ter escrito \"Onde viven os monstros\", obra que significou un fito no desenvolvemento do álbum infantil. Descatalogados ou mesmo inéditos, boa parte da obra de Sendak é de difícil localización e é esta a razón pola que Kalandraka se decide a traer ao galego, castalán, catalán, éuscaro e portugués a súa obra,a comezar por \"In The night kitchen\" que chegará ao galego como \"Na cociña de noite\", un álbum traducido por Xosé Manuel González no que Sendak recorre espazos da súa infancia que foi censurado pola sociedade conservadora americana mais non tardou en se converter nun libro de referencia. \"Outside over there\", de 1981, completarán a triloxía. Mini-biblioteca Recuperarase tamén a \"Mini-biblioteca\" de Maurice Sendak, un conxunto de catro libros arredor das letras do alfabeto, os meses do ano, os números e un conto que incorpora unha sentenza. Con \"Onde viven os monstros\", Sendak deulle unha volta á literatura infantil e atopou outra linguaxe que se achegaba a aquelas crianzas que reviran os ollos e torcen o fuciño. Deixou a unha beira os contos de princesas e finais felices e adentrouse no mundo dos monstros, moito máis atractivo para todas as xeracións de nenos e nenas que gozaron co seu universo imaxinario. O libro saíu publicado en 1963 e cumpriu cincuenta anos sen perder vida en todo este tempo. A súa sona foi medrando e engaiolando a novas xeracións de criaturas e converténdose, en certa medida nun icono cultural e un clásico da literatura infantil. Non por acaso, o propio Obama chegou a lelo en público e destacalo como un dos preferidos das súas fillas. Os monstros foron contraculturais, irreverentes, progresistas mesmo nun tempo no que se quería romper a orde establecida. No 2010 chegaron ao cine da man de Spike Jonze. Sendak tiña nacido en Brooklyn en 1928, procedente dunha familia de inmigrantes xudeus de Polonia. Os primeiros monstros dos que ouviu falar foron os nazis que perseguiron aos seus. Dicía que tiña mal humor e era un anaco gruñón e, talvez por iso, fuxía do sucre e o mel que empalaga tantas veces os soños máis cativos. Comentaba que o seu era facer \"libros bos para nenos malos\" e por iso o seu Max era traste, máis monstro que os propios monstros. Tanto, que ate a nai o ameaza con castigalo sen cear. Vaia nai e vaia fillo!"}
{"ID": "NOS_31858", "summary": "Percorrido polas estacións de tren abandonadas na Galiza coa chegada da Alta velocidade, entrevista á poeta Alba Cid, ecodesafíos...todo isto e máis, neste número.", "text": "O suplemento semanal Sermos Galiza chega aos quiosques este sábado co Nós Diario. Xuntos suman 64 páxinas de xornalismo en galego, 32 do xornal e 32 dun suplemento que todos os sábados acompaña o diario. O Sermos dedica a súa portada a unha amplia reportaxe sobre estacións de tren que quedaron abandonadas coa chegada da alta velocidade. Nelas tamén se artellou a vida deses lugares. As mozas da Pontraga (Parada-Ordes) ían esperar os mozos no tren das sete para ir ás foliadas; a musicóloga Dorothé Schubarth chegou ao apeadoiro da Vila da Igrexa (Cerceda) para gravar dúas informantes do Cancioneiro Popular Galego; as veciñas de Bregua (Culleredo) subían todos os días para ir vender fieitos á Coruña. Estas historias puideron non existir. O tramo foi dos últimos en ser construídos na Galiza e o seu trazado estivo en disputa. Entrevistamos tamén Alba Cid (Ourense, 1989), que vén de publicar o seu primeiro poemario, Atlas (Galaxia, 2019), unha cartografía que reúne a voz poética da autora durante os últimos cinco anos. E tratamos os 'ecodesafíos'. 2019 foi un ano marcado pola presenza inexorábel da crise climática, materializada nas protestas dos Venres polo futuro ou o Movemento Galego polo Clima. A emerxencia mantense en 2020, coa evidencia da transición ecolóxica como un dos principais desafíos que verá este século. Inauguramos década cunha previsión, da man das tres principais asociacións ecoloxistas con actividade na Galiza (Adega, Verdegaia e Greenpeace), dos puntos que van marcar a axenda en materia ambiental, conectados no fráxil equilibrio dun ecosistema do que, non o esquezamos, formamos parte. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_39783", "summary": "O portavoz nacional di que a partir de xaneiro decorrerán asembleas abertas para que as bases \"e a cidadanía en xeral\" poidan transmitir opinións e achegas para \"reforzar\" o nacionalismo. En marzo toca Asemblea Nacional ordinaria, prevista no calendario.", "text": "O BNG vai levar adiante unha \"reflexión profunda\" sobre o proxecto nacionalista, unha reflexión que permita \"reinventar\" as propostas do nacionalismo de cara a liderar unha alternativa \"aberta, inclusiva e con vocación maioritaria\" para este país. Así o manifestou esta terza feira o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, na comparecencia para dar conta da valoración da Executiva nacional dos resultados do 20-D. Os ritmos desa reflexión comenzarán en xaneiro, anunciou, a través de asembleas abertas \"por todo país\", asembleas nas que tomen parte militantes, simpatizantes e todas aquelas persoas que así o desexen para \"reflexionar\" sobre a situación política e o proxecto nacionalista- Vence anunciou que esa reflexión non debe limitarse unicamente aos resultados do 20-D, que recoñeceu que ficaran \"moi por baixo das expectativas\". Debe abranguer \"a tendencia que traemos nestes anos\", en referencia ao devalo de perda de apoios electorais. En marzo, segundo o calendario debullado polo portavoz nacional, tocaría Asemblea Nacional, de carácter ordinario. Vence reafirma a necesidade dun proxecto nacionalista autónomo \"e non supeditado a forzas estatais\" A necesidade dun proxecto nacionalista para Galiza autónomo e \"non supeditado a forzas estatais\" non está en discusión, aclarou o portavoz, que incidiu en que \"é imprescindíbel para este país\". Animou a correxir o que faga falla e a debater e analizar \" de onde vén\" este proxecto, \"onde está\" e \"cara a onde quere ir\". E facelo sen agobios: \"Sería un equivocación moverse a golpe de eleccións\". A finalidade, sentar as bases \"dun proxecto nacionalista que aspire a gobernar este país\". Sen desculpas A comparecencia comezou cunha valoración dos resultados, unha valoración na que Xavier Vence non empregou panos quentes. \"Foron uns resultados moi por baixo das expectativas\", recoñeceu, sobre todo nas cidades e mesmo sendo conscientes das dificultades que se afrontaban nesta campaña. Dixo que hai unha campaña dos poderes económicos e mediáticos por un mapa político centralizado, cada vez máis en \"chave estatal\" e cun sistema de partidos \"a catro\" como alicerce, en referencia a PP, PSOE, Podemos e Cs. Mais que iso non pode desculpar uns resultados \"malos\" que obrigan a abrir as portas cara a \"reinventarse\". Xavier Vence parabenizou En Marea polos seus 6 deputados no Congreso, tendo unha mención especial con nome e apelidos para Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández, os electos de Anova para as Cortes españolas."}
{"ID": "PRAZA_5677", "summary": "O Bloque mobilízase despois de que a Xunta Electoral Central atendese a reclamación de UPyD e lle retirase os 27 segundos que tiñan en cada espazo electoral nos informativos da TVG e da Radio Galega. Miranda ve neste \"peche informativo\" unha \"volta ao franquismo\". Audio no interior.", "text": "O plan de cobertura das eleccións europeas que rexe na Radio Televisión de Galicia outorgáballe ao BNG 27 segundos dentro dos cinco minutos que dura cada bloque de información electoral nos informativos da TVG e da Radio Galega, repartido en función dos resultados dos anteriores comicios. O partido UPyD, que en 2009 obtivo no país algo menos de 15.000 votos fronte aos 103.000 do Bloque, consideraba que ese espazo lle correspondía e por iso emprendeu un litixio ante a Xunta Electoral, que vén de resolver considerando que a formación de Rosa Díez non ten dereito a esa fiestra informativa a cal, en todo caso, si lle debe ser arrebatada á formación galega. A decisión é, en verbas do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, \"a pinga que reborda o vaso\" e por iso se dispoñen a tentar freala no Tribunal Supremo. Vence e a candidata da formación ás eleccións do 25-M, Ana Miranda, anunciaban a decisión este mércores ao pé da catedral de Santiago, ante a que despregaron unha faixa co lema Non á censura ao BNG. Non nos calarán e unha gran bandeira galega con estrela. Acompañados por dirixentes nacionalistas e simpatizantes Vence e Miranda apuntaron que a súa intención é pedirlle ao alto tribunal \"medidas cautelarísimos para que se paralice este acordo\", un feito que \"non podemos permitir os demócratas, que cremos que as campañas teñen que ser para que a cidadanía teña dereito a coñecer todas as alternativas\". \"Non poden silenciar ao BNG\", di o líder nacionalista, dende cuxo punto de vista a decisión da autoridade electoral non só supón negarlle ao Bloque o acceso aos medios públicos, senón que tamén é \"un atentado á democracia\" e á autonomía galega. \"É unha intromisión intolerable da Xunta Electoral Central no espazo autónomo galego\" e, \"no fondo -di Vence- están negando o espazo político da autonomía deste país\". Pero \"non imos aceptar que nos calen\". Miranda coida que este \"peche informativo\" nos \"devolve aos tempos do franquismo\" Na mesma liña, Miranda interpreta que a exclusión do BNG é \"silenciar as ideas\" das persoas que o apoian e tamén de quen \"apoia a liberdade de expresión, un dereito fundamental\". \"Estamos sufrindo unha censura que nos devolve aos tempos do franquismo\", un \"peche informativo\" que, dende o seu punto de vista, debería ser tido en conta por \"todos os demócratas para que nos apoien o domingo\". Eses apoios, di, xa lle están chegando á formación frontista ao longo deste mércores, tanto dende Galicia como dende fóra dela. Nesta liña, ao longo da xornada representantes políticos como a candidata de AGE, Lidia Senra, o coordinador de Anova, Martiño Noriega, ou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, expresaron a súa \"solidariedade\" co BNG. Vence subliña que UPyD reclama \"respecto para as forzas minoritarias\" pero só \"para as españolistas\" Todo isto, agrega Xavier Vence, sucede nun contexto no que o partido de Rosa Díez está, no ámbito do Estado, a reclamar \"respecto para as forzas minoritarias\", aínda que só para \"as españolistas, único ámbito que están dispostos a recoñecer\". Por iso \"van a por todas contra as forzas que contestan o centralismo, contra unha forza nacionalista coma esta\". A intención última, lamenta, non é outra que \"silenciarnos, amordazar unha alternativa que lle resulta molesta ao españolismo\" e, de paso, \"enlamar o proceso electoral\". Ditame da Xunta Electoral Central"}
{"ID": "NOS_24378", "summary": "A igualdade nas enquisas entre esquerda e dereita quece o debate político en Chile.", "text": "Co golpe de Estado contra o Goberno de Salvador Allende como pano de fondo e as presidenciais do 21 de novembro no horizonte, o debate político en Chile sobe de temperatura co fin de inclinar a balanza nunhas enquisas que apuntan unha igualdade máxima entre dereita e esquerda. Por segunda semana consecutiva, as sondaxes reflicten un triplo empate entre o conservador Joaquín Lavín, da Unión Democrática Independente (UDI), con 14%; Yasna Provoste, candidata ─aínda non confirmada─ de Democracia Cristiá (DC, centroesquerda), con 14%; e Daniel Jadue, candidato do Partido Comunista (PC), con 13%. Logo da recente elección das 155 persoas encargadas de redactar a nova Constitución chilena, onde se ratificou o xiro netamente progresista vivido no país tras o estalido social de outubro de 2019, a dereita busca recuperar a súa posición e ataca con dureza os seus rivais, especialmente a Jadue. A última polémica ten que ver coa proposta realizada polo candidato comunista, que dixo que en caso de ser elixido pediría que a DC e o Exército asinasen un estatuto de garantías democráticas para asegurar que non será derrocado como Allende en 1973. Acordo da DC con Allende Este \"estatuto de garantías democráticas\" lembra ao que a DC fixo asinar á Unidade Popular (UP), a coalición de partidos de esquerda que lideraba Allende, como condición para apoiar a súa ratificación no Parlamento. A DC temía que a UP ─que asinou o documento─ levase Chile a un sistema marxista-leninista. \"Esas palabras reflicten unha moi mala comprensión da democracia e do noso Estado de Dereito\", sinalou o presidente chileno e líder da coalición conservadora Chile Vamos, Sebastián Piñera. Jadue, que lanzou a proposta nun programa en Facebook Live, argumentara que o Exército non se pode colocar de novo ao servizo dunha potencia estranxeira, en referencia ao papel dos EUA no golpe de 1973. Recalcou tamén que as forzas militares actuaran máis veces contra o pobo chileno que en guerras con outros países. E ás palabras de Piñera, retrucou lembrando que \"está acusado na Comisión Interamericana de Dereitos Humanos por no defender ni respectar a democracia\". Vitoria do centroesquerda Fíxoo tras votar na segunda volta dos comicios rexionais do domingo, onde o centroesquerda se converteu no gran vencedor, logrando a maioría das gobernacións, incluída a de Santiago. Aquí se impuxo o candidato da DC, Claudio Orrego (52,7%) por riba da candidata que apoiaban a pola Fronte Ampla e o PC, Karina Oliva (47,27%). É a primeira vez que Chile elixe estes representantes rexionais, antes designados a dedo polo Goberno central."}
{"ID": "NOS_27206", "summary": "O dirixente do PKK (Partido dos Traballadores de Curdistán) fixo desde prisión un chamamento aos combatentes para que \"que calen as armas e falen as ideas\" advogando por unha solución \"política\" para o conflito", "text": "A mensaxe de Öcalan foi lida, en curdo e turco, por dous deputados do BDP ante milleiros de persoas reunidas en Diyarbakir, a capital de Curdistán Norte, para celebrar o Newroz, o Aninovo curdo. O dirxente do PP pediu aos e ás combatentes: \"Deixade as armas e marchade fóra das fronteiras de Turquía\". Na mensaxe sinalaba que \"comeza un novo tempo. Un tempo no que comezan os dereitos democráticos, a liberdade e a igualdade. As armas deben calar\". \"O derrame de sangue turco e curdo ten que se deter. Non serán as armas, senón a política quen fale\". Oçalan entende que \"non é tempo de guerra, senón de alianzas e compromisos\". Este histórico anuncio abre a porta a encetar unha solución para o conflito entre Curdistán e o Estado turco, unha guerra que nos últimos 30 anos custou a vida a 45.000 persoas. Máis de 7.000 combatentes Nas últimas semanas, Öcalan, fundador do PKK (que en 1984 se ergueu en armas contra a ocupación turca) tería mantido contactos e reunións en prisión con membros dos servizos secretos turcos, para procurar a posibilidade de chegar a un cesar o fogo. O primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, deu garantías hai unhas semanasde que o exército non atacaría a milician@s curd@s durante un posíbel replegue cara o Curdistán baixo sobranía iraquí. Desde o PKK afirman que a metade dos seus 7.000 milician@s permanecen no Curdistán vbaixo administración turca, e a outra metade trala fronteira iraquí."}
{"ID": "NOS_53796", "summary": "En Marea traslada ao Parlamento da Galiza a oferta que realizou o goberno local da Coruña para a adquisición dos terrenos de A Solana, na fachada marítima da cidade. 1,4 millóns de euros, o valor de taxación. O porto prefire ir a unha poxa e xa ten negociado un acordo por 10 millóns co actual concesionario dos terrenos.", "text": "Argumenta En Marea na súa iniciativa que a Autoridade Portuaria da Coruña se debería ater ao acordo do seu consello de administración de 30 de xuño de 2016 en que resolveu adxudicar de forma directa os terrenos de A Solana ao concello da Coruña polo seu valor de taxación, isto é, 1,4 millóns de euros. A Autoridade Portuaria deu marcha atrás sobre ese acordo e optou pola vía dunha poxa, precedida dun acordo xa selado co concesionario dos terrenos, e do Hotel Finisterre, a Inmobiliaria Río Mera, por un monto de 10 millóns de euros. Por súa parte, a Comisión Cidadá en Defensa do Común defende a devolución gratuíta dos terrenos, en orixe a desaparecida praia do Parrote, afectados durante a ditadura polo Estado e cedidos ao porto coruñés. Temos aquí pois tres posicións distintas: o concello, que aspira a se facer cos terrenos por 1,4 millóns de euros; a Autoridade Portuaria, que aspira a facer caixa coa venda de A Solana e obter 10 millóns de euros cos que enxugar a débeda contraída pola construción do porto exterior; e a entidade cívica Defensa do Común, que pide a devolución gratuíta de terrenos que pertenceron historicamente á cidade (o BNG fixo súa esta posición ao levar ao Pazo de María Pita unha moción da comisión, aprobada polo Pleno cos votos da Marea Atlántica). En Marea entende que a resolución do asunto pasa pola implicación política da Xunta da Galiza, que ten tres representantes no consello de administración do porto (entre eles, a conselleira de Meio Ambiente) e por iso pede ao goberno galego que inste a Autoridade Portuaria a que retrotraia o proceso ao acordo do 30 de xuño e aceite a oferta de María Pita. Faino En Marea a meio dunha proposición non de lei que vén asinada polo seu viceportavoz parlamentar, Antón Sánchez, unha iniciativa através da cal se defende tamén que, no caso de seren desafectados os peiraos de Batería e Calvo Sotelo, os terrenos sexan cedidos gratuitamente ao concello \"con destino aos fins de utilidade pública e interese social de equipamentos dotacionais, espazos libres e zonas verdes, públicos\". A confluencia pide tamén que se investigue a xestión do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, de quen critica a súa ineficiencia, e que se revisen os acordos con Fomento para o financiamento do porto exterior, de modo que as obras sexan sufragadas polo Estado e o porto sen recorrer á privatización dos bens comúns da cidade."}
{"ID": "NOS_24358", "summary": "Rebeca Mariño (Boiro, 1983) deixou o taekwondo e os seus éxitos, mais non o deporte. O seu traslado para vivir en Nafarroa e as restricións noutras competicións froito da pandemia permitíronlle coñecer as carreiras pola neve (snowrunning) e na súa primeira participación nunha competición estatal quedar campioa.", "text": "Pasou do taekwondo ao snowrunning. Como foi esa transición? Non houbo transición entre un deporte e outro. Eu deixei de competir en taekwondo no último mundial de México no ano 2013. Centreime no de adestradora dese deporte, traballando no Centro de Tecnificación de Balears, até o ano pasado que fun vivir a Nafarroa e mudei de vida. Ao deixar a competición no taekwondo púxenme a facer carreiras de montaña, a correr coas amizades a partir de finais de 2016. Participei en varias carreiras e algunhas gañeinas, até que me quedei embarazada en 2017. En 2018 estiven en moitas carreiras populares en asfalto. Despois tiven o neno e non volvín a correr pola montaña até finais de 2019. Aínda así, fixen un par de carreiras en Mallorca nas que quedei primeira. O trasladado a Nafarroa coincidiume co tema da pandemia da Covid-19 e xa non puiden competir tanto. Fixen unha carreira de montaña en outubro que tivo lugar en Euskadi e despois nada. O tema da neve veu por ese motivo. Chegeui a correr na nela pola falta de carreiras coa chegada da pandemia. Nunca fora ao monte con moita neve e busquei información. Foi así como cheguei ao snowrunning. Comprei uns crampóns e en xaneiro comecei a probar. Daquela decidín inscribirme nunha carreira desta especialidade. Ao principio a miña idea era participar no apartado popular e non no circuíto federado da copa estatal. Parecíame que me quedaría grande. O meu home convenceume de que me federada e apunteime. Na primeira proba quedei terceira, na segunda gañei e nesta última quedei segunda polo que no cómputo xeral quedei campioa da copa. Como explicaría o snowrunnig para quen non o coñeza? No Estado español é bastante novidade. Houbo carreiras mais é o segundo ano que hai circuíto de copa. Para a xente que está acostumada a facer montaña, como era o meu caso, non é difícil correr na neve. Necesitas ir moi abrigada e hai material obrigatorio que hai que levar ademais do uso de crampóns nos zapatos que empregues para facer montaña. Hai uns que son moi especiais, non son moi caros, que se adaptan moi ben ao calzado a través dunhas gomas e adhírense á neve. Iso si, a neve hai que coñecela. Ás veces está dura e podes correr ben. Outras está moi branda e chégate aos xeonllos e non podes correr. Os circuítos fanse, normalmente, nas estacións de esquí. Teñen un par de voltas e son moi fortes en desnivel, con moita pendente. Sobre todo nas estacións que son de esquí alpino, como foi o caso desta última de La Covatilla. Eran case 13 quilómetros mais con 1.200 positivos. Moita pendente para arriba e moita despois moita para abaixo. O adestramento é específico, diferente ao das carreiras por montaña sen neve? Tes que mirar un pouco a carreira que vas facer. Nesta última metinme máis costas, máis pendentes fortes. A que gañei era máis corredeira, non tiña tanto desnivel e sabía que tiña que correr. Tes que usar varias veces os crampóns e pisar varios tipos de neve para despois adaptarte na carreira á que é branda ou á que é dura. Saber onde pisar e ter conciencia do terreo. Logo está o frío. Hai que adaptarse ás temperaturas e ao material que levas. Eu tiven que correr con dous pares de luvas, por exemplo. Facía moito frío e as condicións meteorolóxicas eran bastante malas, había moito vento con refachos de máis de 100 k/h. Iso si, é igual para todos. Que futuro lle ves a este deporte na Galiza? Depende dos territorios que teñan estacións de esquí, por onde se mova a xente. Por ese motivo hai circuítos en Eukal Herria, Catalunya e Madrid onde tamén hai competicións de esquí e raquetas de neve. No inverno móvense moito os deportes de montaña cos deportes de inverno. Na Galiza é máis difícil pola falta de neve. Había galegos nesta competición e estou segura que se vas ao interior do noso territorio onde hai neve e practicas logo por montaña podes competir perfectamente. Se eu puiden aínda que nunca vira a neve até decembro de 2020... Antes de vir botei dez anos vivindo en Mallorca e pouca neve había. En todo caso, na Galiza un circuíto sería complicado. Non sei se en Cabeza de Manzaneda podería facerse unha proba."}
{"ID": "NOS_21824", "summary": "Senllos concursos, que fan parte dos festexos locais, foron denunciados desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade e o BNG por \"perpetuar unha visión machista do mundo\".", "text": "Após unha década sen convocar o concurso Burela volverá a elixir 'raíña' con motivo das festas patronais. A última vez en que a comisión organizou este evento foi no 2006. E non é a única localidade mariñá que desenvolverá tal actividade no seu programa. Tamén a vila de Lourenzá o convoca, desta volta baixo o nome da Magdalena. As críticas non se fixeron agardar. Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade amosaron o seu rexeitamento a senllos concursos polos consideraren \"exemplos de micromachismos\". Isto é, \"pequenos xestos de aparencia inofensiva que en realidade están a perpetuar unha visión do mundo machista\" ao \"cousificar o corpo das mulleres e das nenas\". Observatorio da Mariña pola Igualdade: \"Resulta preocupante a temperá idade á que comezan estes certames\" E é que, tanto Lourenzá como Burela lanzaron a convocatoria dirixida a mozas entre os 10 e os 17 anos de idade, e os 7-8 e 17-25, respectivamente. \"Resulta preocupante a temperá idade á que comezan estes certames, por canto se interiorizan uns certos patróns de xénero e de beleza nas mozas desde a infancia\", apuntan desde o Observatorio pola Igualdade ao tempo que lembran os \"numerosos traballos\" que \"demostran\" como este tipo de eventos \"resultan perniciosos para a imaxe e o autoconcepto das mulleres\", a comezar por O mito da beleza de Naomi Wolf (1978). Aliás, acrecentan, son actos \"discriminatorios\" para \"aquelas mulleres/nenas cuxas características físicas non casan do canon de beleza dominante, ou con aqueloutras que non dispoñen dos recursos económicos para facerlle fronte aos gastos que a confección dos traxes\". Da mesma maneira, desde o grupo municipal do BNG de Burela convidaron a Alcaldía e a Concellaría de Igualdade burelás a \"rectificar\" no seu apoio ao devandito evento pois, din, \"non se trata de volver á Burela de 2006, senón dun retroceso a outra época\". BNG de Burela: \"Custa entender como en pleno século XXI aínda poida haber iniciativas deste tipo\" \"Custa entender como en pleno século XXI aínda poida haber iniciativas deste tipo, que reproducen roles de xénero e un canon de beleza dominante e excluínte, que en nada beneficia ao conxunto das mulleres nin contribúe a termos unha sociedade máis igualitaria e integradora\", sinalan nun comunicado de imprensa. \"As administracións públicas\", defenderon, \"deben ser as primeiras en desenvolver políticas de igualdade entre mulleres e homes e promover aquelas iniciativas sociais que teñan a muller como suxeito e non como obxecto\". Unha demanda á que se sumaron tamén desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade. No ano 2012 os concellos de Sarria e Betanzos convocaran tamén senllos actos para elixir a 'raíña das festas' coincidindo coa festividade local. No caso da vila sarriá o goberno municipal tivo que recuar perante as denuncias que carrexou un concurso \"sexista\" e \"anacrónico\"."}
{"ID": "PRAZA_11692", "summary": "O alcalde de Verín asiste gratamente sorprendido á \"contundente\" reacción cidadá ante o peche da sala de partos do Hospital Comarcal e insta a buscar solucións compartidas mesmo con Portugal, pero di ter claro que \"os contratos precarios do Sergas\" están no centro do problema", "text": "O socialista Gerardo Seoane é alcalde de Verín en coalición co BNG dende 2015. Asiste gratamente sorprendido á \"contundente\" reacción cidadá ante o peche da sala de partos do Hospital Comarcal, decidido pola Xunta. Consciente do \"evidente\" devalo demográfico que sofre o país e, moi especialmente, a provincia de Ourense, o rexedor verinés di ver claro que é nestas zonas \"onde a actuación pública ten que ser prioritaria, por riba da rendibilidade económica\". No caso concreto do Hospital Comarcal en xeral e da atención aos partos en particular, Seoane insta a buscar solucións compartidas mesmo con Portugal, pero di ter claro que \"os contratos precarios do Sergas\" están a \"dificultar todo\".Agardaba esta reacción da cidadanía ao peche do paridoiro?Ninguén agardaba que a reacción fose tan forte e contundente, pero estamos falando dun caso grave e importante. É o peche dun servizo que xa existe e non decidir non activar algo que xa non existe. A sociedade e as entidades pola defensa da sanidade pública actuaron moi ben. A Xunta e o seu presidente, Núñez Feijóo, xustificaban o peche polo baixo número de nacementos e a \"falta de pericia\" dos profesionais, pero agora xa falan de ausencia de pediatras e mesmo da reactivación do servizo...\"Os informes que se empregaron para xustificar a decisión son nesgados. Os partos no Hospital de Verín sempre foron seguros\"Insisto. Estamos nunha comarca que se vai despoboando pouco a pouco, pero iso non ten nada que ver co desmantelamento dun servizo que xa existe e que leva funcionando moito tempo. Aquí o Sergas aludiu a uns informes técnicos cando, en realidade, tamén se poden facer outros que digan exactamente o contrario. E, ademais, aténdese a cuestións que non están a dar solucións aos problemas. O despoboamento dun territorio non quere dicir que debas abandonar servizos, senón, precisamente, que debes ter un mínimo de servizos no rural. Os informes técnicos que se empregaron para xustificar a decisión son nesgados e poderíanse facer perfectamente outros que se adaptasen a outra realidade. Non houbo problemas de seguridade cos partos no Hospital de Verín, sempre foron seguros. Cal é o problema, daquela?Hai un problema de persoal e contratación no Sergas. Ocorre non só cos pediatras, senón tamén con outros especialistas. Estanlles ofrecendo contratos que non sei se se poderían chamar lixo pero case... Contratacións temporais que impiden darlle certa estabilidade aos servizos hospitalarios. \"Hai un problema de persoal e contratación no Sergas. Por que van querer vir ata Veríns e non lles pagan como é debido o desprazamento e non teñen asegurado nada?\"Feijóo anunciou que o Sergas volve convocar dúas prazas para Verín...O que acaba de facer é o mesmo que hai catro meses, as mesmas prazas que quedaron desertas daquela porque non se lles dá perspectivas nin garantías de quedar na zona a estes profesionais. Por que van querer vir ata Verín se non lles pagan como é debido o desprazamento, se non teñen asegurado nada? A propia oferta de emprego é un fiel reflexo de todas as eivas que tes no sistema e de onde hai que apuntar. Como cre que se debe abordar o problema?É unha cuestión de servizo público. É evidente que a poboación nesta zona está a diminuír rapidamente e que a porcentaxe de xente maior é cada vez máis grande, e é aquí onde a actuación pública ten que ser prioritaria, por riba da rendibilidade económica e doutro tipo de cuestións ou informes que poidan invocarse. Ten que haber vontade de manter este servizo e de mantear hospitais onde se presten uns servizos mínimos para unha cuestión tan importante como é un nacemento, pero tamén para outras especialidades coas que está ocorrer exactamente o mesmo. Cre que a Xunta está intentando amañar a situación?Ofrecendo contratos temporais? A política de precariedade do Sergas é a que provoca isto, a que as cousas se vaian facendo no sentido contrario. En lugar de dar estabilidade, estase a desestabilizar o pouco que queda no rural. \"É a precariedade laboral e os contratos precarios o que o dificultan todo. Dá a impresión de que se fan así as cousas para que non se cubran prazas\"Cre que é a precariedade laboral o factor que máis inflúe?É moi evidente o que está a pasar porque o contan médicos e enfermeiras. É a precariedade laboral e os contratos precarios o que o dificultan todo. Dá a impresión de que se fan así as cousas para que non se cubran prazas... Todos sabemos onde estamos, os números... Sexamos racionais. Como?Temos que buscar unha solución e a primeira delas é dar estabilidade aos profesionais para que veñan traballar. É posible que a situación, de seguir así a tendencia, non a poidas soportar demasiado tempo e que dentro de 4-6 anos haxa que formular outra porque non hai unha masa crítica suficiente. Daquela, busquemos esa masa crítica. Que propón?Entre a zona de Chaves e a de Verín hai uns 500 nacementos ao ano, así que habería que buscar un acordo para traballar conxuntamente nunha área sanitaria. Ese acordo non o pode tomar a Xunta, senón que ten que ser un acordo internacional que implique o Goberno de Portugal e o de España. Podemos aproveitar a potencia que ten a Eurocidade e todas as axudas, que as hai, que achega a UE a áreas como a nosa, despoboadas ou en proceso de despoboamento. Debemos procurar ir nesta vía para seguir prestando servizos. \"Entre a zona de Chaves e a de Verín hai uns 500 nacementos ao ano, que habería que buscar un acordo para traballar conxuntamente nunha área sanitaria\"Esa proposta xa foi realizada polo Eixo Atlántico hai máis dunha década e mesmo ben recibida pola Xunta, que pouco máis fixo...Un dos problemas deste país é que se fala de cousas nas que non se teñen competencias. Podemos formular o que queiramos, pero hai que seguir o camiño axeitado. Se é só para sacar a foto, pois moi ben, pero todo iso acabou parado. Eu teño claro que é posible, pero hai que poñerse a traballar desde a parte española e portuguesa e lograr un acordo que permita seguir ofrecendo os servizos aquí, xa non só por rendibilidade social, senón tamén por criterios económicos porque a carga non sería tan grande. Para este tipo de convenios, a UE ten partidas económicas que se poderían estudar. Sabemos que non nos levaría unha semana nin un mes, senón máis, pero hai que poñerse a traballar e facelo ben. \"Falta chamar ás cousas polo nome e ser consciente de onde vivimos. O tema do paridoiro só é a punta do iceberg; se se iran as cousas só pola rendibilidade económica, non se manterá nada\"Cre que falta vontade política?Non creo que falta vontade, o que falta é chamar ás cousas polo seu nome, ser consciente de onde vivimos, do envellecemento, de que a masa crítica para contar con certos servizos está no límite e que temos que actuar. E, por riba de todo, temos que ter en conta que o tema do paridoiro só é a punta do iceberg. Hai servizos que se non se acubillan baixo un paraugas público non se van manter nunca. Daquela, hai un criterio de renbidibilidade económica, economicista...Se se miran as cousas só pola rendibilidade económica, non se manterá nada. A xente ten que defender o público porque nel vaille a supervivencia e de aí a gran contestación social. A cidadanía sabe que se non protexen o público non lles quedará nada. \"O que se leva facendo dende hai meses é desviar persoal e doentes a Ourense para que se vise que aquí hai problemas\"Deulle a impresión de que houbo demasiado cálculo partidario e político no conflito co paridoiro de Verín?O primeiro que fixo o Sergas para tomar a decisión foi baseala en criterios técnicos usando datos á súa maneira. O que se leva facendo desde hai meses é desviar persoal e doentes para Ourense para que se vise que aquí había problemas, pero aquí non mudou nada nos últimos meses para mellor nin para peor. O que mudou foi o sistema de contratación e as decisión veñen de onde veñen...Incluír a zona de Verín na área sanitaria de Ourense restoulle autoxestión. É ese un dos problemas?Ampliar as áreas sanitarias trouxo vantaxes pero tamén problemas. Claro que inflúe desde onde se toman as decisións, pero a xénese do problema está na precariedade que fomenta o propio Sergas. A agrupación de áreas sanitarias buscando maior viabilidade nalgúns aspectos non está mal, pero hai outras cousas que se fixeron que non se poden facer."}
{"ID": "NOS_20896", "summary": "Policía cargou e retivo dúas persoas. Hai convocada unha concentración ás 20:00 horas desta terza feira na Praza 8 de Marzo. O Concello decretou a paralización do tapiado con bloques por se tratar dun inmoble protexido no casco histórico da capital galega. Compostela Aberta e BNG, críticos coa actuación policial.", "text": "En 2011 a agrupación de baile Cantigas e Agarimos abandonaba o local que usaba desde había anos na Rúa de Algalia, en pleno corazón de Compostela, para marchar cara o barrio do Castiñeiriño. Ficaba así sen vida un enorme caserón na zona vella da capital galega até que a comezos de 2014 foi ocupado, dando lugar así ao CSOA Escárnio e Maldizer, que ao longo destes tres anos foi epicentro de non poucas actividades e iniciativas, sempre desde a marxe e desde abaixo, en Compostela. \"O espaço foi ocupado pondo em causa a propriedade privada e a gestom miserável e ruinosa levada a cabo polo Capital, dando pé a gente que tivera algumha iniciativa sem passar pola mediaçom do dinheiro e o lucro pessoal, tecendo laços de solidariedade e cumplicidade\", indican na súa web. Na mañá desta terza feira furgonetas de antidisturbios da Policía Nacional posicionábanse na contorna do CSOA. Axentes das forzas de seguridade entraban no edificio para facer efectiva unha orde xudicial de desaloxo. Segundo testemuñas, non había ninguén no interior. A nova da presenza policial espallouse a través das redes sociais e en poucos minutos xa había concentrada nas imediacións un pequeno grupo de persoas. \"Entón cargou a Policía\", afirma unha testemuña en conversa con Sermos Galiza, que indica que os axentes procederon a reter a dúas persoas (A.S.O. e D.C.C.). Ambas as dúas xa foron postas en liberdade após lles abrir expediente sancionador. A carga, sinalan varias fontes, foi desproporcionada e deixou feridas e contunsións a varias persoas. Aos poucos, máis xente foi achegándose até a zona. Ás once da mañá o número de persoas concentradas na Rúa de Casas Reais - próxima á Algalia- camiñaba cara o cento. Mentres, un grupo de operarios procedían a tapiar con bloques os accesos ao caserón que acollía o centro social ocupado. \"Un desaloxo, outra ocupación\" foi unha das palabras de orde dos concentrados. Segundo outra das testemuñas a Sermos Galiza, antes de proceder a tapiar os accesos non se procedeu a sacar do interior o diverso material (unha biblioteca de libros, mobiliario...) que había no centro. Nun comunicado, Compostela Aberta, organización que goberna no concello da capital de Galiza, rexeita o desaloxo por entender que \"non é o xeito adecuado de proceder por parte das institucións públicas\", indicando que o CSOA \"non presenta ningún problema nin de convivencia nin de seguridade. Ben ao contrario\". Ademais, O Concello decretou a paralización do tapiado no local desaloxado por tratarse dun inmoble protexido no casco histórico. De por parte, o BNG de Compostela consideran \"desproporcionada\" a actuación das forzas de seguridade. Reclaman, ademais, o uso público do local de Cantigas e Agarimos que, dende 2011, quedara sen utilizarse \"pese á necesidade dun espazo para organizar actividades socioculturais nesta área\". Para as 20:00 hai convocada unha concentración de solidariedade para co CSOA Escarnio e Maldizer. Será na Praza 8 de Marzo."}
{"ID": "NOS_46611", "summary": "No que vai de 2016, o réxime sionista avanzou nunha nova estratexia para atacar o pobo palestino: a demolición de edificacións. Segundo a ONU, nos catro primeiros meses do ano máis de 700 palestinos e palestinas ficaron sen fogar por culpa de Israel.", "text": "A Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos en Oriente Medio (UNRWA nas súas siglas en inglés) denuncia que no que vai de ano máis de 700 palestinos foron desprazados debido ás demolicións masivas perpetradas por Israel en Cisxordania. A magnitude é tal que a cifra xa se aproxima ao número total de persoas desprazadas en todo o 2015. As zonas máis afectadas polas demolicións son Xerusalén, Ramala e Belén. A Administración israelí acomete estes despexos escudándose na falta de permisos para construír vivendas, moitas delas entregadas a través de doazóns. nun só día –a pasada quinta feira-, Israel deixou sen casa 124 persoas, das que 60 eran crianzas. Trátase dunha nova medida de acoso do réxime sionista ao pobo palestino. A axencia da ONU amosou a súa preocupación polas demolicións, na medida en que viola o Cuarto Convenio de Xenebra, que impide a destrución da propiedade privada."}
{"ID": "NOS_5690", "summary": "Coincide este 5 de maio em que Nós Diario começa um curso sobre Língua que visa oferecer um melhor uso e mais qualidade com o Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona. O dia foi criado em 2005 durante uma reunião dos ministros de cultura de sete países lusófonos celebrada em Luanda. Os ministros optaram por essa data por ser nela que se reuniram por vez primeira, em Lisboa, os ministros de Cultura da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP). Corria o ano de 1996. O texto que segue foi inicialmente concebido para a lembrança do 106 aniversário do nascimento de Carvalho Calero em Ferrol, na casa número 51 da Rua de Sam Francisco, hoje em ruína, como em ruína, outro tipo de ruína, ficam as comemorações do Dia das Letras a Carvalho dedicado.", "text": "Apreocupação de Carvalho pela língua foi constante, quer do ponto de vista da normalização de usos quer da estandardização gráfica. Dum ponto de vista muito diferente também a Língua era uma preocupação de Fernando Pessoa. Possivelmente Carvalho e Pessoa não cruzaram nunca os seus caminhos vitais mas ambos coincidiram numa ideia: a língua é a pátria, ou a mátria, ou a frátria, comum; ou dito de uma outra maneira, a língua é o que define a nação, o que identifica uma comunidade. Com bastante certeza Fernando Pessoa não leu nunca nada do escrito por Carvalho Calero a pesar de à altura de 1935, ano em que a 30 de novembro Pessoa faleceu, já Carvalho ter publicado quatro livros de poesia e uma peça de teatro de título O Fillo, sem esquecer o discurso pronunciado com motivo da abertura do curso 1930-1931 da Universidade de Santiago e de nos contar Como vía Aristóteles o Pae Feijoo e de ter sido um dos líderes estudantis com mais carisma dentro da FUE. Com toda a segurança Carvalho leu todo o publicado por ou sobre Pessoa até o ano da sua morte, a de Carvalho, em 1990. Pessoa escreveu muita e variada coisa, tanta que ainda hoje seguem a aparecer textos inéditos, mas, como Carvalho, preferiu sempre a poesia: E a criança tão humana que é divina / É esta minha quotidiana vida de poeta, / E é porque ele anda sempre comigo que eu sou poeta sempre, / E que o meu mínimo olhar / Me enche de sensação, / E o mais pequeno som, seja do que for, / Parece falar comigo. Carvalho, nas Conversas em Compostela com Fernán-Vello e Pillado, confessa: \"Dunha forma ou doutra, aínda que eu son polígrafo, xa que teño traballado en narrativa, en teatro e en ensaio, creio que, efectivamente, o máis íntimo da miña personalidade está reflexado na poesía, até o extremo de que na mesma narrativa ou no mesmo teatro, considero que a parte mais persoal ou a parte mais orixinal, dentro da orixinalidade que cabe a un escritor do século XX depois de Xesuscristo, é aquela que contén unha raiz lírica\". A Baixa e Maçarelos Com certeza Carvalho percorreu todas as ruas da Baixa em que Pessoa imaginou mais de um cento de heterónimos, todo um universo de criaturas que o acompanharam nas tertúlias do café A Brasileira e nas noites do Chiado e também quando ideou a anúncio da Coca-Cola. Nada nos indica que Pessoa percorresse o Tránsito dos Gramáticos nem andasse pela Praça de Maçarelos como fazia Carvalho cada dia antes das nove desde que em 1965 se incorporou à Faculdade de Filologia, a um posto de trabalho dotado com 700 pesetas ao mês: \"O Decano escribiume oferecéndome o posto. Como a cadeira non está dotada, só se dispón de 700 pesetas mensuás pra me remunerar. Pero, ¿cómo ía atreverme a refusar? Mallaríades en min. Contestei aceitando… En fin, é unha aventura persoal impropria dos meus anos; pero quero ensaiala, inda que remate mal, pois sería paradóxico que a esquivara. Hai que vivir con autenticidade\" escreveu em carta a Del Riego. O espelho em que a Galiza se reconhece \"A minha pátria é a língua portuguesa\" escreveu Pessoa e Carvalho, se calhar neste caso menos poético, diz: \" Em realidade, Galiza existe desde que existe o galego porque o galego é o espelho em que Galiza se reconhece\" para continuar \"A história do idioma galego é a história mesma de Galiza\" e concluir que \"Galiza nace à história quando o galego nace\". A identificação língua/pátria e língua/nação é comum a Carvalho e a Pessoa. A frase de Pessoa, do Livro do Desassossego, originou inúmeras citações ou adaptações. Entre elas, a modo de exemplo, José Saramago, que concluiu que a língua portuguesa é \"uma língua de várias pátrias\" ; ou Eduardo Lourenço, que acrescentou: \"uma língua não o é de ninguém, mas nós não somos ninguém sem uma língua que fazemos nossa\"; ou Jorge de Sena, que vai além: \"a Pátria de que escrevo é a língua em que por acaso de gerações nasci\"; ou Maria Gabriela Llansol, para quem :\"o meu país não é a minha língua, mas levá-la-ei para aquele que encontrar\"; ou Eduardo Prado Coelho, que, categórico, afirma: \"A nossa pátria só será a língua portuguesa se for mais do que a língua\"; ou o moçambicano Mia Couto, que diz: \"a minha pátria é a minha língua portuguesa\"; ou o brasileiro Ledo Ivo: \"Minha pátria não é a língua portuguesa. Nenhuma língua é a pátria. Minha pátria é a terra mole e peganhenta onde nasci\"; ou o brasileiro Caetano Veloso, que não tem pátria e quer frátria: \"A língua é a minha pátria / E eu não tenho pátria, tenho mátria / E quero frátria\". A preocupação de Carvalho pela língua, tanto pela sua codificação como pelo seu uso arranca da sua etapa de estudante em Compostela. Já em 1933 censura o amigo Fernández del Riego por ter utilizado em público o espanhol antecipando a teoria da necessidade de criarmos espelhos públicos de uso: \"Paréceme moi mal que falaras en castelán no mitin escolar. Hai que partir da hipótese de que todos os estudantes de Santiago coñecen o galego. A tesis debe ser: en Galicia, como non se actúe como funcionario oficial nunca debemos falar en castelán en púbrico\". Chegados a esta altura do relato podem pergunta-se por que juntar num mesmo relato Carvalho e Pessoa. Pois permitam-me trazer como resposta aquele verso de Rosalia: O amor da patria me afoga. Porque se em Pessoa é evidente a identificação pátria e língua em Carvalho é patente a identificação língua e nação, que vem sendo o mesmo. Por isso Carvalho diz que \"o galego é Galiza\" e se o galego é (ou forma parte de, como preferirem) o mesmo sistema linguístico também chamado português e a partir de aqui resulta bem conhecida a posição de Carvalho, sermos linguisticamente falando, compatriotas de Pessoa, de Mia Couto ou de Caetano Veloso."}
{"ID": "NOS_54755", "summary": "A mobilización é impulsada por persoas de diferentes ámbitos e colectivos baixo o lema \"contra a Europa criminal do racismo e da desigualdade\"", "text": "Un grupo de persoas procedentes de diferentes entidades e colectivos sociais e sindicais chaman a unha \"manifestación unitaria anticapitalista\" este Primeiro de Maio en Compostela, a partir das 19:00 horas e con saída desde a Porta do Camiño. Unha mobilización \"sen siglas na convocatoria\" e que califican como \"unha mobilización das persoas que xa estamos fartas de vernos derrotadas, impotentes, das que decidimos que hai que retomar as rúas ata tumbar este sistema da inxustiza e a barbarie\". \"Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital\"."}
{"ID": "NOS_7141", "summary": "A asociación veciñal do Calvario, en Vigo, xunto con librarías especializadas, debuxantes e amantes do cómic organizarán esta fin de semana (4 e 5 de xuño) o festival 'Banda á feira' polas rúas deste barrio vigués. A aventura busca iniciar unha andaina coa que promocionar artistas propios e dar a coñecer esta arte visual.", "text": "A banda deseñada nunca foi allea á cidade de Vigo, proba disto é a presenza de librarías especializadas e non poucos exemplos de debuxantes que naceron nela ou escollérona para fixar a súa residencia. Das primeiras podemos falar de 'Banda deseñada', o local rexentado por Melo e dos segundos podemos sinalar a Fernando Llor e Miguel Porto, autores de Subnormal, un cómic sobre o acoso escolar. Do outro lado están as persoas receptoras das historias ilustradas, seguidoras e seguidores que manteñen viva a paixón polas historias contadas en viñetas. Malia todo, a cidade olívica non ten na actualidade un evento de referencia neste eido. Sabedores desta situación, desde a Asociación de Veciñas e Veciños do Calvario pensaron que o barrio podería ser quen de contar cunha experiencia que resultase positiva, tal e como acontece noutras cidades galegas, organizando un evento relacionado coa banda deseñada. Peter Bagge: \"Fales do que fales ou debuxes do que debuxes sempre vai haber alguén que se sinta ofendido\" A proposta informal de Raúl Fontán, presidente da asociación veciñal, pasou a ser un proxecto en firme que contou, ademais de coa participación de Melo e Fernando Llor, coa colaboración directa de Félix Rodríguez e Fabián Valero. Dous días de banda deseñada na rúa O proxecto tomará vida esta mesma fin de semana, 4 e 5 de xuño, co nome de 'Banda á feira' e pretende achegar o cómic á poboación sacándoo ás rúas. Recoñecéndose como \"un evento humilde e coa filosofía clara de facer que todo o mundo poida gozar do cómic\", sinala Félix Rodríguez a Nós Diario. O evento propón charlas, talleres para as nenas e nenos, ademais de varias exposicións dispostas ao longo da zona peonil da rúa Urzáiz, nos arredores do Mercado do Calvario. Durante estas dúas xornadas visitarán a cidade varios autores do panorama nacional e estatal. O sábado Carles Dalmau (Planeta Manga) realizará un obradoiro de técnicas dixitais (sede veciñal, 12 horas) e unha charla coloquio con Anabel Colazo (Encuentros cercanos, Espada) ás 18 horas. Unha hora despois ambos asinarán a súa obra xunto a outras e outros artistas locais. Begoña G. Alén: \"Non penso no lector cando traballo, pero entendo que unha historia para ser completada necesita ser lida\" O domingo, a charla coloquio estará será ás 11 horas e nela participarán Borja González (The black holes, Grito nocturno) e Mayte Alvarado (La isla). Ao remate, tamén asinarán as súas obras en compañía de artistas da zona. \"No apartado de autoras e autores locais a nosa intención é dar a coñecer o seu traballo\", indica Rodríguez, \"por este motivo contamos con 20 debuxantes que xa confirmaron a súa presenza no Calvario, a maior parte son de Vigo\", engade. Unha boa parte da obra das e dos debuxantes que estarán nesta edición de 'Banda á feira' poderá verse estes dous días nunha exposición ao aire libre que encherá de arte as rúas do barrio. A mesma completarase cunha mostra de Subnormal, o cómic de Llor e Porto. Cartel de Julio Martínez, 'Das Pastoras' O cartel para esta primeira edición de 'Banda á feira' é obra de Julio Martínez, coñecido artisticamente como Das Pastoras, e con grande arraigamento na cidade olívica, unha auténtica lenda do mundo do cómic que traballou en grandes compañías como Marvel e participou en títulos inesquecíbeis como La casta de los metabarones xunto a Alejandro Jodorowsky. Octavio Beares: \"Nos 70 xurdiu a idea dun cómic noso, galego; e a xeración que hai agora é incríbel\" A intención do cartel é mostrar unha celebración, unha festa ao redor do cómic que ten varios personaxes emblemáticos como protagonistas fronte a un dos enclaves máis recoñecíbeis e con máis historia do barrio: o mercado municipal. \"Penso que agora hai un especial rexurdimento do cómic en papel, hai moitas iniciativas e todas moi interesantes\", apunta Félix Rodríguez en declaracións a este xornal, ao tempo que salienta, como exemplo, \"a gran cantidade de títulos e unha especial creatividade en traballos para todos os públicos, tamén en infantil que estaba un pouco abandonado\", engade. Por este motivo agarda que o evento sea todo un éxito e \"se cadra teña continuidade no futuro con novas edicións\"."}
{"ID": "NOS_31012", "summary": "O movemento asociativo COGAMI que agrupa 53 entidades que traballan con persoas con discapacidades alerta, depois de celebrar a súa Asemblea Xeral, sobre os efectos que están a ter os recortes nas áreas de benestar. O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, sinala que o colectivo \"corre o perigo de retroceder trinta anos nas súas condicións de vida\".", "text": "-A Asemblea Xeral de COGAMI alertou sobre os efectos no colectivo dos recortes sociais. Como están a notar os efectos? Nas últimas décadas déronse avances para facer visíbeis ás persoas con discapacidade, pequenos avances porque nunca se viviu na bonanza. O movemento asociativo, artellado en todo o territorio, ten aínda unhas estrutura febles. Avanzouse na igualdade mais queda moito por recorrer. As políticas de recortes están a atacar aos colectivos máis febles. As persoas con discapacidades supoñen un 10% da poboación. Os recursos son precarios e sobrevívese tamén co compromiso de moitos profesionais. No caso de COGAMI, 53 organizacións están a dar repostas ás necesidades básicas, tamén no mundo rural, onde os servizos son moito menores. Estamos a falar de persoas con nomes e apelidos. Preocúpanos, por exemplo, que a nova lei de educación vai afastar, en lugar de integrar, ás persoas que teñen problemas de aprendizaxe. Un grupo empresarial como o noso, que son empresas sociais, está a xerar 800 postos de traballo directo e reclamamos que se teña en conta esta circunstancia porque senón non teremos oportunidade de integración. -Cun índice de desemprego histórico, como lle afecta ao colectivo de persoas con discapacidades? En condicións normais duplicamos a taxa de desemprego e triplicamos a de inactividade. O Estado fixo un recorte en políticas de emprego salvaxe e isto tamén nos está a afectar. Un servizo de emprego como o de COGAMI tivo que recorrer á iniciativa privada porque estaba chamado a desaparecer. O movemento asociativo ten que ser un referente e a Administración ten que vixiar que se dean respostas ao colectivo sen eliminar máis recursos. -Unha das reclamacións da súa asemblea foi rexeitar o pago previo dos produtos ortoprotésicos. O colectivo non pode ir ao anticipo de pago porque o poder adquisitivo é moi baixo. Maiormente vívese de pensións non contributivas, quen as ten. Se ten que poñer unha prótese ou mercar unha cadeira de rodas, moitas persoas non teñen capacidade de poder adiantar os cartos e logo agardar a que se lle faga o pago desde a administración. Pedimos que a xestión funcione como a da receita electrónica. Para nenos e nenas con discapacidades, estes materiais son de primeira necesidade e, ás veces, hai que cambialos cada ano ou dou anos. Estaslle pedindo sacrificios a familias que xa teñen un custe de máis de 15.000 euros. Agardamos que o decreto galego que regula esta xestión non vaia ao pago previo, como lle demandamos á Conselleira de Sanidade. -Como valoran os recortes da Lei de Autonomía persoal, coñecida como lei da dependencia? Naceu xa desencamiñada, ao noso ver, destinada só a pesoas maiores. Nós defendemos a autonomía persoal. En todo o territorio a posta en marcha de servizos é unha excepción, falta desenvolvelos. Creouse unha grande expectativa e, co tempo, vemos como o copago se está a incrementar e as axudas da Lei de Autonomía Perdoal redúcense. As entidades temos obriga e necesidade de demandar servizos porque as persoas están aí e hai que darlles respostas e ter profesionais contratados para garantir servizos básicos. Desapareceron as políticas de servizos sociais porque, se non tes dependencia, non es usuario. Agora nin temos Lei de Autonomía persoal nin sistema de servizos sociais e isto repercute directamente en persoas con nomes e apelidos. -Que urxencias reclaman nunha situación de crise como a que vivimos? O que consideramos básico é non dar un paso atrás e manter os servizos. Traballar para que as políticas de emprego non se resintan aínda máis. Se as persoas con discapacidade non teñen posibilidades laborais pasarían a engrosar a lista do desemprego cando están contribuíndo ao desenvolvemento do país. As 800 persoas que están traballando a través de COGAMI non están cobrando pensións. Temos que garantir un ensino inclusivo e servizos de saúde e sanitarios universais e gratuítos porque o 80% das pesoas con discapacidade teñen problemas crónicos e iso significa un importante sacrificio. As políticas sociais non se poden ver como un gasto porque é un investimento. As políticas teñen que ser transversais, aféctanlle ao acio, ao ensino, á saúde... e teñen que contar con nós. -En que sector de actividades se desenvolven as empresas de COGAMI? Temos, como dicía, 800 persoas empregadas en centros de economía social e na propia confederación. Unha boa parte, dedicadas a temas de carácter mediambientais. En Coregal, poño por caso, hai 146 persoas traballando. Estamos tamén a sufrir unha situación moi difícil porque a Coregal róubanlle a metade de toneladas de papel e cartón. En Santiago temos trinta persoas traballando na recollida e antes de pasar cos camións, xa se adiantan tres ou catro que collen o cartón. A nós énos moi difícil manter un servizo cando nos quitan o material antes de chegar. Isto está a repercutir na situación da empresa. O pasado ano a través do servizo de emprego de COGAMI atoparon traballo 2000 persoas, cunha duración mínima de seis meses. Somos referencia en todo o Estado español. Temos empresas propias mais tamén asinamos acordos con empresas e federación de distinos sectores. -Desde hai moitos anos, unha das súas demandas é a eliminación de barreiras arquitectónicas. Avanzouse en facer as cidades máis habitábeis? Desde hai dúas lexislaturas temos unha proposta ao respecto no Parlamento mais aínda non se aprobou. Os concellos teñen que regularse con ordenanzas novas. Se os locais non son accesíbeis non poden ter licencia. Estes días escoitabamos a noticia do hotel de Andalucía no que impediron entrar a un grupo de persoas con síndrome de down e episodios coma estes, infelizmente, aínda están a suceder. En moitos aspectos, en lugar de avanzar, estase a retroceder."}
{"ID": "NOS_17152", "summary": "O pequeno comercio coruñés agoniza. As tendas que dan vida aos barrios nunha cidade de barrios levan resistindo anos e non ven moito futuro nun segmento golpeado pola crise, pola instalación incontrolada de grandes superficies e por políticas públicas dispersas e ineficaces.", "text": "O adxectivo da crise é brutal. O pequeno comercio na Coruña, unha cidade de barrios, rechúmese. A crise, brutal; a competencia dos grandes centros, incontrolada; unhas políticas públicas sen xeito. O relevo xeracional que se frustra. Locais pechados, rúas desertas, barrios sen máis vida ca dos bares. Un síntoma que á vez é a enfermidade. \"Eu empecei naqueles últimos anos de boas vendas, e a diferencia daqueles tempos respecto dos seis ou sete últimos anos foi dunha caída brutal\", di Alba Balsa, desde hai trece anos na tenda Luces de Bohemia, nunha punta da rúa Ángel Senra, no barrio dos Mallos, un dos que crecera co porto hai un século, mariñeiros e anarquistas, un barrio que bulía nos sesenta e nos setenta cos mariñeiros e labregos e emigrantes asentando unha cidade de comerciantes. A rúa Ángel Senra, peonil desde non hai moito, resume a paisaxe na que vai parando aquela cidade dos oitenta e dos noventa. Alba Balsa e outras comerciantes da área crearon a Guerrilla dos Mallos. Non poñen bombas. Telas e Adela son dúas tendas xemelgas, contiguas e discretas na rúa Barcelona. Desde hai uns meses teñen case o mesmo reclamo no escaparate: Liquidación por Jubilación, Liquidación Total por Jubilación. A rúa Barcelona, peonil, comercial, máis longa que Ángel Senra, na mesma da fachada da Coruña cara o oeste, onde viñan os clientes a mares nos corenta, nos cincuenta, nos sesenta, experimenta estes últimos anos un fenómeno curioso. Os locais comercias da ampliación máis alá da perpendicular con Vila de Negreira van quedando baleiros pola mudanza de negocios cara a parte da praza das Conchiñas. Vénse apagando a rúa do norte cara o sur, un síntoma que é a enfermidade. \"Foi a crise da construción. Si, a partir do 2009 ou 2010 empezaron a faltar os cartos. Xa pasara a principios dos noventa. Xente que antes gastaba en roupa, que quería vestir calidade, quedou sen cartos. Foi pouco a pouco. Foi cambiando a maneira de pensar da xente, pola crise. Agora non se valora a roupa\", di Adela, a meses de xubilarse, que abrira a tenda no 76, poucos meses despois de que a súa irmá, Ana, empezara coa tenda de alimentación, porque daquela o marido traballáballe na distribución dunha gran empresa de alimentación. Logo deixou o ramo cando empezaron os Alcampo e os Carrefour a mediados dos oitenta. \"Adela, que estaba no negocio da confección, axudoume a entrar no das telas. Telas de calidade. A comezos dos anos dous mil a costura ía ben, a xente gastaba en vestir. Agora non quedan modistas. Aquí retiráronsenos tres e as mozas e os mozos queren ser deseñadores, pero non queren coser. Demasiado sacrificio. Meus fillos teñen bos traballos\". A concellería de Emprego e Economía Social non ofrece datos sobre a evolución do pequeno comercio coruñés. O concelleiro, Alberto Lema, leva dous anos facendo xiras. Estivo en China, en Londres, Roma, Sevilla ou Málaga. Tamén mantivo reunións coas asociacións de comerciantes da cidade. Sen resultados aparentes. \"O 90% das políticas municipais fallaron\", opina José Antonio Salgado, presidente de Distrito Mallos, a asociación da zona, e vicepresidente da federación de comerciantes da cidade. Salgado empezou montando escolas nos Mallos hai medio século e agora rexenta un aparcadoiro baixo a Ronda de Outeiro, o único da cidade que se construíu baixo iniciativa veciñal. \"Paréceme que no Concello desconfían das asociacións, pensan que están politizadas para traballar contra deles. Din que prefiren actuar directamente coa veciñanza, prefiren que sexa o Concello o que faga todo. Intentan educar con accións puntuais. Dannos as cousas feitas, e iso non funciona\". A federación de comerciantes reúne a 17 asociacións (quedan fóra dúas) e uns 1.600 pequenos comercios de todos os ramos de actividade, mesmo profesionais liberais. Un terzo deses comercios teñen empregados. Son menos que a principios de século, pero non hai datos. \"Non os teñen, pero esa só é unha mostra máis da incapacidade política deste goberno. Tampouco é que esteamos moi contentos cos anteriores\", explica Tonecho Amor, da Asociación Zona Comercial Obelisco, esta mañá de agosto suplindo as vacacións nunha das xoierías da familia, catro xeracións no negocio que non terán continuidade na seguinte. \"Por poñer un exemplo de ineficacia das políticas municipais: levamos dez anos reclamando un bus turístico e nin roxos nin azuis nin morados foron quen de poñelo a circular. A resposta é invariable: non hai cartos. Fai moitos anos que a cidade non vive da industria e do porto, mais na concellería de comercio cabe todo, é un saco: turismo, comercio, emprego... sen coordinación\". A da Zona Obelisco é unha das asociacións máis fortes, \"privilexiada pola situación e pola calidade dos negocios\", envexa Salgado. Teñen cartos para facer accións propias. Son 180 socios sobre un censo de 400 comercios. Teñen desde tendas do téxtil e zapatarías até hostalería e tamén notarios e avogados porque ofrecen descontos para os aparcadoiros. Tonecho Amor explica a evolución do comercio local desde os anos nos que a crise empezou a golpear forte, o 2009 e o 2010. \"Somos empresas con picos de actividade que precisamos do crédito dos bancos para manter o equilibrio todo o ano. Nesa época os ingresos caeron e fomos arranxando con despidos e prexubilacións. Ao principio o banco aínda confiaba en ti. Houbo liquidacións de empregados que chegaron até os 70.000 euros, xente que levaba moitos anos traballando. O emprego reduciuse aproximadamente entre un 20 e un 30% desde entón. Os comercios entramos en débedas e moitos aguantan simplemente até que consigan saldar esas débedas. Despois, pecharán\". Antes da crise foran os centros comercias. \"Na Coruña tiñamos unha gran superficie e en pouco tempo abríronse catro máis. Había unha oferta para unha cidade dun tamaño tres veces maior. Enriba, algúns deles fixéronse en zonas de entrada como a de Carballo e toda a Costa da Morte pola que a xente que viña de alá xa nin chegaba aos barrios\". José Antonio Salgado cre que pasou máis pola avidez dos construtores que polas posibilidades reais de negocio comercial. \"Aqueles centros afogaron moito pequeno comercio. E mira hoxe, ou están pechados ou baleiros\". Aquela invasión levou por diante ramos moi específicos de actividade no comercio minorista: as ferraxerías (nos Mallos xa só queda unha aberta), as drogarías (nos barrios só resisten franquiciados) e pequenas librarías e quioscos. Na Agra do Orzán, nos Mallos, no Obelisco e Catro Camiño, mesmo en Monelos, o comercio de proximidade mantense inda que murcho. Noutros barrios coma Monte Alto é \"moi pobre\" ou xa desapareceu, \"coma na Cidade Vella\", indica Salgado. Na zona do Obelisco e no Distrito Picasso desapareceron sobre todo tendas de xoguetes, pequenos supermercados, e aquela proliferación de chinos e todo a cen. A crise tivo algún efecto lateral beneficioso. \"Moita xente deixou o coche e volveu a pasear e a coñecer o barrio, tamén hai xente nova que xa non cre nas grandes superficies, empezou o botellón que trouxo ás mozas e os mozos de novo ao centro. A idade dos paseantes na Rúa Real baixou\", comenta Tonecho Amor. Alba Balsa viu pechar moitas tendas nos trece anos que leva nos Mallos. E segue vendo como as que abren, a maioría, acaban pechando despois de dous ou tres anos. \"Houbo unha perda enorme de poder adquisitivo en barrios coma este. Mesmo os propios comerciantes temos unha percepción negativa sobre como estamos levando o negocio porque as vendas caeron e non remontan. Salvo quen ingresa máis por traballo que por venda de produtos, como os salóns de peiteado, por exemplo, as demais seguimos con mi pouco volume de negocio\". Por iso decidiu montar a Guerrilla dos Mallos. Son varias tendas agrupadas nas redes sociais, facendo propaganda (non venda) a través de Internet e coordinándoa con accións na rúa que leven á xente a entrar nas tendas. \"Marketing de guerrilla\", conta Alba, \"de aí vimos, de facer ruído con poucos medios. Somos un grupo pequeno que xurdiu da necesidade de colaborar e darlle cobertura aos que van abrindo e potenciar a imaxe comercial da zona. Facemos cousas polo barrio, e pouco a pouco a xente vai vendo o comercio como seu\". José Antonio Salgado mira con esperanza iniciativas como a de Alba. El insiste en que as asociacións teñen vínculos cos barrios que son imprescindibles para desenvolver calquera política pública. \"Que nos dean cartos e non gasten o pouco que teñen en facer propagandas que non fan que o cliente entre á tenda\". Mira con simpatía á Guerrilla dos Mallos, pero desconfía de iniciativas como Tu tienda examen. Un técnico encargado de executar este programa municipal acompañou a algúns comerciantes durante tres meses. \"Ensináronos a mirarnos desde fóra\", di Alba Balsa, que foi mudando pequenas cousas en Luces de Bohemia aquelas semanas, entre finais do ano pasado e comezos deste. \"Ofrecéronos algunhas ferramentas, a coidar o empaquetado ou os escaparates, pero tamén nos deron seguridade no que vaiamos a emprender, porque ás veces veste peor do que realmente estás\". \"O comercio rebentou\", reflexiona Tonecho Amor, que confesa que nalgún momento foi asesor do anterior goberno municipal, \"de Carlos Negreira\", e di que \"un día deixou de chamarnos porque deu en falar con tres ou catro grandes de verdade e só con eles, e entre eles arranxaban os asuntos importantes\". Amor explica como a cidade que creceu de costas ao mar pensa en seguir vivindo, cega, de costas ao pequeno comercio. Outro erro, advirte. E xa non espera moito das políticas públicas. Nin busca grandes referentes. \"Non, xa non podemos aspirar a competir no rango de cidades como Santander ou Donosti. Pero miremos cara outras como Segovia, Salamanca ou Toledo. Está ben ir a Fitur ou investir o que non se inviste en comercio local nunha feira gastronómica que organizan hostaleiros cataláns. Se houbera para todo... É unha concellería sen cartos, e os cartos vanse en saraos. Hai visitantes que baixan dos cruceiros e nin ven as praias porque ninguén lles informa que están alí. E, témosllo dito, no Entroido non hai un punto focal no noroeste. A Coruña podería selo. Non podemos vivir do turismo de alpargata. Urxe pór a cidade no mapa, sinais, imaxe corporativa\". Todas as imaxes, de Erik Dobaño. Portada e interior, Telas e Adela. No texto: Alba, Salgado e Tonecho."}
{"ID": "NOS_47690", "summary": "A Xunta Electoral impide que se presenten as listaxes da Federación Rural Galega en tres consellos reguladores e noutros proclamou as candidaturas da Fruga como independentes", "text": "A Xunta Electoral vén de facer hai uns días a proclamación definitiva das candidaturas aos consellos reguladores das Denominación de Orixe e Identificacións Xeográficas Protexidas (IGP) do sector agroalimentario da Galiza, distintivos aos que se acollen 17 produtos no noso País. Nunha polémica decisión, este organismo decidiu impedir as candidaturas presentadas pola Federación Rural Galega a 'Tenreira Galega', Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) e 'Pataca de Galicia'. Alén diso, a Xunta Electoral proclamou o resto de listaxes da Fruga aos restantes consellos reguladores, mais fíxoo \"ben como se fosen independentes ben como asociacións profesionais, sen responder a ningún criterio lóxico\", segundo denunciou Manuel Da Cal, coordenador xeral do sindicato, nun artigo que vén de ser recollido por Terra e Tempo. A Federación Rural Galega presentou candidaturas en Monterrei, Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras e as mencionadas Tenreira Galega, Pataca de Galicia e Craega. Desde Fruga lémbrase que \"como federación na que se inclúen distintas asociacións profesionais dos diversos subsectores da actividade agraria, e como organización constituida para a defensa dos sectores produtivos agrarios galegos\", presentou as súas candidaturas a estes consellos reguladores \"en prazo e forma\". No escrito, Da Cal argumenta que no caso de 'Tenreira galega', a Xunta Electoral mantivo a mesma liña que o pleno do Consello Regulador para non proclamar a candidatura da Federación, baseándose nunhas motivacións \"que non se axustan aos criterios que inspiran a lexislación electoral xeral\"- No que atinxe ao Craega, \"sorprende que a candidatura da Fruga non se lle permita substituír @s candidat@s incluídos por erro\" mentres que na de Xóvenes Agricultores ao consello de Monterrei a Xunta Electoral lles permita substituír \"a tres candidat@s que inicialmente figuraban na lista proclamada polo pleno do Consello Regulador por outr@s que non se corresponden cos inicialmente proclamados\". \"Prívase ás e aos titulares de máis de 7.000 explotacións inscritas de dous dereitos fundamentais en democracia: o dereito a participaren no debate de propostas e alternativas; e o de exerceren o seu lexítimo dereito a voto\" No entanto, para Da Cal o caso máis rechamante é o de 'Pataca de Galicia', onde a candidatura da Fruga foi proclamada polo seu Consello Regulador (tanto na primeira xuntanza como nunha segunda onde a listaxe da Federación foi ratificada fronte ás alegacións do Sindicato Labrego Galego-Coaga). Mais, paradoxalmente, a candidatura da Fruga foi botada para atrás pola Xunta Electoral \"sen ningún motivo aparente\". Privar de dereitos a 7.000 titulares Para Da Cal, todas estas artimañas constitúen un \"veto en toda regra\" á Fruga, quer por impedir a presentación de candidaturas a algúns consellos reguladores quer por impor a Xunta Electoral que outras listaxes da Federación deban concorrer co engadido de \"independentes\". O coordinador xeral da Federación Rural Galega afirma no mencionado artigo que este tipo de decisións supón \"privar @s titulares de máis de 7.000 explotacións inscritas de dous dereitos fundamentais en democracia: o dereito a participaren no debate de propostas e alternativas; e o de exerceren o seu lexítimo dereito a voto\". Mais Da Cal ten claro que este escenario pode ser posíbel se o resto de candidaturas (SLG-COAG, UUAA e XXAA) chegaren a un acordo para se repartiren os postos \"sen necesidade de realizaren as eleccións, nos consellos reguladores onde se vetaron as candidaturas da Fruga, posibilidade que se recolle no artigo 8 da Orde que regula a propia convocatoria de eleccións\""}
{"ID": "NOS_24306", "summary": "A eurodeputada eleita nas listas de AGEe (Alternativa Galega de Esquerdas para Europa) organizou este sábado en Cangas unha xornada intitulada \"O empoderamento das mulleres na esquerda política social\".", "text": "Está a haber un retroceso \"moi forte\" nos direitos das mulleres \"mesmo dentro das propias organizacións de esquerda ás que pertencemos ou coas que traballamos\", denunciou este sabado Lidia Senra no decurso dun coloquio que levaba por título xenérico \"Mulleres implicadas política e socialmente fronte ao machismo diario que continúa a imperar na maioría de organizacións de esquerda\". A eurodeputada -que en Bruxelas fai parte do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)- criticou a \"belixerancia\" coa que os compañeiros homes de esquerda reaxen perante os avanzos das mulleres nas organizacións partidarias, quer na esfera orgánica quer na institucional. Na mesma perspectiva, reprobou o \"mínimo\" tempo que se dedica nas campañas eleitorais \"a falar da situación e das propostas das mulleres\". \"Aínda que conseguimos que se fagan listas paritarias e que cada vez máis mulleres accedan ás institucións, o certo é que os primeiros postos continúan a reservarse para homes. Cantas mulleres hai alcaldesas, secretarias xerais ou portavoces?\", inquiriu."}
{"ID": "NOS_10253", "summary": "Fran P. Lorenzo é o novo gañador do Premio Blanco Amor coa novela Cabalos e lobos. Trátase da primeira novela do xornalista.", "text": "Por unanimidade o xurado do XXXIII Premio Blanco Amor de novela recaeu no xornalista Fran P. Lorenzo e a súa obra Cabalos e Lobos. Composto por Xosé Luís Franco Grande, Camiño Noia Campos, Olivia Rodríguez González e Xosé Antonio Palacio Sánchez, o xurado reuniuse na casa da Cultura de Redondela este 11 de novembro, San Martiño e o premio entregarase nun acto público que terá lugar en Redondela o vindeiro 22. Cabalos e lobos é a primeira novela de Fran P. Lorenzo, xornalista de Cultura de El Correo Gallego. Malia iso, a súa escrita é xa coñecida, alén do traballo xornalístico, a través do seu blogue Un país en lata. En Cabalos e lobos, Fran P. Lorenzo artella unha intensa historia na que os segredos familiares constrúen unha trama de tensións cun escenario, a cidade de Vigo -da que é natural o autor-, que cobra un protagonismo especial. A novela arrinca co acontecemento dunha noite de 1960 que servirá para desvelar as verdades e mentiras que se agochan detrás da realidade."}
{"ID": "NOS_13186", "summary": "A Irmandiña debuta nun Campionato de España", "text": "A selección galega, que se estrea no Campionato de España de Trail que se disputará na localidade catalá de Berga o 7 de maio, xa ten nomes propios. A proposta do responsábel de Trail Running e do director Técnico da Federación Galega, dito ente fixo pública unha listaxe composta por un total de 12 atletas, seis da categoría masculina e outras tantas da feminina, que lograron a súa clasificación de modo directo no pasado Campionato da Galiza de Trail. A proba galega desenvolveuse na Serra do Barbanza, e na mesma proclamáronse gañadoras Daniel Paz e unha Verónica Calvo que, lamentabelmente, non poderá desprazarse até Cataluña por motivos laborais, recaendo a responsabiliade de liderar a Irmandiña sobre os ombreiros da subcampioa no Galego, Carla Trillo. Este evento suporá o debut da selección nacional nun Campionato de España que alcanza neste ano 2022 a súa cuarta edición. Ao longo das mesmas, o combinado catalán, con catro títulos, sitúase á fronte do palmarés, seguida das Seleccións de Valencia e Euskadi, cun cada unha. Con esta nova aposta federativa, a selección galega de trail running únese a outros combinados nacionais baixo o paraugas do atletismo, como a de campo a través, a escolar, a de marcha ou a de probas combinadas. O obxectivo, medrar A meta da Irmandiña neste torneo, tal e como apuntaron desde a Federación Galega, non é outra que \"a de representar unha modalide atlética en importante crecemento no noso país grazas, en parte, ás excelentes condicións xeográficas e orográficas coas que conta a Galiza, así como ao gran número de afeccionados e afeccionadas que buscan, ademáis de deporte e novos retos, unha contorna e un espazo natural diferente e motivador\"."}
{"ID": "NOS_30526", "summary": "O buque Marianne de Göteborg chegará a Galiza o 30 de maio onde será despedido cunha festa popular.", "text": "O porto de Bueu recibirá un dos buques que compoñen a Flotilla da Liberdade. O Marianne de Göteborg partiu este domingo desde Suecia e chegará a Galiza o 30 de maio onde permanecerá durante dous días. A embarcación viaxa provista de paneis solares e equipamento médico e ten como obxectivo rachar o bloqueo imposto por Israel na Faixa de Gaza. Mais tamén, lembran desde a organización, visan remover conciencias e pór na axenda mediática o conflito en Palestina. O Marianne de Göteborg será despedido en Bueu cunha romaría popular. Desde Galiza viaxará a Portugal e outros puntos da Península Ibérica para se reunir no Mediterráneo coas demais embarcacións da Flotilla. A viaxe desenvólvese, aliás, no marco do quinto aniversario do ataque ao Mavi Marmara atacada pola armada israelí no 2010 e en cuxa agresión foron asasinadas 10 persoas e feridas medio cento. Desde a Flotilla da Liberdade queren salientar a impunidade daquel ataque polo que non foi xulgado o goberno israelita no que definen como un acto de piratería."}
{"ID": "NOS_5970", "summary": "A primeira sesión de control ao presidente de 2022 veu con estrea de portavoz parlamentar do PSdeG incluída, Luis Álvarez remudando Gonzalo Caballero; e con BNG e PSdeG poñendo en cuestión ,en 2 temas de actualidade, o relato do PP de 'Feixoo bo xestor': Atención Primaria e a execución de fondos pola Xunta.", "text": "A situación de \"colapso\" da Atención Primaria (AP) e os ataques da Xunta á repartición dos fondos europeos foron os dous temas cos que, respectivamente, BNG e PSdeG inauguraron a sesión de control ao presidente de 2022. Dous temas aos que o Goberno Galego está a destinar tempo e esforzo para tecer o que agora se chama un relato. Así, a situación de saturacións, dificultades e esgotamento da AP deriva única e exclusivamente da conxuntura da Covid e, no que atinxe ao outro tema levado a esta sesión parlamentar, o Goberno español \"castiga\" Galiza e só a Xunta de Alberte Núñez Feixoo é quen de defender o país. O presidente dedicouse nas súas quendas de réplica a asentar o relato. Réplicas adobadas con críticas aos portavoces da oposición. A Luis Álvarez situouno como un simple \"seguidista\" do que diga o Goberno español e a Ana Pontón reprochoulle que \"leva vostede 18 anos de deputada\", dixo, \"e coa mesma pancarta e o mesmo discurso\". Núñez Feixoo: \"Cun PSdeG que renuncia a defender a Galiza e o BNG seguidista, Xunta e PP son máis necesarios ca nunca\" Gostou Feixoo desa liña, na que teimou e durante a sesión: \"Eu viña por aquí [Parlamento] nos 90 como alto carto de Sanidade e xa dicían o mesmo que agora\". Feixoo criticando os anos de Pontón de deputada e presumindo de ser alto cargo hai 30. E que é o mesmo antes que agora? Ana Pontón reiterouno: \"vostedes teñen unha ruta ideolóxica, que é a de privatizar\" a sanidade. \"Experimentar co privado\" A portavoz do BNG tirou de hemeroteca e leu o que Núñez Feixoo dicía en 2012: \"En todo o que non sexa núcleo duro da Sanidade pode experimentarse coa xestión privada\". \"E vaia se experimentaron!!\", remachou a nacionalista. Luis Álvarez: \"Vostedes na Xunta si que fan un reparto discrecional dos fondos, en función da cor política dos concellos\" Ana Pontón sinalou que antes de iniciar a sesión procurara en google \"deterioro da sanidade na Galiza\" e en menos dun segundo o buscador localizou 1.070.000 novas relacionadas. Na réplica Feixoo apostou por se centrar no dedo e non na lúa e cargou contra o BNG por usar en google 'Galiza' e non 'Galicia', \"que é o nome de Galicia\". A portavoz do Bloque denunciou a \"saturación\" e \"colapso\" da AP, responsabilizando Núñez Feixoo (O Privatizador, alcumouno) \"de poñer en risco a saúde dos galegos e galegas\" cos recortes en sanidade. Ana Pontón: \"As súas políticas poñen en risco a sanidade, é Feixoo 'O Privatizador', un risco para a saúde de galegos e galegas\" Incidiu a nacionalista en que faltan recursos (\"destínase a Atención Primaria 12% do orzamento cando os especialistas din que ten que ser o duplo\") e persoal (\"os propios profesionais denuncian situacións como esta: unha enfermeira de Ourense asinou 34 contratos en 60 días\"). Convidou o presidente a que \"vaia no seu novo coche oficial a dicirlle aos doentes que os datos sanitarios son mellores ca nunca\". Feixoo recoñeceu \"problemas\" na AP mais achacounos á pandemia e insistiu en que a falta de médicos é responsabilidade do Goberno español (\"os seus socios\", díxolle a Pontón, noutro clásico do seu argumentario contra o BNG). Anunciou que ía convocar unha oferta de emprego de 106 prazas para especialistas e dixo que era \"soez\" dicir que o problema da sanidade galega é a \"privatización\". Quen executa os fondos? Luis Álvarez estreouse cunha crítica, unha denuncia e unha dúbida. Así, criticou que Feixoo ataque a repartición dos fondos europeos (\"Galiza recibe 671 millóns, a 6ª autonomía que máis leva e desas 6, 4 son do PP\"), denunciou que a Xunta ten sen executar 50% dos fondos para emprego ao tempo que fai \"distribución discrecional\" segundo a cor política dos concellos en axudas como Augas da Galiza. E o novo portavoz socialista deixou unha dúbida pendendo sobre Feixoo: co \"historial\" que a Xunta do PP ten (\"escasa execución de fondos\" e \"repartición discrecional\"), serían quen de xestionar \"con transparencia\" os fondos da UE?"}
{"ID": "NOS_40638", "summary": "Delegad@s da CIG concéntranse diante da consellaría de Benestar e exixen entrevistarse con Beatriz Mato e urxir unha xuntanza entre patronal e sindicatos en que se negocie un convenio galego que regule as condicións de traballo dun cadro de persoal que nalgúns casos se viu abocado a aceptar baixadas do 60% nos seus salarios para manter o centro aberto", "text": "Delegadas e delegados da CIG nos centros de atención a persoas con discapacidade concentráronse esta terza feira ás portas da consellaría de Traballo e Benestar para denunciaren a situación \"crítica\" dun servizo do cal \"os medios falan pouco\", mais cuxo funcionamento é indispensábel para que afectad@s por autismo ou síndrome de Down reciban atención. \"Xa é grave que este servizo non estea atendido pola administración\", sinalou Xosé Lois Ribera, membro da Executiva da federación de Ensino da central nacionalista, lembrando que nada máis dous destes centros dependen a día de hoxe do departamento que dirixe Beatriz Mato. O resto están en mans de entidades privadas que \"por sorte e de momento\" son na súa meirande parte asociacións de nais e pais das persoas afectadas, isto é, entidades sen ánimo de lucro. A man da empresa privada tamén toca este servizoPorén, de facermos memoria lembraremos que o primeiro de xuño o Diario oficial da Galiza facía públicos os convenios que Mato asinou para os catro primeiros meses do ano. Na relación de entidades beneficiarias, as maiores contías van parar a Asociación Galega San Francisco (Agasfra) --2.082.955,32€--, para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través dos seus centros de atención a persoas con discapacidade da súa titularidade; e a Esclavas de la Virgen Dolorosa-Crecente --1.038.441,60€-- para contribuír ao mantemento do servizo que presta a través do Centro Residencial Asistencial Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey. Tales axudas resultaron rechamantes, pois neste mesmo ano deixaron de funcionar o centro de menores de Montealegre, en Ourense, e o de Soutomaior, en Ferrol. Alén destes, o pasado ano a consellaría de Benestar eliminou o centro de atención especializada do Santiago Apóstolo, e privatizou o centro Souto de Leixa, en Ferrol, que acabou sendo propiedade do grupo empresarial CLECE, vinculado a Florentino Pérez e, por conseguinte, cun ánimo de lucro presumíbel. Estes dous últimos centros prestaban atención, xustamente, a persoas con diversidade funcional. Aceptar unha baixada do 60% nos salarios para manter o centro abertoEntrementres, as asociacións de nais e pais sosteñen a actividade \"con escasos recursos\", dependendo das axudas que achegan as distintas administracións, nomeadamente a autonómica, tal e como explica Ribera. Así, as delegadas e os delegados que secundaron a protesta diante da consellaría rexistraron un escrito en que solicitaron unha entrevista con Mato para preguntar polo recorte do 35% que o seu departamento practicou nas subvencións destinadas aos centros, o que provocou retrasos nos pagamentos e un problema laboral derivado dos meses que o cadro de persoal estivo sen cobrar, nalgúns casos até tres meses. Nalgúns casos, tal conflito derivou nunha rebaixa salarial de até o 60% que, motu propio, @s propi@s traballador@s aceptaron. Para alén de cuestionar a Mato polos recortes e de procurar \"o seu compromiso con este servizo\", CIG quere que a Xunta emprace a patronal e sindicatos para negociar un convenio galego, pois o regulamento dos centros no que atinxe ao persoal contratado depende dun convenio negociado en Madrid e con ámbito estatal que se publiciou esta mesma terza no BOE. Nel contémplanse rebaixas nas condicións laborais e \"non se adapta ás condicións específicas de Galiza\". O noso territorio ten competencias específicas nesta materia, mais o PP mantívoas estes tres anos no letargo."}
{"ID": "NOS_43347", "summary": "Un estudo realizado pola Universidade de Vigo na súa comunidade alerta do alto grao de descoñecemento do concepto de violencia de xénero e das súas características. Segundo conclúe, unha de cada tres persoas –maioritariamente varóns– incluíu nas súas respostas \"elementos negacionistas\".", "text": "Coa imaxe das mobilizacións multitudinarias do 8-M aínda presentes, a Universidade de Vigo presentaba onte o seu estudo de valoración, percepción e impacto das políticas de igualdade entre mulleres e homes na institución académica, cuxas conclusións son, nalgún caso, \"preocupantes\". Así cualifica o informe o grao de descoñecemento do concepto de violencia de xénero que se extrae da investigación, realizada a través de 375 entrevistas presenciais en 11 das escolas ou facultades dos tres campus da Universidade viguesa. Como indica, en facultades como Enxeñaría Industrial ou Telecomunicacións chegan a 73,5% as persoas que, cuestionadas ao respecto, consideran que esta violencia se exerce \"indistintamente\" de homes a mulleres ou no sentido inverso. O estudo alerta de que unha de cada tres participantes no inquérito achegou \"elementos negacionistas\" da violencia machista ou relacionouna cun comportamento desvinculado do xénero, \"asumindo indirectamente o negacionismo dalgúns discursos políticos e sociais\". 70% desas definicións, incide, foron dadas por homes. Segundo recolle, na comunidade universitaria predomina a \"confusión\" sobre o concepto, se ben existe un \"positivo rexeitamento dos falsos tópicos\" en relación coa dependencia económica das vítimas ou do baixo nivel formativo. Facultades como a de Ciencias Xurídicas e Empresariais, Dereito, Económicas e Educación achegan definicións desta violencia máis acordes coa lexislación, a ONU e o Convenio de Istambul. Na parte positiva, o informe, presentado polo reitor de Vigo, Manuel Reigosa, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, e a consultora Laura Seara, conclúe que unha alta porcentaxe do alumnado (73%) quere mellorar o seu coñecemento en igualdade, e que 67% do profesorado ten interese en recibir horas de formación."}
{"ID": "NOS_14504", "summary": "Marea de Vigo, BNG, CIG, UXT e CCOO apoiaron as mobilizacións.", "text": "Persoal de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, mobilizouse na tarde desta quinta feira polas rúas da cidade para exixir unha solución ás \"múltiples\" problemáticas laborais que padecen \"desde hai anos\". Un deles, segundo precisaron desde a representación sindical, ten a ver coa \"inaplicación do convenio que a empresa pretende impor para reducir os salarios e os dereitos laborais, de modo que os soldos caerán 14% no que queda de ano en 30% en 2023\". De forma paralela, acusaron a empresa de \"recortar os servizos\" desde hai meses, \"o que provoca que o que debera ser un servizo público de calidade sexa nestes momentos totalmente deficiente\". Na mobilización participaron as agrupacións locais de Marea de Vigo e BNG. O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, instou recentemente o alcalde, Abel Caballero, a actuar \"con determinación e firmeza\" para resolver o conflito. \"Se a Vitrasa non lle convén ou non lle é rendíbel seguir a xestionar o servizo de bus urbano de Vigo, que se resolva a concesión\", propuxo. Pola súa parte, desde a Marea avanzaron esta quinta feira que presentarán unha moción no vindeiro pleno para instar o Concello a realizar unha auditoría externa da compañía. A formación acusou Vitrasa de \"utilizar\" os seus empregados para \"tensionar\" as negociacións co Concello e lograr compensacións económicas que melloren a súa xa \"avantaxada\" posición."}
{"ID": "NOS_33003", "summary": "Os nacionalistas rexistraron unha proposición non de lei instando ao goberno a expresar a reprobación de Samuel Juárez e a petición do seu cese ante o Goberno central. A desproporción das cargas policiais contra os mariñeiros e a actitude d@s axentes con alcaldes e deputad@s, os motivos.", "text": "O BNG rexistrou unha proposición non de lei pola cal ao goberno a expresar a reprobación de Samuel Juárez e a petición do seu cese ante o Executivo central. Os nacionalistas piden amparo á Mesa do Parlamento ante o trato dispensado a alcaldes, deputad@s e representantes políticos \"que se estaban a manifestar pacificamente contra o canon de Sogama\" así como a agresión sufrida por unha parlamentaria do BNG \"por internar mediar para evitar o uso desproporcionado da forza nunha detención\". Os nacionalistas consideran \"intolerábel\" o trato das forzas de seguridade a alcaldes e deputad@s e o uso desproporcionado contra os mariñeiros do cerco. O Bloque solicita investigar os feitos, depurar responsabilidades \"e adoptar medidas para que non se reproduzan no futuro\" actuacións dese tipo. Ademais, e alén da actuación das forzas se de seguridade da semana pasada, @s nacionalistas engaden a negativa do delegado do Goberno para que compareceran na Comisión de estudo de seguridade viaria os máximos responsábeis de Garda Civil de Tráfico, un \"motivo máis\", dixo, para pedir a súa reprobación."}
{"ID": "NOS_1538", "summary": "Durante moitos meses, espertei cedo cada día para non escribir nada. Despois tío Carlos morreu e pensei que necesitaba buscar o principio de todo isto. Así que que volvín a este cuarto de hotel. Agardaba atopalo igual que o deixara a outra vez\". O primeiro parágrafo de Carrusel (Galaxia, 2019) é xa unha especie de mapa secreto para as súas 121 páxinas. Así, no último libro de Berta Dávila (Compostela, 1987) hai un complexo xogo de tempos narrativos, certo enfrontamento coa finitude, a vontade de escribir contra vento e maré e a imposibilidade case física de facelo, tabús que se veñen abaixo, o outro como liberación e ás veces condena.", "text": "\"Eu estaba escribindo sobre diferentes cuestións, como cabaliños nun carrusel que soben e baixan\", explica Dávila a Nós Diario, \"pero decateime de que todo xiraba arredor dun mesmo asunto concreto. Decidín que precisaba un soporte e busquei un modelo\". Ese núcleo implícito era a doenza mental, o tema do que, nas súas propias palabras, a autora se agochaba. \"Agora, cando lembro o tempo breve que pasei no hospital, ao tratar de facer un relato do que non posúe unha narrativa propia, vén á miña cabeza aquela canción terríbel de Johnny Cash, The beast in me\", afirma a voz en primeira persoa que enfía a obra. A escritora cavilou cada movemento co que se internaba no subxénero da autoficción ou ficción do eu. Non excesivamente practicada na literatura galega -exemplos máis ou menos recentes son A identidade fascinada (Galaxia, 2015), de Antonio Piñeiro, ou Os xornalistas útópicos (Xerais, 2013) e Todo ser humano é un río (Xerais, 2016), de Manuel Veiga-, asédiana a confusión e o pudor, a malinterpretación e a nugalla crítica. \"Carrusel está moi meditado\", sinala Dávila, \"porque unha sabe a que tipo de preguntas se enfrontará. Mais sucede con este libro algo que me interesa: hai certa vergoña á hora de preguntar sobre a súa cuestión central [a doenza mental] de maneira directa\". En todo caso, ela tomou a decisión de non respondelas. \"Mais non me incomodan, sería inxenua se o fixese\", engade. Como tratar o real De fondo opera un problema clásico da escrita, como trata a literatura o real. Dávila, ademais poeta con inclinación ao ton confesional, xa pelexou con el noutros traballos. \"Está aí desde os poemas de Raíz da fenda (Xerais, 2013). Ou mesmo desde algún relato de A arte do fracaso (Barbantesa, 2010), en que unha muller dirixía unha carta á súa avoa Úrsula\", indica: \"A relación entre a materia do real e a materia da ficción aparece nos meus libros cada vez con máis forza, cada vez máis espida, con menos máscaras\". É deste xeito en Carrusel, cuxa historia de descenso e ascensión dos poderes dunha escritora, a súa pescuda no propio pasado e nas relacións con familia e amizades, bebe da experiencia como na experiencia bebeu a poesía nidia e insondábel de Sylvia Plath. \"Carrusel está marcada pola imposibilidade de escribir, aínda que eu sempre defendín que a escritura era cuestión de disciplina\", anota. Outras verdades persoais sobre o seu oficio serviron a Dávila durante os anos que tardou en elaborar este libro, premio García Barros 2019. \"Sempre intentei aterme ao clásico 'hai que escribir sobre o que coñeces\", di, e talvez por iso as reflexións arredor da escrita inzan as páxinas. \"Canto máis procuro deixar fóra estas matinacións, máis aparecen no que escribo\", resígnase. Polo demorado camiño de Carrusel caeron da trama varios personaxes que se dedicaban a escribir. Procedían das variantes primitivas do libro, depuradas co tempo. \"A tea do tempo\" O tempo e o mecanismo ao respecto deseñado pola autora é outro dos elementos fundamentais de Carrusel. \"Xogo con el desde unha perspectiva emotiva e non sucesiva\", afirma. A narración é como simultánea, ás veces circular pero con altos e baixos tal o propio carrusel, formulada por Dávila a xeito de tea. \"Nela fanse dobreces e fragmentos da mesma acadan así intimidade absoluta\", esténdese. O reto era descubrir as maneiras en que unha emoción conecta cunha música que \"sentías de adolescente, escoitas nun bar e de súpeto estás tan perdida como aos 15 anos\". En Carrusel a epifanía destápaa The Circle Game, canción de Joni Mitchel. \"Somos prisioneiros no carrusel do tempo. / Non podemos regresar, só podemos mirar atrás / cara a ese lugar de onde vimos / e ir dando voltas e voltas e voltas / no xogo do círculo\", canta."}
{"ID": "NOS_33456", "summary": "Para o Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación, os Papeis de Pandora explican \"como a opacidade financeira impulsada polos Estados Unidos e outras nacións moldeou e quebrou o imperio da lei no planeta\", amais dos motivos polos que os Gobernos internacionais se negaron a mudar as laxas regulacións financeiras.", "text": "O ex director do Fondo Monetario Internacional, Dominique Strauss-Kahn, o ex primeiro ministro británico Tony Blair; xefes de Estado como o de Ucraína -Volodimir Zelenski-, Chile -Sebastián Piñera- ou Ecuador -Guillermo Laso-, ou cantantes como Julio Iglesias, Elton John, Miguel Bosé e Shakira, utilizaron paraísos fiscais para desviar os seus ingresos e evitar ter que tributar polas súas ganancias, desvelan os Papeis de Pandora, unha investigación dirixida polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ polas súas siglas en inglés) na que participaron 600 profesionais de 117 Estados. Os case 12 millóns de arquivos proceden dunha filtración de 14 bufetes legais dedicados a desenvolver as estruturas para crear sociedades offshore (en lugares con poucos impostos para as empresas e ausencia de intercambio de datos), o que permite aos seus propietarios evitar o control dos seus fondos. Este tipo de sociedades son legais mentres as ganancias estean declaradas no Estado de residencia do propietario. Un estudo da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) de 2020, revela que arredor de 10 billóns de euros estás resgardados en empresas offshore. Con respecto á Unión Europea, até o 10% do PIB desvíase cara a paraísos fiscais, o que implica unha perda de 46.000 millóns de euros de ingresos vía impostos cada ano. Opacidade financeira contra a lei Como aclara a indagación da ICIJ, esta situación non é anecdótica ou delimitada a determinados lugares, senón que \"a maquinaria do diñeiro offshore opera en todos os recunchos do mundo\", explicando \"como a opacidade financeira impulsada polos Estados Unidos e outras nacións moldeou e quebrou o imperio da lei no planeta\". Asemade, sostén que a infiltración na política internacional das \"finanzas ultrasegredas\" revela o motivo de que \"Gobernos e organizacións globais fixeran tan pouco para acabar cos abusos financeiros offshore\". De feito, entre os membros da OCDE pasouse dun imposto de sociedades do 32,2% no 2000, a un 23,2% en 2020. O director executivo de Tax Justice Network, Alex Cobham, indicou a medios estatais que \"cando as grandes empresas e os ricos defraudan, todos sufrimos por uns servizos públicos deficientes\". Entre os movementos financeiros destaca o do primeiro ministro checo, Andrej Babis, que moveu 22 millóns de euros a contas en paraísos fiscais para comprar en 2009 un castelo na costa Azul (Francia). Nos documentos, que incriminan a 35 xefes e ex xefes de Estado e máis de 330 altos cargos e políticos de 91 países, están incluídas 601 persoas procedentes do Estado con 751 sociedades. Juan Carlos I, beneficiario de Corina Larsen Unha das persoas afectadas pola filtración é o rei emérito español, Juan Carlos I, que leva máis dun ano fuxido nos Emiratos Árabes Unidos. A alemá Corina Larsen, ex amante do emérito que forma parte dos litixios na súa contra por lavar case 90 millóns de euros doados por Arabia Saudita a unha fundación relacionada con Juan Carlos I, programou cun dos seus fideicomisos en Nova Zelandia en 2007 que, no caso de que ela falecera, \"o 30% dos ingresos do Fondo de Investimentos Hispano Saudita\" sería entregado ao emérito."}
{"ID": "NOS_15483", "summary": "As imaxes do xornal The Times of Israel desmontan a versión do Goberno israelí, que nun primeiro momento afirmou que a Policía non accedera á mesquita de Al Aqsa, onde se atopban moitos dos palestinos que resultaron feridos.", "text": "O exército de Israel desenvolveu na xornada desta sexta feira varios ataques contra a poboación palestina, que se saldaron co asasinato dun menor de dezasete anos e con máis de 150 persoas feridas, aínda que esta cifra podería ir en aumento nas vindeiras horas. Outras guerras, os mesmos crimes O menor resultou morto na localidade de Kafr Dan, en Yenín, ao norte de Cisxordania, e súmase as outras tres persoas asasinadas polos soldades israelís no transcurso do mes de Ramadán. En canto aos palestinos feridos, foron atacados por Israel na explanada das Mesquitas, en Xerusalén, arredor das 6.30 horal local, despois dunha concentración da Organización de Liberación de Palestina (OLP) e do Movemento de Resistencia Islámica (Hamás). Os corpos e forzas de seguridade israelís rodearon os manifestantes e procederon a dispersalos, pero algúns fixéronse fortes na mesquita de Al Aqsa, o terceiro lugar de culto máis importante para o islam. As imaxes desminten a versión de Israel O Ministerio de Exteriores de Israel afirmou nun comunicado que os axentes non chegaron a entrar en ningún momento en Al Aqsa, senón que foron os palestinos os que \"profanaron\" a mesquita, chegando a asegurar que, \"ao contrario do que as informacións falsas din, a Policía non entrou na mesquita\". Porén, o diario The Times of Israel fixo públicas unhas imaxes que desminten esa versión, xa que nelas pode verse como as forzas israelís acceden no interior da mesquita empregando granadas de aturdimento, gases lacrimóxenos e balas de goma. Israel e Marrocos estreitan lazos, unidos pola ambición territorial Segundo explicou a Media Lúa Vermella Palestina, nun primeiro momento foron 90 as persoas que resultaron feridas, das que dúas se atopaban en estado grave, mais nas seguintes horas esa cifra aumentou até os 150. Pola súa parte, Hamás afirmou que o Goberno israelí pagará polos seus \"brutais asaltos\". O portavoz da organización, Fauzi Barhum, asegurou que \"a nosa xente en Xerusalén non está sola na batalla por Al Aqsa. Todos os palestinos, a súa nobre resistencia e o seu poder vital están con eles\"."}
{"ID": "PRAZA_11051", "summary": "Compostela acolle a xornada, este venres e sábado. Obradoiros, charlas, paneis e unha pesa redonda afondarán na produción do país veciño e na diversificación profesional que se está a vivir tamén en Galicia.", "text": "O Encontro Galego de Ilustración celebra este venres 27 e sábado 28 a súa 16ª edición. A programación xirará ao redor de dous grandes temas principais. Realizarase un achegamento ao puxante panorama da ilustración portuguesa e, ademais, afondarase na análise da diversificación profesional que se vive na actualidade dentro do sector. Organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), conta coa colaboración do Concello de Santiago e o apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e a entradade é libre e gratuíta á maior parte das actividades. As charlas da tarde do sábado centrarase primeiramente na ilustración en Portugal, co obxectivo de afondar na estratexia de achegamento da AGPI á realidade do país veciñoO encontro comezará o venres un obradoiro de ilustración con Javirroyo. Baixo o título de Mapas Ilustrados para amosar o mundo da túa cabeza, os asistentes poderán aprender a sintetizar ideas e comunicalas con ilustracións sinxelas, tanto como ferramenta narrativa como para a transmisión de conceptos. A inscrición ten un prezo de 15 euros (5 euros no caso dos socios de AGPI). As prazas son limitadas e cómpre anotarse previamente a través dun formulario que se encontra na web do encontro.O groso do Encontro, con charlas profesionais, mesas redondas e paneis de experiencias, desenvolverase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia na xornada do sábado. Toda a xornada no Auditorio de Galicia estará presentada e conducida pola actriz e comunicadora Neves Rodríguez, premiada en 2018 co Mestre Mateo polo seu traballo no programa Vaia troula! da TVG e condutora durante catro anos do espazo radiofónico Metrópoles delirantes, dedicado á banda deseñada. Ás 11 comezará a primeira charla, que correrá a cargo do ilustrador navarro Jon Juárez (Harriorrihar) baixo o título Debuxar coma un robot, pensar coma un humano; nesa orde. Ás 12.15, será a quenda de Inês Silva, directora da prestixiosa axencia Illustropia, que ofrecerá a charla Marketing e venda do traballo creativo no mercado internacional. Pola tarde, ás 16.00, haberá unha sesión de revisión de portafolios con Inês Silva e Marta Madureira, que analizarán os traballos de ilustradores e ilustradoras previamente inscritos para brindarlles consellos desde a súa experiencia profesional. Toda a xornada no Auditorio de Galicia estará presentada e conducida pola actriz e comunicadora Neves RodríguezAs charlas da tarde do sábado centrarase primeiramente na ilustración en Portugal, co obxectivo de coñecer a perspectiva dos seus creadores e creadoras e de afondar na estratexia de achegamento da AGPI á realidade do país veciño, na que xa están en marcha outros intercambios e colaboración en iniciativas como o Encontro Internacional da Ilustração de São João da Madeira. A partir das 17.00, Marta Madureira e Cátia Vidinhas farán un repaso á súa traxectoria como ilustradoras nun panel de experiencias, e, inmediatamente despois, xunto con Inês Silva reflexionarán sobre a situación do sector no país veciño nunha mesa redonda titulada Ilustración en Portugal. A actividade no Auditorio de Galicia concluirá ás 19.00 coa charla de clausura de Javirroyo, autor de referencia para a a edición, a banda deseñada e a colaboración en prensa no estado.O 16.º Encontro Galego de Ilustración pecharase na medianoite do sábado ao domingo no pub Camalea (praza de San Martiño, 4) coa Festa fin de Encontro, consistente nunha Sesión DJ Ilustrada con Pablo Electrocute. Ao longo da picada, producirase a proxección de debuxos realizados en directo a cargo de varios ilustradores."}
{"ID": "NOS_893", "summary": "A discoteca Pelícano, da Coruña, anunciou a venda das 1.000 entradas dispoñíbeis unha hora despois de ofertalas. A agardada proba piloto promovida polo sector coa Xunta non terá lugar até o 12 de xuño. Será entón cando se comprobe se este tipo de estabelecementos poden ter a súa propia desescalada e retomar a actividade aos poucos.", "text": "A proximidade da primeira noite de ocio nocturno na Galiza, pensando nunha situación similar á de antes da pandemia con pubs e discotecas abertos, música, actuacións e copas, espertou a ansia por gozar dese momento de lecer de novo nunha boa parte da poboación galega. Tanto é así que esta terza feira, cando as grandes discotecas que participan na proba piloto da Xunta puxeron á venda as entradas para a festa da noite do 12 de xuño, estas saíron a moi bo ritmo. Malia que no momento de redactar esta nova, na Tokyo de Vigo aínda había oportunidade de mercar algúns pases, a dirección da discoteca Pelícano da Coruña xa comunicara a venda do milleiro de billetes dispoñíbeis para esa noite entre a celebración e a proba científica. De feito, este último local comunicaba que xa non había máis entradas tan só unha hora despois de anuncialas, quizais polos grupos que actuarán o día 12, quizais porque as ganas de saír se acumulan na comarca. No caso da Tokyo, antes de mercar as entradas, xa se advirte de que \"será obrigatoria para acceder ao evento PCR a cargo do Sergas, que se porá en contacto co usuario para a realización da mesma previa ao evento\". Aliás, engade cuestións como o \"dress code\" ou \"código de vestimenta\" xunto á obriga de levar máscara, ou ao indicativo de que as e os asistentes teñen que ter máis de 21 anos. Do resto dos locais incluídos no intento de desescalada do sector e a Xunta -Anagrama (Lugo); La Pomada (Pontevedra); Miudiño (Ourense) e un negocio de Compostela- non transcendeu ningunha información. Porén, é só nos dous primeiros con licencia de discoteca, que terán un milleiro de clientes na noite sinalada, nos que será preciso pasar despois de ter unha proba diagnóstica negativa. Todos os locais teñen a obriga de facer un rexistro de clientes e gardar estes datos un mínimo de tres meses para ter unha resposta rápida no caso dun contaxio. Tamén haberá sistemas para medir o CO2 e capacidades limitadas. De feito, como xa sinalara o vicepresidente primeiro do Goberno galego, esta proba pode ou non dar pé á reactivación deste subsector da hostalaría. En todo caso, a desescalada sería \"gradual, dinámica e reversíbel\"."}
{"ID": "PRAZA_19891", "summary": "O presidente de Ferroglobe, empresa que pretende vender as centrais nos ríos Xallas e Grande, foi detido por presuntas comisións ilegais ao PP madrileño. A Xunta asegura que se limitará a cumprir a lei e a oposición galega esixe \"frear\" a Villar Mir O Parlamento aproba o plan contra a fraude en contratos públicos que pedía o PSdeG", "text": "O Parlamento aproba o plan contra a fraude en contratos públicos que pedía o PSdeG Ferroglobe, a empresa resultante da fusión de Ferroatlántica coa estadounidense Globe Speciality Metals, ten claros os seus plans para Galicia. Disponse a solicitar ante a Xunta a autorización para culminar a operación que xa ten decidida e mesmo pactada cos sindicatos estatais -malia á oposición de delegados galegos-: segregar o negocio das factorías de ferroaliaxe de Cee e Dumbría da actividade das centrais hidroeléctricas que explota nos ríos Xallas e Grande como paso previo á venda destes encoros por entrar na categoría de \"non estratéxicos\". No entanto, á controversia que esta operación está a xerar dende hai meses na contorna da Costa da Morte -o persoal ve en risco uns 400 empregos- únese agora a suposta ligazón das empresas do grupo Villar Mir coa presunta trama corrupta que, con centro en Madrid, atinxe ao PP nos últimos días a golpe de operación xudicial. Un dos detidos no marco da Operación Lezo, en cuxo centro a Garda Civil sitúa o ex-presidente madrileño Ignacio González, foi Javier López Madrid, conselleiro da construtora OHL pero tamén presidente de Ferroglobe. O executivo e xenro de Juan Miguel Villar Mir, condenado no caso das tarxetas black de Caja Madrid, está acusado de pagar a González 1,4 millóns de euros en comisións a cambio dunha adxudicación en Madrid no ano 2007. Así se viu obrigada a admitilo a propia empresa nun comunicado emitido tras a detención, no que se apresurou a aclarar que \"no momento do presunto pagamento o señor López Madrid era un conselleiro non executivo de OHL\", construtora na que \"nunca desempeñou ningunha responsabilidade executiva\". O presidente de Ferroglobe, empresa que pretende vender as centrais nos ríos Xallas e Grande, foi detido por presuntas comisións ilegais ao PP madrileño Do mesmo xeito, Ferroglobe tenta tranquilizar os seus accionistas negando as acusacións, pero sobre todo tentando afastalas da actividade da propia compañía. Os presuntos delitos imputados a López Madrid, en liberdade baixo fianza de 100.000 euros, \"non atinxen a Ferroglobe ou as accións do señor López Madrid no nome de Ferroglobe ou no da súa predecesora, o Grupo FerroAtlántica\". En calquera caso, agregan, o empresario \"nega vehementemente\" os feitos que lle son imputados e o consello de administración da compañía estará pendente do \"desenvolvemento\" do proceso. A lupa sobre Villar Mir e petición de explicacións Pero López Madrid non é o único cargo deste grupo empresarial salpicado por este escándalo. O instrutor da Operación Lezo, Eloy Velasco, iniciou novas pescudas sobre o propio Villar Mir para aclarar a \"presunta comisión de delitos\" por parte de quen fora ministro de Facenda con Arias Navarro tras a morte de Franco. O empresario, nomeado marqués en 2011 polo rei Juan Carlos I, está tamén investigado polo presunto financiamento ilegal do PP, entre outros problemas legais que se unen á delicada situación do seu grupo empresarial. Non en van, o pasado verán OHL foi expulsada do Ibex 35 polo seu devalo. Villares: \"Está Ferroatlántica exercendo influencia sobre o PP para o seu propio beneficio empresarial?\" Este é o contexto no que se multiplican as peticións de explicacións por parte da oposición galega, reiteradas no pleno que se celebra no Parlamento desde este martes. Así, o voceiro de En Marea, Luís Villares, considera \"especialmente relevante\" o estourido da operación Lezo xusto no momento en que é \"inminente\" a solicitude de segregación e venda das centrais, tal e como anunciou a empresa. \"Que vai facer Feijóo? Está Ferroatlántica exercendo influencia sobre o PP para o seu propio beneficio empresarial? Enganámonos se dicimos que hai unha relación directa entre o trato de favor a esta empresa e o financiamento do PP?\", pregúntase Villares, que lamenta a actitude \"deliberadamente ambigua\" do Goberno galego ao respecto. Rueda asegura que o Goberno galego vai \"esixir as condicións que marca a lei\" e enmarca as críticas na \"falta de rigor\" e no \"oportunismo\" Nun sentido semellante a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntábase o pasado luns \"a que espera o señor Feijóo\" para \"dicirlle a Villar Mir que non vai facer caixa coas centrais\" galegas. A Xunta, advirte a nacionalista, non debe \"deixar pasar un minuto\" para \"frear a pretensión ilegal do empresario\", máis aínda tras \"coñecerse que está sendo investigado nun caso de presunto financiamento ilegal do PP\". \"Galiza non está para pagarlle os favores de Villar Mir ao PP\", advirte. Estas advertencias foron retrucadas este martes dende a Xunta por boca do vicepresidente, Alfonso Rueda. En ausencia de Feijóo, de viaxe en Bruxelas, Rueda carga especialmente contra as críticas de Villares por seren, di, un exercicio de \"oportunismo\" e \"falta de rigor\", toda vez que a Xunta non fará máis que respectar a \"legalidade\" e velar polo \"mantemento dos postos de traballo\". \"En Marea sobe ao oportunismo e á falta de rigor e así lles vai\" mentres que o Goberno do PP, asegura, se limitará a esixir \"as condicións que marca a lei\"."}
{"ID": "NOS_44000", "summary": "O semanario Sermos Galiza estreou este 2019 a sección \"Das africanas praias\", unha escolma de textos de mulleres africanas ou afrodescendentes da man de Xoán Costa. \"É bon contribuír, desde aquí, a internacionalizar unha maneira de ver África e a súa problemática reflectiva a través da literatura sen interferencias interpostas\", explica.", "text": "Co 2019 chegaron novas seccións ao semanario Sermos Galiza, como \"Das africanas praias\", unha oportunidade de coñecer mes a mes autoras africanas ou afrodescendentes, todas elas cunha traxectoria poética recoñecida especialmente no Reino Unido e nos EUA e practicamente descoñecidas entre nós. Explícao o presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, Xoán Costa, que asina esta sección mensual. \"É bon contribuír, desde aquí, a internacionalizar unha maneira de ver África e a súa problemática reflexada a través da literatura e con perspectiva africana, sen interpretacións interpostas\", sinala Costa, que pon de manifesto que a sección \"só publica textos, non os interpreta\", pois \"iso corresponde a quen os le\". O responsábel da sección advirte de que \"son moi escasas as posibilidades de ler en galego, en calquera das súas variantes gráficas, estes textos por suporen un mercado editorial moi exiguo. Por iso agradezo a Sermos Galiza esta posibilidade\". O nome, \"Das africanas praias\", representa unha chiscadela ao poema de Pondal que comeza co verso \"Das africanas prayas veciñas / Como costuman / Retornarán / As amabres e doces anduriñas\". \"Igual que as andoriñas fan unha viaxe de ida e volta sobre o Mediterráneo tamén estes versos pretenden facer posíbel esa comunicación entre nós e o continente africano expresando sempre a visión da problemática africana desde a visión directa das súas protagonistas. Non pretende interpretar África mais mostrar ás leitoras e leitores de Sermos como a ven as súas protagonistas\", acrecenta Xoán Costa. As mulleres, no centro da acción O autor explica que a sección se centrará nas mulleres, primeiro \"porque o número de mulleres que fan poesía en África é moi elevado\". Segundo, \"pola implicación e participación de moitas destas mulleres nos procesos de liberación e independencia do continente\"; terceiro, \"polo punto de vista que adoptan estas poetas á hora de presentar, desde unha óptica completamente diferente a como os percebemos aquí, moitos problemas que son comúns ás mulleres de todo o mundo, desde a violencia de xénero á maternidade ou á concepción da sexualidade\". \"Sendo a lingua o que define a pertenza dunha literatura a unha cultura é evidente que a literatura lusófona é literatura galega por máis que estexa escrita cunha grafía diferente\" Por último, Xoán Costa salienta que \"sendo a lingua o que define a pertenza dunha literatura a unha cultura é evidente que a literatura lusófona é literatura galega por máis que estexa escrita cunha grafía diferente da oficial na Galiza\". Con todo, informa, a sección incorpora, intercalándoos, textos escritos orixinalmente en portugués, e publicados como foron escritos, con textos escritos noutras linguas e ofrecidos agora en versión galega. Na primeira entrega, \"Das africanas praias\" recolleu os textos de Amélia da Lomba e na segunda das entregas, publicada esta mesma semana, a protagonista foi Warsan Shire –sobre varios dos seus temas, xira o disco da artista Beyoncé \"Lemonade\"–."}
{"ID": "PRAZA_3787", "summary": "Audasa salienta que mantén o servizo e que \"a día de hoxe\" non pediu \"ningún tipo de compensación\" ao Estado, mentres que a do Barbanza enviou á Xunta un escrito avanzando que non lle corresponde asumir a perda de ingresos", "text": "Audasa salienta que mantén o servizo e que \"a día de hoxe\" non pediu \"ningún tipo de compensación\" ao Estado, mentres que a do Barbanza enviou á Xunta un escrito avanzando que non lle corresponde asumir a perda de ingresosAs empresas concesionarias de todo tipo de servizos ou obras das administracións públicas poderán pedir a estas unha compensación ou reequilibrio concesional polo efecto do estado de alarma sobre as súas actividades. Concesións sanitarias ou de servizos de emerxencias poderían ver incrementados os seus ingresos, mentres que outras de servizos que non se consideran esenciais e que teñen que pechar por completo verán desaparecer os seus ingresos. Pero o propio real decreto que estableceu as medidas para facer fronte ao impacto económico do estado de alarma fixa a condición baixo a que se pode pedir esa indemnización: \"Só procederá cando o órgano de contratación [a aministración], a instancia do contratista [a concesionaria], apreciase a imposibilidade de execución do contrato como consecuencia da situación\" creada polo estado de alarma.Nas concesións de estradas en Galicia, o único paso dado ao respecto é un escrito trasladado pola Autovía do Barbanza á Xunta, segundo confirma o Goberno galego, avanzando que está a sufrir unha perda de ingresos que considera que non lle corresponde asumir. E na principal autoestrada galega, a AP-9, cunha caída do 80% no tráfico, a propia Audasa salientaba este martes que \"mantén operativa a estrutura necesaria para manter o servizo en condicións de seguridade e calidade\" e que \"a día de hoxe non pediu ningún tipo de compensación ao Estado polas restricións de tráfico\". Porén, formalmente non hai establecida ningunha restrición de tráfico sobre a AP-9, como o propio decreto do estado de alarma sinala que se podería establecer, senón unha restrición da mobilidade xeral.O Goberno non estableceu aínda ningunha prohibición específica do tráfico en estradas concretas máis alá da restricións xerais de mobilidadeÁ marxe do real decreto do estado de alarma, a lei de concesións de autoestradas, de 1972, o único que di a respecto de situacións extraordinarias de caída de tráfico é que a concesión só quedará suspendida temporalmente en caso de declararse o estado de guerra, de destrución da autoestrada ou por causas que se establezan nos pregos de concesións. Pero tanto a lei como as cláusulas xerais de concesións de autoestradas ou as específicas da AP-9, de 1973, tampouco din nada ao respecto máis alá de deixar en mans da figura da Delegación do Goberno nas Sociedades Concesionarias a posibilidade de \"fixar as condicións de utilización da autoestrada con carácter temporal\", algo que aínda non se fixo oficialmente polo estado de alarma, que establece restricións de mobilidade xeral pero non específicas para as autoestradas de peaxe. Por outra banda, as mesmas leis xerais de autoestradas ou de contratos públicos establecen, de feito, posibles compensacións ás adxudicatarias no caso de que a administración lles modifique os contratos con posterioridade -como no caso das subas de peaxe ou ampliacións da concesión a cambio de obras que xa autorizaron gobernos de toda cor na AP-9-. Porén, tampouco iso se fixo aínda oficialmente no actual estado de alarma.A Xunta considera que o real decreto \"abre a porta\" a que as concesionarias pidan indemnización, o que non consideran razoable, pero ao tempo fontes do Goberno galego admiten que a actividade non está suspendidaAs concesionarias de autoestradas, que seguen abertas e prestando o seu servizo, terán que demostrar que están imposibilitadas de executar o seu contrato, como di o real decreto, algo que aínda non fixeron, o que non impide que a Xunta e partidos da oposición en Galicia fagan xa dese elemento novo foco de confrontación política en plena crise sanitaria. A Xunta considera que o real decreto \"abre a porta\" a que as concesionarias pidan indemnización, o que non consideran razoable, pero ao tempo fontes do Goberno galego admiten que a actividade non está suspendida, en liña coa necesaria xustificación de que o contrato non se pode executar como condición para esa compensación, que se vería así dificultada.Pola súa banda, este luns o BNG reclamou que se liberen de peaxes todas as autoestradas e asegurou, ante a posibilidade de que Audasa pida compensacións, que \"non é o momento para compensar ás concesionarias, senón para compensar a Galicia\". A portavoz do BNG, Ana Pontón, considerou \"indecente\" que a empresa queira \"facer caixa incluso en medio dunha pandemia\", cuestión que fontes da concesionaria negan que fose sequera debatido no seu seo."}
{"ID": "NOS_27311", "summary": "O PP é o partido máis votado en 298 municipios e o PSdeG en 9.", "text": "As eleccións do domingo deixan un mapa da Galiza tinxido de azul 'popular', cos de Núñez Feixoo sendo a forza máis votada en 298 dos 314 concellos do país. Un monocolor que só racha en 9 municipios onde o PSdeG se alzou coa vitoria e 6 nos que foi o BNG quen logrou máis apoio da veciñanza. O nacionalismo foi a formación máis votada este domingo en Corcubión, O Grove, Soutomaior, Allariz, Verea e A Mezquita. E foi segunda forza en 182, entre eles seis das sete principais cidades da Galiza. O PSOE só foi quen de ser segundo en Vigo. Os socialistas obteñen a vitoria en 9 concellos: A Illa de Arousa, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Calvos de Randín, Fornelos, Entrimo e Carballeda de Avia."}
{"ID": "NOS_6929", "summary": "Caeu con clareza ante un Hércules superior (3-0).", "text": "O Lugo en ningún momento entrou no partido en Alicante fronte a un Hércules moi resolutivo en ataque. Javito, Rosas e Portillo asinaron os goles do Hércules (1-0, m. 26; 2-0, m. 31 e 3-0, m. 71). A primeira hora foi devastadora para un Lugo que sempre foi a reboque no xogo e que apenas dispuxo de oportunidades para pór a proba a Falcón, o gardamallas do Hércules. O Lugo suma nestes momentos 30 pontos, na zona cómoda da táboa."}
{"ID": "NOS_26990", "summary": "Suspende de militancia Rita Maestre e os seus outros cinco edís no concello madrileño. As e os concelleiros non estaban de acordo cunha proposta de lista electoral que relegaba a dous deles a postos non de saída.", "text": "Podemos suspende temporalmente de militancia os seus seis concelleiros e concelleiras en Madrid após estes e estas decidisen non presentarse ás primarias do partido para as municipais de 2019 en desacordo coa confección da candidatura que lidera o ex XEMAD Julio Rodríguez. A desavinza ten como orixe que dous dos edís ían ir en postos baixos da lista sen opcións reais a escano. A decisión afecta a portavoz do goberno, Rita Maestre, e os concelleiros José Manuel Calvo, Jorge García Castaño, Marta Gómez, Esther Gómez e Francisco Pérez; e supón abrir unha crise interna a seis meses das elección municipais. A decisión, que se filtrou aos medios antes de ter coñecemento dela as propias persoas afectadas, adoptouse a proposta do secretario xeral de Podemos Madrid, Julio Rodríguez. A resolución, de carácter cautelar, podería virar en definitiva de teimar estes edís en facer parte da candidatura de Manuela Carmena para as municipais do ano que vén. Carmena considera as e os concelleiros de Podemos agora suspendidos pezas chave no seu proxecto de goberno."}
{"ID": "NOS_1381", "summary": "A Secretaría das Mulleres da CIG mobilízase nas cidades e vilas para esixir que estes traballos estean no centro das políticas públicas.", "text": "Os traballos relacionados cos coidados están desempeñados maioritariamente por mulleres. Empregadas e traballadoras que non só padecen a temporalidade e \"salarios miserentos\", por debaixo do SMI, senón que mesmo se ven obrigadas a realizar tarefas para as cales non están contratadas. Denúnciao a CIG, que baixo o lema \"A precarización do traballo nos coidados é violencia machista\", desenvolve esta segunda feira concentracións nas principais cidades e vilas con motivo da conmemoración do 25 de Novembro. Margarida Corral, secretaria confederal das Mulleres da CIG, apunta Estado e Xunta como culpábeis da precarización das mulleres que traballan no sector dos coidados. \"Acusamos directamente todo un sistema que baixo o eufemismo do benestar, violenta deliberadamente a miles de mulleres no país; converte as miserias de moitas en cartos para uns poucos; non fai máis que espallar a frustración das persoas ás que van dirixidos os servizos e escraviza as mulleres que neles traballan\". Neste senso, enfatizou que \"as galegas non fixemos dúas folgas o 8 de marzo para que todo siga igual. Xa é hora de que haxa un cambio real e que a problemática dos coidados estea no centro das políticas públicas\". A Secretaría das Mulleres da CIG esixe a integración no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar de todo o persoal que traballe nos servizos de axuda no fogar, universalizando a atención á dependencia con servizos sociais de axuda a domicilio, centros de día e residencias asistidas de carácter público. A isto engade a demanda do recoñecemento pleno dos dereitos laborais e protección social para as traballadoras do fogar e de coidados no Estatuto dos e das Traballadoras e a súa integración completa no Réxime da Seguridade Social."}
{"ID": "PRAZA_28", "summary": "A iniciativa di ser \"moderadamente optimista\" respecto da confluencia das forzas políticas \"que se sentiron interpeladas\" e recoñece \"compartir\" melodía con Podemos. O proceso de cinco semanas decidirá a fórmula legal da candidatura, o método para o programa participativo e o código ético.", "text": "A Marea Atlántica abre esta fin de semana un proceso que servirá para definir \"o como\" e establecer \"o marco\" desta iniciativa de confluencia de cara á presentación dunha candidatura cidadá para os comicios locais do vindeiro mes de maio. A Marea Viva, dividida en tres fases e que concluirá na primeira semana de febreiro, dotará o proxecto da metodoloxía para a elaboración participativa do seu programa electoral, do código ético que asumirán os seus cargos electos e da forma xurídica coa que concorrerá finalmente ás eleccións. A Marea Viva está aberta á cidadanía previa inscrición na web da Marea Atlántica, na que xa se apuntaron unhas cen persoas. Serán as que poidan acudir xa este venres e ata o domingo no instituto de Elviña ao primeiro foro, a Marea Baixa, que servirá para \"a información, o debate e a reflexión\", tal e como destacou en rolda de prensa o voceiro rotatorio da Marea Atlántica, Mariano Fernández. Serán moitas horas de traballo \"a tempo completo\" no que na primeira xornada participarán protagonistas doutros procesos de confluencia municipalista e representantes de experiencias como Guanyem, Ganemos Madrid, Ames Novo ou Ourense en Común, entre outros. Ademais, haberá tamén tempo para a análise da \"organización municipal básica\", unha experiencia de \"formación\" que permitirá aos equipos redactores da iniciativa clarexar os elementos e o ámbito de traballo. No primeiro foro da Marea Viva participarán representantes das forzas políticas que amosaron a súa disposición a confluír na candidatura cidadá Tamén nesta próxima fin de semana participarán na Marea Baixa representantes de todas as forzas políticas \"que se sentiron interpeladas\" pola Marea Atlántica e que amosaron a súa disposición a confluír e diluírse na futura candidatura cidadá. Esquerda Unida, Equo, Espazo Ecosocialista, Anova, Partido Humanista, Compromiso por Galicia ou Podemos. \"Somos moderadamente optimistas porque temos un desexo común\", resumiu Mariano Fernández, que recoñece \"contactos informais\" con representantes de Podemos logo de respectar \"os tempos\" da nova formación, que acaba de conformar as súas estruturas locais. A confluencia e apoio do partido liderado por Pablo Iglesias á Marea parece perto. \"A melodía é compartida\", insiste o voceiro da iniciativa cidadá, que ve posible que todas estas organizacións políticas acaben diluíndose no proxecto. Saben, non obstante, que \"o desafío non é pequeno\". \"O que se lles pide ás formacións política non é pouca cousa\", reitera Fernández, que recorda que a futura candidatura \"non debe ser unha sopa de siglas\". \"O desafío non é pequeno; o que se lles pide aos partidos non é pouca cousa\", di a Marea, que é \"moderadamente optimista\" sobre a confluencia Precisamente, a fórmula legal coa que a Marea Atlántica se presentará ás futuras eleccións locais será un dos temas claves que se decidirá nesta Marea Viva durante estas cinco semanas. \"Non está falado e por iso haberá que discutilo\". Hai múltiples opcións, desde a agrupacións de electores, ata a coalición de partidos, pasando pola conformación dun partido \"de carácter instrumental\". O problema, como lembran desde a iniciativa, é que \"o corpo legal non é nada favorecedor para os procesos de confluencia cidadá\". De feito, \"a agrupación de electores é claramente discriminatoria\", lembran. \"Terémolo que solucionar\", asegura Mariano Fernández. Porque será na segunda fase da Marea Viva, na denomianda Entre Mareas, na que se presentarán as propostas para cada unha das áreas de debate. \"Será un traballo público e monitorizado pola cidadanía, que podería facer as súa achegas\". Farase, ademais de coa participación in situ, coas proposicións e apuntes que cheguen vía web. A Marea Atlántica decidirá a fórmula legal coa que se presentará: coalición, agrupación de electores ou un partido \"instrumental\" Finalmente, na Marea Alta, na fin de semana do 6 ao 8 de febreiro, votaranse as propostas definitivas para \"pechar\" os tres elementos claves que se definirán no proceso: a metodoloxía para ese programa electoral participativo, o código ético dos cargos electos e a forma xurídica da candidatura. Será a partir de aí cando a Marea xa estea en disposición de convocar as súa primarias e armar o programa electoral. A principios de marzo, segundo as previsións, é cando a iniciativa ten previsto ter xa candidatos. Pero polo momento, segundo advertiu Fernández, \"é un pouco prematuro\" falar das persoas que formarían esa candidatura da Marea Atlántica. \"Sería non respectar o proceso falar agora diso\", insistiu quen aclara que \"o máis importante é o programa máis que as persoas, que tamén o son\"."}
{"ID": "NOS_23889", "summary": "Percorremos os conflitos laborais que hai agora no país, analizamos como se privatiza un servizo público (rexistro civil) e entrevistamos o escritor Antón Dobao. Aliás, apresentamos o novo suplemento, o Caderno de Agosto. Xa o podes adquirir na nosa loxa.", "text": "O semanario Sermos Galiza chega ao número 107. Facemos un percorrido por algúns dos conflitos laborais abertos (Citroën, Urbaser, Atento..) para falar da realidade dos e das traballadoras na defensa dos seus dereitos. Tamén nos detemos en analizar como un servizo público (rexistro civís) se privatiza para facer del un negocio. Ou das mentiras e enganos que se agochan tras as balanzas fiscais presentadas polo Ministerio de Hacienda. Na semana en imaxes centrámonos no Día da Patria Galega e na sección de Tecnoloxía falamos de que vai supoñer que a partir de 2015 sexa obrigatoria a conectividade móbil en todos os carros. O dominio .gal e a maior trama de facturas falsas de Galiza (que sae á luz pola crise inmobiliaria) tamén teñen sitio neste nº107. Antón Dobao e un relato inédito Entrevistamos o escritor Antón Dobao e publicamos un relato do seu libro inédito 'As ilusións estrañas'. E falamos con Celso Dourado sobre arte e A Mariña, e abordamos con Alfonso Díaz, patrón da traiñeira de Cabo de Cruz, a situación do remo galego e deste clube do Barbanza que está a ser un referente en Galiza. Entrevistamos a Mario Outeiro, responsábel de Normalización da Deputación de Lugo, que nos fala do galego e as políticas institucionais. Ivan McKee, presidente de 'Bussines for Scotland', fálanos nunha entrevista da potencialidade da independencia para favorecer as pequenas e medianas empresas e manter un modelo de benestar sometido a costantes recurtes desde Londres polo goberno conservador. Debate de medios de tres nacións Neste número recollemos as reflexións deitadas por Iñaki Soto (Gara), Guillem Ramos-Salvat (Nació Digital) e Xosé Mexuto (Sermos Galiza) na palestra organizada polo Festigal baixo o título 'Medios propios, país propio'. E en Viaxes na Miña Terra imos até Corrubedo e a súa contorna na boca da Ría de Arousa. Caderno de Agosto E este número 107 é no que estreamos un novo suplemento. Caderno de Agosto. Toma unhas merecidas ferias o noso caderno de análise, AFONDO, e substitúeo este cartafol de 8 páxinas que coordena Rodri Suárez e que, entre outros contidos, trae textos de Xabier P. DoCampo (un relato inédito), Xurxo Souto e Isabel Risco."}
{"ID": "PRAZA_20594", "summary": "Nace i.gal, cuxo lanzamento coincide no tempo coa promoción que permite rexistrar dominios .gal por un máximo de 25 euros", "text": "Son moitos os trebellos para acurtar enderezos de internet para así facer máis doado compartilos ou copialos. De agora en diante hai un galego e co selo .gal. A Asociación PuntoGal vén de lanzar, xunto coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) e a tecnolóxica Dinahosting o acurtador i.gal, un sitio web sinxelo que está en marcha dende este 26 de xullo e que a entidade impulsora do dominio galego na rede enmarca nas súas promocións polo Día Nacional de Galicia. A alianza entre as tres entidades, que xa viñan colaborando en diferentes ámbitos, enmárcase na súa aposta por \"prestar servizos de valor engadido no ámbito da rede galega\". Únese, lembra a asociación, á recente estrea de Velaqui.gal, o sitio que permite intercambiar arquivo de ata 2Gb de xeito gratuíto e libre. O lanzamento coincide no tempo coa promoción que permite rexistrar dominios .gal por un máximo de 25 euros O novo servizo trae consigo prestacións adicionais xunto ao acurtamento de enderezos. Así, ofrece a opción de personalizar as palabras que conformen a url resultante e, igualmente, abre a posibilidade de se rexistrar para facer seguimento do número de clics acadados por cada enderezo acurtado. Adicionalmente, permite desactivar a ligazón compartida. A Asociación Puntogal lembra que este lanzamento \"coincide no tempo\" coa promoción de rexistro de dominios .gal a prezo reducido, cun máximo de 25 euros por dominio máis IVE ata finais de xullo. Para acceder a esta promoción cómpre acudir a algúns dos rexistradores que colaboran nela: Arsys, CdMon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH. Con esta acción téntase incrementar o número de webs con dominio .gal, que xa superou os 4.000 rexistros. Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "PRAZA_3086", "summary": "A paralización do concurso eólico decretada por Núñez Feijóo provocou a paralización do sector. Porén, o presidente da Xunta sacou peito este xoves sobre o incremento da potencia eólica no último ano: 415 MW e 18 novos parques eólicos. No 2020 continuará a tendencia de aumento.", "text": "Unha das primeiras medidas adoptadas por Alberto Núñez Feijóo despois da súa chegada á Presidencia da Xunta, no ano 2009, foi a anulación do concurso eólico desenvolvido polo goberno bipartito, unha decisión que o TSXG e o Tribunal Supremo declararon ilegal. Nese momento Galicia contaba con ao redor de 140 parques eólicos e unha potencia instalada total de 3.163 MW, case o 20% do total do conxunto do Estado. A paralización do concurso eólico decretada por Núñez Feijóo provocou a paralización do sector. Porén, o presidente da Xunta sacou peito este xoves sobre o incremento da potencia eólica no último anoA decisión, á que se uniron os obstáculos impostos ás renovables en toda España trala chegada de Mariano Rajoy á Moncloa, tivo como consecuencia a paralización do sector en Galicia, a perda do 80% do emprego e, ademais, o Goberno galego tivo que pagar unha multa de 3 millóns de euros ás empresas que foran prexudicadas pola súa actuación, inzada de inseguridades xurídicas. A finais de 2018, despois de nove anos de Goberno de Núñez Feijóo, Galicia contaba con 161 parques eólicos, apenas 15 máis que no ano 2009, e sumaba 3.411 MW, só 229 máis que nese ano. O peso de Galicia en relación ás cifras totais españolas descendera por debaixo do 15%.No pasado ano 2019 Galicia viviu un relanzamento do sector eólico. Segundo os datos que a Xunta fixo públicos este xoves, nos últimos 12 meses incrementouse a potencia instalada en 415,24 MW. É dicir, case o dobre do aumento que se producira nos nove anos anteriores. En total, puxéronse en marcha 18 novos parques, chegando a un total de 179 instalacións e 3.826 MW totaisNos últimos 12 meses incrementouse a potencia instalada en 415,24 MW. É dicir, case o dobre do aumento que se producira nos nove anos anterioresO crecemento continuará nos vindeiros anos. O Goberno galego tamén anunciou que ao longo de 2020 se porán en funcionamento seis novos parques e outro máis será repotenciado. Estas sete actuacións elevarán a potencia total en 143,5 MW, superando os 4.000 MW en total.Esta dinámica contrasta cos datos dos últimos anos, nos que o sector permaneceu estancado. En 2011 e 2015 non se puxo en marcha ningún novo parque eólico, en 2014 e 2016 foron unicamente un cada ano, e en 2018 só se abriron dúas novas instalacións. Neses anos os incrementos na potencia instalada foron case testemuñais.Feijóo defende que a recuperación do sector no último exercicio se debe á aprobación da Lei de Implantación Empresarial e á actuación do Executivo de RajoyNa presentación dos datos Núñez Feijóo volveu sacou peito sobre as cifras, a pesar da desfeita que viviu o sector nos nove anos anteriores. \"O compromiso do Goberno galego co fomento das enerxías renovables e co obxectivo de contar cunha Galicia cada vez máis verde está permitindo que o sector eólico estea de novo en alza\", afirmou.Así mesmo, defendeu que a recuperación do sector no último exercicio se debe á aprobación da Lei de implantación empresarial (tamén coñecida como Lei de Depredación), \"que permitiu a creación da declaración de especial interese para dotar dunha maior axilidade os proxectos\".Núñez Feijóo destacou \"a oportunidade que supuxeron as poxas de renovables promovidas polo Goberno de Mariano Rajoy\", esquecendo os obstáculos impostos polo Executivo do Partido Popular ás enerxías renovables. Ademais, reclamoulle ao novo Goberno central que \"teña entre as súas prioridades a convocatoria de novas poxas de renovables para garantir que este sector siga medrando en Galicia\". O Observatorio Eólico de Galicia reclama que \"no actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente\"Entidades como o Observatorio Eólico de Galicia veñen reclamando que \"no actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente\". Entre os anos 2007 e 2017 os concellos e propietarios rurais recibiron só o 5% da facturación dos parques eólicos galegos . O Observatorio reclama que a \"necesaria transición enerxética\" sirva \"realmente\" para \"fortalecer ás comunidades locais e rurais\" e pon en valor exemplos de boas prácticas en enerxía eólica, como os que se desenvolven no Concello de Muras ou na Comunidade de Montes de Zobra.De igual xeito, en setembro sete plataformas locais puxeron en marcha a primeira rede galega contra os proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas. As plataformas maniféstanse a favor das enerxías renovables e sostibles, \"pero só se son ben planificadas e teñen en conta ás poboacións locais\".O concello de Muras é a localidade con máis aeroxeradores, seguida de Abadín, Ourol, As Pontes e VilalbaEn 1989 instaláronse en Cabo Vilán (Camariñas) os primeiros muíños, xa desmantelados. As zonas que acollen un maior número de parques eólicos e aeroxeradores son as serras do norte da provincia da Coruña ou Lugo, como as do Xistral ou da Capelada, ademais da Costa da Morte e as Serras Centrais. Na actualidade, o concello de Muras é a localidade con máis aeroxeradores (381), seguida de Abadín, Ourol, As Pontes e Vilalba. Mazaricos, O Valadouro, Ortigueira, Dumbría e Forcarei suman tamén máis de cen aparellos."}
{"ID": "PRAZA_2063", "summary": "A caída dos salarios galegos é a segunda maior do Estado. A remuneración do persoal asalariado descende máis dun 2% mentres a media estatal sobe un 0,6%.", "text": "Un dos hits da lexislatura estatal que está a piques de rematar foi o protagonizado en 2013 polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que nunha xa célebre resposta parlamentaria decidira obviar os datos oficiais para proclamar que os salarios non estaban \"a baixar\", senón \"moderando o seu crecemento\". A afirmación do que xa fora responsable das contas estatais con José María Aznar, época na que tamén negou a existencia da burbulla inmobiliaria, non se correspondía coa realidade no conxunto do Estado e agora segue sen facelo en Galicia, onde tras un período de leve recuperación os soldos volven caer ata ascender ao podio estatal de baixadas. O IGE e mais o INE veñen de ofrecer os datos de custos laborais -cantidades que as empresas teñen que achegar por cada persoa asalariada- e salariais -cartos que recibe o persoal- correspondentes ao segundo trimestre do 2015. Deles tírase que o retroceso dos salarios a respecto do mesmo período do exercicio anterior acada en Galicia o 2,2%, o que supón a segunda maior baixada do Estado, só por tras do 4% que retroceden as remuneracións do persoal en Castilla-La Mancha. O dato deixa a Galicia moi lonxe dos territorios nos que os salarios tiveron un comportamento positivo, como Castilla y León, Balears, Aragón ou Canarias, onde o custo salarial subiu por riba do 2%. As cifras do segundo trimestre supón que ao país se interne nunha senda na que os salarios non só se comportan peor que os doutros territorios e que a media estatal, senón que caen mentres noutros territorios e no Estado se recuperan. Mentres os cartos que reciben traballadoras e traballadores caen o devandito 2,2% en Galicia, a media estatal ascende un 0,60%. Xusto antes do inicio da crise os salarios galegos chegaron a medrar o duplo que a media estatal Estes datos implican afastarse de etapas como a comprendida entre 2012 e 2013, cando os salarios galegos subían un chisco, pero contribuían a minguar a fenda co Estado. Están aínda máis lonxe de escenarios previos á crise, como a xeira entre mediados de 2005 e comezos de 2007; daquela os salarios galegos chegaron a medrar o duplo que na media española, cun crecemento que acadou a comezos de 2010 o 10,20% interanual fronte ao 5,10% da media do Estado. A caída dos salarios prodúcese nun contexto no que, como xa viña acontecendo en trimestres anteriores, o persoal asalariado galego incrementa o seu número de horas traballadas. Segundo o balance do INE, nese segundo trimestre do ano cada traballador e traballadora desenvolveu o seu labor profesional unha media de 134,6 horas ao mes, mentres que un ano antes eran 134,5. Así, en Galicia as horas efectivas de traballo ao mes son 3 máis que na media do Estado."}
{"ID": "NOS_1907", "summary": "O presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, acusa Israel de consentir o narcotráfico.", "text": "Non é a primeira vez que desde as institucións palestinas se denuncia a suposta estratexia de Israel para desestabilizar a mocidade de Gaza e Cisxordania mediante a introdución de substancias estupefacientes para o seu consumo. Desta volta, a acusación chega desde o máis alto: \"Non queren que teñamos un futuro\", declarou Mahmoud Abbas, presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Segundo os datos sobre o terreo achegados por médicas e médicos e outros membros dos servizos sanitarios, ducias de miles de habitantes de Palestina consumen opiáceos habitualmente. Alén destes, diferentes tipos de drogas, incluído o haxix, chegan de contrabando por túneles procedentes de Israel e Exipto. Nesta última década, a cantidade incrementouse exponencialmente, segundo informacións achegadas polas unidades policiais e recollidas polos medios locais. Neste contexto enmárcase a denuncia de Abbas, no transcurso dunha conferencia sobre corrupción institucional. \"Somos conscientes de que non seremos capaces de arrincar de raíz nin un anaco da corrupción por numerosas razóns, mais hai unha máis importante, e esta é a ocupación\", relatou o presidente da ANP. \"A ocupación planta entre nós a corrupción\", engadiu, e é dentro desta circunstancia ─engadiu─ que \"vemos substancias como o haxix\". A razón, para Abbas: \"Queren combater a nosa existencia, combater o noso sentimento humano. Queren combater o noso futuro, non queren que teñamos un futuro\". \"Facer por non ver\" Estas denuncias nos medios palestinos, que desde Israel cualifican de libelos, veñen de vello. O argumento das autoridades palestinas, por exemplo, o xefe da unidade antidroga de Gaza, Ahmed Kidra, é que Israel conspira para \"inundar\" Palestina con droga, \"facendo por non ver\" cos narcotraficantes. Neste sentido, a organización Hamas, que goberna na Faixa, aprobou hai tres anos unha lei de emerxencia nacional, que permite que os traficantes sexan xulgados por tribunais militares. Para os consumidores a situación é máis complicada. Están estigmatizados e de non se someteren a tratamento pasan a ser considerados criminais. Antidepresivos fronte á ocupación O problema do consumo de drogas en Palestina estendeuse nos últimos anos á xuventude e ás mulleres. O contexto socioeconómico excepcional en que viven, caracterizado pola carestía e as tensións políticas derivadas da ocupación en Cisxordania e o bloqueo en Gaza, creou o caldo de cultivo. Segundo un informe da Oficina da ONU contra a Droga e o Delito, de novembro de 2017, 1,8% dos adolescentes varóns están en \"alto risco\" de adicción (co Tramadol, un opiáceo para aliviar a dor, como substancia preferida). Outros estudos, apuntan que entre 18 e 60 anos 50% da poboación consome Tramadol (80%, nas zonas de Gaza máis afectadas polos bombardeos de Israel). O organismo da ONU apunta que do arredor de 26.500 adolescentes en \"alto risco\", 1.188 inxectan drogas. En Cisxordania, a heroína prevalece mentres que en Gaza faino a cocaína. Mais tamén incide en que, alén do haxix e a marihuana, o uso en doses altas de anitidepresivos e analxésicos (como metadona, morfina ou barbitúricos) está cada vez máis preocupantemente estendido."}
{"ID": "NOS_46813", "summary": "O coronavirus tería aínda circulado pouco no territorio galego, segundo os datos preliminares do estudo de seroprevalencia do Ministerio de Sanidade.", "text": "Pouco máis de 2% da poboación galega tería resultado contaxiada polo coronavirus, segundo os datos dados a coñecer esta cuarta feira, 13 de maio, polo Ministerio de Sanidade, correspondentes aos primeiros resultados do estudo epidemiolóxico que realizou o Goberno estatal entre a poboación para averiguar que porcentaxe aproximada de persoas terían estado contaxiadas de coronavirus. Os datos son aínda preliminares e responden aos resultados forneceidos polas primeiras probas realizadas. O mostreo amosa que a incidencia do virus na Galiza foi baixa e que a COVID-19 tivo escasa circulación polo país, o que indica que hai moi pouca porcentaxe de poboación aínda inmunizada. Os datos do Ministerio veñen por provincias: 1,8% de persoas na da Coruña terían superado o virus, 2,3 na provincia de Pontevedra e na de Lugo, e 2,8 na de Ourense, que levaría a cifra máis alta da Galiza. No Estado o índice de poboación que tivo contacto co coronavirus é de 5%, o que indica que uns 2 millóns de persoas pasaron a COVID-19 e xeraron anticorpos. No estudo analizáronse 60.897 persoas. As zonas con maior prevalencia de anticorpos é cinco veces maior que nas zonas onde houbo unha menor presenza do virus na poboación. Así, as provincias de Soria (14,2%), Cuenca (13,5%), Segovia (12,6%), Albacete (11,6%), Madrid (11,3%) e Ciudad Real (11,1%) son as que contan cun maior número de persoas con anticorpos. Catalunya, que xunto a Madrid é das zonas máis afectadas, 6,9% da poboación xerou anticorpos. Por idades, a prevalencia sitúase por riba da media con entre 6 e 7% entre as maiores de 45 anos (até 6,9% nas persoas de entre 70 e 74 anos), mentres que rolda 4-5% entre os 10 e os 44 anos e baixa a entre o 1 e 3% no grupo de idade de 0 a 9 anos."}
{"ID": "NOS_30877", "summary": "O 22 de marzo de 1963 editábase 'Please Please me' e xa nada sería igual. Un cuarteto de Liverpool fraguado en directos por turbulentos garitos de cidades portuarias (a súa e Hamburgo, en Alemaña) sacaba o seu primeiro traballo 'longo', como se dicía entón. 14 temas, 32 minutos", "text": "Foron case 10 horas de gravación nos estudos EMI de Londres. Concretamente, 585 minutos. O resultado, 'Please please me', o primeiro LP de The Beatles. Catorce cancións entre as que figuraba o primeiro single do conxunto de Liverpool, 'Love me do' (editado a finais de 1962). Aliás de 'Twist and Shout', 'I saw her standing there' ou 'Please please me', que figuran en calquera recopilatorio beatle. Nun principio, o LP ía se titular 'Off the Beatle Track instead' mais decidiuse finalmente pórlle o nome da canción que fora segundo single do cuarteto e que se editou en febreiro de 1963. O disco, como non, foi número 1 nas listas británicas. E boa impresión deberon deixar nos locais da portuaria Reeperbahn alemana onde tocaron durante semanas, porque o traballo atinxiu o posto 5º na Alemaña Occidental. Daquela eran o grupo vestido de coiro e con querencia por practicar o rock suoroso. Con 'Please please me' xa foron o contundo de flequillo, traxe e corbata e un pop no que revolucionou o mundo damúsica (e non só) O responsábel da gravación foi George Martin,o quinto beatle (con permiso de Epstein, claro), o home que construíu albume a albume o son que se transformou en lenda. Adeus McCartney-Lennon Oito das cancións do LP foron asinadas por McCartney/Lennon. O único disco no que aparecen nese orde. A partir do seguinte (With The Beatles, que saíu o mercado en novembro dese mesmo ano), xa sería Lennon/McCartney. O custo da gravación foi de 400 libras das de entón (por volta de 10.000 na actualidade). Cada beatle cobrou sete libras e dez chelíns por cada quenda de tres horas de gravación. 'Please, please me' nunca foi editado como tal en EEUU. Houbo que esperar décadas, a que a discografía do conxunto se editase en CD, para iso."}
{"ID": "PRAZA_12089", "summary": "O Goberno galego destinará máis de 800 mil euros á inserción de anuncios nos medios para difundir os seus actos institucionais no 17 de maio, no 25 de xullo e outras cinco datas sinaladas.", "text": "A campaña para a \"promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social\" destinará o groso do seu montante económico (un 820 mil euros) á inserción de publicidade nos medios de comunicación, principalmente nas cabeceiras da prensa escrita (o 60%). As campañas principais consistirán na difusión dos actos institucionais do Goberno galego no 17 de maio e no 25 de xullo, e no contrato prevesen tamén cantidades menores para \"cinco campañas menores sobre datas sinaladas e de alcance institucional\". A cantidade que se destina á campaña, presentada en xaneiro, e licitada esta semana, é lixeiramente inferior ao orzamento que o Goberno galego destinará este ano a dotar de fondos ás bibliotecas públicas do país, máis que duplica o custe dos contratos dos invetigadores do Programa Parga Pondal despedidos en decembro e dende logo é moi superior ao \"aforro\" que a TVG acadou (60 mil euros) ao prescindir dos meteorólogos que antes elaboraban a información do tempo. O Goberno galego continúa operando en materia de iniciativas propagandísticas e publicitarias sen regular este tipo de contratacións a través dunha Lei de Publicidade Institucional, tal e como prometera o PPdeG na campaña das eleccións autonómicas de 2009. O programa popular aseguraba que \"promoveremos a elaboración da Lei de Publicidade Institucional que o bipartito non foi capaz de aprobar\". Esta decisión, dicían, remataría coa \"inaudita tendencia ao luxo\" de PSdeG e BNG, formacións que subtituíran na Xunta a \"eficacia\" por \"ostentosas campañas de publicidade política\"."}
{"ID": "PRAZA_262", "summary": "A batalla da viguesa Beatriz Figueroa por lograr o recoñecemento da incapacidade laboral para evitar a exclusión das persoas enfermas de cancro inspira a doentes na súa mesma situación.", "text": "\"O Sergas cúrate e a Seguridade Social e o Inem mátante de fame\". Beatriz Figueroa fixo desta frase o seu lema cando, en pleno tratamento do seu cancro de mama, a Seguridade Social lle negou a prestación por incapacidade temporal e, malia ter cotizados máis de 20 anos, a abocou a sobrevivir co subsidio de 426 euros por ter rematada a prestación por desemprego. A avogada e xornalista viguesa sacou forzas de onde non as había para iniciar unha loita en todas as frontes, dende a folga de fame ata a recolleita de máis de medio millón de sinaturas a través de Change.org, apoios que se traduciron nunha proposición de reforma da Lei Xeral da Seguridade Social defendida no Congreso por Olaia Fernández Davila (BNG) e apoiada por toda a oposición, pero vetada polo PP. O pasado novembro Beatriz gañou a súa batalla nos tribunais e agora serve de guía para moitas mulleres que pasan pola mesma situación. Tras uns meses de descanso e cadrando co Día Mundial contra o Cancro Beatriz Figueroa regresou ás portas da sede do INSS en Vigo para anunciar a reactivación da súa recollida de sinaturas. Agora o obxectivo é chegar ao millón de apoios para así lograr unha mudanza da lei que impida que as persoas enfermas de cancro teñan que enfrontarse por unha banda ás visitas ao hospital, ás intervencións cirúrxicas, ás sesións de quimio e radioterapia e aos efectos secundarios e, pola outra, ao estrangulamento da súa situación económica. Raquel Este martes ao carón de Beatriz estaba Raquel, unha mariñeira moañesa de 49 anos á que lle diagnosticaron cancro de mama en febreiro de 2010. A comezos de 2012 a Seguridade Social concedeulle a \"incapacidade permanente total\" para traballar no mar e no Instituto Social da Mariña mesmo lle recomendaron que \"buscase un traballiño\" noutro sector. Pero \"aos oito meses, quitáronma\", relata en conversa con Praza Pública. \"Recorrín, porque non estaba de acordo\" e sobre todo porque o tratamento e as secuelas do propio cancro, do que aínda se está a recuperar, lle impide embarcarse cada día e erguer \"dezaseis quilos de peso\" con normalidade e seguridade. A Raquel, mariñeira, suxeríronlle que fose traballar para estar \"entretida\" Pero as evidencias desta incompatibilidade non foron observadas na Casa do Mar de Vigo, onde a Raquel lle dixeron que \"traballando estaría máis entretida, que así non comía a cabeza\" e \"se me pasaría a depresión e a ansiedade que teño\". A base desta decisión, relata, foi \"unha analítica\" na que, obviamente, \"non sae\" o seu principal problema físico, a dificultade para manexar un dos seus brazos. \"Dende a fiestra\" da funcionaria que a enviou a traballar \"o mar vese moi bonito\" pero dende o barco \"non tanto\", ilustra, nun contexto no que nin sequera \"podo faltar\" se a medicación que segue a tomar lle provoca mareos ou náuseas. No barco figura que hai dúas persoas enroladas, ela e o seu marido, \"e se a Xunta e a Garda Civil ven que falto, múltannos, e non están os tempos para pagar unha multa\". Ana A loita de Beatriz Figueroa tamén lle dá folgos a Ana, lucense de 44 anos que pelexa contra o cancro dende comezos de 2013 e contra a Seguridade Social dende o pasado setembro, cando lle desestimaron a incapacidade que solicitara. \"A min, a enfermidade non me colleu no paro\", o que implica \"unha vantaxe, entre aspas\", porque puido pasar á situación de baixa e non á contrarreloxo do esgotamento do desemprego. Así e todo, \"no momento en que empezas a saír do mundo de medicación, de quimio, de radio... Dáste de fuciños con que che din que che queren dar a alta\". \"Os médicos dinche que non podes traballar e na Seguridade Social, que estás fenómenal\". \"Os médicos dinche que non podes traballar e na Seguridade Social, que estás fenomenal\" Para Ana, traballadora do sector da loxística, os efectos do cancro e das \"patoloxías engadidas\" aféctanlle \"aos dous brazos\" e provócanlle unha \"doenza de estómago\" e \"dor crónica\" que, en conxunto, a obrigan a \"tomar 19 pastillas todos os días\" e fan que \"poñer o organismo a andar\" cada xornada sexa todo un esforzo. A dificultade para erguer os brazos, a sensación de frío permanente ou os problemas para se erguer cada mañá non impediron que, cando iniciou os trámites ante o INSS; \"me preguntasen se ía polos beneficios fiscais\". \"Eu non elixín estar así\", proclama Ana, quen censura que en ocasións \"me tachen de hipocondríaca\". \"O médico de cabeceira dicíame que non tiña nada e acabei cun cancro de mama bilateral\", lembra. A loita que non cesa Malia todas estas circunstancias Ana, Raquel e moitas outras manifestan a súa intención de seguir na loita polos seus dereitos e os das demais persoas enfermas. E nesta senda, explican ambas, o exemplo de Beatriz Figueroa parécelles \"admirable\". Beatriz \"defende o dela e o das demais sen ningún interese persoal\", di Ana, que combina a recuperación, os exercicios e as conversas de WhatsApp entre compañeiras da AECC coa tensión que a acompaña nos días previos a cada revisión, na que \"cada tres meses che din se o cancro volveu ou non\". Mentres, espera \"polo xuízo\" no que tentará lograr o recoñecemento da incapacidade, \"que me sae en abril de 2016\". O exemplo de Beatriz Figueroa sérvelles de \"esperanza\" no medio da recuperación e da loita burocrática e legal A Raquel o exemplo de Beatriz serviulle \"de esperanza e fe\" para reincorporarse á loita cando \"xa me rendera, chegara a un punto no que xa non podía máis\" e \"choraba polas esquinas ao ver o meu marido traballar\" mentres \"xa me doía todo, non o podía soportar\". Ela, advirte, tentará seguir \"facendo ruído todos os días\" e esixindo que \"revisen os traballos de cada persoa, de verdade\" e comproben que \"non somos inútiles\" pero que \"o traballo do mar, por moito que se queira\", non se pode realizar mentres se sofren estes problemas de saúde. A mariñeira reivindica os dereitos dos doentes de cancro pero tamén \"da Hepatite ou da ELA\". \"Dáme rabia cando vexo os estudantes e os investigadores marchar mentres os políticos levan os cartos a Suíza\". A súa doenza, di, ten cura \"porque houbo investigadores que deron co que hai\", por iso \"é unha vergoña que nos teñamos que poñer a recoller sinaturas\". Recollida de sinaturas de Beatriz Figueroa en Change.org"}
{"ID": "NOS_29201", "summary": "Así o propón a plataforma Galegas 8M. A mobilización do Día internacional da muller traballadora será o 1 de marzo.", "text": "\"Por acordo unánime de Galegas 8M a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín o domingo 1 de marzo\". Así notificou esta plataforma de unidade dos feminismos galegos a decisión sobre o lugar escollido para a mobilización central co gallo do 8M, Día internacional da muller traballadora, de 2020. \"A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica. É unha loita pola vida\", indican desde 8M. Esta terza feira, día 17, está convocada unha concentración diante do Parlamento da Galiza en protesto contra o feche do paridoiro."}
{"ID": "NOS_16538", "summary": "O Foro Económico de Galicia presenta 'O monte galego do século XXI', que avoga por unha \"imprescindíbel reforma estrutural na xestión das terras\" e pola necesidade de \"construír\" un novo modelo de explotación con usos diversos e multifuncionais do monte.", "text": "O informe O monte galego do século XXI, que avoga por unha \"imprescindíbel reforma estrutural na xestión das terras\" e pola necesidade de \"construír\" un novo modelo de explotación con usos diversos e multifuncionais do monte, presentouse na cuarta feira, 30 de setembro, polo director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, e por un dos seus autores, o doutor Edelmiro López, que, xunto ao tamén profesor universitario Albino Prada, coordina este estudo coral asinado por múltiples expertos. Entre outras cuestións, o documento recomenda diversificar a explotación do monte. \"Partimos de que o monte non é só produción de madeira, non o foi historicamente, non o é hoxe e debe selo menos no futuro\", explica Edelmiro López a Nós Diario. O documento está estruturado en tres partes. A primeira, sinala López, trata precisamente sobre os usos e a produción madeireira, apostando por diversificar as especies forestais e os criterios de xestión, porque actualmente as cotas de madeira concéntranse en até 95% entre eucalipto e piñeiro. De feito, o traballo sinala a contradición que supón termos case 40% do terreo arborado con frondosas caducifolias (carballos, castiñeiros...) e que só delas saian menos de 5% das cotas de madeira que se producen na Galiza. Estas árbores propias medran de forma natural mais non se lles saca case ningún partido económico e isto implica que crezan de maneira non controlada. A segunda parte analiza a produción doutros bens para o mercado cuxo impulso daría variedade de usos ao monte: gandaría extensiva, produción de enerxías renovábeis e mesmo usos turísticos. O terceiro capítulo analiza cuestións ambientais, paisaxísticas e de lecer, \"de enorme relevancia e demandadas pola sociedade\". Ao longo das páxinas, o documento avoga pola \"recuperación, a través de mecanismos fiscais, de rendas procedentes das concesións hidroeléctricas ou eólicas, para revertelas en investimentos produtivos e de protección nas terra de monte\". Para iso exponse a oportunidade de contar cun fondo forestal ou fondo de promoción dun monte sostíbel, \"que debería ser xestionado en principio pola Xunta, podendo contar coa implicación dos concellos e outras entidades\". Para o monte particular con potencial agrogandeiro, no documento apóstase por unha reforma da normativa sobre arrendamentos rústicos, pola \"reactivación\" do Banco de Terras, impulsar a fórmula dos polígonos agroforestais, modificar os apoios aos investimentos das explotacións agrarias e utilizar os pagos agroambientais e outras axudas para estimular esa reorientación produtiva. Montes veciñais O estudo analiza a situación dos montes veciñais en man común, para os que require un novo marco legal que, \"consolidando a propiedade veciñal, favoreza en maior medida a posta en produción das terras\". Así, piden unha reforma da política de convenios e consorcios, para que \"a intervención directa da Xunta se centre nos montes abandonados ou con maiores valores ambientais a protexer\", e medidas específicas para os abandonados coa \"implicación\" do Banco de Terras. \"Moitas veces o monte é visto máis como un problema que como unha oportunidade, cando ten un enorme potencial\", sinálase. Catro directrices para unha reforma de fondo do monte Os autores do informe propoñen catro directrices para o desenvolvemento da transformación do monte. A primeira pasa por unha ordenación efectiva do solo. A segunda sinala a necesidade de configurar un novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras, que priorice os proxectos de aproveitamento, acordes coa ordenación dos usos, fronte aos dereitos de propiedade. A terceira directriz avoga pola coherencia das distintas políticas públicas, \"corrixindo a fragmentación e contradición entre políticas sectoriais\". A última, dado que a maioría das terras de monte son de propiedade privada, remarca que a súa mellora debe ser protagonizada pola iniciativa privada. \"Pero isto\", engade o documento, \"terá que acompañarse dunha xestión pública directa de determinadas superficies\"."}
{"ID": "NOS_48653", "summary": "A empresa enerxética madrileña Capital Energy vén de presentar un proxecto inicial ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) para a instalación dun parque eólico mariño (PEM) de 34 aeroxeradores en fronte da ría de Vigo, a menos de 30 quilómetros da liña de costa.", "text": "Como informou Nós Diario o pasado 20 de outubro, Capital Energy pretende desenvolver un PEM flotante, denominado Volanteiro, nas Rías Baixas, xusto en fronte da ría de Vigo, cunha potencia que se estima en 510 megawatts (MW). Nas últimas horas, a empresa presentou o proxecto inicial ante o Miteco, coñecéndose en consecuencia máis detalles. Capital Energy proxecta a instalación, a menos de 30 quilómetros (km) do litoral galego (a 27,9 km da costa da Guarda) e nunha área de 95,11 quilómetros cadrados, de 34 aeroxeradores de 15 MW de potencia e 260 metros de altitude. Así, a potencia total instalada será de 510 MW. A enerxía producida polos 34 muíños sería conducida a través dunha liña de evacuación polo fondo mariño de 45,4 quilómetros, adentrándose 10 km nas augas do interior da ría de Vigo. Outra liña de evacuación, por terra e de 22,76 km, levaría esta enerxía até a subestación eléctrica de Pazos de Borbén. Quen está detrás dos proxectos da eólica mariña na Galiza? A posta en marcha deste PEM atópase, segundo explica a empresa produtora de enerxía, dentro dos plans estatais e autonómicos para o desenvolvemento das enerxías renovábeis. Afectación sobre zonas pesqueiras e protexidas Os aeroxeradores atópanse na zona NOR-1 do plano de ordenación do espazo mariño, na que, segundo o propio criterio do Miteco, existe interacción coa frota pesqueira de arrastre de fondo. Ademais, a liña de evacuación eléctrica do PEM ocupará boa parte do interior da ría de Vigo, onde ten lugar unha intensa actividade acuícola e marisqueira. A liña de evacuación mariña tamén pasa ao carón de zonas de especial protección ambiental, como é o caso da Zona de Especial Conservación (ZEC) das illas Cíes e da ZEC das illas Estelas. A ZEC das illas Cíes está tipificada tamén como Parque Nacional e como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Ademais, esta liña de evacuación marítima afecta á súa vez á ZEPA das Rías Baixas. No que respecta ás zonas de hábitat mariño de interese comunitario (HIC), a instalación deste PEM afecta 637 metros dunha zona de transición marítimo terrestre da HIC denominada como Arrecifes. A potencia de eólica mariña proxectada na Galiza cuadruplicouse desde a entrada en vigor da moratoria estatal Tal e como a propia empresa sinala, o funcionamento dos aeroxeradores \"xera ruído que podería ser propagado polo medio mariño, podendo afectar principalmente as comunidades de cetáceos mariños\". Así mesmo, a enerxética recoñece que o campo electromagnético \"podería afectar principalmente ás comunidades peláxicas\", especies que viven en augas media ou próximas á superficie, como poden ser as sardiñas. A firma explica tamén a necesidade de tomar medidas para evitar as colisións de aves, precisamente cando se trata dunha zona catalogada como ZEPA. Por outra parte, o trazado mariño da liña de evacuación penetra no interior da ría de Vigo, zona de elevado tráfico marítimo, polo que, durante a fase de construción alteraríase o funcionamento normal da actividade portuaria e de tránsito."}
{"ID": "NOS_34486", "summary": "Christine Blasey Ford, a profesora universitaria de Palo Alto que denunciou o xuíz Brett Kavanaugh por tentar violala hai tres décadas, pide que o FBI abra unha investigación sobre o asunto antes de ter que prestar testemuño perante o Comité Xudicial do Senado. Kavanaugh, proposto por Trump para ingresar no Tribunal Supremo, ten que obter a aprobación da cámara alta para se facer coa cadeira vitalicia na cimeira do poder xudicial estadounidense. O maxistrado, de orientación ultra-conservadora, recibiu o apoio fechado de Donald Trump.", "text": "Trump é xuíz e parte no asunto Kavanaugh: é a súa proposta para acceder ao Supremo —e para dar á maioría neste órgao ás posicións conservadoras— e está disposto a mantela até o final, embora o xuíz de apelacións federal teña sido denunciado por Christine Blasey Ford por ter tentado violala hai por volta de trinta anos, cando ambos eran estudantes. O presidente dos EUA cualificou Kavanaugh de \"grande cabaleiro\" e dixo que estaba ansioso por testificar a próxima segunda feira. \"Non sei que pensa facer o outro partido\", dixo Trump, en relación ao Partido Demócrata. Refírese así a que a oposición prefire adiar a reunión do Comité Xudicial do Senado en tanto o FBI non investigar as acusacións formuladas por Christine Blasey Ford, tal e como ela propia ten demandado. A posición de Trump contrasta coas voces que se teñen erguido no seo do Partido Republicano, mesmo no propio Senado, sobre a conveniencia de esclarecer o asunto antes de tomar unha decisión irreversíbel, a do nomeamento de Kavanaugh como xuíz do Supremo. Irreversíbel porque nos EUA as designacións para a cúpula do poder xudicial teñen carácter vitalicio. A petición de aprazamento da reunión da Comité udicial do Senado formulada por Christine Blasey Ford non ten aspecto de que vaia ser apoiada polos republicanos. Máis ben todo o contrario. O presidente do comité, o conservador Chuck Grassley, declarou que Blassey Ford \"merece ser escoitada\" e que, portanto, o convite para que testifique a vindeira segunda feira \"continúa en pé\". Porén, Blassey Ford non quere ir a ese comité —e submeterse ao interrogatorio dos senadores republicanos que respaldan a candidatura de Kavanaugh— sen que antes o FBI realice pesquisas sobre as súas acusacións. De feito, a súa avogada deixou caer esta segunda feira que a profesora de Palo Alto optaría por non comparecer se finalmente a maioría republicana se nega ao aprazamento."}
{"ID": "NOS_5759", "summary": "As e os profesionais agrupados na Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec) consideran \"inaceptábel\" que vaian ser as e os médicos os que \"planifiquen\" o seu traballo e competencias nos centros de saúde. Consideran que deben estar de forma directa na toma de decisións.", "text": "A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec) demanda á Xunta que permita que as e os enfermeiros da Atención Primaria participen activamente na toma de decisións vinculadas á implantación de novos modelos de xestión da demanda de atención sanitaria. O colectivo, que considera que están en xogo as súas condicións laborais, opina que é \"inaceptábel\" que sexan as e os profesionais médicos os que \"planifiquen o traballo e competencias\" que lles corresponden neste chanzo asistencial sen contar co sector. Por iso, Agefec vén de comunicar que enviou á Consellaría de Sanidade unha carta exixindo que se lles dea voz e voto nas xuntanzas para a reestruturación. \"A Atención Primaria está en constante cambio para adaptarse ás novas necesidades que presenta, para o que as enfermeiras propoñen un enfoque centrado nunha visión salutoxénica e que profunde na mellor calidade asistencial e nun bo aproveitamento dos recursos tanto humanos como estruturais\"\", indican, situando a realidade no contexto da pandemia da Covid-19. Por exemplo, para citas ou demandas non urxentes nos ambulatorios apuntaría por unha Xestión Enfermeira da Demanda (GED) que é \"definida como a resposta que a enfermeira lle outorga a un cidadán, que presenta unha demanda relacionada coa saúde e que necesita atención preferente, non urxente\". Para contar con este sistema e que sexa funcional, Agefec pide que se acredite ás e aos profesionais acorde ao Real Decreto polo que se regula a indicación, uso e autorización da recomendación de fármacos e produtos sanitarios de uso humano por parte das enfermeiras. \"A GED debe de ser un mecanismo para que as enfermeiras desenvolvan as competencias propias en atención a problemas de saúde agudos, pero en ningún caso debe ser vista como mecanismo para descargar a saturación das axendas médicas\", advirten, en todo caso."}
{"ID": "QUEPASA_605", "summary": "O Celer de Can Roca, O Mugartzi ou O Noor, son algúns dos restaurantes galardoados a nivel nacional, que utilizan produtos de primeira calidade da Costa da Morte. Produtos como Legumes, patacas, verduras e hortalizas xerais, que La Despensa D'Lujo cría en Erbecedo, Coristanco, para levalas por toda a península. Detrás desta empresa, que tamén leva a marca territorio Terra Atlántica como bandeira, atopamos a \"Lucía e Jose\", naturais de Erbecedo e a Laracha. Falamos con Lucia Calvo Marrozos.", "text": "QPC: Bueno, que tal Lucía. Cóntanos cando e como nace este proxecto de produción agrícola? A Despensa D'Lujo forma parte dunha explotación agrícola tradicional, pois na miña familia fomos todos agricultores de toda a vida. A evolución prodúcese de forma abrupta fai mais de 5 anos cando a interactuación cos nosos clientes nos abocan a transformación. Polo tanto podemos decir que a Despensa D´Lujo é unha adaptación da agricultura tradicional aos novos tempos onde empregamos as redes sociais como o escaparate para lle ensinar os nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras, como preparamos os cultivos e o resultado das nosas colleitas. Somo produtores de pataca, como non podía ser doutra forma pertencendo o concello de Coristanco, pero cada vez nos estamos especializando no que nos gusta chamar produtos de autor, isto é a adaptación de produtos doutras zonas xeográficas a nosa fértil Costa da Morte. Así, o garbanzo bágoa, o gandul ou o guisante bágoa forman parte do I+D da nosa marca e que fan compaña os produtos tradicionais da casa coma o xudión, a alubia verdina, a alubia blanca entre otras.O gandul é a más recente incorporación que, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia, tentamos sacar adiante con resultados moi positivos, polo que esta campaña que entra tentaremos, pese as adversidades, incorporalo na despensa dos nosos clientes que xa tiveron oportunidade de traballar con el e obtiveron resultados moi gratificantes. QPC: Cando foi ese punto de inflexión que vos empurrou? O mes de marzo do 2020 marca un antes e un despois no camiño que toman os nosos produtos, pois damos un paso adiante gracias a interactuación dos nosos clientes hosteleiros que se viron na obriga de pechar os seus servicios e nos prestaron un importante escaparate cara os seus seguidores, foi o principal feito que nos levou a destinar a nosa produción cara os particulares, gracias aos cales, nestes momentos de incerteza podemos seguir coa nosa paixón, o coidado da terra. QPC: Nótase que para vós a imaxe coidada que amosades, por exemplo a través do voso instagram, e o marketing é fundamental. Entendemos que é a mellor maneira de que visualicen o arduo traballo que se desenvolve arredor do que van consumir e facelos participes do role play no rural. QPC: Conseguides que a \"calidade máxima\" e \"tradición\" sexan case sinónimos? Fálanos dos vosos clientes? De onde son? Son máis particulares ou empresas? ? Camiñamos cara a excelencia nos nosos produtos, seleccionando o mellor para os nosos clientes, tentando deste xeito poder ofrecer o mais destacado que produce a terra. QPC: Como se chega a empresas como o Celer de Can Roca ou Inditex? Precisamente esta visión de calidade máxima permitiunos coñecer a cociñeiros especializados que demandan os nosos productos e traballar con eles na procura de novas referencias. Clientes coma o restaurante Mugaritz (galardonado coma un dos mellores restaurantes do mundo), o Celler de Can Roca (de sobra coñecido), o Noor de Paco Morales, La Bien Aparecida de Jose Manuel De Dios, Juanjo López Bedmar de La Tasquita de Enfrente, forman parte dos profesionais que confía no bo facer da Despensa D´Lujo. É o resultado da constancia e o boca a boca que levan a estes grades cociñeiros a se poner en contacto cuns pequenos produtores da Costa da Morte. INDITEX é tamén unha empresa que aposta por nós, polo pequeno produtor, mercando na proximidade. Formamos parte con moito orgullo desde proxecto que favorece sen dúbida o comercio local e permite unha achega dos productos agrícolas por excelencia as grandes colectividades na procura sempre, e da súa man, da sostenibilidade do medio e co obxetivo de residuo cero.Outros comedores escolares, como o dos Muíños ou o veciño CEIP Canosa Rus stán a contar con nos empregando productos de tempada e priorizando os productores locais. View this post on Instagram A post shared by LA DESPENSA D'LUJO (@ladespensadelujo) QPC: Ligado con iso, por que apostastes pola marca territorio Terra Atlántica? que vos aporta ao proxecto? Terra Atlantica, Costa da Morte é unha posta en común da zona na que nos encontramos, é unha representación de tantas empresas como hai nas súas comarcas e nós levamola con moito agarimo arredor de todo o territorio nacional representando as súas terras, dando fe da fertilidade que posúe e reflexando a humildade que nos caracteriza. É pois unha aposta polo noso, pola terra QPC: Que cousas se poderían mellorar da nosa contorna para desenvolver un proxecto como o voso? Podes imaxinar que traballamos todo por internet, con particulares, con clientes… e estar por exemplo todo un día sen internet é como volver aos tempos da escola… Novas de Terra Atlántica Juan José López Muñoz: \"O espírito de reinventarse de CAVISA, non o faría unha empresa de fóra\". Terra Atlántica propón 3 programas para fomentar a gastronomía, o turismo e o consumo interno. Xullo 2020: A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía. Abril 2020: Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca \"Terra Atlántica\" . Outubro 19: A marca territorio \"Costa da Morte - Terra Atlántica\" continúa medrando dende o Faro Vilán. Setembro 19: A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas."}
{"ID": "PRAZA_3372", "summary": "Unións Agrarias concentrouse este mércores na Coruña para esixir o establecemento de \"prezos xustos por lei\" e rematar cos abusos da industria. Ademais, chaman a un \"empoderamento dos agricultores e gandeiros\", pois \"somos un actor clave no futuro da sociedade, pero non somos valorados como tal\".", "text": "\"Goberno central e Xunta deben poñerse a traballar sen demora para impulsar os cambios lexislativos que permitan poñerlle creo á crise do rural\", do o sindicatoO rural está ao límite. Os baixos prezos pagados polos produtos agrícolas e gandeiros, as dificultades para a instalación de industrias de transformación, o desmantelamento dos servizos públicos ou os problemas de comunicación, mobilidade e transporte afondan nunha crise que é económica, pero tamén demográfica. En todo o Estado español labregos e gandeiros están saíndo ás rúas para reclamar dos gobernos medidas efectivas que permitan sobrevivir ao sector primario. De feito, Galicia perdeu a cuarta parte dos empregos no sector primario na última década. Este mércores un grupo de produtores e produtoras concentráronse ás portas da Subdelegación do Goberno central, na Coruña, para esixir un decálogo de medidas, moi semellante ao presentado hai unhas semanas polo Sindicato Labrego Galego e ao defendido por outras organizacións.\"É xusto que un produtor da Limia cobre apenas 15 céntimos polas patacas que o consumidor merca a 1,25 no supermercado? Nós cremos que non\"Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, reclamaba este martes que \"Goberno central e Xunta deben poñerse a traballar sen demora para impulsar os cambios lexislativos que permitan poñerlle creo á crise do rural\", subliñando que \"agricultores e gandeiros non poden seguir véndose forzados a vender a perdas, e as administracións deben tomar parte\".\"O rural non pode máis!\", \"O noso traballo non se regala!\" e \"Prezos xustos xa!\", foron algúns dos berros máis repetidos polos participantes na mobilización. \"É xusto que un produtor da Limia cobre apenas 15 céntimos polas patacas que o consumidor merca a 1,25 no supermercado? Nós cremos que non\", dicía un dos labregos que interviron.Unións Agrarias esixe \"que se establezan prezos xustos por lei\" e se remate cos \"abusos\" das industrias, \"que se aproveitan do carácter perecedoiro dos produtos do campo para forzar vendas abusivas que non cobren custos\"As demandas de Unións Agrarias inciden na necesidade de que os produtores obteñan \"un prezo xusto que lles permita acadar unha mínima rendibilidade\" e o sindicato culpa da actual situación ao \"desequilibrio da cadea agroalimentaria, que provoca que as grandes distribuidoras e as industrias sexan poucas e poderosas, e os agricultores moitos e débiles\".Unións Agrarias esixe \"que se establezan prezos xustos por lei\" e se remate cos \"abusos\" das industrias, \"que se aproveitan do carácter perecedoiro dos produtos do campo para forzar vendas abusivas que non cobren custos\". \"A venda a perdas debe vetarse por lei obrigando a introducir índices de custos nos contratos de compra-venda. E estes deben elaborarse atendendo ás especificidades de cada zona produtora, mediante observatorios públicos que, no caso galego, debe impulsar a Xunta\", reclama Roberto García.\"A venda a perdas debe vetarse por lei obrigando a introducir índices de custos nos contratos de compra-venda\", di Roberto García\"Os agricultores e gandeiros deben contar co amparo dun mediador público como o que xa existe noutros países\", engade o líder sindical, que tamén tamén demanda que \"as sancións para as industrias e distribuidoras que incorran en prácticas abusivas\" sexan \"exemplares\", para que \"dunha vez por todas se vete a venda a perdas\". \"A Lei de Cadea Alimentaria debe cambiar e facerse máis esixente para frear os abusos\", engaden. O sindicato esixe finalmente a regulación de ciclos curtos de comercialización, produtos de proximidade e etiquetado en orixe, facilitando que agricultores e gandeiros poidan realizar unha venda directa dos seus produtos. Unións Agrarias subliña tamén a \"suba dos custos de produción\", que \"afoga\" a labregos e gandeiros, \"afundindo as súas posibilidades de futuro e abocando ao peche a moitas explotacións\". E advirte tamén sobre as \"barreiras comerciais\" que se abren co Brexit ou coa posibilidade de que Estados Unidos impoñan novos aranceis á importación de produtos europeos. E, de igual xeito, alertan sobre os ataques de fauna salvaxe que sofren o gando e os cultivos.Roberto García e outros representantes de Unións Agrarias mantiveron un encontro co subdelegado do Goberno, Javier Losada, que se comprometeu \"a trasladar a Madrid as súas reivindicacións\". Losada sinala que o Executivo é \"receptivo\" ás demandas de labregos e gandeiros e aposta por que \"os custos que chegan ao consumidor sexan transparentes e poidan redistribuírse cara abaixo\".Unións Agrarias fai fincapé no \"papel vertebrador da agricultura e da gandería fronte ao despoboamento, aos problemas ambientais e territoriais\"O sindicato critica, así mesmo, o \"recorte\" das axudas europeas, estatais e galegas, nun momento no que \"a situación de fraxilidade é tal que obriga a destinar máis fondos para apoiar a un sector estratéxico e clave para o futuro da sociedade\". Para rematar, Unións Agrarias fai fincapé no \"papel vertebrador da agricultura e da gandería fronte ao despoboamento, aos problemas ambientais e territoriais\", incidindo na capacidade de labregos e gandeiros para xestionar o entorno de xeito eficiente e para loitar contra o cambio climático. \"É moi bonita a paisaxe que temos nas nosas montañas para ir as fins de semana a sacar unha foto. Pero sen agricultores e gandeiros esa paisaxe non se conserva\"\"É moi bonita a paisaxe que temos nas nosas montañas para ir as fins de semana a sacar unha foto. Pero sen agricultores e gandeiros esa paisaxe non se conserva, temos que estar os agricultores e gandeiros nesas montañas\", destacou outro dos labregos que interveu, que engadiu: \"somos, ademais, os mellores bombeiros que existen nesa montaña: sen agricultores e gandeiros todo iso pode ser pasto do lume en pouco tempo\".Ademais, chaman a un \"empoderamento dos agricultores e gandeiros\", pois \"somos un actor clave no futuro da sociedade, pero non somos valorados como tal\". \"Sen as persoas que cada día traballan no noso medio rural avanzará o despoboamento, e é preciso que o conxunto da sociedade comprenda e valore ese papel\", conclúen."}
{"ID": "NOS_48759", "summary": "Un documento agora desclasificado pola CIA vincula o daquela presidente 3spañol coa creación do grupo terrorista", "text": "Entre os documentos recentemente desclasificados pola CIA está un informe que contén as afirmacións máis claras feitas até agora que indican que Felipe González organizou os GAL e autorizou o asasinato como método de acción. Este documento da CIA ten data do 19 de xaneiro de 1984 e forma parte das revisións periódicas dos servizos de intelixencia estadounidenses sobre o estado do terrorismo no mundo. A copia que publicou o xornal La Razón é \"saneada\", unha expresión que na argot CIA significa que foi revisada para evitar a publicación de datos que a poidan prexudicar. Por este motivo, aínda hai fragmentos que se eliminaron e non se poden ler. Na páxina 17 o documento contén un extenso capítulo, asinado por Colin Winston, dedicado ao País Vasco e a España. Winston foi analista da CIA durante trinta e oito anos. Este capítulo está escrito pouco despois dos primeiros atentados do GAL e implica o Goberno español e Felipe González. Despois de explicar que a CIA está convencida das actividades ilegais da policía española no estado francés, di que isto pode causar moito dano á reputación de Felipe González e do PSOE. E describe a situación deste parágrafo que traducimos a continuación. Eliminouse un texto que probablemente contiña o nome da persoa que informou á CIA sobre a decisión de \"formar un grupo de mercenarios controlados polo exército para loitar contra terroristas fóra da lei\". \"O goberno, con todo, parece decidido a adoptar unha estratexia pouco ortodoxa para loitar contra ETA. […] González está de acordo coa formación dun grupo de mercenarios baixo o control do exército para loitar contra terroristas, fóra da lei. […] Os mercenarios non teñen por que ser españois e parecen ter a misión de asasinar a líderes de ETA en España e Francia. Os autodenominados grupos antiterroristas de liberación, de natureza similar aos escuadróns fortemente armados previstos polo goberno, apareceron de feito no sur de Francia. Os GAL mataron dous coñecidos activistas da ETA-M no sur de Francia e secuestraron un empresario en Hendaia baixo sospeita de colaborar con terroristas. Madrid negou saber nada e ter unha conexión cos GAL, mais os políticos vascos, claramente convencidos da complicidade do goberno central, protestaron vehemente. A prensa española está chea de especulacións sobre a presenza das autoridades detrás dos GAL e o goberno de González dixo que está preparado para chegar onde sezxa necesario para extirpar ETA\"."}
{"ID": "NOS_40738", "summary": "Diferentes administracións galegas encóntranse actualmente a coordinar tanto a acollida de persoas refuxiadas ucraínas como o envío de axuda humanitaria ao país.", "text": "A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou onte que a \"mellor fórmula\" para acoller persoas refuxiadas de Ucraína é coordinalo a través dos servizos sociais municipais, co obxectivo de que sexa unha \"chegada ordenada\" e se poida \"ter un control serio das persoas\" que se reciben. Así o explicou durante a súa intervención na clausura da primeira Asemblea Xeral Ordinaria presencial, tras dous anos de pandemia, da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galiza), ante cuxas entidades solicitou que se xestione esta situación a través das localidades. Algunhas administracións locais, xa comezaron a desenvolver estratexias de envío de axuda a Ucraína e acollida de refuxiados. No caso do Concello de Compostela, enviará a Ucraína un total de 15 toneladas de material doado pola veciñanza de Compostela, unha vez clasificado e revisado por Protección Civil. A semana pasada, a administración compostelá xa enviara un total de 18 palés con axuda humanitaria ten previsión de enviar, ao longo desta semana, outros 12 palés máis. O Concello de Lugo tamén anunciou a apertura dunha nova oficina de información nas instalacións municipais para dar respostas á \"poboación solidaria\" e \"axudar a coordinar\" o envío de axuda ao pobo ucraíno. \"O obxectivo é canalizar e atender todas as peticións solidarias e ofertas de colaboración que nos están chegando nestes días por parte da veciñanza luguesa\", manifestou a alcaldesa da localidade, Lara Méndez. As Deputacións achegan axuda A Deputación de Lugo tamén anunciou o envío de axuda; enviará de forma urxente tanto axuda económica como materiais básicos de primeira necesidade ao pobo ucraíno \"para colaborar fronte á grave crise humanitaria que a brutal invasión rusa está a provocar no leste de Europa\". Segundo explicou a Deputación nun comunicado, o presidente da entidade, José Tomé Roca, anunciou o envío onte. De todos os modos, o grupo do Partido Popular da Deputación de Lugo, a través do seu portavoz, Javier Castiñeira, lamentou que a axuda chegue \"tarde, coma sempre, e de maneira insuficiente\". Pola súa parte, a Deputación de Ourense prepara un dispositivo para poder coordinar a resposta dos Concellos ante a crise humanitaria de Ucraína. Nas próximas horas enviará ademais unha carta aos 92 concellos explicando \"polo miúdo\" o dispositivo que se poñerá a disposición dos municipios. Por outro lado, desde a Deputación de Ourense reuníronse telematicamente onte co alcalde do Concello de Maceda, Rubén Quintas, que encabeza unha comitiva solidaria para levar material humanitario ao pobo ucraíno e tamén para acoller ao redor de 24 persoas refuxiadas en coordinación coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína. As Deputacións da Coruña e Pontevedra tamén prepararon o envío de axuda humanitaria ao longo desta semana e a anterior."}
{"ID": "PRAZA_8501", "summary": "Dez anos despois da invasión militar de Iraq de marzo de 2003, 130 presos manteñen dende o pasado mes de febreiro unha protesta polas penosas condicións deste cárcere e pola frustración xerada polo incumprimento da promesa do seu peche. Análise do IGADI.", "text": "Dez anos despois da invasión militar de Iraq de marzo de 2003, 130 presos manteñen dende o pasado mes de febreiro unha protesta polas penosas condicións deste cárcere e pola frustración xerada polo incumprimento da promesa do seu peche. Análise do IGADI. Visiblemente fóra da atención informativa e política internacional, a persistencia dunha rebelión de presos no penal de Guantánamo (Cuba), en curso dende febreiro pasado, resultado tanto das penosas condicións humanas establecidas dentro deste cárcere como pola frustración suscitada polo incumprimento do seu peche, promesa electoral realizada en 2008 polo presidente estadounidense Barack Obama, certifica a vixencia da tristemente célebre \"doutrina Bush\" enmarcada na ilegal loita antiterrorista impulsada por Washington, un legado que evidencia toda unha longa serie de violacións dos dereitos humanos e das convencións internacionais. Aínda que desde 2008, ano da vitoria electoral de Obama, non se enviaron máis presos a Guantánamo, actualmente permanecen alí uns 160 reclusos Aínda que desde 2008, ano da vitoria electoral de Obama, non se enviaron máis presos a Guantánamo, actualmente permanecen alí uns 160 reclusos. Desde que en 2001 se aplicara a doutrina da seguridade nacional antiterrorista instaurada polo ex presidente George W. Bush, colocando a esta base militar estadounidense como o principal centro de detención, tortura e illamento de presuntos \"terroristas\", aproximadamente uns 800 detidos foron trasladados a este penal, con idades comprendidas entre 13 e 80 anos, rexistrando 9 mortes entre 2003 e 2012, a maioría por suicidio. Dende entón, foron liberados 176 reclusos. Deste modo, Guantánamo converteuse nese tristemente célebre símbolo da loita antiterrorista levada a cabo por Washington, ampliada cara outros centros de detención e tortura como Abu Graib (Iraq) e Bagram (Afganistán). A súa preservación como símbolo da impunidade igualmente certifica que Washington persiste en violar as leis e tratados internacionais, principalmente a Convención de Xenebra de 1949, mantendo unha base militar en territorio estranxeiro (Cuba) onde se comenten torturas e violacións dos dereitos humanos. A súa preservación como símbolo da impunidade igualmente certifica que Washington persiste en violar as leis e tratados internacionais, principalmente a Convención de Xenebra de 1949 Ademais da rebelión de reclusos, a actualidade de Guantánamo ven precedida pola conmemoración dos dez anos da ilegal e ilexítima invasión militar de Iraq de marzo de 2003. Paralelamente, Guantánamo cumpre o seu centenario como base militar e de reclusión de presos: Washington abriuna en 1903. A pesar da promesa electoral, a chegada de Obama á Casa Branca en 2009 non significou o peche de Guantánamo. A súa problemática en materia de dereitos humanos non constitúe motivo algún de preocupación seria en EUA, na ONU, a Unión Europea ou para as principais axencias multinacionais informativas. A rebelión penal A súa problemática en materia de dereitos humanos non constitúe motivo algún de preocupación seria en EUA, na ONU, a Unión Europea ou para as principais axencias multinacionais informativas O pasado 6 de febreiro, un total de 130 dos 160 reclusos actualmente existentes en Guantánamo (Cuba) iniciaron unha folga de fame en protesta polas draconianas condicións de confinamento e de reclusión neste penal, así como polo incumprimento por parte do goberno de Barack Obama do peche do mesmo, diríase que distante e esquecido para Washington. O pasado 4 de xaneiro, Obama asinou a Lei de Autorización da Defensa Nacional concibida como partida orzamentaria do ano fiscal 2013. Na mesma, prohíbese o traslado de presos de Guantánamo, unha medida coa que Obama foi enfático ao opoñerse e considerando que ten dereito de veto. Esta decisión, previamente votada na Cámara de Representantes, con maioría do Partido Republicano, e no Senado dominado polo Partido Demócrata, determina que a base militar estadounidense non será pechada nun futuro inmediato. O \"esquecemento\" de Guantánamo por parte de Obama pode explicarse basicamente como unha especie de pacto tácito en forma de concesión realizada cara a oposición republicana en aras de consolidar un pacto de gobernabilidade e de estabilidade ante a crise económica estadounidense nun contexto de bicefalia fáctica en Washington, cunha presidencia demócrata e un Congreso de maioría republicana. Na pasada campaña electoral estadounidense, nin Obama nin o seu rival Mitt Romney realizaron mención algunha a Guantánamo. O \"esquecemento\" de Guantánamo por parte de Obama pode explicarse basicamente como unha especie de pacto tácito en forma de concesión realizada cara a oposición republicana Durante o seu primeiro período presidencial (2009-2013), Obama desviou a atención sobre a súa promesa electoral de pechar Guantánamo, cuestión visiblemente esquecida coa vitoria republicana nas eleccións lexislativas de 2010 e a perspectiva de que o ascenso do Partido Republicano (e presumiblemente da ultradereita do Tea Party) significara unha tendencia irreversible de cara ás eleccións presidenciais de 2012, igualmente por mor da crise económica. Pero a reelección presidencial de Obama en novembro pasado igualmente certificou a defunción do \"tema Guantánamo\" dentro da axenda política estadounidense ante a urxente necesidade de chegar a pactos políticos de gobernabilidade cos republicanos. 86 dos 160 presos existentes en Guantánamo foron exculpados de todo cargo Todas estas variables puideron claramente influír na decisión dos reclusos de Guantánamo de iniciar unha folga de fame escasamente tratada nos medios internacionais, e ante a indiferenza dos gobernos e institucións internacionais. A protesta dos reclusos de Guantánamo ante a decisión de Obama de asinar a mencionada Lei de Autorización da Defensa Nacional agrava unha crise interna na base estadounidense á vista de que 86 dos 160 presos existentes en Guantánamo foron exculpados de todo cargo. Cómpre sinalar que 90 deses presos son de nacionalidade iemenita, razón pola que recentemente realizáronse fortes manifestacións de protesta ante a embaixada estadounidense en Saná, capital de Iemen. Igualmente, un total de 46 presos aínda non foron xulgados por non existir imputacións formais se ben as autoridades estadounidenses decidiron seguir manténdoos no penal de forma indefinida, por consideralos \"elementos perigosos\". Finalmente, seis presos de Guantánamo que serán xulgados proximamente por unha comisión militar foron secuestrados pola CIA noutros países e sometidos a tortura. Pola súa condición de \"perigosos\", no xuízo non se terán en conta as denuncias destes presos por detención ilegal e torturas. Perpetuando a impunidade 90 deses presos son de nacionalidade iemenita, razón pola que recentemente realizáronse fortes manifestacións de protesta ante a embaixada estadounidense en Saná, capital de Iemen Ante a imposibilidade de trasladalos a EUA, Obama atópase nun dilema que se acrecenta á vista de que países aliados de Washington e partícipes da súa estratexia antiterrorista, tanto en Europa, Oriente Próximo e Asia, néganse a acoller a estes presos. Paralelamente, a comezos de febreiro, xusto durante o comezo da folga de fame en Guantánamo, a organización Reprieve, encargada de representar os dereitos de medio cento de presos na base militar estadounidense, informou que o Departamento de Estado clausurou a oficina de Daniel Fried, funcionario encargado do peche de Guantánamo. Este despacho estaba en funcionamento desde 2009, unha vez Obama asinara a orde de clausurar a prisión. Do mesmo xeito, o Centro de Dereitos Constitucionais de EUA denunciou a comezos de febreiro que os militares estadounidenses \"tomaban arbitrariamente medidas enérxicas contra os reclusos en Guantánamo\". O impacto da folga de fame provocou unha inmediata visita do Comité Internacional da Cruz Vermella, a fin de verificar o drama humanitario que está alcanzando esta rebelión O descrédito de Washington acrecéntase ante as súas intencións de \"minimizar\" e ata ocultar o alcance da folga de fame e a rebelión dos reclusos. Segundo revelou ao seu avogado o recluso Shaker Aamer, un dos prisioneiros de orixe saudita, a rebelión foi secundada por aproximadamente 130 dos 166 presos actualmente existentes, e non \"por só 31 presos\", tal como anunciaron o Pentágono e outras autoridades estadounidenses. O impacto da folga de fame provocou unha inmediata visita do Comité Internacional da Cruz Vermella, a fin de verificar o drama humanitario que está alcanzando esta rebelión ante a indiferenza das autoridades estadounidenses e dos seus aliados. En xaneiro pasado, Amnistía Internacional advertiu da perpetuación temporal de Guantánamo como centro de tortura da estratexia antiterrorista de EUA, pese ás promesas de peche realizadas por Obama en 2009. Amnistía Internacional denunciou que desde que Washington reabrira este penal en xaneiro de 2002 como centro de reclusión para a loita antiterrorista, un total de 779 persoas foron detidas e recluídas en Guantánamo, a gran maioría sen xuízo nin cargos penais formais, mentres uns 600 foron transferidos dende Guantánamo a outros países. Paralelamente, Amnistía Internacional sinalou que 9 detidos morreron baixo custodia estadounidense, sendo o mais recente en setembro de 2012. Sete destas mortes foron por suicidio e dúas por causas aparentemente naturais. Así mesmo, un total de 12 dos detidos tiñan menos de 18 anos cando foron recluídos. Amnistía Internacional sinalou que 9 detidos morreron baixo custodia estadounidense, sendo o mais recente en setembro de 2012 Este clima de impunidade xudicial agrávase ante o estancamento e paralización das investigacións relativas á implicación de diversos gobernos e a violación da legalidade internacional tralos controvertidos voos ilegais da CIA, especialmente en países inseridos na estratexia antiterrorista impulsada por Bush, como son os casos de España, Italia, Paquistán, Exipto ou Turquía, entre outros."}
{"ID": "NOS_5124", "summary": "Na intervenção de abertura da súa Convenção, garantiu que o Bloco sairá da Convenção mais forte, resolvendo as suas diferenças \"incluindo e não excluindo\".", "text": "\"As diferenças são importantes, mas o mais importante é o património de valores e ideais que marcam a luta do Bloco de Esquerda, do Bloco de todos nós\", afirmou o coordenador bloquista na abertura da Convenção que irá debater cinco moções políticas diferentes. Semedo saudou o facto de esta ter sido a Convenção mais participada da história do partido. \"É esta diversidade que faz a força e a identidade do Bloco. Unidade e diferença, foi assim que aqui chegámos ao fim de 15 anos e será assim que acabaremos esta Convenção\", garantiu. \"Não estamos divididos, temos diferenças\" \"Não estamos divididos, temos diferenças e sempre tivemos e soubemos viver com elas. Sabemos resolvê-las, incluindo e não excluindo\", prometeu Semedo, acrescentando que esta Convenção \"é uma má notícia a quem nos quer condenar à irrelevância política, um desejo tantas vezes repetido, mas que voltaremos hoje mais uma vez a enterrar\". Semedo referiu-se ainda à vitória que o Bloco conseguiu esta semana, fazendo o PS e o PSD recuar na intenção de acabar com a suspensão das subvenções vitalícias dos deputados. \"Era uma proposta que queriam aprovar pela calada. Foi esse golpe que o Bloco soube enfrentar e derrotar\"."}
{"ID": "NOS_42474", "summary": "Os negocios baseados no aluguer de pisos particulares intentan unificar os seus criterios de limpeza e seguridade colaborando coa Xunta. Malia esa dinámica común, o turismo preferiu ir máis cara vilas pequenas e tranquilas", "text": "Moitas turistas que chegan a Galiza veñen buscando tranquilidade pero outras tantas acoden á chamada do país pola sona das súas festas, da súa gastronomía e da súa hospitalidade. Grazas a un interese crecente por coñecer a terra desde hai uns anos no sector turístico convivían os apartamentos privados e os aloxamentos hoteleiros. Pero este ano a intimidade que ofrecen os pisos está inclinando a balanza. É o que din desde a Asociación de Vivendas Turísticas de Galiza (Aviturga), cuxos datos do mes de xullo amosan que se mantivo unha ocupación de 68%, algo nada desprezábel nos tempos que corren. Non están a ter a mesma sorte cada unha das 11.000 vivendas rexistradas para este uso. A entidade indica que as grandes cidades perderon atractivo fronte ás vilas máis apartadas ou, cando menos, cunha poboación máis lixeira. \"Comprobamos que as zonas rurais, tanto de municipios tradicionalmente visitados como de destinos emerxentes, está a facerse un oco no mercado\", destaca a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín. Sanxenxo, que concentra o 11% das propiedades, logrou que as e os habituais volverán pasar uns días. A nivel xeral, estes negocios tamén están a padecer pola situación de inestabilidade, se ben Aguín recalca que colaboran coa Xunta \"para adaptar o protocolo do Instituto para a Calidade Turística Española á realidade galega\". O obxectivo non é outro que unificar parámetros como o nivel de desinfección que deben ter as propiedades. Nun clima no que as noticias que xorden sobre a Covid-19 \"provocan constantes cancelacións e reservas de última hora incrementando a incerteza xeral\"."}
{"ID": "NOS_46346", "summary": "Colectivos sanitarios, sociais, políticos e sindicais apoian unha Iniciativa Lexislativa Popular que busca abrir o debate sobre a situación e o futuro das consultas de medicina familiar e comunitaria a toda a cidadanía e fortalecer os mecanismos sanitarios da Atención Primaria.", "text": "A Plataforma SOS Sanidade Pública presenta na mañá desta cuarta feira, 22 de xuño, no rexistro do Parlamento da Galiza, unha proposición de lei de iniciativa popular que inclúe unha serie de \"medidas para recuperar e fortalecer a Atención Primaria\", cada vez \"máis deteriorada\" na Galiza. Representantes das plataformas sanitarias territoriais, organizacións sociais, políticas e sindicais que apoian a iniciativa participarán no acto de inscrición da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Cámara galega, un texto articulado que busca chegar a toda a cidadanía \"para loitar conxuntamente por unha sanidade primaria pública e de calidade para todo pobo galego\", recoñecen desde a o colectivo. En conversa con Nós Diario, Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, destaca as vantaxes deste mecanismo de participación directa da cidadanía no Parlamento galego. \"Por suposto que nos gustaría que a Cámara tomase en consideración a nosa proposición de lei e se chegase a debater, mais coa correlación actual de forzas políticas sabemos que é o complicado\". É certo que un médico de Atención Primaria cobra 65.000 euros máis gardas? Con todo, non é o máis importante para a comisión promotora desta ILP. Manuel Martín destaca a importancia de \"todo o traballo previo\" á culminación do procedemento que este 22 de xuño, bota a andar coa presentación da proposición no rexistro do Parlamento galego. \"O que buscamos é poder debater a situación da Atención Primaria coa cidadanía e discutir as propostas que queremos introducir\". Nos próximos meses prevén encontros en diferentes localidades para favorecer a participación cidadá e recoller as 10.000 sinaturas que exixe iniciativa popular. Debilidades da Primaria \"A ILP que presentamos non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde, senón implantar unha serie de medidas que revitalicen unha parte esencial do sistema sanitario público galego\", afirma Martín. Son medidas de carácter urxente, engade, dada a \"gravidade\" da situación que atravesa a Atención Primaria. Así, o articulado da ILP repara en tres grandes obxectivos. O primeiro, dirixido a corrixir a falta de accesibilidade ás consultas médicas. \"A atención ten que ser persoal e presencial, sen tempos de agarda tan elevados como os que se dan agora, e telefónica só cando o decida o paciente\". Os cadros de persoal acusan carencia de recursos, axendas esgotadoras e unhas condicións laborais precarias e pouco estábeis, di. \"Isto xera fatiga, frustración e fuga de profesionais. Vémolo na área de Vigo, de 23 que se formaron en medicina familiar só 10 parece que queren quedar\". SOS Sanidade Pública mobilizarase durante \"todo o verán\" para \"iniciar a recuperación\" da Atención Primaria A proposta de SOS Sanidade Pública chama a fixar \"uns mínimos razoábeis\" en canto a número de centros e profesionais dispoñíbeis. \"Trátase de garantir calidade e equidade na atención\", tanto das mulleres como da poboación rural, por exemplo. \"Coidar da saúde reprodutiva das mulleres exixe estabelecer como mínimo unha matrona por cada 5.000 mulleres, ademais de revisar a ratio de médicas e enfermeiras para cada contorna poboacional\". Martín urxe mellorar as condición laborais do persoal, unha convocatoria anual de prazas así como a recuperación dos consultorios periféricos fechados. \"É a única forma de aproximar a Atención Primaria á poboación rural, dispersa e envellecida, coa que debe ter unha relación estreita\". Xerencias propias e participación cidadá \"A Atención Primaria non ten capacidade para decicir sobre os seus recursos, sobre o persoal e o orzamento que precisa para poder atender a poboación o primeiro nivel\". Son os hospitais quen deciden, asegura Manuel Martín que destaca como terceiro grande obxectivo da ILP a recuperación das Xerencias de Atención Primaria e o desenvolvemento das competencias dos Consellos de Saúde. A Galiza, á cola do Estado español en investimento en Atención Primaria A proposición de lei de iniciativa popular chama a mudar a estrutura organizativa do sistema sanitario galego e dos centros de saúde. \"Dunha banda para incorporar a cidadanía e favorecer a súa participación, e doutra para transformar o funcionamento das consultas, centradas case exclusivamente na atención da enfermidade mentres descoidan a promoción, a prevención, a rehabilitación e o traballo comunitario; fundamentais para actuar sobre os condicionantes da saúde\"."}
{"ID": "PRAZA_16965", "summary": "A acta parlamentaria á que Hermida renuncia formalmente pasaría agora á candidata número 7, Julia Torregrosa. Voces internas de En Marea consideraran \"unha chantaxe\" a asunción provisional da acta e membros do Consello ven na consulta sobre Quinteiro \"asumir o relato do PP\" sobre o sucedido", "text": "Novo xiro a respecto do futuro do grupo parlamentario de En Marea. Quen fora número 6 na candidatura da formación pola provincia de Pontevedra, Xoán Hermida, comunicou este luns que vén de presentar a súa renuncia ao escano que formalmente lle correspondería tras a dimisión de Juan Merlo. Faino apenas catro días despois de asumir formalmente a acta para evitar que, en aplicación do Regulamento da Cámara, fose asignado automaticamente ao Grupo Mixto por non pedir adscrición a grupo ningún. A decisión prodúcese, afirma nun comunicado remitido aos medios, porque o Consello das Mareas xa \"aprobou a celebración da consulta ás inscritas\" sobre se a parlamentaria Paula Quinteiro debe ou non dimitir. Despois de que a coordinadora de En Marea -órgano de dirección ordinaria do partido instrumental- pedise o pasado marzo o cesamento de Quinteiro por mor do altercado coa policía local de Santiago no que se viu implicada, Hermida asegurou que non tomaría posesión, deixando correr a lista. No entanto, apenas vinte e catro horas despois daquel anuncio chegara outra dimisión, a de Merlo, tras admitir que incluíra no seu currículo unha formación universitaria en Enxeñaría que non chegara a rematar. Neste punto Hermida advertiu de que a súa renuncia ía ligada a unha eventual marcha de Quinteiro, pero o risco de que En Marea perdese un escano levouno a asumir a acta \"provisionalmente\". Hermida renuncia formalmente á acta e dá lugar a un novo corremento da lista, polo que o escano correspondería agora á candidata número 7, Julia Torregrosa Esta era a situación ata este luns. Despois de que na súa xuntanza do pasado sábado o Consello das Mareas -máximo órgano entre plenarios- aprobase unha consulta non vinculante sobre Quinteiro, Hermida coida que xa se dan as condicións para a renuncia, que tramitou ante a Cámara. No mesmo comunicado resalta, non obstante, que \"seguen existindo dúas variantes intimamente ligadas neste conflito: a ética e o compromiso co electorado\" e \"considera que algúns deputados e deputadas de En Marea entenden as institucións como un todo e non como un instrumento para o cambio\". Nesta liña, fai un \"chamamento á unha maior participación na consulta\" para que \"exista un clamor claro a favor dos órganos lexítimos de En Marea\" a partir do cal \"cadaquén deberá actuar segundo a súa ética e o seu compromiso\". Voces internas de En Marea consideraran \"unha chantaxe\" a asunción provisional da acta e membros do Consello ven na consulta sobre Quinteiro \"asumir o relato do PP\" sobre o sucedido O anuncio de Hermida chega despois de que destacadas voces do grupo parlamentario, como o seu vicevoceiro Antón Sánchez, criticaran aberatmente a asunción provisional da acta parlamentaria como unha \"chantaxe\" e unha \"fraude\". Prodúcese, ademais, nun contexto no que o sector crítico coa actual coordinadora de En Marea censura abertamente a convocatoria da propia consulta, que ven sinónimo de \"asumir o relato do Partido Popular\" e \"facer oposición ante as propias filas\", sinalaron nove membros do Consello nun comunicado feito público o pasado sábado. Dende o seu punto de vista, Quinteiro viu \"vulnerada a súa presunción de inocencia\" e padeceu \"un linchamento\" malia \"existir un acordo do grupo parlamentario adoptado por ampla maioría\" no que se manifesta \"o apoio\" para que a deputada continúe a exercer \"con total normalidade\". Con este pano de fondo as disensións internas non minoran, pero a renuncia formal de Hermida si despexa relativamente o panorama no plano parlamentario. Así, a súa comunicación formal provocará un novo corremento de lista e corresponderalle tomar posesión do escano a Julia Torregrosa -integrante de Podemos-, que ocupara o sétimo posto na lista pontevedresa da formación nas eleccións galegas de 2016."}
{"ID": "NOS_9249", "summary": "Unha campaña demanda que a Universidade de Compostela non manteña un \"silencio cómplice\" coa situación de Santos Pérez, encarcerado a 700 Km do seu fogar, e que se implique na petición do \"respecto dos dereitos máis elementais\" do que fora profesor de Historia Contemporánea na facultade compostelá.", "text": "Antom Santos Peres era profesor de Historia Contemporánea na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela. Valorado por alumnado e compañeiros, como ten recoñecido a propia comunidade universitaria. En decembro de 2011 foi detido en Lugo nunha operación policial e sometido á Lei Anti-terrorista para acabar ingresando na prisión española de Aranjuez, a 700 kilómetros de Galiza, onde permanece a día de hoxe. Xulgado en xuño de 2012 pola Audiencia Nacional, foi condenado a 10 anos de prisión acusado de pertenza a banda armada. Durante todo este tempo, a Universidade de Compostela, e a Facultade de Xeografía e Historia en particular, mantiveron silencio. Un silencio que merece, para unha parte da comunidade, a cualificación de \"cómplice\". E queren que cambie esa situación. Por iso activaron unha campaña para pedir que a Facultade onde deu aulas Antom Santos se sume ás voces de colectivos, persoas ou institucións (como a do Concello de Teo, de onde era veciño) que piden que sexa repatriado a Galiza. \"Non podemos seguir xordos, cegos, mudos\" Impulsor@s da campaña anuncian que presentarán ante o departamento de Historia Contemporánea na Xunta de Facultade un escrito solicitando o traslado de Antom Santos a unha prisión ubicada en Galiza. \"Pedimos que (a institución universitaria) demande ao goberno español o inmediato traslado para a Galiza de Antom, e que denuncie, publicamente, a vulneración dos seus dereitos\". Insisten en que a Facultade de Xeografía e Historia debe \"mover ficha\" a respeito da situación no que se atopa quen fora profesor seu. É inaceptábel, din, ficar \"xordos, cegos e mudos\". Por iso piden á institución universitaria que non permaneza impasíbel ante o que entenden unha \"inxustiza\"."}
{"ID": "NOS_35934", "summary": "Críticas ás manobras militares cando se cumpren 75 anos da entrada dos franquistas.", "text": "\"Ninguén imaxina hoxe aos soldados españois entrando en Gernika cando se cumpren 75 anos do bombardeo fascista, porén, o exército tomou a nosa vila o día en que se cumpría ese triste aniversario da entrada dos franquistas\". Con estas frases explica o alcalde da localidade guipuscoana de Elgeta a indignación que se sente no seu pobo tras as visíbeis manobras militares realizadas polo exército español en tan sinalada data. Unha concentración na praza principal serviu este mércores para amosar a queixa popular polo acontecido, que xa provocou respostas cidadás cos propios soldados na rúa, cando moitos veciños sacaron aos balcóns ikurriñas ou incluso bandeiras da República española. O alcalde, Oxel Erostarbe, adiantou tamén que solicitará explicacións ao máis alto nivel polo que considera \"unha provocación\". Pola súa parte, o diario Gara publicou unha editorial sobre o acontecido, no que lembran tamén o 75 aniversario do masacre de Gernika e que o exército español \"nunca foi depurado\"."}
{"ID": "NOS_2225", "summary": "As pupilas de José Ignacio Prades debutan en cuartos de final co Valladolid", "text": "Non resulta complicado escoitar pola rúa, ou ler nun xornal deportivo calquera, expresións de alento referidas a equipos e deportistas tan tópicas como \"á terceira vai a vencida\" ou \"non hai quinta mala\". Mais, hai algunha para un oitavo intento? A min non me consta, e de ser así habería que ir inventando algunha, pois mañá o Atlético Guardés inicia a súa oitava participación na Copa da Raíña e toda A Guarda -e o balonmán galego- estarán apoiando este novo intento das pupilas de José Ignacio Prades de facerse co prezado trofeo. O torneo botará a andar ás 12.15 horas de mañá na sede única do Polideportivo El Limón, na pintoresca localidade andaluza de Alhaurín de la Torre, popularizada entre o gran público por acoller o centro penitenciario no que anos atrás pasou unha temporadiña Isabel Pantoja. A quenda do equipo galego será ás 15.30 horas, e a diferenza do acontecido co partido inaugural -entre Super Amara Bera Bera e Visitelche.com- e o que se disputará ás 18 horas entre Rincón Fertilidad de Málaga e Rocasa Gran Canaria, non será retransmitido por Teledeporte, a canle deportiva de Televisión Española, privando á afección galega da oportunidade de seguir o encontro na pequena pantalla. Un clásico contemporáneo O rival do Atlético Guardés será Aula Alimentos de Valladolid, o seu \"vello peor amigo\", como poderían dicir nunha película de acción calquera, pois as pucelanas foron as verdugas das galegas na Challenge Cup no mes de marzo e as súas derradeiras rivais antes da irrupción da pandemia da Covid-19. Ademais, na preparación desta Copa da Raíña disputaron dous encontros amigábeis, caendo un do lado do Guardés (31-21) e outro do Alimentos de Valladolid (29-25). Non hai favorito, polo tanto, nun encontro que o preparador do conxunto galego, José Ignacio Prades, afronta con \"ilusión e nerviosismo\". \"Miguel Ángel Peña -o técnico do Aula Alimentos de Valladolid- realizou un traballo excepcional, creando un grupo novo, aguerrido e moi competitivo no que destaca xente como Elba Álvarez ou Amaia González de Garibay\", analiza Prades. Non obstante, o adestrador valenciano ve as súas xogadoras \"preparadas\" para un reto no que \"nada vai ser normal, pois non van poder nin saír a estar con outras compañeiras, pero hai que adaptarse\". O seu obxectivo será, a maiores, \"buscar solucións\" que contrarresten as importantes baixas de xente como África Sempere, Razza, Rosario Urban ou Cristina Barbosa, que poden afectar as opcións de que, esta vez si, no oitavo intento o Atlético Guardés conquiste a Copa da Raíña."}
{"ID": "NOS_46306", "summary": "CCOO apunta a \"notas de corte con criterios dispares, desproporción entre os temarios e as probas realizadas ou niveis de esixencia superiores ao posto de traballo\" como algunhas das deficiencias detectadas", "text": "O sector da Administración galega de CCOO advirte das \"graves eivas\" que considran que se deu no desenvolvemento dos procesos selectivos da Xunta. Entre outras, o sindicato denuncia \"descoordinación, improvisación e deficiencias nalgunha actuación dos tribunais de selección que se encargan de xulgar os procesos de acceso á función publica, así como os de promoción interna\". \"É certo que esta non é a norma, mais nos últimos tempos estanse a producir anomalías que non son desexábeis nin para a propia Administración, nin por suposto para as persoas aspirantes\", sinalan desde o sindicato. Deficiencias detectadas por CCOO Entre as deficiencias que enumera CCOO atópanse notas de corte con criterios dispares; corrección tras corrección das cualificacións dos distintos exercicios; niveis de esixencia que non se corresponden coas tarefas propias do posto ao que se opta ou que están moi por riba das funcións habituais — \"vulnerando o disposto na Lei de emprego público de Galiza; procesos de promoción interna nos cales quedan prazas sen cubrir; ou cuestionarios que non gardan a necesaria proporción cos temarios\". Como exemplo, CCOO chama a atención sobre o sucedido na proba para o acceso ao corpo auxiliar da Administración Xeral, subgrupo C2, ou consolidación do grupo IV-001. Nun cuestionario de 40 preguntas na parte ofimática, 32 preguntas eran sobre follas de cálculo e só 8 sobre procesador de textos, unha \"falta de proporcionalidade respecto do temario\" oficial. Ademais, engaden, había cuestións mal formuladas ou con ausencias de datos necesarios para poder responder correctamente. Outra situación anómala produciuse na promoción interna de AP a C2, onde unicamente lograron superar o exercicio 13 persoas das 52 prazas convocadas, polo que quedaron 39 prazas sen cubrir, apontan desde Comisións Unha explicación a esta situación podería ser para a central sindical a \"excesiva cantidade e concentración\" dos procesos selectivos, pero CCOO sitúa a responsabilidade sobre a Dirección Xeral da Función Pública. Este departamento é o que \"nomea unilateralmente\" os tribunais de selección, integrados por funcionarias e funcionarios \"que actúan co mellor criterio que poden, en función da discrecionalidade técnica e autonomía que lle outorga a normativa vixente\". Para corrixir as eivas expostas, CCOO realiza diversas propostas de mellora. Entre as cales destacan establecer unhas bases xerais e comúns para todos os procesos selectivos: determinar a nota de corte nas propias bases da convocatoria —para evitar disparidade de criterios—; modificar as instrucións de funcionamento dos tribunais de selección para unificar os seus criterios de actuación; crear órganos permanentes e especializados de selección que se encarguen de todas as fases do proceso selectivo, con criterios profesionais e de independencia; e recuperar a participación sindical nos tribunais de selección."}
{"ID": "NOS_23226", "summary": "PSOE e Podemos consensúan o nomeamento para o cargo do que é actualmente redactor xefe de Política do dixital. RTVE ten un cadro de persoal de 6.400 traballadores e traballadoras.", "text": "O xornalista Andrés Gil, redactor xefe de política en Eldiario.es, é o candidato de conseso de PSOE e Podemos para presidir RTVE, segundo vén de confirmar o propio Pablo Iglesias. Un nomeamento que debe ser aprobado no Congreso dos deputados. \"Houbo acordo, congratúlome\", dixo Iglesias nunha entrevista radiofónica. Durante as negociacións puxéronse varios nomes sobre a mesa, como o da galega Ana Pardo de Vera, directora de Publico.es, ou Arsenio Escolar, que dirixira 20 minutos. Finalmente, o acordo entre socialistas e podemitas atuinxiuse en torno ao nome deste xornalista madrileño, que pasou por El País e fora director do ADN antes de recalaren Eldiario.es. RTVE é unha das maiores corporacións públicas europeas. Ten un cadro de persoal de 6.400 traballadoras e traballadores e dispón de sete cadeas de televisión e cinco emisoras de radio."}
{"ID": "NOS_12744", "summary": "A deputada Mercedes Queixas pídelle á Xunta que adiante as compensacións económicas por inactividade obrigada que lle corresponden ás persoas mariscadoras e que logo lle reclame eses fondos ao Estado.", "text": "A deputada do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas rexistrou unha batería de iniciativas en demanda de solucións para o colectivo de persoas mariscadoras da Ría do Burgo, traballadoras que durante dous anos non poderán desempeñar a súa actividade profesional a consecuencia das obras de dragaxe que van comezar o próximo 24 de xaneiro. Trátase dunha proposición non de lei, unha interpelación e dúas preguntas, unha oral e outra por escrito. O pasado 10 de decembro o Parlamento instaba a Xunta a que reclamase do Goberno central a compensación ás mariscadoras \"durante o período no que non poidan exercer a súa actividade como consecuencia da execución da dragaxe da Ría do Burgo\". A través da proposición non de lei, a parlamentar nacionalista pídelle á Xunta que adiante as compensacións económicas por inactividade obrigada que lle corresponden ás persoas mariscadoras e que logo lle reclame eses fondos ao Estado. Queixas argumenta que a Xunta \"dispón de asistencia xurídica propia\" para a xestión deste asunto, \"o que permite activar garantías de protección ás mariscadoras e evitarlles así un compromiso de endebedamento engadido innecesario\". A deputada lembra que o pasado 10 de decembro o Parlamento instaba a Xunta a que reclamase do Goberno central a compensación ás mariscadoras \"durante o período no que non poidan exercer a súa actividade como consecuencia da execución da dragaxe da Ría do Burgo\". Máis dun mes despois as persoas mariscadoras continúan sen saber como e quen lles vai satisfacer o seu dereito a non se veren prexudicadas pola realización de obras de titularidade estatal que lles impiden realizar a súa actividade profesional. De aí que o BNG estima que a Xunta debe intervir de inmediato adiantando o diñeiro para logo lle reclamar ao Estado, ao ser este o titular das obras. A xuízo de Queixas, a Xunta non estivo dilixente ao non ter aberto \"un proceso de negociación inmediato co goberno do Estado para velar polos intereses dos traballadores da Ría do Burgo, reforzando o desleixo mantido todos estes anos coa recuperación da ría\"."}
{"ID": "PRAZA_6452", "summary": "Boa parte dos ingleses están máis dispostos a aceptar, con certa frialdade e afastamento, a independencia escocesa ca unha substancial mellora do seu financiamento e das súas capacidades fiscais.", "text": "A prensa londinense deste domingo recolle a dramática apelación do prime minister Cameron a encher os exteriores das vivendas dos ingleses, galeses e norirlandeses de bandeiras escocesas para \"salvarmos a Unión\". Os tres partidos principais (conservadores, laboristas e liberal-demócratas) canda cadanseus líderes (David Cameron, Ed Miliband e máis Nick Clegg) tentan seducir aos indecisos escoceses para votar negativamente á independencia. En troques, prometen unha substancial ampliación do autogoberno escocés no eido fiscal e financeiro. En novembro de 2012, cando o first minister escocés pactou data e pregunta con Cameron, éste rexeitou toda posibilidade de \"terceira vía\" cara a unha opción intermedia que garantise a continuidade con Reino Unido incrementando substancialmente os poderes fiscais do Parlamento escocés de Holyrood, opción que enchía os degoiros a medio prazo dos nacionalistas escoceses do SNP. Compre salientar que o nivel autonómico dos caledonios élles ben máis amplo ca o galego e moi semellante ao catalán (policía de seguranza, réxime local), agás en cuestións fiscais onde calquera autonomía española ten máis competencias. Mais semella que moitos ingleses ollan ao problema escocés con certa distancia. Polo que puiden percibir nesta estadía, é maioritaria a opinión de que os escoceses non han dispor de máis financiamento por habitante ca Inglaterra. Por outra banda, o 48% dos ingleses están por activar controis fronteirizos con Escocia no caso que gañe o yes e o Goberno escocés asuma o espazo Schengen de liberdade de tránsito, segundo unha enquisa que este domingo publica o xornal The Mail. É verdade que os galeses e máis as minorías de orixe asiática ou africana son máis receptivas ao mantemento de estreitas relacións cunha Escocia independente. Mais, lonxe de ser sensíbeis á chamada do premier Cameron, boa parte dos ingleses están máis dispostos a aceptar, con certa frialdade e afastamento, a independencia escocesa ca unha substancial mellora do seu financiamento e das súas capacidades fiscais. Mentres, os populistas euroescépticos do UKIP seguen a furar na Inglaterra a base electoral de Cameron, acadando un 20% nas sondaxes preelectorais para as vindeiras eleccións ao Parlamento estatal de Westminster."}
{"ID": "NOS_42161", "summary": "Non é esaxerado falarmos de ofensiva mediática dos mainstream media españois contra a revolución bolivariana. Hai apenas uns días, o ABC botábase á piscina sen saber se no vaso había auga cun titular sensacionalista que os feitos posteriores máis que desmentiron: \"Chávez, en coma inducido\". A viralidade das Redes Sociais encarregáronse de transmitir o titular urbi et orbe, dando pábulo non xa ao coma, senón ao propio óbito do líder venezolano.", "text": "A expresión fixo fortuna e hoxe El País, o medio referencial para o social-liberalismo e a socialdemocracia españolas, titula \"Un país en coma inducido\", un novo pinchacarneiro dialéctico na descarnada campaña de desestabilización de Venezuela, ofensiva carente de todo escrúpulo pois se xoga obscenamente coa saúde dunha persoa que representa as arelas e a vontade da grande maioría social do seu país (como se acaba de pór de manifesto nas recentes eleccións presidenciais, en que Chávez bateu a Capriles por ben máis diferenza da que tirou Obama a Romney). O requinte e a sutileza de El País Nesta cruzada dos meios hexemónicos españois contra Chávez (correlato da que levan emprendido contra todos os movementos populares e anti-neoliberais de América Latina), El País destácase polo seu maior requinte e sutileza. Sen se lixar tanto as mans como ABC no historial médico de Chávez -hai quen fai prognósticos sobre a evolución do paciente desde Florida!!!-, El País si que se ten esmerado en confeccionar un sofisticadísimo relato sobre as supostas loitas intestinas que se vivirían entre as bambalinas do sinistro chavismo. A ofensiva dos meios españois carece de todo escrúpulo e xoga obscenamente coa saúde dunha persoa que representa a vontade maioritaria do seu pobo Seguindo a lóxica imperial do Divide et Impera, El País encirra imaxinarias pulsións escisionistas no interior do Partido Socialista Unido de Venezuela e debuxa duas azas enfrentadas, as que liderarían Nicolás Maduro -o sucesor indixitado por Chávez- e Diosdado Cabello -o recén reeleito presidente da Asemblea Nacional venezola. Nada importa que non se coñeza nen unha soa declaración nen movemento político obxectivo de refutación da designación de Maduro como hipotético candidato presidencial de faltar Chávez: que a realidade non che estrague nen un bon titular nen o relato que nos cómpre compor para servirmos á nosa campaña propagandística. Visións alternativas Felizmente, hai outras visións alternativas ás que desde as saudades da vella metrópole matritense se nos quer endosar, visións muito máis matizadas que nos falan de varios feitos obxectivos: 1. O movemento popular bolivariano ten sólidas raíces na sociedade venezolana (o cal non significa que a súa hexemonía non sexa reversíbel, como o é todo na historia); 2. Por suposto,que no Partido Socialista Unido de Venezuela hai diversas correntes e até liñas distintas, como en todo órgao vivo, mas ninguén cuestiona a lideranza alternativa de Maduro caso de incapacidade temporal ou eventual falecimento de Chávez; 3. A sociedade venezola ten perfeito dereito a decidir o seu futuro sen nengunha caste de inxerencia imperial, nen desde Washington nen desde Madrid. Esta semana preséntase crucial para despexar dúbidas sobre o curto prazo da revolución bolivariana. Desde o Sermos Galiza estaremos atentos a como evolúan os acontecimentos, sen propaganda, sen preconceitos e procurando fontes fiábeis, vacinados fronte á campaña imperialista dos que teñen saudades da América colonial contra a que se ergueu Bolívar."}
{"ID": "NOS_41198", "summary": "A Fiscalía pedira recentemente que se lles enviase a prisión.", "text": "A Sala de Apelación da Audiencia Nacional rebaixou de 2 anos e 1 día de prisión a seis meses a condea a cada un dos 12 rapeiros do colectivo 'La Insurgencia', boa parte deles galegos. A sala rebaixa pois a concea imposta pola Sala do Penal da Audiencia Nacional por considerar que eses músicos cometerán un delito de enaltecemento do terrorismo. A sala considera que os acusados ensalzaron grupos como os Grapo e PCE (R) nas letras das súas cancións, difundidas nas redes sociais, mais ten en conta que os Grapo están inactivos. Considera tamén que esas letras non encaixan na liberdade de expresión senón no delito de odio. Porén, reduce a pena a 6 meses, evitando que estes 1º2 rapeiros teñan que entrar en prisión. Estes doce rapeiros, de entre 21 e 36 anos de idade e a maioría deles galegos, membros do colectivo 'La Insurgencia', foron condenados a finais de 2017 pola Audiencia Nacional a 2 anos e 1 día de prisión por un delito de enaltecemento do terrorismo. Os músicos presentaran recurso e estaban á espera de que a sala de apelacións da Audiencia Nacional modificase ou confirmase esa pena. A Fiscalía pediu que este recurso dos rapeiros fose desestimado e que a sala de apelacións confirme a condena que, de ser firme, implicaría a entrada obrigatoria en prisión dos doce rapeiros. Porén, a decisión da sala foi reducir a condena."}
{"ID": "NOS_21909", "summary": "Historia, lingua, relixión, atención á diversidade, bolsas, taxas, 'excelencia', equidade, participación, españolización, segregación, sexismo, calidade, público e gratuíto. Son as palabras chave da análise que a comunidade educativa galega fai da LOMCE neste número 70 so Sermos Galiza en papel.", "text": "\"Porque só admite unha versión da historia\". \"Porque quere facer de nós estranxeiros na propia patria\". \"Porque me parece ben que haxa centros privados, mais non que se paguen cos meus cartos\". \"Porque xa vin dúas compañeiras deixar os estudos ao perderen a bolsa\". \"Porque me dá medo o seu cheiro retrógrada\". \"Porque me quita o pouco espazo de participación que tiña como pai\". O mesmo día en que a comunidade educativa galega se bota ás rúas --máis unha vez-- en contra da LOMCE, estudantes, nais, pais e persoal docente achegan os motivos polos que este 24 de outubro farán un paréntese na súa actividade para mostrar o seu rexeitamento á lei española. A información completa podes atopala no semanario nº70, á venda nos puntos habituais e dispoñíbel tamén na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_44932", "summary": "A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca, Foanpas, xunto coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Pontevedra, Fanpa, urxen á Consellaría de Educación que inicie unha canle de diálogo para non perder as actividades.", "text": "A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca, Foanpas, xunto coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Pontevedra, Fanpa, adveirten que as aulas de madrugadores e comedores escolares que xestionan estas asociacións atópanse, de momento, suspendidas para o vindeiro curso, ante a falta de resposta da Consellaría de Educación ás súas peticións de aclaración do protocolo para a adaptación á Covid-19 e de apoio para poder desenvolvelas. A principios de agosto, as entidades mantiveron coa dirección territorial unha xuntanza na que pediron que se clarificasen aspectos dese documento para o desenvolvemento dos programas, sen que, desde entón, se teña producido –segundo indican– ningún novo contacto. Como apuntan, as súas demandas implican \"necesariamente a modificación do protocolo para facelas extensíbeis a todas as ANPA que desenvolven estas actividades\". \"O calendario para poder modificar esa decisión estase esgotando\", advirten, urxindo a Xunta a estabelecer unha canle de diálogo, ao tempo que sinalan que outras entidades de pais e nais están a trasladar a súa vontade de suspender as súas actividades se non se producen cambios no protocolo."}
{"ID": "NOS_2260", "summary": "A crise tamén bate na conserva. A histórica factoría Thenaisie Provoté do Grove atópase en concurso de acredores desde mediados do pasado mes de maio sen que os actuais propietarios amosen disposición a darlle unha posibilidade", "text": "Thenaisie Provoté fai parte da historia do Grove. A conserveira, fundada en 1904, cando o empresario bretón Henry Chancerelle decide instalarse no Salnés, deu entrada aos poucos anos a dous accionistas de nacionalidade francesa, Thenaisie e Provoté, iniciando así un proceso de expansión que a leva a converterse nunha marca de referencia na Galiza. Ao tempo, as conservas gozan de moito prestixio nos mercados internacionais, estando presentes en países como Portugal, Francia, Alemaña, Italia, Xapón, Suecia, Noruega, Colombia ou Estados Unidos. Os últimos anos da conserveira son axitados. A compañía, que ocupa a 125 persoas de maneira directa e outras tantas de maneira indirecta, foi adquirida hai dous anos polo grupo de capital romanés Scandia Food, que se fixo coa empresa mediante unha ampliación de capital de 2,5 millóns de euros. A proposta da nova xerencia non deu os resultados agardados e a conserveira, que en 2017 facturou 29,8 millóns de euros, acabou por presentar o pasado mes de maio un concurso voluntario de acredores. Un pasivo de 7,2 millóns Segundo os datos presentados pola compañía diante do Xulgado do Mercantil de Pontevedra, a empresa, que non solicita a liquidación de bens, posúe débedas con 464 acredores e conta cun pasivo de 7,2 millóns de euros, 5,2 millóns dos cales correspóndense coas entidades bancarias. Neste sentido, o órgano xurisdicional dá por acreditada \"a insolvencia actual ou inmediata da compañía\", que fica intervida pola Administración xudicial e que se compromete a presentar un informe sobre a situación da factoría nun prazo máximo de dous meses. A actual propietaria de Thenaisie Provoté converteuse no principal problema para a continuidade da actividade e para o mantemento do emprego. Así, Scandia Food negouse a vender a súa participación ao empresario galego Afonso Caneiro, quen presentou unha oferta para recuperar a produción na conserveira do Grove e quen anunciou a súa vontade de continuar adiante coa proposta, sempre que se consiga obrigar o grupo romanés a desbloquear a situación. O proxecto empresarial de Caneiro pasa por subministrar directamente a través da súa propia flota a factoría e por reorientar a produción cara ao mercado gourmet. Os traballadores e as traballadoras de Thenaisie Provoté e a veciñanza do Grove están dispostas a vencer a resistencia de Scandia Food e de garantir a continuidade do emprego. O pasado domingo, unha masiva manifestación onde participaron arredor de 4.000 persoas, percorreu as rúas da vila para esixir unha alternativa, demandando á Xunta que \"se molle\", denunciando que o acontecido \"é un exemplo do sufrimento e do deserto económico ao que nos están a levar estas políticas públicas\" e criticando que a propietaria \"non fai máis que pór trabas e paus na roda\".\"Hai unha posibilidade real de sacar a conserveira da situación na que se atopa\", sinalan as operarias nun manifesto lido ao final da protesta, en relación á proposta de compra de Alfonso Caneiro. As protestas van continuar nos vindeiros días, cunha mobilización prevista para o día 5, mais mañá, 1 de xullo, as traballadoras e os traballadores teñen unha cita moi importante na sede da Xunta da Galiza en Compostela. A representación laboral vai realizar unha xuntanza coa directora xeral de Pesca e cos responsábeis do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) coa intención de que a Administración galega contribúa a desbloquear a situación e obrigue a actual propietaria a dar paso a un novo accionista que garanta a actividade. As organizacións sindicais demandan un maior compromiso da Xunta da Galiza para atopar unha solución ao problema. Neste sentido, a responsábel do sector da conserva da Confederación Intersindical Galega (CIG), Rosa Abuín, considera que \"son os conselleiros os que nos teñen que atender. Queremos esixir á Xunta que nos axude a desbloquear a situación\". Pola súa banda, o seu homólogo de Comisións Obreiras, Francisco Vilar, demanda que \"a Xunta sente os romaneses coa oferta que puxo na mesa un investidor galego\". O conflito da conserveira do Grove prodúcese nun bo momento do sector. \"A conserva aparentemente está ben se analizamos os datos macro, está collendo moito volume pero as súas marxes de beneficio son moi pequenas pola súa dependencia das grandes empresas da distribución alimentaria\", sinala a Nós Diario Gonzalo Rodríguez, especialista en temas pesqueiros e profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_13959", "summary": "A rolda ciclista, que percorrerá unicamente o norte de España, comeza este sábado e contará con cinco etapas en Galicia. O seu percorrido, con moita montaña, converte en favorito a Contador no seu regreso á gran competición, fronte a un Froome que -agora si- lidera o Sky e con permiso de Van den Broeck, Purito Rodríguez, Cobo ou Antón. A representación galega redúcese a Gustavo César Veloso.", "text": "Ao igual que na edición do pasado ano, cando está a piques de comezar unha nova edición da Vuelta a España, bótanse de menos os tempos nos que o ciclismo galego, a través do Karpin Galicia ou do Xacobeo, comandados por Ezequiel Mosquera, eran uns dos grandes protagonistas da rolda. O protagonismo de Galicia neste ano reducirase ás súas estradas e paisaxes, con cinco etapas con saída no noso país, algunha delas que se prevé decisiva. En canto aos participantes, atopamos unicamente a Gustavo César Veloso, gañador dunha etapa en 2009, ausente na edición do pasado ano e que desta vez competirá co Andalucía. Hai moitas esperanzas postas nesta Vuelta, con varios elementos aos que haberá que emprestar atención. A primeira é o regreso de Alberto Contador, que correrá a súa primeira gran carreira despois de completar a súa sanción. Cun percorrido moi montañoso, Contador debería ser o máximo favorito, aínda que chegará sen apenas días de competición nesta tempada. O outro gran protagonista é Chris Froome, segundo na Vuelta do pasado ano e segundo tamén no Tour 2012, nos que tivo que traballar para Bradley Wiggins; desta vez é o xefe de filas do Sky e, se mantén o estado de forma amosado na rolda gala, habería que consideralo o gran favorito para gañar. Por detrás deles, podemos falar doutros aspirantes, dende Juanjo Cobo, gañador no 2011, e compañeiro de equipo de Valverde, dúbida até o último momento. Euskaltel, sen Samuel Sánchez, pon as súas esperanzas en Igor Antón, e dende logo haberá que contar con Purito Rodríguez e Van den Broeck, que tan boas sensacións amosou nas etapas de montaña do Tour. Do percorrido chaman a atención dúas cousas: que se move unicamente polo norte de España e polo seu perfil montañoso, con apenas unha crono individual e seis chegadas en alto Do percorrido chaman a atención dúas cousas: que se move unicamente polo norte de España (non baixará máis ao sur de Madrid) e polo seu perfil montañoso, con apenas unha crono individual e seis chegadas en alto. Entre as etapas que decidirán a Vuelta hai vellos coñecidos coma as subidas aos Lagos de Covadonga ou Valdezcaray e novas apostas coma o Collado da Gallina en Andorra (20 quilómetros ao 8%), o Porto de Ancares (un durísimo ascenso que completa unha etapa moi esixente entre Galicia e Asturias), o Cuitu Nergro (que completa a subida a Pajares e o converte nun porto de categoría especial) e de novo a Bola del Mundo na que hai dous anos Ezequiel Mosquera gañou a etapa e rozou a vitoria na Vuelta. Tamén hai que salientar as cinco etapas que discorreran por Galicia nesta edición a partir do martes 28, xusto despois da primeira xornada de descanso: Martes 28. Ponteareas - Sanxenxo (190 quilómetros) Mércores 29. Cambados - Pontevedra (39,4 quilómetros. CRI) Xoves 30. Vilagarcía de Arousa - Mirador do Ézaro (190,5 quilómetros) Venres 31. Santiago de Compostela - Ferrol (172,8 quilómetros) Sábado 1. Palas de Rei - Porto de Ancares (149,2 quilómetros) Despois da etapa do martes, cun percorrido rompepernas que percorrerá o Baixo Miño, o Morrazo e o Salnés, a contrarreloxo que rematará en Pontevedra será decisiva, por ser a única de carácter individual e por marcar diferenzas antes das duras xornadas de montaña de Asturias. Falouse e falarase moito da etapa que finaliza no Mirador do Ézaro, pola súa beleza e pola dureza das súas rampas, nas que se espera un ataque de Purito Rodríguez, especialista neste tipo de chegadas. A etapa que unirá Santiago e Ferrol prevese de transición, aínda que tendo en conta as dificultades que sempre existen para controlar unha carreira nas estradas galegas. E finalmente o sábado 1 de setembro comezará en Palas de Rei a primeira das tres etapas de alta montaña consecutivas que marcarán a Vuelta: a inédita subida a Ancares completará unha etapa sen apenas descansos, con cinco portos de montaña e estradas estreitas."}
{"ID": "NOS_28380", "summary": "Ás portas da Cidade da Cultura cidadanía e profesionais das artes escénicas e musicais maniféstanse co gallo da cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega.", "text": "Cercad@s por un importante dispositivo policial máis de dúas centas persoas maniféstanse arestora na rotonda de acceso á Cidade da Cultura. Segundo a convocatoria difundida a través das redes sociais @s convocantes aseguran que a cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega \"é o momento perfecto para que nos escoiten\". Aliás, aseguran que o seu obxectivo é evidenciar \"o paradoxo\" de que aquelas persoas que son \"responsábeis de asasinar a cultura\" sexan quen entreguen os galardóns. Diversos colectivos xa anunciaron que non recollerán o premio en rexeitamento á grave crise que está a viver o sector. ((Haberá ampliación))"}
{"ID": "NOS_45271", "summary": "A OMS cifra en aproximadamente 4 millóns os casos desta doenza a nivel mundial. A enfermidade transmítese pola picadura dun mosquito e podería ter a ver coa aparición de microcefalia e co síndrome Guillain-Barré en fetos.", "text": "O virus Zika atinxe xa a 22 países latinoamericanos após detectarse o primeiro caso en maio de 2015 no Brasil. Esta doenza, transmitida através da picadura de mosquito, podería ter relación co aumento de casos de microcefalia e do síndrome Guillain-Barré entre crianzas non-nadas cando a nai se ve atinxida polo virus durante a gravidez. ((Preme na imaxe para despregar)) Neste senso, distintas ONGs e organizacións feministas advirten do incremento de abortos clandestinos que podería carrexar a proliferación da doenza e urxen os gobernos latinoamericanos a revisar a lexislación en materia de interrupción voluntaria do embarazo. Na actualidade, só Cuba, Guyana, Puerto Rico, México DF e Uruguai despenalizaron totalmente o aborto. A orixe do Zika en Brasil podería ter a ver cun experimento desenvolvido por un laboratorio británico A orixe do Zika aínda non fica clara desde que se detectou por primeira vez en Wa'ab (Yap), unha illa do Pacífico. Desde aquel momento as maiores taxas de infección situáronse na Polinesia francesa (2013) e o pasado ano 2015 en Brasil. Neste senso, algúns estudos apuntan a chegada do virus ao país através de mosquitos tratados xeneticamente no marco dun experimento desenvolvido por un laboratorio británico (Oxitec) en 2012. As sospeitas orixináronse porque os primeiros casos de Zika foron detectados naquelas localidades en que foran lanzados estes animais co obxectivo de combateren o dengue. A doenza causada pola picadura non é mortal porén, as alarmas acendéronse polo aumento de crianzas nadas con microcefalia --unha doenza conxénita que provoca un cráneo inferior ao tamaño normal-- e do síndrome Guillain-Barrié --un trastorno inmunolóxico que atinxe o sistema nervioso. Embora esta relación directa non estar demostrada, a propia Organización Mundial da Saúde advirte que \"aínda que polo de agora non se estabeleceu unha relación causal entre o virus Zika e as malformacións conxénitas e síndromes neurolóxicos, hai fortes motivos para sospeitar da súa existencia\". O 95% dos abortos practicados no Brasil son clandestinos e inseguros Neste senso, diversos gobernos latinoamericanos instaron as mulleres a non engravidar e pospor a súa maternidade. \"Pedir ás mulleres que non engraviden non é política de saúde seria\", sinalou a profesora, antropóloga e investigadora de Anis, Debora Diniz nun artigo intitulado Descaso da pior espécie. Aborto, sexualidade e discapacidade Distintas ONGs e organizacións feministas, entre as que se atopa o instituto feminista de investigación bioética brasileiro, Anis, e a Federación Internacional de Planificación Familiar (IPPF) reclamaron o acceso das mulleres a mecanismos de interrupción do embarazo através da sanidade pública en territorios como o Brasil no que o 95% dos abortos teñen lugar de maneira clandestina e en condicións de inseguridade, nomeadamente entre mulleres das clases populares debido á falta de recursos económicos. Para alén disto, reclaman maior acceso das mulleres á información en materia de sexualidade así como anticonceptivos pois, segundo unha investigación desenvolvida pola Fundación Guttmacher 23 millóns de mulleres non teñen acceso a eles representando o 75% dos embarazos no país. E é que, a lexislación brasileira é unha das máis restritivas e punitivas a respeito do aborto. Asemade, urxen políticas de inclusión das persoas con diversidade funcional."}
{"ID": "NOS_48149", "summary": "Xabier Díaz (A Coruña, 1969) apresentou o pasado mes de febreiro o seu disco Noró, que volve remitir á tradición oral e á posta en valor de figuras esquencidas na música de raíz. Recentemente chegado da Alemaña e a piques de marchar de xira a Bélxica, Sermos Galiza conversa con el sobre a súa traxectoria, a súa proxección internacional e o momento de graza que está a vivir a música tradicional.", "text": "Na música e no baile tradicional ás veces pode haber unha glorificación dos tempos pasados. Esa sacralización pode invisibilizar dalgún xeito o relevo xeracional, ou mesmo dar a sensación de inmobilidade dentro da música tradicional? A nivel de contido, si que teño unha especie de debate que preciso corrixir nos próximos anos. Temos que reflexionar sobre os contidos, sobre as líricas. É un camiño no que hai que traballar. É complexo porque a asimilación entre ese cancioneiro tradicional e a música é tan grande que cada vez que introduces novas linguaxes ou novas palabras acaba renxendo un pouco polo propio resultado estético. Iso pode ter que ver moito coa nosa memoria musical xogándonos unha mala pasada. Hai que liberarnos diso e afrontar un futuro no que poder falar dun xeito máis contemporáneo da música tradicional. Iso por unha parte e despois, por outra, creo que o relevo xeracional está vindo, e a toda velocidade. Hai xente que está furando e que teñen que escribir as seguintes páxinas. Creo que todo está por facer. Nese sentido, deberían sentirse libres. Supoño que o futuro é delas. Teñen que dar ese paso e facerse cargo diso. Gustaríame que o fixesen con respecto, obviamente, mais sen medo, sen esa relación tan tutelada por parte dos que tantos anos levamos, que fosen algo máis punkis. Creo que ademais a estas novas músicas failles falta algo de punkismo, de poñer as cousas un pouco patas para arriba. E obviamente as novas terán máis facilidade de facelo que nós. No teu traballo intentas mudar o concepto de tradicional a través do feminismo, eliminando coplas machistas, poñendo en valor a figura das informantes… Cres que é posíbel unha rexeneración do tradicional, facéndoo máis inclusivo? Penso que é necesario. Eu son un neofalante coruñés, de cando entrei na universidade e tomei aquela decisión, e agora mesmo teño a sensación de que na música tradicional tamén son unha especie de converso. Decateime de que, durante moitos anos, non querendo ou non sendo o suficientemente consciente, fixen moitas cousas que agora desaprobo. Gústame que a vida tamén me dea a oportunidade de mudalas, porque creo que nisto do machismo hai moitas cousas por mudar e está ben ir cambiándoas e sendo conscientes de que están aí. Creo que, honestamente, estou a dar pasos nesa dirección, ou polo menos estou a ser máis consciente do que o era. E ademais procuro facelo dun xeito activo. Fun selectivo na escolla das líricas, négome a cantar algunhas cousas que nalgún momento cantei. Gustaríame que cada vez fósemos máis facendo ese camiño, tamén facéndoo con certo respecto e tacto. Non é preciso romper todas as vitrinas nas que estaban gardadas todas as cousas, simplemente hai que quitar os cristais con coidado e mudalas. Hai moita xente aí, nese mundo, que durante moito tempo fixo todo iso así, e desde o meu punto de vista, debera mudar o xeito de facelo. A min gustaríame convidalos a facelo dunha maneira amábel porque creo que toda a xente que está no baile e na música tradicional está de corazón, porque realmente lle queren a ese mundo, porque se ven identificados por ese mundo. O que está por facer é mudar esas cousas que non teñen lugar nin sitio neste tempo que vivimos. Tampouco o tiñan daquela. [Podes ler a entrevista íntegra no número 292 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_11151", "summary": "A ministra mantén que agora pode esquivar os \"impedimentos legais\" para ingresar ás autonomías as entregas a conta porque, ao haber novas eleccións xerais, o pagamento \"xa non pode afectar á actuación orzamentaria do Executivo entrante\" en 2019", "text": "Podíase en funcións. O Consello de Ministros deu luz verde este 11 de outubro ao Real Decreto-Lei polo que o Goberno de España transferirá ás comunidades autónomas as \"entregas a conta\" de 2019. Son os fondos que, en virtude do modelo de financiamento autonómico vixente -o mesmo que está caducado dende 2014- as comunidades teñen que recibir no caso de que os fondos que transfire o Estado pola recadación de diversos impostos sexan máis dos previstos.O que en condicións ordinarias é un mero trámite -aínda que sobre un sistema caducado-, virou neste caso en toda unha pugna política entre o Goberno do PP en Galicia e o Goberno do PSOE en España. O Executivo de Pedro Sánchez mantiña que era imposible aprobar estas entregas mentres estivese en funcións, mentres que a Xunta aseguraba, apoiándose nun informe dos seus servizos xurídicos, que ese pagamento si era posible.A ministra mantén que agora pode esquivar os \"impedimentos legais\" porque, ao haber novas eleccións xerais, o pagamento \"xa non pode afectar á actuación orzamentaria do Executivo entrante\" en 2019Finalmente e tras a confirmación de que o 10 de novembro volverá haber eleccións xerais, o Goberno de España aprobaba este venres para liberar os fondos que, no caso galego, ascenden a 334,02 millóns de euros. Pode facelo tras esquivar \"impedimentos legais\" que atopou, di a ministra de Facenda, María Jesús Montero, xa que \"un Goberno en funcións non pode condicionar a actividade orzamentaria do Executivo entrante\". Dado que haberá novas xerais, este pagamento \"xa non pode afectar á actuación orzamentaria do Executivo entrante\" en 2019 e por iso dá luz verde ao pagamento.Alén da explicación xurídico-política do momento en que Facenda autoriza a transferencia, que a Xunta atribúe a \"electoralismo\" do PSOE -Sánchez anunciou que o aprobaría durante un mitin de precampaña-, o contencioso segue aberto. Non en van, os devanditos 334 millóns non son a única cantidade pendente. Galicia aínda debe recibir 200 millóns de euros correspondentes á recadación de IVE do ano 2017, cando entrou en vigor a reforma da xestión deste imposto aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy. Esa entrada en vigor supuxo que a recadación por IVE de decembro de 2017 non computase nas arcas estatais ata xaneiro de 2018 e, por este motivo, Galicia e o resto de autonomías recibiron do Estado once meses do 50% dese tributo, que lles corresponde polo modelo de financiamento, e non os doce que deberían.Os 200 millóns do IVE débense á aplicación da reforma da xestión deste imposto polo Goberno de Rajoy en 2017; a ministra Montero anunciou en 2018 a procura dunha solución que polo momento non chegouPouco despois da chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España o PP galego atribuíu esta retención a un \"trato discriminatorio\" do PSOE á Xunta, un \"recorte a Galicia\" co que o líder socialista ía \"pagar favores aos seus socios da moción de censura\", en verbas do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. Segundo o número dous de Feijóo no partido, o \"castigo\" consistía en retirar \"200 millóns aos galegos\" e que \"Pedro Sánchez llelos dea aos independentistas cataláns\".Á marxe dos argumentarios partidarios, o certo é que a ministra Montero asegurou pouco despois, en agosto de 2018, que estaba a traballar \"nunha proposta para que as comunidades recuperen os recursos\" perdidos pola reforma de Rajoy Esa solución aínda non chegou e a Xunta encádrao nunha \"débeda\" global que cifra en 700 millóns: os 334 aprobados este venres, os 200 do IVE e outros 170 correspondentes aos coñecidos como incentivos por \"desempeño fiscal\", un mecanismo incluído nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018 -os últimos do PP, aínda en vigor- para compensar as autonomías que cumprisen os obxectivos fiscais marcados polo Goberno central. Os fondos das entregas a conta e do IVE estaban contemplados nos Orzamentos da Xunta neste 2019, non así os restantes 170."}
{"ID": "NOS_24068", "summary": "Vagalumes acolle a presentación da obra sobre Virxinia Pereira na estrada após a súa estrea en Pontevedra.", "text": "A Asociación Cultural Vagalumes presenta mañá ás 20 horas, na praza da Música da Estrada, A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, unha obra editada polo Concello de Pontevedra, na que tamén colabora o colectivo de Tabeirós-Terra de Montes. Nada na Estrada, Virxinia Pereira percorreu o mundo na defensa da dignidade e dos dereitos do pobo galego fronte ao fascismo e a impunidade, \"un compromiso compartido co seu home, Castelao, desde os tempos máis felices ao seu carón na procura do recoñecemento do noso país, até as situacións máis duras na guerra e no exilio\", salientan desde Vagalumes. Na súa obra, Fajardo reconstrúe o pensamento e a loita \"desta muller intelixente e combativa invisibilizada durante décadas\", a través da correspondencia mantida con Otero Pedrayo e outras figuras coetáneas da cultura galega. A presentación poderase seguir en directo a través da páxina de Facebook do portal Tabeirós-Terra de Montes. Será a primeira cita coa autora fóra de Pontevedra, onde hoxe deu a coñecer o seu libro, xurdido no marco do programa 'A memoria das mulleres' da Concellaría de Patrimonio e Memoria."}
{"ID": "NOS_22452", "summary": "A campaña electoral botou a andar en Euskadi co debate sobre a soberanía riba da mesa. As enquisas apuntan PNV e Eh Bildu como as forzas máis votadas e cunha estreita marxe de diferenza entre ambas as dúas", "text": "Euskadi vive a campaña electoral máis lonxe dos focos mediático-políticos de Madrid dos últimos 30 anos. O cese ao fogo de ETA anula boa parte da artillaría mediática contra o nacionalismo. E as previsións son que o 21-O haxa unha ampla maioría abertzale (PNV e EH Bildu). A combinación de ambos os dous factores fai que desde Madrid se prefiran os comicios galegos. A campaña comezou e as primeiras enquisas xa se fixeron públicas por medios como Gara ou Naiz, sondaxes que veñen reiterar a tendencia dos traballos feitos nestes meses: PNV e EH Bildu como forzas favoritas (26 deputad@s para os jeltzales e 22 a esquerda abertzale), 14 o PSOE e 11 PP. Na enquisa de Gara e Naiz recóllese a novidade de que Esker Anitza, a marca de IU en Euskadi, podería atinxir 2 parlamentari@s. Unha das características destas primeiras horas de campaña, xa constábel nas semanas previas, é que o soberanismo vai ser un dos alicerces do debate. PSOE e PP, aínda que con distintos graos de intensidade, falan dos perigos dese camiño. PNV xoga a combinar o seu papel de partido responsábel e a combinar as súas dúas vertentes, a abertzale e a de bo xestor da autonomía. E desde a esquerda abertzale insírese a aposta soberanista como ferramenta de loita contra a crise e camiño para facer unha outra política orientada en beneficio das maiorías sociais. Pactos? Non vai haber maiorías absolutas. De aí que xa estea a ferver o debate sobre pactos electorais. PNV non se pronuncia abertamente, PSOE fai chiscadelas ao PNV para retomar un goberno transversal (jeltzales e socialistas), o PP carga contra todos mais ao mesmo tempo ofrécese a calquera pacto que evite que EH Bildu chegue ao poder; e desde a esquerda abertzale apuntan a construcción nacional de Euskal Herria desde o respecto ao dereito a decidir, o combate da crise en favor da cidadanía e non dos mercados, e ao avance no proceso de paz como os tres alicerces sobre os que falar de posíbeis pactos"}
{"ID": "NOS_28216", "summary": "A Mesa iniciou contactos con entidades de defensa do euskera e o catalán pois alumnos desas comunidades lingüísticas tamén sofren esta situación.", "text": "O caso denunciado esta semana dunha estudante que ficou sen bolsa por entregar un certificado de estudos en galego non é un caso illado. Segundo indica A Mesa pola Normalización Lingüística hai polo menos 12 estudantes galegos que \"ficaron fóra do proceso para contratos predoutorais por razóns lingüísticas\". Isto é, que o feito de estar en galego algunha documentación deixounos á marxe do proceso que, segundo ten sinalado o Ministerio de Economía como argumento de defensa, ten que ser en español ou en inglés (este último non é idioma oficial no Estado español). Os alumnos son da Universidade de Vigo e de Compostela. Solidariedade A Mesa comunica que xa iniciou contactos con entidades en defensa do catalán e do vasco, xa que o mesmo lle aconteceu a estudantes destas comunidades lingüísticas. A asociación en defensa do galego critica a \"agresiva política contra a diversidade lingüística do Goberno español e o silencio e a pasividade da Xunta ante unha discriminación tan grave\"."}
{"ID": "NOS_25147", "summary": "A formación nacionalista considera \"clave\" o traballo que se desenvolva nos concellos para abrir un tempo novo nas eleccións galegas.", "text": "Máis de 200 alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras do BNG reuniranse en Compostela este domingo, 7 de xullo, nunha cimeira municipal para debater e estabelecer unha planificación da política local a medio prazo e asumindo a importancia destas para pular por un \"novo tempo político\" nas eleccións galegas de 2020. A formación nacionalista explica nun comunicado que quere aproveitar que é unha \"forza política á alza\" para visibilizar que ten un proxecto \"solvente e serio para o país\". Após os comicios do 26M, o Bloque suma un total de 456 concelleiros e concelleiras, 195 mulleres (42'76 %) e 261 homes (57'24%), dos que debutan por primeira vez na política municipal un total de 33% das electas. A xornada será inaugurada pola portavoz nacional, Ana Pontón, e contará coas intervencións da responsábel de estratexia no ámbito municipal, Eva Villaverde; da coordinadora xeral desta área, Carme da Silva; e da responsábel de iniciativas políticas locais e alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Tamén terán unha intervención específica persoas como Evencio Ferrero (Carballo), Beatriz Bascoi (Moeche), Diego Lourenzo (Verín) ou Marcos Suárez (Moraña). En palabras da coordinadora da xornada, Eva Villaverde, \"este encontro é ademais unha oportunidade física de compartir a enerxía, o entusiasmo, e a ilusión que nos une como formación política que está afrontando un momento de crecemento no apoio social\"."}
{"ID": "PRAZA_14295", "summary": "O vindeiro 25 de setembro remata o prazo para presentar emendas a unha lei que vai camiño de defraudar todas as expectativas postas nela. A subordinación do dereito de acceso á protección de datos, que entidades coma a Casa Real ou os partidos queden á marxe dela ou que sexa xestionada por unha entidade dependete do Goberno, son algunhas das criticas.", "text": "Nos vindeiros meses pode facerse realidade unha vella reivindicación de amplos sectores da cidadanía: A Lei de Acceso á Información Pública e Transparencia. Despois da súa aprobación deixará de ser o único gran país de Europa que no garanta o dereito a que calquera persoa poida acceder á información e documentos das institucións públicas. O vindeiro 25 de setembro remata o prazo para presentar emendas a unha lei que vai camiño de defraudar todas as expectativas postas nela. A subordinación do dereito de acceso á protección de datos, que entidades coma a Casa Real ou os partidos queden á marxe dela ou que sexa xestionada por unha entidade dependete do Goberno, son algunhas das criticas. O PSOE levábaa como promesa electoral nos seus programas electorais de 2004 e 2008 pero durante oito anos incumpriu o seu compromiso. O Partido Popular tamén prometera unha Lei de Transparencia na campaña das eleccións xerais de 2011 e de feito nos seus primeiros cen dias de goberno fixo público un anteproxecto. A norma someteuse durante 15 días a un proceso de consulta pública que recibiu ao redor de 3.700 achegas de persoas e entidades. Son numerosas as criticas ao proceso 'nada transparente' de tramitación da Lei de Transparencia Porén, son numerosas as criticas ao proceso nada transparente de tramitación da Lei de Transparencia. Os cidadáns tiveron que depender das filtracións aos medios para obter algúns dos documentos do debate: a memoria, os estudos sobre a necesidade e oportunidade, un informe sobre o impacto por razón de xénero ou a memoria económica coa estimación do custe da posta en marcha da nova lei. Tampouco se difundiron os case 3.700 comentarios á lei nin se lles remitiron aos expertos. Cando se solicitou que se fixesen públicas o Goberno dixo que non era posible porque eran \"correspondencia\", pois nelas figuraba o nome e email dos que participaran e non se pedira o seu consentimento para divulgalo. A Casa Real queda á marxe da aplicación desta norma \"por non ser unha administración pública\". O mesmo sucede con ONGs, partidos políticos, sindicatos e a patronal, perceptores todos de fondos públicos Pero grazas ás filtracións sabemos que o Goberno non atendeu as principais suxestións da cidadanía e ademais revelouse que a norma contén numerosos limites marcados pola protección de datos. De feito a lei incorporou varias das recomendacións da Axencia de Protección de Datos que por exemplo aconsellou non publicar en internet os ficheiros coas facturas debidas polas entidades locais aos provedores. Porén, en países coma o Reino Unido as entidades locais están obrigadas a publicar proactivamente todo gasto por riba de 500 libras (uns 630 euros). Outras criticas xiran ao redor do feito de que a Casa Real queda á marxe da aplicación desta norma \"por non ser unha administración pública\". O mesmo sucede con ONGs, partidos políticos, sindicatos e a patronal, perceptores todos de fondos públicos. Outras das criticas á norma chegan porque a axencia que se encargará de velar polo cumprimento da transparencia segue dependendo do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e non é un organismo independente, como o é a Axencia de Protección de Datos. Demándase que recoñeza o dereito a acceder á información pública como dereito fundamental. Coa actual redacción a lei segue siendo ordinaria e ante un conflito prevalecerían outros dereitos fundamentais (coma a protección de datos) Demándase que recoñeza o dereito a acceder á información pública como dereito fundamental. Coa actual redacción a lei segue siendo ordinaria e ante un conflito prevalecerían outros dereitos fundamentais (coma a protección de datos). Hai uns meses, nunha entrevista en Praza, César Calderón cualificaba o proxecto de lei como \"analóxico, triste e sen ambición, obxectivamente menos ambicioso que o que o propio PP presentou estando na oposición\". E salientaba que \"a pesar de que existe todo un epígrafe dedicado á transparencia activa, non hai na lei nin unha mención á apertura e reutilización de datos das administracións, o xa famoso open data, o que sitúa a lei fóra da realidade dos países máis avanzados da nosa contorna\". Os colectivos máis críticos, como Red Sostenible, solicitan a todos os partidos que presenten unha emenda á totalidade, co fin de evitar \"a aprobación dunha lei de transparencia que non satisfai as necesidades nin as expectativas dunha democracia\" e porque \"aprobar o proxecto tal e como está, aumentará a desconfianza entre a sociedade civil e o poder político\"."}
{"ID": "NOS_24957", "summary": "A operación militar arranca na localidade de Kramatorsk para estenderse a outras cidades. Algunhas axencias falan de enfrontamentos e varios falecidos. \"Estamos ao bordo da guerra civil\", recoñece o primeiro ministro ruso.", "text": "Horas despois de vencido o ultimato Kiev deu inicio á operación do exército contra os rebeldes federalistas (pro-rusos, como se lles cualifica nos medios) do Leste de Ucraína. Blindados, tropas de asalto, helicópteros de combate... non hai reservas en medios para, en palabras de Vasili Kutov, persoa que dirixe a operación que tildan de 'anti-terrorista', \"combater a invasores estranxeiros, bandidos e terroristas\". O avance do exército diríxese a Kramatorsk e Slaviansk co obxectivo de tomar os edificios gobernamentais ocupados por militantes federalistas. Nas últimas horas, até en 12 cidades e localidades do leste houbo ocupacións de instalacións por persoas partidarias de que Kiev recoñeza o dereito a decidir destas zonas. Varias axencias indican que hai intercambios de disparos entre soldados ucraínos e milicianos federalistas que terían causados novos mortos, a sumar os 2 desta fin de semana."}
{"ID": "NOS_19448", "summary": "Esta semana coñeciamos a nova de que os 'ghalpóns' do festival de Cans (O Porriño) estarán presentes nun proxecto dentro da Bienal de Arquitectura de Venecia, a cita referente dentro do eido a nivel internacional. O arquitecto Juan Creus explica polo miúdo a 'Nós Diario' as chaves da investigación do seu estudio, Creus e Carrasco, arredor da transformación dos espazos cotiáns en salas de proxección de cinema, desde unha perspectiva comunitaria que se presenta como unha das chaves para afianzar un evento que ten o rural como contexto e selo de identidade.", "text": "O festival de Cans (O Porriño) foi un deses proxectos revolucionarios ao levar o cinema ao rural, adaptando as estruturas e as programacións ao contexto de exhibición coa apertura das propias vivendas ao público. As arquitectas Covadonga Carrasco e Juan Creus achegáronse desde as primeiras edicións como calquera outra persoa asistente, aínda que lles chamou en especial a atención \"como se transformaba o núcleo nos tres días que duraba daquela a mostra e como a aldea enteira se implicaba para levar a cabo a mudanza\", explica a Nós Diario o segundo, profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. O prestixioso estudio destas dúas profesionais na Coruña, Creus e Carrasco, volveuse noticia esta semana por mor da súa presenza na Bienal de Arquitectura de Venecia, a cita de maior relevancia a nivel internacional dentro desta disciplina, cun proxecto que reflexiona xustamente sobre os espazos do Festival de Cans. Os ghalpóns son os protagonistas dun estudo que analiza, entre outras cousas, a súa transformación para dedicalos temporalmente á proxección cinematográfica. Parte dun traballo previo xa publicado en Resina, a revista que edita a empresa Creus e Carrasco. Trátase dunha investigación titulada \"Cans: arquitectura de consenso\", que se inclúe entre os 34 proxectos seleccionados para o pavillón do Estado. O traballo intenta responder a pregunta que lanza como lema a Bienal deste ano: \"Como vivirmos xuntos?\". Ante esta interrogación, a Creus e Carrasco viñéronlles inevitabelmente á cabeza as formas tan singulares de convivencia que se desenvolven en Cans durante os días da mostra, que neste 2020 celebrará a súa 27ª edición entre o 2 e o 5 de setembro, adiada por mor da COVID-19. \"Parecíanos moi interesante como se compartían os espazos, como as veciñas abren a súa casa á xente que vén de fóra, como a levan en chimpín...\", explica Creus. De público fiel a repensar os espazos colectivos A relación do estudio con Cans vén de lonxe. Para alén de como público, participaron da propia programación a través da sección que \"Miradas de Cans\" –que inauguraron–, un apartado que promove unha achega ao festival de personaxes non relacionadas co cinema, pola que logo pasarían, por exemplo, o ilustrador David Rubín ou o chef Pepe Solla. Nos últimos anos, Creus tamén coordina a actividade \"Cans Proxecta\", na que o seu alumnado explora as posibilidades para reflexionar sobre os espazos da aldea e a súa paisaxe. As fórmulas de intervir o territorio, interpretar o patrimonio en ruínas ou incorporar espazos progresivamente ao festival, como aconteceu no caso do río, son cuestións centrais, así como as maneiras de interacción entre público e veciñanza, como unha das chaves deste modelo que leva o cinema ao rural tamén para entendelo desde outra óptica do común. Para alén disto, Creus salienta outras actividades que teñen a ver co espazo, como un paseo pola vila que facía Xurxo Souto. Ducia de Cans Deste tempo de colaboración xurdiría unha exposición con motivo dos 12 anos de festival, que foi comisariada por Creus e Alfonso Pato, o director do evento que revoluciona a vida nesta aldea do Porriño. Na Normal (A Coruña) foi resultado dun traballo colectivo coas persoas asistentes a un obradoiro na propia entidade da exposición. No proceso empregáronse materiais semellantes aos que se usan en Cans (táboas, madeira, caixas de refrescos e pacas de palla), co fin de que moitos dos espazos creados se usasen posteriormente no evento. De volta á Bienal En realidade, a Bienal de Venecia xa debería estar en pleno apoxeo, mais o seu desenvolvemento tamén se viu afectado pola pandemia. De tal maneira, terá lugar entre os meses de maio e novembro de 2021. Ao proxecto de Creus e Carrasco tamén o colleu por banda o virus: a maqueta, o resultado final, aínda non está de todo rematada. Con todo, si que se poden ver algunhas partes, como a que se reproduce na imaxe. O total inclúe os ghalpóns e o espazo da aldea e recolle ese proceso de cambio que experimenta o lugar para adaptar o cotián en salas de cinema. Para alén disto, haberá tamén material gráfico, vídeos e paneis que axuden a entender plenamente o contexto. Non é a primeira vez que Creus e Carrasco pasan pola prestixiosa mostra de Italia. Xa asistiron hai catro anos cun proxecto arredor do Porto de Malpica, nunha edición na que o pavillón comisariado por Carlos Quintás, tamén galego, se fixo co León de Ouro, o máximo recoñecemento outorgado pola exposición, e que só conseguira o Estado noutra ocasión. \"A Bienal é unha oportunidade para probar a arquitectura e o pensamento feito desde aquí\", explica Creus. Semella que a COVID-19, como en boa parte dos eidos, provocará grande influencia na forma de entender o espazo público. Con todo, as reflexións da mostra, coa programación presentada moito antes, non irán tanto nesta dirección. En canto ao novo contexto, Creus percibe que esa apertura da casa ao público do festival deberá ser \"gradual\" e empregar os elementos de transición propios do cotián. Comenta o arquitecto como xa no espazo do río desenvolveron en anos pasados unha \"distribución parcelada\" na que \"parece que xa tiñamos en conta o que ía acontecer\". Á agarda da chegada do vindeiro ano, parece que esa \"arquitectura do consenso\" xa está a causar repercusión e espertar atención a nivel internacional, conta Creus."}
{"ID": "NOS_39276", "summary": "O president da Generalitat dará sinatura a un decreto de convocatoria \"inatacábel do punto de vista xurídico\" para impedir que sexa impugnado desde o Estado español.", "text": "Esta segunda feira (3 de agosto) Artur Mas oficializará a convocatoria das eleccións ao Parlament catalán. Uns comicios que se presentan como plebiscitarios arredor do proceso independentista mais que xuridicamente serán unhas eleccións máis. Así o explicou a pasada semana o propio Mas quen asegurou que sería \"inatacábel do punto de vista xurídico\" para evitar que o goberno español poida impugnalas. Ora ben, ningunha das forzas políticas que se presenta obvia que estes non son uns comicios ao caso. Neste senso, a campaña electoral arrincará o 11 de setembro coincidindo coa Diada e dividirase en dous grandes blocos: o independentista (a coligazón Junts pel Sí con CDC, ERC, Demòcrates, Moviment d'Esquerres i Avancem, e apoio de d'ANC e Òmnium; para alén da candidatura CUP-Crida Constituent. E o unionismo: PP, PSOE, Ciutadans e mesmo Unió que afirma defender Catalunya malia non ser unha opción independentista. No medio, a ambigüidade retórica da coligazón Catalunya Sí que es Pot na que se integran Podem e ICV-EUiA, na que non estará finalmente Procés Constituent."}
{"ID": "NOS_54202", "summary": "O estado da Atención Primaria protagonizará o primeiro pleno de 2022, que comeza a vindeira terza feira.", "text": "O pleno do Parlamento volve á actividade a próxima semana despois da parada polas festas, nunhas xornadas que estarán marcadas pola situación da Atención Primaria no Servizo Galego de Saúde, que recibiu múltiples denuncias de \"colapso\" durante a sexta vaga da pandemia da Covid-19. A partir das 10 horas da terza feira comeza a sesión plenaria, na que está programada a comparecencia do titular da Consellaría de Sanidade, Julio García Comesaña, e mais do presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, que terá que responder á líder da oposición e voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón. Nada máis coñecerse a convocatoria, a vicevoceira do BNG no lexislativo, Olalla Rodil, denunciou que as explicacións de Comesaña \"chegan 14 días tarde\", en referencia ao voto negativo do PP na Deputación Permanente perante a proposta de que o conselleiro dera conta da situación da sanidade pública. Asemade, Rodil fixo fincapé en que o problema da Atención Primaria é anterior á pandemia de SARS-CoV-2 e até dos \"recortes\" orzamentarios do servizo, e informou de que preguntarán arredor do \"colapso de atención primaria\" e das medidas que está a aplicar o gabinete para \"garantir o dereito á saúde\". No que atinxe ao Partido dos Socialistas de Galicia, o deputado Luís Álvarez adiantou que cuestionarán a Feixoo sobre a \"polémica artificial\" do repartimento do fondo Covid, replicando a denuncia feita pola Comunidade de Madrid. Criticando ao Goberno do PP por mor de que \"ten moito que ocultar na súa deficitaria xestión\" dos fondos proporcionados pola Unión Europea, Álvarez apuntou que \"o único que fai é sementar dúbidas do Goberno do Estado, cando ninguén lles cre en Europa\". Pola súa banda, o PP fixo público que levará iniciativas para que o Estado prolongue as exencións fiscais do Xacobeo en 2022, así como unha referida á situación de Alcoa. Amais, preguntarán pola valoración da futura lei de vivenda estatal e as oposicións no ensino, que anunciou o conselleiro Román Rodríguez hai uns días."}
{"ID": "PRAZA_4390", "summary": "A Sala concorda co xulgado de primeira instancia en que Claudia Delso non cometeu os delitos de prevaricación, tráfico e influencias e malversación que o PP lle atribuía e tamén cre que \"carece de fundamento\" implicar o edil Xiao Varela ou ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, como reclamaba a concelleira popular que recorreu", "text": "O pasado decembro un xulgado da Coruña resolveu arquivar a investigación contra Claudia Delso, ex-concelleira de Participación da cidade e actual edil da Marea Atlántica, pola cesión do antigo cárcere que denunciara o PP local e a Fiscalía asumira. Pouco despois, a concelleira popular Rosa Gallego recorreu o arquivo ante a Audiencia Provincial para pedir que Delso volvese ser investigada. Nun auto datado no pasado 25 de maio, o tribunal rexeita esa petición.A Audiencia concorda en que Delso non cometeu os delitos de prevaricación, tráfico e influencias e malversación que o PP lle atribuía e tamén cre que \"carece de fundamento\" implicar o edil Xiao Varela ou ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, como reclamaba a concelleira popular que recorreuA concelleira do PP incluía entre as súas peticións a práctica de novas probas e declaracións que, ao seu xuízo, deixarían claro que a edil da Marea Atlántica cometera \"delitos de prevaricación administrativa, tráfico de influencias e malversación de caudais públicos\" na cesión de uso da antiga prisión provincial ao Proxecto Cárcere, colectivo que desenvolvera diversas intervencións culturais no edificio dende 2010. Na liña do resolvido polo xulgado de primeira instancia, que baseándose no expediente da cesión e outras probas non viu \"nada ilegal\", a Audiencia opta outra volta polo arquivo. Ademais, o tribunal frea os \"reparos\" de Gallego contra a xuíza que arquivou o caso por non citar a declarar o concelleiro Xiao Varela e ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, a quen o PP tamén pretendía incriminar nunha solicitude que para a Audiencia \"carece de fundamento\". Ao contrario que no anterior proceso, desta volta a Fiscalía tamén apoiou tanto rexeitar o recurso do PP como confirmar o arquivo das actuacións contra Delso. No auto agora ditado, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, a sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña remítese a diversa xurisprudencia indicando que cómpre que as condutas cumpran diversas condicións para poder ser consideradas \"ilícitos penais\" como os que o PP atribúe a Delso. Así, sinala, é preciso que a resolución de que se trate -neste caso, a cesión de usos do antigo cárcere- sexa \"contrario a dereito, é dicir, ilegal\", pero tamén que o cargo en cuestión non teña competencia para ditalaA Audiencia conclúe que \"todo o proceso cumpriu os principios reitores do procedemento administrativo\" e as eventuais \"irregularidades\" detectadas terán que resolverse pola vía do contencioso-administrativoAdemais, abonda a Sala, o cargo investigado debe omitir \"trámites esenciais\" ou non ter \"argumentación xurídica minimamente razoable\" para adoptar a resolución de que se trate. Tamén ten que \"ocasionar un resultado materialmente inxusto\" e \"ser ditada coa finalidade de facer efectiva a vontade particular da autoridade ou funcionario\", que ademais debe ter \"coñecemento de actuar contra o dereito\".Fronte a esas condicións precisas, sinala o auto, neste caso \"en todo o proceso administrativo cumpríronse os principios reitores do procedemento administrativo\" e a cesión a Proxecto Cárcere \"contaba cos informes técnicos e xurídicos favorables\". \"É certo -matiza- que se detectou algunha irregularidade\", pero iso \"debe solventarse no procedemento contencioso-administrativo\" e \"non basta para integrar un ilícito\" penal. Non se produciu neste caso \"un ataque consciente e grave\" á legalidade, como o PP pretende argumentar.A voceira da Marea Atlántica, María García, celebra a resolución e ve \"confirmado\" que \"foi unha denuncia política, difundida só por interese propagandístico\" Dado que \"non se aprecia\" que a concelleira da Marea Atlántica, representada polo avogado Pablo No, fose neste proceso \"en contra o ordenamento xurídico de forma groseira, tal e como esixe o tipo examinado\". Esta circunstancia, conclúe, determina \"a lóxica desestimación\" do recurso da edil do PP. Contra esta resolución xa non cabe recurso ordinario ningún.A nova do rexeitamento do recurso do PP produciuse mentres no Concello coruñés se desenvolvía unha sesión plenaria. Tras coñecela, a voceira da Marea, María García, aproveitou unha das súas intervencións para celebrar que quede \"confirmado o que dixemos en todo momento, que Claudia era inocente e que na Marea Atlántica non roubamos\". \"A decisión xudicial -agrega García- confirma tamén que foi unha denuncia política, non xurídica, difundida só por interese propagandístico\"."}
{"ID": "NOS_52170", "summary": "Malia o estado de alarma e o feche de centros de saúde, a Atención Primaria segue tendo pacientes e atendendo patoloxías. MAgoada por anos de recortes, nunca deixou de estar na primeira liña, mais agora está chamada a asumir un papel protagonista na loita contra o coronavirus.", "text": "Avanzouno o ministro de Sanidade, Salvador Illa, e confirmouno o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo. A Atención Primaria terá un papel protagonista após o confinamento, durante as sucesivas fases de desescalada. Así, un dos servizos da sanidade pública máis castigado polos recortes, a privatización e o desmantelamento está chamado a ser o estandarte da loita contra o coronavirus e a principal referencia asistencial para miles de cidadáns e cidadás, como o é aínda hoxe, \"baixo o estado de alarma e con moitos centros de saúde periféricos clausurados\", salienta José María Dios, secretario da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e médico de Atención Primaria no concello de Outes. \"Que Núñez Feixoo diga que vai potenciar a Atención Primaria é un brinde ao sol. Unha mentira, xa que os feitos desdín día a día o que está facendo. Nada máis chegar botou por terra o plan de mellora da Atención Primaria, consensuado polo Goberno e as organizacións científicas, profesionais, políticas e sindicais. E despois, durante 11 anos, retirou mil millóns de orzamento da Atención Primaria. Desmantelou e privatizou servizos día a día\". Máis teleasistencia e ampliación de horarios Segundo adiantou a pasada segunda feira o xefe do Executivo galego, os expertos do comité clínico do Sergas traballan nun plan para recuperar a actividade asistencial ordinaria do Servizo Galego de Saúde. \"Estamos esbozando a sanidade que queremos no futuro\", sinalou o presidente da Xunta en referencia a un novo modelo sanitario que buscará \"desmasificar as salas\" de espera, de diagnóstico e de consulta. Neste sentido, apuntou a recomendación do comité experto de incrementar a teleasistencia e as consultas telefónicas ademais da intención de ampliar o horario de atención nos centros de saúde e hospitais co fin de evitar aglomeracións. Para afrontar todos estes cambios, dixo, o Sergas ten profesionais suficientes. Mesa sectorial Após estes anuncios, as organizacións sindicais urxen á Administración galega a escoitar as demandas das profesionais sanitarias e a convocar unha reunión da Mesa Sectorial que garanta a negociación das condicións de traballo do persoal. Desde a CIG-Saúde, critican que a Xunta avance unha posíbel reordenación dos recursos humanos do Sergas sen identificar as necesidades de persoal nin prescindir de contratos que consolidan a precariedade. Piden, ademais, que se publiquen as conclusións das comisións de traballo de Atención Primaria para definir as competencias de todos os grupos profesionais e, a partir de aí, deseñar novos protocolos de relación entre a Atención Primaria e as especialidades hospitalarias. Na mesma liña, desde CCOO, exixen unha mellor dotación dos centros de saúde e do seu persoal. \"A Atención Primaria non ten profesionais suficientes para acometer este novo reto nos termos que anunciou Feixoo\", declara Emilia Lamas a Nós Diario. Segundo a responsábel de Sanidade do sindicato, \"cómpre reforzar o sistema sanitario\". Así, reclama investir 25% do orzamento da sanidade pública para mudar as cousas na Atención Primaria, e de cara ás novas etapas de desescalada, material de prevención suficientes para todo o persoal e máis profesionais para dedicarlle máis tempo ás doentes que requiran das súas médicas de cabeceira. Cara a un novo modelo Coinciden estas demandas coas identificadas polo tamén portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública. Para José María Dios as solucións ás necesidades dos centros de saúde debe buscalas a Xunta no documento final asinado polo Consello Técnico de Atención Primaria, formado por 250 profesionais e 16 comisións técnicas, aínda non difundido. \"Aí está todo: 30 pacientes por xornada, 10 minutos por doente, cotas de non máis de 1.250 cartillas, como resolver a atención en horario de mañá e de tarde, os sábados, nos servizos de urxencia, nos Puntos de Atención Continuada, que teñen que facer as profesionais da odontoloxía, da psicoloxía, da fisioterapia, as terapeutas ocupacionais. Por que non aplican iso? Porque entón, a Atención Primaria igual funciona\", sentencia Dios. Meses de paro e reivindicacións As folgas na Atención Primaria foron unha contante durante os últimos meses. Ademais de sumarse ás grandes protestas cidadás en defensa da sanidade pública, as profesionais dos centros de saúde secundaron até a chegada do novo coronavirus paros semanais, herdeiros das xornadas de paro iniciais coas que deixaron claras as súas reivindicacións. Unha Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo as pacientes. Para iso, exixen orzamento, máis persoal e novas categorías xa que consideran imprescindíbeis para crear a equipos multidisciplinares que atendan os problemas de saúde da poboación, cunha orientación integral e desmedicalizadora. Entre outras, psicoloxía clínica, logopedia, terapia ocupacional ou atención temperá."}
{"ID": "NOS_10409", "summary": "A esquerda abertzale agarda polas concrecións do preacordo alcanzado por PSOE e Unidas Podemos para valoralo. Otegi adiantou que a vontade EH Bildu é decidir a súa posición xunto os partidos asinantes do acordo de Llotja de Mar.", "text": "Ante o preacordo alcanzado a pasada terza feira, 12 de novembro, por Unidas Podemos e PSOE para formar un executivo no Estado, o líder abertzale Arnaldo Otegi sinalou que agardará a coñecer as concrecións do pacto para valoralo. Así mesmo, Otegi adiantou que a intención de EH Bildu é a de tomar a decisión sobre a investidura xunto os partidos asinantes da declaración de Llotja de Mar. Así, o portavoz de Bildu asegurou que «a pelota non está no tellado do independentismo, senón no seu – en referencia a Iglesias e Sánchez-» e asegurou que cómpre «falar con tranquilidade, non hai présa». En EH Bildu non se amosaron moi optimistas, xa que «os precedentes non son bos», lembrou Otegi «O mundo non cambia nun día», aseverou Otegi en relación ao pacto alcanzado en tan só 24 horas cando durante meses semellaba imposíbel e levaron o Estado a novas eleccións xerais. «Nós tampouco cambiamos as nosas reflexións dun día para outro», exclamou o abertzale con ironía e asegurou que a cuestión non están en ter ministros, sacar fotos e facer chíos, senón que se trata «do que vas facer». A ese respecto, Otegi preguntouse se o preacordo abre unha xanela de oportunidade para Euskal Herria, para o Estado e para os dereitos ou se, pola contra, o que queren Podemos e PSOE é dar «un verniz de chapa e pintura ao Réxime do 78». De tratarse disto, o histórico dirixente da esquerda independentista vasca xa adiantou que non van estar, mais se o que queren os partidos progresistas españois é «democratizar» asegurou que están en disposición de falar. Porén, en EH Bildu non se amosaron moi optimistas, xa que «os precedentes non son bos», lembrou Otegi, quen recordou a actitude e as promesas realizadas por Sánchez durante a campaña falando de recuperar o delito no código penal para quen convoque referendos. «O mundo non cambia nun día», aseverou Otegi en relación ao pacto alcanzado en tan só 24 horas A este respecto e sobre o preacordo asinado entre UP e PSOE, onde se fala de recuperar a convivencia en Catalunya, Otegi lembrou que o problema catalán é político e non de convivencia, ao igual que xa afirmara na terza feira 12 de novembro Marta Vilalta, portavoz de Esquerra Republicana de Catalunya. Otegi quere saber que vai dicir o acordo sobre aspectos sociais, se haberá derrogación da reforma laboral ou sobre o dereito dos pobos a decidir o seu futuro. Acordo de Llotja de Mar O portavoz de EH Bildu afirmou que cando transcendan as concrecións decidirán a súa postura co resto de partidos que subscribiron o Acordo de Llotja de Mar e sobre o grao en que se concreten os puntos que apareceron nesta declaración das formacións soberanistas, entre as que atopan forzas que alcanzaron representación no Congreso como son BNG, EH Bildu, ERC, Junts e CUP."}
{"ID": "PRAZA_17922", "summary": "Entre o venres e o domingo, 32 realizadores e realizadoras participarán na quinta edición deste encontro audiovisual, no que terán gravar nunha fin de semana unha curtametraxe, que se estreará o vindeiro mes de febreiro.", "text": "Este venres comeza a quinta edición do encontro audiovisual Chanfaina Lab. O proxecto naceu en 2014 como foro creativo onde se producen pezas de todo tipo -ficción, documental, experimental, etc.- aínda que sempre baixo o común denominador de estar filmadas en San Sadurniño. Dende a primeira edición participaron algúns dos máis importantes creadores e creadoras do audiovisual galego, de xeito de que a fin de semana de traballo se converte tamén nun punto de encontro, coñecemento e debate entre os integrantes dunha xeración emerxente. Nos últimos anos, ademais, incrementouse a participación de realizadores e realizadoras locais. Participarán 32 creadores e creadoras, que entre o venres e o domingo terán que idear e gravar un filme cunha duración de menos de cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual Na cita 2018-2019 participarán 32 creadores e creadoras, que entre o venres e o domingo terán que idear e gravar un filme cunha duración de menos de cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. Ademais da parte creativa, o Chanfaina Lab volve ofertar obradoiros abertos ao público e proxeccións tanto o venres como o sábado, cando se poderá ver de balde na Casa da Cultura o filme Dhogs, de Andrés Goteira, comentado polo propio director. Goteira será un deses 32 participantes na quinta edición do Chanfaina. Entre os restantes nomes confirmados atopamos autores e autoras consagradas e con experiencia e tamén autores e autoras noveis, que se están iniciando neste campo. Así, estarán en San Sadurniño Margarita Ledo, Aser Álvarez, Abel Vega, as youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón, Consuelo Picos e Lucía Pita, Adrián Canoura, Ángela Arnosa, Javier Seoane, Kevin Lorenzo, Bieito Beceiro, Catalina Rodríguez, Cibrán Tenreiro, Helena Girón, Fran Bermúdez, Iago Lourido, Irene Beceiro, Lucía Estevez, Mar Catarina, o triunvirato The Sun Girls -Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga López-, Natalia Fernández, Pablo Martínez, Rubén Domínguez, Samuel M. Delgado, Sebastián Rodríguez, Simone Saibene e, planeando sobre todos eles, o fotógrafo Gabriel Tizón, que realizará unha reportaxe gráfica sobre todo o que alí suceda. \"Galicia pedía algo así, unha experiencia directa, viva da creación cinematográfica\" A profesor Manolo González, un dos ideólogos do Chanfaina, daralles a benvida a todos os e as participantes o venres ás 18 horas na Aula CeMIT no Concello. González explicará como se vai desenvolver o encontro, ademais de facer de guía nunha rápida visita polo centro urbano de San Sadurniño e o paseo do Xubia. Está previsto plantar unha árbore na zona da Cortiña e facer alí a foto oficial, nun lugar que formaba parte da extensa Fraga da Marquesa. O cartel oficial deste ano inspírase no cadro O patriarca da fraga, pintado polo artista ferrolán José Leyra Domínguez en 1949. O óleo reflicte o gran carballo que existía nos dominios do pazo. \"Galicia pedía algo así, unha experiencia directa, viva da creación cinematográfica. Agora xa non se necesita unha gran parafernalia, simplemente as ganas e botarse ao monte\", destacaba hai un tempo o propio Manolo González. Este venres a Casa da Cultura de San Sadurniño acollerá a partir das 20.30 horas a Eira de Cineastas, unha proxección aberta ao público e gratuíta dunha escolma de pezas de todos os creadores e creadoras quen, antes de nada, se presentarán ao auditorio e resumirán tanto a súa traxectoria audiovisual como as ideas que teñen en mente para os seguintes dous días de gravación. A Eira será aberta polo pase dunha peza realizada pola rapazada e as profesoras da EIM A Rolada, que tamén fixeron a súa propia chanfaina audiovisual a comezos do verán con motivo do fin de curso. \"A Chanfaina Lab empoderou a xente do rural. Viron que as súas historias son tan importante coma as que saen nos filmes de Hollywood\" Durante toda a fin de semana os e as realizadoras contarán co apoio da veciñanza da vila e sobre todo das asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, de Igrexafeita, de Lamas, de Bardaos e de Ferreira. Ademais, contan co valioso arquivo fotográfico e audiovisual recollido nos últimos anos en Fálame de San Sadurniño. \"Unha das cousas que conseguiu o Chanfaina Lab foi empoderar a xente do rural\", destacaba en conversa con Praza Sabela Íñiguez, concelleira de Cultura e coordinadora da iniciativa. \"Cando ven que se achega xente de toda Galicia a gravalos, cando ven que son protagonistas desas pezas, isto resulta un traballo de empoderamento moi importante, e por iso cada ano se van implicando máis\", dicía, concluíndo que \"viron que as súas historias son tan importante coma as que saen nos filmes de Hollywood\". As curtas estrearanse no me de febreiro en San Sadurniño As curtas que se graven esta fin de semana poderán verse na segunda parte do Chanfaina Lab, no mes de febreiro, cando se estreen todas elas na Casa da Cultura. A partir de aí empezará o seu percorrido semanal a través da canle en youtube do encontro."}
{"ID": "NOS_9457", "summary": "A próxima semana os Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, estarán ocupados por un campo de refuxiados improvisado por Acampa con tendas que veñen dos campamentos gregos. A iniciativa pretende concienciar a veciñanza do concello, que se declarou cidade de acollida hai uns meses.", "text": "Amnistía Internacional, que organizou o acto a principios de marzo no que a concelleira de Igualdade declarou A Coruña cidade de acollida, non sabe cantos refuxiados foron recibidos na urbe nin conseguiu do Concello máis que compromisos verbais. \"Penso que non comprenderon a campaña\", indica Marga González, coordinadora local de AI. Distintos concellos no país comprometeron formalmente 219 prazas (entre eles Compostela, Ourense, Lugo e Rianxo). \"O que pretendemos é forzar o Goberno do Estado a que acolla os 17.337 que dixo que acollería. Iso foi en setembro. A día de hoxe chegaron menos de dez por cento. E aos concellos, que non poden dar os permisos de asilo nin de residencia, o único que lles pediamos era simplemente que mostrasen que hai sitio para recibir esa xente\". O departamento de Rocío Fraga tampouco ofreceu esta semana as cifras de refuxiados na Coruña. Nin unha valoración sobre Acampa, iniciativa que apoia a Concellaría de Culturas cunha axuda de case 8.000 euros a través do programa Cultura de Barrio que repartirá uns cen euros mil en propostas que van desde roteiros da memoria en Oza-Os Castros a danzas do mundo na Agra. Acampa levantará valados e un campamento nos Xardíns de Méndez Núñez, xunto aos edificios modernistas e a estatua de Asorey a Curros. Trátase de reproducir un campamento de refuxiados no centro da cidade entre o 15 e o 18 deste mes e convertelo nun lugar de \"sensibilización da cidadanía respecto do dereito de refuxio\", explica Xosé Abad, que tampouco coñece a cifra de cantos refuxiados foron acollidos na Coruña. Xosé Abad, fotógrafo de profesión, tivo a idea de Acampa de regreso dos campos gregos hai un ano. Constituíuse unha asociación sen ánimo de lucro e organizáronse dezaseis equipos de traballo con corenta voluntarios. Levan dez meses buscando financiamento e apoio de ONG e colectivos implicados cun obxectivo ambicioso: \"Ser ferramenta de acción social na que se coordinen os distintos colectivos e conseguir espallar Acampa por outras cidades, por todo o Estado\". Acampa custará uns 30.000 euros. Haberá exposicións de fotografías dos campos, charlas de activistas e xornalistas especializados e talleres de comunicación, entre outras actividades. A Deputación, Gadis e mesmo Alcoa (\"tres mil dólares e oito voluntarios para eses días\") tamén fixeron achegas. Abad foxe das simplificacións: \"Xa sei que dirán que por que non lles damos eses miles de euros aos refuxiados; ben, non me importa, sabemos o que queremos conseguir\". Acampa non recadará fondos para os campos, \"esa é tarefa das organizacións que se dedican a iso, a de Acampa é pór a todo o mundo de acordo e dotar a opinión pública de instrumentos para a crítica. Este ano falarase de Siria, no futuro haberá que tratar da necesidade doutros refuxios, por exemplo, para as distintas violencias que padecemos aquí\". Acampa levantará valados e un campamento nos Xardíns de Méndez Núñez, xunto aos edificios modernistas e a estatua de Asorey a Curros \"Acampa ten que servir para iso, para concienciar\", apunta Marga González, \"ir á raíz dos problemas, porque os gobernos o que queren é simplemente impedir que os refuxiados cheguen\". O problema ten cifras inabarcábeis: 65 millóns de persoas fuxindo en Asia e África por causa da violencia. A maior crise humana desde a Segunda Guerra Mundial. Hai quen trata de axudar, coma os voluntarios de Acampa, Amnistía Internacional, ou concellos coma Viveiro, Ribadavia, A Peroxa, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda ou Ribeira. \"É algo, pero non chega\", insiste Marga González, \"falta todo: faltan protocolos, falta un marco estábel común para todas as comunidades, faltan medios materiais para garantir unha acollida digna\". Mesmo faltan os refuxiados. A Guerra Mundial Ahmad Matar ten 32 anos. Matar significa chuvia na súa lingua. Ahmad vén dunha desas pequenas cidades ao oeste de Raqqa, entre as presas que deteñen o Éufrates, as presas que xeran a maior parte da potencia eléctrica naquilo que se chamou o Crecente Fértil. Hoxe Raqqa é o inferno. Un mundo destruído \"por unha guerra que non é a guerra de Siria, é a guerra en Siria\", explica Ahmad, \"a guerra mundial\". Ahmad Matar é carpinteiro. Traballou no Líbano catro anos. E despois ía e viña a Turquía, por traballo. A última vez non o deixaron entrar en Raqqa. Estás fóra da relixión, dixéronlle mentres lle ensinaban un fusil. A relixión é o Islam, a doutrina interpretada polo Daesh, o Estado Islámico de Iraq e do Levante. Até hai unhas semanas, Raqqa estaba en poder do Daesh. Agora mandan os kurdos. A fronteira turca está a menos de cen quilómetros ao norte. Alepo, a douscentos cara ao oeste. \"Teño unha irmá aquí, outra aquí, a familia aquí\", sinala Ahmad nun mapa imaxinario sobre a mesa dun bar na Coruña, \"todos perto, pero separados segundo a zona que controla o Daesh, a dos rebeldes, a de Assad\". \"Nos últimos meses que pasei alí, todo o mundo que levase un vestido negro ou barba larga era un obxectivo para os avións que nos bombardeaban\". Sen traballo, sen auga, sen luz, sen cartos, Ahmad cruzou catro veces até Turquía. Cada unha polo salario dun mes. A última vez tivo que dar volta e acabou nun campo para refuxiados en Grecia. Un mes en Salónica; catro en Atenas; en Idomeni pasou dous meses e medio antes de que o pechasen. Marga González: \"Falta todo: faltan protocolos, falta un marco estábel común para todas as comunidades, faltan medios materiais para garantir unha acollida digna\" \"A xente quería chegar até Idomeni porque desde alí supuñan que sería máis fácil pasar a Macedonia e despois chegar a Alemaña ou Suíza. Había rumores de que ían desaloxar. Pero un día escoitamos os avións, cazas, e helicópteros de guerra. Chegaron e empezaron a sobrevoar o campo. Aquilo foi o caos. A xente entrou en pánico. Moitos pensaron que nos matarían a todos. Dezaseis mil persoas chorando e berrando e sen saber onde meterse. Era o exército grego, a OTAN. Só querían que liscásemos\". A cooperante Nos campos non hai vida, conta Ahmad. É un tránsito no que algúns levan anos. Non hai aulas nin comida nin roupa. Ahmad, que fala algo de inglés, botaba unha man aos cooperantes. Alí coñeceu Leticia Santaballa. E despois, alí mesmo, en Salónica, os pais dela. \"Dixeron que me axudarían se quería intentalo aquí. Penseino. Conseguín a maneira de chegar a Barcelona\" En España hai catro CAR (Centro de Acollida de Refuxiados): dous en Madrid, un en Valéncia e outro en Sevilla. Para entrar nun CAR hai que estar pendente da resolución da solicitude de asilo. Ahmad non pasou por un deles. Nin chegou a acceder ao Programa Nacional de Asilo. Veu para Coruña e despois de oito meses chamárono para unha entrevista na Policía. Foi cunha avogada e había un intérprete de árabe, un marroquino. Non se entenderon. Malia a todo, concedéronlle a tarxeta vermella, seis meses de permiso. Intentou certificar os estudos. \"Non o conseguimos\", conta Leticia, \"piden un selo do ministerio de Educación, outro de Exteriores, outro da Embaixada española en Damasco, que xa non hai; e iso que Ahmad ten os orixinais asinados e traducidos, pero non houbo maneira. Non entenden que ninguén se vai preocupar de ir buscando os selos cando está fuxindo dunha guerra, se nin sequera se pode cruzar dunha zona a outra… E se cruzas, ou te matan ou te collen para loitar\". Ahmad é moi crítico a respecto do Programa Nacional de Asilo, que restrinxe os movementos de quen se acolle mesmo dentro do Estado. A el dábanlle acollida nun piso dunha ONG en Barcelona. Se tivese aceptado, o Plan teríalle marcado durante ano e medio un itinerario no que ás familias con nenas ou nenos pequenos se lles estabelece até un réxime de alimentación. \"Non teñen en conta teu plan de vida, que tamén o temos\", quéixase Ahmad. En 2013 o Parlamento Europeo fixou un sistema común de asilo que mesmo freaba as transferencias de solicitantes entre Estados. O ano anterior, en 2012, 330.000 persoas solicitaran asilo en países da UE, 2.565 en España. A guerra en Siria comezara só un ano antes. Ahmad é moi crítico a respecto do Programa Nacional de Asilo, que restrinxe os movementos de quen se acolle mesmo dentro do Estado A realidade é que cada comunidade autónoma aplica os seus propios protocolos e que o Plan Nacional funciona en segundo que comunidades. Leticia e Ahmad veñen dunha rápida viaxe por esa realidade dos refuxiados en España na procura de información. Contan cunha ducia de situacións denigrantes. \"En Vallecas está o Welcome Hotel, alí chegan refuxiados de todo o mundo, é a primeira parada. Hai categorías para o trato segundo nos explicou algún dos residentes: están os venezuelanos, os sirios e os últimos, os negros…\". De alí pasarán ao CAR e, se entran no Plan, terán axuda económica e vivenda a través dalgunha ONG nunha cidade con prazas de acollida. Ahmad mostra unha foto no móbil da praza da Cibeles, dun cartel na fachada do edificio de Correos. Welcome Refugees. Fai un xesto amargo. \"O Goberno non traballa para isto. Necesitaría cambiar a súa forma de pensar. Debería tirar leccións de Alemaña. E resúltame estraño, porque non é un problema novo. Deberían comezar por escoitarnos\". As pancartas e as proclamas proliferan por todo o Estado tan espontáneas como seguramente cheas de boa intención. Pero seguen faltando os refuxiados que as agradezan. Ahmad falará en Acampa o domingo día 18 ás 11 da mañá no campamento en Méndez Núñez. \"Chamáronme para falar quince minutos. Está ben. Espero que sirva para algo\". Con el estarán Fadile Tibisay Chami, activista siria, e o músico coruñés Xurxo Souto. Despois volverá a rutina, ao tránsito nun limbo legal. É carpinteiro, é mozo e ten un proxecto de vida, busca traballo. Nota: nas fotografías inseridas no corpo do texto aparecen, de arriba a abaixo, o fotógrafo Xosé Abad e Marga González, coordenadora local de Amnistía Internacional. Son da autoría de E.D."}
{"ID": "NOS_56169", "summary": "O percorrido de O que arde polo mundo segue a colleitar parabéns e recoñecementos. Este 10 de novembro obtivo o de mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica, en Grecia.", "text": "O veterano certame, que celebrou a súa edición número 60, tamén distinguíu o protagonista da terceira longametraxe de Oliver Laxe, o fonsagradino Amador Arias, como mellor actor. O filme xa é o segundo en galego máis visto da historia, apenas detrás de Sempre Xonxa (1989, Chano Piñeiro). Estreouse no Estado español o pasado 11 de outubro e aínda se mantén en carteleira nun bo número de salas, 17. As últimas cifras públicas situaban en máis de 50.000 as espectadoras e espectadores que o viron en cinemas."}
{"ID": "NOS_41304", "summary": "En 2012 entregou máis dun millón de euros á mesma entidade, Esclavas de la Virgen Dolorosa, que se refire ás mulleres adultas con diversidade funcional como \"nenas\" e di ofrecer \"rehabilitación a nais solteiras\" e \"capacitación para unha vida honrada\". Alén disto, as instalacións vulneran catro normativas oficiais", "text": "O Consello da Xunta autorizou nesta quinta feira máis un convenio de colaboración entre a consellaría de Benestar e a entidade relixiosa Esclavas de la Virgen Dolorosa co obxectivo de \"contribuír ao apoio do servizo que presta na atención a persoas con discapacidade intelectual\" a través do Centro Residencial Asistencial Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey ubicado na localidade pontevedresa de Crecente. O montante adxudicado desta volta é de 250.000 euros, que veñen sumarse aos 1.038.441,60 euros que o departamento que dirixe Beatriz Mato entregou á mesma entidade en 2012, tal e como publicou o Diario oficial de Galiza o 1 de xuño, enumerando os convenios asinados nos catro primeiros meses do ano. Tales axudas resultan rechamantes, pois o ano pasado deixaron de funcionar o centro de menores de Montealegre, en Ourense, e o de Soutomaior, en Ferrol. Alén destes, o pasado ano a consellaría de Benestar eliminou o centro de atención especializada do Santiago Apóstolo, e privatizou o centro Souto de Leixa, en Ferrol, que acabou sendo propiedade do grupo empresarial CLECE, vinculado a Florentino Pérez. Estes dous últimos centros prestaban atención, xustamente, a persoas con diversidade funcional. \"Nenas\", \"rehabilitación de nais solteiras\", \"capacitación para unha vida honrada\" Porén, cal é o servizo que emprestan as Esclavas de la Virgen Dolorosa e que a Xunta teima en subvencionar con diñeiro público? Segundo elas propias informan na súa páxina web, as \"casas\" que, empregando a toponimia deturpada, ubican en \"Creciente\" e en Mos, as dúas que xestionan na Galiza, acollen mulleres adultas con diversidade funcional. Porén, a entidade refírese a elas como \"nenas\" e salienta que \"para as salvar non se escatima en medio algún\". Se continuamos a ler, a congregación relixiosa explica que \"a misión preferencial está ao servizo da rehabilitación de nais solteiras e do coidado dos fillos\", mulleres ás cales lles ofrecen \"capacitación para unha vida e un traballo honrado\". Cómpre sinalar tamén que a mencionada entidade relixiosa incumpre até catro normativas oficiais. Tamén segundo un documento redactado por elas propias en decembro de 2012 onde anunciaban actuacións de rehabilitación nos edificios, recoñecen \"carencias graves relativas á seguridade de utilización, accesibilidade e incendios\". Nomeadamente, vulneran o decreto 35/2000 sobre a lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Galiza; o Código técnido de edificación; o decreto 243/1995 que regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servizos sociais; e, en relación a este último, a orde de 2007 que o desenvolve."}
{"ID": "PRAZA_2061", "summary": "A Fegamp pechou o primeiro inventario de recursos ofertados por uns 40 municipios e dúas deputacións, 900 prazas que se sumarían ás 300 da Xunta e ás de ONG como Cáritas. Moitas máis localidades ofreceron tamén os seus recursos para engadirse a unha lista que aínda non é definitiva.", "text": "Galicia pode ofrecer xa máis de 1.300 prazas para os refuxiados que están a chegar á Unión Europea, a maioría deles sirios que pelexan por escapar da guerra e do terror do Daesh. A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) pechou este mércores o primeiro inventario dos recursos ofertados xa por diferentes entidades locais, en concreto os definitivos achegados xa por uns 40 concellos e dúas deputacións (a de Lugo e a da Coruña), á espera da oferta definitiva e detallada darredor doutros 30 concellos máis e doutras entidades que amosaron a dúa disponibilidade a colaborar con máis prazas e que agardan agora detallar os seus recursos. Son máis de 900 prazas xa habilitadas e listas -máis de 700 por parte deses 40 concellos e unhas 180 camas entre a Deputación da Coruña e de Lugo- para usar de inmediato ás que se unirían as 300 postas a disposición pola Xunta e as case 130 que, por exemplo, achega Cáritas. En total, máis de 1.300 confirmadas. Pero haberá moitas máis, ao ser esta só unha primeira lista provisional \"á espera de que se pechen os recursos definitivos ofertados por todos os municipios e entidades\", asegura a Fegamp, que agradece a \"enorme solidariedade e rapidez coa que reaccionaron as administracións locais e a cidadanía en xeral\". Uns 40 concellos e dúas deputacións xa puxeron a disposición dos refuxiados 900 prazas A Fegamp actúa como enlace e coordinador entre concellos, deputacións e Consellería de Traballo e Benestar, que está a elaborar un plan de acollida -coa colaboración tamén das ONG- que \"non só supón ofrecer unha vivenda ou axuda económica\", senón \"integrar\" esas persoas que serán \"galegos e españois de pleno dereito en canto cheguen\", tal e como dixo a conselleira Beatriz Mato. Contarán con tarxeta sanitaria, os nenos serán escolarizados e terán acceso a unha renda de inserción. Agora, esta primeira listaxe de recursos pechada foi enviada a Benestar pero tamén á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ambos interlocutores ante o Goberno central, que é quen ten as competencias en Inmigración e quen, finalmente, terá a última palabra sobre a xestión da crise humanitaria no Estado e a repartición dos refuxiados. De repartir os refuxiados segundo a poboación de cada provincia, a Galicia corresponderíanlle menos de 1.200 persoas O número total de refuxiados que chegarían a Galicia nos vindeiros meses aínda se descoñece. Finalmente, serán 17.680 os que acolla o Estado ao aceptar a proposta da Comisión Europea, o que supón a acollida de catro persoas por cada 10.000 habitantes. Destas, 16.321 serán trasladadas desde Hungría, Austria Grecia ou Italia, mentres que o resto chegarán de campos de desprazados na fronteira con Siria e que forman parate doutro programa da UE. No caso de que de distribuísen as persoas entre as diferentes provincias en función da súa poboación, á comunidade autónoma galega corresponderíanlle 1.132 (132 en Ourense, 140 en Lugo, 393 en Pontevedra e 467 na Coruña, aínda que a repartición non será exacta nin está detallada). Entre os concellos que xa ofreceron os seus recursos e un número detallado de prazas atópanse A Coruña, Lalín, Vilagarcía ou Cambados, pero hai moitos máis que xa amosaron a súa disposición a ofertar á espera de detallar toda a súa disponibilidade. Entre eles, Ferrol ou Compostela, onde a administración local presentou xa unha batería de medidas para acoller as persoas refuxiadas en colaboración coas organizacións non gobernamentais e xa ten activo un fomulario para que os cidadáns acheguen as súas propostas de axuda. No caso das cidades de Pontevedra e Vigo, están tamén dispostas e preparadas para ofrecer prazas para os refuxiados, pero aínda non concretaron a oferta. No caso da cidade do Lérez, o Concello pediu á Fegamp que o Fondo Galego de Coooperación xestione a axuda humanitaria e lembroulle que xa habilitou unha achega especial de 25.000 euros para transferirlle ao devandito Fondo en canto sexa preciso. En Compostela, Por outra banda, o Concello de Lugo vén de anunciar este mesmo xoves que ofrece os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller refuxiados sirios, ademais de pór a disposición deles toda a rede municipal de prestacións e axudas sociais. No caso da Coruña, a concelleira e Igualdade, Rocío Fraga, e o alcalde, Xulio Ferreiro, reuníronse con cidadáns sirios que xa viven na cidade e amosaron a súa intención de que os familiares destas persoas que están a escapar do seu país poidan chegar á localidade para \"facer máis doada a súa inserción social\", polo que intentarán trasladar unha listaxe deste grupo de familiares e a súa ubicación actual á Fegamp. Ademais, o Concello da Coruña destaca que houbo xa 63 ofrecementos particulares da cidadanía dun total de 200 prazas para os refuxiados, unhas achegas dos veciños que tamén se deron noutros moitos concellos, aínda que a intención da Xunta é recorrer primeiro aos recursos que ofrecen as institucións e deixar os privados para a súa posible utilización nun futuro. Servizo de apoio do Colexio Oficial de Psicoloxía Por outra banda, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está xa a organizar un servizo de apoio psicolóxico dirixido a este colectivo de cara a \"ofrecérllelo ás diferentes administracións, tanto locais como autonómicas\". Desde a institución estase a crear unha lista de profesionais voluntarios, procedentes dos diferentes ámbitos da psicoloxía, que poidan asesorar para a integración nas comunidades de acollida e \"superar traumas que poidan sobrelevar, tanto de antes do abandono do seu país de orixe como na viaxe a Europa\". \"Unha vez se coñeza como se vai canalizar a recepción de persoas refuxiadas na nosa Comunidade e as necesidades detectadas, porase en funcionamento este servizo grazas á colaboración dos colexiados e colexiadas\", aclara o Colexio. Este ofrecemento únese a outros como o do Colexio de Avogados da Coruña, que xa se puxo en contacto con 93 concellos da provincia para porse á súa disposición para tramitar as peticións de asilo dos refuxiados, ademais de para colaborar en calquera outro trámite que precisen."}
{"ID": "PRAZA_19393", "summary": "O goberno de Baltar adquire un vehículo da marca alemá que Feijóo presentou como sinónimo de \"despilfarro\" e \"luxo asiático\" na campaña electoral de 2009", "text": "Os coches oficiais empregados polos cargos públicos para os seus desplazamentos foron un dos eixos da campaña electoral tras que o PP de Alberto Núñez Feijóo logrou no ano 2009 a súa primeira maioría absoluta. Os conservadores aferráronse aos vehículos da marca Audi do parque móbil da Xunta, a maioría mercados polos gobernos de Manuel Fraga, para caricaturizar ao daquela presidente, o socialista Emilio Pérez Touriño, como un \"sultán\" aficionado ao \"luxo asiático\" de circular nun \"coche fantástico\" dotado mesmo con \"mísiles\". Por iso, prometera Feijóo dous días antes dos comicios, en canto chegase ao goberno vendería o Audi do presidente e cambiaríao por \"un coche feito en Vigo\", aínda que naquela altura na factoría de Balaídos se fabricaban só furgonetas Berlingo e os monovolumes Picasso. Case oito anos despois de proscribir a firma automobilística alemá para as viaxes do Goberno -Feijóo circula nun Citroën C6, fabricado en Francia- no parque móbil de San Caetano aínda quedan varios Audi sen uso definido e noutras institucións gobernadas polo PP séguense comprando automóbiles desta firma. A última en facelo é a Deputación de Ourense, que hai escasos días pechou a compra dun Audi A6 por importe de case 60.000 euros \"con destino ao parque móbil da Presidencia\", isto é, para uso do presidente da institución, José Manuel Baltar, e mais o seu equipo. O proceso para esta compra iniciouse o pasado decembro, cando a propia Presidencia organizou un concurso negociado sen publicidade ao que convidou a tres empresas. Segundo o correspondente informe da mesa de contratación foron dúas compañías as que presentaron ofertas: unha foi Báltico Automoción e outra, Automóviles Pérez Rumbao, ambas pertencentes ao mesmo grupo empresarial. A primeira ofreceu un Volvo S90 por 60.900 euros e a segunda, a gañadora, un Audi A6 Sline de 272 cabalos por 59.900 euros e unha media de consumo de 5,1 litros cada cen quilómetros. Segundo os informes do parque móbil da Deputación a mellor oferta en canto á relación de calidade e prezo foi a do Audi. Segundo a memoria manexada polo ente provincial nesta contratación, o concesionario gañador ofreceu melloras sobre os requirimentos mínimos como \"confort térmico, confort asentos, conectividade e visualización de paneis e instrumentos\". Gómez (PSdeG), a Baltar: \"Se é para vostede terá que dicirlle a Feijóo que está errado, porque el dixo que hai que andar nun Citroën, que se fabrica aquí\" O peche desta contratación foille reprochada ao propio Baltar este venres, no transcurso do pleno da Deputación, polo deputado do PSdeG Ignacio Gómez. Na quenda de rogos e preguntas o tamén alcalde de Ribadavia lamentou que, despois de non ofrecer información sobre os vehículos que a institución prevé alugar, \"vexamos que esta casa vai adquirir un Audi A6\". \"Para quen é o Audi, para o señor presidente?\", pregúntase o socialista, quen lembra a \"campaña de acoso e derribo a un presidente autonómico por esta cuestión\". \"Se é para vostede terá que dicirlle ao señor Feijóo que está errado\", poque o xefe do Goberno galego \"dixo que hai que andar nun Citroën, que se fabrica aquí\". \"Agora mercamos un Audi, imos sobrados\", ironiza Gómez, quen insta os populares a \"lembrar\" que destinar fondos públicos a automóbiles desta marca era \"un despilfarro\" e comportarse coma \"un sultán\". Como adoito, Baltar evitou a resposta en pleno e asegurou que a achegará por escrito."}
{"ID": "PRAZA_19935", "summary": "Os que coñecemos o glorioso pasado do Centro Galego de Bos Aires estamos decepcionados e cheos de tristeza. Agora mesmo e con 110 anos de vida está en proceso de liquidación.", "text": "Os que coñecemos o glorioso pasado do Centro Galego de Bos Aires estamos decepcionados e cheos de tristeza. Agora mesmo e con 110 anos de vida está en proceso de liquidación. Levo no meu corazón a emoción da primeira visita ao cuarto 202 que foi onde morreu Castelao. Fun da man do moi cordial Rodolfo Prada Chamocín a quen coñecera en Montevideo cando, convidado polo Patronato da Cultura Galega, viñera falar sobre o arcebispo Lago González no Día das Letras Galegas. Estiven moitas veces na esquina de Belgrano e Pasco. Falei con todos os presidentes desde a primeira presidencia de Sánchez Villares. Teño estado en moitas ocasións no Instituto de Cultura Galega, os sábados pola tarde, aprendendo cos mestres Antón, Hixinio ou don Bieito de Barallobre. Aquel Centro Galego era a comprobación do triunfo do esforzo emigrante. Os emigrantes eran afortunados xa que tiñan no centro da capital arxentina un fogar propio con manancial e lareira. Non vou facer un resume da importante actividade desenvolvida e da súa enorme contribución ao mantemento da nosa identidade diferenciada. Os interesados poden consultar a ben documentada \"Historia del Centro Gallego de Buenos Aires\" da autoría do doutor Padorno. Quero suliñar que a actual desfeita non é froito nin consecuencia de ningunha crise económica das habituais na moi xenerosa República Arxentina. O afundimento ten responsables que non deben ser buscados fóra senón dentro da institución. Hai que centrar o problema e para iso temos que ir ao hospital ou sexa aos servizos de asistencia médica. A caída en desgracia nace no seo da mutualista cando descende o número de asociados que por un cota mensual teñen dereito a médico e internación hospitalaria. Non houbo visión para especializarse ao baixar de 50.000 a 10.000 socios. Os cartos da Xunta foron estragados no pagamento dunha administración paralela. Os culpables teñen nome e apelido. Son os membros das tres agrupacións históricas (A Terra, Breogán, Celta) que abandonaron a Xunta Directiva uns meses despois das eleccións celebradas o 29 de agosto de 2010. Esta traizón aos ideais dos fundadores marca a caída dunha entidade mutualista que posúe un moi importante patrimonio edilicio cun hospital con capacidade para máis de 300 camas. Os dimisionarios actuaron por vinganza xa que as súas respectivas agrupacións apoiaran ao candidato derrotado nas urnas. O presidente Vello Pombo recibiu un inmerecido golpe baixo nun momento en que buscaba saír do bache mediante acordos varios con autoridades públicas e obras sociais privadas. Cómpre sinalar que o ex presidente Juan Manuel Pérez mantivo o seu compromiso con Vello e co Centro Galego. Os dimisionarios dedicaron os seus esforzos a criticar con dureza a dona Cristina ao tempo que louvaban a don Mauricio. Voume adiantar un pouco para chegar axiña a onde quero ir. As contas eran deficitarias. Houbo que recorrer ao auxilio do goberno nacional para poder pagar os salarios. O 25 de outubre de 2012 asume un interventor xudicial (La Blunda) que desexa arranxar os problemas mediante a obtención de maiores ingresos. As agrupacións non o queren e non colaboran cunha persoa honrada e responsable que da pasos no bo camiño. Non houbo tempo de ver os resultados. O cambio de goberno trouxo o 22 abril de 2016 a un novo interventor (Moyano) que foi recibido con alegría pola maioría dos membros das agrupacións. O idilio durou moi pouco a pesar de estar unidos pola fe macrista. O interventor cumpre ordes: acabar axiña coa mutualista dos galegos. O goberno nacional fórmase con empresarios delincuentes que foron autorizados polas urnas para aumentar o seu patrimonio persoal sempre e cando deixen sen choripán aos votantes de Cristina. O interventor busca un medio de privatizar que non sexa moi chamativo. Quere ir de discreto. Non o consigue. O erro foi a organización dunhas eleccións truchas –fraudulentas-- con certas persoas da agrupación \"Breogán\" e outros candidatos que non eran socios. Non se pode ser máis pelotudo! A présa por privatizar lévao a un acto electoral ilegal que está denunciado no xulgado. O interventor amosa a súa vea máis escura cando convida ao tristemente célebre doutor Burgueño. É de supoñer que os xefes están a presionalo. O tempo pasa e non se concreta a coima. Non vexo outra explicación para a grave ofensa feita aos emigrantes. Espero que pague o desprezo aos socios xa que é inmoral pagarlle unha viaxe desde Madrid a un ex administrador que estafou a quen o designou para un posto de gran responsabilidade. Por agora o interventor conta coa coiraza protectora do réxime macricida pero sabe que ten un prazo para facer caixa. Mentras o interventor argalla matufias para gañar millóns de pesos; a vida social vai de mal en peor. Houbo moitos despidos e tamén novos contratados para exercer de matóns diante dos socios que veñen pedir cita médica. Non se permiten queixas. Así actúa o macrismo en todos os ámbitos sociais que están baixo o seu control. Se quedas sen emprego e protestas recibes paos no lombo que non saen na televisión que está a trasmitir a inauguración dunha fábrica de tubos metálicos en Texas, na cidade de Bay City. O máis patético é ver aplaudir a varios coñecidos das agrupacións do Centro Galego. Agradécenlle ao presidente Macri que invista no exterior --con cartos roubados-- para deixar sen traballo a miles de traballadores da municipalidade de Campana. Son os mesmos que votaron en contra dos máis desfavorecidos. O voto do odio foilles devolto en grandes doses de apropiación indebida dun patrimonio que suaron os moi solidarios devanceiros."}
{"ID": "NOS_22006", "summary": "O xornal dixital non se actualizará o 25 de decembro por descanso da redacción.", "text": "O diario dixital non se actualizará o 25 de decembro. Con motivo do feriado e por descanso do cadro de persoal a páxina permanecerá estática. Desde Sermos Galiza desexámosvos boas festas e que o Apalpador veña cargado de castañas para todas. Lémonos o vindeiro 26 de decembro!"}
{"ID": "PRAZA_15410", "summary": "A asociación ecoloxista entrega os galardóns ás mellores e peores actuacións medioambientais durante 2012 e concede unha das súas 'dioxinas' a Rajoy, Cascos, Cañete, Aznar, De Mesa e Matas \"por converter un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galicia\".", "text": "Un ano máis, a asociación ecoloxista Adega vén de fallar os seus premios Osíxeno e Dioxina nas que recoñece, respectivamente, as mellores e peores actuación ambientais deste 2012. Nesta ocasión, o colectivo premiou co Osíxeno en categoría individual a Alfredo López, ex presidente da Cemma (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), mentres que no plano colectivo, o galardón recaeu na Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo. As dioxinas, pola súa banda, fóronlles outorgadas nesta ocasión ao alcalde do Irixo, Manuel Penedo, así como aos \"políticos responsábeis da marea negra do Prestige\": Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Aznar, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Jaume Matas. No mesmo ditame, Adega concedeu o premio Osíxeno de Honra á platafomra Nunca Máis \"polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país\". Adega premia o labor da plataforma en defensa da ría do Burgo, a Cemma e Nunca Máis Os premios, dos que van alá xa 12 edicións, pretenden \"subliñar as actuacións de persoas ou colectivos a prol ou en contra do patrimonio natural galego\". Nesta ocasión, e coincidindo co xuízo polo Prestige que se celebra unha década despois da catástrofe, Adega quixo destacar co seu Osíxeno de Honra a Plataforma Nunca Máis \"por termar durante dez anos da dignidade do país e reclamar que se xulgue os verdareiros responsábeis\" da marea negra. Coincidindo co xuízo do Prestige, o colectivo sinala \"os responsábeis políticos\" da marea negra Precisamente, Adega concedeu tamén o premio Dioxina aos que considera \"responsábeis políticos da marea negra do Prestige\" (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Arias Cañete, Aznar, Fernández de Mesa e Jaume Matas), xa que \"dez anos despois non van ser xulgados por converter un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza\". En canto ao outro galardón \"á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel de 2012\", na categoría individual Adega destacou o alcalde do Irixo, Manuel Penedo, \"polo servilismo e desleixo amosados diante da ameaza que para o ambiente e á saúde dos seus veciños representaba a construción dunha incineradora de residuos no seu concello\". Pola contra, o premio Osíxeno á mellor actuación ou actitude ambiental do ano foi parar a Alfredo López, ex presidente da Cemma, \"polo seu labor pioneiro de máis de vinte anos en defensa dos cetáceos e doutros grandes vertebrados dos mares de Galiza\". En canto ao colectivo, Adega premia a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, \"polo seu compromiso incansábel coa rexeneración e o futuro produtivo desta ría\". Os premios, consistentes nun diploma e unha escultura comemorativa de Nacho Porto, entregaranse durante a cea de Nadal de Adega, que terá lugar en Compostela este sábado día 15."}
{"ID": "NOS_48617", "summary": "As traballadoras denuncian que \"é vergoñoso como se comporta Alcoa\" e sosteñen que a empresa é viábel para \"seguir funcionando\". Os sindicatos comparten a petición ao Goberno para que interveña a empresa.", "text": "O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, reclamou ao Goberno español que \"sexa valente\" e interveña a compañía, logo de comunicar esta quinta feira que prevé o despedimento colectivo de 534 traballadoras da planta de aluminio. Zan (CCOO) deixou claro que o Goberno \"pode intervir a empresa e quedar cunha parte do accionariado\", polo que lle pide que \"se poña a lexislar\" após \"a falla de respecto por parte da empresa\", pois sinalou que \"é vergoñoso como se comporta Alcoa\". Así mesmo, empraza ao Goberno estatal a facer \"o seu traballo\" e pór en marcha un estatuto para as empresas electrointensivas \"que sexa unha solución e non un problema\". \"Se o Goberno de España ten que intervir a empresa uns meses ou mesmo anos que o faga\", afirma este representante das traballadoras, pero a fábrica \"ten que seguir funcionando\", xa que a considera viábel. Ademais, avisa de que se cae Alcoa en San Cibrao, \"caerá o resto do aluminio en España\". Por iso, o Goberno \"debe defender ao seu país e a súa industria\". O comité de empresa urxe \"un marco estábel para poder funcionar\", e agora mesmo é \"o Goberno quen ten métodos dabondo para poder solucionar o problema\". \"Se Alcoa non quere seguir que se solucione vía unha intervención\", incidiu, \"cunha saída para que o marco estábel estea a funcionar e se teña con quen seguir\". José Antonio Zan lembra que Alcoa foi \"a primeira empresa nomeada como esencial após o decreto do estado de alarma\" e que debía \"seguir mantendo a súa produción\". O responsábel das traballadoras dixo que non se trata só do despedimento de máis de 500 traballadoras, senón de \"se o Goberno quere ter un sector primario forte ou non\". \"Estamos a falar de que se queremos que as médicas e os hospitais sexan as mellores para iso fai falla diñeiro, e para ter diñeiro hai que investir en industria e no sector primario\", aseverou. Caída do 25% do PIB Pola súa banda, a Federación de Industria de UXT mostrou a súa \"total oposición\" ao feche da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao nun anuncio realizado \"en plena alerta sanitaria\", \"o que vai provocar o afundimento económico de toda a provincia de Lugo, dado que o feche da factoría supón a caída do 25% do PIB\". \"Se finalmente se produce, este feche prexudica seriamente a todo o sector industrial español, xa que o noso país non disporá de ningunha capacidade produtiva de aluminio primario e, como se demostrou nesta pandemia, depender de terceiros países para ter esta subministración industrial fundamental leva a non garantir o abastecemento dos procesos produtivos en sectores chave para a nosa economía como o automóbil, a construción, a alimentación\", sostén. UXT tamén defende a intervención da actividade industrial do Grupo Alcoa, incluíndo tanto a produción de aluminio primario como a planta de alúmina, após as \"continuas chantaxes\" do grupo nos últimos anos. Viábel retorno ao público Nesta liña, a CIG aposta por unha intervención e \"o retorno ao ámbito público\" do sector do aluminio, tanto da fábrica de San Cibrao como da Coruña. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que acudiu á reunión desta quinta feira, lembrou que hai un informe da Universidade da Coruña (elaborado a petición do sindicato) que avala a legalidade e viabilidade da adquisición, que se podería materializar a través do SEPI. Xunto a isto, Carril trasladou ao presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, que a CIG \"non consentirá\" que Alcoa aplique estes recortes na produción e o emprego, mentres instou á Xunta e ao Goberno español a \"non colaborar con esta lóxica destrutora de Alcoa\"."}
{"ID": "NOS_13320", "summary": "Na mañá de hoxe, case medio cento de persoas emigrantes e refuxiadas botáronse ao mar desde o buque que os rescatou, o Open Arms, en resposta desesperada ao retraso dos permisos para desembarcar.", "text": "Na véspera, xa saltaran pola borda máis de 70 persoas que foron auxiliadas pola Garda Costeira italiana. O fundador da ONG Open Arms, Óscar Campos, denunciou a través do seu Twitter que se atopaban nunha \"situación límite\" a 1.500 metros da cidade italiana de Palermo e \"sen solución ningunha\". \"Alóngase innecesariamente o sufrimento a bordo non só das persoas rescatadas, tamén da tripulación\", escribiu Campos na rede social, onde tamén quixo compartir imaxes da xente na auga, cos chalecos salvavidas postos."}
{"ID": "NOS_26656", "summary": "A fronte ampla vasca proporá o actual editor de Zaspika como cabeza de lista para as eleccións ao Parlamento europeo que se realizarán en maio.", "text": "O xornalista Josu Juaristi, ex director de Gara e actual editor de Zaspika, é a persoa escollida polas direccións das formacións políticas que se integran en EH Bildu para encabezar a listaxe con que concorrerán ás eleccións ao Parlamento europeo e que se realizarán en maio. Segundo informa o diario Naiz citando fontes da fronte ampla vasca, os \"amplos coñecementos\" sobre a Unión Europea fan de Juaristi \"un gran candidato\" que representará \"os intereses da sociedade vasca nos foros internacionais\" e realizará unha labor diplomática \"importante\" a respeito do proceso político que está en marcha en Euskal Herría. A importancia que EH Bildu concede á tarefa de conseguir representación no Parlamento europeo radica na situación de descomposición do Estado español, mais tamén na necesidade de avanzar no proceso político vasco. Nos vindeiros días, a coligación dará tamén a coñecer o resultado das conversas que está a manter con outras forzas políticas das nacións sen estado, nomeadamente con Galiza e Catalunya, conversas que se seguiron producindo aínda despois de que ERC tomara a decisión de concorrer en solitario ás europeas."}
{"ID": "NOS_7832", "summary": "Entrevistamos María Josep Poquet, integrante do comité de empresa de Canal Nou e Radio Nou. A xornalista pon nomes e apelidos aos responsábeis do desmantelamento da única posibilidade da cidadanía valenciá para se informar na súa lingua propia.", "text": "Malia que o Palau da Generalitat deixara xa ao descuberto as súas intencións de fechar Canal Nou e Radio Nou --a RTVV--, o cadro de persoal entendeuno sempre \"como unha ameaza ao Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciá\", di María Josep Poquet, integrante do comité de empresa da RTVV. Era este quen tiña que ditar sentenza sobre o ERE que deixou na rúa 1.198 traballador@s. A xustiza falou, dixo que o ERE era ilegal e o presidente do goberno, Alberto Fabra, decretou o feche \"inevitábel\" da televisión e da radio públicas porque a admisión d@s profesionais custaría, dixo, 40 millóns e \"ese diñeiro necesitámolo para educación e sanidade\". As declaracións fíxoas antes de rematar o ano en que botou máis de 30.000 docentes fóra das aulas. A RTVV acumula a día de hoxe unha débeda de 1.200 millóns. Cando o PP chegou ao Palau, en 1995, tal débeda era de 22 millóns. \"Non a xeramos nós, senón cinco directivos que están imputados na Gürtel\", di Poquet nunha entrevista que Sermos Galiza publica no semanario en papel, o nº73. A xornalista dá nomes e apelidos dos responsábeis de que a Comunidade Valenciá quede sen a única posibilidade de se informar na lingua propia. Aliás, fala da manipulación, da viabilidade dun cadro de persoal de 1.600 persoas e do investimento que Fabra realiza en sanidade e educación, eses dereitos polos que di 'sacrificar' a radio e a televisión públicas."}
{"ID": "NOS_1898", "summary": "Juan José Nieto (A Coruña, 1958) lidera o grupo de Ecuacións Diferenciais Non Lineais na USC. O matemático vén de recibir o Premio Conde de Cartagena de investigación traslacional que outorga a Real Academia Nacional de Medicina, que recoñece un traballo sobre o impacto da ciencia integral na loita contra Covid.", "text": "Aproximacións interdisciplinarias e ciencia integral na loita contra a Covid-19 e futuras epidemias. É o título do traballo galardoado pola Real Academia Nacional de Medicina. De que trata? Trátase dunha recompilación de distintos aspectos para loitar contra a pandemia da Covid desde distintos ámbitos: a biomatemática, a física, a economía, por suposto desde as ciencias biolóxicas e biomédicas, a medicina... A loita ten que ser global e interdisciplinar. É a tese do traballo, que salienta diferentes formas de combater a pandemia desde todas as ciencias. Como matemático, que supuxo para vostede recibir este recoñecemento? De entrada, unha alegría moi grande, tamén porque entra dentro do inesperado. Que a Real Academia de Medicina distinga o traballo dun matemático non é o habitual. Cal foi a maior contribución das matemáticas á loita contra o coronavirus? Na súa orixe foi a modelización da epidemia a través de sistemas dinámicos clásicos. Pero xa desde o principio tivemos que adaptarnos á súa evolución. Incorporamos a figura dos superprodagadores, a aparición de novas variantes, a chegada das vacinas. A estratexia óptima de vacinación é unha cuestión moi importante que ten que ver coa protección da poboación, mais tamén cun uso eficaz dos recursos. Agora mesmo, durante a sexta vaga, hai moitas persoas infectadas con síntomas leves. A cobertura vacinal da poboación é moi alta e a porcentaxe de enfermos graves é moito menor. Pero ter en conta a cantidade de doentes que necesitará ingreso ou coidados críticos segue a ser moi importante. Mais tamén o número de persoas que non poden ir traballar, o número de crianzas que teñen que quedar na casa. As consecuencias económicas e en termos de coidados son moi complexas. A súa achega como investigador foi mudando co propio virus. Ao comezo o fundamental era saber como ía evolucionar o número de infectados e hospitalizados. Non tiñamos máis información. Xa na segunda e na terceira onda empezamos a ver que factores influían na propagación do virus: factores ambientais, de idade, de xénero... Toda unha casuística que aínda tratamos de desentrañar, capaz de explicar cales son os factores decisivos para que unha persoa se infecte ou non. Onde centra agora mesmo o seu interese arredor da Covid? Tratamos de ver como evolucionan as infeccións, pero é máis difícil porque as medidas están cambiando continuamente e conviven distintas variantes. Tamén estamos desenvolvendo o que se chama un xemelgo dixital para estudar a evolución da epidemia da Covid. Un xemelgo dixital é como unha execución dixital do que acontece na realidade, algo que xa se emprega para o seguimento de barcos ou avións. Envían datos en tempo real ao xemelgo dixital, que fai simulacións e prevé o que pode pasar, de forma que permite corrixir a súa traxectoria para seguir o rumbo que un desexa. Iso é que estamos a facer: desenvolver algúns deses métodos para o seguimento desta pandemia. As matemáticas demostraron que ademais de facer predicións tamén poden servir á prevención. Desgraciadamente a Covid fixo que lle dedicásemos moi tempo. Da súa evolución e do seu comportamento aprendemos moitas cousas que poden ser útiles no futuro. De feito, parte do noso interese tamén se centra en adaptar os modelos que se axustan a esta pandemia a outras que poidan xurdir. Hai que telos presentes para futuras variantes e mesmo para epidemias doutra natureza, a sabendas de que chegado o caso, teremos que seguir aprendendo. Xa traballaran con outras epidemias no pasado? En 2013 e 2014 traballamos co gromo de ébola que se deu en África. Utilizamos unha serie de modelos para ver como evolucionaba e no seu momento fixemos unha serie de predicións que foron bastante correctas. Axudou a Covid a un recoñecemento especial das matemáticas? Na era do bigdata puxo de manifesto que non é tan doado procesar tanta información como xerou a pandemia e utilizala para tomar as medidas adecuadas. Con todo, a ciencia non é individual. Precisa equipos interdisciplinares formados por médicos, biólogos, farmacéuticos, pero tamén por expertos en datos, matemáticas, física, climatoloxía. Chegou a Covid ás aulas de matemáticas para explicar os contidos da materia? Hai problemas moi sinxelos que se poden propor nas escolas para ver como evolucionan as infeccións ou o número de virus, que segue unha lei moi sinxela. E hainos máis complexos, que xa teño compartido co alumnado do último curso do grao de Matemáticas. Investigación, un investimento esencial Juan José Nieto Roig, membro do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática da Galiza, asegura, tras dous anos de pandemia, que a Covid-19 contribuíu a naturalizar a importancia da ciencia. \"Todo o mundo o di e parece que todos somos mais conscientes de que a ciencia é importante, pero dáme a impresión de que non se están a tomar as medidas pertinentes. Onde está o centro estatal de epidemioloxía para estudar esta e outras epidemias futuras? Eu non o vexo e parece obvio\", asevera. Tamén pon o foco na investigación e no investimento que recibe. \"Formar o persoal investigador custa moito tempo e diñeiro. É certo que ás veces a investigación básica non ten resultados inmediatos pero é evidente que é esencial. É un investimento necesario a longo prazo\", conclúe."}
{"ID": "NOS_41944", "summary": "Representantes da Alianza Libre Europea visitarán o campamento para persoas refuxiadas de Francia.", "text": "Chámanlle 'A xungla' polas condicións que atinxen as persoas que se amorean no interior do campo de refuxiad@s de Calais (Francia). En total, unhas 4 mil , segundo os dados de ACNUR entre Calais e máis de 6.500 ao sumar as que se atopan no outro campamento do norte, Grande-Synthe. Neste senso, unha delagación da Alianza Libre Europea (ALE) da que fai parte a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, visitará o campamento na segunda feira (15 de febreiro). \"Europa presume de ter entre os seus valores supremos a dignidade das persoas, pero deixa que miles de seres humanos estean en condicións deplorables, incapaz de reaccionar a denuncias como a desaparición de 10.000 menores refuxiados. A inacción política da UE é unha vergoña intolerable\", denunciou Ana Miranda. Ana Miranda visitará o campamento o 15 de febreiro As condicións de insalubridade, das que advirte a propia ACNUR, que padecen nomeadamente as crianzas xunto coas agresións xenófobas das que están a ser branco, provocaron en novembro de 2015 o levantamento das persoas refuxiadas que foron duramente agredidas polas forzas policiais francesas que mesmo empregaron gases para as dispersar. Aquela intervención policial foi denunciada polo artista urbano Banksy que pintou un mural ás portas da embaixada francesa en Londres na que adxuntou –através dun código QR-- a gravación da actuación policial. Non era a primeira vez que o artista denunciaba a situación que atinxe Calais e o conxunto de persoas refuxiadas. Neste senso, outros traballos de Banksy puxeron o foco sobre esta cuestión política da man de murais sobre Steve Jobs, Os Miserábeis ou mesmo cunha reprodución do castelao de Disneyland Paris que localizou no campo de refuxiad@s francés."}
{"ID": "NOS_9044", "summary": "A firma téxtil, que gañou 3.639 millóns de euros o pasado ano, ofrece a súa rede loxística para traer material sanitario desde a China e mesmo estuda fabricalo nas súas instalacións", "text": "Inditex está a notar os efectos do coronavirus COVID-19, aínda que de momento non quere facer estimacións do impacto nas vendas.. O grupo fundado por Amancio Ortega presentou hoxe as contas do exercicio 2019-2020, no que obtivo un beneficio neto de 3.639 millóns de euros, 6% máis, pese a provisionar 287 millóns de euros polo coronavirus. O crecemento foi especialmente significativo na plataforma 'online', con 23% máis de facturación, até os 3.900 millóns de euros, o que representa 14% do total das vendas do grupo. Na presentación dos resultados ante investidoras, o presidente de Inditex, Pablo Isla, recoñeceu que a crise do coronavirus está a ter un impacto \"moi significativo\" nas vendas. Aínda así, a multinacional manexa unhas taxas de crecemento a longo prazo de entre 4% e 6%. Isla sinalou que \"a situación excepcional fai imposíbel facer predicións\" e emprazou ás analistas ao mes de xuño para contar coas primeiras estimacións reais do impacto da crise. Sen contestar directamente ás preguntas sobre a posibilidade dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) en Inditex, o presidente da multinacional, asegurou que preservará todos os postos de traballo. Tamén anunciou que porá a disposición do Goberno español a súa rede loxística e de provedores para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria. Material sanitario Neste senso, a firma xa está preparada para traer desde a China o material como máscaras, guantes, gafas protectoras, gorros, calzas e protectores faciais que merque directamente o Goberno español. Ademais, Inditex está a \"explorar\" a conversión de parte da súa capacidade de fabricación á produción de material sanitario. A compañía xa identificou como posíbel referencia a fabricación de batas protectoras, para o que é preciso realizar unha serie de axustes sanitarios e confirmar a dispoñibilidade de materia prima, apuntan desde a multinacional."}
{"ID": "NOS_1526", "summary": "A organización vasca intentará agora \"propiciar conversas para avanzar o proceso de paz\" e \"reforzar as tarefas políticas para a confrontación democrática\".", "text": "A organización armada ETA afirma no seu último comunicado que desmantelou as estruturas derivadas da loita armada como parte dunha transformación para pasar á \"confrontación democrática\", un proceso cuxo elemento central é, segundo indica, o selado dos seus depósitos de armas. Ese proceso de transformación ten como obxectivo realizar \"o tránsito do ciclo da confrontación armada á confrontación democrática\", segundo explica a banda no comunicado, datado o 15 de xullo e sobre o que publicou un avance o portal do diario 'Gara', Naiz.info. Nesta remodelación, ETA destacou o desmantelamento, xa culminado, das estruturas loxísticas e operativas derivadas da práctica da loita armada. Outra decisión que tomou a organización independentista é reforzar a estrutura para a tarefas políticas, \"así como as que teñen como obxectivo propiciar conversas entre as diferentes partes para facer avanzar o proceso de paz\", di no comunicado."}
{"ID": "NOS_3821", "summary": "As entregas deste especial acompañan o 'Nós Diario' de terzas a sextas feiras.", "text": "Esta sexta feira, 30 de setembro, é o último día no que as persoas subscritoras poden solicitar, de balde, o cartafol do coleccionábel Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu, para reunir as 34 entregas que se entregan de terzas a sextas feiras co Nós Diario entre setembro e outubro. Para pedilo é preciso enviar un correo a subscricion@nosdiario.gal antes do remate do día. As persoas non subscritoras poderán encargalo, por 7 euros, nos quioscos até o vindeiro 7 de outubro. Grande acollida A iniciativa promovida por Sermos Galiza S.A. está a contar cunha gran acollida entre as persoas lectoras e subscritoras de Nós Diario, que agradecen o labor de difusión e promoción dunha etapa histórica do país. O coleccionábel dos reis e as raíñas chega ao ecuador cunha grande acollida Outro dos aspectos destacado por subscritoras e lectoras do xornal é que Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu está a ser un proxecto desenvolto con perspectiva de xénero, un elemento transversal na totalidade dos contidos. Os 34 números do coleccionábel e os capítulos do podcast afondarán nas biografías de 17 raíñas galegas, estudando o seu papel no reino da Galiza. O proxecto contempla a elaboración dun banco de datos dixital con información complementaria á publicada nos cadernos e nos podcast, ademais de oito rutas culturais en Compostela, Cambre, A Coruña, Culleredo, Betanzos e Pontedeume."}
{"ID": "QUEPASA_912", "summary": "A Biblioteca de Corcubión énchese de contos polo Día Mundial das Bibliotecas", "text": "O domingo 20 de outubro ás 20:00h na Casa de Cultura de Corcubión dará comezo o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA (FEDERACIÓN DE TEATRO AMADOR GALEGO) coa estrea da obra \"Papiroflexia\" de Fernando Castro Paredes, recentemente galardoado co Premio de Teatro \"Rafael Dieste\" convocado pola Deputación da Coruña. A representación será levada a cabo pola compañía \"Farándula Velutina\" pertencente á asociación cultural corcubionesa \"As Nove Musas\" da que é membro o escritor. AMATEGA quere con este ciclo achegar o Teatro Amador á cidadanía, e poñer de manifesto o traballo dos seus socios. Desde a federación agradecen aos concellos colaboradores a boa acollida a esta iniciativa."}
{"ID": "NOS_21193", "summary": "As familias estanse a poñer á fronte da rebelión contra a reválida do alumnado de 3º de primaria. A Consellaría de Educación recibiu xa os primeiros escritos asinados polas familias nos que se manifestan en contra e anuncian que non levarán aos seus fillos e fillas ao centro os días das probas.", "text": "37 nenos e nenas dos 46 que cursan 3ª de primaria no CEIP López Ferreiro de Santiago non irán os días 27 e 28 de maio ás aulas. Decidíronos os seus pais e nais e hoxe fixéronllo saber ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun documento que rexistraron este serán na sede central de San Caetano. Os pais e nais do López Ferreiro comunícanlle ao departamento de educación da Xunta que non terá alumnado nas aulas os días que tiña previsto sometelos ás probas de avaliación e xustifican a súa decisión, en primeiro lugar, por consideraren que non é atinado, do punto de vista pedagóxico \"someter ao alumnado de oito anos a unha presión innecesaria\". Como o centro público de Santiago, outros grupos de pais e nais e ANPAS de centros están a decidir facerlle fronte á reválida apoiando a proposta de non levar o alumnado ao centro de ensino nesas datas, convite que lanzou tamén a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Desconfianzas da Consellaría Lamentan, tamén que a Consellaría desconfíe do traballo de titores e titoras xa que, segundo sinalan, \"ninguén mellor ca eles/elas e o equipo docente do centro para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como os medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a súa aprendizaxe e rendemento escolar.\" Ademais de anunciar que non enviarán os seus fillos e fillas ao colexio os días 27 e 28 aproveitan para apuntar que a Consellaría está a \"malgastar os fondos públicos, malia as múltiples carencias dos centros\". Esixen tamén a destrución de datos de carácter persoal que a Consellaría manexe no ficheiro que denominan \"avaliación do sistema educativo\"."}
{"ID": "NOS_11714", "summary": "O deportivismo de base non para de bulir, inquieto perante a grave situación financeira que ameaza o clube. 56 peñas branco-azuis convocan este domingo unha concentración en Riazor á conclusión do Dépor-Las Palmas.", "text": "Até 56 peñas deportivistas, entre elas os Riazor Blues, mantiveron esta sexta feira unha cimeira na Coruña, traducida nun manifesto conxunto. As agrupacións de seareiras e seareiros piden ao Ministerio de Facenda, maior acreedor do clube, que se aveña a \"consensuar un acordo\" e que abandone a súa \"actitude extrema de non negociar\". Para o deportivismo de base, a oferta de Facenda ao Deportivo é inaceitábel porque proporía asinar un convenio \"cunhas porcentaxes e tempos de pagamento\" moito menos favorábeis do que en acordos asinados con outros clubes \"apremiados polas débedas dos anos dourados e competitivos da nosa liga\". Asinaron este texto conxunto as peñas seguintes: Penique, Miau Miau, Curriolos, Chusma Blanquiazul, Juan Domínguez Narón, Juan Domínguez Coruña, Deportivistas de Teixeiro, 1906 Cazolo Furado, Peña Deportivista de Ares, Verín Pablo Amo, Campeón Zaragoza, Peña Deportivista de Barcelona, As Somozas, Cheka, Centenariazo, Parke, Bodipo-Casa Freire, Jabalí, Comarca do Deza, Conxuro Branquiazul, Cataliño, A Ulla de Monterroso, El Bierzo, A Pera de Arzúa, Hotel Aeroporto Sul, O Previo, O Grove, Chaflán, La Cuesta, Centolo, Teixeiro, Laure, Pablo Insua de Arzúa, O Boi de Allariz, Dino´s, La Clave, El Toro, Turuto, Cambresa, Álex Bergantiños, Bicho Rivera, Fernando Vázquez, Pes K-2 Abegondo, Cerne Blanquiazul, Fran de As Pontes, Tablilla, Bruno Gama, RCD Meicende, Tabeiro, Javi Rego, Viana do Bolo, Roca de Vilalba, Ría de Ribadeo, Pardo de Cela de Alfoz, Rincón de Mondoñedo e os Riazor Blues. Respalda tambén este manifesto a páxina de Facebook EHNRS. As peñas asinantes do manifesto achan que La Voz de Galicia está a presionar a Facenda co propósito de \"alentar a liquidación\" do Deportivo Alén de se dirixir a Facenda, tamén o fan a La Voz de Galicia, rotativo que se ten caracterizado nos últimos anos por unha liña editorial moi agresiva con Lendoiro. En concreto, demandan ao diario propriedade de Santiago Rey que cese na súa \"enfermiza campaña desinformativa de acoso e derrubo sistemático ao Dépor e ao deportivismo\". As peñas branco-azuis asinantes do manifesto achan que La Voz de Galicia está a presionar a Facenda visando como único obxectivo \"alentar a liquidación do noso histórico e centenario clube\". Hai tamén unha dedicatoria para a Alcaldía da Coruña, ocupada polo Partido Popular, formación política que nos últimos tempos ten apostado claramente pola candidatura de Tino Fernández á presidencia do clube (isto é, ten feito campaña contra Lendoiro, o que fora nos tempos de maior suceso do vazquismo o seu máximo referente local). As peñas reprochan ao alcalde, ben como a \"políticos municipais e poderes fácticos coruñeses\", que nos días de viño e de rosas corresen a se fotografar no palco de autoridades e que, en troca, agora, co clube abafado pola súa situación financeira, \"nunha das peores treboadas que se recordan nestas costas\", din metaforicamente, deixasen a deriva a quen consideran \"o verdadeiro buque insignia coruñés e galego\". Concentración A conclusión do manifesto é a convocatoria dunha concentración este domingo 19 de Xaneiro ao termo do encontro que enfrenta o Deportivo co Las Palmas. Un choque moi especial porque será o último de Lendoiro no palco, após 25 anos de xestión ininterrumpida ao frente da presidencia do clube, e porque será o do retorno de Valerón, un dos futbolistas símbolo dos mellores anos da historia do deportivismo. As peñas convocan a \"toda a masa social deportivista\" a se concentrar na porta cero do estadio para \"exixir respeito\" ao Deportivo e para \"exercer presión para solucionar a devandita situación\". Toche pasa recoñecimento médico Mentres tanto, o clube continúa a facer xestións para se reforzar no mercado de inverno. Así, esta mañá pasou recoñecimento médico o dianteiro Toche (1983), vindo do Panatinaikos, e todo apunta a que nas próximas horas se concretizará tamén a incorporación do extremo luso Salomão, un futbolista desequilibrante que retornaría a Riazor e en quen Fernando Vázquez confía para encher o oco deixado pola marcha de Culio."}
{"ID": "PRAZA_17016", "summary": "Unha década despois de que Feijóo prometese construír el unha nova liña se non o facía o ministerio, este anuncia sen prazo mil millóns para mellorar o trazado de 30 dos 117 quilómetros desde Ourense Concello e Deputación lucenses e oposición parlamentaria critican o anuncio do ministerio Arriva pide autorización para operar trens entre Porto e A Coruña", "text": "Concello e Deputación lucenses e oposición parlamentaria critican o anuncio do ministerio Arriva pide autorización para operar trens entre Porto e A Coruña Lugo non vai ter AVE, malia que o 10 de xaneiro de 2009 Alberto Núñez Feijóo, daquela candidato á presidencia da Xunta, prometese que el construiría a conexión desa cidade e de parte da provincia con Ourense e o resto da rede e pasaría despois a factura ao Ministerio de Fomento se este non o facía. Este luns, a un ano das eleccións municipais, o agora ministro, Íñigo de la Serna, presentou os seus plans de futuro para a liña, que pasan por mellorar o trazado de 30 dos 117 quilómetros da vía actual cun investimento duns mil millóns para o que non hai prazo. Antes, outras melloras por 238 millóns permitirán reducir para 2021 a viaxe entre Ourense e Lugo a unha hora. Para facer estes anuncios Fomento organizou unha curta viaxe en tren ata Lugo coa que amosar un treito recentemente mellorado, excursión para a que tivo que recorrer a autobuses para chegar ao seu punto de partida, evidenciando así o deficiente servizo ferroviario da provincia. Unha década despois de que Feijóo prometese construír el unha nova liña se non o facía o ministerio, este anuncia sen prazo mil millóns para mellorar o trazado de 30 dos 117 quilómetros desde Ourense Ao tempo que anunciaba os seus plans de futuro para a liña entre Ourense e Lugo, Fomento quería amosar a autoridades e xornalistas a recentemente posta en servizo variante da Pobra de San Xiao, un treito de novo trazado de 7 quilómetros que tardou 11 anos en rematar para evitar varias curvas e pasos a nivel da vella liña. Pero ningún dos escasos trens diarios que circulan en sentido Ourense-Lugo o fai no horario matinal que conviña ao ministerio. Así que para chegar en tren a Lugo na mañá deste luns tras circular pola variante da Pobra de San Xiao a Fomento non lle quedou máis remedio que fretar un tren especial, un Alvia de longo percorrido, ao que subiu os seus invitados en Sarria, a só 40 quilómetros da cidade. Pero para iso tivo que desprazar ata alí a eses invitados en autobús, mesmo medio de transporte que logo volveu empregar en Lugo para volvelos mover da estación de tren ata a sede da Subdelegación do Goberno na que o ministro realizou os seus anuncios, a un quilómetro de distancia. O que alí dixo foi que o seu plan de futuro para a liña Ourense-Lugo, descartado o AVE, pasa por outras dúas melloras similares á realizada nesa variante da Pobra de San Xiao. Isto é, construír outras dúas variantes, de 12 quilómetros nos Peares e de 18 en Rubián, que eviten os treitos máis lentos da liña actual. Pero Adif, a empresa pública que xestiona a rede ferroviaria, aínda está a realizar os estudos previos para esas actuacións, polo que non teñen prazo, mentres que o seu custo oscilaría, segundo a opción que se elixa, entre os 800 e os 1.200 millóns. Á espera dos treitos de novo trazado, sen prazo, Adif está a redactar os proxectos para outras melloras do trazado actual, como a electrificación entre Lugo e Monforte e a supresión de pasos a nivel Antes, a mesma Adif xa está a redactar os proxectos para outras melloras do trazado actual, como a electrificación do treito que falta por estalo entre Lugo e Monforte e a supresión de pasos a nivel. Son actuacións todas elas que, ante a constatación de que o AVE non se faría, xa viñan sendo propostas como mal menor pola Deputación e o Concello de Lugo así como por outras vilas intermedias co apoio do Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal. Segundo indicou este luns Fomento, esas outras actuacións de mellora a curto prazo suporán un investimento de 283 millóns. O obxectivo fixado por Fomento, á espera da futura execución das dúas novas variantes, é que as melloras que se realicen a curto prazo permitan que en 2021 Lugo poida estar conectada con Ourense en algo menos dunha hora e con Madrid en algo menos de catro horas. Será un ano máis tarde que a gran rebaixa de tempos que chegará ao resto de Galicia cando entre en servizo en 2020 o groso da liña agora pendente entre Zamora e Ourense. Porén, para aquela aínda estará sen rematarse o aínda hoxe non iniciado último treito duns 14 quilómetros entre Taboadela e Ourense que suporá o remate auténtico do AVE a Galicia e que non chegará ata mediados da próxima década. É con esa perspectiva de mellora da conexión con Lugo coa que agora o presidente Feijóo xa non fala de que esa cidade terá AVE, malia a súa promesa de hai unha década, senón de \"estender\" ata Lugo as vantaxes que terá o AVE a Madrid que pase por Ourense."}
{"ID": "PRAZA_11985", "summary": "Hoxe son outras as forzas que nos esbilan a humanidade, que nos rouban o sentido de ser, simplemente, sen a mediación da superestutura allea. Velaí a nosa dependencia nas redes sociais para definir quen somos, que distorsionan os valores da interacción humana física. Ou a moda do modo multitarefa que se nos impón nos nosos lugares de traballo como boa práctica, aínda que o noso sistema nervioso non se axeite a facer varias cousas ao mesmo tempo, e quede conseguintemente atoado.", "text": "Sempre houbo deshumanización da vida. Dende que medraron as grandes relixións e impuxeron unha determinada cosmovisión nas nosas existencias diarias. Así fixo o sistema feudal e a rixidez social daquela escaleira ao ceo, que ía do labrego ao Rei. Ou o sistema militar, que estripa o individualismo para formar greas de tropas unidas. Ou o mamut comunista ao atropelar a espiritualidade individualista. Ou a máquina capitalista que nos reduce a autómatas, a consumistas consumidos por acadar certo status, e para mantelo. Hoxe son outras as forzas que nos esbilan a humanidade, que nos rouban o sentido de ser, simplemente, sen a mediación da superestutura allea. Velaí a nosa dependencia nas redes sociais para definir quen somos, que distorsionan os valores da interacción humana física. Ou a moda do modo multitarefa que se nos impón nos nosos lugares de traballo como boa práctica, aínda que o noso sistema nervioso non se axeite a facer varias cousas ao mesmo tempo, e quede conseguintemente atoado. Ou a doutrina de choque aplicada a gran escala, a política da austeridade e o nefasto espallamento do concepto de que temos sorte en ter traballo. Como podemos contrapesar esa deshumanización das nosas vidas? Curiosamente, chégannos posíbeis estratexias dende a beira da morte. Unha enfermeira que aconsellaba a moribundos nos seus días derradeiros revelou hai pouco cales eran os arrepentimentos máis comúns de entre os que nos asolagan ao remate da vida. A xente ao parecer arrepíntese de traballar tanto, e de non poder por iso gozar a xuventude dos fillos e a amizade da súa parella. Láiase de non ter máis valor para expresar os sentimentos, de non arrepoñérselle á xente cando había que facelo. Magóalle á xente, especialmente cando lle chega a agonía, non ter tanto contacto cos amigos. A eses pacientes tamén lles gustaría ter a oportunidade de estar máis contentos por actos da propia vontade, e non quedar preso das pautas comúns de comportamento e costumes persoais. Mais o maior remorso era o de non teren a valentía de vivir unha vida máis fiel a si mesmos, e non a que outros querían que vivisen. De non viviren os soños. Contra a deshumanización da vida, eis a humanización que nos devolven os mortos."}
{"ID": "QUEPASA_650", "summary": "Última hora: O xerente da tenda foi ingresado en prisión sen fianza.", "text": "A Garda Civil de Carballo e de Corcubión, tiveron que traballar conxuntamente para deter ao xerente dunha tenda de colchóns de Cee por un suposto de lito de estafa, falsedade documental e usurpación de estado civil. Segundo informa a Garda Civil no marco da chamada \"Operación Somier\", o detido usaba datos dos seus clientes para realizar contratos no pactados. Ofrecía financiamento para a compra dos seus produtos, e unha vez aportada a documentación e aceptadas as condicións por parte do cliente, tramitaba o préstamo por unha cantidade maior, ingresando o importe nunha conta ao seu nome. O suposto autor das estafas chegou a usar os datos dunha das súas vítimas para sacar unha tarxeta de crédito ao seu nome coa que posteriormente realizou cargos de tpv e retirada de cartos en efectivo. O importe do defraudado ascende a máis de 28.000€ e non descartan que haia máis perxudicados."}
{"ID": "NOS_25876", "summary": "A CIG alerta para as \"devastadoras consecuencias\" que a reforma laboral está a ter no mercado laboral ao disparar a temporalidade", "text": "Non hai traballo, e o que hai, é cada vez máis precario e eventual. Un escenario que están a denunciar desderiba hai tempo os sindicatos, nomeadamente a CIG, e que volve ser posto riba da mesa tras os últimos datos de desemprego na Galiza. A central nacionalista advirte que segue a caer a contratación indefinida, que pasou do 9 ao 8,1 por cento, \"constatándose un incremento da temporalidade\". Neste sentido, a CIG sinala que pese a que en maio o número de persoas desempregadas reduciuse en 1.036, nese mes rexistráronse un total de 52.000 contratos máis que no anterior. Os datos de contratación e de paro veñen demostrar, segundo explica Antonio López Rivera, secretario confederal de Emprego da CIG, \"a nula efectividade que está a ter a reforma laboral, canto a creación de emprego\". Por contra, salienta \"os devastadores efectos que está a provocar incrementando a eventualidade e unha elevadísima rotación no escaso emprego existente e, en consecuencia, unha maior precarización das condicións laborais\"."}
{"ID": "NOS_8564", "summary": "\"A Xunta elude esta responsabilidade e non temos ningunha perspectiva. O que pedimos é un plan ordenado, un plan de industrialización, un plan que cumpra obxectivos e poidamos fiscalizar, porque o resto son promesas infundadas e cortinas de fume\", advirte Fran Cajoto.", "text": "O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, vén de comparar o proxecto de fibras téxtiles da multinacional portuguesa Altri coas \"promesas incumpridas\" pola Xunta da Galiza anos atrás en relación co impacto que tería Pemex no país. Cajoto critica que se descartase a localización da Mariña, mentres lamenta a ausencia de noticias sobre esta operación comprometida agora para o municipio de Palas de Rei. O rexedor sostén que se falaba inicialmente da Mariña porque respondía a \"un claro interese electoralista\". \"Cando foi o punto álxido da crise de Alcoa saíase con isto, pero agora xa non interesa mediáticamente e politicamente as cousas vanse esquecendo\". \"É o mesmo que pasou con Pemex\", equipara. \"Era o que anunciabamos, cando primeiro incumpriu a promesa [Alberto Núñez] Feixoo de traer Altri para A Mariña, cando traizoou toda unha comarca cambiando de localización cando non tiña ningunha lóxica\", protesta. Será Altri o Pemex de Rueda? O alcalde de Foz lembra que o novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, \"puxo deberes a Pedro Sánchez pedindo fondos europeos e cando recibe unha resposta positiva dá tres pasos para atrás\". \"Agora a empresa non ten claro o investimento\", di, ao tempo que advirte que \"xa está ben de xogar coas expectativas e coas perspectivas de futuro da provincia e dunha comarca\". Fran Cajoto reivindicou que a Xunta poña en marcha \"dunha vez por todas\" unha \"política industrial que non existe por ningún lado\", sobre todo \"unha política industrial que sirva para A Mariña\". A Xunta insiste nunha excepción para que Altri encaixe nos fondos europeos \"A Xunta elude esta responsabilidade e non temos ningunha perspectiva. O que pedimos é un plan ordenado, un plan de industrialización, un plan que cumpra obxectivos e poidamos fiscalizar, porque o resto son promesas infundadas e cortinas de fume\", censurou. O pasado mes de xullo, Altri anunciou a súa intención de atrasar a 2023 a súa decisión final acerca deste investimento previsto no municipio de Palas, que suporía a creación de entre 2.000 e 2.500 postos de traballo, segundo as previsións da compañía."}
{"ID": "NOS_41399", "summary": "Elisabet é unha das voces que compoñen a Asociación Nós Mesmas. O colectivo LGTBIQ tamén fai parte da convocatoria do 8 de marzo.", "text": "Elisabet Pérez fai parte de Nós Mesmas. Un colectivo que desde Vigo traballa a prol da visibilidade lésbica e bisexual. Neste 8 de marzo tamén a loita a prol das liberdades sexuais centrará as reivindicacións do movemento feminista galego que se manifestará polas rúas de Compostela a partir das 12.00h. Cales son as razóns para se mobilizar este 8 de marzo?Reivindicarmos os dereitos das mulleres e denunciar as consecuencias que teñen as políticas e reformas que se están a desenvolver, tanto na educación como na sanidade, que non melloran a nosa situación senón que a empeoran. Como valorades desde Nós Mesmas a manifestación unitaria?O movemento feminista decidiu unirse hai dous anos para exixir xuntas os nosos dereitos, arredor da reforma da lei do aborto. Esta nova convocatoria responde á necesidade de continuar a defender os nosos dereitos. Mais cun carácter máis transversal, non si?Si. Vai adquirindo pluralidade pois atínxennos tamén outras loitas. Como comentaba antes, no plano da educación, da sanidade... esta loitan ten que se transversalizar. \"Temos que participar das mobilizacións se queremos que as cousas cambien realmente\" Está a loita polas liberdades sexuais nun segundo plano?Cómpre visibilizar a loita polas liberdades sexuais. Así as cousas, na Galiza o movemento feminista colle as nosas reivindicacións. Entre outras, a defensa do dereito aos tratamentos de reprodución asistida na Seguridade Social após sermos excluídas. Queda moito por facer mais a acollida está a ser boa. E para alguén que non participase nunca no 8 de marzo, que lle dirías?Hai razóns dabondas para vir coa situación actual que temos na Galiza e no Estado español. Temos que participar das mobilizacións se queremos que as cousas cambien realmente. Ninguén nos vai agasallar nada."}
{"ID": "NOS_38507", "summary": "O informe sobre indicadores demográficos básicos de 2020 do INE permite comprobar o impacto da pandemia da COVID-19 nas estatísticas de poboación, marcando récords como o menor número de nacementos desde que comezou a serie histórica en 1941.", "text": "492.930 persoas morreron no Estado español en 2020, o número máis alto rexistrado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) desde 1920, en lugares como a Comunidade de Madrid, a variación do número de defuncións con respecto a 2019 alcanza o 41,2% no ano de irrupción da pandemia derivada da Covid-19. Ademais da rexión madrileña, no seu informe sobre indicadores demográficos básicos, o organismo informa que superan o 20% de variación anual do número de mortes territorios como Castela-A Mancha (32,3%), Castela e León (26%), Catalunya (23,5%), Aragón (22,5%), Melilla (22,4%) e Ceuta (20,9%). O incremento de defuncións no Estado foi do 17,7%. En cambio, no que atinxe ás defuncións por cada 1.000 habitantes o ano pasado, Castela e León é a peor parada, cun 15,1%, seguida de Asturies (14,3%) e Castela -A Mancha (12,6%). Galiza é o sexto territorio do Estado con maior taxa bruta de mortalidade por cada 1.000 habitantes, cun 12,3% de defuncións. Tamén foi un fito o número de nacementos, desde que esta serie histórica de datos comezou a rexistrarse en 1941, 2020 é o ano con menos persoas nadas no Estado, 339.206. Desde 2010 esta cifra reduciuse nun 30,3%. Nesta liña, aumentou unha décima a idade media de entrada á maternidade, até os 32,3 anos, mentres que a mortalidade infantil mantense practicamente no mesmo nivel desde 2013, cunha taxa de 2,66 mortes por cada 1.000 nacementos. Matrimonios Outra das conclusións que revela o informe do INE é a caída dos matrimonios, os 90.416 enlaces de 2020 supoñen unha baixada do 45,7% con respecto a 2019. Amais, a idade media dos contraentes superou por primeira vez os 40 anos nos homes (40,4 anos), nas mulleres situouse en 37,4 anos. Asemade, indica que os matrimonios practicados baixo o rito católico continúan o seu abrupto descenso, pasando dos 70.000 en 2010 a menos de 10.000 en 2020, por debaixo do 12% dos enlaces totais. A Galiza é o terceiro territorio con maior esperanza de vida ao nacer O informe que fixo público esta quinta feira o INE apunta que a Galiza é o terceiro territorio do Estado con maior esperanza de vida ao nacer, con 83,3 anos, só unha décima por detrás das Illes Balears e Nafarroa, con 83,4. Porén, tamén ocupa esa mesma praza na táboa de crecemento vexetativo negativo con 17.610 persoas menos en 2020 que no exercicio anterior, só superada por Castela e León (22.543 persoas menos) e Catalunya (21.659 persoas menos). Todo isto sen ter en conta a emigración, nesta estatística só se rexistra o número de nacementos menos o de defuncións. No número de mortes, 32.822 persoas faleceron en 2020 na Galiza, o que supuxo un incremento dun 5% en comparación co ano anterior, a taxa máis baixa do Estado despois da de Canarias (4,2%)."}
{"ID": "NOS_9246", "summary": "Redución dos cadros de persoal docente, incremento das partidas destinadas ao ensino concertado, escaso compromiso co ensino público. \"O ensino privado ten reservado 12,26% dos orzamentos da Consellaría de Educación\", afirman desde CIG ensino.", "text": "Para a CIG-Ensino, os orzamentos da Consellería de Educación para 2018 \"retratan claramente\" a política \"privatizadora, elitista e centralista\" do goberno de Núñez Feijoó a respecto do ensino público galego. Suso Bermello e Diego Boquete, secretario nacional e membro da Executiva de CIG-Ensino compareceron para debullar os orzamentos, e que se `pode resumir en seis puntos. 1) Os orzamentos para o ano 2018 inciden na perda de relevancia da Consellaría de Educación no marco dos orzamentos xerais da Xunta. Desde o ano 2001 só na etapa entre 2005 e 2009 se deu un incremento do peso específico da Consellaría. Os orzamentos da Consellaría de Educación perden cada ano máis peso en relación aos da Xunta. \"Representaban 27% do total en 2009 e agora só representan 22,2%, polo que perderon case 5 puntos que non se recuperan mesmo nunha fase lixeiramente expansiva nas contas da Xunta\". Desde o ano 2009 os diferentes orzamentos da Xunta deixan unha perda total de 1.936 millóns de euros. 2) Os orzamentos destinados ao Capítulo de Persoal (Capítulo I), que representan 59% do total da Consellaría están por debaixo do medre do gastos de persoal no conxunto da administración galega Dato que reafirma a política de restricións no ensino público. \"Revisando as distintas partidas orzamentarias só cabe concluír que non garanten un ensino de calidade e imposibilitan unha adecuada atención á diversidade e ás necesidades educativas especiais. Relegan o ensino público e ao tempo desprezan o profesorado, ao non se restituír ningún dos dereitos roubados: non se recuperan os postos de traballo suprimidos (máis de 3.000) nin se rescata o poder adquisitivo perdido\". 3) CIG-Ensino denuncia que a Consellaría impide o medre do persoal docente, \"aplicando obedientemente o mandato do Ministerio de Facenda. Un incremento de persoal que a día de hoxe é unha das principais demandas do profesorado galego, sobrecargado en horas de docencia, con ratios elevados e un claro empeoramento das nosas condicións de traballo. Así, os orzamentos conxelan a cifra de persoal docente do exercicio pasado en 30.098. Esta conxelación dos postos de traballo tampouco vai permitir que se corrixa a porcentaxe do profesorado que ten que impartir afíns e que a día de hoxe representa unha das principais queixas do profesorado. 4) Nos orzamentos de 2018 hai un incremento da partida para fomento da lingua galega de 800.000 euros. Cantidade que para a CIG non abonda para reverter unha situación de abandono das políticas de promoción e de defensa da nosa lingua que promoveu o PP desde a chegada de Feijóo á Xunta. \"A cifra total destinada ao fomento da nosa lingua chega a 7.623.085 euros, o que implica que só 70 céntimos de cada 1000 euros cos que conta nos seus orzamentos a Xunta\". Os fondos destinados a este fin antes da chegada de Feijóo á Xunta eran 21,8 millóns de euros, tres veces máis. 5) Fronte ao medre de 3,21% dos orzamentos xerais da Consellaría de Educación, as subvencións ao ensino privado no seu conxunto (Capítulo IV) incrementáronse en 4,44%, chegando case aos 286 millóns de euros. A este respecto, CIG sinala que cabe incidir en que os concertos educativos, incluídos os centros que segregan alumnado por razón de xénero, pasan de 260 millóns de euros en 2017 a 269 millóns para o 2018. \"Falamos, por tanto, de que o ensino privado ten reservado un 12,26% dos orzamentos da Consellaría de Educación, dos que a inmensa maioría (11,58%) son para o ensino privado concertado\". \"Desde que Feijóo goberna este país, as cantidades dos concertos educativos incrementáronse en 72,5%, con máis de 20 puntos de diferenza sobre o total da Consellaría de Educación, que se limitan ao 52%\"."}
{"ID": "NOS_28062", "summary": "Aliás, unha de cada tres persoas vivirá soa na Galiza en 2037, segundo as proxeccións que publicou o INE esta quinta feira.", "text": "Migración interior Nacementos Defuncións 31% dos fogares serán unipersoais en 2037 A Galiza perderá case 35.000 habitantes até 2037, ficando para entón con 2,65 millóns de persoas, o que representaría 1,3% menos que na actualidade, segundo as Proxeccións de Poboación 2022-2072 publicadas esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste modo, o país ficará entre os territorios do Estado español que perderán poboación nos próximos 15 anos, con Castela e León (-96.888 habitantes), Asturias (-66.921 habitantes) e Estremadura (-50.996 habitantes) á cabeza. A Galiza será o cuarto dunha listaxe que fechan Ceuta (-7.327 persoas) e Melilla (-2.571 persoas). O resto gañarán poboación neste período. En concreto, até 2037 o Estado español gañaría 4,23 millóns de habitantes (+8,9%), até superar os 51,66 millóns de persoas en 2037, mentres que a Galiza perdería case 35.000 habitantes, co segundo peor saldo vexetativo —diferenza entre nacementos e defuncións—, con -108,2%, só superado por Asturias. De feito, o número acumulado de nacementos só superaría o de defuncións nos quince próximos anos nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e na Rexión de Murcia, Comunidade de Madrid e Balears. No caso concreto da Galiza, o saldo vexetativo proxectado é de -18.057 en 2021; -19.291 en 2026; -19.458 en 2031 e -19.556 en 2036. No ano 2072 a poboación alcanzaría os 52,9 millóns a nivel estatal, cun incremento de 5,45 millóns de persoas. Por outra parte, e segundo precisa o INE, de manterse as tendencias actuais, o saldo migratorio co estranxeiro entre 2022 e 2036 en termos relativos ao seu tamaño sería positivo en todos os territorios, lideradas por Balears (190,6) e Canarias (181,9). Así, na Galiza este dato pasaría de +9.116 persoas en 2021 a 16.868 persoas en 2026, para baixar a 12.705 en 2031 e a 8.900 en 2036. Na Galiza residen máis de 163 persoas maiores de 64 por cada 100 menores de 20 Migración interior No que atinxe á migración interior, Aragón, Cantabria e A Rioxa serían os territorios que en termos relativos ao seu tamaño atraerían máis poboación procedente do resto do Estado, coa Galiza no sexto lugar con 16,6 persoas migradas por 1.000 habitantes. A Galiza pasaría de 3.747 en 2021 a 2.751 en 2026, para subir a 3.143 en 2031 e a 3.490 en 2036. As cidades autónomas de Ceuta e Melilla, Comunidade de Madrid, Estremadura e Euskadi presentarían os saldos migratorios do Estado máis negativos neste caso. O INE explicou que nesta nova edición das proxeccións dirixiuse unha consulta en forma de enquisa a demógrafos de todo o Estado español co fin de estabelecer as hipóteses de comportamento futuro dos parámetros demográficos. Por que os homes envellecen máis rápido? Un estudo debulla as causas Segundo indica o INE, o \"progresivo e ininterrompido\" aumento das defuncións, \"sempre superior ao número de nacementos\", daría lugar a un saldo vexetativo negativo durante todo o período proxectado, que sería superado polo saldo migratorio positivo, o que provocaría un aumento de poboación durante todos os anos do período proxectado a nivel estatal. Nacementos O número de nacementos no Estado comezaría a aumentar en 2023 e seguiría medrando até 2041, e entre 2022 e 2036 nacerían perto de 5,5 millóns de crianzas, 14,2% menos que nos 15 anos previos. No entanto, a partir de 2058 os nacementos poderían comezar a aumentar de novo pola chegada ás idades de maior fecundidade de \"xeracións cada vez máis numerosas\". \"A pesar diso, os nacementos sempre estarían por baixo das defuncións\", advirte o INE, que explica que o número de nacementos proxéctase supondo que a fecundidade das mulleres manteña unha leve pero progresiva tendencia á alza. Así, o número medio de fillos e fillas por muller sería de 1,27 en 2036, fronte ao 1,19 actual. Defuncións Pola súa parte, a esperanza de vida ao nacemento alcanzaría en 2071 os 86,0 anos nos homes e os 90,0 nas mulleres, cunha ganancia de 5,8 e de 4,2 anos, respectivamente, en comparanza cos valores actuais. As cifras da 'sangría' demográfica na Galiza: 100.000 habitantes menos na última década No caso concreto da esperanza de vida para as persoas con 65 anos, en 2071 sería de 22,7 anos para os homes (3,7 máis que agora) e de 26,3 para as mulleres (3,2 anos máis). Segundo as proxeccións do INE, en 2036 produciríanse 494.371 falecementos entre os residentes no Estado español e en 2071 alcanzaríanse as 652.920 defuncións. E ante o descenso da natalidade e o aumento das defuncións, a nivel estatal habería \"sempre\" máis defuncións que nacementos —crecemento ou saldo vexetativo negativo— durante os quince próximos anos. Este saldo vexetativo alcanzaría o valor máis baixo contra o ano 2061 e iría recuperando levemente a partir de entón. A proxección mostra tamén o proceso de envellecemento da poboación e, de manterse a tendencia demográfica actual, o grupo de idade máis numeroso a 1 de xaneiro de 2022 —nados nos anos 1981-1972, é dicir, as persoas entre 40 e 49 anos— seguiríao sendo en 2037 —con idades entre 55 e 64 anos—. Nos últimos anos da proxección daríase un certo rexuvenecemento poboacional conforme vaian \"extinguindo\" as xeracións de nados nos anos 70 do século XX, de maior fecundidade. Así, os grupos máis numerosos a 1 de xaneiro de 2072 serían os nados entre 2002 e 2011, cuxas idades estarían entre os 60 e 69 anos. A poboación entre 20 e 64 anos, que actualmente supón 60,7% do total, pasaría a representar 53,1% en 2052. En 2072 recuperaríase en parte, até 54,7%. A poboación ocupada de 16 a 34 anos caeu en 171.000 persoas desde 2009 31% dos fogares serán unipersoais en 2037 Un de cada tres fogares galegos (31%) estará habitado por unha soa persoa no ano 2037, de acordo coas mesmas proxeccións do INE. Así, a taxa de fogares unipersoais no país en 2037 situaríase por riba da media estatal para ese mesmo ano, que ficaría en 29,8%. No conxunto do Estado español, un total de 6,5 millóns de persoas vivirán soas dentro de 15 anos, o que representa 29,8% de fogares, os que máis medran nos próximos 15 anos. Na Galiza haberá 55.143 fogares máis dentro de 15 anos, até 1,16 millóns, 5% máis. En concreto, o tamaño medio do fogar pasará de 2,41 persoas a 2,26 persoas. Isto incrementará o número de fogares unipersoais, pasando do 27,4% actual a 31% dentro de 15 anos."}
{"ID": "NOS_50618", "summary": "A comitiva de rexedores e responsábeis do PP partiu de Ferrol entre apupos dos operarios do naval, que lles acusan de querer facer un simple \"lavado de imaxe\". Xa en Madrid, os rexedores despregaron unha faixa e berraron: \"La Sepi se escaquea, Ferrol se tambalea\".", "text": "Mentres centos de operarios do naval de Ferrolterra se manifestaban esta terza en Compostela exixindo carga de traballo, o Partido Popular da comarca do norte do país daban unha rolda de prensa na cidade departamental para anunciar que ían concentrase en Madrid ante a sede da Sepi. Por que ante a Sociedade Estatal de Participacións Industriais? Pois porque é, dentro da nova estratexia de Feijóo de safar da responsabilidade no afundimento do sector, o novo malo da película. Os alcaldes do PP de Ferrolterra e cargos dese partido nesa comarca viaxaron até Madrid en autobuses para, afirman, mostrar o seu compromiso e determinación co sector naval. Distinto o ven desde os sindicatos e operarios dos estaleiros, que foron a apupalos e recriminalos na súa partida. Por entender que todo é un \"lavado de cara\", un tentar \"limpar a imaxe\" do PP. Os traballadores lembran que dique flotante e floteis son promesas públicas do PP \"Non vou permitir a terceira reconversión industrial\" O rexedor de Ferrol dixo que \"non vou permitir a terceira reconversión industrial\" na cidade e anunciou \"medidas de presión\" para evitalo. Unha frase que non convence á cidadanía da comarca. Lémbranlle que o feito de que non se cumpra o compromiso dos floteis ou do dique flotante son decisións políticas e o partido que goberna é o PP. Nesta liña, o propio voceiro do comité de Navantia-Ferrol, Ignacio Naveiras, acusou a Feijóo e o PP galego de tentar eludir as súas responsabilidades \"botando toda a culpa aos responsábeis da compañía\". E lembran que quen saía na TV e nas fotos asinando o convenio dos floteis con Pemex era Feijóo."}
{"ID": "NOS_2321", "summary": "A proposición de lei levaría implícito o mandato de instar o Goberno central a que derrogue a LOMCE. A CIG quer tamén que se destine o 7% do PIB galego á educación.", "text": "\"Esta ILP responde á vontade de que se produza un cambio de rumbo fundamental para o ensino público galego despois dos recortes levados a cabo polo Partido Popular\", explicou esta cuarta feira o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, ás portas do Parlamento galego, minutos antes de rexistra unha proposición de lei en forma de Iniciativa Lexislativa Popular. A CIG exixe no texto que se restitúan os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado, ademais de medidas para mellorar a calidade do ensino en Galiza. A proposición de lei, que necesitará sumar 15.000 sinaturas para o seu debate no Parlamento, recolle cinco grandes eixos. \"Queremos que o Goberno galego estabeleza un plan orzamentario co obxecto de dedicar o 7% do PIB galego á educación\", manifestou Louzao O principal, unha lei de educación de acordo coa realidade galega, e que levaría implícita a anulación de medidas nocivas para o ensino e o mandato de instar o Goberno central para que derrogue a LOMCE. \"Queremos que o Goberno galego estabeleza un plan orzamentario co obxecto de dedicar o 7% do PIB galego á educación\", manifestou Louzao. Neste senso, a CIG pide que se recuperen os dereitos laborais perdidos polo profesorado, como salarios, prazas, redución dos horarios lectivos e o dereito á formación permanente. A proposta profunda nunha defensa do ensino público como garante da igualdade de oportunidades, con medidas como a redución das ratios, a gratuidade dos libros e un plan para reducir o fracaso escolar. A ILP recolle tamén a posta en marcha das actividades extraescolares que están sendo fechadas, entre as que se encontran o dereito a comedor escolar e ao transporte. A confederación defende como imprescindíbel a galeguización do ensino público, cun plan de formación que garanta as competencias do profesorado, e que suporía a derrogación do Decreto do Plurilingüismo, \"que veta –denunciou Louzao- que as Matemáticas e a Bioloxía se poidan impartir na nosa lingua\"."}
{"ID": "PRAZA_14413", "summary": "Traballadores e traballadoras da metalúrxica procedentes de todo o Estado maniféstanse ante a Xunta para reclamar unha tarifa eléctrica de grandes consumidores que garanta a viabilidade das fábricas. O BNG reclama que Galicia poida lexislar na materia e o PSdeG lamenta a \"inacción de Feijóo.", "text": "Cada vez fica menos marxe de manobra. O vindeiro día 5 de outubro expira o prazo fixado pola dirección da multinacional metalúrxica Alcoa para tomar unha decisión a respecto da continuidade das súas factorías en San Cibrao e na Coruña, así como da fábrica asturiana de Avilés. A clave para evitar o peche é que a empresa logre acollerse a unha tarifa eléctrica de grandes consumidores, dado que a enerxía supón o 40% do custo destas plantas de produción de aluminio. A aprobación deste tipo de tarifas é precisamente o que reclamou o persoal de Alcoa esta mañá nas rúas de Santiago. Chegados dende as sedes galegas da compañía, pero tamén dende Asturias, Euskadi e Valencia, en torno a un milleiro de traballadores e traballadoras esixiron \"solucións\" para poder continuar a traballar. Acompañados dos alcaldes de Cervo e Xove, os concellos máis afectados por un eventual peche, unha representación dos traballadores foi recibida polo conselleiro de Industria, Javier Guerra quen, segundo explica o presidente do comité de empresa de San Cibrao, José Luis Combarro, lles garantiu que a Xunta coida que o Goberno central podería ter unha solución ao problema o vindeiro día 3. Neste sentido, segundo avanzou tamén o presidente do Goberno galego ao termo da reunión semanal do Consello da Xunta, Mariano Rajoy aproveitou a súa viaxe a Estados Unidos para entrevistarse co presidente de Alcoa. Desa xuntanza, di Combarro, podería saír \"algo positivo\". A esperanza é o último que se perde\", di. Con todo, a concesión da devandita tarifa eléctrica non é a única demanda do persoal. A empresa, din, debe dar \"garantías\" de que, no caso de continuar a súa actividade, \"conservará os postos de traballo\", sen formular \"reducións de plantel ou un ERE\" entre os seus arredor de 1.500 empregados, só en Galicia. Ademais dos rexedores e do conselleiro tamén manifestaron o seu apoio ás reivindicacións o PSdeG e o BNG, neste caso acudindo á propia manifestación. Pola banda nacionalista o seu candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, subliñou a, ao seu xuízo, necesidade de que Galicia poida desenvolver \"unha política tarifaria propia en materia eléctrica\" para así poder \"poñer en valor a especialización que ten o país\" en ámbitos como o metalúrxico. \"O que está acontencendo en Alcoa é a consecuencia de termos un goberno galego carente de política industrial durante estes case catro anos e un goberno central cunha política tarifaria totalmente perxudicial para Galiza\", di Jorquera, para quen resulta \"evidente\" que Alcoa \"ten que ter unha tarifa acorde coa súa condición de grande consumidora\", a cal debe vir combinada cunha \"política que recoñeza a nosa especialización produtiva e favoreza a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas\". Nun sentido semellante, pola banda socialista o seu voceiro en materia industrial, José Luis Méndez Romeu, acompañado na mobilización por varios dirixentes do PSdeG de Lugo, veu na actual situación unha mostra máis da \"inacción\" do Goberno de Feijóo, que \"segue cruzado de brazos\" mentres o Ministerio de Industria \"foxe dos seus compromisos\"."}
{"ID": "NOS_6076", "summary": "O Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña únense para promover un décalogo para que as persoas se enfronten á situación de emerxencia sanitaria da mellor maneira.", "text": "Pregúntate e infórmate. Estas son as primeiras palabras destacadas nos 10 consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo coronavirus que publican o Colexio Oficial de Psicoloxía (COP) da Galiza e mais o Colexio Oficial de Farmacéuticos (COF) da Coruña. O primeiro punto destaca a necesidade de estarmos ben informadas e atender a \"fonte fiábeis\" como as profesionais sanitarias, o Ministerio de Sanidade, o Sergas e a Organización Mundial da Saúde, entre outras. Nas súas redes sociais ambas entidades lembran que Noam Chomsky sinalou que \"se asumes que non existe esperanza, entón garantes que non haberá esperanza\" e que \"se asumes que existe un instinto cara á liberdade, entón existen oportunidades de mudar as cousas\". Sé solidaria, indican en segundo lugar, pois quedar na casa \"é unha forma de protexerte a ti e aos demais\". \"Fala coas persoas que te rodean cunha actitude positiva e responsábel\", engaden. Observa o teu corpo e \"escóitao\". Ante calquer síntoma como \"tose, febre ou dificultade para respirar\" chama ao 900 400 116 \"con tranquilidade\" e evita ir aos centros de saúde e aos servizos de urxencias. Estabelece rutinas de coidado. \"Lava as mans con frecuencia, usa panos de usar e tirar e mantén a distancia recomendada con outras persoas\". Detén os \"malos pensamentos\" e \"substitúeos por outros máis positivos\". \"Vive o día a día\", salientan. Sentir medo, preocupación, ansiedade e estrés... \"é normal ante unha situación tan excepcional\". Todas as emocións \"son necesarias\" e vanse \"adaptando\". \"Se observas que as túas emocións son moi intensas e non es capaz de xestionalas\" a recomendación é clara: pide axuda a todas as profesionais da sanidade. Lembra as túas fortalezas. \"Dentro de ti posúes os recursos necesarios para facer fronte a situacións adversas\", afirman non sétimo punto, no que piden que nos poñamos en marcha para \"afrontar dunha maneira saudábel\" a nova situación. Organízate na casa e no traballo. \"Comparte as tarefas domésticas\" na casa e \"explica a túa situación\" no traballo. Se tes que teletraballar estabelece un \"espazo\" e un \"horario\" porque \"as rutinas dan sensación de normalidade e de control\". Mantente en contacto coa familia e coas túas amizades. \"Aproveita a tecnoloxía para comunicarte\" e fai bo uso do \"humor\" (e da nosa retranca). Oportunidade en tempos de crise. Reflexionar, ler, xogar coas crianzas e facer aquilo para o que nunca había tempo... \"Tócanos vivir un momento excepcional e temporal do que todas imos aprender\". E as recomendacións rematan así: \"Esta situación ten un comezo e un final; desta saímos xuntas\"."}
{"ID": "PRAZA_3636", "summary": "Nos primeiros días de confinamento as chamadas de voz sobre rede móbil disparáronse un 50% e as aplicacións de mensaxería como WhatsApp quintuplicaron o seu tráfico, calculan as operadoras. As principais compañías piden reservar os usos de lecer para as \"horas val\", de dúas a catro da tarde e de oito da tarde a oito da mañá", "text": "As redes de telecomunicacións, da telefónica á fibra óptica, son unha infraestrutura basicamente privada, malia contar agora e no pasado con abondoso investimento público. Esta rede pasou nos últimos días a ser aínda máis esencial do habitual, dada a indicación gobernamental xeral de aplicar o teletraballo nos sectores en que sexa posible para frear os contaxios do coronavirus. Ademais, en plena crise sanitaria, a transmisión de información e a protección das redes ante posibles saturacións ou caídas é aínda máis fundamental.Nos primeiros días de confinamento as chamadas de voz sobre rede móbil disparáronse un 50% e as aplicacións de mensaxería como WhatsApp quintuplicaron o seu tráfico, calculan as operadorasCon este pano de fondo, as principais compañías de telecomunicacións do Estado, propietarias e explotadoras destas redes, fixeron público no inicio da primeira semana de confinamento polo virus unha nota conxunta apelando ao uso \"racional\" de internet durante a crise sanitaria. Moi especialmente nas horas en que as redes son imprescindibles para o correcto funcionamento da actividade laboral, educativa e sanitaria. En síntese, reclaman que os usos vinculados ao lecer sexan concentrados nas horas de menor carga por actividades laborais ou de emerxencia.Aínda que Movistar, Orange, Vodafone, Masmóvil e o Grupo Euskaltel -este último inclúe R- sinalan que están a \"reforzar as súas redes\", piden tamén colaboración das persoas usuarias porque tanto as fixas como as móbiles están \"a vivir unha explosión de tráfico\". Por exemplo, as chamadas de voz nos teléfonos móbiles disparáronse un 50% e o uso de datos, un 25%. Os servizos de mensaxaría instantánea como WhatsApp ou Telegram quintuplicaron o seu tráfico dende o inicio das medidas de confinamento.As principais compañías piden reservar os usos de lecer para as \"horas val\", de dúas a catro da tarde e de oito da tarde a oito da mañáEstes son algúns números nos que apoian o chamamento ao \"uso intelixente e responsable da rede\" mediante recomendacións como as seguintes:Os arquivos e documentos, o máis lixeiros posible: As operadoras recomendan descargar \"só os documentos ou arquivos que de verdade precises\" e, se son moi pesados, facelo nas \"horas val\", de dúas a catro da tarde e de oito da tarde a oito da mañá. Adicionalmente, piden priorizar o envío de ligazóns a un arquivo enteiro e cando son enviados, facelo en formatos comprimidos.As conversas, se é posible, sen vídeo: Nestes días cuadriplicouse por catro o tráfico a través de aplicacións de videoconferencia como Skype. As operadoras piden, se é posible, utilizar \"ferramentas de colaboración como Teams ou Slack\" e \"se podes, non sempre o fagas con vídeo. Ademais, agregan, cómpre \"evitar os mails masivos\".As chamadas, mellor no fixo: Para descargar a rede móbil, \"cando sexa posible\" recoméndase que as chamadas de voz vaian a través da rede fixa.O lecer, para a noite: \"Sobre todo\", resaltan as operadoras, as instrucións son \"optimizar o tráfico para o que de verdade\" sexa preciso. Así, piden que fóra das devanditas \"horas val\", internet sexa empregada fundamentalmente para o correo, o traballo a distancia ou tarefas educativas e de acceso á información. \"As ferramentas de lecer\", como aplicacións de streaming tipo Netflix ou Spotify ou videoxogos en rede é preferible que queden para esas horas de menos tráfico -de dúas a catro da tarde e de oito da tarde a oito da mañá-.\"Un uso racional e responsable da redes permitiraos a todos\" asegurar que \"disporemos dunha comunicación de calidade de forma sostible no tempo\". Cómpre ter claro, finalizan as operadoras, que o \"escenario de intensificación do traballo e da escolarización en remoto pode prolongarse varias semanas\"."}
{"ID": "NOS_25070", "summary": "Haberá eleccións anticipadas en Grecia en setembro, apenas 9 meses despois da chegada de Syriza ao goberno. Hai voces que falan de escisión no partido.", "text": "Boa parte dos medios gregos e europeos daban por feito a primeira hora da tarde que Alexis Tsipras demitirá esta quinta feira e convocará eleccións anticipadas. E Tsipras demiteu. Anunciouno el propio nunha intervención televisiva cun discurso ao país: \"Agora decidirá a xente se o fixemos ben ou mal\", dixo, afirmando que \"teño a conciencia traqnuila\". As eleccións poderían ser o 20 de setembro e a esa cita coas urnas Syriza podería chegar rota, pois desde a Plataforma de Esquerdas xa se abriu a porta a marchar do partido. A Comisión Europea aplaude o paso dado por Tsipras e as eleccións anticipadas Funcionarios e membros do goberno xa informaran que Tsipras tomou a decisión de demitir na xuntanza que mantivo cos seus colaboradores máis cercanos, canso da división interna de Syriza e os efeitos da mesma no Parlamento, onde o primeiro ministro tivo a 'rebelión' de parte dos e das deputadas do grupo a raíz do resgate. Unha vez que presente a súa demisión perante o presidente, terá 3 días para formar un novo goberno. Ten Tsipras a opción de devolver o mandato ao presidente, que é o que se baralla como máis probábel. Entón o presidente, Pavlópulos, encargará a formación do executivo ao principal partido da oposición, Nova Democracia. En caso de non poder, a quenda será para o terceiro partido, Mencer Dourado. Se, tal e como se agarda, ningún é quen de formar goberno ao non obter o apoio necesario no Parlamento, convocarase os líderes políticos para ver a posibilidade de facer un amplo goberno de unidade. De tampouco callar isto, entón haberá un executivo provisional que terá como único cometido convocar eleccións anticipados nun prazo máximo de 30 días. Syriza Diversos medios apontan a que, despois das eleccións, habería un congreso extra-ordinario de Syriza. Voces da ala esquerda -a Plataforma de Esquerdas- xa anunciaron que non seguirían en Syriza e que mesmo poderían concorrer ás eleccións de setembro cunha candidatura propia, á marxe do partido de Tsipras. A incógnita é saber que van facer destacados nomes, como Varoufakis ou Lavatsipas."}
{"ID": "PRAZA_12421", "summary": "O 10 de maio ducias de artistas galegos, acompañados de portugueses e brasileiros, homenaxearán o José Zeca Afonso, corenta anos despois da súa primeira actuación en Galicia, en 1972 no Burgo das Nacións, cando cantou por vez primeira o seu Grândola, Vila Morena. Falamos cos organizadores do festival Terra da Fraternidade, e tamén con Uxía Senlle e Xurxo Souto.", "text": "O 10 de maio de 1972, nun concerto celebrado no Burgo das Nacións de Compostela, José Zeca Afonso interpretou por vez primeira Grândola Vila Morena, a canción que dous anos despois se convertiría no símbolo da Revoluçao dos Cravos. Foi nun concerto presentado por un novísimo Emilio Pérez Touriño, e ao que asistiron centos de persoas, a maior parte estudantes. Exactamente corenta anos despois o festival Terra da Fraternidade lembrará a efeméride e homenaxeará a José Afonso a través de máis de trinta actuacións, nas que intervirán máis de cen artistas galegos, portugueses, brasileiros e africanos, entre músicos, poetas, escritores, actores, cineastas, artistas circenses ou deseñadores. Os artistas que forman parte do cartel de forma desinteresada son: Quico Cadaval, Banda Utopía, García e Leo, Joao Afonso, Ugía e Fred Martins, Guadi Xabier e Guille Fernández, Tiago Gomes, Ico e Xurxo Souto, Carlos Blanco, Budiño, Ses e Bocixa, Ze Rui, Trópico de Grelos, Aline Frazao, Fran Pérez, Uxía, Sergio Tannus, Vituco, Adrián Beiroa, Najla Shami, Brais Morán, Chévere, Banda Fura Fura e os 7 Magníficos máis 1. \"José Afonso é unha conxunción perfecta entre o compromiso e a beleza, entre o lirismo e a realidade\" Uxía Senlle recoñece que José Afonso \"foi fundamental na miña carreira, porque foi un exemplo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia. É unha conxunción perfecta entre o compromiso e a beleza, entre o lirismo e a realidade. Era un home dunha sensibilidade extrema\" e salienta igualmente o seu papel de \"activista na relación co Alén Miño, coa relación con Galicia, e eu recoñézome nese labor, á inversa\". De igual maneira, para Xurxo Souto, \"se Zeca Afonso dicía que Galiza era a súa patria espiritual, para moitos galegos e galegas a música de Zeca é a nosa patria. Por riba de debates ideolóxicos, filolóxicos ou de normativas, esa profunda emoción que a música de Zeca provoca dentro de nós é unha realidade. Está no lugar no que gardamos o mellor dos nosos afectos\". \"Dicían que o primeiro grande encontro entre a música occidental e a música africana foi o Graceland de Paul Simon, pero había vinte anos que se estaba facendo iso, facíao el\" Senlle afirma que \"se o Zeca nacera noutro país e non en Portugal, a súa figura transcendería ao nivel que o fixeron as figuras de Leonard Cohen, Bob Dylan ou Georges Brassens. Aínda así é o autor portugués máis divulgado de todos os tempos, e é moi reivindicado pola comunidade musical. Pero é necesario que volva ao pobo, que sexa reivindicado por ese mesmo pobo que el cantou\". Souto salienta igualmente esa calidade musical: \"O Zeca é un dos grandes músicos do século XX. A medida que pasa o tempo a súa música faise máis grande. Dicían que o primeiro grande encontro entre a música occidental e a música africana foi o Graceland de Paul Simon, pero había vinte anos que se estaba facendo iso, facíao el, posibilitou ese encontro entre a música africana e a música de Tras-os-Montes e a música galega\". \"O que máis me alegra é que esta iniciativa parta da xente nova. É un clásico que non pasa de moda\" Uxia Senlle conclúe que \"é necesaria unha reivindicación e unha reedición da súa obra. O que máis me alegra é que esta iniciativa parta da xente nova. É un clásico que non pasa de moda. As súas cancións máis reivindicativas, como Grândola ou Utopia cántanse hoxe nas manifestacións, é un símbolo para esta xeración que saíu ás rúas co nome de Geraçao á Rasca. O Zeca está na orixe de todos estes movementos, e Deolinda ou Os Homens da Luta beberon da música do Zeca\". Páxina de Terra da Fraternidade Manifesto"}
{"ID": "NOS_30305", "summary": "Traballadores e traballadoras da compañía galega volven máis una sexta feira vestir de negro para exixir a fin da manipulación e a censura.", "text": "O persoal de RTVE protagonizou esta sexta feira o seu último #venresnegro, o HT que presidiu as concentracións e mobilizacións de denuncia pola censura e manipulación informativa na cadea pública española. O compromiso do novo gobernó de Pedro Sánchez de convocar un concurso público para renovar a dirección da RTVE leva aos traballadores e traballadoras desas canles a parar as mobilizacións. Mais estas mobilizacións continúan en Galiza entre o persoal da CRTVG. Esta sexta feira é #VenresNegro8CRTV, a oitava semana consecutiva de compromiso público dos traballadores do medio público galego para se opor á manipulación e demandar un estatuto profesional e a creación do Consello de Informativos. Na mañá deste 13 de xullo, o director da CRTVG, Sánchez Izquierdo, defendeu en sede parlamentar a actuación da compañía e tirou importancia aos protestos e mobilizacións da televisión e radio públicas."}
{"ID": "NOS_47021", "summary": "Chegan a unha consulta do seu médico de cabeceira do Sergas e este dilles \"Non fales en galego, que o falas fatal\", \"Nótase o teu acento de cidade\" ou \"Tes que pór acento paleto\". Non é brincadeira de ningún tipo, aconteceulle a unha veciña de Vigo de 29 anos que vén de solicitarlle ao Sergas o cambio de facultativo.", "text": "Máis un caso de vulneración de dereitos lingüísticos na Administración galega segundo denuncia unha veciña de Vigo de 29 anos que vén de reclamarlle ao Sergas o cambio de médico despois de que o doutor que tiña adscrito a instara a non falar en galego. \"Díxome: Tes que pór acento paleto\" \"Facéndolle unha consulta seria sobre os meus problemas de saúde e esperando un trato profesional limitado ao tema da saúde, díxome: Non fales en galego, que o falas fatal. Nótase o teu acento de cidade. Tes que pór acento paleto\", explicou a afectada nas redes sociais. \"Tantos anos viaxando polo mundo e falando varias linguas e que sexa no meu propio país onde me din isto…\", lamenta. A usuaria, que lle confirmou os feitos a Sermos Galiza, dedícase á investigación e á divulgación da cultura galega, \"levo toda a vida viaxando, falo varios idiomas\", di, \"e é a primeira vez que me critican como falo, ademais no meu propio país\". \"Paréceme unha falta de respecto como cidadá galega, como persoa e, sobre todo, como paciente\", engade. \"Paréceme unha falta de respecto como cidadá galega, como persoa e, sobre todo, como paciente\" \"Acudín á consulta con todo o respecto do mundo polo seu traballo e agardando un trato profesional. Espero dun profesional da saúde o mesmo: respeito e profesionalidade. Non por ser unha rapaza nova ten dereito a tomar confianzas que eu non lle dei\", salienta a afectada en relación ao médico que a atendeu. \"Nunca vin tal cousa fóra de Galiza\" Consultada por Sermos Galiza, esta muller pon de manifesto que decidiu facer pública a súa reclamación \"para visibilizar a exclusión que sufrimos quen falamos en galego\". \"Por falar galego non teño por que dar explicacións mentres o meu interlocutor me entenda e mentres me dirixa a el con educación. Que a outra persoa sexa médico, o teu profesor ou o teu xefe non implica que teña dereito a criticarte ou a falar de algo que non sexa relacionado co seu propio traballo\", advirte. Esta usuaria do Sergas anima as persoas que sofren discriminación lingüística a denunciaren os seus casos, \"interésame que a persoa neofalante non se sinta mal nin se avergoñe\", salienta. A raíz de facer o seu caso público nas redes sociais, a muller recibiu numerosos apoios, \"vexo unha reacción moi boa e iso é un bo sinal\". \"Penso que a xente se sente identificada co que aconteceu\", engade. Esta viguesa, que viviu en distintos países, sinala que \"nunca vira tal, ninguén ten contra a súa lingua os prexuízos que se dan aquí por razóns políticas e sociais determinadas\". A denuncia pública desta muller chega na mesma semana en que A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que a meirande parte dos casos de vulneración de dereitos fundamentais recollidos na Liña do Galego corresponden á Administración pública."}
{"ID": "NOS_10312", "summary": "O Ministerio deféndese da vaga de críticas afirmando que levaban unha década na páxina web. Reitéranse as acusacións por culpabilizar á muller neses consellos.", "text": "Non facer auto-stop, ter pechadas as cortinas de casa, ir cun asubío, non entrar nun ascensor con estraños... eses son algúns dos consellos recollidos na web do Ministerio de Interior español para evitar violacións. A forte vaga de protestas e queixas leva o departamento de Fernández Díaz a anunciar que vai rectificar e que \"actualizará\" os consellos. Uns consellos que foron elaborados hai 10 anos por axentes da Policía e a Garda Civil. De feito, desde os actuais responsábeis do Ministerio insisten en que estes consellos levaban dez anos pendurados na web, \"desde a época do ministro Rubalcaba\". Mais o debate (e as protestas) non son sobre que partido pendurou eses consellos senón máis ben sobre como os mesmos 'culpabilizan' e 'responsabilizan' á muller."}
{"ID": "PRAZA_592", "summary": "Montse Dopico entrevista o actor, director e autor teatral Vicente Montoto, que o vindeiro 26 de marzo recibirá o Premio de Honra Marisa Soto dos María Casares", "text": "Vicente Montoto é un \"todoterreo\" do teatro. Actor, dramaturgo e director, foi un dos pioneiros da súa profesionalización en Galicia. E ten perspectiva abonda para ver, agora, a debacle que no sector están a causar os recortes das axudas, ante unhas estruturas que tiñan pés de lama. Montoto recibirá o Premio de Honra Marisa Soto dos XIX María Casares. Primeiro, a pregunta de rigor. Que supón para ti o premio? Pois é algo marabilloso que mo dean. Agradézollo moito aos compañeiros e compañeiras. Así que a desfrutalo... Comezaches a estudar teatro en Bos Aires, onde tiveches os primeiros traballos profesionais… Como comezou o teu interese polas artes escénicas? O meu interese polo teatro chegou case sen que eu me decatase. Cando era pequeno escoitaba moito a radio, onde retransmitían obras de teatro que se facían na calle Corrientes. Iso foi un dos motivos que me levaron a inscribirme na escola de teatro. Bos Aires ten moita tradición de teatro e moitos actores fantásticos, pero iso a min non me chegaba, porque eu non estaba naquel ambiente. Estiven dous anos na escola de teatro e saíume a primeira oferta de traballo en teatro profesional, na calle Corrientes da que tanto escoitara falar. Daquela xa tiña claro o que quería ser… Es un dos pioneiros do teatro profesional en Galicia. Foi axeitado o modelo de profesionalización do teatro que se escolleu? As compañías teñen que ser necesariamente empresas? É que tampouco hai moitos modelos onde escoller. Hai países nos que hai teatros públicos con actores que son funcionarios, outros con compañías residentes, outros que combinan as compañías residentes con xente que traballa pola súa conta… Aquí, a das compañías residentes é unha opción interesante, que se tentou pero non callou. \"O camiño cara á profesionalización do teatro foi longo. Mais o teatro chegou a ser unha forma cultural das máis potentes\" Comezou co bipartito, pero non era como o modelo europeo no que a compañía residente xestiona a programación do teatro. Nin había concurso público, nin se puido sostelas cando viñeron os recortes. É que esa é a cuestión. Están a deixar o teatro e a cultura na indixencia total. Entón, nin funcionan as residentes nin nada. É un descalabro total. Se as condicións fosen outras, o modelo das residencias podería funcionar. O camiño cara á profesionalización do teatro foi longo. Mais o teatro chegou a ser unha forma cultural das máis potentes. E agora temos unha realidade que se ve ben mirando as cifras do CDG. Nos seus primeiros 10 anos contratou 320 actores e actrices. Nos últimos 10, contratou a metade. O propio teatro institucional contrata a metade do que contrataba. Ademais, houbo 600.000 euros este ano para produción de teatro, maxia, danza e novo circo, e 320.000 para dous cantantes por dous vídeos. Ese é o criterio que teñen. \"Eses recortes supoñen un asasinato en toda regra, totalmente desapiadado. Teñen que felicitarse polo seu éxito se o que querían era facer desaparecer o teatro\" O recorte das axudas á produción é do 70 por cento desde 2009. Na Rede Galega de Teatros e Auditorios, baixaron a metade. No 2014 o teatro levou 53.800 euros para distribución dentro do territorio galego, mentres que dous músicos tamén galegos sumaban 57.740 euros para actuacións no exterior. Iso tamén pasa. O problema é que eses recortes supoñen un asasinato en toda regra, totalmente desapiadado. Teñen que felicitarse polo seu éxito se o que querían era facer desaparecer o teatro. O que lles pasa é que lle teñen odio ao teatro porque hai unha actitude non conformista por parte da xente do teatro. Alegraríanse moito se desaparecese, pero non o van conseguir. Os profesionais do teatro somos moi cabezóns e reiventarémonos como poidamos. Cando o teatro comeza a reorganizarse, desde os últimos anos do franquismo e na transición, contábase coa complicidade do tecido local: asociacionismo cultural, veciñal… Agora o contexto é outro. Mais hai compañías, coma Chévere, que si traballaron moito nese sentido, na creación de públicos, na integración no ámbito local… Falta iso? A de Chévere é unha perspectiva moito máis moderna, que pouco ten que ver co contexto dos anos 70. Naquel momento estabamos a saír dunha ditadura para comezar un sistema democrático. Na situación actual, deberían ser os concellos os que se implicasen na creación dese tecido local, os que continuasen con este traballo que daquela tiña que facerse desde o asociacionismo. Algúns concellos tentárono, pero tampouco teñen medios. \"Ás veces non nos mobilizamos o suficiente dada a dimensión dos problemas que sufrimos. Mais os profesionais do teatro temos outras opcións de protesta, a través do noso propio traballo, ou a través do contacto cos medios de comunicación\" Ti mesmo participaches do sindicalismo e do asociacionismo profesional. Fuches presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Cando Agadic debía diñeiro ás compañías o teatro mobilizouse moito. Agora xa non tanto, malia os recortes… Nunca nos mobilizamos demasiado e iso pasa con todo. É o mesmo na educación, nos servizos sociais, na sanidade… Ás veces non nos mobilizamos o suficiente dada a dimensión dos problemas que sufrimos. Mais os profesionais do teatro temos outras opcións de protesta, a través do noso propio traballo, ou a través do contacto cos medios de comunicación, ou coa xente directamente. É moi importante, nese aspecto, o traballo que se fai en internet. Iso non quita, claro, o papel do asociacionismo profesional. Nese sentido, o convenio colectivo, por exemplo, foi un logro importante. Falabas antes do CDG. Está a cumprir a función para a que foi creado? Porque se agora fai obras de mediano e pequeno formato, que é o que facían antes das compañías, que neste momento pouco máis poden facer que monólogos… No CDG a falta de orzamento é un problema evidente. Pero non é só iso. Se o propio teatro institucional está en mans de institucións que vocacionalmente queren destruír o teatro, non pode haber froito ningún, con independencia da vontade que lle poña a xente que dirixa os espectáculos... \"Volvemos no ano 72, nun momento de moita tensión. Unha das primeiras cousas que pasaron cando chegamos foron os asasinatos de Amador e Daniel\" Traballaches en Arxentina e en Suíza e despois volviches a Galicia. Que atopaches entón? Volvemos no ano 72, nun momento de moita tensión. Unha das primeiras cousas que pasaron cando chegamos foron os asasinatos de Amador e Daniel. Eu incorporeime ao movemento teatral en Ourense, coa compañía Histrión 70 e despois con Caritel. Iamos á Mostra de Ribadavia… Eu viña de Bos Aires, que era a continuación da Europa democrática no aspecto cultural. E alí estaban superados moitos debates que aquí seguían. Era evidente que se perderan 40 anos, nos que o país estivera sumido no descoñecemento. Uvegá teatro foi a compañía na que botaches máis tempo… Cal era o proxecto desta? Que tipo de teatro querías facer? Foi o meu proxecto central durante 20 anos. Con ela puiden permitirme o luxo de dirixir os espectáculos que quería facer. Non é que teña unha visión única do tipo de teatro que quero. Pero si teño claro que ten que ser un teatro que faga pensar, que emocione, que a xente vexa que alí non hai só uns bonecos, que son persoas… Quérolle moito a todas as obras que fixen. Sacar adiante calquera proxecto é sempre complicado. Mais lembro especialmente, por exemplo, un monólogo de Roberto Vidal Bolaño, Cochos. \"Quérolle moito a todas as obras que fixen. Sacar adiante calquera proxecto é sempre complicado. Mais lembro especialmente, por exemplo, un monólogo de Roberto Vidal Bolaño, Cochos\" Con Roberto traballaches, ademais, en Teatro do Aquí. El é un símbolo dun teatro crítico, sen medo a posibles represalias, que as tivo. É así o teatro galego actual, en xeral? Eu creo que en xeral a actitude das compañías galegas si é de compromiso, cada unha co seu estilo e coa súa forma de traballar. Todas están co país, coa lingua… En canto a Roberto, dramaturgos coma el só hai un cada dous séculos. Temos dramaturgos moi bos, pero foi el a que acadou a maior altura. Era un home coa cabeza chea de teatro. Era unha marabilla traballar con el. Ti tamén es dramaturgo. Nalgunhas compañías galegas hai un dramaturgo que tamén é director e así monta os seus propios textos. Se non é así, é difícil que cheguen ao escenario textos galegos. Por que? Moitas veces tampouco podes escoller o texto que queres. Estás moi presionado por moitos factores. O teatro nunca tivo grandes apoios e iso é así goberne quen goberne. Unha compañía ten que medirse moito á hora de escoller espectáculo. Ten que ser algo que se adapte á xente coa que traballa normalmente, que supoña un elenco reducido, que non formule grandes esixencias de escenografía, que se poida levar todo na furgoneta… Ou pode que o texto non interese á compañía… \"Moitas veces tampouco podes escoller o texto que queres. Unha compañía ten que medirse moito á hora de escoller espectáculo. Ten que ser algo que se adapte á xente coa que traballa normalmente, que supoña un elenco reducido\" En televisión e cinema tiveches papeis en filmes como Urxa ou na mítica curta Coruña imposible. Hai pouco celebráronse os 25 anos das que, -supostamente-, foron as primeiras longametraxes galegas. Que é o que non hai que celebrar do que pasou desde entón co audiovisual, en canto a oportunidades perdidas? É verdade que había unha ilusión, unhas expectativas, que non se cumpriron. Pero tampouco é que estea todo perdido. No aspecto da televisión e a ficción, por exemplo, houbo momentos moi bos, con proxectos que tiveron transcendencia tamén fóra de Galicia... O que ocorre é que ese tipo de ficción está moi condicionada polos orzamentos da televisión. E a televisión é gobernada por poderes que están máis preocupados por dirixir os informativos para que falen ben deles que pola calidade e o futuro do audiovisual. Nos María Casares, Voadora e ilMaquinario foron das compañías con máis nomeacións. Teñen en común a súa aposta por moverse tamén moito fóra de Galicia. Aquí construíuse un teatro nacional. Mais a aposta dalgunhas compañías por facer teatro só para Galicia puido acabar tendo, en parte, un efecto negativo no sentido de non someterse nunca ao xuízo da crítica de fóra, de públicos distintos… Creo que aínda nos queda moito que facer no teatro deste país. Nós defendemos unha lingua, non imos pensar que o noso sitio está fóra. O que non quita que os nosos actores e actrices non poidan traballar tamén fóra, e niso temos indicadores de prestixio como a cantidade de actores e actrices galegos que traballan en series de televisión por aí. A nosa presenza fóra xa é unha realidade. Ademais, non saír non é moitas veces, para as compañías de teatro, unha cuestión de vontade. Non podes traducir unha obra, que supón refacer o traballo todo, para facer unha función en Móstoles. Non podes permitirte iso. E iso pasa tamén porque non hai apoios. Porque na Administración e na programación de teatro non está sempre a xente máis axeitada, máis ben ao contrario. E as axudas que hai, malia os recortes, están ben orientadas? Se non se reforza a rede de teatros, se non se coida máis a distribución, nin se poderá crear público, nin as compañías teñen maneira de ser menos dependentes das axudas á produción para continuar traballando. Creo que temos que rachar con esa idea da dependencia. Temos que sacudirnos ese complexo. O teatro é un servizo social, un servizo ademais especialmente en Galicia pola cuestión da normalización da lingua e da cultura. Se comparamos a situación con hai uns anos, o teatro está agora moito peor. Están a destruír o que se conseguira. Se fan morrer de fame ao sector, non ten sentido falar de excelencia, de eficacia… O fundamental é ter recursos para facer o noso traballo. Hai unha enorme cantidade de auditorios que non se están a utilizar. Hai moitos concellos que quedaron sen programación teatral porque non teñen medios. Ten que haber programacións estables e unha difusión do teatro como é debido. Se non é así, non podemos facer nada. \"Hai unha enorme cantidade de auditorios que non se están a utilizar. Hai moitos concellos que quedaron sen programación teatral porque non teñen medios. Ten que haber programacións estables e unha difusión do teatro como é debido\" Xa, pero referíame non a se ten que haber axudas ou non, senón a onde deben orientarse para facer que o teatro dependa menos das reviravoltas políticas. Houbo compañías que tiraban para adiante coas axudas á produción, facendo poucas funcións. Cando viñeron os recortes, a súa estrutura quedou baixo mínimos. Por iso, se cadra é bo reforzar a distribución. Ten que haber partidas para produción e para distribución, porque as compañías tampouco teñen capacidade para producir soas. E claro que tamén hai que reforzar a rede de distribución para que as compañías poidan rendibilizar o investimento feito. Mais o problema é que agora non hai orzamento nin para unha nin para a outra. Os recortes está a acabar co teatro. E o peor é que non hai, tampouco, diálogo. Non tes con quen falar e explicarlle o que está a pasar. A xente que sabe algo de teatro non ten con quen sentar para explicarlle as cousas, alguén a quen lle importe o teatro e non só os inventos propagandísticos. Antes da crise polo menos, as compañías de estrutura máis sólida devolvían ao Estado entre IVA, IRPF e Seguridade Social máis do que lles adiantaba o Estado en axudas. Iso tamén hai que dicilo. Si, por iso dicía que temos que sacar o complexo de dependentes. As compañías non só devolvían ao Estado máis do que recibían, senón que creaban emprego, ademais da cumprir unha función de servizo á sociedade. Ademais, se queren botar cálculos, que boten os dos vídeos de 300.000 euros que pagaron por facer propaganda, para facer unha foto abrazando a un cantante. \"Temos que sacar o complexo de dependentes. As compañías non só devolvían ao Estado máis do que recibían, senón que creaban emprego, ademais da cumprir unha función de servizo á sociedade\" Outra cuestión é, como falabamos antes, a da creación de públicos. Chévere, por exemplo, ten experiencias interesantes niso. Como en presenza en internet e nas redes sociais. Ou en escolla de linguaxes que poidan conectar co público. E non sempre é así nas compañías. Hai que facer autocrítica niso? Aí hai un compoñente xeracional e distintas percepcións sobre o rendemento e interese que pode ter estar nas redes sociais. Pero eu creo que, en xeral, as compañías si están a facer un esforzo nese sentido. O importante, iso si, é facer o tipo de teatro que sabes facer. O público de teatro, ademais, non é un mercado. É un público fiel, que sabe o que quere. Os últimos datos do Consello da Cultura mostran que se reduciu o público, pero é que se se reduce a oferta, tamén baixa o público. Se tes a metade menos de opcións, vas ir menos ao teatro. É normal. Tamén é importante que a programación teatral conte cunha boa difusión. Está demostrado que as programacións estables son un éxito. No Festival de Outono de Carballo, por exemplo, esgótanse as entradas. Esa é a maneira de consolidar público, que ten que ter distintas opcións para escoller. Non temos que facer todos o mesmo tipo de teatro."}
{"ID": "NOS_2335", "summary": "Son apenas 220 quilómetros, de Ferrol a Tui, mais xeraron 2.700 millóns de euros desde a súa posta en servizo, en 1979. Os custos de construción non chegaron a 1.500 millóns. Anualmente factura por volta de 140 millóns e a concesión non caduca até 2048. Por iso o negocio da AP-9 atrae o interese de fondos internacionais, enleados na batalla polo control da matriz da xestora da autoestrada. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 314.", "text": "A AP-9 non é unha vía fulcral para a comunicación terrestre de Galiza. Nin unha infraestrutura chave na conformación do actual desenvolvemento socioeconómico do país. Nin sequera unha autoestrada para percorrer Galiza de norte a sur o máis axiña posíbel. A AP-9 é un negocio. Un negocio \"dos bos\", un choio. Por iso esta infraestrutura posta en servizo a finais de 1979 leva tempo centrando o interese de fondos e investidores estranxeiros, a maioría sen moito interese en saber onde cae Galiza no mapa nin das visicitudes das usuarias e usuarios dunha vía que xestionan cos ollos atentos unicamente ao balanzo de beneficios. Nos últimos tempos volveu o baile de accionistas ao redor da Autoestrada do Atlántico. Agora, cos fondos de pensións como protagonistas. O economista Suso Veiga explicouno en Sermos Galiza: \"Os xestores dos fondos de pensións son especialistas en detectar beneficios potenciais e por iso apostaron nun negocio concesional que caduca en 2048 e proporciona importantes rendibilidades anuais\". No verán saltaba a noticia: Globalia, controlada por tres fondos de pensións [USS, canadiano; PGGM, británico; e OPTrust, holandés] ía facerse con 55,6% de Itínere (matriz xestora da AP-9), até agora en mans de Abanca, Kutxabank e Sacyr. Con esta operación de 723 millóns de euros acontecía, entre outras cousas, que desaparecían as últimas raíces galegas da AP-9. Globalia, con intereses nos EUA, Chile, ou Irlanda xestiona máis dunha vintena de autoestradas en varios países. Entre elas, as radiais de Madrid, que foron resgatadas polo Goberno de Mariano Raxoi. Mais esa operación de compra da AP-9 continúa no aire. E non porque a Xunta ou o Estado movesen ficha senón porque outro fondo de pensións, desta vez holandés (APG), entrou en liza. APG anunciou que adquire 59% de Intinere xunto con Corsair, até agora maioritario nesta empresa. Querían frear así a aposta de Globalia e manter as rendas dun negocio tan gorentoso como a AP-9. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 314 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_32290", "summary": "O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 31 de xaneiro de 2019.", "text": "O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020, e que contarán cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas as dúas categorías ademais da publicación, no caso do de poesía, da obra gañadora pola Editorial Xerais. As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu. Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. O certame celebra este ano a vixésimo terceira edición na categoría de poesía e a décimo sétima na de xornalismo. Cunha gran historia ás súas costas, o pasado ano resultaron gañadores Aser Álvarez, na categoría de xornalismo, pola reportaxe Ferrín e a poesía do circo e Arancha Nogueira, na de poesía, por O silencio das gaivotas."}
{"ID": "NOS_3525", "summary": "O director e músico serbio predí que Washington \"tratará de silenciar pola forza unha das armas máis poderosas de Rusia\" fronte á propaganda estadounidense.", "text": "Emir Kusturica volveu falar e, como acostuma, non deixou indiferente a ningúen. O cineasta e músico asegurou nun artigo para o diario serbio Politika que \"a Terceira Guerra Mundial comezará con USA bombardeando a canle RT\", segundo recolle o propio medio ruso. Kusturica equiparou RT con algunhas das \"armas máis poderosas de Rusia\", fronte a maquinaria de prensa estadounidense. Afirmou que a canle está acabando cos \"estereotipos de Hollywood-CNN\", aos que considera como abandeirados da propaganda de Estados Unidos. \"Están molestos polo feito de que RT envíe sinais de que o mundo non está determinado polo inevitable do capitalismo liberal, de que os Estados Unidos lideran o mundo mediante o caos\", dixo. O cineasta sinalou que a canle rusa é percibida como \"unha ameaza\" para a hexemonía de Estados Unidos, polo que cre que Washington \"tratará de silencialo pola forza\", como fixo en 1999 coa televisión estatal serbia. Pensa que RT seguirá mostrando \"a realidade detrás do 'soño americano' en horarios de máxima audiencia, revelando a verdade escondida durante décadas aos estadounidenses\"."}
{"ID": "NOS_53019", "summary": "Desde a madrugada da quinta feira houbo na Galiza 23 focos. A primeira vaga de lumes do verán queimou máis de 500 hectáreas, sendo os de Monforte e Porto do Son os máis importantes. En Sardiñeiro (Fisterra) un incendio orixinado nas últimas horas afecta xa 40 hectáreas.", "text": "Pasada a medianoite a Xunta daba por estabilizado o incendio de Monforte, un lume que en poucas horas devorou 350 hectáreas (estimación provisional) e que obrigou cortar ao tráfico varias vías, así como evacuar vivendas en puntos concretos (Vide en Monforte e Mañente en Pantón) polo perigo da proximidade das lapas. O forte vento de nordés, que as previsións apuntan que se vai manter na Galiza nestes días, foi o propagador máis eficaz deste incendio, que obrigou a intervir a un amplo operativo: aé 13 helicópteros e 4 hidroavións combatiron o lume, así como 22 brigadas, 5 axentes, 2 técnicos. O incendio está estabilizado mais non extinguido. O outro punto de importancia está en Porto do Son, onde o incendio afectou máis de 80 hectáreas e tamén se achegou a núcleos poboados. Continúa activo. Na Barbanza houbo a quinta feira varios lumes, en Noia e Boiro. En Lobeira, no Xurés, o lume arrasou máis de 50 hectáreas. O incendio continúa activo. O foco de Cenlle, na comarca do Ribeiro, está controlado, após calcinar 40 Has. A primeira vaga de incendios na Galiza, con 23 focos desde a madrugada da quinta feira, queimou máis de 500 hectáreas, segundo as primeiras estimacións. Unha xornada na que Galiza está en risco extremo de incendios. Fisterra Nas últimas horas tivo lugar un novo incendio, desta volta na parroquia de Sardiñeiro, en Fisterra, que xa calcinou 40 hectáreas."}
{"ID": "PRAZA_5231", "summary": "Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.", "text": "\"Polo rexurdir da primavera e o amor á terra\". Foi o lema escollido para o xantar ludico co que este sábado dúciras de veciños e veciñas das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro. O evento, organizado polas asociacións de veciños de Cereo, Valenza e Corcoesto e pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, tivo como escenario a Carballeira de Santa Mariña, dende as 12.30 do mediodía. Alí, a veciñanza da zona, a máis beneficiada pola paralización do polémico proxecto mineiro, compartiu mesa con activistas chegados do resto do país, e por representantes de forzas políticas, coma Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez e Consuelo Martínez, por AGE, ou Francisco Jorquera, Ana Miranda ou Carme Adán, polo BNG. Ademais, convidouse a todos os participantes a engadir unha pedra ao Milladoiro por Corcoesto que croio a croio se vai construíndo dende o pasado ano. O acto concibiuse como \"un recoñecemento aos apoios recibidos na loita contra a barbarie que pretendía Edgewater co proxecto da mina de Corcoesto e que suscitou un rexeitamento social no noso país sen precedentes\", segundo destacaron os seus organizadores, que sinalaron que \"con certeza a empresa canadiana ou outra con máis potencial económico van seguir insistindo con outros proxectos semellantes, polo que a celebración desta vitoria non implica que baixemos a garda no futuro inmediato\". Entre estas ameazas, sitúan a pretensión do alcalde de Cabana de Bergantiños de incluír a mina no futuro PXOM do concello ou a insistencia por parte de Edgewater da vixencia da Declaración de Impacto Ambiental ou a negativa da Xunta a prohibir o uso do cianuro nas tecnoloxías mineiras."}
{"ID": "NOS_30728", "summary": "A Confederación de Empresarios, a Federación Comercio e a Asociación provincial de Hostelaría pedirán @s soci@s que fechen durante a mobilización.", "text": "Esta quinta feira (3 de setembro) a cidade amurallada será tomada pol@s gandeir@s cunha nova tractorada que visan paralice Lugo durante 5 horas. Neste senso, as organizacións convocantes demandaron o seu apoio ao comercio e hostelaría locais á fin de que fechen os seus estabelecementos durante o percorrido da mobilización. A Confederación de Empresarios, a Federación de Comercio e a Asociación de Hostelaría amosaron o seu apoio e solicitarán @s asociad@s que encerren entre as 12h e as 14h. Aliás, adheríronse ao manifesto que se lerá ao remate da mobilización. Porén, a patronal non quixo dar o seu apoio. O percorrido da tractorada comezará nas inmediacións do Estadio do CD Lugo, o Anxo Carro, onde comezarán a concentrarse os vehículos por volta das 11.30h. De aí, partirán pola avenida das Américas cara á Avenida da Coruña e de aí á Ronda da Muralla onde ficarán durante 5 horas deixando unicamente un carril libre para posíbeis urxencias. Ao seu paso perante o Edificio Multiusos da Xunta sumarase aos vehículos agrícolas unha manifestación convocada para as 13h que levará o protesto ao centro da cidade."}
{"ID": "NOS_35019", "summary": "\"Altas concentracións de metais pesados con impacto inmediato sobre espazos protexidos da Rede Natura 2000.", "text": "Ecoloxistas en Acción alerta da ameaza á Rede Natura \"Pena Trevinca\" pola contaminación da mina de Penouta. A organización solicita que o proxecto de explotación da mina de Penouta en Viana do Bolo sexa denegado, \"pois implicaría a continuación de verteduras directas con altas concentracións de metais pesados con impacto inmediato sobre espazos protexidos da Rede Natura 2000\". Neste sentido, denuncian que as masas de auga de Treita de Cortiñas, Rego de Valdafranca, Balsa Frente de Explotación e Rego dos Corvos superaran en varias ordes de magnitude os valores máximos permitidos para arsénico, mercurio, cadmio e chumbo, \"evidenciando o estado de contaminación grave por metais pesados actual e a ausencia de calquera previsión de tratamento \". A mina da Penouta no concello de Viana do Bolo, alertan as ecoloxistas, é un gran foco de contaminación con metais pesados das masas de auga circundantes (situadas en Rede Natura 2000), tanto polas características xeoquímicas do xacemento como polo \"incumprimento por parte das sucesivas concesionarias e da administración das súas obrigas en materia de restauración do espazo afectado por actividades mineiras\". Millóns de toneladas Ecoloxistas en Acción alerta dos riscos asociados na mina á extración de máis de 100 millóns de toneladas (50 Mt na primeira fase que contempla este proxecto e outros 53 Mt de mineral nunha seguinte etapa continuando a explotación cara cotas inferiores), \"que deixarían detrás 25,6 millóns de metros cúbicos de residuos xeradores de drenaxes ácidas só para a primeira fase\". ASeguran, aliás, que, expostos ás condicións de meteorización en superficie, \"producirán de forma constante drenaxes ácidas de mina capaces de contaminar as augas superficiais e subterráneas con metais pesados, incluídas substancias perigosas prioritarias, nunha zona contigua a varios espazos protexidos da Rede Natura\"."}
{"ID": "NOS_53029", "summary": "A imputación da Audiencia Nacional a Pepita Seoane por unhas declaracións sobre os Grapo e a detención dun mozo en Lugo volven traer a primeiro plano unha acusación, 'enaltecemento do terrorismo', da que, advirten avogad@s, estase a abusar como ferramenta contra movementos como o independentista.", "text": "O lucense X.O.P foi detidoa pasada semana semana no marco dunha gran e publicitada operación da Audiencia Nacional \"contra o enaltecemento do terrorismo'. Un operativo' que implicou a detención dunha vintena de persoas en diferentes puntos do Estado español por mor de comentarios, opinións ou declaracións verquidas nas redes sociais. O mediatizado arresto do mozo de Outeiro de Rei ficou, ao igual que no do resto d@s detid@s, nunha declaración en comisaría (e en espera do que de novo decida a AN) e a requisa de diverso material. Mais o Ministerio do Interior non escatimou terminoloxía máis propia dun combate contra unha organización terrorista para se referir a este operativo. Poucos días despois producíase a noticia de que Pepita Seoane Vaz, coruñesa de 75 anos de idade, era imputada pola Audiencia Nacional acusada de, tamén, \"enaltecemento do terrorismo\" por unhas declaracións nas que enmarcaba a violencia dos Grapo (organización á que pertencían algúns fillos) na resposta á \"violencia do Estado\", para alén de \"denigrar\" ás vítimas. Enaltecemento, máis aló da apoloxía Mais @s principais afectad@s pola aplicación desta medida áchanse no movemento independentista. Durante estes meses, e segundo cálculos do colectivo Ceivar, \"unha trintena de galeg@s foron procesad@s acusados de enaltecemento do terrorismo\".Varias destas persoas acusadas mesmo tiveron que desprazar a Madrid para se presentar perante a Audiencia Nacional e responder por esta acusación. \"É un concepto que poderiamos dicir difuso, e polo tanto perigoso\", sostén o avogado Xosé García, que lembra que se ten empregada esta acusación contra \"rapeiros polas súas lertas, como Pablo Hasel; internautas,contra manifestantes que portaban fotos de independentistas presos,...\". Co de \"concepto difuso\" para definir 'enaltecemento' García refírese a que \"a diferencia do anterior de apoloxía do terrorismo, o enaltecemento abarca cuestións como a humillación ou menosprecio ás vítimas,o que é moi laxo, unha especie de caixón de xastre onde pode caber de todo\". Unha opinión partillada en parte polo tamén avogado Borxa Colmenero, que ten defendido a vari@s galeg@s en xuñizos por 'enaltecemento'. \"O poder fai uso desta acusación como ferramenta de control social\" Colmenero lembra que nos dez de casos que defendeu o seu despacho de galeg@s acusad@s de 'enaltecemento' todos foron arquivados. Mais, lembra, séguese a acusar a nova xente de enaltecemento polas mesas causas e nos mesmos termos que nas causas que xa foron arquivadas. Por que?.\"É unha ferramenta de control político e social\", considera este letrado. \"Podemos dicir que se está a facer un uso con, por dicilo así, prevaricación\", apunta como reflexión. Malia saberse que as acusacións finalmente van ficar en nada, séguense a realizar na procura de criminalizar, preocupar, atemorizar... Un chanzo máis nunha estratexia que o propio movemento independentista cualifica como represión 'de baixa intensidade'."}
{"ID": "NOS_48956", "summary": "Demitido De Sousa após décadas na presidencia, estase a producir unha guerra de guerrillas polo control da empresa, en concurso de acredores.", "text": "Fernández de Sousa deixou a presidencia de Pescanova o 17 de xullo, espoleado polos resultados da auditoría de KPMG que destapaban fraudes e irregularidades na empresa, actualmente en concurso de acredores. Mais que Fernández de Sousa marche non implica que desapareza a presidencia da multinacional, se ben esta ficará baleira por un tempo. De feito, e no seo do consello de administración, estase a dar de xeito soterrado unha guerra de guerrillas para se situar en posición de poder. Malia a difícil situación actual, en Pescanova hai moito en xogo. no presente e no futuro. Por iso as manobras e batallas. A mediados de setembro está marcada a realización da xunta de accionistas de Pescanova, un mes antes de os principais dirixentes da empresa nestes anos desfilaren na Audiencia Nacional para declarar como imputad@s. Partida de xadrez E mentres? Pois mentres a partida de xadrez segue a desenvolverse. Fernández de Sousa demitiu e, de inmediato, perfiláronse dúas vías. Unha delas, a representada polo grupo Damm, o segundo accionista da empresa con sede en Chapela. A outra, a encarnada por Alfonso Paz-Andrade, un histórico da compañía que se distanciou de Sousa nos últimos anos após décadas de traballo man con man. Ningunha das dúas vías, até o de agora saiu triunfante. A da cervexeira Damm non reuniu apenas apoios no consello de administración. Segue a ser visto con receo en grande parte d@s conselleir@s de Pescanova. A de Paz Andrade tampouco dá progresado. Apoios que cambian Alfonso Paz Andrade (até 2007 conselleiro delegado da pesqueira) tería posto sobre a mesa que só asumiría o cargo se chegaba a el co apoio unánime de todo o consello. Mais iso foi posíbel pola oposición de Luxempart (terceiro accionista de Pescanova) ou mesmo Iago Méndez, fillo do que fora director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. Nun principio foi un leal a Sousa, mais iso é pasado e hoxe en día é visto como man dereita do grupo Damm. Publicado en Sermos Galiza nº57"}
{"ID": "PRAZA_677", "summary": "Un informe de Save the Children sitúa o país nun nivel \"medio-baixo\" en canto á igualdade de oportunidades dos nenos galegos no ensino. O estudo, baseado en varios indicadores, aproba as políticas públicas na comunidade a prol da equidade na escola, pero suspende as levadas a cabo fóra dela.", "text": "Galicia sitúase no décimo posto na clasificación de equidade educativa, segundo o ránking elaborado por Save the Children e que xorde dun amplo estudo da ONG no que se calcula a posición media de cada unha das comunidades e cidades autónomas do Estado en relación a 14 indicadores educativos analizados. É unha equidade educativa \"media-baixa\" para os nenos galegos, tal e como sinala o estudo. A equidade educativa en Galicia é \"media-baixa\" segundo o estudo elaborado por Save the Children Segundo esta táboa, Melilla, Canarias, Murcia, Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha, Ceuta, Baleares e Canarias estarían peor que Galicia en canto a esta equidade educativa, mentres que Euskadi, Madrid, Cataluña, Navarra, Aragón, A Rioxa, Cantabria e Asturias -por esta orde- encabezarían o ránking e situaríanse por riba da autonomía galega. Xa que logo, terían un maior grao de coherencia e pertinencia nas súas políticas públicas en materia educativa. Save the Children baseouse en indicadores como os servizos en educación, os coidados en primeira infancia, o tempo de permanencia no centro en Primaria e Secundaria, a cantidade ou calidade das infraestruturas e materiais, a cantidade de centros con comedor ou a taxa de abandono escolar temperán. Tamén tivo en conta a asistencia dos rapaces a cinema, teatro ou museos, o tempo dedicado á televisión, a práctica regular de depore ou a dispoñibilidade de libros na casa. Tras debullar e cruzar todos estes datos, a ONG elaborou unha clasificación onde 1 equivale á peor nota e 19 á mellor. E a conclusión foi clara: as comunidades con máis pobreza infantil son tamén as que se sitúan nos últimos postos do ránking de equidade educativa. A puntuación de Galicia sitúase nos 9,4 puntos, case no medio, a máis de seis puntos de Euskadi (primeira na táboa con 16,2) e con cinco puntos máis que Canarias (a última autonomía, cun 4,4) e algo máis de cinco por riba de Melilla, cidade autónoma e peor territorio neste ámbito. Galicia sitúase nun nivel medio, moi por baixo de comunidades como Euskadi pero moito mellor doutras como as Canarias No caso galego, a equidade educativa no país é \"medio-baixa\" tanto de ter en conta esta igualdade no ámbito escolar como fóra del. No primeiro caso, a puntuación de Galicia descende aos 8,9 puntos, mentres que se mantén nos 9,9 no segundo caso. Aínda así, o estudo dá unha alta puntuación ás políticas a prol da equidade educativa, que se situarían nun nivel \"medio-alto\". É fóra da escola onde estas políticas públicas -que acaban influíndo no rendemento escolar- levan un suspenso. O estudo aproba as políticas públicas a prol da equidade na escola, pero suspende as levadas a cabo fóra dela Con todo, o estudo destaca que esta disparidade na equidade fóra e dentro da escola agravouse en Galicia \"ante a falta de actuacións axeitadas e/ou suficientes\". Para Save the Children, resulta evidente que as políticas de equidade son as que compensan as fendas sociais e as que reducen a desigualdade de oportunidades que moitos nenos sofren nas distintas autonomías. Así, advirten de que, malia que a educación é gratuítaata os 16 anos, hai uns \"gastos ineludibles e custos ocultos da educación\", como o material escolar, o transporte, as visitas culturais ou as excrusións, que son as que xeran esta desigualdade. Os efectos dos recortes no ensino \"Estamos a asistir a procesos de exclusión educativa relacionados co empeoramento das condicións de vida dos fogares nas que viven as persoas en idade escolar\", di a ONG, que lembra que os recortes en educación nas administracións coa chegada da crise provocou o aumento do número de nenos con necesidades e do gasto medio por fogar en ensino. Galicia, malia todo, non saca mala nota, aínda que ten aspectos moi mellorables. Tal e como lembro o informe, o 25,9% da poboación galega entre 0 e 17 anos atópase en risco de pobreza ou exclusión social, fronte ao 32,6% da media estatal. Pero hai moitos máis datos e con máis detalle. Tal e como recolle o informe, a comunidade galega sitúase entre as autonomías con mellor taxa de escolaridade entre os nenos de entre 0 e 2 anos -só superada por Madrid e Euskadi- e ocupa un posto medio en canto á porcentaxe de centros con comedor (o 64%), a vinte puntos da taxa de Madrid pero case á mesma distancia doutros territorios como Castela-A Mancha ou Estremadura. Galicia sitúase nos últimos postos en canto ás infraestruturas dos centros escolares e no acceso a Internet Non sae tan ben parada Galicia no índice que mide as condicións de habitalidade e as condicións das infraestruturas dos centros escolares, onde oito comunidades teñen claramente mellores datos. En canto á porcentaxe de aulas con acceso a Internet, a autonomía galega chega ao 84% segundo os últimos datos do Ministerio de Educación que recolle a ONG, pero só Canarias, Asturias e Andalucía teñen unha menor implantación da Rede nos colexios. No que se refire á taxa de abandono escolar, tan só Euskadi cumpre xa co obxectivo da UE para o 2020 cun 10%. Galicia está aínda no 20% de poboación de entre 18 e 24 anos que non completaron a segunda etapa de Secundaria e non continúa os estudos. Onde si suspende a comunidade autónoma é no que se refire á asistencia ao cinema, teatros ou outros espectáculos, así como na visita a museos, bibliotecas ou semellantes. A comunidade galega sae mal parada de ter en conta a asistencia dos nenos a cinema, teatro, museos ou bibliotecas Neste último caso, Galicia sitúase entre os tres últimos postos, moi lonxe da media do gasto familiar estatal nestes ámbitos, mentres que case outro tanto ocorre co gasto en cinema ou teatros. Pola contra, os nenos galegos son dos que menos tempo pasan con vídeoxogos e diante da televisión de entre o conxunto de rapaces de toda España."}
{"ID": "PRAZA_19713", "summary": "A renda per cápita de Galicia pechou 2015 no 79% da media comunitaria, mentres que a Xunta prevera acadar o 95%. O país afástase da converxencia europea pero gaña posicións relativas a respecto doutros territorios do Estado, que retrocederon máis.", "text": "A economía galega xa medra a un ritmo semellante ao anterior á crise. O Produto Interior Bruto do país rematou 2016 cun crecemento do 3,1%, segundo os datos provisionais do IGE, o que supuxo o terceiro exercicio consecutivo de cifras positivas. No entanto, este crecemento non ten a súa correspondencia noutros indicadores como o emprego -150.000 persoas ocupadas menos-, os salarios ou a renda media dos fogares e as familias. Esta disparidade reflíctena tamén os datos de converxencia coa Unión Europea. Non en van, segundo a última revisión que vén de publicar Eurostat, Galicia acumula tres anos seguidos nos que a renda media da poboación está ata 21 puntos por baixo do promedio da Unión. Nos anos previos ao estourido da crise Galicia avanzara notablemente no seu achegamento á renda per cápita media da UE, cara á converxencia. Así, a oficina estatística da Comisión Europea amosa que en 2008 e 2009 a renda persoal galega chegou a situarse nun 89% da media continental. No entanto, a partir de 2010 iniciouse un rápido descenso de ata dez puntos, ata chegar ao 79% en 2013, o cal se mantivo en 2014 e 2015, o que significa unha caída superior á estimada por Eurostat en anos anteriores e o que ratifica, tamén, unha diferenza de ata 16 puntos entre o estimado pola Xunta, acadar o 95% da renda media en 2014, e o que finalmente aconteceu. O retroceso de Galicia na súa converxencia non foi, obviamente, un fenómeno illado, pero non é menos certo que non foi tan acusado como noutros territorios da contorna do país, isto é, outras comunidades autónomas do Estado e mais as sete rexións nas que Eurostat divide Portugal. Así, Galicia está máis lonxe de coller o tren económico europeo no que atinxe á renda da súa poboación, pero gaña posicións relativas en comparación cos anos previos á expansión económica que precedeu ao inicio da crise. Así, moveuse dende as últimas posicións ás intermedias con relación a España e Portugal. Esta mellora relativa débese a que, mentres Galicia perdía 10 puntos dende o ano no que máis próxima estivo á converxencia coa UE, o 2009, outros territorios retrocederon máis. Foi o que lles sucedeu as áreas de influencia de Lisboa e Madrid, con retrocesos de 14 e 13 puntos, ou a autonomías españolas como Cantabria, Canarias, Navarra ou Andalucía. Mentres, o proceso de converxencia coa UE retrocedeu menos en rexións portuguesas como Açores, Alentejo, Algarve ou o Centro e mais o Norte de Portugal, se ben estas áreas partían tamén de rendas per cápita máis baixas. A diferenza da renda media galega per cápita con relación á comunitaria é de 6.000 euros ao ano A diferenza en puntos porcentuais da renda per cápita galega con relación á media da UE regresa, daquela, a valores anteriores á expansión económica da década pasada, pero a súa tradución a euros é notablemente peor. Así, no ano 2003 a renda per cápita media da poboación galega era de 17.000 euros anuais de capacidade de compra -valor que Eurostat emprega para descontar dos seus cálculos as diferenzas de prezos entre países- e a da UE, de 21.500, o que supuña unha diferenza de 4.500 euros. Esta fenda chegou a reducirse en 2009 ata os 2.800 euros e no 2015 chegou aos 6.000, coa renda media galega en 22.900 euros anuais e a comunitaria, en 28.900."}
{"ID": "PRAZA_16191", "summary": "O PP admite que a diplomacia israelí pode \"mellorar\" pero salienta que é \"o único país democrático da súa contorna\" Feijóo visita Israel catro anos despois de que declarase \"inimigo\" ao Parlamento de Galicia", "text": "Feijóo visita Israel catro anos despois de que declarase \"inimigo\" ao Parlamento de Galicia Os tres grupos da oposición coincidiron este martes en reclamar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a viaxe de tres días que vén de iniciar a Israel para promover as exportacións galegas non supoña un aval ás políticas do seu Goberno cara os palestinos. Pola contra, o PP admitiu que a diplomacia israelí pode \"mellorar\" pero salientou que é \"o único país democrático da súa contorna\". A viaxe fai que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, veña de asumir ata a volta de Feijóo o \"despacho dos asuntos da Presidencia\". A viaxe de Feijóo a Israel prodúcese catro anos despois de que o embaixador en Madrid declarase \"inimigo\" ao Parlamento galego por censurar o desprazamento de palestinos das súas residencias que orixinou a creación do Estado israelí. Ese feito foi lembrado polo portavoz de En Marea, Luís Villares, quen salientou que Galicia é un pobo de paz e que a Cámara galega vén de condenar novamente o Holocausto xudeu, pero que reclama igualmente o dereito do pobo palestino a existir e non ser desprazado. Villares reclamou a Feijóo que inicie a súa viaxe en Israel incidindo nesa idea. O PP admite que a diplomacia israelí pode \"mellorar\" pero salienta que é \"o único país democrático da súa contorna\" Desde o PSdeG o seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a Feijóo que sexa \"extremadamente coidadoso nunha contorna internacional moi complicada para non avalar as políticas erradas do Estado de Israel\" cara a Palestina. Máis alá desa consideración, Leiceaga rexeitou avaliar a viaxe porque criticou que a Xunta se limitou a informar da mesma que terá un contido económico. Para os socialistas Israel non é un Estado prioritario para Galicia pero entenden que a viaxe pode facerse se resulta útil. Quen máis dura se amosou coa viaxe foi a portavoz do BNG, Ana Pontón, para quen Feijóo \"ampara\" un \"Estado criminal\" que \"acosa os dereitos humanos\". \"Non é o país nin o momento idóneo para ir\", dixo. Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, salientou que Israel é \"o único país democrático da súa contorna\" e que, á marxe da \"consideración\" que se poida ter sobre se a diplomacia israelí pode \"mellorar\", a viaxe de Feijóo terá un carácter económico."}
{"ID": "PRAZA_5081", "summary": "O documental 'El tiempo futuro' conta a fazaña de Bárbara Iglesias, unha rapaza galega que destaca neste minoritario deporte de inverno malia ter a pista máis cercana a máis de 1.700 quilómetros de distancia. Unha campaña de mecenado busca financiamento para rematar a fita.", "text": "Unha galega que destaca no bobsleigh, ese deporte no que un espectacular vehículo lánzase a velocidades de vertixe a través dun tubo de xeo. Unha moza de Arcade que vive a máis de 1.700 quilómetros de distancia da pista máis cercana da disciplina. E unha muller á que lle valeu a súa experiencia nas carrilanas para se converter na primeira piloto española en competir neste deporte. A historia de Bárbara Iglesias, de 21 anos, é a que conta El tiempo futuro, un documental dirixido por Xoán Escudero e que agora vén de poñer en marcha unha campaña de micromecenado para poder facer fronte aos gastos necesarios para rematalo. A fita de Y la nave, producida por Sika Lamas e Analía G. Alonso, fai un repaso polos esforzos e a traxectoria de Bárbara na persecución do soño olímpico, así como pola súa participación como membro da selección española de bobsleigh en diferentes campionatos en Austria ou Alemaña. A moza de Arcade pouco sabía do bob -así se chama o vehículo- pero foi o que logo sería o seu adestrador, Javier Pintado, o que lle cambiou a vida. 'El tiempo futuro' conta a fazaña de Bárbara Iglesias, que pasou das carrilanas a destacar no bobsleigh malia ter a pista máis cercana a máis de 1.700 quilómetros O técnico tamén practicaba carrilanas e sabía da afección de Bárbara por deportes de inercia, unha experiencia que lle valeu para ser a elixida para probarse como futura compoñente do equipo feminino de bobsleigh de España, ata daquela inexistente no Estado. Pouco ou en nada se parecían as disciplinas. Nada tiña que ver o asfalto ou os camiños co tubo de xeo. Pero a rapaza lanzouse. Bárbara e a súa compañeira asturiana, á que acababa de coñecer, metéronse nunha furgoneta camiño de Austria. Logo de 25 horas de viaxe, montouse por primeira vez nun bob. Non foi tan mal a cousa, malia non saber practicamente nin como frear ese estraño vehículo. Máis dun ano despois, a parella formada por ela e Cristina Ibaseta acadou o 12º posto no Mundial júnior, xa co apoio que non tiveran da Federación Española de Deportes de Xeo, que aínda segue sen sufragarlles todos os gastos. Unha campaña de 'crowdfunding' busca financiamento para rematar o documental \"É un deporte moi minoritario e a federación tamén é moi pequena; se deportistas olímpicos importantes teñen dificultades, imaxina o seu caso\", conta Xoán Escudero, director do documental, que espera que a campaña de crowdfunding axude a \"darlle o empaque\" necesario a unha fita case rematada pero que precisa algunha rodaxe máis e rematar a posprodución. \"A xente adoita pensar que é un documental deportivo, pero realmente é un documental sobre as persoas que logran facer esta fazaña\", engade o director, que explica que nesta Fórmula Un dos deportes de inverno \"hai equipos que teñen mecánicos, condutores e masaxistas\" competindo contra Bárbara e a súa compañeira, \"para as que chegar ao lugar da competición é tan importante como para o conxunto alemán acadar o terceiro posto\". \"Para o equipo de Bárbara, chegar ao lugar de competición é tan importante como para os alemáns conseguir o terceiro posto\" No documental participan importantes figuras dos deportes de inverno, entre eles Ander Mirambel, olímpico español de esqueleton, ou Kaillie Humphries, dobre campioa olímpica de boblsleigh, así como Javier Pintado Piquero, o adestrador do equipo español e descubridor de Bárbara. A historia retrotráenos irremediablemente á película Nacidos para el triunfo, na que se contaba a aventura dun equipo xamaicano que logrou participar nos Xogos Olímpicos de Calgary malia a lóxica inexistente tradición deste deporte de inverno nun lugar onde non hai inverno. En Galicia haino, pero nin hai neve suficiente, nin tanto frío nin moito menos tradición. O que si sempre houbo foi corredoiras e carrilanas. E iso foille suficiente a Bárbara para ser xa o referente dun descoñecido deporte e aspirar a participar nos Xogos de 2018. Ese é o seu soño."}
{"ID": "NOS_31983", "summary": "A autorización excepcional de certa actividade cinexética co pretexto do control das especies salvaxes bate cos argumentos das organizacións ecoloxistas, que ven no aval da Xunta aos argumentos do sector cinexético unha concesión inxustificada a esta actividade nun momento de parálise da súa actividade.", "text": "Baixo o argumento de \"evitar incidencias que poidan provocar a fauna salvaxe e primar así a seguridade das persoas e o tráfico viario, ademais de reducir os danos nas extensións agrarias no inicio da época de semente\", o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) avalaba en abril a continuidade do exercicio excepcional da caza durante o estado de alarma, ampliado agora a accións grupais, mediante batidas, e xa non unicamente individuais. Os criterios, esgrimidos polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda –a Administración galega preside este órgano, creado para xestionar os efectos da crise pola pandemia, no que están representadas a Delegación do Goberno e a Federación galega de municipios e provincias, Fegamp– baten frontalmente cos das organizacións ecoloxistas galegas, que rexeitan que a actividade cinexética poida verse como unha actividade esencial neste período de restrición da actividade e que tachan a medida de \"inxustificada\", ao ver nela unha nova concesión ao sector cinexético por parte da Xunta. De feito, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, chegou a manter unha nova xuntanza coa Federación Galega de Caza para \"difundir os valores medioambientais asociados á actividade cinexética\". Na difusión deste encontro, a Xunta salientaba o \"diálogo constante co sector cinexético\" para \"mantelo informado de todas as medidas e restricións en materia de caza\" derivadas do estado de alarma. En declaracións a Nós Diario, a asociación ecoloxista Adega advirte do \"sensacionalismo\" e o \"perigoso discurso do medo que están a difundir as Administracións –Xunta e Goberno estatal, que tamén vén de recomendar o mantemento da caza para o control animal durante o estado de alarma– ao par do sector cinexético\", ao aludir ao necesario \"control\" de especies como o xabarín na corentena. \"A poboación do xabarín non está descontrolada, senón que carece de xestión, pois a súa situación segue sendo igual que nos últimos meses e anos\", afirma esta organización, que pon en dúbida tamén a validez da caza como método para reducir os danos das colleitas, previr accidentes de tráfico ou, como esgrime o sector, conservar a biodiversidade. Así o entenden tamén en Ecoloxistas en Acción, que non atopan \"ningunha xustificación\" para autorizar batidas durante o confinamento, unha posición similar á que levou a Fundación Franz Weber a trasladar ao Goberno estatal unha denuncia contra a Xunta por entender que a autorización das batidas podería infrinxir o estado de alarma. \"Por moito que o repitan non hai unha invasión da fauna salvaxe. O seu control cinexético non é máis que unha burda escusa para seguir matando\" denuncia Ecoloxistas en Acción. Ciclos reprodutivos O doutor en bioloxía Francisco Carro, que traballa no seguimento de fauna no parque natural de Doñana, desbota a posibilidade dunha \"proliferación esaxerada\" da fauna por efecto de semanas de confinamento. \"A nivel biolóxico é imposíbel que a poboación dun animal como o xabarín medre de forma significativa nese tempo, dados os seus ciclos reprodutivos\", observa. Para o especialista galego, os reiterados avistamentos de fauna salvaxe que sosteñen o discurso do sector da caza teñen unha explicación diferente á da \"expansión descontrolada\". \"O que si ocorre cos animais nesta etapa é que cambian o seu comportamento pola falta de actividade humana. Ao non haber tanta xente poden verse polo día con máis facilidade\", expón. Carro remítese tamén ao fenómeno polo que se reafirma a sensación, non contrastada, de que a fauna está invadindo os espazos urbanos por repetición de informacións nese sentido. \"Esas proliferacións esaxeradas non existen en dous meses, mais ás veces creáse un estado de cousas que fai pensar que si. É verdade que os animais tenden a ser máis diurnos cando non teñen competencia humana, pero non medran até ser unha praga da noite para o día\", rexeita, sinalando que se decotío non se producen tantos avistamentos é porque, coa actividade ordinaria, os animais evitan o contacto coas persoas. No mesmo sentido, desde Adega sinalan que os avistamentos recentes son \"anecdóticos e sempre existiron\". \"Durante o confinamento non houbo unha explosión de fauna nin de invasión desta en zonas poboadas nin un comportamento anómalo dos animais. Os casos de gravacións en zonas urbanas son puntuais, moitos deles de animais desorientados\", apuntan, e tachan de \"irresponsabilidade\" inferir deles unha \"situación especial de cambios de comportamento derivados do confinamento\". Feixoo quere a volta das batidas de xabarín A Xunta, pola súa banda, cre necesario autorizar a pesca fluvial e a caza, especialmente as batidas do xabarín, segundo comunicou Alberto Núñez Feixoo durante a súa comparecencia do día de onte, na que indicou que a petición xa foi trasladada ao Goberno estatal."}
{"ID": "NOS_45977", "summary": "Para o presidente da Xunta é posíbel falar da Derradeira leición do mestre sen mencionar a represión fascista, os asasinatos do bando de Franco ou os fusilamentos. Demostrouno esta cuarta feira nas palabras que pronunciou após o acto solemne de desembalaxe do emblemático cadro de Castelao na Cidade da Cultura.", "text": "Alberto Núñez Feixoo referiuse á obra que centrará a exposición Castelao Maxistral como unha \"defensa da educación fronte o fanatismo que lembra que a educación en liberdade é o medio para a promoción dos valores democráticos\". Tamén lembrou a loita do seu autor \"contra a inxustiza\" e engadiu que a pintura \"recorda o que xamais debe volver pasar\". \"Somos a Galiza que soñaba Castelao\", chegou a afirmar. A derradeira leición..., que a partir deste 5 de outubro poderá verse en Galiza por primeira vez, é a reprodución ampliada ao óleo da sexta lámina do álbum de guerra Galicia Mártir. O rostro do mestre asasinado é o de Alexandre Bóveda, fusilado polos franquistas o 17 de agosto do 36. Castelao pintouno en 1945, cando levaba máis de seis anos exiliado. A oposición, cuxos tres líderes tamén asistiron ao acto, reaccionou no lugar. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu que a difusión do traballo de Castelao se faga \"sen descafeinar e sen censuras\". Para a nacionalista, que se declarou \"emocionada\", o cadro debe quedar en Galiza. \"É importante que os galegos e as galegas coñezan a verdade e que non vivamos novos episodios de manipulación\", engadiu, e sinalouno como \"unha razón máis para recoñecer este nacionalista que entregou a súa vida a defender que Galiza é unha nación con dereito a autogobernarse\". Tamén Luís Villares, portavoz de En Marea, amosou a súa indignación polo que a súa organización entendeu como \"mentiras\" de Feixoo. Visibelmente molesto, afeoulle ao presidente da Xunta que se \"apropiase\" do cadro e da figura de Castelao. \"Queremos que a estadía da obra en Galiza sirva para devolver a memoria e a dignidade da represión franquista\", dixo, acompañado da deputada de En Marea Ánxeles Cuña, neta de Alexandre Bóveda. \"A idea de que na presentación dunha obra na que hai un mestre asasinado non se expliquen os motivos desa imaxe significa que quere darse outra explicación a ese feito, que non se quere recoñcer a realidade das vítimas do franquismo\", concluíu. O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, limitouse a esixir \"unha maior compromiso futuro da Xunta coa recuperación da memoria histórica e coa eliminación da simboloxía franquista\"."}
{"ID": "NOS_57602", "summary": "José Luis Sucasas foi escritor de ficción, político, economista, articulista de prensa. E unha persoa \"afábel e moi querida\" mais cun \"epicentro vital\": Galiza. Un home de ideas para un país mellor son 50 textos publicados na prensa que, ao dicir do seu amigo e compañeiro de militancia no BNG Francisco Vilariño, recollen \"a alma de Sucasas\". Preséntase esta quinta feira, 13 de xuño, na Biblioteca Municipal de Lalín.", "text": "Publicado polo Concello de Lalín, a cuxa corporación optou Sucasas en tres ocasións nas listas da organización nacionalista, foi a súa viúva, Chiruca Janeiro, a encargada de sintetizar en 50 columnas xornalísticas o seu pensamento. Contou coa colaboración de Vilariño, edil en funcións de Turismo. \"Este material define perfectamente a figura de Sucasas\", relata este último a Sermos, \"a dun auténtico patriota. Falan de economía, de lingua, de política, pero o denominador común é ese acento de patriotismo, mirar as cousas desde o país\". José Luis Sucasas nacera na parroquia de Cadrón -presente de continuo nos seus escritos- en 1959. Morreu dun ataque ao corazón hai dous anos. \"Era unha persoa plural, aberta e dialogante\", descríbea Vilariño, \"e moi firme á hora de ver todo desde Galiza como solución\". Nacionalista por ideas e por práctica, á hora de escribir usaba \"esa retranca tan intelixente\" que o caracterizaba. \"O libro é unha homenaxe a un veciño destacado de Lalín\", sinala o edil nacionalista. Ademais dos 50 artigos inclúe dous limiares, un do consistorio e outro do escritor e xornalista Moncho Vilar. \"Foi un traballo duro de facer\", explica, \"porque cada artigo lembrábache os cafés con Sucasas\". Ademais de Janeiro e Vilariño, tamén contribuíron ao traballo Fernando Pereira e Alfonso Toimil. No acto desta quinta feira ás oito do serán participarán Vilariño, Villar e o alcalde en funcións da localidade do Deza, Rafa Cuíña."}
{"ID": "NOS_47263", "summary": "A coalición pide \"actuar sen demora\" e que a Xunta interveña nas residencias privadas para garantir \"o coidado das persoas máis vulnerábeis\".", "text": "Galicia en Común-Anova Mareas urxiu esta terza feira ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a que \"exerza de presidente\" e \"actúe xa para medicalizar todas as residencias de maiores do país, tanto as públicas como as privadas\", no ámbito das súas competencias en Política Social e das que lle faculta a orde do Ministerio de Sanidade publicada no Boletín Oficial do Estado. \"Cómpre actuar sen demora e reforzar no inmediato a dotación de persoal e medios, debidamente equipados e protexidos, para o coidado das persoas máis vulnerábeis que requiren dun maior esforzo médico e asistencial extremadamente agravado pola pandemia da COVID-19 que nos azouta\", exixiu o candidato da coalición, Antón Gómez-Reino, como xa fixera o pasado domingo na xuntanza telemática con Feixoo. \"Estamos a pedir á Xunta que se medicalicen xa as residencias públicas e que o Executivo de Feixoo interveña tamén nas residencias privadas\", insistiu Gómez-Reino, solicitando que o Goberno galego aplique a orde do Ministerio de Sanidade que faculta aos distintos territorios do Estado a intervir nas residencias privadas \"en función da situación epidémica e asistencial, considerándoas como servizo esencial na loita conta a COVID-19\". \"A Xunta ten que asumir as súas competencias, non só aplicando esta orde senón tamén indo máis alá deste documento\", salientou o candidato da coalición, que se suma así á demanda das traballadoras de residencias como a San Carlos de Celanova, onde tan só hai 4 persoas para atender a 54 residentes sendo o foco máis grande de positivos por COVID-19 da Galiza, con 20 persoas contaxiadas e unha falecida. \"Unha situación dramática que nos preocupa severamente e que comeza a ter réplica noutros centros galegos\", lamentou Gómez-Reino. \"O caso de Celanova é un dos moitos exemplos de privatización das residencias, cun 25% das prazas concertadas e no que vemos como a privatización da asistencia aos nosos maiores foi a peor solución. Precisamos un futuro onde apostemos decidamente polo público, sen escatimar esforzos e recursos\", destacan desde a coalición. Pola súa banda, Eva Solla puxo en valor o inxente traballo que están a facer as traballadoras e o persoal de coidados (nun sector altamente feminizado) \"tanto nos centros públicos, con moitas eivas, como nos privados, onde o modelo de negocio que se impuxo na Galiza na última década se estivo a lucrar a costa de abaratar a asistencia, recortando en persoal e a calidade do servizo\". Da mesma maneira, Martiño Noriega denunciou a acción privatizadora de Feixoo nos máis de dez anos do seu goberno. \"Xa desde a súa primeira lexislatura decidíu privatizar residencias como as Viveiro, Vimianzo, Monforte ou Ourense para colocalas en mans de empresas como Geriatros\", lembrou Noriega, para resaltar a importancia da \"defensa do público como garantía colectiva da cohesión social para o futuro dun país que precisará de moitos esforzos colectivos, non só o benestar dos nosos maiores, senón do conxunto da sociedade, con particular atención aos colectivos máis vulnerábeis\"."}
{"ID": "NOS_44535", "summary": "Lume e auga son os elementos principais para facer da de San Xoán a noite máis máxica do ano. Buscamos as tradicións para quitar o meigallo e procurar un futuro luminoso. \"Galicia Encantada\", o proxecto promovido polo escritor Antonio Reigosa, danos as claves dunha festa que se conmemora en todo o territorio galego.", "text": "Unha noite máxica para un país encantado. O proxecto \"Galicia encantada\", a Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia, promovida polo escritor Antonio Reigosa achéganos a tradicións e ritos que acompañan unha xornada para non desaproveitar. Poucas ocasións se presentan tan acaídas para botar de riba o mal de ollo e poñer toda a vontade en darlle unha volta a un presente cincento. Alá imos a saltar o lume, procurar nove ondas, lavar a cara con auga da noite ou facer un roteiro nocturno polas fontes … todo é pouco se a noite dá para mudar o futuro. Informantes de todas partes contribúen a que a Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia vaia nutríndose de tradicións que acompañan a noite de San Xoán. Herba luísa, santa maría, espadana, ruda, castiñeiro, nogueira, romeu... son algunhas das herbas que se deixan nunha tina con auga a coller o orballo da noite para aproveitar as propiedades milagreiras pola mañá, como contan en San Xoán de Culleredo. As herbas purificadoras tiñan en Navia de Suarna outra práctica. Sabugueiros, herba de San Xoán e a artemisa colocábanse en portas e ventás para escorrentar as meigas nas aldeas do concello. \"Fóra meigas\" Saltar a fogueira para se purificar co lume é práctica de todo o territorio e tamén en Castrolandín, onde o lume serve tamén de contacto coa cultura dos mouros que reside no interior da terra. A fogueira préndese despois de media noite mais antes colócanse pólas espetadas con piñas arredor do castro que logo se acenderán con fachos nunhas tradicións que, como o forno no que cocen pezas de cerámica, se está a recuperar. \"Fóra meigas\" é o berro que se repetía no concello de Cervantes para saltar a fogueira na medianoite como relata un informante a Galicia Encantada. De carácter singular é a práctica que se seguía en Vilar de Moia, en Navia de Suarna, onde a veciñanza acendía unha cacharela entre Vilar e Moia, \"como símbolo para recalcar a personalidade dun pobo fronte ao outro cun marcado carácter fixador de límites simbólicos-sociais\", sinala Xabier Moure en \"Galicia Máxica\". No concello, en Savane, as fogueiras situábanse nos cruces de camiños para que o gando curara o mal dos pés ao pasar por riba. Nove ondas, na Lanzada Os efectos milagreiros do baño das nove ondas no areal da Lanzada está xa a proba de toda dúbida. Dependendo da temperatura custa máis ou menos introducirse nas frías augas do Atlántico para procurar a fertilidade, rito sanador que a tradición reservaba para as mulleres, sufridoras tamén na máxica noite dos bos desexos. Carros e cancelas están agora xa máis ao cuberto da noite na que, en especial os mozos, procuraban por toda a aldea enseres para cambiar de lugar e deixalos, en calquera lugar, en especial, amoreados no adro. Era o peor dos amañeceres da noite de San Xoán, cando a casa estaba aberta e o carro desaparecera coa tradicional brincadeira á que non se lle coñecen maiores efectos purificadores."}
{"ID": "NOS_20339", "summary": "De Sousa dimitiu como presidente da multinacional en xuño. Como presidente cobraba por volta dun millón de euros anuais.", "text": "662.119 euros con 26 céntimos de euros. Esta é a cantidade que reclama o ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, segundo a demanda presentada contra a multinacional por un suposto despido improcedente. O Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra acolleu o xuízo nesta segunda feira, sesión á que non asistiu De Sousa mais si a súa avogada. Os letrados de Pescanova e da administración consursal reclamaron que se considere \"unha temeridade\" este proceder e que se teña en conta as circunstancias nas que se presentou a reclamación. De Sousa presentou a súa dimisión como presidente da compañía galega o 17 de xullo, cargo polo que cobraba case un millón de euros ao año."}
{"ID": "PRAZA_20402", "summary": "ENTREVISTA A procura da transcendencia é, segundo Suso de Toro, a liña que resume o sentido da súa obra, que retomou con Somnámbulos, Humildar, Conta saldada e Aquí somos así, positivamente", "text": "Suso de Toro anunciara, hai sete anos, que deixaba a profesión de escritor. Mais non era doado de crer, tras tantos anos de andaina nas letras galegas, e con non pouco impacto nelas. Volveu, primeiro, con 'Somnámbulos', (Xerais), no 2014. Aos que este ano se uniron 'Humildar' (Xerais), Conta saldada (Xerais) e 'Aquí somos así, positivamente' (Concello de Santiago). Falamos con el destes libros, e repasamos a súa obra narrativa. 'Aquí somos así, positivamente' foi editado polo Concello de Santiago con motivo do SELIC. Mais é un texto que xa estaba en 'Caixón desastre', non si? Ten uns 25 anos, si, ou algo máis. 'Caixón desastre' fora, a primeiros dos 80, premio Galicia da Universidade de Santiago. Anos despois reeditouno Xerais, e como o que tiña era un texto moi delgado, engadimos outros relatos para publicar no mesmo volume. Mais, en realidade, a orixe estivo nun encargo para un libro sobre cidades. Daquela considerei que a única cidade que coñecía abondo para falar con convicción dela era a miña, Santiago. Por iso é un relato que fala de Santiago desde dentro, desde a voz dun santiagués. Naceu aí o personaxe de Nano, do que despois botei man en 'Tic-Tac' para darlles unidade aos relatos… Nada menos ca Nano, que anda por varios dos teus libros. O segundo relato de 'Somnámbulos' parécese un pouco a 'Aquí somos así, positivamente'. Un monólogo… Hai conexións, si. É un personaxe distinto, dunha condición social distinta e de idade distinta. E tamén pasa en Santiago. Mais si que é verdade que ter un personaxe que fala e fala, -e niso enlaza co personaxe de Nano-, é habitual nas miñas novelas. Agora mesmo estou rematando unha, e a xente que a leu dime que teño un estiño recoñecible, cousa que me preocupa porque eu nunca quixen ter un estilo, senón máis ben o contrario. Mais, si, a presenza da oralidade é unha marca da miña maneira de escribir… \"A presenza da oralidade é unha marca da miña maneira de escribir…\" Tamén hai unha relación entre o primeiro e o terceiro relato de 'Somnámbulos'. A través de dous personaxes, colaboradores activos do franquismo, que están orgullosos do que fixeron. 'Somnámbulos' recolle tres relatos, mais o que motivou a publicación do libro é o primeiro deles, 'Negocios de familia'. Este texto naceu pola rabia que me dá a relación co pasado que ten esta sociedade, polo ocultamento e negación de episodios molestos, pola manipulación da memoria. Os mozos da matanza de Atocha, ou Moncho Reboiras, teñen que os reivindique. Pero non é así cos cinco mozos do FRAP e da ETA que foron fusilados no 75. Porque é unha memoria incómoda. ETA e o FRAP representan un dos camiños aos que levaban as ideoloxías do antifranquismo. Eu non pertencín a ningunha das dúas organizacións, pero sinto que aqueles mozos eran meus. Paréceme inxusto esquecelos. Cando foi o aniversario, quixen escribir para eles, para a súa memoria. En 'Home sen nome' xa recolleras o punto de vista dos verdugos. Nano escoitaba un home que contaba a súa vida: a súa simpatía polo nazismo… Si. E a verdade é que me preocupa… Porque penso que todo o meu mundo literario está a tramarse demais. Supoño que é o paso do tempo, por onde van conducindo a obra… Na novela coa que estou agora aparece un dos personaxes de 'Negocios de familia', o psiquiatra. Hai relacións entre as historias que escribo, si. Non é algo forzado nin deliberado. Vén de seu. E preocúpame que porque ás veces teño a sensación de que se está a cerrar o meu tempo, a miña obra… \"Ás veces teño a sensación de que se está a cerrar o meu tempo, a miña obra\" O terceiro dos relatos de 'Somnánbulos' fora escoitado na Sala Galán… De que maneira? O orixinal foi escrito como texto para magnetófono, para ser escoitado. Fixémolo un amigo, Xosé Manuel Rodríguez Abella, e eu, que faciamos a lectura. Despois houbo funcións teatrais e parateatrais... , e o que fixemos foi levarlle ao público a cinta, ofrecerlle a gravación. Esta é unha das liñas da miña obra: sacar a palabra do texto, do libro, e levala a outros lugares: ao espectáculo… En 'Humildar' explicas que a palabra significa tornarse humilde. Moderar a soberbia, aceptando a vida como é. Francisco Macías editárame hai anos un libro que se chamaba 'FM'. A FM supuxera un cambio tecnolóxico importante: era a radio máis viva, máis dinámica que había naquel momento. O medio de comunicación máis directo. Por iso o título. Así estaba a estética que practiquei nos 80, que mesturaba o mundo no que vivo co desexo de ultrapasalo, de entrar noutra fase da Historia e da miña vida. Despois houbo outro libro, 'Parado na tormenta', que falaba do mundo da modernidade construído pola civilización occidental. Era froito da reflexión intelectual e de algo ao que lle dou moito valor, que é a experiencia. Pois iso mesmo é 'Humildar', e por iso está escrito desde un punto de vista tan persoal. Eu penso que escribir un libro coma este é arriscado, no sentido de que é vulnerable á ironía, aos discursos tópicos da modernidade. Eu dicía, xa desde hai anos, que me gustaría escribir un libro de oracións para agnósticos. E iso tentei facer. A motivación chegou porque había unha xente que quería facer un documental sobre min, e como eu dixera hai 7 anos por Sant Jordi que deixaba a profesión de escritor, precisabamos un libro para que eu volvese a Sant Jordi, como eles querían. Precisaba escribir un libro breve, e púxenme con 'Humildar'. \"Eu dicía, xa desde hai anos, que me gustaría escribir un libro de oracións para agnósticos. E iso tentei facer\" Tanto en 'Tic-Tac' como en 'Círculo', aínda que sexan moi distintos a 'Humildar', apúntanse os mesmos temas: o paso do tempo, a celebración da vida, a concepción moderna da mesma que no acepta os dogmas de fe… En xeral, a aceptación da morte como parte da vida e sen desesperarse por iso. Claro, sen desesperarse, senón todo o contrario. O que busco é algo que conduza a vivir a vida, con plenitude, a desfrutar cada momento. Sen vivir na mentira, sen ocultar aspectos esencias da existencia. Eu sei que non é a idea de min que poden ter os lectores ou a crítica, e ademais pasa que en Galicia non hai unha recepción completa do meu traballo que o explique e sitúe, pero o que penso é que, como autor, son moi existencial. Trato temas moi radicais, que expreso a través de estratexias, de estéticas, distintas, a xeito de novela, de conto… Creo na narratividade, penso que o libro ten que funcionar, pero si hai unha preocupación existencial, como unha das constantes no que escribo. Pero sei que isto non encaixa coa imaxe que adoita terse sobre a miña obra… Suso de Toro / CC BY-SA A. Navarro Eu non son crítica, mais a miña percepción é que cos primeiros libros que publicaches si se formou unha imaxe de autor anovador, que falaba do mundo urbano e moderno, que xogaba co fragmentario… Non sei se cos libros máis recentes se mantén tanto esa visión. Penso que non. Pode ser que veña de aí, si. Naquel tempo eu tiña que defender unha posición que adoptara de maneira consciente, que me permitise cuestionar a estética dominante na literatura galega, a relación da literatura coa sociedade, a figura do escritor, a función da literatura… Porque eu quixen cuestionar iso, aspectos fundamentais da literatura galega, creando un modelo novo… E iso puido dar lugar a unha recepción tópica… Non sei. \"Quixen cuestionar aspectos fundamentais da literatura galega, creando un modelo novo\" Cal era o teu proxecto, entón, nos anos 80? Para os que non o lembramos, que eramos pequenos entón. Sendo adolescente imaxinei unha figura do autor do século XX, en relación coas estéticas de Joyce, Beckett, Faulkner… En diálogo cos autores da modernidade, sobre todo os anglosaxóns, e tamén coa narrativa francesa da época. Aos 16 anos gañei un concurso literario, e nunha entrevista que me fixeron dixen que eu quería modernizar e actualizar a literatura galega. \"Sendo adolescente imaxinei unha figura do autor do século XX, en relación coas estéticas de Joyce, Beckett, Faulkner\" Parecíame que había unha contradición entre o mundo daqueles que eran os meus referentes literarios e a literatura galega, -tendo en conta que si había literatura moderna, pois estaba a Nova Narrativa Galega-. Era consciente de que tería un problema para encaixar a miña obra no que se facía normalmente, naquel momento, en galego. Pois non se entende o que fixen despois, tras anos de militancia política, nos anos 80, sen ese proxecto da adolescencia, coa súa arrogancia e o seu ímpeto de xuventude. Xa o decidira 10 anos antes. Pero non sei se debería contar todo isto, que despois sitúate no medio da crítica.... Coma calquera cousa que digas fóra da mesa da cociña da túa casa. O que si é certo é que sempre te posicionaches publicamente, dun ou doutro lado. E iso ten consecuencias. Eu penso que iso vai con cada persoa. Ao longo da miña vida andei sempre no camiño do activismo e da militancia, en distintas organizacións políticas e sindicais ou de xeito particular. E penso que as persoas deben vivir en liberdade e practicar a liberdade. O que ocorre é que me refiro á acepción liberal do liberalismo do século XIX. Son liberal pero tamén comunitarista, porque penso que debemos ser libres, mais que necesitamos configurar comunidades. Non me interesa o liberalismo tal como se entende hoxe, no sentido de ser individuos illados, sometidos ás ordes do mercado. Volvendo a 'Humildar', falas de vivir ritualmente as cousas máis importantes da vida, dándolles transcendencia. Falas do ritual, do sagrado, que tamén remite á palabra sagrada. De celebrar o esencial. En 'Trece badaladas', de xeito moi distinto, está a espiritualidade, a morte… E o sagrado, que non ten que pasar polo relixioso. Para resumir o sentido da miña obra, podería dicir que no seu conxunto está unha preocupación pola transcendencia. Pero está de distintas maneiras. Nos anos 80 está reflectido a través do intranscendente, nun mundo cheo de ruído e sen sentido. Nos 90 comezo a dar voltas arredor da transcendencia. Aquilo no que buscamos o sentido pode adoptar distintas formas: os discursos relixiosos, nacionalistas, patrióticos… son un exemplo. Son xeitos de dar argumentos, de dar sentido á vida, de interpretar a vida a través deles. Eu non teño relixión, pero entendo que me falta algo, o que ti chamas sagrado. De aí nace 'Humildar', nesa busca de argumentar unha vida con sentido. \"Para resumir o sentido da miña obra, podería dicir que no seu conxunto está unha preocupación pola transcendencia\" Iso remite á historia da ética. Desde a filosofía grega… Os gregos foron os primeiros en separar o mito e o logos, o racional e o irracional. E con ese esquema entenden a orixe, o mito, os deuses… Moito máis adiante, con Spinoza, ese discurso da razón imponse dun xeito moito máis radical. No século XX a Escola de Frankfurt critica a razón da Ilustración… Mais si, eu sempre sentín desacougo co mundo moderno, porque penso que ten carencias severas. O que o capitalismo precisa é un baleiramento espiritual para transformarnos en obxectos que producen e consumen. \"Sempre sentín desacougo co mundo moderno, porque penso que ten carencias severas\" Tamén 'Conta saldada' fora publicado antes, non si? Nel, unha adolescente fala co fantasma do pai. E hai unha busca na historia da familia, unha procura na orixe… Memoria, historia da familia, orixe e identidade son os fíos que unen varias das túas obras. Coma 'Non volvas', 'Calzados Lola', 'Sete palabras'... E 'Land Rover' e 'A sombra cazadora'. 'Conta saldada' fora publicado antes por Alfaguara, si. Agora edítao Xerais. O meu gran tema é a identidade persoal, e a construción da masculinidade en relación con ela. Mais si, en todas esas obras hai personaxes que se vén obrigados e cuestionar a súa identidade, a averiguar quen son. Tamén pasa na novela coa que estou agora. O que acontece é que, afortunadamente para min e para os lectores, aínda que o fondo sexa o mesmo, as historias son sempre distintas. Mais tampouco é algo que faga conscientemente. Só que as historias acaban indo para aí, cara ese esquema. Someto os personaxes a un proceso de coñecemento radical, para que saiban quen son. \"O meu gran tema é a identidade persoal\" En 'Conta saldada' a protagonista averigua cousas do seu pai e da súa familia que descoñecía. 'Hamlet' serve un pouco de metáfora da necesidade de facer o que hai que facer para facerse maior. En 'Sete palabras' indagabas na historia da túa propia familia. Si, son viaxes ao pasado que se fan para tentar solucionar un problema. Por que ías poñerte a cavar na tumba se non tes un problema, unha necesidade? Son viaxes ao pasado para reconstruírse, para apoderarse da vida de un, para facerte dono da túa vida, máis que para facerse adulto, como dis ti. \"Por que ías poñerte a cavar na tumba se non tes un problema, unha necesidade?\" Nunha entrevista sobre 'Sete palabras' dicías que entendías a vida a través da literatura. Toda a vida é literatura, entendida como argumento, comentabas. Por que? Ten que ver co que dicías antes da palabra. A palabra é o que nos distingue, como especie, dos nosos irmáns, os simios. A palabra é o que nos separou da natureza, e penso que a literatura pode ser un camiño para religarnos de novo ao mundo. Cando presentabamos 'Trece badaladas', eu dicíalles aos editores que podiamos presentalo coma un libro relixioso. Pero non se pode facer iso, porque a Igrexa católica perverteu tanto o significado da palabra relixión, que se dis iso veñen os malentendidos. \"A literatura pode ser un camiño para religarnos de novo ao mundo\" Cando sae a novela nova? Desde que dixeches que marchabas non escribiras novela... Para o outono. Mais si, novela non escribira. De feito, agora teño dúbidas. Tamén porque 'Sete palabras' supúxome un nivel de compromiso coa literatura, utilicei a literatura dunha maneira tan radical, que agora créame certa inseguridade afrontar outra novela… Mais serán os lectores os que decidan, os que digan se acertei ou non."}
{"ID": "NOS_5701", "summary": "O presidente de Venezuela acusa o Estado español de inxerencia tras a visita da ministra González Laya á fronteira con Colombia.", "text": "O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, ordenou revisar a fondo todas as relacións con España en resposta á visita da ministra de Asuntos Exteriores española, Arancha González Laya, á fronteira colombiana con Venezuela para comprobar a situación dos inmigrantes venezolanos. Maduro cualificou a visita como unha agresión e unha inxerencia nos asuntos internos do seu país. \"Xa abonda de hipocrisía, avisámoste (...). Quen queira un bo trato debe darlle respecto e bo trato a Venezuela. Estamos a revisar a fondo todas as relacións con España \", dixo Maduro durante un discurso televisado. \"Simplemente chegou ao noso coñecemento. Responderemos con forza a calquera agresión, xa sexa verbal, de acción, diplomática ou política \", engadiu. Maduro referiuse á dobre cara do ministro español: \"Ela apoia o Goberno de Colombia (...) Hoxe o chanceler declararase a favor da política xenófoba de Colombia contra Venezuela\". Maduro acusou González Laya de inxerencia. \"Que fai na fronteira colombiano-venezolana, en vez de ir ao Mediterráneo a buscar refuxiados e persoas que foxen de África e morren no mar? Por que chegar a se entrometer nos asuntos de Venezuela? (...) Go home (vaia para casa), chanceler de España, xa abonda de humillación contra Venezuela, xa chega de hipocresía, de abuso, abonda de posicións de dobre moral, favorecendo os paramilitares colombianos, o goberno de Colombia, os asasinatos e masacres \" , engadiu nas declaracións recollidas pola páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores venezolano."}
{"ID": "PRAZA_8938", "summary": "Aproveitemos esta data para comprometernos coa cultura, con Galicia, co galego. Mantendo a língua viva. Falando e escribindo. Na escola e na casa, cos amigos e coas autoridades, a cotío e nas festas, nas ciencias e na literatura, nas mensaxes, no correo electrónico. Creando. Alumeando o futuro. Mantendo acesas moitas lumieiras que fagan posible brillaren as letras de ouro que se escribiron e tantas outras que se escribirán relocentes na literatura universal. Nunca máis escuridade.", "text": "Non celebramos un día máis das letras galegas. Hoxe, día 17 de maio, cúmprense 150 anos do renacemento da nosa literatura. Tras un pasado glorioso, houbo tres séculos de escuridade. Tiveron que pasar trescentos anos ata que Rosalía de Castro volvera a utilizar o galego como instrumento de creación literaria. Poucas veces a historia dá unha segunda oportunidade Poucas veces a historia dá unha segunda oportunidade. O pobo galego, as xentes do común, mantiveron un tecido favorable para que se desen as condicións propicias ata iluminar unha escuridade cegante na nosa literatura. Unha ducia de xeracións mantiveron acesa a luz dun candil en cada casa de cada aldea ou vila do noso territorio, transmitindo de pais a fillos as verbas precisas para explicar a nosa realidade. Hoxe, o vento da globalización é quen de apagar lumieiras febles. Precisamos manter unha chama rexa, que alumee no mundo, que se faga visible entre enormes lumieiras. Temos que facer un galego forte, espelido, vivo, que nomee a nova e cambiante realidade. Nós somos os portadores da lingua. Temos que ser merecentes do legado dos nosos ancestros, que gardaron o galego como o tesouro que representa para un pobo a lingua propia. Aproveitemos esta data para comprometernos coa cultura, con Galicia, co galego. Mantendo a lingua viva. Aproveitemos esta data para comprometernos coa cultura, con Galicia, co galego. Mantendo a lingua viva. Falando e escribindo. Na escola e na casa, cos amigos e coas autoridades, a cotío e nas festas, nas ciencias e na literatura, nas mensaxes, no correo electrónico. Creando. Alumeando o futuro. Mantendo acesas moitas lumieiras que fagan posible brillaren as letras de ouro que se escribiron e tantas outras que se escribirán relocentes na literatura universal. Nunca máis escuridade."}
{"ID": "NOS_74", "summary": "A responsabilidade principal do profesor de Historia da Arte da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela será promover e organiza iniciativas que contribúan a faciliten a reflexión e o debate cultural e académico respecto da ruta xacobea", "text": "O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán é o novo director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións, que está centrada na difusión dos valores asociados coa peregrinación e inherentes ao Camiño de Santiago. O profesor Taín Guzmán centra a súa investigación arredor de diversas liñas, sempre relacionadas co Camiño, a catedral, a cidade e a peregrinación. Nos últimos anos ten desenvolvido diversas estadías en centros de investigación internacionais como o Kunsthistorisches Institut de Florencia do Max-Planck-Institut; Villa I Tatti-University of Harvard; a Brandenburg Research Academy and International Network (BRAIN)-Marie Curie Fellowship no departamento de Historia da Arquitectura da Brandenburgische Technische Universität de Cottbus de Alemaña ou no Pilgrimage Studies Institute do College William and Mary en EEUU. Entre outras responsabilidades de xestión asociadas á Facultade de Xeografía e Historia, é fundador e co-director do curso de verán internacional da USC 'Lección Xacobea Internacional da USC' dende 2007, membro do CEHA dende os anos 90, da SEDHC desde a súa fundación en 1996, da Construction History Society de Londres desde 2012 e representante de España no International Committee of the History of Art (CIHA) entre 2007 e 2013. Cátedra creada en 2016 A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC foi creada en 2016 e réxese polo novo convenio de colaboración asinado entre a USC, a Axencia de Turismo da Galiza e a Fundación Catedral de Santiago o pasado mes de agosto. Entre os seus cometidos esta Cátedra realiza tamén cursos, seminarios, conferencias e actividades académicas, e promove e organiza iniciativas que contribúan a facilitar a reflexión e o debate cultural e académico respecto da ruta xacobea. Ademais da difusión e o coñecemento das investigacións realizadas, a Cátedra traballa na creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas do Camiño e disciplinas relacionadas, así como en facilitar a inserción profesional do estudantado universitario a través de prácticas académicas externas extracurriculares."}
{"ID": "NOS_37742", "summary": "Estados Unidos, a Unión Europea e Israel xa construíron valados.", "text": "Periodicamente, os conflitos armados (Ucraína, Siria ou Afganistán) ou fenómenos meteorolóxicos como a seca (África Oriental está a padecer a peor en catro décadas), volven pór en primeiro plano as migracións masivas fuxindo das crises ou na procura dunha vida mellor. Non obstante, a meirande parte dos países con máis ingresos do planeta tamén avanzan no desenvolvemento de barreiras físicas e outras medidas para impedir como sexa necesario a entrada dos migrantes que non queren. As consecuencias podemos observalas en acontecementos como o intento de cruzar o valado de Melilla hai poucos días, que provocou a morte de 23 persoas segundo Marrocos —37 segundo as organizacións en defensa dos dereitos humanos que operan no país— tratando de chegar á Unión Europea. Estas entidades apuntan cara á represión exercida polo Reino alauí contra os campamentos de migrantes, após chegar a un acordo co Estado español, como o motivo principal que levou milleiros de persoas en condicións desesperadas a lanzarse cara á fronteira. Centos de persoas lembran as vítimas do \"masacre\" de Melilla e urxen unha investigación independente Pouco despois, 53 persoas procedentes de México falecían afogadas nun tráiler que xa se atopaba no territorio dos Estados Unidos. Economías desiguais No último informe do Programa de Comparación Internacional sobre o repartimento do produto interior bruto (PIB) baseado na paridade do poder adquisitivo (PPA), considerada a medida máis axeitada para contabilizar a capacidade económica dos Estados, revelouse que nas economías de ingresos máis altos, onde reside 17% da poboación mundial, acumúlase o 49% do PIB (PPA). Pola contra, as economías de ingresos medios e baixos concentran 51% dos ingresos, mais entre 83% dos habitantes do planeta. Muros fortificados para evitar a entrada Nos Estados Unidos, a proposta na campaña do ex presidente Donald Trump (2017-2021) de erguer un muro con México deu notoriedade á barreira, con todo, foi no primeiro ano da etapa de Bill Clinton (1993-2001) cando comezou unha construción que abarca un terzo dos 3.145 km de fronteira. As entidades en defensa dos dereitos dos migrantes cifran en 10.000 as mortes producidas por ter que optar por camiños máis perigosos desde aquel ano. Tamén a Unión Europea aposta polos muros fortificados para evitar a entrada de persoas (ademais dos acordos con Turquía en 2016 e Libia en 2017 para que freen a entrada de migrantes e os bloqueen no seu territorio, incluídos demandantes de asilo). Refuxiados, balas contra o muro da UE Amais dos actuais valados construídos polo Estado español en Ceuta (1999) e Melilla (1998), Hungría (2015) ergueu un muro de catro metros de altura na súa fronteira con Serbia para evitar o paso dos migrantes que fuxían da guerra en Siria, mais o mesmo fixeron Bulgaria (2014) ou Grecia (2021) nos lindes con Turquía. Pola súa parte, Polonia comezou en xaneiro a construción dun muro na fronteira con Belarús. Tamén Israel puxo en marcha a mesma política para cercar as zonas palestinas no que activistas denominan o \"muro do apartheid\", aproveitando para consolidar a ocupación e apropiándose de terras de cultivo palestinas e mais de fontes hídricas, como o maior acuífero de Cisxordania. 24.234 mortes nos últimos oito anos no Mediterráneo A pesar de que pola súa xeografía non tería sentido construír barreiras físicas, países como Australia controlan por medio do Exército a masa de auga que a separa de Asia, facendo fincapé en evitar a entrada de migrantes. A UE non reclamará investigar a morte de 37 migrantes en Marrocos Tamén a Unión Europea, ademais das zonas valadas, pon especial atención en rexións marítimas como o Mediterráneo, por medio das forzas de seguridade dos Estados membros pero tamén de Frontex, a Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas, acusada polo Parlamento Europeo de permitir a violación dos dereitos humanos para evitar a entrada de persoas no bloque comunitario. Desde 2014, 24.234 persoas morreron ou desapareceron tratando de cruzar o Mediterráneo, informa a Organización Mundial das Migracións."}
{"ID": "NOS_30774", "summary": "A Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos emprega datos do Ministerio de Traballo no seu informe", "text": "Galiza perde un total de 1.999 autónomos en 2019, o que deixa no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) 209.287 afiliados ao pechar o ano. Esta cifra é inferior á rexistrada a finais de 2018, cando había 211.287 autónomos. O descenso é do 0,9% e este dato sitúa a Galiza como a quinta Comunidade que máis autónomos perdeu en 2019 no Estado, xunto con Euskadi que se viu igualmente afectada. En total, foron nove as comunidades do Estado que sufriron a caída do número de autónomos, segundo desprende un estudo realizado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) a partir de datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Os outros territorios que viron diminuída a cifra de autónomos foron Aragón (-2,7%), La Rioja (-2%), Asturias (-1,4%), Castilla y León e Navarra (-1,3% en ambas), Cantabria (-0,5%) e Cataluña (-0,3%). En Castilla-La Mancha perderon cinco autónomos con respecto ao ano pasado, ademais de rexistrarse caídas en Ceuta e Melilla. Pola contra, rexistráronse subidas en Canarias (+2,9%), Andalucía (+2,2%), Baleares (+1,8%), Madrid (+1,4%), Murcia (+1,2%), Comunidad Valenciana (+1,1%) e Extremadura (+0,2%). Destaca o incremento rexistrado en Andalucía en termos absolutos (11.463), que supón o 79,4% do incremento nacional. Aumenta o número de emprendedoras Tendo en conta o xénero, en 2019, o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) gañou 258 cotizantes homes e 14.167 autónomas, o que supón un incremento das emprendedoras do 1,2% en comparación co 2018. Por sectores, rexistráronse caídas en industria, cunha perda do 5,5%; comercio (-1,3%) e agricultura, que perdeu 227 autónomos. Con todo, pecharon o ano rexistrando o maior incremento do número de autónomos o sector das actividades inmobiliarias (+5,2%) e artísticas (+4,5%)."}
{"ID": "NOS_14061", "summary": "O alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que a suspensión cautelar da autorización de novos pisos turísticos aprobada esta semana no pleno municipal \"non é definitiva\", senón que busca \"abrir un período de reflexión de 12 meses\" para que se poidan adoptar \"as medidas oportunas\"", "text": "\"Unha moratoria non é unha paralización definitiva, dámonos 12 meses porque necesitamos facermos estudos e tramitar unha modificación do plan xeral, que non é un documento que se tramite dun momento a outro\", explicou onte o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. Na súa intervención, o primeiro edil incidiu en que o consistorio busca \"ter os estudos\" para poder tomar unha decisión sobre os pisos turísticos e puxo o acento no feito de que a moratoria aprobada no pleno municipal da pasada quinta feira tivese \"16 votos a favor e sete abstencións\". \"Valóroo positivamente, é un nivel de consenso importante\", indicou. Bugallo tamén explicou que o Goberno municipal optou por formular unha moratoria por \"cuestións de garantía legal\" tendo en conta que en cidades como Madrid ou Barcelona, nas que se optou por ordenanzas, estas \"foron recorridas\". \"Acudimos ao ámbito urbanístico porque é no que máis clara está a competencia municipal. A competencia turística é exclusiva da comunidade autónoma e o concello só pode velar polo cumprimento da normativa urbanística\", sinalou após solicitar a colaboración da Xunta. \"Máis de 80 solicitudes\" O alcalde de Santiago trasladou onte que, na actualidade, o servizo de urbanismo ten \"máis de 80 solicitudes\" para a posta en marcha de novos pisos turísticos nun contexto no que en Compostela hai \"5.600 prazas hostaleiras\" e fálase de \"até 6.000 en pisos e apartamentos turísticos\". \"Supón a mesma oferta que a totalidade de prazas hostaleiras. Isto parécenos desproporcionado e ten unha influencia sobre o prezo da vivenda en Santiago brutal, necesitamos acoutar este problema e xestionalo adecuadamente\", sinalou Bugallo. \"Non me asusta que en Santiago poida haber 600 pisos turísticos, o que non podemos consentir é un crecemento desproporcionado\", incidiu o alcalde compostelán, que cifrou en 641 os pisos autorizados na cidade que se elevan até uns \"1.500\" en épocas como a estival."}
{"ID": "NOS_22462", "summary": "A taxa de positividade sube até 28,54%, moi lonxe do 5% marcado pola OMS para dar por controlada a pandemia, mentres o número de casos activos de coronavirus marca cada día un novo récord.", "text": "Nova marca de infeccións por SARS-CoV-2 na Galiza. O último reporte da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade eleva a 49.988 os casos activos onte, segundo os datos recollidos entre as 18 horas do sábado e a mesma hora do domingo. Isto supón un aumento de 1.715 casos activos con respecto á xornada anterior, e arredor do dobre que hai unha semana, amais, desde o pasado 27 de decembro é o primeiro día con menos de 3.000 contaxios diarios no país (2.899). Así e todo, hai que coller a cifra con precaución, por mor da redución do número de probas efectuadas. Na última xornada, Sanidade recoñece que se efectuaron 8.420 probas PCR, 4.700 menos que as que se fixeran un día antes. No que atinxe ás probas de antíxenos, leváronse a cabo apenas 6.003. O resultado das PCR amosa unha suba na taxa de positividade, que pasa do 24,72% do domingo ao 28,54% de onte, moi lonxe do limiar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde para considerar controlada a pandemia. A presión hospitalaria aumenta nas sete áreas sanitarias, con Ourense á cabeza, polo que xa son 53 as persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos -unha máis ca onte-, e 331 en unidades de hospitalización, 23 máis que a xornada anterior. Até catro persoas faleceron con Covid-19, saliéntase na información brindada pola Consellaría, todas elas con patoloxías previas, o que aumenta o número de decesos desde o comezo da pandemia a 2.770. Por áreas sanitarias, a de Vigo continúa a ser a que sufre máis casos activos, 11.849, aínda sendo na que menos casos foron detectados desde o anterior informe, 18. Na de Compostela, rexístranse 9.297 casos activos, seguida pola da Coruña, con 9.065, e Pontevedra, con 6.489. Pola súa parte, a de Ourense ten 5.421 infeccións, a de Lugo 4.677, e a de Ferrol 3.190. Dúas semanas de alerta A directora do Departamento de Saúde Pública e do Ambiente da OMS, a galega María Neira, incidiu esta segunda feira en que quedan cando menos \"dúas semanas de alerta\" polo aumento de contaxios após a aparición da variante Ómicron, polo que recomenda continuar coas restricións para evitar que se sobrecarguen os hospitais."}
{"ID": "NOS_29738", "summary": "O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, entregou un plan de traballo ao arcebispo de Santiago que prevé un gasto de 719.000 euros para a recuperación do edificio da Virxe da Barca en Muxía.", "text": "A Xunta de Galiza financiou con fondos públicos o proxecto de recuperación do santuario da Virxe da Barca (Muxía) após arder nun incendio o pasado mes de decembro. O concelleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez, fixeron entrega do documento ao arcebispo de Santiago, Julián Barrio. O proxecto, encomendado á empresa 'K2C Arquitectas' tivo un custe de 21.400 euros que foron financiados integramente polo goberno galego. Cumpre lembrar que o santuario é propiedade da igrexa católica. A rehabilitación do edificio custará máis de 700.000 --no concreto 719.000-- euros pois o lume arrasou con boa parte da estrutura e deixou o santuario sen mobiliario litúrxico. Neste senso, o conselleiro asegurou que a Xunta de Galiza \"é consciente da importancia\" deste edificio razón pola cal o día despois do incendio o propio presidente declarou \"o carácter de urxencia\" na redacción dun proxecto de recuperación. A Xunta de Galiza continúa sen adoptar medida algunha para a recuperación do Monte Pindo embora pagar un proxecto de rehabilitación para a Barca por valor de 21.400 euros Naquela altura, a celeridade amosada pola administración galega na adopción de medidas en prol da recuperación dos danos sorprendera á veciñanza da comarca e, nomeadamente, á do Concello de Carnota. Pois, pouco antes do acontecido na Virxe da Barca, até catro focos devastaran o Monte Pindo, un espazo natural único que non recibiu o mesmo tratamento por parte da Xunta. Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural amosaban o seu desgusto polas declaracións dos responsábeis políticos do executivo galego que, aseguraban, licitarían o proxecto de recuperación \"custe o que custe\" e coa maior brevidade posíbel. Finalmente, a Xunta asume un proxecto de 21.400 euros na Barca mais continúa sen adoptar medida algunha para a recuperación do Olimpo Celta."}
{"ID": "NOS_28571", "summary": "Xa está no prelo o número 376 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira.", "text": "A calidade do ensino galego está en xogo. A unión sindical do sector do ensino no país paraliza as aulas e pon en evidencia a falta de diálogo de Carmen Pomar, conselleira de Educación. O profesorado reivindica recuperar as horas lectivas perdidas e defende os sacrificios que fixo durante todos estes anos. Abrimos un novo número do semanario Sermos Galiza en papel cunha reportaxe que pon o foco na fráxil situación do sistema educativo galego. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques. En Opinión contamos coas plumas de Marga do Val e David Otero, así como unha nova entrega de \"A ollo nu\", a sección que semanalmente asina Xoán Costa, e o humor gráfico das mans de Tokio e Carlos Latuff. Sociedade abre cunha reportaxe sobre a chegada dunha Universidade privada á Galiza. Tras o informe favorábel do Consello Galego de Universidades, o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada de Abanca debe pasar polo Consello da Xunta antes da súa tramitación parlamentaria. Continuamos nesta sección cunha análise sobre a situación da selección galega de fútbol. Nun escenario no que as emisións dos medios de transporte están en cuestión pola súa contribución ao cambio climático, a Xunta mantén a súa aposta en fomentar o transporte por estrada mentres deixa de lado a mellora das comunicacións por vía férrea, que axudarían a mitigar a pegada ecolóxica do transporte galego. Achegámonos a esta cuestión en Economía e explicamos a situación precaria da mobilidade sustentábel na Galiza. Entrevistamos Antón Sánchez, actual líder de Anova, na análise política. Tamén profundamos sobre a actual situación do Monte Neme, un espazo contaminado que segue sen restaurar e ao que a Xunta non lle pon solución. Internacional afonda no auxe da extrema dereita que segue a prender na UE e que deixa só tres Estados sen formacións ultra: Malta, Irlanda e Luxemburgo. O Fóra de Serie abre cunha reportaxe sobre o personaxe histórico máis vivo entre as xentes do común da comarca da Mariña, Pardo de Cela. Tamén entrevistamos a cineasta Jaione Cambord, que vén de inaugurar en Novos Cinemas (Pontevedra) coa súa longametraxe Arima. Continúa o suplemento cultural coas críticas semanais de cinema e literatura, da man de Mario Regueira e Andrés Castro. Ademais, non faltan as colaboracións de Pepe Barro, co seu Botar un ollo, a sección \"Da banda de acolá\" de Xulio Carballo; as poesías chegadas \"das africanas praias\", as \"Letras miúdas\" e os \"Campos de Terror\" de Cilia Torna. Pechamos o número co Andar e ver polas beiras do Umia, entre Cambados e Ribadumia, da man do colectivo Xea, e o selfie co rostro de Miguel Silva, Aquel-e, youtuber que vén de gañar o premio á mellor canle no certame Youtubeiros. No Afondo acollemos o \"Camiño do Xeoparque do Cabo Ortegal\", o número 235 da Deputación da Coruña. O número 376 de Sermos Galiza xa está dispoñíbel na loxa e nos quiosques."}
{"ID": "NOS_39566", "summary": "É difícil definir a idea de \"frikismo cinemotográfico\" coa que se presenta o Galician Freaky Film Festival. A propia organización inténtao cunha enumeración de xéneros: fantasía, ciencia ficción, terror, gore e serie B. Douscentos filmes encherán o programa da terceira edición do encontro en Vigo, do 24 ao 26 de outubro.", "text": "\"O noso gran obxectivo é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor na Galiza grazas á Xeración Xabarín que bailaba as cancións das bandas bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía os filmes do Vengador Tóxico no videoclube\", explican os promotores deste \"festival gamberro que honra o frikismo cinematográfico\". As 200 pezas son récord de participación do Galician Freaky. E chegaron de Chile, Ucrania, Estados Unidos, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil. \"Non só é un gran número de filmes, senón a maioría deles recentes\": un 30% son de 2019 e un 20, de 2018. O encontro terá como epicentro a viguesa Sala Videodrome, \"sede e centro de operacións\". \"Pretendemos amosar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da novena arte\", esténdese a organización -Reencanto Producións-, \"e celebralo con tres días de festa con vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos\". A terceira edición do Galician Freaky Film Festival será ademais unha homenaxe a unha das obras máis importante da ciencia ficción e o terror da historia do cinema, Alien, o oitavo pasaxeiro, do cineasta Ridley Scott, que fai 40 anos da súa estrea. Nota: cartaz de Galician Freaky Film Festival 2019."}
{"ID": "PRAZA_14092", "summary": "No caso galego, a Xunta de Feijóo fachendea da mellor contención do déficit no Estado. Mais estes números non foron inocuos. A falla de políticas de crecemento e estímulo económico xerou unha grave destrución de emprego industrial e autónomo nesta lexislatura agora rematada. De feito, esta destrución de emprego foi das máis importantes a nível estatal", "text": "Até os economistas máis ortodoxos recoñecen en privado que as políticas de consolidamento orzamentario, as políticas de austeridade, están a alimentar o ciclo recesivo. Os recurtes nos investimentos públicos e mesmo na prestación dos servizos esenciais agravan a caída da actividade económica, que xera máis desemprego e, xa que logo, fai diminuir moi gravemente a recadación fiscal, danada tamén polo incremento da fraude que xerará a recente suba do IVE. A Xunta de Feijóo fachendea da mellor contención do déficit no Estado. Mais estes números non foron inocuos. A falla de políticas de crecemento e estímulo económico xerou unha grave destrución de emprego industrial e autónomo nesta lexislatura agora rematada Pola contra, as políticas contra o ciclo desenvolvidas por Obama nos USA foron quén de frear a recesión, malia manterse o crecemento en níveis baixos. Mais, de se impór a axenda da austeridade procíclica de Romney nas eleccións de novembro, axiña vai acompañar USA á Europa na recesión, agravando os peores níveis de desemprego coñecidos en Norteamérica dende os anos 30 do século pasado. No caso galego, a Xunta de Feijóo fachendea da mellor contención do déficit no Estado. Mais estes números non foron inocuos. A falla de políticas de crecemento e estímulo económico xerou unha grave destrución de emprego industrial e autónomo nesta lexislatura agora rematada. De feito, esta destrución de emprego foi das máis importantes a nível estatal. Os prazos de pagamento a proveedores e contratistas dilatáronse substancialmente, a medio de técnicas como o peche na práctica, polo menos parcial, do orzamento da Xunta en setembro do ano pasado. E, así e todo, a débeda pública galega duplicouse no seu impacto sobre o PIB (do 14% de primeiros do 2009 até o actual 27-28%). En último de contas, o cidadán galego está a sofrir os mesmos recurtes nos servizos públicos ca o do resto do Estado, sen que esta teórica contención do gasto beneficiase, por exemplo, a respecto do copagamento que sofren os nosos maiores a respecto das menciñas que consumen. A Arrincadeira: suprimirmos as Deputacións As vindeiras eleccións autonómicas actualizan o debate a respecto da supresión das Deputacións en Galicia. Non é comprensíbel a potenciación que tenta facer o Goberno central destes entes absurdos e nocivos, cando o que cómpre é suprimirmos as súas estruturas de representación indirecta (108 deputados, 4 Presidentes e un lote de Vicepresidentes na Galicia) e persoal de confianza política e distribuir os seus funcionarios entre os concellos e a Xunta."}
{"ID": "NOS_42416", "summary": "O secretário geral da CGTP frisou que o objetivo desta manifestação é exigir a \"demissão do governo e da política de direita\" e protestar contra \"uma política que inferniza a vida dos portugueses e hipoteca o seu futuro\"", "text": "Durante a sua intervenção, Arménio Carlos apelou à mobilização nas acções de luta já agendadas, entre as quais a manifestação internacional de 1 de junho. O coordenador do Bloco acusou Cavaco Silva de ser \"o único a sustentar este governo\". Durante estes dois últimos anos, foi seguida uma política de \"desbaste do tecido social\" e de destruição da economia. \"É hora de fazer um acerto de contas entre o que os governantes disseram e o que fizeram\", avançou o dirigente sindical, sublinhando que as \"promessas em período de eleições deram lugar a políticas de austeridade em catadupa\". \"Prometeram crescimento e condenaram Portugal a uma recessão sem fim à vista\", adiantou o líder da CGTP, referindo-se ainda às promessas de promoção do emprego, que contrastam com o crescimento dramático da taxa de desemprego. \"Estamos perante um roubo descarado\", salientou Arménio Carlos, alertando para o facto de o governo seguir uma estratégia de \"dividir para reinar\", arranjando bodes expiatórios que serão as \"vítimas de amanhã\". \"Uma ofensiva contra os trabalhadores da Função Pública traduz-se não só no aumento do desemprego como também na deterioração dos serviços públicos\", afirmou o dirigente da intersindical, sublinhando o efeito no conjunto da população das políticas de austeridade que o governo pretende implementar. Para Arménio Carlos, é necessário pôr um fim a esta \"política de terra queimada\" que visa destruir as conquistas de Abril, e pela qual é responsável tanto Pedro Passos Coelho como Paulo Portas, ainda que este último faça todo o tipo de \"piruetas\" para convencer os trabalhadores do contrário. O secretário geral da CGTP pediu \"unidade de acção\" de todos os trabalhadores independentemente das suas opções sindicais ou partidárias, e apelou à mobilização no próximo dia 30 de maio, durante o qual será promovida uma \"jornada de luta em todas as empresas e locais de trabalho, sejam da função pública ou do setor privado\". Arménio Carlos saudou igualmente as iniciativas de luta já agendadas, manifestando a sua solidariedade e apoio, designadamente no que respeita à manifestação internacional agendada para o próximo sábado, dia 1 de junho. Durante a iniciativa, ouviram-se inúmeras palavras de ordem como \"palhaço\", \"gatunos\" e \"demissão já\". Nos cartazes, ostentavam-se frases como \"Palhaço Cavaco\", \"Cavaco! O teu Governo já não representa a maioria que o elegeu - Eleições já\", \"Cavaco para a rua\" e \"Governo rua\". Nova vaga de austeridade vai ter uma \"repercussão geral sobre toda a economia do país\" O coordenador nacional do Bloco de Esquerda, que participou este sábado na acção de luta convocada pela CGTP, lembrou que o governo está a preparar uma nova vaga de austeridade que, ainda que eleja os funcionários como principal alvo, vai ter uma \"repercussão geral sobre toda a economia do país\". \"É preciso parar esta política. Não podemos continuar neste caminho\", frisou João Semedo, acusando Cavaco Silva de ser \"o único a sustentar este governo\". \"O presidente da República devia olhar pelos interesses dos portugueses\", contudo, \"não é isso que tem orientado as decisões de Cavaco Silva\", sublinhou o dirigente bloquista, acusando o chefe de Estado de defender apenas os interesses do PSD e CDS-PP. Reagindo ao anúncio de que o governo se prepara para pedir à Troika mais uma revisão do défice para 2014, no sentido do aumento da meta de 4% para 4,5%, João Semedo afirmou que esta é prova que a austeridade não reduz o défice e que \"quando é para defender o interesse da coligação o governo consegue negociar\"."}
{"ID": "NOS_47766", "summary": "O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, afirma nunha entrevista na Radio Galega que ''non somos refractarios a esa posibilidade'' se así o expresan as asembleas abertas que está a impulsar a organización.", "text": "O BNG non desbota concorrer ás eleccións municipais de 2015 baixo unha fórmula de candidaturas nacionalistas. Así o afirmou esta terza feira nunha entrevista no 'Galicia por Diante' da Radio galega o portavoz parlamentar do Bloque, Francisco Jorquera. O xornalista Kiko Novoa preguntou no transcurso da conversa a Jorquera se o BNG estaría disposto de cara ás municipais a \"impulsar candidaturas nacionalistas, aínda que non sexa dentro das siglas BNG?\" e a resposta do portavoz foi clara: \"Non somos refractarios a esa posibilidade\". Lembrou que a fronte nacionalista está a impulsar un proceso \"en todo o país\" de asembleas abertas \"nas que queremos falar coa cidadanía\" para que participen \"da necesidade de que Galiza teña forzas propias, forzas transformadoras\". \"Se a fórmula final desas asembleas abertas fosen candidaturas nacionalistas con outra denominación, é unha posibilidade que está riba da mesa\" A partir de aí, proseguiu Jorquera, \"se a fórmula final desas asembleas abertas fosen candidaturas nacionalistas con outra denominación, é unha posibilidade que está riba da mesa\". O proceso de asembleas que está a impulsar o BNG \"é sen posicións excluíntes\" nin apriorismos, manifestou o portavoz parlamentar. \"Inscribir os proxectos locais nun proxecto nacional\" Para Jorquera, é importante que cara ás municipais haxa candidaturas \"que conten con apoios diversos e participación directa da cidadanía\", candidaturas \"enmarcadas nun proxecto de país, inscribir os proxectos locais nun proxecto nacional\". De aí as asembleas abertas, salientou. Preguntado sobre o fenómeno das marés cidadás que se están a organizar en diferentes concellos galegos como A Coruña ou Vigo, entre outros, Jorquera manifestou o seu \"respecto\" e considerou que \"é importante que a xente participe fronte ás políticas que arruínan o país, que recortan dereitos...\" e cualificando como \"moi positivo\" que a cidadanía se organice. Para Jorquera é importante que de cara ás municipais haxa candidaturas \"que conten con apoios diversos e participación directa da cidadanía\" Un inicio do curso político \"convulso\" O portavoz nacionalista no Parlamento galego avanzou na entrevista que o curso político vai ser \"convulso\", pois Galiza \"ten problemas graves e moi serios\" ao que hai que engadir que desde o PP \"estase a subverter a democracia en base aos seus propios intereses\", en referencia ás reformas electorais que impulsa. Jorquera considera que con esas reformas os populares procuran \"manter nas institucións unha maioría que saben que perderon na sociedade\" e \"consolidar un bipartidismo cuestionado\" pola cidadanía. \"Os gobernos de coligazón forman parte da tradición democrática en numerosos estados\", sostivo, e lembrou que o PP non ten reparos en ir contra o que está a dicir agora de que goberna a lista máis votada se iso lle permite ter o poder: \"En Sada a candidatura máis votada foi a do BNG, mais o PP aliouse con independentes para ter o poder\". As reformas electorais dos populares procuran \"manter nas institucións unha maioría que saben que perderon na sociedade\" Feijóo actúa como \"un mero delegado do goberno central\" Francisco Jorquera considera que \"Galiza precisa un goberno galego merecente dese nome\", posto que Núñez Feijóo \"actúa como un mero delegado do goberno central en Galiza\" supeditando os intereses e necesidades do país á estratexia centralista do PP. \"Feijóo estaría a gosto nunha Xunta que fose unha megadeputación provincial\", dixo."}
{"ID": "NOS_49730", "summary": "Altri escolle A Mariña para a instalación dunha planta de fibra téxtil de orixe forestal mentres Ence nega a posibilidade de traslados.", "text": "A construción dunha planta para a produción de fibra téxtil de orixe forestal é un dos proxectos estrela que a Xunta quere impulsar cos fondos Next Generation. Altri, unha firma portuguesa, ao contrario do que se pensaba nun principio, cando todas as miradas apuntaban a Ence, parece ser a elixida para levar a cabo o proxecto, ao que tamén está vencellado o xigante téxtil galego Inditex. Impulsa Galiza, a sociedade público-privada para a xestión dos fondos europeos na que participan a Xunta, Abanca, Reganosa ou Sogama, xa ten un acordo co grupo portugués para que se converta no socio investidor e tecnolóxico deste proxecto, que prevé producir 200.000 toneladas anuais de fibras téxtiles sostíbeis (lyocell ou viscosa entre outras), o que representa 3% da demanda mundial. No memorando de entendemento entre ambas as partes tamén figura a procura dun emprazamento adecuado para a mesma. A Mariña, e máis concretamente o concello de Cervo, onde tamén se asenta Alcoa, parecen ser o lugar que figura como primeira opción para levantar este complexo industrial. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou durante o debate sobre o estado da nación que \"se é viábel\" proporá que a fábrica de fibras téxtiles se emprace na Mariña, pois suporía a creación de 1.500 postos de traballo directos e 6.500 indirectos nunha zona castigada pola crise industrial que afecta empresas como Alcoa e Vestas. Contrasentidos O feito de que o presidente da Xunta defenda a posibilidade de que unha planta de celulosa se instale na Mariña contrasta coas declaracións do seu conselleiro de Economía, Francisco Conde, que hai unhas semanas validaba os argumentos doutra pasteira, Ence, para xustificar que non existía na Galiza emprazamento alternativo algún para levar a cabo un traslado desde a súa actual localización en Pontevedra. No informe encargado por Ence a Idom, a firma aseguraba que \"non é posíbel\" o traslado da planta de Lourizán a ningunha das 441 áreas empresariais que contempla o plan sectorial da Xunta e que, segundo apuntaban desde a empresa, son os únicos lugares do país onde se pode instalar unha factoría destas características. A única alternativa á execución da sentenza que declarou ilegal a prórroga da concesión dos terreos sobre os que se asenta a pasteira pasa por adscribilos ao Porto de Marín, capitaneado polo marido de Ana Pastor, José Benito Suárez Costa, e amigo íntimo do ex presidente Mariano Raxoi, que foi o que lle concedeu a prórroga ilegal. Esta é a proposta que defenden tanto Ence como a Xunta e sobre a que agora terá que pronunciarse o Consello Consultivo. O que xa se manifestou ao respecto foi o Goberno español, que na reunión da mesa industrial desta sexta feira presentou varios informes xurídicos cos que demostraron a inviabilidade desta manobra desesperada da Administración galega por evitar que Ence leve a Navia a produción. Precisamente na localidade asturiana a empresa está a acelerar os seus plans para activar unha unidade de viscosa á vista da competencia que lle pode xurdir desde Galiza."}
{"ID": "PRAZA_8843", "summary": "A Plataforma Veciñal Corno do Monte salienta que \"a consellería de Medio Rural tiña que pechar as portas e non deixar dúbidas de que esta veiga é unha zona agrícola, non mineira\" e alerta de que 210 postos de traballo están en risco", "text": "A Plataforma Veciñal Corno do Monte denuncia que o apoio expresado pola Xunta nos seus informes ao proxecto mineiro de Minercer SL en Xinzo pode poñer en perigo máis de 210 postos de traballo no agro. Outras máis de 200 persoas benefícianse da produción agricola a través de actividades paralelas e derivadas (talleres, almacéns, servizos técnicos, fitoagrarisas...). O informe de Medio Rural, que podía tumbar o proxecto \"queda a medias\", segundo a Plataforma pois afirma que na zona \"parece prevalente a agricultura\", non impoñendo con contundencia a prevalencia do agro sobre a actividade mineira. A Plataforma finalmente recolleu preto de 2000 alegacións individuais, e presentarónse outras a título de asociacións, sindicatos, agricultores e gandeiros. Nestas alegacións falouse tamén das consecuencias para a saúde das persoas e dos riscos sociodemográficos. Pero non foron tomadas en consideración. A Plataforma lembra que \"a decisión non está tomada\" e que estes informes \"non son vinculantes\" pero alerta de que \"tal e como dixo o Director Xeral de Industria, a lei di que teñen que ser tidos en conta porque así o di unha sentenza do Tribunal Supremo\". Para a Plataforma, ademais, o feito de que estes informes sexan favorables \"deixan unha vez máis baleiros de contidos moitos dos titulares de prensa que foron sacados no entorno da Xunta para calmar as augas e impedir que as accións da veciñanza danaran os intereses da empresa mineira e do goberno que os avala\". Os veciños conclúen que estes informes \"pretenden bendecir un desaloxo forzoso do que é noso, do pagamos coa nosa suor, e que nos pretenden sacar das nosas mans con expropiacións forzosas ao prezo que eles marquen, é dicir, que a Xunta avala este roubo\". E advirten que \"a veciñanza vai poñer toda a carne no asador e defender o que é seu, sen violencia a diferenza dos que nos atacan e nos queren quitar o que é noso\"."}
{"ID": "NOS_34816", "summary": "A Xunta publicou este sábado no DOG a nova normativa que estende o uso da máscara nos espazos públicos e tamén na hostalaría. A multa polo seu incumprimento pode ser de 100 euros.", "text": "O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou este sábado 18 de xullo a modificación de medidas de prevención que estaban en vigor desde o día 12 de xuño. Unha semana despois das eleccións o Consello da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feixoo aínda en funcións, estende o uso da máscara ampliando os supostos en que o seu uso resulta obrigatorio. Segundo o propio texto do DOG a razón desta medida é pola presenza na Galiza de \"persoas asintomáticas que non coñecen a súa condición de portadoras da infección procedan á súa transmisión\". Prohibición do \"botellón\" e sen máscara no deporte individual A norma aprobada prohibe expresamente a actividade habitualmente coñecida como \"botellón\", polos \"riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal\". Quedarán exentas de levar máscaras as persoas que practiquen o deporte individual ao aire libre pode exceptuarse do uso da máscara exclusivamente durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento dunha distancia de dous metros con outras persoas non conviventes. Obrigatoriedade na vía pública e en espazos abertos A partir deste domingo será obrigatorio o uso de máscara para as persoas maiores de seis anos en todo momento tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos fechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. Tamén haberá que levar máscara nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de até nove prazas, incluído o condutor. Uso nas praias e estabelecementos hostaleiros A restrición máis rechamante aprobada polo Consello da Xunta son as referidas ao uso da máscara nas praias, espazos abertos en xeral e na hostalaría. Nas praias será obrigatorio o uso de máscara en todo momento agás no momento do baño ou cando esteamos tomando o sol gardando a distancia de 1,5 metros entre persoas non convivintes. Nos estabelecementos de hostalaría deberá levarse sempre agás no momento específico do consumo. Nos aloxamentos turísticos a única excepción de uso será nos cuartos e sempre e cando se atopen neles unicamente as persoas que se aloxen nel. Bo uso da máscara O DOG sinala que non chega con levar a máscara, tamén ten que facerse un uso axeitado dela. Por iso indica que deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído. Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada."}
{"ID": "NOS_50295", "summary": "O conselleiro Julio García Comesaña defendeu a decisión de seguir adiante coa vacinación masiva iniciada a pasada fin de semana, 13 de marzo, e avanzou que se estudará o rexeitamento á vacina.", "text": "\"Hai que distinguir entre os que non quixeron vacinarse por motivos persoais claros e aqueles aos que a mensaxe non lles chegou, aos que é fundamental volver citar\", asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha entrevista concedida a Europa Press na que explicou os plans de vacinación do Sergas e as liñas que seguirá para avanzar no proceso de inmunización. García Comesaña defendeu a decisión de seguir adiante coa vacinación masiva iniciada o pasado 13 de marzo e xustificou a decisión \"en base a informes\" das axencias europea e española do medicamento. Nova convocatoria Ademais, segundo trasladou, o Sergas ten previsto volver citar de forma inmediata a aquelas persoas que non acudiron á chamada da pasada fin de semana porque o sistema de aviso \"fallou\" e, por tanto, non recibiron de forma correcta a información. A maiores, revelou que o Servizo Galego de Saúde \"realiza un estudo\" dos motivos das ausencias e os rexeitamentos á vacinación, tanto as negativas a recibir as doses de AstraZeneca, cuxa vacinación está previsto que se retome a próxima semana após a suspensión temporal, como as declinacións do persoal sanitario. Aqueles que decidiron non ser administrados, serán \"etiquetados\" no sistema de saúde pública coa referencia ao rexeitamento e, unha vez que finalice o proceso de inmunización, volveráselles a chamar, asegurou o conselleiro. Se \"cambian de opinión\", poderán comunicar esta decisión no seu centro de saúde, pero o conselleiro explicou que só se volverá a citar de forma inmediata a aquelas persoas que non acudiron polos problemas técnicos. Unha proba do sistema A citación para recibir a primeira dose da vacina de AstraZeneca a perto de 19.000 persoas de entre 50 e 55 anos foi, en palabras do conselleiro, \"un ensaio para o sistema de chamamentos masivo, unha das pezas importantes desta proba\", explicou. O obxectivo, dixo, é contar con \"información fiábel\" sobre se a persoa convocada \"recibiu a mensaxe\" e se acudirá ou non á cita para \"garantir que non haxa que retornar ningunha dose\". García Comesaña indicou que se detectou que \"non todos os galegos\" recibiron a chamada de confirmación da cita e, por tanto, \"está a facerse un estudo dos que non acudiron, para comprobar o motivo\". \"Dos que conscientemente non foron, rexistramos esa renuncia e quedan pendentes de ser chamados\", explicou, mais rexeitou que sexa unha 'penalización' a quen por 'medo' non quixese pór a vacina de AstraZeneca. \"Non se saca da lista, o que pasa é que se lle ofrecerá a outras persoas\". Solicitude dispoñíbel Porén, insistiu en que se alguén cambia de opinión \"en calquera momento pode solicitala\". \"Ou unha vez finalizado o plan de inmunización, o lóxico será volver dicirlles: vostede renunciou, quere agora vacinarse?\", matizou. O conselleiro lembrou que esta situación xa se deu \"cos profesionais médicos\" e, como entón, defendeu a necesidade de preguntar para \"saber os motivos\" polos que a xente renuncia a por a vacina. \"E, por exemplo, se é un tema de información, pois mellorala; e se é polo tipo de vacina, coñecelo tamén é bo para optimizar o número de persoas que se inmunizan\"."}
{"ID": "NOS_54241", "summary": "Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao, coñecidos popularmente como \"Os Insua\", curmáns de Daniel Castelao e destacados dirixentes nacionalistas da Barbanza, serán asasinados o 23 de abril de 1937 canda outros nove antifascistas que tentaban fuxir de Galiza desde o porto de Vigo no Bou Eva.", "text": "A súa memoria ficará sempre ligada á matanza do \"Bou Eva\". O 23 de abril de 1937, nove antifascistas que se aventuraban a unha fuga en barco desde o porto de Vigo escapando da represión son cercados polas forzas de seguridade cando xa se atopaban na embarcación, supostamente a consecuencia da delación dun membro da tripulación da nave, acordando, diante da imposibilidade de fuxir, quitarse a vida. Segundo algunhas fontes suicidáronse un a un, na opinión doutras, sería Manuel Castelao, o único que tiña a entrada do proxectil na sen dereita, o que executaría a decisión adoptada, finalmente só salvaría a vida Domingos Pombo, secretario do Partido Galeguista de Ferrol que chegou tarde á cita. A morte de Xosé Rodríguez Lorenzo, Manuel Martínez Moroño, Fernando Rodríguez Lorenzo, Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez, Carme Miguel Agra, Anxo Nogueira Nogueira, Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao abalaría a conciencia da Galiza resistente, significando o seu final os diversos órganos que daban voz a opinión democrática do país fora da terra. Chamábanse Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao pero coñecíanos como os Insua. O maior deles, fillo de Xoán Losada García e Pilar Castelao Genme, irmán de Manuel Rodríguez Castelao, pai de Daniel, naceu en Rianxo en 1891, traballou na conserva, desenvolveuse na emigración arxentina como carpinteiro e exerceu como mestre en diversas localidades a partir de 1921. Segundo o poeta Manuel Antonio, con que partillou militancia nas Irmandades da Fala, en carta a Daniel Castelao \"teu curmán Losada; é un rapaz sumamente agradábel, e con quen se pode falar de moitas cousas. Ten ademais boa madeira de bo galego.\". O máis novo, fillo do matrimonio de Pilar Castelao con Manuel Rodríguez Ínsua, de aí \"Os Insua\", naceu en 1905, traballou como mestre, destacando desde mozo polas súas calidades artísticas, colaborando co seu curmán Daniel Castelao nos debuxos dos cruceiros de Rianxo, utilizados na publicación \"As cruces de pedra en Galiza\" ou pintando lenzos, dos que hoxe só coñecemos aqueles propiedade da Fundación Illa Couto e dos herdeiros de Dieste. Irmáns de sangue e de loita son referencias inescusábeis do nacionalismo galego nas terras da Barbanza. Se Xosé Losada Castelao representa a continuidade do antigo núcleo irmandiño que participa na reorganización das organizacións patrióticas na localidade nos momentos limiares da II República, Manuel Rodríguez Castelao foi o líder indiscutíbel do Partido Galeguista na comarca, representándoo nas máis importantes responsabilidades orgánicas e na corporación municipal, onde o nacionalismo foi a forza hexemónica durante boa parte do período. Un e outro, participaron na fundación e organización do Partido Galeguista na localidade, a agrupación local con máis afiliados de Galiza, promoveron as grandes protestas sociais que seguiron á proclamación do novo réxime, denunciando a continuidade das elites da Restauración, foron detidos con motivos dos sucesos revolucionarios de 1934, acusados de agochar armas e explosivos, dinamizaron actividades culturais diversas, entre elas o grupo de teatro \"Airiños\", que poñerá en escena \"Fiestra Valdeira\" en 1935, colaborando a converter Rianxo nunha referencia para todo o pobo nacionalista de Galiza. Foi unha cacería sen tregua. As primeiras novas do golpe fascista chegan a Rianxo o 18 de xullo, mentres a localidade celebraba as festas do Carme, comezando a organizarse a resistencia á sublevación, onde se sinalou como dirixente principal Manuel Rodríguez Castelao, quen participou directamente na requisa das armas ou no derrube Ponte de Beluso para dificultar a chegada á localidade de soldados procedentes de Santiago de Compostela. Unha vez tomada a vila, iniciase a represión contra os demócratas na localidade, sinalándose a persecución contra os militantes nacionalistas e das organizacións obreiras, moitos dos cales agóchanse en diversos puntos da zona e outros toman diferentes medidas de seguridade. A clandestinidade dos Insua non tiña volta atrás, obrigándoos a esconderse primeiramente polos montes de Rianxiño, fuxindo despois a Carril en barco e seguindo a Vigo en tren, onde permanecen nunha casa dos irmáns Illa Couto, mentres preparan a fuga que remataría en morte."}
{"ID": "NOS_56455", "summary": "Segundo recolle a imprensa española ambas persoas terían sido detidas en Baigorri (Iparralde). Interior informa das detencións mais non dá nomes.", "text": "Esta terza feira (22 de setembro) foron detidas Iratxe Sorzabal e David Pla nunha operación conxunta entre a policía francesa e a Garda Civil española. As identidades foron difundidas pola imprensa española embora o comunicado feito público polo Ministerio do Interior non proporciona, até o momento, a identidade das persoas detidas. Os arrestos teríanse producido na localidade de Baigorri (Iparralde) e, sempre segundo o relato da imprensa española, tamén terían detido o propietario da vivenda e outra persoa. Interior sinala que se trata dunha operación contra \"as estruturas de dirección de ETA\" que permanecería aberta polo que non se descartan máis detencións."}
{"ID": "NOS_56926", "summary": "O BNG convoca seis concentracións na segunda feira en distintos puntos do País; na terza e na quinta feiras é a Plataforma galega polo aborto a que chama á mobilización", "text": "A manifestación nacional polo dereito das mulleres a decidiren sobre os seus corpos e en prol dun aborto libre e gratuíto, convocada para o 16 de xuño, será o punto álxido após tres semanas de mobilizacións fixadas pola Plataforma galega polo dereito ao aborto e por diversas organizacións que dela fan parte e que servirán para quecer motores de cara ao protesto datado para dentro de dúas semanas. Así as cousas, este sábado realizouse unha acción reivindicativa e un reparto informativo en Compostela para facer fronte a un acto \"pola familia\" organizado polo Concello de Compostela e do cal facía parte a Red Madre. O domingo a delegación da Xunta de Galiza en Vigo ficou \"precintada por atacar os nosos dereitos\", deixando en evidencia as políticas emprendidas polo Goberno galego. Segunda feira Continuando co calendario de mobilizacións, na segunda feira haberá seis en distintos puntos do País e quen convoca é o BNG; serán en Cee (19h, diante do hospital) A Coruña (20.30h diante da delegación do Goberno), Compostela (20.30h nos xardíns do mosteiro de San Martiño Pinario), Ourense (19.30h diante do Chou), Lugo (20h na praza de Santa María) e Vigo (20.30h diante da Colexiata) Terza feira Na terza feira a Plataforma polo aborto convoca máis dúas accións: unha concentración en Vigo (farola de Príncipe, 19.30h) e unha manifestación en Compostela que sairá ás 19.30h da Praza de Galiza e que rematará cun escrache diante do Arzobispado cadrando coa conmemoración do Día internacional da saúde das mulleres. As participantes están chamadas a vestiren de lilás e a acudiren con cirios ou candeas, facendo parodia dunha procesión relixiosa, como xa se fixera en Vigo. Quinta feira Rematamos a semana sen saír de Compostela. O debate no pleno do Goberno municipal dunha moción en prol do dereito das mulleres a interromperen libremente o seu embarazo, presentada polo grupo do PSdG, carrexará unha concentración ás portas de Raxoi convocada tamén pola Plataforma, quen denuncia que a contrarreforma da lei, que preparan en Madrid, suporá \"un retroceso de máis de 25 anos nos nosos dereitos\" e que devolve as mulleres \"á minoría de idade\". No Parlamento galego a oposición (BNG, AGE e PSdG) acordaron presentar unha proposición de lei conxunta en que instarán a Xunta a que se dirixa ao Goberno español para que recúe na súa teima de derrubar a lei de prazos aprobada en 2010 para volver aos supostos de 1985."}
{"ID": "NOS_38698", "summary": "No acto de inauguración, ademais de fogos de artificio, a banda de música interpretou a Marcha Real, cantouse o Himno de Rosalía composto por Cabanillas e musicado por Valverde, mais non se interpretou o himno galego, o que espertou críticas na prensa.", "text": "A escultura de homenaxe a Rosalía de Castro que se atopa no parque da Alameda de Santiago de Compostela foi realizada no 80 aniversario do nacemento da escritora por impulso da Liga dos Amigos de Santiago que recolleu a idea xurdida cinco anos antes, en 1912, durante un xantar de xornalistas. Destacouse nunha das intervencións o financiamento da obra por subscrición popular co \"valor que lle dá ao monumento a decidida cooperación dos humildes cubrindo a falta dos poderosos\". Este monumento realizado con pedra de Novelda e mármore de Carrara é da autoría do arquitecto Isidro de Benito, do escultor Francisco Clivillés e dos irmáns Giménez como mestres de obra. A escultura de Rosalía, sentada e apoiando a cabeza no brazo dereito nunha actitude pensativa foi realizada, ten aos seus pés a placa conmemorativa \"Galiza, a Rosalía Castro de Murguía\". No extremo oposto sitúase outro grupo escultórico conformado por un home e unha muller ataviados co traxe tradicional acompañados de versos da autora dedicados á emigración. Dispón tamén da simboloxía dos escudos da Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, en cada faciana da planta cuadrangular que acolle unha zona de xardín. O monumento ten diversas placas: da Unidade Galega de Nova York dedicada á \"cantora do pobo galego\", do Centro Santiago de Compostela de Bos Aires (1934), da Peña Galega Manuel Murguía de Santa Fe (1959), do Centro Galego de Porto Rico en (1965) e de Cantigas e Agarimos (1971). Fotos: Monumento a Rosalía. Contando Estrelas (Flickr) Acto de inauguración. Vida Gallega, 1917"}
{"ID": "NOS_42639", "summary": "O noso país é potencia a nivel peninsular en algas debido ás condicións en que nacen e se desenvolven estas verduras do mar, cada vez máis demandadas pola súa riqueza nutricional. Porén, os seus usos van alén do alimentario. No Sermos 225, á venda xa na loxa, publicamos unha ampla reportaxe arredor das algas na Galiza. Deixamos aquí un extracto.", "text": "Se len palabras como wakame, nori ou dulse seguramente pensen en comida asiática, mais así é como se coñecen as algas que viven nos fondos mariños da Galiza. \"Exóticas non son. Máis do país que elas non hai\", salienta Clemente Fernández , impulsor da empresa pioneira na recolección, secado e preparación de algas para usos alimentarios no Estado español, Algamar. \"As algas estaban antes que todos e todas nós, antes tamén dos peixes. Foron as primeiras na cadea evolutiva e despois chegou o demais, así que se buscamos un alimento do país, aí están elas\", engade, en declaracións a Sermos Galiza. Son máis de 600 as especies de algas, moitas delas microscópicas, que viven baixo o mar galego. Os seus usos transcenden o ámbito alimentario e abranguen desde o termalismo e a cosmética até a industria farmacéutica, e mesmo a agricultura e a gandaría. Tradicionalmente, recoñeceuse o seu uso na forraxe para os animais e como esterco e corrector do pH da terra. Existen antecedentes do uso de algas no campo da veterinaria, así como na dermatoloxía e, máis recentemente, na cosmética e na thalassoterapia. Aliás, se hai un uso que destaca pola súa frecuencia ese é o de xelificante, espesante e estabilizante. De feito, a empresa líder mundial na produción de carraxenina a partir das algas, Ceamsa, conta co seu centro de operacións no Porriño, que tamén produce o alxinato. Estas denominacións pode que non lles digan nada, mais si os E-407, E-404, E-402, E-403 ou E-405, aditivos que se empregan principalmente na industria alimentaria, amais de na farmacéutica e na cosmética. [A reportaxe íntegra está publicada no Sermos Galiza 225, á venda na nosa loxa]"}
{"ID": "PRAZA_4738", "summary": "As conversas intervidas a un dos presuntos líderes da trama revelan que o ex alcalde \"cometería prevaricación ao ordenar que non se cobrase ás monxas\". Noutra conversa Espadas admite que \"foi corrupto por Gerardo\". O BNG apela á \"rebelión\" para frear a \"podremia\" da corrupción.", "text": "A finais de xullo de 2012 Gerardo Conde Roa levaba xa tres meses fóra da alcaldía de Santiago pero a súa sombra aínda pesaba, e moito, sobre o consistorio compostelán, aínda sumido nun notable descontrol. Segundo consta no sumario da operación Pokémon, o propio Conde Roa e quen fora o seu xefe de gabinete, Ángel Espadas, ademais de concelleiros como o de Deportes, Adrián Varela, continuaban a negociar e a \"premer\" para a consecución de \"proxectos\" como a prórroga da concesión do servizo municipal de augas a Aquagest, empresa que presuntamente se prodigaba en favores para responsables municipais e os seus achegados. Nalgúns casos falábase de grandes cifras e, noutros, de operacións menos relevantes economicamente pero igualmente elocuentes. É o caso, por exemplo, da xestión para evitar que un convento de monxas pagase polo subministro de auga. Atendendo á documentación do sumario sobre a que xa non pesa o segredo, á que tivo acceso Praza Pública, os axentes de Vixilancia Aduaneira que controlaban as conversas telefónicas dos presuntos implicados na trama escoitaron o 24 de xullo como un dos supostos líderes da rede, José Luis Míguez, responsable de Aquagest na cidade, lle explicaba a un home chamado Luis \"o problema do convento de Santa Clara\". O tal \"problema\" xurdiu tras unha visita de Conde Roa ao recinto acompañado polo devandito Luis, na que as monxas \"lle deron unha carta explicándolle os problemas que teñen coa auga\". Segundo Míguez, \"Gerardo Conde Roa estivo coa monxa superiora e díxolle que non quería pagar máis auga e agora xa non se lles pasa o recibo\". \"Míguez recoñece que Conde Roa cometería prevaricación ao ordenar que non se cobrase ás monxas (...) e para xustificalo acorda (...) formalizar un convenio\" \"Luis -recolle un auto da xuíza de agosto dese mesmo ano- dille que o BNG denunciou a través dunha nota de prensa que as monxas roubaban a auga\" e que, á sú vez, as relixiosas \"queren un xustificante conforme a que non van pagar máis a auga\". Neste contexto o propio Míguez asegura que \"el xa amañou coas monxas, que xa non pagan o recibo da auga\" e que, ademais, \"din que teñen un terreo cerca da estación de autobuses onde teñen un manantial\". Así as cousas, o mencionado Luis \"di que fomalice\" un convenio \"no que as monxas resarcen o Concello coa cesión dun terreo\", xa que en caso contrario \"poden acusar o alcalde de prevaricación\". Para Vixilancia Aduaneira, nesta conversa \"Míguez recoñece que Gerardo Conde Roa cometería prevariación ao ordenar que non se cobrase a auga ás monxas de Santa Clara e para xustificalo acorda cun Luis formalizar un convenio\" para a cesión do terreo. Favores mutuos e corrupción \"por Gerardo\" O responsable de Aquagest pediulle axuda a Espadas para \"un chaval que se presenta ás oposicións da Policía\" Estas condutas presuntamente corruptas serían só unha mostra do que, atendendo ao sumario, era un intercambio de favores máis ou menos fluído coa concesión de contratos públicos como pano de fondo. Así, por exemplo, nunha conversa telefónica intervida en xuño de 2012 o daquela responsable de Aquagest en Galicia, Henry Laíño, dille a Ángel Espadas que \"lle vai mandar o currículo dun chaval que é amigo seu\" e que \"se vai presentar ás oposicións da Policía\". \"O pai comentoulle que hai unha mafia e que xa saben quen vai aprobar, por iso necesita que lle boten unha man\", sinalou Laíño, antes de especificar que \"isto depende da Consellería de [Alfonso] Rueda\" e que \"se non pode facer nada, que llo diga\". Espadas, pola súa banda asegura que \"para o tema da policía autonómica\" xa \"recomendou a varios, pero que lle dixeron que había 3.000 recomendados para 60 prazas\". \"Estas cousas\" Espadas \"fainas a través dun director xeral da Xunta, que é amigo seu\", recolle o informe. \"Espadas comenta que fixo cousas por Gerardo que non fixera por ninguén\" Noutra escoita telefónica, neste caso cunha persoa identificada como Valentín, o propio Espadas admite que \"foi un corrupto\" pero non por iniciativa propia, senón \"por Gerardo [Conde Roa]\". \"Espadas comenta que fixo cousas por Gerardo que non fixera por ninguén\", que mesmo \"falou cun amigo do xuíz que levaba a súa causa, para pedirlle a ver se pode arquivar o caso\". Atendendo á explicación de quen é alcumado Puñales polos presutos membros da trama, \"para convencelo\" de que permanecese ao seu carón Conde Roa \"nomeouno xefe de gabinete\" e díxolle que \"nas autonómicas marcharía ao Parlamento autonómico\". \"Pero no mes de febreiro empezou a ver cousas estrañas, sobre todo en Gerardo\", aínda que \"seguiu facéndolle todo, por exemplo, as negociacións con Telefónica\". E así seguiu \"ata que un día lle contaron que o seu xefe tiña un problema con Facenda\" e \"durou quince días no posto\". Tras a saída de Conde Roa o novo rexedor, Ángel Currás, \"propúxolle pedirlle a Feijóo que lle buscase un posto, pero el non quixo\", recolle a investigación."}
{"ID": "NOS_116", "summary": "A Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), á que se uniron entidades como Ecoloxistas en Acción, alega que a nova vía partirá a parroquia en dous, afectando negativamente o medio natural de Beade.", "text": "Nos últimos días para a presentación das alegacións, continúan as mobilizacións contra o PXOM de Vigo. A veciñanza da parroquia de Beade manifestáronse hoxe contra a Ronda PO-010 vestidos con chalecos reflectantes e portando pancartas nas que reclamaban \"máis rural\" e rexeitaban a expropiación de vivendas para construír esta nova vía. Seguen así coa súa folla de ruta, despois de presentar case 3.000 alegacións ao novo plan urbanístico. A nova vía partirá a parroquia en dous, afectando negativamente o medio natural de Beade, coa construción de viadutos e túneles, que afectarían principalmente aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do Lagares A Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), á que se uniron entidades como Ecoloxistas en Acción, alega que a nova vía partirá a parroquia en dous, afectando negativamente o medio natural de Beade, coa construción de viadutos e túneles, que afectarían principalmente aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do Lagares. \"Vigo ten no seu medio rural un auténtico pulmón verde que cómpre preservar\", engaden representantes de Ecoloxistas en Acción. O vial conectará a rúa Clara Campoamor e a A-55 á altura da Avenida de Madrid, desconxestionando a circunvalación de Antonio Palacios e a Avenida de Castrelos. A veciñanza desta parroquia protagonizou nas últimas semanas varias concentracións, manifestacións e andainas para denunciar a situación e informar sobre o proxecto en marcha. Ademais, denuncia \"falta de diálogo e información\" por parte do Concello, e critican que o vial recualificaráe terreos que pasarán de ser urbanos a ser rústicos, coa consecuente perda de valor económico. Os barrios de Teis, Beade, Matamá, Roupeiro, Valadares, Castrelos e Bembrive están estudando a creación dunha gran plataforma que reúna as demandas comúns ante o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo goberno local."}
{"ID": "NOS_27947", "summary": "Piden rematar coa imposición da relación informática entre usuarios e traballadoras, coa redución de horarios de atención presencial e co peche de oficinas, entre outras.", "text": "Xubilados e pensionistas concentráronse na terza feira en Vigo para reclamar unha \"atención bancaria digna\" e denunciar os \"abusos\" dos bancos. A manifestación foi convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), que criticou a \"discriminación\" que as entidades bancarias exercen sobre as persoas maiores ao \"fiar todo á banca electrónica\", obstaculizando as súas xestións, especialmente nas zonas rurais. A protesta decorreu no cruce das rúas Colón e Policarpio Sanz, unha das zonas da cidade na que máis entidades bancarias se concentran. Durante a concentración, levouse a cabo a lectura dun manifesto, no que xubiladas e pensionistas denuncian o \"descontrolado e insolidario afán [dos bancos] de xerar beneficios a conta do que sexa\". Peticións dos manifestantes Os afectados pola dixitalización dos bancos piden rematar coa imposición da relación informática entre usuarios e traballadoras, coa redución de horarios de atención presencial e co peche de oficinas, entre outras. A CIG critica que todas estas actuacións da banca foron levadas a cabo sen ter en conta a repercusión nos cadros de persoal nin na atención á clientela, e a pesar de seguir a cobrar \"comisións abusivas\". Para o sindicato, as entidades bancarias están a desenvolver un \"proceso antisocial\", especialmente no rural, onde o peche de sucursais \"está moi avanzado\". Tamén lamentan que nin a Xunta nin o Goberno español \"tomen cartas no asunto para impedir a desatención financeira\" nas poboacións onde a xente maior supón un elevado porcentaxe."}
{"ID": "NOS_49191", "summary": "A desaparición deses ameneiros fai parte do proxecto de encauzamento do río que ten en marcha a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, dependente do ministerio de Medio Ambiente.", "text": "Os posicionamentos en contra da tala masiva de árbores que o ministerio español de Medio Ambiente quere acometer no bosque de ribeira do río Sarria a través dun plan de encauzamento preparado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil non deixan de se suceder. Desta volta foron catro docentes da Universidade de Santiago de Compostela @s que pediron que as actuacións previstas \"se reconsideren e se reorienten\" para que non se execute a \"inxustificada e cuestionábel\" tala de ameneiros \"que quebrantará a naturalidade dunha contorna privilexiada\". A demanda vai asinada polos docentes María Isabel Iglesias, Antonio Rigueiro, Santiago Lamosa e Guillermo Riesco e foille remitida directamente á Confederación Hidrográfica, á dirección xeral de Conservación da Natureza, á subdirección xeral de Recursos Florestais e á dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Os proxectos de encauzamento \"van quedando anticuados\" No texto, @s docentes --pertencentes aos departamentos de Produción Vexetal e Enxeñaría Agroflorestal do campus universitario de Lugo e un deles, Rigueigo, unha referencia en materia arbórea a nível estatal-- sosteñen que o proxecto tal e como está redactado obriga a cortar 178 ameneiros, unha especie autóctona en risco de desaparecer das marxes dos ríos \"por mor dunha enfermidade\". Aliás, destacan que as árbores \"contribúen a mellorar de maneira moi significativa a calidade ambiental\" da vila e fixeron fincapé en que o bosque de ribeira está protexido pola Directiva Hábitat, da Rede Natura. Por derradeiro, informan ao ministerio español de que os encauzamentos de cursos de auga \"van quedando anticuadas nas sociedades avanzadas en aspectos ambientais\", onde estas actuacións se mudan por outras \"respectuosas co medio e coa paisaxe\"."}
{"ID": "NOS_1456", "summary": "O PSdeG denunciará ante a Xustiza o que considera un \"ataque á esencia mesma da democracia\".", "text": "A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, volveu rexeitar esta sexta feira, na Comisión de Economía do Parlamento galego, entrar a valorar informes do Consello de Contas sobre a repartición de subvencións por parte da Deputación de Ourense para \"non vulnerar a autonomía local\". O pasado mes de xuño, na mesma comisión parlamentaria, Prieto xa se negara a valorar, por considerar que sería unha \"inxerencia\", un informe de Contas no que, entre outras cuestións, se reproba que a Deputación outorgase sen concorrencia arredor de 80% de contratos e subvencións en 2018. Na mañá desta sexta feira, o deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera cargou contra o \"clientelismo\" e \" enchufismo\" por parte da Deputación de Ourense, que realiza unha \"ninguneo\" á poboación que reside en municipios non gobernados polo PP. Así, referiuse tanto ao informe de Contas de 2018 como a outro máis recente que avalía o período entre 2003 e 2019 e que revela como a Deputación \"reparte fondos públicos dun modo absolutamente arbitrario\". A respecto diso, Prieto insistiu en que \"a Xunta non ten ningún tipo de competencia\" na adxudicación desas subvencións provinciais. \"Non faremos valoración sobre o que non temos coñecemento\", concluíu. Por tal motivo, a directora xeral de Administración Local considerou que non lle corresponde \"valorar\", \"opinar\" nin \"analizar\" esa situación. \"Non tería ningún sentido un intervencionismo afastado do actual sistema democrático\", sostén. Na súa quenda de réplica, o deputado socialista censurou que o \"cinismo da Xunta é demoledor neste sentido\". Lembrou que o Goberno galego, as e os conselleiros e o propio presidente, Alberto Núñez Feixoo, \"opinan absolutamente de todo\" no Parlamento, \"da autonomía local, estatal, europea e ata do 'sursum corda'\". A modo de exemplo, dixo que, nun pleno, Feixoo realizou un \"ataque furibundo\" no que \"pasaba isto da autonomía local polo arco do triunfo\". Por todo iso, cualificou de \"lamentábel\" a resposta da directora xeral de Administración Local. O caso de Verín Juan Carlos Francisco falou do caso do municipio de Verín como \"paradigmático\" do que acontece coas subvencións da Deputación. Explicou que mentres estivo gobernado polos populares recibía \"entre 700.000 e 800.000 euros\" ao ano, mais desde que accedeu á alcaldía o PSdeG en 2015 \"non recibiu un só euro en seis anos\", a pesar de ser \"o concello máis poboado\" após a capital. Con todo, indicou que algúns concellos limítrofes dun milleiro de habitantes reciben \"400.000 euros ao ano\" pola \"cor política\" do PP. Por tal motivo, o socialista advertiu de que a Xunta ten que afrontar este tipo de cuestións que \"atacan a esencia mesma da democracia\". Aliás, avanzou que o PSdeG \"vai acudir aos tribunais\" co soporte dos informes do Consello de Contas para que \"se corrixa esta situación\"."}
{"ID": "PRAZA_3820", "summary": "Falamos con Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, sobre o estado actual da enfermidade e as perspectivas de futuro, nas vindeiras semanas e meses. \"Conviviremos co virus e tenderá a ser menos agresivo, pero mentres non teñamos a vacina, sufriremos os seus efectos e non é descartable un novo confinamento\", sinala.", "text": "O pasado 12 de marzo publicamos unha entrevista con Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina da universidade compostelá. Nese momento o número de persoas infectadas polo coronavirus comezaba a medrar no Estado español, e os expertos afanábanse en convencer á poboación da necesidade de gardar a distancia social. Apenas tres días despois entreba en vigor o estado de alarma e o confinamento obrigatorio para frear a propagación da enfermidade.Apenas pasaron tres semanas dende entón, aínda que seguramente semella un tempo máis longo. Neste tempo afixémonos a recibir un goteo de datos diarios e a escoitar termos como \"aplanar a curva\", \"pico da enfermidade\" e a propia \"distancia social\". Nese momento, no que as cifras comezan a ser algo máis positivas e as medidas de prevención aplicadas demostraron ser efectivas, podemos entrar nunha nova fase, na que o obxectivo -cun confinamento estendido- será reverter os números, reducir o número de persoas hospitalizadas e tentar evitar posibles rebrotes da doenza. Ábrense novas preguntas para un tempo novo no que seguramente nos teremos que afacer a convivir co coronavirus, dende logo durante as vindeiras semanas e moi probablemente nos vindeiros meses. Falamos con Francisco Caamaño sobre o estado actual da enfermidade e as perspectivas de futuro.\"Estamos no pico, tanto en España como en Galicia. Iso si, cando falamos de pico, non pensemos nunha punta afiada, senón nun cumio máis suave, que vai descendendo aos poucos\"Como estamos neste momento en Galicia e en España? Superamos xa o pico da enfermidade? Mirando os datos que temos podemos afirmar, efectivamente, que estamos no pico, tanto en España como en Galicia. Iso si, cando falamos de pico, non pensemos nunha punta afiada, senón nun cumio máis suave, que vai descendendo aos poucos. Que datos temos para dicir isto? Esencialmente dous: o incremento diario de ingresos en UCI e o incremento diario de mortes, e vemos que en termos proporcionais os aumentos son cada vez menores, estamos conseguindo aplanar a nosa curva. Os datos de contaxiados, en cambio, son moi equívocos, porque dependen do número de test que facemos.Nas últimas semanas publicáronse investigacións que alertan sobre a gran capacidade para transmitir a enfermidade que teñen as persoas asintomáticas, o que levaría a modificar o criterio sobre o uso de máscaras de protección para as persoas sen síntomas, que ata agora a OMS desaconsellara. O propio Goberno español comeza a recomendar o seu uso xeral. Son necesarias?Son dúas cuestións distintas que non teñen por que ir xuntas. Que podemos contaxiar sendo asintomáticos ou practicamente asintomáticos é algo que sabemos, o virus reprodúcese moitísimo na gorxa e podemos transmitilo. Outra cousa é que iso leve a recomendar o uso de mascarillas, que é algo que na OMS se estivo debatendo e estudando moito nos últimos días. En todo caso, a mascarilla non fai mal, pero a medida máis importante segue sendo a distancia social, a distancia entre as persoas: se estamos a dous metros de distancia non pode haber contaxio.\"A mascarilla non fai mal, pero a medida máis importante segue sendo a distancia social, a distancia entre as persoas: se estamos a dous metros de distancia non pode haber contaxio\"Hai que ter en conta, iso si, dúas cousas. Por un lado, as mascarillas son un elemento escaso neste momento e polo tanto a prioridade é que chegue, en primeiro lugar, aos colectivos que teñen máis risco, dende o persoal sanitario ás persoas inmunodeprimidas. E, segundo, que a mascarilla hai que saber usala: non se pode tocar por dentro coas mans, hai que cambiala regularmente e, sobre todo, non nos debe dar unha sensación de falsa seguridade. Ese pode ser un risco, que a xente por levar mascarilla esqueza o resto de medidas de protección, que son máis importantes, como a distancia social. Pero, por suposto, as mascarillas ben usadas poden facer máis ben que mal.A situación en Galicia nunca chegou a ser tan grave como en Madrid, por exemplo, pero o dato que máis chama a atención é a moi diferente taxa de letalidade, é dicir, a menor porcentaxe de falecementos en relación co número de positivos confirmados. Débese isto unicamente a que en Galicia se realizaron máis probas ou hai outros motivos?Ese dato está chamando moito a atención, efectivamente, e pode resultar sorprendente, pero non o é tanto. Aquí a taxa de letalidade é do 2,8% e no conxunto de España é do 9,4%. A razón é que esta é unha letalidade 'observada', que depende do número de tests que fas. E os datos galegos e españois son moi distintos porque en termos proporcionais en Galicia fixemos moitas máis probas e comezamos a facelas antes. Finalmente, a letalidade sobre afectados será moi inferior ao 1%, próxima ao 0,5%. Iso si, ese dato é moi elevado, porque de infectarse toda a poboación española, isto suporía a morte de máis de 200.000 persoas. Por iso son necesarias as medidas de contención, para evitar mortes e para evitar tamén o colapso do sistema sanitario.\"Os datos de letalidade galegos e españois son moi distintos porque en termos proporcionais en Galicia fixemos moitas máis probas e comezamos a facelas antes\"Nese senso, os informes do Imperial College sinalan que nestes momentos ao redor do 15% da poboación española -sete millóns de persoas- podería estar infectada polo coronavirus ou podería mesmo telo superado xa. Que implicacións tería isto?Os datos que nos dá o Imperial College son moi interesantes. Se son certos, e parece que si, iso significaría que o 15% da poboación española tería pasado xa pola enfermidade, e pode que cando cheguemos ao outono a porcentaxe sexa xa do 25%. Iso é moi positivo, porque é a outra vía que temos para conseguir a inmunidade, ademais da vacina.Sempre se dixo que a vacina tardaría cando menos un ano e medio en estar dispoñible para a súa administración masiva. Eses prazos poderían acurtarse?Si, a vacina non a teremos ata dentro de bastantes meses. O proceso seguramente vai acelerarse con respecto a outras vacinas, e pode que comecemos a probalas nuns poucos meses, pero non teremos unha vacina este ano. Primeiro, porque hai uns mecanismos de control que se deben adoptar antes de tomar a decisión de vacinar á poboación. Outra cousa é que se poida dar máis rapidamente cunha vacina e que se decida vacinar a determinados grupos de risco, por exemplo á poboación maior dunha determinada idade, aínda que non sexa completamente eficaz.\"Non teremos unha vacina este ano. Hai uns mecanismos de control que se deben adoptar antes de tomar a decisión de vacinar á poboación\"Temos a seguridade de que unha persoas que superou a enfermidade xa non pode volver a infectarse? Vimos casos de persoas que despois de dar positivo, pasar a doenza e dar negativo, volveron dar positivo, seguramente porque a súa carga vírica se reducira moito, pero non desaparecera. Pero finalmente créase inmunidade?Aínda non o podemos saber con seguridade. En todos os virus semellantes a este que coñecemos sempre hai unha certa creación de inmunidade. Traballamos con esa hipótese e seguramente será así, pero aínda non o podemos saber. Será moi importante para controlar a enfermidade nos vindeiros meses, sobre todo cando contemos cun grupo moi amplio da poboación que xa foi infectada e superou a doenza.Outra das grandes preguntas que sempre se fixo refírese ao efecto da temperatura e outros factores ambientais sobre o coronavirus. Sabemos xa se a calor ou a insolación diminúen notablemente a súa capacidade para propagarse?A OMS considera neste momento que aínda non podemos asegurar que a temperatura mate o virus. É certo que todos os coronavirus que coñecemos, que teñen esa cuberta protectora, sofren co incremento da temperatura e coa radiación solar, que tende a dificultar a súa supervivencia ao aire libre e a limitar moito a súa propagación. Seguramente pasará algo parecido, pero non temos a garantía.\"Todos os coronavirus que coñecemos sofren co incremento da temperatura e coa radiación solar. Pero a OMS considera neste momento que aínda non podemos asegurar que a temperatura mate o virus\"Houbo estudos ao respecto, e é certo que nas zonas nas que hai máis temperatura o número de casos detectados foi ata agora moi inferior. Porén, hai que ter coidado con tirar conclusións do que está a pasar en África ou en xeral no Hemisferio Sur, onde efectivamente hai moitos menos casos confirmados. Hai que ter coidado porque en xeral son sistemas sanitarios débiles e con pouca capacidade para detectar estes positivos.Iso si, cando falamos do verán ou das altas temperaturas hai outro elemento que pode ser importante, e que pode axudar a limitar a súa propagación, aínda que o propio coronavirus non tivese maior mortalidade. Estamos ao aire libre, e non pegados uns a outros en espazos pechados, e nesas circunstancias é máis difícil que os virus se transmitan.Con todo, en cuestións de saúde pública hai que ter coidado con como se transmiten certas informacións: se a xente se confía en que xa non hai perigo ou que o perigo é menor, iso reducirá as medidas de prevención, o que pode ser moi negativo.Estamos vendo moitos estudos e investigacións sobre o coronavirus que aparentemente se contradín ou que continuamente matizan outros estudos previos. É isto estraño ou estamos simplemente ante o funcionamento normal da ciencia, que avanza con achegas diversas que van asentando o coñecemento sobre un tema? A diferenza está na absoluta atención que todos estamos emprestando a cada novo estudo que se publica, na busca de indicios sobre o desenvolvemento da enfermidade?Si, o proceso está sendo o mesmo que en calquera outra enfermidade nova. Así avanza a ciencia: publícase un estudo, outro, poden dicir cousas distintas ou matizarse, pero pouco a pouco vaise consolidando un coñecemento certo sobre un tema. Hai tamén estudos que fan metaanálise, a partir de estudos xa publicados, e que fai unha especie de integración, dando a entender que cada un deses estudos non é máis que unha pequena mostra da verdade. Así construímos a ciencia, non é nada raro o que está pasando. O que pasa é que nestes momentos hai unha urxencia, unha demanda por saber canto antes cal é a verdade sobre este virus, pero moitas cousas aínda tardaremos un tempo en sabelas por completo. Ademais, nestes momentos tamén se poden estar relaxando un pouco os mecanismos de revisión e control das investigacións publicadas.Despois de ver o que pasara en China ou Corea do Sur, en Italia non se adoptaron medidas coa rapidez necesaria, e tampouco se fixo en España vendo o que pasaba en Italia, e de novo non se fixo en Francia, Reino Unido ou Estados Unidos vendo a situación en España, e a situación semella repetirse agora en máis países, a pesar de ver o que está a pasar nos Estados Unidos. Houbo un exceso de confianza con respecto a esta enfermidade? Hai que ter en conta os acontecementos históricos recentes. No ano 2003 tivemos o problema do SARS, tamén en China; era un virus da mesma familia que este e xerou unha gran preocupación, alí foi grave pero ao final non chegou aquí, controlouse a tempo. No 2012 pasou algo semellante co MERS, outro coronavirus. Cómpre lembrar tamén que no ano 2009 houbo un fracaso importante co tema da gripe A, un tema polo que moitos gobernos e a propia OMS foron moi criticados; daquela mercáronse millóns de antivirais, cun custo económico moi importante, que ao final houbo que tirar, porque ao final non pasou case nada; houbo mesmo acusacións de intereses farmacéuticos. Este tipo de cousas pesan moito nos decisores públicos e, ademais, un tende a confiarse.A Covid-19 estaba lonxe, estaba en China. Alí as cifras de mortes e infectados tampouco eran demasiado importantes tendo en conta as dimensións do país. Ademais, parecía que se estaba controlando e un par de investigadores moi importantes reduciron a súa perigosidade a algo semellante \"a unha gripe\". Pero despois chegou a Italia e alí comezamos a ver os seus efectos.\"Impoñer o confinamento non é doado para un gobernante. Ten consecuencias económicas, pero eu prefiro dicir que son consecuencias sociosanitarias: o desemprego e a pobreza teñen consecuencias na saúde\"As medidas para frealo sempre estiveron claras: a distancia social e o confinamento. Pero é que impoñer o confinamento, como ao final se fixo, ten consecuencias moi importantes, e non é tan doado para un gobernante tomar esta decisión. Ten consecuencias económicas, pero eu prefiro dicir que son consecuencias sociosanitarias: o desemprego e a pobreza teñen consecuencias na saúde. E o propio feito de estar confinados durante semanas ten consecuencias en termos de desigualdade en saúde: quen máis sofre as consecuencias do confinamento son as persoas de menor renda. Podíanse ter tomado estas decisións un pouco antes? Si, pero non é doado facelo e en cambio a touro pasado é moi sinxelo acertar.Unha das claves neste momento para o control da enfermidade é a realización masiva de tests?Si, facer moitos tests e saber quen ten a enfermidade é moi útil. En países como Corea do Sur acompañárono do uso de determinadas apps e ferramentas de xeolocalización e foi moi efectivo. Iso permite illar os casos positivos e que o resto da poboación poida comezar a retomar a normalidade.Que escenario temos por diante? O confinamento estenderase moito máis tempo? Terá a partir dalgún momento medidas máis relaxadas?O confinamento alongarase ata finais de abril, aínda que quizais o Goberno permitaa ir abrindo as medidas, deixando que os nenos e nenas saian un pouco á rúa acompañados por unha persoa, deixando que a xente saia unha hora a facer deporte de forma individual, deixando que a xente que non poida teletraballar se incorpore aos seus empregos... Pero que abran os bares, restaurantes e outros establecementos..., todo iso vai tardar, porque habería risco de que os contaxios se disparen de novo. Así que a apertura será lenta, e dependerá de que a xente siga respectando as medidas de distancia social, e en función dos datos que se teñan.\"A apertura será lenta e dependerá de que a xente siga respectando as medidas de distancia social, e en función dos datos que se teñan\"Cando controlemos o coronavirus esta primavera veremos unha segunda onda da enfermidade en outono? É esperable que esta segunda onda, con novas mutacións, sexa máis ou menos perigosa que a actual?Non o podemos asegurar, pero o que sabemos sobre este tipo de virus é que cando vén unha segunda onda, esta adoita ter efectos menores. Ademais, nese momento haberá xa un número maior de persoas que terá superado a enfermidade, polo que estaremos máis protexidos. Conviviremos con este virus e tenderá a ser menos agresivo. Porén, mentres non teñamos a vacina, sufriremos os seus efectos e non é descartable un novo confinamento en outono.\"Conviviremos con este virus e tenderá a ser menos agresivo. Porén, mentres non teñamos a vacina, sufriremos os seus efectos e non é descartable un novo confinamento en outono\"Epidemias como esta poden volver a ocorrer, sobre todo tendo en conta algúns elementos de risco que facilitan a transmisión de enfermidades animais e que vivimos nun planeta absolutamente interconectado e cunha economía globalizada?Pois si, pode volver a ocorrer. Este tipo de virus vense favorecidos polo contacto con mamíferos silvestres cos que non estamos habituados a convivir. Os virus que sofren outros mamíferos poden afectar ás nosas células, pero nós xa temos unha relación estreita con cans, gatos, vacas, ovellas, cabalos... O problema vén con especies coma o pangolín e outros e sobre todo en países como China con este tipo de mercados nos que se venden estes animais para o seu uso na medicina tradicional. Alí pode reproducirse esta situación, e por iso é importante controlar eses mercados. E cando estas enfermidades xorden, agora hai moitas máis posibilidades de propagación, porque o mundo está moito máis conectado, estamos continuamente voando de aquí para alí, entre todos os países e continentes.Algo máis para rematar? Que mensaxe é importante difundir á poboación?Eu quero lembrar a mensaxe da responsabilidade individual que xa lanzamos noutras ocasións, sobre todo para a xente nova, que se pode sentir a salvo da enfermidade. Temos que seguir mantendo as medidas de prevención, de distancia social, temos que seguir quedando na casa. Ten que haber un compromiso social, con todo o mundo e sobre todo cos seus maiores."}
{"ID": "NOS_1399", "summary": "Escritor de longo pecurso, un dos máis notábeis das nosas letras, Suso de Toro sacha ultimamente con grande afán na leira de twitter. O seu veredicto sobre os incendios non pasou desapercebido para a comunidade internáutica. Engadimos mais unha voz ao coro destas últimas horas.", "text": "A indignación reborda por momentos as augas do twitter e Suso de Toro, un dos intelectuais do país que con maior frecuencia emprega as redes para se expresar, deitou dous chíos abondo elocuentes sobre a súa visión da vaga de lumes que está a devastar o país. O autor de Polaroid pon o albo na eucaliptización do país e nos intereses da multinacional Ence, auténticos tabús para a imprensa amiga do Partido Popular. Sobre los incendios en Galicia: la clave está en esa ENCE protegida por Feijóo, Rajoy y todo el PP.— Suso De Toro (@SusodeToro1) 16 de outubro de 2017 \"Triángulo eucalipteiro da Península\": Norte de Portugal, Galiza, Asturias...— Suso De Toro (@SusodeToro1) 16 de outubro de 2017"}
{"ID": "PRAZA_9197", "summary": "A eurodeputada do BNG que está a actuar de representante das vítimas en Bruxelas valora a decisión da Comisión Europea de abrir un procedemento de infracción contra España por non aplicar ben a normativa de seguridade ferroviaria", "text": "A eurodeputada do BNG que está a actuar de representante das vítimas en Bruxelas valora a decisión da Comisión Europea de abrir un procedemento de infracción contra España por non aplicar ben a normativa de seguridade ferroviariaA Comisión Europea vén de abrir outro procedemento de infracción contra España por \"non cumprir os requisitos da lexislación da UE sobre seguridade ferroviaria\", proceso derivado da fiscalización constante que diversos entes comunitarios manteñen sobre o sistema ferroviario español desde que ocorreu o accidente de Angrois, con 80 mortos, o 24 de xullo de 2013. Nestes anos a plataforma de vítimas do sinistro e a eurodeputada do BNG Ana Miranda, que está a actuar de representante de feito delas en Bruxelas, desenvolveron un constante traballo de presión, con reunións e denuncias ao máis alto nivel, para que as institucións comunitarias non esquecesen a súa situación. Agora a decisión europea chega mes e medio despois de que o xuíz instrutor da causa penal dese por rematada a investigación e propuxese xulgar polo sinistro non só ao maquinista do tren, que se despistou e non freou a tempo antes da curva de Angrois, senón tamén a un cargo de Adif por non habilitar as medidas de seguridade adecuadas para evitalo.O procedemento de infracción aberto pola Comisión Europea non analiza o caso concreto do accidente de Angrois, nin sequera se a rede ferroviaria española é segura, senón o xeito en que diversos organismos estatais supervisan esa seguridade e investigan os sinistros. Por que é tan relevante esta decisión para o caso dese accidente? \"Claro que ningún procedemento de infracción da UE vai sobre un caso pasado, pero se facemos contas, se non se cumpre coa lexislación en 2019, tampouco se cumpría en 2013\"A carta de emprazamento que emite agora a Comisión, que o Estado ten dous meses para responder, vai máis alá dos organismos de investigación. O procedemento de infracción vai sobre o cumprimento por parte de España das normativas de seguridade ferroviaria en xeral. Din a Comisión e o Estado que non vai dun caso concreto? Pero se non fora pola presión que fixemos co caso de Angrois non sairía nada nin do caso concreto nin dos casos xerais. O procedemento de infracción é consecuencia directa de ir en 2015 coas vítimas a Bruxelas, de continuar traballando na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, do seguimento e reunións coa comisaria de Transporte, de volver coas vítimas a Bruxelas, da presión política. Claro que ningún procedemento de infracción vai sobre un caso pasado. Os procedementos de infracción analizan a situación actual. Pero se facemos contas, se non se cumpre coa lexislación en 2019, tampouco se cumpría en 2013. En que medida as denuncias contra España que presentaron vostede e as vítimas a raíz do accidente de Angrois están detrás deste procedemento ou é máis ben froito de que tras o sinistro a propia Comisión puxo o foco en España?\"Síntome orgullosa do procedemento de infracción pero non porque se culpe a España; prefiro que se cumpra a lei que as multas\"Todas as miradas se puxeron en España, pero se non houbese esta presión e esta implicación e non a tomasen en serio en Europa, non tería ido todo tan lonxe. Porque despois das presións políticas que tiveron de Fomento durante o Goberno anterior, e que supoño que terían estes días tamén, era tan inevitable e tan evidente, que en Bruxelas me chegaron a dicir que non se podía parar. Síntome orgullosa dese procedemento de infracción pero non porque se culpe a España. Non é por iso. É para que nunca máis haxa un accidente tan tráxico. Para que cumpramos a lei e non se siga dicindo que España é diferente. Para que fagamos as cousas ben. Para que deamos paz ás vítimas. Prefiro que se cumpra a lei que as multas.Tras o accidente, o daquela secretario de Estado e despois ministro Rafael Catalá e o presidente Feijóo alertaban do dano que podía facer ao sector falar mal da alta velocidade española. Hai algún interese escuro doutros socios comunitarios detrás desta decisión da Comisión Europea que volve poñer en dúbida ao sector?Creo que non, que realmente o que houbo foi unha ocultación de que o accidente non fora só polo maquinista, como dixo o Goberno central [do PP, que gobernaba en 2013, con Ana Pastor á fronte de Fomento], que tivo unha responsabilidade directa na posta en marcha do tren, igual que o ex-ministro José Blanco que autorizou a posta en marcha da liña sen unha avaliación dos riscos. Se teñen algo de decencia, Blanco e Pastor deberían estar dimitindo dos seus cargos públicos.Cre que un ministro, fose o socialista José Blanco que inaugurou a liña en 2011 ou a popular Ana Pastor que puxo en servizo nela os trens Alvia híbridos en 2012 e estaba no cargo cando ocorreu o accidente, debe saber de sistemas de seguridade ferroviaria?\"Un ministro non se mete nunha cuestión tan particular como a seguridade ferroviaria, pero a responsabilidade máxima é del\"Ten que haber un mecanismo a nivel ministerial para informarse de que unha posta en marcha dunha liña como se fixo esta implicaba isto. Evidentemente un ministro non se mete nunha cuestión tan particular, pero a responsabilidade máxima é del. Estamos falando de 80 vidas, e dunhas repercusións psicolóxicas en moita xente. O outro día falaba con un que aínda ten medo de subir en ascensores. Sobre todo é a falta de verdade.Está vostede a aproveitarse da dor das vítimas no seu propio beneficio político ou para debilitar os seus rivais?\"En Bruxelas hai políticos de todas as cores e podían ser outros os que collesen o tema do accidente de Angrois, pero ninguén máis o fixo\"Para nada. E elas sábeno, iso é o máis importante. Se me aproveitara das vítimas, que é o argumento máis terrible que pode dicir alguén que non queira saber a verdade, eu non estaría dedicando a isto tantos anos da miña vida política, prometendo a miña toma de posesión do escano con vítimas ao lado que viñeron a título persoal e dicindo que o asumía para chegar ao final do accidente do Alvia. Onte o meu correo explotaba de agradecementos desde A Coruña ata Madrid. Eu dígolles que isto non é unha cuestión miña, que é deles, que eu o que fixen foi poñer o oído e traballar con eles, só poñerme diante cando se necesitaba presión política. E en ocasións a Comisión non trata igual a unha parte implicada como as vítimas que a un mediador institucional, como é un deputado. Eu son unha mediadora. É máis, se me aproveitara deles, gustaríame que mo dixeran porque me poñería nun segundo lugar. Pero ao contrario, anímanme a que siga. Porque en Bruxelas hai políticos de todas as cores, e podían ser outros os que collesen este dosier, pero ninguén máis o fixo porque todo o mundo pensou que ía perderse e eu pensei sempre que se ía gañar, porque as vítimas tiñan razón e o maquinista non era o culpable. Eu sei que teño razón e vou ir ata o final. Na plataforma de vítimas hai feridos e familiares de falecidos de toda España e de moi diversas tendencias políticas, e vostede é representante dunha formación de esquerda soberanista que nas eleccións europeas de maio aspira a repetir no escano en coalición con Bildu e ERC. Provoca iso algún conflito?\"Coas vítimas non falo de política partidaria, o meu non é partidario senón unha persoa buscando a verdade, se non, non tería dedicado tanto tempo a isto\"Non o sei porque eu con eles non falo de política partidaria. Eu con eles só falo do dosier do Alvia, das responsabilidades políticas e da súa dor tratando de empatizar con eles. Nunca houbo ningún conflito porque creo que eles chegaron á conclusión de que o meu non é unha cuestión partidaria senón que era unha persoa buscando a verdade. Se non, non tería dedicado tanto tempo a isto. Que expectativa de resultados ten de cara ás eleccións de maio e cales serán as súas liñas de actuación se sae reelixida?\"O escano do BNG en Bruxelas resultou útil, como demostra o tema do Alvia, ou o do saneamento das rías, e agardamos uns bos resultados nas eleccións\" Agardamos uns resultados bos, francamente. Creo que estamos nun bo momento, con moito ánimo con Ana Pontón á cabeza pilotando este proxecto e cun escano que creo que resultou útil para o pobo galego pero tamén para outras causas, como demostra o tema do Alvia, os refuxiados, ou o saneamento das rías. Imos seguir traballando neses temas, cos sectores produtivos e levando alí a distintas voces galegas a defender os seus intereses.Xosé Manuel Beiras vén de suxerir que Anova concorra ás eleccións europeas de maio co BNG. Que opina?Diso opinou xa Ana Pontón e eu prefiro absterme desta cuestión. Hoxe [polo venres] presentamos a coalición [con ERC e Bildu] e imos con compañeiros bos de camiño cos que podemos construír unha Europa dos pobos real pero con autonomía nesa coalición."}
{"ID": "NOS_49672", "summary": "As afeccións cumpriron co compromiso que elas propias adquiriran e anunciaran estes días: tanto Balaídos como Riazor abouxaron co berro de Nunca Máis no minuto 10 dos seus respectivos partidos.", "text": "18:10 horas. O Almería acababa xusto de se adiantar no marcador a un Celta que necesitaba os 3 puntos para escorrentar a racha de non gañar na casa. Os ánimos da afección celeste polo chan. Mais non houbo silencio nin cabeza entre as mans nin resignación. Todo o contrario, Tal e como estaba previsto, @s seareir@s puxéronse a berrar ? 'Nunca Máis', 'Nunca Máis' facendo ecoar a palabra amuleto contra a impunidade. Bandeiras, camisolas, faixas... 'Nun-ca Máis', 'Nun-ca Máis'. E a esa consigna seguiron outras (Onde están, que non se ven, os culpábeis do PP?) mais xa con menor intensidade. 18:25 horas. Depor e Lugo xogan e desfrutan o derbi galego en Segunda, coas afeccións vivíndoo intensamente nas bancadas. Mais xusto 10 minutos despois do inicio do partido ninguén berra Depor, Depor; nin tampouco Lugo, Lugo. O que se berra, abouxa, brúa, afirma é 'Nunca-Máis', 'Nunca-Máis'. Até La Sexta, a cadea que emite o encontro, recoñece que en Riazor estase a berrar ben forte Nunca Máis. E xa é máis do que os medios públicos galegos, que apenas fixeron unha mención. Tres afeccións, as do Celta, Depor e Lugo que souberon unirse nun berro de xustiza e dignidade contra a impunidade. Dixérao esta semana unha afeccionada celeste: \"como afeccións, mais sobre todo como pobo, hai que deixar claro que esta sentenza é unha vergoña e unha inxustiza\". Foto portada: Peña Cambresa @PCambresa"}
{"ID": "PRAZA_18576", "summary": "O proxecto compila fondos de tres grupos de investigación da USC: Histagra, Hispona e Histamérica, entre eles os que compoñen o arquivo de Nomes e Voces ou as historias orais dun milleiro de emigrantes galegos.", "text": "A web Terra e Memoria compila máis de dúas mil entrevistas dixitalizadas realizadas entre 1987 e 2017 a vítimas da represión, emigrantes ou exiliados, ademais doutras testemuñas do mundo do traballo, actividade social, ou da vida no rural; un bo anaco da historia galega do século XX. A páxina compila fondos de tres grupos de investigación da USC: Histagra, Hispona e Histamérica, ademais dos procedentes do proxecto Historga (Historia Oral de Galicia), que se puxo en marcha en 1987. Os fondos orais reunidos \"recollen a memoria do pasado da xente común de Galicia no século XX. Xentes que protagonizaron a mesma historia europea de traballos, tránsitos do rural ao urbano, migracións, progresos persoais e colectivos, guerras, fascismos e democracias\" A web Terra e Memoria foi presentada este luns en Compostela polos responsables dos grupos de investigación impulsores, o catedrático Lourenzo Fernández Prieto (Grupo Histagra), o profesor Emilio F. Grandio Seoane (Hispona) e a profesora Pilar Cagiao Vila (Histamérica). Os fondos orais reunidos \"recollen a memoria do pasado da xente común de Galicia no século XX\", destacan os responsables do proxecto. \"Unhas xentes que protagonizaron a mesma historia europea de traballos, tránsitos do rural ao urbano, migracións e retornos, progresos persoais e colectivos, tamén de guerras, fascismos e democracias que caracterizou o século XX\", sinalan. A páxina está organizada a partir dos fondos da Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo (UPDOC) creada en 2004 no antigo Departamento de Historia Contemporánea e de América, que recompila unha actividade continuada de construción de fondos orais que principia a finais dos anos 80. Ten orixe no Proxecto Historga de fontes orais que formou a mais de trinta promocións de estudantes de Historia no manexo da historia oral e que tivo continuidade nos traballos dos tres grupos de investigación en diversos proxectos ao longo destas tres décadas, até reunir un amplo fondo de máis de 1.600 entrevistas. Na presentación, Pilar Cagiao salientou a importancia do traballo desenvolvido en Historga dende finais dos anos 80 pola profesora Isaura Varela, \"centrada nese empeño de recoller as voces de quen non tiñan voz\". Pilar Cagiao salientou a importancia do traballo desenvolvido en Historga dende finais dos anos 80 pola profesora Isaura Varela, \"centrada nese empeño de recoller as voces de quen non tiñan voz\" Historga recolleu testemuñas sobre aspectos centrais da historia recente de Galicia, como son as máis de 350 gravacións en torno á Guerra Civil e o exilio, así como a conflitividade política e social rexistrada no Franquismo e na Transición, ou as referentes á vida cotiá, alimentación, educación, mundo rural ou historia da muller. Contén testemuños de persoas nacidas ó longo de todo o século XX e aínda no século XIX, como é o caso dunha entrevista realizada a un vigués nado en 1888. Ademais, serviu para impulsar o proxecto Nomes e Voces (2006-2010), que recolle actualmente un fondo de arredor de 500 testemuñas orais. O arquivo recolle as 500 testemuñas de Nomes e Voces e máis dun milleiro de entrevistas de vida a emigrantes galegas Ademais, Terra e Memoria compila no seu arquivo máis dun milleiro de entrevistas de vida a emigrantes galegas. Inclúen as gravacións realizadas para teses de doutoramento e diversos traballos de investigación e cobren os principais destinos dos galegos en América como Uruguai, Arxentina, Cuba, Brasil ou Venezuela, mais tamén outros minoritarios como a República Dominicana, Porto Rico, Perú ou Panamá. O fondo recolle así mesmo as migracións dentro do Estado e as migracións cara a Europa de mediados do século pasado así como unha serie de entrevistas realizada nos últimos anos sobre as recentes correntes migratorias que teñen o noso país como destino. Web de Terra e Memoria"}
{"ID": "QUEPASA_243", "summary": "• O certame, no que se reparten 400 euros, está aberto a toda a veciñanza sen límite de idade e que pode presentarse tanto de forma individual como en grupo • O prazo de presentación dos vídeos remata o 14 de decembro", "text": "O Concello de Zas convoca por quinto ano o concurso de Nadal \"PanxoliñaZas\", un certame que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega e das novas tecnoloxías así como a recuperación das nosas tradicións. O concurso está aberto a toda a veciñanza, independentemente da súa idade, e pode facelo tanto de forma individual como en grupo. Os participantes deberán gravar un vídeo cantando unha panxoliña, un vilancico, un canto de Aninovo ou de Reis en lingua galega e poden ser tradicionais, xa existentes, de creación propia ou traducións ao galego. Antes de enviar os traballos será necesario presentar o Anexos correspondentes, que están publicados na páxina web do Concello de Zas, ben no Rexistro do Concello de Zas ou a través da Sede Electrónica. Logo enviaranse os vídeos por correo electrónico ao enderezo turismozas@gmail.com ou a través da plataforma Wetransfer. En calquera das vías que se utilice é necesario indicar o asunto (\"Concurso de Panxoliñas\") xunto co número de rexistro e os datos do/dos participantes (nome, apelidos, DNI, idade, enderezo postal e un número de teléfono de contacto). Exhibición dos vídeos Os traballos penduraranse na páxina de Facebook \"Concello de Zas Actualidade Municipal\" do 16 ao 19 de decembro e os internautas encargaranse de votar polo seu vídeo favorito. O que máis gústame teña recibirá o premio ao vídeo máis popular. Ademais premiaranse, a criterio dun xurado formado por membros do Concello de Zas, os traballos pola súa presentación, pola súa fidelidade á tradición da nosa zona e un vídeo infantil. En total outorgaranse catro premios de 100€ cada un xunto cun diploma acreditativo."}
{"ID": "NOS_54991", "summary": "Traballadores das empresas auxiliares piden que se esclarezan as circunstancias do accidente laboral que lle custou a vida ao compañeiro Unai Martínez.", "text": "O colectivo de traballadores de Repsol xuntáronse ás portas da factoría a primeira hora da mañá en asemblea aberta para decidir os pasos a dar tras o accidente laboral do pasado sábado no que dous compañeiros resultaron feridos. Falece Unai Martínez, un dos operarios afectados polo escape de gas na refinaría da Coruña Un dos operarios, Unai Martínez, faleceu onte ao non superar as lesións producidas polo escape de gas que a petroleiras e as autoridades xudiciais están a investigar. Os traballadores das empresas auxiliares acordaron parar. Hoxe non entraron traballar. Exixen que se esclareza o accidente que lle custou a vida a Unai Martínez, \"depurar responsabilidades e que a petroleira atenda as reivindicacións do colectivo de traballadores e traballadoras das contratas\", sinalaron representantes da CIG. O seu secretario xeral, Paulo Carril, lembrou que onte á tarde creouse unha comisión, formada por representantes e ligazóns sindicais, que exixiu á dirección da petroleira que os recibise \"de inmediato\". \"Repsol non nos dá cita até o próximo 5 de abril\", indicou Carril, quen asegura que as reivindicacións que teñen \"non poden esperar máis tempo\". Piquetes e nova asemblea Operarios das empresas auxiliares elaboraron unha \"táboa reivindicativa\" na que inclúen maior experiencia e seguridade nos seus postos de traballo. \"Menos urxencia na produción e máis présas na prevención\", reclamaron onte moitos deles. Os traballadores das empresas subcontratas de Repsol organizaron piquetes ante a refinería, o porto exterior e en Nostián, para tratar de impedir o paso de operarios e recursos das auxiliares cara a refinaría. A partir das 18 horas, está prevista unha nova asemblea para valorar outras accións, sen descartar a folga, a sabendas de que \"ás 20 horas Repsol da por acabado o duelo\". \"Imos continuar en paro\", engadiu. \"A xente non vai incorporarse a traballar ata que non haxa unha solución a estas reivindicacións e unha interlocución con Repsol\", insistiu o secretario xeral da CIG. Solidariedade Traballadores e traballadoras dos estaleiros de Fene e Ferrol tamén se concentraron esta mañá en sinal de repulsa e so sinistro accidente mortal en Repsol e en solidariedade coa familia, amigos e compañeiros de Unai Martínez."}
{"ID": "NOS_11180", "summary": "O candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo BNG, Fracisco Jorquera, instou a Feijóo a se rebelar contra o decreto das preferentes pois asegura \"ponse do lado dos estafadores\".", "text": "En conferencia de prensa após manter unha xuntanza con representantes das platadormas de afectad@s pola fraude das preferentes, Francisco Jorquera, candidato nacionalista á presidencia da Xunta, aseverou que o BNG \"comparte plenamente a súa indignación\", comprometéndose a traballar por unha solución conxunta e satisfactoria para as persoas afectadas, cuxo número supera xa as 50.000. Francisco Jorquera, criticou esta terza con dureza os aspectos máis controvertidos do decreto presentado polo goberno de Mariano Rajoy, cuxo contido será sometido a votación a vindeira quinta no Congreso d@s deputad@s. Segundo o candidato do BNG ás vindeiras eleccións nacionais, as persoas afectadas pola fraude das preferentes \"foron vítimas dunha estafa e van ser defraudad@s polo decreto de Rajoy\" pois asegura, \"pretende legalizar unha dobre expropiación\", dunha banda, pagar con diñeiro público as débedas da banca privada e doutra, estabelecer unha quita para as persoas defraudadas que poderían perder entre o 60% e o 80% dos seus aforros. De acordo co disposto no decreto aprobado o pasado 31 de agosto, o FROB e o Banco de España poderán emitir ditames a respecto da fraude outorgándolles un maior estatus legal que supera as súas funcións ordinarias. Asemade, a creación do denominado 'banco malo' anunciada polo goberno español e recollida no devandito decreto 24/2012 supón a apropiación pública das débedas da banca privada, cuxo pagamento recaerá nas costas d@s contribuíntes. O decreto será levado ao Congreso español esta quinta feiraNeste sentido, Jorquera adiantou que @s deputad@s do BNG no Congreso votarán en contra e emprazou a Feijóo a demandar aos deputad@s do PPdeG no Parlamento español o voto contrario a \"un decreto que se pon do lado dos estafadores\", asegurou. Segundo o candidato nacionalista, o aínda presidente da Xunta de Galiza non pode seguir eludindo as súas responsabilidades \"como vén facendo neste tempo\", polo que lle demandou ao goberno galego que impugne o decreto 24/2012 de reestruturación e resolución de entidades. Así mesmo o nacionalista considerou que a Xunta de Galiza debería personarse como defensa d@s estafad@s na demanda presentada pola Fiscalía perante o xulgado número 11 da Coruña. Francisco Jorquera denunciou a inconstitucionalidade dun decreto que vela polos intereses dos estafadores e consuma unha dobre expropiación ás galegas e galegos. Neste sentido, o candidato do BNG demandou a Alfonso Rueda, conselleiro de presidencia, que proporcione maiores medios ao xulgado nº11 da Coruña na procura de axilizar o procedemento de tramitación da demanada presentada."}
{"ID": "NOS_15449", "summary": "A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): políticas de innovación, mercados e comunidades labregas é o título da tese que vén de presentar o historiador Bruno Esperante, desde o grupo de investigación da USC Histagra. Unha viaxe pola historia máis recente do país que nos revela a enorme transformación que supuxo no tecido social e económico a introdución dos tractores na agricultura galega.", "text": "Na súa tese trata a introdución dos tractores nas agriculturas familiares na Galiza. Inicialmente o tema da tese enmarcábase nun proxecto de investigación más amplo sobre a gran transformación tecnolóxica e social das agriculturas ibéricas na segunda metade do século XX. No referido á agricultura atlántica na Galiza, as liñas de investigación do grupo Histagra da USC eran dúas. Por unha parte, a moto-mecanización da agricultura e, por outra, o proceso de especialización leiteira. Cando conseguín un contrato de investigación en 2015 fun elixido para investigar sobre o proceso de moto-mecanización que definía un amplo abano de cambios tecnolóxicos. É dicir, introdución de tractores, colleitadoras, moto-segadoras etc. Digamos que o tractor era a máquina central dese proceso e, polo tanto, a máis simbólica. Movémonos entre 1939 e 2000, polo tanto, durante toda a ditadura franquista, transición e democracia. Se ben, as datas son para orientarnos, xa que, ao contrario do que a xente poida pensar, os historiadores non adoitamos traballar con datas fixas, porque as hipóteses e procesos históricos que investigamos raramente se explican dese xeito. Vincula a introdución masiva de tractores co colapso da agricultura familiar e cos desequilibrios económicos dos anos 80 e 90. Si, porque coinciden no tempo e teñen relación. Na Galiza, a maioría dos tractores chegaron moi rápido na década dos 80, xusto cando aumentaban o feche das explotacións ou se vendían as vacas porque o leite non daba ou os fillos e fillas xa non ficaban na casa. A xente mercaba o tractor precisamente por iso, porque as persoas á cabeza da explotación xa tiñan 50 ou 60 anos. O tractor era unha garantía ante a falta de traballo familiar ou un investimento para medrar na produción. Diría que o éxodo rural e a agro-industria van da man? Todo indica que si, aínda que con matizacións. A agro-industria é un modelo de produción resultado dunha gran demanda de produtos alimentarios por sociedades cada vez máis urbanizadas. Cómpre producir moito, en moi pouco tempo e de forma moi barata. Iso é incompatíbel as máis das veces con explotacións pequenas e familiares que eran e son, a miúdo, o groso da poboación activa nas aldeas. Como o paradigma liberal e de economía de mercado afectou á agricultura e gandaría? No primeiro terzo do século XX apostouse pola introdución da maquinaria de forma cooperada, cousa que se paralizou completamente no paradigma do fascismo agrario. Isto tivo enormes implicacións, xa que na Galiza se perderon décadas de cambios e implantouse unha forma de mercar maquinaria moi individual. En Francia non ocorreu así, xa que desde 1945 apostaron decididamente polo desenvolvemento das cooperativas de uso de maquinaria agrícola. Noutras palabras, a historia da agricultura tamén tería sido distinta de terse derrotado o fascismo. A tese viaxou desde a Galiza até Irlanda. Hai paralelismos? Viaxou si, mais se te refires a paralelismos na historia da moto-mecanización da agricultura, acho que non [ri]. Poderemos ter conexións noutros ámbitos, mais a agricultura e gandaría irlandesa é diferente á galega. É certo que ambos países son potencias na produción leiteira, mais teñen enormes diferenzas na súa experiencia histórica. Irlanda vai máis adiantada nese aspecto, xa que non tivo a áncora da ditadura franquista e ten, tamén, outras características que lle facilitaron o proceso de introdución de tractores. Por exemplo, unha fábrica de tractores en Cork, ou terse beneficiado dunha máis rápida inclusión na Comunidade Económica Europea en 1973."}
{"ID": "NOS_25172", "summary": "\"Seguimos traballando con forza e humildade para ser o referente de máis galegos, cunha oposición contundente pero con propostas\", destacou Ana Pontón.", "text": "Esta segunda feira, 17 de xullo, fíxose un ano das eleccións galegas que certificaron o BNG como \"alternativa real\" ao PP e situaron o nacionalismo como principal forza da oposición no Parlamento galego. \"Hai un ano os galegos e as galegas déronlle ao BNG a responsabilidade de ser a forza que lidera a oposición a un PP cada vez máis lonxe da realidade do país, mentres se agudizan os problemas como o envellecemento da poboación, a emigración da xente moza, a crise industrial ou os recortes nos servizo público. Un PP cada vez máis centralista que mira polo retrovisor o discurso racista, xenófobo, machista e antigalego da extrema dereita\", destacou a portavoz do BNG, Ana Pontón, acompañada do grupo parlamentar, repetindo a imaxe de hai un ano diante do principal acceso oo Parlamento. \"Un ano de traballo intenso onde puxemos o mellor de nós, do noso talento e do noso impulso, á hora de defender unha alternativa ao PP e facer de contrapeso a decisións que van contra os intereses do País, sendo referentes de moitos galegos e galegas e poñendo no centro do debate as cuestións que importan para mellorar a vida da xente: sanidade, políticas públicas, reclamar unha Galiza máis forte e con máis autogoberno\", destacou ante os medios. Fronte a un Goberno de Feixoo que non achega solucións aos problemas e asentado no centralismo, dixo, o Bloque actuou de \"contrapeso\", facendo unha oposición \"contundente na crítica pero construtiva, que formula alternativas e propostas, a cada crítica, unha proposta\", recalcou. Un BNG que soubo ler o momento excepcional da pandemia, e responder as expectativas dunha cidadanía que pedía \"altura de miras\". Pontón defendeu este ano de traballo do BNG no Parlamento, centrado en temas como a economía, a sanidade ou o benestar social. Pontón tamén puxo o foco na defensa dos dereitos e das liberdades, empezando pola igualdade real nos dereitos das mulleres, \"do que é mostra as dúas leis impulsadas pola formación nacionalista que serán aprobadas no último pleno deste período de sesións\", salientou, en referencia á Lei Ánxeles Alvariño para acabar coa discriminación que sofren as científicas cando son nais; e a lei para que a violencia vicaria sexa recoñecida como unha forma de violencia de xénero. No balance deste ano posterior ás eleccións do 12X, non deixou pasar a defensa de Galiza ante o Goberno do Estado, tanto no Congreso como no Parlamento, \"prioritario\" para acabar, sostivo, coa discriminación na que se alternan PP e PSOE, dando debates para que se cumpran o acordo de investidura en cuestións como as rebaixas da AP9, recursos para combater a crise industrial, o saneamento das rías e infraestruturas claves como o tren, concluíu."}
{"ID": "PRAZA_7398", "summary": "A Hora zulú de Santiago Lopo é un dos libros máis sólidos e entretidos dos publicados nestes meses, confirmando a progresión ascendente deste narrador vigués, de lazos bretóns e vencello lucense.", "text": "Sabía de Santiago Lopo dende a súa inicial Game Over (2007), mais sobre todo pola súa prometedora Peaxes (2009), que xa deixara en min un moi agradable sabor de boca, como no seu día manifestei publicamente. Ese é o motivo de que, ante a aparición da recente Hora zulú, coa que obtivo o último Premio García Barros, me interesase pola súa lectura. E fixen ben. Porque Hora zulú é un dos libros máis sólidos e entretidos dos publicados nestes meses, confirmando a progresión ascendente deste narrador vigués, de lazos bretóns e vencello lucense. Hora zulú é un dos libros máis sólidos e entretidos dos publicados nestes meses, confirmando a progresión ascendente deste narrador vigués, de lazos bretóns e vencello lucense A nova novela de Lopo proponnos unha fonda reflexión sobre o grande tema da literatura por excelencia: a existencia e o paso do Tempo, así, con maiúsculas, pois xustamente da teórica sabotaxe ao espazo-tempo é do que trata esta historia. Un físico cuántico líder dun grupúsculo antisistémico de bandeira ecolóxica, un sanatorio mental ao que vai parar por motivos que non convén spoilerizar, unha psiquiatra nova que tenta desvelar os misterios que rodean a este personaxe aparentemente amnésico a través da lectura dos textos literarios (poemas e relatos) que o tal deixou aos seus compañeiros de reclusión antes de falecer en estrañas circunstancias, todo por xunto serve para que Lopo ganduxe unha narración de suspense maxistralmente dosificado, con personaxes moi ben caracterizados, oportunísimas chiscadelas de ollo benhumoradas e variedade de rexistros e parlamentos que engaden riqueza e diversidade á trama. Todo por xunto serve para que Lopo ganduxe unha narración de suspense maxistralmente dosificado, con personaxes moi ben caracterizados, oportunísimas chiscadelas de ollo benhumoradas e variedade de rexistros e parlamentos Porque hai en Hora zulú unha clara intencionalidade de orquestración interxenérica, de orbitar harmónico de traxectorias textuais, que igual emprega o verso cósmico que os informes psiquiátricos, o mesmo as epístolas amorosas que os relatos curtos, tanto a transcrición de conversas hospitalarias coma os informes policiais, conseguindo un puzzle perfectamente debuxado onde cada peza ocupa o seu lugar e encarta á perfección coas restantes. Neste último sentido, cómpre salientar a moi habelenciosa estrutura enmarcada que o vigués deseñou para dar acubillo aos cinco contos inseridos no volume, todos eles de grande altura narrativa e finais ben sorpresivos que os emparentan, agás talvez no caso dun deles, un demasiado telepático e pseudonírico, o que non logra en absoluto facer desmerecer o conxunto. Hora zulú alude dende o seu propio título (que non é senón unha outra designación para usos militares e de navegación da UTC, isto é, o Universal Time Coordinated, un estándar temporal baseado no Tempo Atómico Internacional que se obtén a partir dunha media ponderada dos sinais de diversos reloxos atómicos situados en diferentes laboratorios do mundo) á quimera da detención do Tempo, a ese devezo por frear o seu avance, por conseguir liberarse da súa tiranía. A iso dedica a vida o protagonista deste relato, a iso e a facer que o seu tempo transcorra co maior ben e máximo respecto para Pachamama, a deusa Xea, ese ente vivo que o planeta é e ao que nos empeñamos en agredir co todo canto atentado antiecolóxico se nos ocorre (tanto é así que o desastre do petroleiro Erika nas costas bretoas en decembro de 1999 xoga un papel decisivo no desenvolvemento argumental). A iso dedica a vida o protagonista deste relato, a iso e a facer que o seu tempo transcorra co maior ben e máximo respecto para Pachamama, a deusa Xea, ese ente vivo que o planeta é e ao que nos empeñamos en agredir Entremesturadas co anterior van tamén as fías da histórica sociedade Fumifugium, a miraxe dunha relación amorosa entre dous mozos psiquiatras que esvaece no pasado para pesar dunha das partes, as agudísimas reflexións ás que se abre o relato na descrición sobre o delgado gume que afasta a loucura da cordura, como certo visionarismo positivo —un ver máis alá— pode confundirse ignorantemente cun trastorno patolóxico e aínda a importancia da consciencia vital dunha integración cósmica que funde poética e matemática, física e ficción para reflectir e amalgamar o subatómico e o sideral, a fractalidade dos universos paralelos e os recursivos multiversos, unha lírica da proporcionalidade do empírico. Complexamente sinxela e asemade inxelmente densa, Hora zulú de Santiago Lopo é obra que se deixa ler con extremo agrado, que move o pensamento e esperta emocións, unha novela de harmonía de esferas concéntricas que a ninguén deixará indiferente."}
{"ID": "NOS_15559", "summary": "Máis un número do semanario saído do prelo. O centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, que se conmemora esta fin de semana, ten un tratamento especial neste semanario. Un número no que entrevistamos Mario Regueira, debullamos nas economías da nova ruralidade ou achegámonos ás eleccións sindicais no ensino. Isto, e moito máis, xa na nosa loxa.", "text": "'O abrente da loita pola liberacion nacional'. Significa o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito. A liña política definida na asemblea celebrada en Lugo en novembro de 1918 polos afiliados e afiliadas das Irmandades da Fala representa un salto cualitativo nas reivindicacións nacionais de Galiza. Ao fin, non se trata dunha mudanza simplemente terminolóxica, senón do abrente dunha nova etapa na loita pola liberación nacional do país. Unha reportaxe de Cilia Torna. Xusto Beramendi insire no contexto histórico a transición do rexionalismo ao nacionalismo galego e dá conta das achegas do programa político aprobado, que perseguía, explica, a construción social da nación galega en clave democrática e socialmente progresiva. 'O nacionalismo organizado cumpre 100 anos'. Con motivo do centenario, consultamos a estudosas e estudosos que implicacións tivo na Galiza de 1918 e anos posteriores e como é posíbel manter o legado que as persoas participantes do encontro deixaron plasmado no Manifesto de Lugo. Falamos con María Xosé Bravo, portavoz de Vía Galega; Uxío Breogán Diéguez, historiador e profesor da UDC; Carme Pérez-San Julián, profesora da UDC; Miguel Anxo Bastos, profesor da USC; Mª Antonia Pérez, profesora da UDC; e Moncho do Orzán, investigador da música galega. O 4 de decembro están convocadas as eleccións sindicais no ensino público non universitario. Un censo de 30.993 docentes elixirá 143 delegadas e delegados de persoal que conformarán, atendendo a un reparto provincial, as catro Xuntas de Persoal. Á provincia de A Coruña correspóndenlle 45 delegadas e delegados, a Pontevedra 43 e a Lugo e Ourense 27 a cada unha. Nesta peza, Anxo Louzao, quen ocupou a Secretaría Nacional da CIGEnsino, sindicato maioritario no sector, durante 16 anos, ofrece a súa ollada ao respecto. 'Eleccións sindicais no ensino público'. 'Orzamentos que leva o vento'. Partidas tan importantes como emprego, vivenda ou abandono escolar tiveron nas contas da Xunta un baixo cumprimento. O Bloco de Esquerda não é um partido leninista, mas partilha com o líder bolchevique uma ideia: a política deve ter como objetivo a conquista do poder. O partido liderado por Catarina Martins deu um passo adiante na sua XI Convenção Nacional e reafirmou a sua vocação de governo. Mas também pôs as suas condições. 'Ir ao governo, mas não a qualquer preço'. 'O bipartidismo pacta a cúpula xudicial co apoio de Podemos'. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) vai ter unha maioría de centro-esquerda os próximos cinco anos, após o pacto fraguado entre a ministra de Xustiza e o ex titular dese departamento. Só Ciudadanos se desmarcou do pacto. 'As economías da nova ruralidade' O mundo rural está mudando. E aínda que a despoboación e o envellecemento son realidades problemáticas que non é posíbel obviar, tamén existen alternativas. Proxectos e iniciativas novidosas, adoito vencelladas á economía social, contribúen a reinventar a vida cotiá máis alá das cidades, a producir valor engadido, a solidificar comunidade. Cinco sentenzas xudiciais condenan Inditex por despedimento improcedente e fraude na contratación. Unha noticia que sumar á das loitas e mobilizacións de persoal de Inditex, Zara, Bershka, Lefties... contra a precariedade e eventualidade. 'A xustiza sitúa Inditex fronte á súa realidade laboral'. 'A casa de Bernarda, un refuxio en Santalla'. Coñecemos máis un caso de mulleres que sufriron a dor da represión. A Bernarda deixárona sen Antonio, mais fronte ao medo, ela soubo manter abertas as portas do seu fogar aos fuxidos. Entrevistamos Mario Regueira. Cada semana, desde os inicios de Sermos Galiza, poden ler nestas páxinas as súas críticas literarias, quen ten xa unha nutrida relación de obras publicadas. Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vén de gañar o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. \"Sempre tratei de non facer literatura comprometida ou social en sentido clásico, pero sempre quixen que as miñas orixes e a miña identidade estivesen presentes\". 'Exeria, a viaxeira galega do século IV'. Fai parte daquela xeración de ouro que alumeou o espertar cultural galego nas centurias do baixo Imperio. Os diarios de Exeria achégannos unha visión case única do mundo naquel tempo de mudanza e preséntanos unha muller libre e culta, impugnado o papel que aquela sociedade lle tiña reservada ás do seu xénero. A escritora viaxeira e rebelde é a expresión dunha Galiza que camiñaba pola rota do progreso. E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Luz Darriba, Pepe Barro, Nachortas e Tokio, Mercedes Queixas, Rosa Conde, Iago Varela, Julián Bustelo, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Jasper Nao. Afondo 'Necesitamos a interrupción da noite'. \"Necesitamos a interrupción da noite\", escribiu o poeta estadounidense Robert Frost. Máis perto de nós, Xosé María Díaz Castro recordounos que \"A noite é necesaria\". Hoxe sabemos que ademais dunha verdade poética, estes dous versos son tamén unha verdade científica. Hoxe coñecemos o impacto da contaminación luminosa en ámbitos moi diferentes. Comprendemos como a exposición á luz artificial pola noite agride a natureza e a nosa saúde, dilapida diñeiro e acaba co patrimonio cultural do ceo nocturno"}
{"ID": "NOS_14408", "summary": "O chamamento parte de persoal de enfermaría, matronas e especialistas en Xinecoloxía e Obstetricia. A evidencia científica, din, confirma que son \"seguras e eficaces\" ao tempo que advirten dos posíbeis riscos de non se vacinar.", "text": "A Organización Colexial de Enfermaría e a Asociación Enfermaría e Vacinas ( Anenvac) solicitaron ao Ministerio de Sanidade que as embarazadas sexan recoñecidas como grupo de vacinación prioritario, dado o elevado risco de complicacións aoq ue se expoñen se contraen a enfermidade. Ademais, reiteraron a súa recomendación para que as embarazadas se vacinen, xa que son \"seguras e eficaces\" para elas. Evidencia científica \"Nun primeiro momento as embarazadas quedaron excluídas da vacinación fronte á Covid-19 porque non había estudos científicos que a avalasen. Con todo, co paso do tempo e o avance da evidencia científica o primeiro que debemos ter claro é que as vacinas de ARN mensaxeiro, que son as que se analizaron neste colectivo, son seguras e eficaces tamén para as mulleres embarazadas, polo que enfermeiras e matronas, enfermeiras especialistas en Xinecoloxía e Obstetricia deben recomendar a vacinación ás pacientes nas súas consultas, tanto no embarazo como na lactación\", dixo o presidente do Consello Xeral de Enfermaría, Florentino Pérez Raia. A este respecto, o presidente da Asociación Enfermería e Vacinas ( Anenvac), José Antonio Forcada, lembrou que con esta vacina está a protexerse a muller dos riscos derivados de infectarse por coronavirus durante o embarazo, evitando así que se converta nun embarazo de risco. \"Se se contaxia durante a xestación ten máis risco de desenvolver unha Covid-19 grave, pero tamén de parto prematuro, preeclampsia e trombos\", subliñou. De feito, a vocal matrona do Consello Xeral de Enfermaría, Montserrat Angulo, lembra que a evidencia científica di que, sobre todo, no terceiro trimestre, hai máis risco de que o bebé chegue antes de tempo. Se a xestante se vacina, \"vai pasar a inmunidade ao seu bebé, co que no nacemento estará protexido fronte á Covid-19. Por iso, o que se está recomendando é a vacinación\", engadiu. Nin risco de infertilidade nin de aborto \"Segundo a última evidencia dispoñíbel, o que sabemos é que non é necesario nin pospoñer ningún tipo de tratamento de fertilidade ou de fecundación in vitro, nin esperar ningún tempo para buscar o embarazo. A vacina nin causa infertilidade nin aumenta o risco de aborto espontáneo. A única precaución é evitar a vacinación tres días antes e despois de someterse a unha recuperación de ovocitos, transferencia de embrións ou inseminación, pero por poder vixiar mellor os posíbeis efectos secundarios do tratamento, non porque supoña ningún problema coa vacinación\", subliñou Angulo. Tampouco supón ningún tipo de inconveniente coa lactación, máis ben ao contrario, pois a través do leite materno, a inmunidade que adquire a nai transmítese ao bebé. Ao final, a última decisión será da nai, pero en caso de dúbida recomendan que valore coa súa matrona ou co profesional sanitario de referencia que controle o seu embarazo, o seu nivel de risco á exposición, pois non é o mesmo estar teletraballando que atendendo ao público, así como os riscos de contraer a enfermidade tanto para a nai como para o bebé ou os beneficios que xa se coñecen da vacinación e a evidencia da seguridade da vacina no embarazo."}
{"ID": "NOS_22991", "summary": "Primeiro abandono organizado de militantes da formación de Beiras. A Asemblea Local de Moaña tomou a decisión de deixar Anova por considerar a converxencia con IU unha operación \"antagónica\" cos principios fundacionais da organización. Mentres, a Asemblea do Val Miñor-Oia acha que Anova se puxo fóra do campo nacionalista e deveu un apéndice da \"esquerda federal\".", "text": "A crise interna agrávase en Anova. As dúas liñas en confronto -a partidaria de priorizar o espazo galego e a favorábel a avanzar na converxencia con IU- agudizan as súas contradicións, sen que o portavoz nacional da formación, Xosé Manuel Beiras, sexa quen a apagar o conflito. Onte, o líder afirmaba sentirse \"defraudado e desautorizado\", nunha entrevista na SER Galiza, despois de ter sido albo das críticas dos seus fieis por terse desmarcado no último momento e ter apoiado a integración de Anova na candidatura de IU a Europa. Segundo informa El Faro de Vigo, a asemblea local de Moaña tomou a decisión de abandonar Anova por considerar que a formación liderada por Beiras se acha \"nunha deriva cara á confluencia coa chamada esquerda federalista española, ao noso entender antagónica cos principios políticos de Anova\". As e os militantes de Moaña -cuxo principal referente é Concha Trigo, quen apresentou a súa demisión na dirección de Anova após o axustado triunfo da opción de Beiras e Martiño Noriega no referendo interno- mostraron, na consulta á militancia, a súa inclinación por concorrer ás europeas con forzas nacionalistas de esquerda e/ou coa esquerda rupturista española, non así con Izquierda Unida. Afirman que teñen clarísimo que o seu voto o 25 de Maio non vai ser para Izquierda Unida e lamentan que os problemas internos da formación eclipsasen as respostas políticas que é preciso dar nun momento que \"o noso país se cae a pedazos\". Láianse de que Anova non teña sido capaz \"de dar resposta en clave galega aos gravísimos problemas\" de Galiza. \"Ollo non imos con IU, imos en IU\", salientan militantes do Val Miñor Mentres, o Grupo de Coordenación do Val Miño submete a consideración da militancia un documento, ao que tivo acceso Sermos Galiza, en que considera que Anova, ao concorrer na candidatura de IU ás eleccións europeas, se sitúa fóra do campo do nacionalismo e vira nun \"apéndice da esquerda federal\". \"Ollo non imos con IU, imos en IU\", salientan os militantes deste grupo, que non desbotan coordenarse no plano comarcal e nacional co sector que votou no referendo interno a opción 2 para no seu caso \"tomar unha decisión sobre a nosa continuidade en Anova\". A opción 2, derrotada por só 11 votos, preconizaba unha alianza eleitoral con forzas nacionalistas de esquerda e/ou coa sedicente esquerda rupturista española. Asemblea da Limia: \"Non queremos ser comparsas de IU\" Tamén a militancia da Limia se suma ás críticas á liña de Beiras/Martiño Noriega. \"Non queremos ser comparsas de IU nin tampouco renunciar ao carácter nacionalista de Anova. Somos nacionalista e non federalistas e non imos renunciar aos nosos principios\", afirma a Asemblea da Limia nun comunicado enviado aos meios após unha reunión realizada a pasada sexta feira 21 de marzo. \"Somos nacionalistas e non federalistas\", din @s militantes crític@s da Limia, que avanzan que continuarán a defender os seus principios \"sexa en Anova ou fóra dela\" Enfatizan que \"sexa en Anova ou fóra dela\", \"loitaremos por unha Galiza soberana desde a esquerda e desde o nacionalismo\" e censuran que o pouco que saben dos termos do acordo con IU o saben non pola propia organización, senón \"polas declaracións realizadas por Yolanda Díaz, lideresa de EU, a través dos medios de comunicación\". 10 candidat@s para 2 prazas Onte trascendeu que 10 militantes de Anova tomarán parte o 30 de marzo nunha nova consulta á militancia para cubrir as 2 prazas que a formación ten na candidatura de IU a Europa. Unha delas é a praza número 5, e para elas xa se teñen postulado Lidia Senra -co aval de Beiras- e Luís Eyré Palleiro -dirixente do agora sector crítico, que afirmou presentarse para \"emendar o erro estratéxico\" de ir canda IU. As persoas que se candidatarán o día 30 son Ana María Vidal, Lidia Senra, Luis Eyré, Xosé Miguel B. Rodríguez, Eduardo García, Julio Villanueva, David Balado, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial."}
{"ID": "PRAZA_1103", "summary": "O desprezo que a maioría dos partidos mostra cara as artes é motivo dabondo para cualificalos de incultos e pouco serios, pois descoñecen a importancia da música e da cultura en xeral na cidade.", "text": "Cando un realiza unha análise de calquera obra musical, aconséllase comezar desde as partes máis amplas (sonoridade, movementos, seccións …) para pasar despois ao mais concreto (frases e motivos melódicos, células rítmicas, acordes …) Pois ben. Se analizamos a sinfonía electoral composta para Compostela vemos que presenta moitas curiosidades. O primeiro que chama a atención é que está formada por seis movementos (os seis partidos políticos que teñen posibilidades reais de acadar representación en Raxoi -BNG, CA, CxG, C's, PP e PSOE-), algo xa de por si curioso debido ao elevado número de movementos para unha sinfonía clásica, máis isto non ten porque ser algo desfavorable ou daniño para a música. Mais se procedemos a realizar a análise do concreto, procedendo a analizar as candidaturas e os programas electorais de cada movemento-partido vemos que a sinfonía presenta uns graves defectos musicais que a levan a converterse nunha sinfonía desafinada e mal composta. Dos seis partidos políticos mencionados anteriormente, só dous (BNG e CxG) levan a músicos nas súas listas electorais. O BNG a tres persoas e CxG a unha. Do cal xa se pode facer unha primeira valoración negativa da obra. Non é que estea composta nun modo menor, é que non ten harmonía. Se nos imos agora ao programa electoral e aos primeiros discursos de campaña, vemos como non se fai referencia directa á vida musical de Compostela no tocante as súas institucións nin á importancia da música no eido social e cultural da Cidade -só os típicos parágrafos que enchen follas dun programa electoral-. No debate celebrado no club financeiro de Compostela, un único candidato fixo mención a un aspecto musical concreto: aos catro anos perdidos para lograr a necesaria ampliación do Conservatorio Profesional de Música, así como decidida e claramente, hai outros dous grupos que reflicten no seu programa a necesidade e a importancia da música para a Cidade. Os demais nada de nada. Así pois, visto como se ignora a música por parte da meirande parte dos movementos-partidos, vexamos como representan á cultura, en liñas xerais, dentro das candidaturas. BNG: seis persoas, CA: seis, CxG: tres, PP: dúas, PSOE: unha e C's: unha. Co cal, xa temos a análise musical-cultural rematada, e non pode facerse unha valoración positiva da mesma. O real é dicir que na política a música, resto de artes escénicas, e a cultura en xeral, só interesa para vendernos fume e para encher liñas nun papel. O desprezo que a maioría dos partidos mostra cara as artes é motivo dabondo para cualificalos de incultos e pouco serios, pois descoñecen a importancia da música e da cultura en xeral na cidade. Non teñen en conta que Compostela é unha cidade patrimonio da Humanidade, que foi cidade Europea cultural no 2000, primeiro itinerario cultural Europeo, .. e así poderiamos seguir moitas máis liñas, tantas liñas como moitos destes candidatos, e os seus partidos, colocan nos respectivos programas electorais cheos de desidia cara a música, outras artes escénicas e da cultura en xeral."}
{"ID": "NOS_18514", "summary": "Esta quinta feira haberá unha concentración apartir das 20 h diante do MARCO en Vigo. Os traballadores continúan a agardar pola resolución do Executivo español.", "text": "Ante o silencio diante da solicitude de indulto para os traballadores Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de cadea por participaren dun piquete informativo durante unha folga do sector do transporte en 2009, os sindicatos CIG, CCOO e UGT decidiron reiniciar as mobilizacións para lle reclamar ao executivo de Mariano Rajoy a súa concesión. A primeira convocatoria terá lugar a quinta feira 11 de setembro coa realización dunha concentración a partir das 20h diante do MARCO en Vigo. As concentracións volverán a ter periodicidade semanal, cada quinta feira. \"É fundamental seguirmos a reclamar na rúa que se lles conceda o indulto para evitarmos que dous traballadores acaben en prisión por defenderen os dereitos da nosa clase\", explica o secretario comarcal da CIG na bisbarra viguesa. Serafín Otero lembra, aliás, que \"o executivo presidido por Mariano Rajoy xa lle denegou o indulto nun primeiro intento\". PRESIÓN POLÍTICA Os sindicatos chaman a participar desta nova vaga de mobilización para aumentaren a presión sobre o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, e o presidente Rajoy para que \"resolvan dunha vez e de maneira afirmativa a solicitude de indulto\". Un reclamo urxente para pór fin \"ao sufrimento innecesario que padecen eles e as súas familias ante esta cruel incerteza\". Aliás, piden a colaboración social para difundir esta convocatoria e dar a coñecer a gravidade da situación que enfrontan Carlos e Serafín. \"Hoxe son eles, mais mañá podes ser ti a vítima dunha xustiza que deixa impunes aos verdadeiros delincuentes, aos poderosos, corruptos ou banqueiros, e ao tempo afoga con represión ao pobo traballador que se rebela en defensa dos seus dereitos\", claman nun comunicado."}
{"ID": "NOS_1637", "summary": "A formación liderada por Beiras emitiu un comunicado após se confirmar que Grecia se ve abocada a anticipar as eleccións ao 25 de xaneiro.", "text": "Para Anova, Grecia é o \"primeiro escenario da batalla\" que \"tras decadas de apropiación polo neoliberalismo do termo Democracia\" enfrenta o \"capital\" coas \"maiorías populares do sur europeo\", das que Galiza, subliña, fai parte. A organización integrada en AGE cualifica de \"pura chantaxe mafiosa\" o facto de o Fundo Monetario Internacional ter decidido FMI suspender \"as axudas a Grecia\" até a \"celebración das eleccións anticipadas\". \"Dende Anova queremos mostrar a nosa solidariedade co pobo grego e expresarlle o noso apoio para que exerza en liberdade –na liberdade dos non aferrollados pola dependencia económica– a súa soberanía\", lese no comunicado de imprensa da formación liderada por Beiras. Anova preanuncia un \"bombardeo mediático\" nas próximas semanas visando amedrontar o pobo grego e co obxectivo de prexudicar as espectativas eleitorais de Syriza, actualmente ao fronte de todas as enquisas coñecidas."}
{"ID": "NOS_51714", "summary": "O secretario xeral de Podemos Galiza pide respectar o proceso de primarias do partido, que foi adiantado após o anuncio electoral de Feixoo.", "text": "O secretario xeral de Podemos na Galiza e deputado de Galicia en Común-Unidas Podemos no Congreso, Antón Gómez Reino, abriu esta terza feira a posibilidade de se converter en candidato á Xunta nas eleccións galegas do 5 de abril, mais solicitou respectar o proceso de primarias que comezará en breve \"Debemos respectar os tempos orgánicos. Creo quen esta semana comeza o proceso das primarias, nuns días teremos a solución para este asunto\", dixo en declaracións aos medios no Congreso, antes de participar na Xunta de Portavoces, preguntado por se ía ser candidato á Xunta. Desta forma, Gómez Reino non quixo adiantar acontecementos, mais tampouco desbotou a posibilidade de presentarse a esas primarias para converterse en candidato da súa organización á presidencia da Xunta. De feito, o avance electoral obrigou a modificar o calendario das primarias para elixir as e os candidatos de Podemos nos comicios galegos, que inicialmente estaba previsto que comezase o 24 de febreiro. Segundo o partido morado, o proceso está activado esta terza feira coa apertura do prazo para a preinscrición de candidaturas, que pechará esta sexta feira. Ese mesmo día, prevese unha roda de prensa de Gómez-Reino para informar sobre o proceso. Despois do período de recollida de avais, as candidaturas finais publicaranse o día 19, e comezarán entón cinco días de campaña e debates entre as persoas postuladas. A votación terá lugar do 20 ao 25 de febreiro e, dous días despois, o 27; coñeceranse os resultados definitivos. O que quixo deixar claro Gómez Reino é que, independentemente das e dos candidatos, desde Galicia en Común e Unidas Podemos traballan para facer posíbel tamén formar na Galiza \"un goberno plural de esquerdas\"."}
{"ID": "NOS_24345", "summary": "Conversamos co rapaz identificado no entroido de Ourense.", "text": "En conversa con Sermos Galiza, M.S.R. narra o acontecido o 5 de febreiro na Praza Maior de Ourense. \"Non daba creto ao que estaba a pasar\", asegura, \"pensei que era unha brincadeira, mais non\". Como foches identificado?Estaba con outras amizades na Praza Maior. Ía disfrazado de monicreque polas detencións de Madrid e levaba un cartaz de cartón que puña 'Gora Alka-ETA'. A praza estaba ateigada de xente e por volta das 2.30h da madrugada achegáronse 7 ou 8 policías nacionais (CNP). Colléronme e dixéronme que tiña que ir con eles. Eu non daba creto e pensei que era xente disfrazada, que era brincadeira. Colléronme do brazo. A xente estaba flipando. Baixáronme cara á parte traseira da praza e cando vin o furgón [policial] xa me decatei de que ía en serio. As persoas que estaban comigo comezaron a preguntar que estaba a acontecer e identificáronas. Imaxino que para meter medo. Eu non daba creto e pensei que era xente disfrazada, que era brincadeira Que razóns deu a policía para te identificar?Dixeron que o que estaba a facer estaba a molestar a xente e que recibiran varias chamadas por mor do meu disfraz e do cartaz. Non sei se é certo ou non mais pode que si porque no medio da xente non me puideron ver. Os axentes preguntáronme como ía así vestido co que estaba a pasar, que era apoloxía do terrorismo e que levaban os meus dados ao xuíz para que decidise se cumpría dar parte á Audiencia Nacional. Tentei discutir con eles mais non atendían a discusións. Ademais, levaba unha mochila de Que voltem [colectivo de amizades e familiares de pres@s independentistas], fotografárona e adxuntárona ás probas após rexistrarme por se levaba algo máis. Como valoras o acontecido?Ourense é a capital do entroido e nel sempre se fixo sátira e crítica política. Este mesmo ano houbo unha comparsa sobre o caso Baltar [foi denunciado por acoso sexual e está a ser investigado por un presunto delito de suborno e tráfico de influencias]. Era moi forte. Nunca sucedeu nada. Ourense é a capital do entroido e nel sempre se fixo sátira e crítica política A que cres que se debe?Isto vén propiciado por unha tensión mediática por parte dos medios capitalistas. Se á xente lle dis que isto está mal, que todo é terrorismo, e mesmo Podemos se posiciona en conta... á xente dalle por chamar. En Ourense hai disfraces de todo tipo e sempre houbo respeito polo entroido pois, ademais, é parte fundamental del a sátira. Que farás agora?Estou en contacto con Esculca. Falarei con eles para que me aconsellen como proceder. Para min ao ser activista político, non quero que isto pase desapercibido mais tamén quero velar pola miña seguridade e, aliás, estou preocupado pola miña familia pois isto non é unha brincadeira. Non me colle na cabeza que vaia a máis, porén, non me fío."}
{"ID": "NOS_15046", "summary": "A Federación Rural Galega entende que \"as consecuencias da reforma da PAC na Galiza\" vanse ver agravadas \"polas decisións tomadas polo Estado español\".", "text": "A Fruga valorou esta quinta feira, en conferencia de imprensa decorrida en Lugo, a forma en que o Goberno español irá aplicar a Política Agraria Común no Estado, após se reunir cos representantes das comunidades autónomas, Galiza entre elas. De acordo coa organización nacionalista, os criterios que rexerán a repartición de fondos están feitos á medida dos intereses das \"grandes empresas e terratenentes\" españois, moitos dos cales non \"teñen nada que ver coa actividade agraria\". Fruga critica duramente a Xunta de Galiza por non ter defendido os intereses galegos e por terse \"pregado\" aos ditados do PP \"que veñen desde Madrid. As críticas da federación nacionalista teñen dous chanzos. Primeiro, as decisións que se adoptaron nas instancias comunitarias e que Fruga xa avaliou como prexudiciais, entre elas a renuncia a adopción de medidas de regulación dos mercados ou a definición \"excesivamente permisiva\" da condición de agricultor a título profesional (ATP), precisamente o título que permite ser receptor das axudas. Exclusión \"do viño e da horta\" O segundo patamar das críticas ten como destinatario ao Goberno español, cuxas decisións a respeito da forma concreta en que a PAC se vai aplicar no Estado \"non atenden en ningún caso aos intereses do noso País\". Así, Fruga alude á resolución de non chegar ao máximo permitido do 15% do total do orzamento para dedicar aos pagamentos ligados á produción -\"finalmente será dun dun 12%\"- ou tamén a determinación de \"de non favorecer as primeiras 30 hectáreas e de non ter en conta nin o tamaño das explotacións nin os postos de traballo xerados\". Destarte, os/as labregos/asgalegos/as irán receber \"importes substancialmente inferiores\" aos que en xustiza lles debería corresponder. As axudas irán na súa maior parte a empresas grandes e a latifundistas non necesariamente ligados á actividade agraria A Fruga critica tamén a \"exclusión\" de sectores estratéxicos para Galiza como \"o viño e a horta\" e o feito de o Estado reducir a súa participación no financiamento das axudas de desenvolvemento rural. A este último respeito, subliña a organización nacionalista que o Estado até o de agora viña achegando o 50% dos subsidios, por encuanto agora irá pór só o 30%. E o 20% restante? En teoría terá que ser asumido pola Xunta de Galiza, mais a Fruga ten dúbidas de que finalmente vaia ser así porque, argumenta, o Goberno galego non ten ofrecido ningunha garantía de que estea disposto a facelo. En consecuencia, a Fruga enfatiza que \"Galiza non pode renunciar a ter unha política agraria\", ao tempo que a Xunta debería \"defender unha posición clara e valente perante as agresións dogoberno español para mellor defender os nosos sectores produtivos agrarios\"."}
{"ID": "NOS_54501", "summary": "Con guión de José Carlos Fernandes e deseño de Roberto Gomes, a obra portuguesa Mar de Aral proclamouse no pasado ano como a gañadora dos Premios Nacionais de Banda Desenhada ao recibir os galardóns de mellor obra e mellor argumento, sendo ademais finalista ao mellor deseño.", "text": "Publicada polas editoriais Comic Heart e mais G-Flow —agora baixo o selo A Seita—, Mar de Aral achéganos cinco insólitas historias curtas sacadas das cintas da caixa negra do voo 713 para Belice e que nunca chegaría ao seu destino. Esta variante da técnica do \"manuscrito achado\" non só lle proporcionará cohesión aos cinco relatos aparentemente inconexos que conforman o álbum, senón que dotará de veracidade ao narrado, se ben este pacto narrativo verase superado pola imaxinería dos feitos que se enfían. Mar de Aral | José Carlos Fernandes e Roberto Gomes | G. Floy Studio | Comic Heart | 2019 | 72 páxinas | 14 euros Fernandes, un vello coñecido na nosa terra —foi habitual a súa presenza nos certames de banda deseñada de Ourense nos anos noventa, chegando a gañar varios premios e participando tamén en publicacións como BD Banda— comparte xunto co seu admirado Miguelanxo Prado a adscrición borxiana aos relatos cociñados a lume lento, espindo o argumento fronte a unha exposición pausada onde se sobrepoñen os mundos posíbeis e confundindo os limites entre o real e o imaxinario. En todo este proceso sobresae a figura dos narradores que se dirixen directamente á persoa lectora intentando introducila na historia, transmitirlle os detalles e a veracidade do narrado. O primeiro dos relatos, que non por casualidade lle outorga o título ao libro, será o que carrexe o peso deste, ao desenvolver a que é sen dúbida a mellor das cinco historias que atopamos e que, non por acaso, posúe, con diferenza, maior extensión do álbum, case a metade do libro. Ademais de reflectir perfectamente o maxín das historias de José Carlos Fernandes, este relato co que se abre Mar de Aral permítelle a Roberto Gomes desenvolver toda a súa potencialidade nas paisaxes desérticas, inzadas de consecuentes cores térreas e salpicadas polos óxidos e cinsentos refugallos que deixou a especie humana. Aínda que baixo o prisma fantástico, as obras que acaban por compoñer a peza non deixan de ser un exercicio real de memoria, de lembranzas do que somos e de reflexión sobre a vida, esa verdadeira caixa negra que contén o relato de todos nós e que convén transmitir, radiar cerimonialmente a todo aquel que estea disposto a enfrontarse á fraxilidade do noso ser."}
{"ID": "NOS_23066", "summary": "O grupo de música galego Fuxan os Ventos inaugura hoxe, no Vello Cárcere de Lugo, unha mostra para celebrar o seu 50 aniversario. A exposición, que poderá visitarse até o 22 de xaneiro de 2023 e que leva por título Fuxan os ventos. 50 anos de historia, pretende lembrar unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través da ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal.", "text": "\"Percorrer a historia de Fuxan os Ventos é percorrer a Historia da Galiza das últimas cinco décadas\". Quen así se expresa é Sabela Fraga, comisaria da exposición que desde hoxe e até o próximo 22 de xaneiro poderá verse no Vello Cárcere de Lugo. Cincuenta anos da traxectoria dun grupo que acadou unha inmensa popularidade e que transformou as súas cancións en símbolos de moitas loitas e moitos anhelos populares. \"O ser o Vello Cárcere un espazo de memoria, facilitounos moito a introdución do contexto sociopolítico no que se desenvolve a carreira de Fuxan os Ventos -o final do franquismo e o inicio a democracia, con todos os seus sobresaltos- e sen o que non se comprenden ben a magnitude histórica do grupo\", explica a comisaria da mostra. \"Ademais, a estrutura de panóptico da sala permite contemplar nun só golpe de vista todo o desenvolvemento da súa carreira\". A exposición divídese en tres bloques temáticos. No primeiro, fálase do sustrato de onde xorde o grupo, da ligazón cos coros e coa canción protesta, tan en boga naqueles tempos de efervescencia política. O segundo, é un percorrido cronolóxico por unha traxectoria que abrangue o comezo da Nova Canción Galega, a recollida de pezas populares, o compromiso coa defensa da lingua e a identidade, a recuperación e posta en valor de poetas en lingua galega... e todo un ronsel de causas culturais e políticas que animaron a carreira do grupo. O terceiro bloque apela a ese universo creativo formado por unha mestura de cultura popular, música e poesía que foi conformando as referencias fundamentais de Fuxan os Ventos. \"Tivemos a sorte de contar con arquivos maioritariamente inéditos que poñen a disposición do público un material riquísimo: cartaces, fotografías, audios de ensaios que nunca se escoitaron, temas que foron censurados... A abundancia de materiais é extrordinaria\", subliña Fraga. Pedro Lucas e Tereixa Novo: \"Fuxan os Ventos foi, é e seguirá sendo historia musical da Galiza e parte de moitas xeracións\" Cultura popular e resistencia política A exposición pon de manifesto a dupla significación do grupo: por unha parte, o impagábel traballo de posta en valor da cultura galega; pola outra, o compromiso político que fixo do grupo un símbolo recoñecido por todas as capas da sociedade. \"Alén de ser un fito ineludíbel da historia da musica tradicionall da Galiza, son un elemento activo na historia do país. Participaron na loita pola soberanía, nas reivindicacións do Sindicato Labrego, na defensa da lingua... E posteriormente implicáronse en movementos reivindicativos de tanta repercusión como Nunca Máis, por poñer un exemplo ben coñecido\", di Fraga. \"Sen contar con que o seu pafpel na dignificación da música popular foi fundamental. Un dos seus maiores logros foi esa popularización das cantigas tradicionais que agora, grzas a eles, todo o mundo asume como propias\". Todo ese patrimonio inmaterial queda, dalgunha maneira, ligado ao grupo e a exposición mostra como varias xeracións medraron á sombra do legado musical de Fuxan os Ventos. \"Persoalmente, a miña experiencia favorita co grupo foi a de velos en concertos máis contemporáneos, nos que se pode comprobar que o repertorio que manexan é coñecido por todas: dá igual de que parte da Galiza sexas ou que idade teñas, todas son pezas que escoitaches algunha vez e que, posibelmente, podes cantar con eles. Esta exposición tamén ten entre os seus obxectivos continuar con es transmisión xeracional, que a xente nova coñeza de onde procede todo iso\", remata Sabela Fraga. Fuxan os Ventos: \"Nunca pretendemos comercializarnos\""}
{"ID": "NOS_35959", "summary": "As instancias europeas, que veñen de pedirlle á Xunta do PP a ampliación dos espazos protexidos da Rede Natura 2000", "text": "A grave situación de abandono pola que pasan os espazos ecolóxicos de Galiza alarma tamén nas instancias europeas, que veñen de pedirlle á Xunta do PP a ampliación dos espazos protexidos da Rede Natura 2000, en resposta a unha iniciativa da eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Segundo conta a representante nacionalista, a Comisión Europea considera necesaria a \"inclusión de diversos tipos de hábitat nos que Galiza é deficitaria, entre eles as turbeiras e os tremedais, e pide que se designen lugares adicionais desta modalidade dentro do territorio galego\". O proxecto de expansión da Rede Natura presentado hai un mes polo goberno de Núñez Feijóo foi considerado \"insuficiente\" por multitude de organizacións, ás que se lles une agora a Unión Europea, que ademais tampouco finalizou o seu estudo en profundidade dos últimos informes recibidos. Porén, segundo os ecoloxistas de Adega, \"moitas especies ameazadas quedaron fóra do proxecto da Xunta\" e cualificaron de \"miserábel\" a ampliación prevista. Pola súa banda, Galiza Non se Vende asegurou que con esas medidas \"a Rede Natura acadaría só o 15,2 por cento da superficie terrestre de Galiza, algo incomprensíbel posto que dada a riqueza ecolóxica do país os espazos protexidos deberían acadar polo menos un terzo do territorio\". As agresións a unha Rede Natura cuxa insuficiencia xa é oficial tamén abranguen outras circunstancias, moitas da cales foron ou serán denunciadas en distintos parlamentos. Por exemplo, a Xunta do PP autorizou un polígono industrial privado en Curtis e Aranga que invade a Serra da Cova da Serpe. Tamén deu luz verde a canteiras no Suído ou piscifactorías en espazos costeiros protexidos. Tamén os incendios están afectando á Rede Natura, cos perigosos recortes en prevención e extinción como polémico pano de fondo. O Incio ou O Xurés padeceron graves queimas de monte nos últimos tempos. Ademais, de novo a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, pediu en Bruxelas \"estabelecer normas para elaborar plans de prevención contra incendios, porque axudaría a evitar que se produzan desastres como o que arrasou un milleiro de hectáreas nas Fragas do Eume\", un dos \"tesouros\" da biodiversidade que ficou arrasado hai poucas semanas e cuxa destrución provocou importante manifestacións de protesta contra a Xunta en todo o país."}
{"ID": "NOS_25671", "summary": "ONG, cientistas, grupos anti-OGM, celebridades, produtores alimentares e outros, representando 57 milhões de cidadãos norte-americanos, publicaram esta carta aberta à Europa alertando para os perigos das culturas de Organismos Geneticamente Modificados. Artigo tirado do jornal Esquerda.net.", "text": "Escrevemos esta carta enquanto cidadãos preocupados para partilhar convosco a nossa experiência de plantações de organismos geneticamente modificados (OGM) e os estragos que provocaram ao nosso sistema agrícola e a adulteração dos nossos alimentos. No nosso país, o cultivo de OGM já representam cerca de metade da área cultivada. Cerca de 94% da soja, 93% do milho e 96% do algodão cultivados são OGM. O Reino Unido e o resto da UE ainda não adotaram o cultivo de OGM como existe aqui, mas já estão sob uma tremenda pressão dos governos, lóbistas da biotecnologia, e grandes empresas para adotarem o que nós hoje consideramos uma tecnologia agrícola fracassada. As sondagens mostram de forma cosistente que 72% dos norte-americanos não querem comer alimentos com OGM e mais de 90% defendem que os alimentos com OGM devem conter essa informação visível nos rótulos. Apesar desta opinião massiva, os esforços para que os nossos governos federal e estaduais regulem melhor ou simplesmente rotulem os OGM estão a ser atacados pelas grandes empresas alimentares e de biotecnologia, que dispõem de orçamentos ilimitados e influência desmedida. Gostaríamos de partilhar convosco o que nos trouxeram quase duas décadas de cultivos de OGM nos EUA. Cremos que a nossa experiência serve de aviso para o que pode acontecer aos vossos países se quiserem seguir esse caminho. Enquanto avaliam a vossa escolha, gostaríamos de partilhar convosco o que nos trouxeram quase duas décadas de cultivos de OGM nos Estados Unidos. Cremos que a nossa experiência serve de aviso para o que pode acontecer aos vossos países se quiserem seguir esse caminho. Promessas não cumpridas O cultivo de OGM foi lançado no mercado com as promessas de que iria aumentar o rendimento e diminuir o uso de pesticidas. Não cumpriu nenhuma delas. De facto, um relatório governamental recente indica que o rendimento dos cultivos de OGM podem ser mais baixos que os seus equivalentes sem OGM. Disseram aos agricultores que os cultivos de OGM iriam também render mais lucros. A realidade, segundo o Departamento de Agricultura dos EUA, é diferente. O lucro é muito variável, enquanto o custo de cultivar estas plantações subiu em espiral. As sementes de OGM não podem ser guardadas para replantar, o que significa que os agricultores têm de comprar sementes novas todos os anos. As empresas de biotecnologia controlam o preço das sementes, que custam aos agricultores entre 3 a 6 vezes mais do que as sementes convencionais. (10) Isto, combinado com a quantidade de químicos que a plantação requer, significa que o cultivo de OGM sai mais caro do que o cultivo convencional. Devido à importância desproporcionada dos cultivos OGM, as variedades de sementes tradicionais já não estão tão disponíveis, o que deixa os agricultores com menos poder de escolha e de controlo sobre o que estão a plantar. As sementes de OGM não podem ser guardadas para replantar, o que significa que os agricultores têm de comprar sementes novas todos os anos. As empresas de biotecnologia controlam o preço das sementes, que custam aos agricultores entre 3 a 6 vezes mais do que as sementes convencionais. Os agricultores que escolheram não cultivar OGM podem encontrar os seus campos contaminados com os cultivos OGM, em consequência da polinização cruzada entre espécies próximas de plantas e ao facto das sementes OGM e não-OGM serem misturadas no armazenamento. Por causa disso, os nossos agricultores têm perdido mercado de exportação. Muitos países têm restrições ou pura e simplesmente proíbem o cultivo ou a importação das colheitas com OGM, e em resultado disso essas colheitas tornaram-se responsáveis pelo aumento de conflitos comerciais quando os carregamentos de cereais aparecem contaminados com OGM. O florescente mercado de produtos biológicos aqui nos EUA também está a ser afetado. Muitos produtores biológicos perderam contratos de sementes devido ao alto nível de contaminação. Este problema está a aumentar e espera-se que se torne muito maior nos próximos anos. Pesticidas e \"super-ervas daninhas\" Os géneros mais cultivados de OGM são conhecidos como os cultivos 'Roundup Ready'. Estas plantações, sobretudo de milho e soja, foram transformadas geneticamente de forma a que quando são pulverizadas com o herbicida Roundup - cujo ingrediente ativo é o glifosfato - as ervas daninhas morrem mas o cultivo continua a crescer. Isto criou um círculo vicioso. As ervas daninhas ganharam resistência ao herbicida, obrigando os agricultores a pulverizarem cada vez mais. O uso mais intensivo dos herbicidas cria ainda mais \"super-ervas daninhas\" e um uso ainda mais intensivo dos herbicidas. Um estudo recente concluiu que entre 1996 e 2011 os agricultores que plantaram com Roundup Ready gastaram mais 24% de herbicida que os agricultores não-OGM no mesmo cultivo. Se contiuarmos nesta trajetória com o cultivo Roundup Ready assistiremos a um aumento de 25% no uso de herbicida a cada ano que passa. Esta tendência no uso de pesticidas significou que na última década surgiram nos EUA pelo menos 14 novas espécies de ervas daninhas resistentes ao glifosfato, e mais de metade das quintas norte-americanas estão afetadas por ervas resistentes aos pesticidas. As empresas de biotecnologia, que vendem quer as sementes quer os herbicidas propuseram enfrentar este problema através da criação de novas variedades de cultivo capazes de suportar herbicidas ainda mais fortes e tóxicos como o 2,4-D e dicamba. No entanto, prevê-se que caso sejam aprovadas estas novas variedades, isso poderia aumentar até 50% o uso de herbicidas. Esta tendência no uso de pesticidas significou que na última década surgiram nos EUA pelo menos 14 novas espécies de ervas daninhas resistentes ao glifosfato, e mais de metade das quintas norte-americanas estão afetadas por ervas resistentes aos pesticidas. Danos ambientaisOs estudos comprovaram que o uso crescente de herbicidas nos cultivos com Roundup Ready é altamente destrutivo para o meio ambiente. Por exemplo, o Roundup mata a planta do género Asclepias, que é a fonte essencial de alimento para a emblemática borboleta monarca e constitui uma ameaça para outros insetos importantes como as abelhas. Também é prejudicial para o solo, matando organismos benéficos que o mantêm saudável e produtivo e fazendo desaparecer micronutrientes essenciais à planta. Outros tipos de plantas OGM, que foram alteradas para produzir o seu próprio inseticida (por exemplo, as planta de algodão \"Bt\") também são apontadas como prejudiciais aos insetos benignos como os crisopídeos, a pulga de água Daphnia magna, outros insetos aquáticos e as joaninhas. A resistência destas plantas aos inseticidas também está a aumentar, criando novas variedades de \"superinsetos\" e exigindo mais aplicação de pesticidas em diferentes momentos do ciclo de crescimento, por exemplo na semente antes de ser plantada. Apesar disso, novas variedades de milho e soja Bt já foram aprovadas e irão em breve ser plantadas. Uma ameaça para a saúde humana Os ingredientes OGM estão por todo o lado na nossa cadeia alimentar. Estima-se que 70% dos alimentos processados que se consomem nos EUA sejam produzidos com ingredientes OGM. Se incluirmos os produtos com origem em animais alimentados com OGM, a percentagem aumenta substancialmente. Os estudos demonstram que as colheitas Rounduop Ready contém muitas vezes mais glifosfatos, e o seu produto de decomposição tóxica AMPA, do que as colheitas normais. Foram encontrados vestígios de glifosfato no leite materno e na urina das mulheres norte-americanas, bem como na água que bebem. Os níveis no leite materno são particularmente preocupantes - cerca de 1600 vezes mais do que é permitido na água potável na Europa. Ao ser passado para os bebés através do leite materno, ou da água usada nos biberões, isso representa um risco inaceitável para a saúde infantil, dado que o glifosfato é apontado como um desregulador hormonal. Estudos recentes também sugerem que este herbicida é tóxico para o esperma. Foram encontrados vestígios de glifosfato no leite materno e na urina das mulheres norte-americanas, bem como na água que bebem. Os níveis no leite materno são particularmente preocupantes - cerca de 1600 vezes mais do que é permitido na água potável na Europa. Da mesma forma, vestígios da toxina Bt foram encontrados no sangue das mães e dos seus bebés. Os alimentos OGM não foram sujeitos a testes em humanos antes de serem libertados para a cadeia alimentar e os impactos para a saúde que advêm da circulação e acumulação nos nossos corpos não estão a ser estudados por nenhuma agência governamental, nem pelas empresas que os produzem. No entanto, os estudos sobre animais alimentados com produtos contendo OGM e/ou glifosfato mostram tendências preocupantes, incluindo danos para os órgãos vitais como o fífado ou os rins, danos para a flora e tecidos intestinais, desregulação do sistema imunitário, anomalias na reprodução e até tumores. Estes estudos científicos apontam para problemas potencialmente sérios para a saúde humana que não podiam ser previstos quando o nosso país começou a adotar os OGM, e que continuam a ser ignorados por aqueles que nos deviam proteger. Em vez disso, os nossos reguladores confiam em estudos ultrapassados e outra informação financiada e fornecida pelas empresas de biotecnologia que, sem surpresa, rejeitam todas as preocupações sobre a saúde. Uma negação da ciência Esta distorção da ciência empresarial surge em claro contraste com as descobertas dos cientistas independentes. De facto, em 2013, cerca de 300 cientistas independentes de todo o mundo lançaram um alerta público de que não existe um consenso científico sobre a segurança de consumir alimentos geneticamente modificados, e que os riscos, tal como demonstrado pelas investigações independentes, davam \"sérias razões para preocupação\". Não é fácil para cientistas independentes como estes levantarem a voz. Quem o faz já enfrentou obstáculos à publicação dos seus resultados, foi sistematicamente vilipendiado pelos cientistas pró-OGM, viu ser negado o financiamento à sua investigação, e nalguns casos viu o seu emprego e carreira ameaçados. Não é fácil para cientistas independentes como estes levantarem a voz. Quem o faz já enfrentou obstáculos à publicação dos seus resultados, foi sistematicamente vilipendiado pelos cientistas pró-OGM, viu ser negado o financiamento à sua investigação, e nalguns casos viu o seu emprego e carreira ameaçados. Controlo do fornecimento alimentar Através da nossa experiência pudemos compreender que a modificação genética dos alimentos nunca se deveu à busca do bem público, ou a dar comida a quem tem fome, ou a apoiar os agricultores. Nem tem nada a ver com a escolha do consumidor. Ao invés, trata-se do controlo privado e empresarial do sistema alimentar. Este controlo estende-se às áreas da vida que afetam profundamente o nosso bem estar do dia a dia, incluinado a segurança alimentar, ciência e democracia. Ele debilita o desenvolvimento de uma agricultura genuinamente sustentável e amiga do ambiente, e impede a criação de uma oferta de alimentos transparente e saudável para todos. Hoje nos EUA, da semente até ao prato, a produção, distribuição, marketing, testes de segurança e consumo de alimentos, são controlados por uma mão-cheia de empresas, muitas das quais têm interesses comerciais na tecnologia de manipulação genética. Eles criam os problemas e depois vendem-nos as supostas soluções num ciclo fechado de geração de lucros que não tem igual em qualquer outro tipo de comércio. Todos precisamos de comer, e é por isso que todos os cidadãos devem fazer um esforço para entender estes assuntos. Chegou a hora de levantar a voz! Os norteamericanos estão a colher os impactos nocivos desta arriscada e não comprovada teconologia agrícola. Os países da União Europeia devem tomar nota: não existem benefícios no cultivo de OGM que compensem estes impactos. As entidades responsáveis que continuam a ignorar este facto são culpados de negligência grosseira do seu dever. Nós, abaixo-assinados, partilhamos convosco a nossa experiência e o que aprendemos, para que vocês não cometam os nossos erros. Apelamos fortemente a que resistam à aprovação dos cultivos geneticamente modificados, a que recusem plantar os cultivos que já foram aprovados, a que rejeitem a importação e/ou venda de alimentos ou rações animais que contenham OGM, e a que levantem a voz contra a influência empresarial sobre as políticas, a regulação e a ciência. Se o Reino Unido e o resto da Europa se tornarem no novo mercado para os cultivos e alimentos geneticamente modificados, o nosso esforço para rotular e regular os OGM vão tornar-se ainda mais difíceis, senão impossíveis. Se esses esforços fracassarem, as vossas tentativas para manter os OGM fora da Europa irão também fracassar. No entanto, se trabalharmos juntos, podemos revitalizar o nossos sistema global de alimentação, assegurando um solo saudável, campos saudáveis, comida saudável e pessoas saudáveis. Texto publicado em ecologist.org. Traduzido por Luís Branco para o esquerda.net Assinam: Susan Sarandon Daryl Hannah Robert Kennedy Jr Frances Fisher Ed Begley Jr Amy Smart Tommy Hilfiger Vani Hari (Food Babe) Adam Gardner Raj Patel Wendell Berry Alain Braux Rachel Parent Daniel Bissonnette Alicia Serratos Alice Waters Paul Hawken Anna Lappe Philip L. Bereano Howard Vlieger Devon G. Peña, PhD Ken Roseboro Bob Streit, CPCS, CCA Peter Defur PhD Robyn O'Brien Evaggelos Vallianatos Chensheng (Alex) Lu, PhD Miguel Robles Temra Costa Will Allen Dr Joseph Mercola Dr Michelle Perro Carole Bartolotto, MA, RD Dr Margaret Flowers Dr Andrew Weil Sayer Ji Sally Fallon Melissa Diane Smith Mamavation/ ShiftCon Allergy Kids Foundation Mom's Voices Friends of the Earth US Waterkeeper Alliance Organic Consumers Association Sierra Club Food & Water Watch FarmAid Pesticide Action Network North America (PANNA) Rachel Carson Council Food Democracy Now Cornucopia Institute Weston A Price Foundation Move on Farm & Ranch Freedom Alliance Council for Responsible Genetics Farm to Consumer Legal Defense Fund Biosafety Alliance Institute for Agriculture and Trade Policy (IATP) Green America Institute for Social Ecology Citizen's Trade Campaign Popular Resistance/Flush the TTP The Berry Center Organic Seed Growers and Trade Association etc group Demeter USA Slow Food USA Rodale Institute Organic Seed Alliance Institute for Responsible Technology Corporate Accountability International Healthcare Without Harm National Black Farmers Association Ecological Farming Association Food Chain Workers Alliance CT NOFA The Acequia Institute (TAI) Environmental Stewardship Concepts Earth Open Source Farm Food Freedom Coalition Our Family Farms Coalition (OFFC) American Academy of Environmental Medicine Alliance for Natural Health US (ANH-USA) Healthy Child, Healthy World Physicians for Social Responsibility Care2 Label GMOs GMO Free USA GMO Inside Teens Turning Green Kids right to know GMO Free Maryland NH Right to Know GMO Citizens for GMO Labelling GMO Free CT GMO Free PA California Certified Organic Farmers GMO Free New Jersey ConnFACT Oregonians for Safe Farms and Families GMO Free Canada Moms Across America Moms Advocating Sustainability Californians for Pesticide Reform Babes Against Biotech Green Lifestyle TV GMO Free Planet GMO Free DC Wood Prairie Farm GMO Free Florida California State Grange Living Seed Company Seed Library of Los Angeles Sweetly Seeds/Taos Seed Exchange NOFA NY NOFA MA Hawai'i Seed GMO Free Arizona Heirloom Seed Exposition GMO Free Nevada NOFA New Hampshire GMO Action Alliance NoGMO4Michigan Nature's Path Jimbo's...Naturally! Nutiva Dr. Bronner's Magic Soaps Annmarie Gianni Cosmetics NYR Organic Good Earth Natural Foods"}
{"ID": "NOS_10060", "summary": "As novas restricións afectan 6 de cada 10 galegos e galegas e entrarán en vigor a partir das 15:00 horas da sexta feira, día 6, e durarán 1 mes.", "text": "Núñez Feixoo anunciou hoxe unha serie de novas restricións que se aplicarán en 60 concellos galegos. Os municipios afectados son as grandes cidades galegas e a súa área perimetral, así como outros municipios cunha alta taxa de incidencia acumulada. Neles reside 60% da poboación galega. As novas restricións entrarán en vigor a partir das 15:00 horas da sexta feira, día 6, e durarán 1 mes. Feixoo xustifica a súa adopción como paso \"para evitar un confinamento domiciliario\" e tamén para \"salvar\" a campaña de Nadal. Que medidas son? O propio presidente foi debullando as novas restricións: - Restrinxir toda actividade que non sexa esencial- Peche perimetral- Peche da hostelaría agás para servizos de recollida de comida ou servizo a domicilio- Reducir a práctica de deporte á que se fai individualmente.- Cinemas, teatros, auditorios reducen a súa capacidade a 30 persoas en interior e 75 en exterior. Seguen permitidos os movementos por causas laborais, educativas, de coidados e sanitarios. \"Adoptamos estas medidas para tentar evitar un confinamento domiciliario\", afirma Feixoo Que concellos? Os concellos afectados por esta nova serie de medidas son: A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e OleirosLugoSantiago, Ames, Teo, Boqueixón, O Pino, Val do Dubra, Traz, Vedra, OrosoFerrol, Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos.Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e ToénPontevedra, Marín, Vilaboa, Poio, Pontecaldelas, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e SoutomaiorVigo, Gondomar Mos, Nigrán, Porriño e Redondela. Fóra desas grandes zonas urbanas, tamén se aplicarán estas medidas a concellos cunha taxa de incidencia acumulada superior a 200, como: A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía,Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo e Cangas. Nestes 60 concellos as xuntanzas están limitadas a conviventes, sen límite. No resto da Galiza aumentarase a 6 o máximo de persoas en reunións sociais. No conxunto da Galiza, ademais, vanse limitar as saídas de usuarios fóra das residencias, mais mantéñense as visitas. Redúcense aforos en centros comerciais e no interior das tendas será do 50 %.O tranporte público non escolar reduce o seu aforo ao 50 % en cadeiras e 25 % de pé. Feixoo cualificou a situación de \"preocupante\" e puxo o 14 de outubro como data a partir do que se ven producindo unha repunta de contaxios que cualifica como \"perigosa\". Por iso, sinalou, cómpre \"ampliar as limitacións\", tanto polo ben da saúde da poboación como da \"economía\", na liña, dixo, do que se está a facer en Europa. Mantense o toque de recoller no horario en vigor, de 23:00 a 6:00 horas. Por zonas O presidente defendeu que as restricións non se apliquen por igual en toda Galiza xa que a situación epidemiolóxica do país non é \"uniforme\". Iso, si sinalou que as novas medidas para estes 60 concellos: \"A regra xeral é que estás decisións son para catro semanas\""}
{"ID": "PRAZA_7666", "summary": "As actividades xiran ao redor da presentación do libro Repartindo a nosa riqueza. Este martes haberá actos en Compostela e As Pontes, o mércores en Lugo e o xoves as accións pecharanse en Vigo.", "text": "Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, estase a desenvolver a Semana Galega pola Renda Básica das Iguais, que xira ao redor da presentación do libro Repartindo a nosa riqueza, publicación editada o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galicia. Froito de tres anos de traballo, análise, documentación e investigación, a obra analiza as posibilidades de implantación do \"dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permitan cubrir as súas necesidades\" Froito de tres anos de traballo, análise, documentación e investigación, a obra analiza as posibilidades de implantación do \"dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permitan cubrir as súas necesidades\". Xa que logo, unha contía que ha de percibirse de xeito individual, universal e incondicional e cuxa cantidade equivale ao límite que marca o limiar de pobreza en cada territorio. As vías para acadar os ingresos necesarios para a implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal. De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta, colectivos sociais de distinta índole, coinciden na necesidade de facer fronte á precarización das condicións de vida nos que se atopan polo menos seis de cada dez fogares galegos -segundo os últimos datos do IGE referente ao ano 2012-, decidiron dar un paso máis na loita polo dereito a vivir dignamente. Entre os colectivos que están a organizar esta 1ª Semana Galega pola RBIs están: Coordinación de Loitas Baladre, Oficina de Dereitos Sociais COIA-Vigo, Grupo de Axitación Social, CS Bou Eva (Vigo), Colectivo de Benestar Social, Encontro Social de Ferrolterra, Coruña en Loita, Liga Estudantil Galega, Colectivo Na Encrucillada e a Cova da Terra (Lugo) ou a CNT e o Ateneo Libertario de Allariz. O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar. A longo prazo, a proposta trata de contribuír á transformación social desde parámetros de equidade e xustiza social. As actividades desta Semana van dende palestras, aulas abertas co alumnado de Traballo Social, un obradoiro sobre Renda Básica e Xénero, a gravación dun documental divulgativo sobre esta proposta e xuntanzas con profesionais do ámbito social e colectivos en situación de exclusión, como persoas con VIH, familiares de presas e presos, ou mocidade."}
{"ID": "NOS_33669", "summary": "Fíxoo horas antes de se producir unha concentración perante o edificio do Ministerio.", "text": "O Ministerio de Defensa anunciou, apenas unhas horas antes de se celebrar a concentración das traballadoras de Cleanet diante da súa sede -a mañá desta quinta feira-, o incio do procedemento para a resolución do contrato que vencella o departamento de Pedro Morenés coa empresa adxudicataria do servizo de limpeza das instalación militares de Ferrol e Pontevedra, entre outras localidades do Estado español. O responsábel comarcal da CIG Servizos en Ferrolterra, Fernando Balsa, acolleu con \"cautela\" a decisión do Ministerio e cualificouna como un \"claro intento de desmobilizar\" cando as traballadoras levan meses pedindo a rescisión do contrato coa firma catalá por impago de salarios e incumprimento dos pregos de condicións. De feito, hai xa varias semanas que o Ministerio deixou ver que non conviña finiquitar o acordo pola proximidade da fin da vixencia do mesmo, este mes de marzo. Defensa recoñece ter mantido \"contactos frecuentes\" cos responsábeis da empresa para resolver o conflito que finalmente non frutificaron A medianoite saíron de Ferrol e Pontevedra dous autocarros fretados pola CIG e mais CCOO para trasladar un cento de persoas a Madrid, onde confluirán tamén traballadoras da mesma empresa doutros territorios do Estado, como Euskadi, que se atopan nunha situación similar, con dous meses e medio de folga e sen cobrar os seus salarios desde o mes de setembro. Na nota de prensa, Defensa recoñece ter mantido \"contactos frecuentes\" cos responsábeis da empresa para resolver o conflito que finalmente non frutificaron. Asemade, anuncia a aprobación dun novo acordo marco no que se \"reforce aínda máis a protección dos dereitos das traballadoras\", incluido, di, a subrogación, unha figura que contempla desde 2005 o convenio estatal de limpeza."}
{"ID": "PRAZA_7371", "summary": "O alcalde de Compostela e o seu xefe de gabinete están imputados por un presunto delicto de tráfico de influencias no marco da operación Pokémon. Afirma que se o día 17, cando prestará declaración, a xuiza Pilar de Lara toma medidas cautelares contra el, porá o seu cargo a disposición do Partido Popular.", "text": "Outro cargo público imputado. A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou a declarar como imputado por un presunto delicto de tráfico de influencias no marco da operación Pokémon ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, do Partido Popular, quen xa accedera ao cargo en abril de 2012 en substitución de Gerardo Conde Roa, acusado dun presunto delito fiscal. En rolda de prensa Currás declarouse \"inocente\" e dixo estar \"tranquilo\" despois de coñecer este mesmo xoves a súa imputación e a do seu xefe de Gabinete. Afirmou ademais que deu orde para que dende o Concello se facilite toda a documentación que se requira. Afirmou que non ten pensado dimitir, pero que se o día 17, cando prestará declaración, a xuiza Pilar de Lara toma medidas cautelares contra el, porá o seu cargo a disposición do Partido Popular. Segundo o código ético do PPdeG, calquera cargo do partido imputado deberá por o seu cargo a disposición da formación conservadora, sen que unha imputación leve necesariamente a súa renuncia a menos que vaia acompañada de medidas cautelares. A imputación chega poucos días despois de que acudise a declarar como imputada na mesma causa a concelleira compostelá do PP Rebeca Domínguez, quen substituíra o actual rexedor como titular da Concellería de Educación na capital galega. Así, Ángel Currás convértese no cuarto alcalde galego imputado no marco desta investigación sobre supostas irregularidades en adxudicacións públicas. Os outros tres son o ex rexedor de Ourense Francisco Rodríguez (PSOE), o ex alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio (PP) e o alcalde de Lugo, o socialista López Orozco. Este venres o presidente do Goberno, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo participarán en Composetela o acto de entrega da Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica a Xerardo Fernández Albor. Ángel Curras, que tamén ia figurar entre as autoridades da cerimonia que se celebrará no salón de actos do Pazo de Fonseca, anunciou que finalmente non acudirá."}
{"ID": "NOS_38088", "summary": "O técnico cambia os lucenses, que loitan por entrar en Copa, polo penúltimo clasificado da ACB.", "text": "O refraneiro galego, sempre tan rico, di que \"o diñeiro é o amo do mundo enteiro\", ou, noutra frase aínda máis evocadora, \"se o corazón fose de aceiro, non o vencía o diñeiro\". Que llo pregunten senón a Paco Olmos, técnico do Leite Río Breogán, que podendo escoller loitar por facer historia e clasificar para a Copa un equipo que acaba de ascender á máxima categoría -algo que ten ao alcance da súa man-, preferiu baixarse do barco prematuramente e asinar polo penúltimo clasificado, un San Pablo Burgos que acaba de cesar o seu terceiro adestrador no que vai de campaña. Loxicamente, a única explicación para esta decisión deportivamente tan inexplicábel son os cartos. Tal e como recoñeceu o seu axente, Moisés Cohen, percibirá \"moito máis do triplo\" que vén cobrando en Lugo. O valenciano tratou de xustificarse nun comunicado publicado nos seus perfís nas redes sociais recoñecendo que o baloncesto é \"unha profesión\". \"Non agardo que me entendades, iso é complicado e non estou en posición de esixirvos nada -engadiu dirixíndose á súa xa ex afección-, pero polo menos aspiro a que o comprendades [...]. Son un profesional e debo mirar pola miña carreira e polo que é mellor para a miña familia a longo prazo\". A directiva da entidade celeste reaccionou a través do seu director xeral, Tito Díaz, quen manifestou a súa \"dor\", mais tamén fixo un chamamento a \"pasar páxina\", pois \"o Breogán é moito máis que unha persoa\". Con respecto ao seu substituto, Tito Díaz non quixo dar ningún nome, mais afirmou ter o desexo de contar \"cun perfil de adestrador moi claro\" que tome o relevo de Olmos e trate de evitar que este gran pau afecte á loita por entrar na Copa. O Ensino despide Ortega E se o técnico do Breogán marcha por propia vontade, o preparador do outro gran equipo de baloncesto da cidade, Durán Maquinaria Ensino, foi destituído. Deste modo, Miguel Ángel Ortega non continuará á fronte dun dos dous conxuntos lucenses na elite do básquet feminino estatal, collendo a remuda provisionalmente Fernán Varela. A outra escuadra do país na Liga Endesa, o Baxi, non perdeu o adestrador, pero si o encontro contra Campus Promete (86-75), deixando escapar o partido no segundo cuarto logo de ir por diante no primeiro parcial."}
{"ID": "PRAZA_11754", "summary": "Cando se escriba a historia das eleccións galegas do ano 2020 poderase afirmar que a precampaña comezou o 20 de decembro de 2019, o día no que o PP divulgou o vídeo de Feijóo con Zahera. Mentres, na esquerda, alén das dinámicas e análises de cada casa, en practicamente todas compártese unha diagnose: ao contrario que hai catro anos, desta volta a posibilidade dun cambio de Goberno existe", "text": "Cando se escriba a historia das eleccións galegas do ano 2020, con independencia de cando se celebren e do seu resultado, poderase afirmar que a precampaña comezou o 20 de decembro de 2019. Xusto o día no que o PP divulgou un vídeo de Alberto Núñez Feijóo a chancear co actor Luís Zahera en varias estancias da Cidade da Cultura.Cando se escriba a historia das eleccións galegas do ano 2020 poderase afirmar que a precampaña comezou o 20 de decembro de 2019, o día no que o PP divulgou o vídeo de Feijóo con ZaheraNese vídeo resúmese practicamente todo. Sen logotipo ningún do PP e con estética institucional (Feijóo=Xunta), o gabinete do actual presidente apóiase nunha estendida brincadeira, a do seu parecido físico co actor, para colocar todos os marcos do debate: Feijóo é moderación, xusto medio entre os que o chaman \"facha\" e os que o cualifican de \"nacionalista\" -galego-, Feijóo non é exactamente un \"político\", dos que se fala en terceira persoa, e non está a pensar en facer carreira en Madrid. Non é o potencial candidato do partido de Pablo Casado, senón de \"Galicia\".A montaxe aproveita ademais para pechar o círculo da que, posiblemente, foi a ocasión na que un importante continxente de electorado do PP puido observar por primeira vez a Feijóo nunha faceta pouco favorecedora, na televisión pública e en horario de máxima audiencia: a noite na que, catro días despois de lograr a súa terceira maioría absoluta, acudiu como convidado ao programa Land Rober. Alí o titular da Xunta deu mostras de descoñecer diversos espazos e personaxes referenciais da Galega, dende o Luar ao propio Zahera. O buraco de imaxe pódese dar por tapado.O vídeo presidencial é un dos tantos movementos das últimas semanas que evidencia o feito de que o PPdeG ten lanzada a precampaña de 2020 e que contribúe, nos círculos políticos do país, a disparar os ruxerruxes a respecto da data da cita electoral. Maio? Xuño? Ou setembro, cando toca? Nas salas de máquinas da política galega coincídese en sinalar a evolución dos acontecementos no Madrid político, no Goberno de España, como elemento clave para despexar esa incógnita.O panorama estatal é, precisamente, un dos elementos que máis está a esgrimir Feijóo nesta fase dun proceso preelectoral no que a súa cuarta candidatura á Xunta semella pouco menos que inevitable, o que tornaría unha retirada nunha sorpresa difícil de dixerir para o PP. Faino, concretamente, para xogar coa hipótese que conduciría a unhas terceiras eleccións xerais en España. Ou, o que é o mesmo, para precipitar uns comicios ante os que se presentaría como único sinónimo de estabilidade fronte ao caos xeral.Para axitar esa hipótese, o líder dos conservadores galegos apoiouse na recente sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que recoñeceu a inmunidade parlamentaria ao líder de Esquerra Republicana de Catalunya, Oriol Junqueras. Alén de criticar ao TXUE -\"ten un choque coa lexislación española\", teorizou-, Feijóo viu neste ditame un motivo máis para non \"entregar a chave da gobernabilidade de España ao partido do señor Junqueras\". \"Cantas cousas máis teñen que pasar para parar esta investidura?\", cuestionou retoricamente dende o atril de San Caetano.\"Parar a coalición\" -do PSOE con Unidas Podemos- para \"parar a investidura\". Dada a negativa reiterada de Casado de facilitar a reelección de Pedro Sánchez, xa sexa cunha abstención ou votando a prol, ese parón reclamado por Feijóo só derivaría nun escenario, o das terceiras eleccións xerais, as quintas en catro anos. Ou, o que é o mesmo, o marco propicio para se presentar ante o electorado galego como o xusto e calmo medio fronte a un aluvión de radicalidade inestable. O exposto no vídeo de Nadal.A situación na esquerdaO aparello de precampaña do PP -e da Xunta- xa comezou a rodar segundo o previsto malia a algúns inconvenientes -entre os destacados, as persistentes mobilizacións contra o peche da sala de partos de Verín-. Mentres, na esquerda, a precampaña tamén está activa, aínda que dun xeito dispar. Estao en maior medida na formación que xa ten definida a súa candidatura á Xunta, o PSdeG, e a que está a piques de tela, o BNG.Pola banda socialista o seu secretario xeral e candidato, Gonzalo Caballero, leva meses cunha intensa axenda de actos e encontros por toda Galicia. Poñen especialmente o foco nas cidades tras os bos resultados das municipais, pero tamén en certas cabeceiras de comarca onde a formación está a detectar cambios de tendencia con relación a anteriores convocatorias electorais galegas: o desgaste que en 2016 atinxía á marca PP agora esténdese á figura de Feijóo, con niveis de rexeitamento cidadán inéditos.Gonzalo Caballero leva meses cunha intensa axenda co foco especialmente posto en cidades e cabeceiras de comarca; no PSdeG din detectar niveis de rexeitamento á figura de Feijóo inéditos ata o momentoNa contorna da Executiva Nacional do PSdeG concédese importancia aos acontecementos que arrodean á formación de Goberno en España e aos efectos que a xestión do eventual goberno de Sánchez con Unidas Podemos poida ter en Galicia. Pero tamén prestan atención aos movementos na dereita na medida na que, cren, Feijóo vai ter difícil seguir presentándose como sinónimo de \"centralidade política\", en verbas de Gonzalo Caballero, nun escenario no que necesariamente terá que compartir campaña con Casado e, ao tempo, non dar por completamente desbotada a posibilidade de ter que chegar a acordos con Vox para conservar a Xunta se o partido de extrema dereita logra representación no Parlamento.No BNG, pola súa banda, a carreira cara ás eleccións galegas quedará lanzada a mediados de xaneiro, cando Ana Pontón quede formalmente reelixida como candidata. A dirección soberanista vese á alza e reforzada tras lograr regresar ao Congreso dos Deputados nas recentes eleccións xerais. Aspira a medrar con relación a hai catro anos e a facelo, cando menos en parte, con votos que daquela apoiaron a En Marea.Alén das dinámicas e análises de cada casa da esquerda, en practicamente todas compártese unha diagnose: ao contrario que hai catro anos, desta volta a posibilidade dun cambio de Goberno existeEse espazo electoral das mareas é, precisamente, a principal incógnita cara a 2020. Admíteno os seus integrantes pero tamén dirixentes de PSdeG e BNG, en cuxa opinión a conformación dunha opción electoral viable nese ámbito é unha das claves do eventual cambio de Goberno en Galicia. Nomes como o do ex-alcalde de Santiago, Martiño Noriega, volven soar con forza nun ámbito no que a gran clave volve ser a fórmula de concorrencia e se organizacións como Podemos, Esquerda Unida e Anova darán ou non confluído nunha única opción. Resta saber, ao tempo, que sucederá con En Marea, a formación que lidera Luís Villares, quen nos últimos días asegurou apostar por unha alianza con outras forzas galegas partindo da \"xenerosidade\".Alén das dinámicas e análises de cada casa da esquerda, en practicamente todas compártese unha diagnose. Os grandes números dos recentes procesos electorais indican que, ao contrario do que sucedía hai catro e oito anos, desta volta a posibilidade dun cambio de Goberno existe e que, de darse, a maioría será necesariamente plural. Compártese, así e todo, tamén unha certeza: a maquinaria partidaria e gobernamental do PPdeG nunca deu unha batalla electoral por perdida."}
{"ID": "NOS_42420", "summary": "A XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pallaré recaeu esta sexta feira en Anxo Mena, nado en Carral en 1982.", "text": "Anxo Mena, nado en Carral en 1982 obtivo hoxe a XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene. Alimentar canarios con ovos da casa valeulle a Anxo Mena, o XXXIV Premio Pérez Pallaré, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello. O xurado elixiu a de Mena entre 57 obras presentadas O xurado elixiu a obra de Anxo Mena de entre as 57 presentadas a un concurso que foi creado para homenaxear o poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración do Día das Letras Galegas na Galiza, fora instituído en Montevideo pola comunidade galega no exilio. O autor galardoado é doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxía, temas nos que segue a investigar. Actualmente reside en Cangas e traballa no Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), en Vigo. Obtivo o Premio de Poesía Anduriña Voandeira (2011), o Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo (2012) e o Premio de Poesía da Universidade de Vigo (2015). O xurado deste ano compuxérono Inma Otero, Ramiro Torres e Regina Touceda."}
{"ID": "NOS_20554", "summary": "A Organización galega de comunidades de montes rexeita o proxecto que impulsa a administración galega. \"É todo o contrario do que o monte precisa\", afirma Xosé A. Pereira, da Orgaccmm.", "text": "A Organización galega de comunidades de montes (Orgaccmm) non ve o plan forestal que está a impulsar a Xunta para substituír o vixente (de 1992) o documento que o monte galego precisa. \"Coas directrices do novo plan imos a un monte que fique só para especies de rápido crecemento e cultivos enerxéticos\", manifesta Xosé A. Pereira, da Orgaccmm. Desde logo, aponta, non un roteiro para un \"monte vivo\". Pereira resume, en conversa con Sermos Galiza, en tres os obxectivos das directrices do plano forestal que elabora a administración galega: Eliminar a veciñanza da xestión do monte, acabando co modelo 'xermánico' do monte comunal que pervive na Galiza e norte de Portugal e ir cara á privatización; poñer o monte ao servizo de produción forestal intensiva para determinadas especies, e que esa produción priorice sobre calquera condicións ambiental. \"Coas directrices do novo plan imos a un monte que fique só para especies de rápido crecemento e cultivos enerxéticos\" \"O obxectivo é botar a veciñanza da xestión do monte galego\", manifesta Pereira, que afirma que esta intención \"vén de vello\", e que xa figuraba en estudios e informes elaborados por entidades financeiras. \"Nalgún deles até se afirmaba que as comunidades de montes non podían xestionar o monte porque non tiñamos cultura, vaia afirmación!!\". Para este responsábel da Orgaccmm, a Xunta debería alicerzar o proxecto ou plan para o monte galego en base a tres eixos: unha política que permita e favoreza e incentive un monte multifuncional e preservábel; reforzar a propiedade xermánica do monte e que nas políticas econñomicas, sociais, de ordenación do territorio... se tome en conta o monte, sempre en beneficio de todos. \"Non é difícil, é o contrario do que eles propoñen\", ironiza Pereira."}
{"ID": "NOS_35231", "summary": "O Exército ruso toma o control da maior central nuclear de Europa.", "text": "\"Quero subliñar novamente: non temos malas intencións cara aos nosos veciños e aconsellaríalles que non escalen a situación, que non impoñan restricións\", declarou onte o presidente de Rusia, Vladimir Putin, durante a izada da bandeira rusa nun novo ferry, segundo recolleu a axencia oficial de noticias rusa, TASS. A guerra en Ucraína, en directo O mandatario sinalou que as accións rusas, \"se xorden, sempre xorden exclusivamente en resposta a algunhas accións hostís contra Rusia\", remarcando que Moscova \"non ve a necesidade\" de \"escalar\" as tensións ou \"empeorar as relacións\" cos seus países veciños. Putin ordenou unha ofensiva militar contra Ucraína a semana pasada. Máis de 2.000 civís faleceron desde que comezou, segundo datos dos Servizos de Emerxencia ucraíno, mentres que máis dun millón saíron do país con destino a países veciños, principalmente Polonia. A cifra ofrecida onte pola Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos é de 330 civís mortos. As Nacións Unidas, advirten, porén, que a cifra real será maior polas dificultades para verificar informacións. Ademais, o embaixador ruso ante a sede de Nacións Unidas en Xenebra, Gennady Gatilov, asegurou que Rusia non ten a intención de ocupar o país. \"O noso obxectivo é a desnazificación do réxime e a desmilitarización de Ucraína, de modo que teñamos garantías de que non haberá ameazas que proveñan de Ucraína contra Rusia\", declarou nunha conferencia de prensa. \"Será o pobo ucraíno o que decida sobre o seu futuro político\", sostivo o diplomático, tal e como leva facendo nos últimos 30 anos. Asalto á central nuclear de Zaporiyia Ademais, as autoridades ucraínas confirmaron onte que as forzas rusas se fixeran co control da central nuclear de Zaporiyia, a máis grande de Europa, horas despois dun ataque con artillería que provocou un incendio nas instalacións, posteriormente extinguido. Os ataques de artillaría producíronse contra os edificios anexos e desencadearon un lume que foi sufocado contra as 6.20 horas [hora local] desta madrugada e segundo fontes da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA), \"non se rexistraron mudanzas nos niveis de radiación\". Este ataque foi condenado pola ONU. \"As operacións militares ao redor de instalacións nucleares e doutras infraestruturas civís non son só inaceptábeis, senón altamente irresponsábeis\", denunciou a xefa de Asuntos Políticos de Nacións Unidas, Rosemary DiCarlo. O Goberno ruso acusou a \"sabotadores ucraínos\" do lume provocado na central nuclear."}
{"ID": "NOS_28568", "summary": "Esta finde non hai escapatoria posíbel aos festivais.", "text": "VILAXOÁN Arrinca o Revenidas 2016 esta sexta feira e até o domingo. Un cartaz de luxo, dous escenarios, boa música e moitas actividades durante o día que inclúen intervencións de arte urbana e tamén propostas para as crianzas. FERREIRA DE PANTÓN O Festival do Castro terá lugar o 20 de agosto en Pantón. Boa música mais tamén artesaría, xantares e teatro. BURELA Festival Osa do Mar na Mariña para acompañar a xornada de praia con boa música. ALTERNATIVA Se o prefires propómosche coñecer o Suído na Dorsal Galega entre Avión e A Lama, Fornelos de Montes e O Covelo. Un miradoiro desde o que ollar as Cíes."}
{"ID": "NOS_8091", "summary": "Convoca unha asemblea aberta para este domingo en Compostela.", "text": "Independentistas de base teñen este domingo, 11 de setembro, unha cita en Compostela, onde vai decorrer unha asemblea para debater un posicionamento conxunto face as eleccións galegas do 25 de setembro. A reunión, de carácter deliberativo, será a partir das 11:00 horas no colexio Apóstol Santiago da capital de Galiza e o único punto que figura na orde do día é a postura a adoptar face esta cita coas urnas. Posteriormente, informan nun comunicado, realizarse unha votación telemática que será a que determine o posicionamento a este respecto. Con este paso, sinalan, continúase coa liña de traballo aberta o Día da Patria por independentistas de base que sumaron forzas para convocar a manifestación \"Em pé pola Independência Nacional \", que reuniu a varios centos de persoas. Neste sentido, a asemblea do domingo é \"um paso máis adiante\" no proceso impulsado o 25 de Xullo e que ten como intención axudar a crear as condicións acaídas para dotar Galiza dun proxecto político independentista."}
{"ID": "NOS_45964", "summary": "Os recortes do PP chegan tamén aos campamentos de verán de nen@s con discapacidade. Benestar elimina o de Gandarío e obriga a moitas mozas e mozos a se desprazaren 180 km. O BNG reclama \"humanidade\" para dar volta atrás a estes e outros recortes.", "text": "Juan García é pai dun neno de 16 anos cunha discapacidade do 99% .Até agora, cando chegaba o verán, Juan levaba ao seu fillo ao campamento de Gandarío, preto do seu domicilio. Os recortes da Xunta vano obrigar, se quere que o rapaz continúe nesta actividade de verán, trasladalo a 180 quilómetros, a Nigrán ou Ourense. \"Parece que a Xunta quere complicalo máis e poñer aínda máis problemas á vida destes rapaces\", denunciou Juan García, directamente afectado polo incremento de recortes en servizos sociais na Xunta. Tamén Jesús, pai dun neno de 17 anos con 94% de discapacidade, denuncia ter que ir desde a Coruña até Ourense se quere que o seu fillo continúe asistindo aos campamentos de verán. Supón, segundo destaca, dous días de emprego para levar e recollelo amais do que significa en custos de desprazamento. Ademais, en boa parte dos casos, xunto coa discapacidade son persoas que están polimedicadas o que fai máis complexo o alonxamento a tantos quilómetros dos seus domicilios. \"Juan García terá que levar ao seu fillo de 16 anos e cunha discapacidade do 99% a un campamento a 180 quilómetros do seu domicilio\" Os dous casos puxéronlle nome e voz a uns recortes que o BNG denunciaron hoxe na Coruña en rolda de prensa e que levarán ao Parlamento a meio dun conxunto de iniciativas encamiñadas a esixirlle á Xunta que rectifique na súa política de recortes nos campamentos específicos para rapaces e rapazas con discapacidade. \"Humanidade\" A deputada nacionalista Carme Adán, dirixiuse directamente á conselleira Beatriz Mato para reclamarlle que repoña o campamento de Gandarío específico para este colectivo e que manteña a idade mínima en 9 anos xa que, nun novo recorte, neste verán sube a 11 anos. Dáse ademais neste sentido clara discriminación que afecta a quen ten discapacidade fronte a quen non a ten para quen se mantén a idade de 9 anos. A parlamentaria do BNG, reclamoulle \"humanidade\" á conselleira para modificar a convocatoria deste 2014. \"Resúltanos incomprensíbel que se fale sempre dos dereitos das persoas con discapacidade á vez que se adoptan recortes como este\", denunciou, na defensa, en especial das familias da provincia da Coruña, as máis afectadas polos recortes dado que a desaparición do campamento de Gandarío vainas conducir a Nigrán ou Ourense se queren continuar usando o servizo de campamentos de verán. \"@s moz@s con discapacidade só poderán ir a campamanto a partir dos 11 anos cando quen non a ten pode desde os 9\" A concelleira Mª Xosé Bravo apuntou que \"estes cambios aféctanlle de xeito moi negativo aos mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 65%, dado que a Xunta reduciu a idade en dous anos, pasando de 9 anos a 11 anos de idade mínima\". \"Estamos a falar de persoas cunha minusvalía superior a un 65%, persoas polimedicadas, con importantes problemas de saúde para as que ter que desprazarse a tanta distancia dificulta a vida familiar e impide a tranquilidade\", sinalan nas iniciativas nas que reclaman á Consellaría que"}
{"ID": "PRAZA_20606", "summary": "O rexedor de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, nega que empregase na súa compañía a ningunha persoa en situación irregular. A investigación atinxe tamén á súa ex-esposa e ao seu fillo, presidente ata o ano pasado do Club Ourense Baloncesto", "text": "ACTUALIZACIÓN | Esta causa ficou arquivada en marzo de 2018José Luis Gavilanes é alcalde do municipio ourensán de Xunqueira de Ambía dende 1979. Como moitos outros cargos do PP de Ourense ligados ao baltarismo antes de chegar ás filas do PP pasou por siglas como UCD, Coalición Galega ou Centristas de Galicia, o partido de Baltar pai que Fraga absorbeu, ata desembocar en Alianza Popular e na súa refundación. Con todas elas gobernou con amplas maiorías absolutas este pequeno concello de menos de 1.500 habitantes mentres, ao tempo, dirixía as súas empresas. A súa actividade empresarial xa derivara en problemas legais a comezos de século e neste 2017 volveuno facer, agora cunha investigación por presunta explotación de persoas migrantes que se produce mentres a súa compañía de autobuses é adxudicataria do novo plan de transporte da Xunta. Tal e como adiantaron a edición ourensá do Faro de Vigo e mais La Región, Gavilanes, o seu fillo Antonio -ex-presidente do Club Ourense Baloncesto- e a súa ex-muller -antiga presidenta do club de baloncesto Pabellón Ourense- foron trasladados o pasado luns á Comisaría da cidade para seren interrogados por axentes da Brigada de Estranxeiría pola presunta comisión de delitos contra os dereitos dos traballadores estranxeiros. O rexedor de Ambía nega que fose detido, pero si admite que tivo que dar contas ante a Policía pola súa relación e a da súa compañía de autobuses, Empresa Gavilanes, con tres persoas migrantes en situación administrativa irregular.O rexedor de Xunqueira de Ambía nega que fose detido, pero admite que foi conducido á Comisaría de Ourense para ser interrogadoA investigación pon o foco, nomeadamente, nos labores de limpeza que supostamente realizaban para a empresa, na vivenda da familia e outros locais dúas persoas de orixe senegalesa e outra máis procedente de Colombia. Segundo a investigación, o alcalde e os seus parentes prometíanlles que ían ter un contrato laboral que nunca chegou e, mentres traballaron, a contraprestación non sería un soldo, senón compensacións en especie como aloxamento, roupa e comida. O caso deriva de pescudas policiais sobre matrimonios presuntamente irregulares entre persoas migrantes e outras de nacionalidade española.A investigación a Gavilanes, ao seu fillo e á súa ex-muller atribúelles empregos non remunerados a tres persoas estranxeiras; o rexedor asegura que as acusacións non son certasOs feitos que a Policía traslada agora aos xulgados son negados por Gavilanes, que se ve vítima dunha \"trama\". En declaracións a Faro de Vigo mantén que \"nunca\" tivo na súa empresa persoal en situación irregular e que os seus traballadores sempre estiveron \"dados de alta\". Alén de advertir que non foi detido, senón citado en Comisaría, o rexedor di estar \"tranquilísimo\" porque a única relación que o uniu a unha das persoas migrantes, un cidadán senegalés, foi de \"beneficencia\" ou \"caridade\", toda vez que lle \"pagou\" a estancia nun piso e lle proporcionou comida \"unha morea de veces\". Os axentes coidan que a relación da familia de Gavilanes con estas persoas puido chegar polo labor da súa ex-esposa como voluntaria en Cáritas, organización da que, segundo La Región, foi expulsada.Estes feitos transcenderon nos días en que a Xunta está a anunciar as primeiras adxudicacións do seu novo plan de transporte por estrada, o mesmo que deu lugar á folga do sector que permanece suspendida. Na relación das primeiras 27 concesións do plan, feita pública o pasado mércores pola Consellería de Infraestruturas, figura unha concesión para Gavilanes, concretamente a da ruta do Eixo de Laza. A Empresa Gavilanes tamén vén prestando para a Administración galega servizos de transporte escolar e do transporte adaptado, este adxudicado pola antiga Consellería de Traballo e Benestar en tempos de Beatriz Mato, decisión que fora levada aos tribunais por outras empresas."}
{"ID": "NOS_38893", "summary": "O paro indefinido contra a precarización laboral comeza en Galiza esta terza feira e afecta 50 empresas e mil operari@s.", "text": "Greve indefinida en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistaren Galiza a partir do martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen as e os traballadores do sector. Un paro que afectará a máis de 50 empresas e mil operari@s, segundo CIG-Industria, convocante da greve. \"Todo o soporte de datos, telefonía e Imagenio televisión, resultará afectado. Tamén todos os soportes de cobertura para Vodafone, R e Jazztel; pois operan a través da liña de Telefónica. Tamén resultará afectado o servizo de telemarketing, que suspenderá o proceso de altas\", advirten desde o sindicato. Isto significa, adiantan, que, por volta de 5.000 avarías diarias en Galiza que non serán reparadas \"e que afectarán a todas as operadoras referenciadas\". A greve en Galiza súmase ás que se desenvolveron con anterioridade noutros territorios do Estado. A Federación de Industria do sindicato nacionalista explica que este é un sector \"altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de sub-contratación para un único contrato coa empresa principal\". Ramón Fernández, da CIG-Industria, di que dende a propia Telefónica se fomenta a competencia entre as contratas, \"así como a incorporación dos seus propios extraballadores - cesad@s nos sucesivos EREs de Telefónica- a esta cadea de sub-contratación como autónom@s, ou a través de pequenas sociedades de nova creación."}
{"ID": "NOS_9459", "summary": "Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres", "text": "apiliciado/a.- Delicado/a, enfermizo/a. Lugar de escoita.- O Courel. Fonte.- Dun vocabulario courelao. cagadepé.- [Nena/o] que mostra habilidades impropias da súa idade. Exemplo.- \"Mira para este cagadepé, aínda naceu onte e xa quere gobernar nun.\" Lugar de escoita.- O Morrazo. Fonte.- Emma Pazos Abalde. Outros apuntamentos.- Emprégase sempre en ton irónico, e pronúnciase con gheada. Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Soledad Ríos Santomé, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos. lasco/a.- Delgado/a. Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo). Fonte.- Sé Anxo Rosales González. tiatina.- Dise da muller con moito donaire e disposición. Lugar de escoita.- Taboada (Lugo). Fonte.- Lucas Rigueira Rey. Palabras con memoria: lingua rica torgo.- Capacidade pulmonar para gritar. Exemplo.- \"Ten un torgo que aurisa (ou auriza) a calquera.\" Lugar de escoita.- O Barbanza. Fonte.- Constantino Prego. zaparrana.- Persoa que non supera obstáculos fáciles, que tropeza e cae con facilidade. Exemplo.- \"Mira que caer aquí, es ben zaparrana, oh!\" Lugar de escoita.- Barantes (Sober). Fonte.- Ramón Sandoval."}
{"ID": "NOS_51285", "summary": "As primeiras horas desde o anuncio do estado de alarma están a ser de incerteza entre traballadoras e traballadores do noso país polas medidas que tomarán as empresas estes días. Sindicatos como CIG e CCOO denuncian que non hai ningún tipo de control nos postos de traballo e alertan de que moitas empresas poden aproveitar a situación no seu propio beneficio.", "text": "A declaración de alarma por parte do Goberno español e as medidas adoptadas por este e pola Xunta da Galiza no eido laboral tivo unha pronta reacción por parte dalgúns sindicatos. A primeira mañá de onte o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denunciaba \"lentitude na adopción de medidas\" con posterioridade ao anuncio. Na súa opinión está provocando que as empresas \"estean repercutindo nas traballadoras e traballadores o custe real de toda esta situación\". Este sindicato culpa ao Goberno español de falta de previsión e tamén á Xunta \"de non ter manifestado urxencia pola situación actual\". As primeiras horas coa nova norma restritiva en vigor son tamén as dos primeiros problemas para o persoal de empresas e comercios. Desde a CIG denuncian, por exemplo, a \"negativa a dotar de medios en comercios, traballadoras de axuda ao fogar e ao servizo de limpeza hospitalario\". Esta segunda feira pasada chegaron tamén ás diferentes delegacións do sindicato nacionalista en varias comarcas galegas, segundo explica o seu secretario xeral,\"\"toda unha serie de suspensións temporais, a través da utilización dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), ou da imposición de vacacións, no mellor dos casos\". Para a CIG entre as medidas urxentes que se deberían tomar está a de \"declarar o dereito a un permiso retribuído por cumprir un deber inescusábel como é o coidado de menores e persoas dependentes diante da declaración de estado de alarma\", en relación ao peche da actividade educativa e a presenza do alumnado nas vivendas familiares. No caso de traballadoras e traballadores \"que non teñan outra opción\" a central sindical propón \"que se garantan a través das forzas de orde público as medidas de prevención, para que se poida facer o traballo con seguridade\". Por último desde a CIG consideran que é necesario \"a adopción de medidas especiais que abaraten ou mesmo faciliten o non pago de enerxía, ante os grandes consumos que se están realizando ao estar na casa\" e demandan \"compensacións especiais para o conxunto de traballadoras e traballadores que están na obriga de desempeñar o seu traballo\". Por outro lado o secretario xeral da CIG exixiu tamén do Goberno que se habilite un fondo especial qie compense esta situación, entendendo que non pode recaer nas empresas, e \"sabedores de que a UE ten acordado que todo este gasto non está limitado polas restricións de gasto público. É un problema de vontade política\". CCOO denuncia un gran descontrol \"Se o persoal chega ao seu posto de traballo e non se tomaron medidas xera unha situación de incerteza\", asegura a Nós Diario Victor Ledo, secretario xeral de Industria de CCOO. Desde este sindicato denuncian que non se creara un protocolo severo para medidas laborais nos centros de traballo mais alá das habituais. \"Tampouco hai un órgano institucional que vixíe polo cumprimento desas normas\", apunta este sindicalista. Ledo cre que após o inicio do estado de alarma é \"incomprensíbel\" que pola rúa controlen á xente \"mesmo con policía\" para logo \"chegar aos centros de traballo e ver como todas as recomendacións saltan polos aires\". As críticas de CCOO son cara a Xunta que \"non está a asumir que ten que adecuar un protocolo restrinxido e vixiar que se cumpra\", segundo Ledo. Desde este sindicato tamén alertan que esta situación \"de descontrol\" xa ten consecuencias entre as traballadoras e traballadores. \"Hoxe mesmo moitas e moitos están na casa cunha decisión ilegal e ilexítima de vacacións forzadas ou cun ERTE\", asegura este sindicalista. Este sindicato activou un protocolo de actuación sindical en caso discrepancias en materia de seguridade e saúde nas empresas en relación co coronavirus e anima a traballadoars e traballadores a denunciar calquera incumprimento."}
{"ID": "NOS_27068", "summary": "Miles de persoas -unhas 20.000 segundo a Policía Local- manifestáronse na noitiña da quinta feira polas rúas do centro de Vigo, nun acto reivindicativo convocado pola Xunta de Persoal da área sanitaria, para defender a sanidade pública e para reclamar máis medios para a Atención Primaria.", "text": "A marcha saíu do PAC da rúa Pizarro, e após percorrer Gran Vía e Urzáiz, finalizou xunto ao Farol na confluencia con Príncipe e Colón, onde se leu un manifesto, no que os profesionais advertiron de que \"a Atención Primaria da área de Vigo está en perigo extremo\" e que a \"deterioración\" dos últimos meses sitúaa \"ao bordo do colapso\". Así mesmo, lembraron as súas reivindicacións de máis persoal, máis investimento, estruturas de xestión propia con orzamento propio, maior acceso a probas diagnósticas e a especialidades hospitalarias. Por outra banda, lamentaron que a crise do Covid chegou cunha Atención Primaria \"debilitada\", a pesar de ser un servizo \"fundamental\" para o seguimento e control da pandemia. A iso sumáronse as \"barreiras de acceso\" aos centros de saúde, a suspensión de consultas, probas e intervencións, que afectaron á saúde da poboación e \"están a xerar un gran malestar\" entre os profesionais e os usuarios. \"Recuperar a consulta presencial e a actividade normal dos centros de saúde non debe supor volver á situación anterior de masificación e medicalización da Atención Primaria\", advertiron, e denunciaron que se está superando o límite de 30 pacientes ao día nas consultas, hai listas de espera que reflicten a falta de persoal, e os PAC reciben unha presión \"insoportábel\". Na marcha participaron plataformas de defensa da sanidade pública de numerosos municipios da área sanitaria, como O Rosal, Tomiño, A Guarda, Mondariz, Covelo, Oia ou Cangas, así como sindicatos e outros colectivos. Apoios políticos Na marcha de protesta participaron representantes políticos, como o alcalde da cidade, Abel Caballero, xunto a concelleiros do grupo de Goberno e concelleiros da Marea e do BNG. O alcalde, Abel Caballero denunciou que a Atención Primaria de Vigo está \"pesimamente atendida\" pola Xunta, e que os usuarios deben padecer \"longuísimas listas de espera\". Así, recalcou que \"é imprescindíbel contar con máis persoal\", á vez que advertiu de que a manifestación \"non é máis que o principio\" dunha serie de protestas para demandar o que a cidade merece en diversos ámbitos. Tamén na quinta feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou o seu apoio aos profesionais da área sanitaria de Vigo e advertiu de que é un \"momento decisivo\" para a sanidade pública, que hai que \"defendela con uñas e dentes\" fronte a un Goberno da Xunta que \"leva doce anos pondo ante as cordas\" o sistema público, cun \"plan de demolición\". Resposta de Sanidade Pola súa banda, a Consellaría de Sanidade afirmou na quinta feira que o compromiso da Xunta coa Atención Primaria de Vigo é \"incuestionábel\". A través dun comunicado, reivindicou as medidas postas en marcha para reducir a carga asistencial nos centros de saúde na última onda da pandemia de Covid, así como outras melloras implementadas ao longo dos últimos anos."}
{"ID": "NOS_10982", "summary": "Francisco Jorquera afirmou desde A Coruña que Feijóo \"tenta dividir o voto para poder reter no Parlamento unha maioría que xa non ten na sociedade\". O candidato nacionalista, pola contra, chamou \"a concentrar o voto nacionalista e de esquerdas no BNG\" o que na súa opinión asegura a derrota do PP.", "text": "Francisco Jorquera denunciou desde un mitin na Coruña que \"Feijóo só sabe facer oposición da oposición\". O candidato nacionalista cargou contra a estratexia do medo, \"eu ou o caos\" que segundo el estaría a promover Núñez Feijóo asegurando que \"o único que mete medo é como están deixando o país\". \"O caos son as políticas do PP\" enfatizou. Despois de asegurar que a táctica de Feijóo neste último treito de campaña pasa por \"confundir e tentar dividir o voto, para poder reter no Parlamento unha maioría que xa non ten na sociedade\", o candidato do BNG á presidencia do BNG, amosouse certo de que \"se concentramos o voto nacionalista e de esquerdas no BNG o PP perderá as eleccións\". En termos semellantes pronunciouse a candidata número dous pola provincia da Coruña, Ana Pontón, reivindicando a papeleta do BNG como a do \"goodbye aos imbéciles e escuros\". \"Hai que derrotar o PP para pór fin á soberbia e a prepotencia de Feijóo\" engadiu Pontón. \"O BNG está para facerlles fronte, porque nós si temos un proxecto para este país, un proxecto que garante o cambio que precisa Galiza e que pasa por ser insubmisos aos recortes, un sistema impositivo máis xusto, poñer Galiza a producir para xerar emprego, defender os servizos públicos e non dar un paso atrás nos dereitos e nas liberdades\", desta maneira sintetizaba Jorquera a proposta con que a fronte nacionalista concorre a estas eleccións. No acto estiveron presentes integrantes das plataformas de afectad@s pola estafa das preferentes, a quen o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez asegurou que\"se nos dades a forza despois do 21 de Outubro haberá comisión de investigación das caixas\". Vázquez exixiu unha actuación xudicial \"rápida e contundente\" para depurar responsabilidades \"e que devolvan a pasta que se levaron os Gayosos e Méndez\"."}
{"ID": "NOS_22338", "summary": "A xuntanza terá lugar esta sexta feira e prodúcese após recibir Obama o primeiro-ministro ucraíno, Arseni Yatseniuk. A Casa Branca avanza que non recoñece a lexitimidade do referendo convocado en Crimea e advirte a Rusia de que lle farán \"pagar un prezo polas súas violacións do dereito internacional e a súa invasión de Ucraína\".", "text": "A tensión entre EUA e Rusia medra proporcionalmente á conta atrás iniciada para a celebración do referendo de autodeteminación en Crimea. O resultado da consulta, fixada para este domingo (16 de marzo), non será recoñecido pola Casa Branca --como xa avanzou o presidente estadounidense, Barack Obama, no encontro que mantivo co primeiro-ministro ucraíno, Arseni Yatseniuk. Con esta xuntnaza, a administración Obama quixo escenificar o seu apoio ao novo réxime de Ucraína após a destitución do goberno de Viktor Yanukovych. Ao mesmo tempo, serviu para re-posicionar os EUA perante a xuntanza que manterán esta sexta feira o responsábel de relacións exteriores ianqui, John Kerry, e o seu homólogo ruso, Serguéi Lavrov. Ameazan con sancións a Rusia Ambos os dous países, abordarán a crise aberta en Ucraína e explorarán vías diplomáticas que rebaixen a tensión na rexión. Porén, as declaracións de Obama --que lanzou varias advertencias ao presidente ruso, Vladimir Putin-- non auguran grandes acordos esta sexta feira en Londres. Neste senso, o líder estadounidense dixo agardar que Putin \"estea disposto\" a mudar o rumo a respeito da ex-república soviética pois, do contrario --acrecentou-- EUA e a UE \"veremonos na obriga de facer que Rusia pague un prezo polas súas violacións do dereito internacional e a invasión\" da república autónoma ucraína de Crimea. A estas advertencias lanzadas por Obama tamén se sumaron os países que integran o G-7 (Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Xapón e Reino Unido) que ameazan a Rusia con sancións económicas."}
{"ID": "NOS_29768", "summary": "A presentación onte en Madrid do borrador do Decreto do Estatuto do Consumidor Electrointensivo deixou insatisfeitos a sindicatos e Xunta. O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao amosou a súa desconformidade co documento e as propias empresas evitaron opinar até que o Ministerio publique o texto.", "text": "A presentación esta pasada segunda feira a sindicatos e organizacións empresariais por parte do Ministerio de Industria do borrador do futuro Real Decreto de Estatuto de Consumidores Electrointensivos (CEI) tivo onte as primeiras reaccións. Ao peche desta edición moitas empresas, caso de Alcoa, aínda non tiveran acceso ao documento e os sindicatos fixeron unha primeira valoración sen contar con toda a documentación. Desde CIG, CCOO e UXT coincidiron en sinalar que a proposta carece de mecanismos para garantir que o sector manteña emprego e produción. CIG presentará alegacións \"Non se fixo para que exista unha tarifa industrial previsíbel, estábel e competitiva\", explica a Nós Diario o secretario xeral de CIG, Paulo Carril. Afirma que o enfoque que lle dá o Goberno español non conta con cuestións \"fundamentais\" para este sindicato, como ligar as axudas ao mantemento de emprego e produción. \"O decreto permite que as empresas reduzan até ter 15% de emprego con respecto ao cadro de persoal actual ou ter 15% de actividade, é dicir que poden reducir en 85% o emprego ou a actividade e cobrar as axudas\", explica, \"estas condicións non garanten o emprego\", engade. CCOO quere máis medidas Desde CCOO aseguran que a documentación entregada son \"dúas follas\" polo que agardan ter máis información para unha valoración en profundidade. Aínda así apuntan nun comunicado que \"intúen\" que \"se poderían aplicar máis medidas para reducir os custos dos grandes consumidores de enerxía, aínda que o Ministerio insistiu en que é todo o que se puido acordar coa Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e coa Unión Europea\". A maior exixencia deste sindicato é que o futuro estatuto garanta o emprego. En opinión de CCOO \"o obxectivo é evitar os peches e os expedientes de regulación de emprego polos altos custos da enerxía\". UXT cre que non abonda Javier Carreiro, da Federación de Industria, Construción e Agro (FICA) de UXT, argumenta a Nós Diario que \"o positivo é o compromiso mais non cumpre as nosas expectativas\". Por este motivo tamén presentarán alegacións \"por non ser abondo para que se manteñan as empresas no noso país\". Carreiro sinala que este sindicato quere \"mecanismos de apoio para ser competitivos cos países da nosa contorna como son Francia e Alemaña, cousa que coas medidas deste borrador non se pode\". Para UXT é necesario \"implementar as compensacións de custos indirectos de CO2 na maior porcentaxe posíbel\". Para a Xunta é \"unha operación estética\" Por outro lado o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, cualificou onte aos medios de comunicación de \"operación estética\" o estatuto e puxo en dúbida que dea un prezo \"competitivo\" a este sector. Admitiu que aínda non ten o documento mais \"do coñecido\" cre que \"a única realidade\" é que hai unha dotación económica \"que é a metade da que había en 2017\". Por este motivo argumentou que \"é moi difícil que as empresas que máis necesitan deste tipo de axudas como Alcoa San Cibrao poidan ter unha resposta de prezo competitivo\". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube"}
{"ID": "PRAZA_12033", "summary": "A voceira parlamentaria do BNG pregunta a valoración de Sanidade pola futura reforma da Lei do Aborto e o Sergas remítea á súa páxina web", "text": "\"Quita o aborto, quita o aborto!\". Foi un dos berros máis repetidos na madrileña rúa de Génova cando, a noite electoral, Mariano Rajoy saíu ao balcón para celebrar cos seus seguidores a vitoria nas eleccións xerais. Xa co PP no Goberno, o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, anunciaba hai poucas semanas a súa intención de impulsar unha \"contrarreforma\" da lexislación en materia de interrupción voluntaria do embarazo, a comezar por derrogar a lei de prazos aprobada polo Executivo do PSOE e mesmo tocando detalles da lei de supostos de 1985. Antes de que todo isto se producise, o pasado mes de outubro, a agora voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, dirixiu unha pregunta á Consellería de Sanidade. A nacionalista reclamaba coñecer \"a valoración\" da Xunta sobre a \"proposta de derrogación da Lei de de saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo\". O pasado 13 de febreiro Sanidade daba en contestar a pregunta de Pontón e facíao de xeito escueto. Limitouse a asegurar que a Xunta \"cumpre rigorosamente a normativa e garante a accesibilidade aos servizos\". \"Os datos dispoñibles atópanse na páxina web www.sergas.es\", remata a resposta. Se a parlamentaria atende á indicación do departamento que dirixe Rocío Mosquera non achará grandes volumes de información. Ben ao contrario, apenas atopará un artigo científico de tipo estatístico editado en 1998 e nocións xerais sobre as metodoloxías clínicas existentes para practicar abortos. O que non atopará será un percorrido máis exhaustivo polas reformas impulsadas pola Xunta nesta área dende o ano 2009. Estes cambios normativos foron executados esencialmente desde as consellerías de Sanidade e Benestar e aséntanse en dúas normas, a Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, así como en cambios organizativos e mesmo nominais, caso por exemplo dos Centros Quérote creados pola antiga Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, agora transformados nos centros Quérote+. A orixe desa creación dunha \"rede de apoio á muller embarazada\" está nunha Iniciativa Lexislativa Popular auspiciada por Red Madre, unha plataforma apoiada no ultraconservador Foro Español de la Familia. Esta ILP, a primeira norma tramitada no Parlamento polo PPdeG desde o seu retorno á Xunta aprobouse entre fortes protestas da oposición de PSdeG e BNG porque, sinalaban socialistas e nacionalistas, atentaba contra os \"dereitos das mulleres\" e abría a porta da Administración pública galega a esta entidade, dirixida por Benigno Blanco, secretario de Estado no Goberno de Aznar. Entre os seus preceptos figura, por exemplo, que a Xunta \"poderá concertar o desenvolvemento dos labores de información, apoio e asistencia previstos nesta lei con entidades privadas sen ánimo de lucro\" que \"teñan as fins de asistir, apoiar e informar as mulleres xestantes -isto é, a propia Red Madre\". Como consecuencia deste precepto, traballadoras de centros de asesoramento afectivo-sexual confirman que integrantes da Red Madre xa suplen nalgúns casos o traballo de profesionais na materia. Propaganda antiabortista con fondos públicos O outro piar desta reforma é a Lei de Familia, cuxo proceso de elaboración recibiu fortes críticas non só da oposición, senón tamén do Consello Económico e Social que, nun contundente informe, alertaba da intención da Xunta de devolver as mulleres a \"roles tradicionais\" procurando, por exemplo, que se encarguen do coidado de nenos, maiores e doentes co obxectivo de \"aforrar\" en servizos públicos. Ademais deste aspecto censurado polo CES, a lectura do texto legal -cuxo rexeitamento foi unhas das poucas accións conxuntas de PSdeG e BNG na lexislatura- permite coñecer que a que para Alberto Núñez Feijóo é \"unha normativa adaptada á segunda década do século XXI\" que \"promove a igualdade\" permite, por exemplo, financiar con fondos públicos campañas antiabortistas. Nomeadamente, no artigo 32 do texto entre \"as políticas de protección á maternidade\" que impulsará o Goberno galego figuran as \"campañas de sensibilización destinadas á concienciación social da importancia da maternidade, ao fomento da natalidade e á protección do dereito á vida en formación\", isto é, contrarias á interrupción voluntaria do embarazo. Mentres que no momento da súa aprobación a conselleira de Benestar, Beatriz Mato, aseguraba que \"non hai nin un só dereito que quede minusvalorado ou eliminado\", o CES retrucaba que a lei no seu conxunto é \"regresiva\", por levar \"implícitos graves recortes dos dereitos das mulleres, facendo retroceder moito tempo atrás os avances sociais, así como pola profunda carga ideolóxica que conleva\". Resposta de Sanidade á pregunta do BNG"}
{"ID": "NOS_13768", "summary": "Non vai máis. Esta mañá o Parlament (apartir das 10 horas) submete a votación a Declaración de Soberanía pactada por CiU, ERC e ICV-Els Verds. A tensión reborda. Á fenda aberta en CiU únese agora a tensión que ameaza con esgazar o grupo parlamentar do PSC.", "text": "A Declaración de Soberanía está a rachar coas costuras da política catalá. Xa nada será o mesmo. Pasou a historia a Convergència pactista con Madrid. O PSC atravesa unha seria crise de identidade, que mesmo ten producido unha escisión, a que lidera Ernest Maragall. O sector máis dereitista de CiU, Unió, vinculado ao Opus Dei, formula mesmo ameazas de liquidación da federación. A CUP, a nova sensación no Parlament, incorpora ao debate unha novidade: Catalunya independente, si, mais fóra da UE. Unha achega até surprendente nun país tradicionalmente tido por proUE. En principio, todo apunta a que a Declaración de Soberanía recibirá os votos favorábeis de CiU, ERC, ICV-Els Verds e os 3 da CUP, que visten o voto como crítico. Mais nen sequera é seguro que non haxa quen rache a disciplina de voto no bloco gobernante, tal podería ser a tentación na que caíse Unió. O que vaia votar o PSC decidirase nunha reunión de urxencia previa ao Pleno logo de non chegar onte a un acordo após unha maratoniana reunión de 4 horas. O debate en todo caso trascende Catalunya. A soberanía ábrese paso. Un auténtico torpedo contra os esteos que alicerzan o réxime edificado coa Constitución de 1978."}
{"ID": "NOS_49618", "summary": "A iniciativa lexislativa popular \"sobre o dereito ao coñecemento e a contemplación da obra de Castelao polo pobo galego\" non será tramitada ao tirar o Partido Popular da súa maioría parlamentar. \"É un novo enterramento de Castelao\", recriminoulles Pilar García Negro, valedora da ILP.", "text": "A ILP \"sobre o dereito ao coñecemento e a contemplación da obra de Castelao polo pobo galego\" non foi admitida a trámite no Parlamento de Galiza. Malia as máis de 11.000 sinaturas reunidas nestes meses por distintos puntos do país e malia o apoio de toda a oposición (BNG, AGE, PSdeG e Grupo Mixto), a iniciativa lexislativa popular non foi tomada en consideración por mor do rodete aplicado polo Partido Popular. \"Non é correcta a idea de difundir o pensamento de alguén a través dunha lei\", manifestou o deputado Agustín Baamonde como un dos argumentos do PP para votar contra unha ILP que só pedía compromiso e medidas para permitir á sociedade galega coñecer a obra do rianxeiro, gran parte da cal segue sen poder ser contemplada. Pilar García Negro, que defendeu perante a Cámara a ILP, promovida pola federación de asociacións culturais, Galiza Cultura, e asinada por máis de 11 mil persoas, lamentou a decisión do PP como \"un novo enterramento de Castelao\". Preguntou ao grupo parlamentar popular por que \"teiman\" en que a sociedade galega poida seguir sen contemplar, por exemplo, \"unha obra artística inxente do rianxeiro que está amoreada nunha macro-nave da Coruña\". E inqueriu a Baamonde sobre se o \"quid\" da actitude do PP a respeito desta iniciativa non derivaría de que Castelao era nacionalista. Apoios García Negro foi a primeira en subir á tribuna do Parlamento, desde onde defendeu a iniciativa lexislativa popular. Unha iniciativa, como ella lembrou, que parte da constatación de que aínda hoxe hai unha \"ignorancia\" sobre a obra de Daniel Castelao, de quen dixo que fora \"o compatriota que mellor nos representou a todos os galegos no século XX\". A profesora da UDC e escritora afirmou que \"Castelao non debe ter data de caducidade\" e que a Xunta e os poderes públicos deben implicarse na catalogación, promoción e difusión dunha obra \"inxente\", que abarca diferentes eidos e que o pobo galego ten dereito a coñecer, contemplar e valorar. Citou García Negro a Blanco Amor para pedir que \"non deixemos morrer os nosos mortos. Carme Iglesias, do grupo mixto, foi a primeira en tomar a palabra após a intervención de García Negro. Anunciou o voto a prol da ILP e cargou contra os partidos que \"seguen a desconfiar de Castelao\", nunha actitude que \"contrasta con que reivindiquen a Camilo José Cela\". A parlamentar ourensá mesmo propuxo que o Gaiás fose a Casa Castelao e alí acoller obras e exposicións do político, escritor e artista rianxeiro. \"Sen manipulacións\" Castelao segue vixente. Así o manifestou a deputada do BNG Ana Pontón na súa intervención, onde anunciou o apoio dos nacionalistas á ILP e explicou que a iniciativa \"só procura que Castelao chegue a todos e todas, sen manipulacións\". Lembrou que outras iniciativas parlamentares en defensa da obra Castelao, malia ser aprobadas, foron \"ignoradas\" na práctica. \"Este país ten unha débeda con Castelao\", manifestou Pontón. De por parte, Beiras aproveitou a defensa do apoio do seu grupo, AGE, á ILP para afirmar que \"se somos galegos non é só por estar nun territorio chamado Galiza\", e defender Castelao como \"gran coñecedor do país e das súas xentes\", unha persoa leal ás clases populares\". Tamén o PSdeG apoiou a ILP de Castelao, \"un dos políticos máis auténticos e honrados do noso país. Os socialistas reclamáronse \"herdeiros\" do rianxeiro malia \"discrepar en cousas como o dereito de auto-determinación\". Embora a unanimidade da oposición e as máis de 11.000 sinaturas, a ILP ficou ás portas do Parlamento. Así o decidiron os votos dos deputados do Partido Popular. Seguindo o debate no Parlamento, estiveron como convidados varios membros da comisión promotora da iniciativa lexislativa popular: Marcos Maceiras (presidente da MNL), Anxo Louzao (secretario nacional de CIG-Ensino), David Otero (Fundación Castelao), Carmen Vilariño (AS-PG), Francisco Rodríguez, Clara Isabel Iglesias (Vagalumes), María Antonia Pérez (O Galo), Lucía Carreira (presidenta da asociación cultural e musical Solfa). Fotografías: Lavandeira"}
{"ID": "NOS_13605", "summary": "Fontes sindicais confirman que outras 30 persoas agardan polos resultados das probas. A maior parte dos contaxios déronse, segundo engaden, nas empresas auxiliares da factoría viguesa.", "text": "O aumento dos contaxios por coronavirus na Galiza están a revelar non só casos illados senón focos de maior ou menos importancia. O último en transcender é o detectado nas instalacións do estaleiro Freire, en Vigo. Fontes sindicais comunicaron esta cuarta feira que polo menos corenta traballadores e traballadoras deron positivo nas probas da Covid-19. A maioría deles forman parte dos cadros de persoal das empresas auxiliares que prestan servizo na factoría naval. Ademais, hai outras 30 persoas que aínda agardan polos resultados dos exames que se lles practicaron após ser detectado o gromo. En concreto, as mesmas fontes comentaron que a maioría dos casos xa confirmados son de operarios que traballan no proxecto 724, un gran iate de 111 metros de eslora. Tanto os contaxiados como os seus contactos estreitos no ámbito laboral, que están pendentes dos resultados das probas, foron illados. Ademais, están a practicarse máis cribados en busca doutros posibles casos. Desde o punto de vista dos sindicatos manter os protocolos de prevención e seguridade nas bancadas da fábrica \"é complicado\", pois a maior parte das actuacións en curso son no interior da embarcación. \"É como unha burbulla sen ventilación\", explicaron, e confirmaron que a empresa ten en vigor protocolos e normas de prevención, que agora se reforzarán, incluíndo a realización de probas PCR para poder acceder a traballar ao estaleiro para partir da próxima segunda feira. Na Comisión de Industria do Parlamento, o deputado socialista Martín Seco quixo mostrar o seu apoio ás e aos empregados do estaleiro."}
{"ID": "PRAZA_15111", "summary": "Do que se trata é de aprender a resolver os conflitos de maneira pacífica, de prevelos, de desaprender as violencias, na casa e na escola, de intervir sobre eles, antes, moito antes, de que dexeneren e rematen en consecuencias irreparables, como foi o caso de Jokin en Hondarribia en 2005 ou agora o de Mónica Patricia en Ciudad Real.", "text": "As relacións entre iguais son moi complexas, na vida, e nos centros escolares. As cousas, por moito que nos empeñemos, non son brancas ou negras. E os institutos son, o repetimos moitas veces, microsociedades que reproducen, para ben ou para mal, a formación social da época na que están inmersos. Os institutos son, o repetimos moitas veces, microsociedades que reproducen, para ben ou para mal, a formación social da época na que están inmersos Os conflitos existen, existiron e seguirán a existir, dentro e fora das aulas, porque somos seres libres, porque temos intereses, aspiracións, desexos..., distintos. Do que se trata é de aprender a resolver os conflitos de maneira pacífica, de prevelos, de desaprender as violencias, na casa e na escola, de intervir sobre eles, antes, moito antes, de que dexeneren e rematen en consecuencias irreparables, como foi o caso de Jokin en Hondarribia en 2005 ou agora o de Mónica Patricia en Ciudad Real. Conflitividade e convivencia escolar, son un binomio co que lidamos, cada día, con mellor ou peor acerto, e con escasos recursos e apoios, con moito voluntarismo, os profesores e profesoras, nos miles de colexios e institutos que abren as súas portas diariamente, con horarios sobrecargados, macrocentros, ratios elevadas, e formación específica deficiente. Tamén teñen moita responsabilidade as autoridades educativas coas políticas que promoven ou coas súas inhibicións. Non chega con lamentarse, con abrir investigacións, conceder o título de autoridade ou obrigar a crear aulas de convivencia segregadoras Existen múltiples actores á hora de abordar -con garantías de éxito- a conflitividade escolar, sobre todo a súa prevención e mellora. Os primeiros, antes que ninguén, son os pais e as nais, a educación afectivo emocional nas familias, como mellor antídoto contra das violencias. Logo está a escola, o colexio, o instituto, a comunidade educativa enteira, para reforzar ou corrixir actitudes, comportamentos e valores. Para intervir, educando. Mais tamén teñen moita responsabilidade as autoridades educativas coas políticas que promoven ou coas súas inhibicións. Non chega con lamentarse, con abrir investigacións, conceder o título de autoridade ou obrigar a crear aulas de convivencia segregadoras, por exemplo, pensando que a convivencia escolar se aborda, sobre todo, con protocolos e regulamentos disciplinarios e de seguridade, esquecéndose -deliberadamente- dos Plans Integrais de Mellora da Convivencia Escolar, como acontece en Galicia, da súa aplicación e desenvolvemento, ou do Observatorio Galego da Convivencia Escolar, que non se reuniu en toda a lexislatura pasada, e do que non coñecemos iniciativa algunha, en case que catro anos. Ou desmantelando por completo a estrutura de formación do profesorado, ou eliminando a materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Non pode ser que unha pelexa á porta dun instituto acapare primeiras páxinas mentres que a actividade diaria dos equipos de mediación e tratamento de conflitos non sintan o alento da sociedade e dos seus medios E os medios de comunicación, na forma de achegarse a esta realidade complexa, no tratamento que escollen, mais tamén nos valores e modelos que transmiten, nos titulares que publican, na imaxe que dan dos centros educativos, da comunidade educativa e do profesorado. Non pode ser que unha pelexa á porta dun instituto acapare primeiras páxinas mentres que a actividade diaria dos equipos de mediación e tratamento de conflitos, dos servizos de orientación, que existen e funcionan razoablemente ben en tantos, pola xeografía adiante, non sintan o alento da sociedade e dos seus medios. Con frecuencia, alarmados por acontecementos dramáticos, como o suicidio de Jokin ou o de Mónica Patricia, en Ciudad Real, moi recentemente, escoitamos ou lemos con tristeza interpretacións que buscan atopar as responsabilidades na propia vítima ou na súa familia. Tamén as hai que tratan de culpabilizar ó instituto, ó profesorado, pola súa incapacidade para detectar a tempo unha situación de maltrato entre iguais que, por suposto, despois do tráxico desenlace, parecía evidente para tantas persoas... Da a impresión, como teño referido noutros artigos, de que os centros educativos fosen territorio comanche. Nada máis lonxe da realidade Con moita facilidade (e menor coñecemento) observamos en colegas, medios, etc, identificar estes acontecementos cun palabro en inglés, o chamado bulling ou mellor, acoso escolar. Titulares e crónicas, en moitas ocasións máis próximos ó sensacionalismo que ó rigor, o veñen usando, ás veces con demasiada alegría, para trasladar á opinión pública que o problema está dentro dos muros da escola e dos institutos. Da a impresión, como teño referido noutros artigos, de que os centros educativos fosen territorio comanche. Nada máis lonxe da realidade. Ou de que o profesorado arrastra, sobre todo nos últimos anos, os democráticos quizais?, un déficit de autoridade que necesita recuperar para que estes fenómenos desaparezan. Pois tampouco. Sen dúbida, a morte de Jokin significou un antes e un despois. Puxo na axenda educativa xeral un problema que, ata aquel momento, formaba parte do pensamento e da actuación de persoas, grupos ou entidades minoritarias que viñan traballando, dentro e fora dos centros, na mellora integral da convivencia escolar, tratando, ademais, de sacar da súa tradicional opacidade, fenómenos que todas e todos coñecemos, pola nosa propia experiencia escolar, como son, o matonismo, o racismo, a discriminación, o maltrato, as violencias. Quen non viu escenas de insulto, abuso, agresión... ó longo da súa propia vida académica? Polo tanto, non estamos a falar dun fenómeno novo, nin sequera recente, aínda que os novos formatos, nos últimos anos, certamente, complementan e multiplican as vellas fórmulas con situacións, por exemplo, de ciberacoso, a través das pantallas e a difusión masiva por medio dos móbiles e da internet. A morte de Jokin significou un antes e un despois. Puxo na axenda educativa xeral un problema que, ata aquel momento, formaba parte do pensamento e da actuación de persoas, grupos ou entidades minoritarias O caso de Mónica Patricia, en Ciudad Real, ten toda a complexidade que o maltrato entre iguais reviste. Ademais, o racismo e o clasismo, probablemente, ilustren o resultado das investigacións en curso, nos seus diferentes ámbitos, educativo, policial e xudicial. En calquera caso, algunhas cuestións parecen obvias. Non se detectou a tempo, as alertas de prevención, si existían, non funcionaron, a nena non recibiu a protección imprescindible (a opción de cambiala de clase e de centro non é, non debe ser, para a vítima do maltrato senón para os maltratadores, de existir e comprobarse), por citar algúns exemplos. Á espera do resultado final das pescudas, quixera aproveitar para reiterar que, existindo casos como o que nos ocupa, mínimos por sorte, na cantidade inmensa de alumnado que vive e convive nos colexios e nos institutos, diariamente, a convivencia escolar, a pouco que se faga por promovela, mellora significativamente, ó igual que os resultados académicos, diminuíndo, ó tempo, o fracaso escolar. Por iso, inverter en prevención, en plans de mellora da convivencia, na formación específica do profesorado en servizo, en mediación, creando equipas de tratamento de conflitos, en todos e en cada un dos centros escolares, favorece non só a convivencia senón tamén o éxito escolar. Un dos sectores máis agredidos polas políticas de restrición do chamado gasto público é precisamente a educación pública e, dentro dela, as partidas destinadas á formación do profesorado, á atención personalizada e á diversidade Lamentablemente as autoridades educativas competentes non están por esta labor. Un dos sectores máis agredidos polas políticas de restrición do chamado gasto público é precisamente a educación pública e, dentro dela, as partidas destinadas á formación do profesorado, á atención personalizada e á diversidade, a orientación, o reforzo, ou a convivencia escolar. Son os propios centros, co seu esforzo, os que suplen a desidia e o desinterese da administración educativa. As magníficas experiencias de aulas de convivencia non segregadoras que existen en Galicia, as equipas de mediación e tratamento de conflitos que veñen funcionando sen apoios institucionais, os encontros de alumnos e alumnas mediadoras, como o que se celebra anualmente no IES Fin do Camiño de Fisterra, son exemplos de iniciativas da sociedade civil, que parten do propio profesorado, e que as autoridades educativas ignoran, cando non ocultan. Evitar sucesos coma o de Ciudad Real ou o de Hondarribia obrígannos e esíxenos a todas e a todos, a pais e a nais, profesorado, alumnado, á comunidade educativa enteira, ós medios de comunicación, pero sobre todo, ás autoridades políticas que teñen a competencia plena, que son as responsables de poñer en marcha, consolidar e desenvolver as materias, os plans e os instrumentos dos que nos dotamos para mellorar a convivencia escolar e prever as violencias. Ate erradicalas definitivamente. O 20 de Novembro celebramos en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos da Infancia O 20 de Novembro celebramos en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, unha magnífica ocasión para reflexionar nos centros escolares, nas familias, nos medios, na administración educativa, sobre conflitividade e convivencia, e facer propósito da emenda."}
{"ID": "NOS_41719", "summary": "Iria Otero (1987, Cangas do Morrazo), creativa e deseñadora publicitaria, é unha das persoas que está detrás da nova imaxe do BNG, apresentada hai apenas un mes. Un logotipo que, sen rachar co anterior, quere ser a evolución natural dun logo cargado de historia, modernizado, renovado e próximo á xente.", "text": "-Cal foi a idea da que parte este novo logo? -Recollemos o encargo de actualizar o logotipo partindo da idea de que había que sincronizalo cun sentir novo do BNG. Tiñamos que plasmar ese tempo novo, xuventude, enerxía, frescura… e ao mesmo tempo manter a súa esencia. Ese foi o punto de partida. -Que elementos se mantiveron para conservar a esencia do logotipo? -Penso que todos. As siglas, a bandeira, a estrela, a galeguidade que reforzamos recuperando a cor azul do logo inicial que se perdera en versións máis recentes… E a todo isto tratamos de engadirlle unhas pingas de actualidade. -Os elementos son os mesmos pero cunha evolución? -Si, hai uns reaxustes: as proporcións, trazos, as cores... pero xogamos cos mesmos elementos. Pretende estar acorde aos novos tempos pero sen renunciar á súa esencia, á súa personalidade. -Perde protagonismo a bandeira galega no novo deseño? -Eu penso que non, que a bandeira mesmo gaña forza. É certo que tratou de buscarse un equilibrio visual na proporción coas siglas ,pero a simplificación das cores e dalgúns elementos pon o foco na estrela e por tanto, na bandeira. A mirada vai cara ese punto, porque é o único elemento que está noutra cor xerando máis peso visual. -Hai tamén un cambio de maiúsculas a minúsculas, buscábase unha imaxe máis próxima á xente nova e as novas tecnoloxías? -Hoxe en día hai unha tendencia a construír logotipos en caixa baixa, hai moitos exemplos coma Facebook, Ebay… e tamén nos propios partidos políticos. Pero neste caso, responde máis a unha cuestión de equilibrio. A letra \"b\" e a \"g\" en minúsculas son como unha especie de espello simétrico que lle aporta equilibrio ao deseño. Por outra banda tamén é verdade que responde a un dos obxectivos que tíñamos de plasmar unha imaxe moi próxima, amable e modernizada. Penso que o uso das minúsculas e da nova tipografía, lixeiramente redondeada, traballa a favor destes obxectivos. -Buscábase un maior achegamento á xente nova? -Si, pero non exclusivamente. Buscábase conectar o pasado, presente e o futuro do BNG nun novo logotipo, vencellando tanto á militancia, simpatizantes como a todos os galegos. -Este deseño adaptouse a unha maior difusión en redes sociais? -Si, de feito non foi só o relanzamento dun logotipo, senón tamén dun novo Manual de Identidade Corporativa. Neste documento, dispoñible na páxina do BNG, o que fixemos foi un estudo da marca e de como tiña que aplicarse en múltiples soportes tanto online como offline. Do que se trataba sobre todo era de que fose unha marca moi versátil dentro dos tempos que corren, para que fose adaptable a todo tipos de soportes e ao mesmo tempo manter unha imaxe unificada. Ás veces o que acontece con partidos políticos que teñen presenza en tantas localidades diferentes é que costa unificar a súa imaxe. A través deste manual o que fixemos é determinar unhas directrices moi claras de utilización. Penso que esta parte é case tan importante coma o propio deseño do logo. Agora, desexamos que teña una boa acollida."}
{"ID": "NOS_43382", "summary": "Este novo traballo dos suízos Eluveitie era do máis agardado e o que máis expectación xerou entre os seus seguidores. Os cambios operados na formación -após a marcha da súa icónica vocalista e zanfonista Anna Murphy, que na compaña do baterista Merlin Sutter e o guitarrista Ivo Henzi conformaron Cellar Darling- puñan en dúbida cal sería o futuro da banda.", "text": "Evocation II. Pantheon vén ser a continuación do disco que sacaron hai 8 anos baixo o título de Evocation I. The Arcane Dominion. Isto tradúcese en que este novo traballo é totalmente acústico e fica convertido nun traballo de folk celta. Concebido dun xeito conceptual, está dedicado á mitoloxía celta, titulando as cancións baixo o nome dos deuses celtas. As letras están cantadas integramente en galo antigo e mesmo a grafía empregada do álbum. No que se refire aos temas, achamos un exceso de comercialidade nos mesmos, cunha execución exquisita, como non podería ser de outro xeito. É posíbel que o feito de editar agora este traballo sexa un intento de Glanzmann, vocalista e líder da banda, de facer unha fenda na historia para indicar que comezan un novo camiño e facer menos traumática o cambio de membros. É curioso que a maioría dos cortes deste álbum sexan instrumentais e que as aparicións da nova vocalista, Fabienne Erni, malia ter un unha voz doce e melódica, fiquen na produción nun segundo plano, como se quixesen agochala e quitar importancia á marcha de Anna Murphy. Fabienne fai un traballo vocal espectacular, que nada ten que envexar ao de Anna e merece máis protagonismo do que ten. Sexa como fose, o certo é que este traballo non é nada do que se agardaba de Eluveitie. Malia que o título indicaba unha continuación do álbum do 2009, Eluveitie é unha banda consagrada no folk metal mesturado co death metal melódico e agardábamos que algo dese pouso ficara neste traballo. Destacan especialmente dous temas Epona e Lvgvs, que foron os adiantos que xa escoitáramos. Como sinxelos perfectamente escollidos, son os dous temas máis fortes do disco, que emerxen sobre unha continuidade de cancións que son de fácil escoita, pero que non chaman a atención como para lembralas. Dende unha óptica puramente folk, esquecendo a banda da que estamos a falar, é un disco correcto, que non sae fóa dos parámetros do xénero, pero sen grandes obras mestras. Eluveitie traen un disco con 18 nomes de deuses celtas, pero sen ningún espírito. Un traballo co que a banda, máis que no Resurrection Fest, no que estiveron este ano, encaixaría perfectamente no Intercéltico de Ortigueira. Un traballo que vai dividir nas súas apreciacións os seguidores da banda. O que teño claro é que se este é o novo camiño que queren seguir, é moi posíbel que cambien os compañeiros de viaxe. VIDEO – ELUVEITIE – EPONA https://youtu.be/TkbadvaMuXo ELUVEITIE NAS REDES WEB: http://www.eluveitie.ch FACEBOOK: http://www.facebook.com/eluveitie/ TWITTER: @eluveitie LISTAXE DE TEMAS 1. Dureððu 2. Epona 3. Svcellos II (Sequel) 4. Nantosvelta 5. Tovtatis 6. Lvgvs 7. Grannos 8. Cernvnnos 9. Catvrix 10. Artio 11. Aventia 12. Ogmios 13. Esvs 14. Antvmnos 15. Tarvos II (Sequel) 16. Belenos 17. Taranis 18. Nemeto"}
{"ID": "PRAZA_5712", "summary": "O presidente da Xunta recoñece o golpe ao bipartidismo pero presume de manter vantaxe sobre os socialistas. Besteiro valora \"o xiro á esquerda en Galicia\", Alternativa pide \"seguir xuntando voces\" e o Bloque cualifica de \"fantásticos\" os seus resultados.", "text": "O líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que \"nota\" que os grandes partidos están a sufrir \"unha diminución de apoio\" pero presumiu de que o PPdeG mantén \"un liderado claro e contundente\" dobre o PSdeG en Galicia. \"A diferenza de apoios está practicamente intacta malia que levamos cinco anos de goberno e de que o PSdeG renovou tres veces o seu liderado\", dixo. \"Hai votantes do PP que non acudiron ás urnas\", xustificouse Feijóo Ademais, Feijóo tamén apuntou a abstención e a irrupción de Podemos como causantes da importante perda de apoio do seu partido. \"Hai votantes do PP que non acudiron ás urnas\", chegou a dicir, pero presumiu de que os populares \"gañaron as eleccións\" en España e en Galicia e comprometouse a \"seguir traballando\" para \"renovar a confianza e recuperar a motivación dos cidadáns na política\". O candidato popular Millán Mon agradeceu o apoio dos cidadáns logo de que Feijóo destacase que España e Alemaña son os únicos Estados onde o partido de goberno gañou os comicios. Pero todos buscan a súa pequena vitoria. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, valorou neste domingo o \"xiro á esquerda en Galicia\" que, segundo el, supuxeron estas eleccións, malia a importante perda de votos do seu partido. O líder dos socialistas galegos destacou que o PP tivo \"o peor resultado nos últimos 25 anos\" no país. Besteiro destaca que é \"o peor resultados do PP nos últimos 25 anos\" Pola súa banda, AGE ve \"reeditada a fazaña\" das anteriores autonómicas pero tamén cre que \"hai que seguir xuntando voces na esquerda\" para \"arrasar\" nos vindeiros comicios. A súa candidata, Lidia Senra, asegurou estar \"abrumada\" e dixo ter renovado o seu \"compromiso\" cos movementos sociais e as organizacións para \"dar a batalla\" na Eurocámara e ser \"a caixa de resonancia\" dos problemas do país. \"Hai que poñer ao descuberto a axenda oculta europea, que vive unha carencia de democracia evidente\", dixo. Pola súa banda, o BNG cualificou de \"fantástico\" o resultado obtido polos nacionalistas, xa que, en opinión do seu voceiro nacional, Xavier Vence, os votos recibidos xunto a Bildu permiten que a voz \"contestaria\" estea presente en Europa. O líder do Bloque lembrou que o resultado é \"moi próximo\" ao de 2009, mentres que a candidata Ana Miranda asegurou que \"os excluídos deste país\" terán unha voz \"amiga\" no Parlamento Europeo. Ademais, ningún dos dous quixo responder á pregunta de canto tempo ocupará o escano a que xa forma eurodeputada, unha resposta que darán este luns. AGE chama a \"seguir xuntando voces na esquerda\" para \"arrasar\" nos vindeiros comicios Por outra banda, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, afirmou que os resultados da formación \"son o punto de partida para o noso verdadeira obxectivo, as eleccións municipais\".segurou que \"para estas eleccións tiñamos tres obxectivos: o primeiro que se coñeceran máis as siglas de Compromiso por Galicia, e iso conseguise. O segundo é que se coñeceran referentes políticos novos de Compromiso por Galicia, e iso tamén se conseguiu. O terceiro obxectivo era subir en votos, e aquí os resultados son insatisfactorios, aínda que mantemos prácticamente a porcentaxe de votos\", con respecto ás eleccións galegas."}
{"ID": "NOS_51423", "summary": "\"É inhumano\". Persoal do Sergas e da Xunta da Galiza desprazado á residencia de maiores de Salvaterra do Miño denuncia unha \"situación de alto risco físico e psicolóxico\" tanto para os pacientes como para o colectivo profesional responsábel dos coidados. A carencia de material, o déficit de hixiene, a falta de organización e a sobrecarga de traballo impídenlles facer o seu traballo correctamente, din, polo que chaman á Administración a facer autocrítica e a tomar \"as medidas oportunas\".", "text": "\"É necesario que os responsábeis fagan un pouco de autocrítica e acepten que non souberon xestionar a situación, do contrario, o persoal do Sergas e da Xunta continuaría nos seus postos habituais, onde estamos afeitos a traballar cun mínimo de dignidade e de profesionalidade\". A chamada de atención parte do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde e da propia Xunta derivado á residencia de Salvaterra de Miño tras a súa intervención o pasado 27 de outubro. Ese día, con 110 contaxios, o Goberno galego decidiu asumir o mando do xeriátrico, en mans dunha empresa privada local, e desprazar un equipo de profesionais do Sergas co \"obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores\". Denuncian carencia de material básico de protección e coidados, a falta de organización e a sobrecarga de traballo. O mesmo equipo que agora denuncia unha \"situación inhumana\" dentro do xeriátrico, onde a carencia de material básico de protección e coidados, a falta de organización e a sobrecarga de traballo impiden non só o cumprimento dos protocolos oficiais, tamén a atención adecuada das residentes. Sen produtos de aseo, sabas, toallas nin roupa Nun escrito dirixido aos responsábeis sanitarios e de servizos sociais da Xunta da Galiza, o persoal chamado a cubrir \"a demanda excepcional derivada da Covid-19\" na residencia de Salvaterra detalla as eivas detectadas no centro en menos dunha semana. Denuncian a falta de persoal técnico de coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) suficiente para coidar, vixiar e atender as demandas e necesidades de todas as usuarias do centro. Tamén manifestan un risco elevado de contaxio pola carencia de EPIs adecuados, un contorno de traballo inseguro e \"graves defectos nas medidas de hixiene das instalacións e dos propios pacientes\". A maiores, sinalan fallos na distribución de persoal e na organización de circuítos limpos e sucios, \"inexistentes\", así como a carencia de produtos de aseo, sabas, toallas e prendas de vestir para os residentes, \"que se ven na obriga de reutilizar a mesma roupa varios días\". Úlceras e cuartos fechados Camas e baños sen adaptar, colchóns rotos e sucios, cuartos sen enchufes e sen paus de goteiro onde colgar a medicación, timbres que non funcionan son algunhas das eivas que específicas que trasladan as traballadoras públicas na súa denuncia, recollidas tamén pola asociación TreGa na súa acusación. As residentes permanecen fechadas con chave nos seus cuartos. Neste sentido, Traballadoras de Residencias da Galiza trasladaron a inspección que \"as residentes permanecen fechadas con chave nos seus cuartos\", cando a normativa de servizos sociais prohibe esta práctica, \"por prevención de riscos e por unha mínima dignidade persoal\" que ademais atrasa o traballo das auxiliares de enfermaría. \"Unha residencia non é un cárcere\", recalcan, polo que os illamentos deben garantir sempre a posibilidade de pedir axuda. \"Ninguén quere traballar nin ver os seus maiores nestas condicións\", afirman traballadoras de TreGa a Nós Diario. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]"}
{"ID": "NOS_14822", "summary": "É a mellor \"ferramenta de equidade e cohesión social\", explican desde a Plataforma galega en defensa do ensino público, promotora da iniciativa.", "text": "Coincidindo co período ordinario de novas matrículas –de 1 a 20 de marzo– a Plataforma galega en defensa do ensino público vai iniciar unha campaña de fomento das matriculacións nos centros educativos públicos de Galiza baixo o lema \"Faite do ensino público\". A campaña centrarase nos propios centros educativos, nas ANPAs e no tecido asociativo do país. A Plataforma chama igualmente aos concellos a sensibilizar a pais e nais das vantaxes que ofrece o ensino público e a promover un ensino público e de calidade. O ensino público galego escolariza no presente curso escolar a 70% do total do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, fronte a 28% dos centros concertados e 2% de centros privados sen concerto. No caso da ESO as cifras son similares (79%-27%-3%). No caso do Bacharelato son de 82% na rede pública e 18% na rede privada. Estas porcentaxes mantéñense desde hai máis dunha década malia, indica a Plataforma, que se teña producido un incremento importante de unidades concertadas en centros privados e unha redución de aulas públicas."}
{"ID": "NOS_28512", "summary": "O pasado sábado, unha manifestación percorreu a distancia que afasta San Marcos -onde a CRTVG e mais a RTVE en Galiza teñen sede- da Praza de Praterías, en Compostela. Os comités de empresa das compañías públicas de comunicación convocaron traballadoras e traballadores e cidadanía co lema \"Pola dignidade dos medios públicos\". \"A protesta foi histórica\", valora Raimundo Méndez, presidente do comité intercentros da CRTVG -posto rotatorio entre os cinco sindicatos con representación-, \"mais os cambios dun día para outro é complicado velos\". Iso si, interpreta a presenza na marcha dos tres líderes dos partidos da oposición como un compromiso coa \"independencia política\" do ente.", "text": "-Feixóo afirmou nunha entrevista recente que el non vía os telexornais da TVG. -Paréceme lamentábel. Falamos dunha empresa pública, que ten que facer un servizo público e ten unha misión de servizo público. Esta empresa non é nin dos traballadores, nin dos comités de empresa, nin do actual Goberno do PP, é de todos os cidadáns galegos. É inaudito que o presidente diga que non ve a TVG, a televisión de todos os galegos. Como presidente, ten a obriga de coidar esa televisión. -Por que se precisan medios de comunicación públicos? -Son fundamentais nunha democracia. Eu respecto que haxa medios privados e produtoras privadas. Pero as empresas públicas teñen que cumprir un servizo. Non me vale que haxa unha lei, a lei xeral estatal do audiovisual do ano 2010, que nalgúns casos non se cumpre. E despois estou falando da lei 9/2011 de medios de comunicación públicos de Galiza. Aprobouse hai case sete anos e moitos artigos desa lei non se cumpren. É incríbel. -A que se debe que non se cumpra a lei promovida polo propio PP? -A lei está para que se cumpra. Por que non se desenvolve o consello de informativos segundo o famoso artigo 36? Ao mellor tampouco é a panacea, porque a propia televisión española ten un consello de informativos e sofre graves problemas de manipulación. Pero é un órgano de control importante. Se cadra aínda máis importante que o consello é a autoridade audiovisual: unha persoa independente dos partidos políticos e dos prestadores privados de servizos. Nós só pedimos que se cumpra a lei no seu artigo 49. Se exitise esa autoridade ao mellor era máis complicado o control do Goberno sobre os informativos. -O que chama a atención é que falten á súa propia lei. -Para moitos apartados da propia lei, e falo do consello de administración ou do propio director xeral, fan falta dous terzos de votos no Parlamento. Agora mesmo está paralizado. Nun intre aínda chegaban a acordos entre o PSOE e o PP, pero agora mesmo non. Tampouco pode ser que metas pola porta de atrás, blindes, o director xeral coa lei de acompañamento dos orzamentos de 2016. Se a lei di que fan falta dous terzos para chegar a un acordo, pois tes que cumprir. Pero non é só isto. O artigo 34 di que hai que potenciar a produción propia. Non se está facendo. No canto de aumentar redúcese. Eu son o primeiro en defender que a TVG sexa o motor do audiovisual galego, que as produtoras teñen que traballar e cumpren un servizo. O que non pode ser é que cada vez se fagan menos programas de produción propia. Os datos están aí e vense perfectamente nas grellas de programación destes anos. Ademais hai unha asfixia económica da corporación. No ano 2008, o orzamento era de 142 millóns de euros e en dez anos hai 35 millóns menos. Temos o cadro de persoal máis pequeno das televisións autonómicas históricas. Chegamos aos 1.200 traballadores e agora mesmo son 950. -Mencionou o consello de informativos, a autoridade audiovisual ou a necesidade de potenciar a produción propia. Que outros elementos da lei son, ao seu ver, importantes? -Potenciar os grupos minoritarios. Hai que coidar a infancia e a xuventude. Que programas hai para a mocidade? Hai anos todo o mundo coñecía o Xabarín. Que programas hai culturais? Os informativos, pero xa di a lei que os informativos teñen que se ocupar da cultura. E que os informativos non se poden ceder a terceiros. De feito, temos interposta unha denuncia porque entendemos que o directo de informativos debe facelo a casa. [A versión íntegra desta entrevista, da que aquí che oferecemos un extracto, tela ao teu dispor no Sermos313, disponíbel na nosa loxa e nos puntos de venda habituais]."}
{"ID": "NOS_58011", "summary": "O economista e escritor Marcelino Fernández Mallo prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.", "text": "Ninguén pode negar hoxe en día que a enerxía sexa un dos capítulos esenciais de calquera política económica. Nesta liña, a Xunta pediu a unha consultora –non ao Inega, por certo– o deseño da Estratexia Enerxética Galega 2030. Descoñecemos cales foron as indicacións pero hai unha decisión previa que resulta transcendental: preferimos un modelo centralizado ou descentralizado? A maior parte da enerxía mundial prodúcese en sistemas centralizados, isto é, baseados en grandes unidades de produción dende onde se transporta a enerxía para os centros de distribución e, desde alí, ata o destino final. No traxecto dende o punto de produción ata o de consumo pérdese unha porcentaxe apreciable de enerxía. Por que a maioría dos modelos enerxéticos son centralizados? Hai dúas razóns bastante obvias: unha, o custo de produción, xa que a maior escala, serán teoricamente menores os custos unitarios; outra, o dominio dos grandes operadores que posúen un importante poder de negociación coas administracións nun sector altamente regulado. Nos últimos anos, o contexto alterouse de xeito tan radical que o modelo centralizado está poñéndose en cuestión. A demanda continúa a medrar e require unha maior eficiencia enerxética; o quecemento global obriga a reducir a dependencia dos combustibles fósiles; o progresivo deterioro do medio esixe redes de enerxía menos lesivas, non só co aire que respiramos, tamén co solo do que nos nutrimos; por último, o pernicioso sistema de formación dos prezos e a conxuntura global están a forzar unha escalada de custos inaturable para os consumidores. Inda que pareza un truco máxico, o modelo de xeración distribuída -ou descentralizada- da enerxía pode solucionar este diabólico conxunto de circunstancias. Baseados en fontes renovables, supoñen un alivio para o medio e melloran a eficiencia enerxética –menores perdas– do sistema, ao tempo que os consumidores se liberan da dependencia dos grandes grupos produtores e evitan a opresiva suba dos prezos. Como funcionaría en Galicia un modelo descentralizado da enerxía? Hai tres eidos principais de actuación: o residencial, o agrogandeiro e o industrial. No sector residencial é preciso avanzar cara a edificios autosuficientes mediante investimento en melloras substanciais do illamento térmico e na instalación de cubertas con placas solares, que poden localizarse nos propios edificios de consumo ou en edificacións próximas dende as que se subministra enerxía a unha comunidade. A enerxía de vivendas e oficinas nun modelo distribuído pode proceder tamén, en función das circunstancias, das chamadas redes de distrito de calor e frío. Son instalacións que producen enerxía a partir da calor residual de procesos industriais, fontes naturais xeotérmicas ou a utilización de residuos sólidos urbanos, e distribúena aos usuarios por canalizacións illadas, xeralmente subterráneas, a través de vapor ou auga. O sector agrogandeiro ten o gran reto de perseguir o autoabastecemento enerxético mediante o mix de placas solares, minieólicos, enerxía xeotérmica e biogás, dependendo da localización e o tipo de explotación. Aínda que as instalacións fotovoltaicas son o recurso máis recorrido na busca da autonomía enerxética, a tecnoloxía minieólica –procedente de xeradores de menos de 100 kWh cunha área de varrido inferior aos 200 m2– avanzou notablemente e ofrece xa rendementos satisfactorios sobre todo en territorios coma Galicia onde o vento ten unha presenza habitualmente maior có sol. A enerxía xeotérmica presenta un menor desenvolvemento pero é preciso explorar tamén as súas posibilidades. O biogás supón un caso específico digno de subliñar polo seu potencial nas explotacións de bovino (27.663 en Galicia en 2021 segundo o IGE). Trátase de xerar biogás a partir dos residuos orgánicos do gando. Os xurros reciben un tratamento de dixestión anaeróbica mediante o cal obteñen o biogás que posteriormente se purifica e transforma en enerxía eléctrica. Un esquema similar de combinación de enerxía solar, eólica e incluso xeotérmica pode reproducirse en polígonos industriais e nas factorías galegas con independencia da súa dimensión. En fábricas electrointensivas –caso de Alcoa–, o obxectivo de autosuficiencia sería difícil de acadar pero, sen dúbida, un modelo distribuído paliaría o efecto da elevación dos custos sobre o seu proceso produtivo. O modelo actual da Xunta Seica aínda está a deseñar a súa estratexia enerxética pero hai indicios que fan dubidar da intención da Xunta a prol dun modelo descentralizado. Como exemplo, velaí o actual Plan sectorial eólico de Galicia que implicaría cubrir o rural galego con muíños de vento de ata 200 metros de altura. Faríase en polígonos delimitados dentro dos que as empresas promotoras gañarían o dereito de uso. Tal como está acreditado, os aeroxeradores provocarían un impacto negativo e significativo en canto a ruído, biodiversidade, paisaxe, solo, acuíferos e turismo. Ademais dos graves efectos nas comarcas afectadas, os polígonos eólicos serían para o beneficio de empresas foráneas, apenas deixarían ingresos nos concellos onde se instalasen e servirían para que outras comunidades autónomas, principalmente Madrid, dispoñan da enerxía que precisan. Nada que ver cos efectos dun modelo distribuído como o que acabamos de expoñer. Apostar pola autonomía enerxética require fondos para equipamentos, renovación de instalacións, I+D, tecnoloxía, formación... Unha vez máis, a un sáltalle á cabeza a xigante oportunidade dos Next Generation. Aproveitará Galicia esa oportunidade?"}
{"ID": "NOS_53933", "summary": "Entre o 18 e o 19 de setembro terá lugar na Coruña o o terceiro encontro após os realizados en 2010 en Barcelona e en 2012 en Bilbao.", "text": "Transcorridos sete anos da sinatura do manifesto \"Galeusca: 1933 – 2008\", promovido en 2008 pola Asociación Galega de Historiadores en 2008 e que foi subscrito por historiadores e historiadoras de Galiza, Euskadi e Catalunya, esta fin de semana o noso país sediará a III edición do Galeusca Historia. Esta xornada terá lugar concretamente na Coruña, na Aula Naútica da UdC, os vindeiros 18 e 19 de setembro. Desta volta o Galeusca Historia centrará os seus traballos nun tema de enorme actualidade como é o \"exilio, migracións e fronteiras\". Farao, loxicamente, desde unha perspectiva histórica, con especialistas das tres nacións. O catedrático emérito da USC, Justo Beramendi, será o encargado da conferencia de apertura do III Galeusca, cunha palestra sobre a \"A influencia do exilio na ideoloxía de Castelao\". O programa completo das xornadas pode consultarse no sitio web da revista Murguía. A matrícula para participar das xornadas fica aberta até esta segunda feira, día 14. Esta terceira edición do Galeusca Historia porá o ramo ao primeiro ciclo de encontros realizados ao abeiro desta iniciativa conxunta entre historiadoras dos tres territorios. O evento está dirixido polo historiador e profesor da UdC, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. É cooorganizado polo departamento de Historia Contemporánea da USC e o grupo de investigación HISTAGRA, do que é Investigador Principal, Lourenzo Fernández Prieto. Aliás, na súa realización colaboran o Departamento de Xeografía e Historia da Universidade de Vigo, o Biography & Parliament Reseach Group da Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidad del País Vasco, o Grup d'Estudis d'Història dela Cultura i dels Intel-lectuals (GEHCI) da Universitat de Barcelona, o Departament d'Història i Historia de l'Art da Universitat Roviri i Virgili, o Institut Ramon Muntaner, o Grup de Recerca d'Història Moderna 'Manuscrits' da Universitat Autònoma de Barcelona, a Coordinadora de Centres d'Estudis de Parla Catalana, Murguía, Revista Galega de Historia, a Fundación Galiza Sempre, a Fundación Alexandre Bóveda, a Agrupación Alexandre Bóveda e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña."}
{"ID": "NOS_58140", "summary": "As Tanxugueiras, após o seu revolucionario primeiro traballo, continúan esbozando a liña do trad cun novo álbum que acaba de saír do forno. Contrapunto é un disco de concepto, festeiro e visceral, atrevido e comprometido. Sermos Galiza conversa con Sabela Maneiro do proceso creativo e as inquedanzas que se atopan tras este título, que, xa dispoñíbel en plataformas dixitais, preséntase na sexta feira 29 de novembro na Sala Rebullón de Mos.", "text": "Contrapunto é unha palabra polisémica. A que se fai referencia o título do seu novo disco? O disco ten dez pistas, que se dividen en cinco temas, cada un co seu contrapunto. Así, hai cinco cancións que son a parte boa da vida e as outros cinco, a parte mala. O noso proceso vital é de seu un contrapunto. Para gozar das cousas boas, hai que ter as malas. E para aprender as malas, hai que ter as boas. Da aí ben o nome. Entón, os temas, en certo modo, dialogan de dous en dous? Si, están colocados por orde nese senso. A unha vai coa dúas, que é o seu contrapunto. A tres coa catro. E así consecutivamente. O noso proceso vital é de seu un contrapunto O novo álbum continúa o roteiro do anterior polo trad. O concepto de trad xa o inaugurou Xabier Díaz, con esa nomenclatura, pero nós cremos que é unha boa forma de achegarse á rapazada. Non é o mesmo dicir «fago música tradicional» que «fago trad», que se aproxima máis á nomenclatura do trap. Xogamos con iso. Como foi o proceso creativo para artellar este disco de concepto, que xira en torno a algo tan concreto? As pezas foron xurdindo. Nós tamén nos atopabamos nunha etapa na que tiñamos moitos contrapuntos. Tanxugueiras é un contrapunto humano de seu, porque pasamos de ter medo a facer cousas a chegar a empoderarnos. As mulleres e os homes temos unha liberdade moi grande cando nos empoderamos, pero á vez dá medo dar ese salto, porque hai críticas. Con todo isto en mente, viamos a vida como un contrapunto, chea de cousas boas e malas. Empezamos a crear pezas e pouco a pouco fómolo creando, con moitas dores de cabeza para que todo encaixase, atopando coplas en diferentes sitios que contasen esa historia. Tamén me gustaría destacar que no primeiro disco foi un produtor quen fixo a música e os arranxos, pero Contrapunto fixémolo nós. Arranxamos tanto voces como pezas novas, coa coprodución de Isaac Paladín, que gravou todo o disco e fixo os arranxos de percusión e deu o toque persoal a cada peza. E teñen un control maior sobre o resultado. A muller xoga un papel fundamental na música. Simplemente tes que mirar quen destaca na nosa música para decatarte de que temos unha pegada bastante grande Temos un control total. Iamos cunha idea moi clara sobre o que é para nós a música tradicional e o que nós queremos achegar a esta sociedade, para deixar un legado do que nós mesmas esteamos orgullosas. Se o deixamos a mans dun produtor ou produtora, sempre vai estar, en último termo, á súa forma e non á nosa, non nos vai convencer de todo. Ademais nós, que estamos seguido rindo, puidemos ser tamén perfeccionistas e responsábeis co noso traballo, que unha cousa non quita a outra. Moita xente confunde ser leda e intentar darlle ese toque de humor ás cousas, mesmo ás que non o teñen, con que non poidas ser responsábel e capaz de facer certas cousas. E deixar claro que a muller xoga un papel fundamental na música. Simplemente tes que mirar quen destaca na nosa música para decatarte de que temos unha pegada bastante grande. Case todas as que estamos aí producimos, autoproducimos ou temos un contacto moi grande cos nosos proxectos. Que é algo ao que non se lle dá se cadra moita importancia, pero tense que falar diso. As mulleres somos capaces de facer calquera cousa igual ca un home ou mesmo mellor, quen sabe. Con todo, a porcentaxe de mulleres continúa a ser moi baixa, por exemplo, nos cartaces dos festivais. Porque as mulleres estamos como desilusionadas. En todos os proxectos temos que remar o dobre ou o triplo para acadar o éxito dun home. Xa das por feito que tocar unha guitarra ou unha batería é de homes. Temos que ir mudando ese patriarcado estúpido que se nos implantou. Pouco a pouco estanse dando pasos firmes cara adiante e o que non queremos, nin estamos dispostas, é a dar nin un medio paso para atrás. Polo menos desde as Tanxugueiras, porque cada paso que damos costa un mundo. E como confrontan o machismo presente en moitas pezas da nosa tradición? Existían mulleres moi empoderadas naquela época, mesmo podería dicir que máis do que estamos hoxe Principalmente intentamos buscar esas coplas que non sexan machistas, que as hai. Existían mulleres moi empoderadas naquela época, mesmo podería dicir que máis do que estamos hoxe, atendendo ao contexto no que vivían, nunha represión absoluta en todos os aspectos. Despois, ás coplas que son machistas intentamos cambiarlles o significado, moitas veces abonda con mudar unha palabra para que representen outro tipo de sentido. Interveñen deste xeito nas letras, mais polo xeral proveñen da música tradicional, non? Si. Temos algunhas creacións propias, mais non imos dicir cales son porque queremos que as demais as utilicen. Entendemos que fan parte da tradición, para ir integrando outro tipo de coplas novas que teñan outras connotacións e que quedarán tamén dentro da nosa tradición. Queremos que haxa cousas deste tempo, do 2019 ou 2020, que o día de mañá se consideren pezas tradicionais Porque a supervivencia da música tradicional pasa por aí. Claro, necesítase precisamente iso. O que pasou está moi ben, pero temos que seguir existindo e, polo tanto, temos que seguir creando. Como che dicía, hai pezas compostas por nós, tamén con toques tradicionais, que queremos deixar como un legado para que a tradición siga evolucionando. Que haxa cousas deste tempo, do 2019 ou 2020, que o día de mañá se consideren pezas tradicionais. Abre o disco «Autocracia», que fala da ditadura, pero o sentido do tema semella aplicarse ao presente. Fala da ditadura, si, pero nós cremos que hoxe por hoxe a democracia brilla pola súa ausencia. Hai moitas cousas. como pode ser a lei Mordaza, volver á ilegalización do aborto, que as persoas homosexuais non se poidan casar... Cousas que fomos conseguindo ao longo do tempo e que desde certos movementos pretenden volver cara atrás. Nós cremos que cando se priva a liberdade das persoas tamén é autocracia. No tema, iso ten que ver co pasado, para que ningún neno esqueza que houbo unha ditadura e que podemos volver a ela en calquera momento, porque nos libros de texto inténtase enmascarar o que pasou, unha traxedia e un asasinato brutal. Se esquecemos a nosa historia, volver a repetila é moito máis doado que se temos presente o que aconteceu. Nós cremos que cando se priva a liberdade das persoas tamén é autocracia Por outra banda, «Irmandade» parece un canto á sororidade. Era esta a idea da peza? «Irmandade» dedicámola a nós as tres, pero vai coa idea de que as mulleres nos temos que respectar, que temos que andar collidas da man. Non pode haber egos mal medidos, a vitoria dunha é a vitoria da outra. Tampouco pode haber competicións insás sobre quen é mellor, senón que deberiamos ir todas da man e pelexar esta guerra que temos en fronte, o feminismo. Non podemos empezar a dicir: «Eu non son feminista, eu non son machista». O feminismo, que é loitar xuntas todas polo mesmo, favorécenos ás mulleres, aos homes e ao conxunto da humanidade. Polo momento, consideran que Contrapunto está a ter boa acollida? Si, non pensabamos que funcionaría tan ben, pero hai moita expectativa e estamos moi contentas, sobre todo por atraer á rapazada, que é o público máis difícil de conseguir. Cóstalle moito dicir: «Escoito este tipo de música». Aínda hai ese estigma de música de vellos ou de aldea. Pero a nós cando nos din así, respondemos que vivimos na aldea e estamos moi orgullosas. Iso non é nada malo, non é un insulto chamar a alguén aldeán. Alguén da aldea é aldeán, punto. O rural tamén forma parte da Galiza e é o máis numeroso, moito máis que as cidades. En concordancia con iso, a súa xira pasará por Mos, Celanova e Burela, antes de Compostela. Hai unha procura por descentralizar os espazos habituais de exhibición? Iso non é nada malo, non é un insulto chamar a alguén aldeán. Queremos chegar a todas as partes, mesmo a espazos que non son moi coñecidos, pero que son moi bonitos, cun son e unha capacidade son acústica brutal. Parece que somos «sota, cabalo, rei», que imos sempre aos mesmos lugares. Queriamos, primeiro, que se coñecesen pobos que ao mellor certa xente nunca pisaría e, ao mesmo tempo, permitirlle a toda esa xente que vive alí crear un pouco de vida cultural."}
{"ID": "NOS_52660", "summary": "O BNG pon en marcha o proceso de designación da candidatura á presidencia da Xunta e aclara que non votará a favor da investidura de Sánchez a cambio de \"cheques en branco\".", "text": "A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, afirma que a súa formación traballará \"para que en 2020 se produza un cambio político\" na Galiza. E remarcou que para que sexa \"real\" terá que xirar ao redor do BNG\", ao que situou como \"a alternativa de futuro capaz de darlles solucións aos problemas sociais e económicos\" do país. Na súa intervención, após a reunión do Consello Nacional do partido, Pontón referiuse ao \"novo escenario político da Galiza\" que deixa ao Partido Popular co \"segundo peor resultado da súa historia\"; un datos, dixo, que lle impedirían a Feixoo renovar a \"maioría absoluta nas próximas eleccións de 2020\". Goberno de coalición Doutra banda, a voceira do BNG aclarou que a súa formación \"non ten decidido cal vai ser a súa posición de voto na investidura\" do Goberno de coalición pactado por Pedro Sanchez e Pablo Iglesias. Neste sentido, Ana Pontón sinalou que o BNG vai ser un \"muro firme na defensa de Galiza\" porque \"o escano do BNG é o escano de Galiza\". Explicou que a formación nacionalista non marca \"liñas vermellas\" máis non votará a favor a cambio de \"cheques en branco\". O apoio do BNG \"vai estar condicionado á receptividade da axenda galega, á defensa da democracia, os dereitos e as liberdades, e ao respecto ao marco da plurinacionalidade\". E asegurou que no arranque das negociacións, a vindeira semana en Madrid, o deputado Nestor Rego será o interlocutor dun partido \"disposto a falar\", aínda que \"dialogar non é compartir un monólogo\". Candidatura á Xunta Ana Pontón confirmou, ademais, a apertura do prodeso para a designación da candidatura á presidencia da Xunta, que se vai estender até o 18 de xaneiro de 2020."}
{"ID": "PRAZA_402", "summary": "É preciso ter un profesorado activo e motivado co seu traballo, que sexa quen de crear o ambiente ideal para o fomento das capacidades e talentos individuais de cada alumno; uns dirixentes sensatos e sen pretensións alleas (ideolóxicas, económicas...) á creación dun sistema educativo público e de calidade; e, sobre todo, unha cidadanía involucrada", "text": "Se agora mesmo saímos á rúa, escollemos ás dez primeiras persoas que nos atopamos e lles preguntamos \"do 1 ao 10, como de importante cree vostede que é ter unha boa educación?\", moi posiblemente a resposta non sería inferior ao 8. Dende logo, ningunha persoa daría menos dun 5. Evidentemente, todo cidadán de calquera país, considera a educación dos seus fillos un tema de especial relevancia. Sen embargo, gobernos coma o do Partido Popular, co señor Wert á fronte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, semellan estar máis preocupados por mellorar as cualificacións negativas que a OCDE lle da a España cada ano. Se logo de vinte anos de ministros preocupados por mellorar ditas notas e que aínda non se conseguira rematar con esa situación, onde está o problema? Gobernos coma o do Partido Popular, co señor Wert á fronte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, semellan estar máis preocupados por mellorar as cualificacións negativas que a OCDE lle da a España cada ano Segundo a OCDE, no seu informe do 2014, o 22,7% dos mozos entre 18 e 24 anos en España non continúa os seus estudos máis ala de 4º da ESO, situándose a media da Unión Europea no 11%. Ademais, vemos que o 45% do alumnado ao chegar aos 15 anos, repetiu algunha vez. Que motivos poden levar a un estudante a abandonar a súa propia educación? Que é o que se está facendo tan mal como para provocar que unha persoa perda a motivación por estudar? Moitos son os factores que poden levar a un mozo a abandonar os seus estudos, xa sexan persoais ou pola súa entorna; pero quizais o máis relevante sexa o feito de que a educación de hoxe está baseada en modelos de hai máis de 100 anos, totalmente obsoletos, xa que foron creados polas necesidades dunha revolución industrial que esixía cada vez máis man de obra. Enlazado con isto está outro dos diagnósticos levados a cabo polo goberno: o sistema educativo non está adaptado ao mercado laboral. Esta visión da educación como fábrica de traballadores lévanos a que materias consideradas máis \"útiles\" (como as ciencias e as linguas), acaparen a práctica totalidade da atención do currículum escolar, deixando de lado outras materias, como as humanidades, as artes ou a educación física por consideralas \"inferiores\" ou \"inútiles\". Organizacións e partidos políticos como EQUO non comparten esta visión da educación como unha factoría de man de obra, senón que ven na educación o espazo idóneo para o desenvolvemento de mentes creativas e orixinais, de cidadáns coñecedores da cultura e do mundo que os envolve; en definitiva, un espazo para fomentar o crecemento de persoas, sen deixar nunca de lado o gran valor que posúen as ciencias, as linguas, as humanidades, as artes e a educación física de cara á formación de persoas íntegras. Esta visión da educación como fábrica de traballadores lévanos a que materias consideradas máis \"útiles\" (como as ciencias e as linguas), acaparen a práctica totalidade da atención do currículum escolar O cambio non é doado. Para lograr a revolución da educación, precisamos, primeiramente, deixar de lado a comodidade e o conformismo. Todo cambio implica movemento, innovación e renovación, un cambio de mentalidade moi profundo; factores que de por si non resultan atractivos para quen non está interesado no tema ou que está moi cómodo co que coñece, co de sempre. Para todo isto é preciso ter un profesorado activo e motivado co seu traballo, que sexa quen de crear o ambiente ideal para o fomento das capacidades e talentos individuais de cada alumno; uns dirixentes sensatos e sen pretensións alleas (ideolóxicas, económicas...) á creación dun sistema educativo público e de calidade; e, sobre todo, unha cidadanía involucrada, interesada na educación, cunha nova relación e valoración do profesorado. EQUO e a Rede EQUO Xove aposta pola revolución educativa (entendida como contraria á evolución do sistema actual) Por todo isto, e moito máis, EQUO e a Rede EQUO Xove aposta pola revolución educativa (entendida como contraria á evolución do sistema actual). Unha educación 100% pública cun profesorado con formación de gran nivel, cuns centros educativos abertos e conscientes da realidade local, cun investimento forte e coherente, que aposte polas novas tecnoloxías, cun currículum escolar diverso que busque a educación de persoas e non de man de obra; en definitiva, un sistema educativo de hoxe e para hoxe."}
{"ID": "NOS_3400", "summary": "Unha alegoría que une o artístico e o político empregando o telexornal como trampolín para mergullarse nas augas do mito: A amnesia de Clío une ambición e talento para crear unha ópera contemporánea que aborda o tema das complicadas relacións entre a Arte e a Historia, entre o poder e o relato que o representa.", "text": "A produción de Voadora significaba un reto importante: dende O Mariscal, estreada en 1929, non se estreara unha ópera de gran formato en galego; e ademais, o espectáculo ía ir da man dunha linguaxe innovadora que desafiaba as rutinas e desconfianzas dun público que aínda ve con receo a renovacións musicais e escénicas que transformaron o xénero. A obra parte dunha anécdota real: a actual dedicación á pintura do ex presidente dos EEUU, George Bush, e o seu inopinado éxito cunha serie de retratos de veteranos da guerra de Iraq: unha guerra que el mesmo provocou, apoiándose en acusacións e probas falsas, e da que, agora, pretende \"capturar o sentido\". A amnesia de Clío. Dirección: Marta Pazos. Compañía: Voadora. 90 minutos O mercado da arte, esa mestura de capitalismo e fetichización da creación, rematou por lexitimar a obra e os retratos convertéronse nun éxito de vendas. A amnesia de Clío contrapón a figura dunha artista cun pasado escuro para interrogarse sobre o discurso artístico e a súa relación co poder que o financia, sobre a banalidade contemporánea que habilita calquera ocorrencia que dea titulares e réditos, e sobre a mirada feminista como un cabalo de Troia que cuestiona e renova as relacións entre a realidade e o relato que a interpreta. Superando todas as precaucións, a ópera de Voadora logra harmonizar todos os elementos creativos: o texto de Epelde, que se expresa a través do alusivo para outorgarlle ao público a potestade de descifrar a parábola oculta na trama; a partitura de Buíde, que trata os achádegos das vangardas do século XX como un elemento máis da tradición occidental e impulsa así o libreto musical e dramaticamente. Tamén a coreografía de Rut Balbís, que converte a danza nunha peza máis do armazón conceptual da obra; e a dirección de Marta Pazos que combina todas as achegas nunha posta en escena atrevida que sintetiza de xeito eficaz ese encontro entre política e arte. A convicción e o esforzo dos creadores consegue abrir camiños expresivos para interpretar a sociedade actual pero, ademais, demostran que dende o recoñecemento do talento propio pódense acometer proxectos perfectamente homologables aos que se desenvolven en calquera outra parte do mundo. Un triunfo que non debería pasar desapercibido e que debería servir de exemplo."}
{"ID": "NOS_5616", "summary": "O día 19 de setembro, o programa \"Altamira Brilla\" ofrecerá a posibilidade de participar nun abano de actos que inauguran a primeira festa histórica da comarca da Maía.", "text": "A Deputación da Coruña, a través da súa área de Patrimonio, que dirixe Xosé Luís Penas, xunto cos concellos de Brión e Ames, promove unha conmemoración o día 19 de setembro que recupera a historia da Batalla de Altamira e pon en valor as Torres como ben monumental que foi escenario do acontecemento. A idea é iniciar a efeméride a raíz daquel día 13 de xuño de 1471 en que aconteceu a gran batalla que tivo lugar ao pé das torres de Altamira que o ano próximo chegará aos seus 550 anos de historia. As torres de Altamira están consideradas Ben de Interese Cultural e situadas nun espazo privilexiado que as converte en magnífico miradoiro sobre o Val da Maía. Construído no século IX sobre o que foi un castro celta, as torres foron derrubadas no século XIV e levantadas de novo en 1471. Posibelmente un incendio no século XVIII contribuiría ao deterioro do ben que a finais do XIX foi utilizado como \"canteira\" para a construción. A Deputación mercou a propiedade en 1973 iniciando obras de limpeza e consolidación dos restos da fortaleza, dos que hoxe só fican en pé partes da muralla e da base dunha das torres, ademais dalgunhas fiestras con arcos da reconstrución de 1471. Actividades diversas A xornada dará comezo ás 12 horas no restaurante Ponte Maceira coa presentación do libro A Batalla de Altamira, nun acto no que estarán as súas autoras, Mercedes Vázquez e María Pilar Rodríguez, ademais do arquitecto Mario Crecente, que dará conta das actuacións que está a preparar a Deputación no monumento. Pola tarde, ás 20 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará unha representación da batalla de Altamira, no propio escenario das torres, unha posta en escena á que seguirá un convivio con bebidas e petiscos para as persoas participantes antes de que o concerto de Baiuca poña fin ás 21.30 á festa. Para participar será necesario reservar a entrada previamente. \"Con esta conmemoración queremos botar a andar unha festa histórica que agardemos que teña unha longa vida e que o ano próximo se poida desenvolver sen as restricións que agora temos\", explica Penas. A aposta do deputados pasa por converter as torres de Altamira en lugar de referencia patrimonial da Maía e recuperación da historia. A concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral, destacou que este tipo de actividades \"van a permitir dar a coñecer un importante episodio da historia da Galiza, que moitas persoas descoñecen\". Así mesmo, agradeceu o traballo que está a realizar a Deputación da Coruña co Plan Director para este monumento pois \"permitirá pór en valor as torres\". O concelleiro de Turismo de Ames, Manuel Lens, fixo especial fincapé en que os actos reivindican \"un dos monumentos máis esquecidos da comarca, como son as Torres de Altamira, que foron o motivo desta loita e o centro de operacións da familia dos Moscoso durante moitos anos\". Xestión de entradas O acceso ao recinto será en autobús, que sairá ás 19.15 horas da Carballeira de Santa Minia. Para participar na conmemoración será preciso mercar a entrada anticipada que incluirá a asistencia ás actuacións, petiscos e bebida, transporte ida e volta e o libro."}
{"ID": "NOS_13131", "summary": "O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, Sanxenxo, 1954), lembra que sendo estudante de Medicina, \"mesmo antes de ser concelleiro e de ser socio de Adega\", foi levado \"ao cuartelillo\" por \"colar uns cartaces contra as instalacións de Ence-Elnosa na ría de Pontevedra\". A Audiencia Nacional está a piques de ditar sentenza sobre a prórroga concedida á pasteira. Entrevistámolo aos poucos días do intento de agresión por parte dun grupo de traballadores de Ence.", "text": "Explican a nova ofensiva de Ence as declaracións do seu presidente sobre un posíbel accidente na ría e as mobilizacións de parte do cadro de persoal? Eu diría que Ence leva moitos anos coa mesma ofensiva. Xa antes de Colmenares [actual conselleiro delegado da empresa], mantivera unha reunión co presidente anterior, Méndez. Fora moi claro e dixérame algo moi significativo: é máis fácil cambiar a opinión pública que trasladar Ence. Desde entón trataron de mudar a opinión pública co fin de manterse na ría de Pontevedra. Segue a ser a mesma estratexia e ten a ver coa compra de vontades, con presións e ameazas. A idea deles é perpetuarse na ría porque lles resulta economicamente rendíbel. De estratexia non variaron, quizais son agora máis agresivos. A inminente sentenza da Audiencia Nacional sobre a prórroga que alonga a concesión até 2073 pode aclarar a situación. Que agarda vostede ao respecto? Espero que se teñan en conta os argumentos que usou o concello e que son contundentes. Por un lado, non se pode facer unha concesión máis alá dos 75 anos, que se fan en 2033. Por outro, para que estea localizada nunha zona marítimo-terrestre hai que xustificar que non pode estar situada noutros sitios e iso non se cumpre, pois non é imprescindíbel que estea en terreo gañado ao mar nin en zona marítimo-terrestre unha fábrica destas características. Ademais, están as incomodidades que causa desde o punto de vista de impacto ambiental e paisaxístico, xa que se impide que a ría se desenvolva como sector primario e espazo natural de alta calidade. Eu espero que a sentenza recoñeza todo isto. Todo apunta a que a sentenza vai ir nesa liña e por iso eles están usando todos os mecanismos para que non sexa así. A Avogacía do Estado coincide agora co seu Goberno en que a prórroga concedida a Ence en 2016 para manterse na ría 2073 non se axusta a dereito por colidir coa Lei de costas e coa Lei de patrimonio. Como entende que o Goberno de Raxoi aprobara esta ampliación da concesión? O PP pactou con Ence hai xa algúns anos intentar por todos os medios que a fábrica permaneza na ría de Pontevedra sine die. O PP aceptou que Ence siga onde está a cambio de que a empresa mudase a política informativa, meter cartos teoricamente no saneamento da ría, que non meteu, e comprar vontades, porque hai un plan social de Ence. Todo iso está encamiñado a xustificar que a fábrica siga no sitio. Algún día saberase que gañou o que está gañando o PP con esa aposta de pactar a permanencia de Ence na ría. Hai un pacto entre o PP e Ence que ten a ver con que pasasen polo menos dúas persoas no Consello de Administración da empresa que foron cargos políticos destacados do PP, como Isabel Tocino [ministra de Medio Ambiente] e Carlos del Álamo [conselleiro de Medio Ambiente da Xunta], e algún director xeral, cobrando ademais uns salarios desorbitados para 12 reunións que teñen ao ano. Hai unha conivencia clarísima entre o PP e Ence. Falaba agora de comprar vontades. Tratou Ence de compralas entre o seu Goberno nalgún momento? Indirectamente, a través de terceiras persoas, hóuboas. Non comprar a vontade de ninguén en concreto, senón do concello. Falaban de dar o que fixese falta a cambio de que mudásemos de posicionamento. Eran moitísimos cartos. Nalgún momento falaban duns 500 millóns de pesetas para que se lles garantise a permanencia. Ence coñecía desde o momento da privatización, en 2001, que a concesión remataba en 2018. Por que en todo este tempo non deu ningún paso para buscar un novo emprazamento? Porque están moi a gusto onde están: teñen o porto ao lado, o eucalipto ao lado, condónaselle o canon da auga, que os concellos e todas as empresas teñen que pagar e polo que Ence aforra entre cinco e seis millóns ao ano, desfrutan de terreos públicos... iso é unha bicoca, unha especie de dereito de pernada. Queren quedar aí e para iso presionan a todos os niveis: conseguiron mudar a Lei de costas para non marchar en 2018, agora queren moldear ao seu gusto a Lei de cambio climático para saltar a data máxima de 75 anos de dominio público marítimo-terrestre. Lembremos que a Lei de patrimonio di que non pode haber unha concesión en dominio público de máis de 75 anos e a súa idea é esa. Xa non formulan outra cousa. Entón é unha posición firme. Dicían de montar unha fábrica en Portugal ou no Brasil, mais é incoherente. Se así fose terían que facer un investimento semellante ao que farían noutra localización da Galiza. Eles están loitando para que as autoridades competentes cedan e poidan manterse na ría. Esa é a súa formulación fundamental. Sempre terei a dúbida de se o Goberno estatal e a Xunta defendesen unha postura coherente, Ence formularía unha alternativa?, Mais como Ence ten un pacto co PP... Eles queren sacar o máximo beneficio posíbel e prefiren gastar diñeiro en comprar vontades que en facer un traslado. Nós entendemos a postura das e dos empregados, mais os traballadores e as traballadoras teñen que exixirlle á empresa que faga un proxecto alternativa nunha localización legal e consecuente coa recuperación da ría. Esa é a única garantía de manter os postos de traballo no futuro. Hai sitios de abondo onde localizar a fábrica e aí teñen que negociar con quen ten as competencias en ordenación do territorio, a Xunta, e co Estado. Ningunha empresa demanda as facilidades que piden estes señores. Cando aquí compraron a fábrica sabendo que a concesión concluía en 2018 e que tiñan que devolver os terreos, a compra estaba máis que amortizada. Ence declara uns beneficios de entre 40 e 50 millóns despois de impostos ao ano. Se multiplicas iso por 60 anos, é un \"pelotazo\" tremendo. Afirmou que sentira medo físico diante da tentativa de agresión por parte dun grupo de traballadores de Ence. Que opinión lle merece a actitude do presidente da Xunta ao respecto? Quedou clara na pregunta e na proposición que formulou Luís Bará [deputado do BNG] no Parlamento, eles non condenan este tipo de agresións verbais e non verbais. O problema é que cando se entra nunha dinámica deste tipo, é moi complicado, porque a xente perde os papeis. Estou completamente seguro de que o que fixeron ao longo do tempo foi coa autorización e a conivencia do PP e da propia empresa. Non dan un paso adiante se non hai autorización por parte de Colmenares [presidente de Ence], ao que imos declarar persoa non grata. Eses métodos non son de recibo. Feixoo defendeu publicamente manter a fábrica na ría, mesmo recoñecendo os custos electorais que podería provocarlle en Pontevedra. Ten iso a ver co pacto entre PP e Ence? Hai anos falouse da posibilidade de trasladar Ence a unha localización na propia comarca e o PP semellaba estar a favor, mais deuse ese pacto e de aí veñen as propostas que están facendo, o cambio de táctica, o plan social... todo para manteren a fábrica na ría. O PP de Pontevedra está estes días no albo tras as declaracións do ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas e do ex xerente Cristóbal Páez, que apuntaron a pagos en diñeiro en negro. Sorpréndelle? Non sorprende. Sóubose que historicamente o PP contaba con financiamento extra e iso xa desde o Goberno de Fraga. De feito, o seu tesoureiro fora condenado e a Pablo Crespo mandárono para o PP estatal pola experiencia que tiña aquí. Todo o mundo sabe o que había no PP a ese respecto e queda cada vez máis claro. Moita da presenza do PP ten a ver con certos sectores que o apoiaron sempre e que están relacionados con actividades de dubidosa legalidade."}
{"ID": "PRAZA_5497", "summary": "Un comunicado conxunto da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) demada o remate das \"medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo\" vixentes dende 2012, \"especialmente dolorosas e dificilmente xustificables polo seu mínimo impacto económico\".", "text": "Os reitores das tres universidades galegas, ao igual que os dos centros universitarios de toda España, leron na mañá deste mércores un comunicado conxunto, redactado polo comité permanente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), no que esixiron o remate das políticas de recorte do gasto iniciadas en 2012, unhas \"medidas excepcionais que afectan ao estudo, á actividade docente e á investigación\" que, denuncian, son \"especialmente dolorosas e dificilmente xustificables polo seu mínimo impacto económico\". O texto denuncia que as \"medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo\" previstas no RD 14/2012 modificaron a Lei Orgánica de Universidades, afectaron \"a aspectos tan sensibles como os prezos públicos e a organización da actividade docente\" e, posteriormente, \"aos salarios, aos dereitos laborais e ás expectativas profesionais de todos os empregados públicos\". O texto lembra que os decretos sobre bolsas \"cambiaron a súa natureza de dereito pola dunha axuda pola que se compite, con requisitos académicos endurecidos que sofren quen máis as necesitan\" O manifesto salienta que \"o incremento dos prezos públicos dos graos e, moi por encima deles, o dos másteres, afecta ás posibilidades formativas dos nosos mozos nun momento especialmente negativo para o emprego\". E lembra que os decretos sobre bolsas \"cambiaron a súa natureza de dereito pola dunha axuda pola que se compite, con requisitos académicos endurecidos que sofren quen máis as necesitan\". De igual xeito, engade que \"as axudas Erasmus restrinxiron os seus criterios de concesión nos últimos dous anos\". Tamén sinala que \"o acceso á profesión académica atópase pechado para eles, salvo os resquicios que deixan as insatisfactorias taxas de reposición. Estas cercenan as perspectivas dos profesores universitarios na súa carreira académica e minan a motivación para a mellora permanente en docencia e investigación\". Os reitores explican que estas limitacións normativas \"provocaron que os cadros de persoal docente, investigador e de administración e servizos enchéranse de figuras e prazas interinas e precarias, algunhas recorridas polo propio Goberno, que resultan inadecuadas para a función universitaria, docente, investigadora e de xestión\". \"Ante as afirmacións dunha perspectiva de melloría económica en España\", os reitores \"pedimos a supresión das que vaian máis alá dun aforro racional e unha xestión eficiente e austera, no marco dos criterios orzamentarios que se fixen\" O comunicado amosa así mesmo a súa preocupación pola situación da investigación, na que os recortes tiveron \"consecuencias irreparables para moitos grupos de investigación\" e subliña que \"este entendemento da I+D+i como un gasto e non como un investimento contrasta coa política dos países máis avanzados\". O comunicado lembra que as medidas de recorte, segundo o Real Decreto que as aprobou, \"eran excepcionais e xustificáronse pola conxuntura económica do momento\". Deste xeito e \"ante as afirmacións dunha perspectiva de melloría económica en España\", os reitores \"pedimos a supresión das que vaian máis alá dun aforro racional e unha xestión eficiente e austera, no marco dos criterios orzamentarios que se fixen\"."}
{"ID": "NOS_2080", "summary": "A oposición denuncia a improvisación da Xunta na toma de decisións de medidas fronte á pandemia.", "text": "O portavoz do Partido Popular no Parlamento galego, Pedro Puy, subliñou esta segunda feira, 2 de novembro, que as decisións adoptadas pola Xunta se toman \"con rapidez\", sen \"improvisación\" e con base nas recomendacións do comité clínico que asesora a Administración galega conforme os criterios científicos e a evolución da pandemia. Así quixo sortear Puy as críticas do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista por anunciar o fechamento das cidades a pasada sexta feira con só dúas horas de antelación e non ditar o confinamento perimetral da Galiza. A oposición recrimina á Xunta entre outras cuestión que a falta de anticipacións no anuncio do feche das cidades prexudicou negocios como restaurantes que xa tiñan o material encargado para a fin de semana. \"A propia oposición puido comprobar que todos os alcaldes, entre os que hai militantes de ambos os partidos (PSdeG e BNG), apoiaron este tipo de medidas\", manifestou Pedro Puy, sen atender a que a crítica non viña polo fechamento das urbes senón por anuncialo tan só cun par de horas de antelación. O popular incidiu en que os cidadáns poden \"estar seguros\" de que as limitacións aprobadas polo Goberno galego \"non son improvisadas nin pouco meditadas\" senón \"guiadas polas circunstancias da pandemia\". Máis Xacobeo Mentres, en Pontevedra, a vicesecretaria de Política Social do Partido Popular, Ana Pastor, pediu ao Goberno español que inclúa nos Orzamentos Xerais do Estado \"partidas específicas novas para a celebración do Ano Xacobeo\", co obxectivo de que se poidan \"revitalizar\" o turismo e o Camiño de Santiago. Nunha visita ao albergue de peregrinos de Pontevedra, Pastor subliñou que o \"Xacobeo 2021 é chave non só para o sector do turismo senón tamén para o conxunto da economía na Galiza\". Ana Pastor destacou a \"seguridade\" das rutas de peregrinación ao desenvolvérense en lugares abertos, ao ar libre -aínda que obviou as pernoctacións- e lembrou que na Galiza o turismo baixou 30 puntos menos que no resto do Estado. A deputada do Partido Popular fai estas declaracións sobre os camiños internacionais cando os Estados veciños como Portugal, Francia, Reino Unido ou Bélxica xa voltaron ao confinamento domiciliario."}
{"ID": "NOS_21143", "summary": "Haberá que atrasar os reloxos unha hora. Así, ás 3 da madrugada serán as 2, unha modificación que afecta a todos os países da Unión Europea co fin de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.", "text": "Coincidindo co final do mes de outono chega o cambio de hora, que inaugura o tempo do inverno no reloxo. Desde o ano 1996 esta mudanza faise na madrugada do último domingo de outubro, que este ano cadra a día 31. Haberá que atrasar os reloxos unha hora. Así, ás 3 da madrugada serán as 2, unha modificación que afecta a todos os países da Unión Europea co fin de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural. Así, a partir deste domingo vai amencer antes e escurecerá o día máis pronto, até o seguinte cambio de hora previsto na primavera de 2022. Este horario de inverno supón na Galiza practicamente unha hora e media de desfase entre a hora solar e a oficial, tendo en conta que o mediodía solar -aquel onde o astro rei se atopa a unha maior altura- cae preto das 13.30 horas. A pesar de que tanto a Unión Europea como a meirande parte da cidadanía comunitaria -80%, segundo unha enquisa que consultou 4,6 millóns de persoas- esta a favor da eliminación dos cambios de hora, expertos como o catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Jorge Mira, e o tamén físico -no seu caso da Universidade de Sevilla- José María Martín Olalla, móstranse contrarios a eliminalo, xa que, como alerta Mira, \"sería equivalente a non contar cunha vacina que é capaz de arranxar un problema\"."}
{"ID": "NOS_43474", "summary": "Movementos crítico de Podemos na Galiza veñen de crear \"unha ferramenta a través dun partido instrumental que garanta que Podemos será federal\" e que \"Podemos teña na Galiza nas próximas citas electorais unha papeleta representando o partido fóra da Marea\".", "text": "Podemos 15M son as siglas do partido instrumental que vén de crear Somos Bases, movemento crítico de Podemos na Galiza do que forman parte secretarios municipais con cargo en vigor, outros xa dimitidos, militancia a nivel individual e a corrente Xuntos Podemos. Trátase dunha ferramenta que garanta que \"Podemos sexa federal (cando menos na Galiza) e que \"Podemos teña na Galiza nas próximas citas electorais unha papeleta representando o partido fóra da Marea\". Nun comunicado de imprensa, os promotores sinalan que o \"suxeito político novo\", en forma de partido instrumental, ten como finalidade contar cun \"espazo propio fóra da Marea\" que \"garanta a execución de políticas de renovación democrática necesarios e acordes co código ético de Podemos\". Piden total independencia da Marea Somos Bases reivindica \"máis democracia e transparencia\" e cortar \"de raíz\" as accións de \"amiguismo\" que \"tiveron lugar dentro do partido na Galiza\", así como a \"total independencia de Podemos da Marea, xerando máis participación dos círculos e das bases\". Cando isto se consiga, recolle a nota de imprensa, \"o suxeito político creado non terá obxecto e desaparecerá\". Os críticos acusan a dirección de Podemos na Galiza de \"vulnerar\" os dereitos democráticos Esta corrente crítica carga contra a dirección do partido no país, á que acusa de \"vulnerar\" os dereitos democráticos. En concreto acusa Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos na Galiza, de non render contas nin a nivel económico, nin de estratexia, nin de actuacións parlamentares. \"levan máis de 100 días desde as eleccións galegas sen convocar unha asemblea xeral que estaba comprometida desde antes dos comicios electorais\". O partido, xa rexistrado de maneira oficial Os críticos esperarán a que teña lugar a asemblea de Vistalegre para decidir \"se botar a andar con Podemos 15M de forma definitiva\". Din que dependerá de que se desenvolva \"un proceso de federalización serio, democrático e transparente\". Polo de agora, o partido aparece no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior, con data de creación do 2 de decembro de 2016. De feito, conta até con logotipo."}
{"ID": "NOS_1685", "summary": "A Xunta Xeral ordinaria de accionistas de Sermos Galiza S. A. concluíu cun chamado a se subscribir ao Diario Galego, o proxecto de xornal en papel promovido pola empresa.", "text": "A xunta, celebrada este sábado, valorou moi positivamente a iniciativa desenvolvida polo Consello de Administración, ao que instou, ademais, a poñer en marcha medidas para acadar os 3.000 subscritores e subscritoras antes do 31 de xullo de 2018. É dicir, ao longo de maio, xuño e xullo. Estes son os apoios e os prazos necesarios para que o novo produto xornalístico estea na rúa en 2019. O Consello de Administración, presidido por Xoán Costa, informou ao accionariado de Sermos das \"medidas específicas\" adoptadas no proceso e dos contactos realizados para conformar o grupo impulsor. Tres grupos de persoas traballan xa no proxecto do Diario Galego: un deles dedicado ás tarefas de impulso e lanzamento, outro para procurar subscricións e outro na dimensión xornalística. Nos tres hai persoas da empresa e outras alleas á mesma. A Xunta Xeral de accionistas tratou, a maiores, outros temas. As contas -por segundo ano consecutivo houbo resultado económico positivo- e o informe de xestión foron aprobadoas sen ningún voto en contra. A xestión ordinaria da empresa -funcionamento do semanario, do portal web ou da edición de libros- foi igualmente obxecto da xunta. Como tamén a valoración da conmemoración do quinto aniversario de Sermos Galiza, ocorrida entre o 26 de abril e o 25 de xullo de 2017. Nota: imaxe da Xunta Xeral de accionistas de Sermos Galiza S. A. do pasado sábado."}
{"ID": "NOS_50527", "summary": "Agromuralla afirma que provoca importanets danos.", "text": "A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla esixe á Xunta que, \"no exercicio das súas competencias e responsabilidades\", adopte \"medidas contundentes e definitivas para acabar coa praga dos xabalís\". Considera o xabaril \"unha auténtica praga\", pide á Xunta que así a declare e actúe contra ela \"ao igual que o fai contra outras pragas, como a da vespa velutina, a couza guatemalteca da pataca ou a avispiña do castiñeiro\". Agromuralla asegura que \"a invasión é bestial e xa se están a producir danos nas terras recén labradas de millo\". \"O número de xabalís é tal que non esperan nin sequera a que o millo estea nacido para ir a el, senón que seguen os regos para desenterrar os grans xusto despois da sementeira\", denuncian. \"O que os gandeiros labramos polo día desentérrano os xabalís pola noite, perdemos a semente, o abono e o traballo. Se xa estamos a ter esta cantidade de danos a estas alturas non quero nin pensar o que ocorrerá cando o millo bote a espiga e se achegue ao momento da recollida\", asegura Roberto López, presidente de Agromuralla. Na Galiza seméntanse unhas 70.000 hectáreas de millo forraxeiro cada ano, o que representa o 60% deste cultivo no conxunto do Estado Gandeiros de diferentes comarcas comezaron nas últimas semanas a labrar o millo nas súas terras están a sufrir os \"ataques\" do xabarín aos cultivos, obrigando en moitos casos a volver a resementar as leiras e provocando cuantiosos danos e perdas económicas ás explotacións, denuncia Agromuralla, que lembra que o cultivo dunha hectárea de millo custa de media uns 1.200 euros. Na Galiza seméntanse unhas 70.000 hectáreas de millo forraxeiro cada ano, o que representa o 60% deste cultivo no conxunto do Estado. O millo é, xunto coa herba, a principal fonte para a alimentación do gando, sendo a produción de forraxes propias para autoabastecemento das granxas unha das vías para o incremento da rendibilidade das explotacións. A asociación de gandeiras e gandeiros acusa a Xunta de \"non tomar en serio o problema\" e levar anos \"non facendo caso ás queixas do sector agrogandeiro ante uns danos que van a máis cada ano\". \"As batidas que se fan son claramente insuficientes e as cantidades indemnizatorias son ridículas, tendo que ter unha cantidade mínima de superficie danada para que che recoñezan o dereito\", explican."}
{"ID": "NOS_58286", "summary": "O centro de maiores, dependente da Consellaría de Política Social e situado no concello de Barbadás, advertiu de que sen o resultado da proba as e os traballadores non se poden incorporar. Os días de falta ao seu posto laboral descontaríanse dos seus salarios malia que os retrasos están na Atención Primaria. Denúnciao a CIG.", "text": "Unha representación sindical do persoal da residencia Nosa Señora dos Milagres, situada na localidade de Cabeza de Vaca, no municipio de Barbadás denunciou ante a Inspección de Traballo a súa situación polas presións para facerse as probas PCR da Covid-19. As e os empregados non se negan a someterse ao exame, mais segundo declararon a dirección do centro obrigalles a ter os resultados antes de incorporarse aos seus postos. Todo entraría dentro dunha certa lóxica e dun protocolo de seguridade de non ser porque até que obteñan o negativo \"non se poderá acudir ao posto laboral e iso correrá ao cargo da ou do traballador\". Así o denunciaron hoxe desde a CIG, mentres que a Consellería de Política Social -da que depende a infraestructura- asegurou que ía pedir a \"retirada de inmediato\" desta advertencia. A central sindical explicou que o conflito débese a que a xente empregada \"dos centros residenciais ten que realizar unha PCR 72 horas antes de reincorporarse\" ao seu lugar de traballo. Como puido saber polo cadro de persoal, \"a dirección da residencia colgou no taboleiro unha nota que dicía, textualmente, no caso de non dispor do resultado mesa data, os días non traballados correrán a cargo da ou do traballador\". Os retrasos que poidan darse non dependen do persoal, pois este está a \"ter problemas para que os centros de saúde\" fagan estas probas após das vacacións, unha baixa ou un permiso. O mesmo ocorre para os novos contratos, malia que se vaia con tempo a Atención Primaria. \"Esta ameaza de desconto salarial por non ter a PCR deixa en desamparo as traballadoras das residencias, que si queren facerse as probas\", destacou a CIG nun comunicado interno que tivo trascendencia nesta cuarta feira."}
{"ID": "NOS_13895", "summary": "O comité denuncia que a empresa non atende aos requirimentos que lle fan desde a Administración galega.", "text": "O futuro dos traballadores de Xeal segue no aire, igual que a súa sospeita a empresa pretende facer un ERE como paso previo a unha \"segregación encuberta das actividades\". Esta semana, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, asegurou que o cumprimento das condicións estabelecidas nas concesións de Xeal (antiga Ferroatlántica), sen segregación das actividades, e algo \"irrenunciábel\" para a Xunta, mais nin os traballadores nin os grupos da oposición ven unha postura férrea a este respecto. De feito, esta mesma semana, o deputado nacionalista Ramón Fernández Alfonzo esixiu á Xunta que \"se faga respectar como goberno\", no canto de estar \"en permanente estado de xenuflexión diante destas corporacións depredadoras\". Fíxoo horas antes de que o comité de Xeal informase de que a Xunta pedira á empresa o plan de viabilidade, mais que esta respondera cun \"simple plan de investimentos\" que agora está a analizar o Goberno galego. Pese á resposta inicial, a Xunta non desistiu e volveu requirir o plan, ao que o obtivo como resposta un recurso contencioso-administrativo por parte da empresa, que se ben despois remitiu \"outro proxecto industrial\", como apuntan desde o comité, non renunciou \"a continuar adiante co contencioso\". Diso informaron os representantes dos traballadores após reunirse co secretario xeral técnico da Vicepresidencia Económica e co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. \"Confirmouse que a empresa está a ignorar os requirimentos da Xunta a respecto do cumprimento das cláusulas das concesións, en concreto no relativo ao plan de viabilidade que está obrigada a presentar\", denuncia o comité. Despois de recibir un \"simple plan de investimentos\", a Consellaría volveu solicitar un plan \"conforme ao estabelecido nas cláusulas\", pero a resposta de Xeal, asegura o comité, foi presentar un recurso contencioso administrativo contra o requirimento da Xunta.\"Unha mostra máis da fraude da operación de venda e de que o único interese de TPG-Ithaka está no negocio da enerxía e non na produción de ferroaleaciones\", conclúe. Ante esta situación, os traballadores manterán o calendario de mobilizacións, no que se estaba prevista unha concentración esta sexta feira ante o Concello de Cee."}
{"ID": "NOS_4016", "summary": "A plataforma denunciou ante as Fiscalías de Ourense e Lugo os incendios decorridos o pasado mes de abril no Courel e A Fonsagrada. Considera que os destrozos foron causados pola Xunta.", "text": "O colectivo Por un monte galego con futuro, que traballa a prol da defensa ecolóxica e patrimonial da Galiza, vén de denunciar ante as fiscalías de Lugo e Ourense os lumes que decorreron no mes de abril na serra do Courel e na reserva da biosfera Oscos-A Fonsagrada-Terras de Burón por consideran que foron responsabilidade da Consellaría do Medio Rural. Segundo a plataforma, estes incendios tiveron lugar \"a consecuencia das queimas\" que realizaba o departamento da Xunta da Galiza e das que se perdeu o control. A través dun comunicado considera que o Executivo do país actuou \"con absoluto desprezo ao risco de lume dadas as condicións meteorolóxicas\" que había nesas semanas. Baixo o seu punto de vista, Medio Rural \"decidiu levar a cabo queimas presuntamente preventivas que incluso nalgúns casos saltaron das áreas previstas dando lugar a incendios forestais que destruíron importantes superficies de terreos protexidos\". Así insiste en que equipos enviados pola consellaría, \"co apoio da Unidade Militar de Emerxencias (UME), provocaron incendios na serra do Courel\". Neste sentido fala de danos nunha \"considerábel superficie no espazo protexido\". Aliás, atendendo ás súas afirmacións, as lapas chegaron ao monte Muradal, no concello da Fonsagrada, en plena reserva da biosfera\". Como engadido aos danos ecolóxicos, lembran que tamén houbo un \"importante gasto\" para as arcas públicas ao ter que apagar as lapas. Ao Courel acudiron \"cinco helicópteros, dous avións de carga en terra, motobombas\" e outra maquinaria pesada. Por un monte galego con futuro dálle máis peso á súa acusación porque, subliña, \"non é a primeira vez que se producen estas prácticas perigosas\". Mesmo fala dunha \"grave neglixencia con responsabilidade criminal por parte da Administración\" galega."}
{"ID": "NOS_28640", "summary": "Coalición Galega concorda coa visión exposta no manifesto Pola unión: Galiza existe e quere existir e afirma que aí están as claves \"do que debe facer o galeguismo para as próximas eleccións xerais.", "text": "A través dun comunicado, Coalición Galega mostra o seu apoio ao escrito no manifesto \"Pola unión: Galiza existe e quere existir\" xa que, segundo anotan, \"é posible e necesaria unha unión transversal, que non exclúa a ningún galego, que emane da cidadanía, que conte co a colaboración e complicidade dos partidos de obediencia galega\". Como prioridades para a vindeira lexislatura sitúan a rexeneración democrática, a cohesión social e o autogoberno nunha unidade que, engaden, ten que ser pensada para loitar contra a corrupción, o desemprego, a pobreza e a recentralización. O bipartidismo, sinalan no comunicado, converte \"o Parlamento Galego nunha institución inoperante e o goberno de Feijoo nunha delegación do goberno de Madrid, unha xestoría dos recortes orzamentais impostos polo goberno central en materia de saúde, ensino e dependencia\". Pola contra, apostan por \"políticas propias\" Reforma constitucional Desde Coalición Galega defenden a necesidade dunha reforma constitucional para acadar un modelo democrático, unha vez analizan a situación actual cunha política económica dirixida polo FMI e o IBEX 35, ausencia de democracia participativa, poder xudicial controlado polo político e clientelismo, nepotismo, corrupción e desigualdades sociais. \"Para iso precisase un grupo parlamentar importante en Madrid que poida defender estas teses\", rematan."}
{"ID": "NOS_21787", "summary": "O Tribunal Xeral da Unión Europea avala a liquidación da entidade e rexeita as indemnizacións.", "text": "O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) avalou onte a disolución de Banco Popular tras desestimar na súa totalidade os recursos presentados por parte dos accionistas contra a resolución da entidade bancaria en 2017, e o seu traspaso a banco Santander por un euro, polo que rexeita tamén a devolución do diñeiro das accións e unha compensación ás persoas demandantes. A sentenza do Alto Tribunal europeo, sobre a que cabe recurso, argumenta que a Xunta Única de Resolución (XUR) e a Comisión Europea \"non incorreron nun erro manifesto de apreciación\" ao considerar que Banco Popular \"achábase en grandes dificultades ou probabelmente fóra a estalo\". OCU querélase na Audiencia Nacional contra a cúpula do Banco Popular Así, o órgano xurisdicional europeo apunta que a liquidación de Banco Popular adoptouse \"validamente\" e \"con independencia\" dos motivos que levaron á entidade bancaria a atoparse en dificultades. Esta resolución fará que as persoas accionistas e acredoras do Banco Popular, entre as que se atopan centos de galegas e entidades como a Fundación Pedro Barrié de la Maza, queden finalmente sen compensacións polo proceso de liquidación do banco. Esa porta xa quedara fechada cando, en marzo de 2020, a Xunta Única de Resolución (XUR), a autoridade europea que asegura a resolución ordenada dos bancos en dificultades, concluíse que, de terse levado a cabo un proceso normal de insolvencia no caso do Popular, a operación houbese xerado custos moito maiores. Guindos defende a venda do Popular por un euro como \"a mellor solución\" O Popular, que en 2012 absorbeu o Banco Pastor, un dos históricos dos sector financeiro galego, foi liquidado e posteriormente vendido por 1 euro ao Banco Santander hai agora cinco anos, un movemento que deixou as accionistas e acredoras sen os seus cartos, o que levou moitas delas a recorrer á vía xudicial para recuperar parte do investido."}
{"ID": "NOS_3348", "summary": "Asegurouno á entrada dun encontro coa militancia da provincia, segundo recolle El Progreso.", "text": "Alberto Núñez Feijóo sinalou esta segunda feira (11 de abril) ás portas dun encontro coa militancia luguesa que as eleccións ao Parlamento seguirán o rumo previsto e terán lugar en outubro. \"Polo momento\", non tería pois previsto adiantar os comicios. Así o asegurou en declaracións á imprensa recollidas polo diario local El Progreso. No entanto, con anterioridade afirmou que un hipotético adianto electoral \"é unha opción\". Nunha entrevista publicada o domingo 10 de abril sinalaba que o adianto electoral é unha opción que está \"riba da mesa\" Así o dixo nunha entrevista concedida ao diario compostelán, El Correo Gallego e que foi publicada este domingo. Porén, na mesma tamén sinalaba que embora estar \"riba da mesa\" a posibilidade duns comicios adiantados tamén subliñaba o factor determinante que xogan as eleccións ao Congreso español na súa decisión. \"Non sabemos se haberá eleccións xerais e non gostaría de me precipitar\", apuntou. \"Comprendo, en todo caso, que os galegos se pregunten se é lóxico que sexan chamados ás urnas en xuño e en outubro\". Porén, nas súas declaracións esta segunda feira, semella ter claro que non se producirá o hipotético adianto e que Galiza manterá a súa cita electoral como estaba previsto, este outono."}
{"ID": "NOS_19052", "summary": "Recuperar a Deputación de Lugo. Esta é, segundo o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, unha das prioridades da formación, despois de que a perda do ente provincial lle supuxera \"un grave prexuízo\".", "text": "O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou que o partido que encabeza \"priorizará\" a recuperación da Deputación de Lugo, despois de que a súa perda lle causara \"un grave prexuízo\" á formación. Así o sinalou na súa intervención durante o Comité Nacional do PSdeG, recollida por Europa Press. Así, \"máis pronto que tarde\", Besteiro marcouse como obxectivo que a Deputación de Lugo volva estar a mans do PSdeG. A este respecto, afirmou que é necesario que o partido que encabeza volva estar á fronte da Deputación para \"plasmar o voto que expresou a cidadanía\" e lembrou que o PSOE acadou nas eleccións municipais \"os mellores resultados\" na provincia de Lugo da súa historia. Aproveitou Besteiro para celebrar que as deputacións da Coruña e de Pontevedra estean lideradas polo PSOE despois do pacto asinado co BNG en ambos os entes. A Deputación de Lugo está gobernada por Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, despois de que o PSOE, tal e como lle exixía o BNG, retirara a proposta de Manuel Martínez, o alcalde de Becerreá imputado, á presidencia. Tras retirar esta proposta, o PSOE presentou a Darío Campos, mais o alcalde de Becerreá votou por el propio na primeira volta, e en branco na segunda, propiciando que o PP se puxera á fronte do ente provincial."}
{"ID": "NOS_15472", "summary": "Grupo parlamentar nacionalista e Executiva da CIG mantiveron unha reunión na que acordaron reforzar a colaboración na defensa dos traballadores e combater un modelo laboral \"baseado na precariedade\".", "text": "Ana Pontón anunciou que o BNG vai reclamar unha comisión de estudio sobre o sistema de pensións no Parlamento galego e denunciou as manobras do PP para, dixo, poñer en mans de fondos privados o que é \"una conquista social dos traballadores\". A portavoz parlamentar nacionalista realizou este anuncio após a xuntanza mantida entre o grupo do BNG na Cámara do Hórreo e a Executiva nacional da CIG, reunión na que acordaron reforzar a colaboración en eidos como a defensa dos dereitos dos traballadores. Pontón considera que a comisión permitirá poñer sobre a mesa \"un diagnóstico da realidade e propostas de futuro\" sobre o sistema de pensións. Neste sentido, apuntou que as rendas do capital deben gravarse con maior medida para garantir pensións dignas. A Comisión de estudo estaría integrada por parlamentares, axentes sociais, forzas sindicais e patronal. A portavoz do BNG tamén lembrou que o modelo laboral impulsado polo PP baséase na precariedade, denunciando que o 95% de novos contratos son precarios e un 31% dos traballadores e traballadoras galegas \"non chegan ao salario mínimo interprofesional\" . Seixo Suso Seixo, secretario xeral da CIG, apuntou que a colaboración co BNG permite trasladar ao Parlamento a problemática laboral e social a través de debates e iniciativas que favorecen visibilizala na sociedade e denunciala nas institucións. Seixo afirmou que da precariedade laboral tamén se deriva a precariedade de dereitos laborais. Nun mercado laboral onde cada vez os salarios son máis precarios, explicou, con xornadas máis longas con horas sen cotizar \"baleiras a caixa da Seguridade social\" e se sumas as subvencións e contratacións que non van a cargo dos orzamentos do Estado pero son cargadas na SS \"baleiras o fondo de reserva e pos en risco o futuro das pensións\". O secretario xeral da CIG apostou nunha \"política fiscal que grave as fortunas e rendas máis altas como garante do sistema público de pensións fronte a un sistema privado que especula en mercados financeiros\"."}
{"ID": "PRAZA_4687", "summary": "O país supera a media estatal de cartos alleos ás canles legais, con Lugo á cabeza dende o inicio da crise. Os técnicos de Facenda alertan das graves consecuencias a longo prazo deste fenómeno, que analizan como \"un problema moral\" da sociedade.", "text": "Medir a fraude económica en xeral e a economía mergullada en particular non é doado \"por razóns obvias, ninguén está disposto a declarala\". Os técnicos do Ministerio de Facenda agrupados en Gestha parten desta premisa antes de tentar \"medir algo que non é observable directamente, na maioría das ocasións\", pero que é sabido que existe no ámbito español e, ademais, \"nun nivel importante\". Evitar o pago de impostos ou de cotizacións á Seguridade Social, pasar por riba das normas laborais ou evitar procedementos administrativos son algúns dos sinais deste fenómeno, que Gestha vén de cuantificar e que en Galicia supera unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB), chegando ata o 25,6%. Para elaborar este estudo, no que Gestha foi quen de descender ata o nivel provincial baixo a dirección do profesor Jordi Sardà, da Universitat Rovira i Virgili, os seus técnicos botaron man dun método que se apoia en múltiples \"variables causais\", tales como o número de traballadores e traballadoras no réxime de autónomos, as taxas de desemprego, o valor engadido bruto do sector da construción, a renda e o PIB per cápita, o peso das cotizacións á Seguridade Social, os custos laborais, o consumo de electricidade ou a taxa de actividade, tirada da EPA. Con todas estas cifras sobre a mesa, acompañadas de estudos anteriores elaborados por outros organismos, chegan a concluír que a crise disparou as relacións económicas á marxe do fisco, que no conxunto do Estado superaban en 2012 os 200.000 millóns de euros, o 24,6% do PIB. As catro provincias galegas superan, con Lugo á cabeza, a media estatal de cartos alleos ás canles legais Con Galicia no seu conxunto por riba da media estatal o nivel de detalle deste estudo permite coñecer que o comportamento a este respecto non é homoxéneo en todo o país e que dende o inicio da crise foi especialmente intenso nas provincias do interior. Así, a primeira referencia que ofrece Gestha, no período 2000-2003, situaba a Lugo como a provincia con menos economía mergullada, co 20,9%, seguida da Coruña, co 23%, Pontevedra, co 23,2% e Ourense, que lideraba o estudo co 23,6%. Pero xa no comezo das turbulencias económicas o panorama variara notablemente, e Lugo era a provincia galega con máis cartos á marxe dos cauces legais, chegando case ao 30%. Superaba así a Ourense (24,3%), Pontevedra (22,2%) e A Coruña (19,3%). A referencia máis recente da que dispoñen os técnicos de Facenda é a do ano 2012 e nela Lugo segue á cabeza de Galicia. Tras un lustro de crise a provincia luguesa chega ao 28,3%, case catro puntos por riba da media estatal, Ourense e A Coruña ascenden ao 26,5% e Pontevedra tamén incrementa a fraude, pero menos, quedando no 25,4%. Todas superan, en todo caso, o nivel medio do Estado español e, no caso de Lugo, só sete provincias (Almería, Zamora, Albacete, Granada, Cáceres, Badajoz e Córdoba) teñen máis fraude. \"Un problema de moralidade\" Unha vez coñecidos os datos, é posible definir as consecuencias? Para Gestha, a existencia destes niveis de economía mergullada \"é un problema de primeira orde que pode distorsionar os valores de diferentes macromagnitudes\" tan relevantes como a renda per cápita, \"que é a que se utiliza como referencia para o reparto de fondos de axuda internacional\", e polo tanto \"dificulta o deseño de políticas económicas que están baseadas nelas\". Do mesmo xeito, explican, \"a economía mergullada produce competencia desleal\" entre o empresariado e \"evasión de impostos\". Ao tempo, os técnicos de Facenda poñen o acento nos problemas que a economía mergullada trae consigo para o persoal asalariado: \"malas condicións laborais, escasas ou nulas medidas de seguridade\", ausencia de pagamentos á Seguridade Social e \"importantes consecuencias a longo prazo\", como a falta de pensións de xubilación. \"Cando unha sociedade percibe que estas actitudes prexudican a colectividade, minimízanse\" Pero, como calquera fenómeno político ou económico, este tipo de fraude non é unha praga bíblica, senón un produto de actuacións das persoas. \"Por tras da existencia dun determinado nivel de economía mergullada está o que unha sociedade quere ser\", afirman os autores do estudo, que se amosan convencidos de que este é, \"basicamente, un problema de moralidade\". \"Cando a unha sociedade non lle parecen condeables certas actitudes\", como \"non pagar o IVE ou defraudar a Facenda\", esta sociedade \"está optando por unha economía cun elevado índice de economía mergullada\". Mentres, \"cando unha sociedade percibe que este tipo de actitudes prexudica a colectividade e son condenables, o problema da economía mergullada minimízase\"."}
{"ID": "NOS_41022", "summary": "Membros do Goberno galego farán parte da nova dirección do PP español que saia elixida hoxe e mañá do Congreso de Sevilla onde se designará Alberto Núñez Feixoo como novo presidente. Isto é o que deu a entender onte o propio Feixoo, ao manifestar que el considera que \"si que debería de haber\" representantes do Executivo galego en postos da directiva que sexan \"compatíbeis\" con seguir na Xunta.", "text": "\"Creo que si debe haber membros do Goberno galego que poidan asumir responsabilidades no PP nacional porque os coñezo moi ben e poden achegar moito á política nacional\", dixo onte Alberto Núñez Feixoo na rolda de prensa após o Consello da Xunta. Eses membros do Executivo galego, aclarou, ocuparían aquelas responsabilidades da dirección do PP español que permitisen\"compatibilizar\" con seguir no Goberno galego, como son, citou, as Secretarías Executivas. Núñez Feixoo evitou dar nomes, mais no seu Goberno hai conselleiros que están moi ligados á súa figura e que mesmo o acompañaron como asesores desde os seus inicios á fronte da Xunta da Galiza, como o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde. A preguntas dos xornalistas, o aínda presidente galego evitou pronunciarse a favor de que o seu sucesor á fronte do PP galego —os estatutos do partido marcan que o candidato á Xunta ten que ser o presidente do PP—, sexa eleito nun congreso, tal e como demandan algúns sectores. Tamén evitou adiantar nomes sobre quen serán seus compañeiros e compañeiras na ponte de mando do PP español, se ben mentres se estaba a desenvolver o Consello da Xunta, a conta oficial de Núñez Feixoo en twitter informaba que Cuca Gamarra era a persoa elixida para ser a nova secretaria xeral do Partido Popular español A respecto da súa sucesión á fronte da Xunta, indicou que esta empezará para a semana, se ben se prolongará un tempo. \"A partir da presidencia do PP español\", dixo, \"empeza a quenda de cambio na presidencia da Galiza\". Remitiu aos estatutos do partido para o proceso de elección do presidente do PP e dixo que el non era partidario de nomear \"por dedazo\". Medidas sen aprobar Hai dúas semanas o presidente da Xunta anunciaba un paquete de medidas destinadas a paliar a crise de prezos e o seu impacto. Onte, 14 días despois, o Consello da Xunta anunciaba que se daba \"luz verde\" a unha delas, o bono social térmico. Até onte, as medidas anunciadas por Feixoo para combater a crise non se publicaran no Diario Oficial da Galiza (DOG), polo que non se activaron. Iso non impediu ao presidente cargar onte mesmo contra o plan de choque aprobado polo Goberno español. \"Deberíao facer antes e mellor\", sinalou, criticando que \"ese plan nace sen diálogo\"; e atacar o Executivo de Pedro Sánchez por ter \"o gasto de Goberno máis caro da historia\". Montes O Consello da Xunta aprobou a consulta previa para poñer en marcha a nova lei de montes en man común, figura que ocupa 22% da superficie da Galiza. \"Hai que regular eses montes de forma realista\", afirmou Feixoo a respecto dunha lei da que desconfían os comuneiros por, dixeron, \"privatizadora\". O presidente sobre Eulen: \"É curioso que volva saír agora\" O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pronunciouse após o Consello da Xunta de onte e a preguntas de Nós Diario sobre o veto do PP a que o Consello de Contas audite os contratos da Xunta con Eulen desde 2009, compañía da que é directiva a súa irmá. A Xunta, desde a chegada de Núñez Feixoo á Presidencia en 2009, formalizou con Eulen contratos por contía de 37 millóns de euros. Feixoo considera \"curioso\" que sexa agora \"cando hai un Congreso do PP esta fin de semana\" que \"volvamos estar a falar disto\", en referencia a Eulen. \"Preocupación cero\", dixo Núñez Feixoo, que indicou que todos os contratos públicos da Xunta están publicados no Portal de Transparencia, polo que non hai \"escurantismo\" ningún. O BNG rexistrou onte unha batería de iniciativas no Parlamento galego para esixir \"explicacións urxentes\" ao Goberno galego polos \"numerosos e cuantiosos\" contratos adxudicados a Eulen. A formación nacionalista reclama, por unha banda toda a información relativa aos expedientes de contratación nos que resultou adxudicataria a compañía desde 2009 e, por outra, unha auditoría técnico-xurídica, \"externa e independente, sobre o procedemento e os criterios técnicos seguidos nos contratos públicos outorgados\"."}
{"ID": "PRAZA_7497", "summary": "A formación pasou ao español o poema musicado Os Heroes do Orzán no concerto que ofreceu na vila arousá o pasado 30 de decembro \"para adaptala ao tipo de público que asistía a un concerto destas características\"", "text": "O pasado 30 de decembro a Banda de Música de Vilagarcía de Arousa ofreceu un concerto no auditorio municipal da vila arousá. O rechamante deste recital estivo en que a formación decidiu traducir ao castelán unha peza baseada nun poema orixinal en galego, Os Heroes do Orzán, \"para que se entenda\" e \"para adaptala ao tipo de público que asistía a un concerto destas características\". A composición, dedicada aos policias que hai uns meses faleceron ao intentar rescatar do mar ao estudante eslovaco Tomas Velicky, é obra de Antón Alcalde. A obra, composta para unha agrupación sinfónica, acompáñase dunha narración -en galego- dos feitos. Cando esta obra foi estreada o 4 de novembro no Palacio da Opera da Coruña si se respectou a súa versión orixinal en galego. O director da banda distingue entre os espectadores \"afeitos ao galego\", coma os nenos, e os que non o están O director da banda, Suso Nogueira, explicou en declaracións a La Voz de Galicia que afondar neste asunto non constitúe \"máis que un exercicio de buscar polémica\". Engadiu que distingue entre os espectadores \"afeitos ao galego\", poñendo como exemplo a peza infantil Pedro e o Lobo, que si se interpretou en galego, e aqueles que non gozan de suficiente familiaridade co idioma, dando a entender que os nenos e nenas si están afeitos a escoitar obras en galego e que os adultos non."}
{"ID": "NOS_20274", "summary": "Crece a polémica e desde a candidatura Xunt@s Podemos presentan recursos e piden que a dirección estatal identifique xa ás persoas que cometeron as presuntas incidencias e non entenden que se lles obrigue a esperar seis meses para resolver o conflito.", "text": "Persoas inscrit@s no Círculo Podemos de Ferrol, pertencentes á candidatura de Xunt@s Podemos, presentaron recursos a título individual contra a decisión da Comisión do Consello Cidadán para os Procesos Constituíntes Territoriais de anular e invalidar as eleccións primarias celebradas nesta cidade para elixir ao seu secretario local e consello cidadán. Nunha rolda de prensa ofrecida nunha cafetería de Ferrol, varios destes inscriptos reclamaron aos órganos do partido en Madrid que \"clarifiquen as anomalías\" e digan \"cales son e quen está detrás destas supostas incidencias\", declarou Maximino López. Esta corrente tamén manifestou que a resolución que coñecen a día de hoxe \"non se fundamenta en ningún artigo nin en ningún reglamento existente no partido, é arbitraria\". Pola súa banda, un dos portavoces, Cheto Rico, criticou que desde a dirección do partido impoñan que haxa que agardar \"polo menos\" seis meses para volver convocar o proceso de primarias en Ferrol. En concreto, indican que non se describiron as \"anomalías\", nin os \"argumentos\", polos que se decidiu declarar \"fraudulentas\" estas eleccións, ademais de non identificar a que candidaturas afectan as mesmas e a quen son \"imputables\"."}
{"ID": "NOS_29056", "summary": "Nunha década as asalariadas e asalariados galegos perderon 255,22 millóns segundo un estudo feito público por UXT na Galiza. O sindicato denuncia que, \"a pesar do crecemento económico que se rexistrou na Galiza ao longo dos últimos cinco anos, o mercado laboral é de baixa calidade\" e que a clase traballadora empobreceu mentres a patronal viu aumentar os seus beneficios.", "text": "Un estudo publicado polo sindicato UXT sinala que as traballadoras e traballadores da Galiza perderon en tan só unha década 246,22 millóns de euros mentres o empresariado viu medrar os seus beneficios. Desde este sindicato criticaron que o \"mercado laboral\" do noso país e de baixa calidade a pesar do \"crecemento económico que rexistrou a Galiza ao longo dos últimos cinco anos\". Tal e como sinal a Unión Xeral de Traballadores no seu comunicado, as asalariadas e asalariados galegos viron diminuír o seu salario desde 46,9% de renda a 42,4%. Mentres, critica a organización sindical que o empresariado incrementou as súas riquezas, pasando de 45% a 47,95% de renda en dez anos, un total de 4.348 millóns de euros. As asalariadas e asalariados galegos viron diminuír o seu salario desde 46,9% de renda a 42,4% Para a UXT \"resulta evidente quen foi e quen seguen sendo as pagadoras dunha crise que non xeraron: as traballadores e as súas familias\". Este sindicato fai fincapé en que a repartición é \"desigual\" polo que \"saen gañando as rendas empresariais\". Por iso, o sindicato sinala de \"precario e sen estabilidade\" o mercado laboral e que, por tanto, \"non permite consolidar uns ingresos dignos\". Ademais, destacou o \"absurdo fluxo\" de entrada e saída de emprego que sofren as galegos e galegos. Conforme a isto, entre 2014 e 2018 producíronse un total de 14.594.045 movementos na Seguridade Social, o que o sindicato tacha de \"incríbel e absurdo\", ademais de \"inxusto\". O sindicato urxe a derrogar as reformas laborais para \"retomar o camiño do crecemento para todas e todos\" Con esta información, a UXT sinala como causante da perda de poder adquisitivo e dereitos as reformas laborais impostas en 2012, xa que considera que agravou a situación. O sindicato urxe a derrogar as reformas laborais para \"retomar o camiño do crecemento para todas e todos\"."}
{"ID": "NOS_42035", "summary": "Galiza é o terceiro territorio do estado cos salarios máis baixos. O soldo medio no país é de 20.242 euros, 2.500 menos que no estado. A fenda entre homes e mulleres segue a ser destacábel", "text": "O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar a súa enquisa de estrutura salarial. Un informe de mercado laboral en que se plasma que Galiza é o terceiro territorio do estado en ter os salarios máis baixos, só superada por Extremadura e Canarias. No país, o soldo medio é de 20.242 fronte aos 22.790 do estado, un 11,2% inferior. Mais nese salario medio no país tamén existe unha importante fenda por cuestión de xénero. Os homes gañan de media 22.626 euros entrementres as mulleres quedan en 17.691. Por sectores, na industria o salario medio está en 22.135 euros, en servizos anda pola volta de 19.700, entrementres en servizos sitúase en perto de 18.000. Canto ás actividades con peores salarios, estas son as que atinxen á hostelaría, actividades administrativas e servizos auxiliares. Temporalidade Xa a nivel de estado, o informe que vén de publicar o INE constata aspectos de interese que revelan a realidade do mercado labora. Así, os e as traballadoras temporais gañan de media un 32% menos que os e as fixas. Cómpre lembrar que os datos do INE non veñen máis que constatar informes e documentos presentados no seu momento por diferentes organizacións e colectivos. Un exemplo está no sindicalismo. O Gabinete Técnico de Economía da CIG, a partir de datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, elaborou un destes documentos. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada, porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis e contratos de escasa duración. O 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI (un 15 % apenas a metade deste). Conxuntamente recibiron o 6% do total da masa salarial dos galegos/as. O 1,5% das persoas asalariadas en Galiza de maiores ingresos (máis de 7,5 veces o SMI) percibiu o 7,7% do total das rendas salariais galegas. Os números falan por si propios: o 1,5% das persoas asalariadas de maiores ingresos acapasen unha maior porción da masa salarial que o 27% de menores ingresos"}
{"ID": "PRAZA_4645", "summary": "A esquerda necesita unha renovación ampla e novos instrumentos para o século XXI, sen ningún tipo de dúbidas, e por iso necesitamos seguir ensaiando e experimentando. Pero tamén necesita estratexias cooperativas de longo alcance. De non ser así, seguiremos na procura novas marcas e xogando ás cadeiras, mentres as elites do réxime (PSOE-PP-CiU) seguen dirixindo as nosas vidas", "text": "Nas últimas cinco convocatorias electorais non repetín ni unha soa vez a mesma papeleta. Pode parecer consecuencia dun desequilibrio persoal, pero no fondo trátase do diagnóstico dunha doenza colectiva. O diagnóstico chámase \"crise da esquerda política\" e a súa cura pasa pola renovación e a converxencia da que emerxan novos instrumentos políticos. Agora ben, a doenza ten outras complicacións asociadas cuxa presenza pode impedir a recuperación: infantilismo, sectarismo, personalismo, fanatismo… O capital político en democracia dano os votos. Os votos din que IU e as súas federacións son o colector máis importante de recepción de votos na esquerda e, polo tanto, vertebradoras necesarias dunha alternativa global O capital político en democracia dano os votos. Os votos din que IU e as súas federacións son o colector máis importante de recepción de votos na esquerda e, polo tanto, vertebradoras necesarias dunha alternativa global; que existe unha realidade plurinacional que implica que estean presentes forzas como ERC, Sortu ou BNG; que as propostas renovadoras como ICV, Chunta, Compromís ou MES, ocupan un espazo central nas súas comunidades. E que cando existen fórmulas unitarias coa combinación dos anteriores elementos –unidade, transversalidade, renovación– o resultado supera as expectativas (AGE). As transformacións son procesos de maduración lentos, e cando se producen saltos cualitativos (na terminoloxía hegeliana) ou saltos de emerxencia (na terminoloxía cuántica) ou episodios disruptivos (na terminoloxía da socioloxía \"movementista\"), estes están condicionados por procesos de moita máis longa duración e profundidade que determinan o desenlace dos procesos de cambio. Estou convencido que PODEMOS responde ao mesmo cansazo que algunhas persoas en Galicia están a ter con respecto a aparatos máis próximos Comparto todas as análises negativas, e máis que se poidan facer sobre IU, e de feito teñen a súa parte alícuota na desafección; e estou convencido que PODEMOS responde ao mesmo cansazo que algunhas persoas en Galicia están a ter con respecto a aparatos máis próximos. Cando se produciu a finais dos 90 a crise de IU con sectores da organización e con ICV e EU-EG, a organización levaba varios anos perdendo apoios sociais e electorais. Acertadamente ou non, necesitábase reaccionar. Cando se produciu a crise do BNG a finais da década anterior que desembocou na marcha de EI e +G, e posteriormente toda a reordenación da esquerda galega, a organización levaba varios anos perdendo apoios sociais e electorais. Era imprescindible reaccionar. Os procesos pretendían cambiar o rumbo de organizacións que perderan o pé e que xa non eran un perigo para a dereita. PODEMOS pode ser, ademais dun síntoma, unha proposta de renovación, pero para iso faría ben en fuxir da lóxica de axustes de contas históricos e divisións ideolóxicas estériles O proceso impulsado pola plataforma PODEMOS dáse nun momento de crecemento social e electoral de IU, cando IU sumada a ICV, Chunta, Batzarre, Espazo Ecosocialista e outros que se incorporarán a unha alianza máis ampla e plurinacional que podería poñer en perigo ao bipartidismo que sustenta o réxime. As sondaxes, mesmo as peores, danlle resultados nunhas xerais do 13%, isto quere dicir que nunhas europeas podería estar preto de crear unha sensación de previa de sorpasso a nada que fose capaz de integrar outras forzas. Unha pequena (gran) diferenza a ter en conta. PODEMOS pode ser, ademais dun síntoma, unha proposta de renovación, pero para iso faría ben en fuxir da lóxica de axustes de contas históricos e divisións ideolóxicas estériles. Na transición trabucáronse, ben por defecto ou ben por exceso, tanto o PCE como as múltiples esquerdas rupturistas. Por outra banda, a dicotomía stalinismo-trotskismo é a estas alturas unha disputa para historiadores, máis cando o PCE procede dunha tradición eurocomunista. Hoxe mesmo, no aniversario de Gramsci, cabe lembrar, ademais da súa xenerosidade, algo que cada día está máis ausente nos dirixentes actuais da esquerda, que foi crítico cos marxismos existentes, e tentou liberar o socialismo do mecanicismo e o formalismo onde o metera o Programa de Gotha e a socialdemocracia alemá, e á súa vez puxo en evidencia os problemas ontolóxicos que formulaba o leninismo. Pola súa banda, o stalinismo constitúe a deriva bonapartista da revolución soviética, pero cabería dicir que o pensamento de Stalin e de Trotski son coincidentes en moitas cousas, pois elevan a categoría universal formulacións que Lenin elaborou para un contexto histórico e xeográfico. Precisamos liberarnos do concepto leninista de partido vangarda se queremos construír as hexemonías sociais que imaxinaba Gramsci. E aquí se atopa o reiterado erro da esquerda: dar continuidade a modelos leninistas en lugar de modelos cooperativos. Calquera proxecto que non disolva os anteriores, ou cando menos non os recoloque, volverá a posuír un partido (grupo) guía no interior que xerará unha nova e cada vez máis grande frustración. A esquerda necesita unha renovación ampla e novos instrumentos para o século XXI, sen ningún tipo de dúbidas, e por iso necesitamos seguir ensaiando e experimentando. Pero tamén necesita estratexias cooperativas de longo alcance A esquerda necesita unha renovación ampla e novos instrumentos para o século XXI, sen ningún tipo de dúbidas, e por iso necesitamos seguir ensaiando e experimentando. Pero tamén necesita estratexias cooperativas de longo alcance (afastadas de aventuras electoralistas e de construcións colectivas alleas a caudillismos) e baseadas na intelixencia colectiva que poidan xerar alternativas fuxindo de populismos e de receitas simplistas. De non ser así, seguiremos na procura novas marcas e xogando ás cadeiras, mentres as elites do réxime (PSOE-PP-CiU) seguen dirixindo as nosas vidas e producindo moita dor nas persoas. Como dicía Hegel, \"nada grande se fixo no mundo sen unha grande paixón\", pero despois das europeas a vida política continúa, os problemas tamén e a esquerda deberá seguir presente."}
{"ID": "NOS_57205", "summary": "O portavoz nacional Xavier Vence afirma que os orzamentos implican manter desemprego e desigualdade.", "text": "O BNG considera que os orzamentos de 2015 constatan que o modelo de financiamento actual está \"esgotado\" e resulta discriminatorio para Galiza, que segue a recibir menos do que lle corresponde afondando nunha balanza fiscal negativa. Así o manifestou o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, para o que as cifras plasmadas no proxecto enviado a Cámara \"non son realistas\". O BNG formula catro propostas concretas para aumentar os ingresos públicos. Incrementar o IRPF ás rendas superiores a 100.000 euros, aumentar o imposto sobre o patrimonio para as grandes fortunas cunha escala de tramos, crear unha taxa ás grandes superficies para frear un modelo que engole o comercio local. Por último, aplicar un imposto aos depósitos bancarios, para aumentar os ingresos públicos a través das rendas financeiras. \"Un modelo alternativo no que as rendas altas, os grandes patrimonios e a banca aporten máis ás arcas públicas\", explicou Vence, avanzando que estás serán propostas que defenderá o BNG no Parlamento durante o debate dos orzamentos e da lei de acompañamento. Recortes \"Continúan a política de recortes que aplica Feijóo desde 2009, non serven para reactivar á economía, non crean emprego e degradan os servizos públicos como a sanidade ou a educación\", denunciou o portavoz nacional, Xavier Vence, quen avanzou que só servirán para \"prolongar a crise e a destrución de emprego, sobre todo nun contexto no que volve asomar a recesión\". \"Como pode Feijóo e o PP falar de rexeneración democrática e persistir nesta forma escurantista de lexislar que só serve para atender intereses inconfesables de lobbies ou poderes amigos do Partido Popular?\" , denunciou Vence."}
{"ID": "NOS_925", "summary": "Copa de España de Promesas en Verducido.", "text": "Pontevedra converteu en hábito a súa doce e prolongada lúa de mel co piragüismo. Case sen tempo para que os e as amantes deste deporte rei se recuperaran das emocións vividas nas últimas semanas, coa presenza de varios dos mellores padexeiros e padexeiras do mundo no encoro de Pontillón do Castro, o Complexo Deportivo David Cal de Verducido prepárase para volver vibrar co espectáculo da velocidade mañá e o domingo 15 de maio. Nesta ocasión serán os e as padexeiras de categoría cadete as que midan a súa potencia e velocidade na Copa de España de Novas Promesas, organizada pola Federación Galega de Piragüismo (Fegapi) e a Concellería de Deportes en colaboración coa Real Federación Española de Piragüismo e a Deputación de Pontevedra. A proba está prevista para o próximo domingo 15 de maio Á cita, que se desenvolverá nas distancias de 1.000 e 500 metros, en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas -sábado- e de 9 a 13.20 horas -domingo-, acudirán un total de 448 padexeiros -277 homes e 171 mulleres- procedentes de todo o Estado, das que 176 -case 40%- son galegas. As seguintes delegacións máis numerosas proceden de Andalucía (61), Asturias (45), Baleares (43), Euskadi (26), Madrid (25), Cataluña (19) e Castela e León (17). Tal e como explicou durante a súa presentación o presidente da Fegapi, Alfredo Bea, \"en Verducido poderemos ver competir 562 embarcacións das categorías K-1, C-1, K-2, K-4, C-2, C-4 e Paracanoe, nun evento de máximo nivel, que conta coa participación das nosas futuras estrelas e, polo tanto, dos padexeiros e padexeiras que dominarán o deporte a nivel europeo e mundial e que seguirán a ensanchar o palmarés de medallas da Galiza\". Pola súa parte, o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes da cidade do Lérez, Tino Fernández, amosou a súa \"enorme satisfacción\" coa \"historia de amor e colaboración institucional que Pontevedra ten co piragüismo e coa Federación, acollendo case cada semana eventos dunha calidade estratosférica\". O edil convidou aos e ás amantes deste deporte, así como a aquelas persoas que non o coñecen tanto, a achegarse até o encoro do Pontillón para \"gozar desta disciplina de esprinte, que é emocionante e espectacular como poucas\"."}
{"ID": "NOS_24189", "summary": "Estarían a favor, segundo comunicaron a representantes das explotacións, todas as empresas agás Reny Picot, Lactalis, Eroski e Lidl, segundo lle foi trasladado pola ministra á delegada do goberno español en Lugo. A conselleira de Medio Rural viaxa á cidade amurallada.", "text": "Segundo trascendeu na asemblea de produtores decorrida esta sexta feira (4 de setembro) perante o Multiusos da Xunta en Lugo a ministra de Agricultura tería comunicado á delegada do goberno español en Lugo, un acordo entre o executivo de Madrid e as empresas de recollida e distribución do leite. Reny Picot, Lactalis (unha das principais empresas na Galiza) Eroski e Lidl non aceptarían o acordo Após unha xuntanza entre representantes das explotacións gandeiras (5) e a delegada do goberno, todas as entidades estarían de acordo coa fixación dun prezo mínimo en orixe agás Reny Picot, Lactalis (unha das principais empresas na Galiza) Eroski e Lidl, segundo fontes consultadas por Sermos Galiza. A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, viaxa arestora cara á cidade amurallada para manter un encontro cos gandeiros que manteñen a mobilización na capital luguesa desde onte pola mañá."}
{"ID": "PRAZA_15574", "summary": "O 28 de decembro Compostela, Lugo e Ferrol acollerán marchas esixindo a paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago retroactiva e dun parque de alugueiro social. Tamén se demandarán \"responsabilidades xudiciais e políticas\" aos responsables desta situación.", "text": "En Galicia prodúcense 17 desafiuzamentos cada día, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central. En total, máis de 9.000 desafiuzamentos dende 2007 en Galicia, que podería superar os 10.000 ao final de ano, xa que agora o CGPJ tamén contabiliza os datos dos xulgados de primeira instancia e, polo tanto, daquelas pequenas localidades sen servizos comúns de notificación. En Galicia prodúcense 17 desafiuzamentos cada día, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear No conxunto de Estado, e tan só no que vai de 2012, as autoridades xudiciais procederon ao embargo de máis de 500 inmobles ao día até xuño, que fai un total de case 95.000 desafiuzamentos. Desde 2008, a cifra supera os 260.000 expedientes. Un drama de dimensións masivas e silencioso moitas veces, un silencio roto de forma violenta polos varios casos de suicidios de persoas que viñan de perder a súa vivenda. E un silencio que tamén rompeu o traballo dos colectivos e plataformas que loitan contra os desafiuzamentos encargados polas entidades bancarias. As marchas, baixo o lema desafiuzar = asasinar, percorrerán as rúas de Compostela, Lugo e Ferrol, á espera de que se concrete algunha nova convocatoria noutras cidades Tres marchas, baixo o lema desafiuzar = asasinar, percorrerán as rúas de Compostela, Lugo e Ferrol este sábado, á espera de que se concrete algunha nova convocatoria noutras cidades. Nas tres marchas lerase un manifesto que inclúe as reivindicacións que dende hai meses veñen repetindo estes colectivos: comezando pola paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago con efecto retroactivo acompañada da opción de aluguer social e a creación dun parque público de alugueiro social das vivendas usurpadas pola banca. Tamén se demandarán \"responsabilidades xudiciais e políticas\" aos responsables desta situación. Finalmente, pídese que que as administracións se fagan cargo da defensa e asesoramento legal das familias que son vítimas dunha auténtica persecución bancaria, creando puntos de atención comarcal ou municipal financiados polos orzamentos públicos en colaboración cos colexios de avogados. E lémbrase que \"o dereito á vivenda debe estar á marxe do mercado\". O manifesto salienta que \"os culpábeis desta situación non son entes abstractos\" O manifesto salienta que \"os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys\". Convocatorias: Santiago de Compostela. 20 horas. Praza Roxa Lugo. 20 horas. Praza Maior Ferrol. 19 horas. Praza Amada Garcia."}
{"ID": "NOS_47355", "summary": "O paciente está diagnosticado de espondiloartrose lumbar, enfermidade dexenerativa e invalidante que afecta os discos e as vértebras e que produce importante dor e rixidez.", "text": "A Plataforma pola sanidade pública da Mariña denuncia que un paciente leva oito meses de espera para recibir fisioterapia por unha enfermidade invalidante. O paciente está diagnosticado de espondiloartrose lumbar, enfermidade dexenerativa e invalidante que afecta os discos e as vértebras e que produce importante dor e rixidez ,podendo tamén desencadear espolóns que pincen raíces nervosas e hernias de disco. \"Por iso é clave a instauración precoz dun tratamento rehabilitador, orientado á eliminación da dor, á melloría da mobilidade e para evitar rixideces\" . Este usuario acude ao servizo de Rehabilitación do Hospital da Mariña donde é visto pola facultativa rehabilitadora , que prescribe fisioterapia en clínica concertada o día 26 de outubro de 2017. Oito meses despois desta prescripción ainda non foi chamado . \"Como pasaba o tempo e non me chamaban da clínica privada achegueime ata alí a preguntar canto tempo máis tiña que agardar, e cal sería a miña sorpresa cando me contestan que non recibiran a petición\"- comenta o afectado segundo o comunicado da Plataforma Por iste motivo decide acudir á Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), que desde hai tres meses presta axuda a usuarias, profesionais e colectivos , e decide poñer unha reclamación que lle redacta a devandita unidade e que se presenta no rexistro o día 20 de xuño de 2018, con número de rexistro 2518. \"Desde a Plataforma Sanitaria reiteramos a nosa indignación pola inexcusable falta de previsión que mantén o SERGAS e as Xerencias , que cremos é premeditada e froito dunha estratexia para desmantelar os servizos sanitarios públicos en aras dunha privatización da sanidade que avanza a \"toda máquina.\""}
{"ID": "PRAZA_13799", "summary": "Tamara Guirao, galega de intachable currículo emigrada en Francia, é unha das moitas caras do drama da mocidade galega, que marcha do país na busca das oportundidades que se lle negan na terra. \"En España non me daban traballo por estar sobre cualificada\", aclara. No primeiro semestre do ano, abandonaron Galicia máis de 9.000 persoas, case tantas como en todo 2010.", "text": "\"Teño 34 anos. Diría que son da Coruña pero non é de todo certo. A miña familia procede de Aiazo, unha aldea entre Ordes e Curtis, onde estás as miñas raíces e a casa familiar. Son licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, falo catro idiomas (inglés, francés, español e galego), parrafeo en dous (italiano e portugués) e podo ler algo noutros dous (checo e alemán)\". Así comeza unha conversa con Tamara Guirao, galega de intachable currículo. Un elo máis desa xeración da que xa se fala como \"perdida\". Pódenselle aplicar todos os tópicos: ben formada, sobradamente preparada, e, como non, sen unha oportunidade no seu país. Ela é un exemplo máis, pero paradigmático, da realidade da mocidade galega. Os últimos datos reflicten o drama. Máis de 9.000 persoas abandonaron o país no primeiro semestre do ano, case tantas como en todo 2010 e o 68% das que marcharon en 2011. No conxunto do Estado, a cifra elévase a máis de 40.000 cidadáns. Tamara reside dende hai anos en Rennes, en Francia, na sede de Atlantic Arc Cities, unha rede europea de cidades que inclúe localidades de España, Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal. \"Axudámoslles a explotar as súas forzas comúns, tanto a nivel local como europeo\", asegura Tamara. España nunca foi unha opción para ela. Sendo aínda universitaria fixo un curso Erasmus en Rennes, onde agora reside. Alí, di, comprendeu que a competencia en Europa ía ser \"moi forte\" e apostou forte por formarse. Por sobre cualificarse. Despois da súa estadía en Francia conseguiu títulos dispares: unha licenciatura, o de monitor de tempo libre, un ciclo superior de Comercio Internacional e, máis tarde, desta volta en Bruxelas, acadou o Diploma de Estudios Superiores en Política da UE, especialidade en Relacións Exteriores. Para non deixar unha soa posibilidade de atopar emprego solta, Tamara ariscou cun posgrao: Cooperación ao Desenvolvemento e primeiros anos de doutorado en Economía. \"En Galicia rexeitáronme en cantas entrevistas de traballo fixen por estar demasiado cualificada\" Conten vostedes mesmos os títulos. A formación envexable desta galega que nunca ficou en Galicia. Ela explícao con claridade: \"E Galicia traballei nunha consultora, que deixei polas bolsas da Xunta de Galicia en Exteriores. Despois, rexeitáronme en cantas entrevistas de traballo fixen por estar demasiado cualificada. Ben fora en postos ambiciosos ou de comercial\". Probou fora da casa, marchou facer entrevistas a Madrid e logo a Granada: traballos interesantes, di, \"pero cun soldo que non me chegaba para vivir\". \"Non quería marchar\" Á seguinte pregunta contesta rápido en sen dubidar. \"Que te levou a facer as maletas e marchar?\", pregunto. \"Non quería irme\", di sen dubidar. \"A comezos de 2009 aínda non eramos conscientes da que se nos viña enriba. Debo confesar que mandei a miña candidatura para o posto que ocupo no último minuto. Miña nai foi a que me empurrou, cando me chamaron para facer a entrevista pensei en non presentarme, pero ela díxome: \"Ti estudaches para isto, se tes que coller as maletas, marchas\", di Tamara. \"Hai galegos brillantes, con currículos excelentes, pero están todos repartidos polo mundo\" E iso fixo. Marchou. Antes de firmar o contrato lembra que se puxo enferma. \"Visto hoxe, creo que foi o pánico de asumir que marchaba. Cheguei a Francia coa idea de estar dous anos, gañar experiencia e voltar. Agora xa non pensou iso\", lamenta. Tampouco o pensan, explica ela, moitos dos seus compañeiros na residencia universitaria. \"Hai galegos brillantes, con currículos excelentes, e están todos repartidos polo mundo. Coñezo xente en Londres, Escocia, Irlanda, Suíza, Estados Unidos e ata en Singapur\". Explícolle a Tamara que no último ano, a causa da crise, aumentou notablemente o número de galegos que marchou de España a buscar emprego fóra, principalmente en países de Europa. Aposto polo desánimo como causa e négao. \"Non creo que a palabra sexa desánimo, hai que ter moito valor para marchar do teu país, sobre todo se é a primeira vez\". Entón? Entón, di, é un fenómeno alleo ao desánimo, é un fenómeno que define como \"terrible\" porque, asegura, \"significa que renuncias a case todo para enfrontarte a algo que non estaba necesariamente nos teus planes\". \"Esa mocidade da que se dixo que estaba mimada e que non servía para nada foi capaz de replantexarse a súa propia vida e de buscar alternativas. Desánimo? Desculpade a palabra, pero os mozos estámoslle botando un par…\", sentencia. \"Non é desánimo, marchar é terrible, sobre todo se é a primeira vez; os mozos estámoslle botando un par...\" Non se trata de desánimo, e Tamara insiste en que se trata de valor, en que moitos o fixeron antes e moitos o farán despois dela, sobre todo en Galicia, onde a emigración é unha constante dende a mesma posguerra. \"A última vez que estiven en Galicia veu de visita unha tía avoa que teño en Arxentina. Ela di que eu marchei porque, entre outras cousas, ela e os seus irmáns abriran a porta hai 60 anos, e por esa mesma porta seguimos saíndo nos\". \"A emigración non é un sentimento, é un destino\", di. \"A veces apostas ti, pero na maioría dos casos, bótanche as cartas na cara e tes que recoller o guante\". \"Miña tía emigrada dime que eu marchei pola porta que ela e os seus irmáns abriron hai 60 anos\" En canto ao futuro, non quere escoitar nada de volver. \"Doulle voltas a iso, e é difícil dicirlle á miña familia que non atopo as condicións para volver, e non é só cuestión de salarios\". E comeza a enumerar: en Francia xa ten un contrato indefinido, un seguro médico, un fondo de xubilación e séntese, asegura, \"moi respectada\" polas súas capacidades."}
{"ID": "NOS_7621", "summary": "Son 317, catro máis que na xornada anterior.", "text": "Novo aumento na Galiza de casos activos de coronavirus, unha tendencia que se rexistra desde a aparición de rebrotes como o da Mariña. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus en Galiza é de 317, catro máis que na xornada anterior. Deles 73 son da área da Coruña, 64 da de Lugo (12 máis), 18 da de Ourense, 6 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 313 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 188.328. En canto a residencias, mantense un único caso activo, que afecta un traballador. Faleceron 274 residentes durante a pandemia."}
{"ID": "NOS_40833", "summary": "Puigdemont continuará no centro do cenario. Así o decidiu o grupo parlamentar de Junts per Catalunya na súa cimeira deste sábado en Berlín. Nela decidiuse tentar unha nova sesión de investidura co president no exilio como candidato. Iso non significa que JxCat renuncie ao seu \"plano D\" se, como é verosímil, o Estado torpedea, máis unha vez, a operación Puigdemont.", "text": "Nos últimos días producíronse dous feitos moi relevantes no serial do procés. O primeiro, a decisión do TC de admitir a trámite o recurso do Goberno español, formulado xa en xaneiro, contra a candidatura de Puigdemont. O segundo, posterior a este, a reforma por parte do Parlament -na sesión plenaria desenvolvida quinta e sexta feira pasadas- da Lei de Presidencia. Unha mudanza legal que en teoría permitiría a investidura a distancia do president no exilio. JxCat entende que o veto do TC non é aplicábel á un novo asalto de Puigdemont á presidencia pois a admisión a trámite do recurso produciuse días antes de o Parlament modificar a Lei de Presidencia. Existiría agora un marco legal que si permitiría a investidura a distancia do político de Girona. É moi dubidoso que o TC vaia ficar de brazos cruzados se finalmente Roger Torrent -presidente do Parlament- volta a convocar unha sesión plenaria para investir Puigdemont. O probábel é que faga valer a súa xurisprudencia -o criterio de que o candidato debe estar fisicamente presente no hemiciclo- e, destarte, volte a interpor un veto. Nese cenario, que faría JxCat? Segundo o seu portavoz Eduard Pujol, voltarían a pór en xogo a opción de Jordi Sànchez, xa ensaiada sen suceso. As cartas están marcadas, así que a Fiscalía e TC tampouco farían viábel a investidura do preso de Soto del Real. Daquela? Daquela -e segundo as fontes de JxCat consultadas por NacióDigital- abriríase paso o \"plano D\" -o A era Puigdemont, o B Sànchez, o C Jordi Turrull- e a forza soberanista proporía un candidato libre de sospeitas xudiciais. Aquí Elsa Artadi -que en Berlín apareceu á beira de Puigdemont- continúa a ser a pre-candidata mellor colocada. O que ninguén quer son eleccións antecipadas, aínda que só sexa porque os agoiros demoscópicos non son neste momento favorábeis para as forzas independentistas."}
{"ID": "NOS_22643", "summary": "O Museo do Pobo Galego promove o festival Soa Bonaval que decorrerá nos días 22, 23 e 24 en Compostela. A iniciativa, que foi presentada esta terza feira, aposta nos \"sons de raíz, o local e a cultura propias\". Nesta primeira edición contará con invitados como o produtor Raül Refree, que contará máis do seu proxecto que inclúe música tradicional galega.", "text": "O Museo do Pobo Galego aposta na música e promove un novo festival que decorrerá en Compostela os días 22, 23 e 24 de outubro. Soa Bonaval, que así se chama este proxecto baseado en dar presenza aos \"sons de raíz, o local e a cultura propias\", será o escenario perfecto para a estrea pública de Exvba, unha iniciativa de Elba Fernández (Jane Joyd, Mordem) e o compositor musical Xavi Font (coñecido como produtor dos filmes Ons ou O que arde). A cita permitirá aos dous artistas amosar ao mundo o froito da súa conexión: un recital pensado só para os directos e para espazos como a igrexa de San Domingos de Bonaval. Alí levarán esta sexta feira, ás 20 horas, un compendio de \"músicas ancestrais\", \"polifonía do Renacemento\" e as tendencias que corresponden ás propostas contemporáneas. As músicas locais serán o eixo que vertebre o certame, mais non só se fala de locais a nivel Galiza senón que haberá invitadas como a cantautora asturiana Lorena Álvarez, cuxa \"Colección de cancións sinxelas\" terá espazo o sábado 23 ás 13 horas no templo de Bonaval. A banda galega Peña, da que son parte Toño Magariños (Diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate), collerá o relevo ás 20 horas e deixará que reboten nos muros da contorna as melodías pop e folk. Aliás, Libredón, o proxecto musical do compostelán Denís Estévez, \"que desfragmenta e recompón pezas clásicas cunha linguaxe analóxico-dixital\", estará o domingo ás 18 horas na mesma igrexa. Pero Soa Bonaval non só é música en escena, senón tamén música a través das conversas con creadores. A organización trae a Compostela o produtor catalán Raül Refree, que experimenta nestes momentos coa música tradicional da Galiza xunto a Luneda Producións. A conversa co experto -que vai descubrir segredos do seu paso polo país este verán- completarase coa actuación de Tralo-Valo, o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretará un repertorio baseado no arquivo do antropólogo danés Gustav Henningsen na Galiza nos anos 60. A convocatoria é o domingo ás 12 horas na ala sur do museo. O que depara esta fin de semana é un encontro con \"músicas con arraigo no vernáculo e no clásico pero plenamente actuais\". Segundo o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, \"un museo ten que ser un centro de activación cultural\" e por aí chegou esta primeira edición de Soa Bonaval."}
{"ID": "NOS_7763", "summary": "É probábelmente das institucións máis opacas do Estado. Resulta misión imposíbel saber canto se gasta en realidade nela. No A Fondo que sairá do prelo esta quinta feira, conxuntamente co número 133 de Sermos Galiza, pasamos revista ao Exército.", "text": "Joám Evans Pim dirixe, dende Rianxo, o Center for Global Non Killing. Cofundador en 2006 do IGESIP, o Instituto Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz, Evans Pim é na actualidade docente nun mestrado en investigación para a paz en Finlandia e investigador así mesmo no eido dos Estudos da Paz. -Neste A Fondo pasaremos revista ás Forzas Armadas. Dende que enfoque se fará? -As Forzas Armadas permean un abano moi amplo de asuntos. Faremos unha análise dos orzamentos destinados ás Forzas Armadas, do gasto público, da axencia política e do papel que ten no conxunto do Estado... Mais o A Fondo tamén pretende ser construtivo e fará unha proposta ás alternativas á militarización da sociedade e de formas distintas de entender a defensa. -Fas referencia aos orzamentos militares e, neles, de feito, está centrado un dos artigos. En que medida este tipo de información é accesíbel á sociedade? -É totalmente imposíbel hoxe por hoxe ter unha idea clara e fidedigna do gasto militar do estado español. Unha grandísima parte dos orzamentos non están no Ministerio de Defensa, senón esparexidos en diversas administracións públicas. É unha estratexia para ocultalo en partidas doutros ministerios e entidades públicas. Se hai un ámbito no que non hai transparencia, é no gasto militar. Neste artigo téntase facer unha achega, dentro da complicación que iso supón. -Segundo os cálculos que se proporcionan neste A Fondo, o 5,31% de todo o orzamento do Estado iría para as súas despesas militares... -Dicíase que despois das Guerra Fría os gastos militares diminuirían, mais temos visto na última década unha volta ao incremento de gastos militares, sobre todo en programas extremamente caros a longo prazo, que se van camuflando en hipotecas e que supoñen unha carga para as décadas futuras. Cómpre ter en conta a presión do grande lobby industrial que hoxe representa o propio ministro. \"Hai todo un lobby que ten as súas redes nas propias forzas armadas para promover un gasto público excesivo e por veces en tecnoloxías non necesarias ou que mesmo están desactualizadas.\" -Cal é o papel que xoga o Estado español na exportación de armamento? -Hai que ter en conta dúas cuestións. Por unha banda, a propia exportación, na que están implicadas industrias de moi diversos ramos. E despois, o papel do sector financeiro financiando estas industrias dentro do estado e fóra. No ámbito da Galiza é coñecido o caso de Navantia en Ferrol, a Fábrica de Armas hoxe inoperativa, empresas tecnolóxicas, recentemente o tema dos drons... Moitas veces camúflanse os usos militares nos usos civís. Hai todo un lobby que ten as súas redes nas propias forzas armadas para promover un gasto público excesivo e por veces en tecnoloxías non necesarias ou que mesmo están desactualizadas. -Cuestións como o pico do petróleo e o esgotamento das súas reservas, son ben coñecidas por analistas das Forzas Armadas, como ben se indica no A Fondo, mais non forma parte do interese da axenda política e informativa. A que se debe isto? -No ámbito da política non somos capaces de pensar a longo prazo, o que é un gran defecto. Normalmente os programas electorais e as propostas políticas en xeral fanse a catro anos vista. No ámbito do pensamento estratéxico, que ten moita predicación nas forzas armadas, mais que noutros sitios tamén se aplica a outros ámbitos, existe unha tradición de estudos de prospectiva, que consideran as situacións a longo prazo. Chama a atención que dende o ámbito militar, non só español, se considere un problema moi serio o pico do petróleo mentres que nas administracións civís se ignora por estar nese ámbito do longo prazo que normalmente non se atende. Poderiamos tomar nota porque, se lemos os informes dos institutos militares, as consecuencias son de moito calado e deberiamos prepararnos para eses escenarios. \"Dende a Transición, houbo un gran proceso de branqueamento dunhas Forzas Armadas que, no estado español, estiveron manchadas polo xenocidio . Fíxose mediante as chamadas misións de paz e tamén coa inclusión das mulleres\" -Outro dos artigos do caderniño reparará no rol das mulleres no exército. Até que punto a súa presenza pode actuar como mecanismo de lexitimación das Forzas Armadas? -Nos últimos 30 anos, dende a Transición, houbo un gran proceso de branqueamento dunhas Forzas Armadas que, no estado español, estiveron manchadas polo xenocidio e por manter unha ditadura militar durante catro décadas. Fíxose mediante as chamadas misións de paz e tamén coa inclusión das mulleres, dende un punto de vista máis ben propagandístico, nunha institución patriarcal, encarnación do machismo e dos seus valores. As cifras son máis ben simbólicas mais serven para ser explotadas para ese fin. -Cres que a sociedade realmente ten coñecemento da existencia de alternativas ao exército? -Nisto é no que se centra o meu artigo. Como parte do meu traballo, preocúpome por dar visibilidade a esas alternativas, ás alternativas á defensa militar, a propostas vellas pero pouco coñecidas como a da defensa civil. Tamén se pretende criticar a propia natureza das forzas armadas canto que entidades co monopolio lexitimo da forza letal. Dende unha perspectiva humanista, ou dos dereitos humanos, entendemos que non debería existir ese monopolio. A forza letal non ten que ser unha solución adecuada para os problemas, e normalmente non o é. De feito, as guerras deste século apuntan a que as intervencións que supostamente se fan en nome da paz e dos valores occidentais normalmente acaban en niveis máis acentuados de violencia e de conflito. -Por que a entrevista deste a Fondo se fai co Espazo Aberto antimilitarista? -Creo que é importante darlle voz aos movementos sociais. Na Galiza o movemento antimilitarista tivo unha forza moi importante na época da resistencia ao servizo militar obrigatorio. O Espazo Aberto Antimilitarista é dos colectivos máis activos e continuou, trala desaparición do servizo militar obrigatorio, como a insubmisión fiscal ao gasto militar. Representan o antimilitarismo activo. A sociedade poderá atopar neles unha crítica moi necesaria."}
{"ID": "NOS_40675", "summary": "O reitor, Juan Casares Long, abriu un expediente informativo e non descarta nin a expulsión dest@s alumn@s nin recorrer á vía xudicial", "text": "A Universidade de Santiago de Compostela estuda impor unha sanción ás e aos estudantes que levaron as súas protestas ao último Consello de goberno da institución pública. Após enviar un comunicado de imprensa rexeitando o comportamento d@s alumn@s sinalando que \"as opinións maniféstanse no marco do diálogo e talante aberto que rexe en toda a institución\" abriuse unha investigación interna para esclarecer o acontecido e non se descarta até a expulsión ou recorrer á vía xurídica e tomar \"as decisións oportunas\" se houber \"indicios de delito\". Porén, para alén de reclamaren a demisión do reitor, Juan Casares Long, ao considerar que non emprendeu ningunha medida \"real\" en defensa da universidade pública, a mobilización estudantil exixía xustamente a convocatoria dunha asembleia en que fosen ouvidas todas as voces e un funcionamento \"mellor e máis efectivo\" dos órganos de representación do alumnado."}
{"ID": "NOS_14912", "summary": "O presidente da Xunta escolleu unha gardería de Elviña (A Coruña) para un discurso no que dixo que para o país, \"como en todas as casas, o fundamental é a estabilidade\", para criticar os que ofrecen \"paraísos ilusorios\" que se transforman en \"frustracións\".", "text": "A escola infantil de Elviña, na Coruña, foi o escenario escollido polo presidente da Xunta de Galiza para a súa tradicional mensaxe de Fin de Ano. Núñez Feijóo, que se definiu ao comezo do discurso como \"este servidor de Galiza\", parabenizou os e as galegas por \"deixar atrás traumas do pasado para convertermos nunha sociedade libre, moderna e solidaria\". O presidente, que advertiu que non ía ser un discurso de \"cifras e datos\", quixo, segundo as súas mesmas palabras, \"ofrecer unha perspectiva que vaia máis alá do vertixinoso acontecer de todos os días\". Posto a iso, o mandatario botou man de lugares comúns (\"Galicia é un bo lugar para convivir\", \"todos vostedes son protagonistas colectivos dunha fermosa historia, a de Galicia\") e mesmo sacou peito (\"Galiza é unha referncia en España\", \"Galiza é hoxe un territorio europeo valorado\"). Mais tamén quixo nesta Mensaxe mandar varias 'mensaxes'. Así, afirmou que \"sería pouco responsable suxerir que existen fórmulas máxicas para disipar de forma instantánea todos os problemas\". Unha frase á que engadiu que \"nada máis reprochable que xogar coas esperanzas da xente, ofrecendo paraísos ilusorios que deseguido se transforman en frustración\". No mundo real non hai paraísos, manifestou, \"pero sí marcos de convivencia que permiten solucionar ou paliar esas situacións\". Fronte a iso, Feijóo apelou á estabilidade: \"Como en todas as casas, o fundamental é a estabilidade\". Con esa estabilidade, dixo, resolveuse o problemas de déficit; mantivéronse os servizos públicos \"e creamos emprego cada día\"."}
{"ID": "NOS_30290", "summary": "Tudo em jogo nas eleições presidenciais de 5 de Outubro no Brasil. Segundo um estudo de opinião divulgado esta terça-feira, a candidata do Partido Socialista Brasileiro, Marina Silva, até poderia derrotar a Dilma Rouseff (PT) na segunda volta.", "text": "A direita não conta com opções de vitória nas presidenciais de Outubro, segundo a sondagem publicada pelo jornal Estado de São Paulo e por TV Globo. Na primeira volta, Rousseff seria a candidata mais votada, 5 pontos acima de Silva, antiga ministra do Ambiente com Lula, que obteria o 29% dos apoios. Aécio Neves, líder do Partido Social Demócrata Brasileiro, de direita, só teria o 19% dos votos nessa primeira volta. A subida de Silva nos inquéritos faz-se a custa quer de Rousseff quer de Neves. Ambos cedem quatro pontos em relação à anterior sondagem. O facto que poderia dar a vitoria a Silva face Rousseff na segunda volta é que produz menos rejeição do que a sua rival. Ganharia no duelo definitivo por 45 a 36%. O PT atribui a subida de Silva nos inquéritos à comoção produzida pela trágica morte do líder do PSB, Eduardo Campo, em plena campanha, em acidente de avião."}
{"ID": "NOS_2173", "summary": "Varias comunidades autónomas estudan adiantar o recoller obrigatorio e ordenar o fechamento de grandes superficies comerciais para os vindeiros días ante o temor á terceira onda da pandemia e debido ao aumento dos contaxios no Estado, que notificou esta segunda feira, 4 de xaneiro, 30.579 novos casos e 241 mortes desde o día de finde ano.", "text": "\"10 días para parar o país\", exclamou a conselleira catalá de Saúde, Alba Vergés, cando anunciaba a orde de confinar todos os municipios desde o 7 ao 18 de xaneiro, apelando ao obxectivo de \"reducir aínda máis a interacción social\" para frear a expansión do coronavirus. Coas novas medidas da Generalitat poderán abrir aqueles comercios cunha superficie de até 400 metros cadrados a un 30% da súa capacidade e as fins de semana só poderán abrir os estabelecementos de produtos esenciais. Así pois, os centros comerciais permanecerán fechados todos os días. Os sectores da cultura e restauración mantéñense coas restricións actuais de capacidade e horarios limitados e, en canto á actividade deportiva, fecharán ximnasios, pavillóns e centros deportivos e só estará permitido o deporte ao ar libre, mentres que tamén se suspenden as actividades extraescolares. \"O virus non dá tregua e temos que frear a tendencia á alza\", explicou a conselleira, subliñando que esta segunda feira, 4 de xaneiro, Catalunya rexistraba 2.500 contaxios diarios e máis de 17.000 á semana. En relación ao feito de que as medidas non entren en vigor até que finalice o feriado de Reis, a conselleira argumentou que o Govern tenta buscar equilibrios e \"dar ar\" ás necesidades económicas dos sectores afectados no Nadal, como o comercial, e ás necesidades sociais que rodean a festividade de Reis. A Generalitat non foi a única en anunciar un endurecemento das restricións antes de rematar o Nadal e varias comunidades están a estudar adiantar o recoller o obrigatorio e o fechamento de estabelecementos, segundo expuxeron esta segunda feira no Consello Interterritorial do Sistema de Saúde, que presidiu o ministro Salvador Illa. De feito, Aragón incrementou as restricións á mobilidade e regresa á fase 3 con fechamento de todo estabelecemento non esencial ás 20 horas. Murcia aprobou o fechamento da hostalaría a partir das 18 horas os días 5 e 6 de xaneiro e o confinamento de nove municipios. En Castela e León prevese ampliar o fechamento da comunidade alén do 10 de xaneiro e manter o límite de reunión en seis persoas. O Goberno de Madrid quere contar coa sanidade privada para vacinar O Goberno rexional de Madrid abriu a porta á participación da sanidade privada na campaña de vacinación da Covid-19, ao seu conselleiro de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, afirmar que o obxectivo é \"ir crecendo no número de persoas vacinadas\" e que para iso utilizarán \"todos os recursos necesarios para administrar as vacinas\", xa sexan \"públicos ou privados, segundo as necesidades que vaiamos requirindo\". Precisamente Madrid centra os focos polo atraso que arrastra na vacinación, pois esta segunda feira, 4 de xaneiro, só levaba aplicadas 6% das doses recibidas, ao non administrárense durante os días festivos e ao contar cun cadro insuficiente (46 equipos formados por dous profesionais da Enfermaría cada un, é dicir, 92 sanitarios en total para vacinar nas residencias de maiores). Aliás, a comunidade notificou 16 casos confirmados da nova cepa e 70 en estudo."}
{"ID": "NOS_32653", "summary": "Publicamos unha nova crítica musical de Isidro Rajo, que nesta ocasión debulla o novo traballo de Gatillazo, \"Como converterse en nada\".", "text": "Se hai un personaxe imprescindíbel na historia do punk ese é Evaristo, quen fora vocalista de \"La Polla Records\" e actualmente alma e corazón de Gatillazo. E como se son dos que pensan que se as cousas fosen ben non habería novo disco de Gatillazo, chegou o seu novo traballo: \"Como converterse en nada\". A portada, na que aparece un home nun vertedoiro enriba dun ordenador e cunha televisión incrustada na cabeza, xa nos dá unha idea do que vai saír polos nosos altofalantes, 12 descargas contra a manipulación e o proceso de control da xente a través dos medios de comunicación e as novas tecnoloxías, que traballan ao servizo das grandes oligarquías. E digo 12 temas porque o corte 13, \"Casi famosos\" é un divertimento no que fala a propia banda e o corte de peche é unha adaptación instrumental do tema antimilitarista irlandés \"Johnny I HardlyKnew Ye\", con sons guturais ao máis puro estilo militar de fondo. Cada canción vai directamente ao fígado, describindo o mundo decadente que nos toca vivir, no que se bombardea no nome da democracia A apertura co tema que lle dá nome ao álbum, que tamén foi elixido como single, métenos nunha espiral de punkrock na que, dende a primeira escoita, estamos cantando os retrousos como se os coñecésemos de toda a vida. Non son temas complicados nin virtuosos, mais tampouco os queremos. Cada canción vai directamente ao fígado, describindo o mundo decadente que nos toca vivir, no que se bombardea no nome da democracia (El Poder Del Metal), no que nos contan mentiras sobre unha falsa transición que non foi máis que a continuidade do franquismo a través dun pacto de covardes e da traizón da esquerda (SKK) e no que os líderes relixiosos (Fóllate Al Líder), ou os falsos líderes que parecen xurdidos do pobo aínda que son monicreques creados polo poder, acougan as ansias de revolución do pobo, sumíndoo na frustración. Resulta moi coñecido este mundo no que a corrupción podrece todo o que nos rodea (Podredumbre). Unha sociedade que ten os cerebros tan confusos e manipulados polos medios (Como Convertirse En Nada) e na que un tertuliano exerce como a voz do seu amo distorsionando a realidade (Desde El Cariño) para que aquel que roubou ao pobo, rescatou os bancos, desfixo a sanidade, bombardeou Iraq e saqueou as arcas públicas diga que el non foi e aínda que o vísemos cos propios ollos, creamos que non foi el e volvamos votalo, e incluso volvamos defendelo (Nada Que Ver). Aplican a doutrina do shock para atemorizar o pobo e así poder telo máis controlado e recortarlle as liberades (Siente El Pánico) e se aínda así segue a amolar, sempre se lle pode exterminar e aplicar a Solución Final aos pobres (La Del Oeste). Este espectacular sexto traballo de Gatillazo é un dos mellores discos que levo escoitado no que vai de ano, agora a esperar para ver como o defenden en directo. Vídeo: Disco Completo Oficial https://youtu.be/pygp-5PkvVQ Listaxe de temas: Como convertirse en nada Fólláteal líder La del oeste El poder del metal SKK Problemas Podredumbre Siente el pánico La familia unida Nada que ver Desde el cariño Quiero ser un putoviejo Casi famosos Outro Vindeiros concertos: 10/06/2016 –Pantalán, A Coruña Gatillazo nas redes: Web: www.gatillazo.com Facebook: www.facebook.com/losgatillazo.oficial Twitter: @LOSGATILLAZO"}
{"ID": "NOS_30136", "summary": "Neste 2021 cúmprense 100 anos da publicación de Alén, a segunda –e nunca representada– obra de teatro escrita por Xaime Quintanilla despois da estrea de Donosiña, a súa primeira incursión na literatura dramática –que xerara unha gran polémica por tratar temáticas como o divorcio e o adulterio.", "text": "A efeméride non tería maior relevancia se non estivésemos a falar dun autor e dunha obra que merecen un lugar máis destacado do que agora mesmo posúen dentro da historia do noso teatro. Quintanilla conta cunha extensa folla de servizos que inclúe ser socio fundador das Irmandades da Fala, director da editorial Céltiga, colaborador do coro Toxos e Froles e redactor de varios xornais, entre eles o Diario de Vigo e El Correo Gallego. Médico moi querido entre as clases populares pola dedicación e calidade humana con que atendía sempre ás persoas máis humildes, Quintanilla entrou en política co corazón dividido entre a militancia galeguista e a socialista, decantándose coa chegada da II República cara a esta última. Encabezando a lista do PSOE, chegou a ser o primeiro alcalde socialista de Ferrol. Morreu asasinado o 18 de agosto de 1936 polas forzas franquistas sublevadas. O interese como dramaturgo de Quintanilla vén dado por ter marcado o camiño, segundo Vilar Ponte, para que os textos teatrais galegos puidesen \"deixar de sere os eternos refrexadores dun localismo sen trascendenza\". O interese como dramaturgo de Quintanilla vén dado por ter marcado o camiño, segundo Vilar Ponte, para que os textos teatrais galegos puidesen \"deixar de sere os eternos refrexadores dun localismo sen trascendenza\". Efectivamente, a obra do noso autor desenvólvese nun momento en que se enfrontaban visións moi opostas sobre como debería ser o teatro galego. Os 'renovadores' como Vilar Ponte ou Fernando Osorio –abertos a novas correntes procedentes de Europa– opúñanse a 'tradicionalistas' como Leandro Carré –máis estancados nun enxebrismo costumista e, case sempre, ruralizante. No medio daquel debate –que no fondo se correspondía coas diferentes maneiras de concibir a nación de cada un dos contendentes–, o teatro de Quintanilla apareceu como unha vía aberta e cosmopolita cara á creación dun teatro que superaba a instrumentalización do estético en aras dun verdadeiro teatro nacional, no sentido en que as Irmandades da Fala esixían. Neste sentido, Alén, posúe características que a converten nunha peza chave para o que había vir logo: podemos dicir sen medo a trabucarnos que esta obra se adiantou –e mesmo en ocasións superou na súa audacia– a obras como O drama dun cabalo de axedrez ou A fiestra valdeira de Dieste, O bufón d'El-Rei de Risco, A lagarada de Otero Pedrayo ou Os evanxeos da risa absoluta de Vilar Ponte. Alén –que recrea a peripecia dunha sociedade espiritista que agarda pola volta do seu mestre desde o mundo das tebras cunha ironía digna de Oscar Wilde– é unha comedia dramática que se desenvolve en Nova York (outro tabú da época, que só aceptaba que o galego fose empregado por personaxes procedentes das clases populares) e que deixa entrever ecos do teatro de Maeterlinck e de Ibsen, foi vista polos seus contemporáneos como unha peza condenada a non ser representada, precisamente, por todos os límites que transgredía. Hoxe temos a oportunidade de resituala no lugar que merece e, por que non, de devolverlle o seu lugar nos escenarios."}
{"ID": "NOS_18861", "summary": "O anuncio por parte do Goberno do Estado da necesidade dunha terceira dose da vacina en liña co avanzado en primavera por laboratorios como Pfizer e Moderna reabre o debate sobre a mellor estratexia de vacinación contra a Covid, o acceso ás vacinas e o respecto á evidencia científica por parte das autoridades políticas.", "text": "Tras asinar un contrato de 1.800 millóns de euros con Pfizer e de 480 millóns de euros con Moderna co fin de garantir a subministración de inxeccións en 2022 e 2023, o Goberno do Estado avanzou que haberá que inocular unha terceira dose de reforzo da vacina contra a Covid-19. O anuncio correspondeulle á ministra de Sanidade, Carolina Darias, quen non se comprometeu a fixar unha data para o inicio desta nova fase dentro do proceso de inmunidade contra o coronavirus malia dar case por segura esa terceira picada. Segundo recoñeceu, \"todo apunta\" a que será necesario administrar unha terceira dose da vacina ante la aparición de novas variantes que poñan en risco a protección actual que ofrecen os fármacos aprobados. Porén, as declaracións da ministra van máis aló do avalado pola evidencia científica e as axencias regulatorias. \"Por agora non hai evidencia científica de que sexa necesaria unha terceira dose\", afirma África González, catedrática de Inmunoloxía e investigadora do CINBIO, Centro de investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo. Así o indicaron tanto a Organización Mundial da Saúde, a Axencia Europea do Medicamento como a Sociedade Española de Inmunoloxía, precisa. \"As vacinas están ofrecendo un gran nivel de protección. O importante é poder chegar ao maior número de persoas no menor tempo posíbel, vacinando a poboación máis vulnerábel en todo o planeta\". Nova vacinación A experta asegura que o sistema inmunitario, unha vez descobre un patóxeno por primeira vez \"é capaz de recordar e de mellorar a súa resposta, aínda que o patóxeno poida variar un pouco\". Así, estabelece dous supostos nos que \"habería que pensar unha nova vacinación\". Dunha banda, apunta a aparición de \"elevados casos de reinfección pola mesma variante, por perda de memoria inmunitaria, con enfermidade grave e mortes\". Neste caso, di, precisaríase unha terceira dose da mesma vacina. Doutra, alude á aparición de elevados casos de reinfección por unha nova variante que escape ao control do sistema inmunitario. \"Neste suposto necesitaríase unha nova vacina fronte a la nova variante, pero diferente, e habería que determinar se se precisarían unha ou dúas doses\". Acceso equitativo Con pouco máis de 50% da poboación estatal inmunizada -70% na Galiza-, África González defende que agora mesmo non tería sentido comezar a administrar unha terceira dose do fármaco contra a Covid de forma global. As vacinas escasean e a desigualdade no acceso favorece a extensión da pandemia. \"Hai países que só inocularon 1% da súa poboación e é aí onde poden xerarse nova variantes\". É aí onde cómpre pór o foco e facilitar a o proceso de vacinación. \"O virus vai mutando conforme se replica, e en zonas cunha alta taxa de contaxio é onde xurdirán novas variantes que prolongarán a pandemia\". Por iso reclama un \"esforzo global para que a vacinación sexa equitativa\" e vaia acompañada de \"medidas de seguimento das variantes, distancia, máscara, hixiene, ventilación\", moi eficaces á hora de conter os contaxios. Con todo, matiza, podería considerarse a administración dunha terceira dose \"a determinados colectivos se se demostra que a vacinación non foi suficientemente eficaz, como persoas inmunodeprimidas por estar en tratamento inmunosupresor -transplantadas, doentes autoinmunes-, inmunodeficientes ou persoas maiores cuxo sistema inmunitario non respondeu adecuadamente\". O debate sobre a necesidade de administrar unha terceira dose da vacina fronte á Covid-19 coincide no tempo coa incorporación dos grupos de idade máis novos á campaña de inoculación masiva contra o coronavirus, entre eles, o de adolescentes. Crianzas e adolescentes \"No caso de nenos e adolescentes, non está moi claro o beneficio que podería ofrecer a vacinación, xa que si se infectan co virus SARS-CoV-2 adoitan desenvolver unha enfermidade moi leve ou asintomática\", afirma a inmunóloga África González. \"Hai que recordar que as vacinas non impiden os contaxios, pero si evitan as mortes e a Covid grave\". Aclara a catedrática e investigadora que non se estudou un gran número de crianzas nos ensaios clínicos, \"que amosaron un nivel moi alto de resposta inmunitaria. Mais ao pasar a doenza de forma leve é moi difícil coñecer o grado de protección que desenvolven, así como os posíbeis efectos secundarios raros\", conclúe. A mellor estratexia entre menores A mellor estratexia para a poboación menor, defende África González, \"sería estabelecer grupos de risco para recibir a vacina, persoas que por ter outras comorbilidades -obesidade, diabetes, hipertensión- son máis vulnerábeis; non apostar por unha vacinación global de crianzas e adolescentes\"."}
{"ID": "NOS_11368", "summary": "A 'era Feixoo' chega á súa fin tras catro maiorías absolutas. \"Seguirei servindo aos galegos\", asegurou o aínda presidente da Xunta cando ratificou a súa despedida.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, confirmou esta cuarta feira no Parlamento galego que dimitirá esta semana como máximo mandatario galego. Se ben evitou concretar unha data, previsibelmente será na sexta feira. A súa saída activará o proceso da súa substitución no ámbito institucional, que finalizará coa investidura e toma de posesión do seu sucesor, o actual vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda. \"Esta non será a miña última sesión de control, será a derradeira\", apuntou, na súa quenda de réplica á portavoz do BNG, Ana Pontón, quen lle desexou sorte \"no persoal\"; non así \"no político\". Feixoo, que renunciará ao seu cargo nos prazos que xa avanzara e un mes despois de tomar as rendas do PP estatal no congreso extraordinario de Sevilla, comprometeuse a \"seguir servindo aos galegos\" en calquera que for o seu destino. A etapa Feixoo, en imaxes (II): O particular código ético de Núñez Feixoo Previamente, por obriga dos estatutos do partido, tivo que dimitir como líder do PPdeG. Precisamente, para acometer a súa substitución no partido, o PPdeG celebrará o 18º Congreso extraordinario os días 21 e 22 de maio en Pontevedra. Logo de solicitar o apoio interno dos representantes das outras tres provincias e dos principais líderes do partido, Rueda xa confirmou que optará a dirixir a formación, nunha campaña continuísta do legado de Feixoo que presentou esta terza feira baixo o lema 'Galiza, o Camiño a seguir', nunha clara alusión ao Xacobeo 21-22 e o propio Camiño de Santiago. Alfonso Rueda presenta unha candidatura continuísta do discurso de Feixoo Fin da 'era Feixoo' tras catro maiorías absolutas Mais antes diso culminarase a substitución institucional que porá fin á 'era Feixoo' trece anos despois da súa primeira toma de posesión, no ano 2009. Feixoo gañou por primeira vez as eleccións galegas o 1 de marzo daquel ano, cunha maioría absoluta axustada que lle permitiu tomar o poder tras os catro anos do Goberno bipartito de BNG e PSdeG. O aínda presidente da Xunta revalidou e ampliou as súas maiorías absolutas nos tres comicios seguintes: en 2012, 2016 e 2020, estas últimas eleccións nun contexto marcado pola pandemia. Por mor da crise interna no PP que involucrou a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e puxo punto e final á etapa de Pablo Casado á fronte do PP, Feixoo decidiu dar o salto a Madrid e concluír o seu mandato na Galiza, onde seguirá en funcións, xunto cos seus conselleiros, até que Rueda sexa investido como novo presidente galego."}
{"ID": "NOS_44007", "summary": "A Xunta evita informar sobre a superficie afectada dentro do parque; porén O Invernadoiro abrangue 5.722 hectáreas e neste incendio, orixinado na parroquia de Pradoalbar, queimáronse 5.200 hectáreas, polo que algúns bombeiros estiman que puido arder máis de 50% deste rico espazo natural.", "text": "A superficie queimada no incendio do municipio de Vilariño de Conso, na parroquia de Padroalbar, medrou xa até as 5.200 hectáreas, segundo a información provisional da Consellaría do Medio Rural ás 13.30 horas desta quinta feira, o que supón un milleiro de hectáreas máis que o dato das 8 horas. Este gran lume forestal ataca o Parque Natural do Invernadoiro, malia que Medio Rural limItase a apuntar na súa información que as chamas \"afectan\" esa paraxe, sen aclarar cal é a superficie arrasada dentro do parque. A vaga de lumes supera, após unha semana activa, as 30.000 hectáreas calcinadas Cómpre lembrar que, con base nos datos da Xunta, o parque natural conta cun total de 5.722 hectáreas, e na tarde desta cuarta feira, cando este incendio arrasara unhas 4.000 hectáreas en Vilariño de Conso, bombeiros forestais advertiran a Nós Diario que ardera xa \"50% do parque\". Aliás, salientaban que, a pesar de todo, as autoridades \"queren deixalo para mandarnos a [sufocar] outro lume distinto\". Esta mesma quinta feira persoal da brigada de Laza vén de compartir diferentes imaxes e vídeos do seu traballo para conter o avance das chamas en condicións extremas. #Brif Laza, (#BBFF del estado) #IFPradoalbarVilariñoAsí estamos sufriendo por humo.Para q luego digan q no hace nada. No solo s necesario Estatuto básico,tiene q ser algo más q BÁSICO,tiene q venir acompañado d mejoras reales. ¿Son estas imágenes acordes a nuestras condiciones? pic.twitter.com/rOquyIgFcR— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 21, 2022 Un espazo de enorme valor ambiental O parque do Invernadoiro é un lugar de grande importancia ecolóxica na Galiza tanto pola singularidade dos seus ecosistemas como pola súa morfoloxía e paisaxe. Pertence ao Goberno galego desde 1984 e foi declarado parque natural en 1997. No seu interior non existen núcleos habitados. Os principais hábitats son os breixos, pero tamén de elevado interese son as carballeiras e os bosques de acivros. Cunha rica diversidade biolóxica, o lobo e a aguia real atópanse na cima da cadea trófica. A esto nos estamos enfrentando hoy #Brif Laza en el Parque Natural Do Invernadoiro, Pradoalbar #IFPradoalbarVilariño pic.twitter.com/OeLfLbUfEc— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 21, 2022"}
{"ID": "NOS_31563", "summary": "Durante toda a xornada, \"Ponte... nas ondas\" conmemora esta sexta feira vinte anos dunha iniciativa pedagóxica que botou a andar un proxecto común entre centros de ensino galegos e portugueses a través da radio. Mais \"Ponte... nas ondas\" foi é é moito máis e da súa historia e dos seus proxectos falamos co seu impulsor, Santiago Veloso. Pódese seguir aquí a emisión en directo.", "text": "- \"Ponte... nas ondas\" conmemora vinte anos. Como será a xornada na que participan máis de cincuenta centros de ensino a través da radio? Trátase dunha edición moi especial porque completamos un ciclo de vinte anos, dúas décadas nas que \"Ponte... nas ondas\" foi evolucionando, transformándose e adaptándose aos distintos momentos. Comezamos sendo unha experiencia de radio, logo pasamos á radio por internet e, despois, á televisión na rede e esta edición é unha mestura de todos estes formatos. Imos ter radio por ondas, con Radiofusión, por internet coa retransmisión a través de Uvigo e programas en formato podcast. -Que \"comunidade\" se move arredor do proxecto? Como educadores somos conscientes de que ás veces o importante é o proceso máis que o resultado final. Da elaboración dunha xornada de radio moitas veces interesa máis a nivel educativo o traballo previo que o do propio día da emisión. Un profesor que é sensíbel para facer radio demostra tamén que ten unha forma particular de ensinar, de entender a educación como un feito activo no que os alumnos son os protagonistas. Tamén as estrelas de \"Ponte... nas ondas\" son o alumnado. -Cant@s alumn@s participan no programa de radio? Son 54 centros educativos, escolas de primaria, secundaria, Escolas Oficiais de Idiomas e Facultades de diferentes Universidades. Tamén contamos coa colaboración de varias radios libres. Son moitos os alumnos e profesores implicados e, como noutras edicións pero neste caso de maneira especial, integrouse na experiencia o mundo da cultura, da música e da literatura. Este ano fixemos un especial fincapé na creación literaria porque pensamos que tiña que ter unha presenza clara como maneira de achegar ao alumnado ás persoas que crean de maneira directa. -Unha das claves da iniciativa é a cooperación entre centros de ensino galegos e portugueses, como é a resposta de Portugal? Por parte dos centros educativos, a resposta é igual que a nosa. Non en número, que son menos, mais desde o punto de vista do desenvolvemento é a mesma. O profesorado traballa de maneira voluntaria e non é unha actividade instaurada no sistema. Temos un profesorado fiel e algunhas escolas que se suman en cada edición. O feito de que a experiencia non estea regulada polo sistema educativo ás veces dificulta que haxa unha participación regular dos centros. -Como será esa participación de escritores e escritoras da lusofonía? Pedímoslle que achegaran a súa voz porque a radio é un medio oral. Queriamos que o alumnado coñecera aos autores cunha lectura directa da súa obra ou un saúda que os faga máis próximos. Consideramos que, igual que teñen coñecemento dos personaxes do cine ou do fútbol, tamén debían telo da literatura e contamos coa participación de escritores como Pepetela, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro ou Rexina Veiga. -Vinte anos convidan a facer balance, como valora a historia da iniciativa vostede que foi o seu fundador? O máis satisfactorio é desde o punto de vista educativo é o papel que tivo na renovación pedagóxica no fin do pasado século e inicios deste. Dicíanos Xosé Manuel Cid, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense que está a dirixir unha tese sobre \"Ponte... nas ondas\" que para eles é un extraordinario exemplo de integración a diferentes ámbitos, nunha experiencia que conxuga educación, tics, patrimonio e medios. Que despois de vinte anos sexa un referente para investigadores da Universidade, que son os que analizan os procesos e cambios sociais, para nós é unha satisfacción. Hai aspectos máis concretos, máis agradábeis e diversos nos que tamén nos fomos embarcando, de maneira especial, na difusión do patrimonio común galego-portugués, nomeadamente o inmaterial, que non era moi tido en conta e nós quixemos poñelo en valor. -E se tivera que destacar algúns dos feitos que serían fitos na historia destes vinte anos? Aínda falaba estes días con Agustín Fernández Paz e dicíame que no 98 fixeramos a primeira emisión de radio por internet. Nese ano aínda ninguén emitía e que nós o fixeramos foi unha proposta que entón nos fixera Telefónica que nos deu a posibilidade de facer o primeiro streaming. Causara debate mesmo entre o propio profesorado que participaba. Ao ano seguinte, emitimos xa imaxes por internet, cunha cámara situada na Casa da Cultura de Salvaterra. Fixemos o programa \"Pintando nas ondas\" no que un pintor debuxaba o que lle ían indicando con chamadas en directo. Un terceiro fito foi no ano 2000 cando fixemos unha videoconferencia profesional a tres bandas, cun centro de ensino de Rio de Janeiro, outro de Maputo e unha conexión desde Salvaterra. Outro aspecto importantísimo é que a experiencia desencadea unha morea de actividades nos centros arredor dos temas que propuñamos. No curso 2001-2002 xa abordamos o tema do patrimonio inmaterial, cando a Unesco acababa de proclamar as primeiras obras mestras e nós iniciamos tamén o traballo de evidenciar o patrimonio común dun lado e do outro. -Cara onde se dirixe o camiño de cara ao futuro? Nin se sabe! Se nos fas esa pregunta hai vinte anos nin imaxinaríamos o presente de agora. Fíxate que no medio, naceu internet e mudou todo. \"Ponte... nas ondas\" foise adaptando a realidades diferentes, Agora mesmo as redes sociais supoñen unha nova forma de difundir a información e está claro que o sistema educativo vai cambiar. Neste ano queremos demostrar que hai un abano de posibilidades que ten esta experiencia e que se abren novas vías para facer proxectos. Barallamos tamén a idea de conmemorar dalgunha maneira os dez anos de \"Meninos cantores\" e da presentación da candidatura a patrimonio inmaterial. Pasaron dez anos e a iniciativa quedou aí pero neste camiño, o flamenco, que se presentara daquela, xa está inscrito nese sentido. Agora é unha medida administrativa. Todo o mundo é xa consciente da súa relevancia e compre a implicación das institucións. Ábrense novas liñas importantes a través da Iniciativa Paz Andrade. Aproveitando a efeméride sería interesante retomar esa iniciativa desde os centros e que a sociedade civil reclame a administración compromiso para a defensa do noso patrimonio diante da Unesco."}
{"ID": "PRAZA_10439", "summary": "A organización do mercado do traballo non pode estar separada da organización do tipo de sociedade que queremos: unha sociedade de escravos ou unha sociedade de cidadáns libres cos mesmos e iguais dereitos?", "text": "Non parecera que os malos augurios anunciados polos profetas do neoliberalismo, por certo todos eles moi ben remunerados por traballos perfectamente prescindibles (\"traballos de merda\" que diría o antropólogo inglés David Graeber), co galo da última suba do SMI (Salario Mínimo Interprofesional) se estean cumprindo. De ningures. Aínda que o tempo transcorrido dende a aprobación do SMI é moi escaso (BOE nº 312, do 27 de decembro do 2018) os datos sobre o emprego non confirman esa apocalipse laboral que vaticinaron os citados gurús. Así, por caso, a taxa de paro actual está no 13,9% que supón 0,6 puntos menos que no período inmediatamente anterior ao establecemento do novo SMI. A evidencia empírica, polo de agora, demostra que non se pode afirmar que a suba do SMI teña efectos negativos sobre o emprego.Resulta significativo ver como a pesar das constantes evidencias de que a suba dos salarios non necesariamente ten efectos negativos sobre o emprego senón que o mais probable e que suceda o contrario, que provoque un efecto positivo sobre o consumo quen a súa vez turrará da demanda interna que favorecerá o crecemento económico e o emprego. A pesar destas evidencias os gurus económicos do neoliberalimo (con forte influencia no tanto no PP e Cs como no PSOE) manteñen insistentemente o contrario.Empecemos por analizar a realidade do mercado laboral en España. As comunidades con mellores e mais elevados salarios, segundo datos oficiais, son o Pais Vasco, Navarra, Madrid e Cataluña que teñen un salario medio bruto anual claramente por riba da media española -non considero as comunidades de Ceuta e Melilla polas particularidades das mesmas-. Comunidades aquelas que, por outra parte, teñen as taxas de ocupación –coa excepción do Pais Vasco- tamén das mais elevadas e claramente por riba da media española. Consecuentemente teñen taxas de paro das mais baixas. Si nos pasamos a outro extremo vemos como entre as comunidades que teñen os salarios mais baixos por caso Estremadura, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía, Castela León,A Rioxa e Galicia están as que teñen unha taxas de ocupación tamén das mais baixas, por caso Galicia, Andalucía, Castela León e Estremadura. No medio hai comunidades cunha moi baixa taxa de paro como por caso Pais Vasco (a mais baixa de España) pero que nembargante teñen tamén unha moi baixa taxa de ocupación pero o salario medio bruto anual mais alto de España. Tamén hai comunidades como por caso Baleares cun salario medio bruto anual por baixo da media española que, nembargante teñen unha taxa de ocupación elevada e unha taxa de paro moi baixa.Estas evidencias empíricas deberan servir para afirmar con rotundidade que en España en xeral e en Galicia en particular non se cumpre o dogma de que a maior salario menor emprego e viceversa. Non, de ningunha das maneiras. Son outras variables as que inflúen. Mais aínda de haber unha relación esta é directa: a maiores salarios, maiores taxas de emprego e menores de desemprego, como evidencian os casos de Pais Vasco, Navarra, Madrid e Cataluña..Nembargante as evidencias empíricas este dogma neoliberal ven dominando a política española, e galega, tódolos anos da democracia. Así en España nos derradeiros anos puxeron en marcha dúas reformas laborais (BOE 17 de xuño do 2010, BOE 11 febreiro 2012) que tiveron como estratexia central abaratalo despido e multiplicalos os contratos precarios. Que efectos sobre o mercado laboral tiveron estas reformas?: caída brutal do salario medio real, precarización do emprego e mantemento de elevados niveis de desemprego. O que realmente fixeron foi distribuír o traballo existente entre un maior numero de traballadores/as coa conseguinte precarización do emprego sen conseguir reducir significativamente o desemprego. España segue entre os estados europeos co maior nivel de paro e menor de ocupación.E nestas estamos cando todo parece indicar que Pedro Sánchez (PSOE), seguindo o exemplo dos seus compañeiros socialdemócratas (Felipe González, Jose L. Zapatero), e incumprindo unha das súas múltiples promesas electorais non ten en mente derogar as reformas laborais que puxeran en marcha os gobernos de Zapatero (PSOE) e Rajoy (PP). (https://www.publico.es/economia/calvino-no-ve-productivo-revertir-reforma-laboral-aboga-nuevo-estatuto-trabajadores.html).Que vellos dogmas persisten trala política laboral da nova socialdemocracia?. Uns dogmas que se sustentan en hipóteses falsas como xa tivemos ocasión de expoñer neste medio (https://praza.gal/opinion/por-que-en-galicia-se-crea-tan-pouco-emprego). Hipóteses que sosteñen que o mercado de traballo leva por si mesmo ao pleno emprego e si hai desemprego é por culpa das clases traballadoras quen non aceptan os salarios que lle ofrecen os/as empresarios/as provocando así un desaxuste entre a oferta e a demanda de traballo que leva ao desemprego. Un dogma que levado ao extremo apunta a que canto mais baixos sexan os salarios mais oportunidades se dan de crear emprego pois mais posibilidades teñen os traballadores desempregados de ser contratados. Un dogma se utilizan para xustificar que se aproben reformas liberais que flexibilicen ao máximo o mercado de traballo e, ao tempo, que se debilite ao movemento sindical para que os traballadores non sexan quen de ofrecer resistencia as condicións laborais que lles ofrecen. Pois nestas condicións serán contratados sen dificultade. Velaí a utilidade de facilitalo despido e a vantaxe dun desemprego importante: os/as traballadores/as son mais disciplinados.Pero as evidencias veñen desmontando ao longo das últimas décadas estes dogmas. Evidencias que mostran como o mercado de traballo non é alleo a realidade do conxunto dos mercados e moi especialmente ao mercado de bens e servizos. Si neste mercado non hai demanda (por caso, si as empresas e os comercios non venden), non hai produción e neste caso as empresas non contratarán por moito que se baixen os salarios. Velaí que a estratexia neoliberal, reflectida por caso nas reformas laborais citadas, non serve para nada pois o que realmente hai que facer na maioría dos casos e subilos salarios para reactivala demanda. Galicia, como vimos anteriormente, é un caso de libro de cómo non se pode afirmar que teñan que diminuír os salarios para que medre o emprego.En realidade como se poden dar situacións distintas, tal como vimos anteriormente no caso español, hai que actuar tanto sobre a demanda como sobre a oferta e non so sobre esta como defenden os neoliberais. Hai que actuar sobre ámbalas dúas variables dado que os mercados laborais, incluso nunha comunidade como Galicia, son bastante heteroxéneos aínda que estean todos relacionados. E si se quere realmente loitar contra o desemprego hai, por caso, que poñer en riba de mesa temas tan relevantes como que son os traballadores: simples mercancías ou persoas?. A organización do mercado do traballo non pode estar separada da organización do tipo de sociedade que queremos: unha sociedade de escravos ou unha sociedade de cidadáns libres cos mesmos e iguais dereitos?"}
{"ID": "NOS_39058", "summary": "O xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz, fixou esta segunda feira fianzas que suman 1.200 millóns de euros para o ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa e 9 directivos máis da entidade perante posíbeis responsabilidades civís derivadas da súa xestión económica", "text": "O ex-presidente de Pescanova deberá depositar 178,8 millóns de euros en concepto de fianza. Así o ditaminou esta segunda feira o xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz. A decisión foi adoptada no decorrer da investigación xudicial arredor da xestión económica desenvolvida pola dirección de Pescanova na que puideron ter empregado información privilexiada para favorecer os seus intereses."}
{"ID": "NOS_56707", "summary": "Carlos III será este sábado proclamado rei, dous días despois do pasamento de Isabel II.", "text": "Entre comunicados de pésame e declaracións de dó en varios Estados e territorios do planeta, o proceso planificado en Gran Bretaña para as honras fúnebres da raíña Isabel II continuou onte, tras o seu falecemento na tarde da quinta feira. Pola mañá, o palacio de Buckingham anunciou que a decisión do novo monarca, Carlos III, é que \"o período de loito se respecte desde agora até sete días despois do funeral\" (aínda sen data), coas bandeiras colocadas a media hasta. Ademais, a partir das 13 horas comezaron os disparos na súa honra en Hyde Park e a Torre de Londres, na capital británica, un por cada un dos seus 96 anos de vida, que lle permitiron converterse na monarca máis lonxeva de Gran Bretaña, superando as sete décadas na Xefatura do Estado. Os voceiros reais apuntaron que as súas residencias estarán fechadas cando menos até o final do funeral. Falece Isabel II de Inglaterra, tras un reinado de 70 anos Segundo o protocolo difundido por The Guardian arredor dos plans previos para o falecemento de Isabel II, este sábado debería chegar o seu corpo ao palacio de Buckingham, e a partir da semana que vén será exposto no palacio de Westminster para que a cidadanía poida ofrecerlle os seus respectos. O seu enterro producirase no castelo de Windsor, onde repousa o seu marido, o príncipe Felipe. No que respecta ao novo monarca, reuniuse onte en Londres coa primeira ministra, Liz Truss, coa que tivo a súa primeira audiencia. Posteriormente, Truss incidiu en que a defunta soberana foi \"o alicerce sobre o que se construíu o Reino Unido moderno\". Os escándalos que marcaron o reinado de Isabel II Pola tarde, o primoxénito de Isabel II, Carlos III, ofreceu o seu primeiro discurso como xefe de Estado, comprometéndose a defender \"os principios constitucionais no corazón da nosa nación\". Amais de salientar o amor polos seus fillos, anunciou que o actual herdeiro, Guillerme, asumirá o Principado de Gales. \"Grazas polo teu amor e devoción á nosa familia\", indicou en referencia á nai. A pesar de que coa morte da súa predecesora o ascenso de Carlos, de 73 anos, é automático, a proclamación formal efectuarase ás 10 da mañá deste sábado na xuntanza do Consello de Ascensión, conformado por até 600 membros dos poderes públicos do país e da Commonwealth. Así e todo, a cerimonia de coroación adiarase como pouco varios meses. Isabel II, a raíña que viu pasar sete papas e 15 primeiros ministros"}
{"ID": "PRAZA_10977", "summary": "Pido que todas aquelas que en nome do abolicionismo e do feminismo tentaron calar voces de mulleres e tentaron privar á universidade do seu valor mais importante non sintan isto como unha vitoria. Isto é un fracaso e é noso, do feminismo, que levamos décadas alimentando unha polarización do discurso que só nos leva a dividirnos, mentres o verdadeiro inimigo desfruta vendo como isto sucede", "text": "Hoxe escrebo desde sensacións de carraxe, impotencia, tristura que me atravesan ciclicamente e en bucle. Escrebo tras uns días de moita tensión e moita actividade, e outros tentando de apousentar e reflexionar sobre o acontecido, aínda que estes últimos non foran suficiente. Particularmente preciso pensar mais nisto, ter mais tempo e distancia aos feitos para poder propoñer a medio prazo algo que serva para axudar recompoñer o que, se non rompeu xa, está como mínimo danado de gravidade.O debate sobre o traballo sexual e a prostitución leva abrindo fenda no feminismo décadas, penso que é o que mais, e non só nos divide, enfróntanos, cun nivel de violencia brutal; tanto, que hai anos que é imposible sentar nunha mesa a figuras relevantes debater sobre o tema. Se baixamos a nivel de activismo si podería ser posible falar entre algunhas de nós; ou así era ata hai pouco, mais o que aconteceu estes días coas xornadas canceladas na Universidade da Coruña son un novo punto de inflexión por diferentes motivos, pero o mais importante é que nos atopamos no que sería o terceiro ciclo #8M. Xa na preparación do 8M de 2019 se quixo introducir o tema e, en aras da unidade, conseguiuse que non se esixise un posicionamento único.O debate sobre o traballo sexual e a prostitución leva abrindo fenda no feminismo décadas, penso que é o que mais, e non só nos divide, enfróntanos, cun nivel de violencia brutal; tanto, que hai anos que é imposible sentar nunha mesa a figuras relevantes debater sobre o temaNon escrebo aquí para defender ningunha das posturas, porque ademais non concordo en que, a día de hoxe sexan dúas, nin tan sequera que sexan as mesmas que hai anos. De feito somos moitas as que cremos que pode haber espazo intermedio onde situarse, e abrir novas liñas de debate e, sobre todo de acción. Pero insisto, non escrebo para falar diso. Escrebo para tentar pedir mesura e responsabilidade. Estes días mulleres en nome do feminismo agredían a outras mulleres publicamente e tamén en privado. Mulleres que se apropian dunha corrente teórica de pensamento feminista moi respectable e que a baixan ata a lama mais noxenta, desprezando a outras mulleres por querer falar da súa realidade desde perspectivas persoais, académicas e políticas. Desprezándonos a quen tiñamos interese en escoitalas e, por que non, debater con elas sobre acordos e desacordos. Desprezouse a unha institución como a universidade, que mediante un procedemento totalmente rigoroso outorgoulle una pequena subvención a unha alumna para realizar unhas xornadas, chegando a promover un bulo sobre o seu custe. Desprezouna ademais obviando o fin mais valioso que ten un espazo académico, unha universidade pública, que é acoller propostas de pensamento, facilitando espazos de investigación, debate e reflexión para xerar coñecemento.Escrebo para tentar pedir mesura e responsabilidade. Estes días mulleres en nome do feminismo agredían a outras mulleres publicamente e tamén en privadoE desprezouse ao alumnado. Ben é certo que a mesma corrente do feminismo que coaccionou, ameazou e insultou leva anos infantilizando ás mulleres, negándolles xeralizadamente capacidade de decisión e autonomía, e non só para adicarse a unha actividade, que obviamente moitas cremos que é froito dun sistema patriarcal, como tantas outras, tamén feminizadas, e que se nutren en moitos casos da situación de pobreza e exclusión das persoas ou de sistemas racistas. Agora tamén infantilizan a quen quere escoitar a estas mulleres, ás propias estudantes universitarias, que semella van ser captadas por redes internacionais de proxenetas, non soa a iso dos caramelos con droga ás portas dos colexios? non é absolutamente contrario aos postulados básicos dos feminismos recoñecer e apoiar a autonomía das mulleres? e escoitalas?Parte dos temas que se abordan na xornada teñen que ver coa violencia á que son sometidas, e outras mulleres, en nome do feminismo, quérenllo negar. Negarlle a mulleres a capacidade de ser suxeito político e, como mínimo, escoitalas e telas en conta como tal nun debate que non está pechado nin no feminismo nin na Academia… isto é feminismo?Non quero que isto suceda nin en nome do feminismo nin tan sequera do abolicionismo, négome a que se coopten ambos termos, porque creo que nin é así todo o abolicionismo nin, desde logo o feminismoNon quero que isto suceda nin en nome do feminismo nin tan sequera do abolicionismo, négome a que se coopten ambos termos, porque creo que nin é así todo o abolicionismo nin, desde logo o feminismo. Penso, ademais, que temos un amplo espazo de traballo conxunto se, en lugar de respostar con fanatismos e repetindo mantras, escoitamos. Temos moito que escoitar, e iso, ao fin e ao cabo estánolo ensinando o 8M, xa temos unha masa crítica feminista enorme que sae das escolas, das universidades ou non, e que se forma en feminismos tamén fora, na rúa, grazas ao traballo de moitas durante décadas, tamén das teóricas do abolicionismo. Para min o abolicionismo non é un termo identitario, non debera selo, como toda teoría, á hora de levala á práctica é interpretable e moitas de nós, que defendemos unha liña prodereitos tamén facemos unha interpretación das teorías abolicionistas que nos serven de base nas nosa praxes.Pido mesura, pido que demostremos que podemos facelo, que podemos incluso demostrar que queremos escoitarnos e queremos respectar ás mulleres que non son as mafias do proxenetismo internacional, eses son outros e como sempre, temos que saber identificar ao inimigo, eu, desde logo non o vexo nestas mulleres nin nesta alumna que monta unhas xornadas militantes no marco da universidade, con poucos recursos e moita vontade.Pido que todas aquelas que en nome do abolicionismo e do feminismo tentaron calar voces de mulleres e tentaron privar á universidade do seu valor mais importante non sintan isto como unha vitoria. Isto é un fracaso e é noso, do feminismo, que levamos décadas alimentando unha polarización do discurso que só nos leva a dividirnos, mentres o verdadeiro inimigo desfruta vendo como isto sucede"}
{"ID": "NOS_10210", "summary": "Verto publica o seu primeiro álbum, Puro Ocio, un traballo autoeditado", "text": "Xa se pode escoitar o primeiro disco de Verto, Puro Ocio, un proxecto de Alberto Mira (Berto) e Fernando Peleteiro (Fer), dous estudantes de Medicina que producen música de festa. En apenas uns meses lograron converterse nun auténtico fenómeno da música galega entre a mocidade. Que vai atopar a xente que se escoite Puro Ocio? Puro Ocio [rin]. A nosa idea co disco é facer, como até agora, a música que nos mola na lingua que falamos habitualmente, que é o galego. Sinceramente, queremos que a xente desfrute das cancións, que son a nosa maneira de expresarnos como artistas. Aí vai o concepto do álbum: música para pasalo ben e punto. Nese senso, o título é unha declaración de intencións. Si, un título que casualmente saíu dunha entrevista no Sermos Galiza, na que vos puxerades o concepto de Puro Ocio. Encantounos e tivemos claro que esa era a senda que iamos coller desde entón. Como foi a gravación? Foi un proceso moi intenso. Decidimos sacar un álbum e de súpeto comezamos a confirmar concertos para un repertorio que non tiñamos aínda. Metémonos sos moita presión para en mes e medio gravar todas as cancións. Xeralmente a un ocorríaselle a idea, eu [Fer] que levo a produción traballaba pola miña conta matizando cousas, logo gravabamos xuntos. As últimas semanas foi todo mesturar e masterizar, cousas que aprendemos con tutoriais de Youtube desde que comezamos. Foi un pouco inferno, pero unha experiencia super gratificante. Estamos moi orgullosos porque é un produto co que nos sentimos identificados. Persoalmente, eu [Verto] estou moi feliz cun solo de guitarra. Cómpre destacar que sempre que se escoita unha guitarra é Verto e un piano é Fer. Como levan o estoupido de fama de Verto? Ten cousas boas e malas, pero máis das primeiras. O boom que tivo \"Oie gallego\" foi unha motivación para sacar o disco, porque vías que o que faciamos estaba calando na xente. Logo hai partes máis raras, como que cando saímos de festa alguén che bata nas costas e che diga algo. Normalmente é xente moi amábel, os que non coñecen os límites son os menos. A min [Fer] o que máis me gusta é facer música e préstame que se estea escoitando tanto en galego, logo que te paren para pedirche fotos é algo co que aínda estou aprendendo a lidar. Viuse a estrea afectada polo coronavirus? Si, a data do primeiro concerto (aínda sen anunciar) era o 7 de maio na Malatesta (Santiago) e non sabemos se se poderá facer. Logo temos confirmacións para festivais en xullo e agosto que agardamos que se manteñan. Imos ir ao Osa do Mar, ao Antros Pinos seguramente... Aínda estamos comezando a ver como facer os concertos, porque temos música moi producida e aínda non sabemos como van ser os directos, é algo por explorar. Todo isto é novo para nós."}
{"ID": "NOS_25564", "summary": "O marisco lidera as subas de prezo a un mes das celebracións de Nadal, seguido da carne e o peixe", "text": "As angulas, as ameixas, as ostras, o año e o ollomol son os alimentos que máis encareceron os seus prezos de cara ao Nadal, con subas históricas, mentres que os percebes, a pescada, a pularda e a tenreira foron os que máis baixaron as súas cotizacións, segundo o observatorio de prezos da Organización de Consumidores e Usuarios (ONU). En concreto, as angulas son o produto que máis subiu (53%), seguidas das ameixas (36%), as ostras (28%), o año (22%) e o ollomol (15%), indica OCU, que precisa que ningún deles estivera nunca tan caro. No lado contrario sitúanse os percebes (-27%), a pescada (-16%), a pularda (-6%) e a tenreira (-5%). Outros produtos, como os lagostinos, o xamón ibérico ou a lombarda apenas variaron os seus prezos respecto ao ano pasado por estas datas. Neste primeiro control de prezos ─a OCU prevé facer tres─, a actual suba supón un récord histórico e alcanza 8% de incremento de media respecto aos datos recollidos nestas mesmas datas do ano pasado. Este primeiro estudo recolle os prezos un mes antes do Nadal, pero tamén se recollerán despois da ponte de decembro e o terceiro control será nos días previos á Noiteboa. Previsión e alternativas Para aqueles consumidores que queiran evitar as subas típicas de Nadal, a organización de persoas consumidoras recomenda adiantar as compras ou substituír os produtos máis caros por outros alternativos máis económicos, que aínda que teñan menos demanda nestas datas poden resultar igual de interesantes desde o punto de vista nutricional. Este ano súmase o feito de que a inflación está disparada, polo que as familias terán que examinar os prezos aínda máis. A previsión é que o gasto medio por persoa se sitúe nos 641 euros, con agasallos e comidas levando a maior parte."}
{"ID": "NOS_20876", "summary": "Contra todos os prognósticos que agoiraban medo e desinterese, os festivais de teatro e artes escénicas que se celebraron no mes de xullo supuxeron unha afirmación da cultura contra a morte.", "text": "Con todas as cautelas e protocolos que a pandemia impuña, o público acudiu en masa ás mostras, gozou dos espectáculos, riu, chorou e aplaudiu aos cómicos. Pink Unicorns La Macana / Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández /Elenco: Alexis Fernández & Paulo Fernández28 Nunha palabra, reencontrouse cunha alegría que o feche dos teatros nos escatimara. Se cadra non é suficiente para enfrontar o panorama que temos diante, mais é profundamente necesario. Precisamos máis que nunca dese desafío aos consensos sociais para atopar un lugar irredutíbel onde convivan as emocións e as reflexións, as tristezas e as alegrías. Ese lugar pode ser o teatro, pode ser un parque de Ribadavia onde se represente un espectáculo de danza que se chame, por exemplo, Pink Unicorns. Unicornios rosas: unha fantasía imposíbel que, con todo, se transforma en motor de futuro.A compañía coruñesa La Macana anda de xira –dentro do que no noso país se pode chamar xira– con ese espectáculo, Pink Unicorns, onde un pai e un fillo –Alexis Fernández e o seu fillo Pablo– bailan a súa relación. Mesturan danza, xesto, teatro corporal, para mostrar unha historia eterna que sempre se repite e sempre é diferente: a dos encontros e desencontros das xeracións. A peza afonda nesas estratexias de rivalidade que se estabelecen entre pais e fillos cando estes entran na adolescencia, ese terreo onde hai que cuestionar todas as autoridades para conquistar a individualidade e a independencia que nos xustifique. A mestura de vulnerabilidades e fortalezas transfórmase nun xogo onde os roles cambian constantemente: ambos se esforzan por estar á altura do outro, e nese proceso redescóbrense a si mesmos na medida en que conseguen comprender o antagonista. A chave do éxito de Pink Unicorns, o que lle outorga unha personalidade case única, é que La Macana deixa a un lado o punto de vista habitual cando se trata este tema: o que subliña os enfrontamentos, as incomprensións e as diferenzas. Pola contra, a compañía constrúe o seu relato desde a complicidade: unha complicidade que non renuncia a exhibir as arestas das que non está libre ningunha relación, mais que pon a superación dos obstáculos como horizonte inmediato. Por iso, a obra traslada de modo inmellorábel a alegría e a ansiedade da busca de harmonía no medio da confusión. Antes da crise, Pink Unicorns xa era unha das obras máis recomendábeis do panorama das artes escénicas do país. Agora é tan imprescindíbel como o optimismo que transmite."}
{"ID": "PRAZA_19934", "summary": "ENTREVISTA | O vindeiro 4 de maio Xosé Hermida recibirá o XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Delegado de El País Galicia ata o peche da edición en 2015, hoxe dirixe a delegación do xornal en Brasil", "text": "O vindeiro 4 de maio Xosé Hermida recibirá o XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Os colexiados e colexiadas do CPXG e os socios e socias do Club de Prensa elixírono por diante dos restantes candidatos e candidatas ao galardón (Aslı Erdoğan, Ignacio Escolar, Virginia Pérez Alonso, Peridis e Jorge Ramos). Tralo peche da edición galega de El País, e despois de exercer o xornalismo en Galicia durante tres décadas, Hermida converteuse en delegado do xornal en Brasil. Hermida únese aos premiados e premiadas anteriores, como Jordi Évole, Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, Mónica García Prieto, Wikileaks, Rosa María Calaf ou Ali Lmrabet. Como recibiches a nova do premio? Sabe mellor un recoñecemento que leva o nome de Couso e que, ademais, é elixido polos propios compañeiros e compañeiras de profesión? Por suposto que sabe moito mellor. Foi o que dixen dende o primeiro momento, non me imaxino un premio que poida satisfacer tanto como o que che dan os propios compañeiros, síntome moi honrado e mesmo un tanto abrumado. E tamén é unha honra engadida que leve o nome de José Couso, un tipo que non era un xornalista famoso, unha grande estrela, era simplemente un informador a pé de obra que morreu non porque perseguise grandes honores –de feito o seu labor era bastante anónimo- senón porque estaba facendo o seu traballo para que todos nós puidésemos saber o que naquel momento acontecía no Bagdad tomado polo Exército dos EE UU. Para min iso simboliza o máis nobre do xornalismo: o desexo de informar, de cumprir unha tarefa esencial para a sociedade, sen buscar máis recompensa que a satisfacción de contribuír a que a xente teña mais elementos de xuízo para se formar unha idea do mundo. \"É unha honra engadida que leve o nome de José Couso, un tipo que non era un xornalista famoso, era simplemente un informador a pé de obra que morreu estaba facendo o seu traballo\" Como se explica que nun tempo marcado pola comunicación e a información (disque vivimos na sociedade da información), a profesión viva unha crise tan profunda e os profesionais teñan perdido peso e relevancia? Primeiro, calquera cousa en doses excesivas acaba tendo un efecto contraproducente. E esta é unha época de excesos, de aceleración do tempo, de consumo rápido, instantáneo, sen un mínimo repouso para saborear, valorizar e dimensionar as cousas. Iso acontece en moitos aspectos da sociedade, tamén na información. Os xornalistas acabamos sendo escravos que alimentan esa maquinaria insaciable que esixe contidos sen parar, as 24 horas do día, os sete días da semana, sen pausa, sen o mínimo acougo para pensar. Entón acabamos nunha especie de fast food xornalístico, de McXornalismo, poderíamos dicir: servimos cousas para consumo rápido, que enchen moito no momento pero que non alimentan nada. E nese xornalismo de consumo rápido acábase mesturando a información co entretemento, moitas veces xa non sabemos o que é xornalismo e o que é puro espectáculo para entreter ás masas. Alén diso, nos últimos anos, pola mesma dinámica do sistema económico e as súas crises, a propiedade dos medios foi caendo en mans de grandes grupos financeiros, sen tradición neste negocio e con intereses alleos ao xornalismo. E os xornalistas fomos perdendo peso e capacidade de decisión. \"Os xornalistas acabamos sendo escravos que alimentan esa maquinaria insaciable que esixe contidos sen parar, as 24 horas do día, os sete días da semana, sen pausa, sen o mínimo acougo para pensar\" Como se recupera este papel e a vocación de servizo público que os medios e os profesionais nunca deberon perder? Se eu tivese a solución... Tampouco quero ser apocalíptico, hai aínda medios e xornalistas individuais que intentan todos os días que iso non desapareza. O principal é que os xornalistas non perdamos de vista o fundamento e o verdadeiro sentido do noso traballo: informar os cidadáns dos asuntos relevantes para a sociedade sen atender a outro interese que non sexa o público. Non é fácil, pero cando un asume un compromiso –e ser xornalista é asumir un compromiso coa sociedade- non pode deixar de, polo menos, intentar cumprilo. Se vas renunciar a iso, entón deixas de ser xornalista, convérteste en outra cousa: iso que chaman comunicador, relacións públicas, escritor a ditado, showman... O que lle queiras chamar, pero xornalista, non. \"O principal é que os xornalistas non perdamos de vista o fundamento e o verdadeiro sentido do noso traballo: informar os cidadáns dos asuntos relevantes para a sociedade sen atender a outro interese que non sexa o público\" Que perdeu o xornalismo e que perdeu a sociedade galega co peche da edición e da delegación de El País–Galicia? Eu non son o máis indicado para falar de iso, son parte demasiado implicada. Modestamente, creo que a información en Galicia perdeu, como mínimo, pluralidade. E tamén perdeu a achega de xornalistas magníficos que foron ao paro, marcharon fóra ou ficaron sen o mellor soporte para poder expresar toda a súa capacidade profesional. Con todo, El País -nunha versión moita máis reducida- aínda conta cun grupiño de xornalistas excelentes en Galicia. E tamén hai iniciativas moi meritorias como a de Praza que loitan para que non se perda esa pluralidade informativa. Pero loxicamente non teñen a potencia empresarial que dá o ter detrás un medio como El País nin unha edición extensa como a que existiu en Galicia durante sete anos. [Co peche da edición e da delegación de El País–Galicia] \"a información en Galicia perdeu, como mínimo, pluralidade\" Decisións coma esta (o peche da edición e da delegación) explícanse pola primacía de criterios de rendibilidade económica inmediata en vez de considerar outros valores de máis longa traxectoria? Os xornais son empresas, o seu propósito é gañar diñeiro. E ademais é importante que sexan rendibles, porque é unha das garantías da súa independencia, de non acabar caendo en mans dos grandes intereses económicos. Claro que esa esixencia de rendibilidade ás veces tamén acaba provocando contradicións co punto de vista puramente xornalístico. De calquera xeito, se o oco que deixou El País Galicia non se puido cubrir será porque á sociedade galega non ten o interese, a capacidade, a demanda, ou o que sexa, de dispor de un medio con esa orientación. \"Se o oco que deixou El País Galicia non se puido cubrir será porque á sociedade galega non ten o interese, a capacidade, a demanda, ou o que sexa, de dispor de un medio con esa orientación\" Exerciches o xornalismo en Galicia durante 30 anos. Como inflúen no traballo diario dun xornalista e no xornalismo que finalmente se publica as características da sociedade galega? Están máis cerca medios e poder, medios e fontes, en Galicia que noutros lugares? É un pouco triste dicilo, pero o certo é que a liberdade para exercer a profesión aquí deuma un medio que non está orixinalmente radicado aquí. Refírome a El País, claro. Eu sempre tiven a impresión –e os meus compañeiros da competencia adoitaban estar de acordo- en que desde que entrei a traballar en El País tiven moita máis liberdade que a que tería –ou que a que tiña antes- traballando nun medio galego. Insisto, non é nada que me produza satisfacción. Máis ben melancolía. \"Non creo que Galicia sexa hoxe una sociedade moi ben informada polos seus grandes medios, nin que estes fagan moitos esforzos por descubrir as cousas que os poderosos tratan de esconder\" Como valoras a calidade actual do publicado polos medios en Galicia? A calidade técnica, digamos o envoltorio, e a competencia dos profesionais, está moi por riba da media española. Outra cousa é o contido da información. Aí... En fin, como di un compañeiro moi intelixente e moi cáustico \"os medios galegos fan un excelente traballo de fiscalizar á oposición\". Non creo que Galicia sexa hoxe una sociedade moi ben informada polos seus grandes medios, nin que estes fagan moitos esforzos por descubrir as cousas que os poderosos tratan de esconder. \"A parte mala do proceso é que os novos medios, moitos deles cheos de frescura, audacia e independencia, non son capaces de crear estruturas xornalísticas fortes como as das empresas tradicionais\" Que gañou e que perdeu o xornalismo con Internet? É un proceso cheo de paradoxos. Gañou que os grandes medios perderon o seu monopolio de formar á opinión pública, de impor unha axenda, de ditaminar o libro que hai que ler, a película que hai que ver e o tema do que hai que discutir. Pero a parte mala do proceso é que os novos medios, moitos deles cheos de frescura, audacia e independencia, non son capaces de crear estruturas xornalísticas fortes como as das empresas tradicionais. E aquelas empresas, cos seus defectos, tamén tiñan virtudes: podían custear a viaxe dun xornalista a unha guerra, podían pagar os soldos de xornalistas que durante meses se dedicasen a investigar unha cousa ou a facer unha única reportaxe... Os novos medios non teñen capacidade para iso, e o xornalismo perde moito con iso. Por outra parte, a rede é ese mundo confuso, revolto, labiríntico, que acaba equiparando todo. E a xente xa non distingue moitas veces entre os díxome-díxome dun blog calquera e unha información ben traballada, rigorosa e profesional. Postverdade, sociedades líquidas, relativismo... A multitude de mensaxes, medios, versións e o seu consumo acelerado debilitaron o peso dos feitos? É obvio que si. A aceleración descontrolada e a selva na que se ten convertido a rede sementan a confusión. E se os medios que poden combater iso tamén se deixan levar pola tendencia, pois acabamos niso. Pero insisto en que non quero ser apocalíptico nin andar coa idea de que calquera tempo pasado foi mellor. Non, porque agora tamén temos máis instrumentos para desenmascarar as mentiras. \"O xornalismo, ou polo menos a elaboración dun medio de comunicación, é un traballo colectivo. E iso esixe debate, contraste, discusión entre distintos puntos de vista\" Que importancia teñen as redaccións, o traballo en colectivo, para o xornalismo? Básico, imprescindible. E iso é outra cousa que se pode perder. Non sei de quen é unha definición dunha redacción que me encanta: é un lugar onde todo o mundo está discutindo todo o tempo sobre todas as cousas. O xornalismo, ou polo menos a elaboración dun medio de comunicación, é un traballo colectivo. E iso esixe debate, contraste, discusión entre distintos puntos de vista... Porque o xornalismo non é unha ciencia exacta, e só compartindo e contrastando diferentes perspectivas, o produto final pode ser mellorado. Porque unha das bases do periodismo é desconfiar de todo, empezando polo traballo de un mesmo. \"Ninguén, empezando polos propios brasileiros, saben cara onde van. Hai una falta enorme de liderados\" Como está a xestionar a sociedade brasileira o proceso que acabou co goberno de Rousseff? Cara a onde camiña o país? Ninguén, empezando polos propios brasileiros, saben cara onde van. Hai una falta enorme de liderados, só fica o de Lula, pero bastante debilitado polos escándalos de corrupción. A asombrosa trama de corrupción atinxiu a todas as principais forzas políticas e ameaza con derrubar todo o sistema político, algo parecido ao que aconteceu en Italia nos anos 90. Por outra parte, a sociedade está moi polarizada. A maioría das clases medias máis acomodadas desenvolveu un odio visceral ao PT e a Lula, presentado como a fonte de todos os males. Ao mesmo tempo, hai sectores intelectuais e unha ampla franxa de pobres, sobre todo no Nordeste do país, que defenden a Lula contra vento e marea, e minimizan a corrupción, ou mesmo alimentan teorías conspiratorias. É unha situación difícil, chea de incertezas e fascinante para un xornalista. \"Quen siga só os grandes medios brasileiros pode acabar pensando que Brasil era un paraíso das bos costumes públicos, unha especie de Dinamarca tropical, ata que o Lula chegou ao poder\" É moi distinta a realidade mediática alí. Algo que te sorprendese especialmente? Non tanto. Valen algunhas cousas que che dixen para a galega: a calidade técnica é alta, equiparable a Europa, con extraordinarios profesionais. Pero aquí tamén a fiscalización é moi selectivo. Quen siga só os grandes medios brasileiros pode acabar pensando que Brasil era un paraíso das bos costumes públicos, unha especie de Dinamarca tropical, ata que o Lula chegou ao poder. Como se observa dende Brasil a realidade española (e europea)? Cun distanciamento moi saudable."}
{"ID": "NOS_25235", "summary": "O deputado nacionalista negou que a desfeita medioambiental fose un simple accidente, como dixo a Xunta.", "text": "O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá ao Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, \"respostas concretas\" á colaboración do Goberno central na recuperación das Fragas do Eume, máis o Ministro non puxo cifras concretas sobre a mesa. Jorquera dirixiuse ao Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, na sesión de control para preguntarlle cal vai ser a colaboración do Goberno central na recuperación das Fragas do Eume. Unha pregunta que ía dirixida a Soraya Sáenz de Santamaría e así constaba na orde do día do Pleno até que onte pola tarde o Goberno cambiou o destinatario da pregunta do BNG."}
{"ID": "NOS_33613", "summary": "Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño protagonizan son protagonistas do novo Cantos na Maré que se celebrará o próximo 11 de xaneiro en Pontevedra, dirixido por Uxía e Paulo Borges. A poesía arredor de Rosalía une a artistas que chegan do Bierzo, Brasil, Cabo Verde, Portugal e Galiza.", "text": "A poesía está na traxectoria creativa dos artistas convidados a esta nova edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que, un ano máis, se desenvolverá en Pontevedra o próximo día 11. Crearán conxuntamente un repertorio exclusivo para o Festival Internacional da Lusofonía que dirixe Uxía. O Festival virá este ano acompañado dun programa de actividades que van desde charlas por parte de Amancio Prada, Uxía e Najla Shami arredor do seu achegamento creativo a Rosalía, un taller técnico e unha demostración didáctica por protagonizada por Budiño. Con distintas procedencias, a poesía une a Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño, protagonistas do concerto colectivo que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o 11 de xaneiro de 2014. Amancio Prada musicou a Rosalía de Castro, Federico García Lorca e Cunqueiro, entre outros; Vitor Ramil, brasileiro descendente de galegos, achegouse coa súa música a Borges e João da Cunha Vargas. Este brasileiro gaucho, que conserva un exemplar de Cantares Gallegos como ouro en pano, estará por primeira vez na terra dos seus antepasados galegos. A música de Gabriela Mendes encontrouse con algúns dos mellores compositores e poetas caboverdianos como Vasco Martins, Tcheka, Manuel d'Novas e Dany Mariano. A revelación en Portugal Luiz Caracol ten a Pessoa e Mia Couto entre os seus letristas e Budiño incorpora no seu novo Sotaque un poema de Celso Emilio Ferreiro. . Cantos na Maré xirará xirará este ano en torno á figura de Rosalía de Castro, á maneira dun peche musical do ano no que se celebrou o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos. \"Cantos na Maré é moito máis que un festival, é un encontro de xeografía humana, onde persoas doutras culturas entran en contacto coa nosa\", apuntou Uxía."}
{"ID": "NOS_24802", "summary": "Filla dun republicano represaliado, sinalaba ao entrar como parlamentar que a súa intención era \"representar esas mulleres que saíron do campo e loitaron\"", "text": "A deputada socialista do Parlamento de Galiza e ex concelleira de Vigo Isaura Abelairas faleceu após unha longa enfermidade. Nada en Taboada, comarca de Chantada, en 1951, Isaura Abelairas exerceu como mestra e directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993 até 2007. Ademais, ostentou a Concellaría de Limpeza e Festas do Concello da cidade olívica entre 1999 e 2003 e tamén foi a responsábel dos departamentos de Servizos Exteriores e Vías e Obras. Posteriormente, foi responsábel de Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística e tamén de Política Social. Así mesmo, entre 1999 e 2003 e desde 2007 exercía como deputada provincial, como responsable de Igualdade. En xullo de 2020, a até entón edila do Grupo Municipal Socialista de Vigo renunciou á súa acta de concelleira en Vigo para ocupar un escano no Parlamento de Galicia, dentro do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galiza. Filla dun republicano represaliado, sinalaba en 2020 nunha entrevista en Nós Diario que a súa intención no Parlamento era \"representar esas mulleres que saíron do campo e loitaron\""}
{"ID": "NOS_23722", "summary": "A notificación de última hora por parte do departamento de Xesús Vázquez de suspender o nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto provoca as protestas do sector.", "text": "Respondendo a unha convocatoria da CIG-Ensino, o sector concentrouse hoxe diante da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para protestar polo acordo que suspende o dereito de nomeamento nos meses de xullo e xullo d@s substitut@s. Até agora o persoal que tivera prestado servizos á administración durante polo menos cinco meses e medio durante o curso 2011-12 tiña a ampliación nos meses de verán. Durante o acto, un grupo de afectados, acompañados polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, entregaron un escrito dirixido ao conselleiro de Educación no que se esixe a reposición deste dereito.\"Estamos aquí para que a propia Consellaría rectifique\", dixo Anxo Louzao, secretario xeral de CIG Ensino que participou na concentración. \"Potencialmente hai máis de 1.000 afectad@s e incrementaranse máis pola redución das substitucións\", asegurou o dirixente sindical. O profesorado substituto está a padecer \"o desprezo da Consellaría\" segundo a CIG-Ensino Atraso na notificaciónA demora en informar desta medida tamén é un dos temas que critica duramente a CIG-Ensino. \"Esta medida tomouse o día 21 no Consello da Xunta e foi notificado até seis días despois, xusto ao remate do curso\", denunciou Louzao. Para este sindicato é inaceptábel que a Consellaría agarde até o remate das clases para anunciar unha medida tan dura para o profesorado substituto. \"Hoxe non saben se van traballar ao día seguinte ou non\", sinala o secretario xeral de CIG Ensino, \"e por riba quítanche unha parte do teu salario\". Tamén apuntou que non entende como algúns sindicatos mantiveron unha reunión na Consellaría pola mañá e non informaron deste tema. A precariedade deste sector do ensino galego, segundo critica o sindicato nacionalista, está a padecer \"o desprezo desta Consellaría\" con constantes cambios de domicilio e a obriga de estar a disposición da Administración de xeito continuo."}
{"ID": "NOS_19202", "summary": "O Ceida, centro de referencia de educación ambiental a nivel galego, celebra esta fin de semana o IV Encontro Internacional do Lixo Mariño, unhas xornadas abertas para a sensibilización e defensa do medio mariño onde as crebas adquiren unha dimensión comunicativa e artística, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta polos materiais plásticos que van parar ao mar.", "text": "\"Dun tempo a esta parte faise evidente a importancia do problema que supón o lixo mariño e a conciencia crecente entre a poboación. A concienciación é clarísima, pero é que os plásticos –e os microplásticos– están por todas partes. Estamos matando o mar co lixo\", advirte Carlos Vales, o director do Ceida, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental da Galiza e, como o describe, \"punto de encontro de todas as entidades que traballan a prol do medio ambiente, como espazo de apoio á sociedade civil. Este espazo é, xunto cos colectivos Mar de Fábula e RetoqueRetro, quen organiza as xornadas, que se realizan baixo o epígrafe 'Crebeiros no mundo' e que ofrece unha programación aberta e de balde, con prazas limitadas e previa inscrición, durante toda a fin de semana, nas que ademais de múltiples entidades galegas participan, nesta edición, dúas asociacións procedentes de Portugal, Brigada do Mar, e da Bretaña francesa, Ansel Association. \"O maltrato que lle temos dado ao mar deixou feridas abertas que supuran e devólvennos eses residuos\", advirte o presidente de Mar de Fábula Esta sexta feira, a actividade abríase con limpezas por parte de persoas voluntarias nas praias de Espiñeiro (Oleiros) e Bens (A Coruña), na que intervén un grupo de estudantes de primeiro curso da Universidade da Coruña. Estas limpezas nos areais serven, a ollos do presidente de Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, para \"marcar o rumbo dun encontro intervencional que reúne xente que traballa na defensa do medio mariño\" e que se presentan como unha combinación teórico-práctica. \"Como puidemos comprobar en Espiñeiro, o mar segue a estar moi contaminado por residuos plásticos, por lixo plástico miúdo que despois invade as praias. O maltrato que lle temos dado ao mar deixou feridas abertas que supuran e devólvennos eses residuos, enormes volumes de materiais que chegan de volta á terra cos ventos e as mareas\", lamenta Barros, encargado da palestra inaugural de mañá. Isabel García, integrante do colectivo artístico RetoqueRetro –outro dos impulsores da actividade–, salienta tamén a acción que se realiza con voluntariado e coas propias participantes do encontro nas praias, \"porque o que se saca é unha mostra simbólica de todo o que chega do mar e permite ter nas propias mar todo aquilo que acaba nos mares\". As limpezas rematan cunha separación, en lonas, dos materiais apañados, \"para que todo o mundo poida ver tamén a orixe destes residuos\", observa García. Deste xeito, e segundo explica o presidente de Mar de Fábula, Mar de Lixo preséntase como un proceso de concienciación e para promover a mobilización da cidadanía. \"Trátase de intercambiar opinións e experiencias e ver de que maneiras podemos actuar para conseguir, por exemplo, que as administracións prohiban os plásticos dun só uso ou as bandexas de porispán, un material que ateiga as praias, como estamos vendo\", sinala Barros. Como subliña, as administracións teñen moito que dicir para \"aliviar\" a contaminación do medio mariño, pero tamén as grandes distribuidoras, \"que son quen marca a pauta\". Por debaixo de todo, ou por enriba, está a concienciación e mobilización cidadá, esencial para mudar os hábitos de consumo. \"Todo un proceso que conduza á diminución dos usos dos plásticos\", conclúe. Máis de 70 persoas están apuntadas para facer parte dos obradoiros, limpezas e faladoiros, que tratarán iniciativas como os sistemas de depósito para recuperar envases reutilizábeis ou as formas de colaboración co sector pesqueiro para a prevención e mitigación do lixo mariño na Galiza, entre outros moitos temas. A programación, que se pecha o domingo cunha derradeira limpeza no areal de Bastiagueiro (Oleiros) e obradoiros artísticos abertos a público familiar e con crianzas, recolle tamén, mañá, a performance 'Waste or not to waste', da artista Susana Sanromán, que se vale de materiais plásticos dun só uso para unha intervención que mestura danza e audiovisuais, e un concerto da banda Las Antonias."}
{"ID": "NOS_23783", "summary": "O Sergas notífícalle ao doutor Javier Castrillo a apertura dun expediente disciplinario en relación ao sucedido hai case un ano no paritorio de Verín. A decisión, con \"tintes de vinganza\", xustifícase en que o xinecólogo contraiu no seu momento a decisión doutra profesional.", "text": "O responsábel do servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, recibiu notificación da apertura dun expediente disciplinario, segundo adiantaba o Diario do Támega, en relación aos feitos que sucederon hai case un ano, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico feche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta. O doutor ve neste expediente, \"que se incoa en Vigo, onde Félix Rubial estivo tamén á fronte da área sanitaria\", unha \"vinganza\" do agora xerente da área ourensá. O castigo ao que o expón podería acadar os dous anos de inhabilitación profesional. Segundo explica a Europa Press o propio Castrillo, a actuación pola que se lle incoa o expediente remóntase ao pasado 30 de novembro de 2019, xornada na que naceu o que, en principio, estaba chamado a ser o derradeiro neno que nacería n o centro sanitario comarcal. Castrillo sostén que o neno naceu \"sen complicacións nin ningún problema\" e sinala que as matronas ratificaron que así era, pero a pediatra de garda recomendou que \"se derivase o neno a Ourense\", atopando a oposición do xefe de Xinecoloxía, por non ver razón para iso. Finalmente, o bebé acabou sendo trasladado, pero o Sergas notifica agora un expediente ao xinecólogo, segundo di, por contravir a decisión doutra profesional, neste caso a pediatra, o que se considera unha falta \"grave\". Á espera dos pasos administrativos que poidan derivar tras a notificación en chave interna, Castrillo, que recibiu o aviso do expediente o pasado luns, prevé solicitar que se lle entregue unha copia do contido das actuacións iniciadas contra el, co fin de poder defenderse. Desde Europa Press infórmase de que a Consellaría de Sanidade se limitou a dicir ao respecto que \"son procedementos internos dos que só se traslada información directamente aos interesados\". Desde o Bloque Nacionalista Galego, parte activa nas reivindicacións arredor do paritorio de Verín, a súa deputada Noa Presas afirmaba hoxe que a formación recibe \"con sorpresa e alarma a noticia\", por tratarse dun \"un acontecemento sen consecuencias, cando non se investigaron feitos graves de violencia obstétrica coa separación de bebés e nais nas primeiras horas postparto\" e pregúntase se a dirección sanitaria de Ourense \"non ten outra cousa que facer que axustar contas\". Tanto o BNG como as formacións feministas denunciaron no seu día \"situacións como a vivida o 12 de decembro, cando se produciu un parto de urxencia e a velocidade de dilatación era tal que o persoal sanitario de Verín decidiu atender o nacemento no hospital comarcal e evitar os riscos dun traslado\", lembra Noa Presas. Posteriormente sucedéronse graves feitos que precisaron a concorrencia do aparello xudicial e que remataron coa crianza sendo despoxada da súa nai e trasladada de forma separada até Ourense, con horas de diferenza, incumprindo os protocolos na materia. Para Presas \"estes feitos constitúen un exemplo de violencia contra as mulleres e non foron investigados polo que sorprende que agora se coñeza un procedemento desta embergadura contra un profesional que se significou publicamente a favor do mantemento do servizo en Verín\"."}
{"ID": "NOS_2272", "summary": "O velódromo de Anoeta ficou pequeno –milleiros de persoas quedaron fóra- no acto de benvida a Arnaldo Otegi após a súa saída da cadea. No seu discurso, no que citou Castelao, apelou o que chamou a \"nova esquerda\" a se sumar aos \"procesos constituíntes das nacións\".", "text": "No acto de benvida tras saír da cadea, Otegi afirmou que no futuro hai dúas opcións. A primeira, que considera moi improbábel, pasa por que se constitúa \"a democracia en España\", que sexa posíbel \"a evolución política\" e que chegue un punto no que se recoñecerá \"o dereito a decidir do pobo vasco\". A segunda, na que aposta o abertzale, pasa por \"construír un Estado propio\". Citou entón a Castelao e o seu desengano arredor do federalismo. Neste contexto, emprazou o que chamou \"nova esquerda española\" a ser \"honesta\". \"Nós estamos dispostos a colaborar para democratizar o Estado, pero pedímosvos que o día en que se comprobe que isto é imposíbel, vos sumedes aos independentistas\". Defendeu que todas as persoas teñen dereito a vivir nun Estado \"decente\" que satisfaga as necesidades básicas Un Estado decente Na súa aposta na construción dun Estado desde a esquerda, o líder abertzale reivindicou superar a definición tradicional do dereito á autodeterminación e salientou que non só as nacións teñen dereito a contar cun Estado, senón que todas as persoas teñen dereito a vivir nun Estado \"decente\" que satisfaga as necesidades básicas. Tirando de ilusión e optimismo, Otegi corroborou as teses defendidas sete anos anos: que existen condicións para formar novos Estados con \"medios democráticos e maiorías populares\" (caso de Escocia e Catalunya), que era posíbel o paso dun confronto político-militar á creación de maiorías democráticas de esquerda (caso dos procesos latinoamericanos) e que en Euskal Herria existía un bloque popular á esquerda do PNV \"capaz de disputar a hexemonía\". \"Non loitamos porque hai presos e presas, senón que hai presos e presas porque loitamos\" Lembrou ademais que \"existía unha demanda de paz. Interpretamos ben a voz do pobo, trouxemos un anaco de paz\". Porén, subliñou que a paz completa \"non está nas nosas mans\". Tamén aludiu aos presos e presas cando apuntou que \"non loitamos porque hai presos e presas, senón que hai presos e presas porque loitamos\". Participación galega No acto de benvida a Otegi participaron membros do BNG e Anova. Por parte do BNG asistiron os membros da nova Executiva Nacional Bieito Lobeira, Rubén Cela e Noa Presas, cuxa fotografía con Otegi foi compartida nas redes sociais. Por parte de Anova asistiron os membros da comisión permanente Tania Bouzo e Dani Conde."}
{"ID": "NOS_35518", "summary": "Empresa e representantes dos traballadores atinxiron un acordo polo que se readmite os 8 despedidos e séntanse as bases para un novo convenio colectivo. A asemblea de traballadores deu o seu visto bo ao pacto. \"Queda demostrado que se hai unión e hai forza as cousas conséguense\", afirmou Xosé Manuel Vilariño, presidente do comité de empresa.", "text": "Foron 108 días de folga indefinida que tiveron un final positivo para os e as traballadoras de Albada, a concesionaria da planta de tratamento de lixo de Nostián, na Coruña. Un pre-acordo acadado entre o comité e a empresa e ratificado sen votos en contra pol@s operari@s en asemblea que desbloqueou un conflito que se prolongaba desde o 28 de xuño. A readmisión dos 8 despedidos ao inicio das negociacións e as garantías de manter o emprego até o remate do novo convenio (decembro 2014) foron algunhas das cuestións máis valoradas. O presidente do Comité de empresa, Xosé Manuel Vilariño, recoñeceu que entre o persoal existe \"satisfacción\", sobre todo no tocante á readmisión \"dos compañeiros despedidos e que a empresa estaba a empregar como reféns\", manifestan desde a CIG, sindicato maioritario no comité. Tamén se valorou de xeito positivo avances como o de lograr compromisos de garantía de mantemento do emprego. A empresa quería recortes do 25% nos salarios Sobre outros aspectos, Vilariño referiuse ao incremento da xornada semanal, que pasa das 38.5 ás 40 horas (cun descanso de 20 minutos, remunerado, para o bocadillo), e á caída relativa dos salarios por mor de recortes nalgúns pluses. En todo caso, matizou, será unha rebaixa moi lonxe do recorte salarial do 25% que buscaba impor a empresa. \"En conxunto, a nosa valoración é moi positiva, á vista da brutalidade das pretensións que tiña a empresa nos recortes salariais e laborais, e que estivo mantendo case até o final do conflito\" Este principio de acordo chega tras unha folga indefinida na planta de Nostián iniciada o pasado 28 de xullo e dúas xornadas de folga no sector de limpeza da comarca da Coruña. Para o presidente do comité de Albada, a principal lección que se tira deste conflito resúmese nunha frase: \"Queda demostrado que se hai unión e hai forza as cousas conséguense\"."}
{"ID": "NOS_23692", "summary": "O primeiro trimestre de 2021, segundo os datos publicados polo IGE, confirmou as dificultades económicas que teñen os fogares galegos polos baixos ou nulos ingresos cando se supera o ano de pandemia. O nivel de aforro é mínimo e só accesíbel para aqueles que teñen rendas máis altas.", "text": "Segundo os datos publicados esta segunda feira, 5 de abril, polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no primeiro trimestre de 2021 aumentou a pobreza ao dispararse os casos en que se chega con dificultade ou moita dificultade a final de mes, até supor un 58% do total, unha porcentaxe 10 puntos maior que un ano antes, cando era de 48%. Afondando na distribución, os fogares que chegan con dificultade a final de mes son 47,06% e os que rematan cada mes con moita dificultade, 10,01%. Pola contra, 47,3% chega con facilidade ou moita facilidade. A superación da liña de 50% por efecto da pandemia non deixa de lembrar que aconteceu algo semellante no primeiro trimestre de 2018. Alén da situación creada en comercios e hostalaría, con bares e restaurantes fechados ou con limitacións, o consumo tamén diminuíu de maneira considerábel entre xaneiro e marzo de 2021. Segundo o IGE, as persoas que teñen pensado saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro nos vindeiros meses baixan de forma acentuada e quedan en 24,3%, cando eran de 58,8% só un ano antes. Ademais, afúndese a taxa de persoas que teñen previsto ir de viaxe, que quedaría en 2,2%, fronte a 9,6% que si o faría no ano anterior. Por outra banda, 41,1% dos fogares non se permitiu ningún gasto extra, aquel que mesmo é o destinado a imprevistos, nos últimos tres meses. A maiores, 10,4% das familias cambiou os seus hábitos de compra apostando por mercar marcas brancas ou produtos que están en oferta, á vez que 10,3% diminuíu gastos comúns como a roupa e o calzado. A grande esperanza da vacinación Inocular a poboación tería como resultado a vacinación da economía. Este é o pensamento de entidades como o Banco de España, que asegura que o avance da inmunidade terá repercusión nos petos das familias co aforro acumulado neste período de pandemia. Deixando de lado a certeza dunha vacinación a curto prazo, no seu informe \"O aforro dos fogares durante a pandemia e os seus posíbeis efectos sobre a reactivación futura do consumo\", asinado por José Antonio Cuenca, Carmen Martínez Carrascal e Ana do Río, sinalaban que o aforro só era posíbel nas rendas máis altas. No caso galego, nesta última estatística do IGE, 34,9% das familias ten pensado aforrar diñeiro nos próximos tres meses fronte a 40,5% de hai un ano. Para ese futuro próximo, o mesmo informe do banco estatal aseguraba que \"os fogares coas rendas máis baixas non só teñen unha menor capacidade de aforro, senón que o aumento deste durante os últimos trimestres tamén podería ser máis limitado ou, mesmo, nalgúns casos, ser inexistente, a pesar de que as medidas de apoio público (como o caso de manter os ERTE) contribuíron a preservar os seus ingresos\". Ingresos a partir das prestacións A outra cara da moeda é a dependencia dos fogares de ingresos que non proceden de relacións laborais actuais. O propio IGE publicaba o pasado mes de xaneiro que 41,8% dos fogares da Galiza teñen nas prestacións a súa principal entrada económica. Unha porcentaxe levemente superior á de fogares nesa situación hai unha década, en 2010 (41,6%), mais que se traduce en que en 2019 (último ano computado pola institución, antes da pandemia) había case 447.000 fogares na Galiza na que a súa vía de ingresos máis importante derivaba das prestacións (xubilación, incapacidade, desemprego etc.) polo que o aumento se traducía en case 10.000 fogares máis que en 2010. Do outro lado estarían aqueles fogares que teñen o traballo como a principal vía de ingresos, que son 56%. A porcentaxe restante, case 2%, tería os ingresos a partir da percepción de rendas ou semellante. A importancia das prestacións vémola tamén se elevamos a porcentaxe como fonte de ingresos até 75% do total, na que atopamos máis de 350.000 fogares. E coas prestacións como única fonte de ingresos hai no noso país 305.566 fogares, case tres de cada dez. En relación aos rendementos do traballo, eses son a única vía de ingresos en 31% dos fogares da Galiza. En 55,8% esta vía é a principal, mais non a única. Segundo o IGE, a fenda entre os fogares con vía principal de ingresos nos rendementos do traballo e os de prestacións non é pequena. Así, no primeiro caso a media mensual de ingresos está nos 2.500 euros, mentres que na segunda (as prestacións), sitúase en mil euros menos."}
{"ID": "NOS_56392", "summary": "O PSOE deixa a organización galega infrarrepresentada na súa nova executiva federal.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recordou esta segunda feira, 18 de outubro, que hai catro anos xa estivo aliñado co líder do PSOE, Pedro Sánchez, nas primarias en que se impuxo a Susana Díaz, mentres que \"houbo baronías\" na Galiza que \"tentaron decapitar\" Sánchez, con quen os socialistas fecharon filas no congreso que decorreu esta fin de semana en Valencia. Desta maneira acusou o seu adversario nas primarias polo liderado do PSdeG, Valentín González Formoso, de aliñarse co sector contrario a Sánchez naquel proceso interno. É máis, culpouno mesmo de desertar nun mitin na campaña das últimas eleccións estatais na Coruña, a pesar de ser presidente da deputación e secretario provincial do partido na Coruña. \"Houbo quen non quixo estar en actos con Sánchez\", espetou Caballero, que puxo o acento en que \"cada quen se retrata\" con \"onde quere estar e onde non\". Precisamente, nos últimos días tamén acusou Formoso de connivencia con Núñez Feixoo e de pasear con el en campaña. A división interna ao redor das primarias, datadas para 30 de outubro, non axudou o PSdeG en Valencia. \"Houbo quen non quixo estar en actos con Sánchez\", espetou Caballero Das 41 persoas electas para a Executiva federal do PSOE tan só hai unha galega: Pilar Cancela (próxima a Formoso) que repite como secretaria de Exterior. O PSdeG queda numericamente moi por baixo doutras federacións. No Comité Federal, de 107 postos electos, cinco son do PSdeG: a deputada Marina Ortega e o vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena (ambos da confianza de Caballero), a alcaldesa da Coruña, Inés Rey (apoia Formoso) e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (tanto o círculo de Caballero como o de Formoso reivindican que a proposta saíu deles). Tamén está Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra (non se ten inclinado aínda nas primarias)."}
{"ID": "NOS_52822", "summary": "Após o acordo de todo o arco parlamentar para Galiza igualar o seu teito competencial ao de Euskadi e Catalunya —como orixe, unha iniciativa do BNG— o PSdeG-PSOE dá un paso adiante e rexistra no Pazo do Hórreo unha proposición de lei para o estado transferir á Xunta as competencias en materia de tráfico. Sería a Policía galega a que se tería de ocupar da vixilancia nas vías inter-urbanas do país:", "text": "O PSdeG impulsa esta iniciativa após constatar a mudanza na posición dun Feixoo que \"pasou de ser pasivo\" [cero transferencias até agora na súa década de goberno] durante os últimos gobernos centrais do PP a ser \"reivindicativo\" coa chegada de Pedro Sánchez á Moncloa, avalia o grupo parlamentar liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga. Leiceaga pensa que agora é o momento de formular demandas como a transferencia das competencias en materia de tráfico, sendo que en Madrid xa hai un goberno receptivo, \"como ten demostrado ao desbloquear o debate sobre a transferencia da AP-9\", afirma o PSdeG en nota de imprensa. Para o portavoz socialista, Galiza arrastra \"un déficit de competencias\", froito da escasa vocación autonomista de Feixoo, e para superalo propón resgatar a \"folla de rota\" do bipartito, goberno de coalición formado por PSdeG e BNG que chegou a pactar coa daquela oposición do PP a demanda a Madrid dun paquete de até 70 transferencias. Despregamento da Policía galega A materialización desta iniciativa do PSdeG pasa necesariamente pola efectiva aplicación das disposicións previstas na lei da Policía galega de 2007, cuxo cumprimento ten sido bloqueado polo PP desde a chegada ao poder de Feixoo. Tería de ser a Policía de Galicia (así denominada na iniciativa do PSdeG) a que se ocupase da vixilancia do tráfico nas vías inter-urbanas. Transitoriamente, e mentres non completar o seu despregamento en todo o territorio, a Garda Civil continuaría a operar nas estradas e auto-estradas do país."}
{"ID": "PRAZA_9715", "summary": "Unhas das maiores evidencias da debilidade económica de Galicia, da que falei nalgún artigo anterior é a fortísima caída, auténtico derrube, da inversión (pública e privada)", "text": "Unhas das maiores evidencias da debilidade económica de Galicia, da que falei nalgún artigo anterior é a fortísima caída, auténtico derrube, da inversión (pública e privada). Un derrube que recollen os informes mais serios (A ECONOMIA GALEGA. Informe Afundación) e que empezou a dispararse co gallo da crise financeira (2008) para manterse durante a grande recesión (2008-2014) sen que pareza ser quen de recuperarse debidamente nestes últimos anos (2015-2018). Un derrube que nalgúns momentos superou na súa caída o 10% anual, dato que cuestiona o destino final do aforro xerado en Galicia.A inversión é unha variable macroeconómica fundamental xa que condiciona fortemente a situación da demanda agregada e, xa que logo, o crecemento económico e a creación de emprego. A inversión, polo seu efecto multiplicador sobre a renda, é unha variable que non so incide na conxuntura presente senón que tamén condiciona a situación futura pois é a base da acumulación de capital. Velaí que a actual conxuntura da economía galega, de atonía inversora, sexa moi preocupante dende o punto de vista da renda e o emprego. En definitiva, da saúde económica.Aínda que a inversión ten un comportamento moi volátil, pois depende de moitos factores, hai condicionantes que son moi evidentes. Así, por caso, dous fenómenos ligados a mundialización capitalista neoliberal inflúen fortemente no destino da inversión. En primeiro lugar o predominio da economía financeira que cambiou o destino da inversión facendo que as actividades especulativas absorban mais do 90% da inversión total: bancos, fondos e grandes grupos industrias, buscando o maior e mais rápido beneficio no mais curto prazo, reinvisten as súas ganancias non na produción senón nos mercados financeiros. Ao mesmo tempo o libre movemento de capitais, que impulsa a mundialización neoliberal, facilita unha recolocación dos investimentos a nivel internacional, con un 85% dos mesmos ben no centro do capitalismo ben nos estados BRIC (con China a cabeza). Dous fenómenos que xogan en contra do investimento produtivo en periferias como Galicia (esta comunidade apenas absorbe o 0,5% do IDE de toda España cando o seu PIB supón o 5,2% do PIB español).As evidencias empíricas desmontan rotundamente varios dos dogmas neoliberais mais utilizados sobre a marcha do investimento. Os gurus neoliberais (por caso FMI, BCE, CE…) xustifican as duras políticas de axuste fiscal en base ao criterio de que, as crises veñen provocadas polos elevados gastos públicos que retraen, substitúen, ao gasto privado debilitando a oferta. Ergo si, por caso, se quere recuperar o investimento privado para favorecer o crecemento económico habería que reducila inversión pública. Nembargante a evidencia científica mostra que o que realmente sucede é o efecto contrario: o gasto público turra, non substitúe, do gasto privado. Os axustes fiscais ao provocar unha moi forte contracción do gasto público, e dentro do mesmo da inversión, arrastran na súa caída ao investimento privado como non podía ser doutro xeito dado que practicamente en toda a economía mundo a produción de bens e servizos e maiormente privada. En Galicia podemos comprobar como se cumpre esta relación: os grandes recortes no investimento público autonómico (superior ao 45%) e español (20% de prometio anual) provocaron unha moi forte caída do investimento global (50%) debilitando a demanda agregada e favorecendo a grande recesión económica.Unha caída da inversión que, por certo, tira por terra outro dogma neoliberal. Os profetas da austeridade citados defenden unha baixada de impostos as rendas de capital xa que unha presión fiscal elevada, afirman, frea a inversión. En Galicia, como en España, a pesares das rebaixas fiscais a inversión non medra senón que se derruba. Os custos (xuros) si son unha variable relevante no investimento privado. Logo da crise financeira os bancos, a pesares da abondosa e moi barata liquidez subministrada pola autoridades públicas europeas, endureceron a súa política crediticia (elevando os tipos de interese) abandonando novamente a que debera ser a función primordial dun banco: dar préstamos a familias e a empresas. Realidade recoñecida polo propio BCE quen chegou a declarar que \"os bancos da zona euro endureceron as condicións de crédito de maneira significativa e aumentaron os tipos de xuro dos préstamos as institucións non financeiras e as familias\" e que tivo o seu efecto contrastivo no gasto privado: consumo e investimento.Non menos decisiva para a caída inversión en Galicia resulta a nova situación do sistema bancario. Agora estamos comprobando algo que foi repetidamente denunciado dende distintos foros nos que se sinalou que a desfeita das caixas galegas ía a ter un impacto moi negativo sobre o mercado bancario galego. A pesares da evolución positiva dos depósitos a restrición do crédito acadou unha grande intensidade con caídas anuais superiores ao 20%. E mais que evidente que a nova situación dun mercado bancario galego no que o capital galego practicamente desapareceu como propietario está sendo moi negativa para a inversión.Finalmente, ao igual que sucede con outras variables macroeconómicas, a inversión ven condicionada polas expectativas –presentes e futuras-. Parece lóxico pensar que a inversión depende tanto dos ingresos xerados pola actividade económica como das expectativas empresariais posto que a inversión tamén é unha aposta polo futuro. Unhas expectativas que no caso galego, como xa sinalamos en artigos anteriores, non permiten ser optimistas. Tanto a caída da produción como a pouca confianza do capital empresarial nunha posible recuperación da economía galega veñen a sumarse as variables citadas anteriormente como causas do derrube da inversión en Galicia. Variables todas relacionadas coas políticas de austeridade e a rebaixa salarial, políticas chamadas \"austericidas\" que castigan a demanda agregada freando o crecemento e a creación de emprego."}
{"ID": "NOS_39389", "summary": "O narcotraficante racha co seu silenzo e fai pública unha conversa co seu letrado desde a cadea. Marcial Dorado nega ter participado no financiamento ilegal do PP e ter sido adxudicatario de contratos de Sanidade cando Núñez Feijóo era o número dous da Consellaría. \"Nin Feijóo, nin Cruz nin ningúen me pediu un peso\", subliña", "text": "Marcial Dorado volve á axenda mediática. Após a publicación das fotografías en que aparece acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o narcotraficante arousán decidiu facer pública unha conversa a través do seu letrado --que recolle El País-- na que avalía algunhas das informacións saídas á luz e a súa amizade co líder do executivo galego. De Feijóo di ter \"bos recordos\" e descríbeo como unha persoa traballadora, sinxela que \"transmitía honradez\" e \"paixón polo traballo\", polo que non lle sorprendeu o seu ascenso á Xunta de Galiza. Iso si, coida que o posto \"lle queda pequeno\" e que podería aspirar a máis. Asemade, láiase de que Núñez Feijóo considerase \"un erro de xuventude\" a súa amizade, \"alá el\", subliña, ao tempo que asegura ter sido máis prexudicado el na cadea por \"tirarse fotos con políticos\". Dorado di que as viaxes con Feijóo as pagaban unhas veces el e outras o presidente \"como persoas normais\" e di non entender tanta expectación ao respeito Dorado afirma que Núñez Feijóo non coñecía das súas actividades delictivas porque ningún dos dous falaba do seu \"traballo\" mais entra en contradicións co presidente da Xunta en relación á data en que ambos os dous deixaron de manter contactos. Se ben é certo que coinciden en sinalar o enterro de Manuel Cruz --chófer de Romay Beccaría-- como último emprazamento, Dorado nega ter mantido contacto telefónico con Núñez Feijóo para alén de 1999. Unhas conversas que terian sido obxecto de gravación e que mesmo foron recoñecidas polo propio presidente. Para o narco arousán, esas conversas non existen e bate contra o xuíz Vázquez Taín por terse referido a elas. \"É mentira, é falso, como todo o que provén desa fonte\", di en relación a Taín ao que di, \"fraco favor\" lle fixo ao presidente \"se é que o quería axudar\". O narco nega ter achegado diñeiro para financiar o PP mais di que Crespo tiña \"moito interese\" en coñecelo Inquirido pola súa participación no financiamento irregular do Partido Popular, Marcial Dorado nega ter achegado diñeiro para a formación. \"Nin Feijóo nin Cruz nin ninguén me pediu un peso\", afirma. No entanto, di que no seu momento Pablo Crespo --secretario de Organiación do PPdeG naquela altura-- tivo \"moito interese\" en coñecelo mais que \"non lle interesou\". En relación cos contratos que as empresas de Dorado poderían ter obtido da Consellaría de Sanidade --da que Núñez Feijóo era número dous-- o narco négaos de maneira taxativa mais indica que após coñecer a Manuel Cruz, logo comezaron a desenvolver negocios arredor da venda de gasóleo pois di, coñeceuno a través dun directos de Campsa."}
{"ID": "PRAZA_6028", "summary": "O colectivo cidadán recada cartos para facer fronte aos 35 expedientes sancionadores impostos pola Subdelegación do Goberno en Lugo a outras tantas persoas por participar nas mobilizacións, e que suman 20.550 euros.", "text": "35 expedientes sancionadores, 35 multas por un importe total de 20.550 euros. Son os castigos que a Subdelegación do Goberno en Lugo lles impuxo a unha parte dos veciños e veciñas de Sarria que nos últimos meses viñeron participando nas mobilizacións contra o proxecto de encanamento do río ao seu paso pola vila. A Plataforma Sarriana polo Río, organizadora destas protestas, leva varios días recadando fondos, a través dunha conta bancaria, para poder facer fronte a estas multas, e destaca o \"bo ritmo de apoios e solidariedade que vén recibindo\". A Plataforma salienta que as multas están motivadas \"por tremendísimos delitos\" como \"facer fotos dunha manifestación\" ou \"acudir a ela\". \"Por que non se pode ir a unha manifestación completamente pacífica? Críamos que se podían expresar libremente as ideas. Resucitou Franco e non nos enteramos?\", pregúntanse. Anuncian que van recorrer as multas e \"se non gañamos, o que parece imposible dado o disparatado dos fundamentos e das cantidades, hémolas pagar entre todos ao estilo Fuenteovejuna\", engadindo que \"esta plataforma sempre se comportou pacificamente e cun respecto exquisito á orde pública, pero iso si, avanzamos con paso firme sen retroceder nunca fronte ás presións\". Os integrantes da Plataforma sinalan que \"nos últimos meses, con motivo das pretendidas obras de encanamento do río Sarria, asistimos a varias manifestacións de prepotencia por parte daqueles que, en teoría, velan pola orde pública\". E acusan a policía e Subdelegación do Goberno de buscar \"intimidarnos\" e \"asustarnos\". \"Tamén nos enteramos de que o Concello de Sarria presionou a algúns provedores, varias asociacións e algún club por simpatizar coa Plataforma, como se non fosen cidadáns libres de ter opinións\", din. \"Non o conseguiron\", engaden, \"esta plataforma continuou defendendo o río, as pontes e as árbores\". A Plataforma conclúe que \"estas multas\" son un \"acto desesperado\" da Confederación Hidrográfica \"que ve agonizar un plan de encanamento cada vez máis difícil de defender\" Tamén lembran que a manifestación do 25 de marzo, que motiva moitas das multas se saldou \"sen ningún tipo de incidente\" como destacan que declarou o mesmo responsable da Subdelegación do Goberno, que en declaración á prensa destacaba que \"houbo que identificar a dúas persoas que se negaban a saír nun primeiro momento, pero que ao final saíron sen provocar altercados\". A plataforma reitera que \"a talla proxectada e iniciada pola Confederación é ilegal\" e que os veciños e veciñas de Sarria \"recorreron aos medios ao seu dispor para evitar que se cometera unha ilegalidade ante a impasibilidade da Administración\" e acusa \"as forzas da orde pública e a Subdelegación do Goberno\" de ser \"utilizadas para crear as condicións que lle permitiran á Confederación Hidrográfica seguir violando a lei\". A Plataforma conclúe que \"estas multas\" son un \"acto desesperado\" da Confederación Hidrográfica \"que ve agonizar un plan de encanamento cada vez máis difícil de defender\"."}
{"ID": "NOS_2647", "summary": "A paralización por parte da Xunta da acción do voluntariado para recuperar Monte Pindo incrementou nos últimos días o número de inscricións no proxecto de voluntariado de SOS Monte Pindo.", "text": "Malia a ameaza de sancións, o número de inscricións para partillar nas accións voluntarias que SOS Monte Pindo tiña deseñado para recuperar o espazo natural ardido aumentaron desde que a Xunta prohibiu a intervención. Segundo informan desde Asociación Monte Pindo Parque Natural, o Concello está tamén a estudar as posibilidades de actuación na zona dada a nova situación. Asociación Monte Pindo paralizou todo tipo de accións directas no territorio queimado aínda que anuncia que pode continuar traballando na sementeira de Lamas de Castelo co fin de aclimatar as árbores que o proxecto reciba. \"O feito de que o PP se negase a prohibir a utilización de cianuro na minaría galega o mesmo día que paralizou un proxecto de recuperación dun espazo natural protexido tan valioso coma o Monte Pindo deixa claro que a sociedade está condenada a suplir a falta de acción deste goberno no que respecta ao medio ambiente\", sinalan desde a Asociación. Informe a favor Desde a Asociación reclámanlle á Xunta, a través dunha entrevista que solicitaron coa nova Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado,a entrega dun Informe Técnico favorábel á declaración do Monte Pindo como Parque Natural que elaboraron os propios técnicos da Consellaría mais que a Xunta \"omitiu deliberadamente ao negarse unha e outra vez a conceder esta figura de protección ao mítico macizo carnotán\""}
{"ID": "NOS_54306", "summary": "Dez días após a detección na Galiza do primeiro caso de infección por coronavirus, a Consellaría de Sanidade informa do primeiro falecemento por mor da pandemia.", "text": "A Consellaría de Sanidade informa do primeiro falecemento dunha persoa na Galiza con coronavirus, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no hospital de Povisa, en Vigo. Hai dez días que se detectaba por vez primeira o coronavirus en territorio galego. Segundo os datos da Xunta, que onte acordou declarar o estado de emerxencia sanitaria, as persoas infectadas ascenden a 112 na Galiza. Nestes momentos, está reunido o Consello de Ministras e Ministros do Goberno estatal para aprobar as medidas que suporán o estado de alarma en que se atopa desde hoxe o conxunto do Estado español. A portavoz do BNG, Ana Pontón, ofreceu unha rolda de prensa que puido seguirse vía streaming para reclamar outras actuacións, como a blindaxe da Galiza, impedindo a saída e a entrada ao territorio. Nos últimos días, aumentaron as voces críticas coa chegada masiva de persoas procedentes de Madrid a vilas costeiras galegas. Mesmo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, fixo alusión no día de onte, sexta feira, ás visitantes que chegaron á Galiza esta semana fuxindo do coronavirus."}
{"ID": "NOS_22657", "summary": "Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, parlamentares do BNG, lembraron a recente sentenza favorábel do Tribunal Constitucional.", "text": "Os parlamentares do BNG, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, rexistraron unha proposición non de lei no Congreso para que o Goberno do Estado permita que as seleccións deportivas galegas poidan participar en competicións internacionais. Instan ao Executivo español a apoiar a posibilidade de as federacións galega, catalana e vasca se integraren directamente nas entidades internacionais competentes, realizando as modificacións normativas e organizativas necesarias para facilitar dita integración. Para o BNG \"o pleno desenvolvemento do deporte galego fai preciso que os combinados deportivos galegos poidan intervir e competir no plano estatal e internacional como xa o fan as representacións deportivas doutras nacións europeas\". O BNG quere que as seleccións galegas podan competir no mundo sen límites Sentenzas favorábeis do Tribunal ConstitucionalO BNG tamén lembra a recente sentenza do Tribunal Constitucional sobre o recurso presentado polo Goberno central contra a lei do Deporte basco e que abre a porta á posibilidade legal de que as federacións galegas representen o deporte galego en todos os ámbitos.Galiza ten competencias exclusivas en promoción deportiva. Por tanto, as seleccións galegas deben poder competir no mundo sen límitesOs parlamentares nacionalistas galegos consideran que a prohibición da presenza internacional das seleccións deportivas de Galiza, Euskadi e Catalunya \"carece de base constitucional e é, simplesmente, resultado dun esquema político centralista, de dubidoso encaixe coa competencia exclusiva de Galiza en materia de promoción deportiva\". Ademáis, poñen de manifesto que \"a presenza dunha única selección deportiva por cada Estado non é unha norma obrigatoria a nivel internacional. Ao contrario, en diversos Estados constátase a existencia de distintas seleccións nacionais, en consonancia co seu carácter plurinacional\". Para o BNG \"é xa momento de romper complexos, de rematar coas visións pechadas que non se corresponden cos tempos nos que vivimos e superar esquemas políticos doutros tempos. Consiste en dar normalidade democrática ao mundo do deporte\"."}
{"ID": "NOS_40532", "summary": "Os 124 asentos no Senado, onde os populares revalidan maioría, e os 123 escanos no Congreso dan ao partido de Rajoy o poder de impedir cambios no texto vixente.", "text": "A reforma constitucional só será posíbel se o PP o permite. O partido que menos interese e vontade ten na modificación do texto vixente é quen precisamente ten a chave para bloquear ou desbloquear unha hipotética reforma constitucional, cuestión que -en diferentes graos e intensidades- figura no programa electoral de PSOE, Podemos e Cs. Unha chave que lle dan os resultados: 123 deputados no Congreso e 124 escanos no Senado. O presidente de ERC, Oriol Junqueras, foi o primeiro en advertilo na noite electoral: \"O PP ten unha minoría de bloqueo perante calquera intento de reforma da Constitución\". Nos artigos 166, 167, 168 e 169 da CE establécense os mecanismos e condicións a cumprir para calquera reforma constitucional. Redactáronse con clara intención de 'blindar' o texto e exixir unhas maiorías amplas para a súa variación. Requírense maiorías cualificadas de 3/% tanto no Congreso como no Senado. E como corolario, un referendo, obrigatorio ou voluntario según os casos. Así pois, sen o PP non hai reforma da Constitución. E para que os populares apoien esa variación, esta non podería afectar os seus alicerces, quer no territorial, quer na reforma do Estado, ou outras cuestións de calado... Sen PP, logo, ningunha reforma da CE sairá adiante. E con el, a reforma sería máis que nada unha \"maquillaxe\" da carta magna."}
{"ID": "PRAZA_14742", "summary": "Destaca o incremento da abstención nalgunhas comarcas coma Allariz, Fisterra, Baixo Miño, A Ulloa, Verin, Bergantiños ou Terra de Soneira. A Coruña é a circunscrición na que a participación baixa menos.", "text": "Crece a abstención. En todas as provincias e en todas as comarcas, aínda que máis nalgunhas ca noutras. A participación descende case sete puntos (6,82) con respecto a 2009, pero en Ourense a participación cae máis de oito puntos e medio, e en Lugo o descenso tamén supera a media galega, situándose por riba dos sete puntos. Pola contra, as provincias occidentais experimentan unha caida menor: algo menos de sete puntos en Pontevedra e ao redor de seis na Coruña. Así e todo, Lugo e Ourense manteñen cifras de participacións superiores ás da Coruña e Pontevedra ás cinco da tarde, aínda que os diferenciais se igualan con respecto a 2009. Por provincias, a participación na Coruña é do 41,15 por cento (47,2 en 2009); en Lugo do 43,37 por cento (50,49 en 2009); en Ourense do 46,20 por cento (54,84 en 2009); e do 42,60 por cento en Pontevedra (49,54 en 2009). A tendencia xeral é que a participación cae con máis forza nos concellos rurais ca nos urbanos, pero hai excepcións. Por exemplo, A Coruña (5 puntos menos que en 2009), Ferrol (2 puntos e medio menos), Vigo (4 puntos e medio menos) ou Santiago (4 puntos e medio menos) perden menos votantes que a media. Pola contra, en Lugo a participación cae máis de oito puntos, en Ourense sete puntos e medio, en Pontevedra algo máis de sete puntos. O aumento da abstención é especialmente salientable en comarcas como Terra de Soneira ou Viana (-12,5 puntos), A Ulloa, O Baixo Miño ou Allariz-Maceda (-11,5 puntos), Bergantiños (-10,5 puntos), Arzúa (-10 puntos), A Limia, Muros, O Salnés, Fisterra, Valdeorras, A Baixa Limia (-9 puntos), A Mariña Oriental (-8,5 puntos) ou Terra de Lemos (-8 puntos). A pregunta agora é se estes datos de participación poden revelar algunha tendencia sobre os resultados que comezaremos a coñecer a partir das nove da noite. Están quedando na casa os electores dalgún partido en concreto? Consulta aqui os datos de participación"}
{"ID": "NOS_45575", "summary": "A tese de que o rock & roll é, en última instancia, unha música de orixe afroamericana tiña en Fats Domino unha proba evidente. Onte morreu, aos 89 anos, en Harvey, Luisiana, onde residía desde que en 2005 abandonara Nova Orleáns. O furacán Katrina devastara a cidade cuxos ritmos Domino introducira na receita orixinal do son que, nos anos 50, mudou para sempre o século XX. Apenas, de entre os pioneiros do rock & roll, sobrevive Jerry Lee Lewis.", "text": "Nas cancións de Fats Domino, pianista de orixe rhythm and blues, ecoa a singular e crioula tradición musical de Nova Orleans. Foron cancións como Ain't that a shame -que versionarían John Lennon ou Cheap Trick na década dos 70- ou The Fat Man -en que se ri da súa propia complexión física- as que achegaron o elemento caribeño, cruzado con blues, á aleacción primaria do rock & roll. Paul McCartney inspirouse na súa obra para escribir, nos Beatles, Lady Madonna. Mesmo a quinta punk presentoulle os seus respectos: Richard Hell & the Voidoids gravaron I Lived My Life e Jah Wobble, baixista de P.I.L., Blueberry Hill. A partir dos anos 70, Fats Domino dedicouse maiormente ao circuíto de vellas glorias. Recibiu recoñecementos oficiais, como a Medalla Nacional das Artes de man de Bill Clinton. O vello e salvaxe rock & roll -aínda que Domino respresentou unha face menos agresiva que, por caso, outro pianista como Little Richard- entraba na institución. Xa se convertera nun monumento vivo. Na teleserie Treme (2012), creada por David Simon para tratar sobre os efectos do Katrina na cultura de Nova Orleans, interpretouse a si mesmo. Con Fats Domino desaparece un dos últimos elos que conectaban a actualidade co rebumbio orixinario do rock & roll."}
{"ID": "NOS_31573", "summary": "As verteduras de dúas balsas da mina de Touro e O Pino serán obxecto de investigación xudicial, ante a sospeita da Fiscalía de Medio Ambiente de que poderían constituír un delito ambiental. O fiscal especializado mantén, ao tempo, outras investigacións abertas sobre a contaminación da explotación mineira.", "text": "A Fiscalía remitiu ao xulgado de instancia e instrución de Arzúa dúas denuncias relativas á actividade da mina de Touro-O Pino, segundo informa a asociación ecoloxista Adega após unha reunión co fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz e coa Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa. Os feitos que deberá investigar o xulgado teñen que ver coas \"reiteradas verteduras\" da balsa de Bama ao río Brandelos, afluente do Ulla, e ao depósito de materiais contaminantes procedentes desta antiga corta mineira, e, no segundo caso, coas as verteduras contaminantes da balsa de Angumil ao dominio público, para determinar se son constitutivas dun delito contra o medio ambiente. En paralelo ás investigacións xudiciais, as plataformas contrarias á reapertura da explotación mineira veñen de presentar alegacións, por unha banda, ao proxecto de drenaxe temporal da mina e, por outra, ao proxecto mineiro, após a Xunta abrira un novo prazo para que a empresa complete a documentación do proxecto, en fase de tramitación ambiental. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_38796", "summary": "\"Os monicreques volveran ás aldeas galegas\", e para conseguilo a industria xa está traballando en tres mesas de traballo distintas para reoganizar a industria da arte do teatro de monicacos na Galiza", "text": "\"Os monicreques volveran ás aldeas galegas\". É a principal conclusión do noveno Encontro dos Titiriteiros Galegos, que se desenvolveu durante a pasada fin de semana na localidade de Mondoñedo e que reuniu ás 22 principais compañías do país. Arturo Pérez, da compañía Spaghetti, explica para Nós Diario que do Encontro dos Titiriteiros Galegos saíron \"tres mesas de traballo\" que \"determinarán\" o futuro desta arte na Galiza. Na primeira decidirase sobre como se unirá a industria á hora de constituírse, \"si en plataforma ou en asociación\", indica Pérez. A segunda dedicarase aos circuítos rurais: \"Trataremos de recuperar un mundo que era moi importante para nós e co que existe unha débeda histórica, porque as nosas orixes están alí e porque no rural tamén teñen dereito á cultura\". Finalmente, a última mesa estará centrada no mundo das festas populares, aínda que non foi este o último tema abordado en Mondoñedo, onde tamén se falou do peche definitivo do Museo do Monicreque de Lalín, entre outros."}
{"ID": "NOS_51826", "summary": "O Club Deportivo Lugo sufriu unha das derrotas máis dolorosas no que vai de Liga ante o Mirandés en Anduva. A errática segunda metade pesou demasiado e os albivermellos deixaron escapar a vantaxe inicial que adquiriran (3-2).", "text": "Respecto mutuo. Conscientes máis das súas debilidades que das fortalezas, tanto locais como visitantes arrancaron o encontro dun modo pausado, tenteándose mutuamente, até que no minuto 15 Simón Moreno aproveitou un grave erro defensivo de Lebedenko para romper a tregua entre galegos e casteláns cun disparo que obrigou a exhibirse a Fran Vieites. Encoraxado, o Lugo respondeu do mellor modo posíbel: con gol. Tan só 120 segundos despois do ataque do Mirandés, un maxistral lanzamento desde o curruncho de Hugo Rama aproveitouno Carrillo para adiantar o conxunto albivermello aproveitándose da maior debilidade dos de Miranda de Ebro, pois con este son xa cinco os goles que levan recibidos na súa casa en só oito partidos, unha cifra intolerábel en categoría profesional. Logo dese tanto inicial viviuse, até o descanso, media hora de bo fútbol por parte de ambos, con moita velocidade e alternativas, aínda que sen oportunidades claras para un e outro equipo, un escenario que explotou polos aires logo da reanudación. A debilidade defensiva, un mal semella que endémico Apenas o colexiado asubiou, Álex López, quen defendera as cores lucenses durante a tempada 2019/20, aproveitaba a falta de concentración e a debilidade da defensa do Lugo para, de disparo cruzado, perforar a portería defendida por Fran Vieites ante a desesperación de Rubén Albés na banda de Anduva. Irrecoñecíbeis con respecto ao primeiro tempo, frouxos, mesmo temerosos, a consecuencia de todo isto foi o segundo gol do Mirandés, transformado por Camello tras o enésimo erro dos marcadores albivermellos. Por sorte, e contra prognóstico ante o novo panorama do partido, Joselu, un hombre entrado desde o banco dos suplentes, volveu subir as táboas ao marcador no 70, pero inmediatamente despois o Lugo volvía facer das súas e concedía o terceiro e definitivo tanto do Mirandés. O teito do Lugo segue medrando José Angel Carrillo está no mellor momento da súa carreira deportiva. Con 27 anos, e tras sete tempadas xogando na categoría de prata, o dianteiro murciano alcanzou a madurez deportiva e está sendo un home fundamental para o Lugo. Co seu tanto desta cuarta feira ante o Mirandés, o cuarto no que vai de tempada, non só superou Manu Barreiro como 'Pichichi' albivermello, senón que tamén igualou o seu mellor rexistro goleador coa escuadra galega, que data da campaña 2019/20. De feito, e cando leva tan só oito partidos disputados, e unicamente cinco deles como titular, xa está a piques de igualar o seu propio récord anotador, datado en 2018, cando defendía as cores do Cádiz, un tempo no que foi quen de materializar cinco tantos en 31 encontros. Ademais, o internacional filipino -a Federación do país asiático convocouno logo de descubrir que un dos seus bisavós nacera no arquipélago- marcou ante o Club Deportivo Mirandés o seu primeiro tanto de cabeza no que vai de Liga, sacando petróleo dos seus 1'90 metros de altura."}
{"ID": "NOS_53378", "summary": "Os catro candidatos de Compromiso por Galiza déronse cita en Ourense para pechar a campaña, deixando á vista que é nesa provincia onde estiman que poden ter posibilidade de obter representación. Presentáronse, de todas maneiras, como unha forza a longo prazo.", "text": "Os outros tres candidatos de Compromiso por Galiza deixaron a campaña das súas respectivas circunscricións para se dirixiren a Ourense, provincia na que Pérez Bouza é o seu candidato e na que contan ter posibilidade de lograr representación. Puxeron así os da formación liderada por Xoán Bascuas toda a carne no asador de Ourense até o punto de el mesmo, candidato á presidencia da Xunta, recoñecer que Feijóo ten a porta aberta e vai ser Pérez Bouza quen o faga saír co seu escano de deputado e facerlle perder a maioría absoluta. \"Só o voto útil a Compromiso por Galicia impedirá a maioría do PP\" apuntaron. Adiantándose á posibilidade de que os resultados non sexan beneficiosos para a súa formación, Bascuas animou no fin da campaña a entender Compromiso por Galicia non como unha treboada dunha noite senón como \"chuvia fina que impregnará nesta terra\". Pechan desta maneira a que foi a súa primeira campaña presentándose como un proxecto a longo prazo, que agardan vaia collendo forza e consolidándose conforme vaia gañando tempo. Xosé Manuel Pérez Bouza, anfitrión do resto dos candidatos no Teatro Principal de Ourense, dirixiuse ao electorado que foi vítima das políticas do PP para recomendarlles o voto por Compromiso por Galicia como unha alternativa comprometida co emprego e o benestar co obxectivo de traballar pola mellora en sanidade, educación e servizos sociais. A defensa da ética na política foi outra das mensaxes do candidato no peche de campaña."}
{"ID": "NOS_26274", "summary": "O historiador Carlos Barros era responsábel do movemento obreiro na dirección do Partido Comunista en Vigo en setembro de 1972. O seu cargo permitiulle seguir de primeira man a orixe e o desenvolvemento do conflito obreiro decorrido naquela altura. Nesta conversa con 'Nós Diario' achega parte das súas lembranzas naquelas xornadas de 1972.", "text": "—A que reivindicacións responderon as folgas de setembro de 1972 en Vigo?As mobilizacións responderon en primeiro lugar a reivindicacións laborais, por un desacordo na negociación do convenio de Citroën. Iso leva, a que dous compañeiros desta empresa se reúnan comigo para consultarme se vía correcto convocar unha folga xeral en Vigo, algo que xa apuntara nun número de Vigo Obreiro, xornal de Comisións Obreiras (CCOO) que eu dirixía. A miña resposta foi favorábel á convocatoria da protesta. A medida que o paro de Citroën provoca o despido de varios traballadores, a folga trasládase a outras empresas en solidariedade cos despedidos, o que xeneraliza a protesta na practica totalidade dos centros de traballo. Hai que ter que en conta que, a raíz da folga, son despedidos máis de 4.000 operarios na cidade. Ao carón das demandas laborais e de solidariedade sitúanse no mesmo plano as reivindicacións democráticas, porque estaba en xogo o dereito ao traballo, o dereito á folga ou o dereito á libre sindicación. En definitiva, foi un conflito de orixe laboral que se converteu nunha gran protesta contra a ditadura. —Que lembranzas garda con máis forza daquelas xornadas de mobilización de setembro de 1972?Eu era naquela altura o responsábel de movemento obreiro do Partido Comunista de Galicia (PCG) en Vigo, polo que o primeiro que fago é pasarme á clandestinidade para que a miña caída non significase un atranco á folga. O meu horario naqueles días era regular, reuníndome pola maña cos membros do comité de folga, que agrupaba representantes das empresas máis importantes, pola tarde redactaba a folla voandeira que cada día achegábamos aos traballadores e algunhas veces, á noite, reuníamos o comité comarcal do PGC. Foron uns días de traballo militante moi precario, de relación íntima entre o PCG e Comisións Obreiras, que está na cerna do rexurdimento do movemento obreiro, onde Vigo xogou un papel moi importante. A folga de Vigo de 1972, un punto e á parte na historia contemporánea da Galiza —Falaba da relación íntima entre o Partido Comunista e Comisións Obreiras, que papel xogaron estas organizacións nas mobilizacións viguesas de 1972?As Comisións Obreiras son un movemento que xorde de forma espontánea, apoiado desde o primeiro momento polo PCG, o que leva a militancia deste partido a organizar o sindicato en moitas empresas. E ao revés, hai unha serie de xente que desde CCOO ingresa no partido, como acontece con Waldino Varela, que procede dunha familia de tradición anarquista. Eu mesmo ingresei no PC na universidade a través do movemento estudantil porque vía esta forza como a máis activa na loita contra a ditadura. A achega do PCG ás folgas de 1972 foi de orientación política, na liña da proposta do partido dunha folga nacional pacífica para o derrocamento da ditadura, achegando, tamén, o seu aparato de propaganda e os seus contactos para fornecer información. —A folga só puido ser derrotada pola represión, como foi esta?A represión da folga de Vigo foi desproporcionada. A ditadura franquista temía caer pola protesta da rúa e por iso había que abortar a protesta cos métodos que fosen. Até aquí chegaron membros da Brigada Político Social (BPS) procedentes de todo Estado, a Garda Civil custodiaba o transporte público e creouse un sensación de medo na chamada clase media. Asemade o empresariado vigués colaborou coa represión despedindo masivamente os traballadores, 400 dos cales non volveron traballar até o ano 1977. A débeda cos obreiros de Vigo Carlos Barros mantén gravada a lume aquelas xornadas de 1972. Neste sentido, pon en valor que \"con toda a represión que houbo, os traballadores aguantaron durante 15 días a protesta\" e considera que \"se os traballadores do conxunto do Estado tiveran a mesma actitude que os de Vigo, a ditadura caería na rúa e a Transición sería moi diferente, non como resultado dun pacto cos sectores aperturistas do franquismo, que garantiu a continuidade de sectores non democráticos senón como resultado dunha ruptura\". Ao tempo, pide xustiza \"para os traballadores de Vigo, con quen a democracia e Galiza segue en débeda\" e lembra que \"a clase media viguesa non se solidarizou coa loita dos traballadores, a diferenza do acontecido en Ferrol\". Neste sentido, destaca que \"até a mobilización de 4 de decembro de 1977 pola autonomía non se une a clase media e o proletariado vigués\"."}
{"ID": "NOS_47397", "summary": "A Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas denuncia o \"inminente risco de desaparición\" dos programas de prevención de drogodependencias en Galiza por mor do recorte do financiamento", "text": "A Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas vén de dar a voz de alarma sobre o perigo de desaparición dos programas de prevención como consecuencia da tesoirada do goberno popular, unha denuncia á que se suma CIG-Saúde. No que se refire á asistencia a drogodependencias, vense afectadas polos recortes tanto as Unidades Asistenciais de Drogodependencias dependentes dos Concellos (13 en toda Galiza) como os centros dependentes de Asociacións e ONGs. Así, o corte vai entre o 10% sobre o percibido no 2012 para as asociacións e ONGs até a previsión dun 15% menos na consignación da partida para a sinatura de convenio coa FEGAMP para as unidades dos concellos. Esta diminución dos recursos, segundo denuncia a Asociación, súmase ás xa realizadas en exercicios anteriores, superando o millón de euros o que, tendo en conta a situación das arcas dos Concellos e a falta doutros recursos das asociacións, pon a moitos centros asistenciais ao borde da quebra e desaparición. Tamén se produce un importante recorte nos recursos de atención específica ao alcoolismo, que afecta tanto aos que traballan en reinserción laboral como en atención xurídica, reducíndose as asignacións nun 10% para cada un deles. Cantidade á que hai que sumar, no caso da atención xurídica e reinserción, o 10% que xa sufriran o ano pasado. Prevención De especial gravidade para este colectivo é a decisión da Consellaría de Sanidade de suprimir todo o investimento nos Equipos de Prevención dependentes dos concellos e mancomunidades de Galiza: 43 equipos con 61 profesionais, que interveñen sobre 118 concellos-mancomunidades e sobre o 75% da poboación galega."}
{"ID": "NOS_48893", "summary": "O 12 de marzo de 1945 un axente do servizo de intelixencia británico asinou un informe sobre as actividades de dirixentes do nacionalismo galego, entre eles Daniel Castelao. O líder do Partido Galeguista foi tamén espiado polo xermolo da actual CIA. No Sermos221 contámosvos a historia da espía de Castelao, María Docampo, e publicamos material desclasificado do MI6.", "text": "O informe do MI6 británico, Index to repor on anti-Franco spaniers, foi xa desclasificado polo Reino Unido e descuberto polo historiador e investigador Eliseo Fernández. Sermos faino público por vez primeira no seu número 221, xa na rúa desde esta quinta feira. Nese documento cualifícase Castelao de \"the most important galician exile\" e reprodúcense dúas cartas do máximo dirixente do Partido Galeguista ao lehendakari Aguirre e ao nacionalista catalán Pi Sunyer. Completamos este traballo, que leva a asinatura de Cilia Torna, coa historia de María Docampo, unha muller nada en Oleiros que espiou Castelo para o servizo de información militar dos EUA, o antecedente da CIA. Toda a información sobre este asunto no Sermos221, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_6154", "summary": "A Alameda de Compostela acolle por terceiro ano consecutivo un acto de homenaxe a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías. Unha Mullerenaxe, de mulleres a mulleres, a dúas persoas que sufriron a represión da ditadura franquista e tamén o esquecemento", "text": "Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías, recibirán este venres unha homenaxe na Alameda de Compostela, organizada pola Libraría Lila de Lilith. Unha Mulleranaxe, homenaxe de mulleres a mulleres, a dúas persoas que sufriron durante décadas a represión da ditadura franquista, a burla e o desprezo e tamén o silencio e o esquecemento. A homenaxe, que se realiza por terceiro ano consecutivo nun 18 de xullo, lembra a represión sufrida polas mulleres nas case catro décadas de ditadura, unha violencia moitas veces escurecida ou ignorada, moito menos visible que a sufrida polos homes. O acto, ao que se recomenda acudir traendo flores lilas e vermellas, celébrase ás 14 horas, ás dúas en punto, a hora exacta na que adoitaban saír pasear e que tamén ficou como unha denominación popular para estas irmás. \"O 18 de xullo, conmemoración amarga onde as haxa, queremos continuar a recuperar a súa memoria. Dúas cidadás de Compostela sobre as que caeu o aparato represivo franquista\" \"O 18 de xullo, conmemoración amarga onde as haxa, queremos continuar a recuperar a súa memoria. Dúas cidadás de Compostela sobre as que caeu o aparato represivo franquista. Material e simbolicamente foron excluídas, afastadas e marxinadas pola maioría da cidade\", destácase na convocatoria. Unha marxinación que a pesar destes e doutros actos de recordo e reivindicación, semella ter chegado até os nosos días, como demostra o desleixo na conservación das súas tumbas no cemiterio de Boisaca, só reparado hai uns meses. As irmás Fandiño, as Marías, eran moito máis que dúas alegres paseantes. Porque por tras dos panos e dos vestidos de cores houbo case todo menos ledicia. Hai dous anos, na primeira homenaxe, recordouno Luz Fandiño. Na súa ampla familia, de doce fillos e fillas, existía un \"compromiso ideolóxico indubidable\". Os seus nove irmáns e o seu pai eran militantes da CNT na \"época de esperanza\" da II República. Puñan así en práctica o seu \"soño revolucionario\" ata que foi \"afogado polo golpe fascista\" e o aparello de represión que estendeu, no caso galego, inmediatamente despois da sublevación do 18 de xullo. Os varóns da casa fuxiron e elas, Maruxa e Coralia, \"tiveron que vivir nos seus corpos a represión\". O \"acoso\" dos falanxistas, as ameazas continuas, as humillacións en forma de aceite de ricino ou de cortado forzoso do cabelo \"cebáronse nelas\". E elas víronse abocadas a \"adaptarse, e é moito dicir, á represión, á marxinación e á fame\". No texto que lles dedica Encarna Otero no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega, destaca que as chamaron \"roxas\", e tratáronas de \"putas\". \"O traballo desapareceu como medio de sustento e de dignidade; a fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Continuaron vivindo na rúa do Medio, naquela Compostela dos anos 40, 50, 60 e 70, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. O triángulo mortal e inquisidor que formaron Falanxe, Igrexa e Exército no franquismo triunfante tras a guerra esnaquizou a súa fraxilidade e a súa cabeza escachou coma o cristal\". Otero salienta que as dúas irmás Fandiño \"conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren\". Otero salienta que as dúas irmás Fandiño \"conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren\" \"Escuálidas como se saísen dun campo de concentración, sen dentes, vestíronse de luz e cor e, cheas de afeites —coma se dunha representación de máscaras se tratase: po de arroz, colorete, carmín— saían a pasear nese Santiago da mediocridade, da miseria e do terror, todos os días, á mesma hora\", escribe. \"Quizais así viviron felices, na súa loucura desesperanzada e cruel, chea de fame e de miseria pero digna\", conclúe Encarna Otero, que lles dá as grazas \"pola inmensa luz que lle destes gratuíta e xenerosamente a aquela Compostela tan escura\"."}
{"ID": "NOS_29275", "summary": "Con motivo do 43 aniversario da Constitución española, BNG, CUP, EH-Bildu, ERC, Junts, Més per Mallorca e Més per Menorca realizan unha declaración conxunta na que censuran a \"exaltación e defensa fanática\" desta norma fundamental \"por parte daqueles que se resisten a responder ás demandas nacionais dos nosos pobos\".", "text": "\"Houbo un tempo no que as constitucións tiñan un obxectivo fundamental, protexer os dereitos civís e políticos da cidadanía\". Mais \"España foi a excepción\". É unha das primeira reflexións que as formacións soberanistas BNG, CUP, EH-Bildu, ERC, Junts, Més per Mallorca e Més per Menorca expresan nunha declaración consunta con motivo do 6 de decembro, día da Constitución. Segundo lembran, pasaron 43 anos dun referendo constitucional que supuxo a aprobación dunha lei que deixou \"fechados os dereitos dos nosos pobos entre as liñas do seu propio texto, negando a realidade plurinacional e os conseguintes dereitos nacionais das nosas respectivas nacións\". No marco da actual Constitución, din, o modelo autonómico de descentralización \"non só está esgotado\", pendente de se cumprir en moitos aspectos, senón que sufriu \"numerosos\" recortes \"unilaterais\" pola acción lexislativa do Congreso dos Deputados e pola permanente intervención invasora dun Tribunal Constitucional \"convertido en instrumento de recentralización do Estado\". Déficit de lexitimidade Salientan, ademais, o \"déficit de lexitimidade\" que pesa sobre a Constitución española. \"A maioría da poboación actual das nosas nacións e do Estado español non tivo a oportunidade de opinar sobre cuestións capitais do seu contido como a Monarquía, o modelo territorial ou os dereitos sociais\". \"Estamos ante unha Constitución esgotada, deslexitimada e convertida en factor condicionante e determinante das nosas aspiracións democráticas\", polo que coinciden en afirmar que é o momento de \"facer fronte a cambios estruturais\". E engaden: \"O propio Estado español é consciente da fin do ciclo constitucional e da necesidade de reformas\", malia as súas posicións inmobilistas. \"As nosas nacións teñen que erguer a súa voz\", reivindican. \"O debate sobre a cuestión territorial vai estar presente e debemos estar preparadas para defender conxuntamente a nosa posición\". Neste sentido, afirman que nas próximas décadas é previsíbel que asistamos a transformacións de ruptura que van amosar aínda máis a necesidade de instrumentos e capacidades de decisión \"para facer fronte aos retos que como nacións e como cidadanía se nos presentan\". Plurinacionalidade As formación asinantes da declaración manteñen que a Constitución virou nun \"instrumento para violentar dereitos democráticos básicos\", de forma que se sitúa como \"impedimento estrutural dun futuro en democracia para as nosas nacións, sendo indispensábel a súa reforma radical tanto no modelo de Estado como en dereitos sociais\". Así, seguirán loitando por esixir ao Estado un modelo que, desde o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e do dereito de autodeterminación dos pobos, permita á cidadanía dos nosos respectivos pobos decidir democraticamente o seu modelo político e relación co Estado. \"Somos nacións e queremos decidir democraticamente o noso futuro\", conclúen."}
{"ID": "NOS_5856", "summary": "O goberno galego deu luz verde no Consello da Xunta ao Plan de emprego xuvenil 2014-2015. O programa visa \"loitar contra o paro entre os menores de 30 anos\" con \"incentivos á contratación\".", "text": "A conselleira de Traballo presentou en comparecencia de imprensa após o Consello da Xunta as liñas fundamentais do plan de emprego xuvenil 2014-2015 aprobado polo executivo galego. A medida, que xa fora anunciada por Alberto Núñez Feijóo a comezos da semana, visa \"loitar contra o desemprego entre os menores de 30 anos\" --unha das faixas de idade máis atinxidas polo paro que se sitúa xa perto do 50%. Con este obxecto, o executivo destinará 100 millóns de euros dirixidos a financiar as 19 medidas que compoñen o plan e que irá destinado, nomeadamente, á mocidade con \"escasa ou nula cualificación\", indicaron desde a Xunta, \"dado que supoñen o 60% do total de parados mozos galegos\". Así, as principais novidades que compoñen este programa son: 1. Regulación de prácticas laborais para moz@s con estudos universitarios ou de Formación Profesional. A Xunta de Galiza, através da Consellaría de Traballo, financiará as súas prácticas en empresa \"durante nove meses\". 2. Novos incentivos para a contratación. O executivo galego creará unha liña de financiamento dirixida a incentivar a contratación con \"axudas de 200 euros mensais até o límite dun ano\". Tamén así, a Xunta porá en marcha un novo incentivo (100 euros mensais até un tope dun ano) \"para apoiar o contrato de formación e aprendizaxe\", unha fórmula contractual creada pola reforma laboral do goberno español. Estas achegas públicas serán percibidas polas empresas que contraten persoas menores de 30 anos. 3. Promoción de emprego autónomo e cooperativo. A Xunta creará unha liña de financiamento específica para a \"promoción do emprego autónomo\" entre @s menores de 30 anos e o programa Xuventude coop. composto por un \"conxunto de actuacións especialmente dirixidas á mocidade para o fomento do emprendemento cooperativo como saída laboral\". Neste senso o goberno galego creará axudas públicas para a creación de Pemes, accións formativas e de titorización en emprendurismo ou bolsas de promoción exterior."}
{"ID": "NOS_13113", "summary": "A cuarta feira, día 12 no Teatro Principal de Compostela e o 13 no Auditorio Municipal de Vigo son as novas citas do colectivo CoraSons, unha terra de fraternidade camiñada por Uxía e a súa grande compañía musical con sons da lusofonía enteira. Música, teatro, arte e, en especial, amizade sobre os escenarios.", "text": "En total, máis de 40 músicos e músicas de Galiza, Portugal, Brasil, Mozambique e Angola toman parte desta \"terra da fraternidade\" da que lle gusta falar a Uxía, a ideadora deste novo encontro creado co corazón. António Zambujo, João Afonso, Quiné Teles, Luanda Cozetti e Norton Daiello, Aline Frazão, Serginho Salles, Pierre Aderne canda Najla Shami, Xoán Curiel, Carlos Blanco, Tatán Cunha ou Magín Blanco, Xosé Manuel Budiño, Pablo Vidal ou Sérgio Tannus son algúns dos nomes que participan no proxecto. Para os novos concertos, sentirase só a ausencia de Zambujo e Aline Franzão por cuestión de axenda mais nos escenarios de Vigo e Compostela o abrazo será múltiple e colectivo. Un 14 de febreiro na Casa das Crechas A historia naceu a partir dunha fotógrafa cun obxectivo singular. Sobre el póusanse os corazóns con extrema facilidade. Coma se tivese un don. Atópaos por todas partes, nas prantas, nas portas, nos obxectos, nas reixas das portas ou nas cordas dos barcos. Ela ve corazóns e a Uxía ese don pareceulle tan marabilloso cando se achegou á obra de Isabel Leal pendurada na Casa das Crechas que decidiu poñerlle unha banda sonora que ía ter, como era de agardar, moitos corazóns. Cúmprense agora dous anos, por volta do 14 de febreiro, cando as imaxes amorosas de Isabel Leal mostráronse ao público nas Crechas e a mellor forma de conmemoralo é o abrazo colectivo por riba dos escenarios, despois dun camiño andado que deron, entre outras cousas, un documental, un libro e un CD publicado por Kalandraka. Como nacen os proxectos que Uxía imaxina, aos poucos fóronse sumando persoas, músicos e artistas que partillaron con gusto de CoraSons.Animáronse a gozar da grande festa que foi crear este novo disco-libro, nun berce cálido, na Arousa na que o convivio foi memorábel. Contar os nomes de todas as persoas que participaron en CoraSons é tarefa complexa. Fóronse xuntando e o grupo medrou até dar para montar unha gran festa entre todos eles. \"É a celebración da amizade, entre xente da música e outra que son afeccionados. Desde Tatán, o actor, até Belén que é cardióloga ou Carlos Blanco, que meteu humor e bo facer no proxecto\", comenta Uxía, verdadeira alma dos CoraSons. Como Isabel Leal ten a habilidade de captar corazóns coa súa cámara, Uxía goza do don de conseguir xuntar xente ao seu redor, coa música como elo singular. En CoraSons levou esa virtude ao extremo, arremuiñando ao seu carón a ducias de persoas, unhas coñecidas do mundo da música e outras próximas que aportaron entusiasmo ao proxecto. Coma sempre, xentes que viñan tamén de Portugal, de África ou de Brasil. Antonio Zambujo, Joao Afonso, Magin Blanco, Najla Shami, Sérgio Tannus, Xoán Curiel Aline Frazao, Pablo Vidal, Budiño ou Isaac Palacín son algúns deses nomes que fan latexar a música de CoraSons. Xuntarse contra as inclemencias \"Creo niso, nesta maneira de proceder. Sinto que é bo xuntarse, en especial cando os tempos son de inclemencia, como os estorniños. En grupo afróntanse mellor as etapas difíciles. Únenos vivir intensamente a vida e a música, a arte en xeral, a beleza do día a día\", explica Uxía. CoraSons é, segundo define, unha sorte de \"terra da fraternidade, onde todo o mundo ten que sentirse ben, arroupado\". Confía en que ese sentimento sexa tamén compartido por quen se achegue a ese convivio no que se converteu o seu novo proxecto colectivo. \"Quere chegar a moitos corazóns, que axude a levar a vida mellor. Son cancións algunhas reflexivas, outras divertidas, todas amorosas\", explica dun proxecto no que a grande maioría das cancións foron creadas especialmente para CoraSons. Buscaron, por iso, que fose un agasallo, que transmitise alegría e que a irmandade se contaxiase."}
{"ID": "NOS_24449", "summary": "O último poemario de Isaac Xubín, 'Xenealoxía dun intruso' (Galaxia, 2020), afonda na concepción da súa identidade galega, desde fóra, cunha consciencia da propia construción. O poeta repasa en conversa con 'Nós Diario' as chaves desta obra persoal, na que tamén xura: \"estas lembranzas nosas / nunca serán cadáver\".", "text": "\"O poeta é un intruso\", afírmase no reverso do libro. Ten realmente esta concepción do oficio? É algo máis a nivel da miña vida. Ao ter morado en tantos lugares desde cativo teño esa sensación, por exemplo, de non ter amigos da infancia, de afacerme cada catro ou cinco anos a un colexio e unha sociedade nova. E cando marchei da casa, comecei coa mesma dinámica. Por iso teño a impresión de ser sempre un intruso, alguén que está fóra, e ao tempo tamén de disimular para non parecelo. Traduzo e escribo desde esa perspectiva. Aínda que eu me identifico como galego, non vivín na Galiza até os 10 anos. Os meus pais eran galegos e leváronme nacer á Galiza para que fose \"galego completo\". Porén, se boto contas, seguro que vivín máis tempo fóra. Logo, a lingua galega é algo que adoptei eu, porque na casa non me falaban galego. O feito de ser un intruso penso que me facilitou observar a identidade como algo moito máis consciente do que a xente cre. Cando falamos dela parece que nos referimos a cousas que nos veñen dadas e son inmutábeis, que non temos marxe para modificar. Pero somos o que somos non porque queiramos, senón porque nos vén de atrás. E non é así, é moi voluntario. No meu caso, o nacemento non foi un accidente: leváronme a nacer para que nos meus documentos houbese un topónimo galego e poder dicir que son galego. Un topónimo que ademais vostede adopta como apelido. Efectivamente. Xubín era a casa da miña nai, nunha aldea de Oleiros. Coincidiu no tempo que cando comecei a escribir a familia decidiu vender a propiedade, que era o único lugar físico que para min permanecía inmutábel ao longo da miña infancia, onde ía sempre pasar as vacacións. Pensei que a maneira de mantelo vivo era levalo no nome. En que momento e por que decide comezar a falar galego? Foi no instituto. Supoño que se xuntaron moitas cousas. Chegou un intre no que me decatei de que para que a lingua sobrevivise, se perdía falantes era preciso que algunhas persoas se pasasen a el. Ante esa dicotomía moral, se me preocupaba e sabía cal era a solución, non quedaba máis remedio que dar o paso. Isto está moi relacionado con que na época da miña adolescencia a cultura galega tiña uns produtos (aínda non me gusta chamalo así) de moi boa calidade: o Xabarín, a música bravú, a literatura... Creo que se algunha vez se fai un estudo de cantos neofalantes houbo en cada década, aquilo foi unha explosión. E non só porque a xente estivese moi comprometida, pois para ser neo- falante hai que superar moitas trabas impostas pola sociedade e a única maneira de facerlles fronte neste proceso solitario (non foi un cambio en grupo) é ter ao teu carón eses produtos de calidade indubidábel e que moitos dos compañeiros tamén consumían. Parece que ás veces nos sentimos na obriga de consumir cultura galegas porque si, e penso que é importante apostarmos naquelas cousas que están ben feitas e teñen proxección no tempo. Se queremos cambiar actitudes, ten que ser coa calidade, non co número nin coa militancia. Neste senso, volvendo ao libro, hai unha chamada á acción en versos como \"alguén debería comezar a tirar / do gatillo dunha vez por todas\". Nese poema hai ademais varias referencias a cancións vascas, que enlazan co que che comentaba da calidade. Todo o que está pasando alí está funcionando porque a cultura vasca, desde hai 40 anos, ten unha calidade brutal, desde Chillida a Fermín Muguruza. É moi fácil sentirte adherido a esa cultura. Por iso puideron saír fóra das fronteiras grupos como Kortatu, con tan mala prensa como tiñan. Non saían nas emisoras de radio, pero vendían moitos máis discos fóra que grupos de moda nos 40 Principales. E o importante non é o que dicían, senón que eran bos. Pero volvendo á pregunta, a identidade pódese construír, as cousas non son tan inmutábeis como nos fan crer. E todo se resolve con acción. Algo que me saca moito da miña tranquilidade cando falamos dos galegos é o autoodio. En Euskal Herria ou Irlanda tamén había. Pero algunhas culturas saben xestionalo, revolverse e mudalo, mentres outras parece que estamos co San Benito de sermos así. Non nos audoodiamos porque sexamos así, senón porque había (e hai) unha situación social que nos convida a facelo. Hai que pórse mans á obra para mudalo, como fixeron os vascos. Sempre comento o caso de Argala, que vivía na casa coa súa avoa, pero como seus pais non lle falaban en euskera, en toda a súa vida apenas intercambiou \"ola\", \"boas noites\" e pouco máis. Alí tamén había autoodio, pero conseguiron cambialo. Cadaquén ten a súa maneira de superar os seus demos e as súas pantasmas. Así tamén di: \"A única herdanza que recibín / foi un feixe cartesiano que me axudou a destruílo todo / mesmo o propio sistema de coordenadas\". O ollo crítico é sempre sospeitar do que che vén de atrás, vai moito polo tema da identidade construída, no meu caso de maneira literal. Isto ten inconvenientes, como non ter ese contacto diario ou semanal coa familia. Eu só vía aboa parte nas vacacións. Pero por outra banda, a miña relación co meu irmán é moi forte. Se tiven algún amigo da infancia é el. No poemario a imaxe do irmán xoga un papel fundamental. Xusto chama a atención o uso do mito de Antígona na obra, con varios poemas elaborados sobre o texto homónimo co que gañou o. XXXII edición do premio Rosalía de Castro de Cornellà. Que lle resulta interesante desta historia? Ten que ver con esa relación coa familia desde a distancia. Ademais, caeu nas miñas mans un libro sobre a apropiación da traxedia grega en Irlanda, como o teatro adapta os clásicos aos intereses nacionais e culturais de Irlanda. Un destes textos dos que máis versións se fixo, para intentar denunciar a situación política, é Antígona. Ela intenta enterrar o irmán morto, pero non lle deixan porque foi un traidor. Daquela ela revélase contra a autoridade porque sabe que é importante. Todo isto que xira arredor da familia, que está moi presente no libro. Realmente as únicas voces ás que se lles fala de ti son a miña muller, o meu irmán e miña nai nestes poemas. Ao tempo, hai un pouco de contradición no texto, porque lera un ensaio breve sobre Chillida, sobre como aos que somos da vertente do cantábrico os mitos mediterráneos non nos serven. Se os mediterráneos son horizontais, os atlánticos somos verticais. Chillida intentaba loitar contra estas imaxes, pero eu non fun capaz de zafarme totalmente disto. Por iso hai tantas referencias aos mitos gregos e á Biblia, pero tamén hai pistas que enfocan como a unha tanxente ou saída que igual se verá en libros futuros de loitar por adquirir nós a nosa propia identidade vertical. Exhibir a lingua A lingua, ao ser neofalante, suponlle a Isaac Xubín unha loita constante pola \"colocación dos pronomes ou a alternancia vocálica. É un poceso máis longo do que a xente pensa\". Licenciado en Filoloxía Galega, coida que o seu galego \"aínda era bastante malo\" cando rematou a carreira. Iso mestúrase co feito de ter un contacto moi directo con outros idiomas na vida cotiá. \"A miña muller é catalá e vivimos en Inglaterra\", di, polo que na escrita \"hai consciencia de xogar con verbas doutros idiomais ou empregar vocabulario medieval que xa non está en uso\". \"Creo que unha cousa é o coidado da lingua por exceso -que o lector non chegue a entender o que estás a dicir- pero nunca se debe caer, e é algo que está pasando, na sinxeleza extrema. As obras están feitas dunha lingua concreta e ten que exhibirse e expresarse con personalidade\", engade."}
{"ID": "NOS_52384", "summary": "O novo presidente de Chipre do Norte, Mustafa Akinci, turco-chipriota, fora alcalde de Nicosia. É partidario de camiñar cara á reunificación da illa da man dun sistema federal", "text": "Mustafá Akinci, o candidato da esquerda, saiu gañador na segunda volta das eleccións presidencias da República Turca de Chipre do Norte, que ocupa desde a división de 1974 o terzo norte da illa e é recoñecida internacionalmente unicamente por Turquía. Akinci, que tiña o apoio de socialdemócratas e socialistas, obtivo máis de 20 puntos de marxe sobre o actual presidente, o conservador Dervis Eroglu: 60,5% dos votos fronte un 39,5%, destaca Nationalia. Na primeira volta o candidato máis votado fora o actual presidente, Eroglu, pois atinxira o 28% mentres que Akinci conseguira o 26,9, a socialdemócrata Sibel Siberun 22,5% e o conservador K. Özersay un 21%. O candidato de esquerdas xa se comprometeu así como sexa posíbel a retomar as conversas de paz para atopar unha solución ao conflito. Akinci é partidario de poñer fin á división de 1974 e reunificar a illa baixo unha única estrutura de carácter federal e nada a partir de dous estados constituíntes: greco-chipriota e turco-chipriota. Akinci foi alcalde de Nicosia durante 14 anos (1976-1990) e destacou por iniciativas e proxectos comúns co alcalde greco-chipriota. O presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, xa manifestou que a vitoria do candidato da esquerda era un paso prometedor \"para a nosa patria común\"."}
{"ID": "NOS_3685", "summary": "A oposición alerta de \"novos recortes\" e de \"abandono aos galegos\", mentres o PP defende que se trata dun \"bo documento para o traballo do goberno nos vindeiros anos\". O texto será debatido en sede parlamentaria.", "text": "\"Unha oportunidade perdida\". Así cualificaron nesta terza feira, 29 de xuño, as forzas da oposición o ditame da comisión parlamentaria de reactivación, cuxa votación se realizou en tres grupos de emendas. O PPdeG votou a favor de todas, mentres o PSdeG abstívose e o BNG apoiou unha delas, rexeitou outra e absténdose na terceira. O texto recolle máis de 400 medidas para a transformación económica e o reforzo dos servizos públicos que serán debatidas na Cámara nas vindeiras semanas. Olalla Rodil, do BNG, censurou o \"incumprimento manifesto\" do plan de traballo para a comisión, dado que se fixara o obxectivo de que as tarefas estivesen concluídas antes do remate do pasado mes de xaneiro. Neste senso, lamentou que o ditame é \"continuista\", e criticou que os efectos da crise a paguen \"as maiorías sociais\", en alusión a que algunhas das propostas \"soan a preludios de novos recortes\". Así, salientou que o grupo nacionalista presentou 182 propostas, e botou en falta maiores recursos para a sanidade, as residencias e a ciencia, xa que o PP \"rexeitou\" comprometerse a dedicar 25% do orzamento da Consellaría de Sanidade a mellorar a Atención Primaria. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, xustificou a abstención como forma de \"tender a man\" de cara a que os populares se abran a alcanzar acordos en sesión plenaria. Porén, advertiu que, de non se producir melloras, a súa formación oporase, xa que este informe \"suspende\" e \"abandona ás e os galegos\". Un dos puntos nos que a oposición reclama melloras é o chamado \"fondo de consenso\", composto por 115 millóns de euros, que consideraron \"insuficiente\" e lembraron que \"aínda non teñen destino\". Pola súa banda, o portavoz popular, Pedro Puy, afirmou que se trata dun \"bo documento para o traballo do goberno nos vindeiros anos\", e salientou que nel se inclúen 46 transaccións pactadas con BNG e PSdeG."}
{"ID": "PRAZA_19326", "summary": "O beneficio neto supón un incremento do 1,1% con respecto ao ano anterior para a entidade que lidera Juan Carlos Escotet, que lembra a precaria situación na que recibiu o banco e que lamenta o intento de facer \"populismo\" cunha evolución que cre froito dunha excelente xestión.", "text": "Abanca obtivo en 2016 un beneficio neto de 333,6 millóns de euros, o que supón un incremento do 1,1% respecto ao ano anterior, segundo informou este mércores a entidade financeira, que presentou en rolda de prensa os resultados do pasado exercicio. Tres anos despois de mercar os restos das antigas caixas galegas, o banco do grupo venezolano Banesco, que lidera Juan Carlos Escotet, continúa coa súa boa xeira. Abanca obtivo en 2016 un beneficio neto de 333,6 millóns de euros, un incremento do 1,1% respecto a 2015 Precisamente Escotet, vicepresidente de Abanca, respondeu cunha longa reflexión á pregunta de se consideraba baixo o prezo (1.003 millóns) polo que adquiriu en poxa Novagalicia Banco a finais de 2013. Así, destacou que a entidade resultante da fracasada fusión das caixas galegas \"era un banco escarallado\". \"Era un paciente en terapia intensiva e agora está en condicións de correr o maratón de Nova York\", dixo, logo de mostrarse preocupado polo intento de facer \"populismo\" cun proceso de privatización que, segundo subliñou, \"foi tecnicamente manexado e gañouse nunha contenda limpa\". Escotet lembra que recibu \"un banco escarallado\": \"Un paciente en terapia intensiva que agora pode correr o maratón de Nova York\" Así, Escotet chamou a atención sobre que os resultados -con ganancias durante o tres anos de xestión dos novos responsables- \"non son maxia\", e atribuíunos a un \"gran equipo de profesionais\" no que considera \"un caso de éxito\" do que sentirse \"orgullosos\". Precisamente, o resultado do pasado ano 2016 da entidade antes de impostos alcanzou os 358,8 millóns de euros, un 3% máis que en 2015. Esta cifra, segundo destaca o banco, permite elevar a rendibilidade ata o 9,7%. Ademais, a marxe comercial recorrente avanza un 12% e os ingresos por prestación de servizos aumentan un 5,9%. A morosidade en Abanca redúcese un 20% e sitúase no 6,8%, cunha cobertura dos activos problemáticos do 54%. Con 13.000 millóns de volume financiado, en 2016 concedéronse 3.000 millóns en circulante a empresas e autónomos, un 27% máis que no ano anterior. O foco en seguros e produtos de valor engadido, segundo resalta, reflíctese nun crecemento do 33% en vendas de seguros e do 12% en volume de fondos, plans e seguros de aforro. Ademais, cun 14,7% de CET1, a entidade reivindica que se mantén entre as máis solventes do sector financeiro español. Escotet cre que a nova dirección \"pecou de modestia\" polo que agora debe \"sacar peito\" Tan bos son os resultados que Escotet cre que \"quizais\" a nova dirección do banco cometeu \"o erro de ser moi conservadora\" ao responder a certas dúbidas. \"Pecamos até de modestia\", apuntou, para, a continuación, aproveitar para \"sacar peito\" en representación do seu equipo e do grupo de accionistas. O grupo venezolano Banesco fíxose con Novagalicia Banco -resultado da fusión das antigas caixas de aforro galegas e a súa posterior privatización- por 1.003 millóns nunha poxa que se resolveu en decembro de 2013. En 2014, xa como Abanca, a entidade gañou 601 millóns de euros antes de impostos, aínda que o resultado elevouse ata 1.157 millóns pola activación de créditos fiscais. O ano seguinte, en 2015, obtivo un beneficio de 330 millóns. \"Novagalicia tiña perdas, persoal desanimado, despediimentos masivos e unha marca totalmente destruída\" Na rolda de prensa deste mércores, lembrou que a entidade \"escarallada\" que recibiu Banesco \"tiña perdas consecutivas\" de varios anos, un persoal \"totalmente desanimado e desnortado\", sen que houbese \"un plan de negocio\" e \"chea de despedimentos masivos\". Tamén fixo referencia á existencia dunha marca \"totalmente destruída\", e unha \"absoluta obsolescencia tecnolóxica\". \"Facendo historia este foi un proceso de poxa competitiva onde non estabamos precisamente nas ligas menores, moi complexo e rigoroso, e afortunadamente con regras do xogo moi claras e coñecidas\", defendeu. Cuns \"sindicatos belixerantes\" e \"con razóns, porque estaban ante o terceiro ERE\" e un clima laboral \"complicado\", Escotet continuaou advertindo de que a \"clave\" naqueles momentos era \"desinvestir\", mesmo con \"empresas serias e respectadas como Inditex e Estrela Galicia\". \"Pero, ademais, os tribunais estaban cheos de demandas de todo tipos. De clientes, plataformas, accionistas, avogados, bufetes... En fin: unha situación da máis absoluta conflitividade (...) e con fuxida masiva de clientes\", incidiu. \"Ese foi o banco que nós recibimos. Ben escarallado\", profundou."}
{"ID": "NOS_23652", "summary": "\"Cuac resiste\" foi o lema da radio comunitaria da Coruña Cuac FM durante os case dous anos que durou a súa pugna coa Xunta pola emisión, que durante meses confinou a programación a internet. Hoxe, despois de gañarlle ao Goberno de Feixoo nos tribunais (mesmo no Supremo!) e volver ás ondas, o proxecto cumpre 24 anos cun programa especial en marcha para axudar a resistir o confinamento: Radio Pat(i)o.", "text": "\"Resistir é o noso, é o que mellor se nos dá\", corrobora Mariano Fernández Cabarcos, membro histórico da radio comunitaria coruñesa e un dos implicados na nova proposta, que comezou a funcionar, en probas, o pasado día 18 e que cada tarde, de luns a venres e de 18 a 20 horas achega desde o 103.4 da FM, na web ou nos podcasts, alternativas de lecer e acompañamento para este tempo de corentena. Como conta a Nós Diario, a iniciativa naceu como unha vía \"para saír do shock e tamén por servizo público\", e por iso a premisa foi a de non abondar máis no reconto de desgrazas que trae o coronavirus, senón enfocarse cara ao confinamento. \"Centrármonos na vida da xente, máis que nos números, porque entendemos que ese é o noso papel como radio comunitaria. Romper un pouco o bloqueo falando con xente que está fóra, tecer rede con outras radios e dar aire ás iniciativas que van agromando por aí adiante, como os Grupos de Apoio Mutuo que están a funcionar na Coruña... Un formato de lecer, con recomendacións de todo tipo –lecturas, música, videoxogos...–, que acompañe a quen está na casa e lle dea opcións de ocio; ese foi o enfoque\", resume. \"Formación en tempos de cólera\", \"A Tertulia\", \"A banda sonora do cautiverio\" ou \"Coronabulo\" son algunhas das seccións do programa, que esta tarde fará un oco para celebrar o 24º aniversario de CUAC, unha efeméride que este ano terá que ser máis virtual que as anteriores, e para a que a emisora ten aberto o seu Whatsapp (644737303) para que a comunidade de CUAC, e quen queira, poida reunirse, aínda que sexa, en antena. \"24 anos son moitos programas, moitas horas de radio e máis de 1.500 persoas\", reconta Fernández Cabarcos. Como salienta, a \"maxia\" da tecnoloxía e das persoas de CUAC que a puxeron a andar nun primeiro momento, xusto antes do estado de alarma, están detrás da emisión de Radio Pat(i)o, que hoxe xunta un equipo de coordinación de máis de 40 persoas, en quendas de 15 ou 20 para cada programa, entre produción, locución, equipa técnica e responsábeis das seccións. Como o que non deu tombado Feixoo non o vai tombar unha pandemia, CUAC xa está a traballar coa xente que se encarga do control técnico para formala nas novas ferramentas que están a desenvolver e recuperar a súa programación completa, emitindo desde as casas, que quedara suspendida \"por precaución\" hai dúas semanas pola ameaza sanitaria. Como xa está afeita a facer, CUAC, en tempos de coronavirus, tamén resiste."}
{"ID": "NOS_41534", "summary": "Na primeira xornada de paro a dirección da concesionaria despediu 12 traballador@s por incumpriren, dixo, os servizos mínimos impostos polo Concello, fixados no 100%. Vídeo no interior.", "text": "As traballadoras e traballadores da empresa de recollida de lixo de Lugo, Urbaser, iniciaron unha folga indefinida na segunda feira. As razóns do paro parten da reivindicación dunha actualización salarial que non se produce desde 2011. Na primeira xornada de loita o 100% do plantel secundou a loita (139 empregad@s) o que motivou as queixas da concesionaria. E é que o Concello de Lugo fixou no 100% os servizos mínimos a cumprir pol@s traballador@s. Unha decisión que desde o comité de empresa tildaron de \"abusivos\". Vinte e catro horas despois de dar inicio o paro --que coincide coa celebración do Arde Lucus-- Urbaser comunicou o despedimento de 12 empregad@s e a abertura de dous expedientes disciplinarios argüíndo o \"incumprimento dos servizos mínimos\" e \"desobediencias con anterioridade ao paro\", segundo informou Carmen Antas, representante da CIG. Ocupan o Concello de Lugo e exixen a re-admisión d@s despedid@s Após o anuncio, desde o comité de empresa exixiron a readmisión d@s compañeir@s despedid@s e ocuparon o edificio do Concello de Lugo coincidindo coas comparecencias de imprensa posteriores á Xunta de portavoces. @s empregad@s denunciaron así uns servizos mínimos impostos que na practica, din, impiden exercer o dereito a folga. Desde as centrais sindicais instan a devolver os seus traballos @s empregad@s se queren iniciar unha mesa de negociación mais Urbaser teima en @s empregar como \"moeda de cambio\", explican desde o comité de empresa. Neste senso, a concesionaria di que non negociará nen retirará @s despedimentos se non se pon fin á folga mais @s traballador@s mantéñense firmen e aseguran que non cesarán na súa loita. Nas últimas horas o comité de empresa de Urbaser Compostela remitiu un comunicado de apoio e solidariedade c@s compañeir@s de Lugo no que coidan son \"xustas reivindicacións\"."}
{"ID": "NOS_6178", "summary": "A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acollerá a exposición 'Ánxel Casal, 125 con Nós' desde o próximo día 12 de xaneiro e até o 11 de febreiro,", "text": "A Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa e a Federación Galiza Cultura levarán até Compostela a exposición 'Ánxel Casal, 125 con Nós'. A proposta inaugurouse na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Arzúa o pasado 17 de decembro, coincidindo co aniversario do nacemento do propio Casal. Agora chega a Compostela e poderá visitarse na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal desde o próximo día 12 de xaneiro e até o 11 de febreiro, sempre no horario habitual da instalación. A exposición, que foi pensada e deseñada para ver a luz en 2020 e adiada como consecuencia da pandemia, repasa as diferentes etapas da vida de Ánxel Casal. Comeza na súa infancia na Coruña, a súa adolescencia na emigración, o seu apego á aldea do seu pai e o primeiro ensino en galego até mostrar o seu traballo cultural, literario e político. Campaña polas Letras Galegas para Casal A mostra forma parte da campaña que a Asociación Cultural Ánxel Casal está a levar a cabo para que Casal sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas, un recoñecemento que, aseguran desde a entidade, \"merece como persoa impulsora do libro galego de seu, como editor, impresor, administrador e distribuidor do libro galego moderno\". Ademais sinalan que Casal foi un \"traballador incansábel da cultura galega, creou a editorial onde a creación literaria e gráfica galega puido expresarse moderna e mostrar orgullosa ao mundo o seu potencial\". Argumentan que \"sen o traballo de Casal dificilmente coñeceriamos moitas das obras de Wenceslao Fernández Flórez, Otero Pedraio, Blanco Amor, Ramón Cabanillas, Castelao, Carvalho Calero, Ramón e Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Maside ou Seoane, entre outros\". A Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa renaceu en setembro de 2019, despois de varios anos de inactividade, coa idea de comezar unha campaña de actividades coa perspectiva posta no 125 aniversario do nacemento Casal en 2020. Neste tempo realizaron roteiros e presentaron obras audiovisuais como o documental Reboiras, acción e corazón de Alberte Mera, coa presenza do director, da actriz arzuá Lidia Veiga e co actor, tamén de orixes arzuás, Daniel Celester."}
{"ID": "PRAZA_15366", "summary": "A imaxe dun islamista tapándolle a boca á activista Shahenda Mekled convértese en todo un símbolo en Exipto e na oposición do feminismo ao islamismo. O acoso e a violencia contra as mulleres é tal que se están creando para denunciar as agresións de xénero e de protexer as manifestantes", "text": "O Cairo, 5 de decembro: A acampada levantada en torno ao palacio presidencial para protestar contra Mohamed Morsi, o seu decretazo e o borrador da Constitución, é disolta a paus por un grupo de homes. Integrantes e simpatizantes dos Irmáns Musulmáns esnaquizan as tendas de campaña, collen a comida e as mantas dos manifestantes, e bótanos a empurróns. Algúns sofren ataques físicos e verbais. Entre esas vítimas, hai varias mulleres. Entre os expulsados, está a veterana activista Shahenda Mekled, de 74 anos, líder do movemento campesiño contra o feudalismo desde os anos sesenta, unha figura coñecida nos movementos sociais exipcios. O seu compromiso foi eloxiado en 1965 polo Che Guevara, quen visitou a Shahenda para coñecer de preto a loita campesiña. As cámaras da canle Al Watan captan o momento no que un islamita partidario do presidente Morsi tapa a boca -literalmente- a Shahenda, xusto cando ela está a corear un slogan: \"Somos o pobo exipcio\" As cámaras da canle Al Watan captan o momento no que un islamita partidario do presidente Morsi tapa a boca -literalmente- a Shahenda, xusto cando ela está a corear un slogan: \"Somos o pobo exipcio\". Ela reacciona rapidamente e tenta defender o seu dereito a expresarse. Shahenda participou nas revoltas de 2011 e liderou en decembro do pasado ano a chamada marcha das mulleres, organizada para protestar contra a violencia de xénero, os ataques e os abusos sexuais practicados polas forzas armadas exipcias contra mozos manifestantes. Aquela persecución de xénero por parte dos militares non impediu que Estados Unidos renovase a súa axuda anual de 1.300 millóns de dólares ao Exército exipcio en 2012. Agresións constantes a mulleres Varias manifestantes sufriron abusos e golpes por parte de grupos islamitas. Entre elas, a activista Lina Megahed e a socialista Ola Shahba Shahenda non foi a única agredida estes días. Varias manifestantes sufriron abusos e golpes por parte de grupos islamitas. Entre elas, a activista Lina Megahed e a socialista Ola Shahba. Cos ollos morados e visiblemente afectada, Onda aparecía nun programa de televisión este xoves para denunciar a impunidade dos seus atacantes e as agresións sexuais das que foi vítima Onda relatou que un grupo de integrantes dos Irmáns Musulmáns e salafistas a tiraron ao chan cando ela participaba na protesta contra Morsi fronte ao palacio presidencial, tocáronlle o corpo, o peito, mentres ela gritaba: \"Non quero que ninguén me toque!\". Déronlle patadas na cabeza (ten unha gran ferida), ata que un deles a recoñeceu e dixo: \"Coñézoa, ela non é feloul (partidaria do réxime anterior), é respectable\". Levárona a unha ambulancia, pero alí un home \"comezou a gritar que tiña que quedar e ser humillada igual que os demais\". \"A policía estaba alí pero non facía nada\", denunciou Onda. \"De feito, un oficial díxolles aos islamitas que faría o que eles quixesen\". O acoso e a violencia contra as mulleres é tal que se están creando colectivos como Operation Anti-Sexual Harassment, que une diferentes agrupacións e no que participan mulleres, co obxectivo de denunciar as agresións de xénero e de protexer as manifestantes. Tahrir Bodyguard é outra iniciativa xurdida co mesmo fin. Baixo o lema \"ningunha muller debe ser intimidada por protestar\", conta xa con centos de persoas voluntarias que, ataviadas con chalecos e cascos, encárganse de velar pola seguridade das mulleres nas protestas. \"O pasado venres logramos parar tres agresións sexuais en grupo na saída do metro ao redor das nove da noite\", relatou esta semana o mozo Omar Magdy, un dos integrantes de Tahrir Bodyguard. El mesmo foi golpeado o martes cando tentaba axudar catro mozas vítimas de ataques sexuais. Estas iniciativas axudan, pero non poden evitar as agresións no día a día e evidentemente non son a solución ante unha impunidade crecente por parte dos agresores. \"Os Irmáns Musulmáns son uns oportunistas que se aproveitan da pobreza da xente\" \"Os Irmáns Musulmáns son uns oportunistas que se aproveitan da pobreza da xente. Pronto os exipcios daranse de conta de que os islamitas non poderán cumprir as demandas da revolución\" En Exipto cambiaron os dirixentes, pero o autoritarismo, a represión contra os manifestantes e os abusos ás mulleres seguen presentes ou aumentan. Como dixo a propia Shahenda Mekledhace uns meses: \"os Irmáns Musulmáns son uns oportunistas que se aproveitan da pobreza da xente. Pronto os exipcios daranse de conta de que os islamitas non poderán cumprir as demandas da revolución\". O borrador da Constitución defendido polo presidente Morsi é proba diso. Centos de miles de persoas levan días tomando as rúas de cidades coma O Cairo, Mahalla, Asuán, Suez, ou Ismailiya para esixir a caída do presidente e a anulación do referendo para aprobar unha Carta Magna que non satisfai os grupos da chamada revolución exipcia. O texto constitucional provisional, para cuxa redacción se excluíu a representantes de importantes sectores políticos e sociais, non fai mención aos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados por Exipto, non prohibe de forma explícita a discriminación por razóns de xénero, sexo, orixe ou relixión e contempla limitacións á liberdade de expresión, tal e como denunciou este venres o Alta Comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Ademais, o proxecto constitucional de Morsi deixa a porta aberta aos tribunais militares para xulgar a activistas, e establece que o Estado se encarga da \"reconciliación entre as obrigas dunha muller cara á súa familia e o seu traballo\". O texto constitucional provisional, para cuxa redacción se excluíu a representantes de importantes sectores sociais, non fai mención aos tratados internacionais de dereitos humanos Nun xesto claramente autoritario, co obxectivo de impedir accións contra o borrador da Constitución, Morsi aprobou hai dúas semanas varios decretos que lle outorgaban máis poder e que anulaban a posibilidade de accións xudiciais contra el ou contra o panel encargado de redactar a Carta Magna. Por todo iso, a forza da rúa roxe de novo ao berro de \"queremos a caída do réxime\"."}
{"ID": "NOS_51691", "summary": "Maiores de 16 anos accederán de forma autónoma ao aborto coa reforma da Lei proposta polo Ministerio de Igualdade. Unha norma que tamén incluíra medidas para garantir o dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo.", "text": "A reforma da Lei estatal do aborto incluiría o acceso \"autónomo\" a partir dos 16 anos, a eliminación dos tres días de reflexión ou un sistema para a obxección de conciencia semellante ao que se aplica na Lei da eutanasia, subliñou esta cuarta feira a titular do Ministerio de Igualdade, Irene Montero. Na comparecencia perante a Comisión de Igualdade no Congreso, Montero defendeu que unhas das tarefas do Executivo estatal é \"blindar o dereito ao aborto na sanidade pública\". Entre as medidas que adiantou da normativa, salientou a creación dunha liña telefónica especializada en dereitos sexuais e reprodutivos na que se informará do procedemento e dos dereitos cos que contan as mulleres afectadas. Asemade, fixo énfase en que procuran que \"as adolescentes de entre 16 e 18 anos poidan acceder\" á interrupción voluntaria do embarazo \"de forma autónoma\", incidindo en que se \"son responsábeis para traballar ou para ter relacións sexuais, sono para decidir sobre os seus corpos\". Á hora de efectuar o aborto, a ministra sinalou que queren garantir que nos servizos de xinecoloxía e obstetricia dos centros públicos as mulleres poidan acceder a este tratamento, respectando o dereito á obxección de conciencia das e dos profesionais médicos por medio dun rexistro. Ademais, a norma permitirá á muller escoller o método para levar a cabo o aborto, unha vez informada no centro de saúde, e \"inmediatamente poderá ser derivada a un centro hospitalario para acceder a este dereito por un procedemento de urxencia, eliminando os tres días de reflexión obrigada\" que marca a Lei actual. \"Toda muller que decida abortar deberá poder facelo sen ningún tipo de obstáculo nin prexuízo\", apuntou. Saúde sexual e reprodutiva No proxecto, o Ministerio tamén incluirá un paquete de medidas arredor da saúde sexual e reprodutiva da muller, como unha mellora da atención, un impulso no recoñecemento do permiso maternal preparto, e mais actuacións para previr e erradicar a violencia xinecobstétrica. \"A saúde menstrual pasará a ser un estándar determinante á hora de valorar o acceso á saúde das mulleres, e garantila será unha obriga do Estado e dos poderes públicos\", asegurou Montero, que avanzou que se abordará o prezo dos produtos de primeira necesidade, para a meirande parte das mulleres \"enormemente custosos\", concluíu."}
{"ID": "QUEPASA_157", "summary": "Carballo contrata obras por 3,4 millóns de euros con cargo ao remanente de tesourería do 2019", "text": "En xuño de 2019 anunciaba a Xunta a creación de 2,5km de senda peonil e ciclista para unir Carballo e coristanco. Onte, a empresa López Cao comezaba as obras dunha infraestrutura que terá que estar lista en 8 meses. A senda iníciase á saída de Carballo pola AC-552 e remata no comezo das beirarrúas de Coristanco. Prevense dous treitos actuando, tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito.Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata o núcleo de Coristanco.Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo de aproximadamente 600 metros. Obras municipais Paralelamente o Concello carballés anunciou a adxudicación nas sesións celebradas este mes das primeiras catro obras que se financiarán con cargo ao remanente do ano 2019, gracias ao decreto do estado que suspende as regras fiscais da Lei Montoro. Nas vindeiras semanas comezan as obras de accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra; a Rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo); a reforma do centro social do barrio da Milagrosa; a substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo \"Carballo Calero\". Ademais, en fase de contratación están as obras da rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa; a reforma do mercado, 2ª fase; as melloras de seguridade no polígono industrial de Bértoa; a ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase, e a reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil. Quedan pendentes de contratar a reurbanización da rúa Ponteveda; a reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos, a reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase; e unha achega municipal para o proxecto europeo \"Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos\"."}
{"ID": "PRAZA_4174", "summary": "Ademais, detectáronse outros 31 casos a través de probas de anticorpos. A incidencia da enfermidade segue a descender lentamente, situándose en 32 casos diarios por cada 100.000 habitantes en 14 días, preto da media española. Por sétimo día consecutivo o número de probas PCR foi inferior ás dúas mil.", "text": "Nas últimas 24 horas Galicia sumou outros 37 diagnósticos de coronavirus a través de PCR, a proba máis fiable. A cifra é superior á de onte (32), pero mantense na liña descendente das últimas xornadas: dende o pasado domingo ningún día se notificaron máis de 50 casos. A incidencia da enfermidade (medida no número de novos positivos diarios por cada 100.000 habitantes) achégase aos 30 casos nos últimos 14 días, situándose en 32,15, preto da media españolaIsto fai que a incidencia da enfermidade (medida no número de novos positivos diarios por cada 100.000 habitantes) se achegue aos 30 casos nos últimos 14 días, situándose en 32,15. Este indicador mantense dende hai unha semana en cifras moi semellantes á media española (32,70) e Galicia é a terceira comunidade autónoma que pasou na súa integridade á Fase 1 que presenta un número maior de positivos diarios, só por detrás de Navarra e A Rioxa.Ademais, no último día notificáronse outros 31 positivos de coronavirus a través de probas realizadas cos diversos tipos de test anticorpos. No caso destes coñecidos como test rápidos, os datos non son necesariamente do último día e a súa fiabilidade é relativa. O número é moi inferior ao que se viña rexistrando nos días previos, movéndose na última semana entre 54 e 111.Es domingo notificouse unha nova morte dun paciente con coronavirus en Galicia, rexistrada nunha residenciaEs domingo notificouse unha nova morte dun paciente con coronavirus en Galicia, rexistrada nunha residencia. A cifra total elévase a 592. Nos últimos sete días houbo un total de 29 falecementos.En total, segundo a información da Consellería de Sanidade, en Galicia hai nestes momentos 2.703 \"casos activos\" de coronavirus (sumando pacientes hospitalizados e aqueles casos máis leves que se atopan nos seus domicilios), 55 menos dos que había o sábado. 2.498 destes casos son leves, pacientes que se atopan nos seus domicilios. A cifra do que o Sergas segue denominando \"curacións\", pero que tamén reflicten negativos de test rápidos -como detalla o Ministerio, que as denomina \"infeccións resoltas\"- chega ás 7.347.Seguen entrando pacientes con coronavirus nos hospitais: nas últimas 24 horas foron 10 persoas, e 2 ingresaron na UCISeguen entrando pacientes con coronavirus nos hospitais: nas últimas 24 horas foron 10 persoas, e 2 ingresaron na UCI. O número total de pacientes en UCI aumentou en un, ata os 25. No resto de unidades hospitalarias, as persoas ingresadas con coronavirus manteñen o seu descenso, ata as 180.Porén, cómpre ter en conta que non todas as reducións significan necesariamente que se trate de pacientes de alta hospitalaria, xa que as novas normas do cómputo do coronavirus implican que un paciente con test negativo deixa de figurar na estatística da covid-19 aínda que sexa preciso que siga ingresado.As residencias de maiores e de atención a persoas dependentes suman un total de 556 casos activos (eran 584 este venres). A cifra chegou a ser a máis de 1.400 a mediados do mes de abril. Entre os casos que seguen activos, 263 corresponden a usuarios e usuarias de residencias de maiores, 187 a traballadoras e traballadores, 72 a usuarios e usuarias dos CAPD e 34 ao seu persoal.Por sétimo día consecutivo, o número de probas PCR realizadas en Galicia foi inferior ás dúas milPor sétimo día consecutivo, o número de probas PCR realizadas en Galicia foi inferior ás dúas mil. Nas últimas 24 horas notificouse unha cifra de 1.669, semellante á dos días anteriores. A media da última semana foi de 1.674, moi inferior á media da semana anterior (2.489) e da anterior (3.139).A proporción de PCR que teñen un resultado positivo foi este domingo do 2,2% e a media dos últimos sete días se situou no 2,6%. A porcentaxe é inferior á que se rexistraba na segunda quincena de abril (movíase entre o 4% e o 5%), pero o descenso está a ser lento.Nas últimas 24 horas as cifras descenderon en todas as áreas, agás na de Santiago, que vén experimentando un rechamante incremento nos últimos díasDo total dos 2.703 \"casos activos\" de coronavirus que se notifican este domingo en Galicia, 635 son da área sanitaria da Coruña, 161 da de Lugo, 407 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 725 da área de Vigo, 525 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.Nas últimas 24 horas as cifras descenderon en todas as áreas, agás na de Santiago, que vén experimentando un rechamante incremento nos últimos días. Hai sete días o número de casos activos na área de Compostela era de 475, 50 menos que na actualidade. Neste tempo, as seis áreas restantes viron diminuír notablemente as súas cifras (136 casos menos na Coruña, 61 menos en Lugo, 206 menos en Ourense, 44 menos en Pontevedra, 48 menos en Vigo, e 39 menos en Ferrol).Isto fixo que nos últimos días a incidencia do coronavirus na área sanitaria de Santiago se situase como a terceira maior en toda Galicia, moi preto xa dos datos de Vigo e de Ourense, que en todo caso segue a ser o territorio de Galicia con máis casos activos por habitante."}
{"ID": "PRAZA_14157", "summary": "Os conservadores presentan Galicia por riba de todo como lema de precampaña e A Mesa \"lamenta o seu cinismo\" despois de \"levar tres anos a patadas co galego\". Audio no interior.", "text": "En 1982 todo semellaba indicar que a malferida UCD estaba a piques de ser desaloxada do Goberno de España polo daquela emerxente PSOE de Felipe González. En diversos ámbitos políticos e sociais da época dábase por feito o que finalmente acontece e, neste ámbito, o director Mariano Ozores lanzaba o filme ¡Que vienen los socialistas!, unha parodia ambientada nunha vila na que os protagonistas alertaban da chegada do PSOE ao poder e, ao tempo, tentaban gañar favor dos futuros gobernantes. Salvando as distancias, unha alerta semellante xurdiu este venres dende as filas do PPdeG, nomeadamente do seu director de campaña, o tamén conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, en cuxo discurso o termo \"socialistas\" é trocado por outra advertencia habitual da política española: que veñen \"os comunistas\". De visita no escenario no que este sábado Alberto Núñez Feijóo escenificará a súa proclamación como candidato á reelección, Rueda apoiouse nas negociacións que manteñen Anova e Esquerda Unida para axitar un, ao seu xuízo, risco que a \"cidadanía galega en xeral\" debe coñecer. Segundo o dirixente popular acordos como este son \"agardables\" e, a partir de aquí, bosquexa un suposto escenario poselectoral que, dende o seu punto de vista, o electorado \"ten que ter claro\". Que o PP perda a maioría absoluta \"supón ter ao señor Beiras como vicepresidente da Xunta, que forme parte do Goberno un partido comunista e que, ao final, estean na mesma coalición os que marcharon do BNG porque pensaban que era demasiado radical e os que marcharon do Bloque porque pensaban que era pouco radical\". Os conservadores elixiron Galicia por riba de todo como lema de precampaña Neste sentido, as advertencias sobre o comunismo sérvenlle tamén a Rueda para cuestionar a posibilidade de que o PSdeG forme un posible Goberno de coalición. Sempre segundo a interpretación do número dous de Feijóo \"moitos votantes do PSOE estarán pensando que darlle o voto ao Partido Socialista supón estarlle dando o voto para que os comunistas gobernen\" e para que tamén o faga o BNG o que, conclúe, supón que os integrantes do Executivo \"estean discutindo todos os días\". Neste contexto Rueda contrapón as eventuais diverxencias no seo da esquerda co monolitismo do apoio do PP a Feijóo, xa que \"todos os membros do PPdeG, tanto os dirixentes como a militancia, están de acordo en que contan co mellor candidato\" e \"farán todo o posible para que saia elixido novamente\". Iso, explica, será o que se visualice no acto do sábado, o primeiro que celebrarán baixo o seu lema de precampaña: Galicia por riba de todo. Para o xefe de campaña popular esta frase ilustra á perfección que ao seu partido \"lle importa Galicia por riba de calquera outro interese político\". A primeira reacción a esta elección chegaba dende A Mesa pola Normalización Lingüística, colectivo ao que lle parece que o partido que sustenta ao actual Goberno está a realizar un exercicio de \"cinismo\": \"hai que ser moi hipócrita para levar tres anos e medio a patadas co noso idioma e a nosa cultura e dicir que se ten a Galicia por riba de todo\", din."}
{"ID": "NOS_4386", "summary": "O treinador de Castrofeito asina até xuño de 2017.", "text": "O ex treinador de Celta e Deportivo incorpórase ao Mallorca após o desembarco de capital estadounidese no clube bermellón, adquirido polo propietario da equipa da NBA Phoenix Suns, Robert Sarver, que desembolsou un total de 20,6 millóns de euros na ampliación de capital realizada pola entidade. O propósito do novo propietario é devolver canto antes o Mallorca á máxima categoría. Un traballo para o cal Fernando Vázquez está perfeitamente cualificado, de feito foi iso, ascender unha equipa, o último que fixo na súa carreira profesional. Estrañamente, após conseguir o obxectivo, no banco do Deportivo da Coruña, foi destituído polo actual presidente, Tino Fernández, despois de realizar unhas declaracións en público -se ben nun contexto informal- en relación coa política de fichaxes da entidade. O Mallorca está neste momento en postos de descenso na Segunda División estatal, con 20 pontos após 21 partidos O treinador de Castrofeito, de 61 anos, non é un descoñecido en Mallorca. Xa treinou nas Illas e con suceso, non só polas súas vitorias na Copa da UEFA (entre outras, o primeiro trunfo dunha equipa da liga española na cancha do Ajax de Amsterdam), senón pola descuberta de futbolistas tan notábeis como Diego Tristán ou Samuel Etoo. O Mallorca está neste momento en postos de descenso na Segunda División estatal, con 20 pontos após 21 partidos. Totaliza 4 victorias, 8 empates e 9 derrotas. Isto significa que, embora o ascenso sexa o obxectivo a meio prazo, está claro que a curto o traballo de Fernando Vázquez será o de estabilizar a equipa na Segunda División."}
{"ID": "NOS_14871", "summary": "O 3 de decembro figura no calendario como o Día Internacional do cinema 3D, unha proposta que busca recoñecer esta tecnoloxía que permite filmar e proxectar películas coa particularidade de que as persoas poden ver as imaxes de maneira tridimensional.", "text": "A procura dun maior realismo na experiencia de ver cinema sempre foi unha constante na sétima arte e non é algo novo. É o caso das tres dimensións (altura, anchura e profundidade) que no cinema ten a súa orixe no ano 1890 aínda que non sería até 1923 que se chegaría a presentar a nivel internacional a primeira longametraxe que non acadou o éxito esperado por non ter superado, aínda, a barreira do branco e negro. Coa chegada dos filtros polarizados todo muda e en 1953 xorde o primeiro grande éxito coa película House of Wax. O desenvolvemento de novas lentes e sistemas a partir dos anos 60 foi perfeccionándose até a chegada nos 80 do sistema IMAX. Algúns éxitos en 3D e a achega galega Co cambio de século a promoción deste tipo de películas aumentou coa apertura de novas salas nos denominados Multicinemas polo que o número de títulos para gozar en tres dimensións tamén aumentou. Entre os máis sinalados, por poñer algúns, están Beowulf (2007), protagonizada por Angelina Jolie; Avatar (2009), que reforzou unha nova imaxe en 3D ou Gravity (2013). A primeira película 3D animada de Europa foi a galega 'O bosque animado' A Galiza tamén se incorporou ao cinema 3D, cunha importante presenza sobre todo no que atinxe á animación. Neste eido sobresaen os Estudos Dygra Films que se sumaron a esta tendencia. Esta compañía realizou a primeira película 3D animada en Europa, O bosque animado (2001), o primeiro anuncio en Dixital 3D estereoscópico na historia da publicidade estatal, (Campaña Movistar 2008-2009) e a primeira película animada en Dixital 3D en todo o Estado español, Noite de paz? (estreada no Nadal do 2010)."}
{"ID": "NOS_54379", "summary": "Compatriotas e correlixionarias, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a chanceler de Alemaña, Angela Merkel, defenden a xestión do Executivo comunitario.", "text": "A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, defendeu a súa xestión na contratación e distribución das vacinas da Covid. Fíxoo onte tras as críticas da OMS, dos 27 e do Reino Unido ante os atrasos anunciados polas farmacéuticas, o lento proceso de inoculación e o anuncio de que, en contra do seu compromiso durante o Brexit de evitar unha fronteira dura, habería controis na fronteira entre Irlanda do Norte ─baixo soberanía británica─ e a República de Irlanda ─país soberano da Unión Europea─. Este último punto, proposto para asegurar que as vacinas non serían transportadas ilegalmente ao Reino Unido desde territorio comunitario ─e que logrou pór en sintonía nas críticas a Londres, Belfast e Dublín─, xa fora aclarado polo portavoz da Comisión Eric Mamer. \"Adóitase dicir que só o papa é infalíbel. O importante é que os erros se recoñezan axiña ─neste caso tan axiña que foi antes de a decisión ser adoptada─ e se corrixan\", dixo, e engadiu que \"son cousas que pasan cando estás a traballar a toda velocidade para resolver unha situación en marcha\". Desde o primeiro momento, a Comisión quixo blindar das críticas a presidenta. Mamer encargouse de desviar a culpa: \"A regulación recae baixo a responsabilidade do señor Dombrovskis e do equipo del\". Valdis Dombrovskis é vicepresidente do Executivo e comisario responsábel de Comercio. En calquera caso, insistiuse en defender a xestión no proceso. Neste mesmo sentido manifestouse Von der Leyen. Primeiro, nunha entrevista publicada en varios periódicos europeos ─Le Monde e The Irish Times, entre outros─. \"É certo que algúns países comezaron a vacinar un pouco antes que Europa. Mais porque usaron procedementos de autorización e de comercialización en 24 horas. E tanto a Comisión como os países da UE estaban de acordo en non ceder coas exixencias de seguridade e de eficacia necesarias para autorizar as vacinas\", explicou. O nerviosismo entre os 27 inflamouse máis nos últimos días ante o rápido proceso de inoculación en Israel ─que conta cun potente sistema público de saúde─ e no Reino Unido ─que habilitou instalacións deportivas e de todo tipo para vacinar sen descanso─. Mais ante as sospeitas de que o motivo do éxito destes dous países era o desvío de vacinas por parte das farmacéuticas, puxo en marcha o plan para controlar as exportacións ─en contra dos postulados sobre libre comercio que Bruxelas defende a ultranza─ e obrigar que as vacinas producidas na UE sexan usadas na UE. Decisión que a OMS cualificou de \"baldía\". A publicación da entrevista múltiple foi seguida dunha xuntanza onte pola tarde ─a porta fechada─ de Von der Leyen cos tres principais grupos da Eurocámara: o Partido Popular Europeo, os Socialistas & Demócratas e os liberais de Renovar Europa. Tamén estaba por confirmar unha xuntanza cos Verdes/ALE. Porén, ante a petición de varios grupos, terá que comparecer publicamente en pleno na sesión da próxima semana se a maioría o aproba. Baluarte Merkel Tamén neste sentido, a presidenta do Goberno alemán, Angela Merkel, os primeiros ministros dos Estados federados e representantes da industria farmacéutica reuníronse para analizar a situación. \"Hai boas razóns polas que estamos a ser máis lentos\", sinalou a chanceler, que defendeu a xestión da Comisión e da súa compatriota e correlixionaria Von der Leyen. Merkel considerou que a cautela seguida pola Axencia Europea do Medicamento serviu para dar confianza entre a poboación sobre a vacina, en detrimento da maior celeridade e menor seguridade británica. Segundo os últimos datos, 2 millóns dos 83 millóns de habitantes de Alemaña, recibiran a primeira dose. No Reino Unido, son xa 9 millóns da poboación de 67 millóns. Licenciada en Físicas pola Universidade Karl Marx de Leipzig, Merkel comparte formación científica con Von der Leyen. Esta advertía na entrevista de onte que \"como médica, o que me preocupa agora son as variantes porque sei que os virus mutan. Por iso creo que se hai que preparar para escenarios que agardemos non cheguen\", mais considera que \"o mundo vai necesitar novas vacinas\". E a primeira auguraba que será preciso inocularse contra a Covid durante \"moitos anos\". A situación é \"similar á vacina da gripe, onde se hai que revacinar contra a nova mutación do virus cada vez\", algo que é anual."}
{"ID": "NOS_8841", "summary": "A sétima edición do Festival Atlántica de narración oral fechou a pasada fin de semana cun récord de asistencia. Segundo as cifras da organización, máis de 8.000 espectadoras asistiron a algunha das 87 funcións, ofrecidas por 30 artistas, ao longo de 12 xornadas por toda Galiza.", "text": "\"Esta edición foi a da consolidación pero tamén a da apertura de novos espazos e propostas e, por tanto, do achegamento de novos públicos\", explica a directora do \"encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica\", Soledad Felloza. O Atlántica é literalmente un festival para todos os públicos, de bebés a persoas maiores, \"con espectáculos de formatos novidosos e en lugares diferentes\". Interiores e exteriores, contadas nos parques rodeados de cans ou en plena rúa \"para agasallar con historias no ouvido aos transeúntes\". Teatros, blbliotecas, bares, centros cívicos, librarías, tabernas, rúas, escolas, parques e cemiterios serviron de escenario. \"A ambiciosa programación desta edición foi posíbel grazas á colaboración das institucións e o apoio público\", sinala Felloza, quen agradece ademais \"a implicación dos locais que colaboraron no encontro e a xenerosidade e entrega dos artistas\". A Cornamusa de Honra do Atlántica 2019 recaeu no grupo de pandeireteiras Leilía -que fai 30 anos-, protagonista da gala inaugural."}
{"ID": "NOS_45859", "summary": "Compostela mullerenaxea as Marías. Debaixo das roupas e da maquillaxe rechamante, as dúas mulleres retratadas na estatua da Alameda da cidade agochan as marcas da represión vivida após o levantamento fascista do 18 de xullo do 36, tal día como hoxe hai 76 anos", "text": "\"Pasaban todos os días polo postiño que tiñamos na praza e a miña nai dicía: Son as dúas, que veñen aí as Marías\". Luz Fandiño, poeta, escritora, feminista e memoria viva, muller ben coñecida e querida en Compostela, coñeceu de primeira man a historia de resistencia de Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño. Cadrando co levantamento militar fascista do 18 de xullo do 36, a libraría feminista Lilith e a cooperativa As Dúas quixeron traer ao presente, recordar --facer pasar, máis unha vez, polo corazón-- as vidas das dúas mulleres retratadas na estatua de cores rechamantes que hai á entrada da Alameda da capital galega. Eran doce @s fill@s do zapateiro da rúa do Espírito Santo, nove homes e tres mulleres. O pai e tres irmáns foron militantes activos da CNT na II República, mais o alzamento veu truncar as súas ansias de liberdade. Un foi paseado. Os outros dous fuxiron e ficaron agochados varios anos, até que deron con eles e os encarceraron. A elas torturáronas. Querían información sobre os irmáns varóns. Sufriron unha violencia que se cebou daquela especialmente coas mulleres: ameazas, persecucións, o aceite de ricino, o pelado da cabeza, o acoso dos falanxistas. Foron privadas de traballar. A xente non lles entraba as portas do taller de costura que rexeitaban ao non querer que @s acusaran de colaboracionistas. \"A través da loucura recuperaron o soño da mocidade\", di o texto ao que deu lectura Fandiño nun acto que xuntou ao redor de 30 persoas. Co vestir e coa maquillaxe desafiaron o gris da ditadura. \"Eran ledas, mais tamén eran rebeldes\", conta Luz, traendo á memoria a anécdota \"dun día que as insultaron diante do noso postiño, chamáronlles putas. E elas responderon deseguidiña! 'Tes envexa de nós porque somos guapas?' Eran mulleres sen pelos na lingua\". E, a pesar diso, os insultos e as pedradas pola rúa eran o pan de cada día para as Fandiño. \"Á terceira, Sara, non a coñecín. Vivía na Coruña\", explica a escritora. Estaban \"escuálidas\" e non tiñan dentes. Semellaban \"saídas dun campo de concentración, mais é que naqueles anos toda Galiza era un campo de concentración!\", sentenza con xenreira a tenra Luz Fandiño. Coas últimas liñas do escrito chegaron os primeiros acordes da guitarra de Uxía e o son da pandeireta de Sonia Lebedinski. Coa súa música mullerenaxearon ás Marías após a ofrenda con flores lilas e vermellas que portaban @s alí presentes. Encarna Otero, quen traballou na recuperación da memoria de Coralia e Maruxa; a parlamentar do BNG Ana Pontón ou o voceiro da formación frontista en Compostela, Rubén Cela, eran algunhas das facianas coñecidas. Para alén de as recordaren, o tecido feminista reclama a colocación dunha placa que que as despoxe dunha vez da etiqueta de tolas e conte a súa historia verdadeira."}
{"ID": "NOS_18091", "summary": "No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado os quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, poderás aprender máis sobre o nome co que deberíamos chamar a noite do 31 de outubro: o comercial Halloween, o celta Samaín, Defuntos ou noite dos mortos? Cóntanolo Uxía Castro. Tamén atoparás una reportaxe de Montse Dopico sobre a posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país, un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega. E Lois Alcayde Dans entrevista o pintor, ilustrador, escultor, cartelista e debuxante Manuel Quintana Martelo.", "text": "Antes de que por influencia estadounidense chegase á nosa sociedade a festa coñecida comercialmente como Halloween, na Galiza xa se celebraba a véspera do primeiro de novembro. Desde os anos 90, grazas ao mestre de Cedeira Rafael Loureiro, colexios, colectivos e asociacións reivindican a nosa tradición baixo o nome celta de Samaín. Mais, que tan galego é ese termo? Certamente, non hai vestixios de que ese nome se usase no país para denominar esta data concreta. A elección da palabra gaélica Samaín foi sen dúbida cun ollo posto na celebración irlandesa, que pon en valor as orixes celtas desta festa. Dun modo ou doutro, todos os países atlánticos e celtas conmemoran neste día o inicio do ciclo da invernía. Os costumes alén do nome Para Rafel Quintía, antropólogo e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), o importante desta noite debería ser \"non perder de vista a relación única e estreita que temos na Galiza coa morte\". Así, indica que máis aló do nome —a estadounidense Halloween, a celta Samaín, ou as formas relixiosas galegas Defuntos e Todos os Santos ou a pagá Noite dos Calacús— o que realmente ten valor desta data é a lembranza dos antepasados\". Que, \"por desgraza, está a perderse\", lamenta. Aclara Quintía que \"non quere dicir que ti non te poidas lembrar dos teus todo o ano, pero as culturas necesitan ritos\", co fin de crearen unha identidade colectiva. \"O feito de que un día ao ano ou dous exteriorices e ritualices a lembranza dos antepasados, visibiliza esa relación cotiá que hai na Galiza coa morte\", explica. \"Non é unha noite para disfrazarse, nin unha noite de terror\", insiste o antropólogo, \"é unha noite para lembrar e ter presente a quen está do outro lado, e que segue a ter vínculos connosco, pois na nosa cultura a morte non rompe ese lazo\". Conta o tamén antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro que antigamente as historias de aparecidos e defuntos tiñan unha dobre función: por un lado, amosarnos que existe vida alén da morte, e, igualmente, unha función pedagóxica: \"mostrarnos que premios e que castigos recibe a xente no outro mundo, segundo o comportamento que tivo neste\". A Santa Compaña e o Purgatorio Así, e malia que a figura do defunto é, no caso galego, próxima a quen visita —normalmente trátase de familia ou amizades— non sempre teñen por que ser imaxes inofensivas. \"Temos mortos ou defuntos de todas as categorías porque están reflectindo condutas terrenais e a respectiva penitencia ou recompensa na vida despois da morte\", esclarece Mariño Ferro. \"A Santa Compaña, en realidade, non é máis que o Purgatorio, tal e como o entendía a nosa tradición\", engade. \"Na tradición europea\", desenvolve Xosé Ramón Mariño Ferro, \"o concepto do Purgatorio aparece no século XII mediante dúas imaxes: un lugar parecido ao inferno, onde son queimadas as almas, que se purifican temporalmente a través do lume, e unha penitencia, camiñando por este mundo, como cando fas peregrinación a un lugar sagrado\". Continúa o doutor en Antropoloxía, puntualizando que \"exactamente iso é a Santa Compaña, pero despois de morto\". Quen non se purificou neste mundo ha de purgar os seus pecados no outro. \"O exemplo máis claro é ir a Santo Andrés de Teixido, ou o propio Camiño de Santiago\", di Mariño Ferro, para agregar, \"esta crenza existe en moitos outros puntos do Estado español, así como en Italia ou no norte de Portugal, desde onde aínda peregrinan a Compostela para limparse de impurezas\". Lembra que podes ler todos estes contidos no Sermos Galiza que acompaña todos sábados Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques, na tenda ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón."}
{"ID": "QUEPASA_717", "summary": "As mulleres da Costa da Morte únense para organizar conxuntamente as mobilizacións do 8M.", "text": "Xa o deixaron claro. \"Non gardamos minutos de silencio\", e \"Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso\". Así, a pasada noite de lunx 10 de febreiro, os colectivos feministas da Costa da Morte volveron saír á rúa para amosar a súa repulsa ante os dous novos asasinatos machistas acontecidos esta fin de semana, nos que perderon a vida Clara María Expósito en Lugo e a Ana en Granada. A Asociación Sonlilá en Carnota, o Concello en Carballo, a organización Buserana en Cee e as Curandeiras en Vimianzo convocaron sendas concentracións ruidosas, para denunciar que xa van \"nove mulleres e unha nena en pouco máis dun mes. É tanta a dor e a raiba que costa expresalas\", pero onte demostrárono con varios minutos de ruídos e aplausos. Concentración en Carballo Concentración en Cee Concentración en Carnota Concentración en Vimianzo"}
{"ID": "PRAZA_18072", "summary": "O organismo dependente da Xunta declara a Explotaciones Gallegas \"responsable\" dun \"vertido non autorizado de lixiviados\" aos ríos Burgo e Brandelos. A asociación Aldea Viva considera esta sanción outro \"revés\" na pretensión da compañía de reiniciar a extracción de cobre.", "text": "Augas de Galicia sancionou con 30.000 euros de multa a Explotaciones Gallegas, empresa mineira de Touro, logo dunha \"vertedura non autorizada de lixiviados\" aos ríos Burgo e Brandelos, ambos os dous afluentes do Ulla. Foi a asociación Aldea Viva quen desvelou a resolución do organismo dependente da Xunta e na que se declara \"responsable\" a esta compañía por unha infracción \"leve\". Augas de Galicia declara a Explotaciones Gallegas \"responsable\" dunha \"vertedura non autorizada de lixiviados\" aos ríos Burgo e Brandelos Augas de Galicia advertiu xa hai tempo de que Explotaciones Gallegas, propietaria dos terreos mineiros da zona, \"depositaba toneladas de residuos contaminantes que chegaban aos cursos fluviais\", usando así a mina \"como un macrovertedeiro, co risco que iso supón para o medioambiente e a saúde pública\". \"Augas de Galicia deixa claro que a escusa da recuperación paisaxística que alega a empresa non lle permite realizar verteduras contaminantes ao dominio público\", di sobre o expediente a asociación Aldea Viva, que di \"botar en falta\" medidas \"para evitar novas verteduras\". Segundo denuncian, e malia que se están a demostrar \"os repetidos episodios de contaminación que está a provocar esta compañía\", os responsables dela \"optan por tirar balóns fóra\". Aldea Viva advirte que a mineira de Touro usa a mina \"como un macrovertedeiro, co risco que iso supón para o medioambiente e a saúde pública\" Foi a mesma Augas de Galicia a que certificou tamén hai varios meses que todos os ríos na contorna da mina de Touro están xa contaminados, baseándose nos datos das analíticas realizadas en todos os puntos de control da contorna dunha explotación mineira que agora quere reabrir Cobre San Rafael, participada pola multinacional Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, malia o forte rexeitamento social. Para Aldea Viva, esta sanción supón outro \"revés ao proxecto de reapertura da mina\". \"Os vertidos ao dominio público hidráulico son un dos principais riscos do proxecto de reapertura da mina, con danos causados que xa se padeceron no anterior período de explotación entre os anos 1973 e 1986, e dende o peche a actividade até a actualidade\", explica a entidae, que cre que a presente resolución \"desenmascara en parte as xa cuestionadas actuacións nestes terreos durante os últimos trinta anos por parte da mineira\". \"A resolución é un revés á mineira na súa pretensión de reiniciar a extracción de cobre\" \"A resolución é un revés á mineira na súa pretensión de reiniciar a extracción de cobre, que leva meses afanada en campañas de márketing e lavado de imaxe\", conclúe. A promotora da mina de Touro, pola súa banda, atribuíu a vertedura ao \"escorregamento dunha ladeira\" por mor das \"fortes chuvias\"."}
{"ID": "NOS_44801", "summary": "Co espectáculo de rúa \"Percebes de Ortegal\", de Barafunda Animación arrinca hoxe a cuadraxésimo primeira edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño, a decana do país. O acto de inauguración terá lugar ás 21.00 horas na praza do Concello e, no decorrer da mesma, faráselle entrega a Pablo Méndez do premio do público da edición anterior. O actor volverá pór en escena o espectáculo \"Quimera\".", "text": "A XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño estenderase até o vindeiro xoves, ratificando, máis unha vez, a importancia que para a difusión e socialización das artes escénicas do país ten este evento no que o Concello, canda outras administracións e organismo, vén apostando desde finais da década dos 70. A edición deste ano, como vén sendo habitual, combina as representacións no espazo público coas que se desenvolverán no Auditorio municipal. Estas últimas teñen un prezo de cinco euros por función e, no caso das que están pensadas para o público infantil, dun euro. Após a xornada inaugural, mañá sábado é a quenda de Ghazafelhos, que representará na Porta da Pulida a partir das 12.00 horas, a súa obra \"A illa sen tesouro\",dixirida por Pepablo Patinho. De volta á praza do Concello, o \"Campín\", no serán, ás oito e media, sairán a escena Vol´E Temps, que presentarán \"DistanS\", un espectáculo a medio camiño entre o teatro e o circo polo que foi recoñecido nos Premios Fetén deste ano e tamén no Lorca Espectáculo de Circo. Coa xornada do domingo saltarán á palestra os membros de N+1 e o seu \"Circanelo\", desta volta na praza do Mercado. Será ás doce do mediodía. O teatro terá unha paréntese antes do xanar, ás 13.15 horas, co rock e o soul de Broken Peach na praza do Concello. A terceira xornada da Mostra péchase con dúas propostas máis. Ás oito e media da tarde na Praza Roxa co \"Vaia circo\" de Kanbahiota, que hai cinco anos recibira o galardón nos certames Festiclown de San Fernando e no Guay de Guadalajara; e xa no Auditorio ás 22.15 horas, coa creación de Malasombra Producións \"Bernarda (Vilalba, 1975). A actividade proseguerá toda a semana até o xoves."}
{"ID": "NOS_3102", "summary": "Seis xornadas de paro. A Xunta desbota a contraoferta sindical.", "text": "Seis xornadas de greve na administración de xustiza de Galiza: o seguimento do paro mantense alto (90%) e xa se tiveron que suspender máis de 2.000 xuízos. Os traballadores e traballadoras da administración de xustiza de Galiza - por volta de 2.500 – continúan firmes na loita por acabar coa súa discriminación a respecto dos outros territorios do Estado español. O persoal de xustiza manifestarase esta quinta feria, día 15, para esixir a fin das discriminacións laborais. Aínda que a Xunta se comprometeu a convocar unha nova reunión no prazo desta mesma semana para seguir negociando, até o momento, explica o secretario do sector de Xustiza da CIG, Xesús H. Sánchez, non hai unha data fixada. En todo caso, apuntou, a participación masiva na greve e nas asembleas informativas demostra que o persoal está disposto a continuar adiante co paro indefinido, \"porque non podemos consentir que esta sexa a última proposta que nos fan. E se temos que seguir coa folga, seguiremos até onde sexa necesario\". Horas e lugares das manifestacións. • Vigo: 12:00 horas, dende a rúa Lepanto até a Xunta de Galiza . • A Coruña: 12:00 horas, dende os xulgados (rúa Monforte) até a Xunta (Monelos).• Compostela: 12:00 horas, dende os xulgados (rúa Viena) até a EGAP.• Ferrol: 12:00 horas, dende os xulgados até a Delegación da Xunta (pasando pola rúa Coruña, rúa Real e Praza de España).• Pontevedra: 12:00 horas, dende os Xulgados na Parda até a Xunta.• Ourense: 12:00 horas, dende os xulgados (rúa Velázquez) até a Delegación da Xunta.• Lugo: 12:00 horas, dende os xulgados até o edificio administrativo da Xunta."}
{"ID": "PRAZA_13167", "summary": "O Pew Research Center publica un estudo, realizado en oito países da Unión Europa, que analiza a evolución das actitudes dos seus habitantes cara ao sistema económico ou o proceso de construción política europea. España sitúase nun niveis de pesimismo, euroescepticismo e desconfianza do libre mercado só superados por Grecia.", "text": "O Pew Research Center publica un estudo, realizado en oito países da Unión Europa, que analiza a evolución das actitudes dos seus habitantes cara ao sistema económico ou o proceso de construción política europea. España sitúase nun niveis de pesimismo, euroescepticismo e desconfianza do libre mercado só superados por Grecia. O estudo salienta, a nivel xeral, que en Europa \"o que comezou hai catro anos como unha crise da débeda soberana, tornou nunha crise do euro, levou á caída de varios gobernos, e agora converteuse nunha crise da confianza da cidadanía: na economía, no futuro, nos beneficios da integración económica europea, na pertenza á UE e no sistema de libre mercado\". A investigación centrouse en oito países: Gran Bretaña, Alemaña, Francia, España, Italia, Grecia, Polonia e a República Checa e valorou a evolución seguida nos últimos cinco anos. Os alemáns son os únicos satisfeitos coa situación actual do seu país (53%, fronte a un 45% de insatisfeitos), unhas porcentaxes que no resto dos territorios descende dende o trinta por cento de satisfeitos en Polonia, Gran Bretaña ou Francia até o 11% de Italia e o 10% de España ou o 2% en Grecia. España pasou de ter, nos estudos do Pew Center, un 50% de cidadáns satisfeitos entre 2005 e 2008 (era o país máis satisfeito dos estudados) a descender corenta puntos en catro anos. Preguntados especificamente pola situación económica, de novo son os alemáns os únicos que afirman que é boa (73%), fronte ao 19% de Francia, o 6% de España e o 2% de Grecia. Os españois son os que en maior medida culpan da crise económica aos bancos e ás institucións financeiras (78%), moi por riba do goberno español (59%), á UE (19%) ou aos propios cidadáns (26%) Os españois son os que en maior medida culpan da crise económica aos bancos e ás institucións financeiras (78%), moi por riba do goberno español (59%), á UE (19%) ou aos propios cidadáns (26%). Noutros países, como Chequia, Polonia, Grecia ou Italia, os principais culpables son os seus respectivos gobernos nacionais, segundo os entrevistados. Británicos e alemáns son os máis optimistas sobre a evolución da crise nos vindeiros meses, e ao redor de un de cada tres opinan que a situación \"mellorará\", unha proporción semellante aos que opinan que a cousa \"empeorará\". En España, Francia ou Italia a porcentaxe de optimistas sitúase entre o 20 e o 25 por cento (fronte a un 40-50% de persoas que pensan que a crise aínda irá a peor). En España (52%) e Grecia (50%), xa son maioría os que desconfían do sistema capitalista. Nos dous últimos anos o apoio ao sistema de libre mercado descendeu vinte puntos en España, converténdose no país no que caeu con máis forza Esta situación leva a que a confianza no capitalismo e no sistema de libre mercado descenda drasticamente en case todos os paises. Alemáns (69%), británicos (61%) ou franceses (58%) seguen tendo unha gran confianza no sistema, pero en España (52%) e Grecia (50%), xa son maioría os que desconfían do sistema capitalista. Nos dous últimos anos, o apoio ao sistema de libre mercado descendeu vinte puntos en España (do 67% ao 47%), converténdose no país no que caeu con máis forza. A valoración sobre a Unión Europea e a pertenza de cada país a unha estrutura política común segue sendo positiva (ao redor do 60% de apoios en termos xerais), pero en España descendeu do 77% ao 60% nos últimos dous anos, pasando de ser o país máis europeísta dos oito a converterse nun dos máis euroescépticos, só superado por Gran Bretaña e Grecia, e no mesmo nivel que a República Checa. Os españois condenan o Banco Central Europeo (65% de opinións negativas fronte a un 25% de positivas) e mesmo o euro (o 41% cre que é negativo que España empregue a moeda única, fronte a un 37% que pensa que é positivo). Porén, de igual xeito, só o 36% apostaría por volver á peseta, mentres que o resto defende que se manteña o euro. Españois (43%) e checos (45%) son os máis críticos coas políticas de austeridade, mentres que polacos e alemáns piden máis recortes. O apoio á UE descendeu en España do 77% ao 60% nos últimos dous anos, pasando de ser o país máis europeísta dos oito a converterse nun dos máis euroescépticos O estudo amosa, ademais, que os alemáns son vistos, de forma unánime, coma os cidadáns máis traballadores, mentres que os italianos son considerados polos habitantes de todos os países (comezando por eles mesmos) coma os máis corruptos, seguidos dos españois."}
{"ID": "PRAZA_4475", "summary": "Valores Éticos, que será avalaiable, carga contra a obxección de conciencia e menciona o tratamento dos \"problemas\" morais e éticos de avances científicos e tecnolóxicos como o uso de células nai.", "text": "Rematou o prazo legal para facer recomendacións e comentarios aos contidos das materias que chegarán ás aulas coa Lomce. E entre todas as novidades que expón o currículo, a principal é a incorporación de Valores Éticos, a alternativa a Relixión. Esta materia está chamada dalgún xeito a rescatar parte do temario de Educación para a Cidadanía, eliminada polo Goberno do PP por considerala \"un adoutrinamento absurdo e inútil\", segundo palabras do propio Mariano Rajoy. Pero as críticas aumentan contra o borrador do programa precisamente pola mesma razón. Valores Éticos formará os alumnos \"no concepto constitucional de nación española\", destacaron os xornais conservadores ao pouco de coñecerse o texto. Outros titulares celebraron: \"O dereito á vida estudarase en Valores Éticos\". \"Queixábanse de que Educación para a Cidadanía adoutrinaba e expoñen unha alternativa de adoutrinamento pura e dura, na que desde o Ministerio establécese que valores hai que aprender e como facelo\", queixouse xa a Confederación de anpas estatal (Ceapa). O borrador do programa de Valores Éticos pon a desobediencia civil como exemplo de incumprimento de deberes Os obxectivos curriculares marcan certas pautas que non convencen os profesores, sindicatos ou os representantes dos pais. Por exemplo, en canto aos dereitos cidadáns e a certas formas de protesta como a desobediencia civil ou a obxección de conciencia, que se expoñen como exemplos de incumprimento de deberes. Comprende a importancia que ten, para a democracia e a xustiza, que os cidadáns coñezan e cumpran cos seus deberes [...], o acatamento das leis e das sentenzas dos tribunais de xustiza así como o pago dos impostos establecidos, entre outros. Debate acerca da solución de problemas nos que hai un conflito entre os valores e principios morais do individuo e os da orde civil, expondo solucións razoadas e fundamentadas nos valores éticos, resaltando os casos de desobediencia civil e obxección de conciencia, xa que estes implican a desobediencia ás leis do Estado ás que están sometidos todos os cidadáns. \"O que expoñen non ten nada que ver coa educación ética nin cívica, senón que é a forma na que o Goberno trata de impor as súas conviccións ideolóxicas\", asegurou dixo xa a Federación de Ensino de CCOO logo de analizar o borrador. Máis aló da estrutura da Estrutura do Estado e os principios constitucionais, un dos obxectivos pedagóxicos é que os alumnos saiban valorar o papel que xogan as Forzas Armadas \"a favor da seguridade e a paz\". Describe e estima a importancia da misión das forzas armadas, (no art. 15 da lei de Defensa Nacional), acerca da seguridade e defensa de España e a súa contribución en situacións de emerxencia e axuda humanitaria, tanto nacionais como internacionais. (Valores Éticos. 4º ESO) Os dereitos humanos e as células nai O programa esténdese sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a súa aplicación práctica, o respecto que se fai deles e as limitacións dos Estados supeditados a este ben universal. O despregamento sobre os dereitos cidadáns é notablemente menor. Curiosamente, temas que están no centro do debate político coa crise trátanse de maneira xenérica. Sinala algunhas das deficiencias existentes no exercicio dos dereitos económicos e sociais tales como a pobreza, a falta de acceso á educación, á saúde, ao emprego, á vivenda, etcétera. O da información é outro tema que aborda o texto dunha maneira que xerou críticas. \"A materia tende a expor os asuntos como problemas. E os medios de comunicación non son bos nin malos. A información non é mala en si mesma. O problema pode estar en como a traslademos. E se partimos dun discurso no que damos a entender que todo está manipulado o que facemos é trasladar aos mozos un prexuízo ideolóxico\". Tamén deberán reflexionar sobre o \"impacto que teñen os medios de comunicación actuais na vida moral das persoas e da sociedade\". Valora a necesidade dunha regulación ética e xurídica dos medios de comunicación. Moito máis controvertida é a forma de abordar os valores éticos no campo da ciencia e a tecnoloxía. O texto expón claramente algúns avances como \"problemas\". Por exemplo, o uso de células nai ou a clonación. Tamén se refire á eutanasia e euxenesia como \"perigos\". O texto expón claramente algúns avances científicos e tecnolóxicos como \"problemas\" ... estimar a viabilidade de proxectos científicos e tecnolóxicos, considerando a idoneidade ética dos obxectivos que pretenden e a avaliación dos riscos e consecuencias persoais, sociais e ambientais que a súa aplicación poida ter. Analiza información seleccionada de diversas fontes, co fin de coñecer en que consisten algúns dos avances en medicamento e biotecnoloxía, que expoñen dilemas morais, tales como: a utilización de células nai, a clonación, a eutanasia e a euxenesia, entre outros, sinalando algúns perigos que estes encerran se se prescinde do respecto aos valores éticos. (Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía. 1º ciclo ESO) A substitución de Educación para a Cidadanía Unha das promesas electorais de Mariano Rajoy que o ministro José Ignacio Wert fixo realidade é a da eliminación de Educación para a Cidadanía, creada polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. O PP opúxose a ela desde o principio pola súa \"alta carga ideolóxica\" e mesmo apoiou os pais que declararon aos seus fillos obxectores e non os enviaban a clase. Unha obxección de conciencia que agora rexeitan no texto da materia que a substituirá. O ditame do Consello de Estado sobre a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa xa advertía ao Goberno que Cidadanía non debía eliminarse do currículo básico, porque ía na liña dos contidos que marcaba Europa. O Ministerio de Educación agradeceu o consello e respondeu que moitos deses contidos ían ser \"transversais\" en todas as materias e que outros estarían incluídos nos novas Valores Sociais e Cívicos (en Primaria) e Valores Éticos (en Secundaria). Pero non todos están de acordo en que isto ocorrese.\"En Cidadanía abordábanse moitas cuestións que son parte da sociedade, da realidade na que vivimos e promovíase unha visión aberta e crítica para que os estudantes analizasen e opinasen. Nesta materia non hai nada de pensamento crítico\", resume a Ceapa. De feito, a configuración do programa é moito máis filosófica. Probablemente para dar saída ao profesorado ao que lle quitaron carga horaria coa redución de horas de filosofía, apuntan os sindicatos. \"O que se propoñen son reflexións do pasado, dunha sociedade que non se parece nada á actual\", reflexionan os representantes dos pais. Valores Éticos é a alternativa a Relixión, sobe de categoría e convértese en materia avaliable Valores Éticos é, ademais, a alternativa a Relixión, que coa Lomce sobe de categoría e convértese nunha materia avaliable, unha histórica reivindicación da Conferencia Espiscopal Española (CEE). Precisamente estes días o portavoz da CEE, José María Gil Tamayo, aseguraba que hai que traballar para que a educación \"non sexa un mercadeo de ideoloxías\" e a cuestión relixiosa \"non sexa a materia pendente dependendo das alternancias políticas\". Os obxectivos da materia de Relixión non figuran no borrador do decreto porque aínda que os profesores cobran de fondos públicos (uns 500 millóns de euros ao ano), a súa selección e o propio currículo dependen da autoridade relixiosa competente. No caso da relixión católica, a CEE. O programa da materia que está en vigor é de 2007. A Ceapa forma parte do Consello Escolar do Estado, o órgano oficial de participación da comunidade educativa que analizará e ditaminará sobre este borrador de currículo. Non ten moitas esperanzas de que as achegas individuais (que podían facerse a través da web até o venres pasadao) ou as que fagan asociacións e sindicatos vaian reflectirse finalmente no texto. \"O Ministerio xa enviou os currículos ás editoriais para empezar a traballar, o cal xa dá a mostra do espírito de consenso do Goberno\", conclúe."}
{"ID": "NOS_28302", "summary": "A CRTVG recibe numerosas críticas a través de redes sociais como Twitter após facer unha promoción dun programa errando no uso da lingua do país. Unha usuaria recorda que o papel desta canle é a \"difusión e impulso\" do galego. Non é a primeira ocasión na que a radio ou a televisión galegas aparecen no medio do debate lingüístico.", "text": "Un novo erro da CRTVG co uso normativo do galego vén de provocar múltiples críticas á corporación pública nas redes sociais. Unha usuaria de Twitter foi a que atopou a equivocación nunha promoción dun programa na que, sobre unha imaxe, aparece a frase \"O contamos todo\". Malia que a persoa que escribe a mensaxe non aclara o problema, deixa ver claramente que está a sinalar que a frase debería ser \"Contámolo todo\". De feito, solicita á Televisión da Galiza (TVG) que \"corrixa de inmediato\" a publicidade, distribuída tamén a través das redes, porque o \"desleixo\" pola lingua propia faina morrer \"de vergoña\". De feito, a tuiteira vai máis aló ao reparar nos artigos da Lei 9/1984 de Creación da CRTVG. Segundo engade para a lectura das súas seguidoras e seguidores nesta plataforma, a norma engade: \"Atribúeselle á CRTVG a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega\". É dicir, contrapón a imaxe co artigo, provocando numerosas reaccións da comunidade de usuarias de Twitter. No momento de escribir esta nova, o escrito levaba máis de 110 rechouchíos e a xente etiquetaba á Mesa pola Normalización Lingüística. \"Non chego a entender porque non teñen a alguén que se fixe niso\", reflexionaba un galego. \"Non se coida o que non se respecta\", opinaba outro cidadán do país con presencia nas redes. Igualmente, sucedéronse as emoticonas de enfado. Após as críticas recibidas, o medio público cambiou a mensaxe, algo ao que tamén aludiu a persoa que descubriu o erro: \"Esperemos que se preste máis atención para a próxima e non se repita algo así\"."}
{"ID": "NOS_1661", "summary": "Admite que manterá tal e como están algunhas medidas do proxecto aprobado polo executivo popular en febreiro de 2012.", "text": "Prometeuno até en sete ocasións, mais finalmente o PSOE recoñece que non derrogará na súa totalidade a reforma laboral vixente desde febreiro de 2012, aprobada polo goberno de Mariano Rajoy e cunha forte contestación social. @s socialistas admiten que non tocarán aspectos da reforma como os referidos ás indemnizacións por despedimento, que se manterán como están. A secretaria de Emprego do PSOE, Luz Rodríguez, dixo que os socialistas de gobernar van derrogar aspectos da reforma como a contratación ou o modelo de negociación colectiva. Mais nese pacote non se inclúen cambios na indemnización por despedimento. Rodríguez explicou que o despedimento ficará tal e como está agora na lexislación. Iso si, dixo que de chegar o PSOE ao poder abrirían negociaciacións cos axentes sociais sobre esta cuestión."}
{"ID": "NOS_1350", "summary": "A IV edición destas olimpiadas ''dos movementos sociais'' deslócase nesta ocasión á aldea de Canosa (O Rosal), onde decorrerán as OPG o 13 e 14 e setembro.", "text": "As Olimpiadas Populares Galegas (OPG) volven un ano máis e xa son catro as edicións atinxidas por un evento que salta o estritamente deportivo para sumar tamén convivio, reivindicación. Desta volta, as OPG agroman na aldea de Canosa (O Rosal) e virán con novidades a respeito de anos anteriores. Desde novas disciplinas (por exemplo, xogo de pau ou chave) até unhas mini-olimpiadas para crianzas. Na anterior edición participaron por volta de 20 equipos e 200 atletas O 'Comité olímpico' está constituído por activistas de diferentes centros sociais do sur de Galiza, que asumen o traballo e responsabilidade de facer do evento un encontro do asociacionismo alternativo galego. Nas edicións anteriores tomaron parte na OPG por volta de 20 equipas e 200 participantes. Como indican desde a propia organización no seu blog, \"animamos-vos a todas as organizaçons, coletivos, centros sociais, movimentos… a que formedes umha equipa e venhades ao Baixo Minho a esta jornada de convívio entre todos aqueles e aquelas que apostamos num lezer nom-consumista, saudável, ligado à Terra e com espírito de irmandade\". O prazo para se inscribir finaliza o 31 de agosto. Há un bo feixe de 'disciplinas' para escoller. Desde triatlón, billarda ou lanzamento de sacho até tiro de corda, xogo do pano, relevos 4x100, entre moitas outras. Desde as OPG xa espallan polo País a palabra de orde: \"A treinar toda a malta, que chegam as OPG!\"."}
{"ID": "PRAZA_10339", "summary": "En 2015 a feira pasou de 4 a 3 touradas e este ano volve perder unha xornada. Touradas fóra de Pontevedra ve neste novo recorte un indicio da crise da tauromaquia na cidade, que ven \"camiño da súa desaparición\"", "text": "A empresa dos irmáns Lozano, propietaria da praza de touros de Pontevedra e organizadora da feira taurina, confirmou hai uns días que a cidade volverá acoller touradas este verán. Porén, a feira quedará reducida a dous días (na fin de semana do 10 e 11 de agosto), fronte ás tres touradas que incluíu o ano pasado e os catro días que chegou a durar entre os anos 2002 e 2014. No 2015 a feira foi reducida a tres espectáculos e agora sofre un novo recorte, regresando á confuguración que era habitual nos ano 80 e 90.A plataforma 'Touradas fóra de Pontevedra' ve neste novo recorte un novo indicio da crise da tauromaquia na cidade, que ven \"camiño da súa desaparición\"Nos últimos anos a feira taurina vira caer a venda de entradas, a pesar de concentrar as touradas en tres días en lugar de en catro. A plataforma 'Touradas fóra de Pontevedra' ve neste novo recorte un novo indicio da crise da tauromaquia na cidade, que ven \"camiño da súa desaparición\". A entidade critica a organización da feira, pero celebra a súa redución a unha soa fin de semana.\"As touradas son un festexo alleo á cultura do noso país que ademáis conta cunha oposición maioritaria polo seu carácter violento e maltratador. Durante moitos anos foron mantidas económica e socialmente por sectores políticos e empresariais, situación que se foi reducindo grazas á presión social\", sinala o colectivo. A plataforma sinala que na actualidade \"o movemento abolicionista medra mentres que o mundo taurino esmorece, afogado polo nulo apoio social mais sostido artificialmente pola Xunta de Galicia a cal fai das touradas unha excepción na Lei de Protección Animal, permitindo a súa celebración na nosa cidade\". \"Esperamos que dentro de pouco xa non se teña que falar de Pontevedra pola feira taurina\", dicía o ano pasado Victoria Estévez, unha das voceiras do movementoA entidade enumera os avances dos últimos anos, tanto os realizados polo Concello de Pontevedra en 1999, que rematou con algúns dos provilexios dos que gozaban estes empresarios (subvencións directas, compra de entradas, publicidade institucional....) coma os executados pola Deputación de Pontevedra en 2015, cando declarou a provincia \"libre de touradas\" e eliminou toda axuda pública a estes espectáculos de maltrato animal. De igual xeito, volve reclamar que o Goberno municipal da cidade elimine a derradeira axuda que aínda mantén aos organizadores da feira: o pagamento de 35.000 euros polo alugueiro da praza de touros para o seu uso na feira franca.'Touradas fóra de Pontevedra', que critica a \"mala imaxe\" que a feira taurina dá de toda a cidade, anunciará nas vindeiras semanas as mobilizacións que levará a cabo ao longo do verán para protestar contra as touradas e que incluirán unha manifestación, ao igual que nos últimos anos.\"A mentira mil veces repetida de que Pontevedra é unha cidade taurina non se sostén nin polo número de festexos que se realizan ao ano nin polo número de supostos afeccionados\"Tamén 'Galicia mellor sen touradas' reaccionou ao anuncio do recorte na feira taurina de Pontevedra, destacando que \"a miniferia confirma el derrumbe taurino de Pontevedra\", sinalando que \"o retroceso que experimentan as corridas de touros en Pontevedra é evidente\". A plataforma conclúe que \"a mentira mil veces repetida de que Pontevedra é unha cidade taurina non se sostén nin polo número de festexos que se realizan ao ano nin polo número de supostos afeccionados, cunha praza que é incapaz de experimentar un só cheo nos últimos anos e cun movemento cidadán crecente a favor da fin da tauromaquia local\".A Asociación Animalista Libera, a Fundación Franz Weber e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas reclamaron este domingo a adopción de medidas lexislativas para erradicar a tauromaquia de Galicia a partir do ano 2020. As tres entidades lembran o moi escaso da poboación a estes espectáculos e subliñan que só o 0,3% dos galegos e galegas asisten a estos eventos."}
{"ID": "NOS_28531", "summary": "Desde a plataforma REDE denuncian a falta dun servizo de enfermaría 24 horas ou a ausencia dunha zona de illamento para posíbeis casos da Covid-19.", "text": "Celanova tivo que facer fronte a un gromo da Covid-19 na primeira vaga da pandemia na Galiza que afectou a case todo o cadro de persoal e aos usuarios e usuarias. A Xunta decidiu trasladar unha parte ao centro integrado de Baños de Molgas. As familias comezaron a mobilizarse e a demandar mudanzas na xestión, que repetiron onte nun comunicado. Hai mes e medio, o padroado do centro aceptou incorporar familias ao consello reitor. Desde REDE, a asociación galega de familias de usuarias e usuarios de residencias solicitan unha reunión co propio padroado para advertir dunha serie de eivas. Entre outras cuestións, resaltan que o centro continúa sen un servizo de enfermaría as 24 horas. REDE ofrécese, a maiores, de intermediaria entre os grupos municipais e o padroado para que a subvención comprometida polos primeiros \"se faga efectiva canto antes\". As forzas políticas con representación en Celanova acordaron en setembro achegar unha axuda de 72.000 euros, á vez que solicitaron que a Administración local contase con representación no padroado. Alén da falta de persoal de enfermaría, desde REDE sinalan a ausencia dunha zona de illamento para posíbeis casos dubidosos de infección pola Covid-19 ou material de osíxeno en mal estado. Tamén timbres arrancados da parede e suxeitos fóra do alcance de residentes dependentes que pasan moitas horas en soidade ou, nalgúns casos, sen posibilidade de beber auga. A plataforma lamenta a falta dun programa de videochamadas ou a ausencia dunha canle estábel de información da residencia ás familias. \"Nos próximos días, REDE enviará unha carta ao Padroado da Residencia San Carlos para manter unha reunión\", avanza."}
{"ID": "NOS_46211", "summary": "Odete Costa Semedo, na categoría de Literatura en lingua portuguesa; José Mª Merino, na de Literatura en lingua castelá; Josep Mª Miró i Coromina , na de Literatura en lingua catalá; e Leire Bilbao, na de Literatura en euskera, foron as persoas galardoadas.", "text": "O xurado da XIV edición dos Premios \"Rosalía de Castro\" do Centro PEN Galiza, integrado por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xabier Castro Martínez, Xosé Ramón Pena, Kathleen March, Luis Menéndez, Manuel Guede e Pablo Rubén Eiré, outorgou, no día de onte, en Santiago de Compostela, os galardóns correspondentes ao 2022, que recaeron en: Odete Costa Semedo (Literatura en lingua portuguesa) Poetisa, escritora, política e investigadora de Guinea Bisáu. Licenciada en Linguas e Literatura Modernas na Universidade de Lisboa, foi presidenta da Comisión Nacional pola UNESCO – Bissau. Foi Ministra de Educación e de Saúde e actualmente é investigadora no Instituto Nacional de Estudos e Pesquisas. Odete Semedo. A discreta voz criadora da mulher José Mª Merino (Literatura en lingua castelá) Narrador, poeta, ensaísta e Académico da Real Academia Española. Pese aos seu comezos poéticos, Merino cultivou principalmente a prosa: libros e artigos de viaxes, ensaios literarios, crítica, novelas, novelas xuvenís e contos. É conferenciante e narrador oral que, xunto con Luis Mateo Díez e Juan Pedro Aparicio recuperou o vello costume leonés do \"filandón\". Josep Mª Miró i Coromina (Literatura en lingua catalá) É un autor e director catalán, coñecido, entre outras obras, polos seus textos El principi d'Arquímedes, Nerium Park, Gang Bang ou El cos més bonic que s'haurà trobat mai en aquest lloc. Escribe as súas obras en catalá. Comezou escribir teatro en 2005. Os seus textos téñense traducido a máis dunha veintena de idiomas e, aparte de no estado español, téñense feito producións e lecturas en numerosos países arredor do mundo. Leire Bilbao (Literatura en euskera) Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Deusto, ten colaborado nalgúns medios de comunicación, como Radio Euskadi, Deia e Berria. Na súa xuventude estivo vinculada ao mundo do versolarismo. Como escritora, desenvolve a súa obra sobre todo arredor da poesía e a literatura infantil e xuvenil. Ao longo da súa carreira ten sido galardoada con distintos premios. Varias das súas obras teñen sido traducidas ao catalá, ao español e ao galego. No ano 1996, o Centro PEN Galicia, presidido daquela polo escritor Carlos Casares, instituiu os Premios \"Rosalía de Castro\", destinados a galardoar a traxectoria literaria de catro autores ou autoras relevantes en lingua portuguesa, castelá, catalá e basca. A finalidade destes premios é distinguir desde a literatura galega, aos outros sistemas literarios da Península Ibérica (para as linguas castelá e portuguesa, extensivos a Iberoamérica e África). De carácter bianual, estes premios levan o nome de Rosalía de Castro, a escritora galega máis emblemática. O acto literario de entrega dos premios terá lugar na segunda quincena de xaneiro e asistirán os homenaxeados e homenaxeadas así como os da anterior edición (Antonio Requeni, Lidia Jorge, Marta Pessarradona e Unai Elorriaga) que, por mor da pandemia, non puideron desprazarse á Galiza. O PEN Clube premia Marina Mayoral \"pola súa defensa das mulleres escritoras\""}
{"ID": "NOS_11767", "summary": "Os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo o seu labor asistencial.", "text": "As reservas do grupo sanguíneo Cero positivo (0+) e do A negativo (A-) encóntranse baixas na Galiza, mentres que as de Cero negativo (0-) e A positivo (A+) permanecen en niveis normais. Son precisas entre 400 e 500 doazóns ao día Por iso, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), segundo sinalou nun comunicado, chama á participación da cidadanía para doar sangue xa que, lembra, os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo o seu labor asistencial. Chaman a doar os galegos e galegas dos grupos sanguíneos 0-, 0+ e A+ Para facilitar a doazón, unidades móbiles de ADOS visitarán diversos concellos galegos nos próximos días para conseguir as doazóns necesarias para os centros sanitarios da Galiza. Onde se poderá doar En concreto, a segunda feira, 20 de xuño, acudirán unidades móbiles ás localidades de Ortigueira (diante do novo centro de saúde), Arteixo (Grupo Inditex) e Carnota (diante do Concello). Así mesmo, esa mesma segunda feira, ADOS enviará unidades móbiles para facilitar a doazón no concello de Foz (diante do Consistorio municipal) e tamén nos municipios de Pobra de Trives (rúa San Martiño) e Ourense (barrio do Posío). A Galiza precisa sangue: así podes axudar O día 20 tamén se desprazarán unidades móbiles aos concellos do Grove (Praza do Corgo), Nigrán (diante do Consistorio) e Silleda (fronte ao centro de saúde)."}
{"ID": "PRAZA_6996", "summary": "Antón Sánchez esixe \"responsabilidades políticas\" e anuncia que o seu grupo solicitará a constitución dunha comisión de investigación sobre o sucedido. Xavier Vence demanda \"unha estratexia propia para defender o noso sector, que está perdendo capacidade de producir\"", "text": "A pasada semana o xulgado Mercantil de Lugo condenou os administradores de Alimentos Lácteos, Eugenio Montero e Arcadio López, a pagar 2,9 millóns de euros polo prexuízo causado á empresa ao solicitar tarde o concurso de acredores. Foi o derradeiro capítulo dun fracasado proxecto empresarial que recibiu da Xunta 9 millóns de euros, xestionados por destacados militantes do PP, agora condenados, e cuxo proxecto foi elixido polo Goberno galego pasando por riba dunha unión de máis de vinte cooperativas liderada por Feiraco e que aspiraba a ser a semente do desexado grupo lácteo galego. Xavier Vence cualificou de \"despropósito\" toda a operación Este luns tanto AGE coma o BNG sinalaron a responsabilidade neste proceso tan gravoso e tan frustrante. \"Alimentos Lácteos é a principal desfeita do mundo cooperativo galego, produto da xestión clientelar e caciquil amparada pola Xunta e o PP\", afirmou o deputado de AGE Antón Sánchez, que engadiu que \"para nós é urxente e necesario separar as responsabilidades xudiciais das responsabilidades políticas\". De igual xeito, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, cualificou de \"despropósito\" toda a operación, unha \"trama corrupta formada polos amigos do PP de Romay Beccaría, Feijóo e Cañete que, en lugar de promover a planta de Outerio de Rei estragaron 9 millóns de euros recibidos do Igape e estafaron a centos de explotacións arruinadas polo impago das entregas de leite\". \"Só purgan os chibos expiatorios\" \"Trátase dun enorme golpe ao cooperativismo e á confianza dos gandeiros e gandeiras nese mundo\", dixo Antón Sánchez Na súa intervención deste luns, acompañado do tamén deputado Ramón Vázquez, Antón Sánchez cualificou a \"descarga de responsabilidades que a Xunta está a realizar\" nos dous administradores da empresa, Eugenio Montero e Arcadio López, como un \"cordón sanitario\". \"Só purgan os chibos expiatorios para que as responsabilidades da desfeita non cheguen máis arriba\", sinalou Sánchez. O deputado de AGE afirmou que os impulsores da fracasada operación empresarial \"deben asumir responsabilidades políticas, entre eles Samuel Juárez, que agora anda por terras afastadas, e mesmo Romay Beccaría. Ou o propio Alberto Núñez Feijóo, entusiasta impulsor de todo a operación\". \"Trátase dun enorme golpe ao cooperativismo e á confianza dos gandeiros e gandeiras nese mundo\", engadiu Antón Sánchez. \"Dende que se declarou a creba técnica da empresa en 2011, o Goberno galego meteu máis de catro millóns de euros na mesma. Por que?\" Ramón Vázquez lembrou, así mesmo, que \"dende que se declarou a creba técnica da empresa en 2011, o Goberno galego meteu máis de catro millóns de euros na mesma\". De igual xeito, Antón Sanchez denunciou que a sentenza xudicial indica que a administración da empresa atrasou deliberadamente a solicitude de concurso de acredores para evitar que Pascual –a propietaria da planta de Outeiro de Rei- sufragase as indemnizacións dos traballadores e traballadoras. \"Así, a administración de Alimentos Lácteos, controlada por dous membros relevantes do Partido Popular, aforroulle 2,6 millóns de euros a Pascual, co que as operarias e operarios foron despedidos en peores condicións\", dixo. AGE solicitará este martes, na xunta de portavoces da Cámara, a constitución dunha comisión de investigación sobre a \"desfeita\" de Alimentos Lácteos \"Esiximos que se aclaren responsabilidades políticas no Parlamento\", declararon os deputados de Alternativa Galega de Esquerda, que anunciaron que mañá solicitarán, na xunta de portavoces da Cámara, a constitución dunha comisión de investigación sobre a \"desfeita\" de Alimentos Lácteos. \"Unha estratexia propia para defender o noso sector\" Na rolda de prensa ofrecida esta mañá por Xavier Vence, dedicada a analizar a situación do sector lácteo en Galicia, o portavoz nacional do BNG dedicou unha parte importante da súa intervención a tratar o \"despropósito\" da operación de Alimentos Lácteos. Vence lembrou que esta \"estafa\" non só rematou nos xulgados senón que, ademais, \"arruinou a opción de crear un grupo leiteiro galego baixo o liderado de Feiraco\" e rematou \"coa venda da planta lucense a Logística Alimentaria, \"outra empresa dos amigos do PP que son traficantes de leite en negro nos últimos anos a baixo prezo e que teñen como socio un grupo financeiro madrileño chamado Valparaiso\", denunciou. \"Precisamos unha estratexia propia para defender o noso sector, que está perdendo capacidade de producir\", sinalou Vence Para Vence \"intereses espurios\" estragaron a posibilidade dun grupo lácteo galego \"que xa Feijóo dinamitou pero que sigue necesitando Galiza\". \"Precisamos unha estratexia propia para defender o noso sector, que está perdendo capacidade de producir pese a que se importou 318 millóns de quilos de leite en 2013 que veñen da Francia, Alemaña ou Bélxica\", sen esquecer o \"incerto\" horizonte que se abrirá cando en maio de 2015 desapareza o actual sistema de cotas, afirmou Vence. \"Alguén imaxina que hoxe se pode producir un litro de leite a 29 céntimos cos custes que teñen que asumir os gandeiros e gandeiras?\", preguntouse Vence, lembrando que en 2008 o prezo estaba en 45 céntimos O BNG advirte que o sector lácteo está nunha situación \"dramática\" asfixiado por unha caída continuada do prezo do leite por imposición das industrias e distribuidoras, que provoca á ruína dos produtores e o peche de explotacións. \"E todo co consentimento do Goberno de Feijóo\", engade. \"Alguén imaxina que hoxe se pode producir un litro de leite a 29 céntimos cos custes que teñen que asumir os gandeiros e gandeiras?\", preguntouse Vence, lembrando que en 2008 o prezo estaba en 45 céntimos. \"O máis grave\" -denunciou- \"é a inacción do Executivo galego\". Propostas O Bloque demanda a creación da figura dun \"árbitro público\" que dirima os incumprimentos nos contratos O BNG propón \"garantir contratos e prezos xustos para os produtores na súa relación coas industrias evitando que se impoñan condicións leoninas e o incumprimento sistemático da figura do contrato homologado\". E lembra que \"o 60% das empresas se negan sequera a asinar estes contratos pese a ser obrigatorios para equilibrar a capacidade de negociar entre as partes\". Para evitalo o Bloque demanda a creación da figura dun \"árbitro público\" que dirima os incumprimentos nos contratos. O Bloque tamén demanda impulsar a creación dun grupo lácteo galego, reforzar a interprofesional leiteira, mellorar a diversificación para ganar valor engadido e apoiar a produción de base cooperativa para reforzar a súa posición ante as cadeas de distribución."}
{"ID": "PRAZA_11277", "summary": "As obras de illamento acústico que o Centro Galego tería que afrontar son \"colosais\" e nin sequera garanten \"ao cento por cento\" que sexan eficaces, explican. Dada a situación financeira tras \"todas as adversidades\" destes anos, vense abocados ao peche", "text": "O Centro Galego de Bruxelas vese obrigado a dicir adeus. Catro décadas despois da súa fundación na localidade de Saint-Gilles e cando xa transcorreron vinte e dous anos da inauguración da súa sede e centro cultural e de lecer, La Tentation, a obriga de ter que afrontar obras \"imposibles de financiar\" aboca o centro ao seu peche, segundo confirman dende a entidade a Praza.gal.As obras de illamento acústico que o Centro Galego tería que afrontar son \"colosais\" e nin sequera garanten \"ao cento por cento\" que sexan eficaces, explican. Dada a situación financeira tras \"todas as adversidades\" destes anos, vense abocados ao pecheA través dun comunicado emitido polo Centro e divulgado pola rede Embaixada.gal, a asociación que sustenta o centro explica como chegou a unha rúa \"sen saída\". As dificultades, explican, comezaron en 2015, cando \"despois dos ataques terroristas en París\" de novembro daquel ano \"houbo un mes de peche obrigatorio para o noso establecemento\" xusto antes da tempada de Nadal. Poucos meses despois, na primavera de 2016, os atentados islamitas de Bruxelas \"causaron a cancelación de varios eventos\" e unha notable \"caída de asistencia dos nosos socios por temor a novos ataques\". E chegaron os primeiros recortes de persoal.A peonalización da contorna na que se atopa o centro, que desanimou a parte das persoas asociadas e colectivos que organizaban eventos a achegárense a La Tentation, explican, chegou tamén nun momento de \"desafortunados acontecementos\" tras os que, en decembro de 2017, chegou outro máis. Daquela, detallan, \"decatámonos de que uns novos veciños se instalaran nun edificio que comparte o noso muro común\". E dende ese momento, \"premeron\" directamente e a través do Concello de Bruxelas para protestaren polo \"ruído das nosas actividades habituais\".Para procurar unha solución, o colectivo galego tomou varias medidas, citan no comunicado. \"Redución do número de actividades\", novas horas de peche, \"diminución do volume, rexeitamento das actividades nocturnas\" e mesmo \"un estudo a ambas partes do muro\" que chegou á unha nada desexada conclusión. \"Acábannos de informar -explican- de que debemos realizar obras colosais para illar adecuadamente os nosos locais\" que ademais non terían garantía \"ningunha\" de que \"sexan eficaces ao cento por cento\". \"Despois de todas as adversidades\", lamentan, é \"imposible\" financiar os traballos e só queda o peche.Alén dos problemas do edificio e das dificultades económicas, o Centro Galego tamén tivo que afrontar no último ano as presións da Xunta\"Apelamos ás autoridades públicas, lamentablemente sen recibir resposta\" e \"polo tanto, lamentamos moito anunciar que tomamos a firme decisión de poñerlle fin ás nosas actividades e pechar as portas do Centro Galego de Bruxelas\". Remata así unha historia de \"corenta anos de cultura galega\" na capital belga con baile, música, concertos, festas... Un percorrido que comezou a mediados dos 90 cando o presidente fundador da entidade, Miguel Palomo, \"dirixía unha empresa de construción e reformas e foi chamado pola cidade de Bruxelas para pechar as portas dun lugar abandonado tras sufrir un incendio\". Palomo sentiu \"amor a primeira vista\" por aquel local e, tras dous anos de traballos, inaugurouse o centro que agora ten que pechar.Polo camiño, lembran, quedan moitas persoas ás que agora dirixen o seu \"agradecemento\", dende artistas a voluntariado pasando polas persoas asociadas e as institucións públicas belgas. Nos últimos tempos o Centro tamén tivera que enfrontarse a unha situación agre, as presións da Xunta e as críticas abertas do propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, por albergaren un festival de colectivos cataláns no que participaban, entre outros, o rapeiro Valtònyc."}
{"ID": "NOS_48647", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) dá a razón aos sindicatos e decreta nulo o expediente de regulación de emprego (ERE) de Alcoa ao apreciar \"mala fe\" nas negociacións por parte da empresa.", "text": "A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) decretou nulo o expediente de regulación de emprego (ERE) de Alcoa ao apreciar \"mala fe\" nas negociacións por parte da empresa. Así, o TSXG dá á razón aos sindicatos CIG, UXT e CCOO e tomba nesta quinta feira, 18 de decembro, o despedimento colectivo de máis de 500 traballadores da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Cervo) e que afectaría outros tantos postos de emprego nas auxiliares e suporía parar as cubas de electrólise desta fábrica de aluminio. Na súa sentenza, o TSXG conclúe que a única pretensión da empresa era paralizar as cubas, xa que iso obrigaría ao peche forzoso. Nesta liña, os maxistrados entenden que a oferta de expediente de regulación de emprego (ERE) que fixo Alcoa consistiría en \"vestir o mesmo, pero dunha maneira diferente\". O TSXG tamén aprecia \"sumamente significativo\" o número de traballadores e traballadoras afectados polo ERE, cunha porcentaxe que se aproxima, sen superalo, a aquel que, segundo as normas regulatorias, lle permitirían a Alcoa consolidar as axudas recibidas das administracións públicas sen ter que devolvelas. As e os encargados de ditar sentenza falan igualmente de \"supostas concesións\" realizadas pola multinacional durante o proceso de negociación coa representación das e dos operarios da factoría. Segundo indica o auto, estas tiveron lugar \"coa finalidade de evitar a cualificación de nulidade do despedimento, única que lle impediría levar a cabo a decisión estratéxica de paralización das cubas e o feche da fábrica\". Por iso, Alcoa deberá reincorporar ás e aos operarios afectados e pagarlles as mensualidades que deberían ter percibido desde a data de despedimento de cadaquén até a súa readmisión efectiva e oficial. No entanto, Alcoa agardaba á Xustiza e non enviara as cartas para prescindir do persoal. A teoría do letrado da Xunta Para o avogado que representaba ao Goberno, a estratexia pasaba por unha clausura parcial \"cunha finalidade moi específica: que non foran máis do 85% das e dos traballadores\", o que implicaría ter que dar respostas sobre as axudas percibidas. Cun 15% da produción era suficiente para non perder as subvencións de CO2, pero no caso de pasar o límite as liñas económicas terían que ser reintegradas e non habería opción a solicitar outras no futuro. Os xuíces entenden que o ERE \"non privaría á empresa da posibilidade de extinguir os contratos de traballo\" unha vez acabara a \"vixencia\" das axudas. A idea, por tanto, era abandonar a fábrica pero da forma \"máis rendíbel posíbel\". A decisión tamén contempla que a Xunta advertiu até en dez ocasións de que o período de consultas do Expediente tiña que ser ampliado, pero a multinacional o fixo \"sempre no último momento e con resistencias, argüindo empecinadamente o elevado custo de manter as cubras en funcionamento\". Sen vontade real de vender Por outra parte, a Xustiza sostén que se Alcoa quixo falar foi, non para discutir os termos do despedimento colectivo, \"senón para deixar tempo para negociar a venda cun terceiro\". \"A pobreza das negociacións é tal que se limitou practicamente a dúas cuestións acerca das posibilidades reais da venda da planta de aluminio a un terceiro e os efectos da parada e rearranque das cubas de electrolisis\", subliñan desde a sala. A pesar desa referencia a unha posíbel venda, o auto comenta que os diálogos de firma con Liberty para o cambio de mans da fábrica \"permiten sospeitar da existencia dunha decisión estratéxica\", dado que entenden que entrou na negociación \"con posicións predeterminadas e un claro obstáculo para non chegar a un acordo final\". Reaccións sindicais Após coñecerse a nova, o secretario xeral de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, afirmou que \"hoxe é un gran día para a clase traballadora galega\". Desde o seu punto de vista, con esta resolución queda demostrado que a compañía \"obrou de mala fe e perseguindo intereses espureos\". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, entende que \"é preciso iniciar xa o proceso para a intervención pública e impedir desta maneira que a empresa poida levar adiante o seu plan de desmantelamento pola vía dos feitos consumados\". Carril, que valorou a \"capacidade de loita e resistencia\" do cadro de empregadas e empregados, avisou de que canto máis se demoren as Administracións públicas na \"necesaria expropiación máis corresponsábeis serán das decisións\" de Alcoa no futuro inmediato."}
{"ID": "PRAZA_14219", "summary": "O 'president' asegura en Madrid que a súa autonomía fracasou no esforzo por \"transformar\" o Estado español nun \"Estado amable no que Catalunya puidese encaixar ben\".", "text": "\"Catalunya precisa un Estado porque no español non encaixa\". O president da Generalitat, Artur Mas, colle a luva da masiva manifestacion independentista do pasado martes e asegura en Madrid que a súa autonomía necesita un Estado propio porque fracasou no seu esforzo de \"décadas\" por \"transformar\" o español nun \"Estado amable no que Cataluña puidese encaixar ben\". \"Se isto é así, ten que entenderse que Cataluña necesite un Estado\", agregou durante unha coloquio na capital de España. Mas asegura que Catalunya atópase nun proceso de \"transición\" semellante ao vivido en España hai máis de 30 anos Artur Mas reclama que se entenda que o seu país está nun proceso de \"transición\" semellante ao acometido por España hai máis de 30 anos. Segundo el, iso foi precisamente o que expresou a manifestación da Diada. De non entenderse así, engadiu, cometerase \"outro gravísimo erro\". Ademais, dixo que se houbese dúbidas, o ideal sería consultar o pobo catalán e coñecer así a súa posición maioritaria sobre se consideran ou non unha nación. O 'president' propón un referendo se hai dúbidas sobre o sentimento do pobo catalán Para o xefe do Executivo catalán, que a devandita transición catalá se acelere ou se free dependerá da xuntanza que manterá co presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, a vindeira semana. \"Se iso non se pode resolver, entendan que un pobo con moita historia detrás e vontade de futuro quere resolver pacíficamente, democraticamente e de forma estritamente europea ese futuro. Non nos volvemos tolos, nin nos subimos ao monte. Cando os cataláns reclaman instrumentos de Estado fano dentro do marco europeo e mesmo do euro que tentamos defender\", dixo o presidente catalán."}
{"ID": "NOS_3052", "summary": "Primeiro debate do estado da nación da lexislatura. Primeiro debate do estado da nación despois das fotos de Feijóo con Marcial Dorado. Primeiro debate do estado da nación co PSdG cun novo líder, Besteiro, fóra do Parlamento. Primeiro debate do estado da nación despois da escisión sofrida polo BNG, con Beiras partillando grupo parlamentar con Esquerda Unida (con deputados do PCE). O estado da nación, a debate. Entre o españolismo e o soberanismo. Entre o neoliberalismo e as alternativas de esquerda.", "text": "Nunha democracia minimamente avanzada, difícil tería sido que Feijóo chegase politicamente vivo a este debate -que comeza esta terza feira e se prolonga até a quinta- após se coñecer as súas relacións de amizade cun narcotraficante. Tampouco tería sido doado que chegase en condicións mínimas de presentar batalla após se consumar o espolio do aforro galego -con Novagaliciabanco a piques de ser absorbida por tabeiróns financeiros alleos ao país-, en plena parálise de sectores tan relevantes como o naval -coas falsas promesas de Pemex xa desmentidas pola realidade-, o eólico ou o leiteiro ou despois do seu consumado fracaso en política económica, coa débeda triplicada e un paro gallopante e desbocado. Jorquera comporá un discurso en que o elemento social e o nacional son as dúas caras da mesma moeda Mais o certo é que Feijóo non chega morto politicamente a este debate. Mesmo até repunta na bolsa madrileña, após ter protagonizado a capa do diario El Mundo, que conspira abertamente por desprazar a Rajoy da Moncloa. Que explica a supervivencia de Feijóo? Hai como mínimo dous factores. Primeiro, a blindaxe mediática da que goza. Non só domina a pracer os meios públicos, mais gubernamentalizados que nunca, senón que ademais a hexemonía conservadora sobre os privados é absoluta. O segundo, a evidencia de a oposición non acabar de callar unha mensaxe alternativa. Entre outras cousas, polo seu obvio pluralismo interno: non hai unha oposición, hai distintas oposicións. Certo é que ten algún denominador común -a defensa dos servizos públicos-, mais tamén é verdade que nen hai nen pode haber un único relato alternativo na oposición. O BNG pon o acento na soberanía, ligada, iso si, á defensa dun padrón económico antagónico ao neoliberal. PSOE e AGE basean o seu discurso na defensa do público e nunha mensaxe basicamente socialdemócrata, se ben Beiras non dubida en a adubiar con mensaxes rupturistas na forma, máis ben viradas para a construción dun novo réxime político no Estado do que focadas na política nacional galega. Oferta de pactos A fontanería do PP filtrou aos meios que Feijóo ofrecerá pactos á oposición. Monte Pío gosta de falar da oposición como un tótum revolutum, mas tamén como un actor político homoxéneo, non plural. Din hipocritamente que botan en falta un liderado na alternativa e pergúntanse se Besteiro terá a capacidade de se abrir paso. A seguir, lanzan o predecíbel mísil contra as forzas de esquerda, ás que tildan de radicais. Feijóo atacará o soberanismo e presentará Galiza como modelo, mentres Méndez Romeu baterá no PP pola súa política antisocial Feijóo non dubidará en presentar Galiza como modelo para o resto do Estado, que é tanto como presentarse a si mesmo como delfín de Rajoy. Atacará o soberanismo e postulará unha visión de Galiza como un país integrador, bilingüismo harmónico, etc, un país con persoalidade propia, si, mais tamén unha provincia española. O BNG erguerá a bandeira da soberanía, da capacidade de decisión de Galiza, como única forma de rachar a dependencia e como estratexia para saír da crise. Jorquera esforzarase por compor un discurso en que o elemento social e o nacional son as dúas caras da mesma moeda. Non hai saída para Galiza no actual marco político, argumentará, mais os cambios radicais que son precisos se teñen que dar en clave galega, en clave autocentrada, non co ollar posto en Madrid, nen moito menos con dependencia orgánica de forzas estatais. Por aí irá o seu discurso. Tépedo autonomismo No seu debú nestas lides, Méndez Romeu asumirá o rol de portavoz de Besteiro na cámara. Tentará situarse nunha posición centrista, como unha forza tranquila e con capacidade de goberno. O seu será un discurso nidiamente centro-esquerdista. Atacará a Feijóo pola súa política anti-social. Apenas haberá nas súas palabras marxe para un tépedo autonomismo. Beiras combinará as súas calculadas doses de radicalismo verbal cun discurso basicamente socialdemócrata Beiras, mentres, combinará as súas calculadas doses de radicalismo verbal cun discurso basicamente socialdemócrata, como antídoto fronte ao andacio neoliberal, moi na liña do que está a defender IU no Estado. Atuará como portavoz dun grupo formado por dúas forzas políticas que proveñen de tradicións moi distintas. Non o vive como drama, após ter teorizado mesmo en campaña eleitoral que neste momento é preciso rachar as fronteiras que historicamente arredaron o nacionalismo do españolismo, e após ter dito que neste momento Galiza non ten forzas por si propria para rachar co Estado español. Estrutura do debate esta terza feira 15 outubro: 10 horas.- Intervención de Feijóo. Sen límite de tempo. 16 horas. Intervención dos portavoces dos grupos parlamentares. 40 minutos para cada un deles. Comeza Francisco Jorquera, continúa Beiras e conclúe Méndez Romeu. Feijóo ten tempo ilimitado para contestar aos grupos da oposición, de forma individualizada ou en conxunto. A seguir, os portavoces teñen unha réplica de 10 minutos, despois da cal fecha o debate o presidente da Xunta, outravolta sen límite de tempo. O debate continuará cuarta e quinta feira coa substanciación das propostas de resolución, iniciativas que por vez primeira, e após así o acordaren PP e AGE, están limitadas a 50 por grupo parlamentar."}
{"ID": "NOS_34645", "summary": "Máis un ano a mocidade encherá as rúas da capital galega na véspera do Día da Patria.", "text": "Esta quinta feira (25 de xuño) organizacións xuvenís e estudantís galegas presentaron publicamente o lema e manifesto da manifestación pola independencia que decorre en Compostela o 24 de xullo desde hai dous anos. Na véspera do Día da Patria Galega AGIR, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira chaman a saír á rúa a prol da \"construción dunha alternativa á destrución da nosa nación\". Venceremos nós! foi o lema elixido polas organizacións convocantes para encabezar a manifestación. Un \"paso á fronte\" din \"para construír xuntas ese soño da liberdade\" en tanto que \"forza e parte de todo cambio social\". No manifesto de convocatoria AGIR, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira denuncian as \"agresións\" padecidas pola mocidade galega. \"O Estado agrídenos e procura a eliminación do noso pobo para destruír así a nosa condición de nación. Intenta anularnos a nós, á mocidade, condenándonos á emigración, a engrosar as filas do seu exercito de parados ou a sufrir a explotación en traballos que apenas alcanzan para sobrevivir\". Unha realidade á que se suma a \"persecución\" e \"criminalización\" das protestas sociais nunha \"deriva autoritaria lexitimada formalmente a través de medidas como a \"lei mordaza\"\". Porén, \"a mocidade consciente, debemos ser quen de nos pór á fronte das mesmas e entender a necesidade de as aglutinar e as entrelazar de cara á súa confluencia no movemento de liberación nacional\", sinalan. \"Fronte aos ataques\", acrecentan, e \"fartas\" de \"ser a constante voz negativa e da resistencia\" amósanse con vontade de \"afrontarmos con valentía o necesario empoderamento xuvenil que combine todos os elementos e ferramentas necesarias e existentes no noso país e que teña unha auténtica vontade por acadar o obxectivo estratéxico polo que leva loitando historicamente a esquerda nacional: a independencia\"."}
{"ID": "NOS_27782", "summary": "Medran os contaxios nas residencias, con 332 usuarias afectadas. A Xunta recoñece a existencia de \"carencias\" mais defende a preponderancia da empresa privada na rede residencial. Familiares de vítimas da Covid-19 en xeriátricos mobilizaranse reclamando investigar o sucedido e en prol dun modelo público.", "text": "Segundo os últimos datos facilitados pola Consellaría de Política Social esta quinta feira, 24 de setembro, as e os usuarios de residencias de maiores e de dependencia infectados polo coronavirus son 332, após contabilizárense nas últimas 24 horas 10 novos contaxios (6 entre usuarias e 4 entre o persoal). 136 son as traballadoras e traballadores afectados pola Covid-19. A situación disparouse desde o domingo, cando se rexistraban 264 contaxios en usuarias en tan só 5 residencias (agora son 13). Os centros con máis maiores positivos corresponden á residencia privada DomusVi Lugo, no concello de Outeiro de Rei, con 131 contaxiados. Séguea a do Incio, da Fundación San Rosendo, que se mantén con 58 maiores afectados no seu interior. El Pinar de Culleredo, centro tamén de iniciativa privada con ánimo de lucro, conta con 21 usuarias afectadas. Estas son as tres residencias que ten intervidas a Xunta da Galiza. A situación preocupa tamén no xeriátrico A Nosa Señora do Viso, en Lobeira, cun surto de 46 infectados, e no da empresa Ballesol en Oleiros, con outro gromo detectado de 30 contaxiados. Nas residencias de discapacidade son 25 os casos de positivos en usuarias, 24 delas no centro Ricardo Baró (Oleiros), onde tamén hai 13 traballadoras positivas. De todas as defuncións por coronavirus na Galiza notificadas no parte publicado esta quinta feira polo Sergas (726), case a metade foron de persoas usuarias de residencias. Homenaxes e mobilizacións polas vítimas en residencias \"Dereitos, xustiza e dignidade\", claman desde a federación de familiares e usuarias de residencias REDE ante a crise que se viviu no pico da pandemia e que afecta de novo a vida das e dos maiores. Este sábado ás 12 horas realizarán na rúa do Príncipe, en Vigo, unha homenaxe ás vítimas da xestión da pandemia nas residencias e contra a vulneración dos dereitos humanos neses centros, sinala a Nós Diario Xosé Bernárdez, presidente do colectivo Vellez Digna e secretario de REDE. Mais tamén se mobilizan polo cumprimento dos dereitos laborais e dos convenios porque ademais de ser necesario \"repercute no trato e situación dos maiores\". Rede vén denunciando estas inxustizas que se dan maiormente nos centros xeriátricos privados e nos públicos xestionados por empresas lucrativas e fundacións. Na convocatoria Rede cualifica de \"indigno\" o modelo residencial da Xunta, reclama investigar os servizos de inspección da Administración galega e apuntan a responsabilidade da Presidencia do Goberno galego por impulsar un modelo baseado no negocio e non na seguranza nin saúde. A mobilización levarase a Santiago de Compostela un día despois, o domingo 27, tamén ás 12 horas, na praza da Quintana. O BNG pide intervir todos os centros xeriátricos A portavoz do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que \"reaccione\" ante a crise nas residencias e as interveña todos para asumir o control desde o público e blindalas, co obxectivo de \"evitar que se volvan converter na zona cero da pandemia, como sucedeu na primeira onda, deixando un tráxico balance de vítimas\". \"O Goberno non pode seguir eludindo a súa responsabilidade e por iso o BNG levou ao Parlamento a creación dunha comisión de investigación para analizar o que pasou, corrixir erros e avanzar cara a un novo modelo que garanta o dereito a unha vellez digna\", explicou a xefa da oposición. \"O PP vetou esa comisión e o que pedimos é que ese veto non se estenda tamén ás medidas que urxe adoptar, pois os datos de contaxios masivos evidencian que están fallando os protocolos\". O BNG ve na intervención pública de todas as residencias a ferramenta para poder anticiparse e garantir medios e recursos suficientes. Pasos cara a outro modelo en Celanova O pleno do concello de Celanova aprobou por unanimidade unha moción que dá pasos cara a un outro modelo residencial, ao achegar dous compromisos por parte da corporación municipal. O primeiro é facilitar unha axuda económica para que a residencia de San Carlos poida superar o impacto nas súas contas da crise da Covid-19. A segunda é a incorporación dos grupos políticos, das familias das e dos usuarios e das propias traballadoras e traballadores do centro xeriátrico ao padroado que o dirixe, a través da modificacións dos seus estatutos. Este centro privado pertence á fundación San Carlos e converteuse en epicentro da pandemia e das críticas debido á falla de persoal e á tardanza da Xunta en actuar. A moción impulsouna o concelleiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, exixindo que o Concello asuma a súa responsabilidade como parte pública da residencia e participe na súa xestión e financiamento xa que, ademais, construíuse con axudas públicas. A Xunta recoñece que hai \"carencias\" O novo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, admitiu a existencia de \"carencias\" nas residencias, pero manifestou que en \"99%\" delas non hai \"ningún caso positivo\". Así o dixo na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento. \"A vellez é un nicho de negocios moi lucrativo\", recriminoulle a deputada do BNG, Olalla Rodil, nunha interpelación sobre o actual modelo de centros xeriátricos. González defendeu que a Xunta está a traballar \"nun novo modelo residencial derivado das carencias detectadas pola pandemia\". Porén, tal e como adiantou xa Núñez Feixoo no debate de investidura, ese modelo non cuestionará a relevancia das corporacións lucrativas sobre a rede residencial. González tamén aludiu á próxima construción de sete novos centros públicos, un por cidade, unha promesa que o PP reitera desde 2016."}
{"ID": "NOS_21467", "summary": "Unha consulta realizada por PWC destaca o desemprego xuvenil e a falta de formación específica como principais ameazas no futuro para a xente nova.", "text": "A crise da Covid-19 está a deixar moitos sectores económicos en coidados intensivos. A hostalaría, o comercio, o turismo están moi lonxe de recuperar os valores previos á crise. Tamén o emprego está a sufrir, con miles de persoas afectadas por ERTE e moitas outras polo cesamento definitivo da actividade dos seus negocios. Neste contexto, a xente nova será a gran damnificada da crise económica derivada da pandemia. Así o constata un panel de máis de 400 persoas expertas consultadas por PWC, que alerta da alta taxa de paro xuvenil. En 2020, sobre un total de 318.700 mozas e mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 103.400 (32,44%) estaban ocupadas, 36.900 (11,58%) sen emprego e as 178.400 (55,98%) restantes figuraban inactivas. Pero á marxe destes factores hai outros que tamén preocupan, como a redución da poboación nova ─Galiza ten unha das taxas de natalidade máis baixas─, unha incorrecta formación, inadecuada para as necesidades produtivas, ou a excesiva proliferación da contratación temporal. O 93,3% das persoas expertas consultadas por PWC coinciden en destacar a intensa contracción do número de mozos entre 16 e 34 anos, así como a súa baixa participación no mercado de traballo, moi inferior aos países centroeuropeos ou aos países nórdicos. Estas persoas entenden que, para fomentar a súa participación no mercado laboral, as administracións deben modificar, en primeiro lugar, a formación que reciben e vencellala dunha maneira máis directa ás necesidades do tecido produtivo e, en segunda instancia, mudar os mecanismos de entrada no emprego, pondo unha maior énfase na aprendizaxe. A mocidade situouse na primeira liña de axustes laborais tanto na actual crise como na de 2008. Unha das chaves para reducir a súa temporalidade pasa, segundo as persoas enquisadas, por penalizar a concatenación de contratos temporais, medida pola que apostan 41% das persoas expertas e, mentres que dúas de cada tres (66,1%) opinan que o prioritario é reducir a fenda entre os custos do despedimento para os contratos temporais e fixos. Aposta pola formación Con respecto á formación, consideran que existe unha \"manifesta insuficiencia dos estudos secundarios non obrigatorios e un excesivo peso dos primarios e, especialmente, dos superiores\", onde se dá \"unha sobrecapacitación dos mozos universitarios, que acaban competindo no mercado por traballos de inferior cualificación\". Para corrixir esta eiva, o 96,3% cre que se debe incentivar e investir na formación profesional, o 56,5% opta por reformar a formación universitaria, reforzando os estudos científicos, e o 54,6% propón potenciar a formación básica. No que coinciden é na necesidade de aumentar a oferta de traballo xuvenil con formación tecnolóxica. Así, entenden que hai que pór sobre a mesa medidas que reforcen os estudos secundarios e superiores cunha maior oferta técnico-matemática (73,2%) e incrementar a participación feminina neste tipo de estudos (46,3%)."}
{"ID": "NOS_35171", "summary": "A economista Natividad López Gromaz prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.", "text": "Galiza vén sufrindo desde hai anos un deterioro importante do mercado laboral. Cando aínda non nos recuperaramos da crise económica que nos anos 2008/09 asolou a economía (en Galiza estímanse 91.300 persoas en activo e 70.300 persoas ocupadas menos que nesa data), unha nova crise, neste caso provocada por unha pandemia, agravou novamente a situación laboral da clase traballadora. Agudizáronse os problemas que viñamos constatando desde hai anos como son a perda de poboación activa e o envellecemento da poboación, ao mesmo tempo que se precarizou o mercado laboral. Nestes dous últimos, en parte a consecuencia da pandemia, tamén se produciron cambios estruturais na distribución do emprego. Desde a crise dos anos 2008/09, a perda de poboación activa foi unha constante, non só se perde poboación, senón que o descenso afecta a poboación de menor idade, o que, a medio prazo, agrava o problema principal, xa que é a poboación máis nova a única que podería paliar esta situación. Pero a realidade non vai nesa dirección, todo o contrario. Desde o ano 2009 tan só se reduciu a poboación activa entre os menores de 40 anos, de feito no ano 2009 os menores de 40 representaban o 49,5% da poboación activa galega; de media no ano 2021 esta porcentaxe situouse no 33,2%. En valores absolutos isto tradúcese en 239.600 persoas en activo menos, con menos de 40 anos, desde o ano 2009. Hai unha parte da poboación activa que pasa á inactividade ben por xubilación, estudos, labores da casa..., pero só son 25.200 persoas, o resto desaparece do mercado de traballo. Neste descenso ten moito que ver o importante número de persoas novas que se viron obrigadas a emigrar ante a falta de oportunidade laborais que lles permitiran desenvolver aquí a vida laboral. Perda de ocupación A pandemia veu agravar esta situación xa que 12.900 persoas activas perdéronse desde o ano 2019. Tamén no que atinxe á perda de ocupación, son 10.100 as persoas ocupadas menos que antes do inicio da pandemia. Os problemas do mercado laboral en Galiza son máis profundos; a crise económica provocada pola pandemia tan só evidenciou algúns que se viñan denunciando desde hai anos Se ben é certo que aínda non estamos nunha situación \"normal\"; a crise non pasou, mesmo se deixou notar no ano 2021, sobre todo en determinadas actividades económicas que continuaron sufrindo restricións, como foi o caso da hostalaría, entre outras. A nivel estatal xa se acadaron os valores de ocupación previos á mesma, algo que, en Galiza, está lonxe de alcanzarse, a pesar de que as restricións foron semellantes en todo o Estado español e as medidas aplicadas para paliar a situación, tamén. Os problemas do mercado laboral en Galiza son máis profundos. A crise económica provocada pola pandemia tan só evidenciou algúns que se viñan denunciando desde hai anos, como o déficit de persoal en sanidade, servizos sociais... pero a profunda crise industrial que estamos padecendo, con preto de 9.000 empregos menos nos dous últimos anos, nada ten que ver coa situación sanitaria. O incremento da ocupación nas ramas sanitarias, servizos sociais..., no sector público en xeral, amorteceron a caída global da ocupación, se non, as perdas serían moito máis cuantiosas. O sector privado, unhas ramas de actividade máis que outras, e a pesar dos ERTE, reduciron fortemente os cadros de persoal, especialmente na hostalaría, no comercio e na industria manufactureira. En paralelo á perda de poboación activa e ocupada, produciuse un deterioro das condicións laborais da clase traballadora, deterioro que se manifesta tanto no aumento da temporalidade no emprego, na parcialidade das xornadas, na menor duración dos contratos..., o que redunda nunha redución dos ingresos dunha parte importante da poboación ocupada. Temporalidade O aumento da taxa de temporalidade, -é dicir, da porcentaxe de persoas asalariadas con contrato temporal sobre o total dos asalariados e asalariadas-, produciuse sobre todo polo medre da temporalidade no sector público. O incremento da ocupación no mesmo, ao que se viron obrigadas as administración ante a crise sanitaria, cubriuse maioritariamente con traballadores temporais, o que elevou a taxa de temporalidade no sector público a niveis nunca vistos , de preto do 30%, concretamente do 29,2%. Taxa moi superior á do sector privado, que se situou, de media, no ano 2021, no 23,1% O aumento da taxa de temporalidade produciuse sobre todo polo crecemento desta no sector público Esta elevada temporalidade, en moitos casos unida a unha duración moi escasa dos contratos, fan sospeitar que estamos ante medidas meramente conxunturais, que unha vez que se dea por controlada a situación sanitaria, estes empregos van desaparecer; de feito xa se viu neste curso cos reforzos en educación. A curto prazo, podemos atoparnos no sector con valores semellantes aos de 2019, o que empeoraría os datos globais de ocupación."}
{"ID": "NOS_23498", "summary": "Mellor autora do ano e mellor libro de ficción. A escritora Berta Dávila converteuse na grande triunfadora na entrega da IX edición dos Premios Ánxel Casal que a Asociación Galega de Editores celebrou a noite da sexta feira en Betanzos. Xesús Rábade e Pilar García Negro recibiron os premios en poesía e non ficción.", "text": "A Noite da Edición tivo un nome protagonista, o de Berta Dávila ,que conseguiu o premio ao mellor libro de ficción coa novela O derradeiro libro de Enma Olsen -que xa recibira o premio Repsol- mais foi tamén considerada polo xurado como mellor autora do ano nos Premios Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores presidida por Manuel Bragado. No acto, que se desenvolveu no Liceo de Betanzos, e no que participaron representantes institucionais e dos gremios relacionados co libro, entregáronse os premios das distintas categorías convocadas e que recoñeceron tamén obras como Cantares Gallegos hoxe. Unha lectura actualizada e Rosalía de Castro de Pilar García Negro en ensaio, Sobre ruínas de Rábade Paredes en poesía, A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar e Xosé Cobas en libro infantil ou a tradución do Ulises de Joyce como mellor obra traducida do ano. Tastarabás de Antón Cortizas, a enciclopedia do brinquedo editada por Xerais foi escollido como mellor iniciativa editorial e Vento e chuvia de Manuel Gago (Xerais) resultou gañador na categoría de mellor obra educativa do ano. O xurado nomeado polo gremio da edición decidiu outorgar o premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural á libraría Couceiro da Coruña, a cargo de Carmiña Couceiro e Pepe Díaz que se despiden do mundo do libro despois de décadas nas que o seu establecemento se converteu nun verdadeiro centro cultural. PREMOS ÁNXEL CASAL: -Premio ao Libro de ficción: O derradeiro libro de Enma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia) -Premio ao libro de non ficción Cantares Gallegos hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, de Pilar García Negro (Alvarellos Editora) -Premio ao Libro de poesía ou teatro Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes ( Alvarellos Editora) -Premio Isaac Díaz Pardo libro mellor ilustrado Pan de millo, de Dani Padrón (Kalandraka) -Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar e Xosé Cobas (Biblos) -Premio Lois Tobio o libro traducido Ulises, de Joyce, traducido por María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Valle (Galaxia) Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo Vento e chuvia, de Manuel Gago (Xerais) -Premio Xosé María Álvarez Blázquez ó autor ou autora co que se pretende recoñecer a traxectoria creativa dun autor ou autora durante o ano 2013. Berta Dávila. -Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos, de Antón Cortixas (Edicións Xerais) -Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2013 co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, empresa, entidade ou colectivo ao longo do ano 2013 Librería Couceiro da Coruña. Aos libreiros Carmiña Couceiro e Pepe Díaz"}
{"ID": "NOS_49308", "summary": "Continúa a viraxe de Podemos cara ao centro -en latitudes socialdemócratas- e cara ao centralismo. Iso é moi notorio se se ler con atención o seu Programa Marco para as municipais. Desaparece a referencia ao dereito a decidir que ía no programa das europeas e o Estado español -denominado España- pasa a ser un \"país\".", "text": "O Programa Marco de Podemos apreséntase co lema \"215 medidas para un proxecto de país\". Nel desaparece toda a fraseoloxía rupturista que Podemos empregou nos seus albores. É moi evidente o esforzo de moderación dos contidos programáticos, obra da equipa dirixida por Íñigo Errejón e que non contou co aval do demitido secretario de Programas, Juan Carlos Monedero. A moderación pasa por certo grao de desnaturalización. Xa non fica nen rastro das apelacións ao proceso constituínte nen a caracterización do Estado español como un Estado pluri ou multinacional. Ningunha alusión ao réxime do 78 e si máis ben aceitación de que alumeou cousas positivas: \"Temos institucións que contemplamos con orgullo; xa hai moito camiño percorrido. Temos as pezas, pero falta ordenalas, axustalas e equilibralas\". Non se di que institucións son as que contemplan con orgullo, mais o discurso de fondo é que o problema non está tanto na partitura como nos intérpretes da música: \"Aínda tendo materiais de boa calidade, caíron en mans de gobernos torpes, cortos de miras e desbaldidores\". \"Temos institucións que contemplamos con orgullo; xa hai moito camiño percorrido. Temos as pezas, pero falta ordenalas, axustalas e equilibralas\" Xa non hai, portanto, apelacións a mudanzas estruturais, senón simplesmente a cambios de xestores. A terminoloxía -o cambio- evoca obviamente a palabra fetiche que levou á xeneración de Felipe González ao goberno do Estado en 1982. O abandono do rupturismo corre paralelo co movimento de Podemos cara posicións clásicas do centralismo nunha materia tan sensíbel como o fiscal. Neste sentido, Podemos abraza un clásico do españolismo: a necesidade de evitar a \"a actual competencia fiscal desleal entre comunidades autónomas\". Isto equivale a abominar da plena autonomía fiscal (que permita a un comunidade oferecer, se quixer, incentivos fiscais distintos aos que oferece outro territorio). Podemos aposta en que \"a fiscalidade autonómica\" garde (\"respeitando sempre a autonomía competencial e os réximes forais e autonómicos proprios\") a \"maior uniformidade posíbel\", visando que non se dean casos de \"competencia fiscal\" dentro do propio Estado. A coartada que se emprega é a existencia de \"altos niveis de fraude fiscal\" que exixirían a coordenación da \"xestión\", con independencia, iso si, de que o coordenador sexa o Estado, a comunidade autónoma ou sexa \"conxunta\". Co Programa Marco, Podemos pon terra de por medio a respeito dalgunha das súas propostas clásicas (a renda cidadá universal, por exemplo) e coloca o seu discurso en posicións filocentristas, talvez coa pretensión de frear o avanzo de Ciudadanos nos inquéritos. Ao axir así, Podemos corre o risco de se allear apoios polo flanco esquerdo e de xa non ser simpáticos a ollos do soberanismo, tal e como nese sentido ilustra este chio de Lluis Llach: Programa de Podem: No està pel \"dret a decidir\",\"centralitza\"impostos i\"harmonitza\" balances fiscals. Definitivament no han tombat l'estaca.— Lluís Llach (@lluis_llach) 6 maio 2015"}
{"ID": "NOS_27101", "summary": "\"O que estamos a ver en Madrid reprodúcese na Galiza onde estamos a ter serias dificultades para cubrir tanto persoal médico como persoal de enfermaría\", denuncian desde o sindicato e enfermaría, Satse.", "text": "O delegado do sindicato de enfermería Satse en Lugo, Manuel Veiga, denunciou esperas de máis de dúas horas e dúas horas e media para recibir atención sanitaria no PAC de Lugo, en Fingoi, o domingo e a terza feira da ponte de Todos os Santos. \"O que estamos a ver en Madrid reprodúcese na Galiza onde estamos a ter serias dificultades para cubrir tanto persoal médico como persoal de enfermaría, sobre todo nun momento en que a poboación acode aos servizos de Urxencias debido á demora nas citas presenciais nos centros de saúde\", esgrimiu. [VÍDEO] Colapsa o teito dun corredor do Hospital Lucus Augusti (Lugo) pola choiva desta noite O sindicalista advertiu de que eses dous días díxoselles que \"nas Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) había unha lista de espera en pediatría de dúas ou tres horas\". \"E nós podemos dicir que no PAC de Fingoi ocorreu o mesmo\", apostilou. Así, relatou que a terza feira día 1 de novembro, \"desde as 8,00 ás 10,00 horas, víronse máis de 200 pacientes, dos cales 50 eran nenos e nenas, e en ningún momento se nos ofreceu a posibilidade de pór un reforzo cando a lista de espera era de dúas horas ou dúas horas e media\". \"Non había xente\" \"Chamouse aos directivos de garda pero non puideron mandar a ninguén porque non había xente. Levamos en Satse loitando para que se fixe unha lei de cocientes e iso como usuarios daríanos unha seguridade de saber que obrigatoriamente ten que haber un número de médicas e enfermeiras por paciente, pero seguimos bloqueados\", remarcou. Profesionais de enfermaría advirten: faltan \"entre 2.000 e 3.000\" efectivos para paliar o déficit no Sergas Manuel Veiga confesou que os sanitarios senten \"frustración, impotencia e sobre todo medo\". \"Pensar que tes que ver 200 pacientes en 12 horas iso provoca tamén estrés\", esgrimiu. \"Enfermaría de guerra\" \"As posibilidades de que cometas un erro, que a seguridade do paciente se poña en perigo é exponencial. Hai compañeiros que me din que facemos unha medicina e unha enfermaría de guerra. Ante o volume de persoas que atendes, é moi difícil que ao final non poidas cometer un erro pola sobrecarga de traballo\", alertou."}
{"ID": "NOS_37340", "summary": "O persoal sanitario deberá \"descitar\" toda a actividade programada que sexa \"demorábel\", bloquear os ocos dispoñíbeis e atender só a consulta urxente e a relacionada coa Covid. A medida afecta, alén de seis centros de saúde vigueses, Cangas, A Guarda, Moaña, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal e Tomiño.", "text": "A evolución da pandemia da Covid-19 e a incidencia disparada na área sanitaria de Vigo, que ameaza con colapsar por completo a Atención Primaria, levou o Sergas a restrinxir a actividade en varios centros de saúde, cuxos facultativos só atenderán urxencias e casos da Covid. Así se recolle nunha instrución da Dirección de Atención Primaria de Vigo, na que se xustifican as medidas ante o \"crecemento explosivo do número de contaxios da Covid\" e a previsión de que este se manteña, e para axudarlles aos profesionais dos centros de saúde a \"soportar\" a situación. En consecuencia, adoptáronse unha serie de medidas ante o \"déficit de persoal facultativo\" que sofren varias unidades de Atención Primaria desta área. Estas medidas, que atinxen só ao persoal médico, consisten en \"descitar\" toda a actividade programada que sexa \"demorábel\", bloquear todos os ocos dispoñíbeis nas axendas de citación e traballar unicamente \"a demanda\", atendendo soamente a consulta urxente e a relacionada con Covid\". Ditas medidas (que están en vigor até o 10 de xaneiro, momento en que se reevaluará a situación) non se aplicarán en todos os centros de saúde, senón naqueles que presentan un déficit de médicos do 50 % ou máis. Fontes sanitarias sinalaron que algúns centros contan con só un terzo do persoal facultativo, e lembraron que esta situación se debe a que hai moitos profesionais de baixa, e outros de vacacións ou días libres. A restrición de actividade afecta as unidades de Primaria do Rosal, A Guarda, Oia, Cangas (na quenda de tarde), Moaña (na quenda de tarde), Ponteareas, O Porriño, Tomiño, e os centros de Vigo de Navia, Nicolás Pena, Beiramar, Casco Vello, Matamá e Teis (na quenda de tarde)."}
{"ID": "PRAZA_775", "summary": "A taxa de cobertura volve caer no país ata o 53,8%, dous puntos menos que a media estatal e cinco menos que hai doce meses. Só o 42% dos desempregados con prestación cobran unha contributiva e os sindicatos advirten do \"fortísimo risco de exclusión social\" de moitas persoas.", "text": "Malia os datos lixeiramente positivos das últimas estatísticas de desemprego en Galicia, hai cifras alarmantes que advirten da difícil situación pola que pasan os parados galegos. A taxa de cobertura situouse no país no pasado mes de febreiro -o último mes no que se contabilizou- no 53,76%, unha porcentaxe dous puntos menor á media estatal (55,72%) e que continúa co seu descenso nos últimos meses. A taxa de cobertura sitúase no 53,76% en Galicia, dous puntos menos que no Estado e cinco menos que hai un ano De feito, esta porcentaxe é case tres puntos menor á de hai tres meses e cinco menor á de hai un ano e supón que case 130.000 parados (129.992) non perciben ningún tipo de prestación e carecen de calquera tipo de cobertura, o que, tal e como advirten os sindicatos, coloca estas persoas \"nun fortísimo risco de exclusión social\". \"O peor é que hai máis persoas percibindo un subsidio por desemprego que unha prestación contributiva\", destaca CCOO, que coincide con UGT-Galicia, que destaca que \"por moito que baixe o desemprego a situación das persoas no desemprego empeora\". Desde a CIG, ademais, advírtese de que os datos positivos \"meramente conxunturais\" da evolución do paro non poden agochar os \"graves problemas de fondo que se manteñen no mercado de traballo en Galiza\", entre eles que exista \"un elevado número de parados e paradas sen prestación ningunha\". Case 130.000 parados non perciben prestación ningunha e dos que a reciben, moito menos da metade cobran unha contributiva Porque se debullamos os datos, hai 127.557 desempregados que reciben prestación en Galicia, pero tan só 53.811 destes son beneficiarios de prestación contributiva. O resto: 60.081 beneficiarios dun subsidio, 13.094 da renda activa de inserción e 571 do Programa de activación emprego. Xa que logo, tan só o 42,2% dos beneficiarios dunha prestación cobran unha contributiva. Galicia perdeu máis de 24.000 beneficiarios de prestacións por desemprego nun ano Porque durante o último ano, Galicia perdeu máis de 24.000 beneficiarios de prestacións por desemprego, polo que o custo do Estado pasou dos 152 millóns de euros en febreiro de 2014 aos 103,4 millóns dun ano despois, o que supón tamén un aforro do 20%. Ademais, a contía media da prestación contributiva percibida por persoa beneficiaria no mes de febreiro de 2015 foi de 773,5 euros ao mes, mentres que na media estatal sobe ata os 810 euros."}
{"ID": "NOS_13196", "summary": "O monte Pindo está destruído despois dunha noite na que o lume arrasou máis de 1.600 hectáreas e asediou varios núcleos de poboación do concello de Carnota. O seu alcalde, Ramón Noceda, confirmaba ás 9 da mañá que o Pindo \"acabouse, está completamente destruído\".", "text": "\"O incendio foi provocado e foron a polo monte Pindo\" dicía o alcalde Ramón Noceda ás nove da mañá, cando examinaba como o lume, que os efectivos de incendio dicían controlar, seguía a cebarse no concello de Carnota. \"O monte Pindo está arrasado, destruído. Levamos moitos anos pedindo maior protección e non se concedeu. Se estivera protexido non se tería provocado este desastre. Agora alí non queda nada vivo\" comentaba o alcalde despois dunha noite longa na que houbo que cortar a estrada e moitas vivendas estiveron en perigo de arder. Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural, o seu secretario Mario Maceiras adiantaba que pedirán responsabilidades políticas polo acontecido nun monte que, ao seu ver, estaba desprotexido. O incendio comezaba a primeiras horas da noite no seu desenvolvemento asediaba os núcleos de San Cibrán, Cornido, Caldebarcos, Panchés, A Curra e Quilmas. A Asociación Monte Pindo confirmaba ás 3 da madrugada a \"destrución case completa\" do coñecido como Olimpo Celta. Negreira e Fonsagrada sofren tamén incendios sen controlar. \"Perda irremisíbel\" Desde primeiras horas da noite un incendio cébase co monte Pindo. Comezou por volta e primeiras horas da noite e avanzou veloz axudado polo forte vento. Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural falan xa da \"perda irremisíbel\" do coñecido como Olimpo Celta. Un incendio sen control en Negreira que queimou xa, no balance de primeiras horas da mañá, máis de catrocentas hectáreas e outro aínda sen extinguir na Fonsagrada que leva xa devastado áis de 350 hectáreas fan da desta unha xornada tráxica para os montes galegos. O nivel 1 foi decretado no incendio do monte Pindo no que se puxeron en perigo varias aldeas da contorna. A parroquia de Arcos, en Mazaricos e Cornido e Panchés, en Carnota, quedaron rodeadas de chamas nunha noite na que a veciñanza contribuíu a apagar o lume e varias casas tiveron que ser desaloxadas. A proximidade a Quimas e Caldebarcos agravaban a situación dunha noite na que varias construcións deshabitadas foron arrasadas polas chamas. A dificultade da zona complicaron os labores de extinción dun incendio dunhas dimensións que non se lembran na Costa da Morte. Un Olimpo sen protección Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural falan da \"perda irremisíbel do Monte Pindo\". Lamentan que despois de tres anos desenvolvendo accións cun importante movemento social que reclamaba protección e desenvolvemento sustentábel \"xa non chegará a tempo para o Olimpo Celta\". A través do seu facebook, ás tres da mañá apuntaban que a súa \"total solidariedade cos medios humanos que a estas horas arriscan as súas vidas para salvar as casas dos nosos veciños e o pouco que queda xa sen queimar no Olimpo Celta. Vós sodes os héroes\". Entrada a noite, a través dun comunicado informaban de que o \"incendio esténdese imparábel polas súas ladeiras azoutado polo inxente vento e as autoridades e medios de extinción xa o dan por imposíbel\". \"Este é o momento de lamentármonos polo que se podía ter feito e non se fixo. Axiña será o momento de pedir responsabilidades e dimisións a quen podendo facer algo pasou 3 anos pechando os ollos, as orellas e a razón á crúa realidade\" denuncian. O incendio desta noite do día 11 do Monte Pindo acontece uns días despois de que o pasado 4 de setembro outro lume se cebara nas proximidades, no lugar de Arcos (Mazaricos). Daquela foran arrasadas 65 hectáreas e a Asociación Monte Pindo alertaba dos perigos que ameazaban unha zona. Fotos: Asociación Monte Pindo Natural"}
{"ID": "NOS_45550", "summary": "O grupo popular rexeitou a protesta do BNG na comisión de Educación e Cultura que decorreu hoxe no Parlamento. Argumentou que o elemento xa está protexido ao estar integrado no Catálogo de Patrimonio Cultural da Galiza. Tampouco saíu adiante o incremento da consideración do xacemento de Castro Valente, cuxo obxectivo era protexelo dun posíbel parque eólico na zona.", "text": "O argumento do Bloque Nacionalista Galego sobre o elemento construído no centro davila de Carral para homenaxear os \"Mártires de Carral\", que representan un \"fito fundacional do galeguismo contemporáneo\", non serviu para que fora aprobada a súa declaración como Ben de Interese Cultural da Galiza (BIC). No transcurso da comisión de Educación e Cultura o PP vetou que esa consideración saíra adiante. Desde o punto de vista do deputado popular José Luis Ferro, a negativa ten xustificación porque ser BIC \"podería supor un incremento da súa consideración, pero non da súa protección\". Así, ante os nacionalistas esgrimiu que tal vixilancia \"xa está garantida\" porque o monumento é parte no \"Catálogo de de Patrimonio Cultural de Galicia desde o ano 1993 e está incluído no Plan Básico Autonómico\". A este respecto, a nacionalista Mercedes Queixas lamentou que o partido de Goberno bloqueara este paso novo \"a pesar de recoñecer que o monumento cumpre con todos os requisitos\". Para o BNG, insistiu, é unha \"páxina viva da historia colectiva galega\". Neste sentido, dixo que lembra o levantamento liberal progresista encabezado polo capitán xeral Miguel Solís contra o goberno reaccionario de Narváez, promotor de \"recortes de dereitos e liberdades\". As tropas sublevadas contra o réxime foron derrotadas na batalla de Cacheiras, o 23 de abril de 1846. Sen protección fronte aos eólicos O Partido Popular tamén tombou unha iniciativa do PsdeG para que o xacemento arqueolóxico de Castro Valente, que comparten os concellos de Padrón e A Estrada, pasase a ser considerado BIC. Ante a negativa, a deputada Noa Díaz advertiu de que este resto patrimonial \"corre serio risco de afectación polas posíbeis obras de construción dun parque eólico\"."}
{"ID": "NOS_50331", "summary": "Lula e Bolsonaro apuran as últimas horas para conseguir apoios antes de que 156 millóns de brasileiras e brasileiros teñan a palabra para determinar quen ocupará o Palácio do Planalto.", "text": "\"Cal é o papel do presidente? Harmonizar a sociedade. Acaban as eleccións e temos un país\", reiterou ao longo da campaña o ex mandatario progresista Lula da Silva, candidato do Partido dos Trabalhadores (PT) na segunda volta das eleccións presidenciais de mañá no Brasil. Porén, antes dese momento considerou imprescindíbel que a poboación saía a votar en defensa dunha \"democracia\" que está en xogo por mor da \"barbarie\" e do \"fascismo\", en referencia ao seu rival e presidente desde 2019, Jair Bolsonaro, que se presenta polo Partido Liberal (PL). Segundo a última enquisa, publicada na madrugada desta sexta feira por Datafolha, Lula sería elixido para un terceiro período á fronte do Estado tras gobernar entre 2003 e 2010, ao superar por cinco puntos en intención de voto o candidato de extrema dereita, o que suporía 53% dos votos válidos, mentres que Bolsonaro ficaría con 47%. Estes datos son semellantes aos resultados da primeira volta do 2 de outubro, na que se impuxo o representante do PT co 48,43% e con cinco puntos de vantaxe. Ademais de Lula e Bolsonaro, dúas candidaturas superaron 1% na primeira volta, a de Simone Tebet do Movimento Democrático Brasileiro (MDB) e a de Ciro Gomes, do Partido Democrático Trabalhista (PDT). Ambos apoian agora Lula, así e todo, o MDB e o seu aliado, o Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB), outorgan liberdade ás direccións estatais para optar por un ou outro candidato. Nese sentido, un dos principais dirixentes históricos do PSDB, o ex presidente Fernando Henrique Cardoso (1995-2002), ratificou a petición de voto para Lula pola súa historia de \"loita pola democracia e a inclusión social\", mentres a súa formación concatena crises pola súa posición nos comicios, como acontece en São Paulo, onde a dirección apoia Bolsonaro e o seu candidato a gobernador, mentres que a militancia decántase maioritariamente polo PT. Malia que despois dos resultados da primeira volta, que permitiron a Bolsonaro superar as cifras que marcaban as enquisas, a súa ameaza de non recoñecer os resultados por suposta \"fraude\" foi decaendo, nas últimas xornadas de campaña e fronte ao seu estancamento nos traballos demoscópicos, desde o seu equipo volveuse lanzar esta posibilidade entre denuncias ao Tribunal Superior Electoral por \"irregularidades\" na difusión de propaganda audiovisual do PT. Pola súa parte, Lula explica este comportamento posto que \"sabe que vai perder\", asegurou na madrugada desta sexta feira. Desinformación Aínda así, as dúbidas sobre a falta de fiabilidade do sistema electrónico usado para as votacións é unha das mensaxes máis repetidas pola desinformación que se intensificou a medida que se achega o domingo. Hai catro anos, as redes de novas falsas usadas por Bolsonaro en imitación ás do ex presidente estadounidense Donald Trump están consideradas pola maioría dos expertos como un dos eixos da súa vitoria. Nunha campaña especialmente violenta diversos acontecementos cuestionaron tamén os aliados cos que Bolsonaro trata de obter a maioría dos votos, como o ex parlamentario Roberto Jefferson, que o domingo pasado atacou con granadas e disparos de metralladora os axentes da Policía Federal que se dispuñan a detelo. A nivel político, ao tempo que Lula propugna fomentar o crecemento económico con políticas públicas e investimentos en infraestrutura e vivenda, cun impulso decidido para acabar coa pobreza no país, Bolsonaro aposta por profundar nas políticas neoliberais que aplicou esta lexislatura, cunha especial atención ao Exército, que ocupou un papel preponderante no seu Goberno como non tivera desde o final da ditadura militar en 1985, da que o presidente é un gran defensor. Política electoral A pesar de que a asistencia social á poboación máis desfavorecida non é unha das prioridades do seu Executivo, Bolsonaro emendou a Constitución en xullo para autorizar a creación de novas prestacións sociais neste ano electoral, aumentou as axudas do programa Auxilio Brasil, baixou a cero a taxa do imposto federal e reduciu o imposto aos combustíbeis coa vista posta nos comicios de mañá. Mais o maior nivel de gasto público chegou xusto despois das votacións da primeira volta. Neste mes, o mandatario de extrema dereita adiantou os pagos de prestacións sociais para que se fixesen efectivos antes das eleccións, diminuíu os criterios para que máis persoas puidesen recibir axudas públicas, prometeu un aguinaldo para mulleres xefas de fogar, anticipou axudas a transportistas e taxistas ou lanzou un programa de refinanciamento de débeda para empresas e cidadáns. En total, compromisos por valor de 51.000 millóns de euros, calcula Reuters. Todo para tratar de minimizar a vantaxe de Lula, que atinxiu unha importante vitoria nos Estados do norte do país o 2 de outubro, con Bolsonaro impoñéndose no sur, onde Lula centrou boa parte da súa campaña. Pola contra, o presidente centrouse especialmente en Minas Gerais, catalogado como un territorio chave. Malia que hoxe aínda se poderán desenvolver certos actos de campaña, mais non mitins, para os dous candidatos o debate presidencial da madrugada desta sexta feira constituíu a última grande oportunidade para facer chegar a súa mensaxe de xeito masivo."}
{"ID": "NOS_19976", "summary": "Volverán colocarse unha vez finalizada a obra e a tubería pasará por baixo deles.", "text": "Segundo vén de facer público a Dirección Xeral de Patrimonio, foi autorizada a intervención nunha estación de arte rupestre situada preto do lugar de Nostián (A Pastoriza / Arteixo) composta por motivos circulares e coviñas. O motivo é permitir a instalación dun poliduto de Repsol dirixido ao porto exterior da Coruña. A intervención suporá a retirada temporal dos motivos circulares que se localizan na parte alta do conxunto, a partir dun corte na pedra. As tuberías instalaranse por baixo desa posición orixinal e, ao rematar a obra, os petróglifos serán restituidos. Tamén se prevé a sinalización e a colocación de paneis informativos, que até o de agora non formaban parte do conxunto."}
{"ID": "NOS_29732", "summary": "Durante sete edicións Biblos premiou sete proxectos literarios que deron despois en novela tutorizada por unha persoa coñecida da escrita galega. Agora sete relatos destas apostas literarias reúnense nun volume que pecha a súa colección Mandaio.", "text": "A editorial Biblos pon o peche a súa colección Mandaio publicando no número 50 un volume conxunto con sete relatos d@s cinco autor@s que gañaron o seu premio literario. Sete de Biblos preséntase este xoves día 27 ás 20:00 horas na Casa do Libro de Vigo da man de Agustín Fernández Paz -titor nunha das edicións- e máis do editor Tucho Calvo. Ao longo de sete edicións, Biblos desenvolveu unha singular iniciativa literaria. Escollía un proxecto e apoiaba o seu desenvolvemento ofrecendo como premio a estadía nunha casa rural e a titorización por parte dun autor ou autora con nome nas nosas letras. Mª Xosé Queizán, Xavier P. Docampo ou o propio Agustín Fernández Paz, foron algúns dos cales acompañaron ao gañador ou gañadora na súa escrita. O Premio Biblos-Pazos de Galicia celebraba cada ano na Casa Grande do Bachao a súa festa literaria e foi alí onde se coñeceron os nomes de Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas, Berta Dávila, Pablo García Martínez, Elena Veiga e Iria Morgade, gañador@s das sete edicións. O volume convértese nun acaído observatorio da narrativa que vén, do que apunta esta nova xeira de creación literaria en que agroman discursos diversos, en que conviven relatos urbanos con referencias rurais, rexistros policiais e históricos, amor e guerra, temas de sempre con miradas de hoxe.Despois de que quedase a última edición deserta, a convocatoria está xa publicada co novo nome de Biblos-Casa Grande do Bachao, e as bases poden consultarse en www.biblosclube.com."}
{"ID": "NOS_24221", "summary": "De 1840, foi colexio xesuíta até a Guerra Civil, en que se converteu en campo de concentración e sede de tribunal militar. para ficar posteriormente no abandono.", "text": "Os colexio dos xesuítas Santiago Apóstolo de Camposancos, A Pasaxe (A Guarda) é,polo de agora o último ben galego que pasa engrosar a Lista Vermella do patrimonio que elabora a asociación Hispania Nostra, colectivo que leva catro décadas defendendo a posta en valor do patrimonio no Estado español. Esta inclusión responde ao seu estado de abandono e \"case en ruínas\", segundo HN, deste patrimonio que está en mans privadas. Data de 1840 e foi colexio até pasar a ser campo de concentración na Guerra Civil.Está nunha parcela de 14.400 metros cadrados e o edificio consta de tres patios Ducias de bens precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. En menos de cinco anos duplicáronse os bens galegos incluídos en listaxes vermellas debido ao seu deterioro."}
{"ID": "PRAZA_20458", "summary": "O PSdeG tenta por segunda vez sen éxito que o Goberno galego lle facilite cifras de persoal xubilado nos sete campus. O pasado marzo a Consellería instou os socialistas a consultar os números en internet e desta volta esgrime que non os manexa porque non lle son \"útiles\" HEMEROTECA | A Xunta evita dar á oposición datos de xubilacións nas universidades malia admitir que os ten", "text": "Nas primeiras semanas do ano, en pleno debate pola convocatoria ou non de oposicións ao fío do bloqueo dos Orzamentos Xerais do Estado, a deputada do PSdeG Concepción Burgo dirixiuse por escrito á Xunta para solicitarlle información sobre o impacto dos recortes de persoal nun sector ben concreto: a través de 14 preguntas parlamentarias pediu coñecer cantas xubilacións se produciran nas tres universidades galegas de 2011 a 2016 entre o persoal docente e investigador (PDI) e mais no cadro de administración e servizos (PAS). Na resposta remitida á Cámara, o pasado marzo, o Goberno galego admitiu á socialista que manexaba eses datos, pero evitou achegarllos e convidouna a consultalos nos sitios web das universidades. Ante a negativa, Burgo volveu formular as preguntas e a Xunta vén de responder de novo, agora sinalando que non manexa a información que pide Burgo porque non lle resulta \"útil\". No seu segundo intento Burgo lamentou que a Secretaría Xeral de Universidades, dependente da Consellería de Educación, se aferrase \"de maneira falaz\" á autonomía universitaria para evitar contestar malia \"ter todos os datos\", tal e como \"recoñece nas mesmas respostas\". \"Sería gravísimo que negase telos\", dixo no escrito, xa que \"dende a chegada do señor Rajoy ao Goberno de España existe unha taxa de reposición das xubilacións do persoal\" e é a Consellería \"a que fixa o número de prazas que cada universidade pode cubrir cada ano en función do número de xubilacións\". \"Se a Secretaría Xeral non sabe cantos traballadores se xubilan cada ano, como está fixando a taxa de reposición?\", cuestionou a tamén profesora da USC. O PSdeG rexistrou a solicitude de información por segunda: \"Sería gravísimo que negase tela\" \"A Secretaría Xeral ten todos os datos solicitados, pero non quere dalos, o que provoca unha situación tan grave\" que leva a preguntarse \"que quere ocultar\", coida Burgo. Por todo isto volveu rexistrar a mesma petición de información referida ao persoal dos sete campus e esta mesma semana a Consellería volveu responder. Antes de se referir á materia concreta a Secretaría de Universidades xustifica a súa propia conduta ante os reproches da deputada: \"esta secretaría cumpriu coa súa obriga e ofreceu a información demandada e dispoñible (...), outra cousa é que a resposta non sexa do agrado da deputada e deputados que formulan\" as preguntas, considera, ademais de instar o PSdeG a \"lembrar\" que a Xunta non fixa a taxa de reposición, senón que \"se establece para todo o sector público\" por parte do Goberno de España e despois é trasladada aos Orzamentos Xerais da Xunta. O pasado marzo a Xunta admitiu manexar estas cifras pero instou a deputada a consultalas en internet Xunto a unha explicación máis detallada da distribución de competencias entre o Ministerio de Facenda e a Xunta neste ámbito a Consellería insire as razóns que sustentan agora a súa negativa a informar sobre o número de xubilacións. \"O único labor\" que desempeña o departamento de Universidades do Goberno galego \"a respecto das prazas das universidades\" é o referido \"ao profesorado titular\", di. \"Nestes casos, unha vez negociadas e aprobadas internamente en cada unha das universidades, procedíase na Xunta a examinar a súa conformidade coa lei de orzamentos, considerando a súa necesidade e oportunidade\". \"Este tipo de prazas non estaba suxeito a taxa de reposición ningunha\", acrecenta. A Consellería retruca agora que non ten os datos nin os \"requiriu\" porque non teñen \"relevancia nin utilidade ningunha para o exercicio das súas competencias\" Deste xeito, conclúe, \"na Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia non consta a existencia do dato referido ao número de xubilacións anual por campus do persoal administrativo, de servizos, docente e investigador das universidades galegas\". A Consellería di, daquela, que non ten os datos e que \"tampouco\" os \"requiriu\", xa que \"non ten relevancia nin utilidade ningunha para o exercicio das competencias que ten asignadas a Secretaría Xeral de Universidades. Na súa resposta de marzo o mesmo departamento autonómico explicaba, pola contra, que \"para dar cumprimento\" ás súas obrigas na materia a Dirección Xeral de Orzamentos \"ten en conta as baixas de efectivos que se producen nas universidades por diferentes motivos, entre outros, as xubilacións\" e por iso \"solicita ás universidades dita información\". Neste contexto, en ausencia da información solicitada polo PSdeG á Xunta, a fonte que permite coñecer a evolución do persoal das universidades galegas segue sendo a que as propias institucións académicas publican, por unha banda, e a difundida polo Ministerio de Educación, por outra. Como informou este diario, os números das propias universidades indican que entre 2011 e 2015 -ata onde chegan as últimas series publicadas- perderan 465 persoas no cadro de persoal docente e investigador e unhas 152 entre o PAS. Atendendo á información do Miniterio, a redución do PDI sería de 375 efectivos e entre o persoal de administración e servizos, de só 26 persoas."}
{"ID": "NOS_2166", "summary": "Convocadas pola plataforma Que voltem para a casa, denunciarán a situación concreta en que se atopa cada mozo e decorrerán en Teo (Antom Santos), Vigo (Roberto R. Fialhega e Xurxo R. Olveira), Ordes (Carlos Calvo), Ames (Hadriam Mosquera, 'Senlheiro') e Compostela (Eduardo Vigo).", "text": "A plataforma cidadá Que voltem para a casa pechou xa as datas das concentracións que decorrerán durante o mes de decembro e a primeira semana de xaneiro perante a casa consistorial dos cinco municipios natais dos seis independentistas galegos que fican presos. Así, os protestos para rexeitar a dispersión á cal fican submetidos denunciarán a situación concreta de cada preso e están fixados, todos, para as 11 horas. 3 de decembro en Vigo: Roberto R. Fialhega e Xurxo R. Olveira Preso desde o 31 de novembro de 2011, R. Fialhega, 'Teto' (Vigo, 1978) foi xulgado na Audiencia Nacional española entre os días 24 e 27 de xullo. Nunha sentenza que non é firme aínda, condenárono a oito anos de prisión polos delitos de participación en \"organización terrorista\"; máis oito por tenza de explosivos \"con finalidade terrorista\"; e outros dous por falsificación dun documento oficial tamén \"con finalidade terrorista\". En total, 18 anos de cárcere e 9 anos de liberdade vixiada. Segue preso en Estremera, Madrid, a 664 quilómetros da Galiza. Clasificado en primeiro grao e réxime FIES 3, ten dereito --ao igual que os outros cinco independentistas que están presos neste réxime, aplicado a integrantes de banda armada-- a tres horas de patio ao día, as comunicacións intervidas, oito chamadas telefónicas e dúas cartas á semana. Tamén pode recibir catro visitas ao mes: un bis à bis familiar de dúas horas e outras tres de 40 minutos de duración. Pola súa banda, a Xurxo R. Olveira (Vigo, 1992) prendérono o 15 de setembro de 2012 en Vigo sob a aplicación da lexislación antiterrorista. Imputado polos delitos de estragos, tenza de explosivos e pertenza a banda armada, leva desde aquela en prisión preventiva e sen ser xulgado. Fica encarcerado no penal de Mansilla de las Mulas, en León, a 348 quilómetros da Galiza. 11 de decembro en Compostela: Eduardo Vigo Preso desde o 31 de novembro de 2011, Eduardo Vigo (Angrois, 1985) atópase na mesma situación que Roberto R. Fialhega. Condenado na mesma sentenza e polos mesmos delitos. En total, tamén 18 anos de cárcere e 9 de liberdade vixiada. Está encarcerado en Mansilla de las Mulas. 17 de decembro en Ames: Hadriam Mosquera, 'Senlheiro' En Villabona, Asturies, atópase agora Hadriam Mosquera (Quistiláns, 1985), após pasar polo penal madrileño de Soto del Real. Prendérono o 7 de xaneiro de 2013 nun monte perto da súa casa. Desde aquela fica en prisión preventiva e sen ser xulgado ao lle atribuíren os delitos de tenza de explosivos e pertenza a banda armada. 23 de decembro en Teo: Antom Santos Detido o 2 de decembro de 2011, Antom Santos (Teo, 1979) foi xulgado e condenado no mesmo proceso que Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo, onde tamén condenaron a súa compañeira, María Osório, quen se atopa en liberdade provisoria. Santos foi sentenciado a oito anos de prisión por pertenza a \"organización terrorista\" e outros dous por falsificación de documento oficial \"con finalidade terrorista\". En total, 10 anos de cárcere e outros 9 de liberdade vixiada. Fica preso no penal de Aranjuez, a 646 quilómetros da Galiza. 3 de xaneiro en Ordes: Carlos Calvo Detido o 15 de setembro de 2012, tampouco Carlos Calvo (Loureda, 1988) foi xulgado nin condenado. Fica en prisión preventiva encarcerado no penal de Topas, Salamanca, a 433 quilómetros da Galiza. Considérano responsábel dos delitos de tenza de explosivos e pertenza a banda armada. Mocións contra a dispersión Os cinco concellos debaterán tamén mocións en contra da dispersión penitenciaria nas cales a plataforma Que voltem para a casa reclama o translado destes cinco cidadáns a cárceres da Galiza, o \"respecto escrupuloso\" polos seus dereitos fundamentais e que remate a clasificación \"colectiva, arbitraria e discrecional\" en réxime FIES 3 para @s independentistas que son detid@s."}
{"ID": "NOS_3466", "summary": "Sábado 6 de Decembro. 17 horas. Entrada do Culturgal. Pazo da Cultura de Pontevedra. Ese é lugar. Esa é a hora. Queres aparecer nunha capa de Sermos Galiza?", "text": "Este sábado 6 de Decembro, e tomando o Culturgal como cenario, Sermos Galiza lanza a campaña #Porminnonvaiquedar dirixida a reforzar o tecido social que envolve a este meio, o que temos denominado Comunidade Sermos. Canto máis ampla e numerosa sexa a Comunidade Sermos, máis fortaleza terán os meios -un diario dixital, un semanario que sae todas as quintas feiras- de Sermos Galiza, un proxecto xornalístico que só alcanza sentido como proxecto social, comunitario, de base, popular. A campaña #Porminnonvaiquedar decorrerá durante os meses de decembro e xaneiro e ten como principal albo alargar a base de asinantes do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega actualmente nos quiosques. A consolidación do proxecto, tamén a súa mellora e expansión, depende exclusivamente do respaldo social, do apoio de todas as persoas que consideren que Galiza precisa dun espazo de comunicación propio, en galego, e ao servizo do país. Un ollar propio, non un ollar mercenario, sobre a Galiza e sobre o mundo. Iso é o que oferece Sermos Galiza. A campaña #Porminnonvaiquedar decorrerá durante os meses de decembro e xaneiro e ten como principal albo alargar a base de asinantes do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega actualmente nos quiosques #Porminnonvaiquedar quer expresar precisamente iso, o compromiso de quen si aposta en que Galiza sexa tamén no quiosque un país normal, un pais con capacidade de expresión na súa propia lingua, un país con xornalismo galego e en galego, xornalismo independente e alternativo. Este sábado dá comezo a campaña e faino no Culturgal, o grande escaparate da cultura galega, un encontro que se prolongará até a segunda feira 7 de decembro. E a cita é ás 17 horas. Nese momento, e na entrada do Pazo da Cultura, disponibilizaremos un photocall para que quen o queira faga parte dunha capa do Sermos Galiza. Pór a cara por este proxecto, si. Pór a cara pola nosa lingua, pór a cara polo xornalismo libre. Agardámoste!!"}
{"ID": "PRAZA_933", "summary": "A própria doutrina jurídica europeia sinala que as sentenças tenham um efeito de orientação sobre os direitos internos ou, como se costuma dizer, as sentenças de Estrasburgo têm valor de cousa interpretada, e não afetam somentes quando se é parte no processo.", "text": "Longe do que se costuma pensar, a dispersão penitenciaria não é um problema que unicamente afeta a presos políticos bascos. Só na Galiza, por volta de médio milhar de pessoas somos obrigadas a permanecer em cárceres afastadas da nossa Terra, conforme os dados facilitados polo Governo espanhol em resposta às perguntas das deputadas nacionalistas. A dispersão como técnica de chantagem política configurou-se nos anos oitenta, sendo 'oficializada' em 4 de maio de 1989 polo ministro do PSOE Enrique Múgica Herzog. Era a vingança do Governo espanhol à rutura das Conversações de Argel com ETA, mas também foi imediatamente aplicada aos presos independentistas galegos. Consistente na separação de presos e o seu deslocamento a cárceres longe da sua Terra, a dispersão vem-se aplicando como um sobrecastigo não contemplado pola lei, e que se ceba especialmente com as famílias e amizades das prisioneiras, condenadas a longas e custosas viagens. O sinistro saldo desta chantagem conta-se por vítimas mortais em accidentes de tráfico, sangrias económicas, e mesmo agressões a visitantes de presos. Atualmente a dispersão aplica-se sistematicamente às pessoas julgadas por delitos políticos, a muitas outras relacionadas com a deliquência organizada, e também a muitos presos reivindicativos ou conflitivos que são afastados a modo de sanção encoberta. Nestes últimos casos, embora à diferença dos primeiros tenham a possibilidade de voltar a prisões próximas aos seus lares, os efeitos da dispersão costumam resultar mais demoledores: segundo uma investigação da Universidade Pontífica de Comillas, face 89% de presos que recebem alguma visita quando estão encarcerados na sua provincia, apenas 53% têm alguma quando são afastados. A dispersão viola principios de âmbito constitucional que justificam o encerro como método de reinserção social (arts. 25CE e 1LOGP); salta a própria legislação penitenciária que estabelece que \"a política de redistribuição geográfica dos penados debe estar encaminhada a evitar o dessarreigamento social dos mesmos, procurando que as áreas territoriais coincidam, na medida do possível, com o mapa do Estado das Autonomias, dedicando aos penados de cada área, a totalidade da capacidade dos centros de cumprimento que na mesma se ubiquem e procurando que cada área conte com o número suficiente de estabelecimentos para satisfacer as necesidades penitenciárias\" (arts. 12.1. LOGP e 9RP); óbvia considerações do âmbito do tratamento penitenciário (art. 63 LOGP); e incumpre legislações e acordos internacionais. Dito em gíria carcerária: o Estado espanhol fai trampas até jogando ao solitario. A comunidade internacional condenou em diversas ocasiões a política espanhola de dispersão. Em 19 de janeiro de 1996 o Parlamento Europeio exigiu, com votos em contra de PP e PSOE, o respeito das normas existentes sobre o tema, e no informe de 2005 de Theo van Boven –Relator Especial sobre a Tortura da ONU- afirmava-se que \"a dispersão não tem base jurídica e aplica-se de maneira arbitrária. Os presos estão longe das suas famílias e advogados, o que pode causar problemas à hora de preparar a sua defesa\". Agora, duas sentenças do Tribunal Europeo de Direitos Humanos (TEDH) podem abrir um novo campo de batalha contra a política de dispersão. Na primeira das sentenças, no caso Khodorkovskiy e Lebedev vs. Rússia, de 25 de outubro de 2013, o Tribunal Europeo de Estrasburgo julgou o afastamento dos presos como contrário ao Art. 8 do Convénio Europeo de Direitos Humanos, por quanto constitui uma ingerência nos respeito ao direito à vida familiar. A segunda sentença, no caso Vintman vs. Ucraína, ditou-se em 23 de outubro de 2014, volvendo-se recolher o conteúdo da sentença do caso ruso. O preso ucraniano alegava que a obrigação a cumprir condena num cárcere a 700 quilómetros do seu domicílio impossibilitava-lhe ver a sua mãe, já velha e com má saúde. A propósito da primeira sentença um deputado de Amaiur perguntou ao Governo espanhol se pensavam cumprir a sentença europeia, obtendo uma negativa como resposta e um exabrupto de Rajoy: segundo o presidente, a dispersão é \"um favor\" que se nos fai aos presos. No seio do Comité de Ministros do Conselho de Europa, Björn von Sydow –ministro de defesa de Suécia entre 1997 e 2002, e presidente do Parlamento sueco de 2002 a 2006- e Andreas Gross –presidente do Grupo da Assembleia Parlamentar do Conselho de Europa- interessan-se pola dispersão de presos no Estado espanhol, e em julo registaram uma pregunta ao Comité de Ministros: \"Como pode o Comité de Ministros asegurar que estes internos sejam encarcerados de acordó com o TEDH em centros em áreas tão cercanas às suas famílias quanto seja possível?\", tendo em conta o \"custo e perigo\" da dispersão. A resposta do Comité de Ministros, recentemente conhecida, di que. \"O Conselho de Ministros observa que o TEDH não estimou que Espanha viola a Convenção a causa de que os detidos espanhóis não tenham sido internados em estabelecimentos situados em lugares próximos aos seus familiares\". Para Iñaki Lasagabaster, Catedrático de Direito, a resposta é \"correta e veraz\", porque efetivamente ainda não chegou ao TEDH nenhum recurso contra a dispersão espanhola, mais isto não supõe, nem muito menos, uma confirmação europeia da política de dispersão. A Constituição espanhola reconhece o valor jurídico do TEDH e demais acordos internacionais que tenha ratificado (art. 10.2.), e a própria doutrina jurídica europeia sinala que as sentenças tenham um efeito de orientação sobre os direitos internos ou, como se costuma dizer, as sentenças de Estrasburgo têm valor de cousa interpretada, e não afetam somentes quando se é parte no processo. Como com a Doutrina Parot ou a decissão marco da UE sobre o cumprimento de condenas por uma mesma causa em dous países, o Estado espanhol demorará ao máximo a aplicação da decisão europeia, enquanto, semana a semana, milhares e milhares de quilómetros continuarão a mover a ruleta russa da dispersão. Estremera, 2 de março de 2015 P.S.: Nas primeiras semanas de 2015 os presos do módulo de isolamento de Topas fomos transladados a outras prisões por mor dumas obras. A Junta de Tratamento perguntou a todos os presos, menos a mim, aonde preferiam ser transladados. Logicamente, todos solicitaram ser achegados a prisões próximas à sua família. Os translados efetuados forom os seguintes: J., que é de Madrid, para Teixeiro. S., madrilenho, para Palencia. D., que mora em Madrid, para Leom. R., logronhês, para Madrid. Eu e J., galegos, para Madrid…"}
{"ID": "QUEPASA_1127", "summary": "Abril 19: O PSOE de Carballo e Vimianzo critica que a Xunta anuncie obras en centros de ensino tras catro anos de esquecemento.", "text": "Unha das demandas da comunidade educativa parece que se convirte en realidade. En xullo comezarán os traballos de rehabilitación integral do CEIP Fogar (Carballo), despois de que aConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicase hoxe a súa licitación. Cun orzamento de 1.614.908,87 euros, as actuacións inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, colocarase un sistema illante de envolvente continua polo exterior da fachada mediante sistema SATE, mudaranse as fiestras para instalar unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, renovaranse as persianas e substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza. Así mesmo, substituirase o material actual de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro e colocarase illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 52,80% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 62,60% en emisións de CO2. A rehabilitación integral contempla, así mesmo, o esmaltado das carpinterías interiores e radiadores do centro, o pulido do pavimento de terrazo, a reparación e pintado de paramentos interiores en base ao Estudo cromático para Centros de Educación Infantil e Primaria da consellería e a colocación de novo falso teito acústico en varias estancias (aulas e comedor)."}
{"ID": "NOS_21203", "summary": "O cambio na lei prevé que a súa repercusión no resultado final sexa menor que en anteriores comicios, como consecuencia da obriga de rogar o voto. Desde a instauración deste sistema, en xaneiro de 2011, a xunta electoral xa non remite de oficio a documentación precisa para exercer o dereito ao sufraxio, senón que as persoas censadas tiveron que a solicitar antes do 22 de setembro, cando en Galiza aínda non se sabía que candidatos concorrían na carreira cara a Monte Pío.", "text": "\"A uma distância tal, eu estou em uma legislatura mais tarde. Eu voto no presidente que escolheu a Galiza na última eleição, pois era o que a maioria decidiu\" asegura Ricardo Simões, de Rio de Janeiro, emigrante de segunda xeración que nunca estivo en Europa e que en ningunha ocasión deixou de votar. \"Eu não tenho nenhuma intenção de conhecer a Galiza, mas o meu dever é votar porque é um direito que eu tenho como um cidadão europeu\", asegura escudándose na multa que o estado federal brasileiro impón aos que non se presentan nos colexios electorais. As persoas emigrantes que residen en Europa, por norma xeral, teñen máis contacto coa terra. Así, Irene Diéguez, que abandona Alemaña cada agosto, desde hai 40 anos, para visitar Parada da Serra (A Gudiña), di que ten \"contacto diario con Galiza\" a través da TVG, e asegura estar \"completamente informada\", por iso pensa que ten que \"decidir o futuro\". Unha opinión diferente ten Rosa Guerra, que naceu en Suíza e pertence á xeración das redes sociais. \"Nestas eleccións, ao ter que facer tanto trámite, deixei de exercer o meu dereito\", o que lle deu para pensar que \"realmente non son eu quen teño que decidir o presidente dun país que visito cada dous anos e do cal só coñezo Vilariño de Conso\".Un 14,74% do censo total de galeg@s son residentes ausentes. Esas 397.284 persoas suporían, de vivir no noso país, unha gran cidade, a maior, que sería quen de inclinar a balanza para un lado ou para outro. Mais desta volta, segundo os datos da Oficina do censo electoral, só solicitaron participar nos comicios do domingo 23.422 emigrantes, cifra ben diferente dos 76.024 votos válidos de 2009.Isto fai pensar aos partidos que concorren nestas eleccións, que unha vez feito o reconto do voto emigrante, pouco pode influír, \"aínda que depende de moitos factores, sería pouco desexábel que variase\" afirma Montse Prado, Secretaria de organización do BNG e candidata a deputada polo Salnés. O BNG \"pula pola limpeza e a claridade no voto emigrante\", e afirma que \"a nova lei é un avance insuficiente\". Asegura que a súa organización sempre defendeu o \"voto na urna no mesmo día en que se vota aquí, evitando así os cuestionábeis sistemas de correos dalgúns países\". Di que \"ningún país de Europa ten tantos residentes ausentes\", polo que asegura que \"poderían ter dereito ao voto aquelas persoas que teñan vinculación territorial, sen perder os vínculos afectivos que Galiza ten con moitos países\".Pola súa banda, Marisol Soneira, unha das candidatas coruñesas ao Parlamento de Galiza, di que pode ser decisivo \"se un candidato queda o domingo a poucos votos do escano e é do PP ou do PSOE, que son tradicionalmente os partidos aos que votan na diáspora\", pode que cambien os resultados que se escruten ao peche dos colexios electorais. Soneira acredita tamén nun día único para que todo o electorado exerza o voto, pois \"nestes momentos se hai un xiro repentino na campaña os emigrantes xa non poden variar nada, pois a día de hoxe xa están as súas papeletas nos consulados\".O candidato ourensán do PP, Miguel Santalices, di que a lei debe \"garantir que todos os votos cheguen ao noso país\" e asegura que a lei variará para \"acadar un voto transparente tanto no momento da votación, como na recepción\".O sufraxio no exterior quitou en 2009 un deputado ao actual goberno da Xunta, e en 2005 puxo en perigo a maioría obtida polo bipartito, pois só 6.317 votos os distanciaban da equipa de Manuel Fraga.Malia a iso, as campañas no estranxeiro baixaron a intensidade desta volta. O BNG, non desprazou os seus candidatos, e realizou a campaña no estranxeiro cos militantes que residen fóra, como en Bruxelas ou en Londres.Quen si viaxou foi Pachi Vázquez, que solicitou o voto a arxentin@s e uruguai@s, entrementres Laura Seara fixo o propio coas e cos parisienses. Suíza, Andorra ou Bruxelas, foron tamén puntos estratéxicos da campaña socialista. O PPdeG, que tradicionalmente era o partido que abandeiraba a campaña da diáspora, fixo unha intensa precampaña enviando destacados das súas filas cos eufemismos característicos para pedir o voto sen o pedir. No entanto, en campaña, deixou que ese traballo o fixese Génova, para aforrar recursos e \"cazar\" votos de galeg@s e vasc@s. Así, os candidatos ourensáns, os que máis viaxaban a América en campaña, por mor do elevado número de residentes ausentes nesa provincia, desta volta ficaron no territorio de Baltar."}
{"ID": "NOS_11441", "summary": "O portavoz da Presidencia rusa, Dmitri Peskov alegou que \"este é un gran problema para nós.", "text": "As fugas que se produciron no gasoduto Nord Stream, a canle de distribución de gas desde Rusia a varios países europeos, sobre todo Alemaña, provocaron un cruce de acusacións de \"sabotaxe\". O Goberno polaco, entre outros, acusou Moscova de ter sabotado o Nord Stream para non ter que subministrar gas natural a países da Unión Europea (UE). O Kremlin respondeu, a través do portavoz da Presidencia rusa, Dmitri Peskov, a estas acusacións, cualificándoas de \"previsibelmente estúpidas\". Peskov alegou que \"este é un gran problema para nós\". Alerta en Dinamarca e Suecia por fugas de gas no Nord Stream \"As dúas liñas do Nord Stream están cheas de gas, todo o sistema está listo para bombear gas, e este é extremadamente caro, polo que dicir que Rusia está detrás destes ataques supón unha acusación estúpida e absurda\" manifestou. Ademais, o portavoz do Kremlin tamén quixo tratar unha posíbel implicación dos Estados Unidos de América no asunto, manifestando que \"hai moitas preguntas sobre o que pasou. Estamos a ver os enormes beneficios dos provedores de gas natural licuado dos Estados Unidos, que multiplicaron as súas entregas ao continente europeo\". Novas sancións a Rusia Ante esta situación, Bruselas propuxo esta cuarta feira un novo paquete de sancións a Rusia, entre elas, un tope ao prezo do petróleo ruso. Ademais, a UE tamén se pronunciou sobre o acontecido no Nord Stream. Segundo as primeiras investigacións, de se confirmar a teoría de que se trata de roturas deliberadas, só un Estado tería a capacidade loxística de levalas a cabo, posto que o gasoduto encóntrase a máis de 70 metros de profundidade baixo o mar. Rusia suspende de maneira indefinida o envío de gas a Europa a través do Nord Stream 1 Sabido isto, se ben a UE non acusa ningún Estado directamente, asegurou que todo apunta a que\"se trata dunha sabotaxe deliberada\". Así o manifestou esta cuarta feira o alto representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguranza, Josep Borrell, quen engadiu que \"a UE reaccionará dunha forma \"forte e unida\" e sostivo que \"estes accidentes aféctannos a todos e non son, para nada, unha coincidencia\"."}
{"ID": "NOS_15200", "summary": "\"As mulleres sempre nos vemos atraídas por homes fortes e valentes, con boa saúde, que nos podan protexer\". Por afirmacións como esta, a CIG reclama a retirada da profesora Teresa Baró do curso \"Linguaxe non verbal para comunicadores\" que a CRTVG ofrece a profesionais da compañía.", "text": "A CIG reclama a retirada por sexismo de Teresa Baró do curso \"Linguaxe non verbal para comunicadores\" que a CRTVG ofrece desde a súa área de formación a \"redactores, locutores de radio, locutores de televisión e auxiliares de redacción\" e que se impartiría os próximos 8, 9, 22 e 23 de abril. A central nacionalista detectou \"graves contidos sexistas no enfoque da especialidade que imparte a docente\" que quedan á vista na súa web www.teresabaro.com que leva por título \"Habilidades de comunicación\". Teresa Baró chega a afirmar que \"para triunfar na diversidade de roles que desempeña, a muller de hoxe, ten que dominar moitos estilos de comunicación: desde o de profesional eficiente ao de muller sedutora sexualmente\". \"A muller seduce máis pola dozura, a sensualidade, e mesmo ás veces pola submisión\", defende Baró A especialista en comunicación repite estereotipos machistas como que \"as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes e valentes, con boa saúde, que nos poidan protexer e asegurar a supervivencia das nosas crías, ademais de proporcionarnos un determinado estatuto social. É unha mera cuestión biolóxica, instinto de supervivencia\". Outra das pérolas que a CIG denuncia é na que Baró chega a afirmar que \"a muller seduce máis pola dozura, a sensualidade, e mesmo ás veces pola submisión\". \"Afirmacións como as citadas son contrarias aos principios de igualdade e non discriminación, lesionan gravemente os dereitos e a imaxe da muller e coliden cos principios nos que debe inspirarse a actividade de comunicación audiovisual da Corporación RTVG\" denuncian desde a CIG na solicitude pola que esixen a \"retirada inmediata\" da docente do curso para profesionais da comunicación."}
{"ID": "NOS_55394", "summary": "A residencia DomusVi de Vimianzo segue sendo a máis afectada e seguen aumentando os traballadores infectados.", "text": "Os casos de Covid en usuarios de residencias aumentou até contabilizarse 117, tres máis que os contabilizados no balance da xornada do domingo. Só na residencia de Moledo en Vigo detectáronse 11 novos contaxios. Con todo, a residencia Domus Vin de Vimianzo segue sendo a máis afectada, con 35 infectados. Así figura no último balance da situación da pandemia na Galiza ofrecido na mañá de hoxe polas autoridades sanitarias. Nel, a residencia DomusVi de Vimianzo mantense como o centro máis afectado pola pandemia cun total de 35 usuarios contaxiados. Séguenlle o CRAPD Vigo II, con 14 -un menos-, a Saleta de San Cristovo de Cea, con 13 infectados -dous menos-, a residencia de Moledo en Vigo, con 11 e o xeriátrico Pontevedra de Vilaboa, con 8, dous menos. No que respecta a os traballadores das residencias, o cómputo global segue aumentando, pasando dos 122 dos facilitados no balance do domingo a 126 nos datos achegados nesta xornada de hoxe. En concreto, incorpóranse tres traballadores da residencia Albertia de Lugo e un da residencia de Moledo Vigo."}
{"ID": "NOS_11304", "summary": "A Asociación Cultural Vagalumes realizou na mañá do domingo un acto simbólico no que lle mudou o nome á rúa Capitán Bernal pola denominación dos Mártires da Estrada, en honor á Corporación municipal asasinada no franquismo.", "text": "O 5 de xuño de 1937 eran fusilados á beira do río Lérez, en Pontevedra, o que fora alcalde da Estrada, Jesús Ignacio Puente Fontanes, os tenentes de alcalde, Ramón Fernández Rico e José Rodríguez Sangiao e os veciños José María Pena López, Manuel Nogueira González e Cándido Tafalla Froiz. A Corporación municipal lexítima deixara unha carta antes do seu fusilamento na que expresaba a súa derradeira vontade: dedicar unha rúa aos Mártires da Estrada. A Asociación Cultural Vagalumes colleu a luva dos fusilados pola ditadura franquista e na mañá do domingo realizou un acto simbólico na Estrada que consistiu en mudar o nome da rúa Capitán Bernal, fascista que enviara a orde de incendiar o municipio á Garda Civil no caso de que o pobo non se rendese, pola de Mártires da Estrada. \"Hai máis dunha década que se aprobou en pleno a retirada do nome de Capitán Bernal, mais o certo é que se conserva o rótulo e mantense o mesmo nome como referencia desta rúa a todos os efectos\", explícannos desde a asociación en declaracións a Sermos Galiza. \"Os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixesen honra do cargo que ostentaban ao desoír un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado\" A entidade reitera a necesidade de \"cumprir a derradeira vontade dos representantes democráticos do noso pobo que foron fusilados o 5 de xuño de 1937 no sentido de que se lle dedicara unha rúa co nome Mártires da Estrada\". Trátase, din os membros da asociación, dunha \"petición de xustiza, tendo en conta o sacrificio que eles sufriron polo ben do noso Concello\". Lamenta a A.C. Vagalumes que \"os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixesen honra do cargo que ostentaban ao desoír un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado\". Para recuperar a memoria da Corporación e veciñanza fusilada, esta asociación cultural conmemora cada 5 de xuño o Día dos Mártires da Estrada. \"Coincidindo con esta data, acordamos exercer as funcións que lle corresponde á institución municipal, e das cales se inhibe, e rectificar o nome desta rúa\"."}
{"ID": "NOS_53109", "summary": "A CIG anuncia mobilizacións conxuntas para os días 3 e 10 de agosto. Asemade, o Secretariado Confederal da central sindical reunirase o 27 de agosto para valorar a data da Folga Xeral.", "text": "Nesta sexta, a Executiva Confederal da CIG decidiu convocar mobilizacións conxuntas coas delegacións na Galiza das centrais sindicais españolas --CC.OO e UGT--, os vindeiros 3 e 10 de agosto. As datas foron escollidas co gallo da celebración dos Consellos de Ministr@s e procuran denunciar as agresións permanentes do goberno español aos dereitos sociais e laborais da clase traballadora galega. Así mesmo, a Executiva decidiu convocar ao Secretariado Confederal para o 27 de agosto, á fin de valorar a data máis acaída cara a inminente Folga Xeral. Neste senso, a CIG manterá máis unha reunión cos secretarios xerais de CC.OO e UGT a prol dunha convocatoria conxunta da xornada de loita xeral. As tres centrais sindicais, mantiveron a pasada quinta un encontro mais os representantes das delegacións na Galiza de Comisións e UGT, preferiron adiar a decisión a respecto dunha convocatoria conxunta. Malia retrasar a convocatoria da máis que necesaria folga, os secretarios xerais das centrais sindicais españolas, veñen de reunirse a pasada quinta en Madrid co presidente do goberno español, xuntanza na que presentaron as súas reivindicacións a Rajoy.Asemade, e como recolleron diversos medios os españois, os líderes de CC.OO e UGT, terían desenvolvido recentemente un encontro coa chanceler alemá Ánglea Merkel. Pola súa banda, a CIG manterá o calendario de mobilizacións ao longo destes meses á fin de exixir a retirada destas medidas regresivas e gravemente lesivas para as maiorías sociais. Xa que logo, convocan para o 7 de setembro concentracións perante as delegacións da patronal e o 21 dese mesmo mes, mobilizacións comarcais que máis unha vez leven @s traballador@s á rúa na defensa dos seus dereitos. NOTA: No número 8 do Sermos Galiza damos Cinco (sinxelas) razóns para secundar a Folga Xeral"}
{"ID": "NOS_5542", "summary": "Só sete centros declaran impartir maioritariamente en galego segundo a enquisa que vén de presentar a Mesa pola Normalización Lingüística, un 2,42 % fronte ao 3,19 % do pasado ano. 94,43 % usan maioritariamente o español.", "text": "Ningún na Coruña, Ferrol, Pontevedra e Lugo, dous en Ourense e cinco Santiago. Só un 2,42 dos centros de Educación Infantil declara que desenvolven a súa actividade maioritariamente en galego. Os que afirman que a súa comunicación se realiza a metade en galego co alumnado alcanza só o 4,15. Do 94,43 % restante, que confesan usar maioritariamente o castelán, só hai 2 que indican que chega ao 33%, Son os datos definidos como \"alarmantes\" pola Mesa pola Normalización Lingüística que presentou esta terza feira o resultado da enquisa realizada cos centros durante os meses de abril e maio. Do total de 289 centros de Educación Infantil, a inmensa maioría, 270, teñen as súas actividades maioritariamente en castelán, só 7 maioritariamente en galego e 12 informan de que o reparto de linguas é ao cincuenta por cento. Non é máis optimista a situación con respecto ao uso de materiais na nosa lingua. No conxunto das cidades, só 11 centros contan con materiais didácticos en galego e 278 manifestan que non empregan ningún na nosa lingua. \"Dáse mesmo a circunstancia de que hai menos centros que dispoñan de materiais didácticos en galego dos xa poucos que declaran impartir aulas na nosa lingua. É indicativo da falta de interese por dotar de materiais dignos ao profesorado\", denuncia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. Os resultados da demolición Para Marcos Maceira, a enquisa e os seus resultados están a demostrar \"o éxito do plan de demolición lingüística da Xunta que se constata na aceleración do proceso de eliminación do galego do sistema educativo\". Relacionou o presidente da MNL, o estado do proceso de normalización cos obxectivos do \"decretazo\". \"O que nos tememos é que isto non é un fracaso senón todo o contrario, o cumprimento dos seus obxectivos. Esta radiografía demostra que se houbera vontade de camiñar cara á normalización cumpriría derrogar o decreto e retomar o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística como punto de partida\". Marcos Maceira reclamoulle ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo que poña fin \"ao quinquenio negro para a nosa lingua e ao desprezo que mostra polo galego que é o desprezo que sinte por Galiza\"."}
{"ID": "NOS_46562", "summary": "O actual portavoz do BNG en Compostela era o Secretario Xeral de Galiza Nova cando afundiu o Prestige. Dez anos despois lembra como foi aquel momento e o que significou a resposta cidadá e a mobilización de 'Nunca Máis'", "text": "Onde estaba cando comezou todo?O que lembro foi, máis ca o momento en que afundiu, que coincidiu que eses días tiñamos unha Asemblea Nacional de Galiza Nova. Moita xente faltou á asemblea porque foron directamente a botar unha man nas praias. Galiza Nova tivo un papel importante no que foran as mobilizacións do Prestige. Lembro que participamos moi activamente. Por exemplo na primeira manifestación que houbo que partira da Lonxa de Muxía. Que significou para vostede o movemento Nunca Máis?Un motivo de orgullo do país no que vivo e dun pobo que non se resignou na mentira, nin na ocultación nin na manipulación. Desde logo botouse á rúa e ás praias contra a incompetencia dos gobernantes, a combater o maltrato que historicamente tivo o noso país. Por desgraza o Prestige foi parte dunha secuencia máis longa da que formaron parte Urkiola, Polycommander, Mar Egeo,... nun país que nin sequera pode organizar o sei salvamento marítimo. \"Non é lóxico que despois dunha catástrofe como aquela que condicionou a vida de milleiros de persoas dun país enteiro, non haxa ningún tipo de responsábel\" Que pensa que queda daquel sentimento de indignación? Serviu para moito desde unha perspectiva de concienciar e de mobilizar. A efectos prácticos moitos dos elementos estruturais que propiciaron que aquelo fora posíbel seguen hoxe vixentes. Moitos dos motivos fundacionais que levaron á xente a mobilizarse daquela seguen, por desgraza, vixentes na actualidade. Só cando ocorren desgrazas deste tipo volvemos a lembrarnos todos. Que agarda do xuízo que agora se vai celebrar polo afundimento do 'Prestige' e as súas consecuencias? Agardaría xustiza. Son escéptico mais agardaría xustiza. Non é lóxico que despois dunha catástrofe como aquela que condicionou a vida de milleiros de persoas dun país enteiro, non haxa ningún tipo de responsábel. Desde unha perspectiva penal mais tamén desde unha perspectiva política. Interviñeron diferentes factores, houbo persoas con nomes e apelidos que foron responsábeis de todo o que aconteceu e a xustiza, ademais de lenta, de momento non se fixo con este país."}
{"ID": "NOS_15426", "summary": "Convidado pola Deputación de Pontevedra, o pedagogo e investigador italiano Francesco Tonucci vén de difundir entre os concellos pontevedreses a súa visión da educación e das cidades, cun protagonismo especial para as crianzas. Conversamos con el no Sermos Galiza 247.", "text": "Pontevedra é o mellor exemplo da cidade das nenas e nenos? Pontevedra pode dicir con orgullo que é unha das cidades que se comprometeu hai 18 anos a devolver o espazo público á xente, porque nas cidades agora ese espazo está privatizado polos coches. Os que se moven en coche son un 30% e que ocupen o 80% do espazo -ou para circular ou para estacionar- é un abuso. Pontevedra pódelle dicir á súa cidadanía que saia da casa porque ten un espazo para ela, un ambiente acolledor. As rúas están ocupadas pola xente e cando iso sucede, cando nenas e nenos están na rúa, estas fanse seguras. A Deputación de Pontevedra pretende crear unha rede provincial de cidades das nenas e nenos… outras vilas, mesmo a nivel internacional, queren aplicar a filosofía de Pontevedra. É iso posíbel? O modelo debe ser posíbel trasladalo a todas as cidades. Eu falo do que precisan as crianzas para que a xente entenda o que é preciso para todos, para que a xente entenda que a cidade das nenas e nenos é unha cidade para todos… Ademais é moi interesante notar que cando falamos con crianzas, elas nunca pensan nunha cidade para elas exclusivamente. As crianzas precisan de seus pais, avós, os seus cans, plantas… Unha cidade das nenos e nenos, por tanto, é unha cidade completa. Só nós, os adultos, puidemos pensar unha cidade só para nós. Isto é impresionante. Pontevedra é un modelo que demostra que o que parece unha utopía se pode facer concreto. É a cidade que máis realizou a proposta que fago. Hai moitas cidades que fixeron cousas moi interesantes, pero a que levou a proposta até unha coherencia de cambio da cidade, de cambio do deseño das rúas para que favorezan a xente en lugar dos coches é Pontevedra a nivel internacional. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 247, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_15786", "summary": "Este sábado decorrerá o acto de toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, e o domingo deberá anunciar os integrantes do seu goberno para o que resta de lexislatura.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, foi nomeado sexto presidente electo da historia do Goberno galego cos votos a favor do grupo parlamentario do Partido Popular (PP) e os votos en contra do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Partido Socialista (PSdeG). Rueda di que BNG e PSdeG \"son os do 'non'\" A votación decorreu despois de que tivese lugar o debate de investidura entre o candidato e os portavoces do BNG, Ana Pontón, e do PSdeG, Luís Álvarez. O portavoz popular, Pedro Puy, non puido estar presente na parte final da sesión, polo que foi substituído polo deputado Miguel Tellado. Finalmente, o Parlamento emitiu 74 votos. 41 foron a favor de Alfonso Rueda, mentres que os 33 restantes foron en contra da súa investidura. Pontón: \"Non convocan eleccións porque as perderían\" A falta de oficializar o nomeamento de Rueda coa publicación do resultado no Diario Oficial da Galiza (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE), o popular sucede Alberto Núñez Feixoo á fronte do Goberno galego. O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, dará conta da votación ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e ao xefe de Estado, Felipe VI. Luís Álvarez: \"Rueda é máis do mesmo\" Este sábado decorrerá o acto de toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, e o domingo deberá anunciar os integrantes do seu goberno para o que resta de lexislatura."}
{"ID": "PRAZA_17760", "summary": "A vaga de calor subirá os termómetros alén dos 40 graos en moitas comarcas do país e só A Mariña manterá niveis suaves. A combinación das altas temperaturas co prognóstico de vento do nordés disparou xa o Índice de Risco Diario de Incendios HEMEROTECA | O risco de incendios en Galicia polo cambio climático aumentará ata niveis críticos neste século", "text": "Tras un mes de xullo inestable no meteorolóxico, con presenza de chuvias e, nalgunhas xornadas, con temperaturas baixas para o verán, agosto comeza coa primeira gran vaga de calor do ano. Isto é, vaise dar o que Meteogalicia define como \"unha certa persistencia de temperaturas extremas durante varios días combinados con noites tropicais\", con temperaturas mínimas superiores aos 20 graos e máximas que superarán os 40. As predicións apuntan a que entre o xoves e o domingo gran parte do país superará amplamente os 35 graos e, no caso dalgunhas comarcas da provincia de Ourense, o termómetro subirá alén dos 40.A vaga de calor subirá os termómetros alén dos 40 graos en moitas comarcas do país e só A Mariña manterá niveis suavesSó A Mariña, especialmente a Oriental, manterá niveis suaves de temperatura estival -roldará os 25- nunhas xornadas que son tamén o pórtico das semanas nas que adoitan concentrarse o maior número de incendios forestais de todo o ano. Así o reflicten os datos acumulados no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), que sinala a trixésima ou trixésimo primeira semana do ano -na que nos atopamos neste inicio de agosto- como inico dunha curva ascendente que acada o seu cumio a finais de mes, cunha media de ata 200 incendios forestais na última década. A cifra é, non obstante, moi inferior á media do período 1998-2007, cando nestas datas se superaban, de media, os 600 incendios.A combinación das altas temperaturas co prognóstico de vento do nordés disparou xa o Índice de Risco Diario de IncendiosA combinación destas altas temperaturas co prognóstico de vento do nordés disparou xa o risco diario de incendios (IRDI), un índice que se actualiza diariamente tendo en conta a situación meteorolóxica e o estado dos montes. Este mércores xa era alto en bo aparte do interior de Lugo e da provincia de Ourense e moi alto ou extremo en varias comarcas ourensás e no Baixo Miño. Os modelos de predición indica que durante a vaga de calor o risco extremo espallarase por boa parte de Galicia, novamente coa Mariña como excepción.O dispositivo de prevención e extinción de incendios deberá prestar durante esta vaga de calor aos concello que, segundo o Pladiga son consideradas zonas de alto risco de sufrir os efectos do lume. Son a maioría dos municipios do país, un total de 194 dos 313. Esta vaga chega apenas 48 horas despois de que o Parlamento aprobase, cos votos a prol de PP e PSdeG e a abstención de En Marea e BNG, as conclusións da comisión de estudo sobre os incendios forestais, especialmente centrada nos que padeceu Galicia en outubro de 2017, con 50.000 hectáreas ardidas en apenas dous días. Este documento inclúe un cento de propostas que os grupos resumen na aposta de atallar as \"causas estruturas dos incendios\" como \"mecanismo de dinamización dun medio rural vivo, dinámico e sustentable.Diante destas circunstancias a Xunta decidiu activar a alerta meteorolóxica de nivel laranxa dende o xoves na provincia de Ourense e o venres, no resto do país. A Consellería de Sanidade reitera os habituais consellos ante vagas de calor, como prestar atención á infancia e á poboación anciá, beber máis líquido do habitual aínda que non se teña sensación de sede ou evitar a exposición ao sol nas horas de máis calor. Do mesmo xeito, recomenda evitar as horas do mediodía e as primeiras da tarde para tomar o sol e facelo sempre dende 30 minutos despois de aplicar protector solar cun factor non inferior a 15."}
{"ID": "NOS_656", "summary": "Os achados realizados polo grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galiza do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) permitiron a catalogación das primeiras variedades autóctonas de oliveira. Un descubrimento histórico que sitúa Galiza no mapa do aceite. Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 282.", "text": "Renacen no país as oliveiras da man da ciencia e da tradición. O recoñecemento oficial de dúas variedades propias do país, a Brava e a Mansa galega, vén de abrir unha porta de futuro: a posibilidade de producir aceites de oliva únicos no mundo, cultivados no país e comercializados baixo unha denominación de orixe. Un rexurdimento que, segundo as primeiras investigacións, conta cos ingredientes idóneos para se consolidar. \"A oliveira aquí dáse, temos un solo distinto e o aceite que estamos sacando, é completamente distinto. E de moita calidade\", explica José Antonio García Martínez, presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galiza (APAG). Conta na actualidade con 102 persoas asociadas que, entre elas, suman unhas 113 hectáreas e 130.000 oliveiras cultivadas no país. \"Na Galiza non temos grandes terreos, non podemos competir en cantidade, pero si en calidade. Estámolo a recoller a man, en verde, para gardar todo seu sabor\", conta sobre as primeiras experiencias, que agora contan co aval científico. \"A investigación das especies autóctonas supuxo case todo. Cando se puxeron en contacto case hai tres anos, estabamos pelexando por dar a coñecer as oliveiras galegas, pero era imposíbel\". Sen nome, non existían. Foi o traballo realizado polo grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galiza, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con sede en Pontevedra, o que permitiu cambiar a percepción sobre a oliva no país. Durante os últimos anos, baixo a dirección de Carmen Martínez Rodríguez, analizaron centos de oliveiras galegas que permitiron o recoñecemento das dúas variedades autóctonas. \"Comezamos a investigación a partir dun traballo sobre produtos galegos saudábeis. Queríamos facer un estudo sobre semente de aceite de uva e contactamos cunha empresa que estaba a investigalo. Propuxeron facelo tamén coas oliveiras e aceptamos, malia que en principio non era a nosa vía principal. Pero coas primeiras mostras, logo dun ano máis ou menos, decatámonos de que era un tema con moito percorrido a nivel científico e con moito interese comercial\", apunta a directora do traballo, en declaracións a Sermos Galiza. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 282, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais do país]"}
{"ID": "PRAZA_15336", "summary": "Hai hoxe 81 anos remataba en Pontevedra a asemblea fundacional do Partido Galeguista, protagonizada por persoeiros como Bóveda, Castelao ou Paz Andrade.", "text": "O 6 de decembro é, segundo o calendario de días festivos vixente en todo o Estado, o Día da Constitución, e nel conmemoráse o referendo da Carta Magna española, celebrado nese día en 1978. Corenta e sete anos antes en Galicia celebrouse outra 'constitución', menos lembrada na actualidade pero de importancia para o país dada a súa influencia, por exemplo, na loita polo Estatuto de Autonomía de 1936, base para o acceso ao réxime autonómico posterior ao franquismo. Esta 'constitución' foi a do Partido Galeguista (PG) que, convocada como \"VII Asambreia do nacionalismo\" tiña como obxectivo fundamental, segundo deixou escrito Alexandre Bóveda, a \"unificación da laboura galeguista en toda Galiza\".Ao abeiro da dinámica iniciada na primeira asemblea nacionalista de 1918, auspiciada polas Irmandades da Fala e celebrada en Lugo, os grupo de galeguistas de Pontevedra -entre os que estaba o propio Bóveda, ademais de Cruz Gallástegui, Filqueira Valverde e moitos outros- foi, xunto co da Coruña, o gran animador do proceso previo á asemblea, á que concorreron dende outros puntos do país persoeiros como Valentín Paz Andrade, Manuel Lugrís Freire, Antonio Alonso Ríos, Álvaro das Casas ou o propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Durante unha xornada preparatoria e dúas máis da propia asemblea, os galeguistas definiron o seu modelo organizativo e os principais obxectivos polos que loitarían no contexto da II República Española, acabada de estrear apenas oito meses antes.O xermolo do PG está nas asembleas nacionalistas impulsadas polas Irmandades da FalaCo dereito de autodeterminación como horizonte, o obxectivo político máis inmediato polo que decidiu loitar o PG foi o Estatuto de Autonomía no marco republicano. Xunto a estas grandes liñas, da asemblea de Pontevedra emanou un primeiro \"programa de acción\" para comezar o traballo político desta primeira organización unitaria do nacionalismo. No seu limiar os membros fundadores do partido incluíron, moi sinteticamente, a súa definición do país: \"unidade cultural\", \"pobo autónomo\", \"comunidade cooperativa\", \"célula de universalidade\".Estatuto e fin das deputaciónsNo que se pode considerar como primeira proposta programática do PG é posible atopar reivindicacións moi propias da época xunto con outras que aínda permanecen vivas no debate político galego. Así, por exemplo, no que atinxe á \"organización de Galicia\" os galeguistas reclamaban a \"creación dun organismo galego con base exclusivamente democrática e con facultades deliberantes para rexir, con autonomía integral, os intereses de Galicia\". A \"aspiración mínima e inmediata\" sería que ese organismo lograse a \"atribución do máximo de facultades que a Constitución da República concede aos territorios autónomos\".A creación dun organismo galego de goberno tería que traer consigo \"a conseguinte supresión das deputacións\"A posta en marcha dun organismo de goberno autónomo para Galicia tería que traer consigo, a xuízo dos galeguistas, a \"conseguinte supresión das deputacións provinciais\", \"plena autonomía municipal, recoñecendo a personalidade administrativa da parroquia rural e da comarca\" e a \"incorporación a Galicia das terras colindantes que teñan comunidade étnica, histórica e lingüística con ela, sempre que se determiñen a isto por medio do plebiscito\". Algúns destes principios ficarían tamén reflectidos, pouco despois, nos traballos de elaboración do Estatuto.Democracia directa e veto á corrupciónO mesmo documento bosquexaba tamén unha proposta de funcionamento político ordinario para o país, a comezar pola \"igualdade de dereitos políticos para a muller\" e a \"incapacidade dos que, podendo, non rendan función útil á colectividade, para seren elixidos para cargos políticos\". Abordábanse tamén neste apartado cuestións aínda pendentes na actualidade, como \"unha fórmula que permita os emigrantes ter representación directa na organización política de Galicia\", a \"representación proporcional, con grandes circunscricións\" ou a \"adopción de procedimentos eficaces que eviten a corrupción electoral e o falseamento da vontade popular\". Todo isto produciríase nun contexto de \"práctica da democracia directa\" nas institucións galegas, con mecanismos como o \"referendo\" e o \"concello aberto\". Os galeguistas reclamaban \"igualdade de dereitos políticos para a muller\", \"procedimentos para evitar a corrupción electoral\" e un \"imposto progresivo sobre a renda\"Nun escenario no que os responsables políticos terían, a xuízo do PG, que ter \"responsabilidade económica\" se lles causasen \"dano aos particulares\" dende a Administración, o programa galeguista abordou tamén cuestións sectoriais, como necesidade de que se aplicasen en Galicia \"as normas internacionais da lexislación do traballo\", incluíndo o \"recoñecemento dos dereitos sindicais\" e a \"eliminación dos menores de 16 anos do traballo industrial\". Do mesmo xeito, propúñanse \"medidas lexislativas que favorezan a organización cooperativa e sindicación\" no agro galego, a \"repoboación forestal patrimonio de Galicia\" ou a \"regulamentación da edificación rural en orde á hixiente e de acordo co arte paisán\". Para isto último estableceríanse \"estímulos económicos\".A concentración parcelaria, a fin dos foros, o arrendamento de fincas ou a \"exención da contribución\" dos predios dos pequenos propietarios eran outras das iniciativas daquel primixenio programa galeguista, que non esqueceu iniciativas fiscais como o \"dereito de expropiación nos casos de ocultación fraudulenta\" ou a \"creación dun imposto progresivo sobre a renda\", plans para a \"galeguización do ensino\" ou cuestións tan específicas da época como a \"igualdade de dereitos civís para a muller casada no caso de emigración do marido\"."}
{"ID": "NOS_26177", "summary": "Non é un eufemismo, é directamente unha ocultación.", "text": "A conta twitter da CRTVG informa así do 79 cabodano do fusilamento de Federico García Lorca, producido na madrugada do 18 de agosto de 1936: #TalDíaComaHoxe, do ano 1936, falecía o poeta e prosista Federico García Lorca pic.twitter.com/tNhPmB5ZqL— CRTVG (@crtvg) 18 agosto 2015 É evidente que no texto se omite o feito de o autor de Poeta en Nueva York ter sido fusilado polos fascistas que perpetraron o golpe de Estado do 18 de Xullo de 1936. O chío produciu obviamente reaccións de indignación na rede: .@crtvg Falecía? Como? Atropelouno un coche? Coido que \"faleceu\" porque o ASASINARON. Até podiades dicir que o FUSILARON uns FASCISTAS— M. Loureiro (@loureiro_gz) 18 agosto 2015 @loureiro_gz @crtvg faleceram-no...— Ernesto V. Souza (@Evazsou) 18 agosto 2015 @crtvg infarto? acidente de trânsito? Tanto custa dizer que um dos maiores poetas da história foi assassinado polo fascismo?— José Emílio Vicente (@josevicgz) 18 agosto 2015 No momento en que rediximos esta información, a/o community manager que xire a conta twitter da CRTVG aínda non respondeu a estas persoas."}
{"ID": "NOS_27278", "summary": "Entre 2005 e 2020 houbo 20.000 sinistros laborais.", "text": "A Organización Internacional do Traballo (OIT) considera o de mariñeiro como unha das profesións máis perigosas. Unha realidade que na Galiza é ben coñecida e que testemuñan ano tras ano os informes do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga). Entre 1994 e 2020 perderon a vida na Galiza 384 traballadores e traballadoras do mar. Tan só entre 2014 e 2020 foron 70 os falecidos, e o número de sinistros laborais relacionados coa pesca superou os sete mil até se situar en 7.091. Unha media de case tres accidentes por día e un morto cada mes. E isto nun colectivo de traballadores, o sector da pesca e acuicultura, que non chega a 19.000 persoas. Por iso arrepían datos como que entre 2010 e 2016 un de cada cinco traballadores e traballadoras que morreron na Galiza por accidente laboral estaba relacionado coa pesca. Traballo \"moi duro\" En xuño do ano pasado a traxedia do Sempre Güeto, un cerqueiro de Portosín que envorcou á altura de Cedeira deixando dous mariñeiros mortos, levou o presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, a lembrara Nós Diario que \"o traballo do mar é moi duro, non hai outra\". Cre, como noutros casos, que erradicar os accidentes \"vai ser algo imposíbel\" polas circunstancias e o medio no que traballan. Xosé Manuel Carril, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade da Coruña, explicaba a este medio que no sector da pesca, traballando a bordo dos buques, hai unha \"combinación de varios riscos\", por un lado os propios \"do medio\" e por outro \"do seu centro de traballo\". Este profesor salientaba que a propia OIT e a Unión Europea (UE) \"poñen de manifesto que onde máis accidentes hai é nas actividades marítimo-pesqueiras\" sobre todo aquelas que se realizan a bordo dos buques de pesca. Por este motivo cre que o Estado español \"debería mellorar a regulación das condicións de traballo nas embarcacións\". Pola propia perigosidade do traballo, Carril demandaba que sexa un traballo \"ben regulado, ben remunerado e ben protexido\" para que compense o esforzo de quen traballa neste sector. Traxedias O Vila de Pintanxo é, até agora, o último dos naufraxios que sacude a pesca galega nestas dúas décadas. - Zafir (2000): O cargueiro portugués Zafir, con tripulación galega, naufraga no mar Xónico. 13 mortos e desaparecidos. - Panchito (2000): O pesqueiro de Laxe afunde na Costa da Morte. Catro mariñeiros mortos e un desaparecido. - O Bahía (2004): Este cerqueiro de Cambados afundiu á altura das Illas Sisargas. Morreron os 10 tripulantes. - Siempre Casina (2006): Volanteiro con base en Burela que afundiu 21 millas ao norte de Ribadeo. Faleceron oito tripulantes. - Cordero (2008): Arrastreiro de Ribeira que foi a pique a 30 millas da Coruña. Un morto e catro desaparecidos. - Almuíña (2009): Palangreiro vigués naufragado a mil millas das Bermudas. Catro mariñeiros desaparecidos. - Santa Ana (2014): O afundimento fronte á costa asturiano deste pesqueiro con armadora de Muros deixou oito mortos. -Mar de Marín (2014): Arrastreiro que afundiu entre as Cíes e Monteferro. Cinco mortos -Sin Querer Dos (2018): Pesqueiro de Portonovo que naufragou perto de Fisterra. Tres mariñeiros mortos e un desaparecido."}
{"ID": "PRAZA_6911", "summary": "A plataforma Contraminacción, que xunta vinte asociacións, solidarízase cos activistas \"ameazados e multados\" polas empresas mineiras e advirten á patronal \"que nin esta nin ningunha outra tentativa\" de amordazalos impedirán que sigan \"denunciando as ilegalidades que cometen\".", "text": "\"Se algo quedou claro é que todo o noso territorio está ameazado pola proliferación de proxectos mineiros en fase de permiso solicitado, concedido ou de explotación e que se suman ás explotacións de mineral xa en activo\". Esta foi a conclusión á que chegaron a vintena de colectivos que este sábado celebraron o segundo Encontro sobre os Impactos da Minaría en Galiza. Para facelo, segundo a plataforma Contraminacción que reúne todos os colectivos contra a minería salvaxe, moitas empresas \"non só realizan a súa actividade saltándose a legalidade vixente e destruíndo espazos como solos rústicos de protección agropecuaria, reservas da biosfera ou Rede Natura; senón que, no caso concreto de Cementos Cosmos, tamén pasaron á represión dos e das activistas que denuncian estas ilegalidades\". \"Todo o noso territorio está ameazada pola proliferación de proxectos mineiros ou explotacions en activo\" Refírese Contraminacción ao caso de Marcos Celeiro, presidente da Asociación Cultural O Iribio de Triacastela, que denunciou esta empresa por estar a desenvolver a súa actividade sen os permisos e licenzas pertinentes e se atopou cunha demanda da cementeira de 45.000 euros máis as costas xudiciais do proceso, tal e como publicara Praza Pública. \"Todas as organizacións e colectivos que formamos parte da plataforma Contraminacción solidarizámonos con Marcos e co resto de activistas do Iribio que están ameazados e ameazadas\", aseguran desde o encontro que se celebrou este sábado, desde onde lanzaron unha \"mensaxe clara e inequívoca á patronal mineira\": \"Nin esta nin ningunha outra tentativa de amordazarnos van impedir que sigamos denunciando as ilegalidades que cometen nin o feito de que, coa complicidade da Xunta, pretendan apropiarse do noso territorio para o seu lucro privado e a costa de destruír e envelenar o noso medio natural e atentar contra sectores produtivos vitais para a nosa economía como a agricultura, a gandería ou a pesca\". Os vinte colectivos solidarízanse con Marcos Celeiro e advirten á patronal mineira que \"ningunha intentativa de amordazalos vai impedir que sigamos denunciando as súas ilegalidades\" Todos os prexuízos sobre a economía e o medio natural que provocan varios dos proxectos mineiros en Galicia. Este foi un dos temas principais analizado no encontro, onde se debullaron algúns como os que Erimsa pretende levar a cabo na Terra Cha ou Edgewater en Bergantiños, ou explotacións en marcha como a de Cementos Cosmos en Triacastela. \"Estes exemplos deixan ben claro que a destrución irreparable do noso patrimonio e dos postos de traballo que provoca a minaría salvaxe sáelle infinitamente máis cara á sociedade galega que os lucros particulares que obteñen desa explotación os accionistas dunhas empresas que, na maior parte, adoitan ser estranxeiras\", asegura a plataforma, qu eengade á lista importantes bisbarras afectadas como A Fonsagrada, O Courel, Barbanza, a Serra do Galiñeiro, Ordes ou A Limia. Polo demais, o II Encontro sobre os Impactos da Minaría, tamén tivo tempo para unha parte didáctica na que as persoas asistentes \"se formaron en lexislación urbanística e medioambiental de cara a ter ferramentas para investigar os atentados da minería salvaxe contra os nosos bens comúns e acadar, a maiores, a capacidade para levar adiante procesos de denuncia contra as empresas infractoras\"."}
{"ID": "PRAZA_13522", "summary": "O PP nega que teñan vontade de \"vetar\" a ILP a prol dos servizos de sanidade públicos malia terse negado por dúas veces a que se debatese no pleno que se celebra entre este martes e este mércores", "text": "Durante os últimos meses SOS Sanidade Pública percorreu o país coa súa iniciativa lexislativa popular (ILP). Nunha intensa campaña de información a plataforma que agrupa a organizacións profesionais da saúde, sindicatos, partidos políticos e diversos colectivos sociais xuntou en torno ao triplo das 15.000 sinaturas que son necesarias para convertir unha proposta cidadá nunha proposición de lei a tratar no Parlamento. Xunto a estas sinaturas a pasada semana a ILP completou todos os trámites preceptivos e quedou, polo tanto, disposta para poder ser debatida en pleno. Así o solicitaron PSdeG e BNG en dúas ocasións e por diferentes vías. En ambas a petición bateu contra a maioría absoluta do PP e este martes SOS Sanidade valoraba a decisión. Os conservadores, din, queren evitar este debate por \"medo\". A plataforma coida que o PP tenta fuxir \"do debate público sobre a súa política sanitaria\" e as \"consecuencias\" que provoca Nunha rolda de prensa na propia sede do lexislativo galego e xunto ás responsables de sanidade de PSdeG e BNG -é a terceira rolda de prensa conxunta dos grupos da oposición en pouco máis dun mes- o voceiro de SOS Sanidade, Manuel Martín, explicou que a \"urxencia\" do debate da súa ILP non é en absoluto casual. Ten que ver, esencialmente, coa inminente entrada en vigor do Real Decreto que, entre outros aspectos reforma o copagamento farmacéutico e o estende ás persoas que reciben pensións de xubilación. \"Sabíamos que íamos perder\" dada a maioría absoluta do PP, constata Martín, o que o leva a concluír que os conservadores temen \"o debate público sobre a súa política sanitaria\" e sobre as \"consecuencias\" de, por exemplo, introducir as fórmulas público-privadas na construción de hospitais. \"Preténdese ocultar o debate\" e iso, di, é \"un rexeitamento da democracia\". Na mesma liña, as deputadas de PSdeG e BNG concordan na urxencia de que este debate se producise, non só polas reformas a nivel de Estado senón tamén, di a nacionalista Ana Luisa Bouza, porque con este pleno remata o período de sesión e \"non hai garantías de que se reinicie\", dada a posibilidade de que o traballo parlamentario non se reinicie en outubro a causa dun adianto electoral. O PP, di, rexeitou introducir a ILP na orde do día \"sen ningún argumento\". Esa \"actitude\", abonda a socialista Carmen Acuña, revela \"falta de interese pola sanidade pública\" e \"despotismo\" dende o punto de vista político. Así e todo dende o PP o seu voceiro, Pedro Puy, nega a existencia de \"veto\" ningún. Tanto esta iniciativa como a que defende a continuidade de Preescolar na Casa, di, serán tratadas \"nun prazo de tempo menor que os dezasete meses que tardou o bipartito de socialistas e nacionalistas na anterior lexislatura con outras dúas iniciativas lexislativas populares\". Unha desas iniciativas foi, precisamente, a primeira lei abordada e aprobada polos populares no seu retorno ao Goberno. Tratábase da ILP da Red Madre, auspiciada polo Foro Español de la Familia. Nesta liña María Xosé Abuín, representante da CIG Saúde en SOS Sanidade, lamenta que esas \"présas\" por aprobar unha lei para reducir a \"función\" da muller \"á reprodución\" non se reproducisen no caso de defender o carácter público do sistema sanitario."}
{"ID": "NOS_36336", "summary": "Fernando López e Sofía Iglesias coñecéronse logo de realizar un máster e mentres buscaban traballo ou prácticas laborais. Dese encontro naceu, entre 2015 e 2016, o estudio creativo Xiralúa. Unha empresa na que se traballan o deseño gráfico e a ilustración para imaxe corporativa e maquetaxe de publicacións editoriais e, sempre, a inspiración sae da cultura galega. No arranque do ano formaron parte do Mercado de Nadal de Compostela.", "text": "Como bota a andar Xiralúa? Entre 2015 e 2016 estabamos a buscar traballo logo de facer un máster e, como Fernando estudou deseño gráfico e a min sempre me gustou o artesán, empezamos a facer produtos e naceu Xiralúa. Comezamos a funcionar nas dúas disciplinas, a crear artigos e... pouco a pouco, chegamos aquí. A día de hoxe desenvolvemos unha liña de produtos propia, con deseños inspirados sempre na cultura galega, e levámola a distintos formatos e obxectos de uso cotiá, como mochilas, cadernos... E tamén facemos deseño gráfico para empresas, logotipos, imaxe corporativa, cartelaría, maquetaxe... Mais non teñen tenda física. Non temos tenda física pero si puntos de venda, tendas que colaboran con nós. A primeira foi A Vella Fábrica de Lapis de Ferrol, coñecéronnos supoño que a través do Facebook, viron os produtos e preguntaron se podían vendelos na súa tenda. E así fomos, pouco a pouco, cunhas e con outras loxas, e dese modo tamén podemos ter os nosos produtos en tenda física. A tenda leva unha porcentaxe, obviamente, por ofertar o produto. E sacamos tamén unha loxa en liña, creamos hai pouco unha nova e agardamos que arranque ben. Daquela descartan ter presenza física? Ao principio nin o pensamos, a día de hoxe si que o temos máis na cabeza, pero segue a ser difícil con todos os gastos que supón un local, aínda que si que nos gustaría, xa non só para vender o produto, porque iso ao ter tamén a colaboración coas tendas vai saíndo, senón para desenvolver a parte de estudio de deseño, para traballar con empresas, particulares... Tamén sería un escaparate pero polo momento non vai ser posíbel. Si van ás feiras, hai pouco estiveron en Compostela... Ao principio, sobre todo para darnos a coñecer, fomos a bastantes feiras, ás veces de forma precaria porque eramos moi novatos e, despois, conforme foi avanzando o proxecto, dificultóusenos máis poder asistir e ese tipo de eventos. A día de hoxe sempre imos ao Festigal e ao Mercado de Nadal de Compostela, porque é moi difícil compatibilizar todo: as tendas pídenche material, tamén o tes que pór na tenda en liña, nas feiras tes que ter os medios... A posta en valor da nosa cultura e do noso patrimonio é inherente ao proxecto? Non é que houbera un proxecto detrás, de dicirmos: \"imos pensar que temática desenvolveremos\", senón que xurdiu dun modo natural. Saíunos de dentro, por parafrasear a Celso Emilio. É o que nos inspira, queremos que guste, reivindicar o que hai, porque temos moitísimo patrimonio, é inxente o que hai, e que nos vale para inspirarnos, non só a cultura popular, senón a literatura e o que imos lendo. Como valoran estes cinco anos, en especial 2020, e que plans teñen para o futuro? Cando empezamos non pensabamos que chegariamos até onde estamos agora, nese senso estamos contentos. Cada vez hai máis tendas interesadas en nós e máis xente compradora e a tenda en liña, con todo este problema da Covid-19, funciona moi ben. Estes días de mercado falabamos do futuro e temos a idea de acoutar un pouco máis o proxecto, quizais, quitar algún produto e potenciar outro, condensar a elaboración para poder servir máis material, e sacar novos deseños, porque á xente gústalle moito o cambio neste mundo tan cambiante. E, en fin... A idea é seguir aquí mentres poidamos e facelo sempre mellorando."}
{"ID": "NOS_15592", "summary": "Medio Rural fixa o primeiro semestre de 2022 como data para levar ao Parlamento a Lei de prevención.", "text": "A vaga de lumes que en outubro de 2017 arrasou arredor de 50.000 hectáreas e provocou catro mortes en apenas unha semana cumpre catro anos con moitos retos pendentes. O máis ambicioso, a aprobación dunha nova lei de prevención de incendios. O conselleiro do Medio Rural, José González, asegurara a comezos de 2019 que o texto estaría listo na pasada lexislatura; porén, fontes da Consellaría fixan agora como data o primeiro semestre de 2022 para a súa tramitación no Parlamento. \"Como alcalde, non vin a Xunta por ningún lado\" Así as cousas, os rexedores da 'zona cero' dos incendios lamentan a falta de cooperación do Goberno galego neste tempo: \"Eu, como alcalde de Nigrán, á Xunta non a vin por ningún lado\", critica o rexedor, Juan Antonio González. Aliás, afea que \"non haxa unha política forestal nin de recuperación de espazos\" por parte da Administración galega, e salienta que para o gran parque forestal do municipio recibe \"axuda cero\". Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, valora como \"moi positivo\" o traballo realizado pola veciñanza, mais ve \"bastante negativo\" o \"apoio case inexistente\" da Xunta, que é \"quen ten competencia forestal\". O rexedor censura que até o pasado ano non se puxeron en marcha \"pequenas accións\", e pide \"sensibilidade\" ao Goberno para un plan de rexeneración do monte \"nun territorio especialmente damnificado\". Por outra banda, nesta sexta feira a Mancomunidade de Montes de Vigo realizou un acto conmemorativo no miradoiro do parque forestal de Aguieira, a fin de reclamar \"máis recursos\" e emprazar a superar o \"atranco administrativo\" da Xunta e o Concello para impulsar o comprometido \"anel verde\"."}
{"ID": "NOS_51014", "summary": "San Cibrao (Cervo) acolleu unha multitudinaria manifestación para protestar pola decisión do Xulgado de Viveiro de sobreser a denuncia polo caso dos vídeos gravados sen consentimento a 87 mulleres, na súa maioría mozas, mentres ouriñaban nunha rúa apartada durante as festas da Maruxaina de 2019. Os vídeo remataron colgados en webs pornográficas.", "text": "Centos de persoas tomaron este domingo 4 de abril as rúas de San Cibrao (Cervo) para protestar pola decisión do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro de sobreser de maneira provisional a denuncia presentada pola Asociación de Mulleres en Igualdade, Bumei, de Burela, polo caso dos vídeos gravados sen consentimento a 87 mulleres, na súa maioría mozas, mentres ouriñaban nunha rúa apartada durante as festas da Maruxaina de 2019. Os vídeo remataron colgados en páxinas web pornográficas. A mobilización, convocada polo colectivo Xustiza Maruxaina, conformado polas afectadas, partiu ás 12 do mediodía desde a Praza dos Campos para transcorrer polo centro do Concello até concluír na praia do Torno, onde precisamente se celebran as festas. Paloma Maseda, unha das mulleres que puxo voz ás vítimas durante a protesta, agradeceu o apoio recibido por parte da veciñanza da Mariña nunha mobilización que foi multitudinaria. \"Dános moitísima forza ver que tantísima xente nos acompaña\", manifestou. O colectivo Xustiza Maruxaina, en palabras de Maseda, pelexa non só \"polas afectadas en si\", senón tamén \"por moitas persoas que aínda non saben que saen nestes vídeos\". \"Hai outros vídeos en servizos ou en vestiarios en que (as mulleres) son gravadas e non son conscientes. Non é que soamente fósemos nós, senón que ten moito máis alcance\", explica, para ademais pór o foco en que tamén hai menores afectadas. Caso sobreseído As vítimas destes feitos, ocorridos durante A Maruxaina de 2019, denunciáronos ante a xustiza contando co apoio da asociación Mulleres en Igualdade de Burela, Bumei. Con todo, o titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Viveiro ditou un auto para mediados de marzo no que sobreseía provisionalmente o caso ao non considerar \"suficientemente acreditado que se cometeu un delito\". O maxistrado chega a argumentar que \"non se vulnera a intimidade\" das mulleres que aparecen ouriñando no vídeo, xa que o fan \"nun lugar público no que lles podería ver calquera persoa que pasase pola zona\". Polo de agora, tras os recursos presentados contra o auto de sobresemento tanto polas afectadas como pola asociación, o caso continúa no xulgado de Viveiro. Pola súa banda, a presidenta de Mulleres en Igualdade, Bumei, Mary Fraga, celebra o apoio \"total\" mostrado este domingo pola veciñanza ás afectadas. \"Vai vir moi ben a elas, persoalmente\", asegura. Para a responsábel de Bumei, a mensaxe da manifestación \"foi claro\": \"Señor xuíz, recapacite, non pase á historia por ser un dos artífices de que se destruísen os dereitos das mulleres, senón por loitar por eles\". Así, Fraga avanza que Bumei levará esta semana o caso da Maruxaina ante o Consello Galego das Mulleres -órgano conformado pola Xunta da Galiza, coa presenza de diversas asociacións e organizacións-, tendo en conta que xa se pediu un pronunciamento do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero. De feito, lembra que o Valedor do Pobo xa emprendeu unha investigación por mor da difusión dos vídeos e que solicitan firmas para trasladalo ao Parlamento galego. Outra das directivas da asociación e unha das encargadas de ler o manifesto en San Cibrao, Jasone Lorenzo, advirte que pensan chegar \"até onde poidan\" para reclamar \"xustiza\". Esperan, di, que o recurso ante o auto de sobresemento consiga que o xuíz \"rectifique\". \"Pedimos que se faga xustiza, que non se arquive a causa e que se eliminen as publicacións nas páxinas porno, que a día de hoxe segue lucrando a esas páxinas o ou a quen o gravou\", denuncia Lorenzo."}
{"ID": "NOS_2913", "summary": "Malia a oposición social, a Consellería mantén a política de botar o pecho a aqueles centros que non cumpran estritamente co baremo de alumnado.", "text": "\"No rural, a escola é a última barreira para evitar que todo vaia ao garete\". A frase pronunciábaa no verán de 2016 unha das nais que loitaba contra a pretensión da Xunta de botar o fecho ao CEIP O Calvario, en Queixas, a última unitaria que ficaba en Cerceda. Unha frase que cobra aínda máis corpo cando eses fechamentos de escolas se produce en zonas moi afectadas polo despoboamento. Mentres haxa unha escola hai crianzas, vida e futuro. Se pasas o ferrollo ao colexio e levas ao alumnado a outro centro –normalmente na vila-, estás a deixar ao rural, moitas veces xa de por si bastante castigado coa falla de servizos, sen un alicerce. A Consellería volveu máis unha vez aproveitar a proximidade do curso escolar para anunciar que o vindeiro ano lectivo ía suprimir escolas. Desta vez, o curso 2017/2018 comezará con nove colexios menos. O anterior, foron 13 centros menos, o mesmo número que suprimiron no 2015/16. Nestes pouco máis de seus anos, segundo as contas de CIG-Ensino, a Xunta fechou 64 escolas e 437 unidades. \"Todo isto mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados ao ensino privado\", afirma o sindicato nacionalista, que é é concluínte que o actual goberno galego segue adiante coa política de \"desmantelamento do ensino público, antepoñendo os criterios economicistas á calidade da educación\". Este sindicato denunciaba a comezos do presente ano que desde a chegada de Núñez Feijoo á presidencia da Xunta houbo uns recortes orzamentarios acumulados de, \"nin máis nin menos\", 1.943 millóns de euros. Ademais, os orzamentos da Consellaría de Educación só medraron 2,86% neste último orzamento, mentres que as subvencións ao ensino privado incrementaron en 6,05. O aumento medio do orzamento para educación nos territorios do Estado español foi de 4,3%, moi superior ao galego."}
{"ID": "PRAZA_9259", "summary": "Diego Calvo defende eventuais alianzas co partido de extrema dereita Vox porque \"se hai que pactar con alguén e se pon enriba da mesa unha serie de puntos e podemos converxer, o facemos\"", "text": "Un dos interrogantes que pairou sobre a campaña municipal de 2015 en Galicia foi o eventual impacto da emerxencia de Ciudadanos nas corporacións municipais e a posibilidade de que os de Albert Rivera axudasen ao PPdeG a conservar gobernos malia á súa caída en votos e edís. No caso das cidades C's logrou representación en Ferrol, Lugo e Pontevedra, pero en ningunha delas logrou sumar maioría absoluta co PP.Catro anos despois ao factor Ciudadanos engádese outro no debate público, especialmente dende as eleccións andaluzas do pasado decembro: a posibilidade de que o partido de extrema dereita Vox consiga representación nos concellos e axude a apuntalar maiorías de dereitas. A falta de datos demoscópicos públicos -a principal empresa do sector en Galicia está a realizar enquisas nas últimas semanas- foron xa varios os cargos do PPdeG que admitiron ás claras a súa intención de pactar con Vox se fose preciso para gobernar.Diego Calvo defende eventuais alianzas co partido de extrema dereita Vox porque \"se hai que pactar con alguén e se pon enriba da mesa unha serie de puntos e podemos converxer, o facemos\"Despois dos aspirantes ás alcaldías de Lugo e Vigo polo PP, Ramón Carballo e Elena Muñoz, quen vén de abrir a porta a Vox é o presidente provincial do partido na Coruña, Diego Calvo. O tamén vicepresidente do Parlamento e membro da dirección que preside Pablo Casado defende que \"o PP non fai cordóns sanitarios a ninguén\" e, daquela, \"se hai que pactar con alguén e se pon enriba da mesa unha serie de puntos e podemos converxer, o facemos\", respondeu ao ser preguntado ao respecto durante unha entrevista na Cadena SER.Para xustificar estes eventuais acordos Calvo alude ao Concello de Fene, onde o PP desaloxou o BNG da alcaldía a través dunha controvertida moción de censura con Somos Fene, grupo que estivo ligado ás mareas municipais do que, precisamente, En Marea se desligou tras estes movementos xunto ao PP. Aínda que os propios integrantes de Somos Fene aseguraron \"non ter nada que ver con En Marea\", Calvo afirma que nese \"concello da ría de Ferrol nós estamos pactando e estamos no goberno cun partido que é Somos Fene, que viña das mareas\". Esa é a mostra, di o popular, de que \"o PP non fai cordóns sanitarios, falamos do concello con calquera partido\"."}
{"ID": "QUEPASA_1090", "summary": "Guía de actividades para o 8M na Costa da Morte.", "text": "Só 1 de cada 4 persoas que se achega ás entidades de axuda ás persoas con problemas de adicción son mulleres. Así o corrrobora, co gallo do Día Internacional da Muller, a Asociación Vieiro a través da UNAD, a Rede de Asociacións Atención ás Adiccións. \"Débese isto a que as mulleres presentan menos problemas de consumo e/ou adicción que os homes?\", pregúntanse dende a entidade. \"En ningún caso podemos concluír iso\", aseguran, deixando claro que a \"doble discriminación que sofren estas mulleres, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres, dificulta o seu acceso aos servizos de atención\". Así e todo, as cifras dan conta de que non é un problema illado. En 2018, foron un total de 17.043 mulleres as que pediron axuda as asociacións da UNAD. Máis de 7.000 para servizos asistenciales de drogodependencias ou outras adicciones; 2.500 necesitaban asesoría xurídico penal; e máis de 6.200 mulleres buscaron apoio como familiares de persoas con problemas de adicción. A discapacidade no rural, a triple discriminación Pero son aínda máis ás dificultades que afrontan as mulleres que teñen ademais algún tipo de discapacidade / diversidade funcional. Segundo COGAMI, en Galicia teñen recoñecido o certificado de discapacidade un total de 115.763 mulleres representando o 51% da poboación total de persoas con discapacidade, das que 2.224 están entre os 6 e os 15 anos. Pese a ser maioritarias, as mulleres con discapacidade son as máis discriminadas, padecen unha tripla discriminación: por ser mulleres, por ter discapacidade e por vivir no rural. A todos estes aspectos habería que engadirlles outras razóns polas que son discriminadas, como son a pertenza a outras razas, a situación de pobreza, ou as mulleres trans. Así, para abrir o Día Internacional da Muller, houbo unha concentración e lectura da declaración institucional do Concello de Cee e o CIM a pasada mañá de venres, que contou coa presencia de APEM co diseño dunha pancarta e coa explicación da mesma. A usuaria de APEM Almudena procedeu á lectura dun poema que ela mesma escribiu para a ocasión. Modelo Antropocéntrico da axuda. Onde está a perspectiva á violencia de xénero? Pero a situación aínda é máis grave, pois o modelo androcéntrico de atención da nosa sociedade, fai que os servizos non estean adaptados ás súas necesidades, pois poucas veces teñen unha correcta perspetiva de xénero. Bo exemplo diso son aqueles centros que atenden a mulleres con problemas de consumo vítimas de violencia de xénero. No entanto, é urxente e necesario que todos os territorios incorporen protocolos de actuación ante casos de violencia de xénero e adicción. Dende Vieiro e dende a UNAD, aproveitando que se cumplen 25 anos logo da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, queren \"reclamar políticas públicas que respondan de xeito efectivo a estas realidades a nivel local, autonómico, estatal, europeo e global\". Fano precisamente esta semana que a ONU e reuniu en Viena para tomar decisións sobre a política global de drogas. Guía de accións polo Día Internacional da Muller #8M"}
{"ID": "NOS_25347", "summary": "O equipo do IES Plurilingüe de Adormideras, na Coruña, presentou a súa renuncia tras sentir o \"menosprezo á comunidade educativa\". Así mesmo, denuncia que os cambios son continuados e dificultan a organización.", "text": "O malestar na comunidade educativa polas formas da Xunta e da Consellaría de Educación para organizar o inicio do curso lectivo non é un segredo. Tanto é así que xa chegou a primeira dimisión de todo un equipo directivo dun centro de educación secundaria. Neste caso, marcharon do cargo as e os responsábeis do IES Plurilingüe de Adormideras, no concello da Coruña. A decisión tivo lugar despois de que se adiará unha semana a data oficial para o regreso ás aulas e de que o conselleiro Román Rodríguez advertise que os inspectores e autoridades sanitarias terían a potestade de decidir os desdobres precisos para dar todas as garantías de seguridade. O que máis preocupa é que se manteña o metro e medio de separación entre os alumnos. O representante da Xunta mesmo invitou onte ás directivas a \"profundar\" en medidas presentadas no Consello Escolar da Galiza, como a semipresencialidade e a colocación de biombos nas aulas para poder sortear o metro e medio de separación. Neste contexto tan complexo, a directiva do IES de Adormideras renunciou. De feito, era un dos dous centros da Coruña que se sumara á decisión de oito institutos compostelás (e, posteriormente, centros de Pontevedra) de adiar o inicio do curso pola súa conta ante a falta de capacidade para organizarse sen respostas do Executivo de Feixoo. A xa ex directiva denunciou \"o menosprezo\" que está a padecer a comunidade educativa cos \"continuos cambios no protocolo contra a Covid-19\". \"E todo co vello obxectivo de sempre: non contratar máis profesorado e non gastar un duro no ensino público\", subliñan nun comunicado. Ao traste co traballo feiro A representante da Asociación de Directores de Institutos de Galicia, Isabel Ruso, recoñeceu a Europa Press que o panorama \"cambiou en diferentes ocasións\", o que anulou o traballo feito até o momento. Os institutos terán que \"reconsiderar\" o novo curso coa opción das mamparas e a semipresencialidade, no caso de que así sexa demandado, porque agora a inspección educativa ten \"o peso\" da decisión final."}
{"ID": "NOS_33413", "summary": "Por que non compor o teu propio CD coa selección das mellores cancións do ano? Xusto é o que acaba de facer o noso crítico de rock e outras lerias.", "text": "Remata o 2016, un ano triste pola perda de grandes nomes no eido na música, mais tamén un ano cheo de lanzamentos discográficos. Discos bos e malos, pero en ningún caso o disco perfecto. Como sabedes, estou en contra do formato dos discos actuais porque ter que encher tantos minutos de gravación provoca, en moitos casos, pagar por unha ou dúas cancións boas e unha morea delas de recheo. Sería bo que os músicos e as discográficas que plantexaran volver á vella tradición de mediados do século pasado que consistía en sacar sinxelos de unha ou dúas cancións boas e cando tivesen bos temas dabondo, lanzar o Lp, cousa que agora é máis doado por mor das novas canles de distribución musical. E por iso que decidín, nesta derradeira semana do 2016, crear o meu propio Lp con cancións aparecidas este ano. 1.-/ Ghost – Square Hammer Extraído do seu Ep Popestar, Square Hammer é un dos temas imprescindíbeis deste 2016, nos que Ghost volveron a demostrar que son unha banda que nunca defrauda. 2.-/ Gatillazo – El Poder Del Metal Un dos meus temas favoritos do ano, cheo de incómoda verdade que dá labazadas de realidade a quen as queira escoitar. Asubían no ar bombas pola tolerancia e os nosos rapaces disparando democracia... 3.-/Amon Amarth – First Kill Os viquingos máis sanguinarios regaláronos First Kill, un tema incluído do seu disco conceptual Jomsviking. 4./ VADER – Prayer To The God Of War Nos meses previos ao lanzamento do seu Lp The Empire, Vader editou un Ep chamado Iron Times no que se incluía esta espectacular pregaria ao deus da guerra. 5./ GOJIRA – Silvera Magma foi o título do disco que Gojira editou en 2016, aínda que foi un disco que non me gustou moito, cómpre salientar Silvera como unha das mellores cancións do ano. 6./ MEGADETH – Dystopia Dave Mustaine xa nos ten acostumados a facer sempre o que lle peta dentro do seu propio estilo trasher. Dystopia foi un disco regular, pero o tema que lle dá título paga a pena telo presente. 7./ Testament – The Pale King The Brotherhood of the Snake foi para min o mellor disco de trash do ano. De todos os temas que se poderían seleccionar quedo con este The Pale King, que gaña con cada escoita. 8./Anthrax – Zero Tolerance Malia que Evil Twin, foi o sinxelo de presentación elixido por Anthrax para For All Kings, Zero Tolerance é sen dúbida o mellor tema do disco. Unha pequena xoia nun disco bastante frouxo. 9./Airbourne – Breaking Outta Hell O Breaking Outta Hell de Airbourne foi un dos discos mais salientábeis do 2016, e o tema homónimo toda unha delicia. Veremos que tal soan en directo no Resurrection Fest do 2017. 10./THE DEAD DAISIES – FORTUNATE SON A banda incluíu este espectacular cover do Fortunate Son da Velvet Underground no seu disco, e foi todo un acerto. 11./THE ROLLING STONES – Hate To See You Go Unha das mellores novas do ano foi o lanzamento do novo disco dos Stones, cargado de blues da vella escola como demostra este Hate To See You Go. Dende logo os máis grandes non podían faltar. 12./MOTÖRHEAD – The Ace Of Spades A finais de decembro do 2015 deixábanos o gran Lemmy, non sen antes legarnos un directo gravado que se editaría en 2016 como obra póstuma baixo o título de Clean Your Clock. Así que non hai mellor xeito de pechar o disco que co The Ace Of Spades, extraído de ese disco. E até aquí o 2016, veremos que depara o 2017. Saúde e rock and roll!!"}
{"ID": "PRAZA_15322", "summary": "No encontro, organizado pola Real Academia Galega en Pontevedra, participarán Xan Carballa, Manuel Rivas, Xesús Alonso Montero, Camilo Nogueira, Xavier Vence, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, Alfonso Álvarez Gándara, Carlos Paulo Martínez Pereiro ou Darío Villanueva", "text": "O Ano Paz Andrade, isto é, o conxunto de actos destinados a lembrar o homenaxeado nas Letras Galegas, pecharanse coa celebración dun Congreso organizado pola Real Academia, como vén sendo habitual nos últimos nos. Nesta ocasión o encontro de estudo e debate celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra do 13 ao 15 de nadal. En total serán 20 os relatorios que se poderán seguir nas tres xornadas do encontro O congreso abrirase cunha conferencia inaugural a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, titulada \"Paz Andrade na luz e na sombra\". En total serán 20 os relatorios que se poderán seguir nas tres xornadas do encontro. O primeiro dia falarán Tucho Calvo: \"Unha mirada de futuro no século XX\", Luís Cochón: \"Valentín, sempre ao seu aire\", Charo Portela: \"Valentín Paz Andrade, con Pontevedra ao fondo\", Xan Carballa: \"Os vellos galeguistas nunca morren\", Miguel Anxo Seixas: \"Castelao á luz de Paz Andrade\", Manuel Rivas: \"Paz Andrade: contra o cinismo\" e Luís Bará: \"Historia de dúas cidades: Valentín Paz Andrade e o xornalismo pontevedrés e vigués de preguerra\". A segunda xornada contará coas intervencións de Gregorio Ferreiro Fente: \"A oración da montaña: Valentín Paz Andrade, poeta na Guerra Civil\" Ana Acuña: \"Valentín Paz Andrade e a escola lírica pontevedresa\" Xesús Alonso Montero: \"O poema «Na onde até Rianxo...»: dous antecedentes e uns escolios quizais pertinentes\" Luís González Tosar: \"América, estrela virxe. Achega á presenza de autores iberoamericanos na poesía de V.P.A.\" Xosé Henrique Monteagudo Romero: \"A lingua e as ideas lingüísticas de Valentín Paz Andrade\" Camilo Nogueira Román: \"...os anceios mariñeiros de Galiza\" Xavier Vence: \"A persistente marxinación de Galiza e a tarefa económica de Valentín Paz Andrade\" Xosé Manuel Beiras Torrado: \"A Galicia como tarefa en Valentín Paz Andrade\" Carlos Ramos Aguirre: \"Paz Andrade ou a racionalidade disidente: por unha idea activa de Galicia\" e Xusto Beramendi: \"Paz Andrade no nacionalismo galego de entreguerras\". Na terceira xornada do Congreso falarán X. L. Axeitos: \"A Galicia do Galicia\" Carlos Paulo Martínez Pereiro: \"Valentín Paz Andrade, Guimarães Rosa e o achamento de certo Brasil\" e Alfonso Álvarez Gándara: \"O noso Valentín\". Pechará o encontro a conferencia de clausura de Darío Villanueva: \"O Valle-Inclán de Valentín Paz Andrade\". Programa do congreso (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_18275", "summary": "Ao non concorreren máis candidaturas Caballero será proclamado como aspirante á Xunta o 3 de novembro. A elección da candidatura á presidencia non tiña marxes tan amplas no PSdeG dende os tempos de Touriño PERFIL | Gonzalo Caballero, o triunfo do militante crítico que sempre perdía", "text": "PERFIL | Gonzalo Caballero, o triunfo do militante crítico que sempre perdíaAs incógnitas sobre as eleccións galegas que, agás adianto, se celebrarán no ano 2020, son practicamente absolutas. Os interrogantes pairan en canto á data, pero tamén no que atinxe aos nomes das persoas designadas polas formacións políticas para, no caso de teren apoio parlamentario dabondo, seren candidatas á presidencia da Xunta. Agás sorpresa, ficará despexada no PSdeG, onde o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, está a piques de ser proclamado candidato ao non compareceren máis rivais ás primarias fixadas para o 18 de novembro, en virtude do candidato fixado pola propia Executiva Nacional dos socialistas galegos.A Comisión Nacional de Garantías do PSdeG constatou este 16 de outubro, día fixado como límite para a presentación de candidaturas, que a única rexistrada foi a de Gonzalo Caballero. Foi así designado como precandidato e, aínda que non vaia ter que medirse con ninguén nas urnas o 18 de novembro, aínda debe completar un trámite máis: xuntar 194 avais de militantes -o 2% da militancia do partido en Galicia- ata finais de mes. O 30 de outubro eses apoios serán verificados e o 3 de novembro sería proclamado candidato do PSdeG á presidencia da Xunta.Ao non concorreren máis candidaturas Caballero será proclamado como aspirante á Xunta o 3 de novembro A condición interna de candidato á xefatura do Goberno galego implica que Caballero ten que ser parte das listas electorais do partido para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego. No entanto, o propio secretario xeral admitiu que a súa vontade é a de sentar na Cámara galega nesta lexislatura. Para facelo tería que ceder o seu posto no lexislativo un dos catro representantes socialistas elixidos pola provincia de Pontevedra en 2016 -Abel Losada, Patricia Vilán, Julio Torrado ou María Pierres-, o que propiciaría a entrada de Caballero, que ocupara o quinto posto naquela candidatura.A elección da candidatura á presidencia non tiña marxes tan amplas no PSdeG dende os tempos de TouriñoA actual dirección do PSdeG culmina así un proceso de designación de candidatura á Xunta que non contou con marxes tan amplas dende os tempos do ex-presidente Emilio Pérez Touriño. Non en van, en 2012 -antes da instauración do vixente modelo de primarias- Pachi Vázquez foi elixido apresuradamente por aclamación no Comite Nacional do partido en virtude dos tempos marcados polo adianto electoral que decidira Alberto Núñez Feijóo e en 2016 Xoaquín Fernández Leiceaga logrou impoñerse a José Luis Méndez Romeu nunhas primarias celebradas apenas catro meses antes dos comicios e marcadas pola ausencia de dirección do partido. Para vencer fora clave o apoio, precisamente, de Gonzalo Caballero.A Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense e Pontevedra manteñen a incógnita sobre se haberá votación o 18 de novembro para as candidaturas á alcaldía Segundo o guión que manexa a actual dirección socialista Caballero disporía de máis dun ano para presentarse ao país como candidato do PSdeG. Terá, no entanto, que franquear varias barreiras electorais, algunhas especialmente complexas como as próximas eleccións municipais. Tamén a das seguintes xerais, de data incerta e tras as que unha eventual permanencia de Pedro Sánchez na presidencia do Goberno de España impulsaría, a xuízo do PSdeG, a candidatura de Caballero.O municipal, precisamente, é o outro escenario que se dilucidará o 18 de novembro nas cidades galegas e vilas de máis de 20.000 habitantes onde máis dunha persoa queira optar á candidatura á alcaldía. Á espera do peche do prazo, o vindeiro día 25, en Vigo e Lugo dáse por seguro que Abel Caballero e Lara Méndez seguirán o mesmo rumbo que Gonzalo Caballero en Galicia e non precisarán medirse con ninguén nas urnas. A incerteza segue polo momento na Coruña, onde José Manuel García Pérez xa manifestou a súa vontade de ser candidato, e tamén en Santiago, onde fixo o propio Gumersindo Guinarte mentres moitas olladas se pousan no antigo rexedor Xosé Sánchez Bugallo. En Ferrol Ángel Mato tamén avanzou que quere optar ao cartel electoral, en Pontevedra Tino Fernández fixo o propio e en Ourense resta saber se o actual voceiro, José Ángel Vázquez Barquero, quererá ou non recuncar."}
{"ID": "PRAZA_13972", "summary": "A Fundación Seoane acolleu hai unhas semanas, no marco da mostra Drácula, un monstro sen reflexo un encontro draculiano que afondou na importancia do mito vampírico cando fan cen anos da publicación da novela de Bram Stoker", "text": "Baixo o inexorábel paso do tempo cúmprese un século da morte do escritor irlandés Bram Stoker. A presenza do Conde extendeuse de forma perceptiva no Encontro Draculiano celebrado hai unhas semanas na Fundación Luis Seoane da Coruña. A UIMP exerceu de anfitrión en dous intensos días cunha profunda análise da vampírica novela universal. Jesús Egido Salazar e Eduardo Riestra –Director e Secretario do Encontro- xunto a Xosé Luis Barreiro Rivas –Director da UIMP de Galicia- inauguraron \"este atípico curso académico do tema vampírico\" da creación literaria do mito moderno. Asemade, a Fundación acolle a Mostra Drácula, un monstro sen reflexo que conta cunha amálgama de obra gráfica extensiva nas distintas representacións artísticas do non morto de Transilvania. O mito literario do vampiro O amor do sangue no imaxinario colectivo esperta xa fascinación nas culturas primitivas –como os aztecas-. Reinterpretando os oníricos fundamentos psicoanalíticos de Freud, \"o vampirismo equivalería a unha especie de drogadicción, coma un bico anestésico –apunta Luis Alberto de Cuenca. Escritor e Académico da Historia-\". A fonte da eterna xuventude da condesa Erzsébet Bathory e as súas sanguentas orxías. Os xogos impíos sobre as tumbas e os cadaleitos sospeitosos da maldición vampírica. A parafernalia ritual de \"estacas de fresno, queimar o defunto e/ou decapítalo e esparcir as cinzas –sinala Luis Alberto-\" foi o remedio universal contra o vampiro e asentaron as bases da mitoloxía folclórica europea. A asimilación e identificación simbólica de Drácula \"tivo unha similitude coa industria chupasangue na clase obreira\" e tamén de \"certo proxenitismo, xa que actúa e transmite a inmortalidade\" afirma Alberto de Cuenca. Dende os inicios da literatura vampírica –a mediados do século XVIII-, o monxe benedictino Dom Augustin Calmet publica en París Tratado sobre los vampiros. Un manual de vampiroloxía que pretendía pechar definitivamente a controvertida cuestión do vampirismo. Mentras o romanticismo negro apodérase das artes gráficas, John William Polidori introduce o vampiro na literatura en prosa con Vampyre. A novela Carmilla de Le Fanu introduce novos elementos narrativos –explotando a dimensión sexual do romanticismo lésbico- , encarnando o Maligno unha muller vampiro que transgride a moral victoriana. As cartas eruditas, opúsculos e disertacións do ourensán benidictino Benito Feijoó sobre as supersticións vampíricas. O vampiro no cinema O despertar do vampiro no celuloide \"transmite anhelos do seu tempo e contén un componente sexual, incluíndo un complexo de castración xa que só penetra coa súa boca cos colmillos fálicos, apunta José Luis Castro de Paz, Doutor en Historia do Cine-\". As orixes dos filmes de vampiros como Nosferatu de Murnau -1922-, a ritmo do expresionismo alemán; a perspectiva de Drácula -1931- de Tod Browning que \"transforma para sempre a iconografía do vampiro, apunta Castro de Paz-\"; os filmes Horror of Drácula -1958- e Drácula, príncipe de las tinieblas -1966- de Terence Fisher aportan \"elegancia formal cun detallismo extremo\". Xogos de cámara, erotismo e cambio de pasaxes do guión, cun Christopher Lee elegante, áxil e sedutor; as novas artes da linguaxe visual do Drácula -1979- interpretado por John Badham aportaría \"a transformación fílmica do que viría despois, anunciando o rexurdir romántico que chora pola súa amada, converténdose nun novo Tristán\"; a reformulación da novela no filme Drácula -1992- de Coppola \"a historia do encontro co seu amor, un vampiro con gafas que deslumbra co seu abigarramento detendo o tempo\". A mín mordeume un vampiro Nesta paisaxe transilvana, a reproducción do realismo en fotogramas da imaxe cinematográfica, co retrato detallado da actriz e escritora Emma Cohen, que rememorou cunha vivaz profundidade de campo a atmósfera descriptiva das secuencias onde participou. As ordes de Jesús Franco \"eu formei parte das criaturas prohibidas. Os 22 anos mordeume Cristopher Lee, recorda Emma Cohen-\" en El Conde Drácula -1970- xunto a Soledad Miranda e Lina Romay. Neste caos organizado, Pere Portabella fai unha rodaxe paralela coa polémica obra Cuadecuc, vampir, \"unha película clave de transición dos novos cines franquistas\" interpretada tamén por Emma Cohen. Na envoltura física das imaxes animadas, Emma Cohen fai de vampiresa en El espanto surge de la tumba -1972- \"ópera prima de Carlos Aured e rodada en catro semanas\"; El extraño amor de los vampiros -1975- filme de León Klimovsky e La cruz del diablo -1975- onde \"éramos vampiras fílmicas para mostrar a nosa dianteira\". Nesta covampiración celuloica, fundamental o método Stanislavski e \"a libreta Draculina, para entrar no mundol vampiresco\". Neste contacto material xurde a proxección e transformación da composición do vampiro a través de Vlad Tepes, Isabel Báthory, Carmilla e o poema As flores do mal de Charles Baudelaire que serviron para facer de vampiresa. Drácula, historia dunha novela Mutatis mutandis, El no muerto. Óscar Palmer –Escritor, tradutor e autor da edición comentada de Drácula- desmitificou que Vlad Tepes fose a fonte de inspiración de Bram Stoker, \"xa que tomaba notas, cunha organización complicada, mes por mes e día por día, anotando toda a esquematización da novela\". Nos seus minuciosos manuscritos do representante do actor Henry Irving nunca se atopou referencia o Príncipe de Valaquia, \"Stoker non era o Stephen King da época, Drácula é unha novela sumamente romántica, propia da época victoriana que ofrece moitas reinterpretacións por un conflito interno que pódese ir adaptando –cine, novelas, cómics-. Reinventándose con antropoloxías ideolóxicas. Unha novela multidocumental e complexa de estudo constante, sinala Palmer-\" O vampiro e o terror na literatura española Neste mar de letras ibéricas con escarpados acantilados editoriais de \"profundo poso realista e connotacións costumbristas. Xirando sobre a sociedade e realidade; reflexa o medo e temor na tradición literaria española, opina Jesús Palacios –Escritor e crítico de cine-\". O vampirismo nas letras de xénero fantaterrorífico cañí ten unha conexión coa realidade. Tanto que \"é moi bruta\". Emilia Pardo Bazán cos seus contos de sátira e crítica social, Castelao coa estructura estereotipada do Vampiro/Cacique desangrando o pobo, toda \"unha metáfora marxista\", Wenceslao F. Flórez e os seus contos de \"terror materialista\" e Rubén Darío, entre outros, figuran na lista de Palacios coma precursores na literatura vampírica. Nos anos sesenta, en plena explosión da novela fantástica, popular, folletinesca e de serie B \"aparecen as primeiras edicións de Drácula\". Neste sendeiro de lecturas errantes, Jesús Palacios destaca libros como Las historias naturales de Joan Perucho, Yo fui guía en el infierno de Fernando Arias e Las noches lúgubres de Alfonso Sastre \"negrorrealismo pegado á realidade e costumbrismo social\". Actualmente afirma Palacios que publícase moito \"pasando da sequía ó abuso e caendo no tópico, sin sinais de identidade. Existe a literatura de vampiros pero moi pegada á realidade, esto fai que sexa única e diferente, abogaría por unha base da tradición hispana do xénero. É feo, pero é noso\". A muller vampira O mito, a tradición e a lenda. Os paralelismos simbolóxicos que representan Lilith, un mosquito, morcegos, Vlad II Tepes Drakulea ou a Condesa Bathory. A chegada do romanticismo esotérico \"con Hoffmann iniciando unha nova forma de narrativa, sinala Alicia Mariño, -profesora de Filoloxía e Crítica literaria da UNED- con seres necrófagos na novela curta Vampirismo; protagonizada por la vampiresa Aurelí\". Outras féminas chupasangues aparecen en Deja dormir a los muertos, El esqueleto del Conde, La amante del vampiro, El vampiro, La dama pálida, La vampira de Poe \"onde relata os estados internos e psicolóxicos, con angustia e suspenso\", La muerte enamorada de Teófilo Gautier \"reflexo da búsqueda do amor absoluto no más alá\". Alicia Mariño califica Carmilla \"coma unha obra mestra de vampirismo feminino de temática lésbica e que tivo unha gran influencia en Stoker\". Na actualidade hai unha estraña desorientación vampírica adaptando o vampirismo a distintas versións para literatural xuvenil –Crepúsculo-, nenos, relatos e pornográficos. Un mundo indefinidamente aberto a novos mercados, transportando e metamorfoseándose o mito a novas xeracións e facéndose cada día máis inmortal. O vampiro no cómic As escenas análogas do vampiro na novena arte esperta según Javier Alcázar Guijo –Escritor e teórico da historieta- en 1952 \"coa historieta Dracula! publicada no nº 12 do comic de terror Eerie\". As distintas adaptacións draculianas en qadriños pasan pola banda deseñada de Filipinas co Drácula de Pendulum Press -1973- e/ou Brasil co serial Drácula. A sombra da noite –Nova Sampa, 1985-. Reinventando e reproducindo a continuidade do personaxe ata límites insospeitados. A equilibrada transformación do vampiro baixo os lapis de Gene Colan na serie La Tumba de Drácula –quizáis a obra cumbre do Conde de Transilvania-, a distinta visceralidade en distintos contrastes de forma perturbadora, desaxustada, transtornada, bizarra ou moderna en constantes aclimatizacións editorias. A contemplación agrietada na península ibérica, crea unha inconscente dixestión co apócrifo tebeo La Vuelta del Vampiro \"Drácula\" de López Rubio -1944- saíndo da tumba coa benevolencia da Editorial Rialto e a colección Diamante Negro; El Vampiro Draculín na revista infantil Chispa -1948- ou En la Mansión de Drácula nunha aventura de Roberto Alcázar y Pedrín -1973-. Proxección Drácula -1931- A inmortalidade do mito –suxeito e obxeto- na xeneralizada diagnose do Conde, xurdiu en imaxe coa proxección do filme Drácula -1931- da Universal Pictures en versión española de George Melford, con Carlos Villarías e Lupita Tovar. A imaxinaria realidade da lectura dramatizada polo actor Emilio Gutiérrez Caba –protagonista da obra teatral Drácula, dirixida por Eduardo Bazzo e Jorge de Juan- encadenou a representación de esceas parlantes na permanecia do Conde Drácula."}
{"ID": "NOS_52094", "summary": "Denúnciao Comisións Obreiras, que fala de \"desmantelamento\"", "text": "A Consellaría do Medio Rural cesa este mes case 55 % do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), denuncia CCOO. Con data do 12 de novembro, o departamento autonómico deixou sen traballo 436 traballadores e traballadoras, ás que se sumarán outros 626 a partir do día 30. Trátase dos integrantes do SPDCIF con contratos fixos-descontinuos de tres e nove meses, respectivamente. O sindicato alerta deste «desmantelamento» do dispositivo, que se incrementaría a 65 % se se contase a parte do operativo que depende da empresa pública SEAGA. \"Ao tempo que persoal do servizo público vai ao paro, continúan a prestar servizo empresas privadas, como é o caso da UTE Babcock-Natutecnia\". Unha empresa no albo pola imputación do dicrector xeral Fernández Couto a raíz dunha adxudicación a esta firma dun contrato de emdios aéreos."}
{"ID": "NOS_35166", "summary": "A escaseza de choivas destes meses devolveu á actualidade a pantasma da seca. As últimas choivas non fixeron que os encoros recuperasen os niveis perdidos e a previsión meteorolóxica non é boa. Álvaro Francisco Morote, experto da Universitat de València, estudou esta situación antes da pandemia e reitera que hai que actuar na concienciación mais tamén na creación de infraestruturas que fagan ser menos dependente do tempo atmosférico.", "text": "A Xunta da Galiza activou o pasado 7 de febreiro o nivel de prealerta de seca en 12 sistemas de explotación da Demarcación Hidrográfica Galiza-Costa e reuniu, tres días despois, por primeira vez este ano a Oficina da Seca. Desta xuntanza, na que participaron varios departamentos do Goberno galego, saíu a conclusión de que a solución ao problema da falta de auga viría da man das precipitacións. Porén, as choivas que caeron estes días pasados non foron quen de compensar un outono e un inverno moi secos. O investigador do Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais e Sociais da Universitat de València Álvaro Francisco Morote Seguido realizou entre os anos 2016 e 2018 un estudo no que analizou os efectos das secas, a súa mitigación e a vulnerabilidade fronte a este risco na Demarcación Hidrográfica de Galiza-Costa. O traballo, presentado a mediados de 2019, recollía a situación de seca de 2017, unha das peores, segundo este profesor, \"dos últimos cen anos\". En conversa con Nós Diario, non descarta que se repita esa circunstancia ou mesmo que empeore, converténdose \"nunha situación estrutural\". \"Non polo feito de estar nun clima atlántico significa que non haxa secas, sempre houbo e os datos están aí\", lembra Morote, \"a cuestión está en que non é un territorio adaptado na actualidade á seca\", engade. Falta de concienciación e infraestruturas Na súa análise, alerta da percepción errónea que existe de que \"sempre haberá auga, cando non é certo\". Por este motivo apunta á importancia das campañas de sensibilización \"que cambien a visión da poboación e impliquen as Administracións\". Tamén bota en falta a preparación de infraestruturas para os casos de seca. \"Que alternativa hai cando secan os encoros?\", pregúntase este investigador. Para Morote \"a Galiza non está adaptada aos efectos do cambio climático\". Outras zonas do Estado español con peores índices de precipitacións levan anos adaptándose á falta de choivas. \"Implica apostar por outros recursos hídricos complementarios\", como é o caso \"das augas urbanas que se depuran e volven ao ciclo para o seu uso en xardíns ou mesmo para o rego agrícola\". Entende que \"é polémico\" mais \"debería comezar a pensarse en sistemas alternativos como poderían ser as plantas desalinizadoras\". Para Morote, \"a Galiza non debería depender da auga da choiva\". Di que non é unha decisión doada, ao seren unhas instalacións \"custosas e que se empregarían cada certo tempo, cando hai necesidade\". Outra das eivas que detectou este profesor é que \"os encoros para abastecemento de auga á poboación son moi pequenos\". Pon como exemplo o de Eiras, que realiza o subministro a toda a área metropolitana de Vigo e \"so ten unha capacidade de 22 hectómetros cúbicos\". Control do gasto e a eficiencia Na Galiza non está implementado un sistema de contadores de telelectura da auga co cal poder constatar o nivel de gasto de auga por vivenda e detectar calquera caso de perda. A maiores, Morote indica que hai que controlar \"a eficiencia da rede de abastecemento\". Este tema apuntouno no seu momento a Nós Diario o fundador da asociación de comunidades de augas Coxepo Rafael Carrera, que se queixaba do baixo control do servizo que dan as empresas privadas aos concellos. \"De cada 100 litros que se distribúen polas canalizacións chegan ao domicilio menos de 80\", segundo Morote. Os datos, para este profesor, poderían ser peores e estar \"en realidade nun 50% ou 60% de eficacia\". A razón destas perdas viría da \"falta de actualización das tubaxes que son antigas\"."}
{"ID": "NOS_36432", "summary": "O treinador do Manchester, na Galiza para defrontar o Celta esta noite nas meias-finais da Europa League, declara que os seus compatriotas quando estão no nosso país não estão muito certos de estarem \"em Espanha\".", "text": "Volta Jose Mourinho como treinador a Galiza para defrontar a equipa galega em competições europeias. Fê-lo em 2004 como treinador do Porto, a frustrar o sonho do Dépor em Champions League ao derrotar os corunheses em Riazor (0-1). Os portugueses conquistariam ese ano o título europeu. Volta agora o auto-qualificado como 'The special one' e fá-lo à fronte do Manchester para defrontar o Celta nas meias finais de Europa League. O controvertido treinador já está em Vigo e lá já realizou um depoimento que não passou desapercebido. \"Os portugueses na Galiza não sabem bem onde estão, se estão em casa ou se estão em Espanha\", disse e a seguir acrescentou: \"Vou poder desfrutar com o jantar, comer coisas que gostamos\", afundando na conhecida boa mesa galega. Já no plano desportivo, Mourinho afirmou que \"custou muito chegar aqui, ao Celta também, para chegar aqui tivemos uma Premier League mais difícil do que é e por isso vamos com tudo, sabemos que é difícil, mas o Celta também sabe que não é fácil para eles\". O de Setúbal também disse que \"se fosse para desfrutar, o Celta não tinha perdido 3-0 com o Ath. Bilbao, nem jogado com a segunda equipa. Creio que não estão para desfrutar, estão para ganhar. Desde que se qualificaram para a meia-final que perderam três jogos da Liga e jogaram com a segunda equipa. No último jogo que jogaram foi em Sevilha há oito dias, não estão para desfrutar, estão para ganhar, tal como nós\". Ilusão e afouteza O celtismo vive com uma alta ilusão o encontro desta quinta feira contra o Manchester e onde a palavra \"afouteza\" (santo e senha do hino do Celta) figura já como a marca com a que os celestes irão defrontar esta eliminatória."}
{"ID": "PRAZA_10079", "summary": "No 2015 os populares perderon localidades como Ames, Vilagarcía, Cangas, Cambre, Ponteareas, O Porriño, Moaña, Nigrán ou Sada. Con máis competencia no campo da dereita, o PP busca reaxir na Galicia vilega ante unha esquerda igualmente fragmentada que tentará consolidar e afianzar as súas prazas", "text": "O que pase nas eleccións municipais pode marcar o futuro inmediato da política galega. Por suposto, o que suceda nas sete cidades (das que o PP tan só goberna en Ourense), pero tamén nun amplo conxunto de vilas e grandes concellos que ou ben rodean as sete urbes ou constitúen importantes cabezas de comarca.No 2015 o PP só retivo 1 das 7 cidades galegas e dos seguintes 20 concellos máis poboados só foi quen de chegar ao Goberno en Arteixo, Redondela, Ribeira, Marín, A Estrada e BoiroAs sete cidades galegas suman case 1 millón de habitantes (un 37% da poboación total de Galicia), pero os 15 concellos entre 20.000 e 50.000 habitantes achegan outras 432.000 persoas, conformando a metade da poboación do país. De igual xeito, os 34 concellos entre 10.000 e 20.000 suman case outro medio millón. Nestes pouco máis de medio cento de localidade xógase o futuro político de Galicia.Nas eleccións municipais de 2015 o PP só retivo 1 das 7 cidades galegas e dos seguintes 20 concellos máis poboados só foi quen de chegar ao Goberno en Arteixo, Redondela, Ribeira, Marín, A Estrada e Boiro, perdendo prazas tan importantes como Ames, Vilagarcía, Cangas, Cambre, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Moaña, Nigrán ou Sada. De seguro que un dos grandes obxectivos do Partido Popular o 26M será recuperar o terreo perdido na Galicia urbana, algo que ademais semella imprescindible para reconquistar as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.Porén, nesta ocasión a dereita terá que dar esa batalla nun escenario de fragmentación do seu campo político, coa irrupción de Ciudadanos, que presenta lista en case todas as vilas e concellos máis poboados e coa incógnita de VOX, que só compite en seis localidades, ademais das sete cidades. Unha fragmentación, por outra banda, moi semellante á que presenta a esquerda e o nacionalismo, aínda que neste caso o escenario é máis coñecido.Os feudos do PPNo 2015 o PP perdeu o Goberno de vilas tan importantes como Ames, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Cambre, Ponteareas, O Porriño, Lalín, Moaña, Nigrán ou SadaNo ano 2015 o PP perdeu o Goberno de vilas tan importantes como Ames, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Cambre, Ponteareas, O Porriño, Lalín, Moaña, Nigrán ou Sada. E entre as localidades de máis de 15.000 habitantes só conservou Arteixo, Redondela, Ribeira, Marín, A Estrada, Boiro ou Mos. Ademais, en varios destes lugares fíxoo de forma moi axusta, acadando a maioría absoluta por un só concelleiro, gobernando en minoría ou chegando a acordos con grupos independentes.As eleccións municipais do 26M serán moi diferentes ás xerais do 28A, pero a proximidade destes comicios obriga a observar con detemento os seus resultados. O PP caeu 15 puntos en Arteixo, ficando por debaixo do 20%, 11 puntos en Redondela obtendo o 21,6%, e case 18 puntos en Ribeira superando o PSdeG por menos dun 3% dos votos. En xeral, o PP perdeu máis de 10 puntos en todas as grandes vilas e vilas medias do país.Unha parte deses votos perdidos foron parar ás dúas formacións que compiten co PP no campo da dereita e da ultradereita, Ciudadanos e VOX. Neste grupo de vilas VOX moveuse entre o 5 e o 6 por cento, superando o 7% en Oleiros. Con todo, cómpre salientar que nas localidades de máis de 10.000 habitantes, o partido de Santiago Abascal só foi quen de presentar lista en Sada, Vilagarcía, Baiona, Verín e O Porriño, ademais de nas sete cidades.Ciudadanos presenta listas en 69 concellos galegos, entre eles todas as principais vilasMáis importante será a competencia de Ciudadanos, que presenta listas en 69 concellos galegos, entre eles todas as principais vilas. Nelas a formación laranxa moveuse nas eleccións xerais por riba do 10% en case todos os casos, superando o 15% en Oleiros, Sada, Ames e Culleredo e achegándose a esa porcentaxe en Nigrán, Arteixo, Cambre ou Poio.As grandes vilas gobernadas polo PSdeGO 28A o PSdeG foi a forza máis votada na maior parte das grandes vilas, mesmo nalgunhas gobernadas pola dereita, como Mos, Tui, Boiro, Redondela ou ArteixoO ciclo electoral iniciado en 2014 supuxo unha forte caída para PSOE (recuperada nas eleccións xerais do 28A), pero nas municipais do 2015 foi quen de reter as alcaldías de Lugo e Vigo e tamén importantes vilas como Culleredo ou Viveiro e conquistando outras como Vilagarcía, Ames, Monforte, O Porriño ou Nigrán. Un bo resultado que tentará consolidar e mellorar aproveitando a súa tendencia alcista. Nos comicios do 28A foi a forza máis votada na maior parte das grandes vilas, mesmo nalgunhas gobernadas pola dereita, como Mos, Tui, Boiro, Redondela ou Arteixo. As prazas do BNGAínda que os resultados do BNG nas cidades foron moi malos, nas grandes e pequenas vilas a formación nacionalista resistiu moito mellor, mantivo alcaldías como Carballo, Poio, Bueu, Ribadeo e Tomiño e gañou ou recuperou outras como Ponteareas ou Moaña, perdendo apenas Monforte. Ao igual que o PSdeG-PSOE, os seus retos nestes comicios son consolidar os avances acadados e conquistar novas prazas, aproveitando a súa tendencia alcista iniciada o 28A. Mareas e outros gruposAs do 2015 foron as eleccións da irrupción das mareas cidadás, que obtiveron cifras notables nas cidades e algo máis modestos nas vilas. Aínda así, fixéronse por exemplo coa Alcaldía de Sada, recuperaron o goberno de Cangas para a esquerda ou afianzaron o dominio en Teo. Noutros lugares, os resultados foron moi cativos, moitas veces pola fragmentación en dúas ou máis candidaturas rupturistas. Unha fragmentación que se mantén nesta ocasión en moitos lugares: Vilagarcía en Común / Marea da Vila (Vilagarcía), Ames Novo / Contigo Podemos (Ames), ACE / Avante / Cangas Decide (Cangas).Hai outro grupo de concellos nos que o Goberno municipal está en mans de formacións máis minoritarias, pero que asentaron o seu dominio nesas localidades. Nalgúns casos, dende hai moitos anos, como a Alternativa dos Veciños en Oleiros ou Terra Galega en Narón, que levan no poder nestes dous concellos dende os anos 80 (no caso de Narón con distintas fórmulas). Máis recente foi o triunfo de Rafael Cuíña e Compromiso por Galicia en Lalín, que puxeron fin en 2015 a 36 anos de goberno de AP/PP. A súa vitoria foi moi axustada (o PP quedou a un concelleiro da maioría absoluta) e este 26M buscará consolidala."}
{"ID": "PRAZA_11523", "summary": "O que un Presidente ten que garantir é a igualdade de oportunidades, non máis senón as mesmas, mentres iso non pase estamos fracasando como sociedade", "text": "Cada día en cada telexornal, en cada diario ou plataforma de novas, fica máis claro a perda de valores como sociedade e mesmo como persoas. As novas das distintas manadas, do Chicle, dos abusos e da violencia machista sitúa ás claras que a nosa forma de convivir está quebrada. Que non se pode entender unha sociedade normal con este tipo de actuacións, está claro que se esta a fallar dende os poderes públicos e xurídicos. Onde nos sitúa como persoas permitir o que está a acontecer no relativo á violencia machista?Ten moito de preocupante tamén o enfoque que algúns medios de comunicación dan a esta problemática, hoxe a calquera hora en calquera tipo de programa podemos ver o tratamento frívolo e sensacionalista de estas situacións. Excedendo o límite do dereito á información, onde calquera famoso de quenda é quen de opinar e xa vemos como opinan os toureiros, por exemplo. Este enfoque contribúe a normalizar o que non é normal e causa un efecto devastador nos mozos e mozas que ben estes programas sen filtro algún. A función reguladora da administración non existe e neste senso de pouco ou nada valen as campañas de sensibilización, con soportes e sistemas anticuados, que se pretenden dende os gobernos. O 25 de novembro, na lembranza das irmáns Mirabal en representación de todas as vítimas, os políticos farán xestos e posicións, chamamentos e slogans pero na maioría dos casos pasando polo facilmente vendible e marketing sen afondar na realidade da cuestión e sen recoñecer que a administración está a fallar no control e mesmo na aplicacións dos valores dende a educación. Non lembran o 25 a tan respectada e defendida Constitución , que di que todos somos iguais, e non somos. Non somos mentres a sociedade non sexa igual a homes e mulleres, mentres os salarios non sexan iguais, mentres unha muller teña medo de ir soa á súa casa, mentres non se despidan ás mulleres por ser nais, mentres existan infrapersoas que usen a forza nas súas relacións, mentres existan manadas... Cando os asistimos a un discurso presidencial do máis patriarcal en Galicia, algo segue a fallar. Non é ese o camiño da igualdade Señor Feijoo, non é do representación diferida para vender paternalismo, as mulleres teñen que ter voz propia, de feito téñena. O que un Presidente ten que garantir é a igualdade de oportunidades, non máis senón as mesmas, mentres iso non pase estamos fracasando como sociedade."}
{"ID": "PRAZA_5804", "summary": "A OLAF recompila información a partir dunha denuncia formulada polo BNG a través de Aralar. A unha das empresas contratadas para o plan 'Pousadas' atribúeselle o sobrecusto do estadio de Pasarón e a compañía que as xestionará é dun amigo persoal de Rajoy.", "text": "Dous anos despois de que a Oficina Europea de Loita Contra a Fraude (OLAF) comezase a investigar a Deputación de Ourense por \"sospeitas fundadas de fraude e corrupción\" no uso de fondos comunitarios nun proxecto turístico a ollada da Comisión Europea paira de novo sobre un ente provincial galego xestionado polo PP, desta volta en Pontevedra e, de novo, no ámbito do turismo. O comisario de Fiscalidade, Auditoría e Loita contra a Fraude, Algirdas Šemeta, vén de confirmarlle ao aínda eurodeputado de Aralar, Iñaki Irazabalbeitia, que está \"avaliando\" se hai motivos dabondo para indagar sobre a xestión de cartos comunitarios no plan \"de turismo accesible\" denominado Pousadas do Salnés. Recollendo unha iniciativa do BNG -Irazabalbeitia ocupou no derradeiro treito da lexislatura o escano no que antes estivo Ana Miranda- o parlamentario pregúntalle a Šemeta se está aberto un \"procedemento de investigación\" contra a Deputación pontevedresa xa que este proxecto, que recibiu unha inxección ecómica do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), \"favoreceu promotores e familiares do PP, o partido do Goberno da Xunta de Galicia, e foi denunciado publicamente polo mal uso de fondos comunitarios\". A OLAF, responde o comisario, \"está avaliando agora a información relativa ao asunto\", nunha fase que \"inclúe a axeitada recompilación de informacións da autoridades\" correspondentes, \"coas que se manteñen contactos\". \"Favoreceu promotores e familiares do PP\", di a denuncia O obxectivo deste \"proceso de avaliación\", explica Šemeta, é \"comprobar se a información se inscribe no mandato da OLAF e se é dabondo para abrir unha investigación ou iniciar un caso de coordinación\". \"Sobre a base dos resultados\" desta fase decidirase \"se se debe incoar o procedemento de investigación formal. Polo momento, explica, non é posible \"facer ningún outro comentario sobre este asunto\" dada a \"confidencialidade do proceso de investigación\" e co obxectivo de \"protexer os dereitos fundamentais das persoas que poidan estar implicadas\". Un proxecto millonario A unha das empresas construtoras atribúeselle o sobrecusto do estadio de Pasarón Pousadas do Salnés é un proxecto no que, segundo datos da propia Deputación, están inxectados \"máis de 10 millóns de euros, que están cofinanciados pola Unión Europea\" e que prevé a posta en marcha de catro establecementos turísticos en Ribadumia, Armenteira, A Lanzada e Meaño cunhas \"100 prazas hoteleiras accesibles\" para persoas con discapacidade. As empresas construtoras encargadas de levalos adiante son Constructora San José (na Lanzada), Construcciones Abal (Ribadumia e Armenteira) e Oreco (Meaño). Construcciones Abal é unha contratista habitual da Deputación igual que tamén o é Oreco, compañía á que se lle atribúe o sobrecusto nas obras do estadio de Pasarón, que segundo o Concello de Pontevedra pasou de 7,2 millóns de euros a case 18. Segundo a oposición a Louzán, estas compañías teñen diversos vínculos co presidente provincial. O PSOE provincial destaca que a empresa que xestionará as Pousadas é dun amigo persoal de Rajoy A xestión das Pousadas foille adxudicada o pasado abril a través dun procedemento negociado á empresa Arlea Hotels, que terá esta encarga durante 12 anos. Arlea pertence ao grupo Hotusa, de cuxo máximo dirixente, Amancio López Seijas, a Deputación destaca que é \"chantadino\" e, \"ademais, presidente de Exceltur, a maior organización de España de grandes empresas turísticas, o que supón unha grande vantaxe para posicionar no mercado as Pousadas do Salnés. Para o grupo provincial do PSOE o que destaca de López Seijas é que é amigo dende a infancia de Mariano Rajoy, con quen adoita compartir, por exemplo, actividades de verán en Sanxenxo ás que nalgunha ocasión se sumou o propio Louzán."}
{"ID": "NOS_23343", "summary": "Unha segunda vaga de lagostas do deserto, aínda máis agresiva, invade o leste de África estes días. A praga súmase a outros dous desafíos que afronta a rexión, especialmente Etiopía, Quenia e Somalia: a COVID-19 e as inundacións. A FAO estima que a pobreza e a fame se incrementarán dramaticamente.", "text": "O retumbar dos cascos do cabalo negro da Apocalipse xa se escoita en todo o leste de África. As inundacións, a pandemia da COVID-19 e, nos últimos días, unha segunda vaga de lagostas do deserto de proporcións bíblicas anuncian e preparan a súa chegada. A fame cabalga de novo polo Corno de África. Miles de familias perderon os seus fogares como consecuencia das chuvias torrenciais das últimas horas en Quenia, que causaron ademais un cento de mortes, segundo informou a Cruz Vermella do país. Chuvias que foron extraordinariamente abundantes durante o último ano en toda a rexión. As destes días coinciden coa época da sementeira, no medio ademais das restricións polo coronavirus. As intensas inundacións levaron por diante as colleitas previas, provocando un incremento exponencial dos prezos dos alimentos. Desde Etiopía até Tanzania e desde Somalia até Sudán do Sur e a República Democrática do Congo, a auga caída deixou poboacións enteiras neste territorio ao límite da supervivencia. Pragas e crise ambiental Ao igual que as zoonoses como a COVID-19 son produto directo da explotación intensiva e destrución do ambiente, os organismos expertos relacionan co cambio climático este fenómeno de intensas chuvias torrenciais, que deixou o terreo fertilizado para a lagosta do deserto instalarse e reproducirse masivamente. Miles de millóns destes insectos devoran centos de miles de hectáreas de cultivos desde hai meses, principalmente nos países do Corno de África. A Organización da ONU para a Alimentación e a Agricultura, máis coñecida polas súas siglas en inglés, FAO, lanzou un primeiro sinal de alarma no pasado mes de xaneiro e un posterior a finais de febreiro. Agora, de novo, vólveo facer por terceira vez: a pobreza e a fame incrementaranse dramaticamente por causa dos insectos. Porque a acción necesaria para controlar a praga non se levou a cabo, cun mundo inmerso ademais en combater a outra praga, a do coronavirus. Porque nos últimos días unha segunda vaga, máis abundante e máis agresiva, está a acabar cos poucos cultivos que quedan. Porque se non se controlan axiña, alerta a ONU, os enxames poderían ser até 400 veces máis grandes en tan só un mes e afectar tamén as colleitas de metade de ano. Eiva operativa e económica Os enxames actuais xa son os máis grandes na rexión en décadas, 20 veces maiores que os anteriores, dos que proveñen. Segundo David Hughes, biólogo da Universidade Estatal de Pensilvania, experto da FAO neste asunto, as lagostas ameazan o subministración de comida para 23 millóns de persoas, converténdose na principal ameaza para a seguridade alimentaria de toda a rexión de África Oriental. Os Gobernos da zona están a traballar para conseguir traxes de protección, pesticidas e fumigadores suficientes, mais o seu labor está a ser aínda máis complicado nestes momentos debido a que a pandemia da COVID-19 tamén afectou a cadea de subministración. A dificultade para conter a praga medra cada día que pasa en paralelo ao aumento no número e tamaño dos enxames. Segundo os oficiais da FAO sobre o terreo, axiña está controlada unha colonia de lagostas nunha rexión, xa hai máis atacando noutras zonas. Ademais, é complicado controlalas á vez porque a maioría das veces están en diferentes fases de evolución. Todas estas, operacións que requiren moito persoal, limitado nos seus movementos ante as restricións polo coronavirus. A FAO cifra agora en 153 millóns de dólares (141 millóns de euros) o custo do operativo en toda a rexión. Unha cifra inicial, da que xa se recibiron dous terzos, que será necesario incrementar por culpa das inundacións e da escaseza de alimentos. Ademais, a situación pode levar a que os Gobernos dos países afectados se vexan na obriga de asumir máis débedas ─e os compromisos que estas carrexan─con organismos internacionais como o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial. Tamén coa China, o maior investidor e acredor de todo o continente africano."}
{"ID": "NOS_15334", "summary": "Case 400.000 persoas en poboacións da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada -os sete concellos da área metropolitana da Coruña que desde hai tres semanas sofren restricións no consumo de auga, de momento limitadas aos usos públicos- agardan que a chuvia ou o bombeo desde o lago das Encrobas ao río Barcés sirvan como solución puntual para un problema, o da seca, que xa non é só cousa do sur do país.", "text": "As primeiras consecuencias da restrición no consumo na área da Coruña acordadas hai tres semanas na Mesa Metropolitana da Auga son que as rúas e beirarrúas están máis sucias, que non hai auga en fontes ornamentais e que se reduciron os regos nos parques e xardíns. Emalcsa, a empresa pública que xestiona o subministro para unha poboación dunhas 390.000 persoas repartida en sete concellos, e Augas de Galiza decidiron hai unha semana iniciar o bombeo de auga do lago das Encrobas, a antiga mina de lignitos de Meirama, ao encoro de Cecebre a través do río Barcés. Malia a chuvia dos últimos días, Cecebre está en torno a un terzo da súa capacidade, entrando augas do Barcés e do Mero nun volume de 700 litros por segundo, estima Emalcsa, mentres que a demanda retira das reservas uns 1.100 litros por segundo. A solución de aumentar o caudal do río Barcés con auga bombeada das Encrobas provocou certa inquedanza nos diferentes concellos. E o BNG, que xa en 2013 reclamara que as obras de canalización de 1,4 quilómetros entre o lago e o río previstas no plan de encerramento da mina debía asumilas Gas Natural Fenosa e non a Xunta de Galiza (as obras non se completaron), advirte agora que é preciso que se garanta a salubridade das augas que se tomen do lago. Desde Emalcsa remítense ás análises \"que desde o ano 2008 leva facendo, a diario, o Grupo de Enxeñería da Auga da UDC\". \"Son máis de medio millón de probas\", subliñan fontes da empresa. E sinalan que o lago ten máis de douscentos metros de fondo, mais que as mostras se toman en superficie, até oito e dez metros como máximo, porque esas son \"as augas de máxima calidade, a mesma que a auga do Barcés\". E advirten ademais que as augas de Cecebre están sometidas a un proceso posterior de depuración como última garantía. O que se pretende co bombeo (esa parte da infraestrutura xa está preparada) é compensar a diferenza entre o que entra en Cecebre e o que sae. \"Non pretendemos encher o encoro\", din en Emalcsa para despexar calquera sospeita de intentar favorecer outros intereses máis alá das necesidades de consumo da área metropolitana. En Cecebre, a empresa Minicentrales Eléctricas de Galicia conta con autorización para o aproveitamento das augas que desborden desde hai uns anos. En metade das urxencias que provoca a seca, estas semanas chegouse a poñer enriba da mesa a posibilidade de completar a canalización do lago ao río que deixou sen facer Fenosa. Desde o BNG, a concelleira de A Coruña, Avia Veira, sinala que un investimento dese calibre, máis de oito millóns de euros segundo as estimacións iniciais, \"non pode ser tratada ás présas por unha empresa pública que non dispón dese diñeiro\" e pide que se realicen estudos \"serios\" sobre as necesidades futuras da comarca. \"Estamos pedindo o mesmo que pedíamos no 2013, porque o problema da seca está aquí para ficar. Así que haberá que pór en marcha políticas de abastecemento e de aforro de todo tipo. Pode que esa obra sexa precisa, mais desde Emalcsa tamén se pode incentivar a renovación de infraestruturas domésticas coma as canalizacións e mesmo axudar a controlar os consumos como se fai noutros temas de aforro enerxético\". María García, concelleira de Medio Ambiente na Coruña, responsábel tamén da limpeza viaria, asume que a crise provocada pola seca deste ano obrigará a revisar quer o sistema de abastecemento quer os consumos. \"Levar auga do lago ao río Barcés non debería pensarse coma unha solución provisional con bombas de quita e pon. É urxente equilibrar Cecebre e para iso precisamos o bombeo, mais teremos que facer un estudo sobre a opción do túnel\", explica. Outras posibilidades están, de momento, desbotadas. As augas dos encoros de Vilasenín e Vilagudín, máis ao sur das Encrobas, non son aptas para o consumo humano. A restrición afecta só os usos públicos da auga. Desde o 2008 Cecebre non estaba nuns niveis tan baixos. E as augas do fondo, con máis lodos, son menos salubres. As previsións son que até mediados de decembro non caian chuvias suficientes para estabilizar o nivel das augas no encoro. Na Coruña, o concello decidiu eliminar o rego de parques e xardíns, e case todo os baldeos nas rúas, \"só mantemos dúas unidades operativas\", di a concelleira. \"Non hai prazos, seguiremos así o tempo que sexa necesario para non ter que restrinxir o consumo doméstico\". Segundo Emalcsa, o consumo industrial supón 30% da demanda e as medidas de aforro acordadas poderían reducir até 10% o consumo total. \"Non significa que nos usos públicos se vaia toda esa cantidade, o que sucede é que con estas medidas tamén se incentiva o aforro doméstico, que é o que tira máis do consumo\", explican desde a empresa. \"Haberá medidas puntuais até saír da alerta pola seca\". En Emalcsa tamén pensan que haberá que completar a canalización das Encrobas ao Barcés. A poboación da área coruñesa continúa a medrar. As industrias tamén esixen o seu. Repsol representa case 10% do consumo de Cecebre. Estrella Galicia (que está ampliando as súas instalacións na Grela) algo menos de 4%. Alcoa, outro gran consumidor, abastecíase até agora de auga da presa de Meicende, xa case completamente baleira, e comeza a usar a de Cecebre. Nun ano, o consumo da comarca vai até os 34 millóns de metros cúbicos, \"e crecendo\", anotan desde Emalcsa, \"e Cecebre ten unha capacidade de 22 millóns\". \"As restricións son razoábeis\", opina Avia Veira, \"mais haberá que pensar en políticas de concienciación continuadas para incentivar o consumo responsábel por parte de todas e todos. E facer eses estudos e plans que levamos tempo reclamando. Tamén os ambientais, por como vaia afectar a obra ao entorno do Barcés\". \"Estamos nunha primeira fase\", di María García\", \"esperemos que non haxa que activar máis restricións. O futuro pasa por procurar reservas alternativas a Cecebre, que non nos suceda o que sucede en Vigo, que se atopan con que non teñen alternativas, e pode tamén que o futuro pase por gravar os excesos no consumo doméstico ou en certas actividades industriais\". Polo de agora, o plan e esperar que chova de vez, que o encoro se vaia enchendo e se poidan voltar a limpar as rúas. Fotografías: 1. Encoro de Meicende xunto á cidade da Coruña, a quinta feira 30-N. Alcoa comezou a consumir auga de Cecebre diante da baixada de nivel das augas nesta presa. 2. Avia Veira, concelleira do BNG na corporación municipal da Coruña e representante da súa formación en Emalcsa. 3. María García, concelleira responsábel de Medio Ambiente no goberno da Marea Atlántica na Coruña."}
{"ID": "NOS_24994", "summary": "Recta final na semana da comparecencia de Rajoy no Congreso polo mal chamado caso Bárcenas. Olaia Fernández Davila suxire que se debería aplicar a Lei de Partidos ao PP se Rajoy non convencer ao Parlamento.", "text": "O 1 de Agosto, e presionado até polo Deutsche Bank (que chegou a manexar a hipótese de \"sacrificar\" a Rajoy), o presidente do Goberno español vai comparecer na Cámara, nas súas palabras para falar da situación económica e política do Estado. En realidade, irá ao Congreso, despois de se resistir a facelo durante semanas, para esclarecer o financiamento irregular do seu partido durante dúas décadas. A Lei de Partidos contempla a disolución daquelas formacións que poñan en perigo a democracia. Seríalle de aplicación ao PP, entende a portavoz do BNG na Cámara baixa, en declaracións á axencia Europa Press, caso de Rajoy non dar explicacións convincentes sobre a forma en que o seu partido se ten financiado nos últimos 20 anos. Como suposto para invocar eventualmente a aplicación da Lei de Partidos, Fernández Davila non só apunta á ligazón entre Bárcenas e Rajoy (aquel foi promovido por este ao seu posto de tesoureiro do partido), senón tamén o nomeamento como presidente do Tribunal Constitucional dun afiliado do PP."}
{"ID": "NOS_10405", "summary": "A Xunta Electoral Central recibiu dous recursos onde PP e Ciudadanos esixen bloquear a candidatura ás eleccións europeas que encabeza Carles Puigdemont.", "text": "Un recurso do PP e outro de Ciudadanos veñen de ser entregados na Xunta Electoral Central co obxectivo de impedir presentarse ás eleccións europeas a Carles Puigdemont, ao ex conseller Toni Comín e á tamén ex consellera Clara Ponsatí, polo feito de estaren no exilio. Desde o Partido Popular acusan no seu escrito a Puigdemont, Comin e Ponsatí de non reuniren os requisitos necesarios para optar á elección, xa que consideran que non están \"no pleno exercicio dos seus dereitos\" e segundo citan \"fuxiron de España\", en alusión ao seu exilio político, motivo polo que indican que non poden figurar no censo electoral de residentes ausentes. Asegura o PP que se atopan en situación de \"rebeldía procesual\" Asegura o PP que se atopan en situación de \"rebeldía procesual\" e que segundo a Lei orgánica do réxime electoral só son elixíbeis os españois maiores de idade que posúan a condición de electores e non incorran en ningunha causa de inelexibilidade. Ciudadanos en cambio céntrase no seu recurso en que as tres persoas exiliadas están fóra do Estado español para \"eludir o seu deber de colaborar coa Xustiza\" o que, segundo indican, obrigaríalles a figurar no censo de residentes ausentes que viven no estranxeiro para poder votar, e engaden que as súas inscricións figuran no censo de residentes en España. Por tanto, con estes motivos, para o partido de Albert Rivera \"non cumpriron co deber de inscribirse no estranxeiro\". PP e Ciudadanos esixen a súa exclusión tamén do padrón municipal Baixo estes argumentos, PP e Ciudadanos esixen á Xunta Electoral Central que exclúa a Puigdemont, Posantí e Comín como membros dunha candidatura e tamén do padrón municipal. Desde Junts per Catalunya lembran que Puigdemont conta co dereito político intacto, como amosa o feito de que se puidera presentar ás pasadas eleccións ao Parlament do 21 de decembro, e esgrimen que se atopa \"debidamente inscrito no censo electoral. \" Nese sentido, apuntan desde JxCat a que a nova tentativa de Cs e PP evidencia que Puigdemont poderá coller a súa acta de eurodeputado, polo que a dereita española quere impedir por todos os medios que o president no exilio poida concorrer ás urnas, salientan."}
{"ID": "PRAZA_10859", "summary": "Dous meses despois da constitución do Parlamento Europeo e tres meses despois das eleccións gañadas polo PSOE tanto en Galicia como no Estado, estas son as primeiras actividades dos representantes galegos", "text": "Dous meses despois da constitución do Parlamento Europeo e tres meses despois das eleccións gañadas polo PSOE tanto en Galicia como no Estado, estas son as primeiras actividades dos representantes galegosA coincidencia das eleccións ao Parlamento Europeo do pasado 26 de maio coa celebración aquel mesmo día dos comicios locais e un mes antes dos xerais e dos autonómicos en varias comunidades fixo que as cuestións comunitarias ocupasen un lugar menor na axenda política durante a campaña e nos últimos meses. Pero tres meses despois daquela clara vitoria socialista tanto en Galicia como no Estado e dous meses despois da constitución da Eurocámara o pasado 2 de xullo, os representantes galegos nela xa iniciaron a súa actividade con diversos tipos de iniciativas e mesmo con intervencións verbais ante o Pleno, sobre as enfermeiras en loita e Venezuela.O socialista Nicolás González Casares, que 'substituíu' a José Blanco, lamentou ante o Pleno que \"en Galicia, a miña terra, as enfermeiras, pero tamén outros colectivos sanitarios, son vítimas de abusos na contratación por parte da Xunta\"A primeira intervención no Pleno do Parlamento Europeo dun eurodeputado galego nesta lexislatura produciuse o 15 de xullo. Nicolás González Casares, que substituíu ao ex-ministro José Blanco como representante galego no grupo socialista tras as últimas eleccións, empregou a súa primeira intervención para facer un recoñecemento público ao colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita. O socialista, nunha intervención dun minuto, lamentou que \"en Galicia, a miña terra, as enfermeiras, pero tamén outros colectivos sanitarios, son vítimas de abusos na contratación por parte do Goberno rexional, a Xunta de Galicia. Esta situación levou a colectivos como Enfermeiras en Loita a organizarse para denunciar abusos, como que unha enfermeira se vexa obrigada a asinar máis de cincocentos contratos en dez anos, moitos deles por horas\". González Casares dixo querer con esa a súa primeira intervención en Pleno \"reivindicar o papel a enfermaría en Europa\" e \"esixir respecto e condicións laborais dignas e xustas para estas profesionais\". O popular Francisco Millán Mon, eurodeputado desde 2004, alertou ante o Pleno da \"cada día máis dramática\" situación en Venezuela e pediu máis implicación da UE no conflitoUn día despois, o 16 de xullo, as outras dúas únicas intervencións verbais ante o Pleno realizadas ata agora por un eurodeputado galego, as dúas tamén dun minuto, como a do socialista, correron por conta do popular Francisco Millán Mon, na Eurocámara desde 2004. Nunha delas apelou á necesidade de afondar nunha política de Defensa común da UE ademais da OTAN e noutra alertou contra a situación \"cada día máis dramática\" de Venezuela. \"O réxime de Maduro, como demostrou o informe Bachelet, viola gravemente os dereitos humanos e as liberdades máis básicas, como, no fondo todos sabiamos\", dixo Millán Mon, pedindo a continuación sancións, \"liberación dos presos políticos, un Goberno de transición e a celebración de eleccións presidenciais libres\" cunha implicación máis activa da UE. Sobre a cuestión de Venezuela Millán Mon tamén subscribiu dúas propostas de resolución.González Casares e Millán Mon xa presentaron varias preguntas por escrito, varias delas directamente relacionadas con Galicia, cuxa resposta aínda non chegouAdemais desas tres intervencións no Pleno, e á espera do que poidan facer nas comisións sectoriais nas que participa cada un (Industria, Investigación e Enerxía e relacións con Chile no caso do socialista, e Relacións Exteriores, Pesca e relacións con Canadá, no do popular) tanto González Casares como Millán Mon xa presentaron varias preguntas por escrito á Comisión Europea ou o Consello Europeo, varias delas directamente relacionadas con Galicia e sobre cuestións que xa avanzaran en campaña que centrarían os seus intereses, cuxa resposta aínda non chegou.O socialista formulou dez cuestións: tres sen relación directa con Galicia sobre telecomunicacións (unha das áreas temáticas nas que estará especializado dentro do grupo socialista como xa o estaba o seu antecesor Blanco), dúas sobre execución de fondos europeos por parte das comunidades autónomas e cinco sobre cuestións pesqueiras con efecto en Galicia. Pola súa banda, o popular formulou tres preguntas: dúas sobre os obstáculos ao transporte da pesca procedente de Mauritania e outra sobre a reasignación por parte do Goberno central de fondos europeos para rexeneración da ría do Burgo.A candidata do BNG Ana Miranda, que se repartirá o escano parte da lexislatura con ERC e Bildu, xa traballa no Parlamento como asistenta oficial emantén unha axenda propia de 'lobby' ante as institucións comunitariasAdemais de González Casares e Millán Mon, nas eleccións do pasado 26 de maio tamén aspiraban a escano na Eurocámara outros varios candidatos galegos, pero deles só Ana Miranda, do BNG, ten expectativas de ocupar un escano ao longo da lexislatura ao repartirse o tempo de representación dos tres postos obtidos pola súa candidatura en coalición con ERC e EH-Bildu. Miranda, de feito, xa traballa no Parlamento Europeo como asistenta oficial do eurodeputado de EH-Bildu Pernando Barrena, cuxa única iniciativa ata o momento foi unha moción non relacionada con Galicia, de denuncia de violación de dereitos humanos na fronteira entre México e Estados Unidos. Porén, Miranda, como vén facendo nos últimos anos, mantén unha axenda propia de lobby ante diversas institucións comunitarias sobre cuestións relacionadas con Galicia. Así, o mesmo 2 de xullo en que se constituía o Parlamento Europeo Miranda reuníase coa Defensora do Pobo Europeo para facer seguimento ás queixas presentadas ante esa institución polas vítimas de Angrois, das que vén actuando como representante de feito ante as institucións comunitarias."}
{"ID": "PRAZA_15818", "summary": "O músico compostelán Adrián Costa vén de presentar na Capitol Sexercise, o álbum que vén de gravar coa súa banda americana The Criers. Falamos con el deste disco e da súa traxectoria.", "text": "O cantante e guitarrista compostelán Adrián Costa é un dos máis valorados intérpretes do blues do estado español. Vén de presentar na sala Capitol Sexercise, o seu primeiro disco coa banda que formou en California: The Criers. Pero xa o advirte el: non é blues. Non é nin a Tonky Blues Band nin Los Reyes del K.O., formación coa que sacou seis discos e percorreu numerosos festivais europeos. Tampouco a Adrián Costa Blues Persuasion, que o levou a colaborar con artistas como Billy Boy Arnold, Jackie Payne, Kenny Blues Boss Wayne, Mark Hummel, Chris Burns ou Earl Thomas en Estados Unidos. É algo distinto. Soul-rock pode chamarse. Unha volta ao son dos 60 e 70 mesturado con múltiples estilos. Do son de Nova Orleans aos primeiros The Kinks, con toques latinos. Modern vintage, din eles mesmos. Por que os nomes Sexercise e The Criers? Sexercise é unha palabra que escoitei en Estados Unidos. Un xogo de palabras que me gustou, mestura de sex e exercise. Parecía un bo nome para o disco, porque evoca ritmo, o soul… A música africana ten un ritmo moi humano, moi tribal…, que nós levamos a outros campos. Non é que fagamos música ancestral, pero si facemos música de hai tempo con outra visión. Por iso Sexercise podía definir ben o noso estilo. Na palabra criers xúntanse tres conceptos. Por un lado, os choróns, por outro, os berróns, e por outro os pregoeiros. Os choróns porque chorar é bo, como rir. Porque non hai que ter vergoña de facelo. E porque a nosa banda ten moito que ver con iso: que a xente quite as vergoñas, que o pase ben nos concertos… Cando definen The Criers, falan de pop, rock, soul, R&B, latino… No voso discurso sae a música negra, a cultura afroamericana como fonte do soul, funky… En que quedamos? Somos unha banda na liña do soul, R&B… de carácter ecléctico, pois somos músicos con experiencia neste negocio aos que nos gustan moitos estilos e moitas maneiras de interpretar. A base é soul-R&B, ou soul-rock, pero non temos problema para meternos noutros campos. Poderiamos ser como a típica banda británica dos 60-70, pero actualizada, e influenciada pola música americana dese tempo. Un R&B branquiño, con moitas voces, que pode levar por veces ao campo do latino, do psicodélico, do rock duro… \"A base é soul-R&B, ou soul-rock, pero non temos problema para meternos noutros campos\" Agora entendo o do pop. Non é o que hoxe se entende por pop. É o pop daquela. Pop vén de popular, e sería a música que se escoita na radio. Ás veces métennos no pop por iso, porque son cancións non baseadas na improvisación, coas súas partes, o seu retrouso, direccionadas a que poidan soar nunha radio, a que poidan gustar. Un disco curto, con cancións curtas, que quere chegar á xente. Comercial nese sentido, pero non entendendo o comercial como algo pexorativo. Pero claro que non somos unha banda de pop propiamente dita. Si temos influencias do pop dos 60 e 70. Por iso é modern vintage, como dicides? A imaxe de portada é moi 70's… E connota diversión, baile... Porque sempre temos parte do corazón nos 60 e 70 aínda que fagamos música do 2016. A portada si que ten un toque psicodélico, que a min sempre me pareceu algo moi atractivo. Dá unha sensación sórbida… \"Sempre temos parte do corazón nos 60 e 70 aínda que fagamos música do 2016\" Deixaches Los Reyes del K.O. porque che apetecía facer outra cousa despois de tanto tempo? Realmente porque marchei a Estados Unidos. Vivira en Alemaña sete anos, primeiro en Munich e despois en Berlín. Despois marchei para California, onde naceron The Criers. Este é un disco diferente dos producidos en Europa e a crítica valorouno positivamente. O son, os matices que ten, supuxeron moito traballo, pois foi unha tarefa complicada. A Alemaña fora no 2004-2005 e alí quedei. Berlín é unha cidade cun mundo cultural inmenso, na que podes atopar todo o que desexes. Los Reyes del K.O. pegou un salto cualitativo en Alemaña. \"Este é un disco diferente dos producidos en Europa e a crítica valorouno positivamente\" En Estados Unidos tamén tiveches Adrián Costa Blues Persuasion. The Criers é un proxecto distinto. Si, eu xa tiña a idea de facer unhas cancións máis popeiras que tiña na cabeza, e tiña uns músicos de moi bo nivel aos que non lles importaba cambiar de estilo. Probamos, e como si nos adaptabamos, gravei Sexercise con eles. En Persuasion tiña a Henry Oden, no baixo, Chris Burns, nas teclas, Tovia Bradley, na batería e Dennis Bove na batería e voces. Agora defendo este disco cunha banda española que non ten nada que envexar á americana, aínda que claro, é distinto porque non hai dous músicos iguais no mundo. Estou moi ilusionado. Os músicos son Luca Frasca (órgano Hammond organ, piano), Pablo Pérez (guitarra, voces), Coke Santos (batería, voces) e Pablo Rodas (baixo). \"Agora defendo este disco cunha banda española que non ten nada que envexar á americana\" Varias das cancións falan de amor ou de desamor. En realidade, o 95% da arte fala de amor, de relacións entre seres humanos. Niso non me separo da tendencia común da arte universal. \"En realidade, o 95% da arte fala de amor, de relacións entre seres humanos\" Queres ir falando un pouco de cada unha? A primeira, Be cool, fala de sentirse ben en comunidade, de estar xuntos, de pasalo ben e de non darlle importancia ao que non a ten, de despreocuparse das cousas pequenas e quedar coas importantes. Xa deixa claro que o disco vai tirar para o rock. I'm yours fala dunha relación en vías de ruptura e da obsesión que iso lle produce a unha persoa. Ten uns cambios fortes, latino e rock clásico dos 70. É ecléctico como a banda. Broken watches é a canción máis persoal do disco, na que gravei eu todo menos o Hammond. O home que fala dille á muller que non o deixe, que el sabe que é un desastre pero que os reloxios rotos marcan a hora exacta dúas veces ao día. É dicir, que non é perfecto pero ten cousas boas. É unha canción fresca e optimista. E o blues? O disco non ten nada de blues. Si pode ter algo da expresividade do blues, pero non do estilo. Non somos unha banda de blues, aínda que veñamos de aí. Here comes my baby, que leva un órgano de gospel clásico, vai despois máis cara ao rock, e deixa un regusto a soul. Vai dunha muller cun carácter moi forte ao que o home, sobrepasado, recibe con esas palabras. Ambar Light Driver é o single do disco. É unha crítica ao ritmo de vida dos Estados Unidos, frenético, sen tempo para outra cousa que non sexa producir. É a visión dun europeo en terras americanas. You got love é a balada do disco, do que lle propón un a outro, entre outras cousas que non sufra sen necesidade, que non se preocupe polo que non é realmente importante. É unha balada clásica con algo de latino, con parte da letra en español. En California gusta moito. O español ten moita musicalidade. Eu veño máis da música afroamericana e británica, pero gústame tamén que teña ese toque latino. \"Non somos unha banda de blues, aínda que veñamos de aí\" Faltan dúas. Unha \"romántica\" e outra festeira, que son se cadra os dous eixes do disco… You will é tamén romántica, moi sinxela. Di que sempre nos volveremos encontrar, que é o que queremos que pase con The Criers. Esta canción, coa súa sinxeleza, gustou máis do que eu pensaba que ía gustar. En realidade ía ser a última do disco, pero xurdiu Do the Kid porque un día tocando o contrabaixo empezou a tocar nunha liña, decidimos gravar e cando acabamos decatámonos de que tiñamos unha canción. Kid é por Kid Andersen, que foi músico, produtor e técnico neste disco. É un tema máis funky. Para gravar Sexercise contei con Chris Burns, Dale Okerman, Dennis Dove, Doug Ellington, Henry Oden, J.L.Stiles, Kid Andersen, Mara Fox, Myron Dove e Tovia Bradley."}
{"ID": "NOS_25068", "summary": "O BNG propón medidas para garantir a seguranza nas visitas a residencias que a fase 2 xa permite. Pontón anuncia ademais que promoverá \"unha comisión de investigación para detectar fallos, corrixilos e para traballar \"nun modelo público do coidado de maiores que garanta unha vellez digna\".", "text": "A portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu \"as máximas garantías sanitarias\" e un protocolo de actuación ante o feito de que, coa fase 2 do desconfinamento, xa se permitan visitas a residencias de persoas maiores. Nese sentido, a líder nacionalista instou en rolda de prensa esta segunda feira, 25 de maio, a \"extremar as medidas de prevención pondo en marcha un plan de inspección extraordinario para garantir que as visitas cumpran un protocolo en aras da seguridade das persoas maiores e para evitar contaxios\", salientou. A ese respecto, o Bloque presentou medidas para garantir que haxa unha inspección previa dos centros, control da temperatura a todas as persoas antes de acceder á residencia, garantía de hixiene de mans e uso de máscaras, sistema de cita previa limitando o número máximo de persoas en cada visita e intensificar a limpeza e a desinfección posterior ás visitas. Ademais destas cuestións que Pontón marcou para \"o inmediato\", formulou tamén propostas a medio prazo, \"tendo en conta que os centros de maiores foron o burato negro da xestión da pandemia, como demostra que case a metade das mortes por coronavirus afectaron a persoas usuarias de residencias\". De facto, segundo anunciou Pontón, a primeira iniciativa parlamentaria do Bloque logo das eleccións do 12 de xullo será impulsar unha comisión de investigación para detectar fallos, corrixilos e para traballar \"nun modelo público do coidado de maiores que garanta unha vellez digna\". \"Feixóo ten que asumir que cometeron graves erros á hora de conter a COVID-19 nas residencias de maiores e asumir responsabilidades, erros que tiveron consecuencias dramáticas en falecementos e contaxios, porque non houbo prevención, anticipación, nin se contou co necesario material de protección\", argumentou a portavoz nacional do BNG. A ese respecto, Pontón salientou que a Galiza ten 384.198 persoas entre 70 e 85 anos, só 20.000 son usuarias dunha residencia, \"mais este colectivo soportou o 45% de mortes\", dixo. A líder nacionalista tamén salientou que das 223 residencias só 24 son de xestión pública, \"cifra que por si sola achega moita luz sobre o sucedido\", e sinalou que Feixoo \"non construíu ningunha das sete residencias que prometera pórr en marcha nas grandes cidades\". \"Hai que deixar atrás o modelo privatizado imposto polo PP coas dramáticas consecuencias que esta crise puxo de manifesto e rescatar as residencias de maiores para o público, para garantir o dereito a unha atención digna na vellez\", indicou Pontón, \"é o menos que lle debemos ás vítimas e as súas familias\". Financiamento Ana Pontón apelou tamén á urxencia de estabelecer \"criterios xustos para que Galiza non saia prexudicada no reparto do fondo de 16.000 millóns de euros previsto polo Goberno estatal para as comunidades\", ao considerar que os criterios do reparto exclúen Galiza. \"Os actuais criterios suporían un agravio para este país ante dous grandes territorios beneficiados, Madrid e Catalunya\", dixo, e chamou a levar a cavo \"unha distribución dos fondos clara, xusta e equitativa\". Entre eses criterios, o Bloque considera que deben figurar a dispersión da poboación, o envellecemento da poboación e os índices de dependencia dos habitantes en cada territorio."}
{"ID": "PRAZA_11820", "summary": "Déronse moitas circunstancias que poderían facer pensar que esta AN do BNG foi unha máis, dúas correntes tentaron acadar a maioría democrática para facerse coa posibilidade de manexar o temón.", "text": "Déronse moitas circunstancias que poderían facer pensar que esta AN do BNG foi unha máis: por unha banda dúas correntes tentaron acadar a maioría democrática para facerse coa posibilidade de manexar o temón, unha continuísta e outra descontenta coa actual direción; unha grandísima mobilización da militancia; momentos de tensión e nervosismo... Coas súas dinámicas, coas súas manifestacións a posteriori normais polos gañadores, tamén polos vencidos... Mais hai cuestións que a fixeron singular: A expectativa criada pola esquerda nacional galega que está alén dos límites da militancia do BNG. O debate centrado na convivencia interna e non tanto en termos de posicións colectivas da fronte cara ao exterior (agresións da dereita, crise económica, merma democrática e social, UE, etc...) A difícil extración de conclusións obxectivas e definitivas unha vez rematado o cónclave. O rumbo que tomará o BNG no futuro. E isto a que se debeu? Que condicionamentos previos existiron que levaron a esta circunstancia? Ao meu modo de ver a resposta non é sinxela, e seguramente será insuficiente. Por unha banda +Gz, o PNG, o EI e un conxunto de independentes coincidían na diagnose de que os males do BNG pasaban polo secuestro que a UPG estaba exercendo na fronte e por tanto, era un obxectivo inicial e irrenunciábel desprazala do centro gravitatorio (por certo que este centro sempre exerce unha forza cara a abaixo) e mudar a dinámica centrífuga por outra centrípeta. O Encontro Irmandiño pola súa natureza constitutiva de permeabilidade social artellou mecanismos de garantía para abrir a fronte a moitos sectores ou ben excluídos ou ben afastados voluntariamente polo fartazgo que as dinámicas da U estaban propiciando, no caso de vencer na AN. Pola súa banda +Gz xenerosamente decidiu dar un paso cara a atrás nas súas aspiracións de dotar ao BNG dun discurso harmónico e apostou polo común denominador aceitando as diversas cosmovisións ideolóxicas da fronte e tamén, non é segredo, que existían dentro do pacto Un dos temas vertebrais que se deron na Asemblea Nacional foi a lealdade Así pois un dos temas vertebrais que se deron na AN foi a lealdade, a lealdade defendida en termos da UPG que consiste en asumir o ditame da maioría e por tanto, a deslealdade evidénciase cando unha minoría publicamente defende a súa postura aínda que así faga dano á organización; ou a lealdade entendida, como entende o EI, como unha defensa duns valores alén da vontade das maiorías ou por riba do que se diga, e por tanto, a deslealdade é vulnerar as normas de xogo que alicerzan os ideais. Este tema foi o argumentado polo MGS (xa se comenta a forma de brincadeira que son o movemento galego cara a u, mgu por tanto) para apoiar ao portavoz nacional proposto pola U; acusando ao EI (e moi desafortunada e pouco elegantemente personificando) de saír publicamente manifestándose en contra do BNG. E foi aquí onde resultou evidente as dúas concepcións de lealdade. Unha que como dixen antes, a entende en concepción democrática e por tanto en termos de lealdade á organización, e outra que entende a lealdade en termos de valores poliéticos máis elevados alén dos democráticos, e por tanto ao ideario dun referente político ao servizo do seu suxeito, o povo galego. E se me permitides, centrarei unhas liñas en explicar isto, poñendo un exemplo, que como todas e todos sabemos é imperfecto pola súa simpleza mais válido para clarificármonos: Ao longo da Historia, o fascismo chegou ao poder democraticamente; na Alemaña nazi un grupo de estudantes encabezaron algo que se deu en chamar \"A Rosa Branca\" defendendo uns valores por dignidade do povo alemán (era mocidade con vergoña!). Foron guillotinados, mais foron desleais? Alguén con mínimo de sensatez pode dicer que Sophie Scholl foi desleal? A esquerda pode tomar este exemplo ou moitísimos outros da súa historia para enaltecer os seus valores, aínda que o seu exercicio fora contra a vontade maioritaria dos seus povos, e alguén é tan docas de chamar a isto deslealdade? Acho e agardo que non. En termos de socioloxía política, cando se analiza un comportamento social é necesario acudir ao discurso histórico e non centrarse no momento histórico onde este se produce; facer isto sempre foi argumento principal dos reaccionarios e por tanto, dos que renegan das esixencias de dar resposta á tradición á que pertencen. O gran fracaso non foi que o BNG ficase dividido nun empate técnico Mais a pesar de todo isto, sabedes cal penso eu que foi o gran fracaso da XIII AN do BNG? Non foi que o BNG ficase fortemente dividido nun empate técnico, tampouco que a UPG continuista vencese (por su posto que isto en si non é un fracaso), nin sequera a febleza que aparentemente podía amosar o pacto das sensibilidades doídas no BNG. O gran fracaso foi que a UPG non entendese a importancia vital que para este momento histórico do nacionalismo galego era facerse autocrítica do feito até agora no BNG, porque: 1. internamente a existencia é moi dificultosa, 2. externamente a esquerda nacional galega artellada moito máis alá da xota, cabalo e rei das organizacións nacionalistas, ten un fondo sentimento de orfandade; 3. obxectivamente o pacto social está roto e segue sen plantexarse a responsabilidade dos fracasos en cada comicio eleitoral. As condicións obxectivas estaban dadas para encetar a refundación O gran drama do nacionalismo organizado, que ten a día de hoxe o seu máximo expoñente no BNG, é que nin sequera no caso de ter gañado a lista que apoiaba a rexeneración, as condicións materiais obxectivas estaban dadas para encetar este proceso e o da refundación se a UPG non movía ficha, e a moveu, claro que a moveu! Ao igualiño que na Guerra Civil, cando uns decidiron liquidar a compañeiras/os republicás/ns para gañar a República aínda que acto seguido... xa sabedes o final! Pois iso. Agora a única espranza, se é que hai tempo, é o desarme..., xa sei, moitas/os diredes, \"agora a Unión do Povo Galego xa pode dar os pasos cara a atrás que non deu antes para que o BNG non rache, xa terá tempo de volvelos a dar cara a adiante\". Vale, ben, que queredes que vos diga nesta primeira achega á Praza Pública? Xa teremos tempo de dicer outras cousas!, se tal máis polo miúdo, iso si, o importante teñámolo sempre claro non é gañar o bando, é construír o novo referente político (sexa cal sexa...) sabedor que o máis valioso que ten é o seu suxeito, cada un e unha de vos, pois a esquerda nacional galega, a cidadanía consciente é e debe ser o motor, como na nosa tradición sempre o foron, as boas e xenerosas, os bos e xenerosos."}
{"ID": "NOS_1704", "summary": "O maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu considera que participaban na trama chinesa dirixida por Gao Ping a través de contas bancarias no país helvético", "text": "O maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu considera que participaban na trama chinesa dirixida por Gao Ping a través de contas bancarias no país helvético. Entre os imputados están, informan desde Europa Press, empresarios como o construtor Antonio Banús, o industrial Enrique Ortega ou tres familiares do Borbón. Segundo a axencia trataríase de tres \"curmás lonxanas\" de Juan Carlos Borbón: María Margarita Borbón Dos Sicilias Lubomiska, a súa irmá María Inmaculada e a filla desta, María Ilia García de Sáez"}
{"ID": "NOS_51284", "summary": "É sábado 28 de marzo e, como todas derradeiras fins de semana deste mes, muda a hora. Así, ás 2 horas deste domingo adiantaranse os reloxos até as 3 horas e dará comezo o horario de verán.", "text": "A madrugada deste domingo, ás 2 horas (na noite do sábado ao domingo), comeza o horario de verán, que se prolongará até o derradeiro domingo de outubro. Haberá que mover as agullas dos reloxos das 2 até as 3. A continuación, expoñemos 10 curiosidades ao redor da mudanza horario e do cambio estacional. 1. De aquí xorden os fusos horarios actuais Os 24 fusos horarios actuais xurdiron da necesidade de estandarizar a hora civil e a solar a finais do século XIX. A idea veu da man do enxeñeiro escocés Sanford Fleming. Tras anos de debates, a Conferencia Internacional do Meridiano, que decorreu en Washington, os EUA, en 1884, decidiu que o meridiano cero, aquel polo que se rexerían as horas do planeta, fose o de Greenwich. De aí as siglas GMT (Greenwich Mean Time), tempo medio de Greenwich. Desde elas súmanse horas en dirección leste e oeste. 2. Franco ou De Gaulle? A adaptación ao GTM +1 Durante a II Guerra Mundial, adoptouse a hora alemá, a do meridiano de Berlín, é dicir GMT+1. Hai teses que apuntan que foi o ditador Francisco Franco quen modificou o fuso horario de referencia en 1940 para facer unha aproximación á Alemaña nazi e, así, o Estado español deixou de rexerse polo horario anteriormente asignado pola luz solar, aquel ditado pola Conferencia de Washington. O astrofísico Jorge Mira asegura que este argumento é falso e veu da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois, hai algo máis dunha década. \"Realmente o fuso actual débese a que, cando acabou a segunda Guerra Mundial, Charles de Gaulle decatouse dunha circunstancia xeográfica e mantivo o fuso horario. E Franco, que tiña pendente un cambio desde 1940, viu o que facían os franceses e quedou como estaba. Así que se alguén lle quere poñer un alcume ao noso fuso horario, que diga que é un fuso gaullista e europeo, porque De Gaulle xa estaba pensando na Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), que foi o embrión da UE\". 3. O desfase na Galiza... á altura da China A metade máis occidental da Galiza, que se atopa no fuso GMT-1, hai un gran desacordo, o máximo en Europa, entre a hora solar local e a hora oficial. Nalgún municipio galego, co horario de verán que comeza na madrugada do domingo, a diferenza entre o mediodía solar verdadeiro e as 12 horas oficiais chega a exceder os 160 minutos. Só o oeste da China supera o desfase horario que sofre Galiza. 4. Unha diferenza de dúas horas e media O horario de inverno supón na Galiza practicamente unha hora e media de desfase tendo en conta que o mediodía solar, aquel onde o Sol se atopa a unha maior altura, cae perto das 13.30 horas. A partir de mañá vai coincidir unha hora despois. Isto significa que Galiza soportará 2 horas e 30 minutos de diferenza. Explícao o membro da Asociación Astronómica Ío Martin Pawley. No verán, Galiza conta con até 15 horas de luz solar, en tanto que no inverno ten 9. 5. Galiza aforra só 2%. Barcelona, 7% Tirando dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Lito Prado, unha das caras visíbeis que defendeu desde o ano 89, primeiro a partir do ecoloxismo galego e despois no seo do BNG, o cambio de fuso horario da Galiza para adaptalo ao de Portugal, sinala que os horarios estacionais supoñen un aforro, en España, de entre un 5 e un 7%; en Barcelona dun 7% e na Galiza só dun 2%. En París, engade, entre un 13 e un 14%. 6. Estados con diferentes fusos horarios Australia, O Brasil, Os EUA, O Canadá, México, Indonesia e Rusia son algúns dos moitos Estados no mundo con diferentes horas civís en distintas partes do seu territorio. É por iso que Pawley salienta que \"non sería trauma administrativo ningún que Galiza tivese un horario diferente ao do resto do Estado\". 7. Non hai fusos correctos nin incorrectos Así o defende o físico Jorge Mira, que formou parte da comisión de expertos e expertas creada polo Goberno estatal para abordar a posíbel reforma horaria. O profesor da USC sinala que os números que se lles dan aos \"eventos solares\" carecen de relevancia. \"É como se temos un termómetro en escala Celsius e outro en Fahrenheit, o Celsius pode marcar 100 e o Fahrenheit, 212. O de 212 non está máis quente que o de 100\". 8. O BNG, histórico defensor dunha mudanza horaria A proposta da adaptación do horario ao GTM foi defendida historicamente polo BNG, que en 2006 recolleu nas súas teses a necesidade desta mudanza. En 2010, catro anos despois, solicitaba, sen éxito, no Congreso un fuso horario galego idéntico ao de Portugal. A iniciativa do BNG foi respondida con ridiculizacións por parte do PP, que cualificou a iniciativa de \"peregrina\", e do PSOE, que a cualificaba de \"cousa menor sen importancia\" e mesmo de \"chorrada\". 9. Cando o PP e o PSOE se sumaron ao cambio de fuso En 2016, seis anos despois de que o BNG levase ao Congreso a súa proposta para compartir o fuso horario con Portugal e coas Canarias e de que o PP e o PSOE cualificasen de \"idea peregrina\", \"cousa menor sen importancia\" e \"chorrada\", Mariano Raxoi, entón presidente do Goberno estatal e presidente do PP, afirmaba nun mitin que impulsaría o cambio de hora para o adecuar ás necesidades do Estado. Por outra banda, o pacto asinado polo PSOE e Ciudadanos para o \"si\" á investidura de Pedro Sánchez en febreiro dese ano recollía na súa páxina 38 a \"recuperación do fuso horario GTM que sirva de catalizador para o resto de medidas propostas\". 10. O fracaso da proposta europea En setembro de 2018 o presidente saínte da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, propuña abolir os cambios estacionais nos horarios. Serían os Estados da UE quen elixirían ficar co horario de inverno ou co do verán. Porén, após meses de debates e consultas, o Parlamento Europeo pediu \"tempo morto\" e os europarlamentares aprobaron en marzo de 2019 adiar cando menos dous anos, até 2021, a abolición da mudanza de hora estacional. Desde entón, o debate ficou paralizado."}
{"ID": "NOS_6048", "summary": "Os datos que manexa a Consellaría de Sanidade amosan que dos 3.139 casos activos, preto da metade circunscríbense á área sanitaria da Coruña e Cee. Porén, esta sexta feira rexistráronse novas afeccións en todas as demarcacións sanitarias. Un dos grupos máis afectados pola pandemia segue a ser o das persoas que viven en residencias.", "text": "O número de casos activos da Covid-19 na Galiza continúan a incrementarse. Esta sexta feira comunicouse que se rexistraron outras 200 persoas con afección polo coronavirus, o que deixa o total de doentes en 3.139. O incremento foi repartido por todo o país dado que a Consellería de Sanidade informou de contaxios en todas as áreas sanitarias. Os datos actualizados reflexan que hai unha ducia de persoas na UCI, ao igual que esta quinta feira, un cento están en unidades de hospitalización convencional (cinco máis que o día anterior) e 3.026 están tendo un seguimento nos seus domicilios. Este último grupo foi o que máis creceu respecto da xornada pasada, con 195 positivos. Dos 3.139 casos que seguen activos, 1.352 circunscríbense á área sanitaria da Coruña e Cee (47 máis que onte) e 450 á de Compostela, o que supuxo contabilizar 46 novas doentes en só unha xornada. Na demarcación sanitaria de Lugo hai 547 afectadas e afectados (cunha evolución de 65 persoas á alza). O resto dos positivos repártense en 169 en Vigo (catro máis); 187 en Pontevedra e O Salnés (oito a maiores); 292 en Ourense, con 26 avisos novos, e 123 á de Ferrol (catro máis). As PCR practicadas ascenden a 322.198. Desde Sanidade quixeron destacar que, até esta sexta feira, curáronse 12.292 galegas e galegos, 109 máis que esta quinta feira. O dato refírese a todo o tempo de afección da pandemia do coronavirus, polo que xa morreron no país 635 persoas (279 delas vivían en centros residenciais). De feito, 135 das e dos afectados faleceron nos propios xeriátricos. A última vítima foi unha muller de 93 anos na residencia Orpea Culleredo. Afección nas residencias Do cómputo global, 144 afectados e afectadas teñen vínculos con centros residenciais, sendo 100 as persoas usuarias e 44 dos cadros de persoal. Das e dos residentes 87 pertencen ao centro de O Incio, 11 ao de Orpea en Culleredo e un ao de DomusVi Lalín. Segundo as consellarías de Política Social e Sanidade, os catro novos casos entre traballadoras e traballadores responden a un empregado que deu positivo en Orpea, situada no barrio da Zapateira pero xa en Culleredo; dous da residencia de DomusVi en Outeiro de Rei e unha cuarta persoa da residencia para persoas con capacidades diferentes A Braña, situada no concello da Estrada. En total, hai 26 afectados de O Incio; dous de Lalín; cinco de Culleredo; dous en Outeiro de Rei e un en cada unha das seguintes infraestructuras: DomusVi de Monforte; Paradela; San Bartolomeu de Xove; DomusVi de Barra de Miño; Volta do Castro en Santiago; Residencia Os Tercios en Touro e Residencia Nosa Señora do Socorro en Arnoia."}
{"ID": "PRAZA_17407", "summary": "A cifra total (18.413), feita pública este martes, sitúase por debaixo do anterior mínimo histórico, rexistrado en 1998. A taxa de natalidade fica por debaixo de sete nacementos por cada mil habitantes, superando apenas os datos de Castela-León e Asturias. A idade media da maternidade achégase aos 33 anos, só por detrás da de Euskadi. 2017 foi o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes dende que hai datos.", "text": "2017 foi o ano con menos nacementos da historia en Galicia, cando menos dende que hai rexistros na era moderna. Foron un total de 18.413, case 600 menos que en 2016 (19.062), segundo as cifras provisionais publicadas este martes polo INE. A estatística consolida unha evolución negativa iniciada no ano 2008 (23.175 nacementos) e sitúase por debaixo do dato de 1998, o anterior mínimo histórico (18.538). Por suposto, moi lonxe dos rexistros de finais dos anos 70 e comezos dos oitenta, que duplicaban as cifras actuais. Estes datos confirman ademais os escasos efectos sobre a natalidade das medidas postas en marcha pola Xunta a finais de 2015: o cheque bebé e a tarxeta benvida Estes datos confirman ademais os escasos efectos sobre a natalidade das medidas postas en marcha pola Xunta a finais de 2015: o cheque bebé anunciado o 3 de decembro de 2015, doce horas antes do comezo da campaña das eleccións xerais, e a tarxeta-benvida que tamén comezou no ano 2016, igualmente electoral. Dende o Goberno galego sempre se argumentou que os efectos destas medidas só se poderían ver no medio e longo prazo, sinalando o conselleiro Rey Varela que para a evolución da natalidade \"as causas económicas e de emprego son fundamentais, pero hai outras moi importantes coma as que teñen que ver coa conciliación, coa fixación de poboación no rural ou co apoio directo ás familias\". A crise demográfica galega está cada vez máis presente do debate político, o mesmo que a demanda de medidas máis ambiciosas para favorecer a conciliación. 2017 foi ademais o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes en Galicia dende que hai datos, cun total de 31.935 defuncións e, polo tanto, un saldo vexetativo de -13.522, fronte ao dato de -12.521 de 2016. Por territorios, as catro provincias galegas rexistran un saldo vexetativo negativo: A Coruña (-4.906), Lugo (-3.093), Ourense (-2.993), Pontevedra (-2.530). A taxa de natalidade situouse en 2017 nos 6,81 nacementos por cada mil habitantes, tamén a máis baixa dende que hai datos (o anterior mínimo dérase en 1996 e 1998, con 6.84/1000) e moi por debaixo da (igualmente reducida) media española: 8.37. Galicia só supera as taxas de natalidade de Castela-León e Asturias. Ourense é a segunda provincia de todo o Estado cunha menor taxa de natalidade (5,46), só por diante de Zamora. Nesta clasificación negativa, Lugo é a 6ª (6,25) e A Coruña a 11ª (6,91). Chama a atención, igualmente, o continuado incremento da idade media da maternidade, que roza xa os 33 anos (32.76), e que non deixa de aumentar dende os anos 80. A media galega, que ata o ano 2002 se situaba por debaixo da media española, comezou a superala a partir dese ano. Na actualidade a diferenza entre as dúas achégase ao ano (32,09 anos na media do conxunto do Estado)."}
{"ID": "NOS_16465", "summary": "No Courel, as siluetas dondas da montaña flotan sobre a pegada difusa das nubes. Entre a brétema esténdese o territorio fronteirizo no que acontece o mito, onde a realidade deixa espazo ao que reside nos seus pregos. Sobre esta paisaxe onírica, habitamos a lenda. Na devesa, alá no alto, contaban as máis idosas que vivía un carboeiro: o Apalpador. Hoxe, nun rural adoecido polo abandono, son moi poucas as testemuñas que aínda atesouran a lembranza desta personaxe que, resgatada desde esta serra, normalízase na Galiza como alternativa propia para celebrar o solsticio de inverno.", "text": "Nas aldeas máis baixas do Courel, como Froxán ou Vilamor, a resposta habitual da veciñanza é \"nunca oín nada do Apalpador\". Hai que internarse no máis profundo da montaña, transitando cara á devesa, para atopar o rastro dunha lembranza minguada polo paso do tempo. \"Había que ir cedo para a cama porque baixaba o Apalpador\", di Jesús Fernández, veciño de Campelo. Na aldea de Chan da Pena, xa en Pedrafita, Alicia López traslada o recordo transmitido no seo familiar: \"Eu sei o que me contaba miña nai. O Apalpador baixaba o 24 de decembro, na madrugada\". \"A mestra da escola mixta que houbo aquí tamén nos falaba sempre del\", engade López. Ao seu carón, José García decoñecía unha tradición que, rozando o paradoxo, identifica como algo que vén de fóra. \"Son os de Romeor, pregunta alí, eles han saber\", di. Refírese á familia de Eva Méndez, que explica que \"testemuñas hoxe é difícil atopar. Era toda a xente moi vella e ademais non todo o mundo celebraba ese festexo\". \"O apalpador deixaba sempre castañas, moedas ou chocolate\" Así e todo, ela tamén viviu as últimas rabexadas. \"O que lembro de nena é que na miña casa e na do lado, a 31 de decembro dicíannos os vellos que había que ir cedo para a cama e comer ben, pois viña de noite o Apalpador, e se poupaba as barrigas e non estabamos fartas, igual non deixaba nada\", conta. Papá Noel non existía nun fogar que mantivo a crenza no Apalpador até hai uns 35 anos. \"Buscabamos o zapato máis grande que houbese na casa e poñiámolo detrás da porta, nunca dentro do cuarto\", relata a mestra. \"Castañas deixaba sempre, e despois moedas ou chocolate\", revela. O fado como aliado Foi precisamente neste lar de Romeor onde a tradición, aparentemente condenada á extinción, se salvou para voltar a se estender pola Galiza toda. O cuñado de Méndez, José André Lôpez, conseguiu resgatala de primeira man, co fado como aliado, cando coñeceu a figura de oídas en 1994, ao pasar o Nadal na aldea da súa compañeira. Alí escoitoulle á señora Amadora, do Castro, un comentario ante a nevada que os rodeaba: \"O que temos que facer agora é agardar polo Apalpador\". Sorprendido, Lôpez quedou coa copla: \"Tenche castañas e vive na devesa\". Aínda pouco convencido, preguntoulle a María, que moraba en Chan da Pena: \"E que é iso do Apalpador?\". A muller contoulle exactamente o mesmo. Amadora, da casa de Cela, confirmou. Era cuestión de tirar do fío. A tradición do Apalpador, aparentemente condenada á extinción, salvouse nun lar de Romeor \"O Apalpador era un ser que ninguén sabía como era. Un home que viña da montaña, da devesa, que facía carbón\", conta Méndez. Comía dos froitos que apañaba e dos animais que mataba, o corzo e o xabaril, propios da zona. Estas prácticas permitíronlle a Lôpez situalo como \"anterior á agricultura\". Outro veciño, Benigno, contoulle que \"cando eran pequenos, baixaban da devesa unha torada de árbore e prendíanlle lume diante da capela. Alí reuníase na Noiteboa a veciñanza, e cando se apagaban as cinzas facían pasar os animais\". Con este dato, Lôpez ligou a torada de Nadal co Apalpador, que sendo carboeiro tiña que tronzar árbores. A figura do Apalpador non aparece só no Courel, senón que se manifesta con diversos nomes noutros lugares da área galego-portuguesa: Apalpador tamén no Bierzo, Apalpa-barrigas nos Ancares, ou Pandigueiro na comarca de Trives. Esta última nomenclatura resultoulle fundamental para entender a natureza da personaxe, pois procede etimoloxicamente do verbo latino pandi, que fai referencia a «curvar», porque aparece «cando se curva o tempo, é dicir, ao deixar de decrecer o día e comezar a medrar: no solsticio de inverno». Ese sería o momento no que tradicionalmente baixaría da serra, coincidindo co día 24 de decembro. Porén, a presión do cristianismo levou a desprazar a data para o día 31, San Silvestre, relacionando a dimensión natural deste santo coa do Apalpador. Por outra banda, o xigante preséntase case como unha deidade, que «relumbra», feito propio das personaxes superiores. Trataríase, pois, dun «deus prerromano que chegou a nós través do tempo, coas mudanzas que tiveron lugar –non moitas, porque nun mundo autosuficiente, que vive da agricultura e non ten comercio exterior, non son grandes. Ao non mudar a estrutura social, todos os mitos ligados ao seu mantemento tampouco se modificaron, ou fixérono dun xeito moi leve». Por iso, a tradición logrou sobrevivir nalgunhas casas, como a da compañeira de Lôpez, até os anos 80. Do Courel a Compostela Con toda a investigación desenvolvida arredor da difusa silueta do carboeiro, Lôpez escribiu un artigo que pretendía deixar constancia dunha realidade xa daquela en desaparición, pois o mundo que a sustentaba esmorecía. Publicado en 2006 no Portal da Língua Galega, chegou a oídos de integrantes da Gentalha do Pichel, que puxou non só por dar a coñecer a figura desde un punto de vista etnográfico, senón pola «construción de cultura autocentrada, traéndoo e adaptándoo ao presente», explica André Seoane, que estivo implicado no proceso. O mito do Apalpador viaxou así do Courel a Compostela –aínda non por terras liberadas– para atopar, como se preguntaba Novoneira, a xeración que había de salvalo. O traballo de recuperación iniciado pola entidade asociativa tivo grande acollida. O Apalpador pasaba en 2007 de memoria a realidade reinventado na Galiza urbana, expandíndose por outros centros sociais do país ao ano seguinte, «cunha visión máis ecoloxista e menos consumista». Mais tamén desde o nivel do íntimo, no Courel a casa de Méndez tivo a súa propia revitalización. O seu compañeiro, Xulio Fernández, natural de Lóuzara e alleo á lenda, reviviu a tradición disfrazándose para as súas sobriñas cos trapos vellos da casa. «Cara á unha da madrugada, entrou facendo ruído e ciscou os agasallos todos no corredor», conta Eva. Malia levar deportivos brancos, as cativas só «viron o vello que eu lles dicía con botas de goma negras, unha silueta moi alta que se perdía na escuridade. O que fai a fantasía infantil...». Méndez e Fernández levaron a tradición ao Concello de Allariz, onde ambos imparten aulas, pois comezaron a promovela desde a Asociación de Nais e Pais cando a súa filla estaba na escola e aínda se mantén grazas a outros pais que tomaron o relevo. Xoán González debuxa o Apalpador coa coroza de palla, tradicional dos lugares de montaña, ao resultarlle máis coherente. Desde a Gentalha, decantáronse pola imaxe do Apalpador máis achegada á descrita por Lôpez, facendo un chamamento á importancia da «estandarización do mito» a través dunha iconografía única que permita artellar mellor a recuperación. O seu exemplo dá conta dun proceso de recuperación no que o labor docente foi fundamental. A popularización estendeuse polo país con diferentes manifestacións, de libros infantís a profesionais que ofrecen espectáculos teatrais caracterizadas do carboeiro. Este é o caso de Anxo Moure, que aproveita esta figura «cun contido moi pedagóxico» para pór en valor «a aldea, a natureza, a ecoloxía ou o anticonsumo». Actividades como a súa resultan fundamentais para reverter a imaxe maligna do Apalpador como unha sorte de home do saco, que refire, por exemplo, Jesús Fernández: «Había que comer pouco, porque viña o Apalpador. Metíannos medo con iso». Entendida esta como resultado da deturpación pola influencia da Igrexa, o veciño de Campelo admite que «non sei como era, eu nunca o vin». Unha das primeiras tarefas para recuperar a figura foi, precisamente, pórlle un rostro a aquela criatura sen face que habitaba no imaxinario popular. Un deseño de Leandro Lamas converteuse no estandarte, non exento de polémica, pois a algúns sectores da sociedade non lles convencía esta imaxe. A batalla da representación Xoán González, autor dun dos primeiros contos publicados sobre o Apalpador, entendía que a vestimenta con farrapos que se lle achacaba «era parte do proceso de deturpación que sofren as personaxes do Nadal en toda Europa, producindo imaxes marxinais». O Apalpador ten un carácter extraordinario que para el non fora interpretado con acerto: «Hai que saber ler esta sorte de relatos. Na tradición, falarmos de xigante implica que é unha persoa de relevancia, non que ten moita altura». Segundo esta idea, ao seu ver non ten senso representalo «esfarrapado», ao contrario, implica asumir a deturpación. Lôpez, porén, móstrase partidario de pór en contexto o relato dos vellos: «Leva boina, como todos os paisanos, e reproduce a vestimenta do entorno, que era roupa chea de remendas». No seu conto, González debuxa o Apalpador coa coroza de palla, tradicional dos lugares de montaña, ao resultarlle máis coherente. Desde a Gentalha, decantáronse pola imaxe do Apalpador máis achegada á descrita por Lôpez, facendo un chamamento á importancia da «estandarización do mito» a través dunha iconografía única que permita artellar mellor a recuperación. O suceso do resgate O que as diferentes opcións poñen en cuestión é un proceso de negociación do mito traído aos nosos días. Entre as adaptacións que sofre atopamos a introdución de presentes no rito, que son brinquedos tradicionais, «elaborados respectuosamente e de proximidade», di Seoane. A recuperación pode cualificarse de suceso rotundo, pois, como observa Moure, «hai 15 anos pouca xente celebraba o Apalpador». Lôpez, de feito, admite que «pensaba que morrería nesta xeración, na próxima como moito». Foi grazas á iniciativa do pobo, dedicando boa parte do esforzo no ensino. González bota en falta maior implicación dos organismos oficiais. Se ben Seoane destaca o salto que supuxo a adopción do Apalpador por parte dalgúns concellos, matiza que «non foi unha solución plena, senón un elemento máis, que, con todo, contribuíu a ofrecer unha visión máis autocentrada das festas do Nadal». Para Lôpez, «o feito de que se poña á par de dúas figuras tan potentes como os Reis Magos, coa maquinaria da Igrexa católica, e Papá Noel, coa de Hollywood e os Estados Unidos de América, xa é un éxito». Nos espectáculos de Moure «Papá Noel é un Apalpador emigrado da serra do Courel». A todas luces, o carboeiro representa un exemplo de resistencia no que a tradición é verba incómoda para os fluxos da homoxeneización cultural nun mundo crecentemente globalizado, enmarcado con outras manifestacións actuais como o auxe das foliadas ou o Samaín, que son, como resume González, «consecuencia dunha reafirmación nos valores propios». Proba, en último termo, dunha forza que nunca é inútil."}
{"ID": "NOS_17246", "summary": "PP e PSOE sumaron os seus votos para impedir na Deputación Permanente do Parlamento galego unha sesión extraordinaria sobre o accidente de Vigo no que resultaron feridas máis de 460 persoas.", "text": "Non vai haber pleno extraordinario no Parlamento de Galiza para debater, entre outros temas, a creación dunha comisión de investigación sobre o derrube dun peirao do paseo marítimo de Vigo durante o festival O Marisquiño de Vigo, no que resultaron feridas máis de 460 persoas. PP e PSdeG sumaron os seus votos esta quinta feira na Deputación Permanente do Parlamento para botar abaixo a proposta presentada por En Marea e BNG na que pedían un pleno extraordinario no que comparecesen o presidente Feixóo e o o conselleiro de Sanidade, para alén de debater a creación dunha comisión de investigación que analizase as posíbeis responsabilidades políticas derivadas do suceso. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, sinalou que \"as vítimas e as súas familias, teñen \"dereito a unha explicación veraz das causas do accidente e en democracia, as persoas con cargos públicos deben asumir as súas responsabilidades políticas\". A nacionalista lembrou que as instalacións públicas derrubáronse provocando lesións a máis de 400 persoas e asegurou que alguén \"é responsable\" do que aconteceu. \"Estou absolutamente convencida, que se en vez de falar dunha zona portuaria de titularidade do Estado, falaramos dun local privado, a propietaria ou propietario dese espazo, estaría na cadea.\" Pontón sostivo que convocar este pleno sería un exercicio de responsabilidade e madurez democrática que axude a paliar o \"triste e bochornoso espectáculo que levan dando PP e PSOE durante estes días\". Luis Villares (En Marea) defende que \"máis aló das responsabilidades penais ou civís que se establezan no procedemento xudicial, deben dilucidarse tamén responsabilidades políticas\". . \"Non é admisible politicamente lanzar a pedra e agochar a man parapetándose detrás de terceiros. É o momento de que o presidente da Xunta dea a cara. E non abonda con que o fagan outros conselleiros, porque existen varios departamentos da Xunta de Galiza que tiveron intervención previa ao sinistro, e so hai unha persoa que actúa como director de orquestra neste concerto fallido: Alberto Núñez Feixóo\", explicou o portavoz de de En Marea. Pola súa banda, tanto PP como PSOE rexeitaron a convocatoria dese pleno argumentando, entre outras cousas, que debe respectarse a \"autonomía local\" nun asunto no que se ventilan competencias municipais"}
{"ID": "NOS_29059", "summary": "O grupo municipal do Bloque denuncia o proceder do goberno local nos casos de Clece e o gandeiro da Sionlla. \"Distintas concellarías, distintos alcaldes mais o mesmo modus operandi\", afirman.", "text": "A decisión da equipa de goberno compostelá de sancionar con 500 euros a un gandeiro da Sionlla polas bostas das súas vacas á porta da casa dun veciño continúa no albo das críticas. Para alén das queixas suscitadas pola aplicación dunha ordenanza muncipal \"concibida para o medio urbano\", sinalan desde o BNG de Santiago, @s nacionalistas denuncian que o goberno local aplicase unha \"sanción simbólica\" a unha empresa concesionaria encargada da xestión da gardaría municipal, mentres, procede á \"aplicación desproporcionada de recursos\" contra o sector agropecuario compostelán. Oito meses para Clece, 3 para o gandeiro O caso de Clece --empresa concesionaria da xestión da gardaría municipal-- serviu á edil do Bloque, Elvira Cienfuegos para exemplificar a \"dobre medida\" que aplica o Concello de Compostela á hora de sancionar. O Concello de Santiago tardou \"\"6 meses desde que se emitiu o primeiro informe e 8 desde que comezaron as denuncias\" en iniciar o expediente contra Clece\", denuncian Con motivo da multa imposta polo goberno local a Jorge Piñeiro, gandeiro da Sionlla, Cienfuegos recuperou o caso da empresa pertencente ao grupo ACS. A administración dirixida por Conde Roa, Ángel Curras e agora por Agustín Hernández tardou \"6 meses desde que se emitiu o primeiro informe e 8 desde que comezaron as denuncias\" en iniciar o expediente contra a concesionaria polas carencias e deficiencias na prestación do servizo que lle fora contratado por 400 mil euros ao ano. 3 mil euros a unha concesionaria, 500 a un gandeiro As denuncias por parte da comunidade educativa e as familias repetíanse desde agosto de 2013 en que encetara a concesión, porén o concello non resolveu até outubro sancionar a Clece con 3.005,06 euros. \"Dise que por falta grave, pero aplican o mínimo, é dicir, o mesmo que o máximo previsto nunha falta leve\", sinalou Cienfuegos ao tempo que lembrou a cantidade requerida pola administración a Piñeiro, 500 euros por ensuxaren as súas vacas unha vía de uso agrogandeiro. \"Unha sanción que non é proporcionada nin aos danos nin aos riscos que a presenza transitoria de deposicións bovinas no medio rural poida causar\", sentenciou. \"Moita máis dilixencia e dedicación amosou o Concello no caso da gandeiro da Sionlla, cuxas vacas ensuciaban coas súas deposicións a vía pública ao seu paso por diante da casa dun veciño do lugar\", explicou. \"As denuncias do veciño tiveron unha resposta tan inmediata que as reiteradas visitas da Policía local producíanse xusto despois do paso dos animais\". En troca, hai que recordar que o Concello \"non cursou visita de inspección ás escolas infantís até que foi público o informe da Xunta de Galiza que poñía de manifesto a insuficiencia de persoal a respecto do mínimo esixíbel\", critican @s nacionalistas."}
{"ID": "NOS_36628", "summary": "As mulleres están chamadas a facer folga e paros parciais no traballo e nos estudos, mais tamén no consumo e nas tarefas de coidado, así como a participar nas múltiples convocatorias que se celebran o 8 de marzo en todo o país. O día 4 de marzo haberá, ademais, unha grande mobilización nacional en Vigo. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 286.", "text": "O 8 de marzo as mulleres tomarán as rúas galegas nunha xornada de paros e mobilizacións, no marco da convocatoria internacional polo Día da Muller Traballadora, para marchar polos seus dereitos xunto millóns de mulleres en decenas de países. Un 8 de marzo que busca retomar o carácter reivindicativo e de clase desta data; un 8 de marzo de loita fronte aos efectos das políticas neoliberais e do heteropatriarcado; un 8 de marzo para esixir igualdade real nas condicións de traballo, na esfera social e polo dereito a vivir sen violencia. As forzas sindicais recolleron as demandas dos colectivos feministas e convocaron para esa xornada folgas que van desde as 24 horas a paros parciais de dúas horas en distintas franxas. Mais cun obxectivo común. Están chamadas a facer folga nos seus postos de traballo e estudos, mais tamén no consumo e nas tarefas de coidado, a facer boicot ás empresas con publicidade ou reclamo sexistas, así como a participar nas numerosas mobilizacións que están previstas en todo o país. \"Paramos porque non podemos seguir aturando tanta discriminación e violencia. Para concienciar a sociedade de que o noso papel non é subsidiario. Que somos a metade de Galiza, a metade do mundo. Que abonda xa de conmemoracións hipócritas o 8 de marzo. Paramos para esixir xustiza\", explica a secretaria das mulleres da CIG, Margarida Corral. A central nacionalista, á que se suma á Fruga, programou paros en todas as actividades e centros de traballo en quendas de dúas horas entre as 00 e as 02 horas, entre as 12 e as 14 horas e de 19:30 a 21:30 horas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 286 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_9957", "summary": "Representantes de colectivos de persoas LGTBIQ advirten nun acto de campaña de En Marea das \"serias ameazas\" derivadas do ascenso da extrema dereita", "text": "Impulso da lei de protección xurídica das persoas transexuais cuxa tramitación parlamentaria non chegou a culminar na última lexislatura estatal. É unha das propostas que En Marea asegura que desenvolverá no caso de lograr representación no Congreso tras o 28A e que a formación resaltou este mércores nun encontro con representantes de colectivos LGTBIQ en Pontevedra.A número un de En Marea por Pontevedra, Iris Malvido, expuxo xunto ao voceiro da formación, Luís Villares, as que serían as súas prioridades neste eido. Xunto a Aura Leirós, en representación dos colectivos participantes no encontro celebrado na Casa da Luz, Malvido apunta á aprobación da coñecida como 'lei trans', pero tamén dunha nova lexislación que, por exemplo, \"potencie a abordaxe do acoso escolar que sofren as persoas LGTBI\".Aura Leirós advertiu en representación dos colectivos de persoas LGTBIQ das \"serias ameazas\" derivadas do ascenso da extrema dereitaEsas demandas foron secundadas por Leirós nun contexto no que, afirma, as persoas transexuais se expoñen a novas e \"serias ameazas\" polo ascenso de formacións de extrema dereita. Non en van, advirte, o partido Vox defende ás claras a súa intención de \"suprimir todas as intervencións\" de cambio de sexo na sanidade pública no caso de teren capacidade de facelo. \"Non poden facelo\", di.dVillares coida que \"lamentablemente, cinco anos despois\" da aprobación da lei LGTBI galega \"o balance é bastante pobre\"Neste contexto Villares coida que, tras a \"oportunidade\" da lei galega LGBTI do ano 2014, cómpre \"desenvolvela\" e ir alén. \"Lamentablemente, cinco anos despois o balance é bastante pobre\". Existen, din, \"competencias galegas e estatais\" que cómpre aplicar para, por exemplo, aplicar un \"protocolo específico contra o acoso escolar\" ou habilitar \"unidades sanitarias que poidan atender os menores transexuais\". Do mesmo xeito, advirte Villares, En Marea continuará a defender que \"o Sergas suma de forma inmediata\" as intervencións de cambio de sexo sen someter as persoas que as precisan a longos trámites \"burocráticos\". Estas propostas, agrega Aura Leirós, chegan nun contexto de elevadas \"taxas de suicidios de persoas trans\" ante situacións como \"non poder acceder ás hormonas\" en momentos cruciais da vida. Por iso a lei trans estatal \"non pode seguir bloqueada\", conclúe."}
{"ID": "NOS_6409", "summary": "Ausencia de programas de man en galego e difusión en español a través das redes sociais. O Concello da Coruña volve marxinar o galego na difusión das Festas de María Pita e a Mesa denuncian que o goberno de Negreira trata á lingua e a cultura galegas como \"parente pobre\".", "text": "En ningún punto de información turística é posíbel atopar o programa das Festas de María Pita en Galego. Nas redes sociais e a través de páxinas web o Concello da Coruña difunde só a versión en castelán do programa. \"Un ano máis apóstase por un modelo de festas que tratan como 'parente pobre' o feito na casa e valoran máis o de fóra polo simple feito de ser de fóra\" denuncian desde a Mesa pola Normalización Lingüística. O grupo da Mesa da Coruña denuncia a teima da concelleira de festexos Ana Fernández e do grupo de goberno da cidade en \"facer que non sexan unhas festas demasiado galegas\" polo que tratan o galego como \"lingua de segunda\" tanto na programación como na difusión dos principais festexos da cidade, que se prolongan ao longo de todo o mes de agosto. Despois das denuncias do pasado ano que obrigaron ao goberno municipal a rectificar no seu intento de excluír o galego das conmemoracións, nesta ocasión o equipo dirixido por Carlos Negreira opta por unicamente por unha versión dixital en galego, mais, por riba, reducida. O programa completo só está dispoñíbel en castelán, segundo denuncia a Mesa quen detectou que a versión na nosa lingua só se lle facilita a quen así o solicita expresamente. \"Pola contra, non se está a difundir a existencia desta versión en galego en pé de igualdade coa versión en castelán: se así se fixese, a xente sabería que pode acceder ao programa das Festas en galego sen necesidade de ter que o solicitar.\" sinalan desde a Mesa. Proxectar prexuízos A través do perfil corporativo de Turismo informábase aínda esta cuarta feira que a versión en galego do programa estaría dispoñíbel \"en cuestión de días\", coas festas xa comezadas. \"O goberno municipal de Carlos Negreira é incapaz de superar un modelo cultural e festivo concibido para proxectar en primeiro lugar o de fóra, non porque sexa mellor senón simplemente por ser de fóra\", critica A Mesa, no día no que Carlos Negreira inauguraba a Feira do Libro en español nun acto que a banda municipal pechaba co himno de España. Segundo a Mesa, os propios prexuízos do goberno municipal contribúen a elaborar un programa cunha cativa presenza da cultura galega, co argumento de compracer ás persoas de fóra que visitan a cidade. \"A inmensa maioría da xente escóllenos precisamente pola nosa singularidade e por aquilo que de diferente lles podemos ofrecer. Deseñar as mesmas festas que poderían ter Málaga ou Salamanca, touradas incluídas, non parece que sexa o mellor reclamo turístico para quen vén buscando outros atractivos\" defenden na MNL."}
{"ID": "PRAZA_12205", "summary": "A Lei de Dependencia continúa adoecendo de falta de financiamento e a promesa dun centro de día para cada concello de máis de 1.500 habitantes ficou esquecida. A promesa de \"oportunidades\" para a xente moza non evitou a suba de sete puntos no paro xuvenil, que xa rolda o 30%.", "text": "\"6. Dependencia efectiva. Dotar aos dependentes e asistentes de garantías para que reciban o servizo que por Lei lles corresponde nun prazo seguro\". \"7. Opcións de conciliación. Responder por completo á demanda de pais e nais por unha praza de gardería e flexibilizar opcións para acadar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar\". \"8. Mocidade en primeiro plano. Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral\" Persoas maiores, persoas mozas e mulleres. Son tres argumentos recorrentes en moitas campañas electorais e tamén o foron do Contrato con Galicia asinado por Alberto Núñez Feijóo antes de concorrer ás eleccións que o situaron na presidencia da Xunta. Con problemáticas e circunstancias propias, adoitan ser situados entre os elos máis febles da cadea social, e Feijóo non foi unha excepción. Por iso ao chegar ao Goberno asegurou que, no caso da dependencia, rematara o tempo da \"propaganda\" e que, antes do remate do propio 2009, estarían atendidas todas as persoas que o precisasen con máis urxencia. Da man desta promesa chegaba outra aínda máis mediática e dificilmente realizable: cada localidade de máis de 1.500 habitantes tería o seu propio centro de día para os veciños dependentes. O que é o mesmo, tería que ter erguido 257 destes centros en todo o país, unha cifra ben avultada que entra no terreo do fantasioso para as Administracións en tempos de crise económica. Feijóo prometeu un centro de día para cada concello de máis de 1.500 habitantes, o que equivale a 257 centros Desbotado o ladrillo como vía para incrementar a atención ás persoas en situación de dependencia, boa parte da batalla do Goberno galego céntrase no financiamento da lei que lle dá soporte ás prestacións, aprobada na primeira lexislatura do gabinete de José Luis Rodríguez Zapatero. \"Non se pode dictar leis e dereitos e despois negalos\", sinalaba Feijóo en campaña para resumir a necesidade de que Goberno e autonomías financien as prestacións ao 50%. Alén das proclamas políticas, o certo é que o Estado só abona ata 266,57 euros por cada dependente severo -a metade da prestación económica que se lles abona aos familiares coidadores-, pero á Administración autonómica cústalle uns 2.000 euros ao mes manter unha praza de residencia. Máis de 9.400 persoas seguen a agardar unha resposta sobre a súa situación de dependencia Con este obstáculo de partida -xa existente no momento da sinatura do Contrato-, unha ollada ás estatísticas oficiais do Ministerio de Servizos Sociais permite coñecer que o pasado 1 de febreiro había rexistradas en Galicia un total de 90.073 solicitudes de axuda á dependencia, das cales 80.640 xa recibiran o correspondente ditame, do cal se deduce que máis de 9.400 persoas seguen a agardar por unha resposta. Segundo a mesma estatística hai 63.092 persoas, cunha enorme predominancia de mulleres, con dereito a seren beneficiarias dunha prestación. Xunto ás cifras oficiais, a oposición socialista ten asegurado nas pasadas semanas que en torno a 40.000 destes beneficiarios recoñecidos seguen a agardar pola súa prestación, xa sexa en forma de axuda económica ou dun servizo asistencial e calculan que as políticas de dependencia perderon uns 3 millóns de euros nestes anos. Ao tempo, como na sanidade, na dependencia tamén planea a sombra da privatización. Neste sentido, pasou a mans privadas a xestión de diversos centros de día que deixara construídos a antiga Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o capital público desapareceu da Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso)."}
{"ID": "NOS_7497", "summary": "Máis de 500 produtores concentráronse perante a planta de Vilalba convocados pola Plataforma en defensa do sector lácteo de Galiza.", "text": "Máis de cincocentos gandeiros concentráronse esta sexta feira perante a planta que a multinacional francesa 'Lactalis' ten en Vilalba. Unha mobilización na que mesmo queimaron palla e pneumáticos para escenificar o seu profundo malestar con esta industria, á que exixen que lles pague as subas de prezo acordas en decembro coa distribución e das que se beneficia 'Lactalis' sen repercutila nos produtores, denuncia o sector. Óscar Pose, da Plataforma, anunciou que na vindeira semana as protestas estenderanse a áreas comerciais cun boicot ás marcas desta industria francesa. \"O que pedimos é que os 2 céntimos por litro que xa lle paga a máis a distribución despois desta chegar a un acordo con nós, nolos pague\". Elías Somoza, tamén da Plataforma, lembrou que mentres noutros territorios do Estado aumentan a súa produción en Galiza o sector esmorece. Exixiu que haxa unha comisión de seguimento para poder comprobar quen cumpre e quen non os compromisos cos gandeiros. Lactalis é lider en volume procesado en Europa e en Galiza. A filial galega de Lactalis reparte máis de 2 millóns de euros anuais en dividendos á compañía francesa. As súas marcas: President, La Lechera, Puleva, entre outras. A Plataforma mantivo contactos coas cadeas de distribución para pedirlles que retiren as marcas da multinacional gala. Unha loita á que queren sumar os consumidores, mediante campañas de información para que partillen o boicot aos produtos desa marca."}
{"ID": "NOS_42231", "summary": "A vendima na Galiza é un traballo cunha temporalidade moi alta. Estudantes e persoas paradas de longa duración son das máis habituais ao pé de viña. Co aumento do rendemento nas explotacións máis grandes, medrou a demanda de man de obra. Novos actores de contratación e captación de traballadoras e traballadores, como as Empresas de Traballo Temporal, estanse a introducir neste sector nos últimos anos. Eis un extracto dunha reportaxe que publicamos ao respecto no Sermos Galiza 317.", "text": "Nas últimas semanas do verán, e nas primeiras do outono, é a época da vendima. Este ano a recolleita de uva comezou máis tarde do habitual, a mediados de setembro. A Consellaría de Medio Rural estimou os resultados en ao redor dos 61 millóns de quilos de uvas. Miles de xornaleiras e xornaleiros se desprazan a pé de viñas para limpalas de uva. A Denominación de Orixe das Rías Baixas é, por dimensións e número de bodegas e explotacións, a que máis traballadoras e traballadores temporais absorbe das cinco galegas. O Consello Regulador desta denominación de orixe calculou en ao redor de 5.000 o número de temporeiras e temporeiros neste 2018. Nas últimas décadas consolidáronse na Galiza empresas cunha gran produción. Tecnificáronse boa parte dos labores de bodega e embotellado. A vendima pouco mudou, se ben aumentaron os ritmos e a necesidade de man de obra nas explotacións de maior envergadura. As canles para atopala cambiaron: ás ofertas de emprego na rede súmanse as Empresas de Traballo Temporais. A pesar da modernización da produción de viño, xornaleiras e xornaleiros seguen xogando nela un papel fundamental. Nair Domínguez estudou o Grao Medio de Elaboración de aceites e viños. Ten traballado durante tres tempadas da vendima como técnica bodegueira, en control de calidade. \"O traballo temporal nas bodegas é altísimo\", explica, \"case o 90% das persoas que van á vendima son traballadoras temporais\". Os labores de poda, de vendima e, en certos casos, tamén de carga das caixas, ten que ser realizado a man. \"A recolleita é un proceso moi importante, e está pouco valorado e mal pagado, ademais hai empresas que pagan en negro\", incide Domínguez. Os salarios, actualmente, oscilan entre os 5 euros á hora e os 7. Unha xornada habitual consta de 8 horas, que poden alongarse se se fai traballo de bodega até as 14 horas. Vendimadoras e vendimadores teñen un perfil heteroxéneo: estudantes, persoas paradas de longa duración ou sen un emprego estábel. Falta de mans Roberto Rivas, presidente da Asociación Galega de Viticultores, explica que hai dez anos \"a vendima era máis de vagar, non tiñas que sacar tantos quilos de uva xuntos\".\"Participaba a familia, amizades e persoas xubiladas\", relata en declaracións a Sermos Galiza, \"hoxe en día isto xa é máis complicado, tes persoas asalariadas\". Viticultor nas Rías Baixas, contrata cada ano unha cuadrilla de entre dez ou doce persoas. \"O que é difícil é que quen che veu toda a vida, que son amigos e queren seguir axudando, non queren cobrar, pero ti estás asustado polo feito de ter unha Inspección de Traballo\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 317 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_10508", "summary": "A través dunha asesoría con sede en Dublín o fondo de investimento RiverRock mercou a súa participación na Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo a Concessia, unha compañía participada por bancos como Bankia, BBVA, Sabadell ou CaixaBank", "text": "Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo, S.A. é unha empresa constituída por tres compañías do sector da construción (Acciona, co 43% das accións, Puentes y Calzadas -23%- e Veolia -16%-) e un cuarto socio co 16,67% da propiedade, Concessia, dedicada ao \"investimento en infraestruturas e concesións públicas\", que á súa vez está controlada maioritariamente por seis bancos: Bankia, BBVA, Sabadell, CaixaBank, KutxaBank e Ibercaja Banco. Esta sociedade foi a socia da Xunta na controvertida operación público-privada para construír e poñer en marcha o novo complexo hospitalario vigués e agora a parte controlada polos bancos, a de Concessia, pasa a mans dun fondo de investimento internacional con aínda menos vinculación, se cabe, con Galicia e a súa sanidade.A través dunha asesoría con sede en Dublín o fondo de investimento RiverRock mercou o 16% da Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo a Concessia, unha compañía participada por bancos como Bankia, BBVA, Sabadell ou CaixaBankA construción do Álvaro Cunqueiro pola vía do pagamento aprazado e a xestión dos servizos non sanitarios -como mantemento, lavandaría ou limpeza entre outros- deste e doutros centros sanitarios vigueses implican que a concesionaria e a súa filial Operadora Novo Hospital de Vigo reciban cada ano ata, cando menos, a década dos anos 30, un canon anual do Sergas que rolda os 60 millóns de euros. Un substancioso negocio que estivo na cerna desta operación pola que Concessia vende a súa parte a RiverRock European Capital Partners, unha empresa de fondos de investimento con sede central en Londres, e oficinas en París, Milán, Xenebra e Madrid.Nesta operación, da que tamén dá conta este mércores Faro de Vigo, Concessia estivo asesorada por Rubicon Capital Advirsors, unha compañía con sede en Dublín especializada nos investimentos en infraestruturas que a finais do pasado xuño anunciou oficialmente o \"éxito\" da venda da participación do hospital de Vigo a RiverRock. Concretamente, a compra realízase a través de RiverRock Brownfield Infrastructure Fund 1, un dos fondos que controla a compañía e que está domiciliado en Luxemburgo.A operación rolda os 20 millóns de eurosSegundo informou o medio especializado Inframation, o valor desta participación rolda os 20 millóns de euros. Na operación, subliña, as compañías tiveron en conta que se trata dunha concesión para que as empresas privadas actúen \"nun dos maiores hospitais públicos de España\", baseada en pagamentos que aumentan coa inflación -o devandito canon- ata setembro de 2035.Para xustificar o seu éxito na operación, Rubicon Capital Advisors subliña que a concesionaria foi responsable do \"deseño, construción e financiamento\" do hospital e que conta cun \"contrato de longa duración\" co SergasPara xustificar o seu éxito asesorando a RiverRock, Rubicon Capital Advisors explica nun comunicado que a concesionaria do hospital de Vigo foi a responsable \"do deseño, construción e financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro\" e da prestación de servizos do Nicolás Peña e do Meixoeiro mediante un \"contrato de longa duración co Goberno Rexional de Galicia\". Este centros, subliñan, atenden unhas 600.000 persoas na contorna viguesa e o Cunqueiro, concretamente, é \"un dos maiores e máis tecnoloxicamente avanzados hospitais en Europa\".No mesmo comunicado unha das altas executivas de Rubicon, Carmen López, asegura que a esta asesoría financeira internacional se atopa \"encantada\" ao \"pechar esta transacción\". Non en van, os negocios público-privados en xeral e \"conectar investidores institucionais con activos na rexión é unha prioridade para nós\". Deste xeito, case o 20% da propiedade da concesionaria do hospital de Vigo é agora propiedade de RiverRock. Este fondo de investimento pecha a operación en Galicia apenas un ano despois de lle mercar á construtora ACS a través da súa filial Iridium o 80% da súa participación na concesión de once comisarías dos Mossos d'Esquadra por 21 millóns de euros."}
{"ID": "PRAZA_8706", "summary": "Intermón Oxfam cre que se o imposto se aplicase con toda a súa potencia en España, poderíanse chegar a recadar até 5.000 millóns de euros. En Facenda din que o terán listo para 2014 pero non se anunciou o venres no paquete de subidas impositivas", "text": "A coñecida como Taxa Tobin -unha taxa sobre as transaccións financeiras transfronteirizas- poderíalle pór o axóuxere ao gato da evasión fiscal. Entre as múltiples calidades que os seus defensores esgrimen para a súa aplicación, aprobada xa por once países europeos para 2014, entre eles España, está a de facilitar o rastrexo dos fondos que se poden mover cara aos paraísos fiscais. Esta \"trazabilidade\" das operacións financeiras máis comprometidas é un dos principais alicientes para dinamizar a economía, en opinión do director de Intermón Oxfam España, José María Beira. Segundo os seus cálculos, se se despregase con todas as seus posibilidades en España, podería supor unha recadación de 5.000 millóns de euros Oxfam presentou a semana pasada as súas principais conclusións sobre a futura aplicación desta taxa na UE. Segundo os seus cálculos, se se despregase con todas as seus posibilidades en España, podería supor unha recadación de 5.000 millóns de euros. En principio o pactado entre os once países que a aplicarán é un tipo mínimo do 0,1% sobre a compravenda de accións e bonos e un 0,01% sobre produtos derivados. A ONG, que aglutinou os movementos a favor deste imposto, está convencida de que a distorsión no mercado financeiro será \"mínima\" pola contía da taxa. É pouco probable que fose unha coincidencia que a noite antes de que Oxfam presentase este estudo, se filtrase un documento interno de traballo dos países que subscribiron a taxa ( Francia, Alemaña, Bélxica, Austria, Eslovenia, Portugal, Grecia, Eslovaquia, Italia, España e Estonia) na que expuñan as súas dúbidas sobre a súa aplicación e os temores a que prexudique o mercado de débeda secundaria onde moitos estados se refinancian. Os opostos á taxa filtraron un documento no que se alerta de supostos efectos nocivos sobre os mercados de débeda secundaria Segundo o documento, publicado inicialmente polo laboratorio de ideas británico OpenEurope (Reino Unido non se adheriu á taxa, nin tampouco Irlanda), pero difundido rapidamente por moitos medios, a aplicación dun imposto sobre o mercado de débeda secundaria, o que tamén se coñece como repos, suporía unha especie de microquita para os investidores, o que desincentivaría o seu investimento. Nun momento no que os custes de financiamento das arcas públicas son unha das principais preocupacións en Europa, este razoamento esgrimido polos países é unha arma ameazante en toda regra. Desde a ONG recoñecen que a presión dos lobbies contra este imposto está no seu momento máis alto e pidenlles aos Gobernos que sexan fortes ante estas iniciativas. Desde a ONG recoñecen que a presión dos lobbies contra este imposto está no seu momento máis alto e pidenlles aos Gobernos que sexan fortes ante estas iniciativas En principio, España debe aplicar a taxa en 2015, unha vez que os once países ratifiquen o imposto, pero ten liberdade para facelo antes de forma parcial, como fixo Francia. Fontes de Facenda recoñecen que a súa intención é preparar a normativa a tempo para que estea dispoñible nos orzamentos xerais de 2014. Con todo, este imposto non estivo entre a batería de medidas impositivas anunciadas este venres polo ministro Cristóbal Montoro. Si se anunciou a aplicación doutro imposto sobre a banca, a polémica taxa sobre os depósitos que deseñaran algunhas comunidades autónomas pero que o Estado deixou inoperante ao crear este novo tributo. A taxa sobre o pasivo da banca, que na súa maior parte está formado por depósitos bancarios, recadará un 0,2 por mil do pasivo das entidades financeiras, que serán as que deberán aboar o imposto. En total, o Estado espera recadar entre 250 e 300 millóns de euros, un montante moi moderado. Distribución do recadado No ánimo de Intermón Oxfam está que se dediquen a metade dos ingresos conseguidos en España aos colectivos excluídos, e que a outra metade vaia a cooperación internacional Respecto da Taxa Tobin, a outra cuestión que está por discernir é o destino dos fondos que se recaden. Tras adoptar a idea do Nóbel de economía James Tobin, as ONG pensaron que se debía destinar á loita contra a pobreza mundial. No ánimo de Intermón Oxfam está que se dediquen a metade dos ingresos conseguidos en España aos colectivos excluídos, e que a outra metade vaia a cooperación internacional. A principal partida de gasto que contempla na súa repartición a ONG é unha renda de inserción que sirva de colchón para as familias que non están cubertas por ningunha das prestacións nin subsidios actuais. Esta liña de gasto levaría ao redor de 1.800 millóns de euros e cubriría as necesidades básicas de 476.000 fogares españois, o equivalente a 1,2 millóns de persoas. A principal partida de gasto que contempla na súa repartición a ONG é unha renda de inserción que sirva de colchón para as familias que non están cubertas por ningunha das prestacións nin subsidios actuais Intermón lembra que agora mesmo estas rendas básicas dependen das comunidades autónomas. Pola dificultade para cambiar a lexislación actual, o máis sinxelo para poder distribuír este montante sería relaxar os actuais criterios da Renda Activa de Inserción que si ten competencia estatal. En canto ao diñeiro que se destinaría fóra das fronteiras españolas, Oxfam cre que a maior parte debería destinarse a loitar contra o cambio climático, xa que foi un dos obxectivos máis esquecidos por parte de todos os Gobernos tras a chegada da crise. Este obxectivo levaría 750 millóns de euros. A loita contra a fame (500 millóns de euros) ou os programas de sanidade pública (350 millóns de euros) serían as outras partidas máis significativas. Esta proposta da ONG é pouco probable que calle no Executivo conservador, que ten unha perentoria necesidade de recadar efectivo para reducir o déficit estatal e cubrir algunhas das principais expensas do Estado: pensións e prestacións por desemprego."}
{"ID": "NOS_30633", "summary": "A imaxe das tendas de Inditex por todo o mundo ten orixe galega. Varias empresas contan coa multinacional de Amancio Ortega como principal cliente e coa pandemia as súas prácticas co persoal foron diferentes. Unha delas, o Grupo Cándido Hermida, pretende realizar un ERTE por causas produtivas até 31 de decembro a unha parte do seu cadro de persoal.", "text": "O feche das tendas do Grupo Inditex está a afectar, tamén, ás empresas que se encargan da propia imaxe dos estabelecementos. Compañías como Malasa, Caamaño e a propia Cándido Hermida. No primeiro dos casos, Malasa, están con expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas produtivas. Unha das súas filiais, Noa Madeira Creativa, pendente dun expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo e outro de carácter temporal. No segundo, Caamaño, houbo acordo entre empresa e sindicatos cun ERTE negociado. O terceiro, o Grupo Cándido Hermida, estivo cun ERTE por causa de forza maior e agora queren continuar con outro por causas produtivas e cunha negociación por separado en cada unha das súas sete empresas. Onte, traballadoras e traballadores desta compañía convocados pola CIG, UXT e CCOO reuníronse nunha concentración e asemblea na praza da Galiza, en Narón, para exixir condicións dignas. \"A intención é socializar este conflito nunha das empresas máis importantes da comarca\", explica a Nós Diario Marcos Sánchez, responsábel de CIG Construción Ferrol. Negociación separada filial por filial A compañía decidiu negociar filial por filial e a situación non é a mesma en cada unha delas. \"Nalgunha xa foi a negociación e noutras aínda está a ser\", asegura Sánchez, \"a intención da compañía é facer un ERTE até fin de ano por causas produtivas como consecuencia da pandemia da COVID-19\". Segundo explica este sindicalista a primeira en negociar foi Industrias Cándido Hermida e Cándido Hermida Montaxe. \"Está aberta a negociación no centro do Grupo Cándido Hermida\", sinala Sánchez, \"e quedarían as dúas que están por convenio do Metal, Innaval e Inmega\", engade. Por último ficarían por negociar a construtora Cándido Hermida Construcións e a da madeira que é Loira Inter. A compañía entra en contradición, segudo Alejandro Bello, secretario comarcal de Construción e Servizos de CCOO, cando \"presenta un ERTE por causas produtivas e non económicas polo que podería complementar salario ao persoal que estaría nesta situación até 31 de decembro\". Polo de agora, as que fecharon negociación non conseguiron ningún complemento. \"Aseguran que non teñen diñeiro cando, mais se fose así, o ERTE sería por causas económicas\", engade Bello. Este sindicalista teme que, ademáis de non conseguir ese complemento, as traballadoras e traballadores queden sen as vacacións durante a aplicación do ERTE. \"A partir do día 1 de xullo pasaralles a contabilizar mesmo o desemprego, non é como os de forza maior\", relata Bello. Denuncian amiguismo Desde a central nacionalista denuncian que este ERTE afectará só a unha parte do persoal o que queda de ano e a outra parte continuará traballando con normalidade. \"Non queren que se faga unha rotación do persoal, algo moi inxusto\", asegura Sánchez. Para este sindicalista esta medida forma parte das \"prácticas habituais\" da empresa, que actúan así \"porque o amiguismo é un dos seus piares de sempre\". Segundo a CIG \"aproveitan esta circunstancia para facerlles pagar a situación a aquelas e aqueles que levantan a voz e denuncian estas actuacións\". Carta sen contestación O pasado día 8 de xuño as traballadoras e traballadores deste grupo empresarial entregáronlle unha carta en man ao propio fundador da compañía, Cándido Hermida, pedíndolle que mudara e corrixira a actuación da actual dirección, as súas dúas fillas e o seu xenro, e denunciando presións da mesma para que o persoal non reivindicara os seus dereitos. \"Estamos aínda agardando resposta a esta carta\", explica Bello a Nós Diario, \"e non creo que chegue como pasou, por desgraza, noutras ocasións\", engade."}
{"ID": "PRAZA_12760", "summary": "A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada por guionistas, directores, técnicos e actores e actrices, critica así mesmo a \"ausencia dunha política clara\" por parte da Xunta", "text": "A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada pola Asociación de Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos (ATEGA), a de Directores (CREA), e a de Guionistas (AGAG) critica a \"ausencia dunha política clara\" por parte da Xunta e sinala a súa sorpresa porque despois de máis de tres anos de Goberno de Núñez Feijoo siga sen haber dentro da estrutura da Xunta \"ningunha figura con experiencia específica en políticas audiovisuais internacionais\", o que ao seu xuízo \"provocou -e segue a provocar- unha deriva administrativa que dificulta o aproveitamento eficaz dos recursos públicos\". A plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, \"a I+D do noso sector\", é unha medida \"equivocada\", pois é a liña de axudas \"que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector\". Así mesmo, a plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, \"a I+D do noso sector\", é unha medida \"equivocada\", pois é a liña de axudas \"que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector\". Polo tanto, os 600 traballadores e traballadoras asociadas nas entidades que integran a Plataforma de Profesionais do Audiovisual reclaman \"coñecer cal é o futuro organismo que vai asumir esas competencias do audiovisual e a súa posta en marcha inmediata\". Así mesmo, demandan \"a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central, co conseguinte desastre para Galicia, onde o idioma é piar e razón de ser da existencia dun audiovisual propio\". Demandan \"a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central Ademais, piden que se garanta o papel da TVG como medio público, \"pero tamén como motor da industria e do mercado laboral dos profesionais\" e solicitan que se cumpran \"con rigor\" os compromisos e condicións legais nos equipos técnicos e artísticos galegos nas producións e coproducións financiadas por AGADIC. O manifesto asinado polas entidades profesionais conclúe cunha pregunta que lle formulan aos responsables do audiovisual da Xunta de Galixia: \"Que plans teñen pensado para reactivar o sector mais alá do discurso non-hai-un-peso?\""}
{"ID": "NOS_9797", "summary": "Os desempregados na Galiza son 19.590 máis que en setembro de 2019 (+12,48%)", "text": "O número de persoas paradas rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 377 persoas en setembro, o que supón un descenso do 0,21%, por baixo do 0,7% da media, segundo os datos que publica o Ministerio de Traballo e Economía Social. Con todo, os desempregados na Galiza son 19.590 máis que en setembro de 2019 (+12,48%), até situar o total en 176.574 persoas. Cómpre lembrar que nestes datos non se inclúen os traballadores e traballadoras con expediente de regulación temporal de emprego (ERTE). por sectores, o desemprego incrementouse na agricultura, con 230 persoas máis nesta situación, até 6.271. A industria recortouno en 881 persoas, até 18.893; do mesmo xeito que tamén baixou en construción, en 383 persoas, até 13.341. Tamén se deron aumentos en servizos (+186 parados, até 122.191) e no colectivo sen emprego anterior (+471, até 15.878). O total de demandantes de emprego situar en setembro en 270.402 persoas, deles 56.566 ocupados, 23.558 que indicaron na súa solicitude condiciones especiais de traballo e 190.278 non ocupados. No relativo a contratos, con 83.162, Galiza anótase un repunte do 29,14% intermensual (18.763 firmas máis), pero o descenso é do 22,09% en relación con hai 12 meses (23.573 menos). No conxunto estatal, a cifra de desemprego reduciuse en 26.329 persoas en setembro (-0,7%), o seu maior descenso neste mes de toda a serie, iniciada en 1996. Demandas Sindicatos urxen plans de recuperación económica e social na Galiza fronte á \"destrución\" de emprego acumulada desde os comezos da crise da covid-19 e ante a \"precariedade\" que presenta o mercado laboral. CIG advirte da \"precariedade\" que, ao seu xuízo, reflicten o descenso da afiliación, a \"baixa taxa de cobertura\" e a \"elevada eventualidade\". Nun comunicado, advirte de que as cifras do ministerio non teñen en conta ás persoas acollidas a un ERTE, polo que para ter \"unha imaxe máis acertada\" recomenda sumar aos 176.574 desempregados outras 218.758 persoas. O secretario confederal de emprego da central nacionalista, Francisco Xabier Cartelle, advirte de que as medidas \"tardías e inxustas\" do Goberno estatal ante a pandemia \"deixaron no desemprego a gran cantidade de persoas, condenadas a subsistir na precariedade e na eventualidade\". Critica, ademais, que a Xunta \"non está a contratar aos efectivos de reforzo necesarios para afrontar a situación extraordinaria, en ámbitos tan sensibles como a sanidade, o ensino, a atención á dependencia e os servizos de limpeza\". UXT avisa de que \"a estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións son as carencias\" do mercado laboral galego. Neste contexto, insiste en \"a necesidade de derrogar as reformas que lastran o mercado laboral e só serviron para darlle máis inestabilidade e para favorecer a precariedade\". Pola súa banda, CC.OO. ve \"urxente\" a adopción dun plan de recuperación económica e social, para afrontar a destrución de emprego debido á pandemia. A pesar da caída do paro rexistrado en setembro, alerta, así, da perda de case un milleiro de afiliacións á Seguridade Social na comunidade."}
{"ID": "NOS_49397", "summary": "O goberno español exixe máis recortes aos territorios autónomos limitando o seu endebedamento. Catalunya non asiste á xuntanza pois di que todo estaba decidido e Andalucía abandona o consello co obxectivo de denunciar o acordo perante o Tribunal Constitucional. Asturias e Canarias votan en contra entrementres os territorios gobernados polo PP gardan fidelidade a Rajoy.", "text": "O Consello de política fiscal e financeira desenvolvido a pasada terza remata coa saída de Andalucía que se sumou á ausencia de Catalunya e unha redución do déficit público das comunidades ao 15,1% do PIB. Así mesmo, o acordo contou con votos en contra de Asturias e Canarias. Após a xunta de partido do PP, con que procuraban transmitir unha imaxe de unidade partidaria fronte ás medidas exixidas desde Bruxelas, o Consello que reúne o executivo español c@s president@s dos territorios autónomos, fracasou, aínda que devirá en máis recortes. Cataluyna rexeitou asistir plantando o goberno de Mariano Rajoy e Andalucía abandonou a xuntanza. Segundo o voceiro do executivo catalán, Francesc Homs, propónselles asistir a unha reunión \"onde todo está decidido\", pois asegura \"decidiuse a segunda feira na sede do PP\". O govern, que xa rexeitara no anterior consello o obxectivo de déficit do 0,7%, considera que as facilidades que a UE lle deu ao Estado español --aprazando a redución da débeda até 2013-- \"non se lles permite ás autonomías\", polo que, insiste, non participarán en reunións onde non exista o diálogo. Pola súa banda, Andalucía abandonou o CPFF, amosándose \"contraria aos límites de endebedamento\". Segundo a conselleira de Facenda e administracións públicas, Carmen Martínez Aguayo, a Junta de Andalucía levará ao Tribunal constitucional os acordos que se adoptaron na xuntanza desenvolvida a pasada terza, pois entenden, que as obrigas impostas polo goberno español impiden á comunidade exercer as súas funcións. Neste sentido, Carmen Martínez, aseverou que a petición do goberno español é \"desproporcionada\" e pretende unicamente \"dobregar a vontade d@s andaluc@s\" recortando prestacións e servizos sociais. A presidenta de Madrid, Esperanza Aguirre, advirte que a redución traerá máis recortes."}
{"ID": "PRAZA_14696", "summary": "A formación galeguista prevé uns gastos totais duns 120.000 euros, dos que 36.000 proceden dun préstamo e o resto, de achegas, cotas e venda de lotaría", "text": "\"Practicar internamente a transparencia que reclamamos para as institucións públicas\". Deste xeito resume o responsable económico da campaña electoral de Compromiso por Galicia (CxG), Manuel González, os motivos que veñen de levar a formación galeguista a decidir facer públicos os orzamentos cos que afrontaron a primeira campaña electoral da súa breve historia. Cunha previsión de equilibrio de ingresos e gastos, CxG afrontou a carreira do 21-O cunhas contas de 120.000 euros, dos que 36.000 proceden dun préstamo subscrito \"cunha entidade financeira galega\" e o resto, de \"achegas e doazóns\", cotas da militancia e venda de lotaría. Pola banda dos gastos o montante principal é para o \"deseño e implementación da campaña\", concepto no que se inclúen 50.000 euros de \"artes gráficas e merchandising\", 5.000 euros para a publicidade en medios de comunicación e 29.500 para \"deseño e produción\". Aluguer de vehículos, organización de actos, o equipo de campaña e algo máis de 3.000 euros para \"imprevistos\" completan unhas contas que, afirma González, permiten demostrar que é posible \"facer campañas\" se investir \"barbaridades\" nelas. \"Eu descoñezo canto están gastando as outras forzas políticas\", subliña, pero \"temos constancia de que algún acto singular do PP\" xa custou \"aproximadamente o que nós gastamos en toda a campaña\". A campaña de CxG custa 120.000 euros, dos que 36.000 proceden dun préstamo bancario Nun contexto no que \"a cidadanía está cansa\" de boa parte das prácticas políticas, o responsable económico de CxG ve aínda máis necesario este \"exercicio de transparencia\" o cal, na súa opinión, deber aser \"desenvolvido por todos os partidos\", que \"deberan publicar ou dar contas da previsión dos seus orzamentos de campaña\", máis aínda cando \"moitos deles financian as súas actividades\" cando menos parcialmente \"con fondos públicos\". Do mesmo xeito, explica, esta publicación permite amosar que \"nos financiamos basicamente con achegas de simpatizantes e afiliados e cos cartos que xeramos vía cotas\". \"Non dependemos de ningún partido de fóra para financiar a nosa campaña\", enfatiza. Ao tempo, González detalla que o feito de non cubrir máis dun \"30% dos custos totais\" a través dun préstamo permite conservar a independencia a respecto do sector financeiro. \"Agora mesmo, todas as grandes forzas políticas teñen créditos moi importantes coas entidades financeiras\". Estas formacións, di, non só \"se endebedan\", senón que establecen outro tipo de \"manobras\" cos bancos que provocaron que \"non cadre o que proclaman co que fan\" na súa actividade interna, no que atinxe á xestión económica."}
{"ID": "NOS_25476", "summary": "Os interruptores da luz, as cisternas, o mar, as piscinas, a froitas que penden das árbores… até as escaleiras. Para as crianzas que nunca saíron dos campamentos de refuxiados de Tindouf viaxar a Galiza é estrear unha nova ollada. Unha ollada que os leva a un mundo abraiante alén do deserto. Esta fin de semana chegan a Lavacolla as 325 participantes do programa \"Vacacións en Paz\".", "text": "Procedentes de Tindouf, as primeiras crianzas saharauís chegaron na mañá do sábado ao aeroporto de Compostela para pasar dous meses de vacacións na Galiza ao abeiro da iniciativa \"Vacacións en Paz\". O resto farao este domingo. Nesta ocasión, pasarán o verán no país un total de 325 crianzas que, amais de ter a posibilidade de fuxir da calor extrema do estío no deserto, poderán ser sometidas a revisións médicas das que non dispoñen no campamento de refuxiados. Maite Isla (SOGAPS) deu conta das dificultades económicas sufridas este verán Á chegada do primeiro avión coas crianzas, Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), advertiu en declaracións aos medios dos \"moitos obstáculos económicos\" que padeceron este ano. E é que vinte días antes da data de chegada das crianzas, comunicóuselle á asociación que debería pagar por adiantado os billetes. Foi necesario, segundo Maite Isla, pedir un crédito de 150.000 euros para facerlle fronte á situación. A presidenta de SOGAPS puxo de manifesto que, amais das revisións médicas dos cativos e cativas, outra das finalidades de \"Vacacións en Paz\" é aumentar a sensibilización política a respeito da ocupación do Sáhara Occidental por parte de Marrocos. Á chegada das crianzas a Lavacolla asistiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a deputada do BNG Montse Prado, quen recentemente visitou os campamento coa delegación galega de SOGAPS. Piscina, praia, xeados… Entre as crianzas que chegaron a Galiza atópanse nenos e nenas que xa gozaron do programa \"Vacacións en Paz\" no país ou noutros puntos do Estado. Tamén chegaron crianzas que viaxaban por vez primeira. Sexa dun ou doutro xeito, todos os nenos e nenas coinciden en sinalar o mesmo: as ganas de bañarse no mar e nas piscinas. Así, ben o coñezan por fotografías que levan os seus veciños de haima no campamento, ben o coñezan por teren estado no país outro verán, os nenos e nenas devecen por todo o que teña a ver coa auga. Alén da praia e da piscina, as crianzas fican abraiadas cos interruptores da luz, coas cisternas dos inodoros, coas camas e mesmo coas escaleiras. Nos seus primeiros días de estadía é habitual que os pais e nais de acollida coloquen baixo as camas colchóns ou coxíns para tratar de salvar as caídas das crianzas durante a noite –afeitas a durmir en finos colchóns no chan das haimas- e que os nenos e nenas suban e baixen os chanzos das escaleiras agachadas, axudándose das mans. Comer xeados, que ao principio espertan rexeitamento nas crianzas pola baixa temperatura, e comer as froitas que arrincan das árbores son outras das experiencias preferidas polos rapaces e rapazas. Todo o novo cáusalles curiosidade e divertimento a partes iguais en dous meses de verán que viven alén do deserto. Aínda que poida semellar o contrario, cando chega o momento de regresaren, os rapaces e rapazas parten cun sorriso nos beizos porque voltan coa súa familia \"de verdade\" ateigados de agasallos e cunha experiencia única gardada para sempre na mochila até o ansiado día en que remate a ocupación."}
{"ID": "NOS_14023", "summary": "Abraham Carreiro botou a andar o ano pasado un xornal para os máis pequenos da casa, 'O Papagaio', un mensual que lles conta o mundo e o país mirándoos de fronte.", "text": "- 'O Papagaio' leva oito números publicados e defínese como o \"xornal da xente miúda\". A que idades está dirixido?- Está pensado para rapaces entre 7 e 13-14 anos. Saíu en outubro do ano pasado, e agora no verán pararemos en agosto e setembro e regresamos de novo en outubro. - Facedes informacións de cuestións de actualidade e de interese para esas idades. Como vos plantexades os temas?- Nós queremos facer como se fose un xornal para xente maior, pero enfocado aos máis pequenos. Nós contámolo dunha forma adaptada a eles. Falamos dos refuxiados, por exemplo, ou dos problemas dos combustibles fósiles, pero sempre enfocado dun xeito máis lúdico, para entendelo divertíndose. Outro dos obxectivos do xornal é dar a coñecer o que se fai en Galiza a nivel científico, cultural, ecolóxico, etc. A información está practicamente centrada no que se fai aquí. - Como pode mercarse o xornal?- Polo momento, só por subscrición. Estamos estudando a posibilidade de outras opcións, pero por agora só é posible vía subscrición anual. - Dirixídesvos a un dos públicos máis difíciles e esixentes, ademais do máis desgaleguizado. Cal é o segredo para gustarlle aos nenos?- É difícil sabelo, pero creo que é contarlles as cousas dun xeito divertido e á vez dándolle información, porque ás veces parécenos que son máis parvos do que son, pero gústalles aprender cousas. Tamén é importante que eles poidan poñer en práctica cousas, que é unha das partes que queremos potenciar, que os nenos poidan practicar. Se falamos de como se produce unha tormento, pois por exemplo que eles a poidan poñer en práctica na casa, é dicir, que eles poidan sentir e comprobar as cousas por eles mesmos. - E cal é a resposta que tedes dos vosos leitores?- A resposta é boa, tanto a que recibimos a través de correos como nos colexios que visitamos. E os nenos leno con interese. - Como xurdiu o proxecto?- Pois foi algo máis dun ano, porque a min sempre me gustou o xornalismo e o cómic xornalístico. E pensei na posibilidade de facer un xornal que fose gráfico sobre todo. Pensei que podería estar ben enfocalo aos nenos e contarlle información pero de maneira gráfica, sen fotos, só con debuxos. - Ten algún tipo de axuda pública?- Non, non temos subvencións nin admitimos publicidade, así que vivimos só dos subscritores. Non temos subvencións nin admitimos publicidade, así que vivimos só dos subscritores - Ademais tedes unha editorial, Edicións Moito Conto, na que publicades obra túa e tamén do teu pai. Herdaches a súa paixón polo debuxo e a ilustración?- Si, supoño que de pequeno, de estalo vendo a el, sempre che queda algo. Sobre a editorial, até agora é moi pequeniña, pero a idea é potenciala e abrila para que poida publicar máis xente, empezar unha colección, etc. Esa é a idea, potenciar a editorial, aínda que polo momento hai pouca cousa. - Ti tamén fas caricaturas, viñetas... cal das ramas do debuxo e da ilustración che interesa máis?- A que máis, o cómic e o deseño de portadas de discos e de cartaces. Co cómic penetras na historia moito máis - En que outros proxectos andas agora?- Agora mesmo ando con un cómic sobre o franquismo en Galiza, un cómic xornalístico no que vou entrevistando a varias persoas que relatan as súas vivencias da época. Logo estou cun libro dirixido a lectores de 11 a 12 anos. E logo estou traballando para potenciar o xornal, dándolle voltas a ideas novas. - O do cómic xornalístico é un formato pouco explorado en Galiza, non?- Eu sempre seguín moito Joe Sacco, que sempre foi un dos meus autores favoritos. Sería dese estilo, é algo moi cercano. Co cómic penetras na historia moito máis. Neste cómic serían cinco ou seis protagonistas e contarían as súas historias. Un deles morreu o ano pasado. Outro viviu torturas no franquismo, outro estivo en San Simón, unha muller que viviu a fame da época..."}
{"ID": "PRAZA_11480", "summary": "O Ateneo Atlántico de Vigo acolle este martes unha sesión dedicada a analizar os 36 anos de historia da Festa da Palabra Silenciada, e que serve como homenaxe á autora. Introducidas por Ana Gandón, na mesa de debate intervirán Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar", "text": "En maio de 1983 nacía en Vigo a Festa da Palabra Silenciada, revista anual editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) e dirixida por María Xosé Queizán, que nese número cero compartía a coordinacion con Isabel Mouriz. Naquel primeiro exemplar colaboraban sinaturas de Teresa Barro, Margarita Ledo, María Xosé Porteiro, Camiño Noia, Carmen Blanco, Natalia Lamas ou María Cristina Hermo.O Ateneo Atlántico de Vigo acolle este martes unha sesión dedicada á revista, que serve como homenaxe a María Xosé QueizánA revista buscaba \"sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento\". O seu contido foise ampliando, reflectindo, por un lado, unha panorámica do pensamento feminista sobre moi diversos aspectos da realidade, e por outro, explorando desde unha óptica aberta e crítica a literatura galega, incidindo na autoría feminina. Ata o ano 1998 foi elaborada integramente por mulleres, desde o deseño e maquetación, a realización, as colaboracións e o material gráfico.Introducidas por Ana Gandón, na mesa de debate intervirán Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar36 anos despois da publicación do primeiro número da Festa da Palabra Silenciada, o Ateneo Atlántico de Vigo acolle este martes ás 19.30 horas na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, 5) unha sesión dedicada á revista, que serve tamén para continuar as homenaxes que se lle están dedicando a María Xosé Queizán. A sesión, que será introducida por Ana Gandón, consistirá nunha mesa de debate na que intervirán Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar.En actos anteriores a propia Queizán falou sobre Mary Shelley e o seu Frankenstein, conversou con Inma López Silva sobre o transcorrer da vida e a memoria. E, igualmente, analizouse o seu traballo no feminismo no acto María Xosé Queizán, feminista destemida.A revista buscaba \"sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento\"\"A palabra e a escrita foron dende sempre elementos de poder, úteis de marxinación. O don da palabra foi utilizado como arma diferencial e a voz das mulleres foi negada e silenciada ao longo dunha historia masculina\", escribía a propia María Xosé Queizán na introdución do número cero da revista. En efecto, nas tres décadas seguintes, A Festa da Palabra Silenciada teimou en servir de altofalante a varios centos de colaboradoras e para visibilizar a creación feminina, tanto a contemporánea como a de xeracións anteriores e que estaba fóra do canon.Houbo números especiais dedicados a figuras destacadas da literatura galega e do feminismo, dende Rosalía de Castro, que protagonizou o segundo número, en 1985, a Xohana Torres, Emilia Pardo Bazán, Pura e Dora Vázquez ou Simone de Beauvoir. \"Temos a obriga de dar a nosa visión de Rosalía; de denunciar a manipulación de que foi obxecto ao longo dos anos: a Santiña, a Sofrida, a Folclórica, a Nai... Negamos enerxicamente esa imaxe amañada, mansa e melosa, que se lle ten atribuído e reivindicamos á Rosalía coraxosa que pensa e sente como muller, que reacciona con dureza ante as aldraxes\", escribía María Xosé Queizán en 1985.Houbo números dedicados a figuras destacadas da literatura galega e do feminismo e tamén á arquitectura, á pintura ou á cienciaOs números dedicados a Francisca Herrera Garrido (nº 3, en 1986) ou María Mariño (nº 13, en 1997) anticipáronse e serviron de pulo á súa escolla para o Día das Letras Galegas. Houbo ademais números dedicados á arquitectura e o urbanismo, á pintura e ás artes plásticas ou á investigación e á ciencia, sempre dende unha perspectiva feminista. A edición correu a cargo do grupo FIGA, que financiou a revista ata o nº 9, momento en que a publicación comezou a recibir unha axuda económica do Concello de Vigo.A voz de \"moitas mulleres que ata ese momento non eran visibles\"\"Era a única revista que nese momento se atrevía a publicar arte de mulleres, artigos de mulleres, a mulleres científicas e investigadoras...\"\"A revista foi moi importante neses anos 80, foi moi rompedora. Era a única revista que nese momento se atrevía a publicar arte de mulleres, artigos de mulleres, a mulleres científicas e investigadoras..., dándolles voz a moitas mulleres que ata ese momento non eran visibles\", conta Paula Mariño, que subliña que \"agora estamos tendo o debate e a reivindicación de que ten que haber máis obras de mulleres nos museos, como Clara Peeters ou Artemisa Gentileschi, pero é que nos anos 80 estas artistas nin se coñecían\".Mariño destaca \"o fundamental\" da relación e o diálogo entre as distintas xeracións e salienta que \"A Festa da Palabra sempre se concibiu cun punto de vista centrado no presente, pero ollando cara o pasado e cara ao futuro. A revista nunca foi estática, sempre tivo moitísimo movemento, unha revista que a partir da igualdade trataba moitos temas: artísticos, científicos, literarios, sociais...\"\"Disque esta participación de María Xosé Queizán na Festa da Palabra, e á marxe de toda a súa produción literaria e ensaística, é suficiente en si mesma para a súa entrada pola porta máis grande na Historia da cultura galega\", destaca o Ateneo Atlántico na convocatoria do acto deste martes. Paula Mariño concorda: \"É unha persoa clave, non só no feminismo, senón en toda a cultura galega\". \"María Xosé, axudada por mulleres marabillosas, xogou un papel fundamental na Festa da Palabra. Era a alma da revista, era quen tiraba de todo o mundo\"\"María Xosé, axudada por mulleres marabillosas, xogou un papel fundamental na Festa da Palabra. Era a alma da revista, era quen tiraba de todo o mundo. É destas persoas que te empurra a traballar máis, que te anima\", recoñece Paula Mariño, que subliña que Queizán \"sempre foi unha muller moi curiosa, unha investigadora radical, que se interesaba e sabía moito de literatura, pero tamén de arte, de ciencia ou de historia\". E remata poñendo en valor o traballo realizado pola Festa da Palabra para \"abrir camiño\", pero sinalando as tarefas pendentes ás que se enfronta o movemento feminista: \"Avanzouse moito, pero aínda faltan moitas cousas por cambiar. Queda moito por facer, mentres que a lei non defenda de verdade ás mulleres, mentres non haxa unha auténtica educación en igualdade\".\"Desexamos unha cultura que nos abra novos menceres, que nos permita desenvolver a propia creatividade, que nos facilite a identidade e o coñecemento de nós mesmas, que nos axude a saír da alienación secular, que nos libere do autoodio e da marxinación, que recompoña o noso pasado omitido e afogado\", escribía María Xosé Queizán en 1983 nesa introdución ao número cero da revista"}
{"ID": "NOS_26662", "summary": "Francisco Jorquera asegurou que o goberno de Feijóo foi \"o peor da historia de Galiza\" e chamou a concentrar o voto nacionalista e de esquerdas no BNG para que o PP non teña unha segunda oportunidade.", "text": "O Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas acolleu o sábado o mitin do BNG. O candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, fixo un chamamento á cidadanía para non lle dar \"unha segunda oportunidade\" ao presidente saínte pois dixo, é \"indigno e mentireiro\". O candidato do BNG, incidiu no informe feito público polo Consello de Contas, no que a sinatura dun ex-senador de Fraga, avalaba que o goberno de Núñez Feijóo, tería desprazado 441 millóns de euros dun exercicio contábel a outro para financiar o défice. Segundo o nacionalista, isto non é máis que un exemplo \"das trampas de Feijóo\". Jorquera, defendeu as propostas do BNG como alternativa á política de recortes desenvolvida polos gobernos do PP, cuxo resultado, dixo, \"deixa 113.000 persoas máis nas listas do paro, 60.000 mozos e mozas na emigración, máis de 3.000 gandeiros que tiveron que pechar as súas explotacións e máis de 5.000 pequenas e medianas empresas liquidadas\". Neste senso, o nacionalista presentou o programa electoral do BNG como un \"proxecto de país\" baseado nas \"potencialidades de Galiza\", aseverou, fronte a un \"Feijóo máis preocupado por facer política en Madrid\". Jorquera Caselas, defendeu un maior autogoberno para que Galiza \"poida decidir \"sobre a pesca, a enerxía, sobre o prezo do leite ou do naval\" e a necesidade dunha reforma fiscal que faga pagar \"máis a quen máis ten\". \"O cambio que Galiza precisa é posíbel\"O aspirante á presidencia da Xunta fixo un chamamento á cidadanía para que o 21-O \"o pobo galego diga non á marea negra do centralismo, da perversión da democracia e da inxustiza social\", apelou o nacionalista ao espírito do Nunca Máis para mobilizar ao electorado arredor do BNG. \"Se concentramos todo o voto nacionalista e de esquerdas no BNG Feijóo perderá as eleccións\", concluiu Francisco Jorquera afirmando que a organización frontista representa a \"alternativa real ao PP\"."}
{"ID": "NOS_31072", "summary": "Antes de entrar en vigor o desconto de 20 céntimos por litro o prezo medio da gasolina roldaba os 1,8 euros.", "text": "O prezo medio da gasolina no Estado español encadeou unha nova semana de subas, a sétima, e escalou até un novo máximo histórico, por vez primeira xa por riba da cota dos dous euros por litro, e 'comendo' xa a totalidade da subvención de 20 céntimos por litro que entrou en vigor o pasado mes de abril. En concreto, o prezo medio do litro de gasolina situouse esta semana nos 2,048 euros, tras rexistrar unha repunta de 4% a respecto de sete días atrás, segundo datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea. Evolución do prezo medio do litro de gasolina e diésel en 2022 Ese importe medio inclúe os impostos, pero non reflicte o desconto que entrou en vigor desde o pasado 1 de abril de 20 céntimos por litro. Contando con esa subvención, o prezo do litro de gasolina sería xa practicamente máis caro que na última semana de marzo (1,818 euros), antes de que se comezará a aplicar o desconto, co que o encarecemento rexistrado por este carburante desde entón absorbeu a totalidade da axuda.No caso do diésel, o prezo medio do litro, logo de tres semanas de baixadas, volveu repuntar, cunha alza de 3,45% a respecto de hai sete días, para situarse nos 1,916 euros. Desta maneira, a pesar deste nivel alto de prezo no gasóleo, este carburante rexistra unha evolución desde principios de marzo máis favorábel que a da gasolina. Así, ao aplicar a rebaixa dos 20 céntimos por litro, o seu importe sería duns doce céntimos menos que a finais de marzo. O prezo da gasolina subiu 40% nun ano En comparanza coa situación de un ano atrás, o prezo medio do litro de gasolina encareceuse 51,6%, mentres que no caso do gasóleo é 58% máis caro, aínda que sen ter en conta a bonificación vixente actualmente. Os prezos aumentaron 30% desde a invasión de Ucraína Desde que a finais de febreiro principiara a invasión de Ucraína por parte de Rusia os prezos de ambos os combustíbeis disparáronse case 30%. Estes prezos rexístranse nunha contorna de alzas constantes do cru no actual contexto, marcado por esta guerra. Así, o barril de Brent, de referencia en Europa, cotizaba esta quinta feira por riba dos 123 dólares, mentres que o Texas americano intercambiábase a algo máis de 121 dólares. O prezo dos carburantes depende de múltiples factores, como a súa cotización específica —independente da do petróleo—, a evolución do cru, os impostos, o custo da materia prima e da loxística e as marxes brutas, polo que os seus incrementos non se trasladan con efecto inmediato ás gasolineiras. Así afectaría o \"embargo total\" da UE a Rusia Por riba dos niveis da UE Con estes rexistros, o prezo da gasolina sen chumbo 95 está no Estado español xa por riba da media da Unión Europea (UE), situada en 2,018 euros o litro, aínda que non da zona euro, cun prezo medio de 2,061 euros. No caso do diésel, o prezo no Estado tamén volve ser superior ao da media da UE, que é de 1,908 euros, aínda que fica por baixo novamente da zona euro, cun prezo de 1,942 euros."}
{"ID": "NOS_20804", "summary": "As catas solicitadas polo Concello da Coruña sobre unha das parcelas que a empresa Lipromo ten na Maestranza descobren restos do baluarte de San Vicente. Segundo a lexislación estarían protexidas como acontece con toda a muralla defensiva que se conserva na cidade.", "text": "O terreos da Maestranza, na Coruña, continúan a demostrar o seu alto valor arqueolóxico. Adquiridos no seu momento pola empresa Lipromo ao Ministerio de Defensa coa intención de desenvolver un proxecto inmobiliario, veñen de descubrir que conteñen os restos do camiño cuberto do baluarte de San Vicente. O achado produciuse após unhas catas solicitadas polo Concello da Coruña nunha das dúas parcelas da empresa vasca, a denominada número 1, e de ser confirmado por Patrimonio da Xunta da Galiza estarían protexidas, ao igual que toda a muralla defensiva da cidade. Nese caso a inmobiliaria non podería, como figura no seu proxecto, construír 100 vivendas, por volta de 56 na segunda parcela. Para Manuel Monge, da Comisión Aberta en Defensa do Común, esta descuberta \"non fai máis que confirmar unha cata anterior na que tamén se atoparon restos\". Explica a Nós Diario que a intención da empresa é \"construír tamén na parcela 2 que ten menos extensión\" e que conta coa aprobación inicial da Xunta de Goberno Local da Coruña, se ben aínda non se levou a Pleno. Neste caso, asegura Monge, \"nós xa presentamos alegacións\". Alegacións de Defensa do Común Este mesmo mes, Defensa do Común presentou alegacións contra o estudo de detalle para a construción de dous edificios nos antigos terreos do Ministerio de Defensa na Maestranza. A principal alegación que fan é que o estudo de detalle non cumpre os acordos da corporación municipal da Coruña e do Congreso das Deputadas e dos Deputados, ademais de non ter en conta os antecedentes históricos. Lembran que en 2016 aprobouse sen ningún voto en contra unha moción que pedía ao Ministerio a devolución dos terreos do Campo da Estrada. Tamén en 2018 instouse a que o Ministerio de Defensa mantivese unha reunión co Concello. A conclusión que saca Defensa do Común é que \"o Ministerio de Defensa segue a facer caixa a costa da Coruña\" e lembra que \"xa venderon moitas propiedades en poxa no lugar de devolvelas á Coruña\". Segundo as súas contas, \"o Ministerio de Defensa ingresou máis de 48 millóns de euros e agora seguen coa mesma política\". Pon como exemplo que o Ministerio conta con outras posesións que tenta vender. \"Hai unha parcela na rúa Adelaida Muro que reclamamos con varias concentracións para que se constrúa alí un Centro Cívico e seguen tentando conseguir comprador\", apunta Monge. Ademais, exixen a devolución doutra parcela \"diante do Centro Comercial Marineda, onde estaba o vello parque de automóbiles, que conta cun edificio abandonado que pensamos que se podería aproveitar como equipamento público previa devolución ao Concello da Coruña\". Desde esta Plataforma afirman que non deixarán de oporse a esas vendas. \"Xa o fixemos no seu momento co vello hospital militar na zona do Parrote e con mobilización conseguimos que se integrara no Sergas e é un hospital público\", lembra Monge."}
{"ID": "NOS_27637", "summary": "O refuxiado político Hassanna Aalia recoñece, nunha sesión do ciclo 'Diálogos desde a periferia' organizada pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova, que hai temor a que se converta en \"humanitario\", un conflito \"político\". Tamén denuncia as torturas que está a padecer incluso a poboación civil.", "text": "O conflito bélico no Sáhara debido a actuación de Marrocos obviando o acordo de alto o fogo continúa a provocar vítimas entre a poboación civil. No camiño cara a autodeterminación, o pobo saharauí demanda ao Estado español que deixe de colaborar con Marrocos, ou \"co opresor\".O refuxiado político saharauí Hassanna Aalia, que hoxe interveu nunha nova sesión de 'Diálogos desde a periferia' organizada pola Fundación Galiza Sempre, desta vez con Galiza Nova, remarcou en varias ocasións o papel que está a ter o Estado español contra o pobo saharauí, xa sea desde as Administracións políticas ou desde as empresas con intereses no lugar. No debate 'A loita do Sáhara Occidental. Pola soberanía nacional', -no que tamén participaron a deputada do BNG no Parlamento Montse Prado e o membro da permanente de Galiza Nova, Anxo Núñez- Aalia recoñeceu que a situación \"é delicada e complicada\". Falando un pouco do contexto no que decorreu o ataque de Marrocos, comentou que activistas saharauís tentaban acabar co \"roubo dos recursos naturais\" por parte do país veciño na zona de Guerguerat que se producía desde 2001. A resposta foi o ataque bélico \"vulnerando o alto ao fogo\". \"A Fronte Polisario e os saharauís non tiveron máis remedio que defenderse; están obrigados a retomar a loita armada pola comunidade internacional\", reflexionou. Continuidade na loita A pesar desa guerra, das imaxes que están a recibir de torturas, incluso a civís, e de ataques polos mesmos presos de cárceres marroquís a detidos políticos do Sáhara Occidental, o refuxiado político advertiu de que o pobo \"loitará pola nosa independencia e a nosa liberdade\". A este respecto, destacou que \"miles de mozas e mozos están a deixar os seus traballos e as súas casas en todo o mundo para ir a loitar polo noso conflito\". Desde o seu punto de vista esa reacción \"é algo histórico que se está a vivir como pobo\". Na súa intervención pediu que non se lle de a volta a un conflito \"político\", para convertelo en \"humanitario\" e pediu a España que non apoie, pero que tampouco \"faga dano\" do lado de Marrocos."}
{"ID": "PRAZA_2393", "summary": "Os anos en que o euro e a UE contaban coa adhesión entusiasta ou resignada de todas as forzas políticas semella estar chegando á súa fin. As máscaras deben caer e as democracias liberais ben temperadas vense na obriga de explicitar as liñas vermellas que separan os bandos entre os admitidos e os vetados.", "text": "O discurso sobre a indigitação pronunciado polo Presidente da República portugués nomeando primeiro ministro ao líder conservador Passos Coelho, contén a gran contradición política do momento, polo menos no ámbito da UE: a submisión ante a eurodemocracia sen soberanía popular ou o desafío a este estado de cousas. O cordón sanitario que establece Cavaco Silva co Bloco de Esquerdas e o PCP, por tratárense de As máscaras deben caer e as democracias liberais ben temperadas vense na obriga de explicitar as liñas vermellas que separan os bandos entre os admitidos e os vetados forças políticas antieuropeístas, isto é, de forças políticas que, nos programas eleitorais com que se apresentaram ao povo português, defendem a revogação do Tratado de Lisboa, do Tratado Orçamental, da União Bancária e do Pacto de Estabilidade e Crescimento, assim como o desmantelamento da União Económica e Monetária e a saída de Portugal do Euro. pon negro sobre branco o que ata agora era só implícito. Os anos en que o euro e a UE contaban coa adhesión entusiasta ou resignada de todas as forzas políticas semella estar chegando á súa fin. As máscaras deben caer e as democracias liberais ben temperadas vense na obriga de explicitar as liñas vermellas que separan os bandos entre os admitidos e os vetados. Mentres isto sucede en Portugal, o Estado español continúa no seu estado de subdesenvolvemento a respecto do que se ventila na UE. Que no debate televisivo estelar entre as chamadas forzas emerxentes representadas por Pablo Iglesias e Albert Rivera non se falase en ningún momento siquera do Pacto Fiscal Europeo, e que o groso da audiencia tampouco o botase en falta, indica o estado larvario en que se atopa aquí unha cuestión que, lonxe de ser anecdótica, é central para levar a cabo políticas diferentes das obrigadas polo paradigma neoliberal. Ignacio Sánchez Cuenca, un dos poucos socialdemócratas españois que aínda merecen tal nome, reflexionaba nun artigo recente sobre o obvio: a fronteira entre a socialdemocracia (a de verdade, non o socioliberalismo) e o que se atopa á súa esquerda, neste momento, é máis difusa ca nunca debido a que ambas familias da esquerda viron aumentadas exponencialmente as súas propias debilidades e impotencias. Sen concordar en todo con Sánchez Cuenca, ao fin e ao cabo, se houbo 30 gloriosos, se houbo empoderamento do mundo do traballo, é porque houbo Unión Soviética –cuestión que o autor non menciona– si considero que dá no cravo cando apunta que o importante é traballar para que a correlación de forzas traballo/capital sexa máis favorable ao primeiro e que a esquerda [ten que adoptar] unha posición moito máis crítica coas institucións e políticas da zona euro, sobre todo naqueles países nos que a UE se viu historicamente como táboa de salvación e axente de progreso, de forma que se poida formar unha fronte unida de países cun plan de reformas profundas que recuperen o modelo social europeo como obxetivo principal do proceso de integración. Que estratexia segue a esquerda dunha nación sen estado ante este panorama é tamén un reto que os nacionalismos emancipadores das nacións sen estado do Estado español aínda non abordaron. No proceso catalán pola independencia asistimos, por unha banda, á loita por parte de Junts pel si por demostrar que unha Catalunya independente sería membro incuestionable do club europeo (probablemente, nos soños de JxS, ademáis, sería membro do selecto club \"nórdico\" abandonando o feo mundo PIG) e, pola outra, ás proclamas dunha CUP que, como o resto de nacionalismos non afíns ao proxecto europeo, non pasa de enunciar a súa disconformidade co mesmo pero sen mostrar tampouco un plan moi elaborado sobre cal sería a estratexia para sobrevivir fóra do Estado español e do marco da eurozona. Canto ao nacionalismo galego, este leva moito tempo renunciando a pensar Galiza no mundo, de aí que aquí o debate do momento se circunscriba a como concorrer ás eleccións españolas para acadar un improbable grupo parlamentario Canto ao nacionalismo galego, este leva moito tempo renunciando a pensar Galiza no mundo, de aí que aquí o debate do momento se circunscriba a como concorrer ás eleccións españolas para acadar un improbable grupo parlamentario (a nova versión da clasificación das CCAA entre as de primeira e segunda división do quintanismo), que é algo así como recoñecer que o único importante para o nacionalismo galego neste momento é a política interna do Estado español, toda vez que asume sen problemas o feito de que hoxe posuír un Estado (como por caso o portugués) e ser soberano non é sinónimo; e renunciando, polo tanto, a reflexionar un minuto sobre esa cuestión"}
{"ID": "PRAZA_1287", "summary": "Os grupos políticos que têm agora a possibilidade de fazer uma outra política, em que a participação cidadã seja protagonista, têm o repto de saberem cooperar e beneficiar mutuamente e á cidadania que ali os colocou.", "text": "A situação atual sugeriu-me este título para um artigo. É nova desde que, na política local, entraram atores diversos que antes nem tinham participado nas estruturas de poder. Aparecem novas variáveis para coordenar a política local. E falo de coordenar o que nos leva de caminho para cooperação. Será esta ou o recuo para tempos passados. Entre os organismos vivos a cooperação ocupa um lugar de preeminência sobre qualquer outra função. A natureza de \"dente e garra\" que se lhe atribui a Darwin não é a norma. É muito mais freqüente a natureza da cooperação. A simbiose é o mecanismo em que a cooperação alcança a máxima eficácia. Aqueles organismos que são capazes de cooperar, obtendo um mutuo beneficio, acabam por ser os mais eficazes, e são beneficiados póla seleção natural sobre aqueles que não encontram esta estratégia de supervivência. Nos concelhos da Galiza aparecem novas forças que vão partilhar a casa comum da cidadania. Varias destas forças são ditas de esquerdas. Proclamam ideais que implicam valores de participação, transparência e empatia para com a vizinhança menos favorecida. Democracia real, dize-se agora por contra- posição ao comportamento atual dos velhos grupos políticos, fortemente hierarquizados e que exercem o poder sem contar muito com o povo. Apenas uma consulta cada quatro anos demonstra-se pouco para garantir a participação da cidadania na cousa pública. Nos concelhos da Galiza aparecem novas forças que vão partilhar a casa comum da cidadania. Varias destas forças são ditas de esquerdas. Proclamam ideais que implicam valores de participação, transparência e empatia para com a vizinhança menos favorecida Durante os últimos quatro anos fomos submetidos a situações espantosas de confronto social: Despejamentos cruéis, estafas aos aforradores das \"preferentes\", corrupção ofensiva e obscena por parte dos representantes públicos,perseguição de juízes que pareciam querer investigar e punir estas condutas eticamente reprováveis, empobrecimento geral das classes medias e enriquecimento desmedido das classes altas. Poder quase unívoco de entidades alheias e longínquas a nós, como grandes bancos, corporações multinacionais,ou grupos de poder que escapam ao controlo popular. A destruição ambiental foi o mais visível sintoma do egoísmo e da ambição sem limites desta casta de governo. A sociedade, em geral, deu a impressão de estar a ser desestruturada. E, como não! Mal governada. Houve grupos políticos que trabalharam em defensa dos abusados, dos desprotegidos. Grupos não majoritários, mas de esquerdas. Exercendo de socialistas. Como fez o Bloque Nacionalista Galego em Galiza ou Esquerda Unida no resto do Estado. Também surgiram novas organizações nascidas da sociedade civil. Ativas e democráticas. Que se foram artelhando à volta da indignação social que se deu em instalar. Desde o meu ponto de vista, isto é uma mostra de saúde social. Se calhar é também o fruto dessa juventude que se dá em chamar a mais formada da história de Espanha ( a mais frustrada e mais enganada,sic). A destruição ambiental foi o mais visível sintoma do egoísmo e da ambição sem limites desta casta de governo. A sociedade, em geral, deu a impressão de estar a ser desestruturada. E, como não! Mal governada Os votos colocaram a estas forças nas câmaras municipais. Em muitas cidades da Galiza aparece um variado leque de siglas por oposição a direita conservadora. Esta que foi a cúmplice dos bancos que votaram a rua a pessoas indefensas. Que não levantaram a voz para proteger aos estafados das preferentes, que nem querem trazer para Lugo a unidade de hemodinâmica e de cancro que permita aos habitantes desta cidade viver tanto como os de outra qualquer cidade da Galiza. Que amparam a destruição ambiental a favor de pedreiras, ou de urbanizadoras. Que favoreceram a borbulha imobiliária destruindo o tecido econômico e o ambiente. Que nada fazem para termos rios com vida nem carvalheiras viçosas. Que prepara uma lei mordaça para impedir toda contestação. Agora estas forças têm que superar o reto de saberem cooperar. Como o fizeram os microorganismos que deram lugar á célula eucariótica*. Para isso terão que saber perder algo para ganhar muito. O predador que mata a seu preá para se alimentar destrói aquilo que o mantêm. As plantas que deitam oxigênio a atmosfera para que os animais respiremos, beneficiam do dióxido de carbono que produzimos na nossa respiração para fabricar os seus carboidratos. Mantemos com elas uma relação de mutuo beneficio.Indispensável para a vida. Os grupos políticos que têm agora a possibilidade de fazer uma outra política, em que a participação cidadã seja protagonista, têm o repto de saberem cooperar e beneficiar mutuamente e á cidadania que ali os colocou Os grupos políticos que têm agora a possibilidade de fazer uma outra política, em que a participação cidadã seja protagonista, têm o repto de saberem cooperar e beneficiar mutuamente e á cidadania que ali os colocou. Ou, por contra, ceivar os seus egoísmos, fazerem de predadores destruindo aquilo que os alimentou. O grande Mujica, anterior presidente de Uruguai, lamentava-se do infantilismo da esquerda. Faço votos porque esta se comporte com maturidade e inteligência social. Que imitem a natureza e cooperem por um mutuo beneficio. Este transmitir-se irá a toda a população. Será então que poderemos dizer que a crise cruel que sofremos deu algo de positivo. *A teoria da endo- simbiose mantém que a célula eucariótica (que tem núcleo e muitos orgânulos. Cada um com a sua função) é o resultado da cooperação de bactérias \"engolidas\" no seu citoplasma que potenciam as funções vitais do conjunto a custo da sua independência. Beneficiando-se dum lugar seguro em que viver. Deve-se a Lynn Margulis e seu filho Doriam Sagam."}
{"ID": "NOS_28060", "summary": "\"É unha cacicada\", alegan desde a equipa docente e a CIG-Ensino.", "text": "Aproveitando o concurso de traslados convocado pola Consellaría de Educación na Escola Superior de Restauración de Pontevedra saltou a lebre. E é que na listaxe provisoria aparecía unha praza vacante na especialidade de Conservación e Restauración de Documentos gráficos, unha especialidade que non se imparte no centro. En Pontevedra, unicamente se ofertan Pintura, Escultura e Arqueoloxía. Perante este feito, a propia escola e a CIG-Ensino puxéronse en contacto coa Consellaría para obteren información onde se lles confirmou que non se trataba dun erro e que non tiñan vontade de rectificar. \"Sen información por parte de Inspección e sen o solicitar sae unha praza con nocturnidade e aleivosía á que só se presenta unha persoa\", di en conversa con Sermos Galiza Fernando Carrera, profesor da Escola Superior de Restauración e ex-director da mesma. \"É a terceira vez que tentan enchufala\", denuncian após integrala nas listaxes de interina e de tentar nomeala directora da Escola \"É a terceira vez que tentan enchufala\", explica, pois a mesma persoa \"permanecía nas listaxes de interinos e interinas na especialidade de Conservación e Restauración de Obras Pictóricas de Galiza e o seu nome aparecía e desapareceu desta listaxe en varias ocasións\", sinalan desde a CIG, organización sindical maioritaria da Xunta de Persoal da Escola de Restauración. \"Tentaron coala como interina\", di Carrera, e denunciaron facendo decaer o seu nome da lista. Con posterioridade e após a demisión en bloque da dirección da escola como medida de presión para exixir á Xunta a integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade, \"quixeron facela directora\". Algo que tampouco foi posíbel. Relación cun nome destacado da Xunta A persoa beneficiada é funcionaria con praza fixa na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Avilés (Asturies) porén, na actualidade foi nomeada directora do Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA), un posto de libre designación. Isto é, nomeado a dedo. Na actualidade foi nomeada directora do Museo Pedagóxico de Galiza, un posto de libre designación Desde a Xunta de Persoal e a CIG-Ensino presentaron un recurso á listaxe de vacantes provisionais co que exixen a retirada desta persoa pois, para alén da irregularidade do propio proceso, a súa incorporación á equipa de profesionais suporía a saída dunha persoa interina. E é que, ao non existir a súa especialidade, impartiría as denominadas \"materias comúns\" correspondentes aos primeiros cursos formativos. \"É inaceptábel, como profesor e como cidadán\" asegura Fernando Carrera en referencia á \"cacicada\" que supón, di, a creación da vacante. Un posto feito \"a medida\" para que sexa ocupado pola única candidata presentada. A súa entrada suporía a saída dunha persoa interina que na actualidade imparte materias comúns Desde a Dirección Xeral de Recursos Humanos mesmo lles aseguraron que esta persoa non asumirá a súa praza polo que non se tiñan que preocupar, cando menos até o momento. \"Coa que está a caer coa taxa de reposición\", lamenta Carrera, \"é inaceptábel\". O clima que se respira na escola é de \"cabreo\" xeralizado e, á espera de contrastaren os dados, advirten que farán pública a súa relación cunha persoa destacada do goberno galego. De facto, nestes días recibiron \"ameazas de todo tipo\" instándoos a mantérense calados e non continuar adiante coa súa denuncia. \"Chegaremos aos tribunais\" advirten desde a Escola e a CIG que podería denunciar no contencioso-administrativo o que, din, é \"un enchufe clamoroso\"."}
{"ID": "NOS_51208", "summary": "Ambas as dúas organizacións instaron o responsábel de Política Lingüística a garantir que se cumpran os dereitos lingüísticos no centro infantil.", "text": "\"Foi unha xuntanza a instancias da Secretaría Xeral de Política Lingüística\", explica Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, unha das entidades chamadas a explicar o acontecido no centro infantil Jungle World onde impiden que o cadro de persoal use a lingua galega. No encontro, ao que tamén asistiu tamén a Mesa pola Normalización Lingüística, ambas as dúas organizacións trasladáronlle á SXPL a \"urxencia de que actúe\" para lle comunicar á empresa \"a ilegalidade\" cometida. \"Ten que garantir o cumprimento dos dereitos fundamentais, neste caso lingüísticos\", sinala Louzao, así como o cumprimento do estabelecido na \"lei de servizos sociais de 2008 que exixe garantir unha oferta positiva en lingua galega\". Aliás, instaron o responsábel de Política Lingüística a abrir \"un expediente sancionador\" a Jungle World. \"Estanse a vulnerar non só os dereitos das traballadoras senón tamén o das crianzas a estar en contacto co seu idioma\" En verbas do secretario nacional da CIG-Ensino, a SXPL \"debe actuar con contundencia e celeridade\". Pola súa banda, desde Política Lingüística, que xa se comunicaron coa traballadora, aseguraron que trasladarán por escrito á empresa o seu posicionamento. Ora ben, desde a Secretaría Xeral amosáronse reticentes á hora de sancionar a entidade. \"Agardamos que non sexa unha declaración de intencións\", apuntou Anxo Louzao pois \"estanse a vulnerar non só os dereitos das traballadoras\" a se expresar en lingua galega senón tamén, acrecentan, \"o dereito das crianzas a estar en contacto co seu idioma\". Neste senso, desde a CIG-Ensino lembran que embora ser un centro privado --como argüíu a empresa nun comunicado público-- a lexislación en materia de servizos sociais \"onde se fala dun uso positivo do noso idioma, tanto centros públicos como privados\". \"Ten que haber unha oferta positiva do galega e a SXPL así o entendía tamén cando llo trasladamos\". Após o encontro convocado por Política Lingüística desde CIG e A Mesa agardan poder manter unha xuntanza co novo conselleiro de Política Social a quen xa llo solicitaron por escrito."}
{"ID": "NOS_32300", "summary": "Avoga por un \"liderado claro\" no Estado español nestes tempos de pandemia.", "text": "O Círculo de Empresarios de Galiza reivindica un \"liderado nacional claro, secundado polos líderes autonómicos\" para facer fronte á crise da Covid-19. A través dun comunicado, esta entidade, que di representar empresarios e empresarias da área de Vigo, advirte que non se actuar acrecentaranse \"as desigualdades sociais e a miseria\". Piden que, no curto prazo, se proceda a unha optimización dos recursos sanitarios \"públicos e privados\", así como diversas medidas para combater a fenda dixital. A medio e longo prazo, sinalan, consideran que é necesario ir cara a unha \"reforma laboral\" que conte cos diferentes axentes sociais. \"Non é de recibo que o emprego continúa a ser o elo máis feble en caso de crise\". Pide, ademais, \"harmonización fiscal e unidade do mercado nacional\" e a aposta por unha \"política industrial que prime o desenvolvemento de procesos de I+d+i\"."}
{"ID": "PRAZA_19285", "summary": "Unha muller suicidouse e outra doente denunciou unha agresión sexual. O Movemento Galego da Saúde Mental sinala que a diminución de recursos e persoal compromete a calidade asistencial e a seguridade dos e das usuarias e reclama a adopción de medidas.", "text": "Nos últimos meses unha paciente da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo suicidouse. Ademais, outra denunciou ter sufrido unha agresión sexual. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), que leva anos criticando a degradación que sofre a atención en Galicia, responsabiliza do sucedido aos recortes de recursos e persoal e ás \"formas de xestión sen planificación e obstaculizadoras da participación dos profesionais\". Nos últimos meses unha paciente da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica de Conxo suicidouse. Ademais, outra denunciou ter sufrido unha agresión sexual O MGSM sinala que a política desenvolvida nos últimos anos \"compromete a calidade asistencial e a seguridade dos pacientes\", o que segundo o Movemento se vén de confirmar cos recentes acontecementos, \"cuestións de indubidable gravidade que deben entenderse no marco de deterioro\" sinalado. \"Diversos compoñentes da calidade asistencial na sanidade víronse afectados pola xestión que se fixo da crise económica\", afirma a entidade, subliñando especialmente \"as intolerables carencias na garantía de seguridade das persoas cando reciben atención sanitaria, a vulneración do seu dereito a tratamentos e coidados sanitarios acordes cos coñecementos actuais e en igualdade cos demais pacientes e usuarios, e o escaso respecto aos seus dereitos fundamentais e sanitarios\". O MGSM sinala que a política desenvolvida nos últimos anos \"compromete a calidade asistencial e a seguridade dos pacientes\" A plataforma lembra que leva tempo denunciando publicamente a \"escasa dotación\" da unidade de atención psiquiátrica, a \"frecuente retirada do persoal de Enfermería da mesma para cubrir necesidades doutros servizos do mesmo hospital, tamén debilitados polos recortes de persoal\", a \"escasa actividade dos pacientes ingresados\", a \"carencia de Terapeuta Ocupacional no equipo\", a falta de medios para a coordinación e elaboración de plans terapéuticos nos que participen e se coordinen todos os profesionais, e \"a repetición de agresións ao persoal\". \"Quen ten a obriga de dirección e xestión nada fixo ante estas carencias e advertencias para corrixir o arriscado rumbo que se estaba a seguir\", critica \"Quen ten a obriga de dirección e xestión nada fixo ante estas carencias e advertencias para corrixir o arriscado rumbo que se estaba a seguir\", critica. O MGSM salienta que os acontecementos denunciados \"non poden aceptarse silenciándoos ou permanecendo pasivos ante os mesmos, e menos aínda por profesionais da saúde mental. A sociedade ten dereito a saber o que ocorre nos servizos públicos que sustenta co seu esforzo\". \"Feitos así deben ser coñecidos publicamente, e tamén deben ser tratados polos responsables do SERGAS como graves indicadores de que algo vai moi mal na atención á saúde mental\", engaden. Para a súa prevención futura, o MGSM pide \"a adopción de inmediato das medidas oportunas\", recollendo as achegas dos profesionais, en particular de Enfermería, para a mellora da calidade da hospitalización psiquiátrica. Pola contra, rexeita que a solución pase por \"meras medidas de reforzamento do control dos pacientes ou de aumento da coerción sobre os mesmos\". \"Esa prevención debe realizarse reforzando a finalidade terapéutica da hospitalización e o respecto aos dereitos fundamentais das persoas, dotando de profesionais suficientes e coa cualificación adecuada\", subliña. Destaca, especialmente, a necesidade de reforzar a Enfermaría e a Terapia Ocupacional e a adopción de \"formas de traballo participativas e coordinadas entre todos os profesionais\", definindo \"protocolos e instrucións de traballo claras ante os potenciais riscos\", e rexistrando documentalmente de xeito sistemático a actividade desenvolvida por todos os profesionais que prestan asistencia. O SERGAS nega os recortes O SERGAS nega que houbera unha \"merma\" de recursos ou de persoal A Xerencia de Xestión Sanitaria de Santiago negou este xoves que houbera unha \"merma\" de recursos ou de persoal na área de hospitalización psiquiátrica, e sinalou que os medios son os \"adecuados\". Pola contra, o MGSM leva anos acusando a Xunta de seguir \"criterios económicos e non clínicos\" na saúde mental. A plataforma alertou en varias ocasións do peche de camas no Hospital de Conxo sinalando ademais que se estaban a limitar os ingresos psiquiátricos de pacientes en descompensación aguda e a precipitar as altas, \"reducíndose temerariamente as estadías hospitalarias\", buscando \"ocupar un número menor de prazas, para que así se poidan soportar os recortes de persoal sufridos\". \"Noutros ámbitos os efectos dos recortes e da crise económica poden tardar máis tempo en manifestarse, pero na saúde mental o efecto prexudicial da crise é seguro e é importante\" explicaba en entrevista con Praza Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do CHUS e voceiro do MGSM, que reclamaba que \"a atención á saúde mental debe ser prioritaria para as políticas sanitarias públicas\". Os feitos \"son a expresión dos efectos que sobre os pacientes está a producir a política de austeridade\", denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS manifestou este xoves a súa \"alarma e indignación mais profunda\" por uns feitos que \"non son produto da casualidade ou do azar, senón que son a expresión dos efectos que sobre os pacientes está a producir a política de austeridade que desde o ano 2008 está a perpetrarse polas autoridades sanitarias no Sistema Público de Saúde\". A entidade denuncia que \"os pacientes ingresados nos servizos Psiquiátricos de Conxo sofren de forma permanente as carencias mais esenciais\" e explica, por exemplo, que \"o persoal especializado é manifestamente insuficiente\" pois \"para o conxunto do complexo e un total de 200 pacientes tan só hai 7 psiquiatras, algún dos cales vese obrigado a facer gardas no Hospital Clínico e no Gil Casares\". \"Este reducido cadro de persoal vese abrumado pola carga de traballo que soporta e que reverte na desatención e menor vixilancia dos pacientes e na insuficiente terapia rehabilitadora\", engaden. O BNG vén de solicitar a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento galego e a apertura dunha investigación inmediata por parte das autoridades sanitarias \"para aclarar os feitos e as responsabilidades sobre os graves feitos\"."}
{"ID": "NOS_31323", "summary": "Holandes@s e británic@s foron @s primeir@s en elixir os seus representantes ao Europarlamento, esta quinta feira. Os resultados non se darán a coñecer até o domingo, mais os dados relativos á abstención apuntan a unha participación do 37% en Holanda e en iguais niveis en Reino Unido.", "text": "Holanda e Reino Unido foron esta quinta feira os primeiros socios da Unión Europea en votar nos comicios para renovar o Europarlamento, tomándolle esta sexta o relevo as repúblicas checa e irlandesa. Os resultados desas eleccións non se darán a coñecer até o domingo para non influír no electorado do resto da UE. Nesta cita coas urnas están chamados a votar 328 millóns de electores de 28 estados para elixir 751 deputad@s. Mais se até o domingo non se saberá a quen votaron británicos e holandeses o que si se sabe é que non foron moit@s @s que acudiron ás urnas. En Holanda só un 37% (abstención, asípois, superior o 60 por cento) e no Reino Unido estaría en niveis similares, segundo axencias e medios. Unha cifra, o 60%, que podería ser a que se rexistrase no Estado español este domingo, segundo os 'trackings' electorais que manexan os principais partidos. A crise, a desafección, unha campaña de perfil baixo polo bipartidismo... seráin algúns dos factores. Unha sondaxe da televisión holandesa feita con 10.000 electores apunta a que os vencedores nesta cita serían os liberais de esquerda e os democristianos, con 4 escanos cada unha destas formacións. Os coñecidos como 'euoescépticos', representados en Holanda polo populismo xenófobo de Geert Wides, tería un 13% dos votos e tres escanos, moito menos do agardado. Non sería así en Reino Unido, onde o UKIP (dereita populista e anti-Unión Europea) podería ter un grande éxito nas urnas. Os británicos votaron esta quinta feira non só a Europa senón tamén para renovar as súas consellos municipais. Escrutados 58 dos 161 concellos, o UKIP tería obtido 87 concelleir@s (tiña só 1). Os laboristas terían 28 cámaras (+3), os conservadores 16 (-8) e os liberais só 2 (-1). NO que atinxe a Irlanda do Norte, as enquisas apuntaban a que o Sinn Fein recuncaría como a forza máis votada na capital, Belfast."}
{"ID": "NOS_26896", "summary": "O Consello de Ministros de hoxe, presidido pola vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, instou os territorios a pór en marcha as liñas de axudas directas a empresas e persoas que traballen por conta propia pola afectación da pandemia; amais, abren un novo tramo de 15.000 millóns en avais no ICO.", "text": "A voceira do Goberno do Estado e ministra de Facenda, María Jesús Montero, pediu aos territorios esta terza feira, despois da xuntanza do Consello de Ministros, que poñan en marcha \"canto antes\" a liña de axudas directas de 7.000 millóns para empresas e autónomos afectados pola pandemia provocada pola Covid-19. Os convenios do Estado coas autonomías xa están asinados, sinalou Montero, polo que xa se está a enviar a información para determinar que sectores son susceptíbeis de recibila. 15.000 millóns para o ICO Tamén se acordou un novo tramo de 15.000 millóns de euros máis para a liña de avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO). 10.000 millóns do tramo aprobado están dirixidos a pequenas, medianas empresas e persoas que traballen por conta propia, mentres que os 5.000 millóns restantes irán para empresas de máis volume. Esta dotación \"ten un obxectivo máis claro en investimento\", sinalou Montero, nunha liña orientada a empresas que están a entrar nunha fase de recuperación. A través dos créditos de investimento avaláronse 67.832 operacións que alcanzaron os 5.618 millóns de euros, destinados a investimentos, renovación dos locais e reinicio ou desenvolvemento da actividade. Este novo tramo súmase aos 140.000 millóns de avais postos a disposición do ICO desde o comezo da pandemia da Covid-19. Ciberseguridade Outra das resolucións do Consello de Ministros foi impulsar a ciberseguridade no sector público por medio da adopción dun Plan de choque de ciberseguridade, así como a revisión e actualización da Estratexia Nacional de Seguridade. Oposicións policiais Amais, o Consello de Ministros aprobou unha oferta de traballo público que inclúe 2.328 prazas na Policía e 2.091 para Garda Civil, o que implica que terán unha taxa de reposición do 115%, segundo os cálculos feitos polo Goberno do Estado."}
{"ID": "NOS_31617", "summary": "Fíxoo o propio alcalde para denunciar unha política que atenta contra a legalidade internacional e os dereitos humanos. Tamén o Concello da Coruña.", "text": "A bandeira da Unión Europea baixou esta terza feira da fachada do Concello de Pontevedra, unha decisión coa que o goberno local do BNG quer denuciar, segundo recolle Pontevedraviva, a política da UE a respeito das persoas refuxiadas. Unha política \"inhumana e lesiva\" e que viola os dereitos humanos fundamentais, denuncian desde o Bloque que foi apoiado durante a retirada simbólica polo voceiro de Marea. Desde o grupo municipal do PsdeG-PSOE criticaron a medida, acusando ao alcalde, o nacionalista Fernández Lores, de .protagonizar unha \"clara deriva\" cara a un nacionalismo \"rancio e eurófobo\". O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores lamentou que as demais forzas políticas non se sumase á medida que non retirou por completo a bandeira para non incumprir coa Lei de símbolos. Coruña Tamén en María Pita o grupo de goberno procedeu a arriar a bandeira da UE após a solicitude feita pola edil do BNG, Avia Veira. \"Non no noso nome\", sinalan na Coruña contra o fechamento das fronteiras comunitarias que impiden ás persoas solicitantes de asilo seren acollidas."}
{"ID": "PRAZA_14602", "summary": "O candidato do BNG amósase \"satisfeito\" do cara a cara co candidato do PP nun acto polo décimo aniversario do Prestige no que reclamou a transferencia a Galicia das competencias en seguridade marítima. \"No mar de Galiza deben mandar os galegos\", di.", "text": "\"Dez anos despois, podería volver acontecer outro Prestige\". Francisco Jorquera animou este xoves á cidadanía a acudir á mobilización que se celebrará na Coruña o vindeiro día 16 con motivo do inicio do xuízo pola catástrofe para berrar contra a impunidade e reclamar que se depuren responsabilidades. \"O Estado segue sen tomar en serio a seguridade das nosas costas\", asegurou o candidato do BNG á presidencia da Xunta, que aclarou que \"malia que se conseguiron avances grazas á presión social de Nunca Máis e política do Bloque\", a seguridade e prevención nas costas galegas \"sufriu moitos retrocesos\". Así, solicitou \"a transferencia a Galiza das competencias marítimas\" no ámbito da prevención e de salvamento marítimo porque \"no mar de Galiza deben mandar os galegos\". Do mesmo xeito, pediu, nunha reivindicación xa histórica, \"mellorar o control do tráfico marítimo, instaurar o control por satélite no corredor de Fisterra e evitar a privatización\" que, segundo denuncia o BNG, está a levar a Xunta no salvamento marítimo galego. \"Para evitar outro Prestige, precisamos máis autogoberno\" Jorquera lembrou que hai agora dez anos, durante a catástrofe, \"o Goberno galego nin foi goberno nin foi galego\" e aclarou que \"foi o pobo quen defendeu as costas\", polo que chamou á manifestación do día 16 \"apelando ao espírito cívico\" que se resumiu nas mobilizacións de Nunca Máis e na loita da sociedade contra o chapapote. \"Para evitar outro Prestige, precisamos máis autogoberno\", reivindicou oo candidato do BNG, que aludiu ao lema de campaña da fronte: \"Gobernemos nós tamén o noso mar\". \"Digamos nunca máis á marea negra do centralismo e á marea negra da incompetencia\", manifestou nun acto na Coruña con motivo do décimo aniversario da maior catástrofe medioambiental de Galicia. \"Satisfeito\" do debate con Feijóo En canto á súa participación no debate electoral con Núñez Feijóo do pasado mércores, Francisco Jorquera cre que o candidato conservador demostrou \"non ter balance de xestión para expoñer\", o que lle levou a \"falsear todo\". Ademais, acusouno de \"volver mentir\" ao negar a existencia dun informe do Consello de Contas que o acusa de desviar 411 millóns para cadrar o déficit, e no caso do enfermo oncolóxico de Ourense. \"O informe existe aínda que estea pendente do período de alegacións\", asegurou o número un da lista do BNG, que se amosou \"moi satisfeito\" da súa participación nun debate que cualificou de \"moi intenso\". Ademais, asegurou que \"case\" non puidera durmir ante ás continuas chamadas de felicitación recibidas. \"A sociedade galega puido constatar que existe un proxecto alternativo e que vai ser decisivo para o vindeiro 21 de outubro\", insistiu Jorquera, que cre que Feijóo non respondeu á súa pregunta de se ía expulsar a Castelao Bragaña, polas súas graves palabras contra as mulleres, \"porque non ten pensado expulsalo\"."}
{"ID": "PRAZA_8098", "summary": "Xunto con outros 36 centros públicos difunden un manifesto que denuncia o mantemento nestas institucións de \"segregación vertical\" \"linguaxe sexista\" e \"fendas de xénero nas retribucións do persoal docente e do persoal de administración e servizos\".", "text": "39 universidades públicas españolas, que forman a Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIXEU), veñen de difundir un manifesto con motivo do 8 de marzo que chama a erradicar as desigualdades de xénero nas propias universidades e entre outras cousas denuncia o mantemento nestas institucións de \"segregación vertical\" \"linguaxe sexista\" e \"fendas de xénero nas retribucións do persoal docente e do persoal de administración e servizos\". \"Existen fendas de xénero nas retribucións do persoal docente e do persoal de administración e servizos\", derivadas dos complementos económicos vinculados aos méritos de investigación O texto comeza salientando que \"existe unha clara segregación vertical\", en referencia á existencia na universidade española de \"poucas catedráticas e poucas mulleres nos órganos de representación e goberno, nas direccións de grupos de investigación, nos recoñecementos honoríficos (doutoramentos honoris causa) e nos postos directivos de xestión administrativa\". Tamén alerta da \"segregación horizontal\" que se mantén na escasa presenza de mulleres nas enxeñarías e as carreiras técnicas. Denúnciase tamén que na universidade \"segue a facerse un uso sexista da linguaxe e non se aposta decididamente por visibilizar as achegas das mulleres á ciencia e ao coñecemento\". E criticase que existen \"fendas de xénero nas retribucións do persoal docente e do persoal de administración e servizos\", derivadas dos complementos económicos vinculados aos méritos de investigación e da \"desigual distribución das horas extras e pluses\". \"A organización propia do traballo científico caracterízase pola creación de redes ou círculos informais de colexialidade e de poder onde as mulleres permanecen aínda excluídas\" En canto á investigación, o texto alerta de que se reproduce aínda \"a nesga de xénero na produción e transmisión do coñecemento científico\" pois \"a investigación realizada por mulleres ou que aborda novas cuestións ou fenómenos como os estudos de xénero non se valora de forma equitativa en relación con outras temáticas\", o que afecta de maneira decisiva á promoción da carreira profesional das investigadoras. Engádese que \"a organización propia do traballo científico caracterízase pola creación de redes ou círculos informais de colexialidade e de poder onde as mulleres permanecen aínda excluídas ou contan cunha participación que é escasa\". O manifesto reivindica que as universidades públicas \"debe formar profesionais capaces de asumiren e aplicaren no seu labor o valor da igualdade entre mulleres e homes\" e \"debe situarse na vangarda da defensa de valores éticos e de progreso social\", sendo as primeiras \"en cumprir coa lexislación\" e en \"rexeitar todo aquilo que, de forma directa ou indirecta, contribúa a aumentar a fenda social entre mulleres e homes\". \"A contribución das mulleres que traballan ou estudan na universidade é fundamental para recuperar o benestar social en España\" Conclúe que \"a crise é a ocasión para repensar o modelo de sociedade que queremos\" e que \"as universidades forman miles de mulleres cuxo potencial é desaproveitado pola sociedade pola persistencia da división sexual do traballo, que tamén desaproveita o capital coidador dos homes\". E péchase afirmando que \"a contribución das mulleres que traballan ou estudan na universidade é fundamental para recuperar o benestar social en España\"."}
{"ID": "NOS_57596", "summary": "\"Non sei para que nos chamaron da Secretaría xeral de Pesca\", afirma Andrés Blanco, voceiro de Acerga, \"porque non nos propuxeron nada\". Levántanse os peches en concellos mais mantense o campamento.", "text": "A xuntanza en Madrid convocada pola Secretaría xeral de Pesca do Ministerio para analizar a problemática do cerco finalizou sen acordo. \"Non houbo nada\", manifestou Andrés García, voceiro de Acerga, en declaracións á cadea Ser. García dixo que fora unha xuntanza \"totalmente improdutiva\" no que os representantes do Ministerio \"non propuxeron nada\". Sobre a mesa ficou a proposta da Consellería de Mar (un tope mínimo de quilos por barco para ilo aumentando segundo GTs das embarcacións) para que as outras autonomías a estuden. Desde a CIG, que formou parte da delegación galega, afirman que na xuntanza o secretario xeral de Pesca \"falou claro e dixo que non vai haber modificacións do sistema de reparto das cotas\". Para o sindicato nacionalista, \"o goberno de Feijóo é o que ten que mover ficha para abrir portas de futuro para o sector. O problema é que o goberno da Xunta non exerce nin defende a xente do mar\". Esta quinta feira remataron os fechamentos en concellos galegos en apoio e demanda dun reparto xusto. Mais mantense o campamento cerqueiro perante San Caetano, que vai camiño dos 100 días. Esta xeta feira realizarase unha asemblea na que se exporá o sucedido na xuntanza e debastiranse diversas cuestións, como a volta ao mar das embarcacións do cerco. 35 alcaldes solicitan a Feijóo que se reúna co cerco Un total de 35 alcaldes de todos os partidos asinan un escrito no que reclaman ao presidente da Xunta,Núñez Feijóo, unha \"solución\" para o cerco, com obxectivo de acadar \"un acordo que beneficie á maioría da frota galega\". Entre os asinantes hai tamén rexedores do PP."}
{"ID": "NOS_18783", "summary": "Convocan os sindicatos soberanistas Intersindical CSC e l'USTEC. A greve está a se notar no corte de estradas e auto-estradas e na intervención dos Mossos d'Esquadra para os contra-rrestar.", "text": "Esta é a terceira folga xeral que ten como orixe a protesta pola represión estatal contra o movimento da sociedade catalá a prol da súa autodeterminación. Os fitos mobilizadores anteriores tiveron lugar o 3 de outubro —unha vaga general con grande seguimento após as cargas policiais do 1-O— e 8 de novembro de 2017 —neste caso con menor adhesión. Nas primeiras horas da greve tiveron protagonismo os piquetes sindicais, mais tamén os CDR, os Comitès de Defensa de la República, especializados nos cortes das principiais arterias de comunicación do Principat. Os cortes foron acompañados en algúns puntos pola queima de neumáticos. Tamén houbo interrupcións nos servizos de Ferrocarrils de Catalunya e ocupacións dalgunhas das vías de maior tránsito de Barcelona, como a Avenida Meridiana, a Diagonal e a Gran Vía. A greve irá acompañada de concentracións en vilas e cidades. As 12 está convocada unha mobilización na Praza Universitat, no corazón de Barcelona, e hai axendada unha marcha para a tarde, por volta das 18 horas, tamén polo centro da capital catalá. O previsíbel é que a greve teña impacto no ensino, sector onde o soberanismo ten forza, e no comercio, non así na industria, sendo que as centrais maioritarias nela, UGT e CC OO, non chaman á folga."}
{"ID": "PRAZA_11166", "summary": "Teo acolle o 9 de novembro a quinta edición do evento no que persoas de moi diversos ámbitos profesionais achegan experiencias arredor da lingua", "text": "Teo acolle o 9 de novembro a quinta edición do evento no que persoas de moi diversos ámbitos profesionais achegan experiencias arredor da linguaO evento LGx15, conformado por charlas dun máximo de 15 minutos arredor da lingua galega a cargo de persoas de todo tipo de ámbitos profesionais, chega o próximo sábado 9 de novembro á súa quinta edición, desta volta no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, en Teo. Alí, a partir das 18 horas, oito poñentes intentarán achegar experiencias e ideas para recargar as baterías do galego baixo o lema 'Hai futuro'.Iniciadas en 2015, as charlas LGx15 contarán este ano coa participación de persoas convidadas que falarán de lingua, cine, redes, conciencia, autoestima, música, transmedia ou medicina. \"Diferentes temas e visións diversas para axudarnos a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos, alento reforzado e propostas de mellora. Un formato novo para meditar, actuar e intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, mensaxes, experiencias e ideas\", salientan desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, entidade organizadora do evento.Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Dhaunae de Vir e Roberto Rivas falarán de lingua, cine, redes, conciencia, autoestima, música, transmedia ou medicinaAs persoas convidadas nesta ocasión son: Rosa Aneiros (escritora e xornalista, que propón unha charla co título \"O que entendín cando aprendestes a andar en bicicleta\"), Suso López (produtor de cine, que falará de cine independente e lingua), Alba Rodríguez Carrera (traballadora e estudante, que desvelará unha importante decisión que tomou o primeiro de xaneiro e como está a vivir esta experiencia), Xoana (cantante, que falará de música e concienciación lingüística desde a súa visión como moza creadora), Alba Mancebo (xornalista e responsable de contidos web da CRTVG, que exporá as súas ideas sobre a importancia de contar historias en galego na rede), Emilio del Río (médico dermatólogo, que falará da súa relación coa lingua como instrumento médico), Dhaunae de Vir (especialista en transmedia, que analizará o uso da lingua nos videoxogos e transmedia e fará propostas de futuro) e Roberto Rivas (bombeiro e activista social, que trasladará a importancia de facer cambios positivos socialmente a favor da lingua). O LGx15 deste ano será conducido por Os da Ría Íntimos coa súa particular combinación de música e humor. As entradas para o LGx15 están á venda na web do evento a un prezo de 6 euros. Tamén se poderán adquirir nos próximos días na Tenda A Reixa de Compostela (na rúa do Hórreo, 46) e na Librería d'Ana de Teo (travesía da Ramallosa, 10). O día do evento, en caso de quedaren dispoñibles, custarán 10 euros no propio Auditorio Constante Liste."}
{"ID": "NOS_41184", "summary": "Se non obtén maioría absoluta a votación repetirase 48 horas despois.", "text": "O pleno de investidura de Pedro Sánchez, como candidato á presidencia do goberno español, xa ten data. Será o vindeiro 2 e 3 de marzo. Así o comunicou o presidente do Congreso, Patxi López esta segunda feira (15 de febreiro) após reunirse co líder socialista. López sinalou que era \"razoábel\" deixar o \"prazo dun mes\" para que Pedro Sánchez desenvolvese as consultas entre as demais forzas políticas con representación parlamentar. Neste senso a data do pleno coincide exactamente 30 días despois de que o xefe de estado, Felipe de Borbón, o propuxese como candidato o 2 de febreiro. Unhas hipotéticas novas eleccións serían o 26 de xuño Con esta data de referencia comeza a conta atrás. Se o líder socialista non consegue en primeira votación maioría absoluta de apoios a sesión repetiríase 48 horas despois, isto é, o 5 de marzo. Neste senso, se finalmente Pedro Sánchez non é eleito presidente do goberno español a Constitución de 1978 prevé a disolución da Cámara o 3 de maio. É dicir, dous meses despois da primeira votación o que fixaría unha nova convocatoria electoral 54 días despois, o 26 de xuño."}
{"ID": "PRAZA_15456", "summary": "María López e Andrea Ferreiro, xogadoras do CHL Meigas, único club galego de hóquei en liña, conversan con Praza sobre o deporte e os retos do equipo lugués", "text": "O Club de Hóquei en Liña Meigas é pioneiro –e, por agora, único– en Galicia. Conta con equipos de base e unha escola de patinaxe e hóquei, mais tamén cun equipo feminino profesional que compite na máxima categoría estatal, a Liga Elite Feminina. Falamos con dúas das xogadoras máis destacadas do equipo lucense, a porteira María López e a dianteira Andrea Ferreiro, que se mostran confiantes a respecto do presente dun club que reforzou o seu cadro ténico e ao que tamén lle agoiran moito futuro, grazas ao traballo coa canteira. O hóquei en liña adoita identificarse con grandes doses de contacto físico e frecuentes pelexas na pista. Con esa imaxe que dan os filmes americanos e mais a pouca tradición do voso deporte en Galicia, como se leva iso de ser xogadoras de hóquei en liña? María López – Como dis, é unha imaxe creada a través dos filmes. Na verdade, adóitase asociar o hóquei en liña co hóquei xeo: o deporte en si parécese, xa que xogamos en pistas parecidas, a roupa e o material son semellantes, e tamén o sistema de xogo... pero o regulamento é moi diferente, xa que non se permiten as cargas, as pelexas, etc, que é o que nos fai ver o hóquei xeo como un deporte agresivo. O hóquei en liña é un deporte de contacto, pero non ten nada que ver co que os canais americanos nos ofrecen deste deporte Andrea Ferreiro – O hóquei en liña é un deporte de contacto, pero non ten nada que ver co que os canais americanos nos ofrecen deste deporte. A verdade é que o levo con bastante naturalidade e competir na liga nacional considéroo un luxo. M.L. – A verdade, creo que a tradición en Galicia estase a crear pouco a pouco. Ser xogadora de hóquei é algo normal, como ser xogadora de calquera outro deporte. Tenche que gustar patinar e xogar en equipo. Vós sodes deportistas de elite: competides na máxima división estatal e figurades na lista de preseleccionadas para xogar coa selección española. É fácil compaxinar a dedicación que require ese nivel de esixencia coa vida familiar, laboral, estudantil...? A.F. – Se estás disposta a sacrificarte, lévase ben. Tanto os estudos de segundo de Bacharelato como o hóquei requiren moito tempo e esforzo, pois son moi esixentes, pero tamén son compatibles. O hóquei pode ser unha maneira de desconectar da vida diaria, incluso unha terapia para saír da rutina M.L. – Non o vexo como unha esixencia senón como unha maneira de desconectar da vida diaria, incluso como unha terapia para saír da rutina dos estudios, do traballo e de todos os problemas do día a día. Ademais é un deporte de equipo, polo tanto isto tamén favorece a relación con novas persoas e creas outro círculo de amizades. Como está indo a temporada para o CHL Meigas? Que obxectivos colectivos vos marcades para este ano? A.F. – A temporada aínda está comezando e queda todo por decidir. Uns equipos son asequibles, outros son inalcanzables, mais nós sempre saímos a xogar con mentalidade gañadora. Esta temporada o equipo está máis motivado ca nunca M.L. – Esta temporada o equipo está máis motivado ca nunca, dado que reforzamos o equipo técnico que nos adestra, e grazas a eles as xogadoras estamos avanzando a máis velocidade e estamos aprendendo moito. Os obxectivos principais son mellorar o noso xogo de equipo e intentar conseguir o maior número de vitorias posibles. Competir nun club dunha cidade pequena como é Lugo, axuda a ter visibilidade ou dificulta aínda máis as cousas? A.F. – Xogar nun equipo modesto como é o CHL Meigas contra clubes máis experimentados, con máis orzamento e polo tanto máis fortes, supón un maior aliciente para as xogadoras. M.L. – Tamén nos axuda ver que o equipo vai medrando ano a ano, e cada vez somos máis xogadoras. Os vosos equipos rivais son de Cataluña, Madrid e Valladolid. Iso obrígavos a longas viaxes e a concentrar os partidos: iso é unha desvantaxe a máis? M.L. – Este ano o formato da Liga Elite Feminina de Hóquei Liña modificouse: isto fai que sexa unha liga regular con partidos de ida e volta. Polo tanto ao ser oito equipos implica xogar un total de 14 partidos, sete en Lugo e outros sete fóra. Para as xogadoras si que nos dificulta ter que viaxar, xa que como ben dis son moi longas as viaxes, e iso provoca non estar ao 100% das nosas capacidades. Pero tamén temos que pensar que os outros equipos teñen que facer as mesmas viaxes para xogar aquí. As viaxes son un desgaste, mais forman parte do equipo e da convivencia entre xogadoras e corpo técnico A.F. – Supón unha desvantaxa no ámbito físico, pois ao mellor nunha fin de semana xogamos tres partidos, o que equivale a un importante desgaste e non nos permite render ao máximo en todos os encontros, e máis cando os outros equipos están descansados. Non obstante, as viaxes forman parte do equipo e da convivencia entre xogadoras e corpo técnico, fomentando as relacións persoais. O CHL Meigas realiza un importante traballo de base. Hai relevo para garantir o futuro do hóquei en liña en Lugo? Por outra parte, botades en falta a existencia de máis clubs da vosa especialidade en Galicia? A.F. – O traballo da canteira é moi importante, pois no equipo actual 5 xogadoras do plantel saíron das escolas, eu incluída. Hai que ter en conta que o futuro do hóquei sae delas, por iso o CHL Meigas vén desenrolando un importante labor na súa escola. Nelas, ademais de nenos e nenas de todas as idades, inténtase que os pais se involucren e se animen conosco. A escola de patinaxe e as categorías inferiores son as que nos proporcionan as futuras estrelas do noso equipo M.L. – Como xa dixen antes, o equipo vai aumentando en número de xogadoras, e iso é grazas a ter unha escola de patinaxe e un equipo de categorías inferiores que son os que nos proporcionan as futuras estrelas do noso equipo. A.F. – Respecto á segunda pregunta, por suposto! Bótase de menos unha competición provincial ou autonómica, posto que ao ser o único clube federado en toda Galicia pasan uns períodos de tempo moi longos entre cada un dos partidos de Liga Nacional. Encantaríanos poder ter unha Liga autonómica, e iso tamén beneficiaría o hóquei liña en xeral, non só a nós M.L. – A falta de existencia doutros equipos galegos nesta modalidade aféctanos moito, porque dificultan a mellora do equipo dado a pouca competición que temos. Só xogamos os partidos oficiais da Liga. Encantaríanos poder ter unha Liga autonómica, e iso tamén beneficiaría o hóquei liña en xeral, non só a nós. No plano persoal, ambas sodes xogadoras destacadas, en posicións tan diferentes como a portería (María) e o ataque (Andrea). Sería posible vervos no futuro coa camiseta doutro equipo, despois de tantos anos no HCL Meigas? M.L. – Eu non me vexo coa camiseta doutro club: levo moitos anos neste posto e no club, e non o cambio por nada. A.F. – Non se pode descartar nada, pois aínda temos moitos anos por diante para continuar aprendendo. Mais o CHL Meigas sempre será o noso fogar. Se as meigas que dan nome ao voso equipo vos concedesen un desexo, que lles pediríades? A.F. – Que as Meigas non perdan nunca a ilusión que teñen e as ganas de progresar, e que poidamos seguir practicando e disfrutando xuntas deste magnífico deporte. M.L. – Eu pediría poder seguir xogando durante moitos anos con todas as miñas compañeiras, e seguir medrando como equipo tanto en resultados como en canteira."}
{"ID": "NOS_17661", "summary": "As galegas queren dar a sorpresa ante o Barcelona hoxe ás 19 horas.", "text": "56 puntos de 60 posíbeis. 18 vitorias, dous empates e nin unha soa derrota. 81 goles a favor -catro por partido de media- e seis en contra. As súas estatísticas son tan demoledoras que caer no topicazo definíndoas como as Goliath da categoría, suporía ser demasiado amábel con Goliath. O dominio do Fútbol Club Barcelona en Liga non admite comparación. Mais isto non é a Liga, senón os cuartos de final Copa da Raíña, e as súas rivais son as galegas do Deportivo Abanca, a gran revelación do fútbol feminino a nivel estatal. A eliminatoria resolverase a un único partido que terá lugar hoxe ás 19 horas no anteriormente coñecido como Mini Estadi, hoxe Johan Cruyff. Esa aparente superioridade blaugrana non amedrenta a escuadra galega, que en boca do seu adestrador, Manu Sánchez, sinala que irá a Barcelona \"a dar guerra\". \"Será un partido diferente. Nos oitavos de final vivimos unha festa do fútbol galego en Riazor, e agora esperamos vivir outra en Barcelona. Imos á casa do mellor equipo da categoría, agardamos un Barcelona moi forte e aínda non teño clara a estratexia. Segundo como estean as xogadoras fisicamente tomaremos unha determinación ou outra\", engadiu. Pola súa banda, unha das estrelas branquiazuis, Athenea, indica que en 90 minutos \"pode pasar calquera cousa\", e está convencida de que son quen de facer \"algo grande\". \"Tocounos co rival máis forte pero nós imos a Barcelona a pola vitoria, sen complexos e con moitas ganas. Temos un amplo pantel, e o adestrador pode rotar sen que se note quen non está sobre o verde\", apuntou en referencia á baixa de Alba Merino, que será operada durante a mañá de hoxe, logo de padecer unha fractura de clavícula. Os boletos están dispoñíbeis entre os tres e os cinco euros e se, tal e como parece, acompaña a climatoloxía, agárdase unha boa entrada nun campo con capacidade para 15.000 espectadoras."}
{"ID": "NOS_2340", "summary": "Magos, frades, meigas, profetas e adiviñadores ocupan desde esta sexta feira a cidade de Pontevedra que regresa ao medievo na XV edición da súa Feira Franca. A astronomía é o tema da multitudinaria explosión de medievalismo festeiro.", "text": "\"Magos, estudosos, ilusionistas, prestidixitadores do oculto, xente das estrelas... vinde... hai un reflexo dourado no Lérez... será a primeira lúa de setembro. Vinde, hai Feira Franca\". Desta maneira convidan en Pontevedra a visitar o burgo convertido en vila medieval, a partillar coa súa cidadanía as vestimentas daquel tempo, xantares e ceas, os oficios tradicionais e toda a maxia e o misterio que se atopa estes días en prazas e rúas da cidade. Serán pregoeiros a cabalo, como todos os anos, os que por volta das 19:00 horas desta sexta feira 5 de setembro dean a benvida e marquen o inicio da grande festa medieval na que se implicou boa parte da cidadanía e que cada ano recibe a milleiros de persoas para partillar nos grandes festexos. A tal altura, quince anos despois do primeiro pregón, non queda case casa en Pontevedra que non garde no roupeiro atuendos do medievo, de nobres, de taberneiras, dos distintos oficios ou de personaxes singulares dun tempo que é fácil identificar nesta fin de semana na beira histórica do Lérez. Bailes medievais coa Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes e o espectáculo \"Un ceo para mil culturas\" na Ferraría iniciarán o programa antes de que a música e bailes medievais convoquen ao festexo na praza do Teucro. Mais non quedará rúa en Pontevedra que se libre de cambiar de século. Calquera persoa que estes días se achegue á cidade pensará, de non estar informada, que xunto ao cambio xeográfico experimentou un cambio temporal xa que a boa vila enteira se volca na transformación lúdica, na reconstrución histórica e tenta borrar pegadas que enturbien o regreso aos tempos de mercaderes, campesiñas, magos, ferreiros ou fiandeiras. Mais o día grande e longo é o sábado, cando ás 11.30 se abra o mercado medieval e a mostra de oficios na Ferraría. Desde entón, non ha faltar que facer na cidade. Asistir ao transporte do viño, gozar das cantigas de Afonso X e da música medieval, partillar do tiro ao arco, observar con sorpresa sesións de tiro ao arco ou cetraría, ser integrante do obradoiro de esgrima ou marabillarse co inmenso torneo medieval. Bufóns e trovadores camiñarán e os cantares de cego serán a banda sonora dunha cidade na que, en especial nas grandes prazas, nun espazo cada vez máis amplo, grandes mesas convidarán á conversa e ao bo xantar con asados á maneira medieval e un convivio que se repite ano tras ano."}
{"ID": "NOS_55853", "summary": "O presidente da Asociación de Empresarios da Verbena da Galiza (Asevega) afirma que as orquestras xa comezaron a pandemia nunha mala situación, pois levaban meses sen facturar. Coa contratación reducida ao mínimo, advirte de que o próximo verán sairá á luz a afección real da Covid-19 neste sector.", "text": "Alberto Dopico, representante do sector da orquestra a través da Asociación de Empresarios da Verbena da Galiza (Asevega) reflexiona sobre a realidade que está a vivir este ámbito laboral nestes momentos. Entre outras cuestións, detecta unha falta de apoio das administracións públicas. Así o conta a Nós Diario. -Despois dun ano e medio case parado, como definiría ou explicaría a situación actual do sector da verbena? É principios de mes e a maioría das empresas do sector vimos de facer os pagos pertinentes e a xente pode imaxinar. Non falamos dun ano e medio: a inmensa maioría levamos sen traballar desde que acabou a tempada de 2019. Ademais, a pandemia comezou no peor momento posíbel para o noso traballo porque acabamos a tempada de recadación, de ingresar, en outubro. -Entón sería case dous anos... Manteñen o tipo? A inmensa maioría do sector está formado por pequenas empresas e autónomos. Que a xente non se confunda. As orquestras galegas somos as mellores do mundo, temos unha industria na Galiza que non hai noutro sitio do mundo, pero o 95% das empresas son pequenas. No inverno cada unha xestiona como pode, por exemplo con pólizas de crédito, para manter as traballadoras e traballadores que seguen en alta, pero tamén para facer as reformas que hai que facer no escenario, de luz, de son, preparando a tempada do ano seguinte... No mes de marzo, cando comezou a pandemia, non só levábamos uns meses sen ingresar senón que estabamos endebedados porque sempre facemos así. É a partir de marzo ou abril cando comezas a traballar e funciona o ciclo. Xa comezamos a pandemia na UCI. Que fixemos? Endebedarnos máis pedindo máis préstamos, na maioría persoais, para cumprir coas nosas obrigas financeiras e chegar a 2021, cando finalmente tampouco imos traballar. A situación é desesperante. Estamos a pór todo da nosa parte, fixemos espectáculos adaptados a todo tipo de restricións, prestámonos a facer as verbenas piloto... -Mais, as poucas comisións de festas que estean operativas non están a contar con vostedes? Están en mans dos seus concellos. Non van facer nada porque non poden recadar e non é posíbel acometer unhas festas patronais como ás que estamos acostumados. Á marxe diso, hai xente que si estaba intentando facer algo pero levamos meses dicindo que a chave está nos concellos. Que conten con nós porque somos empresas profesionais que facemos espectáculos adaptados a calquera tipo de restrición e de maneira totalmente segura. Temos a empatía da xente. Nas verbenas piloto puxéronse á venda 6.000 entradas e se esgotaron catro días antes das actuacións. Penso que a xente quere apoiar as orquestras galegas e para os concellos sería moi sinxelo incluír nas súas axendas culturais unha ou dúas actuacións. -Considera que o problema é que os gobernos locais teñen medo de que se orixine algún foco de coronavirus nas festas? O ano pasado foi así e era entendíbel porque viviamos unha situación descoñecida pero agora a sociedade ten moi interiorizado o que ten que facer. Agora mesmo ao ar libre, un espectáculo coa xente sentada e todas as distancias de seguridade é o máis seguro que pode haber dentro de todas as accións que se fan pola noite. Non sei que razóns pode haber para que non haxa unha aposta decidida nos concellos para salvar isto, salvo honrosas excepcións. -Porén, si se están a programar outras actividades como festivais. Considera que están a gañar terreo? É innegábel pero non nos dan unha explicación. Nós estamos en disposición de facer actuacións para restricións moito máis severas das que hai agora. Por que non se conta con nós? Non sei. Por exemplo, houbo un par de publicacións despois das verbenas piloto achacando o aumento de positivos en alcoholemia a estas festas e foi cunha intención indebida e mal intencionada porque as verbenas era de 21 a 23 horas, non se podía beber nin comer, todo o mundo estaba identificado co DNI... Asociar iso ás verbenas é dunha mala fe manifesta. -Antes falabamos da crise das formacións musicais, mais as débedas permitiron a todas sobrevivir? As empresas que están en pé están sobreendebedadas e avaladas co patrimonio persoal de cada autónomo. Tamén hai unha porcentaxe moi grande que xa non existe; as empresas que realmente seguen vanse saber o ano que vén, cando comecen a traballar. Hai que di \"imos intentalo\" pero tamén nos consta que outras xa venderon o material que tiñan porque debían cartos aos bancos e a situación era inasumíbel\". \"Confío plenamente en que non se perdan moitas festas porque o feito de que imos pasar unha crise grande é indubidábel\" -Teñen unha estimación dos negocios que quedan? Pode haber unhas 15 ou 20 formacións, e 20 xa case me parece optimista de máis, en disposición de poder traballar inmediatamente. Hai que ter en conta que temos outro problema moi grande que é poder contar coas artistas. Para iso hai que ofrecerlles contratos como deus manda porque cada unha e cada un está a traballar noutra cousa e non van deixar certa estabilidade para aventurarse a ver se facemos catro ou cinco actuacións. Estamos nos últimos días de poder facer un chamamento para ver se isto se revitaliza un pouco e aparecen contratacións. Hai moita xente que vive disto e se non hai contratos a situación será moi dramática. -Pódese entender que ao non haber circuíto ou xiras, as grandes agrupacións están a baixar os cachés e, en consecuencia, reducindo aínda máis os concertos das pequenas? Iso ten moito que analizar. As orquestras de máis infraestrutura tamén precisan unha inversión importante para pórse a funcionar, non poden dicir \"arrancamos o camión e a tirar\" porque iso costa moitos cartos e é máis sinxelo para unha máis pequena. Ademais, son compañías que acostuman estar con plans de amortización e obrigas financeiras, co cal levan moito tempo asfixiándose. Facer fronte ás súas inversións e reducir o caché non é tan sinxelo porque teñen moita demanda e non se poden presentar ante o público de calquera maneira. Non é fácil para ninguén. A situación é descoñecida e vexo a saída difícil salvo que os concellos poñan o seu gran de area. -A realidade é que, ao igual que as bandas, tamén a maioría das comisións de festas fican sen actividade. Dado que moita xente aproveitará para abandonar estes colectivos, prevé que cando se retomen con normalidade as actuacións terán desaparecido moitas verbenas e, en consecuencia, o volume de negocio do pasado? Penso que non porque o que fai especial a verbena galega é precisamente que é algo incomparábel e, por iso, a alguén de fóra lle costa entender como funciona. É certo que hai persoas queimadas que agora aproveitan para deixar as comisións pero houbo crises moi grandes e sempre digo que as romarías galegas non se deixaron de facer nin na Guerra Civil, de maneira máis grande ou máis pequena... Que deixen de existir é máis difícil. É lóxico que cando pasamos unha época de crise os orzamentos para contratar se reduzan pero confío plenamente en que non se perdan moitas festas. Que imos pasar unha crise grande é indubidábel."}
{"ID": "NOS_26948", "summary": "A asociación ecoloxista Adega informou de que Feijóo autorizou queimas de lamas de depuradora en 2010, de restos de carros vellos e residuos industriais en 2011 e de rodas en 2012", "text": "A Xunta de Galiza autorizou a cementeira Cosmos para queimar lamas de depuradora --maio de 2010--, restos de carros vellos e residuos industriais e urbanos --xullo de 2011-- e, máis recentemente, rodas --maio de 2012--. Así o recolle a documentación que a propia empresa presentou para renovar a Autorización ambiental integrada, segundo constatou a asociación Adega, quen acusou o goberno de Núñez Feijóo de facer no Oural \"outra Sogama\". Para alén dos permisos concedidos para as queimas, denuncia o colectivo ecoloxista que a Secretaría xeral de calidade e avaliación ambiental considerou \"modificacións non substanciais\" que nunha cementeira se queimen materiais contaminantes co obxectivo de eludir unha normativa, a directiva IPPC, que somete a autorización as actividades industriais e agrícolas que presentan \"un elevado potencial de contaminación\". Con todo, cómpre sinalar tamén que a Xunta desouviu a sentenza do Tribunal superior de xustiza de Galiza en que se declarou ilegal a queima de pneumáticos en Cosmos por considerala unha práctica \"insalubre, molesta, nociva e perigosa\". Por todo o anterior, Adega presentou unha serie de alegacións en contra de anovar a Autorización ambiental que se poden consultar nesta ligazón, e solicitaron tamén que as resolucións en que se falaba de \"modificacións non substanciais\" sexan revogadas, paralizando \"de xeito inmediato\" tal actividade. A finais de maio, a veciñanza de Triacastela denunciou a ocupación ilegal do monte comunal por parte da cementeira, situada no lugar de Oural e que alega dispor do monte en virtude dun decreto de expropiación asinado nos anos da ditadura"}
{"ID": "NOS_55805", "summary": "Son 127.000 hectáreas. A perda intensificouse nos últimos anos. Entre 2013 e 2016 foron 34.000 as Has de superficie agraria útil.", "text": "Entre 2007 e a actualidade Galiza perdeu 17% das súas hectáreas agrarias. De 748.000 pasamos 621.000, segundo datos do INE. Unha perda que engadir á sufrida en anos anteriores. De 1985 a 2005, a superficie agraria últil (SAU) do noso país perdeu perto de 150.000 hectáreas. Só entre 2013 e 2016 perdemos 34.000 hectáreas de superficie agraria, o que supón 5% da total. Practicamente a metade de toda a que se perdeu no Estado español neses anos. En Galiza a superficie agraria últil apenas supera 20% do territorio, o que supón unha das porcentaxes máis baixas de Europa. En Alemaña ou Francia supera 40%, por poñer dous exemplos. E todo isto nun contexto no que cada vez hai maior concentración de terras. Así, 3,1% das explotacións agrarias existentes na Unión Europea concentran 52 por cento da superficie agraria útil. Ao tempo, 75% das explotacións europeas de menos de 10 hectáreas representan apenas 11% da SAU, uns 19 millóns de hectáreas. Son datos ofrecidos no estudo 'Acaparamento e concentración de terras en Europa', elaborado polo TNI, Transnational Institute, en base aos datos de Eurostat, a oficina estatística europea. Os responsábeis do documento advirten de que Europa está a experimentar o que denominan \"unha tremenda e rápida concentración de terras\". Na década que vai de 2003 a 2013 desapareceron un terzo das pequenas explotacións agrícolas europeas. Na primeira década do século XXI en Galiza abandonáronse 37.050 explotacións agrarias. É un dos datos recollidos no informe 'Por unha política xusta e sostíbel', elaborado por diferentes colectivos e entidades do Estado e entre as que está o Sindicato Labrego Galego."}
{"ID": "NOS_34926", "summary": "Estendeuse no estado o concepto \"cultura da transición\", mais en Galiza falta un relato propio, que incorporamos no A Fondo facendo crítica da \"cultura da autonomía\". O caderno de análise estará na rúa, canda o Sermos número 149, a quinta feira 11 de xuño.", "text": "A Cultura da Transición fai referencia a ese relato do politicamente correcto que afianzou o réxime saído do 78 e que callou nunha cultura consensuada, vertical e coa ollada crítica desactivada. En Galiza, a \"cultura da autonomía\" fai referencia a todas ese imaxinario cultural que baleirou de contido o feito diferencial e varreu baixo a alfombra toda sombra de conflito, dende a loita de clases até o conflito lingüístico. Así se aborda neste A Fondo coordenado polo politólogo Daniel R. Cao. -Cal consideras que é a pertinencia de abordar neste momento a \"cultura da autonomía\"? -Non só os últimos resultados electorais senón moitos máis indicadores amosan que o réxime do 78 está en clara decrepitude. Non uso réxime nun sentido pexorativo no sentido do conxunto de institucións e de cultura política que están estabelecidas nun periodo desterminado, neste caso no estado español. Non se está a falar de como este réxime se foi abrindo camiño nos distintos territorios que compoñen o estado español. No caso galego, facemos unha lectura autóctona e propia empregando o concepto \"cultura da autonomía\". A día de hoxe é importante termos un relato propio. -Tamén se pode empregar o concepto \"cultura da autonomía\" para a análise do caso catalán ou vasco? -Non, ao contrario. No caso galego, cóllese o factor diferencial para baleiralo de contido e porén, en Cataluña e País Vasco, utilízase como unha arma política. A cuestión territorial foi utilizada polas elites políticas catalás ou vascas para ter un lugar no novo escenario que se estaba debullando no estado español. No caso galego, o que se fixo foi enterrala e non darlle centralidade política. \"As representacións do sistema cultural continúan a afianzar o factor diferencial como algo agochado e ausente de conflicto.\" -Como definirías o concepto de cultura de autonomía? -A cultura da autonomía, ao igual que calquera cultura política, ten moitas representacións. Ten unha representación legal, política e tamén dende o sistema cultural. Galiza está presente en teleseries, en películas, no sistema literario... As representacións que, sobre Galiza, se dan dentro do noso sistema cultural, son representacións están deseñadas e dan unha imaxe de Galiza tendentes a afianzar o que chamamos cultura da autonomía. As representacións do sistema cultural continúan a afianzar o factor diferencial como algo agochado e ausente do conflicto. -Que tipo de conflitos non están presentes nas representacións culturais? -Helena Miguélez, que escribe para este A Fondo, analiza como as representacións de Galiza na literatura están destinadas a baleiras de contido político e caricaturizar o factor diferencial. Daniel Salgado apunta no seu artigo que este factor diferencial utilizouse para a mansedume do sistema cultural fronte ao contexto político en que se enmarca. Eu falo dun sistema cultural que reflicte un país sen conflito no que semella que nunca ocorre nada. -En que medida a loita de clases ou o conflito lingüístico están ausentes desas representacións da cultura da autonomía? -Eu creo que Galiza vive o mesmo conflito que calquera outra sociedade capitalista de Europa occidental sumado ao factor diferencial. E nas representacións culturais, todos eles están ausentes, por exemplo, en series da TVG ou do Grupo Voz. Como é posíbel que en \"Pratos combinados\", a historia dun bar de emigrantes retornados nun barrio aparentemente urbano, non exista conflito lingüísticos e de clases? Como é posíbel que nas representacións do rural sempre sexa retratado como salvagarda das esencias do país, como unha sociedade máis, cando na configuración do país están marxinados a moitos niveis? O mesmo ocorre con \"Matalobos\". Galiza non é agora nin foi nos anos 90 un país de narcos, xuíces e policías que os perseguían, senón que había unha problemática concreta que afectaba a moitos aspectos do país, en concreto á clase política e a unha sociedade que non soubo reaccionar. \"Galiza vive o mesmo conflito que calquera outra sociedade capitalista de Europa occidental sumado ao factor diferencial. E nas representacións culturais, todos eles están ausentes, por exemplo, en series da TVG ou do Grupo Voz.\" -Poderíase aplicar o mesmo ao ámbito literario ou a outras manifestacions da cultura? -Helena Miguélez amosa que iso é así. Cando falamos de cultura da autonomía falamos dun sistema cultural completo e de toda as manifestacións e expresións artísticas que o compoñen. -Hoxe en día está habendo unha ruptura con esa cultura da autonomía? -Para nada. -Pero si hai fírgoas. Si comeza a haber pensamento crítico ao respecto… -Penso que hai que miralo en dous planos. A cultura da autonomía, o mesmo que o réxime do 78, québrase porque as súas bases nunca foron sólidas, non porque o empurraran. Eu non teño claro que a cultura da autonomía tivera aínda o seu 15M. Non creo que estea a caer porque alguén o empurre senón porque é feble. Si que é certo que comeza a haber pequenos cambios e iniciativas, mais aínda son aínda tímidas e, por desgraza, minoritarias. Na cidade de Madrid, con problemáticas propias de clase, de composición étnica, xorde unha editorial como Traficantes de Sueños, que centra boa parte da súa liña editorial nos conflitos urbanos propios de Madrid. Temos en Galiza algo semellante? -Que persoas van colaborar neste A Fondo e que temas van tratar? -No meu artigo, fago unha análise e unha chamada a pensar sobre algo que me preocupa. Coido que Galiza debería ter un relato propio sobre a ruptura do réxime do 78. Sento as bases e os parámetros sobre os que pensar ese relato. Daniel Salgado, militante e poeta, amósanos un país complexo e fala dun sistema cultural acomodado que necesita unha crítica. Isaac Lourido é crítico cultural, persoa de pensamento radical, que ten unha editorial, Estaleiro, que é unha das liñas de fenda no sistema cultural galego. Helena Miguélez fala dende a Academia, o que é moi interesante porque penso que temos unha academia igual adormilada ante a situación que vivimos. Aurélio Lopes centrarase no ámbito institucional."}
{"ID": "NOS_52202", "summary": "As crianzas desprazadas, principais vítimas dunha década de guerra.", "text": "No século XXI, tras anos de evolución que mesmo levaron o ser humano ao espazo, un de cada dez habitantes do Planeta pasa fame. Son arredor de 811 millóns de persoas, segundo os datos recollidos no Panorama Global Humanitario 2022 da ONU. O informe anual salienta varios puntos críticos: Siria, referente histórico para o mundo árabe, é actualmente canda o Afganistán ou o Iemen (e Somalia, República Democrática do Congo e Sudán do Sur, en África) un lugar maldito para vir ao mundo. Á \"incómoda ou dolorosa sensación física causada polo insuficiente consumo de enerxía na dieta\" ─ así define a fame a FAO, a axencia da ONU para a Alimentación e o Agro─, súmase o intenso frío invernal. Polo menos dous bebés faleceron esta semana debido ás baixas temperaturas nos campamentos para refuxiados da provincia de Idlib, no noroeste de Siria, segundo informou nun comunicado o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos. A exposición ás inclemencias do tempo vén provocada polo conflito armado que dura xa máis dunha década. \"Cada inverno, os menores desprazados nesta área e as súas familias vense obrigados a soportar insólitas temperaturas frías sen roupa de abrigo, comida nin calefacción que os protexa\", sinalou a ONG Save the Children. Os dous bebés mortos non foron nin os primeiros nin os últimos dos últimos días. Hai dúas semanas, segundo datos do Observatorio, outro meniño dun mes de vida perdeu a vida por causas derivadas das baixas temperaturas cando se atopaba no interior dunha tenda de campaña na veciña provincia de Alepo. O coordinador humanitario da ONU Mark Cutts describiu \"escenas terroríficas\" no actual inverno sirio. \"Unhas 100.000 persoas víronse afectadas polas intensas nevaradas e arredor de 150.000 están a pelexar coa chuvia e as xélidas temperaturas\", relatou. Intensificación da violencia Os datos que manexan os organismos internacionais son dramáticos: unha de cada tres crianzas (28%) menores de cinco anos sofren malnutrición crónica. No total da poboación de 20 millóns, uns 12,4 millóns de habitantes padecen inseguridade alimentaria. Isto supón 4,5 millóns máis que 12 meses antes, a maior cifra xamais rexistrada, apunta o Programa Mundial de Alimentos. Son vítimas indirectas do conflito armado. Mais a violencia tamén se cobra vidas de meniños directamente. As últimas ─seis, segundo confirmou nesta sexta feira Unicef─ faleceron no operativo que Estados Unidos lanzou contra o líder de Estado Islámico (ISIS). O Pentágono lanzará unha investigación para esclarecer que foi o que aconteceu, mais asegurou que as primeiras informacións apuntan a que Abu Ibrahim al-Hashemi al-Quraishi foi quen provocou as mortes ao se facer estourar coa muller e os fillos. O operativo chegou logo de as Forzas Democráticas Sirias (SDF), lideradas polos kurdos, recuperaren o control da prisión de Ghwayran, en Al-Hasaka, no nordeste do país, despois dunha semana de choques co ISIS, que lanzou un asalto para liberar os centos de membros alí detidos. Uns 850 menores, segundo Unicef, víronse atrapados na batalla. Tanto nesa zona, como especialmente no noroeste sirio, o número de desprazados medrou dramaticamente nas últimas datas. Ao respecto, Martin Griffiths, vicesecretario da ONU para asuntos humanitarios, dirixiuse a semana pasada ao Consello de Seguridade para exixir que o inverno que conxela os meniños de frío non conxele tamén a actuación da comunidade internacional á hora de protexelos. O ISIS aliméntase da situación de pobreza A operación que acabou coa vida do líder do ISIS foi celebrada en Washington e, especialmente polos kurdos, nomeadamente pola minoría kurdófona yazidí, que sufriu o xenocidio orquestrado en 2014 por Al-Hashimi. Os yazidís que sobreviviron o masacre sufriron nos últimos días os bombardeos que Turquía levou a cabo no norte de Siria e no Iraq. O ataque produciuse en días de dó, cando os kurdos enterraban os mortos no motín de Ghwayran. A morte de Al-Hashimi pausa o rexurdimento vivido polo ISIS nos últimos tempos, mais non o frea. As condicións de fame e de pobreza que deron cheda ao seu nacemento e crecemento persisten."}
{"ID": "NOS_36618", "summary": "O pasado ano, 65,2% da produción eléctrica galega foi con fontes libres de CO2.", "text": "Galiza bateu en 2019 un novo récord de xeración de enerxía a partir de fontes renovábeis. En total, a produción situouse en 24.845 xigavatios hora (GWh), dos que 65,2% corresponderon a tecnoloxías renovábeis, o que supón 9,7% máis que o pasado ano e un novo máximo histórico desde que se teñen rexistros. Así se desprende dos datos do avanzo do informe do sistema eléctrico do Estado español publicado por Red Eléctrica, e que sitúa a Galiza lixeiramente por debaixo da media, xa que o pasado ano 65,4% da enerxía que se produciu no territorio español tivo a súa orixe en tecnoloxías sen emisións de CO2. A eólica volveu tirar do mix galego, cun histórico 35% da xeración eléctrica no país, mentres que a hidraúlica foi responsábel doutro 28,4%, o que as sitúa como tecnoloxías líderes na estrutura de xeración galega. Por detrás destas están os ciclos combinados, que representaron 13,9% do total; a coxeneración (10,1%) e o carbón, cuxa contribución descendeu 76,1% respecto a 2018 como consecuencia do parón das centrais das Pontes e Meirama (Cerceda), até o 9,9% da enerxía producida na Galiza. Completan o mix o continxente doutras renovábeis (1%) e os residuos renovábeis e non renovábeis, cunha aportación de 0,7% en cada tecnoloxía. Cae a demanda Dende REE sinalan que o aumento da produción renovábel débese en parte a posta en servizo de 394 novos megavatios de potencia eólica e fotovoltaica, o que eleva até os 11.416 MW o parque de xeración na Galiza, 4% máis que en 2018. No período analizado, tamén destaca a caída da demanda, que foi 9,4% inferior á rexistrada o pasado ano e que acadou os 18.351 xigavatios."}
{"ID": "NOS_8428", "summary": "Adiantamos poemas de exaltación do réxime de Franco escritos por Filgueira, falamos de violencia machista, crónica do congreso do SNP, nova xeira de Irmandade TV... Todo isto e moito máis, neste número. Xa á venda na nosa loxa.", "text": "O número 140 do semanario Sermos Galiza xa está na rúa e na nosa loxa. O Tema da Semana analiza como a falta de coordenación e de transversalidade nas axudas a mulleres en situación de violencia machista marcan a realidade das que denuncian. Unha reportaxe completada cun artigo de Iria Vázquez, colaboradora da Rede de Mulleres contra os maos tratos. En 'As Mareas encallan na confusión' falamos das primarias sen opción a elixir a cabeza de lista na Coruña, Santiago e Vigo, das acusacións de carretaxe e descomposición en Ourense, e dos conflitos entre siglas e a impresión xeral de que os partidos moven os fíos por detrás. Os 'galisisk' 'Os 'galisisk': dez mil galegos contra o Reino de Noruega'. O país máis igualitario de Europa nega dereito a pensión aos 10.000 galegos que traballaron décadas na súa mariña mercante, cotizando nese país. Contamos a pugna dos 'galisisk', os galegos que queren levar Noruega perante o Tribunal de Estrasburgo. Na sección de comarcas falamos de por que a Xunta asegura non poder construír o novo centro de saúde de Narón comprometido por Feijóo en 2012., e tamén deitamos os ollos sobre Someso: 'unha pelotada urbanística entre Negreira e Vázquez'. O final da cota láctea e a realidade estatística da pesca galega centran dúas reportaxes, centradas en sectores fulcrais da economía do noso país. Nova etapa de Irmandade TV e Ribeira Sacra Breogán En 'Irmandade TV arranca a súa nova aventura': 17 de abril comezará a emitir a renovada programación do proxecto xornalístico en galego, que poderá seguirse en varias canles de TDT comarcais e por cabo no operador R. E en 'Dúas equipas galegas na ACB?': O Ribeira Sacra Breogán aínda ten opcións de ascender directamente. Entrevistamos Álex López, xogador do club lucense, confesa que \"\"Non hai máis segredo que a ilusión e o traballo do grupo\". Pilar Fernández fai unha crónica sobre a Conferencia do SNP, na que tomaron parte máis de 3.000 delegad@s da formación independentista escocesa. \"O único xeito de facer tremer os muros do stablishment é votando SNP\". \"Filgueira Valverde quixo desfacerse da autoría dos poemas franquistas e atribuíullos a Noriega Varela\" Na sección Textos publicamos fragmentos de tres poemas de exaltación do réxime de Franco que o profesor Freixeiro Mato atribúe a Filgueira despois dunha profunda investigación. O investigador afirma na entrevista que Filgueira \"fai exaltación de Franco desde a súa condición de galego. Aí está toda a ideoloxía galeguista e ultracatólica de Filgueira\". Na sección de Okapi falamos de 'Maimiño', a película de animación que vai de Galiza a Cuba. E co colectivo XEA percorremos o Val de Visuña, a outra cara do Courel. E para poñer o ramo, na nosa contra-capa entrevistamos Fran Fernández, de Bubela Artesá. Dun anaco de terra en Friol (Lugo) e moito traballo no obradoiro, saen 30 quilos de pastas de trigo ao día e, nun futuro quizais próximo, tamén cervexa artesá con centeo e lévedo galegos. \"Temos un medio rural cun potencial inmenso\"."}
{"ID": "NOS_18533", "summary": "O arquitecto urbanista Iago Lestegás Tizón prosegue co ciclo de análises promovido por Nós Diario.", "text": "Copenhague reaccionou á primeira crise do petróleo cambiando coches por bicicletas. Malia a súa gran tradición ciclista, nas cidades da Dinamarca da posguerra imperaba o automóbil. Foi a escalada do prezo do combustible en 1973, tras o embargo petrolífero pola guerra do Yom Kippur, o que puxo a bicicleta no centro do seu modelo de mobilidade. A crise enerxética que atravesamos hoxe —provocada por outro conflito bélico— debe levarnos tamén a adoptar estratexias urbanas que reduzan a dependencia do petróleo. As voces que cuestionan o fomento da mobilidade ciclista nas vilas e cidades galegas adoitan esgrimir argumentos climáticos ou orográficos, pero en moitos lugares con condicións similares ou máis desfavorables usan a bicicleta a diario. En Portland, na costa norteamericana do Pacífico, chove 156 días ao ano —máis que en calquera cidade galega— e aínda así é a metrópole estadounidense onde máis viaxes se fan en bici. Na cidade norueguesa de Trondheim instalaron en 1993 un raíl cicloelevador nun dos seus outeiros e os campus universitarios están ateigados de bicicletas todo o ano. Como noutros paraísos ciclistas do norte, na cidade sueca de Lund a orografía axuda pero o clima non, e aínda así as bicis son omnipresentes e imprescindibles, e na estación de tren hai un gran aparcadoiro cuberto para elas. Copenhague retira antes a neve nas ciclovías que nos carrís dos coches, demostrando que se pode vencer calquera obstáculo se hai vontade de priorizar outras formas de mobilidade. Impulsar un medio de transporte que mellora a calidade de vida das persoas e coida o futuro do planeta debe ser a reacción natural ante as crises globais Desprazarse en bicicleta é rápido, barato, saudable e sostible, pero para que o faga unha parte significativa da poboación debe ser tamén seguro. Agás en rúas estreitas ou secundarias con pouco tráfico ou velocidade moi limitada, os ciclistas son extremadamente vulnerables entre automóbiles. Por iso deben ter carrís propios de anchura suficiente e ben separados da beirarrúa e da calzada. A protección aumenta se entre o carril bici e os coches en circulación hai unha banda de estacionamento, idealmente cunha pequena plataforma que evite problemas pola apertura de portas. Ademais, deben existir espazos axeitados para aparcar as bicicletas na vía pública e cómpre deseñar e sinalizar as interseccións de modo que sexan seguras para os ciclistas. Un artigo publicado por John Pucher e Ralph Buehler en 2016 no American Journal of Public Health mostra como a expansión da infraestrutura ciclista incrementa a seguridade e o uso da bicicleta. Segundo este estudo, por exemplo, entre 2000 e 2015 a rede de ciclovías de Portland medrou un 53%, a cifra de colisións caeu un 62% e o número de desprazamentos en bici aumentou un 391%. Pedaleo seguro Para que cada vez máis persoas se animen a pedalear non abonda que sexa seguro; tamén debe ser cómodo e doado. Por iso cómpre promover sistemas de bicicletas compartidas que permitan a quen non pode mercar unha propia ou non ten onde gardala na casa sumarse á comunidade ciclista. En lugares con moitas costas —como tantas vilas e cidades galegas— débese apostar por bicicletas de pedaleo asistido para facilitar o seu uso por todo tipo de persoas. En calquera caso, non se recomenda investir nestes servizos sen crear antes unha rede adecuada de ciclovías, pois o seu éxito depende en gran medida de que os usuarios potenciais se sintan seguros sobre dúas rodas. Facilitar o traslado de bicicletas nos buses e trens e garantir que nas estacións de transporte público se poidan deixar aparcadas con tranquilidade contribuiría tamén ao fomento da mobilidade ciclista. Nos baixos ou sotos dos edificios deberían habilitarse espazos axeitados para gardalas, e os centros de traballo poderían instalar duchas para os empregados que se despracen en bici. O uso da bicicleta medra a medida que se torna máis práctico e seguro, e cantos máis ciclistas circulan pola rúa, máis protexidos están todos e cada un deles. Por iso é importante crear as condicións para que cada vez máis persoas se animen a facelo. Moitas rúas están sobredimensionadas e redistribuír unha parte do espazo que hoxe ocupan os coches sería beneficioso para todos. Trátase dun proceso gradual e progresivo que debe comezar nalgún momento e resulta imprescindible no contexto actual. Impulsar un medio de transporte que mellora a calidade de vida das persoas e coida o futuro do planeta debe ser a reacción natural ante as crises globais que enfrontamos. Para reducirmos a dependencia dos combustibles fósiles e mitigarmos os efectos do cambio climático, a bicicleta debe gañar protagonismo nas nosas rúas."}
{"ID": "NOS_45076", "summary": "A formación nacionalista pon en marcha unha campaña para priorizar o transporte público intermodal sobre o coche particular", "text": "O BNG da Coruña desmárcase do proxecto de ampliación da avenida da Vedra -acordado polo concello e o Ministerio de Fomento- e pon en marcha unha campaña de mobilidade en prol do desenvolvemento do transporte público na cidade a través dun servizo de proximidade por tren e autobús. Desde o Bloque consideran que a ampliación da principal vía de entrada na cidade só beneficiaría s empresas adxudicatarias da obra. A formación nacionalista vén de publicar nas súas redes e plataformas un vídeo con Avia Veira, concelleira en María Pita, que \"desmonta a teoría do colapso permanente\" na avenida da Vedra. A gravación, que recolle o tránsito da rúa en distintos horarios e tramos ao longo dun mes, amosa unha circulación fluída de vehículos. Para o BNG, o proxecto de ampliación \"responde a intereses especulativos de Audasa, defendidos polo PP e o Ministerio de Fomento\". Con esta campaña de mobilidade, o BNG pretende amosar a necesidade dun transporte público intermodal \"adecuado ás demandas reais da veciñanza\", co fin de axilizar as comunicacións entre a cidade e os concellos da comarca, alén do fomento doutro tipo de medios como a bicicleta ou o transporte marítimo. Pola súa parte, o alcalde Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) advirte que é necesario solventar os problemas da avenida, especialmente nos seus accesos cara ao Polígono de Pocomaco e o Parque Ofimático, e insiste en que non se trata só dun plano de ampliación, senón da \"remodelación, actualización e humanización\" da vía. ."}
{"ID": "NOS_37351", "summary": "O director Isaki Lacuesta asegurou nun acto na Universidade de Compostela que a relación entre Països Catalans e creatividade \"se la suda\"", "text": "O cineasta galardoado participou, en marzo deste ano, nun ciclo dedicado ao cine catalán en Compostela organizado pola USC co apoio do Institut Ramon Llull no Auditorio de Galiza. No acto tamén falou Santiago Fillol, director e profesor de Comunicación Audiovisual da Universitat Pompeu Fabra, e como moderador actuou Anxo Abuín, profesor de Teoria da Literatura de USC. No debate posterior ao coloquio, como recolle o blog La cova fumada da filóloga Susana Amado, \"un dos asistentes preguntou pola relación entre Països Catalans e creatividade\" e amparado na distancia co seu país de orixe contestou cun rotundo \"me la suda la relación paises catalanes y creatividad, no creo en el catalanismo\". A desconcertante afirmación descolocou a parte das persoas asistentes que non reaccionaron mesmo cando o cineasta continuou irónicamente dicindo \"no se si habré metido la pata, que esto lo paga el Ramón Llull\". Lacuesta: \"me la suda la relación paises catalanes y creatividad, no creo en el catalanismo\" Este feito e a posterior reacción do director ás queixas nas redes sociais de persoas catalás na Galiza recolleuno o blog La Cova Fumada. O director abriu, daquela, unha conta en twitter para defender a súa reacción. Dixo que era \"catalán, no catalanista\" rematándo cun contundente \"olé\". O premio de LacuestaOs Premis Nacionals de Cultura de Catalunya instituíronse en 1995 e concédeos anualmente a Generalitat de Catalunya, desde o ano 2009 a través do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts (CoNCA). Son, en parte, unha continuidade dos premios concedidos en 1938 pola Generalitat Republicana. O Premi Nacional de Cinema, recoñece a persoa, entitade ou institución que realitzara a aportación máis relevante no campo do cine. No caso de Lacuesta o xurado entendeu a súa \"nova maneira de entender o xénero documental, do El cuaderno de Barro realizado o 2011, mostra a forma de traballar do pintor Miquel Barceló na súa cabana obradoiro de Mali e a xénese ritual da acción Paso Doble, representada ao pobo de Gogolí (Mali), que o realizador filma na súa lugar de orixe\". O xurado desta edición formouno Sam Abrams (poeta), Xavier Albertí (director teatral e compositor), Bet Miralta (acróbata), Escarlata Circus (Premi Nacional de Circ 2007), Lluís Bonet Mojica (crítico de cinematografía de La Vanguardia), David Castillo (escritor), Josep Bracons (historiador), Beth Galí (arquitecta), Rosa Maria Malet (directora da Fundació Joan Miró), Assumpció Maresma (xornalista e editora do xornal Vilaweb), Àngels Margarit (bailarina), Bienve Moya (investigador en cultura immaterial), Ramon Muntaner (director da SGAE), Roser Ros (directora de Tantagora Serveis Culturals) e Jorge Wagensberg (director científico da Obra Social de 'la Caixa'). 'Cuaderno de Barro' de Isaki Lacuesta (Clip 1) from AVALON on Vimeo."}
{"ID": "NOS_31995", "summary": "Isabel Díaz Ayuso disolveu esta cuarta feira a Cámara madrileña para adiantar as eleccións ao 4 de maio, tremendo por un hipotético pacto entre Cs e o PSOE. Após admitir a Mesa da Asemblea as mocións de censura rexistradas por Más Madrid e as socialistas, o conflito podería acabar nos tribunais.", "text": "Todo comezou en Murcia. Após coñecer o acontecido na Rexión e co temor dunha réplica na Comunidade Autónoma de Madrid (CAM), a presidenta, Isabel Díaz Ayuso, convocou os medios para anunciar a disolución das Cortes, o cesamento dos conselleiros do seu Goberno adscritos a Ciudadanos e a convocatoria de eleccións para o 4 de maio. \"Madrid precisa un Goberno estábel, ideas claras e sentido de Estado, e nas circunstancias actuais non se pode asegurar\", xustificou Díaz Ayuso, a fin de evitar unha hipotética alianza entre Cs e o PSOE en Madrid que o vicepresidente da CAM e líder laranxa, Ignacio Aguado, negou: \"As e os madrileños non merecen pagar a corrupción do PP en Murcia, e nada ten que ver esa situación coa nosa\", expuxo. \"A presidenta rachou o acordo de goberno de forma unilateral, o que supón a maior irresponsabilidade que cometeu desde que hai un ano e medio asumiu o cargo. Moitos cidadáns vían neste Goberno unha boa maneira de facer política, e Ayuso, por un capricho persoal, bota todo por terra. Perdeu a cabeza\", engadiu, molesto, Aguado. A popular, porén, insistiu no adianto electoral como ferramenta para \"permitir que Madrid manteña a súa liberdade fronte ao socialismo\". A oposición move ficha Díaz Ayuso pretendía, con esta manobra, evitar que prosperasen as mocións de censura que uns intres antes presentaran na Asemblea tanto o PSOE como Más Madrid para derrocar o Goberno, \"como xa fixeran no Estado (canda a fin da presidencia de Mariano Raxoi)\". Por un momento, a incerteza sobrevoou o territorio madrileño: que prevalece, a moción de censura ou a disolución das Cortes? Nun principio, a Mesa da Asemblea de Madrid admitiu a trámite ambas as mocións, cos votos a favor de PSOE e Cs (Más Madrid non ten representación neste órgano), o que paralizaría a disolución da Cámara. Porén, a Comunidade de Madrid deu por concluída a lexislatura e alertou que, se a Mesa \"trata de impedir a disolución disposta no decreto (asinado por Díaz Ayuso), estaría prevaricando ao non acatala\". A raíz desta polémica, que podería acabar nos tribunais, será preciso esclarecer se o decreto entra en vigor no momento de ser asinado ou, pola contra, como aseguran desde as forzas da oposición, non ten efectos até a súa publicación no Boletín Oficial da CAM (ás 00.00 horas de hoxe). Porén, todo parece indicar que primará a convocatoria electoral por ter sido anunciada unha hora antes. 'Efecto dominó' A mediodía, o PSOE de Castela e León presentou unha moción de censura contra o Goberno de PP e Cs neste territorio, apenas uns intres despois de que ambos os partidos fechasen filas e instasen as socialistas a \"abandonaren toda esperanza\". Tamén en Andalucía o Goberno de coalición asegurou gozar dunha \"espléndida saúde\", desbotando a posibilidade de repetir o acontecido en Murcia e Madrid. Cs e PSOE apartan o PP dos gobernos rexional e local de Murcia A primeira hora da mañá desta cuarta feira Ciudadanos puña fin aos pactos de goberno co PP na Rexión, o concello da capital murciana e outros catro municipios (Caravaca, Ceutí, Fuente Álamo e Pliego), a través da presentación de senllas mocións de censura en conivencia co PSOE. \"Non podemos gobernar cun partido que contrata espías e interpón querelas contra os seus socios. O cambio en Murcia é necesario e imprescindíbel\", expuxo a coordinadora rexional de Cs e vicepresidenta do Executivo, Ana Martínez, en alusión á recente investigación aberta no seo do propio Goberno para esclarecer a vacinación irregular de cargos públicos populares como o conselleiro de Saúde, Manuel Villegas, que foi obrigado a dimitir. \"O cambio chegou após anos de oscuridade, falta de transparencia e intercambios de favores\", engadiu o secretario xeral socialista, Diego Conesa. Pola súa banda, o presidente murciano, Fernando López Miras, acusou a formación laranxa de procurar o poder \"a calquera prezo\", e asegurou que gobernará \"até o derradeiro minuto\". De prosperar a moción, Cs, terceira forza en escanos na Asemblea da Rexión, lideraría un Goberno de coalición co PSOE para pór fin a 26 anos de mandato do PP."}
{"ID": "NOS_34093", "summary": "Manuel Fernández Padín traballou para o clan dos Charlíns até que soubo que andaban á coca. Cando quixo deixalo, un bo amigo 'vendeuno' á garda civil e prendérono no barbeiro. A cambio dunha rebaixa na condena aceptou ser confidente. Porén, o Estado non se portou tal como el esperaba.", "text": "\"O primeiro empezando pola dereita, o alto das pernas longas e os pantalóns máis curtos\". Manuel Fernández Padín descríbese a si propio na fotografía da xeración perdida de Vilanova de Arousa que o voceiro do grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, levou ao Parlamento o mesmo día en que o presidende da Xunta explicaba a súa presenza na embarcación do narcotraficante Marcial Dorado. Manuel Fernández Padín, un dos fundadores desa equipa de futbito e un dos poucos xogadores que sobreviviu ás drogas, agora testemuña protexida da Operación Nécora, agradece o xesto do nacionalista: \"cumpría que alguén lle dixese a Feijóo que namentres el paseaba no iate de quen vendía droga, esa droga xa daquela mataba xente\". Con voz moi pausada, conta a súa propia historia. -Como entrou traballar para os narcos? -Tiña 24 anos. Son parte desa xeración á que lle din perdida. Da época da transición, eramos xente moi activa, con ansias de liberdade, de rachar cos moldes. O problema veu cando chegaron as drogas. Eu sempre fun observador. Tiña medo. Unha noite nunha discoteca tomei tres doses de LSD con bastante alcol e o resultado foi unha psicose maníaco-depresiva. Arruinoume a vida. Refuxieime no faiado da casa dos meus pais, seguindo o tratamento. Era un vexetal. Só pensaba en ir á vía do tren e cortar a cabeza porque era a parte do meu corpo que máis me molestaba. E a que máis me molesta. A medida que me fun recuperando algo convencinme de que entre as medicinas e un traballo podería levar unha vida normal. Un día Manoliño Charlín [fillo de Charlín Gama] viume apañando ameixas. Era moi amigo meu. Pedinlle traballo no legal, mais díxome que non había nada. A súa familia tiña fama de andar no contrabando. Porén, a min quixeran mallarme os homes que traballaban para [Marcial] Dorado por facer pintadas en contra do contrabando. Ao final déronme traballo. Melchor [Charlín] díxome un día que vestise roupa escura e que viñan por min á unha da madrugada. Non se poden facer preguntas. Recolleume nun porsche branco que tiña e tirou cara a Baiona. Metémonos nun chalé en construción, baixamos ao acantilado e agardamos a que chegara unha lancha. Sete mil quilos de hachis. Eu pensei que iamos ao tabaco. -E canto tardou en descarregar coca? -Uns meses. A min xa me morreran todos os amigos por culpa das drogas mais cumpríanme os cartos e pensei que hachís podía consentir. Sabendo que era un delito, claro. No verán chamáronme para outro traballo. Agora xa sabía ao que ía. Chegamos a Muxía e fomos descarregar de madrugada. A operación frustrouse non sei se dúas ou tres veces porque a lancha non dera atopado o barco. Vin que baixaban bidóns de plástico. Pensei que serían xoias. Ou café. Cando os abriron sacaban paquetes de a quilo. Era cocaína. Neses anos (1989) ninguén sabía que estaba a entrar coca de América. Non había redadas. Non saía na imprensa. Foron 600 quilos. -E quixo deixalo. -Quixen. Os meus amigos morreran pola droga e a min fodérame a vida. Contactei cun moi amigo meu que traballaba en Érguete e tiña contactos na imprensa. Conseguiume unha entrevista na TVG. Sabía que era case un suicidio, mais quería denunciar o que pasaba e se o facía perante a policía xa quedaba alí preso. Sería gravado e colocarían só a miña silueta. Para non levantar a lebre non o deixei. Fixen outra entrega. Porén, o meu bo amigo resultou ser un chivato da garda civil. Prendéronme no barbeiro, namentres cortaba o pelo. \"Desde a miña cela no illamento vía os narcos que denunciara alí, no patio, ao sol e untando crema\" -Nun primeiro momento non quixo colaborar. Por que mudou de opinión? -Non quería declarar porque non tiñan nada contra min. Trouxeron unha fiscal negociar comigo e buscáronme unha avogada de oficio que dixo que ou colaboraba ou non me defendía. Ameazáronme. Dicían que tiñan probas contra min porque os cans uliscaran a coca no maleteiro do coche. Levábaa no motor. No maleteiro o único que había era unha caixa de chourizos. Non tiñan nada. Mais os narcos abandonáronme. Riron de min e da miña familia. Quixeron inculpar a miña nai. Decidín dar continuidade ao que iniciara indo á televisión. A Nécora baseouse na nosa declaración [refírese a si propio e a Ricardo Portabales, tamén 'arrepentido']. As FCSE, como lles chaman, non conseguiron achegar proba ningunha. -Di que os Charlíns o abandonaron e riron de vostede e da súa familia. Fixéronlle o mesmo que despois lle faría o Estado? -Exactamente. Ou non. O do Estado foi aínda peor. Os narcos son narcos. -Como eran as relacións que tiñan con responsábeis polític@s? -Ver non vin nunca nada máis aló das festas do contrabando en que entraba desde Fraga até os representantes das deputacións. As fotos de Feijóo non son unha casualidade. Hai cero posibilidades de que non soubese quen era Dorado. Sabía, como mínimo, que era un contrabandista e con iso é suficiente. Non me vou atrever a dicir que sabía que era un narco, mais si que estaba na lancha dun delincuente. A Dorado non se lle achegaba calquera. Só quen pode, quen el quere. Nas imaxes están sós, son moi íntimas como para que diga que non eran amigos. -Unha vez preso, foi testemuña protexida durante 20 anos. -Si, mais protexer non me protexeu ninguén. Garzón e o fiscal Zaragoza quixeron que acusase persoas as que non coñecía ou nunca vira cometer delito ningún. A Manoliño Charlín nunca o vin en ningunha descarga. \"Era o cerebro\", repetíanme. Non quixen sinalalo. Extorsionáronme e podo probalo. Metéronme na mesma prisión que as persoas que denunciara. Había moita xente agradecida con eles disposta a me eliminar a cambio dunha cervexa. Refuxiámonos nunha cela de illamento, con xente de ETA. Non podiamos nin sentar na cama. Este foi o trato que o Estado deu aos dous cidadáns galegos que lle puxeron en bandexa os narcos máis buscados naquela época. Desde a nosa cela viámolos a eles alí, no patio, tomando o sol. Aos oito meses excarceráronme e fun vivir a Burgos, pola miña conta. A policía veu buscarme coa promesa de que se facía cargo para sempre de min en Madrid. \"Non che vai faltar de nada\". -Cumpriron? -Non. Até o xuízo vivín nun cuartel dos anti- disturbios. Agora sobrevivo cunha pensión non contributiva de 420€. Os narcos xa están na rúa. Portabales e eu seguimos no exilio, ameazados de por vida. Silenciados e pasando fame namentres o PP legaliza casas en primeira liña de praia que non son de zapateiros nin de albaneis, senón de narcos. Esta entrevista apareceu no Sermos43, publicado a 19 de abril de 2013"}
{"ID": "NOS_21828", "summary": "A plataforma Nunca Máis manifestouse en Ares a pasada sexta feira cando se cumpre unha semana do encallamento do quimiqueiro na ría de Ares, onde alí permanece cunha carga de 100 toneladas de combustíbel no seu interior.", "text": "O baleirado do fuel e do gasóleo que ten nun dos seus tanques o buque Blue Star dará comezo, en principio, este sábado 30 de novembro, despois de que se decidise na xornada da sexta feira adiar o operativo unha vez máis, cando se cumpre unha semana do encallamento do quimiqueiro na ría de Ares. Despois de que se completasen na quinta feira todas as tarefas necesarias para poder levar a terra o combustíbel, na sexta feira realizouse unha proba con auga desde o buque a un dos camións cisterna para comprobar que non hai fugas e que as bombas teñen presión dabondo para o traslado. Os ensaios, segundo informou a Delegación do Goberno español na Galiza, «foron satisfactorios», polo que se prevé que o bombeo se inicie este sábado «de non xurdir imprevistos». Na zona estivo a subdelegada do Goberno español na Coruña, Pilar López Rioobo, acompañada polo alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias. Preguntada polos medios, non quixo dar unha data de cando poderían quedar finalizados os traballos de baleirado nin tampouco os da retirada do buque. Ademais, a pasada sexta feira, arredor de 200 persoas manifestáronse en Ares convocados pola plataforma Nunca Máis para exixir «información pública, transparente e detallada» sobre a xestión de accidente do Blue Star."}
{"ID": "NOS_52352", "summary": "Soledad Rey foi acoitelada na súa casa esta cuarta feira.", "text": "O feminismo galego responde ao feminicidio de Gondomar con mobilizacións en diferentes vilas e cidades da Galiza país que decorrerán esta sexta feira, 4 de decembro. A listaxe de mobilizacións pode incrementarse con novas convocatorias. Lugar e hora das concentracións desta sexta, 4 de decembro A Coruña, 20h no Obelisco A Estrada, 20h diante do Concello As Pontes, 20h na Praza do Hospital Cabanas, 19h diante do Concello Carnota, 20h na Praza da Pedra Celanova, 20.30h na Praza Maior Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo Ferrol, 19h na Praza Amada García Noia, 20h diante do Concello Ourense, 20h na Castañeira (Subdelegación do Goberno) Val Miñor, 20h no cruce da Ramallosa Vigo, 20.30h no MARCO Vilagarcía de Arousa, 20h na Praza da Galiza Lugo, 20h diante do Concello Chantada, 20.30h na Praza do Cantón (Praza de España) Lalín, 20.30h Rúa Monte Faro (diante do casino) Barreiros, 20h diante do concello A Gudiña, 20h diante do Concello Sada, 20h na Praza da Peixaría Muros, 20h Praza do Concello"}
{"ID": "NOS_43792", "summary": "A poeta Silvia Penas vén de resultar gañadora da primeira edición do premio Lueiro Rey de poesía, convocado pola Asociación de Veciños O cruceiro da Laxe, o concello de Fornelos de Montes e a editorial Sotelo Blanco.", "text": "Despois dunha longa deliberación, o xurado da primeira edición do premio Manuel Lueiro Rey de Poesía decidiu darlle o galardón á poeta Silvia Penas por \"considerar que propón un discurso de fondo cuestionamento do eu lírico radicado nunha coordenada espazo-temporal ben próxima e identificable\". Destacan igualmente que nese contexto a \"función social da escrita e as vivencias e pulsións sentimentais da voz poética se complementan acaídamente\". Composto por José Luís Cochón Troitiño, Mercedes Queixas, Armando Requeixo e Carme Carreiro -con voz e sen voto- o xurado valorou que se teñan presentado trinta e oito orixinais de moi alta calidade. Con anterioridade, Silvia Penas resultou gañadora do Premo de Poesía da Universidade de Vigo en 2005 co poema \"Neste bosque\" e do Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea con \"A tiranía do nes\". Con Elvira Riveiro, as dúas petencentes ás Redes Escarlata, escribiu \"Biografía da multitude\", Premio de Poesía Victoriano Taibo en 2009. O escritor Lueiro Rey conta así con dous premios literarios asociados ao seu nome, o de novela curta do Concello do Grove do que se fallou a súa XIX edición e o primeiro de edición de poesía queu vén de dar a coñecer o resultado desde Fornelos de Montes. Ambos concellos están vencellados á biografía do escritor que naceu en Fornelos de Montes e pasou os seus últimos anos no Grove."}
{"ID": "PRAZA_15575", "summary": "O presidente da Xunta garantíu nos meses previos ás eleccións do 21 de outubro que non lles ía \"pedir máis\" aos empregados e empregadas ao servizo de Administración autonómica. O PP prometeu en campaña \"compensar\" o \"esforzo\" provocado polas retalladas salariais ao funcionariado.", "text": "O pasado verán Galicia arrecendía a adianto electoral. O rescate que semellaba inminente, o incerto futuro de Novagalicia Banco ou o desemprego galopante parecían factores máis que suficientes para que o PP decidise un adianto que todos os seus dirixentes negaban en público. Mentres os conservadores enleaban nos titulares de prensa coa defensa de medidas de última hora como o recorte do Parlamento o presidente da Xunta aproveitaba un acto tan estival como a inauguración dun albergue de peregrinos no Pino para, a preguntas da prensa, gabar o \"enorme esforzo\" que estaban a realizar os empregados e empregadas da Administración, suficiente como para non ter que cargarlles máis o carro dos recortes. Xusto o contrario do que o revalidado gabinete de Alberto Núñez Feijóo vén de decidir, coa tesoirada dun 4% nos salarios do persoal público. Naquela declaración, efectuada despois de que o Goberno central ratificase a supresión da paga extra de Nadal, Feijóo seguraba crer \"que aos empregados públicos xa non lles podemos pedir máis\", tanto pola supresión da extra como pola \"baixada retributiva\" do 5% aplicada por Zapatero que el, aseguraba, non compartía. Un mes despois daquelas verbas o daquela lehendakari vasco, Patxi López, adiantaba as eleccións vascas ao 21 de outubro e sete días máis tarde Feijóo facía o propio coas galegas. O primeiro día despois do adianto o líder conservador retomaba o seu discurso sobre os funcionariado e demais persoal da Administración pero en clave de compromiso: Se o PP volvía gobernar, en Galicia non habería recortes salariais, víñalles dicir. \"Eu aos funcionarios non lles vou pedir máis esforzos dende o punto de vista retributivo, xa fixeron bastante\", dicía Feijóo tras convocar as eleccións Nunha entrevista co Faro de Vigo Feijóo realizaba unha promesa diáfana: \"Eu aos funcionarios non lles vou pedir máis esforzos dende o punto de vista retributivo. Xa fixeron bastante\", sentenciaba o presidente, que iniciaba o camiño da reelección afirmando ademais que o plantel da Xunta podía \"estar tranquilo\" malia ao decreto do Goberno central que viña de abrir a prota a aplicación de despedimentos colectivos da Adminstración. \"Aos contratados temporais e aos funcionarios pedímoslles un esforzo, pero o seu traballo non corre ningún risco\", declaraba na mesma entrevista. Naqueles mesmos días o aspirante a revalidar a Presidencia explicaba, neste caso dende os micrófonos de RNE, que a súa aposta por non recortar salarios era perfectamente conciliable con reducir gasto de persoal. Nos Orzamentos de 2013 a Xunta ía ter \"unha capacidade enorme para aforrar\" neste gasto pero por vías como o control do absentismo, nunca con retalladas. Con estas afirmacións foi chegando o período electoral e, a poucos días da cita coas urnas, mesmo se desmarcaba da supresión de pagas extra, que solo acataba por que cómpre \"cumprir a lei\". Pero, na súa opinión, \"sería mellor un recorte proporcional ao longo do ano\", explicaba nunha conversa co diario El Progreso. O recorte, ausente do programa do PP O recorte non figurou no programa co que o PP concorreu aos comicios de outubro Ao longo da propia campaña electoral Feijóo repetía en múltiples intervencións públicas que a \"solvencia\" de Galicia permitía non recortar soldos públicos. \"Hai catro anos eramos o exemplo a evitar e hoxe somos o modelo a seguir\", dicía o 12 de outubro nun mitin no Barco de Valdeorras. En todos eses actos electorais o conservador prometía o cumprimento do seu programa, un \"único\" compromiso fronte aos \"cinco partidos\" que, reiteraba, eran a única alternativa ao PP. Non obstante, unha ollada a ese programa permite coñecer que o recorte que agora se anuncia non estaba incluído nel. Nas seis páxinas que o programa popular dedicaba á función pública o PP anunciaba a súa intención de \"continuar realizando unha permanente adaptación das estruturas administrativas\" á \"situación económica\", con \"medidas que, dentro das restricións orzamentarias, poidan motivar os empregados públicos a traballar mellor e aumentar a súa produtividade\". \"Os importantes sacrificios realizados polos empregados públicos nos últimos tempos deben ser recoñecidos con medidas de flexibilización e estímulo ao rendemento\", reflexionaba o documento antes de anunciar proxectos concretos como unha Lei do Estatuto Galego do Empregado Público ou cambios nos procesos de selección de persoal. Pero nada de recortes ata o pasado venres, dous meses despois das eleccións."}
{"ID": "NOS_51475", "summary": "O franquismo empregou man de obra escrava en Pontedeume.", "text": "No antigo partido xudicial de Pontedeume, os historiadores identificaron 235 asasinados polos fascistas despois do golpe de Estado de 1936. Pero a suma dos castigados pola ditadura é máis alta: desde 1938 a 1942, un número indeterminado de persoas foron condenadas a traballos forzados na construción do chamado \"muro de Porto\", un valo de cachote de 65 metros que terma dun desmonte realizado onde se atopaba o antigo pazo dos Andrade. \"Non os mataron pero tiveron que sufrir unha dupla condena\", explica o deseñador Pepe Barro -creador do proxecto gráfico de Nós Diario-,\"porque a aquelas persoas, que tiñan que traballar no muro, sen remuneración ningunha, durante longas xornadas laborais, víanse impedidas para desenvolver un traballo que lles permitise a subsistencia, co cal tamén as súas familias eran castigadas\". Barro é o autor dun proxecto presentado polo Ateneo Fernán Martís de Pontedeume que pretende recuperar a memoria daquelas vítimas do franquismo e transformar \"o que é un muro da vergoña nun muro de honra\" que lles renda homenaxe. O proxecto presentouse publicamente o pasado día 14, nun acto no que participaron o historiador Bernardo Máiz, Valentín Bóveda -neto de Alexandre Bóveda e vicepresidente da Fundación que leva o seu nome-; o presidente do Ateneo, Xoán Lourenzo, e o propio Pepe Barro, que contou coa axuda do arquitecto Jorge Salgado. \"Queremos traer á memoria o sufrimento destas persoas das que non coñecemos os nomes. Na documentación municipal non se reseña a man de obra escrava, preocupáronse de que non quedasen rastros\" explica o deseñador. O que se coñece é grazas aos familiares que sobreviviron e que contan como era a amarga vida daqueles condenados. A arbitrariedade do terror Os motivos polos que eran castigadas estas persoas eran do máis inicuo: desde estar afiliados a un partido político de esquerdas a terlle asubiado a un crego cando paseaba. Ou mesmo por levarlles un bocadilo aos que xa estaban condenados, mal alimentados e nunha condición física penosa. \"Non houbo piedade en absoluto. O fascismo é sempre arbitrario, e iso é o que provoca o terror. Temos que aproveitar esta ocasión ara facerlles xustiza as vítimas, mais tamén para que a mocidade coñeza o que pasou, o sufrimento destas persoas castigadas durante a ditadura por defender a legalidade. Teñen que saber que o fascismo nunca é unha solución\". Homenaxe ás vítimas O Ateneo Fernán Martís vai propor ao Concello de Pontedeume que aproveite as melloras previstas na zona para que leve a cabo esta homenaxe as vítimas. \"O Ateneo toma esta iniciativa ao coñecer que o Concello vai acometer obras de renovación do pavimento desa rúa que está en mal estado. O interese é pór sobre a mesa de todos os concelleiros este proxecto con todos os acontecementos históricos que o fundamentan, para homenaxear non só a estes condenados anónimos na súa maioría, senón en xeral, a todos os represaliados e asasinados polos fascistas\". A intervención é sinxela e, ademais dunha mellora xeral do muro e unha iluminación soterrada, contempla a construción dunha peza vertical de formigón branco, que contraste coa cor do valo, no que se abre unha fiestra pola que só se ve o muro. Baixo deste van, os versos de Celso Emilio Ferreiro: O teito é de pedra.De pedra os murosi as tebras.As pedras,as cadeaso aire,as fenestras,as olladas,son de pedra. A caída do pazo dos Andrade e a construción do muro O pazo dos Andrade en Pontedeume situábase entre o monte Breamo e a ría; pasado o momento en que os muros desenvolvían un papel defensivo, aquel espazo viuse como un impeitizo que debía ser eliminado para ampliar o porto e crear terreos edificábeis. Mais ao facer o desmonte, era preciso un muro de contención que termase da explanada resultante. Despois dunha longa batalla legal, aprobouse a obra cos fascistas xa no poder, que recorreron á man de obra escrava para a construción."}
{"ID": "NOS_42064", "summary": "Terceira edición do singular concurso literario", "text": "Duascentas palabras deben abondar a quen queira obter o premio de microrrelatos da Real Academia Galega e a Asociación Punto.Gal. É o límite de extensión dos textos que participen na terceira edición do certame que as dúas entidades convocantes presentaron onte na Coruña. \"As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade\", expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, \"esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posíbel, imaxinación, selección argumental...\". A estas técnicas deberán responder os relatos que opten aos nove premios do concurso: tres por categoría, que son a infantil (até 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas. O prazo de presentación de orixinais durará todo o mes de febreiro e a recepción será no enderezo electrónico actividades@academia.gal. Quen obteñan os galardóns serán agasallados con \"distintos premios tecnolóxicos, ordenadores, consloas, lectores electrónicos de libros, relacionados coa lectura. \"Mediante esta iniciativa pretendemos chegar a un alto número de persoas de todas as idades e de toda condición social\", explicou o presidente de PuntoGal, e académico, Manuel González, \"aspiramos a que participen escritoras consagradas pero tamén nenas e nenos, mulleres e homes do común\". Na primeira edición optaron ás distincións case 400 microrrelatos, que o pasado ano medraron até case medio milleiro."}
{"ID": "NOS_14113", "summary": "Máis dun centenar de persoas asistiu na mediodía do pasado sábado ao acto inaugural do Bosque da Memoria, sementado polo colectivo \"A Regaduxa, memoria histórica de Vilaboa\" ás portas do cuartel de Figueirido en memoria de todos os presos alí retidos tras a súa conversión en cárcere franquista en 1938, así como das súas familias e da xente da contorna de Pontevedra que lles prestou apoio.", "text": "Fixérono fundamentalmente mulleres, e na súa lembranza a filla dunha delas plantou unha das árbores que agromaran memoria no bosque da Regaduxa. Mercedes Farto lembraba no acto, conducido polo poeta Xosé Álvarez Cáccamo, como a súa nai, Carmen Acuña Razo, se ocupaba de levar comida e lavar a roupa a varios presos asturianos, entre eles o máis novo do cuartel. por iso alcumado O Bebé. Tamén participaron na xornada Benigno Rey, sobriño de tres presos de Figueirido ou Enriqueta Otero, presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e filla dun dos detidos. Enrique Otero, que tamén estivo preso en San Simón, formou parte dunha rondalla durante o tempo de encarceramento e aínda a súa filla lembra \"cando a miña nai me dicia: 'Tráelle a papá o laúde do Lazareto', e eu pensaba que Lazareto era a marca do instrumento\". O acto tamén contou coa música de Marcelo Dobode e a intervención do historiador Xosé Álvarez Castro que fixo lectura de parágrafos de dúas cartas: A que un dos presos lle mandou a unha das súas madriñas e a que Jacobo Zbarsky, o primeiro dos pontevedreses fusilados, lle escribiu á súa nai, Sofía Kuper, antes de ser executado precisamente no Campo de Tiro de Figueirido o 10 de agosto do 1936. A xornada rematou coa plantación de novas árbores, que se suman ás sementadas por alumnado do colexio do Toural hai algúns días, e o descubrimento da placa por parte de Carmen Sobral, orfa de Abelardo Sobral, canteiro de Salcedo casado en Postemirón que foi asasinado polos fascistas pouco despois do golpe de Estado. Carmen tiña tres anos e a súa nai, Hermosinda Lamoso, estaba embarazada dunha nena, Luísa, que naceu cando o seu pai xa fora paseado. Os seus restos nunca apareceron. Segundo a memoria oral, foi fondeado na ría de Vigo. A súa historia é unha das recollidas no libro Non des a esquecemento de Luís Bará, cuxos beneficios foron destinados integramente á facer realidade o Bosque da Memoria. Todas as fotografías son da autoría de M.F."}
{"ID": "QUEPASA_1103", "summary": "Os alcaldes uníronse para esixir que a Xunta faga valer a vinculación entre fábricas e centrais", "text": "Este martes 12 de marzo, celebrouse na fábrica de Brens unha nova reunión entre a dirección de Ferroatlántica e os representantes dos traballadores. Unha reunión no marco dunha negociación para fixar os calendarios laborais e deixar claro así canto tempo que afectará o ERTE a cada traballador. Unha reunión de pouco valor para a CIG, que considera que \"non se quedou en nada\", emprazando así a importancia cara a vindeira reunión deste vindeiro xoves 14 ás 10:30, á que a empresa quedou emprazada para aportar outro tipo de solución. A CGT tampouco valorou positivamente a reunión, pois \"os calendarios seguen sen ter un mínimo de lóxica, por varios motivos. Hai discriminacións en todos os ámbitos, por polivalencia, polos festivos que unha gran maioria deixan de facer, por repartición dos días de ERTE, etc…\" sinala Juan Villar. Así, o Comité de Empresa ao completo enviou un escrito ao presidente de Ferroglobe, López Madrid, facéndolle chegar o \"descontento polo trato recibido por parte da empresa, por como se está tratanto a este centro de traballo, en relación á información real da situación da empresa, en materia de negociación do ERTE, pola falta de diálogo, máis se cabe vendo como lles está afectando a outras fábricas do grupo\". Píndelle que \"se persone no centro de traballo costeiro para dar as explicacions pertinentes sobre a nosa situación, e que veña con un compromiso real de arranque dos fornos\". Apoio dos alcaldes Paralelamente, 7 máximos representantes municipais (Cee, Dumbría, Zas, Corcubión, Muxía, Vimianzo e Fisterra) mantiñan este pasado luns unha reunión na que se compromenten a solicitar unha reunión co presidente da Xunta para que inste a empresa a poñer en marcha os fornos, e fagan cumprir ás condicións concesionais das centrais hidroeléctricas. Unha medida para presionar a Xunta \"para que faga valer a vinculación entre a produción eléctrica e a industrial e para que o conselleiro de Industria atenda a solicitude de reunión que lle temos pedida\". Reunión no Parlamento Galego Este mércores, unha delegación do Comité de Empresa acudiu ao parlamento galego convidado polo BNG de Cee, para asistir ao pleno no que o BNG debateu co Conselleiro de Industria e no que o BNG pediu que se impliquen a fondo no problema do ERTE de Ferroatlántica. BNG e CIG consideran que \"a Xunta elude a sua responsabilidade como goberno galego e o único que fai e pasarlle a pelota ao goberno central en relación a tarifa electrica aínda non sendo a tarifa unha xustificación para ter parados os fornos\". Por iso piden á \"Xunta que se aplique a mesma firmeza que lle pide o goberno central co estatuto electrointensivo, que a teña para facer valer as condicións concesionais das centrais hidroeléctricas para o mantemento da actividade industrial e polo tanto dos postos de traballo\". E por último reiteran a petición da reunión do Conselleiro que está sin data. Novas do co conflito #Ferroatlántica 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid. 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica. 26-02-19: \"Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE\". 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica. 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE. 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais. 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando. 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE. Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros. Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado. 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica. 05-02-19: \"O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade\": 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee. Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica. Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss. Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica: Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña. Xaneiro 19: \"O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa\". Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica. Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica. Xaneiro 19: \"Fornos apagados, todos parados\". Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica. Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica. Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social. Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica. Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección. Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica. Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado \"Acordo Marco\". Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables. Novembro 17: \"A gran mentira\" do Plan Industrial de Ferroatlántica: 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria. 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas"}
{"ID": "NOS_41597", "summary": "As queixas polos procesos de exclusión bancaria chegan por diversas frontes. Mentres uns cidadáns protestan polo fechamento de sucursais no rural e nas vilas, outros fano pola redución de servizos financeiros baixo a coartada da dixitalización. As mobilizacións das últimas semanas non son máis que a punta do iceberg.", "text": "O proceso de reconversión do sistema financeiro comezado en 2008 déixase notar na Galiza. Por unha parte, avanza a exclusión financeira, con especial impacto nas áreas rurais, na poboación de menor poder adquisitivo e nas persoas maiores. Ademais, as mudanzas tecnolóxicas, cuxa implantación foron aceleradas durante a pandemia, son empregadas como coartada para reducir a calidade dos servizos bancarios e maximizar os beneficios das corporacións financeiras. A Galiza perdeu 1.443 sucursais bancarias desde 2008. Segundo os datos recollidos no boletín do Banco de España, nesa anualidade mantíñanse abertas 2.539 oficinas, concentrando 997 as comarcas coruñesas, 336 as luguesas, 376 as ourensás e 830 as pontevedresas. Nese período, o groso dos fechamentos concentráronse nos ámbitos rurais e vilegos pero tamén nos barrios periféricos das urbes. As entidades sindicais denunciaran o marcado carácter de clase destas decisións. O panorama actual é diferente. Así, os últimos datos do regulador bancario, referidos a setembro de 2021, certifican a existencia de 1.094 sucursais operativas na Galiza, coas comarcas coruñesas rexistrando 446, as luguesas 174, as ourensás 150 e as pontevedresas 326. Ao tempo, as oficinas activas veñen reducindo de modo sistemático os servizos ás persoas usuarias e incrementando os custos dos mesmos mediante o pago de comisións de diverso tipo. Unhas comisións bancarias abusivas O responsábel do colectivo de xubilados da CIG, Xepe Torres, denuncia que \"cada día que pasa aparece unha nova comisión que temos que pagar, o ano pasado por manter a conta, 42 euros, por administrala, 0,60 euros, por apuntamento e por recibir o extracto 1 euro cada vez, por duplicar o caderno de aforro 5 euros e por manter a tarxeta 28 euros. Pasamos de pagar por ter un préstamo a ter que pagar por ingresar diñeiro\". Torres, cuxos datos están referidos a Abanca, indica a Nós Diario que \"pasamos de pagar por ter un préstamo a ter que pagar por ingresar diñeiro\". O dirixente da CIG critica a redución dos horarios de atención ao público e urxe das Administracións públicas alternativas para esta situación. Nesta liña, defende \"manter a atención presencial e personalizada a toda a súa clientela, independentemente dos servizos que prestan como banca electrónica. No caso de non facelo, a Administración debe obrigalos mediante unha lei e mesmo crear unha banca pública que atenda as necesidades dos cidadáns\". A activista do Movemento en Defensa das Pensións (Modepen), Paz González Madroño, lembra a Nós Diario que o seu colectivo \"esixe a creación dunha banca pública galega como instrumento financeiro para intervir na sociedade\" e defende \"unhas contas bancarias libres de calquera comisión\", \"Nós non somos clientes da banca, somos usuarios obrigados forzosos a estar dentro da mesma para cobrar a nosa pensión ou pagar os servizos básicos como a luz ou a auga da nosa vivenda\", afirma Paz González. \"Hai moita xente que é analfabeta dixital ou está fóra do sistema dixital\", continúa Paz González, quen apunta que \"unha parte importante dos usuarios da banca carecemos de habilidades ou coñecementos dixitais para operar\". O responsábel da federación da banca de Comisión Obreiras (CCOO), Jorge Villarino, destaca en declaracións a Nós Diario que \"o proceso de reestruturación bancaria está sendo especialmente duro para a Galiza\". Neste sentido sinala os problemas derivados da \"perda de emprego de calidade, cuns salarios e unhas condicións laborais superiores á media\"."}
{"ID": "NOS_40742", "summary": "O presidente do Congreso, Luis Valdez, fixera un ultimátum a Merino para que dimitise baixo a ameaza de aprobar unha nova moción de censura.", "text": "O presidente interino de Perú, Manuel Merino, anunciou a súa renuncia irrevogábel ao cargo, ao que chegou o 9 de novembro despois destitución por acusacións de corrupción do seu antecesor, Martín Vizcarra. A dimisión prodúcese no medio de intensas protestas populares en todo o país. \"Quero anunciar que presento a miña renuncia irrevogábel ao cargo de presidente da república\", anunciou Merino nun discurso á nación. Na súa intervención, Merino anunciou a dimisión dunha ducia dos seus ministros, pero sinalou que seguirán no cargo para garantir a continuidade institucional. Antes da súa intervención, o presidente do Congreso, Luis Valdez, dera un ultimátum a Merino para que dimitise este domingo baixo a ameaza de aprobar unha nova moción de censura. \"Co único propósito de salvar a vida e a saúde de todos os peruanos, os congresistas da República teñen a difícil decisión de pedirlle a dimisión porque valoramos a vida dos peruanos por riba de calquera interese\", dixo Valdez. \"Se non, o Congreso tomará a decisión de impulsar unha moción de censura á espera da elección dun substituto. O prazo remata hoxe \". O Congreso do Perú uniuse así ás peticións de todas as áreas do espectro político peruano para que Merino abandonase a presidencia. A represión das protestas polas forzas de seguridade causara dous mortos e ducias de feridos, o que acrecentou a indignación social, traducida en manifestacións multitudinarias en diferentes puntos do país."}
{"ID": "NOS_2016", "summary": "Yanis Rahmani, que leva por segundo apelido Cordeiro, pois a súa nai é portuguesa, decidiuse a abrir o seu corazón unha semana despois de ser obxecto de insultos racistas por parte de seareiros do Club de Fútbol Fuenlabrada, no partido no que os galegos derrotaron os madrileños por un gol a cero na súa casa do Estadio Fernando Torres.", "text": "As imaxes de Moussa Marega, xogador do Futebol Clube do Porto, abandonando o campo logo dos constantes ataques de carácter racista no medio dun encontro da liga portuguesa deron a volta o mundo. As reaccións de apoio ao dianteiro e de rexeitamento ao racismo foron practicamente unánimes, mais ese mesmo día, catro horas antes, tiveron lugar uns sucesos igualmente despreciábeis que pasaron practicamente desapercibidos. A vítima esta vez non foi un futbolista negro, como Moussa Marega, senón un árabe, ou \"moro\", como bramaban os seareiros locais desde as bancadas, que lle esixían que volvese \"ao seu país\". Porén, dáse a circunstancia de que o país de Yanis Rahmani é Francia, onde naceu hai 24 anos, froito da unión entre un alxeriano e unha portuguesa, que se trasladaron a Euskal Herria cando o hoxe xogador do Club Deportivo Lugo tiña só oito anos. \"Estarei atento\" O centrocampista do Lugo informou durante o partido ao xuíz de liña, que se limitou a responder cun lacónico: \"Estarei atento\". Esa desidia na loita contra o racismo por parte das autoridades futbolísticas españolas contrasta de xeito flagrante co exceso de celo noutros eidos máis sensíbeis coas preferencias do -recoñecido- ultradereitista presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas, como quedou en evidencia logo da suspensión do Rayo-Albacete polos gritos de \"nazi\" ao ucraíno Roman Zozulya. Para Yanis Rahmani hai \"moita campaña inútil contra o racismo\", pero \"á hora da verdade non se castiga como se merece aos que cometen ese delito\", e pensa que o problema principal radica en que na sociedade \"se lle quita importancia\", porque \"quen xulga o racismo é porque non o padece\". O racismo, un mal endémico na Liga O de Yanis Rahmani non é o primeiro caso de racismo que se vive no fútbol español. Normalmente son os seareiros máis radicais os responsábeis de proferir os insultos racistas, mais en ocasións teñen sido os propios xogadores. Foi o caso de Sergio Busquets, centrocampista do Fútbol Club Barcelona e internacional coa selección española quen, nun clásico contra o Real Madrid, chamou \"mono\" a Marcelo, o lateral brasileiro do Real Madrid. Kameni, porteiro camerunés, foi obxecto de numerosos insultos racistas ao longo das súas 14 tempadas na Liga de Fútbol Profesional. Un dos momentos máis graves foi cando os ultras do Frente Atlético pasaron practicamente o partido enteiro berrando \"salta o valado, Kameni salta o valado\", en referencia aos migrantes que penetran en Melilla. E o do xogador bético Paulao en 2003 distínguese dos anteriores por ser a súa propia afección a que o lle dedicou gritos racistas. O dianteiro, desolado, abandonou o campo entre lágrimas, nunhas imaxes que deron a volta o mundo."}
{"ID": "NOS_43980", "summary": "Hai 362 usuarias enfermas, das que gran parte pertencen ás DomusVi de Ribeira e Vimianzo, á Paz e Ben de Tui e aos xeriátricos da Pastoriza, Santa María de Verín e Quercus de Leiro.", "text": "As e os afectados polo coronavirus nas residencias de maiores veñen de incrementarse novamente pola suma de 11 persoas infectadas na DomusVi de Ribeira. Con esta cifra, malia a baixa por dar negativo en novas probas de varias persoas, as doentes son xa 557. A Consellaría de Política Social informa, en concreto, de 362 usuarias afectadas, así como 195 traballadoras de múltiples centros. A día de hoxe o foco máis grande pasou a ser o da DomusVi Ribeira con 69 enfermas entre as súas residentes, mentres que a Paz e Ben de Tui fica con 62 casos activos. En terceiro lugar estaría a DomusVi Vimianzo, que tras varios falecementos, aínda ten 45 positivos. Tamén teñen balances preocupantes na instalación da Pastoriza (30), o Fogar Santa María de Verín (31), a Quercus de Leiro (27) e a Santa Teresa de Jornet na barrio de Eirís, na Coruña (15). Así mesmo, na DomusVi de Carballo teñen síntomas ou están contaxiadas (aínda que sexan asintomáticas) 13 persoas e na San Bartolomeu de Xove fálase da baixada até a ducia de usuarias, se ben nos apartamentos hai outros catro casos. En Arzúa, entre os apartamentos tutelados e a San José hai 20 infectadas polo virus. As cifras máis altas están tamén na San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo (8) e na infraestrutura Mi Casa de Pazos de Borbén (7). O resto distribúense noutros 8 xeriátricos. En canto ao cadro de persoal, hai 53 centros de traballo afectados, pero a peor parte tocou á Paz e Ben de Tui (25); Pastoriza (23); e DomusVi Vimianzo e DomusVi Ribeira (con 20 en cada caso). Nas instalacións de atención á discapacidade teñen a Covid-19 30 usuarias e 11 empregadas. Posíbel intento de estafa Por outra parte, transcendeu que a Garda Civil investiga un posíbel intento de estafa na residencia de maiores Os Arcánxeles de Teo, onde recibiron unha chamada dun varón que ofrecía vacinas da Covid-19 previo pago de 2.400 euros. A directora do centro residencial, Isabel Patiño, explicou a Europa Press que os feitos decorreron sobre as 22.30 horas cando o home afirmou que ía cara a infraestrutura con 35 doses. \"Controlaba o número de pacientes, o meu nome... Tiñan feito unha investigación\", comentou Patiño."}
{"ID": "NOS_34296", "summary": "Após seis meses de tregua, o conflito no Iemen está en marcha outra vez. Nós Diario achega as chaves dunha guerra na que Arabia Saudita leva estancada sete anos.", "text": "Esta semana expirou a tregua no Iemen, vixente desde o 2 de abril, entre os hutís –grupo armado iemení no que predomina a poboación zaidí xiíta- e a autodenominada \"coalición internacional\", liderada por Arabia Saudita e na que están presentes principalmente países do golfo Pérsico como Bahrein, Kuwait, Catar ou os Emiratos Árabes Unidos, e que conta co apoio dos Estados Unidos, que ten á ditadura dos Saud como o seu maior comprador de armas. A reactivación dos combates en media ducia de puntos do país pouco despois non evita que as negociacións continúen, sinalou o enviado especial da Organización das Nacións Unidas para o Iemen, Hans Grundberg, que reclamou ás partes \"calma e contención\" para evitar unha nova escalada da violencia após oito anos de guerra. Quen son os hutís? Ansar Alá (os partidarios de Deus), son un grupo armado do norte do Iemen que comezou a operar en 1994, principalmente oposto ao control do país por Arabia Saudita e vencellado por motivos relixiosos co Irán. A organización sostén defender a xustiza social e o antiimperialismo. Nese sentido, co fin da tregua exixiron a todas as petroleiras estranxeiras no Estado que deixen de operar ou serán atacadas por \"saquear a riqueza soberana do Iemen\", publica Al-Masirah. O grupo controla o oeste do Iemen, case todo o territorio do antigo Iemen do Norte, a zona onde reside a meirande parte da poboación iemení, incluída a capital, Saná, e medrou desde uns 2.000 combatentes na década de 1990 até arredor de 150.000 na actualidade. Iemen, inferno en vida para a infancia Un país dividido a pesar da unificación En 1990, a República Democrática Popular do Iemen (primeiro Estado socialista da rexión, no sueste do actual Iemen) unificouse coa República Árabe do Iemen (noroeste). Porén, apenas catro anos despois produciuse un intento do sur por independizarse, ao crearse a breve República Democrática do Iemen cunha guerra civil de por medio. En 2007, o Movemento do Sur volve impulsar a secesión e desenvolve unha axenda política propia, que remata co apoio ao presidente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi en 2014 (considerado o mandatario lexítimo por Riad) no comezo das hostilidades abertas contra os hutís, aliados daquela co ex presidente Ali Abdullah Saleh, nuns intres de grande inestabilidade política e entre asasinatos da poboación civil que protestaba pola situación a mans das forzas de seguridade do Estado, denunciou Amnistía Internacional. Na actualidade, o Consello de Transición do Sur, con capital en Adén, controla case todo o sur do país, mentres que a coalición internacional (Goberno de al-Hadi) ten a maioría do resto do territorio, con pequenas zonas controladas por Al Qaeda. A peor crise humanitaria no planeta Segundo a Organización das Nacións Unidas, a situación no Iemen constitúe a peor crise humanitaria do mundo. Arredor de 400.000 persoas morreron directa ou indirectamente por mor da guerra e 24 millóns de iemenís precisan axuda humanitaria urxente, 80% da poboación do país. Aínda que a crise humanitaria persiste, a tregua permitiu reabrir estradas, un maior acceso de combustíbel e de axuda humanitaria, así como unha baixada do 60% nas vítimas civís, aseguran as organizacións non gobernamentais que traballan na zona. 19 millóns de persoas, con fame no Iemen Arabia Saudita e Irán O enfrontamento entre Riad e Teherán para liderar Asia Occidental intensifícase ao ser un deles un dos principais países sunnitas do mundo (o sunnismo é a corrente principal do Islam, porén, en Arabia Saudita aplícase o wahabismo, unha interpretación especialmente extrema) e o outro o Estado referente da corrente xiíta. Esta rivalidade levou Arabia Saudita a chegar a acordos con Israel para bloquear Irán, que ao tempo está declarado por Tel Aviv como o seu maior inimigo. En 2015, comezou co ataque terrestre e aéreo contra as rexións controladas polos hutís para tratar de restaurar o sunnita al-Hadi no poder, utilizando amais mercenarios de Estados como Panamá, O Salvador, Chile, México, Reino Unido, Francia ou Australia. O Yemen Data Project salienta que, desde ese ano, foron efectuados máis de 25.000 bombardeos aéreos contra o país, 8.000 deles correspondentes a obxectivos militares, provocando case 9.000 mortes directas de civís. O impulso hutí En 2017, o ex presidente Saleh racha o acordo cos hutís e reclama aos seus combatentes que acaben co grupo. Dous días despois, Saleh foi asasinado e os seus seguidores derrotados. Desde ese intre, os hutís consolidan o seu control sobre o territorio e comezan a expandir as súas posicións, até o estancamento da liña de contacto actual, tras non ser quen de facerse con Marib. A tecnoloxía presuntamente proporcionada por Teherán -que o nega-, e mellorada polos mesmos hutís, permítelles atacar con drons e mísiles infraestrutura saudita. En 2019, un ataque contra instalacións petrolíferas no centro de Arabia Saudita obrigou Riad a suspender de maneira temporal a produción nestas plantas, responsábeis do 8% do petróleo a nivel mundial."}
{"ID": "NOS_53076", "summary": "José Gómez Gayoso (a) González López ou Juan, e Antonio Seoane Sánchez (a) Julián ou Jorge loitaron nun tempo de submisión, diverxeron nun tempo de homoxeneización das conciencias, desafiaron nun tempo de coerción, e fixérono dende uns postos directivos que lles permitían canalizar o potencial ideolóxico e bélico duns homes aos que tutelar co fin de contribuír ao derrocamento do réxime. Non conseguiron o obxectivo, pero cumpriron a súa parte: a guerrilla galega, principalmente na Coruña, acadou un crecemento inédito.", "text": "Gayoso, afiliado ao PCE dende 1932, actúa de xeito pro-activo durante a Guerra Civil: como miliciano, responsable de propaganda ou instrutor nas Milicias da Cultura. Porén, a guerra pérdese e ten que liscar ao estranxeiro, até que en xuño de 1944 \"Pío García\" desembarca en Bilbao e trasládase a Madrid para ocupar o posto de delegado de axitación e propaganda na Delegación Central do Partido Comunista de España; cando esta se disolve a finais de 1945, recibe o encargo da súa vida: o nomeamento de secretario xeral do PCE en Galicia. Seoane, na Arxentina dende cativo, non vive de preto a ilusión pola II República e o desgarro pola Guerra Civil. Afiliase, emporiso, ao PCE, que o comisiona para que regrese a Bilbao e reorganice o partido nesa praza, mais a empresa trúncase ao caer a dirección do comité rexional e diríxese entón a Madrid, onde traballa a carón de Jesús Monzón até que, coa supresión da Delegación Central do PCE, encomendáselle trasladarse a Galicia e unir o seu destino ao de Gayoso como responsable do aparato guerrilleiro. O labor de Gayoso e Seoane Os dous homes traballan arreo para perfeccionar a loita armada e dotala da consistencia ideolóxica que contrarreste o vigoroso traballo propagandístico do réxime, obsesionado por despoxar de identidade os fuxidos a través de epítetos como malfeitores, bandidos, bandoleiros, atracadores. Potenciarán a rede de solidariedade dos enlaces e puntos de apoio, prepararán politicamente os guerrilleiros, editarán El Guerrillero para darlle voz ao Exército Guerrilleiro, crearán a figura do comisario político e perfeccionarán a estrutura das partidas. Así nos anos 1947 e 1948, xa en pleno retroceso aínda que tirando das reservas, a IV Agrupación da Coruña, a máis activa das que actuaban no país, levou a termo 55 axustizamentos, cifras estas moi afastadas das acadadas en anos anteriores e nos vindeiros. Gayoso e Seoane traballaron arreo para perfeccionar a loita armada e dotala da consistencia ideolóxica que contrarreste o vigoroso traballo propagandístico do réxime Sen embargo, a tan temida delación, como a couza que come e perfora a madeira, vai dar unha vez máis os froitos agardados. Baralláronse dous nomes: Eugenio Rueda Perosanz, a man dereita de Seoane e a aposta dos líderes comunistas, e Luis García Jiménez, o arrendatario dun cuarto aos dous homes e cuxo nome foi posto sobre a mesa por Romero Ramos. Así foi como a forza tivo coñecemento dos plans dos dous comunistas para o día 11 de xullo: unha xuntanza na casa de Seoane. O día anterior iniciase o dispositivo detendo a este e a súa compañeira Josefina González Cudeiro no \"Bar Lovento\". Ao día seguinte retómase o dispositivo na casa de Seoane, onde os gardas agardan a chegada de Gayoso e María Blázquez del Pozo. Cando María chama ao timbre, dous gardas abren a porta e encárana coas súas armas; ela non se acovarda pese a estar embarazada e tenta protexer a fuxida de Gayoso abalanzándose sobre os números que, sen contemplacións, férena. Gayoso, a pesares de resultar ferido alcanzado por un disparo que lle entra por unha tempa e sae polo ollo, emprende agónica fuxida polas rúas Real, Rosalía de Castro e A Mariña; nesta altura un garda municipal, convencido da súa versión de que caera dun tranvía, acompáñao ao Hospital Civil, de onde foxe novamente tomando as rúas do Hospital e do Papagaio até penetrar nunha casa da rúa Tabares. Pero Gayoso non contaba con que o regueiro de sangue que marcaba o seu periplo acabaría por delatar a súa presenza e atraer ás forzas represivas, que finalmente cobraron tan cobizada presa sen excesivos atrancos. A consecuencia das torturas \"teño o intestino e estómago esnaquizados e os pulmóns non cesan de vomitar sangue\", sinala Gayoso Sen solución de continuidade os dous homes foron salvaxemente torturados. A Gayoso, ferido, interrógano xa no hospital, onde lle suxeitaron os pés con cadeas aos barrotes de cama mentres que mantiña as mans esposadas, e ao cabo de 11 días trasladárono ao cuartel da Garda Civil. Segundo Gayoso, a consecuencia das torturas \"teño o intestino e estómago esnaquizados e os pulmóns non cesan de vomitar sangue\", máis pouco sentido ten achegar detalles dos interrogatorios pois \"o que comigo e Seoane fixeron, é difícil de relatar\" e, a fin de contas, \"non paga a pena relatarvos as atrocidades que con nós cometeron\". E aínda así, os dous comunistas contan, narran, dan detalles, pero non delatan, se ben é certo que coa súa caída as forzas represivas fanse con importante documentación. O Consello de Guerra O 18 de outubro de 1948 ten lugar o Consello de Guerra sumarísimo encargado de teatralizar o xuízo dos nosos dous homes, xunto a Juan José Romero Ramos, José Bartrina Villanueva, José Rodríguez Campos, Juan Martínez Montero, Luis García Jiménez, Clementina Gallego Abeledo, María Blázquez del Pozo, Carmen Orozco Muñoz e Josefina González Cudeiro. Os procesados van sendo interrogados e contestan e xustifican a súa actuación na clandestinidade. Por fin toman a palabra o fiscal e máis os avogados defensores: o primeiro deles insiste na necesidade de castigar os feitos con exemplaridade dada a transcendencia destes e procede a expoñer unha ladaíña de axustizados pola guerrilla dos que fai responsables, en distintos graos, aos procesados. O defensor de Gayoso e Seoane, relata individualmente os feitos dos seus defendidos poñendo de manifesto a distinta responsabilidade destes e alegando que non tomaran parte de xeito directo na comisión de delitos de sangue, mais pedindo para eles a pena inmediatamente inferior á pena capital. Xunto a Bartrina e Romero Ramos, Gayoso e Seoane fan uso da súa última quenda de palabra. Primeiro maniféstase Seoane facendo constar que \"as guerrillas están compostas por individuos de todos os partidos políticos, sobre os cales o Partido Comunista non ten outro control que o político, negando totalmente que dera ordes a estas incitándoas á violencia\". Gayoso, pola súa banda, \"esténdese en consideracións de tipo político ditas en ton ampuloso que nada teñen que ver cos feitos perseguidos, polo cal polo señor presidente élle chamada a atención e ao continuar aquel na mesma actitude e ton, élle retirada a palabra\". Para Gayoso Seoane \"o consello foi o que era de agardar, unha farsa\". Neste sentido, sinala que \"antes de comezar, o local foi ocupado pola Policía e a Brigadilla, e a maior parte do público tivo que quedar fóra. A acusación fiscal estivo baseada en todas as mentiras que quixo inventar a Garda Civil. A defensa, formalista, para saír do paso. Houbo algo que impediu deran carpetazo ao asunto. A presenza de catro cónsules estranxeiros. Grazas a isto, eu puiden falar uns quince minutos, refutando a acusación, que se nos facía; resaltando a nosa condición de republicanos e patriotas e poñendo ao descuberto as medidas bestiais de tortura empregadas con nós\". Lamenta que \"non dixen todo o que quixera, sen embargo aproveitei cada segundo para desbaratar as calumnias e falsidades contra o Partido. Isto foi o único que me preocupou\". Engade realista que \"esperanzas de salvación temos moi poucas\". A morte de Gayoso e Seoane A sentenza dítase na mesma data, xa que pouco había que deliberar. Seoane é considerado o principal instigador dos \"feitos delituosos\" dos que os acusan, amais de xefe do aparato guerrilleiro e do PCE. Ditou consignas, salientou na propagación dos ideais comunistas, deu ordes ás partidas, que pasan a ser os brazos executores da estratexia combativa dos dirixentes caídos e que se exemplifica de xeito cristalino coa orde especial do 20 de xaneiro de 1947 na que se ordenaba a cada unha das agrupacións dar \"morte a catro asasinos franquistas\" antes do 14 de febreiro en represalia polo asasinato de José Isasa e José Antonio Llerandi. En definitiva, é un dos máximos responsables da actividade guerrilleira no país durante os dous últimos anos. Canda el, e nos mesmos termos, sitúase Gayoso, a quen se lle atribúen os mesmos nefandos crimes xa que enviaba as ordes \"aos malfeitores da serra, sendo o principal instigador en unión de \"El Julián\" dos monstruosos feitos cometidos por tales malfeitores\". Ulíase a pena de morte. Gayoso e Seoane foran demasiado lonxe desafiando o réxime con ambición e determinación, con desprezo e alardeando dos seus dotes organizativos, aglutinadores e intelectuais Todos os procesados, excepto Clementina Gallego, Luis García e Juan Martínez, condenados polo delito de auxilio a malfeitores, foron considerados autores dun delito de rebelión militar e condenados a distintas penas, caéndolles a Bartrina (aínda que lle sería conmutada), Gayoso e Seoane a pena máxima. Dende Cuba, Estados Unidos, Arxentina ou Francia cursáronse múltiples peticións, sobre todo ante a Secretaría Xeral da ONU, co ánimo de quebrar a intención do réxime, pero nada conseguiron. Gayoso e Seoane foran demasiado lonxe desafiando o réxime con ambición e determinación, con desprezo e alardeando dos seus dotes organizativos, aglutinadores e intelectuais. Actuaban e facían actuar, pensaban e facían pensar; todo iso era demasiado para os adeptos ao slogan por excelencia do franquismo: ¡morra a intelixencia! E morreu o sábado 6 de novembro de 1948. En época xa de desaceleración, a guerrilla galega quedou desarborada a pesares dos intentos de Manuel Fernández Soto \"Coronel Benito\" ou de José Sevil Sevil \"Ricardo\" para reconduciren a situación. A medida que o réxime, aproveitando a baza do anticomunismo, se aparafusaba no poder, a loita guerrilleira ía perdendo azos, pois a ansiada intervención estranxeira e/ou o levantamento en masa do pobo non chegaban, namentres si se incrementaba a implicación das forzas represivas na liquidación do \"bandoleirismo\". A isto non foron alleos nin inmunes Gayoso e Seoane, ao contrario, pois foron caer nas gadoupas do réxime precisamente cando a loita política e guerrilleira se atopaba fustrigada. Pero, a pesares de que o seu final foi o máis lóxico e esperable, acorde ao que foron sufrindo os camaradas do monte que optaron por non exiliarse após o PCE deixara de tutelar a anacrónica loita guerrilleira entre 1948 e 1951 para mudar de estratexia, o que é indiscutible é que o traballo desenvolvido polos dous líderes contribuíu a sistematizar, ordenar, estruturar, politizar e replicar como nunca antes se fixera. Por suposto, sería inxusto e reducionista atribuír todo o mérito a eles dous, pois esa resposta político-militar das guerrillas atopábase larvada na propia esencia delas, e porque ademais a formación ideolóxica deses homes e a actividade que levaban a termo xa respondía a criterios doutrinais, pero non cabe dúbida de que Gayoso e Seoane foron uns activos vitais nesa efémera aceleración, \"a alma da resistencia en Galicia\", como acertadamente os tachou Mundo Obrero após o seu asasinato."}
{"ID": "NOS_8414", "summary": "A operación 'Piar defensivo' desenvolvese após case catro anos da brutal ofensiva 'Chumbo fundido' en que foron asasinadas 1,3 mil palestinas na Faixa de Gaza, entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009. A ofensiva lanzada polo exército israelí desde o pasado sábado, deixa xa 19 mortes, entre elas a do lider militar de Hamás que negociaba un cese ao fogo.", "text": "Israel prepárase para unhas eleccións e ataca de novo a Faixa de Gaza deixando 19 mortes, entre elas o líder militar de Hamás, Ahmed Jaabari e un bebé de once meses fillo do corresponsal da BBC en Gaza. O asasinato de Jaabari era retrasnmitido polas redes sociais desde a conta Twitter coa mensaxe \"Ahmed Jaabari eliminado\". Aliás, as forzas armadas israelis dan conta dos acontecementos a través das súas redes sociais e mesmo publican a propaganda feita chegar á cidadanía palestina prevendo do ataquete. \"Israel cometeu un erro que custará moitas vidas\" aseguraba o pacifista israelí Gershon Baskin, unha das persoas que participou nas negociacións para a liberación do soldado sionista Gilad Shalit. Segundo Baskin, o líder militar de Hamás atopábase inmerso nun proceso de diálogo encamiñado a procurar un cesamento ao fogo. \"O seu asasinato matou a posibilidade de se chegar a unha tregua\", asegurou o pacifista. EUA lexitima e apoia os bombardeos israelís Perante o ataque a Autoridade Palestina demandou ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas que actuase de maneira urxente e puxese fin á ofensiva israelí perante o que consideran unha ameaza para a paz internacional. Porén, o máximo órgano da organización internacional non consegui chegar a un acordo, nomeadamente pola negativa --e capacidade de veto-- dos EUA. A representante estadounidense xustificou co \"dereito a lexítima defensa\" a ofensiva iniciada polo goberno de Tel Aviv e denunciou a \"violencia inxustificada que están a empregar Hamás e outras forzas terroristas\", engadindo que \"respaldamos o dereito de Israel a se defender\". Neste senso, o diplomático inglés e representante do Reino Unido no CSNU apoiou aos EUA e a Israel asegurando que Hamás é o \"principal responsábel\" da actual crise na Faixa de Gaza e demandou que o envío de foguetes cesaran de maneira inmediata --non así os bombardeos enviados desde o territorio ocupado por Israel--. No entanto, Rusia, China, India e Exipto condenaron con dureza o ataque \"desproporcionado contra a Faixa de Gaza\" e aseguraron que son \"intolerábeis\". O primeiro ministro exipcio, Hisham Kandil visitará esta sexta o territorio para amosar o seu apoio incondicional ao pobo palestino. Ao coñecer a nova o goberno israelí anunciou que cesaría os ataques até que rematase a súa visita. Pola súa banda o primeiro ministro gazací arengou á cidadanía da Faixa a non recoñecer a ocupación de Israel e a continuar loitando por recuperaren as súas casas. Aliás, Ismail Haniyeh, aseverou que \"os palestinos resistirán a maquinaria asasina de Israel\" e emprazounos a seguir \"unidos puño con puño\"."}
{"ID": "NOS_51678", "summary": "O xénero do manifesto de intelectuais ten unha longa tradición no Estado español. Á calor do proceso de autodeterminación do pobo catalán cobrou especial relevancia aquel dos que cualfican de \"estafa\" o referendo convocado pola Generalitat o vindeiro 1 de outubro. Pero tamén existen pensadores, artistas e figuras públicas que apoian as votacións do domingo e o dereito de autodeterminación de Catalunya na conxuntura actual.", "text": "\"Prefiro unha España máis pequena e máis democrática ca unha ditadura moi grande onde non se poña o sol\". Así argumenta o filósofo Santiago Alba Rico (Madrid, 1960), no seu día guionista de La bola de cristal e hoxe autor de ensaios que pescudan na violencia antropolóxica do capitalismo, a súa posición a prol do 1-O. Sobre o que chegou a escribir que, se fose catalán, \"votaría sen dúbida o 1-O. Ou intentaríao\". E que votaría non, por considerar que é o Govern \"non está en condicións de empregar ben o noso si\". Alba Rico foi candidato ao Senado por Podemos. Na órbita dese partido, sobre todo nos sectores ligados á corrente Anticapitalistas, diversas voces adoptan posicións pro referendo. Jaime Pastor (Valencia, 1946), histórico dirixente da Liga Comunista Revolucionaria -a tradición política da que proceden os anticapitalistas-, dedicou o seu último libro á cuestión: Los nacionalismos, el Estado español y la izquierda (2012). \"O referendo axudaría á democratización de España\", afirmou Pastor nunha entrevista o pasado agosto en que avanzaba as súas simpatías polo si, malia que sempre fora \"federalista\". \"A sentencia do Estatut pechou a porta á vía federalizante\", engadía. O salto cualitativo, e cuantitativo, na resposta do Estado provocou nas últimas semanas, como efecto colateral, que intelectuais e ensaístas ligados á esquerda se pronunciasen tamén sobre a defensa dos dereitos civís. Isidro López (Madrid, 1973), deputado de Podemos na Asemblea de Madrid e coautor do fundamental Fin de ciclo. Financiarización, territorio y sociedad de propietarios en la onda larga del capitalismo hispano (2010), foi un deles. Sumouse publicamente á manifestación do pasado 20 de setembro na Puerta del Sol de Madrid baixo a palabra de orde \"polo dereito a decidir e as liberdades democráticas\". Emmanuel Rodríguez (Madrid, 1974), a outra sinatura de Fin de ciclo e responsábel de incisivas investigacións sobre a actualidade -La política en el ocaso de la clase media (2016) titúlase o seu último libro-, tamén amosou o seu apoio á mobilización: \"Isto non vai de nacións nin de partidos, vai de democracia\". Como o novelista, e prolífico articulista de prensa, Isaac Rosa (Sevilla, 1974), quen se expresaba así logo da suspensión xudicial dunha conferencia da deputada das CUP Anna Gabriel en Gasteiz: \"Para independizarse non sei, pero para algo si serve o 1-O: amosar o deterioro da democracia a quen aínda non o vira\". Rosa é colaborador habitual da revista xornalística mensual La Marea, editada en Madrid e cuxa última cuberta di: \"Eu tamén quero un referendo para Catalunya\". A prol do referendo e do si á independencia fala decote o profesor Ramón Cotarelo (Madrid, 1943), catedrático emérito de ciencia política e da aministración na UNED. Nunha recente entrevista cualificaba España de \"irreformábel\" e aseguraba que \"a oposición á continuidade do vello Estado español se territorializou en Catalunya. Hai que apoiar ese proceso e ver que sae de aí\". O escritor e editor Alfonso Sastre (Madrid, 1926), que reside hai décadas en Euskadi, é un dos asinantes do Manifesto 1 de Outubro. \"As liberdades conquístanse e mantéñense exercéndoas\", di o documento e quen o asinan, \"defendemos que o pobo catalán poida facer efectivo o seu dereito de autodeterminación\". O texto remata con clareza: \"Defendemos a convocatoria do 1 de outubro e apoiamos que exista o máximo de mobilización e participación no referendo para que sexa coñecida e respectada a vontade maioritaria\". O cineasta Benito Zambrano (Sevilla, 1965), aclamado pola súa longametraxe Solas (1999), é outro dos nomes que sosteñen a posición do Manifesto 1 de Outubro, refrendado por cargos e dirixentes de practicamente todas as tendencias da esquerda de todo o Estado. O músico asturiano Nacho Vegas (Xixón, 1975), achegado á ala esquerda de Podemos, ou o ensaísta César Rendueles (Girona, 1975), autor de agudas análises sobre a dominación e as carencias no capitalismo como Sociofobia (2013) ou Capitalismo canalla (2015) tamén o din en voz alta apoiados na lectura dos anticapitalistas: \"O 1-O, votar e desobedecer é democracia\"."}
{"ID": "NOS_15639", "summary": "Esta sexta feira, 10 de setembro, conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) convoca un acto ás 20 horas na praza do Toural, en Compostela, para lembrar as persoas que falecen cada ano por dano autoinflixido, arredor de 300, e reivindicar o Plan Galego de Prevención do Suicidio.", "text": "O suicidio é un dos problemas máis graves de saúde pública e pódese previr. Entidades sociais concordan na necesidade dunha intervención urxente, dunha atención prioritaria, para frear as perto de 300 mortes anuais que se veñen rexistrando na Galiza nos últimos tempos por dano autoinflixido. Segundo datos do Imelga, en 2020 faleceron 307 persoas, unha cifra que sitúa o suicidio como un problema sanitario e social de primeira orde. Máis aínda no contexto actual de pandemia, cunha crise sanitaria, económica e social que agrava o estigma e require maior prevención. Máis cifras No mundo suicídase unha persoa cada 40 segundos. En España é a principal causa externa de mortalidade. Na Galiza, a taxa de suicidios alcanza 13,11 por cada 100.000 habitantes, fronte a aos 7,79 do Estado ou os 11,93 de Europa. Galiza, segundo territorio do Estado con maior taxa de suicidios e quinta en cifras absolutas Galiza ocupa o segundo lugar en taxa de suicidios no conxunto do Estado só por detrás de Asturias, e o quinto posto en cifras absolutas, por detrás de Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Madrid. Se ben en 2020 houbo 11 suicidios menos na Galiza con respecto ao ano anterior, as cifras seguen a ser moi elevadas, denuncian, chegando a triplicar as mortes por accidente de tráfico, na contorna do centenar. Prevención Así, desde Saúde Mental FEAFES Galiza reivindican \"unha abordaxe transversal do suicidio para mitigar os seus efectos, sendo preciso traballar na prevención, detección, diagnóstico, tratamento e continuidade de coidados dos problemas de saúde mental, así como na visibilización desta realidade que está tan oculta na sociedade\". A prevención do suicidio segue sen ocupar un lugar prioritario nas políticas públicas Previr os suicidios é posíbel, inciden. \"Por iso é importante falar desta realidade, desterrar os falsos mitos que existen arredor dela e eliminar o tabú para que as persoas que se atopan en risco poidan buscar axuda\". A prevención do suicidio comprende unha serie de actividades que van dende a educación na infancia e na mocidade ata o tratamento eficaz dos trastornos mentais, pasando por un control ambiental dos factores de risco e unha difusión apropiada da información, aclaran, polo que chaman a un tratamento \"responsábel\" por parte dos medios de comunicación \"para concienciar á poboación\" e ao cumprimento eficaz por parte das institución públicas e dos Gobernos das estratexias desenvolvidas para tal fin. Desleixo Neste sentido, desde o Movemento Galego da Saúde Mental denuncian \"o atraso, cando non desleixo, dos Gobernos\" á hora de \"implantar de forma decidida todas as estratexias que se coñecen eficaces para diminuír o número de mortes por suicidio e de tentativas autolíticas\". A ONU e a OMS fixan para 2030 reducir nun terzo a taxa de mortalidade por suicidio Un ano máis o MGSM, sairá á rúa para \"visibilizar a dura realidade que é o suicidio e sensibilizar a cidadanía sobre a necesidade urxente de tomar conciencia e actuar\" en materia de prevención. \"A prevención do suicidio segue sen ocupar un lugar prioritario nas políticas públicas\", a pesar do drama e do custo social que supón para moitas persoas. \"Non imos por bo camiño para conseguir a meta proposta pola ONU e a OMS para 2030, de reducir nun terzo a taxa de mortalidade por suicidio\", recalca o colectivo, que volve poñer o foco no Goberno da Xunta. Onde están os resultados? A constancia de tantas persoas que se achegaron cada día a apoiar a campaña Badaladas pola prevención do suicidio en 2016 conseguiu que o Executivo de Núñez Feixoo asumise \"a súa responsabilidade\". Un ano elaborou o Plan Galego de Prevención do Suicidio. \"O plan viu a luz hai xa catro anos e o único que temos son noticias moi esporádicas, case sempre anuncios e promesas futuras sobre o que se vai facer\". Mais apenas se consolidou, denuncia o MSGM no seu manifesto deste 10 de setembro. Cómpre un plan de benestar emocional para mitigar as repercusións da pandemia no alumnado \"Onde está a memoria anual de seguimento do plan? Cantas das 37 medidas previstas se levaron a cabo e cales son os resultados? Onde está a Comisión Interdepartamental de Coordinación para a prevención e atención das condutas suicidas, e cantas veces se reuniron no último ano? Onde está o Observatorio Galego do Suicidio?\" Atención sanitaria e prevención no ensino Son algunhas das preguntas que lanza a entidade, que esta tarde, ás 20 horas, volve convocar a cidadanía na praza do Toural de Compostela para recordar as vítimas do suicidio e exixir unha calidade asistencial que garanta o coidado da saúde mental en todas as áreas sanitarias mais en todos os ámbitos da saúde pública, primaria e hospitalaria, dirixida á poboación adulta mais á infantil e xuvenil. Esta mesma exixencia trasládaa ao ámbito educativo, onde a prevención é determinante. Cómpre un \"plan de benestar emocional\" para mitigar as repercusións da pandemia no alumnado, advirte, con medios, tempo e profesionais especializados de apoio."}
{"ID": "PRAZA_8530", "summary": "Este venres celebrará unha nova xuntanza en Lugo. Chama a defender o dereito da infancia \"a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras etapas, como forma de dignificar o mundo rural, clave para reverter o proceso de abandono\"", "text": "A Mesa Galega de Educación no rural celebrará este venres unha nova xuntanza en Lugo. Será no salón de actos da Casa Sindical, Ronda da Muralla nº 58 ás sete da tarde. Nas últimas semanas recolleu achegas e propostas para compoñer un completo documento de propostas e demandas dirixidas á Xunta, á que lle esixe un plan global para frear o despoboamento destas zonas. O documento salienta que \"fronte a primacía do criterio económico curtopracista e miope, que afonda no desequilibrio territorial\", cómpre primar os dereitos da infancia \"a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras etapas, como forma de dignificar o mundo rural, clave para reverter o proceso de abandono\". Engade que é preciso que as nenas e nenos \"dende pequenos aprendan a recoñecer e valorar as características do mundo rural no que viven\". E conclúen que \"non hai desenvolvemento rural integral se non hai un cambio nas actitudes e nas aptitudes e para que iso suceda a escola rural é unha peza fundamental\". Nas últimas semanas recolleu achegas e propostas para compoñer un completo documento de propostas e demandas dirixidas á Xunta, á que lle esixe un plan global para frear o despoboamento destas zonas Entre as propostas está o freo da actual dinámica de peche de centros e a reducción de unidades e o fornecemento ás escolas rurais dos medios materiais e humanos necesarios. Demándase igualmente \"dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais\", o mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar e a extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais. Tamén se pide a recuperación do programa Preescolar Na Casa, \"asumindo a Consellería de educación o seu custe\". Demándase igualmente \"dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais\", o mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar No documento tamén figura o recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural e a \"apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ao mundo labrego, mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado\". Quérese portenciar tamén a participación activa das familias na escola, a través do Consello Escolar. As propostas No documento tamén figura o recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural e a \"apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ao mundo labrego\" Un plan coordinado das distintas consellerías para frear e reverter o proceso de despoboamento do rural, fomentando as actividades económicas que fixen poboación de forma estable aproveitando os recursos da Terra sen destruílos; así como garantindo a oferta de servizos públicos á poboación rural (ensino, sanidade, atención as persoas dependentes, transporte, etc.). Dentro del, un plan específico educativo axeitado ó medio rural, elaborado coa participación da comunidade educativa (federacións de ANPAs , sindicatos docentes, movementos de renovación pedagóxica) que responda as necesidades reais e actuais do mundo rural, dentro dun marco de desenvolvemento global e dun tratamento de discriminación positiva. Reformular por parte da Administración educativa a atención á etapa 0-6, integrando no sistema educativo o ciclo 0-3, recuperando o programa Preescolar Na Casa, asumindo a Consellería de educación o seu custe. Elaborar, a nivel de Galiza, unha rede educativa comarcal, que inclúa para cada comarca todas as necesidades educativas dende cero anos ata adultos. Fornecer ás escolas rurais dos medios materiais e humanos que precisan para unha educación de calidade, incluíndo tódolos especialistas de infantil e primaria, así como o persoal de apoio necesario para realizar os desdobres pertinentes, atendendo ás demandas da comunidade educativa de cada centro. Recoñecer os debidos dereitos laborais ó profesorado e regularizar as condicións de transporte aos itinerantes. Mantemento das unitarias existentes, conservando o alumnado de 1º ciclo de primaria cando fose necesario para manterse, dentro dunha organización de Centro rural Agrupado (CRA), con toda a dotación de profesorado e recursos que isto supón. Acelerar a extensión dunha rede de CRA. Frear o peche de centros e a reducción de unidades, co conseguinte desprazamento dos alumnos ás concentracións escolares ou ós centros educativos das vilas e cidades cercanas, polo que implica de desarraigo do alumnado do seu entorno e infravaloración da sociedade e da cultura rural. Recoñecemento da valía pedagóxica da escola rural, como pioneira de avances pedagóxicos na renovación dos sistemas educativos. A elaboración dun plan de formación específica, obrigatorio e continuado, para o profesorado do medio rural, coordinado polos CEFORES coa participación dos movementos de renovación pedagóxica; posibilidade que o devandito plan se inclúa no futuro nas escolas de maxisterio. Consideración de escola rural, non só ás poucas unitarias que perviven, senón ós CEIP, CPI e IES con alumnado maioritariamente procedente do medio rural. Dar prioridade ó mantemento da ESO nos centros rurais. Mantemento da gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar. Recuperación do programa de prestamo dos libros de texto. Apertura dos centros ó seu entorno, fundamentalmente ó mundo labrego, mediante saídas ou outras actividades, fronte a curriculos oficiais que, dende unha mentalidade urbana, menosprezan e silencian a realidade rural ou a tratan como unha reliquia etnográfica do pasado. Potenciación da participación activa das familias na escola, a través do Consello Escolar, as actividades extraescolares ou a forma que a comunidade escolar determine oportuna, entendendo como fundamental que a cultura familiar e veciñal estea presente na escola, sendo valorada e respectada, como forma de potenciar a autoestima do alumnado e dende esa autoestima poida abrirse a outras culturas. Estas dúas últimas medidas deberían estar recollidas no plan educativo de centro e desenvolvidas transversalmente, facendo seguemento delas a comisión de coordinación pedagóxica. Extensión do transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais. Adecuación da oferta formativa en BAC e FP á realidade do entorno rural dos centros."}
{"ID": "PRAZA_8644", "summary": "A plataforma amosa a súa \"profunda preocupación\" polo plan mineiro da Xunta, que pode multiplicar por dez o volume de refugallos xerados na mina. Só en Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental prevé o emprego de 546.000 quilos anuais de cianuro de sodio.", "text": "A Plataforma 'Salvemos Cabana' manifesta a súa \"profunda preocupación\" polo plan mineiro da Xunta, ao abeiro do que medran varios proxectos de minaría metalífera en toda Galicia. O colectivo alerta sobre todo sobre os perigos dos proxectos auríferos, que empregan grandes volumes de cianuro de sodio para obter o valioso mineral. Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto Tan só no proxecto mineiro de Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Consellería de Medio Ambiente prevé o emprego de 546.000 kg anuais deste composto. A plataforma pregúntase que cantidade de cianuro vai ser necesario usar se o número de proxectos mineiros se multiplica nos vindeiros anos e, sobre todo, cal vai ser o destino dos seus refugallos, moi contaminantes. Denuncia que \"a problemática asociada ao transporte do cianuro por estrada non está resolta\", polo o que o problema \"podería verse multiplicado\" pois a Xunta \"en ningún momento obrigou a Edgewater a subscribir unha garantía financeira que cubra economicamente e de xeito integral un accidente a gran escala\". Salvemos Cabana alerta neste senso de que \"no caso de que os mencionados proxectos chegasen a saír adiante, todo o territorio podería encontrarse nunha situación dantesca, no que inmensas cantidades de cianuro de sodio poderían transportarse a diario polas estradas galegas, cos conseguintes riscos ambientais e para a saúde da poboación\". A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, \"e en especial onde se prevé o seu almacenamento\" A plataforma pregúntase cal sería a cantidade total de refugallo cianurado, sumados todos os posibles proxectos mineiros, \"e en especial onde se prevé o seu almacenamento\" e advirte que é \"previsible que o mineral poida ser tratado en Cabana de Bergantiños\" se o proxecto é finalmente aprobado pola Xunta de Galicia."}
{"ID": "PRAZA_11560", "summary": "A transición da infancia ao comezo da madurez. A aceptación da incerteza como parte da vida. A rebelión contra a inseguridade, contra a dor. E as feridas que o corpo vai gardando. Son algunhas das claves de 'Deriva', o poemario co que Regina Touceda vén de gañar o Premio Pérez Parallé", "text": "\"Considero o libro como unha especie de viaxe a través do pouco que levo de vida e como todo ao final volve ao punto de partida aínda que queiras escapar del\"A transición da infancia ao comezo da madurez. A aceptación da incerteza como parte da vida. A rebelión, tamén, contra a inseguridade, contra a dor. E as feridas que o corpo vai gardando. Son algunhas das claves de 'Deriva', o poemario co que Regina Touceda vén de gañar o Premio Pérez Parallé. A autora respondeu as nosas preguntas por correo electrónico.Por que o título de 'deriva'? Parece representar algo como unha viaxe á deriva, sen rumbo.Si, considero o libro como unha especie de viaxe a través do pouco que levo de vida e como todo ao final volve ao punto de partida aínda que queiras escapar del.Dixeches que era como unha viaxe introspectiva, dividida en varias partes. Por que esa estrutura en partes? Que é cada unha? A primeira parte fala sobre a infancia e a adolescencia, do que supón medrar cun nó na gorxa. Penso que moita xente da miña xeración se pode identificar con iso; fomos nenos, pero non moito, e non como os de antes. Medramos nunha etapa transitoria no que o mundo mudaba demasiado rápido pero non a nosa contorna, polo menos nun primeiro momento.\"Penso que moita xente da miña xeración se pode identificar con iso; fomos nenos, pero non moito, e non como os de antes\"A seguinte etapa corresponde a unha leve madurez. O feito de irse, de voar. De crer que nas cousas sinxelas que a idade adulta (ou pseudo adulta) como o amor o feito de convivir contigo mesmo pode ser doado, e non é así. Hai que seguir aprendendo a medrar, dunha maneira tan ferinte como na adolescencia.Por último, está a memoria. Coller todos os anacos do teu pasado e presente e querer darlle un sentido, buscar os por ques, sobre todo os das situacións máis ferintes, que ao fin e ao cabo son as que máis nos marcan.O poemario está moi ligado a algúns recordos da infancia, como a avoa sacándolle a tripa aos peixes (os peixes acaban sendo como un símbolo que se repite no poemario, e ás veces parece que a voz poética fala como se fose un peixe). Cal é a relación do poemario coa infancia?Ten unha relación moi estreita ca infancia. É o punto de partida da nosa vida, onde comezamos a observar e comezamos a formarnos como persoas. E a nivel idea tamén foi a orixe do libro.Quería ir da base cara arriba e analizar certos sentimentos que tiña gardados, como unha reflexión sobre a infancia e adolescencia e a visión crítica e o que podemos sufrir a pesar da corta idade, o feito de irse e de como os patróns de sufrimento se repiten polo feito de aprender a coñecerse e o desamor que marca, a incomprensión que continúa a pesar dos anos, e unha última reflexión desas etapas, analizándoas con coidado. Hai recordos intercalados con sentimentos, os cales unha vez pasan e deixan a súa pegada, desaparecen. As verdades son verdade mentres duran, logo só queda o rastro e con iso constrúo o poema.\"As verdades son verdade mentres duran, logo só queda o rastro e con iso constrúo o poema\"En relación co anterior, tamén ten que ver, como dicías, coa transición á madurez. Darte conta de que medras / é tamén un acto revolucionario, di. E con ese paso á madurez parece que se aceptan algunhas incertezas, como a de non atopar fogar, que abanee o sentimento de pertenza… Que relación pode ter coa realidade á que pertences dunha xuventude que vai construíndo a súa identidade entre varios países?A busca de fogar na sociedade de hoxe en día é algo moi presente. Antes casabas, vivías nunha casa, tiñas unhas paredes fixas. Agora a realidade é moi distinta. Moi poucas persoas teñen a súa propia casa; a maior parte das propiedades son arrendadas e nunca sabes cando te vas ter que ir.Eu aínda non vivín esa experiencia fóra das estadías temporais en determinados sitios por estudos, pero é algo que vexo a diario en persoas un chisco máis maiores ca min. O mundo agora é un torrente de información continuo e iso dificulta a creación dunha personalidade máis ou menos fixa. É normal mutar cando se é máis novo, pero a xente non medra como antes. Parece que se quedan suspendidos nunha idade eterna en medio deste caos.\"O mundo agora é un torrente de información continuo e iso dificulta a creación dunha personalidade máis ou menos fixa\"Unha idea que se repite é a da resistencia. Por que?A resistencia para min é o momento no que te localizas no medio da maraña e decides saír adiante. Resistir non é sinxelo, e máis aínda cando es máis novo e vulnerable.O corpo aparece ligado varias veces á idea de descontrol. Por que? Que representa o corpo neste poemario? O corpo é o campo de batalla, onde todo muda. Medramos e desenvolvémonos con el, é testemuña directa dos cambios que sufrimos. Para min o corpo é memoria.\"A resistencia para min é o momento no que te localizas no medio da maraña e decides saír adiante\"O verso, o estilo (son versos de moita beleza), é o de alguén que leva tempo escribindo: a escolla das palabras, o ritmo... Desde cando escribes? Como foi o proceso de escrita deste poemario?Levo escribindo dende os dez ou once anos. Antes as ideas saían a modo de torrentes e escribía poemas que non sabía como explicar. A medida que fun medrando, sobre todo dende que me mudei a Santiago, comecei a ler poetas contemporáneas galegas que me abriron o mundo.Agora intento escribir cousas ligadas e con sentido, que garde todo relación. Para escribir preciso ler, ver ou escoitar algo que me nutra. Por outra banda, o proceso de escrita do poemario foi rápido. A miña idea era tardar varios meses, pero en catro ou cinco estaba rematado; apenas fun capaz de modificalo porque foi como sacar unha pedra de debaixo da pel e tirala pola xanela.\"A medida que fun medrando, sobre todo dende que me mudei a Santiago, comecei a ler poetas contemporáneas galegas que me abriron o mundo\"Tamén parece que hai no poemario un proceso de busca dun ti ao que non se consegue chegar: que deixa con fame a voz poética, que non consegue ser peixe coma ela. Que é ese proceso de busca? En que consiste?Creo que é a busca da voz, do eu. E sobre o de ser peixe, creo que é ao contrario. Sofre por selo, e ao final acaba aceptando a súa condición, a súa esencia. O proceso de busca é totalmente humano, é a vida en si mesma. Todos os pasos que damos nunha dirección que non coñecemos porque non temos nada asegurado. Iso non permite descanso. Ás veces podemos ter ganas de aventura e pode ser entretido, pero a maior parte vivir nese estado desconcertante no que non coñeces nin a túa propia identidade é horrendo.Tamén se fala da procura da verdade, da procura do fondo das cousas... e dunha aceptación (ou iso parece) de que moitas veces isto non é posible. É así? Por que?Conseguir aceptarse e aceptar a nosa contorna é máis difícil do que parece, por todo o xa mencionado. A nosa xeración leva \"incerteza\" como apelido, e a maior parte das veces non porque queiramos.\"Ás veces podemos ter ganas de aventura e pode ser entretido, pero a maior parte vivir nese estado desconcertante no que non coñeces nin a túa propia identidade é horrendo\"Se tivese que buscarlle un sentido xeral ao poemario, en relación coa reflexión sobre o paso á madurez, case diría que a aceptación da incerteza, da deriva da que fala o título. De que non hai camiños seguros...Estou totalmente de acordo con ambas consideracións. Nunca hai un camiño fixado que sexa o oficial. Tamén fala do que supón revelarse contra a dor, poñerse de pé e intentar buscalo aínda que non saibas o final de ningún. E a perda queda rexistrada no corpo; e como o corpo e memoria, perdura.Antes preguntábache polo corpo, mais en realidade todo o poemario ten moito que ver co corpo, cos sentidos... É como se os versos partisen de recordos ou apuntamentos sobre sensacións. Quero dicir, que todo pasa polo corpo...Todas as ideas partiron de sensacións previas que tiña gardadas e fun desenvolvendo unha vez tiven as ferramentas para facelo: cultura que supuxo unha amplitude de miras e madurez. Unha vez que tes iso, fun colocando as pezas ata poder crear este poemario. O corpo é o eixe fundamental porque realmente é del a voz que analiza todo, que fala e que se expón.\"Tamén fala do que supón revelarse contra a dor, poñerse de pé e intentar buscalo aínda que non saibas o final de ningún\"\"decidín nacer muller\", di un dos versos. E tamén creo que a consciencia diso ten a súa pegada no poemario...Si, ten a súa pegada porque a condición de muller non é extrapolable en ningún aspecto e en ningunha creación feita por parte dunha. Sobre todo tendo en conta a progresiva conciencia colectiva (e individual, porque non hai nada máis importante que o interese pola autoformación) que comezou a despertar nos últimos anos."}
{"ID": "NOS_8935", "summary": "\"Imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos senón ao conxunto do país\", avanzou o portavoz nacional, Xavier Vence, confirmando o apoio do Bloque a esa convocatoria.", "text": "O BNG apoia a súmase á convocatoria do 25X realizada desde o manifesto 'Pola Unidade', afirmando por boca do seu portavoz nacional, Xavier Vence, que \"imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país\". Vence apostou por un 25 de Xullo \"unitario\" e no que tomen parte todas as persoas que aspiren a \"que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país\". Compromiso O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de facer un chamamento á afiliación, simpatizantes e á cidadanía a participar na mobilización cívica que o vindeiro día 25 de xullo sairá da Alameda de Santiago ás 12 horas baixo o lema \"O día da Nación Galega, o día de tod@s\". O líder galeguista, que anunciou a súa propia participación, indicou que \"Compromiso renunciará a levar ningún tipo de distintivo e a nosa achega será a título individual, como galegos e como galegas\"."}
{"ID": "PRAZA_18657", "summary": "O Barómetro Neurociencia e Sociedade da consultora IPSOS sitúa a galega como a cidadanía que máis apoia no Estado limitar o acceso dos automóbiles aos centros urbanos, 15 puntos por riba da media. O menor apoio a estas restricións dáse entre o electorado do PP, segundo o estudo. Lores defende en París retirar coches para \"salvar a vida das cidades\"", "text": "Un apoio de, practicamente o 80%. É o que, segundo o Barómetro Neurociencia e Sociedade da consultora Ipsos, recaba entre a cidadanía galega a restrición do acceso de automóbiles aos centros das cidades. Mentres moitos diversos medios de comunicación e forzas políticas poñen o foco na implantación de áreas peonís na cidade de Madrid, este inquérito sinala que en Galicia, onde urbes como Pontevedra, Santiago ou Lugo teñen en marcha peonalizacións dende hai lustros ou mesmo décadas, limitar o uso do coche privado é unha medida con ampla aceptación.Segundo o estudo, o apoio galego a limitar o coche nos centros das cidade é o maior no Estado, 15 puntos por riba da mediaAtendendo aos resultados deste estudo -cunha mostra total de 1.000 enquisas, semellante ao dos barómetros electorais da mesma consultora-, realizado no marco das medidas avanzadas na futura lexislación contra o cambio climático, o apoio galego ás restricións ao coche e, daquela, ao avance das peonalizacións, está quince puntos por riba da media estatal. O 78% galego son trece puntos máis que os do apoio a limitar os coches entre a cidadanía catalá, o segundo maior, cun 65%. Na banda contraria sitúase Euskadi, di o estudo, onde a poboación a prol de restrinxir o coche diminúe ata o 55%.O Barómetro Neurociencia e Sociedade, cuxo traballo de campo se desenvolveu do 7 ao 13 de setembro deste ano, detecta importantes diferenzas no apoio á restrición dos coches no centro das cidades en función das tendencias políticas da cidadanía, que Ipsos só debulla para as catro forzas con maior representación no Congreso dos Deputados. Sempre segundo esta enquisa, o electorado do PSOE e mais de Unidos Podemos e as súas confluencias é o que máis apoia estas limitacións á circulación de automóbiles, con porcentaxes superiores ao 80%. Mentres, entre os partidarios de Ciudadanos redúcese ao 61% e quen votan ao PP só son favorables nun 52%.A poboación de 30 a 39 anos é a que menos apoia as restricións ao vehículo privado, ás que son máis favorables as mulleres que os homesO estudo tamén detecta notables diferenzas en función da idade das persoas que participaron na enquisa. \"Os menores de 40 anos, especialmente na franxa comprendida enre os 30 e os 39 anos, son os menos convencidos de restrinxir o tráfico\" e neste grupo de poboación o rexeitamento chega a un 47%, isto é, \"case un empate técnico entre o si e o non\". Mentres, entre a xente máis moza o apoio ás restricións sobe ata o 61% entre quen teñen máis de 40% anos, achégase ao 70% en todas as franxas de idade.Por sexos, \"as mulleres son máis defensoras de todas as medidas encamiñadas á protección do medio ambiente e tamén a esta\", salienta o barómetro. O \"si\" a restrinxir a circulación de coches no centro das cidades é dun 64% entre as mulleres e dun 61% entre os homes que responderon á enquisa.Lores defende en París retirar coches para \"salvar a vida das cidades\"\"A enfermidade das cidades é grave e as terapias non sempre son agradables, pero os resultados son moi beneficiosos\", advertiu Lores no Foro Smart City de Paris, onde presentou os efectos da \"redución drástica do tráfico motorizado\" en PontevedraA necesidade de restrinxir o vehículo privado nas cidades en beneficio da peonalización e do transporte público é un dos eixos dos debates do Foro Smart City du Grand Paris, un evento organizado organizado pola revista La Tribune e apoiado polo Concello da capital francesa no que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou o modelo urbano da cidade. Nunha conferencia de quince minutos ante o plenario do evento, celebrado nesta edición baixo o lema Obxectivo cero carbono, o rexedor pontevedrés defendeu a necesidade de retirar coches das vías urbanas como único remedio para \"salvar a vida das idades\".O modelo de Pontevedra, sinalou Lores, partiu do \"principio fundamental de que o espazo público é un dereito dos cidadáns e unha obriga da Administración de importancia similar á sanidade ou á educación\". Partindo desta base, di, o Concello optou por \"construír unha cidade para as persoas\" sen \"exclusións\", non limitando as peonalizacións \"a un parque, unha praza ou unha zona de xogos\". Esta \"redución drástica do tráfico motorizado\", lembra, permitiu que Pontevedra reducise \"un 66% as emisións de dióxido de carbono\", pero tamén, exemplifica, que \"o 80% dos nenos e nenas vaian andando ao colexio\".Esta, sinalou, é a alternativa que expón Pontevedra ante o \"clamor que esixe cidades vivibles\". Segundo Lores, é posible identificar a \"enfermidade urbana do noso tempo\" cun sistema sanguíneo \"Afectado polo colesterol\". \"As veas obstruídas provocan enfermidades cardíacas\" e, no \"corpo urbano\", as \"arterias\" son \"rúas cheas de coches que as saturan\". \"Unha vez feito o diagnóstico cómpre reducir os excesos de colesterol no corpo e de coches na cidade\", advertiu.\"A enfermidade das cidades é grave e as terapias non sempre son agradables, pero os resultados son moi beneficiosos\", afirma Lores. \"Tampouco é agradable unha operación, pero sálvanos a vida\", ilustrou o alcalde de Pontevedra, que tras a conferencia presentou a mudanza urbana pontevedresa nunha xuntanza cun dos adxuntos á alcaldía de París e edil de Transportes, Estradas e Espazo Público da capital francesa, Christophe Najdovski."}
{"ID": "NOS_36394", "summary": "As ANPAS galegas aseguran que se está a recuperar \"a boa dirección\" mentres que Educación fala de \"caos\" de se suspender\".", "text": "Esta terza feira (5 de abril) o pleno do Congreso español acordou cos votos a favor de PSOE, Podemos, ERC, PNV, DiLL e Grupo Mixto, iniciar os trámites para a paralización da LOMCE, unha demanda da comunidade educativa após os resultados electorais do 20 de decembro que foi requerida, de novo, aos grupos parlamentares pola Plataforma galega en defensa do ensino público recentemente. Ciudadanos abstívose en contra do criterio asumido no pacto de investidura que asinou co PSOE Con 186 votos a favor, 112 (PP e UPN) en contra e 41 abstencións (Ciudadanos e dúas persoas do Mixto) a aplicación efectiva da decisión depende dunha hipotética mudanza no executivo. Neste senso, o goberno de Mariano Rajoy avanzou que continuará adiante coa aplicación da norma e que \"no mes de maio haberá reválidas\" en sexto de Primaria, apuntou o ministro de Educación. Neste senso, a Plataforma galega en defensa do ensino público instou as familias a non levar as crianzas nesa xornada á escola. Aliás, tamén reclamarán perante a Valedora do Pobo que inste a Xunta a paralizar a LOMCE. A Plataforma pedirá á Valedora do pobo que inste a Xunta a paralizar a LOMCE O mantemento en funcións do goberno imposibilitaría que se fixese efectivo a suspensión da LOMCE. Un escenario que para o conselleiro, Román Rodríguez, suporía un \"caos\". Anpas Galegas Porén, desde a Confederación de Anpas Galegas aseguran que após o acordo adoptado na Cámara baixa \"semella que o sentir de todos e todas está a se facer un oco na normalidade e é pode ser que sexa posíbel albiscar un futuro onde o ensino público camiñe de novo cara á dirección correcta, na equidade, na inclusión, nas portas abertas, na participación e na democracia\" mais tamén, din, \"no respecto ao noso, na consideración da nosa lingua, da nosa cultura\". Unha lei que non era querida pola cidadanía\" supuña \"un exercicio de soberbia política que non tiña precedentes Ao contrario do que afirmou o conselleiro, as Anpas Galegas lembran que \"desde o primeiro día e con contundencia\" a súa posición a respeito da implantación da LOMCE, \"unha lei que non era querida pola cidadanía\" supuña \"un exercicio de soberbia política que non tiña precedentes\". \"Repetimos até a saciedade que un cambio lexislativo coma este, contra o que houbo desde o primeiro momento un acordo de derrogación maioritario, debería estar validado por un resultado eleitoral que o asegurase para o futuro\". Así pois, perante as declaracións de Román Rodríguez pregúntanse, \"no caos non nos meterían as políticas educativas que impulsaron vostedes desde os gobernos español e galego, señor conselleiro?\". Perante o apoio maioritario do Congreso a iniciar os trámites de paralización as Anpas Galegas amosan a súa \"ledicia\"."}
{"ID": "NOS_52884", "summary": "O Concello de Pontevedra vén de publicar a 'Guía de bolboretas do ENIL Xunqueira de Alba', un manual ilustrado que nos permite recoñecer até 43 especies deste insecto", "text": "A Guía de bolboretas do ENIL Xunqueira de Alba, editada polo Concello de Pontevedra, contén detalles de até 43 variedades de bolboretas que habitan nas 67 hectáreas do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) situado no tramo final do río da Gándara, o primeiro catalogado como tal en toda a Galiza e lugar de culto para os que gostan do avistamento de aves e insectos. Alén do catálogo de especies, o volume debulla aspectos como a anatomía, o ciclo vital e reprodutivo, as ameazas á súa biodiversidade e até un pequeno manual para aquelas persoas que se animen a saír e fotografalas. A guía está dispoñíbel para a consulta da cidadanía na web do Concello de Pontevedra e será enviada en formato físico a escolas e bibliotecas. O naturalista José Rodrigo Dapena é un dos tres autores e o fotógrafo da publicación. Leva catalogando as bolboretas locais desde 2006, cando comezou a recoller mostras de exemplares diurnos para BMS, unha rede internacional que rexistra os seus movementos e comparte datos sobre bolboretas en toda Europa. A medida que profundaba no seu coñecemento, fíxose para el notábel a inexistencia de materiais orientados a persoas neófitas, que propiciasen que a cidadanía fose quen de identificar, desfrutar e protexer as especies ao seu arredor. Así naceu o seu blog Mariposas y orugas, no que falaba sobre estas cuestións \"cun ton desenfadado e sen perder de vista o rigor científico\", como el mesmo explica. O seu próximo proxecto será un Atlas de bolboretas diurnas de Galiza, no que xa está a traballar xunto á Sociedade Galega de Historia Natural, \"unha obra que sen lugar a dúbidas vai cambiar a perspectiva que se ten até o de agora sobre a distribución das distintas poboacións de bolboretas existentes na Galiza\", explica. Entre as ducias de exemplares rexistrados polo momento na xunqueira pontevedresa atoparemos, por exemplo, a Vanessa Cardiu, unha especie que, en sucesivas xeracións, realiza migracións de até 14.000 quilómetros desde países como Ghana ou Senegal até as afastadas e frías terras de Noruega, facendo unha das súas paradas na Galiza; ou a Gonepteryx Rhamni, \"capaz de soportar temperaturas xélidas, incluso baixo a neve, desmentindo a crenza popular de que as bolboretas son animais febles\". E así suma 43 especies, das que a guía ofrece información que nos permitirá coñecer a súa morfoloxía, costumes e distribuición xeográfica. Tal e como explica Dapena, a Xunqueira, ou o que queda dela, foi moi maltratada desde a segunda metade do pasado século, momento no que se sucederon varias tentativas para tratar de desecala, seguidas de varios recheos, e incluso, un vertedoiro que alí funcionou até case a década dos 90. Por sorte, co cambio de século as cousas mudaron no lugar e principiouse por fin a traballar cara á súa recuperación e posta en valor desde o punto de vista medioambiental, un camiño que alcanza o seu punto chave no ano 2012, no que se convirte oficialmente no primeiro Espazo Natural de Interese Local declarado na Galiza. A existencia dun número tan elevado de especies débese en gran medida á presenza das plantas nutricias das que se alimentan na súa fase de eiruga, cando aínda non gañaron as súas ás, o que nos indica que estamos a falar dun lugar cunha gran biodiversidade. A pesar do aceptábel estado de saúde da xunqueira, Dapena alerta da diminución que están sufrindo as poboacións dos insectos en xeral, motivada por diferentes factores como a fragmentación dos hábitats e o incremento das infraestruturas, a degradación dos ecosistemas, os cambios de uso nos solos, o abandono das técnicas agrogandeiras tradicionais, o uso indiscriminado de herbicidas e praguicidas ou mesmo o cambio climático. \"É preciso principiar dunha vez por todas a pensar en verde, o planeta estanos a avisar e non lle estamos a facer caso ningún\", sentencia o naturalista."}
{"ID": "NOS_45866", "summary": "Catalunya estará baixo confinamento perimetral desde a sexta feira, 30 de outubro, até dentro de 15 días, mentres que a Comunidade de Madrid opta por fecharse só nas pontes, algo que o estado de alarma non permite -os fechamentos deben ser, como mínimo, de 7 días-.", "text": "A situación é \"extremadamente grave e crítica\", valorou o vicepresident da Generalitat con funcións de Presidencia, Pere Aragonès, ao tempo que anunciaba novas restricións que inclúen o confinamento perimetral de Catalunya durante 15 días e o fechamento de todos os concellos nas fins de semana. É necesario un \"paro social\", dixo o republicano, que anunciou novas axudas para compensar os sectores afectados polas restricións. Mentres isto sucedía, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, anunciaba o feche de Madrid só durante as pontes de novembro, algo que o decreto de alarma non permite, xa que estabelece que os confinamentos deben ser mínimo de 7 días. A Galiza, Valencia, Estremadura e as Illas Canarias e Balears son as únicas comunidades que non pediron o fechamento perimetral,permitindo a libre circulación entre os seus territorios após o resto de comunidades decretar o cerre perimetral dos seus territorios para limitar os movementos nestes días e así evitar a propagación do coronavirus. O confinamento perimetral xa está en vigor desde esta quinta feira, 29 de outubro, en Euskadi, Nafarroa, Aragón, A Rioxa e Asturies. Na sexta feira súmanse Andalucía, Castela e León, Castela – A Mancha, Cantabria, Murcia, Ceuta, Melilla, Catalunya e, por días, a Comunidade de Madrid."}
{"ID": "NOS_1703", "summary": "Anunciouno o seu presidente após ter confirmación do propio Goberno español. Os axentes implicados poderán presentar as alegacións oportunas no prazo dunha semana", "text": "O presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao (Cervo), José Antonio Zan, adiantou a Europa Press este sábado 8 de febreiro que os ministerios de Transición Ecolóxica e de Industria presentarán esta segunda feira pola tarde o estatuto das empresas electrointensivas, que permitirá abaratar o custo da enerxía e podería garantir a viabilidade da factoría. En concreto, indicou que o propio Goberno indicou aos sindicatos que a presentación será ás 17 horas. Ademais, o presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao explicou que desde ese momento \"abrirase un período dunha semana\" para que todos os axentes implicados poidan formular as alegacións que estimen oportunas. Zan asume que o Goberno \"non\" estabelecerá un contrato cun teito e un chan para o prezo enerxético das electrointensivas como pedían, mais exixe que \"como mínimo\" o estatuto permita \"que baixe dos 40 euros o megawatio\". Neste sentido, asegura que en países como Francia ou Alemaña o megawatio se sitúa nos 31-33 euros e que \"por cada euro de diferenza\" no prezo, á planta de San Cibrao lle supón un custo de \"tres millóns de euros\". Así, Zan insiste en que o texto que lles trasladaron en xaneiro á mesa de seguimento \"non chega\". \"O que queremos ver é o estatuto no seu conxunto para poder facer unha valoración clara e poder facer números e saber exactamente en canto deixamos o prezo do megawatio no Estado español\", engade."}
{"ID": "NOS_9486", "summary": "A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de convocar a 11ª edición do Premio Abrente para textos teatrais.", "text": "Con este premio, a MIT consolida o seu impulso e o fomento da creación dramatúrxica en lingua galega, que non se restrinxe ao galardón, xa que o texto é editado na colección propia do festival e, coma na maioría dos casos, o festival tamén se implica na súa posterior posta en escena, ben sexa mediante coproducións (como será no caso do anterior Premio de 2015, 'Voaxa e Carmín') ben sexa mediante calquera outra fórmula de colaboración co teatro profesional, co teatro escolar ou co teatro afeccionado. Neste sentido, o festival tamén suma ao obxectivo da divulgación da dramaturxia galega contemporánea outras actividades que permiten visibilizar os libros e aos creadores e creadoras, como obradoiros, presentacións, lecturas, etc. Ese será o percorrido que teña o libro de Esther F. Carrodeguas, autora do texto galardoado o ano pasado, que antes de ser estreado en xullo nos escenarios de Ribadavia, percorrerá librarías, asociacións culturais e cafés para dar a coñecer a historia das dúas Marías, Maruxa e Coralia. Este galardón está dotado cun premio único de 3.000 euros, unha estatuíña do artista Manuel Rodríguez Alonso (Sampedro) e a edición da obra gañadora. O prazo de admisión de orixinais remata o día 20 de xuño de 2016."}
{"ID": "NOS_56166", "summary": "O presidente d@s empresari@s galeg@s, Fernández Alvariño, considera que o importante é que a entidade sexa comprada \"polo mellor proxecto. E punto\". Unha declaración que lle fai as beiras ás preferencias da gran banca española.", "text": "Para o presidente da patronal galega, o pontevedrés Fernández Alvariño, o máis importante no proceso de poxa e venda de Novagalicia Banco (NGB) non é que o centro de decisión desta entidade fique en Galiza. Entende, o mandatario dos patróns galegos, que é importante que o comprador \"estéa implantado\" en Galiza, mais non debe de facerse diso un criterio \"excluínte\". Que é, logo, a preferencia de Alvariño e da Confederación de Empresarios de Galiza? Que NGB \"sexa comprada polo mellor dos proxectos\". Se ben parabenizou o coñecido como 'plan Castellano' e considera que NGB é un banco sistémico para Galiza, Fernández Alvariño variou o seu discurso até o de agora, no que defendía que a entidade ficase co centro de decisión no país, aliás de pedir que se mantivese a obra social."}
{"ID": "NOS_17247", "summary": "O Proxecto está xa en exposición pública para a súa avaliación ambiental. Na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares.", "text": "A empresa Desarrollos Renovables Iberia Delta S.L, pertencente á compañía estatal norueguesa Statkraft, proxectou a construción dun parque eólico de 221 megawatts —formado por 22 aeroxeradores de 5,5 megawatts de potencia nominal unitaria— en terreos de 3 concellos da comarca de Valdeorras e 4 do Bierzo, segundo informa Diario de León e que xa avanzara a finais do ano pasado La Opinión da Coruña. Barxas, Oencia, Trabadelo e Veiga de Valcarce, O Barco de Valdeorras, Petín e Villamartín de Valdeorras. Por estes tres útimos pasaría a liña de evacuación que conectaría a subestación do novo 'Parque Eólico Baraxs' coa subestación de Trives. O proxecto que xa foi presentado a todas as administracións involucradas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica puxo en exposición pública para a súa avaliación ambiental. Segundo o diario leonés, na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea. O período de execución do parque será de 18 meses, contados a partir da data de obtención das autorizacións e licenzas necesarias, e para permitir o acceso ata os emprazamentos previstos para os aeroxeradores —cunha altura desde o chan superior a cen metros— o proxecto deseñado pola empresa asturiana Taxus contempla a construción de viais e plataformas. A empresa estatal norueguesa Statkraft é o maior produtor de enerxía renovable de Europa e emprega a 4.000 persoas en 17 países."}
{"ID": "NOS_20037", "summary": "A Xunta de Portavoces conclúe coa comparencia de Feixoo, no pleno dos días 9 e 10, para dar conta da xestión da terceira vaga da Covid-19 e dos fondos europeos Next Generation.", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, comunicou hoxe aos medios que responderá, na sesión de control do próximo pleno do Parlamento, as preguntas da oposición sobre a xestión da terceira vaga da Covid-19 e mais sobre os fondos europeos Next Generation. A orde do pleno, que terá lugar os días 9 e 10 de febreiro, marcouse durante a Xunta de Portavoces, e incluirá, ademais da comparecencia de Feixoo, a do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, que explicará as previsións do seu departamento para o ano 2021. O portavoz parlamentario do Partido Popular (PPdeG), Pedro Puy, explicou en rolda de prensa que o próximo pleno debaterá a aprobación definitiva dos proxectos de lei de residuos e chans contaminados, e o proxecto de lei de museos. Pola súa parte, a viceportavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Olalla Rodil, explicou que o seu grupo se centrará na xestión dos fondos europeos Next Generation e criticou que Feixoo non aproveitase a xuntanza con Pedro Sánchez para reclamar a xestión directa destes fondos senón que \"aceptase a estratexia centralista do Goberno, que reserva para si toda a capacidade de decisión\" sobre este diñeiro. Rodil expuxo tamén que pediron a comparecencia do presidente da Xunta para que aborde as actuacións levadas a cabo para frear a terceira vaga. No mesmo sentido pronunciouse o viceportavoz socialista (PSdeG), Pablo Arangüena, que rexeitou que Feixoo \"bote a culpa\" da situación sanitaria \"ao Goberno central, á cidadanía e incluso a Portugal\", recalcou. Tamén sinalou que a súa formación preguntará no nese pleno polas irregularidades detectadas no proceso de vacinación na Galiza."}
{"ID": "NOS_2808", "summary": "Xosé Lois García, alcalde socialista de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, fala con Sermos acerca do poeta bergantiñán e de como o seu concello está a vivir o centenario do seu pasamento.", "text": "- Que está a supoñer para Ponteceso o centenario do Pondal para a vila? -É imposible entender a obra de Pondal, e nomeadamente o himno galego, 'Queixumes dos pinos', sen coñecer as paisaxes de Ponteceso, que inspiraron o noso poeta. Aínda que facía numerosas visitas á Coruña, onde facía moitas tertulias na Cova Céltica, o sitio onde el se retirou para escribir e que lle inspirou a maioría dos seus poemas foi na desembocadura do río Anllóns, nesa casa que aínda existe, mirando a Cabana de Bergantiños e ao precioso Monte Branco. Entón para nós é importante porque a xente está vindo a Ponteceso por primeira vez a coñecer estas paisaxes que inspiraron o poeta. É imposible entender a obra de Pondal, e nomeadamente o himno galego, 'Queixumes dos pinos', sen coñecer as paisaxes de Ponteceso -Como está a celebrar a vila o Centenario? -Todo o concello se está a volcar no centenario, sempre guiados pola Fundación Eduardo Pondal, que é unha fundación das máis activas de Galiza. Mesmo nas cidades non existen fundacións coa actividade constante que ten a Fundación Pondal, da que teño o orgullo de ser o presidente. Patroneados pola Fundación, marcámonos facer 100 anos en honra destes 100 anos do seu pasamento. A xente está a vir visitar a rectoral de Cospindo, onde ten sede a fundación, que é un centro interpretación de Pondal e un laboratorio de ideas. Despois todos os anos o Concello ten un servizo de guía gratuíto para todos aqueles grupos que visiten Ponteceso. Chamámoslle o Roteiro Pondaliano, hai unha serie de menhires que se poden ir percorrendo, vendo os distintos poemas e os distintos lugares que se sinalan na mitoloxía que recuperou Pondal. O poeta demostrou que unha lingua do pobo pode ser unha lingua culta. -O groso das celebracións está recaendo sobre a Fundación Pondal, vese pouco movemento no resto do país neste centenario. Estades a recibir apoio das institucións galegas? -Pois eu teño que dicir que a Xunta de Galicia e, sobre todo, a Deputación da Coruña, están colaborando activamente con estes actos. Pero tamén teño que dicir que eu, cando teño ocasión, digo que o himno de Galiza debería ter máis presenza en todos os actos institucionais. Debería cantarse en todos eles, e os rapaces nas escolas tamén nas celebracións. Nós por exemplo esta semana pasada fixemos un acto coa Fundación Once e coa Federación de Xordos e os nenos de varios colexios cantaban. E eu vía que os nenos de Ponteceso si o saben cantar, pero seguramente moitos nenos de Galiza non o saben. Noutras nacións os nenos cantan o himno nada máis empezar a escola todos os días. Eu non digo chegar a tanto, pero si que debería ter moitísima máis presenza. Ademais, é un grande símbolo para todo o que ten que ver coa emigración. A Fundación Eduardo Pondal é unha das máis activas de Galiza. Mesmo nas cidades non existen fundacións coa actividade constante que ten esta, da que teño o orgullo de ser o presidente. -Que podemos agardar ao longo do ano deste Centenario? O Festiletras xa pasou e foi un éxito, pero que máis haberá? -Practicamente todas as semanas hai eventos: recitais de poesía, regueifas, obradoiros... A xente pode vir ver por fóra a casa de Pondal, que é privada, e logo á rectoral ao centro de interpretación de Pondal. Temos un campamento para rapaces, como non hai outro en Galiza, onde os nenos fan teatro, baile e música galega, regueifas, deporte, natureza... Unha serie de actividades sempre arredor da nosa cultura. Esta fundación ademais de promover a figura de Pondal intenta sempre dignificar a cultura galega e demostrar que vivir no rural ten unha riqueza que non se consegue nunha cidade. As cidades desgrazadamente convertéronse en acumulación de cemento e coches. Nós aquí ofrecemos ese sabor auténtico de estar xogando entre os cabazos... para nós é importante non só manter senón dignificar todo o que é a cultura galega. -Agora tamén se está a traballar nunha Ruta do Rexurdimento, xunto coas fundacións Rosalía e Curros. Como se pode aproveitar desde o concello todo este potencial que vos achega Pondal? -Efectivamente temos moitos anos de relación cos amigos de Celanova e Padrón. Estamos traballando nesa colaboración para o \"Itinerario do Rexurdimento\", que é unha grande ocasión para os nosos concellos, porque é unha especie de bandeira de Galiza de trazo ao revés, que vai de Celanova, pasando por Padrón até chegar a Ponteceso. E temos que pensar que Rosalía, Curros e Pondal marcaron un antes e despois no galego e na súa literatura."}
{"ID": "NOS_23961", "summary": "É a primeira protección probada cientificamente capaz de neutralizar o virus.", "text": "Un equipo de científicos da Universidade de Toronto deu luz verde á primeira máscara que elimina as partículas de coronavirus que a penetran. É un produto desenvolvido pola compañía canadense i3 BioMedical Inc., que segundo estudos desactiva 99% do coronavirus en poucos minutos. Segundo un estudo publicado no 'American Journal of Infection Control', a xente toca a cara unha media de 23 veces por hora mentres o coronavirus é capaz de permanecer na parte exterior da máscara durante sete días, segundo outro estudo en The Lancet . Isto fai que sexa moi importante poder destruír as partículas de coronavirus que se depositan para evitar o contaxio por contacto coa máscara. A máscara cirúrxica 'TrioMed Active Mask tipo IIR', explican os promotores, incorpora tecnoloxía TrioMed e proporciona un nivel avanzado de protección activa para os traballadores sanitarios e a poboación en xeral grazas á tecnoloxía antimicrobiana."}
{"ID": "PRAZA_10423", "summary": "A comisión federal de listas do PSOE ratificou tamén as candidaturas de Valentín González Formoso e Carmela Silva para continuaren presidindo as deputacións da Coruña e Pontevedra", "text": "O alcalde de Monforte, José Tomé, perfílase como futuro presidente da Deputación de Lugo polo PSdeG. A comisión federal de listas do PSOE avalou este xoves a súa candidatura, a preferida pola dirección nacional do PSdeG fronte á de Darío Campos, alcalde da Pontenova, quen foi presidente da institución no mandato que remata e tiña o apoio da que ata esta semana foi Executiva provincial lucense do partido.A disxuntiva entre Tomé e Campos marcou as últimas semanas no seo do socialismo lucense e precipitou esta semana a dimisión como secretario provincial do PSdeG en Lugo por parte de Álvaro Santos, quen admitiu abertamente diferenzas de criterio coa Executiva Nacional que encabeza Gonzalo Caballero. O propio Campos admitía este mesmo xoves esas diferenzas e apelaba á necesidade de \"saír da incerteza\" mentres esgrimía as súas credenciais para volver optar ao posto xa, que ao seu xuízo, o balance do complexo mandato que remata, marcado polos pactos do alcalde de Becerreá no inicio do período, é o dun \"bo traballo\".Darío Campos admitía este xoves a súa intención de optar á reelección, pero advertiu de que \"acatará o que veña\" da dirección federal do PSOE no caso de que o elixido fose ToméCampos advertía, así e todo a súa intención de \"acatar o que veña\" da dirección federal do PSOE, xa que \"non vou ser un problema para o partido\" no caso de que, como así vén de suceder, o elixido fose Tomé. O alcalde da Pontenova reiterou tamén a súa vontade de ser, en calquera caso, deputado provincial, algo que segundo a lista aprobada pola dirección federal do PSOE, non acontecerá. Si terá representación o partido xudicial de Lugo a través de Ana González Abelleira, concelleira do goberno da capital lucense.A comisión federal de listas do PSOE ratificou tamén as candidaturas de Valentín González Formoso e Carmela Silva para continuaren presidindo as deputacións da Coruña e PontevedraO rexedor monfortino, que acadou maioría absoluta na vila do Cabe o pasado 26M, presentaba esta mesma semana os seus apoios para presidir a institución e resaltaba que a súa candidatura naceu \"de abaixo a arriba\" e non foi unha \"iniciativa da dirección do partido, como se pretende facer ver\". Entre os seus apoios figuran dirixentes que xa foron deputados no actual mandato, como Pilar García Porto ou Pablo Rivera. Para chegar á presidencia precisará, non obstante, lograr un acordo co BNG. Os 10 escanos socialistas e os 3 nacionalistas suman maioría absoluta na institución.A comisión federal de listas do PSOE ratificou tamén as apostas provinciais de Valentín González Formoso na Coruña e mais de Carmela Silva en Pontevedra. Ambos dirixentes recuncarán nas presidencias de ambas institucións. Previsiblemente, na Deputación coruñesa Formoso volverá apostar por unha coalición co BNG, mentres que na pontevedresa, tras ficar a un escano da maioría absoluta, permanece a incógnita sobre se Silva procurará a entrada do Bloque no goberno ou optará por dirixir a institución en solitario e con acordos puntuais. En Ourense o aspirante socialista será Rafael Rodríguez Villarino, voceiro na capital da provincia, se ben todo apunta a que o acordo asinado polo PP con Democracia Ourensana garante, agás sorpresa, a continuidade de José Manuel Baltar á fronte da institución."}
{"ID": "NOS_17317", "summary": "A política ferrolá ascendeu esta semana á vicepresidencia terceira do Goberno do Estado español, cargo que compatibilizará co Ministerio de Traballo, despois da renuncia de Pablo Iglesias. O que fora o seu amigo desde as Xuventudes Comunistas marcha para liderar a candidatura de Unidas Podemos á Comunidade de Madrid.", "text": "A traxectoria política de Yolanda Díaz na última década está marcada por Xosé Manuel Beiras e por Pablo Iglesias. O primeiro abriulle a porta do Parlamento da Galiza en 2012, tras chegar a un acordo para os comicios daquel ano con Esquerda Unida, formación que en solitario só logrou representación na Cámara galega en 1981, aínda coas siglas da súa organización matriz, o Partido Comunista da Galiza (PCG). O segundo, amigo de Díaz desde os tempos das Xuventudes Comunistas e asesor nesa campaña electoral, reparou na súa antiga camarada, non dubidou en contar con ela en proxectos futuros e integrouna no seu círculo máis íntimo, provocando, mesmo, a suspicacia da dirección da súa formación. O salto de Díaz á vicepresidencia do Goberno estatal é resultado da situación de emerxencia política de Unidas Podemos, que obriga Pablo Iglesias a encabezar a súa candidatura á Asemblea de Madrid, unha vez que varias enquisas preelectorais situaron a formación morada sen representación electoral. Alén de que o relevo de Iglesias estivera desde hai tempo na axenda da organización e a súa presenza no Goberno representara un factor de tensión na coalición, á que Podemos se aferra como trabe central para a continuidade do seu proxecto político, o ascenso de Díaz non se consumaría sen o complicado escenario madrileño. A dirección de Unidas Podemos e o propio Iglesias son conscientes de que ficar sen representación na Asemblea de Madrid significa o final da formación. O poder económico, a póla socialista do Goberno do Estado e, particularmente, o propio Pedro Sánchez valoraron positivamente a designación de Díaz. Os primeiros porque teñen testada no seu período como ministra de Traballo a súa capacidade para fechar acordos, os segundos porque entenden que a súa elección vai rebaixar as tensións no Executivo e as exixencias de Unidas Podemos e o xefe do Executivo porque ten a día de hoxe nunha alta consideración a ferrolá. De feito, nos últimos tempos, circulou insistentemente na Galiza o ruxerruxe de que Sánchez apostaba por Díaz como candidata á Xunta nos vindeiros comicios, comentario que unha parte dos dirixentes socialistas galegos deron por certo e outros cualificaron de \"ocorrencia do presidente\". As maiores resistencias á elección de Díaz proceden do seu espazo político nativo. A este respecto é significativo o comentario difundido nas súas redes sociais pola secretaria xeral do PCG e coordinadora de Esquerda Unida na Galiza, Eva Solla, o mesmo día do seu nomeamento, afirmando \"outra vez decídese sen ter en conta a militancia das organizacións. Moito ánimo ás compañeiras que van traballar na campaña\", criticando un procedemento de elección que choca co sistema de primarias, un dos piares centrais da chamada nova política. Na mesma liña, destaca o silencio do coordinador xeral de Izquierda Unida, Alberto Garzón, quen non se manifestou sobre o ascenso de Díaz, con que mantén un enfrontamento aberto desde hai anos, que mesmo levou a ministra de Traballo a abandonar a organización en 2019. Díaz ten por diante un camiño complicado e cheo de incógnitas. Asume unha organización debilitada, cunha presenza territorial moi minguada e desangrada polos conflitos internos e polos últimos resultados electorais. Ao tempo, as exixencias da Comisión Europea chocan de fronte co programa de Goberno asinado polo PSOE e Unidas Podemos, o que obrigará a optar entre a lealdade ao asinado ou unha política de confronto coas demandas europeas, coas conseguintes tensións no Executivo. Finalmente a ferrolá non é militante de Esquerda Unida nin de Unidas Podemos, senón do PC, o que debilita a súa posición interna e obrigará a un complicado encaixe orgánico, que a medio prazo podería resolverse coa superación de Esquerda Unida e a articulación dunha nova ferramenta política unitaria entre os comunistas e os morados."}
{"ID": "NOS_40810", "summary": "O CGAC acolleu na tarde da quinta feira a primeira reunión de traballo convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a posta en marcha do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, que busca crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados empresariais", "text": "Após a súa aprobación no Consello da Xunta do 4 de agosto, o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 botou a andar coa primeira reunión de traballo na que participaron 15 dos e das responsábeis dalgunhas das principais entidades, asociacións e empresas asentadas no país que colaboraron no deseño e elaboración do documento. Ao inicio da reunión, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou que o citado plan \"é da Xunta de Galiza no seu conxunto aínda que a iniciativa parta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que é quen coordina e quen velará pola súa aplicación\". Puxo de manifesto, ademais, que o documento nace no marco do sector IV do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, afondou nas características principais da folla de ruta, que foi elaborada en colaboración con 314 axentes do ámbito social e económico. Na súa intervención, advertiu da necesidade de que a lingua non se restrinxa só ao ámbito cultural e literario e apostou en promover o galego no tecido económico por ser este \"un ámbito estratéxico\". Valentín García: \"Marcámonos medidas concretas para que o plan non sexa un brinde ao sol\" Valentín García apelou á participación e á cooperación das distintas entidades, posto que o plan, salientou, debe ser permeábel e debe desenvolverse con reunións de seguimento para garantir a súa aplicación, pola que velará o Observatorio da Lingua Galega, amais do resto de entidades involucradas. \"Marcámonos medidas concretas para que o plan non sexa un brinde ao sol\", afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, quen explicou que a execución do plan comezará nas vindeiras semanas. Xosé González: \"Necesitamos un I+D+i+G\" O primeiro en tomar a palabra na reunión da tarde desta quinta feira foi Xosé González, presidente do Foro Peinador, que subliñou que \"o I+D+i ten que levar acompañado un g de galeguidade\". Tamén advertiu da necesidade de que as escolas de negocios que hai no país difundan historia da economía galega \"co fin de que o alumnado saiba que non partimos de cero e que houbo empresarios que apostaron nun modelo de empresa inserido na realidade\". \"O obxectivo deste plan debe ser a creación dunha escola de maxisterio de galeguidade empresarial\", engadiu Xosé González. Para finalizar, apelou a garantir os dereitos lingüísticos das persoas consumidoras e dos traballadores e traballadoras. Antonio Diéter Moure: \"En que cabeza cabe que o galego pode prexudicar?\" A continuación, interveu o presidente da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), Antonio Diéter Moure, quen comezou preguntándose \"en que cabeza cabe pensar que o galego poida prexudicar as empresas?\". Apuntou que o tecido empresarial \"non quere ser un eixo diferenciador negativo de espallamento da lingua e da cultura, senón que quere actuar como catalizador\". Na mesma liña, cualificou o idioma galego como \"ferramenta imprescindíbel para o espallamento da lingua\". \"Cómpre traballar pola conciencia empresarial galega\", afirmou o presidente da CEG. Marcos Maceira: \"É fundamental garantir os dereitos lingüísticos\" Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, tamén interveu na reunión, onde expuxo que a entidade que preside \"está disposta a participar en todas as accións favorábeis ao galego\". Engadiu que espera que o citado documento \"non sexa un subplan do PXNLG\". Así, pediu garantir o seguimento e a súa aplicación. Amais de solicitar que se garantan os dereitos lingüísticos de traballadores e consumidores, amosouse favorábel a condicionar as axudas ao uso do galego. Finalizou reclamando a aplicación do PXNLG \"en todas as áreas, tamén no ensino\" e apelando a que o galego teña \"os mesmos dereitos e deberes que o español\". Xosé Montes: \"O galego vende\" O presidente de Feiraco, Xosé Montes, tamén participou da xuntanza para expoñer que \"o galego vende\". \"A promoción da lingua é unha obriga que temos coa terra\", subliñou, \"é unha oportunidade para nos dar a coñecer e para nos manter presentes na sociedade\". Sumáronse á primeira reunión de traballo o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira; o presidente da Asociación de Empresarios do Deza, Antonio Lamas; e tamén de representantes da Fegape, Deseño Galicia, Vía Láctea Films, Autos do Sil, El Corte Inglés, Bolanda, Anfaco, Vegalsa-Eroski, a Asociación Galega de Áridos, Eosa, Aenor e Coca-Cola. O documento O plan estrutúrase a través de tres obxectivos principais: crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta como na demanda de produtos e servizos; e utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galiza e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado. O documento recolle un total de 81 medidas que buscan incidir no incremento do uso do galego e na súa visibilidade desde as dez áreas que contempla o sector: hostalaría, comercio, alimentación, TIC, construción e inmobles, banca, asesoramento e intermediación, axencias de publicidade, área de traballo e cooperativismo."}
{"ID": "NOS_7369", "summary": "O Dépor-Atlético contivo dúas historias. Unha, a futbolística, intensa. Outra, unha curtametraxe de apenas cinco minutos tamén intensa, a intensidade da angustia que se viviu no estadio após unha caída estarrecedora de Fernando Torres sobre a herba de Riazor. As dúas tiveron happy end.", "text": "Que sensación de irrealidade se viviu no estadio de Riazor nos últimos minutos do Dépor-Atlético! Após a caída de Fernando Torres de súpeto o tempo se detivo e todo o que estaba en xogo -pontos decisivos para a equipa galega distanciarse do descenso, para a equipa madrileña non perder o tren da Champions- deixou de ter sentido. Había un ser humano deitado sobre a herba, inconsciente. Todos os futebolistas arredor. As equipas médicas. Minutos de agarda intolerabelmente longos, na procura dun aceno, de algo que dese noticia de que a cousa non ía ser fatal. Chegou o xesto cando Mono Burgos, o segundo treinador do Atlético, levantou o polgar da súa man direita. O futebolista, nunha padiola, abandonou o estadio sen recuperar o coñecimento, rumo ao hospital. Alí as probas que se lle practicaron mostraron que sofre un traumatismo cranoencefálico mais sen lesións de importancia. Ficará 24 horas en observación antes de receber a alta. Concluído o choque, recebeu a visita de Álex Bergantiños -o xogador que bateu con el antes de caer-. \"Falei con el. Estaba animado. Díxome que non me preocupase, que esas cousas pasan no futebol\", afirmou o mediocentro coruñés. Fin da curtametraxe. Vaiamos ao xogo. E o xogo tróuxonos boas noticias. Un valioso ponto ante unha das equipas top do campionato. Mel apenas leva tres días na Coruña, mais as súas ideas básicas xa apareceron no escenario. Cousas prefutebolísticas tipo \"hai que ser intensos o 90 minutos\" ou \"non hai que perder a concentración en ningún momento do xogo\". Obviedades, si, mais obviedades que a equipa non viña observando nas últimas semanas. As mudanzas non foron só psicolóxicas. Mel puxo en liza futebolistas condenados por Garitano e/ou polo seu baixo rendimento tempo atrás. Foi o momento de Pedro Mosquera. Foi o momento de Fayçal. E foi o momento (nos últimos quince minutos, marcados pola queda de Torrres) de Bergantiños. Até foi o momento de Laure. En definitiva, o Dépor como grupo rememorou algúns automatismos básicos do oficio e con iso abondoulle para lle facer fronte -e para superar largamente durante no mínimo dous terzos do xogo- a unha das equipas máis potentes do campionato. Estivo particularmente espléndido Fayçal, tanto no despregamento físico (eis os máis de 12 quilómetros percorridos) como no manexo da bola e do timing do xogo. Custa traballo encontrar argumentos que xustifiquen o seu ostracismo durante a xestión de Garitano (lembremos que o treinador vasco tamén tardou en ver que futebolista era Çolak). En todo caso, Fayçal está de volta e a súa sociedade con Çolak e Andone promete dar moitos réditos á equipa. Por esa banda, ben. Pola de Kakuta, en fin, hai que agardar a que se poña en forma, son os imponderábeis dun clube modesto que ten que lidar con recursos limitados e que pasa a vida a tentar reciclar futebolistas (alén de Kakuta, Ryan Babel ou Ola John). O Dépor cazou un ponto face unha equipa nível Champions e se non cazou os tres é porque o Atlético dispón dun deses poucos moradores do planeta fútebol que merecen largamente o título de crack. O gol de Griezmann é o dun visionario, ou sexa, dun tipo que ve o que o resto non ve. Era moi difícil ver que Lux estaba lixeiramente adiantado. El viuno porque é un dos elixidos. Por iso o Atlético non saíu cos petos baleiros de Riazor. Porque ten un dos elixidos no seu plantel. E como saíu o Dépor de Riazor? Pois coa autoestima recobrada, e coa sensación de que por fin hai no banco un treinador enchufado, un estratega con nervo capaz de electrificar a equipa. Falta fai tendo en conta o terrorífico calendario que agarda por diante (este domingo, Sporting de Xixón; próxima cuarta feira en Riazor, o partido aprazado no seu día polo temporal co Betis; domingo 12 de marzo na casa, face o Barcelona; e sete días despois, tamén na Coruña, #onosoderbi co Celta). RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho (Laure, min. 82), Borges, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Emre Çolak (Álex Bergantiños, min. 76), Kakuta (Fernando Navarro, min. 54) e Andone. Atlético de Madrid: Oblak, Vrsaljko, Giménez, Godín, Filipe Luís, Thomas, Gabi, Koke (Nico Gaitán, min. 57), Correa (Carrasco, min. 57), Gameiro (Fernando Torres, min. 65) e Griezmann. Goles: 1-0 Andone (min. 13); 1-1 Griezmann (min. 68). Árbitro: Clos Gómez (c. aragonés). Cartón amarelo a Andone (min. 14), Luisinho (min. 45), Godín (min. 74) e Álex Bergantiños (min. 89). Incidencias: partido correspondente á 25ª xornada da Liga Santander. 20.138 espectadoras/es no estadio de Riazor."}
{"ID": "PRAZA_20440", "summary": "Aquí, na Mariña lucense, sen chegar a sumar 10.000 veciños, imos hospedar 80.000 jevis, hardcoretas, punks e metaleiros. Unha marea negra que non é de fueloil. A vertedura anual do Resurrection Fest ten cor de combustible fósil, pero é marea viva. Carburante para resucitar de entre os vivos.", "text": "Á xente estráñalle que na miña vila se celebre o que foi galardoado o mellor festival de música de gran formato da Península. Iso ditaminou un xurado internacional o ano pasado, tras descubrir onde quedaba Viveiro no mapa. Aquí, na Mariña lucense, sen chegar a sumar 10.000 veciños, imos hospedar 80.000 jevis, hardcoretas, punks e metaleiros. Unha marea negra que non é de fueloil. A vertedura anual do Resurrection Fest ten cor de combustible fósil, pero é marea viva. Carburante para resucitar de entre os vivos. Sen chegar a sumar 10.000 veciños, imos hospedar 80.000 jevis, hardcoretas, punks e metaleiros. A vertedura anual do Resurrection Fest ten cor de combustible fósil, pero é marea viva. Carburante para resucitar de entre os vivos Os paisanos toman cuncas de viño. E recuncan, mentres ven chegar a galerna cos ollos semi-pechados e o sorriso entreaberto. \"Nunca choveu que non parase\". Exhiben retranca: a actitude de quen están de volta cando ti aínda vas. Ironía fina que cala como orballo, choiva oblicua que empapa con atraso. Un estilo crítico tan refinado que sabe a eloxio con retrogusto acedo. Non é que en Viveiro esteamos de volta de todo. Pero case, porque aquí apreciamos o valor da máscara. Disfrazámonos á menor ocasión. Aquí hai quen se viste de romano para actuar primeiro no Entroido, logo nas procesións de Semana Santa e tamén na Fin de Semana Renacentista. Un mesmo fulano fai de Golfus de Roma, lexionario de Poncio Pilatos e cidadán de Roma que, mentres fala polo móbil, toca o tambor perseguindo as doncelas da corte de Carlos V. A Mariña lucense é moi hardcore, moi de núcleo duro. Sono os mariñeiros de Celeiro, que a medias con Viveiro reparte os decibeis do Resu O Emperador desembarcou aquí, fixémoslle unha porta conmemorativa e agora, antes do Resu, celébraselle cun mercadiño trashistórico. Estamos máis aló da historia. Transcendémola, interpretándoa. A miña vila ten os entroidos máis tropicais, a Semana Santa máis castelá, o mercado renacentista máis trapalleiro de Galicia... e o festival de música máis besta do planeta. A Mariña lucense é moi hardcore, moi de núcleo duro. Sono os mariñeiros de Celeiro, que a medias con Viveiro reparte os decibeis do Resu. A metade de camiño, puxéronlle o nome do meu avó á praza onde se celebra o Resurrection Fest. Francisco Sampedro Galdo foi médico de ambos os lugares e exerceu como tal cun só brazo. O outro amputoullo un cirurxián amigo, que cortou onde el sinalou. Moi arriba, máis do requirido por unha afección provocada polos raios X: por usalos sen protección, como na enfermaría dunha fronte de batalla. Aínda que ninguén os lembre, a pintora e o poeta bailarán pogo sobre nós cando caiamos exhaustos En Viveiro naceu Maruja Mallo, que nos seus últimos anos pintou unha cosmogonía tan lisérxica que os gurús da Movida foron incapaces de a recoñecer como propia. A sensombreiro de Mallo viviu aquí a súa primeira infancia, como o poeta Carlos Oroza, o único beatnik en español recoñecido por Allen Ginsberg. Para frikis, os do meu pobo. A muller-marisco merecería ver tatuados os seus seres mí(s)ticos na pel de quen nos visitan agora. O vate psicodélico, gravando os seus poemas con guitarras acedas na Eivissa dos 70, estaría disposto a telonear a Ramstein (cabeza de cartel deste ano) se aínda vivise. Aínda que ninguén os lembre, a pintora e o poeta bailarán pogo sobre nós cando caiamos exhaustos. Fronte ás murallas contra o estranxeiro, unha cortina de fume protexerá do 6 ao 8 de xullo a quen busque refuxio. Aquí atopará un dique á intolerancia, un porto de abrigo para a heterodoxia Hoxe 5 de xullo, Soziedad Alkoholika e Sepultura levantarán o muro de son do Resurrection. Sen censuras nin fanfarrias. Con rabia e contundencia, ben xestionadas. Cortando polo san, como o meu avó. Fronte ás murallas contra o estranxeiro, unha cortina de fume protexerá do 6 ao 8 de xullo a quen busque refuxio. Aquí atopará un dique á intolerancia, un porto de abrigo para a heterodoxia. E, sen sabelo, celebrará a homenaxe que os rapaces máis espelidos lle fixeron a un alcalde, Melchor Roel, que adoraba a AC/DC."}
{"ID": "NOS_22458", "summary": "A veciñanza denuncia as intencións dunha empresa que solicitou licenza para a restauración dunha antiga canteira.", "text": "Unha andaina aos petroglifos de Pedra serviu como acto de protesta contra a intención de instalar un vertedoiro na canteira de Fecha, en Compostela. A empresa Vértebra Ambiental solicitou licenza para a restauración dunha antiga canteira en Fecha que hai 50 anos deixou de ter actividade extractiva e na actualidade ten lagoas estacionais froito das chuvias con flora e fauna que repoboou este lugar. Esta canteira, explotada no seu momento por unha empresa de Suecia, extraía cuarzo das denominadas Minas da Barquiña, nas que se distinguía a Blanquita 1 e Blanquita 2. Agora mesmo o enorme filón que baixa en dirección ao río Tambre está cuberto de vexetación e para a veciñanza ten riqueza paisaxística. Veciñas e veciños das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha realizou xuntanzas en agosto para analizar esta situación e tomar medidas para denunciar a posíbel reactivación da mina que poidera afectar ao medio ambiente. A poboación da zona ten preocupación, ante o sistema de recheo con refugallos e a maneira de operar empregan as empresas neste tipo de canteiras que, co tempo, solicitan novas licenzas para convertelas en vertedoiros. O BNG compostelán reclamoulle este verán ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, medidas para impedir que vaia adiante a solicitude de licenza."}
{"ID": "NOS_33738", "summary": "A entidade ecoloxista Arco Iris exixe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que aclare se a posíbel recuperación da actividade nas dúas centrais galegas \"podería afectar o destino\" da partida da Unión Europea destinada á \"descarbonización\". A plataforma incide en que a ambas comarcas corresponderíanlles 111 millóns de euros.", "text": "A organización ecoloxista Arco Iris comunicou publicamente o envío dun escrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no que instan a este departamento a aclarar \"se a reapertura das térmicas das Pontes e/ou Meirama podería afectar o destino dos fondos da UE para a descarbonización\". Agora que Endesa podería estudar a recuperación temporal da actividade nas factorías, a plataforma advirte de que o Consello Europeo aprobou en xuño o Regulamento do Fondo Europeo de Transición Xusta, \"dotado con 17.500 millóns de euros e que servirá para facilitar o impulso e a actividade económica en territorios que están ou estiveron vinculados a combustíbeis fósiles como o carbón\". É o caso, en concreto, dos municipios de Cerceda -onde está o complexo industrial de Meirama- e As Pontes. \"Dos 17.500 millóns, a España correspóndenlle 790 millóns\", subliña o colectivo. Aliás, alerta de que entre xuño e xullo tivo lugar un proceso de participación pública para a elaboración do Convenio de Transición Xusta para As Pontes, organizado polo Ministerio, co fin de mobilizar os fondos da UE. \"Ás comarcas das Pontes e Cerceda correspóndenlles da partida total un montante de 111 millóns de euros, xestionados polo Goberno e a Xunta\", lembrou na súa misiva Arco Iris. \"Os fondos europeos destinados a compensar ás comarcas afectadas polo fechamento das centrais térmicas están a ser tramitados en función do compromiso dos estados membros no proceso de transición enerxética\", incide, tal e como o fixo na comunicación destinada ao Goberno español. Neste contexto de risco, interroga ao Ministerio para coñecer se este \"é consciente de que a posta en marcha das centrais térmicas pode comprometer o transvasamento de fondos europeos\". \"No caso de que esa retirada se produza, como pretende articular mecanismos de compensación adecuados ao xa en vigor convenio de Transición Xusta\", quere saber a entidade ecoloxista."}
{"ID": "PRAZA_9455", "summary": "A abstención do PP permite comezar a tramitar a proposta do PSdeG, apoiada tamén por En Marea e BNG. O Parlamento galego xa pediu este traspaso no ano 2008 e, cando en 2010 foi debatido no Congreso, a proposta decaeu polo voto en contra do PSOE e abstención do PP", "text": "Eterno retorno. En abril de 2008 o pleno do Parlamento aprobou por unanimidade remitir ao Congreso dos Deputados a solicitude do traspaso de competencias sobre tráfico e seguridade viaria, o que na práctica suporía o despregamento da policía galega creada por lei un ano antes. Cando as Cortes debateron a petición galega, dous anos despois, o gobernante PSOE votou en contra e o PP, que cun voto a prol podía desequilibrar a balanza, optou pola abstención. O proxecto galego decaeu.O Parlamento xa pediu este traspaso no ano 2008 e, cando en 2010 foi debatido no Congreso, a proposta decaeu polo voto en contra do PSOE e abstención do PPCase once anos despois daquela última gran frustración do autogoberno galego antes de ficar conxelado, o Parlamento galego vén de abrir a porta a formular outra volta esa petición e a facelo nun contexto de incerteza política moito maior ao de hai unha década. En 2008 o PP, na oposición en Galicia, votara a prol de solicitar ao traspaso ao Goberno de España do PSOE, como propuña o BNG en coordinación co seu daquela socio de Goberno, o PSdeG.Desta volta quen o propoñen son os socialistas co voto a prol do resto da bancada esquerda da Cámara. O PP, contra prognóstico, optou pola abstención no debate de toma en consideración, permitindo comezar a tramitar a lei. En caso de chegar a aprobarse definitivamente a petición xa iría dirixida ao Executivo central posterior ás eleccións do 28 de abril.A abstención do PP permite comezar a tramitar a proposta do PSdeG, apoiada tamén por En Marea e BNGO PSdeG decidiu recuperar este debate nas últimas semanas despois de que, en pleno xiro recentralizador do PP de Pablo Casado, os populares desen en apoiar unha iniciativa do BNG que esixía novas competencias para Galicia tras dez anos sen lograr ningunha, aínda que o propio Alberto Núñez Feijóo matizou ese apoio pouco despois. Esta, defendeu Xoaquín Fernández Leiceaga, sería unha transferencia \"útil\" para adaptar a regulación do tráfico ás peculiaridades da rede viaria do país, ademais de para despregar a policía galega e, ao tempo, para facer unha \"defensa radical de ideas moderadas como é o Estado Autonómico\" como \"mellor garantía de enfrontarnos aos riscos que nos ameazan\" dende os \"extremos\" do espectro político, defendeu.O PP non considera \"prioritario\" o traspaso e acusa o PSdeG de volvelo propoñer para \"dar cobertura aos 21 puntos do señor Torra\"Pola banda do PP a intervención do deputado Martín Fernández Prado facía intuír un voto en contra máis que a abstención que finalmente se produciu. Segundo os populares a transferencia de tráfico non é \"prioritaria\", xa que para \"empezar a falar de autogoberno\" co Goberno de España tras dez anos de parálise o que cómpre \"priorizar\" é a transferencia da AP-9 \"sen custos extras\" para a Xunta, mellorar os Orzamentos do Estado e \"completar\" o cadro de persoal da Unidade de Policía Adscrita á Xunta (a alcumada como Policía autonómica, que precisaría 100 axentes máis para completar os 500 que pode chegar a ter). Así e todo, os conservadores cren que o PSdeG volve defender este traspaso para \"tapar\" outros \"intereses partidistas\" como \"dar cobertura aos 21 puntos do señor Torra\", teorizou, en referencia ao presidente da Generalitat catalá.Tanto En Marea como BNG votaron a prol da tramitación dunha petición que, coa abstención do PP, inicia percorrido parlamentario sen garantías de chegar a ser enviada ao Congreso e, no caso de que o sexa, condicionada ao xogo de maiorías que saia das urnas o 28-A. Segundo Leiceaga, cómpre aproveitar a \"sensibilidade\" do Goberno de Pedro Sánchez a respecto do autogoberno e non secundar o programa \"recentralizador\" de Casado. Matiza, non obstante, que o PSdeG non está en condicións de \"garantir\" o apoio do PSOE no Congreso se o trámite chega a completarse. \"Ímolo tentar\", promete."}
{"ID": "NOS_51434", "summary": "Lamentan que a restrición no acceso á casa consistorial se repetise esta quinta feira, 31 de xaneiro, coa \"agravante\" de que desta volta \"un gran valado\" impediu o acceso de toda a cidadanía", "text": "A plataforma de afectad@s en Compostela pola estafa das participacións preferentes e subordinadas vén de presentar unha denuncia administrativa no Concello por térselle impedido o acceso aos plenos municipais \"por orde expresa do alcalde\". Segundo o colectivo cidadán, o executivo municipal que encabeza Ángel Currás (PP) vetou o 27 de decembro a entrada de representantes d@s estafad@s cadrando coa presentación dunha moción respecto das preferentes por parte do grupo municipal do BNG. Quéixanse de que Currás se tivese adiantado xa daquela á aplicación \"das medidas antidemocráticas\" impostas no Parlamento galego pola presidenta desta institución, Pilar Rojo. Con todo, a plataforma lamenta que os feitos acontecidos daquela \"volvéronse repetir hoxe\", en referencia a este 31 de xaneiro, \"coa agravante de que neste caso atopáronse cun amplo valado\" que restrinxiu a entrada da cidadanía xa desde primeiras horas da tarde."}
{"ID": "QUEPASA_715", "summary": "Tenso e pacífico sábado de caza de raposo e protesta en Carnota e Muros. A caza do raposo, no punto de mira.", "text": "Despois da polémica cita de caza do raposo que se viviu en Carnota o pasado mes de xaneiro, a caza volve á costa da Morte. O vindeiro 31 de marzo, o prado de Salgueiro acollerá o IX Campionato Cabo Fisterra de caza de perdiz San Huberto 2019, unha proba puntuable para a Copa Galicia da Federación Galega de Caza. Un campionato que se fai todos os anos, que xa é unha herencia do PP, e que sempre conta con algo de subvención por parte municipal, a pesar de non ter sido tratado na xunta de goberno entre PSOE e o socio BNG. Un BNG que manifestou xa esta mañá o seu rexeitamento a esta práctica. Dende a Asociación Ecoloxista Libera e a Fundación Franz Weber denuncian que \"o PSOE fisterrán usa o Concello para patrocinar campionatos de caza\", e critican os 750€ que o goberno outorga a esta \"cruel práctica en lugar de fomentar as potencialidades do municipio\". Rexeitamento do BNG Como fixera o goberno nacionalista de Carnota, o BNG fisterrán quixo desmarcase esta mañá desta cita. \"As probas de \"San Huberto\" son unha clara manifestación de maltrato animal, consistente en liberar perdices engaioladas (ou outras especies) fronte os cans de caza adiestrados e que ante a orde do seu dono competiran para mostrar a súa habilidade no levantamento da presa e facilitar o disparo para abatela. Dende o BNG como cogoberno de Fisterra trasladaremos á próxima xunta de goberno local o noso rexeitamento\", sinala Kuka Sar. \"Non imos facer demasiado batifondo e seguiremos gobernando xuntos sen problemas, pero se de aquí en adiante imos seguir gobernando xuntos, hai que ir eliminando cousas como esta\", fixará o BNG na reunión da Xunta de Goberno de mañá."}
{"ID": "NOS_2770", "summary": "Este festival de música de cámara terá lugar do 11 ao 18 de agosto en Ponteareas e promocionará, segundo a organización, músicos galegos dentro dun programa que ofrece concertos de recoñecidos músicos internacionais.", "text": "O obxectivo deste festival é, segundo Rogelio Groba Otero -director artístico e fillo do compositor-, é promocionar \"os músicos da terra e facelos convivir e compartir cartaz durante estes nove días con músicos recoñecidos do panorama internacional\". Alén disto, a súa intención é achegar a música de cámara ao público e facela máis accesible: \"Queremos levar a música clásica ao maior número de persoas coa orixinalidade e privilexio de levar o nome dun compositor vivo que segue a crear, a compor e a traballar ofrecendo a posibilidade aos novos músicos de coñecelo e de traballar conxuntamente\". Músicos galegos como o violinista Pablo Vidal ou o israelí Guy Braunstein danse a man no V Festival Groba. Clara Jumi Kang ao violín, á viola Miguel Dasilva e Helene Deisant, ao cello Anastasia Kobekina e tamén Leonard Elschenbroich ou ZVI Plesser e a ponteareá Alba Reirís ou o compostelá Manuel Lorenzo comparten cartel cos pianistas Sunwook Kim, Julien Quentin, Anna Crexells e Antía Couto e tamén cos frautistas Gili Shwarzman, Bernabé Simes ou a soprano Isabella Gaudí, sen esquecer a Ramón Pérez ao clavicémbalo e ao compositor Luis Álvarez. Oferta formativa En canto á vertente de formación artística para o alumnado participante, o festival centrará o seu repertorio nos conxuntos de cordas e piano. Ademais, prestarase unha atención especial á divulgación do compositores galegos, concretamente ao compositor lucense Luis Álvarez Cabado e, consonte aos obxectivos da iniciativa, ao mestre Rogelio Groba. Este ano, en colaboración coa Fundación Groba, o festival estreará \"Na suaviña\", unha obra escrita especificamente para a ocasión polo compositor ponteareán, creada para soprano e orquestra. Outras composicións de Groba, xunto con pezas habituais do repertorio internacional de autores como Haendel, Brahms, Mendelssohn, Holst, Telemann e Dvorak completan a oferta musical do festival. Este ano os artistas nacionais e internacionais convidados interpretarán algunhas das obras máis aclamadas polo público nas edicións anteriores convertendo así esta edición nunha especie de caleidoscopio histórico das actividades artísticas do festival."}
{"ID": "QUEPASA_719", "summary": "En Cabana, unha muller falecía tras sufrir un envorco co seu tractor, mentres que en Malpica era un atropelo a causa da morte.", "text": "Volveu ser un día tráxico nas estradas da comarca o martes 6 de agosto. Despois do accidente do mediodía en Camariñas, as estradas de Bergantiños rexistraban dous accidentes mortais. A primeira hora da tarde, arredor das 16:30h, unha muller de máis de 70 anos falecía tras envorcar o seu tractor no lugar de Pedrouzo cando ía cara a súa casa de Cundíns, en Cabana de Bergantiños. Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios de urxencia desprazdos ao lugar mobilizaron un helicóptero medicalizado que non puido aterrar debido á néboa. A muller faleceu cando estaba sendo evacuada ao centro hospitalario de referencia na ambulancia. Participaron na operación profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade. Atropelo mortal en Malpica Outra septuaxenaria falecía a última hora da tarde ao ser atropelada por un vehículo na AC-418, á altura do punto quilométrico 15, en Malpica de Bergantiños. ovas relacionadas 06-08-19: Dous feridos tras un novo accidente en Camariñas. 05-08-19: Dous falecidos e catro feridos nun grave accidente en Outes e outro ferido en Esteiro. 26-07-19: Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana."}
{"ID": "NOS_38089", "summary": "O presunto asasino contaba cunha orde de afastamento.", "text": "Até o momento continúan as investigacións e a búsqueda do presunto asasino mais a policía española apunta cara á un novo caso de violencia machista. A muller, residente en Berja (Almería) foi asasinada este sábado (2 de agosto) polo que fora o seu compañeiro, quen contaba cunha orde de afastamento e viña de cumprir unha condena de arresto domiciliario que rematou o pasado 30 de xullo, segundo informa a axencia de noticias Efe. De se confirmar, trataríase do terceiro caso de violencia machista en 6 días após o asasinato de Verónica Frías (Málaga) e Sara Fernández (Pazos de Borbén, Pontevedra)."}
{"ID": "NOS_43019", "summary": "Nun sucinto comunicado de imprensa atribúese para si propio as funcións desta responsabilidade entretanto non é exlixida outra persoa.", "text": "O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, comunicou na noite de onte (15 de marzo) a destitución do responsábel de Organización, Sergio Pascual. Atribúe esta decisión á \"xestión deficiente\" das crises territoriais abertas na Galiza, Euskadi ou La Rioja e atribúese para si propio as funcións desenvolvidas pola Secretaría de Organización até non ser eleita unha nova persoa. Segundo o comunicado de imprensa, Pascual manterá a acta de deputado no Congreso español pois esta ten un carácter \"persoal e intransferíbel\" de acordo coa lexislación. A destitución de Sergio Pascual coincidiu tamén coa publicación dunha carta aberta asinada por Iglesias e dirixida á militancia e círculos de Podemos na que o líder de Podemos chama a non constituír \"correntes nen faccións\" que \"compitan polo control dos aparatos e os recursos\" da formación."}
{"ID": "QUEPASA_376", "summary": "A proba disputarase o vindeiro 2 de febreiro. O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de xaneiro ou ata acadar o tope de 400 participantes.", "text": "O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros. A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA. A carreira presentouse a tarde do xoves na casa do concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o técnico municipal de deportes, Manolo Varela Bardanca; e Martina Tasende e Techo Vales, da AD Media Ducia. \"Esta carreira, que cumpre a súa terceira edición, é un dos máximos expoñentes da colaboración entre a administración local e as numerosas entidades deportivas sen ánimo de lucro que hai no concello\", asegurou o técnico do Padroado Deportivo Manuel Varela Bardanca. Bardanca salientou a importante labor dos voluntarios na organización da proba: \"Sen os cuantiosos medios persoais que ten Media Ducia sería imposible para a administración acometer un evento coma este con só medios propios\". Logo de explicar polo miúdo todos os detalles técnicos da carreira, Techo Vales asegurou que o obxectivo de Media Ducia neste tipo de probas é \"reducir a pegada ecolóxica no medio, polo que reutilizaremos as marcaxes de fitas de tela da edición anterior e seguiremos sen empregar ningún spray na sinalización nin en pedras nin nas árbores\". \"Ademais\", engadiu, \"este ano darémoslle como agasallo a cada participante un vaso de plástico reciclable para os avituallamentos\". Vales destacou a importancia que ten o Trail para o medio ambiente: \"No recoñecemento previo do tratado limpáronse vertedoiros e rescatáronse camiños que estaban en desuso, o cal é especialmente satisfactorio para nós: ver que por eses camiños que recuperamos agora a xente circula habitualmente por eles\". Malia que a proba ten unha curta historia, o representante de Media Ducia asegurou que xa ten importancia no circuíto galego: \"Veñen corredores de todas as provincias galegas, aínda que son os atletas dos concellos da Costa da Morte os que máis se involucran\". Sobre os prezos da inscrición declarou: \"Son moi populares, máis que noutras carreiras similares e tendo en conta que disporemos de autobuses para trasladar aos corredores a Razo e daremos avituallamentos e agasallos\". Marcos Trigo animou á xente a que se inscriba \"nunha proba que se vai consolidando no calendario galego\". O concelleiro tivo tamén palabras de agradecemento \"para toda a xente da área de deportes do Concello implicada na organización e tamén a Asociación Deportiva Media Ducia, que traballa arreo para que esta proba se leve a cabo\". Evencio Ferrero fixo referencia tamén á labor de Media Ducia, \"sempre disposta a seguir colaborando en eventos que acaban por ser referentes a nivel non só de Carballo senón de toda a Costa da Morte\". \"Sen esa implicación\", dixo o alcalde, \"sería impensable que puidésemos acometer este tipo de eventos ou ter unha programación tan ampla como a que se pretende desde o departamento de deporte municipal\". Sobre o Carballo Trail Race As inscricións quedarán abertas ata o día 29 de xaneiro de 2020 ou ata acadar as 400 prazas. Poderanse formalizar na web de carreiras galegas; o prezo é de 6 € para o trail curto e 10 € para o trail longo. O trail longo (30 km. e 900 metros de desnivel) sairá da praia de Razo e percorrerá a vía de acceso ao porto de Razo, Senda Pinos do Mar, lugar de Santa Mariña, cruce da estrada Razo-Aviño, subida a Monte Neme, cumio de Monte Neme, paso por debaixo da nova estrada Carballo-Malpica en Cances, cruce coa antiga estrada Carballo-Malpica en Cances, estrada DP 1908 nas antigas escolas de Cances e centro social, monte de Liñeiro, cruce DP1910 en Liñeiro, Monte de Vilanova, Muíño Rego de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muíño da Torre, Ponte das Gargas, A Devesa, A Cepeira, Muíño do Quinto, cruce da rúa Fomento, rúa Río Anllóns, rúa Río Miño, San Martiño, cruce da rúa Milagrosa, paseo do Anllóns, rúa Vila de Negreira e meta na rúa Vila de Corcubión. O trail curto e xuvenil (11 km. e 500 metros de desnivel) tamén terá saída na praia de Razo e seguirá o mesmo percorrido que o trail longo ata chegar á meta de Cances. A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido: km. 8, cumio de Monte Neme (líquido); km. 11, local social de Cances, meta do trail curto (líquido e sólido); km. 20, Muíño da Torre (líquido e sólido); km. 25, A Cepeira (líquido)."}
{"ID": "PRAZA_4456", "summary": "Unha sentada fronte ao Concello, convocada pola PAH, reclamou esta mañá unha solución para Analía Méndez e as súas dúas fillas de 10 e 15 anos e para todas as persoas sen fogar ou en risco de perder a súa vivenda na cidade.", "text": "Milleiros de persoas perderon a súa vivenda nos últimos anos, ou están en perigo de perdela, ben por non poder pagar as cotas da súa hipoteca, ben por non poder enfrontar o custe do aluguer. O caso da viguesa Analía Méndez e as súas dúas fillas de 10 e 15 anos é só un de tantos, dramático en si mesmo, pero que ademais serve para chamar a atención sobre un dos grandes problemas da actualidade, cunha incidencia moi importante en Vigo e comarca. Sen ingresos, Analía acumula unha débeda de 5.500 euros correspondentes ao alugueiro dun piso na rúa Pizarro, de Vigo, que desaloxará tras chegar a un acordo coa propietaria. Recibiu do Concello o compromiso de que a administración se faría cargo da metade da débeda, pero iso non solucionaría o problema, pois carece de ingresos para continuar pagando. O que pide é que o Concello lle proporcione unha vivenda alternativa, para non quedar na rúa. Segundo La Voz de Galicia, Analía Méndez sinala que recibiu do Concello o compromiso de que o día 2 tería unha solución, \"pero ninguén contactou comigo nin me chamou\". \"Analia non recibiu resposta do Alcalde de Vigo. Analia e as súas dúas fillas irán á rúa, quedan sen casa. A pesar que a Constitución e o señor Alcalde garanten unha solución\" A Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor convocou este venres unha sentada ante a Casa do Concello para reclamar unha solución para estes caso e para todas as persoas sen fogar ou en risco de perder a súa vivenda na cidade. \"Analia non recibiu resposta do Alcalde de Vigo. Analia e as súas dúas fillas irán á rúa, quedan sen casa. A pesar que a Constitución e o señor Alcalde garanten unha solución\". A plataforma é moi crítica coa xestión que o goberno municipal está realizando neste eido, sobre todo despois de que ao longo do 2012 Abel Caballero se posicionara con firmeza en contra dos desafiuzamentos, destacando que o Concello de Vigo non cooperaría en desafiuzamento ningún, anunciando que retiraría as contas municipais das entidades bancarias que impulsasen desaloxos e gabándose de negar o apoio da policía local para este tipo de execucións. Outro dos argumentos que salienta a plataforma é a existencia en Vigo de arredor de 18.500 pisos baleiros, o 13% do total, segundo datos do INE Outro dos argumentos que salienta a plataforma é a existencia en Vigo de arredor de 18.500 pisos baleiros, o 13% do total, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística. E tamén lembran que o Concello ten a propiedade directa dalgúns deles, que poderían servir para aliviar a situacións dalgunhas das familias desafiuzadas. Entre elas, destacan o caso das 50 vivendas baleiras de propiedade municipal na rúa Rosalía de Castro. O Concello xa anunciou a súa intención de vender 40 delas (outras 10 serán cedidas a Adif) para conseguir ingresos (ao redor de 10 millóns de euros) que servirán para construír a nova Cidade da Xustiza. \"Nestes momentos tanto a Xunta coma o Concello de Vigo teñen vivendas suficientes para que se faga valer o dereito constitucional a unha vivenda digna\" A PAH afirma que \"non podemos entender que o Concello de Vigo, o menos endebedado do país, como repite o Alcalde cada vez que ten ocasión, que termina cada exercicio con fondos dabondo e que utiliza para pagarlle á banca, mentres diminúe drásticamente o que dedica ás axudas sociais, e que prometeu presionar para axudar ás familias desta cidade, actúe como senón pasase nada\". E reclama que \"as administracións publicas, a Xunta e o Concello, teñen que poñer as medidas resolutivas e preventivas adecuadas\" para evitar que máis persoas sigan quedando na rúa, pois \"nestes momentos tanto a Xunta coma o Concello de Vigo teñen vivendas suficientes para que se faga valer o dereito constitucional a unha vivenda digna\"."}
{"ID": "NOS_13187", "summary": "Por outra parte, o Chuac cancela as operacións non urxentes por mor da alta ocupación hospitalaria de doentes da Covid-19.", "text": "A Consellaría de Sanidade trasladou esta segunda feira á alcaldesa do Rosal, a nacionalista Ánxela Fernández, o seu compromiso de reforzar a Atención Primaria neste municipio, considerado prioritario pola Administración debido ao déficit de persoal causado pola baixa prolongada de dúas das tres prazas de médico de familia coas que conta o seu centro de saúde, e anunciou, entre outras medidas, a ampliación de xornadas de persoal médico e farmacéutico para prestar atención sanitaria nesta localidade. Segundo explicou Sanidade nun comunicado, o conselleiro, Julio García Comesaña, mantivo un encontro con Fernández no que lle explicou as limitacións de contratación de persoal facultativo e a falta de profesionais no mercado laboral. Aliás, manifestoulle que a Primaria do Rosal é \"prioritaria\" para o Sergas, precisamente debido aos problemas que arrastra polas baixas dos médicos. Tras reiterar a necesidade de que o Ministerio de Sanidade convoque de forma extraordinaria prazas MIR, ou que cree unha especialidade de Medicina de Urxencias —para aproveitar a totalidade de prazas de Medicina de Familia para formar a especialista neste ámbito—, García Comesaña apuntou que a Xunta xa tomou algunhas decisións. Así, sinalou que se creará unha nova categoría de facultativo especialista en Atención Primaria, cuxas prazas serán cubertas por concurso de méritos, e que se habilitará a categoría de técnico de saúde —licenciado en Medicina— para apoiar o persoal médico de Primaria. Estas medidas, explicou o conselleiro, aplicaranse \"de forma preferente\" para atender situacións como a do Rosal. Polo de agora, o Goberno galego estabeleceu a \"única medida de reforzo\" ofrecida polo Ministerio, que é a habilitación de contratación de reforzo de persoal médico xubilado. O centro de saúde do Rosal contará co apoio dunha médico xubilada que atenda de forma telemática as persoas doentes. Tamén se contará con outras medidas complementarias, como a ampliación de xornada de persoal médico e farmacéutico —doutros centros—. Melloras \"insuficientes\" Pola súa parte, a alcaldesa do Rosal trasladou ao conselleiro a \"precaria\" situación da atención sanitaria neste municipio, no que actualmente hai traballando só unha médica de familia que chega a atender a 90 pacientes diarios, e no que, durante o período do Nadal, houbo días sen persoal facultativo. Entre outras demandas, Ánxela Fernández reclamou ao conselleiro de Sanidade \"a volta do servizo de Pediatría\" ao Rosal, o aumento de persoal —catro médicos, catro enfermeiras e enfermeiros, pediatra e matrona— e a ampliación das infraestruturas actuais. \"Non podemos esquecer que a precariedade xa existía antes da pandemia, e que agora se acentuou\", subliñou, á vez que criticou novamente o fechamento do consultorio de San Miguel. A respecto das medidas de reforzo trasladadas por Julio García Comesaña, a rexedora recoñeceu que mellorarán a situación con respecto á vivida en Nadal, pero \"non son suficientes para ofrecer unha atención sanitaria de calidade\". Finalmente, Fernández trasladou á Xunta a \"total colaboración\" do Concello do Rosal para facilitar a ampliación do centro de saúde, sempre que as obras se adapten ao Plan Xeral da localidade. O Chuac reprograma a actividade non urxente Noutra orde de asuntos, a explosión de contaxios da Covid-19 levou o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) a reprogramar operacións non urxentes por mor da alta ocupación. Fontes deste centro afirmaron que \"se reprogramará o necesario\" e \"en función das dispoñibilidades de hospitalización\" existentes, mais \"nunca se atrasarán operacións de prioridade ou urxentes\"."}
{"ID": "NOS_36083", "summary": "O Dépor non conseguiu a vitoria, mais selou un partido desbocado, febril, un xogo a tumba aberta, sen concesións. Nunca o taboleiro de marcas foi máis cruel cunha equipa. O 0-0 é un resultado extraterrestre, marciano, nada a ver co que sucedeu sobre o verde. O empate é insuficiente e convoca o espectro do descenso, mais estrañamente o Dépor está vivo. O que é incomprensíbel é que demorase 30 partidos en xogar así.", "text": "A grande pergunta é por que este Dépor non compareceu nos primeiros 30 capítulos do campionato. Esa cuestión terá que achar resposta na hora do balanzo. O Dépor demorou de máis en aparecer co seu rosto actual -unha equipa que si compite, unha equipa que si está comprometida-, unha eternidade de partidos -até quince consecutivos sen conseguir a vitoria- que moi probabelmente irá abocar a equipa coruñesa a un doloroso descenso de categoría. Algo que se xulgamos o potencial do combo agora treinado por Seedorf -e antes por Mel, e antes por Cristóbal- parecería inconcebíbel. Non estaba Riazor este serán para axustar contas, estaba para ser un xigantesco alento -máis de 24 mil gorxas- para unha escadra que acababa de encadear dúas vitorias consecutivas, un fito non alcanzado desde 2015. O partido era moi exixente, fronte ao finalista da Copa do Rei, unha equipa nível Champions. Non veu a se pasear por Riazor. Non houbo carrusel de rotacións. O Sevilla si foi un grupo recoñecíbel, con algúns futebolistas que honran este xogo, tipos como Navas ou Banega, deses que nun campo ven o que a maioría no ve, deses que son quen de matar un partido nun rapto de inspiración, mentres o rival queima os músculos en van. A primeira parte gobernouna o compás de Banega. A posesión foi sevillista. O Dépor fiouno todo ás contras de Lucas. O de Monelos desbaldiu até a última pinga de suor. Mais tampouco foi este o seu xogo. Hai como unha aceleración ansiosa en cada unha das súas accións, a crispación de quen non acaba de achar acougo. E sen relaxarse un chisco -sen baixar algo as revolucións- ás veces non se acerta a pensar con clareza. Ás veces a entrega non é abondo. Na segunda parte, o Dépor tivo momentos de ciclón. O Sevilla cedeu o leme. O partido virou tolo. Oportunidades moi claras en ambas áreas. Ora tormento, ora gloria. David Soria e Rubén Martínez a se reivindicaren. Mosquera a mostrar que o seu non é pór a bola dentro da portería contraria. E Lucas, como bon solista, tivo os seus momentos de se dirixir ao público. El e Riazor. Eles sós. Nada máis. O partido perfeito para alguén que, como el, é un monologuista consumado, el contra o mundo. Mais non. Esta non é a súa temporada. Non lle acaban de saír as cousas. Mágoa. Non faltou de nada nun último cuarto de hora para a historia, a electricidade dun thriller en Riazor, un taboleiro de marcas que se obstinaba con mostrar un 0-0 ilexíbel para o público, as bancadas emocionalmente á beira do colapso cun acelerón final en que houbo de todo, até a inevitábel bola deportivista a beixar un dos paus da portería sevillista, un clásico da era de Clarence Seedorf. Tempo haberá para unha análise demorada da xestión do treinador holandés. Bon psicólogo, bon motivador. Mais este serán non acertou cos trocos. Bakkali? En serio? Por que non o enrachado Borja Valle? E, sobre todo, por que non deu un relevo a un afogado Lucas Pérez nos últimos 10 minutos de xogo? Por que non puxo Andone sobre o relvado de Riazor? Este Dépor capaz de competir contra unha equipa Champions existía en potencia, mais en acto non apareceu até hai apenas tres partidos. É moi probábel que fose tarde de máis."}
{"ID": "NOS_43157", "summary": "O instituto Poeta Díaz Castro ten 220 alumn@s. Do claustro forma parte Alfonso Blanco, a persoa que máis coñecemento ten do escritor. Canda a directora, Olga Aguiar, levan anos animando para que a Academia lle dedicase o Día das Letras ao escritor de Guitiriz. Agora conseguírono e o instituto estivo de festa.", "text": "Despois dunha homenaxe que a Díaz Castro se lle fixo en Guitiriz, a grande pancarta na que se podía ler \"Penélope\" foi dar á fachada do instituto publico da localidade. Aí quedou tempo pendurada, no centro onde latexaba o ánimo para que o escritor que naceu no concello e pasou tamén alí os últimos anos da súa vida fose protagonista dun Día das Letras Galegas. Só hai sete anos que o centro leva o nome do poeta. Antes era, simplemente, instituto de Guitiriz mais o empeño de Alfonso Blanco, profesor do claustro e alma da asociación Xermolos, conseguiu que finalmente adoptase o nome do autor de Nimbos. En Guitiriz non moita xente sabía do poeta. Os máis vellos tiñan lembranza do fillo do escribano de Trasparga. As persoas máis novas que pasaban polas aulas sentían o nome de maneira académica. Nas idades medianeiras, dicir Díaz Castro non levaba case nunca a parte algunha. Dos que gardan memoria do escritor morto hai pouco máis de vinte anos en Guitiriz relaciónano co profesor e presidente de Xermolos Alfonso Blanco. Con el paseaba os seus últimos tempos e o amigo desenvolvería desde a súa morte o labor de engrandecer a súa memoria, non só polo valor da súa obra senón tamén como viciño de Guitiriz. Os cadernos de linguas No centro de ensino aínda boa parte do profesorado lembra a grande exposición que se lle dedicou en 2007 e, en especial, aqueles cadernos manuscritos con vocabulario en moitos dos catorce idiomas que manexaba. \"Só ver aqueles cadernos xa era didáctico, daba idea da singularidade do autor, desde entón, no centro intensificouse o traballo por apoiar a súa proposta, en especial de cara ao próximo ano que é o aniversario\" comenta Olga Aguiar, profesora de Filosofía e directora do Centro, que foi á cabeza do grupo que, poucos días antes do plenario levou á Academia a iniciativa oficial do centro para o Día das Letras Galegas. Á RAG chegan cada ano moitas propostas mais poucas terán nos seus promotores persoas de tan pouca idade. Cando o instituto Poeta Díaz Castro se reúne co presidente da Academia no edificio da Rúa Tabernas leva canda si un material precioso, o audiovisual de 15 minutos titulado \"A lus do mundo. Redescubrindo ao Poeta Díaz Castro\" que implicou boa parte do centro, entre a equipa, á propia directora que pasou a se responsabilizar da produción. Como sabían que entre as mans tiñan un material precioso, botaron man da especialista Cristina de la Torre -de \"Pasen y vean\"- que dirixiu o pro xecto e animou á comunidade educativa para acadar un produto profesional, non só para levar á Academia senón para presentar o seu poeta por toda parte. \"Implicáronse moito e defenderon ao seu poeta e tamén compre destacar o compromiso do profesorado porque sen el non sería posíbel desenvolver unha iniciativa como esta\" recorda Olga Aguiar. Contan tamén coa enerxía da poeta Marica Campo que, até hai ben pouco, impartiu aulas no centro e partilla aínda das súas actividades. En Guitiriz, no seu centro público, o conxunto do alumnado toca instrumentos e iso apréciase no vídeo, no que as composicións son propias da profesora de música mais tamén de alumnado. Sandra Tenreiro sae en repetidas ocasións na conversa coa directora Olga Aguiar que recoñece o seu empeño en contaxiar a súa paixón pola música, tamén a través da obra do propio poeta. No IES teñen musicado varias composicións de Díaz Castro que pode cantar a mocidade, mesmo a ritmo de rap. Contas para o ano que ven Nestas alturas nas que xuño se despide, Olga Aguiar ten sobre a súa mesa as contas do curso. Está a pechar o exercizo e facer números de cara o ano que se aveciña. \"Para facer o audiovisual tivemos que facer grandes esforzos e temos que ver como amañamos de cara ao curso que vén\", di. Na súa idea está que desde o IES Poeta Díaz Castro saian materiais didácticos para presentar ao que foi viciño. Desde que chegou a Guitiriz, Olga Aguiar foise facendo coa figura de Díaz Castro que é para ela xa familiar. Non lle costa comezar a dar datos, tanto da súa biografía como do recoñecemento que, nestes últimos tempos, foi acadando no concello a través da enerxía que nacía no instituto e tamén na Asociación Xermolos. \"O Concello fixera unha edición especial de Nimbos e na entrada hai un monumento que lembra que era de aquí\", di, como iniciativas que foron contribuíndo a que a memoria de Díaz Castro, o acompañante de Alfonso Blanco, comezara a ser recoñecido polos viciños. En maio remataron o audiovisual que levaron a Academia. Nos últimos tempos andaron a fume de carozo, con temor de non chegar a tempo. O ano tiña un especial relevo. Sabían que o centenario podía sumar puntos para que o seu poeta, desta volta, conseguise o obxectivo. As redes sociais foron fundamentais á hora de \"mover\" o documental que, dalgunha maneira é de todos os ámbitos do centro público. \"Desde o profesorado que se esforzou e se implicou no proxecto, ata o alumnado, pasando pola responsable da cafetería que lle daba bocadillos cando estaban coa produción do audiovisual. Todo o claustro participou e, de maneira especial, podo dicir que non se tería feito se non houbes eun equipo de biblioteca como o que temos\" comenta Olga Aguiar ao tempo que lamenta que cada vez sexa máis difícil desenvolver proxectos fóra dos puramente académicos debido ao importante recorte presupostario. \"Todo o alumnado sabe quen é e mesmo canta poemas de Díaz Castro e, dalgunha maneira, isto entendémolo como un éxito de toda a comunidade educativa\" conclúe Olga, preparada xa para o importante curso que se aveciña."}
{"ID": "NOS_55040", "summary": "Entre as propostas que ten en carteira Alberto Núñez Feixoo está a creación dunha lei de pandemias a nivel estatal -algo do que falou esta cuarta feira após acordarse o levantamento do recurso ante o Constitucional pola Lei Galega de Saúde-, a ampliación do uso do fármaco de Janssen na vacinación e a chegada de máis doses a nivel xeral.", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, leva a súa propia batería de ideas para saír da crise económica e sanitaria á Conferencia de Presidentes que decorrerá esta sexta feira en Salamanca. Entre as iniciativas que achegará o político galego están a apertura do uso da vacina de Janssen a un sector maior da poboación e tamén, por exemplo, a creación dunha normativa de pandemias ao fío da Lei Galega de Saúde. No encontro desta sexta feira en Salamanca, Feixoo presentará un decálogo de ideas que tamén poderían servir para afrontar o reto demográfico. No entanto, a principal preocupación do presidente é que o Goberno español \"siga traballando\" para que chegue un maior número de vacinas ao estado, de maneira que a subministración dos remedios fronte á Covid-19 se acelere. Outra das peticións que pensa facer é se amplíe o uso de Janssen a máis xente porque \"o protocolo español é máis cauto do que determina a propia ficha técnica do fármaco\". Neste sentido, Feixoo sostén que a recomendación permite que se inocule a persoas maiores de 18 anos pero a Estratexia Nacional de Vacinación só admite o tratamento en certos colectivos. A vacinación nas menores En liña con esta preocupación pola campaña de vacinación, tamén quere que se planifiquen os próximos meses. A Xunta considera que a posíbel necesaria administración dunha terceira dose ou o resultado dos ensaios clínicos de uso dos medicamentos en menores de 12 anos condicionarán \"enormemente\" o futuro do dispositivo, tanto desde o punto de vista dos recursos humanos como desde o loxístico. Feixoo incidirá en que o tratamento das crianzas e adolescentes terá \"un gran impacto na organización dos protocolos dos centros educativos, polo que o Goberno central e as Comunidades deberían comprometerse a pechar no mes de agosto un calendario estimado nestes ámbitos para que os servizos sanitarios e os educativos poidan \"planificar con antelación\" a organización destes procesos. Outra das ideas para as que quere acadar apoios é a creación dun sistema de código QR que permita analizar os certificados dunha forma máis sinxela e rápida, \"así como avisar da súa caducidade pasados os seis meses ou mostrar a validez das probas PCR ou antíxenos realizadas nas 48 ou 72 horas previas\". Unha das propostas estrela será a de crear unha lei de pandemias, toda vez que se vai retirar o recurso pola posíbel inconstitucionalidade da Lei Galega de Saúde. Economía e demografía No que se refire á vertente económica, pedirá maior \"transparencia\" co reparto dos fondos europeos Next Generation e que os diferentes territorios xestionen o 50% do mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Así mesmo, o dirixente galego exporá que Goberno estatal e territorios acorden fixar en breve os criterios de preparación e selección das candidaturas nos proxectos público-privados e nos de carácter estratéxico (Perte). Xa a nivel demográfico quere que se retome o diálogo dunha estratexia global. En décimo lugar solicitará que os territorios sexan potenciais beneficiarios das subvencións para proxectos innovadores de transformación territorial e loita contra o despoboamento que está a deseñar o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico."}
{"ID": "PRAZA_7662", "summary": "A visita a Madrid esta semana dos homes de negro para avaliar se España cumpre coas esixencias da Gran Banca (escribo ese nome e decátome de que parece unha secta: que carallo, son unha secta) para seguir adiante co rescate, evidencia moitas cousas, entre outras a falta de respecto absoluto que nos teñen ao común da cidadanía", "text": "A visita a Madrid esta semana dos homes de negro para avaliar se España cumpre coas esixencias da Gran Banca (escribo ese nome e decátome de que parece unha secta: que carallo, son unha secta) para seguir adiante co rescate, evidencia moitas cousas, entre outras a falta de respecto absoluto que nos teñen ao común da cidadanía, porque non parece de recibo que sendo o asunto tan grave (afecta á vida de moita xente), decidan bautizalo cun nome tan parvo. Se non fose porque non ten puta graza, reiriámoslle a brincadeira. Mais tampouco sorprende: falan con absoluto impudor de Banco Malo e quedan tan anchos... A visita a Madrid esta semana dos homes de negro evidencia a falta de respecto absoluto que nos teñen ao común da cidadanía Mais non é disto do que quero falar, senón da visita en si mesma, que deixa claro que nós, a cidadanía, xa non pintamos nada no conxunto da toma de decisións. Deciden os bancos, deciden os partidos políticos, nin sequera deciden os seus militantes, senón ás súas cúpulas dirixentes por moi democrático que se queira presentar o proceso. E deciden os grandes medios de comunicación Deciden os bancos, deciden os partidos políticos, nin sequera deciden os seus militantes, senón ás súas cúpulas dirixentes por moi democrático que se queira presentar o proceso. E deciden os grandes medios de comunicación por moito que se queira crer que expresan o sentimento dos seus lectores e lectoras; expresan e defenden, no básico os intereses dos seus anunciantes ou, peor, os dos grupos de poder político que a través do control económico garanten os seus ingresos e, xa que logo, a súa supervivencia. O que estou a escribir é absolutamente terrible porque implica aceptar que a democracia, no seu sentido máis superficial, en realidade non existe máis que como aparencia, como decorado, como atrezo, como ritual. Aqui quen manda é quen ten o poder (semella unha parida o que veño de escribir, pero non o é, porque o poder non o detenta quen debería). E os que teñen o poder son os que son. A saber: A sectaria Banca Mundial, non a cidadanía. A democracia, no seu sentido máis superficial, en realidade non existe máis que como aparencia, como decorado, como atrezo, como ritual A troika, que non é un baile ruso (oxalá) senón un grupo de xente que están aí postos polos Señores dos Cartos, co único obxectivo de maximizar beneficios para as xentes para as que traballan, e cunha única idea fixa a implantar: despidos masivos, desaparición da clase media, fomento da escravitude. Están para salvar os bancos, nunca as persoas. As persoas son o último. De feito, odian a xente. Son zombis. Asesinos aínda que non disparen nunca. A troika si goberna, non a cidadanía. O FMI, que non é unha serie televisión de forenses, senón un clube perverso organizado moi ben para que todas as decisións que sé tomen a nivel político, económico ou social, respecte os beneficios estremos dos que xa son os donos absolutos do capital. Mamda o FMI, non a cidadanía. E mandan outros moitos máis, con outros nomes pero que veñen sendo sempre os mesmos, coma por exemplo, o Mecanismo Europeo de Estabilidade, que tamén estaban nesa xuntanza dos men in black, que, en efecto, fan a nosa vida moito máis escura. Todos eses mandan. Nós, dende logo, non."}
{"ID": "PRAZA_10545", "summary": "Os socialistas critican a falta de resposta á súa proposta programática e os seus interlocutores din que o presidente quere ir directamente a novos comicios o 10 de novembro se fracasa a investidura", "text": "Os socialistas critican a falta de resposta á súa proposta programática e os seus interlocutores din que o presidente quere ir directamente a novos comicios o 10 de novembro se fracasa a investidura A quinta reunión de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para negociar a investidura e continuidade do primeiro na presidencia do Goberno rematou este martes sen ningún avance. Os dous dirixentes estiveron xuntos no Congreso algo máis dunha hora e media, pero o encontro foi un fracaso: \"Pedro Sánchez trasladounos que levará ao país a eleccións se non conta con apoios na investidura de xullo\", aseguran fontes de Unidas Podemos. Pola súa banda, a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, lamentou nunha comparecencia ante os medios que Iglesias non respondese ao documento programático que aprobou este luns a executiva socialista: \"A Iglesias interésanlle máis os nomes do Consello de Ministros que as políticas a desenvolver\", di Lastra.\"Os cidadáns non entenderían un bloqueo. Non hai unha alternativa viable. Se houbese vontade, poderiamos entendernos\", defendeu a número dous de Pedro Sánchez, que se reúne tamén este martes con Pablo Casado para reclamarlle que facilite a gobernabilidade. \"O que estamos a dicir é que o que queremos é que senten a negociar en base a un acordo programático, institucional e parlamentario. Dixéronnos que non\", sentenciou Lastra, que asegurou, ademais, que \"non hai segundas oportunidades\" en referencia a unha posible investidura en setembro se a votación xa prevista para o 23 de xullo falla. Se é así, habería novas eleccións xerais o 10 de novembro. \"Pedro Sánchez trasladounos que levará ao país a eleccións se non conta con apoios na investidura de xullo\", din fontes de Unidas PodemosIglesias non compareceu esta vez ante os medios de comunicación tras a reunión, como si fixo en senllos encontros publicitados o 7 de maio e o 11 de xuño. Pero si deu unhas breves declaracións ás cámaras de televisión que esperaban no corredor: \"Máis tarde ou máis cedo convenceremos ao PSOE de que se mova e de que teñen que ser flexibles\". O secretario xeral de Podemos asegurou que a súa formulación \"é clara, o que necesita España é un Goberno de coalición de esquerdas\". E insistiu: \"Esperamos convencer ao PSOE de que flexibilice a súa posición e se abra a unha negociación integral de Goberno\".As posicións de ambos mantivéronse enfrontadas sobre a composición do Executivo. \"Non é sensato que o PSOE actúe coma se tivese maioría absoluta cando non a ten\", apuntan desde o grupo confederal: \"Non é coherente buscar por igual apoio na esquerda e na dereita. A xente merece certezas e garantías\".En Podemos dan por feito desde hai semanas que Sánchez non ten intención de negociar e a reunión deste martes confirmou esta idea. \"Non é serio ir a unha investidura sen lograr apoios e ameazar cunha repetición electoral\", aseguran desde o partido. Lastra negou rotundamente que Sánchez se pronunciase neses termos, do mesmo xeito que asegurou que é outra \"falsidade\" que o presidente en funcións ofrecese dous ministerios ao grupo confederal no seu primeiro encontro en maio, como deslizou Iglesias nunha entrevista en Telecinco.\"Pedimos a Pedro Sánchez que flexibilice a súa posición e negocie desde xa un acordo integral de coalición de esquerdas sen liñas vermellas que inclúa o programa, os equipos e a estabilidade parlamentaria\", resolven os de Iglesias.\"A Iglesias interésanlle máis os nomes do Consello de Ministros que as políticas a desenvolver\", lamenta a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana LastraLastra sinalou que o documento presentado este martes \"non é a primeira proposta\" que se lle fai chegar a Unidas Podemos. \"Propuxemos un acordo de programa e non obtivemos resposta. Propuxemos un acordo institucional no que Unidas Podemos é o socio preferente e non obtivemos resposta. Propuxemos unha comisión de seguimento do acordo e tampouco. Pedímoslle que propoñan nomes de persoas independentes de recoñecido prestixio. E tampouco recibimos resposta\", sinalou Lastra.A vicesecretaria xeral do PSOE sostivo que \"os cidadáns non entenderían un bloqueo\" político e reiterou que Pedro Sánchez só vai presentarse á investidura prevista para este mes de xullo. \"Non hai alternativa viable\" á presidencia de Sánchez. \"Se houbese vontade, poderiamos entendernos\", lamentou. Lastra acusou a Iglesias de \"negarse a constituír os equipos de negociación\" porque \"antepón os nomes aos contidos\". Sánchez designou ao seu equipo negociador este luns, xusto dúas semanas antes de que comece a sesión de investidura. Á saída da reunión, Iglesias sinalou ante os medios de comunicación que \"antes ou despois o PSOE rectificará\". Lastra respondeu: \"Non haberá cambio de aquí a setembro se eles non queren\". Visiblemente molesta, a número dous socialista resolveu a súa rolda de prensa: \"A reunión foi infrutuosa. A Pablo Iglesias interésanlle máis os nomes do Consello de Ministros que as políticas\".O candidato socialista rexeita a incorporación de membros de Unidas Podemos ao Consello de Ministros máis aló de suxerencias de \"independentes de recoñecido prestixio\". Iglesias, pola contra, esixe proporcionalidade no gabinete do presidente. Ambos aseguran dar pasos e acúsanse mutuamente de manter posicións enrocadas. Na súa única entrevista desde o 28A, Sánchez deixou claro que o conflito territorial é a \"diferenza de fondo\" que lle impide aceptar un Goberno de coaliciónNa súa única entrevista desde o 28A, Sánchez deixou claro que o conflito territorial é a \"diferenza de fondo\" que lle impide aceptar un Goberno de coalición, a pesar de que en campaña electoral abriu a porta para incorporar a Podemos ao Executivo. Iglesias comprometeuse a actuar con \"lealdade\" no tema catalán e mesmo a deixar por escrito que secunda as propostas do PSOE neste asunto. Pero Lastra asegurou que non o considera \"un paso adiante\" senón unha \"obviedade\". Con este panorama, a dúas semanas da investidura, a ruptura entre Sánchez e Iglesias é total, aínda que os socialistas sosteñen que Unidas Podemos segue sendo o seu \"socio preferente\". Mentres Iglesias asegura que o PSOE cambiará de posición, Lastra pecha a porta: \"Eu o que espero é que Unidas Podemos sente a negociar ese acordo, pero se non hai acordo programático só haberá unha investidura, porque non vai haber cambio de aquí a setembro\"."}
{"ID": "NOS_30238", "summary": "As piraguas voltaron a Castrelo de Miño. Esta fin de semana tivo lugar nas augas do seu encoro o Campionato de Inverno 2022.", "text": "A tempada galega de piragüismo comezou esta fin de semana co Campionato de Inverno 2022 que tivo como escenario o encoro de Castrelo de Miño. Sobre unha distancia de 5.000 metros disputáronse as categorías Xuvenil, Sénior e Veterano. Os resultados confirmaron o bo momento que pasa este deporte acuático. Un exemplo foi a actuación de Diego Romero, do Breogán do Grove, que repite por oitava vez un primeiro posto acadando o título de campión de inverno en C1 sénior por diante do seu compañeiro de equipo Tono Campos e Fernando Busto que viste a camiseta da formación As Torres Romaría Viquinga. A mesma sorte tivo María da Pena do E. P. Cidade de Pontevedra levándose a vitoria na individual feminina de canoa, o segundo posto sería para Jenifer Casal tamén do conxunto pontevedrés, mentres que Carla Sieiro, do Piragüismo Poio, foi terceira. Xa nos kaiak sénior masculino, a vitoria foi para o padeeiro tudense do Piragüismo Olívico Iván Alonso, despois de superar nun esprinte a Joaquín Iglesias do Piragüismo Verducido, e deixar en terceiro lugar ao deportista do Club de Mar Ría de Aldán, Diego Dacosta. Na competición feminina de kaiak, Tania Álvarez, do Breogán, gañaba a súa carreira con solvencia, nun podio no que tamén estiveron Leticia Piña do Kaiak Tudense e Araceli Menduiña do Ría de Aldán. Categoría Sub-23 A categoría Sub 23, cun alto nivel de participación, deixou como vencedores a Manuel Fontán, canoista do Náutico O Muiño na proba de C1; o segundo e terceiro lugar do podio ocupárono Diego Domínguez do Breogán e Jaime Duro do E. P. Cidade de Pontevedra. No apartado feminino, María Pérez do Náutico O Muiño gañou con claridade aos seus rivais en C1. Por detrás da padeeira de Ribadumia, cruzaban a liña de chegada Lucía Graña do E. P. Cidade de Pontevedra e Cristina Soutelo do Kaiak Tudense. En kaiak, Irene Latexe, do Ría de Betanzos, lograba o triunfo por diante de Lara Feijoo e Lucía Soutelo do Kaiak Tudense que chegaban en segundo e terceiro lugar. O Naval de Pontevedra tería como protagonistas a Felipe Dobarro e Manuel Rivas na regata de kaiak, ambos disputáronse o triunfo nun duro esprinte que gañou Dobarro, o terceiro na meta sería David da Rocha do Kaiak Tudense. Categoría xuvenil e veterana Na xuvenil, Martín López. do Cabanas KDM, levou o ouro por diante de Mauro Domínguez do Piragüismo Verducido e Iker Veiga do Náutico Firrete. Pedro Torrado, do club As Torres, gañou na modalidade de canoa por diante de Mauro Pardavila, do Náutico Rodeira, e David Bautista do E. P. Cidade de Pontevedra. Pola súa banda Antía Landeira do Naval de Pontevedra venceu en kaiak feminino, a padeeira do Verducido Ánxela Fontán foi segunda e en terceiro lugar chegaba Uxía Rodríguez do Kaiak Tudense. En canoa feminina os dous primeiros postos foron para Valeria Oliveira e María Rodríguez do Piragüismo Poio, mentres que Noa Conde do E. P. Cidade de Pontevedra sería terceira. Na categoría veterana salientar as vitorias de Adrián Jubón (Fluvial de Lugo) e Yaiza Iglesias (Kaiak Vigo). Por último, Marcos Terzado, do Vilaboa, gañou en sénior de Paracanoe e Gloria Cousillas, do Fluvial Avión, en sénior, e Xoana Raimúndez, do Vilaboa, en Sub 23."}
{"ID": "PRAZA_15947", "summary": "A Federación Automobilismo retira un galardón á axente que intentou suicidarse no cuartel de Pontedeume, acción que a súa familia atribuíra ás coaccións pola súa condición sexual. A parella e a Unión de Gardas Civís culpan os \"poderes ocultos\" do corpo da retirada do recoñecemento.", "text": "Presións para que Vanesa non sexa recoñecida. Así o asegura a súa familia e a Unión de Gardas Civís (UGC). A Federación Galega de Automobilismo (FGA) retirou a axente Vanesa Fraga un galardón que lle concedera en setembro de 2015 pola súa actuación tras o grave accidente do Rally da Coruña. A Federación de Automobilismo retiroulle o premio á axente logo de, segundo a UGC e a familia, as \"presións e ameazas de altos mandos\" Nun comunicado, a familia desta garda civil asegura que esta sorpresiva retirada do recoñecemento é debido ás presións que a axente segue a recibir dos altos mandos da benemérita. Vanesa Fraga intentou suicidarse na casa cuartel de Pontedeume, segundo denunciou, polo tratamento e as coaccións homófobas que o capitán da comandancia da localidade lle realizaba pola súa condición de lesbiana. A UGC asegura agora tamén nun comunicado que \"os poderes ocultos da Garda Civil seguen cunha campaña preocupante de desprestixio á súa persoa, ademais de poñer evidentes freos na consecución de recoñecementos públicos\". Segundo a familia da axente e a UGC, Iván Corral, presidente da FGA, anunciou ao responsable do sector de tráfico do corpo que Vanesa fora a elixida pola xunta directiva para recibir a Mención Presidente 2015 \"pola súa actuación auxiliando os feridos e axudando os equipos médicos\" durante o tráxico accidente de Carral. \"Os poderes ocultos da Garda Civil seguen cunha campaña preocupante de desprestixio cara á súa persoa\" Un documento oficial da FGA -que se pode ver nesta nova- volvía informar o 12 de decembro deste galardón a Vanesa Fraga, así como a web da mesma Federación, poucos días despois que a axente se disparara, o 8 de decembro de 2015. Tan só un mes despois, a idea de darlle o premio desapareceu e o recoñecemento recaue no xeneral xefe da Garda Civil, José María Feliz Cadenas, tal e como se indicou noutro documento o 29 de xaneiro. A familia de Vanesa reclama explicacións e advirte que fontes confidenciais da Garda Civil aseguran que todo é debido a \"presións dos altos mandos\" do corpo. Ademais, a secretaría provincial da UGC asegura que tanto a organización como os avogados mantiveron unha conversa coa parella da axente afectada, onde lles aseguraría que un representante da FGA lle confirmaría ter recibido \"ameazas e presións de tal magnitude por parate dos altos mandos da Garda Civil que desde a Federación decidiron non entregar o premio para evitar represalias\". Unha fonte confidencial da Federación tería asegurado que a Garda Civil presionou para que se retirase o premio Segundo a muller, estes cargos da Garda Civil presionaron tamén para que Vanesa renunciase ao convite que lle foi enviado para acudir á gala onde se concederán os diferentes galardóns e que está prevista para o vindeiro sábado 13 de febreiro en Santa Comba. \"Van ir altos mandos da Garda Civil e a presenza de Vanesa íaos enfadar\", asegura que lle manifestaron de forma confidencial desde dentro do corpo. A UGC non descarta emprender accións legais ante a \"pouca ou nula altura ética e moral\" dos mandos da Garda Civil A UGC cre que as \"evidencias\" son \"tan palpables e con prácticas tan condenables\" que xa puxeron a traballar os seus servizos xurídicos para que se aclaren uns feitos que cualifican de \"pouca ou nula altura ética e moral por parte dos que representan un corpo policial tan prestixioso e eficaz\". \"Permiten por omisión ou desinterese que isto siga acontecendo\", explica, tras adiantar que non descartan levar a cabo accións legais para \"protexer a honra da nosa compañeira e para aclarar calquera situación que puidese derivar en ilícito penal\". Mentres, Vanesa Fraga recupérase das graves feridas e a súa familia insiste en que foi presionado e vítima do odio pola súa condición sexual logo de anunciar que ía casar con outra muler. Logo deste incidente, a Asociación Unificada de Gardas Civís volvera criticar a escasa efectividade dos protocolos antisuicidio do corpo e censurou as medidas de prevención insuficientes. A investigación xudicial sobre o acontecido aquel mes de decembro continúa aberta. Entidades de apoio ao coletivo LGTB manifestáranse diante do cuartel do Garda Civil de Pontedeume onde residía Vanesa e advertiran de que a axente sufrira acoso pola súa condición sexual e lembran que casara coa súa compañeira unha semana antes do suceso."}
{"ID": "NOS_33015", "summary": "O Pan-Euro achegará até a cidade herculina máis de 500 deportistas.", "text": "O fútbol gaélico, o único deporte no que a selección galega pode competir oficial e internacionalmente, continúa o seu crecemento; nesta ocasión da man da principal competición continental de clubs, o Paneuropeo, que terá lugar na Coruña o 15 de outubro. Organizado por Fillos de Breogán, o conxunto gañador da modalidade feminina do Pan-Euro na súa última edición, en 2019, as sedes escollidas para o desenvolvemento da competición serán a Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, os campos de fútbol de San Pedro de Visma e o Estadio de Elviña. A presidenta do conxunto herculino, Paula López, explica a Nós Diario que tiñan \"apalabrado\" o torneo desde o ano 2020, pero que non se puido levar a cabo \"por causa da pandemia\" da Covid-19. Con respecto á transcendencia da proba, López estabelece unha comparación coa Champions League de fútbol porque \"é o torneo de clubs máis importante a nivel europeo\". Porén, tamén traza unha distinción, pois \"o Paneuropeo tamén sería a Europa League [a segunda proba máis relevante], xa que está estruturado nunha categoría principal (Championship), a Intermediate -modalidade na que Fillos de Breogán levantou o título feminino en Viena '19 após derrotar na final París Gaels por 12 a 9- e a Júnior\". \"O obxectivo deste sistema é que toda a xente que vaia competir se estea xogando algo\", engade. 50 equipos de 20 países diferentes A organización aínda non está en condicións de confirmar con exactitude o nome de todos os equipos participantes, pero lembra que na pasada edición \"participaron 700 deportistas e arredor de 50 conxuntos de 20 países como Luxemburgo, Polonia, Holanda, Bélxica, Francia, Austria, Alemaña ou Eslovaquia\". A pesar do elevado número de partidos previstos, o Paneuropeo levarase a cabo nunha única xornada, o que suporá un \"importante esforzo\" para o Fillos de Breogán, que considera que o seu triunfo en 2019 tivo moito peso á hora de que aceptaran a candidatura herculina para organizar a Champions League do fútbol gaélico."}
{"ID": "NOS_21562", "summary": "Migallas Teatro vén de lanzar á Rede o primeiro dos catro programas humorísticos que debullarán os resultados da xestión do PP na Xunta na pasada lexislatura.", "text": "O primeiro vídeo, conducido por un clon de Mariano Rajoy, repasa os \"logros\" do Goberno de Feijóo en materia educativa. No mesmo, en chave de parodia enumeranse algúns dos principais indicadores dun balanzo moi discutido pola comunidade educativa que ao longo destes tres anos e medio protagonizou masivos procesos mobilizadores. As próximas entregas abordarán a situación da sanidade, dos servizos sociais, da economía e a cultura."}
{"ID": "NOS_14344", "summary": "A asociación que naceu en 2009 co obxectivo de organizar o Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) realizará o 23 de febreiro un mercado para intercambiar, mercar e vender produtos de segunda man máis ou menos relacionados co audiovisual. A fin de semana anterior terá lugar a Mostra Audiovisual LAV013.", "text": "Traballar desde o rural para difundir o audiovisual foi un dos obxectivos cos que naceu no 2009 a Asociación Senunpeso. Na edición deste ano recollen unha proposta moi orixinal: un mercado no que trocar, mercar e vender produtos de segunda man máis ou menos relacionados co audiovisual. A participación é de balde e calquera pode achegar aparellos tecnolóxicos que teña na súa casa (cámaras de foto e vídeo, reprodutores de audio ou vídeo, computadores, pantallas, adaptadores, cables, complementos...), CDs, vinilos, DVDs, cintas VHS e casettes, mesmo roupa susceptíbel de empregarse para o cine. A xornada vaise realizar no Centro Social da Terceira Idade de Vedra o sábado 23 de febreiro de 16:30 a 21 horas. No mercado tamén haberá música (Malasombra e a Requinta da Laxeira), charlas (Paulo Rubido falará de \"Enerxía senunpeso\", O Zulo sobre \"Redes libres: internet senunpeso\" e César Lema sobre \"Calorías, vatios, e outras formas de gastar os cartos\"), teatro con Simone Negrín e monólogos con Avelino González e Carlos Santiago. Calquera pode achegar desde cámaras de foto e vídeo até vinilos, DVDs ou mesmo roupa susceptíbel de empregarse para o cine. Mostra Audiovisual LAV013 A fin de semana anterior terá lugar a Mostra Audiovisual LAV013, tamén no Centro Social da Terceira Idade de Vedra. O sábado 16 de febreiro proxectaranse as pezas \"A Wonderful Mission\", de Fernando Lema e Pallasos en Rebeldía; \"Nebra\", de Marisa Otero; e \"Dez centímetros máis perto do ceo\", de Raquel Rey. O domingo 17, trala entrega de diplomas, presentarase e proxectarase a curta \"Unhas clases do social a tempo\", de Pablo Cacheda. Todos estes traballos contan nos seus equipos con ex alumnos do LAV. Obradoiros O LAV013 inclúe dez obradoiros de formación audiovisual: o intérprete ante a cámara, documental web, vídeo de combate, loita escénica, podcast e radio en Internet, videoclips, son en producións audiovisuais, dirección artística low cost, animación stop motion e obradoiro para alumnado da ESO. Todos eles realizaranse na fin de semana do 16 e 17 de febreiro, cunha duración total de 14 horas e 15 prazas por curso. Neste momento están esgotadas as prazas en catro destes cursos. ."}
{"ID": "NOS_35239", "summary": "O portavoz nacional, Antón Sánchez, falou no acto da organización polo Día da Patria, que decorreu na Coruña e no que se rendeu homenaxe aos asasinados e represaliados polo franquismo.", "text": "Anova elixiu a cidade da Coruña para facer os seus actos conmemorativos polo Día da Patria Galega. Simpatizantes da organización acudiron ao campo da Rata para asistir á ofrenda ás vítimas do fascismo \"nun tempo de ameaza da ultradereita\". Porén, tamén houbo espazo para a autocrítica. Neste acto solemne, no que se reivindicaron \"os dereitos sociais e nacionais\", interviu o portavoz nacional da formación política, Antón Sánchez, que destacou o \"simbólico\" do lugar escollido este ano. A Covid-19 fixo que a cita cambiara de Compostela a A Coruña, pero recordando as persoas represaliadas polo fascismo \"polas súas diferentes ideoloxías\", Sánchez dixo querer \"seguir a súa estela\", no que á defensa das crenzas dunha e dun se refire. Malia que o acto era unha celebración do Día da Patria Galega e daquelas persoas que faleceron inxustamente, no decorrer do mesmo tamén houbo tempo para falar dos resultados das eleccións galegas do pasado 12 de xullo. \"Temos que facer unha fonda reflexión e autocrítica e definir os nosos erros\", recoñeceu o voceiro nacional. A idea é seguir loitando pero sempre dende \"o espírito construtivo\". Críticas ao PP Doutra banda, o político rexeitou o discurso de que nos comicios á Xunta da Galiza deuse unha vitoria \"da moderación e a volta á normalidade política\". Sánchez pensa que as protestas cidadás e os apuros económicos, só por pór algúns exemplos, de que non hai normalidade. \"Hai un goberno que permite a corrupción máis absoluta, que permite o saqueo dos aforros das galegas e dos galegos, que deixou privatizar a AP-9, Endesa ou Inespal\", subliñou. Por iso, alén dos resultados de Anova, quere seguir a traballar para ofrecer unha alternativa. \"Temos motivos para seguir no político\", resumiu."}
{"ID": "PRAZA_3294", "summary": "As bonificacións ás grandes consumidoras súmanselle os 172 millóns en compensacións por custos de CO2 nun real decreto que prevé ser aprobado en marzo.", "text": "No vindeiro marzo, logo de máis dun ano de espera, o Ministerio de Industria prevé aprobar o Estatuto do Consumidor Electrointensivo, real decreto ansiado polas grandes empresas consumidoras, moitas delas en Galicia como a de Alcoa na Mariña. Segundo adiantou este luns o Goberno central, beneficiará unhas 600 compañías no Estado --máis de trinta con sede en territorio galego-- cun apoio total de 262 millóns de euros. O estatuto achegará 90 millóns en bonificacións ás grandes consumidoras, que se lle suman aos 172 millóns en compensacións por custos de CO2Serán 90 millóns de euros a través de bonificacións dun 85% nos cargos das facturas de consumo, ao que haberá que sumarlle as compensacións por custos de CO2, que están situados a tal hora nos 172 millóns de euros e que prevén manterse ou mesmo aumentar nos vindeiros anos. Segundo adiantou o Ministerio de Industria, o estatuto sairá a audiencia pública este martes e será aprobado xa en marzo, de maneira urxente e sen pasar pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), logo de que recibise o visto e prace da UE. Así, con este estatuto, as industrias grandes consumidoras terán unha bonificación do 85% nos cargos que destinan a financiar os custos das renovables, a coxeración de alta eficiencia e os extracustos dos territorios non peninsulares. A cantidade seralles devolta ás empresas con cargo aos orzamentos de Indutria e non terá recpercusión no recibo do resto de consumidores. Serán, segundo os cálculos, uns 90 millóns a devolver. Ademais, o estatuto incorpora un mecanismo polo que a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Cesce) cubrirá cun fondo e outras garantáis os acordos bilaterais de compravenda de enerxía a longo prazo. A idea do Goberno central é fomentar estes contratos a longo prazo con renovables a través das garantías que agora as empresas non teñen e que implicarán polo menos cinco anos e un 10% do seu consumo anual. As que xa non serán o mesmo serán as poxas de interrompibilidade, que cada vez sacaban menos megavatios e menos compensacións para as empresas. Haberá un novo mecanismo. Segundo explica o Ministerio de Industria, a diferenza entre o que pagan as grandes industrias electrointensivas no Estado e as de varios países europeos podería reducirse ata un 25%. Na actualidade, estas firmas en Alemaña ou Francia paga entre 10 e 17 euros/MWh menos pola electricidade que as españolas. As compañías beneficiarias, máis de 600 no Estado, consomen uns 40.000 GWh ao ano, o 17% de toda a demanda estatal."}
{"ID": "PRAZA_16213", "summary": "O 17º Ribeira Sacra regresa a espazos naturais e patrimonais de Monforte e Sober do 27 ao 29 de xullo e mais do 3 ao 5 de agosto", "text": "No verán de 2017 naceu en plena Ribeira Sacra un festival ben especial. Adegas, adros, miradoiros a centos de metros que se alzan sobre os canóns do Miño e do Sil ou o nobre espazo monumental de San Vicente do Pino tornaron en espazos de música e gastronomía que fixeron da estrea un éxito na resposta do público desta cita itinerante entre Monforte e Sober. Tal foi o bo regusto que neste 2018 o festival regresa e faino conservando o nome, 17º Ribeira Sacra -dezasete son os graos de pendente a partir dos que a actividade vitícola é considerada de risco- pero en versión estendida, pasando dunha fin de semana a dúas: a derradeira de xullo e a primeira de agosto. A organización desta \"maridaxe de día e noite, música, viño, gastronomía, patrimonio e natureza\" traballa xa na segunda edición e ofrece xa un dos pratos estrela do menú. Á Ribeira Sacra chegarán Woods, a banda estadounidense que chegarán a Galicia cos temas do seu último traballo publicado, Love is love. O álbum, cunha dose de \"folk fantasmagórico\" e outro tanto de rock, está inzado de melodías que o grupo concibiu como unha \"resposta emocional\" á vitoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais do seu país. Un aquel de retruque indie ao home laranxa. O festival regresa a espazos naturais e patrimonais de Monforte e Sober do 27 ao 29 de xullo e mais do 3 ao 5 de agosto O grupo de Brooklyn e a súa experiencia musical tras unha decena de discos publicados son a primeira das \"sorpresas\" do programa do Festival, que está a piques de poñer á venda os primeiros abonos mentres vai amosando, aos poucos, o resto de pratos do seu menú musical e mais do gastronómico. Prepáranse, avanzan, \"catas de viños, directos en catamaráns e adegas, visitas guiadaso, roteiros e cociña de autor\", todo isto dividido nas devanditas dúas fins de semana: do 27 ao 29 de xullo será a quenda para as \"experiencias musicais para sentir o territorio\" e do 3 ao 5 de agosto chegarán concertos en directo \"exclusivos en espazos patrimoniais\". Como en 2017, Sober e Monforte serán os eixos do 17º Ribeira Sacra. Durante o día a música soará nos escenarios sobereses e cando caia a noite, no monfortino. A oferta musical, resaltan dende a organización, complétase con \"ventos exclusivos ligados á cultura do viño e á paisaxe\", o que o torna nunha \"oportunidade de deixarse fascinar por un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega\". Na súa primeira edición estes espazos singulares xuntaron nomes de referencia da escena musical galega e internacional como The Magic Numbers, Iván Ferreiro, Sumrrá, Ángel Stanich ou Novedades Carminha"}
{"ID": "PRAZA_19784", "summary": "Dende 1976 arderon en Galicia máis dun millón e medio de hectáreas de monte. A Xunta prohíbe \"ata nova orde\" as queimas controladas polas condicións meteorolóxicas tras arderen máis de 150 hectáreas na provincia de Ourense dende a pasada fin de semana. Os incendios queimaron 21.000 hectáreas en Galicia durante 2016", "text": "Algo máis de 1,6 millóns de hectáreas. É a superficie que os incendios forestais arrasaron en Galicia nos últimos corenta anos, dende o inicio da vixente serie histórica en 1976 -as previas son moi limitadas- e ata o pasado 2016, exercicio do que o Ministerio de Agricultura pechou xa o balance provisional con datos fornecidos pola Administración autonómica, aínda que a Xunta aínda non os difundiu oficialmente -non adoita facelo ata a aprobación do plan contra incendios do ano seguinte-. Isto supón que nas últimas catro décadas ardeu o equivalente á máis da metade do territorio galego. O máis de millón e medio de hectáreas que arderon dende 1976 equivalen a algo máis do 55,5% do territorio da Galicia actual, pero a incidencia do lume non é homoxénea en todo o país. Boa mostra disto son os datos máis recentes, os do ano pasado: máis da metade das hectáreas ardidas, case 11.400, situáronse na provincia de Ourense, que concentrou catro dos oito grandes incendios forestais dese ano -os superiores a 500 hectáreas. Neses catro episodios -en Entrimo, Cualedro, Oímbra e Muíños- arderon 6.698 hectáreas, segundo os datos do Ministerio. A contorna da Barbanza ou o Baixo Miño tamén sufriron especialmente o impacto dos incendios, mentres que na Mariña lucense, como adoito, apenas ardeu o monte. Aínda que as máis de 21.000 hectáreas ardidas en 2016 son o segundo peor balance anual dende a gran vaga de lume do 2006 os datos acumulados amosan ás claras un descenso moi notable na superficie afctada polas lapas dende que a Xunta, a comezos dos anos 90 do século pasado, comezou a contar cun dispositivo contra incendios de seu. Así, do récord de case 200.000 hectáreas ardidas en 1989 pasouse a un escenario no que só se superaron as 40.000 hectáreas anuais en seis ocasións en case trinta anos: 1995, 1998, 2005, 2006 e 2011. Na última década percíbese, ademais, unha caída moi significativa no número de incendios: de case 12.000 en 2005 a 2.400 en 2016. Dende principios dos 90 superáronse as 40.000 hectáreas anuais ardidas en cinco ocasións e percíbese unha notable caída no número de incendios Dende o inicio deste século destacan especialmente o número de hectáreas ardidas en tres anos: 2005 -case 60.000-, 2011 -máis de 40.000- e, moi especialmente, o ano 2006, cando o balance final dun exercicio marcada pola dura vaga de incendios do verán finalizou con case 96.000 hectáreas afectadas polas lapas, máis da metade de monte arborizado. O ardido naquel ano foi, no entanto, menos do avanzado en pleno verán polo daquela líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, que baseándose en mapas dunha web especializada en cartografía afirmou, na recta final da vaga de incendios, que o lume levara por diante naquel verán máis de 175.000 hectáreas. Con intensidade variable en función da virulencia de cada vaga de incendios, factor no que a meteoroloxía segue a ter unha influencia determinante -o chuvioso verán de 2014, por exemplo, deixou o balance anual de hectáreas queimadas en pouco máis de 2.000-, os incendios están acompañados cada ano pola controversia política e o debate sobre a efectividade e xestión do dispositivo. Así, o persoal segue a reclamar estabilidade laboral, un mando único, a preponderancia do público sobre as empresas privadas do sector e unha adaptación á \"desestacionalización\" do lume, toda vez que os outonos e invernos con poucas precipitacións veñen traendo consigo incendios de relevancia fóra da habitual temporada de incendios. Queimas prohibidas ata nova orde Tras arder unhas 400 hectáreas durante o inverno os incendios da pasada fin de semana queimaron máis de 150 na provincia de Ourense O inicio deste 2017 foi unha boa mostra desa desestacionalización dos incendios. Así, despois dun mes de xaneiro cunha media de catro incendios ao día e tras un inverno no que só en Ourense arderon unhas 400 hectáreas de monte -a cifra é unha estimación, xa que a Consellería de Medio Rural ten como norma xeral dende 2009 non facer públicos os incendios inferiores ás 20 hectáreas-, dende este luns, 10 de abril, e \"ata novo aviso\" a Xunta decidiu prohibir as queimas agrícolas e forestais controladas por mor da previsión de altas temperaturas e fortes ventos. Esta prohibición das queimas chega nun contexto no que, só na fin de semana, tres concellos da provincia de Ourense rexistraron incendios con máis de 150 hectáreas ardidas. Así, segundo datos de Medio Rural, en Lobios arderon dende a tarde deste domingo unhas 100 hectáreas nun incendio que a primeiras horas do luns seguía activo. En Carballeda de Avia un incendio xa extinguido queimou 20 hectáreas na parroquia de Vilar de Condes e en Vilariño de Conso outro incendio arrasou 34 hectareas de monte raso na parroquia de Sabuguido."}
{"ID": "PRAZA_5897", "summary": "O Gaiás acollerá o vindeiro sábado 28 de xuño unha xornadas de debate sobre Malditos, transgresores, inadaptados… A excentricidade como pauta de vida, coa participación de Vicente Molina Foix ou Bieito Iglesias. Trátase da derradeira cita do ciclo Nexos", "text": "A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro sábado 28 de xuño, no marco do ciclo Nexos, unha xornada de debate sobre Malditos, transgresores, inadaptados… A excentricidade como pauta de vida, que o pasado mes de maio tivera que ser adiada ante a ausencia de Vicente Molina Foix. O escritor será un dos participantes nunhas actividades que comezarán ás 12 do mediodía no Centro de Innovación Cultural, e que tamén contarán coa palabra de Bieito Iglesias. Ademais, Maite Dono, poeta, cantante e actriz, realizará unha perfomance poética, na que mesturará texto e son dunha maneira improvisada. Participarán Vicente Molina Foix ou Bieito Iglesias A sesión estará dedicada \"a eses artistas do século XX que encaixan nesa estirpe de seres escuros, malogrados, incomprendidos, devotos dos camiños do exceso e con escaso apego á saúde\". Mártires do rock, desde Janis Joplin a Kurt Cobain, de Sid Vicious a Amy Winehouse, e tamén poetas como Baudelaire, o Conde de Lautréamont ou Leopoldo María Panero. \"Vidas tráxicas e bohemias coas que se podería debuxar un santoral negativo\", engádese dende a organización do ciclo. A asistencia é de balde, previa inscrición a través da web do evento. De forma paralela, nenos de entre 5 e 12 anos poderán achegarse ao tema do maldistimo nas artes a partir das obras O Retrato de Dorian Gray, Frankestein e Drácula como expoñentes universais do concepto romántico de maldistismo. A sesión infantil comezará cunha sesión de contacontos adaptado ao público infantil da historia contada nas novelas. Explicarase a trascendencia que tiveron no imaxinario artístico universal, asociándoo a temas e obras de moda como Crepúsculo. Falarase do éxito e do fracaso e plasmarán un imaxinario propio de artistas, personaxes e arquetipos malditos do romanticismo nun mural colectivo. Falarase de mártires do rock, desde Janis Joplin a Kurt Cobain, de Sid Vicious a Amy Winehouse, e tamén poetas como Baudelaire, o Conde de Lautréamont ou Leopoldo María Panero Será a derradeira acción do ciclo Nexos, que dende o 1 de febreiro propuxo un diálogo entre a literatura e outras áreas de coñecemento, a ciencia, as artes, o pensamento, ou a sociedade. Nas sesións anteriores, explorouse a pegada bélica na cultura europea cando se cumpre un século da I Guerra Mundial; debateuse se as letras das cancións se poden considerar un xénero literario; e rendéuselle unha homenaxe a Octavio Paz."}
{"ID": "NOS_48950", "summary": "Xerais acaba de poñer en marcha unha campaña que anima a escritoras e escritores editados en distintas coleccións do seu catálogo a ler a primeira páxina dun dos seus libros.", "text": "Coa súa actividade en curso, mais sen facturar, a editorial Xerais leva publicados xa máis dunha trintena de vídeos nas súas redes sociais coa lectura que outras tantas autoras e autores das súas diferentes coleccións lle fixiron chegar con motivo da campaña #envozpropia. Dende Xerais convidamos ás nosas autoras e autores a ler a primeira páxina dun dos seus libros.Cada día invitaremos a unha persoa que, contestando ao chío convite, responderá co vídeo colocando as etiquetas #envozpropia #librosxerais #literaturagalega #quedanacasa— Xerais (@Xerais) March 18, 2020 A experiencia comezou a pasada fin de semana co convite que Xerais lle enviou á escritora Ledicia Costas e que a autora respondeu coa lectura da primeira páxina do seu libro Infamia. A esta primeira achega sumáronse, co paso dos días, as voces de María Reimóndez, Rosa Aneiros, Ramón Nicolás, Xabier Quiroga, Iolanda Zúñiga, Santiago Lopo, Suso de Toro e Marilar Aleixandre entre outras autoras e autores. #envozpropia nas redes Con motivo do confinamento, a serie continúa. Pódese acceder a todos oos vídeos completos da campaña #envozpropia a través da canle de Xerais en YouTube ou das súas contas en Twitter, Facebook e Instagram."}
{"ID": "NOS_11158", "summary": "Rego reclama ao Estado que non se deixe \"arrastrar a este conflito pola actitude militarista da OTAN e dos Estados Unidos\".", "text": "\"A decisión do Goberno español de ofrecer á OTAN o envío de efectivos militares ao leste parécenos profundamente desacertada\", defendeu esta sexta feira o deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego. A formación nacionalista critica que non se aposte pola desescalada nas tensións, a vía diplomática e o diálogo, e que en cambio, o Executivo estatal tome \"o camiño de contribuír para o aumento da tensión bélica na zona. É un erro\", resolveu. Asemade, o deputado alertou do risco de que o Estado \"se deixe arrastrar a este conflito pola actitude militarista da Organización do Tratado Atlántico (OTAN) e dos Estados Unidos (EUA) e polos intereses xeoestratéxicos desta potencia imperialista\", o que o leva a reclamar a \"neutralidade activa\". \"A pregunta evidente é se o PSOE quere cometer os mesmos erros do Partido Popular de [Jose María] Aznar, converténdose no partido da guerra en vez de apoiar todas as iniciativas de paz\", asegurou Rego. Subliñando que calquera envío de efectivos militares ten que ser debatido no Congreso, o lexislador do BNG adiantou que rexeitan que o Exército español se despregue no mar Negro e nos países do leste de Europa. Ademais de recomendar que se opte polo diálogo, Rego incidiu en que hai espazos como a Organización das Nacións Unidas \"para lograr a desescalada das tensións e procurar unha solución estábel sobre a base do respecto á soberanía dos pobos\". Estas declaracións chegan despois de que a ministra de Defensa, Margarita Robles, anunciara que o Estado está disposto a enviar militares á zona en apoio da posición dos EUA. A tensión en Ucraína medrou por mor do intento da OTAN, encabezada polos EUA, de expandirse cara ao leste, o que é criticado por Rusia polo intento de instalar sistemas de ataque xusto nas súas fronteiras."}
{"ID": "NOS_4861", "summary": "A unha semana de que se desenvolvan en Escocia unhas eleccións decisivas para o futuro do país, co 'indyref2' sobrevoando Londres, ducias de intelectuais dos 27 Estados membros e de todas as nacións do Reino Unido manifestaron o seu apoio a que a cidadanía escocesa elixa o seu futuro. E que este pase pola súa rápida volta á UE.", "text": "A novelista italiana Elena Ferrante, o filósofo e crítico cultural esloveno Slavoj Žižek, a socióloga neerlandesa Saskia Sassen. Son tres dos perto de 200 asinantes dunha carta aberta en que se lle solicita aos líderes en Bruxelas e dos Estados membros que se facilite o regreso á UE dunha Escocia soberana. E o que é máis importante, que se manifeste \"con antelación a un referendo de independencia\" hipotético. \"Somos europeos de todo o continente e de arredor do mundo. Naturalmente, estamos en desacordo sobre moitas cousas. Mais todos concordamos nisto: queremos que a xente de Escocia saiba que os europeos de todas as partes a recibirían de volta na UE cos brazos abertos de ser ese o seu desexo democrático\", sinalan ao inicio da misiva. Argumentan que no referendo do Brexit de 2016 en ningún dos distritos electorais escoceses venceu a opción de abandonar a UE, e que no cómputo nacional 62% de Escocia votou a favor de permanecer no bloque comunitario. \"Porén en 2020, Escocia foi apartada da UE canda ao resto do Reino Unido\", afirman. A solicitude por parte de Edimburgo para que se desenvolva un segundo referendo de independencia ─o popularmente coñecido como indyref2─ foi denegada até agora por Londres. Mais os asinantes asumen que se acabará facendo, e que en tanto que duren as negociacións \"non deberiamos permanecer parados\". Circunstancia excepcional \"É unha circunstancia sen precedentes e require dun pensamento innovador por parte da UE. Polo tanto, solicitámoslles que se aseguren de que a UE marca un camiño claro para que Escocia se converta nun membro con antelación a calquera referendo de independencia\", apuntan os asinantes, de todos os Estados membros da UE e de todas as nacións do Reino Unido, como a poeta escocesa Jackie Kay ou o novelista inglés Ian McEwan. Recoñecen que no proceso habitual de ingreso, Bruxelas só se pronuncia no caso dunha petición por parte dun país independente. Mais ─sosteñen─ \"Escocia merece un proceso diferente\". Arguméntano sinalando que, malia ser legalmente parte do Reino Unido e, polo tanto, non poder negociar directamente coa UE, Bruxelas si que \"pode declarar que, dado que Escocia xa fixo parte da UE, en caso de se converter en independente legal e democraticamente, non necesita postularse como un candidato de 'novo' acceso\". Apoio económico A súa proposta é a seguinte: \"Unha oferta unilateral e aberta de ingreso\" por parte da UE e dos Estados membros. Unha proposta \"excepcional\" dadas as circunstancias de Escocia. Excepcionalidade que xa se dá ─sinalan─ no caso de Irlanda do Norte. O 29 de abril de 2017, o Consello Europeo aprobou ─a petición da República de Irlanda─ que os seis condados da illa baixo soberanía británica puidesen pasar a ser automaticamente parte da UE de se aprobar en referendo a reunificación irlandesa. Ademais, piden á UE que apoie economicamente o Goberno de Escocia neses meses de transición entre a hipotética declaración de independencia e o seu regreso ao bloque comunitario. A carta, que asinan tamén famosos artistas como o actor escocés Brian Cox ou o produtor musical inglés Brian Eno, fai un chamamento aos valores de \"solidariedade e democracia\" polos que segundo eles se debe guiar a cidadanía europea. Neste sentido piden o apoio á \"elección democrática de Escocia sobre o seu futuro\". É dicir, apoio ao indyref2. Publicada onte pola mañá na web Europe for Scotland, a unha semana das eleccións escocesas do 6 de maio, a misiva aspira a sumar máis asinantes, entre os que xa están o historiador alemán Jan Assmann, o xornalista italiano Roberto Saviano ou o economista belga Philippe van Parijs."}
{"ID": "NOS_38948", "summary": "A elite galega do balonmán regresa con derrotas despois de seis meses de parada", "text": "Disque o dous vai despois do un e antes do tres. Pero, como explicaba sen misericordia a personaxe de O'Brien a Winston Smith nas dependencias do Ministerio do Amor na novela de Orwell 1984, \"2+2 poden ser 5\". Atendendo a ese razoamento podemos comprender que este ano a Liga Asobal, a máxima categoría do balonmán a nivel estatal, comece na xornada 2 e que, unha vez rematada, pase a disputarse a cuarta. Mais, chanzas a un lado, todo ten unha explicación: a presenza de casos positivos en Covid-19 nalgúns clubes levou a tomar esta peculiar medida, ante a ausencia dun protocolo de actuación unificado que xa debería de estar en vigor. O Palacio Municipal dos Deportes de León foi o escenario escollido para o inicio da tempada na XXXI edición da Asobal, nun encontro que enfrontou o Abanca Ademar de León co Club Balonmán Benidorm, un choque que foi inmediatamente seguido polo debut do primeiro dos dous equipos galegos que son da partida na competición, o Frigoríficos do Morrazo Balonmán Cangas. Lamentabelmente, a ledicia por volver disputar un partido despois de seis meses axiña quedou opacada pola impotencia no xogo ante un Bidasoa Irún que se mostrou superior en todo momento e asinou ante os do Morrazo unha cómoda vitoria por 22-35, nun encontro que tiña controlado e sentenciado xa no primeiro tempo (10-18 no minuto 25). Con todo, comezou dominando o conxunto galego (asinando parciais de 3-1 e 5-4), pero as súas perdas de balón en ataque e o brazo do lateral -e letal- húngaro Donat Bartok, que anotou seis tantos no primeiro tempo, axiña cambiaron as tornas. O adestrador do Frigoríficos, Nacho Moyano, pediu tempo morto e variou o seu sistema defensivo, pasando do 6-0 ao 5-1, con Dani Fernández de avanzado, mais as numerosas perdas do seu equipo, demasiado acelerado, permitiron ao Bidasoa romper o choque grazas á súa efectividade no contraataque. Esas continuas perdas na circulación foron un lastre durante todo o partido para un Balonmán Cangas que na segunda parte xa rotaba pensando no derbi do próximo sábado contra o Cisne, un rival directo na pelexa por eludir o descenso. Os de Pontevedra, pola súa banda, estreáronse na máxima categoría no pavillón do histórico Granollers catalán co \"único soño da permanencia\", como sinalou na previa o seu técnico, Javier Fernández 'Jabato'. En Granollers, o Cisne plantou cara a un rival superior, chegando mesmo a estar por diante no marcador logo do tempo de descanso (12-13), pero o maior fondo de armario dos seus rivais impúxose e perderon 27-21."}
{"ID": "NOS_14603", "summary": "A Consellaría de Cultura promove un concurso literario só en español. Faino a través da Fundación Cela, entidade de carácter público cun padroado presidido polo Conselleiro de Cultura.", "text": "\"Cultura e Educación, a través da Fundación Camilo José Cela, arranca o ano cunha intensa programación na que destaca a conmemoración do XIII aniversario do pasamento do Premio Nobel padronés\", é o título da información que a propia Consellería recolle na súa páxina web, anunciando a programación da Camilo José Cela na que se inclúe un concurso de microrrelatos nas categorías infantil, xuvenil e adultos só en idioma español. A programación inclúe tamén a \"tradicional misa funeral\" na Igrexa de Santa María de Adina que se desenvolverá o vindeiro día 22 ás 19 horas. Segundo a Consellaría, no programa de actividades \"destaca a conmemoración do XIII aniversario do pasamento do Premio Nobel padronés\". A programación prepara, no ano previo, o centenario do nacemento de Camilo José Cela e, nesta edición, o concurso de microrrelatos homenaxeará a obra \"Viaje a la Alcarria\" polo que os pequenos relatos terán que comezar co inicio dese libro do Nobel: El viajero está echado, boca arriba, sobre una chaise-longue forrada de cretona…\". A plataforma creada arredor do concurso, microrrelatosfcjc.com, está operativa desde este sábado pasado. A Xunta reservou nos orzamentos de 2015 unha partida de 257.294 euros para a Fundación Cela, fundación de carácter público despois de ser rescatada polo goberno galego, que conta cun padroado presidido polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez."}
{"ID": "NOS_38749", "summary": "Manifestacións e actos políticos e festeiros enchen prazas, parques e carballeiras en Compostela neste 25 de xullo. As manifestación do BNG sairá ás 12 da Ferradura, como todos os anos, e despois Nós-UP e Causa Galiza comezarán no mesmo lugar a súa marcha. CompromisoxGaliza e Anova optaron por actos políticos e festivos en parques e prazas da cidade.", "text": "\"Rescata os teus dereitos. En Bloque podemos!\" é o lema da manifestación que, como todos os anos, o BNG inicia na Ferradura con remate na Quintana. Desde o 24, no Campus Sur os nacionalistas organizan o Festigal, un encontro de música, literatura e debate que xa se convertiu nun encontro obrigado na Compostela da Patria. Causa Galiza co fin de reivindicar a \"liberación nacional e social\" do país promove unha manifestación con saída da Ferradura ás 13 horas nunha xornada que se completará á tarde cunha romaría popular no Parque de San Roque. Apoian tamén a convocatoria de Ceivar particinpando na V Cadeia Humana pola Liberdade d@s Pres@s Independentistas do 24 de Xullo. Entre a do BNG e a de Causa Galiza ten previsto a saída tamén da Ferradura a marcha de Nós-UP que desde as 12.30 convocará co lema \"Nem Espanha, nem uniom Europeia, nem FMI. Indepêndencia, Socialismo, Feminismo\". O remate está p revisto na Praza do Toural coa intervención de Alberte Moço e Rebeca Bravo. CompromisoxGalicia optou na súa primeira convocatoria no Día da Patria por un acto político no Parque de Bonaval que terá lugar nunha xornada con inicio ás 9.30 e remate ás 24.00 con xogos populares, actuacións musicais e debates. O acto político terá lugar ás 12.30 coas intervencións de. Sara Torreiro, Xosé Manuel Pérez Bouza, Xabier Oviedo, Paulo Carlos, Chus Boo, Teresa Táboas, e Xoán Bascuas Tamén Anova-Irmandade nacionalista convoca o 25 un acto na Praza de Mazarelos con intervencións políticas que rematarán co discurso de Xosé Manuel Beiras. para continuar logo coa xornada festeira no parque de Belvís."}
{"ID": "NOS_26146", "summary": "Unha delegación da Cámara galega defenderá o traspaso no Congreso.", "text": "O Congreso dos deputados deu luz verde para que se poida debater a proposición de lei para a transferencia a Galiza da AP-9. Así, mentres o Senado inicia os trámites da terceira petición do Parlamento de Galiza para que se transfira a Autopista do Atlántico, a primeira proposición ten luz verde (ano e medio despois) para o debate no Congreso: a proposición de lei que agora se vai debater é a de 2017. Unha delegación da Cámara galega será quen defenda esta iniciativa. Estará composta por tres representantes: Martín Fernández Prado (PPdeG), Antón Sánchez (En Marea) e Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG). O BNG fica fóra por ser a forza con menos deputados no Parlamento galego. Porén, a terceira proposión aprobada polo Parlamento para levar ao Congreso o debate desta transferencia ten adiada a designación da comisión que a defenda após as queixas do BNG por ficar excluído."}
{"ID": "NOS_10395", "summary": "Por segundo ano a A.C. Francisco Lanza engalana os balcóns de Ribadeo con poemas. Desta volta, Rosalía é a protagonista.", "text": "Os balcóns de Ribadeo locen poemas de Rosalía de Castro, na conmemoración de 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. É a segunda edición da proposta da Asociación Francisco Lanza de levar a poesía ás rúas tendo como soporte privilexiado os balcóns da casa. O pasado ano foron poemas de autores galegos e estranxeiros os que locían nas casas de Ribadeo. As lonas cos versos rosalianos ficarán penduradas das balconadas durante todo o mes de setembro. O próximo día 22 ás 20.30 un recital no que participarán veciños e veciñas completará a iniciativa poética da Asociación Cultural Francisco Lanza. A iniciativa \"Palabras no balcón\" conta co apoio do Concello de Ribadeo."}
{"ID": "NOS_17485", "summary": "Baixo o lema \"a forza do noso pobo\", Nós, Candidatura Galega abriu a precampaña cun acto que tivo lugar na mañá do domingo en Compostela que xuntou perto de 2.000 persoas. \"Estando nós, Galiza está\" foi unha das consignas máis coreadas polo público.", "text": "Música, optimismo, ilusión e alegría mesturáronse con reivindicacións e chamadas a defender os intereses dos galegos e galegas sen dependencias alleas ao país. Pasadas as 12h, os bombos e das gaitas anunciaba o comezo do acto co que Nós, Candidatura Galega abriu a precampaña na mañá deste domingo en Compostela. Tras a música, Isabel Risco e O Carrabouxo repartían castañas entre as persoas asistentes, que aplaudiron cada chanceo da artista e do artista sobre o panorama político no que terán lugar as eleccións xerais. O amplo abano de intervencións políticas iniciouse coas palabras de Helena Pérez, que, en representación de Iniciativa pola Unión, lembrou como xermolou a candidatura, homenaxeou as Irmandades da Fala e salientou a convocatoria de primarias abertas e o programa electoral colaborativo. A continuación, agradeceu o traballo das forzas políticas que forman parte da coligazón: Partido Galeguista, Partido Comunista do Pobo Galego, Coalición Galega, Fronte Obreira Galega e Bloque Nacionalista Galego, que recibiron unha grande ovación por parte das persoas asistentes. O acto contou coa intervención dun amplo abano de representantes que encarnan as distintas loitas sociais Após a apertura a cargo de Helena Pérez, tiveron lugar as intervencións das candidatas e candidatos que encarnan as distintas loitas sociais. Así, Xosé Leirós falou dos emigrantes retornados; Vanesa Nieves, do calote das preferentes e Carlos Alberte Lamazares, quen subliñou que \"Nós é a única tractorada que pode defender este país\", aludiu á crise leiteira. Tamén interveu Tareixa Novo, quen defendeu a cultura galega e mesmo cantou, acompañada do público, a capela. Manolo Presas reivindicou a loita dos mariñeiros do cerco á vez que o público berraba \"nin na terra nin no mar, non nos deixan traballar\". Montse Porteiro referiuse, a continuación, aos recortes que sofre a sanidade e Djiby Fall e Cheikh Faye tomaron a palabra expoñer as semellanzas entre o colonialismo que sofren no Senegal co colonialismo que sofre Galiza. Estas dúas persoas de nacionalidade senegalesa decaeron das listaxes por careceren o seu país dun convenio co Estado español que lles permitise votar e ser votados. Tres cadeiras baleiras simbolizaron a emigración xuvenil Entre as candidatas e candidatos que permanecían sobre o escenario, destacaban tres cadeiras baleiras que simbolizaban a emigración da mocidade. Eran os asentos de tres mozos e mozas que se atopaban en Londres e en Barcelona. A súa voz, a través dunha peza audiovisual, tamén estivo presente no acto de Nós, Candidatura Galega. Tamén falaron os candidatos e candidatas ao Senado: Segundo González, Xabier González, Alba Cuba e Xosé Luís Rivas, \"Mini\". Un dos momentos máis ovacionados chegou coas intervencións de Francisco Rodríguez, Rosana Pérez e Olaia Fernández, que deron conta dos vinte anos de representación do nacionalismo galego no Congreso. Cando o acto, que durou ao redor de dúas horas, chegaba á súa fin, tomaron a palabra as cabezas de lista de Nós, Candidatura Galega. Noa Presas, candidata por Ourense, referiuse aos problemas que sofre a mocidade e a unha constitución que non garante os dereitos dos galegos e galegas. Olalla Rodil, candidata por Lugo, aludiu á capacidade de Galiza para producir e apelou as persoas presentes a sorrir e a \"sentir o orgullo de pertencer a esta terra; de vivir, traballar e loitar por ela\". Callón reivindica Nós como \"única candidatura de país, coherente e de esquerdas\" Carlos Callón, candidato pola Coruña, reivindicou Nós como a \"única candidatura de país, coherente e de esquerdas\". Foi moi crítico do tratamento que sofre a lingua como \"residuo tóxico\" por parte do Partido Popular. A xornada finalizou coas palabras de Carme Adán, candidata por Pontevedra, quen agradeceu o labor do BNG no Congreso e quen reivindicou unha tarifa eléctrica galega e solucións á crise gandeira, aos desafiuzamentos, á crise do naval ou á falta de crédito que padecen as familias. Arrincou un sonoro aplauso cando reclamou un Estatuto de Vítima de feminicidio. As intervencións das candidatas e candidatos tecéronse coas intervencións sagaces de Isabel Risco e do Carrabouxo e da música do guitarrista Paco Barreiro e mais da alegría dos Tres Trebóns, que foron quen de erguer os candidatos e candidatas das súas cadeiras para bailar."}
{"ID": "NOS_40361", "summary": "Diversos proxectos locais pulan pola xeración de valor engadido para o leite através da súa transformación en queixos, iogurte ou xeados.", "text": "Galiza é a maior produtora de leite de todo o estado e o terceiro territorio da Unión Europea. Porén, tamén lidera o ránking dos que perciben o prezo máis baixo en orixe. A crise do sector lácteo deixou en evidencia que o seu futuro pasa por apostar na xeración de valor engadido afastándose dun modelo excedentario que envasa case exclusivamente cartóns de leite crú. Nesta liña foron históricas demandas como a do grupo lácteo galego, defendido polo nacionalismo, e algunhas propostas coñecidas nos últimos días e impulsadas polos colectivos de gandeiros. Porén, na Galiza agroman múltiples proxectos que desde o local están a apostar na produción de derivados. Unha fórmula que malia as innovacións introducidas bebe directamente da tradición popular. Eis o caso de Arqueixal, un proxecto integral que vai para alén da produción e comercialización de queixos, iogurte e leite fresco para se abrir ao ecoagroturismo ou turismo consciente. Con José Luís, o seu fundador, conversamonos no nº180 do semanario en papel -nos quiosques esta quinta feira 21 de xaneiro- nunha reportaxe da que tamén fai parte Jesús Otero da Granxa O Cancelo, unha iniciativa que ten como obxectivo demostrar que hai futuro arredor do leite. Da explotación que xire saen xeados artesáns mais tamén coñecemento através de programas de formación e asesoramento para outras granxas. Podes ler a reportaxe 'O leite, para alén das industrias' no novo número do semanario. Á venda a partir desta cuarta feira á noite na nosa loxa e da quinta feira nos puntos habituais de venda."}
{"ID": "NOS_44267", "summary": "A central nacionalista celebrou esta quinta o acto anual no que fai entrega de ambos recoñecementos.", "text": "Esta quinta feira tivo lugar en Santiago de Compostela o acto anual co que a Confederación Intersindical Galega conmemora de maneira conxunta o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) e o Día da Clase Obreira Galega (10 de marzo). Nel estiveron presentes representantes de diversas organizacións sociais, estudantís, culturais. Tamén participaron o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o portavoz nacionalista no Parlamento Galego, Francisco Jorquera, e Martiño Noriega en representación de Anova. O evento encetou cunha emotiva homenaxe aos compañeiros Ramón Cortés (banca), Xermán Rey (Saúde), Xosé Manuel Álvarez (Alcoa), Xoan Vicente Ruiz (electricista) e á compañeira Dores Gestoso (ensinante), quen faleceron no decorrer do último ano. No seu nome familiares e compañeir@s do sindicato recolleron unha peza de cerámica conmemorativa da feitura de Julia Arias. Premio Dez de Marzo ao plantel de EINSA, polo éxito da súa folga de vintecinco días O Secretario Xeral da CIG foi o encargado de facer entrega do Premio Dez de Marzo. Xesús Seixo afirmou que coma en anos anteriores acharon dificultades para escoller un só conflito que significar con este recoñecemento, dado que \"son moitos e moi duros\". Desta volta a figura de cerámica que simboliza a loita da clase obreira galega foi parar á sección sindical da CIG de EINSA, empresa de artes gráficas d'As Pontes. Seixo explicou que o premio quere recoñecer a loita das e dos 300 traballadores de EINSA quen cunha folga de 25 días foron quen de facer recuar á empresa na súa pretensión de impor unha rebaixa salarial do 30% e de despedir a un 10% do plantel. \"A empresa quería aforrar 2,4 millóns de euros a costa dos salarios dos traballadores, logo de teren recibido 50 millóns en subvencións\" denunciou o responsábel da CIG na empresa. Malia non presidir o Comité de Empresa, mais contando co apoio do persoal de talleres a CIG liderou o conflito que finalmente logrou reducir a rebaixa salarial até só o 5% e impediu os despedimentos. \"Sen capacidade de decidir non temos futuro, a única posibilidade de avanzar cara unha sociedade xusta e igualitaria pasa pola soberanía\" dixo Seixo No seu discurso, Xesús Seixo, significou a forte conflitividade e os importantes procesos mobilizadores de carácter sindical que tiveron lugar nos últimos doce meses, salientando de maneira singular a folga xeral do 29 de marzo do ano pasado, da que reivindicou ter sido resultado da iniciativa do sindicalismo nacionalista de Galiza e Euskadi. A respecto da situación que atravesa a clase traballadora galega Seixo sinalou que \"enfrontamos a destrución masiva do noso tecido produtivo\" que exemplificou nos 160.000 postos de traballo que se destruíron en Galiza nos últimos anos e na elevadísima taxa de desemprego. \"Se sumaramos a xente que se ve forzada a emigrar por non ter traballo, o paro atinxiría en realidade máis do 25%\" dixo, responsabilizando desta situación ás políticas \"que nos colocan nun camiño sen saída, baixo a batuta da Unión Europea\". Ademais da demanda de emprego digno, a negociación colectiva e a reivindicación de soberanía, completan o eixo reivindicativo co que a CIG convoca mobilizacións nas sete cidades galegas para este domingo 10 de marzo. \"Están a levar a negociación colectiva a un instrumento inservíbel. A patronal está a chantaxearnos para poder empobrecer as condicións salariais e de traballo, premendo co risco de que os convenios desaparezan por mor da limitación que o PP impuxo á ultravixencia\" denunciou o máximo responsábel da central nacionalista. Seixo fixo tamén unha mención expresa á demanda de plena soberanía política para Galiza. \"Sen capacidade de decidir non temos futuro, a única posibilidade de avanzar cara unha sociedade xusta e igualitaria pasa pola soberanía\" clamou, asegurando que \"non é unha reivindicación só identitaria, senón imprescindíbel para un desenvolvemento social e económico favorábel ás clases populares\". Por derradeiro o secretario xeral da CIG fixou que os obxectivos do sindicato pasan por reforzar a presenza nos centros de traballo e a conflitivdade.\"Organización e loita é o camiño\" concluiu. Premio Oito de marzo a Berta Castaño, acosada e despedida por ser nai e sindicalista O segundo premio é o 8 de marzo, que a CIG entrega en recoñecemento de conflitos ou compañeiras que se significaron desde unha perspectiva de xénero. Desta volta o recoñecemento recaeu en Berta Castaño, traballadora e delegada da CIG no Comité de Empresa da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza. Marga Corral: \"Estamos fartas destes sistema, de sermos discriminadas. Estamos fartas do PP e das súas políticas neoliberais e conservadoras\" Castaño padece desde hai varios anos o acoso laboral da empresa que mesmo se materializou no seu despedimento ficando embarazada. Nese momento a xerenta do ente era Covadonga Toca, quen posteriormente sería promocionada polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ao cargo de directora do IGAPE. A pesar de ter que ser readmitida por mandato xudicial, o acoso prosegue en forma de illamento, retirada de tarefas ou cambios arbitrarios nas funcións do seu posto. O de Castaño non é un caso singular. Xunto a ela outras compañeiras foron despedidas por estaren embarazadas, durante o período de maternidade ou ao reincorporarse deste. En total cinco casos semellantes. Desde a CIG denuncian que para alén da discriminación por carácter de xénero engádese amais a represión sindical. Das sete persoas que decidiran integrar a candidatura da CIG nas eleccións sindicais cinco foron despedidas. \"Mesmo se deu o caso de que apenas trinta minutos despois de asinar a candidatura un ncompañeiro era despedido\" salientou a homenaxeada, quen ao recibir o recoñecemento agradeceu o apoio recibido polo sindicato nacionalista e afirmou que \"o camiño é defender os dereitos a pesar de todos os atrancos\", recibindo unha forte ovación do público. Antes da entrega do premio a Secretaria Confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral, fixo un repaso sobre os principais conflitos laborais que implicaban problemática de xénero aliás de resltar a participación activa das mozas e mulleres nos procesos mobilizadores desenvolvidos o pasado ano. Na súa intervención Corral afirmou que \"o sistema capitalista sigue abrindo fendas sociais máis tamén de xénero, seguimos oprimidas como en 1911\", facendo referencia á data na que a iniciativa da comunista Alexandra Kollontai se institucionalizaba na Unión Soviética o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, presentado naquela altura como o \"Primeiro de maio femenino\". \"Estamos fartas destes sistema, de sermos discriminadas. Estamos fartas do PP e das súas políticas neoliberais e conservadoras que só benefician á banca\" clamou Corral nun discurso no que fixo unha debullada relación das causas e factores que arestora continúan a xerar e alargar a desigualdade, para concluír cunha firme advertencia fortemente aplaudida: \"Non imos permitir ningún retroceso nos nosos dereitos\"."}
{"ID": "PRAZA_4691", "summary": "A FEMP confírmalle ao Concello de Lugo que terá que ter o visto e prace do Goberno autonómico para continuar coas súas políticas de emprego, o que xa lle obrigou a suspender unha convocatoria de axudas a pemes.", "text": "A reforma local ten en pé de guerra os alcaldes galegos. Cunha soa voz e a través da Fegamp, os municipios do país manifestaron o seu rexeitamento a unha normativa que entra en vigor e que a maioría cualifica de \"recentralizadora, privatizadora e de perda de autonomía local\", ademais de denunciar que \"ignora a realidade de Galicia\". Os concellos de menos de 20.000 habitantes son os máis afectados pola perda de servizos públicos e sociais que lle supón, pero as consecuencias ameazan a todos. Un informe da FEMP confírmalle ao Concello que terá que ter permiso da Xunta para continuar cos seus programas de emprego A perda de competencias municipais e de autonomía local, así como a falta dunha normativa clara sobre as funcións dos concellos, provocan tamén disfuncións nos grandes municipios. Así, o de Lugo denuncia a que será unha das máis polémicas consecuencias da reforma local: os concellos terán que pedir permiso á Xunta para levar a cabo programas como os de fomento do emprego, tal e como confirmou a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) ao Concello de Lugo a través dun informe xurídico. Respondía así a FEMP ás dúbidas do Concello de Lugo sobre a posibilidade de seguir desenvolvendo programas de emprego e sobre a súa intención de poñer en marcha medidas coas que fomentar o emprendemento, tal e como leva facendo anos. A resposta é clara: tras a entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, o municipio deberá contar co permiso da Xunta. O goberno local tivo que suspender a convocatoria dunha subvencións a pemes á espera do visto e prace da Xunta A concelleira de Economía lucense, Sonia Méndez, advertiu así de que o goberno local se viu obrigado a suspender a convocatoria da liña de subvencións por importe de 450.000 euros e que ía destinada a pequenas e medianas empresas de Lugo. As bases da convocatoria de axudas a pemes só estaban pendntes de publicación, pero agora quedará en suspenso á espera de que a Xunta dea o seu visto e prace para unhas subvencións que se financia exclusivamente con fondos municipais. \"Hai que agardar o informe preceptivo e vinculante da Xunta de Galicia\", aclarou a concelleira, que volveu reclamar en nome do goberno local a derrogación da reforma local e que \"se resolva dunha vez o problema competencial das administracións locais que esta lei non fixo máis que agravar\". O Concello de Lugo advirte do posible atraso no permiso da Administración autonómica ou incluso na non contestación e lembra que a Xunta \"nin tomou iniciativa ningunha nin convocou os concellos para explicar que procedemento se debe seguir\". \"Mesmo seguen a sacar convocatorias, como a de axentes de emprego, para os concellos que non podemos exercer estas competencias, iso si, financiando só o 29%\", engadiu. \"Desde o Goberno central prohíbese aos municpios contratar persoal e asumir estas competencias e desde a Xunta finánciase só o 29%\", exemplifica para rematar."}
{"ID": "NOS_22470", "summary": "Sermos Galiza superou o limiar dos 5 millóns de páxinas vistas, segundo Google Analytics, e no conxunto das redes continúa a ser o dixital líder.", "text": "2016 foi un bon ano para Sermos Galiza, que mantén a súa liña ascendente como mostra a súa penetración nas redes sociais. O dixital fechou o exercicio con 5.170.698 páxinas vistas, para un total de 571.884 usuarias e usuarios únicos. A percentaxe de novas sesións -de persoas que accedían a Sermos por vez primeira- acadou o 30,55 por cento. Unha visita promedio en SermosGaliza.gal dura 9 minutos e 4 segundos. As tres pezas con máis leituras do ano foron o artigo de Manuel Veiga Por que Votei PP, con 22.588 leitoras e leitores, a información sobre a morte do músico Fran Pérez Narf, con 15.888, e o recente artigo sobre Pardo de Cela, con 14.769. No conxunto das redes (a suma de seguidoras de Facebook e Twitter), Sermos continúa a liderar os dixitais galegos que non son a réplica dunha publicación diaria impresa, cun total de 39.395 amigas e amigos (21.896 en Facebook e 17.499 en twitter)."}
{"ID": "NOS_2082", "summary": "A RAG dedicará o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego, segundo se decidiu no pleno celebrado hoxe. Na mesma sesión foi elixida académica electa María López Sández.", "text": "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). O pleno da institución, reunido hoxe en sesión ordinaria, acordou homenaxealo o vindeiro 17 de maio, cadrando coa celebración do sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas, do que foi inspirador, e os cento dez anos do seu nacemento. Membro da nova xeración de intelectuais que lle deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, Francisco Fernández del Riego foi un loitador cultural incansable que chegou a se converter nunha auténtica institución do país, respectado por todos e aberto ás diversas manifestacións do galeguismo. Foi unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu dende a política, a creación e crítica literaria á edición. A comezos dos anos 50 foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, e na última etapa da vida presidiu a Real Academia Galega (1997-2001). Francisco Fernández del Riego ingresou como membro de número da RAG no ano 1960. Tres anos despois, a institución dedicáballe a Rosalía de Castro, no centenario de Cantares Gallegos, o primeiro Día das Letras Galegas, unha proposta que, co apoio das sinaturas dos académicos Ferro Couselo e Gómez Román, presentara ao pleno. Con só 20 anos, os seus compañeiros elixírano para pronunciar o discurso de representación do alumnado na inauguración oficial do curso 1933-1934, no que demandaba unha universidade foco de modernización e galeguización da sociedade. Fóra das aulas, fora membro do Partido Galeguista, secretario xeral da Federación de Mocidades Galeguista e, posteriormente, parte do Seminario de Estudos Galegos. Na etapa compostelá comezou tamén a escribir nos xornais como articulista, redactou manifestos, pronunciou discursos e conferencias, participou na constitución de Galeuzca e integrouse dende o primeiro momento na comisión encargada de redactar o proxecto do Estatuto de Galiza. A súa actividade foi tal que Ramón Piñeiro chegou a cualificar a súa voz como \"unha das manifestacións máis vibrantes do pensamento galeguista daqueles anos\" . Un ano para conmemorar o centenario de Fernández del Riego Ponte entre a Galicia interior e a do alén mar Coma moitos outros , Francisco Fernández del Riego sería pouco despois represaliado polos golpistas. Foi destituído como profesor de Dereito Civil da USC e tivo que abandonar Santiago de Compostela e instalarse en Vigo, onde era menos coñecido, e sobrevivir dando clases particulares. Despois dos anos máis escuros da posguerra, nos que mesmo tivo que ocultar o seu verdadeiro nome para gañar a vida, comezou de novo a escribir co pseudónimo de Salvador Lorenzana no xornal compostelán La Noche. Dende esta cabeceira, xunto a Ramón Otero Pedrayo, conseguiu que os temas sobre Galicia e a súa cultura acadasen cada vez unha maior presenza e proxección, atraendo canda eles plumas ata daquela caladas coma as de Florentino López Cuevillas, Valentín Paz Andrade, Vicente Risco, Ricardo Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro e os irmáns Álvarez Blázquez. Pero tan salientábel ou máis foi o seu labor de ponte entre a Galiza do interior e a do alén mar. A súa correspondencia con Luís Seoane mostra como o seu talante aberto e dialogante, xunto coa súa autoridade intelectual e inquebrantábel entusiasmo, conseguiron manter vivo un fío de entendemento entre eses dous xeitos de vivir a galeguidade. En América foi onde publicou tamén o seu primeiro libro, Cos ollos do noso esprito (Buenos Aires, 1949). Na década dos 50 do século pasado participou moi activamente nos diferentes proxectos que procuraban a recuperación do proceso cultural da Galizaa, nomeadamente na creación da Editorial Galaxia, da que foi secretario do consello de administración e máis tarde director xerente, e dende a que animou a novos escritores a crearen en galego. Foi tamén cofundador da revista Grial (1951) e da Fundación Penzol (1964), da que acabou sendo director ata o seu pasamento. Cando os grupos nacionalistas e resistentes antifranquistas máis novos comezaron a manifestar o seu rexeitamento ás posicións do galeguismo histórico, Fernández del Riego foi, unha vez máis, o elo que tentou manter canles de diálogo e achegamento. O seu nomeamento en 1997 como presidente da Real Academia Galega significou un cambio radical nas actividades desta institución, que se reactivaron significativamente e, sobre todo, se axeitaron aos novos tempos que estaban a vivir Galicia e o mundo. Don Paco del Riego Unha obra inmensa e que tocou case todos os xéneros A súa obra escrita, que tocou case todos os xéneros, foi inmensa, comezando polas súas colaboracións en practicamente todos os xornais da Galiza e nas revistas máis representativas do interior e da diáspora. Posiblemente o seu número, aínda sen catalogar, supere o milleiro de artigos. Participou en numerosos libros, propios ou colectivos, nos que acotío asinaba cos pseudónimos Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros, Adrián Solovio ou Adrián Soutelo. No eido do ensaio, case sempre sobre a produción literaria galega, asinou, entre outros títulos, Galicia no espello (Buenos Aires, 1954), Historia de la literatura gallega (Vigo, 1951), Escolma de poesía galega. Os contemporáneos (Vigo, 1955), Escolma de poesía galega. O século XIX (Vigo, 1957), Letras do noso tempo (Vigo, 1974), Diccionario de escritores galegos (Sada, 1990) ou Sinais dunha cultura (Pontevedra, 2003). A literatura de viaxes é outro xénero que cultivou en volumes como As peregrinacións xacobeas (A Coruña, 1983), A pegada das viaxes (Vigo, 2000), Portugal norteño (Vigo, 2000), a serie Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña, sentimental (Vigo, 2001-2003) e Lourenzá (2004). Escribiu, así mesmo, monografías sobre diversos autores da cultura galega, como A xeración Galaxia (Vigo, 1996), O señor da Casa Grande de Cima de Vila (Ourense, 1988), Antolín Faraldo, o gran soñador (Vigo, 1998), Con Pondal en Bergantiños (Sada, 2001) ou O Padre Sarmiento e Galicia (Vigo, 2002), e a novela O cego de Pumardedón (Vigo, 1992). Cun carácter autobiográfico, cómpre nomear O río do tempo. Unha historia vivida (Sada, 1990) e Camiño andado: memorias (Vigo, 2003). A súa traxectoria foi recoñecida en vida con numerosas distincións, entre elas o nomeamento de doutor honoris causa da Universidade de Vigo, o Premio Trasalba, ou a Medalla Castelao. María López Sández, académica de número electa Na sesión plenaria de hoxe, como anunciara Nós Diario, tamén se votou a favor de que a filóloga e escritora María López Sández (Lugo, 1973) ocupe a vacante producida polo pasamento do académico Darío Xohán Cabana o pasado mes de novembro. Profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática en excedencia do ensino secundario, a académica de número electa é investigadora da literatura galega e da sociolingüística, e tamén creadora literaria. Entre outros galardóns, mereceu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007 por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (Galaxia, 2008) e o Premio Repsol de Narrativa Breve (2012) por A forma das nubes. A traxectoria de María López Sández \"demostra un firme compromiso coa lingua e a cultura galegas dende unha perspectiva rigorosa e multidisciplinaria\", din desde a RAG. Licenciada en Filoloxía Galega, Hispánica e Inglesa,doutorouse en teoría da literatura e literatura comparada cunha tese na que analizou a descrición da paisaxe como unha das condicións simbólicas da nación a través de Rosalía de Castro, Ramón Otero Pedraio e Xosé Luís Méndez Ferrín. Neste mesmo tema centrouse o ensaio que lle valeu o Premio Ramón Piñeiro, unha obra de referencia na relación da literatura galega co territorio; e nel seguiría a afondar atendendo os imaxinarios rurais e urbanos no campo das letras galegas en autores como Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares e mais a análise semiótica da cartografía, subliñando a centralidade cultural do mapa de Domingo Fontán. A filóloga participou en proxectos que indagaron na relación entre lugares da xeografía galega e a literatura a través das humanidades dixitais e sobre Rosalía de Castro. O último deles dedicado á autora fundacional das letras galegas contemporáneas é o herbario literario Nasín cando as prantas nasen (2022), un achegamento botánico á obra rosaliana asinado xunto a María Isabel Fraga Vila e Miguel Fraga Vila. A contribución completouse cun herbario físico que, tras dar lugar a unha exposición no Real Xardín Botánico de Madrid, foi cedido á Casa Museo Rosalía de Castro, de cuxo padroado é membro. É ademais coautora d'O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021) xunto a Marilar Aleixandre, e coordinadora da sección \"O espello das letras\" da revista Grial. No campo da sociolingüística, ten realizado diversas contribucións dende o eido da educación. Coordinou o equipo de traballo da Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO (2020) e é coautora de Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames, ambas publicacións do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, do que é colaboradora. Como docente e experta en didáctica da lingua e da literatura publicou libros e outros materiais didácticos e imparte ás futuras e aos futuros mestres materias de perfil sociolingüístico dende unha ollada cara á promoción do galego no ensino ao longo de todas as etapas. Como creadora literaria, tras A forma das nubes (2012), gañadora do Premio Repsol de Narrativa Breve, publicou O faro escuro (2015), finalista do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia; A noite Deusa (2020), finalista do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; e Illados. Diario da pandemia (2020)."}
{"ID": "NOS_955", "summary": "No serán desta terza feira, Compostela acollerá dúas manifestacións xuvenís a prol da constitución dun Estado galego independente", "text": "Dentro do marco das mobilizacións programadas para o día da Patria Galega, a mocidade nacionalista repite este ano a súa convocatoria de celebrar mobilizacións pola independencia na véspera do 25 de xullo. Desta forma, esta terza feira 24, Galiza Nova celebrará a súa Ruada pola Independencia. A comitiva da organización xuvenil nacionalista sairá ás 19:30 horas desde o parque de Bonaval, en Compostela. Por outra banda, unha convocatoria unitaria de organizacións como Briga, Erguer e Isca! convocan a Marcha da mocidade galega pola independencia. A manifestación, que conta co apoio de 25 entidades, sairá ás 20 horas da Alameda compostelá. No ano pasado xa existiran dúas convocatorias paralelas de mocidade nacionalista. Hai que botar a vista atrás até 2016, último ano no que se rexistrou unha única Marcha Xuvenil Unitaria."}
{"ID": "PRAZA_9504", "summary": "A 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) celebrarase do 25 ao 31 de marzo. Ademais, a MICE afondará na relación entre música e etnografía e estreará en Galicia o filme Alentejo, Alentejo", "text": "A 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) celebrarase do 25 ao 31 de marzo. Nesta ocasión a MICE estará centradas en dous grandes temas. Por unha banda, as fronteiras físicas e simbólicas, vistas dende a perspectiva de xénero (sección Impropias, coordinada polas docentes e investigadoras Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro). Pola outra, a sección Trazas, programada polo Cineclube de Compostela, presenta unha selección de películas que xiran arredor da relación da música coa etnografía.\"As mulleres seguen sendo un colectivo en risco de exclusión, dobremente marxinado cando se fala de migracións e exilio\", din Ledo e Pérez Pereiro\"As mulleres seguen sendo un colectivo en risco de exclusión, dobremente marxinado cando se fala de migracións e exilio\", destacan as coordinadoras da sección Impropias, na que se poderán ver filmes como Performing The Border, de Ursula Biemann, un ensaio visual que nos achega ao espazo fronteirizo entre Estados Unidos e México, e que investiga a crecente feminización da economía global e o seu impacto nas mulleres mexicanas. Tamén se proxectarán Surname Viet Given Name Nam, da cineasta vietnamita Trinh T. Minh-Ha; Europlex, de Ursula Biemann e Angela Sanders; Mapping Journey #1, #2 e #3, de Bouchra Khalili; Tout le monde aime le bord de la mer, da cineasta galega Keira Espiñeira; e Hyohakusha (camiñante sen rumbo), das tamén galegas Xisela Franco e Anxela Caramés.A sección Trazas viaxará do pasado ao presente e tamén por toda a xeografía do planeta, da Coruña a Cuba, ou de Mauritania ao Reino Unido, para amosar esa relación entre música e extnografía. Poderán verse, por exemplo, os cantos de traballo dos presos negros en Afro-American Work Songs in a Texas Prison, da directora americana Toshi Seeger; as baladas británicas que pervivían a principios do século XX en Carolina do Norte en The End of an Old Song, do musicólogo John Cohen, ou o retrato dos instrumentos empregados na música cubana en Y tenemos sabor, de Sara Gómez.Alentejo Alentejo, do brasileiro Sérgio Trefaut, retrata a situación actual do cante coral alentexano ao falar das tensións entre a tradición e o mundo actualTamén se afondará nas comunidades que se constrúen arredor do baile en The Wigan Casino, de Tony Palmer; o rexistro do fenómeno fan en Heavy Metal Parking Lot, de Jeff Krulik e John Heyn; a convivencia de catro escenas musicais actuais no Sahel africano na peza I sing the Desert Electric, de Christopher Kirkley; o retrato do mito da rumba catalá, Peret, que fai Vincent Moon en Petites Planètes_ volume 5_ Peret. Ou a gravación do concerto debut da banda galega Telephones Rouges nun piso da Coruña, en rexistro[7]telephones rouges nun cuarto, de Rubén Domínguez.A longametraxe Alentejo Alentejo, do director brasileiro Sérgio Trefaut, pon o peche final á sección Trazas. Este documental retrata a situación actual do cante coral alentexano ao falar das tensións entre a tradición e o mundo actual e de como se relaciona a música propia dun pobo cos cambios no seu modo de vida. O filme de Trefaut foi premiado no IndieLisboa ou o DocsBarcelona e terá a súa estrea en Galicia na MICE."}
{"ID": "NOS_40418", "summary": "O informe da Real Academia Galega sobre a proposta de declarar a oficialidade do galego en Asturias -aínda que só no marco local- está provocando reaccións que mesturan o político co lingüístico. Falamos con Henrique Monteagudo, Catedrático de Filoloxía Galega e vicesecretario da RAG para delimitar os dous campos.", "text": "Hai algunha dúbida sobre que as falas da fronteira occidental asturiana son variantes do galego? A lingüística románica sempre considerou que conforman unha variedade do galego non moi distinta, por outra parte, das falas veciñas das comarcas lucenses. As propias persoas falantes dun e doutro lado da fronteira administrativa son conscientes de que empregan a mesma lingua. O informe da RAG critica a escolla do glotónimo \"eo-naviego\", que parece ter como finalidade, di, \"facer invisíbel a existencia do galego\" en Asturias. A propia Academia da Llingua Asturiana recoñeceu a denominación galego-asturiano que foi a denominación máis frecuente xa desde Murguía. Ese nome recoñece unha variedade do galego que tamén é asturiana. Máis desde hai unhas décadas foi materializándose un cambio: primeiro empregando o termo astur-galaico, e logo, eonaviego, que en realidade é un glotónimo acuñado para designar unha variedade dialectal do galego. Detectamos esa a tendencia a difuminar a orixe desas falas nalgunhas entidades de ámbito asturiano e a Academia ten o deber de subliñar que, sexa cal sexa a denominación que se empregue, trátase de variedades do galego. Eonaviego parece querer insinuar unha fala de transición entre o galego e o asturiano. Dentro da zona eonaviega existe, claro, unha franxa de transición entre galego e asturiano, na zona máis oriental, pero as falas propias desa área son galegas ao cento por cento. O caso asturiano é máis complexo porque, pretendendo a cooficialidade do asturiano, existe un sector que se empeña en situar o galego de Asturias na órbita desa lingua. Teme a Academia que poida suceder o mesmo que co catalán de Aragón, que acabou coa denominación oficial de LEPAO (Lengua Aragonesa Propia del Area Oriental)? No caso de Aragón, o cambio deuse nun contexto en que o recoñecemento que se lle dá ao propio aragonés é mínimo ou nulo: do que se trataba, en última instancia, era de reafirmar a exclusividade do castelán. O caso asturiano é máis complexo porque, pretendendo a cooficialidade do asturiano, existe un sector que se empeña en situar o galego de Asturias na órbita desa lingua. A RAG pide que se recoñezan os dereitos lingüísticos deses falantes en toda a comunidade asturiana. Nas propostas que hai sobre a mesa o recoñecemento dáse exclusivamente no ámbito local. Iso está moi ben, pero non é suficiente. As que chamamos minorías transfronteirizas -comunidades que falan unha lingua que é oficial no outro lado da fronteira mais non no propio- precisan dunha equiparación de dereitos e para iso é necesario recoñecer a oficialidade plena. Igual que nós reclamamos a oficialidade do galego no plano estatal. Cal é a vitalidade destas falas? Relativamente boa, incluso en comparación coas propias falas asturianas. Estamos falando dun catro ou cinco por cento da poboación de Asturias. Ten problemas de transmisión interxeracional, como o propio galego, pero é unha lingua viva, non se trata dun fósil en absoluto. Temos unha Lei de Normalización Lingüística que estipula de forma taxativa que a Xunta é responsábel dos dereitos dos falantes do que denomina \"galego exterior\" Que lle parecen as reaccións ao informe da RAG? Pouco meditadas. Por suposto, a situación debe arranxarse no marco asturiano, pero o Estado Español asinou a Carta europea para as Linguas Rexionais e Minoritarias que ten como principio básico o recoñecemento das minorías lingüísticas e de que, no marco da UE, as fronteiras administrativas non poden significar merma dos dereitos lingüísticos. Debería a Xunta de Galiza mediar para non perder a oportunidade de que o galego sexa oficial en Asturias? Temos unha Lei de Normalización Lingüística que estipula de forma taxativa que a Xunta é responsábel dos dereitos dos falantes do que denomina \"galego exterior\". Entendo que politicamente a cuestión é delicada, pero esa obriga legal existe."}
{"ID": "NOS_30304", "summary": "Logo de suspenderse a sesión plenaria no Parlamento galego, o Partido Popular vetaba onte a constitución da comisión de investigación sobre as caixas e a introdución, na orde do día, das iniciativas lexislativas populares de SOS Sanidade Pública e Preescolar na Casa. Nesta cuarta, a Xunta anuncia que a comisión se constituirá en xullo, malia repetir ao longo da semana que sería en setembro.", "text": "O pleno do Parlamento galego viviu no día de onte unha sesión intensa. Os cambios introducidos a última hora na axenda do presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, verbo da recepción @s xogador@s olímpic@s; impediu que o grupo maioritario (PP), puidese rexeitar a proposta do PsdeG de introducir na orde do día un outro punto a respecto da creación dunha comisión de investigación sobre o proceso de fusión e bancarización das caixas. A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, repetiu a votación do novo punto até en tres ocasións; proposta que xa fora rexeitado polo PP na Xunta de Portavoces. Ante a imposibilidade de superar o empate na votación -lembremos que o grupo popular conta coa maioría absoluta por un só escano, a presidenta decidiu suspender a sesión até despois da comparecencia do conselleiro de cultura e educación, Xesús Vázquez, momento para o cal xa estaba prevista a incorporación á sesión plenaria do presidente da Xunta. Así mesmo, o grupo parlamentar do BNG solicitara a incorporación na orde do día, das Iniciativas Lexislativas Populares -ILP, achegadas polas plataformas SOS Sanidade Pública e Preescolar na casa; ao que a presidenta Pilar Rojo se negou. Á voceira parlamentar don BNG, Ana Pontón, foille negada a palabra argüíndo que a orde do día do pleno debe ser abordada na Xunta de Portavoces. Acto seguido, @s deputad@s nacionalistas mantivéronse erguid@s en sinal de protesta pola imposibilidade de interviren. Pilar Rojo, fíxolles unha chamada á orde e finalmente suspendeu de maneira temporal a sesión, chamando @s voceiros parlamentares ao seu despacho. Coa reanudación do pleno, o grupo do BNG puido levar a votación as ILP, que máis unha vez contaron co rexeitamento dun grupo popular, daquela xa completo. Do mesmo xeito, foi rexeitada a proposta dos socialistas a respecto da comisión de investigación das caixas. Neste senso, tanto o BNG coma o PsdeG subliñan a grande contradición reflectiva polo goberno, que malia declarar a súa vontade por constituíren unha comisión de investigación, que segundo aseguran dende o goberno, será creada en xullo, seguen votando en contra no Parlamento. Segundo o deputado nacionalista Carlos Aymerich, a demora do Partido Popular no inicio da investigación \"só leva a pensar que Feijóo ten inconfesábeis motivos para non querer que se investigue\"; máis ainda logo de ser aceptada pola Audiencia Nacional a querela contra os directivos de NovaCaixaGalicia e térense detectado irregularidades no proceso de fusión e bancarización das mesmas. Galiza ten un presidente \"indolente\" Nunha pregunta ao presidente da Xunta, a voceira parlamentar do BNG Ana Pontón, acusou a Alberto Núñez Feijóo de que todos os anuncios e plans feitos polo goberno galego rematan en fracaso. A deputada e portavoz nacionalista preguntoulle, hoxe ao presidente da Xunta, polo paradeiro do plan de emprego que xeraría 44.000 postos de traballo ou o suposto convenio asinado coa empresa petroleira mexicana, Pemex. Ana Pontón concluíu aseverando ao presidente que \"gobernar é algo máis que dar titulares de prensa\" xa que segundo a voceira parlamentar, o presidente fallou a aquel@s que confiaron nel cando prometeu combater o paro e levar a Galiza pola senda do crecemento. Así mesmo e co gallo do anuncio feito polo goberno sobre a creación da comisión de investigación en xullo, o BNG considérao un \"lavado de cara e un novo exercicio de propaganda\", así como salientaron as incoherencias do executivo pois entenden \"onte deixaron pasar a oportunidade de constituíla no Parlamento\"."}
{"ID": "PRAZA_11101", "summary": "O Grupo Nosa Terra XXI vende o 93% do hospital vigués a Ribera Salud, que fora ferramenta do antigo goberno valenciano do PP para erguer o seu modelo de sanidade de xestión privada. A compañía está controlada pola americana Centene Corporation dende que o Banco Sabadell vendeu a maioría das súas accións", "text": "A historia do grupo Ribera Salud está intimamente ligada ao PP. Concretamente, ao PP valenciano. Foi a ferramenta que a Generalitat Valenciana dos tempos de Eduardo Zaplana e Francisco Camps empregou para erguer o seu modelo de servizos sanitarios de xestión privada, o alcumado como modelo Alzira, apoiado en desaparecidas entidades financeiras como a Caja de Ahorros del Mediterráneo e en empresas sanitarias como Adeslas. Ribera Salud, que fora ferramenta do antigo goberno valenciano do PP para erguer o seu modelo de sanidade de xestión privada, está controlada pola americana Centene Corporation dende que o Banco Sabadell vendeu a maioría das súas acciónsPero chegou o estoupido da burbulla inmobiliaria. As caixas valencianas -integradas en Bankia- quebraron e tras o correspondente rescate foron mercadas polo Banco Sabadell, que chegou a ter nas súas mans o 50% dunha empresa sanitaria que deixou de ser tan hexemónica en Valencia tras a chegada do goberno da esquerda a esa comunidade. O Sabadell desfíxose do groso das accións de Ribera Salud vendéndolle en 2018 toda a súa parte agás un 10% á estadounidense Centene Corporation.Este grupo multinacional sanitario fundado nos anos 80 con sede en Saint Louis (Missouri), propietario ao 90% de Ribera Salud, será de agora en diante o responsable da asistencia sanitaria de máis de 130.000 pacientes do Servizo Galego de Saúde na área de Vigo. Éo porque a ata agora propietaria do hospital concertado Povisa, o grupo Nosa Terra XXI, asinou este 3 de outubro a venda do 93% de Povisa a Ribera Salud por un importe que nin comprador nin vendedor revelan, pero que medios como El País sitúan na contorna dos 22 millóns de euros.Apenas tres días despois de que compradores e vendedores confirmasen a operación á Consellería de Sanidade, ambas empresas emitiron este 3 de outubro un comunicado ratificando que a compra xa foi asinada, se ben segue \"pendente das autorizacións administrativas correspondentes\", fundamentalmente das autoridades da competencia. Nosa Terra XXI retírase deste xeito do centro sanitario que xestionaba dende 1996 e \"volve centrarse exclusivamente no ámbito marítimo\", eido no que conta con concesións públicas como as dos barcos de Gardacostas, prorrogada pola Xunta en case unha vintena de ocasións.En declaracións distribuídas pola propia empresa o seu conselleiro delegado, Alberto de Rosa, celebra que Ribera Salud aterre nun \"dos hospitais máis importantes\" do Estado e \"entre por primeira vez na sanidade galega\". A compañía lembra as principais magnitudes de Povisa: un cadro de persoal de 1.500 persoas, 573 camas ou unha escola de enfermaría que agora tamén pasa a estar controlada pola multinacional dos EUA propiedade de Ribera Salud. A Xunta mellorou en 2018 o concerto polo que Povisa é o hospital de referencia para máis de 130.000 pacientes do Sergas; segundo o Consello de Contas, ata un 80% do seu volume de negocio depende das arcas públicas galegasNesta carta de presentación os novos propietarios de Povisa evidencian que \"no ámbito público, xestiona para o Sergas e dá atención a uns 134.000 cidadáns\". Así e todo, non especifican as cifras nas que se basea este concerto, practicamente 80 millóns de euros anuais en virtude dun concerto mellorado en 2018 pola Xunta despois de que, para logralo, a empresa solicitase o preconcurso de acredores. Esta ligazón da Consellería de Sanidade con Povisa, que se estende como mínimo ata o 31 de agosto de 2022, é obxectivo de críticas habituais por parte da oposición e colectivos de defensa da sanidade pública, pero os receos chegaron tamén recentemente ao Consello de Contas. O órgano fiscalizador das contas públicas galegas detectou \"falta de transparencia\" no convenio do Sergas con Povisa, empresa cuxo volume de negocio veu dependendo ata agora ata nun 80% dos ingresos procedentes das arcas públicas galegas.O persoal pide que o compre o SergasO persoal teme máis inestabilidade laboral e reclama que o centro pase a ser de propiedade públicaA operación da venda de Povisa a Ribera Salud foi acollida con inquietude no cadro de persoal do centro, cuxo comité de empresa mantivo nos últimos días encontros con representantes da oposición parlamentaria galega. Entre os principais reproches do persoal destaca a falta de información durante as negociacións de Nosa Terra XXI coa filial española de Centene, pero tamén que Sanidade non aproveite a ocasión para marcar o centro e instalalo de vez na estrutura do Sergas. Mentres o persoal di temer ademais consecuencias na forma de inestabilidade laboral, novos concursos de acredores ou mesmo expedientes de regulación de emprego, dende a Xunta apélase á calma. Preguntado ao respecto tras a reunión semanal do Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que na devandita xuntanza coa Consellería de Sanidade as empresas non advertiron de plans prexudiciais para o cadro de persoal."}
{"ID": "NOS_18627", "summary": "O presidente da Xunta volveu insistir en que a súa sucesión como presidente do Goberno galego será \"previsíbel\", xa que segundo el, a súa intención é dar unha sensación de \"estabilidade\" no país.", "text": "O aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, deu a entender na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta desta quinta feira que algúns membros do seu Executivo, nomeadamente algúns conselleiros, poderían ocupar cargos como secretarios executivos do Partido Popular (PP) a nivel estatal, sen delegar as súas funcións no seo do Goberno galego. Para o próximo presidente estatal dos populares, \"debe haber membros do Goberno galego que poidan asumir secretarías executivas a nivel estatal porque os coñezo moi ben e poden aportar moito á política\" do Estado español. Porén, Feixoo matizou que eses conselleiros non deberían delegar os seus cargos noutras persoas que se dediquen exclusivamente a eles, senón que é perfectamente \"compatíbel\" gobernar a Galiza e asumir competencias orgánicas no PP. A pesar destas palabras, non quixo adiantar o nome de integrantes da Xunta que o poidan acompañar, coa mirada posta principalmente no vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen acompaña a Feixoo desde que asumiu a presidencia do PP na Galiza. Sucesión \"previsíbel\" O presidente da Xunta volveu insistir en que a súa sucesión como presidente do Goberno galego será \"previsíbel\", xa que segundo el, a súa intención é dar unha sensación de \"estabilidade\" no país. O nome do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, como sucesor inmediato de Feixoo, soa cada vez con máis forza, mesmo entre os propios cargos do PP. O presidente dos populares en Ourense, Manuel Baltar, afirmou que Rueda parte con \"moitísima vantaxe\". Non ocorre o mesmo na presidencia do PP galego. Unha vez que Feixoo asinou na cuarta feira a súa renuncia como máximo dirixente dos populares na Galiza, ábrese cada vez máis a posibilidade de que se convoque un congreso para escoller o seguinte candidato ou candidata do Partido Popular nas eleccións galegas de 2024. O propio Baltar deu a entender nunha entrevista en Onda Cero, recollida por Europa Press, que deben ser os afiliados do PP galego os que escollan o novo presidente da formación na Galiza, así como a persoa que encabece a candidatura para intentar manter o goberno da Xunta."}
{"ID": "NOS_25286", "summary": "Os votos a favor de IxC, grupo de goberno, e do BNG non foron suficientes para aprobar en Cee o regulamento de impulso social ao galego, que terá que volver levar a pleno acompañado dun informe xurídico.", "text": "O Pleno da Corporación Municipal de Cee debateu na tarde da quinta feira 5 de novembro o regulamento de impulso social ao galego a proposta do Goberno local. Porén, a normativa de apoio á lingua non saíu adiante, ao contar con seis votos a favor –cinco do grupo de goberno, IxC, e un do BNG- e con sete en contra –catro do PP, dous do PSOE e 1 de Ciudadanos. O regulamento volverá a pleno o próximo mes despois de que o PP propuxera unha vía intermedia, solicitando un informe xurídico que avale a normativa. A Mesa di que Modesto Rivas \"non dubidou en utilizar argumentos machistas para cargar contra o idioma e contra a utilización da linguaxe inclusiva contemplada no Regulamento A Mesa pola Normalización Lingüística, que estivo presente na sesión plenaria, afirma que a actitude \"máis belixerante\" dos grupos contrarios á aprobación do regulamento foi a do PSOE. O concelleiro socialista Modesto Rivas \"non dubidou en utilizar argumentos machistas para cargar contra o idioma e contra a utilización da linguaxe inclusiva contemplada no Regulamento\". O argumento empregado no pleno polo concelleiro do PSOE correspondeuse, en boa medida, co informe enviado por Galicia Bilingüe –que advertira de que recorrería o regulamento no caso de ser aprobado- ao Concello. Desta maneira, sinalou que a normativa de apoio ao galego vulneraría os dereitos lingüísticos da sociedade, que non está axustado a dereito ou que é ilegal e improcedente. Dado o posicionamento do PSOE, a Mesa pedirá a desautorización do grupo socialista ceense por parte do seu partido e anima o conxunto da militancia que sexa \"realmente favorábel ao idioma galego\", a mostrar tamén o rexeitamento a \"esa actitude vergoñenta dos seus edís en Cee\"."}
{"ID": "PRAZA_8877", "summary": "Todo iso implica un proxecto alternativo que poderá conquistar pequenos territorios mediante pactos concretos pero que non poderá fundamentarse en ningunha clase de consenso con aqueles sectores sociais e políticos que só entenden os acordos como maneira de impoñer sen sobresaltos os ritmos da desaparición.", "text": "Na lembranza de Roberto Vidal Bolaño Xa o cantaron Hechos Contra el Decoro: \"Cuando todo se puede decir, la forma de censura es el consenso\" Xa o cantaron Hechos Contra el Decoro: \"Cuando todo se puede decir, la forma de censura es el consenso\". Tamén Chomsky ten insistido na fabricación do consenso como estratexia de dominación. O concepto marxiano de alienación alude ó consenso sobre a totalidade, no individual e no colectivo. Hexemonía e contrahexemonía, con Gramsci, arrodean tamén as formas de consenso e as de esnaquizalo. Moitos outros autores da esquerda de diversas tradicións tratan diferentes manifestacións do consenso: doxa, sentido común, control, pacto. A razón do mando expresada en consenso. A conciencia da subalternidade e a disensión son, daquela, un delirio inaceptable. O maior triunfo das políticas lingüísticas destes últimos anos talvez non sexa a minorización ou desaparición do galego de certos ámbitos da esfera pública. Nin sequera a súa retirada progresiva do ensino público mediante un decreto que é pura medicina preventiva, substitución preventiva e acelerada. Mais ese acto de goberno en por si non explica na súa complexidade a situación social da lingua galega e a distancia que certos grupos de falantes toman respecto ó seu propio idioma. O decreto é apenas, e non é pouco, un indicio estarrecedor de que a política lingüística pública está disposta a armarse abertamente contra a lingua. O gran triunfo da política lingüística oficial é a imposición do seu discurso mesmo na configuración do teórico contradiscurso das forzas normalizadoras de base Mais o gran triunfo da política lingüística oficial é a imposición do seu discurso mesmo na configuración do teórico contradiscurso das forzas normalizadoras de base. A maior vitoria dese discurso negacionista, incluídas as accións de goberno, contrario a toda progresión para o galego, contrario a toda discriminación positiva, foi a reclusión do discurso normalizador nun mesquiño e ficticio espazo de seguridade. A asunción da derrota. A volta ó consenso como recuperación dun espazo que xa case que estamos empezando a idealizar. Pero nada foi nunca o que hoxe nos parece. A lingua non é apenas un asunto cordial, aínda que a emoción e o afecto tamén participan do proceso de recuperación e de toma de conciencia. Non serve, pois, o tan recorrente autoodio como explicación universal Todo proceso de normalización é un combate social que exhibe o antagonismo oculto entre os usuarios dunha lingua, socialmente marcados, e as forzas que lles impiden participar dun dereito fundamental como é o de desenvolver a totalidade da vida na lingua propia, algo tan normal pero tan inalcanzable para nós. Toda política lingüística normalizadora ten que comprender esta dimensión social e emboligarse nela ata luxarse. Xa non son suficientes explicacións psicoloxistas nin apelos ó sentimento. A lingua non é apenas un asunto cordial, aínda que a emoción e o afecto tamén participan do proceso de recuperación e de toma de conciencia. Non serve, pois, o tan recorrente autoodio como explicación universal, cómpre atendermos a unha base material que o condiciona todo, mesmo o abandono (doloroso) da lingua propia na comunicación cos fillos para que sobre estes non pese o estigma que un idioma convertido en símbolo de estatus arrastra consigo. A indeleble marca da subalternidade. Se as causas da situación lingüística son principalmente materiais, sobre elas terá que se debruzar toda política lingüística que procure empezar a inverter as tendencias de substitución. No territorio social, cómpre actuar en positivo co ollar posto na conquista de dereitos lingüísticos que o marco xurídico-político non está en condicións de garantir e que, por tanto, superan os marcos institucionais do posible Hai anos que intuímos a necesidade dunha nova política lingüística. Nas institucións, é unha obviedade, pero tamén na base social e cultural máis ou menos organizada por núcleos de falantes conscientes. Así, no territorio social, cómpre actuar en positivo co ollar posto na conquista de dereitos lingüísticos que o marco xurídico-político non está en condicións de garantir e que, por tanto, superan os marcos institucionais do posible. A conciencia de que as leis non nos serán propicias mentres non constituamos un suxeito soberano e autónomo. Conciencia das necesidades e, por tanto, proxecto social de inversión de tendencias e normalización. A lingua ten futuro, e así o demostramos día a día, co orgullo da nosa posesión. O futuro escríbese no presente. A lingua necesitámola entre nós, non para que a usen outros. Toda lingua é internacional, pero xa pode vivir en plenitude noutras latitudes que se nunha comunidade se esvaece o que esa comunidade perde será irreparable. A radicalidade do discurso negacionista e da práctica gobernamental, e talvez a súa potencia de difusión, obrigounos a ir moderando obxectivos ata a renuncia O discurso normalizador de base será arredista en relación co negacionismo destes tempos. Eludirá calquera contacto. Desprezará as provocacións. Non podemos someternos á axenda do negacionismo, nin aínda que este ocupe espazos institucionais; ó contrario, será o negacionismo o que teña que responder á nosa axenda, se ten azos para facelo. Outramente, estariamos dándolle carta de natureza ó seu triunfo, a unha vitoria que en parte se foi facendo forte des que nos sentimos obrigados a esixir a volta ó consenso anterior. Pero aquel consenso é a asunción da renuncia á normalización plena. A radicalidade do discurso negacionista e da práctica gobernamental, e talvez a súa potencia de difusión, obrigounos a ir moderando obxectivos ata a renuncia. Aquel vello Plan Xeral de Normalización, por exemplo, non pode converterse nun espazo arcádico de referencia, pois iso dá unha imaxe moi precisa do noso grao de debilidade colectiva Aquel vello Plan Xeral de Normalización, por exemplo, non pode converterse nun espazo arcádico de referencia, pois iso dá unha imaxe moi precisa do noso grao de debilidade colectiva. Nese espazo nunca encontraremos nada máis ca a tranquilidade do pacto e a implacable continuidade da substitución. E un pacto entre elites, coma aquel, é incapaz de resolver en positivo as contradicións expresadas por unhas relacións sociais de dominio e subalternidade que están gravadas desde sempre no conflito lingüístico. O noso conflito non é nacional, aínda que a subalternidade nacional exista e inflúa; é social. Non somos unha nación lingüisticamente ocupada por colonos estranxeiros senón unha clase social diversa e complexa, popular, dominada material e simbolicamente por outra. O conflito non se resolverá, por tanto, mediante pacto entre elites e representantes O conflito non se resolverá, por tanto, mediante pacto entre elites e representantes, moito menos nunha fase histórica en que as vellas formas de representación burguesa están en proceso de descomposición e abertamente discutidas polas multitudes. Como tampouco se aliviará nun retorno ó decreto anterior promulgado polo goberno bipartito. Porque se o decreto actual é substitución preventiva, aquel non era máis ca unha especie de coidado paliativo. A escola ten que empezar a non ser un factor de desgaleguización. O discurso normalizador de base debe recuperar compromiso creativo coa extensión social do galego, co fortalecemento común e solidario entre grupos expansivos de falantes, co reforzo da lealdade lingüística e da transmisión O discurso normalizador de base debe recuperar compromiso creativo coa extensión social do galego, co fortalecemento común e solidario entre grupos expansivos de falantes, co reforzo da lealdade lingüística e da transmisión, coa conquista efectiva de dereitos lingüísticos que nos vaian encamiñando a facer real a posibilidade de desenvolvermos a totalidade da nosa vida na lingua que nos é propia. E todo iso implica un proxecto alternativo que poderá conquistar pequenos territorios mediante pactos concretos pero que non poderá fundamentarse en ningunha clase de consenso con aqueles sectores sociais e políticos que só entenden os acordos como maneira de impoñer sen sobresaltos os ritmos da desaparición. E nós non lles daremos ese pracer."}
{"ID": "NOS_45087", "summary": "Cada ano, e de maneira especial os recentes, no lugar de Segufe, na parroquia de Seavia, conmemórase o aniversario de Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños. Desta volta, cando fai 96 anos, a festa é institucional xa que o Concello de Coristanco organízalle o domingo unha homenaxe.", "text": "Poeta e artista plástica, sabia da tradición, cantora popular, Asunción Antelo é muller querida e admirada en Bergantiños, de onde toma o nome para se recoñecer como artista. A Rexoubeira de Bergantiños chega o día 8 aos 96 anos e, desta volta, a conmemoración farase o vindeiro domingo cunha homenaxe institucional organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo de Coristanco. A inauguración dun mural conmemorativo na praza de Seavia, feito polo artista Miguel Anxo Calvo, \"O Mighelo\" iniciará a homenaxe ás 17 horas para seguir cun percorrido musicado que conducirá ás persoas asistentes até Segufe, á eira da casa -museo de Asunción no que se conmemorará o aniversario. \"Contamos con todos e todas vós para que este sexa un gran día para Asunción e para a cultura do noso concello\", convidan desde a Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, promotora da homenaxe que por vez primeira ten carácter institucional. Desde a Concellaría de Cultura recoñecen e agradecen ás asociacións e persoas que até agora valoraron e homenaxearon o traballo e a figura de Asunción Antelo, memoria e patrimonio vivo da comarca. O pasado ano, Asunción Antelo foi homenaxeada polo BNG de Coristanco, agora no goberno e á fronte da Concellaría de Cultura, nun acto no que destacaron a altura da figura da poeta e artista da que promoveron varias iniciativas para dar a coñecer a súa obra, entre elas, a gravación e difusión dos seus poemas nunha lectura colectiva por parte da veciñanza."}
{"ID": "NOS_34283", "summary": "Defende \"non demonizar\" a sanidade privada, que ve \"unha oportunidade\" para \" descolapsar\" a pública.", "text": "O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feixoo, reivindicou esta segunda feira a súa xestión da pandemia e contrapúxoa coa do Goberno español, ao que atribuíu un \"atraso da alerta epidemiolóxica\" de \"dez ou quince días\" que \"custou centenares de vidas, miles de vidas\". Feixoo, quen desde o punto de vista estatístico reivindicou \"os bos\" datos de Galiza na pandemia, aínda recoñecendo que nunha pandemia que se levou vidas por diante as cifras \"nunca son razoábeis\", defendeu a importancia da sanidade e lamentou que calquera consenso sexa \"moi difícil\" cun Executivo estatal no que \"segue instalado o non é non\" de Pedro Sánchez. \"Sen sanidade non somos nada, non hai economía, non hai actividade laboral, non hai nada\", advertiu, antes de mostrarse convencido de que Galiza tivo unha mellor \"resposta\" fronte ao coronavirus porque, na súa década á fronte da Xunta, investiu \"moito\" en infraestruturas sanitarias e hospitalarias. Porén, as cifras da xestión de Núñez Feixoo nestes anos resúmense en Case 450 camas menos. Na última década fecharon 25 consultorios locais na Galiza A xuízo de Feixoo, \"un dos gravísimos erros\" do Executivo estatal que dirixe o socialista Pedro Sánchez fronte á pandemia foi \"o atraso da alerta epidemiolóxica\", que \"custou centoss de vidas, miles de vidas\". \"Chegar tarde dez ou quince días á alerta provocou o colapso nos hospitais de Madrid e tamén nas grandes capitais\", asegurou."}
{"ID": "NOS_50226", "summary": "Entre febreiro de 2013 e febreiro de 2014, Galiza perdeu 6.299 cotizantes á Seguridade Social. No mesmo período, o Estado español gañou 61.557, segundo os datos feitos públicos esta terza feira polo Ministerio de Emprego. Só 902.990 persoas cotizan neste momento á Seguridade Social no noso país. O paro rexistado baixou en Galiza en termos inter-mensais: 1.006 desempregad@s menos.", "text": ".No último mes -de xaneiro a febreiro-, Galiza viu incrementado o número de cotizantes á Seguridade Social en 1.613 persoas, un 0,18%, no mesmo periodo que o Estado Español aumentou nun 0,24%, un total de 38.694 persoas. A afiliación á Seguridade Social en termos interanuais descende en febreiro en Galiza en 6.299 persoas, o que significa un 0,69%, un dato que bate coa media española na que se incrementou un 0,38%, é dicir un aumento de 61.557 novas altas. 280.071 persoas están inscritas como desempregadas en Galiza A respeito do paro rexistado, e no que atinxe aos datos interanuais, en Galiza descendeu en 12.752 persoas, un 4,35% fronte ao 4,52 % de queda no total do Estado español. 280.071 persoas están inscritas como desempregadas nas oficinas oficiais. Pontevedra é a provincia que máis desempregad@s ten con 111.612 parad@s a seguir de A Coruña con 109.407, Ourense, 30.503 e Lugo con 28.549. En termos inter-anuais, superan a Galiza en descenso do paro Aragón, Asturias, Illas Baleares, Cantabria, Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Extremadurae Murcia. En termos inter-mensais, o paro rexistado descende en Galiza en 1.006 persoas, o 0,36% por cento, un dado lixeiramente mellor do que no conxunto do Estado (o 0,04%). O departamento que dirixe Fátima Báñez fala do mellor febreiro desde o inicio da crise en 2008. CC.OO: \"Malia a redución do desemprego, a mocidade continúa sen expectativas laborais\" A central sindical tiltou de \"positivo\" o descenso no número de persoas desempregadas que se rexistraron en Galiza no mes de febreiro. No entanto, aseguran que esta cifra \"debe relativizarse\". CC.OO asegura que a caída nas filiacións á Seguridade Social dá conta da falta de espectativas da mocidade galega que ou ben desiste de se sumar ás listas como demandantes de emprego ou abandona o país. Para CC.OO o descenso interanual nas filiacións á Seguridade Social evidencian \"a falta de espectativas\" da mocidade Por idades, indican, \"constátase que a poboación menor de 25 anos continúa sen expectativas de poder desenvolver un proxecto de vida\". Neste senso, apuntan, nos últimos doce meses, a afiliación minguou un 0,69 % en Galiza, mentres que no Estado subiu un 0,38%. Para o sindicato, reverter as elevadas taxas de desemprego virá da man dunha mudanza nas políticas económicas a comezar, subliñan polo desenvolvemento \"doutra política fiscal --máis equitativa\", a recuperación do crédito e a mellora do poder adquisitivo d@s traballador@s e pensionistas. Paula Prado (PP): \"Máis da metade das persoas que abandonaron as listas do paro a nivel estatal fixérono en Galiza\" A voceira do Partido Popular gabouse esta terza feira dos dados do paro rexistrado en relación ao mes de febreiro. Para a popular a redución no número de persoas que, en relación a xaneiro, se inscribiron no servizo galego de emprego, \"demostran que hai signos de recuperación económica\". Paula Prado sumouse así á mensaxe triunfalista da ministra de Traballo española, Fátima Báñez, ao asegurar que na comparativa interanual os dados deitan un descenso no número de persoas desempregadas. \"Isto supón que hoxe hai 12.752 persoas desempregadas menos en Galiza que hai un ano\", enfatizou."}
{"ID": "PRAZA_17375", "summary": "Concello e Deputación puxeron en marcha a campaña de prevención e sensibilización \"Non é Non\", aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, que comezan este venres A folga da Xustiza fixo descender un 20% as denuncias por violencia de xénero", "text": "A folga da Xustiza fixo descender un 20% as denuncias por violencia de xénero Aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, que comeza este venres, Concello de Lugo e Deputación provincial puxeron en marcha este xoves a campaña de prevención e sensibilización contra as agresións sexuais \"Non é Non\". A campaña inclúe, ademais, a constitución dunha \"rede de refuxio\" para as posibles agredidas, composta por 125 establecementos comerciais que se comprometen a acoller a aquelas persoas que o demanden por sentirse vítimas dalgunha agresión e a permitir facer chamadas telefónicas a Emerxencias, Policía Local, Policía Nacional ou 016. A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López presentaron a campaña lembrando que máis da metade das mulleres en España viviu violencia sexual en espazos de ocio, segundo os datos do informe Noctámbul@s 2016/2017. \"Trátase de facer un chamamento ao lecer dende a liberdade e o respecto, así como previr actos e actitudes sexistas, co fin de acadar que non se produzan agresións\", salientou Ana Abelleira. A iniciativa busca \"concienciar á sociedade sobre un concepto moi sinxelo: cando unha muller di que 'non', é que 'non', sempre, en calquera situación. Porque ser amable non é unha invitación a nada\" \"Esta fin de semana todos os lucenses e os veciños da provincia, temos que ser un exemplo, saíndo ás rúas a desfrutar, pero sempre respectando, pois facer fronte as actitudes machistas é unha tarefa común de toda a cidadanía\", subliñou Sonsoles López, que destacou que a iniciativa busca \"concienciar á sociedade sobre un concepto moi sinxelo: cando unha muller di que 'non', é que 'non', sempre, en calquera situación. Porque ser amable non é unha invitación a nada\". A campaña inclúe a distribución de dípticos e vinilos informativos e chapas que manifestan o rexeitamento de todo tipo de agresións, así como os pasos que se recomendan en caso de sufrir algunha."}
{"ID": "NOS_11325", "summary": "Lois Patiño vén de gañar a Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección Zonazine do Festival de Málaga con Lúa Vermella (Zeitun Films), a súa segunda longametraxe. Lúa Vermella forma, xunto con Costa da Morte, unha exploración da relación entre os humanos e a paisaxe, pasada pola experiencia da morte, que en Lúa Vermella se achega máis ao mito, á fantasía, que á realidade etnográfica que quería ollar o filme anterior. Lúa Vermella estrearase na Galiza no festival Curtocircuíto antes de chegar en outubro aos cines. Eis un extracto da entrevista co cineasta. Poderás lela enteira no número de Sermos Galiza que acompaña a partir do sábado 5 o diario. Cinema, arquitectura, música, literatura, arte, historia e moito máis no semanario.", "text": "Como está despois de recibir a noticia do festival de Málaga? Pois foi algo inesperado porque normalmente no festival predominan outro tipo de películas. Fíxonos moita ilusión que apreciasen a nosa. En Costa da Morte había unha achega etnográfica á relación dos humanos coa paisaxe, cos oficios do mar, coa festa ou coa memoria. Pero xa aparecía o mito, que é o que desenvolve Lúa Vermella. Por que? Quería afondar na identidade da paisaxe, partindo da idea, que xa estaba en Costa da Morte, de como a historia e a lenda dan forma á identidade. Interesábame máis desta volta o aspecto lendario, mítico, ligado á relación dos humanos coa morte. Costa da Morte e Lúa Vermella forman, así, un díptico, no que Costa da Morte é a realidade e Lúa Vermella é a fantasía. Aínda que rodamos tamén en Monforte de Lemos e na Ribeira Sacra, o espazo xeográfico volve ser a Costa da Morte, onde volven reverbevar o mar e a morte. En Costa da Morte tiñamos unha cita de Castelao: \"nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna da Galiza\". E nós situámonos nese vaivén: como o home tingue a paisaxe cos mitos e como os mitos espertan desa paisaxe, porque non xorden os mesmos mitos da paisaxe galega que da do Sáhara ou de Siberia. En Lúa Vermella, partindo da unión do mar e a morte, creamos un relato, un mito, a partir da historia real de Rubio de Camelle, cun monstros mariños, meigas e a Santa Compaña. Para Lúa Vermella serviunos unha cita de Cunqueiro: \"o océano é un animal que respira dúas veces ao día\". Está esa cita de Cunqueiro, están as pinturas de Urbano Lugrís -algunhas poden verse no filme- e moitas outras referencias literarias e cinematográficas... As miñas películas non parten dun tema, senón do desexo de investigar a linguaxe cinematográfica. Neste caso interesábame a experiencia temporal que emana a partir das figuras inmóbiles das persoas. Aí hai referencias como a pintura de Hopper ou o Ángelus de Millet. Tamén a reflexión sobre o tempo de Gaston Bachelard: o tempo horizontal, que sería o de mar ou o do vento, e o tempo vertical, que sería o do mito ou a revelación. Eu quería crear no espectador un espazo de intimidade, meditación, introspección, por medio da duración da imaxe, de planos longos, de maneira que o espectador poida penetrar na paisaxe e a paisaxe lle devolva a mirada. Parto, así, da forma cinematográfica e do desexo de afondar na identidade galega desde o punto de vista do mito. Por que decide centrar o filme na historia do Rubio de Camelle? Ao pouco de comezar a rodaxe a directora de arte, Jaione Camborda, contoume a historia do Rubio de Camelle, un mergullador que rescatou máis de 40 corpos do mar. Parecíame que esta historia unía o tema do dó, o mar como cemiterio... E a partir deste personaxe real construímos unha lenda arredor da súa figura: imaxinamos que o leva o mar, escoitamos os rumores da xente sobre a súa desaparición, coas súas contradicións... O Rubio está no filme interpretándose a si mesmo. E en relación aos naufraxios aparece a idea das almas en pena: as almas aflixidas pola perda dun ser querido no mar, por un lado, porque a película pode lerse como o proceso de dó dunha aldea pola perda dun veciño. Por outro lado, a idea das almas que quedan atrapadas no limbo até que sexan despedidas, polo que é necesario que se rescaten os corpos para poder fechar o proceso. A lenda está contada a través de textos moi poéticos que ou ben lemos ou ben escoitamos. Como os constrúe? Consultou a obra do antropólogo Carmelo Lisón Tolosana... A obra de Carmelo Lisón Tolosana é como o substrato antropolóxico que me permitiu ver como se vivían todas estas lendas nos anos 60. Contactei con el por se podía pasarme as gravacións pero, desgraciadamente, non as conserva. Sería moi potente ter esas voces dos anos 60... Consultamos o traballo de Lisón Tolosana, que é moi exhaustivo, e ademais fixemos o noso propio estudo de campo, sobre todo na zona de Camariñas. E o que atopamos é que uns foran quitar o aire dos mortos, outros viran a Santa Compaña, outros viran unha pantasma... As lendas están moi vivas.Ao principio pensamos en integrar este material ao xeito documental, como en Costa da Morte, na que se escoitan conversas entre os veciños. Pero as voces que tiña eran demasiado vivas: precisaba voces máis baixas, máis pausadas, como rumores. Por iso, algunhas das respostas que recollemos van no texto, pero pasadas polo filtro do poético, o metafísico, o universo de Lovecraft. Porque quixemos facer algo que se situase entre o cinema experimental, a ficción, o documental... pasado polo terror cósmico. Ademais, o texto foi escrito no proceso de posprodución, durante a montaxe. As voces son como pensamentos dos veciños ou psicofonías, voces atrapadas no tempo, porque non se sabe se os veciños están vivos ou mortos, se é un soño... [Podes seguir lendo a entrevista no semanario Sermos Galiza que acompaña Nós Diario. Á venda nos quiosques desde este sábado e tamén na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes facerte nesta ligazón]"}
{"ID": "PRAZA_18811", "summary": "Falamos con Diego Alfonsín sobre Non o saben as estrelas (Xerais), gañadora do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. \"Ás veces semella que fuximos dalgunha cousa cando en realidade o que facemos é andar á procura\", di.", "text": "\"Ás veces semella que fuximos dalgunha cousa cando en realidade o que facemos é andar á procura, non sabemos de que, pero buscamos, e se algún día o atopamos sabémolo, recoñecémolo, aínda que ata ese momento non o soubésemos verbalizar\". Así explica Diego Alfonsín o que podería ser o motor do que acontece na súa novela Non o saben as estrelas (Xerais), gañadora do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Os protagonistas desta obra viven nun hostel, nunha cidade indefinida. Un lugar que podería representar, explica o autor nesta entrevista, \"o efémero do noso tránsito pola vida, a fugacidade das nosas relacións, as dificultades para nos comunicar, pero tamén a intensidade dos vínculos afectivos que un lugar así pode propiciar\".O título sae dunha cita de María do Cebreiro: \"O que sabemos un do outro non o saben as estrelas\". Cita que se incorpora á túa novela e que sae cara o final. Por que escolles esta cita de María para darlle nome á novela?Hai versos que pasan a formar parte dos nosos pensamentos e quedan a vivir na nosa conciencia. Este pertence a un poema de María do Cebreiro titulado O selo. Durante unha época lino moitas veces. Daquela non pensaba usalo para titular un libro, pero houbo un momento durante a escritura en que encaixou de maneira natural, como se estivese á espera de atopar un acomodo. Na novela Lenta demolición sucedeume o mesmo cun verso de Alejandra Pizarnik. A razón de que fose ese verso de María do Cebreiro ten que ver con certos vínculos semánticos e persoais que eu acabei establecendo entre o verso e a trama do texto.A novela é a historia dun mozo -o narrador- e o seu grupo de amigos nun hostel. Como xorde esta idea?Cando acabei a carreira fun vivir un tempo a Inglaterra e pasei algúns meses vivindo en dous hostels diferentes; primeiro en Oxford e despois en Londres. Foron experiencias moi divertidas e enriquecedoras. Despois daquela época, co paso dos anos volvinme hospedar neste tipo de lugares en diferentes viaxes e cidades. Supoño que a partir desas experiencias acabou por xurdir a idea da novela. De feito, comecei a escribir o texto nun hostel de Barcelona hai uns anos.\"Vivir uns anos nun país estranxeiro dáche unha perspectiva privilexiada á hora de reflexionar sobre a identidade persoal e colectiva á que pertences (ou pertencías)\"De fondo da historia deste mozo está non a precariedade, senón a pobreza: vive nun hostel tirando dunha tarxeta sen fondos e aproveita a comida que esquecen os demais, ou a que lle regalan. Non digo que o obxectivo da novela sexa falar da pobreza xuvenil, pero está aí de fondo. Por algún motivo especial?Segundo a miña experiencia (e exceptuando o que comentei de Inglaterra) o hostel non é un lugar onde os viaxeiros permanezan a longo prazo, en moitos deles incluso está prohibido, hai un límite de días. Claro que isto pode variar dependendo do país e do hostel. Así e todo, non penso que sexa habitual que as persoas con problemas económicos decidan vivir nun hostel. Quizais me equivoque, pero non creo que o personaxe da novela encaixe coas características habituais das persoas que frecuentan os hostels.O hostel podería estar en calquera cidade europea. Un dos hóspedes, Castro, é un rapaz de Florida que ten Galiza (penso), a terra do seu pai, idealizada. En toda a novela está presente o tema da relación que temos, desde a distancia, co lugar do que procedemos. E, nese sentido, pareceume percibir, precisamente, a relación que a xente nova ten co seu lugar de orixe. Moito menos idealizada -e sacralizada, quizais- que as xeracións anteriores. Pode haber algo diso? Por que?Penso que a miña xeración (nacín no 80) ten unha experiencia vivindo en países estranxeiros que non tivo a dos nosos pais. É frecuente que como estudantes fixeramos algunha estancia noutro país, por exemplo como Erasmus. Vivir uns anos nun país estranxeiro dáche unha perspectiva privilexiada á hora de reflexionar sobre a identidade persoal e colectiva á que pertences (ou pertencías), propicia que un se cuestione hábitos, pensamentos, ideas, maneiras de sentir, de falar, de estar no mundo.\"A cultura do lugar onde un nace e crece acaba determinando moitas veces o que se supón que debemos ser e facer\"Eu vivín oito anos en Alemaña e iso deixa unha pegada. A distancia propicia, que un se vexa dende outros ángulos, actívanse outros mecanismos que estaban adormecidos. A cultura do lugar onde un nace e crece acaba determinando moitas veces o que se supón que debemos ser e facer, e vivir lonxe diso propicia que poidamos saírnos da nosa propia sombra, contemplarnos dende fóra e experimentar outra maneira de estar na vida explorando outros camiños.Coido que ese factor muda a relación co lugar de orixe. No meu caso axudoume a entender mellor que é o que son e o que quero facer, ademais de ver con outros ollos a terra onde crecín. Eu nunca fun de idealizar nin sacralizar nada, tampouco Galicia, máis ben todo o contrario, pero vivir en Alemaña fíxome ser moito máis crítico (comigo e co país) e reparar mellor nas cousas. Dende lonxe vese todo moito mellor, o espírito crítico afíase. A viaxe sempre transforma as nosas percepcións habituais.Natsuki é xaponesa e está sorprendida pola xestualidade europea. Di que \"somos uns salvaxes orgullosos e sentimentais\", e que nesa cidade nunca se sente soa. A súa relación co narrador é especial. Na novela está presente, claro, a diversidade cultural, porque hai xente de todos os lados. Quixeches salientar algo concreto, respecto a isto, a través da personaxe de Natsuki?Non pretendín salientar nada, cando menos non conscientemente. Natsuki apareceu no texto e agradoume a súa presenza. De seguro que a súa aparición ten algunha explicación relacionada coa miña experiencia vital, pero non sería quen de explicalo. É curioso que un lle colla cariño a un ser imaxinario.Nunha conversa con Carla, o narrador di que a escrita é unha busca, unha procura. E que a busca é desexo e obsesión. Ten algo que ver co teu propio proceso de escrita? En que sentido?Escribir é unha busca, un andar á procura, unha exploración motivada polo desexo de escribir, un tratar de avanzar por un territorio descoñecido. Un non aprende a escribir un día concreto e ese coñecemento permanece inalterado para sempre: non se trata dunha actividade repetitiva e mecánica, cada liña é un novo reto. Escribir require un certo nivel de tensión, e iso hai que provocalo, hai que buscalo, aínda que como di Lobo Antunes \"a primeira hora case sempre é en balde\".\"Escribir require un certo nivel de tensión e iso hai que provocalo, hai que buscalo\"Eu son feliz entre as frases, a linguaxe chama por min, sedúceme, apaixóname, desexo manter ese contacto co literario, indagar nese mundo, acceder a novos espazos, a novas formas de conciencia, ben sexa lendo ou escribindo. Trato de atopar no que escribo aquilo que me aprenderon a coñecer os libros que admiro, algo que non sei se conseguirei, pero que quero intentar, e esa porfía, como tantas cousas na vida, coido que require dunha certa dose de obsesión, que en realidade non é outra cousa que unha especie de teima lúcida e feliz.Non é a primeira vez que o protagonista viaxa. Hai un capítulo en que o conta. E a viaxe é coma unha busca constante (non unha fuxida). Algo así coma unha busca constante de vida. É iso o que o empurra a viaxar e vivir nun hostel?Paréceme interesante a túa puntualización: unha busca, non unha fuxida. Ás veces semella que fuximos dalgunha cousa cando en realidade o que facemos é andar á procura, non sabemos de que, pero buscamos, e se algún día o atopamos sabémolo, recoñecémolo, aínda que ata ese momento non o soubésemos verbalizar. Viaxar, vivir e escribir son formas de coñecemento que o protagonista do libro coido que atopa concentradas no hostel.\"Ás veces semella que fuximos dalgunha cousa cando en realidade o que facemos é andar á procura, non sabemos de que\"O narrador traballa para Esperanza, que é unha lectora empedernida, (coma Armando, que leva sempre con el a súa biblioteca). O amor polos libros está tamén bastante presente neste libro… Por algún motivo especial?Eu amo os libros, amo a literatura, amo a palabra e todo canto ten que ver coa linguaxe. A nosa conciencia está configurada en boa medida polo feito de sermos seres que falan. A linguaxe condiciónanos, frústranos, enriquece e intensifica a nosa conciencia, desvela o descoñecido, apalpa no misterio, pero tamén nos limita e nos traizoa. É un animal poderoso difícil de domear. Non deixa de ser fascinante o feito de que un libro poida condensar toda unha vida de traballo en varios centos de páxinas, anos de tarefa que nós lemos en cuestión de horas ou días. É un colocón moi potente cuns efectos secundarios marabillosos que duran para sempre. Como non amar algo así.O narrador proba a prostitución, segundo di, por curiosidade. O encontro coa primeira muller coa que se deita é contado como un relato erótico se cadra un pouco estraño. E todo é tan natural como cando, capítulos atrás, conta que se metera cunha amiga polaca nun hotel de luxo para facer o amor e durmir -gratis-. En calquera caso, a sexualidade está moi presente na novela, e penso que de maneira bastante desprexuizada. Por que? Que pensas ti disto?Paréceme interesante o que comentas porque non o pensara antes. Non sabería dicir se eu falo da sexualidade de forma desprexuizada ou non -algúns prexuízos sobre a sexualidade supoño que terei, non sei cales pero seguro que algún haberá debido á educación e á cultura en que crecín-. Así e todo, o certo é que é un asunto que nunca me espertou esa fascinación misteriosa e case animalesca que sempre percibín noutras persoas ao meu redor.\"Penso que hai todo un construto social que sobredimensiona a importancia do sexo como elemento de valoración social\"Penso que hai todo un construto social que sobredimensiona a importancia do sexo como elemento de valoración social, propiciando que vivamos a nosa sexualidade influenciados por unhas expectativas e uns rituais un tanto enfermizos. Pero volvendo á túa pregunta, o certo é que eu non sabería valorar a maneira en que trato o tema no libro. O que si podo dicir é que a literatura que a min me interesa non aspira a ser un tratado de moral nin un manual de bos costumes.Cara ao final pasa algo inesperado que fai que todos acaben separándose. Coñécense, fan amizade, pero tamén teñen relacións efémeras, polo motivo que sexa. E chega un momento no que comunicarse é imposible. Era tamén parte do obxectivo apuntar a iso, ás relacións efémeras e á dificultade para comunicarse?Non conscientemente, pero si, creo que algo diso hai. As persoas estamos de paso neste mundo e o hostel podería representar, en certo modo, o efémero do noso tránsito pola vida, a fugacidade das nosas relacións, as dificultades para nos comunicar, pero tamén a intensidade dos vínculos afectivos que un lugar así pode propiciar.Tiñas outro par de libros, anteriores, en castelán. Cambiaches ao galego por algún motivo especial?Para responder a esta pregunta dunha maneira satisfactoria necesitaría moito máis espazo que me permitise explicar os matices da miña biografía lingüística e as razóns polas que decido escoller unha ou outra lingua para escribir, razóns que non considero que sexan de especial relevancia pero que considero o suficientemente complexas como para tentar despachalas nunhas liñas. En todo caso, e tratando de responder a túa pregunta, debo dicir que non hai ningunha razón especial para que decidira escribir este libro en galego, como tampouco as houbo para escribir os outros en castelán.O xurado dixo que era un libro \"innovador\". A todos os escritores lles costa falar do seu estilo, mais o teu é áxil, por veces un pouco poético… E o libro, que é curto, está estruturado tamén en capítulos curtos. Supoño que evitas tanto escribir demais como un estilo non natural, con moito adorno… Como procuras escribir, neste sentido?\"Cada persoa ten que descubrir a súa maneira de afrontar a escritura e cada texto demanda unhas leis e uns mecanismos diferentes que hai saber atopar\"Cando Philip Roth deixou de escribir fixo balance do traballo feito citando ao boxeador Joe Louis: \"Fíxeno o mellor que puiden co que tiña\". Eu trato de facer cada frase o mellor que podo e procuro que o que fago me seduza, que chame por min, que me empurre a continuar dun modo case físico, que o proxecto sexa o suficientemente verdadeiro como para que me motive a regresar cada día a el.Atopar esa sensación require unha busca teimuda. Por iso cando non escribimos tamén estamos a escribir. A mente nunca deixa de buscar. Probas desta maneira, desta outra, borras, reescribes, corrixes; quer na mente, quer no papel. Escribir é corrixir. Nun programa da televisión holandesa preguntáronlle a Coetzee que era escribir e el, serio e imperturbable, respondeu cunha única palabra: \"industria\".\"Gustaríame escribir o libro soñado de Lobo Antunes: \"un libro absolutamente silencioso, sen palabras\"Cada persoa ten que descubrir a súa maneira de afrontar a escritura e cada texto demanda unhas leis e uns mecanismos diferentes que hai saber atopar. En referencia ao que comentas dos \"adornos\" si podo dicir que cos anos vou tratando de escribir dunha maneira cada vez menos barroca ou \"adornada\", procurando un estilo máis austero e esencial. Outra cousa é que o consiga. Gustaríame escribir o libro soñado de Lobo Antunes: \"un libro absolutamente silencioso, sen palabras, eliminando os adxectivos, as metáforas, os adverbios\".Algo máis que queiras comentar do libro ou doutros proxectos literarios?Se hai algún mecenas disposto a me financiar para que me poida dedicar á literatura en corpo e alma estou aberto a escoitar ofertas."}
{"ID": "PRAZA_15420", "summary": "As relixiosas que sementaron a polémica coas súas catequeses \"extremistas\" entre as familias dunha vila da Costa da Morte proceden da Fraternidad Reparadora Apostólica, cuxas integrantes viven en condicións de pobreza e sometidas a unha dura disciplina", "text": "Con elas chegou o escándalo. O que durante anos foi a habitual catequese á que diversas familias católicas do Concello de Zas enviaban os seus fillos e fillas tornou en polémica ao inserírense dúas relixiosas na vida habitual da parroquia. Como relatou Praza Pública, os pais e nais detectaron ensinanzas \"extremistas\", eloxios da \"dor\" e da enfermidade como \"castigo de Xesús\", ou prácticas como mostrar \"un vídeo da realización dun aborto\" nunha das xuntanzas. Fartos destes sucesos as familias decidiron retirar os nenos destas sesións e ensinarlles o Catecismo pola súa conta. Mentres, os responsables da parroquia mantéñense na defensa das monxas, pertencentes á Fraternidad Reparadora en el Corazón de Cristo Sacerdote, unha estrita orde relixiosa que non é a primeira vez que sementa receos e fortes polémicas coas súas prácticas. O fundador da orde estivo enfrontado ao sector máis aperturista da Igrexa española durante a Transición A peregrinaxe por diferentes parroquias para realizaren diversos labores nelas é unha dos habituais xeitos de proceder desta orde, fundada en 1977 polo xesuíta Luis María Mendizábal. Segundo recolle un artigo difundido por Redes Cristianas -plataforma de colectivos cristiáns progresistas, entre os que se atopa a asociación galega Irimia-, Mendizábal é un dos representantes do sector máis \"marcadamente conservador\" dos xesuítas. A día de hoxe octoxenario, durante a Transición protagonizou duros enfrontamentos cos sectores máis aperturistas da Igrexa española, como o cardeal Tarancón ou o tamén xesuíta Pedro Arrupe. Na actualidade goza de prestixio na Conferencia Episcopal -foi director de exercicios espirituais dos bispos españois, sinala Redes Cristianas- e, por exemplo, exerceu especial influencia para lograr que os xesuítas vascos pasen a formar parte da \"provincia de España\", apunta nunha reportaxe o diario Gara. Dende o seu feudo de Toledo Mendizábal impulsou a devandita Fraternidad Reparadora, cuxa sede se atopa na vila toledana de Oropesa. Atendendo ao explicado por Redes Cristianas, pero tamén ao recollido por publicacións diversas, tanto especializadas como de prensa xeralista -incluídos diarios como El Mundo ou ABC-. As integrantes desta orde acceden a ela tras un noviciado de catro anos, que comeza a unha idade moi temperá. \"Érguense ao amencer\", \"non teñen despensa e viven do que as xente lles dá cada día\", \"cando non teñen nada, fan xaxún\", \"dormen sobre táboas sen colchón e mortifícanse con cilicios e disciplinas\", explicaba El Mundo nunha reportaxe publicada en febreiro de 2003. \"Dormen sobre táboas, fan xaxún, mortifícanse con cilicios e disciplinas\" As tamén coñecidas como \"monxas azuis\", pola cor do seu hábito, tamén espertaron a preocupacion no colectivo Europa Laica. Un dos membros da súa directiva, José Luis Andrino, asegura nun relatorio sobre a Fraternidad Reparadora que os \"testemuños dalgúns pais\" de mozas que se integraron na orde e tamén de \"xente da vila que tivo acceso á vida das novicias\" amosan que as relixiosas e as aspirantes a selo \"viven en condicións infrahumanas, pasando todo tipo de privacións\" e \"sacrificios\", tales como \"pasar frío\" por \"levar a mesma roupa no verán e no inverno\", \"durmir no chan\" ou \"non porder usar o teléfono sen permiso expreso\" nin \"ir nunca á súa casa\", malia non tratarse dunha orde de clausura. Estas prácticas non pasaron desapercibidas para familiares dalgunhas das monxas, ata o punto de que, atendendo ao recollido por ABC en novembro de 2002, unha nai tentou sacar a súa filla do convento, tentativa na que asegurou ser \"agredida\". Fronte a estas acusacións, nese mesmo ano a orde relixiosa recibiu o apoio dende a Deputación de Toledo, cuxo presidente na altura, Miguel Ángel Ruiz-Ayúcar (PP), acudiu ao convento de Oropesa para \"expresarlles todo o seu apoio ante algunhas informacións aparecidas nos medios de comunicación\" sobre as súas \"estritas normas\", segundo informou a prensa local. Estes relatos concordan en boa medida coa alerta lanzada polas familias de Zas que, entre outros aspectos, viron con especial receo que as relixiosas mantivesen encontros individuais coas nenas da parroquia. \"Preguntámoslles ás nenas de que lles falan nestes encontros\" e elas \"contestan que as advertiron de que non lles contasen nada aos seus pais\". Posteriormente, din, revelaron que \"lles dan libros ás agachadas, incítanas ao xaxún, a sentírense afortunadas por estaren enfermas e a ofrecer a súa dor a Xesús\"."}
{"ID": "PRAZA_931", "summary": "A plataforma cidadá convoca mobilizacións en varias cidades galegas para o Día das Letras Galegas. \"Ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua\", di.", "text": "Queremos Galego, presentou este mércores os actos que terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12 do mediodía, e xa confirmados na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo A convocatoria nun novo Día das Letras Galegas terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega \"é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego\", lembrando que\" ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua\". \"Ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua\", di Queremos Galego Para Queremos Galego, o actual goberno da Xunta \"actúa irresponsabelmente en relación ao noso idioma\", lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e o prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía, e ademais, segundo indicou Maceira, \"por acción ou omisión, a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na educación infantil, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís, entre outros\". A plataforma quéixase de que tivo que obter \"clandestinamente\" o documento da Xunta para a dinamización do galego no tecido económico \"Despois da masiva manifestación do 8 de febreiro, a única resposta que obtivo a sociedade galega foi un anuncio propagandístico, con máis nome que conteúdo\", en referencia ao Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico, anunciado esta mesma semana pola Xunta e que malia as reiteradas solicitudes de envío por parte do portavoz de Queremos Galego á Secretaria Xeral de Política Lingüísitica, \"tivo que obter case clandestinamente\", segundo afirmou. Para Queremos Galego, \"a lingua galega non precisa propaganda\". \"Precisa accións concretas a favor dela, aprobadas unanimemente hai 10 anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que non só está sen activar senón que ademais toda a acción de goberno nos últimos 6 anos foi na súa contra\". Para Marcos Maceira, \"dá a sensación de que é un anuncio máis para rebaixar na práctica o conteúdo do xa acordado por unanimidade en 2014, algo que non consentiremos\". \"Se a Xunta realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino\" \"Se a Xunta realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino, e deixaría de proscribir o termo 'normalización' como está a facer, malia ser o termo empregado polo Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o PXNLG. Faino porque é un termo indicativo da vontade de actuar para que a lingua propia de Galiza teña unha desenvolvemento plenamente normal\", engadíu. Queremos Galego fixo, por último un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, \"mais tamén nos días previos e a partir desa data\". \"O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano\", remata."}
{"ID": "NOS_43824", "summary": "O sector do audiovisual galego retorna á casa con seis galardóns para filmes presentados no importante certame. Oito producións galegas foron exhibidas nesta edición.", "text": "Que oito producións galegas fosen seleccionadas para a súa exhibición na 23ª edición do Festival de Málaga xa era unha boa nova. Mais que cinco delas volvesen para a casa con premio xa pode cualificarse, tal como fixo nas súas redes sociais a Academia Galega do Audiovisual, de \"grande éxito\". Así, Lúa vermella, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films, gañou a Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección Zonazine. Patiño felicitou a través do Facebook o seu equipo e quixo agradecer \"enormemente o esforzo e a valentía do festival por levalo a cabo pese a todas as dificultades\". Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández levaron a Biznaga de Prata á Mellor Dirección por A media voz, producida por Matriuska Producciones, Perspective Films, PCT Cinéma Télévision e Producciones de la 5ta Avenida. Equipos de mulleres Pola súa banda, Carne, dirixida por Camila Kater e producida por Abano Producións e Doctela, logrou a Biznaga de Prata á Mellor Curtametraxe Documental. Chelo Loureiro, de Abano Producións, lembrou nas súas redes sociais \"todas as mulleres talentosas que hai tras Carne, comezando pola directora, Camila Kater, e seguindo polas guionistas, animadoras, protagonistas, compositora, coprodutoras, sonidistas, actrices de dobraxe, montadora e distribuidoras\". Xoves de comadres, de Noemi Chantada, producida por Islandia Producciones, obtivo a Mención Especial do Xurado e a Biznaga de Prata Premio do Público na Sección Oficial de Curtametraxes e, por último, Homomaquia, de David Fidalgo Omil, producida por Abano Producións e El Gato Verde, foi distinguida coa Biznaga de Prata Premio do Público dentro da sección Animazine."}
{"ID": "NOS_31355", "summary": "O IPC rematou o ano na Galiza cun incremento de 0,7% pola suba dos combustíbeis.", "text": "A chegada do novo ano trouxo consigo subas de prezos especialmente significativas no transporte, e máis en concreto nas peaxes da AP-9. En 2019, o transporte foi precisamente o sector no que máis aumentaron os prezos. Fixérono 3,4%, segundo os datos que publicou esta cuarta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). Séguenlle moi de preto o sector da restauración (hoteis, cafés e restaurantes), que experimentou un alza de 3%, e o ensino 1,8%. O Índice de Prezos de Consumo (IPC) fechou 2019 na Galiza cunha suba de 0,7% respecto ao ano anterior, lixeiramente inferior á media do conxunto do Estado español, de 0,8%. Estadística atribuíu a alza da taxa interanual do IPC de decembro á suba dos prezos dos carburantes e, en menor medida, á dos prezos do transporte aéreo. Tamén incrementaron o seu prezo os alimentos e bebidas non alcohólicas (1,2%), mediciña (1%) e vestido e calzado (0,9%), entre outros. Pola súa banda, baixaron os da vivenda (-5,4%), ocio e cultura (-0,4%) e as bebidas alcohólicas e o tabaco (-0,1%). A suba puido ser maior de non ser porque os prezos moderaron o seu crecemento no último mes do ano. Descenderon 0,1% en decembro respecto a novembro como consecuencia da baixada dos prezos no vestido e calzado (-2,4%) e en vivenda (-1,1%)."}
{"ID": "NOS_35719", "summary": "Vox protestou polo uso na Cámara desta lingua e o presidente do Parlamento asturiano, o socialista Marcelino Marcos, pediu ao parlamentar do PP que fale de forma \"que todos o entendan\".", "text": "Álvaro Queipo, da Veiga, na comarca de Eo-Navia, falou en galego (\"galego-asturiano\" como el indica) no Parlamento de Asturies e a intervención desatou a polémica, non polo que dixo ou deixou de dicir senón polo idioma en que o fixo. Desde Vox queixáronse e protestaron polo uso do galego na Cámara asturiana por parte deste deputado do PP. Unha queixa que semella que non foi en balde. O propio presidente do Parlamento de Asturies, do PSOE, Marcelino Marcos, pediu o parlamentar popular que na Cámara fale de maneira \"que todos o entendan\". A polémica proseguiu porque unha deputada de Unidas Podemos, Nuria Rodríguez, tamén interveu en galego-asturiano. Neses momentos xa non estaba presente o deputado de Vox que protestou (Ignacio Blanco) mais si a súa compañeira Sara Álvarez, á que Rodríguez preguntou ironicamente se agora a entendía. Deputados de Esquerda Unida de Asturies como Ovidio Zapico, e do PSOE, como lba Núñez, solidarizáronse co parlamentar do PP que usou o galego. Tamén desde A Mesa agradeceron o xesto de Álvaro Queipo \"por usar e defender o uso do galego, na variante oriental propia das Terras de Eo-Navia, no Parlamento de Asturias\". Cómpre lembrar que en xaneiro de 2016 o Concello da Veiga declaraba oficial o galego. O galego – tal e como lembra o portal lingua.gal- ten falantes en 15 concellos que fan parte do Principado de Asturies: Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión. O filólogo e membro da Real Academia Galega Henrique Costas apontaba en 2014 que entre o Eo e Navia asturiano había por volta de 40.000 galego-falantes. Nestes anos houbo varias mobilizacións en Asturies nas que se pedía a oficialidade para o asturiano e o galego.asturiano. Imaxe interior: Álvaro Almeida (Twitter)"}
{"ID": "NOS_9079", "summary": "Que é o boicote académico e cal é a súa xustificación e utilidade no marco da campaña BDS contra o Estado sionista de Israel. Esa é materia que aborda esta semana o caderno A Fondo. Xa á venda na nosa loxa.", "text": "A campaña BDS é unha iniciativa internacional que aposta por facer uso de medidas como o boicote, o desinvestimento e as sancións para golpear o Estado sionista de Israel. Emulan as mesmas fórmulas xa promovidas no seu momento contra o réxime do apartheid surafricano. Da man da doutoranda na USC e activista da BDS-Galiza, Paula Fernández Franco, que exerce de coordenadora do novo número do A Fondo, reparamos nun dos ámbitos concretos e probabelmente máis descoñecidos desa campaña: o boicote académico. O caderno pon luz no relacionamento da Universidade de Santiago de Compostela con até cinco institucións académicas israelís, cunha forte ligazón co sionismo. Unhas \"relacións perigosas\", segundo Fernández Franco ás que a USC debe poñer fin, tal e como reclaman desde o pasado 2013. A activista desvela que papel xogan as universidades israelís e cal é a súa estreita cooperación co réxime sionista. Da universidade fala tamén o profesor Moncho Iglesias. Mais da universidade en Palestina, e como a súa actividade está afectada moi directamente pola ocupación israelí. \"Nas aulas a presenza da ocupación non só é física, tamén é mental\" apunta Iglesias, quen relata a partir da súa experiencia particular como o sionismo pon atrancos á vida universitaria do pobo palestino. O A Fondo recolle unha entrevista exclusiva de Omar Barghouti, activista palestino dos dereitos humanos e cofundador do movemento BDS. Barghouti debulla cales son as razóns e obxectivos da campaña BDS a nivel internacional. O activista explica de maneira razoada os argumentos polos que se pode considerar \"apartheid\" o réxime imposto polo sionismo. Defende a necesidade de desenvolver o boicote tamén no eido académico, ao xulgar que as universidades e institucións académicas de Israel \"son un dos principais alicerce do réxime\". Faino desmitificando algúns falsos argumentos, que en nome da liberdade académica tentan frear os seus reclamos. O doutor Abdalrahim Almahallawi, de orixe palestina, narra a súa experiencia persoal como estudante erasmus na Galiza e as razóns que o forzaron a marchar do seu país para continuar a súa formación. Pola súa banda, a activista Ana de Palma do portugués Grupo de Acção Palestina descrebe como se desenvolve boicote académico no país veciño. De Palma bota por terra algúns tópicos empregados para descualificar a BDS. \"Não somos contra o Estado de Israel, mas a realidade é a que temos aqui e agora e sabemos das repressões, das mortes, do muro, das lutas, das explorações e espoliações\" explica. A conclusión chega da man do xornalista Ben White, cun extracto dun artigo seu no que enfronta a falsa contradición entre \"diálogo versus boicote\"."}
{"ID": "NOS_21337", "summary": "Asociación Galega de Viticultura preséntalle á Consellería de Medio Rural un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do sector vitivinícola galego.", "text": "Investigación e mellora xenética do potencial vitícola/económico das castes autóctonas, creación dun Banco de Xermoplasma Vitícola das castes autóctonas galegas, apoio aos proxectos de transformación das explotacións vitícolas cara a unha viticultura sostíbel en termos económicos, medioambientais e sociais; apoio á actualización e dixitalización dos Consellos Reguladores, das adegas e as explotacións.... Estas son só algunhas das 24 iniciativas que a Asociación Galega de Viticultura (AGV)- Fruga enmarca nas Liñas Estratéxicas para un Proxecto estratéxico de futuro do sector vitivinícola galego e que lle remitiu á Xunta. A AGV-FRUGA lamenta a \"inactividade\" do Goberno galego neste campo e reclama ao Conselleiro do Medio Rural a elaboración dun Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do sector vitivinícola Galego (PERTE). \"Este sector, fundamental na industria agroalimentaria da Galiza, está sendo duramente golpeado pola crise da Covid-19 e necesita que o Goberno da Xunta se implique para paliar as consecuencias desta crise e resolver os seus problemas estruturais\". \"Fronte aos macroproxectos débese priorizar a dinamización económica e social das pequenas e medianas empresas e/ou persoas autónomas\" Sinalan os fondos europeos Next Generation como \"fundamentais para poder paliar as consecuencias desta crise e, ademais, contribuír á modernización dun sector fundamental na economía galega e no rural\". A AGV lamenta \"a falta de implicación da Xunta co sector\", pois, afirma, no lugar de facer políticas que solucionen os problemas estruturais do sector vitícola, acrecentados pola grave crise económica coa caída de vendas, polo peche do canal HORECA e pola caída das exportacións, \"a Consellaría limítase a anunciar parches e brindes ao sol\". Esta asociación incide en que calquera aposta para o sector debe de ter claro que \"fronte aos macroproxectos débese priorizar a dinamización económica e social das pequenas e medianas empresas e/ou persoas autónomas, daquelas zonas do rural galego con presenza dunha actividade vitícola\"."}
{"ID": "PRAZA_3100", "summary": "A esquerda rupturista galega afronta un novo horizonte electoral inmersa nun contexto de gran fragmentación, coa necesidade de reconstruír pontes dentro do seu espazo político", "text": "A esquerda rupturista galega afronta un novo horizonte electoral inmersa nun contexto de gran fragmentación, coa necesidade de reconstruír pontes dentro do seu espazo político. Proxectos diferentes pero que constitúen unha fronte ampla, coral, interrelacionada e diversa. Do mesmo xeito que xa ocorreu entre PSdG e BNG; Anova, Podemos, Esquerda Unida, Máis País ou as Mareas municipalistas son formacións que, irremediablemente, estarán \"condenadas\" a entenderse nun futuro próximo.Coa vista posta no outono deste mesmo ano, a posibilidade de conformar un executivo de unidade -similar ao estatal- sobrevoa no Pazo do Hórreo. Para iso, os distintos actores políticos deberán ser capaces de xerar unha ilusión que mobilice ao seu electorado de aquí a nove meses. Gonzalo Caballero, Ana Pontón, Antón Sánchez, Carmen Santos, Eva Solla ou unha latente Carolina Bescansa son os nomes propios en clave galega de esquerdas dentro dun escenario que presenta un alto grao de incerteza. Se non suma en solitario, Feijóo pactará cunha ultradereita profundamente reaccionaria que non é máis que unha escisión radical da dereita conservadora que lidera. En contraposición a iso, a esquerda no noso país debe ser capaz de reactivarse e entender que a suma colectiva enriquece sempre que teña vencellada unha capacidade de centrarse no que nos une. Escoitarse e sentarse con todos sabendo que o rival son as tres dereitas. A crise do bipartidismo como punto álxido en Galicia chegou só do lado do PSdG en 2016, traducido a unha perda de 11 escanos e dun 13,15% na porcentaxe de voto respecto aos comicios electorais de 2009. O PSdG obtivo así 14 escanos fronte aos 41 que foi capaz de lograr o PP, tres asentos máis respecto a 2009. As enquisas demoscópicas actuais, as tendencias de voto, a problemática en cuestións como o peche do hospital de Verín ou a concesión da AP-9, así como a conxuntura estatal, poden ser expresión dun cambio que só contempla dous escenarios posibles: (1) unha maioría absoluta de Feijóo ou a súa versión de suma de dereitas; (2) unha hipótese de goberno multipartito con PSdG ou BNG como segunda forza máis votada tras o PP. Doutra banda, ningunha das formacións do chamado espazo do cambio conseguirían por solitario previsiblemente mellores resultados que os obtidos pola coalición electoral de En Marea no 2016. O reto de Anova, Galicia en Común, Máis País ou as Mareas Municipalistas pasa por ser capaz de recuperar a un votante orfo de partido. Para iso, é imprescindible ter un proxecto capaz de capitalizar as demandas das pequenas empresas, dos autónomos, da clase media e traballadora, dos pensionistas, dos estudantes, dos nenos, das mulleres ou do rural. Interesarse por eles non só durante as dúas semanas antes das eleccións. Autocrítica como motor de avance. Non se trata de facer as cousas distintas, senón de facelas ben. Unidade, traballo e rebeldía social como prioridades para atallar cos problemas reais dunha cidadanía galega que ve como as súas institucións públicas están cada vez máis deterioradas no medio dunha nova ondada neoliberal. A política do posible, a política do útil, pasa por construír un modelo transversal de país e non repetir os erros do pasado. Burro xoven, cando medra, non é cabalo. É burro vello."}
{"ID": "NOS_40995", "summary": "Centros de saúde da Galiza optaron por reorganizar a atención ás usuarias da Atención Primaria. Algúns centros decidiron concentrar a atención de pacientes con patoloxías respiratorias e asistir ao resto noutros espazos sanitarios co obxectivo de minimizar o risco de contaxio por coronavirus.", "text": "A iniciativa de reorganizar parte da estrutura asistencial, explican desde os colexios de médicos da Galiza, partiu das propias traballadoras en áreas sanitarias como a de Vigo, onde a proposta das profesionais foi avalada pola xerencia da zona. Dentro da propia cidade, sinalan, habilitaron centros de saúde específicos para a atención de pacientes con patoloxías respiratorias. Así, segundo o vicepresidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Manuel Rodríguez Piñeiro, un usuario do centro de saúde de Bembrive, en Vigo, \"debe acudir a Sárdoma se ten doenzas respiratorias\". Comarca do Condado Ademais, a veciñanza de Mondariz, Salvaterra de Miño, As Neves e Ponteareas con enfermidades infecciosas será atendida no centro sanitario desta última localidade, capital da comarca do Condado, designado para concentrar este tipo de asistencia. Esta organización, destacou o doutor Rodríguez Piñeiro, partiu de traballadoras dos centros de saúde porque se estaban \"poñendo en risco moitos recursos humanos\". Deste xeito, buscan evitar, na medida do posíbel, contaxios por coronavirus entre o persoal de Aten ción Primaria. Probas de coronavirus Neste sentido, os pacientes sospeitosos de estar infectados por coronavirus serán derivados a determinados centros de saúde onde os médicos de familia \"poderán facer a solicitude da proba PCR\", matizou Manuel Rodríguez, unha petición que até o de agora só facía o hospital correspondente. Na área de Pontevedra e O Salnés, o consultorio de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, pecha ao público desde esta segunda feira, e o centro de saúde de San Roque concentra a asistencia, con cita telefónica, no marco da crise polo coronavirus. Comarcas do interior Na cidade de Ourense, segunda informan desde o colexio de médicos, a atención presencial que se dispensaba os sábados pola mañá trasládase ao Punto de Atención Continuada (PAC) co apoio dos médicos de familia propios do centro sanitario. Segundo detallou o doutor José Luís Jiménez, esta mundanza responde á \"autoorganización\" das profesionais para \"unificar\" a atención na mañá dos sábados co fin de \"agrupar traballo, evitar contaxios e facilitar o descanso\" das traballadoras sanitarias. Optimización de recursos Neste momento, informan desde as entidades colexiais, analízanse medidas concretas para a optimización dos recursos en cada área sanitaria, que na comarca da Mariña tamén pasan pola reorganización dos centros de saúde e o rexistro de profesionais dispoñíbeis. Nesta liña, o presidente do Colexio de Médicos de Lugo, Manuel Fenda, explicou que procederon a elaborar unha listaxe de persoal sanitario sen título de especialista, que inclúe facultativos de \"ultramar\" como \"arxentinos e venezolanos\", así como xubilados, co fin de contar con \"voluntarios\" en caso de ser necesario."}
{"ID": "NOS_20839", "summary": "Unha camiñada duns 10 quilómetros, 21 se a facemos de ida e volta, por unha ou outra beira do río, por un camiño de bo andar, amplo e con bo firme que compartimos peóns e ciclistas, sen dificultades, cunha única subida, e a súa baixada, na contorna da fábrica de nutrimentos animais, e con pontes de madeira ou de estrada que permiten cambiar de beira e mudar ou cortar o percorrido á vontade.", "text": "Un camiño case chan e á sombra para facer en calquera época do ano e axeitado para calquera idade que tanto se pode utilizar para un paseo devagar como para unha actividade deportiva. Paraxe: As Mariñas / Concello: Cambre e Culleredo / Percorrido: 10 quilómetros (lineal) / Dificultade: Baixa O traxecto que percorre o último tramo do curso do río Mero no que xa corre \"libre\" até o mar, minguado no seu caudal, gardado no encoro, retido varias veces nos atrancos, estragados, dos muíños, nos dos que quedan e nos dos que xa non existen, e encaixado en moitos puntos entre paredes, un río silencioso e agochado que ofrece pouco que ver na corrente, pero ao que acompaña unha gran cantidade de vexetación de ribeira que, en moitos puntos, se estende por unha ampla chaira de inundación, na que medran varias clases de salgueiros, ameneiros, carballos, freixos, abeleiras, loureiros, lamigueiros, bidueiros, pradairos e outras especies silvestres e de cultivo -algúns de moi bo porte-, e a flora acompañante, entre a que se desenvolven especies alleas, un bosque de ribeira que ofrece sombra no verán, deixa pasar o sol nos días de inverno, muda de cor no outono e que se renova cada primavera, no que se escoitan e se deixan ver moitos paxaros propios dos espazos arborados. Comezamos ao pé da ponte do Burgo, e dá o mesmo facelo en Cambre que en Culleredo. Desde Culleredo seguimos o paseo até a ponte da autoestrada e cruzamos alí pola pasarela a Cambre, e por Cambre seguimos o paseo até a Barcala e desde alí o camiño indicado pola beira do río que nos vai levar, sen perda, dunha ponte á outra ao final do traxecto, aínda que perdemos algunha información complementaria porque os paneis están estragados polos garabatos que impiden utilizalos para a fin que foron colocados. A 1,5 quilómetros do final atopamos o muíño de Peiraio, unha fermosa construción de bo tamaño e fábrica coidada que dá mostra da importancia que tivo na súa época. Se ao chegarmos ao encoro aínda nos quedan ganas de máis, podemos facer unha ruta circular arredor dunha parte deste, agora pola beira da estrada, a maior parte estreita, e achegarnos a Orto (Abegondo) asentado no promontorio que se forma na confluencia dos ríos Mero e Barcés, agora brazos do encoro, pasando polas pontes que os cruzan, e volver ao punto de partida co que lle sumamos outros 4,5 quilómetros á camiñada."}
{"ID": "NOS_2555", "summary": "O diferencial interanual é de 6 décimas.", "text": "A economía galega e a española seguen a evolucionar de maneira desacompasada en canto ao seu medre. Os dados publicados esta cuarta feira polo INE e polo IGE demostran que a galega segue a medrar por baixo da española. Así, o PIB de Galiza medrou no primeiro trimestre un 0,7%, unha décima menos que o conxunto do Estado. Mais a diferenza máis grande dase no tramo interanual, o que compara este primeiro trimestre de 2016 co mesmo período do exercicio pasado, o 2015. A fenda aí é de 6 décimas, pois o PIB galego medrou nesta etapa un 2,8 polo 3,4% de aumento do produto interior bruto español. Informes advirten de problemas A economía galega seguirá dous anos máis como a que menos medra de todo o Estado. Un informe do BBVA aponta que o produto interior bruto aumentará de media un 2,7% no conxunto estatal mentres que Galiza só un 2,2%, o ritmo máis baixo. Non é o primeiro estudo que aponta este escenario. En marzo deste ano O Foro Económico Galego apontaba que a economía galega medrará en 2016 un 2,5%, novamente por baixo da media española, que se prevé que neste ano sexa de por volta do 3%. E Hispalink, un instituto de estudos formado por equipas de investigación de 16 universidades españolas -entre elas, a da Coruña e Compostela-, vaticinaba en xaneiro que a economía galega vai ser en 2016 e 2017 a que menos medre de todo o Estado español"}
{"ID": "NOS_48951", "summary": "Subdelegaçom do Governo espanhol está a notificar as \"sançons administrativas de 400 euros\" aos e as participantes na iniciativa desenvolvida o 19 de julho na cidade das Burgas", "text": "O passado 19 de Julho as e os jovens independentistas de Ourense levarom a cabo umha Rondalha festiva e reivindicativa polas ruas do casco velho da cidade, numha iniciativa habitual ja nestes últimos anos, apoiada polas diferentes organizaçons nacionalistas da comarcae coa finalidade de celebrar o Día da Pátria. Foi um acto completamente pacífico,sinalzan da organizaçom, no que nem se quer se chegou a cortar o tránsito de ningumha rua, e no que as moças e moços forom colocando bandeiras galegas ao som da música. Desde o 15 de Agosto, dúzias de participantes neste acto \"estám a receber sançons administrativas de 400 euros por parte da Subdelegaçom do Governo espanhol, no que as e os convocantes daquele acto entendemos umha perseguiçom política à mocidade nacionalista por parte de um governo -o do Partido Popular- que caminha sem complexos cara o fascismo cru e nu\". A rondalha partiu á tardinha do 19 de julho desde a Praça do Ferro para fazer um roteiro com foliada polo casco velho no que irem pendurando a bandeira da Galiza polas casas e edificios polos que passem, \"reivindicando e promocionando que o nosso dia e a nossa festa nacional que é o 25 de Julho e que será um dia no que reivindiquemos o direito a decidir sobre nós mesmas e o direito como povo soberano à independência dum estado que nom nos deixa medrar nem nos respeita cultural nem economicamente\". Foto: Galizacontrainfo, dumha rondalha en Compostela"}
{"ID": "NOS_47058", "summary": "O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista celebra estas semanas o seu quinto aniversario cun intenso programa de actividades por todo o país.", "text": "Neste mes de maio, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes fai cinco anos de traballo no campo do internacionalismo. Neste tempo, foron máis de 200 as actividades e campañas organizadas, tanto en solitario polo propio Comité como con outras organizacións. Para celebrar este tempo de traballo, Mar de Lumes despregará nestas semanas un programa de actividades que até mediados de xuño traerá a diferentes partes do país máis dunha ducia de palestras, diversos encontros con representantes doutros países, axitación gráfica, concertos, etc. -Que levou ao nacemento de Mar de Lumes hai cinco anos e cales son os seus obxectivos? -No nacemento de Mar de Lumes (MdL) hai dúas cuestións, unha máis inmediata e outra máis de fondo. A primeira é que Mar de Lumes aparece na secuencia da invasión de Libia. Após todo o traballo que se fixera contra a invasión de Iraqu, o 'Non á Guerra', etc... vemos que cando se produce o ataque a Libia boa parte da esquerda europea parece colocarse do lado do imperialismo. Nós denunciabamos que aquela era unha operación salvaxe ao servizo do imperialismo, unha operación dirixida por Estados Unidos mais na que non só toman parte os EUA. Perante isto, parecíanos incríbel que non houbese un movemento de resposta a esa agresión, como pasou no caso de Iraqu. Ese foi, por dicilo así, o elemento que nos fixo poñernos en andamento para montar Mar de Lumes. Viñamos analizando desde había tempo que o movemento nacionalista galego deixara á marxe a cuestión internacionalista -Falabas tamén doutra razón, máis de fondo -Un grupo de persoas viñamos desde había tempo analizando que o movemento nacionalista galego deixara á marxe a cuestión internacionalista. Non era que se abandonase completamente este campo mais entendiamos que era tratado en menor medida e nós consideramos que había espazos para unha organización que desde aquí tivese como centro a loita contra o imperialismo e o apoio aos procesos de emancipación, practicando a solidariedade de volta. É dicir, que na medida en que ti traballas con eses países e eses pobos, tamén lles podes explicar a realidade galega e incluso facer actos fóra de Galiza sobre o noso país. Había organizacións solidarias con Palestina, con Venezuela... mais non había unha organización que como tal atendese a todos os procesos e conflitos. -Que non son poucos… -Antes de pronunciarnos sobre un conflito facemos unha análise, non todos os conflitos de autodeterminación son realmente de autodeterminación, hainos que son doutro tipo, como integristas vestidos de autodeterminación. En todo caso, nós analizamos e axudamos neses espazos nos que non había nada. E onde xa había o que intentamos facer é poñernos en contacto coas organizacións que xa estaban a traballar e poñérmonos a disposición delas. Por exemplo, coa Francisco Villamil sobre Cuba, AGARB –que xa non existe- sobre Venezuela... Colaboramos sempre con quen xa estaba traballando antes nestes temas. A nosa posición parte da análise. Nós cando argumentamos e explicamos o posicionamento a respecto de determinada cuestión é que hai uns elementos para apoialo. Tentamos explicalo. No Estado español é imposíbel ler informacións sobre a realidade de Venezuela. E o mesmo con Siria. O que se le é propaganda en 100% dos casos -Cal é a dificultade máis grandes que vos atopades para dar coñecer unha visión diferente deses conflitos, sobre os que ou ben hai un gran descoñecemento ou o coñecemento que hai é o fornecido a través dos grandes medios e que non sempre se axusta á realidade... -A dificultade máis grande que temos sexa probabelmente esa, que a visión que existe no noso país desas outras realidades é unha visión medida polos medios de comunicación, que fan de intermediarios e os medios non son asépticos, teñen unha ideoloxía, uns propietarios que na maior parte dos casos son empresas capitalistas con intereses nesa rama. Moitas veces só imos poder facer traballo dentro do que nos permita a axenda mediática. Por exemplo, estamos facendo actos sobre a situación de Honduras, que está a atravesando un momento complicadísimo e que non fica só en Honduras, atravesa toda América Latina. Mais ninguén fala de Honduras, ningún medio. Entón, é moi complicado explicar que algo está a pasar alí, porque nós temos a capacidade que temos e podemos facer o que podemos facer. Traemos xente de alí para que conte en primeira man o que acontece pero o impacto na sociedade diso é limitado porque non está socializado que exista un problema. Iso, por exemplo, non pasa cando facemos algo con Palestina, porque xa existe unha consciencia de que alí hai un conflito, de que hai unha ocupación. Palestina está na axenda mediática. -O nacemento de MdL desminte que a solidariedade internacionalista cotiza á baixa na esquerda? É como se nestes anos houberse un repregamento da esquerda neste terreo. -Bon, na esquerda houbo un repregamento en moitos campos, non só no do internacionalismo. Unha esquerda que progresivamente foi abandonando o marxismo é até certo punto lóxico que abandones tamén o internacionalismo. Boa parte das organizacións que se consideran de esquerdas non ven esta solidariedade como algo necesario. Mais a realidade vai noutra dirección. Por exemplo, Palestina dedica inxentes esforzos a internacionalizar o seu problema, con nós vai estar nos actos de quinto aniversario Leila Khaled, que no seu día protagonizou accións como o secuestro dun avión e facíano para situar no mapa do mundo o que estaba a pasar en Palestina. A través de moitos actos e esforzos, conseguiron que boa parte da xente en todo o planeta saiba que en Palestina hai unha ocupación ilegal de Israel e que pouca xente defenda o que fai o estado israelí. O internacionalismo é básico. E vese agora por exemplo en Catalunya. A solidariedade doutros países e sociedades é moi importante e eles sábeno e notaron ese apoio internacional cando a represión empezou a traducirse en presos políticos e exiliados. Moitos dos pobos cos que nos relacionamos descoñecían a existencia de Galiza. Ti explicábaslles que eras unha organización galega internacionalista e de solidariedade e preguntábanche \"que é iso de galega\" -Na solidariedade internacionalista tamén hai, por dicilo así, os 'temas espiñentos'. Mesmo na esquerda hai eses temas: solidariedade total para con Palestina e Sahara, solidariedade que vai a menos con Venezuela; e en temas como Siria tamén hai na esquerda todo tipo de posicionamentos ao respecto deste conflito -Hai dous elementos. Por unha banda hai unha serie de causas que no grande sistema mediático teñen certa marxe. Como o Sahara ou Palestina. E hai outra serie de conflitos que cando aparecen é sistematicamente presentadas baixo un prisma de propaganda. Por exemplo, no Estado español é imposíbel ler informacións sobre a realidade de Venezuela. E o mesmo con Siria. O que se le é propaganda en 100% dos casos. A propaganda é tan ubícua, está por todas partes, é tan sistemática e constante que ao final loitar contra esa liña de explicación que che dan, contra esa visión, é moi difícil. E non se explica ningunha outra visión. Apostar en explicar esas outras visións non sempre é doado. Mar de Lumes ten recibido ameazas, membros da organización teñen sido ameazados e sufrido tentativas de agresión física. Ténsenos acusado de estar a soldo de non sei quen, en fin (ri), parece surrealista, aquí non hai ningún país estranxeiro financiándonos. Somos unha organización sen ánimo de lucro e que está rexistrada como unha asociación cívica na Xunta de Galiza. -Falabas antes da bidireccionalidade da solidariedade, de como o internacionalismo permite dar a coñecer a realidade galega alén do Padornelo, en diferentes países do mundo. -En moitos casos atopamos sorpresa. Moitos dos pobos cos que nos relacionamos descoñecían a existencia de Galiza. Ti explicábaslles que eras unha organización galega internacionalista e de solidariedade e preguntábanche \"que é iso de galega\". Entón explicábaslle que era Galiza, a súa realidade, os efectos da falta de soberanía. E cando o explicas, ves que eses pobos tamén se recoñecen nas nosas loitas. Por exemplo, tivemos encontros con representantes dos pobos mapuches e acreditaban que había cuestións que compartíamos en canto a problemas a afrontar. O que intentamos é explicar no exterior que somos un pobo sen soberanía e iso os pobos cos que nos relacionamos enténdese, porque tamén a padecen, sexan Escocia, Sáhara, Québec ou Catalunya.. E o mesmo pasa con Venezuela ou Honduras, que teñen soberanía formal mais á hora de exercela é cando se lles presentan os problemas. Ao final todos estamos na mesma loita, a da soberanía dos pobos por autogobernarse, por decidir por si propios en todo o que lles afecte."}
{"ID": "NOS_5921", "summary": "No exilio do pintor coruñés en Guatemala, Santo Domingo e Porto Rico coñeceu a importantes autores surrealistas. Na mostra hai documentos do seu arquivo persoal, algúns que se ensinan publicamente por primeira vez.", "text": "Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell a Fundación Granell inaugura hoxe ás 20:30 horas a exposición 'Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940-1956'. Nela lembra a etapa na que o pintor surrealista viviu en Guatemala, Santo Domingo e en Porto Rico até que en 1956 se mudou a Nova York onde foi profesor de literatura. É, ademais, o recordatorio e homenaxe da mostra retrospectiva que no ano 1993 ocupou a sala de exposicións do mesmo Auditorio. A comisaria da mostra, Pilar Corredoira, seleccionou unha serie de obras do pintor galego que nos permiten coñecer a fondo a etapa do exilio en Centroamérica. Foi o momento no que Granell establece amizade con importantes autores surrealistas como André Bretón, Roberto Matta ou Wifredo Lam. Documentos do seu arquivo persoal, algúns que se ensinan publicamente por primeira vez, e que convidan á investigación sobre Granell Na exposición hai documentos do seu arquivo persoal, algúns que se ensinan publicamente por primeira vez, e que convidan á investigación sobre Granell e o seu mundo. Obras de Eduardo Abela, Víctor Brauner, Max Ernst, Jose Gausachs, Simon Hantaï, Maruja Mallo, Joan Miró, Francis Picabia, Antonio Saura, Vlady Serge e Saul Steinberg transmiten e completan o mundo do artista coruñés daqueles anos.A exposición permanecerá aberta até o 4 de novembro. Ademais, co motivo do centenario do artista, xa podemos visitar outras exposicións na Cidade da cultura, no Museo do Pobo Galego e na Fundación Granell en Bendaña. Coa que se inaugura hoxe, quedan pendentes dúas novas citas en Novacaixagalicia e no CGAC."}
{"ID": "PRAZA_8463", "summary": "Tamén en Galicia a esquerda está en ebulición. Esquerda Unida celebrará a súa asemblea o 27 de abril, Anova farano o 8 e 9 de xuño, e Espazo Ecosocialista celebrará unha convención electoral en setembro. E as tres citas no medio dun proceso constituínte, que xa case ninguén nega, e co proxecto de AGE no centro dos debates.", "text": "Que a esquerda está en ebulición ninguén o dúbida. Non esta agora, leva algún tempo. Non é un proceso local senón global. Pero quizais sexa neste momento de fase de colapso na crise sistémica iniciada hai varios anos cando con máis forza se percebe a mesma. As esquerdas do século XX están dando paso ás esquerdas do século XXI nun proceso que afecta a súa forma de interpretar o mundo, aos suxeitos sociais chamados a facelo e ás pautas e mecanismos de cambio. É algo que poderiamos chamar unha mudanza polidimensional en varios planos: epistemolóxico, ontolóxico e metodolóxico. É unha mudanza que se esta a dar na esquerda a escala mundial, europea e tamén, como non podía ser doutro xeito, nacional É unha mudanza que se esta a dar na esquerda a escala mundial, europea e tamén, como non podía ser doutro xeito, nacional. Unha mudanza que comezou na periferia do sistema, visto que a esquerda do centro do sistema tiña demasiadas concepcións dogmatizadas e abundantes ataduras estruturais co propio sistema que pretendía mudar. A esquerda europea, por exemplo caeulle o Muro de Berlín na cachola e pensou que podía seguir mantendo o estado social como un gueto de progreso como fixera no medio século anterior. Así, os antigos partidos comunistas e os vellos partidos socialdemócratas quedaron sen alternativas. Paradigmático da situación da esquerda europea foi Italia onde tras anos da existencia dunha das esquerdas políticas máis potentes, esta fundiuse e o único que soportou os anos de berlusconismo foi a esquerda social cun desgaste que co tempo pasa factura. Paradigmático da situación da esquerda europea foi Italia onde tras anos da existencia dunha das esquerdas políticas máis potentes, esta fundiuse e o único que soportou os anos de berlusconismo foi a esquerda social cun desgaste que co tempo pasa factura Nos últimos anos teñen ido xurdindo diferentes proxectos novidosos na esquerda europea: Desde a máis coñecida Syriza, ata proxectos ecosocialistas como Sinistra Ecologia e Libertà ou o Parti de Gauche, sen esquecer o Bloco de Esquerda ou Die Linke que no seu momento formularon novas miradas as súas realidades. Pero sen dubida un dos proxectos de maior interese desde o punto de vista teórico e da praxe é o de ICV. Os próximos 19, 20 e 21 de abril, ICV celebrará o seu X Congreso Nacional nun contexto marcado pola renovación xeneracional iniciada hai unha década. O proxecto de ICV é un exemplo a seguir en moitos aspectos. Na solución nacional para superar a dicotomía nacionalismo/españolismo; na evolución cultural 'limpa' desde a esquerda transformadora do século XX á esquerda transformadora do século actual, do comunismo ao ecosocialismo; na construción dun proxecto de participación militante ligada aos movementos sociais; na formulación estratéxica de cambio con asunción de responsabilidades de goberno, na posta en practica de novas formas de facer política: paridade, elección de dirixentes por referendo, limitación de mandatos institucionais,... Un proceso que non se podería entender sen as aportacións político-culturais dunha basta xeración de intelectuais de primeiro orde comprometidos co PSUC dos anos 70 e do que o seu máximo expoñente foi Manuel Sacristan. Un proxecto que ten servido de acicate para proxectos renovadores como Compromís no País Valencia, o MES (IV-PSM-Entesa) en Balears ou a Chunta en Aragón. Tamén en Galicia a esquerda está en ebulición. Esquerda Unida celebrará a súa asemblea o 27 de abril, Anova farano o 8 e 9 de xuño, e Espazo Ecosocialista celebrará unha convención electoral en setembro Tamén en Galicia a esquerda está en ebulición. Esquerda Unida celebrará a súa asemblea o 27 de abril, Anova farano o 8 e 9 de xuño, e Espazo Ecosocialista celebrará unha convención electoral en setembro. E as tres citas no medio dun proceso constituínte, que xa case ninguén nega, e co proxecto de AGE no centro dos debates. Un proceso constituínte iniciado xa polas forzas da reacción como sinalaba a resolución aprobada o pasado 23 de marzo pola Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista: \"Espazo Ecosocialista está convencido que diante da ofensiva económica, cultural e política por parte das forzas da dereita e das elites dominantes para o desmantelamento do 'estado de benestar' así como para a hexemonización ideolóxica do neoconservadurismo recentralizador e antisocial, coa intención de eliminar por medio dun proceso de recortes tódolos aspectos sociais e democráticos máis avanzados; necesitase un novo proceso constituínte, sen tutelas, onde a cidadanía exerza a súa soberanía e sustentado sobre os piares da radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade . Fronte a esta situación requírese de alianzas políticas e sociais amplas que permitan frear esta contraofensiva e cambiar o rumbo das cousas para avanzar na recuperación de dereitos e liberdades. Pronto cumpliranse dous anos desde que o movemento dos indignad@s situou na axenda a necesidade de afondar na democracia como elemento central para recuperar o protagonismo da cidadanía e osixenar a política. É por iso que Espazo Ecosocialista puxo en marcha a campaña 'por un novo proceso constituinte para o século XXI' onde a radicalidade democrática é o elemento central.\" As próximas citas electorais, europeas e municipais, non son convocatorias ordinarias para elixir representantes senón que son citas de caracter extraordinario nese proceso constituinte As próximas citas electorais, europeas e municipais, non son convocatorias ordinarias para elixir representantes senón que son citas de caracter extraordinario nese proceso constituinte: \"Espazo Ecosocialista reitera o seu análise de que estamos diante dun período constituínte, onde os procesos electorais por vir, comezando polas eleccións europeas, deben situarse nesa clave. É por iso que o traballo no marco da rede de forzas nacionais da esquerda renovadora e verde, Espazo Plural, adquiren hoxe unha grande importancia. Espazo Ecosocialista que recen acaba de incorporarse ao mesmo e asinou a 'Declaración de Sevilla', asistirá ao próximo encontro a celebrar en xuño en Valencia coa firme convicción da necesidade de impulsar alianzas electorais amplas que conten coa maior participación posible como xeito de que a esquerda renovadora teña o protagonismo necesario neste novo proceso constituínte. Para Espazo Ecosocialista seria necesario que AGE promovera unha candidatura galega que como tal se visibilizara nas próximas eleccións europeas, no marco dunha alianza máis ampla de todas as esquerdas de ambito nacional e estatal [...] entendendo a importancia das eleccións europeas pero tamén sabendo que as municipais do 2015 pechan o ciclo iniciado nas municipais do 2011 e que son polo tanto extraordinarias, onde o que se xoga non é so unhas cantas alcaldías, senón a apertura dun novo ciclo político sen o dominio das actuais elites.\" AGE debe consolidarse como espazo cooperativo dunha nova esquerda aínda por construír Por último, e tal como apuntabamos nesa mesma resolución, AGE debe consolidarse como espazo cooperativo dunha nova esquerda aínda por construír: \"Para Espazo Ecosocialista é fundamental consolidar AGE como expresión unitaria e nova de reinterpretar a política en Galicia. A irrupción electoral e a tendencia á alza que AGE ten amosado en tan pouco tempo amosan a necesidade de novos instrumentos e a simpatía coas que a cidadanía ten acollido esta resposta transversal para construír un instrumento da esquerda de caracter nacional e cooperativo ao servizo dos sectores máis atacados polas actuais políticas. Espazo Ecosocialista é consciente das dificultades que ten crear cultura de cooperación e coalición nun panorama tan dado ao reducionismo político e ao sectarismo ideolóxico, por iso é central asegurar a continuidade da coalición electoral construíndo marcos de confianza e estruturas de relación entre as forzas políticas que a constitúen. Pero igual de importante, e sen caer nos partidos ou frontes clásicas e disuasorias da militancia partidaria, construír espazos de feedback para a cidadanía que en número crecente apoian a AGE.\""}
{"ID": "NOS_11339", "summary": "O líder do BNG denuncia o \"deterioro\" do país no ano que remata e anima a usar as urnas no vindeiro para \"acabar co experimento do PP\" mais advertiu que esa posibilidade \"non pasa por ningún proxecto madrileño\".", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, asegurou esta segunda-feira que Galiza viviu durante 2014 un \"gran deterioro económico e social\" e animou á cidadanía a \"poñer fin ao experimento do PP en 2015 a través das urnas, marcando un punto de inflexión\", que na súa opinión pasa por apoiar \"un proxecto centrado en Galiza, sen dependencias de Madrid\". En rolda de prensa que serviu de balance de 2014 e avance de 2015, o dirixente nacionalista asegurou que Galiza é actualmente \"un país que agoniza\", en contra do que afirma \"a propaganda cargada de mentiras do PP\". Nesa liña, o líder do Bloque puxo como exemplo desta dramática situación o \"declive demográfico cunha continua perda de poboación derivada do estancamento económico\", os niveis \"insoportábeis de desemprego e emigración\", ou o \"desmantelamento do sistema produtivo\" galego, con \"perda do tecido produtivo nos sectores primarios\". \"Proxectos madrileños temos demasiados en Galiza\", di o líder do Bloque, que ve \"un país que agoniza\" O portavoz nacional do BNG animou á cidadanía (da que destacou ás vitorias que conseguiu grazas á mobilización) a \"superar esta situación\" en 2015 e a \"marcar un punto de inflexión\" a través das urnas para \"infrinxir unha severa derrota ao PP\". \"É o momento de poñer fin a este experimento\", sentenciou. Este punto de inflexión debería ser, para Vence, de carácter nacionalista. Así, o líder do BNG explicou que Galiza \"necesita hoxe máis que nunca un proxecto político centrado nas nosas necesidades e intereses\". \"Iso non o ofrece ningún proxecto saído de Madrid, proxectos madrileños temos suficientes en Galiza\", considerou Vence, para quen a \"alternativa\" é \"un proxecto de base nacionalista\". Nesta liña dixo ter \"expectativas altas\" e \"aspiracións a todo\" tanto para os comicios municipais como estatais de 2015, co obxectivo de \"derrotar á dereita e ao PP sumando ao maior número de persoas cunha estratexia centrada en Galiza\"."}
{"ID": "NOS_51976", "summary": "O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay decorrerá nesta súa VII edición do 18 ao 21 de novembro, de novo baixo a dirección da actriz Sonia Méndez.", "text": "Toca agora un festival \"híbrido\" que ofrecerá a oportunidade de gozar, ao vivo e de modo virtual, co Necroshow de Lorena Iglesias, co Estirando el chicle de Living Postureo e Percebesygrelos e co Ciberlocutorio de Anna Pacheco e Andrea Gumes, no que o convidado será Brays Efe. Todos eles, espectáculos pensados, dirixidos e protagonizados por mulleres que desenvolveron os seus traballos desde a resistencia e desde internet, en distintos formatos e plataformas. Tamén estará presente o debate, desta volta co machismo na industria do videoxogo, a través dunha conversa en liña pensada para o Ensino Secundario e que terá lugar entre Marina Amores 'Blissy', autora de Nerfeadas, e a divulgadora de eSports Minia 'Samku' Monteagudo. Marta Salicrú é outra das convidadas nesta edición \"feminista, diversa, aberta e disidente\" do Carballo Interplay, como a definen desde a organización do evento. Salicrú, que falará no festival arredor da importancia de impulsar e manter unha radio feminista, é a directora de Radio Primavera Sound, xornalista musical cunha traxectoria de 15 anos e que ten participado en eventos de carácter internacional como o Eurosonic Noorderstag, Primavera Pro, M for Montreal ou o Lisbon International Music Network. Unha edición que non esquece a escena musical Nestes sete anos, Carballo Interplay converteuse no festival de contidos dixitais máis importante do Estado, sen descoidar o \"compromiso coa cultura do país\". Así, o día 21, acollerá un concerto e unha entrevista co grupo revelación na escena musical, Verto, formado polos estudantes de medicina Alberto Mira e Fernando Peleteiro e que, en menos dun ano \"conseguiron converter o seu proxecto musical pop divertido e desenfadado nun referente para a mocidade\", din desde o festival. O festival ofrecerá tamén nesta VII edición, en directo e a través da rede, unha escolma dos mellores podcast galegos, seleccionados por Isaac González, e un percorrido polas etapas e as xeracións do Youtube feito na Galiza, da man de Miguel Silva Conde."}
{"ID": "PRAZA_18906", "summary": "Tras o accidente, a daquela ministra Ana Pastor prometeu colaboración coa xustiza, pero ás poucas semanas Adif xa amosaba as súas reticencias e Renfe tivo que ser apercibida varias veces por non enviar ao xulgado documentos relevantes", "text": "Tras o accidente, a daquela ministra Ana Pastor prometeu colaboración coa xustiza, pero ás poucas semanas Adif xa amosaba as súas reticencias e Renfe tivo que ser apercibida varias veces por non enviar ao xulgado documentos relevantesAs manobras de Fomento en 2016 en defensa da versión oficial de que o maquinista fora o responsable do accidente de Angrois, desveladas este luns por Praza.gal e infoLibre a partir de documentación interna do ministerio, non son o único intento de ocultación ou demora de información relevante sobre o sinistro por parte de distintos departamentos ou empresas públicas do Goberno de España. Tras o accidente, a daquela ministra Ana Pastor prometeu colaboración coa xustiza, pero ás poucas semanas Adif xa amosaba as súas reticencias e Renfe tivo que ser apercibida varias veces nestes anos por non enviar ao xulgado documentos significativos para a investigación.Se as manobras agora coñecidas da primavera de 2016 ante a UE perseguían que a Axencia Ferroviaria Europa non fixese público, rebaixase ou demorase un informe crítico con como o ministerio investigara tecnicamente o sinistro e atribuíra a responsabilidade só ao maquinista, noutras ocasións os obstáculos demoraron a instrución xudicial das 80 mortes, xa rematada pero aínda pendente dun xuízo cuxa data de celebración se estima para este ano, nove anos despois do accidente. No banco sentarán non só o maquinista do tren Alvia que se despistou e non freou a tempo antes da curva de Angrois senón tamén un ex-cargo de Adif acusado de non habilitar medidas que evitasen ou paliasen o previsible erro humano do primeiro.Tras o descarrilamento do 24 de xullo de 2013 a daquela ministra de Fomento, a popular Ana Pastor, prometeu toda a colaboración coa xustiza para esclarecer os feitos. Un chamamento que reiterou só unhas semanas despois, tras as iniciais reticencias de Adif a informar ao xulgado dos nomes e cargos dos responsables do seu departamento de seguridade. En decembro o propio xulgado reprochaba xa a Adif que non o informase como lle pedía dos criterios que seguira para non sinalizar mellor a curva de Angrois.Naquel mesmo decembro de 2013 tamén a dirección de Renfe, tras ser coñecedora de que un ano e medio antes do sinistro un maquinista xa alertara por escrito do risco dun accidente na curva de Angrois como o que acabou ocorrendo, non informou deses feitos ao xuíz ata que os desvelou o avogado do condutor do Alvia máis dun mes máis tarde, en xaneiro de 2014. O argumento que deu a empresa pública cando o instrutor se enterou e lle esixiu que en menos de tres días lle comunicase o que sabía ao respecto desde un mes e medio antes foi que durante ese tempo estivera facendo unha investigación interna antes de revelar a existencia desa alerta previa. Segundo o xuíz, tivera \"tempo máis que de sobra\".A Avogacía do Estado acusou ao primeiro xuíz instrutor de pretender unha \"inquisición xeral\" para non entregarlle documentación que tivo que acabar facilitándolle días despoisTamén en xaneiro de 2014 Adif entregou ao xuíz un listado coas 324 viaxes de probas realizadas antes da posta en servizo comercial da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o sinistro. Pero nin facilitou todos os datos que reclamara o xuíz sobre esas viaxes nin aparecían no listado dúas, en ambos os dous sentidos, realizadas oito días antes da inauguración para mostrar a liña aos xornalistas.En febreiro dese mesmo ano Adif informou ao xuíz de que non conservaba nos seus arquivos un documento de 1991 que o instrutor lle reclamaba. E en marzo a Avogacía do Estado, que actúa na causa xudicial en defensa de Adif, acusou ao daquela primeiro xuíz instrutor do caso, Luis Aláez, de pretender unha \"inquisición xeral\" do sistema ferroviario e recorreu para non ter que entregarlle documentación que este lle reclamara. Tivo que acabar facilitándolla varios días despois.Un ano máis tarde, en febreiro de 2015, Renfe sería apercibida \"de desobediencia\" polo xuíz despois de sete meses sen recibir información que lle pedira xa en dúas ocasións sobre as probas psicofísicas que debera pasar o maquinista do Alvia. Outro ano despois, en maio de 2016, no auto co que a Audiencia da Coruña pediu ao xuíz que seguise investigando o caso e pescudase en particular como se fixera a análise de riscos da curva de Angrois, o tribunal salientaba que \"non toda a documentación relativa á xestión de riscos ten sido aportada\" á causa por parte de Adif. Aquela investigación sobre a análise e xestión de riscos acabou derivando na acusación contra o ex-cargo de Adif que agora tamén será xulgado.En outubro de 2016, máis de tres anos despois do accidente, a propia Adif entregaba no xulgado \"documentos relevantes\", como os cualificaba ela mesma, dos que dicía que \"omitira por erro\" enviar durante todo aquel tempo. E posteriormente aínda terían que ser as vítimas e o avogado do maquinista os que, en xaneiro de 2018, presentasen no xulgado actas internas de Adif non facilitadas antes pola empresa pública nas que varios cargos debatían sobre a necesidade ou non de avaliar mellor os riscos da curva de Angrois.Durante todo este tempo, e á espera do que resulte do xuízo previsto para este ano, a versión oficial que fixo responsable do accidente ao maquinista e que Fomento tentou defender ante a UE, xa foi posta en dúbida no eido xudicial por sete xuíces e un fiscal."}
{"ID": "NOS_35478", "summary": "Villares mantén a posición e pasa ao contra-ataque. Face aos ataques dos sectores críticos, que o acusan de rachar o consenso, o portavoz de En Marea ínstaos a que expliquen por que decidiron \"autoexcluírse\".", "text": "Nunha entrevista en RNE este domingo, o portavoz orgánico de En Marea defendeu en todo momento a tese de que as correntes críticas -a Anova oficial, o Podemos crítico con Carmen Sánchez, Esquerda Unida e Marea Atlántica- non foron excluídas da proposta de Coordenadora (executiva), senón que foron elas as que decidiron ficar á marxe da dirección. \"Non é que fosen excluídos, foi unha renuncia\", dixo o tamén portavoz parlamentar da confluencia. Villares explicou que en primeira instancia a nova maioría dentro do partido instrumental (a que conforman os independentes que lle son leais máis as correntes Somos Quen e Queremos Participar) tentou conformar unha proposta de dirección que incluíse \"todas as voces que forman o espazo de confluencia\" dentro da coordenadora. O intento non prosperou porque houbo quen \"decidiu autoexcluírse\". \"É unha decisión de quen o fai, mais non é que fosen excluídos; foi unha renuncia [...] Os que decidiron non estar terían que dicer por que\". O debate interno no Consello das Mareas do domingo 2 de abril, revelou Villares, xirou a respeito de que criterios se debían aplicar á hora de conformar a coordenadora. Nese sentido, o flamante portavoz afirmou: \"Había compañeiros que preferían outra composición que non fose proporcional, mais os estatutos nos obrigaban a iso\", dixo. \"As visicitudes internas de cada organización non poden influír nas decisións de En Marea\" A aplicación da proporcionalidade pura resultou nunha Coordenadora con 6 membros para Máis Alá -todos eles villaristas-, 3 para Somos Quen e 2 para Queremos Participar. Esa foi a chave que lle permitiu ao ex xuíz gañar o apoio da corrente dirixida por Davide Rodríguez -parlamentar do sector crítico de Anova- e daquela que se nuclea arredor da Cerna de Mario López Rico. Villares enarborou en todo momento a bandeira da súa condición de independente e do carácter de En Marea como partido instrumental, un modelo en que os partidos pre-existentes deben se facer a un lado e se conformar con xogar o rol de \"motores auxiliares\". \"As visicitudes internas de cada organización non poden influír nas decisións de En Marea. Unha parte de En Marea que somos independentes queremos que isto funcione. Non podemos condicionar o seu funcionamento a dinámicas internas de partido\", dixo. \"As persoas que non militamos noutra organización temos a obriga de representar En Marea\", engadiu."}
{"ID": "NOS_57607", "summary": "O Foro Cívico organiza unha palestra na que participa, por primeira vez, unha xogadora do equipo feminino", "text": "O salón de actos situado no edificio da ONCE, no Cantón Grande da Coruña, acolleu durante a noite de onte unha palestra denominada Pasado, presente e futuro do Deportivo, organizada polo Club de Opinión Foro Cívico. No acto, que estivo conducido polo xornalista Moncho Viña, tomaron parte o adestrador do Real Club Deportivo, Fernando Vázquez; Dani Giménez, gardameta titular da escuadra branquiazul; Antonio Eduardo López Beci, histórico xogador do conxunto galego dos anos 60 e 70, portador en case 200 ocasións da elástica branquiazul; e Miriam Ríos, futbolista do Deportivo Abanca. A presenza da defensa central do único equipo galego na máxima categoría do fútbol feminino foi histórica, xa que por primeira vez nos case 30 anos de historia do Foro Cívico participou unha deportista nun dos seus eventos relacionados co fútbol. \"En principio ía vir a centrocampista Alba Merino –explica para Nós Diario Manuel Monge, secretario do Foro Cívico- mais hai un par de semanas rompeu a clavícula, e contamos no seu lugar con Miriam Ríos, que ademais é a capitá\". Durante a súa intervención na palestra, Ríos relatou, entre outros temas, como se viviu desde dentro a histórica remontada que protagonizou xunto coas súas compañeiras o pasado domingo 1 de outubro, cando o Deportivo Abanca anotou catro goles en menos de 10 minutos para darlle a volta a un 3-0 en contra ante o Real Madrid Tacón. Moita historia, máis actualidade O secretario do Foro Cívico indica que o feito de \"estar atentos a temas de actualidade, incluído o deporte\" forma parte dunha constante histórica na traxectoria dunha agrupación que en dous anos celebrará o seu 30 aniversario, e lembra un acto que foi \"todo un éxito\" organizado nos anos 90 e no que xuntaron os tres presidentes do propio Dépor, o Celta e a Sociedade Deportiva Compostela, os tres principais equipos galegos por aquel entón, todos eles pertencentes á Primeira División. Durante o acto de onte, que estivo aberto ás intervencións do público, tamén houbo espazo para abordar outros temas de actualidade, como as posibilidades de disputar o play-off de ascenso, o estado da canteira, ou a débeda con Abanca."}
{"ID": "PRAZA_13906", "summary": "As dúas formacións acudirán xuntas ás vindeiras eleccións autonómicas, logo do acordo alcanzado este luns. TEGA goberna Narón e conta con 23 concelleiros no país.", "text": "Continúan os movementos no nacionalismo. Compromiso por Galicia (CxG), formación composta por Acción Galega, Máis Galiza e Ecogaleguistas, chegou este luns a un acordo con Terra Galega (TEGA) para acudir conxuntamente ás vindeiras eleccións autonómicas, aínda que a formación centrista non se integrará polo momento na coalición. Terra Galega acudirá ás eleccións xunto a CxG, pero non se integraría na coalición até despois dos comicios TEGA, que conta con 23 concelleiros en Galicia -onde sumou preto de 14.000 votos nos últimos comicios municipais- si poderá participar nas primarias previstas en CxG, pero non confluirá plenamente no proxecto até, cando menos, despois das eleccións, momento no que a formación que goberna Narón podería acabar integrada nun proxecto nacionalista que xunta xa catorce pequenos partidos galeguistas. A confirmación desta unidade de acción, que se levaba negociando xa hai meses, tivo lugar este luns a través dunha foto solemne tras a xuntanza que mantiveron en Narón dous dos dirixentes de CxG, Xoán Bascuas e Rafael Cuiña, xunto cos líderes de TEGA, entre eles o alcalde naronés, José Manuel Blanco. TEGA participará nas primarias de Compromiso por Galicia, onde proporá candidatos \"Levabamos tempo falando e estamos moi satisfeitos de poder contar cunha forza tan importante como TEGA no noso proxecto\", confirmou Rafael Cuiña, que aclara tamén que Terra Galega \"participará nas primarias\" de CxG e \"proporá candidatos\". A intención, segundo di o dirixente de Compromiso, é que TEGA acabe participando tamén no proceso constituínte de CxG para integrarse plenamente na coalición. A achega de TEGA a Compromiso incrementa a forza da coalición na provincia da Coruña, onde a formación centrista ostenta 22 dos seus 23 concelleiros e onde conta con preto do 3% dos votos. Ademais, e tal e como confirma tamén Cuiña, CxG mantén negociacións con varias formacións locais que poderían integrarse no proxecto nas vindeiras semanas. CxG \"respecta o que faga\" Anova e \"mantén as portas abertas para falar no futuro\" En canto a posibles acordos con Anova, nova formación nacionalista liderada por Xosé Manuel Beiras, Rafael Cuiña aclara que Compromiso \"respecta o que faga\" esta formación, pero asegura que segue a ter \"as portas abertas para falar no futuro\", pero \"sen perder tempo ningún\" en hipóteses de futuro."}
{"ID": "NOS_2625", "summary": "O filme dirixido polo galego-francés Oliver Laxe atópase na lista de 50 títulos recomendados para seren nomeados aos Premios de Cinema Europeo. Seica é unha das favoritas e, ademais, hoxe cuarta feira, estréase en 37 salas de Francia.", "text": "Tras colleitar o éxito da crítica internacional e gañar o primeiro premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016, Oliver Laxe continúa traendo boas novas para o Novo Cinema Galego. A coprodución 'Mimosas' atópase nesta escolma de 50 filmes xunto ás obras españolas 'Julieta' (Pedro Almodóvar), 'El Olivo' (Icíar Bollaín) e 'Truman' (Cesc Gay). Pero ademais, hoxe cuarta feira estréase en 37 salas de Francia, incluíndo cinco cinemas de París e outras cidades como Lille, Avignon, Montpellier, Budeos, Niza... segundo vén de contar a súa produtora Zeitun Films. A listaxe para os premios configurouse mediante a selección dun título por parte dos 20 países con máis membros na Academia de Cinema Europeo (EFA). Os 30 títulos restantes foron escollidos por un comité, composto tanto por membros da EFA como por expertos convidados como Péter Bognar (Hungría), Dave Calhoun (Reino Unido), Paz Lázaro Barquilla (España), Christophe Leparc (Francia) e Alik Shpilyuk (Ucraína). A escolma, con 33 países representados, pretende ilustrar a grande diversidade do cinema de Europa. Os máis de 3000 integrantes da EFA votarán nas vindeiras semanas os nomeamentos para as categorías de mellor filme, director, actor, actriz e guión. Os nomeados anunciaranse finalmente o 5 de novembro no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Os XXIX Premios de Cinema Europeo terán lugar o 10 de decembro en Worclaw, Capital Europea da Cultura 2016."}
{"ID": "PRAZA_20281", "summary": "Debería o PSOE deixar de dedicar o tempo a laiarse dos malvados podemitas e comezar a cavilar como é posible que despois da liorta interna na que se meteron sigan no mesmo sitio", "text": "\"Os quiero transmitir la decisión del secretario general de abstenernos en la moción de censura porque esa alternativa que plantea Podemos no es la nuestra\", dixo Ábalos, enviado de Pedro Sánchez ao grupo parlamentar do PSOE, sen decatarse de que esa sinxela frase elimina tódalas lamentacións dos últimos tempos, e amosa que o sanchismo pode ser máis do mesmo. O PSOE ten certa tendencia patolóxica a vivir no pasado: ben sexa para lembrar as glorias pretéritas, ben para establecer culpables. Sucede que esta constante rememoración é selectiva e constrúe un discurso que magnifica as culpas alleas e minimiza ou mesmo elude as propias. Así, o PSOE pasou os últimos meses queixándose amargamente de que Podemos non apoiou a Sánchez coma presidente do goberno -como se Podemos tivera a obriga de votar a Sánchez por ser Sánchez, como se a lóxica do voto útil seguise vixente. O problema é que a frase de Ábalos, a mensaxe de Sánchez para os seus deputados, racha co argumento. Do mesmo xeito que alternativa de Podemos non é a súa (de Sánchez, porque á militancia del PSOE non lle consultou ninguén), a de Sánchez pactada con Ciudadanos non era a de Podemos. Do mesmo xeito que o PSOE non ten a obriga de votar a Pablo Iglesias, Podemos, En Marea ou Compromís non están na obriga de votar a ninguén, especialmente cando o que precisa o teu voto (PSOE) primeiro pecha un pacto con alguén (Ciudadanos) que deixou clara a dificultade por non dicir imposibilidade de pactar contigo. Por outra banda, non deixa de resultar curioso que o PSOE do sanchismo mesiánico, que xurde baixo o \"No es No\" dialécticamente transmutado en \"Sí es Sí\" que, suponse, empodera á militancia e resitúa ao PSOE na esquerda máis esquerda, decida non só absterse sen consultar a ninguén senón incluso empezar a deixar caer a través dos seus paladíns que van pedir dimisións, mais que o da moción queda aparcado. Supoño que o feito de ser elixido pola militancia fai innecesario consultar a ninguén (vox populi, vox Dei) porque o elixido é depositario das máis profundas esencias do PSOE ou, no seu defecto, telépata. Ao final, aínda que podo trabucarme, toda esta historia do \"non é non\" semella propaganda electoral dirixida á loita interna do señor Sánchez por recuperar o trono perdido, sen que a súa postura diverxa moito da Xestora e quen apoiaron a súa constitución. Os xestores razoaron que non era posible conformar un goberno alternativo ao PP, que podía facerse unha oposición esixente, que o PSOE estaba debilitado e non aguantaría unhas terceiras eleccións. Os sanchistas agora din que non é posible conformar un goberno alternativo ao PP, que van a pasar o día pedíndolle a Rajoy et alii a dimisión, que de momento toca por orden na casa (o desastre orgánico como escusa do desleixo político). Ao fin as diferencias cos xestores poden non ser tan grandes como pareceran, agás no que se refire á posición de poder do señor Sánchez e os que o rodean. En último termo é cuestión de mandar. O señor Sánchez, con quen coincidín nalgunha conferencia política do PSOE na que el defendía as posicións do \"aparato\" (Pepe Blanco, Rubalcaba, etc.) e eu as de Esquerda Socialista, é o Saulo de Tarso da socialdemocracia española, só que en troques de caer do cabalo camiño de Damasco comezou por despeñarse nas eleccións tentando ser un híbrido de Clinton e Al Gore e finalizou dimitindo antes de que o Comité Federal o defenestrase. Do Sánchez socioliberal que defendía a Rubalcaba no 2013 e que logo quixo arrouparse nunha rojigualda desmesurada, pasamos a un Sánchez que para os seus seguidores é pouco menos que Largo Caballero resucitado e que, nembargantes, ten unha liña de actuación que salvo pequenas diferencias e a utilización de proclamas moi esquerdentas, de momento non diverxe da posición dos xestores. Na miña opinión, dende hoxe, aínda que só sexa por estética, debería o PSOE deixar de dedicar o tempo a laiarse dos malvados podemitas e comezar a cavilar como é posible que despois da liorta interna na que se meteron sigan no mesmo sitio, aínda que cunha relixión ben montada cos seus mártires, a súas resurreccións e os seus crentes."}
{"ID": "PRAZA_5766", "summary": "O Festival do Norte cambia. De Vilagarcía para A Illa, de maio para xullo, do cemento do Fexdega a un escenario de ensoño. E cun cartaz ambicioso e arriscado, con grandes nomes: The Horrors, The Pains of Being Pure at Heart, Is Tropical, Lori Meyers, Veronica Falls, Austra, The Wave Pictures ou Russian Red", "text": "O Festival do Norte cambia. Cambia Vilagarcía e o recinto do Fexdega polo paradisíaco escenario da Illa de Arousa. Cambia a primavera e o risco (nalgúns anos parecía que case inevitable) das chuvias, polo verán e as longas tardes de sol. O Festival do Norte regresa con mudanzas e cun cartaz ambicioso (á espera da confirmación de novas bandas) e no que destaca o retorno de nomes internacionais de primeiro nivel. Celebrarase os días 3, 4 e 5 de xullo, coa presenza de The Horrors, The Pains of Being Pure at Heart, Veronica Falls, Austra, Is Tropical, Lori Meyers, Kakkmaddafakka, The Wave Pictures, Russian Red, Satellite Stories, El Último Vecino, os galegos Linda Guilala e Músculo!, e as pinchadas de Digitalism, Dj Amable e Desconcierto Dj's. Nos últimos anos o festival tivo que enfrontarse (como a meirande parte das grandes citas musicais) a dificultades económicas, produto da crise económicas e da perda dalgúns importantes apoios públicos e privados. De feito, a última edición do Festival do Norte en Vilagarcía estivo nalgún momento no aire, á espera do necesario impulso do Concello. En conversa con Praza Pública o director do Festival, Toño Caneda, facía o pasado ano un chamamento ás administracións a seren conscientes da importancia que un festival coma o arousán ten para unha vila ou unha comarca. Por un lado os económicos: milleiros de persoas chegados dende toda Galicia que durante dous dias durmen, consumen e gastan. E tamén os relacionados coa imaxe de marca dunha cidade xa asociada á música a través desta cita. A explicación para o cambio de escenario hai que buscala en parte niso, pero Toño Caneda salienta que \"levabamos tempo dándolle voltas a este proxecto, a facer algo na Illa. De feito, a nosa idea para este ano era facer dous festivais: o Festival do Norte en Vilagracía, e outro na Illa\". Pero hai uns meses, e á vista de que se ían volver repetir os problemas de anos anteriores, tomaron a decisión de levar o FdN á Illa: \"Dende hai varios anos viámonos obrigados a contratar os grupos no último momento, con pouco tempo para anunciar o festival, e todo porque até o último minuto non sabíamos con que financiamento iamos contar. Así que este ano tomamos a decisión de buscar unha localización distinta, para poder traballar con máis tempo. E que mellor escenario que o da Illa de Arousa?\", sinala Caneda. \"Ao final os festivais acaban parecéndose moito entre si\" -di- \"Son os mesmos grupos todos os anos e en todos os sitios, e o único que cambia é a ubicación\" \"A min sempre me gustou crear e afrontar o risco creativo que ten un festival\", explica, \"quería facer algo novo, algo distinto\". \"Ao final os festivais acaban parecéndose moito entre si\" -di- \"Son os mesmos grupos todos os anos e en todos os sitios, e o único que cambia é a ubicación\". \"O Festival do Norte foi un referente no seu momento, pero nos últimos anos xurdiron moitos festivais en Galicia. E por iso eu quería darlle un cambio grande, tanto no que respecta á ubicación coma ao cartel do festival\", engade. \"Queremos un festival máis familiar, que se estenda ao longo do día, con concertos e actividades pola mañá, que escape do concepto tradicional de apertura de portas ás oito e concertos até as cinco da mañá\" As entradas e abonos (que inclúen a posibilidade de acampar) están á venda a través do servizo online de Novagalicia Banco. Até este sábado o seu prezo eran 45 euros, aumentando dende este domingo a 50 euros (até o 2 de xullo) e os 55 (na billeteira). O cartaz é atractivo, aínda que dos grandes nomes do indie español, os que noutros festivais atraen milleiros de persoas, só hai un par de exemplos. \"Apostamos por bandas underground, máis que indie, porque aquí o indie enténdese doutra maneira. Eu quería outra cousa, grupos de nicho, grupos diferentes\", comenta Toño Caneda, convencido de que \"ter público nun festival é fácil. Pero eu non quero que veñan vinte mil persoas, tampouco sería posible facelo na Illa\". Neste senso, subliña que \"queremos un festival máis familiar, que se estenda ao longo do día, con concertos e actividades pola mañá, que escape do concepto tradicional de apertura de portas ás oito e concertos até as cinco da mañá. Con moitas actividades para nenos, pensando moito nesa xente que empezou a ir a festivais hai dez ou quince anos e que agora teñen fillos. Queremos involucrar os nenos no festival, que vaian entrando nesta cultura\". Haberá tamén secret shows en distintos lugares da illa, cuxa localización e participantes serán unha sorpresa até o último momento Así, ademais das sesións de concertos dos seráns e das noites, polas mañás haberá concertos no Auditorio da vila, tamén concertos de portas aberta, e tamén servizo de comidas no centro da Illa, aunando música e gastronomía. Haberá tamén secret shows en distintos lugares da illa, cuxa localización e participantes serán unha sorpresa até o último momento. E tamén haberá actividades e concertos na propia zona de acampada. Nas vindeiras semanas o festival, ao que veñen de incorporarse Is Tropical, autores dun dos hits do ano, confirmará máis nomes para o seu cartaz, entre eles o de varios grupos galegos máis."}
{"ID": "PRAZA_11082", "summary": "Endesa anunciou de súpeto e antes do previsto o futuro peche da planta, a empresa máis contaminante de todo o Estado, nunha decisión empresarial con múltiples causas pero cun final tan esperado como falto de alternativas", "text": "O pasado venres, Endesa anunciou á CNMV que aceleraba o peche da súa central térmica nas Pontes, un comunicado repentino e que chegou moito antes do agardado. Unha decisión empresarial dunha compañía que foi adiantando os prazos previstos para a fin inevitable da queima de carbóhn. Do 2045 --que pregoou durante ben tempo xunto ás administracións--, ao 2030 e mesmo ao 2025 data que xa deslizou nos últimos meses. Endesa anunciou de súpeto que aceleraba un peche que primeiro prevía en 2045, logo en 2030 e ultimamente xa adiantaba a 2025Este pasado venres, ao tempo que a mocidade saía ás rúas polo clima, o Parlamento galego aprobaba unha resolución na que instaba a Xunta a \"declarar o estado de emerxencia climática co obxectivo primordial de comprometer as políticas do Goberno galego en facerlle fronte e acadar a neutralidade climática antes do ano 2050\". Ás poucas horas, Xunta e PPdeG culpaban o Goberno central e o PSOE do futuro peche e insistían no 2045 como data idónea para a clausura da maior emisora de gases de efecto invernadoiro do Estado e unha das meirandes de Europa. Este mesmo luns, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, pediu ao Goberno central que \"reconsidere a decisión de pechar as centrais térmicas en España\" e reclamou vantaxes fiscais para a planta pontesa. Por que agora?Por que Endesa anuncia agora o peche da súa central térmica? Cales son os motivos de apurar máis unha decisión inevitable que, sen plan alternativo nin previsión por parte das administracións, pon en xogo centos de empregos e supón un duro impacto na comarca e en todo o norte de Galicia? A decisión é empresarial e ten que ver coa nula competitividade dun modelo enerxético moi caro, tanto polo prezo do carbón como polo da tonelada de CO₂ no mercado europeo de emisións, unha ferramenta que impón un tope nos niveis de dióxido de carbono e permite a compravenda de permisos para contaminar máis pagando a cambio dunha retribución económica ás compañías que si cumpren. A decisión do peche é empresarial: o elevado prezo do carbón e da tonelada de CO₂, o impulso das renovables ou as esixencias da UE son a claveEste importe foi, durante anos, entre 4 e 5 euros por tonelada de CO₂ pero a media sobe xa a 25 na actualidade. A polución anual da central térmica das Pontes é de case 8 millóns de toneladas de CO₂ equivalentes. Co prezo do gas moito máis competitivo, a importación de enerxía desde outros países e a irrupción e fomento das renovables, que vén marcado tamén polo Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, as perspectivas de futuro da planta pontesa foron escurecendo. Ata que Enel, grupo que controla Endesa, decidiu que xa abondaba. Que é do investimento de máis de 200 millóns?Nos últimos meses, Endesa acometeu un plan de modernización dun investimento de máis de 200 millóns para alongar a vida da central uns 25 anos e, sobre todo, adaptarse á Directiva de Emisións Industriais (DEI) da UE, que esixe a redución drástica da contaminación. Ao contrario do que se insinúa desde algunhas administracións e formacións políticas, esta DEI non afecta ás emisións de CO₂ causantes do cambio climático, senón ás de dióxido de xofre e óxidos de nitróxeno.A Directiva de Emisións Industriais á que se foi adaptando a central non afecta ás de CO₂ senón ás doutros contaminantes tóxicosEsta directiva comunitaria será aplicable xa no vindeiro verán, logo de que as centrais térmicas españolas accedesen a unha moratoria que lles permitiu gozar de catro anos máis para determinar se finalmente asumían as reformas ou non. A negativa de Naturgy a levar a cabo os investimentos necesarios foi clave para o seu peche en Cerceda. Pero, con todo, e malia que a toxicidade provocada pola térmica ía diminuír moito ante as esixencias da UE, o seu efecto nocivo sobre o clima sería exactamente o mesmo, cumprindo ou sen cumprir a DEI. Porque non é o mesmo a calidade do aire que as emisións causantes da crise climática, aínda que estean relacionadas. Niveis de produciónA central térmica das Pontes ten case 1.500 megavatios de potencia e supón case o 80% da produción con carbón en Galicia. Pero nas Pontes hai outra térmica máis, a de ciclo combinado con 870 megavatios de potencia, que foi infrautilizada durante tempo; o baixo prezo do gas provocou o aumento da súa produción nos últimos anos.Na térmica de carbón, debido aos problemas de competitividade xa citados, a produción esborrallouse nos últimos tempos, pasando dos 8 teravatios por hora (8 millóns de megavatios) de 2018 aos 2,2 previstos para este ano e unha previsión de menos de 1 no seguinte exercicio. A parálise da planta desde a primavera pasada supuxo o inicio das mobilizacións, sobre todo dos camioneiros que trasladan o carbón ata As Pontes.En 2018 chegaron ao porto de Ferrol 4,7 millóns de toneladas de carbón; as previsións para 2019 son de menos de 2Porque a chegada do carbón importado que emprega a central –logo de esgotar a mina traballada durante 40 anos e convertida nun enorme lago– á terminal que Endesa ten no porto exterior ferrolán tamén sofre os efectos. A Autoridade Portuaria San Cibrao-Ferrol xa rebaixou as súas previsións ante \"as consecuencias da crecente aceleración do proceso de transición enerxética\". Prevese que 2019 se peche con 11 millóns de toneladas en tráfico de mercadorías fronte aos 13,7 de 2018. No pasado exercicio desestibáronse na terminal 4,7 millóns de toneladas de carbón e as previsións é que ao finalizar eeste ano non se chegue aos 2. Hai alternativas?É o que desexa As Pontes, a comarca do Eume e todo o norte galego, desde A Mariña ata Ferrol. As alusións á economía circular como alternativa á descarbonización e a demanda para que a central se apunte á biomasa son constantes. A empresa leva tempo facendo probas, tamén con lodos de depuradoras, e estuda mesmo como utilizar outros residuos forestais, xurro agrícola ou restos orgánicos caseiros. A biomasa, ao ser queimada, tamén emite CO2, aínda que son moitos os estudos que aseguran que esa emisión é neutra porque ese dióxido de carbono liberado forma parte do ciclo natural vexetal, ao ser o que absorben e liberan as plantas. No caso das Pontes, a proliferación de milleiros de hectáreas de eucaliptos na propia comarca e nas limítrofes impulsaría esta alternativa, pero tamén fomentaría, segundo os seus críticos, a eucaliptización á que tanto dano se lle atribúe tamén ao medio ambiente e futuro en Galicia. Ademais, non todos os expertos cren que esta alternativa sexa moito menos contaminante. Canto contamina a térmica das Pontes?A central de Endesa nas Pontes é a empresa máis contaminante do Estado e das máis de Europa. A instalación encabeza o ránking español de emisións de dióxido de carbono, segundo os últimos datos feitos públicos pola Axencia Europea do Medio Ambiente sobre as empresas da UE suxeitas ao mercado comunitario de dereito de emisións.A instalación térmica das Pontes é a 17ª factoría que máis CO2 equivalente (medida en toneladas da emisión de todos os gases de efecto invernadoiro) botou á atmosfera na Unión Europea durante 2018, con 7,9 millóns de toneladas, malia reducir en 200.000 toneladas as emisións de 2017.A central térmica das Pontes é a empresa máis contaminante de todo o Estado; entre ela e Meirama emiten o 35% dos gases de efecto invernadoiro de GaliciaOutra central térmica, a que Naturgy ten en Meirama (Cerceda) e que ten previsto o seu peche para o vindeiro 2020, sitúase entre as máis contaminantes. Entre as 150 primeiras da UE e no posto 11º entre as do Estado, con 2,24 millóns de toneladas de CO2 en 2018. A refinaría de Repsol na Coruña, con 1,1 millóns, ocupa o 22º posto. Xa que logo, tres factorías galegas sitúanse entre as 25 máis contaminantes do Estado. Na mesma provincia, nun radio de apenas 60 quilómetros.De feito, en 2017, as centrais térmicas de carbón de Meirama e das Pontes foron responsábeis conxuntamente do 35% das emisións totais de Galicia de gases de efecto invernadoiro, ademais de producir outros moitos contaminantes tóxicos. Dos máis de 30 millóns de toneladas destes gases emitidos en Galicia nese ano, 10,5 procederon destas dúas plantas."}
{"ID": "NOS_42520", "summary": "David Cameron enviou unha misiva a Escocia para procurar o voto negativo do pobo escocés á secesión de Gran Bretaña.", "text": "A campaña polo referendo de autodeterminación escocés deu a pistolada de saída. De aquí a outubro de 2014 Edimburgo e Londres afanaranse --e moito-- por convenceren á poboación escocesa do si ou o non no camiño cara á independencia de Escocia. Neste senso, o primeiro ministro británico, David Cameron, vén de encetar a súa particular estratexia política. Aínda que Cameron recoñece que a decisión \"corresponde ás persoas que viven en Escocia\", asegura sentirse \"entusiasmado\" por un proceso que, xulga, reforzará aínda máis a unidade do Estado británico. Neste senso, nunha carta enviada esta fin de semana ás moradas escocesas o conservador procurou persuadir ao electorado de que continuar unid@s a Inglaterra supón \"manter o mellor de ambos os dous mundos\". Así pois, malia asegurar que sabe \"de primeira man que Escocia pode ser unha nación independente\", o primeiro ministro insiste en que \"o verdadeiramente importante é se debería selo\". \"A Gran Bretaña funciona e funciona ben\", aseveraba na súa misiva o primeiro ministro, \"por que rachala?\" se preguntaba Cameron. Desta maneira o partido conservador inglés iniciaba a súa campaña que centrará nos \"beneficios\" que Reino Unido proporciona a Escocia. Cameron pretende así captar o voto negativo daquelas persoas que segundo as enquisas estarían a ter dúbidas, nomeadamente, a respecto saída de Escocia da UE, o que a obrigaría --se o quixer-- a renegociar a súa entrada. Os últimos inquéritos publicados falan dun 23% da poboación favorábel á secesión e dun 61% de persoas que demandan un maior marco competencial para Edimburgo --mais sen rachar co modelo relacional que até hoxe o une ao Reino Unido. Aliás, na súa misiva Cameron anuncia a publicación por parte do goberno británico dunha serie de documentos en que detallan \"como pode mudar Escocia coa separación\". \"Todos xuntos estamos mellor\", conclúe a carta, \"separados somos máis pobres\". Pola súa banda, o Partido Nacional Escocés (SPN), promotor do referendo pola independencia, considerou a estratexia política encetada polo partido conservador \"un ataque completamente negativo\" que procuran combater co lanzamento da súa propia campaña a prol da independencia baixo o lema Choice (Escolla)."}
{"ID": "NOS_18061", "summary": "O candidato do PSOE inicia o debate coas negociacións con Unidas Podemos paralizadas. No seu discurso apelou a esta formación para traballar por \"unha sociedade de homes e mulleres libres e iguais en harmonía coa natureza\". As referencias a Galiza centráronse na denuncia do crime machsita desta fin de semana en Vilalba e a lembrar cando o franquismo prohibía \"o galego, o vasco e o catalán\".", "text": "Cando Pedro Sánchez subiu á tribuna do Congreso español, minutos despois das doce do mediodía, as negociacións entre PSOE e Unidas Podemos para conformar un goberno de coalición estaban \"paralizadas\" ou \"encalladas\". O candidato socialista non deu mostras, ao longo das case dúas horas que durou a intervención, de que iso lle preocupase. Iniciou o seu discurso mandando unha mensaxe: \"España xa decidiu entre esquerda e dereita o 28A\", polo que non sería iso o que se debatía na sesión desta segunda feira, senón \"ter goberno ou non\". Pediu ao PP e Cs que \"retiren as barreiras\" e non impidan \"que España teña goberno\". Mais a quen se dirixiu con maior claridade foi a Unidas Podemos. O presidente en funcións instounos a lograr un acordo porque, dixo, o que teñen por diante \"vale moito a pena\". E que é iso que vale a pena? \"Unha sociedade de homes e mulleres libres e iguais en harmonía coa natureza\", concluíu o candidato socialista. Apelou o presidente en funcións a deputados e deputadas da oposición a que España non continúe no \"bloqueo político\". Reclamou ser presidente para \"facer efectivo o mandato das urnas\" do pasado 28 de abril e mesmo, ao pouco de iniciar o discurso, puxo sobre a mesa a proposta dun pacto de Estado: reformar o artigo 99 da constitución española para que non volva ocorrer o bloqueo\". Seis retos O groso da intervención de Pedro Sánchez, porén, centrouse en debullar o que el situou como os seis retos aos que facer fronte nesta lexislatura. Unha lexislatura, indicou, na que debería afrontarse a \"segunda gran transformación de España\" que collese o relevo da primeira, que situou entre 1975 e actualidade. Foi enumerando un por un eses seis retos, aos que el propio respondía após se preguntar \"Onde queremos situar España?\". O emprego digno, a revolución dixital, atender a emerxencia climática, a igualdade real entre homes e mulleres; acabar coa desigualdade social e os desafíos globais foron os seis retos. A cada un, Sánchez replicaba citando medidas e propostas que, de ser investido, ía adoptar: desde un novo estatuto das traballadoras até o recoñecemento do dereito á educación ao longo de toda a vida; desde retirar o termo 'diminuídos' da CE até \"mecanismos para predistribuír e redistribuír a riqueza\" pasando por una Lei integral de protección da infancia contra a violencia ou novas garantías sanitarias. Até falou das casas de apostas \"nos barrios máis desfavorecidos\" e de \"reparación ás vítimas da Guerra civil e a ditadura\". Levaba Sánchez ben aprendida a axenda de preocupacións do electorado da esquerda. O chamado 'tema catalán' apenas tivo lugar no discurso. O candidato limitouse a dicir que defendía unha \"España unida e diversa, sen fronteiras\" no marco europeo, mentres criticaba as que querían \"levantar fronteiras\" internas por ir \"contra a historia\". Citou territorios, como, por exemplo, Cantabria (precisa o voto de PRC) e o seu déficit de infraestruturas, ou Madrid e o seu Madrid Central, que puxo de exemplo a exportar a outros erritorios. Da Galiza nada dixo, para alén de referirse a cando o franquismo prohibía o galego, catalán e vasco . \"Agora somos o segundo estado máis descentralizado do mundo\", remachou. A outra referencia, foi a condena ao asasinato machista de Mari Carmen Vázquez, esta fin de semana en Vilalba nun crime machista. Soberanía O europeísmo, da UE, tinxiu boa parte da intervención. Puxo a UE como parangón de xustiza social, de cooperación, como exemplo de progreso. Chamou a avanzar \"na arquitectura do Euro\" e defendeu apostar en \"máis España en Europa\". En consonancia co papel de \"potencia media\" (Sánchez dixit) do Estado español no mundo, falou do papel español nos diferentes continentes e conflitos, como en Venezuela, onde avogou no diálogo e en novas eleccións. \"Pido a confianza da Cámara, non en min, senón na sociedade española\", dixo ao concluír o seu discurso. O ramo puxérono as deputadas e deputados do PSOE aplaudindo en pé o discurso. As de Unidas Podemos ficaron sentadas. As negociacións continúan contrarreloxo."}
{"ID": "PRAZA_8883", "summary": "Embarcacións de pesca artesanal reclaman unha reforma da PPC, nunha acción promovida por Greenpeace", "text": "Este luns concentráronse na ría de Muros-Noia, fronte á Gándara, máis de medio cento de embarcacións pesqueiras para reclamar unha reforma da Política Pesqueira Común (PPC) que respecte a pesca sustentable. A concentración, promovida por Greenpeace, enmárcase no tour que o barco da organización Arctic Sunrise realiza por nove países de Europa para visibilizar, apoiar e defender a pesca sustentable. En España, a embarcación, antigamente un pesqueiro de focas, xa estivo en Barcelona, Dènia, Muros e o mércores chegará a Bilbao, onde permanecerá até o venres 17, día no que partirá cara a Francia. A protesta, na que se exhibiron carteis con lemas como \"Cañete, non afundas a pesca europea\" ou \"A pesca sustentable é o futuro\", coincidiu ademais coa reunión en Bruxelas de todos os ministros de Pesca da Unión Europea na que abordaron os aspectos da reforma do PPC. Para Celia Ojeda, responsable de Océanos de Greenpeace, a acción en Galicia era \"moi importante debido sobre todo ao lobby potente da Xunta de Galicia, única comunidade de España con oficina en Bruxelas que sempre estivo ao lado da gran industria pesqueira\". No encontro dos ministros, asegura Ojeda, o ministro español de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, é o máis remiso a escoitar as voces da pesca sustentable. \"Estivo e estará sempre ao lado das grandes industrias\", denuncia a responsable de Océanos de Greenpeace. A pesca sustentable é, segundo a definición de Greenpeace, \"aquela que pode manterse de forma indefinida sen comprometer a viabilidade da poboación da especie obxectivo e sen exercer un impacto negativo sobre outras especies dentro do ecosistema, incluídas das persoas\" e cuxa xestión é \"respectuosa coa contorna marítima e costeira\". Aínda que a maioría da frota pesqueira española é artesanal e sustentable, Greenpeace denuncia que tanto o anterior coma o actual Goberno do país primaron os intereses da grande industria. \"A este paso -explica Ojeda- acabarán coas poboacións de peces\". Se isto sucede, un gran número de persoas, poida que até vilas pesqueiras galegas enteiras como Muros terminen con todos os seus habitantes en paro. \"Se afunden o stock pesqueiro, acaba o traballo, e a pesca sustentable xera moito emprego, tanto directo como indirecto\". Para a organización, concentrar a tal cantidade de barcos en Galicia é sumamente importante, sobre todo tendo en conta que hai uns anos os rastrexadores os recibiron no mesmo lugar a pedradas. O mesmo sucede cos pescadores, que ao finalizar a concentración agradeceron a Greenpeace o seu apoio: \"Sen a axuda de ONGs como esta non teriamos a forza suficiente para facernos escoitar\". Este texto foi realizado a bordo dun barco de Greenpeace, que convidou eldiario.es a unha travesía reivindicativa por diferentes puntos da Península Ibérica."}
{"ID": "PRAZA_16432", "summary": "Parece chegada a hora de reexaminar a sólida tradiçom social-democrata como possível ferramenta política de progresso social num contexto social heterogéneo e exigente.", "text": "Esfumado definitivamente o projecto comunista de matriz marxista-leninista por sentença inapelável da história e inaceitável nas nossas coordenadas o transplante de qualquer hipótese de signo populista, quer seja da tradiçom irredentista etnocêntrica, que vigora em Europa, quer de signo autocrático popular de procedência sul-americana, parece chegada a hora de reexaminar a sólida tradiçom social-democrata como possível ferramenta política de progresso social num contexto social heterogéneo e exigente. A adscriçom social-democrata nom deveria ser incompatível com paradigmas alternativos em regime de cooperaçom competitiva, mesmo numha organizaçom unitária. Comunistas, independentistas, libertários e liberais avançados partilham na actualidade ideários políticos de progresso susceptíveis de confluir num projecto comum de transformaçom. De facto, esta modalidade de articulaçom flexível tem tradiçom nos grandes partidos social-democratas. A regra da maioria como mecanismo regulador deveria servir para arrombar os bárbaros ritos de excomunhom mais próprios de comunidades de fé. Erraria quem atribuir a opçom social-democrata a um cálculo de conveniência eleitoral ou de timorata aversom ao radicalismo político. A sua pertinência tem mais a ver com consideraçons de eficácia discursiva no nosso tempo e circunstáncia e com o sóbrio realismo que deve informar qualquer apelo actualizado à acçom política com vocaçom maioritária. O votante, o povo se preferem, apreende aginha a desconfiar da retórica política barata e adoita valorar o bom senso que apreende na dura briga diária por ganhar a vida. Dito seja sem desconsideraçom da pulsom utópica que deve impregnar todo programa político com pretensom transformadora. A pertinência da proposta de Honneth reside na sua capacidade para impugnar tradiçons políticas inabilitadas pola história e reabilitar o exercício quotidiano da política como instrumento de socializaçom e progresso. As forças que bem ou mal nos representam, com escassa experiência governamental e mínima incidência parlamentar, tenhem por diante umha imensa tarefa de re-invençom política e re-conexom com a cidadania activa e as camadas subalternas. O partido no poder, ao invés, nom precisa de paradigmas políticos nem justificaçom; o seu discurso cai-lhe pronto-a-vestir dos think tank e as escolas de negócios. Ante a dúvida, desempoeiram simplesmente o infalível reflexo do mal menor: \"boh, melhor seguir como estamos\" O atractivo da proposta de Honneth estriba no seu carácter totalizante, capaz de compreender tanto a génese como o recorrido prático do discurso socialista, aligeirado de aderências históricas improcedentes, quer dizer, contra hegemónicas. A análise de Honneth principia com umha breve genealogia do movimento democrático revolucionário, nascido dos três princípios republicanos de liberdade, igualdade e fraternidade. Os dous últimos aginha preteridos em favor do primeiro, erigido pola burguesia liberal em princípio rector quase exclusivo da democracia e o progresso social. Acontece, que corria daquela o tempo do primeiro industrialismo que amoreava ao mesmo tempo opulência e miséria social. A vindicaçom da igualdade e a fraternidade esquecidas foi, como consequência, a tarefa específica do proto-socialismo emergente. Ao pouco, o movimento esgalhou em duas direcçons, a da promessa tecnocrática e a libertária. A primeira chamava a confiar o progresso social a umha elite de engenheiros e científicos consagrados polos seus conhecimentos ao posto de mando do progresso social. Foi a posiçom do sansimonismo e o positivismo de tanta influência nas minorias rectoras das nascentes repúblicas sul-americanas. A segunda, perseguia o ideal de umha sociedade de produtores livres associados em cooperativas libertárias, como as imaginadas por Owen e Fourier. Tecnocracia coercitiva guiada pola luz da ciência versus progresso em liberdade fraternal e cooperativa foi a grande disjuntiva que chegou a impregnar como é sabido o horizonte utópico leninista de O Estado e a Revoluçom. A utopia tecnocrática alimentou o pesadelo distópico orwelliano de igual maneira que a fantasia libertária imaginou comunidades alternativas morando em paraísos imaculados ao estilo do Avatar de James Cameron. Umha e outra tentaçom fôrom em seguida esmagadas pola potência teórica da analítica marxista da lógica do capital e a extracçom forçada da mais-valia gerada polo trabalho abstracto. A teoria completou-se ainda com a adiçom da classe operária como agente metafísico de mudança social. De \"mérito mémorável do círculo inicial da Escola de Francoforte de Horkheimer\" qualifica Honneth, a refutaçom da \"ficçom sociológica\" da classe operária revolucionária. Concordemos ou nom com a aludida refutaçom, ninguém poderá negar-lhe protagonismo histórico ao movimento operário como vector insubstituível de mudança social e contraposiçom à coerçom do capital. Menos ainda na Galiza contemporánea onde o sindicalismo de classe tem dado sobradas provas de capacidade transformadora em favor da democracia e a equidade social. Somos testemunha directa. O projecto revolucionário acabou reduzido à espera milenarista no desenvolvimento ilimitado das forças produtivas conduzidas por um Estado totalitário em nome e representaçom arrogada da classe redentora. O industrialismo coercitivo e a asfixia das liberdades cívicas acabárom multiplicando a desventura social, a destruiçom ecológica e o abafamento da sociedade civil até arrastar o sistema ao seu colapso definitivo: 1989, Berlim, Tiananmen; 1991, Moscovo. A história posterior de rapina, polarizaçom do poder e a riqueza, democracia minguada e cesarismo patriótico, é o cólofon a um fracasso histórico que ninguém pode pretender ignorar. O retrato dos avós pendurado ainda na sala testemunha o peso morto do passado. Os pregoeiros do poder publicitam agora o final definitivo da última recessom, iniciada em 2008 e transmitida pola rede algorítmica que conecta mercados e decisons. Fôrom dez anos de intenso sofrimento social que agudizárom a desigualdade social e o progressivo domínio do capital em linha com o prognóstico de Thomas Piketty. A reactivaçom do projecto socialista deveria ser a conclusom lógica a este estado de cousas. Mercado e sociedade deveriam ser reavaliados em perspectiva social e submetidos a controlo democrático. A Uniom Europeia tem magnitude e capacidade suficiente para promover mudanças decisivas se for capaz de reverter a filosofia neoliberal que impregna as suas instituiçons. Esta é a árdua tarefa encomendada a umha social-democracia renovada. Superadas pola história as velhas polémicas teóricas que enfrentavam valor e prezo, mercado e planificaçom central, hoje em dia ninguém discute o carácter insubstituível do mercado como instancia coordenadora da actividade económica. Socialismo de mercado é quase um pleonasmo, aqui e na China. A polémica centra-se agora no papel arbitral ou impulsor do Estado e na antinomia neoliberalismo ↔ neo keynesianismo. O mercado deve ser depurado, porém, das aderências da interpretaçom apologética capitalista na linha aberta por Karl Polanyi e Albert Hirschman a fim de ajustá-lo ao seu papel de campo de briga democrático onde se dirimem os interesses maioritários da sociedade: o imperativo ecológico, a primazia das necessidades elementares, o controlo público da manipulaçom oligopolística dos gostos, a oferta e os preços. O espelho invertido, em definitivo, da briga eleitoral. Voto e o euro som recursos sociais a tutelar. Repassa Honneth as diferentes modalidades de mercado; desde a mao invisível de Adam Smith à malha de trocos sujeita a norma pública para assegurar a cobertura das necessidades básicas e frear a oferta monopolista passando pola oferta cooperativa de produtores livres. Um amplo campo de coexistência e briga em favor da maioria social. A faceta mais inovadora do ideário social-democrata renovado propugnado por Honneth é a da estratégia de avanço social. O modelo proposto é o de um socialismo experimental na senda filosófica do pragmatismo norte-americano de Dewey. Em contraposiçom a enfoques tributários do marxismo, a norma orientadora proposta por Honneth é o ensaio reiterado de soluçons alternativas aos problemas com eliminaçom sistemática das barreiras de comunicaçom que separam os agentes sociais a fim de ceivar o potencial transformador represado pola opacidade social e os corporativismos de grupo. O agente social de mudança passa da classe operária industrial ao conjunto da cidadania interconectada através do confronto das respectivas aspiraçons parciais: laborais e de género, da protecçom do meio e o emprego, de opçom persoal ou sexual, de reconhecimento social, de co-gestom política, e assi por diante, tentando conjugar objectivos parcialmente contraditórios. Em perspectiva técnica, a proposta tem muito da procura de um óptimo condicionado por restriçons parciais, próprio da programaçom linear. O mecanismo de harmonizaçom de vontades e aspiraçons mediante a experimentaçom permanente deveria conduzir à melhor selecçom de um repertório das melhores soluçons ensaiadas em qualquer tempo e lugar. O socialismo experimental pode ser um saudável exercício de sobriedade para neutralizar os efeitos das orgias ideológicas passadas. A tradiçom social-democrata que ecoa na proposta de Honneth interessa como antídoto aos grandes relatos milenaristas, submetidos hoje a geral descrença. Vivemos tempos de refluxo. Os paradigmas teóricos de emancipaçom radical tacteiam hoje difusos conceitos inclusivos como gente ou multidom frente a casta (em substituiçom da épica de classe contra classe) ou de carácter orgánico como sujeito político e transversalidade ou inscrito/a (frente a Partido e militante) num claro deslocamento das categorias políticas cara as classes meias e subalternas destinatárias finais do projecto. Com vocaçom de maioria, hipóteses para um debate (I) Publicidade <a data-cke-saved-href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; target=&#39;_blank&#39;><img data-cke-saved-src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4&#39; src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4&#39; border=&#39;0&#39; alt=&#39;&#39; /></a>"}
{"ID": "NOS_34550", "summary": "Os medios de extinción loitan contra dous incendios na comarca ourensá de Valdeorras, que permanecen activos nos municipios do Barco e de San Xoán de Río. O lume do Barco, que afecta á parroquia de Santigoso, iniciouse ás 13:00 horas e supera as 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural.", "text": "Fontes de Protección Civil e brigadistas que traballan nos servizos de extinción de incendios indicáronlle á axencia Efe que o lume abrangue \"tres parroquias\", nunha ladeira, que se atopa próxima \"a uns piñeirais\". Nestes momentos, participan nos traballos de control, dous axentes forestais, 13 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 8 avións. Preguntado pola situación do incendio, o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, declinou polo momento facer valoracións, aínda que cualificou a situación de \"complexa\" a causa da calor e do vento. As lapas ameazan vivendas, incluso, nas proximidades do núcleo urbano de Viloira, e obrigaron a evacuar a catro persoas ao hospital de Valdeorras, intoxicadas polo fume. Por outra banda, fontes da Consellaría informan da existencia dun segundo incendio, tamén na comarca de Valdeorras, neste caso na parroquia de Cabanas, no termo municipal San Xoán de Río, que se orixinou ás 16.00. Respecto deste segundo incendio, un brigadista do equipo de extinción indicou que está aberto \"unha fronte duns dous quilómetros\". Neste lume traballan dúas brigadas, catro motobombas, 7 avións e un helicóptero, segundo apuntou Medio Rural. A comarca de de Valdeorras está este venres en alerta amarela por mor das altas temperaturas, xa que as predicións meteorolóxicas esperaban que os termómetros poderían alcanzar até os 38 graos."}
{"ID": "PRAZA_14427", "summary": "Compromiso \"asume as recomendacións\" da Fiscalía Superior de Galicia para \"poñer en marcha un plan de prevención da corrupción nas administracións públicas\"", "text": "\"Reformar todas as normas que sexa preciso para que cando un cargo de representación institucional sexa imputado en firme por unha autoridade xudicial, isto o incapacite para seguir no cargo\". É unha das propostas que Compromiso por Galicia (CxG) lanza en materia de \"ética\" de cara ás eleccións do vindeiro 12 de outubro. \"Preocupados\" ante \"os últimos sucesos relacionados coa corrupción e a falta de ética política\" o candidato da formación á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, e mais os seus cabezas de lista por Lugo e Ourense, Iván Marrube e Xosé Manuel Pérez Bouza, apostaron por poñer en práctica as recomendacións incluídas na memoria da Fiscalía Superior de Galicia de 2011 na que, entre outros aspectos, o titular da institución, Carlos Varela, sinalaba a necesidade de poñer en marcha \"un plan de prevención da corrupción nas institucións públicas\". \"Nas mesas de contrtación deben estar representantes da oposición, pero tamén sindicatos, organizacións empresariais e cidadáns\" \"A sociedade está cansa e o poder político podreceu, porque o acceso ao poder é por fins persoais\", asegura Marrube. \"A tolerancia coa corrupción ten que ser cero\", engade Pérez Bouza, para quen os casos dos concellos de Ourense e Boqueixón, amosan a necesidade de \"non acpetar dimisións á carta\", porque \"é mellor previr que curar\". \"Hai motivos para dicir que non todos somos iguais -abonda- pero en Compromiso non somos nin sequera parecidos\". Por todo isto Bascuas sinala que, ademais da destitución automática de calquera cargo político imputado nun preocedmento xudicial, Compromiso propón reformar a Lei de Contratos do Estado, para \"reducir ao máximo as contratacións que se poidan facer a través de xeito directo\" ou \"a través de concursos trampa\". No seu lugar CxG propon xeralizar o uso da \"poxa pura\" ou \"concursos nos que non se teñan en conta cuestións subxectivas\". Ademais, explica, \"A lei debe obrigar a que as adxudicacións dos concursos e poxas se resolva en mesas plurais\", como xa acontece nalgúns concellos. Nelas, propón, deberan sentar \"representantes da oposición\", pero tamén \"sindicatos, organizacións empresariais e mesmo cidadáns\". Estas iniciativas completaríanse cunha política de \"listas brancas\", para que \"ningún cidadán imputado en firme por unha autoridade xudicial poida formar parte dunha candidatura electoral\"."}
{"ID": "PRAZA_18667", "summary": "Os cálculos e os números estão para observar, mais de 300 mil milhões de investimentos chineses na UE nos últimos 10 anos, desde o começo da crise financeira. A ditadura de partido único chinesa alarga a sua influência mundial e a UE enfraquece e fica de vez baixo o domínio do politburó de Pequim.", "text": "A UE não tem um plano. China sim que tem. E isto na atualidade é um fator de maior estabilidade para os chineses. A UE a dia de hoje tem uma agenda marcada fortemente pela instabilidade e uma grande vulnerabilidade. O Brexit é unicamente um dos pés de uma das debilidades a somar a uma Europa para o leste da Alemanha que não remata de acreditar em que também é UE: Polónia, Hungria, Bulgária,.. e uma crise de legitimidade das instituições europeias onde a Itália e a Grécia pelo sul tampouco estão a ajudar. A todo isto engadimos uma Rússia que apoia a ideia de uma UE fraca e um EUA submetidos à disciplina do trumpismo e a sua nova política económica autárquica.O plano da UE virou afetado primeiro por uma crise financeira mundial e a seguir por uma crise das democracias como alternativa global para defrontar os reptos do futuro da humanidade: cambio climático, crises demográficas, novo modelo económico,... todo isto num marco político global que pegou um giro cara posturas próprias dos isolacionismos e rematou criando um novo pacto anti-globalização.O Xi Jinping, presidente da maior e mais poderosa ditadura que jamais tenha conhecido a historia da humanidade, anda de visita oficial e isto deveria ser uma noticia quando menos preocupante para os que definimos como democratas. Ao fim aquele TTIP, o tal esquecido tratado transatlântico entre a UE e os EUA, metido no fundo da gaveta do salão oval por Donald Trump teria sido uma forma de marcar um polo de defesa dos valores de liberdade e democracia, no presente a China avança a sua estratégia OBOR (One Belt, One Road) na sua nova rota da seda cara o domínio e a hegemonia mundial.Uma vez está travada esta aliança civilizacional transatlântica, já entre os EUA e a UE abandona e unicamente sustentada num tratado de livre comercio entre a UE e o Canada, o CETA, os chineses querem trazer os seus negócios para Europa e têm visa ouro. Nisto temos uma inversão que tem passado dos 200 milhões a mais de 1600 milhões em menos de dois anos desde 2015, por exemplo, no Reino da Espanha. Portugal, como hub atlântico europeu também exerce de polo para os investimentos chineses, que marcam a situação atual da República de Portugal como 2º recetor europeu das inversões chinesas, com a compra do 40% do capital da EDP por parte de capital chinês a mostrar o caminho.Os cálculos e os números estão para observar, mais de 300 mil milhões de investimentos chineses na UE nos últimos 10 anos, desde o começo da crise financeira. A ditadura de partido único chinesa alarga a sua influência mundial e a UE enfraquece e fica de vez baixo o domínio do politburó de Pequim."}
{"ID": "QUEPASA_702", "summary": "O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?. O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.", "text": "O pasado día 5 deste mes perdemos a Marcial Martínez Santiago (q.e.d.), un gran colaborador para os meus traballos de campo, xunto co seu veciño Pepe Rodríguez, moi bos coñecedores do territorio onde naceron. Con eles logramos recoller moitos dos nomes das paraxes que estaban condenados a perderse para sempre. Non é así polo territorio do sur do monte do Pindo lindante coas aldeas de Caldebarcos, Panchés e Quilmas, onde é difícil encontrar persoas con coñecementos territoriais. Cando camiño por este territorio, sempre me fago a mesma pregunta: \"Quen é o dono do Monte do Pindo?\" Vexamos algo de historia: existen documentos do ano 1640 que falan dun tal Pedro Mariño de Lobeiras como dono deste territorio herdado do seu avó Payo Mariño, Marqués de la Sierra, que tiña a casa solariega na Illa de Sálvora. Estos eran os encargados de cobrar as rendas polo pastoreo dos animais particulares dos veciños como cabras, ovellas, vacas, éguas, e que tódolos anos xuntaban nos curros para administralos e marcalos tendo que dar conta da cantidade para efectuar o cobro anual. A convivencia entre os veciños de Mazaricos e os do Pindo era moi mala pola invasión mútua dos seus territorios, que cerraban con portelas nos pasos naturais. Destaca un preito do ano 1740 entre os veciños de O Pindo Domingo Louro e Martín Lamela, pertencentes á feligresía de San Mamede de Carnota. Víronse obrigados a querellarse contra o veciño da feligresía de Santiago de Arcos, Antonio Vermúdez (algo polémico) por non deixarlle pastar ao gando no Monte do Pindo. Nas declaracions tomadas aos testimuñas reseñamos o seguinte: Agustín Fernández, labrador e veciño do lugar de Pedrafigueira, declaraba que a facenda de machos e cabras de Domingo Louro e Martín Lamela e os demáis veciños labradores do dito lugar do Pindo diariamente pastaban no monte peñascoso e fragoso, que se nombra pinal do Pindo e Pedregal (un documento fala da abundancia de madeira nesta ladeira e vendida para facer barcos en Pontevedra), que serve de pasto de ditos gandeiros e non para outra cousa, e que dito monte está para o servicio dos veciños do lugar do Pindo. Os seus dominios eran do Marqués de la Sierra e según o escrito di: \"sus pastos pagaban la renta y pensión y sus consortes de dichas cabras y machos que van corriendo en derechura por donde les parezca a la Cova da Barca, Cadoiro do Ézaro hasta la vista de dicha feligresía de Arcos, las toman el pasto sin pastor y no tienen donde hacer daño. Y si en alguna ocasión van con ellas es por temor de los lobos, zorras y teijones y otros animales bravos que las coman. Así mismo dese 10, 20, 30, 40 y siguientes años a esta parte que es el tiempo de acordanza, todo ello con consentimiento de Sueiro Vermúdez, ahora difunto (padre del querellado)\". Estos animais eran como \"desbrozadores\" naturais que facían de catalizadores entre a flora e a fauna. Mantíñan limpa as fontes e os camiños que valían de cortalumes para os incendios. Os seus excrementos eran como un almacén de alimentos para a microfauna creando variedade de insectos e facéndolle a vida moi grata aos reptís e as aves. Coa repoboación feita no 1956 pola Forestal do Estado, comenzou a defunción deste monte. Ultimamente foi incorporado á Rede Natura 2000. Pero seguimos facendo a mesma pregunta: quen é o responsable de estas 2.400 Ha. de monte? Se consultamos o plano catastral, unha grande extensión, polo norte, está como \"Monte de Utilidad Pública\" e polo sur, coñecido como \"Monte de San Mamed,\" pertece a M.V.M.C.V. (Monte veciñal mancomunado). Co incendio do ano 2013 que arrasou totalmente o pelexo vexetal, desapareceron multitude de plantas e deixou un deserto no mundo da fauna. Pasaron seis anos deste desastre e a flora invasora como os toxos, silvas, fieitos e eucaliptos non tiveron enemigos e compiten entre eles para ver quen máis medra matando á microflora. Os carballos cerqueiros crean pequenas manchas verdes sufrido minusvalías no seu desenvolvemento por falta dunha elemental poda. Moitos dos sendeiros están desaparecidos como o camiño das Pescadeiras. En resumo:.. o Monte está condenado a outra queima calquer verán… Modesto García Quintáns. Patrimonio Pindexo O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?. O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo. O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco. O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo. O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo. Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo. Pepe do Fieiro: \"Dicían os nosos vellos…\". Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1). Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0). Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro."}
{"ID": "NOS_42492", "summary": "Manexan con mestría mans e intelixencia para deseñar e entretecer a roupa dunha onda que atrae públicos con novos intereses. Son o presente e o futuro da moda galega, sen grandes marcas detrás. Autoras mozas con talento, algunhas xa graduadas, outras estabelecidas con obradoiro propio ou cun pé fóra na procura do que non atopan aquí. Sermos Galiza conversa con algunhas delas sobre o presente do seu oficio e o que agardan conseguir no seu futuro.", "text": "\"O principal, antes de debuxar, é coñecer os padróns de costura. A primeira vez que bosquexas un xersei esqueces que tes que meter a cabeza por un lado, que ten que asentar ben nos ombreiros… O básico é a padronaxe. Se, por exemplo, queres crear unha textura rugosa tes que indagar como atopar esa rugosidade. Procurar ese tacto, un bordado especial, unha cor degradada ou non...\", fala Alba Collado, mentres as súas mans entretecen con vitalidade as palabras. A moza acaba de cruzar a vintena e está metida con entusiasmo no seu proxecto de fin de carreira, logo de rexeitar facer Comercio, que nunca lle gustou, pola súa vocación na acrobacia das teas e padróns na academia coruñesa Formarte: \"Gustábame o tema da moda, de debuxar, de crear as miñas prendas. Fixen un curso de padronaxe moi interesante e metinme en deseño de moda\". A nova moda galega agroma nos pupitres e pasarelas de fin de carreira de novas deseñadoras que, nalgúns casos, xa deixaron ver as súas creacións fóra da Galiza. As creacións de Alba amosan unha preocupación pola textura e pola evocación que a memoria, o recordo ou a viaxe provocan na creación artística. No caso de Collado, unha saída a Holanda configurou a súa colección \"Veld\", chea de simboloxía floral: \"É unha vila holandesa. Era preciosa e díxenme: 'tes que facer un traballo disto'. As prendas son de lá 100%, sen poliéster, chaquetas moi anchas, de mangas avultadas. Todo verde, azul e branco. Síntome moi orgullosa, foi traballo meu por enteiro. Elixir un bo material é moi importante, non podes facer unha saia e coller un tecido que non teña voo ou que quede mal, tes que mirar como funciona\". Recoñece que, na actualidade, a moda galega está \"algo esquecida\" e que quere seguir creando na Galiza: \"Gustariame traballar nunha marca galega e que tivese a nosa cultura presente\". Antía Vilar é tamén estudante na recta final dos seus estudos co seu Traballo de Fin de Grao. Ela marchou a Madrid para poder estudar a carreira universitaria oficial. Alí traballou na Xastraría Cornejo, autora dos traxes de época para series como As mozas do cable ou Altamar. Vilar quere traballar na Galiza, mais descoñece como facelo con liberdade: \"É difícil ter un futuro na moda galega sen caer en Inditex. Queremos atopar un estilo propio e desenvolver a nosa inspiración, nas grandes marcas non hai espazo para esa orixinalidade\". Un ano de estadía en París permitiulle comparar situacións: \"A moda fóra do Estado funciona de maneira moi diferente, toman os estudos máis en serio, con graos só de Historia da Moda. Aquí non temos ese nivel de especialización\". Vilar defende un modelo de consumo moito máis local, con atención á man de obra e á orixe. \"Estamos pagando pola roupa un prezo baixo\", relata, \"o que prexudica o comercio e os deseñadores que queren competir coas grandes, pois non podemos pór os prezos tan baixos como as multinacionais\". Mais ten claro que o seu público obxectivo gosta da arte e \"non só quere ter un cadro no cuarto\". A estudante pon o foco na diversidade que pode ofrecer un país onde faltan \"estudos arredor da recuperación do traxe galego, deseñadoras de vestiario escénico ou mesmo procuradoras para os museos, para buscar pezas de arte téxtil… Estudar deseño de moda non significa ser só deseñadora\". Alén da tenda A David Vila non lle gustaba a roupa que vía nas tendas cando era cativo. Hoxe, baixo a súa nova sinatura Comosoa, pode producir prendas para actrices como Laura Míguez ou Grial Montes, ambas no elenco do último filme de Ignacio Vilar, María Solinha. Cun ano aínda por diante na escola Mestre Mateo de Compostela, o mozo admite que \"na casa xa tiña esta inquedanza artística que precisaba deixar fluír\". No deseño isto combínase coa parte técnica, que tamén é do seu agrado. \"A creatividade podes tela ou non, pero a técnica tes que aprendela\", afirma un creador interesado pola función do vestiario en escena: \"Fóra da ESAD [Escola Superior de Arte e Deseño] fixen tres traballos, un nunha peza de teatro chamada Neurose, en Vigo. O proceso é rápido e tes que manter relacións co director, actrices, bailaríns, escenografía... Debes facelo canto antes, logo veñen os problemas propios da disciplina como o tempo, o espazo, a combinación coa luz... É case como unha carreira e tes que ser o primeiro en rematar\". Vila ten interese nunha moda máis lenta e traballada, unha slow fashion cun ritmo non tan apegado o vórtice do mercado. Segundo conta, hai \"unha visión de grandes e pequenos. Para sobrevivir tes que sumarte ao slow fashion, como pequeno creador non podes asumir a produción en serie\". No relativo ao seu futuro baralla saír da Galiza como unha opción probábel: \"Eu querería quedar e atopar traballo aquí, pero a nivel de evolución aínda non o teño moi claro\". A tía de Isaac Castelo convenceuno para, aínda moi mozo, axudar unha modista a facer un vestido. O rapaz está hoxe a piques de ir a París, un dos centros da moda europea, estudar o próximo ano da súa carreira, igual que Vila, na ESAD de Compostela. \"Tiña ganas dun cambio, sobre todo porque na Mestre Mateo non ofertan a especialidade que quero\", explica. O que atrae a Castelo é a alta costura, pois atopa nela \"máis liberdade creativa, considérome bastante esteta [ri]\". A súa sinatura, Caasi Sera, xa produciu en pouco tempo vestidos que levaron actrices como Lucía Regueiro nas Badaladas 2018 da TVG ou na gala dos Premios Mestre Mateo, e influencers como Dulceida. \"Póñense elas en contacto. Eu sempre fago vestidos exclusivos, adaptados á persoa, escollo os materiais, os tecidos… e encargo a unha costureira\", conta. Sinala ademais que, se ben non descarta posuír un atelier no futuro, o seu funcionamento vai radicar no mundo online, de onde lle veñen os pedidos e os contactos: \"A experiencia de ir á tenda e mercar é gratificante, pero a compra en liña é o futuro. Iso si, se queres un vestido a medida tes que seguir vindo ao atelier\". Quen xa volveu de París é Sandra Parguiña. A súa colección \"Talasofilia\" foi presentada como proxecto de fin de carreira no mestrado en Deseño e Dirección Creativa de Moda da Universidade de Vigo e evoca o mundo mariño e romántico das pasaxes de Jules Verne: \"É unha composición de xute, lá, pana, sarga, liño e algodón tinguidos en parte con pigmento azul escuro e té nas partes máis claras, para darlles un efecto de camisa 'usada por un mariñeiro'. Busquei que as pezas semellasen sacadas do fondo do mar [...]\", argumenta. O traballo a contrarreloxo custoulle varias noites sen durmir para pintar e dar os últimos acabados. Alba Collado está a rematar o seu último ano de formación e agarda seguir traballando na Galiza. Tamén graduada en Belas Artes, interesouse polo deseño a través da ilustración e, sobre todo, do estampado: \"Actualmente son deseñadora para Mitwill, empresa provedora de estampados téxtiles. Estiven de prácticas nas oficinas en Francia o ano pasado e traballo online desde o meu estudio. Analizamos as tendencias das marcas e a tempada e creamos diferentes propostas co noso equipo\". Parguiña chama a pór a atención nas dificultades que supoñen os gastos exixidos durante os estudos, con posíbeis alumnas que \"descartan disciplinas artísticas e de moda porque é un investimento moi grande\", relata. \"Durante a carreira e o mestrado puiden traballar e contar con bolsa de estudos, pero moitas veces non era suficiente\", engade. A pé de rúa Da banda dos xa estabelecidos atopamos pequenos comercios localizados nas vilas galegas e xestionados, en gran parte, por mulleres en asociación ou cooperativa. Comparten valores na importancia da orixe do material e a diferenciación na calidade do produto, tamén cun ollo posto na reinvención da tradición. Un deles é o formado por Zeltia e Lúa Mosquetera con Nicanora, unha casa en Compostela que levou as súas creacións a desfilar en Madrid xunto con Francis Montesinos, entre outros, e da que acabaron \"até arriba\" de traballo, cun éxito que vén de 2009, en plena época de recuperación do concepto vintage, onde atoparon oco para a roupa a medida. \"Tiñamos un atelier na praza do Toural, mais acabamos fartas e deixámolo, aínda que nos foi ben… Até gañamos un Premio coa Fundación Santander\", expón Mosquetera. A razón do fechamento foi a posíbel deslocalización, por onde non querían pasar: \"Ante a falta de costureiras, o noso xestor recomendounos fabricar fóra, mais nós non queriamos. Estabamos tan abafadas que deixou de facernos felices\". Un ano despois retomaron a actividade e ampliaron o negocio coas academias de costura La Mapache, na Coruña e Santiago, e mais unha tenda online. Tecer en virtual Este camiño, o de tecer redes virtuais, está a ser a vía de saída para gran parte das novas artesás a cargo de obradoiros do século XXI como Muchachicha. Esta casa, ao cargo de Noela Hermida e Pilar Ceneri, fabrica unha roupa interior \"cómoda e real\" que racha cos canons de beleza impostos polas grandes sinaturas. \"Queriamos ser conscientes da realidade que nos rodeaba e atopamos que a roupa interior sostíbel era pouco estilosa\", comenta Noela. O seu labor vén do mundo autodidacta, \"até titoriais de Youtube\" e un imaxinario onde atopamos numerosas referencias á mitoloxía clásica e o empoderamento feminino. Hermida e Ceneri admiten que, de momento, falta na Galiza moita concienciación arredor dos produtos sostíbes: \"nalgunhas feiras até se chegaron a meter cos nosos, situación que non ocorre fóra. Vendemos nun día en Euskal Herria o que aquí nunha semana\". Sinalan que houbo moita xente que non estaban de acordo co tamaño das prendas, que \"son grandes xa que teñen menos elastano, moito máis ecolóxico. Estamos afeitas a un tamaño pequeno que non é o do noso corpo, senón un canon a derribar\", relatan. Ío Morales, escultora de formación, difunde a súa obra na rede con IO Obradoiro Téxtil: \"O tema da artesanía é complexo porque es ti quen manda. Teño o obradoiro na casa, traballo en Santiago e Fisterra. O que fago normalmente é concertar citas a través da tenda online\". A recente situación da COVID-19 supuxo para ela unha forte parada, mais conta que están a voltar os pedidos: \"O feito a man parte dunha concepción moi negativa no social. Está ligado a unha técnica maioritariamente feminina e da casa, o que se consideraba 'arte menor'\", denuncia, se ben tamén hai unha parte do público que apreza os produtos sustentábeis. Esa confianza e proximidade, xunto coa forza de equipo foi o que levou a un conxunto de artistas e artesás a construír Grovemakers, unha marca que, en palabras da secretaría da asociación, Lucía Castro, \"procura levar O Grove ao internacional. Somos terra de artesanía, non só de marisco e praia\". Ela mesma ten unha sinatura, Awa, e fai énfase no carácter diverso das marcas que se coñeceron na Festa do Marisco de 2017 e desde 2018 decidiron ir da man. \"Somos unha asociación de creadoras e de comercio por imperativo legal. Toda aquela que entre ten que fabricar os seus produtos cun compoñente de autor, que non sexa compravenda\", explica. \"A nosa tenda é colectiva, imos xuntas para ter máis forza e compartir espazo\", engade. O coronavirus está a ser un susto para un comercio que opera nas redes, pero tamén no contacto directo co público: \"Abrimos con moita incerteza. Vivimos de venta en festivais e feiras, a maioría suspendidas\". David Vila, creador de Comosoa, amósase interesado polo deseño de vestiario nas artes escénicas, así como polo slow fashion, a moda fóra da voráxine do mercado. A Covid-19 fixo que Patricia González elaborase para algunhas amizades unhas máscaras con iconografía galega de Castelao e Rosalía e as colgase no Facebook. \"O mesmo día xa nos estaban a chegar pedidos, agora non damos abasto\", narra. González leva o obradoiro de costura Saiáns xunto con Carlos Pazos, onde realizan traxes tradicionais e fundas para instrumentos de todo tipo. Confesa a deseñadora que a tradición xoga un papel moi importante na súa maneira de facer e entender a moda: \"teño unha relación especial coa música tradicional. Sempre me gustou crear, pero non só moda, dáme certa rabia o capricho das tendencias\". Esta muller comezou a facer roupa tradicional inspirada no traxe galego ao detectar que \"case ninguén se inspiraba nas raíces, no noso idioma e o noso traxe. Se non reivindicamos nós o noso, quen o vai facer?\". Reloce na conversa a reivindicación da identidade galega, de \"facer país\", na moda do futuro, con ecos da propia Rosalía: \"No poema de 'Miña santiña, miña santasa' pídelle á santa que lle ensine a bailar, pero ela dille que cosa. Non hai unha copla que trate ben as costureiras. Rosalía métese coa santa por non ensinarlle a bailar!\"."}
{"ID": "NOS_3813", "summary": "Xosé María percorreu as rúas de Compostela para \"defender\" o galego. A Xunta, di, \"non está a transmitir o orgullo de falar galego\".", "text": "Xosé María chegou desde Redondela até a capital de Galiza. Leva décadas na defensa do idioma e non fraquea nesa loita. Para este redondelán, o galego é \"a columna vertebral\" do país e, malia as estatísticas, non dubida en sinalar que \"si hai futuro\" para a lingua galega. Ora ben, acrecenta, \"o día que a mocidade se decate do valor\" que esta ten. Por que decidiches apoiar a mobilización?A nosa fala é a columna vertebral do país. Veño para defendela e que non desapareza. Os últimos dados do IGE apuntan un grave descenso no número de falantes...Entre a mocidade non a vexo ben. O uso da lingua entre eles é moito menor do que eu desexaría. E coido que a maior parte da xente moza que o fala é por conciencia. Como reverter esta situación?Desde as casas primeiro e logo desde o ensino. Hai que concienciar a xente que a cuestión non está só en aprender o idioma senón en usalo. É a única forma de que a nosa cultura non vaia a menos. Que papel xoga a Xunta de Galiza?A Xunta está a facelo mal. Se o puxer en valor e ensinase que a lingua é a nosa razón de ser a xente botaríase a falar galego. Ensinar é algo fundamental e, nese senso, temos que evidenciar que o valor da lingua radica no seu uso. E iso a Xunta non o fai. \"Temos que evidenciar que o valor da lingua radica no seu uso. E iso a Xunta non o fai\" Haberá que saír máis veces á rúa?Coido que si porque o poder público non está a facer o que corresponde. Non está a transmitir o orgullo de falar galego. E se a Xunta non o fai coido que haberá que facelo doutra maneira. Hai que impulsar iniciativas populares?Coido que si. A xente fóra do que son as organizacións políticas debería tomar conciencia porque é unha maneira fundamental. Non se pode agardar a que o movan os de arriba, porque non o fan. E aínda que o fixeren, se a xente non o secundamos non serviría de nada. Iniciativas particulares, civís, son fundamentais. Exiximos o suficiente os nosos dereitos lingüísticos?Penso que non. A maioría da xente galega non nos decatamos da xoia que temos no idioma que é a columna vertebral nosa. Hai futuro?Si, o día en que a mocidade se decate do valor da súa lingua e loite por ela non para ser máis que ninguén senón para sermos nós propios."}
{"ID": "PRAZA_12919", "summary": "O presidente da Xunta responde ás peticións de explicacións pola mala situación económica atribuíndolle a Joaquín Almunia a responsabilidade do \"bloqueo\" do naval e das preferentes das caixas. Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto Galego de Finanzas que substitúa o Igape.", "text": "Choven culpas. O secretario xeral do PSdeG e a voceira parlamentaria do BNG chegaron este martes á sesión de control ao presidente da Xunta con dúas preguntas semellantes. Reclamaban explicacións sobre a \"situación económica\" de Galicia á luz dos datos acumulados durante tres anos e, sobre todo, da suba do paro no primeiro trimestre de 2012. \"Estamos nunha situación dramática, xa temos 82.800 familias nas que todos os seus membros están no paro\", alertou Pachi Vázquez; \"un de cada cinco galegos en activo está sen empregou\", constatou Ana Pontón. \"Goberne\", coincidiron en reclamar ambos voceiros. E diante destas reclamacións, ballón de culpas con dous destinatarios habituais, PSOE e Bloque, e cun novo que semella vir para quedar no argumentario do presidente: o comisario europeo de Economía, Joaquín Almunia. As culpas tiveron dous destinatarios habituais, PSdeG e BNG, e un que semella vir para quedar, o comisario europeo Joaquín Almunia \"Hoxe a cuestión non é o que poden facer os demais por Galiza, senón o que pode facer vostede por este país\", subliñou Pontón, que ve \"impasíbel\" ou simplemente \"inútil\" a Feijóo, \"frivolizando mentres hai milleiros de persoas que están pasando por unha situación desesperada\". Pero o xefe do Goberno, provisto dun cartafol dedicado ao PSdeG e outro ao BNG, \"lamenta\" que as \"esixencias\" dos nacionalistas non se dirixan a Almunia e que Pachi Vázquez non \"colabore\" coa Xunta con algo que \"pode facer sen saír da sede do PSdeG\": \"pode falar co seu comisario socialista e dicirlle que deixe de bloquear a 14.000 familias que viven do naval\" e despois \"volver falar co seu comisario e que deixe de bloquear as familias que teñen preferentes en Novagalicia Banco -a regulación das entidades financeiras non depende do comisario de Economía, senón da comisaria da Competencia-\". \"Fale con Almunia, que nós nos ocupamos de Galicia\", esixiu. Pero non era esta a única culpa a repartir. Pontón lembraba que Feijóo \"ten responsabilidades\" nin sequera o conflito do naval ou o das preferentes \"son culpa en exclusiva da Unión Europea\". \"Que está facendo o Goberno galego?\", preguntouse, nun contexto no que o presidente \"facasou\" porque \"dixo que coa austeridade se ían solucionar os problemas deste país e está provocando máis paro\". \"Póñase no lugar dos milleiros de persoas que non teñen traballo, recoñeza o fracaso\", retou. E Feijóo respostou: \"xa era hora\" de que o paro \"lle preocupe\" á voceira nacionalista. Pero \"se hai algún problema en España da burbulla inmobiliaria, da burbulla crediticia e do problema do paro chámase Partido Socialista Obreiro Español\" e \"en Galicia\", \"Bloque Nacionalista Galego\". \"O mellor servizo que pode facer é marchar\" Vázquez e Pontón coinciden en reclamarlle ao presidente que \"marche\" se non é quen de \"tomar decisións\" Fronte á atribución das responsabilidades chegadas dende a bancada presidencial, incluída a problemática inmobiliaria que os expertos coinciden en atribuírlle, en boa medida, á liberalización do solo decidida en 2002 polo Goberno de José María Aznar, Vázquez e Pontón reiteran a necesidade de que algo se mova en San Caetano e, se isto non é posible, que mude o seu inquilino. \"Presidente, tome a decisión de gobernar e senón deixe paso a quen quere tomala\". \"Non pode continuar coa cantinela de que as cousas van mellor, a realidade é que Galiza vai mal, que vostede está fundindo este país\", di Pontón. \"A súa responsabilidade é poñer medidas sobre a mesa, se non está disposto a facelo, o mellor servizo que lle pode facer a este país é marchar\", concluíu a nacionalista. Entre o rebumbio das bancadas populares Feijóo negaba en rotundo. \"Estamos en mellor situación\" que o resto do Estado e ademais \"estamos tomando decisións\" que \"o acreditan\". \"Os galegos poden estar tranquilos\" porque \"en plena crise\" hai \"máis prazas de servizos sociais, máis sanidade pública, máis educación\" e \"máis servizos sociais ca nunca\". Mesmo \"todos os barcos que se están construíndo en Galicia\" fano \"cun aval da Xunta\". E todo isto acontece mentres \"non temos que acudir ao rescate do Goberno central\". \"Deberían apoiar os gobernos responsables\", reclamou."}
{"ID": "NOS_4325", "summary": "O goberno de Mariano Rajoy presenta o anteproxecto de lei que contén os orzamentos xerais do estado para o vindeiro ano. O pagamento da débeda e máis unha vaga de recortes serán o leitmotiv do executivo no ano 2013.", "text": "Após aprobar no pasado exercicio os orzamentos máis \"austeros\" dos últimos trinta anos, o goberno español presenta uns orzamentos en que o pagamento da débeda e a redución do déficit público suporán o mesmo investimento que todos os ministerios xuntos. O grao de \"desconfianza\" dos mercados financeiros sobre a economía española marca o custo que o executivo de Mariano Rajoy deberá pagar polo seu endebedamento. O aumento dos intereses que gravan a débeda suporá case un punto do PIB --máis de 9.000 millóns de euros-- e condiciona o anteproxecto de lei achegado polo goberno español. A redución do investimento público en agricultura, industria e ensino dirixirase --xunto cos recortes nas demais carteiras ministeriais-- a financiar o custo da débeda acumulada ao longo do anterior exercicio. O aumento dos intereses que gravan a débeda suporá máis de 9.000 millóns de euros O plan de axuste proposto polo goberno español --aproximadamente 13.400 millóns de euros-- cuxo obxectivo é cumprir cos obxectivos de déficit marcados pola UE, copan a segunda maior partida orzamentaria --despois das pensións--. Os novos presupostos presentados a pasada quinta amosan máis unha redución no gasto de persoal a través da conxelación --por terceiro ano consecutivo-- do salario d@s empregad@s públic@s, a redución do número de días libres do persoal da función pública, asemade paralizarase --como xa acontecera en 2012-- a oferta de emprego público. O goberno conxela por terceiro ano os soldos d@s empregad@s públic@s No entanto, perante as eleccións en Galiza e Euskadi, o goberno español mantén a incertidume sobre as pensións --que aumentarán un 1% no ano 2013-- facendo uso por vez primeira do fondo de reservas. Porén, o ministro de Facenda evitou aclarar se estas se actualizarán ou non coa inflación. O incremento no gasto das pensións --case un 5% máis que o ano anterior-- fai caer máis unha das promesas do goberno que se comprometera a reducir nun punto as cotizacións sociais do empresariado e que fora anunciado o pasado mes de xullo. Asemade, o goberno español reduce as subvencións aos sindicatos e partidos políticos --un 20% e un 42% respectivamente--. Máis un paquete de reformas Alén da redución orzamentaria, os obxectivos económicos do executivo español, cumpriranse a través dun outro paquete de reformas encamiñadas a cumprir cos ditames chegados desde Bruxelas. Maior competitividade económica a través do desenvolvemento de procesos liberalizadores, a xeración dun mercado \"homoxéneo\" dentro do territorio español e o control do déficit público serán os obxectivos do novo plan presentado polo ministro de Economía, Luís de Guindos, a pasada quinta. O plan de reformas pretende cumprir cos mandatos de Bruxelas O novo programa para o segundo sementre de 2012, concretarase na aprobación de 43 normas --con rango de lei-- e incluirá a liberalización do sector eléctrico e das telecomunicacións e a aprobación dunha outra lei de Garantía da unidade do mercado de bens e servizos que permita, segundo afirmou o ministro, a libre circulación de mercadorías e servizos en todo territorio español. Neste sentido, ningún dos territorios poderá impedir a comercialización dun produto a través do estabelecemento ou fixación duns criterios propios. O goberno de Mariano Rajoy aplicará novas medidas cuxo obxectivo será desenvolver a reforma laboral e creará unha \"autoridade fiscal independente\" encamiñada a controlar as contas públicas. Luis de Guindos, anunciou que o executivo español exercerá unha maior vixilancia sobre os gobernos autonómicos e fiscalizará os seus orzamentos á fin de que estes cumpran co teito de gasto e os obxectivos de défice marcados. O goberno de Mariano Rajoy aplicará novas medidas para desenvolver a reforma laboral Así mesmo, como xa se anunciara ao comezo da lexislatura, o goberno liderado por Mariano Rajoy, aprobará unha lei coa que reducirá o número de concelleir@s nas administracións locais e o soldo das alcaldías, en aras, aseguraron representantes do goberno, dun maior aforro. Ú-lo rescate?Os representantes do executivo español en conferencia de prensa após rematar o Consello de Ministr@s, rexeitaron falar con clareza a respecto da inminente chegada do rescate, así como das condicións deste que virían impostas polas autoridades europeas. No entanto, o goberno anunciou xa a posta en marcha dos fondos aos cales poderán dirixirse ás comunidades autónomas que finalmente solicitaron o rescate. A Andalucía, Murcia, Valencia e Cataluyna --que xa anunciaran a súa falta de liquidez-- sumábase a pasada quinta Castela A Mancha. O goberno liderado pola \"popular\" María Dolores de Cospedal, Secretaria xeral do Partido Popular, solicitaba unha axuda de 848 millóns de euros e mudaba o seu parecer a respecto das economías rescatadas --que tanto criticara no caso de gobernos como o catalán-- asegurando que \"non pasa nada por pedir axuda cando se trata de pagar\". A presidenta manchega atopou máis unha baza para xustificar as súas pretensións políticas que a levaron a reducir o número de deputad@s e que agora a encamiñan cara ao desenvolvemento de novas \"eformas estruturais\", concluíu. Con esta última petición, ao Fondo de Liquidez Autonómico fícanlle só 2000 millóns de euros dos 18.000 millóns iniciais."}
{"ID": "NOS_54060", "summary": "Os surtos asociados a viaxes de fin de curso deixan, segundo as últimas cifras ofrecidas por Sanidade, 70 positivos e 600 persoas en corentena na Galiza. O Goberno balear confirmou que ten detectados 268 mozos e mozas máis procedentes da Galiza, Euskadi, Andalucía e Madrid, aínda de viaxe, en varios hoteis de Mallorca.", "text": "Ao marcrosurto declarado nas Illes Balears comezan a sumarse outros gromos relacionados con viaxes de fin de curso que están a alterar as cifras da pandemia e ameazan con afectar tamén á súa evolución. En todo o estado hai máis de 700 contaxios confirmados que manteñen polo menos outras 2.000 persoas en corentena. Na Galiza, segundo o último balance de Sanidade, son 70 os casos diagnosticados relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca, onde, segundo o Goberno Balear, permanecen nos seus hoteis estudantes cunha PCR positiva, á espera de regresar. A este respecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que os datos \"seguen sendo preocupantes e cada día que pasa o son un pouco máis\". Con todo, confiou en que este domingo finalizase o \"primeiro varrido\" a través de PCR de todas as persoas identificadas. En función dos resultados, dixo poderíase ampliar a cifra de contactos aos que se lles realizará a proba do coronavirus, e mesmo naqueles casos que dean negativo, o Servizo Galego de Saúde está a optar por \"esperar 48 ou 72 horas, dependendo de cando volvesen das Baleares\". Máis surtos explosivos A propósito destes focos de contaxio que coinciden no tempo cun avance na desescalada, García Comesaña augurou novos \"abrochos explosivos\" da Covid-19 a medida que se relaxen as medidas, mesmo cando a vacina xa alcance \"unha porcentaxe moi alta\" da poboación. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Comesaña advertiu ante estas repuntas non serán \"tan abruptas\" como a de Mallorca pero virán dadas, aclarou, polas novas variantes e porque \"a vacinación non garante non coller a enfermidade\". Variante Delta De feito, de todos os casos asociados ás viaxes a Mallorca, García Comesaña confirmou que \"uns 20\" están secuenciados como Delta, aínda que cre que \"case todos\" responden a esta variante, á que será \"moi difícil pórlle portas\". Por iso incidiu na mensaxe xa lanzada polo Ministerio de Sanidade esta semana, na \"recomendación de non facer estas viaxes\". Ademais, e malia a fin de restricións ligadas á hostalaría e ao uso obrigatorio da máscara, o titular de Sanidade alertou de actitudes \"irresponsábeis\" como os botellóns e aglomeracións que poden poñer en risco o control da pandemia, polo que aproveitou para pedirlle á xente nova que \"espere un pouquiño máis\" e \"siga mantendo ese bo comportamento que caracterizou a Galiza e que tan bos resultados deu até agora\". O que exixe o cumprimento de todas as medidas que afectan o interior, incluída a máscara, \"probablemente a última cousa que desaparecerá\"."}
{"ID": "NOS_2585", "summary": "Milleiros de persoas saíron á rúa a expresar o seu repudio á violencia o sábado despois do intento de atentado contra a ex presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner.", "text": "Poucos minutos despois das 21 horas da quinta feira na Arxentina (2 da mañá da sexta na Galiza), un home apuntou a súa pistola á cabeza da ex presidenta do país e actual vicepresidenta, Cristina Fernández de Kirchner, cando saudaba os simpatizantes que, desde o intento da Fiscalía de condenala por un suposto caso de corrupción -que ela denuncia como unha persecución-, permanecen en mostra de apoio á porta do edificio no que reside, no cruce das rúas Juncal e Uruguay, no barrio de Recoletas, en Bos Aires. O agresor, Fernando Andrés Sabag Montiel, un brasileiro de 35 anos, premeu dúas veces o gatillo da arma -cargada con cinco balas-. Porén, non se chegou a producir o disparo. Tras a primeira impresión, Kirchner agachouse e o seu dispositivo de seguridade detivo a Sabag, recolle La Nación. O atentado contra a dúas veces presidenta do país, así como actual vicepresidenta e presidenta do Senado, foi cualificado como o feito \"máis grave que sucedeu desde que recuperamos a nosa democracia\" polo mandatario, Alberto Fernández, nunha intervención de urxencia arredor da medianoite. \"Cristina permanece con vida porque, por unha razón aínda non confirmada tecnicamente, non se disparou pese a terse premido o gatillo\", explicou, trasladando o \"máis enérxico repudio de toda a sociedade arxentina\". Fernández reclamou \"recuperar a convivencia democrática\", rota polos \"discursos de odio que se espallaron desde diferentes espazos políticos, xudiciais e mediáticos da sociedade arxentina\". Asemade, decretou a sexta feira como festivo nacional para que o pobo \"poida expresarse en defensa da vida, da democracia e en solidariedade coa nosa vicepresidenta\". Condena internacional O intento de asasinato foi condenado por boa parte das forzas sindicais, políticas e sociais do país, así como por Gobernos como o de Chile, Uruguai, Paraguai, Cuba ou Estados Unidos, e mais polo papa Francisco. A Fronte de Todos (coalición liderada polo peronismo e á que pertence o presidente e a vicepresidenta) convocou unha mobilización ás 12 horas que rematou na praza de Maio, secundada por organizacións sociais e á que acudiron milleiros de persoas. Amais, a Xustiza acusou Sabag de tentativa de homicidio agravado e lanzou a investigación. Xa na vivenda do agresor, atoparon máis de 100 balas. O único antecedente que tiña rexistrado produciuse en marzo de 2021, por levar un coitelo de grandes dimensións. Ademais, ao longo do día tomouse declaración ás testemuñas. No que atinxe ás motivacións do atentado, medios locais inciden en que Sabag apareceu dúas veces nas últimas semanas en Crónica TV opinando na rúa, alí criticou as propostas sociais do Executivo actual e a clase política, e defendeu a extradición dos cidadáns estranxeiros. Nese sentido, El cronista revela que entre as tatuaxes do detido hai tres con distintas imaxes usadas habitualmente por neonazis. O intento de magnicidio provocou múltiples peticións de dimisión do ministro de Seguridade, Aníbal Fernández, encabezadas por Hebe de Bonafini, unha das fundadoras das Nais da praza de Maio, ao ser o responsábel no gabinete do operativo de protección de Kirchner. Semanas de enfrontamentos e tensión en Bos Aires Desde que a Fiscalía reclamou 12 anos de prisión e inhabilitación para Kirchner por corrupción, que ela denuncia como persecución xudicial, sucedéronse os enfrontamentos entre os seus seguidores e a Policía, que instalou un valado e non permitía achegarse á vivenda de Kirchner por orde do alcalde porteño, Horacio Rodríguez Larreta, que pertence á oposición. Finalmente, a Xustiza obrigouno a quitar o valado."}
{"ID": "NOS_20709", "summary": "Continúan os combates entre os Exércitos de Marrocos e do Sáhara Occidental, despois do operativo militar marroquí da pasada sexta feira contra civís que cortaban o paso de Guerguerat. Rabat, fiel á política de restar importancia a todo o que teña que ver coa Fronte Polisario, minimiza os enfrontamentos e nega que haxa guerra.", "text": "O Exército da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) continuou hoxe cos ataques contra posicións marroquís ao longo do \"Muro de seguridade\" construído por Rabat en territorio ocupado do Sáhara Occidental. Foi o cuarto día consecutivo de combates desde que a Fronte Polisario considerase roto o acordo de cesamento do fogo asinado en 1991, debido ao operativo militar marroquí da pasada sexta feira contra civís que cortaban desde o 21 de outubro o paso de Guerguerat, na fronteira con Mauritania. Segundo o último parte de guerra facilitado polas autoridades saharauís, correspondente ao domingo, foron bombardeadas dúas bases militares en Frasia; unha base militar e un batallón en Bagari; tres bases, dous batallóns e un punto militar en Hausa; unha base e un batallón, en Um Legta; e unha base e un batallón, en Auserd. As forzas saharauís aseguran ter causado numerosas baixas, feridos e desercións. Porén Marrocos nega estas informacións. Nega mesmo que haxa unha guerra (a Polisario declarouna oficialmente o sábado), unha palabra que non utilizou en ningún momento (fala de \"provocacións\"), e nin sequera recoñeceu formalmente que estea roto o acordo de cesamento do fogo. O domingo, de feito, o ministro marroquí de Exteriores, Naser Burita, expresou \"o compromiso do seu país co cesamento do fogo\", nunha conversa con Josep Borrell, alto representante para a Política Exterior da Unión Europea. Ignorar a Polisario Explícao Javier Otazu, correspondente en Rabat da axencia de noticias española EFE: \"En realidade, Marrocos é fiel á súa política de restar importancia a todo o que teña que ver coa Fronte Polisario, á que sempre negou toda lexitimidade para falar en nome dos saharauís, e a minusvaloración dos seus ataques abunda na mesma lóxica que a de chamar 'milicias' aos combatentes da fronte\". Nesta situación, volveuse abrir na fin de semana o paso de Guerguerat ─unha faixa de cinco quilómetros no extremo sur do Sáhara ─ e restabeleceuse parcialmente o tráfico de mercadorías, informou a TV pública, Alaoula. E nas cidades ocupadas, en particular en El Aaiún e Esmara, o ministerio das Zonas Ocupadas e das Comunidades saharauís denunciou que as forzas marroquís \"iniciaron unha feroz campaña de represión, acoso, terror e ataques violentos contra defensores saharauís de dereitos humanos\", ademais de \"actos de represión de presos saharauís nos cárceres marroquís\". Tamén informou desta situación a axencia de noticias saharauí Équipe Média. Responsabilidade española \"Sen autodeterminación, non haberá paz\", apunta ao respecto o delegado do Goberno da RASD na Galiza, Mohamed Erga, en declaracións a Nós Diario. Desde o seu departamento, na liña do expresado nas últimas horas polo ministro de Exteriores, Mohamed Salem Uld Salek, que vinculou \"a fin da guerra\" coa conclusión da \"ocupación ilegal\" no Sáhara Occidental, fan unha \"apelación á comunidade internacional\" neste sentido. Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, Salek manifestou que \"a guerra acaba de comezar como consecuencia da agresión marroquí e da súa confiscación no Guerguerat e tamén como resultado da negativa de Marrocos a aplicar o acordo asinado connosco baixo os auspicios da ONU e da Unión Africana\". Ademais, subliñou que a \"brecha\" non existía antes do acordo de 1991 e que \"se utiliza para saquear os recursos naturais do pobo saharauí e para inundar África con drogas\". Mais como se chega ao momento actual? Explícao o delegado do Goberno da RASD na Galiza. \"Somos un pobo con dereito e utilizaremos todas as formas lexítimas para aplicalo\", afirma, e argumenta que esta situación bélica é produto de \"20 anos de proceso de paz falido\". Ao respecto, insiste nun argumento: \"Somos un pobo pacífico, mais non nos deixaron outra opción\". A maiores apunta a \"responsabilidade histórica de España\", que deixou a súa \"provincia 53\" en mans \"doutra ditadura sanguinaria que viola os dereitos de nenos e mulleres, tamén da súa propia poboación\". Neste sentido, ducias de membros da comunidade saharauí e outras persoas concentráronse na fin de semana diante do Ministerio de Exteriores español co fin de condenar o Acordo Tripartito de Madrid asinado en 1975. Tamén, para denunciar a \"complicidade\" do Goberno español coa ocupación marroquí e para exixir que \"España se involucre como potencia de iure\" no conflito so Sáhara Occidental, \"asuma a súa responsabilidade ética e histórica\", e \"se cumpran dunha vez os compromisos internacionais co pobo saharauí\". Medios marroquís falan de \"bandidaxe\" Os medios máis próximos á monarquía de Mohamed VI salientaron a reapertura de Guerguerat ao tráfico de camións. Alaoula cualificou de \"bandidaxe\" a acción dos saharauís, e de \"foraxidos\" os refuxiados en Tinduf. E unha caricatura do xornal Assahra Al Maghribiya fala de \"desinfección\" do paso, representando os saharauís como ratas."}
{"ID": "PRAZA_3505", "summary": "Menos dunha semana despois do seu mitin en Ourense, Casado acudiu a Alcoa coa cabeza de lista do PP por Lugo para, dixo, lanzar unha \"mensaxe en positivo\" sobre o estatuto electrointensivo. \"O señor Casado ten a súa axenda e eu teño a miña; por suposto que o acompañaría, pero hoxe teño Consello\", defendeu Feijóo", "text": "Entre as múltiplas análises sobre a vitoria do PP nas eleccións galegas de 2009 unha foi especialmente recorrente. O daquela líder estatal do partido, Mariano Rajoy, implicárase de cheo nunha carreira electoral que era vista como clave para a súa propia supervivencia política. Aquela intensa axenda derivou en que, a efectos prácticos, os conservadores duplicasen a súa campaña e presenza mediática con mitins, eventos e encontros de Rajoy, por unha banda, e pola outra do seu candidato, Alberto Núñez Feijóo.Máis dunha década despois, o panorama político é moi diferente en moitos ámbitos. O PP fai campaña dende o Goberno en Galicia e o líder estatal da formación, Pablo Casado, non é precisamente un activo para a formación á procura dunha cuarta maioría absoluta en Galicia. Así e todo, en menos dunha semana, Casado leva xa dúas aparicións en Galicia en clave obviamente electoral. A primeira, un mitin o pasado domingo en Ourense ante a plana maior do partido acompañado por Feijóo e José Manuel Baltar. A segunda, este xoves en San Cibrao, sen Feijóo pero coa cabeza de lista popular por Lugo, Elena Candia, e outros cargos.Menos dunha semana despois do seu mitin en Ourense, Casado acudiu a Alcoa coa cabeza de lista do PP por Lugo para, dixo, lanzar unha \"mensaxe en positivo\" sobre o estatuto electrointensivoNun ton máis calmo do que adoita ser habitual nel, Casado reuniuse con representantes do comité de empresa da compañía e asegurou que a súa presenza na vila mariñá non estaba vinculada á campaña electoral, senón á súa promesa de \"devolver a visita en San Ciprián\" que, asegura, fixera ao propio comité durante unha xuntanza en Madrid. Por iso, asegurou, \"pactou\" co propio comité que ofrecería unha \"mensaxe en positivo\", ofrecendo un voto a prol do estatuto electrointensivo se o Goberno central incorpora ao texto as alegacións da Xunta e doutras autonomías atinxidas.\"Terán ao PP ao seu carón, como tiveron á Xunta e a Alberto Núñez Feijóo durante todo este proceso\", sinalou Casado tras criticar, non obstante, ao PSOE e o BNG. A estes grupos, asegura, tamén apela para dar resposta ás súas demandas antes dos comicios do 5 de abril.\"O señor Casado ten a súa axenda e eu teño a miña; por suposto que o acompañaría, pero hoxe teño Consello\"O feito de que Casado non estivese acompañado por Feijóo nesta visita non pasou desapercibido para a prensa que cubriu o acto, que culminou cunha comparecencia sen preguntas porque, xustificou o líder conservador, se ía limitar a falar da política industrial. Tampouco para os medios que, case á mesma hora, cubrían a comparecencia de Alberto Núñez Feijóo tras o Consello da Xunta.\"O señor Casado ten a súa axenda e eu teño a miña\", xustificou o actual titular do Goberno galego e candidato á reelección. \"Por suposto que o acompañaría, pero hoxe teño Consello e mañá espero ter unha reunión co presidente de PSA en París\", dixo nun contexto no que asegura que non pode \"máis que agradecer ao presidente do partido que estea en Alcoa.Feijóo asegura que \"houbo políticos que foron detidos por defender a Alcoa e agora están no Goberno\", o cal non sucedeuNeste contexto, Feijóo tamén cargou contra o Goberno de España. \"Houbo político que foron detidos por defender a Alcoa e agora están no Goberno e din que todo vai ben\", dixo no que semellou unha referencia á participación da actual ministra de Traballo, Yolanda Díaz, nunha manifestación de persoal de Alcoa ás portas do Congreso en marzo do pasado 2019. En realidade, naquela manifestación Díaz non foi detida. Si foi citada como imputada meses despois por unha xuíza que obviou a súa condición de aforada e que meses despois acabou arquivando a causa tanto contra Díaz como contra o actual candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, e outros membros de Unidas Podemos. Si continuaron as actuacións contra varios traballadores."}
{"ID": "NOS_34340", "summary": "A Asemblea Nacional Constituínte instalouse oficialmente e este sábado inicia os seus traballos.", "text": "Malia o boicot da dereita opositora e a crecente ofensiva internacional contra a República Bolivariana de Venezuela, esta sexta feira instalouse oficialmente a Asemblea Nacional Constituínte (ANC), elixida nas eleccións do pasado 30 de xullo. Conformada por 545 deputadas e deputados, ten a encomenda de elaborar unha proposta de reforma constitucional coa que o chavismo procura blindar as conquistas da revolución bolivariana, iniciada en 1998 coa chegada á presidencia do país de Hugo Chávez. A reforma será sometida a referendo popular para a súa ratificación. A reforma constitucional que propoña a ANC terá de ser ratificada en referendo popular A posta en marcha da Asemblea con plenos poderes, de acordo co recollido na vixente Constitución aprobada en 1999, tivo unha forte carga simbólica. A sesión, na que non estivo presente o presidente Nicolás Maduro, iniciouse co retorno dos dous retratos de Hugo Chávez e Simón Bolívar que presidían a Asemblea Nacional [Parlamento] até a vitoria da dereita nas eleccións lexislativas de 2015 nas que atinxiu a maioría na cámara. O xesto era máis que liturxia, precisamente por se instalar a ANC no mesmo edificio, o Palacio Federal, no que sesiona a Asembela Nacional, en desacato segundo o Tribunal Supremo de Xustiza. Ambas as dúas cámaras cohabitarán até o referendo constitucional. O chavismo exhibiu músculo após o éxito de atinxiren o 41% de participación nas eleccións á ANC nas que a Mesa de Unidade Democrática (MUD), que aglutina as forzas opositoras, declinou participar e chamou a descoñecer, mesmo coa convocatoria dun simulacro de plebiscito. \"A Asemblea Nacional Constituínte está instalada. Temos Constituínte para garantir o futuro. A ANC vai ser á patria como a Garda Nacional á paz\", valorou o presidente, Nicolás Maduro. VÍDEO DO ACTO DE INSTALACIÓN DA ANC Presidenta A primeira decisión da ANC foi a elección da súa presidencia e da mesa directiva. A ex ministra de Asuntos Exteriores, e unha das figuras chave no executivo de Maduro, Delcy Rodríguez, foi escollida presidenta da ANC. Un posto, que dados os poderes especiais da Asemblea, confírelle constitucionalmente maior rango e autoridade que o propio Presidente da República. A Constitución vixente estabelece no seu artigo 349 que \"os poderes constituídos non poderán en forma algunha impediren as decisións da Asemblea Nacional Constituínte\". Unha limitación que non só atinxe ao executivo, senón tamén ao poder xudicial e ao lexislativo, polo que a Asemblea Nacional elixida en 2015, e de maioría opositora, non poderá obxectar nin intervir no novo proceso constituínte. Aristóbulo Istúriz e Isaís Rodríguez foron escollidos como primeiro e segundo vicepresidente respeitivamente. Delcy Rodríguez estreouse como presidenta da ANC reivindicando a plena soberanía nacional de Venezuela A designación de Rodríguez á fronte da ANC é resultado da aposta do presidente Nicolás Maduro nunha das figuras chave do seu goberno. Rodríguez, exerceu como ministra de Asuntos Exteriores desde 2014 (con anterioridade asumira a carteira de Comunicación) . Un cargo de grande relevo no executivo que cobrou unha inda maior importancia ao ser designada como interlocutora gobernamental no proceso de diálogo impulsado por Maduro baixo o arbitirio da Unasur, no que participou o ex presidente español José Luís Rodríguez Zapatero. Na súa etapa como chanceler, Rodríguez conciliou a firmeza nas posicións cunha acreditada capacidade de interlocución coa oposición. Ela e o seu irmán, o vicepresidente Jorge Rodríguez, foron encomendados por Maduro para facilitar o diálogo coa MUD, e con tal fin mantiveron varios encontros con dirixentes opositores como Leopoldo López. Desta maneira, promocionándoa ao cargo de maior rango do país, Maduro visa a súa disposición por resolver a crise política e institucional de maneira dialogada. Na súa primeira intervención diante da ANC, a presidenta reivindicou a soberanía nacional de Venezuela e dirixiu unha advertencia clara fronte a ofensiva diplomática, promovida polos EUA e a UE, en contra do proceso constituínte. \"Á comunidade internacional: non se equivoquen con Venezuela. A mensaxe está clara, moi clara: os venezuelanos resolveremos o noso conflito, a nosa crise, sen ningún tipo de interferencia estranxeira, sen ningún tipo de mandato imperial\", proclamou. Proceso Coa posta en marcha da ANC, Venezuela pon rumo a unha nova Constitución. O proceso non será doado, a pesar de que na asemblea non haxa ningún representante opositor. A intención do chavismo é que a reforma constitucional se axuste ao máximo á folla de rota sob a que se desenvolveu o proceso constituínte de 1999. Nese sentido, o regulamento que rexirá o seu funcionamento e no que podería fixarse o período máximo no que sesionará, podería reproducir os mesmos termos que o de hai dezaoito anos. Daquela a ANC dispuxera de seis meses para elaborar a vixente Carta Magna. En 1999 o proceso constituínte durou seis meses. Cando o presidente Maduro, facendo uso das súas atribucións constitucionais decidiu convocar a ANC, expresou que a mesma respondía a noveobxectivos básicos. En primeiro lugar, mellorar os procesos de participación previstos na actual constitución para estimular o diálogo e favorecer a recuperación da paz. Por outra parte, o novo texto constitucional debe dar resposta aos reptos dunha economía non dependente do monocultivo do petróleo, que é causa da crise que atravesa o país por por da queda do prezo do crú. Ademais o chavismo defenderá blindar constitucionalmente as chamadas \"misións\", os programas sociais implementados pola revolución bolivariana e que permitiron reducir substancialmente a pobreza e a desigualdade. O reforzamento do sistema xudicial e da seguranza interna, novos medios de participación popular e a constitucionalización do poder comunal, a defensa da soberanía nacional fronte as ameazas externas, favorecer unha nova identidade cultural diversa e de integración, garantir os dereitos da mocidade e defender o dereito a vida, son os restantes obxectivos que guiarán a redacción da nova Carta Magna, a partir do texto de 1999. \"Debe constituírse o Estado para liberar a nación de toda dominación, opresión, explotación estranxeira e da burguesía nacional\". Así resumía o deputado Fernando Soto Rojas, a misión da ANC durante o seu acto solemne de instalación. Pola súa banda, Delcy Rodríguez defendía nunha entrevista concedida a semana pasada a AFP que \"a Constituínte non é para aniquilar o adversario, é para o recoñecemento, a convivencia e o diálogo\". Milleiros fronte a decenas O chavismo exhibiu forza dentro e fóra do Palacio Federal. A mobilización convocada en apoio á ANC logrou congregar a varios milleiros de persoas nas rúas do centro de Caracas, entrementres a concentración opositora limitouse a unhas decenas."}
{"ID": "NOS_34355", "summary": "A pandemia da COVID-19 ten posto de actualidade o papel da ciencia na sociedade. Este debate ético sobre o que a ciencia como disciplina representa e a súa aplicación e encaixe colectivo, non é novidoso. A concepción da ciencia por parte do pensamento hexemónico traduciuse nunha ruptura social: ruptura que cómpre solucionar", "text": "Se acudimos ao repositorio de información de referencia en liña –a Wikipedia– e facemos unha pesquisa rápida, obtemos a seguinte definición de ciencia: \"Sistema que organiza e ordena o coñecemento a través de preguntas comprobábeis e un método estruturado que estuda e interpreta os fenómenos naturais, sociais e artificiais\". Esta definición académica é correcta, mais non logra (nin tampouco pretende) responder aos fenómenos que xurdiron desde a aparición, popularización e ata a actual esencialidade desta disciplina na sociedade. A ciencia, desde os seus inicios e no seu posterior desenvolvemento, supuxo unha revolución para co pensamento hexemónico da época, sexa cal for a etapa en cuestión, baixo a forma de algo que poderíamos denominar \"forza puxante\" ou \"motor de cambio\". Con todo, a relación entre o pensamento científico e a súa propagación – non só daquela parte máis metodolóxica – ao conxunto da humanidade ten sido sempre un punto de conflito. Conflito que se mantén ata a actualidade. Por un lado, deberíamos definir o que entendemos que é para o conxunto da humanidade a ciencia. Polo seu carácter xerador de coñecemento, esta disciplina constitúe unha fonte de riqueza específica e de potencial incalculábel. En poucas palabras, se entendemos toda a súa magnitude, podemos determinar que a ciencia debe ser ademais unha ferramenta social: unha base da que partir e motor de cambio ou xerador de coñecemento para o avance social. Paralelamente podemos abrir un novo razoamento ou debate: o da natureza da ciencia como produto social. A pesar de que pareza obvio, cabe recordar que a ciencia é unha disciplina colectiva, que funciona en base ao intercambio do coñecemento do que dispón a comunidade científica (neste caso, aquela parte da sociedade que se dedica á ciencia). Chegados a este punto, é necesario conxugar estas dúas vertentes nunha nova pregunta: dado que a ciencia é un produto social e ao mesmo tempo unha ferramenta de cambio colectivo, debe existir algún criterio ou norma para o seu uso e fins? Basta con retraernos ao Proxecto Manhattan (1942-1946) para achar unha resposta inmediata: si. Paréceche interesante o texto que estás a ler? Continúa a lectura acudindo ao teu quiosque ou á nosa loxa en liña para mercar o Nós Diario e descubrir o caderno Aprender. Non quedes sen el en próximas ocasións: subscríbete xa!"}
{"ID": "PRAZA_17581", "summary": "As Vídeoleccións XeoClip de Xacobo de Toro e Adela Otero gañaron da categoría de Curtas Científicas. Einstein para perplejos e ¿Cómo llegó la vacuna de la viruela a América? recibiron senllas mencións de honor.", "text": "Ciencia en Acción é un concurso internacional dirixido a estudantes, mestres, investigadores e divulgadores da comunidade científica, en calquera das súas disciplinas. O seu principal obxectivo é presentar a ciencia dunha maneira atractiva e motivadora, de modo que a mocidade e o gran público se interesen por ela. Suma xa 19 edicións e este ano os seus premios entregaranse a finais de outubro en Viladecáns (Cataluña), acompañados dunha feira científica. E entre os gañadores e gañadoras haberá tres traballos galegos. Na modalidade de Curtas Científicas as Vídeoleccións XeoClip de Xacobo de Toro e Adela Otero obtiveron o primeiro premio, destacando o xurado \"a magnífica posta en escena de recursos audiovisuais en formato de distintas cápsulas de contidos científicos con rigor e entretemento para a aprendizaxe da xeoloxía\". Ademais, con Einstein para perplejos, de Jose Edelstein e Andrés Gomberoff (Universidade de Santiago de Compostela) obtiveron unha Mención de Honor na categoría de Traballos de Divulgación Científica, sinalando a organización que se trata dunha \"edición impecable\" que amosa \"o contexto histórico e intelectual no que se orixinaron as ideas de Einstein e tamén o legado que deixou trala súa morte\". De igual xeito, José Viñas, Xacobo de Toro (IES Urbano Lugrís de Malpica) e David Eiroa (CPI de Atios) fixéronse con outra Mención de Honor na modalidade de Materiais Didácticos de Ciencias co seu traballo ¿Cómo llegó la vacuna de la viruela a América?. O xurado subliña que se trata dun \"material de gran valor didáctico, onde se combinan xogos e actividades dedicados a dar a coñecer o traslado da vacina da varíola a América, co obxectivo de aprender, á vez que se xoga, sobre un tema tan actual e interesante como son as vacinacións\"."}
{"ID": "NOS_6931", "summary": "A presidenta de Esculca, o Observatorio galego para a defensa dos dereitos e liberdades, Lucía Barros, sinala que a entidade afronta \"con preocupación\" as eleccións do 28 de abril \"polas serias limitacións impostas nos últimos tempos no Reino de España ao exercicio de dereitos recoñecidos na constitución española\".", "text": "Con preocupación. Así ve a presidenta de Esculca, Lucía Barros, as eleccións xerais do 28 de abril. Esa preocupación, explica, débese tanto ás \"serias limitacións impostas nos últimos tempos no Reino de España ao exercicio de dereitos recoñecidos na constitución española\" como á \"ausencia de medidas para pór fin ás graves vulneracións de que son obxecto outros dereitos, malia as críticas que organismos internacionais de dereitos humanos e colectivos de defensa de dereitos fundamentais e liberdades públicas levan anos formulando aos sucesivos gobernos\". O pasado 3 de abril, sinala Barros, \"dirixímonos ás candidaturas que apresentan lista nas circunscricións galegas para facer chegar un catálogo de propostas en que recollemos aquelas reclamacións que consideramos imperioso atender no mais breve prazo posíbel\". A presidenta de Esculca pon tarefas ás deputadas e deputados galegos. Entre elas, as modificacións nas leis que afectan aos dereitos de reunión e manifestación, como a derrogación da lei de seguranza cidadá e a revisión en profundidade das políticas penitenciarias coa derrogación do réxime fechado. Fin da dispersión carceraria A fin da política de cumprimento de condena en cárceres afastados do lugar do residencia, a integración da sanidade penitenciaria no sistema nacional de saúde ou o dereito das persoas menores de idade con responsabilidades penais a un tratamento adecuado á súa condición son outras das medidas que traslada Lucía Barros. Esculca urxe a revisión da lexislación \"que obstaculiza a separación do Estado e as institucións relixiosas e da que ampara tratamento discriminatorio ás persoas migrantes\". \"O novo parlamento deberá adoptar cantas medidas foren precisas para asegurar o exercicio de dereitos básicos como os dereitos de expresión, reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a asilo ou o dereito á saúde\", engade. Unha campaña con actitudes racistas e punitivas A respecto da campaña electoral, Lucía Barros observa con preocupación \"o aumento de actitudes e discursos racistas e punitivos\". \"A dereita parece competir na súa radicalidade cunha dialéctica que seguro foi reforzada polos ataques aos dereitos fundamentais dos últimos anos\", indica. \"Se ben é certo que neste campo o Estado español nunca gozou de moita saúde, o inicio das medidas represivas en Catalunya que, desde o Estado, converten en delito o exercicio de dereitos fundamentais e atentan contra toda a poboación, o estabelecemento da prisión permanente revisábel, a utilización de mecanismos de denuncias anónimas no cadro do programa Stop Radicalismos, ou os cada vez máis habituais ataques á liberdade de expresión abren o camiño a novas ameazas aos dereitos de toda a cidadanía, mesmo a aqueles que aínda cremos consolidados e arman a quen quere reforzar os mecanismos represivos\", salienta a presidenta de Esculca, que quere situar a defensa dos dereitos civís \"nun dos principais obxectivos da próxima lexislatura\"."}
{"ID": "NOS_44708", "summary": "A armada celeste gañou, por fin, na casa. A primeira vitoria da temporada ante a súa afección. Foi ante o Almería por 3 goles a 1 e nun partido no que a Armada celeste recuperou potencia goleadora e mostrou bo xogo.", "text": "Luis Enrique arriscou e saíulle ben. Até 5 novidades había na alineación do Celta que saltou o campo de Balaídos en comparación co equipo que caeu ante a Real Sociedade en Donosti. Unha aposta que provocaba desconfianza nas redes sociais onde se atinxían a aquelo de 'os experimentos, con gaseosa', temerosos dunha nova derrota celeste na casa. Mais non. O Celta gañou en casa Cinco meses despois. E fíxoo remontando, marcando 3 goles, podendo meter máis e xogando ben. A Armada celeste exhibindo músculo e calidade perante a a afección, que marchou máis que satisfeita de Balaídos. Remontada e vitoria O Almería adiantouse antes de se cumprir 10 minutos de partido cun gol de Suso nun punteirolo forte, sector e axustado ao pao que sorprendeu a Yoel. Mais o Celta non se veu abaixo e reaccionou. Así, no minuto 26 Orellana mete un gol que achega tranquilidade aos celestes e permite o Celta tirar os nervios pola borda e practicar o seu xogo. O resultado verase axiña: Foi comezar a segunda parte e Borja Oubiña, meteu un gol a saque de esquina de Aurtenetxe. E apenas 10 minutos despois, Charles envía a bola o fondo das redes subindo o terceiro gol do Celta."}
{"ID": "NOS_12268", "summary": "Rede Galega de Empresas alerta do impacto negativo da medida en autónomos, pemes e familias galegas.Instan á patronal galega a que amose o rexeitamento a esta medida", "text": "A suba do IVE é segura. Só falta coñecer cando se decidirá (e aplicará) e a qué produtos afectará en maior ou menor medida. Ante este escenario, desde a Rede Galega de Empresas xa se advirte que un incremento do pode ser \"devastador\", en palabras do membro da directiva, Manuel Vázquez, para o tecido produtivo da Galiza. \"Non esquezamos que estamos a falar de autónomos e de pequenas e medianas empresas, que son a maior parte da nosa economía\", indica Vázquez. Autónomos e pemes serían os máis afectados no tecido empresarial por esta medida Desde a Rede apuntan a que o dano da suba do IVE vai castigar ás familias, que comprarán menos bens de consumo, e iso terá a súa consecuencia en que nas empresas haberá menos ventas. A conclusión, sinala do membro da directiva da entidade, é que iso derivará en despidos, peches e perdas de postos de traballo Preto de 900 euros máis ao ano por familia A Rede Galega de Empresas bota man dun estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) para afirmar que o incremento do Imposto de Valor Engadido (IVE) pode supor de media un custe de case 900 euros por familia e ano no caso de que esa suba repercutise totalmente nos e nas consumidoras. \"E tod@s sabemos cal é a situación hoxe da maioría das familias galegas\", sinala Manuel Vázquez, para apuntar a que de producirse ese incremento terían que recortar nas compras. Mais a Rede tamén indica que esa medida suporá agravar a situación das actividades económicas relacionadas co sector primario galego, o cultural ou o de lecer, entre outros moitos. Un dos máis prexudicados pode ser o comercio, turismo e hostalaría, dos que viven milleiros de galeg@s. Chamada ás organizacións empresarias e de autónomos Esta entidade considera que as organizacións representativas empresariais e de autónomos da Galiza deben xa mostrar o seu desacordo cun incremento do IVE, \"que vai prexudicar a amplos sectores económicos e emrpesariais\". De aí que a Rede inste á patronal galega, \"si de verdade quere un sector empresarial galego forte\", a oporse a unha suba do IVE \"e desmarcarse da patronal española, que xa tend ado o seu apoio á medida aínda que dí que non lle gusta\". O ministro Montoro sinala o camiño Hoxe mesmo, o ministro de Hacienda y Administraciones Públicas, Cristóbal Montoro confirmou, nun curso de verán da Universidade Compluetense, que o Goberno traballa na suba do IVE. E, alén diso, apuntou a que se está nunha etapa de tránsito tendente a unha fiscalidade máis indirecta."}
{"ID": "NOS_10497", "summary": "A deslocalización de empresas condena a industria eólica no país.", "text": "A Asociación Eólica de Galicia (EGA) advirte da perda de 1.500 postos de traballo nos últimos dous anos no sector eólico como consecuencia do freo á construción de novos parques de muíños no país. Este dato, que forma parte dun estudo que a patronal eólica está a rematar e que espera presentar nos próximos días, deixa en evidencia a forte dependencia que o sector ten dos proxectos que se desenvolven na Galiza e o escaso peso da industria, outrora protagonista da xeración de emprego de calidade no país. \"Imos camiño de tres anos en que apenas se construíu nada. A única forma de conseguir enerxía barata é implantando máis parques eólicos. Ao comezo deste século fomos os primeiros de España, os segundos de Europa e os sextos do mundo, pero hoxe quedamos atrás\", di a patronal nun comunicado. Esa perda de protagonismo débese en gran medida ao fechamento de empresas como LM Composites nas Pontes, ou Vestas en Viveiro, ao que se suma a deslocalización doutras, como aconteceu con Siemens-Gamesa, que preferiu apostar pola planta de Vagos (Portugal) antes que pola das Somozas. O fechamento de Vestas agrava a caída dunha industria eólica \"que nunca existiu\" na Galiza Esas empresas caracterizábanse non só por traballar para os novos parques que se levantaron na Galiza nas décadas que estiveron operativas, senón tamén por exportar parte da produción, valorada no mercado pola alta cualificación das profesionais que traballaban no sector e que quedaron sen emprego após estes fechamentos. Construción parada Desde EGA calculan que para manter o ritmo de empregos e investimento na Galiza, fundamentalmente na industria auxiliar, é precisa a instalación de entre 400 e 500 megawatts eólicos ao ano, o que suporía sobrecargar a paisaxe galega e seguir inzando os montes do país de muíños para a produción de enerxía eléctrica que despois se consume noutras partes do Estado español. Porén, a Organización para o Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) sinalaba no seu informe de 2012 que a xeración de enerxía renovábel \"é unha actividade altamente intensiva en capital, polo que o emprego directo que crea e o multiplicador asociado é moi baixo\", unha idea que apoia o informe sobre o impacto do sector na Galiza de 2020 da propia patronal, elaborado pola consultora Deloitte, que recoñece que \"un megavatio de potencia xera 3,7 empregos durante a fase de construción e 0,2 empregos en actividades de operación e mantemento\" na súa explotación. Estes datos certifican que a eólica xera postos de traballo no momento da construción dos parques e xa non unha vez fican operativos. Aliás, moitos deses empregos anunciados polas enerxéticas referidos á construcIón de parques están no ar ao querer asentar estas instalaciósn en espazos de riqueza ambiental e perto de vivendas, o que está a xerar oposición entre a veciñanza e movementos sociais que reivindican unha planificación ordenada e sostíbel da eólica. Por outra parte, Navantia e Windar afiánzanse como referentes na eólica mariña e demostran que o sector pode xerar emprego na construción de aeroxeradores sen ter que instalalos na costa galeg"}
{"ID": "PRAZA_14683", "summary": "A formación liberal aposta por baixar os impostos \"para non sacarlle tanto diñeiro aos empresarios\" e defende a eliminación de ducias de \"chiringuitos\" da Xunta, entre eles os Centros de Información á Muller, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Bantegal ou o CGAI e abandonar o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar", "text": "Converxencia XXI participou no Espacio Emprendedor da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra expoñendo o seu programa para as eleccións do 21-O. Carlos Vázquez Padín apostou por baixar os impostos \"para non sacarlle tanto diñeiro aos empresarios\": \"Os estatistas falanlles aos empresarios de subvencións, é dicir, de vender favores feitos co diñeiro dos demais, dos contribuintes; Converxencia XXI fala de impostos baixos, é dicir, de non sacarlle tanto diñeiro aos empresarios. E para todos por igual, porque iso sí permite a concorrencia real\". Ademais, a formación liberal defendeu gastar menos en administracións paralelas e a eliminación de \"chiringuitos\" da Xunta para poder baixar así os impostos. CXXI propón por exemplo a privatización da CRTVG e a supresión do Centro Dramático Galego, o CGAI, o Consello Galego de Relacións Laborais, os Centros de Información á Muller, o Instituto Galego de Vivenda e Solo ou o Banco de Terras de Galicia e e abandonar o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Queren tamén eliminar o Servizo Galego de Igualdade, a Escola Galega de Administración Pública, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible. Propoñen igualmente suprimir o Instituto Galego de Consumo, o Instituto Enerxético de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia ou o Instituto Galego de Promoción Económica. Finalmente, en materia cultural defende a supresión da Real Philarmonía de Galicia, o Centro Coreográfico Galego, o Centro Ramón Piñeiro ou a Fundación Illa de San Simón. A proposta de Converxencia XXI (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_18574", "summary": "É o segundo responsable do Centro de Experimentación (Cedex) do ministerio que rexeita as explicacións de Adif de por que se deixou toda a responsabilidade de frear ao maquinista", "text": "É o segundo responsable do Centro de Experimentación (Cedex) do ministerio que rexeita as explicacións de Adif de por que se deixou toda a responsabilidade de frear ao maquinista No accidente do Alvia do 24 de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas o sistema de control da velocidade estaba desconectado a bordo deses trens desde un ano antes, o que deixou toda a responsabilidade de frear en mans do maquinista, que se despistou e non o fixo a tempo antes da curva de Angrois. Porén, tanto a instrución xudicial como a comisión de investigación aberta no Congreso analizan tamén por que nas vías ese sistema de seguridade remataba uns quilómetros antes (onde en todo caso tería freado o tren en caso de despiste do maquinista) e non chegaba ata a propia curva. Adif viña explicando que así o obrigaban as súas denominadas Regras de Enxeñaría. Porén, agora un cargo de Fomento responsable no seu momento da elaboración desas regras nega esa interpretación e así llo vén de comunicar por escrito ao Congreso. En Marea xa pediu que compareza na comisión de investigación sobre Angrois. Jorge Iglesias Díaz é actualmente director do Laboratorio de Interoperabilidade Ferroviaria do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex) do Ministerio de Fomento. Entre 2007 e 2013 traballou para Adif e foi coordinador do grupo de traballo que elaborou esas denominadas Regras de Enxeñaría desa empresa pública. Esas regras indican, entre outras moitas cousas sobre o deseño das liñas de alta velocidade, que a instalación nas vías das balizas do sistema de control constante da velocidade propio do AVE (o ERTMS) debe rematar nunha liña ferroviaria \"sempre antes dun sinal de avanzada\" [un tipo de semáforo de sinalización ferroviaria] e que \"nos casos en que isto non sexa posible deberán resolverse a nivel de cada proxecto\". Jorge Iglesias Díaz, autor dunha norma na que se escudou Adif, nega a interpretación dela que fai esa empresa pública. En Marea xa pediu a súa comparecencia no Congreso. No caso da liña de AVE Ourense-Santiago, Adif decidiu que ese remate do ERTMS nas vías se fixese antes do sinal de avanzada da bifurcación da liña existente na curva de Angrois. Porén, Iglesias Díaz salienta na súa carta ao Congreso que Adif puido elixir como punto de remate do ERTMS outros sinais de avanzada existentes despois da curva de Angrois, co que o lugar do sinistro quedaría así incluído dentro do ámbito do ERTMS instalado nas vías e cuberto por este. Iglesias Díaz vén de remitir cartas aos grupos políticos que participan na comisión de investigación sobre o accidente aberta no Congreso explicándolles que, como cidadán e funcionario público, síntese \"na obriga de remitirlles esta aclaración\" despois de que diversos cargos de Adif declarasen previamente na Cámara, como tamén o fixeran no xulgado, que o ERTMS remataba antes da curva de Angrois porque así o establecían esas Regras de Enxeñaría. No seu momento, o perito independente da causa xudicial xa dixera no seu informe sobre o sinistro que a aplicación por Adif das regras de enxeñaría non era motivo suficiente para crear unha situación de inseguridade maior que a suporía non aplicar esas regras. Tras recibir agora a carta de Iglesias Díaz desmentindo a versión oficial de Adif, a deputada de En Marea Alexandra Fernández vén de pedir este mesmo luns a súa comparecencia na comisión de investigación sobre o accidente. Para Fernández, é \"moi grave a denuncia que realiza este cargo sobre as falsedades de cargos de Adif que pasaron pola Comisión\". En outubro un antecesor no mesmo cargo do agora denunciante rexeitou tamén a explicación oficial do motivo polo que o sistema de seguridade foi desconectado a bordo dos Alvia A de Iglesias Díaz non é a primeira crítica que se lanza desde o centro de experimentación (Cedex) do Ministerio de Fomento ás explicacións dadas por Adif sobre por que o maquinista era o único responsable de frear na curva de Angrois. Se Iglesias Díaz fala da seguridade nas vías, un antecesor seu na dirección do mesmo Laboratorio de Interoperabilidade Ferroviaria dese organismo, Jaime Tamarit, un dos maiores expertos europeos no funcionamento do ERTMS, compareceu no Congreso o pasado 10 de outubro e alí puxo o foco sobre a desconexión do sistema a bordo dos trens. Segundo dixo, o argumento de Adif de que desconectara o ERTMS porque fallaba e iso afectaba á seguridade non é valido. Tamarit atribuíu a decisión de desconectar o ERTMS a bordo dos Alvia en vez de operar co sistema a unha velocidade algo inferior a que esa segunda opción implicaría \"uns segundos\" de demora dos trens. Polo xeito en que se desconectou o ERTMS a bordo dos Alvia e se reduciu a súa implantación nas vías na liña Ourense-Santiago están imputados na causa xudicial seis técnicos de Adif, Renfe e Ineco. Jaime Tamarit, experto no sistema de control da velocidade ERTMS na súa comparecencia no Congreso o 10 de outubro"}
{"ID": "NOS_12911", "summary": "Tres estampidas en dous días. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo modifica a súa axenda para fuxir das protestas e desaparece dos actos na rúa.", "text": "Ao presidente Núñez Feijóo agárdaselle mais non aparece. A sospeita da presenza de mobilizacións na rúa, en especial, da protesta das vítimas das preferentes está a facer que o máximo mandatario da Xunta se ausente de actos que se recollen na súa axenda, de maneira singular, dos que teñen escenarios ao ar libre. En Compostela, agardábase por Feijóo no barrio de Vista Alegre ás 11 do Día 17 de maio para inaugurar unha placa na praza na que se sitúa a casa de nacemento de Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas mais, no último momento, o grupo de autoridades estaba só composto polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, máis o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. Situado a poucos metros da casa oficial do presidente da Xunta, no barrio de Vista Alegre non recibiron a presenza de Feijóo para inaugurar a placa conmemorativa da xornada como na véspera, a colocada na fachada do Salón Teatro tivo unha apertura clandestina. A Xunta organizara unha sesión de homenaxe o día 16 no Salón Teatro -sede do Centro Dramático Galego na Rúa Nova-, un edificio preparado para que quedara marca perpetua da data e o recoñecemento ao autor e director ao que se lle debe o nacemento do teatro profesional na Galiza. Antes de comezar o acto era visíbel a bandeira galega que ocultaba unha placa co nome e a imaxe de Vidal Bolaño que ninguén destapou oficialmente. A presenza na rúa dun grupo de actores e actrices da Plataforma das Artes Escénicas ao que se lle sumou un ruidoso conxunto de vítimas das preferentes fixeron modificar o programa do acto sen que se producise a inauguración pública da placa. O presidente Núñez Feijóo entrou ás presas no último momento baixo un forte control policial e, á saída, a lápida estaba xa destapada, sen que o número un do goberno da Xunta partillase da inauguración e sen que a comitiva institucional se detivese un momento protocolario en retirar a bandeira galega que cubría a lenda e a imaxe de Vidal Bolaño. \"Entrou ás presas no último momento baixo un forte control policial e, á saída, a placa estaba xa destapada, sen inauguración oficial\" Tamén se ausentou o presidente da inauguración da exposición dedicada a Rosalía polo 150 aniversario de Cantares Gallegos na sede da Fundación Barrié en Vigo. Agardábase a presenza de Núñez Feijóo nunha das rúas nas que se ten sentido con máis forza a protesta das vítimas das preferentes, a só uns metros do que se coñece como cruce dos bancos e no que se sitúa a sede central de Caixanova. Malia o control policial que rodeou o acto, as persoas afectadas polo timo das preferentes lograron introducirse no acto de inauguración ao que entraron sen portar os elementos que adoitan usar nas súas mobilizacións como as camisetas de diferentes cores das distintas plataformas que só exhibiron no interior do edificio. Sen embargo, Feijóo tampouco estaba nesta ocasión e, máis unha vez, a súa axenda fora modificada no último momento."}
{"ID": "NOS_45967", "summary": "Galiza afronta esta semana unha selectividade de cifras récord de matriculados e matriculadas, nun contexto totalmente marcado pola COVID-19 e que obrigou a despregar un protocolo sanitario e de seguridade.", "text": "Galiza afronta esta semana unha selectividade de cifras récord de matriculados e matriculadas, nun contexto totalmente marcado pola COVID-19 e que obrigou a despregar un protocolo sanitario e de seguridade para garantir as medidas de distanciamento, o acceso ordenado dos alumnos e o control de aglomeracións nos distintos puntos que acollerán as probas. Uns 14.555 alumnos matriculáronse para os exames, que supoñen uns 3.000 máis que o pasado exercicio, cando o facían uns 11.500 estudantes. En concreto, a cifra representa un aumento de 26% respecto a 2019, un incremento que se rexistra ademais en pleno operativo para tentar evitar aglomeracións debido ao coronavirus. Os exames desenvolveranse entre o 7, 8 e 9 de xullo. Este ano, debido á crise sanitaria, multiplícanse as comisións delegadas (serán unhas 45), haberá menos alumnos por aula, as e os estudantes estarán máis distribuídos, e tamén se contará con moitos máis docentes e vocais para vixiar o cumprimento das medidas de seguridade."}
{"ID": "PRAZA_3851", "summary": "O Foro Económico de Galicia publica unha análise sobre os efectos da epidemia, que calcula que o impacto podería acadar o 7,4% do PIB se o estado de alarma se prorroga ata mediados de maio. Prevé un \"efecto rebote\" unha vez superada a crise, pero advirte de que só se producirá se a enfermidade se controla \"pronto e con éxito\"", "text": "O informe prevé que Galicia perda entre un 5,6% e un 7,4% do seu PIB de forma inmediataO coronavirus está a provocar unha freada en seco da economía, cuxos efectos aínda tardaremos unhas semanas en coñecer con exactitude. O Foro Económico de Galicia publicou este mércores un informe de urxencia no que analiza o impacto da epidemia no noso país, calcula o seu efecto sobre o PIB e valora as posibilidades de comportamento futuro da economía, unha vez superada a crise.O informe prevé que Galicia perda entre un 5,6% e un 7,4% do seu PIB de forma inmediata, entre 3.500 e 4.600 millóns de euros, dependendo de se o confinamento chega unicamente ata o 26 de abril ou se se alonga outras dúas semanas, ata o 10 de maio.\"A efectividade das medidas sanitarias, das políticas económicas, monetarias e fiscais será clave para que a recuperación da economía sexa máis rápida e intensa\"O Foro Económico prevé, ao igual que outras institucións e entidades, que esta brusca caída sexa caída por un \"rebote\" da economía, pola execución das decisións de gasto aprazadas. Porén, advirte de que esta recuperación pode ser máis rápida ou lenta e máis ou menos importante, e que isto dependerá \"de que a crise sanitaria se resolva pronto e de forma exitosa\". Ademais, lembra que o impacto será moi distinto nuns e noutros sectores, situando o turístico e o da aviación civil como os máis prexudicados.Ademais, conclúe que \"a efectividade das medidas sanitarias, das políticas económicas, monetarias e fiscais, e a capacidade de xestionar a confianza empresarial e dos consumidores\" será \"clave para que a recuperación da economía sexa máis rápida e intensa\". Segundo Funcas, a caída da economía do Estado español podería roldar o 3% do PIB no conxunto do ano, cunha suba do 2,8% no 2021, e que a recuperación sería en forma de \"U\" (máis lenta) e non de \"V\",O informe, realizado por Fernando González Laxe (que o coordina), José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago Peñas, parte das previsións de impacto económico realizadas pola OCDE, o FMI ou entidades como a Fundación Funcas, e analiza o efecto que o coronavirus e o obrigado confinamento están tendo sobre a actividade económica en Galicia a partir de indicadores sobre os ERTE presentados e de entrevistas cualitativas realizadas a expertos e empresarios de diversos sectores. Os resultados das análises do Foro Económico amosan unha redución media da actividade económica global do 44% nunha semana de confinamento moderado e dun 61% nunha semana de confinamento estrito.Neste senso Funcas prevé que no conxunto do ano, a caída da economía do Estado español podería roldar o 3% do PIB no conxunto do ano, cunha suba do 2,8% no 2021, e que a recuperación sería en forma de \"U\" (máis lenta) e non de \"V\", como apuntan outras previsións máis optimistas, debido á estrutura sectorial da economía española, moi dependente do turismo. Ademais, o efecto sobre o emprego sería aínda máis negativo, segundo Funcas, e a súa recuperación sería máis lenta. O Foro aposta por plans de recuperación adaptados á situación de cada sector e o establecemento de \"redes de seguridade nos ámbitos financeiros, empresariais e sociais\"O Foro Económico conclúe que \"hai que estar preparados para asumir unha forte contracción do PIB na primeira parte do ano e facer todo o posible para que, a partir do segundo semestre, se materialice unha recuperación notable da actividade económica\". Sinala que a recuperación será \"paulatina e con distinta intensidade nas diferentes ramas de actividade\", apostando pola aplicación de plans de recuperación que deberán contar \"con novos recursos e con solucións creativas\", establecéndose \"redes de seguridade nos ámbitos financeiros, empresariais e sociais; así como mallas de protección que permitan evitar fortes desaxustes disruptivos nos sectores e actividades básicas da economía de Galicia\".Así mesmo, o Foro reclama que as medidas a adoptar conten \"cun amplo apoio ao redor dunha proposta integral de accións baixo a cal sería necesaria acadar un sólido compromiso social e político\". Isto requirirá \"liderados fortes, transparencia nos datos que permitan deseñar as políticas necesarias e a súa avaliación a moi curto prazo e unha estreita colaboración de todos os axentes implicados que transmitan así confianza ás familias e ás empresas\"."}
{"ID": "NOS_25590", "summary": "No novo número do semanario, esta quinta feira nos pontos de venda habituais e xa na nosa loxa, propómosvos unha viaxe no tempo, até 1968 e de volta ao presente. Dedicamos 12 páxinas do #Sermos305 a facermos ese percurso. E non o facemo sós, senón na compaña de voces tan senlleiras como as de Pilar Allegue, Lois Diéguez, Saleta Goi, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez e Xesús Sanxoás.", "text": "Un relato coral sobre o medio século decorrido entre aquel 1968 e este 2018. Iso é o que formulamos neste #Sermos305, da man de protagonistas desta andaina colectiva. Doce pequenas entrevistas que completamos cunha conversa xa máis demorada de María Obelleiro co historiador Xusto Beramendi, da que espigamos aquí o seu titular: \"Non pode haber nación sen día nacional\". Alén de historiarmos someramente estas cinco décadas, investigamos como puido sobrevivir o Día da Patria Galega no exilio durante a ditadura e oferecemos tamén unha axenda dos actos programados polas distintas organizacións políticas para este 25 de xullo. No mesmo cadro do Día da Patria Galega —en concreto na axenda dos eventos organizados por volta do Festigal— terá lugar a última das apresentacións do Sermos Diario Galego, o xornal en papel cuxo lanzamento preparamos con todo esmero para 2019, e diso tamén informamos neste #Sermos305. No Festigal poremos así o ramo a un ciclo de actos que se teñen desenvolvido por todo o país adiante coa participación de por volta de 1.500 persoas. Estamos na recta final e o obxectivo continúa a ser o do principio da carreira, alcanzar as 3.000 subscricións que tornen viábel o proxecto. O último día para formalizar a asinatura é o 31 de xullo. Xa fóra das lindes do DPG2018, e nas páxinas de Internacional, o #Sermos305 inclúe a segunda das entregas de Bruno Carvalho sobre a vida en Donbass e unha información da autoría de X.P. Igrexas sobre a reforma constitucional en curso na Cuba socialista, un proceso que visa reafirmar o compromiso da maior das Antillas a prol da construción dunha sociedade alternativa ao capitalismo. Na sección de Economía analisamos a caída dos investimentos en obra pública rexistada no noso país e deitamos o ollar sobre o proceso de concentración, oligopolización, que se veu rexistrando no sector bancario galego, con 5 marcas a controlar na práctica todo o mercado. Canto ao Fóra de Serie, alén das seccións habituais, botamos un ollo ao pop rock galego, cunha entrevista de Daniel Salgado a Roberto Sobrado sobre o último traballo deste artista, Proletarios del rock and roll. Rock no Fóra de Serie e rock no Caderno de Verán, desta volta un monográfico sobre o festival Rock en Cambre, con colaboracións de auténtico luxo. Pasen e vexan: Antón Reixa, Julián Hernández, Fran Velo e Santiago Romero."}
{"ID": "PRAZA_6686", "summary": "Vinte artistas, entre eles Pepe Viyuela ou Iván Prado, actuaron en hospitais, colexios, centros culturais, prazas, rúas e teatros de cidades palestinas e en campos de refuxiados e checkpoint nunha nova edición do festival organizado por Pallasos en Rebeldía.", "text": "Uns 33.000 palestinos gozaron dos distintos espectáculos que se desenvolveron con motivo da segunda edición do Festiclown Palestina, organizado por Pallasos en Rebeldía e que se celebrou desde o 1 ao 9 de outubro en cidades como Xerusalén, Belén, Ramallah ou Nablus, así como en campos de refuxiados, no Val do Zordán ou mesmo no checkpoint de Qualandia. No festival participaron un total de 20 artistas, entre os que destacan o actor Pepe Viyuela, o clown Iván Prado e o músico Mr. Kilombo, desenvolvendo máis de 50 actividades, entre actuacións e talleres. O Festiclown Palestina celebrouse en Cisxordania para paliar os graves efectos dos ataques israelís deste verán en Gaza Esta segunda edición do Festiclown Palestina, que nun principio se ía a celebrar en xaneiro de 2014 nos campamentos de poboación refuxiada palestina do Líbano, demorouse até outubro pola inestable situación política e social deste país e, finalmente, desenvolveuse en Cisxordania para paliar os graves efectos que tiveron os ataques israelís deste verán en Gaza sobre a poboación palestina, producindo unha gran cantidade de desprazados a Cisxordania. Por iso, o Festiclown levou actuacións a hospitais, colexios e campos de refuxiados, ademais da centros culturais, teatros, rúas e prazas. \"A segunda edición do Festiclown Palestina supuxo a súa consolidación como primeiro festival de pallasos do mundo árabe e a reivindicación do mundo do circo pola liberación de Palestina\", explicou o clown Iván Prado, director do Festiclown. \"Vir tras os bombardeos de Gaza a traballar para a poboación infantil hospitalizada foi a nosa maneira de combater con amor e alegría o terrorismo de Estado e xenocidio israelí\", engadiu. Pola súa banda, Pepe Viyuela quixo resaltar a oportunidade que o festival lle brindou para \"mostrar o apoio máis decidido ao pobo palestino e ás súas ansias de liberdade e de coñecer de primeira man unha situación insoportable cuxo desenlace non podemos deixar en mans dos políticos, senón que os cidadáns deben participar activamente\". \"Vir tras os bombardeos foi a nosa maneira de combater con amor e alegrío o terrorismo de Estado israelí\" Iván Prado quixo destacar tres momentos de especial interese deste festival. O primeiro deles é a actuación no Rockefeller Palace, en Xerusalén este, \"onde a actitude dos nenos era moi histérica e nerviosa e mesmo agresiva, pero cando empezamos a dar abrazos, conseguimos conectar con eles e o labor de mitigar a dor coa estupidez e o ridículo do pallaso funcionou\". Outro momento destacado foi a performance no muro construído por Israel para illar aos palestinos do mundo, \"alí demostramos como os pallasos se enfrontan á monstruosidad dun exército de ocupación\". Por último, resaltou o comprobar como os pallasos se ían rompendo tras visitar hospitais ou campamentos de refuxiados e \"a persoa que se esconde detrás do pallaso entra en catarse emocional ao comprender a beleza e o sufrimento do pobo palestino\". \"Estamos distposos a manternos firmes á hora de apoiar os palestinos na súa loita pola liberdade\" Pepe Viyuela considerou que o momento máis emotivo destes días foi \"coñecer de primeira man a situación dunha parte de Palestina, a do Val do Zordán, que ve como lle rouban a auga, como lles saquean o seu modo de supervivencia e coñecer a resistencia que están a levar a cabo dunha maneira pacífica e civilizada, moi lonxe da actitude de Israel\". Ademais, destacou que \"a xente coa que estivemos mostrounos o máis profundo dos agradecementos ao ver que non están sós, que hai xente que os apoia e que estamos dispostos a manternos firmes á hora de apoialos na súa loita pola súa liberdade e por unha vida digna\". Xunto a Prado e Viyuela, participaron na segunda edición do Festiclown Palestina o músico madrileño Mr. Kilombo, o clown escocés Johnny Melville, a compañía Kambahiota Trup, o mago español Pablo Muñoz, a clown arxentina Laura Mandarina, o mimo Marcelo González, a compañía de teatro brasileira Traço ou o acróbata Kanagadama, ademais de artistas palestinos como os da Palestinian Circus School. Deste xeito, celebráronse actuacións e talleres de clown, circo e risoterapia para a poboación local."}
{"ID": "PRAZA_10549", "summary": "Un grupo de alumnas e alumnos do IES Fontexería de Muros demandoulle á Consellería a eliminación dun punto na programación da materia que fixa o estudo das \"bases xenéticas da diferenza entre a conduta feminina e a masculina\". A Xunta responde que se trata dun contido de ámbito estatal que non pode ser suprimido en Galicia", "text": "No segundo curso do Bacharelato pódese cursar unha materia optativa de Psicoloxía, cuxos contidos xerais, como os das demais clases, veñen fixados polas programacións deseñadas pola Consellería de Educación. Este documento fixa uns estándares de aprendizaxe que despois deben ser desenvolvidos polo profesorado nas súas explicacións e actividades. Na programación da materia de Psicoloxía para o curso 2018-19 establecíase que nas aulas debían ser abordadas as \"bases xenéticas da diferenza entre a conduta feminina e a masculina\" e, igualmente, \"a influencia dos compoñentes xenéticos que interveñen na conduta\" instando ao alumnado a \"investigar e valorar se estes teñen efectos distintivos entre a conduta feminina e a masculina\".Denuncian que este estándar de aprendizaxe pode levar a \"impartir unha clase baseada nunha ética patriarcal\", presentando \"como natural, no sentido biolóxico (...) a inferioridade das mulleres na sociedade\"Un grupo de alumnas e alumnos de 2º de bacharelato do IES Fontexería de Muros presentaron un escrito ante a Consellería de Educación solicitando a eliminación destes puntos na programación da materia, xa que \"permiten ao profesorado xustificar desde un posicionamento bioloxicista diferenzas psicolóxicas naturais, estereotipos que manteñen e fomenta a discriminación social da muller\".No texto, estas alumnas e alumnos denuncian que este estándar de aprendizaxe pode levar a \"impartir unha clase baseada nunha ética patriarcal\", presentando \"como natural, no sentido biolóxico, o comportamento adquirido a través da cultura\" e, xa que logo, \"a inferioridade das mulleres na sociedade\". Na solicitude, presentada polo Xefe de Estudos do centro, en nome do alumnado, faise fincapé na gravidade engadida que supón que se empreguen \"argumentos misóxinos presentados como científicos e dende a posición de autoridade docente, incorrendo na falacia naturalista de que a natureza é a fonte do comportamento humano\".Os alumnos e alumnas denunciantes engaden que a interpretación deste punto \"que temos recibido no noso centro axústase ao espírito co que foi redactado o propio artigo, constituíndo isto un exemplo máis de como o pensamento patriarcal permea todos os ámbitos do saber e da vida humana\".A Xunta sinala que os contidos recollidos na normativa básica, de ámbito estatal, \"non poden ser eliminados do currículo da Comunidade Autónoma\"A Xunta respondeu dúas semanas despois, a través do Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, indicando que os contidos recollidos na normativa básica, de ámbito estatal, \"non poden ser eliminados do currículo da Comunidade Autónoma\". Neste caso, indica o Goberno galego, o Decreto 1105/2014 insta a incluír nas aulas contidos que axuden a \"comprender e recoñecer algunhas das bases xenéticas que determinan a conduta humana\", de xeito que o alumnado poida explicar \"a influencia dos compoñentes xenéticos que interveñen na conduta\", valorando \"se estes teñen efectos distintivos entre da conduta feminina e masculina\". Xosé Cabido, Xefe de Estudos do centro, salienta o feito de que as rapazas e rapaces da clase \"tomasen a iniciativa para denunciar isto\"Xosé Cabido, Xefe de Estudos do centro, salienta o feito de que as rapazas e rapaces da clase \"tomasen a iniciativa para denunciar isto, identificaron o problema e puxéronse a buscar unha solución\". \"Elas e eles detectaron que iso non era razoable e que esta concepción supoñía consolidar e xustificar a desigualdade entre mulleres e homes, reaccionaron e encargáronse de cotexar a programación da materia\", destaca o profesor, que subliña o importante traballo que o IES Fontexería de Muros leva anos realizando en materia de igualdade de xénero\".Despois da resposta negativa recibida da Xunta, alumnas e alumnos presentarán un escrito semellante no Ministerio de Educación, no Instituto da Muller e na Secretaría Xeral da Igualdade. O obxectivo é poñer en cuestión e buscar a eliminación deste punto que lexitima \"un discurso que é moi perigoso e que serve para asentar a visión patriarcal da sociedade\"."}
{"ID": "NOS_27187", "summary": "Naceu na Coruña e morreu en Oleiros. Escribiu letras de cancións en galego e traduciu do alemán. Foi madriña na voda dunha raíña. Foi Eulalia de Liáns.", "text": "Está próximo, un de setembro, o 172 aniversario do nacemento na Coruña da escritora Francisca González Garrido, máis coñecida por Fanny Garrido e que asinaba os seus traballos literarios ou xornalísticos co nome de Eulalia de Liáns, parroquia do concello de Oleiros onde viviu, no pazo de Lóngara, e morreu en once de setembro de 1917. A prensa lémbraa pola súa beleza e menos polo seu traballo intelectual, como escritora, tradutora ou autora de letras para musicar. Cóntase que nunha visita da raíña Isabel II á Coruña, esta fixo deter a súa carruaxe para falar con Fanny, atraída pola súa beleza, e prometeulle que sería a súa madriña na voda real. Cando esta chegou, Fanny escribiu á raíña para lembrarllo e foi madriña nesa voda. As cancións. Fanny escribe; Marcial compón Coñecida sobre todo pola súa produción novelística en español, foi autora de media ducia de poemas en galego, asinados como F.G. e musicados por Marcial del Adalid, o seu primeiro marido, recoñecido compositor e pianista e o primeiro compositor galego importante de música profana culta cuxas primeiras composicións son interpretadas por volta de 1847, nos intermedios da función desenvolta no Liceo de Barcelona representando Guillermo Tell. No ano seguinte, o 48, tocou, tamén no Liceo, ao piano dúas pezas. Andaba polos vinte e dous anos. Como pianista compuxo un elevado número de pezas para este instrumento, elexías, nocturnos, baladas, impromptus… aínda que o que máis destaca na súa produción é a súa obra para voz e piano. É autor da ópera Inés e Bianca, a primeira ópera de toda a historia operística galega. Foi o iniciador dun novo xénero: a melodía galega. Dentro deste xénero de melodía galega, Marcial del Adalid introduciu nas súas obras os primeiros pasos do nacionalismo ao empregar as melodías populares. É autor dunha colección de vinte e cinco pezas baixo o nome de Cantares viejos y nuevos de Galicia, a primeira recompilación musical galega de signo marcadamente nacionalista. A súa ampla biblioteca musical, así como a ópera Inés e Bianca e outros orixinais seus, foron doados á Real Academia Galega. A Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes leva o seu nome. Tradutora de Goethe Mais voltemos a Liáns. Entre a obra creativa de Fanny Garrido destacan as traducións de Goethe que lle achegaron notábel prestixio entre os intelectuais, pois a autora, ademais de amosar os seus coñecementos do idioma, grazas á súa condición de poeta, é quen de superar atrancos métricos ou rítmicos das obras orixinais. Fany Garrido foi a tradutora da primeira versión española da Viaxe a Italia de Goethe, converténdose nunha adiantada da tradución feminina. E foi madriña na voda dunha raíña."}
{"ID": "NOS_11253", "summary": "Cun chamamento a reducir ao máximo os encontros festivos máis alá do núcleo de conviventes e a advertencia de que as restricións poden endurecerse a semana que vén se os casos aumentan, a Xunta actualiza o seu plan de Nadal, que acouta a dez persoas –cun máximo de seis adultas e catro crianzas– as reunións e permite até a noite do 25 a mobilidade entre localidades para visitas familiares. As medidas, que serán controladas por 11.000 axentes policiais, pretenden evitar un aumento dos contaxios, que nos últimos días se manteñen estábeis, e minimizar a terceira vaga da pandemia.", "text": "Desde esta cuarta feira e até as 23 horas do día de Nadal queda reaberta a mobilidade interior na Galiza, tamén naquelas localidades que teñen implantados fechamentos perimetrais por mor da Covid-19. É unha das principais novidades da actualización do Plan de Nadal da Xunta que deu a coñecer hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, despois de reunir na xornada desta segunda feira o comité clínico para analizar a evolución da pandemia. Coa conclusión de que a situación é de \"estabilidade\" –sen aumentos significativos, agás en lugares puntuais, mais sen a diminución de casos que se viña producindo en semanas anteriores–, o Goberno galego abre esta \"ventá\", exclusivamente para permitir encontros familiares, e malia a recomendación, reiterada hoxe polo conselleiro e polos membros do comité que o asesora na xestión da crise sanitaria, de evitar no posíbel os contactos con persoas non conviventes durante as festas. \"A mensaxe é clara: menos é máis. Menos reunións, menos tempo e menos visitas é máis seguridade para que non se produza a terceira vaga\", sinalou o responsábel da Xunta, que finalmente si limitará nos encontros festivos o número de crianzas de até dez anos que poderán xuntarse, cun máximo de catro para as reunións con seis persoas adultas –o límite marcado no plan galego–, adaptándose así ao límite de 10 persoas que se fixou no Consello Interterritorial de Saúde. A apertura puntual da mobilidade afectará seis das sete cidades –todas agás Ourense–, que polo menos até o día 29, e coa excepción destas tres xornadas, manterán as súas limitacións perimetrais. A Xunta desbota levantalas, ao non situarse ningunha por baixo dos cen casos activos por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas, novo límite de incidencia acumulada estabelecido que responde, afirmou o conselleiro, ao \"principio de prudencia\", á vista do aumento dos contaxios no Estado español e do estancamento no país. Incidencia acumulada Esa estabilización da situación epidemiolóxica galega queda reflectida, segundo apuntou na comparecencia a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na incidencia acumulada media da Galiza a 14 días, que se situaba a pasada segunda feira en 177 casos por cen mil habitantes, practicamente a mesma que o pasado día 18 (177,6). O dato é levemente superior ao de hai unha semana (167, 48) se ben notabelmente afastado de cifras anteriores, caso do 2 de decembro, cando se situaba nos 251, ou de finais de novembro (286,57). Con todo, a responsábel de Saúde Pública chamou á cautela e apelou a outros parámetros –arredor de 5% de positividade por PCR e número reprodutivo básico instantáneo –que mide a capacidade de transmisión da enfermidade–, perto de 1 pero aínda por enriba, ademais da evolución da incidencia acumulada– para reafirman que a situación é \"estábel\", máis non de descenso. En canto á evolución das cidades, Durán valorou que tamén se mantén, con certa mellora no caso da Coruña –por riba de 110 casos a 14 días–, Ferrol –136 a 14 días e baixando até 68 na incidencia acumulada a sete días– e Lugo –tamén por riba dos 100 casos a 14 días–. Con Ourense e Vigo sen cambios significativos, como tampouco en Pontevedra, o Concello de Compostela é, segundo recoñecen desde a Xunta, o que máis preocupa, cunha incidencia acumulada a 14 días de 194 casos e tendencia ascendente, malia as restricións de tránsito que volveron imporse hai unha semana. Xunto coas cidades, Sanidade acordou nas últimas horas elevar as limitacións de mobilidade e actividade ao máximo nivel en Rianxo, polo aumento de contaxios, e mantén en vixilancia especial Verín, Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia. Por contra, melloran Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa, que pasan ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a prohibición de entrada e saída, e suavízanse as restricións en Moaña, Vilalba, Tui e Ponteareas. Visitas que chegan de fóra As pautas de mobilidade, encontros interpersoais e funcionamento e horario da hostalaría –até as 17 ou as 23 horas, dependendo do nivel de restrición do municipio, e con posibilidade ou non de usar o interior do local e con grupos de até catro ou seis persoas como máximo– aplicarase tamén a aquelas persoas que cheguen a Galiza desde fóra do país durante as festas. O conselleiro de Sanidade lembrou esta terza feira que, malia que existe desde este día 23 e até o 6 de xaneiro, unha restrición xeral de entrada, a visita a familiares está contemplada como unha das causas que permiten a mobilidade nestas datas, xunto coas laborais, educativas, sanitarias ou de coidados. Para facelo está aberto na web do Sergas o rexistro de persoas viaxeiras –na que tamén poden inscribirse estudantes que veñan de fóra ou que se trasladen ao seu concello desde outro–, a través do cal o sistema de saúde prescribe e fixa probas diagnósticas, en función da situación epidemiolóxica do lugar de procedencia. Este é un estrato do tema que publicamos hoxe, día en que se producirá a entrega deste inmoble ao Estado. Se queres saber máis atoparás o contido completo no Nós Diario que agarda no quiosque ou na tenda online. Para futuros despistes, é mellor que te subscribas xa!"}
{"ID": "PRAZA_12474", "summary": "O voceiro conservador en materia laboral traslada ao Parlamento a súa defensa dunha reforma laboral que \"non ten nada que ver coas clases\" durante o debate dunha proposta do Bloque que esixía a súa retirada", "text": "\"Consigna sindical\", \"propaganda\", \"eslogan\", \"maniqueísmo\", \"enfrontamento\". Son algúns dos cualificativos que o voceiro do PPdeG en materia laboral, Alberto Sueiro, lle dedicou este martes á convocatoria de folga xeral contra a reforma laboral. A menos de vinte e catro horas do paro convocado pola práctica totalidade das organizacións sindicais a Cámara galega acollía o debate dunha proposición non de lei (PNL) do BNG encamiñada ao rexeitamento da \"contrarreforma\" do Goberno que dirixe Mariano Rajoy. Na práctica, a proposta tivo a finalidade de forzar os grupos do lexislativo galego a clarificar aínda máis as súas posturas sobre un proxecto que, en verbas do voceiro nacionalista, Henrique Vieitez, foi \"asinada en branco\" polo Executivo central. \"A letra pequena puxéronllela os especuladores, a banca e as grandes empresas\", di. Fronte ao rexeitamento nacionalista os conservadores optaron non só por ratificar que a proposta non tería o seu apoio, senón por descualificar a súa propia presentación. O feito de que xa se tratase a reforma laboral a través dunha iniciativa socialista no pleno anteiror serviulle a Sueiro para concluír que \"o debate xa está dado\" e, polo tanto, volver abordar a cuestión supón \"a utilización impropia da tribuna do Parlamento como altavoz da convocatoria da folga xeral\". A esquerda en xeral e o Bloque en particular, acusa, \"patrimonializa a defensa das persoas traballadoras e das maiorías sociais\" cando, \"se alguén está lexitimado para falar no nome das maiorías sociais\" en Galicia \"é o PP\", mantén. Sueiro coida que a reforma non é \"un ataque de clase\" porque \"non ten nada que ver coa clase\" Con todo, e malia non considerar axeitado tratar a reforma na Cámara galega, o voceiro popular non evitou realizar unha pechada defensa da mesma baseada, esencialmente, en que o PSOE tamén promoveu a súa propia reforma -a cal deu lugar a dúas folgas xerais, unha en todo o Estado e outra só en Galicia-. \"Eu non sei quen vai ter a solución, pero o que sei é quen é o responsable da desfeita\", asegura Sueiro, nun contexto no que, ademais, asegura que non cabe negociación ningunha sobre a reforma. \"Que maior proceso negociador se pretende que as Cortes do Estado?\", pregunta. En calquera caso, para o parlamentario conservador non hai lugar a cuestionamento ningún das novas normas laborais que, ademais, \"non son un ataque de clase\" porque \"non teñen nada que ver coa clase\". \"Nas actuais circunstancias, a prioridade é a creación de emprego, é unha emerxencia social e para iso hai que modificar o marco legal\", argumenta. Iso mesmo fixérono os socialistas, di, e por iso \"señor Vieitez -advirte- teña coidado, que é sabido que os conversos son os peores e mañá vai ter que estar a cobadazos [co PSdeG] para termar da pancarta]. Vieitez: \"A folga xeral vai ser un éxito aínda que o PP e os empresarios o tenten impedir con ameazas\" Neste contexto, o voceiro socialista no debate, Miguel Ángel Fernández, pregúntase onde queda o PP que, a través de Dolores de Cospedal, se definiu como \"partido dos traballadores\". Os conservadores, di, \"cansaron\" de apoiar os traballadores \"ao día seguinte de ter unha maioría suficiente para facer a política laboral que querían\". \"Mañá pode vir un empresario e dicirlle a un traballador de Sarria con dous fillos que en quince días ten que empezar a traballar en Canarias\". \"Quérennos convencer de que isto é bo para Galicia, para os traballadores e as súas familias?\", ilustra. \"Esta reforma o que fai é acabar cos dereitos que tanto lles custaron aos traballadores que se lles recoñecesen\", censura Fernández, coincidindo nesta sentido con Vieitez , en cuxa opinión non cabe \"negociación de ningún tipo\" sobre a reforma, senón, simplemente, a súa retirada. \"Entenderán que non sexamos voceiros da CEOE porque, entre outras cousas, non queremos ir a Laponia a traballar\", di o deputado do BNG. \"O que os grandes banqueiros non son quen de conseguir na mesa de negociación vostedes fano mediante real decreto lei\", acusa, e por iso, augura, \"a folga xeral vai ser un éxito\" aínda que \"o PP e os empresarios o estean tentando impedir mediante ameazas\"."}
{"ID": "NOS_56822", "summary": "O portavoz do BNG denunciou o \"envellecemento\" que atinxe o sistema universitario galego nun encontro con profesorado, estudantes e pesoal de servizos da UDC.", "text": "Xavier Vence criticou esta segunda feira nun encontro con persoal docente, de servizos e estudantes da UDC o \"avellentamento\" que atinxe o sistema universitario galego. O portavoz do BNG asegurou que Galiza posúe o \"persoal universitario máis envellecido de todo o Estado español\" logo de afirmar que \"só 35 docentes teñen menos de 30 anos\". Un feito, salientou, que \"dificulta a capacidade docente e investigadora das universidades\" e que se está a facer notar na \"calidade da investigación e da docencia\" en Galiza. Tres propostas Na súa conversa con representantes dos tres sectores que compoñen a comunidade universitaria (estudantado, PAS e PDI), Xavier Vence --catedrático de Economía-- trasladoulles o rexeitamento do BNG ás políticas que está a desenvolver o Partido Popular \"tanto desde o goberno central como desde a Xunta\" e que, dixo, ten no 'decreto 3+2' a última \"agresión frontal\" á universidade pública. Vence propuxo incrementar até os 450 millóns de euros o orzamento destinado ao sistema universitario Neste senso, o voceiro nacionalista trasmitiulles tres propostas encamiñadas a reverter a situación actual que atinxe o sistema universitario galego. En primeiro lugar, Vence propuxo un incremento da dotación anual mínima destinada a financiar as universidades pasado dos actuais 380 millóns de euros a \"450 millóns\" en 2016-2020. Aliás, propuxo un \"programa de bolsas suficiente\" para garantir o acceso aos estudos superiores de todas aquelas persoas que, contando \"con aptitudes\" puidesen quedar fóra da universidade \"por razóns económicas\". Finalmente, desde o BNG propuxeron \"manter o sistema de graos\" actual en troca da implantación do 'decreto 3+2' pois, denunciou Vence, este \"implica a degradación da formación universitaria\" e \"suporá o encarecemento dos estudos superiores\"."}
{"ID": "QUEPASA_797", "summary": "As consencuencias de gastar unha \"broma\" ao 112.", "text": "Pasadas as 22:30h da noite, un veciño de Camariñas albiscaba unha vengala no mar, preto da zona da Virxe do Monte. Pronto chamaba ao 112 e se achegaba á zona da praia do Lago para ver de preto se había algún problema. Dende o 112 mobilizaron á lancha de Salvamento Altair, que ten base en Camariñas, mentres en Santiago esperaba novidades para despegar o helicóptero Helimer 402. Nin o alertante, que primeiro subíu ao monte da Vela e despois baixou ata a zona do Castelo do Soberano, nin a Altair, nin Protección Civil, que rastrexaron toda a zona dende o porto camariñán ata o Cabo Vilán, viron nada estrano, máis que as pequenas embarcacións que andaban ao camarón, volvendo a terra sen problema algún. Novas semellantes Setembro 17: A terceira falsa alarma neste mes provoca de novo un inútil dispositivo de busca. 01-09-17: Un amplio dispostivo buscou durante horas unha peregrina inglesa que durmía a siesta. 23-08-17: As consencuencias de gastar unha \"broma\" ao 112. Setembro 2011: Una falsa alarma mobilizou en Fisterra un amplo dispositivo dos servicios de emerxencias."}
{"ID": "NOS_1107", "summary": "Fartos da \"inacción\" do goberno español, demandarán nos tribunais nórdicos ao país por non pagarlles prestaciñons malia cotizar alí décadas. Esgotada esta vía, darán o paso de levar o caso perante Estrasburgo.", "text": "Os mariñeiros galegos que durante anos traballaron en buques de bandeira norueguesa van presentar nese país nórdico unha demanda colectiva contra Noruega. Un paso que decidiron dar após meses de pedir ao Estado español que demandade Noruega por non pagarlles as pensións nin prestacións malia cotizar alí durante décadas. Madrid dixo que non a esa solicitude e os 'galisik' (galegos, en noruegués) optaron por non se render e seguir adiante na defensa dos seus dereitos. Esta terza feira varias ducias deles volveron se manifestar en Compostela, nunha mobilización que finalizou perante o Parlamento galego, de onde saíron deputados como Francisco Jorquera e Ana Pontón (BNG) para falar con eles. Alberto Paz, secretario de 'Long Hope', a asociación que representa a estes mariñeiros, defende que \"perante unha inxustiza social\" como a que padecen non fica outro remedio que demandar, unha medida para a cal contrataron avogados noruegueses que pagarán dos seus propios petos os afectados. Os mariñeiros galegos pagaron entre 1952 e 1994 impostos por valor de 520 millóns de euros, segundo cálculos de 'Long Hope', a asociación que os representa. Porén, Oslo non recoñece o dereito a pensión ou prestación argumentando que non residían no territorio, pois estaban embarcados. Segundo os mariños a decisión vulneraría os convenios de Dereitos Humanos ao \"discriminar por nacionalidade\" (artigo 14 da Convención europea de 1950), un argumento que foi exposto polo profesor da Universidade da Coruña XM Carril nun estudo. Estas persoas eran partidarias de que o Estado español demandase Noruega perante o Tribunal europeo de Dereitos Humanos. A finais de maio, o Estado español anuncioulles que non adoptará esta medida."}
{"ID": "QUEPASA_936", "summary": "As táboas en www.futboldacosta.com.", "text": "Importantes as vitorias desta semana de Dumbría e Mazaricos. A do cadro dumbriés, no derbi ante un Volantes pouco preciso, que mantén aos de Pablo Conde na 3ª praza e mete aos de Sil en postos de descenso directo. Un descenso do que escapa o Mazaricos trala súa terceira vitoria consecutiva, colocándose xa en zona morna. Por arriba mantese o Soneira firme no liderato. Puido ter ampliado a distancia cos segundos, pero O Pino saíu vivo do Municipal. En todo caso, os de Pedro demostran estar un punto por riba de todos os seus rivais. A última derrota da xornada, a do Baio, irregular coma ningún. Soneira - O Pino (1-1) Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, David Agra, Richi, Diego Lois, Darío, Alex Taibo, Pichi, Javi (Basti, m.4), Vía Rápida e Róber Pladur. Goles: 0-1, m.56; 1-1, m.70: en propia. Saíu vivo de Vimianzo O Pino gracias a espectacular participación do seu porteiro. A primeira parte estaría marcada un pouco polo vento cun Soneira que intentaría levar o peso do partido e O Pino que sairía replegado e buscaba achicar balón e algunha que outra contra e na que a ocasión máis salientable sería para o Soneira cunha boa internada de Richi que buscaría o pase da morte pero o porteiro sacaría un bo pé abaixo. Na segunda meta o Soneira faría un dos mellores partidos da tempada e metería totalmente ao Pino na súa área cun vendaval de xogo de ataque e chegando con moito perigo. Primeiro sería Agra nun remate de cabeza á saída dun córner, pero nunha falta directa na única chegada que tiveron o balón bate na barrera e despista a Javi e fan o 0-1. A partir de aí o Soneira aínda se ven máis arriba e Pladur tería unha inmellorable ocasión dende o punto de penalti pero o meta visitante gañaríalle a partida cun auténtico paradón. Diego Lois tería unha boa ocasión cun centro envelenado de falta que se colaba pola escuadra e o meta visitande volve a sacar unha boa man. Pero noutra falta sacada por Diego Lois o defensa visitante introduce de cabeza o balón na súa portería para poñer o 1-1. Quedaban 20 minutos de asedio total, primeiro Basti tería unha moi boa ocasión pero o defensa tapona o tiro, e despois cun balón que lle queda morto na área e o porteiro lle fai un paradón . E aínda tería o Soneira unha última por medio de Agra cun bo cabezazo e o porteiro lle responde cun paradón estilo porteiro de balonmán.No bando soneirán debutaba un coñecido, Brais Mouzo. Riveira - Baio (3-2) Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Carlos, Norberto, Bieito, Manu Santiso, Javi Suárez e Martín MC. Tamén xogaron: Pablo, Martín, Mario, Mohedano e Braian. Goles: 1-0, m.10; 1-1, m.17: Manu Santiso de falta; 1-2, m.21: MC; 2-2, m.30; 3-2, m.64. Partido malo do cadro baiés, que tivo unha primeira metade absolutamente rota, con chegadas continuas ás áreas e erros das defensas dos dous bandos. Adiantáríase o cadro local, remontaría o Baio peor antes do descanso volvía empatar o Riveira. O equipo local saíu mellor na segunda e conseguía meterse por diante. Adiantou filas o Baio, e tivo varias ocasións para empatar de novo, pero non tivo fortuna. Esta mañá presentábase no Salón de Plenos do Concello de Muros o novo Partido Solidario con Cáritas. O mércores 18 de decembro terá lugar un choque entre a Selección Galega Xuvenil e o Celta Xuvenil, onde poderemos ver o melloriño da categoría. O choque, que conta coa colaboración da RFGF, servirá para facer unha completa de recollida de alimentos para a entidade. Volantes - Dumbría (0-2) Volantes con Alex Pri-Foto-Adriana Volantes: Marcos, Godo, Rachón, Amoedo, Jano, Charles, Óliver, Abel, Thiago, Pesco e Rubén. Tamén xogaron: Xian, Ángel, Tiko e Jose. Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Berto (Iago, m.60), Kanario, Mataso, Code (David, m.75), Xaco, Diego Cespón (Mario, m.75), Rivi, Dario e Yuyo (Xabi, m.70). Goles: 0-, m.15: Pablo Paz; 0-2, m.30: Yuyo. 11 do Dumbría CF en Muros Completo partido, con e sen balón, dun Dumbría que sacou os tres puntos do Eleuterio Balayo ante un Volantes que non tivo o seu día. Xa dende o comezo parecía que o partido tiña cor visitante, cun Dumbría dominador, un Volantes que acusaba o balón longo e parado, e un par de chegadas dos dumbrieses por erros na marca da defensa laranxa. Aínda así Pesco, a pase de Rubén, puido meter por diante aos locais. Era Pablo Paz o que abría o marcador, e o Volantes tivo o empate na cabeza de Amoedo e de Charles pero irianse fóra. Non tardou o Dumbría en golpear de novo e Yuyo facía o segundo. Na segunda o Dumbría estivo máis cómodo con balón ante un Volantes que nunca foi quen de meterse de cheo no partido, que foi esmorecendo con ese resultado. O Volantes ten que sufrir ademais as lesións de Amoedo e Godo. Mazaricos - Val do Ulla (4-2) Mazaricos: Dani Fedello; Mario, Borja, Maroñas, Cutu (Pose, m.35); Adrián (José Ángel, m.80), Pereiro (Joseph, m.72), Fano, Barbeira; Yago (Ricardo, m.60) e Viturro. Goles: 1-0, m.2: en propia; 2-0, m.5: Viturro de penalti; 3-0, m.43: Viturro; 4-0,m .60: Viturro; 4-1, m.63; 4-2, m.68. Púñase de cara moi pronto o choque para o Mazaricos gracias a un erro do meta local. E sen tempo para nada, Viturro gaña o espacio e fanlle penalti, que el mismo trasforma no 2-0. Pero o Val do Ulla non lle perdeu a cara o partido e comezou a apretar, ante un cadro de Chicho que mantiña a idea de esperar atrás, intentar recuperar en campo contrario e darlle amplitude ao xogo. Xa ao fío do segundo tempo., Fano entra por bandal, conecta con Viturro e fai o 3-0. Non fallou a concentración no comezo da segunda metade ante un Val que saía dous pasos adiante e comezou a crear perigo ás costas dunha defensa amarela que se sentía segura. Viturro, o máis listo da clase, completa o triplete aproveitando unha indecisión da defensa e o porteiro visitante. Co 4-0 parece que os aparelos apagaron o motor, e un par de erros defensivos meteron ao Val do Ulla con 2 goles en 5 minutos no partido de novo. Tocaba volver sufrir, pero o equipo calmouse, reorganizouse a tempo e temporizaron o choque ata o final. Todas as crónicas de 1ª Galicia As táboas en www.futboldacosta.com"}
{"ID": "NOS_26932", "summary": "Xuntamos nunha mesa a Lito Prado e a Jorge Mira, as dúas caras máis visíbeis que defenden as dúas opcións a respeito do fuso horario: mantelo tal cal é a aposta do profesor da USC Jorge Mira e cambialo na Galiza por razóns de aforro enerxético é a proposta de Lito Prado, educador e ecoloxista. Con este debate iniciamos o 5x2, unha sección creada para conmemorarmos o V Aniversario do Sermos Galiza en papel e que, durante dez semanas, nos levará a coñecer distintas opinións sobre asuntos de interese. Eis un extracto.", "text": "SERMOS GALIZA. Lito Prado, educador e ecoloxista, foi o primeiro que saltou á palestra pública para defender nunha asemblea do BNG en 2006 un fuso horario galego… Lito Prado. Eu fun a cara visíbel desa proposta, mais desde o ano 89, en que eu estaba no grupo ecoloxista Biotopo da zona de Oleiros, xa falabamos do cambio de fuso. Pero iso non tivo repercusión até que así o quixo a prensa naquela Asemblea do BNG. SG. Mentres, Jorge Mira, catedrático de Física da USC, vén de presentar un informe no Consello da Cultura Galega no que desaconsella cambiar o fuso horario español. Por que, Jorge? Jorge Mira. A primeira cuestión é que a estabilidade horaria é un activo dun país. Nas épocas de guerra houbo moitos cambios de fuso e cando rematan, os fusos consolídanse. De feito, en épocas de paz desde a Segunda Guerra Mundial ningún país agás Islandia, creo, fixo cambios de fuso con estabilidade. Segundo: unha cousa que me rebota bastante é que se teñen usado argumentos que son falsos. E como se intenta mobilizar os políticos, díxose que o fuso español é froito dunha suposta preitesía de Franco a Hitler. Esta foi unha idea que lanzou unha asociación chamada Asociación para la Racionalización de los Horarios Españoles, hai cousa dunha década. Agora xa están recuando, porque algúns empezamos a levantar a verdade das cousas. SG. Que opina Lito Prado desta cuestión histórica? LP. Eu quero dar só un pequeno dado. En 1994 o Goberno australiano, precisamente en tempos de paz, si modificou os seus fusos, porque tiña tres, pero despois botando contas de tipo enerxético, por razóns única e exclusivamente económicas, engadiu un novo fuso horario, que é o da Illa de Lord Howe, de media hora [Tes a íntegra do debate no número 243 do Sermos Galiza, á venda na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]"}
{"ID": "PRAZA_16945", "summary": "A empresa pública \"pretendeu a declaración de ilegalidade\" dunha folga \"convocada e seguida por persoal que non é o seu\", afirma a sentenza. A CIG ve \"demostrado\" que a demanda carecía de fundamentao legal e que o seu obxectivo era amedrentar o persoal\"", "text": "Pau xudicial á empresa pública Navantia no seu intento de declarar ilegal a folga que, impulsada pola CIG, se desenvolveu durante 22 días de outubro de 2017 na industria auxiliar do naval de Ferrol. O Xulgado do Social número 2 de Ferrol vén de desestimar o procedemento emprendido pola compañía estatal contra a central sindical e mais contra o comité de folga, que desenvolveu o paro \"ante o incumprimento das condicións sociolaborais\" como xornadas e salarios en Navantia Fene e na demanda \"dun acordo para a regulación das subcontratacións das empresas auxiliares que prestan os seus servizos\" nos estaleiros ferroláns. A xuízo do xulgado Navantia \"pretendeu a declaración de ilegalidade\" dunha folga \"convocada e seguida por persoal que non é o seu\", intento para o que \"carece de acción\". O paro, afirma a sentenza, \"non se desenvolveu polos sus traballadores\" e \"non foi impugnada\" polas empresas ás que si atinxía, as cales \"non son máis que contratistas súas\" e coas que \"só mantén unha relación mercantil\". A empresa pública \"pretendeu a declaración de ilegalidade\" dunha folga \"convocada e seguida por persoal que non é o seu\", afirma a sentenza, que salienta que nas protestas ante os estaleiros non existiu \"violencia\" A empresa pública argumentaba que \"os efectos da folga repercutiron na súa produción\" e que o persoal mobilizado \"impedira ou dificultara a entrada aos seus estaleiros\", de xeito que \"en realidade, a folga se dirixía contra a propia Navantia. No entanto, a xuíza considera este razoamento como \"rexeitable\", porque \"non hai constancia de que os fins buscados pola CIG fosen obrigar a Navantia\" a negociar coas súas auxiliares e o feito de que existisen protestas \"sen violencia\" por parte de \"piquetes de traballadores no acceso ás instalacións\" non implica a \"ilegalidade\" dunha folga \"regularmente convocada\" nin lle dá a Navantia \"unha lexitimación da que carece\". Paulo Carril, secretario xeral da CIG: \"Queda demostrado que a demanda carecía de fundamentao legal e que o seu obxectivo era amedrentar o persoal\" A CIG recibiu con satisfacción a sentenza, xa que coida que \"fica demostrado que a demanda carecía de fundamento legal\" e \"queda en evidencia que o verdadeiro obxectivo de Navantia non era conseguir a declaración de folga ilegal ou abusiva\", senón \"amedrentar, desactivar e coaccionar\" o persoal. \"Navantia deberí pedir perdón\", di o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, tras o que ve como \"un burdo intento de deslexitimar a CIG e criminalizar o dereito á folga\", así como por \"manipular os motivos que levaron á convocatoria\" da propia mobilización laboral. Neste sentido, o secretario nacional de Industria da central sindical soberanista, Xoán Xosé Bouzas, resalta que o ditame xudicial vén recoñecer a folga como \"ferramenta fundamental que como clase traballadora temos para defender os nosos dereitos\". \"Navantia tomou a decisión de demandar como unha medida de forza para rematar co conflito nas auxiliares, coartar a liberdade sindical e amedrentar o persal para que deixase de secundar a folga\"."}
{"ID": "NOS_23619", "summary": "O remeiro moañés conquistou en Rotterdam, canda Adriá Mitjavila, o Mundial sub-23 en doble scull lixeiro. Un premio a anos de traballo, sacrificios e esforzos que, ao final \"vense recompensados\".", "text": "O 27 de agosto Galiza conquistou un Mundial no exixente e competitivo mundo do remo en banco móbil. Foi en Rotterdam e grazas a Rodrigo Conde, un mozo de Moaña que comezou no remo aos 8 anos no batel de Tirán. Conde e o seu compañeiro, o catalán Adriá Mitjavila, gañaban o ouro en doble scull lixeiro. Lograr un Mundial debe ser unha experiencia única. Mais, que camiño hai que percorrer até chegar ata aí? É un camiño moi exixente e moi difícil, desde logo. Hai que sacrificar moito. Se pensas adicarte ao banco móbil e queres ser mundialista ou olímpico tes que asumir que vas ter que quitar tempo da familia, das amizades... non é facil mais ao final veste recompensado. Pensabades que tiñades posibilidades de vencer? Sabiamos, por probas anteriores, que estabamos perto do mellor, da elite do banco móbil e tiñamos claro que iamos dalo todo e competir ben. Mais non fomos ao Mundial sub-23 pensando en que iamos levar o ouro. \"Ás veces penso se non seremos uns poucos masocas\" Conquistar o mundial axuda a se consolar de non se clasificar para as Olimpiadas de Río? Son cousas distintas. Cando empezamos este proxecto, Adriá e eu comezamos a remar xuntos en febreiro, o obxectivo era o Mundial Sub-23. Mais polo camiño atá aí había varias competicións, como o memorial Paolo D`Aloja en Italia, a copa do Mundo ou a repesca para as Olimpiadas. Mais todo isto era, por dicilo así, un preparatorio para o Mundial Sub-23. Na Copa de Mundo fomos quintos e aí vimos que podía ser posíbel. Na repesca as primeiras regatas foron ben mais na final impúxose a experiencia doutros equipos, nós eramos os máis xovenes. E neste tipo de competicións a experiencia conta. Como é o día a día para quen practica este deporte ao teu nivel? Cada persoa ten o seu propio horario persoal. Adestramos dúas veces ao día agás o domingo, que só o facemos pola mañá. Como mínimo son catro horas ao día, e como máximo, 7, se ben sete horas facémolas moi poucas veces, é algo excesivo. Pola mañá centrámonos no remo e pola tarde en traballar no ximnasio. Ás veces penso se non somos un pouco masocas (rí). Un adestrador veume cando remaba en banco fixo e díxome: \"Ti, rapaz, tes que vir para o banco móbil porque nuns anos podes ser campión do mundo. Eu rinme.\" Nas Olimpiadas de Río varios deportistas fixeron chamamentos a que se tivese en conta os seus respectivos deportes mais alá do día en que conquerían un título, denunciando a falta de recoñecemento. Pensas que isto pasa co banco móbil , que non se lle valora como merece? Anos atrás, as medallas que o remo español gañou nos xogos olímpicos reducíanse a unha. Así que non había moito recoñecemento. Mais David Cal logrou 5 medallas e recoñecéuselle, todo o mundo sabe quen é. No futuro, se somos quen de competir a máis e lograr máis medallas, este deporte terá máis recoñecemento. Es de Moaña, unha zona con tradición remeira, mais é o banco móbil coñecido? Nesta zona é máis coñecido o banco fixo, as traiñeiras. Mais en Galiza temos o mellor adestrador de banco móbil do Estado, segundo a miña opinión, claro, que é Arturo Abruñedo. Estivo toda a vida no Náutico de Vigo. Foi o que me levou a min do banco fixo ao banco móvil. Eu empecei a remar con 8 anos no batel de Moaña. Un día fomos a Vigo a practicar o banco móbil. Veume e díxome: \"Ti, rapaz, tes que vir para o banco móbil porque nuns anos podes ser campión do mundo. Eu rinme. E mira agora\". O banco móbil exixe a perfección: fortaleza, flexibilidade, resistencia... hai que dar o máximo en todas esas condicións. Isto require unhas condicións físicas e un adestramento duro. Cun Mundial no peto, cales son os plans de futuro? Agora estou rematando unhas pequenas vacacións e axiña hai que comezar a preparase porque o ano que vén vai ser longo: temos o mundial basoluto en outubro e o mundial Sub-23 en xullo. O obxectivo vai ser repetir vitoria no Sub-23 e ir a polo Absoluto, intentar meterse aí e ir a por todas."}
{"ID": "PRAZA_12331", "summary": "Existe un descoñecemento da pintura galega motivado por diferentes causas: fórmulas ineficaces de promoción, exposicións con reducida difusión, desinterese xeral, limitada demanda social... Un exemplo é Manuel Colmeiro. O Círculo das Artes de Lugo vén de inaugurar unha mostra da obra de Colmeiro, comisariada por Carlos L. Bernárdez. Unha exposición, titulada Paisaxe que sabe a pan, que debería traer á actualidade a figura do pintor e a súa xeración: Carlos Maside, Urbano Lugrís, Laxeiro, Maruxa Mallo, Luís Seoane, Arturo Souto etc. Aquela xeración situou a arte galega nun lugar elevado no escenario internacional.", "text": "Temos indicado noutro lugar a importancia da pictórica galega. Unha produción artística de tradición, nesta a nosa terra, e que tivo excelentes representantes ao longo dos séculos. Non se trata dunha exaltación chauvinista de quen non quere mirar alén do embigo senón da lectura dos estudos arredor da transcendencia das obras e dos seus autores por parte dos especialistas. Pero aquí, como noutro lugares, parece que o propio non chega a posuír tanta relevancia se non nolo di un de fóra. A infravaloración do noso parece un mal endémico que podería ter a orixe en dúas razóns: o descoñecemento ou a estupidez A infravaloración do noso parece un mal endémico que podería ter a orixe en dúas razóns: o descoñecemento ou a estupidez. Hai algún tempo lin o artigo dun recoñecido escritor onde afirmaba que se Fraga e Franco eran galegos tería algunha explicación. Unha tese tan gratuíta como esencialista que deixou orfa de argumentos. Hai na xenética dos galegos un factor conservador? O dito resulta ou unha parvada supina ou un claro exercicio de amnesia. Sen remontármonos ao abrente do XIX, Pablo Iglesias era de Ferrol e fundou o socialismo no Estado español; Ricardo Mella era de Vigo e foi pioneiro na difusión do pensamento libertario; Enrique Líster era de Teo e foi o gran rival militar dos feixistas na guerra... Poderíamos dar exemplos a eito para esborrallar afirmacións insostíbeis como a devandita. Porén non se trata de recoller aquel anaco da historia que nos veña ao pelo para sacar peito pero tamén é certo que non imos recoller aqueles anacos funestos para autolapidarnos. Todos os pobos do mundo teñen heroes e traidores, seres admirados e repudiados, amados e odiados. Existe un descoñecemento da pintura galega motivado por diferentes causas: fórmulas ineficaces de promoción, exposicións con reducida difusión, desinterese xeral, limitada demanda social... Un exemplo é Manuel Colmeiro Existe un descoñecemento da pintura galega motivado por diferentes causas: fórmulas ineficaces de promoción, exposicións con reducida difusión, desinterese xeral, limitada demanda social... Un exemplo é Manuel Colmeiro. O Círculo das Artes de Lugo vén de inaugurar unha mostra da obra de Colmeiro, comisariada por Carlos L. Bernárdez. Unha exposición, titulada Paisaxe que sabe a pan, que debería traer á actualidade a figura do pintor e a súa xeración: Carlos Maside, Urbano Lugrís, Laxeiro, Maruxa Mallo, Luís Seoane, Arturo Souto etc. Aquela xeración situou a arte galega nun lugar elevado no escenario internacional. Mais de xeito infeliz sabemos que a exposición estará aberta menos de un mes e non será itinerante. Redúcense, pois, as posibilidades de socializar a Colmeiro e, con el, a todos eses pintores que expresaron a galeguidade inherente, que foron quen de internacionalizar a nosa cultura, de globalizar a nosa nación. Ante a desidia xeneralizada de certas institucións por fomentar a arte (enténdena como un despilfarro de cartos sen comprender o valor humano, social e mesmo económico) atopámonos coa responsabilidade de darlle unha resposta ou facilitar o escurecer do noso tempo. A segunda opción é a axeitada para os pobos derrotados, cos brazos baixos e entregados ao incerto futuro. O pasado ano dous colectivos socioculturais da Coruña e Vigo lanzaron unha serie de actividades arredor de Urbano Lugrís, no contexto do Día das Artes Galegas O pasado ano dous colectivos socioculturais da Coruña e Vigo lanzaron unha serie de actividades arredor de Urbano Lugrís, no contexto do Día das Artes Galegas, procurando a mestura de diferentes artes (música, literatura e pintura). O resultado foi proveitoso e xurdiron novos azos para continuar nesa xeira que debe arrexuntar máis colectivos, máis actos, máis promoción do acervo cultural. Unha actitude rebelde ante o convite ao suicidio cultural que, á sazón, é o convite ao suicidio dun pobo. Atopemos receitas innovadoras e petemos na acción solidaria. Abramos canles de comunicación e tezamos sociedade. A cultura galega é unha tarefa da cidadanía galega e unha obriga coa cultura universal."}
{"ID": "NOS_38503", "summary": "Con motivo da celebración do décimo aniversario de Sermos Galiza, a cantante e compositora Su Garrido actuará este sábado no evento organizado pola empresa editora deste xornal e que decorrerá na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela. A artista, con máis de 20 anos de traxectoria, desenvolveuse tanto en solitario como en bandas e agrupacións como Lembranzas Galegas (1999- 2003) ou Sonhos (2003-2012). Agora traballa en novas cancións e segue a apostar polo compromiso social, cuestión que a acompaña desde o comezo da súa carreira artística. Garrido ten claro que a música forma parte do seu día a día e da forma de entender o mundo.", "text": "Este 11 de xuño é día de celebración para Sermos Galiza. Como artista comprometida co social e co patrimonio, que lle parece que este medio de comunicación faga xa unha década? Ten que perdurar. Ten que resistir. É imprescindíbel que resistamos. En especial os medios de comunicación. Non queda outra. Non quero dicir que este momento sexa peor que outros, porque é evidente que hai 40 ou 60 anos a situación era a que era, mais si que é moi importante a resistencia desde o social e desde a cidadanía. Por iso o labor que facedes é imprescindíbel. É un compromiso e tedes que aguantar. Como todos e cada un de nós que temos que aguantar e resistir cada día, non existe outra opción. En que punto da súa carreira se atopa? Agora mesmo estou nun momento moi feliz. Estou no camiño. Despois do primeiro disco, estou pensando no segundo, mais aínda teño que darlle unha volta. A verdade é que eu non penso moito as cousas a nivel musical; penso no espazo, no momento. Sempre me custa moito definir todo iso e metelo nun disco. Non sei se o espazo ou a luz se poden meter nun disco, pero nesas estou. Estou a facer cancións novas, temáticas novas, pensando moito nas letras. Céntrome no local, na comunidade, en falar de nós e do noso. Esa forma de traballar, trasládaa tamén ás cancións? Si, totalmente. Sempre digo que non son tan músico como os músicos, porque, como dicía antes, non penso só a nivel musical. Gústame moito a arte, a performance, a literatura, a poesía... Hai moitos máis elementos arredor que só os musicais. En moitos momentos atópome danzando entre todos eles. Aquí tamén entra ese concepto de comunidade, do social. Para min a música é parte da vida, non é só parte dun espectáculo. Non é algo que fago por subir a un escenario. Canto desde que sei que canto, vivín iso tanto na aldea como na cidade e a música formaba parte de todo. E intento levar iso a todo o que fago. Ao longo da súa traxectoria, actuou tanto en solitario como con diferentes grupos. Prefire algunha das dúas opcións, ou depende do momento? Encántame tocar con bandas, por suposto, pero teño que ser moi sincera neste tema. A opción de tocar soa, ademais de gustarme tamén moito, polo seu carácter intimista, conta cunha chave económica. Neste momento, pensar en montar unha banda para alguén que vive de tocar, como o meu caso, para min é imposíbel. O formato pequeno, en solitario, é o que me permite ir a todas partes, moverme eu soa e non depender de moitas circunstancias. Comentaba antes que está a traballar en novas cancións e nun posíbel segundo disco. Ten algo avanzado xa ou está aínda nunha primeira fase de pensar o que quere facer? A fase de pensar e repensar o que quero facer está sempre presente. Non hai un momento no que pare e diga: \"Isto está rematado\".Para min, ese momento de parar é como fechar un capítulo, unha etapa, aínda que despois nunca se fecha de todo, porque nos directos cambian mil cousas e tes que mudar. Depende do momento, da sonoridade, do público... de moitos factores. En canto ás cancións, si, xa teño unha serie de temas máis avanzados, que xiran arredor da comunidade, da veciñanza, do compromiso social e dos patios de luz."}
{"ID": "PRAZA_31", "summary": "Os depósitos bancarios da poboación galega xa superan en 16.000 millóns de euros aos créditos que as entidades teñen concedidos no país. En apenas cinco anos as entidades financeiras pecharon unha cuarte parte das súas sucursais galegas e desfixéronse do 30% do seu persoal.", "text": "A apertura da alcumada como \"billa do crédito\" vén sendo un dos lugares comúns aos que máis reiteradamente se alude dende o inicio da crise económica, comunmente situado entre 2007 e 2008. No caso do Estado español a necesidade de financiamento para familias e empresas formou parte dos argumentarios que sustentaron, entre outras operacións, a reestruturación do sector financeiro, o seu rescate en 2012 e algúns dos seus fitos máis senlleiros, como a bancarización das caixas de aforro. No caso galego ningunha destas medidas serviu para reactivar o crédito. Ben ao contrario, os cartos que as entidades financieras prestan no país caen sistematicamente dende mediados de 2010, ano do fin das caixas galegas. Mentres, os fondos que a poboación galega ten depositados nos bancos seguen a incrementarse, o que fai que Galicia sexa, cada vez en maior medida, fornecedora neta de crédito para o resto do Estado. Segundo o Banco de España no remate do terceiro trimestre de 2014 a poboación galega tiña depositados nas entidades bancarias algo máis de 57.300 millóns de euros, un 20% máis que no primeiro trimestre de 2008, no inicio da crise. Naquela altura os créditos bancarios en territorio galego ascendían a algo máis de 66.300 millóns de euros, case un 50% máis que os 44.800 millóns rexistrados polo regulador en setembro do ano que vén de rematar. Nese momento unicamente tres autonomías máis: Euskadi, Castilla y León e Asturias, se atopaban nunha situación como a galega, con máis depósitos que créditos bancarios. Cando, no segundo trimestre de 2010, o crédito bancario tocou teito en Galicia superaba os 72.000 millóns de euros, mentres que os depósitos, que tamén viñeran experimentando subas sistemáticas durante lustros, roldaban os 55.000 millóns. Dende ese momento os préstamos comezaron o seu desplome e os depósitos tamén caían, aínda que a un ritmo moito menor e, sobre todo, durante moito menos tempo. Así, os depósitos detiveron a súa caída no outono de 2012 e a comezos de 2013 volveron subir. A fenda entre créditos e depósitos supera xa os 16.000 millóns de euros A combinación dese inicio da recuperación dos depósitos coa caída sostida do crédito provocou nesa primavera de 2013 que Galicia pasase a gardar nos bancos máis cartos do que estes lles prestan a familias e empresas. Nese momento a diferenza a favor dos depósitos foi duns 1.000 millóns de euros, fenda que continuou aumentando nos seguintes trimestres. Deste xeito, a finais de 2013 os depósitos galegos superaban nuns 5.000 millóns os créditos e o pasado marzo a diferenza era xa duns 9.000 millóns. Á espera de coñecer o dato do peche de 2014, a información máis recente do Banco de España indican que a fenda supera xa os 16.000 millóns. Vendas, menos oficinas e menos emprego O incremento de depósitos e a mingua paralela do crédito produciuse nos anos nos que o sistema financeiro galego desapareceu como tal. Así, o pasado xuño o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), isto é, en última instancia, o Estado, culminaba a venda de Novagalicia Banco, entidade herdeira dos restos das antigas Caixa Galicia e Caixanova. O banco venezolano Banesco puxo sobre a mesa 1.003 millóns de euros para facerse co control dunha entidade que fora rescatada con máis de 9.000 millóns de euros públicos e que converteu en Abanca, empresa na que tamén integrou o que noutrora fora un banco con sede en Betanzos, o Banco Etcheverría. Un anaco da herdanza das caixas, EVO Banco, xa fora previamente vendida. As entidades bancarias recortaron unha cuarta parte das súas sucursais en Galicia e desfixéronse de arredor do 30% do seu persoal Igual que o Etcheverría tamén era galego e estaba participado pola desaparecida Novacaixagalicia -en orixe, por Caixanova- o Banco Gallego, mercado polo Banco Sabadell. Asemade, o histórico Banco Pastor pasou a ser propiedade do Banco Popular, aínda que vén mantendo a súa marca comercial no país. Como consecuencia de todos estes movementos o territorio galego perdeu un número nada desprezable de oficinas de entidades financeiras, sobre todo de caixas de aforro. Concretamente, no ano 2010 o territorio galego contaba con 2.414 sucursais e a finais de 2013, último dato dispoñible no Instituto Galego de Estatística, eran pouco máis de 1.800. Consecuentemente con esta redución de case unha cuarta parte das oficinas os cadros de persoal tamén minguaron. Nesta liña, as persoas cotizantes á Seguridade Social no ámbito dos servizos financeiros reducíronse en case un 30% en apenas cinco anos, pasando de 14.430 en 2009 a 10.230 en novembro do pasado 2014."}
{"ID": "PRAZA_8017", "summary": "A SGHN denuncia que mentres Medio Rural protexe o interese agrario da zona, a Consellería de Economía somete a información pública o proxecto mineiro, que conta co rexeitamento fronta de colectivos veciñais, agrogandeiros ou ecoloxistas.", "text": "A Xunta de Galicia xoga a dúas bandas co polémico proxecto da mina de feldespatos a ceo aberto na comarca da Limia. Segundo denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), mentres a Conselllería de Medio Rural declara a Limia como Zona de Especial Interese Agrario e proxecta catro novos plans de regadío, a Consellería de Economía e Industria somete a información pública o devandito proxecto que \"coincide exactamente cunha das catro zonas que se pretenden transformar en regadío\". A SGHN denuncia que mentres Medio Rural declara a Limia como Zona de Especial Interese Agrario, Economía somete a información pública o proxecto da mina Para a SHGN, esta é outra mostra das \"actuacións caóticas e descoordinadas das administracións públicas na Limia por parte da Xunta de Galicia\". Segundo este colectivo, a descoordinación foi tal que \"durante varias semanas coincidiron no tempo os trámites de información pública de ambos os dous proxectos\". Precisamente, e ao da mina de feldespatos, foron varias as agrupacións que presentaron alegacións para impedir que a empresa Minecer desenvolva o seu proxecto Faramontaos 5089.1 de extracción de feldespato a ceo aberto en Trasmiras e Xinzo de Limia, outra das ameazas mineiras que soporta Galicia, segundo denuncian numerosos expertos. A Xunta non desbota o proxecto, pero aclara queu non o autorizará \"se non beneficia a comarca\" Mentres plataformas veciñais ou ecoloxistas se opoñen ao proxecto, o conselleiro de Economía vén de asegurar no Parlamento que non autorizará a intención da empresa mineira \"se non beneficia a comarca\", tras explicar que a Xunta tan só cumpre a normativa na tramitación da solicitude dun proxecto que se someteu a información pública, ao que xa se presentaron as alegacións e do que se fará agora a avaliación de impacto ambiental. \"Non se pode valorar a conveniencia de autorizar ou non a concesión de explotación\", aclarou o conselleiro, á espera de recibir os informes solicitados a varios organismos, tras insistir en que a intención do Goberno galego é \"acadar unha minería sostible, segura, dinamizadora, innovadora e xeradora de postos de traballo\". No entanto, colectivos ecoloxistas, comunidades de regantes ou plataformas veciñais seguen amosando o seu rexeitamento frontal -incluso a través dunha carta ao presidente Feijóo- a unha mina que afectaría máis de 400 hectáreas de terras agrarias nas parroquias de San Pedro, Laroá, Fiestras, Rebordechá, Paredes, Moreiras, Faramontaos e Seoane. Nestas parroquias, como lembran, \"téñense investido millóns de euros do erario público en concentracións parcelarias e diversas infraestruturas para potenciar o uso agrícola do solo, un dos máis ricos e fértiles da bisbarra, como melloras de vías de comunicación ou regadío\". A mina afectaría a máis de 400 hectáreas, pero poría en perigo a importante actividade agrogandeira de toda a zona \"A explotación de feldespato provocaría a perda de fertilidade e de lentura das fincas colindantes, ata centos de metros ao redor das minas a ceo aberto, algo que xa se ten constatado nas zonas de extracción de áridos de Sandiás e de Vilar de Santos\", denuncia o Sindicato Labrego Galego (SLG), que recorda tamén que o proxecto de Minacer \"bate de fronte coa actividade da Comunidade de Regantes do Corno do Monte\", que foi o resultado da fusión de doce comunidades de regantes e abastece 1.257 hectáreas. A incidencia negativa por acumulación de residuos na capa freática, así como o deterioro das augas imprescindibles para os cultivos da zona ou a produción de po en suspensión son outros dos perigos que tería a mina para a importante actividade agrogandeira da comarca da Limia."}
{"ID": "PRAZA_6614", "summary": "Luís Emilio Batallán ten novo disco, Había que chegar (Galaxia). Corenta anos despois do mítico Ahí ven o maio.", "text": "Luís Emilio Batallán ten novo disco, Había que chegar (Galaxia). Corenta anos despois do mítico Ahí ven o maio. Polo medio houbo outros, mais non co éxito do primeiro. E el non deixou de evolucionar. Di que o importante é facer boas cancións. E seguir o propio camiño. Falamos con el nesta entrevista. Dixeches que Había que chegar é o teu mellor disco desde Ahí ven o maio. Por que? Estou contento. É unha boa produción, feita con moi bos colaboradores. Se non é o mellor é dos mellores, con Ahí ven o maio que, claro, é un disco mítico. Do que fixen nos últimos anos é o mellor, ou polo menos eu así o sinto. Este se cadra é máis pop. Aínda que xa Ahí ven o maio non era só folk. Si, tamén Ballet da nena era máis jazz. Os músicos sempre estamos buscando cousas distintas. Non me interesa volver facer o mesmo. A música só se divide en boa ou mala. Os xéneros non teñen importancia. A cuestión é ter un selo persoal. \"É mellor non chegar, estar sempre en camiño\" Había que chegar foi gravado na Habana, en Los Ángeles, en Zurich, en Madrid e en Ibiza. Como foi isto? Foi o produtor, Dagoberto González, que é cubano, o que foi propoñendo os músicos. Como estaban noutros países viaxamos a onde se encontraban. Son Rodney Barreto, Rolando Luna, Norberto Rodríguez e a agrupación Sexto Sentido. O título do disco é o dun poema de María Mariño. A onde hai que chegar entón? Pois é mellor non chegar, estar sempre en camiño. María Mariño é unha poeta que me encanta. Falárame dela Uxío Novoneyra. Había que chegar é un dos poemas que máis me gustan dela. Alén da cuestión dos estilos é un disco bastante variado. Pouco teñen que ver, por exemplo, o primeiro tema co segundo, que é \"Adiós ríos, adiós fontes\". O segundo é máis ben sinfónico, si. Este é un disco de temas aos que lles dá continuidade o propio son, que está moi coidado. A liña é facer boas cancións, como en Ahí vén o maio. O difícil é facer boas cancións: ter bos textos, boas ideas, boas músicas… Nese sentido, o folk ten as súas limitacións. Pode haber 20.000 instrumentistas, mais a música instrumental ten os seus problemas. É un esquema musical que pode cansar. E eu creo que a miña achega á música galega pode ser importante ao longo do tempo… \"Sempre son distinto cando cando en castelán que cando canto en galego. É outra sonoridade e outro tipo de composicións\" Estás a preparar un novo disco, en castelán, no que contas coa colaboración de Sabina e de Serrat. En que fase está? Están Sabina, Serrat, Milanés e Andrés Suárez. Xa está case acabado. E é moi distinto a Había que chegar. Sempre son distinto cando cando en castelán que cando canto en galego. É outra sonoridade e outro tipo de composicións. A Pablo Milanés, que tamén colabora en Había que chegar, xa o coñecías hai anos. Pablo Milanés e Silvio Rodríguez coñecían Ahí ven o maio antes de que Pablo e eu nos coñecésemos. Somos moi amigos. El di que Ahí ven o maio é un disco que sempre ten á man. De Ahí ven o maio díxose que vendera medio millón de copias. Por que tivo tanto éxito, visto desde a perspectiva de hoxe? Era diferente. Pola calidade do son, por exemplo. Eu creo que o éxito se debeu a que é un bo disco. Están ben encaixadas as músicas cos textos, están ben escollidas… Son boas cancións e, si, o son está ben realizado. E éxito é iso: que despois de 40 anos Ahí ven o maio se siga vendendo. \"Non era unha persoa que se significase moito politicamente. Eu tiña unha visión máis musical que contestataria\" Di Vicente Araguas que musicar Quen puidera namorala de Cunqueiro, como fixeches ti en Ahí ven o maio, era novidade nun contexto no que a canción de denuncia \"anulaba os poetas sen intencionalidade social, moito menos política\". Estás de acordo? Era o final da ditadura, un tempo moi convulso. Eu tiña moitos amigos na loita antifranquista e a política estaba moi presente, en todo. Mais eu estaba estudando Medicina e ía un pouco por libre. Non era unha persoa que se significase moito politicamente. Eu tiña unha visión máis musical que contestataria. Aínda que no meu disco si había cancións con contido político. Non hai outra, se musicas a Celso Emilio Ferreiro, por exemplo. Si, claro. Son letras con contido político e social. E xunto a elas tiña cancións de amor e outros temas. É certo que eu non cantaba \"Abaixo a ditadura\", pero eses contidos tamén estaban aí. \"'Adiós ríos, adiós fontes' tiña que estar. Non me gusta o que fixo Amancio Prada con ela. Non se pode falar dunha despedida, de emigración a América, como se fose unha muiñeira\" En Había que chegar tamén están eses diferentes ámbitos temáticos. Desde a escolla do \"Adiós ríos, adiós fontes\" de Rosalía ou a denuncia da pobreza en \"Probe xente\" a \"Si choras\", por exemplo. \"Adiós ríos, adiós fontes\" tiña que estar. Non me gusta o que fixo Amancio Prada con ela. Non se pode falar dunha despedida, de emigración a América, como se fose unha muiñeira. Non ten sentido. Eu xa tiña esta música, ademais. Compúxena para unha serie de televisión que se fixera con guión de Antonio Gala, na que se falaba de Rosalía. \"Si choras\" é un tema que compuxen cando tiña 17 anos, pero nunca o gravara. Neste disco hai bastantes letras túas, de todas maneiras. E teñen algo de música popular, como \"Viva Lalín\" ou \"Brasil\". Son composicións sinxelas… As letras do disco son miñas ou de poetas. E neste disco hai máis letras miñas, si. A de Brasil compúxena porque fun tocar alí, a un pobo marabilloso de Minas Gerais que se chamaba Três Pontas. Estaba perto doutro pobo, Três Corações, que ten a particularidade de que alí naceu o rei Pelé. Como eran rivais, os de Três Pontas dicían que para matar un home de tres corações só se precisaba unha faca de tres pontas… Eran pobos moi distintos de Rio, ou de São Paulo, que é un caos. No Brasil estiven con Pablo Milanés, con Chico Buarque… \"Como en internet se pode atopar todo de balde, desvalorízase o noso traballo. Mais tamén é verdade que nunca se escoitou tanta música\" Na entrevista con Víctor Freixanes que pode verse no DVD de Había que chegar dis que os músicos sodes un pouco inútiles, pero necesarios. Como é iso? Pois é iso. Somos un pouco inútiles porque a música non dá de comer pero si alimentamos o espírito e por iso somos tamén necesarios para vivir. O IVE do 21 por cento está a facerlle moito dano á música. Pero hai que seguir. Facer cancións para a xente. O que ocorre é que como en internet se pode atopar todo de balde, desvalorízase o noso traballo. Mais tamén é verdade que nunca se escoitou tanta música. Gústame moito ver xente de 15 ou 16 anos nos meus concertos que segue a miña música. Dis, tamén, no libro-disco de Había que chegar, que os galegos levamos centurias en crise e seguimos loitando e \"contando cunha cultura riquísima\" que nos permite \"compartir unha mensaxe co mundo enteiro\". Os galegos pasamos moita miseria e moita fame. Os nosos avós e pais tiveron que emigrar, sen preparación, sen nada. Como agora os magrebís e os romenos. Por iso, cando falamos da crise actual, creo que perdemos algo de perspectiva. Non discuto que haxa crise, moita xente está sen traballo. Pero non é o mesmo marchar agora, tendo estudos e cos medios que hai, nun avión e podendo volver, que cando emigraban os nosos avós. Os galegos levamos polo menos 500 anos en crise. Que nos veñen contando agora? E seguimos tendo o problema de falta de industrialización, ao contrario do País Vasco ou Cataluña, por exemplo. \"Temos unha lingua cunha variedade que falan 200 millóns de persoas en todo o mundo\" A túa xeración agardaba que as cousas mudasen moito. E cambiaron. Mais agora temos importantes retrocesos en dereitos sociais, liberdades públicas… Como o ves? Pois temos problemas como o feito de ser un país envellecido, moi dependente dos pensionistas. Ao perder poboación tamén perdemos poder político dentro do Estado español. E os políticos viven o momento, van parcheando e seguen na poltrona. Non teñen visión de país. Mais a nosa cultura aguantou e aguanta. Temos unha lingua cunha variedade que falan 200 millóns de persoas en todo o mundo. A nosa lingua, a nosa cultura, é o que nos diferencia, o que nos dá personalidade propia. Nós somos un pobo universal, europeo. E eu non creo nas fronteiras. Eu defendo a nosa cultura, pero non a separación, como está a pasar en Cataluña. Os galegos podemos andar con litixios na nosa terra pero cando andamos polo mundo somos solidarios entre nós. E eu creo que os que queren separarse adoitan ser os ricos. \"Creo que hai que cambiar o sistema desde dentro e non botarse ao monte. Non creo nas posturas antisistema\" Mais a chamada lei de seguridade cidadá, o intento de reforma da lei do aborto, os recortes sociais que ti verás ben porque es médico… non lembran tempos pasados? Non se vos contou na transición algunha mentira sobre o que ía ser? Coa lei do aborto rectificaron. Deixárona como estaba que é como ten que estar. A realidade avanza e as leis non poden quedar atrás dela. Eu creo que si houbo un problema importante de corrupción. Eu entendo que se fale de \"casta\" e de portas xiratorias, porque hai moita xente que se mete en política para beneficiarse. Mira os casos de Pujol, o de Bárcenas, o dos EREs... Pero hai outras posturas que non comparto. Creo que hai que cambiar o sistema desde dentro e non botarse ao monte. Non creo nas posturas antisistema. Hai que cambiar as cousas votando a outros, se non nos gusta o que fan os que temos. Non estou de acordo con afirmacións como que \"non nos representan\", porque si o fan porque os votamos. O Estado español cambiou moito desde a transición, pero hai cousas que aínda non solucionamos. Claro que hai recortes e en sanidade nótase ben. A crise levou por diante moitas cousas do Estado de Benestar, é verdade. E temos que recuperar o que tiñamos, canto antes, porque hai que protexer a xente máis débil. Pero eu confío na democracia e non nos populismos de novo cuño. Para a utopía xa estamos os artistas. Os políticos teñen que ocuparse de gobernar a cousa pública. Non hai sistemas perfectos. Mira o que pasou en Cuba e Venezuela: acabou sendo catastrófico. A industria europea ten un gran problema, que é que as empresas marchan a outros países con man de obra máis barata. E é verdade que a tendencia é que a clase media desapareza. Pero é a globalización, unha tendencia mundial. Reivindicar, por exemplo, o sistema marxista agora non ten sentido. Porque fracasou. Hai que ter unha visión máis ampla."}
{"ID": "NOS_15087", "summary": "Será o 27 de decembro.", "text": "Dimitiron en bloque o pasado 10 de decembro ante os \"límites insostíbeis\" aos que os recortes e políticas do Sergas levaron a Atención Primaria, Eran 22 xefes de servizo e de unidade na área de Vigo e a decisión levou a primeiro plano, mesmo fóra de Galiza, a precarización do sistema sanitario galego nestes anos. Agora, e segundo informa Europa Press, estes xefes de servizo dimisionarios veñen de convocar para o vindeiro 27 de decembro, quinta feira, unha manifestación en Vigo baixo o lema \"Pola dignidade da Atención Primaria\". A mobilización, que partirá ás 20:00 horas do PAC situado na Rúa Pizarro para pasar pola Praza de España, Gran Vía e finalizar na Farola de Urzáiz; tería o apoio de diferentes colectivos e entidades de defensa da sanidade pública. Segundo EP, estes profesionais que decidiron dimitir tamén preparan un escrito polo cal solicitan o cesamento do xerente da EOXI de Vigo e da súa equipa directiva, aos que consideran tamén responsábeis da situación de deterioro da sanidade viguesa."}
{"ID": "NOS_57598", "summary": "As arelas secesionistas de Malaita ─aliado de Washington─ veñen de vello, mais incrementáronse no último ano logo do Goberno central decidir mudar a súa alianza de Taipei a Beijing.", "text": "O Goberno das Illas Salomón, tal e como se prevía, afirmou que a proposta dun referendo de independencia na provincia de Malaita é ilegal. \"Calquera provincia que participe en actividades ilegais será tratada en concordancia coa Lei Provincial de 1997\", segundo un comunicado do Ministerio da Administración Provincial publicado por Solomon Business Magazine. Daniel Suidani, presidente provincial de Malaita, a máis poboada das illas de Salomón, anunciou a semana pasada que tiña previsto organizar un referendo de independencia en datas vindeiras. Un anuncio que chegou no marco das tensións entre a China e os Estados Unidos, ás que se suma a actual pandemia. As arelas secesionistas de Malaita veñen de vello, mais incrementáronse no último ano logo do Goberno central decidir mudar a súa alianza de Taipei a Beijing. O Goberno da República Popular da China exixe ser recoñecido como o único Goberno lexítimo para estabelecer relacións diplomáticas, mais o goberno de Malaita mantense fiel a Taiwán e aos Estados Unidos, que proxecta a construción dun porto de augas profundas na maior das illas das Salomón. Ademais, a recente chegada dun avión con traballadores da China ─país que segue asociado cos riscos da pandemia─ fixo que sectores da poboación mostrasen temor a que o coronavirus chegase no avión. Ademais, en Auki, a capital de Malaita, os propietarios de estabelecementos de orixe chinesa recibiron ameazas para fecharen os negocios e marcharen da illa. O Goberno central agora advirte que o presidente provincial non ten poderes baixo a citada lei para convocar un referendo e que calquera gasto dos fondos provinciais destinado a este fin sería ilegal e carrexaría unha acción legal. Manifestación Ademais, na segunda feira desenvolveuse unha manifestación en Auki despois de se coñecer a intención do Goberno das Illas Salomón de retirar do cargo o seu delegado en Malaita, Fredrick Fa'abasu, segundo informou Solomon Times. Suidani dixo que fará todo posíbel para que Fa'abasu, \"que tanto fixo por mellorar a nosa provincia\" se manteña no cargo. \"Non é ningún segredo que o Goberno está a facer isto para agradar o seu novo amigo, a República Popular da China\", declarou o dirixente, aliado de Washington."}
{"ID": "NOS_24600", "summary": "\"Contada desde o minimalismo das imaxes e da narrativa, aos poucos imos descubrindo a relación entre ambas historias e o que move aos personaxes a actuar como actúan\".", "text": "ELES TRANSPORTAN A MORTE (2021, España-Colombia, 75 minutos) Dirección e guión: Helena Girón e Samuel M. Delgado CRÍTICA Helena Girón (Compostela. 1988) e Samuel M. Delgado (Tenerife. 1987) dan o salto á longametraxe de ficción após dirixir varias curtametraxes xuntos. Un filme de época, con visos e maneiras de Novo Cinema Galego, producido por Filmika Galaika e coproducida pola canaria El Viaje Films, a colombiana Blood Indian Films e a produtora propia de Girón e Delgado, chamada La Banda Negra. O filme iníciase cunhas poderosas imaxes submarinas dunha vela co símbolo da Cruz de Santiago. Excelente exercicio de síntese co que sitúan a trama no seu marco histórico. Tres mariñeiros saen da auga portando a enorme vela e comezan a percorrer as agrestes rochas dunha illa como se fosen os tripulantes da Icarus mais, en troques de topar con simios evolucionados, descubrimos que están fuxindo duns barcos de Castela capitaneados por Cristóbal Colón. Noutro lugar lonxe de alí, unha muller carrexa a súa irmá nun burro despois de que se intentara suicidar. Os tres homes tratan de atopar un medio para saír da illa, a muller unha curandeira para tratar de sandar a súa irmá. Dúas expedicións paralelas, aparentemente sen relación, que acontecen a milleiros de quilómetros de distancia (entre Ourense e Tenerife) e que comparten un nexo e unha particularidade comúns: ambas transportan a morte. Contada desde o minimalismo das imaxes e da narrativa, aos poucos imos descubrindo a relación entre ambas historias e o que move aos personaxes a actuar como actúan. Por que foxen coa vela os mariñeiros? De que foxen? Que contén a bolsa que garda un deles con tanto celo? Por que se tratou de suicidar a muller? A nivel técnico, Girón e Delgado optan por unha realización a plano fixo mantendo a cámara estática e deixando que pasen cousas; só reservándose o movemento de cámara para algunha escena de persecución ou seguimento dos personaxes. Destaca a poderosa fotografía de José Alayón (Branco en branco), en especial o hipnótico final e a escena que vén dunha eterna pantalla en negro que, de súpeto, se alumea nun par de momentos gloriosos coa tenue luz que produce un mariñeiro soprando un tizón. Marabilla. Novo Cinema Galego que transita entre o naturalismo costumista, a poesía narrativa, a alegoría fantasmagórica e o realismo máxico, confluíndo todo nunha denuncia directa contra o colonialismo e a opresión de Castela."}
{"ID": "NOS_15713", "summary": "Despois de obrigaren a retirar unha bandeira galega con estrela nun partido do Obradoiro CAB e prohibiren a súa entrada ao recinto, a resposta por parte d@s abonad@s afectados pode ser xudicial. O Clube asegura que as restricións viñeron por parte da policía.", "text": "\"Nunca pasou nada até xusto despois de gañar as eleccións o PP\". Casualidade ou causalidade na opinión dun seareiro do Obradoiro, triste protagonista nas últimas xornadas pola retirada de bandeiras galegas con estrela nos partidos de baloncesto que se celebran no Multiusos Fontes do Sar. Conta que o primeiro incidente pasoulle ao seu fillo, menor de idade, despois de colocar a bandeira antes de comezar o partido. Aos poucos minutos un policía mandoulla retirar ameazando que se non o facía a multa podía superar os tres mil euros. Ese partido, contra o Cajasol, pai e fillo non estiveron con moitas alegrías como para animar ao seu equipo. O abonado: \"Non nos deixaban entrar se non gardabamos as bandeiras e decidimos quedar na rúa\" O segundo incidente foi no encontro contra o Murcia e pasoulles a eles e a outr@s siareir@s na mesma entrada ao recinto. \"Non nos deixaban entrar se non gardabamos as bandeiras e decidimos quedar na rúa\". Este abonado agora pensa na posibilidade de poñer unha demanda polo que considera unha inxustiza. Non descarta que outras persoas na súa mesma situación, algunhas delas tamén tiveron problemas por levar a bandeira galega con estrela, fagan o mesmo. \"Non entendo a reacción do clube nin a reacción da policía, non había ningún problema e estiveron a piques de causar incidentes\", asegura. O clube asegura que son ordes da policía Postos en contacto co Obradoiro CAB unha fonte oficial asegurou que o clube \"non mandou retirar as bandeiras\" e que foi \"decisión da policía despois das protestas dalgunhas persoas presentes no pavillón\". A mesma fonte negou que houbera denuncias oficiais, como publicou algún outro medio, \"só protestas verbais\" o mesmo día do partido contra o Cajasol. \"Nunca houbo problemas deste tipo, a restrición ven por parte da policía que nos asegurou que poderíamos ter unha multa se non se retiraban as bandeiras\". Sobre a seguinte xornada na que se situaron controis nas portas para que non accederan bandeiras galegas \"a restrición é por parte da propia policía\". O clube: \"Nunca houbo problemas deste tipo, a restrición ven por parte da policía que nos asegurou que poderíamos ter unha multa se non se retiraban as bandeiras\" O BNG anima a ir aos partidos coa bandeira Desde o grupo municipal do BNG, Rafa Villar indicou que non deixar entrar as bandeiras \"é un despropósito\". Asegura que tentou falar en varias ocasións co Obradoiro CAB mais sen resultado polo que \"non asistiremos ao palco até que non se solucione a situación\". O grupo nacionalista animou a asistir con este símbolo aos vindeiros partidos do Clube como o que se celebrará o vindeiro 16 de decembro ás 19:00 horas diante do Real Madrid. Imaxe: Páxina de Facebook do Obradoiro CAB"}
{"ID": "NOS_31412", "summary": "A música como sinal de identificación dun barrio. O proxecto \"Música en branco. Memoria da Agra do Orzán\" fai xirar un programa de acción arredor da memoria sonora e musical do barrio da Coruña. Xurxo Souto deu conta del no autobús da liña 7, a que atravesa o barrio.", "text": "Despois dunha primeira etapa de investigación, \"Música en branco\" pasa a acción e para iso, subiron no bus urbano coa idea de dar carta de natureza ao programa, destacar o seu perfil popular, para o que o transporte público do barrio acaía mellor que ningún escenario. Desenvolvido por Sinsalaudio para a Concellaría de Cultura, tivo a súa primeira acción no programa radiofónico ao vivo protagonizado por Xurxo Souto na liña 7, presentando unha das liñas de actividade, os programas de radio chamados \"Barriografías\" que comporán a memoria sonora do Orzán. Julio Gómez, de Sinsalaudio, explicou que esta recuperación activa e participativa nace do proceso de investigación previo e xunta dous elementos singulares do barrio, a música -protagonista da iniciativa- mais tamén a veciñanza, da que se agarda unha participación activa en toda a programación. 'Posta en valor dun pasado, pero proxecto de futuro' dixo Gómez. O retrato sonoro do Orzán, un barrio no que habitan 30.000 persoas, é, ao dicir de Xurxo Souto, un 'maremagnum sonoro'. 'As radiografías son experiencias inauditas, que transformarán un barrio da periferia nun centro de atención. Será o primeiro barrio radiografado do mundo' destacou Souto que conduciu o primeiro programa canda Ángel Campos, memoria do Orzán, e o músico Manuel Martín, Mangüi. Bariografías, paseos e o mapa Despois dunha fase previa de investigación desenvolvida nos últimos meses na que se realizaron máis de sesenta entrevistas coas que se fixo un mapa sonoro do barrio, recuperando a memoria a través do son e conseguindo que as persoas constrúan a súa propia biografía en función da música. Para o programa, a área da Agra do Orzán está definida pola propia memoria da veciñanza e esténdese até San Pedro de Visma, Os Mariñeiros, O Ventorrillo ou A Silva ademais da Rolda de Outeiro, Avenida de Fisterra, Rolde de Nelle e O Peruleiro. Ademais das Barriografías, o programa de radio itinerante de Xurso Souto, 'Música en branco' inclúe paseos urbanos, da man do colectivo Microprojets de Cristina Anllo, e que establece catro rutas, a acción artística 'Contenedor de feminismos' con Carme Nogueira, Anxela Caramés e Uqui Permui ou 'Notours' que converte o barrio nun museo intelixente, coa elaboración de audioguías. Co 'Microproxector de intervención musical' lanzarase o día 30 de maio unha convocatoria para a presentación de novas actividades para un proxecto que incluirá tamén intervencións nas aulas. A través da web construirase un mapa sonoro e musical con arquivos de materiais producidos a través da iniciativa e, finalmente, unha exposición sonora fará partillar á veciñanza e visitantes no mes de outubro no Centro Ágora tanto das distintas experiencias como da memoria sonora acumulada e con futuro da Agra do Orzán."}
{"ID": "PRAZA_4718", "summary": "A web Nación Rotonda amosa con imaxes de satélite dun mesmo lugar, actuais e correspondentes a hai uns anos, o impacto provocado na paisaxe polo crecemento urbanístico e algunhas grandes infraestruturas.", "text": "O de que unha imaxe vale máis que mil palabras é un lugar común que non sempre é acertado. Porén, tense falado e escrito tanto sobre o auxe urbanístico, a febre construtora e a burbulla inmobiliaria que tiveron lugar en España nos 15 anos anteriores á crise económica, que ás veces, efectivamente, abonda con mira unha fotografía tirada nun lugar a comezos dos noventa e observar o aspecto actual dese mesmo lugar para decatarse do extraordinario impacto sufrido pola paisaxe. Hai uns meses naceu a web Nación Rotonda, que amosa con imaxes de satélite dun mesmo lugar estes cambios, centrando a súa atención, sobre todo, nos lugares nos que se construíron grandes polígonos industriais, urbanizacións, novas vías de alta capacidade ou grandes infraestruturas. Todo un antes e agora do auxe inmobiliario. A páxina só inclúe as fotografías, coa súa correspondente referencia sobre o lugar ao que corresponden e as datas de cada unha das imaxes, máis nada, sen información adicional ningunha. Emprega, ademais, unha ferramenta gratuíta, un plug-in de JavaScript empregando jQuery, para crear un efecto de esvaramento sobre as dúas fotografías superpostas, o que permite unha máis doada comparación do cambio sufrido por cada lugar. A web foi creada por Miguel Álvarez, Esteban García, Rafael Trapiello, Melina Grinberg e Guillermo Trapiello, estudantes de Enxeñería de Camiños especializados en Urbanismo e Ordenación do Territorio e xa suma centos de imaxes de todo o Estado. Un feixe delas (aínda que non demasiadas en comparación con outros territorios) corresponden a Galicia, por exemplo á construción do porto exterior da Coruña, a algún novo polígono industrial ou ao crecemento urbanístico en zonas costeiras, como Sanxenxo ou a Illa de Arousa. En calquera caso, a web está aberta a suxestións de calquera novo lugar e permanece en constante modificación. Alén destes exemplos galegos, a web amosa algúns lugares moi significados polo seu crecemento urbanístico, como é o caso de Seseña (Toledo), Torrejón de Ardoz (Madrid), Churra (Murcia), Vistabella (Alacante), El Algarrobico (Almeria) ou Sagunto (Valencia). Nación Rotonda non está soa; outras webs colaborativas, como S.O.S. Paisajes del Mar tamén empregan a imaxe para denunciar o efecto causado pola construción sen control no litoral español."}
{"ID": "NOS_41793", "summary": "A mobilización foi acordada a pasada quinta feira de modo conxunto polas comunidades de montes, BNG, PP e PSdeG.", "text": "A veciñanza de Cerdedo-Cotobade tomou onte as rúas da localidade en sinal de protesta contra contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas. A esta concentración foi acordada a pasada quinta feira de modo conxunto polas comunidades de montes de Quireza, Pedre, Chamadoira, Corredoira e San Bernabé, a Asociación de Veciños de Cuíña, e as formacións políticas do concello (BNG, PP e PSdeG). Burbulla eólica: Greenalia promove un novo parque nos Ancares con 19 muíños de 180 metros de altura O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira atendeu Nós Diario para tratar as problemáticas destes parques eólicos. Unidade de acción \"Sentímonos agradecidos pola unidade de acción alcanzada e a contundente resposta, pese á adversa climatoloxía, coa que a sociedade organizada de Cerdedo-Cotobade; contestou esta mañá contra o asentamento dos macro-proxectos eólicos nos nosos montes proxectados a carón de vivendas e liñas de alta tensión\", maifestou o nacionalista. Luís Bará e demais mebros do BNG na manifestación deste domingo (Foto: Nós Diario). Filgueira denunciou tamén que os dous parques, \"que teñen unha afectación brutal no territorio, cos muíños pegados a vivendas e coa afectación ás augas, comparten infraestruturas e son, na práctica, un único proxecto industrial\". Colaboración coa forza veciñal \"O intenso labor de información, denuncia e mobilización contra os macro-parques eólicos de Campo das Rosas e Porto Vidros debe continuar, en colaboración coa forza veciñal até lograr que a Xunta paralice a súa tramitación\" apuntou Filgueira. Rede Eléctrica Española pon a Galiza a producir enerxía barata para Madrid Á manifestación tamén acudiu o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará. O nacionalista destacou \"o espolio eólico que sofre a comarca de Tabeirós-Terras de Montes\" e chamou a \"evitar a destrucción do territorio e insiste nun modelo eólico alternativo ao modelo depredador que promove o PP desde a Xunta da Galiza\"."}
{"ID": "QUEPASA_283", "summary": "Guía de actividades para o 8M na Costa da Morte. Malpica vólcase co 8M", "text": "O Concello de Malpica, no marco do seu ambicioso programa do 8M, presentou onte de xeito oficial o proxecto das 'Zoquiñas vermellas', a adaptación do movemento internacional de Elina Chauvet, un proxecto artístico que naceu en resposta á oleada de feminicidios en Ciudad Juárez na década dos 90, incluída a propia irmá da artista, asasinada polo seu marido. Esta idea xurdiu durante unha xuntanza en Manises coa Asociación das Cidades da Cerámica, xa que en Italia facían algo similar. Nun primeiro termo, comezouse coa realización de obradoiros abertos a cargo da asociación oleira, para facer zoquiñas de barro., gracias á colaboración entre Concello de Malpica, a asociación Visibles e a asociación Mirabal, á que se destinaran a totalidade dos fondos recadados. A partir de hoxe haberá puntos de venta fixos para os broches de zoquiñas vermellas, sendo a recadación doada ao proxecto da asociación Mirabal, que presta axuda ás vítimas de violencia de xénero. Estes 'zapatiños' serán protagonistas en diferentes lugares de Malpica, nos que a olaría de Buño, un dos símbolos de identidade da vila, servirá como reivindicación a nivel internacional, un \"berro contra a violencia machista\". O alcalde de Malpica, Walter Pardo, quixo destacar que \"hoxe estamos aquí para visibilizar que o cambio é posible. Quero agradecer á asociación Visibles e á concellería de Igualdade o seu traballo, por facer que Malpica estea no mapa a nivel galego e incluso estatal; por desenvolver unha iniciativa pioneira en Galicia e da que as malpicás e os malpicáns estamos moi orgullosas e orgullosos\", destacaba o rexedor. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Leticia Varela, quixo \"agradecer o esforzo da asociación oleira en xeral, de Visibles, de Mirabal e de todo o público que tan ben acolleu a nosa iniciativa. A Carmen Isabel Labrador e Olalla pola súa adicación, e por facer realidade un proxecto único\", remataba a edil. Noite Lila Unha das accións máis simbólicas deste 8M malpicán desenvolverase este sábado, ca marcha nocturna de mulleres, coñecida como \"A noite lila: A rúa é nosa!\", pre-folga do 8 de marzo. \"Porque todas as mulleres teñen dereito a camiñar sen medo de noite pola rúa; hoxe e calquera outro dia. O percorrido será circular, e a saída será ás 19:30 horas na praza Villar Amigo."}
{"ID": "NOS_38947", "summary": "Miguel Losada Campa, membro do Instituto de RRPP de Irlanda e avogado, e Xabier Prado Orbán, profesor xubilado, proseguen o ciclo de análises de 'Nós Diario'.", "text": "É normal que nun país con catro idiomas recoñecidos como Dereitos Humanos Lingüísticos polos tratados internacionais vixentes na materia e dos que só un deles ten o estatuto legal de \"lingua común\" se produzan situacións como o debate sobre o bilingüismo en Cataluña ou o uso dos \"idiomas non-comúns\" nas capelas da Democracia: o Congreso e o Senado. España precisou de 119 anos de Constitucións (da 'Pepa' de Cádiz en 1812 ata a Republicana do Ateneo en 1931) para recoñecer o castelán como lingua común. Coñecendo como coñecemos as idiosincrasias patrias, non é estraño que o galego, o éuscaro e o catalán precisen doutro tanto ou algo máis. Os tres idiomas 'non-comúns' teñen un status rexional fronte ao castelán estatal, cunha protección legal e mediática acorde, relegándose as outras linguas (sequera nomeadas na Constitución) a un rol de cooficialidade en partes do territorio. Porén, a situación do galego presenta varios aspectos diferenciais, entre eles: —Fáltalle o apoio decidido como ferramenta económica dun goberno autonómico que o sitúe ao nivel do inglés e do castelán.—Pertenza ao tronco común da lusofonía cun \"mercado global\" de máis de 270 millóns de consumidores lingüísticos.—Sobre todo, o sinal identitario dunha nación global sen estado nin fronteiras como é a Galicia da diáspora pacífica e traballadora. Este terceiro aspecto, porén, non adoita aparecer nos debates de actualidade como os mencionados inicialmente. A diáspora, como a Catedral de Santiago, Rosalía ou Castelao, é un dos sinais identitarios do pobo galego na historia da Humanidade. A emigración americana foi un elemento decisivo na mellora do nivel sociocultural do noso pobo, e nos tempos escuros do franquismo a chama da nosa cultura mantívose acesa grazas á diáspora. Actualmente, alén da emigración a outros países (principalmente de América e de Europa), e dos territorios galegos exteriores ás fronteiras autonómicas, a emigración a outras partes do Estado español conformou unha \"diáspora interior\" que carece de visibilidade. Unha persoa galega na Arxentina, Portugal ou Alemaña é vista como tal, mentres que en Madrid ou Barcelona deixa de contar como \"diáspora\". Este artigo é a primeira achega dunha serie delas coas que quixeramos ampliar o debate sobre o estatuto das linguas cooficiais para contemplar neste, tamén, a situación da lingua galega alén do territorio autonómico. Proposta de achegas 1.—Lingua, profesión e ConstituciónPartindo da análise sobre o xeito no que as linguas diferentes do castelán aparecen relegadas constitucionalmente, abordamos a realidade do seu recoñecemento internacional non aplicado en España. 2.—Lingua e economíaDiversos estudos amosan a importancia da lingua no PIB dun país. Propoñemos reflexionar sobre as vantaxes económicas que resultarían dunha República con catro niveis lingüísticos en vez de dezasete administrativos (CCAA), así como da aprendizaxe do galego como segunda lingua. 3.—Igualdade e reciprocidadePara honrar os Tratados Internacionais que leva asinados en materia de linguas, o Estado español debería favorecer relacións igualitarias entre os catro idiomas que o conforman. Contemplaremos tamén posibilidades alternativas. 4.—Apartheid e diásporaO actual presidente do PP ten alcumado a situación da lingua castelá en Cataluña de \"apartheid lingüístico\". Para ser exacto, tíñase que ter referido dese xeito á situación da lingua galega no Estado español. 5.—Cooficialidade en igualdadeUnha Constitución que recoñeza as linguas estatais en plano de igualdade fornecería un marco de convivencia inédito. Aínda que bastante hipotéticas, existen varias opcións ao respecto. 6.—Sinerxías e argumentosReflectiremos aquí sobre as posibilidades de concretar actuacións comúns nas diversas diásporas do tronco lusófono coas que confluímos, así como algúns argumentos de interese. Estas achegas pretenden convidar ás lectoras e lectores a participar no debate sobre a situación da lingua galega na diáspora completando, corrixindo, matizando e ampliando o alcance destas ideas. Ao igual que o irlandés e moitos outros, somos diáspora, un pobo global sen fronteiras nin Estado, e o futuro da nosa lingua xógase tamén nese campo sen marco xeográfico delimitado."}
{"ID": "NOS_55667", "summary": "O pasado xoves día 7 de xuño, o Valedor do Pobo dirixuse ao Concello de Compostela solicitando informes aclaratorios sobre a Ordenanza que limita e impide actividades na vía pública. Ao tempo, tamén remitíronse outros 640 escritos ao alcalde compostelán sen que ningún deles recibise resposta", "text": "Neste momento, a iniciativa continúa aberta nesta ligazón, ou no blog do MpDC (Movemento polos Dereitos Civís), onde se pode ler o escrito remitido ao Valedor do Pobo e ao Concello de Compostela. As organizacións culturais, sindicais, xuvenís, etc., regularmente realizan actividades na vía pública como concertos, proxeccións, manifestacións, concentracións, ou recollida de sinaturas, que se inscriben en dereitos fundamentais como o dereito á reunión, liberdade de expresión, cultura, etc... \"E polo tanto, gozan de protección constitucional e non poden ser prohibidos\", afirman dende o MpDC. Pola súa banda, a Agrupación Cultural O Galo convocou de novo ás entidades e colectivos da cidade para organizarse o pasado mércores, día en que decidiron solicitar unha xuntanza co alcalde, Ángel Currás. Na mañá do mércores cursaron a solicitude, e elaboraron un manifesto, asinado por 25 entidades, no que deixan clara cal é a súa postura ante o texto da ordenanza. Aprobaron colocar mesas informativas para dalo a coñecer e recoller sinaturas, ademais de elaborar alegacións individuais e colectivas. Dende a semana pasada, varias asociacións e colectivos que integran a plataforma A Rúa é Nosa! colocan mesas informativas, todas as sextas de 18.00 a 21.00 na Praza do Toural."}
{"ID": "NOS_48044", "summary": "O comité de empresa pide a multinacional que reconsidere a súa decisión de cesar a actividade o vindeiro 31 de decembro para facilitar a chegada dun comprador.", "text": "As administracións galega e estatal intensificaron nas últimas semanas os contactos para dar cun posíbel comprador para garantir a continuidade da actividade industrial na planta de Vestas en Chavín (Viveiro). Na reunión da mesa industrial de onte púxose en coñecemento da representación do persoal a existencia de tres fondos de investimento que xa estudan a adquisición da planta da Mariña, pero que o seu interese depende de que a factoría estea en marcha, o cal choca cos plans da empresa de fechala o próximo 31 de decembro. Neste senso, desde o comité piden \"marxe\" á empresa antes de executar o expediente de regulación de emprego (ERE) ─está previsto que as cartas de despedimento comecen a chegar nos próximos días─, de modo que haxa o \"tempo suficiente\" para materializar a eventual venda. \"O que se solicitou hoxe e ao que accedeu tamén a empresa é a que se reúnan estes eventuais investidores cos técnicos da empresa, porque xa precisan de máis información para continuar no seu caso avanzando nunha eventual operación de compra\", sinalou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana ao finalizar a reunión, a cuarta da mesa industrial. Pola súa banda, o Ministerio de Industria informou de que 13 das 40 oficinas do seu organismo Invest in Spain reportaron contactos con 183 empresas, bancos e asociacións do sector renovábel en Europa, Asia e América, \"onde se lles explicou as oportunidades de investimento nesta empresa\". Protesta en San Caetano En paralelo a este encontro, varias decenas de traballadores protestaron ante a sede administrativa do Goberno galego en San Caetano e despois ás portas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ─onde se celebrou a reunión─ para exixir unha solución ao conflito. O presidente do comité, David Mariño, coincide en que \"a chave\" está en que o 31 de decembro acábase a produción\" pois \"Vestas en principio di que non quere estirala máis\". \"E estes fondos están interesados en adquirir a fábrica en funcionamento\", confrontou. Por iso insta Vestas a que continúe a produción \"o tempo suficiente para que eses fondos acaben de facer as ofertas para adquirir a unidade produtiva en funcionamento\"."}
{"ID": "PRAZA_5580", "summary": "A Plataforma polo Dereito ao Aborto pídelle a José Julio Fernández unha reunión \"urxente\" para saber por que os milleiros de escritos presentados ante o Valedor o pasado 22 de febreiro foron trasladados ao Defensor del Pueblo e cal é o proceso que van seguir a partir de agora.", "text": "O pasado 22 de febreiro foron entregadas na oficina do Valedor do Pobo milleiros de peticións de amparo ante a prevista reforma da lei do aborto promovida polo ministro Gallardón. Nos textos desta iniciativa promovida pola Plataforma polo Dereito ao Aborto pedíase que o Valedor protexese \"os dereitos democráticos que son inherentes á condición de muller galega\" a través da emisión dun \"para que o Goberno da Xunta de Galicia esixa, de forma urxente, a retirada inmediata deste anteproxecto de lei e, caso de prosperar a súa aprobación, interpoña recurso de inconstitucionalidade, por afectar e vulnerar os meus Dereitos Fundamentais e que constitucionalmente se me recoñecen\". Os recursos entregados foron trasladados ao Defensor del Pueblo, xustificando esta decisión no que a oficina do Valedor considera \"unha maior e mellor operatividade na defensa dos seus intereses\" Nas últimas semanas comezaron a chegar as primeiras respostas aos escritos, nas que se comunica que os recursos entregados foron trasladados ao Defensor del Pueblo, xustificando esta decisión no que a oficina do Valedor considera \"unha maior e mellor operatividade na defensa dos seus intereses\". En consecuencia a Plataforma polo Dereito ao Aborto acordou na Xuntanza Nacional celebrada en Compostela o pasado sábado, 3 de maio, dirixirse ao Valedor do Pobo para pedirlle unha reunión con carácter urxente para aclarar as razóns polas que os escritos foron derivados a outra instancia e cal é o proceso que van seguir a partir de agora. Pilar Estévez dixo que as mulleres esperan que o Valedor \"vele polos dereitos de todas as persoas\", pois \"todas temos que estar protexidas nos nosos dereitos e cando os nosos dereitos se incumpren, supoñemos que esta institución ten que facer o seu traballo\" Aquel 22 de febreiro, a coordinadora da Plataforma, Pilar Estévez, dixo que as mulleres esperan que o Valedor \"vele polos dereitos de todas as persoas\", pois \"todas temos que estar protexidas nos nosos dereitos e cando os nosos dereitos se incumpren, supoñemos que esta institución ten que facer o seu traballo\". O recurso de amparo presentado denuncia no seu texto que \"o Goberno da Xunta de Galicia negouse en reiteradas ocasións a defender o meu dereito de igualdade e os dereitos humanos que me asisten como muller galega\", e basea a súa solicitude nun total de cinco alegacións. O texto sinala que o anteproxectode lei promovido po Gallardón \"adoece de vicios de inconstitucionalidade claros e manifestos, xa que afectan fundamentalmente ao principio de igualdade e non discriminación do artigo 14 da vixente Constitución Española\" e, ademais, \"supón un incumprimentos por parte do Reino de España dos tratados internacionais relativos a dereitos humanos e á non discriminación\". Petición de amparo ao Valedor"}
{"ID": "NOS_17030", "summary": "A principal central na Galiza convoca mobilizacións en 12 cidades e vilas do país.", "text": "'Recuperar dereitos para avanzar: na Galiza emprego, salarios e pensións dignas' é o lema escollido pola CIG para este 1º de Maio, data na que a central nacionalista subliña a importancia \"de tomar as rúas para esixir un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise\". O sindicato maioritario en Galiza describe un mercado do traballo marcado polas novas formas de \"explotación laboral introducidas coas reformas laborais\", que empobrecen traballadoras e traballadores; e polo desmantelamento industrial, os ERE, os peches e a deslocalización de empresas. Critica a CIG que o PSOE non tivese \"intención real\" de mudar as políticas aplicadas polo PP (\"mantén o modelo económico e de relacións laborais nado das reformas laborais aprobadas en 2010 e en 2013\"). Tamén acusa Núñez Feixoo de ser cómplice das políticas que levan Galiza, afirman, \"á grave emerxencia nacional e social\". Neste contexto, a central considera que ten a responsabilidade de \"tomar iniciativas\" e lembra as loitas e mobilizacións laborais e sociais desenvolvidas nestes meses. Por último, a CIG tamén consideras que as próximas convocatorias electorais \"son unha oportunidade\" para mudar a realidade laboral para mellor. Nese sentido, a CIG considera que a solución pasa en \"apostar por forzas políticas propias, autenticamente galegas, nacionalistas e de esquerdas\". Mobilizacións Ferrol, 12h, Avenida de Esteiro Pontevedra, 12h, Praza da Ferrería Vilagarcía, 12h, Casa do Mar A Estrada, 12h, Praza do Mercado A Coruña, 12h, Praza de Vigo Vigo, 12h, A Dobrada Compostela, 12:30h, Praza Roxa Ribeira, 12h, Praza do Peixe Ourense, 11:30h, Praza Maior Cee, 12h, Diante do Concello Lugo, 12h, Edificio Sindical San Cibrao, 12h, Casa do mar. Cangas do Morrazo. 18.30h. Diante do Concello."}
{"ID": "NOS_58050", "summary": "Os organizadores avanzan que avalían marchar de Galiza \"dadas as dificultades\", din, para conseguir o respaldo das administracións", "text": "O festival O Marisquiño cancelou a súa edición de 2021 \"ante a imposibilidade de obter apoios institucionais suficientes\", e avanzou que, despois de 19 anos, \"non volverá realizarse en Vigo\" e reformúlase marchar de Galiza \"dadas as dificultades\" para conseguir o respaldo das administracións. Nun comunicado, a empresa promotora do festival, Factor Ulises, trasladou que \"a falta de financiamento e outros obstáculos técnicos non permitían garantir a celebración en condicións acaídas das Copas Mundiais de Skate, Dirt Jump e Basquet 3x3, ademais do BMX, que eran unha das marcas de identidade do festival\". Segundo manifestou, \"hai unhas semanas parecía posíbel que o evento puidese facerse no seu recinto habitual\"; \"con todo, nos últimos días comunicouse á organización que o principal apoio institucional do Marisquiño, o Concello de Vigo, recortaría un 70% a partida que dedicaba ao evento, que incluía ademais a achega realizada pola Deputación de Pontevedra\". Así as cousas, a organización decidiu non facer o festival por segundo ano consecutivo ante \"este enorme recorte do financiamento institucional, sumado ás incógnitas sobre o apoio da Xunta ao evento e ás dificultades técnicas polas obras en curso por parte da Autoridade Portuaria, que impiden a celebración do Dirt Jump\". Neste sentido, aínda que trasladou a súa comprensión por que a situación de crise sanitaria leve a \"destinar fondos a atender outras prioridades\", indicou que o apoio institucional era \"máis necesario que nunca\" este ano porque os patrocinios privados \"tamén experimentaron unha considerábel caída\". \"O Marisquiño é un festival gratuíto, que deixaba un importante retorno económico á cidade e que transmitía a imaxe de Vigo. Cremos que todo isto supuña unha activo importante para a cidade e para Galiza en pleno ano Xacobeo, que agora, por desgraza, pérdese\", lamentaron."}
{"ID": "NOS_13440", "summary": "O líder de Anova asegura que \"En Marea está varrendo e vai varrer sen que Beiras sexa candidato\" e destaca que \"o importante sodes vós, os cidadáns\".", "text": "En Marea celebrou esta quinta feira o penúltimo mitin central da campaña electoral en Bertamiráns. No acto participou o coordinador nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, que asegurou que \"Rajoy o que merece é un monte de labazadas pero non físicas, senón dialécticas, que é a que move a dinámica da sociedade\". Beiras pediu ao líder do PP que \"se vaia para Santa Pola\", onde ten praza como rexistrador da propiedade, e sinalou que \"os votos son as labazadas que necesitan\". O tamén voceiro de AGE destacou que \"aquí está En Marea varrendo e vai varrer sen que Beiras sexa candidato\", e engadiu que \"o importante sodes vós, os cidadáns\". A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández, pechou o mitin manifestando que \"por primeira vez en moito tempo existe a oportunidade de acabar co bipartidismo\". Por ese motivo, a número 1 da candidatura recordou que \"se subiu a Marea na primavera non podemos permitir que deixe de subir este 20D\". Fernández recoñeceu que \"non temos todas as respostas\" polo que alentou a que este fora un proceso colectivo. \"Os galegos, igual que o resto de pobos do Estado, temos dereito a decidir. A solución ao problema nacional dentro do Estado español só pode vir do dereito libre a decidir dos pobos\", destacou."}
{"ID": "NOS_15603", "summary": "A Xunta volve comunicar pasamentos de varios días, xa que na xornada de hoxe decorreron seis óbitos. Tamén vén de notificar a morte dunha usuaria da residencia de Vila do Conde case tres meses despois de producirse.", "text": "O número de vítimas da Covid-19 na Galiza xa está en 2.138 após que a Consellaría de Sanidade notificara hoxe outras 14 mortes, seis delas decorridas nesta mesma xornada. Así, a Xunta segue coa súa estratexia das últimas semanas de mesturar decesos acaecidos en días diferentes até o mundo de comunicar un falecemento case tres meses despois de que tivera lugar. Os 14 óbitos dos que fala hoxe tiveron lugar entre o día 14 de febreiro e hoxe mesmo, sendo neste día cando se contabilizaron seis. Do domingo quedara sen contabilizar un home de 85 anos que estaba ingresado no Hospital de Lugo e que non puido superar a enfermidade. Onte o centro sanitario de Ferrol non puido facer nada para salvar a vida de dúas doentes, de 77 e 95 anos, esta última procedente da residencia A miña casa. Aliás, no centro finou outro usuario de 85 anos.Tamén na segunda feira déronse os pasamentos dun varón de 89 anos que era atendido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e doutro que fora trasladado ao Clínico de Compostela. Ademais, no hospital ourensán morreu un home de 95 anos. Por último, desde a área sanitaria de Pontevedra comunicouse o falecemento dunha paciente de 68 anos.Xa nesta terza feira finaron seis persoas, unha delas vinculada a un xeriátrico. Desde Ferrol avisaron de que non curou do coronavirus un home de 91 anos e no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo notificaron os decesos dunha muller de 91 anos e outra de 63. Na Coruña decorreron as mortes dun varón de 84 anos que padecía a Covid-19, ao igual que unha paciente de 95 anos. Ademais, no Hospital de Valdeorras sumaron o deceso dun home de 85 anos que chegara desde a residencia de maiores de Larouco. Curiosamente esta nova forma de fornecer os partes da Consellaría fai que na segunda feira se deran a coñecer 28 vítimas, sendo unha delas unha muller de 84 anos que perdeu a batalla contra a enfermidade o 28 de novembro de 2020. A finada era usuaria da residencia de Vila do Conde de Gondomar."}
{"ID": "NOS_39478", "summary": "A Asociación de Tradutores Galegos considera que as subvencións empregan criterios inxustos", "text": "A Asociación de Tradutores Galegos vén de expresar nun comunicado a súa desconformidade coas novas bases da orde para a concesión de axudas á tradución literaria que convoca anualmente a Xunta da Galiza. Estas comprenden tanto subvencións ao libro galego que se traduce a outras linguas como ao vertido ao noso idioma de obras publicadas orixinariamente noutros, así como para a súa edición. \"Consideramos inviábel e contraproducente a exixencia de presentar certificados editoriais para cada obra listada nos currículos dos tradutores e tradutoras\", afirman desde a asociación. Do mesmo xeito, amosan o seu malestar por ter que achegar certificados oficiais que acrediten o dominio das linguas, pois consideran máis oportuno que se avalíe exclusivamente o currículo, no que de seu aparecen listadas as obras traducidas. Así mesmo, faise constar que en ningún momento se lle trasladou á Consellaría desde a necesidade de \"exixir novos certificados de ningún tipo\", e que non se propuxo nin se acordou conceder un peso meirande ao currículo dos tradutores en detrimento da puntuación reservada ao interese literario das obras presentadas. O que si lle comentaron aos responsábeis da Administración, durante a rolda de consultas previa á convocatoria, foi a \"conveniencia de valorar as traducións realizadas directamente dende a lingua orixinal por riba daquelas feitas a partir dunha lingua ponte\". Por último, entenden que sería oportuno volver modular a contía das axudas en función da extensión das obras, un criterio eliminado na anterior convocatoria e que, nunha opinión partillada pola Asociación Galega de Editores, deu lugar a graves disfuncións."}
{"ID": "NOS_21600", "summary": "A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra insta ao organismo a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costas que autoriza ao goberno español a prorrogar a concesión á pasteira até 75 anos máis", "text": "A asociación ecoloxista trasladou a Madrid as súas reivindicacións perante a posíbel prórroga á concesión de ENCE-Elnosa en Lourizán. A reforma da Lei de Costas aprobada polo executivo de Mariano Rajoy permitiría á pasteira manter a súa actividade 75 anos máis. Desde a APDR denuncian que a ampliación da actividade de ENCE \"parece máis un título de propiedade\" que unha autorización, habida conta que a empresa de celulosas mantería a xestión da factoría durante máis de 130 anos. Neste senso, desde a APDR remitiron un escrito á Defensora del Pueblo no que instan a esta intitución a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costasá fin de evitaren que o complexo industrial se manteña para alén de 2018."}
{"ID": "NOS_28978", "summary": "A Organización Mundial da Saúde instou os Estados a realizaren probas de detección da enfermidade COVID-19 para unha contención eficaz. Porén, o Estado español limitou a súa realización nos últimos días, restrinxíndoa ao persoal sanitario e aos casos máis graves, e ficando lonxe de exemplos como o de Corea do Sur, onde o Goberno levou a cabo probas masivas na poboación para atallar así os contaxios.", "text": "Probas de detección, illamento e rastreo dos casos son, segundo o director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhano, a \"columna vertebral\" das medidas para facer fronte á expansión do brote da COVID-19. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, Tedros Adhano celebrou que diferentes Estados apostasen por decretar medidas de illamento. Porén, matizou, a organización non está a percibir o necesario e \"urxente\" aumento da realización de probas para a detección. \"Test, test, test (probas, probas, probas)\", urxiu o director da OMS. Ralentización das probas Porén, ao tempo que Tedros Adhano partillou a súa mensaxe, o Estado español ralentizou o ritmo das probas, limitándoas ao persoal sanitario e a aquelas persoas hospitalizadas ou que presentasen criterios para o ingreso. \"Até onte, estábanse facendo probas a aquelas persoas que presentaban a sintomatoloxía, isto leva consigo unha loxística moi importante que tivemos que retrasar pola prioridade básica de tratar os casos máis graves\", explicou onte perante os medios de comunicación Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias. Simón ligou esa mudanza no protocolo á elevada carga existencial dos servizos sanitarios nos últimos días, froito dun aumento do número de casos detectados. Na Galiza, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, aclarou que a idade é un factor chave á hora de decidir a quen se lle practica un test da infección por coronavirus a domicilio. Outro, que a persoa que presente síntomas traballe nun servizo público. \"A media é de tres ou catro días para realizar o test\", apuntou Núñez Feixoo, matizando que poden existir casos de esperas máis longas pois \"priorízanse as persoas maiores\". Na Galiza, segundo os datos tirados do Servizo Galego de Saúde, o Sergas, a 17 de marzo, realizou un total de 2.099 probas. Casos latentes A medida de confinamento decretada a través do estado de alarma tomouse para evitar o aumento dos contaxios. Non obstante, o propio Goberno estatal explicou que o número de casos detectados aumentará. Un estudo da revista Science determinou que un número substancial de persoas sen diagnosticar provoca unha expansión máis rápida da COVID-19. É dicir, a clave radicaría na realización preventiva e máis xeneralizada de test a toda a poboación para asegurar a prevención. O 26 de febreiro, a Generalitat de Catalunya confirmou o primeiro caso de contaxiou por coronavirus en territorio peninsular. Desde entón e até a fin de semana do 14 de marzo o Goberno non restrinxiu a mobilidade da poboación e realizou test a aquelas persoas que presentaban síntomas. En Corea do Sur, reportouse o primeiro contaxio o 20 de xaneiro e desde entón púxose en marcha unha agresiva campaña de detección e prevención. Na provincia na que se iniciou procedeuse ao peche de escolas infantís e prohibíronse as aglomeracións, instrucións que acatou toda a poboación. Realizáronse máis de 200.000 probas, minimizando así os focos de contaxio. Se ben durante semanas o número de afectadas escalou, as medidas cristalizaron nunha taxa de mortalidade de 0,8% e a redución da expansión. \"É certo que se deixamos varios puntos de transmisión sen detectar van rematar xerando esa porcentaxe de casos graves que coñecemos\", recoñeceu Pedro Simón, cuestionado polo estudo e matizando que \"é moi probábel que isto acontecese en Wuhan (China), Italia ou nalgunhas áreas do Estado español\"."}
{"ID": "PRAZA_9827", "summary": "O proxecto vixente para o vello Peleteiro abre a porta a un gran centro comercial no Ensanche compostelán. Ao ser necesaria a maioría absoluta do pleno, os votos a prol de Compostela Aberta e Bloque non foron dabondo e a modificación do PXOM decaeu", "text": "O antigo edificio do colexio Peleteiro, en pleno Ensanche compostelán, leva case unha década sen actividade académica, dende que este centro educativo privado trasladou toda a súa actividade a Montouto. Tras un período acollendo temporalmente instalacións policiais, mentres era reformada a comisaría da Policía Nacional, o complexo está pechado e mesmo tapiado. Sobre el paira a posibilidade de tornar nun centro comercial de catro andares, tal e como fora planificado no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal da capital galega.O proxecto vixente para o vello Peleteiro abre a porta a un gran centro comercial no Ensanche compostelánEse proxecto, que dorme nas gabetas do Pazo de Raxoi dende que foi aprobado, segue vixente e así o seguirá estando, cando menos durante os vindeiros meses. O actual goberno municipal someteu este mércores ao pleno a súa modificación para, na liña do reclamado pola veciñanza e colectivos de comerciantes do Ensanche, \"substituír a idea do gran centro comercial\" por \"outros formatos máis respectuosos coa estrutura comercial tradicional do centro urbano\" e inserir ademais no novo proxecto vivendas protexidas. Pero non saíu adiante por mor da abstención de PP e PSdeG.A proposta votada pola corporación no derradeiro pleno ordinario do mandato prevía pasar de entre 10.000 e 12.000 metros cadrados de uso comercial a 3.500 e só en planta baixa. O uso residencial pasaría de 7.000 a 15.000 metros cadrados, pero coa obriga de introducir un 20% de vivendas protexidas. A redución da superficie edificable , segundo o proxecto do goberno, implicaría a apertura dunha praza pública no vello patio do colexio. Todo isto, segundo avanzara o edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, xa contaría co visto e prace do banco malo, a SAREB, propietaria da \"maior parte do terreo\", disposta a asinar un convenio para a mudanza.Ao ser necesaria a maioría absoluta do pleno, os votos a prol de Compostela Aberta e Bloque non foron dabondo e a modificación do PXOM decaeuFoi Duarte quen defendeu este xoves ante o pleno a proposta como \"froito do traballo coa veciñanza do Ensanche\", cuxos representantes interviñeron na propia sesión plenaria. O proxecto de Compostela Aberta sumou os apoios do BNG, cuxa voceira municipal, Goretti Sanmartín, ve \"evidente\" que o proxecto do gran centro comercial xa \"non vale para hoxe\" e non é posible limitarse a \"permitir\" que o vello colexio siga \"a deteriorarse\".Pero o grupo socialista, a través do seu voceiro, Francisco Reyes, advertiu da falta de \"informes técnicos\" e do desacordo do seu grupo co plan para introducir vivendas protexidas na zona, porque \"non van solucionar ningún problema\". O líder do PP, Agustín Hernández, criticou que o goberno de Martiño Noriega formulase o proxecto definitivamente \"no tempo de desconto\" sen \"explicar\" os seus efectos en eidos como os das plusvalías do proxecto urbanístico. Ao ser necesaria a maioría absoluta do pleno, os votos a prol de Compostela Aberta e Bloque non foron dabondo e a modificación do PXOM decaeu."}
{"ID": "NOS_12486", "summary": "O consello Assessor per a la Transició Nacional presentou os novos informes que conclúen na viabilidade económica dunha Catalunya independente. Suporía unha ganancia fiscal de máis de 11.000 millóns de euros ao ano.", "text": "Arredor de 11.500 millóns de euros ao ano cifra o Consell Assesor per a la Transición Nacional que suporía a secesión de Catalunya. Os informes presentados esta semana polo órgano asesor confirman a viabilidade da independencia aínda que sinalan que, no caso do proceso contar coa oposición do goberno central, a Generalitat precisaría aportar no inicio entre 4.500 e 5.000 millóns ao mes. O órgano que asesora ao Govern no debate soberanista sinalou tamén que a seguridade social sería completamente viábel nun estado independente, mesmo sen o acordo co goberno de Rajoy na súa posta en marcha. O presidente do Consell Assessor per a la Transición Nacional, Pi-Sunyer expuxo durante a semana en rolda de prensa os últimos informes do órgano nos que confirmou a sustentabilidade dunha seguridade social catalá, é dicir, o pago das prestacións e mesmo das cotizacións das persoas que traballaran en Catalunya. O presidente do Consell estimou en máis de 11.000 millóns de euros os ingresos adicionais da independencia que garantirían o desenvolvemento dun sistema de prestacións públicas catalá. Confirma, polo tanto, que a seguridade social sería viábel desenvólvase o referendo con ou sen acordo do Estado."}
{"ID": "NOS_6817", "summary": "O Sermos255, xa na loxa, esta quinta feira nos pontos de venda habituais, vai prestar unha atención moi especial ao Día da Patria Galega 2015, con 18 páxinas en que, entre outros moitos aspectos, se glosa a historia da celebración do 25 de xullo da man das persoas que a viviron. Ademais, este número recolle tamén os distintos xeitos en que subscritoras e subscritores do semanario celebran este día, ben como unha perspectiva de como se olla para o futuro do país desde distintos ámbitos da vida social. O Sermos255 vén moi completiño: son 48 páxinas, 8 máis que nun número ordinario, ao incluír un A Fondo monográfico sobre o cantautor Miro Casabella.", "text": "Estas 18 páxinas inclúen unha ampla reportaxe na que testemuñas directas dan conta de como, desde a clandestinidade, en 1968 -coa famosa foto en que aparece unha faixa da UPG- o nacionalismo comezou o traballo de recuperación dunha data tan simbólica como esta. Esta peza informativa céntrase na década (1968-1978) en que se restaurou socialmente o Día da Patria, unha xornada para reivindicar Galiza como nación e os seus dereitos como tal. Entre as voces que aparecen neste traballo están Bautista Álvarez, Xesús Sanxoás, Saleta Goi, Maite Caramés, Margarita Ledo, Francisco Rodríguez, Lois Diéguez, Xosé Estévez e Pilar Allegue, que contan de primeira man como foron eses primeiros Días da Patria, que sentido tiñan, como se celebraban e como se facía para evitar a represión policial. Alén desta reportaxe, as páxinas especiais -que inclúen unha entrevista con Ana Pontón- dan a voz a subscritores e subscritoras de Sermos para sabermos como viven e celebran o Día da Patria e para partillaren co conxunto da Comunidade Sermos cales son, ao seu xuízo, as perspectivas de futuro para Galiza. Nestas páxinas toman a palabra dirixentes políticos, persoas que teñen un pequeno negocio onde se pode ler o Sermos Galiza, alcaldes, editores, xente da cultura de base... Un número de 48 páxinas Este Sermos255 non é só especial pola amplísima cobertura do Día da Patria, senón tamén porque incorpora, alén do Caderno de Verán, un A Fondo monográfico que se debruza sobre a figura do cantautor Miro Casabella. En total, serían, pois, 48 páxinas as que tiramos esta semana do prelo. Alén do Día da Patria Galega, o semanario trata o escenario político venezuelano e o británico e mergúllase nos resultados da última declaración da renda das galegas e galegos, uns dados que revelan que na Galiza case a metade das persoas contribuíntes son mileuristas. Abrimos o Fóra de Serie cunha análise do cinema portugués e damos conta da 25 edición do Festival Curtas de Vila do Conde da man do especialista Martin Pawley. Ademais, entrevistamos a escritora María Reimóndez, que vén de publicar o libro Corredoras e diriximos a ollada a Viñetas desde o Atlántico, que está a piques de facer dúas décadas. Como en cada número, propoñémosvos as datas máis destacadas do panorama cultural e publicamos as críticas de Mario Regueira (O teu corpo a oriente e ocidente) e de Andrés Castro (O gardián invisíbel). E, por último, o A Fondo sobre Miro Casabella, a quen o Concello de Cambre homenaxeará ao longo de catro días –do 26 ao 29 de xullo- dentro do festival da canción de autor \"Corazón e Bravura\", e o Caderno de Verán, que nesta ocasión nos leva a coñecer Rianxo en oito páxinas a través do patrimonio, a natureza, a gastronomía e a cultura."}
{"ID": "NOS_25740", "summary": "Na súa valoración das novas titularidades nas consellarías da Xunta, a líder nacionalista, quixo destacar o relevo en Sanidade e Educación como proba de que Feixoo \"coñece o malestar que hai\".", "text": "A líder da oposición, Ana Pontón, destaca dos nomeamentos feitos este mediodía polo presidente da Xunta \"que cambie o conselleiro de Sanidade e a conselleira de Educación, recentemente nomeada\", e ve nese feito \"o malestar que Feixoo sabe que hai tanto na sanidade coma na educación coas políticas que está a facer\". Ana Pontón reivindicou que necesitamos \"uns servizos públicos fortes\" e engadiu que \"de nada valen os cambios de cara se non hai cambios de políticas\". \"O que ten que facer\", dixo referíndose a Feixoo, \"non é só mudar iso senón os once anos de deterioro e de compromiso público. Desde o Bloque Nacionalista Galego (BNG), non se quixo deixar pasar o \"feito de que nomee dous vicepresidentes e que sexan homes\", comentou a súa portavoz. Con isto, para o nacionalismo, Feixoo demostra \"até que punto lle falta compromiso coa igualdade e cunha participación paritaria das mulleres\", e engade Pontón, \"desde o punto de vista de xénero e toda unha declaración de intencións\". O BNG non quixo deixar pasar o feito de que se trate dun goberno de continuísmo \"xusto no momento no que Covid-19 nos está a dicir que estamos diante dun fin de ciclo e que se necesita un novo impulso\", engade Ana Pontón."}
{"ID": "NOS_48236", "summary": "A organización independentista convoca unha manifestación ás 12.30 desde a Alameda de Compostela baixo a lenda \"España e a UE son a nosa ruina\". Nós-UP chama \"ao pobo traballador galego\" a se mobilizar contra as políticas \"ultraliberais e españolistas\" que, din, están a impedir un proxecto nacional para Galiza. Vídeo no interior", "text": "Baixo o lema, \"España e a Unión Europea son a nosa ruina, Independencia\", Nós-Unidade Popular convoca este 25 de xullo, unha manifestación nacional que partirá da Alameda compostelá ás 12.30h. Desde a organización independentista salientan que as principais reivindicacións que motivan a convocatoria para o Día da Patria son as consecuencias \"das políticas ultraliberais e centralistas dos gobernos de Rajoy e Feijóo\". Unhas políticas que din, seguen \"ao pé da letra os dictados da UE e do FMI\". Neste senso, desde Nós-UP aseguran que o lema da convocatoria ten por obxecto denunciar a \"desfeita social\" que para a maioría social supón \"a destrución sistemática dos sectores estratéxicos\" para Galiza; os baixos salarios, a precariedade laboral, a emigración, o empobrecimento, a exclusión social e a privatización dos servizos públicos. Unha realidade da que son responsábeis, din, o Estado español e a UE. Así, lanzan un chamamento \"ao pobo traballador galego\" a se mobilizar con motivo do Día da Patria e a participar nos actos convocados pola organización independentista que, ao igual que en anteriores anos, desenvolverá un acto político na Praza do Toural por volta da 13.30h e rematará cun xantar popular nos xardíns composteláns de San Roque."}
{"ID": "PRAZA_11809", "summary": "\"Son tempos de miseria, de inmundicia, de soberbia, de sofrimento calado, de amnesia, de medo e inseguridade na vida; moito fede a franquismo rancio e o poder que asulaga, enche de lixo a vida e as persoas.\"", "text": "Son tempos de miseria, de inmundicia, de soberbia, de sofrimento calado, de amnesia, de medo e inseguridade na vida; moito fede a franquismo rancio e o poder que asulaga, enche de lixo a vida e as persoas. Por iso, máis que nunca compre rachar o silenzo, sempre complice, recuperando así o berro seco, a palabra intelixente, a verdade inmensa que sae do corazón e da razón, que sempre vai en compaña da ledicia e a tenrura que dan a loita pola xustiza. Cecais porque \"compren tempos nos que funcionara a xustiza universal capaz de servir as causas xustas de Galiza\". En palabras de Isaac Díaz Pardo. Quero pois darlle a benvida a Praza Publica e os parabéns as xentes que fixeron posíbel a seitura e a realización deste soño. Nace na invernía, mais tamén no tempo no que medran as camelias e as mimosas, flores que desafiando o frío e a escuridade enchen de luz o territorio e as nosas vidas. A partires de agora a singladura vai ser colectiva, e ten por diante un longo camiño no que Galiza debe recuperar coa escrita, a esperanza de ser, un futuro de terra vizosa, de proxecto común das xentes de ben, de liberdade para mulleres e homes, de modernidade, de universalidade compartida nas ágoras do mundo. Este labor somentes será posíbel con esforzo colectivo, sumar intelixencias, aportacións, recursos, tamén económicos é o que compre agora, que ninguén quede no camiño, para que o \"alporizamento\" sexa eficaz e productivo no partillar, para que por fín volvamos recuperar a esperanza, e non ter que recoñecer en palabras de Mario Benedetti: \"Cando os sobreviventes da miña xeración nos atopamos somos unha enfermería\"."}
{"ID": "PRAZA_16075", "summary": "Vén de nacer a Associaçom José Afonso - Galiza, que se presentará o 27 de xaneiro en Compostela cunha palesta e un concerto, no que participarán unha decena de bandas e artistas. Falamos co presidente da entidade, Xulio Villaverde", "text": "\"Talvez ninguém me entendesse como na Galiza\", dixo nunha ocasión José Zeca Afonso. E, en efecto, o vencello do cantautor con Galicia foi continuado e fecundo e mesmo tralo seu falecemento hai xa 31 anos, o impacto das súas cancións segue a ser moi importante na beira norte do Miño. Agora vén de anunciarse a creación da Associaçom José Afonso - Galiza, que nace como un núcleo da AJA-Portugal e que se presentará a finais deste mes cunha serie de actividades en Compostela. \"30 anos despois da súa morte, queremos manter moi vivo o seu legado, porque ten unha relación moi grande con nós\" Será o sábado 27 de xaneiro. Os actos comezarán cunha palestra ás 18 horas na sede da Gentalha do Pichel a cargo de Paulo Esperança sobre O triángulo mágico do Zeca foi: África, Portugal e a Galiza. E continuarán cun concerto na Sala Malatesta (ás 22 horas) no que participarán Uxía, Francisco Fanhais, Nao, Cais da Saudade, Falua, Tiago Fernandez, Banda das Crechas, Do Fondo do Peto e Xico de Carinho & Manolo Bacalhau, cun repertorio de letras reivindicativas e algúns temas que interpretarán de xeito conxunto. O acto será presentado por Carlos Blanco. Ademais, durante todo un mes -do 26 de xaneiro ao 28 de febreiro- a Casa das Crechas acollerá unha exposición fotográfica titulada Zeca: O que foi, O que é. Ademais, está prevista para esa fin de semana a chegada unha delegación da AJA de Portugal, que participará nunha cea de confraternización, nunha recepción institucional coa Corporación municipal de Compostela e nun acto de conmemoración dos 45 anos do concerto do Zeca Afonso no Burgo das Nacións, no parque que leva o seu nome. \"30 anos despois da súa morte, queremos manter moi vivo o seu legado, porque ten unha relación moi grande con nós. O Zeca chegou a Galicia cando ninguén o coñecía, aló polo ano 1972, e dende o primeiro día marcou unha pauta musical, poética e reivindicativa moi grande\", destaca Xulio Villaverde, presidente da AJA-Galiza. O 10 de maio de 1972, nun concerto celebrado no Burgo das Nacións de Compostela ante centos de estudantes, Zeca Afonso interpretou por vez primeira \"Grândola Vila Morena\", a canción que dous anos despois se convertiría no símbolo da Revoluçao dos Cravos. A relación do Zeca con Galicia e cun gran número de artistas galegos e galegas continuou nos anos seguintes. En 1977 celebrouse o Festival dos Pobos Ibéricos na Coruña, organizado entre outros por Xico de Cariño, coa participación de José Afonso. De igual xeito, en 1981 o Zeca cantou no Auditorio de Castrelos de Vigo, onde catro anos despois, Benedito e outros músicos organizaron a maior homenaxe á figura do seu amigo: o 31 de agosto de 1985, 20.000 persoas ocuparon aquel auditorio durante máis de 12 horas continuadas para acompañar decenas de músicos, poetas e escritoras, nun tributo a un Zeca gravemente enfermo. \"Galiza foi un dos lugares nos que mellor foi entendido o Zeca. Galiza e os galegos sempre fomos amantes e apoiantes desta música\", salienta Xulio Villaverde, que sinala que os obxectivos da asociación serán \"manter viva a palabra, a obra e a propia figura do Zeca Afonso\". \"Traballaremos tamén para que a cultura galega sexa coñecida no sur do Miño, polo pobo irmán de Portugal. E para que, igualmente, se coñeza e se viva a cultura portuguesa en Galiza\", engade. O Zeca morreu o 23 de febreiro de 1987, mais nos anos e décadas seguintes a súa figura seguiu moi presente en Galicia, por exemplo en Cantos na Maré ou Ponte… nas Ondas!. E tamén en homenaxes específicas, coma Terra da Fraternidade, organizada en 2012. \"José Afonso é unha conxunción perfecta entre o compromiso e a beleza, entre o lirismo e a realidade\", dicía Uxía Senlle nos días previos a ese concerto. E, de igual xeito, Xurxo Souto incidía en que \"se Zeca Afonso dicía que Galiza era a súa patria espiritual, para moitos galegos e galegas a música de Zeca é a nosa patria. Por riba de debates ideolóxicos, filolóxicos ou de normativas, esa profunda emoción que a música de Zeca provoca dentro de nós é unha realidade. Está no lugar no que gardamos o mellor dos nosos afectos\". Unha ducia de cancións para o Zeca Web da Associaçom José Afonso - Galiza"}
{"ID": "NOS_26101", "summary": "Os traballadores de Alu Ibérica reclaman o Goberno español e á Xunta unha reunión \"canto antes\" para buscar unha saída que permita pór a planta da Coruña en marcha.", "text": "A eléctrica EDP vén de notificar o administrador xudicial das plantas de Alu Ibérica que cortará a subministración de enerxía á factoría da Coruña se non se lle abonan as cantidades que deixou pendentes de pagamento o Grupo Riesgo. Como sinalan desde o comité de empresa nun comunicado, esta ameaza súmase á do pasado 23 de agosto, que lograron parar coa mediación das administracións. \"De novo estase a tentar que EDP depoña a súa actitude pouco colaboradora ante a crítica situación en que deixou as plantas Grupo Riesgo, pero resístese\", apuntan desde a representación do persoal. Esta actitude contrasta coa da distribuidora Naturgy, que \"a pesar de que tamén ten falta de pagamentos dos anteriores xestores, está a ser moito máis comprensiva e socialmente responsábel que EDP\", engaden. \"Desde sempre fomos moi críticos coas empresas enerxéticas porque para nós antepoñen un negocio escandaloso en marxes de beneficio ás necesidades da poboación e ao desenvolvemento do país, esquecéndose de que a electricidade nos tempos nos que vivimos é unha necesidade vital para a vida das persoas\", indican desde o comité, que recoñece que \"seguramente EDP ten dereito á cobranza dun servizo, se o prestou, pero tamén ten a liberdade de ser unha empresa honesta e para nós non o é, pois até o de agora estivo moi calada aproveitándose da xestión dunha presunta trama criminal investigada pola Audiencia Nacional e cobrando facturas por un contrato de potencia eléctrica desorbitado que nada tiña que ver coa produción da planta, pero si co interese desa trama en aparentar normalidade para mentres esnaquizarnos\", denuncian. Esta falta de colaboración faise extensiva a \"algunha entidade bancaria que non facilita información das contas das empresas\", o que complica a labor do administrador xudicial que, como informaron, deu orde de pagar a extra de xullo \"coa liquidez que foi atopando\". Ante esta situación, volven instar á Xunta e ao Ministerio de Industria a que \"tomen as rendas desta crítica situación\" e, xunto co administrador xudicial e o comité de empresa, \"busquen a maneira de pór a planta activa canto antes\". Nesta liña, exixen ao Ministerio de Industria que convoque a reunión prevista para primeiros de setembro \"canto antes\"."}
{"ID": "NOS_28439", "summary": "O taekwondo é un deses deportes que non adoitan copar portadas fóra dos Xogos Olímpicos, pero de cando en cando xorden deportistas como Iván García (Marín, 1997) que cos seus extraordinarios resultados obriga aos medios de comunicación a informar dunha disciplina en franca expansión.", "text": "Na actualidade está nun gran estado de forma, certificado con senllas medallas de prata no Open de Sofia e no de Alemaña, e cun ouro no de Turquía. Como conseguiu alcanzar este nivel? Tiven moito tempo de adestramento sen competición, e ao adestrar tantísimo e acumular tal volume de traballo o que pasa é que, chegado o momento de baixar a carga e enfocar ese traballo cara a competición, todo se traduce en resultados positivos. Superou mesmo medallistas olímpicos nas devanditas competicións. Séntese no mellor momento da súa carreira? Non, ese está por chegar (ri). Teño moitas aspiracións de chegar aínda máis arriba. Esta progresión que está a demostrar coincide coa tempada na que volveu á casa desde a Residencia Blume. Por que o cambio e o regreso a Pontevedra? Os resultados parecen certificar que foi unha boa decisión. O regreso foi por circunstancias persoais, e nótase moito o que é estar preto da túa xente, faime moi feliz. De todos os modos, eu marcho un ano para Madrid, mais toda a miña carreira anterior a 2020 foi aquí, co meu adestrador, cos meus compañeiros e cos meus amigos, porque levamos tantos anos xuntos que somos iso, amigos. Xa que logo, aínda que en Madrid fun moi feliz, este cambio axudoume a sentirme máis tranquilo nalgúns aspectos, e máis neste contexto sanitario tan complicado como é o actual, permitíndome render perfectamente semana a semana. Aí están os resultados. Como foi ese cambio na rutina de adestramento de Madrid á de Pontevedra? Algo totalmente distinto. En Madrid fan un sistema máis enfocado no traballo das persoas que xa estaban clasificadas, ou a piques de facelo para os Xogos Olímpicos, mais aquí, por sorte, podo xestionar co meu adestrador dun modo máis individual cara ao que eu necesito. Ademais, alí trabállase moi enfocado no físico, aínda que moi intensamente, e aquí en Pontevedra incídese máis na táctica. Tamén teño máis liberdade de decisión, á hora de xestionar os adestramentos, porque en última instancia eu son graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así que coa axuda do meu adestrador, que sabe mellor que ninguén o que necesito, xestionámonos dándonos feedback continuo para medrar e facelo o mellor posíbel. Botando a vista atrás, en Madrid estivo durante un ano no que viviu de pleno o estoupido da pandemia. Como levou esa situación estando lonxe da casa? Tivemos unha competición e volvemos para a Blume, a preparar outro torneo ao que tiñamos previsto saír nunha quinta feira, e xusto o día anterior, na cuarta, dixéronnos \"oes, que se fecha Madrid porque parece que a cousa esta da pandemia se agrava, así que todos para a casa\". Polo tanto, volvemos esa mesma cuarta feira pola noite e quedamos sen viaxar a Bruxelas para esa competición, cambiando por completo unha rutina na que pasamos de estar competindo dúas ou tres semanas ao mes a estar encerrados por completo. Como desenvolveu o seu traballo neses primeiros meses de confinamento estrito? Por sorte son unha persoa á que lle encantar adestrar, todo o que é o deporte, e que pode practicalo en calquera momento e lugar, así que xunto coa miña irmá, que tamén fai taekwondo, adestramos pensando en que a cousa duraría pouco, un par de semanas talvez. Logo, cando vimos que a situación se alargaba, baixei o número de sesións, porque traballar na casa era complicado, pasando a facer máis traballo de forza, xa que aínda por enriba todo coincidiu co meu ascenso a unha categoría superior, o que me requiría estar moito máis forte que antes. Como se levan os protocolos sanitarios nun deporte de contacto como o seu? No Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra temos certa liberdade. Por exemplo, temos permitido adestrar sen máscara, pero por precaución nós usámolas. Ademais, temos xel, pasamos tests semanais, constantes controis de temperatura... así que imos seguindo os protocolos que a Xunta da Galiza nos indica, e de momento vai ben a cousa. Recentemente participou en numerosas competicións en diferentes países estranxeiros. Hai moitas diferenzas nas medidas sanitarias que se adoptan alí con respecto ás nosas? Depende do lugar. Por exemplo, en Bulgaria entendo que a situación debe estar ben, pois a xente non levaba máscara pola rúa e víase despreocupada. Polo contrario, tres días despois viaxamos a Turquía e era xusto o contrario, todo xente con máscara en interior e exterior, máximo coidado, pasando probas continuamente. De feito, alá en Estambul a expedición galega viu como unha compañeira, Arlet Ortiz, era diagnosticada como positivo en pleno Open de Turquía... Si, foi algo que aconteceu de súpeto, que non esperabamos para nada. Estaba a piques de saír a combater nos cuartos de final e inmediatamente viñeron buscala, levárona e non volvemos saber nada máis dela de modo presencial."}
{"ID": "NOS_51664", "summary": "Seguindo a toponimia tradicional, recuperarase o nome do Pedregal para a avenida. Ademais, Barrié de la Maza deixará de ser fillo adoptivo de Sada e retirarase o seu nome do colexio localizado na parroquia de Mondego.", "text": "A corporación municipal de Sada vén de aprobar a moción do BNG para retirar o nome de Pedro Barrié de la Maza do rueiro da vila. Optarase, no seu canto, pola toponimia tradicional recuperando a denominación do Pedregal para esta avenida. A proposta saíu adiante con 12 votos a favor, de Sada Maioría, BNG, PSOE e Alternativa dos veciños. Só se manifestaron en contra os cinco representantes do PP. Retiran ademais outras dúas distincións que se mantiñan a Barrié de la Maza, a de fillo adoptivo e a do colexio da parroquia de Mondego que leva o nome do significado franquista. Considérase que Barrié de la Maza (1888-1971), empresario e banqueiro, tivo un papel destacado no financiamento do exército de Franco para dar o golpe de Estado o 18 de xullo de 1936. CFoi ademais creador en 1943 da empresa Fuerzas Eléctricas del Noroeste (FENOSA), fusionando a Fábrica de Gas y Electricidad con Electra Popular Coruñesa, expropiada a esta a prezo de saldo após o asasinato polo réxime do seu dono, José Miñones, avogado, empresario e deputado republicano, fusilado polo franquismo o 2 de decembro de 1936. En 1939 Barrié pasaba a presidir o Banco Pastor, logo do falecemento de Ricardo Rodríguez Pastor, curmán do seu pai. Foi presidente, entre outras moitas empresas, de Astilleros y Talleres del Noroeste S.A. (ASTANO) e da Xunta de Obras do Porto da Coruña de 1944 a 1971. Así o conta o experto Manuel Monge no número do semanario Sermos Galiza publicado o 16 de xaneiro, que analizaba precisamente a relación desta figura coa depuración do persoal do Banco Pastor. No texto, o coñecido activista pola memoria histórica falaba do posíbel \"secuestro\" dunha biografía que o relaciona non só co réxime, senón coa represión das traballadoras e traballadores do Banco Pastor logo do golpe de Estado. Nos escritos que envía ao gobernador civil da Coruña, Barrié recoñece a súa participación na depuración dos empregados, ordenada polo Goberno Civil da Coruña, seguindo instrucións do Goberno de Franco instalado en Burgos e, como en toda a súa vida, maniféstase como servidor do franquismo."}
{"ID": "NOS_42070", "summary": "Hai pouco máis dunha semana, distintos colectivos celebraban que a Xunta fixese caso das alegacións presentadas ao texto para a declaración como Ben de Interese Cultural do baile e a música tradicionais. Seguindo o seu exemplo, e para festexarmos tamén a boa nova, queremos cartografar as diferentes opcións para aprender estas dúas manifestacións da nosa cultura sen necesidade de saír da casa. En tempos de cultura dixital, videotutoriais non faltan.", "text": "Entre as múltiples cousas que podemos sacar da reclusión, existe a opción de saír da corentena listas para unirnos a calquera foliada. E é que non fai falla abandonar as paredes do fogar para aprender, abonda con achegarse á pantalla do computador para procurarmos no Youtube o tutorial idóneo. Porén, Nós Diario pretende aforrarlle ás lectoras o arduo paso da pescuda, para que poidan pasar directamente á aprendizaxe. Velaquí unha cartografía dos principais recursos para aprender baile e música tradicionais online, quer para quen non ten nin idea quer para perfeccionar puntos ou toques ás que xa saben un chisco. Primeiros pasos Coa chegada do confinamento, a Antonio Prado faltoulle tempo para ofrecer aulas de balde e a distancia na súa canle de YouTube, baixo o título \"Corentena con baile tradicional\". Para alén de percutir en Aliboria, é mestre neste eido, e coa actividade totalmente paralizada nestas semanas quixo achegar o seu gran de area para que a xente \"tivese algo co que entreterse\". \"Estou moi sorprendido coa cantidade de persoas que desde distintos sitios o están seguindo\", afirma Prado, mesmo preguntándolle dúbidas. Son aulas de iniciación, especialmente destinadas a aquelas \"que non teñen ningún coñecemento\". Así, mesmo sen sabermos nada do tema, é posíbel saír bailando do confinamento. \"Estou moi sorprendido coa cantidade de persoas que desde distintos sitios o están seguindo\", afirma Prado, mesmo preguntándolle dúbidas Máis alá destas achegas actuais, mergullándonos na rede podemos acceder a recursos máis antigos, tamén para principiantes. Algúns dos máis populares son os ofrecidos polo colectivo Ardelloeixo, do que Prado fixo parte, aínda que, como nos conta, arestora está desactivado. Con todo, a plataforma serviu en boa medida como promotora da recuperación do baile tradicional espontáneo na zona da Coruña, \"un éxito rotundo\" que se dá ademais \"sen un fondo de escenario\". Dentro deste labor, deixaron na súa canle de Youtube unha serie de vídeos nos que se internan nos distintos paus: Aroa Carballo ensina pasodobre, Olga Kirk e Pablo Díaz danlle unha volta ao valse ou á xota, Micaela Areas partilla os inicios na muiñeira, Xurxo Fernandes ofrece unha aula de maneo... Outra das persoas vencelladas a este grupo, Xurxo Fernandes, tamén ofrece desde a súa canle privada algunhas aulas de iniciación á pandeireta, explicando desde como se agarra o instrumento e os movementos máis básicos até ritmos de muiñeira ou xota, nivel elementar. Doutra banda, \"Gaita e Percusión de Galicia\" foca a atención no ensino da música. Sergio López Santos ofrece, por exemplo, tutoriais para aprender a técnica da pandeireta galega, que, a diferenza doutras, agárrase coa man dominante e móvese facendo que golpee sobre a contraria. Ademais, López comparte consellos de mantemento ou mesmo aulas breves de notación musical. Un punto ao día Unha das caras máis coñecidas do ensino telemático é Luis Prego, cuxa iniciativa máis salientábel foi a canle \"Un punto ao día con Luis Prego\". O desafío durou un ano, cos seus 366 puntos para os calendarios bisestos, partillando os resultados das súas recollidas. A idea xurdiu a raíz da súa experiencia docente, nas aulas que imparte en Lourido (Salvaterra de Miño). \"Eu dáballe clase a unha familia\", conta, \"e cando unha das fillas marchou estudar a Compostela, a nai mandáballe os puntos gravados. Pensei que iso se podía facer a nivel global\". Ao mesmo tempo, deixouse inspirar polo traballo de Isidro Vidal, quen asumiu o reto de crear \"unha composición de gaita ao día\", refire. \"Se el podía, non ía ser eu capaz?\", brinca. E vaia se era certo. Prego localiza todos os movementos segundo a zona na que foron recollidos, o tipo de baile e o nivel, dando unha escolma ben ampla para todo o que queira ensanchar coñecementos de cara ás foliadas. Neste mesmo senso, cómpre citar as aulas de Artur Pastoriza Puga a través da súa conta persoal de Facebook, orientadas a todos os niveis. Perfeccionamento Para alén do máis, durante os días de corentena, Prego está a partillar no Facebook videotutoriais de percusión tradicional. Estas achegas están baseadas nun grupo desta mesma rede que xestiona, \"Baile e música de Galiza\", no que se atopan accesíbeis os brutos de máis de 300 recollidas. Mergullarnos neste recurso tamén pode facer medrar o repertorio. Porén, como nos conta Prego, a xente adoita preferir o fragmento do vídeo exacto. Ademais, o audiovisual ten as súas limitacións. \"Hai moitos detalles que pasan desapercibidos\", explica, \"cousas que notas cando estás diante da xente maior, aprendendo, que non quedan reflectidas\". Un toque no que aumenta o volume, un movemento determinado da man que non se ve no rexistro, testemuños que só fican na memoria. Esas sons as particularidades que ocupan os seus últimos vídeos, para que \"a xente que xa controla un pouco tamén se entreteña\". \"Hai moitos detalles que pasan desapercibidos\", explica Prego, \"cousas que notas cando estás diante da xente maior, aprendendo, que non quedan reflectidas\" Por petición popular, hai pouco máis dun mes Xabier Díaz tamén se sumou á onda e comezou a subir tutoriais de como tocar algunhas das súas pezas máis coñecidas. Outra boa opción para incorporar máis pezas de pandeireta á lista, iso si, para alumnas avanzadas. Como declaraba Díaz na recente entrevista publicada no noso semanario Sermos Galiza, o que isto demostra é \"o magma tan inmenso de xente que toca a pandeireta\" que hai agochado nese \"país do vento\" d'As catedrais silenciadas. Para quen non teña o corpo para bailar ou tocar, mais sinta interese por comprender o fenómeno do baile e a música tradicional, o audiovisual estase tamén a converter nunha maneira moi dinámica de trasladar coñecementos no eido. Un dos achegamentos máis completos veu da man de Punto e Volta, un proxecto que recolle en múltiples entrevistas diversas perspectivas contemporáneas que se aglutinan arredor do noso baile e música -desde a perspectiva de xénero até a pertinencia de incluír as cantigas en castelán como parte do noso acervo musical-, así como algunhas pezas que poden servir de inspiración. Parte das súas creadoras están implicadas noutro proxecto do que onte dabamos conta neste xornal, Dorothé na vila, un documental que porá face ás informantes do Cancioneiro Popular Galego. O proxecto Pesquedellas, pola súa banda, procura interesar á xente nova no tradicional a través dun documental e a inclusión de múltiples contidos paralelos na rede. Dar o salto ao torreiro Con todo, o máis importante é que non quede aí. \"Trátase de ter as primeiras nocións para animarse a ir a unha foliada ou a aulas\", insiste Prado. Porque o sentido verdadeiro de baile e música está na festa comunal. E mentres non chega o momento para compartir espazo no torreiro real, podemos optar polo encontro telemático. Após o éxito da \"Foliada na Cozinha\", un evento de Facebook no que as persoas interaccionaban compartindo puntos e cancións, o profesorado da Gentalha do Pichel -que, por certo, como outros proxectos mantén o ensino de maneira virtual- traslada a iniciativa ao \"Salom\", este domingo a modo de sesión vermú. \"O baile sempre foi unha ferramenta de comunicación e de cohesión social\", explica Carme Campo A boa acollida reside \"na necesidade que ten a xente de ser parte dunha comunidade\", entende Carme Campo, mestra na asociación. \"O baile sempre foi unha ferramenta de comunicación e de cohesión social\", explica, e do mesmo modo funciona no torreiro virtual, en especial grazas á súa dimensión lúdica \"que nesta época de reclusión tamén é precisas\". Así pois, o convite está feito. E non saber xa non serve de escusa."}
{"ID": "NOS_55509", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) revelou hoxe a sentenza contra a que fora alcaldesa de Moraña e o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. A xuíza impuxo unha pena de dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargo público. Porén, recurrirá a resolución ante a Audiencia Provincial.", "text": "A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, anunciou esta tarde a súa renuncia ao cargo despois de que o Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra a sentenciase, xunto ao ex presidente da Deputación, Rafael Louzán, a dous anos de prisión e oito anos de inhabilitación para cargo público por un delito de prevaricación e fraude pola súa \"cooperación necesaria\" nunha adxudicación irregular dunha axuda pública. Malia presentar a súa dimisión por verse relacionada co caso, relativo á súa etapa de alcaldesa de Moraña, polo pago dunha subvención para facer unhas obras no campo de fútbol do municipio que xa case estaban executadas, Piñeiro afirmou que pensa recurrir a decisión xudicial. Como cabe recurso ante a Audiencia Provincial, defenderá a súa \"honorabilidade\" e o \"seu proceder\" cando era rexedora. Comentou que traballou \"única y exclusivamente polo benestar dos veciños de Moraña\", algo que fixo \"incansábelmente\". Así o explicou esta sexta feira nunha comparecencia ante os medios decorrida na sede provincial do Partido Popular en Pontevedra. A xa ex delegada da Xunta aclarou tamén que é baixa do partido a pesar de que a \"sentenza non é firme\". En calquera caso, amosouse \"sorprendida\" pola decisión da xuíza. Síntese inocente, porén marcha para \"non prexudicar ás institucións que representa\". Así o falou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e o máximo responsábel do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda. Ademais, cargou todas as culpabilidades sobre a Deputación, mais o que fora responsábel desta tamén anunciou que recorrerá o fallo. En concreto, a maxistrada indica no auto que considera probado que Piñeiro e o ex presidente da Deputación, Rafael Louzán, \"cometeron irregularidades para outorgar 86.311 euros a unha constructora para compensala por un sobrecoste nas obras do campo de fútbol de Moraña\". A sentenza tamén afecta a outras persoas, entre as que están responsábeis da empresa adxudicataria e doutras firmas que aceptaron participar nun procedemento de licitación supostamente ficticio."}
{"ID": "NOS_13314", "summary": "Se existe unha imaxe paradigmática da Serra do Xistral é a dos cabalos ceibes. A celebrar a súa existencia, a súa utilidade, o seu valor, dedica o Concello de Muras a Feira do Poldro e do Gando do Monte, que esta fin de semana atinxe a súa edición número 31.", "text": "\"O gando cabalar do monte ten moita importancia\", sinala a teniente de alcalde de Muras, Belén Chao, \"e nós queremos poñelo en valor. Na actualidade está vido a menos e queremos revertelo\". A carne de poldro non se consome como se consumía, a despoboación do rural afecta a cabana gandeira, e os ataques do lobo medran. \"Pretendemos darlle o valor que ten, e non só á carne. O gando no monte inflúe na paisaxe e actúa como cortalumes\", di. Malia a que cada vez hai menos cabalos no monte, o seu prezo aumenta. \"Os criadeiros crían menos e os lobos matan cabezas, e así o prezo sobe\", explica Chao. Ao tempo, as formas de comercio tamén mudan. As feiras perden o seu sentido comercial, porque os tratantes van na procura da carne casa por casa. Pero manteñen o de mostra, que xuntará este domingo 23 de setembro arredor 500 cabezas. A Feira do Poldro naceu hai 31 anos dedicada ao \"gando en liberdade\". \"A primeira convocatoria foi case improvisada\", relata a edil, \"saíu moi ben e até hoxe\". Os actos programados desta 31ª edición xa comezaron o pasado fin de semana cunhas xornadas de degustación de carne de poldro que se estenden até o sábado 22 de setembro: \"Pódense elaborar pratos de caldiade e sabrosos, como empanada ou hamburguesa\". O propio sábado, véspera do día grande da feira, haberá música e unhas Olimpiadas Rurais con xogos ecuestres, organizadas en colaboración coa Asociación Atila de Amigos dos Cabalos. Ao día seguinte, domingo, será a xornada principal da Feira do Poldro e do Gando do Monte. Haberá unha exhibición de poda en altura (ás 11.00 da mañá), paseos a cabalo para os pequenos e un concurso morfolóxico a cargo de Pura Raza Galega (Puraga) (ás 12.00 horas). Entre o mediodía e as 14.30, poderá degustarse a hamburguesa Gañidoira de carne de poldro. Un roteiro de observación dos cabalos no seu propio hábitat, a serra do Xistral, e, xa de tarde, carereiras de cabalos completarán o programa."}
{"ID": "NOS_20268", "summary": "Tanto as superficies forestais como pastos aumentaron", "text": "Galiza perdeu terras agrícolas ao longo de 2019, mentres que tanto as superficies forestais como pastos aumentaron, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura do Sistema de Información Xeográfica das Parcelas (Sigpac). Deste xeito, as terras de cultivo descenderon na Galiza en perto de 8.000 hectáreas en 2019 (até un total de 310.854 hectáreas). Porén, o total de cultivos permanentes totais aumentan lixeiramente (de 51.770 a 52.094 hectáreas), coas árbores froiteiras como maios extensión (unhas 30.000 hectáreas), seguidas das viñas (máis de 21.000 hectáreas). En canto á superficie forestal, ascendeu en 1.000 hectáreas máis e chega xa a un total de 1.086.310 hectáreas. Este millón de hectáreas distribúense en máis de cinco millóns de recintos (o que representa máis da metade de todo o Estado). En canto aos pastos, aumentaron unhas 7.000 hectáreas e xa alcanzan as 1.237.543 hectáreas, neste caso en case seis millóns de recintos."}
{"ID": "NOS_38311", "summary": "En declaracións a Sermos Galiza, a portavoz do Encontro Cidadán di que gostaría de que a marca que se apresentase ás xerais fose simplemente \"Marea Galega\", \"un nome que identifique a unidade e non a un partido político concreto\".", "text": "A apenas nove días de que conclúa o prazo para apresentar coligazóns ao 20-D, algúns aspectos sobre o proceso da Marea Galega están aínda por definir. Primeiro, a forma de escolla das e dos candidatos, se por primarias ou por consenso entre os seus distintos componentes. Segundo, o nome da candidatura, que marca aparecerá na papeleta co que tentarán seducir o eleitorado. Sobre o primeiro aspecto da cuestión, a portavoz de Encontro Cidadán por unha Marea Galega, Marilar Aleixandre, é taxativa, en declaracións a Sermos Galiza: \"Ten que ser un proceso de primarias abertas. É o que defendimos desde o principio\". En relación ao segundo asunto, a voceira do colectivo expresa tamén a súa opinión: \"Eu gostaría de que a marca coa que fósemos ás eleccións fose, por pór un exemplo, a Marea Galega, ou sexa, un nome que identificase a unidade e non a un partido político concreto\". Ir ás eleccións como Marea Galega batería coas liñas marcadas por Podemos sobre a súa forma de concorrencia ás xerais Este desexo batería coas liñas marcadas por Podemos, unha das organizacións que partillan presenza coa Marea Galega no Foro Político constituído a sexta feira 16 de Outubro. A organización de Pablo Iglesias, como se sabe, decidiu nun congreso e logo nun referendo que iría ao proceso eleitoral coa marca Podemos en todo o Estado e, nas circunscricións galegas, catalás e valenciás, coa denominación de Podemos-X ou X-Podemos. Aleixandre enfatiza que ela fala en todo momento en nome do Encontro, mais que esta plataforma está xa integrada no Foro Político e que a partir de agora é esa nova entidade a que se ten que pronunciar. Dá por finiquitado o diálogo co Bloque Nacionalista Galego? A este respeito, apela ao \"optimismo da vontade\", afirma que o \"6-N é o prazo último\" e que \"non querería tirar a toalla até o día 5\". Outras voces Outras fontes integradas no Foro Político -en concreto, fontes de Anova- consultadas por Sermos Galiza son, a respeito das primarias, menos entusiastas que a portavoz do Encontro. Non por filosofía política, senón porque \"os prazos son os que son e non está claro que teñamos tempo abondo por diante para realizar unhas primarias con garantías\". \"En todo caso, isto non é algo que teña que decidir Anova, senón o conxunto dos actores que facemos parte do Foro Político\"."}
{"ID": "PRAZA_4675", "summary": "O pasado 6 de xaneiro, a lotaría do Neno deixaba 120 millóns de euros en Monforte de Lemos. Un grupo de veciños, agraciados e non agraciados, decidiu impulsar unha Fundación que, coas achegas que reciba, impulse o desenvolvemento da vila.", "text": "O pasado 6 de xaneiro, a lotaría do Neno deixaba 120 millóns de euros en Monforte de Lemos, incluídos os 40 millóns do premio especial a un décimo. Unha chuvia de cartos nesta vila ferroviaria duns 20.000 habitantes afectada coma tantas pola crise e que viu como a fortuna lle sorriu grazas ao 76.254, un número repartido entre centos de veciños agraciados. Pero máis alá de festexos e parabéns, algúns dos premiados preferiron pensar máis aló e cavilaron xuntos en como conseguir que este agasallo da fortuna acabase por revertir na cidade e no seu futuro. En como conseguir que cando menos unha parte deses millóns que chegaron como regalo de Reis acabaran tamén por ter un beneficio colectivo para unha vila e unha comarca necesitadas, como tantas outros, dun mellor horizonte. Tres agraciados co premio da lotaría lanzaron a idea e trasladáronlla ao Concello, que buscou un grupo de persoeiros promotores da fundación Tres foron os monfortinos que se puxeron mans á obra e que trasladaron a súa idea ao alcalde, Severino Rodríguez, que contactou con varios persoeiros veciños de Monforte ou con relación coa cidade e que representasen diversos sectores profesionais e ámbitos sociais da vila para que fosen eles os encargados de lanzar a iniciativa e darlle forma á idea: a de crear unha fundación \"que administre, en beneficio do progreso da cidade, fondos procedentes do premio da lotaría de Reis e de achegas de particulares\". Un colectivo aberto a todos e todas para lograr que esa inxección económica reverta na zona e lle dea aos monfortinos un mellor e máis esperanzador futuro. Desde todos e para todos. Entre ese grupo, a ex presidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas -oriunda e asidua de Monforte, onde seu avó ten unha rúa- ou Julia Otero, xornalista monfortina afincada en Cataluña. Elas dúas comprometéronse desde un principio e exerceron como caras visíbeis dun proxecto no que comprometeron a súa implicación persoal e económica. A maxistrada foi das primeiras que descolgou o teléfono para chamar a posibles interesados nunha futura fundación que manexa xa o nome de Semente de Monforte de Lemos. Julia Otero ou María Emilia Casas son as caras visíbeis dun proxecto co que se comprometeron persoal e economicamente \"Ten un fin social e de desenvolvemento económico. É unha iniciativa de monfortinos agraciados pero aberta tamén a monfortinos non agraciados e á participación de todos\", explicaba María Emilia Casas na presentación do proxecto. Ramón Casanova, profesor xubilado e outro dos integrantes do grupo fundacional, explica a Praza que o proxecto \"está empezando a andar\" e que a idea agora é constituír canto antes unha primeira asociación que sería o xermolo desa futura fundación. Será este primeiro colectivo, e tendo en conta os apoios recibidos, o que determinará se o proxecto final sae adiante. Polo momento, xa foron varias as persoas premiadas pola lotaría que chamaron para se interesar pola idea e comprometer unha achega. \"Pero calquera pode axudar, fose agraciado ou non ou viva en Monforte ou non\", aclara Casanova. \"Isto non é caridade, senón unha aposta de futuro, un intento de revertir os cartos en Monforte\", explica quen conta que entre as ideas que se meditaron tamén está a de que eses futuros proxectos que saian da fundación, e sempre que vaian por bo camiño, poidan axudar de volta ao proxecto para seguir creando riqueza na vila. Unha roda que xire para non parar de moverse. Pero para iso aínda falta. A asociación que se creará de maneira inmediata desaparecerá para dar paso á fundación, sempre que se consiga unha achega de cartos importante para poñela en marcha. De non ser así, todo o recadado irá, en todo caso, destinado a entidades sociais. Pero o propósito é moito máis ambicioso. \"A xente nova ten que aproveitar todo o seu potencial, non pode quedar no camiño\", di un dos promotores O primeiro obxectivo e Semente de Monforte de Lemos sería, no eido social, o de investir parte do diñeiro recadado en alimentos, artigos de primeira necesidade ou axudas para a vivenda para as persoas máis necesitadas do municipio, así como na creación dunha liña de bolsas para financiar os estudos universitarios da mocidade con poucos recursos económicos. \"Porque a xente nova ten que aproveitar todo o seu potencial, non pode quedar no camiño\", di Casanova. No eido laboral e de apoio a emprendedores, a fundación financiará proxectos empresariais para desenvolver en Monforte. Para isto crearase unha páxina web a través da que persoas de todo o Estado poderán presentar proxectos que serán estudados e valorados por unha comisión integrada por expertos e expertas da vila e das universidades galegas. \"A idea é revitalizar a cidade e dar opcións e apoio a tanta xente que ten tantas boas ideas que moitas veces non son quen de levar a cabo por falta de cartos\", insiste quen pensa xa en que, se todo sae ben, esas novas empresas que se creen nan vila poidan \"revertir na propia fundación\" e continuar colaborando noutros proxectos. Porque esa é a clave da idea: crear o futuro para seguir creando máis futuro. \"E aquí contamos todos, porque ademais serían os doantes, os que fagan achegas os que decidirían; é o pobo quen ten a palabra e quen manda\", remata Casanova, que forma parte deste grupo promotor con outra xente vinculada á educación, como Sara Fernández e Manuel López Eiriz; á empresa, como César Vázquez e Ovidio Pérez; ou á cultura, como de Pilar López e Ramón Rodríguez."}
{"ID": "PRAZA_5043", "summary": "O monumento foi cedido en 2010 á Xunta para que tivese un uso como \"centro de divulgación e promoción da moda, o viño e as augas medicinais da comarca\". Porén, o Goberno galego prepara a instalación alí dun Parador", "text": "O Castelo de Monterrei, considerado Ben de Interese Cultural (BIC), é un monumento de propiedade estatal, que lle foi cedido gratuitamente á Xunta en 2010 por parte do Goberno central para o seu uso, especificamente, como \"centro de divulgación, innovación e promoción da moda, o viño e as augas medicinais da comarca, e restauración e musealización dos edificios e arquivo das tradicións dá fronteira e pobos próximos\". Porén, o proxecto no que o Goberno galego leva meses traballando é moi distinto. Xa en decembro sóubose que a Xunta encargara un estudo para analizar o uso hostaleiro do monumento, e nos últimos días o propio Alberto Núñez Feijoo confirmou as intencións do seu executivo de que as obras de rehabilitación leven á instalación alí dun Parador. Un aproveitamento privado para un castelo de propiedade pública. O proxecto da Axencia Turismo de Galicia é complementario ao de rehabilitación que se está levando a cabo cun 80% de fondos FEDER e o 20% de fondos FCI, cun orzamento de 2,1 millóns de euros. As sospeitas fixeron que xa hai unhas semanas a Asociación Cultural Alto Támega comezase a recollida de sinaturas para demandar un \"uso público\" para o castelo, e recentemente vén de constituírse a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei. Estes colectivos lembran igualmente que a 200 metros da fortaleza se atopa o antigo Parador de Turismo de Monterrei, pechado durante varios meses ao ano por falta de clientes e construído sobre o vello predio do convento dos xesuítas. Os veciños sinalan, finalmente, que as obras de rehabilitación están a ser \"máis agresivas do proxectado\" e poderían estar a causar danos no monumento. \"Non será todo isto unha manobra para acometer unha rehabilitación con fondos públicos de cara a incrementar o valor patrimonial de Paradores e despois proceder a unha sospeitosa cesión a mans privadas?\", pregúntase o BNG Fronte a estas voces contrarias, o Concello de Verín puxo en marcha unha campaña en defensa do proxecto. O primeiro paso desta iniciativa foi colgar o proxecto de rehabilitación na páxina web do Concello, na que aparece tamén unha recompilación dos 16 castelos que foron restaurados e que acollen un Parador de turismo no seu interior. O rexedor, Jiménez Morán, di non entender as protestas, \"porque conservamos o uso público da fortaleza, os postos de traballo do Parador e, ademais, aproveitamos para impulsar a economía local\". O alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Conde, anunciou tamén outra campaña desde o seu Concello, a pesar de que semanas atrás se amosara crítico co proxecto, sobre todo polo feito de non ter sido informado de que coñecelo \"polo BOE\". Pola súa banda, o proxecto tamén atopou o rexeitamento frontal do BNG, que ve \"unha manobra sospeitosa\" que non se xustifica nin pola creación de postos de traballo nin pola dinamización da comarca\". \"Non será todo isto unha manobra para acometer unha rehabilitación con fondos públicos de cara a incrementar o valor patrimonial de Paradores e despois proceder a unha sospeitosa cesión a mans privadas?\", pregúntanse. De igual xeito, nos últimos días Eladio Anxo Fernández Manso manifestaba, a respecto da \"desfeita de facer un hotel no castelo de Monterrei\" que \"é alucinante que haxa diñeiro público para restaurar e acondicionar o castelo como hotel, pero non para coidalo como ben público\". \"Na miña opinión\" -dicía- \"o que cómpre facer co castelo e o seu entorno (tamén moi valioso) é restauralo e habilitalo para a celebración de todo tipo de actos de carácter cultural e lúdico, co único límite da conservación dos edificios. No propio castelo ou nas casas próximas deberíase situar un museo histórico-etnográfico da comarca\". \"Privatizar o espazo público coa escusa do abandono do mesmo é un malgasto económico e un empobrecemento xeral da sociedade, ademais dunha proba evidente do fracaso dos que deben velar polo patrimonio común, os políticos\" Fernández Manso concluía que \"privatizar o espazo público coa escusa do abandono do mesmo é un malgasto económico e un empobrecemento xeral da sociedade, ademais dunha proba evidente do fracaso dos que deben velar polo patrimonio común, os políticos. Se, ao final, se habilita como hotel todos os cidadáns e todas os cidadás, de Monterrei ou de fóra, seremos máis pobres, mesmo os que defenden o cambio de uso\". Séculos de historia A fortaleza-pazo da acrópole de Monterrei é a mais grande e mellor conservada de Galicia. Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e actualmente é BIC, con categoría de Monumento, a máxima protección para un inmoble, incluído no catálogo de Monumentos del patrimonio histórico de España. Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e actualmente é BIC, con categoría de Monumento, a máxima protección para un inmoble O castelo foi construído por Afonso Henríquez, posteriormente rei de Portugal, no século XII, pero a fortaleza ocupaba xa o vello castro prerromano de Baronceli. O lugar foi testemuña das loitas do mosteiro de Celanova -dono da acrópole-vila- cos distintos reis para destruílo, rematando a loita Afonso IX, quen tomou o castro como feudo propio e trocou o nome polo de Monterrei. Nos tempos dos Reis Católicos configurouse o Condado. Este castelo foi ademais o lugar onde se imprimiu o primeiro incunable de Galicia, o Misal de Monterrei. A súa decadencia comezou co traslado do rexemento militar a Verín a finais do XVIII, seguiu coas guerras napoleónicas e rematou coa desamortización. A fortaleza quedou esquecida até os anos 60 do século XX, en que se fixeron algunhas reformas, con resultado negativos. Só nos anos 90 se levaron a cabo uns primeiros e tímidos intentos museísticos."}
{"ID": "NOS_9498", "summary": "O Deportivo sumou un punto importante en Málaga cara a salvación. O Lugo non foi quen de superar o Alcorcón nun partido sen goles. En Segunda B, os dous encontros entre conxuntos do país remataron con reparto de puntos.", "text": "Resultados: Fútbol: Primeira división: Málaga-Deportivo 1-1Celta-Real Madrid 2-4 Segunda división: Lugo-Alcorcón 0-0 Segunda división B: Logroñés-Celta B 1-2Coruxo-Racing Ferrol 1-1Somozas-Compostela 0-0 Baloncesto: ACB: Estudiantes-Obradoiro 79-57 LEB: eliminatoria polo ascenso ACB Breogán-Navarra 91-75Ourense-Melilla 86-84 Liga Feminina: rematou a temporada Ferrol (11º posición) Liga Feminina 2: rematou a temporada Celta Selmark (6º posición) Pabellón Ourense (descende) Balonmán: Liga Asobal: Anaitasuna-Cangas 27-24 Hockei: OK Liga: sen xornada até o 9 de maio"}
{"ID": "NOS_13322", "summary": "A EMPL insta o Parlamento europeo a que rexeite o tratado con Canadá, pendente de ser ratificado pola Eurocámara. Ve nel prexuízos para emprego, salarios e un factor de desigualdade social.", "text": "Por 27 votos a favor e 24 en contra, a comisión de Emprego e Asuntos Sociais do Parlamento europeo (EMPL) aprobou instar a Eurocámara a que rexeite o CETA con Canadá. No texto, solicítase á comisión de Comercio Internacional, \"competente para o fondo\", que recomende o rexeitamento por parte do parlamento da decisión do Consello europeo dun acordo económico e comercial global, o CETA, entre Canadá, a Unión Europea e os estados membros. Entre os argumentos expostos figura o impacto no traballo. Así, esta comisión fai referencia a estudos e investigacións que prognostican a destrución de postos de traballo e \"un aumento do desemprego a longo prazo\". Tamén se refiren aos salarios, apontando que os dados empíricos mostran que o CETA axudaría a ensanchar e alargar a fenda salarial existente entre traballadores cualificados e non cualificados, o que levaría asociado un incremento da desigualdade e tensións sociais. Ademais, lembra a comisión, o acordo non contén apartados con medidas destinadas especificamente ás pequenas e medianas empresas, base do tecido económico e de emprego europeo. Na actualidade hai perto de 21 millón de pemes na Unión Europea, o 93% das cales teñen menos de 10 persoas empregadas. Só 619.000 destas empresas exportan fóra da Unión Europea. No marco da liberalización que implicaría o CETA, as pemes ficarían expostas perante as trasnacionais estadounidenses, poñendo así en risco centos de miles de empregos. O vindeiro 24 de xaneiro procederase a votar o acordo do CETA na INTA, a comisión de Comercio Internacional. A seguinte comisión en dar a súa opinión vai ser a de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Aklimentar (ENVI), o vindeiro 12 de decembro. Este acordo entre UE-Canadá está pendente de ser ratificado polo Parlamento europeo."}
{"ID": "NOS_6878", "summary": "Na véspera do vixésimo aniversario da insurrección armada do Exército Zapatista de Liberación Nacional ( EZLN ), o sub-comandante Marcos sostivo nun comunicado : \"A Rebelión non é patrimonio exclusivo dos zapatistas. E iso é algo que hai que celebrar. En todas as partes, todos os días e todas as horas\".", "text": "Na véspera do vixésimo aniversario da insurrección armada do Exército Zapatista de Liberación Nacional ( EZLN ), o sub-comandante Marcos sostivo nun comunicado : \"A Rebelión non é patrimonio exclusivo dos zapatistas. E iso é algo que hai que celebrar. En todas as partes, todos os días e todas as horas\". \"É territorio zapatista, é Chiapas, é México, é Latinoamérica, é a Terra. E é decembro de 2013, vai frío como hai 20 anos e, como daquela, hoxe unha bandeira danos acubillo: a da rebeldía\". Así conclúe o comunicado zapatista que se distribuíu nas comunidades indíxenas nas vésperas do aniversario daquel 1 de xaneiro de 1994 no que aconteceu a insurrección do EZLN. Un comunicado escrito no estilo que o zapatismo fixo xa marca da casa e no que a poesía é, como dicía aquel vasco, un arma cargada de futuro. Entre os temas tratados, o papel dos medios de comunicación, as responsabilidades dos gobernos, a necesidade de manter a rebeldía... \"Porque a loita é colectiva, mais a decisión de loitar é individual, persoal, íntima, como o é a de seguir ou claudicar\"."}
{"ID": "NOS_48768", "summary": "A entidade prevé dedicar unha nova camelia do xardín do castelo de Soutomaior á escritora Emilia Pardo Bazán. Esta é só unha das actuacións previstas para este ano, no que se vai traballar na dixitalización da rede de información.", "text": "Nunha época na que o turismo non vive o seu mellor momento e quizais tarde en recuperarse, algunhas administracións públicas xa pensan en como facer atractivas de novo as localidades para reactivar as visitas após a pandemia. É o caso, por exemplo, da Deputación de Pontevedra que hoxe anunciou a licitación da iniciativa Tourist Inside, para potenciar un modelo de turismo \"sostíbel e adaptado\". A presidenta da Deputación, Carmela Silva, concretou que está previsto un investimento de 1,5 millóns de euros para camiñar cara un turismo de carácter \"intelixente, dixital, innovador, sostíbel e adaptado ás demandas\" das visitantes. O programa Tourist Inside, segundo a representante, vai permitir transformar a oferta existente actualizándoa. Por exemplo, vanse modificar as oficinas de información das Rías Baixas e vanse colocar puntos virtuais. As e os visitantes tamén disporán de aplicacións para os móbiles e, ademais, vaise facer \"unha forte aposta no marketing en liña e a optimización dos portais web\". Deste xeito, pénsase nunha promoción a gran escala, pero nun ámbito no que aínda queda moito por explorar e a proximidade ás potenciais viaxeiras permite empregar outros modelos publicitarios. A Deputación concretou que a medida programada nos orzamentos tamén vai probar a idea piloto da \"praia intelixente\", a través da que se procurará xestionar o estado da auga, o tráfico nos accesos a estes espazos, a recollida de lixo e a capacidade dos areais, máis tendo en conta as complicacións da situación actual. De feito, este pasado verán xa se viron praias con parcelas e outros sistemas por toda Galiza. Estratexia global a medio prazo A máis medio e longo prazo, prepárase un Plan Estratéxico de Turismo que se vai tecer co traballo especializado en mesas temáticas que empezarán a funcionar a partir da semana próxima. Como sempre, todo isto vaise dar ao tempo que continúan outras actuacións previas como os arranxos no castelo de Soutomaior ou o nomeamento de novas camelias no Xardín de Excelencia Internacional do complexo. Este ano, coincidindo co centenario do seu pasamento, terá unha co seu nome Emilia Pardo Bazán."}
{"ID": "NOS_14640", "summary": "Galiza, malia estar controlada polo titular do reino de Castela, mantíñase firme ante a liña atlantista, polo que son moitos os nobres galegos que intentan que se perpetúen os dereitos da casa de Borgoña: Xoán Fernández Andeiro, Men Rodríguez de Seabra e Fernán Ruiz de Castro, entre outros, serven de bo exemplo. Mais logo do pasamento de Pedro I, quizais este Castro foi a alma mater do propósito de impulsar un rei afastado de Castela, neste caso portugués, para gobernar o territorio galego.", "text": "Alén da postura de Fernán Ruiz, nalgún caso vacilante, a situación particular e os intereses familiares deberon axudar a apuntalar a defensa \"petrista\". Lembremos, por unha banda, que Fernando I de Portugal estaba casado con Xoana Afonso de Castela, irmá de Pedro I, e este con Xoana de Castro, irmá de Fernán Ruiz, como tamén o é a mítica Inés de Castro, última muller de Pedro I de Portugal. A este respecto non podemos esquecer que Fernán Ruiz estivera ao servizo do monarca castelán nas súas condicións de Alférez e Mordomo Maior do Rei. Fernando I de Portugal e V da Galiza En Portugal, por outra banda, Fernando I xa se dicía herdeiro dos estados do rei castelán, quen estaba asesorado por varios nobres galegos, entre eles: un irmán de Fernán Ruiz, Álvar Pérez de Castro, e Nuno Freire de Andrade, mestre da Orde do Cristo. Na empresa de se facer co reino da Galiza, o portugués introdúcese por Tui e vai a Compostela. Nesta urbe, e segundo o que achega López Ferreiro, valeuse de Fernán Ruiz, \"el cual estimuló a los de Santiago para que se sublevasen contra el Arzobispo D. Rodrigo de Moscoso y reconociesen el Monarca portugués\". Desterrado o pontífice, como se recolle no Tombo C do ACS, alzáronse \"con o señorío da dita cidade\". Segundo se afirma na Chronica do Senhor Rei D. Fernando, escoitaran a voz do portugués moitas vilas e cidades, entre as que estaban \"Tuy, Padron, Arrocha, A Coruña, Salvaterra, Bayona, Alhariz, Milmanda, Arahujo, a cidade d'Orense, a villa de Ribadavia, e Lugo, a cidade de S. Thiago, que se deu mais tarde e con certas condicções\". A corte coruñesa Cando Fernando I chega á cidade brigantina, na que instala a súa corte, é recibido por unha multitude de persoas secundadas por Xoán Fernández Andeiro. Na sinalada crónica recóllese así: \"N'isto, chegou el-rei D. Fernando á vista do logar e os da villa o sahiram todos a receber, e entre elles João Fernández Andeiro, que era o máis honrado do logar (...). E João Fernández, porque ainda não vira el-rei de Portugal, ia dizendo alta voz entre os outros todos: 'Hu vem aqui meu senhor el-rei D. Fernando?' El-rei, quando isto ouviu, deu d'esporas o cavallo em que ia e disse: 'Eu sou, eu sou', e então lhe beijou a mão a aquelles todos que iam de companhia\". Xoán de Gante nas Chroniques de Jehan Froissart. / Bibliothèque Nationale de France Por outra banda, Fernán Ruiz pon a disposición do portugués unha serie de vilas e fortalezas que lle eran fieis e, segundo Esteban de Garibay, os galegos chamaran por Fernando \"con offerta de recibirle por Rey: por lo qual el Rey de Castilla cercó a Çamora por el mes de Iulio, pero dexando este assido, fue a Galizia, que casi estando para se rebelar toda, se dio la Coruña por el Rey Don Fernando\" no mesmo ano de 1369. Seguido por Beltrand du Guesclin e as compañías de bretóns, Henrique II preséntase axiña en Compostela. O 11 de xullo fica alí e, non querendo entrar en batalla, o rei portugués embarca dende A Coruña cara ao Porto, aínda que deixa ao coidado da cidade a Nuno Freire de Andrade con \"quatrocentos homens de cavallo\"; en Tui, a Afonso Gómez de Lira; \"e em Salvaterra e nos outros logares seus capitães\". Cando Henrique se decata da fuxida, desiste de ir á cidade brigantina e entre Salvaterra e Tui cruza o Miño na busca do portugués. Son os albores das Guerras Fernandinas que non rematarán até 1382, aínda que Fernando I apoiará a Xoán de Gante tempo máis tarde para que consiga o trono galego. Agora ben, o reino da Galiza deixaría de estar paseniño no poder de Fernando. Por intervención do papa Gregorio XI, asínase en 1371 o Tratado de Alcoutim (no bispado de Silves), que entre outras cláusulas recolle que \"D. Fernando casasse com a infante D. Leonor, filha d'el-rei D. Henrique, com a qual houvesse por doação em casamento Ciudad Rodrigo e Valencia d'Alcantar, com todos seus termos, e Monte-rei, e Alhaliz, com seus alfozes e fortalezas, os quaes logares fossem para sempre da corôa do reino de Portugal\". E aínda que cara a primavera se volve reactivar o movemento soberanista en Compostela, o punto de inflexión cara ao declive desta política vén coa batalla de Porto dos Bois, en Palas de Rei, cando Fernán Ruiz perde o combate perante os adiantados de Henrique II. Ao ano seguinte terase que asinar outro tratado, o de Tui, polo cal o portugués é escusado de casar coa infanta e renuncia a aquelas urbes e fortalezas que lle foran doadas, así como Henrique II lle devolve ao seu rival a \"villa de Bragança, que tinha Garcia Alvarez Osorio, e o castello do outeiro de Miranda\". Nesta mesma liña debemos sinalar que \"Tui houbo de ser tomada pola forza en 1372\" por Diego Sarmento, un dos adiantados do rei castelán, como sinala López Carreira; e A Coruña ficaría aínda leal, abastecida por mar, até 1373. Sentenza o mesmo autor que en marzo dese ano poñíase o ramo á intervención de Fernando I de Portugal e V da Galiza coa Paz de Santarem. Pero tamén engade que a liña atlantista continuará aletargada, á espreita dunha nova ocasión, e mantida sobre todo por nobres galegos refuxiados en Portugal, \"onde a Nuño Freire de Andrade se uniron, exiliados\", Fernán Ruiz de Castro e Xoán Fernández de Andeiro. O historiador Ramón Ermida afirma que Fernando I \"actuará até o final dos seus días como un monarca galego-portugués\", acollendo incluso na súa corte e outorgándolle terras e responsabilidades no goberno a \"máis de cincocentos exiliados que deberon abandonar Galiza como consecuencia da súa loita contra Castela\". A quenda dos duques de Lancaster E mentres estes sucesos foron acontecendo, nas Illas Británicas forxábase un novo intento \"lexitimista\". Henrique III de Inglaterra e Filipa de Henao tiveran non poucos fillos ao longo do seu matrimonio, entre outros a Xoán de Gante, duque de Lancaster. Este casa en segundas nupcias con Constanza de Castela, que era filla de María de Padilla e de Pedro I. E aínda que Henrique II de Trastámara pretendeu ocupar os reinos e señoríos deste monarca tras o suceso de Montiel, en Constanza recaían dereitos sucesorios xa recoñecidos nas Cortes de 1361 e que o seu marido faría que prevalecesen. Canda a batalla acontecida entre os irmáns Pedro I e Henrique II, o duque xa tomara partido a prol do primeiro, como tamén o fixera o coruñés Xoán Fernández Andeiro. Este, por ter axudado a que Fernando I de Portugal acadase o trono galego, tivo que se exiliar no país luso, pasando a ocupar a responsabilidade de embaixador de Portugal en Inglaterra e, por conseguinte, persoa do entorno do duque de Lancaster, como tamén o sería \"dom Fernán Ruyz de Castro, pertegueyro mayor de (...) Santiago e moordomo mayor del Rey\". O duque, antes do pasamento do de Trastámara, xa o recoñecera o rei de Inglaterra como lexítimo herdeiro dos territorios da súa muller Constanza. E isto acontece nos últimos días do mes de xaneiro de 1372; porén, catorce anos máis tarde o papa Urbano VI certifícalle a súa lexitimidade nos reinos que foran do seu sogro, rexeitando o pontífice as empresas sucesorias do fillo de Henrique II, Xoán I de Castela (e II da Galiza). Este novo monarca castelán había padecer un sonado revés na Batalla de Aljubarrota, acontecida o 14 de agosto de 1385 entre as tropas portuguesas e inglesas contra as de Castela. De aí a pouco asínase o Tratado de Westminster entre Ricardo II e Xoán de Gante (28 de abril de 1386), por medio do cal ambos monarcas certifican un pacto de lealdade mutua, amais de aseguraren as relacións comerciais británico-peninsulares. De aí a pouco, o 9 de maio, sélase entre Inglaterra e Portugal o Tratado de Windsor, polo que xa estaban prontas as intencións de acadaren tales reinos. A corte do duque de Lancaster en Compostela Así as cousas, o día da festividade de Santiago de 1386, procedente de Plymouth, atracan na Coruña os pretendentes ao trono galego con sete mil soldados. Disque o parlamento británico puxera á súa disposición 1.500 lanzas, outros tantos besteiros e 90 naves da súa frota. Con eles van os mariscais Richard Burley e Thomas Moreaux e as princesas Filipa, Catarina e Sabela, acompañada esta polo seu marido John Holland –duque de Exeter–. Verbo do que nos trae T. Rymer, Xoán de Gante xa se dicía polo 8 de abril dese ano \"rex Castellae et Legionis, Toleti, Galleciae, Sybillae, Cordubiae, Murciae, Giennii, Algarbii et Algesirae, dux Lancastriae et domus Molinae\". Mercé dos acordos estabelecidos entre a nobreza galega e a corte británica que buscaban consolidar un reino galego arredado da meseta española, os estamentos privilexiados do país axiña se poñen a disposición dos ingleses, recoñecendo por reis a Xoán e Constanza, malia o rexeitamento do arcebispo compostelán Xoán García Manrique. Conquistar Galiza supuña para o de Gante ter controlado boa parte do tráfico mercantil do Atlántico e do Mediterráneo. Nárrase dende as Crónicas de Jean Froissart, transcritas nos capítulos vinculados a Galiza e León por Paulo Nogueira Santiago, que Xoán de Gante e o seu séquito fican na Coruña máis dun mes e logo diríxense a Compostela. Os duques –sinala A. López Ferreiro– \"(...) acompañados dos principais cidadáns, que saíran á distancia de dúas leguas para recibilos, entraron vitoriosos en Santiago, onde estabeleceron a súa Corte dende agosto de 1386 até a primavera do ano seguinte\". Froissart tamén informa que os duques e as fillas casadeiras \"se hospedaron na abadía e casa do Señor, onde se acomodaron. Os outros señores, John Holland, Thomas Moreaux e as súas donas albergáronse na cidade coma os baróns e cabaleiros que se puideron hospedar nela, mentres que os soldados durmiron a campo raso ao redor da cidade de Santiago\". Cunha prosa máis rica narrou este feito o propio Manuel Murguía, que considera que a abadía citada non era outra que San Martiño Pinario. Voda por poderes na catedral santiaguesa Instalados na urbe, aos novos reis chegan cartas afectuosas do monarca de Portugal, polo que se estabelecen diálogos e pactos que consolidan a alianza anglo-galego-portuguesa amais de se fecharen acordos para casar a Filipa, filla de Xoán de Gante, con João I de Avis. Chegado o seu momento, segundo López Ferreiro, en Compostela celébrase \"por poderes o matrimonio da princesa dona Filipa, que o duque de Lancaster tivera nas súas primeiras nupcias, co rei de Portugal; matrimonio que bendiciu o arcebispo de Braga e que pouco despois foi ratificado con grandes festas en Porto\". No momento da cerimonia galega, Xoán Rodríguez de Saa representa o cónxuxe e oficia os actos o prelado bracarense Lourenço Vicente. Non esquezamos que João era fillo de Pedro I de Portugal, aquel que namorado da galega Inés de Castro a nomeara consorte logo de morrer asasinada, e cuxa irmá, Xoana, muller de Pedro I de Castela, escolleu o panteón real da catedral de Santiago para dar repouso aos seus restos mortais. Continuando con estes asuntos de estado, política e afectos, o pontífice Lourenço achégase a Celanova en 1387 para acompañar a Filipa á cidade de Porto, onde ha casar –xa non por poderes– o 2 de febreiro. Reis galegos por un ano Se avanzamos coas políticas do duque, debemos sinalar que após o recoñecemento como rei de Galiza en Compostela, tamén o aceptan A Coruña, Baiona, Ferrol, Muros, Noia, Ourense, Padrón, Pontevedra, Ribadavia, Vigo... Achega López Ferreiro que o rei castelán Xoán I de Castela deu Galiza por perdida, tanto é así que os seus conselleiros abandonárona á súa sorte. Porén, as condicións climatolóxicas non lle foron moi favorábeis aos ingleses. Unha forte onda de calor e, seica, excesos na bebida e no xantar ao que eran propensos axudou a que o exército se fose debilitando, e máis aínda cando comezan a caer moitos por mor dos efectos da peste. Alén diso, o arcebispo de Compostela insta a que se defenda León. Axudado polo monarca portugués, Xoán de Gante introdúcese coas súas tropas nesta terra, sen acadar máis que escasas vitorias, soldados debilitados e que –incluso na Galiza– se comezasen a cuestionar algúns dos seus apoios. De costas ao rei portugués, acorda co de Castela renunciar ás súas pretensións sucesorias sempre e cando a súa filla Catarina de Lancaster casase con estoutro. E así foi, o 8 de xullo de 1388 asínase o Tratado de Bayonne que recolle tal avinza, e na que morren, definitivamente, as pretensións dun reino galego gobernado por un príncipe inglés."}
{"ID": "NOS_11419", "summary": "A Mesa anima á sociedade galega a enviar mails á CRTVG para protestar contra a manipulación informativa da cadea. Radio e televisión pública galega foron os únicos medios que censuraron o informe da Mesa sobre que só o 5% das escolas infantías nas cidades imparten o galego. O PSdeG presenta unha denuncia ante a Xunta Electoral contra o tratamento informativo da TVG.", "text": "Esta semana A Mesa deu a coñecer un informe no cal apuntaban a que menos do 10% dos centros de infantil nas cidades da Galiza imparten ensino en galego. Un dato que foi recollido por numerosos medios de comunicación, mesmo alén das fronteiras do noso país. Mais non na radio e televisión públicas de Galiza. Un silencio que non é un feito aillado, lembran desde este colectivo: \"A TVG só cubriu, en todo 2012, unha conferencia de imprensa da maior asociación cultural de Galiza\". Esta actitude do que debe ser un medio público ao servizo de tod@s @s galeg@s levou A Mesa a convidar á sociedade a remitir correos electrónicos ao enderezo dx@crtvg.es, correspondente ao director xeral da Compañía da RTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, nomeado polo PP. \"Silencia, terxiversa e manipula\" O presidente da Mesa, Carlos Callón sinala que a CRTVG silencia, terxiversa e manipula a favor do PP, o cal é máis grave nun momento en que a sociedade precisa estar informada da diversidade e pluralidade de ideas que existen na sociedade\". Desde a organización de defensa da lingua tamén sinalan que \"en toda a lexislatura, só se produciu unha entrevista na RTVG a un dirixente da Mesa\", que foi a coñecida, por agresiva, entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón e, ademais, informan de que \"en todo o que vai de 2012, a TVG só cubriu unha única conferencia de imprensa da Mesa pola Normalización Lingüística\". A proposta de texto da Mesa a remitir nesta campaña podese consultar aquí. Denuncia do PSdeG diante da Xunta Electoral As críticas á cobertura informativa da campaña electoral que se está a dispensar desde os medios públicos galegos non se quedan aí. O PSdeG vén de presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral motivada pola \"falta de pluralismo político e neutralidade informativa da Televisión de Galiza durante a campaña electoral\". O Partido Socialista reclama así mesmo que se acorde unha fórmula coa TVG para que a canle pública \"compense ao PSdeG-PSOE nos tempos que ata o momento non lle foron adxudicados\". O seu secretario de organización, Pablo García cargou contra o que cualificou de \"gubernamentalismo extremo\" da TVG, que segundo afirma \"vulnera sistematicamente calquera principio de neutralidade e obxectividade\"."}
{"ID": "NOS_46600", "summary": "Míriam Ferradáns (Bon-Beluso, Bueu, 1982) é xa unha das voces imprescindíbeis da poesía galega. Ten publicados dous libros, Deshabitar unha casa e Nomes de fume, que lle valeron, respectivamente, os premios Francisco Añón e Pérez Pallaré. Graduada social pola Universidade de Vigo, colabora coa columna mensual \"Palabras de fume\" neste semanario desde xaneiro de 2018. Conversamos con ela cando a escritora Dolors Miquel vén de traducir Nomes de fume, unha obra inclemente e honesta sobre a familia, a comunidade e o loito, ao catalán. A principios de ano verá a luz en castelán, coa tradución de Gonzalo Hermo.", "text": "Como xorde a tradución de Nomes de fume ao catalán? Coincidín con Dolors Miquel no Ponte Poética do ano pasado, pero foi un encontro moi fugaz. Eu lera El guant de plàstic rosa e gostaba moito dela. Cando hai alguén que chama moito a túa atención, sempre te retraes máis. Houbo un saúdo de cortesía e pouco máis. Pasou o Ponte Poética e un día chegoume unha mensaxe de Dolors a Facebook. Dicíame que quería falar comigo porque me escoitara e quedara coa curiosidade... Levou o meu libro do Ponte Poética e gostara del. Preguntaba que me parecía se se puña a traducilo. Que me ía parecer? Máis adiante comunicoume que tiña o libro practicamente traducido e que me conseguira unha editorial. Que opinas?, preguntárame. Como que que opino? Pareceume xenial. Quedei moi contenta porque me atraen as situacións casuais. Non quito mérito ás que non o son, pero… gosto máis cando algo é casual e cae sen buscalo. Fíxome moita ilusión. Por que o fume? O fume esváese, e non queda nada, mais o fume vén de algún lugar, de algo que se queima. A min parecíame que a imaxe tiña que ser esa. O fume é algo que está entre o que foi e o que non vai ser, é algo que queda aí, no medio. E esa parte era a que me gustaba a min. Ese nome que só aparece unha vez no libro era un nome de fume, algo que xa non nomeaba unha persoa física, pero había a necesidade de que non desaparecese. E de aí \"Cada noite pronuncio o teu nome de fume / para que esteas presente\". Aínda que non nomeemos alguén pode ser que exista, mais ese non nomeamento sostido no tempo leva necesariamente á extinción ou á desaparición. Se hai un nome que desaparece e ninguén fala desa persoa, esa persoa non existe. En moitos casos xa non está e noutros convértese nun tabú. O que non se nomea non existe e en Nomes de fume unha resistencia a negarse á desaparición. No prólogo de Noms de fum, Dolors Miquel afirma que o libro é máis que o acto de amor dunha muller que deu vida, aleitou e quereu a súa filla. Que foi para vostede? Foi un acto de verdade, sobre todo comigo, porque non o concibín necesariamente para ser publicado. Para min foi un acto de sinceridade extrema... doeume moito escribilo. Non sei se a palabra é dor, porque é unha mestura, pero eu non o pasei ben escribíndoo. Para min foi un exercicio difícil, pero moi honesto. Estou contenta. Nun momento en que estamos asistindo ao desmantelamento do rural, en que esa referencia desaparece para unha parte importante da sociedade, voces potentes e cargadas de modernidade na poesía, como o caso de Olga Novo e do seu, apostan en reivindicar o rural. Por que? O rural, como o coñecemos, xa non existe, e non vai volver existir. É unha época que xa pasou. É absurdo pensar que volvería ser iso, mais o rural que existe merece existir e eu quero vivir nel. Quero vivir nun rural actualizado, moderno, coas comodidades propias do século en que estamos. Para min non sería concibíbel que non existise o saneamento na miña aldea, ou o alumeado público. Eu entendo a necesidade de reivindicar o dereito que temos as persoas a vivir no rural, porque eu quero vivir no rural. Entendo ademais que non quero vivir dun xeito baleiro nel. Quero ser e son moi consciente do pasado que está aquí e do valor que teñen as persoas dunha aldea. Eu non sei como é vivir nunha cidade, mais podo imaxinalo. Nunha aldea as persoas, os individuos, como tal, teñen un valor e xogamos todos un papel no grupo. Eu vexo as aldeas como organismos vivos e non son capaz de velas doutro xeito. Ás veces véxonos como estas bandas de estorniños que fan debuxos no ceo. Véxoo así. Formamos un debuxo común e temos moi claro cal é o noso papel dentro da aldea. Nós témolo moi definido e vén dado pola nosa familia, polo noso pasado. Eu sei que son aquí para o resto da xente e sei que se espera de min. Despois iso vaise moldeando. Eu son neta dun señor moi querido en Bon, moi traballador e moi respectado e a xente espera de min que sexa unha persoa moi traballadora, moi honesta… porque vén de familia. Non esperan outra cousa. Eu reivindico ese rural. Un rural moderno, activo e, necesariamente, chantado na raíz, porque se non, seriamos unha urbanización. \"É difícil pertencer á tribo, / pertencer sen ser devorado\". Que papel desenvolve en Nomes de fume o colectivo? O colectivo é necesario, como é necesario ese sentimento de pertenza. Sénteste ben cando estás rodeada de xente coa que compartes unhas ideas comúns e sénteste protexida. Estás cos teus, aínda que ás veces non os coñezas e non coñezas nin os seus nomes. Tes ese sentimento de pertenza a un grupo do que non coñeces as partes. A aldea é algo así, o grupo protéxete. Porén, ás veces o grupo tamén te fai sentir frustrada. O grupo limita moito o teu radio de acción. Eu sei que espera de min a xente e antes de facer algo que a poida decepcionar, pénsoo moito. A tribo tamén limita e estrangula bastante. Eu aí referíame á familia, que si que a vexo máis estranguladora. [Podes ler a entrevista íntegra no número 357 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_19640", "summary": "A empresa norueguesa sinala que leva 30 anos extraendo cuarzo en Frades, Mesía, Ordes e Oroso mediante un sistema de alugueiro temporal de terras \"sen que se producira incidente ningún\". O SLG denuncia, pola contra, que os traballos provocan danos nos prados durante anos.", "text": "A pasada semana o SLG denunciou en rolda de prensa o \"risco\" que ao seu xuízo supoñían os proxectos mineiros que pretende desenvolver a empresa norueguesa Erimsa nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes na procura de cuarzo. O sindicato alertaba do dano que estas prospeccións infrinxen nos terreos, pois \"os terreos explotados quedan inservibles para a actividade gandeira\" porque \"ao extraer o mineral, que é o elemento que lle confire estrutura ao solo e permite a drenaxe de auga, os prados non volven producir forraxe ao 100% até pasados uns oito anos como mínimo e calquera precipitación de choiva, por pouca que sexa, transforma o terreo nunha lameira impracticable para o gando maior e o acceso de tractores\". A empresa asegura que \"ningún terreo perde rendemento\" e que \"a gran maioría\" mesmo \"melloran a produtividade\" Este xoves Erimsa difundiu un comunicado no que afirma que os seus traballos non provocan danos nos terreos. A empresa sinala que leva 30 anos extraendo cuarzo en Frades, Mesía, Ordes e Oroso (nun total de 1.600 hectáreas) mediante un sistema de alugueiro temporal de terras \"sen que se producira incidente ningún\" e \"convivindo coas explotacións agrícolas e gandeiras\". A compañía, que forma parte da norueguesa Elkem AS, integrada á súa vez na multinacional chinesa Blue Star, explica que leva a cabo os traballos \"sen canteira ou oco de explotación permanente\" e \"garante a recuperación total do terreo para o seu uso anterior nun mínimo prazo de tempo\". Asegura que \"ningún terreo perde rendemento\" e que \"a gran maioría\" mesmo \"melloran a produtividade\". O SLG convocou unha asemblea aberta este xoves na Casa de Cultura de Xanceda (Mesía). Alerta de que o proxecto pon en risco a existencia de 200 granxas gandeiras e 500 empregos directos A empresa sinala, finalmente, que no permiso de investigación Xanceda levará a cabo a extracción de mineral en 210,22 hectáreas de terreo e que aínda non pode determinar a superficie que abranguerá a área de extracción nos tres restantes permisos de investigación dos que dispón nestas comarcas \"posto que esta información só se pode obter unha vez que se realicen as prospeccións oportunas\". O Sindicato Labrego Galego convocou unha asemblea aberta este xoves 23 de marzo ás 22 horas na Casa de Cultura de Xanceda (Mesía) para informar as persoas afectadas e granxas sobre a etapa na que se atopa o proceso e asesorar na redacción e presentación de alegacións. O SLG sinalan que o proxecto de Erimsa pon en risco a existencia de 200 granxas gandeiras e 500 empregos directos, creando unicamente 8 postos de traballo indirectos."}
{"ID": "NOS_54448", "summary": "O alcalde imputado de Becerreá que deu a presidencia da entidade provincial ao PP comparece para defender o seu voto e anunciar que non pensa deixar o cargo de deputado provincial. Ofrécese para liderar unha moción de censura aos populares.", "text": "Manuel Martínez compareceu en Lugo ante os medios de comunicación na tarde desta quinta feira para defender a súa posición de se votar por si propio en primeira volta e en branco na segunda durante a constitución da Deputación de Lugo. Unha decisión que deu a presidencia da entidade provincial ao PP. Martínez, alcalde socialista de Becerreá, adicou boa parte da súa intervención a cargar contra o BNG por afirmar que non votaría por el como candidato a presidente provincial por estar imputado. Martínez manifestou que el non tiña por que cumprir as directrices nacionalistas e dixo que \"tiña dereito a ser presidente da Deputación de Lugo\". Foi nese punto no que sinalou que \"non penso demitir\", decisión que fecha as portas -polo menos de momento- a unha moción de censura ao PP e mesmo pediu do PSdeG \"que me defenda e ampare\". Ao seu entender negou que houbese motivo algún para que o PSOE lle abrise expediente e mesmo insinuou que podería haber unha moción e socialistas e nacionalistas contra o PP, mais con el como candidato., Feijóo cuestiona Besteiro Núñez Feijóo cuestionou o liderazgo do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ao que avertiu que \"cando un líder non lidera\"e fai sempre \"o contrario do que di\" ao final hai \"consecuencias\", en referencia ao acontecido na Deputación de Lugo esta cuarta feira. Na súa comparecencia posterior ao Consello da Xunta, Feijóo dixo que \"non\" esperaba o acontecido na Deputación, mais celebrou, dixo, que na entidade provincial goberne \"a listaxe máis votada\". Darío Campos: \"Non lle gardo rencor\" Darío Campos, candidato proposto desde Ferraz a última hora para substituír Manuel Martínez por estar imputado, confesou que non garda \"rencor\" a quen é o seu compañeiro de partido. \"Sei que Manolo (Martínez) é un persoa noble, que errou e aínda está a tempo de rectificar\", dixo antes da comparecencia do rexedor de Becerreá. Insistía Campos en que Martínez \"equivocouse\", porque \"dentro da súa aspiración a ser presidente da Deputación todas as circunstancias lle coincidiron mal para selo\". PSdeG abre expediente disciplinar O PSdeG remitiu a Ferraz un expediente disciplinario aberto ao alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, ante a \"enorme gravidade\" de que propiciase que o PP presida a Deputación de Lugo, após se negar a acatar a orde da dirección do partido de votar un candidato alternativo para este órgano que obtivese o apoio do BNG. A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, explicou que a orde que tiña Martínez de votar a Darío Campos para \"manter un goberno progresista\" na Deputación de Lugo \"era unha decisión do partido, non unha decisión individual\"."}
{"ID": "NOS_48025", "summary": "Alianza Verde e Vermella foi a forza máis votada na capital dinamarquesa. Por primeira vez en 110 anos, a candidatura socialdemócrata foi derrotada nunhas municipais nesta cidade.", "text": "Nas eleccións municipais danesas, a Alianza Verde e Vermella (Enhedslisten) obtivo o mellor resultado de sempre a nivel nacional, con 7,3% dos votos e puxo fin a máis dun século de vitorias dos socialdemócratas na capital do país, segundo informa Esquerda.net. Con 24.6% dos votos, a lista de esquerda anticapitalista foia máis votada nos comicios que esta terza feira decorreron en Copenhage, subindo seis puntos porcentuais en relación ás eleccións de 2017. En sentido contrario, os socialdemócratas caeron dez puntos porcentuais, ficando agora 17,3% dos votos. Tamén rexistrou un bo resultado o Partido Popular Socialista (SF), ecosocialistas, con por volta do 11% dos sufraxios. Unha das bandeiras electorais da lista de esquerda foi o dereito a vivenda A pesar de se ter tornado o primeiro partido en Copenhaguen - e tamén na illa de Bornholm -, as regras de formación dos Gobernos pasan pola formación dunha maioría entre os electos, polo que a Alianza Verde e Vermella non irá mandar no goberno local, grazas a un acordo dos socialdemócratas cos liberais e os verdes. A través das redes sociais, Line Barfod saudou o resultado que aumentou a representación do partido de 11 para 15 representantes no Consello municipal. Unha das bandeiras electorais da lista de esquerda foi o dereito a vivenda, coa proposta de que 75% de todas as novas construcións en antigos terreos portuarios da cidade debían ser reservadas a vivenda accesíbel. A redución do uso do automóbil e a aposta polos transportes públicos foron outras bandeiras desta candidatura."}
{"ID": "PRAZA_17801", "summary": "Todos os partidos da primeira fase, tanto en categoría masculina como feminina, xogaranse este sábado e as finais o domingo. Os homes enfrontaranse a Gascoña, Francia, Alemaña e Bretaña, e as mulleres a Francia, Alemaña e Bretaña. Este mércores anunciouse que o Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019.", "text": "Esta fin de semana celébrase a primeira edición dos EuroGames, os xogos gaélicos europeos, en Lorient (Bretaña). A este torneo acudirán as seleccións galegas de fútbol gaélico, masculina e feminina. Nos anos 2015 e 2016, Galicia xogou en Abu Dhabi e Dublín as dúas primeiras edicións dos Xogos Mundiais dos deportes gaélicos, citas nas que tivo unha magnífica actuación, obtendo a selección masculina un 2º e un 3º posto. Tamén a selección masculina realizou un magnífico papel, vencendo en Dublín na final de consolación. A Lorient os seleccionadores galegos, Alexandre Sanmartín \"Jano\" -masculina-, Santiago Rodríguez e Pablo da Silva -feminina-, levaron 13 xogadores e outras tantas xogadoras, que voarán este venres de Porto a Nantes, dende onde se desprazarán á cidade de Lorient. Os homes enfrontaranse a Gascoña, Francia, Alemaña e Bretaña. E as mulleres a Francia, Alemaña e Bretaña, xogándose o sábado todos os partidos desta primeira fase. Os dous primeiros clasificados desta liguilla enfrontaranse o domingo na gran final do campionato, ás 13 horas a masculina e ás 15 horas a feminina. Fora en 2012, no campo do Cadaval de Narón, cando a Irmandiña do gaélico debutou e, xunto a selección de Bretaña, fixo historia ao disputar o primeiro partido entre seleccións nacionais da historia deste antigo deporte, que non saía das fronteiras irlandesas máis que aló onde había descendentes da Illa. Na actualidade, este deporte conta cunha liga galega masculina e feminina con máis de dez clubs afiliados na Asociación Galega e coa súa propia selección oficial recoñecida pola federación irlandesa que rexe o gaélico a nivel global. Ademais, unha liga galega con 13 equipos masculinos e nove femininos segue a asentarse como competición, espallando o deporte por numerosas localidades como Ourense, A Estrada, Vigo, Lalín, O Grove ou As Pontes. O que empezou como unha aventura mobiliza xa uns 500 xogadores e xogadoras cada fin de semana, con cadansúa licenza e de maneira totalmente afeccionada. O Festival de Lorient de 2019, dedicado a Galicia Este mércores anunciouse que o Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019. O certame, que chega á súa edición número 49, celebrarase entre o 2 e o 11 de agosto. Uxía ou Rodrígo Romaní (ademais das seleccións de fútbol gaélico) compoñen a representación galega na actual edición, que rematará o 12 de agosto. A participación dos gaiteiros Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas no Trofeo McCrimmon de gaita peninsular, o espectáculo da Banda de Gaitas Sons da Chaira ou o baile dos mariñaos Saíñas serán outras das achegas galegas."}
{"ID": "NOS_44068", "summary": "Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.", "text": "carafuncho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Gran de maínzo sen lograrse, deforme. Lugar de escoita.- Queixas, Cerceda. Fonte.- Manuela Barbeito (Yago Pazos Barbeito). caroubeira.- Garoubeira. Cereixa brava, pequena e aceda. Lugar de escoita.- Bisbarra de Sarria. Fonte.- María Xosé López Castro. casulo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Espiga de millo debullada, sen os granceiros. Exemplo.- \"Os casulos son bos para prender o lume.\" Lugar de escoita.- Arbo. Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto. fraudo.- A flor do millo. Lugar de escoita.- Boiro. Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro). pera de San Lourenzo.- Variante de mazá. Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada). Fonte.- Manuel Cabada Castro. Outros apuntamentos.- Variedade de pera en Sabucedo, bastante saborosa, de tamaño medio, redondeiras e de polpa algo granulada sobre todo cara ó centro e tamén un chisco secas (non con moita auga). verdina.- Dise de verduras como a nabiza cando está moi verde e vizosa. Lugar de escoita.- Sarria. Fonte.- María Xosé López Castro. Outros apuntamentos.- Indica a persoa informante que se di que as nabizas só comezan a saber ben desde que xea un pouco porque entón váiselles a verdina."}
{"ID": "PRAZA_8033", "summary": "O xefe do Goberno galego carga contra as forzas da oposición que \"se miran no espello dos antisistema\" ou \"de Bildu\" no Congreso do PP de Lugo, que reelixiu a Barreiro co 96,4% dos votos mentres no exterior se desenvolvían manifestacións a prol da sanidade pública e dos afectados polas preferentes", "text": "\"Salvemos o Hospital da Costa\" e \"que nos devolvan os aforros de toda unha vida\". Foron as dúas pancartas que este sábado recibiron a Alberto Núñez Feijóo e ao resto da cúpula do PPdeG ante a Casa de Cultura de Burela, onde os conservadores celebraban o seu congreso provincial de Lugo. Blindados por un nutrido despregamento de efectivos antidisturbios, os populares mesmo tiveron que esquivar algún ovo axudándose de paraugas nos accesos do edificio onde José Manuel Barreiro, único candidato do cónclave, foi aclamado como presidente do partido na provincia co 96,4% dos votos na xornada do cuarto aniversario do regreso do PP á Xunta. Catro anos despois das eleccións que colleron co pé cambiado tanto a quen gañou como a quen perdeu e transcorridos catro meses dende a súa segunda vitoria os desprazamentos de Feijóo polo país son, nas últimas datas, calquera cousa menos prácidos. Unha blindaxe policial semellante á despregada na localidade mariñá foi a que atoparon vinte e catro horas antes os manifestantes que, portando sobres, protestaron contra a corrupción e os recortes ante a casa do Concello de Vilagarcía, onde acudira o xefe do Executivo para conmemorar o centenario do municipio. Se cadra, son esas protestas as que levaron a Feijóo a, dende a tribuna do congreso do PP lugués, cargar con dureza contra \"outros partidos que se miran no espello dos antisistema, no de Bildu ou en distintos espellos en cada comunidade autónoma\". O PP, pola súa banda, di, \"só se mira en Galicia\" e por iso \"Galicia se recoñece en nós e nas nosas políticas\". Os antidisturbios blindaron o congreso do PP de Lugo ante as mobilizacións a prol da sanidade pública e dos afectados polas preferentes Nun acto autolaudatorio no que o ex presidente Gerardo Fernández Albor non dubidou en resucitar as acusacións de \"corrupción\" contra Felipe González ou en acusar a José Luis Rodríguez Zapatero de \"poñer os terroristas no poder\", Feijóo amosouse convencido de que \"catro anos despois do 1 de marzo de 2009 seguimos sendo o fiel reflexo da maioría\" mentres \"os partidos da oposición seguen tentando atopar as súas ideas e os seus líderes\". Neste contexto, os recortes contra os que protestaba a veciñanza no exterior son, para o líder conservador, \"esforzos e sacrificos que pagan a pena\" porque \"Galicia e España volverán estar onde merecen os cidadáns, cústelle o que lle custe a este partido\". Tamén houbo, como adoita, mensaxe para os afectados polas preferentes que tamén berraban no exterior: eses produtos financeiros foron emitidos \"sen control\" durante os gobernos do PSOE, \"que miraban para outro lado\". Desvinculación da corrupción e eloxios a Barreiro Como ao longo destes catro anos, o acto deste sábado en Burela tamén lle serviu a Feijóo para marcar distancias cos casos de corrupción que lle afectan ao seu partido. Así, co escándalo arreciando o Concello de Santiago, por unha banda, e a sede central do PP a conta do caso Bárcenas, pola outra, o presidente da Xunta asegura saber que \"hai situacións que abochornan a calquera político honesto, pero o noso compormiso é Galicia e por Galicia temos que seguir ao seu carón\". \"Canto máis se deosta a política pola culpa daqueles que non son quen de estar á altura, máis temos que esforzarnos por facer política de verdade\", instou, nun contexto no que hai que distinguir os políticos \"que meten a man na caixa\" dos \"honestos\". Feijóo insta a distinguir os \"honestos\" dos que \"meten a man na caixa\" A alocución presidencial serviu tamén, despois de censurar os procesos internos dos grupos da oposición, para eloxiar a quen competira con el pola presidencia do PP en 2006. Cómpre un recoñecemento para Barreiro, tamén voceiro do PP no Senado, porque \"responde continuamente á chamada do PP\" e por iso, di, \"merece o respaldo que lle estamos dando e a confianza para seguir sendo presidente do PP de Lugo\". Neste contexto, Feijóo obvia a competencia pasada para asegurar que \"hai máis de seis anos decidimos traballar xuntos pola renovación do partido en Galicia para reeditar os éxitos políticso que o presidente fundador, Manuel Fraga, lograra nesta terra\"."}
{"ID": "NOS_3873", "summary": "Dese millón percibido polos 9 conselleiros da entidade, tres deles representando o FROB, 577.000 son fixos e 423.000 procedentes de dietas.", "text": "Os nove conselleiros de NCG Banco gañaron un millón de euros en 2012, o que spón case un 5 por centomáis que en 2011, exercicio no que foron nomeados ao se constituir formalmente a entidade financeira galega. No que atinxe aos integrantes da alta dirección do banco, estes embolsaron 2,1 millóns de euros, un 25% máis que en 2011. Do millón de euros que recibiron os nove conselleiros desta entidade, 577.000 son de retribución fixa (un 5,5%máis que en 2011), mentres que 423.000 son de dietas (case un 12% de incremento). Cómpre lembrar que os máximos executivos das entidades nacionalizadas, como é o caso de NCG, teñen limitadas as súas retribucións a 300.000 euros. Os datos veñen de ser feitos públicos pola Comisión Nacional do Mercado de Valores. A dirección da entidade está a desenvolver un ERE que afecta a centos de empregados do banco. Hai unhas semanas coñecíase que un total de 636 traballadores de NCG Banco pediron acollerse a algunha das medidas previstas no expediente de regulación de emprego (ERE) na primeira fase da súa aplicación. En concreto, segundo informaron os sindicatos nun comunicado ao equipo, as peticións de prexubilacions \"superan amplamente\" as 455 establecidas; mentres que 120 persoas solicitaron baixa indemnizada e outras 61 pediron redución de xornada."}
{"ID": "PRAZA_13383", "summary": "É tan importante atender as necesidades básicas do paciente coma unha boa práctica clínica. Se desatendemos algún deses aspectos, a curación e recuperación non van ser posibles: polo tanto, son aspectos que forman parte do concepto complexo que constitúe a sanidade, e nun país europeo desenvolvido, no século XXI, non se deberían converter en materia pagable, ou sexa, non dispoñible de igual modo para todos", "text": "O pasado día 26 de maio, nun diario madrileño, o presidente da Xunta teorizaba sobre sanidade. Suxería, máis ca probablemente, que a administración pública está correndo con determinados gastos sen motivo real, xa que non corresponden realmente ao servizo propiamente sanitario. De todas maneiras, a afirmación seleccionada como cita inicial deste escrito non é compatible coa que se inclúe debaixo. A iso quería eu referirme. Persoalmente, tras vinte e tres anos de exercicio profesional, podo asegurar que un paciente non descansa se non ten cama cómoda e limpa; as infeccións aumentan se non hai hixiene; e a alimentación equilibrada resulta imprescindible para toda recuperación, incluída a dunha operación do corazón A formación na profesión de enfermaría baséase en diversas teorías elaboradas desde o século XIX por enfermeiras experimentadas, entre elas Florence Nightingale e Virginia Henderson. Todas elas destacan como fundamentos da atención aos doentes tanto a hixiene coma a alimentación, dúas das catorce necesidades básicas formuladas por Henderson e que deben estar garantidas para todos os pacientes sen excepción nin distinción. Persoalmente, tras vinte e tres anos de exercicio profesional, podo asegurar que un paciente non descansa se non ten cama cómoda e limpa; as infeccións aumentan se non hai hixiene; e a alimentación equilibrada resulta imprescindible para toda recuperación, incluída a dunha operación do corazón. Ocórreseme unha hipótese nada improbable: que pasaría se os hospitalizados tivesen que participar no financiamento dos seus 'gastos básicos de hospedaxe', expresión aproximada do sr. Núñez Feijoo nunha entrevista concedida á canle televisiva Intereconomía?: ou sexa, se tivesen que aboar gastos pola comida, hixiene persoal e facer a cama?; dígollelo eu: parte importante deles non terían recursos económicos suficientes para afrontar unha hospitalización media ou prolongada. Presumiblemente a hixiene do paciente e a súa alimentación serían deficitarias, e poderíase acabar nunha situación similar á de países subdesenvolvidos ou con graves problemas económicos, onde lles levan da casa comida e roupa da cama; ou realizando a colada en lavadoiros comunitarios dentro das instalacións hospitalarias. É tan importante atender as necesidades básicas do paciente coma unha boa práctica clínica. Se desatendemos algún deses aspectos, a curación e recuperación non van ser posibles É tan importante atender as necesidades básicas do paciente coma unha boa práctica clínica. Se desatendemos algún deses aspectos, a curación e recuperación non van ser posibles: polo tanto, son aspectos que forman parte do concepto complexo que constitúe a sanidade, e nun país europeo desenvolvido, no século XXI, non se deberían converter en materia pagable, ou sexa, non dispoñible de igual modo para todos. Como non sexa, permítaseme unha pequena ironía, que queiramos espertar a compaixón da directora do FMI."}
{"ID": "NOS_34279", "summary": "Toda a vida de Sandra Amézaga xirou ao redor do mar e dos seus traballos. Estudou Ciencias Políticas e Socioloxía en Madrid mais, sen deixar a súa vocación, seguiu o camiño cara á ría de Arousa coa idea de potenciar os magníficos produtos que alí nacen. Como por casualidade, e moita intuición, funda en 2012 Exquisitec, unha empresa de venda por internet de marisco galego de calidade e participa, ao mesmo tempo, na asociación Mulleres do Mar de Arousa. Desde esta entidade tenta reverter a situación de desigualdade nos ámbitos laborais que vive a muller que vive e traballa do mar.", "text": "Como se chega a vender marisco por internet partindo dos estudos en Socioloxía e Políticas? Eu estou vencellada ao mar de sempre. Vivín de pequena enriba dunha fábrica de conservas na que meu pai exercía de director. A razón era que viñeramos de fóra e tiveramos que vivir alí. Despois de terminar a carreira comecei a traballar nunha empresa de pesca facendo control de xestión de atuneiros durante máis de vinte anos. Decidín volver á Galiza para traballar na comercialización do peixe. Moitas amizades pedíanme como favor que lles mercase marisco polo Nadal. Foi daquela cando decidín montar unha empresa. Pensaba xa que había que estar en internet e logo de varias probas decidinme por unha tenda propia. A premisa sempre foi que o marisco fose galego, de pesca artesanal e garantindo a calidade. Facilitar o seu acceso a lugares onde non hai ou onde non saben mercalo. A venda por internet directa pode ser unha saída para o sector nestes tempos de incerteza? Penso que si. Nós mercamos directamente nas lonxas e elas deberían facer un esforzo, aínda que non é o seu campo, por comercializar. Nalgúns produtos os intermediarios desvirtúan todo o proceso. Hai algún caso de éxito, como na confraría de Cambados, que comercializa vieira e funciona moi ben. Sempre din que é moi complicado mais é necesario para dar a valer o produto, que é de máis calidade. As confrarías que o fan, soben os prezos. Que papel xoga a muller no mundo do mar galego hoxe? Un papel fundamental e pouco recoñecido, agora e sempre. Hai que dar voz ás mulleres de hai anos e ás de agora. O marisqueo a pé, por exemplo,é na súa maioría feminino mais nos postos de dirección nas confrarías e nas federacións de confrarías son homes. Creo que patroas maiores agora hai 6 de 63 confrarías. Na ría de Arousa hai unha patroa maior. Ese cambio aínda non se fixo. Eu sempre digo que é porque aínda non soubemos. Deberíamos mudar a maneira de facer as cousas. As mulleres seguimos tendo unha sobrecarga de traballo cos coidados e así é moi difícil. As mariscadoras son as máis adiantadasderon o paso nos 90. Como se podería dar máis visibilidade ás mulleres no mar? Lembro unha xornada que organizamos na que participaron tres mulleres de máis de setenta anos que traballaron na batea, na conserva e no marisqueo. Contaron as súas experiencias e decateime de que tiñan moitas ganas de seren escoitadas. O que contaban non eran anécdotas, eran historias cun gran valor para que non esquezamos o que fixeron. Habería que darlles máis voz. Hai moitas mulleres traballando no mar, mais moitas veces a figura visíbel é o pai ou o irmán. Non son públicas no sentido de participar en postos de responsabilidade ou en asociacións. Non se fala delas. Temos que facer un esforzo importante para visibilizarnos e aí é onde queremos traballar desde Mulleres do Mar de Arousa. Un dos problemas que temos é que traballamos nun sector ancorado nun paternalismo dependente da Administración, que agarda moitas veces que lle resolvan os problemas. Falta espírito de colaboración, somos moi individualistas en xeral. Hai que facer un labor de traballo de equipo. Mais no caso da muller é fundamental a sobrecarga de traballo e esta ten que ver coa mentalidade machista que mantemos a nivel social."}
{"ID": "NOS_36389", "summary": "Desde o BNG afirman que o noso país está a vivir unha \"primavera negra\" para a industria. Ao fío desa denuncia, entrevistamos á deputada nacionalista Carme Adán coa que analizamos a situación do sector e as súas propostas. Entre elas salienta unha aposta decidida por alargar a presenza pública na economía.", "text": "Recentemente denunciou no Parlamento que Galiza está a vivir unha \"primavera negra\" na súa industria. A que se refire? Vivimos a caída libre e sen rede do tecido industrial galego. Podemos enumerar os casos como de industrias que esta primavera pechan as súas portas ou reducen persoal en todos os sectores como Gamesa, T-Solar, Caramelo, Darty, Alimentos lácteos, Unísono, Biofabri ou como o naval lonxe de saír do túnel cada vez ten máis difícil o mantemento do emprego en Vigo e Ferrol. Sen un sistema financeiro que opere a modo de \"rede\", todos os indicadores apuntan a unha perda importante de empresas no sector eólico, fotovoltaico, naval, alimentario, téxtil ou mesmo na auxiliar do automóbil. No I+D+i os datos mostran tamén a queda rexistrada en só catro anos. En 2008 tiñabamos 1930 empresas con actividades innovadoras e en 2011 eran só 1241, un 30% menos. No mesmo período as empresas tecnoloxicamente innovadoras pasaron de ser 2.152 a 1.643. Como se ve o de primavera negra queda curto para a desfeita que está a supor Feijóo e o seu goberno. Son numerosas as problemáticas laborais que acaban sendo obxecto de debate no parlamento. Como cualificaría a actuación do Goberno galego en relación ao emprego e aos conflitos laborais abertos? A devolución do tax lease podería ser o golpe definitivo para o naval O goberno galego é un mero espectador. Como moito actúa de comentarista da situación que vive o emprego e as industrias mais non ten nin plan de futuro nin intención de modificar a situación. Feijóo acepta e comparte decisións de Madrid como eliminación das primas as renovábeis ou o desmantelamento do sector naval galego. Joaquín Almunia anticipou xa que desde a Comisión Europea obrigarán que se devolva cando menos parte do tax lease dos últimos anos. Que valoración se fai desde o BNG? Isto podería ser o golpe definitivo para o naval. Un sector que cómpre lembrar só en catro anos perdeu sobre 10.000 postos de traballos directos en Vigo e preto de 12.000 en Ferrol. Comarcas nas que os sindicatos falan dunha destrución industrial de máis do 60%. Galiza pasou de ser punteira nesta actividade a vivir un verdadeiro esborralle, de ser líder pasou á terceira posición por tras de Euskadi e Asturias. A nivel europeo países como Holanda son os que abandeiran a construción neste momento. A retroactividade do tax lease sería unha medida inxusta que sorprende veña proposta por alguén que se denomina socialista como Almunia. A postura do BNG a ese respecto foi sempre moi clara en Galiza, Madrid e Bruxelas. Tax lease, o veto á construción naval civil en Ferrolterra, a expatriación de Barreras que pasa a ser controlada por Pemex... Que propostas formulan para que o naval teña futuro? De man do PP retornamos á Galiza de fai corenta anos, aos anos da emigración forzosa Feijóo sempre tan remiso a falar en termos de presenza pública nas empresas. Mesmo actuou de comercial para vender Barreras a unha empresa pública mexicana. Toda unha mostra de como entende gobernar. Prometeu dique flotante para Ferrol, e a día de hoxe non hai nada. Centro de reparacións para Ferrol e para Vigo, e a día de hoxe non hai nada nada. E dos floteis de Pemex? Sabemos algo? Só que a empresa pensa transferir coñecemento a México a través da súa compra. Na última xuntanza cos sindicatos do naval denunciaban con impotencia como toda a formación e o bo facer dos traballadores deste sector emigra a Euskadi ou Holanda. Hoxe semella que de man do PP retornamos á Galiza de fai corenta anos, aos anos da emigración forzosa. En relación a Pescanova, propuxeron a apertura dunha comisión de investigación. Cren que hai algo oculto tras a grave situación que atravesa a empresa? Esta empresa ten un peso importantísimo na economía galega. Durante anos recibiu axudas públicas moi cuantiosas, incluso o goberno Fraga fixo un plan acuícola a súa medida. A Xunta participa da empresa a través dunha filial e agora vemos pola prensa que o imperio desmorónase como un castelo de naipes. Semella que algunha cousa hai que investigar. Estamos falando de moitos cartos de todos e todas os galegos, de moitos postos de traballo e dunha marca simbólica e moi valiosa para Galiza. Feijóo ante esta situación, de novo, actúa de espectador. O modelo de Feijóo é o do vello colonialismo, a venda do país por parcelas por exemplo a multinacionais da megaminaría contaminante. Apostaron tamén por que a Xunta aumentase a súa presenza no accionariado, e tamén na dirección, de Pescanova, mesmo a través dunha posíbel expropiación parcial. Que motiva esta proposta? A iniciativa pública e a participación pública na xestión empresarial para nós é unha alternativa fronte o colapso do actual modelo económico Unha economía que teña o seu centro en Galiza necesita un sistema financeiro propio, nós apostamos porque sexa público. Da mesma maneira entendemos que ante a ineficacia, mala xestión e incluso malgasto que fixeron as empresas dos cartos públicos é o momento de revisar a sistema de subvencións, xa que o que se fixo até agora foi socializar as perdas das empresas. Para nós é fundamental non perder a galeguidade da marca e o núcleo central da empresa. Sabemos que poden existir os denominados tiburóns interesados en vender a prezo de saldo a cota de mercado e a flota deste empresa. Francamente consideramos que é o momento de propor outras alternativas e nesa liña formulamos algunhas propostas. En relación ao anterior, dado que o capital privado semella ser incapaz de reactivar a economía, como evitar o esmorecemento produtivo? Se o chamado \"mercado libre\" destrúe a vida das persoas outras deben ser as alternativas Traballamos en dous eixos. Primeiro: Pular por un sistema financeiro público. A ese respecto levamos ao Parlamento unha iniciativa para transformar o IGAPE nun Instituto de Crédito Oficial de Galiza. Sen un instrumento destas características facer fluír o crédito para empresas e familias, para dinamizar a economía e asegurar a nosa base produtiva, é imposíbel a curto e medio prazo. Segundo: As empresas privadas levan recibindo unha cantidade de cartos públicos durante estes anos moi elevada, por iso consideramos que é un momento, dada a crise e o colapso do actual modelo económico, de transitar por outras alternativas. A iniciativa pública e a participación pública na xestión empresarial para nós é unha delas. Habería que a precisar para cada caso, mais se o chamado \"mercado libre\" destrúe a vida das persoas outras deben ser as alternativas. De feito no sector enerxético sería unha das saídas máis razoábeis á falsidade colosal do denominado \"déficit tarifario\" que estrangula as empresas e as familias. Pensemos que Galiza é produtora neta de enerxía e temos empresas como Megasa que poden pechar nos próximos meses pola mala regulación que desde Madrid se está a facer dos prezos da enerxía. A industria de Galiza ten futuro? E, o máis importante, Galiza ten futuro sen industria? O PP repite o mantra da pobreza do país, mais son as súas políticas as que nos empobrecen O que temos claro é que o futuro de Galiza non pasa por ser unha mina a ceo aberto, único plan industrial que contempla Feijóo. Hai sectores como o complexo mar-frío, naval, eólico, automoción, contact center que viven unha crise neste momento pola inoperancia, ou directamente a incompetencia, do goberno actual. Estamos falando de fortalecer as empresas con valor engadido e non existe ningunha estratexia por parte do goberno para conter a caída libre de todos os sectores. As ansias centralizadoras do PP provoca un desleixo polo tecido industrial galego nunca visto. O PP repite o mantra da pobreza do país, cando é todo o contrario, son as súas políticas as que nos empobrecen. O futuro ten que vir da man dun deseño estratéxico sobre as nosas potencialidades, podemos atoparnos en ben pouco tempo na tesitura de que un \"tarde piaches\" sexa o único que nos quede para os sectores industriais deste país. A perda de industrias clave é demoledor, só temos que preguntarnos que fai a mocidade... emigrar de novo."}
{"ID": "NOS_57743", "summary": "Ademais de traer até nós os motivos polos que Roberto Vilameá Ponte decidiu restaurar os seus apelidos, desta volta introduciremos a nosa curiosidade en topónimos que teñen que ver coas leiras localizadas ao pé dun curso fluvial, así como tamén aquelas granxas medievais posuidoras de certas particularidades. Estas poderán distinguirse pola súa localización (Vilameá, ou granxa do medio), polo seu tamaño (Vilamaior, granxa de considerábel tamaño), pola súa aparencia (Vilamor, granxa escura), ou polos seus propietarios. Unha persoa denominada Marinus será quen de gobernar un lugar chamado Vilamarín e mulleres da alta sociedade diranse señoras de Viladóniga ou Viladonga.", "text": "De orixe prerromana é o topónimo Veiga, cuxo significado primitivo resulta ser hidronímico, pois, como traen Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza, \"designa as terras cultivadas situadas na beira dun curso de auga\". Ademais de 184 entidades de poboación e 17 freguesías, na Galiza existen dous concellos ourensáns cuxas denominacións están vinculadas con este termo: A Veiga e Rairiz de Veiga. Segundo o ILG existen na Galiza persoas apelidadas Veiga (ou na forma castelanizada Vega) e Veigas (aínda que tamén coa variante Vegas). As formas propiamente galegas distribúense, para o primeiro dos casos, por 177 concellos, encabezados pola Pontenova, Malpica de Bergantiños, Begonte, O Incio e Castro de Rei; para a segunda, unicamente nos municipios do Incio, Samos, Sarria, Lugo e Vigo. A forma singular conta con 12.370 ocorrencias; a plural, unicamente con 52. No que afecta ás versións castelanizadas cómpre indicar que o seu número ascende, de forma conxunta, ás 3.650 persoas usuarias. De afondarmos na diplomática medieval podemos facer referencia a un Martiño de Veiga que fica entre as testemuñas dunha venda que Salvador Lourenzo e os seus fillos estabelecen co mosteiro de Montederramo o 16 de xuño de 1280. Con posterioridade, e vinculada coas terras mindonienses, emítese unha sentenza favorábel a Álvaro Marques con data do 26 de abril de 1346 e en relación co préstamo da igrexa de San Pedro de Xuances (Xove). Entre a veciñanza alí mencionada fica unha Tareixa Martínez de Veiga (Theresia Martini de Veiga). Na centuria seguinte, concretamente o 19 de decembro de 1435, \"Sancha Afonso da Veyga, moradora em Muro, muller que ora soon de Ares Peres de Baruta, notario da dita vila\" troca con \"Gonçaluo da Manda, çapateyro, morador em Santiago\" –e a cambio dunhas herdades que a este lle pertencen en Santiago de Louro– a cuarta parte de certas casas localizadas na rúa compostelá da Troia. Na actualidade usan este apelido a escritora, nada no lugar de Ombre (Pontedeume), Eva Veiga, premio da Crítica de poesía galega 2016 por Soño e vértice; e así mesmo Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra e gran divulgadora da ciencia en galego. Coas variantes Viladónega, A Viladónega e Viladóniga existen 9 lugares en toda a Galiza. Sitúanse en Santiago de Boimorto (no municipio do mesmo nome), San Salvador de Cellán de Calvos (Castroverde), San Martiño de Cerdido (no concello homónimo), San Salvador de Serantes (Ferrol), Santa Baia de Mariz (Guitiriz), San Xiao de Rubiás (Lugo), Santa María de Ourol e Santa Baia de Merille (ambas parroquias de Ourol) e San Bartolomeu de Corvelle (Vilalba). A estas habería que lles sumar a freguesía de Santiago de Viladonga, no municipio de Castro de Rei. No plano etimolóxico cómpre sinalar que a orixe destes topónimos fica nunha villa dominica, ou sexa, nunha granxa ou casa de campo vinculada cunha muller (dona – dominica) de orixe nobre. Sen dúbida, esa é a explicación do topónimo medieval Furco de Vilardonega, hogano unicamente coñecido como Furco (na freguesía cuntense de San Breixo de Arcos de Furcos) aínda que até non hai moito se denominaba a nivel popular Furcodona (para distinguilo tamén dun Furcomao). O curioso disto radica no feito de que ao longo do século XIV ese lugar foi gobernado por determinadas freiras do mosteiro de Santa María de Belvís. Unha delas, Tareixa Álvarez, prioresa desa comunidade, tiña por avó o trobador Paio Gómez Chariño; mais tempo atrás, o mesmo lugar é administrado por Xoán Mariño de Rianxo (tamén vinculado co trobador), xusto no momento en que de xeito fugaz o lugar se di Villa de Furco Donego (1359). Dentro do plano da onomástica comentaremos que son 423 as ocorrencias do apelido Viladónega (porén, na forma Villadónega) distribuídas por 11 municipios (Cerdido, Cedeira, Valdoviño, Láncara, San Sadurniño, Narón, Begonte, Cariño, Ferrol, Lugo e A Coruña). Na versión coa vogal sincopada, o apelido Viladonga unicamente conta con 7 persoas usuarias que se localizan nos concellos de Ribadeo e Lugo. No ACS consérvase un poder que, con data do 11 de xaneiro de 1569, lle outorga Ares Pérez de Billadonga ao crego Pedro Farto para que tome posesión \"del lugar y casal que se dize de Ferreyra, sito en la felegresía de San Martino de Mondoñedo\". Veiga designa, segundo Carrasco e Navaza, as terras cultivadas á beira dun curso de auga Co significado de vila grande preséntase o topónimo Vilamaior, formado a partir do substantivo latino villa e do adxectivo maior. Son 20 as entidades de poboación hoxe existentes e 7 as freguesías, concretamente as que aquí citamos: Santa María de Vilamaior de Boullosa (Baltar), Santa María de Vilamaior de Caldelas (Castro Caldelas), San Lourenzo de Vilamaior de Negral (Guntín), Santiago de Vilamaior (Ordes), dúas homónimas denominadas Santa María de Vilamaior (Santa Comba e Sarria) e Santiago de Vilamaior do Val (Verín). No que afecta ao plano da antroponimia sabemos que en non menos de 11 concellos se distrubúe o apelido na forma castelanizada Villamayor, entre outros en Silleda, Lalín, Forcarei, Vila de Cruces e A Fonsagrada. Concretamente son 254 as ocorrencias. Na actualidade non dispomos de ningunha persoa apelidada oficialmente coa forma galega. Por outra banda, a antiga vila de Mondoñedo, denominada de Vilamaior, contou outrora cunha leprosaría denominada co mesmo topónimo, tal e como certifica un texto de 1373: \"Item mando leprosis de Ripaeuui siue leprosarie de / Burgo quinquaginta mor. Iten leprosis leprosarie de Vilamaiori quinquaginta mor\". Dando un chimpo cara ás terras de Ordes sinalaremos que unha tal \"Maria Eans, moller que fuy de Vasco d'Ameyxan\", o 6 de xuño de 1428 doa –en terzas partes– todos os bens que posúe en Santiago de Vilamayor e outras freguesías da \"terra de Montaos\". No que atinxe ao topónimo Vilamarín este fórmase a partir da voz latina villa (casa de campo) e o xenitivo do antropónimo Marinus (Marinii), tal e como asegura Xosé Luís Méndez Ferrín. Con este nome existen 5 entidades de poboación, concretamente en San Tirso de Mabegondo (Abegondo), San Xulián de Campelo e Santiago de Fonteita (ambas no Corgo), San Fiz de Vilamarín (Monforte de Lemos) e Santiago de Vilamarín (Vilamarín). A estas cumpriría engadirlles un Castro de Vilamarín en San Tirso de Mabegondo (Abegondo). Como se intúe das liñas anteriores, tamén hai dúas parroquias así denominadas e un concello homónimo en Ourense. Na forma castelanizada Villamarín, mergullados xa no plano antroponímico, espállase tal apelido por 33 concellos (Toén, Castrelo de Miño, Meira, Pontecesures, Pol...) contando cun milleiro de ocorrencias. Porén, a forma galega non dispón de ningunha persoa usuaria segundo os rexistros de 2020. Así e todo, na cidade da Coruña existe o apelido composto Vales-Villamarín, que usou aquel secretario perpetuo da RAG e fundador da Irmandade da Fala de Betanzos Francisco Vales Villamarín (1891-1982). Entre as testemuñas dun documento do 14 de outubro de 1379, segundo transcribe Anselmo López Carreira nos seus Fragmentos de notarios (Ourense, séculos XIV-XVI), fica o escudeiro Gil Rodrigues de Vylamarin; así como tamén o é cinco anos máis tarde Afonso Ougea de Villamarin, segundo os Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399), do mesmo autor. Talvez proceda de Villa Mauri o topónimo Vilamor, como achega Paulo Martínez Lema, o que viría a significar vila escura, ou algo semellante. Así e todo, non hai que descartar a posibilidade de que algún topónimo poida aludir a unha Villa cualificada polo adxectivo latino Maior. Son 7 os lugares con este nome que hoxe existen na Galiza, concretamente nas parroquias de San Vicente de Vilamor (Folgoso do Courel), San Pedro de Cangas (Foz), San Salvador do Mao (O Incio), San Sadurniño de Piñeiró (O Saviñao), San Xiao de Cumbraos (Sobrado) e en Santo Estevo de Vilamor (Toques). Ademais, como se deduce das liñas precedentes, tamén hai varias parroquias con ese topónimo, dúas xa citadas en unión coa de Santa María de Vilamor (Mondoñedo). No que atinxe aos apelidos galegos, temos só 8 ocorrencias na provincia da Coruña, ademais de contarmos con varios centos delas en 22 concellos (Toques, Sobrado, Vilasantar, Palas de Rei, Melide...), concretamente 827. Dunha villa 'dominica', granxa vinculada a unha muller, xorden os topónimos Viladonga e Viladóniga Dentro do plano histórico debemos aludir a un documento conservado entre os pergameos da catedral de Mondoñedo e que foi redactado o 18 de febreiro de 1205. Segundo o sinalado nel, Lopo Fernández entrégalle ao cabido desa igrexa determinados herdos en Vilameá, sitos nunha freguesía denominada Santa María de Vilamaior. Segundo un extracto da transcrición efectuada por Enrique Cal Pardo, o texto reza así: \"in Uilla Mediana concurrente ad ecclesiam sancte Marie de Uillamor\". Co significado de \"vila do medio\" maniféstanse os topónimos Vilameá e Vilameán, dos que Galiza conta con 33 entidades de poboación e catro freguesías, concretamente as de San Martiño de Vilameá (Guntín), San Vicente de Vilameá (A Pontenova), Santa María de Vilameá de Ramirás (Ramirás) e San Bieito de Vilameán (Tomiño). Tan só o topónimo Vilameá ten reflexo antroponímico coa mesma grafía e coa de Villameá. A primeira conta con 32 ocorrencias rexistradas en Rodeiro, A Coruña e A Estrada; a segunda, unicamente 5. Estamos, logo así, perante un apelido en vías de desaparición. No plano histórico queremos dar conta dun convenio asinado o primeiro de maio de 1186 entre \"Veremundus Menendi\" e o mosteiro de Santa María de Sobrado polo cal o primeiro renuncia ao lugar de Vilameán, que reclamaba o mosteiro. Deste xeito, Veremundus podería tomar o hábito e ser sepultado no referido cenobio. Por outra banda, na diplomática de Montederramo existe un pergameo de 1265 no que se indica que Rodrigo Sánchez de Vilameá (Rodericus Sancii de Vila Mediana) vende ao seu fillo García Rodríguez o celeiro que posúe en Manzaneda así como a seara de San Xoán. A transcrición deste texto correu a cargo de Ramón Lorenzo Vázquez e Maka Pérez. Tempo máis tarde, o 8 de abril de 1333, \"Iohanna Peres, filla que foy de Pero Peres dito Gordo de Peraredo et de Trastulffe\" véndelle a \"Pero Fernandez, clerigo de Santiago d'Entrambas Aguas, et a Tereyga Gomes, filla de Gomes Eanes de Vylamea\" a metade do casal de Fontao en Santo Estevo de Trasulfe (quizais localizada esta parroquia en Pantón) por 200 marabedís. Na actualidade utiliza este apelido na forma galega o secretario da fundación Bautista Álvarez e xerente de Sermos Galiza o estradés Roberto Vilameá Ponte. Entrevista a Roberto Vilameá Ponte: \"Entendo que non ten lóxica levar un apelido que non está ben escrito nin se corresponde co que son\" En que momento aconteceu a restauración dos seus apelidos? Que motivos o levaron a facelo? Pois realmente é con 16 anos cando comezo a cavilar que no meu apelido \"Villameá\" algo non cadraba. Lendo o libro da materia de Latín -que estaba en galego- atopo a definición de Vilameá como \"vila situada a media altura nun monte\". Pouco tempo despois descubro -falando co meu pai, orixinario de Paderne de Allariz- que a nosa familia sempre foi \"Vilameá\", e que a mudanza se produce cando el e seu irmán emigran a Venezuela. Aínda anos despois atopo papeis -do partido xudicial de Allariz- de comezos do século XX citando ao meu avó, como Eliseo Vilameá. O meu segundo apelido era \"Puente\" e aí si non atopei referencia histórica documentada. Co paso dos anos si utilizaba xa normalmente \"Vilameá\" aínda que non o tiña restituído legalmente, será xa no ano 2000 cando entendo que non ten lóxica levar un apelido que non está ben escrito nin se corresponde co que son. Foi dificultoso o cambio legal dos dous apelidos? Realmente un chisco si, a primeira solicitude que formulo ao rexistro civil de Ourense para a restitución de Vilameá e de Ponte, veume denegada -nun auto en perfecto español- aducindo que como había o apelido \"Puente\" en España pois que tamén podía ser galego. Co de \"Villameá\" facía unha estraña regra de tres en relación ao anterior pois realmente en español sería \"Villamediana\". Fixen unha apelación e finalmente veume aprobado que \"Vilameá\" si o podía restituír pero que Ponte non, polo que tiven que formular un cambio de apelido pois eu estaba presentando un escrito acolléndome á Lei de 1999, onde podiamos regularizar ortograficamente os apelidos, pero con Ponte, tiña que solicitar un cambio, como se quixese pór outro apelido distinto. Moi ao meu pesar así o fixen. Atopou apoios nese camiño un pouco complexo? Teño que dicir que esa Lei de 1999, á que me acollín, estábana interpretando moi restritivamente as persoas encargadas dos rexistros civís. A intervención do deputado do BNG Francisco Rodríguez a finais do ano 2000 preguntando no Congreso español e María Pilar García Negro no Parlamento galego, demandando que os rexistros civís na Galiza facilitasen os trámites de corrección de apelidos, creo que amoleceu vontades de quen non estaba disposto a facilitarnos o camiño. Que sensacións e reaccións xurdiron en vostede e na súa contorna (familiar, de amizades...) cando xa é oficialmente Roberto Vilameá Ponte? Realmente como na práctica xa estaba a usar os apelidos correctamente escritos non creo que as miñas amizades mesmo percebesen a mudanza. O meu pai e miña nai, que si me preocupaba máis, non tiveron ningún problema en aceptar algo que era axustarse ao xenuíno en galego, conservarase ou non documentación escrita que o avalara. Houbo algunha reacción familiar -no caso de Ponte- que si me sorprendeu. Mais é sintomático que na Galiza ser fieis á orixe, ao propio e procurar ser coherentes, chama a atención. Todas as mudanzas poden xerar malentendidos. Hai que explicalos e normalmente a xente entende perfectamente que a restitución ao galego é o camiño. Como anécdota, lémbrome de pequeno que a un veciño noso de Berres, na Estrada, cofundador do coro de requinta en 1930 \"Os Airiños do Ulla\" e xa falecido, chamabámoslle Xestoso, mais en toda a documentación aparecía Gestoso. Tardei en entender, daquela, a que se debía."}
{"ID": "NOS_53360", "summary": "Os acontecementos remóntanse a outubro de 2010 cando familiares de Diego Viña, morto no cuartel de Arteixo en setembro de 2004, se concentraban reclamando o esclarecimento do caso.", "text": "O 6 de xuño terá lugar o xulgamento de 15 persoas por un presunto delito de \"inxurias\" á Garda Civil. O caso remóntase ao ano 2010 nunha concentración perante a igrexia parroquial de Arteixo onde representantes do instituto armado celebraban o día do Pilar (12 de outubro), patroa deste corpo policial. Entre as persoas imputadas atópanse a irmá, a curmá e a tía de Viña Perante o templo concentrábanse familiares de Diego Viña e activistas en defensa dos dereitos e liberdades. Este rapaz de Arteixo apareceu morto no cuartel da vila o 22 de setembro de 2004 após ser detido. Fora denunciado polo seu pai, tamén garda civil, por unha presunta agresión no domicilio. Horas máis tarde de ser prendido foi atopado nos cabouzos aforcado, supostamente, con seu pantalón vaqueiro. Porén, após a investigación iniciada a instancias da familia de Deigo Viña que non acreditaba no relato policial, descubriuse --porque así o recoñeceu o sarxento-- que o pantalón fora tirado \"ao lixo\" e que as cámaras de vixianza estaban apagadas. No marco da investigación desenvolvida polo Xulgado de instrución nº5 da Coruña o propio pai de Viña foi imputado por procedemento de denuncia falsa sendo que non existían indicios, sinalan fontes consultadas por Sermos Galiza, de que a agresión formulada tivese acontecido cando Diego foi detido. Así as cousas, a instrución \"foi dificultosa con numerosas denegacións de probas ás defensas da familia de Diego Viña\". Concentracións pacíficasAo longo deste tempo familiares de Viña concentráronse todos os 12 de outubro perante a igrexa parroquial de Arteixo acompañadas de persoas solidarias coa causa exixindo o esclarecimento do caso. \"As concentracións eran absolutamente pacíficas limitándose a manifestar a dor polo falecemento de Diego Viña así como esixir responsabilidades e unha investigación conforme a parámetros de legalidade por estes graves feitos como son as mortes baixo custodia das forzas e corpos de seguridade estado\", explican as mesmas fontes. As concentracións reclamaban o esclarecimento das circunstancias en que faleceu Diego Viña En resposta a estas mobilizacións diversas persoas recibiron senllas notificacións da abertura de expedientes sancionadores por parte da Subdelegación do Goberno español perante o que calificaban de delito contra os \"sentimentos relixiosos\" e \"desordes públicas\", mais todas foron arquivadas até 2010. Ese ano, 15 persoas, entre elas a irmá, a curmá e a tía de Diego Viña, foron imputadas por un presunto delito de \"inxurias\" á Garda Civil (artigo 504 do Código Penal). Segundo o Ministerio Fiscal o delito xustifícase no berro de consignas por parte das persoas concentradas como 'a Garda Civil tortura e asasina', 'aquí se tortura como na ditadura' e 'non foi suicidado que foi asasinado'. Asemade, apelan ao reparto dunha filipeta ou flyer na que se sinalaba \"que os familiares e a sociedade en xeral sente unha sensación de desamparo ante a impunidade dás forzas de seguridade do Estado por unha falta de vontade política o control dos procesos\", explican. Así mesmo, baséase a acusación argüíndo que as persoas concentradas portaban camisolas coa fotografía de Diego Viña e despregaban faixas cos lemas: 'Non esquecemos 22 - 9- 2004', 'Diego Viña morto no cuartel da Garda Civil de Arteixo' e 'Queremos saber como morreu Diego nos calabouzos da Garda Civil de Arteixo'. Multa e xuízo Para as 15 persoas imputadas a Fiscalía pide unha pena de multa de 15 meses cunha cota diaria de 8 euros o cal supón unha multa de 3600 euros para cada unha delas. En total, 54 mil euros. Neste senso o colectivo Nais contra a impunidade, do que fai parte Carmen Viña, nai de Diego, convocan unha concentración ás 9.30h o 6 de xuño perante os Xulgados da Coruña coincidindo co inicio do xuízo."}
{"ID": "NOS_31477", "summary": "A suspensión da entrega por parte de Janssen acabou coa paciencia de Bruxelas, tras os desencontros con AstraZeneca e os casos de trombos \"moi raros\" mais presentes na mente da cidadanía europea. A Comisión anunciou que Pfizer adiantará doses para cubrir os atrasos das dúas anteriores que, segundo 'La Stampa', caerían do plan da UE.", "text": "\"Dal 2022 stop a AstraZeneca e J&J\", titulaba en primeira plana esta cuarta feira, 14 de abril, o italiano La Stampa, que aclaraba a continuación que \"a UE non renovará os contratos das vacinas de vector viral\". Xa en páxinas interiores, apuntaba: \"A Comisión, de acordo cos líderes de moitos países [da UE], decidiu que os contratos en vigor para o ano en curso coas compañías que producen vacinas [baseadas na tecnoloxía dos adenovirus como vector viral] non serán renovados ao seu vencemento\". No caso concreto de Italia, a intención do Goberno que preside Mario Draghi é reservar as doses de \"AstraZeneca, J&J [Johnson&Johnson, matriz de Janssen], Sputnik e a italiana ReiThera só para maiores de 60 anos\". Cómpre lembrar que a estratexia común de compra por parte da UE é compatíbel coa adquisición de forma bilateral por parte dos Estados ou dos territorios subestatais con competencias. A respecto desta información, a Comisión dixo que manteñen todas as opcións abertas de cara ás seguintes fases da pandemia, en 2022 e máis alá. \"Non podemos, porén, facer comentarios sobre asuntos contractuais\", sinalou un portavoz do Executivo comunitario a preguntas de correspondentes en Bruxelas. Polo tanto, non é aínda unha decisión oficial. Acordo co \"socio fiábel\" Si que xa o é o acordo da UE con Pfizer/BioNTech para adiantar ao segundo trimestre deste ano ─xa mesmo, de abril a xuño─ a entrega de 50 millóns de doses da súa vacina contra a Covid, prevista para os últimos tres meses do ano. Anunciouno esta cuarta feira a presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, nunha declaración sen preguntas. \"Cómpre centrármonos nas tecnoloxías que probaron a súa eficacia\", afirmou, nunha crítica velada á farmacéutica anglosueca AstraZeneca, coa que a UE mantén un enfrontamento debido aos incumprimentos nas datas de entrega supostamente acordadas. As doses que proporcionarán a estadounidense Pfizer e a alemá BioNTech virán suplir eses ocos. Pfizer/BioNTech \"demostrou ser un socio fiábel. Cumpriu cos seus compromisos e é receptivo ás nosas necesidades. Isto vai no beneficio inmediato da cidadanía da UE\", manifestou Von der Leyen. A decisión chega horas despois de Janssen anunciar a suspensión da entrega na UE logo da recomendación das autoridades sanitarias dos EUA de analizar a hipotética relación entre a administración desta vacina e seis eventos tromboembólicos (de entre as sete millóns de doses inoculadas no país norteamericano). Bruxelas contaba con esta importante entrega para avanzar cara ao obxectivo de vacinar 70% da poboación antes de outubro (o antíxeno de Janssen é unidose, o que acelera o dobre o proceso). Un contratempo que se sumou ao incumprimento de AstraZeneca, que era a priori a que máis expectativas xeraba por ser a máis económica e a máis fácil de transportar e de almacenar. Porén, segundo a UE, no que vai de ano só entregou 30 millóns de doses das 120 millóns comprometidas. Mirando a 2023 Ademais, Von der Leyen confirmou que negocian con Pfizer/BioNTech a compra a maiores de 1.800 millóns de doses a obter entre 2022 e 2023 e coas que responder á aparición de novas variantes. \"Implicará que non só a produción das vacinas, mais tamén todos os compoñentes esenciais, estarán localizados na UE\", salientou a alemá. Un anuncio na liña do adiantado por La Stampa. É dicir, centrarse na adquisición das vacinas con tecnoloxía de ARN mensaxeiro (Pfizer/BioNTech e Moderna) en detrimento das que usan adenovirus como vector viral (Janssen, AstraZeneca, Sputnik V). Nas primeiras, o ingrediente activo ─o vehículo─ é o ARN mensaxeiro, que contén as instrucións para que as células humanas constrúan unha peza inofensiva do coronavirus chamada espícula (a parte con forma de agulla) e só esa peza. O sistema inmunolóxico recoñécea e prepárase para responder en caso dunha infección. Nas segundas, o vehículo que transporta as instrucións para o organismo construír a espícula é un adenovirus ─un virus inofensivo de entre os 50 existentes, como o do arrefriado común─ e que ademais está atenuado para non causar infección. Segundo un artigo publicado a semana pasada en The New England Journal of Medicine, algunhas das partículas do adenovirus veríanse atraídas por unha proteína chave na coagulación do sangue, provocando os xa famosos e ─en palabras da EMA─ \"moi raros\" eventos tromboembólicos. Dinamarca anuncia a suspensión definitiva da inoculación coa vacina de AstraZeneca As autoridades sanitarias danesas confirmaron esta cuarta feira a eliminación definitiva da vacina contra a Covid-19 desenvolvida por AstraZeneca e a Universidade de Oxford do seu plan de inmunización, debido ao vínculo do fármaco con eventos trombóticos \"moi raros\". A decisión tomouse debido ao \"bo control\" da pandemia no país nórdico e á dispoñibilidade doutras vacinas, segundo informou aos medios o director da Xunta Nacional de Saúde de Dinamarca, Soren Brostrom. \"Se en Dinamarca estivésemos nunha situación completamente diferente, por exemplo, cunha terceira vaga violenta e un sistema sanitario baixo presión, e non tivésemos chegado tan lonxe na vacinación, non dubidariamos en usar a vacina, mesmo se houbese complicacións raras máis graves\", manifestou."}
{"ID": "NOS_13159", "summary": "Os baixos prezos do leite están a situar milleiros de explotacións galegas ao borde do peche. A insostíbel situación fai que sindicatos e organizacións de productor@s convoquen un calendario de mobilizacións que terá o seu cume o 27 deste mes, cunha folga na distribución do leite", "text": "A situación é insostíbel e milleiros de explotacións gandeiras de Galiza veranse forzadas ao peche de non variar o escenario actual, marcado polos prezos máis baixos do estado e de Europa. Un dos sindicatos que apoia a folga do vindeiro día 27, a Federación Rural Galega (Fruga), sinala que \"sendo o prezo do leite das granxas situadas no Estado español de 31,40 €/100Qg e incluíndo este o prezo das granxas galegas (29,36 €/100Qg), fica claro que o prezo percibido polas granxas situadas fóra da Galiza é moito superior ao prezo que estamos a cobrar na Galiza, a redor de 3 ou 4 céntimos máis, xa que a maiores debemos ter de conta que aquí producimos aproximadamente o 40% do leite de todo o estado\". Na Fruga, o seu responsábel de sectores gandeiros, Xosé Elías Somoza, denuncia tamén que a situación de discriminación que padecen as granxas leiteiras galegas \"ten moito a ver coa política levada a cabo polo PP desde o Goberno da Xunta\" ao longo da lexislatura pasada. Somoza acusa o executivo de Feijóo de \"dinamitar todos os instrumentos dos cales a anterior consellaría do Medio Rural dotara o sector leiteiro galego e renunciar a liderar o sector leiteiro\". Aliás, Xosé Elías Somoza pon en cuestión tamén o papel do resto de organizacións profesionais agrarias, que segundo el desenvolveron unha \"actuación timorata e desenfocada ao eximir das súas reivindicacións ao goberno galego do Partido Popular e enfocar este problema exclusivamente desde o punto de vista economicista\". Prezos de miseria Desde 2005, entrementres os ingresos d@s gandeir@s galeg@s pola venda de leite medraron un 0,9%, os custos de explotación fixérono nun 29,6%, co cal a súa renda caeu nun 43%. Isto está provocado en boa medida porque o prezo que reciben é dos máis baixos da Unión europea e o máis baixo do Estado español: un 5,5% menos que a media estatal, un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda."}
{"ID": "NOS_24881", "summary": "Malia o boicot dos medios público e dos oficiosos, a protesta cidadá contra o deterioro da sanidade pública non cesa. Milleiros de persoas volveron desfilar esta quinta feira polas rúas de Vigo \"pola dignidade\" do sector.", "text": "A dimisión, o pasado decembro, de 25 dos 31 xefes de servizo da área sanitaria viguesa detonou o enorme malestar de profesionais e usuarios a respecto dunha década de recortes e reoganización neoliberal da materia. Os sucesivos gobernos de Feixoo así a enfocaron e agora os conflitos emerxen por todas partes e en múltiples ámbitos. \"A poboación da área sanitaria de Vigo, a que máis riqueza crea en Galiza, é a que peor sanidade recibe por non ter os recursos estruturais públicos nin en atención primaria nin en hospitalaria para cubrir toda a poboación\", dicía o manifesto que leu, ao final da protesta, a sindicalista María José Diéguez. Cunha pancarta que rezaba Pola dignidade da sanidade pública, os manifestantes esixiron \"non máis recortes\" e \"máis persoal\". A responsabilidade política da Xunta e Núñez Feixóo -ideólogo da viarada neoliberal da xestión sanitaria- foi outra das reclamacións que presidiron a marcha. \"Esiximos a inmediata apertura dunha mesa de negociación na que se recupere a xerencia de atención primaria e un aumento da dotación económica para incrementar a dotación de persoal\", consideraba o manifesto. Á manifestación asistiron os líderes de En Marea -Luís Villares- e PSdeG -Gonzalo Caballero- e mais o deputado do BNG Luís Bará."}
{"ID": "NOS_45635", "summary": "O caso de Juana Rivas volve evidenciar que a violencia machista non se circunscribe á muller agredida.", "text": "\"Un maltratador non é un bo pai\", eis a palabra de orde das mobilizacións convocadas en diferentes cidades e vilas galegas neste 9 de setembro, sábado, a partir das 19:00 horas na Coruña (Obelisco), Compostela (Praza 8 Marzo), Ferrol (Pza Amada García), Lugo (Pza Maior) , Ourense (Subdelegación), Pontevedra (Peregrina), Ribeira e Vigo (Marco). Nas Pontes rá ás 12:00 horas. Esta iniciativa conta co apoio da Plataforma Feminista Galega e a Marcha Mundial das Mulleres, que consideran de importancia \"dar unha resposta colectiva dos feminismos da Galiza\". Máis información: Plataforma Feminista Galega, Marcha Mundial das Mulleres Galiza"}
{"ID": "NOS_48823", "summary": "CCOO anuncia protestas se non se fai este ano", "text": "A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou esta quinta feira nun acto nas Canarias que nos próximos días confirmará se este ano se producirá a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que permanece conxelado desde o 1 de xaneiro. Segundo explicou a titular de Traballo en rolda de prensa, a decisión darase a coñecer unha vez que o comité de persoas expertas designado para a materia culmine o seu ditame e o mesmo se aborde na mesa do diálogo social con sindicatos e a representación empresarial. Díaz quixo lembrar que o Goberno español, cumprindo coas recomendacións europeas, despregou esta comisión de persoas expertas de máximo nivel, que está a formar parte do deseño da nova estrutura salarial. Neste sentido, a ministra destacou que o Goberno estatal entendeu \"desde o minuto un\" que a mellor política de rendas para combater a pobreza laboral era o incremento do salario mínimo interprofesional. Segundo Díaz, isto permitiu que 1,5 millóns de persoas traballadoras visen mellorada a súa situación salarial, sobre todo mulleres e xente nova, o que demostra que é \"unha ferramenta moi eficaz, cun enorme impacto de xénero e igualación social\". Sobre a contía prevista para a suba, a ministra de Traballo indicou que o incremento medio dos convenios colectivos para este ano oscila entre o 1,5% e o 1,8%. \"Por tanto, non é demasiado xusto que deixemos os que máis o necesitan, non conxelados, senón cunha perda de poder adquisitivo\", indicou. Ameaza de mobilizacións O anuncio de Díaz prodúcese o mesmo día no que o secretario xeral de CCOO, Unai Xordo, advertira de que, \"pola conta que lle trae\", o Goberno estatal non podía deixar \"no tinteiro\" o incremento do Salario Mínimo Interprofesional neste 2021, así como a derrogación da reforma laboral de 2012 e dos cambios introducidos en 2013 no sistema de pensións, xa que de non facelo, o sindicato impulsará un proceso de \"mobilización crecente\" despois do verán. Como recoñeceu o propio Xordo, o debate para implantar o incremento este mesmo ano \"fechou en falso\". \"Non asumiremos pacificamente que o SMI se conxele en España en 2021; non o imos a tolerar\", advertiu. Para o líder sindical, que recoñeceu \"o esforzo\" do Goberno español ao subir o SMI até os 950 euros, asegurou que \"é incompatíbel manter un itinerario de subida do 60% do SMI para finais de lexislatura e mantelo conxelado en 2021\"."}
{"ID": "NOS_20031", "summary": "A Asemblea xeral das Nacións Unidas aprobou, por 174 votos a favor, seis contra e seis abstencións, unha resolución que apela a Israel para abrir o seu programa nuclear a inspeccións da Axencia internacional de enerxía atómica e a se adherir \"o máis rápido posíbel\" ao TNP (Tratado de non proliferación nuclear)", "text": "A resolución da ONU non obriga Israel a a cumprir, mais ten unha grande importancia, pois apunta un estado de opinión na comunidade internacional e ten implicacións políticas. Israel sempre mantivo un silencio cando era preguntado sobre o seu arsenal nuclear, nin desmentindo nin confirmando o mesmo, aínda que existe un consenso internacional en torno a que este estado si posúe armamento nuclear. Estados Unidos votou contra esta resolución mais apoiou dous puntos da mesma: o apoio á adhesión universal ao TNP e unha chamada a aqueles países que non o suscriben a que o fagan o antes posíbel. Un brinde ao sol, como lembran"}
{"ID": "NOS_15909", "summary": "A formación nacionalista mantivo esta mañá unha xuntanza coa Federación Rural Galega. Guillerme Vázquez denunciou o abandono do medio rural por parte do actual goberno galego e apostou por \"facer xustamente o contrario do que está a facer o PP\" para poñer remedio ao despoboamento.", "text": "Malia se ter convertido o seu abandono nun dos principais problemas de Galiza nas últimas décadas, non adoita ser a saúde do rural un dos temas centrais das campañas electorais galegas, circunstancia que o BNG afirma querer reverter, razón pola que mantivo este martes pola mañá unha xuntanza coa Federación Rural Galega (Fruga). Ambas as dúas organizacións coincidiron na negativa diagnose da xestión da actual Xunta do PP. \"Feijóo abandonou decididamente o medio rural galego e entregoullo ás grandes industrias transnacionais\" Guillerme Vázquez A delegación da Fruga estivo encabezada polo seu presidente, Xurxo Álvarez, e a do BNG polo Portavoz nacional Guillerme Vázquez, que estivo acompañado pola secretaria de Organización, Montse Prado, e o secretario de Acción Social, Rafa Vilar. O candidato á Xunta, Francisco Jorquera, non estivo poresente ao estar a esa hora participando no seu último debate como deputado nacionalista no Congreso. Na conferencia de prensa posterior, Guillerme Vázquez afirmou que \"nestes tres anos e medio o señor Feijóo abandonou decididamente o medio rural galego e entregoullo ás grandes industrias transnacionais\". Asemade, o portavoz da fronte nacionalista reclamou explicacións a Feijóo polos prezos do leite, os máis baixos do estado, e denunciou que o seu goberno deulle as costas ao sector. A posibilidade de desenvolver outras políticas diferentes no medio rural quedaría demostrada pola xestión desenvolvida polo nacionalismo desde o goberno galego. \"O BNG ten unha traxectoria contrastada, tamén estando no goberno da Xunta, de apoio decidido ao medio rural Ese foi sempre o noso compromiso e seguirá a selo no futuro\", subliñou Vázquez. O programa electoral do BNG para o 21-0 recolle varias medidas na liña das desenvolvidas naquela etapa, como a que fala de \"reformar as estruturas agrarias e reorientar o modelo produtivo (Banco de Terras, modificación da política de concentración parcelaria, axudas aos investimentos nas explotacións…)\". A maiores, Guillerme Vázquez indicou que \"a consecuencia do que está a acontecer coas políticas de Feijóo é que se incrementa o despoboamento de amplas zonas rurais do país e que cada vez máis os sectores agrogandeiros esmorecen\". Como remedio, o dirixente nacionalista, apuntou a \"facer xustamente o contrario do que está a facer o PP, actuar e ter un goberno que si crea que este sector agrogandeiro é estratéxico para o país, e darlle apoio político, porque o emprego non se crea do aire, créase con bases produtivas, e en Galiza deixando esmorecer os sectores en que somos competitivos é imposíbel crear emprego\"."}
{"ID": "PRAZA_19834", "summary": "O Goberno galego ten que se limitar a \"trasladar\" as protestas a Fomento, que en anteriores ocasións abriu expedientes a Audasa sen maiores consecuencias. Infraestruturas oponse a que a concesionaria suba as peaxes antes da fin das obras de ampliación. A AP-9 logra os maiores beneficios en cinco anos e esixe unha suba das peaxes", "text": "En xullo de 2012 a poboación galega estaba a piques de saber que ía ser chamada ás urnas anticipadamente, en outubro dese ano, e a Xunta dirixíase ao Ministerio de Fomento. A concesionaria da Autoestrada do Atlántico, Audasa, viña de provocar un dos habituais atascos ante as cabinas de portaxe nunha fin de semana de praia e o Goberno galego reclamaba á ministra, Ana Pastor, que abordase este \"problema histórico\" e promovese medidas como as xa vixentes noutras autoestradas de titularidade estatal, obrigadas a erguer as barreiras cando os engarrafamentos superan determinada lonxitude. Facíao porque, como agora, a Xunta carece de competencias para actuar directamente. Dous anos despois, no verán de 2014, a escena repetiuse. Sol, calor, atascos ante as peaxes da AP-9 e chamado da Xunta a Fomento para que Audasa \"puxese medios\" para solucionar o problema. Naquela ocasión tamén o Valedor do Pobo se implicara no contencioso mediante unha investigación de oficio e, finalmente, o Ministerio dera en abrir un expediente informativo á empresa polas \"demoras excesivas\" e \"retencións inxustificadas\" en \"reiteradas ocasións\". No entanto, como en anteriores expedientes, a compañía non sufriu maiores consecuencias e as declaracións da ministra sobre unha eventual revisión da concesión por incumprimento nunca se fixeron realidade. Os atascos máis recentes producíronse mentres Audasa certificaba uns beneficios de 45 millóns e esixía subir xa as peaxes Pasaron xa dous veráns máis e, ás portas do terceiro, a pasada Semana Santa volveu ser escenario de atascos nas peaxes da principal autoestradas do país. Sucedeu, casualmente, nos mesmos días en que Audasa comunicaba á CNMV as súas contas de 2016, que reflicten uns beneficios de 45 millóns de euros -repartidos integramente en dividendos aos seus accionistas-, os maiores en cinco anos, e dan conta ademais dunha esixencia: subir as peaxes para compensar os cartos adiantados nas obras de ampliación en Santiago e Vigo e mais as bonificacións das portaxes na contorna da ponte de Rande. O Goberno galego di non concordar con esta petición, cando menos ata que os traballos estean concluídos. Pero, como en todas as ocasións anteriores a ausencia de competencias marca o escenario. Postura da Xunta e reinicio da lei para o traspaso Ao ser cuestionada ao respecto por Praza.gal a Consellería de Infraestruturas sinala que \"a defensa dos intereses dos usuarios vén sendo unha preocupación continua da Xunta en relación á AP-9\" e foi isto o que \"motivou\" os \"diferentes escritos e reclamacións dirixidos tanto ao Ministerio de Fomento como á sociedade concesionaria\" nos últimos anos, \"reclamando a adopción de medidas extraordinarias que garantisen a calidade do servizo en situacións de especial intensidade de tráfico\". Esas medidas, abonda, estiveron tamén sobre a mesa da primeira xuntanza da comisión creada por Xunta e Fomento para supervisar a autoestrada. A Xunta ten que se limitar a \"trasladar\" as protestas a Fomento, que en anteriores ocasións abriu expedientes a Audasa sen maiores consecuencias Así e todo, di o Goberno galego, os atascos das recentes xornadas festivas debéronse \"en gran parte\" ás \"obras de ampliación\" que obrigan a impoñer \"limitacións de velocidade e outras medidas de seguridade\". Nese encontro, agrega a Consellería, a representación galega tamén \"trasladou\" que a suba de peaxes esixida por Audasa \"non pode aplicarse en modo ningún antes de que rematen as obras de ampliación\" e \"sen que se cuantifique e xustifique o investimento realizado\". Así e todo, o departamento de Ethel Vázquez insta a \"lembrar\" que esas \"demandas económicas\" teñen \"a súa orixe nos acordos pechados entre o Goberno de Zapatero en funcións e a concesionaria\" para as obras de ampliación. Infraestruturas oponse á suba das peaxes antes da fin da ampliación e insta a \"lembrar\" que a compensación foi asinada \"polo goberno de Zapatero\" De calquera xeito, esta postura da Xunta terá que ficar nese \"traslado\" a Fomento, toda vez que é o Ministerio, como Administración titular da infraestrutura, o que litiga con Audasa tras o recurso contencioso-administrativo formalizado pola empresa para esixir poder cobrar xa portaxes máis elevadas. Este escenario prodúcese xusto cando comeza o seu trámite parlamentario a lei que podería mudar a situación, o segundo texto que, co apoio de todos os grupos da Cámara, reclama a transferencia a Galicia das competencias sobre a AP-9. O proxecto para o traspaso, cuxos deputados e deputadas responsables serán elixidos a vindeira semana, sairá do Pazo do Hórreo por segunda vez aprobado por unanimidade. Cando isto suceda será remitido ao Congreso, onde os prazos do proxecto poden ser dilatados e onde, ademais, a lei galega correrá un risco idéntico ao da súa primeira versión: o veto do Goberno central, sustentado na anterior ocasión cun informe baseado en cálculos erróneos. Neste sentido, o voceiro do PP na Cámara Baixa, Rafael Hernando, advertía o pasado marzo en declaracións á Radio Galega que o apoio do PP galego á transferencia segue sen garantir que o partido teña a mesma postura en Madrid."}
{"ID": "NOS_27007", "summary": "A lanzadora de peso Belén Toimil (Mugardos, 1994) soña cos Xogos Olímpicos. E se para chegar a Toquio hai que pasar polo difícil proceso de cambiar por completo a técnica coa que se desenvolveu desde que era unha nena, \"pois faise\", coa mesma actitude que a levou a recuperarse por completo dunha gravísima lesión de xeonllo en 2018.", "text": "—O pasado mes de setembro gañou o Campionato de España arrebatándollo a Úrsula Ruíz, unha muller que levaba gañándoo nin máis nin menos que 12 anos seguidos. Como viviu ese momento de destronar finalmente a Úrsula? Fíxome moita ilusión gañar o ouro estatal, porque levaba oito anos sendo prata. Ía moi mentalizada, sabía que tiña posibilidades de gañar, porque mellorara moitísimo, nos adestramentos estaba lanzando xenial... pero chegou a competición e non lancei como sabía que podía facelo, e iso deume moita rabia, mais cando me vin coa medalla de ouro nas mans quedei encantada (ri). —Non é a primeira vez que unha atleta me comenta ese contraste entre os resultados nos adestramentos e nas competicións. Tanto cambia a cousa? No meu caso, nas competicións xóganme unha mala pasada os nervios, sobre todo agora que cambiei a técnica de lanzamento de lineal a xiratoria. Esta última tempada, que tivo unha pandemia de por medio e tres meses sen poder adestrar, xeroume moita inseguridade no sentido de non estar preparada tecnicamente para competir, de non ser quen de facer os lanzamentos cos ollos fechados nun estilo no que son unha novata... iso no meu caso ténsame, e se estás tensa xa non lanzas o mesmo que nos adestramentos. É unha especie de auto sabotaxe que fai que as cousas poidan saír mal. —Por que unha deportista que está xa na categoría absoluta decide cambiar de técnica? Foi decisión do meu adestrador e a min pareceume ben, porque levaba dous anos estancada no lineal. É certo que me colleu unha lesión de xeonllo en 2018, pero a miña mellor marca era xa de 2017, así que, por que non? Arriscamos, porque era o ano olímpico cando comezamos co cambio, e eu estaba insegura sobre a técnica, pero xa estou vendo as melloras, atópome súper cómoda con ela e dáme a impresión de que teño moita máis marxe de mellora agora que coa lineal. —Podería dicirse que deu un paso atrás para poder dar dous adiante... Si, porque dun día para outro non vas converterte nunha experta de algo que non fixeches nunca, tes que adestrar e botarlle horas, facer que che saia natural. Sacrificamos cousas, pero agardamos que a base de traballo todo vaia ben nesta nova tempada. —Pode ser impresión miña, pero o xesto coa nova técnica xiratoria non é máis agresivo co seu xeonllo mancado? Eu tamén o pensei. A miña lesión foi no xeonllo esquerdo, no que se carga o peso na saída do lanzamento xiratorio, pois apóiase todo o corpo sobre el para empurrar e facer o salto, pero estou adestrando a tope, facendo exercicios de forza no ximnasio e teño tan fortalecidas as pernas que non noto ningunha debilidade. —Ademais de peso, practica lanzamento de disco, mais é unha disciplina que parece ter deixado de lado nos últimos tempos, por que? Eu compatibilicei peso e disco hasta categoría júnior, e de feito no Europeo quedei sexta en disco e quinta en peso, pero chegou un momento en que houbo que escoller para adestrar mellor unha delas e deixei o disco, mais na liga de clubs aínda compito para o meu equipo, a pesar de que non estea tan especializada como no peso por non adestralo. O certo é que é algo que teño un pouco apartado, e non teño en mente preparalo. —Cal é o seu obxectivo de cara á nova tempada atlética? Tóquio 2020? Queremos estar nos Xogos Olímpicos, pero tal e como está o calendario... tan feito un Cristo... de verdade que agora non sei que temos o ano que vén. Penso que hai Europeo de pista cuberto e unha Copa de Europa de Lanzamentos de Inverno. Obviamente interesa loitar por acudir a todo, pero o foco da tempada é Toquio, así que intentarei facelo o mellor que poida nos campionatos de España e nesoutros torneos internacionais, pero sempre centrada no obxectivo dos Xogos. —Que ten que facer para estar nos Xogos do ano que vén? Actualmente, porque todo pode cambiar, hai que lanzar a marca mínima de 18,50 metros. E se non fas esa marca, podes entrar por ranking, que se elabora sobre as cinco mellores marcas de cada atleta, que puntúan distinto segundo a competición nas que se fixeron, e logo con elas trazan unha media, co que podes lanzar máis que unha rival pero facer a marca nunha competición peor e quedar por debaixo. É bastante lea, mais o obxectivo é estar entre as 32 primeiras."}
{"ID": "NOS_47643", "summary": "Acúsaos de \"propaganda terrorista\". Pedían o cesamento da represión no Curdistán Norte.", "text": "Até doce persoas foron prendidas en Turquía por orde do goberno que lidera Tayyip Erdogan após asinaren un manifesto no que reclamaban \"o cesamento inmediato da violencia perpetrada\" polo estado turco contra o pobo curdo no leste do país. \"Nós non imos facer parte desta masacre\", recolle o manifesto en relación aos asasinatos, execucións, detencións e rexistros que se están a practicar por parte das forzas especiais turcas en diversas cidades do Curdistán Norte e dos que responsabilizan directamente ao goberno de Erdogan. Neste senso, o presidente turco acusa as persoas detidas de \"propaganda terrorista\" polo que pediu a actuación xudicial por \"traición\". Así o recolle o diario turco Hürriyet que sinala a aplicación do artigo 301 do Código Penal contra a ducia de docentes mediante o que se pune o insulto á nación turca, ao estado, ao Parlamento e ás institucións xudiciais. Turquía acusa as persoas detidas de \"traición\" O manifesto impulsado polo colectivo Profesores pola Paz --e cuxa páxina web foi censurada-- foi asinado por milleiros de persoas, unha parte delas turcas e outra internacionais como Noam Chomsky. O colectivo docente sumábase así ás accións impulsadas desde outros ámbitos como o das organizacións en defensa dos dereitos humanos que tamén denuncian a represión que está a vivir o pobo curdo na Turquía. Desde o partido pro-curdo HDP instaron as institucións europeas a actuar de mediadoras e exixir ás autoridades turcas, a comezar polo goberno, que cesen na súa política. Actualmente a UE negocia co executivo de Erdogan a adhesión do país á comunidade europea a cambio de que este actúe como tapón para frear a entrada de persoas refuxiadas no territorio da Unión. O acontecido volve pór riba da mesa a violación de dereitos fundamentais, entre eles a liberdade de expresión, na Turquía."}
{"ID": "NOS_35030", "summary": "A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciou que o Consello de Ministros aprobará nos próximos días que se eliminen \"as restricións para o acceso ás terminais\" nos aeroportos de Aena", "text": "A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciou que o Consello de Ministros aprobará nos próximos días que se eliminen \"as restricións para o acceso ás terminais\" nos aeroportos de Aena, grazas á saída progresiva da pandemia. Un dos debates da Escola de Tardor do PSC reuniu este sábado a Sánchez cos presidentes de Renfe e de Aena, Isaías Táboas e Maurici Lucena, o primeiro tenente de alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, e a alcaldesa de Badia do Vallès e presidenta de Desenvolvemento Económico da Deputación de Barcelona, Eva Menor. \"Imos achegar esas despedidas ou recibimentos, facilitando o acceso, non só dos pasaxeiros e do persoal, senón tamén de acompañantes ás terminais\", celebrou. Saír da crise Constatou que o Estado español está \"en plena etapa de recuperación\" da súa economía e de afiliación á Seguridade Social, pero que a saída da crise debe ser diferente a outras, implicando agora a transición ecolóxica e dixital. A outra diferenza respecto a recuperacións de crises anteriores debe ser lograr unha recuperación xusta, con igualdade social, e destacou a influencia dos PGE 2022 nisto, porque son \"os Orzamentos máis sociais dos últimos anos\". A Lei de vivenda En canto á anunciada Lei de vivenda, defendeu que pretende \"garantir e blindar que a vivenda verdadeiramente é un dereito constitucional\" ao que todos deben acceder. \"O que facemos desde os poderes públicos é asumir a nosa responsabilidade de garantilo\", dixo, e destacou tamén o compromiso do Goberno na rehabilitación. \"Non serán peaxes\" Sobre o transporte na estrada, reiterou que o futuro pago por uso na rede viaria \"non serán as peaxes que historicamente, tradicionalmente, aplicáronse\", senón un sistema para financiar o transporte e o mantemento de maneira equitativa. \"Permitiranos tamén que disuadamos do uso da estrada a favor doutros sistemas que son moito máis sostibles e, neste caso, tamén eficientes\", engadiu. Para Sánchez, a mobilidade non é só algo necesario polas infraestruturas en si, senón un dereito cidadán, o cal se debe traducir na lei de mobilidade sostíbel e no financiamento do transporte."}
{"ID": "PRAZA_10954", "summary": "O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asasinadas na comarca, \"representativas da barbarie cometida\" polos golpistas", "text": "A curva de Fontaboa, entre Xordos e Nigueiroá, no Concello de Bande, foi un dos múltiplos escenarios do terror tras o golpe de Estado de 1936. Alí foron asasinados polos falanxistas Juan Manuel Álvarez, coñecido como Noches, e mais Jenaro Alonso Santos o 29 e 30 de xullo daquel ano, apenas dúas semanas despois do inicio da sublevación contra a II República.O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asasinadas na comarca, \"representativas da barbarie cometida\" polos golpistasNese punto xuntáronse este sábado, 14 de setembro, familiares das vítimas e outros membros do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia para inaugurar, nun acto de homenaxe, o monólito que lembra os nomes e datas dos asasinatos de ata vinte e cinco persoas. As execucións \"que temos documentalmente constatadas\", explican, o cal non significa que fosen as únicas.O monumento, de case 3 metros de altura, é \"froito dun longo proceso, aínda inconcluso, de investigación sobre as consecuencias da brutal represión contra o pobo traballador desta comarca\" naqueles anos. A lista, \"aínda incompleta\", é xa \"representativa da barbarie cometida contra os sectores máis comprometidos e avanzados\", din dende o Comité.Coa vontade de \"contribuír a rescatar do deliberado esquecemento uns episodios que truncaron violentamente o noso pasado máis recente, que seguen condicionando o presente e hipotecando o futuro\", a homenaxe deste sábado xuntou memoria, homenaxe e verbas de esperanza. Versos de Anxo Angueira, Carmen Blanco, Rochi Vnóvoa, Elvira Ribeiro ou Claudio Rodríguez Fer e músicas d'As da Chispa, Carmen Penim, Xosé Constenla ou Mini puxeron \"voz, instrumentos e talento\". Todos para amosar \"solidariedade coas vítimas do fascismo\".Alén do acto deste sábado, o Comité subliña que a súa intención non é outra que recuperar a \"biografía\" non só destas vinte e cinco persoas, senón de \"centenares de veciñas e veciños do Val do Limia\", recuperando \"o seu legado mediante un exercicio de memoria colectiva\". Só así, explican, será posible \"resignificar feitos históricos, entendendo a verdade como unha forma de reparación das vítimas da represión fascista\", neste caso en concellos como Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños ou o propio Bande, onde quedou instalado o monólito.As vinte e cinco persoas homenaxeadas no monumento ás vítimasJuan Manuel Álvarez Álvarez \"Noches\"Jenaro Alonso SantosBenito Valencia BouzaManuel Paz PérezFélix Salgado del MoralJuan Salgado RodríguezAlfonso Dámaso Rodrigo MéndezMarcelino Guisande LópezJosé Álvarez FernándezGumersindo Araújo Sousa \"Requicho\"Erundina Álvarez PérezLisardo Rodríguez LeónJoaquín Díaz RodríguezBenigno Rodríguez AntúnezArturo Sousa González \"Arturo Franco\"Lino Tejada RodríguezAntonio Álvarez FernándezAvelino Pérez RodríguezFrancisco DomínguezJosé Fernández Alonso \"Gres\" ou \"Pepe do Quarto\" Gumersindo Delgado GallegoAbilio Álvarez BernardoJosé Fernández González \"Rizo\"Esteban Martínez GómezManuel Costa \"Cantarejo\"."}
{"ID": "NOS_57146", "summary": "A Cidade da Cultura non é a única infraestrutura de Santiago que carece de proxecto de contidos. Un ano despois da súa apertura, o novo edificio do Museo das Peregrinacións que ocupa o edificio do antigo Banco de España continúa sen proxecto expositivo e sen ningún tipo de programación.", "text": "Situado á beira da cátedra e do edificio onde os peregrinos selan a compostelana, na histórica praza de Praterías, na rehabilitación do edificio que ía albergar o Museo das Peregrinacións investíronse cinco millóns de euros. O grupo municipal do BNG vén de denunciar que se trata dun \"continente cun contido que non está á altura das instalacións nin da cidade\". A parálise do Museo das Peregrinacións e da Cidade queda á vista na ausencia dunha páxina oficial da entidade que recolla a programación e previsións do edificio rehabilitado en Praterías. A referencia viva na rede de http://www.mdperegrinacions.com remite unicamente á actividade desenvolvida no histórico edificio da entidade, na coñecida como Casa Gótica. Tampouco na páxina de información turística da cidade se atopa información sobre programación do novo edificio da cidade. En santiagoturismo.com non hai referencia algunha nin a contido nin a proxecto expositivo e todos os datos que se aportan remiten á maxestosidade do edificio, con 3.500 metros construídos e unha rehabilitación encargada a un dos máis prestixiosos arquitectos galegos, Manuel Gallego Jorreto. Cafetería con vistas Situado nun lugar privilexiado pola afluencia de turistas e peregrinos, tampouco na páxina oficial da Xunta do departamento de turismo, turgalicia, se atopa información algunha sobre o proxecto que se ten previsto desenvolver no edificio. A única referencia á segunda sede inaugurada en 2012 é que acollerá exposicións temporais. \"Son inesquecíbeis as vistas desde a cafetería acristalada baixo a torre do reloxio da catedral\" indica, unha cafetería que aínda non está en funcionamento. Segundo o portavoz nacionalista, Rubén Cela, cómpre \"axilizar e facer seguimento das xestións pendentes para concluír as actuacións do Museo das Peregrinacións e da Cidade e poder tramitar a cesión definitiva entre o Ministerio de Cultura, a Xunta e o Consorcio de Santiago de Compostela\"."}
{"ID": "NOS_49627", "summary": "O actual portavoz socialista no Parlamento de Galiza di contar co apoio de bases, concelleiros e deputados e defende a súa experiencia ante o ataque do Presidente da Diputación da Coruña, González Formoso, quen o acusou de aferrarse ao seu posto político desesperadamente.", "text": "José Luís Mendez Romeu compareceu esta mañá ante os medios para confirmar a súa candidatura ás primarias do PSdeG das que sairá o futuro candidato que presentarán os socialistas á presidencia da Xunta de Galiza. O portavoz parlamentario do PSdeG saíu á palestra para facer tanxible unha presentación que xa anunciara onte a través das redes. Deste xeito, Romeu únese a Xaquín Fernández Leiceaga e a Gonzalo Caballero na carreira por acadar a presidencia da xunta. Méndez Romeu espera reunir todos os apoios precisos e conta co sector socialista de Vigo da súa parte. Quen formara parte do goberno municipal de Francisco Vázquez na Coruña, espera recabar máis apoios no norte, tanto na cidade herculina como na zona da Costa da Morte. Romeu tamén agradeceu o apoio de Pilar López e Eva García de la Torre, alcaldesas de Sarria e Porriño, así como o soporte de José Luís López Orozco, ex edil lugués. Os socialistas esperan con estas primarias recuperar o terreo perdido nas pasadas eleccións xerais nas que foron relegados a ser a terceira forza política por detrás do Partido Popular e En Marea. \"Formoso puido ter un mal día\" O portavoz do Partido Socialista no Parlamento de Galiza refusou entrar a valorar as críticas internas que chegaron onte dende González Formoso, presidente da Diputación da Coruña, quen aludiu á idade do novo candidato socialista: \"O PSOE non é de portavoz de 60 e pico anos e xente que leva 50 anos nun escaño querendo manterse desesperadamente no seu posto político\". Ao ser preguntado polas palabras de Formoso, Méndez Romeu quixo suavizar a cuestión argumentando que puido ter un mal día. \"Hoxe mesmo falarei con Pedro Sánchez\" O terceiro candidato ás eleccións primarias internas dos socialistas galegos afirmou que é necesario \"rematar coa ruina demográfica e buscar inversión estranxeira\", dixo tamén que a política de Feijoo está esgotada e que Galiza está, agora, peor que hai 7 anos cando o popular comezou a súa primeira lexislatura e con menos persoas activas. Para demostrar a firmeza da súa candidatura, Méndez Romeu apuntou que hoxe mesmo falará co secretario xeral dos socialistas españois, Pedro Sánchez. Os aspirantes deberán presentar antes do vindeiro día 13 un mínimo de 1.010 avais, o que equival ao 10% do censo do partido, para poder tomar parte no proceso de primarias, que finalizará o 29 de maio coa proclamación do gañador. Un total de 11.000 afiliados teñen dereito a voto neste proceso."}
{"ID": "NOS_8203", "summary": "O semanario xa está pronto para a súa cita semanal. Neste número, entrevistamos o eurodeputado de EH Bildu e a Das Kapital ou falamos da situación de urxencia na que se acha a sanidade. Podes adquirilo na nosa loxa.", "text": "Sermos Galiza chega ao número 103 nun número no que entrevistamos a Josu Juaristi, eurodeputado de EH Bildu. \"Non quero para o meu país un proceso plurinacional, quero o dereito a decidir\", dinos este xornalista que nas pasadas eleccións europeas encabezou a listaxe da esquerda abertzale. Juaristi sitúa a chave do proceso \"na forza que se faga de abaixo arriba\" e reitera que o Estado español \"ten medo á paz\". No Tema da Semana analizamos a situación do galego no ensino após o estudio da Mesa pola Normalización que indicaba que menos do 3% dos centros de ensino imparten maioritariamente en galego. Unha realidade dramática que tentamos explicar. Tamén falamos da bicicleta e das apostas por unha outra mobilidade, viaxamos até o Arsenal de Ferrol para recibir unha clase de historia franquista e contamos como os recortes, precarizacións e abandonos de centros levan a urxencias á sanidade viguesa. A pé das comarcas As mobilizacións a prol do indulto dos traballadores condenados a prisión por participar en folgas ou a volta a exposición pública do trazado da A76 tamén son tratados neste número. Falamos da loita que desenvolve desde hai cinco anos a plataforma pro-Campus para lograr Enxeñería Química en Ourense. E en Deportes contamos a sorpresa do Somozas, un equipo dunha pequena vila que ascendeu a Segunda B. Non nos esquecemos de que comeza o tempo festivaleiro, e por iso elaboramos unha guía de festivais musicais para este mes de xuño. En Viaxes na Miña Terra o colectivo XEA lévanos por Coruña. Precisamente cunha integrante de XEA, Adela Leiro, falamos na sección de Comunidade Sermos. \"A idea é patear o país e dalo a coñecer á xente\". Entrevistamos ao grupo Das Kapital e a Miguel Pérez Lorenzo, profesor que forma parte dun proxecto no que se uniu lingua de signos e promoción do galego. E aprendemos a marabilla do teatro social para crainzas da man de A Tropa de Trapo."}
{"ID": "NOS_14743", "summary": "Atopar piso para estudantes en Compostela comeza a ser misión imposíbel, e todo pese ás incertezas sobre o inicio de curso e a tipoloxía das clases no ensino universitario. Este ano, adiantáronse as procuras, mais a oferta é algo máis reducida xa que moitas propietarias quitaron os seus pisos deste mercado.", "text": "O da educación é un dos sectores que máis dúbidas ten por despexar do seu futuro. As distintas Administracións debaten na actualidade as datas do inicio de curso e o sistema que se vai empregar para garantir a seguridade nas aulas. No ensino universitario vanse tentar manter as clases presenciais, mais non se desbota a posibilidade de que algunhas materias se impartan de modo telemático. Todas esas incertezas poderían dar lugar a que moitas das persoas que vaian cursar os seus estudos universitarios o próximo ano fóra da súa localidade visen con certo temor a posibilidade de alugar piso e asumir uns gastos para despois recibir a súa formación desde a casa. Pero a realidade é ben distinta. En localidades como Compostela os pisos dispoñíbeis escasean. Como explica a Nós Diario Mercedes Fernández, da inmobiliaria Corbi, \"este verán non houbo tardanza e alugouse con moito desexo\". Rebate así as afirmacións de entidades como a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), que fala dunha demora neste tipo de alugueiros. \"A nosa experiencia non é esa en absoluto\", asegura a responsábel da inmobiliaria compostelá, quen apunta que descoñece como se está a comportar este mercado noutras localidades. \"Aquí a maioría dos pisos liberáronse en canto se levantou o confinamento, a finais de maio. En xuño, mesmo para a nosa sorpresa, empezaron xa a alugar para este curso. Non agardaron moito máis, e en xullo, que é cando comeza normalmente a campaña, xa estaba practicamente todo alugado\", apunta. A nivel de Galiza, desde a patronal de empresas inmobiliarias detectan outra realidade. Como explica a este medio o seu presidente, Benito Iglesias, a demanda está moito máis concentrada. O mercado adoita moverse nas primeiras semanas de xullo, cando xa se coñecen as notas de corte das diferentes titulacións ─que saen publicadas en xuño─. Mais, como recoñece Iglesias, \"a día de hoxe as cousas non están moi claras e por iso as estudantes agardaron ás últimas semanas de agosto para empezar a alugar\". Como destaca o directivo, \"fano con máis precaución\" e negociando ben as cláusulas. A Lei de arrendamentos urbanos non contempla situacións como as do confinamento decretado entre os meses de marzo e maio deste ano, o que non impide que tanto as persoas propietarias como as que van habitar a vivenda inclúan cláusulas relativas a esta cuestión nos novos contratos. \"Hai de todo, propietarios que non poñen pegas e outros que, ante o risco de quedar sen o piso unha vez finalizado o curso por un eventual confinamento prefiren optar por outras solucións. Mercado tradicional Neste senso, Benito Iglesias sinala que algúns dos pisos que até o de agora estaban destinados a alugueiros temporais durante o curso académico preferiron mudar cara a contratos tradicionais de un ano de duración. Esta realidade tamén a constatan na inmobiliaria Corbi de Compostela, sobre todo nos pisos novos que van entrando, aínda que \"nunha porcentaxe moi pequena\". Respecto das cláusulas específicas nos contratos, Mercedes Fernández asegura que no caso de Compostela \"non se están a dar\". \"As persoas titulares xa deixan claro que non se van acordar reducións de renda pase o que pase\". Ademais, no caso das estudantes, un novo confinamento \"en ningún caso lles impide quedar na casa eses días\", argumenta. Moitas persoas xa tiveron a experiencia do anterior confinamento. \"Foi un mes de marzo e un final de curso moi complexo porque houbo que facer equilibrios entre os estudantes e as persoas propietarias dos pisos, con todo tipo de situacións\", recoñece Fernández. Subas de prezos A oferta actual está a condicionar os prezos que, segundo Fegein, mantéñense \"estábeis\", pese a que recoñecen que a oferta é menor polo cambio de parecer dalgunhas das persoas propietarias respecto ao perfil de inquilinos. En Compostela, como indica Mercedes Fernández, \"os pisos que quedan son pequenos, de un e dous dormitorios\", o que fai que os últimos que entraron \"subiran o prezo porque había moita máis demanda que oferta\", un feito que revela o \"importante problema de vivenda\" que ten a capital galega. Con boa parte dos pisos xa colocados, agora empeza a moverse outro mercado, o dos estudantes que buscan compañeiros de piso para compartir gastos. Estes días abundan os anuncios nas redes socias e todo parece indicar que en breve se vai colgar de novo o cartel de completo."}
{"ID": "PRAZA_12841", "summary": "O PP bloquea a petición conxunta de comparecencia de socialistas e nacionalistas, que lembran que teñen \"5.000 votos máis\" que os conservadores. O líder socialista asegura que \"son momentos de traballar unidos\" e a voceira do BNG, Ana Pontón, censura que o presidente \"viva fóra da realidade\". Os conservadores evitan pecharlle a porta á fin das autovías libres de peaxe.", "text": "\"Son momentos de empezar a traballar unidos\". O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, resumía deste xeito o inédito \"xesto de unidade\" vivido este mércores no Parlamento. Tras tres anos de oposición socialistas e nacionalistas uníronse nunha acción que ten moito de simbólico, especialmente a poucos meses das eleccións e no final dunha lexislatura que comezaba con distanciamento, cando non hostilidade, entre as dúas formacións. PSdeG e BNG reclamaron conxuntamente que o presidente da Xunta acuda á Cámara para explicar os efectos en Galicia dos recortes sanitarios e educativos que está a aplicar o Goberno central e, aínda que a iniciativa foi tombada polo PP apenas media hora despois de saír á luz pública, pode ter maior percorrido político nas accións de rexeitamento ante o que a voceira do Bloque, Ana Pontón, define como un \"ataque sen precedentes\" á sanidade pública. Ambas forzas presentaron esta solicitude na Xunta de Portavoces, o órgano reitor da Cámara, e o seu simbolismo acrecéntase polo feito de que só o PSdeG ten deputados dabondo para solicitar comparecencias. Asegura Vázquez que esta reclamación non é un feito puntual, senón \"un punto de inflexión\". \"Os que representamos a 5.000 persoas máis das que representa o PP en voto directo en urna estámoslle pedindo\" a Alberto Núñez Feijóo \"que diga alto e claro cales son os recortes\" e, nesa mesma sesión, \"explicar nós que hai outro modelo económico para sacar adiante este país\". \"Das tres forzas políticas, hai dúas que cren que outro modelo de Galicia é posible\" e, por iso, subliña, \"sempre que o BNG e nós o vexamos necesario, estarei disposto a buscar acordos\" para que \"o presidente diga a verdade\". \"Os que representamos a 5.000 persoas máis das que representa o PP queremos explicar que hai outro modelo económico\", di Vázquez Pero a petición conxunta bateu coa maioría absoluta que os conservadores teñen na Xunta de Portavoces, igual que no pleno. O PP \"lamentablemente\" propicia que o presidente \"fuxa e ningunee o Parlamento\", censura Pontón, que é tanto como \"fuxir\" da \"realidade de Galiza\". \"Por humanidade\", dado que o cerne da cuestión son a sanidade e a educación, debera comparecer. \"O mínimo en democracia é que o presidente da Xunta explique en sede parlamentar uns feitos tan graves\", sinala. Este impedimento, engade o voceiro socialista, Abel Losada, tenta tamén bloquear que se \"visibilice que hai formulacións alternativas a un Goberno moi conservador de dereitas\", que \"aplica o rodete\" á esixencia da oposición. Xustificación do PP Pero, cal é a xustificación dos populares para o veto? Esencialmente técnica. Non a atenden, explica o seu portavoz parlamentario, Pedro Puy, porque é \"moito mellor esperar\" a que \"se aprobe o plan de reequilibrio financeiro\" no Consello de Política Fiscal e Financeira, isto é, agardar a que a Xunta lle detalle ao Ministerio de Economía por onde vai axustar as súas contas nos vindeiros meses, algo que acontecerá previsiblemente no entorno da vindeira semana. En todo caso, Puy non garante que quen fale sexa o presidente. \"Se queremos que o Goberno compareza, farao a través do membro que estime oportuno; o único que me atrevo a afirmar\" é que, se esa comparecencia chega, \"vai ser oportuna e ben levada\". Puy atribúelle á oposición ánimo de incitar a \"axitación social\" coas súas solicitudes En calquera caso, para o deputado conservador a unidade dos grupos da oposición non é, como destacan socialistas e nacionalistas, froito da \"inquietude social\" causada polos recortes. Esa inquietude social, que o popular \"comprende\", cómpre \"distinguila da axitación social que pretenden facer os grupos da oposición\". Neste contexto, Puy esfórzase en xustificar a inconveniencia da comparecencia reclamada por PSdeG e BNG mentres avala as que si foron tramitadas a petición do Goberno e que se realizarán no pleno da vindeira semana: o conselleiro da Presidencia explicará de novo o plan de reestruturación da Administración paralela e o de Infraestruturas, os seus plans en materia de rehabilitación de vivendas."}
{"ID": "NOS_55754", "summary": "A plataforma veciñal que comanda a oposición á explotación dunha mina de cobre nos devanditos concellos demanda a necesidade \"do aval da comunidade\".", "text": "A plataforma vecinal Mina Touro - O Pino NON denuncia a carencia de licenza social para o proxecto de reapertura da mina de cobre nos devanditos concellos. Segundo explica a plataforma, a \"licenza social para operar\" é un concepto que vai \"máis aló da licenza ambiental\", xurdido no marco da conferencia acerca da minería e a comunidade en Quito (Ecuador) en 1997. \"A licenza social\", engade Mina Touro – O Pino NON, \"é o aval que unha comunidade dá a un proxecto, algo intanxible aparentemente, pero tan importante como calquera outro factor ponderable\". \"Sen esta aprobación dunha ampla parte da poboación local e dos grupos de interese –organizacións sociais, locais, sindicatos, empresas, grupos económicos maioritarios, asociacións culturais, ambientais, profesionais, ONG…- non existe permiso\", conclúe."}
{"ID": "NOS_22845", "summary": "De cara á conmemoración do 24 de febreiro, aniversario do seu nacemento, a AELG propón a iniciativa \"Eu son Rosalía\", vídeos para se poñer na pel da poeta.", "text": "\"Eu son Rosalía porque/cando/para…\", así comezarán as frases que, gravadas en vídeo, participen da nova proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) para conmemorar o 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro. A AELG convida a centros escolares, institucións, asociacións, persoas do mundo da cultura e particulares a se sumaren á iniciativa e contribúan a sumar enerxía nesta iniciativa que buscará a identificación coas \"múltiples sensibilidades\" da autora. Piden que os escenarios da gravación sexan da vida cotiá, de maneira especial, os ámbitos laborais en relación coa poesía rosaliana. As propostas recibidas serán difundidas a través da web da AELG ademais de nas redes sociais, de maneira especial, no propio día 24. O enderezo electrónico ao que enviar as ligazóns é oficina@aelg.org. Por quinto ano consecutivo a AELG conmemora o nacemento da autora no Día de Rosalía de Castro, data na que, máis unha vez, propoñen o agasallo dun libro en galego e unha flor. Máis de trinta concellos ademais das Deputacións da Coruña e Lugo sumáronse á declaración oficial do 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. O domingo día 22 de febreiro, a AELG organizará o acto central da conmemoración no Panteón de Galegos Ilustres."}
{"ID": "NOS_27877", "summary": "A Xunta soubo con semanas de antelación da intención de Iberdrola de baleirar os encoros de Cenza e As Portas.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, exixiron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que explique por que \"permitiu\" o baleirado dos encoros e \"faltou á verdade\" en referencia á información que hoxe publica a edición galega de eldiario.es: Iberdrola avisou á Xunta en xuño e xullo, mediante dous correos electrónicos, da súa intención de baleirar as presas de Cenza e As Portas. \"Monicreque de Iberdrola\" En declaracións aos xornalistas, coincidindo coa súa asistencia á apertura do curso universitario, Pontón acusou Feixoo de gobernar \"para o lobby eléctrico\". \"Non é casualidade que o primeiro en felicitar a Feixoo -como titular do Executivo galego- hai doce anos fose o presidente de Iberdrola, o mesmo ao que agora o señor lle permite o baleirado dos encoros\". \"Parécenos unha tomadura de pelo que leve unha semana clamando contra o baleirado cando estaba na súa man frealos porque a lexislación de medio ambiente é unha lexislación galega, e estas empresas comunicáronlle á Xunta o que ían facer\", dixo, remarcando o feito de que o Goberno galego soubo con antelación do plan de Iberdrola para os encoros de Cenza e As Portas, en Vilariño de Conso. \"E non moveu un dedo para frealo a pesar de que ten recursos\", insistiu Pontón, quen tachou de \"cinismo\" as declaracións do titular do Executivo galego ao respecto. Ao seu xuízo, o PPdeG goberna \"de ganchete das eléctricas\" e como \"monicreque de Iberdrola\". Por iso, exixiu explicacións a Feixoo, que tamén reclamarán no Parlamento. \"Faltou á verdade\" Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de \"moi grave\" que Feixoo \"negase que a Xunta estaba informada do baleirado dos encoros\". \"Faltou á verdade\", recalcou o dirixente socialista, quen insta o presidente galego a recoñecer que o seu Executivo estaba \"avisado\". Así, requiriu a Feixoo que explique \"cal foi a información que recibiu a Xunta e cal foi a decisión para non tomar ningunha medida\". Críticas de Podemos Pola súa banda, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, apuntou á \"responsabilidade\" do presidente autonómico. \"A Xunta soubo con moita antelación que se ían baleirar, pero preferiu quedar de brazos cruzados, e pronunciarse cando o custo da electricidade alcanzaba máximos históricos, para responsabilizar a outros\". \"Mentiu sen reparos cando dixo que o seu Goberno non estaba ao tanto do baleirado de Iberdrola\", sinalou Gómez Reino, quen insiste nas \"consecuencias\" desta medida \"ante unha onda de incendios\" e pide \"depurar responsabilidades\"."}
{"ID": "PRAZA_17033", "summary": "O misterio e as especulacións combínanse en Corea do Norte, un territorio illado do resto do mundo grazas a montañas naturais e fronteiras humanas que converten o lugar nun destino perfecto para imaxinar e fantasiar co descoñecido e o descoñecible", "text": "O único xeito de coñecer Corea do Norte é nunha viaxe que combina intriga e aventura, nun destino ignoto do que só se coñecen as fronteiras e os nomes dos seus dirixentes. Unha visita guiada con todos os descansos programados permite indagar no que hai de propaganda sobre o hermetismo ou non do país, e descubrir como son uns días na vida desoutro lado. Malia non ser un destino turístico dos máis solicitados, os poucos visitantes que entran no país comparten eventos e funcións, pois a realidade de Corea do Norte vai máis alá de secretos e probas militares. De feito, dende o primeiro de xaneiro, comezo do ano novo segundo o calendario gregoriano, os motivos para celebrar varían; entre os máis sobranceiros están o 15 de xaneiro, no que se conmemora a invención do chosongul, o alfabeto coreano; o 8 de marzo, o día da muller, o 15 de agosto, no que se celebra o día da liberación nacional (1945); o 25 de agosto, que festexa o día de Songun, como lembranza da visita de Kim Jong Il a Seul e comezo da revolución; o 9 de setembro conmemórase o día da fundación da república (1948); o 10 de outubro, o día da fundación do partido (1945); o 16 de novembro, o día da nai e o 27 de decembro o día da constitución. Amais destas datas, os dous días máis importantes do calendario nacional son o 15 de abril e o 16 de febreiro. A primeira delas é o día do sol, nacemento do presidente Kim Il Sung, en 1912, primeiro ano do Juche. A segunda, o 16 de febreiro, é o día da estrela brillante, nacemento de Kim Jong Il, no ano 31 do Juche (1942). Os anais da historia coreana describen Kim Il Sung como o salvador do seu pobo, capaz de rescatalo do miserable destino no que estaba sumido baixo a ocupación militar xaponesa de 1905. A súa importancia é tal que o primeiro ano do calendario coreano é o do seu nacemento, orixe dun camiño revolucionario cuxa senda é perpetuar o ideario Juche e Songun. Segundo a ideoloxía Juche, o socialismo marxista prima as condicións materiais e económicas cunha perspectiva mística e fatalista coa que poder acabar co capitalismo. Esa fracasada loita antiburguesa, foi revisada por Kim Il Sung, quen explicou o seu principio filosófico cunha nova base científica cuxo núcleo son as persoas: o pobo é dono de todo e todo está para servilo a el, unido nun esforzo común. O ser humano, social, independente, creativo e consciente, é inconcibible fóra do seu organismo evolucionado, base biolóxica da súa independencia, creatividade e consciencia, atributos formados nun proceso de relacións sociais creadas para mellorar, algo que, apunta o líder coreano, se logrou coa súa ideoloxía. \"Grazas ás políticas benevolentes do Partido e do líder, a nosa xente goza dunha vida merecedora e digna\", apunta Kim Jong Il no ensaio O socialismo é unha ciencia, no que louva a vitoria contra o poder imperialista que mantiña a súa nación nun estado colonial semifeudal. Un dos aspectos máis importantes do socialismo de orientación Juche é o Songun, unha ideoloxía política que concede prioridade ao exército. A idea provén de Kim Il Sung, quen, ao herdar dúas pistolas do pai, decidiu restaurar a soberanía do seu país por medio da loita armada. Tras fundar a \"Unión para derrotar o imperialismo\", no ano 15 da era Juche, o Songun encabezou a revolución norcoreana, disposta a continuar mentres non cesen as agresións inimigas. A causa do Juche e do Songun, iniciada polo presidente Kim Il Sung e mellorada polo xeneral Kim Jong Il, é agora conducida por Kim Jong Un, líder supremo da república. O primeiro deles guiou o seu pobo, durante dúas décadas, na loita contra Xapón, ata acadar a vitoria no ano 34 do Juche. Foi entón que o gran líder fundou o partido dos traballadores e, tres anos despois, o que concibiu como primeiro estado democrático no leste: a República Popular Democrática de Corea, que naceu separada da parte sur da península, o que provocou unha guerra civil que durou tres anos. Kim Jong Il recibiu o título de Xeneralísimo no seu 80 aniversario e tras a súa morte, no ano 83 (1994), o de presidente eterno e sol do Juche. Kim Jong Il continuou a consigna do pai: \"a xente é o meu Deus\", e acadou os títulos de Xeneralísimo, e de eterno presidente e secretario xeral do partido. Morreu no ano 100, nun accidente de tren, e o seu fillo, o camarada Kim Jong Un pasou entón a ocupar a presidencia da república. Unha ponte e a illa de saídas e chegadas As imaxes dos líderes enchen o país en forma de estatuas, retratos e anécdotas memorizadas que forman parte do atractivo turístico. O centro neurálxico é a capital do país, Pyonyang, que ten conexións aéreas con algunhas cidades asiáticas, alén de Moscova, e está conectada con China por tren. A cidade chinesa de Dandong é, amais de punto fronteirizo, un miradoiro dende onde se pode contemplar a costa do país veciño. Ata aí se achegan os amantes menos arriscados da aventura norcoreana, para albiscar a outra beira, dar un paseo polo río ou mesmo mercar recordos do país sen chegar a visitalo. Unha ponte sobre o río Yalu enlaza China con Corea; é a ponte da Amizade Sino-Coreana, a carón doutra construción máis vella que só se conserva como reliquia. O pasadizo de ferro que era o Yalu Jiang DuanQiao quedou destruído en 1950, mais parte das columnas permanecen varadas na costa, como billete de entrada á gran atracción ou a modo de peza dun museo sobre a guerra. Unha pequena nora de pálidas cores xunto a un carrusel semellan a primeira garita de sentinelas dun país completamente militarizado e armado, mais non é tal. Pasado ese verdadeiro parque de atraccións, o ritmo pausado do tren permite observar as primeiras casas, e os primeiros grupos de crianzas e soldados. Son eles os que paran o tren e piden documentos; os que preguntan con poucas palabras e os que pronuncian as primeiras benvidas no dialecto coreano do norte. Montes baixos, ladeiras de casas pequenas, e xentes e bicicletas que se moven paseniño a carón do tren son as primeiras imaxes en territorio norcoreano. Os nervios do comezo ceden co movemento do convoi, que para na estación central, un edificio de luz tenue, e desaparecen á chegada ao hotel, o mesmo que debuxara Guy Delisle na súa crónica gráfica e que xa antes describira Rosa María Calaf e logo repetiron outros: unha pequena illa, cun edificio enorme, dende o cal se pode ver toda a cidade. E é que o pouco que hai escrito sobre o \"eixo do mal\", como definira o presidente estadounidense George Bush ao país, axuda a programar as sorpresas da viaxe e serve para comparar ideas ou imaxes, no caso da perfecta descrición da novela de Delisle. A illa é punto de saída e de chegada en calquera percorrido polo país. Dende aí, son de obrigada visita o palacio do sol Kumsusan, o maior monumento en honor aos líderes do país, onde se expoñen os seus corpos embalsamados, amais de reliquias varias, e medallas e títulos honoríficos de todas partes do mundo. A Torre do ideario Juche, un obelisco de 170 metros de altura e composto de tantos bloques como os días de vida de Kim Il Sung (25.550), é outro miradoiro, orlado por unha escultura con tres figuras que representan os tres piares básicos da nación: o obreiro, o campesiño e o intelectual. Outro dos símbolos máis representativos de Pionyang é o Arco de Triunfo, o máis alto do mundo, e que conmemora a resistencia do pobo coreano fronte a Xapón. Alén de impresos nos símbolos políticos, os triunfos do Juche están presentes noutras construcións, como o estadio Primeiro de Maio, o máis grande do mundo, con capacidade para 150.000 espectadores. Neste xigantesco recinto celébranse diversos eventos deportivos que congregan milleiros de espectadores e deportistas, igual ca en moitas outras actividades diarias. Así, nas festas nacionais é habitual que as prazas se enchan de parellas que se unen a grupos de baile, e que se realicen exhibicións de ximnasia, de natación sincronizada ou de patinaxe artística, e que as boleiras, os karaokes e os restaurantes teñan máis clientes do habitual. A universidade e a biblioteca nacional permiten follear milleiros de obras e mesmo contemplar de esguello algunha aula. Amais, nas librarías é posible mercar calquera volume sobre a ideoloxía Juche e mesmo libros de contos con morais sobre a boa conduta familiar e lendas como a de Cholima, un cabalo alado que simboliza a forza e a resistencia do pobo coreano, e que era capaz de galopar preto de 500 quilómetros nun día. Esa mesma lenda é unha imaxe representativa do pobo, tallada nunha estatua de 46 metros de alto, inaugurada co gallo do 49 aniversario de Kim Il Sung, e que coroa a cidade; do mesmo xeito que o Arco da Reunificación, unha estatua con dúas mulleres vestidas co traxe tradicional e que sosteñen unha esfera que representa a Corea unificada, e que adorna a entrada da capital, na estrada que vai ata a zona desmilitarizada. O paralelo 38: o muro que separa as dúas Coreas A autoestrada que separa a capital da zona desmilitarizada suca aldeas distantes e métese na campiña para perderse nun camiño que separa as dúas Coreas cunha liña: o paralelo 38. Ao sur desta liña, un muro de entre 5 e 8 metros de alto percorre de leste a oeste o país; unha construción feita \"pola camarilla de monicreques surcoreanos, instigados polos imperialistas estadounidenses, os seus xefes, con tal de dividir en dúas, para sempre, o territorio e a nación\", explican os folletos sobre o lugar, que engaden: \"neste momento, os imperialistas estadounidenses e a camarilla de monicreques surcoreanos están involucrados en viciosas accións de arresto, encarceramento e masacre dos patriotas, xente nova e estudantes, que están librando unha xusta loita pola independencia, a democracia e a reunificación. Eles contaminan Corea do Sur coa corrupta cultura americana, causando que as boas formas e as tradicións propias dos coreanos dexeneren e fagan de Corea do Sur un inferno na terra. Namentres, o Partido dos Traballadores de Corea e o goberno da República Popular Democrática de Corea seguen a procurar, con firmeza e consistencia, unha política que trata de reunificar o país dun xeito pacífico, baseado nos tres principios de independencia, reunificación pacífica e unha grande unidade nacional\". Nas salas adxuntas, nas casetas que amosan sinaturas de tratados, fotos de guerras ou recortes de prensa, a historia de Corea empapela as paredes. A viveza desas palabras e desas imaxes atópase no museo da Vitoriosa Liberación da Patria, onde se exhibe todo tipo de armamento, avións e tanques capturados, amais dun navío militar estadounidense, o Pueblo, apresado en 1968. A embarcación e o armamento están expostos na parte exterior do museo, un edificio de mármore con salas que teñen bonecos de cera que representan escenas da guerra nas cidades e nos campos militares, e unha cúpula cun escenario rotativo que permite percorrer diferentes momentos e espazos. A historia do Pueblo é outro dos galardóns dos que se gaba o goberno norcoreano. En 2008, o Senado dos EE.UU. declarou que o Pueblo fora o primeiro navío estadounidense secuestrado por unha forza militar estranxeira en 150 anos. Este feito extraordinario é un máis na lista de peculiaridades, ás que se pode engadir a kimjongilia, unha flor única no mundo, clonada por un botánico xaponés como mostra de amizade, e que só florece cada 16 de febreiro, coincidindo co aniversario de Kim Jong Il, data na que hai exposicións con adornos feitos con esta flor que, segundo o goberno norcoreano, reflicte a \"natureza incomparable\" do gran líder. A kimjongilia non é a flor nacional de Corea do Norte; tampouco a kimilsungia, unha orquídea bautizada polo presidente indonesio Sukarno no ano 54 do Juche (1965); senón a magnolia, que crece en calquera outeiro, agás no norte, onde están os cumios máis altos, como o Paektu, a montaña de cabeza branca. O azor, a ave nacional, símbolo da axilidade, temperamento e valentía do pobo, habita neste paraíso montañoso, que acumula iconas patrióticas, como o cráter formado polo lago máis profundo do mundo, o Chon (lago do Ceo), que serve de símbolo da revolución coreana, pois foi aí que se refuxiou a guerrilla, en campos secretos arredor destas montañas e entre os dous ríos máis longos do país, fronteiras naturais con China. No escudo nacional, erixido no ano da fundación da república, aparecen representados o monte Paektu; unha estrela escintilante de cinco puntas, símbolo da gran visión de país e pobo unido, esforzado pola construción dunha nación independente, pacífica e reunificada, baseada na ideoloxía Juche; unha estación hidroeléctrica, imaxe da importancia da industria e da clase traballadora e dúas espigas de arroz, como mostra do cooperativismo socialista campesiño. A forma ovalada amosa a unidade e cohesión do pobo coreano, unido arredor do partido e do líder. O nome da República Popular Democrática de Corea, nunha faixa vermella, indica que é unha república independente, democrática e popular. Por outro lado, na bandeira, erixida o mesmo ano có escudo, a cor vermella representa a forza invencible do pobo; a branca a unicidade da nación, con igual cultura, lingua e sangue; a cor azul ilustra o espírito loitador da xente, aliada á causa socialista. Amais, a estrela vermella de cinco puntos lembra a loita contra o poder xaponés e a prosperidade da nación. Un país/museo: misterio e especulacións O país está construído como un museo de lembranzas e loanzas. Alén da natureza e dos edificios conmemorativos, fábricas e diques compiten nun catálogo no que tamén está o metro e onde as mostras do programa nuclear se poden apreciar en carteis, en figuras de xeo, ou nas páxinas do xornal, penduradas a diario nas estacións do metro; un tren subterráneo que circula a 110 metros de profundidade (o máis fondo do mundo), que conta cunha escaleira eléctrica de 64 metros e que serve de refuxio. O misterio e as especulacións combínanse en Corea do Norte, un territorio illado do resto do mundo grazas a montañas naturais e fronteiras humanas que converten o lugar nun destino perfecto para imaxinar e fantasiar co descoñecido e o descoñecible; o lugar ideal para que haxa quen describa xente en tendas de campaña, disparos a mendigos, árbores sen paxaros, crianzas que beben neve en vasos de plástico ou outras rarezas das que eu non podo escribir porque non as vin. Rúas que amencen cheas de xentes que semellan pasear para ir ao traballo, bicicletas sen fumes, edificios parapetados con estatuas ou prazas que anoitecen con fogos de artificio son as realidades que vin e fotografei, e das que podo escribir e escribo. Publicidade"}
{"ID": "NOS_13673", "summary": "O sindicato CCOO (Comisións Obreiras) acusa a dirección do Hospital Polusa de Lugo de \"enganar\" a sociedade coa cifra de positivos pola Covid-19 que hai na súa Unidade de Maiores.", "text": "A sección sindical de CCOO-Sanidade no hospital privado Polusa (Lugo) acusa a dirección de \"enganar\" cos casos da Covid-19 detectados na Unidade do Maior. Mentres que o centro atribúe os contaxios a unha traballadora, de baixa desde finais de agosto. CCOO denuncia que non se illou debidamente as persoas contaxiadas e que \"a traballadora deu positivo o día 25 de agosto e está de baixa médica desde entón\". O comité de seguridade e saúde \"soubo do positivo o día 26 pero non pola dirección do centro\", denuncia o sindicato. Cando CCOO solicita información ao centro, o director médico comunica o positivo e que se realizaron PCR ás residentes na Unidade do Maior e aos contactos da traballadora. O resultado foi de tres positivos, todos na Unidade do Maior. Con estes datos, o comité de seguridade e saúde instou a illar os doentes e que fosen tratados por persoal exclusivo. A dirección de Polusa, segundo CCOO, non atendeu esta petición e, a día 4 de setembro, xa había oito positivos, que ascenderían a dez un día despois. Segundo CCOO, a día de hoxe hai outros dous casos positivos entre o persoal, e denuncia que \"pagaron do seu peto\" as probas PCR, xa que non foron considerados persoal de risco por parte da dirección."}
{"ID": "NOS_34252", "summary": "Dous días despois do inicio do xuízo contra os directivos de NCG por cobraren 19 millóns de euros en prexubilacións, Encarnación Santos, de 72 anos, acudirá aos xulgados, canda tres preferentistas máis, acusada de \"portar un sacho e unha barra de ferro\" na loita para recuperar os seus cartos. VÍDEO NO INTERIOR", "text": "Encarnación ten 72 anos, é xubilada e moi miúda de corpo. Mesmo así, o 13 de xullo de 2013 debeu parecer unha ameaza na praza do Concello do Rosal porque foi denunciada por \"desobedecer os mandatos de axentes ao portar obxectos contundentes\". Os obxectos contundentes eran unha aixada e unha pequena barra de ferro co que meter ruído na súa loita para recuperar os seus aforros, secuestrados en accións preferentes.. O vindeiro día 10 defenderase no Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra da acusación para conseguir eliminar a sanción. Canda ela, participarán no xuízo outras tres persoas,denunciadas tamén por \"alterar a seguridade colectiva\" ou \"orixinar desordes leves ao insultar ao alcalde\".Desde as Plataformas de afectad@s polas preferentes denuncian que foron \"represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protestas\". As multas ascenden aos 20.000 euros e, polo de agora 32 das 33 sentenzas emitidas déronlle a razón ás vítimas da estafa que aínda están pendentes de nove sentenzas máis. \"A min pedíronme doce anos de cadea por tres causas penais e aos directivos de entidades que deixaron un buraco de máis de 8.000 euros pídenlle 3 anos que non cumprirán. Igual que se roubaran un paquete de panos nun supermercado Cando menos, que esixiran que devolveran os cartos que levaron, para o que non era preciso un xuízo\", denuncia Xulio Vicente, da Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño que convoca concentracións o día 10 diante dos xulgados de Pontevedra en solidariedade coas persoas sancionadas por defenderen os seus aforros. 12 anos por defender preferentistas, 3 por arruinar o país Xulio Vicente foi denunciado polos alcaldes de Baiona e Gondomar -os dous do PP- e por un policía local de Tui, tres causas polas que pedían responsabilidades penais que podían carrexarlle 12 anos de cadea. O papel da fiscalía, con Carlos Varela á cabeza, foi fundamental para que iso non acontecera. \"Só por defender a quen esta xente roubou pedíanme catro veces máis do que lle piden agora a eles por arruinar o país e deixar unha débeda que ten que pagar o pobo. Este é un xuízo farsa e mesmo se aprecia na súa posición, cando o avogado di que non se arrepinten, sen ningunha vergoña\", sinala Xulio Vicente mentres estima que a fraude das preferentes afecta aínda a unhas 10.000 persoas que seguen sen cobrar uns 150 millóns de euros. Polo de agora 32 das 33 sentenzas emitidas déronlle a razón ás vítimas da estafa que aínda están pendentes de nove sentenzas máis \"Escotet non cumpriu a súa promesa. Só devolve aos que demandan mais hai moitas persoas maiores que non o van facer nunca. Non vai no seu ADN meter o tema nos xulgados\", apunta o voceiro da plataforma do Baixo Miño ao tempo que lembra que moita xente perdeu milleiros de euros dos seus aforros nunha quita que ía do 27 ao 60%. Lavado de cara \"Este xuízo é un lavado de cara, unha vergoña. O que hai é que esixir que devolvan o diñeiro. Se levaron esa cantidade é porque llo permitiu a Xunta e para ter que devolvelo non precisaban xuíz. Polo que tiñan que ser xulgados é por saquearen Galiza\", defende Vicente."}
{"ID": "NOS_4298", "summary": "María Casares nacía na Coruña un 21 de novembro de 1922 e morría en Alloue (Francia) 74 anos despois, un 22 de novembro de 1996. Así que a semana vindeira a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) organiza unha homenaxe no seu vinte cabodano.", "text": "'Vinte anos sen María Casares' é a homenaxe que lle renden á actriz galega, filla de Santiago Casares Quiroga (ministro e xefe de Goberno da República), desde a AAAG, nos días 22 e 23 de novembro, no marco do festival Cineuropa. Dentro da súa programación contan coa proxección da única entrevista que hai de María Casares en castelán, así como a proxección de varios filmes e unha mesa coloquio na que participarán especialistas da vida e obra da homenaxeada. María Casares, actriz consagrada en Francia como unha das grandes intérpretes teatrais, traballou con personaxes como Jean Cocteau, Marcer Carné, Bresson ou Marcel Camus, mais foi silenciada no Estado español e exiliada pola súa vinculación á causa republicana. A pesar diso é aínda unha figura pouco coñecida na actualidade alén do ámbito do teatro. A homenaxe comeza na terza feira, 22 de novembro, ás 16.00h no Salón Teatro, coa proxección da única entrevista en castelán na que se pode ver e escoitar a María Casares en clave autobiográfica; continúa ás 17.30h coa proxección do filme 'Le Testament D'Orphée' (O Testamento de Orfeo), con guión de Jean Cocteau. A seguir, ás 19.00h, levarase a cabo unha mesa coloquio sobre María Casares, presentada por Mabel Rivera, vicepresidenta da AAAG. Na mesa coloquio participarán María Lopo, biógrafa de María Casares e autora do libro 'O tempo das mareas', José Luis Castro de Paz, profesor da USC e historiador de cine, e Sabela Hermida, actriz e investigadora de María Casares, e será conducida por Alberto Ramos. Na cuarta feira, 23 de novembro, proxectarase o filme 'Les Enfants du paradis' (Os nenos do paraíso) no Salón Teatro, ás 16.45h. Alén da programación vinculada ao Cineuropa, na semana do 21 ao 25 de novembro, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colaborará co Diario Cultural onde cada día emitirán unha peza da actriz homenaxeada a través da lectura dun poema por actrices da asociación, textos que foran primeiramente lidos por María Casares, así como fragmentos seleccionados da entrevista que a TVG lle fixo á actriz no ano 1989 no programa Xente Nosa."}
{"ID": "PRAZA_4328", "summary": "O informe que autorizou o cambio de fase do 11 de maio, feito agora público, sinala que houbo entre un 7% e un 9% de casos de coronavirus sospeitosos en Atención Primaria aos que non se fixo proba de PCR", "text": "O informe que autorizou o cambio de fase do 11 de maio, feito agora público, sinala que houbo entre un 7% e un 9% de casos de coronavirus sospeitosos en Atención Primaria aos que non se fixo proba de PCRO Ministerio de Sanidad vén de facer públicos na noite deste luns, unha vez que todas as comunidades autónomas pasaron como mínimo á Fase 1 do desconfinamento, os respectivos informes cos que autorizou eses cambios de fase. No caso de Galicia, que pasou á Fase 1 o luns 11 de maio, o documento está asinado o venres 8 e nel o ministerio asume como válidos os datos que lle comunicou a Xunta pero recomendando \"garantir o prazo de activación en 5 días\" de máis camas xa que Pontevedra non chegaba aos obxectivos fixados previamente. Tamén sinala que na semana previa a emitir o informe, isto é, na primeira de maio, entre o 7% e o 9% dos casos sospeitosos de coronavirus detectados na Atención Primaria quedaran sen proba de PCR.O informe do ministerio, asinado o 8 de maio pola directora xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, Pilar Aparicio Azcárraga, emitiuse despois de varios días nos que o presidente Feijóo lanzara dúbidas sobre a disposición de Sanidad a validar os datos galegos e autorizar o paso de fase. Porén, o documento, de dous folios, acepta os datos de Galicia, da que salienta o \"nivel de persoas maiores (25% da poboación ten máis de 65 anos)\" e a dispersión territorial. Nada di o informe sobre o criterio empregado para que a provincia e non as áreas sanitarias fose a unidade básica do desconfinamento, nin sobre os motivos para impedir a mobilidade entre elas, como reclamaba a Xunta.O informe sinala que a 8 de maio en Galicia \"existe capacidade diagnóstica mediante PCR en todas as provincias galegas\", malia matizar que nos sete días anteriores se fixera proba de PCR a \"entre o 91% e o 93%\" dos casos sospeitosos en Atención Primaria, segundo a provincia, o que implica que entre un 7% e un 9% quedaron sen proba. Daquela, a porcentaxe de positivos atopados nas probas PCR que se realizaran era do 3,2% na Coruña, 2,9% en Lugo, 10% en Ourense e 4,4% en Pontevedra.O informe pon o foco no requisito de contar con entre entre 1,5 e 2 camas de UCI por cada 10.000 habitantes e entre 37 e 40 de hospitalización ordinaria, cifras que Pontevedra só cumpriría de xeito conxunto coa CoruñaCanto ao uso de instalacións hospitalarias, as camas de UCI estaban sendo ocupadas daquela entre o 12% da Coruña e Ourense e apenas o 8% en Pontevedra, mentres que no resto da hospitalización o rango de ocupación de camas oscilaba entre o 56% en Ourense e o 47% en Lugo. Porén, o informe pon o foco nos requisitos establecidos previamente polo ministerio de que os distintos territorios contasen con entre 1,5 e 2 camas de UCI por cada 10.000 habitantes e entre 37 e 40 de hospitalización ordinaria, ou con capacidade para instalalas en cinco días.O documento do ministerio detalla a capacidade de cada provincia en cada un deses dous requisitos, que se cumprirían en todos os casos agás en Pontevedra, onde non se identifica o número de camas UCI e o de hospitalización ordinaria quedaría en 34 por cada 10.000 habitantes, tres por baixo do mínimo. O ministerio considera que \"se fora necesario se ampliarían con camas da Coruña\" de xeito que se chegaría \"entre as dúas provincias\" a 1,9 camas de UCI e 40 de hospitalización ordinaria. Porén, o informe engade: \"Recoméndase garantir o prazo de activación en 5 días\".O ministerio salienta o reforzo material e humano, o sistema de vixilancia con información diaria ou o centro de seguimento de posibles contaxiosO resto do documento limítase a validar que, segundo a información achegada pola Xunta, \"reforzáronse notablemente todas as áreas tanto con recursos materiais como humanos\", cunha historia clínica única integrada e \"un sistema de vixilancia que integra información de distintas fontes e que dispón da información necesaria diariamente\". O ministerio tamén reflicte o reforzo da toma de mostras, a existencia dunha ferramenta para o seguimento dos casos a domicilio e a contratación dun centro de chamadas para o seguimento de posibles contactos con persoas contaxiadas. Igualmente, Sanidad sinala que Galicia conta \"cun protocolo conxunto de Sanidade e Política Social para a xestión dos centros sociosanitarios\", nos que di que se realizaran probas \"a todos os residentes e traballadores\".Referencias dispares á mobilidadeO informe de Galicia nada di sobre a mobilidade, como tampouco os de Asturias ou Castela e León, mentres que si se considera posible o seu control en Euskadi ou EstremaduraO documento do Ministerio de Sanidade que autoriza o paso á Fase 1 de Galicia nada di a respecto da mobilidade, un dos criterios, ademais dos sanitarios, que previamente o Goberno central dixera que avaliaría durante o avance do desconfinamento. Tampouco nada din os informes doutras autonomías como Asturias ou Castela e León, pero si os de Euskadi ou Estremadura.No caso galego, o documento non di nada das peticións da Xunta de que as unidades do desconfinamento fosen as áreas sanitarias e non as provincias e de que se permitise a mobilidade entre elas. Porén, no caso de Euskadi si se sinala que \"de acordo coa información achegada, hai unha elevada capacidade de control da mobilidade\", afirmación que non se acompaña de ningunha recomendación ou autorización expresa ao respecto, como a finalmente decretada polo Goberno central de que se poidan facer desprazamentos entre municipios lindeiros de provincias distintas. Tamén no caso de Estremadura, onde non están permitidos os movementos entre provincias, o documento sinala que \"de acordo coa información achegada, o control da mobilidade fóra das áreas de confinamento (as provincias) é un reto asumible cos medios dispoñibles\".Ao igual que Galicia, ningunha referencia á mobilidade se fai noutros informes de comunidades próximas como Asturias, Cantabria ou Castela e León. Pola súa banda, o informe de Andalucía sinala que era necesaria \"máis información de como se está realizando o control da mobilidade en Andalucía\"."}
{"ID": "QUEPASA_574", "summary": "Gran presencia e repercusión dos produtos costeiros que levou a Deputación ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar. Botaron de menos as Filloas de Zas, que tiveron que ficar na casa para disfrutar da festa do Trail, pero os outros protagonistas con D.O. Costa da Morte deixaron a súa pegada.", "text": "O deputado de Turismo, Xosé Regueira calificou de \"potencias gastronómicas\" os concellos coruñeses participantes na feira. Debeu ser polas boas experiencias no padal probando o ceviche de raia, tortilla romana e conservas de Muros e Noia, os pinchos irmandiños de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, ou o pan e empanada de Carballo, os produtos costeiros presentes na feira. Unha feira que serve de paso para estreitar lazos a través do turismo, de maneira especial, con Portugal onde a provincia da Coruña será destino convidado na Feira Internacional de Turismo da Guarda. Prato a prato Espectacular o showcooking do bolo do pote de Mazaricos, que desbordou o aforo da aula en Xantar Ourense. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro fixo a presentación e conduciu o show no que as amas de casa prepararon o bolo e o chef José Manuel Carreira os chuletóns, para dar conta dunha das especialidades gastronómicas do Concello: a carne. As persoas asistentes tamén se mostraron entusiasmadas ante o sabor e textura do pan de diversas clases que as panaderías do Concello enviaron para a mostra. O alcalde aproveitou para convidar a todos os asistentes á XXI edición da Festa do Bolo, que terá lugar o 9 e 10 de marzo. O sábado os restaurantes mazaricáns ofrecerán cocido con bolos, previa reserva e o domingo será a degustación popular no Campo da Feira da Picota amenizada por gaiteiros e charanga. Foi tamén tremendamente seguido o showcooking do Concello de Vimianzo, onde Jorge Guitian e Anna Mayer (aquí arriba, e abaixo) fixeron unha auténtica demostración de todo o que implican os Pinchos Irmandiños, unindo historia á gastronomía salgada do mar e da terra, e doce. Dende Muros, o responsable do Hotel Restaurante A Muradana, preparou en directo un ceviche de raia e gambas da man de Ría da Estrela. A degustación dos produtos artesáns de Conservas Sotavento e a singular tortilla romana fixeron as delicias dos comensais. Ademais, o Pan e empanada de Carballo estivo presente durante toda a fin de semana, permitindo que centos de visitantes comprobasen a extrema calidade da fariña bergantiñá."}
{"ID": "PRAZA_764", "summary": "ENTREVISTA Daniel Rodríguez Cao, politólogo e sociólogo, combina o activismo social e o impulso da Marea Atlántica co traballo cultural. Dende estas ópticas analiza o proceso municipalista en curso na Coruña, en Galicia e noutros puntos do Estado.", "text": "Daniel Rodríguez Cao ten 30 anos e é un doutor en Ciencias Políticas especializado en temáticas de acción colectiva e Máster en Socioloxía. Tamén é Diplomado en Observación Electoral Internacional, que combina co seu activismo social facendo parte do xermolo da Marea Atlántica a través do grupo de traballo de Relato e Análise e da directiva da \"outra tv\" Galiza Ano Cero. Posúe o 50% do café-libraría da Cidade Vella coruñesa Linda Rama onde, ademais de vender libros e atender a clientela, organiza actos culturais. A súa locuacidade e capacidade de análise permite achegármonos ás claves fundamentais do proceso municipalista en curso na súa cidade e nas réplicas deste. Remontémonos á orixe da Marea e ao caldo de cultivo que aniña na orixe da iniciativa municipalista. Visto o tempo transcorrido desde aqueles primeiros pasos no verán de 2014, cales son os condicionantes que dan lugar a que callase este proxecto? Pode analizarse desde dous planos: hai un plano de contexto global e outro local. O que nos di o primeiro é que a forma de goberno no estado español evolucionou moito nos últimos 40 anos. Cada dez anos toma unha forma distinta, e cada dez anos hai un xeito diferente de oporse a el. Creo que hai unha primeira forma que se manifesta nos anos 70: a do cambio de réxime que ata hoxe perdura. Daquela a forma de opoñerse era a organización política strictu sensu, tensar a rúa e poñer en evidencia as inestabilidades. Na segunda fase de \"conformación nacional\" e centralismo, co café para todos, a forma de combatelo era máis sectorial: crear conciencia nacional e pulsión popular alí onde había que creala, para xerar oposición. A seguinte, que cadra coa queda do Muro de Berlín, é a época da acumulación: salto do gran capitalismo español, sociedade de propietarios e reformas do mercado de traballo onde aparecen novos segmentos sociais -coma os mileuristas- e unha grande travesía no deserto da esquerda onde a única forma de contestar o sistema foi a través de loitas máis sectorializadas aínda: cultura, feminismo, ecoloxismo, etc... Hai unha época posterior, a actual: a da austeridade de dereitos sociais. Que pasa nesta fase superior? que todas as anteriores formas de oporse ao réxime están obsoletas e non producen resultados palpables. Hoxe non serve nin tensar a rúa, nin a folga xeral, nin crear conciencia nacional, nin unicamente a loita social. Esa forma de goberno ten o seu punto máis álxido coa reforma bipartidista do artigo 135 da Constitución de 1978, con todo o que significa para as clases populares. Que acontece nesta situación? Pois que se se van cercando todos os xeitos de oporse só queda a saída da vía representativa. Aínda que a min particularmente non me guste, posto que nunca participei diso, é o único que temos xa que a maioría das fórmulas de goberno se foron impoñendo a través deste camiño. É o último lugar no que tratar de percutir. \"Na Coruña, cando falamos de réxime falamos dunha oligarquía financieira, mediática e política en franca decrepitude que deseñou conxuntamente un modelo de cidade moi ben afianzado durante trinta anos representado no pacovazquismo e no PP\" Hai outra circunstancia evidente: logo de tanta derrota na esquerda, cando hai unha vitoria hai un cambio de mentalidade e de cultura política colectiva. E aquí refírome directamente a que en maio de 2011 tomáronse as rúas, e non foron os sindicatos nin os partidos políticos ou os axentes tradicionais, con todos os respectos para eles, os actores centrais: foron os movementos sociais. Cada paso animou ao seguinte, que foi \"tomar o sentido común\". Os desafiuzamentos considerábanse, ata hai pouco, cuestións administrativas. Fóronse logrando cousas que repercutiron no imaxinario. Empezaba a haber poder, pero non goberno. Neste punto cómpre dar un paso máis, e ir a polos gobernos. Ese paso é a través das institucións e da rebelión municipalista encadrada nunha revolución democrática máis ampla e ambiciosa. Se baixamos ao plano local -na Coruña- existía o movemento veciñal, plataformas e un espazo crítico que unido ao anterior que comentei acaba demandando dar ese paso adiante. Na Coruña, cando falamos de réxime falamos dunha oligarquía financieira, mediática e política en franca decrepitude -e con nome e apelidos- que deseñou conxuntamente un modelo de cidade moi ben afianzado durante trinta anos, representado no pacovazquismo e no Partido Popular. Alí hai masa crítica e conflitividade social vinculada á especulación urbanística e ás distintas estafas, como as preferentes, os desafiuzamentos ou as pensións millonarios que se repartiron os responsables de Caixa Galicia. Polo tanto hai oportunidade de mudar isto se atendemos ao resultado dos procesos electorais precedentes, en combinación coa experiencia dos movementos veciñais e culturais que veñen de longo. As forzas que están dentro da Marea, máis alá dos partidos políticos, tiveron unha actitude construtiva onde primou máis a colaboración que a competición ou foi máis complexo e competitivo o proceso? Desde un principio houbo un convite a toda unha serie de forzas, plataformas e colectivos a sumarse ao proxecto no espazo da esquerda. Foi ben recibido. Houbo, por suposto, momentos de tensión ao enfrontarse diferentes culturas políticas. Tamén conflito, mais todo proceso deste tipo refórzase a través del. Pero en todo momento foi honesto. Hai que recoñecer que todas as forzas achegan no plano discursivo caudal político, e nunca se imaxinou que puidera ser tan doado o proceso de confluencia. Mesmo o candidato é de consenso entre todas as forzas, sen haber oposición. Isto é o paradigma da xenerosidade. En canto á conformación de listas hai xenerosidade e non houbo nin hai política de cotas, nin tampouco directrices nin intromisións para que organicamente cada quen tomara as súas decisións. Cales son as posibilidades reais de introducirse no Concello, e as intencións unha vez nel? \"A Marea debe ser audaz e, se pode, nos cen primeiros días mudar o modelo de xestión cara aos distritos e institucións comunitarias\" A día de hoxe existen dúas posturas acerca do que significa entrar nas institucións: unha é para xestionar, e outra para facer política. A Marea Atlántica está concibida para o segundo. Isto significa que o suxeito político que non se sente representado nas institucións -a cidadanía activa no seu conxunto- teña na Marea o seu principal punto de apoio. Como se combina isto? A medida fundamental é respostar ás demandas cidadás máis perentorias, como combater a austeridade de dereitos e fiscalizar os gastos excesivos, as prebendas, etc... E só hai un xeito de facelo: descentralizando a administración. A Marea debe ser audaz aí e, se pode nos cen primeiros días, mudar o modelo de xestión cara aos distritos e institucións comunitarias. A democracia non a van facer os vinte e sete membros das listas nin só os seus votantes se non a sociedade auto-organizada que faga unha labor fiscalizadora do poder político. Como ves o papel do BNG nos procesos de unidade popular, concretamente na Coruña? Habería varias lecturas aquí. É unha pregunta interesante, e complexa: en primeiro lugar, respecto absoluto á decisión do BNG, que tamén a entendo. Por unha cuestión de cultura política toma esta decisión xa que vivimos nun momento enmarcado na forma de goberno da austeridade, e non tanto da re-centralización. O BNG móvese mellor nese terreo da cuestión nacional aínda sendo certo que comprende a cuestión nacional como o modo de loitar contra esa realidade. Un nacionalismo con finalidades sociais, por así dicilo. A día de hoxe esa cultura política limítao á hora de formar parte e compartir con outras estruturas que teñen unha visión atenuada -ou non a teñen ben formada nin lle dan prioridade- sobre cuestións nacionais galegas. Alén diso, o BNG ten vontade de permanencia, e demostrou coas escisións que é capaz de facelo. É unha estrutura máis ríxida que ve nas Mareas algo líquido e inestable que pode fracasar e que pode acabar desaparecendo, xerando frustración e desafección e facéndolle un fraco favor ao país. Neste senso as Mareas deben tomar nota de por que unha forza tan importante coma o BNG non se sumou. Incluso disto hai que extraer lecturas positivas. Fálame da colaboración con outros espazos, a nivel galego e do estado, de cara ao futuro... \"Para a esquerda ás veces é tan perigosa a crise de relato como a propia crise económica\" Houbo xa encontros entre iniciativas municipalistas. É público e notorio. Para a esquerda ás veces é tan perigosa a crise de relato como a propia crise económica. Estes foros foron útiles para intentar crear un relato conxunto e para intercambiar posturas, coñecemento, etc...Pero ad futurum non se ten avanzado aínda nesa liña. Non se pode falar de que haxa prevista unha especie de conferencia municipalista galega, nin nada similar. Pero sería desexable, por suposto. Como analizas a situación e as expectativas do que puidera acontecer noutras capitais do estado? Evidentemente Barcelona en Comú ou os Ganemos que poidan florecer, ademais de inspiradores, poden valorarse como experiencias moi positivas. Sobre todo porque, independentemente dos resultados, foron os que puxeron a primeira pedra para recuperar á xente que estaba desafecta da participación política nun proxecto que intente crebar a orde institucional. Fíxose un traballo moi bo, e é certo que en Madrid ou Barcelona as cousas foron distintas. O método de elección da Marea Atlántica é máis similar ao de Ganemos Madrid que ao de Barcelona en Comú, que ten política de cotas. Alí partíase da referencialidade e liderado forte de Ada Colau. Ganemos Madrid ofrece un liderado colectivo, máis alá da complexidade da capital do reino, e a Marea Atlántica pode verse reflectida mellor nela. Ambas experiencias reforzarán o sistema democrático, e parten de sociedades civís moi activas e concienciadas. Hai risco de que estes movementos e espazos intenten ser capitalizados por algún actor político concreto, por exemplo Podemos a nivel estatal, ou Esquerda Unida ou Anova en Galiza? \"Ningún xornalista, politólogo ou sociólogo no estado español debera caer na falacia de dicir que Podemos representa o descontento\" Hai algo que escoito habitualmente de Podemos: ben falacias interesadas, ou ben outras cousas sen base algunha. Ningún xornalista, politólogo ou sociólogo no estado español debera caer na falacia de dicir que Podemos representa o descontento. O descontento exprésase nas manifestacións, nas redes sociais ou enfadada en distintos foros. Podemos representa o intento de articular un réxime novo no estado español. O que arrastra é a unha inmensa cantidade de xente que quere unha mudanza real. E non a unha totalidade dela, pois outros referéncianse noutras forzas. É lóxico que aquelas outras forzas que procuran un novo modelo e institucionalidade para o estado español se recoñezan mutuamente. O que non teño claro é que iso camiñe cara unha cooptación. En Podemos, se de algo saben, é de estratexia. E caerían nun erro se aspiraran a capitalizalo todo. Serviralles de apoio a nivel demoscópico, e coido que o interpretarán así. En Euskal Herria, por exemplo, Podemos non pode aspirar a ser hexemónico porque outras forzas parten de experiencias e organización popular e institucional nunha vía alternativa. Como ves a situación en Compostela, en referencia a Compostela Aberta? Creo que a situación de Compostela é paradigmática a teor de que a corrupción é, en si mesma, unha forma de goberno. Se non é momento de que o medo mude de bando, cando menos é de quitárnolo de enriba. O PP en Santiago está claramente moi dividido e cheo de liortas internas. Martiño Noriega, por quen sinto unha fonda simpatía e aprecio persoal, pode ofrecer unha imaxe de honestidade radical que rache co pasado. Haberá sectores sociais que non entendan ben que logo de ser alcalde de Teo queira selo en Santiago pero vendo a excepcionalidade da situación decide sobre-expoñerse arriscándose a presentarse e teb un perfil idóneo para mostrar esa vontade gañadora. E estamos necesitados de vitorias xa. É interesante o que pase nas municipais de cara ás autonómicas, non si? Penso que si. Iremos vendo. Hai xente que critica a Podemos por non ser contundente a respecto da lingua, por exemplo, pero creo que o que están a transmitir abertamente coas primeiros mensaxes é algo totalmente afastado da galegofobia. Non imaxino nin a Breogán Riobóo -nin a Manuel Baltar- atacando ao idioma propio. As declaracións do Secretario Xeral de Podemos a respeito do galego o que fan é deixar ver unha proposta clara para as autonómicas: acudir en solitario e afastados do espazo hexemónico tradicional da esquerda. Será interesante ver como se pode abrir unha fenda e unha oportunidade dun cambio, tamén, na Xunta de Galicia."}
{"ID": "NOS_13562", "summary": "Reproduzimos a seguir a entrevista da publicação digital Palavra Comum à poeta Concha Rousio arredor do seu último livro, Se os carvallos falasem (Através, 2016).", "text": "- Que é para ti a poesia/literatura? - Concebo a poesia como uma eira, um espaço no tempo, um espaço fora do próprio espaço físico, onde o Espírito de um determinado coletivo, um povo, respira. Poesia é esse lugar de sanação coletiva, é a escola livre de limitações do pensamento racional. A poesia acontece quando apagamos o ruído da racionalidade que tudo quer classificar em função das medidas do pensamento. A poesia se cultiva não na parte dirigida pela nossa dimensão cognitiva; se cultiva desde o nossa mente emocional. Já a Literatura é o templo, a fortaleça, com os Santinhos que vamos conseguindo consagrar para a supervivência; constitui a nossa resistência como seres culturais, que é o mesmo que dizer como seres humanos, pois a cultura é o que nos diferencia do resto de nossos irmãos animais. Sem poesia, sem criar, seríamos apenas consumidores de produtos artísticos. Não sempre arte e cultura caminham juntas. Arte é um produto, a obra de uma pessoa artista; mas cultura é aquele produto que o coletivo escolhe como representação artística de si, de todos. Muitos produtos artísticos fantásticos passam desapercebidos pelo coletivo, não conectando com o coletivo, passando sem serem cultura no povo do criador para depois talvez se converterem em elementos maravilhosos da cultura universal da Humanidade. Pensemos em Van Gogh, por exemplo, ou na nossa Rosalia… Poesia é esse lugar de sanação coletiva, é a escola livre de limitações do pensamento racional Não todas as pessoas escrevem poesia, mas todas podemos ler, todas podemos comunicar nessa dimensão. Por exemplo, um recital poético tem a poesia que se lê, tem a poesia do recitar, e tem a poesia do ouvir, do olhar, do comunicar estar naquela mesma longitude de onda, por assim dizer. Poesia transcende o poema, transcende o que cabe na palavra, poesia é mostrar o que já foi visto antes mas revela-se agora como se os olhos fossem sempre novos… É por isso que poesia se reinventa sempre, como um jeito de andar da nossa alma. - Como levas a cabo, no teu caso, o processo de criação literária? -A minha escrita é intuitiva, não é muito programada. Para mim escrever é ouvir mais do que um falar. Eu ponho o ouvido, quase sempre orientado para o interior, mas acho que é para dentro e para o exterior que coloco, simultaneamente, e trato de deixar sair pelos dedos aquilo que se move na minha mente emocional. Procuro escrever diariamente, como quem respira, isso quer dizer que procuro, sem que seja ativamente, aquele silêncio para ouvir as cousas que andem por aí perto dessa minha dimensão emocional. Como se descrevesse de jeito informal aquilo que vem mexer comigo na vida. Por vezes olhar o fogo faz com que essa imagem se misture com uma lembrança e nasçam aí emoções suscetíveis de serem captadas em fotografias poéticas, sejam palavras ou obras de criação de outra índole, tudo é poesia. Eu escrevo em qualquer lugar e forma, papel, computador, telemóvel, escrevo em qualquer superfície que suporte letras e esteja ao meu alcance… Por vezes acordo no meio da noite com um sentimento poético, uma imagem de um sonho e tenho que me erguer para escrevê-lo, se o não escrever não vou recordar, e mesmo se lembro as palavras não sou capaz de fazer nada poético com elas. O momento poético é emocional, ou então nos poríamos diante do papel e escreveríamos sempre que o desejássemos, e não acontece desse jeito. -Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a literatura e outras artes (plásticas, música, audiovisual, fotografia, etc.)? E entre Arte(s) e Vida? - Pois não me tenho parado a pensar nisso. Acho que as pessoas estão mais acostumadas a ver arte pendurada nos muros como paisagem, estamos acostumados a viver com as pinturas, mas acho que a maior parte das pessoas vivem sem contacto com a poesia, muitas pessoas nunca têm estado num recital, nunca leram um livro de poemas… Eu gosto muito de misturar esses espaços; de fato alguns poemas meus já têm feito parte de uma exposição junto com as pinturas de Helena Badia, artista plástica natural de Pelotas, em Rio Grande do Sul, no Brasil. Pintura e poesia num diálogo singular. Pares feitos de uma pintura é um poema; ficou algo muito lindo; obras irmanadas. Gostaria de repetir essa experiência aqui na Galiza incluindo a leitura dos poemas à medida que as pessoas avançam pela sala o dia da inauguração, e talvez outros dias. Temos que aproximar mais a poesia das pessoas; educar a sensibilidade. Há pessoas que dedicam a energia que podiam dedicar à poesia a coisas como o futebol ou a religião, só porque apareceram em seu caminho e os cativou primeiro… Se o futebol foi capaz de seduzir o gosto das pessoas como não vai poder fazer isso a poesia recitada. Haveria que estudar isso bem. Depois temos a música, as canções que levam quase sempre uma boa poesia junto da música. Aí temos um bom relacionamento. Cabe tudo, vídeo-poemas. Fotografia incorporando poesia… o convívio das artes, pelas ruas e as salas da cidades, é a minha proposta. - Trabalhas como psicoterapeuta. Existem, do teu ponto de vista, vínculos com a poesia? Nesse caso, como se combinam para ti essas duas vertentes? -Para mim a poesia é uma forma de auto-terapia; se a psicoterapia é uma conversa entre a psicoterapeuta e o usuário da terapia, a poesia é minha conversa com o universo, com a vida… Nessa conversa se reorganiza o ser, a mente, tudo. Eu sou psicoterapeuta narrativa, entre outras aproximações teóricas. A minha atenção se dirige grandemente a possíveis falhos na narração que fazemos das nossas vidas; de quem somos; de quem somos realmente. Os humanos temos tendência a deixar fora das histórias que nos contamos sobre nós mesmos aqueles aspetos que contradizem a ideia principal do discurso dominante que temos sobre nós. Quer dizer que se eu me defino principalmente com 'tímida', todas as minhas intervenções no mundo social nas que não fui tímida, quase nem são registadas porque o discurso dominante sobre mim não lhes outorga nenhum protagonismo. Chegamos a esquecer tudo do que somos capazes, e continuamos narrando-nos sempre com as mesmas histórias limitantes, mas que confirmam a nossa identidade.. Isto é um pouco mais complexo do que isso, mas em essência é isso, e tem muito de criativo. Viver é um ato criativo, mas podemos cultivar mais conscientemente essa criatividade. Eu acho que o mundo moderno está perdendo essa faceta que as culturas tradicionais mantinham, com a música, a dança, a regueifa, ou o cantar do desafio… A vida não pode ser tão materialista, devemos alimentar o espírito, o nosso individual e o espírito do coletivo, aí a poesia é o pão… -Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação literária hoje? -Acho que se devem criar oportunidades de encontro entre a poesia e as pessoas, os programas de divulgação cultural que fomentam a criatividade devem ser desenvolvidos, levados a sério. Programas de rádio, televisão, espaços nas bibliotecas, nas livrarias, etc., que abram esse espaço, que ofereçam a oportunidade do encontro. Talvez nos centros escolares, tanto de primária quanto de secundária, poderiam fazer um esforço nas horas de literatura por aproximar os escritores e escritoras locais das e dos estudantes. Humanizar a criatividade, pôr rostos a arte. Oferecer modelos. Eu estaria disposta a ir uma vez por mês, por exemplo, a falar de poesia, a ler poesia, a compor poesia com os estudantes que o desejarem. O contacto com a poesia no livro e na pessoa da poeta. Também acho que fomentando a reflexão, a mirada reflexiva interior e sobre o mundo, seria bom. Aprender a ver, a mirar com mimo, sem julgar. Acho que o que mais aprendemos na vida é a julgar. A arte, a estética da arte é mais acolhedora. - Que perspetiva tens sobre a língua e cultura galegas e a sua vinculação com a Lusofonia? Que achas das relações existentes e para onde consideras que se devem/podem dirigir? - Sobre a língua e a cultura galegas tenho sensação de fragilidade. O que me resulta incómodo, quase de dor física. Que uma cultura tão forte e sã como a nossa, e uma língua antiga, uma língua de poesia, se vejam ajoelhadas ante o castelhano, é para além de absurdo, uma tristeza. A nossa língua é grande, livre pelos continentes do mundo, e enfraquecida no seu lugar de nascença. Esta fragilidade é obra do esmagamento histórico, não é um acontecimento pelo passo do tempo, é fruto do resultado da violência a que fomos, e somos de forma mais ou menos perceptível, submetidos. Nem sabemos o quanto. Os vínculos com a Lusofonia nos darão a energia suficiente, nos darão o espaço para estender essas nossas frágeis (fragilizadas) asas e voar. Olha só, eu escrevo isto e sai publicado na Net; na Espanha talvez ninguém me leia, mas me lerão em Portugal, no Brasil, e daí eu tenho mais do que motivos para escrever. A nossa Língua tem muito futuro, tem todo o futuro, mas pouca vida na própria terra em que nasceu Considero que as Políticas públicas deviam ir encaminhadas a abrir novos caminhos, e alargar os caminhos existentes, pelos que a nossa literatura poder andar, em vez de dedicar-se a criar falsas estradinhas pela nossa terra adiante para acalmar as consciências e perpetuar o minifundismo literário. Temos muita terra em que plantar os nossos versos, afinal o nosso jeito galego de ser é sair ao mundo, navegar, ir… A nossa Língua tem muito futuro, tem todo o futuro, mas pouca vida na própria terra em que nasceu, se continuar sendo tratada como está sendo tratada. \"A Minha Ortografia é uma Emigrante Retornada, como eu\" é um verso meu no livro, a nossa ortografia deveria ser melhor tratada, não vem pedir nada que não lhe pertença. - Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver? Fala-nos, mais em concreto, do teu novo livro, Se os Carvalhos falassem, publicado por Através… - Quero que o meu próximo livro seja de prosa poética, ou de 'ensaio poético', ainda não tem título definitivo. Alguns dos textos que incluirá já tenho prontos, outros ainda estão sendo escritos; projeto para publicar no próximo ano. O seguinte projeto é um livro de textos relacionados com a vida num ginásio. Incluirá prosa poética, poesia, frases, contos… uma mistura de narrativas… e quem sabe uma canção… Noutro futuro quero escrever um segundo livro de Nântia, e ainda um terceiro… quero que seja uma trilogia, mas não tenho pressa. Também quero publicar em papel o meu primeiro romance As Sete Fontes, que foi publicado como e-book em 2005 pelo Editor Victor Domingos da Editora Arcos Online; queria também publicar outro romance meu, ganhador do Certame Literário Feminista do Condado em 2006, intitulado A Língua de Joana C. Acho que é tudo por hoje… E ainda queria pelo meio desses projetos todos que mencionei, escrever junto com poetas de outros países da Lusofonia, com poetas do Brasil, e publicar livros galego-brasileiros. E também queria aprender a pintar. Se os Carvalhos Falassem é um livro que recolhe os poemas com os que me fez poeta. As raízes da minha poesia estão todas neste livro. Tem uma história: quando escrevi o meu primeiro romance, As Sete Fontes, eu fiquei muito feliz; tinha a sensação de ter-lhe dado sentido a muitas cousas. Então tentei publicá-lo; e foi tão difícil… Um livro tão galego como era esse meu romance e não parecia haver sítio para ele na Galiza. As Sete Fontes foi um filho negado; por dous motivos; o primeiro a grafia em que estava escrito, e a segunda porque fala da cultura tradicional, do nosso mundo indígena do que a nossa sociedade se quer esquecer. Quando descobri que não havia lugar para o meu romance na minha própria terra, e que tive que publicá-lo em Portugal, senti o negados que estamos culturalmente. Aí, nesse desespero nasceram os primeiros poemas que agora juntos fazem parte deste livro. O poema \"Se os Carvalhos Falassem\", que dá título ao livro, é o primeiro poema dedicado ao meu pai; ele ensinou-me a ver o nosso mundo com olhos de druida. Este livro é uma homenagem à minha mais sacra herança cultural. Com cada livro publicado acho um bocadinho de paz."}
{"ID": "NOS_48334", "summary": "Desde Ferrolterra, a asociación reclama á Administración estatal coidar o tren de proximidade.", "text": "\"Por unha mobilidade sen emisións\" é o lema da Semana europea da mobilidade na que se insire o 22 de setembro, o Día Mundial Sen Coches. Nesta data, colectivos ecoloxistas, asociacións ou Administracións públicas lembran a importancia de mudar o volante polo guiador da bicicleta, abrindo paso a medios de transporte menos contaminantes. É o caso de Adega, que desde a súa agrupación de Ferrolterra advirte da necesidade de aparcar o vehículo privado. A asociación lembra que o coche particular é o responsábel da maior parte da polución nas urbes, con 80% das emisións de dióxido de nitróxeno e o 60% das emisións de partículas. \"Pedimos á poboación que cambie os seus hábitos no referente a súa mobilidade e favoreza sistemas alternativos menos ou nada contaminantes\", salientan nun comunicado. Ao tempo, a asociación reclama coidar os medios de transporte colectivos como o tren de proximidade. \"Nesta comarca con case duascentas mil persoas é importante ter un bo funcionamento do Feve, abandonado a súa sorte polo Goberno estatal\", denuncian. O coche, salientan, ten unha pegada de dióxido de carbono de cando menos 104 gramos por cada dous pasaxeiros. \"O tren, levando moitos máis pasaxeiros, tan só ten unha pegada de 14 gramos de dióxido de carbono\", engaden. A maiores, o transporte por estrada é responsábel de 90% das emisións deste gas contaminante, mentres que o tren \"soamente de 0,3%."}
{"ID": "NOS_12046", "summary": "Óscar García Patiño (Cambre, 1964) preside o consistorio de Cambre desde 2015. Á fronte de Unión por Cambre, encabeza un tripartito en que tamén sentan o PSdeG e mais o BNG. O seu discurso escora á esquerda e defende as municipalizacións de servizos. A maiores, amósase preocupado polos paus que o PP coloca nas rodas da área metropolitana. Eis un extracto da entrevista.", "text": "A xestión da auga é outro problema recorrente en Cambre. Fixeron unha auditoría nada máis chegar ao concello. Con que perspectiva? Fixemos, e fomos á zona de Alacant e de Murcia para ver a xestión de distintos concellos nunha zona onde a auga é ouro. Aquí temos unha empresa en precario desde hai moitísimos anos. Quixemos ver as distintas opcións, desde municipalizar o servizo até crear unha empresa mixta. Nós cremos que os donos da auga temos que ser todas e todos. Non pode ser que Emalcsa (Empresa Municipal de Augas da Coruña) sexa a propietaria e, tendo as afeccións que temos en Cambre, paguemos a auga máis cara que na Coruña. Isto é tamén unha aposta importante na área metropolitana. Nós estamos dando pasos, vendo de facer unha empresa municipal entre o concello e Emalcsa para ter o mellor servizo ao menor custo posíbel. Daquela, a municipalización está entre as posibilidades que manexan? Sen dúbida. Nós municipalizamos o servizo de roza que tan mal funcionaba. Levamos un ano en que, por motivos varios, empezamos tarde, pero o servizo que se fixo foi de moitísima máis calidade que un servizo privado. Cremos que hai varios servizos, entre eles a auga, que teñen que ser municipalizados sen ningunha dúbida. Nos últimos anos o Estado restrinxiu a autonomía local. O concello é a administración máis próxima ao veciño. Calquera problema que teña, o veciño mira que o concello llo solucione. Até o de agora sempre se botaban balóns fóra: \"Este problema é do Consorcio das Mariñas, este da Xunta\". Nós non facemos iso. Nós collemos o touro polos cornos e se hai algunha demanda que facer ao Consorcio ou á Xunta, facémola nós. Non o ven así nin desde a Xunta nin desde o Goberno central. É unha mágoa que non apoien máis as administracións. Cada día cárgannos máis de competencias e os recursos son menos. Téñenos afogados. Prestamos mal servizo porque non podemos contratar persoal municipal. E se non podes, tes que ir a unha empresa privada. Que é o que pretende o PP, sempre primar as empresas privadas en contra dos beneficios dos veciños. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza no número 285. á venda na loxa ou nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_2977", "summary": "Desde que no mes de outubro, Xoán Carlos Fasero anunciara o abandono do seu posto de xerente para facerse cargo da SGAE do Noroeste, a AGADIC ficou descabezada e boa parte das liñas de acción, paralisadas. Co malestar cada vez máis acusado do sector, veñen de abrir unha convocatoria para cubrir o posto e, xa na brincadeira, \"Os da Ría\" anuncian que se presentan.", "text": "Poucas posibilidades teñen \"Os da Ría\" para acadar o posto de \"Coordinador-coordinadora do departamento de Xestión\" que a AGADIC vén de convocar na súa páxina web. Á vista da convocatoria, a resolución virá da propia Consellería de Cultura, sen recorrer a ningún experto externo nin representante do sector para o concurso. O Secretario Xeral, a Subdirectora de Xestión e Coordinación Cultural e o Xefe de Servizo de Persoal compoñen a comisión que decidirá o nome da persoa que se porá á fronte da Axencia Galega de Industrias Culturais, con sede agora na Cidade da Cultura e vacante desde o mes de novembro nun dos momentos máis duros dos sectores empresariais da cultura. Segundo a convocatoria que a Consellaría que ten á fronte a Xesús Vázquez vén de facer pública, a persoa que vaia dirixir a AGADIC terá unha retribución de 39.432,89 euros e, para se apresentar, só se require a condición de ter licenciatura. Case catro meses despois de que Fasero abandonase AGADIC, son numerosas as ocasións nos que representantes dos sectores das artes escénicas reclamaron que se cubra o posto vacante. Só agora, a AGADIC anuncia a convocatoria do concurso, o que mesmo deu para brincadeira no xector, como no caso do vídeo do dúo \"Os da Ría\" que está a rular polas redes sociais."}
{"ID": "PRAZA_17665", "summary": "O fiscal desbota seis anos despois que o ex-alcalde de Lugo recibise cartos pola concesión do guindastre, algo que ve demostrado no caso do ex-edil Fernández Liñares, e apoia que a Audiencia acepte o arquivo que solicita. \"Sempre dixen que son inocente e o señor fiscal corrobórao\", salienta o antigo rexedor socialista HEMEROTECA | Orozco marcha para permitir o pacto de esquerdas en Lugo", "text": "HEMEROTECA | Orozco marcha para permitir o pacto de esquerdas en Lugo A finais de setembro de 2012 Galicia viviu un verdeiro terremoto político e xudicial. A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, viña de lanzar unha operación contra a presunta corrupción en contratos públicos de diversos concellos que deixaba como primeiros e máis rechamantes titulares as detencións dos daquela alcaldes de Ourense -do PSdeG- e Boqueixón -do PP-. Aquela primeira vaga da operación, que meses despois impactaría de cheo en gobernos municipais daquela populares como os da Coruña e Santiago, impactou tamén moi directamente no Concello de Lugo, onde o alcalde socialista, Xosé López Orozco, fora imputado por presuntos delitos de suborno e prevaricación. Case seis anos despois a Fiscalía lucense vén de responder a un recurso de Orozco pedindo o arquivo da acusación porque, ao contrario do sinalado na instrución encabezada por De Lara, non acha probas de que recibise cartos da trama. O xornal El Progreso adiantaba na súa edición deste 19 de xullo que o Ministerio Público vén de responder con contundencia á solicitude de arquivo formulada por Orozco ante a Audiencia Provincial lucense. O fiscal Jesús Álvarez considera que \"non existe ningunha proba\" de que \"chegase\" aos petos de Orozco \"diñeiro das empresas do guindastre e da ORA\" no Concello de Lugo. O \"patrimonio\" de Orozco \"corresponde coa súa profesión\", sinala o fiscal, e por iso cre que corresponde un arquivo. O escrito leva seis meses rexistrado no xulgado de Pilar de Lara, pero non foi trasladado á Audiencia ata agora. O fiscal desbota seis anos despois que o ex-alcalde de Lugo recibise cartos pola concesión do guindastre, algo que ve demostrado no caso do ex-edil Fernández Liñares, e apoia que a Audiencia acepte o arquivo que solicita Orozco Para a Fiscalía, \"despois de máis de seis anos de instrución non cabe arrastrar\" a Orozco \"ata o final do proceso sen indicios consistentes\", toda vez que a acusación contra o ex-alcalde estaba sustentada, esencialmente, na testemuña do propietario da empresa adxudicataria do servizo do guindastre, José Luis Álvarez, quen testemuñou que pagaba mensualmente subornos a Orozco e ao que fora un dos homes fortes do seu goberno municipal, Francisco Fernández Liñares, a través dun funcionario municipal, Javier Reguera. No caso de Liñares e Reguera, no entanto, a Fiscalía si dá por probado o cobramento de subornos co conseguinte incremento de patrimonio. Como informou Praza.gal, o que despois foi presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil confesou ante a xuíza que chegou a cobrar 'mordidas' de múltiples empresas por importe duns 300.000 euros, se ben o pasado abril mudou a súa versión e afirmou que inventara esa declaración tras ser \"presionado\". A vaga expansiva política da imputación Estas imputacións marcaron o remate da vida política de Orozco: \"Sempre dixen que son inocente e o señor fiscal corrobórao\", salienta A posibilidade de que Orozco se libre de xeito inminente das imputacións xudiciais no caso do guindastre abre a porta ao arquivo da que pesa sobre o ex-rexedor na peza que investiga o conxunto do grupo Vendex, tamén por iniciativa de De Lara. Desaparecerían así dúas acusacións que marcaron o remate da carreira política do veterano ex-alcalde. Non en van, estas imputacións derivaron en que o BNG abandonase o goberno local de coalición en novembro de 2012 e, sobre todo, provocou que tras as eleccións municipais de 2015 Orozco tivese que renunciar a recuncar na alcaldía, toda vez que o resto de grupos da esquerda esixiron a súa marcha para votar a prol dunha investidura do PSdeG. Lara Méndez: \"Demostra que non tiña responsabilidades penais nin políticas e acentúa a súa xenerosidade ao dar un paso atrás polo ben de Lugo\" Tras transcender o escrito da Fiscalía o antigo rexedor manifestou a súa satisfacción a través de varios medios e tamén nas redes sociais. \"Sempre dixen que son inocente e o señor fiscal corrobórao\", sinalou, ao tempo que amosou o seu agradecemento a \"tantos, innumerables, que confiaron en min\", dende a súa familia ata á cidadanía que \"a pé de rúa me transmitiu o seu apoio ou a través dos medios de comunicación\". Para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, esta petición de arquivo \"demostra que Orozco non só non tiña responsabilidades penais, senón tampouco políticas\" neste caso e \"acentúa a xenerosidade do alcalde Orozco de dar un paso atrás pensando no ben da cidade de Lugo\", en referencia ao momento ao que deu paso á súa propia elección. \"A xustiza cando chega tarde é inxusta\", reflexiona Méndez. Nun sentido semellante o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, enviou tamén \"unha aperta\" ao ex-alcalde e, dende o \"respecto para os procesos xudiciais\", considerou que \"a xustiza ten que ser áxil e garantista para ser xusta\"."}
{"ID": "NOS_27049", "summary": "O 11 de xaneiro de 1938, un grupo de gardas civís e falanxistas executan no lugar da Rocha, en Mondoñedo, a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez. Coincidindo co 84 aniversario do seu falecemento, Memoria da Mariña homenaxea a todos os asasinados na localidade", "text": "O vindeiro sábado, 22 de xaneiro, Mondoñedo acolle unha xornada de homenaxe a todas as persoas asasinadas na localidade polo franquismo. Segundo sinala a Nós Diario o portavoz de Memoria da Mariña, Xosé Luís Fernández Rivera \"o obxectivo do acto é restaurar a memoria dun tempo histórico negado e facer xustiza con estes veciños de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo inxustamente asasinados en Mondoñedo\". Os actos comezan ás 12 da mañá no parque contiguo ao cemiterio vello de Mondoñedo, onde desde 2019 un monólito lembra a súa memoria. Neste lugar, está prevista a intervención dun representante de Memoria da Mariña así como de varios veciños da comarca que queren achegar o seu tributo a estas vítimas do franquismo. O martirio de tres homes bos As restricións derivadas da pandemia obriga aos organizadores a reducir o programa de actos desenvolvidos en edicións anteriores, porén o voceiro do colectivo Memoria da Mariña, Xosé Luís Fernández, sinala a Nós Diario que \"igual que aconteceu o ano pasado non que non faltamos á nosa cita con Siervo, Manuel e Graciano este ano imos mantela\". \"A morte de Siervo, Graciano e Manuel está gravado a lume na memoria dos mindonienses\" afirma Xosé Luís Fernández quen lembra como \"as circunstancias do seu asasinato así como o nome dos verdugos permanece vivo na cidade\". Neste sentido, Araceli González, neta de Siervo González, ten sinalado a Nós Diario, como \"o mesmo falanxista de Mondoñedo que saca a meu avó da casa durante anos mantén atemorizada a miña familia\". Siervo González, candidato ao Congreso dos Deputados por Lugo en 1933 nas filas da Unión Socialista Galega (USG), partido marxista e nacionalista, secretario local da Confederación Nacional do Traballo (CNT) e presidente do Partido Sindicalista é asasinado o 11 de xaneiro de 1938. Canda el, aparecen os cadáveres dos seus compañeiros de militancia Graciano Paz e Manuel Rodríguez, antigos directivos da Sociedade de Obreiros Católicos e adheridos á USG e á CNT. Uns meses após da súa morte aparece aforcado en Mondoñedo o párroco da igrexa de Santiago e consiliario da Sociedade de Obreiros Católicos José María Agrelo, na opinión do pobo responsábel intelectual destas mortes. Os 7 de Ribadeo Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez non son os únicos mindonienses asasinados polo franquismo. Segundo Xosé Luís Fernández \"o 16 de Abril de 1937 é fusilado en Ferrol, canda outros militantes da CNT do Barqueiro Jesús Verdeal Maseda. Pedro Marful Fernández e Xosé Otero García morren, respectivamente, nos campos de concentración da Illa de San Simón e de San Marcos de León. Anos máis tarde, en enfrontamento armado coas forzas do franquismo caen en combate os guerrilleiros Xosé Porto Lestegás \"O Herbellás\" e Luís Trigo Chao \"O Gardarríos\", máximo dirixente do PSOE na localidade durante a etapa republicana. Un grupo de demócratas de Ribadeo e André Vale van atopar a morte en Mondoñedo. O 12 de setembro de 1936 son asasinados nas curvas de Prado os veciños de Ribadeo Bruno Martínez Antonio María Martínez López, Enrique Navarret e André Vale \"O Moreno de Cobas\", presidente da CNT de Viveiro detido en Ribadeo cando tentaba fuxir cara Asturias. Tres días máis tarde aparece no mesmo lugar o cadáver do mariñeiro socialista Florencio Carballo Novigil e o día 20 o corpo de José Antonio Díaz, rematado en Argomoso por un policía local coñecido como \"O Lobo\". Finalmente, 7 de outubro resulta executado o tamén ribadense Jesús Longarela."}
{"ID": "NOS_31523", "summary": "Organizada por Galiza Nova, decorrerá do 17 ao 23 de xullo en 30 concellos diferentes. De palestras a concertos, pasando por debates, proxección de documentais ou roteiros. \"Galiza precisa a soberanía\", afirma Alberte Fernández, secretario xeral de GN.", "text": "Galiza Nova impulsa a 'Semana da Patria', sete días nos que máis de 60 actos terán lugar nas diferentes comarcas do país ás portas do 25 de Xullo, Día da Patria. Desde esta segunda feira, 17 de xullo, até o 23 de xullo, unha trintena de vilas e cidades acollerán diferentes actividades, desde mesas de debate até andainas, pasando por concertos, actividades formativas, proxección de audiovisuais ou elaboración de murais, entre outras. A diversidade de actividades ten un eixo común, sinalou Navia Rivas, de Galiza Nova, que é a reivindicación da \"soberanía\" de Galiza. Ao longo da semana trataranse diferentes cuestións, como a situación do ensino, a precariedade laboral da mocidade galega, a emigración xuvenil ou os dereitos LGTB. Alberte Fernández, secretario xeral de Galiza Nova, destacou esta aposta por levar actos ás diferentes comarcas do país para reivindicar o Día da Patria e a súa vixencia. Fernández incidiu na necesidade dunha Galiza soberana como ferramenta para dar solución aos problemas que atinxen a mocidade galega, como o paro ou a emigración. Por último, Bieito Lobeira, coordinador de Organización do BNG, destacou o \"significado especial\" desta iniciativa ao tempo que apostou en superar o marco actual do estatuto e a constitución para erguer unha alternativa \"democrática e soberana\"."}
{"ID": "PRAZA_14664", "summary": "O líder de AGE advirte de que \"a alternativa ao PP pasa por acordos\" entre varias forzas políticas e \"a maneira de crear un clima propicio\" para eses pactos non é \"atacar aos que non son inimigos\"", "text": "Xosé Manuel Beiras (Santiago, 1936) aproveita os escasos ocos libres da súa intensa axenda de campaña para descansar e \"recargar a batería\". Ao inicio da súa enésima carreira electoral \"non contaba con poder aturar este ritmo\" e advertiulles aos seus compañeiros e compañeiras de coalición de que \"tiña que administrar moito as enerxías\". Pero finalmente está \"facendo unha campaña ao uso, como hai anos\" e percorrendo Galicia á procura de apoios para Alternativa Galega de Esquerda. Asegura que percibe a mesma \"efervescencia\" que a finais dos anos setenta. \"E nós estamos sintonizando con iso\", afirma. Como leva a campaña? Está a ter unha axenda intensa... Esta campaña lémbrame moito a etapa do tardofranquismo e das primeiras eleccións de 1977, porque estou a percibir unha dinámica análoga na cidadanía e por facer unha campaña sen medios materiais, sen cartos. Tamén me lembra as campañas dos anos 80, onde tamén se actuaba con poucos medios e a base do traballo da xente. Agora a analoxía vén porque AGE está a facer unha campaña nada convencional, porque non dispoñemos do financiamento do que dispoñen as grandes forzas, tampouco dispoñemos de espazos nos medios públicos de comunicación e, polo tanto, estase a facer a base de traballo da xente. Estase a lograr unha campaña moi áxil e penetrante nos medios alternativos, nas redes sociais, aínda que hai que ser consciente de que hai espazos da cidadanía que non acceden a eses medios. Xa explicou que non participarán nun reparto de consellerías pero, con que condicións de partida afrontarían unha hipotética negociación se o PP perde a maioría? Hai que recuperar o rol sobranceiro das cámaras de representantes. Por primeira vez hai un goberno en Galiza que está destruíndo a autonomía. No baleirado de contido da arquitectura constitucional do 1978, dun Estado democrático e do réxime parlamentarista, os parlamentos convértense se converten en ancilas do poder Executivo, máxime con maiorías absolutas. Se queremos que se goberne a favor do pobo cómpre a irrupción de representantes comprometidos coa cidadanía do común. E por iso temos un código ético onde está establecido que os cargos electos deben ser revogables no caso de que non cumpran. Como se fai iso? A través da reactivación das cámaras de representantes, no canto de estar a expensas do que fagan os gobernos. Trátase de que se volva facer política no Parlamento? \"Non hai que ir ao Parlamento cunha estratexia defensiva, hai que ir cunha estratexia ofensiva fronte á dereita\" Claro. Non hai que ir ao Parlamento cunha estratexia á defensiva, hai que ir cunha estratexia ofensiva fronte á dereita, e cunha estratexia de recuperación de protagonismo do Parlamento. Polo tanto, se se produce o cambio, habería que deixar de apelar ao consenso como valor absoluto á hora de, por exemplo, derrogar o decreto que regula as linguas no ensino? O consenso, na interpretación deturpada de que ten sido obxecto, é un dos andazos que ten a política parlamentaria. Nun estado de normalidade, no que a política é realmente democrática, con distintas lecturas do ben común, ten sentido. Pero nunha situación coma esta, non. En vez de consenso ten que haber combate. Porque senón o consenso convértese en algo distinto, no que Oskar Lafontaine, de Linke, chama \"compromisos podres\". Nós temos unha premisa maior fundamental: nós no Parlamento non podemos propiciar de ningunha maneira que goberne o PP. Pero a partir de aí, o fundamental é ser a punta de lanza dunha ofensiva, de darlle un xiro de 180 graos á acción do Goberno, iso é o primordial. Que lle pasaría ao país se Feijóo goberna catro anos máis? Cando di \"yo o el caos\", o que se cumpriría é a realidade, \"yo soy el caos\". Isto é o mesmo que dicía o PP en Grecia, son como loritos que repiten as cousas. Na hipótese de que continúe, pasará o que está contecendo en Grecia: que aos nenos non se lles dá de comer no colexio e pasan fame, que a sanidade está cada vez máis degradada e hai que pagar pola asistencia... e así sucesivamente. Pero isto non hai quen o pare. Se Feijóo chegase a seguir gobernando e nós estamos no Parlamento, faremos todo o posible para dificultarlle ao máximo quesiga gobernando contra os cidadáns e retroalimentaremos os movementos sociais, estaremos no Parlamento e nas rúas. Nós estamos vehiculizando as alternativas que xa existen, dos que se organizan en plataformas para defenderse das agresións: polas hipotecas, polas preferentes, contra o deterioro da sanidade... Este señor que non conte con que se consegue manterse na Xunta, \"aquí paz e despois gloria\". Está derrotado politicamente e só falta derrotalo electoralmente. Ademais de presentarse como garantía de estabilidade fronte a ese suposto \"caos\", Feijóo preséntase tamén como garantía de investimentos para o país, como os de Pemex... É un farsante. É mentira. Por que non o fixo durante os catro anos? Quen gobernou aquí? Durante 25 anos, eles. Por que non o fixeron? Quen pode crer que o que non fixeron nese tempo, ou o propio Feijóo durante catro anos, con que credibilidade? Que estabilidade, se o está a destruír todo? Atendendo aos inquéritos pero tamén á súa percepción, que cre que pasará o 21-O? Perderá o PP o Goberno? \"É moi probable que o PP perda a maioría, eles sábeno\" É moi probable. Cada día que pasa é máis probable. Se estas elcecións fosen convocadas cun período previo de precampaña e non polas costas e cun tiro na caluga, como fixeron, perdían a maioría segurísimo. Ou se fosen convocadas anticipadamente pero despois das vascas. Por iso convocaron a traizón; a opción que tiñan era non convocalas para reformar a lei, reducir os escanos e ter máis vantaxes. Eu nunca me fiei das enquisas que se están feitas correctamente e trasladadas de maneira honesta o máis que indican son tendencias, pero que dende o inicio nos desen a entrada no parlamento e que vaiamos cada vez a máis é un indicio de que hai un potencial de rebeldía moi importante e que se pode traducir en votos contra o PP. O noso obxectivo non é repartirnos votos dos outros, senón activar electorado desencantado e abstencionista. Na medida en que o logremos sumamos os continxentes de votos que deciden que o PP perda a maioría. Iso está ocorrendo, cada día que pasa, máis. Se isto continúa ata as eleccións, é moi probable que o PP perda a maioría, eles sábeno. Cre que AGE pode ser unha vía para canalizar electoralmente non so ese voto \"desencantado\", senón a xente implicada en como o 15M? Si, xa está ocorrendo así. Nós levamos á práctica o que aprendemos dos procesos a nivel mundial das redes de movementos sociais altermundistas e antisistémicos, co que se foi forxando nos espazos de encontro que foron os foros sociais, e estamos comprobándoo, por exemplo, na composición da xente que acode aos nosos actos e na súa actitude. Hai unha enorme presenza activa de xente moza e de xente veterana. Xente moza, que pasou da política entendida así, e de xente veterana que a deixara. E moita desa xente moza non só dá o paso de vir aos actos, senón que tamén se ofrece a traballar na campaña. Estamos activando iso porque sintonizamos co 15M e con todos os focos de movementos activos que se están dando. Canta desa xente vai a estes actos e participa porque \"volve Beiras\"? \"Non estamos sometidos aos poderes financeiros, que teñen collidos polas débedas aos partidos tradicionais\" Non o sei, non o podo calibrar. Coido que hai unha achega miña no plano da credibilidade. E de feito, cando saíron as primeiras enquisas, acabadas de convocar as eleccións, sobre nivel de coñecemento e cualificación, era sorprendente o que pasaba comingo, que levo un decenio fóra da política institucional. Mesmo hai xente que aínda hoxe pensa que sigo no Bloque. Iso é unha achega, si, pero a máis importante é que eu transmito algo que a xente percibe a respecto de Alternativa: credibilidade, fiabilidade, outra vez frescura na política, outra vez confianza, dignidade. E sobre todo non estar sometido por ningún lado aos poderes financeiros, que teñen moi amarrados aos partidos convencionais, porque os teñen collidos polas débedas que teñen con eles, cousa que con nós non pasa."}
{"ID": "PRAZA_13175", "summary": "O rebumbio causado por unha pouco habitual entrevista televisiva a Feijóo achegou á actualidade o símbolo autonómico que preside o complexo de San Caetano, instalado polo tripartito nos 80 e cuestionado polo PP durante o mandato de PSdeG e BNG", "text": "\"Dende o mandato de González Laxe no alto do edificio de San Caetano ondea a bandeira galega, cando vai ondear a española?\". Foi unha das preguntas que o presidente da Xunta tivo que responder o pasado domingo nun pouco ortodoxo programa da canle Intereconomía, na que unha ducia de presentadoras o cuestionaron por múltiples aspectos da súa vida persoal e por escasos puntos da súa actividade gobernamental, a maioría vinculados á lingua e á identidade de Galicia. \"En Galicia non hai unha guerra de bandeiras\", respondeu Alberto Núñez Feijóo, que \"cre lembrar\" que o símbolo autonómico que preside a sede do Goberno galego provén \"da época de Fernández Albor\". \"Non teño previsión de sacala porque non xerou ningún problema\" e, retrucou a unha das presentadoras, non existe \"debate\" ningún nas sociedade ao respecto. O rebumbio causado polo espazo televisivo, boa parte del nas redes sociais de Internet, achegou á actualidade a historia dunha bandeira cunha xénese moi propia dos primeiros tempos da autonomía e que, dun xeito ou doutro, defenderon todos os gobernos.A instalación da bandeira estaba prevista polo Goberno de Albor, pero foi o tripartito o que herdou e rematou o proxectoAo contrario da crenza do presidente a solitaria bandeira non foi instalada polo equipo de Gerardo Fernández Albor, se ben é certo que tiña intención de facelo. Nomeadamente, prevíao o gran impulsor do complexo de San Caetano, o daquela vicepresidente Xosé Luís Barreiro Rivas. Os avatares políticos que derivaron na moción de censura de 1987 derivaron en que o tripartito encabezado polo socialista Fernando González Laxe herdase o proxecto e correspondeulle rematalo ao novo conselleiro da Presidencia, Pablo González Mariñas, un dos dous representantes do PNG no Executivo. \"A bandeira estaba feita xa por Barreiro pero estaba sen instalar\", lembra González Mariñas para Praza Pública, \"e nós completamos o orzamento e erguemos o mastro\", un só, sen o acompañento dos emblemas español e europeo.A traxectoria gobernamental tripartita foi curta. A crise económica, os escasos apoios do Goberno de Felipe González e a chegada de Manuel Fraga disposto a converter Galicia na súa particular Baviera foron algúns dos factores que desaloxaron de San Caetano a PSdeG, Coalición Galega e PNG. González Mariñas prevía que a rechamante bandeira non duraría moito. Despois de perder as eleccións, \"xa en 1990\", \"un día pasei por alí e vin que a bandeira non estaba\" e \"pensei que non volvería ao seu lugar\". Pero nada máis lonxe diso. Ben ao contrario, o que noutrora fora o máis centralista líder da dereita española mandáraa retirar \"para darlle catro metros máis de altura\".González Mariñas lembra que Fraga a mandou retirar pero \"para darlle catro metros máis de altura\"Así de alta permaneceu a bandeira durante os dezaseis anos de Fraga e, ao chegar o bipartito de socialistas e BNG en 2005, continuou ondeando sobre a sede da Presidencia que pasou a ocupar Emilio Pérez Touriño. Fíxoo sen conflito ningún ata que en 2007 o PP abriu un debate que lle afectou colateralmente. En plena cruzada contra o Estatut de Catalunya os conservadores cargaron con dureza contra o gabinete de Touriño e Quintana, especialmente contra a súa parte nacionalista, pola ausencia da bandeira de España nalgúns actos e despachos oficiais. Nesta liña presentaban unha proposición non de lei no Parlamento, asinada polo propio Alberto Núñez Feijóo -\"Feixóo\", na sinatura dixital da iniciativa- e outros deputados como Ignacio López Chaves e Manuela López Besteiro, coa esixencia de que \"en todas as dependencias da Administración autonómica\" así como en \"todos os actos oficiais da Xunta\" estivesen á vista os símbolos galego e español.En 2007 o PP presentou, asinada por Feijóo, unha proposta para esixir que en todos os edificios ondease tamén a bandeira españolaMentres o Goberno galego evitaba abrir unha batalla coa cuestión a proposición chegou ao pleno e pola banda do Bloque quen fixou posición foi o propio Pablo González Mariñas. \"Daquela o PP andaba nunha guerra de bandeiras\", cun \"tremendo sarampelo de españolismo\" e inmersos \"nunha política de recentralización\". \"Cunha minucia montouse un falso problema\", subliña ao rememorar un discurso parlamentario no que o ex conselleiro e ex deputado argumentou que \"nós somos galegos, simplemente galegos\" aínda que ao PP \"lle pareza moi pouca cousa\" e aínda que \"non dixeran nada diso sobre Euskadi e Catalunya\" cando o PP \"tiña un pacto co PNV e CiU\". Ademais González Mariñas reforzou a súa argumentación aludindo, precisamente, ao \"exemplo\" da solitaria bandeira de San Caetano. A mesma que, cinco anos despois, o propio Feijóo deu en defender nunha canle televisiva pouco proclive á diversidade de bandeiras."}
{"ID": "NOS_32650", "summary": "É novembro. Rematan os últimos actos dedicados a Filgueira Valverde e comezan os novos proxectos arredor da figura de Manuel María.", "text": "Estes días péchase o ano Filgueira co ciclo \"Filgueira Valverde na cultura galega do século XX\" que ten lugar desde hoxe segunda feira até a quinta feira nas sedes do Consello da Cultura, a RAG e a Barrié, fundación coa que colaborou o polígrafo pontevedrés. Do mesmo xeito, editoriais e fundación do autor xa están a lanzar as súas propostas para o Día das Letras 2016. Uxía e Magín Blanco veñen de presentar en Sonárbore (Galaxia) Canta o cuco, un libro-disco con cancións que musican os poemas do autor chairego. O carro, A vaca, A cidade, O cuco… so só algún dos textos musicados por Uxía e Magín Blanco, extraídos de poemarios como As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola, Terra Chá, Panxoliñas ou Os lonxes do solpor. Xunto a eles, unha creación propia da man de Uxía e Magín Blanco, \"Todo me fala de ti\", na que ambos os dous artistas dialogan co poeta e coa súa rica personalidade. Ademais, as ilustracións son obra de Leandro Lamas. Ademais, a propia Uxía gravou un disco ao vivo na Casa de Manuel María no 86 aniversario do seu nacemento este pasado outubro. O traballo, no que tamén colaborou Xabier Díaz, será publicado en breve. Alén disto, a Fundación Manuel María vén de publicar 'Poemas escollidos', a primeira escolma publicada que contempla a obra poética de Manuel María na súa totalidade, incluindo os poemarios inéditos publicados logo do seu falecemento. Centenario das Irmandades Ademais do Ano Manuel María en 2016 celebrarase o centenario da fundación das Irmandades da Fala na Coruña, que tivo lugar un 18 de maio de 1916 na sede da Real Academia. Tanto a institución presidida por Alonso Montero como a Deputación na Coruña xa mantiveron algunha xuntanza para promover actividades que lembren esta efeméride."}
{"ID": "NOS_38874", "summary": "Catalán, éuscaro e galego fan fronte común en Madrid polo audiovisual.", "text": "Dez anos despois de morrer ─como marca o dereito canónico da RAG─, o Día das Letras debería honrar o Xabarín e o seu club. Por fociños, por cacheiras. O traballo de normalización lingüística realizado por este e por outros personaxes de debuxos animados emitidos pola Galega desde mediados de 1990 merecería, canto menos, o posto de secretario xeral de Política Lingüística. Na boca de Son Goku, o galego fíxose normal. Unha lingua normal para un país normal. Mais o tempo pasou, novos formatos audioviosuais xurdiron e unha xeración despois, a historia da transmisión lingüística na Galiza repítese: os fillos de Son Goku xa non falan galego. Só hai 26 títulos en galego dos case 26.000 dispoñíbeis neste momento nas plataformas dixitais. Todos, producións galegas; ningún dobrado nin con lendas. A programación infantil é de 4,6% de segunda a sexta feiras e de 2,7% na fin de semana. Na TVE, a súa presenza non chega nin á categoría de simbólica. Son datos achegados por Marcos Maceira, presidente da Mesa, que canda os representantes de asociacións doutras linguas minorizadas do Estado mantiveron esta cuarta feira en Madrid unha xuntanza coas formacións políticas BNG, EH Bildu, Compromís, CUP, En Comú Podem, ERC, Junts, PDeCAT, PNV e Més per Mallorca. O obxectivo, facerlles chegar as reivindicacións lingüísticas e os acordos mínimos que debe incluír a nova lei audiovisual, provinte da Directiva Europea 2018/1808, que se está tramitando no Congreso e que ditará o futuro da industria audiovisual nas linguas oficiais do Estado. Neste encontro, ademais de Maceira, participaron Jordi Cuixart, presidente de Òmnium Cultural; Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua; Anna Oliver, presidenta de Acció Cultural País Valencià; Josep de Luís, presidente de Obra Cultural Balear; e Francesc Marco, secretario de Plataforma per la Llengua. Demandas Na conferencia de prensa posterior leuse un manifesto conxunto. Nel laméntase que a Lei do Audiovisual que se está a tramitar teña \"moi pouco impacto no avance cara á igualdade audiovisual das linguas oficiais diferentes do español\", mesmo cando o piden os parlamentos galego, catalán e éuscaro. Cómpre lembrar que a Iniciativa Popular impulsada pola Mesa, que xuntou máis de 33.000 sinaturas, foi aprobada por unanimidade no Hórreo. A inclusión dun regulamento sancionador claro que evite que as plataformas prefiran pagar a multa a cumprir a lei; que 6% dos seus catálogos sexan producións en catalán, éuscaro e galego; ou que todos os produtos que teñan dobraxe nestas tres linguas estean dispoñíbeis no sistema, son algunhas das demandas recollidas no manifesto. Para Maceira, a situación actual \"é indicativo do nivel de propagación da enfermidade conxénita do Estado español, que é a alerxia pola pluralidade e a diversidade lingüística\". Doenza que, segundo el, ten cura: \"Con vontade política, con democracia e con xustiza; aceptando e cumprindo as prescricións do Consello de Europa en relación á Carta Europea das Linguas ou do Relator especial da ONU para as minorías\"."}
{"ID": "NOS_22108", "summary": "Sinalan que as empresas implicadas acumulan multas e sancións.", "text": "Cornado Mina Non considera que o novo proxecto de Cobre San Rafael para a mina de Touro é \"social e ambientalmente inviábel\". O colectivo veciñal considera unha auténtica \"tomadura de pelo\" que as dúas empresas promotoras do plan mineiro, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas falen de satisfacer\" a través da súa instrumental Cobre San Rafael as condicións ambientais máis estrictas\" cando o seu pasado de actividade, inciden, \"está cheo de incumprimentos e sancións administrativa\". Afirma esta plataforma que Ayalaya Mining \"acumula\" expedientes sancionadores, coma o que a Junta de Andalucía lle impuso á mineira en 2016 por graves incumprimentos en materia de seguridade laboral e protección medioambiental por superar o volume de pó en suspensión na carga e o baleirado de estériles nas entulleiras da mina onubense de Riotinto. Tamén sinalan que Explotaciones Gallegas \"acumula expedientes sancionadores. En total, nos últimos anos a mercantil recibiu, de Augas de Galiza até catro expedientes sancionadores que superan os 60.000 euros\". A veciñanza sinala que a mineira \"parece esquecer\" que a Administración galega xa se posicionou por dúas veces en contra da reapertura da complexo mineiro afirmando que \"non garantía a sostenibilidade ambiental\" e a seguridade para a saúde humana e os ecosistemas logo de recibir informes técnicos \"desfavorábeis\" e \"insalvábeis\" da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Aguas de Galiza."}
{"ID": "PRAZA_11598", "summary": "Máis de 100.000 persoas manifestáronse o 4 de nadal de 1979 convocadas polas forzas de esquerda en defensa dunha autonomía de primeiro nivel, despois de que o texto aprobado en Galicia fora descabezado no Congreso. Durante semanas Galicia mobilizouse contra a \"aldraxe\"", "text": "Máis de 100.000 persoas manifestáronse o 4 de nadal de 1979 contra os recortes no Estatuto de Autonomía aprobado en Galicia\"Jornada en defensa de una auténtica autonomía\". O 4 de decembro de 1979 La Voz de Galicia dedicaba a súa portada ás manifestacións convocadas ese día en todo o país para protestar contra os recortes efectuados en Madrid contra o proxecto de Estatuto de Autonomía redactado e aprobalo pola Asemblea de Parlamentarios. Ese martes ao redor de 100.000 persoas saíron ás rúas (40.000 na Coruña, 30.000 en Vigo) convocadas polo POG, o PCG, o PG ou o PSdeG. \"Ayer, más de 100.000 personas contra el Estatuto de Autonomía\", titulou La Voz o 5 de decembro. As marchas non foron tan masivas coma as do 4 de nadal de 1977, cando case medio millón de persoas se manifestaron nas cidades galegas en demanda do inicio dun proceso autonómico para Galicia, como viña de ser posto en marcha en Cataluña e Euskadi. Porén, a mobilización de 1979 tivo un carácter máis político e un obxectivo máis definido. Nas marchas de 1977, apoiadas por todos os partidos agás AP e BNPG e mesmo impulsadas dende as Deputacións provinciais controladas pola UCD, a reivindicación autonomista era imprecisa e abstracta, era esencialmente 'aquilo concedido a vascos e cataláns' ao que Galicia tamén podía aspirar.En cambio, Camilo Nogueira, daquela no Partido Obreiro Galego (POG), si destaca a importancia destas segundas mobilizacións, destacando que \"hoxe sería imposible sacar á rúa centos de miles de persoas á rúa, como se fixo naquel momento, reivindicando un estatuto de nacionalidade. É moi gratuíto dicir que iso non tiña significado, porque si que o tiña\".A clave do recorte era que Galicia e Andalucía debían servir de freo á desenvolvemento do Estado das AutonomíasEn cambio, o ciclo de mobilizacións dos meses de novembro e decembro de 1979 partía dunha aldraxe concreta: o proxecto de Estatuto acordado en Galicia por todos os partidos viña de ser descabezado no Congreso dos Deputados, nun pacto entre as direccións estatais de UCD e PSOE, nunha negociación liderada por José Pedro Pérez-Llorca, Fernando Abril Martorell e Alfonso Guerra. A clave era que Galicia e Andalucía (que tamén negociaba neses momentos o seu Estatuto de Autonomía) debían servir de freo á desenvolvemento do Estado das Autonomías. Unha vez concedido o autogoberno a Cataluña e Euskadi, o resto de Estatutos debían ser simples descentralizacións. Galicia (con maioría de UCD) e Andalucía (onde o PSOE era o máis votado) marcarían o nivel máximo das restantes rexións, esquecendo a súa consideración como nacionalidades.De feito, tamén este 4 de decembro Andalucía celebra o aniversario das súas masivas mobilizacións cidadás en defensa do seu autogoberno, que en 1977 encheron as rúas desta comunidade. Esta efeméride, moi reivindicada alí, pasa en cambio moi desapercibida en Galicia.O PSdeG de Ceferino Díaz, o PCG de Geluco Guerreiro e o POG de Camilo Nogueira (e tamén outras forzas, como PTG, MCG ou PG) moveron durante esas semanas as súas basesO proxecto de Estatuto, recortado ao máximo (de feito, todas as súas competencias dependían da súa concesión posterior polas Cortes), foi finalmente aprobado cos votos a favor de UCD, o rexeitamento de PSOE e PCE e a ausencia de AP e nacionalistas vascos e cataláns. Os socialistas galegos, cunha participación moi destacada de Ceferino Díaz, xogaron duro e conseguiron convencer ao resto do seu partido para opoñerse finalmente ao recorte. Algo que non fixeron os deputados galegos de UCD, en principio tamén opostos ao texto.Tanto o PSdeG coma o PCG de Geluco Guerreiro coma o POG de Camilo Nogueira (e tamén outras forzas, como PTG, MCG ou PG) moveron durante esas semanas as súas bases, comezando as mobilizacións o 22 de novembro, un día no que La Voz de Galicia saíu á rúa titulado a catro columnas na súa portada \"Hoy, jornada en defensa de la dignidad nacional de Galicia\". O papel da prensa galega foi fundamental na mobilización da cidadanía contra a \"aldraxe\". E tamén El Ideal Gallego publicou varios editoriais alertando do \"erro histórico\" que supuña o recorte da autonomía galega e da \"humillación\" que estaba a sufrir Galicia. O editorial 'Galicia humillada' respondía ademais a outros editoriais e artigos de opinión publicados pola prensa de Madrid, dende El Alcázar a El País, que defendían e xustificaban o descabezamento do Estatuto galego.A mobilización contra a aldraxe non chegou a ser masiva, pero si adquiriu unhas dimensións sociais importantes, que desbordaron mesmo ás organizacións que convocaban as manifestaciónsAs mobilizacións contra a aldraxe (que se converteu no concepto de moda) partían dun sentimento de humillación que durante estas semanas se estendeu polos sectores máis activos da cidadanía galega. Non chegou a ser masivo, pero si adquiriu unhas dimensións sociais importantes, que desbordaron mesmo ás organizacións que convocaban as manifestacións. O comercio do centro das cidades pechou durante horas as súas portas, houbo vixilias nas Casas do Concello de todo o país e leváronse a cabo concentracións de alcaldes e concelleiros, disoltas polos antidisturbios na Praza do Obradoiro mentres cantaban o himno galego.O sentimento de frustración puido facer emerxer un sentimento de agravio, que ten paralelismos co proceso que se está a vivir en Cataluña nos últimos anos a raíz da amputación do novo Estatut decidida polo Tribunal Constitucional en 2010. Con todo, a realidade é que os meses seguintes a mobilización polo autogoberno descendeu de novo en Galicia, regresando á limitada mobilización anterior. Había unha sensación de impasse, de incerteza, resolta nos últimos meses de 1980 grazas a que unha UCD xa moi feble aceptou \"desaldraxar o aldraxado\", recuperando unha boa parte do proxecto de Estatuto que fora recortado no Congreso (aínda que non todo). A autonomía galega, que fora reivindicada con énfase e convencemento nas rúas o 4 de nadal de 1979, escolleu nacer nun ambiente de apatía e indiferenzaOs Pactos do Hostal deron forma a ese novo compromiso e abriron o camiño cara á aprobación do Estatuto no referendo do \"anque chova vota\". Finalmente non choveu, pero a participación ficou no 28%. A autonomía galega, que fora reivindicada con énfase e convencemento nas rúas o 4 de nadal de 1979, escolleu nacer nun ambiente de apatía e indiferenza. A autonomía naceu sen apenas autonomistas, aínda que nos anos seguintes o propio proceso de autogoberno amosou algunhas das posibilidades que este novo proceso abría."}
{"ID": "NOS_18293", "summary": "As declaracións do portavoz no Senado, Ramón Espinar, contrastan coas realizadas polo líder de Podemos un día antes nun mitin celebrado na Coruña, onde rexeitou pactar \"co filial do PP\".", "text": "O portavoz de Podemos no Senado, Ramón Espinar, asegurou esta cuarta feira que a súa formación \"facer un esforzo grande por evitar eleccións e chegar a un acordo do PSOE\". Un acordo no que dixo sería preferible que estivera tamén Ciudadanos, aínda que manifestou que parece haber \"máis ganas en Podemos que no PSOE de que Pedro Sánchez sexa presidente\". As declaracións de Espinar, durante unha entrevista na Cadena Ser, contrastan coas realizadas un día antes polo líder da formación morada. Pablo Iglesias, negou que foran a pactar con Ciudadanos, a quen cualificou de \"equipo filial do PP\", durante o mitin no que participou na Coruña esta pasada terza feira. Outra das polémicas do día en Podemos é o enfrontamento entre as súas cabezas máis visibles do partido na rede social Twitter. O secretario político Íñigo Errejón contestou a unha parte do discurso de Iglesias, onde facía mención a que os \"corruptos\" teñen medo da formación morada. Sí compañero @ierrejon pero en Junio dejamos de seducir a 1 millón de personas. Hablando claro y siendo diferentes seducimos más— Pablo Iglesias (@Pablo_Iglesias_) 20 de septiembre de 2016 Outros líderes do partido morado uníronse ao debate na rede social, como Juan Carlos Monedero ou Irene Montero: .@ahorapodemos no se hizo un hueco riéndole las gracias al 1%. Siendo plata en desigualdad por culpa del PP y el PSOE. ¿Seguimos sonriendo?— Juan Carlos Monedero (@MonederoJC) 20 de septiembre de 2016 Seducir es ternura con los de abajo y dientes afilados con los de arriba. Ayudar a los más a sacudirse el miedo https://t.co/DmEwprTFMP— Irene Montero (@Irene_Montero_) 20 de septiembre de 2016 Un choque ao que o propio Iglesias e Errejón lle restaban importancia pouco despois noutra mensaxe en Twitter: Sin duda. Llegamos lejos pensando con categorías propias. Debemos seguir haciéndolo para recuperar nuestro país. Seguimos @pablo_iglesias_ 😉— Íñigo Errejón (@ierrejon) 20 de septiembre de 2016"}
{"ID": "PRAZA_20884", "summary": "Mentres parece que Porto estivera abondo máis lonxe que de Valladolid para moitas cousas, coido que dicir que Galicia e Portugal teñen unha irmandade sentida non é algo baleiro de sentido.", "text": "Teño a idea, dende que lembro, de que a frase 'menos mal que nos queda Portugal' non era desprezativa para os nosos veciños, senón todo o contrario, que significaba para nós o alivio dun socorro seguro se facía falta no último momento, e cos medios limitados que tiñan. Abondo máis adiante na miña vida atopeime coa interpretación do dito coa consideración de Portugal como o vagón de cola de Europa que permitía que España non ocupara ese lugar en tantas e tantas cousas. E ata co disco do mesmo título de Siniestro Total, que aló por 1984, xa a piques de entrar na (daquela) Comunidade Europea, recollían ó seu xeito o dito.Mais xa naquel 84 Portugal nos adiantara na chegada á democracia, e cunha entrada que en perspectiva coido que se pode cualificar como máis limpa ca nosa, ao menos no sentido de rachar co anterior. Con iso, para min, a frase cada vez tiña máis sentido en termos de posibilidades de apoio. Que tiveran menos cartos non significaba moito. Significaba máis, en negativo, que os seus Mercedes foran acaparados por pouca xente. Ou, en positivo, que foran capaces de manter os ubicuos mosaicos.Tempo pasou dende aqueles anos, e dende Galicia puidemos ver como o desenvolvemento relativo do norte portugués foi maior que o noso, aínda que en renda per cápita podan seguir por baixo. Ou tamén, falar do tirón organizado do aeroporto do Porto, que fai que moitos galegos o usen en detrimento dos 'nosos'. E aínda, do desenvolvemento en investigación, cun tirón que contrasta co que se está a facer en Galicia... Por suposto, nestes anos, en Portugal, non todo son cousas boas. Como botón de mostra, hai dous veráns puidemos contemplar como os incendios no centro de Portugal non tiñan fronte a eles estratexia e medios de loita convenientes... polo demais, parello ó que pasa canda nós.Tamén puiden atopar entre un e outro tempo portugueses que non tiñan ben considerados ós galegos (ou a Galicia, ou ó galego) e xente en Galicia que tampouco tiñan ben considerados ós portugueses (ou a Portugal, ou ó portugués). Lembro por exemplo hai perto de dez anos unha conversa cunha portuguesa nun autobús na que me dixo algo como que a ela gustáballe falar castelán e non quería falar galego, que non era nada máis que un mal portugués. Para non ter un conflito internacional tentei calmar os ánimos e aí quedou a cousa.Mentres parece que Porto estivera abondo máis lonxe que de Valladolid para moitas cousas, coido que dicir que Galicia e Portugal teñen unha irmandade sentida non é algo baleiro de sentido. E que o achegamento entre ambas beiras da liña debe ir máis aló de se apuntarnos á 'hora de Portugal' ou non, ou de loitar por un mercado de pasaxeiros aeroportuarios ou cooperar, é algo a normalizar, non é ilóxico. Mais a realidade non vexo que camiñe nese sentido se non é nalgunha situación forzada. Verei ben ou é que me teño que graduar a vista?"}
{"ID": "PRAZA_9925", "summary": "O BNG pedirá esixir aos Franco os bens \"espoliados\" pola ditadura e criticou \"a covardía política\" de Pedro Sánchez \"diante das presións dos poderes fácticos.", "text": "A portavoz do BNG, Ana Pontón, prometeu que os nacionalistas \"exhumarán\" o \"posfranquismo\" e que reclamarán \"todo o patrimonio roubado\" e \"espoliado\" ao pobo galego. Ademais, nun acto na Coruña fronte á Casa Cornide, unha das propiedades dos Franco na comarca, asegurou que hai \"presións\" da Casa Real ao Executivo para que non esixa a devolución do Pazo de Meirás e dixo ter \"datos\". Membros do Bloque despregaron unha pancarta cunha foto co rei emérito Juan Carlos I e o ditador Franco, acompañada das frases Franquismo Nunca Máis e Que nos devolvan ou roubado. Pontón denunciou \"un franquismo sen Franco\" e sinalou a \"involución democrática\" de forzas políticas \"machistas, racistas e antigales\". Así, contrapuxo o \"compromiso claro\" do BNG para, no caso de obter escano no Congreso, \"conseguir que se interpoña unha demanda civil para recuperar a titularidade do Pazo de Meirás\", porque o \"Estado ten toda a documentación nas súas mans para que esa reclamación vaia adiante\".Pontón sinalou o \"compromiso claro\" do BNG para \"conseguir que se interpoña unha demanda civil para recuperar a titularidade do Pazo de Meirás\"Pontón que o BNG dispón de \"datos\" que lles \"permiten denunciar con toda certeza que se o Executivo de Pedro Sánchez non puxo esa reclamación é porque hai presións directas da Casa Real para que non leve a cabo a devolución do Pazo de Meirás\", algo que, destacou, \"non\" lles \"sorprende\", dadas \"as conexións entre a monarquía e o franquismo, pois todo empezou co ditador nomeando como sucesor ao actual rei emérito\".Por outra banda, o candidato pola Coruña, Néstor Rego, criticou \"a covardía política\" de Pedro Sánchez \"diante das presións dos poderes fácticos e moi directamente de Felipe de Borbón que fixo que non iniciase ese expediente de reclamación de devolución\". En paralelo, Pontón comprometeu que tamén reclamarán que se devolva ao patrimonio público os bens \"espoliados\" e \"roubados aos galegos\" como \"botín de guerra\", isto é, a Casa Cornide da Coruña e as estatuas de Abraham e Isaac da catedral de Santiago.Entre as propostas nacionalistas tamén figura a ilegalización da Fundación Franco e o cumprimento e maior dotación da Lei de Memoria Histórica. Pontón tamén comprometeu a derrogación da Lei Mordaza e a defensa dos dereitos e liberdades, \"fronte ás forzas ultra reaccionarias\"."}
{"ID": "NOS_42154", "summary": "Un total de 15 deputadas e deputados do BNG, Junts, Más País, Compromís, PRC, Teruel Existe e CC-Nueva Canarias forman o Grupo Plural no Congreso baixo criterios de operatividade e non de afinidade ideolóxica.", "text": "As pasadas eleccións xerais deixaron un Grupo Mixto no Congreso de 21 representantes de 11 formacións diferentes, o que implica moi escasos tempos de intervención para os partidos políticos que o conforman. Así, baixo criterios de operatividade, de ter capacidade operativa e de intervención política e non por razóns de afinidade ideolóxica, anunciouse esta quinta feira, 19 de decembro, a conformación do Grupo Plural. Nel estarán o deputado do Bloque Nacionalista Galego, as oito actas de Junts per Catalunya, as dúas de Más País, o deputado de Compromís, o do Partido Regionalista Cántabro, o de Teruel Existe, a de Coalición Canaria e o de Nueva Canarias. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en declaracións a Sermos Galiza, asegura que \"o grupo está constituído con criterios de operabilidade, non de afinidade ideolóxica, para ter máis capacidade operativa e de intervención política\". \"Ao ter un mínimo de 15 deputadas non hai posibilidade de que o tombe a Mesa\", sinala. Desde estas formacións asegúrase que o Grupo Plural cumpre co regulamento ao ter o mínimo exixido de 15 deputadas e deputados e sinalan que non cabe posibilidade de ser tombado pola Mesa do Congreso, como aconteceu co anterior intento destas formacións de dividir o Mixto. De feito, 11 de decembro apresentárase o Grupo Parlamentario Múltiple (GPM), conformado polo Bloque Nacionalista Galego, Compromís, Más País e Junts per Catalunya. Mentres, UPN (Navarra Suma), Coalición Canaria , o PRC e Teruel Existe formaran o seu propio grupo coa denominación de España Plural. Ambas as dúas propostas de grupo foron rexeitadas pola Mesa."}
{"ID": "NOS_51955", "summary": "A Real Academia Galega celebrará os vindeiros días 22, 23 e 24 de novembro un encontro que xuntará ao longo de tres tardes máis dunha vintena de persoas expertas en distintos aspectos da obra do protagonista do Día das Letras Galegas de 2016.", "text": "O Simposio Manuel María continúa a conmemoración do ano dedicado ao poeta chairego cun programa, aberto a todo o público, no que os relatorios e mesas de debate comparten cartel co recitado dos seus versos, e que concluirá coa proxección do documental sobre o homenaxeado 'Eu son fala e terra desta miña terra', da académica Margarita Ledo Andión. Todas as actividades se desenvolverán na sede da RAG, na rúa Tabernas, 11 da Coruña. A apertura do simposio, o martes 22 ás 16 horas, contará con outro membro da RAG e tamén amigo persoal do poeta, Darío Xohán Cabana, que pronunciará a conferencia inaugural, titulada \"De Muiñeiro de brétemas a Advento: a progresión fulgurante\", a partir das 16.30 horas. De seguido, Marta Dacosta, Manuel López Foxo e Rosalía Fernández Rial analizarán distintos aspectos da obra poética de Manuel María nunha mesa de debate moderada por Mercedes Queixas. A primeira xornada concluirá cun recital de poesía do homenaxeado nas voces de Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez e Xulio López Valcárcel. O programa do mércores 23 de novembro inclúe unha conferencia de Camilo Gómez Torres, \"Manuel María: biografía e creación\"; unha mesa de debate, moderada polo académico Henrique Monteagudo, na que Mercedes Queixas, Carmen Fernández-Pérez Sanjulián e Xosé Ramón Freixeiro Mato falarán da obra narrativa e xornalística de Manuel María e da importancia da lingua na vida, na obra e no pensamento do autor; e tres relatorios de Henrique Rabuñal, Montse Penas e Xurxo Souto sobre a historia inserida no teatro de Manuel María, o papel que xogou a súa escrita na educación literaria en galego e a súa relación coa música. O xoves 24 de novembro a xornada arrincará cunha mesa de debate sobre a relación entre poesía e política en Manuel María que moderará a académica Margarita Ledo e que terá como convidados a Xosé Estévez, Pilar García Negro e Carlos Quiroga. Na quenda de relatorios, Antón Lopo levará o público até o universo literario da libraría Xistral, que Manuel María e a súa dona Saleta Goy rexentaron en Monforte de Lemos; Xosé Lois García percorrerá as paisaxes identitarias do autor e a académica Fina Casalderrey abordará a pegada que Manuel María deixou nas escolas. A partir das 19.30 proxectarase, xa para rematar, o documental 'Eu son fala e terra desta miña terra', un retrato de Manuel María coa súa propia voz que recupera imaxes de distintos momentos e escenarios da vida do poeta."}
{"ID": "NOS_15734", "summary": "É o segundo territorio que recibe máis símbolos para denunciar as actuacións irresponsábeis no litoral que concede Ecoloxistas en Acción.", "text": "Seis bandeiras negras para Galiza pola contaminación e a mala xestión do seu litoral. O Informe Bandeiras Negras 2016 sitúa o noso país como o segundo territorio de todo o Estado, só por detrás de Andalucía, que merece máis pavillóns do farrapo negro, símbolo da irresponsabilidade que destruiu ou afectou a costa. O documento concede 3 destas bandeiras por contaminación (á Ría de Ferrol, Alcoa San Cibrao e Ence-Elnosa) e outras tantas por mala xestión: o porto exterior da Coruña, o urbanismo na Mariña lucense e a destrución da praia do Salgueirón, en Cangas. Sobre a Ría de Ferrol alerta da \"falla dunha depuración eficaz\" e dun nivel \"alarmante de contaminación\", que ten efectos mesmo no aumento do paro, por destruír traballo nos recursos marisqueiros. Alcoa San Cibrao Ecoloxistas en Acción concédelle a Bandeira Negra por ser a cuarta empresa \"máis contaminante de Galiza\" e ter verteduras que poden afectar a saúde das persoas. Tamén na Mariña, o informe pon o urbanismo que se fixo na comarca como \"modelo do que non hai que facer\", referíndose a Barreiros, mais tamén a Foz, O Vicedo ou Viveiro. \"Paisaxes destrozadas, urbanismo pantasma, vivendas a medio construír ou abandonadas...\" O porto exterior da Coruña é para este colectivo ambientalista un \"caso flagrante de gasto nunha zona onde xa teñen un porto exterior\", cun custo que xa vai nos mil millóns de euros e que apenas ten \"tráfico portuario\". Considera mesmo unha \"vergoña\" que a obra máis cara de Galiza non teña garantido mercado para funcionar a pleno rendemento nin se exista a seguridade de quevai ser acabada. Ence é un clásico neste tipo de denuncias, polo seu impacto produtivo e ambiental, acrecentado desta vez pola prórroga concedida polo goberno en funcións a finais de 2015. Por último, a destrución da praia do Salgueirón, cun recheo que \"non ten soporte legal\" e cunha alternación da liña de ribeira."}
{"ID": "PRAZA_4251", "summary": "A Comisión Europea premia os avances en mobilidade sustentable da cidade e destaca a drástica redución de accidentes de tráfico nun municipio sen falecidos nas estradas nos últimos nove anos.", "text": "Un premio máis ao modelo urbano de Pontevedra, exemplo desde Galicia para todo o mundo. Desta vez, foi a Unión Europea quen concedeu ao municipio o Premio de Seguridade Viaria Urbana, convocado pola Comisión Europea en recoñecemento das boas prácticas de mobilidade sostible. A Comisión Europea recoñece o modelo pontevedrés e a redución \"consistente\" das mortes na estrada desde hai máis de dúas décadasA Comisión destaca que a cidade do Lérez logrou reducir as mortes na estrada de maneira \"consistente\" desde hai máis de dúas décadas, alcanzando a \"impresionante cifra\" de cero falecidos nos últimos nove anos. Ademais, o xurado recoñece que as medidas implantadas polo goberno municipal permiten unir seguridade e sustentabilidade e que quedou \"impresionado\" con datos como que o 80% da rapazada acuda soa á escola ou que os límites de velocidade se sitúen entre os 10 e os 30 km/hora. Pontevedra obtivo este galardón por diante das cidades de Jaworzno (Polonia) e Ordu (Turquía), as outras dúas finalistas na súa categoría. Desde o Concello, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, cre que o galardón recoñece \"un modelo urbano de éxito e que moitas cidades están mirando para tomar decisións sobre como conformar os espazos públicos das cidades\". Para o rexedor, o premio é de especial interese nesta altura ao ser a cidade outra vez un \"referente mundial\" pola recuparación dos espazos urbanos e \"pola facilidade que teñen os pontevedreses para cumprir as normas despois deste confinamento\". \"O premio recoñece un modelo urbano de éxito e que moitas cidades están mirando para tomar decisións\", di o alcalde Fernández LoresFernández Lores manifistou a súa \"gran satisfacción\" e agradeceu o comportamento de todos os pontevedreses \"porque todas as decisións que tomamos serven para que os espazos urbanos sexan seguros e a xente non teña que terlle medo aos coches\". Pontevedra optaba a este premio logo de disputalo a outros 26 proxectos de toda Europa, dez deles de España. \"É unha gran satisfacción porque neste momento todas as cidades teñen que posicionarse no mundo, e Pontevedra cremos que se está posicionando ben\", destacou Lores."}
{"ID": "NOS_46928", "summary": "O Executivo confía en ter operativo o novo ente antes de finais do próximo ano.", "text": "Galiza sumará o próximo ano un novo ente público. Trátase dunha sociedade para a xestión do ciclo integral da auga na que a Xunta terá unha participación maioritaria e á que se poderán adherir os concellos que así o desexen. A Xunta xustifica a creación deste novo ente na necesidade de \"axudar\" os concellos a xestionar correctamente as obras xa feitas, ao tempo que procura a garantía de protección da saúde pública e unha defensa da calidade das augas para a pesca, o marisqueo e o turismo. O Consello da Xunta deu esta quinta feira luz verde ao inicio da tramitación do anteproxecto de lei para a creación desta sociedade, que segundo os cálculos do Executivo galego podería estar operativa a finais do vindeiro ano. Tarifas igualitarias Na rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente Alberto Núñez Feixoo puntualizou que a xestión da auga seguirá sendo unha competencia local, pero que ao afectar a saúde pública ou a cuestións ambientais \"a Xunta non pode manterse allea\". Tamén explicou que a sociedade promoverá a xestión agrupada de todos os sistemas, tomando como referencia experiencias previas de explotación conxunta – o caso de Sogama – que permiten \"aforros notábeis\" nos custos a través do aproveitamento de sinerxias, ao tempo que asegurou que as tarifas, que se empregarán en novos investimentos, serán \"igualitarias e homoxéneas\"."}
{"ID": "PRAZA_19451", "summary": "O Consello de Ministros acorda un plan para o \"control e erradicación\" do patóxeno que afecta 31 concellos galegos, onde non se podrá plantar. O Parlamento aproba por unanimidade unha serie de medidas e o BNG pide a dimisión da directora xeral de Gandería e Agricultura.", "text": "O Consello de Ministros aprobou este venres un real decreto cun programa estatal para o \"control e a erradicación\" da praga da couza guatemalteca, que afecta a pataca en varios concellos de Galicia e Asturias. Tal e como estaba previsto, o Goberno central activa un plan que terá unha vixencia inicial de cinco anos e nas que se establecen medidas contra esta Tecia solanivora, que afecta de maneira moi negativa ao tubérculo. O decreto obriga a destruír os cultivos con praga e a non plantar nos concellos afectados O real decreto do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente establece diversas actuacións para a erradicación da couza, como delimitar a zona afectada e a zona tampón ou de protección, así como a destrución do material contaminado coa súa correspondente indemnización. Ademais, nas áreas afectadas prohibirase a plantación de cultivos e restrinxiranse os movementos. Nas zonas tampón, pola súa banda, levaranse a cabo tratamentos fitosanitarios e estableceranse condicións de circulación de vexetais. Ademais, entre as medidas preventivas atópanse as prospeccións e controis sistemáticos para achar a couza e que se aplicarán en lugares de venda da pataca nas que se determinen como zonas de risco, cuxa delimitación será definida no Comité Fitosanitario Nacional. Haberá controis e prospeccións para achar a couza en zonas que se determinen de risco A desta couza é unha praga detectada por vez primeira en Galicia en 2015 (nos concellos de Ferrol, Narón e Neda), que en febreiro de 2016 chegaba xa a Cervo, Foz, Xove, O Valadouro e Viveiro e que na actualidade alcanza 31 concellos de Ferrolterra e da Mariña lucense. É orixinaria de Guatemala e chegou ás Illas Canarias en 1999, dende onde se estendeu ao continente europeo por unha partida de patacas que entrou en Galicia. En Asturias a praga afecta tamén varios concellos da comarca do Eo-Navia. Hai tan só quince días. a Consellería de Medio Rural publicaba no DOG unha orde na que recomendaba non plantar patacas nos 31 concellos afectados pola praga de couza gutemalteca, anticipándose a este decreto estatal. Ademais, a Xunta decretara a corentena nos concellos afectados, polo que deles non podían saír patacas que foran cultivadas alí, ademais obrigar a aqueles que plantasen patacas a inscribirse nun rexistro para ter controlados aos cultivos dunha praga que salta con facilidade dun tubérculo ao outro. Proposta do Parlamento Neste mesmo xoves, por outra banda, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha serie de medidas para investigar e erradicar a praga da couza. No texto ínstase a Xunta á \"creación dunha comisión técnica de seguimento\" da praga na que estean representados o propio Goberno, a Fegamp, o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a IXP Pataca de Galicia, en relación ás medidas de control da praga, das acción informativas que se leven a cabo, así como da evolución do decreto do Ministerio. A Cámara insta a Xunta a crear unha \"comisión técnica de seguimento\" da praga Ao tempo, ínstase tamén a que este comisión técnica informe á Cámara e ás organizacións agrarias da súa actividade, nomeadamente sobre as medidas de control que vaia adoptando e sobre os medios materiais e humanos dos que se dispoña para a loita contra a couza. Ademais, reclama a elaboración dun informe escrito que deberá remitirse aos grupos parlamentarios sobre \"a avaliación das medidas de prevención adoptadas dende 2015 para evitar a extensión da praga\". Alén disto, a Cámara tamén insta ao Ministerio de Agricultura a que o decreto que agora ve a luz \"recolla medidas eficaces e rápidas para evitar a extensión da praga\". Por outra banda, o BNG pediu este venres a dimisión da directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Docampo, pola súa xestión na praga da pataca. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, entende houbo un \"deficiente control\" das importacións e da propia praga."}
{"ID": "NOS_56852", "summary": "Acusacións e defensas solicitaron, ademais, novas dilixencias ao xulgado instrutor da causa.", "text": "Fiscalía e acusacións particulares piden imputar un delito de asasinato aos catro investigados maiores de idade polo crime do mozo Samuel Luiz, en calidade de autores. Ademais, acusacións e defensas solicitaron novas dilixencias ao xulgado instrutor da causa. A comparecencia dos catro investigados pola morte de Samuel nos xulgados finalizou sen unha resolución definitiva sobre o delito que se lles imputa Segundo ratificou o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, a xuíza pronunciarase nos próximos días sobre as dilixencias solicitadas polas partes mentres peqda pendente concretar no trascurso da instrución o delito que se lles imputa aos detidos pola morte de Samuel, de homicidio ou asasinato. Os feitos, que se xulgarán mediante xurado popular, ocorreron a madrugada do pasado 3 de xullo, cando Samuel Luiz foi agredido por un grupo de mozos durante seis minutos na contorna do paseo marítimo da Coruña. A malleira que recibiu o mozo acabou coa súa vida. Na actualidade hai tres persoas en prisión provisional, comunicada e sen fianza pola malleira que lle custou a vida a Samuel Luiz. Ademais, dous mozos que non alcanzan a maioría de idade ingresaron nun centro de menores pola súa suposta relación cos feitos. Unha sexta detida, unha muller, foi posta en liberdade, condicionada a comparecencias regulares no xulgado. Acusación particular A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña, Alas, informou de que se presenta como acusación popular no proceso xudicial que servirá para esclarecer o crime de Samuel Luiz. Respecto diso, lembra que desde a súa fundación en 2010, Alas A Coruña \"ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real para a comunidade LGTBI\". Para iso, engade, \"traballa cada día co fin de alcanzar un modelo de sociedade máis diverso, máis xusto e máis igualitario\". Por iso, como entidade coordinadora do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, Alas \"preséntase como acusación popular nesta causa xudicial para probar que Samuel é unha vítima da homofobia e para que se probe en sede xudicial a existencia dun delito de odio\". \"Ninguén neste mundo debería morrer mallado ao berro de maricón de merda\", subliñou a presidenta da asociación, Ana G. Fernández, quen recalcou a importancia de \"deixar que a Policía continúe as súas investigacións\", aínda en curso."}
{"ID": "PRAZA_8138", "summary": "Gústanme as espirais concéntricas. Os círculos concéntricos non me van, non: demasiado fechados. Un métese dentro dun círculo a dar voltas e, por moitos lugares comuns que atope con outros círculos, sempre remata por ter a sensación de que dá voltas e voltas comezando de novo sen ir a ningures.", "text": "A Mahatma –alma grande - Sucasas. Gústanme as espirais concéntricas. Os círculos concéntricos non me van, non: demasiado fechados. Un métese dentro dun círculo a dar voltas e, por moitos lugares comuns que atope con outros círculos, sempre remata por ter a sensación de que dá voltas e voltas comezando de novo sen ir a ningures. Por se non bastase con isto, ademais, os círculos non teñen portas abertas ao descoñecido, o máximo que pode aspirar a facer un cando vai e volve e vai dentro dun circulo é petar coa liña esférica no naris e mais nada. Acabouse. Caput. The end. As espirais concéntricas, porén, non deixan de moverse e avanzar cara o descoñecido, arraizadísimas coma estiveron sempre dende o punto no que comezan a tracexarse. As espirais concéntricas crúzanse e partillan un lugar común nun determinado tramo da súa travesía, e despois, ala, adeus, a coller a mala na procura da Itaca persoal de cadaquen. En fin, non teño a menor dúbida, as espirais concéntricas son moito máis abertas e democráticas que os círculos concéntricos; as primeiras sempre atopan un punto de fuga cara o descoñecido e siguen camiñando, empurrándose dende o punto de partida, mais nos segundos non hai punto de fuga que valga. A área do círculo é igual ao radio ao cadrado polo número pi, e punto. A espiral, porén, canta mentras anda en círculos incompletos, e non procura ningunha verdade con garantías, nin matemática, nin lóxica. O círculo xa vai na procura de completarse a sí mesmo dende o mesmo momento en que comeza a tracexarse, digamos que xa nace con espírito de ajonías, e nin canta, nin baila, nin deixa cantar, nin deixa bailar, coma quen vive sen vivir en sí e tan alta completitude espera que morre porque non morre. En Galicia, círculos, o que se di círculos, hai bastantes. Son o equivalente matemático dos múltilples eidos persoais que chisporrotean coma átomos nas institucions da lingua e da kultura oficial. A un lado, o señor Ramón Villares, historiador, soltando a perla de que Galicia podería existir como tal aínda que desaparecese a súa lingua; e isto, cómpre recordalo, díxoo nun Seminario que tivo lugar nas terras de Auriense sobre \"A crise das humanidades e do galeguismo á Luz da xeración Nós\", ao que asistiu o que aquí escribe e do que vou falar. A outro lado, o coordinador do curso tratando de sair por peteneras nunha pregunta formulada polo que aquí escribe, cando responde que a civilización cristiá e occidental é o mellor marco axiolóxico posible para vivificar de novo ao ámbito dos estudos humanísticos na nihilista civilización tecno-cientificista e economicista do capitalismo contemporáneo. A outro lado, o silenciosísimo silencio de dous Mestres universitarios de filoloxía, un chegado de Madrí, e o outro chegado de Barcelona, cando o que aquí escribe pregúntalles, con todo o seu aparente candor e inocencia, se existen liñas de investigación que clarifiquen e dean contido ás conexions estéticas e filosóficas de parte da obra de Vicente Risco coa cosmovisión estética e filosófica do fascismo. Asegúrolles, caros lectores, que o coordinador do curso era o máis semellante a un pimiento morrón despois de que a este fillo do demo se lle dese por formular tan precisas preguntas con tanta docta e elegante prudencia, tipo Lord inglés, pois cada contexto e cada lugar require os seus códigos lingüísticos e as súas poses. Mais non acaba aquí o conto, non; para por a guinda ao pastel, ao que aquí escribe ocorreuselle preguntar a un profesionalísimo Antropólogo se a mirada antropolóxica podería aplicarse na historia contemporánea de Galicia para documentar o impacto real da modernización nas culturas campesiñas e populares do rural galego, así como na súa estructura demográfica e económica, e aí xa pouco lle faltou ao ilustrísima coordinador do curso para chimparse ipso facto fiestra abaixo dende a súa lustrosísima cadeira, temeroso coma estaba de que despois da pregunta do Taboada entrasen en tropel na facultade toda unha barafunda de revolucionarios desfarrapados cheirando a suor, ondeando a bandeira tricolor francesa e coreando a marsellesa, ou algo así. E non vos quero nin contar a cara que puxo tamén esa caste de aspirante a pseudo-Deus sentado nun sillón azul cando o que aquí escribe preguntou ao entrañable Alonso Estravís se en Portugal existía algunha caste de Antropoloxía comparada das culturas ibéricas, horror!, mondieu, qué provocación!, unha cousa é ser iberista, pensaría ese home alto, repoludo e ben comido, e outra cousa é tómalo tan en serio. No more forbidden questions, this is a serious academy!. Por certo, a resposta de Alonso Estravís foi tan honesta coma luminosa é a súa afabilidade no trato: Non o sei, respondeume. Asegúrovos, iso sí, que naquela sala había moitos cabeciñas – disque – pensantes desexando responder : Non, non existe ninguna antropoloxía comparada das linguas e culturas ibéricas e nunca xamais your eyes will see that kind of intelectual stuff. Ou falando claramente: Non, e nunca xamais verán os teus ollos esa caste de lixo intelectual. Pois vale. Moitas gracias. O saber non ocupa lugar, mais a gilipollez, polo visto, ocupa aínda máis. Confeso que por un momento sentín como os ollos de sapo de Ramón Piñeiro me interrogaban silenciosa e inquisitorialmente dende o alén, e detrás súa, como non, toda unha caste de homes – mulleres, ninguna, qué casualidade – con corpo de ser humano e cabeza de serpe que enchían o chan todo de baba e frotaban repetidamente as súas mans mentras bisbaban obsesivamente, ao mesmo tempo que miraban cara min : -He may be a communist, bs-bs-bssss. He may be a communist, bs-bs-bssss… Todo isto que vos conto, aínda que pareza unha paranoia setentera causada polo consumo dun mal ácido, asegúrovos que é tan real como a vida mesma, e se non podedes crelo preguntádello á bruxa de Goiás, quen vos recomendará, ipso facto, que faledes cun tal Xosé Luís Sucasas de Cadrón -o mellor columnista do Reino de Galicia xunto con Fran P. Lorenzo, todo hai que dicilo-, preto de Lalín, a 37 kilómetros de Chantada e 56 millons de anos luz da Galaxia NGC 1365, onde acaban de descubrir hai pouco, non sei se o sabedes, un burato negro cunha masa de 2 millons de soles e un diámetro de máis de tres millons de kilómetros – oito veces a distancia da terra á lúa -, cuxa superficie xira a case á velocidade da luz. Cágate, lorito. Así, mesmamente así de grandes son os eidos mentais neste paisiño. E este, mesmamente este, é o motivo principal dos nosos males. Como comprenderedes, caros lectores, non é maldade algunha desexar que un burato negro tan grande coma o recén descuberto na Galaxia NGC 1365 poida tragar, nun instante, tanto medo vernizado de intelectualidade. Da nada, mesmamente da nada, pode xermolar algo de lus."}
{"ID": "NOS_6253", "summary": "Doce comunidades rexistran mellores parámetros que o noso país, cuxo medre en SS é case un punto inferior á do Estado.", "text": "A filiación á Seguridade Social aumentou en Galiza nos últimos doce meses en 21.558 persoas, un 2,29% máis neste agosto que respeito o mesmo mes do ano pasado. Mais ese incremento fica por baixo da media española no mesmo período, que foi do 3,19%. De feito, 12 comunidades do Estado rexistraron nestes doce meses un maior aumento da filiación á Seguridade Social que o noso país. Só catro tiveron un peor comportamento nese mesmo período. 12 comunidades do Estado rexistraron nestes doce meses un maior aumento da filiación á Seguridade Social que o noso país Desde diferentes entidades e organizacións tense denunciado a \"desconexión\" que se corre o risco de dar entre a economía galega a respeito da do Estado español, algo que ten constatado o menor medre do PIB galego en comapración co español, unha fenda que non mingua. O PIB medra no Estado o triplo O PIB (Produto interior bruto) galego medrou no primeiro trimestre deste ano un 0,5% en relación co último trimestre de 2014, un aumento que no conxunto do Estado español case chega a 1%, ficando nun 0,9 por cento. Se a comparación da evolución do PIB galego entre xaneiro e marzo de 2015 facémola, non cos últimos 3 meses de 2014, senón cos tres primeiros dese ano, a fenda aínda é máis grande: nestes 12 meses o PIB galego medrou un 0,9%, mais no conxunto do Estado foi do 2,7%."}
{"ID": "NOS_19115", "summary": "O val do río Támega fronteira con Portugal é unha mostra excepcional e singular de riqueza arqueolóxica prehistórica e das grandes vías de comunicación tradicionais transfronteirizas.", "text": "O val do Támega é unha rexión que desde sempre foi unha fronteira natural. É o punto de conexión entre a costa e a terra firme e un cruce de camiños atravesado por vías romanas e polo Camiño de Santiago. A rexión abrangue o territorio galego e portugués e conta con abundantes vestixios de asentamentos, calzadas e miliarios romanos, restos medievais e castrexos, ademais dunha ampla representación de estatuaria a ambos lados da fronteira. Con todo, no relativo á prehistoria, a comarca do Támega é unha zona pouco coñecida e estudada na historiografía arqueolóxica da Galiza. O lado portugués do val, pola outra parte, leva sendo amplamente estudado desde os anos oitenta e reflicte mostras de pinturas rupestres, estatuas-menhir antropomorfas e fálicas e outros vestixios prehistóricos. Ante os precedentes dos achados en Portugal e algúns descubrimentos fortuítos realizados durante o século XX, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) comezou en 2013 a estudar os restos da prehistoria na zona galega do val do Támega, correspondente á comarca de Verín. As últimas investigacións na rexión amosan xacementos de diversos momentos da prehistoria, desde o Neolítico e o Calcolítico até a Idade de Bronce. Por iso, os arqueólogos ven o val do Támega como un enclave privilexiado para estudar a ocupación do territorio e a mobilidade durante as diferentes etapas da prehistoria. A arqueóloga especializada en prehistoria e líder da investigación na zona, Beatriz Comendador, afirma que \"se algo caracteriza a arqueoloxía prehistórica da comarca do río Támega é a súa diversidade. Atopamos asentamentos de diferentes etapas, arte rupestre, mámoas, xacementos funerarios da Idade de Bronce e estatuaria do Noroeste. Pode dar a sensación de que esta rexión sudoriental de Ourense é un territorio illado ou con pouca conexión co resto do mundo, pero os estudos amosan o contrario. O val do Támega foi unha área crucial e estratéxica de comunicación desde a antigüidade. Os diversos materiais e manifestacións artísticas que estamos atopando amosan contacto con zonas afastadas e circulación de obxectos e persoas desde momentos moi remotos na historia\". Comendador e a arqueóloga especializada en mobilidade na prehistoria, Lucía Rodríguez, comentan que \"en Portugal, na zona de Tras os Montes, a profesora Susana Jorge xa estudara nos anos oitenta a presenza de pintura esquemática e os poboamentos do Calcolítico. Isto ten o seu reflexo no lado galego do Támega, nas pinturas atopadas no xacemento de Lobarzán. A zona galega e portuguesa forman parte da mesma vía de comunicación\". Lucía Rodríguez ten claro que o val do Támega, igual que o é agora, xa era a entrada ao noroeste da península durante a prehistoria e atrévese a afirmar que foi un lugar clave nos procesos de neolitización. \"No sitio de Lobarzán atopáronse asentamentos desde a prehistoria até a Idade Media, que mostran o interese que espertaron estes lugares altos, con ampla visibilidade sobre o val, ao longo da historia\". O etnógrafo Miguel Losada tamén afirma que o val do Támega leva sendo unha zona de intercambio durante milenios cunha sofisticación cultural propia. \"As persoas que habitaron o val na prehistoria non estaban pechadas sobre si mesmas. Tiñan un coñecemento amplo a escala continental e todo apunta a pensar que o que se está atopando é só o comezo de achados aínda máis importantes\". A importancia de analizar os asentamentos prehistóricos da comarca son fundamentais para coñecer os criterios de localización e pautas de explotación do territorio das comunidades antigas. Arqueoloxía colaborativa O proxecto arqueolóxico que se leva a cabo actualmente na zona conta coa colaboración dos axentes civís e locais, coñecedores do territorio de estudo, que axudan aos investigadores a localizar e contextualizar os xacementos da zona. A toponimia, as lendas populares e as historias locais poden dar indicios de xacementos e culturas que se perderon no tempo. Losada comenta que o rexistro lingüístico ten unha grande precisión que axuda a atopar patróns en diversas zonas. \"A investigación etnográfica e lingüística ou paleolingüística forma parte dun corpus de coñecemento. A propia raíz do río Támega, que está presente en Támesis indica contextos que tiñan algún tipo de conexión\". Os habitantes do territorio son os maiores coñecedores da paisaxe e poden atopar importancia en elementos que ao resto lles pasa desapercibidos. Contactos interculturais Segundo os estudos publicados polo GEAAT, as prospeccións no val do Támega están a superar todas as expectativas de partida. En 2019 atopáronse dúas das catro pinturas rupestres que se coñecen en toda Galiza, sendo unha delas de tradición esquemática sobre granito, a máis antiga que se coñece até o momento na comunidade sobre ese soporte. Até o momento, xa se catalogaron na rexión mostras de diversas categorías. Vinte e unha mámoas, dúas mostras de pintura esquemática, cento seis petróglifos, cerámica estilo penha, a estela de guerreiro de Pedra Alta e xacementos habitacionais tipo castro en Cualedro, Monterrei ou Chaves. Da Idade de Ferro e períodos próximos á Romanización, na zona de Frieiras, identificáronse un total de catorce xacementos castrexos en alturas medias e baixas en relación coas terras cultivábeis e coas potenciais rutas de tránsito. Beatriz Comendador fala de pezas de ouro e bronce que coinciden con diferentes xacementos europeos da Idade de Bronce e que indicarían o contacto da zona con outras culturas. A contorna arqueolóxico do menhir de Tameirón ofrece indicios de ocupación na Idade de Bronce. Tamén existen mostras do período Calcolítico, onde era común o enterramento e o emprego de covas e abrigos naturais para resgardarse. As catas realizadas na zona amosaron niveis arqueolóxicos da Idade Media, Romanización e Neolítico e na Fraga dos corvos atopáronse un brazalete de bronce, unha fíbula de dobre resorte e un pendente que se interpreta como una relación co mundo orientalizante. José María Eguileta: \"A Gallaecia formaba parte de rutas de intercambio entre pobos mediterráneos e da zona atlántica\" Cruce de camiños As mostras da riqueza etnográfica e arqueolóxica que se están a atopar na rexión teñen relación coas súas características paisaxísticas e xeográficas. Como afirma Lucía Rodríguez, o val do río Támega sitúase nun cruce de camiños na fronteira con Portugal e Castela, sendo un dos eixos fundamentais na comunicación do territorio norte-sur co país veciño e oeste-leste entre o interior da meseta e a costa. Miguel Losada salienta a importancia de achados da magnitude da Estela do guerreiro, de grande antigüidade, que certifica a sofisticación das comunidades que habitaron o territorio do val do Támega e o contacto con culturas atlánticas remotas. \"Estamos a falar de descubrimentos de primeiro nivel. Os grandes petróglifos en Vences son un dos achados máis importantes das últimas décadas: coas súas características físicas conectan esta rexión co mundo atlántico e británico. Ademais, nesta mesma zona existen indicios doutros posíbeis petróglifos que parecen apuntar a datas do Paleolítico Superior\". O río Támega é o principal eixo vertebrador da comarca de Verín, percorréndoa lonxitudinalmente de norte a sur. O espazo goza de amplos valores naturais con abundante riqueza vexetal e faunística. A propia traxectoria do río, nun val amplo gorecido polos montes, supón unha vía natural de paso que leva achegando movemento de persoas e ideas ao longo dos séculos. Durante a Idade de Bronce apareceu a gandaría transhumante, que implicou o desprazamento de poboacións a través de territorios remotos aproveitando as vías naturais de paso como as concas fluviais. Lucía Rodríguez explica que \"a paisaxe combina clima atlántico e mediterráneo, o que fai do val un lugar interesante para asentamentos da gandaría e a agricultura, que comezaron no Neolítico. As comunidades antigas adoitaban asentarse e sentirse atraídas por rexións fluviais na procura de auga e fertilidade. Ao ser un lugar de paso, converxen manifestacións culturais de orixes distintas\". O Támega pertence á conca do Douro, nace no alto Talariño, preto de Alberguería (Laza) e chega a Portugal. En total ten unha lonxitude de 51 quilómetros e unha conca de 624 quilómetros cadrados sobre territorio galego. O seu principal afluente é o río Búbal, que recolle augas de Cualedro, Oímbra e Monterrei. A localización estratéxica da comarca, sumada á súa riqueza paisaxística e natural, fixeron dela un lugar atractivo para o asentamento de poboacións ao longo da historia. Con todo, os asentamentos e mostras da prehistoria recente non se comezaron a estudar con seriedade até os últimos anos. Pinturas rupestres Unha das mostras máis salientábeis do papel do val do Támega nas comunicacións e no paso e influencia de culturas remotas son as pinturas rupestres de tipo esquemático recentemente atopadas en Penedo Gordo e Lorbarzán. Estes achados, realizados no ano 2019 son as mostras máis antigas atopadas sobre granito na comunidade. A arte esquemática é pouco común na Galiza, onde o que se adoita atopar son representacións de figuras circulares concéntricas e de animais. Os achados de Lorbarzán son mostras de cruces antropomorfas e trazos esquemáticos, típico de zonas máis meridionais da península Ibérica, que terían chegado á rexión polas vías de comunicación. Outros achados que amosan o contacto do val con outras culturas son as puntas de sílex. Un material que non está presente na nosa comunidade e que indicaría un probábel intercambio con outras rexións onde é máis abundante. Lucía Rodríguez, que investiga a presenza do material silex e cerámicas na zona, afirma que as investigacións intentan desbotar a crenza popular de que na prehistoria a xente non se desprazaba. Os rexistros arqueolóxicos atopados no val demostran que as poboacións se movían. \"As puntas de frecha de sílex que atopamos aquí proveñen dunha distancia de, como mínimo, cen quilómetros. Ademais a cerámica tipo penha que atopamos é moi específica da área do Támega e atopámola tanto na parte galega como portuguesa\". O contexto dos achados como o do menhir de Tameirón vincúlano cun poboamento desenvolvido na zona entre mediados do segundo milenio e inicios do primeiro antes de Cristo. A peza está relacionada coas vías de comunicación. Outras estatuas atopadas das mesmas características responden a este patrón, como a de Muíño de San Pedro, en Verín, ou as de Faiôes, de Chaves. Un recurso sen explorar As prospeccións e achados recentes realizados pola Universidade de Vigo teñen o obxectivo de poñer en valor a zona entre a comunidade científica, pero tamén de divulgar entre a sociedade as mostras de pinturas rupestres e xacementos da prehistoria recente nos concellos do val do Támega; Laza, Castrelo do Val, Monterrei, Verín, Oímbra e Cualedro. Para isto, o equipo do GEAAT promoverá unha plataforma virtual de acceso público de carácter transfronteirizo que irá incluíndo os resultados da intervención da zona galega e portuguesa. Ademais, os propios arqueólogos levan poñendo en marcha, durante os últimos anos, excursións aos xacementos para mostrarlle ao público da zona a riqueza local. Todas as persoas consultadas coinciden en salientar a relevancia dos recursos arqueolóxicos do val do Támega: ademais de polo seu valor cultural, poden servir como motor económico e dinamizar a comarca, promovendo actividades relacionadas cos xacementos.Miguel Losada destaca que \"os seres humanos só consumimos discursos e símbolos que apelan á emoción. A realidade etnográfica na Galiza é descoñecida porque non é divulgada, non se aproveita para crear contidos culturais, películas ou en definitiva discursos que falen de nós\". Bruno Rúa: \"Cando comecei co grupo, había catalogados 36 petróglifos e a día de hoxe xa hai 338\""}
{"ID": "NOS_34917", "summary": "A práctica dalgúns deportes complícase. A orde de Sanidade que obriga a usar máscaras nas disciplinas de contacto está a crear verdadeiros problemas nos clubes. Desde as federacións tentan buscar solucións con pouca marxe e entre unha nube de protocolos segundo sexa a competición galega ou estatal.", "text": "A orde do 17 de setembro da Consellería de Sanidade, na cal se abriu a posibilidade da práctica deportiva con contacto pero coa obriga de usar máscara nos adestramentos e na competición está a causar malestar nalgúns deportes dos denominados \"de contacto\". A Federación Galega de Fútbol anunciou que busca alternativas de protección e o resto de federacións estudan facer o mesmo. Desde o baloncesto galego aseguran que teñen pendente unha xuntanza para decidir a súa posición. Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, explica a Nós Diario que os sete deportes de contacto van da man neste tema. Aínda así \"as circunstancias son distintas en deportes como o fútbol que se xoga no exterior, mesmo baixo chuvia\" que en deportes como \"baloncesto, balonmán ou voleibol\". Asegura que só hai tres saídas a este problema: empregar a máscara, acollerse aos test ou pospoñer as competicións e adestramentos. \"Os nosos clubes non teñen orzamento para facer probas PCR semanais, é imposíbel\", asegura Martín, \"e suspender a competición significaría sumar aos seis meses que levamos sen xogar outro ano máis\". Desde esta federación xa estudaron o custo de máscaras especiais que se empregan en competición e consideran \"razoábel\" a súa utilización. Adaptar a lóxica interna do rugby \"A utilización de máscara no rugby tradicional é imposíbel\", explica a Nós Diario Jos Portos, director técnico da Federación Galega de Rugby, \"a única maneira sería adaptar o xogo, modificar a súa lóxica interna\". Sinala que o contacto físico que hai neste deporte \"racharía as máscaras\" ao que lle engadiría \"xogar en campos de herba ou enlamados polo choiva\". Portos debuxa unha situación de \"caos\" na que segundo sexa unha competición estatal ou non as normas sanitarias son diferentes. \"Estamos a dar paus de cego con 17 protocolos e interpretacións distintas segundo xoguemos nun lugar ou noutro\", explica, \"cantos máis protocolos hai máis confusión haberá\". A responsabilidade para os clubes Os clubes serán os que teñan que aplicar, na base, o novo protocolo. Diana Atanes, presidenta do Clube Hockey Cidade de Ourense, asegura a Nós Diario que aínda non comezaron cos adestramentos mais considera que o seu \"é un deporte que ten moito movemento e vémolo difícil xogar con máscara\". Na mesma cidade atopamos o clube Hockey Barrocás que xa comezou a competir a nivel estatal. Jaime Amorín, o seu presidente, admite que \"hai unha descoordinación total nas Administracións, os dirixentes políticos descoñecen cal é a realidade social e se seguen así acabarán co deporte base que desaparecerá\". Explica que co protocolo da federación española poden \"adestrar e xogar sen máscara\" e co que se aprobou agora na Galiza deberían poñela. No seu clube adaptáronse con grupos pequenos de dez de rapazas e rapaces. Entende que \"xogan a lavase as mans e se pasa algo a responsabilidade é do delegado que ten cada club, e iso non é de recibo\". Un protocolo específico para o fútbol e o resto de federacións a agardar A Federación Galego de Fútbol foi a primeira en reaccionar á orde e o seu presidente, Rafael Louzán, anunciou presentará en breve ese protocolo actualizado que debe ser aprobado e autorizado pola propia Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellaría de Sanidade. Unha das propostas era facer probas PCR semanais, unha alternativa que para o resto de deportes sería inviábel polo custo económico que supón ao redor de 100 euros por deportista. Fontes dalgunhas federacións indican a Nós Diario que tampouco elas poden axudar aos clubes por ter menos federadas e federados e non contar con orzamento abondo. No deporte base xa temen que esta medida cause baixas entre as rapazas e rapaces, unha circunstancia que podería provocar a desaparición dalgúns clubes."}
{"ID": "PRAZA_3813", "summary": "Despois de tres semanas de confinamento, os números comezan a ser máis positivos nos indicadores hospitalarios, e o esperable é que tamén o sexan nos vindeiros días nas cifras de mortes. Non será a fin da enfermidade nin das restricións, advirten os expertos, que alertan do risco de rebrotes", "text": "Cando está a piques de rematar a terceira semana de confinamento, os datos referidos á infección da Covid-19 comezan a amosar signos de control da enfermidade, con incrementos menores no número de casos detectados, no número de hospitalizacións e mesmo no número de falecementos. Especialmente importantes son os datos referidos ás cifras de ingresos hospitalarios, sobre todo os da UCI, instalacións que corren o risco de ficar saturadas en caso de que a epidemia non se conteña.Os números comezan a ser claros nos indicadores hospitalarios, e o esperable é que tamén o sexan nos vindeiros días nas cifras de mortesOs indicadores referidos aos contaxios e ao número de casos detectados eran os primeiros nos que era esperable ver os efectos das medidas de distancia social e confinamento, para detectar posteriormente a chegada ao pico nos datos de ingresos hospitalarios e UCI e, finalmente, percibilos nas cifras de mortes. O pico no número de novos casos semella ter sido superado hai xa uns días, mais os expertos alertan sempre de que este é o indicador menos fiable, ao depender do número de tests realizados e pola presenza maioritaria de infectados que non presentan síntomas.Non será a fin da enfermidade nin do propio confinamento, senón a constatación de que as medidas de control eran as axeitadas e de que será necesario mantelas (cun progresivo desescalamento) durante varias semanas máisCon todo, os números comezan a ser claros tamén -en Galicia e no conxunto do Estado- nos indicadores hospitalarios, e o esperable é que tamén o sexan nos vindeiros días nas cifras de mortes. A curva tería sido, así pois, \"aplanada\", o obxectivo subliñado nos primeiros días da epidemia. Non será, con todo, a fin da enfermidade nin do propio confinamento, senón a constatación de que as medidas de control adoptadas eran as axeitadas e de que será necesario mantelas (cun progresivo desescalamento) durante varias semanas máis, ou se cadra meses. Calquera relaxación ou exceso de confianza, advirten as autoridades sanitarias, levaría a un rebrote da enfermidade e obrigaría a endurecer de novo as medidas de control e confinamento.O número de casos activos medra de forma máis lenta, ao redor de 300 cada día, fronte ás cifras superiores a 400 novos casos que se rexistraban no comezo desta semanaNo que atinxe a Galicia, hai xa días que o número de casos activos medra de forma máis lenta, ao redor de 300 cada día, fronte ás cifras superiores a 400 novos casos que se rexistraban no comezo desta semana. A isto contribúe en boa medida o grande incremento das altas, é dicir, de pacientes que superan a enfermidade e pasan a dar negativo nas análises, e que comezan a achegarse ás 100 diarias, cun total de 435 dende o inicio da epidemia.Outro dato a ter moi en conta é o importante descenso que nos últimos días experimentou o número reprodutivo básico (R0), que é número medio de casos novos que xera un caso primario ao longo dun período infeccioso. Na medida en que se achegue a 1 e, sobre todo, se cae por debaixo, a infección tende a ir desaparecendo co tempo, en lugar de estenderse. A media no Estado Español é xa de 1,1 e hai oito comunidades autónomas por debaixo de 1. En Galicia o indicador aínda é superior (1,2), pero nos últimos días foi descendendo dende o 1,48 do martes, 1,38 do mércores, 1,32 do xoves e ata o 1,2 que o Ministerio de Sanidade anunciou este venres.O número reprodutivo básico (media de contaxios que causa cada infectado) leva días en descenso e vai achegándose a 1O número de casos activos medra máis lentamente a pesar de que Galicia mantén un ritmo alto de realización de probas, con ao redor de dúas mil ao día, sumando xa 23.324 PCR. Se comparamos a evolución diaria do número de probas e a variación de casos activos, vemos como dende o martes 31 o ritmo de crecemento dos positivos é menor que o das probas.Os valores máximos de ingreso en UCI (en medias dos tres días anteriores) déronse o pasado venres e os do resto de hospitalizacións o sábadoDe igual xeito, o pico semella ter sido superado no que atinxe aos ingresos hospitalarios. Os valores máximos de ingreso en UCI (en medias dos tres días anteriores) déronse o pasado venres e os do resto de hospitalizacións o sábado. Dende entón, o ritmo de novos ingresos en UCI vén descendendo moi lentamente (confirmando que o pico se pode asemellar máis a unha meseta que a un cumio afiado), e o do resto de hospitalizacións con moita máis velocidade, pasando de 80 ingresos diarios a menos de 20 cada día en só unha semana.Aínda así, o número de persoas hospitalizadas segue a ser moi elevado e, de feito, continúa a medrar, aínda que o faga a un ritmo máis lento. A cifra de persoas enfermas de coronavirus nas UCI é xa de 176 (cando Galicia conta con 274 camas nestas unidades) e o total de hospitalizadas supera as 1.000. Neste gráfico obsérvase en calquera caso o efecto de curva aplanada que se buscaba coas medidas de contención, e que debe dar paso a un descenso dos indicadores a partir dalgún momento.A cifra de persoas enfermas de coronavirus nas UCI é xa de 176 (cando Galicia conta con 274 camas nestas unidades) e o total de hospitalizadas supera as 1.000A evolución positiva pode observarse tamén neste gráfico, no que se ve a variación diaria do número de casos activos, do número de ingresos en UCI e máis no número de hospitalizacións convencionais. O descenso é claro nos tres indicadores, que medran a un ritmo diario do 5%, cando hai pouco máis dunha semana o facían por riba do 20%.A meirande parte dos casos detectados son leves e apenas presentan síntomas (ou non os presentan en absoluto). A medida que aumenta o número de tests, a porcentaxe que representan estes casos leves aumenta, o que se observa no seguinte gráfico. A proporción de casos activos de coronavirus en Galicia que se atopa nos hospitais pasou do 32% do pasado xoves ao 23% deste venres.A provincia de Ourense é zona de Galicia cunha maior incidencia da enfermidade (máis casos activos por habitante)A información por áreas sanitarias pode conter moitos nesgos, pola realización de máis ou menos probas nun ou noutro lugar. En todo caso, os datos veñen amosando que a provincia de Ourense é zona de Galicia cunha maior incidencia da enfermidade (máis casos activos por habitante), moi por diante de Vigo e A Coruña. Con todo, Vigo e A Coruña amosan nos últimos días unha desaceleración no ritmo de crecemento dos seus casos activos, ao igual que Pontevedra e en menor medida Santiago. Ourense mantén un ritmo estable de aumento de casos e Lugo e Ferrol tiveron (con moitas oscilacións, menos nos datos medios de tres días) esta semana as súas cifras máis elevadas de positivos."}
{"ID": "NOS_35476", "summary": "[ACTUALIZADA ÁS 18.37]. A organización frontista suspendeu a campaña electoral esta sexta feira en repulsa polo feminicidio de María Isabel Fuentes.", "text": "O Bloque cesou a súa actividade de campaña en todas as cidades, vilas e localidades do país após o feminicidio de María Isabel Fuentes. e sumouse ás convocatorias lanzadas polo movemento feminista en repulsa polo crime machista. Aliás, a voceira de Igualdade do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, exixiu a comparecencia \"urxente\" do vice-presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que dea explicacións a respeito do asasinato machista de María Isabel Fuentes no CHUOU. A organización frontista insta a esclarecer as razóns polas que non foron adoptadas medidas no hospital malia existiren indicios dunha agresión anterior. A Marea de Vigo tamén suspendeu o acto previsto para este serán que congregaría ao candidato á alcaldía, Rubén Pérez, e a europarlamentar de AGE, Lidia Senra. Pola súa banda, desde Ourense en común non suspenderon os actos de campaña e emitiron un comunicado público no que sinalan que continuarán \"loitando e reivindicando na rúa para que a violencia machista sexa eliminada da nosa sociedade\". Porén, na xornada de mañá (9 de maio) si que cancelarán a súa actividade política a partir das 19.30h para acudir ás concentracións convocadas polo movemento feminista. No comunicado amosan a súa \"repulsa\" polo asasinato de María Isabel Fuentes e recollen a batería de propostas que integran no programa electoral na loita contra a violencia machista. Ás 18:35 horas, un comunicado de Anova Ourense através da súa conta twitter noticiaba que esta formación política tamén suspende a súa campaña esta sexta feira na cidade das burgas. ConcentraciónsDesde a Marcha Mundial das Mulleres convocan senllas concentracións o sábado 9 de maio ás 20h en: Ourense. Acarón da estatua da castañeira. Subdelegación do Goberno. Vigo. Perante o Museo MARCO. Ferrol. Praza do Concello. Compostela. Porta do Camiño. Pontevedra. Praza 8 de marzo. A Mariña. Fronte a Casa do Concello de Foz. Asemade, terán lugar mobilizacións na segunda feira noutras vilas e cidades do país, como A Coruña, que será no Obelisco (20h)."}
{"ID": "PRAZA_5120", "summary": "A corporación conta con seis centros en Madrid e vén de facerse co Grupo Hospitalario Modelo da Coruña. O seu conselleiro delegado, Juan Abarca, sinala na presentación que o seu obxectivo é a súa expansión por todo o país: \"imos comer o mercado galego, enteiro\".", "text": "Xa están aquí. HM Hospitales, un dos maiores grupos da sanidade privada de España, que posúe seis hospitais en Madrid, vén de desembarcar en Galicia a través da adquisición do Grupo Hospitalario Modelo, propietario dos hospitais Modelo e a Maternidad Belén na Coruña. Faino, ademais, sinalando que esta compra supón o primeiro paso dun proxecto de expansión por toda Galicia, como destacou este luns na cidade herculina o presidente e conselleiro delegado do grupo, Juan Abarca: \"imos comer o mercado galego, enteiro\", afirmou. Esta compra supón o primeiro paso dun proxecto de expansión por toda Galicia, como destacou o presidente e conselleiro delegado do grupo, Juan Abarca: \"imos comer o mercado galego, enteiro\" Nun acto celebrado no Colexio Médico da Coruña Abarca explicou que a compra do Modelo será \"o embrión dun gran proxecto galego\", no que pretenden integrar asistencia médica, docencia e investigación. A operación, na que HM Hospitales vai investir uns cen millóns de euros, implica o mantemento dos 400 postos de traballo dos actuais centros sanitarios. Na actualidade HM xestiona os hospitais universitarios Madrid, Montepríncipe, Torrelodones, Sanchinarro e Nuevo Belén, ademais de contar con sete policlínicos propios, e mantén un acordo coa universida católica San Pablo CEU. HM foi, ademais, un dos grupos empresariais candidatos (xunto con Bupa-Sanitas, Asisa, Adeslas, Ribera Salud e Capio) a facerse cos hospitais públicos que a Comunidade de Madrid pretendía privatizar até a paralización xudicial do proceso hai uns meses. O director do Grupo HM Hospitales, Juan Abarca, é tamén secretario xeral do Instituto para el Desarrollo e Integración de la Sanidad, un lobby promovido polas empresas e seguros dedicados á sanidade privada en España, e destinada a fomentala fronte á sanidade pública. Coincidencia coa entrada en vigor da lei que lle pasa pacientes á privada HM foi, ademais, un dos grupos empresariais candidatos (xunto con Bupa-Sanitas, Asisa, Adeslas, Ribera Salud e Capio) a facerse cos hospitais públicos que a Comunidade de Madrid pretendía privatizar até a paralización xudicial do proceso hai uns meses En decembro o PP aprobou en solitario a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, que entrou en vigor hai unhas semanas, e que abre unha vía de transvasamento de pacientes cara á sanidade privada. Baixo a aparencia dunha lei que defende os intereses dos pacientes, garantindo que ninguén poderá agardar máis de 60 días por unha intervención cirúrxica nin máis de 45 para unha consulta externa ou proba diagnóstica, agóchase unha panca para o fomento da sanidade privada en Galicia, e para o seu financiamento con cartos públicos. Os obxectivos fixados pola lei semellan imposibles de cumprir neste momento, cunhas listas de espera para operarse que superan os 84 días de media, un prazo que mesmo se incrementou no último ano. A lei prevé que ao chegar ao límite previsto, o Sergas \"deberá ofertar a realización da prestación noutro centro da rede pública ou nun centro concertado\". En caso de \"rexeitamento do centro ou centros alternativos ofertados para a realización de asistencia\", \"quedarán sen efecto as garantías\" establecidas na propia lei. Pero se o Sergas non realiza esta \"oferta\" alternativa, o doente pode ir directamente á sanidade privada e adiantar os cartos, que o Sergas \"reembolsará\" posteriormente. A lei foi duramente criticada polos grupos da oposición, que consideran que \"pon en igualdade de condicións a sanidade privada e a pública\" e que criticaron que forza a cidadanía a enfrontarse á \"coacción\" de ir á privada ou ficar sen atención \"en tempo e forma\". Baixo a aparencia dunha lei que defende os intereses dos pacientes agóchase unha panca para o fomento da sanidade privada en Galicia e para o seu financiamento con cartos públicos Casualmente, este desembarco en Galicia dun dos maiores grupos da sanidade privada de España coincide co inicio dunha nova folga indefinida en Povisa, un dos meirandes hospitais privados galegos. A pesar de tratarse dun centro privado, Povisa atende ao redor de 140 mil pacientes da área sanitaria de Vigo, ante a limitada capacidade das estruturas públicas. Un acordo de cesión de servizos, pagados con cartos públicos, do que a empresa se vén beneficiando nos últimos anos, pero que é criticada por entidades sociais, partidos políticos e sindicatos, e que xerou en máis dunha ocasión denuncias de deficiencias na atención e críticas por parte dos traballadores, que acusan a empresa de incumprir o convenio laboral ao que está obrigada."}
{"ID": "NOS_44859", "summary": "José María Ruíz, avogado defensor do capitán do Prestige en 2002 desconfía das acusacións \"antes do xuízo\" por parte das autoridades españolas.", "text": "Apostolos Mangouras, capitán do petroleiro Prestige, afronta penas de sete anos de prisión por delito contra os recursos naturais e o medio ambiente e polo delito de danos tamén se solicita pena de prisión de cinco anos. Diante ten como acusación ao Ministerio Fiscal, a Plataforma Nunca Máis, a Asociación Arco Iris, Izquierda Unida, o Estado español, a Xunta e varias institucións máis. Chegou cedo pola mañá case ao tempo que a prensa. Entrou, como no caso dos outros dous acusados, por unha das portas traseiras do recinto onde se esta a celebrar o xuízo. Con aspecto canso, polo menos nos cinco minutos que a prensa gráfica tivo acceso á sala, seguiu as diferentes intervencións a través dun sistema de tradución. O seu avogado defensor, José María Ruíz Soroa, presentou a Mangouras como inocente e cargou contra as autoridades que daquela tiñan responsabilidades políticas. Para a defensa prodúcese unha situación de \"indefensión\" que ademais cualifica de \"inconstitucional\" \"As autoridades marítimas españolas adoptaron decisións equivocadas\"A defensa do capitán do buque, Apostolos Mangouras, solicitou a nulidade do mesmo e sinalou que o Prestige tiña todas as certificacións necesarias para a navegación e que a estrutura estaba nun \"aparente\" bo estado. Apunta que o seu defendido \"adoptou as medidas correctas e negouse a tomar remolque\". Segundo afirma José María Ruíz Soroa, avogado da defensa, \"a partir do día 14 de novembro as autoridades marítimas españolas asumiron o control do buque e adoptaron decisións equivocadas\". Para a defensa prodúcese unha situación de \"indefensión\" que ademais cualifica de \"inconstitucional\" en referencia aos artigos 18 e 24 da Constitución española. José María Ruíz Soroa preguntou diante da sala se \"España é capaz de darlle un xuízo xusto a Mangouras?\". Diante desta pregunta aporta as declaracións do presidente do goberno español nesas datas, José María Aznar, e do ministro de Exteriores nese intre que afirmaran que Mangouras \"era un pirata\". Por último afirma que na cualificación xurídica das acusacións non existe dolo posto que, segundo o convenio do dereito do mar, só existiría \"nos actos realizados desde buques que se atopen fóra do mar territorial do Estado."}
{"ID": "NOS_50193", "summary": "Pola volta de 300 persoas, principalmente de plataformas de afectad@s polo calote das preferentes máis tamén de colectivos que loitan contra os desafiuzamentos, concentráronse ás Portas do Parlamento autonómico para exixiren solucións.Un forte desplegue de medio cento de antidisturbios protexía a entrada á Cámara.", "text": "O inicio da IX lexislatura do Parlamento de Galiza comeza quente. Pola volta de 300 persoas concentráronse ao longo de toda a mañá fronte á Cámara autonómica, coincidindo coa sesión de constitución do novo parlamento. Na súa inmensa eran in tegrantes de plataformas de afectados polo calote das preferentes, procedentes de comarcas como Ferrolterra, Baixo Miño, Barbanza ou a propia Compostela. Mais tamén había membros de colectivos contra os desafiuzamentos. En medio dun impoñente desplegue policial (rúa cortada ao tránsito rodado e de peóns, medio cento de antidisturbios, oito grilleiras da Policía Nacional,...) os e as concentradas non descansaron nen un segundo en berros, cánticos e palabras de orde exixindo solucións. Entre eles atopábanse, nos primeiros momentos, deputad@s nacionalistas como Carlos Aymerich ou Ana Pontón. O voceiro do BNMG, Francisco Jorquera, achegouse até os e as concentradas para amosar o apoio da frente ás súas reivindicacións. E tamén, nos momentos previos á constitución do parlamento, Xosé Manuel Beiras e o resto de elect@s de AGE estiveron cos e coas manifestantes, comprometéndose a levar á Cámara as peticións do colectivo, unhas 90.000 persoas na Galiza. Apupos aos coches oficiais A medida que ían chegando coches oficiais para entraren no Parlamento, os apupos e asubíos dos manifestantes aumentaban de ton, mentres que durante horas e inasequíveis ao desalento, coreaban consignas como \"Mans arriba, isto é un atraco\", \"Políticos do PP e banqueiros, todos ao caldeiro\" ou \"Non pode ser, nós a traballar e eles a roubar\", para alén das xa clásicas \"Non hai pan para tanto chourizo\" ou \"Non faltan cartos, sobran ladróns\". Entre as ducias de afectados estaba Xosé, de Arousa Norte, que xustificou a concentración en que \"por moitos votos que obtivera, iso non exculpa a Feijóo de ser cómplice dun calote, o das preferentes e subordinadas, que fodeu a milleiros de galeg@s\". Na mesma liña falou Ana, de Narón, que calificou de \"vergoña\" que \"aí dentro (en referencia ao Parlamento) estén os do PP a falar de festa da democracia cando a nós os bancos nos roubaron o aforros de toda unha vida, e Feijóo e eses sabíano e nin fixeron entón nin fan nada agora\". Solucións, non promesas Os e as concentradas exixían solucións ao calote, e un dos seus voceiros apuntou a que \"a arbitraxe, que bancos e Xunta tanto falan, non nos soluciona a todos o problema\", un problema que, lembran, \"é un roubo a milleiros de familias\". Nas múltiples e variopintas faixas que penduraban o protagonismo era para os banqueiros imputados pola Audiencia Nacional (sobre todo Gayoso e Pego) e para Feijóo. De feito, até había faixas en inglés e nas que se pedía a Europa \"salvación fronte aos ladróns\". Unha delegación de afectados chegou a entrar no recinto do Parlamento, coa intención de pediren que lles permitisen entrar no hemiciclo para expor a situación deste colectivo, mais após uns minutos de conversa cos responsábeis, tiveron que abandonar a Cámara. Iso non desalentou aos e ás afectadas que se concentraban frente ao Parlamento, todo o contrario, pois rebodraron con máis forza os berros apuntando aos banqueiros e a Feijóo como responsábeis do calote. Pola volta das doce e media da mañá, e tras dúas horas e media de concentración, os e as manifestantes abandonaron a protesta. Iso sí, como afirmaba Manuel, de O Salnés, \"non estamoa a dicir adeus, senón até pronto. E máis vale que solucionen pronto o problema, pois imos vir máis, moitos máis\". Cortexo de AGE Os e as deputadas electas da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) chegaron ás portas do parlamento acompañadas por un cento de persoas que, portando bandeiras da Patria e da II República, corearon lemas a prol da unidade da esquerda e incidindo en que con esta formación entraba no parlamento \"a voz da rebelión da cidadanía galega\"."}
{"ID": "PRAZA_8334", "summary": "Dolores Vilavedra analiza a última novela de Francisco Fernández Naval, que percorre a experiencia dos voluntarios galegos na División Azul nun documentado volume que publicou Xerais.", "text": "Hai uns poucos meses Francisco Fernández Naval publicou A noite branca, unha longa novela que xira arredor da experiencia dos voluntarios galegos na División Azul. O interese que suscita o tema, vese acrecentado polo feito de que o autor foi un dos pioneiros da abordaxe na nosa lingua do tema da guerra civil cunha novela, O bosque das antas, que foi Premio Xerais en 1988. De feito en A noite branca aparecen espalladas aquí e acolá algunhas referencias a personaxes daquela novela; dada a súa irrelevancia argumental, coido que se pode formular a hipótese de que cumpren a función de ancorar esta novela na modalidade xenérica de novelas da guerra civil ou da memoria histórica, de vencellala a esa xenealoxía de textos que Fernández Naval contribuíu a fundar. Arestora, a orixinalidade do tema no ámbito literario galego actúa como un muro de contención fronte ao risco de saturación ou desgaste da memoria. Na medida en que a literatura funciona como un espazo social de circulación das memorias parciais e silenciadas, e na medida en que novos suxeitos se incorporan á memoria colectiva, evítase o esquecemento ou a marxinación de determinados grupos de vítimas, así como a fixación pasatista con certos motivos temáticos e a súa repetición ritualizada. E cómpre non ignorarmos que a elaboración social da memoria dun grupo permite a súa reinterpretación. \"Na medida en que a literatura funciona como un espazo social de circulación das memorias parciais e silenciadas, e na medida en que novos suxeitos se incorporan á memoria colectiva, evítase o esquecemento ou a marxinación de determinados grupos de vítimas\" Pois ben, no caso da División Azul, eu diría que estamos aínda nunha fase anterior é dicir, é preciso que a sociedade actual saiba da súa existencia, cuxa memoria deveu nun verdadeiro tabú, antes de que sexa susceptible de novas interpretacións, alén das que se producen no ámbito especializado dos estudos históricos onde por fortuna dispomos das documentadísimas e, ao tempo fascinantes, pesquisas de Xosé M. Núñez Seixas. Boa proba da necesidade de dar a coñecer ese episodio do noso pasado dánola un feito: tanto como se leva falado nos últimos anos de fosas e exhumacións, e quen sabía que en setembro de 1995 o Goberno socialista firmou un convenio coa fundación alemá Volksbund, especializada na búsqueda de desaparecidos da Segunda Guerra Mundial, co obxectivo de localizar os restos dos membros da División Azul caidos en terras rusas loitando co nazismo? Arredor da orixe e creación da novela hai unha serie de elementos que singularizan e complican (no mellor senso da palabra) o estatuto ontolóxico do texto e o que alí se conta. En primeiro lugar, o feito de que a trama argumental está directamente inspirada nun feixe de cartas asinadas por un parente do escritor, atopadas por este setenta anos despois. Unha vez coñecido este dato polos lectores empezan os interrogantes: as cartas, son transcrición unhas das outras? Ou simplemente Fernández Naval inspírase nese material realmente existente para recrealo libremente? As cartas reais están asinadas por Alfredo Rodríguez? Existiu ese home? Pero, sobre todo, porque non se nos fornece esa información? De que estratexia literaria forma parte esa decisión? Porque non me parece moi ousado afirmar que a opción do escritor Fernández Naval é unha opción literaria. Estas escollas non son casuais, nin froito do caprichoso xorne das musas. Non. O escritor toma certas decisións porque pretende conseguir uns determinados obxectivos literarios, porque pretende evitar certos efectos ou por ambas razóns a un tempo e, sen dúbida, é moi consciente do valor performativo que pode chegar a ter a literatura sobre a guerra e a importancia do papel que a ficción ten na re-construcción do que poderiamos considerar unha memoria complementaria. Fernández Naval reproduciu, setenta anos despois, etapa a etapa, a viaxe entre A Coruña e Leningrado En segundo lugar, o blog que o autor abriu en La Voz de Galicia para narrar a viaxe que o levaría, xunto coa súa dona, tras as pegadas que o primeiro continxente de voluntarios galegos deixou por Europa, dende Coruña ás proximidades de Leningrado. Fernández Naval reproduciría, setenta anos despois, etapa a etapa, aquel percorrido. A viaxe forneceu sen dúbida materiais e inspiración abondos para a novela; de feito, varias entradas do blog adiantan episodios que logo aparecerán só un chisco máis desenvoltos na novela. O blog revélase así non só como a crónica dunha viaxe senón, dende a perspectiva que a nós nos interesa, como un caderno de traballo, un laboratorio onde experimentar con materiais reais que logo se converterían -ou non- en novelescos. Mais iso, no momento en que o blog se está a publicar, ninguén o sabe; se cadra, nin o propio autor. E aí entra un novo elemento a ter en conta á hora de dilucidarmos o status do real e o ficticio. O mesmo cabe dicir sobre o proceso de ficionalización polo que pasan certos materiais documentais ao seren incorporados á narración, como as citas do informe do comandante Claudio Rivera, xefe da expedición dos voluntarios galegos. Sendo como foron tiradas do informe realmente conservado poderían ser interpretadas polo público como materia puramente ficticia. Así, a gran pregunta que A noite branca formula é, na miña opinión, a seguinte: dispondo dun material tan valioso como as cartas do seu parente o divisionario Alfredo Rodríguez, que move a Fernández Naval a reconverter ese epistolario nunha obra de ficción e non limitarse a transcribilo, quizais acompañado dunha introdución histórica? Haberá quen diga que a inspiración de escritor, ou que esa é unha decisión perfectamente lexítima que non precisa de ningunha explicación, e certamente é así. Podemos logo abordar a cuestión dende outra perspectiva: non a da intencionalidade -sempre subxectiva e, polo mesmo, sempre discutible- senón dende a dos resultados. Que efectos consegue o autor coa devandita reconversión? A miña hipótese é que a integración das cartas nun contexto ficcional lle permite ao autor, traballando por oposición fenomenolóxica, obxectivar ou, dito doutro xeito, dotar dunha certa historicidade a un material de natureza radicalmente subxectiva como é o epistolar. Semellan así unha solución de compromiso entre os excesos que a ficción pode levar a cometer cun material narrativo como o d'A noite branca, e a falaz obxectividade que podería atribuírselle a un corpus dese tipo, pola simple feito da súa existencia empírica. \"As cartas poden ser vistas, dende unha perspectiva historiográfica, como fontes documentais mais ninguén podería negarlles o seu potencial evocador. A noite branca busca así unha saída produtiva á eterna tensión entre historia e literatura, entre memoria e arte\" Na miña opinión, alén dos seus méritos literarios, que agardo ter ocasión de debullar noutra ocasión, o interese d'A noite branca radica en que a novela formula coma poucas a cuestión dos límites da representación dos feitos relacionados con acontecementos traumáticos como a guerra. Este problema xurdiu a partir da representación literaria, cinematográfica e televisiva do exterminio xudeu polos nazis e vai máis alá dun debate artístico para poñer en cuestión temas que arestora seguen a ser de rabiosa actualidade como a banalización do mal (Arendt dixit). En A noite branca Fernández Naval artella unha fórmula narrativa que lle permite evitar a condición transgresiva que o director de cine Claude Lanzmann lle atribúe á ficción. Grazas sobre todo ao epistolario de Alfredo e a un narrador alter ego do autor real que non só está moi ben documentado senón que ademais partilla connosco a súa información e nos permite verificala, a novela evita o risco dun exceso de estetización e posibilita transitar sen fracturas entre a experiencia de Alfredo e a súa representación. As cartas poden ser vistas, dende unha perspectiva historiográfica, como fontes documentais mais ninguén podería negarlles o seu potencial evocador. A noite branca busca así unha saída produtiva á eterna tensión entre historia e literatura, entre memoria e arte."}
{"ID": "NOS_41254", "summary": "Previamente, sobre as 17.30 horas, representantes das familias dos 21 falecidos reuníronse coas autoridades nun colexio próximo, onde lles trasladaron a importancia de retomar a busca dos 12 cadáveres que aínda non foron atopados.", "text": "Centos de persoas arrouparon nesta sexta feira as familias dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do pesqueiro galego 'Vila de Pitanxo', afundido o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terranova, durante o funeral que decorreu en Marín. Entre os aplausos dos asistentes que se concentraron ás portas do Templo Novo de Marín, os familiares chegaron á igrexa minutos despois das 18 horas acompañados polos reis españois, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo. Previamente, sobre as 17.30 horas, representantes das familias dos 21 falecidos reuníronse coas autoridades nun colexio próximo, onde lles trasladaron a importancia de retomar a busca dos 12 cadáveres que aínda non foron atopados. Ao acto relixioso tamén asistiu un dos tres superviventes da traxedia, Samuel Kwesi Koufie, a quen as familias agradeceron o xesto, xa que esta situación tamén é \"moi difícil\" para el, porque segue a ter \"consecuencias físicas e emocionais\". Ao remate do oficio, a portavoz da familia e filla do xefe de máquinas do pesqueiro, María Xosé de Pazo, agradeceu a presenza a Samuel e lamentou que este sábado 19 de marzo, día do Pai, moitas crianzas o pasen \"sen poder chamar o seu pai\" e moitos pais \"non volverán recibir chamadas dos seus fillos\", porque a traxedia acabou coa súa vida. Importancia de retomar a busca De Pazo insistiu na importancia de retomar a busca e pediu \"explicacións\" ao Goberno español. \"Non queremos que nos digan o día e a hora, pero si o que están a facer para buscar os doce desaparecidos\", reclamou. Neste sentido, asegurou que as familias están \"unidas pola dor\" e queren atopar ou \"polo menos buscar\" os doce cadáveres que aínda non foron atopados. \"E logo buscar a verdade para que se faga xustiza\", subliñou. Na mesma liña, Kevin González, fillo do oficial de máquinas do 'Vila de Pitanxo', lamentou ante os medios, visibelmente emocionado, que este sábado non poida pasar o Día do Pai co seu pai. Pediu que se continúe coa procura e que se baixe ao pecio con independencia do diñeiro que isto poida supoñer, xa que os 12 desaparecidos \"merecen ese anaco de todos para intentar ir buscalos\"."}
{"ID": "NOS_27883", "summary": "O grupo parlamentar do PP e os partidos da oposición pactan a comparecencia do presidente galego para facer un seguimento da evolución da pandemia na Galiza", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, comparecerá no próximo pleno do Parlamento da Galiza para explicar a situación da pandemia e as medidas e actuacións do seu Goberno, na liña de demandado polas forzas da oposición. Malia que nacionalistas e socialistas reclamaron unha sesión extraordinaria, finalmente pactaron unha fórmula de compromiso pola que o mandatario dará contas á Cámara da resposta do seu Executivo diante da pandemia. A vontade de acordo foi valorada positivamente ao remate da xunta de portavoces polo secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, quen aproveitou para ironizar sobre que os \"mesmos\" que na Galiza fan esta petición non a avalaron no Congreso dos Deputados, en relación á actitude do presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez. Tellado lembrou a petición dun pleno monográfico realizado polo BNG, pero segundo explicou, os populares entenderon que \"non era necesario\" e que \"o control\" ao Executivo estaba xa previsto estatutariamente e no propio regulamento parlamentario, polo que viron \"factíbel\" este cambio. A deputada do BNG, Olalla Rodil congratulouse \"do acordo\" entre o tres grupos para que se produza a comparecencia de Feixoo, xa que \"a sociedade precisa saber cales son as medidas que se están adoptando e cales se van adoptar\". \"Estamos de cheo na segunda onda\", indicou, antes de sinalar que é preciso tomar decisións para facer fronte á Covid-19. \"O BNG vén avisando da necesidade de medidas contundentes ante as cifras do coronavirus\", agregou. O viceportavoz do PSdeG, Pablo Arangüena, tamén salientou que era \"absolutamente necesaria\" esta comparecencia do presidente da Xunta para explicar as medidas que se están adoptando nesta segunda onda da pandemia e non pasou por alto que se trata dunha situación \"extraordinaria\"."}
{"ID": "NOS_1814", "summary": "Investiga se os empresarios puxeron a empresa en mans de sociedades pantalla para evitar salvar os postos de traballo.", "text": "A Audiencia Nacional abriu unha investigación penal ao redor da venda das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña, segundo avanzou a Cadena Ser. A xuíza María Tardón puxo o caso en mans da UDEF despois de recibir unha querela da Confederación de Cadros Profesionais que acusa de cinco delitos, entre outros, aos compradores das plantas por manobrar de forma ilícita para non salvar os postos de traballo de case 700 persoas. A venda das plantas da Coruña e Avilés de Alcoa ao fondo de investimento suízo Parter Capital anunciouse no verán de 2019, vendendo ambas as fábricas de aluminio por un prezo simbólico inferior a un euro e ofrecéndose a inxectar cen millóns de euros para manter durante dous anos os 688 postos de traballo. Despois Parter revendeu estes activos ao grupo industrial Riesgo. Segundo a querela que admite a trámite entón principiaron as manobras. Alcoa reduciu drasticamente o seu capital social, cambiou de administrador e denominación social con movementos tamén en System Capital Management e os seus socios terminando coa venda ao grupo Riesgo. Os socios da empresa que finalmente xestionou todo, denuncia a querela, non tiña capacidade para facelo e ese era o plan desde o principio. Segundo a querela, estas manobras \"levaron a que a titularidade das dúas factorías termine en mans de empresas pantalla sen capacidade nin para levar a cabo o Plan de Negocios, nin o do pagamento dos salarios dos traballadores, nin o do investimento, co que se frustra o obxectivo final da negociación, a salvagarda dos postos de traballo\". Isto tamén eximiría a Alcoa de realizar o investimento ao que se comprometeu. A xuíza lembra no seu auto como a xurisdición social xa declarou probada a mala fe de Alcoa nos máis de 500 despedimentos anulados recentemente na planta galega de San Cibrao."}
{"ID": "NOS_58064", "summary": "180.000 manifestantes ateigaron Vigo. Os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT afirmaron que o resultado da xornada de folga volve demostrar que o PP non representa a maioría social.", "text": "A xornada de folga saldouse cun éxito indiscutíbel. O paro foi xeneralizado nos principais sectores, e mesmo o comercio das cidades ficou desta volta paralizado. Porén, máis unha vez as manifestacións serviron de termómetro dunha folga da que o adxectivo recorrente a cualifica como \"histórica\". Medio millón de galegas e galegos saíron as rúas, facendo parte das once manifestacións convocadas nas sete cidades e en varias vilas do país polas tres principais centrais sindicais. Vigo volveu albergar a mobilización máis masiva atinxindo as e os 180.000 manifestantes –140.000 segundo a Policía Local. O resultado na cidade olívica duplicou as previsións de días anteriores que estimaban en cen mil a afluencia. Unha verdadeira maré humana ateigou o percorrido, que malia ser máis amplo que noutras ocasións, ficou estreito para as ringleiras de decenas de milleiros que desfilaron desde a Praza dos Cabalos para rematar na Praza de América. Esta última, a pesar de ser unha das de maior capacidade da cidade ficou igualmente pequena, e cando xa estaba chea inda seguían a saír persoas do inicio da manifestación. Durante toda a marcha foron constantes as consignas contra os gobernos español e galego. Máis manifestantes que votos ao PP o 21-O \"Sr. Rajoy, Sr. Feijóo, hoxe en Vigo somos máis na rúa que nas casas, tomen nota\" afirmou contundente o secretario comarcal da CIG de Vigo. Minutos despois, o secretario xeral da central sindical nacionalista e de clase, Xesús Seixo, acrecentaba asegurando que \"hai máis xente manifestándose e secundando a folga de hoxe da que votou ao Partido Popular o 21 de outubro\". A maioría absoluta acadada polo PP nos recentes comicios galegos estivo moi presente nas intervencións dos secretarios xerais de UGT e CCOO en Galiza. José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, cadraron con Seixo, en que os resultados da folga do 14N volverían demostrar que \"o PP conservou a súa maioría parlamentar, mais non representan a maioría do pobo\". Neste senso, Suso Seixo insistía en denunciar un sistema electoral que permitiu que Feijóo renovase a súa maioría absoluta no Pazo do Hórreo malia sufrir un importante retroceso no número de votos. A loita continúa Outro dos leit motiv das intervencións dos máximos dirixentes da CIG, CCOO e UGT, foi insistir na necesidade de continuar cos procesos de mobilización. A consigna foi clara: as protestas deben continuar e intensificarse para forzar unha mudanza radical das políticas actuais, que segundo denuncian, provocarán \"o maior empobrecemento da maioría social en beneficio da banca e do grande empresariado\". Compostela enche a Quintana dúas veces Perto de 40.000 persoas encheron até en dúas ocasións a Praza da Quintana na cidade de Compostela. Mesmo as organizacións convocantes recoñecíanse abraiadas da participación cidadá a esta xornada de folga xeral que colapsou as rúas da capital galega. Ao berro de \"contra os recortes, contra o capital\" milleiros de persoas percorreron desde a Praza Roxa até o casco vello un traxecto que semellaba infinito debido a lentitude coa que avanzaba a manifestación. Con paso lento, mais firme, unha praza a rebordar, amosaba o seu rexeitamento ás políticas levadas a cabo polos gobernos do Partido Popular, tanto na Galiza coma no Estado español. \"Sodes o mesmo pobo que nas revoltas irmandiñas, prendeu lume aos castelos\", aseveraba con forza e a voz esgotada o secretario comarcal da CIG-Compostela, Anxo Noceda, arengando @s manifestantes a continuar adiante na loita contra as políticas anti-sociais \"porque venceremos\", sentenciaba a segunda vez que se encheu a praza. 125.000 na Coruña \"Esta foi unha resposta contundente e masiva\" ás políticas de recortes do Partido Popular. Máis de 125.000 persoas ateigaron a Praza de María Pita e as rúas da cidade, no que máis unha vez definen como \"unha xornada histórica\". Ferrol quedouse pequeno \"A xente quedou bloqueada na rúa\", así describían esta xornada de folga histórica na comarca de Ferrol, asegurando que as máis de 80.000 persoas que participaron na manifestación non foran capaces de finalizar o percorrido completo por mor da falta de espazo e a imposibilidade de que a mobilización avanzase con normalidade. A maior manifestación da historia de Ourense e Lugo En Ourense, as máis de 30.000 persoas que tomaron parte da manifestación converteron a xornada de loita na \"maior da historia de Ourense, non só obreira senón cidadá\", aseguraron fontes sindicais. \"Foi impresionante, a xente non podía chegar ao final\", aseveraba dando conta de que o final da manifestación --ao igual que nas demais cidades do país-- non puido chegar á Subdelegación de goberno, lugar en que remataba o percorrido. Aliás, apuntan que a cidade estaba completamente paralizada \"a nivel industrial e de comercio\". Por derradeiro, Lugo albergaría tamén unha das manifestacións máis grandes de toda a súa historia. Polas rúas da cidade amurallada desfilaron máis de 12.000 manifestantes. Pontevedra colapsada Máis de corenta mil persoas colapsaron a cidade de Pontevedra e obrigaron a alongar o percorrido previsto. A manifestación transcorreu polo centro da cidade, saíndo dunha Ferreiría que houbo que despexar para que os milleiros de persoas fixeran oco na marcha e pasando por Daniel de la Sota, Joaquín Costa, Benito Corbal, Cobian Roffignac, entrando na zona histórica para pasar pola praza da Verdura, Curros Enríquez, Fernández Villaverde, Michelena e desembocar na praza do Concello, atravesando unha cidade cos comercios pechados na súa totalidade. No remate da manifestación, alén de secretarios comarcais das centrais, tomaron a palabra representantes do 15M e estudantes. Vilagarcía coa industria paralisada Arredor de 12.000 persoas percorreron as rúas dunha Vilagarcía co sector industrial completamente paralizado e a banca e o comercio coas portas pechadas. A praza do concello abarrotada e as intervencións dos responsábeis comarcais das centrais sindicais construíron o retratofinal da mobilización na capital da Arousa. A Mariña, a cal e canto A Mariña sen actividade con Alcoa en servizos mínimos fixeron de Burela o centro da comarca neste día de folga no que unha manifestación de 3.500 persoas rebordou a vila até desembocar diatne da oficina de emprego. O porto completamente paralisado dába idea dun día sen actividade laboral na comarca. Gardas de seguridade nas pizarreiras Unha concentración dunhas trescentas persoas participaron na xornada de mobilización no Barco, unha comarca na que boa parte de traballadores e traballadoras secundaron o paro que se notou en especial no sector da pizarra, mália que algunhas das empresas amaneceran con gardas de seguridade privados nas portas. A conserva sen actividade Como noutras localidades, a de hoxe é a manifestación máis multitudinaria que se lembra en Ribeira. Entre 3.500 e 4.000 persoas participaron nunha manifestación que rematou na praza do concello na que participaron respresentantes de todos os sectores productivos e dos colectivos especialmente afectados pola crise e os recortes da comarca. Como noutras localidades, na de Ribeira tiñan entidade propia as plataformas polo ensino e a sanidde pública, os profesionais da xustiza, afectad@s polas preferentes ou as persoas que participan nas mobilizacións contra os desafiuzamentos. En canto aos sectores propios da comarca, as conserveiras secundaron maioritariamente a folga, cun cen por cento de traballadoras paradas en empresas como Cortizzo ou Escurís e tamén na Finsa, outro dos emblemas productivos da comarca."}
{"ID": "NOS_33633", "summary": "Entre os seus compañeiros de claustro no Instituto de Pontevedra estaban Castelao ou Losada Diéguez. E entre os seus alumnos, Antonio Fraguas ou Filgueira Valverde. Mais foi en 1919 Alfredo de la Iglesia (1861-1933) quen redactou o primeiro manual escolar de literatura galega do que hai noticia. O profesor Xesús Alonso Montero vén de rescatalo nunha edición facsímile publicada pola Real Academia Galega.", "text": "Alonso Montero mergullábase nos arquivos da rúa Tabernas -que garda a documentación da familia De la Iglesia- á procura de información sobre Santiago, irmán de Alfredo, médico, socialista e \"librepensador radical\". \"Pero axiña abandonei, aínda que hei recuperar esa liña, polo seu irmán, outro librepensador un pouco menos esquerdista pero con virtudes e calidades moi interesantes\", explica o tamén académico a Sermos Galiza. O pai de Alfredo e Santiago era Francisco María de la Iglesia, autor do primeiro drama representado en galego, A fonte do xuramento (1882). Mais o seu fillo Alfredo non era, segundo Alonso Montero, \"un galeguista\". \"El decidiu explicar literatura galega apóiandose nun criterio pedagóxico\", di. Se el impartía docencia sobre literatura castelá e universal e o seu alumnado falaba galego, por que non aprenderlles as obras e os autores que empregaban a súa lingua. Velaí que Alfredo de la Iglesia redactou, a man e en castelán, o seu Resumen de la Historia de la Literatura Gallega. Nel aparecen os trobadores e o Rexurdimento, a xeración de entre séculos e as escritoras e escritores que lle eran contemporáneos. Usouno até 1931, cando se xubilou. \"Se non topou problemas coa oficialidade daquel tempo [a ditadura de Primo de Rivera]\", sinala Alonso Montero, \"foi porque non tiña veleidades galeguistas\". De asinalo un Castelao ou un Losada Diéguez, é probábel que si tropezasen coa autoridade competente, aventura. Mais non unicamente de razóns pedagóxicas se serviu De la Iglesia. \"Iso foi o principal, pero houbo outros motivos\": facer xustiza. Co seu pai e co seu tío, figuras serodias do Rexurdimento que \"non se levaban moi ben con Murguía, que era quen estabelecía o pensamento hexemónico sobre o que era a literatura galega\". Todo o reflicte o Resumen de Alfredo de la Iglesia. A edición O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de Instituto (1919) é como se titula a edición facsímile ao coidado de Xesús Alonso Montero e número catro da colección Letras da Academia. Inclúe un estudo de cen páxinas, a reprodución do manual e outros materiais relacionados dos fondos de De la Iglesia, por caso os apuntamentos da materia dalgúns estudantes. As seguintes experiencias no ensino do galego, aínda á marxe da legalidade, pasaron polo curso de Filgueira Valverde en 1933 na Facultade de Letras de Compostela ou polo Catón galego de Ben-Cho-Shey, redactado na República e que ía levar prólogo de Alexandre Bóveda. Ficou inédito até que o rescatou, para Ediciós do Castro en 1969, Xesús Alonso Montero."}
{"ID": "PRAZA_18961", "summary": "Máis da metade dos 7.600 casos novos rexistrados no conxunto de Galicia o pasado martes, día 10, eran resultados de probas feitas na casa. Os casos activos superan os 76.000 (entre eles, 412 residentes en centros de maiores), pero o total baixará apreciablemente dende este día 13 ao reflectir xa os datos a redución dos illamentos a 7 días para persoas asintomáticas. As hospitalizacións coa COVID roldan as 500 e as camas de UCI ocupadas por pacientes coa doenza seguen arredor do medio cento", "text": "Os protocolos de detección e seguimento da COVID-19 vixentes dende finais de decembro implican que o Servizo Galego de Saúde dea por válidos a todos os efectos os positivos rexistrados mediante autotest, isto é, os detectados a través de test de antíxeno feitos na casa, sen necesidade de confirmación posterior por parte do persoal sanitario. Como vén informando Praza.gal, en apenas unha semana o peso destas probas xa era tal que un de cada cada catro casos novos rexistrados polo Sergas procedían de autotest. A tendencia non fai máis que medrar e así, nos últimos días, a maioría dos positivos das dúas áreas sanitarias máis poboadas, as da Coruña e Vigo, xa chegan por esta vía.Máis da metade dos 7.600 casos novos rexistrados no conxunto de Galicia o pasado martes, día 10, eran resultados de test feitos na casaO cómputo xeral de Sanidade incorporou este 12 de xaneiro algo máis de 8.300 casos novos da COVID-19, os rexistrados entre as seis da tarde do luns e a mesma hora do martes. É unha cifra inédita nestes ciclos de vinte e catro horas. En termos de días naturais, o pasado luns 10 marcou outro máximo, con máis de 7.600 dos que máis da metade, case 4.500, eran positivos de autotest e os restantes 3.170, casos detectados mediante probas de infección activa (PCR ou antíxeno) realizadas por persoal sanitario.Os casos activos superan os 76.000 (entre eles, 412 residentes en centros de maiores), pero o total baixará apreciablemente dende este día 13 ao reflectir xa os datos a redución dos illamentos a 7 días para persoas asintomáticasA Consellería de Sanidade ten previsto que, dende este 13 de xaneiro, o seu sitio web de seguimento da pandemia amose directamente unhas cifras absolutas de positivos mediante autotest que tamén contribúen a engrosar o cómputo total de casos activos, que ás seis da tarde do mércores superaban xa a cifra dos 76.000. Entre eles compútanse 412 persoas que viven en residencias da terceira idade -105 da residencia propiedade da Xunta en Bembrive (Vigo), xestionada por DomusVi- e 11, en centros de atención á discapacidade. A maioría dos casos nestas instalacións son leves ou asintomáticos grazas á vacinación, subliña Sanidade.O volume de casos activos, non obstante, está a piques de diminuír de xeito apreciable porque Sanidade se dispón tamén a aplicar aos seus datos outra das mudanzas dos novos protocolos, a redución de illamentos de 10 a 7 días para positivos asintomáticos. Deste xeito, un bo número de positivos considerados activos deixarán de ter tal consideración aos sete días de ser notificados.Sete de cada dez dos case 2.000 positivos notificados pola área viguesa o día 10 foron de autotestComo amosan os gráficos sobre estas liñas, o impacto dos autotest nos datos xerais de casos novos detectados en Galicia empezou a ser significativo dende o pasado 7 de xaneiro. Ao poñermos o foco nestes últimos cinco días -cómpre ter en conta que os datos do martes 11 chegan, polo momento, ata as seis da tarde dese día- e desagregarmos os datos por áreas sanitarias xa é posible observar como as áreas sanitarias da Coruña e Vigo acumulan xa tres días completos consecutivos con maior cantidade de casos procedentes de positivos en autotest que de probas realizadas no sistema sanitarioAsí, por exemplo, sete de cada dez positivos notificados pola área viguesa o pasado 10 de xaneiro (en total foron case 2.000) chegaron pola vía dos autotest. Nese mesmo día, a área da Coruña-Cee rexistrou case 1.500 casos novos e máis do 60% foran probas realizadas na casa. Tamén ese 10 de xaneiro as áreas sanitaria de Ferrol, Lugo, de Pontevedra - O Salnés rexistraron máis positivos en autotest que en probas do Sergas e o mesmo sucedera no día anterior na área de Santiago - Barbanza. Polo momento, a única área onde non aconteceu é na de Ourense.A extensión dos autotest é unha das medidas que tanto a Consellería de Sanidade como o Consello Interterritorial de Saúde -que xunta o Ministerio de Sanidade coas comunidades autónomas- defenderon para procurar descargar elos do sistema como os centros de saúde ou os laboratorios. Ante o gran número de casos, sinalaron, o plan foi \"priorizar\" as persoas con síntomas ou en situacións vulnerables (de idade avanzada, pacientes inmunodeprimidos ou mulleres embarazadas nas probas PCR. Mentres, no caso galego, os test de antíxeno voluntarios vólvense realizar tamén en puntos habilitados polo Sergas ao efecto nos últimos días.MAPA INTERACTIVO | A Xunta recupera os puntos de test voluntarios da COVID en 32 instalaciónsAs persoas hospitalizadas coa COVID roldan as 500 e as camas de UCI ocupadas por pacientes con esta doenza seguen arredor do medio centoO gran número de casos que seguen a agromar, en boa medida polos test feitos na casa, provocou que as incidencias acumuladas da COVID-19 abandonasen os sinais de posible descenso para continuar aumentando, cando menos polo momento, aínda que a un ritmo máis contido que en semanas anteriores. Na actualidade, a incidencia acumulada a 14 días vai camiño dos 3.000 casos novos por cada cen mil habitantes e a sete días achégase aos 1.400.Neste contexto, nos últimos días o incremento da incidencia tradúcese nun aumento do número de pacientes coa COVID-19 que requiren hospitalización, se ben ata niveis moi inferiores aos de hai un ano, cando a incidencia acumulada non era nin un terzo da actual. Ás seis da tarde do martes eran 508 as persoas ingresadas con test positivo do coronavirus, 154 máis que hai unha semana. Dentro do total, eran 55 as que estaban na UCI, unha menos que sete días antes.Ao tempo, os datos de mortalidade seguen trazando un lixeiro ascenso e a media a sete días marca uns 6 falecementos diarios de persoas que deran positivo por COVID-19. Son algo menos dunha cuarta parte que hai un ano e o total chega a 2.829 dende o comezo da pandemia."}
{"ID": "PRAZA_5726", "summary": "Populares e socialistas céntranse no mal resultado do seu rival para sacarlle consecuencias positivas aos seus malos datos nas europeas, malia que din \"tomar nota\", e coinciden co BNG nas dúbidas sobre o futuro de Podemos, no que AGE ve unha oportunidade para unir forzas.", "text": "Todos \"toman nota\" pero poucos fan unha verdadeira autocrítica ante uns resultados das eleccións europeas que volven mover os marcos da política galega. A perda de 220.000 votos do PP e as súas peores cifras; a constancia de que o PSdeG xa non é a referencia principal do progresismo e que é superada pola suma da esquerda rupturista en todas as cidades; o mal resultado do BNG, que ve como segue tocado pola desintegración do nacionalismo e a irrupción de alternativas; ou mesmo o descenso de AGE, que se mantén como terceira forza pero que ve no seu aliado Podemos unha ameaza que aínda pode converter en compañeiro fundamental. Galicia remexeu o panorama e os seus principais partidos aínda están en shock. O PPdeG cre que Galicia \"desconfía da esquerda parlamentaria\" malia que PSdeG, AGE e BNG superan os votos dos populares As formacións parlamentarias fan análise tan só un día despois de coñecer o resultado dos comicios. O PPdeG, logo do seu comité de dirección, recoñece que debe \"reflexionar e mellorar\", pero segue a presumir de que Galicia \"confía no PP\" e que, non obstante, \"desconfía da esquerda parlamentaria\". Así o asegura o seu secretario xeral, Alfonso Rueda, malia que esa \"esquerda parlamentaria\" (PSdeG, AGE e BNG) supera en bastante máis de 50.000 votos os dos populares galegos. E ese precisamente o dato ao que se agarra o PSdeG, que destaca o \"positivo\" de que a suma dos partidos de esquerdas, incluíndo a Podemos, supere en máis de 120.000 votos o PP. \"Hai unha clara maioría de esquerdas e o PP rexistrou o seu peor dato en 30 anos\", dixo o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, logo de analizar coa cúpula do partido uns resultados que recoñece que \"nin son satisfactorios nin os agardados\". Aínda así, prefire centrarse nese \"repunte\" que supuxo \"un punto e medio máis\" que \"non é suficiente\". PPdeG e PSdeG centran o seu éxito no fracaso do seu rival mentres ambos seguen a perder apoios Populares e socialistas céntranse no mal do seu veciño para alixeirar a dureza dun resultado que golpea claramente o bipartidismo. Tamén en Galicia. Así, Rueda insistiu en destacar a vantaxe de máis de 13 puntos que o PPdeG saca ao PSdeG en Galicia e en destacar que o PPdeG \"ten mellor resultado que o PP e o PSdeG teno peor que o PSOE\". \"Os galegos desconfían maioritariamente dos socialistas\", insistiu. Os socialistas galegos perderon case 200.000 votos, practicamente os mesmos que suman AGE e Podemos Na outra banda, e malia que a suma de AGE, Podemos e BNG xa o supera en 50.000 votos, o PSdeG ten a súa vitoria no descenso da dereita. Malia descender en 14 puntos o seu apoio e deixar polo camiño case 200.000 votos con respecto ás anteriores eleccións europeas. Case os mesmos que suman AGE e Podemos, dúas forzas das que aínda non había noticias hai cinco anos. Por iso, di, \"toma nota\" e promete traballar para \"recuperar\" os votos que marcharon a outras opcións ou á abstención. Tamén o BNG promete tomar nota, tras recoñecer que o resultado non é o que lles \"gustaría\" malia destacar que \"cumpriu o obxectivo de garantir a representación directa de Galiza na Eurocámara\". O seu portavoz nacional, Xavier Vence, cre \"especialmente meritorio\" un dato que sitúa o BNG como quinta forza política logo de perder máis dun punto de apoio e uns 25.000 votos. A fragmentación sufrida polo nacionalismo explicaría este descenso, segundo o Bloque. O BNG considera \"asumible\" perder un punto tras a fragmentación do nacionalismo e a \"censura\" dos medios públicos \"Somos perfectamente conscientes de onde vimos, de onde estamos e a onde queremos chegar\", insistiu Vence, que tamén destacou a campaña \"marcada pola austeridade\" da súa formación, así como \"a censura nos medios públicos e o intento de criminalización\" que sufriu a súa coalición con Bildu. \"Perder apenas un punto en porcentaxe de voto é asumible\", engade. Pola súa banda, AGE, que analiza este luns os seus resultados, xa avanzou a súa satisfacción por unhas cifras que consolidarían a coalición e a súa terceira posición no panorama político galego. Pero Alternativa ve en Podemos unha oportunidade máis que unha ameaza ao seu liderado da esquerda rupturista. Así, Martiño Noriega, coordinador nacional de Anova, ve na irrupción desta formación unha oportunidade para continuar a traballar no que cualifica como \"concentración parcelaria da esquerda\". De feito, o líder de Podemos, Pablo Iglesias, colaborou na anterior campaña de AGE para as autonómicas e sempre se mostrou moi achegado, tanto aos métodos da coalición como ao seu líder, Xosé Manuel Beiras. Non obstante, quen coincide na súa análise deste novo fenómeno son Alfonso Rueda e os críticos de Anova. O secretario xeral do PPdeG considera que \"os que quixeron manifestar o seu desencanto votando a AGE en 2012 mostrárono agora votando a Podemos\". PSdeG e Bloque dubidan de que o fenómeno Podemos perdure no tempo Case todos os partidos coinciden en restar importancia á irrupción de Podemos. Besteiro di ter \"máximo respecto\" polos seus resultados pero dubida que o seu éxito perder máis \"dunha ou dúas convocatorias\". Ademais, o BNG cre que \"non se poden extrapolar os resultados a outros comicios\". \"Hai forzas que xorden en tres meses pero que en tres meses tamén poden ter un resultado moi diferente\", dixo Vence, que no entanto lembra que o Bloque \"quere ser o referente en Galiza de todas as persoas que apostan por proxectos de esquerda e contestatarios\"."}
{"ID": "NOS_37936", "summary": "O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra.", "text": "O alumnado galegofalante ten un dominio similar nos dous idiomas, galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra. O traballo permitiu constatar que, aínda que de forma global a xeración Z ou dos centennials remata a Secundaria obrigatoria cunha competencia aceptábel nas dúas linguas oficiais, este retrato xeral oculta unha realidade ben diferente na que se constata un acusado desequilibrio en detrimento do galego. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Sociolingüística da Academia, Henrique Monteagudo; e a investigadora María López Sández, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinadora do grupo de traballo do proxecto; xunto coa deputada de Lingua da Deputación de Pontevedra, María Ortega Iñarrea, expuxeron en rolda de prensa os principais resultados do estudo, desenvolvido co apoio da Deputación de Pontevedra e recollido nun volume dispoñible en versión dixital na sección de publicacións de academia.gal. \"Non podemos aceptar a situación actual, que conduce na práctica a un abandono progresivo do galego. Por moitos discursos e moita retórica que fagamos, a escola segue sendo o alicerce do futuro do idioma, moi principalmente nos primeiros niveis do ensino\", concluíu Freixanes Os resultados desta investigación poñen de relevo a importancia da escola para a adquisición das competencias escritas e o coñecemento do código, mentres que a lingua familiar se revela como o contexto de maior importancia para o desenvolvemento da oralidade. O presidente da RAG advertiu que o informe constata que o modelo lingüístico vixente no sistema educativo está consolidando os desequilibrios existentes no canto de compensalos e reclamou medidas de diversa natureza para reverter o retroceso do galego na mocidade. Na privada, peor nivel en galego O dominio parello dos dous idiomas está relacionado cun perfil de estudante que ten a lingua galega presente na súa vida cotiá, dende a familia até a escola. Outro factor determinante é a titularidade do centro: o estudo conclúe que os centennials dos institutos públicos rematan a ESO cunha competencia semellante en ambas as linguas, en contraste co que acontece na rede privada, onde se gradúan cun dominio bastante máis deficiente en galego ca en castelán. \"Non podemos aceptar a situación actual, que conduce na práctica a un abandono progresivo do galego. Por moitos discursos e moita retórica que fagamos, a escola segue sendo o alicerce do futuro do idioma, moi principalmente nos primeiros niveis do ensino\", concluíu Freixanes. A deputada de Lingua María Ortega, pola súa banda, destacou a importancia de fomentar o uso do galego noutros ámbitos da vida máis alá do desenvolvemento e aprendizaxe na escola, e manifestou que a Deputación de Pontevedra sempre apoiará as iniciativas daquelas entidades \"que traballan a prol da defensa da nosa lingua en ámbitos tan diferentes como a ciencia, a economía, no ocio, no dereito, no deporte…\", dixo. Mellores resultados no rural e nos centros públicos Case o 44% dos preto de 600 estudantes de 26 centros de secundaria participantes na mostra sinalaron que tiñan tanto o galego como o castelán por lingua inicial, o 36,1% indicou o castelán e, nunha proporción menor, o 18,1% sinalou o galego. En canto á lingua de uso maioritario, case o 70% respondeu que fala única ou preferentemente o castelán, mentres que só fai un uso similar do galego o 30%. O traballo describiu a presenza dun importante sector de alumnado cunha escasa competencia en galego. Esta febleza atinxe fundamentalmente á capacidade para comunicarse oralmente e á comprensión léxica, e afecta sobre todo a mozos e mozas principalmente castelanfalantes que residen no urbano ou periurbano galego. A porcentaxe de estudantes con este perfil acada cifras entre un 35% para a competencia léxica e un 40% para a oralidade, se ben existen notábeis diferenzas de xénero na expresión oral, máis pobre entre os rapaces. Segundo o perfil lingüístico, a mocidade galegofalante tende a unha competencia bilingüe máis equilibrada nas dúas linguas, mentres que na castelanfalante constata a existencia dun perfil dominante en castelán nas competencias comunicativas orais, léxicas e gramaticais. Porén, a lingua habitual non afecta ás capacidades escritas da tamén chamada xeración Z. Canto á titularidade do centro de ensino, os resultados son claros: non se manifestan diferenzas nas competencias en castelán, pero esta variábel si que inflúe no dominio do galego. Arredor dun 55% do alumnado dos centros privados e un 40% dos concertados remata o ensino obrigatorio cunha aceptábel capacidade para se expresar por escrito en castelán pero con problemas para facelo en galego, mentres que nos institutos de titularidade pública esta porcentaxe se reduce a menos da metade."}
{"ID": "PRAZA_12518", "summary": "A chuvia caeu tarde, pasou de nós e preferiu incomodarlle os plans a ese turismo tan reportaxeado no Telexornal en vacacións. O mesmo que vén a fotografarse co verde que nos arrebatan; o que tanto nos enriquece (o turismo, digo). Máis de trece horas sen valoracións oficiais da catástrofe que estamos a sufrir indican que seguramente precisemos dunha nova cor primaria que nos defina. Se nos deixan sen o verde na paisaxe, se lle rouban o azul á marea e o vermello está deslucido, igual chegou o momento de apostar por Coalición Canaria. Algo así.", "text": "Mentres aquí surfeabamos na seca, no sur a auga apagaba as lapas da excitación cristiá. E se acolá cubriron os pasos procesionais con plásticos e tan só teñen que agardar un ano para repoboar a súa fé, aquí precisaremos séculos para atopar as sementes de fieitos milenarios que enmoquetaban o Eume. A chuvia caeu tarde, pasou de nós e preferiu incomodarlle os plans a ese turismo tan reportaxeado no Telexornal en vacacións. O mesmo que vén a fotografarse co verde que nos arrebatan; o que tanto nos enriquece (o turismo, digo). Máis de trece horas sen valoracións oficiais da catástrofe que estamos a sufrir indican que seguramente precisemos dunha nova cor primaria que nos defina. Se nos deixan sen o verde na paisaxe, se lle rouban o azul á marea e o vermello está deslucido, igual chegou o momento de apostar por Coalición Canaria. Algo así. O caso é que mentres a Xunta calaba e tan só escoitabamos o renxido da natureza morrendo, as redes sociais convertéronse dende o minuto un no almacén de descarga da carraxe O caso é que mentres a Xunta calaba e tan só escoitabamos o renxido da natureza morrendo, as redes sociais convertéronse dende o minuto un no almacén de descarga da carraxe. Os timelines tamén ardían. En pouco tempo, os trending topics permitíannos albiscar que as Fragas derretíanse. Nunca houbo intención política no hastag #SOSFragasdoeume, simplemente estabamos a pedir axuda. Quizais de xeito quimérico, pero ao noso xeito. Así e todo, tamén era evidente que nacionalistas e banqueiros, camareiros, mestres, socialistas e bombeiros, notarios, populares, charcuteiros e avogadas, comezaban a precisar que os responsables da administración que nos goberna nos explicara que estaba a acontecer. Entrabamos na páxina da Xunta e mirabamos a axenda oficial, algunha festa gastronómica había no calendario. Nada grave. Era sábado. Entrabamos na páxina da Xunta e mirabamos a axenda oficial, algunha festa gastronómica había no calendario. Nada grave. Era sábado. Ao día seguinte, a primeira reacción da Xunta chegaba pola mañá, antes de misa de once, cando xa arderán 750 hectáreas de vida. \"90 veces a alameda de Compostela\", apuntaba alguén de letras no Twitter. E cando @raulsalgado e @xurxomar repartían os caracteres e as imaxes do rigor sobre o terreo, e @prazapublica facía o seu traballo sen acougo, alguén premeu o botón de cámara lenta. Pause. Feijóo estaba na Capela. Está claro que un presidente da Xunta non é tal ata que cheira a fume, dá igual se é dun incendio forestal ou da Festa do Cabrito ao espeto Feijóo estaba na Capela. Está claro que un presidente da Xunta non é tal ata que cheira a fume, dá igual se é dun incendio forestal ou da Festa do Cabrito ao espeto. É coma querer ser xornalista de dereitas e non lembrar á plataforma \"Nunca Máis\" cada vez que alguén protesta por algo neste país. \"Los de siempre\", en fin, unha biosfera degradada e vantaxista, unha especie de comuna hippie que só pensa en gañar as autonómicas. \"Los gallegos de Madrid debéis saber que el NeoPrestige está en marcha. Huele a quemado\", tuiteáballe Xosé Carlos Caneiro ao director de ABC Bieito Rubido. Mentres @sihomesi lanzaba consellos irremediables para levar a cabo en situacións catastróficas como esta e @Rafiklalin dába coa \"lóxica destrutiva de país\", a Xunta comezaba a dar datos que non se correspondían coa realidade e cubríase as costas da dignidade afirmando que \"o único inimigo é o lume\". Concordo con isto último, aínda que sexa unha lectura simplista. E entre a información que ía chegando, unha nova palabra percorría os perfís dos agregados á traxedia: andalucita. Unha mina deste mineral saltaba á lista negra dos posibles culpables do lume. Os desinformados non entendíamos nada. Unha mina deste mineral saltaba á lista negra dos posibles culpables do lume. Os desinformados non entendíamos nada. E chega o luns, e alguén rescata da memoria da rede unha nova de El País do 30 de marzo de 2009 na que, baixo o título \"Problemas ambientales en As Fragas\", advertíasenos de que unha empresa con sede na Coruña, de capital británico e surafricano, quería explotar andalucita en As Pontes e que o bipartito –aquel bipartito- lle negou o permiso. Tamén di que a responsable da empresa estaba tranquila porque o novo goberno prometéralle que ían aprobar o seu proxecto. E todo queda inundado de fume; outra causa sospeitosa que irá parar ao río, como a cinza. E todo queda inundado de fume; outra causa sospeitosa que irá parar ao río, como a cinza. Se Rajoy dicía en 2006 \"en situacións coma esta é onde se mide a eficacia dos Gobernos\" gostaríame saber entón se chamou a Feijóo para abroncalo."}
{"ID": "NOS_22050", "summary": "Ortega Smith afirma que o español está en perigo en Galiza e que nas escolas galegas é \"imposíbel\" educar as crianzas en castelán-", "text": "O secretario xeral de Vox, Ortega Smith afirma nunha entrevista que \"nas escolas galegas poder educar os teus fillos en español é case imposíbel\" e que en Galiza \"hai unha imposición do galego\". Unhas afirmacións que provocaron múltiples reaccións e respostas nas redes, moitas deles de galegos españolfalantes que acusaban Smith de \"mentir\". Entre estas reaccións tamén houbo un reto, o formulado desde a Semente de Trasancos: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol. Tarefa ben sinxela se é certo que nas escolas se impón o galego aos nenos e nenas e que o español está \"desaparecido\" en Galiza como sostén o de Vox. Mais de non ser así e non poder atopar ese cento de nenos e nenas galegofalantes, Ortega Smith deberá doar o seu salario ao proxecto 'Vamos polo Primário' que impulsa este centro de A Semente. Olá @Ortega_Smith,Repetimos reto: se como dis o espanhol está em extinçom na Galiza, nom te será difícil encontrar nas escolas de infantil de #Ferrol 100 nenas galegofalantes. Se nom atopas donarás o teu salário a https://t.co/Jj9w7mhJV9. Ah! Toni Canto nom os encontrou 😊 pic.twitter.com/H73TmIv528— Semente Trasancos (@SementeTR) 18 de xaneiro de 2019 Non é a primeira vez que A Semente de Trasancos emprega estes retos para desmentir aquelas persoas que presentan unha realidade lingüística falsa e terxiversada de Galiza, onde o castelán é un idioma oprimido: fíxoo en setembro asado con Toni Cantó a raíz de que o de Ciudadanos afirmase que \"ninguén pode negar que o castelán desapareceu en Galiza\"."}
{"ID": "NOS_57203", "summary": "O secretario provincial do PSdeG di supoñer que \"se está a procesar\" toda a información por parte do PSdeG-PSOE sobre o 'apadriñamento' polo ex-alcalde coruñés do desembarco de Movimiento Ciudadano en Galiza, cara a ver \"o que se fai\".", "text": "A presenza destacada de Francisco Vázquez no acto de Movimiento Ciudadano na Coruña, escenificando o desembarco desta plataforma de Albert Rivera en Galiza, non pasou desapercibida para ninguén. E menos para o PSdeG, formación da cal o ex-rexedor coruñés continúa a ser militante. \"Supoño que se está a procesar a información (sobre o acto) e despois verase o que se fai ou non, ver se procede ou non\" Preguntado por Sermos Galiza, o secretario provincial dos socialistas na provincia da Coruña e ex-ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, declinou facer unha valoración da presenzade Vázquez no acto do Palexco. \"Para valoracións, remítome á feita polo secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro\". Besteiro afirmara había unhas horas que descartaba sancións a Paco Vázquez e mesmo avalaba que seguía a ser socialista'. Diferencias Mais á marxe das valoracións, Caamaño sinalaba a preguntas de Sermos Galiza que \"supoño que se está a procesar toda a información\" (relativa a este caso) e que unha vez compilada a mesma, engadía, \"verase o que se fai\". A preguntas de se este era o procedemento 'standard' no PSdeG ante situacións deste tipo (presenza dun coñecido militante en actos doutras formacións), Francisco Caamaño limitábase a reiterar que primeiro había que coñecer ben todo o acontecido e, despois, \"imos ver o que hai\". Outras voces do socialismo galego, como Mar Barcón, secretaria xeral do PSOE na cidade da Coruña, afirmaron que Vázquez comunicara á organización, con carácter previo, a súa sistencia ao acto de MC, organizado por Unión Coruñesa. Na outra banda podemos situar a Laura Seara, que nas redes sociais amosaba o seu fartazgo co que entende que son actitudes inxustificábeis de Vázquez para co PSdeG."}
{"ID": "NOS_31498", "summary": "Hai 116 anos, falamos de 24 de febreiro de 1903, a Guarda Civil deixaba mortos a tres veciños de Vigo que participaban nunha concentración diante da Casa do Concello. A lembranza do \"martes de Entroido sanguento\" ficou na memoria popular como outro exemplo da brutalidade das forzas da orde.", "text": "A masacre do martes de Entroido de 1903 en Vigo foi consecuencia da brutalidade das forzas da orde, ao servizo da política do réxime da Restauración, nunha situación moi conflitiva na cidade con motivo dunha folga dos ferroviarios. O malestar das clases populares viguesas contra a Guarda Civil e a policía municipal manifestouse en repetidas ocasións nos anos iniciais do século XX. Tanto é así, que no verán de 1902 o alcalde veuse obrigado a cesar ao xefe dos gardas locais Prudencio Contreras, por disolver unha foliada na noite de San Xoán a golpe de sable. A brutalidade das forzas da orde Prudencio Contreras exemplificaba a perfección o perfil medio do mando das forzas de seguridade nos tempos da I Restauración. Duro cos humildes, servil cos poderosos, sempre ao servizo dos intereses das elites locais, próximo ao rexedor da quenda e disposto a facer negocios a conta da súa responsabilidade, xogou un papel chave á hora de prender a mecha naquela revolta do Entroido que rematou cun baño de sangue. As organización sindicais explicaron o acontecido como unha vinganza das forzas da orde pola vitoria dos ferroviarios na súa folga tan só uns días antes A actitude do brazo executor da masacre, a Guarda Civil gardou semellanzas co acontecido naquel período noutras localidades galegas, como Oseira, Nebra ou Sofán. O proceso de branqueado da mesma, no marco da operación de lexitimación do modelo político institucionalizado na constitución de 1978, tenta camuflar as responsabilidades da institución como actor decisivo da represión nos últimos 175 anos. Porén, como xa demostrou Diego López Garrido, na súa tese de doutoramento dedicada a Benemérita, esta foi unha ferramenta chave para asentar o poder dos sectores oligárquicos, centralizar o Estado e pór freo ás demandas populares. A media tarde de 24 de febreiro de 1903 produciuse un enfrontamento entre un grupo de persoas disfrazadas e algún número da policía local de Vigo. Mentres xente enmascarada entrou na sé da sociedade Ximnasio para saudar a unhas coñecidas, o axente Rafael Contreras tentou disolver a comparsa botando man do sable. A resposta dos presentes non se fixo agardar, increpando ao policía e esixindo que abandonase o lugar e cesase na súa actitude. Alertado, Prudencio Contreras non tardou en aparecer aumentado a carraxe popular. A Casa do Concello cercada polas e polos manifestantes Contreras, após advertir aos asistentes do carácter ilegal da súa presenza na rúa sacou o sabre da vaina e comezou a golpear coa arma ás persoas que se amoreaban nas portas do Ximnasio, véndose obrigado o xefe da policía municipal de Vigo a resgardarse no interior do local, de onde puido saír tras as xestións de dous concelleiros. Outra vez na rúa, ducias de persoas seguían a Contreras, insultándoo e afeándolle a súa actitude autoritaria porén o policía retornou a facerlles fronte, unha vez que se atopou con novos efectivos da garda local. Cosme García Pinilla, Rogelio Rey Valiente e José Lorenzo Iglesias foron as tres persoas asasinadas pola Guarda Civil no marco das protestas A cidade ferve. Mentres o mando policial caeu na conta de que nada podían facer contra un grupo cada vez máis numeroso de persoas que o perseguían, dirixiuse cara a Casa do Concello co obxectivo de protexerse. A multitude non paraba de amorearse diante do edificio, onde se refuxiaba a práctica totalidade dos efectivos do corpo, tentando mesmamente de botar abaixo ás portas do inmóbel. As persoas, que na súa marcha recolleran pedras nunha obra en construción, non cesan no seu cerco, malia a actitude desafiante de Contreras. A Guarda Civil non tardou en aparecer para disolver a masiva manifestación. O máximo responsábel da benemérita en Vigo, o capitán Millán, enviou á praza do Concello, unha sección co obxectivo de pór remate á concentración. Á fronte deles situou ao tenente Joaquín Macías, número ao mando dunha unidade destinada na estación de ferrocarril, con motivo da folga dos traballadores dos camiños de ferro e centrada na represión ao movemento obreiro. Acompañábao tamén Gumersindo Salinas, na altura destinado en Baiona e que pasado o tempo foi o responsábel directo da masacre de Oseira. A Guarda Civil dispara sen previo aviso A presenza de efectivos da Guarda Civil non fixo decaer a protesta. Malia as versións posteriores do tenente Macías, que tentou exculparse acusando aos manifestantes de non facer caso ás súas ordes de desaloxo, as testemuñas sinalaban que os gardas abriron fogo sen previo aviso, canda as presentes agardaban a falar co alcalde para esixirlle a dimisión de Prudencio Contreras, fechado canda el na Casa do Concello. A represión tivo un carácter indiscriminado. As diversas descargas efectuadas pola Guarda Civil provocaron ducias de feridos de bala, aos que se deben sumar outras persoas ingresados nos hospitais a consecuencia das cargas con sable. Ao tempo, o gobernador civil incoou no primeiro momento diversos expedientes administrativos a algunha das participantes na mobilización, que non tardaron en ser paralizados ao ser cesado o delegado do Goberno en Pontevedra, con motivo da presión social e institucional. A actuación das forzas da orde provocou tres mortos. O primeiro deles, Cosme García Pinilla era un mozo de 12 anos, de extracción social moi humilde e que axudaba aos ingresos da casa como vendedor ambulante nas rúas da cidade. O segundo, Rogelio Rey Valiente, natural de Gondomar pero criado na Casa da Caridade de Vigo, traballaba nunha empresa de transporte e só contaba 20 anos. O terceiro, morto unha semana após dos sucesos era un ferreiro de Teis, José Lorenzo Iglesias ferido moi grave polas descargas dos mauseres. Folga xeral en Vigo A resposta do pobo non se fixo agardar. A Federación Local de Traballadores de Vigo convocou un paro xeral para o sábado 28 de febreiro que resultou masivo, tras cualificar os feitos como \"un crime contra toda a clase traballadora\". As organización sindicais non dubidaron en explicar o acontecido como unha vinganza das forzas da orde, en resposta pola vitoria dos ferroviarios na súa folga tan só uns días antes. Os traballadores dos camiños de ferro declararan un paro en 8 de febreiro, ao incumprir a empresa as condicións laborais, respondendo o Goberno coa militarización do funcionamento do ferrocarril e a concentración na cidade unidades da Guarda Civil de toda a area de Vigo e Pontevedra para tentar romper a folga, sendo, precisamente, estes números os que executaron a masacre. Finalmente, en 22 de febreiro, coa folga estendida a outras localidades, e empresa viuse obriga aceptar parte das reivindicacións operarias. A folga xeral de 28 de febreiro en protesta pola actitude das forzas da orde e do Goberno local e estatal resultou un éxito. A xornada de protesta desenvolveuse sen incidentes, paralizándose a actividade no comercio, nas fábricas, na flota de baixura, nos mercados e na propia prensa, razón pola cal non hai excesiva información sobre a mobilización. Os acontecemento do martes de Entroido de 1903 chegaron ao Congreso. As actas do diario de sesións daban conta dos duros enfrontamentos entre a maioría gobernamental e as forzas da oposición sendo obrigado o ministro a comparecer en diversas ocasións. Malia o compromisos do Executivo estatal de asumir responsabilidades , estas limitáronse a cesar o alcalde de Vigo, Prudencio Nanín, responsábel e protector de Contreras. Porén, os mandos da Guarda Civil non sufriron ningún tipo de castigo, pola contra Joaquín Macías continuou unha carreira de chea de éxitos e ascensos, até acadar o grao de tenente coronel."}
{"ID": "PRAZA_12184", "summary": "O paro era a \"obsesión\" de Feijóo durante a campaña electoral de 2009. Chegou a dicir que ía eliminar o desemprego en 45 días, xa cando o número de parados rexistrados superaba as cotas de toda a década. E hai máis de 61.000 galegos que están sen traballo desde hai dous anos ou máis", "text": "1. \"Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes\" 2. \"Estratexia económica. Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan estratéxico a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades\" O ano 2007 foi o que rexistrou un maior descenso do número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego. A economía española, botando man de capital fundamentalmente exterior, sufragou unha expansión económica que se baseou no consumo interior. A construción, agora demonizada, chegou a supoñer máis do 12% do Produto Interior Bruto (PIB) a nivel estatal. Pero esa dependencia do mercado interno tamén se evidenciou co excelente comportamento de actividades económicas como a hostalaría, a banca, o comercio polo miúdo ou as actividades de manufacturas. Iso si, vencelladas a industrias máis potentes. Unha economía satélite dunha estrela que non estaba en España. En maio de 2009 había máis de 207.000 parados rexistrados en Galicia. Xa se rexistrara un incremento a nivel interanual. Se se toman os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo a Monte Pío só se reduciu o número de desempregados galegos entre o segundo e o terceiro trimestre (de 2009 e 2010) e no Nadal de 2011. O efecto estacional destes datos, así como a progresiva destrución de emprego industrial, deixan ver un deterioro do mercado laboral de Galicia que se iniciou con anterioridade á chegada do PP á Xunta. Hai 70.000 parados máis en Galicia hoxendía que no momento en que o líder do PP galego asumiu os mandos da Xunta Feijóo marcou o paro como o problema principal a combater, ao igual que fixo Mariano Rajoy antes das pasadas eleccións xerais. Ambas as dúas mensaxes, alén doutros aspectos políticos, ergueron aos dous galegos até o poder. Os dous botaron man, tamén, dunha mensaxe de menor imposición fiscal. Feijóo prometeu rebaixar o tramo galego do IRPF (e non o fixo) e Rajoy incrementou esta mesma taxa directa, que grava a renda do traballo. Non é posible desvincular a realidade e deterioro do mercado laboral galego do estatal, pero a estratexia económica do PP en Galicia penalizou certos sectores como a industria, o agro ou a enerxía. Acabar co paro en 45 días Na campaña electoral de 2009 Alberto Núñez Feijóo prometeu finiquitar o problema do desemprego en 45 días. Unha afirmación que se volveu rapidamente contra el tendo en conta os datos do Ministerio de Trabajo, da propia Xunta ou do Instituto Galego de Estatística (IGE). \"Con Feijóo máis emprego, seguro\", era unha das frases que se incluían nas mensaxes de campaña para Feij009. Ou \"son mileurista pero Feijóo baixará os impostos\", dicía outra. Dacordo coa Enquisa de Poboación Activa (EPA), máis fiable segundo os expertos, hai 70.000 parados máis en Galicia hoxendía que no momento en que o líder do PP galego asumiu os mandos da Xunta. O número de persoas que buscan activamente emprego sen éxito desde hai máis de 24 meses aumentou en 38.000 desde a vitoria dos conservadores E hai un dato moi severo que evidencia que a crise laboral de Galicia nunca se resolveu malia a eses picos mencionados nos que se reduciu o número de persoas sen traballo. O número de persoas que buscan activamente emprego sen éxito desde hai máis de 24 meses aumentou en 38.000 desde a vitoria dos conservadores na comunidade. En total son 61.600 os galegos que levan dous anos ou máis no paro con escasa ou nula cobertura económica. Tras a chegada de Feijóo á Xunta, e durante catro meses, os datos do paro rexistrado eran máis positivos no marco galego que no conxunto do Estado. Esta dinámica mudou drasticamente en setembro de 2009 cando o desemprego aumentou un 2,69% en Galicia, por riba da media española. Esta tendencia repetiuse en outubro, novembro, decembro e xaneiro de 2011 con picos de incremento intermensual do paro de ata o 3,9%. En setembro de 2010 volveu repetirse esta tendencia, o cal mostra en parte como o mercado laboral galego tamén fluctúa coa estacionalidade da demanda do sector servizos."}
{"ID": "NOS_43314", "summary": "En total, participaron 355 aspirantes para 106 prazas ofertadas.", "text": "O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou no día de hoxe a puntuación provisional do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso como persoal fixo á categoría de facultativo especialista de Atención Primaria. En total, participaron 355 aspirantes para 106 prazas ofertadas. Alertan das consecuencias de non cubrir as vacantes na Atención Primaria: \"A dotación xa é precaria todo o ano\" A medida busca diminuír o \"o moi grave déficit\" de persoal de médico de familia existente na Atención Primaria galega mediante a incorporación urxente do primeiro grupo de profesionais da nova categoría, a través dun sistema de concurso sen realización de exercicios de oposición. Segundo o Goberno galego, con este sistema conséguese a incorporación do persoal \"en prazos moi breves\", de forma que está previsto \"resolver o proceso a finais do mes de setembro\". O Goberno galego, o único do Estado que recorta en Atención Primaria Do total de persoas aspirantes, 74 non teñen vinculación actual co Servizo Galego de Saúde (Sergas). Contra os resultados do baremo provisional, os aspirantes dispoñen dun prazo de reclamacións de cinco días hábiles, do 3 ao 9 de agosto, ambos incluídos. \"Sen médicos\" de Primaria nas listas O pasado 15 de xullo, o xerente do Sergas José Flores, defendeu que existe unha \"planificación\" a respecto das contratacións para cubrir as vacacións do persoal médico —12.802 entre xuño e setembro de 2021—, mais recoñeceu que non é o caso dos médicos de Atención Primaria porque \"non os hai\". O PP rexeita dotar de máis recursos a Atención Primaria \"Non os temos para as listas\", insistiu Flores, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PSdeG Julio Torrado durante a última sesión da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento da Galiza no actual período de sesións. O parlamentario socialista fixo lectura de varias novas de medios de comunicación e advertiu que a Atención Primaria galega \"probabelmente está a sufrir o peor dos veráns históricos\". \"Pero é que o verán que vén vai ser mesmo peor. E en catro ou cinco anos vai ser imposíbel\", engadiu."}
{"ID": "NOS_48573", "summary": "A necesidade dun ente ferroviario nacional \"de proximidade, interior e de calidade\", a debate", "text": "O BNG proporá na vindeira sesión plenaria do Parlamento Galego \"crear un ente ferroviario que garanta un tren de proximidade, interior e de calidade\". O proxecto coñecido como Galtren será a resposta ás demandas dos galegos e galegas \"a un problema que arrastramos desde hai moito tempo, como é a situación na que se atopa o sistema ferroviario galego\". Recentemente, explicou a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, \"víamos esa viaxe inaugural a Madrid, a segunda vez que se inauguraba o AVE a Galiza, acompañada de grandes pompas da Xunta para festexar 20 anos de atraso e incumprimentos dos gobernos de PP e PSOE\". \"Pero o AVE -dixo Rodil- non resolve todos problemas e agravios de infraestruturas, e moi especialmente no tren\". \"Sen ir máis lonxe, o exemplo máis evidente, palmario e groseiro témolo en Lugo, única capital sen conexión directa con Santiago de Compostela, que mantén unha liña sen electrificar e cun único servizo con Santiago de Compostela que foi eliminado a semana pasada\", apostilou Olalla Rodi. A maiores, a nacionalista cualificou como \"o colmo do indecente\" o suceso acontecido a pasada semana, cando as persoas usuarias do traxecto Lugo-Ourense quedaron \"tiradas\" na estación pola falta de maquinista. O tren, un aliado contra a crise climática Por iso, e porque a formación considera o tren como \"unha peza chave na loita contra a crise climática, na descarbonización e na economía, pero tamén factor para garantir a cohesión e vertebración territorial e o impulso da mobilidade colectiva\", no vindeiro pleno a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntará a Núñez Feixoo \"se cre que está sendo útil para enfrontar os problemas que ten Galiza\"."}
{"ID": "NOS_31283", "summary": "O Concello de Lalín apresentou esta quinta feira día 21 de xullo a peza audiovisual \"Lalín, un lenzo natural\". Esta será a primeira dunha serie de cápsulas audiovisuais cuxo obxectivo é facer chegar o atractivo turístico da vila a milleiros de persoas.", "text": "Esta primeira entrega trata sobre os espazos naturais da zona e nela realízase un percorrido pola riqueza ambiental e paisaxística de Lalín. O traballo oferece, en palabras do concelleiro de Turismo do concello Francisco Vilariño (BNG), \"unha perspectiva descoñecida\" de lugares como Ponte Taboada, Mouriscade ou Zobra, entre outros. O vídeo busca sorprender e que quen o vexa sinta ganas de coñecer Lalín. Ao longo do ano iranse publicando outras pezas temáticas que terán unha duración de un minuto aproximadamente sobre gastronomía, cultura, castros e centro urbano. Esta iniciativa persegue popularizar a vila empregando as posibilidades que oferecen as redes sociais. A intención é \"movelo e que se viralice a través das redes sociais\" explica Vilariño, \"que funcione como reclamo de maneira moito máis eficaz que as típicas campañas ou publicacións en papel\". A produción correu a cargo da produtora Arthur Gordon."}
{"ID": "NOS_56221", "summary": "Mentres a Xunta insiste en que os centros de ensino contarán este curso \"co profesorado preciso\", as familias e os sindicatos alertan da \"irresponsabilidade\" que supón non manter as ratios do pasado ano, xa que, malia os avances na vacinación, \"a Covid-19 segue a ter un risco moi elevado para o alumnado\".", "text": "O vindeiro 9 de setembro dará comezo na Galiza un curso escolar \"de transición\", segundo o definiu na Conferencia Sectorial de Educación decorrida na cuarta feira a ministra responsábel desta carteira, Pilar Alegría. O Estado ratificou o protocolo do pasado ano mais deixando a porta aberta aos Gobernos das autonomías para reduciren o distanciamento entre pupitres de 1,5 a 1,2 metros —ou 1 metro cunha pantalla—, unha medida que a Xunta xa confirmou e que a comunidade educativa entende como unha \"escusa\" para reducir o profesorado. \"Antes de se aprobar en maio o novo distanciamento, a Consellaría de Educación xa enviara aos centros un requirimento para calcular a capacidade das aulas con 1,2 metros entre cada estudante, cunha clara intención de xustificar os recortes no cadro de persoal que vimos denunciando\", advirte a Nós Diario Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, o sindicato maioritario no sector. Algúns territorios como Andalucía ou Cantabria xa anunciaron a contratación de mestres para reducir as ratios, unha cuestión que o Goberno galego supedita á chegada de fondos extraordinarios procedentes do Estado. \"Está na man da Xunta reforzar o persoal, mais a súa pretensión é volver encher as aulas e non desdobralas\", di Suso Bermello (CIG-Ensino) \"Os fondos estatais son os mesmos para todos os territorios e está na man da Xunta contratar docentes para manter as ratios do curso pasado\", replica Bermello. Pola súa banda, o conselleiro, Román Rodríguez, emprazaba nesta quinta feira, en declaracións aos medios a \"non mesturar debates\" no que atinxe aos reforzos no profesorado, e defendeu que a Xunta xa logrou o pasado curso \"a plena presencialidade en todo o ensino obrigatorio\". \"Alédanos que outros territorios reforcen os seus centros para atender ratios semellantes ás que temos na Galiza, que vai contar cos profesores precisos para cumprir cos mandatos sanitarios [un máximo de 25 alumnos en primaria, 30 en secundaria e cinco en cada mesa de infantil, segundo ditou a Xunta]\", expuxo. Para o responsábel da CIG-Ensino, a \"pretensión\" da Xunta é \"volver encher as aulas con trinta e pico alumnos\", xa que fecharán \"máis dun cento de unidades escolares\". \"Con esta medida, os desdobramentos de aulas que antes eran obrigatorios agora deixarán de selo. É unha irresponsabilidade, unha decisión económica fronte á saúde pública, porque aínda que esteamos vacinados o risco da Covid-19 segue a ser elevado\", afirma o presidente da Confederación de Anpas de Centros Públicos (Confapa), Rogelio Carballo. Na mesma liña incide o presidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci: \"O ano pasado, cunha redución forzosa das aulas, os resultados foron claramente positivos malia as dificultades da pandemia. Resulta incríbel que a Consellaría queira apertar o alumnado para aforrar en docentes, non aprenderon nada neste tempo\", censura. \"Como lle explicas a un rapaz que na aula está a un metro de distancia mais ao saír ao patio debe ficar a 1,5 metros dos seus compañeiros?\", engade Lacaci. Cómpre lembrar, a este respecto, que este ano o alumnado de diferentes aulas poderá mesturarse no tempo de lecer mantendo o citado distanciamento. Recortes no rural Suso Bermello lamenta que a Xunta \"encha a boca\" falando de potenciar os concellos rurais mentres \"desmantela\" os servizos públicos: \"Cando fechas un colexio ou un centro de saúde, ou reduces o seu persoal, estás convidando a poboación a abandonar o lugar\". \"Desde 2009 aplicouse unha política de recortes que deteriora a calidade do ensino, fecha escolas no rural e ten aulas saturadas nas cidades\", conclúe Fernando Lacaci."}
{"ID": "NOS_52681", "summary": "Bandeiras da Patria requisadas e as súas portadoras e portadores sancionados. Isto é o que acontece, segundo denuncia Esculca, no Pontevedra C.F. por orde da súa presidenta, Lupe Murillo, parlamentar do PP no Hórreo.", "text": "Censura e arbitrariedade no Pontevedra Clube de Fútbol, presidido por Lupe Murillo, empresaria e deputada do PP no Parlamento de Galiza. É o que denuncia Esculca, que advirte de que a dirixente do clube ordenou confiscar todas as bandeiras da Patria e sancionar as persoas que as exhibiren. \"Nos accesos ao campo, os traballadores da empresa de seguranza privada contratada polo clube dedícanse a levar a cabo inspeccións corporais e preguntar a siareiras e siareiros se levan algunha bandeira constitutiva de delito\", denuncia o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades. Na temporada presente foi sancionado un seareiro por portar unha bandeira de Galiza e aínda o domingo 7 de abril un seguidor foi ameazado por levar unha bandeira comunista. 500 euros de multa Na temporada 2017-2018, un mozo fora sancionado con 500 euros de multa e coa prohibición de acceder a un recinto deportivo durante tres meses por levar unha bandeira da Patria, mais este caso non foi o único e desde 2016 véñense producindo casos semellantes. É algo que tamén acontece coas outras nacións sen Estado. De feito, na fase de ascenso á segunda división, no encontro que enfrontaba en Pasarón o Pontevedra CF e o Real Murcia, diversas persoas foron ameazadas de expulsión e sanción por exhibiren bandeiras galegas –coa estrela ou coa serea de Castelao–, bandeiras das nacións celtas, bandeiras da República Árabe Siria e mesmo bandeiras do colectivo 'Que Voltem para a Casa', advirte Esculca. \"Curiosamente, nese mesmo xogo, as bandeiras do Reino de España e as bandeiras con símbolos militares que portaban seareiros do Murcia non foron confiscadas e puideron ser exhibidas sen problemas\", engade o observatorio."}
{"ID": "NOS_1325", "summary": "Convocatoria unitaria das diversas forzas palestinianas perante unha decisión \"con consecuencias de longo alcance, advirten.", "text": "Donald Trump cumpriu a súa promesa: Estados Unidos recoñece Xerusalén como capital do Estado de Israel e deu orde a que comecen os preparativos de traslado de Tel-Aviv a esa cidade da embaixada estadounidense. O paso dado polo presidente (apoiado polos republicanos e un bo número de demócratas) é unha importante volta de porca no apoio de EUA a Israel, apostando nun feito consumado que xerou críticas e rexeitamento na comunidade internacional. En Palestina, a resposta concrétase nunha greve xeral, mobilizacións e protestos, convocados unitariamente polas diversas forzas palestinianas, quer laicas quer confesionais. A greve abrangue desde o comercio até o sector educativo. Israel respondeu reforzando a presenza e control policial e militar en torno aos territorios palestinianos ocupados. Para os palestinianos, a decisión de EUA é unha afrenta insorportábel, para alén dunha violación de acordos internacionais, e un paso de cara a tentar impedir calquera posibilidade dee xistencia dun Estado palestiniano. \"A decisión é unha declaración de guerra de Estados Unidos contra o pobo palestiniano\", manifestaron desde o movemento Hamas. \"Non hai paz baixo a ocupación\". Desde Al Fatah xa sinalaron que con esta decisión, Estados Unidos perde o rol de mediador, para alén de abrir as portas a un escenario de máis conflito."}
{"ID": "NOS_8423", "summary": "Máis recortes e maior dose de austeridade se o executivo de Passos Coelho quer que a Troika desbloquee o segundo tramo do resgate.", "text": "Polo de agora Bruxelas avanza que representantes da Troika viaxarán ao país veciño para avaliar o cumprimento dos acordos asinados no Pacto de Agressao. A sentenza adoptada pola xustiza lusa comeza a espertar a desconfianza nas institucións comunitarias. Neste senso, representantes da Comisión europea urxiron ao executivo portugués apresentar o plan de medidas alternativas que compensarán o \"buraco orzamental\" xerado após a decisión do TC de declarar inconstitucionais os cortes nos subsidios de ferias a fuincionar@s e pensionistas (1.300 millóns de euros). Malia que Passos Coelho apurou o seu discurso do domingo e pronunciou as verbas que gostan de ouvir en Bruxelas \"recortes\" e \"redución do gasto público\", as esfameadas institucións internacionais (BCE-FMI-UE) --ávidas de diñeiro público-- advertiron ao goberno portugués que \"unha desviación do axuste prolongará as dificultades\" e, quen sabe, quizais exixa da aprobación dun segundo resgate, como en Grecia, que pague as débedas contraídas co primeiro. Mais para Bruxelas o aumento exponencial do desemprego, a redución da calidade de vida do pobo portugués e as masivas manifestacións non son consecuencia das imposicións económicas da Troika. Segundo a Comisión europea, o programa de axustes está a contribuír para \"aliviar as consecuencias sociais da crise\" e exixe ao goberno de Passos Coelho a continuar adiante coas reformas e recortes no sector público para paliar os efectos negativos que, di, traerá nun futuro a decisión do Constitucional. O novo chivo expiatorio de Bruxelas e Lisboa. Porén, para as forzas da oposición as verbas do primeiro ministro son só \"excusas\" para continuar a implementar a \"política de austeridade\" deseñada pola Troika co visto e prace da coalición PSD/CDS. \"O que queren é á forza e á marxe da lei\" continuar adiante coa \"liquidación das funcións sociais do Estado\" asegurou en comparecencia de imprensa Jorge Cordeiro, do PCP, quen acusou a Passos Coelho e o goberno luso de continuar a \"impor a austeridade\" tirando \"as súas responsabilidades para cima doutros\"."}
{"ID": "NOS_37808", "summary": "Denúnciano desde Cultura do Grove, que tivo que chamar á Policía.", "text": "Unha actuación ao ar libre que estaba a ter lugar no Grove estivo a piques de ter que suspenderse pola irrupción de varios mozos, \"algún deles madrileño, bébedos e sen máscara polo medio do público asistente. Así o denuncia Cultura do Concello do Grove no seu facebook, indicando que tivo que chamar á Policía. \"Un grupo de mozos, algún deles madrileño, gritando \"Viva el coronavirus\" y \"vais a morir todos\" coas copas na man, sen máscara e por medio do público que si cumpría coas normas de distanciamento social e máscara\". Neste post indícase que tras a marcha da Policía \"eles quedaron alí provocando e gritando \"vais a morir todos\" e sacando as máscaras e tosendo riba de nós que estabamos. A piques estaba de subir ao palco para suspender cando deron volta e se foron, sen as máscaras postas e coas copas na man. Descoñecemos se lles tomaron os datos, pero sospeitamos que non, nin tampouco os multaron\"."}
{"ID": "PRAZA_3895", "summary": "Os positivos activos chegan este 13 de abril aos 5.939 en Galicia, que segundo o Sergas xa rexistrou 369 falecementos pola covid-19. O número de persoas na UCI polo virus baixa por noveno día consecutivo", "text": "O ritmo da pandemia do coronavirus en Galicia tende a estabilizarse. Iso é, cando menos, o que cabe deducir dos datos divulgados pola Consellería de Sanidade para este luns, 13 de abril. O número de positivos activos da covid-19 medra dende hai unha semana na contorna do 2% diario cun ritmo lixeiramente decrecente e chega este luns aos 5.939 casos, un 1,82% máis que na xornada previa e un 11% máis que unha semana antes, cando o incremento en sete días superaba o 50%.Os positivos activos chegan este 13 de abril aos 5.939 en Galicia, que segundo o Sergas xa rexistrou 369 falecementos pola covid-19Mentres as autoridades sanitarias estiman que o país transita polo pico do andazo, os datos do Sergas indican que as altas de pacientes diagnosticados por coronavirus chegan xa ás 1.186, un número polo momento escaso pero cun crecemento que duplica aos dos novos casos coñecidos tanto en hospitais como en residencias de maiores e dependentes. Así, mentres que o incremento de positivos activos é do devandito 1,82%, o das altas achégase ao 3,8%, un ritmo de incremento superior tamén ao dos falecementos, que xa chegan aos 369. [O coronavirus remite en toda Galicia agás na provincia de Ourense, que duplica a incidencia do resto de áreas sanitarias].Á espera de coñecer o efecto das xornadas festivas na detección do virus -segundo o Sergas, realizáronse xa en Galicia 43.992 probas PCR, cifra que o pasado xoves, primeiro festivo da Semana Santa, estaba en 36.799-, a tendencia á estabilidade na propagación do virus provoca que medre un chisco o peso dos casos das residencias de maiores e dependentes no total. Dos 5.939 de toda Galicia, o 22,5% rexístranse nestes centros. Deles, 923 son persoas residentes e 416, persoal que as atende.A hospitalización segue á baixaO número de persoas na UCI polo virus descende por novena xornada consecutivaA tendencia que semella aínda máis consolidada que a diminución dos novos positivos activos é a da mingua na hospitalización por covid-19. Así, o número de persoas que precisa de asistencia en unidades de coidados intensivos por este motivo descende por novena xornada consecutiva, desta volta un 2,86%, e queda en 136. Este luns tamén baixa -aínda que levemente- o número de persoas hospitalizadas polo virus en unidades ordinarias, 735, sete menos que un día antes.Mentres, por primeira vez dende o inicio da pandemia o Sergas rexistra máis de 5.000 persoas en illamento domiciliario tras daren positivo pola covid-19. Son, en concreto, 5.068 persoas infectadas e illadas na casa, un 2,36% de aumento en vinte e catro horas e arredor do 85% do total de positivos activos.Ourense segue a destacar e Santiago supera os milPor áreas sanitarias, a incidencia -número de casos por cada 100.000 habitantes- segue a destacar na de Ourense por riba de todas as demais [O coronavirus remite en toda Galicia agás na provincia de Ourense, que duplica a incidencia do resto de áreas sanitarias], se ben o seu incremento modérase tras as fortes subas da pasada semana. Tras eses crecementos, en termos absolutos a área de Ourense consolídase como a segunda con máis positivos activos por tras da Coruña e por diante de Vigo. Menres, a área de Santiago supera este 13 de abril por primeira vez a barreira dos mil casos activos."}
{"ID": "PRAZA_18652", "summary": "O 38% das xefaturas de servizo aínda son discrecionais, estima CSIF despois de que o Tribunal Superior anulase catro desas prazas a petición de CCOO porque o Goberno galego non argumentou a súa excepcionalidade A Xunta non convocou un terzo das 714 prazas da oferta de emprego de 2016 a tres meses de que caduque", "text": "CSIF cuantifica no 38% as xefaturas de servizo que aínda son discrecionais Hai agora catro anos, en decembro de 2014, a daquela conselleira de Facenda, Elena Muñoz, acompañada do presidente Feijóo, anunciou como unha das novidades da lei de emprego público que a Xunta estaba a tramitar que as xefaturas de servizo deixarían de ser elixidas por libre designación, isto é, a dedo por parte do Goberno galego de entre o persoal funcionario. A norma entrou en vigor a finais de maio de 2015, hai xusto tres anos e medio, e o sindicato CSIF cuantifica agora en 344 as xefaturas de servizo cuxa forma de provisión segue a ser a libre designación, o 38% do total, segundo datos comprobados por Praza.gal. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de anular catro delas a petición de CCOO porque a Xunta non argumentou a excepcionalidade dos seus cometidos para poder seguir cubríndoas a dedo. Cando en marzo de 2015 o sucesor de Muñoz en Facenda, o actual conselleiro Valeriano Martínez, defendeu no Parlamento a nova lei asegurou que \"os cidadáns non entenden que os postos técnicos vaian elixidos por libre designación\" e asegurou que co cambio no sistema de cobertura das xefaturas de servizo, \"máis de 500 na Administración galega, pasarán a proverse por medio dun concurso público específico con convocatoria pública\". Só uns días despois desas verbas, o Goberno galego creaba catro novas xefaturas de servizo e determinaba que se cubrisen por libre designación. Tres anos e medio despois, segundo as cifras recompiladas por CSIF, as xefaturas de servizo só da administración xeral galega xa ascenden a 897, das que 344 seguen a ser de libre designación. A lei só contempla como unha excepción as xefaturas de servizo que \"polas súas especiais características, deban proverse polo sistema de libre designación\", pero a Xunta debe xustificalo Segundo establecía a nova lei \"as xefaturas de servizo ou os postos de nivel equivalente proveranse\" por \"concurso específico\", \"agás aqueles que, polas súas especiais características, deban proverse polo sistema de libre designación\". Para aplicar esa medida, a lei establecía que a Consellería de Facenda \"procederá á modificación das relacións de postos de traballo (RPT)\" para establecer nelas o novo sistema de provisión deses postos. Ese proceso de modificación das RPT está completado ao 80%, pero a revisión desas relacións de postos permite comprobar, segundo evidencia CSIF, que o 38% desas prazas seguen a ser de libre designación. Fragmento da sentenza do TSXG anulando catro xefaturas de servizo de libre designación O TSXG vén de anular catro desas prazas a petición de CCOO porque o Goberno galego non argumentou a súa excepcionalidade Unha das relacións de postos de traballo que xa modificou o Goberno galego é a da Consellería de Sanidade e o Sergas, publicada no Diario Oficial de Galicia en agosto de 2017. O sindicato CCOO levouna aos tribunais e o TSXG vén de anulala porque o Goberno galego non xustificou a excepcionalidade necesaria para poder seguir provendo catro das súas xefaturas de servizo por libre designación e non por concurso. A Xunta limitouse a argumentar que eran postos de especial responsabilidade pero non o probou."}
{"ID": "PRAZA_786", "summary": "A pesar de que o subdirector xeral de Saúde Pública, Jorge Suances, adiantara que o programa pasaría a detectar unicamente \"12 ou 14\" doenzas, finalmente o SERGAS manterá probas para 29 enfermidades. Profesionais, sindicatos e pacientes realizaron unha forte presión para evitar o recorte.", "text": "Nas últimas semanas pairou sobre o programa galego de cribado prenatal a sombra do recorte. Este servizo ten demostrado nas últimas décadas unha grande efectividade na detección precoz de moitas enfermidades e, en concreto, o galego é un dos programas con mellores resultados no Estado. Porén, ao abeiro da modificación da carteira básica de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde, que garante unicamente a detección precoz en neonatos e neonatas de sete enfermidades, o SERGAS barallaba a posibilidade de recortar o programa, eliminado probas coma a análise de urina e reducindo de 40 a 12 o número de enfermidades detectables. O subdirector xeral de Saúde Pública, Jorge Suances, adiantara que o programa contería entre 12 e 14 enfermidades Aínda que tanto a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera coma o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, rexeitaron confirmar ou desmentir estes rumores, o propio subdirector xeral de Saúde Pública, Jorge Suances, confirmou que o programa contería entre 12 e 14 enfermidades. Finalmente, a Xunta semella ter dado marcha atrás nos seus plans e este martes vén de anunciar o mantemento das patoloxías que se viñan cribando ata o de agora, e que sumando as sete previstas polo Ministerio de Sanidade, fan un total de 29. No modelo actualmente vixente analízanse 24 doenzas e, a través de diagnóstico diferencial, pódense detectar ata 40 problemas. Nas últimas semanas a presión de profesionais, sindicatos e pacientes foi moi importante. CESM-Omega e CIG-Saúde amosáronse moi críticos, o mesmo, que entidades coma a Asociación Fenilcetonuria e Outros Trastornos do Metabolismo de Galicia (Asfega) ou persoas moi respectadas neste campo, coma José Ramón Alonso, antigo xefe da Sección de Metabolopatías do CHUS e un dos promotores deste programa, xubilado dende hai dous anos, que lanzou unha petición en Change.org que sumou máis de 20 mil sinaturas. O propio José Ramón Alonso escribía esta mesma tarde: \"Noraboa, conseguíchedelo, coa colaboración dos medios de comunicación, a implicación dos que traballan e traballaron no Programa e o bo criterio das Autoridades\". Semella que a opinión -practicamente unánime- dos mellores coñecedores do programa, que desaconsellaban o recorte proposto, ten pesado moito no cambio de posición da Consellaría A propia Consellaría de Sanidade, na nota de prensa distribuída aos medios, destaca que para chegar á solución finalmente aprobada \"traballouse conxuntamente cos profesionais o deseño conxunto do programa, de xeito que se mantén a súa elevada calidade\". Semella que a opinión -practicamente unánime- dos mellores coñecedores do programa, que desaconsellaban o recorte proposto, ten pesado moito no cambio de posición da Consellaría."}
{"ID": "PRAZA_2344", "summary": "A Xunta pretende tombar a esixencia de consensuar o novo director xeral da CRTVG no Parlamento a través dun cambio lexislativo na lei de acompañamento que permite que o mandatario nomeado polo PP siga no cargo se non hai un acordo entre partidos Feijóo incrementa o gasto en salarios do seu Goberno nun 23%", "text": "En novembro de 2011 o pleno do Parlamento aprobaba a lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia cos votos do PP e tamén do PSdeG, que impulsara o acordo, tras dous anos de negociación entre os dous partidos. En aras da \"pluralidade\", a \"desgobernamentalización\" e a independencia da CRTVG, aprobouse o nomeamento por maioría reforzada da Cámara do seu consello de administración e do director xeral. Agora, o Goberno galego disponse a tombar esa esixencia coando unha nova norma na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2016. A Xunta disponse a tombar a esixencia de nomear o director xeral tras acordo no Parlamento coando unha nova norma na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2016 O cambio legal chega través da cuarta e penúltima disposición que \"modifica a disposición transitoria terceira da lei 9/2001, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para asegurar o funcionamento da nova Corporación RTVG, no que atinxe a súa dirección xeral\". A modificación supón que, mentres que no anterior texto se especificaba que o consello da administración da CRTVG e a súa dirección xeral continúan no exercicio das súas funcións \"ata que se proceda ao nomeamento dos órganos de dirección da Corporación RTVG\", algo que xa sucedeu, o actual aclara que será \"ata que se inicie pola Corporación RTVG a súa actividade de prestación do servizo público de radio e televisión\". E engade, ademais, que \"se neste momento non estivese elixida a persoa titular da súa dirección xeral, o exercicio das súas funcións corresponderá transitoriamente á persoa que fose titular da dirección xeral da Compañía\". O cambio normativo abre a porta a que o director nomeado polo PP siga no cargo se non hai un acordo entre partidos Esta modificación lexislativa abre a porta a que se ao longo do ano que vén, e mesmo despois das eleccións, non hai un acordo entre partidos, o director nomeado polo PP podería continuar indefinidamente á fronte da CRTVG. Fontes sindicais da Compañía cualifican de \"escándalo\" esta variación legal feita \"ás agachadas\" e cren que pretende \"limitar o aspecto máis democrático da nova norma para manter sine die o actual director xeral\". \"A falta de acordo cos socialistas, buscan manter a manipulación a través deste cambio\", insisten. Esta silenciosa iniciativa levada a cabo polo PP chega logo de que en setembro de 2014, o Parlamento aprobara o \"cumprimento inmediato\" das previsións da nova lei dos medios públicos. Meses máis tarde, no verán deste 2015, un pacto entre PP e PSOE -duramente criticado por AGE e BNG- permitiu a elección dos novos membros do consello de administración da CRTVG, un total de seis en lugar dos doce anteriores, cumprindo así o mandato da nova normativa pero deixando fóra do pacto o resto da oposición. Nada se avanzou, no entanto, para a elección do director xeral ante a falta de acordo entre populares e socialistas. Catro anos despois de aprobarse a lei dos medios públicos, mantense o seu incumprimento ao non consensuarse na Cámara o nomeamento do director da CRTVG Así, catro anos despois de que o Parlamento a aprobase, séguese a incumprir unha lei que obriga a que o director da Compañía sexa elixido co apoio dos dous terzos do Parlamento en primeira votación ou, de non acadárense, tres quintos en segunda volta. E non se cumpre tampouco da lei a parte que contempla que a elección do director debe ser simultánea á dos novos membros do consello. O texto aprobado en 2011 fixaba prazos moi claros para o despregamento da nova normativa. Así, o 17 de xuño do ano seguinte tiñan que estar nomeados por maioría cualificada do Parlamento o novo director ou directora xeral da radio televisión pública e tamén o novo consello de administración. Pero nada diso se fixo. En seis meses, a norma xa estaba incumprida. Catro anos despois, segue sen cumprirse. E, de saír adiante a modificación lexislativa inserida pola Xunta nos orzamentos, o nomeamento do director pode adiarse indefinidamente. Sánchez Izquierdo mantense na dirección xeral da CRTVG desde 2009, cando Feijóo o elixiu ao chegar ao poder O bloqueo mantense e no posto mantense tamén o actual director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, elixido polo presidente Feijóo en 2009, nada máis chegar á Xunta, e entre acusacións de \"manipulación informativa\" por parte da oposición e dos seus propios traballadores. Acumula máis de seis anos no cargo malia que a lei para a súa elección consensuada remóntase a 2011. Ante esta parálise, o PP pareceu atopar unha nova fórmula para blindar o actual máximo mandatario da Compañía no seu cargo: a través da lei de acompañamento dos Orzamentos Xerais e dunha norma que permitirá aos populares seguir controlando a dirección dos medios públicos."}
{"ID": "NOS_28631", "summary": "O Consorcio Augas do Louro restrinxe en 20% o subministro de auga a 85 empresas da contorna de Vigo.", "text": "O Consorcio de Augas do Louro, que abrangue parques empresariais de importancia, como o de Mos ou o da Granxa, acordou restrinxir en 20% o subministro de auga diario a 85 grandes empresas, unha medida que afecta os concellos de Tui, Salceda, Mos e O Porriño. A decisión adoptada con carácter de urxencia para cumprirse nun prazo de 10 días. A grave situación de alerta por seca comeza a deixarse notar no sector industrial e xa non só no primario. Así, estas 85 grandes consumidoras terán unha restrición de 20% no volume diario de auga e aqueles que consumidores máis de 2 millóns de litros en 2016 pasarán a pagar a tarifa de usuario non doméstico. Aliás, hai restricións no rego de parcelas e xardíns privados á veciñanza dos concellos que fan parte do Consorcio. Unha medida que amplía a restrición aplicada desde hai un mes en zonas públicas."}
{"ID": "NOS_47400", "summary": "Cando bebemos, bebemos. Gozamos e punto. Cando catamos, cando facemos a proba dun viño, buscamos unha análise sensorial. Interpretamos o viño á luz das percepcións que extraemos do seu tránsito polos nosos sentidos. Destacan os aromas que vimos de destripar e os sabores e sensacións que percibimos na boca. As fases clásicas da cata son a visual, a aromática e a gustativa. Imos desvendar os factores relevantes que as rodean.", "text": "Hai quen cata por motivos profesionais, hai quen bebe catando por puro pracer, e hai quen empeza catando e despois segue bebendo con despreocupación. O certo é que a iniciación á proba do viño adoita cambiar en diante o noso xeito de achegarnos a un. Para analizar sensorialmente un viño, imos precisar un chisco de concentración, ulir o viño prestando atención aos matices e probalo movéndoo ben por toda a boca Fagamos como fagamos, de partida só debemos ter en conta que para catar, para analizar sensorialmente un viño, imos precisar un chisco de concentración. Poderemos tomarnos máis ou menos tempo, poderemos tomar notas e gardar foto da etiqueta no móbil ou fiar sensacións, marcas e anadas á nosa memoria, pero será preciso cando menos ulir o viño prestando atención aos matices e probalo movéndoo ben por toda a boca. Fase aromática Co viño na copa, meteremos o nariz dentro da copa parada, sen airear. Aquí sacaremos unha primeira impresión. Poderemos ter xa unha percepción agradábel ou apreciar algunha nota defectuosa. E poderemos tamén detectar algún aroma dominante. Resulta xa moi primario? Afroitado, por exemplo? Acaso é evidente a crianza en barrica xa de golpe? Os viños, novos ou vellos, veñen de pasar unha boa condena de reclusión nunha botella, e poida que antes nunha cuba de inox, illados do osíxeno. Polo xeral van precisar algo de aireación para abrirse e amosarnos o que agochan. Tendo tempo, a mellor aireadora sempre é unha copa de cristal. Así que movemos a copa, para que o viño circule e osixene dentro dela. E volvemos meter o nariz dentro para aspirar. Esta operación pode provocar algo de vergoña inicialmente. É cousa de pensar ou dicir en alto: \"estou seguindo un curso de cata\". Xa foi. É moi probábel que nesta segunda aspiración após airear, aumentase a intensidade aromática. Con algo de concentración, e en sucesivas aspiracións, poderemos ir botando man da roda dos aromas, e de todo o que xa sabemos sobre solos, clima, variedades e factor humano para ir tirando as primeiras conclusións. Da nosa memoria gustativa, creada por ter probado distintos viños, poderemos tamén percibir diferenzas. É recomendábel que as vosas prácticas de cata sexan sempre comparativas, cando menos con dúas copas con dous viños distintos Temos que ter en conta que unha parte maioritaria dos compostos aromáticos detectábeis nun viño son comúns a moitos deles. Se nos preguntamos \"a que ule?\", a resposta \"a viño\" ten todo o sentido. Por isto é recomendábel que as vosas prácticas de cata sexan sempre comparativas. En solitario, en compañía mellor, ou en grupos e cursos de cata comentada presenciais, poderedes ter diante cando menos dúas copas con dous viños. Por exemplo un branco da costa e outro branco do interior. Os dous van ulir a viño, claro, pero van ser tan distintos entre si que poderemos empezar a identificar descritores diferenciais e a sacar conclusións relacionadas, por exemplo, co clima das zonas e as maduracións da uva. E só co nariz! Aínda non o metemos na boca, ou ti xa estás tragando?! Na fase aromática ademais imos valorar dous factores de calidade ou, se queredes, de potencial virtuoso: a complexidade e a sutilidade. Se dun viño só podemos dicir froita, ou madeira, carece de complexidade. Con independencia disto, pode ser agradábel aromaticamente e poderá acabar gustándonos en conxunto igualmente. Mais a priori contará con máis virtudes e potencial gastronómico un viño coa capacidade de despregar unha paleta aromática máis diversa. Se mentres está na copa, con calma, cada vez que volvemos a el notamos unha evolución e novas notas aromáticas, temos un bo sinal de complexidade. Veremos maior potencial e virtudes nun viño de aromas máis sutís e elegantes; a intensidade impresiona, mais cansa Tamén adoitan impresionar as intensidades aromáticas moi elevadas, os viños moi perfumados. Boa parte das variedades de uva galegas e as características das nosas zonas de viño teñen un potencial aromático destacado. Porén, veremos maior potencial e virtudes nun viño de aromas máis sutís e elegantes. Resultarán sempre máis harmoniosos no acompañamento gastronómico, uso frecuente do viño, ao non competir tan agresivamente co gusto dos pratos. A intensidade impresiona pero cansa. Fase gustativa Nesta fase avaliamos o viño na boca. Facémolo dando un pequeno grolo. Retemos o viño na boca, sen tragar, e movémolo durante uns segundos por toda a boca. Do paso do viño pola boca volveremos detectar novas sensacións aromáticas. Haberá compostos que se volatilicen pola nosa maior temperatura corporal e chegarán ao noso bulbo olfactivo vía retronasal, é dicir, pola conexión interna que temos entre a boca e o nariz. Lembra que o sabor a amorodo é un aroma. Da boca tamén sairán sensacións táctiles, outro sentido que entra en xogo nesta fase. Referímonos á temperatura do viño, ás cóxegas das burbullas dos espumantes, á densidade fluída e lixeira dun viño novo ou máis cremosa e untuosa dun crianza sobre lías, á adstrinxencia dun tinto con taninos secantes ou á sedosidade e suavidade doutro. Cando traguemos, dese paso por boca imos detectar os sabores básicos polos estímulos das papilas gustativas da lingua. Obviaremos o umami e centrarémonos nos catro sabores básicos clásicos: doce, salgado, ácido e amargo. Detectámolos cando sentimos o estímulo das papilas, a xeito de reacción ou lixeira sensación de proído, en distintas zonas da lingua. Na punta da lingua detectamos a dozura, que no viño está proporcionada polos azucres residuais en viños non secos e polo alcol procedente dos azucres na fermentación. Nunha franxa que bordea inmediatamente a punta da lingua polos laterais e por enriba, detectamos o sabor salgado. Non é nada frecuente nos viños, aínda que poden aparecer pequenas notas salinas nalgúns. Nos laterais do centro da lingua notamos o sabor ácido. E no fondo da lingua, antes de tragar, percibimos o sabor amargo. Este sabor atopámolo habitualmente nos viños da variedade godello, deixándonos unha lembranza final do paso por boca. Podemos experimentar estas sensacións de xeito moi evidente disolvendo azucre nun vaso de auga, sal noutro e un zume de limón nun terceiro, e probando a mover eses líquidos pola boca para notar onde \"marcan\" a lingua. Evidentemente non hai sabores bos e sabores malos. Estas \"marcas\" no paso pola boca definirán aparentemente distintos traxectos dos viños. Por exemplo, os costeiros con máis acidez semella que transitan polos laterais, e os do interior parece que van polo medio. Os viños que nos deixan pegada na boca de principio a fin dan tamén sensación de seren máis longos, con maior lonxitude. E outros, combinando corpo e intensidade gustativa, semella que enchen a boca. Chegados a este punto imos anotar outros dous factores do potencial virtuoso dun viño: a persistencia e o equilibrio. Un viño persistente é aquel que deixa lembranza gustativa na boca despois de tragalo. Cantos máis segundos pasen sen que desapareza o seu rastro na boca, máis persistente é. Por contraposición, os viños que tragamos e desaparecen coñécense como viños de \"trago largo\", para gozar tamén neles ampla e folgadamente sen interferiren gastronomicamente e habitualmente máis sinxelos. Finalmente un viño equilibrado é o ideal buscado por moitos proxectos de produción de viño. Na boca existe un equilibro básico entre os sabores doce e ácido. Non ten que ver coa composición de cada elemento senón coa sensación que provoca a súa combinación. Un branco de acidez moi elevada non nos dará esa sensación con azucre residual por parada fermentativa. Dous iogures naturais da mesma marca e lote terán exactamente a mesma acidez, pero resultados sensoriais distintos se un leva mel. Un viño seco sen acidez e cun grao alcólico elevado non será equilibrado. Será plano, abocado (de entrada doce) e poida que alcólico. Teñen o seu público, pero non entra na zona alta da nosa puntuación de potencial virtuoso. A presenza de acidez, equilibrada e ben integrada achegará frescura e potencial de lonxevidade. O equilibrio tamén é unha sensación de conxunto harmoniosa, non só gustativa, senón cunha xusta proporción de intensidade entre aromas e gusto, entre nariz e boca, sen que ningún elemento desentoe e se forme un todo agradábel. O desequilibrio dun elemento non ten que ver coa súa presenza marcada. Un viño equilibrado pode ter chispa e personalidade grazas a unha sensación gustativa ou aromática marcada e destacada. E agradécese. Catamos para comprender, para gozar, para elixir distintos perfís de viños en función da apetencia para cada ocasión. Facelo debería levarnos a ampliar padal, a diversificar hábitos e memoria gustativa. Non catamos para buscar os viños que máis se asemellan a aquela marca que xa nos gusta e desbotar os outros. Se seguimos este camiño, atoparemos viños raros, estraños, alleos ao que levamos probado. Mais esa condición non equivale a unha calidade baixa ou mala. Adentrámonos no túnel do viño para coñecer máis interpretacións de vellas paisaxes, novos viños. Probar polos ollos A fase visual é a primeira na cata. Coa copa de viño diante: miras, oles e sorbes. Por esa orde. Coa diversidade de viños actual en oferta e co grao de evolución da súa produción, esta fase perdeu parte do protagonismo e da función que tivo noutros momentos. A profesionalización do sector e o acceso ao coñecemento para a elaboración de viños, levou a que o seu aspecto se homologase no que se refire a parámetros como a limpidez, transparencia e brillantez. É difícil atopar xa viños que pola súa presenza delaten elaboracións consideradas defectuosas. Por outra banda, diversificáronse as elaboracións. No mercado hai viños brancos macerados coas súas peles ou tintos de baixa extracción, por exemplo. Intencionadamente e ben elaborados. Tamén sabemos que hai variedades de uva que achegan menos cor aos viños tintos, e o proceso de recuperación de variedades acompañado da produción de monovarietais, tamén diversifica os perfís visuais dos viños dispoñíbeis. Que queremos dicir? Pois que outro parámetro avaliado e puntuado na cata clásica, a intensidade de cor, hoxe está moito máis condicionado pola elaboración e pola variedade. A intensidade de cor está moi condicionada pola actual diversidade de elaboracións e pola variedade de uva usada na vinificación Sería xusto darlle menos mérito a un tinto de merenzao por ter cor asalmonada e capa baixa? Categoricamente, non! A capa de cor avalíase inclinando a copa sobre unha superficie branca e, con iluminación neutra adecuada, determinando o grao de transparencia ou opacidade do viño no seu centro. Unha capa baixa permitirá poñer un dedo debaixo e velo a través do líquido, ten máis transparencia. E unha capa alta é a dun viño de cor opaca. Nesta mesma posición determinamos a cor do viño, mirando o seu reberete, o bordo do viño coa copa inclinada, non o centro. No caso dos brancos tamén detectamos os matices de cor movendo o viño na copa e vendo os seus brillos. Tendo en conta os condicionantes de elaboración e variedade que acabamos de mencionar, podemos dicir xa que a cor dos viños pódenos axudar a determinar tamén se son novos ou vellos. Co paso do tempo, os brancos aumentan e os tintos diminúen a súa intensidade de cor Os viños brancos evolucionan de novos a vellos pasando de cores palla ou verdosas a tonalidades amarelas, douradas e finalmente á gama de marróns que poden indicar o seu deterioro. É dicir, co paso do tempo os brancos incrementan a súa intensidade de cor. Como xa advertimos, certas elaboracións poden levar a que un branco novo teña xa unha cor máis intensa, mais seguirá evolucionando cara máis intensidade igual. Nos tintos as notas máis xuvenís aparecen en reberetes violáceos vivos e intensos que lembran a cor do viño nas cubas despois da fermentación. Pouco a pouco irá transitando na gama do vermello para acabar collendo, co paso dos anos, tonalidades de cor tella. Co paso do tempo os tintos reducen a súa intensidade de cor. E será así sempre, tamén coas variedades e elaboracións que xa parten dunha intensidade baixa. A vista tamén nos permite obter unha impresión sobre a densidade do viño ao movelo na copa ou sobre a presenza de carbónico, por exemplo, algo que tamén detectamos co oído cando retiramos a rolla dunha botella con presión. Oído, vista, tacto (na boca), gusto e olfacto. Velaí os cinco sentidos centrados na nosa copa de viño. Saúde!"}
{"ID": "NOS_19434", "summary": "A Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria segue a manexar centos de propiedades no país froito da crise do ladrillo que comezou en 2008. A maioría dos apartamentos que quedaron sen comprador foron aqueles pensados como segundas vivendas en zonas do litoral.", "text": "A irrupción da crise actual cando a economía da Galiza e da súa poboación aínda se estaban a recuperar daquela recesión que comezou en 2008 fai moi difícil, senón imposíbel, que a Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria (Sareb) poida dar saída aos centos de propiedades inmobiliarias que ten en carteira. O valor do patrimonio que controla na actualidade o tamén coñecido como 'banco malo' no país supera os 47 millóns de euros e, incluso, podería chegar ao medio cento de millóns se temos en conta que algúns dos prezos que propón son só de partida e non fai públicos o custo de locais de uso terciario nin de terreos. A maior parte dos inmóbeis están nas vilas litorais da Coruña. O 'banco malo' posúe unhas 250 propiedades entre pisos, garaxes e rochos. Malia que se poden atopar bens abandonados por todo o territorio polas ansias de promoción –incluso de xente non especializada no tema– que houbo no seu momento, entre o enorme patrimonio que xuntou a Sareb e que permanece público destacan os apartamentos na costa. En Ares, na comarca de Ferrolterra, ten 45 vivendas; en Corcubión 44 cuxos prezos van desde os 34.000 euros; e en Ribeira a cifra colócase nos 29 bens abandonados en distintos edificios sen ninguén que os queira mercar. En Sada, o que quedou descolgado foron as prazas para os coches. Nas Rías Baixas repítese a dinámica. A explosión da crise do ladrillo na cara da poboación galega fixo que as entidades financeiras tiveran que desfacerse de patrimonio invendíbel en Barro, Covelo, Soutomaior, O Rosal e, mesmo, Sanxenxo. A localidade na que fan turismo as persoas chegadas desde fóra da Galiza por excelencia non deu sacado de enriba todo o stock de casas. O valor do patrimonio que ten alí a Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria abeira os 3,5 millóns de euros. Só nunha vila. Concellos como O Carballiño, A Rúa ou O Barco foron salvando a situación pola súa condición de territorios de interior, mais aínda así por aquela zona hai 878.700 euros dos que se desfixeron os bancos ou as empresas que quebraron. O Vicedo e Viveiro O caso máis curioso é, quizais, o da Mariña. En todo Lugo hai unha bolsa de bens de carácter inmobiliario que ascende ás 158 unidades. Pero dese total a gran maioría están pegados ao mar Cantábrico. Na páxina web da organización atópanse 26 apartamentos en Viveiro, oito en Burela, 11 en Foz e 24 en O Vicedo. Nesta última localidade, sen sumar rochos nin garaxes, as vivendas que xa teñen un prezo rebaixado sobre o que lle marcaran na súa orixe alcanzan un custo de 1.467.700 millóns. Os fogares sen dono de Viveiro están preto do millón de euros. Á marxe destas peculiaridades, a Sareb divide outras propiedades mediante o sistema provincial, colocando na Coruña 27 locais comerciais e oficinas e 98 fincas. En Pontevedra habería 40 espazos para montar un negocio e 31 terreos dispoñíbeis nos que non se chegou a edificar. En contraposición co que ocorre na vivenda, en Ourense si quedan 31 soares en carteira."}
{"ID": "NOS_43322", "summary": "A relaxación do teito salarial ou a elección do cartaz eleitoral como parte dunha lista fechada separan o partido morado da reestruturación orgánica recentemente adoptada polo marca que lidera Xulio Ferreiro.", "text": "Podemos Galiza non avala as mudanzas introducidas na reorganización interna da Marea Atlántica. Nen partilla a hipótese de incrementar o teito salarial dos cargos públicos -o partido morado ten como tope 3 veces o salario mínimo interprofesional- nen comparte que non se poda elexer o cabeza de lista nunha votación separada da do resto da candidatura. O conflito advén pola dificuldade de harmonizar os acordos adoptados polo partido de Pablo Iglesias en Vista Alegre II coa organización interna das mareas municipalistas, a comezar pola Atlántica. En conferencia de imprensa convocada esta segunda feira, a secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, fixou o criterio de que ningunha persoa da organización participe como tal en candidaturas que non respeitan o código ético do partido. Os militantes de Podemos que vaian en listas municipais que non cumpran cos criterios marcados en Vista Alegre II terán de abandonar a formación morada e integrárense na confluencia a título individual, enfatizou Santos. \"Ser de Podemos non é obrigatorio\", dixo a dirixente. Fontes de Podemos Galiza consultadas por Sermos Galiza mostraron a súa \"preocupación\" polas mudanzas organizativas introducidas pola Marea Atlántica: \"Representan obxectivamente un retroceso en termos democráticos\". Aliás, isto non significa que Podemos Galiza vaia retirar o seu apoio a estas mareas. Manteno, embora con certa distancia, mesmo do ponto de vista da linguaxe: no canto de \"confluencia\" Carmen Santos prefire falar de \"alianza\" para designar o vínculo do partido morado coas plataformas locais."}
{"ID": "NOS_17294", "summary": "No passado treze de março, após um incêndio iniciado o dia dez, o cargueiro italiano Grande América naufragou em La Rochelle, na costa francesa. Mas o alvo informativo não foi a poluição nem os quarenta e cinco contentores com substâncias perigosas, como ácido sulfúrico e ácido clorídrico que o barco transportava. Não, o foco informativo deste incidente foi uma única palavra: PORSCHE", "text": "No passado treze de março, após um incêndio iniciado o dia dez, o cargueiro italiano Grande América naufragou em La Rochelle, na costa francesa. Os 27 tripulantes a bordo foram todos resgatados a tempo e, como sempre acontece, o combustível do navio espalhou-se na zona e causou uma mancha de poluição no mar com cerca de 10 quilómetros que as autoridades francesas continuam ainda a tentar limpar e que põe de novo na mesa a questão da segurança e dos riscos associados ao transporte marítimo que representa quase o 90% do transporte total de mercadorias no mundo. Mas o alvo informativo não foi a poluição nem os quarenta e cinco contentores com substâncias perigosas, como ácido sulfúrico e ácido clorídrico que o barco transportava. Não, o foco informativo deste incidente foi uma única palavra: PORSCHE. A bordo do navio italiano havia mais de dois mil veículos, agora estão todos no fundo do mar, a cerca de quatro mil metros de profundidade, e entre eles várias dezenas de carros de luxo exclusivos, como os quatro 911 GY2 RS da Porsche, cada um deles com um custo de 267 mil euros. A Porshe confirmou que trinta e sete carros da sua marca, incluindo quatro dos seus exclusivos modelos 911 GT2 RS, estavam a bordo do cargueiro italiano. Os Porsches seguiam de Hamburgo para o Brasil, para o porto de Santos, onde deviam ser descarregados, para serem entregues a clientes \"altamente valiosos para a marca\" como informa a carta que a empresa enviou às pessoas que adquiriram os automóveis e que os deviam ter recebido. A Porsche já não fabrica os modelos 911 GT2 RS, mas dadas as circunstâncias, vai produzir novos carros para os clientes lesados e voltará à sua produção na sua fábrica de Hamburgo, prometendo ainda que os automóveis deverão estar prontos em Abril, para serem entregues no Brasil em Junho. O mar para cima das casas Apenas uma semana após este naufrágio outra palavra, noutra parte do mundo, deixou milhares de pessoas sem casa, sem terras, sem utensílios para cozinhar, sem nada, sem... vida. A palavra agora é IDAI, nome com que foi batizado o ciclone que converteu em mar e destruiu boa parte de Moçambique, Zimbabué e Maláui e atingiu pelo menos 2,8 milhões de pessoas. Mia Couto, o escritor, natural da cidade da Beira, que ficou completamente inundada, descreve a situação como apocalíptica e escreve a seu editor: \"Todo o centro de Moçambique está por baixo de água: estradas, casas, torres de energia e de telecomunicações estão destruídas. Não consigo saber dos meus amigos que vivem na Beira. \" A notícia, recolhida em Sermos Galiza, não foi muito habitual na imprensa e nos noticiários desta parte do mundo e teve mais repercussão o afundamento de La Rochelle. A razão é óbvia: essa parte do mundo não oferece \"clientes altamente valiosos\". Tanto que a ajuda internacional prometida é menor que o valor da mercadoria transportada pelo Grande América! Mas resulta bem curioso que para solucionar ambos os episódios se utilize uma única palavra: RECONSTRUÇÃO. No caso da Porsche reconstrui pondo de novo em funcionamento uma linha de produção já paralisada; no caso da África, a reconstrução consiste no envio de palavras bonitas de solidariedade, em equipas de recolhida de cadáveres e em culpabilizar a Natureza de desastres que, sabemos, têm clara origem na agressiva actividade humana contra ela, se calhar mesmo na actividade desenvolta pelos destinatários desses exclusivos Porsches."}
{"ID": "NOS_10152", "summary": "Segunda derrota consecutiva en Riazor (0-1, face o Murcia). Partido xemelgo ao do Córdoba. O Dépor encaixa un gol nunha xogada de estratexia e logo non sabe como negociar o asunto.", "text": "Hai un feixe de factores que explican por que este Deportivo aínda está por estrear en Riazor. Primeiro, a equipa ten varios novatos en postos chave (hoxe, aliñou unha inédita dupla na frente da defensa, Insua-Uxío). Frescura a esgalla, si, mais ás veces falta madurez para ler os partidos cando veñen mal dadas. Segundo, todo apunta a que os resultados van depender de máis da puntería de Borja Bastón. En Sabadell estivo espléndido. Perante o Murcia, no seu debut ante a súa freguesía, o avanzado madrileño fallou de máis nos mans a mans con Casto, o soberbio garda-redes do Murcia. O choque co Murcia foi un decalque, unha copia do encontro co Córdoba. O Murcia limitouse a despregar unha intensa presión en tres cuartas partes do campo durante os primeiros 45 minutos de xogo. Na segunda parte, despois de o Murcia cazar un gol (m. 24, Dorca) nun novo erro defensivo do Dépor á hora de defender unha falta, todos os visitantes colocáronse detrás da pelota, tres fileiras de morcegos prestos a se penduraren da trabe da súa baliza. Non é casual que os mellores momentos do Deportivo chegaran na primeira metade, cando máis se despregou o Murcia ao longo de todo o campo e, por tanto, máis metros separaban o seu home máis avanzado do seu gardamallas. Cando a equipa visitante se achicou, e os espazos comezaron a brillar pola súa ausencia, a produción ofensiva do Depor caiu en picado. No debate Lendoiro-Fernando sobre se hai que exixirlle a este Deportivo o ascenso xa, a bancada está claramente co de Castrofeito. Aínda é cedo de máis para tirarmos leituras talvez precipitadas, mais dá toda a impresión de que este Dépor prefire o contra-ataque ao ataque posicional e estático fronte defensas ultra-fechadas. Isto explicaría o seu comportamento bifronte. Implacábel lonxe de Riazor (0-1 en Las Palmas, 0-3 en Sabadell) e romo e languido na casa (0-1, face o Córdoba e o Murcia). Outro elemento adicional para a reflexión de Fernando Vázquez: a equipa acusa unha preocupante falta de carácter cando se ve por debaixo no taboleiro de marcas. Até o de agora, sempre que encaixou o primeiro golpe findou por perder o xogo. Riazor estivo, como sempre, combativo e acarón da equipa, tamén moi comprensivo na hora da derrota. No debate Lendoiro-Fernando sobre se hai que exixirlle a este Deportivo o ascenso xa (o treinador é muito máis prudente do que o presidente e pensa máis nun proxecto a medio prazo), a bancada está claramente co de Castrofeito."}
{"ID": "PRAZA_489", "summary": "Esta é a loita contemporánea do capitalismo pola acumulación e a concentración da riqueza, é a lei que somete a pobos e civilizacións. Por esta causa, os nosos dereitos no traballo, na saúde, no ensino, na seguridade alimentaria, medio ambiente; dereitos que asisten ao principal dereito á vida, quedan subordinados ao instinto de ser máis ricos daqueles que xa son inmensamente ricos.", "text": "O TTIP é un Tratado de Comercio, Inversión e Servizos, que pretende eliminar calquera tipo de limitación normativa ou lexislativa dos países afectados polo ámbito do Acordo, pensado fundamentalmente para liberar de prohibicións as prácticas e actuacións contra dereito das Transnacionais Americanas e Europeas. As negociación comezaron no ano 2013 entre representantes da Comisión Europea e dos EUA, que están asistidos por máis de 600 asesores privados representantes das Grandes Transnacionais. Os Parlamentos, tanto Europeo como os dos propios países afectados polo Acordo non participan das negociacións, non coñecen o alcance real das materias en discusión nin tampouco está previsto que o Acordo teña que ser referendado por estas Cámaras. En definitiva, a soberanía dos países queda en suspenso para non interferir nos intereses do Gran Capital, deixando en evidencia onde reside o verdadeiro poder político; exactamente nas elites económicas. Os Parlamentos, tanto Europeo como os dos propios países afectados polo Acordo non participan das negociacións, non coñecen o alcance real das materias en discusión nin tampouco está previsto que o Acordo teña que ser referendado por estas Cámaras As razóns deste Tratado están fundadas na actualidade do Capitalismo e na necesidade e urxencia do Gran Capital para manter a súa taxa de lucro. O volume de capital que precisan para rendibilizar as súas actividades ten que crecer na medida en que o capital é maior, e a competencia das novas potencias económicas representadas por China, India, Brasil ou Rusia ameaza aos seus propios escenarios naturais e territoriais de negocio. Esta é a loita contemporánea do capitalismo pola acumulación e a concentración da riqueza, é a lei que somete a pobos e civilizacións. Por esta causa, os nosos dereitos no traballo, na saúde, no ensino, na seguridade alimentaria, medio ambiente; dereitos que asisten ao principal dereito á vida, quedan subordinados ao instinto de ser máis ricos daqueles que xa son inmensamente ricos. É a desposesión da humanidade para a acumulación duns poucos. Que consecuencias terá este Tratado no caso de ser aprobado? Sen salario mínimo, sen vacacións regulamentadas, sen Seguridade Social e sen Pensións, dependendo as coberturas do pacto individual do contrato Que consecuencias terá este Tratado no caso de ser aprobado? Nos dereitos do traballo a libre concorrencia de Empresas americanas sen dereitos sindicais, xa que EUA non asinou os Acordos da OIT sobre dereitos Internacionais no Traballo; sen salario mínimo, sen vacacións regulamentadas, sen Seguridade Social e sen Pensións, dependendo as coberturas do pacto individual do contrato, provocará unha competencia que afectará aos nosos dereitos. Os servizos e prestacións públicas perderán o seu carácter universal, xa que as Corporacións privadas poderán atacar as coberturas prestadas polo Estado alegando competencia pública coas súas actividades Na seguridade alimentaria xa que os EUA permiten a comercialización sen límites de produtos transxénicos sen contraste de afección á saúde. En Europa contrariamente so esta autorizado un transxénico. O tratamento masivo das carnes de ave con cloro para branquealas e facelas máis atractivas para o seu consumo e outra das prácticas comúns nos EUA. Os nosos produtos e os nosos labregos estarán seriamente ameazados polas Grandes Transnacionais. Os servizos e prestacións públicas perderán o seu carácter universal, xa que as Corporacións privadas poderán atacar as coberturas prestadas polo Estado alegando competencia pública coas súas actividades. A ofensiva por facerse co espazo público para negocio privado será unha constante na penetración destas Transnacionais. Todo vale, dende os servizos prestados polos Concellos ata a Sanidade e o Ensino. Resulta grotesco ver como os Estados que conforman a UE entregan voluntariamente a súa soberanía ao gran capital, e enfrontan como Patriotas esquizofrénicos os intentos de Soberanía de Nacións como Cataluña, Euskadi ou Galiza Resulta grotesco ver como os Estados que conforman a UE entregan voluntariamente a súa soberanía ao gran capital, e enfrontan como Patriotas esquizofrénicos os intentos de Soberanía de Nacións como Cataluña, Euskadi ou Galiza. O noso Pobo non terá futuro se non decidimos nós mesmos o noso destino e deberemos exercer inicialmente a nosa vontade opoñéndonos a este Tratado; mobilizando ao noso Pobo chegando a todos os lugares coa nosa palabra, as fábricas, as Universidades, ao noso agro, a todos espazos sensibles da vida social. Trátase de evitar o ocaso da nosa civilización, da desposesión do propio e singular que nos identifica como Galegos e Galegas."}
{"ID": "NOS_23424", "summary": "Festival solidario en Teo contra a instalación dunha planta de tratamento de residuos.", "text": "O festival solidario e reivindicativo \"DesPlanta Sons\" terá lugar esta sexta feira 7 de setembro. Un festival pensado para todos os públicos que comezará ás 20.30h con inchables gratuítos para os máis pequenos quenes poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo. O grupo coral de mulleres Son Elas continuará amenizando a festa para dar paso logo á música tradicional e folk a cargo de Tres Pesos e Os D'Abaixo. Rematarase o festival con música de Deseqilibrio Mental e os John Derees. A plataforma 'Casalonga Limpa de Residuos', sinala que \"temos a esperanza de ser quen de enfrontarnos aos poderosos e impedir a construción da planta. Si o conseguimos teremos gañado a primeira batalla, mais non a guerra. A guerra so a gañaremos cando a canteira e a súa contorna, sexan quen sexan os propietarios, acompañen as nosas vidas no canto de ameazalas\"."}
{"ID": "NOS_57068", "summary": "Frenéticas últimas horas antes do referendo.", "text": "As 5 da mañá e a adrenalina non nos deixa durmir máis. Unha chamada guíanos a estar hoxe en Glasgow moi cedo; onte o teléfono non parou, e hoxe, moito me temo que vai ser igual. Os compañeiros de Catalunya Pep 600 veñen de camiño e van facer una actividade en Edinburgh… non! Non pode ser en Edinburgh! vai haber un evento importante en Glasgow, movédevos para aí! Mi madriña… como nos metemos neste lío… somos una referencia para moita xente e coordinar todo ás veces é un pouco complexo. De novo o teléfono, son os organizadores do Rally en Glasgow. Cóntanme que o Concello de Glasgow estalles a pór moitos problemas para o evento: licenzas, megafonía, permisos para bebidas… sospeitan que queren parar a actividade… soa familiar, non si? O Concello de Glasgow está rexido polos laboristas e ten una reputación semellante á do Concello de Compostela. Doulles ánimos: alí estaremos! Non faltamos! Alex Salmond que é un home moi sabio recomenda durmir ben hoxe para enfrontar con entusiasmo a histórica xornada de mañá Na estación de tren ás 7,30 da mañá xa hai un grupo de traballo de Yes Dunblane… bromean, dinme que durmiron ali… non os creo… ou si? Todo é posible nestes días. Vemos a cada un dos viaxeiros cun \"Wee Blue Book\", a información precisa. En Glasgow xa é una tolemia. Un acto final de campaña con Blair Jenkins, Tasmina Ahmed-Sheik, Dennis Canavan, Elaine C. Smith, Patrick Harvie e centos de voluntari@s que queren celebrar este día cunha mestura de nerviosismo e esperanza…. Ah mira! Robin McAlpine tamén está… e Mike Small! Agradecemos a Christina McKelvie a súa invitación de visitar Yes Hamilton… a benvida, o calor humano, o agradecemento é impresionante, non teño palabras. Onte está a campaña do non?, preguntan uns xornalistas pola mañá. Onde podemos localizar a xente que vai votar non?, volven a preguntar pola tarde. Milleiros de persoas ateigan a Praza George Square con \"saltires\" e de carteis do YES. Ao lonxe vese unha bandeira británica, anda, mira... pois por aí hai un unionista.... Onte está a campaña do non?, preguntan uns xornalistas pola mañá. Onde podemos localizar a xente que vai votar non?, volven a preguntar pola tarde. Dende logo, se o Non gaña este referendo, vai ser froito dunha maioría silenciosa que tamén parece que existe en Escocia. Home! Falando de maiorías silenciosas, imaxes de Mariano Rajoy na televisión escocesa para lembrar a todo o mundo neste país que España pode vetar a súa entrada na UE. Alex Salmond que é un home moi sabio recomenda durmir ben hoxe para enfrontar con entusiasmo a histórica xornada de mañá... farémoslle caso, pero antes, pasaremos por Papas en Dunblane... ás veces rematar o día cun fish and chips non é mala idea... e de almorzo, xa sabedes que temos."}
{"ID": "NOS_34699", "summary": "Aínda hai decenas de persoas desaparecidas en ambos os países.", "text": "Segundo informa Europa Press, xa son 156 os pasamentos confirmados polas inundacións que azotaron o norte de Europa esta semana. A meirande parte dos óbitos, 133, producíronse en Alemaña, mentres Bélxica mantén os 23 notificados na sexta feira. O último balance en Alemaña ten lugar após a confirmación doutros 43 mortos durante as últimas horas no estado de Renania, no oeste do país, mentres a Policía teme achar novos falecidos ao longo deste sábado na zona de Ahrweiler, epicentro da catástrofe nesta rexión. A Policía alemá confirmou, aliás, outros 618 feridos, na súa maioría no val de Ahr, onde as estradas seguen bloqueadas e as pontes, derruídas. Está previsto que a chanceler alemá, Angela Merkel, viaxe nesta xornada ás zonas máis afectadas de Renania-Palatinado. Mentres, milleiros de traballadores de rescate seguen a buscar superviventes sen descanso na rexión de Eifel, onde as inundacións arrasaron poboacións enteiras na noite da quinta feira, e aínda hai decenas de persoas desaparecidas. Situación en Bélxica O temporal tamén está a afectar Bélxica, onde faleceron, cando menos, 23 persoas, e outras catro desapareceron, segundo informa o xornal Le Soir. Na rexión de Valonia, no sur do país, uns 41.000 fogares ficaron sen subministro eléctrico, polo que as autoridades anunicaron a liberación de fondos de emerxencia para axudar as poboacións afectadas. O primeiro ministro belga, Alexander de Croo, vén de declarar o 20 de xullo como día de loito nacional en lembranza das vítimas das inundacións. Así, lamentou que espera un \"empeoramento\" das cifras oficiais e sinalou que a situación segue a ser \"crítica\" en moitas zonas do país."}
{"ID": "NOS_43739", "summary": "Héctor Tejón (A Coruña, 1981), activista social e desempregado, participa do Encontro cidadán para a marea galega convencido de que \"ten que poñer cada un o que poida para cumprir unha demanda social: que o país teña voz propia no Congreso\".", "text": "Que o levou a se sumar ao Encontro cidadán por unha marea galega? Como toda iniciativa política que pretende agromar da base, trato de achegar outra forma de experiencia política. Cadaquén ten que poñer o que poida para cumprir unha demanda social real: que o país teña voz propia en Madrid e que poidamos determinar cara onde queremos dirixir a nosa terra. Trátase dunha oportunidade política única e non estamos nun tempo no que poidamos permitirnos o luxo de desaproveitala. En que traballa agora mesmo o Encontro cidadán por unha marea galega? O principal obxectivo pasa por acadar a confluencia e por chegar a unha alternativa política que satisfaga non só as partes implicadas, senón tamén que sexa capaz de integrar xente que procede de fóra de iniciativas políticas e que está a demandar unha resposta. Os tempos son chegados e a Coordinadora do Encontro ten por tarefas saber comunicar, saber transmitir e saber integrar xente desexosa que saia de aquí algo galego, cun contido diferencial, que represente Galiza. Por que é necesaria unha candidatura unitaria? Isto é como un edificio no que cadaquén vive nun piso pero que require de actuacións conxuntas. Todos perseguimos as mesmas cousas, non sei se hai liñas vermellas ou verdes, mais si hai puntos tanxenciais. Creo que por separado desperdiciaríamos toda a forza que está espallada polo país. Sería imperdoábel. Nunca antes houbo unha oportunidade tan forte para deixar a marxe as cousas que nos separan e para loitar por todo o que nos une: Galiza e os intereses galegos contra as políticas neoliberais que non queremos. Queremos a soberanía do noso pobo, queremos dereitos sociais e queremos Galiza como suxeito político. A unión fai a forza e unha candidatura unitaria permitirá rachar co taboleiro. \"Todos e todas queremos o mesmo, non sei se hai diferenzas… e ridículo\" Que diferenzas percibe entre a Iniciativa pola Unión e o Encontro? Todos e todas queremos o mesmo, non sei se hai diferenzas… é ridículo. Temos que crear un espazo común onde todos e todas nos sintamos cómodos (xente que procede de partidos, de movementos…) o importante é crear un espazo entendemento capaz de xerar un programa político de aplicación real. As diferenzas ou matices que poida haber son nimiedades. Penso que nin o BNG, nin Anova, nin as Mareas, nin ningunha entidade son nais da criatura, porque estamos a facela entre todos e todas. Ve indispensábel un grupo parlamentar propio? Primeiro hai que estudar que contido vai ter e dotalo de metodoloxía, porque a creación dun grupo parlamentar por si mesmo non chega. Non creo no grupo parlamentar como fin último . Non hai que tomar a parte polo todo. O importante é dotar Galiza dunha soberanía que se foi escorregando e é importante tamén a construción dunha pedagoxía política diferente para non seguir o que nos ditan os medios. Dende logo non hai ninguén mellor que nós, os galegos e galegas, para defendernos. O grupo parlamentar véxoo como un punto máis dunha estratexia moito mais complexa. Non hai que esquecer que a política non e só institucional, faise na rúa día a día. Que opina de que Podemos non queira renunciar as súas siglas? Podemos, igual que o BNG ou Anova… terán as súas tácticas. Podemos é un axente máis e non é nin mellor, nin máis alto. Podemos será o que el queira ser. Se segue emperrado no seu, adiante, cadaquén saberá que fai e por que o fai. \"Ten que idearse un espazo conxunto onde todos e todas nos sintamos cómodos\" Acabarán confluíndo a Iniciativa e o Encontro? Ten que idearse un espazo conxunto onde todos e todas nos sintamos cómodos. Penso que é obrigado que se conflúa. Non se puido comezar conxuntamente pero é obrigado confluír e obrigatoria unha candidatura unitaria. Temos o exemplo da gran manifestación contra a xestión do novo hospital. Alí había persoas de todo tipo de pelaxe pero deron a batalla de maneira conxunta. De cara á configuración da candidatura, aposta en persoas con experiencia política ou sen ela? Non sei se hai liderados sociais, pero se os hai, teñen que agromar. Se falamos de confluencia hai que saber confluír. Na Coruña, hai dez concelleiros da Marea Atlántica sen experiencia ningunha na política e esta experiencia vaise adquirindo pero é importante contar con persoas que saiban como funciona todo isto. O político é un saber que cómpre socializar. A fórmula coa que se concorrerá ás eleccións xerais servirá para a as galegas? A fórmula confórmana os axentes sociais que a compoñen. Hai que apostar noutro tipo de metodoloxías diferentes á das marcadas polas estruturas dos partidos. A propia xente que milita en partidos ve que as súas organizacións igual erraron na praxe política durante as últimas épocas e estas persoas piden que se reformule a estrutura de partido. Toda a construción política ten que artellarse desde abaixo cara arriba. O primeiro chanzo de cara as eleccións xerais, cunha nova forma de facer política, pode servir de gran referencia para as eleccións galegas. O inimigo que temos enfronte só podemos derrotalo de maneira conxunta."}
{"ID": "NOS_33255", "summary": "O vindeiro 27 de decembro, ás 17 horas, tributaráselle unha homenaxe nacional ao historiador e militante nacionalista Francisco Carballo no Concello de Maceda.", "text": "O militante nacionalista, crego, historiador e activista Francisco Carballo falecía o pasado 29 de novembro en Salamanca. O vindeiro 27 de decembro recibirá no seu Concello de Maceda natal a primeira homenaxe nacional, despois da íntima despedida do pasado día 13 cando foi soterrado, como era o seu desexo, no cemiterio de Asadur, a parroquia na que nacera. Programa e adhesións A homenaxe do 27 terá lugar no Salón Multiusos ás 17 horas e está organizada polo Concello de Maceda. Ademais do alcalde Xabier Oviedo intervirán o portavoz nacional do BNG -organización na que militou desde a súa fundación- Xavier Vence, o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, o presbítero Manuel Peleteiro, o ex-alcalde de Maceda Bieito Seara, a súa sobriña Milagros Calvo máis o editor e xornalista Xan Carballa e o investigador Santiago Prol, autores do libro de conversas con Francisco Carballo publicado por A Nosa Terra, xornal e editorial ao que estivo intensamente vinculado. Na homenaxe ademais de diversas actuacións musicais proxectarase o vídeo \"Francisco Carballo, sempre no corazón\", no que se recollen imaxes e intervencións. Á homenaxe pódense adherir entidades, organizacións e persoas que deberán comunicalo ao Concello de Maceda para seren reseñadas no acto. Durante a súa longa traxectoria de compromiso nacionalista e activismo en plataformas políticas, culturais e sociais, e pola súa rigorosa e intensa faceta de investigador, Carballo convertérase nunha das persoas máis respectadas e apreciadas do nacionalismo organizado."}
{"ID": "NOS_56339", "summary": "A Compañía Española de Algas Mariñas, con sede no Porriño, é a única beneficiaria na Galiza.", "text": "O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de publicar a resolución provisional da liña de axudas a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira no ano 2022, da que se beneficiaron un total de 71 proxectos, dos cales só un é galego. Enmarcado dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, esta iniciativa mobilizará uns 103,9 millóns de euros entre préstamos e subvencións. En concreto, do importe total, 24,6 millóns corresponden a subvención directa e 79,3 millóns, a préstamo a tipo cero. Catalunya e o País Valencià foron os territorios con maior número de concesións provisionais, cun total de 29 e 12, respectivamente. Con todo, na Galiza só unha firma obtivo esta axuda. A Galiza fica fóra das axudas estatais ao hidróxeno verde aprobadas pola UE En concreto, a Compañía Española de Algas Mariñas, situada na localidade do Porriño, foi proposta para beneficiarse dunha axuda por valor de 726.000 euros e un préstamo que supera os 5 millóns de euros para o seu proxecto de caldeira de biomasa. Tal e como explicou o Ministerio nun comunicado, con esta liña apóianse proxectos de I+D+i, así como actuacións enfocadas á sustentabilidade a través da mellora da eficiencia enerxética e a economía circular en liña co Green Deal da Unión Europea. O encarecemento da enerxía dispara os prezos industriais até 42,8% Todas estas actuacións aplícanse na cadea de valor da industria manufactureira e enmárcanse nalgunha das seguintes prioridades temáticas: economía circular e ecoinnovación, descarbonización, eficiencia enerxética, novas fontes de enerxía renovábel e redución de emisións contaminantes, materiais e produtos avanzados, innovación en procesos de calidade e seguridade, innovacións do proceso produtivo derivadas da prioridade de materiais e produtos avanzados."}
{"ID": "NOS_49017", "summary": "Os propios colectivos que promoveron a ILP sobre o HULA piden agora o seu rexeitamento. A lei chega esta terza feira ao Parlamento modificada polas emendas do PP, único que apoiará o texto definitivo.", "text": "A ILP sobre o HULA de Lugo contou co apoio de 42.000 sinaturas, máis de 200 colectivos e o voto de todos os grupos parlamentares. Despois da súa tramitación chega esta terza feira, á tarde, de novo ao Pleno do Parlamento descoñecida polas emendas do partido de Feijóo. Só o PP aprobará unha lei que partía de ser a máis apoiada das tramitadas no Horreo. Os colectivos promotores piden agora seu rexeitamento. Igualdade de servizos para toda a cidadanía, viva onde viva e, en concreto, radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas para o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Estas eran as principais demandas dunha Iniciativa Lexislativa Popular que se gababa de ser a máis apoiada na historia do Parlamento Galego. Pasada a súa tramitación, a situación é ben distinta, xa só o PP respalda un texto lexislativo que, segundo os seus promotores, nada ten a ver con aquel outro que chegou ao Parlamento co apoio social. A diferenza entre un e outro está nas emendas presentadas polo partido de Feijóo que mudan, segundo os colectivos defensores, o espírito da ILP. \"O PP cambiou totalmente o texto, cando a ILP fora aprobada por unanimidade. Xa non é a nosa ILP e por iso pedimos o seu rexeitamento\", explica Jesús Vázquez \"O PP cambiou totalmente o texto, cando a ILP fora aprobada a ILP por unanimidade. Xa non é a nosa ILP e por iso pedimos o seu rexeitamento\", explica Jesús Vázquez, presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, principais impulsores da iniciativa. Lamenta Vázquez que o PP introducise as súas enmendas sen se dirixir en ningún momento aos grupos promotores da iniciativa. \"Cambia o espírito do texto apoiado por 42.000 sinaturas de maneira unilateral, sendo a iniciativa máis respaldada da historia de Galiza. Simplemente pediamos algo tan elemental como que a cidadanía tivese dereito aos mesmos servizos\", explica. Conta con que o texto enmendado polo PP será finalmente aprobado cos votos do partido maioritario mais asegura que non van parar aí as súas reivindicacións. \"Se impoñen o seu rodillo nós continuaremos na loita. Sacamos á rúa en Lugo a 10.000 persoas e seguiremos con iniciativas como a ruta do cancro. A cidadanía responderá tamén nas eleccións\", afirma Jesús Vázquez. \"Anuncian que continuarán coas mobilizacións \"tamén na campaña electoral\". Do texto inicial, pouco queda na lei que definitivamente aprobará o Parlamento. \"Conseguimos hemodinámica en horas de oficina e xa podemos infartar de 8 a 15 horas mais nada máis. Falan duns prazos longos de máis de dous anos e din que se tenderá a conseguir eses servizos, mais non garanten que o presten desde a rede pública, é dicir, encóbrese a privatización, nin tampouco na capital da provincia. Será lexítimo que unha maioría absoluta aprobe algo así mais nós non imos baixar a cabeza\", defende Vázquez. Trinta e cinco persoas, representantes dos colectivos, estarán no Parlamento para asistiren ao debate. Unha cifra que lles parece mínima fronte ao dato de que son 200 as distintas entidades que promoveron a ILP. De saír definitivamente aprobada pola vontade do PP, anuncian que continuarán coas mobilizacións \"tamén na campaña electoral\"."}
{"ID": "NOS_29714", "summary": "O maquinista do tren Alvia accidentado en Angrois (Compostela) o 24 de xullo de 2013 foi o protagonista da sesión desta quinta feira no xuízo do sinistro. Francisco Garzón destacou a ausencia de medidas de seguridade na liña de alta velocidade entre Ourense e Compostela e reiterou as escusas ás vítimas e ás súas familias.", "text": "O maquinista do tren Alvia sinistrado en Angrois, Francisco Garzón, reiterou na súa declaración desta quinta feira no xuízo o perigo que representaba para a circulación o tramo de alta velocidade ao seu paso por Angrois. A este respecto, recoñeceu que advertira do risco do traxecto \"ao xefe de seguridade da zona\" e confirmou a ausencia das medidas de seguranza requiridas pola normativa, sinalando que \"coas medidas que hai agora, que son as que tiñan que estar daquela\" non sería posíbel a día de hoxe que se repetise o accidente. Garzón afirmou que en todo o momento respectou os sinais de circulación e os límites de velocidade. Nesa dirección, preguntado polo seu letrado, Manuel Prieto, \"se se podía chegar a 200 quilómetros á hora sen infrinxir ningunha norma, respondeu que \"non había ningunha limitación, nin ningún sinal, nin ningunha baliza, nada de nada\", concluíndo que \"era a velocidade permitida\". [VÍDEO] Garzón: \"Non había ningún sinal até o comezo da curva\" \"Non había ningún sinal que me dixese reducir a velocidade\", continuou o maquinista do Alvia, quen aseverou que \"en todo momento seguiu a indicación dos sinais\" e que \"pode, se non hai ningunha limitación ou baliza, que non había ningunha, continuar a 200 quilómetros por hora\". A ausencia das medidas de seguridade requiridas pola lexislación neste tramo ferroviario é unha das denuncias das vítimas. Neste sentido, critican que a vía carecía do sistema de seguridade ERTMS malia estar recollida a súa instalación no proxecto orixinario. Ao tempo, lembran que un informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) denunciou o incumprimento da normativa de seguridade por parte do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Nesa liña, en xullo de 2013, o propio presidente de Adif, Gonzalo Ferre, afirmou que \"o accidente evitaríase se ese tramo contase co sistema de seguridade ERTMS\". Cortabitarte A polémica volveu á sala de vistas da man de Andrés Cortabitarte, o responsábel de seguridade de Adif no momento do sinistro e a outra persoa imputada canda Francisco Garzón. Cortabitarte solicitou a través do seu letrado atrasar a súa declaración para a quinta feira 13 de outubro, aceptando a maxistrada a súa pretensión. A defensa das vítimas e de Garzón cre que Cortabitarte quere \"ter vantaxe e gañar tempo\" após escoitar o maquinista Precisamente, a xuíza, Elena Fernández Currás, apoiou a solicitude argumentando que o directivo de Adif \"non se atopa en condicións por ese incidente [foi golpeado polo pai dunha vítima mortal do accidente esta cuarta feira]\" e que \"existen días máis que suficientes\" para que \"poida reporse\". A resolución da maxistrada de dar máis tempo a Cortabitarte xerou malestar entre as vítimas. Neste sentido, o avogado da Plataforma de Vítimas do Alvia, Manuel Alonso Ferrezuelo, insistiu en que a declaración \"podíase facer mañá [por esta sexta feira], que para iso estaba o día habilitado\" e lamentou que se lle dea a Cortabitarte \"unha semana para preparar en conciencia a súa declaración en función do que declarou Garzón\"."}
{"ID": "PRAZA_8936", "summary": "A Plataforma pola Mobilidade Sostible da Coruña denuncia o \"desmantelamento progresivo\" da rede ferroviaria, o que imposibilita a posta por un medio eficaz e respectuoso co medio ambiente nunha comarca moi castigada polo elevado tráfico.", "text": "Os plans de Renfe para a supresión de numerosos servizos ferroviarios en Galicia, e que provocaría que só Santiago-Ourense e A Coruña-Vigo contasen con trens rexionais, provoca as críticas de numerosos colectivos sociais e políticos. Tal e como xa adiantara Praza hai meses, o plan de Fomento deixaría o país cun mapa ferroviario moi minguado e con varias localidades incomunicadas por vía férrea. A Plataforma pola Mobilidade Sostible da Coruña considera a medida \"un novo retroceso\", así como o \"desmantelamento progresivo\" dunha rede tan necesaria para a comunidade. A plataforma denuncia do \"desmantelamento progresivo\" da rede ferroviaria na contorna da Coruña Para esta plataforma, a diferenza doutras comunidades e doutros países, onde o tren é considerado un medio de transporte a fomentar debido á súa eficacia e respecto ao medio ambiente, \"na nosa contorna máis próxima tómanse decisións que levan o desmantelamento progresivo da rede ferroviaria\". \"Eixos con gran potencial, como é o da Coruña-Ferrol, que precisamente en 2013 cumpre cen anos, son abandonados e esquecidos dos investimentos en infraestruturas\", denuncia. A entrada na Coruña é unha das estradas con máis densidade de tráfico de España Ademais, outras rutas importantes para a vertebración das comunicacións, como o caso do tren a Lugo, con estacións en localidades como Oza dos Ríos, Cesuras, Curtis, Teixeiro ou Guitiriz, \"tamén sufrirá a supresión de servizos e o peche de estacións\". \"O empobrecemento do transporte ferroviario levará aparellado que o número de vehículos que entran diariamente na Coruña siga crecendo, o que contribuirá a empeorar a mobilidade e a calidade de vida\", advirte o colectivo, que lembra que a avenida Alfonso Molina, estrada que dá entrada na cidade da Coruña, é un dos cinco viais con máis densidade de tráfico de España (máis de 145.000 vehículos ao día, segundo a Dirección Xeral de Tráfico). O dato non fai que \"mostrar a necesidade da mellora do transporte ferroviario como eixo de comunicación da comarca\". \"Áreas metropolitanas de menor poboación, como son as de Santander, Cádiz ou San Sebastián, dispoñen de trens de proximidade, mentres que na comarca coruñesa suprímense os escasos servizos existentes\", insiste a Plataforma pola Mobilidade Sostible da Coruña, que reclama \"urxentemente\" a mellora do servizo ferroviario e o aumento de frecuencias \"que levaría un maior uso do mesmo\". \"Consideramos prioritaria o investimento en mellorar e modernizar unha infraestrutura xa existente, que faga do ferrocarril rexional e de proximidade un transporte competitivo\", engade o colectivo, que cre que se está a \"desaproveitar\" a oportunidade de contar cun servizo público \"cómodo, económico e sustentable\"."}
{"ID": "PRAZA_4927", "summary": "A Constituiçom Espanhola di que os partidos políticos encauçam as correntes de opiniom e som a canle para a participaçom política neste regime. Isto em si já daria pé a umha profunda crítica sobre a qualidade democrática do regime. As franquícias políticas som a única via de participaçom?", "text": "No meio da rotina do escritório oficial, alguém nom está tranquilo hoje. Leva toda a manhá a aguardar por um telefonema. Um telefonema que nom dá chegado. Até que enfim, a secretária pessoal anuncia que alguém liga: é a chamada aguardada com aseio durante estas três horas. Respira com certo alívio; tudo em ordem, ou quase. Os botes de pintura estám prontos para ser recebidos. Ainda que nom todos, polo menos parte está garantido que lhe serám entregues. Às vezes acontecem contratempos e nom se recebe tudo o que se deveria receber, parte tem que aguardar. A pintura é um extra, em realidade, porque aquí o verdadeiro negócio som os chouriços O caso é que a maquinária vai funcionando, \"esta gente\" vai cumprindo a sua parte do negócio. Assim que há que ter paciência, enquanto nom houver um desfornecimento sério de pintura. A pintura é um extra, em realidade, porque aquí o verdadeiro negócio som os chouriços. Os chouriços nom som realmente necessários, a pintura sim, esse é o paradoxo. Os estranhos amigos do nosso protagonista (um homem importante) necessitam vender chouriços, e para vender esses chouriços oferecem pintura. Nesta altura da história, os leitores já estarám a se perguntar qual é o curioso negócio no que está envolvido este indivíduo que desde um escritório oficial recebe telefonemas relativos a botes de pintura. Desde logo que no prédio administrativo onde se ubica o escritório deste homem importante, um vereador, ponhamos por caso, ninguém viu entrar nem sair carrinhas com botes de pintura e também ninguém sabe nada de movimentos relacionados com verbas de chouriços. O que torna mais misterioso ainda todo este assunto. Cumpriria aclarar que os botes de pintura em realidade som envelopes com feixes de notas de 500 euros, e os chouriços som candidaturas para contratos públicos A pergunta obrigatória depois deste suponho que desconcertante começo é: entom, a Cámara Municipal compra-lhe chouriços (a quem, a umha indústria cárnica?) porque necessita pintura, e quem vende os chouriços presenteia pintura como incentivo? Mais ou menos por aí vai a cousa, ainda que cumpriria aclarar que os botes de pintura em realidade som envelopes com feixes de notas de 500 euros, e os chouriços som candidaturas para contratos públicos. Assim se entende que colocar os chouriços no mercado com ajuda da pessoa acaída seja tam solícitamente premiado com pintura. Agora entenderám os leitores a ansiedade do nosso vereador na manhá de um dia de cobro. A pintura, esse extra no negócio dos chouriços, é absolutamente chave nesta história. A Constituiçom Espanhola di que os partidos políticos encauçam as correntes de opiniom e som a canle para a participaçom política neste regime. Isto em si já daria pé a umha profunda crítica sobre a qualidade democrática do regime A Constituiçom Espanhola di que os partidos políticos encauçam as correntes de opiniom e som a canle para a participaçom política neste regime. Isto em si já daria pé a umha profunda crítica sobre a qualidade democrática do regime. As franquícias políticas som a única via de participaçom? Pois vale a pena emprestar atençom a como essas franquícias tratam a democracia!!! Os partidos com presença institucional som aparelho de estado em grande medida. Necessitam pintura para poder competir na encarniçada briga eleitoral. Para poder acceder ao poder nas instituiçons e para conservá-lo. Essa é a raíz do problema. Isso significa que conseguir pintura necessita dedicaçom profissionalizada por parte de quadros partidários e cargos públicos. As empresas que compitem polo suculento negócio do contrato público, sabem que necessitam investir pintura, para pagar campanhas eleitorais e para gratificar a cargos públicos. Assim é o negócio dos chouriços. Os partidos com presença institucional som aparelho de estado em grande medida. Necessitam pintura para poder competir na encarniçada briga eleitoral. Para poder acceder ao poder nas instituiçons e para conservá-lo O sistema é corrupto e por isso os partidos do regime som corruptos. Nom é que os partidos do regime tenham nódoas na sua conduta que deteriorem a credibilidade do sistema. Os mesmos partidos que adividam quantias astronómicas à banca por créditos para as suas campanhas eleitorais (e nom se lhes embarga nem se lhes despeja das suas sedes por isso) que recebem subsídios milionários a travês das suas fundaçons, tenhem estas vias de financiamento ilegal. Há sumários kilométricos, processos judiciais espetaculares, correm rios de tinta na imprensa oficial, dedicam-se horas de debate público mediático ao tema, mas em momento nengum se planteja fazer auditorias aos principais partidos e fechar o \"chirnguito\" de quem nom tiver as contas claras e em ordem. É mais, nem sequer se planteja fechar-lhes a porta à participaçom em futuros processos eleitorais, e naturalmente a bilha do crédito bancário e do subsídio oficial também nom se lhes fecha. No muito democrático regime espanhol, há gente no cárcere por delitos de opiniom ou por militar em organizaçons que tenhem pretensa conexiom grupos armados, ainda que estas pessoas em concreto nom tenham atividade demostrável que as vincule com esses grupos. No muito democrático regime espanhol, umha manifestaçom verbal ou escrita de simpatia ou solidariedade com umha pessoa presa que para a justiça espanhola responda à categoria de terrorista, pode custar também prisom. Ajudar ou visitar a pessoas presas pode vincular-te com grupos armados ainda que nunca tenhas manifestado identificaçom ideológica com eles. No muito democrático regime espanhol, por nom condenar ao ditado a atividade armada de certos grupos podes estar expulso do jogo político, podes estar privado de organizar-te politicamente onde desejares e podem-che cortar o direito ao sufrágio. Mas nom acontece o mesmo com partidos que estám ligados às máfias inmobiliárias, que recebem dinheiro de empresários ligados ao narcotráfico ou ao tráfico de pessoas. Há indulgência infinita, porque som eles quem manejam a cousa pública e nom se vam auto-condenar. Eles som o sistema; o sistema é o corrupto, por muito que nos queiram fazer ver que o que há som garabanços pretos numha pota de garabanços brancos. Como muito o que acontece é que aquele que colhem com as maos na massa tem que responder a título pessoal, mas nunca se dirá que \"este partido e a corrupçom som a mesma cousa\", como também jamais se dirá que o caso Bárcenas, o caso Gürtel, o caso Pokemon ou o caso Dorado som todo um, ainda que os nomes se repitam. Esse viciado mecanismo de alimentaçom da maquinária política oficial, realmente traz como conseqüência o seqüestro da democracia como pauta para a tomada de decisons políticas Estes som os partidos que, teoricamente, encauçam as correntes de opiniom e som a via para a participaçom na política. Mas esse viciado mecanismo de alimentaçom da maquinária política oficial, realmente traz como conseqüência o seqüestro da democracia como pauta para a tomada de decisons políticas. As políticas privatizadoras tenhem a sua raíz nessas redes clientelares; o urbanismo anti-popular praticado nas nossas cidades, os cámbios legislativos totalmente lesivos com o méio natural e muito especialmente no referido ao monte e o litoral, a destruçom de emprego público... Claramente, nom se trata de um problema moral nem pontual; trata-se de um regime putrefacto e aqueles partidos que participam de algumha maneira nesses mecanismos de lucro ilícito e perpetuaçom de poder som inimigos do povo. Quem vai aplicar essa \"mao dura\" desde dentro do sistema? O capitalismo é o problema e os gestores da democracia burguesa som um reflexo da sua degeneraçom Nom vale com reclamar ou prometer \"mao dura\". Quem vai aplicar essa \"mao dura\" desde dentro do sistema? O capitalismo é o problema e os gestores da democracia burguesa som um reflexo da sua degeneraçom. Às vezes som descobertos nas suas sujas maniobras e entom há que fazer limpeça de elementos queimados, para que a cousa continue a funcionar. O socialismo é a alternativa, com o povo decidindo de maneira direta sobre as questons que incidem imediatamente nas suas condiçons de vida. Que a política deixe de ser um negócio e umha saída profissional para os parasitas."}
{"ID": "NOS_9101", "summary": "Sumrrá é un trío de jazz que conquistou antes territorios alleos que propios, aínda que nos tres últimos anos poden escoitalos en Compostela os domingos sen xira. Falamos co seu contrabaixista, Xacobe Martínez Antelo, logo de viren de Centroamérica e antes de marcharen a China. Non paran.", "text": "- Vides de facer unha xira de Centroamérica e agora empezades outra por China. Logo de tantos anos, chegou a hora de Sumrrá?- Nunca se sabe, isto é unha carreira de fondo, e como eu digo sempre, con Sumrrá a verdade é que hai esa sensación de que non hai fin, o único que pode pasar é que á xente lle deixe de interesar o que facemos, pero por nós estamos encantados. Non sempre tivemos épocas tan activas coma esta. Tivemos anos de tocar moi pouco. E a verdade é que nos últimos anos, non se sabe moi ben por que, todo apunta a Sumrrá e estamos a tocar moito. Fai que o proxecto colla unhas dimensións novas, e a verdade é que agora mesmo estamos nun momento no que nunca foi tan fácil tocar, nunca foi tan divertido e parece que o público o capta todo e o disfruta. Así que estamos encantadísimos. - Cantos anos levades xuntos?- Estamos facendo 17, e ademais fructíferos, porque estamos agora mesmo preparando o sexto disco. Temos cinco discos editados con todo material orixinal composto por nós, con épocas de traballo moi intenso, porque cada disco é un proceso de traballo creativo moi ntenso. Con Sumrrá a verdade é que hai esa sensación de que non hai fin, o único que pode pasar é que á xente lle deixe de interesar o que facemos - Nos últimos anos estivestes en África, en Asia... Que pasou para que todo agrome agora?- A primeira saída un pouco grande de medirnos fóra foi a raíz do segundo disco. E démonos conta de que non nos coñecía ninguén. Levabamos cinco anos traballando coma tolos, e a partir de aí empezamos a tomar consciencia de que hai que currarse moito que te coñezan fóra, nun momento no que a Internet era outra cousa, non había esta tolería da hiperconectividade que hai agora. Foi co terceiro cando xurdiu a posibilidade de empezar a traballar con Inés Portela e saíu a primeira xira de Sudáfrica, que foi en 2008 ou 2009. Ao poñernos nun contexto foráneo démonos conta de que Sumrrá funcionaba incluso mellor que aquí. Vendemos moitísimos discos. A xente falábanos como se foramos representantes do jazz europeo e nós nunca sairamos a Europa a tocar [risos]. Iso é un enganche porque é como medrar e de repente ser adulto. Estaste testando nun escenario internacional con grandes de todo o mundo. Logo tivemos pequenas incursións: en Bulgaria, en París, en Bolivia, no Tanjazz de Marrocos. E en Corea o ano pasado, onde tivemos a sensación de que a xente se conectaba ao minuto e medio. E agora vimos desta xira intensísima por cinco países de Centroamérica. Moi contentos, moi namorados e cunha gana de volver incrible, porque para a xente que podemos falar castelán o nivel de conexión é tan automático, que é sorprendente como non hai unhas pontes artísticas e culturais máis estables e máis fortes. Porque a conexión que houbo alá foi incrible, quedamos enganchados. Ao poñernos nun contexto foráneo démonos conta de que Sumrrá funcionaba incluso mellor que aquí. - E en auditorios grandes. Está o jazz a deixar de ser un estilo minoritario a nivel internacional?- Nós sempre fomos a espazos grandes. Fixemos concertos para 8.000 persoas, o jazz pode ter ese grao de disfrute, non precisas esa imaxe de club de jazz, catro da mañá, fume... Hoxe en día hai disciplinas tan distintas que entran dentro do jazz e a verdade é que con Sumrrá a sensación é que hai moitos momentos do concerto en que non parece un concerto de jazz. Nese sentido, a nós dános igual que sexa escenarios grandes, pequenos, clubes... Entramos na nosa película pronto e intentamos conectar coa audiencia que haxa. - En Galiza como está a escena jazzística? Segue a ter difícil entrada?- En Galiza que disciplina artistística ten entrada fácil? Todo o que non sexa unha praza nunha banda municipal ou nunha orquestra, ten todo un nivel de voluntarismo e precariedade que xa pasa de ser encomiable a ser case unha condena. Realmente o nivel de desinterese de toda a cobertura institucional... Así como ninguén pon en dúbida que a sanidade, a educación e as infraestruturas son unha cousa de todos, parece que a cultura é só dos que se dedican á cultura. Ao final tiras de decisións vitais, de querer dedicar a túa vida ao que sintes que te tes que dedicar, pero non é unha decisión empresarial, é unha decisión persoal, porque é inviable. Eu sempre digo o mesmo: o jazz en Galiza a nivel axenda política é absolutamente inexistente. Eu levo anos escoitando da gran canteira de músicos galegos, formados fóra, con traxectoria internacional... pero a realidade é que non hai un circuíto de jazz galego onde amosar o que facemos. Hai moitos músicos excelentes con proxectos discográficos salientables que non teñen un só espazo onde amosar dignamente o que fan, esta é a realidade. Anos atrás a Rede Galega de Teatros e Auditorios tiña espazo para concertos, pero cos recortes quedaron só co teatro. Non hai un circuíto nin un espazo para o jazz, non só para os de aquí senón para escoitar artistas doutros lugares. Isto é un sálvese quen poida e... a tocar a China! Basicamente funciona así. A nós dános igual que sexa escenarios grandes, pequenos, clubes... Entramos na nosa película pronto e intentamos conectar coa audiencia que haxa. - Con tanto ir e vir, ides continuar sendo a banda residente nas Crechas, onde tocades moitos domingos?- Si, voltaremos en maio, ao voltar de China. O noso hábitat natural é o directo, tanto ten que sexa un clube ou un festival grande. E gústanos facer unha residencia semanal na nosa cidade. A aposta foi nosa, decidimos querer tocar na nosa cidade. E até que o público queira, nós imos estar aí. Esta é a terceira temporada, e non podemos estar todos os domingos, porque estamos tamén por fóra, pero o público sigue enchendo os domingos e é unha pasada. Non podemos esquecer que estamos a facer jazz, só o noso repertorio, e somos un trío instrumental de jazz todos os domingos. E segue a vir xente. Somos plenamente conscientes de que mentres teñamos público imos seguir estando nas Crechas. España é un pouco un páramo - Saltastes ao mercado internacional sen pasar por España.- España, joe España... Cando vas polo resto de Europa decátaste de que España é un pouco un páramo. É complicado abrir un oco nas escasas programacións de jazz que hai. Hai algunhas mostras moi afeccionadas, e outras grandes que sempre van chamar alguén como Kenny Garrett, un cabeza de cartel. E nós sempre fomos traballadores da música, nunca fixemos nada na música que non fora pagado. E a moita xente aínda lle custa entrar nesta dinámica. Estivemos xirando nalgún festival, xirando con 1906... si temos estado, pero non tanto como nos gustaría. A nosa capacidade de traballo é moi superior á presenza que temos. Se cadra despois de 25 ou 30 anos poden entender que podes estar nunha programación de jazz aínda que non sexas cabeza de cartel. Nós confiamos en traballar máis. Todo o que non sexa unha praza nunha banda municipal ou nunha orquestra, ten todo un nivel de voluntarismo e precariedade que xa pasa de ser encomiable a ser case unha condena. - Como definiriades a proposta musical de Sumrrá?- Desde o primeiro momento intuimos os tres que a clave é deixar tranquila a música [risos]. A maioría dos grupos non funcionan porque non deixamos a música tranquila, pero eu creo que a base é esa. Nós aceptamos e respectamos até o infinito aos compoñentes do proxecto. Eu sinto admiración tanto por LAR Legido como por Manuel Gutiérrez. Considérome afortunado por estar tocando con eles. Eu acepto, eu aprendo deles, tento ser o mellor contrabaixista posible para eles dous. E sinto o mesmo deles cara a min. Sinto que me arroupan, que me respetan e que me dan o que necesito. Ese é o pacto tácito que temos entre nós. Basicametne o que hai é un deixar a música ser. Despois veñen todas as etiquetas, identificacións, referenzas... e nós aceptamos todo: temos todas as influencias do mundo. Somos jazz europeo, jazz de vangarda, jazz español, jazz americano, jazz free, eu que sei. O que todo o mundo diga está guai, non levamos ningunha bandeira. E basicamente non che podo dicir moito máis do que facemos, a verdade."}
{"ID": "NOS_46614", "summary": "O 28 de maio faise un ano do inicio das mobilizacións contra o ERE e a venda da factoría de San Cibrao segue sen resolverse.", "text": "O vindeiro 28 de maio faise un ano desde o inicio das protestas por parte do persoal traballador de Alcoa en San Cibrao (Cervo) contra a decisión da empresa de fechar a planta de alumino primario e acometer un despedimento colectivo que afectaría 534 persoas, ademais dos empregos destruídos nas auxiliares. Desde entón, o conflito deu moitas voltas, mais segue sen solución á vista. O ERE Aínda que os problemas de Alcoa viñan xa de atrás, o anuncio do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) supuxo o inicio do enfrontamento entre Alcoa e o seu persoal de San Cibrao. As negociacións comezaron a finais de xullo de 2020. A multinacional non se amosou en ningún momento disposta a ceder, aínda que finalmente accedeu a explorar unha alternativa: a venda da planta a un terceiro, Liberty House. A negociación non obtivo o resultado agardado e á volta do verán a firma norteamericana retomaría o seu plan inicial, que non era outro que o de fechar a planta e executar o despedimento colectivo. Porén, o cadro de persoal levara o ERE ante a Xustiza. O Tribunal Superior da Galiza (TSXG) deulles a razón e tumbou o despedimento colectivo ao apreciar \"mala fe\" de Alcoa nas negociacións. A resolución foi recorrida pola multinacional ante o Supremo, que está agora pendente de resolvela. As protestas Desde o primeiro momento, os traballadores pediron a intervención de Alcoa por parte da Xunta e do Goberno español para garantir a continuidade da actividade industrial na Mariña. Marchas e mobilizacións sucedéronse por todo o país até que Alcoa accedeu a negociar a venda. Porén, á vista dos nulos avances e do incumprimento dos prazos marcados, o comité decidiu incrementar a presión e convocar unha folga indefinida que se alongou até final de ano. Foi entón cando Alcoa optou por retomar as conversas para a venda, desta vez coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) como interlocutor, a cambio da paz social e do levantamento da folga, pero novamente volveuse cumprir o prazo sen alcanzar acordo ningún, o que leva o comité a pór enriba da mesa un calendario de mobilizacións e a volta á folga. Pero nun novo xiro dos acontecementos Alcoa promete esta mesma semana sentar a negociar por terceira vez, neste caso coas empresas interesadas, a cambio de manter a paz social e todo queda no aire. O papel da SEPI As Administracións teñen na súa man a solución ao conflito. Tanto a Xunta (Igape) como o Estado español (SEPI), poden intervir a empresa amparándose en que é unha instalación estratéxica ─a única planta de aluminio primario do Estado─, pero non se queren comprometer. Nas negociacións do pasado verán entre Liberty House e Alcoa, a SEPI interveu no último momento para facer unha oferta a Alcoa pola que sería o ente público quen comprase a factoría, seguindo o exemplo do Goberno italiano na Sardeña. En decembro, as negociacións entre Alcoa e a SEPI volveron a ese mesmo punto, pero o organismo público preferiu optar por un papel secundario, que se limita a facer de mero intermediario no momento da venda entre a multinacional norteamericana e o futuro comprador. Desde a Secretaria de Estado de Industria xa advertiron que non ían encargarse de buscar ese comprador, labor que lle encargaban a Alcoa, e que tampouco estaban en disposición de incluír unha cláusula no acordo para eximir a empresa de responsabilidades futuras. A mala fe de Alcoa O TSXG certificou a \"mala fe\" de Alcoa nas negociacións por non demostrar vontade para vender a planta da Mariña. A empresa non quixo modificar o ERE cos sindicatos e, nas veces que sentou a negociar, nunca cumpriu os prazos. Só conseguiu adiar os seus plans e gañar tempo, quizais á espera dunha sentenza favorábel do Supremo que lle despexe o camiño. De feito, insiste en pedir a paz social ao cadro de persoal mentres mantén aberta a vía xudicial contra el. Problemas engadidos No conflito xurdiron tamén varias frontes externas. Por un lado a xudicialización do proceso de venda das plantas de Alcoa da Coruña e Avilés a Parter e, por outro, os problemas de liquidez de Liberty House. Ambos os dous interferiron no proceso de venda da planta de San Cibrao."}
{"ID": "NOS_26406", "summary": "A Unión, dixo Josep Borrell, \"ten aínda munición gardada\" para \"redobrar\" a presión contra Moscova.", "text": "Os ministros de Exteriores da Unión Europea (UE) aprobaron esta terza feira sancións contra os responsábeis do recoñecemento ruso das rexións separatistas, nun paquete que inclúe medidas financeiras, contra mandos militares e membros da Duma. Tras unha reunión extraordinaria do Consello de Asuntos Exteriores en París, o Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell, asegurou que os Vinte e sete chegaron a un acordo para dar unha \"rápida resposta\" á crise, e demostrou a súa \"determinación\" para responder de forma \"robusta\" ao recoñecemento das autoproclamadas repúblicas e o despregamento de tropas rusas no Donbass. Segundo indicou o xefe da diplomacia comunitaria, a resposta europea \"danará Rusia, e moito\", e confirmou que o movemento está coordinado cos Estados Unidos, Reino Unido e Canadá. \"A gran violación que comete non sairá sen resposta e elevaremos o nivel de sancións substancialmente segundo o nivel de agresión rusa\", avisou Borrell, asegurando que a UE ten aínda \"munición\" gardada para redobrar a presión contra Moscova se segue a súa \"ameaza\" contra Ucraína. Quedan aínda moitas preguntas pendentes na crise no leste de Ucraína, dixo Borrell, indicando que só 30% do territorio das rexións ucraínas recoñecido por Rusia está en mans das entidades pro rusas. O ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación do Estado español, José Manuel Albares, defendeu que coas sancións impostas a Rusia a Unión Europea demostrou que as súas advertencias non eran \"simples palabras\" e preveu que se hai unha agresión militar estas serán \"masivas\". O Kremlin ve caducos os Acordos de Minsk Noutra orde, o presidente ruso, Vladimir Putin, atribuíu a crise desatada en Ucraína ao \"incumprimento por parte de Kiev\" dos Acordos de Minsk, ao tempo que sinalou que os citados pactos \"xa non existen\" por mor dos últimos acontecementos. \"Os acordos son un conxunto de medidas que buscaban arranxar a situación no leste. Estivemos asistindo durante non sete, senón oito anos, a estas conversas. Fun un dos autores deses documentos e por iso quero subliñar que estabamos interesados en levar a cabo esas medidas, porque eran o resultado dun compromiso\", apuntou."}
{"ID": "NOS_9366", "summary": "A Liga Estudantil Galega e a asociación Cultura do País convocan unha noite de monólogos e concertos para axir unha campaña de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co gallo do 17 de maio, dia das Letras", "text": "\"Co fin de reivindicar o noso idioma e protestar máis unha vez contra LOMCE\". Así explican dende a Liga Estudantil Galega a orixe do proxecto para unha noite festiva que organizan xunto a asociación Cultura do País e que terá lugar na sexta-feira do 24 de maio no clube Clavicémbalo de Lugo. Segundo explica Felipe Vázquez dende a Liga, en conversa con Sermos Galiza, a estratexia era aproveitar un acto lúdico para \"trasladar ás persoas alleas ao ámbito académico a nosa preocupación polo que está a acontecer coa LOMCE\", a vulneración do dereito á educación\"alén dun ataque para a nosa lingua\". Co gallo do días das Letras Galegas, concíbese asemade unha homenaxe ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño no que Anxo Manuel, membro do grupo de teatro Menos dá unha pedra, levará ao emblemático clube de jazz lucense o monólogo' Animaliños\". A fin da xornada virá de man do grupo Os Ulträqäns, coñecido grupo coruñés que mistura ritmos punk-rock e folk con letras en galego. Amais, durante o concerto aproveitarase para facer un photocall no marco da campaña nacional \"Por unhas letras do aquí\", tamén en ofrenda a Bolaño, e que se moverá polas redes socias co obxecto de dignificar a súa figura. Os participantes terán de tirar as fotos portando o nariz de pallaso e o chapeu que caracterizan ao escritor teatral."}
{"ID": "NOS_3628", "summary": "Reimundo González, portavoz do goberno local pontevedrés, cualifica a resolución como \"demoledora\".", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) establece que Ence debe pedir licenza municipal para realizar obras no seu complexo de Lourizán, decisión coa que o tribunal ratifica a paralización municipal en 2016 por parte do goberno local de Pontevedra dunhas obras da pasteira na zona de pesada de camións e nas balsas de decantación. A empresa presentou entón un recurso ante o Concello, que foi desestimado, e posteriormente acudiu aos tribunais, alegando entre outros argumentos, que as obras estaban amparadas polo plan sectorial vixente. O TSXG certifican que Ence si tivo acceso ao expediente e que o órgano que lles sancionou, a concellería de Urbanismo por delegación do alcalde, si era competente para facelo. O portavoz do goberno local, Raimundo González, dixo que esta sentenza demostra o incumprimento \"manifesto\" da legalidade vixente por parte de Ence e o \"amparo\" que recibe desde a Xunta."}
{"ID": "PRAZA_8595", "summary": "Ao presentar a súa demisión, Méndez Ferrín materializou a que con certeza foi a mais relevante achega da súa presidencia: facer explícita a dimensión política dunha institución que é a pedra de toque da arquitectura académica e gubernativa asociada á lingua", "text": "Versión curta: O louzán indíxena galaico decidira resolver así o imperativo de alertar ao seu pobo do perigo inminente. Tan orfo de líderes como pródigo en curias e nunciaturas, o Reino deixara confinar o seu idioma no estéril exilio dos usos litúrxicos, panteón ilustre de linguas mortas pero fonte de privilexios, dádivas e regalías. Con certeza, a inmolación do seu mais afouto guerreiro no ruinoso altar das letras galegas lograría interrogar ao pobo sobre as causas daquela desolación. Cando o sangue quente comezou esvarar cegando as runas esculpidas no templo sacrifical -Colligit, Expurgat, Innovat- linguas marmuradoras comezaron honrar o seu oficio: grandes perigos se cernían sobre o Reino que as sudorosas mans de cátedras e cesantías xa non podían seguir a ocultar. Versión longa: A lingua galega entrou en fase terminal. Asumámolo con entereza, sen dramas. Rompeuse a cadea primixenia, a da transmisión familiar: cando iso sucede unha lingua atópase ante a súa sentenza de morte. Recoñezamos o noso fracaso colectivo, pois compre coincidir en que estes trinta anos de política linguística poden resumirse nunha ecuación: o número de euros investidos en normalización é directamente proporcional ao número de falantes perdidos. O número de euros investidos en normalización é directamente proporcional ao número de falantes perdidos Pese a iso, cómpre evitar caer no fatalismo. Que a lingua se encontre en fase terminal non implica a súa necesaria desaparición: outras que estaban en peor situación atópanse agora en franca recuperación. Isto non só ilustra a existencia de políticas linguísticas efectivas na restitución e preservación vernacular: o que é mais importante, refuta calquera tentación de considerar os factores externos -globalización, colonialismo ou semellantes- como causa fundamental desta debacle. A responsabilidade do que aquí aconteceu é, fundamentalmente, nosa. De forma natural pensamos nas institucións do noso emerxente sistema de autogoberno como as mais directamente concernidas na política linguística galega. Esas responsabilidades, con non ser exclusivas -o desleixo do governo federal non pode ser omitido- son innegábeis; mais ao apuntar ao executivo, non deberiamos esquecer o que a inscrición tallada en mármore lembra a quen cruza a entrada na Universidade de Heidelberg: a función que as institucións académicas desempeñan na lexitimación moral e intelectual da acción gubernamental. Non se trata dun mea culpa inscrito en fermosas letras góticas para exculparse por ter extendido carta de natureza científica e xurídica á política de exterminio do goberno nacional-socialista; trátase dunha lección, a primeira que debe aprender quen cruza as portas da universidade alemana, sobre os perigos da falta de honestidade e rigor intelectuais. Trátase dunha advertencia sobre as demoledoras consecuencias da corrupción académica na súa interacción co poder político. Perante a situción da nosa lingua: teremos o valor de mirar de frente ás nosas institucións académicas para interrogarnos sobre a súa responsabilidade no deseño, posta en marcha e mantenemento desta postmoderna máquina de castelanización? A xulgar pola súa precisión, ben podería ser de construción alemá. A perda de falantes é consecuencia directa da corrupción da nosa Academia durante o proceso de instauración da autonomía Fago explícita a miña hipótese para sometela a pública consideración: a perda de falantes é consecuencia directa da corrupción da nosa Academia durante o proceso de instauración da autonomía. Dende o marco teórico das elites extractivas podería formularse afirmando que, a cambio de garantir a súa prevalencia no acceso ás rendas -económicas e simbólicas- derivadas da actividade asociada á lingua, o sector hoxe hexemónico na Academia tería acordado lexitimar a política promovida pola coalición dominante. Dado o carácter marcadamente centralista da coalición, a estratexia requería a neutralización política do feito diferencial buscando activamente equiparar a identidade galega á española. O goberno controlaba os recursos económicos, mais precisaba de base científica que avalara aquela estratexia. A Academia, perenne obxecto de precariedade orzamentaria, dispoñía da lexitimidade e do arsenal científico-técnico necesario. A solución final atopouse na proposta de hibridación do galego co sistema ortográfico do castelán. Por unha parte, a proposta servía para descartar os modelos de inmersión linguística dado que as semellanzas entre ambos idiomas favorecían a súa coexistencia na escola. Por outra, ao formalizar o elemento central da identidade como subproducto do castelán, lográbase neutralizar o feito diferencial tornando ademais en anecdótica, cando non inexistente, a súa relación co diasistema orixinario galego-portugués. Os académicos que denunciaron a ineficacia daquela aproximación así como a súa evidente falta de rigor científico foron condenados ao ostracismo polos seus compañeiros, como quedou evidenciado no caso de Ricardo Carvalho Calero. A golpe de decreto lei, e silenciando as voces críticas, consolidaríase o dogma político-científico do bilinguismo harmónico, tan convenientemente alonxado do rigor académico como apegado ao poder político. A golpe de decreto lei, e silenciando as voces críticas, consolidaríase o dogma político-científico do bilinguismo harmónico En suma, a política linguística de Galicia nunca estivo orientada á restitución de falantes, senón á neutralización política do feito diferencial na súa mais requintada expresión: a lingua. Trinta anos despois obtemos os resultados daquel proceso de corrupción académica observando como a lingua entra en fase terminal vendo interrompida a súa transmisión familiar. Mais, se a lingua desaparece, a función das institucións, centrada en neutralizar o potencial político do feito diferencial, deixa de ser necesaria mais alá do seu papel litúrxico. E aí é cando saltan as alarmas. Nunha sorte de vinganza poética, a corrupción da Academia acaba por cuestionar a necesidade da Academia mesma. Ao presentar a súa demisión, Méndez Ferrín materializou a que con certeza foi a mais relevante achega da súa presidencia: facer explícita a dimensión política dunha institución que é a pedra de toque da arquitectura académica e gubernativa asociada á lingua Ao presentar a súa demisión, Méndez Ferrín materializou a que con certeza foi a mais relevante achega da súa presidencia: facer explícita a dimensión política dunha institución que é a pedra de toque da arquitectura académica e gubernativa asociada á lingua. Xa non poderán por mais tempo os académicos -mulleres poucas hai- seguir a parapetarse tras a suposta asepsia científica para eludir a sua responsabilidade no estado de cousas da lingua. A iniciativa de asumir a defensa do idioma contra as agresións xurídicas promovidas dende o propio goberno representa neste sentido a cifra coa que se medirá a a capacidade de rexeneración moral da institución. Pero ademais de abdicar, o ex-presidente abxurou da súa condición de académico. Deixando claro que non é a Real Academia Galega o lugar onde o seu compromiso coa lingua pode expresarse mellor, deixou tamén sinalada a necesidade de identificar novos pagos onde o idioma poida agromar vizoso. Á luz da lenta pero inexorabel migración de tantas personas de relevancia cara o padrón internacional, podería atoparse na Academia Galega da Lingua Portuguesa unha das posíbeis alternativas. Outra sería que a RAG, constatando o fracaso do bilinguismo harmónico, reconsiderase a dogmática exclusión do reintegracionismo. Sumadas esas teses ás que promoven a inmersión linguística, a perspectiva dunha cidadanía competente en tres dos idiomas mais falados do planeta debera facer reflexionar a quen continúa acreditando na arcadia isolacionista do guetto feliz."}
{"ID": "NOS_10548", "summary": "A Asociación de Actores e Actrices de Galicia homenaxea a Vicente Montoto ao concederlle o Premio de Honra Marisa Soto que será entregado o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña na gala da XIX edición dos Premios María Casares.", "text": "Co Premio de Honra Marisa Soto, a Asociación de Actores e Actrices de Galiza recoñece a traxectoria de máis de cincuenta anos dedicado ao teatro de Vicente Montoto, actor, autor e director ademais de fundador da compañía Uvegá Teatro. . \"Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado\", sinala o presidente da AAAG, Avelino González, que cualificou a Montoto pola súa paixón e xenerosidade na entrega ao teatro. O número 137 de Sermos Galiza que estará nos quiosques esta quinta feira recolle unha entrevista con Vicente Montoto arredor da súa traxectoria."}
{"ID": "NOS_22640", "summary": "O ministro de Exteriores español, José Manuel Albares, afirma que o cumio da Alianza Atlántica en Madrid será \"histórico\" pola \"case segura\" adhesión dos países escandinavos.", "text": "O viceministro de Exteriores da Federación Rusa, Sergei Riabkov, asegurou esta segunda feira que \"non\" aceptará o ingreso de Finlandia e Suecia na OTAN, algo que, dixo, sería \"outro grave erro con consecuencias de longo alcance\". Fixo estas declaracións logo de que nos últimos días ambos os países escandinavos manifestasen publicamente o seu desexo de integrarse na organización militar. De feito, o pasado sábado, o presidente finlandés, Sauli Niinisto, informou de que conversara telefonicamente co presidente ruso, Vladimir Putin, para comunicarllo oficialmente. Finlandia informa a Putin da súa vontade de entrar na OTAN Agora Riabkov respondeu, en declaracións recollidas pola axencia rusa Interfax, que a seguridade de Finlandia e Suecia \"non se verá fortalecida\" pola entrada na OTAN. \"A forma na que garantiremos a nosa seguridade após a mudanza nesta configuración xeral da OTAN é un asunto á marxe e dependerá do que sexa en termos prácticos o resultado do acceso de Finlandia e Suecia á Alianza\", apuntou. A OTAN non desbota despregar tropas en Suecia e Finlandia Aliás, o viceministro de Exteriores de Rusia subliñou que o Goberno de Putin \"non se vai resignar sen máis\" e que esa hipotética adhesión provocará un \"aumento\" do \"nivel xeral de tensión militar\" e, en consecuencia, \"a preditibilidade nesta zona será menor\". Na mesma liña, a portavoz do Ministerio de Exteriores, Maria Zajarova, apuntou que Europa \"optou por cortar calquera canle de comunicación\" con Rusia e que, polo tanto, agora ten \"vía libre\". Albares: \"A case segura adhesión de Finlandia e Suecia é histórica\" Pola súa parte, o ministro de Exteriores español, José Manuel Albares, defendeu tamén esta segunda feira que o cumio da OTAN que decorrerá en Madrid en xuño será \"histórico\" pola, \"case con toda seguridade\", integración de Finlandia e Suecia. Suecia dá un paso máis cara á súa integración na OTAN"}
{"ID": "NOS_39115", "summary": "Duplica a media estatal no índice de incidencia dos accidentes mortais: é de 6,05 por 3,24 de media no Estado.", "text": "Galiza está á cabeza do Estado español en índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores) en sinistros laborais mortais. Duplicamos a media estatal no que é unha constatación máis do preocupante panorama que nos accidentes laborais rexistra Galiza. No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6.05. O dado, correspondente a un estudo de Comisións Obreiras- Galiza, non deixa marxe para a dúbida: \"O noso país é que ten o maior índice de accidentes mortais\". En 2018 perderon a vida en accidentes laborais 56 persoas en Galiza, un aumento a respecto das falecidas en 2017: 43 traballadores e traballadoras. A precariedade laboral está ligadas a esta realidade. Un dato deste estudio de Comisións Obreiras: en 42% dos sinistros laborais sufríronas persoas traballadoras con contrato temporal -a poboación asalariada temporal representaba 26,6 % do total- . Así, Roi Fernández, responsábel de Saúde Laboral de CCOO, apuntou como as reformas laborais, coa súa precarización do mercado de traballo, tamén teñen responsabilidade na sinistralidade laboral. Para alén da alta precariedade do mercado de traballo en Galiza, Fernández puxo sobre a mesa outros dous factores para esta alta sinistralidade: a falta de traballo en prevención, o elevado peso que os sectores primarios —agricultura e pesca— aínda teñen na economía galega, e onde se rexistran a maior parte deses sinistros. A economista Silvia Parga, autora do estudo, informou de que os datos públicos revelan que no ano 2018 se rexistraron en Galicia 30.972 accidentes de traballo con baixa (aumento do 2,39 %), dos cales o 90,21 % ocorreron en xornada laboral. No que vai de década (2010-2018) morreron na Galiza en accidentes laborais perto de 500 traballadores e máis de 4.000 sufriron feridas de carácter grave. Nese período, o exercicio con máis vítimas mortais fora o 2010 (64 persoas falecidas)."}
{"ID": "PRAZA_4706", "summary": "Milleiros de afectados reclaman á nova dirección de Novagalicia a devolución dos seus aforros nunha manifestación na que tamén estiveron presentes emigrantes retornados e colectivos como Stop Desafiuzamentos.", "text": "Vigo converteuse na mañá deste sábado no epicentro das protestas dos milleiros de afectados polas preferentes en Galicia. Miles de persoas chegadas de toda Galicia percorreron as rúas da cidade nunha marcha na que volveron reclamar a devolución íntegra dos seus aforros e na que tamén perticiparon colectivos como os dos afectados polas cláusulas solo, Stop Desafiuzamentos ou os emigrantes retornados que están a sufrir a campaña sancionadora de Facenda. Afectados polas preferentes, pero tamén emigrantes retornados ou Stop Desafiuzamentos, participaron na marcha Agora que Banesco se fixo coa propiedade de Novagalicia Banco, tras a poxa do Estado, os estafados agardan que o seu presidente cumpra co prometido. Asegurou que arranxaría o conflito en tres meses, pero nada saben aínda os 35.000 cidadáns galegos que aínda quedan afectados polas participacións preferentes e que supoñen uns 500 millóns de euros. Por iso volveron saír á rúa, tal e como prometeran, nunha manifestación masiva por Vigo na que volveron facer soar as bucinas e na que teimaron en reclamar o que é seu. O destinatario das súas consignas e berros van claramente dirixidas ao Estado e á Xunta, pero agora sobre todo a Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Ollos que ven, corazón que sente, Novagalicia engana os clientes, púidose ler nunha das numerosas pancartas que os estafados luciron na marcha caracterizada polas cores das camisetas das diferentes chegadas de todas as comarcas do país. Unhas 35.000 persoas e uns 500 millóns de euros están pendentes aínda da solución prometida por Banesco Foron unhas 10.000 persoas segundo os convocantes e 3.000 segundo a policia os que saíron ás rúas logo de chegar á cidade en numerosos buses. Novagalicia Banco asegura que dos máis de 75.000 clientes de produtos híbridos, case 40.000 recuperaron o 100% do investimento e case 38.000 do 71% dos cartos. Segundo os preferentistas, aínda hai 35.000 afectados que non recuperaron todos os seus aforros."}
{"ID": "NOS_28244", "summary": "Milleiros de persoas tomaron parte esta quinta feira nas 10 manifestacións e 3 concentracións convocadas pola Alianza Social Galega coa finalidade de dar \"unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos da Xunta e do Estado español\". Vídeo no interior.", "text": "A Alianza Social Galega, integrada por máis de 60 colectivos, foi quen de convocar, máis unha vez, milleiros de persoas nas rúas de cidades e vilas de Galiza para exixir, tal e como se pedía en faixas, palabras de orde e manifesto, \"outra saída á crise\". As mobilizacións partiron sobre as oito da tarde cunha finalidade clara, reiterada polas organizacións e colectivos convocantes: dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos de Galiza e do Estado Español coa coartada da crise e do pagamento dunha débeda ilexítima, seguindo os ditados da UE, do FMI, do BCE e da patronal neoliberal. Nas manifes tomaron parte centrais sindicais, asociacións veciñais, colectivos cidadás, entidades ecoloxistas, plataformas de defensa do territorio, organizacións feministas, xuvenís, plataformas de defensa dos servizos públicos...así como milleiros de cidadáns a título individual. Unha maré que percorreu as cidades galegas para defender un modelo social antagónico do que se procura desde Xunta e Estado coas súas medidas, recortes, e austericidios. Foron marchas contra o feixe de medidas e actuacións contra as maiorías sociais. Desde os recortes dos servizos públicos esenciais\", como as pensións, a sanidade, a educación e o benestar, até o \"retroceso en dereitos\" coma a xustiza, o aborto, á libre manifestación, a liberdade de expresión, ao tempo que denunciaban a \"corrupción xeneralizada, a lei mordaza, os atentados aos dereitos humanos, o enriquecimento ilícito\"."}
{"ID": "NOS_25556", "summary": "O órgano, que ten unicamente caracter consultivo, pide que se elimine da LOMCE a obriga de que os territorios con lingua propia paguen unha escola privada para asegurar o ensino en castelán", "text": "O Consello de Estado rexeita a obriga sinalada na LOMCE de que os territorios con lingua propia deberán finanzar o ensino en castelán en centros privados. Así o recolle o ditame sobre a contrarreforma educativa en que traballa o ministerio de Educación que redactou este órgano consultivo ao sinalar que \"non debería figurar na lei por afectar ao ámbito de decisión das comunidades autónomas con lingua propia\". Con todo, o Consello de Estado, que na actualidade preside o ex conselleiro de Sanidade da Xunta, Romay Beccaria, comparte a postura da LOMCE no referente a que cómpre delimitar a \"proporción razoábel\" no uso dos idiomas cooficiais, discrepa de que sexa o Executivo español quen impoña \"as medidas a adoptar\" cando non existan \"medios ou recursos\" para garantir o uso do español como lingua vehicular nos centros públicos. \"A regra de que as administracións educativas deberán sufragar os gastos de escolarización cando os pais ou titores decidan escolarizar os seus fillos en centros privados non debera figurar na lei\", recolle o ditame do Consello de Estado. A polémica sobre esta imposición do Goberno español acadou o seu punto álxido após quitar o ministro Wert a careta, facendo pública a súa intención de \"españolizar os alumnos cataláns\" e, por extensión, o estudantado da Galiza e de Euskal Herria. \"Procedería impor como obrigatoria\" Educación para a Cidadanía O ditame elaborado por este órgano consultivo reclama a Wert que non desapareza a asignatura de Educación para a Cidadanía, introducida no currículo escolar durante o Goberno do PSOE e que o Consello de Estado, nun texto asinado, entre outr@s, pola ex vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega, considera que \"procedería impoñela como obrigatoria nalgún momento\" para velar \"pola aprendizaxe dos valores democráticos coa finalidade de preparar as persoas para unha cidadanía activa\". Na mesma liña poderían ter feito algunha alusión expresa á perda de carga lectiva da materia de filosofía, que fica relegada a unha situación practicamente residual. Porén, nada di ao respecto o ditame redactado pol@s expert@s."}
{"ID": "PRAZA_19524", "summary": "ENTREVISTA Eduardo Alonso recibirá na vindeira gala dos Premios María Casares o Premio de Honra Marisa Soto", "text": "Eduardo Alonso recibirá na vindeira gala dos Premios María Casares o Premio de Honra Marisa Soto, co que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) distingue a traxectoria de persoeiros no mundo das artes escénicas. Director e dramaturgo, Eduardo Alonso leva máis de corenta anos no oficio, foi o primeiro director do Centro Dramático Galego (CDG) e fundou -xunto a actriz Luma Gómez- Teatro do Noroeste, compañía histórica que neste 2017 cumpre tres décadas de actividade. Falamos con Alonso sobre o galardón, a súa compañía e a situación no CDG. Comecemos coa pregunta tópica para estes casos: Que significa este premio? Sorprendeume, xa que a min me colle en plena actividade. A verdade, é un premio que me honra moito, xa que a AAAG, na súa orixe, chamábase Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. É dicir, esta é unha asociación que recolle a toda a profesión escénica. Polo tanto, é unha gran honra. Ademais, para min e para todos os da miña xeración é unha alegría engadida recibir un premio que leva o nome de Marisa Soto, coa que tivemos o honor de compartir xeración e traballo. \"Cada vez que fas unha obra, tiras uns muros que, na seguinte obra, volven estar en pé. Dá a sensación de que vivimos o castigo de Sísifo, temos que estar subindo constantemente a pedra até o cumio da montaña\" Desa xeración tamén forman parte Xúlio Lago e María Barcala, de Teatro do Atlántico, que hai un par de semanas deixaron caer que quizais xa non farían máis espectáculos pola situación que atravesa o teatro. Como vive Teatro do Noroeste? Senten vostedes o desgaste? Seguramente vivimos unha situación moi semellante á de Xúlio e María. Somos xente que levamos toda a vida facendo teatro e, a verdade, fatiga moitísimo o feito de que cada ano resulte máis difícil facer un espectáculo. Cada vez que fas unha obra, tiras uns muros que, na seguinte obra, volven estar en pé. Dá a sensación de que vivimos o castigo de Sísifo, temos que estar subindo constantemente a pedra até o cumio da montaña. Tamén fatiga moito unha cuestión: non hai perspectivas. Antes, mesmo cando as cousas estaban moi mal, vías un horizontes. É dicir, había unhas posibilidades. Difíciles? Si, pero habíaas. Agora mesmo... É que remataron coas nosas esperanzas. \"Evidentemente, fixemos todos un percorrido e houbo momentos brillantes... Agora? Estamos, se me apuras, incluso peor que no punto de partida\" Neste 2017, Teatro do Noroeste celebra 30 anos de actividade teatral. Nos últimos anos, o mundo do teatro en particular e a cultura galega están a entrar na trintena. O CDG cumpriu 30 anos en 2014, compañías como Teatro do Atlántico cumpriunos hai nada, a AAAG en 2015... Ao teatro sentoulle mal a trintena? Este é un momento complicado, un momento de ter unha perspectiva e facer análise de todo o esforzo. E claro, un séntese defraudado. Tanto traballo para chegar ao mesmo punto de partida? Evidentemente, fixemos todos un percorrido e houbo momentos brillantes... Agora? Estamos, se me apuras, incluso peor que no punto de partida. A min hai algo que me desasosega moitísimo, que lle pasa a moita xente da miña xeración: que mundo estamos a deixar aos nosos fillos? Unha das aspiracións xeracionais é deixarlles as cousas un pouco mellor as xeracións seguintes. Pois parece que non vai ser o caso... Non vai ser, non. Non tanto pola nosa culpa, senón tamén polo proceso político e as políticas culturais. Estamos igual que no principio. Non, igual non... Ao principio, cando menos, había esperanza. Agora só podes preguntar: A onde vai parar todo isto? \"Teatro do Noroeste é o que non quería ser. O que pretendía ser era unha compañía de gran repertorio, un teatro de servizo á sociedade\" Outra pregunta tópica: Despois de trinta anos de Teatro Noroeste, que balance fai? Teatro do Noroeste é o que non quería ser. O que pretendía ser era unha compañía de gran repertorio, un teatro de servizo á sociedade. Que quero dicir? Imos ver, para a construción dun teatro nacional, como moi ben di Quico Cadaval ultimamente, fai falla que se adapten os grandes textos internacionais e que se incorporen á lingua propia. É dicir, falo dun teatro que, por unha banda, faga os shakespeares, os molières, os valle-incláns e, pola outra, que cultive os autores propios, dándolles grandes oportunidades. Ese era o gran obxectivo de Teatro do Noroeste, mais agora non o podemos cumprir. Podemos facer o teatro de autor propio, que é o que estamos a facer, pero dende unha perspectiva moi cativa, xa que o que facemos é ir montando as obras dun membro da compañía que pode escribir case por encargo. Ese non era o obxectivo e nós traballamos para saír de aí, pero non somos quen. Eu non digo que non nos guste facer textos que eu escribo, pero gustaríanos volver a Molière, a Shakespeare ou a Valle, agora que se pode. Mais non somos quen. Excéntricas son uns valentes montando un espectáculo de oito intérpretes, a verdade. Agardo que lles vaia ben, como todo parece apuntar. A AAAG, á hora de outorgarlle o premio, destacou que Teatro do Noroeste é unha compañía que deu oportunidades a moitos profesionais que estaban a comezar. Séntense especialmente orgullosos dese feito? Totalmente. Penso que resulta imprescindible abrir esas portas. E esa concepción entra dentro desa idea de servizo á sociedade. Eu creo moito nos proxectos onde se mesturan as xeracións. O traballo compartido entre veteranos e xente nova enriquece moitísimo o teatro e créanse sinerxías. Debería haber máis. Si, estamos moi orgullosos. Agora seguimos esa liña, aínda que de forma menos intensa. Non podemos. Pero antes, durante un tempo, si que o faciamos. Pensa no Romeo e Xulieta que fixemos en 2007. Dos once intérpretes, dez estaban a comezar; só Luma Gómez era veterana. Para atopar eses actores, fixeramos un cásting moi amplo entre todas as escolas de teatro, aínda que a maioría viñeron da ESAD, que eran os mellor formados, claro. \"Se non hai vontade política, non hai solucións. Iso é así. Imos ver, o CDG non se tería fundado de non ser Álvarez Pousa. De non ter un director xeral de Cultura coma el, todo sería imposible\" Xa que falamos de cásting, voulle preguntar polo CDG e o que está a pasar co concurso público, xa que vostede foi o seu primeiro director. Sempre se dixo que o CDG nacera do pacto da administración e da profesión. Mais parece que ese pacto xa non existe, non? Mira, sinxelamente pasa unha cousa: Se non hai vontade política, non hai solucións. Iso é así. Imos ver, o CDG non se tería fundado de non ser Álvarez Pousa. De non ter un director xeral de Cultura coma el, todo sería imposible. E que pasou? O primeiro, que a administración deixou de ter esa vontade política. Atreveríame a dicir que a perdeu xusto cando marchou Pousa. Segundo, a administración deixou de ter coñecemento da actividade teatral. Entón, todos os xerentes que se encargaron primeiro do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem) e despois da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) non tiñan nin idea de teatro. \"Non son as artes escénicas as que se teñen que adaptar á administración, senón que é a administración a que se ten que adaptar ás artes escénicas\" E como é a vontade política actual? Ningunha, nula. Non hai. Ben se ve nas declaracións que fan ao respecto do Centro Dramático Galego. A min dáme ganas de lles dicirlles aos políticos ao respecto do CDG e todo o que está a pasar, que a administración, o concepto que temos da administración e a súa estrutura, non ten máis de cen anos... Menos incluso, poñamos 60 anos. Pola contra, as artes escénicas teñen milenios. É dicir, non son as artes escénicas as que se teñen que adaptar á administración, senón que é a administración a que se ten que adaptar ás artes escénicas. É obvio. É obvio para min, que formo parte das artes escénicas e resulta obvio para os directores do Centro Dramático Nacional ou para o director do Instituto Nacional de Artes Escénicas y Musicales (Inaem) do estado. Pola contra, para o director de acó, parece que non. Entón escúdase en que hai que cumprir a lei e punto. É que non hai vontade política, ningunha. Mira, o PP de cando se creou o CDG... Ese PP tiña un certo sentido de que había que crear unha cultura galega. Vale, que a súa idea era unha cultura de feira e xa... Pero estes? Nin iso... Contra Fraga vivíase mellor? Non sei se contra o cacique se vivía mellor, pero se cadra se vive mellor contra o cacique que contra o tecnócrata. Ningún dos dous modelos é recomendable, pero é que os de agora simplemente obvian a cultura galega, non lles interesa. Nas dúas últimas montaxes do CDG, o pasado Tartufo e o vindeiro Martes de Carnaval, a administración realizou uns cástings en formato de concurso público rexido pola lei da función pública. Por parte do sector recibiuse tal iniciativa con protestas e asegurouse que ese non era un modelo apto para o sector. Por que a administración quixo realizar igualmente este procedemento e por que dende o sector se di que é imposible de aplicar no Centro Dramático? O procedemento de concurso público de escolla de persoal funcionarial, sexa funcionario sexa laboral, non vale para un proceso artístico. \"O procedemento de concurso público de escolla de persoal funcionarial, sexa funcionario sexa laboral, non vale para un proceso artístico\" Por que non vale? É dicir, haberá enfermeiros ou avogados ou profesores que se pregunten por que para eles si vale e para os actores e actrices non. É diferente. Primeiro, porque non falamos de persoal laboral en sentido puro. Son uns actores que forman parte dun proxecto artístico. Dentro dos proxectos artísticos, o elenco é unha parte fundamental. É dicir, non se pode montar un texto con calquera. Imos ver... O mesmo texto pode dar proxectos artísticos diferentes. Poñamos un caso estremo: Figúrate un Valle-Inclán aéreo, no que os actores e as actrices ruben polas paredes e saltan polos trapecios. Ese é un proxecto artístico concreto e dentro dese proxecto artístico concreto, os actores son unha parte fundamental que funcionan exactamente igual que as cores nun cadro. Polo tanto, decidir por concurso públicos os actores é exactamente igual que decidir as cores do cadro dun pintor por concurso público. Se o decides así, ese cadro xa non será do pintor. Se decides o elenco dese xeito, o espectáculo resultante tampouco será do director. Aquí, o conflito está entre a administración e a arte. Ese choque dáse sempre, xa que a administración se adapta mal ás cuestións artísticas. E para encaixar ambos mundos fai falla moita vontade política. E non se ten. Iso é o que pasa agora. Hai que lembrar que o proceso artístico non é democrático, depende do xenio creador. E o xenio creador dun espectáculo teatral, malia ser un traballo colectivo, é responsabilidade final do director. Evidentemente, aquí non falamos das cores dun cadro, senón de persoas. E as persoas son pagadas pola administración, que quere converter isto nun proceso funcionarial. E iso non é posible. E a verdade, sería fácil sacar dese tipo de procesos os actores, pero claro... Falla algo: a vontade política. \"O conflito está entre a administración e a arte. Ese choque dáse sempre, xa que a administración se adapta mal ás cuestións artísticas. E para encaixar ambos mundos fai falla moita vontade política. E non se ten\" E para sacalos de aí, que fai falla? Refundar o CDG? Convertelo nunha institución independente da Agadic? Mira, antes da Agadic existía o Igaem, que era un instituto, un organismo autónomo de carácter comercial, que rexía o seu persoal do seguinte xeito: o persoal propio do Igaem rexíase pola función pública, mentres que o resto de persoal, rexíase unicamente polos convenios colectivos correspondentes. E aí rematou o problema. Para cambiar o Igaem e convertelo na Agadic, ao bipartito non lle levou máis de tres meses. Para facer o camiño á inversa tampouco fará moito máis. Que falta? A vontade política. Mesmo diría, aínda que non teño a lei de función pública tan analizada, que non habería que modificar a Agadic para que houbese un encaixe. A Lei de función pública xa ten varias excepcións: os bolseiros, os investigadores... Un dos directores de Martes de Carnaval, Tito Asorey, dimitiu e lanzou un comunicado na que amosaba o seu desacordo co procedemento... Non dixo iso, non. Dixo algo máis importante e que me parece moito máis lóxico: dimito porque non me deixan facer o meu traballo. De acordo, pero Anxo Lorenzo nunha entrevista en GaliciaConfidencial asegurou que o único que pasara no CDG foi que un director quixo saltar a lei e que tivo que dimitir... Máis falta de vontade política. Un secretario xeral de Cultura sabe que esa lei é unha normativa que se aplica inadecuadamente a un proceso que obriga a un director a non poder facer o seu traballo. Anxo Lorenzo debería coñecer os procesos creativos do teatro. \"Os directores ou teñen un coñecemento enorme de todos os actores e actrices da contorna ou raro vai ser que se neguen a facer un cásting. En resumo, os cástings e a decisión do director son elementos compatibles\" Vostede é o presidente da Asociación de Directores de España (ADE), que lanzou a este respecto un comunicado que defendía as funcións do director e no que se lles outorgaba a decisión total aos directores. Pero se a decisión total recae no director, son pertinentes as audicións? E se non o son, como se visibilizan as novas xeracións? Como se poden conxugar ambas necesidades? Facendo ambas cousas. A min paréceme razoable que os actores novos queiran visibilidade e queiran obrigar a que haxa mecanismos para que esa visibilidade exista. Eu estou de acordo e eu teño unha compañía que fixo grandes cástings. E de obrigarse ao CDG a facer cástings si ou si, sería probablemente o único centro, dende logo do estado e probablemente de Europa, que tivese esa cláusula. E tampouco me parecería mal. O único problema que teño é que o elenco o elabora o director e punto. Iso é así. Ten que poder facelo dentro dun proxecto artístico, de xeito que se el ten en mente un actor concreto para facer un papel e ese actor non se presenta o cásting, ten que poder chamalo directamente. Imos ver, os directores ou teñen un coñecemento enorme de todos os actores e actrices da contorna ou raro vai ser que se neguen a facer un cásting. En resumo, os cástings e a decisión do director son elementos compatibles. Máis alá de todos os atrancos que viviu Martes de Carnaval, tamén hai que analizar o CDG dende outro punto de vista. Cando se presentou a programación para os meses xaneiro-outubro de 2017, só se anunciou este espectáculo con dez actores. Un espectáculo de dez actores para a gran parte do ano parece pouca produción e pouca contratación para, non? Iso corríxese con centros dramáticos que teñen claro os seus obxectivos. Eu teño a sensación de que a actual directora non ten nada claro os obxectivos: vai a salto de mata. É dicir, non hai proxecto. Non sei que queren facer co CDG. E que non haxa un proxecto claro estando o CDG dirixido por unha profesional, é algo preocupante. Porque o natural é que un profesional presente un proxecto definido e se non llo respaldan, dimite. Iso é o lóxico. O resto son trapalladas. Que é o CDG actual? Unha trapallada... \"O natural é que un profesional presente un proxecto definido e se non llo respaldan, dimite. Iso é o lóxico. O resto son trapalladas. Que é o CDG actual? Unha trapallada...\" E a verdade, eu doulle moitas veces voltas, tamén o facemos na ADE, a confluencia dos sistemas democráticos e da creación artística. Que quero dicir? Imos ver... De entrada, paréceme ben que o director do CDG saia por concurso público, pero logo se o pensas máis e miras as circunstancias que vive o CDG... Pois non era o máis recomendable. Penso que a persoa idónea para dirixir un CDG como o que temos agora habería que ir buscalo e convencelo, xa que o que podería ser axeitado non se ía presentar. É que case habería que llo pedir de xeonllos. O que quero dicir é que os procesos públicos non son sempre os máis axeitados. E creo que Fefa Noia non é a persoa axeitada para o Centro Dramático nestas circunstancias. E que conste que me alegrei moito porque fose unha profesional do gremio quen gañase o concurso... Entón cre que Fefa Noia debería marchar? Se eu fose Fefa Noia, hai tempo que tería dimitido do CDG. Eu non sei o que pensa ela realmente sobre o que ten que ser un elenco, pero se pensa o mesmo que pensamos os directores, non pode aceptar todo isto que está a pasar. Debería marchar, si. Pero, claro, non sei o que pensa a este respecto nin en nada. Nunca souben a onde ía este CDG. E tamén creo que Fefa Noia podería usar unha forza máis grande. Ela ten unha forza que non creo que saiba que ten. Precisamente, por gañar un concurso público e non chegar aló a dedo. Se gañas un concurso público, tes que ter a forza para poder enfrontarte aos de arriba e dicirlle: mira non me podes cuestionar estas historias. \"Se gañas un concurso público, tes que ter a forza para poder enfrontarte aos de arriba e dicirlle: mira non me podes cuestionar estas historias\" Quería pechar esta entrevista volvendo a Teatro do Noroeste. As súas dúas últimas montaxes, Palabras malditas e Estado de graza, teñen en común que revisitan o período franquista... Interesábame tratar esa época porque creo que aínda continúa vixente. A mentalidade desa época segue moi presente. Ademais, quería tamén facer un achegamento a como o réxime tratou ás distintas sensibilidades. En Palabras malditas, fixámonos no tratamento agresivo que se lles brindou aos homosexuais. Pola contra, en Estado de graza, miramos á represión e ao tratamento que se fixo coas mulleres, sobre todo no caso das chamadas \"nenas descarriadas\", que está moi conectado co roubo de bebés. Coido que cumpría mirar a estes temas para decatármonos unha vez máis dunha realidade: a sombra do ditador segue a ser moi longa. En certa medida, son dos que pensan que a Transición foi un erro, que perdemos a oportunidade da revolución. Cando me atopo aos meus colegas portugueses e falan do mal que están alí, eu sempre lles retruco que nós estamos como estamos por culpa dunha transición. Eles, aínda que a perderan, fixeron unha revolución, Grazas a iso, realmente están mellor. Malia todo..."}
{"ID": "PRAZA_12928", "summary": "O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades. A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto.", "text": "O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades. Foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades O ingreso da cantidade na facenda local efectuouse o pasado 20 de marzo de 2012, despois de que a oposición do Partido Popular formulase unha pregunta o 3 de marzo sobre o asunto dirixida ao alcalde de Ourense. Porén, na contestación escrita e nunha segunda pregunta oral en pleno tanto o rexedor, Francisco Rodríguez, como o portavoz do grupo Socialista, Agustín Fernández, non resolveron a dúbida de quen deu a orde para que os cartos se ingresasen na conta da concesionaria e non do Concello ata a data en que se reclamaron. Dende o grupo de goberno atribúese a unha confusión da empresa solucionada en \"cinco minutos\" derivada da redacción do anterior prego de condicións. No último pleno facilitouse unha documentación onde se certifica o ingreso da cantidade e a liquidación dos intereses de demora cifrados en 28.073,09 euros. A documentación repartida non conta co selo de rexistro e ante as protestas do PP, o concelleiro de Fancenda ensinou o orixinal selado na parte traseira. Distintos secretarios de concello, consultados por Praza Pública, entenden que \"para que a empresa concesionaria durante este tempo puidera reter legalmente eses cartos tería que ter unha autorización que a habilitase Porén, as dúbidas da oposición non desapareceron e a pesar de que a maioría que apoia a Francisco Rodríguez rexeitou crear unha comisión de investigación, os grupos políticos esixen saber quen deu a orde do ingreso ou se a iniciativa foi da propia empresa. Neste sentido un informe da asesoría xurídica do Concello, ao que tivo acceso Praza Pública, di textualmente \"a concesionaria estivo percibindo estes ingresos, sen ter dereito a percibilos, extralimitándose, nas súas competencias en relación ao marco contractual\". No mesmo sentido distintos secretarios de concello, consultados por Praza Pública, entenden que \"para que a empresa concesionaria durante este tempo puidera reter legalmente eses cartos tería que ter unha autorización que a habilitase para non incorrer nun posible delito\". A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto. En concreto, os populares, a través dos seus portavoces na Praza Maior, pregúntase que pasaría de non teren formulado por escrito a pregunta interesándose polos cartos e conclúen que de non reclamaren as arcas municipais deixarían de ingresar máis de 1 millón de euros."}
{"ID": "NOS_27949", "summary": "As deputadas do BNG no Congreso español, defenderán unha emenda á totalidade aos OXE 2013 por \"estaren feitos á medida da banca e prexudicar ás maiorías sociais\".", "text": "Ao igual que nos Orzamentos de 2012, o BNG oponse ao anteproxecto presentado polo goberno español para os OXE do 2013. Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez presentaron esta sexta unha emenda á totalidade aos Orzamentos Xerais do Estado pois aseguran \"van en contra da xente e en favor da banca\". A emenda presentada polas nacionalistas salienta que \"o pagamento dos xuros está a lastrar o crecemento económico\" pois increméntanse nun 34% a respecto do exercicio anterior. Os fondos públicos que o executivo español inxectou ao longo deste tempo á banca tradúcese nun incremento notábel da débeda e obriga á cidadanía a afrontar maiores recortes nas políticas e servizos públicos. Neste senso, Fernández Davila asegurou que \"as contas do Estado son unha claudicación ás demandas de Alemaña e dos mercados financeiros\" e cargan as maiores reducións orzamentarias sobre partidas destinadas a ensino, saúde e políticas activas de emprego. \"Estes son os orzamentos da banca, non das persoas\" Máis recesión e maior desemprego Desde o BNG aseguran que as políticas de austeridade e axuste \"provocan un círculo vicioso que conduce a máis recesión\" polo que non se cumprirá o obxectivo de défice que o executivo pretende alcanzar o que conlevará novas medidas –como xa acontecera no exercicio anterior--. As deputadas nacionalistas denuncian a provisionalidade dos OXE e aseguran que ao igual que en 2012 o executivo encabezado por Mariano Rajoy, aprobará novas medidas de acordo \"coas exixencias que implicará a chegada do rescate\". \"As políticas de austeridade e axuste só conducen a máis recesión\" Aliás, Fernández Davila criticou o anuncio do goberno español en que dicía que revalorizarían as pensións pois o proxecto prevé unha compensación do 1% fronte a unha suba do custo de vida \"moi superior\". Neste senso, o executivo central avanzou a pasada semana que modificaría a fórmula de cálculo do IPC –indicador empregado para medir o incremento do custo de bens e servizos de consumo-- para adaptalo ás súas propias necesidades e non incluír no mesmo a suba da presión fiscal soportada polos fogares. A deputada nacionalista asegurou que o goberno español \"está a manter en suspenso\" a súa decisión \"até que pasen as eleccións galegas\", afirmou a nacionalista. Olaia Fernández, subliñou que \"a conxelación dos salarios aos funcionarios e a redución das pensións non leva a reactivar o consumo\" senón que pola contra agudiza a crise e os efectos desta sob as maiorías sociais. Neste senso, as deputadas exixen ao goberno español a retirada do proxecto."}
{"ID": "NOS_23847", "summary": "De 9 a 13 de Outubro tem lugar a Feira do Livro de Frankfurt na que Brasil é o convidado de honra. Além dos principais vultos da literatura, editoras, música e projetos, numa larga agenda, apresentarão a cultura brasileira na mais relevante cita editorial da Europa.", "text": "Mais de 150 selos editoriais brasileiros estarão na feira do livro de Frankfurt 2013 que este ano tem o Brasil como País Homenageado. Setenta representantes da literatura do Brasil estarão em Frankfurt; 11 deles de obras para crianças e moç@s, 8 poetas, 6 críticos, 8 autores na área de conhecimentos e biografias e 4 autores de história em quadrinho ou romance gráfico, segundo assinalam na página oficial do evento. Entre eles, nomes consagrados das letras brasileiras e novos talentos da pujante cultura do Brasil. Bernardo Ajzenberg -um dos autores do \"Crânio de Castelao\"-, Ana Maria Machado, João Ubaldo Ribeiro, Paulo Coelho, Bernardo Carvalho, Patricia Melo, Adélia Prado, Alice Ruiz, António Carlos Viena, Francisco Alvim, Mauricio de Sousa, Paulo Henriques Britto , Paulo Lins, Pedro Bandeira, Ronaldo Correia de Brito, Ruth Rocha, Ruy Castro, Sérgio Sant'Anna, Silviano Santiago ou Teixeira Coelho são algúns dos nomes das figuras da cultura brasileira que assistirão à Feira de Frankfurt. A participação brasileira foi organizada pelos ministérios da Cultura e das Relações Exteriores, Fundação Biblioteca Nacional, Fundação Nacional de Artes , Agência Brasileira de Promoção de Exportações e Investimentos e Câmara Brasileira do Livro. MPB, ao vivo Diversos espaços da Alemanha acolherão ao tempo a cultura brasileira. Brasil exporta música e, sabedora disso, nomes de primeiro relevo como Junio Barreto, referência da nova Música Popular Brasileira, ou a baiana Virgínia Rodrigues oferecerão concertos na Alemanha. Um espaço de 700 metros quadrados abrigará as mais de 150 editoras que vão expor seus livros e projetos editoriais. O governo do Brasil quer aproveitar a ocasião para gerar oportunidades de crescimento dos negócios do mundo da cultura, em especial. Entre os temas que integram a programação do Brasil em Frankfurt estão \"Brasil – um Mercado de Oportunidades\", \"Programa de Apoio à Tradução\", \"Projeto Escritores nas Cidades\", \"Perfil do Livro Infantil Brasileiro\", \"O Segredo para Publicação de Best-sellers\", \"O Ensino de Português como Idioma Estrangeiro\", \"Projeto Osmose – Intercâmbio de Quadrinistas Alemães e Brasileiros\", \"Bate-papo com Escritores – o Romance Brasileiro\", \"Possibilidades de Negócios entre Editoras Brasileiras e Alemãs\", \"O Papel do Livro na Construção da Cidadania\"."}
{"ID": "PRAZA_3732", "summary": "A História ensina-nos que depois de uma epidemia há zonas geográficas que tiram vantagem disso para encarar melhor o futuro", "text": "[Artigo publicado orixinalmente na web do Eixo Atlántico]A União Europeia não terá vislumbrado a pandemia como oportunidade de intervenção politica e de ação solidária. Cada estado-membro actuou por si no seu território nacionalAo longo da História da Humanidade houve muitas pandemias que se fizeram sentir de forma descontrolada. Hoje, com os avanços civilizacionais da Ciência e das organizações internacionais, interrogamo-nos com é possível acontecer o que se está a verificar com o corona vírus. Tenho na memória o testemunho dos meus avós sobre o impacto da pneumónica, que fez mais de 50 milhões de vítimas há cerca de 100 anos. Mas os tempos eram outros, com muito menos conhecimento científico e menor capacidade de reacção.Como em todas as crises, reclama-se acção por parte dos governos. Sendo uma questão global e de segurança, a União Europeia não terá vislumbrado a pandemia como oportunidade de intervenção politica e de ação solidária. Cada estado-membro actuou por si no seu território nacional. Mais uma vez, faria sentido reforçar a competência europeia em temas transversais que reclamam soluções concertadas e cuja intervenção não fique circunscrita a medidas de mitigação económica.Quanto a Portugal, estamos a seguir recomendações avisadas para nos resguardarmos. O interesse colectivo reclama que se atrase a fase de expansão da epidemia. Assim, garantiremos que o dispositivo de emergência não entre em rotura e se salvem vidas. Mas, para que fiquemos em estado de \"protecção\", alguns tem de cuidar do que não pode ficar em estado de \"congelação\". Há serviços básicos que têm de ser mantidos para garantir a aprovisionamento de bens e serviços essenciais: de saúde, de abastecimento, de segurança. Esta crise, como todas as outras, vai ter o seu fim, com o regresso a uma nova normalidade. Para o antecipar, urge cooperar nas fases de contenção e de mitigação, fazendo apelo ao civismo, á responsabilidade e ao altruísmo. Mas também desenvolver um sentimento de reconhecimento e de gratidão para com todos os que, correndo riscos, asseguram a continuidade dos serviços que nos permitem sobreviver. A situação está a ser complexa e levanta legítimas apreensões. Muitas organizações tomaram decisões para proteger os seus trabalhadores e para não comprometer a sua actividade, os seus negócios. Fazem planos de contingência e adoptam formas inovadores para continuarem activas até o pesadelo passar.A História ensina-nos que depois de uma epidemia há zonas geográficas que tiram vantagem disso para encarar melhor o futuroMas uma coisa é certa: depois da crise, as coisas não ficarão como dantes. A História ensina-nos que depois de uma epidemia há zonas geográficas que tiram vantagem disso para encarar melhor o futuro. Durante a Peste Negra (que, no século XIV, vitimou um terço da população da Europa), o reino de Castela foi menos exposto do que as regiões com portos marítimos e, aproveitando a sua capacidade para prover o comércio de bens alimentares, impôs o seu domínio à nível Peninsular. Temos de aproveitar a \"quarentena\" para reflectir sobre a nossa forma de viver, de produzir e de consumir. O que tem de mudar a nível pessoal e colectivo? Rever hábitos individuais, mas reclamar mais e melhor regulação nacional, europeia e mundial e de pugnar por uma organização global mais justa, solidária e inclusiva."}
{"ID": "NOS_42187", "summary": "Trátase da primeira medida contra a privatización dos seus postos de traballo que a empresa concesionaria do novo hospital destina a persoal contratado por unha ETT.", "text": "Segundo recolle o portal de información VigoÉ @s celadores da área sanitaria de Vigo iniciarán un encerramento que \"nun comezo durará até o 13 de outubro\" momento no que se terá lugar un paro indefinido. Fano para defender os seus postos de traballo e as funcións que viñan desenvolvendo como persoal do Chuvi mais que foron das que foron relegad@s, de acordo coa comunicación interna que lles foi remitida. Neste senso, o Sergas comunicoulles através da EOXI que a partir de agora \"só se encargarán do traslado de doentes, o resto será levado a cabo polo servizo de transporte\" através de persoal contratado por unha Empresa de Traballo Temporal (ETT), denuncian. Coñecid@s como Tigas (Transporte Interno e Xestión Auxiliar) estas persoas son traballadoras e traballadores dependentes da empresa concesionaria do servizo público sanitario vigués e responsábeis da \"recollida e entrega de: mostras biolóxicas, petición de probas, correo interno, envases de hemoderivados baleiros e banco de sangue co informe de hemovixilancia, medicación de farmacia de envío puntual ordinario ou urxente, carros de medicacións e cambio de maletíns entre carros, citostáticos, material procedente e con destino en esterilización e documentación para destrución\", explican na comunicación interna recollida por VigoÉ. O conxunto de celadores denuncia que existen 1.500 persoas en listaxe de contratación \"e eles colocan a xente através dunha ETT\". \"Hai xente facendo papeleo e paquetes porque non ten nada que facer, isto é un sen sentido\", afirman. Para alén do encerramento, as centrais sindicais presentaron unha demanda xudicial que se suma á rexistrada a título individual pol@s propi@s traballador@s coas que tentarán frear a privatización do servizo."}
{"ID": "NOS_20288", "summary": "Explica que a crise provocada pola Covid-19 limitou a planificación da actividade do asociacionismo cultural galego este 2020.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística reiterou esta quinta feira a súa petición formal á Real Academia Galega (RAG) para que \"alongue\" ao 2021 a dedicación do Día das Letras galegas a Ricardo Carvalho Calero. A entidade indicou á RAG, entidade responsábel da elección do adicatario desta data, que as circuntancias sanitarias en relación á homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero neste 2020 non melloraron nesta última parte do ano. \"Se ben os centros de ensino abriron no mes de setembro\", indica a carta que o presidente da Mesa, Marcos Maceira, no escrito que lle dirixe ao presidente da RAG, Vítor F. Freixanes, \"non o puideron facer en condicións normais e na grande maioría están restrinxidas a celebración de actos de todo tipo incluídas as actividades culturais\". \"Mesmo actos preparados por entidades culturais ou mesmo institucións para este mes foron anulados por causa das restricións impostas pola autoridades sanitarias\" \"Como recentemente expresou a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura\", engade, \"a incerteza limitou a planificación da actividade do asociacionismo cultural galego\". \"Mesmo actos preparados por entidades culturais ou mesmo institucións para este mes foron anulados por causa das restricións impostas pola autoridades sanitarias\", recorda. \"As circunstancias deste 2020 non dependen da Academia nin de ningunha outra institución\", remata a solicitude, \"mais pensamos que hai posibilidade de paliar os efectos que está a ter a epidemia que sofremos nas decisións que tomemos e que D. Ricardo Carvalho Calero merece unha homenaxe completa, non parcial nin restrinxida. Por isto reiteramos a petición realizada de prolongar a 2021 a celebración do Día das Letras Galegas adicado a D. Ricardo Carvalho Calero\". Durante estes meses diferentes entidades e colectivos pediron que se estendese a celebración do Día das Letras galegas a Carvalho ao 2021."}
{"ID": "NOS_42515", "summary": "Son as sinaturas que colleitou na plataforma Change.org a petición de Beatriz Figueroa, unha xornalista de Vigo enferma desde hai 3 anos, no desemprego e obrigada a pagar o 40% dos seus medicamentos. A petición procura apoios para a proposición de lei que levou ao Congreso español a deputada do BNG Olaia Fernández Davila.", "text": "A proposición de lei \"sobre a mellora da protección laboral e da seguranza social das persoas enfermas de cancro\" que a deputada do BNG Olaia Fernández Davila presentou no Congreso español será debatida nas vindeiras semanas co aval de máis de 350.000 sinaturas. Son os apoios que colleitou na plataforma dixital Change.org a petición asinada por Beatriz Figueroa, doente de cancro, xornalista e avogada en situación de desemprego e cuns ingresos de 426 euros mensais e obrigada a pagar, tal e como informa en conversa con Sermos Galiza, o 40% dos seus medicamentos. Foi o economista vigués Jaime Cabeza quen redactou a proposición rexistrada por Davila. O texto recolle as \"grandes dificultades\" d@s doentes de cancro para manter os vencellos co eido laboral. \"Cando esgotan a prestación por incapacidade temporal son cualificadas coma incapacitadas permanentes\" mais, en caso de que se atopen no desemprego cando se lles diagnostica a enfermidade --caso de Beatriz Figueroa, diagnosticada hai tres anos-- ao esgotaren a prestación fican sen ingresos. De non teren recoñecida a incapacidade non están exent@s de pagar os medicamentos. Que é o que solicitan tanto Figueroa coma o BNG na súa proposición de lei? Que o Goberno español mude a Lei Xeral de Seguranza Social \"para que protexa economicamente os enfermos de cancro\" e \"non nos condene á exclusión social\". Beatriz Figueroa defende este posicionamento desde hai tres anos, cando lle foi diagnosticado un carcinoma. Após unha folga de fame O 21 de maio de 2013 encetou unha greve de fame para denunciar a \"total desprotección\" en que se atopan ela e as persoas que partillan a mesma situación socio-laboral. Entre os pleitos para conseguir que se lle recoñeza a incapacidade --ten un xulgamento en outubro-- e as cirurxías derivadas da enfermidade --as dúas últimas foron o 11 e o 27 de febreiro--, Figueroa segue un tratamento médico que a obriga a desembolsar o 40% das inxeccións que debe por cada seis meses e dos medicamentos que ten que tomar en periodos inflamatorios coma o que está a atravesar cando mantén esta conversa. \"Varía moito\" a cantidade dos seus ingresos de 426€ que debe destinar a medicamentos, \"mais todos os meses é un desembolso considerábel porque só estás exenta de non pagar se non tes ingreso nengún\"."}
{"ID": "NOS_43411", "summary": "O bosque que rodea esta infraestrutura no monte Gaiás recibirá máis cartos (450.000 euros) que o que se adica á edición de libro galego ou ao Museo do pobo Galego.", "text": "Xa presentados a grandes trazos os orzamentos da Xunta para 2016, están estes a ser días de actividade das comisións parlamentares na Cámara do Hórreo para ir debullando e debatendo as contas que lle corresponden aos diferentes departamentos do goberno de Núñez Feijóo. Unha desas comisións foi a de Cultura, na que o conselleiro defendeu os orzamentos como na boa liña para os obxectivos a cumprir. Mais non son da mesma visión os grupos da oposición (BNG, AGE e PSdeG), que coincidiron en criticar que nas contas se prioricen determinados campos. A Fundación da Cidade da Cultura absorbe 11,4 millóns de euros, case o duplo do que se destina á lingua galega (6,7) Así, desde o BNG consideran que son \"raquíticos para a cultura galega\". O deputado Cosme Pombo afirmou que a partida dedicada á Fundación da Cidade da Cultura, 11,4 millóns de euros, representa \"un volume de gasto desproporcionado\" tendo en conta que resulta ser o duplo do que a consellería dedica a defender e fomentar a lingua galega (6.756.000 euros). O Bosque de Galiza -bosque que rodea a Cidade da Cultura- ten consignados 450.000 euros, mentres para a edición do libro galego hai 348.000 euros; bibliotecas de Galiza,160.000 euros; feiras do libro, 150.000 e para o Museo do Pobo Galego, 200.000 euros. Ramón Vázquez, de AGE, afirmou que non hai sentido a que nestes orzamentos non houbese unha maior aposta na cultura e lingua galega. Vicente Docasar, do PsdeG, denunciou que con estes orzamentos \"a nosa lingua e a nosa cultura da miseria e da irrelevancia orzamentaria\", xa que dende a chegada de Feijóo perdeu, dixo, un 56 por cento do seu orzamento, pasando do 1,2 do investimento ao 0,6 por cento que ten a día de hoxe. Docasar reclamou un \"cambio de rumbo\" na Consellería de Educación e Cultura para \"demostrar o que aseguran de que a recuperación é un feito, que estamos nunha etapa expansiva\"."}
{"ID": "NOS_4099", "summary": "Sectores económicos da Galiza como a pesca, o téxtil e a automoción miran con preocupación o que acontece na fronteira entre Rusia e Ucraína.", "text": "O aumento das tensións na fronteira entre Rusia e Ucraína tivo co arranque da semana as súas primeiras consecuencias económicas, pois as bolsas rexistraron a súa primeira gran caída do ano, con perdas millonarias na cotización de moitas empresas, sobre todo aquelas con intereses nestes países. É o caso da galega Inditex, que onte recuperaba parte do camiño perdido na xornada anterior, na que os seus títulos perderon 3,38% do seu valor. O motivo, que a firma fundada por Amancio Ortega ten en Rusia a súa maior rede comercial fóra do Estado español, con 521 estabelecementos a feche de 2020, segundo a memoria da multinacional téxtil con sede en Arteixo. Son 37 menos que as 558 con que contaba a finais de 2019, debido a que a firma de moda paralizara os seus plans de expansión no país a causa da pandemia da Covid. Aínda así, empregaba 9.119 persoas en Rusia a feche de 2020, fronte as 10.696 que tiña só un ano antes. En Ucraína, Inditex mantén 72 estabelecementos e 1.170 persoas empregadas, 220 menos que no exercicio anterior. O téxtil é, pois, un mercado interesante para a Galiza nestes dous países, non só para Inditex, senón para firmas como Bimba&Lola, que tamén ten presenza alí. Bens exportados Segundo os últimos datos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, entre xaneiro e novembro de 2021, a Galiza exportou a Rusia produtos téxtiles por valor de 30 millóns de euros, sobre un total de 113,3 millóns de euros exportados. Foron, xunto cos insecticidas que fabrican firmas como Zelnova Zeltia, controlada por Pedro Fernández Puentes, presidente do Grupo Zendal, os produtos máis demandados por Rusia. O valor destes chegou aos 28,2 millóns de euros. Pola súa parte, o total de bens exportados nese mesmo período a Ucraína situouse nos 102,9 millóns de euros, dos que case a metade (48,6 millóns) corresponden a bens do sector da automoción. Por detrás destes colócase a pesca conxelada, cun volume exportado entre xaneiro e decembro de 24,6 millóns de euros, e novamente os insecticidas, con 15,5 millóns de euros en bens exportados desde a Galiza. Artigos de primeira necesidade No que atinxe ás importacións, os produtos que a Galiza compra a Rusia e Ucraína superan en valor aos exportados. De feito suman case o dobre (410,4 millóns en compras fronte aos 216,3 das vendas). No caso de Ucraína, trátase de produtos tan básicos para sectores como o alimentario, o agrícola ou o gandeiro como o aceite de xirasol (74,8 millóns de euros) e o millo (40,5 millóns), que levan boa parte dos 130,7 millóns de valor da mercadoría importada. No caso de Rusia, as compras desde a Galiza, que ascenderon a 279,7 millóns de euros até novembro, corresponden a outro tipo de produtos tamén determinantes para a economía galega, como son os combustíbeis. Subministro enerxético A maior parte desa cantidade (184,7 millóns de euros) corresponde a importacións de petróleo e gas natural, aos que hai que sumar outros 17,1 millóns de euros de compras de carbón realizadas o pasado ano. Xunto a estes, outro produto chave é o gas natural, que ten en Rusia a un dos principais subministradores da Unión Europea. A maioría chega a través de gasodutos, que aproveita sobre todo a cidadanía dos Estados centrais. No caso da Galiza, o gas natural que se emprega nos fogares e na industria provén fundamentalmente de Alxeria, tamén por gasoduto, pero o conflito con Marrocos fixo aumentar a chegada de gas natural licuado (GNL) por barco. Así, á regasificadora de Reganosa en Mugardos chegaron o pasado ano 27 buques metaneiros, sendo os procedentes de Rusia maioría. Daquel país chegaron un total de 10 gaseiros, máis que de ningún outro territorio."}
{"ID": "NOS_47227", "summary": "O presidente da Real Academia Galega relata que o seu antecesor \"non quixo\" darlle a man nin a el nin a Henrique Monteagudo e nega as acusacións de que na RAG agora \"trabállase pouco\". Cualifica de \"amigo\" ao conselleiro Jesús Vázquez.", "text": "O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, afirmou que non mantén \"ningunha relación\" coa seu antecesor no cargo, Xosé Luís Méndez Ferrín, xa que non coincide con el \"dende hai moito tempo\" e \"unha vez\" que se atoparon Ferrín lle negou o saúdo tanto a el como ao secretario da institución, Henrique Monteagudo, sempre segundo o seu relato. Montero censurou que Ferrín \"faga declaracións dicindo que na RAG agora se traballa pouco\", o que considera que \"son frases bastante incorrectas\". \"Porén, é probable que en diante teñamos que ter algunha relación, porque a vida non termina aquí, supoño que nos atoparemos algunha vez\", engadiu o presidente da Academia, que tamén recoñeceu que aínda existe certa división na entidade. \"Hai pais que non transmiten a lingua aos seus fillos a pesar de que é a que utilizan na casa\", sinalou Montero sobre o estado do galego Alonso Montero falou tamén, durante unha entrevista en RNE, sobre a saúde actual do idioma galego para apuntar que \"hai un fenómeno que habería que ter moi en conta por parte das institucións, e él aquel polo que hai casas nas que os pais non transmiten o galego, que é o idioma do pai e a nai, aos seus fillos\". Xunta O titular da RAG tamén volveu a sinalar que se leva \"moi ben con todas as autoridades da Xunta\", pois é \"amigo\" do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; e ten unha relación \"extraordinariamente fluída\" e \"eficaz\" co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o responsable de Política Lingüística, Valentín García. \"Hai que dicir que a Xunta, dentro das circunstancias de tanta gravidade economica que hai, non nos recortou a súa axuda económica, aínda que si nola recortou o Goberno central\", remarcou Alonso Montero."}
{"ID": "PRAZA_6128", "summary": "Feijóo asegura que o erario galego recibirá uns 17 millóns ao ano do tributo bancario do Goberno central, reclamado en Galicia en numerosas ocasións por PSdeG, AGE e BNG. Galicia non será compensada ao non ter imposto propio como Andalucía, Canarias e Extremadura.", "text": "Resulta difícil contar as ocasións en que os grupos da oposición parlamentaria galega propuxeron a posta en marcha dun imposto sobre os depósitos bancarios en Galicia. Proposicións de lei, debates de orzamentos, ou sesións de política xeral foron só algunhas das oportunidades nas que PSdeG, AGE e BNG, confluíron nunha proposta presentada por algún deles para, con diferentes matices, impoñer un tributo que tiveron en marcha autonomías como Andalucía (PSOE-IU), Extremadura (PP) ou Canarias (CC) ata que o Estado llelo anulou. Tamén Asturias, Valencia e Catalunya deron pasos para poñelo en marcha, pero o Goberno central demandounas. Agora é o Estado quen se dispón a aplicar este tributo e é a Xunta quen o celebra. Segundo avanzou o pasado venres a vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, o imposto estatal suporá un 0,03% dos depósitos bancarios e substituirá o que o propio gabinete de Mariano rajoy ten en vigor dende xaneiro de 2013 cun tipo do 0%, isto é, sen repercursión ningunha pero creado para \"garantir a unidade de mercado\", isto é, para impedir que as autonomías puidesen cobrar polo mesmo concepto. Dado que algunhas autonomías xa o facían o Estado ten que compensalas polo que deixaron de cobrar. Esta compensación non chegará, obviamente, a Galicia, se ben Alberto Núñez Feijóo eloxia a nova figura tributaria porque, asegura, servirá para \"incrementar o noso financiamento\". Feijóo di agora que Galicia ingresará 17 millóns co tributo, que o Estado fixa no 0,03% Ese eloxio lanzouno o presidente no marco da bronca sesión de control deste mércores, na que o BNG o interpelaba pola reforma fiscal que prepara o Goberno de España. \"Imos reclamar que o impsoto sobre os depósitos bancarios veña ás arcas autonómicas\", asegurou o presidente, antes de cifrar en 17 millóns os que \"chegarán a Galicia\" grazas á reforma. \"A comunidade autónoma -retrucou Francisco Jorquera- vaise beneficiar dun imposto que vostedes se negaron a implantar\". As razóns para rexeitalo O PP auguraba que o imposto implicaría redución dos depósitos, despedimentos e peches de sucursais bancarias Feijóo pon o acento na capacidade recadatoria dun imposto que o seu grupo parlamentario vía inconveniente ata hai poucos meses. Así, por exemplo, hai escasamente un ano o voceiro parlamentario dos conservadores, Pedro Puy, argumentou o rexeitamento do seu partido non só aludindo a unha cuestión de competencias, senón tamén a que, ao seu xuízo, \"dificultaría a recuperación do sistema financeiro galego\", xa que afectaría á clientela das entidades financeiras e mesmo, aseguraba, provocaría despedimentos nos bancos e peches de sucursais. Un gravame coma este, profundaba daquela Puy, motivaría \"que se reduzan os depósitos\" bancarios, especialmente en Novagalicia Banco -actualmente Abanca- e implicarái unha \"restrición do crédito a familias e pequenas e medianas empresas\". Aínda que con diferenzas nas porcentaxes ou repercursións últimas, Alternativa, Bloque e PSdeG apoiáronse mutuamente cada vez que pediron aplicar o imposto."}
{"ID": "NOS_46105", "summary": "Catro de cada 10 moz@s empregad@s perciben un salario inferior a mil euros. A xestión da crise deixa a mocidade mellor preparada nunha situación de emerxencia laboral. Cunha taxa de desemprego do 50%, o corenta por cento da mocidade galega con formación universitaria non ten traballo. En troca, aquelas que o teñen desenvólvenos en situacións precarias.", "text": "As sucesivas reformas laborais e os plans de emprego xuvenil aprobados polos gobernos do Partido Popular en Galiza e Madrid non reverten a taxa de desemprego que atinxe a metade da mocidade do país. A falta de oportunidades laborais na propia terra aboca diariamente a 70 moz@s a saíren da Galiza para procurar un posto de traballo --denuncian as centrais sindicais. Porén, a realidade daquelas persoas que, con sorte, atopan un emprego no país (só 6 de cada 10 titulad@s) dista moito da vivida anos atrás. Neste senso, a promoción gobernamental dos contratos temporais e en formación sitúa perto da metade da mocidade empregada baixo a temporalidade laboral e condicións salariais que poden chegar mesmo a seren inferiores aos 500 euros ao mes. A supresión das prestacións por desemprego durante os primeiros anos, as facilidades no despedimento e a gratuidade do mesmo nun contrato de aprendizaxe que se pode alongar até os 33 anos deixan unha mocidade traballadora en condicións precarias. Catro de cada dez non chegan a 'mileuristas' d@s cales, perto do 10% percibe un salario inferior ao mínimo interprofesional. Segundo o estudo elaborado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza (Acsug), máis do 40% do estudantado que rematou en 2008 algunha das titulacións que conforman o abano académico do SUG atopábase en 2011 engrosando as listaxes do paro."}
{"ID": "NOS_11282", "summary": "Aberto o prazo para asistir ás Xornadas de Videoxogos e Literatura.", "text": "Profesionais do mundo dos videoxogos e da literatura compartirán as súas experiencias, consellos, perspectivas e ideas máis unha vez nas Xornadas de Videoxogo e Literatura. Organizado pola Fundación Carlos Casares, o encontro decorrerá o 2, 3 e 4 de setembro no Museo Marco de Vigo e en streaming, desde a canle das xornadas. Ao carón do mundo dos videoxogos, a presenza doutros sectores e industrias culturais e creativas estará moi presente, mais en especial o mundo da literatura, segundo apuntan desde a organización. Desenvolveranse así mesmo obradoiros sobre dereitos de autor, ferramentas docentes e de guión e narrativa de videoxogos. Faladoiros, conferencias, presentacións e talleres O programa arranca na quinta feira 2 de setembro, ás 16 horas, coa inauguración a cargo da Fundación Carlos Casares. A esta séguenlle as palestras \"Os comezos do audiovisual interactivo en España\", a cargo de Víctor Freixanes e Gilberto Sánchez, e \"Os esports na Galiza e en España\", por Hugo Botana, Sandra Cabeza 'Leviathan', Diego Vidal e Hugo Santomé 'Curruncho'. Xa para as 18.30 horas teñen programada a presentación da exposición \"A literatura entra en xogo\" e do proxecto \"Música e videoxogos\", na Fundación Museo do Videoxogo da Galiza. Na sexta feira 3 de setembro comezarán ás 10 da mañá coa palestra \"El cuento de sirena: Unha visión (pre) videolúdica de Gonzalo Torrente Ballester\", por Antonio Gil. Continúan con \"Crea videoxogos narrativos sen saber programar. Unha aproximación a Bitsy e Twine\", da man de Miguel Valverde. Por outra banda, Ramón Méndez, Alba Calvo e Anxo Suárez achegaranse á \"Tradución e localización de videoxogos\" e Roberto Janeiro falará de \"Dereitos de autor nos videoxogos e nas adaptacións literarias\". Ás 18 horas contarán coa mesa redonda \"O galego nas redes sociais\", na que participan creadores de contido como Iago Gordillo, Mario García e Esther Estévez. Fechará a xornada Josué Monchán con \"Guión e deseño narrativo nos videoxogos\". Para a primeira hora do sábado, 4 de setembro, teñen programado o taller de narrativas visuais \"Cóntame un conto\", que imparte Ramón Besonías. Xa ás 11 horas será a presentación de \"Ti primeiro\", da man de Roberto Alvite e Luz Castro. Para finalizar as xornadas decorrerá a 'desconferencia' \"Ti participas\", moderada por Carlos Pereiro, un novo espazo de \"micro aberto\" onde o público poderá ser partícipe das xornadas."}
{"ID": "PRAZA_8722", "summary": "Esta fin de semana, a Illa da Memoria, agora rebautizada como Illa do Pensamento tras un lavado de imaxe co que se suprimiu practicamente todo vestixio do horror vivido trala Guerra Civil, alberga, promovido pola Consellaría de Educación, este Congreso de Comunicación e redes sociais: NeThinking: Como comunicarnos. Non deixa de ser unha ironía, tratándose da illa dos Silenciados.", "text": "Esta fin de semana está tendo lugar na Illa de San Simón a terceira edición do Congreso sobre comunicación en internet, Nethinking, evento promovido pola Consellería de Educación e financiado con cartos públicos. Na súa páxina web anuncian como principal atractivo a presencia da blogueira cubana Yoani Sánchez, coñecida polo seu blog Generación Y. Que fai de Yoani Sánchez unha invitada tan apetecible cando actualmente pululan pola rede millóns de blogs de toda índole? Principalmente, a súa posta en escena, simulando unha fachada de pacífica, cunha imaxe traballada por todos aqueles que ano tras ano (e así van 54) non poden coa decisión dos cubanos de defender a soberanía da súa Patria. Faina apetecible para os que fan o xogo ás súas continuas declaracións contra un pobo perpetuamente ameazado, Cuba, cun brutal bloqueo ianqui, con Cinco prisioneiros en EEUU, cunha base, Guantánamo, na que si EEUU tortura, como tortura en Iraq, Afganistán, Libia ou Siria. Un pobo que a pesar de todo isto, segue intentando vivir nun sistema onde a desnutrición infantil é do 0%, dito por organismos tan pouco dubidosos como UNESCO, e onde a educación (taxa de analfabetismo máis baixa de América Latina), saúde (1 médico cada 148 habitantes) e vivenda son gratis. Disto sabe moi ben Yoani Sánchez, graduada como Filóloga en Cuba, por suposto de forma gratuíta, e emigrante retornada de Suiza, malia asegurar que a súa situación económica neste país era óptima. Sábeo tan ben, que ata este momento, nunca se posicionara en contra de Cuba. Temas persoais, rivalidades, ciumes…fixeron que abandonara un portal dixital que lideraba con outro opositor á revolución e no 2007 abriu o seu blog Generación Y, traducido a 18 idiomas, con varios millóns de visitas ó mes, algo realmente difícil de administrar se non fora polo apoio exterior, mesmo utilizando tecnoloxía estadounidense pese ó bloqueo. Non é difícil, unha vez coñecido isto, saber quen a lexitima, en nome de quen fala: O sustento material e virtual da súa corta carreira é a financiación que lle aporta a CIA. Ela mesma se delata cando alude a que Cuba é unha \"isla parecida a un barco que hace aguas a punto del naufragio\", usando as mesmas palabras que emprega o organismo norteamericano para xustificar intervencións violentas na Illa. A CIA recompénsaa xestionándolle premios internacionais que a lancen ó estrelato durante un tempo, ata que apareza outro produto mediático do que botar man. Por esta canle recibiu o premio Ortega y Gasset, colocan o seu blog como un dos máis influíntes, e El País, sitúaa como unha dos 100 hispanoamericanos máis importantes, a parte de pagarlle un salario mensual nada desprezable. Esta vendepatrias, por certo, case descoñecida polos seus paisanos, basea o seu discurso na incoherencia. É curioso que fale de falta de liberdade de expresión cando ela espalla mentira e manipulación sen censuras. Como a resposta do pobo é a indiferenza, o globo está comezando a desinflarse, porque nin convence, nin provoca, nin moito menos ten unha oratoria amena. E mentres tanto, os mesmos de sempre, malgastan en mercenarios os cartos do contribuínte sen que logren acadar os seus obxectivos. Os cartos dese contribuínte ó que espremen cada día máis e máis, ceibando sobre el como doses de veleno, recortes e máis recortes en dereitos tan básicos como a educación e a sanidade. Esta fin de semana, a Illa da Memoria, agora rebautizada como Illa do Pensamento tras un lavado de imaxe co que se suprimiu practicamente todo vestixio do horror vivido trala Guerra Civil, alberga, promovido pola Consellaría de Educación, este Congreso de Comunicación e redes sociais: NeThinking: Como comunicarnos. Non deixa de ser unha ironía, tratándose da illa dos Silenciados."}
{"ID": "NOS_8876", "summary": "O Goberno local entrevé unha \"leve esperanza\" para reparar a \"inxustiza\" de que a Audiencia de Madrid recoñecese a propiedade das figuras do Mestre Mateo á familia Franco", "text": "O Tribunal Supremo admitiu a trámite os recursos de casación e infracción penal presentados polo Concello de Santiago contra a sentenza da Audiencia de Madrid que outorga a propiedade das estatuas de Isaac e Abraham, do Pórtico da Gloria, á familia Franco, un fallo que o alcalde cualificou de \"claramente inxusto\". O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, aplaudiu esta sexta feira en rolda de prensa o feito de que aínda \"estea entreaberta\" unha porta que \"parecía fechada\", en referencia á acción xudicial que o concello mantén contra a familia Franco pola propiedade destas estatuas do Mestre Mateo. Fronte común para recuperar as esculturas do Mestre Mateo \"Esta mañá recibimos a comunicación do Tribunal Supremo, que admite a trámite os dous recursos do concello e abre un novo procedemento tanto por casación como por infracción procesual\", dixo Bugallo, quen advertiu que \"non se pode cantar vitoria en absoluto\". Agora, o concello ten 20 días para documentar as súas queixas, no caso da infracción procesual, e os seus argumentos, no recurso de casación. \"Leve esperanza\" Desta forma, o Goberno local mantén unha \"leve esperanza\" de que o Supremo \"poida reparar esa tremenda inxustiza derivada da sentenza da Audiencia de Madrid\", que lle recoñece a propiedade á familia Franco, \"aínda que esta non puido acreditar en ningún momento\" os documentos de posesión das mesmas, mentres que o consistorio entregou \"a escritura de compra desas esculturas\", dixo o alcalde. \"Confío en que o Tribunal Supremo aprecie esa documentación que se foi achegando en cada momento e revise unha sentenza que teño que dicir que me parece claramente inxusta\", engadiu Sánchez Bugallo. \"Patrimonio de todos\" A intención do consistorio é \"recuperar o que debe ser un patrimonio de todos\", explicou o rexedor, que lamentou que os Franco non aceptasen a proposta que o concello realizou hai un ano, para que cedesen as esculturas para a súa exposición ao Museo da Catedral. \"O que queremos é que poidan verse\", dixo. Os Franco manteñen a súa versión sobre as estatuas ante a xuíza pero sen probas Para finalizar, Sánchez Bugallo asegurou que o concello \"seguirá pelexando até onde poida\" e \"reclamando a reparación\" do que consideran unha \"apropiación indebida\" das figuras de Isaac e Abraham, pertencentes orixinalmente á anteportada do Pórtico da Gloria, desaparecidas desde os anos 50. \"Oxalá isto anticipe un final feliz\", apostilou."}
{"ID": "PRAZA_4879", "summary": "Os investigadores da presunta trama corrupta detectaron que \"Paula Prado solicitou que lle sexa restablecido\" o subministro de auga \"a unha veciña súa\" que o \"roubaba\" antes de dispoñer do correspondente contador.", "text": "Os máis de cincuenta tomos da operación Pokémon sobre os que xa non pesa o segredo sumarial inclúen unha cantidade de feitos e sospeitas difícil de abranguer. Entre presuntos amaños de contratos, supostas prevaricacións ou seguimentos a cartos de orixe e destino dubidosos atópanse pequenos actos que, moi probablemente, non cheguen a ter relevancia penal ningunha pero permiten trazar un retrato descarnado dun xeito de facer política. Trátase de feitos de escasa dimensión se son comparados coas pezas centrais da presunta trama pero que, malia ao seu escaso volume, constitúen unha maneira de acceder ou relacionarse no ámbito das institucións públicas que lle é allea ao común da cidadanía. Unha das persoas que incorreu nesta maneira de actuar é, segundo a investigación, a voceira do PP e deputada Paula Prado, que só tivo que comparecer no caso en calidade de testemuña. Na segunda parte do sumario que xa non é secreta e a cuxo contido tivo acceso Praza Pública recóllese un informe no que Vixilancia Aduaneira advirte \"trato de favor\" por parte da empresa Aquagest, concesionaria do servizo municipal de augas de Santiago, cando a parlamentaria aínda era tamén membro do Goberno municipal. A través das chamadas telefónicas do responsable da compañía na cidade, José Luis Míguez, intervidas por orde da xuíza Pilar de Lara, os investigadores averiguan que \"Paula Prado solicitou\" que lle \"sexa restablecido\" o subministro de auga a \"unha veciña súa\", á que Aquagest \"llo cortara por realizar unha toma dende a que roubaba\" tal subministro. Segundo a investigación, Prado \"solicitou que lle sexa restablecido\" o subministro de auga \"a unha veciña súa\" que o \"roubaba\" \"A señora estaba roubando a auga antes do contador\" con \"impago dos consumos realizados\", di o informe, e o propio Míguez \"recoñece que a señora estaba roubando a auga antes do contador\". Neste contexto, o día seguinte ás eleccións autonómicas de 2012 Míguez trasládalle a Prado os parabéns pola vitoria do PP e esta \"solicítalle reunirse\" e \"quedan para verse\" nun local hostaleiro próximo á Casa do Concello \"sen concretaro o tema por teléfono\". Non obstante, relatan os investigadores, o propio Míguez \"nos informará do tema da conversa\" a través doutra chamada a unha persoa chamada Marta, á que \"Míguez lle di que estivo con Paula Prado, que Paula lle estaba contando os seus problemas referidos a unha veciña que lle pediu un favor\". \"Se queres cóntoche todos os amigos teus e meus que collen a auga antes do contador\", ironizou o responsable de Aquagest Esa mesma tarde, \"unha vez restablecido o subministro a quen roubaba o subministro de auga\", Míguez chama a Prado. \"Pode chamar á señora esa e dicirlle que mañá a chaman arranxándolle o problema\", anúncialle, aínda que tamén lle aclara que \"se houbo algún problema foi porque a señora estaba roubando a auga antes do contador\" nun \"baixo que non estaba dado de alta\". \"Se colles a auga antes do contador non che pasa polo contador e non conta\", abonda. \"Iso tivo que ser por erro, estráñame\", retruca a popular. \"Bueno, se queres cóntoche todos os amigos teus e meus que collen a auga antes do contador\", abonda Míguez, antes de reiterar que \"xa ten todo arranxado\" e que á interesada xa lle van \"dar o papel que necesite, a licenza de primeira ocupación\". \"Teña vostede moi boa tarde, señora parlamentaria\", despediuse. Un día máis tarde, sempre segundo este informe, é a propia Paula Prado quen, \"agradecida\", lle confirma a Míguez \"que o tema ese xa está arranxado, e que moitas grazas\". \"Paula dille que a acaban de chamar agora para dicirlle que xa está todo en orde\" e o responsable de Aquagest \"recoñece que a día de hoxe nas obras teñen que cambiar as acometidas e que deberían esixirlle cambiar a acometida, pero que non llo esixiron\". \"Un millón de grazas, eh\". \"Moitísimas veces\", responde Míguez, quen agradece que Prado \"fixese feliz á súa nai\" coa entrega dun \"obxecto\"."}
{"ID": "NOS_35101", "summary": "Concentracións nas áreas sanitarias exixiron a cobertura do 100% das vacantes no Sergas.", "text": "CIG, CCOO, UGT, CSI-F, CESM-Omega, SATSE e máis SAE desenvolveron concentracións Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Cee, Ribeira, Vilagarcía, Burela, Monforte e O Barco nas que reclamaron a cobertura de todos os postos de traballo destruídos nos últimos anos por mor da taxa de reposición imposta pola Xunta. Reclaman condicións de traballo que rachen coas contratacións por días ou semanas Neste senso, lembran desde as organizacións sindicais, desde 2009 xubiláronse 3 mil profesionais da saúde. Entretanto, só foron re-emprazadas o 10% das prazas vacantes --entre 2010 e 2014, o 50% no 2015 e, segundo anunciou o goberno de Galiza, o 100% para este ano 2016. Ora ben, sinalan, só serán cubertas as prazas correspondentes ao ano anterior e o que non implica que se dea cobertura a todas as prazas que se perderon nestes anos, apuntan as centrais sindicais. De acordo coas Ofertas Públicas de Emprego (OPE) publicadas en 2012 só se ofertaron 176 prazas de facultativos/as; na de 2013-14 205 de enfermeiras/os e 82 de médicas/os de familia; na de 2014, 104 para o resto de colectivos; na de 2015, 344 e este ano, 818. Destarte, suman 1.539 prazas que non se achegan \"nin de lonxe\" ás 3.000 que serían precisas para garantir a cobertura daquelas que se perderon por xubilacións, sinalan. Desde 2012 só se cubriron, de acordo coas OPE publicadas, 1.539 prazas mentres que se xubilaron por volta de 3 mil profesionais Así pois, os cadros de persoal das áreas sanitarias mobilizouse para reclamar non só a cobertura de todas as prazas necesarias para garantir a calidade asistencial senón tamén condicións de traballo dignas fronte ás que actualmente atinxen @s profesionais sanitari@s nomeadamente como resultado de contratos por días soltos ou semanais. Condicións \"miserentas\" que din, prexudica tamén @s utentes do sistema sanitario público como resultado das dificultades que carrexa para atender as necesidades dos centros de saúde e hospitalarios. \"Só garantindo que hai persoal suficiente, e este está contratado en condicións dignas, se pode frear a privatización do sistema que persegue o PP\", afirman."}
{"ID": "NOS_33233", "summary": "Desprezo ao galego, improvisación e falta de rigor é o resumo que fai a CIG das probas de Selectividade, agora denominadas probas ABAU. Ademais, engade o sindicato, houbo tamén \"falta de previsión\" na suspensión do exame de filosofía a sexta feira, 14 de xuño, por deficiencias na súa formulación.", "text": "\"Segundo nos comunica profesorado e alumnado presente nas probas esta sexta feira\", indica a CIG nun comunicado, \"o exame de bioloxía e xeoloxía só fo repartido aos estudantes en castelán\". Cando algúns deles solicitaron versión en galego só a recibiron unha hora despois do inicio do exame mais apenas lles concederon dez minutos de prazo a maiores para realizalo. \"As instrucións da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) era entregar os exames [desas materias] en galego e en castelán. É curioso que precisamente unha vez máis os erros se produzan na nosa lingua\", denuncia a central sindical, \"o que demostra a falta de rigor por parte da Administración á hora de velar polos ereitos lingüísticos do alumnado\". Co caos nas probas de filosofía, derivado de erros na formulación dos exames, a CIG tamén critica a \"falta de previsión\" da CIUG. As probas quedaron aprazadas para as catro da tarde do 14 de xuño \"cando estaba previsto que finalizasen xa esta mañá. Debeu existir algún probelam cos exames de reserva que deben ter todas as materias. A estes xa se recorreu, con éxito, o primeiro día das probas ABAU ao ter que substituír o exame de lingua galega 2 por abrir o paquete antes de tempo\"."}
{"ID": "NOS_20083", "summary": "Martín defendeu a presenza do emérito na súa localidade e asegurou que \"hai máis 'juancarlistas' do que se quere facer crer\".", "text": "O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, confirmou que Juan Carlos I voltará á localidade en xuño, para as regatas do campionato do mundo de vela, e sinalou que \"hai máis 'juancarlistas' do que se quere facer crer\". Protestan en Sanxenxo ante Juan Carlos I co lema 'Galiza non ten rei' En declaracións á saída do Club náutico do municipio, Martín defendeu a presenza do emérito na súa localidade, asegurando que \"se fose un presidente da República\" coa mesma proxección comportaríase de igual forma. \"Un cidadán máis\" Martín tachou ademais de \"inxenuos\" aqueles que pensaban que a chegada do monarca \"pasaría desapercibida\" e definiu o emérito como \"un cidadán máis que pasa uns días entre nós\" O alcalde de Sanxenxo e Rueda, \"encantados\" de recibir o emérito O emérito ás preguntas dos medios congregados á saída do Club Náutico de Sanxenxo, onde asistiu á entrega de premios da regata decorrida esta fin de semana. \"Moitas ganas\" de ver Felipe VI Asegurou que ten \"moitas ganas\" do encontro previsto para esta segunda feira co seu fillo, o xefe do Estado Felipe VI, en Madrid. Desta reunión, apuntou ademais, espera \"moitos abrazos\" e \"ver a familia\". Após a regata, o monarca recibiu unha placa como recoñecemento ao seu \"apoio á vela e ao deporte en xeral\", así como ao impulso ao turismo na localidade de Sanxenxo."}
{"ID": "NOS_8815", "summary": "A partir da vindeira semana, a Galiza estará en disposición de realizar as PCR de confirmación diagnóstica deste virus.", "text": "A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de recibir, por parte do Instituto de Saúde Carlos III, a confirmación do primeiro caso positivo da varíola do mono na Galiza. A persoa afectada polo virus é un varón que pertence a área sanitaria da Coruña e Cee, e permanece illado no seu domicilio. A Dirección Xeral de Saúde Pública xa se puxo en contacto cos contactos estreitos deste positivo e trasladou as recomendacións pertinentes. Varíola do mono: dan negativo os tres casos sospeitosos na Galiza A partir da vindeira semana, a Galiza estará en disposición de realizar as PCR de confirmación diagnóstica deste virus. A confirmación prodúcese logo de que a Dirección Xeral de Saúde Pública enviase ao Centro Nacional de Microbioloxía as mostras de dous novos posíbeis casos de infección, ascendendo ata sete, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible coa varíola do mono. O gromo de varíola do mono, en cinco chaves Desde que recibiu a alerta internacional sobre a varíola do mono, o pasado martes 17 de maio, o departamento sanitario da Xunta mantense vixiante para poder identificar e confirmar ou desbotar os posíbeis casos desta enfermidade."}
{"ID": "NOS_11737", "summary": "Galicia en Común tamén exixe transparencia. Esta segunda feira tamén presentará no Congreso varias preguntas dirixidas ao Consello de RTVE sobre o cumprimiento das bases do Benidorm Fest.", "text": "A polémica xerada tras a final do Benidorm Fest abre camiño cara o Congreso dos Deputados e deputadas. A diverxencia ente as conclusións do xurado profesional e o voto do público tanto durante as semifinais como na cerimonia final do certame leva o triunfo de Chanel á Cámara baixa a iniciativa do BNG e de Galicia en Común. Ambas as dúas formacións urxen explicacións a RTVE. Queren coñecer os detalles do concurso musical que serviu para escoller a canción que representará España no festival de Eurovisión, coa participación dun xurado especializado (50%), dun estudo demoscópico (25%) e da audiencia, a través do televoto (25%). Elección do xurado Así, nesta segunda feira o BNG \"rexistraremos solicitude de comparecencia do Presidente da CRTVE no Congreso para que explique os criterios utilizados para a elección do xurado do Benidorm Fest, do sistema de votacións e as dificultades que encontraron moitas persoas para poder votar\", avanzou este domingo Néstor Rego na súa conta de Twitter. \"A CRTVE é un ente público que pagamos entre todos e todas, e que, por tanto, debe garantir transparencia e criterios equitativos en procesos coma este. Para alén do espectáculo están os intereses lexítimos, non só dun grupo, senón dunha língua e unha cultura como a galega\", afondou. O deputado nacionalista incidiu, ademais en que \"moitos galegos e galegas que teñen a lexítima percepción de que se actuou con parcialidade para evitar que unha canción en galego fose a Eurovisión, dúbidas que é preciso esclarecer e apurar responsabilidades, se for o caso\". \"Total transparencia\" Na mesma liña, Galicia en Común tamén presenta esta segunda feira no Congreso dos Deputados varias preguntas dirixidas ao Consello de RTVE sobre o cumprimento das bases do concurso Benidorm Fest. Segundo explicou a formación nun comunicado, a iniciativa -que parte do deputado Antón Gómez Reino- pide facer públicos os criterios de valoración para a composición do xurado, a puntuación detallada de cada un deles segundo as regras e os criterios de valoración estipulados nas bases do desenvolvemento do concurso para a puntuación final. \"O Consello de RTVE debe garantir un concurso con total transparencia\", sinalou Gómez Reino, en referencia ao apoio popular xerado por bandas como Tanxugueiras e Rigoberta Bandini co resultado final para a elección do representante español a Eurovisión 2022. \"Cremos que é deber dun organismo público atender ás queixas da poboación que non sente representada con esta decisión. O voto popular debe contar de verdade\", incidiu Gómez Reino. Galicia en Común preguntará tamén sobre o sistema de votación de mensaxería instantánea, que provocou problemas á hora de enviar as votacións e así se fixeron eco varias usuarias nas redes sociais."}
{"ID": "NOS_39102", "summary": "Rocío Mosquera e boa parte da súa equipa asistiron ao acto de presentación da Asociación de hospitais privados de Galiza. Xa lle reclamaron \"convenios estábeis\" co Sergas para reducir as listas e os tempos de agarda. Estes últimos soben até os 80 días se se toman en conta no cálculo os seis meses que carrexa xustamente a empresa sanitaria Povisa", "text": "A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e boa parte da súa equipa fixeron parte do acto de presentación da Asociación de hospitais privados de Galiza, presentada oficialmente hai un día e que xa emitiu un comunicado para reclamar \"convenios estábeis\" co departamento que dirixe Mosquera. O obxectivo, din, aliviar a actividade do Sergas, cifrando en 482 millóns ao ano o aforro que a privada supón para as contas da sanidade pública. Tal e como publicamos recentemente, nos últimos tres anos as políticas aplicadas polo PP na Galiza en materia sanitaria dirixíronse cara a un obxectivo fundamental: desmantelar o sistema público. Para Manuel Martín, voceiro da Plataforma SOS sanidade pública, a folla de ruta que seguiron é clara: \"potenciar o aseguramento privado e deixar en mans privadas a prestación de servizos que até o de agora eran públicos\". O resultado: 3.600 persoas que se sumaron a unha listaxe para seren operadas, até completar @s 40 mil pacientes en lista de agarda. Os seis meses de agarda na empresa sanitaria Povisa soben a media até os 80 díasSegundo considerou o presidente da nova asociación, Justo Jorge, a redución destas listas, e dos tempos de agarda, pasa pola sinatura de acordos entre o Sergas e os hospitais privados. No programa electoral que o levou á Xunta en 2009, Alberto Núñez Feijóo comprometérase a rebaixar os tempos, mais estes aumentaron dos 70 aos 80 días unha vez sumados os máis de seis meses de agarda que carrexa o hospital vigués Povisa. É privado, mais consulta ao redor de 100 mil persoas en virtude dun concerto coa Xunta. Así as cousas, a sanidade privada xa lle manifestou á cara as súas preferencias a Rocío Mosquera: atender nos seus centros todas as persoas que sufrisen un accidente de tráfico, enferm@s crónicas e pacientes sociosanitari@s, isto é, persoas que se atopen en situación de dependencia, desde idos@s até a diversidade funcional."}
{"ID": "NOS_26598", "summary": "Os incendios forestais do pasado outubro marcaron un punto de inflexión nos concellos pontevedreses. A magnitude e as consecuencias dos lumes evidenciaron a necesidade de novas estratexias para afrontar un dos principais problemas ambientais do país. Baixo esta premisa, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra levan meses traballando nun proxecto que busca estabelecer as liñas mestras da política forestal, da ordenación do territorio e da extinción de incendios, que permita evitar ou mitigar episodios similares no futuro. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 303.", "text": "\"Tentamos facer un traballo forense dos incendios en Pontevedra con profesionais de todo o mundo. Queremos contar con entre 10 e 15 opinións cualificadas, analizadas sobre o terreo na maior parte dos casos ou sobre a cartografía detallada. E con todas elas, facer unha síntese do que podemos aprender dos lumes de outubro. A idea é ser capaces de transmitir cales son as cuestións prioritarias\", asegura en declaracións a Sermos Galiza o coordinador do proxecto e director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, Juan Picos. Non se trata de idear un simple receitario, asegura Picos, senón de xuntar un panel de persoas especializadas na materia para que, tras reunir e analizar os dados de forma científica, determinen os patróns comúns que explican os incendios forestais, e permitan mudar a forma de abordalos por parte das distintas administracións involucradas. Un traballo da Universidade de Vigo e da Deputación de Pontevedra que está inspirado nas investigacións realizadas en Portugal após os grandes lumes do pasado ano, pero que non se desenvolvera antes na Galiza. Cando a Xunta non actúa Desde a institución provincial, que financia e promove o proxecto, apuntan que este xurdiu non só pola magnitude dos incendios de outubro, tamén pola \"constatación de que a Xunta non estaba facendo o que tiña que facer\", segundo aclara o seu vicepresidente, César Mosqueira. \"O bo coñecemento permite actuar e tomar decisións sobre unha base sólida, non sobre modas, ou sobre lugares comúns. Xuntando persoas expertas a nivel mundial para que nos digan cales serían as mellores opcións para enfocar os problemas do monte en xeral e dos incendios en particular\", salienta sobre os propósitos do estudo. [Podes ler o texto íntegro no número 303 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_1442", "summary": "A patronal asegura que aplica as medidas do Goberno español e di que será \"un golpe tremendo\" que precisará \"o esforzo de todas e todos\".", "text": "A industria do metal galego, que emprega a máis de 67.000 persoas, está a aplicar xa, segundo informan desde a a Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime) as últimas medidas ditadas polo Goberno español. A raíz da Real Decreto Lei aprobado esta pasada fin de semana que obriga a parar toda aquela actividade que non sexa considerada un servizo esencial, tivo como consecuencia nas industrias metalúrxicas galegas a redución da súa actividade en 80%. Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, asegura que \"desde toda a industria do sector metal galego estamos comprometidos coa loita contra o coronavirus, mais precísase máis previsión e claridade na adopción deste tipo de medidas\". Desde Asime informan que só continúan a súa actividade aquelas industrias vinculadas estreitamente coa produción e xeración dos servizos esenciais ou básicos, como poden ser servizos de mantemento, fabricación de maquinaria especial ou subministracións de materias crave, todos ligados a actividades como a enerxía, a auga ou a alimentación nos que o sector metal ten un rol crave. Ampliación a outro tipo de actividades Mallón asegura que \"se poderían permitir algunhas outras actividades que si entendemos interesantes e estratéxicas para o funcionamento dun país, como poden ser a defensa ou a industria aeronáutica\". Tamén cre que debería contarse con outras \"nas que a paralización produce máis prexuízos que beneficios\". Sobre este tema sinala que \"desde a industria fíxose un esforzo titánico durante todas estas semanas no ámbito da seguridade e saúde dos traballadores, con medidas e protocolos moi esixentes e rigorosos, mesmo máis aló do marcado polas autoridades\". Esta actuación procuraba, segundo Asime, \"que isto permitiría seguir operando con garantías noutras actividades, pero desafortunadamente non foi así\". Reactivación económica \"complexa\" Asime pide \"máis antelación na adopción de medidas deste tipo\" e tamén \"máis nitidez nas disposicións, que levan en moitos casos a ambigüidades e dificultades para as empresas\". O seu secretario xeral afirma que \"vai ser sen dúbida un golpe tremendo para o sector metal galego, que representa 20% do Produto Interior Bruto (PIB) da Galiza\" A patronal galega do metal agarda que 2020 \"non sexa un ano de recesión\" mais asegura que \"a reactivación económica que se prevé agora\" será \"máis complexa que ao comezo desta crise\"."}
{"ID": "NOS_53135", "summary": "A disciplina do skateboard non deixa de medrar entre a rapazada galega. As escolas e as asociacións intentan desbotar os prexuízos das institucións públicas e demandan máis infraestruturas e que se constrúan de forma axeitada.", "text": "O skate máis moderno sírvese xa nun 'bowl'. A mítica 'U' segue a ter presenza nesta cultura, mais sobre todo porque na Galiza chegamos tarde ás novidades coas que conta un deporte que está a piques de convertirse en olímpico. Cunha atleta ás portas dos Xogos e unha crecente demanda de clases para aprender a surcar a media tubaxe, as administracións parecen non acabar de sacudirse de enriba os estereotipos dos filmes americanos. Din as e os fanáticos do patinaxe que hai unha resistencia a investir neste tipo de parques ao igual que o fan en campos de fútbol e baloncesto e pistas de tenis. \"Faltan instalacións de calidade para os cativos e para a xente de máis nivel\", reflexiona Samuel Vila, profesor de skate e copropietario da escolar WS Skateboard School. Cóntao no descanso dunha clase para as crianzas no marco dun campamento estival. \"Hai xente maior pero o 80 ou 90% do noso alumnado son nenas e nenos en idade escolar, fóra da adolescencia\", conta. A fama desta práctica entre a rapazada non deixa de crecer e até algúns pais anímanse ao ver os progresos de fillas e fillos. O problema é cando se deixan as aulas privadas para saír ás rúas e atoparse sen espazos adaptados. \"Agora estanse a facer infraestruturas porque non había moitas e a maior parte están mal construídas: é preciso contar con empresas especializadas\", subliña. \"Actualmente están a xurdir instalacións públicas pero cun nivel moi precario de diseño e concepto\", subliña Iván Maroño, da escola Skate Maroña Indoor. O di o entrenador de Júlia Benedetti, a única deportista galega que estará en Tokio 2021 \"na modalidade park\". O presidente da Asociación Oleirense de Skaters, Carlos Junquera, alude á loita que tiveron para conseguir o arranxo da pista de Bastiagueiro. Unha das queixas da entidade é que non haxa pistas públicas a resgardo nun país que está precedido pola fama da choiva. Para reclamar máis instalacións como o famoso 'bowl' que semella unha \"piscina baleira redonda\" que permite xiros en máis sentidos que a 'U' avisa de que este deporte atrae a persoas sanas con ganas de facer amizades."}
{"ID": "NOS_45091", "summary": "Ve \"moi positivo\" o pacto subscrito por PSdeG, UXT, CCOO, UUAA, Ventonoso e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza.", "text": "A patronal eólica, agrupada na Asociación Eólica de Galicia (EGA), aplaudiu a proposta lanzada a semana pasada polo PSdeG e os sindicatos CCOO e UXT para articular un \"pacto de país\" que impulse o desenvolvemento de proxectos eólicos na Galiza. Nun comunicado, a patronal valora como \"moi positivo\" o pacto subscrito o pasado 12 de abril entre PSdeG, UXT, Comisións Obreiras, Unións Agrarias, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza e a asociación de afectados por parques eólicos Ventonoso. Este acordo avoga por que a Galiza sexa \"protagonista\" na xeración de enerxías renovábeis co obxectivo de lograr a \"independencia enerxética\", segundo explicou o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na presentación, onde avanzou que o acordo está aberto a que se sumen entidades políticas e sociais do país. O sector pesqueiro carga contra o plan de Rede Eléctrica para a eólica mariña \"As enerxías renovábeis son a única solución para descarbonizar a economía, loitar contra o cambio climático, baixar o prezo da luz e crear emprego. O reloxo corre en contra\", sinalou onte a patronal EGA, que incide en que \"non hai tempo para demorar\" na loita contra o cambio climático \"que tanto afecta as nosas sociedades na actualidade\". Así mesmo, incide na importancia da \"independencia enerxética\" como, segundo recalca EGA, evidenciou o conflito en Ucraína. \"Todo o mundo sabe xa que somos reféns do gas ruso, que ademais é a última e máis cara tecnoloxía\", di a patronal eólica. O Goberno de Sánchez \"acelerará\" a autorización de parques eólicos en \"áreas con pouco impacto ambiental\" \"Sempre insistimos en que canta máis renovábel entra no sistema, máis baixa o prezo da luz e a eólica pode achegar enerxía competitiva que axude a manter a actividade nas industrias electrointensivas\", remarca a EGA."}
{"ID": "PRAZA_8764", "summary": "Son moitas as obras e discursos que nos últimos anos reflectiron ou reflexionaron sobre a restrición de dereitos e liberdades, o afondamento das desigualdades sociais ou o desmantelamento do Estado do Benestar.", "text": "\"A gran casa común creada para superar o horror da guerra, o odio entre as nacións, non é máis que unha supresión de fronteiras para o enriquecemento e o negocio sen límites dunha tropa de gángsters sen escrúpulos, mentiráns compulsivos educados nas mellores universidades para someter aos máis febles disparando democracia\". Así de claro se amosa o texto de Eurozone, a última creación de Chévere. E non é, desde logo, a única das obras presentadas nos dous últimos anos que están a reaccionar contra o enorme engano da crise. Contra os discursos que agochan a restrición de dereitos e liberdades, o afondamento das desigualdades sociais ou o desmantelamento do Estado do Benestar baixo a metáfora do \"vivistes por enriba das vosas posibilidades\". Eurozone non é antieuropeísta. Nin antipolítica. Pero si anti patrañas. \"Despois do baleirado dos primeiros textos tiñamos xa a sensación de que estaba todo claro: que todo era un engano. Que a crise fora provocada polo mal uso e a mala xestión financeira, por unhas elites que se enriqueceron e que agora lle queren facer pagar a desfeita á xente\", apunta o director, Xesús Ron. \"A nosa posición non é renegar de Europa, senón que esta Europa non serve. Grande parte das decisións que afectan á nosa vida diaria tómanse en Europa. Polo que temos que construír outra. Todo isto pasou porque non participamos, relaxámonos e deixámoslles facer. Estafáronnos e despois aínda viñeron apalearnos. Por iso temos que recolonizar a política, facela nosa, implicarnos nela para polo menos controlar que non chegue arriban gángsters como os que causaron o que está a pasar\", engade. Desmontar este embuste é un dos principais obxectivos da iniciativa Cultura contra a mentira ou das mobilizacións da Plataforma das Artes Escénicas O sector das artes escénicas foi un dos máis activos á hora de organizar a resposta ás falsidades que mutilan dereitos en nome da penitencia polos supostos excesos cometidos. Se cadra tamén porque é un dos máis afectados polos recortes que presentan como luxo o que é un dereito dos cidadáns. Desmontar este embuste é un dos principais obxectivos da iniciativa Cultura contra a mentira ou das mobilizacións da Plataforma das Artes Escénicas, parte delas realizadas, simbolicamente, fronte á Cidade da Cultura. Mais, alén das protestas neste sentido, -moi presentes tamén na última Ultranoite de Chévere-, o tema da crise e as súas consecuencias atopa reflexo directo no contido do traballo de diversas compañías. Bo exemplo diso é a triloxía Colgados, Pisados e Snakizados de Áncora Producións. Tres logomonos ou monólogos ao revés escritos por Gustavo Pernas para denunciar a perversión da linguaxe que viste os recortes de axustes ou reformas, o perdón aos defraudadores de regularización ou a precariedade laboral de flexibilización do mercado. O actual proceso de supresión dos dereitos laborais é, por outra banda, o berce no que aniñan Currículum Vítae de Redrum Produccións e O método Grönholm, a peza de Jordi Galcerán que no último ano representou Talía Teatro. A segunda fura no que as persoas desempregadas se ven obrigadas a aturar para conseguir un traballo, nun contexto de progresivo desequilibrio de forzas entre empresario e traballador que favorece o abuso de poder por parte do primeiro. Currículum Vítae amosa, desde a comedia, o fondo de paro, precariedade e reforzo do nepotismo propios do actual panorama, ou a eliminación de dereitos provocada pola reforma laboral. Tamén Pequenos actos pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos, de Ibuprofeno Teatro, reflicte o sentimento de frustración, rabia e inconformidade xeneralizadas a través da historia de dous personaxes que, ao xeito da loita de David contra Goliath, tentan opoñerse desde o ámbito cotián a institucións tan difíciles de bater como o sistema banqueiro ou o consumismo como xeito de vida. A obra sitúase ademais na liña política de creacións anteriores do seu autor, Santiago Cortegoso, como 0,7 Molotov. \"O discurso do teatro sempre se torna político, mesmo cando se escolle falar de cuestións domésticas. Como din as feministas, o privado é público. Non hai teatro se non hai crise, se non hai conflito, se non hai acción\" \"O discurso do teatro sempre se torna político, mesmo cando se escolle falar de cuestións domésticas. Como din as feministas, o privado é público. Non hai teatro se non hai crise, se non hai conflito, se non hai acción\", subliña o dramaturgo, actor, director e profesor Afonso Becerra. Ao fío deste argumento, pódense salientar, entre moitas outras, obras como Linda and Freddy, ilusionistas, de Teatro do Noroeste, -reflexión sobre un mundo que non valora a arte situada nun escenario postcrise, desnortado, sen imaxinación nin sentido-; ou mesmo montaxes de pezas non recentes pero que seguen de actualidade como Viaxe a ningunha parte de Fernando Fernán Gómez -representada no último ano por Sarabela-, coa súa metáfora arredor do teatro como oficio sempre en crise; ou Azos de esguello de Euloxio Ruibal, -que Espello Cóncavo está a levar a escena-, coa súa denuncia da conexión entre corrupción, construción e política. Mais, de ter que subliñar teatro \"de escárnio e maldizer\" presentado nos dous últimos anos, Afonso Becerra queda, sobre todo, -ademais de con Chévere -Citizen e Eurozone- e cos logomonos de Gustavo Pernas-, co libro Banqueiros, (Laiovento), que recolle textos de Olivia Pena, Roi Vidal, Fidel Vidal, Diana Varela, Vanesa Sotelo, Henrique Rabuñal, María Xosé Queizán, Gustavo Pernas, Xosé Manuel Pazos, Zé Paredes, Manuel Lourenzo, Lois Diéguez, Ánxeles Cuña Bóveda, Santiago Cortegoso, Marica Campo, Lino Braxe, Vicente Araguas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marcos Abalde e do propio Becerra. Francisco Pillado considera \"un macabro e desafortunado eufemismo falar de crise cando en realidade estamos a ser vítimas dun calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez coas conquistas acadadas pola clase traballadora no decurso dos séculos\" O coordinador deste volume, Francisco Pillado, explica no limiar do mesmo que considera \"un macabro e desafortunado eufemismo falar de crise cando en realidade estamos a ser vítimas dun calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez coas conquistas acadadas pola clase traballadora no decurso dos séculos\". Queda aínda moito 2013 por diante, e o Día das Letras é unha boa oportunidade para volver á obra do que foi un dos nosos dramaturgos máis críticos, Roberto Vidal Bolaño, cuxos textos se adiantaron a moito do que estamos a sufrir agora, e que creou ademais escola para moitos dos que viñeron detrás, como Rubén Ruibal. Tampouco hai que esquecer o traballo de Ensalle, que mantén unha das poucas salas de teatro alternativo que quedan no país. O discurso crítico como alicerce da creación do país \"Todos os discos publicados ultimamente están marcados pola situación que vivimos. De que vas falar, se é o que ves?\", comenta Vituco Neira Aos artistas de calquera país supónselles unha actitude crítica que, se cadra, vólvese máis visible no caso das culturas minorizadas. \"Todos os discos publicados ultimamente están marcados pola situación que vivimos. De que vas falar, se é o que ves?\", comenta o membro de Ruxe-Ruxe e responsable do programa musical Planeta Furancho Vituco Neira. Mais a crítica social e política non é, desde logo, unha novidade, pois foi sempre un dos alicerces principais da música en galego, -só hai que lembrar a Voces Ceibes ou a Fuxan os Ventos-. \"Eu creo que os máis combativos están agora no hip-hop\", engade Neira, que salienta, -entre outros moitos-, grupos como Dios Ke Te Crew ou Rebeliom do Inframundo. \"O hip-hop ten xa ese carácter, ao ser música de rúa, na que ademais o texto, a palabra, é fundamental\", matiza. \"A música a fin de contas é arte, e non política, pero é normal que xente reaccione ante o que ten diante. Se todo fose xenial, non falariamos destas cousas. De todas maneiras, hai música cañeira en todas as linguas. O que ocorre é que, moitas veces o que máis nos chega pola radio ou pola televisión, por exemplo en español, é o máis comercial. Coa música galega non pasa isto tanto, ao moverse noutro tipo de circuítos\", pensa. Malia que o último disco de Ruxe-Ruxe quixo afastarse un pouco da cuestión da crise, \"o novo vai ser totalmente político\", asegura Vituco. A outro dos grupos máis importantes do rock galego, Zënzar, saíulle, sen pretendelo, un CD, -o último, Vaise armar-, que advirte de que todo parece a piques de estourar debido aos niveis de opresión que se están a alcanzar. \"Foi algo do que nos demos conta despois, ao escoitar o disco acabado: falamos moito de control social, de escravismo laboral... Eu creo que iso da crise é un invento. En crise está a xente, que ou non ten traballo ou o ten moi precario, e ademais afixérona a un nivel de consumo innecesario. A crise é un negocio planificado, do que se benefician os que dirixen os bancos. E, claro, o rock, a música, é algo que fas non para facerte rico senón polas cousas positivas que pode achegar á túa vida persoal. É normal que fales neses termos sociais, pois trátase de ceibar o que pensas. O difícil é atopar música galega que non sexa crítica, e non que o sexa\", indica Bocixa, voz de Zënzar. Vituco salienta os últimos traballos de Nao, Machina, Invivo, Das Kapital, Grampoder, Skandalo GZ, Skarallaos, A compañía do ruído ou O Sonoro Maxín Mais non é só o rock ou o hip-hop. As reaccións máis directas ante as mentiras da crise e da actual fase do capitalismo financeiro poden atoparse en todos os estilos. Sen ánimo de facer un catálogo completo, e só por citar algúns exemplos representativos de distintos xeitos de entender a música, Vituco salienta os últimos traballos de Nao, Machina, Invivo, Das Kapital, Grampoder, Skandalo GZ, Skarallaos, A compañía do ruído ou O Sonoro Maxín. \"Toda a música que teño arredor ten que ver con iso: Kastomä, Ruxe-Ruxe, Dios Ke te Crew, K-raxe, Gendbeat, Som do Galpom, Deseqilibrio Mental... A listaxe completa sería moi ampla\", remarca Bocixa. \"Non se trata de facer panfletos, senón de dicir as cousas con intelixencia, e iso faise moi ben por aquí\", engade Vituco."}
{"ID": "NOS_4461", "summary": "\"É unha das maiores fábricas europeas de cambio climático\", denuncian desde 'Galiza, un futuro sen carbón'.", "text": "As asociacións e colectivos que fan parte de 'Galiza, un futuro sen carbón', pide que o Goberno estatal peche a central de carbón das Pontes a máis tardar en 2025. Reclama que o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) garanta ese fechamento. \"O abandono total do carbón e da enerxía nuclear en 2025 sería posíbel cun maior esforzo no despregue das enerxías renovábeis e no estímulo do aforro e a mellora da eficiencia enerxética\", afirma. O Goberno central non vai pechar ningunha térmica de carbón, advirten. Simplemente prevé a redución da capacidade de produción eléctrica con carbón até 0-1,3 GW (xigavatios) de potencia en 2030. \"A causa sería a posíbel evolución do prezo da tonelada de dióxido de carbono (CO2) no mercado europeo de emisións. Con todo, segundo a previsión gobernamental, en 2025 aínda estarían operativas 6 centrais, cunha potencia total de 4,5 GW\". A central de carbón de Meirama (Naturgy) fechará en 2020, mais Endesa pretende prorrogar a vida da das Pontes até a década de 2040. É a maior do estado, con 1,4 GW de potencia. \"Tamén é unha das maiores fábricas europeas de cambio climático. En 2018 foi a 17º industria de toda a UE con maior impacto climático, ao lanzar á atmosfera 7,9 millóns de toneladas de CO2 causante de cambio climático\"."}
{"ID": "NOS_24108", "summary": "O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao afirma que o persoal escolleu a opción que considerou \"menos mala\", ao tempo que advertiu de anos duros pola parada das cubas.", "text": "Os traballadores e traballadoras de Alcoa en San Cibrao (Cervo) falaron nas urnas para dar un si masivo á proposta da multinacional de parar dous anos a produción de aluminio primario a cambio de permisos retribuídos, un plan de investimentos de 91 millóns de euros e o compromiso de non realizar despedimentos nos próximos catro anos. Os resultados da votación, difundidos polo comité de empresa á primeira hora da madrugada desta cuarta feira, sitúan no 69,68% os apoios ao si entre o persoal, cuxa participación alcanzou 76% dos 1.063 traballadores e traballadoras censados. Dos 808 votos emitidos, 563 votos foron a favor, 196 votos en contra (24,26%), 40 en branco (4,95%) e nove nulos (1,11%). Após coñecerse os resultados, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, recoñeceu respecto á votación que \"as dúas decisións eran malas e elixiuse a que o persoal cría que era menos mala\", xa que \"ninguén puxo sobre a mesa unha solución que dese viabilidade\" para os anos 2022 e 2023, resaltou. \"Con que cubrise unha pequena necesidade para que polo menos esas 200 cubas se puidesen manter, sería distinto. Non é o mesmo unha baixada de produción que un cesamento da actividade\", incidiu. Zan, que respecta o resultado saído das urnas, advertiu ao persoal de que van pasar \"os peores momentos da súa vida laboral\" nos próximos dous anos debido ao cesamento da produción. Neste sentido, avisou da \"auténtica hecatombe\" que supón para España que entre 2022 e 2024, \"como mínimo\", non produza aluminio primario, \"un material tan necesario non só para a transición ecolóxica, senón tamén para sectores elementais como o farmacéutico, a automoción ou a alimentación\". Inquedanza nas auxiliares Na votación desta terza feira tamén participou o persoal das firmas auxiliares que traballan para Alcoa en San Cibrao. Neste caso, o resultado foi o contrario. Con 180 votos emitidos, 54 foron a favor (30%), 105 en contra (58,3%) e 21 en branco (11,7%). Segundo explicou a Nós Diario o portavoz da plataforma de auxiliares de Alcoa en San Cibrao, Kike Rocha, isto débese a que os traballadores e traballadoras das firmas que traballan para a multinacional do aluminio \"ven os seus postos con menos garantías que os da principal\". \"É certo que se van renovar os contratos tres anos, pero a carga de traballo non depende só deles, senón tamén de obras que saca Alcoa para a renovación de planta\", apunta Rocha. Neste senso, o portavoz das auxiliares pide a Alcoa que concrete a necesidade de man de obra para os traballos que pretende acometer durante a parada e tamén se a carga de traballo vai ser para todo o período ou só se vai concentrar en determinados meses. \"É unha incerteza, e pode ser que algúns postos de traballo corran perigo\", advirte. Con todo, o responsábel sindical sinala que o que hai que mirar agora \"é que Alcoa cumpra o cento por cento do acordo que se vai asinar\". Iso si, Rocha non entra a valorar o resultado dunha votación que se fixo \"democraticamente\" e na que \"o único que había que elixir era entre unha morte rápida ou lenta, seguramente, e saíu o que saíu\"."}
{"ID": "PRAZA_20042", "summary": "O que nos aprende o caso do Xura é que estas situacións son manexábeis cando unhas elites pragmáticas e dispostas ao compromiso actúan dentro dun marco legal flexíbel", "text": "Todo politólogo coñece algún estudo de política comparada que, malia a súa autoría de prestixio, resultou ser un fiasco espectacular. Sabemos así que calquera intento de tirar conclusións para si mesmo do que se observa noutras latitudes é algo que debe ser feito con moita prudencia. Pero o exercicio non é inútil e pode brindar perspectivas de análise valiosas. Neste sentido, compararmos o que acontece en Suíza co Xura e en España con Cataluña pode parecer ousado, porque as diferenzas entre ambos casos son notábeis. Suíza é unha vella democracia cuxa cohesión nacional ten unhas bases sólidas, e o Xura nunca quixo abandonar a Confederación. En España, pola contra, a democracia perde decote calidade, e o proceso de construción nacional foi historicamente deturpado polas elites extractivas, que, ao tempo que inventaron un discurso patriótico excluínte e anacrónico, priorizaron (e priorizan) en todo momento os seus intereses particulares. Así é como a cuestión nacional –incluído agora o independentismo catalán– segue, xeración tras xeración, na nosa axenda política. Pero tamén hai certas semellanzas entre os casos suízo e español en que se cadra deberiamos fixarnos. O Xura é unha rexión francófona que se integrou en Suíza en 1815, tras o Congreso de Viena. Entrou a formar parte do cantón xermanófono de Berna, e desde o principio houbo graves problemas que deron lugar ao nacemento de movementos secesionistas e unionistas. E cando falamos de problemas queremos dicir tamén violencia, incluído algún morto. Con todo, o conflito civil non chegou a escalar porque a tensión se canalizou en parte a través dunha serie de plebiscitos cuxos resultados levaron á creación da República e Cantón do Xura. Aínda boxe, o contencioso non está por completo resolto. O 18 de xuño, por exemplo, os cidadáns da pequena vila de Moutier deberán decidir nunha consulta se prefiren seguir pertencendo ao cantón de Berna ou, pola contra, incorporarse ao do Xura. Unha primeira lección que podemos tirar deste caso é que a democracia per se non evita as tensións territoriais, cuxa abordaxe non é nunca doada. Os ordenamentos xurídicos adoitan estar mal construídos para este tipo de conflitos e as elites políticas do centro teñen normalmente grandes dificultades para entenderen a racionalidade das demandas periféricas. Pero –e esta sería a segunda lección– o que nos aprende o caso do Xura é que estas situacións son manexábeis cando unhas elites pragmáticas e dispostas ao compromiso actúan dentro dun marco legal flexíbel, que permite cohonestar cabalmente o incuestionábel repecto polo ordenamento xurídico coas demandas democráticas atípicas. Con outras palabras: se hai marxe de xogo, os actores teñen incentivos para achegaren posturas que eviten saídas traumáticas e onerosas para todos. E mesmo unha saída traumática é menos custosa cando se decide dentro dun marco, porque se hai algo que sempre esixe un prezo exorbitante é unha revolución. A terceira lección suíza é que non existe unha solución inmediata, gratuíta e definitiva. Os procesos poden durar decenios, demandar importantes concesións e reavivarse. Alguén, en Cataluña e en España, debería tomar nota."}
{"ID": "NOS_39699", "summary": "No debate que levou á aprobación unánime da proposta, subliñouse o \"prexudicial que resultaría para o concello a implantación de explotacións eólicas polo grande valor ecolóxico e a fraxilidade ambiental da contorna\", explica a Plataforma Stop Eólicos Negueira.", "text": "No último pleno do ano 2021 en Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, que decorreu o pasado 20 de decembro, a vila foi declarada como territorio libre de eólicos, após a aprobación da proposta da Agrupación Municipal Negueira Viva, que sumou os votos do Partido dos Socialistas da Galicia, que ten a Alcaldía. No debate, subliñouse o \"prexudicial que resultaría para o concello a implantación de explotacións eólicas\", xustificado polo \"grande valor ecolóxico e a fraxilidade ambiental da contorna\", explica a Plataforma Stop Eólicos Negueira. A entidade comunica que a decisión municipal é \"unha moi boa nova e espera que anime a outros concellos a facer o mesmo co fin de evitar os danos irreparábeis que causan este tipo de proxectos\". Recoñecendo que este \"é só un pequeno paso na dirección correcta\", fai un chamamento a non \"baixar a garda perante a ameaza dos plans das grandes corporacións do sector eléctrico\". Nese sentido, advirte dunha \"ameaza real\", en referencia ao novo parque eólico proxectado na serra de Liñares. Todo o territorio do municipio forma parte da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e unha gran parte do territorio é Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e está protexido pola Rede Natura 2000, relata a Plataforma, que se basea nesta circunstancia para xustificar a \"traxedia\" que suporía a construción de parques eólicos. Asemade, reitera que a vila \"aínda conserva na súa memoria as nefastas consecuencias de ter sufrido outro espolio por parte da industria enerxética a mediados da década de 1950\" na construción do encoro de Grandas de Salime, que \"supuxo a expropiación das terras máis fértiles, e aldeas enteiras quedaron somerxidas baixo as súas augas\", ao tempo que incomunicaba as dúas partes nas que quedou dividido o Concello, \"condenando a unha das súas ribeiras ao seu case completo despoboamento\". Unha transición enerxética diferente Malia recoñecer a necesidade de efectuar unha transición enerxética, a Plataforma oponse a que estea baseada nun modelo \"espoliador e depredador\", que non conta con \"participación social nin garantías de protección medioambiental\", amais de presentarse \"de forma fraudulenta mediante proxectos fragmentados coa finalidade de ocultar o seu impacto real\", resolven."}
{"ID": "NOS_39841", "summary": "Rafael Granados preside desde 2016 a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) na Galiza. Leva toda a vida como traballador por conta propia e coñece ben un sector laboral do que dependen no noso país máis de 210.000 persoas. Nesta entrevista amosa certo pesimismo cara a un futuro incerto se non se activan medidas urxentes. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "O traballo autónomo é un dos menos coñecidos do ámbito laboral. Malia estar visíbel no noso entorno, vémolo desde un comercio urbano até as explotacións gandeiras, non conta moitas veces nos titulares dos medios de comunicación. Como é a situación actual do traballador e traballadora por conta propia na Galiza? A maior parte das empresas que temos aquí son pequenas PEME que non teñen ningún traballador ou traballadora ou como máximo contan con dez no seu cadro de persoal. Nos últimos anos aumentou a cifra de autónomos e autónomas de máis de 65 anos en máis de 63,8% e perdéronse menores de 39 anos. Galiza ten a porcentaxe maior de traballadoras e traballadores autónomos por poboación do Estado. Cal é o motivo? Si, na Galiza un 25% da afiliación á Seguridade Social é autónoma. Penso que é por cultura. Aquí sempre se traballou a microempresa, sobre todo no sector da agricultura. Non temos ningún medo cando se trata de comezar unha nova actividade ou arriscar a nosa economía para poñer en marcha un negocio. Noutras zonas como Madrid, Catalunya ou Euskadi teñen máis industria centralizada e a xente buscou máis o traballo por conta allea. Outro dato noso importante e diferenciador é o número de mulleres traballadoras autónomas: Galiza, en proporción ao resto de afiliación, é a que ten máis autónomas. Hai tendencia a falar da persoa traballadora autónoma como empresaria… Hai que diferenciar a lei da realidade. No momento en que nos damos de alta na Axencia Tributaria e na Seguridade Social estamos creando unha empresa, polo que segundo a lei, estariamos no empresariado. O concepto de empresario ou empresaria que se ten na sociedade non é o de autónomo ou autónoma. Sería aquel que ten unha serie de persoal traballador cunha infraestrutura, que funciona na macroeconomía, non como nós. A persoa autónoma é empresaria e, sobre todo, é traballadora É a primeira que abre o negocio e a última en fechalo. Na maior parte non contamos con traballadores ou traballadoras, polo que temos todas as obrigas e moi poucos dereitos. Están máis indefensas, logo, as persoas co traballo autónomo diante das circunstancias? Que papel xogan asociacións como ATA‑Galiza? Temos que defender os seus dereitos e traelos á Mesa do Diálogo Social na que non temos entrada polo momento. A nivel estatal 99% das empresas son microempresas, pequenos autónomos e autónomas. 1% define o total das leis das empresas. Todas as leis que se fan rematan negociadas ben pola patronal, ben polos sindicatos e polo Goberno. O autónomo ou autónoma nin é patronal nin é sindicato. Cada vez que fagan novas leis deberían contar cos organismos ou asociacións de autónomos e autónomas. Cando se aproban subas de salarios non é o mesmo que se lle faga a unha multinacional que a un pequeno negocio que está nun barrio. A porcentaxe económica pode facer que feche o negocio. Unha traballadora autónoma non pode estar ligada ás leis da patronal. \"Temos que defender os nosos dereitos e entrar na mesa de diálogo social\" Que medidas cómpre adoptar? Pedimos a igualdade de autónomos e autónomas co traballador e traballadora de Réxime Xeral, o relevo xeracional e a Lei de segunda oportunidade onde o fracaso non sexa un castigo, sexa un proceso de aprendizaxe. É fundamental o relevo xeracional. Moitos negocios fecharán nos vindeiros dez anos. Os barrios quedan sen comercios e cando chegue un autónomo ou autónoma a zona xa está baleira. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_2852", "summary": "Pedro Sánchez confírmalle ao presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, que os cidadáns que non sexan orixinarios da Galiza \"poden volver ao seu lugar de orixe\" ou ficar.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, trasladou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa \"lealdade\" na aplicación do estado de alarma para frear o avance do coronavirus COVID-19 e púxose a disposición tanto das súas \"instrucións\" como das dos ministros de Sanidade, Defensa, Interior e Transportes, que terán amplos poderes en todo o Estado español. Na rolda de prensa posterior á videoconferencia mantida este domingo co presidente Sánchez e co resto de líderes autonómicos, Feixoo incidiu en que \"non é o momento de ver o que se podería ter feito e non se fixo, senón o momento de ver que poden seguir facendo xuntos\". Neste sentido, o titular da Xunta celebrou o ton \"absolutamente construtivo\" da reunión telemática, que serviu para aclarar dúbidas de carácter \"técnico\", e trasladou aos cidadáns a súa \"confianza\" en que agora se poida \"combater mellor\" e con \"criterio único\" esta crise sanitaria. Ademais, Feixoo explicou que, tras a consulta tanto súa como do resto de presidentes de comunidades, Sánchez confirmoulle que eles \"seguen sendo a máxima autoridade\" en cada autonomía, aínda que dependendo tanto do Goberno como dos catro ministros con competencias ampliadas durante o estado de alarma. \"Isto non é unha cuestión, nin moito menos, de quen ten o poder. É unha cuestión de coordinarnos de maneira efectiva entre presidentes autonómicos e os ministros que asumiron o mando e o propio presidente do Goberno\", incidiu. Persoas de fóra da Galiza Por outra banda, Feixoo trasladou ao presidente estatal a súa \"preocupación\" por aquelas persoas que, durante esta situación de alarma, se atopan en comunidades das que non son orixinais. \"Haberá moitos cidadáns que se pregunten se poden volver ás súas casas\". Respecto diso, dixo que Sánchez confirmou que \"calquera cidadán\" nesta situación \"pode volver ao seu lugar de orixe ou pode elixir se queda\", aínda que \"confinados\" nos seus respectivos lugares de estancia, durante as restricións de movemento decretadas para os próximos 15 días. Feixoo apelou a non estigmatizar \"en ningún caso\" a aquelas persoas que non residan na Galiza pero que se desprazaron a esta Comunidade nos últimos días. \"Todo é novo para todos e até hai pouco non había instrucións tan claras\", resolveu."}
{"ID": "PRAZA_13743", "summary": "Clientes das antigas caixas e da actual Novagalicia Banco seguen a esixir a devolución dos seus cartos tras o inicio da campaña de imaxe da entidade e despois de que un xulgado de Cambados determinase que un destes contratos é integramente \"nulo\"", "text": "\"Antes de nada, perdón\", reza a campaña publicitaria que Novagalicia Banco desenvolve dende o pasado xoves. \"Antes do perdón, solucións\", retrucan as organizacións de persoas afectadas polas participacións preferentes. A petición de desculpas lanzada pola entidade bancaria a través dalgúns medios de comunicación e personificada polo seu presidente, José María Castellano, e o seu conselleiro delegado, César González-Bueno, non foi dabondo para calmar os ánimos de quen continúa a ter \"atrapados\" os seus aforros en produtos financeiros altamente complexos que asinaron pola vía do \"engano\". Esta indignación saía de novo á rúa esta fin de semana en Cangas do Morrazo, onde as sucursais de NCG Banco seguen a amosar, en forma de pintadas e carteis, as reclamacións dos clientes e clientas. A esixencia de solucións volveu o pasado sábado á vila morracense a través dunha manifestación, onde os colectivos de afectados de Vigo, Redondela, do Val Miñoro, do Condado e da propia comarca consideraron, en verbas do voceiro da plataforma do Morrazo, José Ramón Santomé, que \"as desculpas non son máis ca teatro\", o mesmo que, a xeito de parodia, representaron algúns dos manifestantes no palco da alameda canguesa. \"Os que estamos aquí somos os aforradores, os estafados\", subliña outro dos afectados, Carlos Vilariño, quen salienta ademais que \"os investidores qeu buscaban alta rendibilidade están nas súas casas e por vergoña non dan a cara. A maioría dos afectados, lembra, son \"xubilados\" ou \"simples aforradores estafados. Un xulgado de Cambados condena a Novagalicia a devolver 7.560 euros máis xuros a un afectado polas preferentes Esta mobilización producíase na mesma xornada en que saía á luz a sentenza dun xulgado de Cambados na que se estima \"integramente\" a demanda dun afectado polas preferentes e, polo tanto, o contrato asinado fica declarado \"nulo\" e condena a Novagalicia Banco a devolver integramente 7.560 euros máis xuros ao considerar que o demandante \"non foi debidamente informado das características de alto risco e posible iliquidez que presentaba o produto en cuestión\", isto é, precisamente o que veñen denunciando as plataformas de afectados. O feito de que a xustiza ditamine que neste caso concreto houbo unha actitude \"enganosa\" por parte da entidade financeira non implica para as plataformas de afectados que vaian cesar as mobilizacións. Ben ao contrario, sinalan, a súa aposta é continuar mentres non exista unha solución colectiva, sen necesidade de que cada un teña que acudir individualmente aos tribunais. Segundo o propio Castellano as \"xestións\" para \"devolver eses cartos\" continúan e, na súa opinión, é posible \"atopar unha solución aceptable\". Segundo engadiu González-Bueno durante a presentación da campaña de imaxe de NCG Banco, malia existir un panorama \"máis complexo\" por mor das condicións do rescate bancario, que establece \"un reparto de cargas\" segundo o cal \"os investidores teñen que participar nas perdas\", no caso das preferentes hai \"o argumento adicional\" de que se trata de persoas \"que non sabían claramente o que mercaban\". \"Neses casos poderíase dicir que eses contratos ao mellor non tiñan validez\". Iso, asegura, \"esta a callar e estase a entender por parte das autoridades\" e, polo tanto, é \"previsible que pola vía xudicial, da arbitraxe ou por algunha vía razoable, se resolvan eses casos\". Ademais, avanzaba, Novagalicia non realizará operación ningunha para tentar paralizar a demanda que por este caso puxo en marcha a Fiscalía Xeral de Galicia."}
{"ID": "NOS_12771", "summary": "Alugueiros que soben de prezo, produtos encarecidos, comportamentos incívicos, masas de persoas que dificultan a circulación pola cidade, terrazas invadindo os espazos públicos, veciñanza obrigada a abandonar o seu fogar, negocios tradicionais que desaparecen. Investigacións recentes demostran que canto maior é o contacto co turismo, máis crítica é a cidadanía con el pois, a pesar de todos os beneficios que este pode achegar, leva consigo un considerábel impacto negativo.", "text": "As crises financeiras, provocadas de maneira cíclica no actual sistema, provocan un mantemento, ou mesmo aumento, da riqueza das clases altas da sociedade, mentres que as máis desfavorecidas se ven prexudicadas, principalmente, a causa da suba de prezos. Unha das consecuencias da recomposición social posterior ao estoupido dunha crise é o fenómeno da xentrificación, un termo que comeza a ocupar un lugar no vocabulario diario da poboación. Xentrificación e turistificación O concepto de xentrificación deriva do substantivo inglés gentry, referido á alta burguesía ou pequena aristocracia das sociedades modernas, e consiste no proceso mediante o cal a poboación orixinal dunha zona da cidade, xeralmente un sector popular que vive no centro da urbe, se ve desprazada de maneira progresiva pola chegada doutro grupo social dun nivel adquisitivo superior. Aínda que este fenómeno comezou a suceder no corazón das grandes capitais internacionais, xa non resulta un proceso exclusivo dos centros urbanos, senón que afecta tamén a periferias con características concretas, como bens arquitectónicos patrimoniais, boa accesibilidade en transporte público ou mesmo unha certa proximidade á natureza, que resultan atractivas para as clases dominantes. O proceso de xentrificación acaba provocando o empobrecemento das clases medias locais e o aumento dun interese por parte de grupos con maior poder adquisitivo por un lugar que, para eles, resulta accesíbel e no que atopan un nicho de mercado que lles permite aumentar a súa riqueza, principalmente, a través da compra-venda de inmóbeis. Neste contexto, nacen e desenvólvense de maneira descontrolada os aloxamentos destinados ao uso turístico, como os AirBnB, que xeraron un aumento das oportunidades especulativas por parte do mercado inmobiliario. A chegada masiva de turistas a unha zona concreta durante un período de tempo concreto que provoca un grande impacto na veciñanza dun lugar é un proceso que se denomina turistificación. Desta forma, xentrificación e turistificación son dous fenómenos que, aínda que se refiran a situacións distintas, van da man no referido á expulsión da poboación local dun lugar pola chegada dun grupo social diferente, ben cun nivel económico superior (xentrificación), ben foráneo (turistificación). Jakson Renne Rodrigues, investigador principal do Grupo de Investigación sobre Experiencia Turística e docente da facultade de Turismo da Universidade da Coruña, explica a diferenza entre ambos os fenómenos argumentando que \"a xentrificación non é algo que deriva do turismo, senón que consiste na chegada dun grupo concreto a unha determinada zona dunha cidade e que provoca o cambio do modelo de barrio\". Rodrigues indica que a chegada de diferentes grupos sociais a un lugar provoca un cambio na cidade ao adaptar a urbe ás necesidades destes novos residentes. Ademais, explica que ambos os conceptos poden levar á confusión porque no momento no que os turistas se interesan por un lugar, o neoliberalismo entra no xogo da especulación inmobiliaria, \"aí é onde se mesturan os fenómenos, van en paralelo\". Xentrificación e turistificación conflúen daquela nun proceso unificado. \"Onde existe un maior interese das persoas visitantes é onde ocorren maiores cambios na sociedade; por onde pasa o turismo dáse unha maior xentrificación\". Se ben resulta habitual pensar que os lugares máis turistificados da Galiza son Santiago de Compostela, a causa do Camiño, Sanxenxo, ou algúns lugares naturais como a praia de Augas Santas (coñecida como As Catedrais), en Ribadeo, ou as illas Cíes, Rodrigues indica que todo o país está en xeral moi turistificado e con outros puntos que nos últimos anos camiñan cara á masificación. \"Antes na Ribeira Sacra case non había xente, e desde que opta ao distintivo de Patrimonio da Humanidade, encheuse de turistas\". O impacto da turistificación O turismo provoca impactos de diversa natureza na sociedade. É evidente que existe unha incidencia positiva na economía, axudando á creación de postos de traballo fundamentalmente na hostalaría e mesmo mellorando algúns existentes ao formalizalos e profesionalizalos. Ademais, tamén pode permitir a mellora das comunicacións e a recuperación do patrimonio. Se a xente de fóra comeza a interesarse por un destino concreto, é probábel que as infraestruturas dese lugar se optimicen para favorecer a chegada de visitantes, tanto as vías de comunicación como o transporte público, e que se coide o patrimonio material do país. \"O turismo cultural naceu do interese por coñecer o patrimonio dunha zona, polo que se quere que este estea en bo estado\", indica Rodrigues. Aliás, engade o investigador, o turismo tamén permite a recuperación de patrimonio inmaterial, como tradicións, músicas, folclore... Se ben as partes positivas son valoradas polas autoridades e a poboación xeral, cómpre reparar no cada vez máis crecente impacto negativo do turismo, fundamentalmente no de masas, provocado en gran medida pola falta de planificación por parte das institucións. Este produce un grande impacto medioambiental, xera unha gran contaminación, aumenta a cantidade de residuos e espolia recursos necesarios para a poboación. \"Sempre vai existir un impacto por onde pase o ser humano\", sostén Rodrigues, pero, no caso do turismo \"este impacto existe se nós o permitimos\". A apertura de hoteis, ou a modificación da lei de costas para permitir aloxamentos, a elaboración de estradas innecesarias en lugares naturais ou a perda de patrimonio material polo paso da xente son impactos negativos na paisaxe evitábeis cunha correcta planificación do turismo. Outro dos impactos negativos máis prexudiciais do turismo é a suba dos prezos, tanto dos inmóbeis como dos propios produtos. Desde o momento no que un lugar se converte en destino prioritario e comeza a chegada masiva de visitantes, \"o neoliberalismo entra en xogo e sobe os prezos porque sabe que o turismo o vai aguantar, sen pensar que a xente local non\". No conxunto do país, os prezos dos alugueiros encareceron un 20% nos últimos cinco anos, segundo o Observatorio da Vivenda, debido á falta de oferta fronte a unha demanda excesiva, e á transformación de vivendas en aloxamentos dirixidos ao turismo. O incremento dos pisos turísticos triplicouse nos últimos anos. Hai actualmente rexistrados de maneira legal 14.753 na Galiza. No caso de Santiago de Compostela, segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, a cidade xa conta con 700 inmóbeis declarados para o turismo fronte os 160 para o alugueiro tradicional. Este encarecemento da vivenda está a provocar que a veciñanza das principais urbes galegas non poida seguir vivindo nelas e se vexa expulsada cara ás periferias ante a imposibilidade de asumir os custos dos pisos das cidades. Mais a suba de prezos non se reduce ao mercado inmobiliario, senón que tamén afecta a diferentes produtos. Nas Rías Baixas é ben coñecido o termo fodechincho que, con certa retranca, fai referencia a un tipo de turismo concentrado durante os meses de verán cuxa esaxerada presenza provoca o encarecemento do peixe, entre outros produtos alimentarios. Con todo, este concepto foi ampliado e, de maneira xeral, relaciónase cun tipo de turismo pouco consciente e respectuoso co lugar que visita. Cambios do modelo de cidade: o caso de Santiago de Compostela Ademais do impacto medioambiental e do impacto económico, o turismo tamén provoca unha perda do comercio local. Así, nas grandes urbes galegas, a veciñanza comproba como nas últimas décadas unha gran parte dos negocios tradicionais, mesmo históricos, dos centros das cidades, foi fechando, en gran medida polo encarecemento dos locais, e foron sendo substituídos polo mercado de souvenirs dirixido exclusivamente ao turismo. Esta é unha mostra de como as urbes están a mudar o seu modelo de cidade para enfocarse nos visitantes en vez de na propia poboación, provocando ao mesmo tempo unha progresiva perda da vida comunitaria dos barrios. Outro dos exemplos que evidencian este cambio de modelo das cidades galegas é o aumento desmesurado das terrazas, que impiden a normal circulación polas rúas. \"Non se respectan as concesións que tiñan nin a peonalización da cidade, sacan os coches para meter terrazas\", denuncia Roberto Almuíña, presidente da Asociación Veciñal Fonseca do Casco Histórico de Santiago de Compostela, quen engade que \"hai terrazas debaixo dos soportais, en rúas estreitas, e mesmo en dobre fila; non se pode camiñar pola cidade\". No caso de Santiago, segundo explica Almuíña, \"o turismo concéntrase nunha zona moi pequena da cidade que recibe moita xente ao mesmo tempo, polo que interfire no desenvolvemento normal das actividades diarias da veciñanza\". Almuíña indica que é preciso diferenciar entre os diferentes tipos de visitantes que chegan a Compostela, pois os impactos de cada grupo resultan diferentes. En primeiro lugar, están os peregrinos que veñen a pé, habitualmente en grupos numerosos e en moitas ocasións con comportamentos pouco cívicos. A afluencia masiva de peregrinos en Compostela no mes de agosto pola mala xestión das Administracións Públicas provocou que a propia comunidade local propuxese unha necesaria guía de boas prácticas para o peregrino que as Administracións non contemplaran até o momento, dadas as molestias creadas entre a veciñanza. \"Parece que hai que pedir permiso para camiñar pola nosa cidade\", asegura Almuíña. En segundo lugar, están as persoas visitantes do día a día e, finalmente, os turistas que paran en hoteis e \"deixan un gasto económico real na cidade\". Almuíña explica que é habitual pensar que Santiago de Compostela sobrevive grazas á industria do turismo e aos postos de traballo que esta crea, \"mais non é así\". O impacto económico do turismo do Camiño de Santiago é moi inferior ao que se pensa. Segundo os datos rexistrados pola Xunta da Galiza, o aumento do número de peregrinos e peregrinas durante o verán non incidiu na creación de emprego nas vilas e cidades polas que pasa o camiño. No caso do Francés, os datos do mes de xullo indican que dos 12 concellos polos que transcorre, en nove aumentou o paro, sendo Santiago, Sarria e Palas de Rei os máis prexudicados polo desemprego. Tanto a Xunta como o Concello de Santiago apostan por un modelo de turismo cuantitativo, dirixido á obtención de récords do número de visitantes recibidos. \"É importante o turismo que gasta cartos e non o de cantidade, os récords habería que estabelecelos nos ingresos que deixan os visitantes\", indica Almuíña. Unha opinión parecida mantén Pablo Vizoso, concelleiro de Turismo do Concello de Ribadeo, un dos pioneiros á hora de xestionar e organizar a recepción de visitantes, \"o número é importante, mais ten que traducirse nun beneficio para a sociedade, debe haber un equilibrio\". Medidas a tomar Segundo as investigacións de Rodrigues, \"canto máis contacto se ten co turismo, máis crítico se é con el\", explica, polo que advirte da necesidade de reducir o impacto da súa pegada. Para iso cómpre traballar na concienciación, tanto por parte dos turistas, como das institucións, como da propia veciñanza, sobre as consecuencias que a chegada de visitantes provoca nun lugar. Ademais, resulta fundamental unha boa \"planificación do turismo e un control da xente entrante para evitar eses impactos negativos dos que falamos\". Un referente nas boas prácticas fronte á chegada masiva de turistas é o concello de Ribadeo que, mediante a elaboración de actividades e iniciativas atractivas tanto para as persoas visitantes como para a propia veciñanza, conseguen \"descargar o turismo, non só no espazo senón tamén no tempo\", sostén Vizoso. Desta forma, a chegada controlada de estranxeiros repercute positivamente na zona. O edil de Ribadeo aconsella a elaboración dunha \"estratexia conxunta que permita estabelecer obxectivos e aspirar a un turismo máis sostíbel traballando de maneira coordinada entre as administracións\", e conclúe que \"non debe ser unha competición entre administracións, senón que debemos traballar xuntos\"."}
{"ID": "NOS_23671", "summary": "O Real Clube Celta de Vigo afronta mañá (21.30 horas, Gol TV) un partido chave para determinar as aspiracións do conxunto celeste esta tempada, pois de caer derrotado perdería definitivamente o tren que dá acceso a postos europeos.", "text": "A vitoria é fundamental para un Celta no que o \"efecto Coudet\" parece diluído despois de caer en tres encontros consecutivos, incluído o doloroso 5-2 ante o Ibiza de Segunda B na Copa do Rei. Para conseguila terá que pasar por enriba dun Betis que historicamente non é un rival propicio para os intereses celestes, pois hai tres tempadas que non supera os verdibrancos en Balaídos, nun triunfo que en retrospectiva dá conta da inestabilidade que veñen sufrindo os vigueses, pois dos once xogadores da partida aquel 21 de xaneiro de 2018 só quedan no cadro de xogadores Hugo Mallo e Rubén Blanco. Tamén estaba Iago Aspas, pero o de Moaña non poderá estar presente no día de mañá por lesión. Sen el sobre o céspede hai que remontarse até 2014 para documentar unha vitoria da escuadra olívica sobre o Betis. Ademais, a situación actual lembra perigosamente á da tempada 2018/19, na que o Celta viña obtendo bos resultados até que unha inoportuna lesión de longa duración de Aspas levou a unha xeira de malos resultados que deixaron o equipo ao bordo dun descenso que só foi quen de evitar o de Moaña logo da súa recuperación. Nolito, o remedio contra a 'Aspasdependencia' Eduardo Coudet foi consciente do peso e da dimensión de Iago Aspas no Celta desde o mesmo momento da súa chegada, mais tentará por todos os medios que non se repita a historia de hai dúas campañas. Afortunadamente, Manuel Agudo Durán 'Nolito' xa superou os seus problemas no bíceps femoral da perna dereita, e estará dispoñíbel para tratar de encher, na medida do posíbel, o xigantesco oco deixado polo '10' celeste. Xunto a el poderían formar Santi Mina, Denís Suárez e Brais Méndez, apoiados co traballo sucio pero imprescindíbel de Fran Beltrán e Holsgrove no centro do campo e de Olaza, Murillo, Araújo e Hugo Mallo en posicións defensivas. Un mercado de inverno en branco A parroquia celeste segue con inquietude as evolucións dun mercado de inverno completamente condicionado pola crise económica provocada pola pandemia. Lonxe quedan as rechamantes fichaxes doutras tempadas, como demostra o feito de que na Liga española tan só se desembolsasen tres millóns e medio de euros en incorporacións... entre todos os equipos! O Celta, por suposto, non é unha excepción, a pesar de que Eduardo Coudet reclama fichaxes con insistencia, especialmente a dun dianteiro á vella usanza, con envergadura e capacidade para xogar de costas á portaría rival. Nesa descrición encaixa como un guante o internacional croata Mario Mandzukic, que foi vinculado co conxunto celeste no mes de novembro, mais o veterano goleador vén de asinar polo equipo da galega Vero Boquete, o AC Milán. Ademais, para que alguén acompañe o lateral Aaron Martín na listaxe de incorporacións neste mercado terán que producirse saídas para liberar limite salarial, e os sinalados son David Costas e Jorge Sáenz."}
{"ID": "NOS_12403", "summary": "Juan Carlos I define o ex presidente español coma \"un colaborador excepcional\" da monarquía española que tivo \"sempre\" como guía de actuación \"a unidade de España\". O primeiro presidente despois da ditadura faleceu sen explicar as causas que o levaron a demitir do cargo uns días antes do golpe de estado de 1981.", "text": "\"A dor non é obstáculo para valorar un dos capítulos máis brillantes da historia de España, a transición que impulsamos Adolfo e eu xunto cun excepcional grupo de persoas de diferentes ideoloxías, unidos por un alto sentimento de patriotismo\". É un bocado da mensaxe emitida ás 16h deste domingo por Juan Carlos de Borbón, quen aproveitou o pasamento anunciado do que foi o primeiro presidente español despois da morte de Franco, Adolfo Suárez, para se reivindicar a si propio como artífice do rexime estabelecido en 1978. Dixo o Borbón que tivera en Suárez \"un amigo leal\" e \"un colaborador excepcional\" coa monarquía española, enfatizando que o falecido tivera \"sempre\" como guía de actuación \"a lealdade á coroa\" e \"a unidade de España\". Deste último punto tamén aproveitou para falar o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, quen compareceu ás 16.30h para destacar que \"a mellor homenaxe que podemos facer a Suárez é esforzarnos por seguir o camiño que el nos marcou, o camiño do entendemento e da solidariedade entre españois\". Tamén Rajoy ensalzou o rexime do 78, describíndoo coma \"un dos maiores logros colectivos que conseguimos como país\". En 1958 Adolfo Suárez pasou a facer parte da Secretaría Xeral do Movemento, en plena ditadura franquista; e en 1975 foi escollido por El-Rei como ministro-secretario xeral. Após gañar as eleccións de 1977, Suárez converteuse no primeiro presidente español despois do franquismo. Uns días antes do golpe de estado de 1981, Suárez demitiu da presidencia do goberno sen alegar máis motivos que \"o ben de España\". Este domingo, aos 81 anos de idade e tras dez anos enfermo de Alzheimer, morreu en Madrid."}
{"ID": "NOS_47911", "summary": "O presidente da Xunta inicia esta sexta feira os seus encontros con afiliados do PP de todo o Estado español.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asumirá as funcións da presidencia do Goberno galego mentres Alberto Núñez Feixoo desenvolve a súa campaña como candidato ao cargo de presidente estatal do Partido Popular (PP), na que percorrerá as dezasete autonomías do Estado español durante dez días. Rueda garantizou a \"normalidade\" na xestión da Galiza durante a ausencia do presidente da Xunta, centrado agora mesmo en liderar o PP e constituír o seu equipo de traballo cando previsibelmente gañe o Congreso Extraordinario de Sevilla, dos vindeiros 1 e 2 de abril. Porén, o vicepresidente primeiro asegurou que Feixoo manterá \"contacto telefónico\" para coñecer as resolucións das reunións do Consello da Xunta\". Asemade, sinalou que o resto de conselleiros que quedan na Galiza seguirán a traballar \"con normalidade\". Rueda non confirmou cal será a fórmula que empregará o Goberno galego para formalizar a toma temporal de funcións. Non en tanto, o popular afirmou que iso non é o \"importante\", senón que se centran no \"traballo do día a día\", e afirma que xa \"está perfectamente previsto e planificado\". Inicio da campaña de Feixoo Segundo sinala o equipo do aínda presidente da Xunta, Feixoo ten previsto formalizar mañá ás 17 horas a súa candidatura a presidencia estatal do PP. Farao coa entrega dos avais necesarios na sede estatal da formación política para concorrer ao Congreso Extraordinario de Sevilla. Explican que iniciará a súa campaña na sexta feira, con dous actos no País Valenciá e en Murcia, e rematará dez días despois en Extremadura. Feixoo pretende trasladar aos afiliados do Partido Popular o seu modelo de partido, así como o seu proxecto de futuro para intentar \"ofrecer unah alternativa de Goberno a Pedro Sánchez. A pesar de ter a presidencia do PP practicamente garantida, o dirixente popular non iniciará até maio o proceso para abandonar a Xunta, que pasa en primeiro termo pola súa dimisión."}
{"ID": "PRAZA_8750", "summary": "Hei de dicir que a min e ás persoas que coma min sobrevivimos no borde mesmo da miseria (con ingresos de 426 euros mensuais), ou na miseria extrema e sen ingresos, nos importa, literalmente, unha merda quen a ten máis grande (a manifestación, por exemplo) das organizacións sindicais.", "text": "Na miña adolescencia inicial, naqueles tempos escuros do tardo-franquismo era común entre os nenos unha especie de xogo iniciático, non exento de certa dose de reprimida homofilia, consistente na exhibición e contemplación mutua das nosas pirolas coa coartada de \"a ver quen a ten máis grande\". E así foi a miña xornada de loita: Unha sucesión de intentos frustrados de mostrar a miña carraxe fronte á ignominia que estamos padecendo; de compartir o berro rebelde; de sentir que estamos en marcha Veu isto á miña memoria cando esta mañá de Primeiro de Maio, vencendo a miña propia repulsión inicial a participar na, esta si, impúdica exhibición da división sindical optei por saír á rúa a berrar (Ai, se o Zeca levantara a cabeza!), na moi inocente convicción de que a situación xustifica calquera cousa menos ficar na casa. E admito que, unha vez superada a barreira inhibidora do meu propio pudor, fun presa da mesma fruición coa que me masturbaba na adolescencia: a insatisfacción final movíame a buscar a plenitude na seguinte, e así sucesivamente ata o breve período de abstinencia marcado pola post-confesión... para volver comezar o mesmo interminable e relativamente insatisfactorio ciclo. E así foi a miña xornada de loita: Unha sucesión de intentos frustrados de mostrar a miña carraxe fronte á ignominia que estamos padecendo; de compartir o berro rebelde; de sentir que estamos en marcha e que temos vontade de vencer a vertixe dun capitalismo desbocado que parece carecer de límites, a un sistema encarnado en partidos maioritarios que están ao servizo desa ambición insaciable por someternos e espremernos ata deixarnos convertidos en só polpa. Primeiro acompañei unha marcha non moi numerosa e con fins indescifrables para calquera espectador, que transcorría detrás de un altofalante que emitía sen cesar o tango Cambalache (non sei se pretendía ser unha autoalusión, un autorretrato quizais), interrompido a ratos por unha sarta de proclamas (todo pregravado), como se de unha cuña publicitaria se tratase. Cheguei ás Praterías, escoitei o inicio dos discursos (ocos e estériles) e decidín ausentarme en busca de unha experiencia máis gratificante. Cando apenas levaba uns minutos avanzando coa miña nova compaña, esta detívose moi ordenadamente a agardar que aqueloutra da que eu viña desaloxara a praza para non mesturarnos (\"non vaia ser que nos confundan\") Non tardei en atopala. A só cen metros encontrei un segundo cortexo, algo máis grande pero non moito, hei de dicir. Incorporeime a el en busca da miña ansiada e rebelde satisfacción. Pronto me decatei de que, agás unha pequena sección que berraba, tampouco aquela era unha marcha moi aguerrida. Cando apenas levaba uns minutos avanzando coa miña nova compaña, esta detívose moi ordenadamente a agardar que aqueloutra da que eu viña desaloxara a praza para non mesturarnos (\"non vaia ser que nos confundan\", supoño que sería o razoamento de quen marchaban na cabeza). Así que tiven tempo e ocasión de ir contraavanzando e curiosear o que había. Vin moitas caras coñecidas e saudei xente que non vexo a miúdo... pero pronto me decatei de que alí, en todo caso, eu non era tampouco dos bos nin había ver apagado o lume que me ardía por dentro. Así que decidín ir na busca da terceira, seguro de que sería máis combativa e, pensei, me reconciliaría coas miñas, ao parecer insaciables, ansias vindicativas. Tampouco andaban moi lonxe, apenas 50 metros tiven que percorrer para integrarme nela. Aínda menos xente que na primeira. De novo caras amigas, algunhas de persoas coas que compartín actividade sindical no pasado, e si (o recoñezo) máis berros... Mais moitas das consignas que se berraban eran vellos (tampouco eu son novo) slogans, que por mais que xustificados resultan absolutamente indescifrábeis para o común da xente. Vaia, que bastante afastados de algo que poida provocar a adhesión das pobres boas xentes do común que padecemos a crise en toda a súa crueza. Así que, cando rematou o radical paseo, non me parei a escoitar as proclamas e funme coas amizades que atopara (todas entradas en anos) de viños. Ás persoas que coma min sobrevivimos no borde mesmo da miseria (con ingresos de 426 euros mensuais), ou na miseria extrema e sen ingresos, nos importa, literalmente, unha merda quen a ten máis grande (a manifestación, por exemplo) das organizacións sindicais Probablemente, e con razón, a ninguén lle importe especialmente a miña insatisfacción onanista na procura de reencontrar o espírito da Loita de Clases nun Primeiro de Maio do século XXI. Mais tamén hei de dicir que a min e ás persoas que coma min sobrevivimos no borde mesmo da miseria (con ingresos de 426 euros mensuais), ou na miseria extrema e sen ingresos, nos importa, literalmente, unha merda quen a ten máis grande (a manifestación, por exemplo) das organizacións sindicais. O mesmiño que, así parece, lles importa a esas organizacións o que nos aconteza a case dez millóns de persoas vivindo por debaixo do listón da pobreza no Estado. E no seu xogo fachendoso, pueril e inconsciente de comparar os seus atributos mobilizadores conseguiron que un día en que as rúas deberan estar cheas a rebentar de xente amosando a súa rabia só uns puñados de fieis os acompañaran no ritual canseiro, desganado e litúrxico de \"celebrar\" unha mera imposición do calendario. A verdade, hai pallas ben máis satisfactorias (especialmente na idade adulta) e que, a maiores, non teñen efecto nocivo algún para a inescusable necesidade de sumar forzas na oposición á contrarreforma do sistema capitalista. Talvez haxa que recomendar ás cúpulas dos sindicatos que lle dediquen máis tempo a aquelas, a ver se así abandonan estas."}
{"ID": "NOS_36602", "summary": "Unha concentración, convocada pola Mesa pola Normalización, apoiou no xulgado de Compostela a demanda contra o SERGAS por discriminación lingüística. O xuízo, finalmente, quedou visto para sentenza após un retraso de 30 minutos.", "text": "O Servizo Galego de Saúde adiou a súa operación máis de 16 meses polo feito de solicitar asinar o consentimento informado na nosa lingua e el fai que o xuizo pola súa demanda tamén se adie pola defensa da lingua. Esta terza feira ía a xuízo despois de presentar unha demanda contra o SERGAS pola dilación inxustificada da intervención mais o xuízo tivo que adiarse por volta de 30 minutos após o avogado da aseguradora do Sergas sinalar que non podería desenvolver o seu traballo en lingua galega. O demandante, que estaba alí pola defensa dos seus dereitos lingüísticos, mostrou a súa oposición o que obrigou a adiar a vista até a chegada dun interprete. Finalmente o proceso quedou visto para sentenza. Malia os poucos minutos que durou o acto, a sala encheuse das persoas que, na porta protagonizaran a concentración convocada pola Mesa pola Normalización, baixo o lema \"Polo dereito a vivirmos en galego\". A concentración estaba convocada ás 9.30 horas diante das portas do Xulgado para apoiar ao paciente que denunciara o retraso na intervención cirúrxica por exixir os seus dereitos lingüísticos. Fe de grallas. Este artigo foi editado após a súa publicación. Por erro informábase do adiamento do xuízo que, no entanto, si chegou a se celebrar malia o traso de media hora. O proceso ficou visto para sentenza."}
{"ID": "QUEPASA_865", "summary": "O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización.", "text": "Este mércores 21 de abril ducias de colectivos acompañarán á Plataformas de SOS Sanidade Pública nas concentracións que se desenvolverán por todo o país. Unha delas será en Cee, ás 20:00h na Praza 8 de marzo, coordinada pola Plataforma Pediatras e Matronas en Galicia Xa!, que acaba de estrear o seu himno. Unha mobilización nacional pola \"recuperación do sistema sanitario público galego\", con claras demandas: Normalizar os centros de saude e garantir a asistencia presencial. Plan para afrontar as listas de agarda acumuladas. Información transparente e acceso universal ás vacinas covid. Incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade. Rexeitar a reforma da lei Galega de Saúde que recorta as liberdades cívicas. Apoio do BNG O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización."}
{"ID": "NOS_41500", "summary": "Unha empresa presentou unha oferta máis barata en 184.000 euros, mais foi rexeitada porque o prototipo non tiña unha \"estética e finura exquisitas no acabado\".", "text": "O Estado destinará 823.768 euros para adquirir miles de tricornes para a Garda Civil. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a formalización do contrato, que foi adxudicado a Publisize SL e prevé a recepción en 2021 de 8.140 destes sombreiros do uniforme do corpo militar e 6.660 máis o ano que vén, segundo informou Nació Digital. O custo individual, polo tanto, sería de 55,7 euros por unha peza que só se emprega como parte do uniforme de gala en cerimonias, desfiles e actos solemnes ou en certos servizos como seguridade en embaixadas ou aeroportos. Algunhas destas unidades substituirían 8.400 tricornes que están rotos e dos que se solicitou a súa substitución, segundo consta nos documentos do contrato. Segundo se explica nos documentos rexistrados do proceso de licitación, a Garda Civil recibira outra oferta máis barata, 184.273 euros menos que a que finalmente se impuxo, mais foi desbotada no último momento unha vez que recibiu un mostra dos tricorness que faría. \"A peza do sombreiro negro constitúe un elemento identificativo de primeira orde do corpo da Garda Civil e, polo tanto, debe manter unha estética e finura exquisitas no acabado\", indícase A empresa mixta Ankara & Emogest Tricorness pretendía facer o mesmo traballo por 639.495 euros e, de feito, esta era a opción que superara os primeiros trámites en canto a puntuación, pero finalmente déronse conta de que as mostras presentadas non tiñan o \"requirido\" calidade \", aínda que as especificacións non determinaron a gravidade destes defectos até excluír un solicitante. Elemento identificativa de \"primeira orde\" \"Porén, apreciando que a peza do sombreiro negro constitúe un elemento identificativo de primeira orde do corpo da Garda Civil e, polo tanto, debe manter unha estética e finura exquisitas no acabado\", tomouse esta decisión, segundo recolle o diario catalán. Por este motivo, impúxose a opción de Publisize SL, como única outra oferta presentada, por un prezo equivalente ao límite máximo de licitación establecido nos pregos. As mostras desta compañía, en calquera caso, tamén tiveron defectos, pero non afectan aos \"aspectos funcionais ou de seguridade\" clasificados como defectos leves e son aceptadas."}
{"ID": "NOS_2244", "summary": "O PP votou en contra dunha iniciativa do BNG -apoiada polo PSdeG- que pedía á Xunta actuar para evitar o fechamento dunha oficina de Abanca en San Valentín, no Concello de Fene, así como exercer as súas competencias exclusivas en materia de consumo para garantir que a entidade financeira preste servizos de calidade, en especial á poboación máis vulnerábel.", "text": "Na comisión de Economía do Parlamento da Galiza, Sandra Vázquez (PP), defendeu a postura do seu grupo coa argumentación de que \"o único que pode dar unha solución é o Goberno do Estado\", pois a regulación bancaria depende do Executivo estatal. En cambio, Ramón Fernández Alfonzo (BNG) referiuse ao \"auténtico clamor social\" polo fechamento de oficinas de Abanca con \"nocturnidade e aleivosía\", que decidiu \"aproveitar a pandemia para maximizar beneficios\", despois de recibir \"inxentes cantidades de diñeiro público\" e contar con beneficios de máis de 3.000 millóns nos últimos anos. Ademais dos \"abusos\" á clientela, Fernández Alfonzo recriminou que Abanca \"precariza\" a situación laboral dos seus empregados. Así mesmo, considerou que \"é de traca\" e \"escandaloso\" que a Xunta subvencione á entidade a instalación de caixeiros despois de clausuras sucursais, de modo que censura que \"calquera escusa é boa para darlle diñeiro aos poderosos\". Nesta liña, Francisco Rivera (PSdeG) afirmou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, \"está secuestrado polos intereses financeiros\", mentres reproba que Abanca \"axilice de modo dacroniano\" os fechamentos en plena pandemia. A deputada popular Sandra Vázquez admitiu a \"gran preocupación e inquietude\" polo acceso a servizos financeiros, aínda que resaltou que é unha situación que \"afecta á metade de municipios de España\". Por iso, apuntou que a oposición só busca \"branquear\" o Goberno estatal, ao que reclamou que elabore un estudo sobre a situación bancaria e un plan estatal contra a exclusión financeira. Nesta comisión os populares tamén vetaron unha proposta, do PSdeG, sobre actuacións a levar a cabo pola Xunta para reducir desequilibrios territoriais e evitar o despoboamento do rural."}
{"ID": "PRAZA_3159", "summary": "Néstor Rego sitúa o estatuto electrointensivo ou as medidas de \"transición xusta\" para As Pontes entre os aspectos máis \"urxentes\" nos que o pacto co PSOE debe \"pasar aos feitos\"", "text": "Tras a consecución do escano no Congreso para Néstor Rego, o pacto acadado co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez foi lido na dirección do BNG como todo un éxito político tanto polos seus contidos como pola influencia que acadou no contexto estatal, dado o axustado das cifras da investidura. Por todo isto a formación nacionalista está inmersa nunha campaña de espallamento dos contidos deste acordo por todo o país mentres, ao tempo, é albo das críticas e mesmo das mofas do PP, cuxa actitude \"reivindicativa\" ante o novo Goberno de España ve \"terriblemente hipócrita\".Néstor Rego sitúa o estatuto electrointensivo ou as medidas de \"transición xusta\" para As Pontes entre os aspectos máis \"urxentes\" nos que o pacto co PSOE debe \"pasar aos feitos\"Tras actos en varias localidades -nos últimos días, pasou por Lugo e Vigo-, Rego e outros cargos do Bloque levaron a súa campaña este sábado a Santiago, cun reparto informativo pola zona histórica da capital galega á hora do mercado. Alí o deputado subliñou que estes actos lle están a servir para \"constatar\" a \"magnífica valoración\" do que considera un \"gran acordo\". Por iso queren transmitilo á cidadanía, pero tamén advertir do \"compromiso\" de \"pasar do acordo aos feitos\".Segundo o parlamentario soberanista, algúns dos \"compromisos\" acadados son \"urxentes\" e así o esixirán ao PSOE no seguimento do pacto. Entre esas urxencias Rego sinala o estatuto para a industria electointensiva ou os \"convenios de transición xusta\" para comarcas afectadas polo peche das térmicas, como a das Pontes. Outros asuntos, como os vinculados a investimentos concretos, están vinculados \"ao próximo paso\", a negociación dos Orzamentos Xerais do Estado, resalta.Neste contexto, Rego retruca tamén ás críticas reiteradas polo PP nos últimos días e este mesmo sábado, nas que os de Feijóo reprochan ao Bloque que non incluíse explicitamente no seu pacto cos de Sánchez o pagamento dos fondos pendentes do financiamento autonómico de anos anteriores e, máis concretamente, os 198 millóns do IVE de 2017 que o Goberno de Rajoy non ingresou. \"É coñecida a nosa posición de firmeza\" para reclamar \"o que corresponde a todos os galegos\" e \"o noso emprazamento a Feijóo\" a que os esixa \"pola vía política e xudicial\" advirte.\"Se Feijóo quere que fagamos o seu traballo, que nos deixe o seu posto\", ironiza o deputado do BNG no CongresoNon obstante, para o parlamentario a posición do actual presidente da Xunta a respecto do pagamento dos fondos estatais é semellante ás súas queixas a respecto do remate e posta en servizo do AVE á Meseta xusto na seman ana que \"coñecemos algunhas das causas que levaron á demora\", as vinculadas a que \"os gobernos do PP paralizaron de maneira irregular as obras do AVE\" galego, tal e como constatou o Tribunal de Cuentas esta mesma semana.A \"responsabilidade\" do acontecido \"está no seu partido\" pero \"nese momento\", Feijóo \"non só non reivindicaba nada, senón que xustificaba a actuación do Goberno central\". Mentres, asegura, o Bloque é agora \"igual de reivindicativo\" que co PP. En calquera caso, ironiza, se Feijóo \"quere que fagamos o seu traballo, que nos deixe o seu posto\"."}
{"ID": "NOS_50255", "summary": "A multinacional británica Babcock anuncia unha reorganización na que contempla desprenderse do seu negocio no Estado español", "text": "Inaer, o socio tecnolóxico da Xunta xunto con Indra no polo aeroespacial de Rozas (Castro de Rei) semella ser un negocio ruinoso para a multinacional británica Babcock International Group, quen xa anunciou a súa intención de desprenderse da súa filial española para centrarse nos negocios de defensa e seguridade en Reino Unido, Francia, Canadá Australia e Suráfrica. David Lockwood, presidente de Babcock, xa avisara o pasado xaneiro que estaban a revisar desde novembro o modelo estratéxico e a traballar nun novo modelo operativo. Nese novo modelo non ven encaixe para Babcock España, que leva varios anos presentando números vermellos, en parte pola compra en 2014 de Avincis, a antiga Inaer, por 1.500 millóns de libras esterlinas, firma que despois rebautizaría como Babcock Mission Critical Services. Segundo sinalou a propia compañía durante a presentación de resultados do grupo, \"a adquisición de Avincis en 2014 non achegou valor aos accionistas, cun baixo rendemento das elevadas cantidades de capital investido\", polo que xa lle están a buscar unha saída no mercado. Encontros e desencontros A de Babcock e a Xunta é unha historia de encontros e desencontros. Inaer, filial da multinacional británica, foi a empresa elixida polo Executivo galego xunto a Indra como socio estratéxico na posta en marcha do Centro Mixto de Investigación Aerotransportada (CIAR) de Rozas, proxecto ao que tamén se sumou a posteriori a multinacional estadounidense Boeing. Ademais, Babcock foi a principal concesionaria dos medios de emerxencia na Galiza durante os mandatos de Alberto Núñez Feixoo, mais esta dependencia quedou ás veces marcada pola sombra da prevaricación. De feito, o Consello de Contas detectara en 2012 irregularidades na contratación do servizo de extinción de incendios que foran denunciadas ante a Xustiza pola CIG, aínda que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) decidiu finalmente arquivar a causa. Pese a recoñecer no auto que a Xunta cometera unha ilegalidade na citada contratación, o TSXG non viu indicios de prevaricación e limitou as posíbeis responsabilidades ao ámbito administrativo. Co Sergas tamén houbo conflito. O concurso do servizo de transporte sanitario aéreo urxente do 061, adxudicado a Eliance, filial de Habock, rival de Babcock, levou a multinacional británica a xudicializar o procedemento. Babcock, que ao mesmo tempo acometía un importante recorte salarial entre o seu cadro de persoal, forzou a paralizar en varias ocasións a adxudicación, todas elas sen éxito, xa que a Xunta adxudicou á terceira o contrato ao seu principal rival. Agora, Babcock centra a súa actividade na Galiza no polo de Rozas, onde, xunto con Indra, mobilizou máis de 150 millóns de euros en investimentos públicos e privados para desenvolver un ecosistema de innovación arredor dos vehículos aéreos non tripulados. Entre os seus prototipos destaca o helicóptero Lúa, capacitado para facer voos nocturnos, e o Lumes, destinado ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais."}
{"ID": "NOS_3690", "summary": "Unha vintena de asociacións vinculadas ao traballo no fogar, os coidados e as migracións de distintos puntos do territorio estatal, entre as que se conta a asociación galega de empregadas do fogar Xiara, asinan un comunicado para reclamar ao Goberno central que reforce as medidas adoptadas para garantir a protección de todas as traballadoras deste sector ante os efectos laborais da crise polo coronavirus.", "text": "Após a aprobación, esta semana, dun subsidio extraordinario para as empregadas do fogar, dentro das medidas adoptadas polo estado de alarma, as entidades asinantes saúdan a medida como \"un logro da sociedade civil organizada, pola defensa duns dereitos que non está en corentena\", mais consideran \"insuficiente\" a súa cobertura. \"As traballadoras de fogar e coidados estamos a cubrir unha parte moi importante das necesidades desatendidas e estamos especialmente expostas a situacións de vulnerabilidade polo lastre dos dereitos non recoñecidos\", advirten as asinantes, que lembran que son moitas as familias que acoden á contratación en emprego de fogar para cubrir \"eses coidados non atendidos con recursos públicos\", mermados por anos de recortes. Nese contexto, as profesionais advirten do alto número de traballadoras que neste ámbito exercen sen contrato, que calculan nun terxo do total, \"unhas 200.000, máis vulnerábeis e en situacións máis precarias\", ben por traballar en distintos domicilios ou por atoparse en situación irregular, \"na clandestinidade e sen dereitos\". Como sinalan ademais, o subsidio cubrirá 70% da base reguladora. \"Tendo en conta que, neste sector cotízase por tramos, que moitas veces quedan por baixo dos salarios reais; que non se actualizan as cotas e que, para abaratar custos na cotización da seguridade social, é práctica común, por parte das persoas empregadoras, declarar salarios e xornadas inferiores ás efectivamente realizadas, en demasiadas ocasións este 70% quedará moi por baixo do que correspondería se a Seguridade social tivera atallado antes esta fraude reiterada\", fan notar. \"Valoramos positivamente que se recoñeza por primeira vez un subsidio deste tipo, tanto para as traballadoras despedidas como para aquelas a as que se lles suspendeu o contrato pola situación sanitaria\", destacan no seu comunicado, no que indican que as primeiras medidas estabelecidas polo estado de alarma evidenciaban \"a reiterada discriminación en equiparación de dereitos\". Para elas, este subsidio emenda a \"inexplicábel inxustiza\" que supoñía deixar fóra as traballadoras de fogar e coidados das medidas extraordinarias de protección social pola crise sanitaria fronte ao coronavirus\". Agora, esperan que este sexa un \"paso decisivo para o recoñecemento definitivo do dereito á prestación por desemprego do único sector laboral que permanece excluído, para a incorporación plena no réxime xeral da Seguridade Social\"."}
{"ID": "PRAZA_659", "summary": "Cidades como París, Berlín ou Buenos Aires recuperaron nos últimos anos a xestión directa da auga e en toda España comezan a traballar plataformas que traballan pola remunicipalización. O BNG promove un plan en catro fases para \"rescatar\" servizos públicos privatizados", "text": "París e Grenoble en Francia, Berlín e Potsdam en Alemaña, Budapest en Hungría, Varese en Italia, Dar es Salaam en Tanzania, Buenos Aires en Arxentina, Hamilton en Canadá ou varias mucipalidades de Malasia. Cidades e vilas de todo o planeta están levando a cabo nos últimos anos procesos de recuperación da xestión pública directa do servizo de auga e saneamento. En Galicia, Teo está a piques de completar o proceso que lle permitirá facelo, e nos programas electorais para as municipais de BNG e de varias candidaturas municipalistas de esquerda tamén inclúen a remunicipalización da auga e doutros servizos básicos. En Andalucía, Aragón, Cataluña, Euskadi ou Murcia creáronse plataformas para traballar pola remunicipalización En distintos terriorios do Estado español están en marcha iniciativas semellantes. A pasada semana presentouse en Madrid a #Iniciativagua2015, unha plataforma formada por organizacións veciñais, ecoloxistas, de consumidores, científicas e sindicatos, que promove un debate público sobre a remunicipalización do subministro de auga. Naceu en Andalucía, pero xa se está a estender polo resto de España, esixíndolles un posicionamento claro sobre a cuestión ás distintas forzas políticas e plataformas cidadáns, de cara ás próximas eleccións municipais. En Cataluña sindicatos, organizacións sociais e ecoloxistas conforman a plataforma Aigua és vida, denunciando que a privatización da xestión afecta ao 83% da poboación catalá. En Aragón a Red Agua Pública de Aragón conta co apoio das forzas de esquerda da rexión e dunha ducia de organizacións sociais. En Euskadi, o pasado mes de novembro a Asemblea Xeral do Consorcio de Augas de Guipúscoa aprobou o Pacto Vasco da Auga, comprometéndose cunha xestión pública, integrada e participativa do ciclo intergral da auga. Tamén en Murcia se presentou hai unhas semanas a Asamblea Agua Pública 100%. En 1996, o 63% da poboación española aínda recibía un servizo de subministro de auga xestionado por entidades públicas. Porén, os procesos de privatización foron avanzando, chegando ao 53% en 2010 e ao 57% na actualidade En 1996, o 63% da poboación española aínda recibía un servizo de subministro de auga xestionado por entidades públicas, fronte a un 37% de xestión privada. Porén, os procesos de privatización foron avanzando, chegando ao 53% en 2010 e ao 57% na actualidade. Os defensores da remunicipalización destacan que a xestión privada non só encarece o servizo para a cidadanía, senón que incrementa o gasto de auga, xa que a maior consumo maior beneficio. Ademais, en moitas ocasións a actividade das concesionarias é pouco transparente. Finalmente, chámase a atención sobre a necesidade de que os beneficios xerados polo subministro de auga revertan na súa totalidade na mellora do servizo, algo que se podería asegurar cunha xestión pública, no canto de servir para engrosar os beneficios de grandes corporacións. O BNG propón \"rescatar\" servizos públicos privatizados \"FCC, Ferrovial, Sacyr, ACS, Vendex, Viaqua..., lobbies madrileños que xestionan servizos municipais privatizados por valor de 3.000 millóns de euros anuais, un 6% do PIB do país, 350 euros por cada galego e galega\" O Bloque Nacionalista Galego presentou unha das propostas que encabezan o programa marco das listas BNG-Asembleas Abertas para as eleccións municipais do 24 de maio: o rescate progresivo e xeneralizado dos servizos públicos privatizados ao longo das dúas últimas décadas, \"que está sendo o gran negocio\" para un pequeno grupo de oligopolios beneficiados polas concesións, destaca a formación, que fai especial fincapé naqueles servizos \"relacionados co medioambiente\", coma a xestión da auga e do saneamento. \"FCC, Ferrovial, Sacyr, ACS, Vendex, Viaqua..., lobbies madrileños que xestionan servizos municipais privatizados por valor de 3.000 millóns de euros anuais, un 6% do PIB do país, 350 euros por cada galego e galega\", explica o BNG, que engade que estas concesións non só \"colonizan\" o 50% do orzamento dos concellos, engrosano as contas de resultados destas grandes empresas, senón que ademais se teñen revelado como \"unha fonte de corrupción\". O BNG propón iniciar os procesos para a recuperación da xestión directa de auga, lixo, limpeza, saneamento, parques e xardíns, transporte, servizos sociais de residencias, gardarías, xestión do deporte (multiusos) ou da cultura (auditorios) O BNG propón iniciar os procesos para a recuperación da xestión directa de auga, lixo, limpeza, saneamento, parques e xardíns, transporte, servizos sociais de residencias, gardarías, xestión do deporte (multiusos) ou da cultura (auditorios). \"Quen vai crer que unha empresa de autobuses é o mellor xestor dun multiusos, dun pazo de congresos ou de servizos sociais, quen vai crer que unha gran empresa da construción é o mellor xestor das garderías, das residencias ou centros de día?\", preguntou Xavier Vence, portavoz nacional da formación, na presentación pública da iniciativa. \"BNG-AA propón que eses 3.000 millóns de euros deixen de ser pasto do negocio dos grandes lobbies que están colonizando os nosos recursos públicos, os impostos que pagamos aos nosos municipios os galegos e as galegas, e romper con ese cordón umbilical que une ao capitalismo madrileño improdutivo e parasitario que fomenta a corrupción por todo o país, amigo do PP ao que financian xenerosamente\", dixo. A proposta do BNG levaríase a cabo en catro pasos A proposta do BNG levaríase a cabo en catro pasos: en primeiro lugar, impulsando unha axenda de rescate progresivo dos servizos públicos privatizados, dando prioridade neste rescate aos que teñen un maior contido social e aos relacionados co medioambiente como a xestión da auga e do saneamento. En segundo lugar, o Bloque propón modificar a normativa aprobada polo PP nos últimos anos que dificulta este rescate: suprimindo a taxa de reposición, o límite de financiamento dos concellos e devolvéndolles aos municipios as competencias \"usurpadas\" pola Lei de reforma local. Como terceira medida, e mentres as concesións sigan en vigo, o Bloque propón implantar sistemas efectivos de control e de inspección dos servizos privatizados, \"porque hai un incumprimento dos contratos que, en moitos casos, non poden ser controlados polos concellos\", din. Finalmente, a formación propón \"elaborar unha estratexia para romper coa posición de dominio que teñen as grandes contratistas madrileñas\" pois os recursos públicos dos concellos \"deben ter como fin servir con calidade á cidadanía, non enriquecer a conta de resultados destes lobbies\", sinalou Vence. Exemplos de remunicipalizacións recentes En 2012 o Municipal Services Project publicou o libro Remunicipalización: El retorno del agua a manos públicas, traducido recentemente ao castelán. Na obra analízanse os procesos de recuperación da xestión levados a cabo nos últimos anos por París, Buenos Aires ou Berlín, entre outras cidades de catro continentes distintos. O libro destaca que as razóns da remunicipalización derivan en gran parte dos \"fracasos da privatización da auga\" e que mesmo o Banco Mundial fixo un chamamento a \"repensar\" as políticas de privatización, \"á vista dos efectos sobre traballadores, familias de baixos ingresos e o medio ambiente dun modelo de prestación de servizos con fins de lucro\". En todos os casos analizados \"a entidade remunicipalizada ofreceu servizos máis equitativos, máis transparentes e máis eficientes que o proveedor privado que a antecedeu, con máis calidade no servizo e mellor sostibilidade a longo prazo\" O estudo conclúe que \"a remunicipalización funciona\" pois en todos os casos analizados \"a entidade remunicipalizada ofreceu servizos máis equitativos, máis transparentes e máis eficientes que o proveedor privado que a antecedeu, con máis calidade no servizo e mellor sostibilidade a longo prazo\". Tamén destaca o aforro económico para as arcas municipais, sinalando por exemplo que París aforrou 35 millóns de euros só no primeiro ano de aplicación da xestión pública. Tamén salienta outras vantaxes, como \"asegurarlles aos máis pobres o acceso á auga\" en Buenos Aires ou \"xestionar de forma consistente e reunificada todo o ciclo da auga\". Os autores tamén subliñan que \"o crecente fenómeno da remunicipalización tamén desafía o mito de que a privatización é irreversible\". O estudo tamén alerta de que non resulta nada doado reverter a privatización Con todo, o estudo tamén alerta de que non resulta nada doado reverter a privatización: \"Mesmo onde a vontade política é forte e a capacidade financeira e técnica existe, a reversión da propiedade e a administración estatal están infestadas de dificultades. Por exemplo, hai perda da memoria institucional, activos degradados, sistemas de comunicación e contabilidade que non engranan cos sistemas do sector público, herdanzas negativas recibidas da compañía privada saínte, e moitos outros problemas\". \"O éxito da remunicipalización no sector da auga expón a cuestión de se puidese funcionar noutros sectores\" Nas súas conclusións, o documento tamén afirma que \"o éxito da remunicipalización no sector da auga expón a cuestión de se puidese funcionar noutros sectores\", citando por exemplo a electricidade ou a xestión de residuos. \"Nalgúns aspectos xa funcionou. A privatización non logrou cumprir en ningunha destas áreas, e tanto cidadáns como directivos estiveron presionando para reformular o modelo de comercialización\", di."}
{"ID": "PRAZA_20450", "summary": "A Mesa de Traballo dos Lumes Forestais foi presentada este xoves polo Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Organización Galega de Comunidades de Montes e Asociación Forestal Frouma, que convidan a participar a todos os actores e entidades relacionadas co monte.", "text": "A pasada semana cinco das entidades que forman o Consello Forestal de Galicia -Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Organización Galega de Comunidades de Montes e Asociación Forestal Frouma- decidiron non participar na xuntanza deste órgano a xeito de protesta, despois de que a Xunta non lles remitise a tempo o Plan Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). Esas mesmas cinco entidades veñen de botar a andar unha Mesa de Traballo dos Lumes Forestais, un foro estable de diálogo e debate para afondar na problemática dos lumes forestais e traballar no deseño de políticas alternativas na prevención e loita contra os incendios. O espazo, aínda en formación, está aberto á participación de todos os axentes do sector, de todas as entidades do Consello Forestal de Galicia \"e outras sectoriais e da sociedade civil galega que o desexen\", como por exemplo os bombeiros forestais, hoxe non incluídos no Consello. \"Mesmo queremos que participe a Consellería, para entre todos poñer enriba da mesa as distintas sensibilidades, as visións das moitas áreas que inflúen na realidade do monte e na política de loita contra o lume\", din. \"A maioría das entidades que estamos relacionados co monte temos moitas cousas en común e que debatendo podemos chegar a posturas comúns. O problema é que nos falta ese debate e fáltannos os espazos nos que telo\" O proceso de constitución deste foro foi presentado este xoves en Compostela por Diego Sánchez Agra (Sindicato Labrego Galego), Xosé Santos (Amigos da Terra) e Xabier Gómez Santiso (Asociación Frouma). Os tres comparecentes destacaron que aínda que o espazo \"onde se debería traballar e debater todo isto é o Consello Forestal de Galicia\", a Consellaría de Medio Rural \"fai imposible a participación dos axentes sociais que formamos parte del\". \"Dende a creación do Consello Forestal, no ano 2004, estase pedindo a creación dunha mesa de traballo específica para planificar a loita contra o lume. Porén, dende aquela non se fixo caso desta petición\", denunciaron. \"Por experiencia sabemos que a maioría das entidades que estamos relacionados co monte temos moitas cousas en común e que debatendo podemos chegar a posturas comúns. O problema é que nos falta ese debate e fáltannos os espazos nos que telo\", destaca Diego Sánchez Agra (SLG). As eivas do Pladiga Denuncian que o Pladiga inclúe \"moitos gastos difíciles de xustificar\" Na rolda de prensa denunciouse que as entidades que veñen de botar este foro \"temos detectado moitas eivas doadas de solucionar, pero non puidemos compartilas no Pladiga 2017\". Destacan que dos 174 millóns de euros cos que está orzamentado o Pladiga 2017, a meirande está destinado a labores de extinción e case nada para prevención, e que o plan inclúe \"moitos gastos difíciles de xustificar\". Refírense, por exemplo, ao convenio establecido entre a Xunta e o Exército, no que \"a pesar de que o Exército se mantén con cartos públicos, a Xunta orzamenta preto de 600.000 euros para financiar o seu apoio\". \"Moitos destes cartos van destinados a pagar as dietas dos efectivos: 77 € por día para soldados rasos, e 103 € para oficiais e suboficiais\", indican, o que leva a que \"un soldado pode cobrar só coas dietas de 10 días máis que o salario mensual do peón dunha brigada municipal contra incendios\". \"E iso sabendo que o soldado non está especializado na loita contra o lume e só realiza labores de vixilancia, non de extinción\", engaden. \"A día de hoxe, xa en época de máximo risco de incendios, están sen facer o meirande dos labores de prevención previstos nos distritos forestais galegos\" De igual xeito, sinalan que \"a día de hoxe, xa en época de máximo risco de incendios, están sen facer o meirande dos labores de prevención previstos nos distritos forestais galegos\". \"Os orzamentos teñen que executarse no seu debido tempo, porque a día de hoxe, a execución pública directa aínda non se fixo e as axudas que se dan ás comunidades de montes aínda se acaban de aprobar, polo tanto vaise executar todo na propia época de incendios\", explica Diego Sánchez Agra. En canto ao persoal, destacan que se reduciu notablemente o número de axentes forestais, nalgúns distritos ata o 50% e que as brigadas teñen cada vez menos efectivos, habendo algunhas compostas só por unha ou dúas persoas, cando o mínimo de efectivos deberían ser cinco. Unha nova política para o monte \"É posible rematar cos incendios forestais e é imprescindible o desenvolvemento sustentable dos nosos montes para garantir o futuro económico, ecolóxico e social do país\" As cinco entidades que polo de agora compoñen a Mesa salientan que \"é posible rematar cos incendios forestais e é imprescindible o desenvolvemento sustentable dos nosos montes para garantir o futuro económico, ecolóxico e social do país\". Aínda que as cuestións concretas de debate serán definidas máis adiante, unha vez se incorporen ao espazo máis actores e entidades, Diego Sánchez Agra sinala seis grandes áreas nas que é urxente traballar: política forestal, plans de defensa contra o lume, prevención, extinción, investigación das causas e restauración das zonas queimadas. \"Ten que haber un cambio na política forestal, sobre todo na ordenación do territorio, dos usos, das especies. Ten que haber máis sensibilización e máis e mellores políticas de prevención\", destaca, subliñando que \"se o monte se pon en valor e hai unha verdadeira concienciación vai arder moito menos, co cal teríamos que destinar moito menos orzamento á extinción e á prevención clásica\". \"Na extinción debemos analizar que tipo de servizo público queremos, que medios debe haber, como deben estar regulados e coordinados os medios humanos, con que categorías profesionais\", engade. \"Se o monte se pon en valor e hai unha verdadeira concienciación vai arder moito menos, co cal teríamos que destinar moito menos orzamento á extinción e á prevención clásica\" O representante do SLG alerta de que \"se están forestando terras agrarias\". \"Isto témolo moi claro todos dende hai anos e puxémolo en coñecemento da administración que, ademais de non actuar de oficio, fixo caso omiso ás nosas denuncias\". \"Nós apostamos por unha ordenación: hai zonas que son aptas para estar arboradas, mesmo con determinadas especies moi criticadas, e hai outras que non son aptas para ser arboradas. Ademais, hai que gardar distancias de plantación e hai que respectar a lei\", di. \"E o que nos parece fundamental é respectar a estrutura da paisaxe que tivemos sempre en Galicia, unha estrutura de mosaico no que se intercalaban teselas de monte, de labradío, de núcleos habitados..., e iso conseguía que os lumes non se estendesen. Hoxe temos gran superficies de monocultivo\", explica. \"Parécenos fundamental respectar a estrutura da paisaxe que tivemos sempre en Galicia, unha estrutura de mosaico no que se intercalaban teselas de monte e de labradío\" \"Para nós o máis importante é que o monte ten que estar posto en valor, sexan cunha plantación forestal, sexa con aproveitamentos pastorais, gandeiros e agrícolas, sexa como sexa. Os montes que están postos en valor arden menos. Pero posto en valor non quere dicir arborado, porque pode estar arborado e abandonado\", conclúe."}
{"ID": "NOS_17100", "summary": "O comité de empresa de Alcoa convoca a dirección da compañía a unha xuntanza para tratar de avanzar nas negociacións da venda da fábrica.", "text": "O comité de empresa de Alcoa da planta de San Cibrao (Cervo) informou de que convocou a dirección da compañía para realizar a vindeira segunda feira, 11 de xaneiro, un novo encontro tras o fracaso da reunión que tivo lugar esta semana para tratar de avanzar nas negociacións da venda da fábrica. Remarca que, polo momento, a data deste novo encontro está, en todo caso, sen confirmar. A nota informativa do comité lembra que na reunión da pasada quinta feira entre a dirección de Alcoa e o comité ambas as partes acordaron reunirse nos próximos días, unha vez se puxesen as propostas de cada unha en coñecemento da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), como parte implicada no proceso. Os representantes do persoal ofreceron \"paz social temporal\" durante sete semanas para tentar chegar a esa solución, coa SEPI como axente disposto a funcionar como intermediador na venda da fábrica da Mariña á compañía Liberty. A reunión da pasada quinta feira, que rematou sen punto de encontro, desenvolveuse após a sentenza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que decretaba como nulo o expediente de regulación de emprego (ERE) o pasado 17 de decembro, unha resolución que abre unha nova fase, se cadra a última, do camiño cara a continuidade da factoría de aluminio de Alcoa en San Cibrao. A imposibilidade de aplicar o despedimento de máis de 500 traballadoras e traballadores así como a obrigatoriedade de manter as cubas en funcionamento que marca a sentenza, deixa sen argumentos a estratexia da multinacional para alongar no tempo a posíbel venda."}
{"ID": "NOS_15992", "summary": "O Índice DEC, elaborado por directores e xerentes destes servizos, suspende con claridade a xestión destes anos. En 2010 en Galiza tiñamos un nivel superior á media do estado mais en 2015 ficamos moi por baixo dela.", "text": "Galiza suspende en servizos sociais. Unha cualificación que ten a súa importancia, por ser feita polo Índice DEC (Dereitos, economía e cobertura), que elaboran os directos e xerentes de servizos sociais. O estudio mide o desenvolvemento lexislativo, a achega económica e a cobertura dos servizos sociais a través de 26 indicadores. Un traballo rigoroso e no que se percorren e avalían os servizos sociais dos diferentes territorios do Estado español. E Galiza non sae ben parada. Se a nota media que teñen estes servizos no estado español é do 4,54 en Galiza a cualificación cae até o 2,6, a cuarta máis baixa. E, un dato importante, non sempre estivemos nese nivel. En 2010 tiñamos mellor nota que a medida española: 5,10 Galiza fronte a un 4,72 en España, aprobabamos. Mais a desfeita que tivo lugar nestes cinco anos, nos que gobernou Galiza Núñez Feijóo, fixo que dese aprobado do 5,10 caésemos até o 2,6, perto do moi deficiente. Como foi posíbel isto? Tesoiradas Segundo se recolle neste estudio, entre 2011 e 2015 o gasto por habitante nas administracións públicas de Galiza en servizos sociais caeu en máis de 25 euros por habitante. En 2014 tiñamos un gasto neste eido un 18% inferior á media española. Así, o gasto das administracións no noso país nestes servizos era de 252 euros mentes que no estado superaba os 309 euros por persoa. Unha fenda que tamén se nota se falamos do peso dos gastos en servizos sociais a respecto do PIB, que é en Galiza 1,29% fronte ao 1,38% de España. En 2011 en Galiza ese gasto representaba o 1,39% do produto interior bruto. O suspenso de Galiza prodúcese nos tres grandes eidos postos baixo a lupa neste estudo. En dereitos e decisión política a respecto dos servizos sociais os expertos e coñecedores puntúan o noso país cun 0,5 sobre 1,5, o que é un claro suspenso. En relavancia económica obtemos un 0,9 sobre 3, un suspenso clamoroso. E, por último, en coberturo destes serviso a nota de Galiza é dun 1,2 sobre 5,5, unha cualificación de moi deficiente. Destacan os responsábeis do traballo os nosos malos rexistros en certos indicadores, nos que ficamos moi por baixo da media española. Un exemplo son as prazas de residencia de financiamento público para persoas maiores de 65 anos: 1,24 en Galiza fronte 2,3 no estado. Ou na renda de inserción, onde a cuantía que se destina no noso país é máis baixa que a media estatal."}
{"ID": "PRAZA_13930", "summary": "Un incendio fóra de control obriga ao desaloxo dos veciños da Veiga (O Barco). En breves momentos, máis imaxes e toda a información en Praza.", "text": "Un incendio fóra de control obriga ao desaloxo dos veciños da Veiga (O Barco). En breves momentos, máis imaxes e toda a información en Praza."}
{"ID": "NOS_6570", "summary": "Entrei-lhe com prevenção. Era como lhe invadir a intimidade a uma autora que não quis publicar o que eu estava a ler. Porém, nas duas primeiras frases já me ganhou a narradora", "text": "Nove anos são muitos para não procurar nada de proveito na vida. Horas são de escrever um livro. A protagonista explica-nos como vai fazer: contará o que lhe pete, mas sempre verdades, não porque acontecessem na realidade mas porque as viveu, as pensou, lhas contaram ou mesmo as sonhou. Verdades. E não vai contar com início, nó e desenlace, que as cousas da vida nunca foram assim, mas todo seguido e sempre o importante. Cuidado. Não temos que lhe fazer caso. Uma cousa é a meninha de nove anos que fala e outra cousa a autora que constrói por trás. A narradora vai evoluíndo, misturando estórias próprias e estórias dos seus avôs e avós, para pouco e pouco, dar espaço à sua voz, da que adquire consciência no processo de escrita. E acaba por fazer-nos ver, não a importância dos livros ou da literatura, mas do facto de se escrever. A voz da narradora erige-se envolvente e poderosa. Mas é uma voz de nove anos. Combina a seguridade de o saber todo do mundo com a certeza transparente da sua inocência. Começa por admitir que de vez em quando mente (o diálogo com a tia é delicioso) para acabar com trechos enteiros fabulados. Aparecem-se um rural e um bairro que já não são, mas que muitas reconhecemos das nossas infâncias, e nos que podemos rastejar elementos biográficos da autora (a casa rebentada de livros, o pai mestre, as visitas de poetas, a mudança do rural à cidade). Vou contar de mim, afirma a meninha. Mas cuidado, nunca diz: o meu nome é Xela. A voz narradora é a voz de uma nena. Uma nena que vai aos grilos, que tem medo de uma das vacas mas não da cidade, que participa em batalhas com terrões e pandulhos, que quer ser gandeira ou direitora de orquestra. Afiadora não. Xela Arias constrói uma meninha de verdade que rompe com o esterótipo de meninhas dos contos. Uma meninha com carácter que faz por resolver todo quanto enigma se lhe põe por diante. Como mola! São maravilhosas as ilustrações de Luz Beloso, com essa rapariga transunto de Xela Arias a ocupar as lâminas. E é estupenda a diagramação de Hayat Husein, a editar o livro em um formato diferente e atrativo. E dói, por todo isso, o desleixo da revisão linguística, tendo em conta, ademais, que a autora foi editora das exigentes. É aí que a prevenção inicial virou raiva. Como amola!"}
{"ID": "NOS_55793", "summary": "Dábase por feito, mais non é a primeira iniciativa recente da UE que necesita da unanimidade de todos os membros e é bloqueada por países como Hungría. Mais, finalmente, o fondo de recuperación foi ratificado. Restaban por facelo Austria e Polonia, cunha aprobación singular no caso polaco.", "text": "Os Parlamentos nacionais de Austria e de Polonia aprobaron na noite da quinta feira o fondo de recuperación poscovid-19 da Unión Europea. Son os dous últimos Estados membros en o facer dos 27 que compoñen a día de hoxe o bloque comunitario. A ratificación por unanimidade era cumprida para poder recadar os 750.000 millóns previstos neste ambicioso plan económico que, non obstante, perde lustre á beira dos plans de infraestruturas e de ampliación da cobertura social anunciados polo presidente dos Estados Unidos nos últimos meses. \"Cos votos afirmativos dos Parlamentos austríaco e polaco, os 27 Estados membros finalizan o proceso de aprobación parlamentario\", anunciou en Twitter o Comisario de Orzamentos, Johannes Hahn, en idénticos termos que o seu colega de Economía, Paolo Gentiloni, tamén nesta mesta plataforma. De acordo co manifestado con anterioridade polas autoridades comunitarias, o paquete económico, composto por préstamos e subvencións a fondo perdido (aproximadamente ao 50% cada partida), podería \"comezar a fluír en xullo\". Ambiental e dixital Será un ano despois de que, o 21 de xullo de 2020, o Consello Europeo ─os xefes de Estado e de Goberno─ dera luz verde aos chamados NextGenerationEU, o maior instrumento de estímulo económico xamais financiado pola UE. Unha desas decisións históricas que ─en principio─ van na liña dunha desas \"dúas Europas\" das que falaba onte na Tribuna de Nós Diario Manuel Veiga Taboada. España e Italia, seguidos por Francia, serán os Estados que recibirán máis fondos. A Comisión Europea ─o Executivo comunitario─ é e será o gardián de que se cumpran os criterios estabelecidos para o gasto deses fondos: isto significa, grosso modo, que polo menos 37% do orzamento de cada plan deberá ser destinado a cuestións ambientais e á loita contra o cambio climático; e outro 20%, a financiar a transición a un modelo económico dixital. Leit motiv, as cuestións ambiental e a dixital, da actual Comisión (2019-2024) que preside a alemá Ursula Von der Leyen e que agora ten até finais de xuño para revisar eses plans enviados polos Estados para a súa validación, á espera de que os remitan os nove que aínda non o fixeron. Os Gobernos estatais, tanto a nivel individual como a través da Presidencia de quenda do Consello da UE, que ostenta até o 31 de xuño Portugal, levan semanas facendo presión para que a Comisión acelere os prazos (lembremos: Comisión, Consello da UE e Parlamento conforman o chamado \"triángulo institucional\" da UE; co o Consello Europeo, a maiores, facendo de \"líder espiritual\" marcando o camiño con orientacións políticas). Sistema de bloqueos A atomización da UE é precisamente o que demora este tipo de decisións, que en Estados Unidos ─como co proceso de vacinación─ non requiren deste alambicado mecanismo de aprobación. O bloque comunitario, unha entidade protofederal, tamén está condicionada pola necesidade de unanimidade de todos os seus membros en determinadas decisións. Por exemplo, Hungría vetou a semana pasada o Acordo de Cotonú, un pacto comercial e de desenvolvemento entre a UE e os países de África, do Caribe e do Pacífico, argumentando que atraería máis inmigrantes a Europa. Foi na mesma semana en que tamén vetou unha declaración conxunta da UE solicitando o cesamento da violencia en Gaza. E Hungría, canda a Polonia, xa bloqueou en 2020 durante meses a aprobación do orzamento comunitario e do fondo de recuperación durante a súa negociación no Consello Europeo, porque se pretendía vincular o desembolso económico ao respecto polo estado de dereito e os valores comunitarios. Finalmente, en decembro, o Consello cedeu ante a necesidade da unanimidade para seguir adiante. Polémico preámbulo O respecto ao estado de dereito volveu estar enriba da mesa na ratificación polaca da noite da quinta feira. O Senado, tras o facer a Cámara baixa, aprobou o proxecto de lei que dá luz verde aos fondos NextGenerationEU sen incluír un preámbulo proposto pola bancada da oposición. Este estabelecía que o Executivo se debía comprometer a gastar os fondos \"en base aos principios de xustiza, transparencia e estado de dereito\", garantindo o respecto aos dereitos civís na concesión deste diñeiro. Antes da votación, o partido de Goberno, o dereitista Lei e Xustiza (PiS) e o portavoz do presidente, Andrzej Duda, cargaron contra a emenda e a oposición. Finalmente a emenda non logrou a maioría necesaria: o resultado foi de empate a 49 logo de que, segundo recolleron os medios locais posteriormente, dous senadores da opositora Coalición Cívica supostamente quedaron atrapados nun ascensor e tiveron problemas de conexión durante a votación online. EUA: O maior gasto público en 75 anos O presidente estadounidense, o demócrata Joe Biden, presentou onte un orzamento de 6 billóns de dólares para o ano fiscal 2022, que levará o gasto federal ao seu nivel máis elevado desde a Segunda Guerra Mundial. A partida iría aumentando até alcanzar 8,2 billóns en 2031. De acordo coa información adiantada por 'The New York Times', os expertos económicos da Casa Branca calculan que o déficit orzamentario superará nos vindeiros dez anos os 1,3 billóns de dólares. Na véspera, a secretaria do Tesouro, Janet Yellen, pediu ao Congreso que aprobe este aumento do gasto público para axudar á recuperación do país. Fíxoo diante do Comité de Apropiacións da Cámara Baixa, que ten grande influencia sobre a confección do orzamento. A isto hai que sumar o plan de rescate (1,9 billóns), o Plan de Emprego Americano (2,25 billóns) e o Plan de Familias (1,8 billóns)."}
{"ID": "NOS_22100", "summary": "Ante a súa equiparación pola normativa da Xunta con locais de copas e pubs, a Clubtura quere procurar solucións para evitar a caída do sector.", "text": "Desde o pasado 15 de agosto, as salas de concertos de toda a Galiza permanecen fechadas, segundo a orde da Xunta que impide aos locais de ocio nocturno a súa apertura, e que equipara estas infraestruturas con pubs ou locais de copas, \"pese a que, segundo a propia Lei de Espectáculos, a súa actividade enmárcase dentro do eido cultural\", denuncian desde a Asociación Galega de Salas de Concertos (Clubtura). Cun 2020 no que o confinamento obrigou o sector a permanecer fechado de marzo a xuño -a época de maior programación-, e sen unha data de reapertura nin opción a unha apertura parcial en horario de día, Clubtura decidiu solicitar unha xuntanza cos responsábeis das consellarías de Interior, Sanidade e Cultura. Buscan con isto atopar \"solucións viábeis\" a unha situación que, en palabras do presidente, Alfonso Grandío, \"é absolutamente demoledora\". \"Ou atopamos unha solución para que se permita a actividade cultural nas salas, do mesmo modo que se permite noutros recintos culturais, ou a Galiza quedará sen salas en menos de seis meses\", asegura con contundencia."}
{"ID": "PRAZA_1628", "summary": "A inesperada intervención nas últimas semanas do presidente estadounidense Barack Obama instando á Unión Europea a acordar un consenso con Atenas dá a entender que detrás da crise grega existen variables xeopolíticas de maior calado. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia).", "text": "A inesperada intervención nas últimas semanas do presidente estadounidense Barack Obama instando á Unión Europea a acordar un consenso con Atenas a fin de evitar a súa hipotética saída do Euro, nun contexto determinado polos esforzos do primeiro ministro grego Alexis Tsipras por equilibrar unha serie de presións externas sobre o seu goberno, dá a entender que detrás da crise grega existen variables xeopolíticas de maior calado. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia), doutros socios da Alianza Atlántica que adoptan posicións autonomistas cada vez mais distantes dos intereses occidentais (Turquía) e principalmente polos recentes achegamentos de Tsipras cara actores incómodos para Washington (Rusia, China), que lle permitan abrir alternativas ante a asfixiante presión dunha \"troika\" claramente derrotada polo voto popular no recente referendo grego. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia) Estas variables definen en que medida os imperativos intereses de Washington e dos seus aliados da Alianza Atlántica oriéntanse cada vez mais a manter a Grecia na súa órbita. Un aspecto chave destes intereses ten que ver coa situación do sector militar ante a crise económica e financeira grega. Como igualmente fixeran os anteriores gobernos en Atenas, Tsipras coida de non reducir substancialmente o gasto militar nun sector estratexicamente importante para a OTAN. No 2014, aínda sen Tsipras no poder, o gasto militar grego ascendeu ao 2,3% do seu PIB, mais de 4.000 millóns de euros, toda vez as Forzas Armadas gregas posúen o índice mais alto de efectivos a nivel europeo: 12,9 soldados por 1.000 habitantes (datos do Stockholm International Peace and Research Institute). O peso do sector militar grego Estas variables definen en que medida os imperativos intereses de Washington e dos seus aliados da Alianza Atlántica oriéntanse cada vez mais a manter a Grecia na súa órbita Despois de EUA e Gran Bretaña, Grecia posúe o maior orzamento militar dentro da OTAN así como ocupa o segundo lugar como maior comprador de armas dentro deste organismo. Entre os seus principais vendedores de armas, en especial no sector naval militar, están Alemaña e Francia, o eixe xeopolítico da UE que igualmente gravita como baluarte da \"troika\" para esixir a Atenas o cumprimento dos seus pagos. Toda vez, a importancia estratéxica grega para a Alianza Atlántica vese consolidada pola presenza de bases militares da OTAN en Tesalónica, Larissa, Preveza e Souda Bay, cunha efectiva capacidade operativa ante calquera misión bélica, como foron os casos da guerra de Iraq (2003), a intervención en Libia (2011) e o actual conflito sirio contra o Estado Islámico. Despois de EUA e Gran Bretaña, Grecia posúe o maior orzamento militar dentro da OTAN así como ocupa o segundo lugar como maior comprador de armas dentro deste organismo A pesar da dramática situación socioeconómica grega, cunha débeda pública que supera o 180% do seu PIB, gravemente acelerada nos derradeiros meses pola punitiva presión das medidas de austeridade impulsadas pola \"troika\", cuxos móbiles políticos semellan orientados a desestabilizar (ata agora infrutuosamente) ao goberno de Tsipras e do Syriza a favor dun goberno de cariz mais tecnocrático e proclive a ser tutelado, Washington e os seus aliados europeos observan cada vez con maior atención os escenarios que se abren en Grecia e, particularmente, a partir dun eventual novo equilibrio de forzas no Mediterráneo Sur e na súa órbita xeopolítica cara o Magreb, Oriente Medio, os Balcáns e o Mar Negro. En abril pasado, a visita de Tsipras a Moscova intensificou os temores na Alianza Atlántica dunha eventual capacidade rusa para ampliar a súa esfera de influencia de cara ao Mediterráneo Sur a través de Grecia En abril pasado, a visita de Tsipras a Moscova intensificou os temores na Alianza Atlántica dunha eventual capacidade rusa para ampliar a súa esfera de influencia de cara ao Mediterráneo Sur a través de Grecia. Estes temores amplíanse ante a consolidación da anexión rusa de Crimea (marzo de 2014) e a ruptura de feito de Ucraína en esferas de poder controladas por Occidente e Rusia, abrindo unha hipotética ampliación do radio de influencia do Kremlin cara un país da OTAN como Grecia. Non se debe esquecer que nesta ecuación está incluída Turquía, que desde 2012 mantén un cada vez maior achegamento cara Rusia. Turquía é outro país estratéxico membro da OTAN, cuxo goberno islamita en mans do presidente Recep Tayyip Erdogan ven adoptando posicións autonomistas de achegamento cara Rusia, China e Irán e de distanciamento cara os seus aliados tradicionais (EUA, Europa e Israel), a pesar da concordancia de intereses militares entre a Alianza Atlántica e Ankara para atacar as posicións do Estado Islámico entre Siria e Iraq. Se ben a crise grega foi levemente discutida durante o VII cumio dos BRICS celebrado entre o 9 e 10 de xullo en Ufa (Rusia), os mecanismos que este organismo impulsa no cometido e configurar unha nova arquitectura económica e financeira global (Novo Banco de Desenvolvemento, Acordo de Reservas de Continxencia) que paulatinamente substitúa á estrutura establecida en Bretton Woods (1944), suxire a perspectiva de adoptar unha actitude política firme contra a presión constante os organismos multilaterais (neste caso da \"troika\") cara países en risco de default financeiro (Grecia). Un novo equilibrio no Mediterráneo Sur Non está oficialmente garantida unha eventual asistencia financeira por parte dos BRICS, así como tampouco por parte de China ou Rusia cara Grecia que lle permita a Tsipras conseguir novos acredores financeiros que diminúan a asfixiante presión Con todo non está oficialmente garantida unha eventual asistencia financeira por parte dos BRICS, así como tampouco por parte de China ou Rusia cara Grecia que lle permita a Tsipras conseguir novos acredores financeiros que diminúan a asfixiante presión e a constante tutela da \"troika\", resulta evidente que o achegamento grego cara Moscova e Beijing vía BRICS supón unha alteración do equilibrio de intereses occidental no Mediterráneo Sur. Esta perspectiva ven igualmente ampliada pola rede de distribución enerxética dende o Mar Caspio ata Europa, que pasa precisamente por Turquía e Grecia, e na que Rusia e Occidente posúen importantes intereses estratéxicos. Paralelamente, as exploracións de gas natural na plataforma marítima do Mediterráneo Sur, especialmente en torno á zona marítima contigua entre Chipre, Grecia e as costas mediterráneas sirias, traduce o pulso dunha serie de intereses que involucran a empresas enerxéticas de EUA, Rusia, Europa, Turquía e Israel, entre outros. A ecuación de Washington pasaría por tanto en evitar que a eventual inestabilidade socioeconómica grega recree un desequilibrio estratéxico para os intereses da OTAN, onde Rusia podería saír potencialmente en ganancia. Velaí a prudente actitude de Tsipras por evitar que a austeridade toque os intereses dun sector militar grego politicamente poderoso e sumamente dependente dos intereses occidentais. A ecuación de Washington pasaría por tanto en evitar que a eventual inestabilidade socioeconómica grega recree un desequilibrio estratéxico para os intereses da OTAN, onde Rusia podería saír potencialmente en ganancia Por tanto, a eventual caída grega na órbita de influencia doutros actores como Rusia sería, por tanto, unha alteración dun estratéxico puzzle xeopolítico que Washington non estaría disposto a permitir. Convencido da lexitimidade política adquirida por Tsipras e do Syriza no recente referendo grego, así como da capacidade dun país periférico do contexto global para rexeitar abertamente ás presións (con non menos carácter de chantaxe) establecidas polos poderes mundiais a través da \"troika\", a estratexia de Obama moi probablemente pasaría por instar á \"troika\" a tentativamente \"suavizar\" as condicións dun terceiro rescate financeiro para Grecia e evitar un default que implique a súa eventual saída do Euro. Reordenando o mapamundi A estratexia de Obama moi probablemente pasaría por instar á \"troika\" a tentativamente \"suavizar\" as condicións dun terceiro rescate financeiro para Grecia e evitar un default que implique a súa eventual saída do Euro Na recta final do seu mandato presidencial, Obama tenta deseñar unha estratexia de estabilidade dos seus intereses dentro do hemisferio occidental, que lle permita afrontar o maior reto estratéxico para a seguridade nacional e a política exterior estadounidense: China e Asia-Pacífico. Os cada vez mais firmes pasos na distensión e normalización das relacións diplomáticas con Cuba, a eventualidade dun fin de conflito armado en Colombia e a (re) definición dun novo momento de relación con Brasil, tal e como se observou coa recente visita a Washington da presidenta brasileira Dilma Roussef, explican diversas variables desta estratexia, basicamente focalizada na recuperación de esferas de influencia. Obama tenta deseñar unha estratexia de estabilidade dos seus intereses dentro do hemisferio occidental, que lle permita afrontar o maior reto estratéxico para a seguridade nacional e a política exterior estadounidense: China e Asia-Pacífico Dentro deste contexto hemisférico latinoamericano, a ralentización do avance político das esquerdas comeza a definir escenarios de eventual \"final de época\" de cara a próximas citas electorais, con especial incidencia na eventualidade de observar escenarios de post-chavismo en Venezuela e post-kirchnerismo na Arxentina, así como na pulsación do momento político brasileiro a tenor das presións contra a presidenta Rousseff, en particular ante as expectativas opositoras por avanzar nun impeachment político. Washington tampouco esquece observar o contexto andino (Ecuador, Perú e Bolivia), particularmente ante os próximos comicios presidenciais peruanos (2016) e ecuatoriano (2017). No contexto de Oriente Medio, a táctica apertura cara Irán significaría para Washington establecer un novo equilibrio rexional con consecuencias incertas, tomando en conta as friccións que este escenario mantén con aliados tradicionais como Arabia Saudita e Israel. En todos estes escenarios, a necesidade de Washington de manter un equilibrio acorde cos seus intereses cobra maior intensidade na medida en que se redefine un novo sistema internacional. E Grecia supón unha variable estratéxica, sexa de forma directa ou colateral, nesta redefinición de equilibrios e órbitas de influencia."}
{"ID": "NOS_47565", "summary": "Ninguén vai durmir en Escocia. Os colexios fecharon, pondo o ramo a unha xornada exemplarmente cívica. O país contén a respiración. O mundo contén a respiración. Un primeiro inquérito de YouGov -non a pé de urna, senón unha reactualización da serie de sondaxes realizada durante a campaña- daría a vitoria ao NON polo 54% face o 46% do SI.", "text": "Moito ruxe ruxe a esta hora, mais ningún dado contrastábel. Os últimos inquéritos coñecidos, realizados nas vésperas do referendo, apuntan a que o NON gañaría por apenas 100 mil votos. A participación está a ser masiva. Sen estar o cómputo pechado, por volta da 1.00 horas, a BBC falaba dunha participación do 87%. As 2.00 horas desta sexta feira comezará a haber dados (primeiro escrútanse os concellos máis pequenos). Os resultados oficiais non se coñecerán até arredor das 6.00 horas de mañá. As e os escoceses exercen nesta quinta feira o seu dereito a decidir. Sexa cal for o resultado xa nada vai ser igual. Máis de 4 millóns de escocesas e escoceses teñen o voto e a decisión. Os colexios fecharán ás 23.00, hora galega. Os resultados coñeceranse moi avanzada a madrugada. O 18 de setembro de 2014 é xa unha data para a historia mesmo antes de rematar o día. As e os escoceses votan para elexer libremente que futuro queren para o seu país. Exercerán o dereito a decidir como pobo, algo impensábel hai só un lustro. Pode ser o primeiro país na historia que se independice de Gran Bretaña por meios pacíficos, sen confronto armado. A vitoria con maioría absoluta do nacionalista SNP nas eleccións escocesas de 2011 fixo que Alex Salmond formulase a demanda histórica do seu partido: impulsar o proceso de auto-determinación. Ao longo destes máis de dous anos, o proceso soberanista foi collendo forma e forza. O secreto: implicar á cidadanía para que sexa ela a protagonista deste momento histórico e defender a independencia como a ferramenta acaída e indispensábel para construír unha outra sociedade máis xusta e igualitaria (lonxe do modelo que os Torys impoñen desde Londres). As e os escoceses atinxiron algo polo que hai menos dunha década ninguén deitaría un euro (ou unha libra) nas casas de apostas: que a través das urnas vaian escreber as páxinas do seu presente e do seu futuro en chave propia. Por volta de catro millóns de escoceses pderán votar hoxe na consulta. Non poderán facelo os 800.000 escoceses que viven no estranxeiro maius si os 400.000 ingleses que moran en Escocia. Enquisas e sondaxes apuntan a un resultado aberto, onde pode gañar tanto o YES/AYE coma o NO. Escocia ponse a camiñar como pobo e a camiñar construíu a súa propia rota, variando xa para sempre a historia desta vella e orgullosa nación celta, Alba."}
{"ID": "PRAZA_940", "summary": "O pasado ano o 54% dos galegos e galegas que fixeron a declaración escolleron esta opción. As ONG defenden a importancia destas achegas para financiar proxectos de vital importancia dos que en moitos casos se desentende o Estado. O 25% dos fondos destínanse a entidades católicas.", "text": "O pasado 14 de abril representantes de varias entidades sociais galegas, como Cermi Galicia, EAPN-Galicia ou a Coordinadora Galega de ONGD, presentaron a edición 2015 da campaña X Solidario, que busca concienciar os e as contribuíntes para que na declaración da renda marquen o cadro de fins sociais. Á hora de completar a declaración, cada persoa pode optar por destinar un 0,7% dos seus impostos aos proxectos postos en marcha por ONGs, por entregarllos á Igrexa Católica, por darllo a uns e a outros (sumando un 1,4%) ou a ningún, dirixindo o cen por cento ao Estado para a súa redistribución. O cadro de fins sociais é o máis popular en Galicia. O pasado ano o 53,6% dos galegos e galegas que fixeron a declaración escolleron esta opción (unha porcentaxe algo inferior á de 2013 -54%- pero en ascenso dende o 2011 -49%-). O cadro destinado á Igrexa católica (en exclusiva ou acompañando o de fins sociais) contou co apoio do 27,57% dos declarantes, unha proporción inferior á media española, próxima ao 35%, e que se mantén estable nos últimos anos (27,94% en 2012, 27,69% en 2013). O 32% non marcou cadro ningún, unha cifra que si experimentou un gran crecemento nos últimos tempos, dende o 23% de 2011. O pasado ano o 53,6% dos galegos e galegas que fixeron a declaración escolleron esta opción. O cadro destinado á Igrexa católica (en exclusiva ou acompañando o de fins sociais) contou co apoio do 27,57% dos declarantes Os e as representantes das ONGs galegas destacaron que \"grazas á solidariedade das persoas que destinaron o 0,7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 14.858.529 euros\" pero engadiron que, \"se ese 46,4% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en máis de 11.400.000 euros\". Lembraron así mesmo que eses fondo \"son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social\". Na presentación enumeraron algúns dos proxectos que eses case 15 millóns de euros permitiron poñer en marcha en Galicia, coma o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, o Programa de Empregabilidade para persoas con síndrome de Down, programas dirixidos a fomentar a vida independente das persoas con discapacidade intelectual ou programas de apoio a persoas con autismo e as súas familias. Tamén lembraron que existe a posibilidade de marcar tanto o cadro de fins sociais coma o da Igrexa, \"algo descoñecido por moita xente\" -dixeron, e que nestes casos a asignación do 0,7% non se divide entre os dous, senón que se duplica. Os cartos entregados a través do cadro de fins sociais son distribuídos polo Estado a través dunha convocatoria pública de subvencións. O 79,14% do total dos fondos recadados destínanse a proxectos de acción social e a convocatoria establécea o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; o 19,43% son para proxectos de cooperación en países en desenvolvemento a través da Axencia Española de Cooperación Internacional; e o 1,43% a proxectos de medio ambiente a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Os cartos destinados a fin sociais son empregados \"única e exclusivamente para proxectos concretos de acción social, non para financiar a estrutura das ONG, mentres que o da Igrexa si se utiliza para financiar a súa estrutura\" Unha das grandes diferenzas entre a entrega de cartos a través do X solidario e a escolla da Igrexa católica é que os cartos destinados a fin sociais son empregados \"única e exclusivamente para proxectos concretos de acción social, non para financiar a estrutura das ONG, mentres que o da Igrexa si se utiliza para financiar a súa estrutura\", como destacaba hai uns días Juan Lara, presidente da Plataforma de ONG de Acción Social. Lara subliñaba ademais que \"os cidadáns poden ter a seguridade de que os seus fondos están magnificamente administrados non só polo réxime de boas prácticas e transparencia que rexen as ONG, senón porque estas axudas tamén están suxeitas á supervisión do Ministerio, a intervención xeral do Estado e, nalgún caso, até polo Tribunal de Contas\". Cartos para a Igrexa? Europa Laica eleva a 11.000 millón de euros a cantidade total entregada polo Estado (e as comunidades autónomas) á Igrexa Unha das críticas que se lle fan ao sistema do X solidario é que unha parte dos seus fondos tamén acaban chegando á Igrexa católica, a través dalgunha das súas entidades, comezando por Cáritas, Manos Unidas ou Mensajeros por la Paz. De feito, calcúlase que o pasado ano estas asociacións confesionais (máis de 40) xestionaron ao redor do 25% destes cartos. A crítica pódese aínda estender, se se ten en conta que o Estado segue a financiar por outras vías a Igrexa católica e a súa estrutura de organizacións, sobre todo no mundo do ensino, polo que a realidade é que tanto se se marca algún destes dous cadros coma se non se fai, unha parte dos impostos sempre vai ter este destino. Neste senso, Un informe da Fundación 1º de Maio lembraba en 2012 a exención do pagamento de impostos (tanto do IBI, coma do IRPF, coma de Patrimonio), do que goza a Igrexa. E, sobre todo, os arredor de 3.900 millóns de euros que recibe a través das subvencións e concertos dos centros de ensino privado que xestiona, ou os 700 millóns que o Estado paga para financiar o profesorado da materia de Relixión. Pola súa banda, Europa Laica eleva a 11.000 millón de euros a cantidade total entregada polo Estado (e as comunidades autónomas) á Igrexa. Cáritas só recibe o 2,5% de todos os cartos que recada directamente a Igrexa a través do seu cadro na declaración da renda De feito, a xerarquía eclesiástica tamén foi criticada nesta cuestión pola forma en que, internamente, reparte os fondos recibidos. A Igrexa fai bandeira da actividade de Cáritas e doutras organizacións sociais que xestiona ou apoia, á hora de solicitar a axuda económica do Estado, ou de demandarllelo directamente aos contribuíntes. Porén, o pasado ano denunciouse que Cáritas só recibe o 2,5% de todos os cartos que recada directamente a Igrexa a través do cadro destinado a este fin na declaración da renda. A responsabilidade do Estado Outras críticas, por exemplo a que todos os anos realiza Europa Laica, teñen que ver co abandono de responsabilidades por parte do Estado en acción social, que obriga ás ONG a necesitar desta colaboración dos contribuíntes para levar a cabo os seus proxectos. A entidade sinala que \"os fins sociais non deben depender da 'vontade maior ou menor', cada ano, dos contribuíntes, senón que deben formar parte das políticas públicas, dentro dos orzamentos do Estado\" e que \"a acción social como dereito (non como caridade), debe financiarse de forma directa polas institucións do Estado\". Europa Laica propón que \"se hai entidades privadas que presentan programas específicos de apoio solidario, como xa se fai, que se lles facilite financiamento directo desde os presupostos estatais, autonómicos e locais, cos controis públicos adecuados\". Europa Laica: \"A acción social como dereito (non como caridade), debe financiarse de forma directa polas institucións do Estado\" Juan Lara, presidente da Plataforma de ONG de Acción Social tamén defendeu hai uns días que os orzamentos do Estado deberían ter unha partida destinada a fins sociais para non depender da solidariedade dos contribuíntes: \"Non habería que marcar ningunha X senón que directamente debería reservarse un mínimo do 1% para alimentar estas partidas, pero desgraciadamente non é así e estamos moi lonxe de que o sexa\"."}
{"ID": "PRAZA_12087", "summary": "A asemblea local da formación insta o alcalde a renunciar á súa acta e, de non facelo, avanza que os concelleiros que non se deron de baixa deixarán de gobernar \"con quen despreza\" o Bloque", "text": "Novo capítulo no conflito aberto no Concello de Teo tras a decisión do Encontro Irmandiño de marchar do BNG. Menos de vinte e catro horas despois de que a secretaria de organización frontista, Montse Prado, lle remitise unha carta ao alcalde do municipio, o 'irmandiño' Martiño Noriega, instándoo a deixar a súa acta de concelleiro, a asemblea local da formación secundou onte esa esixencia e clarificou un chisco máis cal será a súa posición no caso de que, tal e como todo semella indicar, esa renuncia non se produza. Non gobernarán con Noriega, pero non favorecerán que outro partido acceda ao bastón de mando. Nun contexto no que, dos nove concelleiros elixidos polo BNG nas eleccións, seis secundan a escisión, un sétimo manifestou apoiar a Noriega -agardando para decidir se marchar ou non do Bloque en función das decisións da dirección nacionalista-, e dous quedaron no BNG, a asemblea local sinala que, no caso de que os edís \"non renuncien ás actas, o BNG non participará do goberno municipal\". Na súa opinión, \"non se dan as condicións para compartir proxecto con quen despreza o BNG\" e \"pecha filas arredor do alcalde\" para \"debilitar\" a formación que encabeza Guillerme Vázquez. \"Foi a súa obsesión estes días e iso é o que significa a súa unidade de acción\", aseguran. \"Non sabemos con que proxecto se gobernaría Teo no caso de que non fose o BNG quen formara o goberno, pero si sabemos que non respondería ao que decidiu colectivamente o mesmo BNG que acadou maioría absoluta nas eleccións\", detallan. Así e todo, o Bloque teense advirte tamén de que non facilitarán o acceso doutra formación política á alcaldía. \"Non imos promover nin apoiar un cambio de goberno local. No que dependa do BNG, esta situación non vai ser ningunha oportunidade para o Partido Popular e a nosa actuación institucional seguirá sendo coherente e construtiva\", conclúen."}
{"ID": "NOS_34691", "summary": "O deputado de UPyD retoma o termo 'violencia doméstica' e di que \"un terzo das mortes son homes\", que \"a maior parte das denuncias son falsas\" e que \"hai españois con penas de seis meses de cadea por dicir ás súas mulleres 'vai á merda'\"", "text": "O deputado de UPyD no Congreso d@s deputad@s, Antonio Cantó, publicou esta segunda feira varios chíos na súa conta persoal da rede social Twitter en que pon en dúbida as estatísticas que dan conta das mulleres en situación de violencia machista e lamenta o suicidio de homes que se atoparían en proceso de separación. Di o parlamentar que \"a maior parte das denuncias son falsas\", contradicindo o informe anual de 2012 da Fiscalía xeral do Estado, en que dá conta de 19 posíbeis denuncias falsas das 134.002 presentadas. Para alén do anterior, Cantó emprega o termo 'violencia doméstica', colocando a porta pechada a solución a este problema político e social, e di que \"un terzo das mortes son homes\", que moitos son interrogados \"sen probas\" e que \"hai españois con condenas de seis meses de cadea por dicir ás súas mulleres 'vai á merda'\".Atribúe as denuncias por violencia machista ás subvencións que chegan da UE (\"3.200 euros por cada denuncia\") e dixo que os datos que facilita os tirou do Instituto nacional de estatística español, o INE, se ben máis tarde recoñeceu que a fonte era o colectivo Federgen, Federación de afectados por las leyes de género. Após a ringleira de chíos enviados nesta liña e as respostas en contra colleitadas, Cantó colocou máis unha opinión para se queixar do trato recibido nas redes sociais: \"falas de denuncias falsas e chámanche maltratador. Ese é o nivel neste país\". Centos recordan ao twitteiro a súa condición de deputado e reclaman que demita e que responda perante a Xustiza polas súas declaracións, consideradas xustamente máis unha mostra da violencia machista. Horas antes dos polémicos chíos, o parlamentar de UPyD informaba na mesma rede social de que estaba a manter unha xuntanza coa Federgen, federación constituída en Madrid para se opor á Lei integral ao a considerar \"discriminatoria por razón de sexo\", \"enrarecer a convivencia entre homes e mulleres por un tratamento desigual e por non ter en conta a presunción de inocencia\" e por facer da \"discriminación positiva\" unha \"agravante penal\". O colectivo indexa os seus contidos con termos como 'feminismo radical' ou 'feminazis'."}
{"ID": "NOS_3666", "summary": "Esquerda Unida realizou este sábado un acto político en Santiago nas vésperas do Día da Patria Galega 2016.", "text": "Integrada no movimento das mareas, EU quixo singularizar a súa posición política arredor do Día da Patria Galega coa realización dun acto político en Santiago na mañá deste sábado en que apresentou o seu manifesto Depende de Nós. \"Este 25 de xullo non é un día máis, queremos outra Galicia imprescindíbel\", dixo a coordenadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz. \"Queremos unha Galicia alumeada polo ben común\", acrecentou. Esquerda Unida enfatizou neste acto unha idea, a de que Galiza é un \"suxeito político\" que debe loitar \"polos seus dereitos\" e tamén refrendou a súa aposta na confluencia con outras forzas: \"O camiño da unidade comezou con AGE, seguiu coas mareas municipalistas e consolídase con En Marea\". Cimeira do día 30 Díaz outorgou unha grande importancia simbólica á asemblea das mareas axendada para o día 30 en Vigo -unha cimeira de Podemos, Anova, EU e as plataformas municipalista que nace do impulso dado polos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol- até o ponto de cualificar a xuntanza de \"pistolada de saída\" da carreira que levará a \"sacar os inquilinos\" da Xunta."}
{"ID": "PRAZA_14002", "summary": "Os cambios no FROB, que este venres aprobará o Consello de Ministros, inician unha longa serie de medidas que o Goberno de Mariano Rajoy adoptará nos vindeiros catro meses para cumprir o memorando ditado pola troika.", "text": "Mariano Rajoy preside este xoves a reunión da Comisión Delegada para Asuntos Económicos, que prepará o Consello de Ministros deste venres, o primeiro despois de dúas semanas e que terá un marcado contido económico. O Ministerio de Economía redactou un decreto que facilita a intervención urxente dos bancos, que lle dá máis poder ao Banco de España para intervir anticipadamente e que acelerará a destitución de xestores de entidades. O rescate bancario solicitado polo Goberno de España o pasado mes de xuño incluía unha serie de condicións de obrigado cumprimento e un detallado calendario para a súa concreción, no coñecido como Memorando de Entendemento. Algunhas das condicións xa comezaron a ser satisfeitas ao longo dos meses de xullo e agosto, coma a preparación dos plans de restruturación do sistema financeiro ou a comunicación a Europa de información fidedigna sobre o estado real das entidades bancarias españolas. É partir de setembro cando o Goberno vai ter que poñer sobre a mesa a meirande parte das reformas esixidas pola troika para a inxección de 100.000 millóns de euros para os bancos españois Porén, é agora, a partir de setembro, cando o Goberno vai ter que poñer sobre a mesa a meirande parte das reformas esixidas pola troika para a inxección de 100.000 millóns de euros para os bancos españois. Estas son algunhas das datas clave do calendario esixido polo Memorando: Finais de agosto: Reforma das competencias do FROB e do Fondo de Garantía de Depósitos Segunda quincena de setembro: Completar o novo test de resistencia ao sistema financeiro español, banco por banco Finais de setembro: Nova proposta de regulamentación sobre a mellora da transparencia dos bancos Outono: Os bancos cun significativo déficit de capital levarán a cabo os Programas de Responsabilidade Subordinada Comezos de outubro: Os bancos elaborarán plans de recapitalización Outubro: Plan de reestruturación dos bancos do Grupo 2 Novembro: Proposta para o fortalecemento das entidades non bancarias de intermediación financeira Finais de novembro: Proposta para a cotización en bolsa dos bancos que se beneficiaran das axudas estatais Finais de novembro: Lexislación que \"clarifique\" o papel das caixas de aforros na súa calidade de accionistas das entidades de crédito con vistas á redución da súa participación Finais de decembro: Transferencia das facultades de control e outorgamento de licenzas do Ministerio de Economía ao Banco de España 1 de xaneiro: Esixir a todas as institucións financeiras que cumpran cun capital Tier 1 de cando menos un 9% até 2014 Finais de febreiro: Lexislación para limitar a venda de preferentes e débeda subordinada a clientes minoristas"}
{"ID": "NOS_21846", "summary": "Como o BNG na mesma mañá desta segunda feira, En Marea dedicou a súa comparecencia de prensa á situación da industria. Denunciou a caída do 14% no índice de produción do sector e amosou a súa preocupación polas electrointensivas, para as que propuxo dez medidas de choque.", "text": "\"A nosa economía está perdendo posicións no ránking sectorial industrial\", expuxo o portavoz do grupo parlamentario Luís Villares, quen se referiu á caída do 14% no índice de produción industrial. \"Cando hai unha situación de desfeita os gobernos non poden permanecer á expectativa\", dixo, e gabouse de que En Marea \"está suplindo\" esa inacción con iniciativas parlamentarias. Esta segunda feira presentou, en concreto, un decálogo de medidas para o futuro da industria electrointensiva. \"Os prezos da enerxía están asfixiando as industrias electrointensivas e supoñen unha estafa ao final de cada mes para as familias galegas e do resto do Estado\", sinalou. As propostas de En Marea inlúen a esixencia de que nos documentos de venda de Ferroatlántica figra a garantía de competitividade das factorías de Cee e Dumbría e o uso do autoconsumo para garantir un prezo da enerxía competitivo. Un plan de recuperación das concesións hidroeléctricas caducadas para que as xestione un novo ente -Electricidade de Galiza-, axudas públicas para microcentrais eléctricas sen impacto ambiental ou o control público da rede de distribución eléctrica son outras das medidas da coalición de partidos."}
{"ID": "NOS_22356", "summary": "A plataforma veciñal Salvemos Cabana soubo de novas solicitudes de explotación na procura de ouro nos concellos de Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Malia estar aínda pendentes de se resolver, puido confirmar que foron solicitadas pola mesma empresa, a canadense Edgewater, e que afectaría até 8.900 hectáreas", "text": "Galiza é unha mina, di unha campaña publicitaria da Xunta que pouco a pouco está a se tornar real. As últimas informacións que manexa a plataforma veciñal Salvemos Cabana a respecto do proxecto mineiro de Corcoesto, nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso, confirman unha ampliación dos permisos de explotación que a Xunta concedeu á empresa canadense Edgewater até afectar unha superficie dunhas 8.900 hectáreas ou o que é o mesmo, por volta de 8.900 campos de fútbol. Cómpre recordar que o proxecto inicial na parroquia de Corcoesto ocupaba 700 hectáreas. Os colectivos contrarios á explotación mineira cualifican a permisividade da Xunta como \"absolutametne demencial\" e alertan de que nas terras que se pretenden adxudicar á empresa canadense hai \"grandes masas forestais e superficie agrícola produtiva\". Din @s detractor@s co plan de Edgewater que as dimensións do proxecto deixarían pequeno calquera cálculo anterior no caso de que estas solicitudes --que están pendentes de se resolver e publicar no DOG-- se aprobasen. Aínda que polo de agora o único nome que se coñece é o da mineira canadense, Salvemos Cabana non descarta que haxa algunha empresa máis en disputa polos terreos. Así as cousas, a semana pasada o DOG publicaba a concesión dunha nova licenza que permitirá a Edgewater procurar ouro en 630 hectáreas, para alén das 700 que xa tiña concedidas, coñecéronse agora outras 250 cuadrículas mineiras pendentes de adxudicación e solicitadas pola mesma compañía baixo o epígrafe 'Grupo Julia', tal e como informou Salvemos Cabana aos medios de comunicación. Cada cuadrícula supón un espazo de 30 hectáreas. En global, a superficie afectada na zona podería chegar ás 8.900 hectáreas, denuncia a plataforma veciñal, que rexeita rotundamente \"o modelo que a Xunta pretende para o territorio galego."}
{"ID": "PRAZA_12160", "summary": "Ambos os dous sindicatos anuncian medidas de protesta contra o convenio colectivo, que prevé o desprazamento da hora de bocadillo ao final da xornada e instaura os \"sábados obrigatorios\". Este sábado trasladarán ao cadro de traballadores o contido final do convenio", "text": "O sindicato SIT é o maioritario na factoría de PSA Peugeot Citroën de Vigo. E contra a súa \"hexemonía\" non queren comulgar, cando menos, os compañeiros da CIG e Comisións Obreiras. Ambos os dous sindicatos traballan unidos para protestar contra a proposta de convenio achegada pola parte empresarial. Documento normativo que nestas dúas centrais se cualifica de \"inhumano\". Os delegados sindicais xa convocaron protestas á hora do bocadillo coa esperanza de modificar a proposta da patronal. Este sábado terán unha asemblea para informar do contido final do convenio. Un retroceso democrático que fomenta o escurantismo Segundo apuntaron desde ambas as dúas centrais, o texto ten \"problemas\" en numerosos puntos. Para a CIG, a patronal aposta porque nas comisións que xurdan do convenio colectivo non haxa presenza sindical e só participen os asinantes nas mesmas. De aí que a central nacionalista fale de que se suprime o acceso dos representantes dos traballadores \"nas distintas áreas de traballo que afectan ás condicións laborais\", subscriben. \"Un retroceso democrático que fomenta o escurantismo\". Sábados obrigatorios Asemade, un dos puntos máis controvertidos é o que fai referencia aos \"sábados obrigatorios\". \"Queren levarnos ao século XIX ao pretender quitarnos o dereito á liberdade de decisión sobre nós mesmos\", arremeten desde a CIG. Para CCOO o argumento da empresa é que se primará a \"voluntariedade\" e que a obriga a traballar os sábados xa non será tal para os empregados que xa fixeron dez xornadas en sábado de maneira voluntaria. A aceleración das cadeas de montaxe é algo \"inasumible\" para os sindicatos \"No taller de embutición eliminarían as substitucións para recuperar a fatiga\", engaden desde CCOO. A empresa manifesta, dacordo coa testemuña das centrais, que existe un estudo das liñas 8 e 9 de produción nunha xornada de traballo que conclúe que \"a media de paradas por estas causas supón estar un mínimo de 70 minutos sen actividade\". Desde os traballadores aseguran que isto non é certo. Entre outras medidas estaría tamén a aceleración das cadeas de montaxe, algo \"inasumible\" para os sindicatos, ou a integración dalgúns complementos dentro do salario. Decisión que \"acentuaría\" a \"diferenza salarial cos traballadores de novo ingreso\" que deixarían de percibir \"sobre 150 euros ano. O complemento de puntualidade e asistencia sería só para os empregados que traballan na actualidade que a compañía francesa ten en Vigo."}
{"ID": "PRAZA_20172", "summary": "A entidade que mercou os restos de Caixa Galicia e Caixanova responde á solicitude da comisión de investigación das caixas que a lei de protección de datos lle impide informar sobre a compensación que recibiu o antigo director xeral, estimada nuns 18 millóns de euros", "text": "José Luis Méndez volve esquivar o foco público. Cando o 29 de novembro de 2010 a entidade que rexira como se fose súa, Caixa Galicia, asinou a fusión con Caixanova nun acto solemne, o antigo señor da caixa do norte non tomou a estilográfica Mont Blanc que, gravada para a ocasión, Alberto Núñez Feijóo mandara gardar nun lugar preferente. Tras ser coprotagonista dalgunhas das imaxes de celebración que xa tornaron en iconas da fusión fracasada o veterano directivo retirouse da escena pública e de todos os seus cargos apenas dous meses antes da unión que acabou rescatada con 9.000 millóns de euros públicos. A chegada á idade de xubilación foi a explicación oficial dun retiro entre presións do Banco de España que non foi en balde. Levou consigo uns 18 millóns de euros entre indemnización, plan de pensións e outras compensacións. Aínda que estas cifras son manexadas na esfera pública dende hai anos os seus detalles seguirán ocultos no que dependa de Abanca, a entidade herdeira das antigas grandes caixas, resultante da compra de Novagalicia Banco por parte do venezolano Banesco. Méndez retirouse de Caixa Galicia xusto antes da fusión e con compensacións duns 18 millóns de euros Tras tres anos de parálise a comezos do pasado ano o Parlamento retomou a comisión de investigación sobre a fusión das caixas e as indemnizacións dos ex-directivos. Aínda que o PP procura un peche rápido dos traballos e se negou a novas comparecencias -entre elas, a do propio Méndez- si accedeu a incorporar algunha documentación adicional. Entre os papeis incluídos no novo plan de traballo figura a petición do BNG para acceder a \"toda a documentación relativa á indemnización de José Luis Méndez, incluíndo as actas dos órganos de dirección e goberno de Caixa Galicia ao respecto\", así como unha lista de \"bens e activos\" cedidos ou vendidos a directivos das caixas ou as súas familias. Abanca vén de responder a esas peticións con senllas negativas amparándose na necesidade de respectar a lexislación en materia de confidencialidade bancaria e protección de datos. O banco ampárase nas \"obrigas de reserva e confidencialidade\" que, di, impoñen a lei do sector bancario e mais a de protección de datos Nun escrito datado o pasado día 25 e rexistrado no Parlamento este martes a entidade bancaria di, a través do seu conselleiro delegado, Francisco Botas, ser \"consciente\" da \"relevancia que o bo fin dos traballos\" da comisión de investigación \"reviste para o interese xeral\" e por iso \"é o noso desexo prestar\" a \"máxima colaboración que nos é posible\". \"O alcance desa colaboración\", di a carta, \"atópase ineludiblemente limitado\" polas \"obrigas de reserva e confidencialidade impostas á nosa entidade\" por dúas leis: a de supervisión e solvencia das entidades de crédito do ano 2014 e mais a de protección de datos. Nomeadamente, agrega, polos preceptos da norma bancaria a respecto da \"reserva\" da información da clientela dos bancos e pola obriga de contar co \"consentimento do interesado\" para ceder datos persoais. Faino aínda que boa parte da información manexada na comisión ten carácter reservado de seu. \"Lamentablemente -prosegue o escrito remitido por Abanca ao Parlamento- os devanditos límites legais impíndennos achegarlle á comisión de investigación (...) a documentación solicitada relativa á indemnización de don José Luis Méndez\" e, igualmente, a \"relativa á venda ou cesión de activos\" a directivos ou familiares destes. \"De facelo, Abanca estaría a revelar sen contar con lexitimación para iso nos termos previstos na lexislación aplicable, datos a respecto dos cales, por imperativo legal, debe manter estrita reserva e confidencialidade\", conclúe. O banco si accede a revelar á Cámara os datos de devolucións das preferentes e instrumentos semellantes, a cal cifra nun \"93,5% do saldo total\". Arquivo da demanda da CIG A negativa de Abanca a informar o Parlamento sobre Méndez chega case ao mesmo tempo no que a Audiencia Nacional decidiu arquivar a denuncia que presentara a CIG contra a cúpula da desaparecida Caixa Galicia. A demanda, contra o ex-director xeral e o resto dos ex-directivos, foi rexeitada polo alto tribunal en base ao informe da Fiscalía, que entende que os feitos xa estarían prescritos. A Fiscalía que debe arquivarse a demanda contra a cúpula de Caixa Galicia por estar prescritas as accións denunciadas. A central nacionalista pretendía que se dilucidase se houbo irregularidades e falseamento de contas por parte da cúpula na confección dos resultados da entidade dos anos 2008 e 2009. Tal e como lembra a CIG, mentres as contas aprobadas polo consello de administración consolidados de 225 millóns en 2008 e 91 no seguinte ano, a sentenza que condenou á cadea os ex-directivos das caixas polas indemnizacións millonarias recoñece como feito probado que Caixa Galicia estaba en 2009 en situación de insolvencia, segundo as análises do Banco de España. A querela presentada, por \"manipulación contable\", tamén facía referencia á emisión de preferentes levada a cabo por Caixa Galicia durante aquel 2009, baseada en contas que cren \"falseadas\" e avalada precisamente ante o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores con aqueles resultados dos que o sindicato sospeita que eran ficticios, segundo o propio regulador. O sindicato resaltaba ademais que Bankia si foi investigada por feitos semellantes."}
{"ID": "NOS_21983", "summary": "O comité de empresa pide a retirada \"por ser lesiva para as traballadoras e traballadores\" e \"un fraude á Seguridade Social\".", "text": "Tralusa, empresa do Grupo Monbus e concesionaria do transporte urbano de Compostela, vén de presentar un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que afectará 28 traballadoras e traballadores. O comité de empresa denuncia que esta medida tomouse \"unilateralmente e sen contar coa representación do cadro de persoal\". Aseguran que a empresa comprometeuse no seu momento a no facelo. Segundo o propio comité desde que se aprobou o estado de alarma a representación sindical solicitou en varias ocasións medidas concretas para protexer ao persoal que non se tomaron a día de hoxe. Indican que mesmo por instrución do Ministerio de Sanidade, estableceuse que ese persoal especialmente sensíbel ao risco tería que ser revisado pola mutua e derivado á Seguridade Social, que lles daría unha baixa por enfermidade común pero asimilable a efectos económicos coas continxencias profesionais. \"En vez de facer iso presentan un ERTE e como mínimo 21 dos 28 traballadoras e traballadores que están incluídos no ERTE están nesta situación de risco\", explica Javier Taboada, presidente do comité e empresa. Por este motivo consideran que, de ser aprobado, estaríase actuando de forma fraudulenta porque Tralusa estaría trasladando os custes empresariais á Seguridade Social. A contrata municipal continúa Javier Taboada explica que o Concello de Santiago aprobou non reducir as asignacións económicas nas contratas municipais. Sinala que nos orzamentos municipais de 2020 \"constan 4.960.527 euros para o transporte urbano\" ao que \"habería que sumar a asignación ao Plan Comarcal de Transporte por parte do Concello de 25.990 euros\" e que \"a sociedade municipal Tussa, que xestiona o transporte urbano, ten outro informe polo que pagará 438.408 euros de subvención ao transporte colectivo urbano interior\". Con estes número o presidente do comité de empresa cre que é escandaloso xa que, de aprobarse o ERTE, \"constituiría un enriquecemento ilícito por parte de Tralusa\", xa quen a pesar de terse rebaixado as frecuencias dos buses, isto non supón unha perda de ingresos por parte da empresa."}
{"ID": "NOS_27579", "summary": "O Museo do Pobo conmemora o Día da Danza cunha xornada de reflexión sobre as aplicacións do baile tradicional na danza contemporánea. Esta sexta feira a partir das 18:30 horas.", "text": "O Museo do Pobo conmemora o Día Internacional da Danza coa xornada \"A voltas co baile\", que decorre na sexta feira 30 de abril e que procura a reflexión arredor das aplicacións contemporáneas do baile tradicional. Un evento que suma neste 2021 a súa primeira década e no que xa se reflexionou arredor da influencia europea e americana no baile galego ou sobre as problemáticas e inquedanzas do baile tradicional na actualidade e a declaración desta danza como Ben de Interese Cultural (BIC). O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo, organizador das xornadas, decidiu dedicar a sexta feira á reflexión arredor das aplicacións actuais do baile tradicional, \"presente xa non só nas festas como ferramenta de divertimento e socialización, ou nos escenarios como mostra e representación de festexos pasados\", explican, senón \"como patrimonio cultural vivo, é usado hoxe en día en diferentes disciplinas e profesións, tales como a educación regrada, a terapia ou a danza contemporánea\". Así, a xornada de relatorios, que dará comezo ás 18.30 horas e para a que é preciso reservar praza por mor das restricións sanitarias da Covid-19, contará coa intervención de Uxío Leira, profesor de Educación Física; Bea Díaz, fisioterapeuta pediátrica e psicomoticista; e os bailaríns Janet Novás e Jaime Pablo Díaz, que dialogarán sobre as experiencias de cada un. A temática dos relatorios \"A voltas co baile\" bota a andar co profesor Uxío Leira, que con outros mestres e profesoras leva 12 anos achegando o baile tradicional ás aulas en proxectos como o recente \"Mar de muiñeiras\". No seu relatorio narrará a súa experiencia profesional e afondará na aplicación do baile tradicional no sistema educativo oficial. Ás 19 horas, Bea Díaz, fisioterapeuta e psicomotricista, falará sobre como o baile e a música tradicional inflúen no desenvolvemento psicomotor das crianzas desde idades temperás. Fechan o programa, ás 20 horas, Janet Novás e Jaime Pablo Díaz, que falarán sobre a aplicación do tradicional na danza contemporánea, pois os dous teñen unha longa traxectoria nesta disciplina, da que son tamén creadores, Novás desde a súa compañía e Díaz na dirección de Nova Galega de Danza."}
{"ID": "NOS_23886", "summary": "Os municipios levaban tempo solicitando que a Xunta lles facilitase información sobre a evolución do coronavirus nos seus territorios. En calquera caso, os mapas que remitirá a consellaría terán dous baremos segundo o volume de poboación de cada concello.", "text": "Após bastante tempo de insistencia, os concellos logran o compromiso da Xunta para contar con información máis ou menos detallada da evolución da pandemia dentro dos límites municipais. Así o anunciou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que pediu \"desculpas\" porque a información non sempre vai o rápido que se precisa. Segundo explicou, cada martes e xoves -como idea inicial-, a Consellaría de Sanidade remitirá ás corporacións municipais as estatísticas de contaxios e prevalencia da Covid-19 con mapas a sete e 14 días vista para que cada quen poida analizar a situación epidemiolóxica. O responsábel do Executivo galego, engadiu que se deixará clara a situación con semáforos con cores verde, amarela, laranxa e vermella, en función da expansión dos contaxios. Ademais, advertiu aos municipios (logo de reunirse co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e rexeitar unha transferencia de fondos para axudar a pagar os gastos extraordinarios derivados da alerta sanitaria) de que haberá dous baremos de información. As localidades de menos de 50.000 veciñas e veciños terán datos de novos contaxios, mentres que en aqueles municipios de máis de 50.000 habitantes só se terán datos de novos contaxios por cada 100.000 habitantes. No primeiro caso haberá cifras reais mentres que no segundo, haberá que fiar as estratexias da política municipal a taxas. No entanto, aínda queda por ver se a Fegamp acepta este grado de información porque hoxe se reclamou unha documentación máis precisa e igualitaria para todos. Respecto á confidencialidade á que teñen dereito das e dos galegos, Feixoo afirmou que a información que se remitirá \"preserva o dereito á historia clínica reservada\". Isto significa que saberán números ou taxas, pero non con nome e apelidos. Un abano de parámetros como xustificación? Os mapas cos códigos de colores serán os que indiquen \"a situación epidemiolóxica do concello sen entrar nas historias clínicas dos cidadáns\". Terán validez \"para ir vendo como evoluciona a situación, entendendo que os datos que imos dar son o número de casos novos que vaiamos tendo, que é o realmente preocupante\", subliñou o presidente da Xunta, aludindo aos días nos que chegarán as estatísticas aos municipios. Na súa opinión, \"o preocupante non é ver só o número de infectados nun concello\", algo que semella unha xustificación de por que os grandes municipios non terán datos absolutos. Así, referiuse a se hai ou non residencias de maiores no termo municipal, se se dá un brote nunha factoría ou se a poboación é maior ou menor, entre outros parámetros a ter en conta."}
{"ID": "NOS_36675", "summary": "O Goberno galego recorrera a lei de cambio climático aprobada o pasado ano no Congreso.", "text": "O Pleno do Tribunal Constitucional (TC) decidiu \"desestimar\" o recurso presentado pola Xunta da Galiza contra a lei estatal de cambio climático aprobada o ano pasado no Congreso. En concreto, o Goberno galego consideraba inconstitucional o decreto que restrinxe o período de concesións privadas de terreos públicos a 75 anos. Última parada da Lei de Cambio Climático Nunha comunicación publicada esta quinta feira, o TC sinala que tomba este recurso do Executivo de Alfonso Rueda, apenas uns días despois de que a Xunta reclamase as competencias sobre o litoral galego coa intención de favorecer o incremento de concesións privadas en terreo público costeiro. Na votación desta lei de cambio climático, os deputados do Partido Popular no Congreso, entre eles os galegos, optaron por absterse. No entanto, o Goberno galego recorreu o texto ante o Constitucional para permitir que as concesións deste tipo puidesen ir máis alá dos 75 anos preceptivos. Os populares cargan contra a lei de cambio climático e transición Na súa resolución, o alto tribunal non detalla os motivos xurídicos que o levan a rexeitar este recurso de inconstitucionalidade presentado polo Executivo galego. É de esperar que nos vindeiros días o TC elabore unha nova comunicación para explicar máis polo miúdo a súa decisión. Modificación da Lei de Costas A Lei de cambio climático levada á Cámara Baixa o pasado ano polo Goberno de Pedro Sánchez introducía un artigo, o 20.4, que viña corrixir unha modificación da Lei de Costas que levara a cabo o anterior Executivo estatal, encabezado por Mariano Raxoi. Esa modificación do regulamento non deixaba claro se as novas prórrogas de concesións privadas en terreos públicos debían estar supeditadas ao límite temporal de 75 anos. A modificación da Lei de costas ameaza máis dun cento de empresas galegas Nun primeiro momento, a redacción do artigo 20.4 deu a entender que se aplicaría con carácter retroactivo, o que podería chegar a anular as prórrogas que se concederan con anterioridade. Finalmente, unha corrección no texto legal deixou claro que só as concesións aprobadas a partir do momento de entrada en vigor desa lei estarían afectadas pola mesma."}
{"ID": "NOS_48394", "summary": "Se o salario medio na Galiza é de 22.834 euros, as persoas menores de 35 anos cobran de conxunto 18.156 euros. A fenda salarial que afecta a mocidade é de 4.678 euros anuais, o que implica unha diferenza de 20,5%. Aliás, 19,7% da poboación entre 16 e 34 anos atópase desempregada, 8,5 puntos por riba da media total do país.", "text": "Os datos laborais referidos ao segundo semestre de 2022 certifican a fenda salarial que afecta á mocidade galega. A diverxencia coa poboación maior de 34 anos é aínda maior cando se comparan as retribucións dos mozos e das mozas galegas coas residentes noutras partes do Estado español. O salario medio na Galiza é de 22.834 euros. Porén, as persoas comprendidas na faixa de idade de entre 25 e 34 anos cobran de conxunto 18.156 euros. Así, a fenda salarial é de 4.678 euros anuais, o que representa unha diferenza porcentual de 20,5%, como recolle o estudo difundido pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) sobre a realidade laboral galega entre a xuventude. Asemade, as persoas de entre 25 e 34 anos cobran ao ano de media no Estado 20.090 euros, isto é 1.934 euros máis que a mocidade traballadora galega, habendo unha diverxencia de 9,6%. Precisamente, esta diferenza non deixa de ampliarse malia á redución do referido grupo de idade entre a poboación galega, como consecuencia do envellecemento poboacional pero sobre todo da emigración. O estudo da UXT sinala que \"en relación cos baixos salarios, fan falta políticas máis contundentes para conter a inflación e protexer as rendas salariais, iniciando un proceso de diálogo urxente para repartir os custos da maneira máis xusta posíbel, sen que iso tampouco supoña un lastre para a actividade económica das pequenas empresas\". Ao tempo, reclama \"políticas activas de emprego, das que ten competencia a Xunta, realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas\". O aluguer absorbe 30,59% do salario da cidadanía galega O secretario de Negociación Colectiva da CIG, Francisco Sío, sinala a Nós Diario que \"a fenda salarial dos mozos coa poboación adulta sempre existiu pero nestes últimos anos ten ido a peor como consecuencia das reformas laborais, onde restaron poder de negociación aos sindicatos\". Nesta liña, denuncia que \"na negociación colectiva téñense creado, nalgún caso, as categorías de entrada, unhas medidas ad hoc para a xente moza co obxectivo de que cobren moito menos\". Asemade, lembra que \"aquelas xeracións que entran a traballar en períodos de crise van arrastrar sempre unhas condicións peores ao longo de toda a súa vida laboral\" e considera que \"o incremento da idade de xubilación vai en contra deste colectivo\". A responsábel de Emprego de Comisións Obreiras, Maica Bouza, indica a Nós Diario que \"a realidade do mercado laboral galego e no conxunto do Estado é que a mocidade e as mulleres ocupan os peores empregos, aqueles con máis precariedade e cunha remuneración inferior\". Neste sentido, insta \"a agardar a final de ano, para que cuns datos máis precisos, saibamos se a reforma laboral deu os resultados previstos e estes empregos máis en precario deixan de ser ocupados por mocidade e mulleres\". Ao tempo, demanda \"unha formación continúa das traballadoras e traballadores para adaptalos ás necesidades do mercado laboral actual\". Desemprego xuvenil Os baixos salarios neste grupo de idade van ligados a unha elevada taxa de desemprego. Segundo as cifras ofrecidas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), 19,7% da poboación entre 16 e 34 anos atópase desempregada, 8,5 puntos por riba da media total. Asemade, as taxas de desemprego alcanzan a 55,5% das persoas de 16 a 19 anos e a 31,3% entre 20 e 24 anos. Neste contexto, explícase o elevado nivel de precariedade e parcialidade no colectivo, favorecido por traballar 71,6% da mocidade no sector servizos. Os galegos e galegas cobran case 7.000 euros menos ao ano que a media da UE Emigración As altas taxas de paro xuvenil van acompañadas dunha importante vaga migratoria que ten expulsado da Galiza 371.637 persoas entre 2009 e 2021. A este respecto, o economista e colaborador de Nós Diario Joam Romero sinala que \"o discurso oficial agocha esta sangría aducindo un saldo migratorio positivo que, na maioría, supón o retorno de ondas migratorias precedentes\". Así, \"38% do total dos que marcharon son menores de 29 anos\", continúa Romero que cualifica a situación como \"un verdadeiro éxodo xuvenil que expulsa talento e capacidade para promover iniciativas produtivas e prexudica o consumo interno\". Unha nova crise A xestión da crise de 2008 marcou un punto e á parte na situación da mocidade. Unha boa mostra diso é a desvalorización salarial dos mozos e das mozas, a perda de dereitos laborais e o incremento das taxas de emigración. Sen que esta realidade se tivese reparada, a xuventude enfronta outra crise."}
{"ID": "NOS_29416", "summary": "O municipio foi epicentro nos últimos días dunha serie de tremores de magnitudes entre 1,6 e 3.", "text": "Unha sucesión de pequenos movementos sísmicos con epicentro no municipio pontevedrés de Covelo sacode a zona desde hai varios días, con intensidades entre 1,6 e 3 segundo a escala Richter, malia que non se rexistraron danos, segundo confirmaron fontes municipais. Os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) recollen que o primeiro dos tremores foi percibido o pasado domingo, contra as 15.30 horas, e a magnitude foi de 2,3. Na segunda feira rexistrouse outro tremor, pasadas as 21 horas, de magnitude 2. E na madrugada e a mañá desta terza tamén se detectaron varios movementos sísmicos. Na madrugada desta terza feira producíronse varios terremotos de baixa magnitude Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro deles tivo lugar á 1 da madrugada e alcanzou a magnitude 2,3. Durante toda a madrugada producíronse pequenos terremotos, de magnitude inferior a 2, mais ás 8.33 horas desta mañá tivo lugar un tremor de intensidade 3. Este sismo notouse en Covelo, As Neves, Mondariz e Ponteareas e, poucos minutos despois de que se producise, rexistrouse unha réplica de menor intensidade (2,4)."}
{"ID": "NOS_50723", "summary": "Resulta difícil de comprender como é posíbel que, para practicar o atletismo, as deportistas dunha cidade como Vigo teñan que ir adestrar a Ourense ou mesmo ao norte de Portugal, pero ese escenario é absolutamente cotiá para un bo número de atletas a causa do abandono que padecen desde hai anos as pistas de Balaídos.", "text": "A acción do tempo é un axente inconmensurábel que nos afecta a todos e a todas. Que llo pregunten senón ao austríaco Arnold Schwarzenegger, que a día de hoxe é un ancián de 73 anos, pero que en 1982 lucía en Conan o bárbaro un dos físicos máis impresionantes que endexamais se viu na historia do cinema. Unha cousa parecida pasa coas pistas de atletismo de Balaídos, inauguradas pouco antes de que as aventuras do universal cimmerio chegasen á gran pantalla, pois se ben daquela eran \"boas\" -como recorda Xabier Alonso Pérez, que foi atleta e concelleiro de Deportes polo BNG en Vigo entre 2007 e 2011-, hoxe atópanse nunha situación \"indigna\". E cunha infraestrutura non tería por que ser así, pois a diferenza do que acontece co corpo humano -que está abocado a volver á terra da que procede por moitos bifidus activos que se consuman ou cirurxías á que se someta para tratar de evitar o inevitábel-, tan só son necesarios interese e un axeitado mantemento que eviten a súa degradación. Algo que, como resulta, evidente en Balaídos, parece demasiado pedir. Por suposto, as vítimas son as e os centos de deportistas que practican o atletismo na cidade olívica, unha das que máis olímpicos deu a nivel europeo, con nomes da relevancia do maratoniano Carlos Pérez, Julia Vaquero, Estela Estévez, Álvarez Salgado, Alejandro Gómez, Gayoso Rivas... Todas elas, e moitas máis, locen desde hai máis de dez anos na porta dunhas instalacións que permanecen ancoradas no tempo mentres son suxeito de enfrontamento entre Xunta e Concello de Vigo desde o regreso do Partido Popular a San Caetano no ano 2009, cando decide rexeitar un convenio asinado polo Bipartito para levar a cabo unha reforma integral. A loita dun atleta David Gómez Martínez é un decatoliano vigués que chegou a participar nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Beijing 2008. Desde a súa retirada dedícase a adestrar deportistas, e nos últimos tempos tornou nunha das caras visíbeis da loita por conseguir unhas instalacións dignas, o que o levou a abandonar o Celta a finais de novembro pasado porque as súas críticas ao Goberno municipal \"repercutían negativamente no clube\". Segundo explica, o día a día de Balaídos \"non parou de empeorar\" desde que no ano 2015 a Federación Galega de Atletismo lle entregara as chaves ao Concello. \"Se antes estabamos mal, desde aquela todo foi a peor, porque foron moito máis restritivos con respecto aos horarios e o mantemento volveuse moito máis deficiente\", engade. Gómez confesa \"non entender\" a razón do maltrato ao atletismo en Vigo, e afirma sentirse \"no medio dunha batalla Concello-Xunta na que as pistas son empregadas como arma\". Sobre este asunto, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recoñece en exclusiva para Nós Diario que as pistas \"non están como deben\", e di que desde o seu departamento \"podemos facer e faremos\" por amañar un asunto do que responsabiliza a Abel Caballero. \"Escribinlle varias cartas ao alcalde para buscar solucións e non houbo resposta\", apostila. O inferno de adestrar ao aire libre nunha cidade na que chove 165 días ao ano En Vigo chove. E moito. Iso significa que, ante a ausencia de instalacións baixo teito para practicar o atletismo na cidade olívica, ás deportistas non lles queda outra que mollarse. Amais, o lamentábel estado das pistas de Balaídos producen frecuentes inundacións que en non poucas ocasións impiden a práctica deportiva. Iso está a provocar un éxodo de atletas desde a cidade olívica até o norte de Portugal e a cidade de Ourense, que a falta dunha conta con dúas instalacións, unha delas -Expourense- recoñecida como a mellor do Estado. Mais o peor non é iso, senón algunhas situacións que mesmo poden pór en risco vidas humanas, como revela David Gómez, que explica que \"o desfibrilador chegou a estar baixo chave e tivemos que ameazar con denunciar por se pasaba algo\"."}
{"ID": "PRAZA_14840", "summary": "A plataforma de comercio electrónico xa obtivo o pasado ano o galardón de EGANET ao mellor proxecto de negocio online", "text": "Tes plan para hoxe? Así se presenta Buydeal.es, unha plataforma de comercio electrónico baseada en ofertas e cupóns e centrada no entretemento e o ocio. Naceu hai exactamente un ano co obxectivo de achegar pontes entre o comercio galego e os consumidores, e seguindo o exitoso exemplo de Groupon, que nos últimos anos revolucionou a forma de consumir produtos e servizos. Naceu hai exactamente un ano co obxectivo de achegar pontes entre o comercio galego e os consumidores, e seguindo o exitoso exemplo de Groupon, que nos últimos anos revolucionou a forma de consumir produtos e servizos Este espazo virtual dirixido a recoller \"as mellores ofertas locais de lecer, de aventura e de restauración\" xa obtivo o pasado ano o galardón de EGANET ao mellor proxecto de negocio online. E agora vén se obter un novo recoñecemento, desta volta nos premios INNOVA-G, que este venres entregou a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) na categoría de mellor desenvolvemento 2.0. O funcionamento de buydeal.es é moi sinxelo. A páxina ofrece ofertas de ocio -con descontos de máis do 50%- de toda Galicia (e algunhas do norte de Portugal), aínda que se centra sobre todo nas cidades da Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra. Os clientes poden consultar todas estas suxestións na propia web ou recibilas por correo electrónico. As ofertas só se poden adquirir durante un número determinado de días e teñen unha cantidade igualmente limeitada. Unha vez adquiridos estes descontos, poden usarse ou regalarse dentro dun prazo determinado: ao redor de tres meses como máximo. Groupon, o seu irmán máis vello, naceu en 2008 e conta con 35 millóns de usuarios rexistrados 7000 traballadores e ten uns ingresos anuais de máis de 760 millóns de dólares. Outros premios AGESTIC Os premios da AGESTIC entregáronse o venres en Compostela, e manteñen a súa tendencia de crecemento, como se demostra no incremento de aspirantes aos galardóns, un total de 71 en cinco categorias Os premios da AGESTIC entregáronse o venres en Compostela, e manteñen a súa tendencia de crecemento, como se demostra no incremento de aspirantes aos galardóns, un total de 71 en cinco categorias. Saborplace.com e a súa plataforma de venda en liña de produtos ecolóxicos e artesanais foron recoñecidas como a mellor start-up galega. O recoñecemento á mellora emprendedora TIC galega foi para Rosa Conde Suárez da empresa Entremetidos, unha consultoría de marketing en liña e comunicación interactiva. Como mellor aplicación para dispositivos móbiles premiouse a PicSound de Evelb Técnicas y Sistemas. Trátase dunha aplicación para iPhone e iPod Touch que permite usar a cámara do dispositivo móbil sen tocar a súa pantalla, empregando como disparador o son. Tamén se premiou a empresa viguesa Desoños pola súa páxina web Delagro, que lles deu visibilidade a máis de 40 cooperativas agrarias de Galicia, Asturias e Cantabria, con máis de 17.000 asociados. Tamén houbo mencións de honra para o evento de networking LaconNetwork, o programa Banda Ancha da Radio Galega e tamén á Deputación de Pontevedra."}
{"ID": "NOS_32706", "summary": "O Xuvenil branquiazul avanza grazas a contar con un colchón de 5-1 do partido de ida.", "text": "No día en que o Real Club Deportivo festexaba a efeméride do seu 115 aniversario os rapaces do xuvenil 'A' do conxunto herculino homenaxearon do mellor modo posíbel a máis que centenaria historia branquiazul: conseguindo o pase á seguinte rolda da Youth League, a Liga de Campións da súa categoría. E fixérono, como non podía ser doutro modo tratándose do Dépor, sufrindo, característica intrínseca á entidade. Porque, a pesar de contar cun comodísimo colchón de catro goles de vantaxe obtidos no partido de ida en Riazor, que finalizou cun 5-1 favorábel á escuadra galega, os israelitas do Maccabi Haifa non quedaron moi lonxe de asinar unha remontada digna de ser inscrita nos libros de récords, pois impuxéronse no partido de volta, disputado onte, por tres goles a cero. Curiosamente, toda esta perigosa situación para os intereses deportivistas produciuse durante a segunda metade, pois nos primeiros 45 minutos o equipo local non só non foi quen de anotar ningún gol, senón que o Deportivo foi o dominador durante a meirande parte do período. Porque, e a pesar de estar obrigado a atacar, o preparador israelita, Alon Harazi, optou para sorpresa xeral por unha táctica conservadora, un 5-3-2. No bando contrario, o preparador do Xuvenil branquiazul, Manuel Pablo, decidiu ser fiel ás súas ideas, formando de inicio cunha variante do 4-2-3-1 que coñece ben da súa etapa como xogador, pois era a empregada por Javier Irureta nos tempos dourados do Súper Dépor. Moi superiores, os xogadores do Dépor controlaron o balón e mesmo tiveron oportunidades claras para estrear o marcador. Polo contrario, o Maccabi Haifa, a pesar de contar co apoio da súa afección, non foi quen de disparar a porta nin unha soa vez. Quizais confiados polo visto no primeiro tempo, o Dépor viuse sorprendido no inicio da segunda por uns israelitas revolucionados táctica e animicamente que anotaron o 1-0 (Laish) xa no 49 e o segundo (Elmichly) dez minutos despois. Con todo, o medo non chegaría até que Razon marcou o terceiro no 82. Afortunadamente, foron capaces de resistir e xa agardan rival na seguinte rolda, que se disputará o 8 de febreiro do vindeiro ano 2022 e que será un dos seguintes equipos: Inter de Milán, Chelsea, Bruxas, Borussia Dortmund e Dinamo de Kiev."}
{"ID": "PRAZA_15604", "summary": "Galicia imponse por 3-2 a Curdistán no partido organizado por Siareiros Galegos para reivindicar a oficialidade dos combinados deportivos do país. Galería de imaxes no interior", "text": "O resultado apenas importou. Foi un 3-2 pero puido ser calquera outro. As persoas que se xuntaron este sábado no campo pontevedrés da Xunqueira ían reivindicar o seu desexo de ver unha selección galega oficial sobre os terreos de xogo, xa sexa gañando ou perdendo. Quen logrou un ano máis que esa reivindicación se convertese nun partido de fútbol foi o colectivo Siareiros Galegos, desta volta coa selección de Curdistán como convidada. Unha manifestación previa polas rúas da cidade serviu de anticipo ao que despois se ía reivindicar no campo, tanto dende o terreo de xogo como dende a bancada. \"Unha nación, unha selección\" foi un dos berros máis coreados na Xunqueira, que celebrou os goles de ambos equipos. GZ Vídeos recolleu graficamente o acontecido, velaquí unha escolma desas imaxes."}
{"ID": "NOS_53853", "summary": "A ministra de Igualdade, Irene Montero, compareceu ante a prensa após o Consello de Ministras para informar da aprobación da Lei Trans e debullar algúns dos contidos que regula, logo de meses de \"difícil\" negociación entre os partidos do Goberno de coalición.", "text": "A aprobación da Lei Trans, no Consello de Ministras de onte, é para ministra de Igualdade, Irene Montero, unha \"mostra\" da \"fortaleza\" do Goberno de coalición PSOE-Podemos e de que cando \"hai que negociar\" e se producen \"debates profundos\" que duran \"meses\", os socios son capaces de \"dialogar\" e \"cumprir\" co pacto de coalición. Para Montero, que asegurou que a terza feira foi \"un día histórico\", compareceu en roda de prensa despois do consello, xunto ao seu homólogo de Xusticia, Juan Carlos Campo, e explicou o contido da norma que recolle os dereitos específicos das persoas trans, e tamén medidas para garantir os do colectivo LGTBI, así como a súa non discriminación. A titular de Igualdade quixo destacar que a norma recolle a \"libre determinación\" das persoas trans cun sistema de dupla comparecencia, \"sen testemuñas\", nin \"probas\"; así como a súa despatoloxización. Ambas as medidas, sinalan, reclamábaas o colectivo e tamén os principais organismos internacionais para \"garantir os dereitos humanos\". O texto inclúe \"unha batería importante\" en materia de dereitos LGTBI, lexisla \"por primeira vez\" os dereitos das persoas intersexuais, permite a filiación a parellas de lesbianas ou bisexuais sen casar, o acceso á reprodución asistida a lesbianas e persoas trans con posibilidades de xestar e recolle sancións fronte ás discriminacións a persoas do colectivo, entre outras medidas, apuntou a ministra. Irene Montero sinalou que se trata dun \"bo texto lexislativo\" e considera que sitúa a España \"á vangarda\" europea en materia de dereitos das persoas LGTBI, mais tamén recoñeceu que se trata dunha norma \"mellorábel, como toda lei\" e, neste sentido, referiuse ao recoñecemento das persoas non binaries ou ás garantías de dereitos para as persoas trans migrantes. A titular de Igualdade ve posíbel mellorar a norma durante o trámite parlamentario no Congreso e no Senado e, indicou que os grupos terán o \"apoio\" do Goberno en todo o proceso. Tamén lles lembrou ás formacións das cámaras a \"urxencia\" que supón pór en marcha esta lei, tendo en conta a \"realidade\" das persoas trans. A \"longa\" negociación O cambio de posición dos socialistas ante esta lei, especialmente o da vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, crítica coa autodeterminación de xénero, foi unha das principais cuestións que se lle trasladaron a Montero na roda de prensa. Sobre isto, a titular de Igualdade referiu que a negociación foi \"longa e difícil\", pero afirmou que nos encontros houbo \"moitos máis momentos de acordo\" que permitiron chegar até a aprobación final dun texto \"que cumpre cos estándares internacionais\". \"Creo que é evidente que foi longa e difícil, pero tamén que deu os seus froitos e por iso digo que demostra a fortaleza do Goberno\", declarou, para indicar que as posíbeis diferencias que había non \"impediron traballar\" na lei. Arredor da oposición que amosou unha parte do movemento feminista cara a esta lei, a ministra sinalou que, \"sempre\" que se aproban leis \"deste calado\", como \"o aborto ou o matrimonio igualitario\" sempre se xera \"debate social\" e incluso \"oposición\", pero, ao seu xuízo, \"anos despois ninguén se recoñece en oposición\" aos textos porque son medidas que serven para \"mellorar a sociedade\" e a \"vida das persoas\"."}
{"ID": "NOS_35321", "summary": "Andrés Castro asina unha nova crítica co gallo da estrea de Os fenómenos, o novo filme de Alfonso Zarauza. Despois do grande suceso de A Esmorga, unha nova baza para o cinema galego.", "text": "OS FENÓMENOS Ano: 2014 Duración: 103 min. Nacionalidade: Galiza Director: Alfonso Zarauza Guión: Jaione Camborda e Alfonso Zarauza Fotografía: Alberto Díaz 'Bertitxi' Música: Piti Sanz Elenco: Lola Dueñas, Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, Ledicia Sola, Xosé Antonio Touriñán, Antonio Durán 'Morris', Federico Pérez Rey, Marcos Javier Fernández Eimil, Farruco Castromán, Xúlio Abonjo, Alfonso Agra, Gonzalo Uriarte SINOPSENeneta (Lola Dueñas) vive sen responsabilidades e sen plans nun trailer na costa de Almería. Cando o seu compañeiro Lobo (Luís Tosar), desaparece sen explicacións, ela decide volver para a súa terra natal, Galiza. Neneta ten grandes dificultades en achar un emprego, até que consegue un como operaria de construción. CRÍTICA O cinema feito en Galiza segue de parabéns. Vexamos: 1. A impresionante, e histórica, estrea de A Esmorga de Ignacio Vilar, a mellor do ano de todas as películas con menos de 100 copias 2. O éxito alá por onde vai de As Altas Presións de Ángel Santos, unha das películas de vangarda do Novo Cinema Galego triunfando por cada Festival que pasa 3. A recente edición do Culturgal onde, aparte de ser o encontro de toda a cultura galega en todos os ámbitos, puidemos ver Encallados, outro dos traballos de Alfonso Zarauza, o documental de Lois Patiño Costa da Morte e traballos de xente que vén pisando forte dentro do panorama audiovisual galego como o documental Por que non cantades todas de Diana Toucedo ou as diferentes webseries feitas aquí 4. Coincidindo cos 25 anos da estrea de Sempre Xonxa, Urxa e Continental, que se conmemora nunha exposición no Gaiás que, á marxe das filias e fobias que pode producir o sitio, fai una excelente retrospectiva sobre todo o cinema feito en Galiza… pois ben, sumemos a este contexto a estrea de Os Fenómenos, a segunda longametraxe de Alfonso Zarauza tras A noite que deixou de chover en 2008, na que tamén aparecían Luís Tosar e Miguel de Lira. Tamén repite na música Piti Sanz que, xunto con Anxo Graña, constrúe unha banda sonora chea de detalles evocativos que non vou desvelar. Para gozar de principio a fin. De feito, se quedan até os créditos finais (sempre recomendo facelo) pódese escoitar cantar a Tosar debido, loxicamente, a relación musical que mantén con Piti Sanz no grupo Di Elas. Os Fenómenos é un canto á xente corrente e traballadora que, coma moitos de nós, non sabía de burbullas, de primas de risco, nin de poderes capitalistas Os Fenómenos fai alusión a unha cuadrilla de obra, formada por homes rudos e curtidos, á que se une Neneta (Lola Dueñas) unha muller que volve á terriña cun fillo recén nacido após de moitos anos emigrada vivindo nunha furgoneta xunto coa súa parella Lobo (Luís Tosar). Ao deixala este abandonada, Neneta terá que traballar, si o si, para o sustento do seu fillo, así que pide traballo coma peón de obra. A trama sitúase na época de bonanza previa á crise e do estoupido da burbulla inmobiliaria, así que admiten a Neneta case sen chistar. O evidente receo inicial por meterse nun traballo 'propio de homes' dilúese cando ven que traballa como calquera e pronto pasa a ser 'un' máis da cuadrilla. Os Fenómenos é un canto á xente corrente e traballadora que, coma moitos de nós, non sabía de burbullas, de primas de risco, nin de poderes capitalistas, que se viu atrapada pola corrente do momento nunha situación que non pasará se non se produce outro estoupido maior que arranxe o desastre. Sen deixar estes apuntamentos de lado, a película non se decanta só pola denuncia ante o evidente, nin tampouco se limita a narrar o drama ou afondar no amargor da crise. Iso xa o sabemos. Sobresae un Xosé Antonio Touriñán no rol dun mozo que preferiu deixar os estudos pola paleta e o casco de obra ELENCO IMPRESIONANTE O guión de Jaione Camborda e Alfonso Zarauza prefire sazonar o conto con historias reais, retranca e bo humor. Con iso acadan que a mensaxe calle mesmo máis fondo que se optaran polo dramón-denuncia. Impresionante todo o elenco, sen excepción. Con todo, destaca Lola Dueñas, que volve a tirar da 'galeguidade' que xa demostrara en Mar Adentro, para meterse na pel dunha muller forte á par que vulnerable, que ten as cousas claras pero ao mesmo tempo déixase levar. Unha desas personaxes que comunican máis polo que calan que polo que din. Con respecto aos 'fenómenos', sobresae un Xosé Antonio Touriñán no rol dun mozo que preferiu deixar os estudos pola paleta e o casco de obra. Un alivio cómico con diálogos brillantes pero tamén cuns matices e capas que dan á personaxe unha profundidade dramática que dará moito que falar. Non menos destacable son a ambientación, vestiario, fotografía ou dirección… Enxérganse uns cantos premios á vista. Si, o cinema feito en Galiza está de parabéns. Continúa paseniño, pero sen pausa, pisando firme para que un día a estrea dunha película feita en Galiza non sexa noticia polo feito de seren unha rareza, senón noticia por seren algo normal dentro do panorama audiovisual internacional. A 25 anos do 'inicio' do cinema galego semella ser este o ano da consolidación. E o que vén o empurrón definitivo, porque os Goya falarán galego… Fixo."}
{"ID": "NOS_21672", "summary": "Os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan a 54 e a taxa de positividade cae a un 0,5%.", "text": "Galiza chega ao final do mes de setembro cos casos activos en descenso, que baixan até os 1.006, e menos novos contaxios, que caen aos 22 -supoñen 18 menos que a xornada anterior-, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden a 54 -tres menos-. Segundo os datos publicados pola Consellaría de Sanidade esta quinta feira con rexistros até as 18 horas da cuarta feira, mantéñense 15 persoas ingresadas en UCI e descenden a 39 as hospitalizadas noutras unidades de hospitalización -tres menos-, mentres que 952 pacientes atópanse en seguimento domiciliario. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Ourense e Pontevedra-O Salnés; aumenta lixeiramente nas da Coruña-Cee e Lugo; e mantense nas de Santiago-Barbanza e Vigo; mentres que a de Ferrol continúa como a única de Galiza sen pacientes ingresados por este coronavirus. Galicia chega ao final do mes de setembro con tendencia descendente en canto a casos activos de Covid-19, que se sitúan en 1.006, que representan 90 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (111) que contaxios (22). Así, Galiza rexistra presenta a cifra máis baixa de casos activos do que vai de ano, manténdose en niveis de agosto do ano pasado. As infeccións activas descenderon nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza (-23), seguida da de Ourense (-18), Vigo (-17), Lugo (-16), Santiago e Barbanza (-8), Pontevedra e O Salnés (-7) e Ferrol (-1). Por tanto, con máis casos activos continúa a área da Coruña e Cee, con 221; seguida da de Vigo, con 214; Lugo, con 190; Ourense, con 161; Santiago e Barbanza, con 122; Pontevedra e O Salnés, con 73, e a de Ferrol segue á cola, con 25. En canto aos novos contaxios de Covid-19 caeron aos 22 no conxunto do país, 18 menos que os 40 rexistrados a xornada anterior; despois dos 29 detectadosa terza feira e arrincar a semana con 33. Nas últimas 24 horas, foron confirmados 23 positivos con probas diagnósticas de infección activa -algúns poden corresponder a casos xa existentes-, 18 menos que o día anterior, dos cales sete corresponden á área de Vigo; cinco, á da Coruña e Cee; tres, á de Ourense; outro tres, á de Santiago e Barbanza; dous, á de Ferrol; dous, á de Lugo; e un, á de Pontevedra e O Salnés. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- caeu a un 0,52%o. Por iso, mantense por baixo do 5% que a OMS determina como limiar para considerar controlada a pandemia. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 2.637, despois de notificar esta cuarta feira a Consellaría de Sanidade un novo óbito."}
{"ID": "NOS_49234", "summary": "Mike Pence e Kamala Harris baixan o ton no único entre candidatos á Vicepresidencia. O presidente estadounidense dixo que non participará no cara a cara telemático.", "text": "A Comisión de Debates Presidenciais dos EUA anunciou hoxe que o segundo debate de cara ás presidenciais do 3 de novembro entre Donald Trump e Joe Biden, previsto para o 16 de outubro, se desenvolverá de forma telemática. O presidente estadounidense decidiu non participar no encontro a menos que o debate se realice de forma presencial. \"Non vou perder o tempo nun debate virtual\", dixo en declaracións a Fox. Ademais, sostivo que a idea de facer o debate online é unha estratexia para \"protexer\" a Biden. A dirección de campaña de Trump dixo que este dará un mitin que no canto de participar no cara a cara. Ademais dese en Miami (Florida), hai un terceiro e último programado para o día 22 en Nashville (Tennessee). Biden declarou hai días atrás que \"agarda\" debater con Trump nesas datas, mais tamén que se deben seguir \"protocolos moi estritos para non se contaxiar\". Tamén pediu que o debate non se desenvolva se o presidente ─xa na Casa Branca, mais aínda transmisor do coronavirus─ continúa contaxiado. Por outra banda, o único debate entre os candidatos á Vicepresidencia desenvolveuse na cuarta feira pola noite (madrugada de onte na Galiza). Mike Pence, do Partido Republicano, e Kamala Harris, do Partido Demócrata, víronse as caras en Salt Lake City (Utah). Tal e como se esperaba, o ton distou moito do marcado por Trump e Biden hai unha semana. Discursos civilizados, poucas interrupcións e mesmo algún que outro cumprido caracterizaron a cita. Nun intre da noite, Pence felicitou a Harris por facer historia ao se converter na primeira muller negra e a primeira asio-americana que concorre como cabeza de cartel á Casa Branca. O candidato conservador mediu en todo o momento as palabras. \"Pence tiña a presión de non aparecer como un abusón no seu enfrontamento con Harris, especialmente tendo en conta a pelexa da campaña de Trump por atraer o voto feminino\", sinalou USA Today. Precisamente, a correspondente política en Washington DC deste rotativo, Susan Page, foi a moderadora. \"Queremos un debate que sexa animado. Mais os estadounidenses tamén merecen unha discusión que sexa civilizada. Estes son tempos tumultuosos, mais podemos e teremos un intercambio respectuoso\", advertiu. No entanto, os tirapuxas entre os dous candidatos ─separados por pantallas metacrilato─ non faltaron. Harris, en concreto, chamou a atención a Pence polas continuas interrupcións. \"Sr. vicepresidente, estou a falar, estou a falar\", repetiu con contundencia nun momento dado do debate. Temas controvertidos Mais ambos os dous tentaron fuxir dos temas máis controvertidos. Pence, da epidemia da Covid, que puxo nos últimos días en corentena toda a cúpula da Casa Branca. \"O presidente Trump e mais eu confiamos en que o pobo estadounidense está a tomar as medidas que mellor considera para a súa saúde\", afirmou Pence, mentres que \"Joe Biden e Kamala Harris falan todo o tempo de ordes\", engadiu. E Harris, pola súa banda, eludiu responder se un Goberno de Biden ampliaría o número de membros do Tribunal Supremo co fin de diluír a actual maioría republicana tras o pasamento de Ruth Bader Ginsburg: \"O pobo estadounidense vai votar e debería ser súa a decisión de quen vai facer parte desta tan importante institución de forma vitalicia\". Sobre outros temas, como o aborto, Harris afirmou: \"Sempre pelexarei polo dereito dunha muller a decidir sobre o seu corpo\". \"Debería ser decisión dela e non de Trump e Pence\", engadiu. Acerca da violencia policial, Pence considerou un \"insulto\" á Policía as insinuacións sobre que o sistema xudicial estaba condicionado, ao que Harris ─ex fiscal xeral de California─ se arrepuxo dicindo que \"son a única sobre o escenario que persoalmente levou a xuízo casos que van desde agresións sexuais a crianzas a homicidios\". Por último, contra o final da noite, a moderadora levou o debate cara á lexitimidade dos comicios, posta en dúbida por Trump. Pence non abordou a cuestión directamente, mais expresou a súa confianza en que o país tería \"unhas eleccións libres e xustas\". \"A culpa é da China, lembren isto\", volve insistir o presidente Nunha gravación emitida nas últimas horas polas redes sociais, Trump manifestou que contraer a Covid foi unha especie de \"beizón\", xa que se someteu a unha terapia experimental que el considera unha \"cura\", e que agora agarda aplicar \"de balde\" a toda a cidadanía. Ademais, aproveitou para atacar de novo a China, que considera única responsábel da pandemia. \"A China vai pagar un alto prezo polo que lle fixo a este país, vai pagar un alto prezo polo que lle fixo a este mundo. A culpa é da China , lembren isto\", dixo."}
{"ID": "NOS_28875", "summary": "Entran nese nivel Lugo, Pontevedra, A Estrada e Oleiros. O número total de municipios ascende a 21.", "text": "O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse a 21, oito máis que onte, ao activarse o aviso en Lugo, Pontevedra, Poio, Tui, Salvaterra, A Estrada, Mesía e Oleiros. Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, continúan no nivel tres pola pandemia os concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Santiago, Arteixo, A Laracha, Narón, Culleredo, Ordes, Ames, Vilagarcía de Arousa e Cangas do Morrazo. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días, fóra de Lugo e Pontevedra. Estas dúas, ao ter máis de 50.000 habitantes, están en alerta vermella por sumar máis de 112 contaxios no caso da cidade da muralla, e máis de 96 na do Lérez. Mentres, en situación 2 -no nivel laranxa do mapa- sitúanse 15 municipios, catro menos que o martes. Trátase de Ferrol, A Coruña, Carballo, Teo, Vilanova de Arousa, Lalín, Marín, Vigo, Nigrán, Gondomar, Mos, O Porriño, Barbadás, Boborás e Monforte de Lemos. En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. Evolución Galiza rexistrou 441 novos contaxios en 24 horas, un aumento importante e que amosa como a Covid continúa a se estender. Son xa, segundo os datos facilitados pola Consellaría de Sanidade, 5.457 casos activos os que hai rexistrados na Galiza, 240 máis que na xornada de onte Hai 294 persoas hospitalizadas polo coronavirus. Delas, 38 están en unidade de coidados intensivos (UCI). A cifra de falecidos e falecidas sitúase en 836. As áreas sanitarias de Santiago e Vigo experimentan importantes aumentos, con 83 novos positivos máis cada unha, que sitúan o seu total de casos en 851 e 900."}
{"ID": "NOS_56256", "summary": "A oposición exixe demisións mentres que Feijóo asegura que \"por dous ou tres pacientes, non me parece lóxico relacionar esas denuncias coa austeridade\".", "text": "A denuncia presentada pola Fiscalía após investigar o caso de sete doentes de hepatite C que faleceron por non ter acceso ou facelo con demora ao tratamento será obxecto de debate no Pazo do Hórreo. Após exixir explicacións gobernamentais e mesmo demisións as forzas da oposición o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, solicitou comparecer en sesión plenaria de acordo co comunicado difundido pola propia Xunta esta terza feira (19 de abril). Feijóo: \"por dous ou tres pacientes [mortos], non me parece lóxico relacionar esas denuncias coa austeridade\" Así as cousas, o presidente da Xunta tivo que saír ao paso da información difundida na xornada de onte coincidindo cun almorzo informativo organizado por El Mundo en Madrid. Segundo recolle eldiario.es, Alberto Núñez Feijóo remarcou que \"a fiscalía ten dereito a investigar\" porén, tildou de \"disparate\" o escrito no que formula a súa denuncia. Segundo o mandatario galego \"por dous ou tres pacientes [mortos], non me parece lóxico relacionar esas denuncias coa austeridade\" como si fixo a Fiscalía que atribúe a \"criterios orzamentarios\" o feito de se teren rexeitado ou demorado a dispensación de tratamentos solicitados en reiteradas ocasións polos facultativos. Aliás, atribúe a responsabilidade aos \"médicos\" pois, dixo, \"son eles os que decidiron os tratamentos dos pacientes\". Rubial: \"Só 13 [pacientes] non cumprían os criterios e non puideron ser autorizados\" \"O 99% dos pacientes foron tratados\", insistiu, de igual maneira que unha das persoas imputadas, Félix Ruibal, na altura director de Asistencia Médica e actual xerente da EOXI de Vigo. En declaracións recollidas pola axencia de noticias Europa Press asegurou ter \"actuado correctamente\", quer na súa condición de xestor, quer na de médico, apuntou. \"Rotundamente nego que houbese outro criterio que non fose médico\", dixo embora non querer afondar nas razóns concretas ao asegurar non ter coñecemento directo do expediente remitido pola Fiscalía ao Xulgado de Instrución. \"Só 13 non cumprían os criterios e non puideron ser autorizados\", recuncou. Por parte da Consellaría de Sanidade e do Sergas \"síntome totalmente respaldado, agradézoo enormemente\". A respeito da demisión que exixen as forzas da oposición e a Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C, Rubial di que \"non pasa pola miña cabeza\" embora o cargo estexa \"a disposición en todo momento do que consideren a Consellaría e o Sergas\", acrecentou, pois trátase dun posto de libre designación."}
{"ID": "NOS_37057", "summary": "Anos de demora na reforma do campo de Eirís asinada con Estrella Galicia a cambio da destrución do terreo de xogo de A Grela II para que ampliasen a fábrica.", "text": "O 6 de marzo pasado, coincidindo co vixésimo aniversario do Centenariazo, o histórico xogador e adestrador do Deportivo, Arsenio Iglesias, recibía unha homenaxe no Pazo de María Pita por parte das autoridades e a sociedade civil coruñesa, durante a cal foi nomeado Fillo Adoptivo e se informou de que tanto unha rúa como as instalacións deportivas da Torre recibirán o seu nome no futuro. Non son os primeiros recoñecementos que recibe na súa terra o bruxo de Arteixo, pois xa contaba tamén cun campo de fútbol co seu nome na cidade herculina. Contaba. O Arsenio Iglesias, antes coñecido como A Grela II, era un coqueto terreo de xogo -de céspede artificial desde a reforma levada a cabo no ano 2008- que tiña unha bancada con capacidade para máis de 400 espectadores e estaba situado nas lindes entre o polígono industrial do que recibía o nome e o barrio de Vioño. Até que hai dous anos as escavadoras levárono por diante para que a cervexeira Estrella Galicia puidese ampliar as súas instalacións -coas que lindaba o campo de fútbol- en 12.000 metros cadrados. O conselleiro delegado de Hijos de Rivera SA, Ignacio Rivera, levaba anos insistindo na \"necesidade\" de que se lle vendese a parcela á súa empresa, o que lle permitiría ampliar a produción anual até os 400 millóns de litros de alcohol ao ano, para o que chegou a ameazar con trasladar a factoría a outro concello que lle permitise \"crecer\". Para levar a cabo esa operación urbanística foi necesario aprobar en pleno -en maio de 2017- unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co fin de que o terreo pasase a ser considerado de uso industrial-comercial, que á súa vez derivaba dun protocolo asinado entre o propio Concello da Coruña e Hijos de Rivera en marzo de 2015 e revisado en maio de 2016. A promesa dunha reforma que non chega O compromiso era claro: segundo o acordo definitivo, formalizado en abril de 2018, a cidade renunciaba a unhas instalacións modernas e funcionais que empregaban diariamente 400 nenos e nenas a cambio de 4,5 millóns de euros e o compromiso de Estrella Galicia de financiar a reforma do campo de Eirís, un terreo de xogo antediluviano a anos luz en todos os aspectos do destruído na Grela. Mais, transcorridos case dous anos, seguen sen dar comezo uns traballos de reforma que, sobre o papel, deberían estar rematados para o comezo da tempada 2018-19, hai ano e medio. Cuestionado polas razóns desa demora, o Concello da Coruña desbota as económicas, pois explica a Nós Diario que \"Hijos de Rivera entregou eses cartos no seu momento, e aínda que a anterior corporación municipal os gastou noutra cousa debido á paralización da licitación das obras polo achado de restos arqueolóxicos, os fondos están consignados nos orzamentos\". Na actualidade, o Concello sinala que o problema dos restos arqueolóxicos está solucionado, e que só falta o visto bo da Axencia Española de Seguridade Aerea (AESA) ás torres de iluminación que levará o campo, algo que agarda que suceda \"en mes e medio ou dous meses\" como máximo. \"Unha vez que teñamos a autorización por parte da AESA -conclúen- comezaremos o proceso de licitación, que levará uns tres meses, e darán inicio as obras de remodelación. Logo, se é posíbel, agardamos que estea todo listo durante o verán\"."}
{"ID": "NOS_50124", "summary": "O Salón Teatro de Compostela acollerá, desde esta quinta feira e até o 29 de maio, a coprodución do Centro Dramático Galego que homenaxea á acriz María Casares no centenario do seu nacemento.", "text": "A obra Continente María chega esta quinta feira ao Salón Teatro de Compostela onde realizará oito funcións até o 29 de maio. A peza teatral homenaxea á figura da actriz María Casares coincidindo co centenario do seu nacemento. Trátase dunha coprodución de Ainé Producións, o Concello da Coruña, A Quinta do Cuadrante e o Centro Dramático Galego, que parte dun traballo documental sobre a vida e figura da actriz. Un teatro para María Casares Escrita pola dramaturga uruguaia Marianella Morena e producida polo actor e humorista Xosé A. Touriñán, a obra está dirixida por Tito Asorey, protagonizada por Melania Cruz e conta coa música do pianista Vadim Yukhnevich. A peza mestura teatro, poesía, música en directo e traballo audiovisual para achegar a María Casares ao público de maneira artística. Esta obra é a quinta coprodución estreada polo Centro Dramático Galego no que vai de ano. Súmase así a Come and go, de Helena Salgueiro; O Péndulo, de Inversa Teatro; Rastros, de Condetrespés, e os novos volumes de Clásicas desfeitas, en coprodución coa Cidade da Cultura da Galiza e a cargo das compañías Galeatro e Moving Compass. As funcións no Salón Teatro terán lugar de quinta feira a sábado ás 20 horas, e os domingos, ás 18 horas. Unha peza que fala do presente Continente María estreouse o pasado 16 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Na presentación compostelá participou, entre outras e outros, o secretario xeral de Cultura da Xunta da Galiza, Anxo Lorenzo, que destacou que a iniciativa xorde da necesidade de \"divulgar a importancia desta figura desde o espazo escénico, o contexto no que ela se fixo universal\" polo que \"na programación da Xunta con motivo do centenario non podía faltar unha proposta creada no ámbito teatral\". As dúas patrias de María Casares Tito Asorey, polo seu lado, asegurou que \"non é só unha obra histórica ou biográfica, tamén é unha peza que nos fala desde e sobre o noso presente\", aludindo ao conflito na Ucraína. Sobre as táboas estarán a actriz Melania Cruz, quen sinte unha gran responsabilidade ao \"traer de volta a través do seu corpo a Casares\" e o músico bielorruso Vadim Yukhnevich, quen di \"viaxar aos seus adentros mediante esta obra e reflexionar con ela sobre o seu propio exilio\"."}
{"ID": "NOS_25254", "summary": "Os Comités denuncian que unha modificación introducida polo Ministerio nas bolsas Erasmus deixa sen axudas a aquel@s que non obtivesen bolsa xeral de estudos do MEC no curso pasado. Ademais, engaden, aqueles que si se beneficien das axudas recibirán unha cuantía insuficiente.", "text": "O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou, o pasado martes 29 de outubro a través do Boletín Oficial do Estado, unha modificación da súa achega económica ao estudantado no referente ás bolsas Erasmus para este curso 2013/2014. Unha modificación, denuncian desde Comités que supón \"deixar sen axudas ao estudantado que non obtivera a bolsa xeral de estudos do MEC o pasado curso 2012/2013\". Aliás, din desde esta organización estudantil, \"sen ser isto suficiente, aquel@s estudantes beneficiari@s (que si obtiveran bolsa no curso pasado) unicamente poderán obter como máximo 300 euros ao mes na súa estancia no estranxeiro\". \"Queren expulsar do ensino público universitario @s fill@s da clase traballadora\" Esta medida do Ministerio de Educación enmárcase, para os Comités, na liña impulsada polo goberno popular de que excluír \"@s fill@s da clase traballadora do ensino público universitario\". Eliminar do programa de bolsas Erasmus a tod@s aquel@s alumn@s que non sexan capaces de cumprir cos novos requisitos do decreto de bolsas e, manter unha contía irrisoria para o estudantado que si as manteña, \"deixará as prazas da Erasmus unicamente para aquelas persoas de rendas máis altas que poidan pagar a súa estadía nun país do estranxeiro\". 'Tirad@s no estranxeiro' Os Comités pregúntanse tamén que pasará co@s estudantes que actualmente se atopan con prazas Erasmus no estranxeiro e contaban con poder acceder a estas axudas. \"Estes novos requisitos nas bolsas Erasmus poden supor un problema tanto económico como académico n@s estudantes afectad@s\"."}
{"ID": "PRAZA_19111", "summary": "O presidente da Xunta reitera que o encarceramento dos ex-directivos e, nomeadamente, de Gayoso é \"dramático\": \"Parécello a calquera persoa que teña relación co seu avó ou co seu pai\"", "text": "Feijóo admite que impulsou a fusión das caixas tras saber que estaban próximas á quebra O encarceramento de cinco ex-directivos da desaparecida Novacaixagalicia polas indemnizacións millonarias que se adxudicaron pouco antes de que a entidade fose rescatada vén de devolver ao primeiro plano da actualidade o proceso económico e político que, entre 2009 e 2010, culminou coa fusión das antigas Caixanova e Caixa Galicia, xermolo do que a Xunta promocionou en innumerables ocasións como unha nova caixa \"solvente e galega\". O papel central do presidente da Xunta naqueles meses e episodios como o encargo, por un millón de euros, dun informe á consultora KMPG que, ao contrario do afirmado polo Goberno, nin era unha auditoría nin avalaba a fusión, regresa agora mentres o xefe do Executivo insta a centrar o foco en que el se opuxo ás indemnizacións. En todo caso, Feijóo asegura sentir absoluta tranquilidade polo seu papel naqueles acontecementos. Despois de ter que responder ante a prensa que cubría a Conferencia de Presidentes Autonómicos e contestar alí que vía \"dramática\" a entrada en prisión dos antigos señores das caixas este xoves o presidente volveu ser cuestionado ao respecto tras a xuntanza semanal do Consello. Como en Madrid, Feijóo subliña que lle \"parece dramático\" que \"unha persoa de 85 anos\", en referencia a Julio Fernández Gayoso, ex-copresidente de NCG e antigo presidente de Caixanova, \"estea na cadea\". \"Parécelle dramático a calquera persoa que teña relación co seu avó ou co seu pai, se ten esa idade\", afirma. O presidente da Xunta reitera que o encarceramento dos ex-directivos e, nomeadamente, de Gayoso é \"dramático\": \"Parécello a calquera persoa que teña relación co seu avó ou co seu pai\" Así e todo, Feijóo evidencia que \"como demócrata e presidente dun Goberno\" o que lle toca é \"respectar as decisións e a independencia xudicial\" nun asunto, o das indemnizacións, no que \"a nosa posición política é coñecida\" e está \"documentada\". Así, reitera, \"como presidente da Xunta opúxenme a esas indemnizacións e soliciteille ao gobernador do Banco de España por escrito que as deixase sen efecto\". \"E nunca tiven resposta\", agrega. Como nunha intervención televisiva menos de vinte e catro horas despois das detencións Feijóo detense no período en que a Xunta xa perdera todas as súas competencias sobre a entidade, despois da bancarización e intervención, e glosa doutro xeito o período previo á fusión, cando as caixas aínda eran tal e, polo tanto, o Goberno galego tiña marxe de manobra sobre elas. O impulso á fusión de Caixanova e Caixa Galicia \"é das cousas das que me sinto máis tranquilo\", di, reafirmándose nun \"comportamento\" cuxo resultado foi \"que 5.000 persoas teñan traballo nunha entidade domiciliada en Galicia\". \"Sempre queda o recurso de mentir\", pero \"a verdade é moi poderosa e non caduca\", di Feijóo A alternativa a promocionar esta operación era \"que Galicai non fose sede de ningunha entidade, que García Barbón en Vigo estivese pechado e que os Cantóns na Coruña estivesen pechados\". \"Iso -profunda- foi contra o que tiven que loitar contra políticos en Galicia e en Madrid\", pero \"ao final as cousas van encaixando\" e \"do mesmo xeito que me opuxen a esas indemnizacións\" que segundo a Audiencia Nacional foron \"delitivas\", agora \"me gustaría escoitar a moitos dos actores políticos da época\" para \"ver o que son capaces de dicir\". \"Sempre queda o recurso de mentir\" pero \"a verdade é moi poderosa e non caduca\", culmina a súa reflexión o presidente."}
{"ID": "QUEPASA_761", "summary": "Continuamos da man \"Asociación Parroquial de Berdoias\" e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe rematamos ca serie sobre as construcións de transformación de gran, coas Eiras.", "text": "MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DO GRAN (VII):UNHA PARROQUIA DE 35 EIRAS A piques de rematar o traballo de campo sobre o Patrimonio Material, recopiláronse en toda a parroquia un total de 35 EIRAS que, numericamente, por lugares, quedan como segue: Berdoias 8 eiras, Romar 5, Boallo 5, Grixoa 4, A Casanova 4, Pedra do Frade 3, Sta. Cristiña 3, O Rego dos Podres 2 e O Petón 1. Consérvanse dúas eiras terreas e veciñais (unha en Grixoa e outra na Casanova) pero a gran maioría das da parroquia son eiras empedradas e privadas, de formas: cuadrangulares, circulares, ou mixtas. Casi todas son de chans enlousados e mesmo en tres eiras, nun exemplo de adaptación ó medio, proveñen de terreos rochosos, aplanados in situ (a eira de Rúa na Casanova, a da Gaia na Pedra do Frade, e a do Varelo en Grixoa). Os bordos perimetrais de moitas das eiras son sólidos- con máis de 1 m de altura e máis de 0,50 m de ancho- e están compostos por valados de cachotería, completados con lousas en parte da súa cara interior, ou combinados, nalgúns casos, con tramos de antas chantadas no chan. Dentro das 35 eiras, aínda que hai unhas oito que están incompletas e mais tres moi modificadas, chama poderosamente a atención o máis que aceptable estado de conservación da maioría delas, que aínda seguen a ser protagonistas de espazos máxicos, singulares e únicos. Os parabéns ós veciños e veciñas da parroquia de Berdoias están máis que xustificados. Eira mixta da Vilara, en Sta Cristiña Eira circular da casa do Rego, no Rego dos Podre Eira circular do Vilar, en Grixoa. TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia."}
{"ID": "NOS_55542", "summary": "Secretario de Relacións Internacionais na Península da Executiva Nacional do BNG e candidato por esta formación nas locais de 2011 e 2015, Cela non optará á alcaldía de Compostela en 2019. Deixa o Pazo de Raxoi por razóns \"exclusivamente persoais\" e que non teñen nada a ver coa política.", "text": "Rubén Cela (Lugo, 1979) anunciou esta terza feira, en conferencia de imprensa, que non será o cartaz do BNG en 2019. \"Esta foi unha das decisións máis complicadas da miña vida\", dixo Cela visibelmente emocionado. \"A máis pensada e repensada. E responde exclusivamente a unha cuestión de tipo persoal e familiar que non vén a conto explicitar, pero que non ten nada que ver nen coa vida municipal nen coa política en xeral\", esclareceu. \"Son dos que penso, e os 7 anos que levo no concello así mo reafirman, que ser o portavoz dun grupo político na capital da Galiza exíxeche dun traballo, dunha disponibilidade e dun esforzo que eu non vou poder afrontar no futuro. E o que me parece o máis coherente, o máis honesto e o máis sensato -e mellor para o BNG e tamén para esta corporación- é dar paso a outras persoas\", acrecentou. Este é un bon momento para anunciar a súa decisión, asegurou Cela, porque \"o BNG en Santiago está nunha boa posición. Conseguimos nos últimos tempos reactivar tanto a nosa base militante como simpatizante, vólvese achegar xente ao Bloque -hai novas altas, hai persoas que voltan a ollar para nós- e temos un clima interno moi bon e con grande cohesión, o que nos vai permitir afrontar todo o proceso [de confección da candidatura para 2019] en pouco tempo e dun xeito moi positivo\". Cela mostrou a súa convicción de que o BNG vai dar artellado \"en moi pouquiño tempo\" unha candidatura moi \"potente\" para 2019. Potente \"tanto nos nomes das persoas que van ter que encarnar o proxecto do Bloque para os próximos anos como a nível de proxectos, propostas e ideas para facer de Santiago un concello mellor para vivir, para traballar e para desfrutar\". \"Voume deixar a pel nos 12 meses que faltan para continuar a manter unha boa oposición -fiscalizadora e crítica coas cousas que poda facer mal Compostela Aberta-\", avanzou. Unha oposición que, aliás, continuará a ser \"propositiva\", con independencia de que se vaian achegando as eleccións de 2019. \"Mantemos a man tendida para chegar a acordos e botar unha man naqueles asuntos que sexan bos para as veciñas e veciños de Santiago\", enfatizou. Na quenda de perguntas, os meios interesáronse polos prazos que manexa o BNG para a elección dunha nova candidatura. O proceso será rápido e a previsión é que se poda ter elixido a persoa que encabece a lista \"antes de que remate o mes\", dixo Cela. \"É Goretti Sanmartín [número 2 en 2015, actual vicepresidenta da Deputación da Coruña] a candidata mellor colocada'\", inquiriu unha xornalista. \"Sobre iso vou ser moi respeitoso. Teño a miña opinión clarísima ao respeito -así lla trasladei aos meus compañeiros e compañeiras-, mais imos iniciar un proceso de elección tasado e aquí vai haber un calendario e calquera persoa do BNG que queira se pode apresentar a encabezar a candidatura\". \"No BNG hai felizmente bastantes persoas con todos os atributos para ser candidata ou candidato. Eu, pola posición que teño neste momento, vou ser moi respeitoso co proceso e voume reservar a miña opinión persoal ao respeito\", concluíu."}
{"ID": "NOS_25808", "summary": "Unha universidade privada na Galiza? É moi probábel co proxecto universitario de Abanca no horizonte do curso 2021-2022. Porén, os estudos universitarios privados xa son unha realidade no país desde hai anos, agochados na oferta dos centros adscritos a algunha das tres universidades galegas e cuxos prezos chegan a cuadriplicar, por ano, o das titulacións en facultades públicas.", "text": "O secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, respondendo a unha pregunta da deputada do BNG Olalla Rodil, explicaba o 14 de decembro no Parlamento de Galiza os plans de creación dunha universidade privada na Galiza, promovida polo grupo financeiro Abanca. Sería a primeira universidade privada do país e, segundo o proxecto, buscaría especializarse no ámbito das ciencias sociais e estudos empresariais. Os prazos manexados apuntan a que podería iniciar a súa andaina no horizonte do curso 2021-2022. As reaccións non tardaron en chegar. O sindicato CIG-Ensino denunciaba que \"unha universidade privada sería nefasta para os intereses públicos, para o Sistema Universitario Galego e, evidentemente, para a poboación, xa que os servizos públicos son o único garante do acceso universal á educación superior do alumnado galego\". A idea é a mesma que ten Erguer, un dos sindicatos estudantís maioritarios da Galiza, que, en declaracións a Sermos Galiza, indica que este tipo de decisións semella intentar \"polarizar o acceso ao ensino de calidade impedindo que as clases populares poidan recibir unha formación que non as condene á precariedade\". En Marea afirma estar \"a expensas de saber que títulos vai impartir esta universidade\" para que \"non faga en ningún caso competencia desleal ás universidades\" e apunta que non debe recibir \"nin un só euro de diñeiro público\". En declaracións a este medio, o PSdeG advirte de que as informacións dadas até o momento son insuficientes, polo que se remite a analizar \"con todo detalle a solicitude\" e reitera \"o noso respaldo á universidade pública de calidade e ben financiada\". Desde o BNG amosan a súa preocupación, \"compartida pola comunidade universitaria\" dadas \"as distorsións que poida xerar\" a universidade privada \"no mapa de titulacións\" e dadas \"as repercusións dunha competencia desleal dunha entidade financeira\" fronte á \"carencia de recursos económicos e recortes\" aos que se enfronta a universidade pública. [A íntegra desta reportaxe aparece no Sermos329, disponíbel na nosa loxa ou nos pontos de venda habituais]"}
{"ID": "PRAZA_11846", "summary": "A Xunta pode chegar a gastar ata 1,2 millóns de euros nuns poucos meses en anuncios para pedir \"austeridade\" e un comportamento \"solidario\"", "text": "Un prezo estimado de 805.000 euros que, unha vez engadido o correspondente IVE, pode chegar aos 944.000. É o que a Consellería de Facenda prevé gastar para pedir, esencialmente, \"solidariedade\" aos galegos. Mentres, dende hai semanas, o Goberno galego se esforza en enviar globos sonda con posibles recortes no seu interior -previsiblemente se concretarán cando as primeiras contas de Rajoy sexan unha realidade-, a actual secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás, deixou iniciados os trámites para contratar unha campaña publicitaria coa que o Goberno galego reclamará \"solidariedade na contribución para o mantemento dos servizos públicos\" a través dos medios de comunicación. O pasado 31 de decembro, vinte e catro horas despois de que fose público o nomeamento de Currás no Goberno central, Facenda remitía ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) un anuncio previo para a contratación desta campaña, que foi publicado este xoves. Trátase dun aviso que as Administracións públicas remiten ao boletín comunitario cando prevén realizar contratacións por un montante máis ou menos importante, co obxectivo de que coñezan a súa intención as empresas que potencialmente poidan estar interesadas en toda a UE. Nese anuncio, a consellería que xestiona as contas galegas non está a obrigada a ofrecer grandes detalles, aínda que si avanza que o contrato consistirá nunha \"acción divulgativa contra a fraude fiscal e da solidariedade contributiva de todos os galegos\" mediante \"a inserción de anuncios publicitarios ou informativos de interese público\". Cando remate o procedemento de contratación -será iniciado a finais de marzo, segundo prevé o Goberno-, a Xunta levará gastado máis dun millón de euros nuns poucos meses en pedirlles aos galegos que sexan responsables cos cartos públicos. Non en van, esta nova campaña publicitaria engadirase á que a propia Consellería de Facenda difundiu durante o mes de decembro, mentres no Parlamento remataba a aprobación dos Orzamentos para 2012, baixo o lema Cada euro conta. Aquela acción propagandística, tal e como informara Tempos Dixital, tivo un impacto de 400.000 euros nas arcas públicas. Así, ante o novo gasto previsto, ambas campañas poderían chegar a sumar ata 1,2 millóns de euros. A Xunta gasta 400.000 euros en pedirlles \"austeridade\" aos galegos, en Tempos Dixital"}
{"ID": "PRAZA_339", "summary": "Os casos Nisman e Salazar, xunto coas respectivas crises socioeconómicas e as presións de diversos sectores dentro e fóra da Arxentina e Venezuela, son variables que anuncian e definen o momento mais crítico e incerto para o \"post-kirchnerismo\" e o \"post-chavismo\".", "text": "A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner (\"caso Nisman\") e de Nicolás Maduro (\"caso Leasmy Salazar\") calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en dous países, Arxentina e Venezuela, que afrontarán decisivas citas electorais ao longo de 2015. Neste sentido, o impacto político destes casos e, principalmente, a evolución das preferencias electorais de cara aos comicios pautados, definirán agudos retos para dúas vertentes políticas, o \"post-kirchnerismo\" e o \"post-chavismo\", que pretenden conservar as súas respectivas hexemonías, contrarrestadas por contextos condicionados pola crise socioeconómica, a credibilidade internacional e as presións políticas internas e externas. Cuestión de coincidencia? A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner e de Nicolás Maduro calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en Arxentina e Venezuela Cómpre por tanto explicar, dun xeito sucinto e preliminar, en que se basean ambos casos e cal é a súa magnitude. O primeiro identifica ao fiscal arxentino Alberto Nisman, cuxa misteriosa morte acaecida o pasado 18 de xaneiro causou unha enorme conmoción nacional. Desde 2006, Nisman investigaba unha aparente conexión entre Irán e a presidencia de Néstor Kirchner e da súa sucesora Cristina Fernández, presuntamente orientada a obstaculizar as investigacións xudiciais sobre os responsables do atentado terrorista cometido contra a Asociación Mutua Israelita en 1994, a cambio de presuntas vantaxes no subministro petroleiro iraniano. Desde 2006, Nisman investigaba unha aparente conexión entre Irán e a presidencia de Néstor Kirchner e da súa sucesora Cristina Fernández A autoría intelectual deste atentado foi atribuída a Teherán, toda vez a operatividade do mesmo foi presuntamente realizada polo movemento islamita libanés Hizbulá, considerado por EUA e Israel como un grupo terrorista. Trala morte de Nisman, as investigacións actualmente en curso focalízanse en dirimir se o desaparecido fiscal cometeu suicidio ou, polo contrario, foi vítima dun asasinato, toda vez a tensión política aumenta ante as revelacións sobre unha aparente decisión de Nisman de solicitar o xuízo contra Cristina Fernández por presunto \"encubrimento de terroristas\". O segundo caso involucra, así mesmo, ao círculo de poder establecido en Venezuela trala morte do presidente Hugo Chávez desde 2013. A deserción a EUA acaecida a finais de xaneiro por parte de Leasmy Salazar, quen durante anos foi escolta persoal de Chávez e do actual vicepresidente e presidente da Asemblea Nacional, Diosdado Cabello, deu paso a unha serie de revelacións ante a DEA e as autoridades antidrogas estadounidenses, sobre a eventual existencia dun cartel de narcotráfico (de nome \"O Cartel dos Soles\"), dentro da cúpula do poder político e militar, presuntamente dirixido por Diosdado. Salazar igualmente identificou ante as autoridades estadounidenses a presunta existencia dunha rede de conexión financeira do goberno venezolano co Hizbulá libanés Ademais de revelar presuntos casos de corrupción desde comezos de 2013, así como detalles aparentemente descoñecidos sobre a morte de Chávez, Salazar igualmente identificou ante as autoridades estadounidenses a presunta existencia dunha rede de conexión financeira do goberno venezolano co Hizbulá libanés. Por tanto, os casos Nisman e Salazar interpretarían unha presunta conexión na que igualmente se traza unha liña de acusación cara Irán e o Hizbulá libanés. Crises ante contextos electorais Con todo, estas denuncias e investigacións sobre confusos escándalos políticos que apuntan directamente aos gobernos de Cristina K e Maduro ocorren baixo un difícil contexto de crise socioeconómica que, igualmente, condicionan as posibilidades electorais do \"post-kirchnerismo\" e do \"post-chavismo\" de cara próximos comicios a celebrarse a curto prazo. Estas denuncias e investigacións condicionan as posibilidades electorais do \"post-kirchnerismo\" e do \"post-chavismo\" de cara próximos comicios a celebrarse a curto prazo Estes comicios son as presidenciais arxentinas pautadas para outubro próximo e as parlamentarias venezolanas, que deberán celebrarse durante o segundo semestre de 2015, con data aínda por definir. Ambos contextos compleméntanse cos problemas de financiamento existentes en dúas economías con dificultades de liquidez financeira, mais palpable no caso venezolano. Durante o 2015, o goberno de Cristina K deberá acometer unha nova e difícil rolda de negociación sobre os prazos de pago da súa débeda pública cos acredores internacionais (oficial e coloquialmente denominados \"fondos voitres\"), cuxas expectativas moi probablemente influirán no contexto electoral presidencial. Neste sentido, está por ver en qué medida un \"post-kirchnerismo\" aínda sen candidato electoral pode garantir unha nova reelección, toda vez observa o avance doutras alternativas, en particular como a Fronte Renovador de Sergio Massa, xurdida das filas \"kirchneristas\". Como medida de auxilio financeiro, Bos Aires e Caracas buscaron en China ao socio económico estratéxico Como medida de auxilio financeiro, Bos Aires e Caracas buscaron en China ao socio económico estratéxico. A comezos de xaneiro, Maduro visitou China dentro dunha ampla xira internacional que levouno por Rusia e algúns países árabes. En Pequín, o mandatario venezolano recibiu a promesa dun novo empréstito chinés, valorado en US$ 20.000 millóns, destinado a reflotar unha economía lastrada pola falta de liquidez financeira, agravada pola caída dos prezos do petróleo e pola escaseza de produtos de primeira necesidade. Pola súa banda, a comezos de febreiro, Cristina K realizou unha visita a Pequín, subscribindo mais de vinte acordos bilaterais co goberno chinés, principalmente en materia de infraestrutura hidroeléctrica e de convenios comerciais. Co caso Nisman ocupando o centro neurálxico de atención para un goberno de Cristina K que tenta consolidar a súa credibilidade internacional e as expectativas electorais do \"post-kirchnerismo\", o contexto venezolano loce visiblemente mais contrariado. As presións, internas e externas, que intensifican a confusión sobre a consistencia do goberno de Maduro (e que incluso non desestiman a posibilidade dun derrocamento do mesmo vía golpe militar) veranse cada vez mais alentadas As presións, internas e externas, que intensifican a confusión sobre a consistencia do goberno de Maduro (e que incluso non desestiman a posibilidade dun derrocamento do mesmo vía golpe militar) veranse cada vez mais alentadas e contrarrestadas polos efectos que poden causar as revelacións dende Washington ofrecidas polo \"caso Salazar\". Todo isto baixo un contexto diplomático hemisférico orientado a fortalecer o éxito das misións exteriores (vía UNASUR) que actualmente se focalizan en unha solución á crise política venezolana. Paralelamente, un sector radical da oposición venezolana (\"La Salida\"), con cada vez maior presenza internacional, está intensificando unha ofensiva diplomática en Europa, EUA e América Latina no cometido de desacreditar ao goberno de Maduro ante os síntomas de deterioro democrático, institucional e socioeconómico, así como da erosión das liberdades políticas, particularmente tomando en conta os casos dos denominados \"presos políticos\", entre os que destaca o do ex alcalde Leopoldo López, preso en febreiro de 2014. Aumentan as suspicacias e unha forte matriz de opinión, dentro e fóra de Venezuela, sobre as presuntas conexións do \"chavismo\" cos novos movementos de esquerda en Europa, principalmente PODEMOS en España e Syriza en Grecia Igualmente, aumentan as suspicacias e unha forte matriz de opinión, dentro e fóra de Venezuela, sobre as presuntas conexións do \"chavismo\" cos novos movementos de esquerda en Europa, principalmente PODEMOS en España e Syriza en Grecia, e que se afianzan ante as respectivas felicitacións e declaracións de apoio por parte dos gobernos de Venezuela e Arxentina, tralo triunfo de Alexis Tsipras en Grecia e o avance na preferencia de voto da formación liderada por Pablo Iglesias dentro do concerto político español. Cando Washington sanciona Finalmente, e dentro dunha perspectiva colateral, o \"post-kirchnerismo\" e o \"post-chavismo\" deberán igualmente medir o impacto que terán os cambios na redefinición das relacións hemisféricas, particularmente ante as novas estratexias de Washington, na que destaca o impulso de sancións contra funcionarios venezolanos e arxentinos, toda vez a diplomacia de distensión cara Cuba pretendería crear un brete hemisférico de illamento cara o \"post-chavismo\" e o \"post-kirchnerismo\". Maduro ven denunciando desde comezos de febreiro unha presunta campaña de desestabilización orquestrada dende Washington para acabar co seu goberno, establecida a través da nova Estratexia de Seguridade Nacional 2015 Maduro ven denunciando desde comezos de febreiro unha presunta campaña de desestabilización orquestrada dende Washington para acabar co seu goberno, establecida a través da nova Estratexia de Seguridade Nacional 2015. Neste documento, Washington define a necesidade de acadar un \"urxente consenso\" hemisférico, vía UNASUR, CELAC e Carta Democrática Interamericana, para tentar \"frear o deterioro democrático en Venezuela\". Entre decembro de 2014 e comezos de febreiro de 2015, o goberno de Barack Obama, a través do Departamento de Estado, emitiu diversas sancións contra altos funcionarios venezolanos (entre os que destaca o propio Diosdado Cabello) por presuntos casos de corrupción, de empeoramento da vida socioeconómica dos seus cidadáns e de violacións de dereitos humanos durante os enfrontamentos acaecidos entre febreiro e abril de 2014. O goberno de Barack Obama, a través do Departamento de Estado, emitiu diversas sancións contra altos funcionarios venezolanos (entre os que destaca o propio Diosdado Cabello) por presuntos casos de corrupción Toda vez o goberno de Cristina Fernández solidarizouse co seu homólogo Maduro ante estas sancións, lexisladores estadounidenses comezaron a discutir informalmente sobre a posibilidade de elevar sancións contra funcionarios arxentinos, presuntamente implicados na morte do fiscal Nisman. En perspectiva, os casos Nisman e Salazar, xunto coas respectivas crises socioeconómicas e as presións de diversos sectores dentro e fóra da Arxentina e Venezuela, son variables que anuncian e definen o momento mais crítico e incerto para o \"post-kirchnerismo\" e o \"post-chavismo\"."}
{"ID": "PRAZA_3977", "summary": "A Consellería de Educación mantén as probas para docentes malia que advertira de que só seguirían se o estado de alarma non se prorrogaba máis aló do 11 de abril. O persoal opositor pide pór fin xa á \"incerteza\".", "text": "No último día do pasado mes de marzo, a Xunta advertía de que mantería as oposicións de profesorado previstas para o vindeiro 20 de xuño se o estado de alarma daquela vixente non se prorrogaba máis aló do 11 de abril. Prorrogado ata o 26 e á espera do trámite parlamentario para estendelo ao 9 de maio, a Administración mantense firme mantendo un proceso anulado xa na maioría das autonomías e malia a indignación, cada vez maior, dos aspirantes. A Xunta mantén as oposicións malia que advertira de que só seguirían se o estado de alarma non se prorrogaba máis aló do 11 de abrilNada mudou e nada se sabe novo desde que a conselleira de Educación, Carmen Pomar, informara por carta o 8 de abril de que \"aínda se está en prazo\" para levar a cabo as probas. A menos de dous meses de se celebraren, oposición e sindicatos esixen o aprazamento e a fin da \"incerteza\", uníndose a unha petición masiva dos opositores. Agardan unha resposta que Feijóo dixo que daría en maio pero que queren canto antes. A indignación amósase nas redes, a través de cancelos como #OPOñomeaestaOPO, de peticións para o \"aprazamento das oposicións para o vindeiro curso\" que suman 10.000 sinaturas e de manifestos do colectivo opositor que van recollendo apoios reclamando que \"as loitas e réditos electorais queden fóra\" e que prime \"a xente, a saúde e a dignidade\". \"Só queremos que Feijóo e Pomar escoiten as nosas inquedanzas e deixen de metir e xerar incerteza en todas as opositores e opositoras\", insisten. A indignación contra a \"incerteza\" e o clamor polo aprazamento das oposicións é masivo, uníndose á demanda da oposición e dos sindicatos educativos\"A celebración de oposicións en xuño deste ano supón un grave risco para a saúde de todos os participantes e das persoas da súa contorna\", explican desde este colectivo. A posición coincide coa dos principais sindicatos educativos. O maioritaro, CIG-Ensino, xa reclamou o adiamento das probas para o vindeiro ano e a \"a garantía do mantemento das condicións da oferta de 2020, a incorporación das prazas necesarias no 2021 e as máximas garantías sanitarias\". Desde a oposición, PSdeG, Galicia en Común e BNG coinciden en que as oposicións deben suspenderse ante a previsión de que as medidas para evitar que se propague o coronavirus seguirán vixentes a mediados de xuño, ademais de por todos os atrancos que as persoas opositoras pasan e pasarán no caso de manterse os exames. Unha enquisa impulsada pola UGT entre 7.700 opositores revela que máis do 92% rexeita realizar as probas en xuñoO clamor masivo contra a celebración das oposicións amósase tamén nunha enquisa lanzada por FeSP-UGT para afondar na opinión do colectivo opositor en Galicia. Con case 7.700 respostas admitidas, os datos do inquérito conclúen que máis do 92% dos participantes rexeita realizar as probas no mes de xuño.Entre os opositores, demasiadas preguntas sen resposta como a maneira na que se manterá a seguridade e equidade no proceso, como se impedirá que as persoas opositoras caian enfermas, se se permitirá a grupos de risco compartir aulas con outra xente nos exames, como se pensan evitar as aglomeracións ou que ocorrerá se unha persoa aspirante se ve obrigada a pasar a corentena. E advirten, ademais, que este tipo de probas adoitan celebrarse en colexios e institutos, en espazos pequenos e sen demasiado espazo para poder manter as medidas de seguridade necesarias. O vindeiro mércores, a conselleira de Educación comparecerá na Deputación Permanente do Parlamento, onde debera dar resposta a incerteza que denuncian milleiros de opositores e opositoras que lembran, nun comunicado, que levan \"meses de estudo e diñeiro investido\" e que non habería ninguén \"máis interesado\"ca eles en levar a cabo unhas oposicións que, no entanto, piden que sexan aprazadas axiña."}
{"ID": "NOS_27220", "summary": "A Consellaría de Sanidade recoñece que coa apertura das fronteiras internacionais \"xérase a necesidade de control dos accesos de cidadáns estranxeiros a territorio español\" perante os \"posíbeis riscos\".", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) activará a vindeira semana, co fin do estado de alarma xeral e perante a chegada de visitantes de fóra da Galiza, un número de teléfono para que as persoas que acudan desde outros lugares e presenten sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19 \"poidan contactar para iniciar unha consulta telefónica\". Así o explicaron fontes da Consellaría de Sanidade a Europa Press, que aseguraron que \"ante calquera sospeita de COVID\" a persona de fóra da Galiza afectada \"recibirá atención sanitaria nas mesmas condicións que calquera outro cidadán\". As mesmas fontes de Sanidade explicaron que a Xunta \"conta cun plan de control e vixilancia ante posibles rebrotes\" no que, con respecto á atención aos turistas que se despracen a Galiza, \"estabelécese xa, entre outros aspectos, o dispositivo que permitirá a atención de calquera sospeita de coronavirus\" en \"un modo semellante a como se faría con calquera cidadán con tarxeta sanitaria na Galiza\". Así mesmo, por parte de Sanidade sinalan que, \"coa apertura de fronteiras adiantada\" polo Goberno español á vindeira segunda feira (día 22 de xuño), \"xérase a necesidade de control dos accesos de cidadáns estranxeiros a territorio español\". A respecto diso, lembran que este control \"é competencia exclusiva do Estado, de acordo co previsto no artigo 149 da Constitución\". \"A sanidade exterior implica o control e vixilancia de todos os posíbeis riscos para a saúde derivados da importación e exportación de mercadorías\" e, tamén, \"o tráfico internacional de viaxeiros\", engaden. \"Por este motivo veuse solicitando en reiteradas ocasións ao Goberno estatal a necesidade de dispor dun plan para levar a cabo estas actuacións de control que corresponden á súa exclusiva competencia\", concluíron as mesmas fontes de Sanidade. Reactivación asistencial no Sergas O Sergas afronta a próxima chegada de visitantes foráneos á Galiza, após ser a primeira en acceder o pasado 15 de xuño á denominada \"nova normalidade\" no marco da crise sanitaria polo coronavirus, cos seus hospitais e centros de saúde na última etapa do plan de reactivación asistencial. En concreto, os centros de saúde avanzarán esta segunda feira á etapa 4 do plan de reactivación asistencial no marco do desconfinamento con motivo da crise sanitaria, polo que reactivarán os sistemas automáticos telefónicos de citación e retomarase a realización de actividades grupais. Así consta no documento do Sergas Plan de Reactivación Asistencial en Atención Primaria en relación coa infección polo virus SARS-CoV-2, recollido por Europa Press, no que se indica que, nas unidades de saúde bucodental, renovaranse as \"actividades odontológicas de risco alto\" de transmisión do virus, aquelas que xeren aerosois. Neste grupo, explica o Sergas no documento, están incluídas actividades diarias como odontosección, ostectomías, seladores, tartrectomías e obturacións, entre outras. No entanto, puntualízase no texto que nesta cuarta etapa \"non se incorporarán os pacientes maiores de 70 anos\". En canto á atención hospitalaria, os hospitais do Servizo Galego de Saúde comezaron onte a recuperar a cirurxía menor hospitalaria non oncolóxica ao avanzar á cuarta e última etapa do plan de reactivación asistencial, que remata o día 3 xullo. Nesta cuarta etapa do plan o Sergas indica que \"se consolida a recuperación da normalidade na actividade hospitalaria\", mais sinala que seguirán os circuítos diferenciados e as áreas COVID-19 \"en previsión de posibles brotes da enfermidade, dimensionando os mesmos en función da demanda asistencial\"."}
{"ID": "NOS_36517", "summary": "Os incidentes prolongáronse durante horas após unha manifestación de máis de 7.000 persoas neste barrio barcelonés en apoio a CSO Can Vies. Ducias de concentracións de solidariedade co centro decorreron en Catalunya nesta cuarta feira.", "text": "A terceira noite de altercados e incidentes no barrio barcelonés de Sants polo desaloxo e derrubo do Centro Social Okupado de Can Vies saldouse con 27 persoas detidas acusadas de desorde públicas, danos ou atentado a axente da autoridade. Esta cuarta feira volveu ser unha xornada de protesta e mobilización contra a decisión de derrubar un edificio no que desde hai 17 anos aniñaba \"un espazo de disidencia e contra-poder\". E tamén de experiencias comunitarias e veciñais desde, para e co barrio. Máis de 7.000 persoas manifestáronse en Sants contra o desaloxo. Boa parte delas chegadas en 'columnas' desde outros barrios de Barcelona para amosar o seu rexeitamento da decisión do Concello de acabar con case 2 décadas de Can Vies. Por toda Catalunya houbo concentracións de apoio a Can Vies, algunhas delas rematando tamén en incidentes (caso de Reus, Tarrassa, Lleida ou Tarragona), mais non coa intensidade dos de Sants. 200 antidisturbios españois para apoiar os Mossos En Sants houbo barricadas e enfrontamentos cos Mossos, alén de danos a entidades bancarias. Varios medios internacionais (como a cadea estadounidense NBC) recollían esta quinta feira imaxes e noticias dos disturbios. A Policía Nacional española xa anunciou que enviará 200 antidisturbios para apoiar á policía catalá. @s veciñ@s, segundo o relato de medios como La Directa, empregaron como banda sonora da protesta a Lluis Llach e 'L´Estaca' para alén de 'La Gallineta ha dit que no, visca la revolució' . O derrubo dun \"espazo de contrapoder\" Após sete anos de loita nos xulgados, @s ocupantes e o Ajuntament de Barcelona racharon as negociacións perante a negativa da administración local a retirar a petición de despexo que finalmente foi ratificada pola xustiza. Logo de 17 anos de ocupación e auto-xestión, o CSO Can Vies foi derrubado esta semana poñendo fin a un espazo que visaba desenvolver un outro modelo social. \"Temos claro que a decisión de tirar e desaloxar [o centro social] é puramente política e ten como obxectivo dinamitar un espazo de contrapoder completamente auto-xestionado e que fuxe da tutela institucional\", explicaron desde a Plataforma de apoio a Can Vies (que ten o apoio das CUP, ERC, ICV-EUiA e a Federación de asociacións veciñais de Barcelona). Neste senso, a resposta social foi contundente face o derrubamento."}
{"ID": "NOS_25491", "summary": "Rexeitan a \"intromisión\" de unidades do exército español en tarefas de protección civil e emerxencias.", "text": "\"Os bombeiros seremos sempre vosos, non somos soldados\". Así comeza a comunicado conxunto de bombeiros da Galiza, Euskal Herria e Catalunya de repulsa ante a intromisión de unidades do exército español en tarefas de Protección Civil e Emerxencias. Asinado por sindicatos como CIG e CUT (Galiza), os vascos LAB e ELA, os cataláns I-CSC, BxR, COS, ou CGT, estes profesionais mostran a súa \"condena máis forte contra a interferencia\" do exército español nestas tarefas e labores. Trátase, segundo indican, de \"intervencións cunha cantidade desproporcionada de persoal, vehículos e equipos, que obedecen máis a un impulso político que ás necesidades reais da cidadanía\". \"Intervencións cunha cantidade desproporcionada de persoal, vehículos e equipos, que obedecen máis a un impulso político que ás necesidades reais da cidadanía\" Na mesma liña, as e os bombeiros que asinaron o comunicado afirman que \"as imaxes de militares que realizan tarefas civís non teñen outra finalidade que xustificar as obscenas partidas económicas que o Estado español destina ao gasto militar e lavar a imaxe dun exército de dubidoso talante democrático\". \"Estivemos en primeira liña desde o principio\" Tamén lembran que eles e elas son \"parte do persoal que estivo na primeira liña desde o principio, que padecen unha falta de material que garantise a nosa propia saúde, sen poder acceder á análises de contaxio, con persoal reducido, dobres xornadas e quendas, e en definitiva, poñendo en risco a nosa propia saúde \". Critican as políticas de austeridade ditadas desde Bruxelas, \"ordenadas desde Madrid\" e executadas polo Goberno vasco, o goberno de Navarra, a Xunta, a Generalitat de Catalunya, a Generalitat Valenciana e o goberno das Illas Baleares, que segundo as e os bombeiros \"deixaron os nosos servizos baixo mínimos\". Recortar servizos públicos \"Os gobernos dos nosos países acordaron con Madrid non apostar por servizos públicos fortes e de calidade, o que supuxo unha precariedade das e dos traballadores e un debilitamento do sector público a favor do capital\", subliñan para denunciar o que consideran un situación precaria en saúde e emerxencias. \"O exército foi unha ferramenta de represión e control para oprimir a vontade das liberdades nacionais e dos dereitos sociais dos pobos vascos, galegos e cataláns e de toda a clase traballadora\", conclúen."}
{"ID": "NOS_961", "summary": "A Iniciativa Galega pola Memoria, que agrupa ás asociacións que traballan na recuperación da nosa historia, esixe ao Concello de Vigo que acate a sentenza xudicial e derrube a Cruz do Castro.", "text": "En xuntanza desenvolvida o 4 de outubro, as asociacións que traballan na recuperación da memoria histórica, agrupadas na Iniciativa Galega pola Memoria decidiron aprobar unha declaración que urxe ao Concello de Vigo o derrube da Cruz do Castro seguindo o que ditar a sentenza xudicial. \"Parécenos un paso atrás inaceptábel que se pretenda burlar a lexislación cunha interpretación interesada\", sinalan desde a IGM, que destacan o logro que supuxo o recoñecemento no ordenamento xurídico da ilegalidade de exaltar a ditadura franquista con monumentos ademais da propia sentenza xudicial que obrigaba á erradicación desta simboloxía. \"A chamada lei da memoria foi no seu momento contestada por insuficiente polas asociacións memorialísticas, mais actuacións como as promovidas polo alcalde de Vigo xa suporían no caso de prosperaren nos seus obxectivos, a derrogación de facto daqueles aspectos máis positivos como é o caso dos que teñen que ver coa limpeza deste tipo de emblemas\", denuncian. Informan tamén de que solicitarán unha xuntanza co Secretario Xeral do PSOE na Galiza ademais de dirixírense ao Secretario Xeral do PSOE no Estado para mostrarlle o descontento coa actitude do alcalde de Vigo, militante da súa organización. Rexeitan, máis unha vez que se queira facer un tratamento igualitario das \"vítimas e dos seus verdugos\" co fin de salvar o símbolo franquista. \"Reafirmamos a nosa posición de que non cabe outra solución que o acatamento da sentenza e o derrube da Cruz do Castro e eliminación da simboloxía anexa\", reclaman desde a IGM. 15-O O viendeiro 15 de outubro a cidade acollerá unha concentración diante do monumento convocada por forzas políticas, sindicatos e colectivos sociais para esixiren o derrube da Cruz e o acatamento da sentenza."}
{"ID": "NOS_32375", "summary": "Desde decembro de 2020 permanece sen actividade para investigar como se asignaron as indemnizacións millonarias aos directivos que gobernaran Caixa Galicia e Caixanova, a súa fusión e o proceso de bancarización.", "text": "A XI Lexislatura do Parlamento de Galiza arrincou o verán pasado no Pazo do Hórreo sen resolver un dos asuntos que, no seu día, levaron os ex directivos das caixas de aforro a comparecer na Cámara. Un ano despois da reactivación da comisión, o expediente mantense practicamente en branco e os grupos non pactaron nin o calendario de actuación. Xusto agora hai un ano que se rexistraron as primeiras iniciativas para a reactivación da comisión de investigación para pescudar como se asignaron as indemnizacións millonarias aos directivos que gobernaran as entidades así como o proceso de fusión de Caixa Galicia e Caixanova e a súa bancarización e conversión en Novagalicia Banco, a entidade que finalmente comprou o propietario venezolano de Banesco e que opera en Galiza baixo a marca Abanca. Tras pórse de acordo en fusionar as dúas peticións, de BNG primeiro (29 de setembro) e pouco despois a do PPdeG (9 de outubro), o 20 de outubro de 2020 o pleno da Cámara volveu aprobar, por unanimidade, a creación da comisión de investigación, mais até mes e medio despois non se reuniu por primeira vez para constituírse. Desde aquel 11 de decembro non houbo noticias. Concretamente, o acordo consistiu en crear unha comisión de investigación para \"analizar a evolución económico-financeira\" das antigas caixas de aforros e as \"causas e responsabilidades da súa transformación en bancos\", incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos co fin de terminar os traballos realizados na IX e X lexislaturas que, sen avances, seguen pendentes de conclusión. A comisión abriuse, así, por terceira vez nas últimas tres lexislaturas. O 11 de decembro, baixo a presidencia do xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, mantivo a súa primeira e única reunión, que serviu para constituírse e, entre outras cuestións, designar o popular José Manuel Rey Varela presidente deste órgano. O portavoz do PPdeG na Cámara, Pedro Puy, asegurou na altura que \"moitas comisións\" deste tipo \"non chegaron a resultados\", e que a prioridade dos populares era sacar adiante os orzamentos e as conclusións da comisión de reactivación económica, social e cultural. O BNG confiou en que o PP non metese \"no conxelador\" a comisión, mais nin nacionalistas nin socialistas introduciron ningunha petición formal para reunirse tampouco. Fusión e comisión de investigación As caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, fusionáronse no ano 2010 en NovaCaixaGalicia, mais esta entidade acabou nun proceso de bancarización que a transformou en Novagalicia Banco en 2012, para acabar vendida a venezolana Banesco en 2014, cun negocio que se desenvolve baixo a marca Abanca. En rigor, trátase do cuarto intento de investigación, posto que se hai que remontar ao verán de 2012. Cando xa se falaba das eleccións ao Parlamento, o pleno extraordinario do 2 de agosto aprobou a creación dunha comisión de investigación das caixas que non pasou de aí, xa que a Cámara se disolveu apenas unhas semanas despois para convocar os comicios. Na IX legislatura desenvolveuse o groso dos traballos mais acabou sen informe e na X só se chegou a constituír e non se avanzou tampouco no documento final."}
{"ID": "PRAZA_12192", "summary": "Nos seus tres anos de mandato, Núñez Feijóo está a realizar un labor teimudo para desmontar os servizos públicos. O seu plan de recortes aos funcionarios vai ser aprobado no Parlamento galego dentro de poucos días por vía de urxencia. Aquel mozo reivindicativo, que quería un posto de funcionario sen presentarse ás oposicións, agora está a facer unha campaña de descrédito dos funcionarios e adopta medidas que deixan aos empregados públicos nunha situación precaria como nunca tiveran nos últimos tempos.", "text": "O presidente da Xunta, demostrando o seu pouco aprecio pola función pública, está a adoptar medidas que perxudican de maneira severa aos seus traballadores: reduce de xeito brutal os dereitos laborais e precariza o emprego. Semella estar entregado a unha misión: o desmantelamento dos servizos públicos e o desprestixio dos seus traballadores. Non é doado conseguir un emprego público. É preciso estudar durante moito tempo temarios extensos e complexos, e hai que superar unhas oposicións esixentes, en competencia con milleiros de opositores. Debemos aceptar, se as cousas se fan ben, que as probas selectivas están ben deseñadas e que conseguen as prazas os que están mellor preparados e son máis idóneos para o traballo ao que se opta. Pero Núñez Feijóo, cando era novo, comezou a traballar na Xunta como funcionario interino e despois fíxose sindicalista. Militaba no sindicato Fica (Funcionarios Interinos y Contratados Administrativos). Naquel tempo, cando principiaba a democracia, Alberto reclamaba \"el acceso a la Función Pública de todos los interinos y funcionarios\", e que se lles asegurara \"la estabilidad en el puesto de trabajo\". Tamén esixía \"el reconocimiento de los interinos en la ley de los presupuestos generales y el 100% de las retribuciones básicas y complementarias\". En resumo: o mozo Núñez Feijóo quería un posto de traballo público entrando pola porta de atrás (sen facer oposicións) e coas mesmas condicións que os traballadores fixos. Mariano Rajoy, aos dous meses escasos da súa toma de posesión como presidente do goberno, ven de impoñer unha Reforma Laboral que lamina os dereitos dos traballadores e deixaos inermes ante a codicia da patronal. Volvemos a unha situación de inseguridade e desprotección semellante á da primeira metade do século XX. O propio ministro de Economía cualificou a reforma de \"extremadamente agresiva\". Están a cumplir co prometido. Os empresarios non tardaron de expresar a súa satisfacción. Aquí xa imos máis adiantados. Nos seus tres anos de mandato, Núñez Feijóo está a realizar un labor teimudo para desmontar os servizos públicos. O seu plan de recortes aos funcionarios vai ser aprobado no Parlamento galego dentro de poucos días por vía de urxencia. Aquel mozo reivindicativo, que quería un posto de funcionario sen presentarse ás oposicións, agora está a facer unha campaña de descrédito dos funcionarios e adopta medidas que deixan aos empregados públicos nunha situación precaria como nunca tiveran nos últimos tempos. Hai un testemuño gráfico do pasado do Feijóo, acompañado polo seu amigo Carlos Negreira, actual alcalde de A Coruña."}
{"ID": "NOS_52833", "summary": "O Festival de músicas de carácter global bateu marcas de asistencia en Galiza e se pecha coa entrega de premios ao selo Glitterbeat e a Mario Lúcio Sousa e a fadista portuguesa Mariza.", "text": "Após cinco días, chega ao seu final a edición do Womex 2014 que tivo lugar en Compostela cun importante eco. Participaron 2.400 delegado@s (+6,66% que a anterior edición) e 1.470 empresas (+16,66%) de 90 países e unha feira con 668 exhibidores de 47 países e un récord de 280 stands (+12%). Este domingo pecharase a edición cunha cerimonia de entrega de Premios que serán para o selo alemán Glitterbeat e @s artistas Mario Lúcio Sousa (Cabo Verde) e Mariza (Portugal). Para a organización, o balance do Womex \"non pode ser máis positiva. Ademais de que fora edición con máis asistencia de delegados dos últimos cinco anos, cumpríronse os obxectivos estratéxicos marcados. Confirmouse Womex como unha ferramenta de transformación tanto para a cidade como para o sector musical galego e a forza de Compostela como un escenario e punto de encontro internacional\", asegurou a organización nunha nota de prensa."}
{"ID": "NOS_44652", "summary": "A deputada pontevedresa encabeza a lista 'Agora Podemos', da que fai parte o tamén congresista Gómez Reino.", "text": "- É a súa a candidatura 'oficialista' nestas primarias, a favorita da dirección estatal? - O certo é que non sabemos moi ben o que significa iso de ser a 'candidatura oficialista' ou 'oficial'. Quizás que 'Tone' [refírese a Antom Gómez Reino] e eu sexamos deputados no Congreso pode levar a algunha xente a asociar esta lista ao traballo institucional. - Deste proceso electoral interno, vai saír un Podemos más unido ou dividido? - Eu creo que imos saír reforzados. O feito de que agora, no transcurso da campaña, as diferentes candidaturas nos enfrontemos hai que entendelo máis ben como que estamos a expoñer as nosas propostas. Xa non estamos na situación de bloqueo que partiamos [en Podemos Galiza] , na que non eramos quen de construír para fóra. E estou segura que todas as persoas que integramos estas tres candidaturas, ao día seguinte de se coñecer os resultados das primarias, imos estar a traballar xuntas. - En que se diferencia ou que achega 'Agora Podemos' que non teñen as outras dúas candidaturas? O noso proxecto diferénciase estratéxicamente dos obxectivos políticos das outras dúas, nós consideramos que acumular forzas en Galiza é chave, ese debe ser o camiño, introducindo melloras organizativas. Apostamos nunha dirección máis ampla, que non sexa unipersoal, en maior democracia. Podemos Galiza ten que ser quen de protagonizar o cambio, mais temos que interpelar a todos os interesados nel. - Cal é a fórmula pola que avogan para concorrer ás eleccións galegas? Creo que estivemos moi obsesionados coas fórmulas xurídicas de concorrencia, quizás porque era a nosa primeira experiencia. En Galiza hai unha cultura da confluencia, e o máis importante entendemos que é a capacidade de xerar ilusión, de propoñer políticas do cambio. Máis adiante xa virá a fórmula. Nós apostamos en acumular forzas, en incorporar sociedade civil e en que haxa unhas primarias abertas - Cal é o status que entende que debe ter Podemos Galiza? Os retos políticos agora son distintos, houbo un punto de inflexión no 20-D, hai que repensar as cousas. Temos que nos parecer cada vez máis a un movemento popular, e iso pasa por, entre outras cousas, reforzar os territorios. O 20-D evidenciouse unha vontade de cambio plurinacional e iso vaise reflectir tamén na organización. Que Galiza, Euskadi... sexan partiudos deferados a nivel estatal entendo que é o camiño."}
{"ID": "NOS_31989", "summary": "A Plataforma Fóra Casas de Apostas, chama á mobilización reclamando a súa \"eliminación total\", e anuncia unha manifestación para o día 14, primeiro ás 19.30 horas ante a sala de apostas da Praza de Pontevedra e logo na Praza de Portugal, coincidindo co partido do Deportivo que se disputará ás 21 horas", "text": "A cidade da Coruña ten unha ratio dun salón de apostas deportivas por cada 10.500 persoas, moi por riba da media galega dun por cada 17.000 e da estatal dun por cada 12.000, segundo datos da propia patronal, que pese a todo afirma que aínda \"hai percorrido\" para abrir máis locais de xogo. E todo iso sen contar os 166 terminais de apostas instala-dos en bares, cafetarías e zonas de ocio esparexidas polos diferentes barrios da cidade. Por iso a cidadanía, organizada arredor da Plataforma Fóra Casas de Apostas, chama á mobilización reclamando a súa \"eliminación total\". A sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolleu durante a xornada de onte a presentación desta iniciativa, que considera que as \"propostas reformistas\" son \"insuficientes\" e que o único que fan é \"naturalizar o xogo\". Fóra Casas de Apostas defende a \"eliminación de todos os estabelecementos de xogo, tanto físicos como virtuais\", e apunta ao desenvolvemento de futuras accións de concienciación e relacionadas co ocio \"para que a mocidade non se refuxie só en actividades vinculadas co consumo\". Ademais, anuncia unha manifestación para o día 14, primeiro ás 19.30 horas ante a sala de apostas da Praza de Pontevedra e logo na Praza de Portugal, coincidindo co partido do Deportivo que se disputará ás 21 horas.A plataforma considera que chegou a hora de \"actuar\" ante esta situación de crecemento exponencial, no que o sector ve como os seus beneficios \"aumentan arredor de 25-30% anualmente\" -segundo o doutor en Psicoloxía Social da USC Antonio Rial-, un ritmo similar ao número de persoas, especialmente menores, que se introducen no xogo"}
{"ID": "PRAZA_6913", "summary": "O xornalista Óscar Losada, director do programa 'Raizame' en Radiofusión, convértese no primeiro galego en formar parte do 'World Music Charts Europe', asociación que escolle cada mes os vinte mellores discos de música folk do mundo.", "text": "Galicia ten xa a súa voz entre os expertos en música de raíz. Medio cento de expertos neste estilo musical de 24 países europeos forman parte da World Music Charts Europe, asociación de recoñecido prestixio que escolle mensualmente os vinte mellor discos para esta listaxe de referencia. A última incorporación é un galego, o xornalista Óscar Losada e director de Raizame, programa especializado en música folk que cada luns emite Radiofusión. Óscar Losada é o primeiro galego que forma parte deste prestixioso xurado da música de raíz de todo o mundo Losada é un dos catro expertos do Estado español que forma parte deste colectivo, xurdido hai xa 23 anos en Alemaña e no que se agrupan 46 especialistas en música tradicional e cuxo requisito é que teñan algún programa nunha radio pública. Radiofusión, que agrupa a programación común de 16 radios municipais galegas, é quen lle permite a este experto con 30 anos de experiencia na música tradicional en diferentes medios. O xornalista dirixe o programa 'Raizame' en Radiofusión, o que lle permitiu optar a formar parte do 'World Music Charts Europe' Pero non é doado entrar neste grupo de elixidos. De feito, Óscar Losada é o primeiro galego que forma parte deste xurado de expertos nos que se mira moito o currículo e ao que accedeu tras a proposta dos outros tres españois que xa formaban parte da organización. Este xornalista con experiencia en varios medios escritos e na Radio Galega, entre outros, ve recoñecida así o seu labor na defensa e difusión da música tradicional. Formar parte desta prestixiosa lista é clave para a promoción dos grupos de música folk O traballo vénlle agora, xa que cada mes terá que votar os dez discos que considere máis relevantes no mundo para conformar, xunto ao resto do xurado, a lista máis importante que deste estilo musical hai no mundo. Para os grupos que son seleccionados, entrar nesta listaxe é clave para a súa promoción e futuro: saerán nos programas que dirixen os diferentes membros do xurado, poderán ser consultados polo medio millón de persoas que adoitan vela e terán moitas máis opcións de ser elixidos para os diferentes festivais de música folk do mundo. Losada procederá agora a escoitar os discos que lles envíe a organización e a escoller os seus favoritos. E son os mesmos grupos os que os poden enviar á World Music Charts Europe para conformar unha listaxe na que destacaron xa galegos como Radio Cos, Mercedes Peón ou Uxía. Agora mesmo, lidera a listaxe Landini, de Honduras, seguido de Film of Life, de Nixeira."}
{"ID": "NOS_57754", "summary": "A galega Alessandra Aguilar vén de facerse co 17º posto na proba de maratón disputada no marco do Mundial de Atletismo de Beijing. Aguilar quedou a tan só 25 segundos de conseguir o pasaporte para os Xogos Olímpicos de Río 2016.", "text": "Un total de 25 segundos separaron Alessandra Aguilar (Lugo, 1978) do soño olímpico logo de ficar na posición 17º na proba de maratón do Mundial de Atletismo de Beijing. A lucence quedou, así, a dúas posicións de gañar a praza directa para os Xogos de Río cun tempo de 2:33:42. \"Este posto déixame con sabor agridoce e triste por verme tan perto e non conseguilo\", sinala a atleta nas redes sociais. \"As sensacións foron moi boas durante a proba e até o km. 34 pensaba que podía pelexar polo top 12-15, pero a maratón é como é e no 35-36 km topeime co muro\", recoñece. Nos pasados Mundiais de Moscova, Alessandra quedara na quinta posición."}
{"ID": "NOS_51656", "summary": "Gonzalo Caballero quere pactar un plan de acción urxente que permita dar unha \"resposta integral\" no ámbito sanitario e en política social na Galiza.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, acordar un plan de acción urxente que permita dar unha \"resposta integral\" no ámbito sanitario e en política social na Galiza. Gonzalo Caballero lanzou esta proposta na cuarta feira, na que volveu a trasladar ao Goberno galego a vontade das socialistas para facer fronte á situación excepcional provocada pola pandemia da Covid-10, unha disposición que prevé trasladar na quinta feira a Feixoo na reunión da Deputación Permanente do Parlamento da Galiza. Entre as medidas que propuxo en materia sanitaria, pediu que se aposte por unha contratación estábel de todo o persoal sanitario dispoñíbel no país. \"Hai que cambiar o sistema de contratación de listas para ofertar desde xa mesmo un contrato estábel para os próximos meses e darlle seguridade ás profesionais\", sinalou Caballero, consciente de que \"esta crise non se vai a solucionar en días ou semanas\". Ao mesmo tempo, considerou que a Xunta debe seguir comprando recursos e materiais coas competencias que \"lle son propias\". \"Hai que facer unha aposta decisiva tamén desde o ámbito orzamentario en política sanitaria e política social\", sostivo antes de sinalar que a Xunta mesmo pode \"recorrer a fondos europeos\" para estes fins prioritarios. \"Necesitamos recursos humanos estábeis, todos os profesionais que se poden incorporar deben de ter un contrato estable enriba da mesa para os próximos meses; e tamén un esforzo vía orzamentaria para contratar material\", subliñou. Medidas en política social En materia de política social, o líder das socialistas galegas tamén considerou necesario incrementar os esforzos en material e recursos humanos ante a detección de contaxios por Covid-19 en residencias de maiores e de persoas con discapacidade. \"Son escenarios de alta complexidade que exixen da maior certeza e dilixencia por parte das institucións públicas e da Xunta, que ten as competencias en garantir a sanidade\" destes centros, sostivo o dirixente socialista, que mostrou a súa preocupación por casos como o da residencia de Celanova. Caballero pediu ao Goberno galego que \"traballe ao carón dos concellos\" que exercen \"boa parte das xestións de políticas sociais\" e claman \"por material e en mellores condicións\". E é que, na súa intervención, o socialista asegurou que aínda que os consistorios \"están a recibir estes días reforzo de material\" detectan que \"non só é insuficiente\" senón que nalgúns casos é \"deficiente\". O socialista asegurou que lanza estas propostas con \"ánimo construtivo\" e \"lealdade\" á Xunta. \"Porque sabemos que este escenario non era previsíbel para ninguén\", manifestou antes de considerar que desde a Administración galega \"pódense facer máis cousas\"."}
{"ID": "NOS_27665", "summary": "Alberto Núñez Feixoo prometeu que se \"intensificarán\" os controis para garantir que as e os primeiros traballadores do Sergas en vacinarse sexan os que teñen \"relación directa cos pacientes\", tras coñecerse que 17 informáticos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés recibiron a primeira dose debido a \"un erro\".", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, prometeu que os controis serán \"intensificados\" so obxectivo de garantir que o primeiro persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en vacinarse sexa o que ten \"relación directa cos pacientes\", tras coñecerse que 17 informáticos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés recibiron a primeira dose debido a \"un erro\". Así o manifestou o mandatario galego esta sexta feira, 22 de xaneiro, preguntado polos medios nunha intervención previa a participar no foro 'Next Generation' xunto ao vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Esta comparecencia do presidente prodúcese horas despois de que o xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez Fernández, recoñecese nunhas declaracións que se vacinou \"por erro\" 17 profesionais de informática aos que non lles correspondía nesta fase. Respecto diso, Feixoo remitiuse ás \"desculpas\" e \"explicacións\" dadas polo xerente e a continuación admitiu que, ao haber \"máis de 40.000 persoas traballando\" no Sergas, \"ás veces pódese producir algún erro como o que se produciu\".Iso si, á marxe destes 17 informáticos, o presidente da Xunta asegurou que, \"polo menos de momento, non se están producindo erros\". Feixoo recalcou que as persoas vacinadas por erro \"son empregados públicos que traballan na administración sanitaria\", pero insistiu en que \"non lles correspondía estar na prioridade\" do plan porque \"non teñen contacto directo con pacientes\".En calquera caso, comprometeu \"intensificar a práctica de velar\" por que quen reciba as doses sexan profesionais en primeira liña da pandemia, \"xa sexan médicos, persoal de enfermaría, persoal auxiliar ou persoal de cociña que leva a alimentación a unidades con enfermos de Covid\". Ao fío disto, o presidente da Xunta e líder do PP galego foi preguntado pola negativa para dimitir do tamén 'popular' conselleiro de Sanidade de Ceuta, Javier Guerrero, tras vacinarse contra a Covid-19 e afirmar que non gosta das vacinas. \"Non coñezo a explicación que (Guerrero) deu, pero digo que os políticos temos que dar unha mensaxe de exemplaridade á sociedade\", suxeriu Feixoo. \"Neste momento, os políticos temos que dar exemplo. Espero que calquera político de calquera formación teña transparente a súa conduta e, se esa conduta non é transparente, cada un debe asumir a responsabilidade que lle corresponde\", concluíu."}
{"ID": "NOS_30820", "summary": "Durante tres meses de 2017, a actriz Iria Pinheiro viviu unha situación continuada de acoso por parte do director do programa Con amor e compañía -emitido na TVG-, José Luis Viñas Orta. Así o relata polo miúdo nunha denuncia penal que vén de presentar no Xulgado de Garda número 3 de Santiago de Compostela.", "text": "Entre o 10 de marzo e inicios de xuño, en que renunciou definitivamente ao seu traballo logo de se comunicar coa produtora xefa e o presentador e non obter garantías de mudanzas, Pinheiro aturou tocamentos, insinuacións, humillacións e comentarios que acabaron por xerarlle un cadro de ansiedade e insomnio. Versión dos feitos \"Non quero que agoches as túas curvas na televisión, que xa che pillei o truco... es una mujer de bandera e iso telo que amosar e non esconderte\", dirixiuse Viñas Orta a Pinheiro na primeira das xuntanzas de preparación do programa na sede de Ficción Producciones no Milladoiro, \"oito de cada dez espectadores vanse querer deitar contigo cando te vexan\". Estaban presentes os outros actores e os guionistas da serie. \"A que subscribe sentiuse menosprezada polo mero feito de ser muller e empezou a notar unha certa presión e pulsión de índole sexual por parte de quen era o seu xefe\", relata a denuncia en referencia a ese primeiro suceso. \"Non quero que agoches as túas curvas na televisión, que xa che pillei o truco... es una mujer de bandera e iso telo que amosar e non esconderte\", dirixiuse Viñas Orta a Pinheiro Seis días máis tarde, o 16 de marzo, foron as probas de vestiario. Iria Pinheiro estaba ataviada con roupas de época da súa personaxe, María Pita: \"Saia longa, corsé e camisa, vestimenta do século XVI\". O realizador, ao vela e sen pedir permiso, \"mete a súa man dentro da camisa e báixaa ata o medio dos peitos indicando: 'Lo quiero hasta aquí\". A intérprete volveu á zona de vestiario, onde lle suxeitan o escote con alfinetes adaptado ás esixencias de Viñas. Ao pasar outra vez á que opinase o director, \"atemorizada e humillada, levaba en todo intre a man dereita no ombreiro esquerdo para evitar que o agora denunciado metese de novo a man dereita dentro da súa camisa\". Despois da gravación do primeiro episodio -o 27 de marzo-, a actriz despedíase dos compañeiros e compañeiras de rodaxe. Cando o facía do director, \"pensando que lle daría dous bicos de despedida, don José Luis agárraa fortemente, atráea contra si de xeito sensual -isto é, facendo que a pelve da denunciante estea en total contacto coa pelve do denunciado- impedindo que se soltase e dicíndolle ao oído: 'Que sea la última vez que actúas mal para que yo tenga que escoger la toma que tú quieres\". Nas posteriores xornadas de traballo, o xefe recibía Iria Pinheiro \"con comentarios xocosos e agresivos e de tipo sexual con relación ao seu corpo\". O 17 de abril, ao lle dar instrucións de actuación, \"comeza a tocarlle o brazo de xeito lascivo por detrás\". Na sesión de maquillaxe dese mesmo día, a actriz tiña os ollos pechados e os ombreiros ao descuberto. \"Nese intre sinte como alguén lle toca os ombreiros de xeito lascivo e profundo. Sobresáltase, dá a volta, e ve o director rindo e dicíndolle que apure\", expón a denuncia. Os comentarios non remitiron. O 15 de maio, na gravación do programa número 13, Viñas Orta \"comeza a sobar e dar palmadiñas no muslo dun xeito non apropiado, dunha evidente índole sexual. A resposta da actriz foi anoxarse e reclamarlle: 'La manita quieta\". Segundo a denuncia, o director adoitaba repetir a frase \"yo sé muy bien lo que piensan las mujeres\". Iria Pinheiro negouse e rexeitou os tocamentos e manoseos de Viñas. \"Este reaccionaba ao primeiro con desdén e despois con humillacións públicas sempre en base a un suposto mal desenvolvemento do traballo da actriz\", engade. Reacción e \"bloqueo emocional\" Pinheiro falou destas situacións con diversas compañeiras de reparto e rodaxe. Varias delas recoñeceron os comportamentos machistas do director, con Iria Pinheiro e con elas mesmas. Tamén contactou coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia para denunciar o caso e solicitar amparo legal. A avogada do gremio desestimou acción legais pola \"dificultade da proba e que ninguén vai dar a cara por ela\". Pinheiro falou destas situacións con diversas compañeiras de reparto e rodaxe. Varias delas recoñeceron os comportamentos machistas do director, con Iria Pinheiro e con elas mesmas \"O que veu a continuación foi un bloqueo emocional, nerviosismo e falta de concentración\", di a denuncia, \"a sensación de humillación, de inxustiza e de ter perdido a batalla. Sentía vergoña\". Porque Ficción Producciones comunicouse coa actriz en xuño para lle confirmar que repetiría traballo na segunda tempada do programa pero \"en convocatorias soltas e esporádicas\". \"Bueno, al parecer no te entendiste con Pepelu [en referencia ao denunciado]\", respondeu a produtora xefe á actriz. Iria Pinheiro viña traballando para a Televisión de Galicia de xeito continuado desde 2004. Como consecuencia dos acontecementos denunciados, \"perde as ganas de traballar no audiovisual\". Pesadelos, cansazo, ira, falta de concentración e ansiedade levárona, en novembro de 2017, á psicóloga. Actriz en filmes de Mario Iglesias, Ángel Santos ou Claudia Brenlla, participou en numerosos programas de televisión -Luar, Pillados, Zapping Commando- e en proxectos musicais como a Orquestra Os Modernos. Os sucesos que denuncia levárona a \"se refuxiar na música e no teatro\" como opción laboral. Nota: imaxe do programa 'Con amor e compañía'. Na redacción orixinal desta información aparecía como segundo apelido da persoa denunciada \"Horta\" cando en realidade é \"Orta\"."}
{"ID": "NOS_718", "summary": "Once entidades diríxense á Consellaría de Industria para a emprazar a suspender \"de forma cautelar\" a tramitación do complexo eólico da Costa da Morte, \"en tanto non someta o Plan eólico industrial á preceptiva avaliación estratéxica ambiental\".", "text": "Asociacións bergantiñás reclaman \"transparencia, información e acceso aos acordos do clúster eólico da comarca para a evacuación conxunta da enerxía do complexo eólico desde o parque eólico Monte Chan en Laxe até a subestación da central térmica de Meirama\". Nun comunicado de prensa, explican que o complexo eólico da Costa da Morte é tramitado pola Xunta \"con total opacidade\" e acusan o Goberno galego de vulnerar a Lei 21/2013, de 9 de decembro de impacto ambiental, \"que esixe avaliación ambiental estratéxica para os plans empresariais a desenvolver nun ámbito xeográfico concreto\". O proxecto é liderado pola portuguesa EDP Renovables e a galega Greenalia Green Power, que construirían \"parques eólicos tan agresivos co turismo e a hostalaría como o parque Soesto, o parque Pena dos Mouros e o parque Monte Chan na fachada litoral do municipio turístico de Laxe\". Tamén o parque eólico Agrelo-Muriño en Cesullas (Cabana) e os parques eólicos de Corcoesto e Coristanco, o Alto do Torreiro e o Bustelo-Baralláns. Estes dous últimos, advirten as entidades, \"con prexuízos irreparábeis para áreas de especial interese paisaxístico como o val fluvial do río Lourido e ás explotacións forestais e madereiras da zona\". Parques fraccionados Na procura dunha tramitación administrativa máis áxil, os citados parques tramítanse de forma fraccionada e independente, \"diluíndo os impactos ambientais da totalidade do Plan eólico industrial do clúster empresarial e obviando a participación pública na súa avaliación global\". Neste contexto, advirten de que \"deixa de lado a normativa europea que regula o dereito de acceso e participación da cidadanía na toma de decisións relacionadas co medio ambiente e a paisaxe, ao abeiro do Convenio de Aarhus e o Convenio europeo da Paisaxe\". Evacuación e liñas de alta tensión Por outra banda, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños (Comarca de Bergantiños), a Asociación de Veciños de Cereo (Coristanco), a Plataforma veciñal O Cerqueiral (Coristanco), a Plataforma Bergantiñá Pola defensa da Terra (Comarca de Bergantiños), a Asociación ambiental Contramínate (Laxe), a Asociación ambiental Petón do Lobo, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación Galega Cova Crea (Comarca de Bergantiños), a Plataforma As Salgueiras (Ponteceso), a Asociación Veciñal Río Lourido (Valenza-Coristanco) e a Asociación \"O Ouriol\" do Anllóns (Carballo) solicitan información sobre os acordos do clúster empresarial que formarían as empresas eólicas asociadas en relación á solución de evacuación. Informan de que o parque eólico Soesto evacúa a través da subestación colectora elevadora \"Monte Chan\", 30/220 kV (SET CHN) e os vieiros empregados para o seu acceso son os do parque eólico Pena Forcada-Catasol II da mercantil Gas Fenosa, actualmente Naturgy. \"A liña aérea de alta tensión de 220 kV que evacúa a enerxía xerada dos parques do municipio de Laxe, parte da subestación \"Monte Chan\", situada a 4,6 km do parque eólico Soesto até chegar á subestación da central térmica de Meirama (Cerceda)\", salientan. Advirten de que no seu camiño \"iría incorporando as achegas do resto de parques do complexo eólico Costa da Morte, na que entrarían o resto dos parques de EDP Renovables e os parques eólicos de Greenalia Green Power como o parque eólico O Cerqueiral, na parroquia de Bustelo en Coristanco\". Este complexo sumaríase a outros que ameazan a contorna."}
{"ID": "NOS_45229", "summary": "Cinco escenarios, 80 empresas e asociacións e 140 actividades son a síntese da Feira das Industrias Culturais Culturgal. Do 30 de novembro ao 2 de decembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra convértese no epicentro da produción cultural galega e o seu mercado.", "text": "Tres días de ateigadísima axenda son xa tradición na Feira das Industrias Culturais que o sector, e máis alá, coñece como Culturgal. Na fin de semana que vai do 30 de novembro ao 2 de decembro, Pontevedra -en concreto, o seu Pazo da Cultura- acolle o encontro de profesionais, consumidores, usuarias ou produtoras que é xa un clásico da fin de ano cultural. Esta será a súa décimo primeira edición. Oitenta entidades que farán uso de máis de 130 postos, cinco escenarios con programación simultánea e arredor de 140 actividades constitúen o resumo numérico da cita. O seu público potencial anda nas 14.000, 15.000 persoas visitantes. \"Porén, non nos gusta presumir de cifras. Non queremos estar presos delas e dun suposto crecemento continúo. Cremos que nestes números está o límite da feira\", explica a Sermos Galiza Xosé Aldea, director da mostra. O seu presidente en funcións é Víctor López -cabeza visíbel de Eganet-, despois de que, a inicios de mes, Xulio Amigo abandonase o posto por motivos persoais. A prudencia preside as declaracións de Aldea, que leva seis anos na dirección. O encontro nacera en 2007 da man de varias agrupacións gremiais: a Asociación Galega de Editoras, Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas Musicais, Eganet (Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes. Agás en 2008, que foi na Coruña, sempre transcorreu en Pontevedra. Sector profesional \"É un proxecto do sector profesional. Xurdiu con esa vocación\", sinala Aldea, \"pero hai seis anos, o equipo que tomamos o relevo entendemos que o futuro da feira non se encontraba unicamente nos gremios. Era necesario implicar o público, patrocinadores e entidades participantes\". Ao tempo, o Culturgal pasou dun orzamento público ao 100% a \"decidir que cumpría corresponsabilizar a xente\". A crise do neoliberalismo afectou de maneira brutal á cultura, ás políticas culturais e aos orzamentos dedicados ás mesmas. Unha das vías que a organización atopou para \"corresponsabilizar\" a audiencia foi cobrar entrada. Un bono para os tres días custa 5 euros e o tique para cada unha das xornadas por separado ten un prezo de 3 euros. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 324 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_6499", "summary": "A Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza presentou unha demanda contra a Consellaría de Cultura por incumprir as obrigas legais a respecto do patrimonio desta cova de Triacastela, máximo expoñente do Paleolítico de Galiza.", "text": "Adega levou a Xunta aos tribunais por non iniciar nin tramitar en tempo e forma o expediente de declaración da Cova de Eirós (Triacastela) como Ben de Interese Cultural (BIC) . \"Non atopamos outra saída máis que a demanda xudicial\", recoñecen desde o colectivo \"para obrigar á Consellaría a cumprir coa súa obrigación na protección deste importantísimo xacemento galego de relevancia internacional e máximo exponente do Paleolítico de Galiza\". Falamos con Adela Figueroa, bióloga e fundadora de Adega. - En que pode acabar a demanda contra a Xunta? En que agardades que se concrete finalmente este proceso? - En realidade o único que pedimos é que a Xunta cumpra a lei, por iso presentamos un contencioso. A lei establece ben clariño que todas as covas con pinturas rupestres, e na de Eirós hainas, son automaticamente Ben de Interese Cultural (BIC). Tamén fixa a lei que mentres non se incoe o expediente BIC a distancia de seguridade que se establece é de 200 metros e aí dentro non se pode actuar. Pois ben, a empresa que traballa nesa zona está a traballar dentro desa franxa de seguridade, está a traballar a 50 metros da cova. E en todo este tempo, a Xunta continúa sen cumprir a lei, sen iniciar o expediente para declarar BIC a cova. Non se pode concebir que a administración galega machaque un paisano se corta un ameneiro e sen embargo non aplique a lei para protexer un patrimonio único - Polo que di semella que non ten moito interese en dar ese paso - Nunha sesión organizada polo Consello da Cultura Galega sobre a Cova de Eirós, os arqueólogos participantes recoñecen que os únicos que nos movemos para que este patrimonio sexa BIC somos os de Adega, iso xa di moito. Dou por sentado que na Xunta non están a facer nada ao respecto. Non dan o paso que teñen que dar, que é incoar o expediente para un plan de tratamento do BIC da Cova de Eirós. En todo isto non debemos esquecer a propia responsabilidade da alcaldesa de Triacastela [onde está a Cova de Eirós] en todo isto, porque o Concello é o principal responsábel. A Cova de Eirós é a única en Galiza que ten pinturas rupestres. Estivo con presenza humana ao longo de 150.000 anos, ten o maior depósito de osos das cavernas, alí hai restos dunha fauna riquisima, como os leóns das cavernas... É a única en Galiza que ten pinturas rupestres. Estivo con presenza humana ao longo de 150.000 anos, ten o maior depósito de osos das cavernas... - Por que cre que a Xunta non dá o paso para protexer a Cova de Eirós? - A responsabilidade está aquí, en Galiza. A empresa que explota a zona onde está a cova pertence a unha macrocompañía brasileira, Votoranrim, que ten unha actividade benefactora moi importante anquel país: ten banco para obres, centros de ensino... Pois ben, contactamos con eles a través da asociación de arqueoloxía do Brasil e mantivemos 2 video-conferencias con eles. Comprometéronse a restaurar os danos xerados por unha actuación que danou o teito da Cova, e que denunciamos e tiveron que parar os traballos. E tamén se comprometeron a seguir os mandatos da Xunta sobre este patrimonio. Mais non os hai! Porque a Xunta non incoa expediente BIC! O da Xunta a respeito da Cova de Eirós é de vergoña mundial. Ten que cumprir a lei! Non se pode concebir que a administración galega machaque un paisano se corta un ameneiro e sen embargo non aplique a lei para protexer un patrimonio único. - Cres que o da Cova de Eirós exemplifica a actitude do goberno galego para co patrimonio galego? - Esta Xunta ten desprezo pola cultura galega, un desprezo absoluto, estórballe. Nós fomos reunirnos cos grupos parlamentares para explicarlles a situación e entregamos unha petición para que se debatese no Parlamento. O BNG pediu en 2014 que se declarase BIC e AGE presentou preguntas parlamentares sobre o que acontecía alí. Desde o PSdeG apoiaron as nosas demandas. O do PP foi outra historia. Recibiunos daquela o que agora é Conselleiro de Cultura, que nos dixo que en Galiza había moita historia, contándonos que cando ía á súa aldea os veciños xa lle dicían que case non se podía mover o tractor por se danabas un castro."}
{"ID": "NOS_39370", "summary": "A Mesa leva a Xenebra casos \"moi concretos e moi graves\" para demostrar a discriminación lingüística que padecen as persoas falantes en galego. Perante as Nacións Unidas esixe que se respecten os seus dereitos e solicita que se lle abra un expediente de infraccións a España. A embaixadora de España obviou a denuncia da Mesa e negou, en xeral, a existencia de discriminación.", "text": "A Mesa , canda outras entidades que forman parte de ELEN, denunciou perante o Consello de Dereitos Humanos da ONU a discriminación contra as linguas oficiais distintas do español no marco do 29ª Exame Periódico Universal do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas que se desenvolveu esta quinta feira en Xenebra. En turno de réplica, a embaixadora de España perante a ONU negou a existencia de discriminacións mais non se referiu en ningún momento de xeito explícito á cuestión lingüística. \"Está claro que se refería a nosa acusación mais optou por eludir o tema da lingua e afirmar só que non hai ningún tipo de discriminacións. Os casos concretos que recollemos no informe que se presentaba deixan á vista que a realidadade non é esa\", explica o presidente da Mesa, Marcos Maceiras. Maceiras defendeu no marco da xuntanza que a discriminación contra linguas oficiais distintas do español \"é completamente inaceptábel e debe cesar de xeito inmediato\". \"Viñemos denunciar casos moi graves, que vulneran calquera principio democrático e de respecto pola dignidade dos pobos e das persoas que os compoñen, que teñen lingua propia e a quen non se lles permite exercer dereitos cidadáns e humanos elementais se o fan na súa lingua\", sinalou Maceira que se referiu, en concreto, ao caso dun doente ao que se lle atrasou case dous anos unha operación cirúrxica ao esixir asinar a autorización en galego. O caso será xulgado o 21 de xullo tras ser admitida a trámite a denuncia do doente que, ao non se lle querer dispoñibilizar en galego o impreso até meses despois padeceu un agravamento do seu estado de saúde. As normas que España infrinxe \"Casos coma este ou persoas ás que se lle rexeita en entrevistas de traballo o dereito fundamental de se expresaren na súa lingua, desatención, insultos e ameazas por parte dos corpos de seguranza do Estado, deben ser coñecidos pola comunidade internacional porque quen despreza a lingua dun pobo está a desprezar un pobo e iso é racismo\", sinalou o presidente de Mesa mentres esixiu os mesmos dereitos para as persoas galego falantes que para unha cidadá de \"Albacete, Lisboa ou Bonn\". A Mesa e ELEN reclamaron así do Consello de Dereitos Humanos da ONU que tome medidas de inmediato e chame á orde ás autoridades españolas para garantir o cesamento da discriminación lingüística coas persoas que falan idiomas propios en territorio estatal. Reclamaron a apertura por parte da UE dun procedemento de infracción contra España por infrinxir as normas da UE contra a discriminación, entre elas, a Carta dos Dereitos Fundamentais ou a Directiva sobre igualdade e outras medidas como a Carta Europea das Linguas."}
{"ID": "NOS_18505", "summary": "[ACTUALIZACIÓN 17:40H] O home prestará declaración na terza feira (12 de abril). A investigación policial mantense aberta.", "text": "O domingo (10 de abril) foi detida a ex-parella de Tatiana Vázquez Abuín, a muller de 24 anos asasinada en Lugo. Ibrahim N., de 31 anos é o principal sospeitoso, segundo as fontes policiais. Porén, fontes consultadas polo diario local El Progreso sinalan que as pesquisas se manteñen abertas e que non se descartan outras opcións. O detido prestará declaración esta segunda feira no Xulgado nº3 de Lugo O detido prestará declaración esta terza feira no Xulgado nº3 de Lugo. Neste senso, durante a súa detención confirmou que mantivera unha relación sentimental con Tatiana Vázquez tempo atrás, que se continuaban a ver e que mesmo estiveran xuntos na sexta feira (8 de abril), o día en que a muller foi acoitelada até en 54 ocasións. En declaracións á imprensa o subdelegado do Goberno español, Ramón Carballo, sinalou que a detención se produciu por un presunto caso de violencia machista mais \"non por sospeitoso de asasinato\". En 2015 unha terceira persoa, familiar de Tatiana Vázquez, presentou unha denuncia por un presunto caso de violencia machista que, no entanto, foi arquivada após a muller negar os feitos e non presentarse nos xulgados para prestar declaración. En 2015 unha terceira persoa denunciara que Tatiana Vázquez se atopaba en situación de violencia machista De se confirmar, este sería o segundo crime machista acontecido na Galiza en 2016 após o asasinato no mes de febreiro de Ana Gómez (Becerreá). Aliás, tamén foi agredida a finais do mes de marzo unha muller nas Pontes á que o seu ex-compañeiro tentou asasinar cunha arma de fogo. Doutra banda, mantense aberta a investigación en Porto do Son após atopárense os corpos dun matrimonio no seu domicilio, as forzas policiais sospeitan que se pode tratar de máis un feminicidio mais até o de agora non as pescudas mantéñense abertas. Segundo os dados oficiais recentemente publicados pola Xunta de Galiza na súa memoria de 2015, o pasado ano o número de vítimas mortais de violencia machista foi o maior desde 1999."}
{"ID": "NOS_33536", "summary": "En dous anos a fenda entre pro-franceses e independentistas reduciuse en 5 puntos.", "text": "O \"si\" á independencia de Nova Caledonia avanza, mais non o suficiente para gañar o referendo de autodeterminación. A consulta, que decorreu este domingo, deixou unha vitoria para os partidarios de que este territorio de apenas 18.000 km cadrados e 270.000 habitantes continúe baixo soberanía francesa. O 53,3% dos electores optou por se manter en Francia mais e o 47% optou pola opción independentista. Son resultados máis axustados que no primeiro referendo, en 2018. Entón, o 'non' sumou o 56,7% das papeletas. En dous anos, a separación entre detractores e partidarios da independencia reduciuse de máis de 13 puntos porcentuais a menos de 7. Se o solicita un terzo do Congreso de Nova Caledonia, terá lugar un terceiro referendo en 2022, como se prevé nos acordos de Nouméa. O campo independentista cre que a partir de entón pode darlle a volta á situación e gañar nas urnas. Nova Caledonia ten 278.000 habitantes e foi colonizada por Francia na primeira metade do século XIX. Desde 1853 pertence a ese Estado europeo. Nos anos 80, o Frente Socialista de Liberación Nacional Kanak reclamaba a creación dun Estado indepenente. Pouco a pouco, as illas conseguiron maior autonomía a respecto de París. Nova Caledonia sufriu anos de violencia política na década de 1980 entre as forzas independentistas, apoiadas pola comunidade aborixe kanaka, e as forzas pro Francia, apoiadas principalmente polos descendentes dos colonizadores galos. A violencia cesou coa sinatura do Acordo de Matignon, en 1988, que outorgaba autonomía en tres provincias, dúas destas de maioría kanaka, que lles permite lexislar, entre outros eidos, sobre impostos e emprego."}
{"ID": "NOS_32903", "summary": "As explotacións atópanse nun dos peores momentos entre o cesamento nas recollidas, os prezos máis baixos do Estado e as propostas cosméticas do goberno español.", "text": "O sector do leite na Galiza está en crise. Iso non é ningunha novidade. Após a desaparición das cotas e da aprobación dun novo pacote lácteo en Madrid a caída dos prezos e o incumprimento dos contratos asinados entre as explotacións e a industria tornáronse nun continuum. Porén, nas últimas semanas a situación empeorou logo do cesamento da recollida en orixe por parte da empresa luguesa Leite Río. Inicialmente foron explotacións de Teixeiro, A Terra Chá, Mazaricos, Santa Comba e Vimianzo mais a entidade, titularidade de Jesús Lence, comunicou a gandeir@s de Rodeiro (A Coruña) que deixaría de lles recoller o produto a partir do 15 de xullo. En total unha vintena de explotacións que manexan por volta de 17 mil litros ao día. A imaxe do sector volve a ser cisternas vertendo leite ao chan, quer na estrada, quer nos predios, como símbolo de protesta polo que está a acontecer. E é que, para alén do máis, segundo os dados --provisionais-- fornecidos pola Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), a produción leiteira descendeu no noso país un 7,5% a respeito do pasado ano. Fronte ás 617.721 toneladas de maio'14, neste exercicio rexistráronse 208,05 toneladas; por volta de 18 mil menos. En troca, no conxunto do estado a produción aumentou un 6% polo puxe de territorios como Catalunya, Castela e León e Asturies. A produción leiteira caeu nun ano en Galiza o 7,5% e mantén os prezos máis baixos do Estado español (0,28 céntimos) Aliás, Galiza continúa a ser o territorio cos prezos en orixe máis baixos (0,284) fronte aos 0,306 céntimos de media no conxunto do Estado español. Esta cifra supón unha queda de 0,072 céntimos a respeito do pasado ano. A resposta de Madrid Perante este contexto, un dos máis críticos para o sector nos últimos anos, as organizacións agrarias, xuntos con outros axentes, promoveron a constitución dunha plataforma en defensa do leite galego coa que encetarán unha campaña de mobilizacións para reclamaren medidas urxentes aos gobernos español e galego. Entrementres, en Madrid, o Ministerio de Agricultura convocou o 7 de xullo a Interprofesional Láctea (INLAC), órgao que abrangue a respresentantes da produción e transformación xunto coa propia administración. Após o encontro, a ministra, Isabel García Tejerina, anunciou as medidas que adoptará o goberno español para atallar a crise do sector. As tres grandes iniciativas que impulsará a administración española será o pulo pola constitución de organizacións de produtores lácteos (OLP) supra-autonómicas para o que o executivo creará unha liña de axudas de 1 millón de euros através do propio Ministerio. O Ministerio propón como solucións constituír OLP's supra-autonómicas, incentivar o consumo de leite con publicidade e avalar créditos ás explotacións Doutra banda, Tejerina anunciou a posta en andamento dunha campaña de comunicación cuxo obxectivo sexa incentivar o consumo de leite; da aprobación de avais públicos para que as explotacións con dificultades económicas opten a créditos bancarios e o control das vendas por baixo dos custes de produción (dumping) nas grandes distribuidoras alimentarias, unha tarefa que, dixo, asumirá a Axencia de Información e Control Alimentar (AICA). Desde as organizacións sindicais advirten que as medidas aprobadas \"están ben\" mais \"son a medio prazo\" polo que, sinalan, \"necesitamos medidas urxentes para o 20% das explotación que están a cobrar o leite entre 18 e 22 céntimos\" por litro, asegurou en declaracións recollidas por Campo Galego Román Santalla (UPA) após a xuntanza da Interprofesional. Neste senso, manteñen a convocatoria dunha mobilización para o 17 de maio así como as demais accións que teñen previstas desenvolver, entre elas unha tractorada. \"Non vemos ningún motivo para desconvocar\"."}
{"ID": "QUEPASA_404", "summary": "Dúas novas doazóns do tecido asociativo larachés", "text": "Importantes contratos se asinan en breve no Concello da Laracha, unha que vez que rematou o prazo para a presentación de ofertas na licitación. Falamos dos novos contratos dos servizos de axuda no fogar e de recollida de residuos sólidos urbanos. Dous novos contratos nos que as empresas que resulten adxudicatarias deberán subrogar o persoal actual. 11 empresas optan á adxudicación do SAF durante os vindeiros 4 anos, cun total de 3,7 millóns de euros. A previsión é prestar cada ano 12.000 horas de servizo básico e outras 47.334 de servizo de dependencia, sendo o prezo máximo por hora de 20,15 euros de luns a sábado e de 20,91 euros os domingos e festivos. Pola súa parte, o contrato de recollida de residuos sólidos urbanos ten un presuposto base de 1.423.654,60 euros polos cinco anos de duración (catro máis outro de posible prórroga). Contempla a recollida diferenciada e transporte á planta de Sogama en Cerceda dos residuos que son depositados nos colectores xenéricos verdes (952 unidades), nos amarelos de envases lixeiros (400 unidades) e tamén nos novos recipientes marróns de orgánicos (150 unidades). Así mesmo, a empresa que resulte adxudicataria deberá asumir o mantemento, lavado e desinfección de todos os contedores.Cómpre salientar que os colectores azuis de papel-cartón, os iglús verdes de vidro e os recipientes laranxas de aceite non se inclúen neste procedemento porque estarán recollidos no novo contrato de xestión do punto limpo que sairá a licitación proximamente. Novas doazóns Dúas novas doazóns recibiu o departamento de Servizos Sociais do tecido asociativo. A asociación cultural Adro de Vilaño doou 18 quilos de plátanos e outros tantos de laranxas, peras, mazás e nectarinas.Ademais, na fin de semana a asociación cultural e deportiva Santa Lucía de Soandres tamén doou alimentos e produtos de primeira necesidade. En concreto foron 56 paquetes de galletas, 24 botes de cacao en po, 24 paquetes de fariña, 60 latas de conserva de atún e outras tantas de sardiñas, 12 tarros de crema de cacao, 240 iogures, 22 envases de xel de ducha e 36 botellas de lixivia."}
{"ID": "NOS_30869", "summary": "Publicamos a seguir o extracto da análise do médico especialista en Análises Clínicas Luis Vázquez que fai parte do suplemento especial do Sermos Galiza, de 56 páxinas, que acompañará o xornal o 13 de marzo por 3 euros.", "text": "Despois dun ano de evolución da pandemia da Covid-19 e, despois de sufrir tres vagas, encontrámonos nunha encrucillada que fai difícil ver cal será o futuro desta complicada situación. En todo este tempo transcorrido cometéronse varios erros que nos levaron a pagar un alto prezo en vidas humanas e, tamén, no ámbito sanitario, económico e laboral. É un momento decisivo, no que nas decisións que se tomen van condicionar o futuro en Galicia da pandemia de Covid-19. Non podemos cometer os mesmos erros que nos trouxeron ata aquí, hai que ser estrito no mantemento de normas sanitarias que nos permitan conseguir un rápido descenso no número de casos da enfermidade activa. Sería unha enorme equivocación marcar datas no calendario para realizar desescaladas nas medidas de confinamento, tal e como se fixo no pasado verán, ponte de decembro e, sobre todo, no Nadal. Hai, desde o meu punto de vista, tres piares básicos para lograr un bo control na evolución da enfermidade na nosa Comunidade e que se os implementamos de maneira axeitada poden levarnos a unha situación óptima en varios meses. O primero piar é completar a vacinación dos grupos de maior risco no menor tempo posible. Ata o momento completouse a vacinación dos residentes e traballadores dos centros de maiores, dunha boa parte do persoal sanitario e estase iniciando a vacinación das persoas de máis de 80 anos. Debemos conseguir canto antes que se complete a vacinación de todas as persoas entre 60 e 80 anos, así como das persoas con enfermidades crónicas, grandes dependentes, coidadores e outros grupos que teñen risco por exposición (forzas de seguridade, educadores, traballadores de cara ao público...). Se completamos rapidamente a vacinación nestes grupos de maior risco, conseguiremos un descenso moi importante na mortalidade e na carga asistencial en hospitais. A análise ao completo poderás lela este sábado no Sermos Galiza Especial 'Radiografía da sanidade, un ano de pandemia'. Luis Vázquez é médico especialista en Análises Clínicas. Se non es asinante, reserva o teu exemplar no quiosque para non ficar sen el. Lembra que podes facerte subscritora ou subscritor nesta ligazón, e mesmo podes apoiar o medio sen se te facer asinante, na opción de mecenas ou amizade."}
{"ID": "PRAZA_7690", "summary": "O presidente da Xunta evita considerar, como a dirección estatal do seu partido, que o caso Bárcenas sexa unha operación para prexudicar a Rajoy. PSdeG, AGE e BNG esixen que aclare as referencias a Galicia na suposta contabilidade 'b' da formación conservadora.", "text": "Os \"papeis de Bárcenas\" caeron como unha enorme bomba enriba do PP, co centro da explosión na madrileña rúa de Génova pero cunha vaga expansiva que afectou a todo o Estado. A información públicada polo diario El País segundo a cal o ex tesoureiro dos conservadores e o seu antecesor desenvolveron durante case vinte anos unha contabilidade secreta con achegas económicas de grandes empresas e pagamentos en 'b' a altos cartos do partido deu lugar a moitas preguntas. Tamén no caso do PP galego, máis tendo en conta que, atendendo ao publicado, neses libros figura a anotación \"Galicia (O.C.)\" xunto a outras como \"De Málaga\", \"La Rioja\" ou \"Palencia\" asociadas a \"cantidades que oscilan entre os 18.000 e 30.000 euros\". Ao remate da reunión semanal do Consello da Xunta Alberto Núñez Feijóo foi cuestionado ao respecto pola prensa. E o líder dos populares veu dicir que el só responde pola súa propia xestión. Mentres, case simultaneamente, María Dolores de Cospedal tecía dende Madrid unha caste de teoría da conspiración fundamentada en que é \"moi sorprendente que cando parece que a situación económica empeza a remontar, se tente prexudicar a quen goberna o noso país\", Feijóo desmarcábase para considerar o caso \"o suficientemente grave como para tomalo moi en serio\". Agora ben, \"iso de que Galicia aparece ou non aparece é o que dirá non sei quen\", retrucou, a preguntas da prensa. \"Nós non temos absolutamente nada\", di, en referencia ás contas do PPdeG, se ben xusto a continuación introduce un matiz que non é menor: \"Polo menos, dende que eu son presidente do PP de Galicia\". Feijóo deriva implicitamente as eventuais irregularidades aos tempos de Fraga \"Saberán os anteriores do anterior\", abonda o presidente, derivando así implicitamente as eventuais irregularidades aos tempos nos que o partido tiña como máximos referentes a Manuel Fraga ou Xosé Cuiña, ambos xa falecidos, ou mesmo ao tempo en que a secretaría de organización estivo ocupada por Pablo Crespo, un dos presuntos líderes da trama Gürtel. Por este motivo, Feijóo mantén que dende 2006 e ata a actualidade nas contas do seu partido non hai nada que esconder, polo que o cuestionamento que lle lanzan os xornlaistas \"parécenme simplemente un comentario a unha información que eu descoñezo na súa integridade, do A ao Z\". \"O partido ten que aclaralo\" Neste contexto, e cun discurso que semella orientado a liberarse política e persoalmente de calquera sombra de dúbida, Feijóo asegura non dubidar de que \"o partido ten que aclarar estas cuestións\". \"Ten o compromiso de aclaralas, cónstame\", afirma, nun contexto no que defende que a dirección que encabeza Mariano Rajoy xa decidiu \"poñer outra vez as súas contas á disposición do Tribunal de Cuentas, á disposición do fiscal ou do xuíz que está instruíndo este proceso ou calquera outro relacionado, aprobar unha investigación interna e solicitar unha auditoría externa\". \"Convén estar respondendo á información que poida ir saíndo\", dixo Feijóo mentres De Cospedal impedía algunhas preguntas Ao tempo, dende o atril de San Caetano Feijóo guinda un recado que ben podería ter como destino outro atril, o de De Cospedal, que á mesma hora impedía, por exemplo, que lle formulasen preguntas os xornalistas do propio diario El País. \"Convén estar respondendo á información que poida ir saíndo diariamente, semanalmente ou mensualmente\" para \"aclarar a posición do PP e cales son os responsables deste tipo de informacións\", di. \"Estamos falando dunha acusación dende o anonimato e relacionada cunha persoa que parece ser que ten moito diñeiro en Suíza\", polo que cómpre \"aclarar este tipo de cuestións e dar luz e taquígrafos\"."}
{"ID": "NOS_38682", "summary": "Entrevistamos o investigador Eliseo Fernández, presidente do Ateneo ferrolán, unha entidade fundada en 1879 e formada na actualidade por máis de 300 socios.", "text": "No peor momento asumiu o investigador Eliseo Fernández a presidencia do Ateneo Ferrolán.Cando foi elixido hai xa oito meses, adebedábanselle nóminas aos traballadores e non estaba ao día con Facenda e mais a Seguridade Social. Ademais, atopábase en pleno conflito co goberno local por reubicar na súa sede –un edificio do século XVIII- outras entidades da cidade como a AVV Zona Centro, a Sociedad Filarmónica Ferrolana ou a Sociedad Artística Ferrolana. Por se fose pouco, o Concello, que acometeu unha profunda reforma no inmoble, négase a abonar o custo do traslado e custodia dos seus fondos, polos que a empresa de mudanzas le reclama máis de 39.000 euros. -Como están as cousas nestes intres? Agora mesmo estamos agardando pola sentenza do xuízo que tivo lugar o pasado día 17. A empresa de mudanzas reclámanos a nós 39.000 euros polo traslado e depósito dos nosos fondos cando comezaron as obras no edificio, unha reforma que financiou o Concello ao se tratar dun inmoble da súa propiedade. Nós esiximos ao goberno local que asuma a súa responsabilidade nunha intervención que fixo nun edificio seu, mais até o de agora non foi posíbel o diálogo nin co concelleiro de Cultura nin co alcalde. -Tan mala é a relación? Co concelleiro falamos hai tempo, mais non é unha persoa doada de tratar. Non ten capacidade de diálogo nengunha, demostra moi pouca educación, é moi autoritario e coido que despreza profundamente o mundo da cultura, principalmente a de base, a máis participativa… O señor Reyes García ten unha visión moi pechada do que interesa ou non do punto de vista cultural. De feito, adoita dicir amolado que en Ferrol hai máis dun cento de entidades culturais... Como se iso fose unha desgraza! Este concelleiro gosta da cultura \"desde arriba\" e patrocina empresas como Eulen, que xestiona os contedores culturais da cidade. Porén, esa perspectiva cultural xa conduciu a varios batacazos, como o concerto de David Bisbal, que foi un fracaso maiúsculo. -Intentárono co alcalde? Desde que foi elixida a nova equipa directiva, hai xa oito meses, solicitamos por cinco veces unha entrevista co alcalde, para nos presentar a el como xunta e para ver o modo de solucionar os conflitos abertos, principalmente o do traslado dos fondos. Coidamos que a reforma do edificio sobarda os límites da área de Cultura. Até o de agora non nos recibiu. -Agardan unha sentenza favorábel? Este xuízo vainos abrir as portas para demandar o Concello, con moitas posibilidades de gañar, porque tanto o arquitecto do proxecto, Alfredo Alcalá, como os representantes da empresa de mudanzas afirmaron que pensaban que o traslado estaba incluído nas propias obras. É que é o lóxico: se unha administración leva a cabo unhas obras nun edificio da súa propiedade enténdese que asumirá todos os gastos. O señor Reyes García adoita dicir amolado que en Ferrol hai máis dun cento de entidades culturais... Como se iso fose unha desgraza! En troques de facelo así, o Concello busca na letra pequena as \"trampulladas\" para evitalo e cargárnolos a nós. Ademais, eses 39.000 euros puideron quedar na metade se no momento de recepcionar as obras, en xaneiro de 2013, lle pagase á empresa de mudanzas. O depósito dos fondos incrementou a factura en 600 euros mensuais desde aquela. -Que teñen os fondos do Ateneo? Entre outras cousas, temos unha importante biblioteca e unha hemeroteca con exemplares únicos en Galiza, como unha edición completa do xornal \"La Democracia\", que se editou na década dos 90 do século XIX. Ademais, temos unha colección pictórica, de máis de medio cento de cadros, entre os que se atopa un Naseiro, e outra pequena de arqueoloxía. -Reciben algunha subvención? Ningunha. Até que o PP gañou as eleccións en 2011 recibiamos unha subvención municipal por prestar o servizo de hemeroteca e biblioteca, mais esta corporación eliminouna. É curioso, porque os gobernos do PP anteriores si que a mantiveron… -E cal é a situación económica e a relación coas outras entidades que \"okupan\" a sede do Ateneo? A situación económica é complicada, mais imos asomando a cabeza. Cando chegamos estaba sen pagar o certame de gaitas Constantino Bellón e debiámoslles cartos aos traballadores, a Facenda e á Seguridade Social. Cos empregados chegamos a un acordo de adiamento do 30% das nóminas e xa estamos ao día nas cotizacións e seguros sociais. No referido á \"convivencia\" coas outras entidades que nos meteron na nosa sede, mantemos unha relación de cordialidade coa Filarmónica e a SAF, mais non coa asociación de veciños. Por alí non van nunca e cando o fan é para denunciar o acoso ao que supostamente están sometidos. O caso é que o Concello está a fomentar a inemizade entre as asociacións, cando hai locais municipais abondo para relocalizalas. Para nós é moi incómodo compartir con elas o noso salón de actos, cos nosos equipos e o noso persoal. Pensan que os nosos traballadores son municipais e que están ao seu servizo… E non é así. Ademais, a reforma anterior do edificio financiárona cos seus cartos os socios do Ateneo, que interpretan esta ocupación como un espolio."}
{"ID": "NOS_7273", "summary": "O doutor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela Victorino Pérez Prieto recupera para Sermos Galiza o perfil de Moncho Valcarce (1935-1993) no ano en que se conmemora o 25 aniversario do falecemento do coñecido como \"crego das Encrobas\". Nas próximas semanas seguirán a sucederse actos de lembranza da figura de Valcarce. Eis un extracto do texto publicado no número 295 de Sermos Galiza.", "text": "Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, é a memoria viva dalgunhas das máis épicas loitas do pobo galego na segunda parte do século XX. Moncho vive pola memoria do seu compromiso político e o seu activismo popular. Pero Moncho foi tamén un cura. \"Un cura revolucionario\" ou \"un revolucionario cura\"? Ser cura no foi para el algo secundario: a forza do compromiso de Moncho Valcarce nace da súa fe cristiá. A súa identidade de cura e o seu compromiso revolucionario estiveron xunguidos. Pero, a pesares de pertencer á clerecía, non soubo entendelo a súa Igrexa. Tampouco o entenderon ben os camaradas da política, e o pobo só un pouco... aínda que, puxeran nunha das necrolóxicas dos xornais: \"Durma en paz... o que foi guía de xentes e sirva de exemplo ás xeracións\". Moncho Valcarce foi un militante político ao xeito dos vellos profetas bíblicos: subversivos da orde establecida, inxusto e opresor cos máis febles. De mozo, toma conciencia crítica da hipocrisía da clase á que pertence; esa sensibilidade social foi radicalizándose na descuberta e compromiso cun pobo e unha terra: \"A dura realidade que tropezas en Galiza, á luz do Evanxeo supón que ou estás cos pobres, cos oprimidos, ou estás co poder\" (Entrevista de Gumersindo Campaña, 1990). Este compromiso liberador supón: \"espertar no Pobo o espírito de corresponsabilidade social e crítico\". \"Fundirse co Pobo... darlle vida e arelas de prosperar\" e a promoción da xustiza e os dereitos humanos, individuais e comunitarios. \"Defensa dos dereitos dunha nación asoballadas por un Estado, que lle nega a soberanía\" (O compromiso sociopolítico dun presbítero nunha realidade concreta: Galicia, Salamanca 1988). Moncho foi un militante madurecido no sufrimento e na represión, como expresa nas páxinas do Caderno de Poio (1974): \"Loito pola liberdade que nace da miña fe cristiá, da miña fe na Palabra de Deus... Xesús estaba contra a orde establecida... A misión de Xesús segue onde a lingua e a cultura dun pobo é encadeada, cando non deixan a ese pobo ser protagonista\". [Podes ler a peza íntegra no número 295 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_50530", "summary": "A consulta á militancia para escoller secretari@ xeral estaba fixada para o 1 de xuño. Porén, ao ter que pasar a proposta polo Comité Federal que se reúne en xullo, a proposta do do Carballiño terá que se retrasar até o 7 de setembro. O consello extraordinario fica marcado para o 29 do mesmo mes", "text": "O secretario xeral do PSdG-PSOE, Pachi Vázquez, viuse avocado a adiar até setembro a convocatoria de primarias en Galiza para evitar o veto de Ferraz. Así o recoñeceu no Comité Nacional que se celebrou esta sexta feira en Compostela, onde o carballiñés a consulta para o 7 de setembro e o congreso extraordinario para o 29 do mesmo mes. Sinalou Vázquez que \"hai un acordo sobre a nosa proposta\" porque \"dentro dun ano\" preguntar á militancia será norma do partido á hora de escoller @ secretari@ xeral, mais \"nós non podemos agardar tanto\", até a reforma dos estatutos. Por isto, explicou, Madrid \"fará unha excepción con Galiza\", onde despois da consulta se convoca a xuntanza extraordinaria. O PSOE non permite \"primarias\" senón \"unha consulta á militancia\". Porén, Pachi Vázquez enfatiza que \"no fondo, é o mesmo\". O documento aprobado na xuntanza desta sexta debe ser transladado ao Comité Federal, cuxa convocatoria está prevista para xullo, condición que \"obriga necesariamente\" a adiar as datas que o secretario d@s socialistas galeg@s achegara en marzo: consulta o 1 de xuño e congreso extraordinario o 6 de xullo. A proposta de Vázquez ficou apoiada con 131 votos a favor e 8 votos en contra, fronte a 71 abstencións que discutiron a data da convocatoria. Vázquez presentou as primarias como \"un procedemento pioneiro no socialismo español\" que se desenvolverá exclusivamente na Galiza. Porén, haberá que agardar pola benzón de Madrid."}
{"ID": "NOS_30702", "summary": "\"Quixemos ser responsábeis\", asegura Pancho Casal a Nós Diario. \"Propuxemos o domingo 19 para que toda a campaña electoral se produza cando xa estea levantado o estado de alarma no Estado\".", "text": "\"Por responsabilidade había que dar unha resposta, non simplemente oporse a Feixoo\", di a Nós Diario o portavoz de En Marea Pancho Casal. A reunión da pasada quinta feira entre o presidente da Xunta e as forzas políticas galegas a respecto de retomar as eleccións adiadas do 5 de abril resolveuse co único apoio desta formación á proposta de Alberto Núñez Feixoo de pór as urnas no mes de xullo. Pancho Casal salienta que había que elixir \"o menos malo\" e \"non pórse de perfil\". Así, explica que había \"tres alternativas\": votar en xullo, aprazar as eleccións ao outono ou votar cando haxa \"garantías sanitarias\". Aquí Casal apunta que iso último \"non vai suceder até que non haxa unha vacina e todas as galegas estean vacinadas\", algo que aprazaría os comicios galegos \"até o inverno do ano que vén como mínimo\". \"Quixemos ser responsábeis\", conclúe a respecto da data do 19 de xullo que desde En Marea propuxeron na xuntanza de onte para realizar as eleccións á Presidencia da Xunta. \"Propuxemos o domingo 19 para que toda a campaña electoral se produza cando xa estea levantado o estado de alarma no Estado\", indica, para engadir que desde o PP se inclinan máis polo día 12 de xullo para pór as urnas. \"A cuestión é que a Galiza non quede sen Goberno. O máis sensato, o máis serio e o máis responsábel é elixir a data menos mala, e o resto é electoralismo\", salienta Casal. Votar con \"garantías\" Neste sentido, o ex deputado de En Marea no Parlamento da Galiza (pois a Cámara está disolta e el non forma parte da Deputación Permanente) aclara: \"Non lle dixemos que si a Feixoo, contestamos á pregunta. Aquí non hai certezas, e quen diga o contrario minte, hai opcións con máis seguridade ou menos. Consultamos con epidemiólogos e o que nos din é que en xullo a probabilidade de máis contaxios é baixa e que no outono é máis alta\". En Marea solicitou onte a Feixoo que no decreto de convocatoria dos comicios inclúa unha \"cláusula suspensiva\" para \"dilucidar na terceira ou cuarta semana de xuño\" se hai que volver suspender as eleccións pola situación da COVID-19. Desta maneira, tamén reclamaron que as votacións se produzan \"coas máximas garantías\". \"Cremos que é posíbel facer cabinas para a xente que está nas mesas, poñer medios de hixienización e máscaras de protección para que o proceso electoral se realice con todas as garantías\", argumenta Casal. \"E se non votamos en xullo que pasa? Que vai pasar en setembro despois de que 200.000 ou 300.000 persoas de zonas máis afectadas pasen o verán na Galiza?\", incide Casal, que lembra que a finais de setembro remata o período para convocar eleccións. \"Non podemos quedar sen Goberno na época máis dura na historia para o país\", asegura. Concorrer nunha \"plataforma\" Por outra banda, En Marea debate se vai concorrer ás eleccións nesta ocasión despois de anunciar que non participaría nos comicios que tiñan que terse realizado o pasado 5 de abril coa marcha do seu líder, Luís Villares. A formación celebrou \"asembleas telemáticas\" a pasada fin de semana nas que \"máis de 150 persoas\" participaron nunha \"reflexión\" colectiva que levará a tomar unha decisión \"nos vindeiros días\". \"Mudou todo\", asevera a Nós Diario Pancho Casal, que salienta que \"En Marea quere participar no proceso de reconstrución da Galiza\". \"En abril decidimos non presentarnos por xenerosidade coas tres alternativas que había pero, en este momento, consideramos que nos últimos meses non evidenciaron que sexan unha verdadeira alternativa a Feixoo\", agrega. Pretenden artellar unha \"plataforma\" ou \"coalición\" na que participen \"movementos municipalistas\" así como asociacións e partidos políticos para lograr \"un chamamento máis transversal\" á cidadanía galega."}
{"ID": "NOS_29859", "summary": "Na canteira de Paredes, desde onde se divisa a Illa de San Simón con toda a súa historia, será o próximo domingo 16 de marzo o espazo escollido para o primeiro acto colectivo da Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa para a primeira homenaxe ás vítimas do concello.", "text": "A asociación A Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa promove a primeira homenaxe ás vítimas da represión franquista do concello o próximo domingo 16 de marzo ás 18.30 na canteira de Paredes cun acto no que intervirán Tareixa Carro, Pepe Álvarez Castro, Luís Bará e Xosé Mª Álvarez Cáccamo coa intervención musical do grupo de pandeireteiras Adonairare Creado recentemente, A Regaduxa ten como obxectivo a recuperación da memoria histórica de Vilaboa, en especial, dos nomes das vítimas, as formas de violencia e os espazos da memoria da represión que se produciu despois do golpe militar de 1936. No acto do domingo, leranse os nomes das persoas da localidade que foron represaliadas. Entre San Simón e Figueirido A Regaduxa está a recompilar a memoria oral a través das distintas parroquias do Concello e documentar as tipoloxías da represión e nomes das vítimas. A memoria local constrúese coas historias de persoas que foron asasinadas, encarceradas, padeceron represión física, psicolóxica ou económica ou tiveron que se exiliar da súa terra. Arredor de Vilaboa instaláronse centros de represión durante o franquismo como foron o campo de concentración de San Simón ou o cuartel de Figueirido ademais doutros espazos como o Peirao de Santa Cristina, as curvas da Regaduxa, Portas ou a Revolta da Tiroida, dos que están a documentar a súa historia. Nos seus obxectivos atópase organizar actos por parroquias sobre a represión en cada unha delas ou sobre temas próximos como a historia da Illa de San Simón ou o cuartel de Figueirido e erguer un monumento como memorial democrático e homenaxe á memoria das persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo."}
{"ID": "QUEPASA_199", "summary": "Recoñeceu o aumento dos casos de violencia de xénero durante a corentena", "text": "Este xoves 5 de maio, nos #DirectosQPC, como cada martes e xoves continuamos a rolda de alcaldes e alcaldesas da comarca, para analizar como os Concellos poden axudarnos a paliar esta crise á que xa nos enfrontamos. Estivemos en Cee, coa alcaldesa, a socialista Margarita Lamela, que cumple case un ano na alcaldía cun goberno en minoría, nun momento ademais no que a tensión no pleno estáse axitando. A rexedora comezou explicando como se vive unha situación tan extraordinaria como que estamos vivindo e destacou que durante a corentena si aumentou a problemática da violencia de xénero, e o Concello mesmo tivo que axudar a algunha vítima a atopar casa. A entrevista quixo afondar sobre o momento de tensión emerxente que está tendo o pleno ceense despois dun comezo de lexislatura bastante máis tranquilo do que apuntaban a disposición de grupos. Lamela non acepta as críticas da oposición ao completo e considera que \"o goberno dende o primeiro día estivo en contacto coa oposición, e mesmo realizáronse varias comisións dende o 17 de abril\". Batiu contra todos os responsables dos grupos da oposición, e mesmo criticou a falta de preparación dalgún deles sinalando ademais que \"non vin esa participación de querer participar con propostas\". Volveu incidir sobre a idea da posible moción de censura, a pesar que dende a oposición nos diga constantemente que \"non hai nada\". Lamela considera que \"o modus operandi de Antonio Domínguez é o mesmo, como fixo en 2001. Non quere facilitar o labor do goberno, faino pensando sempre nunha moción de censura, e ter os orzamentos aprobados é moito mellor\". En clave económica debullou as propostas máis significativas que está levando o Concello para axudar a paliar a crise, como suspender as taxas (a das terrazas vaise suspender para todo 2020), o canon dos bares, os arrendamento durante a corentena dos locais municipais do Centro Comercial, ou as novas páxinas webs para visibilizar o comercio e os negocios locais. Explicou a moción (que non saíu adiante) de trasladar as competencias en materia de urbanismo (do solo rústico) á APLU, pero apurou que terá que sacar de novo a praza de arquitecto técnico para reforzar unha \"saturada\" oficina técnica. Sobre as medidas a tomar nas praias, considera que \"na Costa da Morte xa temos o costume de alonxarnos os uns dos outros así que imos esperar\".En clave de conciliación, únese á reinvidacións de varios o Concellos de información sobre os protocolos para desenvolver campamentos e espera que cheguen a tempo para comezar en xullo. Tamén analizou a situación do Mercado Dominical, pensando nesa chamada \"tiranía dos domingos\" que obriga aos comercios a abrir 7 días á semana. Explicou que mantivo reunión cos comerciantes como cos representantes do mercadillo, que lle deixaron claro que o sábado non podían e que outro concello colindante se ofrecera para facer o mercado en domingo se Cee non quería\". A economía que moven as arredor de 3.000 persoas que pasan por Cee cada domingo obrigan a tomar calquera modificación con cautela. Fixo unha explicación clara, sinalando que o retraso da sinatura do Concello de Muxía coa Autoridade Portuaria sobre a estrada a Touriñán vai provocar un retraso nas obras. \"Non hai que enganar aos veciños\", dixo en alusión ao anuncio do concello muxián esta semana."}
{"ID": "NOS_42757", "summary": "Formoso solicita impulsar as potencialidades da Galiza para reducir \"a dependencia do gas ruso\".", "text": "A Xunta ten que \"pór enriba da mesa un plan de choque\" que inclúa medidas deseñadas para paliar o impacto na economía galega do conflito bélico que está a desenvolverse en Ucraína, reclamou onte o secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia, Valentín González Formoso. Nunhas declaracións efectuadas ao final dos actos organizados en Ferrol polo Día da clase obreira galega, Formoso cualificou de \"situación límite\" para os sectores produtivos galegos a suba dos prezos da enerxía que atribuíu á guerra no país eslavo, polo que urxiu os Gobernos galego e estatal a buscar solucións, especialmente, \"plans de apoio aos sectores económicos para reducir os custes enerxéticos e desenvolver os potenciais da Galiza\", subliñou, como o sector gandeiro, pesqueiro ou do transporte. Potencial enerxético Asemade, fixo un chamamento a \"por unha vez sentarnos todas as forzas políticas nun curto prazo para poñer en marcha medidas\" que exploten o potencial enerxético e de materias primas do país que permitan reducir a \"dependencia do gas ruso e dos mercados internacionais\". Non obstante, a dependencia do gas natural que provén de Rusia é unha problemática que atinxe ao centro de Europa, mais non á Galiza ou ao Estado. Defensa dos traballadores Amais, con respecto ao Día da clase obreira galega, Formoso incidiu en que é preciso \"regar a flor da democracia e da liberdade permanentemente\", e destacou que esta loita está \"personificada en Daniel e Amador, que no ano 72 deron a súa vida por unha serie de valores que temos a obriga de preservar porque nunca están suficientemente garantidos\", así como pola defensa das traballadoras e traballadores. Impacto dos xurros Pola súa parte, o deputado Pablo Arangüena criticou que a Xunta continúe \"negando o problema medioambiental dos xurros\", incluso co \"evidente impacto\" que ten a contaminación por xurros en cursos fluviais e acuíferos da Galiza. Con todo, esta situación \"tende a máis\", denunciou, \"pola falla dunha verdadeira política de control medioambiental e, sobre todo, de tratamento destes residuos\"."}
{"ID": "NOS_41039", "summary": "N.G.C, de 54 anos, precipitouse desde 5 metros de altura. CIG protestara hai dúas semanas nesa obra para denunciar as condicións laborais dos traballadores.", "text": "N.G.C, de 54 anos e natural de Canarias, faleceu esta cuarta feira, 5 de xullo, candoe staba a traballar nas obras de ampliación da autoestrada AP-9 na Ponte de Rande após precipitarse desde unha altura de 5 metros. Até o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias e sanitarios, mais nada se puido facer pola vida deste operario que traballaba para unha subcontrata. Hai apenas dúas semanas, a CIG desenvolveu unha actuación en Rande para chamar a atención sobre as condicións laborais \"de explotación\" que se dan nesta obra, e que xa foron denunciadas no parlamento de Galiza. O sindicato advertía do perigo para a integridade física dos operarios que supoñían as xornadas laborais de até 12 horas, en moitos casos a unha altura de 60 metros e a pleno sol. \"Aínda que se cumprisen todas as medidas de seguridade, que tampouco é o caso, os excesos de xornada provocan fatiga e cansanzo que en moitas ocasións están detrás dos acidentes laborais, neste caso con consecuencias fatais\", censura Xoán Xosé Melón, secretario nacional da CIG-Construción. Para Melón, o acontecido nesta cuarta feira é \"a crónica dun accidente anunciado\" xa que, segundo denuncia, \"dábanse todas as condicións para que se producise un sinistro tan grave como o que tivo lugar\". De feito, segundo relatan os compañeiros do falecido, o mes pasado tivo lugar outro accidente laboral nas obras, aínda que nesta ocasión foi de menos gravidade. Con todo, un operario perdeu varias falanxes dunha man."}
{"ID": "NOS_46351", "summary": "O empresario cobrará esta segunda feira 406 millóns pola última retribución do exercicio que abona a empresa os seus accionistas. Os orzamentos do departamento de Beatriz Mato para 2014 son de 720 millóns de euros.", "text": "Amancio Ortega ingresará este ano 813 millóns de euros en concepto de dividendos de Inditex, a compañía que fundou. Unha media por riba dos dous millóns de euros diarios. Nesta segunda feira, o empresario vai cobrar 406 millóns de euros pola última retribución do exercicio 2013 que entrega Inditex os seus accionistas. Estes 813 millóns de euros son case 100 millóns máis que os orzamentos que ten a Consellería de Traballo e Benestar para 2014, por volta de 720 millóns de euros (14 millóns menos que en 2013). Ortega recibe estes 800 millóns a través das sociedades Gartler e Partler, segundo sinala Europa Press, median te as que posúe o 59,2% do accionariado de Inditex. Esta empresa vai repartir neste 2013 entre as e os seus accionistas máis de 1.371 millóns de euros a conta dos resultados do ano pasado. Isto supón 2,20 euros por título (un 22% máis que no exercicio anterior)."}
{"ID": "PRAZA_7324", "summary": "Os recortes na atención a persoas dependentes e ás súas coidadoras, afectarán de xeito desigual a homes e mulleres. A cronificación desta situación terá un profundo impacto, en diferido, sobre a saúde colectiva e especialmente na saúde das mulleres.", "text": "Todo o que era sólido está en risco. Os dereitos laborais, a sanidade e a educación, a protección dos parados, os discapacitados e os dependentes: ao amparo da crise -que eles mesmos provocaron-, os voitres da especulación financeira e os seus cómplices da política están procedendo a unha expropiación dos nosos dereitos cívicos. Hai intereses poderosos empeñados, con axuda dos seus sicarios políticos, \"en desbaratar o modelo de benestar social europeo, de modo que a saúde, a educación, as pensións e os servizos públicos se convertan en fabulosas posibilidades de negocio\" (Muñoz Molina ). Neste contexto podemos preguntarnos si a crise afecta de xeito desigual á saúde das mulleres. Os datos indican que en España se está producindo un retroceso na igualdade de xénero. Nun artigo recente dous expertos da Escola Andaluza de Saúde Pública destacaban que \"as taxas de actividade e de emprego son menores en mulleres que en varóns, as mulleres cobran menor salario polo mesmo tempo traballado, dedican máis tempo ás tarefas domésticas e son as principais coidadoras das criaturas e as persoas dependentes nos fogares\". Consideran que o desemprego, a precariedade, os recortes na protección social (gardarías, educación, pensións, atención a dependentes) afectan de xeito desigual a mulleres e varóns. A responsabilidade do coidado das familias recae habitualmente sobre as mulleres. E o 49% das mulleres que coidan a persoas con limitación da súa autonomía ocúpase diso en solitario. Neste contexto, os recortes na atención a persoas dependentes e ás súas coidadoras, afectarán de xeito desigual a homes e mulleres. A cronificación desta situación terá un profundo impacto, en diferido, sobre a saúde colectiva e especialmente na saúde das mulleres. O que parece claro é que a crise provoca enfermidade. E produce angustia. O paro, as dificultades relacionadas coa vivenda, as penurias materiais e a incerteza polo futuro sitúan a un grupo crecente de persoas en situación de desamparo. Hai estudos que reflicten un empeoramento da saúde mental e ata un aumento dos suicidios (no crack de 1929 suicidáronse banqueiros e inversores saltando dos rañaceos; agora suicídanse as vítimas mentres eles continúan o seu enriquecemento obsceno). Os expertos detectan un incremento dos casos de depresión, de ansiedade e de consumo abusivo de alcohol. O uso de psicofármacos tamén se disparou. As dificultades para conseguir emprego e para facer fronte á hipoteca aumentaron os trastornos de saúde mental. E parece que hai elementos dabondo para sospeitar que a crise afecte máis ás mulleres que aos homes. Con este panorama resulta desolador comprobar como as respostas a esta situación desesperada veñen dadas por aqueles que a provocaron e mantéñena no tempo. María Luísa Lores, nun excelente artigo, revélanos que o Banco de Alimentos está vinculado ao gran capital e controlado pola Fundación Lealtad: \"o padroado desa Fundación fórmano a construtora OHL, o presidente de Bankinter, o Banco Santander, Mutua Madrileña, Inditex, Telefónica e PwC. Boa parte dos presidentes dos bancos de alimentos de España están vinculados ao Opus Dei\". As empresas e os bancos, que actúan con voracidade contra os traballadores e as clases desfavorecidas, aparecen agora (aliados co sector máis reaccionario da Igrexa), como almas caritativas que traballan contra o infortunio (mentres conseguen substanciosas desgravacións fiscais). Así se completa o círculo depredatorio. Eliminan o Estado de benestar, exprópiannos dereitos consolidados e substitúen a xustiza pola caridade. Pasamos de cidadáns a súbditos e deberiamos estar agradecidos pola xenerosidade dos poderosos, que nos aportan a súa protección. Quédanos, tamén, o \"Rastrillo del Nuevo Futuro\", onde a aristocracia mestúrase co artisteo para exhibir o seu corazón magnánimo. Ese é o mundo que queren recuperar os actuais gobernantes. Un mundo antigo baseado en relacións de dominio: o pobo dominado polos poderosos, a muller baixo o dominio do varón. A ese mundo quérennos regresar e teremos que impedirllo. Entre todos e todas."}
{"ID": "PRAZA_18069", "summary": "O barrio da Magdalena será peonil desde as 15 horas do venres 21 ata a noite do domingo 23. O Goberno municipal presentou o pasado ano o seu proxecto de peonalización, buscando reverter a crise poboacional e comercial do seu centro A Semana da Mobilidade, da Coruña a Compostela ou Pontevedra", "text": "A Semana da Mobilidade, da Coruña a Compostela ou Pontevedra ENTREVISTA | \"A peonalización é un modelo de cidade que funcionou en todas partes\" O centro histórico de Ferrol será peonil entre este venres ao mediodía e a madrugada do domingo ao luns. Co gallo do Día sen Coches o Goberno municipal impulsa esta experiencia piloto, que acompaña de aparcamentos disuasorios nos arredores do barrio da Magdalena, a gratuidade dos autobuses urbanos e numerosas actividades relacionadas coa Semana da Mobilidade. O pasado ano o Concello de Ferrol presentou o seu proxecto de peonalización, co que busca reverter a crise poboacional e comercial do seu centro e seguir así o camiño aberto por cidades como Pontevedra ou Compostela. Este pasado mes de xuño A Coruña completou a peonalización da súa Cidade Vella e tamén Ourense vén de aprobar a prohibición dos vehículos motorizados en varias rúas do seu centro. Ferrol é unha das urbes con menos rúas peonís e está a ficar como unha excepción, unha das poucas cidades nas que a meirande parte do seu casco histórico está aínda aberto ao tráfico rodado. O barrio da Magdalena será peonil desde as 15 horas do venres 21 ata a noite do domingo 23 Esta fin de semana, dende as 15 horas do venres, todo o barrio da Magdalena será peonil. Ás rúas que xa teñen esta condición (Real, Dolores, Galiano, Carme e Manuel de Cal e parte de María e Magdalena) uniranse o resto das vías nun perímetro comprendido entre as rúas Igrexa e Sol, Arce e Lugo. Habilitaranse outras dúas vías de subida por Rubalcava, onde se ubicará a parada dos taxis a carón da igrexa do Carme, e de baixada pola rúa Coruña. ermitirase o acceso a residentes, carga e descarga e vehículos de servizo. Haberá un reforzo de axentes a pé de rúa para informar en todo momento a veciñanza. Todas as liñas de bus urbano serán gratuítas durante o venres \"coa vontade de concienciar a cidadanía e fomentar o uso do transporte público, no día a día, nas rutinas laborais e escolares e recuperar o espazo da cidade para os peóns con menos fumes\", destacan dende o Concello. O Goberno local vén de anunciar, ademais, a construción dun novo aparcamento disuasorio, situado no barrio de Canido, na rúa Alegre, que conterá 165 prazas de aparcamento e que suporá un investimento de 128 mil euros. Unirase ao aparcamento disuasorio xa existente en Sánchez Aguilera (320 prazas) e aos provados de Cantón de Molíns (386), Praza de España (625) e os dos Mercados da Magdalena e Irmandiños (295). Marchas ciclistas, roteiros pola cidade, xogos na rúa, aulas de educación vial, charlas e concursos completarán a programación desta Semana da Mobilidade en Ferrol. O Goberno municipal presentou o pasado ano o seu proxecto de peonalización, buscando reverter a crise poboacional e comercial do seu centro \"Un barrio peonil, aberto, activo e atractivo é un polo de atracción para asentar novos residentes e novos negocios\", destacábase o pasada anos dende o Concello de Ferrol, no momento en que se presentou o proxecto de peonalización. \"A peonalización é un modelo de cidade que funcionou en todas partes\", subliñaba a concelleira María Fernández Lemos en conversa con Praza, destacando que o barrio \"ten unha escala perfecta para levar a cabo unha peonalización, pois \"todas as zonas son moi doadamente accesibles dende o perímetro no que si se permite a circulación de coches\". \"Se non o facemos nós, terá que facelo quen veña despois. Por responsabilidade temos que poñernos en serio con este proxecto\", concluía a concelleira de Urbanismo, que cre que \"sempre vai haber xente contenta e xente descontenta con estes procesos. E moitos dos descontentos, unha vez que pasan os meses, cambian de opinión. Os gobernos deben ter frialdade e decatarse de que xogan con tempos distintos\"."}
{"ID": "NOS_42850", "summary": "Unha interpelación parlamentaria de En Marea urxe á Administración galega a avanzar na recuperación das minicentrais e centrais hidroeléctricas nas que van rematando as concesións.", "text": "Os expedientes de reversión das explotacións hidroeléctricas dos saltos de Ponte Inferno, no río Verdugo, de Güimil, no Lambre, da Castellana, no Mandeo, e de Fervenzas, no Vexo, están na fase de información de compatibilidade co plan hidrolóxico da bacía, segundo revelou na comisión de economía do Parlamento galego a directora de Augas da Galiza, María Gutiérrez López a unha pregunta do deputado Francisco Casal, do grupo mixto. A directora de Augas da Galiza, que administra a demarcación Galiza Costa, non detallou os prazos nos que esa reversión se producirá, malia que as concesións caducaron hai anos: Fervenzas, no 2010; Güimil (2012), Castellana (2016) e Ponte Inferno (2017). Tampouco explicou se algunha das empresas concesionarias tiña presentado alegacións desde que se iniciaron os expedientes. Despois de que durante a pasada lexislatura e a actual, o BNG instara á Xunta a contemplar a posibilidade de recuperar os aproveitamentos hidráulicos que van caducando, e dunha ILP presentada pola CIG, a interpelación de Francisco Casal serviu para poñer de manifesto a lentitude do procedemento. \"A norma fixa en 18 meses o prazo para resolver, pero a realidade, non só na Galiza senón en todo o Estado, é que a tramitación leva entre tres e seis anos. Porén, os procedementos nos que as empresas concesionarias pretenden renovar si que se axilizan\", dixo o deputado, e puxo como exemplo das facilidades que atopan as eléctricas o caso dos Peares, \"no que cunha simple ampliación de potencia de apenas dez megavatios, a concesión renovouse por 50 anos máis\". As competencias de Augas da Galiza Mais Os Peares non está xestionado por Augas de Galiza, senón pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), \"e aí non ten competencias a Xunta\", explicou María Gutiérrez, \"estamos no consello reitor, pero non temos competencias en virtude do principio de xestión por unidade de bacía, que no caso do Estado español vén do século XIX e foi confirmado pola normativa europea\". Gutiérrez relatou as tres opcións que contempla a lei cando se inicia un proceso de reversión: eliminar o obstáculo e restituír os terreos ocupados; conservar parte por interese patrimonial ou ambiental; e conservar a presa e continuar a explotación hidrolóxica. Esas tres posibilidades son as que se están a analizar nos catro casos que competen a Augas de Galiza. \"É a fase máis delicada do procedemento. De aí sairá unha proposta para o futuro de cada aproveitamento. Imos caso por caso. Non pode haber unha pauta xeral. Do que se trata é de que a explotación reverta no interese público e lograr unha rendibilidade social, patrimonial ou ambiental\". María Gutiérrez apuntou como exemplo a xestión dun aproveitamento en Caldas de Reis, que se construíu como obra pública, o concesionario paga un canon e parte reverte nos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña: case 400.000 euros a repartir entre os tres no ano 2018. Unha proposta de xestión: comunidades enerxéticas locais Casal urxiu a Augas de Galiza a ir asumindo a xestión pública, ofreceu como unha das fórmulas posíbeis a explotación a través de comunidades enerxéticas locais, unha figura, dixo, \"que noutras comunidades está a recibir financiamento público para se desenvolver\", e avisou de que a próxima gran concesión que caduca é a das Conchas, na Baixa Limia (pertence á CHMS). O deputado de En Marea rematou lembrando que o salto de Güimil fora \"expropiado\" á familia de José Miñones, empresario da Costa da Morte asasinado na Coruña despois do golpe do 36, en beneficio de Pedro Barrié de la Maza, antes de que o banqueiro constituíra Fenosa. A concesión dese salto, de 1929, chegou até 2012 en mans de Gas Natural, a antecedente de Naturgy."}
{"ID": "PRAZA_18387", "summary": "Tal e como prognosticaban as enquisas da última semana, o ultradereitista Jair Bolsonaro (Partido Social Liberal) tornou este domingo no 42º presidente da República Federativa do Brasil cun 55,14% dos votos fronte aos 44,86% do candidato do Partido dos Trabalhadores, Fernando Haddad HEMEROTECA | Eleccións no Brasil: ultradereita, esquerda doente e mulleres combativas", "text": "HEMEROTECA | Eleccións no Brasil: ultradereita, esquerda doente e mulleres combativas Tal e como prognosticaban as enquisas do Ibope e do Datafolha da última semana, o ultradereitista Jair Bolsonaro (Partido Social Liberal) converteuse este domingo no 42º presidente da República Federativa do Brasil cun 55,14% dos votos fronte aos 44,86% do candidato do Partido dos Trabalhadores, Fernando Haddad. Os resultados non sorprenderon. Dende hai dous meses, as sondaxes máis importantes do país apuntaban ao Capitão como líder indiscutible da contenda electoral. A tendencia afianzouse tras o acoitelamento do líder, o pasado 6 de setembro nun acto de campaña en Juiz de Fora e polo que estivo hospitalizado en São Paulo até o pasado 29 de setembro. O PT tentou até o último momento conquistar e convencer a un electorado profundamente anoxado, que estaba disposto a esquecer os grandes logros dos gobernos de Lula con tal de castigar e condenar aos petistas polos diferentes casos de corrupción. De pouco serviu a estratexia do PT de apelar á defensa da democracia como casa común: o candidato da ultradereita venceu cun 55,14% dos votos De pouco serviu a estratexia do PT de apelar á defensa da democracia como casa común dos brasileiros e brasileiras. Aínda que a iniciativa foi secundada in extremis por numerosos intelectuais, profesores, artistas, políticos e mesmo polo ex-presidente do Supremo Tribunal Federal, Joaquim Barbosa, esta non foi suficiente para mudar o parecer de millóns de persoas decepcionadas coas institucións e a política tradicional, das que din \"sentir vergonha e nojo\", tal e como afirmaba onte Henrique Sadi nun colexio electoral de Brasilia. Bolsonaro, nunha imaxe divulgada pola súa candidatura / PSL O ultradereitista Bolsonaro gañou tras unha campaña asimétrica, de guerra total liderada en todo momento polo candidato do PSL, que empregou todo tipo de ferramentas maliciosas Nunha campaña electoral asimétrica chea de fake news, violencia política e guerra total contra os adversarios, a axenda estivo liderada en todo momento polo candidato do PSL, que empregou todo tipo de ferramentas maliciosas -financiamento ilegal de fake news contra Haddad a través do WhatsApp sufragado por un conglomerado de empresas-, ameazas directas aos contrincantes invitándoos aos exilio -\"se queren quedar, van ter que colocarse baixo as nosas leis. Ou marchan de aquí ou van para o cárcere\"-, ou intimidación a medios de comunicación como a Folha de São Paulo, quen descubriu o financiamento ilegal da campaña dos Whatsapps. Ao ex-rexedor de São Paulo só lle quedou un ínfimo dereito á defensa, sen case transcendencia mediática e marcada pola pedagoxía da protección dos valores xustos dunha sociedade democrática. Desorientados ante as novas estratexias e cun desconcerto absoluto ante os plans do adversario, o PT perdeu as elección pero foi un digno contrincante que se intentou reinventar e non esmoreceu até ben chegado o final. Múltiples celebración e futuro incerto O resultado, coñecido ás sete horas da tarde do Brasil, foi seguido polo estoupido de centos de bombas de palenque en todo o país, recreando a imaxe sonora do que será unha nova etapa chea de incerteza. Ao longo da tarde, as inmediacións da vivenda de Bolsonaro na Barra de Tijuca, en Rio de Janeiro, enchéronse de centos de persoas preparadas para comezar a festexar. O mesmo aconteceu nas principais cidades do país. Con bandeiras do Brasil e vestindo as cores nacionais -verde e amarelo- os seguidores do ex-militar proferiron cánticos contra o PT como \"chora, PT\" ou \"vai pra Cuba que o pariu\" e corearon en alusión ao novo presidente \"ô, ô, ô, Bolsonaro é amor\" mentres facían selfies co polgar e o anular estirados, simulando unha arma, símbolo da campaña do líder do PSL. Os medios de comunicación, Folha de São Paulo, e Rede Globo foron atacados verbalmente durante as celebracións. Haddad, tras confirmarse a derrota / PT Os seguidores do ex-militar proferiron cánticos contra o PT como \"chora, PT\" ou \"vai pra Cuba que o pariu\" mentres facían selfies co polgar e o anular estirados, simulando unha arma Jair Bolsonaro fixo o seu primeiro pronunciamento público dende a súa casa a través do Facebook Live. O escenario escollido estaba acompañado de catro libros: a Constitución Brasileira, a Biblia, O Mínimo Que Você Precisa Saber Para Não Ser Um Idiota de Olavo de Carvalho e Memórias da Segunda Guerra Mundial de Winston Churchill. Referíndose aos exemplares o novo presidente brasileiro dixo nunha declaración de intencións: \"Nós fomos declarados vencedores desse pleito. E o que eu mais quero é, seguindo ensinamentos de Deus, ao lado da Constituição brasileira, inspirando-me em grandes líderes mundiais, e com uma boa assessoria técnica e profissional ao seu lado, isenta de indicações políticas de praxe, começar a fazer um governo, a partir do ano que vem, que possa realmente colocar o nosso Brasil em lugar de destaque\". Tamén aproveitou para criticar á prensa e aos opositores afirmando que gañou \"alguém sem um grande partido, sem fundo partidário, com grande parte da grande mídia o tempo todo criticando, colocando-me muitas vezes próximo a uma situação vexatória\". Ademais engadiu que \"não poderíamos mais continuar flertando com o socialismo, com o comunismo, com o populismo e com o extremismo da esquerda\". Xa no seu discurso na rede nacional cheo de relixiosidade, declarou que \"faço de vocês minhas testemunhas de que esse governo será um defensor da Constituição, da democracia e da liberdade. Isso é uma promessa, não de um partido. Não é a palavra vã de um homem. É um juramento a Deus. A verdade vai libertar este grande país\" e continuou facendo unha chamada á unión onde mencionou a varios dos colectivos a os que agrediu durante a campaña dicindo que \"liberdade é um princípio fundamental. Liberdade de andar nas ruas. Liberdade de ir e vir em todos os lugares. Liberdade de empreender. Liberdade política e religiosa. Liberdade de informar e ter opinião. Liberdade de fazer escolhas e ser respeitado por elas. Este é um país de todos nós, brasileiros natos e de coração. Brasil de diversas opiniões, cores e orientações\". Posteriormente engadiu que \"não existem brasileiros do Norte nem brasileiros do Sul. Somos todos uma só nação. Uma nação democrática\". Haddad: \"Não tenham medo, nós estaremos aqui, estaremos de mãos dadas com vocês, nós abraçaremos a causa de vocês\" Bolsonaro tamén fixo referencia á chamada de felicitación que recibiu por parte do seu admirado presidente dos Estasdo Unidos, Donald Trump. \"Acabou de nos ligar e nos desejou boa sorte e, obviamente, foi um contato bastante amigável\". Intervención de Bolsonaro difundida a través de Facebook Live e YouTube tras a vitoria Pola súa parte, Fernando Haddad, na súa intervención após coñecer o resultado falou para os seus votantes afirmando que \"eu coloco a minha vida à disposição deste país\". \"Não tenham medo, nós estaremos aqui, estaremos de mãos dadas com vocês, nós abraçaremos a causa de vocês. Contem conosco. Coragem. A vida é feita de coragem\". E continuou facendo alusión á campaña solicitándolle aos seu seguidores \"não aceitem ameaças nem provocações\" e \"lembrando o Hino Nacional\", di que \"verás que um professor não foge à luta\". \"Nem teme, quem adora a liberdade, a própria morte\" concluiu. Nun país dividido só queda agardar se Bolsonaro, que xa falou con Trump, cumprirá as súas promesas autoritarias, racistas, homófobas e clasistas Nun país dividido, onde unha boa parte da sociedade se sentiu fortemente atacada e desprezada polo ex-militar durante a campaña electoral, e onde a violencia cara ás minorías e os adversarios se viu lexitimada polas declaracións incendiarias do agora presidente, so cabe esperar cales serán os primeiros pasos a dar. Se ben cumprirá as promesas antidemocráticas, autoritarias, racistas, homófobas e clasistas que proferiu, ou se ben moderará o seu discurso e tentará políticas de reconciliación. En calquera dos casos, conta coa segunda maior bancada do parlamento e estará apoiado tamén polo sector relixioso, o agronegocio e os militares, sumando un bo reforzo para chegar ao Planalto o próximo xaneiro. Mentres tanto, diferentes OING de defensa dos dereitos humanos como Amnistía Internacional, ou Human Rights Watch, alarman do perigo que supón ter a Bolsonaro á fronte do Brasil definíndoo como unha \"pésima noticia para a democracia\" despois de \"promover abertamente a violación de dereitos fundamentais de minorías, mulleres, negros e gays\". Green Peace pola súa parte quixo poñer o foco sobre as consecuencias que pode ter esta escolla electoral nas condición medioambientais do país e fundamentalmente na preservación do Amazonas. O Capitão avanzou hai dúas semanas que fusionaría o Ministerio de Medio Ambiente co de Agricultura, sacaría ao país do Acordo de París e permitiría deforestar unha parte maior do Amazonas para poñela a producir."}
{"ID": "NOS_19381", "summary": "O decreto do Goberno español aprobado polo Congreso para a administración dos fondos europeos de recuperación recibiu a opinión \"favorábel\" do Consello do Estado, pese a que PP e Cs dicían que o seu ditame sería \"demoledor\". Porén, o Consello é crítico e alerta da falla dun mecanismo de control sobre os fondos que prevé o decreto.", "text": "O Consello de Estado comunicou a súa \"preocupación\" ante a \"eliminación ou modulación de mecanismos de control en materias tan sensíbeis como a contratación administrativa, os convenios administrativos ou as subvencións\", levada a cabo polo Goberno español no decreto sobre a administración dos fondos europeos de recuperación. Así figura no informe realizado pola Comisión Permanente do Consello de Estado, a 21 de decembro. No ditame examínase o expediente relativo ao proxecto de Real Decreto polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. O decreto foi validado o 28 de xaneiro polo Congreso, nun pleno en que o PP acusou o Goberno de ocultar o informe do Consello de Estado. Este organismo fíxoo público esta segunda feira, 1 de marzo, coa advertencia de que se deben implementar \"todas as medidas precisas para garantir unha adecuada e eficiente asignación dos recursos procedentes dos fondos europeos\". O informe recoñece que o decreto do Goberno \"merece no seu conxunto unha opinión favorábel\", mais reprocha que permita que a tramitación de proxectos presentados continúe aínda no caso de que os informes preceptivos non se cheguen a emitir no prazo previsto. Por iso, o Consello opina que o convenio non se debería realizar mentres non se emitan os informes preceptivos. Nese sentido, ve preferíbel mesmo reducir o número de informes exixidos antes que mantelos todos cunha formulación pouco clara. \"O que non parece acertado é que a simplificación de trámites se acompañe, necesariamente e en todo caso, dunha significativa redución dos diferentes mecanismos de control previstos no ordenamento para garantir unha recta asignación dos fondos recibidos, conforme a dereito e axustada ao marco orzamentario, parecendo a este Consello máis razoábel que, con carácter xeral, a reforma se centre nunha simplificación e axilización dos aspectos procedimentais\", explica o ditame."}
{"ID": "NOS_8195", "summary": "As chamas arrasaron todas as vivendas deste lugar.", "text": "As lapas dos incendios que afectan o concello de Folgoso do Courel calcinaron as vivendas do núcleo de Vilar. Trátase dunha zona con especial afluencia no verán, na que persoas doutros lugares da Galiza e o Estado español construíron segundas residencias. Veciñanza da zona sinalou a Nós Diario que, se ben durante o ano só tres ou catro domicilios están ocupados, no período estival ese número triplícase ou cuadriplícase. Na imaxe interactiva que vén a continuación pódese comprobar como as chamas arrasaron varios deses fogares e que son un reflexo dese \"antes e despois\" de Vilar. Foto: @enriquez_fra / Twitter Aliás, segundo puido saber Nós Diario, un centenar de persoas tiveron que ser desaloxadas nos núcleos de poboación próximos aos incendios de Vilamor e pasar a noite nun pavillón, resgardadas das lapas e do fume."}
{"ID": "NOS_50927", "summary": "O Eo-Navia é o territorio de A Comuna del Barruzo. Este libro disco, impulsado pola galega Ugia Pedreira (Foz, 1970), é o primeiro cantado na Fala, o galego asturiano, e \"unha oda á ruralidade como fonte auténtica de recursos para supervivencia\".", "text": "O proxecto nace dun encargo de Mialma Produciois a Pedreira. \"Precisaban material escolar para os colexios dos concellos do occidente de Asturies\", relata a Sermos Galiza, \"onde teñen como materia na escola o galego asturiano\". Ademais, engade, había a necesidade \"de fomentar a autoestima a respecto da Fala, que é como se lle chama\". Para iso, ela e o seu compañeiro bretón Pierrot Rougier, bretón, compuxeron dez cancións, algunhas con letras de poetas do lugar como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Álvarez. As formas inspíranse nos folclores galegoastur, bretón, indio ou gaélico e mais con detalles de música de cámara, reggae, rag-time e pop rock. E colaboran Quim Farinha ou Rosa Cedrón. \"Non é un proxecto só para crianzas, senón que fala de cousas que sucederon, que suceden\", explica Pedreira. A Comuna del Barruzo relata tamén \"unha alabanza á natureza, ao seu máximo respecto e coidado\" e traza \"unha apoloxía dos contrastes e as diferenzas\". \"Percorrín o lugar e centreime en coñecer historias, lendas, o patrimonio, a paisaxe\", sinala. As cancións dedícanse aos Seres Máxicos, \"que protexen a quen mora na comuna e son responsábeis de manter os valores necesarios para a boa convivencia\". A Nena Pisquela, O ser das Ervas ou Gargallú son tres deles. E os valores, a curiosidade e a variación motora da intelixencia, a non exlusión de ningún ser, tolerancia co aburrimento, ou a aceptación de todas as emocións. \"Tamén temos en conta a diversidade funcional\", di Ugia Pedreira, \"porque nesta zona tamén hai xente con discapacidades funcionais\". E unha enorme variedade instrumental que \"crea diferentes paisaxes sonoras adpatdas á temática de cada Ser Máxico\": cromorno antigo, diferentes guitarras, sitar, cello, frautas, mandolinas, pandeiretas, caixón, pandeiros, violinos, asubíos, carracas, sintetizadores ou samplers. As zonas estremeiras non son tal, a dicir de Ugia Pedreira, para quen é xustamente a Fala a que o demostra: \"Cando estudaba esta parte de Asturias alucinaba coa cantidade de palabras que hai que tamén se din na Mariña, como o barruzo\". Que, segundo o diccionario da Real Academia Galega, significa \"chuvia miúda\". Nota: ilustración dedicada á canción A Nena Piskela."}
{"ID": "NOS_4451", "summary": "Máis de 500 delegados e delegadas de ducias de países tomaron parte no cumio que nestes días decorreu en Caracas.", "text": "Estes días decorreu en Caracas o Congreso Bicentenario dos Pobos e a XIX cimeira de xefes de Estado e de Goberno da ALBA-TCP – Alianza bolivariana para os pobos de América- Tratado de comercio dos pobos -, a alianza política, económica e social entre estados de América latina e o Caribe do que fan parte unha decena de países. Unha xuntanza celebrada no marco do 200 anos da Batalla de Carabobo, que consolidou o camiño de Venezuela cara á súa independencia de España. O Congreso sumou na capital venezolana organizacións, sindicatos, movementos e activistas de todas as partes do mundo para construír unha \"axenda común\" na que fixar 10 \"grandes metas\" para a esquerda antiimperialista e anticolonial. No marco do Congreso, no que tomaron parte máis de 500 delegados e delegadas procedentes de diversos países, houbo diferentes debates en mesas sectoriais e no plenario, así como manifestos e resolucións. No manifesto clave desta cita, 'De Caracas ao mundo: Manifesto do Bicentenario da Batalla de Carabobo' hai unha referencia explícita ao \"lexítima loita\" da Galiza pola súa autodeterminación. \"Manifestamos a nosa solidariedade cos pobos de Porto Rico, Galiza, País Vasco, Cataluña e as Illas Canarias na súa lexítima loita pola autodeterminación\". Ao encontró acudiron convidadas delegación de diferentes formacións, como o BNG, EH Bildu ou a CUP. Rubén Cela, que asistiu en representación da Fundación Galiza Sempre o Bloque, apuntaba que a importancia desta resolución aprobada no Congreso reside en que \"formaría parte dos acordos q se votaron conxuntamente da XIX cimeira da ALBA-TCP, é dicir, entre outros, o presidente de Venezuela, de Nicaragua ou Bolivia votaron a favor do noso dereito á autodeterminación\" ALBA está integrado por Cuba, Venezuela, Bolivia, Nicaragua, Dominica, Antigua e Barbuda, Granada, San Cristóbal e Neves, e Saint Vicent & Granadines."}
{"ID": "PRAZA_17007", "summary": "Se España non tivera que pagar tales xuros (que o BCE fora un autentico banco central e non un lobby da grande banca europea como é realmente) a débeda pública española sería perfectamente sostible.", "text": "\"Non podemos ter unha débeda de mais de 700.000 millóns de euros (….) cando chegue ao goberno unha das miñas prioridades será reducila débeda pública\" (Mariano Rajoy, 2011) Segundo os datos oficiais, a débeda pública española está, febreiro do 2018, nos 1,15 billóns de euros que equivalen ao 99% do PIB, máximo histórico. Unha débeda que cando estourou a crise (2008) situábase no 39,5% do PIB (0,45 billóns de euros), o que nos mostra que durante todo este tempo tivo un incremento do 160% (0,70 billóns de euros). Si agora tomamos como referencia o ano 2011, data da chegada de Mariano Rajoy ao Palacio da Moncloa, cando a débeda estaba nos 0,75 billóns de euros equivalentes ao 69,5% do PIB, o incremento neste período foi, xa que logo, de 0,40 billóns de euros (155%). Que está pasando para que se produza tal incremento da débeda pública española?. En primeiro lugar, cómpre deixar ben claro que cando estourou a crise financeira, incluso nos anos inmediatamente posteriores, esta débeda nin era excesiva nin moito menos perigosa. De feito no ano 2010 a débeda pública española (60% do PIB) seguía sendo das mais baixas da eurozona cuxa media estaba no 85% do PIB (Francia: 82%, Alemaña: 83%, Italia: 119%, Portugal: 93%, Grecia: 143%). Por eses anos a débeda pública española non era, xa que logo, nin un problema macroeconómico nin político. En segundo lugar, hai que lembrar que as débedas públicas derivan dos déficits públicos quen a súa vez dependen dos ingresos e os gastos públicos. Un déficit público que no caso de España disparouse a partires do ano 2007 (+1,92, superávit), con valores que pasaron do -4,5% do PIB (2008) a valores próximos ao -10% (2009-2012) para logo baixar a porcentaxes do -5/-6% do PIB (2012-2016). Velaí as razóns macroeconómicas que explican o seu imparable crecemento (39,5% do PIB no ano 2008, 69,5% no 2011, 98,3% no 2017): os continuos déficits públicos. Déficits públicos derivados non tanto de incrementos no gasto público como, moi especialmente, de caídas nos ingresos públicos. En relación ao gasto público destacar que dende que estourara a crise financeira (41,2% do PIB en 2008) aquel tivo un relativo ascenso (45% do PIB en 2014), para logo volver aos valores previos a crise (41,0% no 2017). Valores que confirman que o gasto público en España mantense en todo momento entre os mais baixos da Unión Europea (46% de media do conxunto, Francia: 56,5%, Alamana: 44%, Italia: 49%, Portugal: 46%). Valores que nembargante nin xustifican os incrementos habidos do déficit nin moito menos que a débeda pública se disparara de tal maneira. En relación aos ingresos públicos sinalar que durante a grande recesión tiveron unha caída media anual do 8%. Uns ingresos públicos (41% do PIB) que, dadas as características do sistema fiscal español, sempre se moveron moi por baixo das autenticas potencialidades da economía quedando así entre os mais baixos da Unión Europea (45%). A grande depresión so veu a acentuar un problema fiscal sistémico: España ten unha presión fiscal (33,5% do PIB) que está bastante lonxe da media europea (Eurozona: 40,2%, UE28: 39%). Volvendo ao gasto público resulta evidente que o seu ascenso (2009-2014) derivou tanto dun aumento no gasto en desemprego (+200%), froito de que por mor das políticas austericidas se disparara o mesmo (pasou do 8% ao 21%), como do gasto destinado ao rescate bancario (10% do PIB) e o gasto orixinado polos pagos debidos aos servizos da débeda pública (25% do PIB). Non menos relevancia tiveron os incrementos provocados polos mecanismos de axuda ao sector financeiro creados a maiores –amais do rescate- (compra de activos tóxicos: 20.000 millóns de euros, plan de avais: ata 100.000 millóns de euros…) e que foron posible grazas a o endebedamento do estado español. Débeda privada (bancaria) que se transformou, por mor do poder da banca, en débeda de todos (pública). Unha estafa mais. A importante caída dos ingresos públicos ven ocasionada polo desplume dos ingresos tributarios producidos dende 2008 (-13%) que provocaron tanto o crecemento do desemprego, como a caída dos salarios e do consumo como a creba de miles de pequenas e medianas empresas. Impacto superior que se explica polas características do sistema fiscal español, un sistema ineficiente e inxusto, que se apoia fundamentalmente nas rendas das clases traballadoras (o 85% dos ingresos por IRPF, o imposto mais relevante, procede das rendas do traballo) e non nas rendas de capital quen teñen un trato de privilexio. Un sistema fiscal que, ademais, ten un grave problema de fraude (a economía somerxida sitúase en cifras próximas ao 25% do PIB), nunha maior parte procedente das grandes empresas y fortunas, e que aínda se fixo maior durante a grande recesión. A debilidade dos ingresos públicos ordinarios leva a que para financiarse estados como España acudan con maior frecuencia a débeda pública. En realidade trátase dunha opción política: o goberno español para incrementalos ingresos públicos prefire acudir ao endebedamento en vez de afrontar a necesaria reforma fiscal tal que nos sitúe nos niveis medios europeos, o que permitiría de inmediato un incremento mais que notable dos ingresos fiscais (so con situar a fraude no nivel medio europeo recadaríanse 40.000 millóns de euros adicionais cada ano). A explicación está en que dita reforma, como sinalamos, tería que afectar maiormente as rendas altas algo que este goberno de M. Rajoy e C. Montoro non está disposto a facer por razóns obvias: intereses de clase. Pero a opción de endebedarse ten enormes custos. Coa creación da eurozona, tal e como quedara escrito en pedra no tratado de Maastrich, os estados europeos que a integran perderon soberanía monetaria e deixaron de ter (como por caso os Estados Unidos, Gran Bretaña, Xapón, China, etc.) bancos centrais que lle prestaran diñeiro. Agora (Capitulo II. Tratado Constitutivo da Comunidade Europea) é o Banco Central Europeo quen presta diñeiro pero a banca privada, quen con ese diñeiro compra débeda pública, claro que a xuros mais altos. Unha realidade que mete aos estados nunha crecente espiral debedora. Unha proba témola en que, a pesares dos fortes recortes no gasto público –os mais elevados do período democrático- que posibilitaron unha baixa relativa do déficit público (do -11% do PIB no 2009 ao -4,5% no 2016) a débeda pública española disparouse (do 53% do PIB ao 99%). A principal razón hai que buscala no custo dos servizos da débeda (a pesar da famosa \"expansión cuantitativa\" do BCE): dende que estourou a crise (2008) o custo desta partida para España incrementouse en mais dun 65% de tal xeito que a factura xa supera os 250.000 millóns de euros (25% PIB), cantidade equivalente a dúas veces os recortes habidos no gasto social. Pagos que explican como na actualidade por cada 100 euros de débeda pública acumulada mais do 60 euros corresponden a uns xuros cuxo pago (2016) xa representa o 9,5% do gasto total (5,3% en 2008). E a factura segue subindo: España paga cada vez mais pola débeda sen por elo evitar que esta siga medrando!. Velaí outra grande estafa: se España non tivera que pagar tales xuros (que o BCE fora un autentico banco central e non un lobby da grande banca europea como é realmente) a débeda pública española sería perfectamente sostible. Así de claro. Publicidade <a data-cke-saved-href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; target=&#39;_blank&#39;><img data-cke-saved-src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14&#39; src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14&#39; border=&#39;0&#39; alt=&#39;&#39; /></a>"}
{"ID": "NOS_42896", "summary": "Somos o segundo territorio con maior índice de accidentes laborais mortais e tamén segundos en sinistros graves. A precarización do mercado laboral galego nestes anos reforzou a posición do traballador como o elo máis feble.", "text": "Galiza está no podio estatal de sinistralidade laboral. Medalla de prata en accidentes laborais graves e medalla de prata tamén en accidentes con resultado de morte. Un medalleiro ben cumprido nas olimpiadas da precariedade laboral e dos seus efectos sobre as persoas traballadoras, como demostran os datos do primeiro trimestre de 2018 e os da evolución entre abril 2016-marzo 2018. O índice de incidencia (número de accidentes de traballo por cada 100.000 traballadores) sitúa a Galiza como segundo territorio do Estado con maior índice de sinistros graves: case 57, o duplo que a media estatal. Só Estremadura presenta aquí peores dados. E Galiza é tamén segunda en índice de incidencia de accidentes laborais mortais: 5,3; só por detrás de Cantabria. Para poñer o ramo, Galicia, mentres no conxunto do Estado o índice de incidencia total redúcese en 3,2%, en Galiza increméntase en 2,7%. En 2017 rexistráronse en Galiza máis de 27.000 accidentes laborais con baixa en xornada laboral. Unha cifra, digámolo así, contundente e que supón un incremento de 9,17% a respecto do ano anterior. No que vai de década (2010-2018) morreron en Galiza en accidentes laborais perto de 430 traballadores e máis de 3.700 sofreron feridas de carácter grave. Nese período, o exercicio con máis vítimas mortais fora o 2010 (64 persoas falecidas). Desde o gabiente de saúde da CIG teñen insistido en que a seguridade e a saúde no traballo teñen sido recoñecidas como un dereito fundamental e irrenunciábel no ámbito dos dereitos humanos. \"Quen consciente e premeditadamente atenta contra as mesmas está a cometer un delito imperdoable de lesa humanidade. Son infinitos os atropelos e abusos que a través das modificacións lexislativas e normativas propiciadas pola reforma laboral se están a cometer no ámbito do traballo, moitos deles directamente relacionados cos incumprimentos, distorsións e interpretacións mal intencionadas dos marcos xurídicos que regulan a seguridade e a saúde laboral dos traballadores/as\". Para a UXT \"resulta evidente que os anos de crise -que levaron a unha forte precarización do mercado laboral galego-, xunto coa imposición dunha Reforma laboral -que só trouxo precariedade e situou ao traballador na parte máis débil da balanza en relación ao empresario, incluso lle restou moitos dos instrumentos de loita que tiña ata o momento-, están detrás desta realidade\". Dende a perspectiva económica, a sinistralidade laboral cóstalle ao Estado español entre 15 e 20 mil millóns de euros ao ano, dependendo das fontes consultadas. Isto é, un custo equivalente entre 1,5% e o 2% do PIB do Estado. Debido á peor prevención e a maior sinistralidade, estas porcentaxes de custo triplican ás que se producen nos Estados da nosa contorna europea."}
{"ID": "NOS_46713", "summary": "Renfe estabelece plans alternativos de transporte por estrada neste período, no que se acometerán traballos de mellora na rede ferroviaria.", "text": "O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre este 10 de xaneiro e o vindeiro 10 de maio, debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Por iso, Renfe estabeleceu plans alternativos de transporte por estrada para as persoas afectadas, en concreto, desde as 8 horas desta segunda feira até as 14 horas do 10 de maio. O ente ferroviario indicou que se ofrece a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional —se é para a mesma clase, no caso de modificalos—, \"se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes\". Con todo, Adif e Renfe lamentan as \"molestias ocasionadas aos viaxeiros\". Así o informou Adif nun comunicado, no que explica que durante este período de actuacións nas infraestruturas, que inclúe obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles, e en vía para permitir a electrificación do treito entre Monforte e Lugo Mercadorías, de 75 quilómetros de lonxitude. \"A execución desta fase de obras é incompatíbel co tráfico ferroviario, xa que leva consigo o levantamento da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, alén da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria\", aclara Adif. As actuacións de mellora que levan a cabo no tramo en servizo Ourense-Monforte-Lugo teñen como obxectivo, engade, \"cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe\". Por outra banda, acometerase neste período a renovación da cabeceira norte da estación de Monforte de Lemos, onde se substituirán dez desvíos por outros de tipo P de última xeración e a renovación das vías 1, 2, 3 e 4. Todas estas obras, destaca Adif, \"contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS), como é o número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiábeis, sostíbeis e de calidade\". Adif apuntou que a electrificación do treito Monforte-Lugo vai ser financiada pola Unión Europea, a través dos fondos Next Generation. Traslados por estradas Entre o 10 de xaneiro e o 9 de maio os trens Alvia e Intercity que pasen polo tramo en obras comezarán e rematarán viaxe en Monforte de Lemos, como os que saen e chegan a Lugo. Os traballos nese treito tamén afectarán usuarios de convois de media distancia, que serán trasbordados por estrada."}
{"ID": "PRAZA_12857", "summary": "Nin falar de suprimir deputacións. Máis ben todo o contrario. A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) propón que estes organismos aumenten as súas competencias para asumir algunhas daqueles concellos que carezan de medios para prestar servizos e que conten con menos de 20.000 habitantes. 293 dos 315 municipios do país veríanse afectados por esta medida.", "text": "Nin falar de suprimir deputacións. Máis ben todo o contrario. A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) propón que estes organismos aumenten as súas competencias para asumir algunhas daqueles concellos que carezan de medios para prestar servizos e que conten con menos de 20.000 habitantes. De aprobarse a proposta, o 93% dos concellos galegos perderían competencias en favor das deputacións. En concreto, 293 dos 315 municipios do país veríanse afectados por esta medida ao ter menos de 20.000 habitantes, polo que tan só 22 deles prestarían os mesmos servizos que prestan na actualidade. O obxectivo, segundo a FEMP, é que as devanditas deputacións suplan os municipios \"só en aquelas competencias que non poidan ser exercidas por eles mesmos\". A FEMP defende \"a supervivencia dos concellos como institucións políticas\" e considera \"insuficiente\" o papel das deputacións Nun informe que vén de facerse público, a FEMP non só non avoga pola fusión de municipios, senón que aclara que defende a supervivencia dos concellos como institucións políticas, aínda que constempla que os de menor tamaño \"poidan perder a súa estrutura administrativa para que sexan outras entidades as que a asuman\". \"A gran diversidade da tipoloxía municipal non debe considerarse como algo negativo, senón como un reflexo da realidade que suprimindo concellos non vai cambiar porque os asentamentos de poboación seguirán sendo os mesmos\", asegura o documento, que considera \"insuficiente\" a definición do papel das deputacións, dos cabildos e dos consellos insulares, \"o que lles impediu desenvolverse como institucións complementarias dos municipios\". O informe da FEMP pretende contribuír á idea do Goberno central, que traballa desde hai meses na reordenación das administracións públicas para \"cumprir o principio de 'unha administración, unha competencia\". Así, pide \"un pacto político\" polo que Estado e autonomías se comprometan a cumprir a lexislación na que se determine a autonomía, as competencias e o financiamento dos concellos e as entidades locais. \"A supresión dos municipios non modifica a realidade do país; os asentamentos de poboación seguirán sendo os mesmos\" A proposta da FEMP vai na liña dos plans que o Goberno acaba de enviar á UE para a reforma da Administración Pública e na que xa se fala de quitar competencias na prestación de servizos públicos a pequenos concellos para controlar mellor o gasto e asegurar o cumprimento do déficit público. No entanto, a idea de suprimir e fusionar concellos non entra nos plans da FEMP, malia que a Xunta, modelo seguido por Rajoy nas medidas de axuste, apostou por ela promovendo unha unión entre os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras da que nada se sabe tras os anuncios iniciais. A aposta da FEMP é clara. \"A supresión de municipios non modifica a realidade do país; os asentamentos de poboación seguirán sendo os mesmos, teñan ou non a consideración xurídica de municipios, e as dificultades que iso entraña para a prestación de servizos aos que todos os cidadáns teñen dereito, tamén\", di, apostando por ceder competencias locais a entes maiores en lugar de asumilas conxuntamente entre varios concellos. Ademais, a FEMP pretende tamén establecer con claridade as materias sobre as que os concellos deben exercer as súas potestades, evitando así duplicidades e gastos superfluos. Para logralo, ofrece un listado de 24 competencias que deberían ser exclusivas dos concellos, aínda que unha lei sectorial estatal ou autonómica podería modular ou incrementar esta listaxe. Nesta lista inclúese urbanismo, medio ambiente, abastecemento de auga potable, infraestruturas viarias, benestar e asistencia social primaria, seguridade e policía local, protección civil, tráfico, transporte de mercadorías, políticas activas de emprego, promoción turística ou o padrón municipal. Ademais, a FEMP aclara que na listaxe non se inclúen actividades e servizos que os concellos realizan \"por imposición legal, pero sobre os que non exercen potestades, como o mantemento ou conservación dos colexios públicos ou a dotación de medios materiais aos xulgados de paz\". Poboación dos concellos galegos (IGE) Número de concellos Habitantes Total 315 2,8 millóns Até 2.000 habitantes 94 125.000 2.001 a 5.000 habitantes 106 345.000 5.001 a 10.000 habitantes 58 400.000 10.001 a 20.000 habitantes 35 500.000 20.001 a 50.000 habitantes 15 427.000 50.001 a 100.000 habitantes 4 348.000 100.001 a 500.000 habitantes 3 652.000"}
{"ID": "PRAZA_3357", "summary": "Unha sentenza dá a razón a Redondela e anula a esixencia de empadroamento, e outra rexeita unha petición similar de Mos, as dúas non firmes e recorribles ante o Tribunal Superior de Galicia", "text": "Unha sentenza dá a razón a Redondela e anula a esixencia de empadroamento, e outra rexeita unha petición similar de Mos, as dúas non firmes e recorribles ante o Tribunal Superior de GaliciaO 5 de febreiro o xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo anulou, tras un recurso do Concello de Redondela formulado cando alí aínda gobernaba o PP, a esixencia de empadroamento na cidade como condición imposta polo Concello de Vigo para obter a tarxeta de transporte que ofrece descontos no transporte urbano. Apenas unha semana despois, o 13 de febreiro, outro xulgado paralelo, o Contencioso-Administrativo número 2, rexeitaba un recurso similar imposto por outro concello gobernado polos populares, o de Mos. As dúas son sentenzas non firmes que poden ser recorridas ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), polo que estas non foron máis que outras dúas batallas da longa guerra entre o PP e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A sentenza de Redondela ampárase no que Caballero denomina \"lei anti Vigo de Feijóo\", que di que \"non se poderán establecer bonos sociais atendendo a criterios exclusivamente territoriais\"A sentenza que dá a razón a Redondela fronte a Vigo constata que a esixencia de empadroamento na cidade para desfrutar da tarxeta de transporte que dá acceso ás bonificacións do transporte urbano é contraria a un precepto introducido polo PP na lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta para 2017. \"En ningún caso se poderán establecer bonos sociais atendendo a criterios exclusivamente territoriais, como a residencia\", sinala esa norma, que Caballero considera unha \"lei anti Vigo de Feijóo\".A sentenza de Mos sinala que o transporte urbano queda fóra do ámbito de aplicación da lei autonómica de 2017Pola contra, a sentenza que rexeita o recurso de Mos, malia facelo por considerar que o Concello non o presentou correctamente, tamén entra no fondo da cuestión para concluír que \"os veciños de Mos nin contribúen ao sostemento [...] do transporte urbano de Vigo, nin tampouco lles asiste o dereito a esixir a súa prestación por ese Concello do que non son veciños. Se non están lexitimados, no sentido máis amplo, para reclamar a prestación do servizo público, menos aínda o estarán para discutir as súas tarifas\". Unha conclusión á que chega a sentenza a instancia de Mos tras sinalar, entre outras consideracións, que a lei autonómica de 2017 \"carece de competencias\" sobre o transporte urbano. Á espera dos posibles recursos e o pronunciamento de tribunais superiores, a esixencia de empadroamento permanece en suspenso en aplicación dunha medida cautelar avalada polo TSXG en decembro de 2018Máis alá desas consideracións de fondo nas que entra a sentenza de Mos, o xulgado o que fixo foi inadmitir o recurso dese Concello por consideralo presentado fóra de prazo e por falta de lexitimidade, xa que renunciou a formulalo como administración e optou por facelo como persoa xurídica, o que para o xulgado o inhabilita. Malia pronunciarse as dúas sentenzas sobre cuestións xurídicas distintas, as dúas ofrecen respostas dispares sobre a cuestión de fondo de se o requisito imposto polo Concello de Vigo vai contra a non discriminación establecida pola lei galega en 2017. As dúas sentenzas son non firmes e recorribles ante o TSXG, o encargado de desempatar sentenzas discrepantes semellantes. Mentres, en aplicación doutra sentenza previa cautelar do propio TSXG de decembro de 2018, a esixencia de empadroamento permanece en suspenso."}
{"ID": "PRAZA_15566", "summary": "Os duros recortes aplicados polo PP afectan a todos os sectores. Durante este ano 2012, saíron á rúa sindicatos, traballadores e unha morea de indignados, pero tamén colectivos pouco afeitos á protesta que levantaron a súa voz ante as medidas de axuste. Colexios médicos ou avogados son o último exemplo.", "text": "Galicia está na rúa. Desde hai xa meses, boa parte da sociedade galega responde con protestas e mobilizacións ás duras medidas de axuste e recorte -tinguidas de ideoloxía- que os gobernos do PP levan aplicando desde a chegada de Mariano Rajoy ao Executivo central. Pero, a diferenza doutras épocas, non só a clase obreira, os sindicatos ou os colectivos sociais máis activos están a amosar o seu rexeitamento ás políticas da dereita que xorden desde a Xunta ou desde a Moncloa. Desta vez, ata asociacións pouco afeitas á protesta levantaron a voz. Incluso algunhas claramente achegadas ás ideas conservadoras. Colectivos pouco afeitos á mobilización ou incluso vinculadas á dereita amosáronse moi críticos coas políticas do PP E fano dunha maneira rotunda e dura. O último exemplo chegou nesta última semana, cando o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, pouco afeito á reivindicación, emitiu un duro comunicado no que cualificaba de \"irresponsables\" as medidas levadas a cabo polo Goberno galego, como a redución salarial do 4% aos funcionarios, e no que aseguraban que é \"ética e moralmente reprobable manter o irracional aparato administrativo do Estado e o indecente número de cargos públicos a conta da saúde pública dos cidadáns\". A través dun comunicado titulado Así non, e colgado na súa páxina web, os médicos colexiados da Coruña amosaron o seu \"enérxico rexeitamento\" ao novo recorte salarial e á \"falta de coraxe\" dos gobernantes por non responder ás demandas do colectivo sanitario. Esta crítica chegaba pouco despois de que os sindicatos médicos CESM e Omega avisaran a Xunta de que os recortes na sanidade pública \"pasaran xa a liña vermella\" e advertiran ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do \"dano\" que os axustes \"están a facer tanto á sanidade como aos seus profesionais\". Todo, entre protestas xeralizadas dos traballadores da Sanidade. Avogados, colexios e sindicatos médicos censuran con dureza os recortes da Xunta e do Estado Tamén nesta última semana, foron os avogados galegos os que cargaron contra o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, ao que chegaron a cualificar de \"non demócrata e arrogante\" e logo de criticar o seu \"tufiño ditatorial\". Foi despois de que o Consello da Avogacía Galega declarara persoa non grata o ministro e ao tempo que Antonio Platas, presidente dos letrados e decano do Colexio de Avogados da Coruña, comparecía ante os medios para, nunha dura declaración, explicar os motivos que levaron o colectivo a tomar esta drástica medida. \"Estou ata a médula de Gallardón; non o quero nin ver diante porque é un impresentable\", asegurou Platas, despois de censurar a instauración das novas taxas xudiciais, que cualificou de \"arbitrarias e inxustas\" e destinadas \"a foder os cidadáns agora en plena crise\". Os letrados galegos xa foran os pioneiros no Estado á hora de promover mobilizacións, que foron apoiadas tamén por xuíces, fiscais, ademais de por todos os sindicatos. Os avogados protagonizaron nas últimas semanas concentracións en contra da aprobación das taxas xudiciais por entender que limitan o acceso á Xustiza da cidadanía. Os pais apoiaron por primeira vez unha folga estudantil ao non enviar os seus pequenos á escola Porque os duros recortes afectan a todos os sectores, e aínda que as clases menos favorecidas están a sufrir máis os axustes económicos, case non hai colectivo que non se sinta atacado. Por suposto, tamén os empregados públicos. A última redución salarial -dunha media do 4% e logo de que Feijóo prometese non esixirlles \"máis sacrificios\"- esgotou a paciencia duns funcionarios que xa se mobilizaron no momento no que coñeceron a noticia, pero que prometen máis protestas durante estas festas de Nadal, a primeira o vindeiro xoves. Tamén promete volver ás mobilizacións a comunidade educativa, na rúa desde hai tempo polos recortes e tamén agora polo borrador da nova Lomce, a denominada Lei Wert, que acabou por quentar aínda máis os ánimos de profesores e alumnos. Pero tamén os dos pais, que hai dous meses, e por primeira vez, apoiaron unha folga no ensino ao non enviar os seus cativos á escola. Protestaron contra a reforma educativa e contra os continuos recortes aplicados na escola pública. A todos estes colectivos únenselle tamén os traballadores do sector bancario, afectados polos axustes de persoal impostos pola UE e o FROB para Novagalicia Banco, ou os afectados polas preferentes, que levan meses loitando por recuperar os seus cartos e que ven como nin a Xunta nin o Estado acaban de dar unha solución á súa estafa. E tamén os gandeiros, que levaron a cabo unha folga de entregas de leite, prexudicial para os seus intereses, pero inevitable ante a situación de asfixia que sofren as explotacións galegas. Todos protestan. Médicos, avogados, xuíces, fiscais, empregados públicos, profesores, alumnos, pais... E, por suposto, a clase traballadora que leva anos sufrindo axustes e precariedade. E moitos foron xuntos á última folga xeral, a do 14 de novembro, onde Galicia volveu liderar a indignación no conxunto do Estado con medio millón de persoas nas rúas das principais vilas e cidades. En 2013, todo parece indicar que as rúas volverán estar cheas. E nelas, volverá haber de todo."}
{"ID": "NOS_28649", "summary": "A presidenta da Asociación Médica de Sudáfrica asegura que os síntomas desta nova variante son \"moi débiles\"", "text": "A presidenta da Asociación Médica de Sudáfrica e unha das descubridoras da variante ómicron do coronavirus, a doutora Angelique Coetzee, chamou a evitar o \"pánico innecesario\" ante esta nova modalidade, cuxos síntomas son, segundo os datos que baralla nestes momentos, \"moi débiles\". \"O que estamos a ver en Sudáfrica e, lembremos, estou no epicentro, é moi débil. Para nós son casos leves\", declarou á cadea BBC. \"Estou bastante segura de que en Reino Unido\", onde se confirmaron dous casos, \"existe un pánico innecesario, aínda que dentro de dúas semanas podería estar a dicir o contrario\". Pouco antes, o ministro de Saúde británico, Sajid Javid, chamou á cautela tras avisar que existen motivos para pensar que as vacinas actuais son \"menos eficaces\" contra a ómicron e defendeu as medidas de restrición anunciadas onte polo primeiro ministro, Boris Johnson, entre elas o retorno á máscara. \"É unha aproximación proporcionada e equilibrada\", explicou a Sky News, aínda que recoñeceu que \"aínda non se sabe gran cousa\" máis aló do feito de que a Organización Mundial da Saúde (OMS), describiu a ómicron como unha \"variante de gravidade preocupante\". Respecto a as evolucións das últimas horas, Austria detectou o seu primeiro caso sospeitoso da variante nun viaxeiro que regresou ao Tirol nos Alpes desde Sudáfrica a semana pasada. Tras o recoñecemento inicial por parte do departamento de viroloxía de Innsbruck, apareceu sospeita específica de que podería tratarse da nova mutación do virus, segundo informaron as autoridades nun comunicado recolleito por ORF. Con todo, a confirmación require unha secuenciación adicional nos próximos días."}
{"ID": "NOS_34931", "summary": "O Cineuropa Compostela transmuta en festival competitivo por vez primeira. Haberá un palmarés honorífico, un confeccionado polo xurado Novo e un Oficial outorgado polo xurado internacional integrado por Gabriela Guillermo, directora; Imma Merino, xornalista e crítica de cinema; e o cineasta compostelán Alfonso Zarauza. Dentro do amplo abano de propostas, seccións, ciclos e sorpresas cinéfilas atopamos lugar destacado para o audiovisual galego. Curtas, estreas, o máis actual e unha retrospectiva sobre Alberte Pagán, Premio Cineuropa xunto Navad Lapid e Verónica Forqué. A continuación vai unha breve guía para marcar en vermello no calendario.", "text": "A primeira gran cita é última achega de Simone Saibene: Escribir o imposíbel, o 12 de novembro. Documental centrado no periodista e escritor Juan Tallón arredor do proceso de creación de Rewind, novela presentada dúas semanas antes do confinamento, e de como a fronteira entre a nova normalidade e a ficción acaba sendo difusa. O domingo 14, é tempo para unha clase maxistral de Alberte Pagán con retrospectiva da súa obra. O precursor do Novo Cinema Galego departirá sobre \"que é o cinema\" mentres se proxectan sete das súas curtas. Será o día 18 cando o Teatro Principal lle renda honores na entrega do Premio Cineuropa e proxección de Bs.As., documental centrado en Buenos Aires desde a perspectiva da emigración e a conexión coa Galiza. Na segunda feira día 15 vai Acorda, documental dirixido pola cantante Uxía xunto a xestora cultural e produtora Marina Carracedo. Un relato de memoria e dignidade a través de música, cancións e palabras asesorado pola escritora e periodista Montse Fajardo e narrado polo poeta e dramaturgo Lois Pérez, baixo realización de Lucas Terceiro. Na sexta feira 19 porá os dentes cairos ás fans do xénero de terror cun maratón no que destaca A noite do terror cego, filme de culto dirixido polo coruñés Armando de Ossorio, e a última sensación de Sitges: Jacinto, un slasher rural ideado por Javi Camino, e protagonizado por Pedro Brandariz, que vén de acadar o Premio do Público na Sección Panorama. O día previo á cerimonia de clausura está reservada para un dos pratos fortes do Cineuropa: a proxección de Malencolía O día previo á cerimonia de clausura está reservada para un dos pratos fortes do Cineuropa: a proxección de Malencolía, a última achega de Alfonso Zarauza que será precedida pola curtametraxe Flaneur en Compostela. Após a cerimonia de clausura do 24, veremos Que fixemos mal?, de Liliana Torres, dramedia coproducida por Isabel Coixet, Dani Froiz e María Zamora. Tres semanas de puro cinema nunha edición, a 35 xa, dedicada ao Totalitarismo."}
{"ID": "NOS_34570", "summary": "Aprobada unha moción para reprobar o PP por regresar ao Goberno local de Ourense. Votaron a prol da moción BNG, PSdeG, Ciudadanos e díscolos de Democracia Ourensá.", "text": "O Concello de Ourense realizou o seu pleno ordinario do mes de agosto, en que o BNG defendeu unha moción de reprobación ao PP por volver ao Goberno local que dirixe Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá (DO). Finalmente, a iniciativa saíu adiante cos votos de nacionalistas, PSdeG, Ciudadanos e díscolos de DO. O Partido Popular marchou do Goberno o pasado mes de setembro cando integrantes daquela de Democracia Ourensá levaron as contas do partido ante a Fiscalía e denunciaron irregularidades na xestión económica do rexedor ourensán. Con todo, os populares e Jácome reconciliáronse este pasado mes de xuño pouco antes de que a xuíza rectificase unha decisión inicial e detectase indicios de malversación. Mais, a pesar diso, polo momento os populares mantéñense no Goberno aludindo ao \"respecto máximo ás decisións xudiciais\" mais tamén \"á presunción de inocencia\", aínda que en setembro si marcharan do Executivo pola mesma investigación que agora está en marcha. Luís Seara, o portavoz do BNG en Ourense, foi o encargado de explicar todos estes antecedentes na súa moción á que titulou \"crónica dunha traizón anunciada\". Por todo iso, pediu a reprobación dos edís populares. As e os representantes de cada un dos partidos que debateron nesta moción puxeron o foco nas eleccións municipais de 2023. O primeiro foi Armando Ojea, o tenente alcalde e concelleiro por DO. Asegurou que \"afean a actitude\" do PP mais \"vendo o acordo da moción non podemos reprobar que volvesen ao Goberno\". O concelleiro de Ciudadanos, José Araújo, manifestou que \"isto vai acabar mal porque hai moitos egos\" e \"a personalidade política do alcalde é difícil\". Ademais, asegurou que o dos populares \"é unha papeleta\". O Partido Popular, pola súa banda, acusou ao BNG de \"ter superioridade moral\" e aproveitou a quenda para reiterar que o PP propuxo no seu momento que gobernase a lista máis votada. \"Hai unha cortina de fume tal que non ven os chourizos\", foi a resposta por parte do portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino. Precisamente o socialista foi quen encabezou a lista máis votada, mais o PP puxo como condición para pactar unha moción de censura contra Jácome que Villarino non for o candidato á Alcaldía. Cando Villarino accedeu a non ser candidato, o PP, en lugar de apoiar a moción, incrementou as exixencias e puxo nova condición: que Villarino entregase a acta de edil e renunciase á política municipal. O PSdeG acusou o PP de chantaxe e a marcha de Villarino non se efectuou."}
{"ID": "PRAZA_9152", "summary": "O PSdeG-PSOE, que o pasado ano denunciou sen éxito a situación ante a Valedora do Pobo, subliña que dende maio de 2015 só permitiu 5 dos 20 plenos aos que estaba obrigado.", "text": "O alcalde de Abadín, José María López Rancaño (PP) leva 8 meses sen convocar un pleno ordinario. Así o denuncia o PSdeG-PSOE, que lembra que o rexedor está a incumprir a lei, que o obriga a permitir a celebración de plenos cada dous meses. En concreto, o regulamento municipal establece que os plenos deben realizarse \"os últimos xoves de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro\" ás catro da tarde. Dende maio de 2015 só convocou 5 dos 20 plenos aos que estaba obrigadoNon é a primeira vez que isto sucede: en xaneiro do ano pasado os socialistas levaron a súa denuncia ante a Valedora do Pobo, nun momento que o Concello sumaba xa 10 meses sen plenos. Aquela denuncia semella que non tivo efecto no rexedor popular que dende maio de 2015, sinala o PSdeG-PSOE, só convocou 5 dos 20 plenos aos que estaba obrigado, un 25%. En concreto, estes tiveron lugar en xaneiro e setembro de 2016, en xaneiro de 2017, e en marzo e maio de 2018 (estes dous, polo tanto, inmediatamente despois das denuncias públicas de hai 12 meses).O voceiro do PSOE en Abadín, Pablo Díaz, acusa a López Rancaño de \"impedir a participación política\" no Concello. \"Nin defende a democracia nin respecta aos veciños que nos votaron para defender e dar voz ás súas demandas\", di o socialista, que lembra que aínda non foron aprobados os orzamentos do ano 2018 e tampouco o PXOM.O voceiro do PSOE en Abadín, Pablo Díaz, acusa a López Rancaño de \"impedir a participación política\" no ConcelloPablo Diaz estende as súas críticas aos dirixentes do PP na provincia de Lugo e en Galicia, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Alberto Núñez Feijóo, \"que non fixeron absolutamente nada para remediar este problema tan grave\", afirma o socialista que engade que \"entendemos que están de acordo coa postura do Alcalde e que apoian esta forma tan baixa de facer política\".O pasado ano, a presidenta provincial do PP en Lugo, Elena Candia, afirmou publicamente que non lle ía pedir explicacións a López Rancaño, pois o Concello de Abadín \"ten uns servizos xurídicos que velan polo seu funcionamento\" e, ademais, porque \"de maneira continuada bate récords en apoio dos veciños e veciñas\". A situación repítese noutros concellosElena Candia xustificou a situación en que o rexedor \"de maneira continuada bate récords en apoio dos veciños e veciñas\"A situación que se vive en Abadín non é a habitual, pero hai outros concellos galegos nos que se está a producir de forma semellante. Así, en novembro o PSdeG-PSOE tamén denunciou ante a Valedora do Pobo a negativa do alcalde de Outeiro de Rei (PP) a convocar plenos extraordinarios. Naquela localidade foran apenas tres os plenos non convocados e en decembro o rexedor si permitiu a realización do pleno. Iso si. os tres grupos da oposición -BNG, FLI (Foro Lugo Independente) e PSdeG-PSOE- criticaron que a convocatoria se adiantou cinco días ao previsto, impedíndolles presentar as súas propostas. Finalmente, víronse obrigados a rexistrar a convocatoria dun plenos extraordinario para poder introducilas.Máis longo foi o período sen plenos en Pazos de Borbén. Na derradeira semana de decembro a oposicion (Alternativa Veciñal e PSOE) denunciou que a localidade levaba xa seis meses sen celebrar plenos, acusando ao Goberno local de perder varios investimentos para o concello pola non convocatoria destas xuntanzas. Poucos días despois o alcalde permitiu finalmente a realización do plenoTamén San Amaro estivo o pasado ano máis de cinco meses sen plenos. Con todo, ningún destes concellos chega á situación vivida en Rairiz da Veiga, onde Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio estivo máis de cinco anos, entre 2010 e 2015, sen convocar estes plenos extraordinarios."}
{"ID": "NOS_21236", "summary": "A metade do persoal médico ten máis de 55 anos, e até 25% supera os 65 anos.", "text": "Centos de persoas marcharon na tarde desta quinta feira polas rúas de Ribeira, convocadas pola Plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza e mais SOS Sanidade Pública, para denunciar a situación \"cada vez máis precaria\" na que, aseguran, se atopan actualmente os centros sanitarios da comarca. Ao remate desta concorrida mobilización deuse lectura a un manifesto que aseguraba que hoxe é frecuente \"ter problemas para cubrir prazas de calquera especialidade médica e de enfermaría\". Neste senso, salientaron que, na actualidade, a metade das e dos facultativos colexiados teñen máis de 55 anos, e mesmo un de cada catro (24,5%) supera os 65 anos. \"Os tempos que están por vir espéranse peores que os actuais\", advertiron. O PP rexeita dotar de máis recursos a Atención Primaria \"Nesta situación o Sergas continúa facendo contratos que convidan a marchar as profesionais, tanto á sanidade privada como á pública noutras comunidades ou países\", criticaron. De feito, a falta de profesionais na Atención Primaria ten como consecuencia directa que \"cada vez sexa menos apetecíbel acceder a converterse en médica de familia\", apuntaron, por mor da \"sobrecarga de traballo\" á que se ven sometidas en ambulatorios como os de Ribeira ou Rianxo. \"Quedan moi lonxe os tempos en que Medicina de Familia era unha especialidade que se collía tanto nos primeiros números como nos últimos. Agora queda sempre para os últimos números, porque as novas médicas non queren embarcar nese barco en chamas que é a Atención Primaria actual\", advertiron desde a plataforma. Este é o patrón que segue Sanidade e que colapsará máis a Atención Primaria este verán Así, reclamaron a fin do \"desmantelamento\" dos centros de saúde de Cabo de Cruz, Taragoña, Xuño e Palmeira, así como unha atención hospitalaria \"de calidade e que adecúe os cadros de persoal ás cargas de traballo e recupere os procesos asistenciais eliminados\" no comarcal do Barbanza."}
{"ID": "NOS_46782", "summary": "Logo de 90 concertos polo país adiante, Caxade vén de ser seleccionado como representante galego no Festival Europeo da Canción en Linguas Minoritarias Suns Europe que se celebra en Udine (Friuli, Italia) o próximo 11 de decembro.", "text": "En Udine participarán nove bandas, entre as que se encontran propostas vascas, bretoas, occitanas e frisoas. A gañadora levará un premio de 2.000 euros e a participación en varios festivais europeos. Esta última opción faille especial ilusión a un Caxade que xa realizou 90 concertos en Galiza e Portugal desde que presentara en 2013 o seu disco 'Dança das moscas'. \"Saltar a Europa sen pasar por España sería moi bonito\", retruca mentres reflexiona sobre as dificultades de entrar no mercado musical español: \"España como estado debería ter abertos os ollos e as orellas ao que pasa nunha comunidade como a nosa, pero desgrazadamente iso non acontece. Gustaríame ir a España, pero non é a miña ambición\". \"Para min persoalmente é un paso moi importante, porque desde o quilómetro cero notei moito cariño no público e chegar a un festival coma este é un pasiño máis para a consolidación do proxecto\", explica Caxade, quen ademais valora o feito de que sexa un festival de linguas minorizadas dado que \"nos dá acceso a grupos que temos escaso acollemento no contexto no que nos movemos a diario\". Primeira edición do Suns Europe Esta será a primeira edición do Suns Europe, que substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acollerá diversas actividades do 25 de novembro ao 11 de decembro deste ano, entre a que destaca este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias."}
{"ID": "NOS_2451", "summary": "As formacións independentistas catalás queren partillar e debater as posicións que manterán na sesión de investidura de Pedro Sánchez. Rufián xa demandou a JxCat unha xuntanza para acordar unha «unidade de acción» de cara ás negociacións. Coa CUP xa teñen reunión prevista.", "text": "Baixo o obxectivo de reunirse e explorar unha unidade de acción do independentismo catalán tanto nas negociacións da investidura de Pedro Sánchez como na propia sesión no Congreso, Esquerra enviou unha carta para xuntarse con JxCat . Pola súa banda, a formación de Puigdemont pediu esta sexta feira, 15 de novembro, un cumio de todos os partidos independentistas para explorar unha posición conxunta fronte á investidura de Sánchez. A misiva de ERC asínaa o portavoz republicano no Congreso, Gabriel Rufián, e a portavoz de Esquerra, Marta Vilalta. Nela esperan que o encontro proposto sirva para avanzar na «unidade do independentismo para encarar os retos comúns» que deben afrontar, e confían en que sexan capaces de chegar a acordos que permitan avanzar cara á autodeterminación e a independencia. Na carta, Rufián e Vilalta chaman a ser conscientes da forza do independentismo e da responsabilidade que teñen coa maioría social en Catalunya. O comité negociador de ERC acordou tamén atoparse coa CUP de maneira oficial na vindeira semana e abordar as súas posicións na investidura do presidente do Goberno. A CUP realizou un chamamento esta quinta feira 14 de novembro ás forzas políticas soberanistas con representación no Congreso para impedir a investidura de Sánchez, bloquear a gobernabilidade do Estado e loitar pola amnistía, o dereito á autodeterminación e a defensa dos dereitos sociais. Polo de agora, as tres forzas independentistas sitúanse no voto en contra á investidura do líder do PSOE. A CUP non contempla ningunha opción de moverse do 'non', mentres que ERC pide ao PSOE un compromiso para estabelecer unha mesa de negociación sobre o conflito en Catalunya partindo da Declaración de Pedralbes e sen liñas vermellas."}
{"ID": "NOS_28299", "summary": "\"Non hai máis dramas\", sentenciou a deputada de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino, ao ser preguntada pola demisión da ex secretaria de programas do partido na Galiza. A crise no partido laranxa non dá tregua. Martín Amaro, da xunta directiva de Ourense destituída esta semana, anunciou que haberá máis saídas en todo o país debido á \"actitude ditatorial e pouco democrática\" do actual secretario de organización.", "text": "A noutrora fichaxe estrela de Albert Rivera para o seu partido na Galiza, Ángeles Fernández-Ramil, ex asesora da anterior presidenta chilena Michel Bachelet, anunciou a súa demisión como secretaria de programas de Ciudadanos na Galiza e a baixa deste partido. Fernández-Ramil situou os motivos da súa demisión nos mesmos que esgrimiu o ex líder da formación Toni Roldán a semana pasada cando anunciou a súa baixa, é dicir, amosouse contraria á negativa reiterada de Ciudadanos a facilitar a investidura de Pedro Sánchez. Fernández-Ramil ao igual que Roldán, defenden que Sánchez poida acadar a presidencia grazas a C's e así non ter que depender o goberno central de acordos puntuais e concretos coas forzas nacionalistas. \"Non se adecuaba aos ritmos que necesita agora o partido\" aseverou Pino de quen fora unha das máximas fichaxes que o partido enxalzou na Galiza. Mais a demisión de Fernández-Ramil foi cualificada desde Ciudadanos como \"unha dimisión forzosa\". Así o dixo a deputada pola circunscrición de Pontevedra no Congreso dos Deputados, Beatriz Pino, quen asegurou ademais que a súa saída debeuse á súa falta de ritmo de traballo. \"Non se adecuaba aos ritmos que necesita agora o partido\" aseverou de quen fora unha das máximas fichaxes que o partido enxalzou na Galiza. Ángeles Fernández-Ramil levaba á fronte da área programática desde 2018 e viviu entre a Galiza, Venezuela, España e Chile. Neste último país residiu 32 anos e nel desenvolveu a súa carreira como analista política, participando en múltiples debates públicos e foi a primeira muller presidenta da Asociación Chilena de Ciencia Política e traballou na Secretaría Xeral da Presidencia durante o goberno de Michelle Bachelet. A súa fichaxe polo partido laranxa foi posta en voga como unha grande oportunidade para precisamente \"cazar talento\" A súa fichaxe polo partido laranxa foi posta en voga como unha grande oportunidade para precisamente \"cazar talento\" para o crecemento da formación na Galiza con xente salientada en diversos ámbitos do pensamento, a innovación e o desenvolvemento. Para a deputada Beatriz Pino o departamento de Programas é \"vital\" na estrutura de calquera \"autonomía\", xa que é o \"punto de partida\", polo que require duns \"ritmos de traballo\" que quizais até o de agora \"non se podían estar a dar\". \"Non hai máis dramas\", sentenciou. Olga Louzao abandonou a portavocía esta semana Aínda que a concelleira en Lugo de Ciudadanos, Olga Louzao, asegurou a Sermos Galiza que a súa decisión de abandonar a portavocía do partido debíase a un desexo de querer centrarse no seu traballo político como edila en Lugo, o certo é que a súa renuncia produciuse no mesmo día, cuarta feira 3 de xullo, en que a cúpula do partido de Madrid e de Galiza destituíu a executiva provincial de Ourense. A ese respecto, a deputada Pino avanzou en declaracións aos medios que o secretario de organización do partido, Laureano Bermejo, anunciará nos vindeiros días quen é a persoa que ocupe o cargo de Louzao. En referencia á edila lucense, Pino asegurou que \"testa acumulación de papeis políticos e persoais facíase complicado en ocasións e así nolo fixo saber a propia Olga\", insistiu Pino, quen sinalou que desde Ciudadanos \"non hai máis que palabras de agradecemento\" polo seu labor e que \"seguirán contando con ela\" en Lugo. A dirección destituída en Ourense reclama a expulsión de Bermejo por \"actitude ditatorial\" Após a destitución da xunta directiva de Ciudadanos en Ourense por \"discrepancias\" coa dirección e \"abandono de funcións\", Pino asegurou que se debeu a unha \"petición directa\" dos propios afiliados ourensáns que \"fixeron aflorar\" a \"falta de traballo\" e o seu \"descontento\". Esixen que se abra un expediente disciplinario e de expulsión a Bermejo por abuso de poder Esta sexta feira 5 de xullo, un dos membros destituídos, Ignacio Martín Amaro, anunciou a súa baixa e asegurou que se producirán máis polo \"malestar existente\" tanto en Ourense, como en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Lugo, debido á \"actitude ditatorial e pouco democrática\" de Laureano Bermejo. Neste sentido, anunciou que a Xunta Directiva destituída \"inxustamente\" decidiu presentar un \"recurso de amparo\" ante o Comité de Garantías e Valores de Ciudadanos solicitando \"non só a anulación da disolución da Xunta Directiva, senón tamén que se lle abra un expediente disciplinario e de expulsión a Bermejo por abuso de poder, actuación antidemocrática e dano contra a honra dos seus compañeiros de partido\"."}
{"ID": "NOS_14217", "summary": "\"Fascistas, non sodes benvidos\" é o título do manifesto, no que exixen a HSM \"que non poñan un pé no noso país\". Hogar Social Madrid anunciou que acudiría a Galiza con \"axuda humanitaria\".", "text": "O anuncio de Hogar Social Madrid de que acudiría a Galiza con \"axuda humanitaria\" para as persoas afectadas pola vaga de lumes xerou unha ampla reacción de rexeitamento. Non só nas redes sociais, senón tamén na elaboración dun manifesto por parte dun grupo de traballadores forestais en que se rexeita esa visita: \"Fascistas, non sodes benvidos\". Máis de 1400 persoas asinaron a favor do comunicado en apenas 3 horas, entre elas destacan as 41 traballadoras en servizos de extinción, presidentes de comunidades de montes, 26 organizacións, asociacións e colectivos culturais, 30 cargos públicos e numerosas veciñas afectadas. \"Non estamos dispostas a que a traxedia vivida polo noso pobo nos pasados días lle sirva a esta calaña como escusa\" \"Rexeitamos rotundamente a axuda oferecida polo colectivo de carácter fascista e neonazi Hogar Social Madrid\", comeza o manifesto, no que se afirma que \"non estamos dispostas a que a traxedia vivida polo noso pobo nos pasados días lle sirva a esta calaña como escusa\". Definen Galiza como \"unha terra acolledora e fraternal, e quen sementa odio nas nosas rúas e agrede as nosas irmás e irmáns pola súa etnia, pola súa situación socioeconómica ou polo seu compromiso antifascista, non é benvido na nosa terra\". Critican o racismo e a xenofobia deste colectivo, así como a súa implicación en mobilizacións contra dereitos como o de autodeterminación dos pobos. Por iso, conclúe o comunicado, \"esixímoslles aos nazis de Hogar Social Madrid que non poñan un pé no noso país co fin de aproveitar a dor da nosa xente para sementar odio e división\". As sinaturas poden consultarse no ficheiro adxunto, \"Fascistas, non sodes benvidos\". Entre as persoas asinantes hai xefes de brigadas forestais, brigadistas, peóns forestais, enxeñeiros forestais, comunidades de montes e veciños de zonas afectadas pola vaga de lumes. Tamén cargos públicos e representantes de organizacións políticas, nomeadamente do BNG e En Marea, asinan o comunicado. Así como delegados e representantes de sindicatos como CIG ou CUT, ou de organizacións como Fruga, Erguer, APDR. entre outras."}
{"ID": "NOS_7136", "summary": "Comezamos con este texto da autoría do noso colaborador Rubén Permui unha serie de artigos, entrevistas e reportaxes sobre a campaña catalá baixo a rúbrica xenérica de #Catalunyadecide.", "text": "Esta sexta feira 11 de setembro arrincará en Catalunya unha apaixonante campaña electoral –se é que non comezou hai xa uns anos coas declaracións de intencións do ben coñecido procés– coincidindo cunha nova Diada masiva que concentrará na rúa seguindo a tradición a máis dun millón de persoas –ou cando menos seguro que a centos de miles– para berrar de novo, alto e claro, que queren a independencia do seu pobo. Malia os populosos acenos que constatan unha realidade que de novo será confirmada ao longo dos máis de 7 km da avenida Meridiana, o Estado e as súas tribunas afíns seguen a subestimar o que está a acontecer neste recuncho do Mediterráneo. Só hai que camiñar devagar por Barcelona e botar un ollo ao feixe de balcóns que de xeito permanente locen estalades, en boa medida descoloridas pola súa exposición ao sol e ás inclemencias do tempo ao longo dos últimos anos. A cidadanía non entende de eufemismos e a democracia presenta dúas opcións claras: a do \"si\" e a do \"non\". A cidadanía non entende de eufemismos e a democracia presenta dúas opcións claras: a do \"si\" e a do \"non\" Ben é certo que somos conscientes que as enquisas marcan tendencias e as máis das veces levan unha substanciosa condimentación e cocen ao ritmo dun estudado chup-chup. Ao longo destes últimos días, tantos medios de comunicación editorialmente a prol do \"non\" coma do \"si\" veñen de publicar diversos estudos de intención de voto. Independentemente da cantidade de sal ou pementa, todos coinciden no ingrediente favorito do menú para estas eleccións. A totalidade das enquisas predín unha clara vitoria da candidatura independentista de Junts pel Sí vista por unha parte da poboación coma transversal pola presenza do partido do president, Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), unha medrada Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) –hai non tanto tempo agardábase o seu sorpasso a CiU– confirmada por un incremento electoral nas municipais ou nos dous eurodeputados obtidos en solitario, e o peso da participación de líderes das principais entidades civís a prol do novo Estado: as ex presidentas da Assemblea Nacional Catalana (ANC) –organización artífice da loxística dos recentes multitudinarios 11 de setembro–, Carme Forcadell, e de Òmnium Cultural, Muriel Casals, a outra entidade senlleira a prol da independencia alén das organizacións políticas. O pastel está culminado cun vario feixe de guindas de líderes de opinión que abranguen diferentes eidos, desde o cultural ao deportivo, representados polo cantautor Lluís Llach –autor da mítica canción antifranquista L'estaca, tan entoada pola esquerda do Estado no pasado–, e o xa elevado a ídolo deportivo Pep Guardiola (hai que vivir aquí para comprender até que punto o barcelonismo e o catalanismo teñen uns máis que evidentes vencellos). Unha receita completada cun cabeza de lista afeito á area política pero non vencellado as dúas organizacións maioritarias do Parlament: o outrora eurodeputado de Iniciativa per Catalunya-Verds (ICV) Raül Romeva. Con isto Artur Mas deixa no esquecemento a caída electoral das últimas eleccións ao Parlament cando a súa federación perdera 12 escanos. Unha CiU xa extinta, ao se rachar a histórica coalición con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), á que lle dedican máis relevancia ao seu presidente Josep A. Duran i Lleida do que semella vai contar na lexislatura tras o 27 de setembro. A formación democristiá ten o risco de non acadar representación, tendo en conta que xa non dispón de moitas das súas facianas máis coñecidas, coma pode ser Núria de Gispert –a presidenta do Parlament–, as cales pasaron a fundar Demòcrates de Catalunya e integrarse na candidatura de Junts pel Sí. O listón dos 68 escanos A maioría absoluta sitúase nos 68 escanos. Hai enquisas que aseguran que hai unha posibilidade que a candidatura gañadora non alcance esta cifra –malia non negar que se quedaría ás portas– e outras que o dan por feito. O que si se conta nas quinielas e o ascenso da Candidatura d'Unitat Popular (CUP), quen podería triplicar ou cuadriplicar a súa representación actual de 3 escanos para garantir a maioría dos do \"si\" ou directamente fortalecer esta vontade. Ben é certo que a formación encabezada nestes comicios por Antonio Baños xa afirmou que non dará os seus votos para renovar o cargo do actual president, do mesmo xeito que aclara que non entenden un cambio social sen a ruptura co Estado. Do outro lado do tendido, as do \"non\". Por unha banda as forzas do bipartidismo continúan á baixa en Catalunya, alimentada se cadra pola catalanofobia de moitas analistas que ao longo de tempo se dedicaron a propagar mantras deslexitimando o procés con máis enfrontamento que pedagoxía. En máis dunha ocasión temos escoitado a membros de diferentes forzas catalanistas afirmar que a estratexia do PP fabrica independentistas. Os populares, que nunca tiveron un peso especialmente relevante na correlación de forzas en Catalunya –actualmente ten un alcalde entre os máis de 900 concellos e hai catro anos contaban con só tres-, ao parecer poderían aguantar o tirón grazas ao que fora o seu principal alcalde nestes lares, Xavier Garcia Albiol, que non en van ostentaba o bastón de mando na terceira localidade máis poboada do país, Badalona, onde malia perder a alcaldía, a súa candidatura foi a máis votada co polémico lema Limpiando Badalona. A sucursal socialista catalá vai pasar dos 52 escanos de 1999 a pouco máis da ducia segundo as enquisas O caso do PSC si apunta a traxedia clásica. Xa son parte da historia os seus dous presidentes da Generalitat –Pasqual Maragall e José Montilla, o primeiro dos cales chegara a superar en votos a Pujol– ou a xestión da meirande parte das alcaldías da área metropolitana de Barcelona –e a propia capital ao longo de máis de 30 anos–, a parte do país máis poboada que inclusive era denominada \"o cinto vermello\". É dicir, a sucursal socialista catalá vai pasar dos 52 escanos de 1999 a pouco máis da ducia segundo as enquisas. A súa repetida receita do federalismo quedou en empacho en parte se cadra polas tachas postas polos baróns de Ferraz desde as súas presidencias autonómicas á súa principal iniciativa, o novo e actual Estatut, recortado no seu tempo polo Tribunal Constitucional en máis dunha ducia de artigos. É dicir, de gobernar os destinos do país –que lle implicaban non poucos esforzos diplomáticos entre os cadros estatais da súa organización– a non ser un actor determinante para frear o independentismo, para algunhas opinións, ou máis ben non ser quen de dar pulo a unha reforma real do Estado que permitira un encaixe a medida do pobo catalán. Isto se cadra algo terá que ver con outro dos mantras actuais: o proceso constituínte, que tampouco semella ser o cabalo gañador neste 27S. ICV e Podem, entre outros actores, integran a lista Catalunya Sí Que Es Pot, que sustenta o seu discurso nas fórmulas da denominada nova política. Os seus encantos semellaban poderían convertela na alternativa a Junts pel Sí, pero nesa posibilidade xa non confían as máis recentes enquisas que non lle auguran máis que unha lixeira mellora da representación coa que actualmente conta o grupo de Iniciativa, algo máis da ducia coma a que poderían obter as forzas do clásico bipartidismo. Revelador o detalle por provincias dalgún estudo de intención de voto que amosa que a candidatura liderada polo activista veciñal barcelonés Lluís Rabell concentra as súas opcións de representación en Barcelona e nese mencionado cinto vermello –unha das zonas máis castigadas pola crise económica– coma se dunha transferencia do tradicional voto socialista se tratara. As enquisas non se arriscan a concederlles moito máis dun ou dous escanos no resto das provincias. Hai a quen non convence certo discurso ambiguo da candidatura rupturista que si recoñece o dereito á autodeterminación, pero que non se presenta coma unha aposta para alcanzala, semellando que máis ben inspira que no es pot. E neste senso cómpre non levarse ao engano e equiparar a formación a Barcelona en Comú, ou cando menos iso foi o que deixou caer Ada Colau ao afirmar que a súa era unha organización exclusivamente municipalista. Ademais, con franqueza, Rabell non esperta o mesmo grao de interese social que a fundadora da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Lluís Rabell non esperta o mesmo grao de interese social que a fundadora da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Na beira do \"non\", a que semella pode ser a forza con máis representación é Ciutadans. A formación laranxa leva traballando unha década en Catalunya e o seu líder estatal é ben coñecido pola poboación desde a primeira das campañas cando ilustrara espido os cartaces electorais. Pero Ciutadans tampouco semella que vaia conquistar o corazón dese cinto vermello que permitiu ao socialista Maragall presidir, nin contando co improbábel apoio doutra forza, nin tan sequera nun impensábel e inaudito tripartito constitucionalista… O partido de Albert Rivera presenta a única candidata a presidir a Generalitat, Inés Arrimadas, e concentra tamén a súa intención de voto nun ámbito urbano e metropolitano. A destacada presenza desta formación coma posíbel alternativa á secesión –entre os discursos emitidos desde Madrid–, sitúana na segunda posición con máis de 20 escanos, segundo as enquisas, duplicando ou se cadra até triplicando os seus actuais nove asentos, pero moi lonxe da forza gañadora. O propio David Fernàndez (CUP) apunta o limiar do 55% dos votos para lexitimar a independencia Unha das chaves para entender Catalunya radica nun terreo de xogo onde as forzas unionistas non semellan vaian ter un papel determinante: o que en Catalunya se denomina o voto de comarcas. Alén das grandes concentracións urbanas a fidelidade do voto convergent quedou constatada nas municipais –malia o escándalo Pujol– e consolidou o ascenso de ERC. Con todo, podería non ser dabondo con que Junts pel Sí sexa primeira forza ou con alcanzar a maioría absoluta anhelada con apoio da CUP, xa que até o propio David Fernàndez apuntara o limiar do 55% dos votos que para lexitimar a independencia. A outra das cuestións é que grao alcanzará unha abstención –que baixou do 41% en 2010 ao 34% en 2012– que podería frear ou acentuar unha xa desequilibrada balanza que, en calquera caso, anuncia un novo tempo para Catalunya."}
{"ID": "NOS_35581", "summary": "Estréase esta sexta feira en cinemas de Galiza, Madrid, Euskadi ou Catalunya.", "text": "Esta sexta feira 'Trote' chega a 12 salas comerciais en Galiza e sete noutras partes do Estado. O filme dirixido por Xacio Baños desembarca nas salas após pasar por diversos festivais, sendo a primeira película galega en participar nun mesmo ano na sección a competición de dous festivais de cinema de clase A: Locarno e San Sebastián. O filme, cuxa orixe se atopa na rapa das bestas de Amil, relata unha historia \"de animais que xogan a ser humanos\", segundo explicou Baño a Sermos Galiza. A historia nace nunha familia rural axitada pola morte da nai. Actores e actrices galegas de primeira orde encarnan as personaxes dun filme coral: María Vázquez, Melania Cruz, Celso Bugallo ou Tamara Canosa. Xacio Baño é un dos directores galegos con máis proxección internacional. As súas curtametraxes Eco (2015), Ser e voltar (2014) e Anacos (2012) obtiveron premios en prestixiosos festivais como Clermont-Ferrand, Locarno, Sevilla, Alcances, Slamdance, Málaga ou Telluride."}
{"ID": "NOS_46800", "summary": "Foi na illa de Whakaari, deshabitada, mais na que meses momentos estaban medio cento de turistas.", "text": "No mínimo 5 persoas falecidas e varias desaparecidas é o balanzo, provisional, da erupción esta segunda feira do volcán Whakaari, nunha illa deshabitada ao nordeste de Nova Zelandia onde se atopaban medio cento de turistas. As autoridades falan tamén de que hai persoas atrapadas nesa zona. \"Debido ao alto risco, os equipos de emerxencia non poden acceder á illa (...) que permanece inestábel e con posibilidade de novas erupcións\", apuntou o vice comisionado de Operacións Nacionais da Policía, John Tims, en conferencia de prensa. Neuseelands Ureinwohner nennen ihn Whakaari: den [dramatischen Vulkan]. Am Montag, als Touristen darauf herumwandern, bricht er plötzlich aus. Die Regierung Neuseelands hat fünf Todesopfer bestätigt. Von etwa zwei Dutzend ist das Schicksal ungeklärt.pic.twitter.com/XkdcclsdpM— EHA News - Deutsch (@eha_deutsch) December 9, 2019 O comisionado indicou que as persoas falecidas fan parte das 23 persoas de \"varias nacionalidades\" que foron rescatadas da illa e que se atopaban nela no momento da erupción."}
{"ID": "QUEPASA_950", "summary": "A sociedade carnotá mobilízase para pedir o indulto ao percebeiro carnotán condenado por loitar contra os furtivos", "text": "A historia de Manuel Martínez Lustres, Manuel de Talelo, é unha desas que deixan unha familia absolutamente destrozada e un pobo tremendamente indignado. Porque a historia de Manuel de Talelo fala ás claras de como a inacción das administracións deixando aos sós profesionais, neste caso do mar, ante os perigos da contorna, provoca secuelas imposibles de borrar. Manuel de Talelo vén de coñecer que ten que ingresar en prisión. A Audiencia Provincial acaba de condenalo a 3 anos de prisión, por unha agresión realizada en 2013 contra dous furtivos. Despois de 6 anos de litixio, o medo a pasar unha soa noite baixo os ferros, fai tremer a unha familia absolutamente normal, traballadora. O asunto remóntanse ao verán de 2013. Daquela, a Xunta xa convertira en papel mollado a Reserva Mariña dos MIñarzos, unha iniciativa pioneira no mundo enteiro. A Xunta decidiu eliminar a vixilancia da zona, deixándoa á deriva, obrigando aos propios profesionais a controlar aos furtivos.\"A situación da Reserva sen vixilancia é criminal\", xa recoñecían varios vixilantes en 2014. Nunha destas situacións, aló polo verán de 2013, uns percebeiros de Lira viron uns furtivos que estaban traballando nas pedras dos Miñarzos. Sen pensalo demasiado, déronlle un golpe ao coche dos furtivos. Esa mesma noite volveron os furtivos a Lira, e estiveron boa parte da mesma intimidando na casa dos percebeiros, coa Garda Civil detrás deles… Lembran pola zona que foi unha noite tremendamente complicada… Poucos días despois, os furtivos seguían campando ás súas anchas pola zona, e achegáronse ata a caseta onde traballa Manuel cos seus aparellos. Manuel sentiuse ameazado, e lanzoulle a raspeta a un dos furtivos facéndolle unha fonda ferida. Os furtivos non volveron por aí, pero si a Policía Xudicial. Denunciaran a agresión. A partir de aí pasaron 6 anos de litixio, de calvario, de gastos das costas, cunha defensa, aseguran, algo feble. Semella difícil de entender que unha agresión, en clara defensa propia, remate cunha condena de 3 anos de prisión. Mobilización A sociedade carnotá comezou a mobilizarse estas semanas. Algo tarde, pero vendo as orellas ao lobo, comezou unha recolleita de 2000 sinaturas en apenas 3 días, pedindo o indulto para Manuel. Curiosamente, foi o club de fútbol, Lira C.F. un dos máximos impulsores desta mobilización. Unha mobilización que se ben non ten moitas trazas de conseguir impedir que Manuel entre en prisión, si que pode servir de apoio moral para que supere os difíciles tempos que lle quedan. Así, o sábado ás 17:00h diante da Lonxa de Lira, haberá unha importante concentración, con lectura dun comunicado de apoio e no que solicitan o indulto, e na que se despregará unha pancarta."}
{"ID": "NOS_43284", "summary": "Fronte ás peticións da oposición, o portavoz parlamentar do Partido Popular de Galiza tentou sortear a polémica e asegurou que non entrará \"en cuestións que afectan outras comunidades\".", "text": "Todos os grupos da oposición no Parlamento galego coincidiron esta segunda feira en reclamar ao PP que se pronuncie sobre o chamado 'pin parental' (veto parental) proposto por Vox e que nos últimos días acaparou o foco mediático, co obxectivo de que se \"desterre dunha vez por todas\" da educación e a política galega. En concreto, o portavoz do Grupo Mixto, Luís Villares, anunciou que presentará unha proposición non de lei na Cámara para \"promover o rexeitamento político\" ao que considera unha \"censura\" educativa \"propiciada por Vox e auspiciada polo Partido Popular\". \"Á escola non se vén a escoller. A escola prepara para escoller na vida\", explicou o tamén líder de En Marea, quen dixo \"esperar\" que Feijóo \"aprendese\" das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que anularon varios puntos do decreto do plurilingüismo relativos a consultas a pais sobre a lingua de escolarización dos seus fillos. Tamén o Grupo Común da Esquerda presentará unha iniciativa parlamentaria respecto diso. A súa portavoz Luca Chao reclamou a todas as formacións con representación que se manifesten \"radicalmente en contra\" do 'pin parental'. \"Imos insistir en que o PP se defina\", subliñou. Non en balde, Chao lembrou que o pasado mes de outubro os populares \"votaron en contra\" de retirar publicidade da plataforma \"ultra\" Hazte Oír, \"amiguitos privilexiados de Vox\", dos colexios galegos. Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén cargou contra esta proposta de Vox que identificou cun \"instrumento da ultradereita\" para \"frear a igualdade social e educación en valores\", á vez que reivindicou a \"profesionalidade\" dos profesores fronte ao que interpretou como \"unha criminalización\" do seu labor. Caballero esgrimiu que Feixoo debe dicir \"se está disposto a apoiar o veto parental\" ou non e lembrou que Casado dixo que \"o PP era un\", que había \"só un PP\". Unha formación que actúa \"como respaldo da posición da ultradereita\" impulsando o veto parental. \"O PP único do que fala Casado fai igual a Feijóo ou a Cayetana Álvarez de Toledo\", advertiu. Nestes mesmos termos pronunciouse a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen preferiu falar de \"veto neandertal\" e asegurou que iso \"xa o inventou Feixoo\" para \"atacar a lingua galega\" co decreto do plurilingüismo. Por isto mesmo, advertiu que o presidente da Xunta foi \"precursor das ideas da extrema dereita\". \"E iso que quere ir de moderado\", concluíu. \"O BNG imos defender o dereito de nenos e nenas a ter unha educación inclusiva\", recalcou, á vez que reclamou a Feixoo que \"marque distancias co seu partido\" se \"non está de acordo coa liña\" seguida por Casado. \"Por decencia política, o que tiña que facer é romper o carné do partido\", suxeriulle. Fronte ás peticións da oposición, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, tentou sortear a polémica e asegurou que non entrará \"en cuestións que afectan a outras comunidades\". \"Avalo o sistema educativo de Galiza, que é garantista\", reivindicou."}
{"ID": "NOS_35012", "summary": "O profesor e escritor Antón Cortizas vén de publicar con Editoral Galaxia 'Adiviña esta adiviña', un monográfico onde recolle composicións de tradición oral galega, creacións infantís tradicionais e propias. Ademais, engade un apartado para que a lectora ou lector poida formar parte do libro engandindo as súas propias adiviñanzas.", "text": "\"Cal é a cidade que ten un erro no medio?\" Esta é unha das adiviñas que forman parte do monográfico Adiviña esta adiviña, realizado por Antón Cortizas (Ferrol, 1954) e que acaba de publicar Editorial Galaxia. Un total de 340 adiviñas divididas en sete \"gabetas\" enchen de dúbidas e repostas a mentalidade de quen o lea. \"O bonito deste libro é que a propia lectora, alén de exercitar a mente, tamén pode formar parte da publicación\", indica o profesor xubilado en conversa telefónica con Nós Diario. Cortizas comeza o libro cunha colección de adiviñanzas de tradición oral. \"Os meus alumnos, por aquel entón, que eu xa son un xubileta, axudáronme a recoller estas composicións en galego, pasadas de xeración en xeración. Ademais, tamén fixen a miña parte de investigación, onde contei coa axuda doutros autores como Paco Martín\", indica o escritor. Dentro dun dos exercicios nun taller realizado por Cortizas no colexio ferrolán CEIP Isaac Peral, \"sorprendeume que, malia ser unha clase onde ningunha crianza falaba galego a diario, todas conseguiron recadar decenas de adiviñanzas de tradición oral no noso idioma\", conta. Este taller, alén de valer para a recolección tamén serviu para que o alumnado creara as súas propias adiviñanzas, un total de 44, que están recollidas no libro con cadansúa autoría. Cálculos matemáticos Noutro dos apartados da publicación, o profesor céntrase en aquelas adiviñanzas que, para lograr a resposta, precísase facer un cálculo matemático, \"algúns máis complexos que outros\". Un dos exemplos que nos facilita Cortizas é \"catro gatos no tellado, cada gato mira a tres, cantos gatos veñen ser? Poderíanos levar a pensar que debemos multiplicar tres por catro, mais a resposta correcta non é doce, senón catro, porque cada un deles mira os tres felinos que están no tellado\", explica o ferrolán. Na súa procura de adviñas, o autor chegouse a sorprender por como, na tradición oral galega, poden pasar de xeración en xeración composicións que implican maiores cálculos, como é unha ecuación de primeiro grao. \"Nun campeiro estaba unha manda de pombas e veu un gabián que se pousou canda elas e dixo 'bo día cen pombas' e respondeu unha das pombas 'non; nós, outras tantas como nós, a metade de nós, unha cuarta parte de nós e contigo gabián, as cen pombas serán' , eu non sei como respondería unha persoa que nunha fixo unha ecuación de primeiro grao\", abráiase Cortizas. Outro dos apartados do libro céntrase en adiviñas cunha composición máis narrativa, \"onde a propia resposta non é unha simple palabra, senón nunha frase ou algo máis elaborado\", indica. Todo este mundo \"tan divertido e bonito\" fixo que o propio autor se dedicase a crear as súas propias adiviñanzas e, por iso, creou un apartado de composicións orixinais. \"Cal é a palabra que nunca se pronuncia? Este estilo tradicional de xogar coa estrutura da frase fai que moitos nos confundamos á hora de pensar na resposta, que, por certo, é nunca\". Entre os aspectos que tamén destaca o autor destas adiviñanzas é que \"non é o mesmo lelas que escoitalas, porque a persoa pode xogar moito coa entoación da frase\". Ademais, Cortizas tamén creou unha \"gabeta onde a lectora ou lector pode converterse nunha persoa creadora e parte do libro, xa que hai algunhas páxinas en branco para que engada as súas propias adiviñas a partir de ler as que aparecen nel\", sinala. Solucións con explicacións O libro remata co apartado de solucións ás adiviñanzas. \"Nel non só se expón a resposta en si, senón tamén a explicación e o razoamento para lograla\", explica Cortizas. \"Nas adiviñas entran moito o xogo das metáforas, os de palabras, os calembur -cando as sílabas dunha ou máis palabras se agrupan doutro modo para atopar a resposta- a estrutura dos enunciados e mesmo a forma na que se len\", sinala o autor. Todo isto vai explicado neste último apartado \"para que a xente tamén se meta un pouco máis no miolo desta cuestión e consigan atoparlle o gusto tanto a ler, a adiviñar e tamén a crear as súas propias adiviñanzas\", conclué. Por iso, este artigo comeza cunha adiviña da creación de Antón Cortizas onde, no primeiro parágrafo, se pode ler a solución á cuestión. Atopárona?"}
{"ID": "PRAZA_3471", "summary": "Repasamos a loita social e as vertentes política e sanitaria do contra o peche do paridoiro de Verín no segundo número de TEMAS, os monográficos para socias e socios de Praza.gal", "text": "\"Se cadra, o primeiro que deberían facer é pedir desculpas\". Nos últimos días de xaneiro, entre persoal e veciñanza de Verín a indignación mesturábase coa satisfacción. Gañaran. Sen paliativos. Tras dous meses de mobilización continua, a Xunta viña de recuar no peche da sala de partos do hospital comarcal, a mesma que o propio Alberto Núñez Feijóo presentara como inevitable por razóns que foron variando a medida que as protestas medraban.Escaso número de partos, falta de \"pericia\" do persoal, unha guía do Ministerio de Sanidade, as sinaturas de 44 médicos do hospital de Ourense ou mesmo que \"un parto non é un infarto\" foron só algunhas das versións que ofreceu a Xunta para suprimir a atención aos nacementos no hospital que, hai un cuarto de século, outro Goberno do PP galego, con Feijóo como máximo responsable do Sergas, presentara como emblema do achegamento da atención sanitaria ás áreas rurais. Repasamos a loita social e as vertentes política e sanitaria do contra o peche do paridoiro de Verín no segundo número de TEMAS, os monográficos para socias e socios de Praza.galPero a oposición cidadá desbordou á Xunta do PP. Por primeira vez en moito tempo, o círculo máis próximo a Feijóo non mediu as consecuencias dun peche que tamén atopou oposición nas filas dos populares ourensáns. Moi especialmente, despois de que unha concelleira do propio partido dese a luz de urxencia no paridoiro oficialmente pechado. Tampouco funcionou desta volta as acusacións de \"politización\" ao persoal mobilizado, que o PP lanzou coma sempre pero que resultaron ineficaces como nunca.A diferenza entre o conflito de Verín e outros moitos que salpican a sanidade pública galega dende hai anos non foi só a intensidade e continuidade da mobilización. Nin sequera que a medida da Xunta atopase tamén resistencias dentro do propio PP. Tamén foi clave que a oposición cidadá ao peche transcendeu, con moito, as fronteiras do territorio máis directamente afectado. Fíxoo a través da oposición parlamentaria, das centrais sindicais, das plataformas de defensa da sanidade pública e tamén do movemento feminista, que este 1 de marzo converteu Verín en \"capital\" da súa mobilización cara ao 8M. Verín, explican, deixou clara a necesidade de \"poñer a vida no centro\", pero tamén de estar \"vixiantes ante a violencia institucional\".A esquerda galega tamén quixo ver en Verín un síntoma de fin de ciclo político en Galicia. \"Foi a primeira vitoria da maioría social progresista\", afirmaron tras a rectificación. Do que non cabe dúbida é Verín non pechou porque veciñanza, persoal e movementos sociais non permitiron que pechase. Repasamos a loita social e as vertentes política e sanitaria do conflito neste segundo número de TEMAS, os monográficos para socias e socios de Praza.gal. Se aínda non es socia ou socio, podes facerte de Praza.gal nesta ligazón e teres acceso a todos os números de TEMAS. Se xa o es, accede ao teu espazo para accederes a eles."}
{"ID": "NOS_50299", "summary": "Os composteláns proclamáronse vencedores con autoridade por segundo ano consecutivo e após 20 vitorias consecutivas.", "text": "Os picheleiros do Estrela Vermelha e as estradensas de Irmandinhas son as equopas vencedoras da Liga Galega de Fúrbol Gaélico da AGFG nas categorías masculina e feminina respectivamente. Estrela e Irmandinhas revalidan así a liga que ambas as dúas gañaran o ano pasado e amosan o seu podería no fútbol gaélico galego. Estrela Vermelha acumula 20 vitorias consecutivas e puxo o loureiro cunha vitoria sobre o Fillos de Breogán. Celebrará o título en Compostela na festa do seu XVIII aniversario. Será na Casa do Patín a partires das 23:00 horas e coa música de, entre outros, Senlleirians e Maskarpone. As Irmandinhas, após o gran papel xogado na Copa Ibérica, proclamáronse campioas da liga feminina galega, tamén por segundo ano consecutivo. O segundo posto foi para Fillos de Breogán en categoría masculina e Fillas de Breogán no feminino. E os terceiros, para Irmandinhos (m) e Estrrela Vermella (f)."}
{"ID": "NOS_4654", "summary": "Con 25 anos de experiencia como enfermeira, Inés Lobeira atende as preguntas de Nós Diario para facer ver a gravidade da situación que se está a vivir por mor da pandemia. Atende pacientes no Hospital de Montecelo (Pontevedra) na planta Covid onde \"os pacientes ingresan de dous en dous e de tres en tres\".", "text": "Cal é a situación a respecto de pacientes Covid-19 no hospital?Neste momento estamos en plena subida, os pacientes ingresan de dous en dous ou de tres en tres. Nótanse moito as consecuencias do Nadal e agora mesmo aínda estamos a ter ingresos por contaxios nas comidas do Día de Reis. A incidencia aumenta moitísimo e desde a Xerencia xa nos avisaron de que nos preparemos, porque calculan que a semana que vén vai ser o peor. Dentro dos casos que chegan a Montecelo, hai tamén persoas novas e persoas sen patoloxías previas?Temos casos de todas as idades, desde os 19 até os 90. Nos casos da xuventude poden vir por outras patoloxías que derivan a unha proba de PCR que sae positiva ou porque veñen cunha dificultade respiratoria e parece que non se decatan de cales son as consecuencias que pode deixar a Covid no seu organismo. Como afrontan os sanitarios día a día a súa xornada laboral? E os enfermos e as súas familias?Nós afrontámolo como unha guerra na que temos que gañar a batalla día tras día, pero hai poucas boas novas que nos enchan de ánimo. Temos casos de pacientes que xa non teñen Covid e abandonan a planta, pero van a outra parte do hospital morrer polo empeoramento das súas patoloxías. O único positivo disto é que, polo menos, poden facelo acompañados dos seus familiares. Con respecto aos enfermos, a xornada é moi intensa. Nós agarrámonos a eles e eles agárranse a nós para poder seguir adiante. Os pacientes veñen con moito medo, a incerteza é total porque non saben como van evolucionando e se empeoran un pouco podemos ver o terror nos seus ollos. Nas familias a alegría é plena, poder realizar videochamadas xunto aos pacientes e comprobar como se senten ao ver os seus seres queridos emociona. Teño o caso de Ángel Menduiña, con 85 anos e que está a loitar como un campión para poder tornar coa súa familia, pero sobre todo co seu can Drogo. Sempre me di: \"Cando volva, o meu compañeiriño vaime comer a bicos\". Que é o mais duro que tivo que afrontar sendo enfermeira nesta pandemia?O duro vese moitos días cando tes que baixar un paciente á UCI, porque normalmente está consciente. Cando o nivel de osixenación no sangue descende de forma alarmante, eles non o notan, só ven enfermeiras e doutores facendo probas e valorando o seu ingreso na UCI, que é un paso final, pois vai adiante e mellora, ou non vai. Segundo publica nas súas redes sociais as persoas \"parece que non aprenden\".Si, é moi frustrante ver como existe xente que non se decata da situación tan grave que estamos a vivir. Unha compañeira tivo que chamar a atención a unha señora, que andaba polos corredores do hospital coa máscara baixada, e a súa resposta foi \"sodes unhas paranoicas\". Danme ganas de dar tickets para que fagan un tour pola planta Covid e para que vexan o mal que están os pacientes. Está claro que só aprenderán cando lles toque vivilo. Por sorte son poucos, pero eses poucos poden facer moito dano ao non cumprir as recomendacións sanitarias. A situación actual resulta peor en datos que a vivida en marzo. En que condicións lles fan fronte as sanitarias e sanitarios que levan 10 meses traballando arreo contra o virus? Estamos esgotadas. Ao igual que un mariñeiro e un camioneiro teñen un traballo moi duro, nós tamén, pero no noso caso esta situación é triste día tras día, porque ves que entra un paciente e marcha, moitos casos que non se recuperan ou que o pasan e, como dicía antes, van a outra planta. Pero coa vacina e o bo tempo queremos ser optimistas, seguir coidando da xente e pensar que esta pode ser a última vaga \"gorda\". De non ter esta vocación, por moito que poida haber persoas que digan \"para iso lles pagan\", non seguiríamos adiante. Que lle diría a quen non respectan as restricións nin as recomendacións sanitarias para conciencialas dos seus actos?Que non son conscientes do duro que é estar enfermo da Covid nin das consecuencias que pode chegar a ter. Poño o exemplo de María Luísa Queiruga, que é unha paciente miña de 54 anos que foi operada de dobre cancro mamario, de útero e de estómago, e ela mesma me dixo onte: \"Nunca o pasei tan mal como coa Covid\"."}
{"ID": "NOS_37527", "summary": "A artista comparte un galardón que recoñece a súa \"loita pola igualdade\" coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza (Fademur), o Foro Feminista de Lugo, Xeracción Sociedade Cooperativa Galega e Paloma Rodríguez.", "text": "A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais da Galiza (Fademur), a artista Guadi Galego, o Foro Feminista de Lugo, Xeracción Sociedade Cooperativa Galega e a \"referente feminista\" Paloma Rodríguez, a título póstumo, reciben os recoñecementos 'Meninas' pola súa loita pola igualdade, segundo o fallo publicado hoxe polo xurado presidido polo delegado do Goberno na Galiza, José Miñones. Esta é a cuarta ocasión na que os galardóns do Executivo en materia de igualdade chegan a Galiza, neste caso con estes cinco recoñecementos e catro menciones honoríficas. Con motivo da celebración do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Delegación do Goberno español recoñece o \"férreo compromiso\" fronte á violencia machista no territorio galego. Nese sentido, destaca que sobresae \"polo seu intenso traballo\" -que implica a outras 64 entidades- a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais. Na área da Coruña os galardóns son para a artista Guadi Galego e a referente feminista Paloma Rodríguez, a título póstumo. Guadi Galego, destaca a Delegación, é unha muller \"comprometida coa igualdade que utiliza a arte como transformación social e vehículo no seu compromiso contra a violencia machista. Pola súa banda, Paloma Rodríguez tivo unha traxectoria de anos traballando polas mulleres nos que destacou \"o seu compromiso continuado co feminismo e coas actividades desenvolvidas na cidade de Ferrol no ámbito da muller\", de acordo co fallo. A mención honorífica é para o fiscal delegado de violencia sobre a muller José Fernando Martínez, que leva 12 anos á fronte desta loita na Fiscalía da Coruña. Outros recoñecementos O Foro Feminista de Lugo é a institución recoñecida en Lugo. O xurado destaca o seu labor divulgativo do feminismo e as actividades que realiza, con faladoiros que afondan no concepto de igualdade. En Ourense, o recoñecemento é para Xeracción Sociedade Cooperativa Galega. De acordo co fallo, esta entidade presta os seus servizos \"baixo os principios de xustiza social, igualdade, responsabilidade colectiva, posta en valor da diversidade e axuda mutua\". Todo con tres piares: participación cidadá, feminismo e mediación. Por Pontevedra, a mención honorífica recae na Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo. Trátase dunha unidade pioneira creada en 2006, antes da súa inclusión na lei de 2007."}
{"ID": "NOS_38146", "summary": "A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) solicitou que a Comisión Europea abra un proceso de infracción da lexislación comunitaria contra o Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia Xunta de Galiza pola desprotección, desleixo e agresións na Rede Natura 2000.", "text": "A Sociedade Galega de Historia Natural vén de solicitar á Unión Europea que tome cartas ante a \"degradación\" grave e continuada que están a sufrir espazos naturais protexidos de Galiza sen que as administracións e poderes encargados de protexelas asuman as súas responsabilidades. Membros da SGHN, segundo informa esta entidade, desenvolveron nestes meses un traballo de campo no que comprobaron sobre o terreo \"e coa axuda de fotografías aéreas \"os cambios que experimentaron dende o ano 2011 ata a actualidade diversas áreas xa declaradas LICS ou incluídas na proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia. Lembran desde a Sociedade que a lei do Patrimonio Natural e Biodiversidade \"obriga aos poderes públicos a establecer as medidas de xestión necesarias para conservar os hábitats de interese comunitario, sexan ou non prioritarios, mesmo fóra do ámbito territorial delimitado pola Rede Natura 2000\" \"Neglixencia e incompetencia\" Mais durante ese traballo, a SGHN constatou \"en todos os novos LIC, así como en todas as áreas de ampliación da Rede Natura 2000, unha perda significativa daqueles tipos de hábitats que xustificaban tecnicamente a súa inclusión na proposta presentada pola Xunta de Galicia para ser avaliada pola Comisión Europea\". As perdas máis dramáticas, afirman, rexístranse nas provincias de A Coruña e Lugo onde, \"por falta de vixilancia, neglixencia ou incompetencia, produciuse unha xeneralizada destrución e degradación dos hábitats de interese comunitario\"."}
{"ID": "NOS_25868", "summary": "Xesús Seixo, secretario xeral da CIG", "text": "Como valora o resultado das eleccións? Hai un sector importante da poboación galega que non viu ou non quixo ver as consecuencias prexudiciais para a maoría social e para o país das políticas do PP. Mais temos que ter en conta que o Partido Popular ten un enorme poder non só político, senón mediático e económico que é quen de distorsionar a realidade Que escenario considera que se abre tras o resultado as urnas? Desde a CIG non imos renunciar ás mobilizacións e ás dinámicas de contestación a esas políticas, porque sabemos que van contra a poboacion e o país. Independentemente da maioría que vén de obtr o PP, iso non debe ocultar nin facernos esquecer que hai un amplo sector da poboación que non respaldou esa alternativa. E, é máis, que as políticas do PP van incluso contra os intereses e realidades de moitos dos seus votantes. Por iso imos manter a dinámica de contestación"}
{"ID": "NOS_28715", "summary": "Afectad@s polo calote das preferentes en Compostela reuníronse co alcalde, do PP. O rexedor evitou mostrar un apoio institucional aos milleiros de veciñ@s, un denominador común dos gobernos locais en man do PP. En Pontevedra, as plataformas de Marín e da cidade do Lérez pecháronse na casa consistorial para reclamar unha solución perante a caída dos casos que entran á arbitraxe", "text": "Unha delegación de estafad@s polas preferentes mantivo esta sexta unha xuntanza co alcalde de Compostela, o popular Ángel Currás, reunión que tivo lugar apenas un día despois de que o rexedor impedira que se debatese en pleno unha moción de urxencia do BNG sobre as preferentes e que impedise acceder ás sesión plenaria aos afectados que así o desexaban. Para alén de ningunear aos e ás estafadas encadeadas nun corredor do Concello e que estiveron sometidos a estricto control policial.As representantes dos e das afectadas trasladaron a Currás tres peticións concretas: que o Concello esixise á Xunta seguir co procedemento de arbitraxe; que instase ao goberno central a que as quitas se retrasasen até que concluíse a arbitraxe; e unha mostra pública do Concello a prol dos e das veciñas estafadas polo calote das preferentes. Aliás, tamén lle solicitaron que convocase un pleno extraordinario para abordar o tema das preferentes. Unhas peticións concretas que como resposta non tiveron máis que evasivas. algo común, lembran desde as plataformas de afectad@s, nos gobernos locais en mans do PP. Pechad@s tamén no Concello de Pontevedra Ataviad@s con bonecos de Inocentes, estafad@s pola comercialización das preferentes de Pontevedra e Marín pecháronse tamén na casa consistorial da cidade do Lérez esta sexta feira. Son pola volta de 400 afectad@s nas dúas localidades, a meirande parte del@s persoas maiores. Reclaman unha solución para a súa situación perante a baixada de casos que entrar na arbitraxe."}
{"ID": "PRAZA_2133", "summary": "A operación de presunta corrupción que xa suma medio cento de imputacións investiga presuntos delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias en varias administracións locais do sur do país e mais na Xunta.", "text": "Unha decisión xudicial sacode por enésima vez a política galega. O auto no que a xuíza María del Carmen García Campos dispón a imputación de 46 persoas -todas as solicitadas pola Fiscalía, agás tres- no caso Patos trouxo consigo a confusión que adoitan implicar este tipo de macrooperacións, máis aínda cando, como neste caso, afectan a empresarios, técnicos e, sobre todo, políticos de distinto signo. Posiblemente a imputación máis mediática de todas as ditaminadas é a do alcalde de Vigo, Abel Caballero, por chegar xusto cando vén de ser elixido presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). No entanto, a maxistrada investiga tamén a gran parte da cúpula do PP de Pontevedra e á delegada da Xunta en Vigo, entre outros cargos. Estas son algunhas de claves que poden servir como guía no caso. 1-Cando comeza? As peticións da Fiscalía e o auto deste venres non foron, nin de lonxe, os primeiros episodios dunha operación que estouraba en febreiro de 2014, cando varias comitivas xudiciais e policiais irrompían en diferentes instalacións públicas e privadas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Nigrán e Ponteareas. Foron, en total, 17 rexistros, entre eles os de dependencias municipais de Vigo e Pontevedra, a delegación viguesa da Xunta e a autoridade portuaria da mesma cidade, e a sede da Deputación de Pontevedra. Ademais, rexistráronse as sedes de empresas como a compañía de servizos de xardinaría Cespa, Enalvi, Intermediación Ambiental e, sobre todo, a construtora Eiriña. Naquel primeiro movemento foron detidas catro persoas ligadas a Cespa e o entón concelleiro de obras de Nigrán, José Álvarez (PP). 2-Que investiga? Como noutras das operacións xudiciais desenvolvidas nos últimos anos en Galicia e outros puntos do Estado, a investigación céntrase en presuntas irregularidades en concesións públicas e en supostos delitos de prevaricación, suborno e tráficos de influencias de políticos e responsables públicos para beneficiar as empresas supostamente implicadas. Concretamente, segundo transcendeu nas últimas semanas, investígase a legalidade dunha corentena de adxudicacións da Xunta, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra e Ponteareas, que durante case unha década sumaron ao redor de 40 millóns de euros 3-Como actuaban? Segundo os informes da Policía, a intermediación do responsable de Eiriña, Enrique Alonso Pais, estaría no centro de toda unha rede de adxudicacións \"irregulares\" conseguidas grazas á intermediación con responsables políticos. Sempre segundo a investigación, a empresa construtora manobraba para que nos diferentes procedementos de contratación participasen as compañías que consideraba oportunas, amañando así os procesos e determinando o seu resultado. A legalidade dos procesos, di a Policía, era só aparente, xa que as adxudicacións eran \"arbitrarias e inxustas\". 4-A quen afecta? Tras o primeiros cinco imputados de 2014, o auto deste venres eleva a cifra de persoas presuntamente implicadas ao medio cento. Ao alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero (PSOE), a UDEF atribúelle a recepción de reloxo Montblanc en 2010 e dunha pluma estilográfica en 2009. Tamén se atribúe a recepción dun reloxo, así como amaños de contratos, ao líder do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, a quen a investigación relaciona ademais con supostos amaños de contratos de obras en tres campos de fútbol e pequenas obras en varios concellos durante a súa etapa como presidente na Deputación de Pontevedra, que encabezou ata o pasado xuño. A investigación atribúe igualmente agasallos das empresas e influencias ao exlíder do PP vigués, José Manuel Figueroa. A Policía interceptou mensaxes de Bravo Bosch a Feijóo interesándose por xestións de empresas e consultando se acudir a un xantar co responsable de Eiriña Ademais das imputacións no ámbito da Administración local, como as dos concelleiros socialistas de Vigo Ángel Rivas, David Regades e Isaura Abelairas, esta investigación salpica tamén o goberno galego na persoa da súa delegada en Vigo, María José Bravo. Segundo publicou Faro de Vigo, os investigadores atribúenlle a Bravo Bosch \"predilección\" por adxudicarlle obras a Eiriña na súa calidade de presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo. Ademais, a Policía interceptou mensaxes da delegada dirixidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nos que a delegada lle expuña ao líder do PP problemas de diversos empresarios con contratos, créditos e pagos pendentes, ou lle consultaba a idoneidade de acudir a unha comida co responsable de Eiriña. 5-Como responderon os políticos? Tras coñecerse que a Fiscalía pedía a súa imputación o rexedor vigués asegurou que nunca chegou a recibir o reloxo e que a pluma foi devolta tras serlle enviada. \"Poño a man no lume por min\", advertiu ao ser preguntado polas posibles responsabiidades dos seus concelleiros. Tras coñecerse a imputación, Caballero enfatizou este venres que \"non recibín o reloxo ao que alude o Ministerio Fiscal, nin eu nin ninguén do meu entorno\". No que atinxe á pluma, indica, a propia UDEF \"amosa que non existiu tal agasallo, porque foi devolto pola empresa ao comercio, e así o corrobora a propia documentación da Policía\". Louzán, que agora ostenta a presidencia da Federación Galega de Fútbol, nega igualmente recibir agasallos de empresas \"alén do detalle de cortesía\" -a xuíza fixa ese límite da cortesía en 600 euros-. A delegada da Xunta, pola súa banda, declarouse \"sorprendida\" pero \"tranquila\", xa que, asegura, non adxudicou contratos a Eiriña. Mentres, o presidente da Xunta negou que participase en \"chanchullo\" ningún e, ademais de anunciar un informe sobre os contratos coas empresas investigadas, xustificou as mensaxes con Bravo Bosch sinalando que \"se é delegada do Goberno, terei que ter contacto con ela\"."}
{"ID": "NOS_44434", "summary": "As forzas de seguridade realizaron 700 controis esta cuarta feira.", "text": "Axentes da Policía española e a Garda Civil elevaron 200 propostas de sanción tras realizar máis de 700 controis durante o último día na Galiza. Segundo detallou a Delegación del Goberno na Galiza, un total de 1.137 axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado levaron a onte715 dispositivos de seguridade que alcanzaron 12.227 persoas e 9.282 vehículos e elevaron 200 propostas de sanción, o que representa 1,6% dos identificados. En concreto, un total de 868 efectivos da Garda Civil realizaron 613 controis no marco dos que identificaron a 9.521 persoas, inspeccionaron 7.313 vehículos e interpuxeron 138 propostas de sanción. Así mesmo, a Policía española puxo en marcha 102 dispositivos de vixilancia nos que participaron 269 axentes que identificaron a 2.706 persoas e controlaron 1.969 vehículos. Así, os policías formularon 62 propostas de sanción. Deste modo, subila Delegación,, buscouse garantir o cumprimento das restricións establecidas á mobilidade e o contacto social, así como da limitación de horarios e aforamentos establecida nos establecementos e a obrigatoriedade da utilización de máscara."}
{"ID": "NOS_31586", "summary": "Colexios e institutos evolucionan vixiantes á pandemia e temen a chegada dunha forte vaga coa época invernal.", "text": "Tras un mes do inicio do curso escolar, acumúlase a experiencia de equipos directivos, comunidade educativa e administración na xestión do día a día da pandemia, os positivos, os surtos e os reforzos necesarios para atender os problemas derivados dunha situación até agora inédita na sociedade. A incidencia da Covid en centros e institutos está lonxe de se descontrolar, aínda que os profesionais educativos temen a evolución desta segunda vaga pola necesidade tanto de axilizar a identificación de casos, a comunicación e aplicación das medidas, como de atallar as desigualdades provocadas pola fenda dixital e a falta de conectividade, unha das principais carencias á hora de afrontar o ensino telemático e un hipotético retorno ao confinamento. 24 aulas fechadas De acordo cos últimos datos ofrecidos este sábado pola Xunta, os casos activos da Covid en centros, institutos e escolas infantís da Galiza subiron nas últimas 24 horas en 36, até o total de 518. Esta cifra obriga a manter fechadas 24 aulas, as mesmas que un día antes, e toda unha escola infantil, a María Ana de Celanova. É precisamente nas comarcas do sueste do país ─as correspondentes coa división provincial de Ourense─ onde se sitúa o principal foco no país, con máis dun terzo dos positivos (182). Francisco Lires, da Federación de Directores de Centros Públicos, di que de momento \"non hai moitos surtos\" no sistema, salvo no caso dos puntos máis poboados, aínda que admite que os equipos están \"cargados\" tras un inicio de curso estresante e un traballo constante de adaptación das escolas que se prolongou \"desde o verán\" e mesmo foi reformulado en varias ocasións. A sensación é similar en secundaria, informa Europa Press. Isabel Ruso, da Asociación de Directores de Institutos da Galiza, atribúe a situación a que a comunidade escolar \"está a ser moi prudente\", mais lembra que aínda non se produciu ningunha vaga \"moi forte\". Distinción de síntomas É por iso que os equipos directivos temen a chegada da época do frío, tanto polos problemas que se poidan dar coa ventilación de espazos e de aulas, como pola identificación de casos sospeitosos debido á amplitude dos síntomas da Covid. \"Esperemos chegar a un punto en que funcione de forma automática e que permita que os casos se identifiquen máis rapidamente e se tomen as medidas sanitarias necesarias\", insiste Ruso. Neste sentido, desde as ANPA cren necesario impulsar unha ferramenta para distinguir unha posíbel gripe dun contaxio, ademais de resolver o problema de conciliación e as corentenas. \"Temos moitas dúbidas\", insiste Rogelio Carballo, de Confapa-Galiza, que apelou a estar vixiantes á evolución epidemiolóxica e apuntou a que se detectaron \"incidencias complicadas\" que afectan a servizos como o transporte escolar, e que obrigan a endurecer as medidas de illamento no caso dun positivo. \"O que necesitamos son pautas claras e unha consigna única\", sinalou pola súa banda, Suso Bermello, da CIG-Ensino, que indicou que existe \"unha sensación de descontrol coa xestión de contaxios\", ademais de que algúns centros \"están a recibir instrucións totalmente contraditorias por parte do Sergas\", o que está a xerar \"indefensión e incerteza\" sobre as medidas a aplicar nuns casos ou noutros e na xustificación destas actuacións. Falta de preparación Xunto á detección dos síntomas, outra das tarefas pendentes está na preparación para a semipresencialidade e o ensino telemático ante un hipotético regreso ao confinamento e para garantir a atención e o acceso aos contidos ao alumnado que estea gardando corentena pola Covid. \"Quédanos moito. Os centros non están preparados\", recoñece Francisco Lires, xa que aínda que se puxeron a punto as aulas virtuais e os centros contan con protocolos e programacións adaptadas para prever diferentes escenarios, aínda existe un déficit importante de conectividade entre as familias. \"Estamos solicitando información das crianzas que na súa casa non teñen conexión e están a xurdir bastantes casos. Estamos a ver que hai nenas e nenos aos que non lles chega\", advertiu, chamando a dotar tanto o profesorado como centros e alumnado das ferramentas \"para poder levar a cabo ese ensino\" telemático e para \"estar preparados\", sen que iso supoña renunciar á presencialidade."}
{"ID": "NOS_58371", "summary": "O presidente da Bolívia, Evo Morales, lembrou que a riqueza debe estar en maos do povo", "text": "Evo Morales enfatizou despois de asinar o decreto de recuperaçao da Rede Eléctrica Española que \"em poucos anos veremos os benefícios da nacionalização, da mesma forma que aconteceu com a Entel – a Empresa Nacional de Telecomunicações – cujos benefícios estão aí, para serviço do povo\". O presidente mantem, frente ás críticas de Espanha, que \" os benefícios sociais sempre estarão vinculados ao Tesouro Geral da nação, recordando que \"nossa obrigação é cuidar da economia do país\". Ao mesmo tempo, Evo Morales insistiu na necessidade de pensar primeiro na Bolívia, em alusão aos setores que pedem aumentos salariais exorbitantes ou se negam a cumprir com a jornada de trabalho de oito horas. \"O presente decreto supremo tem por objetivo nacionalizar a favor da Empresa Nacional de Eletrificação, representante do Estado Plurinacional, o pacote acionário em mãos da sociedade Rede Elétrica Internacional na Empresa Transportadora de Eletricidade\", afirmou Morales em um ato público no presidencial Palácio Quemado. A empresa reestatizada foi privatizada em 1997 e possui 73% das linhas de transmissão do país."}
{"ID": "NOS_44218", "summary": "A entidade supera os 100.000 millóns de euros de volume de negocio.", "text": "Abanca obtivo un beneficio de 137 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, o que supón un incremento do 8,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo informa a entidade a través dun feito relevante á Comisión nacional do mercado de valores (CNMV). O pasado febreiro, o banco que preside Juan Carlos Escotet presentou os resultados para 2020, exercicio no que se anotou unhas ganancias de 160 millóns após dedicar 273 a provisións. Após a integración contábel de Bankoa e a adquisición da rede española de Novo Banco, Abanca superou os 100.000 millóns de euros de volume de negocio. A operación de Novo Banco, sexta de ABANCA desde 2014, fortalece o seu posicionamento en banca persoal e fóra de Galiza. Desde o inicio da pandemia, Abanca afirma que formalizou máis de 3.200 millóns de euros en créditos ICO e aplicado medidas de flexibilización financeira para familias por importe de 1.200 millóns de euros. Os activos dubidosos reducíronse un 19,5% (un 24,1% sen Bankoa), co que a taxa de morosidade situouse nese 2%, á cabeza do sector e practicamente a metade que a media estatal (3,9%) e por baixo da media europea. Abanca obtivo no \"especialmente complexo\" 2020 un beneficio atribuído de 160 millóns de euros após dedicar 273 millóns a provisións, uns resultados dos que os seus responsábeis se senten \"especialmente orgullosos\"."}
{"ID": "PRAZA_14330", "summary": "Os recortes do orzamento público en I+D golpean a investigación ao non haber investimento privado abondo nesta actividade.", "text": "Laboratorios baleiros, teses sen rematar, liñas de investigación interrompidas. Os recortes en investigación e desenvolvemento (I+D) nos orzamentos públicos golpean duramente unha actividade que comezaba a despegar nos anos previos á crise. Porén, o sistema de innovación galego e español sempre estivo coxo. O alicerce básico foi o sistema público, fronte a un financiamento privado moi por debaixo da media europea. Non por casualidade, entre os países con menor inversión en I+D están Grecia, Portugal ou o Estado Español. Entre os países con menor inversión en I+D están Grecia, Portugal ou España. No ano 2010, o Estado Español investiu un 1,39% do seu PIB en innovación e desenvolvemento, por debaixo da media do 2% Unión Europea, e moi lonxe do 3,87% de Finlandia, segundo os datos de Eurostat. Galiza só destinou a I+D máis do 1% do PIB en 2007 e 2008, antes da crise e durante o goberno do Bipartito, segundo o IGE. Desde que ese ano 2010 comezaron os drásticos recortes, a innovación perdeu un 34% do orzamento, segundo os datos do blog Investigación Digna, e a Xunta de Galicia leva 2 anos sen convocar axudas á investigación. Pola contra, Francia, Alemaña ou a Comisión Europea aumentaron as partidas para I+D. A investigación perdeu un 34% do orzamento desde o ano 2010. Unha das causas desta falla de inversión privada en innovación é o propio tecido produtivo do país. Aínda que é posíbel innovar en calquera sector, unha parte importante das empresas galegas están centradas en actividades menos intensivas en coñecemento, apunta Carmela Sánchez Carreira, profesora do grupo de investigación Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento da USC. \"A investigación no comercio ou na hostalería é unha actividade menor\", destaca. Carreira tamén sinala o reducido tamaño das empresas, que poden dedicar menos recursos á esta actividade, e falla de apoio das entidades financeiras que existían no país. \"non souberon valorar proxectos con certo risco, aos que non se lles podían aplicar os criterios bancarios tradicionais. As entidades financeiras galegas non apoiaron a investigación. Para esta investigadora o problema non é que se formen demasiadas persoas, como sinalou a secretaria de estado de Investigación na revista Nature, senón que o tecido produtivo obrígaos a rematar no sistema público de innovación. Retórica sen obxectivo Sánchez Carreira destaca a falla dunha estratexia coherente por parte das administración neste eido. No canto de centrarse nun número reducido de actividades nas que o país puidese destacar, optouse por repartir os escasos recursos entre todos os sectores. Amais, as axudas eran pouco coñecidas e requerían longos trámites para poder acceder a elas, polo que finalmente as empresas que optaron a elas eran aquelas que con ou sen axudas ían destinar parte da súa actividade a I+D. Segundo estudos realizados polos grupo de investigación ao que pertence Carreira, poucas empresas que recibiron axudas para comezar a innovar mantiveron a actividade unha vez rematadas as subvencións. A retórica do cambio de modelo produtivo desapareceu coa crise. Para esta investigadora antes da crise os políticos falaban moito de innovación sen saber realmente a que se refería, e o cambio de modelo produtivo reduciuse ao discurso e non ás accións. \"E así estamos\", remarca. Cos actuais recortes nos orzamentos públicos as consecuencias faranse notar a curto e a longo prazo. O máis inmediato será a interrupción da carreira investigadora de científicos novos en formación e a perda de recursos humanos que probabelmente marcharán do país. A longo prazo, perderanse os investimentos feitos até o momento, porque as liñas de investigación requiren tempo para consolidarse, e de paralas agora, tardarán anos en se recuperar. E como resultados dos cartos investidos quedarán edificios e laboratorios baleiros que ninguén empregará."}
{"ID": "PRAZA_17929", "summary": "Presenta un informe onde se cuantifica o alcance dos danos ao gando, subliñando que as partidas que destina a Xunta son \"manifestamente insuficientes\". Destaca que as axudas para a prevención deben ser unha prioridade e conclúe que \"os controis letais son inútiles para solucionar o problema\", lembrando que a poboación de lobos non aumentou nos últimos anos.", "text": "ADEGA vén de facer público un informe sobre a presenza do lobo en Galicia e os prexuízos que causa nas explotacións gandeiras. A entidade ecoloxista busca desmentir as informacións que nos últimos meses se veñen difundindo sobre un suposto incremento nos danos á gandería e o suposto crecemento das súas poboacións. E aposta pola coexistencia: \"Defendemos que a coexistencia entre o lobo e a gandería non só é posible, senón que é moi necesaria para manter a saúde dos nosos ecosistemas, e preservar un legado natural único e ecolóxicamente moi valioso\", destacan. \"A desatención da Administración ante este problema xera unha frustración e desanimo que se acaba cebando co lobo\" A asociación lembra que a poboación do lobo se mantén estable nas últimas décadas e destaca que \"o feito de que se rexistren máis danos dende o 2015 responde máis ben á mellora e optimización do sistema de recollida de avisos disposto dende a Xunta, e a publicidade e que se triplicaron as axudas dos pagos (aínda así, de modo insuficiente)\". \"Compartimos as reivindicacións dos afectados que padecen ataques de lobo, son lóxicas e lexitimas, no sentido de sentirse desprotexidos ante unhas perdidas económicas\", sinala, engadindo que \"a desatención da Administración ante este problema xera unha frustración e desanimo que finalmente, case sempre, acábase cebando co lobo\". ADEGA denuncia \"unha situación caótica na atención que a Xunta presta a este asunto\", cunha \"insuficiencia importante\" na dotación de recursos. Para o ano 2017 o alcance total dos danos tivo un custo de case 500 mil euros (496.150 euros, máis da metade na provincia de Lugo), pero o Goberno galego só cubriu a metade deses danos (279.958 euros) e mesmo reduciu as axudas en cen mil euros con respecto ao ano anterior (379.958). Para o ano 2017 o alcance total dos danos tivo un custo de case 500 mil euros, pero o Goberno galego só cubriu a metade (279.958) e mesmo reduciu as axudas en cen mil euros con respecto ao ano anterior A asociación amosa a súa preocupación porque a Xunta aínda non ten disposto para o 2018 unha liña de axudas para proporcionar a incorporación de dispositivos que favorezan un pastoreo e vixianza asentada na filosofía do manexo preventivo. \"A prevención pasa por ser a acción fundamental dende a Xunta para abordar este problema e, sen embargo, non se aposta decididamente por esa estratexia\", engade. De igual xeito, denuncia que \"certos sindicatos agrarios cargan máis contra o lobo que en poñer o grito no ceo na deficitaria actuación en esforzos e recursos da Administración pra remedialo\". A asociación amosa a súa preocupación porque a Xunta aínda non ten disposto para o 2018 unha liña de axudas para elementos de prevención Diversos estudos publicados veñen a demostrar a inutilidade absoluta das batidas como mecanismo para reducir ou acabar cos danos ao gando e mesmo conclúen que os danos poden chegar a incrementarse. \"Despois de décadas vendo como se matan lobos e lobos, o problema persiste inmutable, mentres que os afectados finalmente continúan desasistidos. Sábese que en zonas onde o lobo ten provocado danos, tense probado de todo, velenos, lazos, caza de noite, batidas, etc, máis os danos esporádicamente reprodúcense\", explica o informe Diversos estudos publicados veñen a demostrar a inutilidade absoluta das batidas como mecanismo para reducir ou acabar cos danos ao gando Finalmente, a entidade ecoloxista alerta de que \"un dos elementos que menos están axudando a establecer medidas de coexistencia son as informacións e novas que se publican sobre a especie, na maioría, imprecisas, alarmistas, xeradoras de maiores tensións, e na que predomina unha falta de rigor e contraste científico preocupante\". E reclama que se activen campañas de divulgación e sensibilización sobre a importancia do lobo no medio natural, algo previsto no Plan de Xestión do Lobo, pero que non se puxo en marcha. Descarga aquí o informe de ADEGA (.pdf)"}
{"ID": "NOS_36743", "summary": "Milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela nunha nova manifestación con motivo do Día da Patria Galega. Baixo o lema 'Gañarmos o futuro', o BNG reivindicou o seu proxecto \"para unha saída xusta da crise\" nun multitudinario evento que rematou nunha ateigada praza da Quintana. \"O Bloque non naceu para ser unha corrente de opinión, senón para ser forza maioritaria, para transformar este país e construír unha Galiza mellor\", defendeu Ana Pontón.", "text": "GALERÍA | Así foi a manifestación do Día da Patria Galega Máis un ano o ambiente festivo e reivindicativo propio do Día da Patria Galega tomou as rúas de Compostela, ateigadas de xente procedente de todo o país que acudiu á chamada do BNG baixo o lema 'Gañarmos o futuro. A nova Galiza en marcha'. Instantes antes de que arrincase a marcha convocada na Alameda ás 12 horas xa se podían escoitar diferentes proclamas amenizadas ao ritmo de tambores e gaitas. Unha bandeira galega de grandes dimensións lideraba a comitiva nacionalista e, inmediatamente despois, Goretti Sanmartín, Montse Prado, Néstor Rego, Ana Pontón, Carme Dasilva, Rubén Cela, Noa Presas e Lois Castrillo portaban a faixa co lema da mobilización que guiaba as persoas asistentes. \"Galiza ceibe, poder popular\" ou \"Galiza é unha nación\" foron algunhas das proclamas que podían distinguirse entre a multitude \"Galiza ceibe, poder popular\". Abondou un forte berro reivindicativo da soberanía da Galiza, seguido ao unísono por todas e todos os manifestantes, para marcar o inicio da marcha. Alén dos milleiros de galegas e galegos presentes en Compostela tamén podían distinguirse entre a multitude representantes dos movementos soberanistas doutras nacións sen Estado como Catalunya, Euskal Herria, Breizh, Escocia ou Palestina. Avanzaba a manifestación e percibíanse cánticos na defensa dos servizos públicos, o feminismo ou o futuro da mocidade. \"Queremos traballar, non emigrar!\", reinvindicaron centos de mozos e mozas. \"Que queiran, que non, Galiza é unha nación!\" foi outra das proclamas que máis aplausos espertaron. Cando o reloxo sinalaba as 13.30 horas e a cabeza da manifestación xa chegara á praza da Quintana, da Alameda aínda seguía saíndo xente. \"En pé, con máis forza que nunca\" Foi a deputada e membro da Executiva Nacional do BNG Olalla Rodil a encargada de agradecer a presenza dos milleiros de persoas que acudiron á chamada da formación nacionalista e de presentar e saudar as delegacións internacionais que fixeron parte da mobilización do Bloque Nacionalista Galego. Como é tradición, a delegación de Palestina e a de Cuba espertaron unha grande ovación. Tras Rodil, tomou a palabra Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, quen puxo de manifesto: \"Seguimos aquí en pé, con máis forza que nunca, e imos cambiar o rumbo do noso país\". Gómez reivindicou que \"somos a mocidade alegre, rebelde e combativa, imprescindíbel para o presente e o futuro do nacionalismo\". A Quintana, ateigada para 'Gañarmos o futuro' Berros de \"Presidenta, presidenta!\" E a berros de \"Presidenta, presidenta!\" foi recibida Ana Pontón, que interveu, sen atril, entre numerosos aplausos. Comezou o seu discurso admitindo o \"ilusionada e emocionada\" de compartir espazo \"sen máscaras\" para \"celebrar que somos unha nación\", \"republicanas\" e \"non súbditas dunha monarquía corrupta\", para \"celebrar que a forza do noso amor non foi, non é e non será inútil\", dixo parafraseando a Uxío Novoneira. Pontón referiuse no inicio do discurso á fundación do BNG, hai case 40 anos e lembrando as persoas que o fixeron posíbel, \"grazas pola rebeldía, polo inconformismo e polo compromiso\", afirmou, \"grazas porque sabemos que non sempre foi fácil pero mereceu a pena\". \"Sen esa xeración\", á que cualificou como \"valente\", hoxe \"non estariamos aquí e Galiza non sería a mesma\". A praza da Quintana, ateigada. (Foto: Nós Diario) A líder do BNG salientou que a formación nacionalista \"non naceu para ser unha corrente de opinión\", senón para \"ser forza maioritaria, para transformar este país e construír unha Galiza mellor\". Foi entón cando expresou que o BNG ten un obxectivo que está, salientou, \"máis perto que nunca\": \"gobernar nós a nosa terra\". \"Ter as portas abertas e a man tendida\" Nunha intervención con chiscadelas constantes á militancia congregada na praza da Quintana, Pontón reivindicou \"ser humildes e xenerosas\" e \"ter as portas abertas e a man tendida a todas as persoas que levan Galiza no corazón\". É dicir, \"chegar a máis cidadanía e sectores\". A continuación, fixo balance dos últimos meses. Un balance crítico cun \"presidente e un vicepresidente da Xunta que abandonaban os seus deberes de goberno\" en medio \"da maior crise de prezos en catro décadas, porque a eles o que lles preocupaba era a crise do PP\". Así, cualificou a \"desfeita\" da Galiza da que \"fuxiu\" Alberto Núñez Feixoo. Ademais de citar o \"boom eólico depredador\", denunciou o colapso da sanidade pública, a inflación \"por riba da media\", a \"parálise\" da Xunta e a \"submisión a Madrid\". Prognosticou, neste marco, que o \"próximo goberno estará liderado polo BNG cunha presidenta coas mans libres\". Un intre da manifestación, ao seu paso pola rúa da Senra. (Foto: Y. C.) \"Non á guerra\" A dirixente nacionalista fixo tamén alusión á guerra de Ucraína \"que nos horroriza\", para reivindicar que \"somos antiimperialistas e pacificistas, dixemos sempre 'Non á guerra'\". Citou outros conflitos como os Libia, Serbia, Afganistán, Iemen, Palestina e O Iraq, \"para nós non hai guerras boas ou malas\", acrecentou, para, a continuación, condenar a invasión rusa. O apoio ás persoas refuxiadas, a solidariedade co pobo saharauí e as críticas ao \"rearme do militarismo\", cunha crítica expresa ao cumio da OTAN, tamén fixeron parte da intervención con Pontón, que berrou: \"Non máis OTAN, non máis bases, non máis gasto militar no noso nome\". Foi entón cando aludiu ao \"disparate\" dun \"Goberno que se declara progresista\" e que \"malgastou 37 millóns de euros\". \"Hai quen prefire máis tanques en vez de máis médicas\", lamentou. Tras expor que as sancións a Rusia \"non deteñen a guerra\" e \"benefician os EUA\" -de quen dixo que \"aparecen de salvadores e venden o gas e o petróleo máis caros e máis contaminantes-, a líder nacionalista lembrou que a suba dos prezos \"vén de antes\" e \"é o resultado das guerras comerciais que declararon os EUA\". \"Sabedes canto gañaron Iberdrola, Naturgy e Endesa o ano pasado? 6.500 millóns\", expresou Pontón a continuación, referíndose a \"unha nova estafa á maioría social\". Como alternativas, citou a tarifa eléctrica galega, pór fin aos \"beneficios caídos do ceo\", unha \"empresa pública e galega de enerxía\" e a suba de impostos ás \"eléctricas, petroleiras e á banca\". Así, estabeleceu unha comparación entre a situación de recortes vivida a partir de 2008 e as chamadas a \"apertarse o cinto\" actuais. \"Non poden repetirse os erros do pasado\", salientou, como xa apuntara nas declaracións que ofreceu aos medios de comunicación ao inicio da manifestación. O proxecto do BNG Tamén na mesma liña das palabras ofrecidas aos medios ao inicio da mobilización, Pontón explicou o \"proxecto para unha saída xusta\" á crise, que comprende \"blindar a sanidade pública, apostar nun rural vivo, enfrontar a crise demográfica, frear a emigración da xente moza\" ou \"pór o país a producir\". \"Galiza dá máis que para o turismo\", proclamou. A crise climática foi outro dos eixos sobre os que artellou o discurso Pontón, que cualificou de \"postureo\" a \"transición ecolóxica\". Após a referencia aos incendios forestais da última semana, chamou a \"facer unha reflexión de fondo\" e á necesidade de que \"este desastre\" sexa \"un punto de inflexión\". Contra o abandono do rural e a falta de prevención, receitou \"un monte multifuncional\" e \"prevención, prevención e prevención\". Bandeira galega despregada no inicio da manifestación do BNG. (Foto: Y. C.) As \"cloacas\" do Estado e a corrupción da Casa Real española \"herdada do franquismo\" non faltou nun discurso en que Pontón dixo que \"estamos ante o nacemento dun novo mundo, multipolar, o mundo das nacións, dos pobos que queren controlar o seu destino e avanzar sen submisións\". \"Xogámonos avanzar ou retroceder\", advertiu. \"Chegamos aos 40 anos como unha forza cohesionada e ilusionada, unha organización coa experiencia e a madurez necesarias para presidir o próximo Goberno do país\", afirmou a líder nacionalista, que expuxo que as municipais \"son unha excelente ocasión para avanzar\". Concluíu a intervención insistindo nunha \"mensaxe clara\": \"Imos a por todas, sen límites\". Unhas palabras que provocaron a ovación dos milleiros de persoas presentes, que antes de abandonar a praza da Quintana interpretaron o Himno Nacional."}
{"ID": "NOS_50652", "summary": "As Presidencias autonómicas fan balance e marcan os retos de 2021", "text": "Presidentas e presidentes autonómicos recorreron á xa tradicional mensaxe coa que se dirixen a través da televisión á cidadanía para dar a benvida ao novo ano, marcar axenda e retos para 2021 e facer balance de Goberno durante os últimos 12 meses. A totalidade das intervencións comezaron cun recordatorio ás vítimas da pandemia e no caso do lehendakari vasco Iñigo Urkullu, tamén aos dous traballadores falecidos no accidente do vertedoiro de Zaldibar, que conmocionou Euskadi hai xa 9 meses e onde un dos corpos segue sepultado. Para 2021, explicou Urkullu, \"as prioridades están claras: reforzar o sistema de saúde, garantir a educación, atender as persoas máis necesitadas, reactivar a economía, apoiar os sectores máis afectados e recuperar o emprego\". Tamén de recuperación falou a lehendakari navarra María Chivite, sinalando que o primeiro paso foi aprobar os orzamentos da comunidade foral neste Nadal, \"froito da responsabilidade e da altura de miras de todos os partidos que entenderon que estamos nunha situación extraordinaria\", dixo en referencia ao pacto que a súa formación, o Partido Socialista, alcanzou con EH Bildu. Nese sentido, Chivite engadiu que \"a cidadanía navarra valora os acordos e non entende que, podendo avanzar, se opte pola polarización\", en alusión a Navarra Suma (coalición de UPN, PP e Cs), que carga con dureza polo acordo con Bildu. En Catalunya, as formacións JxCat e ERC acordaran que, por respecto á figura da Presidencia, ninguén emitiría a mensaxe oficial televisada, logo de Quim Torra ser inhabilitado. Porén, o certo é que houbo dous discursos, un do propio Torra e outro do líder de ERC, Pere Aragonès, en calidade de vicepresident do Govern. O primeiro transmitiu a súa decepción coa lexislatura que agora acaba -Catalunya vai a eleccións o 14 de febreiro- e definiuna como unha etapa de \"represión\", só superada pola do franquismo. Torra manifestou desde unha farmacia de Girona que as e os cataláns teñen que tomar unha decisión: \"ou reino de España ou república catalá, ou represión e corrupción ou liberdade e xustiza\", indicou. O ex mandatario repasou os xuízos, apresamentos e sancións contra políticos independentistas por defender a liberdade de expresión e \"mentres iso sucedía en Catalunya\", dixo, \"en España axudaron a escapar un rei perseguido por unha inmensa mancha de corrupción\", sentenciou en alusión ao Goberno do PSOE e Podemos, e a Juan Carlos I. O vicepresident Aragonès preferiu centrarse na cuestión social, e puxo en valor os orzamentos da Generalitat, \"que elevaron o investimento en 3.000 millóns de euros respecto aos anteriores, incluíndo unha renda de garantía cidadá, rebaixa de 30% das taxas universitarias e a ampliación das contratacións públicas\". Para Aragonès \"2021 será o ano da reconstrución económica e social\" e dun país \"que queremos libre, socialmente xusto e con mirada feminista\", e asegurou que gañarán a crise \"coa ciencia, o sistema sanitario público e as e os traballadores públicos\". Outro dos discursos televisados foi o do presidente andaluz Juanma Moreno, que rexeitou \"a confrontación\" e cualificou de \"erro\" abrir en pandemia \"debates que dividen os españois\", para asegurar que a solución a estes tempos virá da \"unidade\". Ayuso alerta dun suposto \"sectarismo\" contra Madrid \"Denuncio o sectarismo que en moitas ocasións houbo contra a Comunidade de Madrid\", dixo a presidenta rexional Isabel Díaz Ayuso na súa mensaxe de fin de ano, engadindo que a repartición anunciada polo Estado dos fondos europeos de recuperación React-EU \"está pensada contra os madrileños porque nunca se viu unha arbitrariedade así\". Madrid leva 1.284 millóns, 12,8% de todo o fondo. Xunto a Andalucía e Catalunya suman case a metade do total. PSC e PP lánzanse á caza do voto laranxa \"Gañamos as eleccións en Catalunya\", repite a líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, desde que nos comicios de 2017 conseguiran ser primeira forza parlamentar con 36 escanos e 25% do voto, aínda que non tentasen nin formar Goberno debido á maioría absoluta que sumaban as tres forzas independentistas (Junts, ERC e CUP). Pero logo da repetición das eleccións estatais de 2019, en que Cs pasou en apenas tres meses de 57 a 10 escanos no Congreso, a posíbel perda de peso nos comicios cataláns é evidente e supón un banquete de votos principalmente para o PSC e PP, aínda que tamén para Vox. Neste contexto, o Partido Socialista pasou de ollar as eleccións como un trámite a \"ir por todas\" ao mudar esta semana o candidato Miquel Iceta polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, peza forte do Goberno estatal e ben valorado como político nas enquisas. E a pugna non só é polo voto, senón tamén polas referencias. Non foi un caso illado a fichaxe polo PP esta semana de Lorena Roldán (portavoz até a pasada cuarta feira de Cs no Parlament e gañadora das primarias para encabezar a candidatura, pese a que despois a dirección do partido puxo Carlos Carrizosa de candidato), pois o PSC tamén fichou como número dous por Tarragona o até esta semana portavoz do grupo municipal da formación laranxa nesa cidade, Rubén Viñuales. E mentres o PSC busca en Cs, Esquerra quitoulle Carles Castillo, deputado socialista até setembro, e que será agora número 4 da formación republicana ao Parlament tamén por Tarragona. Ademais, transcendeu outra importante baixa en Cs, a do seu portavoz no Concello de Vila-seca, tras negarse a votar en contra dos orzamentos."}
{"ID": "PRAZA_9004", "summary": "Malia ao abaratamento do petróleo nos últimos meses o prezo da luz segue nos niveis máis altos da década. Dende este 1 de xaneiro a Autoestrada do Atlántico aplica unha nova suba nas súas peaxes que duplica o incremento medio estatal", "text": "Ano novo e tamén novos prezos e novo salario mínimo. O 2019 chegou coas habituais variacións de prezos en diversos produtos e servizos, pero este ano as flutuacións veñen marcadas por decretos aprobados no Goberno de España nas últimas semanas. Entre eles, o que determinou o incremento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 euros -un 22,3% máis- e o incremento do 1,6% das pensións de xubilación, quedando pendente a fórmula para a súa revalorización.O salario mínimo sitúase dende este 1 de xaneiro nos 900 tras o incremento do 22,3% aprobado polo Goberno centralEn 2019 está prevista unha subida do índice de prezos ao consumo (IPC) próxima ao 1,2%, que é a mesma cifra soportada por este índice no exercicio anterior. O IPC concluíu 2018 cunha alza do 1,2%, segundo o dato adiantado polo INE, polo que quedou por baixo da suba dos soldos do persoal público (1,75%), das pensións e do incremento salarial pactado en convenio, que en novembro era do 1,7%. Segundo os anuncios gobernamentais, no novo ano o salario do funcionariado subirá un mínimo dun 2,25%.Alugueiros máis caros, IBI máis barato En materia de vivenda as previsións dos expertos inmobiliarios apuntan a subas tanto na compra como no aluguer. No caso do arrendamento continuaría así a tendencia alcista que, no caso galego, xa vén detectando o único indicador público do sector, o Observatorio dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Nas hipotecas, o Euribor (o indicador de referencia para os tipos de xuro) pechou decembro no -0,13%Os valores catastrais dos inmobles, con todo, baixarán. Isto terá unha repercusión inmediata sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI). Prevese unha baixada media do 1,92% despois de que o Goberno central aprobase os coeficientes de actualización dos valores catastrais para 2019. A medida afecta a 1.179 municipios.Os prezos da enerxíaO descenso de prezos experimentado nos últimos meses no sector enerxético fixo que o ano comece con caídas nos prezos dos combustibles polo abaratamento do barril de petróleo, que rexistrou en outubro o seu máximo en catro anos, 85 euros, e desde entón descendeu na contorna do 40%. Así, o prezo medio do litro de gasóleo sitúase nos 1,163 euros, segundo os últimos datos do Boletín Petroleiro da UE, mentres que a gasolina está en 1,211 euros d emediaEn canto á luz, 2019 será o quinto ano consecutivo no que a parte regulada do recibo, que supón un 41% e financia partidas como a distribución, o transporte ou os incentivos ás renovables, mantense conxelada. As variacións no prezo final dependerán do comportamento do mercado almacenista, que afecta a algo máis dun terzo do recibo.Malia ao abaratamento do petróleo nos últimos meses o prezo da luz segue nos niveis máis altos da década e as medidas anunciadas polo Goberno central tiveron, cando menos de momento, un efecto limitadoNeste caso, non hai boas noticias. Malia ao abaratamento do petróleo, o denominado pool eléctrico acaba de pechar co prezo medio máis caro da última década e os intentos do Goberno para frear a escalada do recibo tiveron un efecto limitado, xa que o crecemento interanual supera o 2% para unha factura media. Entre as medidas do Executivo, a máis destacada foi a suspensión durante seis meses do imposto sobre a xeración eléctrica, que ten un gravame do 7%.Doutra banda, o gas natural terá unha baixada significativa na Tarifa de Último Recurso (TUR), cun 4,6% de media a respecto do trimestre anterior. Os usuarios da TUR 1, que usan o gas para cociña e auga quente, terán un descenso do 3,8%, mentres que para os da TUR 2, que tamén o empregan para calefacción, será do 4,8%, informa eldiario.es. Do mesmo xeito que no caso da luz, a parte regulada do recibo do gas -as denominadas peaxes- permanecerán conxelados por quinto ano consecutivo no ano entrante.Pola súa banda, o prezo da bombona de butano non experimentou variacións coa entrada do novo ano. O seu prezo actual, fixado en 15,33 euros tras a suba de novembro (un 4,93%), non será revisado até mediados de xaneiro. Transporte: máis subas na AP-9 e na maioría dos trens galegosTal e como vén facendo desde 2015, Renfe volveu conxelar os prezos dos billetes de proximidade, o que en Galicia atinxe aos trens da antiga FEVE como os que unen Ferrol con Ribadeo . Iso si, o prezo dunha viaxe en Media Distancia subirá un 3,5% e, no caso dos Avant, será do 7%. Polo momento non se prevé unha alza para os trens de Longa Distancia.Onde a suba xa está en marcha é nas peaxe da rede de autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado. Dende o 1 de xaneiro a suba media é do 1,67%, pero na Autoestrada do Atlántico é maior. Ascende, concretamente, a un 3,5%, xa que ao incremento xeral engádense na AP-9 subas derivadas das obras na ponte de Rande ou compensacións por bonificacións de prezos en treitos como o de Vigo a Pontevedra. Esta nova suba chega en pleno trámite parlamentario da lei para transferir á Xunta as competencias sobre a AP-9.Aeroportos, telefonía e CorreosNos aeroportos, as taxas aeroportuarias de Aena aplicables para 2019 mantéñense conxeladas tras a rebaixa do 2,2% aplicada en 2018. De calquera xeito, os parámetros para determinar o ingreso medio anual por pasaxeiro revisáronse á baixa tras o informe da CNMC, polo que se fixou en 10,43 euros en 2019.O selo para o envío de cartas e cartóns postais dentro do Estado subiu un 9%, ata os 60 céntimosEn canto ás telecomunicacións, Movistar xa anunciou que subirá os prezos das cotas mensuais dos produtos fixos e móbiles, pero tamén os consumos extra -como mensaxes de texto ou establecemento de chamadas-. As outras principais operadoras de telefonía aínda non anunciaron novidades.Aínda que a extensión das comunicacións dixitais deixa as postais nun segundo plano, as tarifas de Correos tamén seguen a ter influencia no ámbito empresarial e social, entre outros. O selo para o envío de cartas e cartóns postais de até vinte gramos de peso a destinos dentro do Estado sobe un 9% neste 2019, de forma que pasará a custar 0,60 euros."}
{"ID": "NOS_36479", "summary": "Rosa Regueiro, profesora de Economía Aplicada na USC, dá comezo ao foro de debates 'Que modelo enerxético precisamos?', organizado por 'Nós Diario' co gallo do décimo aniversario da súa empresa editora, Sermos Galiza.", "text": "Parecía que estábamos a ver a luz tras a pandemia Covid-19, que os fondos Next Generation permitirían traballar por un entorno sostible, descarbonizado, e que a Axenda 2030 contribuiría a lograr unha sociedade desenvolvida e igualitaria. A realidade amosou unha vez máis as miserias da sociedade actual, minusvalorando o valor da vida e resaltando que a economía globalizada estaba fortemente vencellada ás tensións xeopolíticas e aos intereses estratéxicos. Xunto cos incrementos dos prezos de bens básicos e servizos estruturais, que lesionan tanto a economía doméstica como a actividade empresarial, e coa ameaza da estanflación, destacan as debilidades deste modelo enerxético fósil, causante do cambio climático e de pobreza. Só era cuestión de tempo que esta tormenta perfecta (eléctrica e de combustibles) descargase e danase a eficiencia socioeconómica dos países con dependencia no subministro. Cómpre preguntarse que factores explican esta paralizante suba dos prezos da electricidade para formular posibles solucións. De xeito xeral, o sistema de fixación de prezos e os dereitos de emisión de CO2 asumen gran parte da responsabilidade. Na produción de electricidade, o mix de tecnoloxías que participan é heteroxéneo na produción, no servizo que presta, nos custos, na dispoñibilidade e no impacto ambiental. As enerxías renovables son autóctonas, con maior respecto ambiental, localizadas onde producen, con custos que tenden a ser mínimos en canto á fixación do prezo. É moi diferente no caso do gas, importado, cun prezo fixado en mercados internacionais, moi sensibles ante calquera conflito, que operan co valor a futuro, no curto e no longo prazo. A eliminación do gas do sistema de fixación de prezos sería unha solución inmediata, acompañada da actuación fiscal A tecnoloxía que fixa o prezo é a última que entra no sistema, a máis cara, o gas. Todas as tecnoloxías anteriores pasan a ser remuneradas ao prezo da máis cara, en forma de \"beneficios caídos do ceo\" para as empresas produtoras da electricidade, que cunha posición dominante, trasládaos á factura do consumidor final. O resultado é un disparate de prezos e un mercado eléctrico ineficiente, mal chamado marxinalista. Polo tanto, a eliminación do gas do sistema de fixación de prezos sería unha solución inmediata pero non toda a solución. Outro factor é a carga fiscal asociada á electricidade, diferente por países, e tendo en España dous impostos (sobre a produción e o consumo). Partindo da complexidade propia de calquera actuación fiscal polo seu impacto no orzamento público, debería reflectirse a condición de \"ben-servizo básico e estrutural\" da electricidade cando se definise a tributación a aplicar. A través dos acordos vencellados ao Acordo de Kyoto, os países acordaron uns límites ás emisións contaminantes para obter electricidade, que se xestionan a través do mercado dos dereitos. Estes dereitos son cada vez máis escasos e caros para as empresas, que os repercuten ao prezo da electricidade. Como posible solución, controlar a evolución destes valores ou apoiar unha transición enerxética real e \"verde\", en paralelo coa creación dun mix eléctrico mais renovable. En Galicia, os datos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no período 2008-2020 indican que os recursos fósiles dominan a composición do sistema enerxético, cunha tendencia errática da importación de cru de petróleo e produtos derivados, carbón e gas natural, e cunha demanda notablemente descendente no período de impacto da pandemia da Covid-19. No ámbito das renovables, a enerxía eólica desenvolveuse desde 1995, chegando a ser rexión produtora líder a nivel de España e referente en Europa. Os datos do Inega indican que está empezando a repuntar desde o ano 2018, ao sufrir de forma notable o impacto da crise sistémica de 2008 e de normativas que frearon o seu desenvolvemento por múltiples factores. Pero o proceso de expansión eólica non foi suficiente en capacidade, tampouco incluínte nos axentes partícipes, estable no seu avance, nin respectuoso co entorno. O contraste dos datos públicos amosa un \"shock eólico\" caracterizado por concentración de parques eólicos en zonas case saturadas e/ou en zonas protexidas de alto valor ambiental; por proxectos de repotenciamento que implican maior impacto ambiental tanto polo proceso de cambio de aeroxeradores como polo tamaño dos mesmos e que poden quedar excluídos da obriga do canon eólico (algún dos proxectos foi anulado por sentenza xudicial); por unha crecente oposición social aos novos proxectos que xeran invisibilidade dos propietarios dos terreos e non respectan o mundo rural. En definitiva, por actuacións extremadamente produtivistas que non contribúen á xeración do benestar social. Aínda que en Galicia sabemos que \"nunca choveu que non escampara\", converter este modelo ineficiente nun sistema enerxético sostible e \"humanista\" esixirá unha profunda transformación estrutural e institucional, tamén alén das nosas fronteiras."}
{"ID": "NOS_34235", "summary": "Os Montes do Cha foron incautados en 1960 polo concello de Ferrol e a dia de hoxe os veciños seguen a loitar para que se lles devolva o seu, uns montes para seren usados en man común, para reforestalos pero favorecendo a biodiversidade e respectuosa cos valores do propio terreo. Unha decisión da ditadura que aínda deixa ver os seus efeitos.", "text": "Os montes do Cha, tamén chamados montes de Brión, son o conxunto das florestas situadas entre a ría de Ferrol e o val de Doniños. Un monte, cunha extensión de 230 hectáreas, onde vexetación é de toxo, queiroga,.. e é escaso en árbores. Estas extensións forestais dende sempre foron utilizadas pola veciñanza para o pasto do gando e recollida de estrume. No 1960 o concello de Ferrol, coa lei de montes de 1957 na man, decidiu facer un consorcio cos montes comunais das parroquias do antigo concello de Serantes: San Xurxo, As Cabazas de Covas, e os montes de Cha pertencentes ás freguesías de Brión e Doniños, que o concello nomeou \"Monte de Brión\". Mais a corporación municipal non actuou baixo a lei, xa que nela debíase respectar os labores de man común e seren utilizados como até ese momento se viña facendo, cousa que o concello non permitiu, e, destarte, eran sancionados pola garda forestal aqueles veciños que sorprendían levándose algo dos montes. Alén diso, estas florestas foron repoboadas cun piñeiro foráneo, aínda que o único lugar onde non foi efectiva esta reforestación foi no próprio monte do Cha. Con estas prohibicións, a maioría dos veciños de Brión e Doniños, que vivían case exclusivamente de gadaría, tiveron que pasar a vivir só do agro sen poder facerse con estrume para aboar as terras, polo que a situación de precariedade foi en aumento debido a que as leiras eran escasas. Co monte sen poder ser accesíbel polos veciños, o Patrimonio Forestal do Estado rozou os terrenos forestais e plantou piñeiros utilizando como man de obra mulleres das dúas parroquias, as que contrataba, despedía e pagaba como lle parecía ao garda forestal. O monte na Democracia Coa reforma da Lei de montes de 1980, os montes que foran incautados na democracia comezaron a ser reclamados polos antigos donos. Deste xeito, a finais de década dos 80 as cooperativas de Covas e a de Doniños-Brión coa AA.VV. de San Xurxo comezaron os trámites para a devolución das propiedades e solicitar a clasificación de montes en man común. Estas florestas foron repoboadas cun piñeiro foráneo, aínda que o único lugar onde non foi efectiva esta reforestación foi no próprio monte do Cha En 1986 a Xunta Reitora de Cooperativa Doniños -Brión, reuníndose coas AA.VV., acordaron xuntarse cos veciños de ambas as dúas parroquias. Decidiron tamén aparcar os trámites iniciados pola cooperativa para reclamar os montes e solicitar primeiro a devolución de aquelas parcelas privadas que se incluíran no consorcio do Concello coa Forestal. Deste xeito a solicitude fíxose a través da Cámara Agraria de Ferrol, mais a Xunta deulles como resposta que dita reclamación debería facerse a través do xulgado. Neses anos, os montes de S. Xurxo e Covas seguiron cos trámites e recuperaron os seus montes, que pasaron a ser administrados directamente polas comunidades veciñais de cada parroquia. Houbo varios intentos de devolver eses montes aos seus verdadeiros proprietarios, e mesmo nalgunha ocasións o proprio concello, co apoio dos grupos políticos, implicouse en darlle visibilidade a esta aldraxe A partir de aí, houbo varios intentos de devolver eses montes aos seus verdadeiros proprietarios, e mesmo nalgunha ocasións o proprio concello, co apoio dos grupos políticos, implicouse en darlle visibilidade a esta aldraxe cometida durante a ditadura. Mais por diversos motivos fóronse paralizando e impedindo os diferentes trámites para reverter a propriedade dos montes: cambios de goberno, ou porque a Xunta de montes dicía que había problemas para a reversión deses montes,... No 2004 o goberno local do momento decidiu, sen que ningún veciño puidese ter voz ou dar a súa opinión, pedir o des-consorcio e a exclusión do monte de Brión do Catálogo de Utilidade Pública, mentres que a lei dicía que para poderse facer ese trámite, antes se lle tiña que dar audiencia aos titulares de dereito sobre o monte. Mais as AA.VV. De Brión e Doniños souberon do feito cando saíu na prensa. Esta decisión do goberno municipal do momento foi para facerse cuns terreos que interesaban para a construción da plataforma para o porto exterior sen ter que indemnizar a ningún veciño. Por ese motivo, os veciños de Brión e Doniños presentaron un recurso de reposición contra a resolución da Xunta de montes, mais todos os recursos foron rexeitados co argumento de que porque os veciños non os utilizaban en man común como dicían. Deste xeito, o concello de Ferrol apropiouse dos montes, tanto comunais como particulares. No 2006 o xurado volveuse reunir, esta vez con dous dos representantes dos veciños, pero acordouse suspender a decisión da clasificación do monte, debido a un recurso particular presentado por un veciño. Na actualidade No 2010 o pleno municipal acordou retirar as alegacións municipais no proceso xudicial no Xurado de Montes que tiña paralizado o expediente de clasificación do monte como monte de man común. Mais este proceso aínda non se materializou. No momento actual o goberno municipal non está a traballar administrativamente no proceso de reversión dos feitos Despois destes atrancos, os veciños non deixaron de loitar, crearon a asociación no 2011 \"Montes Veciñais do Cha\" para darlle maior visibilidade ao problema entre os veciños e o resto da poboación local. Seguen esixindo aos políticos unha solución do problema. Para explicar o problema dun xeito sinxelo e atractivo publicaron o Libro Negro do Cha. Esta asociación, para mostrar ese interese da recuperación do patrimonio natural e promover a utilización en man común do monte, cada ano reivindica a propriedade veciñal cunha ocupación e a plantación de árbores autóctonas, reunindo a toda a cidadanía para a implicar na defesa dunha propriedade común. Ademais que neses montes ano tras ano tamén se fai unha recreación da Batalla de Brión onde os veciños loitaron contra os ingleses ao quereren invadir a cidade. No 2015, nun pleno do concello, a través dunha moción do BNG, volveuse sacar o tema de devolver aos veciños de Brión e Doniños os seus montes que lles foran usurpados na ditadura, pedindo de novo que o concello retirara as alegacións en contra da clasificación como monte de man común postas ante o xurado de Montes, e que carecen de apoio documental. O concello aprobou a moción, mais aos poucos días o 10 de xullo dese mesmo ano o Tribunal de Montes ratificouse na súa posición e resolveu que eses montes non eran dos veciños. Os veciños falaron entón de poñer unha demanda pola vía xudicial ordinaria. No momento actual o goberno municipal non está a traballar administrativamente no proceso de reversión dos feitos, aínda que lles dixo aos veciños que ía tratar de deixar a propriedade como unha cesión durante un tempo, algo que polo momento non se levou a cabo. Mentres que o resto de administracións tampouco están a facer nada, deixando o tema paralizado e que quede no esquecemento. A devolución destes montes será o fin dun agravio que se produciu hai máis de 50 anos A devolución destes montes será o fin dun agravio que se produciu hai máis de 50 anos pero que a pesar do tempo non foi solucionado no presente, unha inxustiza que se prolonga até a actualidade. Foi unha decisión política a incautación dos montes e debería ser unha decisión política a que resulte na devolución dos terreos. Para as veciñas e os veciños, o concello debería devolver ese terreos para que se faga un uso deles, que recuperen a súa utilidade. Estamos perante unha riqueza que xa non sirve para o que no momento da incautación servía -xa non hai ganadaría nin explotacións agrícolas- pero pode ter un fin de uso público para os veciños e o resto da cidadanía. Alén de ter un carácter deportivo (alí fanse rutas a cabalo, rutas de sendeirismo, de BTT, hai un coto de caza...) as veciñas e os veciños entenden que as floresta teñen tamén un valor cultural importante: aínda se conservan restos de numerosas mámoas, e enfatizan que non se debe consentir que estas extensións forestais sexan presas de actos vandálicos, como até este momento. O monte, subliñan, é u patrimonio medio-ambiental que ao non ser coidado pode ser vítima do lume, como sufriu a comarca nos últimos días de Abril, unha queima de máis de 700 hectáreas de terreo debido ao temporal de vento e as altas temperaturas que se acadaron neses días. As veciñas e os veciños piden que o concello restitúa aos seus donos o que lles quitou hai 50 anos, unha demanda xusta que debería terse materializado hai anos, e que non pode esperar máis."}
{"ID": "NOS_54388", "summary": "Os organizadores salientan que \"o festival confírmase coma unha das citas musicais imprescindibles de Galiza\".", "text": "Hora de facer balance do Revenidas 2015, o festival que durante tres días convertiu Vilaxoán nun volcán de música, festa e convivio aos pés da Ría de Arousa. A organización cifra en máis de 12.000 as persoas que asistiron a esta XII edición, o que supón batir as marcas de anos anteriores. \"Satisfacción xeral e profesionalidade son as sensacións que se desprenden logo dunha festa que pasará á historia desta vila mariñeira\", afirman. Destacan que non se cancelou ningún concerto e que non se produciron incidentes de ningún tipo. \"Queremos agradecer publicamente aos máis de cen profesionais que fixeron posible esta exitosa edición do Festival\". O cartaza desta edición, ademais, foi de luxo: Soja, Nao, Banda Bassotti, Zoo, Heredeiros da Crus, Chikos del Maíz, Terbutalina... O que notou na afluencia de xente, na calidade dos concertos e na implicación do público."}
{"ID": "PRAZA_16812", "summary": "Fica por ver, ainda, se esta «luz catalã» que tirou as máscaras do Estado para milhares de pessoas — não só na Catalunha — que antes confiavam razoavelmente no sistema acaba também deitando-se sobre o verdadeiro rosto oligárquico e neoliberal da União Europeia.", "text": "Se uma cousa tem de bom a quantidade enorme de tinta vertida e de horas de emissão à volta do conflito catalão e da política bifronte do Estado espanhol ao respeito — repressiva por um lado, negadora da realidade polo outro — é que todo o mundo está a ficar perfeitamente retratado conforme o drama avança e os atores e atrizes vão dizendo as suas frases. Quem tirar neste momento uma fotografia fixa terá já uma imagem de máscaras caídas. Ou, mais claramente: uma revelação similar àquela do conto de H. C. Andersen em que uma criança apontava para o rei e anunciava que ia despido. O primeiro a ficar despido foi o governo espanhol. Desmascarado, o que ficou à vista foi a incapacidade para respeitar a vontade política da maioria catalã — aliás, da sua maioria mais mobilizada e activa — e a necessidade urgente de reconquistar o poder institucional e o seu aparato. E aqui há que entender «reconquistar» no sentido de fazer-se dono dele, possuí-lo efetivamente e, portanto, poder manuseá-lo para o interesse geral da operação ou para interesses mais concretos de cada momento. Por exemplo, lançando a BRIMO a atropelar manifestantes para provocar uma reação violenta que depois seja utilizada para «legitimar» toda a operação e, de passada, para romper a linha de cumplicidades da população com os Mossos d'Esquadra que se negaram a espancar votantes durante a jornada de 1 de Outubro. O seguinte foi o sistema judicial. É verdade que a judicialização da política no Estado espanhol não é qualquer novidade. Ao contrário, é um recurso bem à mão de organizações da ultradireita e do grande capital para, por exemplo, penalizar de novo o aborto, ilegalizar organizações políticas incómodas ou tombar leis aprovadas em parlamentos nacionais contra a pobreza energética ou contra os espectáculos de maltrato animal. Mas a deriva judicial do conflito na Catalunha promovida desde o governo, inclusive deitando ao lixo a mínima estética da separação de poderes, tem deixado acima da mesa situações de gravidade sem muito precedente. Por exemplo, a invenção por parte do Tribunal Supremo do direito penal com efeito boomerang: se a polícia emprega a violência contra manifestantes significa necessariamente que quem se manifesta é violento e, portanto, é lícita a sua repressão. Ou, por exemplo, a retirada de uma euro-ordem de detenção de exiliados em função dos interesses da minoria parlamentar na Catalunha para evitar a investidura de Carles Puigdemont como presidente. E isso para não falar já dos gritantes casos de prisão sem juízo de líderes políticos e sociais que se vêm somar à lista de presos e presas políticas no Estado espanhol — que já existia, mas que com estes novos casos ficou à vista mesmo de quem até agora preferia não ver. Com o poder executivo e o poder judicial desmascarados, a lógica obriga a considerar comprometido o conjunto do estado. Um estado, o espanhol, que descansa a sua legitimidade hoje no conceito de uma transição à democracia há quarenta anos que significava cortar pacificamente com a ditadura, mas que, na prática, consistiu mais bem em disfarçar os seus poderes fáticos, sem tocá-los demasiado, para que não se opusessem à reforma estética da fachada do edifício. E isso tem consequências. O resultado é um Estado em dous níveis que permite encher o peito com uma retórica a cavalo entre sócio-liberal e conservadora-liberal e, ao mesmo tempo, conservar mais ou menos oculta uma ossamenta filofascista — no mínimo — que deita por terra o relato principal quando fica exposta. Um estado profundo que mantém uma monarquia tão desprestigiada que teve que dar passo à seguinte geração para ter a mínima hipótese de se perpetuar; que conserva juízes adeptos ao nacional-catolicismo; que emprega polícia política com abundância de torturadores e impunidade; meios de comunicação que reproduzem o franquismo sociológico aprendido durante mais de quatro décadas; um exército que se anuncia disposto a pôr os tanques nas ruas; uma política de perseguição de objetivos internos e repressão de baixa intensidade; e grupos de choque aparentemente sem qualquer laço com essa estrutura, mas que agem sempre na direção dos seus interesses, impedindo atos públicos, atacando simbologia catalã, queimando locais do inimigo ou proporcionando provas falsas de actividades violentas do independentismo que desemboquem de novo no círculo da repressão «legítima» por parte do Estado. Todo isto pode ser visto em marcha — se é que há verdadeira vontade de ver — na Galiza, em Euskal Herria ou no conjunto dos Països Catalans, e também lá onde o Estado detectar um problema de fundo que o questionar, por exemplo na luta polo soterramento dos trilhos em Múrcia que já não é só polo soterramento dos trilhos ou, antes, na luta do Gamonal, que já ninguém parece lembrar. Mas foi a decisão maioritária do povo catalão de construir um novo marco próprio e independente o que, efetivamente, colocou isto a olhos de todo o mundo de uma vez para todas, ao ponto de que, hoje, negá-lo seja um exercício de cinismo cúmplice. O último a ficar despido foi a esquerda espanhola, que também é Estado, por sinal. De novo, quem quiser olhar, já foi quem de ver há tempo que a insistência dessa esquerda em conservar o marco espanhol, em não criticá-lo a sério, significava uma aceitação de base de todas as contradições, por mais que em público se diga o contrário. É o que tem a retórica, que pode ser apontada em qualquer direção com independência da realidade. É grave que os chamados ao diálogo desaparecessem tão asinha como o Estado despejou a Generalitat e começou a encarcerar ou mandar gente para o exílio; é grave que essa esquerda que dizia querer solucionar o problema pola via política permaneça agora no mais absoluto silêncio, apenas movendo levemente a cabeça em sinal de desaprovação pola violência dos últimos dias, mas sem abrir a boca a respeito da questão de fundo. Mas mais grave é pretender que pode haver soluções políticas num Estado edificado à volta de «Una, grande y libre» e «Viva la muerte» que não sejam a ruptura republicana dessas nações com o Estado. A popularização nas redes sociais de expressões como «esquerda tricórnio», que não deixam de ser uma picada ocorrente para agudizar as contradições, mas que não existiam há apenas meses, serve de espelho a um avanço significativo na tomada de consciência de onde é que estamos. E isso não se explica sem o conflito na Catalunha. Fica por ver, ainda, se esta «luz catalã» que tirou as máscaras do Estado para milhares de pessoas — não só na Catalunha — que antes confiavam razoavelmente no sistema acaba também deitando-se sobre o verdadeiro rosto oligárquico e neoliberal da União Europeia. O que é seguro é que cada vez para mais gente resulta mais claro que não há solução possível sem passar pola independência, que propostas confederais ou federais som um canto de sereia impossível de concretar no campo de jogo descrito acima, e que o Estado não se vai desligar dos seus ossos por mais que a maioria no Congresso dos Deputados ou no Senado venha eventualmente a mudar de cor. A saída está indicada. A janela de oportunidade, aberta. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "PRAZA_8288", "summary": "O conselleiro de Economía asegura que segue a haber marxe para que os afectados recuperen os cartos mentres Feijóo culpa á oposición", "text": "A polémica das preferentes arrecia e a Xunta e o PPdeG traballan en dúas frontes, a política e a administrativa, para tentar capear o temporal. Mentres, dende os foros puramente partidarios o presidente do Goberno galego e líder dos conservadores arremente con dureza contra PSdeG e BNG para non só acusalos de \"utilizar\" as vítimas dos produtos financeiros, senón tamén para acusalos da súa comercialización -foron colocadas, entre 2003 e 2011, isto é, antes, durante e despois do bipartito-, o conselleiro de Economía tenta aplacar os ánimos. Francisco Conde aseguraba este domingo, vinte e cato horas despois de que a carraxe dos afectados chegase ás portas do congreso do PP de Pontevedra, que a vía da arbitraxe de consumo segue aberta. En declaracións á Radio Galega Conde amosouse convencido de que a arbitraxe segue a ser \"a solución máis eficaz\" para que \"todos os afectados cun perfil aforrador recuperen a totalidade dos seus aforros\". Mentres as plataformas que se opoñen á \"estafa\" artellan a reacción á quita anunciada polo Goberno central -perderán arredor da metade dos cartos e o resto devolveranllos en accións do banco- o conselleiro aseguar que o Executivo \"seguirá a defender os intereses das familias enganadas\" coa intención última de que \"recuperen o 100% dos seus cartos\". O conselleiro de Economía lanza mensaxes conciliadoras mentres Feijóo culpa do conflito á oposición Pero todos os bos desexos expresados por Francisco Conde están condicionados a un factor esencial: que Novagalicia Banco queira ou, o que é o mesmo, que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) -o organismo estatal que a controla-, dea o seu visto e prace. Neste contexto, asegura que o Executivo vai seguir \"instando o banco a que continúe aceptando casos para que sexan solucionados pola mediación\", unha fórmula que \"xa permitiu ata hoxe que preto de 15.000 persoas recobrasen os seus cartos integramente\". En todo caso, isto só acontecerá se o banco ten a ben que aconteza.+ Estas chamadas á conciliación lanzadas polo titular de Economía chegan nun contexto no que o propio Feijóo segue a acusar a socialistas e nacionalistas de \"lavar as mans cando se emitían as preferentes\" e agora \"fregalas porque ven nos afectados unha arma arreboladiza contra quen ten como único interese buscar solucións\", isto é, o PP e a Xunta. Así, segundo o presidente, os afectados non deben \"esquecer\" cal foi \"o goberno que ignorou os riscos que estaban correndo e marchou sen facer nada por eles\"."}
{"ID": "NOS_17372", "summary": "Redeiras, lavandeiras, mestras, cigarreiras, artistas, xogadoras de fútbol ou de hóckey, enfermeiras, científicas... as historias das mulleres, \"tradicionalmente excluídas do relato histórico e da memoria oficial\" son agora visibilizadas nun novo fondo documental, gráfico e audiovisual en liña sobre a memoria feminina.", "text": "A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) lanza a páxina web acorunhadasmulleres.gal co obxectivo de \"volver os ollos cara a esas historias protagonizadas por mulleres que foron esquecidas, relegadas e marxinadas\", para o cal desenvolveron \"un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina da cidade da Coruña\". A web da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda compila na actualidade un total de 52 rexistros, distribuídos nas categorías de colectivos, pioneiras, represaliadas e traballadoras. Non obstante, é previsíbel que en vindeiras datas teña lugar unha reestruturación desas categorías. \"O noso modelo a seguir sempre foi Do gris ao violeta, a web do Concello de Pontevedra, que foi onde nos inspiramos, mais temos xa documentadas moitas mulleres que non encaixan exactamente en ningunha delas\", engade María Xosé Bravo, presidenta da ACAB.. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_51795", "summary": "Concentrarase diante do Parlamento o 4 de decembro para reclamar que se respecte o contido da iniciativa, apoiada por máis de 18.000 sinaturas, máis de 50 concellos –entre eles os de seis das sete grandes cidades- e tres deputación: Pontevedra, Lugo e A Coruña. Vídeo no interior.", "text": "A CIG anuncia mobilizacións contra o que considera unha anulación, de facto, da ILP por unha tarifa eléctrica galega. Unha iniciativa que chegou ao Parlamento vai para dous anos apoiada pola sinatura de máis de 18.000 persoas, máis de 50 concellos –entre eles os de seis das sete grandes cidades- e tres deputación: Pontevedra, Lugo e A Coruña. O sindicato nacionalista chama a unha concentración esta segunda feira, 4 de decembro, diante do Parlamento. Considera que o Partido Popular está \"baleirándoa de contido\". Hai uns días, o portavoz do Partido Popular, Pedro Puy, manifestaba que unha tarifa eléctrica galega é \"xuridicamente inviábel\". Unha declaración que para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, é de especial gravidade porque é \"falsa\" toda vez que tanto a lexislación como os servizos xurídicos da propia cámara sosteñen o contrario. Lembra que o artigo 3 da Lei 7/2015, de 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá de Galiza establece que \"quedan excluídas da iniciativa lexislativa popular as non atribuídas á competencia da comunidade autónoma\". Para que a ILP por unha tarifa eléctrica galega puidera ser admitida a trámite polo Parlamento tiña que cumprir ese requisito e que ademais, e a petición do propio Partido Popular, tivo que pasar até en tres ocasións máis polos servizos xurídicos da cámara. \"En todas dixeron que si era competencia e así llo lembramos cando nos entrevistamos con eles\", afirma. Para o sindicato nacionalista estamos perante unha \"actitude antidemocrática\" do PP por \"anular a vontade popular expresada a través dunha ILP, renunciando así a que as galegas e os galegos poidamos beneficiarnos dos nosos recursos\"."}
{"ID": "NOS_3885", "summary": "Un paciente do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) perdeu a mobilidade das extremidades inferiores ao demorarse 155 unha intervención por cancro de próstata. Eis a denuncia que realiza a Asociación de Pacientes e Usuarios deste hospital unha vez coñecido o caso a través da testemuña da persoa afectada.", "text": "A través das redes sociais, a Asociación de Pacientes e Usuarios do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) explican o relato do \"tortuoso camiño para acadar un diagnóstico completo da súa doenza e o inicio dun tratamento\". Segundo lles trasladou un paciente, en decembro de 2021, a raíz dun recoñecemento médico, detectóuselle unha anomalía e solicitou unha consulta no centro de saúde o 24 de decembro. O médico de familia solicitou unha interconsulta en uroloxía que se fixa os días 7 de xaneiro e 8 de febreiro de 2022. A Asociación de Pacientes do CHUS, sobre a cirurxía de cancro adiada: \"Están tomando á lixeira as nosas vidas\" \"O 18 de febreiro de 2022 realízaseme unha biopsia. Despois de case un mes, o 10 de marzo de 2022, teño unha cita coa doutora de uroloxía para ver o resultado da proba, do que se conclúe que teño un cancro de próstata con invasión perineural, o que implica que existe probabilidade de invasión fóra da próstata\", relata o paciente. Nesa mesma cita solicítaselle un TAC e unha gammografía ósea con prioridade preferente, que tardan máis de 3 semanas en realízalle, os días 30 e 31 de marzo, respectivamente. \"Sorprendentemente, no informe de enfermería do día 24 de abril reflíctese que a proba é de prioridade ordinaria. Transcorre máis dun mes e fixan para o 9 de maio a cita para analizar os resultados e márcase unha nova cita para realizar unha resonancia o 24 de maio\", continúa explicando o afectado. Reclamacións pola demora Dada a urxencia e gravidade da situación, presentan unha reclamación solicitando que se adianten, conseguindo que se fixen para os días 3 e 12 de maio. \"O día 3 de maio, dos resultados das probas (TAC e gammografía), infórmanme que no estudo gammográfico, do 31 de marzo, detectan hipercaptación patolóxica de elevada intensidade na columna vertebral (D7) e de baixa intensidade noutras vértebras. Atribúenlla a una fractura sufrida no 2017\", apunta o afectado. Rueda chama á \"solidariedade galega\" para doar sangue logo de que o CHUS adiase unha cirurxía de cancro Con todo, \"o TAC, do 30 de marzo, revela a existencia de inflamacións múltiples dos ganglios na zona de infección, con adenopatias patolóxicas ilíacas externas bilaterais. Na cita do 12 de maio, en uroloxía, solicítase a resonancia, que se fixa para o 15 de xuño. Novamente, reclamamos e a proba realízase o 6 de xuño, case un mes despois\", asegura este paciente. Agardando pola resonancia, o 29 de maio acude a urxencias cunha intensa dor dorsal, \"pero non lle prestan maior atención e mándanme para a casa con calmantes\", explica. Unha vez feita a resonancia e sen coñecer aínda o resultado, o 8 de xuño volve a regresar a urxencias coa mesma dor no torso, intensificada por un moi leve accidente de coche. \"Realízanme probas, danme novamente calmantes e volven darme a alta. Ese mesmo día, horas máis tarde, regreso de novo a urxencias pola mesma dor, pero agora totalmente insoportable. Quedo ingresado e son operado de urxencia en neurocirurxía o día seguinte, o 9 de xuño\", asegura o paciente. Parálise da metade do corpo Na actualidade explica que \"despois de soportar demoras acumuladas inxustificables de 155 días e de pelexar contra os obstáculos burocráticos, é que padezo un cancro de próstata de grao 4 cuxa extensión ás vértebras me produciu unha parálise da cintura para abaixo\". Segundo lles traslada á asociación \"sigo ingresado no CHUS con prognóstico grave. Entre a primeira consulta, o 24 de decembro de 2021, e o 8 de xuño de 2022, data na que ingreso finalmente no hospital, producíronse demoras nas citas de interconsulta, vista de resultados e na realización de probas diagnósticas que deron lugar a unha detección tardía da miña patoloxía, con secuelas e consecuencias irreparables\". Rueda evita valorar a dimisión do xefe de Interna do CHUS e di que respecta calquera \"manifestación de descontento\" Denuncia que \"non se lle prestou a suficiente atención aos danos nas vértebras que mostraban os resultados do TAC do día 30 de marzo e da gammografía do día 31. Se se lle prestase máis atención e se actuase antes e mellor, seguramente hoxe non estaría en tan grave situación.\" Para a entidade de defensa de pacientes \"o testemuño constitúe un tráxico botón de mostra do que está acontecendo todos os días no noso degradado sistema público de saúde\". Denuncian que \"incontábeis pacientes como el sofren en silencio e resignadamente os procesos de atención supeditados a criterios burocráticos, obstáculos administrativos e carencia de medios que, inexorabelmente, rematan en diagnósticos tardíos, secuelas irreparábies ou desenlaces fatais\". Non se cumpre a normativa de saúde Seguindo o seu proceso contabilizan que \"tardaron 56 días en realizar unha biopsia para diagnosticar o cancro e 20 días máis en ter a cita de resultados. Demoraron 21 días en realizar un TAC e unha gammografía e 33 días máis en ter a cita de resultados. A resonancia magnética realizouse 25 días despois de solicitala e a pesar de estar xa diagnosticado o cancro\". Con esta situación, para esta entidade, \"incúmprese a Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde\" como consecuencia de que \"se recorta persoal nos servizos de radioloxía, cando non se cobren as vacantes temporais nos servizos especializados, ou se demoran as interconsultas solicitadas por atención primaria\" que causan \"un dano con consecuencias irreparábeis no paciente e un maior custo de atención para o conxunto do sistema\"."}
{"ID": "PRAZA_6062", "summary": "A empresa inmersa nun escándalo financeiro ten contrato co consistorio ourensán ata 2016. O seu conselleiro delegado, Jenaro García, asegurou a finais de maio que estaba a negociar con \"outras capitais galegas\" para implantar o seu servizo de wifi nelas.", "text": "O pasado día 6 a empresa tecnolóxica Gowex, con sede en Madrid, remitíalle un feito relevante ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB) para admitir que \"as contas da sociedade de, cando menos, os últimos catro anos, non reflicten a súa imaxe fiel\". A que fora presentada como unha startup modélica por, entre outros, o Goberno de España, rendíase así ante as evidencias e deixaba de cualificar de difamación, como fixera durante varias xornadas, o informe da consultora estadounidense Gotham City que a acusaba de falsidade no 90% das súas vendas e de incluír nas súas contas oficiais ingresos que non existen. Neses anos de falsidade presentada como suposto crecemento meteórico Gowex estendeu os seus servizos de redes sen fíos por múltiples cidades, entre elas, Ourense. A peculiar entidade americana -Gotham City é vista con receo en ámbitos financeiros por divulgar informes sobre malas prácticas de empresas de cuxas caídas bursátiles se beneficia- explicou as súas conclusións sobre Gowex utilizando como referente unha firma galega: Pescanova. Let's Gowex: a Pescanovan Charade, titulou o seu dossier, en cuxa cuarta páxina lanzaba varios augurios. Entre eles, aseguraba que os títulos de Gowex valían \"cero euros\" e que a súa cotización ía ser \"suspendida\", como antes o fora a de Pescanova. Isto vén de acontecer. No seu documento Gotham analiza datos económicos e outros case pintorescos para amosar as vergoñas da empresa española, tales como unha fotografía do seu máximo responsable, Jenaro García, amosando as vistas dende unha sede da empresa en Nova York que non existe ou eloxios públicos á calidade do wifi lanzados por supostos cidadáns anónimos que realmente eran empregados da propia Gowex. No mesmo informe Gotham recolle algunhas das operacións que Gowex amosa como \"casos de éxito\" da súa expansión. Entre elas figura a concesión da rede wifi municipal do Concello de Ourense. En marcha dende 2010 e renovada en 2013 O proxecto denominado Ourense Wifi botou a andar en decembro de 2010 con algo máis de medio cento de puntos de acceso repartidos por arredor do 30% do municipio, segundo datos da empresa. Ofertar conexión a internet sen fíos salvando as limitacións das autoridades da competencia foi un dos proxectos estrela do goberno local ourensán no anterior mandato e con este obxectivo sacou a concurso o servizo. A concesión recaeu en Gowex, cunha duración de tres anos e a cambio dun canon de 70.000 euros. Como nas demais cidades nas que conta con proxectos coma este, Gowex ten dereito a incluír publicidade a través da súa rede e ofrece un servizo premium por 8 euros ao mes. O Concello de Ourense ten contrato con Gowex ata 2016 A evolución do wifi ourensán foi desigual e así, mentres algunhas das persoas usuarias manifestaban queixas pola baixa calidade do sinal outras amosábanse satisfeitas e o proxecto recibía en 2012 o recoñecemento de Google mentres, en 2013, superaba xa as 13.000 inscricións. O 2013 foi, precisamente, o ano no que expirou a concesión de Gowex e no que o consistorio volveu sacar a concurso o servizo. A única empresa que optou á concesión foi a propia Gowex, desta volta cun canon anual de 33.832,81 euros e de novo por tres anos, segundo consta no contrato asinado o 21 de novembro dese ano. Así as cousas, Ourense terá que estar ligada a Gowex cando menos ata 2016. García asegurou negociar con outros concellos galegos \"Negociamos con outras capitais galegas\", afirmou Jenaro García a finais de maio Aínda que só ten en marcha a wifi municipal de Ourense e un punto de acceso dunha empresa privada na Coruña o conselleiro delegado de Gowex aseguraba hai poucas semanas que estaba a negociar con outros concellos de Galicia. Fíxoo no marco dunha conferencia impartida o pasado 30 de maio na Escola de Negocios Novacaixagalicia de Vigo, na que falou, precisamente, do xeito de triunfar na bolsa en plena crise económica. \"En Ourense hai unha rede extensa dende 2010\" e \"negociamos con outras capitales galegas\", afirmou Jenaro García nunha entrevista en La Voz. \"Facémonos socios do concello por 10 anos e explotamos os servizos conxuntamente\", sinalaba García naquela entrevista, obviando que, por exemplo, o contrato ourensán é de tres anos. Nesa mesma visita a Galicia o líder de Gowex declaraba a Atlántico Diario estar \"moi contento\" pola marcha en bolsa dunha empresa cuxo proxecto era \"o wifi en todas as cidades do mundo\". En 2020, afirmaba, os seus servzios ían ser empregados polo \"20% da poboación mundial\". \"Converterémonos no meirande operador do mundo\", afirmaba. Claves do fiasco de Gowex: quen pagará a factura do afundimento. En El Diario"}
{"ID": "NOS_33645", "summary": "Ollar nace como unha plataforma na que coñecer e recoñecer a fotografía contemporánea que se fai na Galiza. O director David Hernández e a montadora e directora de fotografía Álex Penabade asociáronse co fotógrafo e docente Jorge Lens para darlle vida a un proxecto que visa a difundir a obra de diferentes creadores e creadoras deste campo artístico a través de curtametraxes documentais. Una web específica é o vehículo principal para difundir unha disciplina non demasiado comprendida entre o gran público.", "text": "\"Sempre crin que a fotografía era un xénero moi maltratado en canto á súa difusión\", asegura David Hernández, \"ou polo menos iso é o que percibo. Creo que hai unha serie de fotógrafos na Galiza que teñen un público potencial ao que non chegan. Este proxecto tenta achegar ese público potencial á obra de varios artistas a través do cine\". O proxecto, que se presentará o vindeiro domingo 26 dentro do Play-Doc de Tui, recibe o nome de Ollar. Escolma de fotografía contemporánea e botou a andar en plena pandemia. Consiste na creación dunha plataforma web que albergará documentais monográficos de quince minutos dedicados a un fotógrafo ou fotógrafa relevantes. Hernández, de quen partiu a idea e que estreou recentemente a súa primeira longametraxe, La felicidad de los perros, encárgase da dirección das curtas, axudado no guión polo fotógrafo e profesor na Universidade de Vigo Jorge Lens, e pola directora de fotografía e montadora Álex Penabade. Os primeiros cinco traballos -dedicados a Eva Díez, Miguel Vidal, Raquel Calviño, Javier Teniente e Manuel Sendón- xa se poden visualizar no enderezo web ollar.gal, mais o obxectivo e seguir medrando até completar todo o que sexa posíbel o panorama da fotografía galega contemporánea. \"A escolla destas cinco primeiras figuras foi un tanto azarosa\", explica Jorge Lens\", e non indica ningunha preferencia pola nosa parte. Ao comezar durante a pandemia, cando aínda estabamos confinados, as nosas posibilidades eran as que eran, de forma que escollemos autores e autoras aos que, por proximidade xeográfica, podiamos acceder máis facilmente. Falar coas artistas sobre o seu traballo, buscar localizacións e gravar non era fácil durante ese período e, daquela, optamos por comezar polas persoas que tiñamos máis cerca para continuar completando con outros artistas\". As curtas realizadas até o de agora amosan un discurso que non é o máis convencional: non se trata de facer un catálogo, senón de acompañar os protagonistas no seu proceso creativo David Hernández subliña esa idea: \"queremos que se vexa esta primeira entrega como un principio: a idea é facer un catálogo amplo. Non temos un número na cabeza porque isto non ten fin, sempre aparece xente nova á que prestarlle atención, pero aspiramos a ter polo menos vinte ou vinte e cinco figuras representadas en Ollar\". As curtas realizadas até o de agora amosan un discurso que non é o máis convencional: non se trata de facer un catálogo, senón de acompañar os protagonistas no seu proceso creativo. \"Para nós era moi importante achegarnos á súa forma de traballar\", explica Hernández, \"non só mostrar a súa obra. Queriamos indagar un pouco na súa maneira de inspirarse, de achegarse aos seus temas... Ás veces resultou complicado. Para unha produción modesta como a nosa, no caso, por exemplo, de Javier Teniente, que traballa moito como reporteiro noutros países, era case impensábel poder acompañalo, mais logramos dar coa fórmula para, polo menos ilustrar como se enfronta ao feito creativo\". \"Hai xente máis nova a carón de referentes como Manuel Sendón. Gustábanos a idea de buscar o contraste entre xente que se achega a fotografía por distinto camiños\", di Hernández Fotografía sen adxectivos Unha das características máis atractivas do proxecto é que os protagonistas de cada unha das curtas trátanse exclusivamente como creadores cuxa ferramenta é a fotografía: non se estabelecen diferenzas entre os que traballan para a prensa, os que están máis próximos ao mundo da arte contemporánea ou os que transitan entre xéneros próximos, o que serve para salientar a autonomía do xénero fotográfico. Hernández explica que buscaban a variedade tanto nos tipos de fotografía como na idade dos artistas. \"Hai xente máis nova a carón de referentes como Manuel Sendón. Gustábanos a idea de buscar o contraste entre xente que se achega a fotografía por distinto camiños. Mais o que resulta definitivo na elección é a busca dunha mirada creativa, dunha personalidade que se reflicta na obra. Mesmo entre persoas que traballan como documentalistas ou como reporteiros de prensa podes atopar profesionais que logran construír un estilo, reflectir unha mirada propia no seu traballo\". Plataforma de difusión O proxecto visa a constituírse nunha plataforma na que os artistas mostren o seu traballo, mais tamén existe o proxecto de que cada documental teña un percorrido específico independentemente de que estea recollido na web: festivais, mostras, outras webs ou proxeccións culturais. \"A idea é que incluso os propios autores o teñan como un recurso propio, para amosalo pola súa conta. O importante é que as pezas acaden o público máis extenso que se poida e, nese sentido, o uso escolar ou educativo, nun sentido amplo, pode ser moi interesante. A finalidade última é que a fotografía contemporánea galega se coñeza mellor e, desde esa perspectiva, calquera medio de difusión podería ser válido\", recalca Hernández. O feito de tratar a fotografía desde o audiovisual facilita ese achegamento, pola proximidade das dúas linguaxes Con seguridade, o feito de tratar a fotografía desde o audiovisual facilita ese achegamento, pola proximidade das dúas linguaxes. \"Fotografía e cinema van da man e quizais un filme sexa unha maneira máis cómoda de achegarse á obra fotográfica. Non é exactamente unha novidade, mais si unha forma diferente de aproximarse a unha autora ou autor. E talvez, para a xente máis nova sexa máis fácil achegarse por ese camiño. Polo menos é un vieiro diferente ao máis ortodoxo do volume de fotos\". O futuro Os primeiros cinco episodios foron posíbeis grazas ás axudas do Xacobeo 21, mais agora a produtora de Hernández e Álex Penabade, Adarme Visual, está buscando a fórmula para financiar o resto dos episodios. \"Tratamos de buscar outros patrocinadores, institucionais ou privados, para poder seguir. O proceso foi algo tumultuoso polas circunstancias nas que se desenvolveu, no medio da pandemia. Mais agora estamos tratando de ver cales son as entidades que poderían estar interesadas. É un proxecto cuxa finalidade fundamental e de difusión, sen maior ánimo de lucro, e esperamos que teña repercusión no mundo da cultura\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_18172", "summary": "Durante o pasado mes de setembro só choveu tres días na capital galega, os tres con precipitacións moi escasas: \"Nunca antes tivera lugar unha situación semellante\", din no Observatorio da USC", "text": "Galicia viviu o pasado ano un outono excepcionalmente seco. Tanto que a comezos de decembro todo o país estaba xa en alerta pola seca. No entanto, o primeiro trimestre de 2018 sucedeu todo o contrario, especialmente tras o marzo máis chuvioso no que vai de século, o segundo marzo con máis precipitacións dende 1962 con localidades como Pontevedra ou Santiago nas que chovera dous de cada tres días nos primeiros tres meses do ano. A dinámica de valores históricos de precipitacións, por escasas ou por abondosas, reproduciuse no final do verán, como amosan as medicións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago. Atendendo aos datos recompilados por esta institución académica o pasado setembro foi \"histórico\" pola \"ausencia de precipitacións en Compostela nun mes de setembro\". Non en van, explica o director do Observatorio, José Ángel Docobo, o pasado setembro foi en Santiago o máis seco dende o inicio dos rexistros meteorolóxicos na entidade, que comezan en 1948. \"Nunca antes tivera lugar unha situación semellante, aínda que xa houbera meses de setembro moi secos na área de Compostela\". Nomeadamente, durante o mes de setembro só se rexistraron tres días con chuvia, nos tres casos moi escasa: na noite do 2 ao 3 caeron 0,4 litros por metro cadrado, do 17 ao 18 rexistráronse 0,9 litros e o día 21, \"unha precipitación inapreciable\" durante a mañá, de menos de 0,1 litros por metro cadrado. Estes valores están moi por baixo dos que ata agora foran os setembros máis secos na cidade: o de 1989, con 7,1 litros, o de 1999, con 10,1 ou o de 1985, con 11,4. Durante o pasado mes de setembro só choveu tres días en Compostela, os tres con precipitacións moi escasas: \"Nunca antes tivera lugar unha situación semellante\", din no Observatorio da USC Son, agrega Docobo, a cara oposta de meses de setembro nos que chegaron a a medirse ata 301 litros por metro cadrado (1999) ou 220 en 1998. Neste ano, pola contra, dende o 8 de agosto e ata finais de setembro a chuvia rexistrada en Compostela apenas pasa dos 4 litros. No que atinxe ás temperaturas do pasado mes de setembro, o Observatorio da USC constata que \"foron altas, cunha máxima de 34,3 graos o día 1, xunto cunha media das máximas de 26,8 graos\". Así e todo, \"non se chegaron a superar as marcas\" de anos como o 2006, cando o termómetro subiu por riba dos 38 graos."}
{"ID": "NOS_23002", "summary": "A cadea humana previa ao Día da Patria que organiza Ceivar volveu demandar a liberdade das e dos presos independentistas. Este colectivo leva quince anos, coincidindo co 24 de xullo, realizando esta mobilización que percorre rúas e prazas da capital da Galiza.", "text": "O organismo popular antirepresivo Ceivar realizou este domingo en Compostela unha cadea humana para reivindicar a liberdade das presas e os presos independentiastas da Galiza. A marcha xuvenil independentista e a Cadeia Humana polas presas percorren Compostela A iniciativa ten lugar cada ano, desde hai quince, coincidindo co día anterior ao Día da Patria Galega quince anos. A mobilización partiu da arrodear a céntrica Praza Galiza da capital para despois percorrer varias rúas do casco histórico para rematar na Praza do Pan onde tivo lugar un acto político coa lectura de dous manifestos, un redactado polas presas e presos e outro pola propia organización. Situación das presas e presos \"Agora mesmo hai cinco independentistas presas, catro delas en Teixeiro e outra na Lama\", lembran desde Ceivar, \"Miguel García, Antóm García e Asunción Losada atópanse en Teixeiro e foron xulgados e en xaneiro deste ano pola Audiencia Nacional con peticións fiscais elevadísimas, nesa mesma cadea está Roberto Rodríguez\", concretan. En todo caso sinalan que \"todos están en segundo grao, unha novidade\". No caso da Lama explican que está Eduardo Vigo. Marcha á cadea de Teixeiro O feito de que estean na Galiza evita \"percorrer centos de quilómetros para estar 40 minutos de visita\" mais a pandemia fixo que se endurecera a súa situación. \"Deixaron de dar permisos para facer 'vis a vis' e se o facías pasabas a estar quince días fechado sen saír, unha situación dramática\", apunta. Nos traslados durante a pandemia tamén tiñan que pasar por uns módulos de ingresos \"sen ter ningunha pertenza persoal\". Manifestos No manifesto de Ceivar lembraron a súa fundación en 2003 como organización de \"denuncia activa contra os recortes de dereitos fundamentais\" polo que foi \"colocouse na diana da represión española\". Após facer un percorrido polos seus obxectivos denunciaron que \"o Estado español non é unha democracia\". Esta organización critica que eleve \"o gasto en defensa en 1.000 millóns de euros, cando se prepara con toda a maior das probabilidades un dos escenarios a nivel social e económico de maior recorte e retroceso en dereitos en décadas\". Máis un ano, mans dadas o 24 de xullo pola repatriación dos presos independentistas \"A Ceivar non lle corresponde facer análises políticas máis alá do ámbito antirepresivo\", engaden, \"mais estará ao lado das perseguidas, da verdade\", conclúen. No manifesto redactado polo colectivo de presas e presos independentistas, pola súa parte, aseguran que \"o Dia da Patria non é para nós unha rutina anódina no calendario de consumo de efemérides, senón un ritual que alimenta a nosa comunidade nacional de resistencia\". Aseguran que \"a rutina debilítanos, o ritual fainos mais fortes\". Reafírmanse en que \"estas xornadas patrióticas sirvan para deixarlle claro ao Estado Imperialista español que Galiza non se rende, nin se compra, nin se vende\"."}
{"ID": "NOS_1438", "summary": "O 26 de Abril de 2012 aparecía na rede Sermos Galiza, un dixital en galego e coa información precisa e alternativa como bandeira. Apenas 2 meses despois, o proxecto Sermos Galiza debruzábase tamén sobre os quiosques, como semanario. Hoxe é o único semanario integramente en galego. A tónica destes 2 anos na rede ten sido a do incremento constante de visitas: a Comunidade Sermos non deixa de medrar.", "text": "Máis de un millón de usuarios únicos en 24 meses e algo máis de 11 millóns de páxinas vistas, en concreto 11.024.982, de acordo cos dados de Google Analytics. Así se resumen as estatísticas de Sermos Galiza ao longo dos seus dous primeiros anos de vida, un período en que este dixital tivo como propósito o de reforzar e alargar o espazo de comunicación galego e en galego, con información e opinión alternativa e autocentrada no país, con vocación de dar voz a aqueles que non a teñen. O índice de usuarios únicos -o número de terminais desde o que se accede ao web- non deixou de medrar desde que Sermos Galiza apareceu na Rede. Nos seus primeiros doce meses de existencia, este dixital abeirou o medio millón de usuarios únicos -479.520-; no segundo ano de vida, Sermos Galiza deu un chouto e superou largamente os 500 mil utentes únicos, até se situar nos 573.693. Isto significa, que a audiencia deste meio medrou arredor dun 20% nos últimos 12 meses. Sermos Galiza é xa o diario dixital galego líder nas redes sociais, cun total de 19.836 aderentes (10.015 en Twitter e 9.821 en Facebook). Ese millón de utentes únicos viron 11 millóns de páxinas nestes 24 meses. Unha visita a Sermos Galiza dura de promedio, segundo Google Analytics, 14 minutos. E o índice de visitas novas está na contorna do 30%, o cal demostra que día a día se renova o público que accede ao noso web. Constante aumento nas redes sociais En parelelo ao incremento no número de visitas, estes 24 meses foron a historia da consolidación de Sermos Galiza nas redes sociais. Neste momento, Sermos Galiza é o diario dixital galego líder nas redes sociais, cun total de 19.836 aderentes (10.015 en Twitter e 9.821 en Facebook)."}
{"ID": "NOS_52665", "summary": "Formoso integrou na dirección do partido o senador Xoaquín Fernández Leiceaga mais o rexedor do Carballiño e a alcaldesa de Redondela.", "text": "A nova Executiva do PSdeG liderada polo novo secretario xeral, Valentín González Formoso, foi aprobada este mércores con 81% dos votos dos delegados acreditados no XIV Congreso Nacional da formación. Neste órgano, composto por un total de 58 persoas, Formoso incorporou persoas que apoiaron a Gonzalo Caballero ao longo dos seus catro anos como secretario xeral como o senador Xoaquín Fernández Leiceaga -que ocupará a área de Política Económica-, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ou a rexedora de Redondela, Digna Rivas. Nova dirección En concreto, a nova dirección do PSdeG, que terá a Carmela Silva como presidenta, recibiu un total de 343 votos a favor, 78 en branco e tres nulos, o que supón o 81,4% dos votos. Ao redor de Formoso estará a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que ocupará a Vicesecretaría Xeral do partido. Ademais, o edil coruñés José Manuel Lage Tuñas será o secretario de Organización, un cargo co que xa acompañou a Formoso durante a etapa do rexedor pontés como secretario provincial coruñés. Tamén ocupará un lugar destacado na nova dirección do PSdeG o alcalde de Vilagarcía e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, que se fará cargo da área de Política Municipal a pouco máis dun ano de que se celebren os próximos comicios locais. Na Executiva, o rexedor de Ferrol asumirá a área de Política Industrial; o que fora reitor da USC Senén Barro, a de Ciencia, Universidade e Transformación Dixital; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñóns, Estudos e Proxectos. Tamén formarán parte da nova dirección edís de cidades como A Coruña e Pontevedra, e volven cobrar peso socialistas que tiveran cargos en anteriores etapas como as exdiputadas Noela Blanco e María Pierres. Comité nacional e federal Na cita congresual tamén foi aprobada, neste caso cun 82,4% dos votos, a lista ao comité nacional que encabeza a alcaldesa da Coruña, Inés Rei. En concreto, esta candidatura recibiu un total de 346 votos a favor, 74 en branco e tres nulos. Na lista, conformada por máis de 200 persoas e que supón un 50% dos compoñentes deste órgano -o outro 50% será elixido as agrupacións locais-, figuran nomes como o da alcaldesa de Trabada, Mayra García; o rexedor de Ames, Blas García; o senador Modesto Pose ou a que foi secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara. Pola súa banda a delegación do PSdeG ao comité federal, que encabeza César Mogo, recibiu 335 votos a favor (o 79%), 88 en branco e tres novos. A lista está formada por un total de sete persoas, entre as que figuran o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a edil ourensá Natalia González. Por último, o exconselleiro Ricardo Varela presidirá a Comisión Nacional de Ética, na que a carballesa María Torres ocupará a secretaría. Este órgano recibiu un total de 330 votos a favor (79,5%), 85 en branco e seis nulos."}
{"ID": "NOS_38081", "summary": "A profesora de Lingua e Literatura galegas da UDC Pilar García Negro publica no número 31 do semanario Sermos Galiza unha reflexión ao fío de a imprensa española nomear a aristócrata Corinna zu Sayn-Wittgentsein como \"la amiga del rey\".", "text": "O artigo, intitulado O que Manda España, comeza así: Como verán, utilizo á mantenta o verbo \"mandar\" no duplo sentido de dominio e de envío, porque as consignas ou palabras de orde a que me vou referir encaixan e cadran coas dúas significacións. A raíz de o Xefe do Estado andar de cazata por terras africanas merecentes de maior fortuna, os meios de comunicación airearon a presenza-existencia dunha princesa alemá, seica de nome Corinna (supomos que nada a ver coa heroína literaria homónima) acompañante do interfecto. Após o pedido de \"perdón\" do monarca en sede hospitalaria, non se volveu mencionar, até que reaparece nestas datas seica implicada nun dos procesos xudiciais que atinxen ao xenro do devandito. A íntegra do artigo téndela nos vosos quiosques, co resto dos contidos do número 31 do semanario!"}
{"ID": "NOS_48892", "summary": "Boris Johnson visitou Belfast para citarse cos partidos norirlandeses ao respecto da súa proposta para redifinir o protocolo de Irlanda do Norte.", "text": "O primeiro ministro do Reino Unido (RU), Boris Johnson, defendeu esta segunda feira que a súa intención non é a de \"desbotar\" o protocolo de Irlanda do Norte incluído no acordo de saída da Unión Europea (UE). Londres e Dublín presionan para que se forme Goberno en Irlanda do Norte O mandatario do RU destacou que cre na posibilidade de lograr un pacto \"sensato\" nas conversacións con Bruxelas que permita \"introducir cambios\" sobre o funcionamento do mesmo. Johnson, nunha visita á capital de Irlanda do Norte, insistiu en que o Reino Unido \"xogará o seu papel para garantir a paz política e a democracia\", mais recalcou a importancia de que as partes \"senten á mesa para restaurar a repartición de poder\". O Sinn Féin obtén unha histórica vitoria en Irlanda do Norte A visita a Belfast do primeiro ministro para dialogar cos principais partidos de Irlanda do Norte tivo lugar un día despois de que o seu Goberno anunciase unha lexislación que permitiría a Londres deixar de lado partes do protocolo, algo criticado en Bruxelas e que podería provocar un conflito comercial coa UE. \"O protocolo acordouse de boa fe. E é por iso que aqueles que queren desbotalo, no canto de facer modificacións, están a centrarse en cuestións erróneas\", aseverou o primeiro ministro do RU. As sondaxes apuntan a vitoria do Sinn Féin nas eleccións de Irlanda do Norte Así mesmo, defendeu que existen puntos \"sensatos\" sobre os cales \"están protexidos os intereses de todas as partes\". \"O obxectivo común debe ser crear o maior apoio intercomunitario posíbel para un protocolo reformado en 2024\", insistiu Johnson. O protocolo prevé unha serie de salvagardas e controis no paso de mercadorías desde Irlanda do Norte para evitar graves distorsións no mercado único, no que se mantén o territorio norteirlandés. O ministro de Asuntos Exteriores de Irlanda, Simon Coveney, asegurou que a UE quere manter o diálogo sobre a aplicación do protocolo, mais deixou claro que renegociar o acordo non é unha opción, e avisou o Reino Unido de que a rotura unilateral só \"causará problemas\"."}
{"ID": "PRAZA_10178", "summary": "Tras dúas décadas na alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores aspira a volver revalidar mandato tras unha intensa campaña na que o BNG local ten a maquinaria a pleno rendemento e \"boas expectativas\", pero \"sen confiarse\" para evitar \"sorpresas\". Asegura partir dun convencemento: no resto de forzas políticas non hai un proxecto alternativo ao dun goberno que tornou Pontevedra en \"referente internacional\".", "text": "Miguel Anxo Fernández Lores é alcalde de Pontevedra polo BNG dende 1999 e concelleiro na corporación pontevedresa dende 1987. Pero iso non implica que o seu ritmo de campaña electoral non sexa moi alto. Conversa con Praza.gal a primeira hora da mañá e comeza explicando que, de camiño ao lugar da entrevista, tivo que parar con varios veciños. Poucas semanas despois da campaña das eleccións xerais -\"saímos dun souto e metémonos noutro\", ironiza-, o Bloque de Pontevedra ten a maquinaria a pleno rendemento e \"boas expectativas\" pero \"sen confiarse\" para evitar \"sorpresas\". Así e todo, asegura partir dun convencemento: no resto de forzas políticas non hai un proxecto alternativo ao dun goberno que tornou Pontevedra en \"referente internacional\".Esta é a quinta campaña electoral municipal que afronta dende a alcaldía, como candidato á reelección. Que tal a leva?E en total, a novena campaña. Eu penso que é un mérito persoal e de equipo e que é a mellor campaña malia ser atípica polas eleccións xerais. Nós temos un coñecemento profundo da administración municipal e do que hai que facer no futuro, e nese sentido tamén é máis doado.Vostede sinala esa experiencia como unha nota positiva, no sentido de saber de onde veñen e onde queren chegar. Dende a oposición, concretamente dende o PP, fan fincapé precisamente aos seus anos na alcaldía por todo o contrario. Falan de esgotamento e de ausencia de ideas novas.\"Algo teñen que dicir os que non teñen proxecto para esta cidade, pero están a poñer paus nas rodas ao que é unha tendencia mundial\"Algo teñen que dicir cando non teñen proxecto para esta cidade. Eu non o vexo. Se nós somos un referente en seguridade viaria, se levamos oito anos sen ningún falecemento por atropelo. Se a xente nos demanda medidas de calmado de tráfico en rúas e parroquias… Eles din que hai que quitar os lombos e revisalos. É de sentido común e está demostrado que funciona e a xente o demanda. O mesmo pasa coa compostaxe; composteiros comunitarios que se tiñan que encher nun mes fano nunha semana porque a veciñanza do rueiro do redor, que aínda non o ten, tamén quere participar en recuperar a materia orgánica e non enviala a queimar… Pois eles, que se cheira e veñen ratas. Están a poñer paus nas rodas ao que é unha tendencia mundial. Despois tamén din que imos lentos… Eu digo: comparado con quen? Con quen non están facendo nada? Somos conscientes de que imos algo lentos en temas como o da compostaxe, porque hai que explicalo ben, parroquia por parroquia para que non fracase e funcione. Pero imos cumprir antes ca ningunha do Estado e de Galicia a normativa da UE para o tratamento de residuos.Considera, daquela, que xa é factible un horizonte no que Pontevedra poida prescindir de Sogama? Sempre foi un horizonte político para o BNG.Certo, pero non se daban as circunstancias. Non se podía facer unha planta de compostaxe nun monte, a Xunta non a asumía como algo importante, non había directivas… No resultado final do puzzle nos calculamos que poderemos recuperar o 100% da materia orgánica, a grande maioría de papel e vidro e de plásticos e envases. Despois quedaría a fracción resto, como os cueiros ou outros restos, en torno a un 15% que iría a Sogama ou a un vertedoiro selado, sen filtracións e reutilizado despois por riba como zona verde, no caso de que iso se retomase. Agora estamos con composteiros individuais nas casas e comunitarios en barrios onde é factible. E en 2021 adxudicaremos o novo contrato do lixo, que levaría consigo tamén a compostaxe. E tamén tendo en conta unha cuestión fundamental como é o custo no urbano e no rural.O rural, precisamente, é outro dos ámbitos nos que a oposición puxo o foco neste mandato. Afirman que o seu goberno se centra só no centro da cidade.\"Calquera que coñeza minimamente o rural de Pontevedra sabe que cando chegamos non había nin colectores no río e agora imos rematar o saneamento en todas as parroquias. Non hai cor\"Algún non sabe onde está o rural. Igual que algún fala do transporte público sen coller nunca un autobús. Calquera persoa que coñeza minimamente o rural de Pontevedra sabe que non hai cor. Eu estiven tres mandatos na oposición e sei o que se gastaba no rural… Nós estamos a gastar 1 ou 2 millóns de euros por parroquia, antes gastábanse 6.000 ao ano. Fixemos locais sociais, imos rematar neste próximo mandato o saneamento de todo o rural, probablemente en dous anos. Imos abordar o abastecemento de auga a todas as parroquias… Cando eu entrei non había nin colectores no río. Agora, se hai 19.000 habitantes no rural, quédannos uns 2.000 sen conectar. Nós pensamos que o rural hai que mantelo, promovelo e darlle servizos porque cumpre unha función fundamental no mantemento do territorio. Somos conscientes, igual que o fomos co plan Monte Vivo despois dos incendios e por iso temos en marcha tres parques forestais periurbanos.No seu programa electoral fan referencia á cuestión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un debate que planeou sobre a cidade durante moito tempo. Sinalan que non sería conveniente un novo PXOM, mesmo que dificultaría o actual modelo urbano. Por que?Eu non coñezo ningún Plan Xeral que se aprobase antes de dez anos agás o de Sanxenxo, que o aprobou a Xunta de Fraga por urxencia sen sequera contestar alegacións. Están pagando as consecuencias. O argumento dos que nos din \"faga vostede un novo plan\" é para facer máis vivendas. E agora o que hai que facer é reducilas, mesmo o di a propia Xunta, que está gobernada polo PP. Hai outras figuras urbanísticas moitísimo máis áxiles. Barcelona ten un plan dos anos 40 e segue funcionando. E nós temos un plan aprobado, daquela votamos en contra por moitas razóns e fixemos un modelo urbano diferente. Hai que buscar eses modelos máis áxiles sobre ese planeamento mínimo.Referíase antes ao transporte público. A Xunta está a amagar con intervir directamente no transporte público en Pontevedra, tamén en Ferrol, mesmo advertindo que retiraría fondos do Concello para poñelo en marcha.\"Co transporte público estudamos con especialistas, adaptamos o que funciona e desbotamos o que non. Isto é facer política e tamén pensar no país\"Nós non temos ningún problema con iso. É curioso que coa parte técnica non teñamos ningún problema e apareza cando tratamos coa parte política. Hai un transporte interurbano que resolve o problema. Por exemplo, de Marín a Pontevedra hai unha liña que pode parar por todo o municipio; non obriguemos a competir con esa mesma liña. Estamos no século XXI, o transporte público funciona cando hai masa crítica; cando é moi pouca, no é operativo. Por iso propoñamos outras cousas, aproveitemos por exemplo outros transportes como o taxi para as parroquias, que agora pode levar varios viaxeiros e cobrar individualmente ou programar viaxes. Enfoquemos as cousas doutra maneira e resolvamos os problemas, aproveitemos ao máximo as liñas existentes, que ademais se é posible leven transporte escolar e coincidan cos horarios dos centros de saúde e aproveitemos os taxistas. Eu sinto que ás veces se fale disto sen saber do que se fala… Nós a respecto do transporte estudamos con especialistas o que se está a facer en Australia, no Reino Unido… Como coa compostaxe ou coa mobilidade en xeral. Adaptamos o que funciona e desbotamos o que non. Iso é facer política e pensar no país.Neste mandato estiveron presentes conflitos coa Policía Local, con episodios como baixas masivas das que vostedes recearon e mesmo repercusións durante eventos deportivos. Que medidas prevén para tentar palialo?Tamén hai que preguntarlle á xente que lle parece, cando temos un campionato do mundo de triatlón e todo o mundo colabora, collan a baixa trinta policías. O funcionariado perdeu capacidade adquisitiva e debemos tentar recuperala razoablemente. Pero aí hai problemas doutro tipo, hai xente que quere defender determinados privilexios e nós non imos entrar por aí. Ten que ver con cuestións de tipo político, non é algo laboral. Nunca foi unha cuestión laboral. Nós tentamos sen razoables, pero non se pode utilizar a forza e a xente percíbeo. A maior parte da Policía traballa perfectamente e despois hai un grupo… No que nós non entramos.No seu discurso no inicio da campaña resaltou que un dos feitos diferenciais do modelo do goberno de Pontevedra é que está rexido por unha formación nacionalista que traslada eses valores á xestión cotiá. Que cre, do seu punto de vista, que tería que suceder para que o Bloque puidese dar ese salto de apoio cidadán no resto do país?\"A xente queda abraiada co concepto de cidade de Pontevedra. Por que se non adoptan máis medidas deste tipo? Se cadra por medo ao cambio ou á protesta, pero hai que distinguir o balbordo mediático do que realmente opina a xente\"A min resúltame incomprensible que a xente non aposte por iso. Cando imos a calquera foro internacional, valora o que aquí se fixo. Hai poucos días, por exemplo, un equipo de urbanistas e arquitectos do Concello de Barcelona e, segundo dixeron, quedaron \"boquiabertos\". A xente queda abraiada coa cidade sobre todo polo concepto: é unha cidade que acolle, tranquila, non ten ruído, os coches están amestrados e hai dinamismo coa xente na rúa. É unha cidade pensada para as persoas levada á práctica e funciona. Por que a xente non adopta máis medidas deste tipo? Porque temos medo ao cambio, por medo a que algún proteste e que ese que máis protesta sexa a quen lle fan caso… Hai que saber distinguir os impactos mediáticos e o balbordo do que realmente opina a xente e iso tamén é complicado. O que non quere dicir que non escoitemos, ata a extenuación. Pero iso non quere dicir facer o que pide o que quere aparcar o coche na praza da Peregrina.Outro asunto que segue presente na cidade é a prórroga de ENCE, sobre a que o Goberno de España vén de cambiar de posición…Cambiou de posición… Había un informe dos Avogados do Estado pouco menos que ad hoc… Pero cando lles dixeron, faga vostede un informe atendendo todas as alegacións pertinentes resulta que a prórroga non pode ser por máis dos 75 anos e hai que sacar en todo caso a licitación porque outras empresas poden estar interesadas.\"Cando se privatizou, ENCE dixo que era máis barato cambiar vontades que o traslado e nós, que era un pelotazo. Agora hai unha porta aberta a recuperar a ría\"Ven máis próxima, daquela, a saída de ENCE da ría?Nós dicimos que hai unha porta aberta a que poidamos recuperar a ría. Cando ENCE se privatizou a nós dixéronnos que era máis barato cambiar vontades que un traslado, que era moi caro. Nós dixemos que era un pelotazo. Cos beneficios que levan obtidos, poderían trasladar a fábrica e seguir gañando cartos.Este mandato tivo un elemento diferente aos anteriores no que atinxe á Deputación, ao non estar gobernada polo PP e ademais, participaren do goberno dende o BNG. Que balance fai do mandato?Nós chegamos a un acordo razoable na Deputación que funcionou ben, con respecto mutuo e lealdade. Nós puxemos condicionantes e aceptáronse practicamente todos. E mantivéronse con cuestións fundamentais como que quen dirixe a política municipal de cada concello é o goberno dese concello. Aumentou o investimento e ademais, respectando as prioridades dos alcaldes e alcaldesas. Iso foi un avance e ademais evitou o caciquismo doutras épocas. Por iso non entendo a posición do PP, non podían nin esperar isto despois do que fixeron eles.O PP repróchouvos que entrasen no goberno, como na Coruña e antes en Lugo, tendo en conta que a súa aposta é a desaparición das deputacións…\"O campo está abonado, pero non nos fiamos e tampouco nos poñemos límites; e, claro, unha maioría absoluta facilitaría moito a toma de decisións para que a cidade avance\"Nós seguimos traballando nesa liña porque en Galiza o normal é que os concellos teñan as competencias que lles corresponden, a Administración autonómica as súas mellor financiadas e Administración xeral, menos competencias. E as deputacións están no medio sen moito sentido. Agora, segue habendo deputacións? Hai un montante de cartos para as deputacións? Ímolo facer da mellor maneira. Igual que non concordamos co Estado unitario pero facemos valer os nosos intereses nel.Durante a campaña manexáronse enquisas que apuntan a unha boa posición do BNG en Pontevedra, mesmo podendo rozar a maioría absoluta. Con que perspectivas afrontan nese sentido as eleccións do domingo?Nós temos clara a mensaxe que mandamos e hai unhas boas expectativas máis que de número de concelleiros, da percepción de que en Pontevedra mellorou. Iso é maioritario na poboación e pode ter unha repercusión electoral. A valoración do alcalde e do goberno é claramente superior á dos outros candidatos. O campo está abonado, pero nós non nos fiamos e tampouco nos poñemos límites e, claro, unha maioría absoluta facilitaría moito a toma de decisións e a posibilidade de que a cidade avance."}
{"ID": "NOS_26321", "summary": "Aparece nun volume publicado por Souto S.A. en 1984", "text": "Após a entrega ás persoas e entidades patrocinadoras e a chegada aos andeis das librarías da banda deseñada Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra, editada por Demo e Através, podemos dicir que a vida do autor ferrolán xa foi feita cómic. Mais sorprendentemente esta non é a primeira aparición do intelectual nos cadriños. Como curiosidade, chegan novas á redacción de Nós Diario da súa presenza nunha folla de Mafalda, editada en 1984 en Lugo por Souto S.A. (libraría) nunha tradución ao galego de Ramón Reimunde e Xoán Ramón Díaz. O gag comeza con Mafalda reproducindo verbalmente as onomatopeas dunha arma de lume coa frase \"bang, bang e bang\". Daquela, o pequeno Carvalho salta a escena para lle recriminar o uso da conxunción: \"Que é iso de 'e' bang? Onde viche ti que un revólver diga 'e'? [...] Pode dicer bang bang e mesmo pung, pero nunca 'e'\". A isto, anoxada, a moza responde revelando a identidade da figura: \"a quen pode interesar-lle xogar aos vaqueiros con Don Ricardo Carvalho Calero?\". No orixinal en español, editado para Arxentina, figuraba en troques do intelectual galego o escritor José María Pemán como autoridade académica."}
{"ID": "PRAZA_4775", "summary": "É tarde de máis para que esta actitude tan dubidante e pouco elocuente evite as sombras a respecto da conduta da Infanta e, sobre todo, evite o imparábel proceso de degradación da imaxe do Xefe do Estado e da Institución monárquica non só entre a cidadanía do Estado senón na opinión internacional", "text": "A declaración dun cidadán a xeito de imputado perante un Xulgado constitúe un acto garantista, onde somos informados dos feitos polos que se nos anda a investigar e se nos pregunta sobre eles. Por outra banda, fronte á obriga das testemuñas de dicir a verdade, os imputados teñen dereito a non declarar en absoluto, a non se declarar culpábeis e a non respostar algunha, varias ou moitas das preguntas que se lles plantexen. É tarde de máis para que esta actitude tan dubidante e pouco elocuente evite as sombras a respecto da conduta da Infanta e, sobre todo, evite o imparábel proceso de degradación da imaxe do Xefe do Estado e da Institución monárquica Xa que logo, a Infanta só usou do seu dereito cando rexeitaba respostar ás preguntas das acusacións populares, teimaba nos \"non sei\", \"non lembro\" ou \"non teño a constancia\" e vencellaba moito do ocorrido á plena confianza que acreditaba na súa parella. Pero é tarde de máis para que esta actitude tan dubidante e pouco elocuente evite as sombras a respecto da conduta da Infanta e, sobre todo, evite o imparábel proceso de degradación da imaxe do Xefe do Estado e da Institución monárquica non só entre a cidadanía do Estado senón na opinión internacional que, con máis ou menos acerto, relaciona directamente esta crise coa \"spanish corruption\" e co esfarelamento da chamada \"Marca España\". Se exemplar non é nin útil tampouco, só fica que a cidadanía decida democraticamente, cando e onde cumpra, sobre o sentido da Institución no futuro Para máis, a Casa Real xestionou de xeito moi desafortunado este proceso. Primeiro teimando durante meses para que a Infanta non declarase, despois tentando que o fixese con privilexios (chegar en coche e non a pé, non pasar polo control de seguranza…) e logo enviando sinais de comprensión e apoio: a filla casada do Rei volvería a casa dos seus pais para descansar. Feito absolutamente normal nunha familia normal, mais non tan lóxico nunha familia especial que encarna unha Institución só xustificábel por razón de exemplaridade e utilidade. Na España do 2014 a Institución monárquica non é percibida como exemplar pola cidadanía do Estado. E perdeu tamén aquela comprensión e apoio internacional que lle achegaban doses de utilidade. Se exemplar non é nin útil tampouco, só fica que a cidadanía decida democraticamente, cando e onde cumpra, sobre o sentido da Institución no futuro. A arrincadeira: Albert Rivera e Paco Vazquez Semella un chisco chocante querer vender rexeneracionismo e transparencia da mán desta caste de compañas Albert Rivera presentou na Galicia o seu Movemento Cidadan (MC) da man do ex alcalde coruñés Francisco Vázquez. Semella un chisco chocante querer vender rexeneracionismo e transparencia da mán desta caste de compañas."}
{"ID": "NOS_7082", "summary": "299 concelleiros e unha concelleira. Eses son os primeiros nomes do proxecto 'Xeración Perdida' que quere investigar a represión nos concellos da Coruña, promovido pola Deputación e dirixido polo investigador Emilio Grandío.", "text": "- Vides de publicar unha base de datos inicial con 300 concelleiros represaliados do proxecto Xeración Perdida. Que podemos agardar do total do traballo?- Esta é unha primeira fase. Basicamente a partir de agora pedimos a colaboración cidadá para podermos ampliar información sobre estes e outros represaliados, sexan imaxes ou datos. O gran problema disto son as fontes, que por cuestión de tempo van desaparecendo. Date conta de que estamos a falar de 94 concellos, que son os que había naquel momento. Rastrexar todo isto é bastante complexo. No traballo final teremos as listaxes de todos os concelleiros republicanos, que non se coñecían. Imos publicar unha base de datos con todos os membros das corporacións republicanas da provincia, cun anexo fotográfico, e un pequeno estudo que conteña as conclusións do traballo realizado, para que se fagan unha composición de lugar e se queren afondar, terán estes datos obxectivos que até ao momento non existían. Hai moitos concellos que a partir de agora descubrirán os seus concelleiros da República. Hai moitos concellos que a partir de agora descubrirán os seus concelleiros da República. - Por que dicides que é unha investigación pioneira?- Apuntei que a Deputación da Coruña é unha institución pioneira no traballo sobre a represión. Hai dez anos eu estaba alí mesmo presentando un pioneiro traballo, 'Anos de odio', que serviu de base para logo desenvolver outros estudos xa de ámbito galego. Foi pioneira naquel momento e agora tamén ao apostar por unha vía de procura dos representantes daquela democracia republicana. - Xa existe unha base de datos sobre a represión, que é a do proxecto Nomes e Voces. Esta vosa investigación que maís achega?- Claro, o enfoque desta é máis concreto, pero a achega de fontes é máis ampla, engadimos arquivos municipais, provinciais, multas, tribunais de responsabilidades políticas, do exilio, etc. Pretendemos que a partir desta achega se incremente con fontes orais e fotográficas, e en conxunto creo que vai valorizar extraordinariamente os traballos sobre a represión. Estamos falando de 2.500 persoas. Sobre estas vemos que até o momento atopamos 300 que sufriron algún tipo de represión. É verdade que o obxecto de estudo é máis concreto, pero ten maior diversidade de fontes. O resultado do proxecto vai achegar dúas cuestións. Evidentemente o enfoque é a represión, pero un elemento absolutamente novo é a listaxe de corporacións republicanas. Non é posible facer un cruce de datos con outras fontes se non sabemos previamente quen eran eses concelleiros, cousa que se descoñecía. O que achegamos nesta primeira parte é a base cruzada unicamente cos represaliados. Destes 300 que nos saen, aínda que cremos que nos sairán moitos máis porque, entre outras cuestións, cada home pode ter unha muller ou unha familia que tamén sofre represión. O volume total da represión é maior que o número concreto. E non son só 300 familias, senón moitas máis. Temos que abandonar en parte o esquema ideolóxico. Eu creo que o grande inimigo da sublevación e do posterior réxime franquista é o diálogo, o debate, a democracia. - Cales foron as maiores dificultades que atopastes?- O principal problema foi, de saída, saber quen eran os concelleiros. Había casos onde existían máis referencias, nas cidades máis poboadas ou onde había estudos, pero nos 94 concellos había moitas que estaban perdidas que se recuperaron agora. - Só hai unha muller de 300. Haberá máis?- O que temos agora é iso, non sei que pasará, porque o alcance da represión é moito maior que eses 300. Vai moito alá da túa familia, a represión xerou un efecto paralizador e asfixiante que se prolongará durante moito tempo. Ese clima de represión, de ter sempre esa cuestión enriba, como un elemento consustancial, moi visible moitas veces, pero que está aí e durante tanto tempo iso vai modular moitos valores da nosa sociedade. - Houbo algún concelleiro represaliado que non fose da Fronte Popular ou de esquerdas?- Si. Deses 300 un 80% pertencen a corporacións da Fronte Popular, é dicir, puido ter sido concelleiro no 31 e no 36, e sen embargo hai un 20% deles que non estiveron nas corporacións da FP, polo tanto si existen. Eu creo que temos que abandonar en parte o esquema ideolóxico, que nos vale en grande parte para unhas cousas pero para outras non. Eu creo que o grande inimigo da sublevación e do posterior réxime franquista é o diálogo, o debate, a democracia. E iso é transversal, están sectores de esquerda, de centro, a dereita, republicanos burgueses, sectores moderados... O enfoque deste proxecto é máis concreto, pero a achega de fontes é máis ampla, engadimos arquivos municipais, provinciais, multas, tribunais de responsabilidades políticas, do exilio, etc. - Algún caso chamativo? O avó de Rajoy, por exemplo?- Os historiadores tentamos aproximarnos a aquel tempo e non pensarmos desde o plano actual. O que importaba era tapar as posibilidades de desenvolvemento democrático do país, con todas as súas eivas e defectos, pero era unha democracia dos anos 30, non comparable á de hoxe en día, que ten un contexto e unha realidade distinta. - Hai algún patrón na aplicación da represión? Por exemplo, asasinaron a todas as figuras visibles da república, non? Por exemplo, os alcaldes das cidades.- Si que houbo máis represión nos que estaban máis arriba no simbolismo republicano, pero non só. Por iso digo, a cuestión deste traballo é sobre os membros dos concellos democraticamente elixidos nos que a sublevación os pasa por riba. E a democracia é o seu inimigo, polo tanto ese simbolismo democrático era castigado. Alcaldes mortos só hai 18 no total da provincia, 14 deles da Fronte Popular. Xeralmente case todos os alcaldes foron represaliados, dun xeito ou doutro, foron sancionados, obrigados a exiliarse, paseados ou fusilados logo dun proceso xudicial. Suárez Ferrín foi cun tribunal militar, Ánxel Casal foi paseado... - Cando estará rematado todo o traballo?- Temos pensado rematar a final de ano."}
{"ID": "PRAZA_15812", "summary": "O soberanismo está moi ben pero nin está nin se lle espera, pola contra o PP está e se lle espera se non nos deixamos de lerias e unimos todas as forzas que podamos nun común denominador baixo obxectivos tan simples, curtos e aceptables por toda persoa de ben", "text": "Acolléndome á invitación do BNG da participación foránea nos seus debates actuais sobre o seu futuro, ousarei dar a miña humilde opinión ceñíndome únicamente á cuestión das próximas eleccións autonómicas que penso é o máis importante da política inmediata. Para iso introducirei o meu parecer con un \"chiste\" que tamén servirá para distendernos un pouco das tan sisudas teorizacións que lemos ás veces. Tratábase de dous vascos que saíron ao campo a coller setas e cando estaban en plena faena un deles díxolle ao amigo, oe Txiki atopei un Rolex!, ao que o compañeiro respondeulle, veña Pachi! estamos a setas ou estamos a Rolex. Con esta brincadeira retrucarei, veña amigos, estamos a soberanías ou estamos a rematar co PP dunha vez como propietario caseque a perpetuidade do noso país. Un PP xenéticamente procedente do franquismo e polo tanto cun ADN antidemocrático, antipopular, incluso antediluviano. Que amólase porque se retíran os nomes fascistas das rúas, que permite alcaldes que se declaran franquistas, que manifesta a súa condescendencia cara aquel réxime ditatorial e asasino. E aquí témolo, seguindo mandando coma sempre, pero isto que é? O soberanismo está moi ben pero nin está nin se lle espera, pola contra o PP está e se lle espera se non nos deixamos de lerias e unimos todas as forzas que podamos nun común denominador baixo obxectivos tan simples, curtos e aceptables por toda persoa de ben como poden ser: a) A revalorización da nosa cultura en toda a súa pluridimensionalidade, b) A xustiza social como fundamento de actuación, c) A dignificación de Galiza como nación equiparable a Catalunye e Euskal Erría considerando ao seu pobo como suxeito político capaz de dirixirse a si mesmo. Algo así, dito como sexa, basta para unirse nacionalistas, galeguistas, esquerdistas, populistas e demais cidadanía transformadora se hai vontade de facelo. Unidos sábese que hai maior posibilidade de incrementar votos que separados, pois unámonos! Pode que sexa un batiburrillo de complicado axuste pero tamén o é na actualidade En Marea, o mesmo BNG tamén é un lio, e outras moitas organizacións son multigrupais, pero é o que hai, e con iso débese aprender a convivir fraternal e lealmente na coincidencia dos obxectivos electorais acordados. Pero conseguido isto a cousa non remata aí, logo vén o que parece secundario e acaba sendo o máis difícil: a) O tipo de participación nesa alianza ou unidade; b) A elección de deputados sobre todo os dos postos con posibilidades de obter escano; c) a elección para a presidencia da Xunta. Pois ben eu pronúnciome por a) unha participación igualitaria. Nada de \"isto é o que hai e o que queira que se apunte tan humillante como reaccionario\". b) a elección de deputados debe ser por consenso, as primarías teñen sentido nunha organización coherente e polo tanto onde hai unha unica militancia que se coñece, pero resulta absurda cando trátase de grupos diferenciados. c) quen vaia a ocupar a presidencia da Xunta debería ser unha persoa independente que contase coa aceptación de todos e cunhas características mínimas de ser amplamente coñecido e respetado, aberto á alma de Galiza, defensor dás causas nobres, e por riba coa capacidade intelectual e a humanidade suficiente para ocupar axeitadamente ese cargo. Pero hai esa persoa?, para min habela haina, o caso é que quixese, puidese e se lle convencese. Concluíndo, a unidade á que nos referimos é un clamor, atrancala tanto pola soberbia de quen se cre máis forte como polo engreimento de quen se considera máis puro daralle razón a Celso Emilio Ferreiro, que estamos no país dos ananos. E o PP coas gaitas a tocar."}
{"ID": "NOS_36034", "summary": "Pinga a pinga, o conselleiro de Sanidade madrileño foi gañando méritos para ser cesado. Esta quinta feira consumouse a súa defenestración.", "text": "Javier Rodríguez non é precisamente un bon relacións públicas nen moito menos un político dotado para a sutileza. As súas continuas declaracións desafortunadas en relación a Teresa Romero, a enfermeira galega que foi a primeira persoa contaxiada de ébola fóra de África, puxeron en evidencia que o PP ía ter nel un problema político. Recapitulemos, con Teresa Romero debaténdose entre a vida e a morte, Rodríguez optou por cargar nela as culpas. Aí, en realidade, seguía o argumentario do PP. Mais fíxoo con especial torpeza. Inesquecíbel é nese sentido a súa frase de que \"para pór ou quitar un traxe\" [de seguranza para evitar contaxios] \"non é preciso ter un máster\". Esta cuarta feira, Rodríguez voltou a desprezar a enfermeira galega. Dixo con desdén que a felicitaba por non ter morto. E, non contento con iso, engadiu que se a súa xestión tivese sido incorrecta -foi moi criticado polas lagoas e erros nos protocolos de seguranza- hoxe Teresa Romero \"non estaría falando\", isto é, estaría morta. Alén da xestión do caso ébola, Rodríguez ten sido un dos conselleiros máis deostados por sectores moi amplos da sociedade madrileña polas súas políticas privatizadoras da sanidade pública. Esta quinta feira, precipitouse o seu final político, ao ser destituído polo presidente do Goberno autonómico, Ignacio González."}
{"ID": "NOS_40658", "summary": "Malia que nos últimos días o ritmo na perda de empregos nos EUA freou, aínda se prognostican niveis non vistos desde a Gran Depresión. Malia que a ciencia e a espionaxe desbotan que o SARS-CoV-2 saíse dun laboratorio, Trump teima nesta teoría. Malia que o distanciamento físico para o coronavirus, os seus seguidores asaltan parlamentos.", "text": "Malia que o ritmo se vai desacelerando, na última semana outros 3,8 millóns de persoas perderon o traballo nos EUA: nas pasadas seis, arredor de 30 millóns de estadounidenses solicitaron a axuda ao desemprego que ofrece o Departamento de Traballo. Unha axuda que non é universal. Só a reciben un número limitado de persoas, aquelas que non perdesen o traballo pola súa culpa e que cumpran cunha serie de requisitos. Calcúlase que centos de miles non se apuntaron neste rexistro debido a súa condición de inmigrantes ou por seren autónomos. Segundo o Instituto de Políticas Económicas, ademais, outros 12 millóns tampouco o fixeron ante a saturación dos servizos de emprego. Segundo datos ofrecidos polo Goberno, por cuarta semana consecutiva diminuíu esta perda de empregos, mais os prognósticos continúan a mostrar niveis inéditos desde a década de 1930, durante a Gran Depresión. Esta mesma semana, o Departamento de Comercio anunciaba que a economía estadounidense se contraera 4,8% no primeiro trimestre de 2020, a maior redución desde a última recesión, poñendo fin a unha década de crecemento económico constante. Tamén de creación de emprego: desde novembro de 2009 creáranse 22,4 millóns postos de traballo. As compañías financeiras privadas tamén ofreceron datos negativos. JP Morgan, a primeira institución bancaria dos EUA, calcula que o desemprego derivado da crise do coronavirus alcanzará 20%, mentres que Goldman Sachs reducía esta cifra cinco puntos a mediados de mes. Nunha nota enviada aos seus clientes, calculaba que a actual crise será até catro veces peor que a de 2008, e alertaba da necesidade dunha reapertura anticipada da economía. Nesa dicotomía, entre saúde e finanzas, é que están os Gobernos de todo o mundo. O presidente Donald Trump, que aspira á reelección en novembro, teno claro. Tamén a maioría dos Estados, que son os que teñen a última palabra. Polo menos 31 dos 50 que están a levantar as corentenas malia as advertencias da comunidade científica sobre unha posíbel segunda vaga de contaxios. Un estudo do Centro de Investigación de Enfermidades Infecciosas da Universidade de Minnesota afirma que o coronavirus continuará a se estender nos EUA polo menos 18 meses máis até contaxiar entre 60% e 70% da poboación. Actualmente, suma máis de 63.000 mortes (27% do global), e máis de 1,1 millóns de contaxios (case un terzo dos mundiais). Coacción ao Lexislativo A presión desde a Casa Branca para que os Estados levanten as corentenas ten o seu reflexo nas rúas. Desde hai días manifestantes contrarios ás medidas de confinamento realizan protestas públicas, aplaudidas desde os medios de comunicación máis conservadores como Fox News ou The Gateway Pundit. O pasado 15 de abril concentráronse ante o Capitolio de Michigan, en Lansing, para forzar que a gobernadora, a demócrata Gretchen Whitmer, levantase a declaración de urxencia. Nesta quinta feira (madrugada de onte na Galiza), foron un paso máis alá e irromperon na Cámara mentres se debatía a súa extensión. Ao grito de \"déixennos entrar\", os manifestantes, algúns con parafernalia de Trump e portando armas longas ─que están permitidas, sempre e cando estean á vista─, irromperon no edificio. \"Algúns dos meus colegas que teñen chalecos antibalas lévanos postos\", escribiu no Twitter a senadora Dayna Polehanki. Estas persoas, segundo declaran nos medios e en vídeos subidos ás redes sociais, consideran que as medidas de confinamento atentan contra a súa liberdade e dereitos individuais. Opinan que a pandemia é \"unha gran mentira\", rexeitan os datos científicos e transitan polo que se dan en chamar teorías da conspiración. Seguen en parte a liña marcada por Trump durante os últimos meses. Primeiro, negando a gravidade da crise sanitaria; segundo, facendo da OMS e da China os pandotes da pandemia. Laboratorio de Wuhan O presidente volveu insistir nas últimas horas que conta con probas de que o SARS-CoV-2 saíu dun laboratorio de Wuhan. Fíxoo na quinta feira, madrugada da sexta galega, poucas horas despois de que o departamento que xestiona a información da rede de axencias de espionaxe estadounidenses emitise un comunicando asegurando que \"concordan co amplo consenso científico de que o virus da COVID-19 non é de deseño humano nin foi modificado xeneticamente\". Xa en marzo, un amplo estudo que analizaba a información xenética do SARS-CoV-2, publicado en Nature Medicine, concluía: \"Despois de comparar os datos da secuenciación do xenoma das cepas coñecidas de coronavirus, podemos determinar con certeza que o SARS-CoV-2 se orixinou a través de procesos naturais\". Trump e os trumpistas opinan o contrario."}
{"ID": "NOS_22986", "summary": "A MNL participa na European Language Equality Network (ELEN) que vai ter lugar en Valencia esta sexta feira e sábado, reunindo a 41 organizacións do continente.", "text": "A situación do galego vai ser exposta estes días en Valencia ante representantes de 42 comunidades lingüísticas de 23 estados europeos. Será de man da Mesa pola Normalización Lingüística e no marco da xuntanza da European Language Equality Network (ELEN) que vai decorrer en Valencia. Unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística composta polo seu presidente Marcos Maceira e o seu Coordinador de Zonas Paulo Filgueiras, participa neste evento. ELEN creouse en Estrasburgo en 2011, substituindo o antigo Bureau Europeo para Linguas Minorizadas (EBLUL) e actualmente representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos. O seu traballo concéntrase na promoción e protección das linguas e comunidades lingüística minorizadas de Europa así como na súa revitalización, e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo,do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte ademais da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU. A Mesa vai presentar un informe sobre a situación da lingua galega, \"denunciando os retrocesos da nosa lingua nos diferentes ámbitos, nomeadamente o do ensino, e inciará o proceso de denuncia perante a UNESCO da discriminación da nosa lingua por parte dos gobernos español e galego, así como os graves incumprimentos da Carta Europea para as Linguas Rexionais e Minorizadas e a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos\"."}
{"ID": "PRAZA_15518", "summary": "O presidente da Xunta ve \"gravísimo\" que PSdeG, AGE e BNG \"aplaudan\" os \"insultos e ameazas\" no Parlamento e advirte aos afectados de que \"non esquezan onde están os seus aliados\", en referencia á Xunta e ao PP. Audio no interior", "text": "Nunha dos pouco abondosos exercicios de transparencia aos que acostuma o sector, Novagalicia Banco admitiu hai meses que a súa primeira emisión se remonta ao ano 2003 e que continuaron a ser colocadas entre a clientela ata 2011, isto é, ata o ano no que a entidade bancaria se viu na imposibilidade de mantelo pola súa precaria situación económica. O controvertido produto financeiro ten o seu sustento normativo nunha lei impulsada ese mesmo ano polo Goberno central nas Cortes Xerais, dominadas con maioría absoluta polo PP de José María Aznar. A xénese das preferentes foi obviada de novo este xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que na súa primeira intervención pública tras as intensas protestas no Parlamento dos afectados pola \"estafa\", apostou por distribuír culpas entre o resto de grupos políticos non só polos incidentes na Cámara, que tamén, senón polas propias preferentes. O presidente acusa a oposición de \"apropiarse da dor\" dos afectados Ao remate da xuntanza semanal do Consello da Xunta Feijóo expresou a agardable censura á interrupción do pleno, pero non ficou aí. \"Os insultos e as ameazas están fóra de lugar en calquera sitio, moito menos nun Parlamento\", evidencia, para despois asegurar non coñecer \"ningún precedente como o de onte\", \"onde os deputados vitoreen e aplaudan aos que insultan e ameazan\". Ao líder conservador parécelle \"gravísimo\" porque, ao seu xuízo, os xestos de ánimo lanzados por PSdeG, AGE e BNG cara aos afectados -algúns parlamentarios e parlamentarias mesmo acudiron a tentar calmar a tensa situación- só tiñan a intención de \"querer apropiarse da dor de quen o está pasando mal na cuestión dos seu activos financeiros\". As preferentes teñen sustento normativo nunha lei impulsada por Aznar en 2003, cando Feijóo xa formaba parte do Goberno galego \"É grave a actitude dos convidadso pero é inxustificable ver a deputados que aplauden ameazas graves\" porque eles, asegura, \"son os mesmos que lavaron as mans cando gobernaban os seus grupos e os seus gobernos aceptaron este tipo de produtos financeiros\", di, adxudicándolles a socialistas e nacionalistas -é de supoñer que non a AGE, que non participou en goberno ningún- a responsabilidade en exclusiva da existencia e pervivencia das preferentes. Ao tempo Feijóo esfórzase en situar á Xunta do lado bo e faino en forma de advertencia ás persoas estafadas: \"non esquezan onde están os seus aliados\" xa que estes \"non son os que gobernaban cando se comercializaban as preferentes, insiste -Feijóo foi membro do Goberno galego, primeiro como conselleiro e vicepresidente (entre 2003 e 2005) e despois como presidente (dende 2009) durante case sete anos nos que circularon as preferentes-\". \"Os afectados polas preferentes seguen tendo todo o compromiso da Xunta e seguen formando parte dunha das principais preocupacións do Goberno galego\", que seguirá pulando pola arbitraxe, asegura. Non obstante, e dende o convencemento de que as persoas que acudiron ao Parlamento non son \"representativas\" da maior parte \"das que sufriron as preferentes\", o presidente amósase igual de convencido de que o Parlamento \"terá que estudar as actitudes e visionar os vídeos que lamentablemente están rexistrados\". Unha vez realizada esa revisión a Presidencia da Cámra \"terá que actuar en consideración co Regulmaento e co ordenamento xurídico vixente\", o que pode implicar dende vetarlles a entrada no Pazo do Hórreo aos protagonistas da protesta ata levalos ante os tribunais por interromperen a sesión plenaria."}
{"ID": "NOS_44794", "summary": "Galiza, Euskal Herria e Catalunya collen folgos para facer fronte á LOMCE e defenden para o ensino un modelo de inmersión onde o castelán, lonxe de ser a lingua vehicular, se estude como máis unha materia.", "text": "\"El gallego es una lengua preciosa pero se tiene que estudiar como eso, como una lengua preciosa\". \"Tienen que hablar todo en gallego... las matemáticas... un más un... muy mal, muy mal\". \"Tenemos que reivindicar el español, que es la lengua que nos va a permitir comunicarnos con el mundo\". \"Estoy de acuerdo con que estudien el gallego, pero las asignaturas troncales en gallego de ninguna manera\". \"Tenemos dos gramáticas, abuelo con 'b' y con 'v'; que explicación le das a un niño de que el abuelo baja de tamaño? No se puede estar cambiando la gramática\". \"Tenemos un idioma muy rico que se habla en muchos sitios y el gallego se habla menos y es un idioma, pero para andar por casa\". \"En el franquismo no se prohibió el gallego! En Orense las coplas de los mayos fueron siempre en gallego, con la única diferencia de que al final de la copla ponían 'viva Franco, arriba España!'\". \"A min danme medo os nenos que soamente saben falar en galego; que lles ensinas, as partes do corpo en galego?\" \"A los profesores les obligan a hablar el gallego y si no lo hacen te forman una especie de consejo y te destinan pues... a Huelva!\". \"Tiene que tener más espacio el español; el gallego enriquece, pero en su justa medida\". Así, quitándolles a careta aos grupos que defenden a tan cacarexada 'liberdade de elección de lingua', iniciamos esta reportaxe que pretende ser unha radiografía da situación das linguas propias no ensino. Todas as opinións colocadas máis arriba están recollidas nun vídeo realizado pola plataforma 'Sei o que nos figestes'. Foron reproducidas de maneira literal e non son unha brincadeira. Pertencen a persoas que se manifestaron en Compostela o 18 de febreiro de 2009 nun protesto contra a 'imposición' convocado por Galicia Bilingüe. Entre el@s, na faixa principal, mobilizouse a voceira de UPyD no Congreso, Rosa Díez. Unha emenda desta formación política, aceptada polo PP, vai fixar o español como lingua vehicular nas aulas de todo o Estado, a través da Lei de mellora da calidade do ensino, a LOMCE, popularmente coñecida como 'Lei da Wertgoña'. Sen estaren tan organizados, grupos como o que preside Gloria Lago hainos en todos os territorios con lingua propia. Mais tamén hai organizacións que dan a batalla para que esas linguas teñan dentro das aulas o recoñecemento que merecen e que o castelán sexa o que é, ao igual que o inglés ou o francés: unha lingua máis. Falamos con elas. GALIZA: SÓ 1 DE CADA 5 HORAS EN GALEGO Son seis as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza que declaran ilegais os dous alicerces básicos do decreto do plurilingüísmo, con que o PP regulou a presenza do galego no ensino: que sexan as familias as que escollan o idioma das aulas non é legal porque non responde a criterio pedagóxico ningún. O mesmo argumento serviu ao tribunal para botar abaixo a disposición segundo a cal o uso da nosa lingua non era obrigatoria nas aulas. Ambos os dous artigos foron \"os responsábeis do varrido do galego no 96% dos centros de ensino do País, sobre todo nas cidades\", segundo valora o presidente da Mesa, Carlos Callón. O desacato da consellaría de Educación para con estas seis sentenzas foi contestado polo TSXG, obrigando á súa execución inmediata. A Mesa: \"Haberá que ver se a Xunta actúa como Goberno galego ou defende unha lei que nega as diferenzas nacionais\" Que pasará coa LOMCE? \"Veremos se a Xunta actúa como Goberno galego ou se continúa a defender unha lei que nega as diferenzas nacionais\", sinalou Callón. Desde A Mesa reclaman que \"polo menos\" 50 por cento do ensino sexa en galego en todas as etapas educativas e a respeito da inmersión lingüística recalca Callón que \"o que non debe é estar prohibida\". A día de hoxe na etapa non universitaria unicamente se imparten en galego unha de cada cinco horas lectivas. EUSKAL HERRÍA: 4 MODELOS EDUCATIVOS O percorrido polas aulas de Euskal Herría cómpre encetalo sinalando que o euskera é idioma oficial nas tres provincias da Comunidade autónoma basca, máis en Navarra só ten tal consideración nunha pequena parte do territorio. A partir desta premisa, estabelecéronse catro modelos educativos: no 'A' a lingua vehicular é o español e o euskera estúdase como materia 3 ou 4 horas á semana; no 'B' hai aulas en español e en euskera, sen atender a ningún criterio proporcional; no 'D' o euskera é a lingua vehicular e o español estúdase como materia; e no 'G' a lingua propia de Euskal Herría non existe nin como materia. Paul Bilbao, presidente do Kontseilua, recorda unha sentenza do Tribunal Constitucional para sinalar que as crianzas teñen \"o dereito\" de acabar a escolarización dominando as dúas linguas. Por tanto, entende que o modelo 'G', implementado alí onde o euskera non é lingua oficial, \"é contrario ao desenvolvemento da lingua basca\". O alumnado do modelo 'A' non domina tampouco o euskara e \"algúns saen monolingües porque prevalece un suposto dereito das nais e pais que proclama a 'liberdade lingüística' mais que vulnera o dereito á educación\". Kontseilua: \"É hora de superar un sistema de 4 modelos e camiñar cara á inmersión en euskera\" Así as cousas, o Kontseilua entende que vai sendo hora de \"superar\" o sistema vixente e camiñar cara a un único modelo, o 'D', baseado na inmersión en euskera. \"Nos últimos 25 anos a sociedade basca deu un xiro espectacular\", explica, pois o ensino só en euskera ofertouse durante moitos anos unicamente nas ikastolas, que comezaron a dar aulas de maneira clandestina na ditadura e que agora son un modelo de ensino concertado. Porén, \"hoxe a meirande parte dos centros ofertan o modelo 'D' e é tamén o que escolle a meirande parte do alumnado\". O carácter oficial de que goza o euskera estabelece unha liña vermella que o Estado non pode cruzar, polo que \"en teoría\" -enfatiza Bilbao- a LOMCE non poderá derrubar os modelos que vimos de describir. Porén, \"danos medo, tanto pola interpretación que despois se faga dela como polo que carrexará detrás\". E, así, explica que, de o Goberno basco dar un paso á fronte e apostar nun único modelo educativo, o 'D', a lei española redactada polo ministro Wert prohibiríao. CATALUNYA: A \"PAZ LINGÜÍSTICA\", RACHADA \"Tiñamos paz lingüística. Aquí non se falan dúas linguas; fálanse 280 entre todas as crianzas escolarizadas. E, co máximo respeito ás súas linguas maternas, o Parlament escolleu o catalán como lingua vehicular no ensino, votando a favor mesmo o PP.\". Quen fala é Teresa Casals, responsábel da área de educación da Plataforma per la Llengua. Tamén nos modelos de inmersión ao rematar a etapa obrigatoria o alumnado domina o español. \"As avaliacións externas que nos fan determinan que os escolares cataláns non saben menos español que os de Madrid ou Toledo\", sinala Castels, taxativa, recalcando que non había ningún motivo para intentar mudar este modelo a través da LOMCE. Por tanto, a motivación é \"política\". Unha sentenza do Tribunal constitucional obrigaba a atender as necesidades das familias que querían que o castelán fose a lingua vehicular dos e das fillas. \"E a Generalitat atendeu esta petición. O que non pode ser é que un só neno obrigue a mudar a lingua vehicular nunha aula de 25\". Di Teresa Castels que a 'lei de Wert' \"vén crear un problema onde non o hai\" e, ao contrario do que aconteceu na Galiza, onde o presidente Feijóo non só non a cuestionou, senón que se mostrou orgulloso de que o seu \"modelo bilingüe\" se espallase alén do Telón de Grelos, Castels anuncia que, de entrar en vigor a norma, \"suporá un choque de trens\". \"Se o galego non se conserva na Galiza, onde se vai conservar?\", di, enfatizando a importancia da inmersión lingüística. \"Se a cidadanía dos nosos territorios paga os seus impostos coma os de Madrid, por que a nosa lingua ten que ser de segunda? Porque no Estado español hoxe, igual que no século XIX, as diferenzas son perseguidas\". CATALUNYA NORD: LA BRESSOLA A influencia da Catalunya do sur chegou ao norte. \"Hai 20 anos o catalán aquí era unha lingua marxinada, a lingua dos paisanos, a que se falaba na aldea. Hoxe deuse un xiro de 180 graos e a xente decátase de que teñen unha cultura dentro da casa, mais non poden ter un acceso pleno a ela porque non coñecen a lingua\". Francesc Franquesa é o director pedagóxico da Bressola, a rede de escolas de inmersión en catalán que tamén libran a batalla por manter viva esta lingua, desta volta contra o Estado francés. \"O sistema público francés ou ben é monolingüe ou ben oferta aulas -non centros- bilingües. Nestas últimas, a presenza do catalán é, no mellor dos casos, 50%; mais a meirande parte das veces limítase a 1 hora á semana para lles aprenderen catro cancións e un poema\", explica Franquesa. Fronte a este modelo están as bressolas, centros concertados onde se aprende a ler e a escribir en catalán para introducir o francés no currículo educativo a partir do terceiro curso. \"Por suposto, fóra das aulas xa falan francés moito antes\". Cando o alumnado das bressolas pasa ao Liceo -cuarto da ESO e bacharelato- deben superar un exame oficial de francés e os resultados \"son iguais ou mellores\" que os colleitados por rapaz@s que veñen dunha escola monolingüe. Aliás, cómpre sinalar que, contra o que poida parecer, 90% das familias que escollen a bressola non son catalán-falantes: aínda que coñecen este idioma porque o falan os e as avoas, a lingua materna del@s é o francés. ILLES BALEARS: O 'DECRETAZO' DE 33% Este territorio dos Països Catalans está estes días nas capas de todos os xornais. A \"histórica\" mobilización contra un decreto copiado do galego e que reduce a 33% a presenza da lingua propia no ensino quitou ás rúas máis de 100.000 persoas. Porén, como eran as aulas nas Illes antes do 'decretazo'? Plataforma per la Llengua: \"No Estado español hoxe, ao igual que no século XIX, as diferenzas son perseguidas\" Foi un goberno do PP, o presidido por Jaume Matas, o que en 1997 aprobou un decreto chamado 'de mínimos' que estabelecía que 50% das aulas se impartirían en catalán e a outra metade en español. \"Non o fixo tanto por iniciativa propia como por habilidade política, pois a presión social nesta liña era inmensa\". Conta Tomeu Martí, activista da Obra cultural balear, que foi esta a norma que regulou a presenza da lingua propia nas aulas até a chegada ao Govern balear \"dun PP extremista e españolista\", encarnado na persoa de José Ramón Bauzá, que se pregou perante os desexos dos grupos que piden \"liberdade de elección lingüística\". Fixo dúas consultas ás familias e nas dúas obtivo os mesmos resultados: só 13% marcou español. A resposta á imposición do modelo 'trilingüe' foi tal que o profesorado acumula 19 días de greve. De paso, revólvense contra a LOMCE, \"máis un paso do nacionalismo español que pretende implantar no ensino a idea dunha España que non existe\". Esta reportaxe viu a luz no Sermos67, publicado a 3 de outubro de 2013"}
{"ID": "NOS_21800", "summary": "Non hai outro personaxe histórico máis vivo entre as xentes do común da comarca da Mariña. Mentres é albo das críticas máis duras por parte da historiografía españolista e académica, a tradición popular das terras nas que un día morou segue a recoñecelo como un heroe. Transcorridos máis de cincocentos anos da súa morte, as lendas e contos sobre Pardo de Cela transmítense de xeración en xeración, mantendo presente a lembranza do mariscal rebelde. Eis un estrato da peza publicada no número 376 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "a tradición oral é a auténtica crónica histórica das nacións colonizadas. A tese formulada por Frantz Fanon en Socioloxía da revolución, que serviu de base para a reconstrución do pasado das nacións emancipadas na década dos sesenta e que actualmente guía os estudos historiográficos da corrente poscolonial, non gozou de seguidores no noso país. Os traballos nesa dirección dunha parte dos historiadores galegos, cortada de pleno polo alzamento fascista que impuxo un novo canon historiográfico, non terán continuidade após 1936, sometendo a Pardo de Cela e a outros fitos da nosa Idade Media a unha revisión que a fixera integrábel no relato xeral español. A este respecto, Francisco Rodríguez, nun traballo pioneiro sobre o mariscal rebelde, sinalou como \"o episodio de Pardo de Cela foi un síntoma que acadou a categoría de símbolo, a través da lenda, da literatura popular, non a través dunha tradición histórica inexistente para os países colonizados no \"mundo da cultura\". Pardo de Cela, un símbolo vivo na memoria popular A memoria popular arredor de Pardo de Cela non escapou dos embates do cambio social nin das mudanzas na formación social galega. Malia a todo, unha parte importante da mesma mantense presente na tradición oral, na xeografía e na literatura popular, conservándose outra, nos traballos de recolleita etnográfica levados adiante desde as décadas finais do século XIX. Sinálanse, entre estes últimos, as achegas de determinados autores da área mariñá, como o historiador Xosé Villamil e Castro, o poeta Manuel Leiras Pulpeiro, o escritor Antón Vilar Ponte ou o cronista de Mondoñedo Eduardo Lence Santar, pero tamén do resto de Galiza como Xosé Filgueira Valverde e sobre todo Xosé María Álvarez Blázquez. Máis recentemente, outros autores da mesma zona como Antonio Reigosa, Manuel Lourenzo, Xesús Pisón ou Isaac Ferreira, teñen continuado este labor de recolleita, non merecendo atención debida por parte da disciplina histórica. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 376 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_8136", "summary": "Como asesora externa.", "text": "O Grupo Sargadelos fichou como asesora externa a que foi directora da tenda de artigos de deseño, fogar e decoración de Inditex, Zara Home, Eva Cárdenas. Aínda que fontes de Sargadelos non confirman a noticia, outras fontes próximas á empresa si detallan que Eva Cárdenas xa visitou as instalacións da fábrica en Cervo para achegarse á realidade do grupo. Estas fontes enmarcan a fichaxe na intención do grupo de saír a novos mercados. Eva Cárdenas, parella do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, dirixiu Zara Home desde a súa creación en 2003 até o 2018, tempo no que a marca logrou estar presente en 75 mercados. Nada en 1965 e graduada en Económicas e Deseño Industrial pola Universidade de Santiago, cun mestrado de Administración e Dirección de Empresas. A Xunta anunciaba a finais do pasado mes de outubro a súa entrada no Padroado da Fundación Sargadelos."}
{"ID": "PRAZA_10350", "summary": "Democracia Ourensana é chave no Concello e na Deputación e o seu líder sinala como condición \"fundamental\" para calquera posible acordo con PP ou PSdeG a súa elección como novo alcalde de Ourense", "text": "\"Pode pasar calquera cousa\". É un dos comentarios máis repetidos ao consultar entre as forzas implicadas na política ourensá sobre o posible resultado da votación da que, contra o mediodía do vindeiro sábado, sairá o novo alcalde da cidade de Ourense. A negociación é efervescente e está necesaria, case mecanicamente ligada á da presidencia da Deputación, que non se elixe ata xullo. O escenario muda case minuto a minuto e case todos os focos ollan cara a un dos protagonistas, a Democracia Ourensana que lidera Gonzalo Pérez Jácome.O partido local freou o pasado 26M o seu meteórico ascenso das anteriores convocatorias, perdeu un concelleiro, pasando de 8 a 7 e da segunda á terceira posición porque, malia ter o mesmo número de edís que o PP, segunda forza, acadou menos votos. Pero malia esa relativa erosión segue a ser chave. Máis aínda porque tamén o é na Deputación e porque o propio Jácome vén repetindo dende hai días que non desbota ningunha opción combinada con PP ou PSOE no consistorio e na institución provincial. Está disposto a \"pactar co demo\" se a cambio obtén \"a gloria para Ourense\", reitera.Democracia Ourensana é chave no Concello e na Deputación e o seu líder sinala como condición \"fundamental\" para calquera posible acordo con PP ou PSdeG a súa elección como novo alcalde de OurenseAlén de cuestións máis concretas, a condición que Jácome presenta como \"fundamental\" para contar cos seus 7 votos na cidade e os 2 da Deputación é unha ben clara: quere ser alcalde da terceira cidade máis poboada de Galicia para \"sacala adiante\" tras a \"parálise\" do goberno ata agora presidido por Jesús Vázquez, da que culpa ao ex-conselleiro pero tamén aos socialistas e mais a Ourense en Común, que desta volta non obtivo representación, por non propiciar unha moción de censura con el á fronte durante o mandato. Se PP ou PSdeG lle outorgan o bastón de mando, el actuaría con reciprocidade na Deputación, onde un goberno que non sexa do PP pasa necesariamente tamén, cando menos na investidura, por Ciudadanos e o BNG ao mesmo tempo.Na constitución da nova corporación municipal as posibles combinacións de votos son múltiples. Se ningunha acada a maioría absoluta -14 escanos- o alcalde será automaticamente o cabeza de lista da forza máis votada, isto é, o socialista Rafael Rodríguez Villarino. No entanto, se accede ao poder sen acordos veríase abocado a un mandato en minoría practicamente tan complexo como o do popular Vázquez. Si sumarían maioría absoluta, por exemplo, os votos de PSdeG, DO e BNG ou do PSdeG, DO e Ciudadanos. Tamén os dos socialistas cos de Jácome para dar a alcaldía a Villarino ou ao líder de DO. E tamén traspasa o limiar da maioría a suma dos votos de Democracia Ourensana e do PP. Polo momento, a única formación que definiu a súa postura foi o Bloque, que xa advertiu de que no seu regreso á corporación ficará na oposición e favorecerá as combinacións que propicien a fin do baltarismo.O dilema do PP: sen Baltar ou coa alcaldía para a terceira forzaNon é posible comprender o eléctrico escenario ourensán, con contactos e negociacións a todos os niveis, sen que a análise inclúa a Deputación provincial, onde o PP vén de perder a maioría absoluta que a familia Baltar exerceu durante as últimas tres décadas. Nesta institución os populares teñen ante si dúas posibles alianzas para reter o poder e as dúas implican unha renuncia.Na Deputación os populares teñen ante si dúas posibles alianzas para reter o poder e as dúas implican unha renunciaA primeira é a de explorar o acordo con Ciudadanos. Pero, cando menos de momento, o partido de Albert Rivera só está disposto a que o seu único voto sirva para manter a Deputación nas mans dos populares se José Manuel Baltar non é o presidente. O barón ourensán xa se presentou a si mesmo como \"innegociable\" e alimentou así implicitamente a vía do acordo con DO, que esixe a alcaldía de Ourense. Acceder á petición de Jácome implicaría que os populares desbotasen a súa tese de que debe gobernar a \"lista máis votada\" para darlle o goberno á terceira formación en número de votos na cidade. Esa esixencia é a que o propio Alberto Núñez Feijóo vén axitando dende o 26M e que a dirección do PPdeG mesmo esixiu por carta ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, para concellos e deputacións. Caballero xa respondeu cunha negativa."}
{"ID": "NOS_6469", "summary": "O xuíz Manuel García-Castellón imputa Iberdrola Renovábeis un día despois de imputar Repsol e Caixabank.", "text": "Despois de imputar na quinta feira Repsol e Caixabank, o titular do Xulgado de Instrución 6 da Audiencia Nacional, Manuel García-Castellón, decidiu nesta sexta feira imputar tamén na causa a Iberdrola Renovábeis, a empresa do grupo Iberdrola que explota esta tecnoloxía. A compañía contratou o ex comisario José Manuel Villarejo a finais de 2011, xestión que realizou o naquela altura director de Seguridade de Iberdrola, Antonio Asenjo, para investigar a empresa suíza Eólica Dobrogea, a Chrisopher Kaap -accionista maioritario- e a Corneliu Dica, apoderado. Alianza en Romanía O motivo da contratación de Villarejo foron os conflitos que xurdiron coa empresa suíza, coa que Iberdrola Renovábeis se aliara para impulsar proxectos en Romanía. Indica García-Castellón que a responsabilidade penal de Iberdrola Renovábeis está acreditada, dado que o encargo a Villarejo \"se fixo en nome ou por conta da mercantil Iberdrola Renovábeis Enerxía SA e en beneficio da propia compañía\", polo que non pode ser achacada á título individual dos directivos e empregados da empresa. O presidente do Grupo Iberdrola e de Iberdrola Renovábeis xa era daquela Ignacio Sánchez Galán, con José Luis San Pedro exercendo como director xeral de Negocios. Ámbolos dous están sendo investigados. De feito, foi a compañía quen pagou como persoa xurídica a factura emitida o 14 de febreiro de 2012 a nome de Cenyt, unha das empresas do ex comisario, por importe de 29.500 euros, por servizos de apoio e loxística de seguridade a persoal que traballaba en Romanía. Por todo isto, García-Castellón chama a Iberdrola Renovábeis a designar un representante, avogado e procurador, advertindo que despois da comparecencia prevista tomará declaración ao representante da empresa. \"Omisións relevantes\" O xuíz salienta que Iberdrola Renovábeis cometeu \"omisións relevantes na dilixencia exixíbel\" que terían favorecido a comisión do delito investigado, ao non comprobar que Villarejo figuraba como funcionario en activo, condición que se estendeu até 2016, aclara o maxistrado. De igual maneira que os xefes de Seguridade de Repsol e Caixabank, o de Iberdrola Renovábeis tamén é ex policía, co cal García-Castellón destaca que tiña que coñecer que Villarejo estaba en activo, nunha comprobación que \"resulta facilmente accesíbel por calquera funcionario\"."}
{"ID": "NOS_33837", "summary": "A falla de puntos de recarga públicos condiciona a expansión do vehículo eléctrico.", "text": "Galiza ten un enorme potencial de crecemento no mercado dos vehículos eléctricos, que contan xa cunha autonomía máis que suficiente para cubrir as necesidades de mobilidade da maior parte da poboación. Porén, segundo o último barómetro de electromobilidade da patronal Anfac, o país segue á cola no despregamento de infraestruturas de recarga de uso público, aínda que mellorou os datos respecto do trimestre anterior, no que ocupaba o último posto. Agora esa posición corresponde Andalucía con 4,5 puntos no índice de penetración de Anfac. Galiza acadou os 4,6 no terceiro trimestre do ano, oito décimas máis que as 3,8 do trimestre anterior. Este crecemento é incluso maior ao da media estatal, que pasou de 8,3 puntos a 8,8 no mesmo período. Galiza está aínda lonxe desas cifras, como tamén o está o Estado español da media europea, que se sitúa en 20,6 puntos (no segundo trimestre era de 18,8). En canto ás infraestruturas públicas de recarga rápida, o índice tampouco deixa Galiza en moi bo lugar. Con 2,7 puntos (oito décimas máis que o trimestre anterior), ocupa a penúltima posición, só superada por Canarias, coa mesma puntuación. Rede de recarga En total, segundo o documento presentado onte por Anfac, na Galiza había ao feche do terceiro trimestre do ano un total de 399 puntos públicos de recarga de vehículos eléctricos. Porén, a potencia dos mesmos condiciona a velocidade de carga. Así, a gran maioría dos existentes (354) correspóndense na Galiza cos de menos de 2,5 quilowatts (kW), que teñen uns tempos mínimos de recarga de 3 horas. No país hai outros 16 de até 50 kW, con tempos que van das 3 horas a 1 hora e 20 minutos, e 25 máis de até 150 kW, con períodos de recarga que oscilan entre os 40 e os 27 minutos. Só hai 4 cargadores de alta potencia ─coñecidos como supercargadores─ en toda Galiza. Teñen como mínimo 250 kW e permiten encher as baterías do vehículo en menos dun cuarto de hora. Estes catro supercargadores están en áreas urbanas do país, onde había instalados ao remate do terceiro trimestre do ano un total de 140 puntos de recarga. Os 259 restantes correspóndese con áreas interurbanas."}
{"ID": "PRAZA_1609", "summary": "O colectivo propón a conformación de candidaturas de unidade popular\" para as eleccións xerais en galegas que \"terán en Galicia un ámbito de decisión propio\". As persoas que lanzan o manifesto ábreno xa ao \"maior número posible de adhesións\".", "text": "\"O cambio político en Galicia e no Estado é posible\". É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán por unha Marea Galega, o colectivo que dende mediados do pasado xuño vén traballando nunha proposta a prol da conformación de candidaturas unitarias tanto para as eleccións xerais deste ano como para as galegas de 2016. Coa intención de que \"as persoas e os movementos sociais teñan incuestionable protagonismo\" este movemento vén de facer público o seu manifesto xunto ás 100 primeiras sinaturas como mostra de \"simbólico\" apoio e abre a porta a recibir as adhesións de todas as persoas que o desexen. Este \"encontro cidadán\", cuxos impulsores mantiveron unha primeira xuntanza física o 19 de xuño na compostelá carballeira de Santa Susana, ven as eleccións municipais do pasado maio e as europeas de 2014 como mostra da posibilidade de cambio político \"sempre que se dean dúas condicións\": \"empoderamento e liderado da cidadanía\" e \"confluencia das organizacións políticas, novas e vellas, en apoio das candidaturas cidadás ou mareas, sen dirixilas ni tutelalas\", senón \"antepoñendo o ben común aos intereses dos partidos\". \"Estas dúas dimensións -afirman- están presentes nas candidaturas de base asemblearia que emerxeron dos movementos cívicos de Nunca Máis, Non á Guerra e o 15M até hoxe\". O Encontro propón a conformación de \"candidaturas de unidade popular\" para as eleccións xerais en galegas que \"terán en Galicia un ámbito de decisión propio\" \"Cando estas condicións se acadaron, logrouse o éxito electoral\" e \"cando non, frustráronse as arelas de cambio de moita xente\", aseguran. Por todo isto, explican, propoñen o impulso de \"senllas candidaturas de unidade popular para as eleccións xerais e as autonómicas\" que \"terán en Galicia un ámbito de decisión propio\". No caso das xerais, esa candidatura unitaria tería a intención, \"xunto con outras candidaturas, de contribuír á realización dun novo pacto constituínte respectuoso co dereito a decidir da cidadanía e dos pobos que integramos o Estado español\". A elección das candidaturas realizaríase \"mediante primarias abertas á cidadanía con censo e inscrición rogada\" De lograrse a conformación dunha Marea Galega con esta fórmula, indican, a candidatura galega \"formará ou, de ser o caso, apoiará un grupo parlamentario galego nas Cortes que garanta a representación e defensa dos intereses da cidadanía galega\" e tería tamén o compromiso de \"apoiar un goberno alternativo de unidade popular no Estado\". Tanto ese grupo parlamentario como o que se formase no Parlamento de Galicia tras as eleccións autonómicas responderían \"perante as asembleas e outros organismos delas emanados\" e a súa configuración decidiríase \"mediante un proceso de elección de primarias abertas á cidadanía, con censo e inscrición rogada\". As persoas que lanzan o manifesto ábreno xa ao \"maior número posible de adhesións\" \"Como Marea, vogamos a xeito de remeiros, avanzando cara a adiante pero sen esquecer os desacertos que nos trouxeron\" a unha situación de \"aborrecemento fronte á vella política\" que se reflectiu, diagnostican, nas eleeccións municipais. \"Entedemos de que é hora de que os protagonistas dese pasado, as forzas con estruturas e dinámicas partidarias, abran o pasod da primeira liña á xente da rúa e conflúan na Marea sen tutelala nin apropiarse do seu discurso para beneficio do partido\", conclúen, co obxectivo de \"acadar o maior número posible de adhesións ao manifesto\" para lanzar definitivamente o proceso. Manifesto do Encontro Cidadán por unha Marea Galega"}
{"ID": "NOS_32039", "summary": "A mobilización terá lugar esta quinta feira para esixir a readmisión das persoas despedidas por participar na greve convocada para reclamar unhas condicións laborais dignas.", "text": "A loita dos 'falsos autónomos' de Servicarne, dependente de Frigolouro, empresa do Porriño que pertence a Coren, chega esta quinta feira ás portas do grupo ourensán. A CIG desenvolverá unha concentración de delegados sindicais diante da planta principal de Coren en Ourense para esixir a readmisión dos 5 traballadores despedidos por participar na greve convocada para reclamar unhas condicións laborais dignas. A concentración promovida pola FGAMT-CIG realízase en solidariedade coa loita do persoal autónomo de Servicarne. Dende a central explican que a protesta fai parte da campaña de mobilizacións iniciada no mes de marzo e que até o de agora incluíu varias xornadas de greve, manifestacións, distintas concentracións, denuncias xudicias e xestións institucionais. Neste senso, lembran que o vindeiro mes de xuño está previsto a celebración dun xuízo tras a denuncia presentada pola CIG no Xulgado do Social contra Frigolouro por cesión ilegal de traballadores/ e fraude na contratación."}
{"ID": "PRAZA_7213", "summary": "O cardeal galego múdase a un ático de 400 metros e sete cuartos pagado pola Igrexa logo de seguir vivindo mes e medio 'de prestado' no Palacio Arzobispal e tras as críticas do Papa. O seu substituto no arcebispado de Madrid afástase da visión católica radical do seu antecesor.", "text": "As comparacións sempre son odiosas. No caso da Igrexa, moito máis. E, aínda que non hai nada máis parecido a un bispo que outro bispo, as diferenzas que a primeira ollada se observan entre o cardeal galego Rouco e o seu sucesor en Madrid, Carlos Osoro, resultan evidentes até para un cativo. O galego Rouco Varela segue vivindo no Palacio Arzobispal malia xa non exercer e entre as críticas do Papa A pesar de que xa non é arcebispo en exercicio, o cardeal Antonio María Rouco Varela continúa residindo no Palacio Arzobispal, sito na rúa San Justo de Madrid. Mentres tanto, o novo arcebispo da capital, Carlos Osoro, vive nun pequeno apartamento cedido por unhas relixiosas no barrio de Chamberí. A situación é tan sorprendente que até o propio papa Francisco -o mesmo que o elixiu para cambiar o rostro da Igrexa española- referiuse a ela hai dúas semanas, cando recibiu en casa Santa Marta a Osoro: \"Que, xa ten un lugar onde vivir?\". Bromas á marxe, o certo é que, tras moitas presións -e ideas peregrinas, como denominar ao palacio Casa dos Bispos e recluír o seu sucesor na planta baixa do edificio-, Rouco Varela ten decidido abandonar o palacio. Aínda non hai data para iso, pero si lugar de destino... que non é outro que un luxoso apartamento, de máis de 400 metros cadrados, situado na esquina da rúa Bailén coa costa da Almudena. O luxoso apartamento, pagado pola Igrexa, ten máis de 400 metros cadrados e sete cuartos A casa, con vistas á serra e ao Prado, dispón de sete cuartos e é propiedade do Arcebispado. Os seus habitantes até a data son catro sacerdotes pertencentes a Comunión e Liberación -o mesmo grupo ao que pertence o polémico arcebispo de Granada, Francisco Javier Martínez-, que se están mudando a un piso da rúa Barquillo. Un bispo na rúa Até hai un mes e medio, resultaba practicamente imposible ver o cardeal Rouco na rúa. Apenas saíndo ou entrando do seu coche para ir a actos oficiais, á sede da Conferencia Episcopal ou á catedral da Almudena. Con todo, Carlos Osoro, afeito desde os seus anos en Valencia a camiñar pola rúa, continúa facéndoo en Madrid. E deixándose ver: reabriu o seu despacho na sede do Bispado, e todos os días ás doce do mediodía celebra o Angelus, aberto a todos. A finais de novembro, e en metade do chuvieiro, o prelado fixo unha visita, de máis de dúas horas e media, ao poboado chabolista do Gallinero. Sen cámaras nin corte, emlamándose e atendendo ás necesidades dos seus habitantes. En 20 anos, Rouco só acudiu unha vez a este recuncho perdido a 12 quilómetros da capital, e foi dar unha misa. Osoro foi a escoitar. Un goberno participativo Ao longo de dúas décadas, Rouco Varela construíu unha xerarquía dentro do Arcebispado de Madrid, un grupo de notables que obedecían case ao ditado os seus desexos. Algo parecido sucedía na sede da Conferencia Episcopal. Unha das primeiras actividades de Osoro á súa chegada a Madrid foi visitar a todos os sacerdotes, por vigairías, e anunciarlles a súa intención de dar voz a todas as sensibilidades. Así, proclamou a súa vontade de formar un consello arciprestal, con capacidade de toma de decisións, e unha consulta constante aos sacerdotes, relixiosos e grupos de fieis. Un detalle ilustra a realidade: este mércores Osoro acudiu por sorpresa á sede do Foro de Curas de Madrid, un grupo que aglutina a case dous centos de sacerdotes abertamente críticos con algunhas posturas da institución. Fíxoo para pedirlles que participasen nos debates da Igrexa madrileña. Non á misa das familias Foi o gran proxecto de Rouco Varela, consistente en demostrar ao Goberno socialista (e os que o sucederon) a potencia da Igrexa na rúa. Tras unha macroconcentración en 2007, e grazas ao apoio dos kikos, o cardeal de Madrid decidiu convocar todos os últimos domingos de ano unha gran Eucaristía na praza de Colón (algún ano tivo lugar na praza de Lima, por obras), coa aquiescencia do Papa Benedito XVI, para denunciar o aborto, o matrimonio gai e calquera outro modelo de familia distinto ao estritamente bendicido polo sector máis conservador do catolicismo. O novo arcebispo de Madrid anulou a misa das familias que Rouco Varela organizaba contra o Goberno socialista Unha das primeiras decisións de Carlos Osoro foi, precisamente, a de anular esta concentración. A partir de agora, cada bispo celebrará na súa diocese a Xornada da Sacra Familia. E en Madrid este ano farase na catedral, cunha xornada de 24 horas de portas abertas e co chamamento público aos fieis a que acudan con donativos e alimentos que serán destinados ás familias pobres, católicas ou non, de todo Madrid. As diferenzas entre Rouco e Osoro son abondas. Non só no puntual tamén no ideolóxico, e na xestión de crise. Así, mentres o Arcebispado de Madrid foi condenado en 2006 como responsable civil subsidiario nun caso de abusos a menores (encubriu ao sacerdote condenado, trasladándoo e tratando de convencer á familia para que non denunciase), o seu actual responsable foi o primeiro bispo -en Valencia- en denunciar ante a Xustiza un posible caso de abusos. Mentres Rouco Varela foi o home de Xoán Paulo II -e Benedito XVI- en España, hoxe ninguén dubida de que Carlos Osoro -quen podería ser un dos 15 novos cardeais que o Papa nomeará en febreiro- é a persoa elixida por Francisco para pór os reloxos da Igrexa do Estado en hora. Do século XXI."}
{"ID": "PRAZA_6238", "summary": "O Goberno galego facilitou a operación da petroleira a través dun préstamo participativo de 2 millóns ao estaleiro 18 días antes de que a empresa anunciase a compra da firma viguesa, segundo adianta Ecomomía Digital.", "text": "Pemex aterrou en Barreiras cun camiño ben empedrado. A Xunta de Galicia facilitou a operación da petroleira mexicana a través dun préstamo millonario ao estaleiro vigués días antes da compra deste por parte da firma azteca. Así o adianta Economía Digital, que relata que Sodiga -sociedade de capital risco da Administración galega- outorgou un préstamo participativo de 2 millóns ao estaleiro o 8 de novembro. Tan só 18 días despois, a empresa latinoamericana anuncia a sinatura de acordo polo que se facía co 51% da compañía galega. A Xunta concedeu un préstamo millonario a Barreras días antes da compra deste por parte de Pemex Tanto a aprobación da concesión deste préstamo participativo como a entrada no capital de Barreras por parte de Pemex tardaron en chegar desde que a firma mexicana avanzara seis meses antes que compraría o estaleiro vigués. Naquelas negociacións, segudo di Economía Digital, foi determinante ese préstamo de Sodiga, que non foi feito público nin pola Consellería de Economía nin pola propia sociedade de capital risco. O mesmo portal web económico asegura que a sociedade presididada por Juan Manuel Cividanes, director xeral de Xesgalicia, aprobou o préstamo participativo cun período de carencia inicial até o pasado 30 de abril deste ano e un prazo de amortización semestral. O vencemento do préstamo quedou fixado para o 30 de outubro de 2016. Nin a Xunta nin Sodiga fixeron público o acordo con Barreras para este préstamo As condicións do préstamo que abriu a porta á firma da compra de Barreras por parte de Pemex son as seguintes: devengou un interese fixo do 4,22% até o pasado 31 de decembro de 2013. Con posterioridade á devandita data, segundo datos de Sodiga, deveña un interese fixo correspondente ao euribor máis un diferencial de catro puntos, así como un interese variable en función das vendas obtidas por Barreiras no exercicio inmediato anterior, de acordo co contrato do préstamo participativo. O PSdeG non tardou en reaccionar e xa pediu \"explicacións\" á Xunta sobre unha operación que nunca foi comunicada."}
{"ID": "NOS_1835", "summary": "O xogo e o divertimento forman parte do desenvolvemento da mocidade. Coa chegada á vida adulta todo se viste dunha pátina gris de seriedade imposta. Emilio Rodríguez mantén un espíritu novo, busca o divertimento na arquitectura. Pretende que os seus edificios sexan vividos con alegría.", "text": "Na mocidade é cando un está cheo de enerxía e con ganas de cambiar o mundo. A xuventude está disposta a rachar cos convencionalismos e buscar outras formas de expresarse. Esta actitude é a que mantén Emilio Rodríguez, a pesar de que xa non é un rapaz, gústalle ir á contra. Cando era mozo e con esta mesma ansia comezou a estudar arquitectura. O que alí se atopou decepcionouno. A finais dos 80, cando el estuda, a arquitectura que se ensinaba na facultade era gris e moi apegada á tradición, oposta á música, cómics e contracultura punk que consumía un rapaz daquela. Todo iso cambiou un día que o seu pai lle trouxo unha revista de arquitectura que atopou nun quiosco. Nela descubriu que había arquitectura subversiva, radical e contracultural. O protagonista daquel descubrimento foi o estudio austríaco Coop Himmelb(l)au. Esta cooperativa formaba parte do deconstrutivismo, un movemento artístico que nace naquela época. Esta arte avogaba por unha arquitectura experimental, que rachaba coas formas convencionais, onde o xogo ten cabida. A gran revelación para o mozo Emilio foi descubrir que facer arquitectura podía ser un divertimento. Para el un edificio debe ser divertido de crear e de habitar. Ao rematar a carreira vai vivir a Viena, onde traballa no estudio que descubriu a través daquela primeira revista. Regresa á terra, aséntase na Coruña e comeza de profesor na facultade. Cos anos foise reconciliando cos arquitectos e a arquitectura que de mozo lle resultaba insulsa. Descubriu o xogo detrás de obras aparentemente moi aburridas e rigorosas. Ao longo da súa carreira atopou dificultades polo arriscado das súas obras, mais a gran limitación sempre é o orzamento. Cando non chegan os cartos é cando se ten un que posicionar como arquitecto ou cliente: que se vai priorizar? Emilio teno claro, sempre renuncia ao superficial, aos acabados. Prefire investir en espazo. Debido a iso, as súas obras teñen fachadas de materiais humildes, interiores austeros e espidos de todo revestimento. Constrúe cos materiais que se poden atopar en calquera almacén dunha vila. Móstrase cru, tal e como se construíu o edifico vaise ver, non se tapa. Esta estética radical aposta por interiores dinámicos, cheos de posibilidades de uso e de luz. O xogo de habitar Un veciño de Arderis, en Oroso, viu a casa que Emilio deseñou para a súa nai e contactouno para facer unha vivenda para el. Contaba cunha parcela chan sen veciños, rodeada de campos de millo; as construcións máis próximas eran os alpendres de bloque dos veciños. O arquitecto deseñou un edificio ensimesmado ao tempo que mira a paisaxe. Rodeou a casa dun muro de bloque, un material maldito para algúns, para protexerse das vistas desde a estrada. El di que usa os mesmos recursos que a veciñanza, así de simple. Hai quen diría que a casa semella un \"galpón\". Emilio di: \"Paréceme que moitas cousas do rural ás que chaman feísmo son arquitecturas moi interesantes. O feísmo non é iso: para min son as infraestruturas fóra de lugar ou as grandes urbanizacións as que danan a paisaxe. Que o paisano faga un alpendre cos materiais que ten á man, ben feito está. A miña obra ten algo diso, co que teño á man fago a miña arquitectura\". \"Paréceme que moitas cousas do rural ás que chaman feísmo son arquitecturas moi interesantes. O feísmo non é iso: para min son as infraestruturas fóra de lugar ou as grandes urbanizacións as que danan a paisaxe. Que o paisano faga un alpendre cos materiais que ten á man, ben feito está. A miña obra ten algo diso, co que teño á man fago a miña arquitectura\". Tras o muro da casa de Oroso ocúltanse catro patios orientados aos puntos cardinais e un central. Eses patios proporcionan luz e un espazo exterior protexido dos ventos. As aperturas no muro enmarcan anacos da paisaxe para desfrutar desde a casa. Para gañar aínda máis luz a cuberta inclínase facendo catro lucernarios en cada orientación. Con esta estratexia logra que a luz chegue a cada recuncho, o sol móvese dentro da casa segundo avanza o día. Así, vívese diferente cada estancia segundo por onde veña o sol. Ademais de destacar a luz e as vistas, o interior conta coa austeridade que caracteriza a súa obra. Tamén con interiores austeros, atopamos a casa-taller de Coeses, Lugo. Os propietarios mercaran unha ruína na aldea, querían utilizala como taller e tamén como fogar. Só quedaban dous muros de pedra en pé do que fora a casa. Emilio respectou os muros e reconstruíu o gran volume, pero distinguindo as partes. O novo revestiuno de madeira e xusto no encontro dos materiais situou unha fiestra como símbolo da unión. No interior, a zona de taller é un gran volume libre e nu, para favorecer a concentración. Ilumínase por un lucernario na cuberta. O resto, a vivenda, vaise transformando polos propietarios, que mesmo deseñaron parte do mobiliario. O arquitecto construíu unha casca de formigón e os habitantes foron ocupando o interior segundo posibilidades e tempo. Unha das características das súas vivendas son os interiores con espazos indefinidos que posibilitan múltiples usos. Cre que a casa debe adaptarse á xente e non á inversa, como é habitual. Na nosa infancia tamén preferíamos espazos que permitisen o xogo libre, nos que se desenvolvía mellor a nosa imaxinación, sen estar coartados por un uso moi definido. O mellor exemplo da indefinición de usos é unha casa que o arquitecto construíu en Perillo, Oleiros. Nela, a planta baixa conta con varias estancias indefinidas, que os propietarios poden ir ocupando. Emilio pensa na casa como un espazo de liberdade e alegría, onde a arquitectura non condiciona. Cre que a casa debe adaptarse á xente e non á inversa, como é habitual. Na nosa infancia tamén preferíamos espazos que permitisen o xogo libre, nos que se desenvolvía mellor a nosa imaxinación, sen estar coartados por un uso moi definido. En Perillo, o que nun principio se pensou como despacho acabou sendo o salón. A casa vai mudando cos cambios dos habitantes, cando os cativos son pequenos demandan uns espazos de xogo, logo de estudo e ao marchar todo ese espazo \"sobra\". Canto máis indefinido sexa o interior máis fácil resulta adaptalo. Ademais da estratexia da indefinición de espazos, conta coa peculiaridade da forma de situar a vivenda de Perillo. A parcela era pequena, estreita e alongada, polo que o habitual sería ocupar o máximo do chan para facer interiores o máis grande posíbeis, mais o arquitecto fixo o contrario. Deseñou a casa con tres patios que fragmentaban o inmóbel, mais estes están conectados entre si, e logra que as estancias pequenas se perciban como máis grandes. Así, creou espazos máis luminosos, grazas aos patios, e protexidos das miradas alleas. O interior aposta por aforrar en acabados debido ao apertado do orzamento. Ampliación enerxética As limitacións de orzamento tamén foron o punto de partida da asociación Down da Coruña. Contaban cunha escola en desuso cedida polo concello que precisaban adaptar e ampliar. Emilio renunciou a todo o superfluo para poder satisfacer as necesidades do centro. Ao mesmo tempo, o concello pediulle dar cabida no edificio a un centro cívico para o barrio. O arquitecto rehabilitou a escola e ampliouna definindo un U, creando así un novo patio interior para as actividades ao aire libre. Destaca da ampliación o uso do policarbonato, un plástico empregado para facer invernadoiros. O edificio conta cunha estratexia enerxética similar a estes, simple pero eficiente. A fachada e os lucernarios captan o sol en inverno, quecéndose de forma gratuíta. Nos meses de calor báixanse os estores que protexen do sol e ábrense as fiestras máis altas para que o aire quente saia, deixando o espazo fresco. Outro efecto secundario do uso do policarbonato é que durante a noite a luz interior sae ao exterior, facendo que o edificio se converta no vagalume do barrio. Mudar a paisaxe Como profesor, Emilio Rodríguez ten participado en varios cursos de verán, nos que se especializou nas intervencións efémeras na paisaxe. Xunto con outros profesores e alumnos ten desenvolvido actividades en Cans (O Porriño) e Betanzos. Cada ano a aldea de Cans transfórmase nun festival de cine. Emilio, xunto co alumnado do curso, deseñaron dúas intervencións na paisaxe. Un ano déronlle voz á paisaxe. Instalaron pola aldea sinais con códigos QR que enlazaban coas historias da aldea. Deste xeito, fixeron falar as rochas, muros e camiños. Outro ano redebuxaron o río. Durante a primavera a vexetación de ribeira fúndese coas árbores e fai desaparecer o río que pasa por Cans. Con 15 km de fíos de la vermellos atados nas pólas das árbores debuxaron con cor o trazado do río. A actividade en Betanzos contou coa participación da veciñanza. Esta cedeu cadeiras vellas, as e os alumnos pintáronas e usáronas para conquistar espazos da vila. A acción pretendía chamar a atención sobre os espazos en desuso da vila."}
{"ID": "NOS_30903", "summary": "Roger Torrent ten boa letra. Hai moitos xeitos de dicir grazas, pero cando alguén ten que recorrer a este tipo de xiros logo de recibir unha carta é, ou ben porque quere ser irónica ou ben porque emocionalmente está moi tocada. Tamén é certo que, simplemente, pode estar sorprendida, polo tópico de que a caligrafía dos tíos tende a ser máis ilexíbel que a das tías ☺ Mais se quen fala é Dolors Bassa, após un mes de ter saído da cadea, é obvio que é o corazón quen dicta as palabras.", "text": "Dolors entrou en prisión canda Oriol Junqueras, Jordi Turull, Raül Romeva, Meritxell Borrás, Joaquim Forn e Carles Mundó, que se sumaron aos Jordis, apreixados con anterioridade por supostos delitos de rebelión e sedición. E saíu xunto os ex consellers Romeva, Mundó, Rull e Turull. Os dez está confirmado xa que foron privados de liberdade por un xuízo político, por unha decisión política do propio presidente Rajoy. A vicepresidenta do goberno, Soraya Saénz de Santamaría, veu recoñecelo, e mesmo gabarse da medida, nun acto do PP en Girona, paradoxalmene a provincia pola que se presenta Dolors. E Dolors conta nun mitin en Figueres, agora que por fin foi quen de se reincorporar á campaña, que Roger lle escribiu sobre cousas tan cotiás como a paisaxe, \"cousas que estimas e das que te aíllan cando perdes a liberdade\". Cousas nas que pensas e botas infinitamente de menos porque es humana, porque es persoa e, sobre todo, porque es inocente. Mais cantos temos reparado no ponto de vista máis persoal dos presos, en xeral, e dos presos políticos en particular? Mentres a lóxica á que conduce o relato interesado da campaña leva a interiorizar, sen máis, que os \"condenados\" seguen a voltas co procés, pero entre reixas; a realidade está aí fóra e non é precisamente un expediente X: é a vida, que pasa e faino con ausencias. Ausencia dos fillos, dos compañeiros, da familia, dos amigos, do pobo… desa paisaxe sobre a que decidiu escribir Roger por algo tan simple e que semella tan difícil de transmitir: son persoas que se adican á política, si; pero non son a política. \"E isto é ERC\", asegurou Dolors, \"compañeiros que tanto che escriben con boa letra como asumen a responsabilidade que lles toca máis a túa, inclusive cando xa estás na casa, porque entenden e respectan o que pode supor vital e animicamente unha experiencia tan traumática como a vivida\". Xente normal \"Somos un partido de boa xente\", conclúe, con humildade e dende a víscera, que as emocións non se escriben nos argumentarios. Nos argumentarios si que se escribiu nesta campaña, e moito, sobre outro tipo de xente, a \"normal\" fronte á que non o é, unha categorización tan politicamente incorrecta como perigosa, advertiu Torrent no mesmo mitin. Un xeito de dividir a sociedade entre \"quen non pensa coma ti –como os monárquicos, obviamente-\" e quen se entrega ao \"borreguismo\" para poder pertencer a esa suposta \"normalidade\" e que toda fique en orden. O candidato que escribe ben tirou tamén de boa oratoria para poñer algún exemplo de cómo este plantexamento non conduce a nada bo, salvo ao fascismo. Ou como chamar, senón, a preocupación de Ciudadanos por que exista un número tan elevado de mestres e profesores en Catalunya con carnet de militantes de ERC e a súa intención de \"depurar\" os Mossos após do 21D por mor das \"mazás podres\"? Roger só puido poñer estes exemplos en Figueres, mais a lista dende aquela xa foi medrando e en tan só un par de días xa escoitamos, de boca de todas as forzas do bloque unionista, os distintos tratamentos fronte á suposta \"anormalidade\": desinfección sobre todo entre os xornalistas dos medios públicos; liquidación do que quede de independentismo; lepenización … Como diría Ana Pastor: estes son os feitos, súas as conclusións; pero as palabras din cousas e, neste caso, non son cousas precisamente boas ou propias dos tempos nos que estamos. Mais ERC ten un mandato claro, que Oriol Junqueras segue a lembrar dende a cadea sen sucumbir á linguaxe belixerante, ao rancor, á derrota ou a crispación e que a Dolors fai chegar: \"Por favor, non descansedes nin un segundo até gañar a liberdade, somos o froito de moitas derrotas que agora lles toca ser semente de moitas vitorias\". Como no caso da ex conseller, tampouco se trata de explotar o recurso da compaixón; é sentimento e coherencia en estado puro, por iso remata o acto entre aplausos e ovación, case persoais e intransferíbeis. Emocións contidas Un peche, uns actos máis íntimos que os doutras campañas cecais máis épicas, porque o grao de excepcionalidade e de cóctel emocional que ten esta nunca se tiña vivido. Así, no mínimo, é como o ve e como o conta o candidato unha vez recollidos os trastos, un intercambio rápido de pareceres co xefe de prensa e de volta ao coche a sumar quilómetros. É sexta feira e Figueres non está moi lonxe de Sarriá de Ter, así que o mesmo aínda chega con algo de tempo para pillar as nenas despertas e desfrutar un pouco da familia. As nenas son dúas, Elna (7) e Ada (5). Ada porque si, non pola alcaldesa e Elna como lembranza da Maternidade que acolleu o nacemento de 400 bebés de nais refuxiadas da Guerra Civil, que estaban internadas en campos de concentración do sureste de Francia. Cando fas a pregunta obvia, sobre se están adoutrinadas tendo o que teñen na casa, a resposta non pode ser máis contundente: \"mamá, moi ben, pois se xa somos independentes, ponnos os debuxos\". Isto o día que o Parlament proclamou a DIU e ao chegar do cole atoparon unha canle na tele que, obviamente, non lles resultaba de grande interese. A árbore de nadal, iso si, decidiron que fora groc, a cor \"maldita\", pero cunha argumentación tan de doctrina como: \"papá ten un amigo que está na cadea e todos os amigos van de amarelo para animalo\". Punto e pelota. Non sofren nin padecen máis que outras nenas por dous motivos, porque non hai tal doutrina salvo a que marca o razonamento infantil, ás veces moito máis sinxelo e sabio que o dos adultos, e porque están afeitas a que o seu pai se adique a isto da \"cousa pública\". Sarriá de Ter 38 anos e case toda unha vida de alcalde da primeira cidade que, con conciencia independentista, decidiu recuperar a súa autonomía en 1983 a respecto de Girona, á que fora anexionada en 1975. Tiña catro anos cando aconteceu e non vén dunha familia activamente politizada, mais quen sabe se a orixe xeográfica marca. Ri e recoñece que a el si que lle picou dende sempre o verme deste mundiño, de feito, coquetea coa idea dun retiro dun tempo de vida slow, pero, ao instante, recoñece que até o momento non sabe o que é desconectar; cecais de facelo en serio, o mono superaría a paz dun idílico pobo sen wifi. Licenciado en C.C Políticas e Máster en Estudos Territoriais e Urbanísticos, no seu perfil de twitter, porén, prioriza o feito de ser pai; e nalgunha das reunións á que o acompañamos, recoñece como prioridade a necesaria concienciación feminista por parte de todos e de todas e dunha sociedade sen discriminación porque sabe que o vai vivir en carne propia, na das súas fillas. Encantado, iso si -malia a afeizón ao fútbol que as pequenas non comparten- de que as dúas sexan nenas; e de vir unha terceira, hoxe ten claro que lle gostaría repetir. Chico listo que sabe que elas son máis listas. Recunca nas listas pola provincia, onde vai como número 2, o que lle outorgará outra vez acta de deputado, que compatibilizará de novo coa alcaldía. Algo que sorprende a respecto dos regulamentos doutros partidos, pero que pode ter certa lóxica, tal e como explica, \"pois te aporta moitísimo máis traballo, obviamente, pero tamén a perspectiva de poder poñer realmente cara aos temas dos que falas. Non corres o risco da burbulla ou do illamento ao que pode levar ás veces só o debate parlamentar. Pisas terreno todos os días e cando defendes, por exemplo, unha iniciativa sobre a pobreza enerxética ou sobre os desafiuzamentos, estalo a facer coa \"vantaxe\" entre comiñas de pórlle o nome e apelido dalgún dos teus veciños ou veciñas\". Máis que un segundo da lista A axenda do día comeza na sede de ERC en Girona. É o primeiro ponto de encontro da xornada cos seus e tamén con nós, con Sermos Galiza, que o eliximos como candidato para a típica crónica de Un día con elixímolo porque tivemos un frechazo. Foi totalmente casual, a noite da nosa aterraxe na campaña, dimos con el no debate electoral de TVE en CAT –ao que acudiu porque Marta Rovira estaba de regreso de Bruxelas- e, case máis como ojeadores que como xornalistas, dixemos: aquí non hai só o alcalde dun pobo e un candidato de provincias. No Partido, de feito, hai quen si preguntou por que estabamos alí, pero tamén hai quen respostou sen necesidade de ser nós os que tivésemos que argumentalo: \"porque se deron de conta de que vai ser alguén con moita proxección\". De feito, dada a adicación especial que está a ter na campaña polas circunstancias da número 1, fixemos o contacto coa formación política sen moitas expectativas, mais non só aceptaron a proposta, senón que se volcaron profesional e humanamente sen ningún tipo de prexuízo ou minusvaloración por non sermos un medio realmente prioritario no plan de comunicación destas eleccións; e menos para encaixar unha peza xornalística deste tipo, que implica un pouco de confianza e un moito de tempo do que os candidatos nunca van sobrados. Así que da reunión da sede a encontros dos que non saen nos medios, con colectivos sociais e empresariais diversos, pero que son vitais non só para recabar apoios, senón porque hai que escoitar a todo o mundo, coñecer e recoller as demandas de quen vas representar e, sobre todo, facer moita pedagoxía. Pedagoxía tamén contra o medo, pois ter claro o voto non é sinónimo de non ter dúbidas ou pantasmas. \"O 1 de Outubro foi realmente traumático\", explicou tamén no mitin de Figueres, lembrando que dende aquela comezaron un \"camiño de resistencia e construcción\". Algo que puidemos comprobar durante o tempo que compartiu, entre o xantar e unha entrevista na Televisión de Girona, na carpa informativa de Esquerra. Dúas iaies que non dubidaron en pararse a saúdar e animar, malia que unha delas xa votara por correo Puigdemont. A outra si levou a papeleta de ERC, en calquera caso ambas coincidiron en dúas cousas: \"hai que facer piña porque veñen a por nós e, unha pregunta, desta volta poderemos votar tranquilas, non volverá a vir a policía, verdade? Porque a outra vez, estabamos no colexio e pasamos tanto medo…\" Híspter \"Sense les iaies no hi ha revolució\". Sentencia cun guiño o candidato, porque entre análise e análise da situación, off the records, e incluso inevitábel paralelismo e lembranzas da relación entre o BNG e Esquerra e cómo é o novo escenario do nacionalismo en Galiza, houbo algo de tempo para a \"frivolidade\". Roger Torrent ten proxección porque o vale, o ten demostrado politicamente pero tamén porque é dese tipo de guapos que ás iaies lles encanta. Ah, e porque é hípster e semella que dun tempo a esta parte en Esquerra é un valor en alza. O día que o descubrimos, malia que o seu estilismo era máis formal, adecuado ao debate e ao medio, xa apuntaba maneras, que non todos os traxes de chaqueta nin todas as garavatas son iguais nin din o mesmo, e na xornada con Sermos non defraudou, por moito que as lapelas do abrigo quixesen simular un punto de informalidade e despreocupación que non coa. Unha outra crónica dos compañeiros de NacióDigital facían chiste cos estampados das súas camisas, así que a pregunta era inevitable. Quen se leva a palma, Rufián ou máis ti? Cun perfil así, non hai tentacións inconfésabeis de ser compañeiro de batallas no Congreso? Escola Sorkin A reposta? Mellor sempre falar do tempo e apoñer os galegos, claro, que fixera un frío da ostia e incluso amagara con orballar. Ética e estética, en dous palabras, dalguén que cre e gosta do que fai pero que, malia estar en escenario de Xogo de Tronos, literalmente falando, é máis de House of Cards, como espectador, e de A Ala Oeste da Casa Branca, como político e polítologo; e calquera que se adique a isto, sobre todo dunha determinada xeración, se vén da escola de Aaron Sorkin ten moito gañado e é garante do que dicía a Dolors, de ter boa letra. Amodiño e con boa letra é o consello, de feito, que se lle dá a alguén para que chegue onde se propuxo sen traizoarse nin se queimar. Se iso ocorre, só lle desexamos boa sorte e lle pedimos que lembre darlle a Sermos Galiza o seu primeiro titular. Fotografías (todas de R.R.) 1.-Roger Torrent, o primeiro pola direita, entre as e os candidatos de ERC ao remate do mitin de Figueres. 2.-Roger Torrent comenta a axenda do día co chefe de imprensa de ERC en Girona. 3.-Cartaz de Dolors Bassa e mercadotecnia de ERC. 4.-Torrent toma notas durante unha das múltiples reunións que realiza en campaña con distintos representantes do tecido social catalá."}
{"ID": "PRAZA_7956", "summary": "Este 24 de febreiro a Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o seu primeiro aniversario. Falamos con Míriam González, unha das súas promotoras.", "text": "Este 24 de febreiro a Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o seu primeiro aniversario. E o vindeiro 2 de marzo celebrarán o evento cun concerto de Davide Salvado. Falamos con Míriam González, unha das súas promotoras. Como nace a ACGB? A plataforma ACGB nace ao converxer diferentes necesidades e sensibilidades que non se contemplaban no ámbito social e cultural de Barcelona. O detonante foi que algúns de nós, o xaneiro de 2012 presentámonos ás eleccións do Centro Galego de Barcelona e perdemos. Eramos un grupo de persoas que levábamos xa varios anos traballando no Centro Galego, organizando actividades culturais encamiñadas a facer do Centro Galego un espazo máis aberto para a comunidade galega e catalá. Pero como digo, perdemos as eleccións e a nova Xunta Directiva deulle un cambio de rumbo a xestión cultural de 180º, as nosas propostas culturais non tiñan cabida neste novo Centro Galego de Barcelona, non nos sentiamos representados. Era un paso atrás demasiado grande. \"A ACGB non somos só ex-socios e ex-socias do CGB, afortunadamente, a maioría son caras novas, persoas galegas que están a traballar aquí, estudantes de Galiza, fillos de galegos, moitos cataláns viron unha plataforma próxima a eles\" O 24 de febreiro de 2012 nace ACGG. A ACGB non somos só ex-socios e ex-socias do CGB, afortunadamente, a maioría son caras novas, persoas galegas que están a traballar aquí, estudantes de Galiza, fillos de galegos, moitos cataláns viron unha plataforma próxima a eles, etc. Sen eles, sen calquera dúbida, non poderiamos falar desta ACGB que tanto está xerando. Creouse un proxecto lindo para que estes tempos complexos que corren. Agora mesmo, os lazos e as redes humanas son un puntal para poidamos crear e reforzar o noso compromiso, un compromiso un lingüístico, cultural e social. Como valorades a experiencia do primeiro ano? Cumpristes as expectativas coas que vos puxestes en marcha? O resultado do primeiro ano foi extraordinario. Superou con moito as expectativas esperadas. Agora o máis importante é manter esta ilusión que se xerou, con estímulo constante. \"O que máis valoramos que se acheguen a nós persoas que nunca se formularan participar nunha plataforma con estas características. Temos compromiso de galeguidade pero non esquecemos que vivimos en Catalunya\" Que foi o mellor destes primeiros meses? A ACGB agrupa colectivos e persoas de diferentes ámbitos e intereses e para empezar, iso, era moi bo! Os colectivos da asemblea son: o colectivo musical FIA (Foliada Intercultural Aberta), Furafollas Agrupación Teatral,Magosto Barcelona, Ludotega (para nenas e nenos en galego), Proxecto Galauda (proxecto educativo galego-catalá na secundaria), Locus Lupulus (colectivo de Cervexa artesá) e finalmente, Conversemos (intercambio de conversa de catalá e galego). O colectivo FIA organizou exitosas foliadas Can Mas Deu, Can Batlló, en Girona, na Festa Major de Gràcia e no propio Ateneu Roig (que é nosa sede). Destaca sobre todos, o proxecto da LudoteGa, unha necesidade, para as nais, os pais, para que os pequenos e pequenas aprendan a falar galego con outros rapaces; este colectivo é unha xoia para nós. Temos máis de 20 nenos e nenas que participan na Ludotega cada mes, unha marabilla!!Magosto Barcelona o seu triunfo é indiscutíbel, en novembro, reuníronse 350 persoas. Así mesmo, en decembro, xunto coa plataforma Nunca Máis Catalunya, organizamos actos para lembrar no décimo cabodano do Prestige, outra vez, con indignación. O mellor? O que máis valoramos que se acheguen a nós persoas que nunca se formularan participar nunha plataforma con estas características. Esa xente venos unha plataforma próxima, aberta e comprometida. Temos compromiso de galeguidade pero non esquecemos que vivimos en Catalunya. É gratamente satisfactorio! \"Todos os primeiros luns de cada mes temos unha asemblea aberta, na que todas as socias e socios, poden participar, propoñer, debater… é moi importante para ACGB, a participación de todas e todos os socios\" Que retos tedes para o voso segundo ano de existencia? O noso gran reto é difundir e dar a coñecer a nosa cultura, o noso idioma, as nosas músicas, as nosas artes... despois temos os \"retos do día a día\", a continuidade é moi importante, pero unha continuidade vital e forte. O reto de crear estímulos, ganas de traballar e involucrarse no activismo da ACGB, sen decaer. A asemblea funciona de xeito horizontal. As propostas, se hai acordos mínimos aceptables para tódolos socias/os e hai vontade de traballo, fanse. Todos os proxectos, por loucos que parezan son posibles. Todos os primeiros luns de cada mes temos unha asemblea aberta, na que todas as socias e socios, poden participar, propoñer, debater… é moi importante para ACGB, a participación de todas e todos os socios. En poucos días chegaremos ou pasaremos dos 100 socios, iso espero. Non me atrevería chamar propiamente un reto, pero é un acto significativo: o primeiro aniversario da ACGB, será o 2 de marzo. O celebraremos na Euskal Etxea. Ás 13.30 h, a Fia conducirá o vermú musical e ás 20h, o cantante Davide Salvado ofrecerá un concerto. Convidados todos e todas! \"O debate simplemente non é se hai independencia ou centralismo ou federalismo, o que reclaman os cataláns, en democracia, é o dereito a decidir o seu futuro\" Como estades vivindo a efervescencia política que vive Catalunya? Estamos inmersos nunha crise profunda e de larga duración que crea desánimos, a luz o final do túnel non se ve. O Estado do benestar periga. A maioría da xente que vive en Catalunya ve que as condicións económicas teñen que cambiar e hai un ambiente hostil que non se creou agora e con esta parte adversa, xerou unha reivindicación soberanista. Somos espectadores desta intensificación deste sentimento. O debate simplemente non é se hai independencia ou centralismo ou federalismo, o que reclaman os cataláns, en democracia, é o dereito a decidir o seu futuro. Supoño que a relación que se ten con Galicia dende Catalunya é distinta agora da que podía haber hai 10 ou 20 anos con menos ferramentas de comunicación. Como é a vosa relación con Galicia? Por suposto! Moitos das persoas asociadas a ACGB ten un vínculo forte con Galiza porque hai socios galegos ou fillos de galegos que teñen un vínculo constante alí. Pero, agora coas ferramentas de comunicación do século XXI, ca tecnoloxía comunicativa, é dicir, coa internet non necesitamos tanta relación unipersoal ou familiar para saber que se coce en Galiza ou Catalunya. As redes sociais están axudando o activismo social, a pesar da falta de información, da información errónea, información sesgada.... é menos mal! \"Somos unha alternativa autofinanciada e autoxestionada, esta opción permite ter unha carga eficiente e máis xusta. As subvencións crean dependencia e reducen a iniciativa e a creación\" Como é esa \"alternativa 2.0 ao asociacionismo galego en Catalunya\" da que falades? Unha alternativa autofinanciada e autoxestionada, esta opción permite ter unha carga eficiente e máis xusta. As subvencións crean dependencia e reducen a iniciativa e a creación. Así mesmo, non queremos que os nosos principios se atopen supeditados polas esixencias do poder. A Asembea é apartidista e con presenza na rede. Un espazo de encontro, creación e acción. Un espazo, físico e virtual, onde traballar xuntos por unha galeguidade aberta, crítica, vital e creativa en todos os ámbitos. Unha consciencia e compromiso lingüístico. Un compromiso coa realidade social na que vivimos, tanto a nivel galego coma catalán. A difusión e dinamización da cultura galega en Catalunya: tradicional e contemporánea. Dinamización de proxectos xa existentes e impulso doutros novos que propoñan os seus integrantes."}
{"ID": "QUEPASA_522", "summary": "O Concello propón realizar unha escollera para protexer o xacemento da Punta dos Castros e crear a senda que unirá Area da Vila e Lingunde", "text": "Tiveron que ser, desta volta os hostaleiros, os que chamasen a atención aos Concellos para manter limpo o Camiño dos Faros. E Camariñas é dos primeiros en reaccionar comezando xa cos traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros, que se porán a punto para o inicio do verán co obxectivo de manter no mellor estado un dos principais focos de atracción turística do municipio. O Concello de Camariñas Camariñas conta con tres etapas das sete que forman o Camiño dos Faros: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía. Os traballos consistirán no desbroce e limpeza dos camiños, acondicionando a contorna para facelos visibles e accesibles aos usuarios e usuarias. Sandra Insua, destacou que \"para Camariñas o Camiño dos Faros é vital a nivel turístico e económico\". Xacemento Punta dos Castros Paralelamente, o Concello propón realizar unha escollera para protexer o xacemento da Punta dos Castros e crear a senda que unirá Area da Vila e Lingunde. Faino tras unha reunión coa arqueóloga da Dirección Xeral de Patrimonio propoñendo esta alternativa que permite preservar o castro e executar o proxecto da senda. A nova proposta consiste en facer unhas catas arqueolóxicas para preparar o terreo, realizar a escollera e construír sobre ela o itinerario. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliña que \"unir estas dúas zonas dun xeito seguro para os viandantes tamén é indispensable, é unha antiga demanda para un itinerario que ademais forma parte do Camiño dos Faros\"."}
{"ID": "NOS_33947", "summary": "Activistas da asemblea veciñal denuncian que o goberno local está a actuar con \"puro fascismo\" e advirten que \"a loita continúa\". VÍDEO NO INTERIOR.", "text": "Esta tarde foi posto en liberdade con cargos o activista da Asemblea aberta de Coia detido na cuarta feira durante o protesto na rotonda da avenida Castelao. Segundo informaron fontes veciñais a Sermos Galiza o veciño enfrontará na xornada de mañá (8 de xaneiro) un xuízo rápido acusado de \"atentado á autoridade\". A asemblea aberta de Coia convoca para as 11:45h unha concentración de apoio perante os xulgados da cidade olívica (rúa Lalín) e lembran que as persoas que integran o colectivo desenvolven accións de \"resistencia pacífica\" mais non violentos. Após máis dun mes de protestos na rotonda da avenida Castelao, no barrio de Coia (Vigo), esta cuarta feira (7 de xaneiro) a asemblea veciñal reanudou a protesta contra a colocación do Bernardo Alfageme mais a policía local --através do Grupo de Operacións de Apoio (GOA)-- desaloxou as persoas concentradas do interior da rotonda e procedeu á identificación da maior parte delas. \"Na última asemblea decidimos volver á rotonda coincidindo coa incorporación dos operarios do sector da construción ao seu traballo\", explica en conversa con Sermos Galiza o activista Xosé Sánchez. \"Entramos na rotonda, porque está valada e fechada cunha tea. Por volta das 8:30h chegou un número moi importante de policía e foron empurrándonos até botarnos fóra\". Denuncian que a policía fotografía a veciñanza que aplaude desde as fiestras en solidariedade coas persoas concentradas na rotonda Malia a actuación policial a veciñanza continúa nos arredores da glorieta para impedir que os operarios poidan proceder á instalación do buque. \"O que está claro é que o noso obxectivo é paralizar a obra\", apunta Sánchez. Desde a asemblea veciñal denuncian o \"fascismo\" co que está a actuar a policía local e o goberno de Abel Caballero. \"Desde as fiestras hai persoas que nos aplauden\" para lles amosar a súa solidariedade \"e a policía sácalles fotos\", denuncian. Unha actitude que non coidan democrática e que se suma ás sancións recibidas por varios condutores que premeron o claxón dos seus vehículos en apoio á veciñanza concentrada. Acción pola que foron sancionados con até 45 euros de multa. Investigación xudicial A asemblea aberta de Coia afirma que non cesarán na súa loita contra a colocación do barco Alfageme, que tildan de \"despilfarro\" e manteñen a súa denuncia perante a Fiscalía na que se está a investigar un suposto delito de prevaricación na adxudicación das obras. O vindeiro 26 de xaneiro representantes do movemento veciñal reuniranse co fiscal quen considera suficientes os incidios presentados pola asemblea para iniciar a investigación. Vídeo de Roberto Solano"}
{"ID": "NOS_17342", "summary": "A valoración do acordado esta quinta feira pola dirección do Sergas, os xerentes das áreas sanitarias e os xefes dos servizos de Medicina Interna dos hospitais, \"non é positiva\".", "text": "Os médicos internistas que demandan melloras no ámbito da Medicina Interna na Galiza expresaron novamente o seu rexeitamento aos contratos de longa duración en hospitais de cabeceira que inclúan desprazamento temporal a outros hospitais como os comarcais por necesidades de persoal e insisten en que \"fan falta máis profesionais\". Así o manifestou, en declaracións a Europa Press, un dos portavoces do colectivo de internistas que reclama \"máis profesionais\" en lugar de \"este tipo de contratos\" que temen que fagan irse fóra da Galiza os médicos que terminan a formación nesta especialidade. O conflito entre a Xunta e os médicos internistas continúa após a reunión A valoración do acordado esta quinta feira pola dirección do Sergas, os xerentes das áreas sanitarias e os xefes dos servizos de Medicina Interna dos hospitais, \"non é positiva\". \"Non nos sentimos representados\", remarcaron, para puntualizar que das persoas que estaban nesa reunión non partiu a mobilización dos internistas galegos para reivindicar melloras na asistencia. Cifras \"falsas\" da Xunta O portavoz cualificou de \"falsas\" as cifras achegadas nos últimos días pola Consellaría de Sanidade sobre a ratio de internistas (4,5 médicos por cada 100.000 habitantes), por enriba da media estatal segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O Colexio de Médicos exixe á Xunta \"as medidas necesarias\" para paliar a \"sobrecarga\" dos internistas \"Están terxiversadas\", sosteñen os médicos internistas, mentres subliñan que \"fan falta bastantes máis, no canto de sobrar\". \"Un parche malísimo\" Para os médicos internistas que reclaman melloras \"non ten sentido negociar\" cos xefes \"colocados\" pola Administración sanitaria galega, e insisten no seu \"desacordo\" co proposta consensuada na tarde da quinta feira. A Xunta reunirase cos médicos internistas de Ourense que denuncian \"sobrecarga asistencial\" Por todo iso, insisten en que para mellorar a \"calidade asistencial\", \"fan falta máis\" internistas na Galiza e non \"ese tipo de contrato\" con mobilidade. \"É un parche malísimo\", conclúen."}
{"ID": "NOS_25620", "summary": "A noz é un dos froitos secos máis típicos da Galiza. Con todo, a pesar da abundancia de nogueiras na nosa terra, o seu froito non se emprega demasiado nas cociñas. Esta receita é unha honrosa excepción:", "text": "4. Biscoito de noces INGREDIENTES (Para 4 persoas): 300 gramos de azucre 250 gramos de manteiga 250 gramos de fariña 100 gramos de noces (peso xa sen casca) 4 ovos 1 limón 1 cullerada de lévedo ELABORACIÓN: O primeiro paso para facer este sinxelo biscoito será prequentar o forno a 180º e logo untar ben o interior do molde do biscoito cunha noz de manteiga. Logo mesturamos ben o azucre e a manteiga, para agregar (un a un) os catro ovos a esa mestura. Finalmente, engadimos a raiadura do limón, a fariña e o lévedo, mesturándoo todo moi ben até conseguir unha masa homoxénea. Con isto, queda listo o corazón do noso biscoito. Só queda verter esa masa no molde, cubrila cunha capa de noces, espolvorear ben co azucre, superpoñer outra capa de noces e metela no forno uns 25 minutos. Unha vez o biscoito estea listo (saberédelo cravándolle un escarvadentes: se sae seco, está perfecto) retiramos do forno e deixámolo arrefriar. Desmoldamos, espolvoreamos con azucre e a papar! Tempo de elaboración: 45 minutos Dificultade: Baixa Calorías: Medias DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, LEITE CREME AO ESTILO PORTUGUÉS, PREMENDO AQUÍ"}
{"ID": "NOS_20622", "summary": "A Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños urxe o Ministerio a elaborar un estudo sobre a viabilidade do proxecto.", "text": "O Grupo Cobra iniciou no verán os trámites previos de cara á autorización dun parque eólico mariño, Galwind, que situaría 68 aeroxeradores e abranguería unha superficie de máis de 160 quilómetros cadrados fronte a Ortegal e Estaca de Bares, un proxecto que non agrada o sector pesqueiro por mor da súa \"incompatibilidade\". Neste senso, a Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños vén de alertar de que estas instalacións afectarían a actividade en até unha trintena de caladoiros da zona, \"como mínimo\". A organización manifestou o seu malestar nunha misiva dirixida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco), na que lamenta a \"falta absoluta\" de datos no proxecto e que non se consultase previamente o Observatorio da Eólica Mariña da Galiza, entidade na que está representados, entre outros, os pescadores galegos. A Coruña contará coa primeira plataforma de eólica mariña \"A zona buscada a súa localización e as zonas de cableado terían un impacto directo e indirecto sobre 30 caladoiros de pesca, e afectaría importantes especies como o xurelo, a xarda, o peixe sapo ou o rapante, entre outras especies de interese comercial coas que traballa a frota do caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste\", precisaron no escrito. En consecuencia, desde o sector pesqueiro da Galiza demandan a presentación dun estudo sobre a viabilidade do proxecto que, entre outros aspectos, recolla as \"afeccións singularizadas de cada caladoiro\", a \"riqueza media, diversidade e prevalencia de peixes nesas zonas\" ou as \"vedas á pesca vixentes e a súa incidencia directa e indirecta sobre a zona proxectada. Galwind é un dos cinco proxectos de eólica mariña que o Miteco está a tramitar actualmente en augas galegas, canda os parques Nordés, San Brandán, San Cibrao e Celta I, o último en sumarse á carreira polo desenvolvemento desta industria enerxética crecente. O sector do mar ve o 'lobby eólico' detrás das limitacións á pesca No xornal desta mesma cuarta feira, aliás, Nós Diario recolle as impresións do sector a respecto destes proxectos eólicos no mar, tras os cales, segundo as fontes consultadas, estaría o \"lobby eólico\". \"A Comisión Europea está tomando decisións que afectan a pesca en base a informes elaborados polo propio lobby eólico\", lamenta Ignacio Vázquez, presidente da Asociación de Arrastreiros de Ribeira."}
{"ID": "PRAZA_11734", "summary": "Voos cancelados, liñas ferroviarias cortadas, caídas de árbores, desprendementos en fachadas, desbordamentos de ríos e 27.000 fogares sen luz son algunhas das consecuencias dun novo temporal no país, que provocou máis de 500 incidencias ata as 6 da tarde.", "text": "Logo das case 2.000 incidencias provocadas por Elsa, a borrasca Fabien deixouse sentir con moita forza este sábado tamén en Galicia, cun total de 539 ata as 18 horas do sábado e dúasu persoas feridas, segundo informa o 112-Galicia. Desde primeiras horas da mañá, o temporal que provocou a alerta laranxa en terra e vermella na costa provocou caídas de árbores, desbordamentos en ríos, cortes de estradas, desvíos de voos e que uns 27.000 fogares galegos quedasen sen luz. Uns 27.000 fogares en Galicia permanecían sen subministro eléctrico a media tarde do sábadoOs cortes son provocados, na súa maioría, pola caída de árbores ou pólas sobre as liñas de tendido eléctrico e hai uns 600 operarios traballando en recuperar o subministro eléctrico. O vento foi o gran protagonista da xornada, con refachos que superaran xa a primeira hora da mañá os 165 quilómetros por hora en Punta Candieira (Cedeira) e os 176 no Penedo do Galo, en Viveiro, onde os refachos alcanzaron os 184 unhas horas despois, segundo informa 4Gotas. Foron as velocidades máis altas alcanzadas polos ventos da borrasca nunha xornada con outros picos importantes como os 176 km/hora en Cabeza de Manzaneda, os 130 en Malpica ou os 149 nos Ancares. Ata a medianoite, estaba previsto que os refachos puidesen ser aínda máis intensos. A intensidade do aire provocou que se suspendesen todos os partidos de fútbol ao aire libre, así como moitas competicións deportivas a cuberto, polo perigo de desprendementos de fachadas ou tellados, sucesos que aconteceron en varias vilas e cidades como A Estrada, Culleredo, Sanxenxo, A Coruña ou Vilagarcía ou mesmo no aeroporto de Lavacolla, onde caeu a marquesina de saídas. Foron numerosos os voos cancelados pola intensidade do vento, tanto con destino a Galicia como de saída, nos tres aeroportos. As condicions meteorolóxicas provocaron mesmo que o voo do Celta a Valencia, onde xoga este domingo ante o Levante, fose suspendido. Numerosos voos con destino ou saída desde Galicia foron cancelados ou desviados e varios trens sufriron tamén problemasAs caídas de árbores foron tamén habituais en varias localidades. Así, mesmo tivo que ser cortada a liña ferroviaria que une A Coruña con Monforte, ao seu paso por Lugo, ao caer dous troncos sobre a vía nun suceso sen ningún ferido. Tamén as árbores atrancaron o tráfico entre Ourense e Taboadela, mentres que outro tren, o que comunica Vigo e Ponferrada, sufriu importantes atrasos polas condicións meteorolóxicas.Malia que as chuvias non foron intensas neste sábado, a acumulación de auga dos últimos días volveu provocar problemas co desbordamento de ríos, especialmente do Miño ao seu paso por Ourense ou Tui, onde creou importantes problemas. Dúas persoas feridas pola caída de árboresDo total de máis de 500 incidencias, por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 214 contabilizadas, Pontevedra con 151, seguida de Lugo con 127 e Ourense con 45 incidencias. A caída de árbores e pólas en vías de circulación (284), as accións de prevención de risco (119), derrubamentos (34), cables da luz e teléfono nas estradas (24) e postes caídos nas calzadas (21) foron as incidencias que máis se repetiron.En canto aos concellos, destaca o de A Coruña con 22 incidencias, Santiago de Compostela con 13 e Oleiros con 11. Na provincia de Pontevedra, A Estrada alcanzou as 19, Lalín sumou 14 e Mos 6. No concello de Lugo contabilizáronse 12, en Guitiriz 7 e en Viveiro 6. E, por último, na provincia de Ourense, Lobios e Vilamartín de Valdeorras rexistraron 4, respectivamente.Dúas persoas foron feridas, unha tras caerlle enriba do coche unha árbore e outra por bater co seu vehículo contra outra árbore caídaUnha persoa precisou asistencia médica despois de que lle caese enriba do coche no que circulaba unha árbore en Cortegada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a persoa atopábase liberada e accesible. En Cambre, caeron varias partes do tellado dun edificio na Praza da Ría golpeando e rompendo a canalización do gas. Ademais, en Carballo, no Colexio Fogar, levantouse o tellado do centro, mentres que en Cerdido, unha muller resultou ferida ao bater o vehículo no que circulaba contra unha árbore caída na vía. E, por último, no termo municipal orensán do Bolo, caeu o pilar dunha ponte e afundiuse no lugar da Barxa, onde pasa o río Xares, na estrada que une A Barxa co Seixo, en Petín. Trátase dunha vía secundaria que une as aldeas da Barxa co Seixo e hai outras vías alternativas polo que os pobos non quedan incomunicados."}
{"ID": "PRAZA_3760", "summary": "Hai máis de 400 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores galegas, nas que xa se rexistraron 17 falecementos. Usuarios e traballadores alertan da que a falta de medios e persoal facilitou os contaxios, denuncian que as carencias se manteñen e critican a falta de control por parte da Xunta, que este luns decidiu intervir dous centros da empresa DomusVi en Vigo e Cangas.", "text": "O número de casos activos de coronavirus nas residencias da terceira idade en Galicia chegou este luns a máis 400, máis do 10% do total de casos no país (3.476). Deles, a maior parte corresponden a residentes e case un cento a persoal destes centros. Ademais, nas últimas dúas semanas rexistráronse 17 falecementos de internos, unha cifra terrible pero moi lonxe da que ten a Comunidade de Madrid, que hai días que superou o milleiro de mortes. Hai máis de 400 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores galegas, nas que se rexistraron ata o momento 17 falecementosO domingo a cifra era de 314 e a situación é moi preocupante, dada a avanzada idade da maior parte dos enfermos e enfermas, que podería traducirse nun incremento das mortes nos vindeiros días. Os maiores focos están na residencia DomusVi Barreiro de Vigo, con 74 infectados, e na DomusVi de Aldán, en Cangas, que este luns pasou de 6 a 105 casos confirmados, o que motivou a decisión da Xunta de intervir ambos os dous centros, dependentes da mesma empresa. Ademais, hai un gran número de positivos na San Carlos de Celanova (45), na residencia compostelá de San Lázaro (25), a do Portazgo na Coruña (19), a de Crecente (17), a da Esperanza de Ourense (15) e a de Fátima no Barco de Valdeorras (13). Hai, igualmente, casos en Castro Caldelas, Arteixo, Fisterra, Pontedeume, Monforte, Viveiro ou Caldas de Reis.Dende hai dúas semanas o persoal das residencias, sindicatos e colectivos de usuarios e usuarias veñen denunciando a \"situación límite\" que sofren por mor da epidemia. Porén, lembran que as carencias de persoal, a sobrecarga de traballo e a falta de medios e atención para os residentes xa se daban de forma habitual en moitas residencias antes da chegada do coronavirus. E sinalan que as limitacións coas que conta o persoal puido favorecer a propagación da enfermidade en varias delas.\"Tras varios casos de infeccións en diversas residencias, DomusVi decidiu aforrar cartos. Isto levou a poñer en risco aos residentes ao non reforzar o seu cadro de persoal nin contratar servizos externos\", denuncia REDEXa a pasada semana, cando se detectaron os primeiros positivos en Celanova ou na residencia DomusVi de Vigo, a Federación REDE (composta por asociacións de usuarios e familiares de residencias e dependencia) esixiu \"a inmediata intervención\" das residencias galegas afectadas por coronavirus \"ante a inacción e falla de medios de prevención e de protección do persoal\". Tamén reclamaba \"a inspección inmediata das demais residencias\" para verificar o cumprimento das medidas de prevención establecidas, \"intervindo as que non estean facendo para garantir a aplicación das mesmas\". \"O persoal está de xeito crónico baixo mínimos e con sobrecarga de traballo, con falta de medios básicos e nas residencias existía unha situación de maltrato diario e masivo por neglixencia e abandono\", advertía a entidade, que xa o denunciara en anteriores ocasións.REDE poñía o foco, especialmente, sobre as residencias do Grupo DomusVi, que conta cunha trintena de residencias en toda Galicia, e decidiu denunciar a situación ante a Fiscalía, responsabilizando á empresa da \"situación neglixente e de abandono\" que se vive nos seus centros. \"Non se realizaron desinfeccións, nin limpezas axeitadas, nin se aplicaron medidas adicionais recomendadas por Sanidade, escusándose sempre na escaseza de persoal\", sinalaba REDE, que engadía que \"tras varios casos de infeccións en diversas residencias, DomusVi decidiu aforrar cartos. Isto levou a poñer en risco aos residentes ao non reforzar o seu cadro de persoal nin contratar servizos externos\".Intervención de dúas residencias de DomusViEste luns pola tarde a Xunta anunciou a intervención dos centros DomusVi Barreiro e DomusVi CangasPrecisamente este luns pola tarde a Xunta anunciaba a intervención dos centros DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas polo \"elevado número de positivos por coronavirus entre as persoas usuarias e traballadoras\". Serán, sinala a Xunta, convertidas temporalmente en \"residencias integradas\" para persoas anciás residentes e contaxiadas pola covid-19, ao xeito das habilitadas en Santiago e Baños de Molgas. A Xunta designará un empregado público para \"dirixir e coordinar a actividade asistencial destas dúas residencias privadas e garantir así a correcta aplicación dos protocolos e a supervisión médica de todas as persoas maiores que residen nestes centros\".Pola súa banda, as persoas maiores que deron negativo nas probas, unha vez que este resultado sexa confirmado, serán trasladadas a outros centros en función das características de cada residente. Un deles será a residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán, que é da titularidade da Xunta e nestes momentos se atopa sen actividade. Unha situación que \"vén de atrás\"Bernárdez acusa á Xunta de \"mirar para outro lado\" ante a situación de falta de persoal e a conseguinte falta de atención das persoas maiores que alí vivenFrancisco Xose Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna e secretario de REDE, destaca que a grave situación que se vive nas residencias de DomusVi \"vén de atrás\". \"Nós levamos moito tempo denunciando que situacións como a ausencia de enfermeiros pola noite, cando as residencias de máis de 40 prazas están obrigados a ter cobertura as 24 horas\", sinala, engadindo que \"a realidade é que polas noites estaban quedando ao coidado de 150 residentes só dúas persoas, e ás veces unha\".Bernárdez acusa á Xunta de \"mirar para outro lado\" ante a situación de falta de persoal e a conseguinte falta de atención das persoas maiores que alí viven. \"As ratios de persoal son irrisorias, están feitas pensando en que as residencias se lucren, pero non en prestar unha boa atención. Pero cando aínda por riba as empresas están por debaixo destas ratios, sen que a Xunta faga nada, os coidados non son nin os mínimos\", di.A precariedade facilitou os contaxios\"Con esta situación, aparece o tema do coronavirus. Neste momento debería terse incrementado o persoal por riba das ratios, para poder dar a atención extra que se necesita nestes momentos\", continúa. \"Había que ter reforzado a limpeza e a desinfección, hai que facer varias limpezas ao día de superficies de alta tocabilidade, como os pasamáns. Tiñan que ter dividido as residencias por seccións e que cada sección tivese o seu persoal, e que este non rotase, para non propagar a enfermidade por toda a residencia\", explica.\"Non só non se traballou por riba das ratios, senón que se seguiu traballando por debaixo e nestas circunstancias non se garantiu o cumprimento das medidas preventivas\"\"Porén, para iso hai que contratar máis persoal. Non só non se traballou por riba das ratios, senón que se seguiu traballando por debaixo e nestas circunstancias non se garantiu o cumprimento das medidas preventivas\", critica. \"As residencias xa eran o lugar máis sensible, porque son un espazo de concentración do principal grupo de risco da enfermidade. Pero a situación empeorou cando o persoal (por non ter equipos de protección) comezou a enfermar e a poñerse de baixa. Agora mesmo estamos en mínimos históricos de persoal nas residencias\", alerta.Bernárdez acusa á dirección da empresa: \"Decidiu non contratar máis xente contaxiara quen se contaxiara. Emperráronse en que iso se tiña que facer cos cartos de todos e así se está facendo: a UME, os Concellos, as brigadas de incendios... están dedicándose a desinfectar as residencias, porque esta empresa non gasta niso\". Así mesmo, rexeita que non haxa persoal dispoñible: \"Eles xa tiñan enfermeiros, pero retorceron tanto as condicións laborais que acabaron marchando. Hai xente para traballar, o que non hai é xente que queira traballar nas súas condicións, pero si traballarían cunhas condicións mellores\".Residencias \"públicas e de calidade\"\"A situación noutras residencias privadas é bastante semellante á de DomusVi, pero sen chegar a ese nivel de gravidade\"O presidente de Vellez Digna comenta que \"a situación noutras residencias privadas é bastante semellante á de DomusVi, pero sen chegar a ese nivel de gravidade. Moitas residencias non están reforzando o persoal e os traballadores non teñen medios de protección\". E aclara que \"as nosas críticas son todas para as empresas, non para os traballadores, que están a facer un esforzo enorme e están a arriscar a súa saúde, dobrando quendas, porque a empresa non quere contratar máis persoal. Contan co noso apoio e a nosa admiración\".\"Cando deixas o benestar dos maiores, coa fraxilidade que teñen, en mans dunhas empresas ás que o único que lles importa é gañar cartos, pasa o que pasa\"Como se soluciona esta situación? \"As ratios de traballadores por número de residentes hai que subilas moito, para dar un toque de atención ás empresas, pero non chega con iso: habería que conseguir que os cumprisen\", di. \"Pero sobre todo nós o que pedimos é que ten que haber uns servizos sociais que sexan públicos, de calidade, diversificados, nun número suficiente, de proximidade e ao alcance de todos\", engade. \"Sobre todo que sexan públicos, porque cando deixas o benestar dos maiores, coa fraxilidade que teñen, en mans dunhas empresas ás que o único que lles importa é gañar cartos, pasa o que pasa. Cada ano hai menos persoal, a comida é peor, e a atención que se presta é máis nefasta\", conclúe."}
{"ID": "NOS_2783", "summary": "A Intelixencia estadounidense desbota interferencias por parte da China, tal e como denunciara en varias ocasións o ex presidente Donald Trump.", "text": "O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, cualificou o seu homólogo ruso, Vladimir Putin, de ser un \"asasino\" e asegurou que \"pagará o prezo\" de \"interferir\" nas eleccións presidenciais de novembro. Nunha entrevista coa cadea de televisión ABC, o mandatario advertiu dunha posíbel \"resposta\": \"Pagará un prezo\", dixo. Afirmou que tiveran \"unha longa conversa\" en xaneiro. \"Coñézoo relativamente ben. A conversa comezou con algo así como: eu coñézote e ti a min. Se podemos demostrar que isto ocorreu, prepárate\", aseverou. Ao ser preguntado sobre se Putin é un \"asasino\", Biden, que dixo crer que \"non ten alma\", asentiu: \"si, créoo\". Porén, non desbotou seguir traballando conxuntamente en áreas de \"interese mutuo\". As súas palabras chegan tras a publicación dun informe da Intelixencia estadounidense sinalando que Rusia e outros países trataron de influír no proceso electoral. No caso de Moscova, as autoridades rusas trataron de \"socavar\" a credibilidade do sistema a favor de Donald Trump denigrando o propio Biden. O informe de 15 páxinas sustenta ás acusacións de vello sobre o papel de homes de confianza do ex presidente Trump na suposta inxerencia nos comicios do 3 de novembro de 2020, que partiría de importantes figuras políticas pro rusas na Ucraína; e do propio Putin, de maneira activa ou con coñecemento de causa. Concretamente, incídese na vinculación entre o presidente ruso e o parlamentario ucraíno Andriy Derkach, que prestou a súa axuda a políticos estadounidenses na campaña de aldraxe de Joe Biden e do fillo del Hunter. Campaña pola que Trump tivo que responder ao seu primeiro impeachment. Derkach reuniuse entre outros con Rudy Giuliani, avogado de Trump, en 2019. Segundo medios estadounidenses, agárdanse sancións de Washington a Moscova a partir da vindeira semana. Pola súa banda, o Kremlin enmarcou o informe dentro dunha campaña de \"desinformación\", e confirmou que chamara a consultas o seu embaixador en Washington, Anatoli Antonov para \"analizar como e cara a onde se debe avanzar nas relacións cos EUA\". Cuba e Venezuela O informe tamén conclúe que houbo unha campaña en \"diferentes frontes\" por parte do Irán, neste caso para impedir a reelección de Trump, que impuxo sancións contra o país persa. Tamén, constata a suposta participación ─en menor medida que o iraniano─ dos Gobernos de Cuba e de Venezuela e tamén de Hezbolá. Desbota, en todo caso, a participación da China, tal e como denunciara varias veces Trump."}
{"ID": "NOS_35027", "summary": "A medida é oficial após ser publicada esta segunda feira no Boletín Oficial do Estado.", "text": "O Boletín Oficial do Estado (BOE) desta segunda feira publica os dous real decretos polos que indulta Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores do transporte que foron condenados en 2011 a tres anos cada un por un delito contra os dereitos dos traballadores no marco das mobilizacións que tiveron lugar en 2008 cando o sector pelexaba por un convenio colectivo xusto. Oficialízase así o avanzado a finais da semana pasada por Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, que informaba da inminencia desa medida de gracia para estes dous operarios. En 2013 Carlos e Serafín solicitaron o indulto ao goberno español, unha medida que hoxe, seis anos despois, chega finalmente. Carlos e Serafín non terán que entrar en prisión. O propio Parlamento de Galiza solicitou por unanimidade o indulto parcial dos sindicalistas para evitar que ingresasen en prisión O Xulgado do Penal de Vigo suspendeu a execución da pena imposta (tres anos de privación de liberdade) mentres se tramitaba e non se resolvía o expediente de solicitude de indulto. Porén, a Fiscalía opúxose no seu momento a que esta medida de graza lles fose aplicada ao entender que as razóns argüídas, de carácter familias, persoal e laboral, non se axustaban a dereito. Así, o Ministerio Público exixía o cumprimento da pena o que abocaría os operarios a entrar na cadea. \"Entrar na cadea fúndeche a vida, perdes o traballo. Non é unha brincadeira\", recoñecía Serafín en 2014 nunha conversa con Sermos galiza. Aso longo destes seis anos sucedéronse as mobilizacións e concentracións en apoio a estes dous traballadores, impulsadas polos sindicatos CIG, UXT e CCOO."}
{"ID": "NOS_13667", "summary": "Un como parte da formación Silk Road e outro polo documental 'The music of strangers'", "text": "Cristina Pato fai parte de dous proxectos nominados para esta 59 edición dos premios Grammy. Un deles, Silk Road Ensemble, que opta ao mellor álbum de 'world music' por 'Sing me home'; o outro, o filme documental The Music of Strangers, dirixido por Morgan Neville, candidato ao Grammy ao mellor filme musical. A gaiteira ourensá fai parte de Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble. No disco 'Sing Me Home' inclúe unha nova versión de 'Cabaliño', canción tradicional galega que foi gravada xunto cos músicos galegos e membros do 'Rústica' (proxecto no que tamén participou Cristina Pato) Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. O album foi desenvolvido e gravado en paralelo a The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, o documental do director gañador dun Oscar e un Emmy Morgan Neville que narra a historia do Silkroad, que se estreou en xuño nos cinemas de todo o mundo. O filme conta a historia deste colectivo musical creado polo cellista Yo-Yo Ma. Pódese seguir a través deste traballo as vidas deste grupo de instrumentistas. A parte adicada á gaiteira ourensá explora os valores fundamentais da cultura e da identidade galega e lévanos a coñecer a súa vida familiar, social e cultural en Galiza."}
{"ID": "NOS_55257", "summary": "As formacións políticas seguen a confirmar as 'cabezas de lista' de cara aos comicios do próximo ano.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou esta sexta feira na presentación de Lucía Santos como candidata nacionalista á Alcaldía de Marín co obxectivo de \"darlle ao Concello un cambio a favor dos veciños\". Tal como reivindicou a formación nacionalista, Santos liderará un equipo \"capaz de modificar o rumbo do municipio e pór en marcha políticas transformadoras para mellorar a vida das persoas\", do mesmo modo que o Bloque o fixo \"noutras localidades da zona\" nas que xa goberna, como Pontevedra, Poio, Moaña ou Bueu. \"É un día importante para o futuro de Marín, porque aquí estades un bo número de persoas unidas por unha ilusión común: a de pór en marcha o cambio que necesita este concello. Para arrincar o motor do cambio que necesita Marín estamos aquí, e ese motor é a candidatura do BNG encabezada por Lucía Santos\", proclamou Pontón durante o acto. A líder nacionalista definiu a candidata como unha persoa \"íntegra, leal, honesta e con liderado\". \"Unha muller capaz de crear equipo e que traballa día a día para construír un futuro mellor para os veciños\", subliñou Pontón, quen tamén lamentou que a localidade perdese habitantes nos últimos anos \"Algo non se está facendo ben porque non só perde habitantes, senón que tamén decrece a actividade económica, o comercio e vemos un concello paralizado que perde día a día\", engadiu, salientando a \"posición privilexiada\" de Marín na ría e insistindo en que Ence debe abandonala. Abraldes repite en Barro Tamén confirmou esta sexta feira que o seu nome volverá encabezar unha lista electoral o actual alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a través dun comunicado publicado no seu perfil en Facebook. \"As compañeiras e compañeiros do BNG propuxéronme que volva encabezar a candidatura ás eleccións municipais do ano que vén. Quero agradecerlle a confianza que depositan en min para manter a Alcaldía do noso concello. O impresionante equipo co que conto, o apoio permanente de toda a militancia e simpatizantes do BNG e a colaboración, comprensión e cariño que me transmite a veciñanza de Barro anímanme a presentarme de novo para seguir sendo o seu alcalde. Volverei afrontar este reto coa mesma ilusión, gana e responsabilidade coas que o fixen no 2015,cando acadamos a Alcaldía por primeira vez\", sinalou. Manuel Martínez busca a reelección en Becerreá Pola súa parte, quen ostenta a Alcaldía de Becerreá desde 2007, Manuel Martínez, tamén ratificou nesta xornada a súa candidatura en 2023, por medio da formación Galicia Sempre, que el mesmo fundou de cara aos comicios de 2019 após abandonar o PSdeG. Martínez destacou que mantén \"conversas\" con \"moita xente\", tamén \"con outros partidos independentes\" de cara ás próximas municipais. \"A decisión miña e do grupo no que estou é volver presentarnos por Galicia Sempre, seguir contando coa confianza dos veciños de Becerreá, que terán que decidir quen os vai dirixir os próximos catro anos [...] Non teño previsto facer outro tipo de actuación\", resolveu. Ao ser interpelado sobre se o contactou o PP, o alcalde de Becerreá deixou caer que \"en política tócase todo\", para a continuación sinalar que está \"moi satisfeito\", porque ve como os candidatos que hai case catro anos 'ficharon' por Galicia Sempre \"son o obxecto do desexo de todos os partidos políticos\". \"Hoxe vemos como ao candidato de Sarria están a facerlle as beiras [desde o PSOE]. Xa o fixeron tamén en Meira e Burela\", constatou Martínez. Dito isto, celebrou que o seu partido \"é unha canteira importante de políticos agora e no futuro\". \"Os principios de Galicia Sempre son que cada un no seu concello pode actuar en función dos intereses dos veciños e non dun partido político que marca as liñas a seguir\", sentenciou."}
{"ID": "NOS_26243", "summary": "O PSOE de Pedro Sánchez dá un novo bandazo. Menos de 24 horas despois de anunciar unha moción de censura sen condicións contra o muribundo Goberno de Mariano Rajoy, bota o freo para procurar o apoio de Ciudadanos.", "text": "Albert Rivera ten as enquisas e boa parte dos poderes fácticos a favor. Sábeo. Tras a sentencia da Gürtel, o seu partido apurou a pedir eleccións. Tarde demais. O PSOE xa rexistrara unha moción de censura, o que impide convocar ás urnas antes de que se resolva no Parlamento. Ao tempo, Pedro Sánchez afirmara que a súa iniciativa se dirixía aos 350 deputados e deputadas do Congreso. É dicir, Podemos e independentistas incluídos, aínda que sen negociacións previas. Mais as presións do bloque social conservador comezaron. E esta mañá provocaron que o secretario de Organización dos socialistas, José Luis Abalos, amosase as súas intencións de acadar, a toda costa, os votos de Ciudadanos. A número catro da executiva, Carmen Calvo, tamén abriu a porta a convocar eleccións \"nuns meses\", sempre e cando os de Rivera garantisen aprobar a moción de censura. O paradoxal é que, unha vez en marcha a moción de censura, non pode haber convocatoria electoral. Se o PSOE a retirase, a opción dos comicios só podería executala o presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Quen xa deixou claro que a súa vontade é resistir contra vento, marea, xulgados e sectores cada vez máis ruidosos da súa propia organización. Así as cousas, a única oportunidade de Ciudadanos é fiarse de Pedro Sánchez. E o líder socialista xa demostrou máis de tres e catro veces que as súas posicións e discursos son, a dereita e esquerda, calquera cousa agás estábeis."}
{"ID": "PRAZA_13606", "summary": "O filme de Paco León poderase ver o mesmo día da súa estrea nos cinemas a través de Filmin e outras plataformas por 1'95 euros. O director denuncia boicot por parte das distribuidoras.", "text": "Todo comezou cun tuit, ou iso di Paco León. Preguntoulles aos seus 550.000 followers se lles soaban Filmin ou calquera outra plataforma de descargas legais de películas en Internet, e foron poucas as respostas afirmativas. A seguir preguntou quen pagaría 1,90 por ver o seu filme, Carmina o Revienta, no seu ordenador se se estrease á vez que nas salas. E as respostas chegaron por milleiros. Ese é o experiemento, e ese é o reto deste filme de cen mil euros de orzamento, dirixido polo coñecido actor, que obtivo o recoñecemento do público do Festival del Málaga, e que se estrea este xoves, ao mesmo tempo, nas salas comerciais, en DVD e na rede, a través de Filmin, iTunes, Google Play ou PlayStation 3. O prezo nas salas será o habitual (por riba dos seis euros), a edición en DVD terá un custe semellante, mentres que nas distintas plataformas de distribución de contidos online terá un custe de 1'95 O prezo nas salas será o habitual (por riba dos seis euros), a edición en DVD terá un custe semellante, mentres que nas distintas plataformas de distribución de contidos online terá un custe de 1'95 (nos primeiros quince días, despois pasará a 2,95) e de 3 euros en itunes. Non foi fácil para Paco León chegar até aquí. Finalmente Carmina o Revienta estrearase en vinte salas de toda España, entre elas Vigo, pero o actor denuncia presións e boicots por parte das distribuidoras contra o filme, e mesmo contra el mesmo, pois segundo denuncia as presións teríanse dirixido ás produtoras, para que non o contratasen. Paco León di que \"había unha necesidade social que a distribución en salas non cubría. Que a xente quere ver as películas cando as promocionas, e non tres ou catro meses despois\". Asegura que Alta, a distribuidora máis importante de cinema español, lle ofreceu unha estrea ao nivel dunha superprodución, pero que el preferiu arriscar, e seguir adiante co experimento. Conta co apoio de Filmin, plataforma online especializada na distribución de filmes independentes. Aseguran que isto \"non é unha acción antisistema; é unha acción nova. E sería desexable que servise a toda a industria para tomar nota, para aprender, para que corrixamos se fai falla, para que nos posicionemos\". Conta co apoio de Filmin, plataforma online especializada na distribución de filmes independentes. Aseguran que isto \"non é unha acción antisistema; é unha acción nova. E sería desexable que servise a toda a industria para tomar nota\" E conta coas críticas das salas, temerosas de perder os beneficios que lle outorga a exclusividade desa fiestra de estrea, esas semanas nas que un filme só se pode ver de forma legal sentados nas butacas. A FECE (Federación de Cinemas de España), a asociación maioritaria dos empresarios de cine, defenden que \"a estrea en sala serve de plataforma de lanzamento para as películas\". Esta semana verase como responden os internautas, aqueles aos que vai dirixido este movemento. Se se deciden a pagar por ver este filme (e outros no futuro) a uns prezos moito máis baixos ca nas salas, e cunha calidade e cunha comodidade moi superiores ás que ofrecen as descargas."}
{"ID": "NOS_35064", "summary": "O ex president catalán di que \"está acostumado a ser perseguido por España, mais o final é sempre o mesmo: son libre e vou continuar loitando\".", "text": "O ex president da Generalitat Carles Puigdemont foi recibido este sábado 25 de setembro en Alguer (Sardeña) por cidadás e cidadáns que entoaron o himno de Catalunya, Els segadors, na súa reaparición pública após ser liberado pola xustiza. Puigdemont dirixiuse Alguer para participar nos actos do festival Adifolk, onde se reuniuse con distintas autoridades como o rexedor de Alguer, Mario Conoci (que o recibiu no Concello entre aplausos da veciñanza) e o presidente de Sardeña, Christian Solinas. En declaracións aos medios, Puigdemont dixo que \"está acostumado a ser perseguido por España, mais o final é sempre o mesmo: son libre e vou continuar loitando\". O ex presidente mantivo así a súa axenda do sábado, un día despois de saír da prisión, e está citado para o día 4 de outubro polas autoridades xudiciais italianas para a primeira vista sobre a súa extradición. A Corte de Apelacións de Sassari (Sardeña) emitiu unha providencia con data de 24 de setembro pola que ordenou a \"liberación inmediata\" do ex president da Generalitat e citouno para unha vista a 4 de outubro ás 11.30 horas para decidir sobre a súa extradición a España. Sostén a presidenta da Corte, Plinia Azzena, que Puigdemont segue gozando da inmunidade propia dun europarlamentario e por tanto debe prevalecer o seu dereito para viaxar libremente para participar en reunións do Parlamento Europeo, \"garantidas pola inmunidade, aínda intacta\". \"España non perde nunca a oportunidade de facer o ridículo\", dixo Puigdemont en relación á súa detención. Este sábado encontrarase ademais co president da Generalitat, Pere Aragonès, e o vicepresident, Jordi Puigneró, que se desprazaron en barco á illa de Sardeña para reunirse con el e mostrarlle o seu apoio. Este domingo Puigdemont será recibido por alcaldes do centro da illa, a zona máis independentista. O vicepresident Puigneró, nunha entrevista en TV3, afirmou que pode haber unha \"conxura\" entre o aparato xudicial español e o Goberno de Pedro Sánchez pola detención de Puigdemont. Para o vicepresident é estraño que o Tribunal Supremo non desactivase a euroorde contra Puigdemont cando o Goberno informara diso. \"Veremos quen mentiu e se houbo conxura\", unha cousa que para el sería moi grave, nas súas palabras. Puigneró volveuse amosar escéptico coa mesa de negociación entre o Executivo estatal e o catalán, sinalando que o Goberno español \"non cre na mesa de diálogo\". Engadiu que considera \"moi difícil dialogar con alguén que mantén instrumentos de represión como as euroordes\". Pola súa banda, o ex vicepresident catalán e líder de ERC Oriol Junqueras defendeu este sábado a continuidade da mesa de diálogo entre o Executivo de Pedro Sánchez e a Generarlitat catalá, aínda que denunciou que non é o ambiente adecuado coa detención de Carles Puigdemont, e pediu que se traballe para propicialo. Aliás, o portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez, quixo recalcar nun entrevista en RNE que a detención de Puigdemont en Sardeña afecta só o ámbito xudicial e desvinculouna da negociación dos Orzamentos Xerais para 2022. Gómez respondeu así ao ser preguntado se o arresto de Puigdemont vai complicar a negociación con ERC das contas públicas."}
{"ID": "PRAZA_5782", "summary": "As concentracións convocadas nas distintas cidades galegas acadan unha notable participación.", "text": "En Vigo, na Coruña, en Compostela ou en Ferrol. En Pontevedra, en Ourense ou en Lugo. Pero tamén en Vilagarcía, Boiro, O Porriño, Redondela, Foz, Monforte ou Chantada. Milleiros de persoas xuntáronse este luns nas prazas das cidades e vilas galegas para demandar a convocatoria dun referendo no que a cidadanía poida decidir a forma do Estado, no canto de que a abdicación do rei Juan Carlos no seu fillo se resolva automaticamente e por decreto. A participación máis numerosa se deu na Coruña e Vigo, con varios milleiros de participantes en cada cidade. E tamén Compostela e Ferrol, superando amplamente o milleiro de asistentes. Nas restantes convocatorias, destacou tamén a de Pontevedra, con varios centos de manifestantes. Nalgúns lugares as dúas convocatorias (a nacionalista galega e a non nacionalista galega) coincidían no mesmo punto (era o caso de Compostela, Pontevedra ou Vigo); noutros, estaban separadas por uns poucos metros (coma no da Coruña); noutros máis afastadas. Xuntas ou por separado, a demanda dunha e doutra, dos que portaban unha bandeira nacionalista galega ou unha bandeira republicana e dos que non portaban bandeira ningunha (que eran a inmensa maioría), era semellante: o dereito a seren consultados e consultadas sobre a sucesión monárquica, e a apertura dun proceso constituínte que leve á aprobación dunha nova Constitución. Nas concentracións, vixiladas a distancia por unha dotación policial inferior á habitual nos últimos tempos para o control deste tipo de protestas, víronse representantes de todas as forzas políticas que convocaron as concentracións: AGE, BNG ou Podemos, e tamén de numerosos cargos do PSdeG-PSOE e das Xuventudes Socialistas. Varias das concentracións, que non deixaron de sumar participantes a medida que avanzaba o tempo, convertéronse en manifestación, marchando polas rúas das cidades. Foi o caso da convocada no Obelisco coruñés, que pola rúa Real se desprazou até a Delegación do Goberno, na Mariña. E, de igual xeito, en Vigo a concentración virou manifestación, atravesando (ironicamente) a rúa do Príncipe dende a que partira até chegar á Porta do Sol. Na cidade olívica a concentración, que comezou unida, acabou dividíndose en dúas, a nacionalista e a non nacionalista. Tamén en Santiago a praza do Toural quedou pequena, e os e as concentradas acabaron por percorrer as rúas da zona vella para acabar na Praza do Obradoiro. En Compostela había outro gran motivo, ademais dos plans sucesorios da Coroa, que alimentou a participación na concentración: a inhabilitación dos sete edís do Goberno municipal por prevaricación. A condena e dimisión dos sete concelleiros populares marcou igualmente o discorrer da mobilización deste luns."}
{"ID": "NOS_41383", "summary": "Dez das persoas mortas procedían de residencias. Seguen en descenso os contaxios", "text": "Até a data as vítimas mortais na Galiza por mor do coronavirus elévanse a 1.086, despois de que as autoridades sanitarias comunicasen na tarde de onte, segunda feira, outros 17 falecementos, dez deles de usuarias e usuarios de residencias de anciáns. Sanidade informou de que, ademais das mortes rexistradas ao longo desta xornada de persoas diagnosticadas con Covid-19, a listaxe de 17 falecementos trasladado onte completa o reconto de fin de semana realizada por Saúde Pública, após comprobar que houbo máis casos de falecidos co virus. Deste modo, das 17 persoas cuxo falecemento se notificou , dez procedían de residencias, oito delas faleceron nos propios centros e outras dúas en hospitais. Contaxios Os contaxios de Covid-19 seguen en descenso tras sumar 409, deles 388 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 489 de onte. Tamén os casos activos baixan a 9.060, medio cento menor que a xornada anterior. Así se desprende dos datos actualizados na mañá desta terza feira na web da Consellería de Sanidade, con cifras até as 18:00 horas de onte, recollidos por Europa Press, nos que se constata que na área sanitaria de Vigo confirmáronse 97 contaxios por PCR nas últimas 24 horas; 67 na de Pontevedra e O Salnés; 63 na da Coruña e Cee; 55 na de Lugo; 41 na de Santiago e Barbanza; 39 na de Ferrol; e 26 na de Ourense. En canto aos casos activos, baixan en cinco do sete áreas sanitarias galegas, mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense igual que este luns e na de Lugo ascenden lixeiramente. As persoas con coronavirus Covid-19 hospitalizadas na Galiza descenderon lixeiramente a 609 -unha menos que este luns-, das cales 106 permanecen en UCI -catro menos-."}
{"ID": "PRAZA_7968", "summary": "Asociar a Rosalía coa palabra catalizador non é un exercicio novo. Lévase pondo en práctica dende hai décadas, dende o século pasado; mesmo dende o pasado milenio.", "text": "Seguimos a ser a mesma xente que existe e resiste adoecida nun contorno que se sabe lexitimamente propio pero aínda así, forzosamente alleo Asociar a Rosalía coa palabra catalizador non é un exercicio novo. Lévase pondo en práctica dende hai décadas, dende o século pasado; mesmo dende o pasado milenio. As pelegrinaxes líricas aos lugares rosalianos do século, do milenio pasado saben resistir o paso do tempo, sendo posíbel unha actualización do seu visionado, salvadas as distancias do coloreado descolorido da cinta e as irregularidades lingüísticas dunha normativa aínda espontánea na clandestinidade. Seguimos a ser a mesma xente que existe e resiste adoecida nun contorno que se sabe lexitimamente propio pero aínda así, forzosamente alleo. Mudan as modas, varían os tecidos, cambian as formas lingüísticas que cremos verdadeiras, a pátina do ritual, o estilo do peiteado e o ademán; o protocolo e a forma da cerimonia, mais a problemática de fondo segue a sernos familiar, demasiado familiar. \"Castellanos de Génova-Madrid, Frankfurt, Bruxelas, Luxemburgo, Pekín, Basilea, Londres, Johannesburgo, Chicago... tratade ben á clase traballadora galega\" Pasaron cento cincuenta anos dende a primeira edición de Cantares Gallegos en Vigo e aquí hoxe, cantamos diferente pero tamén parecido. Mantemos apenas os mesmos amos, parecidos abandonos, similares inxustizas e fomos ampliando as identidades agochadas detrás dos opresores. O número de vítimas segue en aumento. \"Castellanos de Génova-Madrid, Frankfurt, Bruxelas, Luxemburgo, Pekín, Basilea, Londres, Johannesburgo, Chicago... tratade ben á clase traballadora galega\" cando lle fagades as contas nas bolsas, nas entidades de valoración do rating, nos mercados da usura, na expropiación do medio, porque houbo un tempo en que convivimos coa sensación de que existía unha vontade real de polo menos ir encetando o desexo da vontade de comezar a ir querendo subsanar esa débeda eterna. Si, a mesma que deixa en insignificante e irrisoria a cacarexada débeda do sector público que fala no idioma macroeconómico. Un átomo de vontade para renunciar, en palabras de Lois Pereiro, a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. Non se preocupen, xa logo lles organizan unha master class sobre o refinamento da mentira, o control das masas, a manipulación nos medios de comunicación para ir vendo de depurar a técnica. \"Cando van van como rosas, vostedes seguen a amañalo todo cos pagos nos sobres en negro.\" Que pensaría Rosalía se vivise no mes de febreiro do ano 13 do terceiro milenio? Pero imos ao noso. Que pensaría Rosalía se vivise no mes de febreiro do ano 13 do terceiro milenio? Que sentiría ao saber que o artellado actual moi probabelmente a obrigase a substituir a concreción da data por unha expresión temporal de índole económica do estilo \"rexistro activo do primeiro semestre\"? Como se vería afectada a súa lírica sabéndose nun contexto tan extraordinariamente caótico na praxe e produto dun discurso con arelas exemplificantes alicerzado nun cinismo superado polas circunstancias? Iso foi o que decidimos preguntarnos a nós mesmas e ao conxunto da sociedade un grupo de mulleres escritoras Iso foi o que decidimos preguntarnos a nós mesmas e ao conxunto da sociedade un grupo de mulleres escritoras convocadas dende a AELG a través de Rexina Vega, vogal desta asociación en Vigo. O resultado, sendo como era inicialmente un proceso bidireccional, quedou desafortunadamente reducido ao vídeo \"Todas con Rosalía\". Desafortunadamente porque existía unha segunda proposta finalmente truncada por cuestións de calendario e multiplicidade de convocatorias simultáneas consistente nun acto que se sentía máis necesario que reivindicativo, que tamén, na así chamada Cidade da Cultura. Nesta nosa cultura habería que deixar algo do tempo da verbena para o after hour. Certo é que os antencedentes rexistratados nos últimos días non se prevían moi prometedores; está visto que hai xente que resulta cada día máis molesta porque persiste nesa teima estraña de querer traballar con dignidade nun oficio que de tan vello lle leva facendo a crónica á propia humanidade dende que esta se recoñece como tal. As máquinas son case sempre tan dóciles... Por fortuna quedou o rexistro do vídeo para ir botándolle algo ao dente. E arestora entramos no tempo do agradecemento. Agradecer pola parte que me toca ás \"cinco fantásticas\" que se deron en xuntar comigo no MARCO nun deses días de chuvia intensa que todo o complica e cos que a metereoloxía lle fai o acompañamento á melodía da desazón constante dos últimos anos. A Enjamio Castro, ilustrador reconvertido en marionetista grazas ao guión inmisericorde da crise, por atreverse a compartir a súa incríbel Chari nun rexistro diferente. A Pura González e a María Lemos por mimar a serra do Galiñeiro. A Manuel Forcadela pola disponibilidade á hora da gravación ás portas do círculo de empresarios – club financeiro. A Lucía Riveiros, por conseguir facer coincidir un anaco de tarde para rirmos xuntas. Ás amigas coas que subín ao Castro para gozar dun sol de sábado mentres xogabamos a vivir versos actualizados. A Raquel Rei, por darlle forma ao magma. A Xina Vega, por querer formular unha proposta en aberto que deu nun proceso cooperativo moi enriquecedor cando o habitual é aínda repetir unha única formulación dun xeito vertical e excluínte. Que palabra pode condensar a esencia de Rosalía? Iniciación, vento, sonata, dor, exemplo... Eu engadiría conciencia, identidade, resistencia, denuncia. A Cesáreo Sánchez, por escoitar. A todas as que participastes –non sei dicir que vídeo me gusta máis, todos son aguilloadas urxentes– e tamén, por que non, ás que finalmente decidistes non facelo. Por que algún día nos saibamos atopar. Que palabra pode condensar a esencia de Rosalía? Iniciación, vento, sonata, dor, exemplo... Eu engadiría conciencia, identidade, resistencia, denuncia. Amizade. Catalizador."}
{"ID": "PRAZA_10482", "summary": "Este venres pola tarde, a 48 horas de vencer o prazo dado para completar a venda, a multinacional paralizou o proceso ao non confiar nas \"garantías financeiras\" achegadas por Parter. Os traballadores conseguen unha semana máis de tempo para atopar unha solución que garanta o mantemento dos empregos", "text": "Cando quedaban pouco máis de dous días para que expirase o prazo fixado para completar a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés (este domingo), a multinacional norteamericana anunciou a paralización do proceso. Alcoa aduce que o fondo de investimento suízo Parter Capital non achega \"garantías financeiras\" suficientes e deixa no aire a continuidade das dúas factorías e dos case 700 postos de traballo (375 na Coruña e 313 en Avilés). Parter debía ingresar 26,3 millóns de euros antes deste domingo, e o conflito apareceu cando ofreceu achegar unicamente activos non líquidos, é dicir non en diñeiro real. Parter debía ingresar 26,3 millóns de euros antes deste domingo, e o conflito apareceu cando ofreceu achegar unicamente activos non líquidosAlcoa comunicou a súa sorprendente decisión no marco dunha xuntanza en Madrid na que estaban convocados os representantes dos traballadores para ratificar o acordo con Parter, un punto que tamén xerara friccións, pois o persoal rexeitaba asinar o resultado dunhas negociacións nas que non participara. Porén, todo isto fica agora como un problema menor ante a ausencia, despois de meses de procura, dun comprador para as dúas factorías.Os traballadores de Alcoa e o Ministerio de Industria forzaron un aprazamento ata o luns 8 de xullo \"como mínimo\" da execución do ERE e o despedimento colectivo previstos para este domingo. É o novo prazo que ten Alcoa para atopar un novo comprador ou para que Parter presente unha fórmula aceptable para o ingreso do capital solicitado, que podería pasar por algún instrumento bancario que dea soporte a aval ao ofrecido polo fondo suízo. Este luns Alcoa, Parter e o Ministerio de Industria volverán reunirse para explorar unha solución. De non haber acordo para a venda, levaríase a cabo un despedimento colectivo que afectaría a 268 traballadores nas dúas plantas, o 43% do persoal. A multinacional norteamericana di que aínda hai tempo para salvar a situación e asegura que Parter aínda non está descartado. Tamén se volve poñer sobre a mesa a oferta que realizara o grupo alemán Quantum, nun principio interesada unicamente na planta de Avilés e que despois ampliou a súa proposta á da Coruña, e que garantía o mantemento do 100% dos empregos durante dous anos. Quantum sinala que mantén a súa oferta \"con todas as garantías financeiras\" e subliña que conta \"co soporte de entidades internacionais de recoñecido prestixio e do seu propio grupo de compañías dentro do sector do aluminio\".Os traballadores puxeron en dúbida que Alcoa tivera nalgún momento un interese real por vender as plantasOs representantes dos traballadores pasaron de inmediato do estupor á protesta. Criticaron a Alcoa por tomar esta decisión con tan pouco tempo para reconducir a situación e puxeron en dúbida que a empresa tivera nalgún momento un interese real por vender as plantas. Tamén foron moi críticos co Goberno central, ao que botan en cara parte do fracaso dun proceso no que non se exploraron outras vías. Representantes do Ministerio de Industrias incorporáronse de urxencia á xuntanza este venres pola tarde ao coñecer a paralización do proceso.Reaccións políticasO secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, pediulle \"responsabilidade\" a Alcoa, da que dixo que \"non pode xogar\" co futuro dos traballadores da planta coruñesa. Ademais, defendeu o \"compromiso\" do Goberno centala \"a pesar dos atrancos\".Mentres, Galicia en Común reclamou \"exercer a soberanía de Estado\" e paralizar o ERE de Alcoa ata que haxa solución. A deputada Yolanda Díaz, esixiu \"compromiso\" por parte do Ministerio de Industria, \"que onte decatouse de cal era a realidade de Alcoa\", dixo. \"Alcoa non quere vender as plantas para ostentar unha posición monopolística e quere impedir que haxa unha cuota de mercado relevante na produción de aluminio\", dixo Díaz, que remarcou a necesidade de \"exercer como país soberano\" e \"non renunciar á produción de aluminio primario\". \"A inacción do Goberno é clamorosa, poden actuar no prezo da enerxía, precisámolo para defender a industria no noso país\", engadiu.Este venres a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandoulle aos deputados e deputadas elixidas por Galicia que \"condicionen o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez a unha solución de futuro para a factoría da Coruña\", tendo en conta que é o Goberno central \"quen debe dar unha solución para ter un prezo estable e competitivo da electricidade\". \"Non se pode permitir que a multinacional estea chantaxeando os e as traballadoras\", engadiu Pontón.Pouco despois de coñecer as noticias que chegaban dende Madrid, grupos de traballadores cortaron durante horas a autoestrada AG-55 e a estrada AC-552, que unen A Coruña e Arteixo."}
{"ID": "PRAZA_8181", "summary": "Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe unha das cadeiras da RAG. E está disposta a facelo non só avanzando un chanzo máis no seu compromiso persoal coa lingua, senón seguindo a pelexar por demostrar canto vale a Literatura Infantil e Xuvenil do noso país.", "text": "Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe unha das cadeiras da RAG. E está disposta a facelo non só avanzando un chanzo máis no seu compromiso persoal coa lingua, senón seguindo a pelexar por demostrar canto vale a Literatura Infantil e Xuvenil do noso país. Ela é unha das autoras galegas máis recoñecidas, cunha traxectoria que conta máis de cincuenta obras publicadas, con traducións a varias linguas e importantes premios a nivel nacional e internacional. Serás a quinta muller académica na RAG. Cal cres que é o motivo de que sexades tan poucas? A Academia, de certo foi cousa de homes porque a sociedade tamén o foi. Quero crer que as cousas irán mudando pouco a pouco. Se facemos fincapé na desproporción entre o número de mulleres e homes, as cifras falan soas: de trinta membros numerarios, na actualidade, tan só cinco son mulleres, dun total de seis en toda a historia da Academia dende os inicios. A cousa non é como para botar foguetes! Pero creo que hai dende dentro un desexo de que estas cousas muden. Cales serán as túas prioridades de traballo na RAG? Non estou aínda dentro, non sei cal vai ser o meu labor na Academia. Só sei que teñen diferentes seccións nas que traballar, pero non sei onde podo ser máis útil. Sexa onde sexa que estea, tentarei seguir aquel primeiro obxectivo que marcara Manuel Murguía no seu solemne discurso como primeiro Presidente da RAG naquel setembro de 1906: \"O obxectivo principal da Academia é a atención á lingua galega\". Así que, a colaborar co resto de académicas e académicos en tentar conseguir que a defensa da lingua e a cultura estean entre as prioridades dos sucesivos gobernos, da sociedade galega e da propia Academia, por exemplo. \"Non sei se a LIX xoga en Segunda División, como se me ten formulado, ou se se trata de algo aínda máis complexo, e xoga noutra dimensión. Nunha dimensión aínda abondo descoñecida\" Fuches escollida polo que representas na Literatura Infantil e Xuvenil galega que, segundo dixeches, reivindicarás no teu discurso de ingreso. Segue a ser necesario explicar que a LIX non é literatura menor? Vaia... en realidade polo que fun escollida non o sei. En todo caso estou, por suposto moi agradecida porque o tomo coma un recoñecemento á literatura que chamamos Infantil e Xuvenil, á LIX, e mesmo á xente do ensino, que tanto labor leva desenvolvido, e segue a desenvolver, pola normalización da nosa lingua. Neste momento non podo dicir moito máis porque me falta ese necesario pouso da reflexión e a experiencia dende o outro lado. En canto a se creo que é necesario insistir nesta reivindicación da LIX, creo que cada vez un chisco menos, pero mentres, poño por caso, esta pregunta se siga a formular, significa que aínda queda moito por reivindicar. E, por poñer un exemplo, nos 35 anos dos premios da crítica, cando menos, nas bases xa aparece contemplado que a LIX entra, pero na realidade, só en dúas ocasións tiveron a ben premiar unha obra xuvenil (1995 e 2012). Mesmo hai que me ten preguntado se me conformo co prestixio acadado na LIX ou me atrevo a dar o salto. Aceptar ese conformo sería dar por feito que a LIX é inferior, que non chega á categoría absoluta de Literatura. Non sei se a LIX xoga en Segunda División, como tamén se me ten formulado, ou se se trata de algo aínda máis complexo, e xoga noutra dimensión. Nunha dimensión aínda abondo descoñecida, malia os esforzos de parte do profesorado de filoloxía ou maxisterio, dos cambios ao convertela en materia obrigatoria en Infantil. Conste que cada vez négana menos porque se coñece máis. Descobren que Risco, Saramago, Rivas… tamén se mergullaron nela… ou xente como Marilar ou Manuel Lorenzo G. que lle dedican a vida á ambos rexistros. \"Estou desexando ver a cara de Xosé Neira Vilas cando vexa rematado o filme de Querido Tomás. Ademais, el mesmo fai unha colaboración especial actuando nunha escena e faino cunha naturalidade de profesional\" Na actualidade traballas na adaptación ao cinema de Querido Tomás de Neira Vilas, despois da túa experiencia no audiovisual con Dúas Letras. Como vai ese novo proxecto? Xa rematamos a rodaxe e a montaxe, é dicir, os momentos onde me tocou aprender e gozar máis. Agora falta o traballo dos técnicos de son e a música. Ambas cousas moi importantes, tamén. Fáltalle, pois, a roupa que a faga lucir mellor... Refírome á banda sonora, pero iso na non é directamente cousa miña. O certo é que estou desexando ver a cara de Xosé Neira Vilas cando a vexa rematada. Ademais, el mesmo fai unha colaboración especial actuando nunha escena e faino cunha naturalidade de profesional. \"A educación pública é o espello real dunha sociedade e non pode ser vulnerable a intereses económicos. Se na escola comezan a pasar frío, se hai máis alumnos por aula… estamos a dar pasos atrás\" Con todos os anos de experiencia que contas como mestra, como xulgas a situación actual do ensino en Galicia tras os recortes orzamentarios? As circunstancias foran mudando, chegaramos a un ensino con máis oportunidades para todos, para todas. Os fillos dos traballadores tamén puideron ser arquitectos, enxeñeiros, médicos, científicos, economistas, literatos… Un dereito constitucional!! Unha conquista da democracia que se nos está esvaecendo coma fume de cabicha e que non debemos permitir. A educación ten que ser un patrimonio nacional irrenunciable, non podemos deixar que, como tal, nos sexa arrebatado. A educación pública é o espello real dunha sociedade e non pode ser vulnerable a intereses económicos. Se na escola comezan a pasar frío, se hai máis alumnos por aula… estamos a dar pasos atrás. Á educación non se pode quitar para sacar adiante un país, aínda que eu non quixera verme na pel dos gobernantes hoxe, dos gobernantes honrados, que algún, algunha, haberá… \"Pola miña experiencia no ensino, pola oportunidade de visitar outros moitos, sei que non é o castelán o que corre perigo\" E en canto á lingua? De que xeito cres que o decreto do plurilingüismo do actual goberno está a afectar ao seu uso nos nenos e nenas? Este tipo de efectos non se ven da noite para a mañá, pero veranse. Camiñamos en zigzag. Pola miña experiencia no ensino, pola oportunidade de visitar outros moitos, sei que non é o castelán o que corre perigo, o que leva labazadas de diglosia a cotío. Eu tamén o sinto como unha lingua que me pertence, non o rexeito; pero estou tranquila, sei que non corre perigo algún, que máis do 80% dos rapaces cos que me teño relacionado nestes últimos anos (refírome a colexios de toda Galicia, incluído o meu instituto), diríxense de maneira espontaneamente a min en castelán. Por suposto que os respecto, os entendo, é o que maman, pero dáme mágoa que a hipocrisía de moitos, de agora (e de antes) deixe morrer as palabras de noso. Para facer medrar unha lingua hai que a falar. Se dende os poderes se dá exemplo, non fan falta leis que as enfronten. Dende logo as linguas non son culpables. Eu agora xa me xubilei, non estou en contacto directo cos rapaces no día a día, pero sigo a crer na forza do profesorado, na súa preocupación por un ensino plural e responsable, e quero crer que serán capaces de conseguir escribir dereito por ringleiras torcidas... \"Moitas veces, cando dicimos \"isto non o entendería un neno\", ten máis que ver coa nosa preguiza (ou incompetencia) para explicarllo ca coa súa incapacidade emotiva ou intelectual para a reflexión\" Es unha das autoras galegas de LIX máis premiadas. No 1991 recibiches o Premio Merlín por Dúas bágoas por máquina, un libro sobre un can maltratado por unha familia. O maltrato e o abuso de poder están bastante presentes nas túas obras (Ola, estúpido monstro peludo; A pomba e o degolado, nalgún conto de O neno can...), tratados con realismo e tamén crueza. Sempre dis que non hai necesidade de disfrazarlles as cousas aos nenos. Esa convicción é a que te guía á hora de relatar ese tipo de historias? Xa me gustaría ser quen de mostrar o mundo emocional da infancia, a potencia conmovedora dos seus sentimentos! Moitas veces, cando dicimos \"isto non o entendería un neno\", ten máis que ver coa nosa preguiza (ou incompetencia) para explicarllo ca coa súa incapacidade emotiva ou intelectual para a reflexión. Creo que, loxicamente, teñen menos experiencias ca nós, pero que sempre hai maneiras de tratar temas, cos que poder atopar un fío que nos comunique moi en serio, mesmo aínda que lles arrinquemos sorrisos. Non se trata de disfrazar nada, a beleza e a profundidade caben na LIX. Cando lle escoito a algún autor, autora, que escribe unicamente libros para adultos, desvelar o que sinte e como se enfronta a unha historia... non noto que o que expresa se diferencie do que sinto eu mesma, cando escribo un relato que se supón para cativos. O mesmo que non hai por que poñer voz falsete para falarlles, tampouco para escribir para eles. Se probamos a contarlles a un neno A morte do Bieito de Fole, poño por caso, asegúroche que os engaiola, dende idades ben temperás, tanto como pode seducir a un adulto. A mirada dun neno, dunha nena, antes os grandes temas, interésame moito. \"O mesmo que non hai por que poñer voz falsete para falarlles, tampouco para escribir para eles\" En O misterio dos fillos de Lúa, premio Nacional de LIX no 1996, utilizas unha técnica habitual nos teus libros, que é a narración en primeira persoa, poñéndote no lugar do neno ou nena. Isto permíteche, dixeches algunha vez, fuxir da moralina. Pero tampouco hai que ter medo, dis, de que os lectores aprendan algo. Como atopar o equilibrio para que non resulte moralista, pueril...? Botando estas contas... Se eu xa teño uns valores que me foron gravados na pel da alma, por ambiente, educación, lecturas, profesión, soños... non se notarán sen ter que finxir e sentirme atada? A literatura nada sería sen ás, sen liberdade. E unha deontoloxía deberiamos esixírnola sempre en todas as profesións e para calquera idade. Non podemos incitar a un neno ao mal (facelo visible, si) por causa das nosas palabras, pero... a un adulto, si? Pregunto eu... Polo demais, trátase do de sempre: atopar marabillosas historias e contalas ben. A propia LIX, non só galega senón de todo o mundo, foi evolucionando neste sentido. Quero dicir, que a autocensura xa non se leva nos autores e autoras (penso, por exemplo, na forma tan crítica con que Marilar Aleixandre fala da violación en A cabeza de Medusa). Xa non hai preocupación por non ofender aos pais? Nesa historia, ademais, hai unha clara denuncia que Marilar fai de certo tipo de nais e pais aos que lles pesa máis o que dirán ca loitar por rachar con certo tipo de situacións tremendas, como os prexuízos que converten a vítima en verdugo nunha violación ao facer que oculte o pecado coma se fose culpable. Pero ves? Marilar faino con esa porta aberta a esperanza de que esas cousas muden, porque é quen de remexer nas conciencias. Na literatura tamén cabe a denuncia. En relación co anterior, hai temas que se foron incorporando á LIX, e ó resto da literatura, máis tarde, coa propia evolución da sociedade. Falo, por exemplo, da homosexualidade. Segue a haber tabús? Si... aínda que cada pouco menos. Talmente a vida mesma... Ou se se tocan é de maneira moi tímida… \"A imaxinación aliméntase da memoria. Creo que quizais teña máis forza calquera situación dramática, calquera problema social se se achega a lupa ata personaxes concretos que o sofren directamente, daquela é máis efectivo para remover conciencias\" Nos teus libros, céntraste moito en temas que poden ser un reflexo da vida cotiá de calquera neno ou nena: a familia, a amizade... Pero moitas veces aparece, de fondo, un contexto político e/ou social que lle acaba de dar sentido ao relato: o caciquismo, o desempreho.. Por que queda en segundo plano esa dimensión sociopolítica fronte ao individual, familiar...? Atráeme o extraordinario que pode haber nun día calquera, desposuílo da rutina… Incluso Lezama Lima, ese peregrino inmóbil que dixo: \"Aquí estoy en mi sillón, condenado a la quietud, ya peregrino inmóvil para siempre. Mi único carruaje es la imaginación pero no a secas: la mía tiene ojos de lince\" e que por razóns de peso — estaba tan groso que foi apodado El Buda de Trocadero— terminou recluído na súa propia casa, aínda que defendía que \"a verdadera viaxe é apenas un movemento da imaxinación\", en Paradiso, o protagonista (José Cemí) ten asma coma el; aparece unha asistenta que responde á descrición da súa asistenta real, Baldomera… A imaxinación aliméntase da memoria. Creo que quizais teña máis forza calquera situación dramática, calquera problema social se se achega a lupa ata personaxes concretos que o sofren directamente, daquela é máis efectivo para remover conciencias. Tampouco é necesario darlle voltas ao mesmo coma unha nora. Nenos e nenas son máis novos ca nós, pero non menos intelixentes. Non necesitan, nin lles gusta que os empuxen, en todo caso darlles a man. Respecto das relacións familiares, hai varios libros teus que adquiriron especial relevancia. Prohibido casar, papa! foi escollido na lista The White Ravens no 98; como Quen me quere adoptar? no 2006. Varias das túas novelas xiran arredor da vellez e de como esta muda a relación cos nenos e nenas (o avó que enferma...), por exemplo en O estanque dos parrulos pobres, premio Edebé no 95. Que é para ti máis importante salientar sobre os conflitos familiares? Detectalos, remexer conciencias... A literatura tamén é denuncia... A fantasía dáme oportunidade de poder tocar temas duros coma a violencia de xénero, sen ocultar o drama, pero tamén sen traumatizar. En certa medida, en canto contas algo que se instalou antes na túa memoria, xa o fantasías…Pero sobre todo, insisto, a min preocúpame atopar fermosas historias e contalas da maneira máis bonita que poida. Tamén a morte dun ser querido (un familiar ou un animal, moitas veces), está bastante presente, como en Sobrevives ou en Prohibido casar, papá. Se cadra os teus libros axudaron, nese sentido, aos nenos e nenas a afrontar o tema... Tes constatado que fose así, polos teus alumnos por exemplo? Co meu alumnado nunca o comprobei, nunca xamais lles recomendei libros meus, e ben sabe deus, que non foi por falta de ganas de que os lesen, pero como hai outros autores e autoras marabillosos, non hai porque exercer o narcisismo en canto a recomendacións lectoras. Se o fixeron, que sei que si en variadas ocasións, foi pola súa conta. Fóra do meu entorno escolar, si me teñen dito que, poño por caso, O estanque dos parrulos pobres lles serviu de antídoto contra a tristeza pola morte dun avó. Conste que a miña intención cando o escribín só era tentar ser, non só os outros personaxes adultos da historia, senón tamén a nena de seis anos, a protagonista que encara con toda naturalidade a morte dun ser querido. \"Cada una das miñas historias naceu dun momento diferente, dunha forza distinta, dunha emoción nova…, ás veces dun momento de dor, imitando a unha ostra cando lle fan unha incisión e ela remata fabricando unha perla\" Outra das túas inquedanzas é, segundo parece polos teus libros, o respecto pola diversidade (natural e social). As de mosca para Anxo ten que ver con isto, ou se cadra A lagoa das nenas mudas. Cales son, en xeral, os temas que volven a ti unha e outra vez, case sen que o penses? (Os medos dos nenos poderían ser outro exemplo). Eu, aínda que hoxe véndome, pareza mentira, fun nena unha vez... Trátase de observar o mundo con ollos novos cada día.. Conste que non teño una fórmula máxica. Cada una das miñas historias naceu dun momento diferente, dunha forza distinta, dunha emoción nova…, ás veces dun momento de dor, imitando a unha ostra cando lle fan unha incisión e ela remata fabricando unha perla. \"Sempre digo que somos coma o carpinteiro, que para facer unha mesa de madeira precisa a madeira. Se é un bo profesional fará unha mesa forte e bonita, se é un chapuzas faraa feble e ordinaria... pero insisto, en ambos casos precisa a madeira\" Dixeches que é difícil emocionar aos lectores contando algo que non te emociona. Que a clave é escribir do que se sabe. A emoción é, dende logo, un dos piares de Dúas letras, ou de O misterio dos fillos de Lúa. Supoño que a túa propia experiencia, foi un apoio fundamental para escribir estas e moitas outras obras, non si? Non fun a primeira en pensalo, nin en dicilo. Italo Calvino en Los libros de los otros di que unha carga de inmediateza vital non se pode simular para escribir unha novela, de certo non se sente. Por suposto. Eu sempre digo que somos coma o carpinteiro, que para facer unha mesa de madeira precisa a madeira. Se é un bo profesional fará unha mesa forte e bonita, se é un chapuzas faraa feble e ordinaria... pero insisto, en ambos casos precisa a madeira. O que acontece ao meu redor, preocúpame, ocúpame, asústame ou emocióname e inflúe no que escribo. Levas publicados máis de trinta libros, moitas veces máis dun ao ano, sen contar as traducións a seis ou sete linguas. Como traballas? Ademais tes moitos e importantes recoñecementos, como o feito de ter sido nomeada candidata ao Astrid Lindgren dúas veces. Sentes recompensando o teu traballo? Si, síntome moi afortunada en recompensas. Van alá máis de 50 libros, máis os que están editados en volumes colectivos… Pero é porque son moi maior, e algún deles ten poucas páxinas, deses que son, ou intentar ser, coma o salpicón de marisco, con todo o rico, pero sen cascas. A recompensa máis grande é cando atopas con lectores, lectoras emocionados, que fan medrar as historias coa súa ollada de luz. Acusouse á RAG de estar afastada da sociedade, aínda que os últimos presidentes fixeron un esforzo para mudar iso. O posicionamento da RAG respecto do decreto do galego é un exemplo. En xeral, consideras que a RAG debe reorientar a súa actividade dalgún xeito? A Academia terá que ir achegándose a sociedade, e a sociedade á Academia, a lingua pertence aos falantes, e por sorte fóra da Academia tamén hai. Pouco a pouco creo que están facendo esforzos por abrir ventás á esa sociedade. Hai anos, por exemplo, aínda existindo a RAG dende o 1906 (ou as Letras Galegas, despois, dende o 1963, como sabemos), a xente, o pobo non sabía da súa existencia, creo que as cousas están a mudar. Conseguir que o pobo que a fala sinta que a Academia o representa, que vela por coidar, manter e enriquecer a lingua de seu , e que esa lingua non lle sexa allea, é importante."}
{"ID": "NOS_48489", "summary": "A Real Academia Galega (RAG) expresou a súa tristeza polo falecemento de Teixeiro, viúva do protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán.", "text": "Esta segunda feira tívose coñecemento do pasamento de Celia Teixeiro aos 96 anos de idade. A Real Academia Galega (RAG) expresou a súa tristeza polo falecemento de Teixeiro nunha nota de prensa remitida a Nós Diario. Nela manifestan \"o seu pesar polo pasamento de Celia Teixeiro, viúva do protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán\". A RAG celebra o \"compromiso e coherencia\" de Gurriarán e pide á Xunta \"novas vías de colaboración\" De orixe galega, Celia Teixeiro naceu en Cuernavaca (México). Sendo moi pequena, trasladouse á cidade dos seus proxenitores, pero en 1939 a familia volveu establecerse á outra beira de Atlántico. \"Coñeceu Florencio Delgado Gurriarán en Cidade de México, mentres traballaba na zapatería dun tío seu e o escritor e activista cultural se gañaba a vida como representante dunha casa de zapatos\", segundo indica a RAG. Homenaxe a Gurriarán Coincidindo co falecemento de Celia Teixeiro, esta segunda feira inaugurouse na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés a mostra itinerante Compromiso na distancia, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán. A exposición fai a súa terceira parada na Coruña para percorrer a vida e obra do autor con fotografías orixinais do arquivo familiar, en branco e negro modificas con técnicas de coloración dixital, e cun texto central e documentación de Héctor Cajaraville, con pezas baseadas no libro publicado por Xerais Florencio Delgado Gurriarán. Emotiva homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo, a súa aldea natal Após esta parada, a mostra, que poderá verse na Coruña até o 9 de xullo, seguirá a súa itinerancia ao longo do ano por varios centros da Rede de Bibliotecas Públicas da Galiza e dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, concretamente por Chantada, Vigo, Ourense, O Barco de Valdeorras, Lugo, Pontevedra e Celanova."}
{"ID": "NOS_762", "summary": "O colapso obrigou sanitarios e persoal de limpeza a colocar caldeiros de lixo e tirar toallas no chan para tratar de conter a auga que anegaba os espazos.", "text": "Unha das áreas de hospitalización da cuarta planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) viuse afectada polas abundantes precipitacións da madrugada desta cuarta feira. Este es el hospital de Lugo, gestionado y construido por la Xunta del corruPPto PP. pic.twitter.com/npJHsmdmkv— Cadaía $kda (@ocadaia) October 19, 2022 O colapso do teito duns dos corredores obrigou sanitarios e persoal de limpeza a colocar caldeiros de lixo e tirar toallas no chan para tratar de conter a auga que anegaba os espazos. Fontes da área sanitaria de Lugo explicaron a Europa Press que, debido á intensidade das choivas e á gran cantidade de auga que caeu en pouco tempo, unha das arquetas non logrou absorber a choiva rexistrada e producíronse filtracións no corredores en cuestión. Infartar en Lugo, só en horario 'de oficina' As mesmas fontes precisaron que unha das habitacións viuse parcialmente inundada, pero o persoal de mantemento do hospital actuou \"de inmediato\" e a situación \"está xa normalizada\". Ademais, indicaron que non afectou a actividade asistencial da planta. Preguntas no Parlamento galego Após coñecerse o ocorrido, a viceportavoz parlamentaria e deputada do BNG, Olalla Rodil, confirmou que presentará diversas preguntas na Cámara esixindo ao Goberno galego explicacións polo ocorrido no HULA. Sen roupa de cama en todo o HULA \"O persoal viuse obrigado a tirar toallas, sabas e a pór caldeiros do lixo para achicar a auga e isto non é aceptábel no mantemento dunha instalación sanitaria\", aseverou a nacionalista. Para Rodil, o Goberno galego está obrigado a \"dar explicacións\" sobre o colapso do teito deste corredor e aclarar que medidas adoptará para que non suceda de novo."}
{"ID": "NOS_41641", "summary": "O sindicato nacionalista considera \"electoralista\" a proposta da Xunta de incrementar a contía das libranzas para a atención a persoas dependentes. Sinala que esta estratexia responsabiliza as mulleres dos coidados.", "text": "A través do colectivo de xubiladas e pensionistas, a CIG está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para facerlle chegar ao Goberno galego \"o malestar de usuarias do servizo de dependencia\" e a \"necesidade de cambios lexislativos e orzamentarios para cubrir as demandas\" actuais. O sindicato nacionalista ve \"electoralista\" a proposta da Xunta de incrementar as contías das libranzas para atender persoas dependentes e afirma que \"segue responsabilizando as mulleres dos coidados\". Para a CIG deben asumirse como responsabilidade \"de toda a sociedade\" e debe garantirse \"unha atención adecuada a través dunha rede pública de servizos\". Neste sentido, a secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, pon de manifesto que as melloras son \"urxentes\" para que \"todas as persoas dependentes teñan unha atención adecuada a través de servizos públicos e tamén para ir dando pasos na consecución dunha igualdade real entre mulleres e homes, dado que é sobre elas sobre as que recae a inmensa maioría de traballo de coidados e atención que non cobren as administracións públicas\". O DOG publicou hoxe o incremento das partidas destinadas ás chamadas libranzas A reacción da CIG chega no día en que se publica no DOG o incremento das partidas destinadas ás chamadas libranzas, que implican que familiares, na súa inmensa maioría mulleres, se sigan facendo cargo dos coidados a cambio dunha contía económica. Para o sindicato nacionalista a suba das contías implica continuar na senda marcada polo Goberno de Feixoo, a quen acusan de \"desmantelar os servizos sociais públicos, de recortar prestacións e servizos e de financiar con cartos públicos un bo número de entidades ligadas á extrema dereita antiabortista, no marco dunha lei –a de familia– que cousifica a muller e que pretende devolvela ao seu rol tradicional de nai-coidadora do fogar\". As invisíbeis Méndez pon o foco nas mulleres que hoxe son dependentes e precisan atención, \"son desas que traballaron toda a súa vida facendo labores de coidados no fogar e fóra del, invisibilizadas, sen percibir remuneración nin cotizar, labores que nunca foron recoñecidos, nin hoxe o son\". \"Esas mulleres\", indica, \"hoxe cobran pensións miserábeis por estaren condenadas a unha vida de infinitos traballos sen cotización\". Os últimos datos indican que máis de 1.500 persoas das que teñen solicitado o recoñecemento do grao de dependencia seguen agardando por unha resolución, e das máis de 67.000 que si teñen recoñecido o grao e a prestación de servizos, perto de 12.000 seguen sen obtela. Quen se ocupa desas tarefas de atención que se deixan de cubrir pola Administración son novamente mulleres, \"porque ese é o rol que teñen reservado tradicionalmente por esta sociedade patriarcal, porque son as mulleres quen solicitan excedencias para coidar, porque son elas as que sofren os recortes nos servizos públicos e na dotación de cadros de persoal dos mesmos\". En 2017, máis de 29.000 persoas necesitaban e non recibían axuda a domicilio, mentres que superaban as 12.000 as que precisando atención en centro de día, non a estaban a recibir Segundo os datos recollidos polo IGE, en 2017, máis de 29.000 persoas necesitaban e non recibían axuda a domicilio, mentres que superaban as 12.000 as que precisando atención en centro de día, non a estaban a recibir. A este respecto Méndez lembra que o pasado 8 de marzo a Xunta de Galiza, para boicotear a folga de mulleres, impuxo uns servizos mínimos abusivos, mesmo aumentando os previstos para a folga convocada o 8M de 2018, nos centros de atención á dependencia, sabedora de que son maioritariamente mulleres quen traballan nestes centros. As propostas Entre as mudanzas que propón a CIG atópase a redución de prazos dos trámites e resolucións e o aumento e dotación suficiente das equipas de valoración; a priorización da prestación de servizos a través de medios públicos fronte ás libranzas; a eliminación dos copagamentos nas prestacións e o aumento de recursos públicos, desde residencias, até centros de día. Tamén reclama unha mellora do servizo de Axuda no Fogar e das condicións laborais da persoas que o prestan; a reversión do servizo á administración galega, coa súa integración no Consorcio Galego de Servizos de Benestar e Igualdade e o incremento das partidas orzamentarias para o programa Xantar na Casa."}
{"ID": "NOS_55875", "summary": "O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, e o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence ofreceron esta tarde unha conferencia en defensa da Banca Pública Galega no Club Financeiro de Vigo.", "text": "Jorquera Xunta afirmou que a Banca Pública é \"a única fórmula da que dispomos para garantir a galeguidade do aforro galego\". Para el, agora hai dúas opcións: ou Novagaliciabanco acaba sendo absorbida pola Bankia fraudulentamente nacionalizada (\"porque todo o mundo sabe que se trata dunha nacionalización trampolín para a súa total privatización, ruinosa para as cidadás e os cidadáns, porque as perdas de Bankia as pagaremos todos\") ou se transforma nunha banca pública galega. Jorquera afirmou que a Banca Pública \"contribuirá a restaurar o crédito e impulsará a actividade económica, o que resultará na creación de postos de traballo\", e tamén é do interese dos \"pequenos e medianos empresarios, afogados por unha banca privada que non ve negocio na economía produtiva e que destina toda a súa liquidez aos circuítos especulativos\", engadiu. Puxo como exemplo a situación do sector naval privado. \"En Vigo os estaleiros precisan financiamento. A Banca Pública Galega constituiría para eles un extraordinario alivio\". E para os pequenos aforradoras e aforradores, tamén: \"sería unha banca ética, faría imposíbel un corralito como o das preferentes\". A BPG é segundo o candidato \"a única garantía de que Galiza non baixe á Segunda División do sistema financeiro estatal\". \"Catalunya e Euskadi mantéñense en Primeira, con Caixabank e a Kutxabank. Se NGB é absorbida por Bankia, ou caese nas mans de fondos de investimento norteamericanos, Galiza deixaría de existir no mapa financeiro\". \"Non podemos esquecernos de que cando Feijóo chegou ao poder en 2009 Galiza contaba con dúas caixas de aforro e un banco privado. Hoxe non ten nin caixas nin banco\", rematou."}
{"ID": "PRAZA_701", "summary": "A publicación en menos de 24 horas de dúas resolucións favorables ao PP compostelán provoca unha fervenza de declaracións das filas dos conservadores, que dan por recuperada a \"honra\" de Compostela e atacan a \"indignidade\" da oposición.", "text": "A publicación en menos de 24 horas de dúas resolucións xudiciais favorables aos intereses de ata oito antigos membros do goberno local de Santiago que dirixía Gerardo Conde Roa desatou toda unha fervenza declarativa. A dirección do PPdeG esixiu iradamente que o resto de grupos se desculpen ante eles pola súa \"indignidade\" e mesmou suxeriu a existencia de intencións políticas. Mentres, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu por restaurada a \"honra\" xa non dos antigos concelleiros, senón da propia cidade de Santiago. Todo se reduce a un \"hostigamento\" con fins políticos ou mesmo a unha \"carallada\", asegúrase en público e en privado dende as filas dos populares, que rachan coa habitual doutrina de expresar \"respecto\" á Xustiza para situárense como vítimas de resolucións \"inxustas\". Malia á rotundidade das declaracións cabe, de calquera xeito, formularse preguntas a respecto do acontecido. Que fixeron? Os sete edís agora absoltos aprobaron, na sesión da Xunta de Goberno do 30 de maio de 2013, que o Concello de Santiago pagase o avogado de Adrián Varela, daquela concelleiro de Deportes, para defendelo no caso Pokémon, no que fora -e segue- imputado por presuntos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental. Naquela sesión, á que non asistiu quen era alcalde, Ángel Currás, déronlle luz verde á solicitude que formulara o propio Varela, quen aseguraba que a imputación derivaba do exercicio do seu cargo e que non pedía asistencia xurídica xenérica, senón que se abonase a minuta do letrado que el mesmo designara, o ex xuíz decano de Santiago Javier Míguez Poza. Varela acabou renunciando ao pagamento, un mes despois de ser aprobado, cando saíu á luz a través dunha nova do diario El País. Foi un delito? O xuíz Pantín Reigada considera que os edís non tiñan a intención de delinquir ao aprobaren pagar con fondos públicos o avogado de Varela, imputado na Pokémon Segundo a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña, non cabe concluír que os edís tivesen a intención de delinquir. Este ditame revoga a condena que lles foi imposta polo xuíz de primeira instancia a nove anos de inhabilitación por considerar que aprobaron o pagamento sen axustarse aos requisitos que marca a lei e a xurisprudencia. O relator desta sentenza, Ángel Pantín Reigada, admite que había \"base suficiente\" para sentar os concelleiros no banco dos acusados e mesmo considera que o acordo adoptado \"poderá ser, e probablemente é (...) tecnicamente deficiente ou contraditorio coa precisión esixible para o recoñecemento de obrigas a cargo de fondos públicos\", pero di que non cre, no entanto, que os edís \"urdisen\" un plan para facer algo \"clamorosamente ilegal\". Para tomar esta decisión, indica, resulta \"determinante a declaración\" no xuízo do secretario do Concello, quen elaborou un informe sobre os requisitos que habería que cumprir para que o pagamento fose legal. Quen e cando redactou o informe? O informe que sustenta a decisión e ao que o xuíz interpreta que se remite o acordo dos conceleiros foi elaborado por Juan Manuel Salguero, secretario do Concello de Santiago ata a pasada semana, cando o TSXG revogou os nomeamentos decididos en tempos de Conde Roa que, segundo as escoitas do caso Pokémon, tiñan como obxectivo retirar do posto ao anterior secretario porque \"torpedeaba\" as súas decisións. O informe foi elaborado despois de que Adrián Varela redactase a súa petición, aínda que nela se remitía ao documento do secretario, que aínda non existía. A sentenza da Audiencia xustifica que o ex edil de Deportes podía remitirse ao parecer do secretario porque \"verbalmente sabía antes da redacción\" que \"mantiña un criterio favorable\", toda vez que o falaran de maneira \"informal\". O informe indicaba que se lle podería pagar o avogado a Varela se o caso no que era investigado derivaba do exercicio do seu cargo, se non actuara contra os intereses do Concello ou se, finalmente, era exculpado. Quen acusaba e con que argumentos? A denuncia partiu dunha cidadá e foi asumida pola Fiscalía, cuxos argumentos compartiron catro xuíces A denuncia contra os concelleiros partiu dunha veciña de Santiago, Doris Sánchez, que se manifestou indignada coa decisión de pagarlle o avogado a un implicado nun caso de presunta corrupción. Tras recibir a denuncia a Fiscalía decidiu querelarse contra os edís e a xuíza de instrución imputounos por considerar que non velaran polos intereses municipais. Os edís, argumentaba, coñecían que Varela estaba imputado nun caso de presunta corrupción, a operación Pokémon, e ademais aprobaron o gasto sen establecer ningún límite. A instrutora deixou a un paso do xuízo oral e estes tentaron evitalo mediante un recurso que foi tombado pola Audiencia Provincial, que nun auto de maio de 2014 avalado por tres maxistrados considerou probable que o gasto \"se asumira de forma incondicionada\", \"sen suxeción ás esixencias que derivan da lei e da xurisprudencia\"-. Á opinión da Fiscalía e destes catro xuíces sumouse a dun quinto, o que se encargou do xuízo en primeira instancia, que asumiu os argumentos do Ministerio Público e na súa sentenza de xuño de 2014 sinalou que os edís adoptaran \"de forma incondicionada o acordo asumindo un gasto a cago do Concello\" e \"prescindindo en todo momento das esixencias normativas\", o que ao seu xuízo encaixaba dentro do delito de prevaricación. Dimitiron por iniciativa do PP ou por obriga? Tras a condena en primeira instancia Alberto Núñez Feijóo asegurou que os sete edís deixaron os seus cargos porque na dirección do PP se considerou \"oportuno, de forma inmediata, proceder á dimisión irrevogable de todos eses concelleiros\". \"Esa é a decisión que corresponde\" porque \"era o compromiso do partido\", explicou. Realmente tiveron que deixar os seus cargos porque o desenvolvemento da lei de partidos aprobado en 2011 converteu en \"inelixibles\" as persoas condenadas \"por sentenza, aínda que non sexa firme\", por delitos contra a Administración pública se na sentenza se establece \"a pena de inhabilitación\", como foi neste caso. Tras estas dimisións Ángel Currás fiou un equipo de persoas non electas para cubrir as baixas no que figuraban nomes como o do ex árbitro de fútbol e ex edil do PP na Coruña Raúl García de Loza. Finalmente Feijóo forzou a marcha de Currás e a chegada á Alcaldía de Agustín Hernández, que formou o seu propio equipo de non electos. Foi o único problema coa xustiza do goberno municipal de Compostela? Os dous anteriores alcaldes seguen imputados no caso Pokémon Non. O primeiro alcalde do mandato, Gerardo Conde Roa, viuse abocado á dimisión nove meses despois de acceder ao cargo pola fraude fiscal na que incorreu dende a súa empresa construtora e pola que finalmente foi condenado. Conde Roa segue imputado no caso Pokémon igual que o ex edil ao que impuxo como o seu substituto na Alcaldía, Ángel Currás. Tamén seguen incursos no caso que instrúe a xuíza Pilar de Lara o ex responsable de Tráfico, Albino Vázquez, que dimitiu tras ser detido en 2012, o devandito Adrián Varela e a ex concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, que deixou o cargo tras a inhabilitación dos edís agora absoltos. Asemade, o ex concelleiro Juan de la Fuente, un dos que agora é exonerado da condena por prevaricación, foi condenado o pasado febreiro por falsificar facturas para xustificar axudas veciñais e a responsable de Turismo, Reyes Leis, foi imputada no mesmo mes por, segundo deduce a xuíza da Pokémon, procurar que se lle retirase unha multa da ORA. Ten relación co caso de Paula Prado? Non. Aínda que os dous ditames estiveron separados por menos de vinte e catro horas e o PP reaccionou conxuntamente a ambos o certo é que a única relación entre ambos casos é que parten da Operación Pokémon, toda vez que Adrián Varela pedía que se lle pagase o avogado para defendeser nese caso. No que atinxe a Paula Prado a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que as escoitas telefónicas que revelan o suposto \"inchado\" dunha factura e os presuntos enchufes que Vixilancia Aduaneira lle atribúe á deputada na súa etapa no Concello de Santiago non son motivo dabondo para considerar que cometeu un delito. O maxistrado asumiu estes argumentos e agora a sala correspondente ten que decidir se pecha o caso definitivamente."}
{"ID": "PRAZA_13385", "summary": "O presidente do Goberno resta importancia ao informe do Fondo, que lle pediu que incrementase \"xa\" o IVE. \"Hai problemas, pero está todo ordenado\", di o xefe do Executivo, que cre que España \"sairá ben e reforzada\" da crise económica.", "text": "Rajoy insiste no optimismo malia os paus recibidos desde o FMI. O presidente do Goberno español, preguntado polos deberes impostos polo Fondo Monetario Internacional, recoñeceu que \"hai problemas\" pero insistiu en que está \"todo ordenado\" e negou que vaia subir o IVE, tal e como lle recomendou a institución. Durante a Unión Interparlamentaria do Partido Popular en Donosti, o xefe do Executivo chegou a asegurar fóra de micrófono que, polo momento, non vai cumprir as ordes da institución que preside Christine Lagarde, que lle pide recortar os soldos dos funcionarios, aumentar \"xa\" o IVE e os impostos especiais temporalmente, eliminar a dedución de compra de vivenda e acelerar as privatizacións. De feito, quitoulle importancia a un informe que ve normal e insistiu en non elevar os impostos. Rajoy di ter \"todo ordenado\" e asegura que non subirá o IVE malia os deberes impostos polo FMI \"Desta sairemos, sairemos ben e sairemos reforzados\", asegurou Mariano Rajoy, que intentou cambiar o rumbo ao dicir que \"o prioritario\" son \"as pensións, a sanidade e a educación\", malia insistir sempre en cumprir cos obxectivos de déficit e no arranxo da crise financeira. \"A decisións do pasado sábado (polo rescate bancario) deberían tranquilizar a todos, porque é un paso para a volta á normalidade na concesión de crédito\", manifestou. \"Fálase moito da prima e dos bonos, pero o importante é que teñamos claro o obxectivo: hai moita xente que o está pasando mal e o propósito é darlle a volta a esta situación\", aclarou. \"España sae pronto da crise se non gasta o que non ten\", di \"España sae seguro e pronto\" da actual crise se non gasta \"o que non ten\" e se acometen as reformas necearias para \"facer a economía máis flexible e competitiva\", insistiu o presidente do Goberno, que volveu defender o rescata bancario. \"O país precisa bancos solventes que non xeren dúbida ningunha e sobre todo que dean crédito á xente poruqe sen crédito é imposible que a economía se recupere\", maniefstou. Para Rajoy, o plan de axudas de Europa ao sistema financeiro español é \"dun importe máximo de 100.000 millóns\" que terán que \"devolver as caixas e os bancos, non os contribuíntes\". \"Permitirá que xa crédito en España para pequenas e medianas empresas\", engadiu. Ademais, Rajoy móstrase \"convencido\" de que Grecia \"cumprirá os obxectivos e seguirá no euro\". \"Esa será unha extraordinaria noticia para España e para o conxunto dos europeos\", insistiu. HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "PRAZA_19311", "summary": "Cómpre transferir á Xunta, por nidias razóns de economía e operatividade, todos os kms de estradas, que absurdamente aínda fican na xestión dun lonxano, incompetente e inoperante Ministerio de Fomento.", "text": "Hai dúas competencias que son fulcrais no artellamento do autogoberno galego, porque resolverían moitos problemas e mellorarían o noso benestar: a competencia sobre a AP-9 (a autoestrada do Atlántico) e máis a xestión do tránsito nas nosas vías interurbanas, hoxe nas mans da DGT estatal. A Garda Civil de Tráfico impón 147 multas por 1.000 habitantes no noso país, mentres que a media nos outros 13 territorios que xestiona (todos menos Navarra, Euskadi e Catalunya, nos que teñen transferidas as competencias e nos que actúa cadansúa policía autonómica) é de 85. É dicir, poñen 170.000 multas máis. Un lote de cartos que perdemos os galegos. Porque Galicia ten unha poboación espallada que precisa moito máis do transporte privado, tendo en conta a nosa carencia de servizos ferroviarios de proximidade. No 2008 o vicepresidente Anxo Quintana (BNG) foi quen de artellar unha coalición nacional unánime co PP e PSOE no Parlamento de Galicia para acadar a transferencia das competencias de tránsito. En setembro do 2010 a pulsión unionista de Pepe Blanco, consentida polo ZP e pola abstención do PP, rexeitaba no Congreso de Madrid a proposición galega, coa indigna abstención do PP. Pedro Puy (PPdeG) e Xaquín F. Leiceaga (PSOE) non podían aturar a vergoña. Precisamos dun sistema de regulación do tránsito que mire cara a nosa seguranza vial e non á recadación da DXT e do Goberno do Estado. E, tamén, dunha xestión galega da AP-9, orientada a liberalizar a peaxe na vía máis importante da nosa nación. Para máis, o normal sería, ao tempo, transferirmos a xestión do mantemento das estradas estatais. Cómpre transferir á Xunta, por nidias razóns de economía e operatividade, todos os kms de estradas, que absurdamente aínda fican na xestión dun lonxano, incompetente e inoperante Ministerio de Fomento. Velaí a necesidade desta transferencia. E para xestionármola contamos coa mellor policía territorial de Tránsito, os gardas civís, pero a estrutura xerárquica e militar da Garda Civil faina impracticábel para esta función. Porén, as bases legais do Estatuto e da Lei de Policía galega fan posíbel a xestión galega das estradas. Claro é que esta legalidade sería unha realidade se o presidente Feijóo e o vice Rueda actuaran na defensa dos intereses galegos e non desenvolveran a meritoriaxe unionista que desenvolven día a día."}
{"ID": "NOS_19286", "summary": "A galega responde despois de 12 meses sen competir e xa olla cara os Xogos Olímpicos de Tokio.", "text": "Doce meses sen competir e sen estar no seu mellor momento de forma física e aínda así Ana Peleteiro conseguiu traer a prata do triple salto do campionato de Europa que tivo lugar esta fin de semana en Torun, Polonia. A triplista galega chegaba a Torun coa terceira mellor marca das participantes, 14,21 metros, lonxe das prestacións da grega Paraskevi Papachristou, que o 17 de febreiro pasado, nesta mesma pista, executara o mellor salto mundial do ano conseguindo chegar aos 14,60 metros. Peleteiro defendía o título conseguido en 2019 en Glasgow cando bateu na final europea o récord do Estado español cun triple salto de 14,73 metros. Desta vez foi no último intento tras comezar con 13,98 e facer dous nulos. Por diante tiña á líder absoluta, a portuguesa Patricia Mamona, que saltara na súa terceira tentativa, 14,53 metros. En segundo lugar, tamén por diante, estaba a alemá Neele Eckhardt 14,52 metros, empatada coa terceira mais cun mellor segundo. A de Ribeira realizou un cuarto salto de 14,34 metros, que lle permitiu situarse cuarta durante uns minutos, e un quinto de 14,19. Mais co podio aparentemente decidido Peleteiro encarou o foso por última vez para conseguir 14,52 metros, o que supoñía prata Este é o cuarto mellor salto en competición da súa carreira, tras os 14,73 de Glasgow (2019), 14,59 de París (2019) e os 14.55 de Xetafe (2018)."}
{"ID": "NOS_46435", "summary": "O candidato do BNG visitou a sede da Real Academia Galega, onde acusou a Feijóo de poñer o inglés por diante da lingua propia de Galiza.", "text": "O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, visitou onte a sede da Real Academia Galega, na rúa Tabernas da Coruña, onde foi recibido polo seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, o secretario, Xosé Luís Axeitos e o tesoureiro, Manuel González. Alí, o candidato do Bloque asegurou que \"para o BNG, o galego é o primeiro fronte ao 'first English' do PP\". \"Para un país ter unha lingua e cultura propias é un elemento imprescindíbel para facer posíbel o progreso social e o desenvolvemento económico. En todos os países avanzados a cultura ten un peso importante na súa economía e é un factor de creación de riqueza e emprego. Mais fronte ao potencial cultural galego, Feijóo empezou a lexislatura cun decreto que atacaba a lingua\", afirmou Jorquera, acompañado por Bieito Lobeira, Montse Castro e Xosé Manuel Carril. \"Unha institución básica no noso país e na defensa, promoción e coñecemento do noso idioma e da nosa cultura como a RAG está sendo vítima dunha política de brutais recortes, como lle está a ocorrer ao apoio e creación á industria cultural galega, que o PP quere converter en algo marxinal\", engadiu o candidato nacionalista, que lembrou tamén que \"a partir do 21 de outubro, cando se produza ese cambio real polo que vai apostar a sociedade galega, a liña que cómpre seguir será a de converter en estratéxico o apoio e potenciación do noso idioma e a nosa cultura\". \"No campo idiomático para asegurar a igualdade real entre galego e castelán e darlle o apoio que merece a RAG e impulsar todo o traballo de creación, divulgación e difusión cultural en galego e impulsar unha potente industria\", rematou Jorquera."}
{"ID": "NOS_51627", "summary": "A Federación afirma que candidaturas que terían incorrido nas mesmas circunstancias que anularon a da Fruga \"son finalmente aprobadas polo Consello Regulador\".", "text": "A Federación Rural Galega denuncia a anulación da súa candidatura ás eleccións do Consello regulador da agricultura ecolóxica (Craega) embora ter presentado esta \"en tempo e forma\". A exclusión dos censos electorais dos e das produtoras que comercializan directamente as súas producións, indica nun comunicado esta organización, estaría no albo desta anulación. Mais, sempre segundo a Fruga, esa circunstancia tería tería afectado tamén outra candidatura. Ambas as dúas presentaron un recurso solicitando a aprobación da súa lista, recurso que só tivo efecto para unha das candidaturas, non para a Fruga. \"Esta dupla vara de medir evidencia a clara predisposición desde o primeiro momento de evitar a nosa concorrencia e voltar a repetir un Consello de \"caladiños/as\" a semellanza dos anteriores\". Fruga explica que moitos dos inscritos neste Consello souberon das eleccións polas denuncias públicas realizadas por esta organización. \"Desde o Craega non se fixo o mais mínimo esforzo por publicitar o proceso\". Desde o sector de produtores e produtoras ecolóxicas integrados na Fruga avanzan que van seguir a reclamar un Consello Regulador \"que defenda os intereses dos labregos e labregas fronte a industria e a grande distribución, que pouco a pouco e con a complicidade das formacións pactistas se están a facer donas dun Consello cada vez mais alonxado da actividade agraria e quen a exercemos\"."}
{"ID": "NOS_26944", "summary": "Na Galiza a media é de 1.057 euros, unha contía só superior á de Estremadura (1.040) e moi afastada da de Euskadi (1.532).", "text": "Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), correspondentes ao pasado mes de marzo, a Galiza ten as pensións —agrupando as diferentes prestacións por incapacidade, xubilación, etc.— máis baixas de todo o Estado español, cunha contía media de 926,44 euros mensuais, moi lonxe de Euskadi, que lidera a táboa con 1.347,16 euros. Mais a situación agrávase cando falamos da pensión media por xubilación, que na Galiza é de 1.057,67 euros por mes, unha cifra só superior á de Estremadura (1.040,2) e afastada, novamente, de Euskadi (1.532,65). Porén, na Galiza obsérvase unha importante fenda entre os territorios atlánticos da Coruña (1.116,41 euros/mes) e Pontevedra (1.114,75) e Lugo e Ourense, que son os únicos de todo o Estado que non alcanzan os 1.000 euros mensuais de prestación por xubilación. Deste modo, en Lugo a pensión media para as persoas xubiladas é de 941,39 euros, mentres en Ourense é aínda inferior: 885,18. No extremo oposto está Bizkaia (1.563,45 euros/mes). No conxunto do Estado español, segundo os datos da Seguridade Social, a prestación media por xubilación é de 1.250,37 euros por mes. Centos de xubilados protestan contra a reforma das pensións, que soben 2,5% fronte á repunta de 6,5% do IPC Segundo as mesmas estatísticas de marzo de 2022, na Galiza hai un total de 768.704 persoas pensionistas, das que 70.902 reciben a prestación por incapacidade permanente; 482.602, por xubilación; 185.058, por viuvidade; 23.373, por orfandade, e 6.679 en favor de familiares. No que atinxe ás persoas autónomas do país, cómpre lembrar que reciben a prestación por xubilación máis baixa do Estado: 651,87 euros mensuais, case 200 euros menos que a media estatal."}
{"ID": "NOS_17272", "summary": "Varios colectivos da comarcan alertan deste tipo de accións 'homófobas'.", "text": "Salvaterra e Mos colocaban, a finais do pasado mes, cadanseu banco coas cores do arco da vella, co gallo do Día do Orgullo LGTBIQ+ . En Salvaterra, colocábase na Praza do Concello e coa finalidade de \"dar visibilidade\" á loita polos dereitos destes colectivos. Apenas uns días despois da inauguración do banco, este foi cuberto con pintadas de 'Gays no', o que motivou críticas e denuncias por parte de diferentes colectivos contra esta acción. SCD Condado, BNG de Salvaterra, Avante LGBT.. son algunhas desas organizacións Nas redes sociais lembraban que non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello da comarca do Condado. \"Chove sobre mollado en Salvaterra de Miño. En 2019 queimaron a bandeira do Orgullo pendurada no Concello e agora isto. A impunidade provoca monstros. E os monstros, cando lles cadre, poden ser violentos\", escribía @xico_de_nelhe Chove sobre mollado en Salvaterra de Miño. En 2019 queimaron a bandeira do Orgullo pendurada no Concello e agora isto. A impunidade provoca monstros. E os monstros, cando lles cadre, poden ser violentos. https://t.co/553ZIKT3X2— Fran Rei García 🏳️🌈📣🎗️ (@xico_de_nelhe) July 8, 2021 Un de cada catro delitos de odio na Galiza está motivado pola orientación ou identidade sexual da vítima. Máis de 400 delitos de odio foron rexistrados na Galiza entre 2013 e 2019 -último ano do que se publicaron rexistros-. Deles, 124 foron pola orientación ou identidade sexual da vítima. Nese mesmo período rexistráronse 80 delitos de odio por racismo e xenofobia, o que supón un de cada cinco do total."}
{"ID": "NOS_54470", "summary": "Tino Fernández afonda no cisma no deportivismo ao secundar a destitución de Lendoiro como embaixador da Liga de Fútbol Profesional.", "text": "Un total de 21 agrupacións de hinchas de todo o Estado asinan conxuntamente un comunicado de condena do \"asasinato\" de Jimmy. Afirman que \"non somos delincuentes\", senón \"seareiros apaixonados\". Mentres, \"Non somos delincuentes. Somos seareiros apaixonados que, embora as nosas rivalidades, partillamos e mostramos unha mesma mentalidade, dentro da cal non caben feitos como este [en alusión ao crime de Madrid]\", lese nun comunicado que leva a asinatura dos riazor blues e dos celtarras, dúas agrupacións historicamente enfrentadas. Asínano tamén claques de equipas de Primeira División como Biris Norte (Sevilla), Herri Norte Taldea (Athletic Club) ou Bukaneros (Rayo Vallecano), ben como agrupacións de clubes de Segunda División. O comunicado está pendurado no blogue dos blues, curiosamente na versión catalá. \"Ningunha rivalidade pode xustificar un asasinato\", din estas claques, quen declaran o seu \"menosprezo máis absoluto polos asasinos de Jimmy\". \"Entendemos o ocorrido como un asasinato e é por iso que o condenamos e repudiamos\". Os hinchas exixen aos meios de comunicación que \"respeiten a dor da familia e amigos de Jimmy nestes duros momentos\". Fractura no deportivismo O comunicado chega nun momento en que a fractura no seo do deportivismo faise cada vez máis evidente. Xa non é só que a directiva da federación de peñas demita por discrepancias cos rectores do clube, senón que o presidente do Deportivo, segundo avanza La Voz de Galicia, torna público o seu apoio á Liga de Fútbol Profesional por ter destituído a Lendoiro após o ex presidente branco-azul ter asistido ao sepelio de Jimmy. \"Comparto plenamente a decisión da LFP\", di Tino Fernández sobre a destitución de Lendoiro \"Comparto plenamente a decisión de Tebas [presidente da LFP, de coñecidas filias ultradereitistas]. Paréceme un acerto porque estamos nun momento delicadísimo\", dixo o presidente do Deportivo nunha entrevista en Vtelevisión cuxos titulares La Voz de Galicia adianta esta sexta feira. Tino Fernández concede que os sepelios son \"algo privado\", mais alega que \"Lendoiro foi fotografado con persoas de grupos ultras\" e que \"non mediu que ten un cargo co que está representando o fútbol español e que o fútbol español lle está dicendo non á violencia\". Medidas contra a violencia Por súa parte, a comisión mixta formada polo Consello Superior de Deportes, a Liga de Fútbol Profesional e a Federación España de Fútbol reuníronse esta quinta feira para analisar a situación criada após os confrontos de Madrid que resultaron na morte do blues Jimmy a mans de elementos neonazis do Frente Atlético. Entre outros acordos, resolveron que aqueles clubes que teñan \"infraccións relevantes\" poderían mesmo perder a categoría. Condutas menos graves resultarían na perda de pontos ou no encerramento dos estadios. Asemade, acordaron instalar tornos de leitura datilar e facial na entrada dos estadios e impulsar un manual do seareiro e un código ético para os meios."}
{"ID": "PRAZA_15758", "summary": "Acerga decide en asemblea volver ao mar e levantar o campamento que mantiña ante San Caetano, aínda que seguirá reivindicando unha \"repartición xusta\". Ve na última oferta da Xunta unha \"pequena vitoria\" pero advirte da situación económica \"crítica\" de mariñeiros e armadores", "text": "O cerco volve faenar. A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), colectivo maioritario do sector e contrario ao actual sistema de cotas, decidiu este luns en asemblea poñer fin ao amarre da frota e volver saír ao mar. Será o vindeiro luns 25 de xaneiro cando os barcos volvan ao traballo, forzados tamén polas necesidades económicas da maioría dos armadores e mariñeiros, así como de moitos outros traballadores indirectos do sector, e logo de varios meses de paro e de mobilizacións reclamando unha repartición xusta de cotas. Os mariñeiros do cerco volverán faenar o luns 25 e levantarán o campamento ante San Caetano un día antes Esa foi a decisión que tomou en asemblea Acerga tras unha votación non unánime na que tamén se acordou que un día antes de volver faenar -o día 24- se poña fin ao campamento que desde hai máis de tres meses se mantiña fronte á sede da Xunta en San Caetano. A decisión non implica que se deixen as mobilizacións, xa que desde a asociación de armadores insisten en que seguirán reclamando unha repartición xusto de cotas, liñal, por barco e tripulante e sen que as capturas históricas sexan o principal criterio. Malia non estaren conformes nin confiar nunha medida que os satisfaga polo momento, Acerga asegura que a oferta da Consellería do Mar de establecer un mínimo de 10.000 quilos para os barcos máis pequenos que permita ir incrementando a cota segundo as toneladas de arqueo (GTs) de cada embarcación é un primeiro paso para intentar lograr máis adiante un acordo máis favorable para a inmensa maioría do sector do cerco en Galicia. O sector recoñece \"unha pequena vitoria\" a nova oferta da Xunta pero aclaran que \"a situación de moitos armadores é crítica\" \"Logramos unha pequena vitoria porque a Xunta recoñeceu que algo falla cando non se lle concede aos barcos cota para pescar e se mantén este sistema, pero tampouco se trata de gañar unha guerra para acabar todos arruinados\", explican desde Acerga. Así, Andrés García, un dos voceiros, aclara que \"non se pode deixar de traballar máis tempo\", xa que, como explica, \"a situación de moitos armadores é crítica\", así como a de moitos mariñeiros, redeiroa e de traballadores que viven tamén indirectamente do sector. Os preto de 120 barcos cerqueiros da Asociación recoñecen que a proposta da Consellería do Mar é \"unha mellora\" e un pequeno \"triunfo\". Unha batalla gañada nunha guerra que continuarán, tamén pola vía xudicial recorrendo as últimas ordes do Ministerio, e reivindicando unha repartición \"máis xusta\", que teña en conta o número de tripulantes e non as capturas históricas. Desde o sector advírtese que debe ser a presión dos mariñeiros, pero tamén dos concellos -nomeadamente daqueles onde o cerco é fundamental-, da oposición política ou dos sindicatos a que debe continuar para lograr unha distribución equilibrada de cotas. \"Ata que se regule a repartición por buque non imos parar; non podemos seguir sen traballar pero seguiremos pedindo o xusto\" Ademais, desde Acerga confían en que o novo goberno que se forme no Estado, ben sexa nas vindeiras semanas ou logo dunhas novas eleccións, sexa máis comprensivo que o actual e acepte as súas reclamacións, polas que levan acampados tres meses ante a sede do Executivo galego. Alí seguirán ata que o vindeiro 24 de domingo abandonen as tendas de campaña, nun levantamento no que se prevén importantes mostras de apoio. 3 millóns en perdas \"Ata que se regule esa repartición por buque non imos parar. Que ninguén pense que imos deter as nosas reclamacións porque non é así; o que non podemos é seguir sen traballar, pero continuaremos reivindicando o xusto\", aseguran desde Acerga, que conseguiu un forte apoio social e que a semana pasada levou a cabo varios peches en varias sedes de Concellos de Galicia. A loita das mulleres, o apoio de varios dos alcaldes das localidades máis ameazadas polo sistema de cotas e unha acampada que soportou os peores días de temporal serviron tamén para visualizar unha loita na que prometen seguir, aínda que xa desde o mar. Faron pescando xurelo e xarda, un labor que manteñen que está en perigo se a Xunta non presiona para que o Estado modifique unha repartición de cotas que deixa a inmensa maioría do sector en Galicia sen posibilidades de futuro. Acerga calcula que as perdas durante os tres meses de paro ascenden aos 3 millóns de euros Acerga cre que non hai vontade política ningunha de resolver o conflito e que, en realidade, ten interese por desmantelar a frota de barcos para favorecer outro tipo de explotacións, tal e como lle asegurou unha representación do colectivo na súa xuntanza cos deputados de En Marea, David Bruzos e Yolanda Díaz. Cuestionan, ademais, que a frota galega, no canto de ter unha xestión única, estea dividida polo medio en dúas zonas (a 9A e a 8C) con intereses contrapostos e sen posibilidade de mercar ou vender barcos dunha pesquería para outra. Os máis afectados son, segundo Acerga, familias novas con barcos pequenos que con este sistema de reparto posto en marcha en 2013 quedan abocadas á ruína. Os mariñeiros de Acerga elevan a 3 millóns de euros as perdas que tiveron nestres tres meses parados. \"O que necesitamos de vós é que pelexedes para que se anule a repartición individual por buque ou que como mínimo se faga un reparto autonómico\", pedíronlles os voceiros da Asociación aos parlamentarios de En Marea. De momento, acordaron pescar un tope máximo de 600 caixas por barco e día para non prexudicar os armadores máis pequenos e solicitarán desembarcos máximos de 9.900 quilos por barco."}
{"ID": "NOS_23659", "summary": "Ana Pontón fixo públicas algunhas das principais liñas do programa electoral con que @s nacionalistas concorrerán ao 21-O.", "text": "Após poren fin á pre-campaña electoral cunha Convención nacional, @s candidat@s do BNG retomaron a súa axenda. Esta segunda feira, a candidata compostelá, Ana Pontón, fixo públicas algunha das alternativas políticas con que a organización frontista se presenta ás vindeiras eleccións galegas. Acompañada polo voceiro municipal, Rubén Cela, a que durante parte desta lexislatura foi voceira parlamentar, explicou ás e aos xornalistas nun almorzo informativo, cales son os principais eixos arredor dos cales xiran as súas propostas electorais. Segundo Pontón, \"Galiza está hoxe nunha situación de emerxencia nacional\" após tres anos e medio de goberno Feijóo, en que \"só aumentaron o desemprego e a débeda\", aseverou a candidata nacionalista. Ana Pontón acusou a Feijóo de facer política de \"mentiras e manipulacións\" Ana Pontón, acusou o até o de agora presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, de ter desenvolvido unha política chea de \"mentiras e manipulacións\" como amosaron os contratos coa petroleira mexicana Pemex. Para @s nacionalistas, os últimos acontecementos demostraron que \"os estaleiros galegos terán que se presentar a un concurso mais non existe constrato ningún\", como se afanaba en escenificar Alberto Núñez Feijóo durante a pre-campaña; actitude que lle valeu máis unha reprimenda da xunta electoral de Galiza. Perante esta realidade, Ana Pontón chamou a cidadanía galega a \"se rebelar\" contra a realidade política actual cuxa única saída, dixo, pasa porque os \"poderes públicos teñan maior capacidade de intervención\". Neste sentido, a nacionalista debullou os principais alicerces en que se asenta o programa electoral do BNG e que Pontón sintetizou en catro puntos fundamentais. Banca pública galega. A candidata número dous pola Coruña puxo de manifesto a cantidade de diñeiro que até o de agora foi outorgada ás entidades financeiras --115 millóns de euros-- á que se lle sumarán os 60 millóns de euros que estes días veu de anunciar o goberno español. Segundo Pontón \"é preciso reorientar as políticas bancarias para que esta se poña ao servizo da economía\". A nacionalista, criticou con dureza as inxentes cantidades de diñeiro público que foron e son entregadas á banca \"mentres se nos di que non hai diñeiro para a sanidade, os servizos sociais ou a educación\". Así pois, para o BNG, avanzou, \"é fundamental unha banca pública galega con control democrático\" que dea financiamento aos sectores produtivos galegos. Novo modelo de financiamento. \"Galiza ten dereito a xestionar os seus recursos e recaudar os seus tributos\", Ana Pontón asegurou que para saír da crise é fundamental que a sociedade galega se dote dun sistema impositivo propio \"e xusto\", que redistribúa a riqueza e permita soster os servizos sociais en tempos de crise. Neste sentido, a nacionalista fxo fincapé nunha das tradicionais propostas do BNG, a aplicación dunha reforma fiscal integral para \"que pague máis quen máis teñen\". Defensa dos servizos públicos. A candidata nacionalista arengou a \"frear a ofensiva contra os servizos públicos\" que representan as políticas neoliberais e asegurou que, \"en tempos de crise hai que investir máis en axudas sociais, sanidade ou educación\", co obxectivo de paliar os efectos da crise. Soberanía para Galiza. Por último, Ana Pontón defendeu o dereito de Galiza a decidir como única saída á crise económica pois aseverou, \"queren que este país volva a producir emigrantes\". En resposta as xornalistas, a nacionalista asegurou que o BNG \"reclamamos o dereito dos pobos a decidiren\" mais apuntou que \"haberá que ir vendo cales son os pasos a tomar\". Aliás, a candidata Ana Pontón, asegurou que o goberno español está a preparar máis recortes \"que terán lugar despois das eleccións en Galiza, Euskadi e Catalunya\" e engadiu \"as políticas do PP só provocan máis crise e máis desemprego\"."}
{"ID": "NOS_56915", "summary": "Bagdad ve \"inaceptábel\" o despregue no Kurdistán, que inclúe unha ampla campaña de ataques aéreos con avións, helicópteros e aparellos non tripulados, así como unha incursión terrestre de tropas de comandos.", "text": "A Presidencia de Iraq cualificou nesta terza feira de \"ameaza á seguridade nacional\" do país a ofensiva lanzada o domingo por Turquía contra o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) na rexión semiautónoma do Kurdistán iraquí, antes de agregar que supón ademais \"unha violación da soberanía\" iraquí. Turquía anuncia operación militar contra o Partido dos Traballadores de Kurdistán Así, resaltou nun comunicado que \"a repetición das operacións militares turcas dentro das fronteiras de Iraq\" sen nin gún tipo de \"coordinación co Goberno federal\" iraquí e a pesar dos \"chamamentos previos para que se deteñan e teñan lugar conversacións\", constitúe un feito \"inaceptábel\". A Presidencia de Iraq manifestou que Bagdad busca \"relacións positivas con Turquía en liña cos intereses comúns\" e defendeu a necesidade de \"resolver os problemas de seguridade a través de cooperación e coordinación previa\". Ademais, o Goberno de Bagdad insistiu en censurar \"as prácticas unilaterais á hora de abordar os asuntos de seguridade\". \"A soberanía iraquí debe ser respectada\", reiterou, á vez que mostrou o seu rexeitamento a que o territorio de Iraq \"sexa un campo de conflito e un lugar para que outros axusten contas, poñendo en perigo a súa soberanía e ameazando a súa seguridade e estabilidade interna\". Waleed Saleh, profesor experto en mundo árabe: \"Até os inimigos de Sadam estrañan o tempo do Baaz\" Nesta liña expresouse o Ministerio de Exteriores iraquí, que dixo que \"rexeita categoricamente\" e \"condena firmemente\" as \"operacións turcas\". \"Iraq considera esta acción como unha violación da súa soberanía\", manifestou. \"É un acto que viola os tratados e as leis internacionais que regulan as relacións entre os países. Así mesmo, viola o principio de boa veciñanza\", apuntou, antes de incidir en que o territorio de Iraq \"non debe ser usado como sede ou corredor para causar dano a ningún dos países veciños\". As garras de Turquía O Goberno turco deu comezo en xuño de 2020 a unha operación militar chamada 'Garra Tigre' no norte de Iraq contra supostos brancos de PKK. Dita operación recibiu a condena do corpo de funcionarios iraquís, que ven nas tropas turcas no seu territorio \"forzas de ocupación\". O ataque turco ao Kurdistán sirio deixa as primeiras vítimas: oito persoas mortas, entre estas dúas crianzas Coa nova operación militar de Turquía que tivo inicio nas últimas horas do domingo, denominada 'Garra de Bloqueo', o ataque de Ankara contra o PKK en territorio iraquí adquire unha nova dimensión. A operación inclúe unha ampla campaña de ataques aéreos con avións, helicópteros e aparellos non tripulados, así como unha incursión terrestre de tropas de comandos, sinalou Turquía."}
{"ID": "PRAZA_8890", "summary": "Os votos dos conservadores impiden que sexa tomada en consideración a iniciativa que pedía desbotar a queima de lixo e substituíla pola reciclaxe, redución e reutilización de residuos", "text": "O lixo seguirá percorrendo Galicia en camións con destino a Cerceda durante moitos anos. A maioría absoluta do PP serviu este martes para que a iniciativa lexislativa popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe dos residuos e en contra da incineración descarrilase ás primeiras de cambio, sen sequera ser tomada en consideración. De pouco serviron os argumentos legais, económicos e ambientais do representante do grupo promotor da ILP, Manuel Soto, a quen o voceiro do PP, Daniel Varela, lle recoñeceu o seu \"traballo\", pero minutos despois de ratificar que no guión do Goberno galego non hai nada escrito á marxe do modelo Sogama. \"A eficiencia enerxética de Sogama é tan baixa que xa non é unha planta de valorización ou recuperación enerxética, como se nos fai crer\", argumenta Soto citando estudos internacionais. Non obstante, a incineración de lixo só podería ser considerada un beneficio \"se ficamos cegos ante a contaminación ambiental\". \"Non hai emisións seguras\" toda vez que a queima de lixo produce \"potentes tóxicso, persistentes e bioacumulativos\". \"Os nosos nenos e nenas son a primiera xeración con menos saúde que os seus pais e nais, imos seguir por este camiño?\", pregúntase, nun contexto no que a xeración de emprego en torno á xestión dos residuos tamén pasa, afirma, por \"desbotar a incineración e o vertido\". Os promotores da ILP subliñan que \"non hai escusas orzamentarias\" para desbotar a incineración de lixo \"Non hai escusas orzamentarias\", apelou tamén Soto quen, co vixente plan de residuos na Xunta na man, subliña que \"co previsto para a nova incineradora\", que inicialmente ía estar no Irixo e que finalmente será unha ampliación de Sogama, \"pódese facer isto e máis\". Pero, que é \"isto\"? Entre outras cousas, destinar, como mínimo \"como mínimo\" o 15% do orzamento do plan de residuos \"á redución\" de lixo e non menos do 60% \"á preparación para a reutilización para a reciclaxe\". Estes preceptos, dicía a ILP, teríase que facer mentres se \"exclúe\" a incineración, \"con ou sen recuperación de enerxía, das actuacións a promover pola Xunta para o tratamento de residuos\". No seu lugar o Goberno tería que incentivar a compostaxe doméstica ou comunitaria. Os conservadores rexeitan que a iniciativa sexa tomada en consideración pero din que \"non caerá en saco roto\" Ningún destes argumentos convenceu o PP que, a través do seu voceiro, xustificou ademais o seu rexeitamento que \"o modelo\" que rexeita a ILP é \"o que trouxo o goberno bipartito\". \"Pódese mudar de opinión, pero pasar de estar regulando Sogama e dicir que a valorización [incineración para producir enerxía eléctrica] é fetén e dicir agora que non é, cando menos, incoherente, a non ser que queiramos facer unha ínsula Gallaecia\". Non obstante, afirma, nas filas conservadoras recoñécese o \"valor\" da iniciativa, polo \"que ten de traballo e por sensibilidade ambiental\". \"Non vai caer en saco roto\", asegura, dende a convicción de que Medio Ambiente vai \"ter en conta moitas cousas\" no \"novo plan de residuos que ese está a facer\". A ILP si que tivo o voto favorable dos grupos da oposición que, dende diferentes ópticas, apostaron por incorporala ao ordenamento xurídico galego. Así, dende o PSdeG, Patricia Vilán lembrou que as directivas europeas establecen dende a década pasada que se debe priorizar \"calquera política de residuos que reduza os efectos negativos sobre o medio ambiente\" e sexa \"coherente\" coa loita contra o cambio climático, algo que a incineración, di, non fai. Pola banda de AGE David Fernández lamenta que \"as políticas de redución\" de lixo sigan \"ausentes\" da Xunta aínda que mesmo \"en calquera libro de texto que fale sobre residuos aparece unha xerarquía na que a incineración, xunto co vertido, é o último que se debe facer\". Dende o BNG Ana Pontón censura que se vaian seguir \"queimando elementos que poderían ser reutilizados\" aínda que haxa \"evidencias científicas\" que xa levaron a \"moitos países\" a \"desbotar a incineración\"."}
{"ID": "NOS_24254", "summary": "O xurado destacou da obra a súa \"orixinal estrutura híbrida\".", "text": "A escritora Marilar Aleixandre converteuse onte na gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte. A obra pola que foi galardoada é As malas mulleres (2020), pola que tamén obtivo o Premio Blanco Amor 2020. Marilar Aleixandre: \"Se Juana de Vega fose inglesa tería unha cantidade enorme de películas sobre a súa vida\" O xurado do certame destacou da obra a súa \"orixinal estrutura híbrida\", que a converte nunha \"singular novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres no século XIX\". Por outra parte, tamén salientou que As malas mulleres \"recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral\". Marilar Aleixandre: \"O relato é un rexistro de escrito moi galego e grandes da nosa literatura xa o trataron\" Finalmente, o xurado puxo en valor que \"a autora incide nas desigualdades e á vez ofrece unha ollada esperanzadora\". Marilar Aleixandre en 'Sermos Galiza' Precisamente, Marilar Aleixandre foi entrevistada para o semanario de Nós Diario, Sermos Galiza, por As malas mulleres. Na conversa entre a escritora e a xornalista Mar Álvarez, Aleixandre explicou que redactou a obra durante os primeiros meses de confinamento pola pandemia da Covid-19. \"Levaba bastante tempo sen escribir narrativa para adultos. Sentía que tiña dúas voces competindo na miña gorxa, unha que quería escribir sobre pensamento crítico e outra sobre literatura\", explicaba a gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022. Marilar Aleixandre: \"A sociedade tende a botar no pozo da desmemoria todas as situacións que resultan un fracaso social\" Sobre o seu vínculo co mundo das letras, Aleixandre explicou como a súa nai foi quen lle ensinou a ler cando tiña tres anos. \"Morreu moi nova; co tempo souben que escribía poemas que sempre rompía. Ela educoume a min e a meus irmáns en igualdade, sempre nos dicía que podiamos facer o mesmo que os rapaces e que poderiamos estudar\", afirmaba. Mestra e columnista Nada en 1947 en Madrid, obtivo a cátedra do Instituto de Ciencias Naturais e foi profesora de Bioloxía, tanto en varios institutos galegos como na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais de como escritora, Marilar Aleixandre leva moitos anos vencellada ao mundo das letras como columnista en diversos medios, entre eles Nós Diario; e como colaboradora en revistas literarias."}
{"ID": "NOS_21407", "summary": "Polémica nas redes sociais pola invitación a Hugo Pereira Chamorro, que chamou \"feminazi\" á ministra Irene Montero, ao 'Galicia por Diante'.", "text": "O programa da Radio Galega 'Galicia por Diante' convidou esta segunda feira o comunicador Hugo Pereira Chamorro, redactor e adxunto ao director do xornal ultradereitista Periodista Digital, dirixido por Alfonso Rojo, e colaborador de Javier Negre en Estado de alarma TV. O anuncio causou indignación nas redes sociais, onde moitas persoas usuarias lembraron algunhas das polémicas declaracións de Pereira, que cursa os estudos de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela e, tal e como figura no seu perfil de Linkedin, desde este mes de marzo é comentarista dos medios públicos da Galiza. No marco da campaña das eleccións galegas de 2020, escribiu —e posteriormente borrou— na súa conta de Twitter: \"O nacionalismo é fonte de violencia e intolerancia. Preocúpame que Galiza acabe como País Vasco ou Cataluña. Hai uns días agrediume un nacionalista galego en Vigo por levar [unha bandeira de] España na máscara\". Noutro polémico chío —que tamén eliminou—, no marco das protestas contra un mítin de Vox en Vallecas (Madrid) en abril de 2021, dixo: \"O ocorrido en Vallecas no mítin de Santiago Abascal e [Rocío] Monasterio, alentado por Antonio Maestre ou [Pablo] Echenique, é o preludio dunha nova Guerra Civil en España. E quizais esta sexa a única solución á deriva de España. Non calemos nada nunca máis\". Aliás, en agosto de 2020 publicou na mesma rede social un chío no que chamaba \"feminazi\" á ministra de Igualdade do Goberno estatal, Irene Montero: \"Como de feminazi hai que ser para dicir que te representa unha muller que dixo que ía defender ás mulleres e que ao mesmo tempo di que as mulleres e os homes non existen, que é unha construción social?\". Pregunta retórica para los de #IreneMeRepresenta:¿Cómo de FEMINAZI hay que ser para decir que te representa una mujer que dijo que iba a defender a las mujeres y que al mismo tiempo dice que las mujeres y los hombres no existen, que es un constructo social?FEMINISTAS ABSURDAS. pic.twitter.com/EdYmIlxoap— Hugo Pereira Chamorro (@Pereira_Hugo_) August 9, 2020 E a finais dese mesmo ano, cando varios membros do Partido Republicano dos EUA acusaron Joe Biden de manipular as eleccións presidenciais, apuntou —cando aínda non rematara o reconto—: \"Xa practicamente podemos afirmalo: Trump gaña as eleccións dos EUA. Estou contento pero non podo agochar a envexa que me produce saber que nos EUA, a diferenza de España, o socialismo non destruirá o país. O milagre económico de Trump continuará\". Outro chío no que falou dun suposto 'pucherazo', mais que non borrou, publicouno no marco das eleccións ao Parlament de Catalunya do pasado ano, que, afirmou, \"non foron democráticas e libres para Vox, sometido ao terrorismo indepe [sic]\". En estas elecciones controladas por un Gobierno y una Generalidad liberticida y autoritaria no solo preocupa el posible #Pucherazo, sino tb que no fueron unas elecciones democráticas y libres para VOX, sometido al terrorismo indepe.Ánimo valientes apoderados de C's, PP y VOX.— Hugo Pereira Chamorro (@Pereira_Hugo_) February 14, 2021 Pereira tamén tivo unhas palabras para os menores estranxeiros non acompañados, para quen pediu en Twitter a súa \"identificación\" e \"deportación urxente\" e o envío do Exército a Ceuta. Muchos españoles en Ceuta tienen miedo a salir de sus casas ante la invasión de MENAS descontrolados y sin identificar de Marruecos. 1. Ejército q proteja2. Identificación de los ilegales3. Deportación urgente4. Dimite ya Marlaska Abascal, el único que está hablando claro.— Hugo Pereira Chamorro (@Pereira_Hugo_) May 18, 2021"}
{"ID": "PRAZA_21007", "summary": "A interpretación flexible das súas propias restricións por parte Xunta non permite aínda a anunciada reactivación do Monte do Gozo, que deberá agardar co resto da programación que está a reformular o Goberno galego tras a ampliación do Ano Santo a 2022", "text": "A interpretación flexible das súas propias restricións por parte Xunta non permite aínda a anunciada reactivación do Monte do Gozo, que deberá agardar co resto da programación que está a reformular o Goberno galego tras a ampliación do Ano Santo a 2022As entradas e saídas en Santiago están restrinxidas polo coronavirus desde as 3 da tarde do 30 de outubro, hai agora tres meses, e o mesmo sucede con toda Galicia desde o 23 de decembro, hai máis dun mes. Neste tempo, o 8 de xaneiro Compostela pasou ao nivel máximo de restricións e este mércores 27 fixérono todos os concellos de Galicia, perimetrados individualmente e coa hostalería pechada. Porén, no que vai de mes de xaneiro e polo tanto de Xacobeo 2021 son máis de medio cento os peregrinos que seguiron chegando a Santiago. Comparadas estas cifras cos máis de 62.000 peregrinos que se rexistraron só no mes de agosto de 2019, a chegada de persoas polos camiños de Santiago é anecdótica e non permite aínda a anunciada reactivación do Monte do Gozo, que deberá agardar co resto da programación cultural que está a reformular o Goberno galego tras a ampliación polo Papa do Ano Santo a 2022.En decembro, con Santiago pechada desde máis dun mes antes, expedíronse 99 compostelas, máis da metade a persoas que declararon comezar o camiño fóra de GaliciaTras o peche de Santiago o 30 de outubro, durante todo o mes de novembro a Oficina do Peregrino, que segue aberta na rúa Carretas, a poucos metros da catedral, expediu un total de 586 compostelas das que só 23 o foron a peregrinos residentes en Galicia, fronte a 327 estranxeiros, mesmo de fóra de Europa. En decembro a cifra baixou a 99 compostelas en todo o mes, das que só 24 foron para galegos ou galegas fronte a 36 estranxeiros. Nese mes de decembro, coa cidade pechada desde máis dun mes antes, máis de medio cento de peregrinos declararon que comezaran o camiño nalgún punto fóra de Galicia. E durante este xaneiro, primeiro mes do Xacobeo, continuou o goteo ata máis de medio cento de compostelas expedidas. As chegadas de peregrinos a Santiago malia o peche da cidade e mesmo de toda Galicia están amparadas na interpretación que fai a Xunta das súas propias restricións para que estas non afecten a persoas que estean a facer o camiño e poidan acreditalo con selos. A normativa consolidada de restricións recompilada pola Xunta non inclúe ningunha referencia á peregrinación, pero si contempla como excepcións á posibilidade de entrada ou saída dos concellos pechados ou do conxunto de Galicia para o \"retorno ao lugar de residencia\" así como \"a circulación en tránsito\" con destino a outros lugares. E a Xunta interpreta esas excepcións de xeito que \"calquera persoa que estea facendo o camiño, e que poida acreditalo con selos, pode entrar e durmir en Santiago\" como lugar de paso para o retorno ao seu domicilio.A Xunta interpreta que as persoas que acrediten con selos que están facendo o Camiño poden chegar a Santiago en tránsito cara aos seus lugares de residencia, excepción contemplada nas restriciónsMalia a esa interpretación da norma, a realidade é que a peregrinación a Santiago neste comezo do Ano Santo e do Xacobeo está a ser anecdótica. Lugares que en anos anteriores, xubilares ou non, servían de termómetro da chegada de visitantes a Compostela amósanse desertos neste comezo de ano. Como o gran albergue de peregrinos do Monte do Gozo, que tras anos de abandono a Xunta quería impulsar novamente neste 2021.Xestionado en concesión por unha empresa privada, o Goberno galego realizou diversas obras de mellora para facer máis atractivo o recinto tanto para os peregrinos que se poidan albergar nel como para a cidadanía en xeral, con arranxos no parque que o rodea con novas piscinas públicas e a ampliación do auditorio para grandes concertos e festivais. A chegada do coronavirus fixo que as obras deixasen de ter présa e co 2021 xa comezado aínda quedan pendentes remates de traballos tanto no albergue como no auditorio.A paralización do mercado da peregrinación tamén se nota nos albergues privados da cidade, con moitos deles pechados e mesmo en venda pero con outros abertos a medias -con carteis remitindo a un número de teléfono para supostas reservas- á expectativa de captar algún dos peregrinos que seguen chegando ao amparo das excepcións. A Xunta está a reprogramar as actividades do Xacobeo ampliado a 2022 e di que neste primeiro semestre de 2021 vai concentrar as súas accións en Galicia, \"con especial incidencia no rural onde o Camiño representa unha oportunidade para fixar poboación\"Mentres, tras o anuncio da Igrexa de que o Ano Santo tamén se estenderá a 2022 malia que o día 25 de xullo só coincide en domingo neste 2021, condición empregada ata agora para fixar o xubileo relixioso, a Xunta traballa na reprogramación dos seus plans para o seu Xacobeo civil. O Goberno galego xa asumira unha caída do 90% dos ingresos dos albergues públicos, para os que estimaba máis de 400.000 estancias durante todo o ano que nos orzamentos para este 2021 xa adaptados á pandemia acabou reducindo a apenas 35.000.No eido cultural e da difusión do Xacobeo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hai uns días no Parlamento que a reprogramación das actividades vai concentrar as accións neste primeiro semestre do ano no propio territorio galego, \"con especial incidencia no rural onde o Camiño representa unha oportunidade para fixar poboación a través do impulso de iniciativas sustentables\". \"A celebración do Xacobeo avanzaría así apoiada nas ferramentas dixitais e abarcando un maior territorio a medida en que a evolución da pandemia o permita, con actuacións previstas no territorio nacional e Portugal no segundo semestre do ano e coa vista posta na promoción internacional e nas accións que impliquen a un maior número de participantes de cara ao 2022\", explica a Xunta."}
{"ID": "NOS_20814", "summary": "A Casa das Letras da vila mariña acolle a presentación pública de Azou, unha asociación contra a \"Europa branca do capital\" e por unha República galega a navegar por un mundo de cores.", "text": "Reclámanse fill@s do 'Cantares Gallegos' de Rosalía tanto como do 'London Calling' dos Clash. Toda unha declaración de intencións que resumen nunha frase dun de Rianxo, Daniel Castelao: \"Hai unha forza que nos empurra cara o mundo e outra que nos xungue á terra nativa\". Ler, bailar, escoitar, amar, defender, atacar, entender, discutir...a asociación cultural Azou abrolla na Mariña para soñar mil primaveras máis para a Galiza ceibe nun mundo xusto e solidario. \"Tomamos clara e abertamente partido: República Galega. Soberanía desde o pobo, democracia real, dereitos sociais e nacionais, liberdade. Recoñecémonos no mundo que está por construír\" Toda unha declaración de intencións. Malcolm X e Castelao partillan loita contra a dominación. Sorrimos mentres loitamos. Non hai mellor lugar para facer cultura que a primeira liña do frente."}
{"ID": "NOS_41555", "summary": "O máximo directivo da quebrada caixa, que incluso gañaba máis que Blesa, dispoñía até de cociñeiro propio nas súas viaxes e aprobou para si mesmo un retiro de quince millóns de euros cando se xubilou.", "text": "O ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, tiña un soldo de dous millóns e medio de euros anuais, segundo aparece nas actas do consello de administración de setembro de 2009, ao que tivo acceso o sindicato CC.OO. Precisamente, nesa altura, Méndez decidiu xubilarse, o que fixo despois de aprobar un finiquito que o beneficiaba con 15 millóns de euros. O soldo de Méndez era mesmo superior ao do encausado ex-presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, íntimo de Aznar. A representación do persoal tamén coñeceu agora os gastos que Méndez -que sempre tivo un enorme peso na esfera política e mediática de Galiza- cargaba á caixa, que tivo que ser rescatada con cartos públicos -sen facerse coa xestión, que agora é privada- polos gobernos españois, razón que utilizan para xustificar todos os recortes sociais. Méndez viaxaba a Madrid con cociñeiro propio, e tiña alí un coche oficial, ao igual que en Galiza, ademais de varias persoas dedicadas en exclusiva a atendelo, e que non dixeron nin unha palabra en contra das aventuras inmobiliarias que acabaron xerando o inmenso burato das desaparecidas caixas galegas."}
{"ID": "NOS_35485", "summary": "Unha repunta nos contaxios novos de Covid detectados na Galiza freou a tendencia á baixa na evolución da pandemia, de maneira que, por vez primeira no último mes, aumentaron os casos activos de Covid, que se sitúan en 16.365 (256 infeccións máis que na última xornada).", "text": "Segundo os datos publicados esta quinta feira pola Consellaría de Sanidade, con información recollida até as 18 horas da cuarta, nas últimas horas creceron os novos contaxios, até os 1.539 (na cuarta notificáronse 1.215), con infeccións novas en todas as áreas sanitarias. Así, na área sanitaria de Vigo rexistráronse na última xornada 325 novos contaxios; na área sanitaria da Coruña-Cee, 286; na de Compostela, son 283; na de Ourense-Verín-O Barco, 199; na de Pontevedra-O Salnés, 195; na de Lugo-A Mariña-Monforte, 173, e na de Ferrol, 71. Tendo en conta as novas infeccións, as altas epidemiolóxicas e os falecementos, no país hai actualmente un total de 16.365 persoas con Covid. Estes casos activos creceron en todas as áreas sanitarias, excepto na Ferrol. Na área de Vigo hai 3.290 casos activos (+58); na área da Coruña hai 3.210 (+8); na de Compostela, 2.950 (+76); na de Lugo, 2.041 (+34); na de Ourense, 1.935 (+59); na de Pontevedra, 1.895 (+37), e na de Ferrol, 952 (-11). Juan Gestal: \"É necesario prepararse para a próxima pandemia\" Presión hospitalaria A respecto da ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte unha lixeira repunta no número de doentes ingresados en unidades convencionais, que sobe de 390 a 397, aínda que os pacientes ingresados en UCI son agora 28, un menos que hai un día. Por áreas, nas de Compostela e A Coruña hai 6 pacientes respectivamente nas súas unidades de coidados críticos (un menos en Compostela e un máis na Coruña); na área de Vigo, 5 pacientes en UCI con Covid (igual que hai 24 horas); nas áreas de Pontevedra, Ourense e Lugo non houbo cambios na ocupación da UCI, e manteñen catro, tres e tres pacientes, respectivamente, mentres que en Ferrol os pacientes críticos baixaron de dous a un. No que atinxe aos ingresados 'en planta', descenderon lixeiramente na Coruña e Ferrol, e subiron, tamén de forma lixeira, no resto de áreas sanitarias. O Ministerio de Sanidade acorda eliminar as corentenas de contactos estreitos en persoas non vacinadas Persoas curadas e falecidas Desde o inicio da pandemia máis de medio millón de persoas na Galiza contraeron a Covid, e 481.790 superaron a enfermidade. Delas, 1.280 recibiron a alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas. Pola contra, faleceron co virus 3.114 persoas. Os últimos decesos comunicados por Sanidade son os dun home de 89 anos que morreu con Covid na área sanitaria de Ourense; unha muller de 85 anos que faleceu na área de Pontevedra; e outro home, de 85 anos, falecido na área sanitaria de Lugo. Os falecementos producíronse a pasada terza feira e todas as persoas tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade. Médicos de familia advirten dunha sétima vaga se se alivian todas as restricións Até o momento, realizáronse no país algo máis de 3,7 millóns de probas PCR, 3.174 nas últimas horas; e a taxa de positividade destas probas (a porcentaxe de resultados positivos por cada 100 probas realizadas) é do 11 %. Alén destas probas, realizáronse 1,5 millóns de test de antíxenos (2.986 na última xornada) e 1,4 millóns doutros tipos de probas de detección da Covid."}
{"ID": "PRAZA_11063", "summary": "Endesa comunica á CNMV a súa decisión de \"promover a descontinuidade da produción\" da instalación ante unha \"situación estrutural\" que impide que sexa competitiva", "text": "Endesa decidiu acelerar o peche da central de carbón das Pontes (A Coruña), ademais da de Litoral (Almería), as dúas únicas do grupo que foran eximidas da obriga de ser clausuradas a mediados de 2020. Faino, di, empurrada polas actuais condicións de mercado, que levou a que estas plantas \"non resulten competitivas\", segundo di nun feito relevante á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). E confírmao logo de varios meses de inactividade, con importantes protestas de persoal propio, das auxiliares, dos transportistas e da veciñanza esixíndolle alternativas e unha descarbonización \"ordenada e regulada\". Endesa decide adiantar o peche da central das Pontes e \"avaliar opcións de futuro\" para as instalaciónsA enerxética aclara que o seu consello de administración aprobou \"promover a descontinuidade da produción das súas centrais térmicas de carbón na Península, de conformidade cos trámites e procedementos legalmente establecidos, e avaliar opcións de futuro nos devanditos emprazamentos\".Endesa sinalou que o valor neto contable do conxunto de centrais térmicas de carbón peninsular ascende a uns 1.300 millóns de euros, incluíndo o importe estimado da provisión para o desmantelamento destas centrais, cifra máxima á que podería alcanzar a deterioración a rexistrar polo peche das plantas, aínda que subliñou que non terá impacto na súa política de dividendos.Xa a finais do ano pasado, o grupo presentou a solicitude formal de peche para as súas centrais de carbón de Compostilla (León) e Andorra (Teruel), tras decidir non abordar os investimentos necesarios para que estas plantas cumprisen cos novos límites de emisións establecidos pola UE que entrarán en vigor o 30 de xuño de 2020.No seu plan estratéxico 2018-2021, no entanto, si que incluía os investimentos necesarios para adaptar a central das Pontes a eses límites de emisións. Así, e malia que non está confirmado o peche, o que si está claro que a folla de ruta que calculaba o peche sobre 2030 xa non é factible. Será moito antes. \"A situación estrutural determinou que as centrais térmicas peninsulares de carbón non resulten competitivas\", di EndesaA modificación nas condicións de mercado que afectan as centrais térmicas de carbón, derivado fundamentalmente da escalada nos prezos dos dereitos de CO2, que cotizan máis dun 50% máis caros que o exercicio pasado, e o abaratamento do prezo internacional das commodities desprazaron estas plantas, cun maior volume de emisións, en favor doutras tecnoloxías.De feito, a produción das centrais de carbón caeu moitísimo neste 2019, en favor, sobre todo, da produción con gas. \"Esta situación estrutural determinou que as centrais térmicas peninsulares de carbón non resulten competitivas, e polo tanto o seu funcionamento non resulte previsible no mercado de xeración eléctrico no futuro\", di Endesa.A plataforma Galiza, un futuro sen carbón propón que Endesa, Estado, Xunta e sindicatos acorden o peche \"planificado e pactado da central\" nos vindeiros anos, \"a máis tardar en 2025\". E que este plan se acompañe con \"medidas de transición xusta para os traballadores e traballadoras e de xeración de alternativas económicas ecoloxicamente sustentábeis nas Pontes e a súa contorna, no marco dun Convenio de Transición Xusta, figura prevista xa no Marco Estratéxico de Enerxía e Clima do Goberno estatal\"."}
{"ID": "NOS_18487", "summary": "A lingua galega desempeña un papel residual na Educación Infantil, onde semella ser un idioma estranxeiro en vez do propio. Para mostra, o material didáctico que se emprega, de maneira maioritaria, en 6º de Infantil.", "text": "A principios de mes, un pai amosaba o seu malestar nas redes sociais ao expresar os libros que tiña que comprarlle ao fillo, que cursa 6º de Infantil. \"Libros de texto que temos que mercar: en castelán, 8; en inglés, 1; en galego, cero\". Esta é a realidade da gran maioría de CEIP, a pesar de que entre os obxectivos da Educación Infantil atópase \"desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión\" e \"iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas e achegarse á lectura e escritura como medio de comunicación, información e gozo\". Ademais, a respecto da área de \"Linguaxes: comunicación e representación\", recóllese \"comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais valorándoas como ferramentas de relación cos demais\". Un obxectivo difícil de cumprir atendendo ao material didáctico que abunda nestas aulas. Un estudo publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística en 2017 evidenciaba que o 76% dos centros escolares empregaban de maneira maioritaria ou exclusiva o castelán na primeira etapa, a de 3 a 6 anos. Case o 40% dos centros que responderon a enquisa da asociación recoñeceron que usaban exclusivamente o castelán; outro 33% afirmaba usar de maneira maioritaria o castelán e un 19,4% dicía que o uso entre galego e castelán era do 50%. Só o 8,5% utilizaba máis o galego que o castelán nesta etapa educativa. A falta de material didáctico en galego é unha constante na Educación Infantil e, segundo o citado estudo, constan entre as editoriais máis empregadas con material en galego: SM, Xerais e Santillana. A respecto dos contos, os máis empregados son os de Kalandraka, OQO e Os Bolechas. \"Salientamos que moitos centros demandan máis facilidade para conseguir material en galego por parte da Xunta da Galiza\", recollía o informe. O Consello de Europa ratifica esta realidade. No seu informe do 5º ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, publicado en 2021, demóstrase o incumprimento a respecto do galego dalgúns dos compromisos adquiridos pola Xunta como polo Goberno estatal para garantir a súa presenza e uso na xustiza e no ensino. Observa barreiras \"en todos os niveis educativos\", malia pedir eliminalas en pasados informes, e advirte de que só 23,9% de menores de 15 anos son quen de se expresaren no idioma propio da Galiza. Incide, ademais, na \"escasa presenza do galego na Educación Infantil\" e na \"privación de recursos didácticos\" na lingua propia. Unha situación agravada polo Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario da Galiza. Segundo o Instituto Galego de Estatística, só un 2,9% aprende a falar galego na infancia e, segundo a Real Academia Galega, un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con \"escasa competencia\" en galego. Uns datos que deberían facernos pensar."}
{"ID": "NOS_40251", "summary": "#follow20 é o nome do primeiro festival de deseño galego, que arrinca a próxima segunda feira, día 9 de novembro, na Coruña para reunir o máis destacado do tecido profesional nesta materia.", "text": "Da segunda á sexta feira A Coruña será epicentro do deseño galego grazas ao festival follow20, un novo proxecto que reúne o tecido profesional galego. Con palestras presenciais e telemáticas, o festival organízase ao redor de catro seccións. En Stories presentaranse os microdocumentais de deseñadoras e deseñadores galegos; en Conversas decorrerán as charlas temáticas entre creativas e creativos galegos; o Showroom preséntase como un escaparate dixital de creacións galegas e o Creative Camp fará unha revisión dixital de portfolios dirixida a estudantes e novos profesionais. Entre as persoas participantes destaca a presenza do tipógrafo Marcos Dopico, autor das tipografías Atlántica Serif Display, Máis Grotesk e Isacc que emprega Nós Diario en papel. Tamén participarán o infografista Artur Galocha, os deseñores gráficos Uqui Permui e Dani Bembibre e a directora da Escola de Deseño e Moda da Galiza, Lola Dopico. Tamén tomarán a palabra, entre outras, a directora de arte Lucía García Rey, a marca de moda infantil The Campamento, a ceramista Verónica Moar, a axencia de deseño Costa, a axencia tipográfica NM Type, o deseñador gráfico de orixe italiana Marco Oggian e o seu colectivo Flaco, o deseñador de iluminación Arturo Álvarez, o estudio de arquitectura Castroferro, o estudio de deseño DARDO e a Fundación DIDAC. Presencial A sección presencial artellarase ao redor do Showcase, cunha serie de eventos paralelos e o programa dixital compleméntase coa exposición física #novodeseñogalego na Praza de Lugo da Coruña, que estará acompañada dunha carpa pola que pasarán diferentes deseñadoras e deseñadores para crear obras en vivo. Veranse traballos das Yarza Twins, deseñadoras viguesas afincadas en Londres, que acaban de gañar o Premio Nacional de Deseño 2020, ou de NM Type, galardoadas nos European Design Awards. O Consello Asesor deste festival está formado porDavid Barro, codirector do estudo de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; Dani Bembibre, director da axencia de branding Costa; e Lola Dopico, directora de Esdemga."}
{"ID": "NOS_12867", "summary": "Artábria organizou diatnte da casa natal do intelectual galego o acto de homenaxe no XXIX aniversario do seu pasamento.", "text": "Máis un ano Carvalho Calero foi lembrado e homenaxeado na súa cidade natal, Ferrol, e máis un ano este recoñecemento veu da man da Fundaçom Artábria, que leva máis de dúas décadas recordando o filólogo e escritor. O acto principal decorreu diante da casa natal de Carvalho Calero, no Ferrol Vello, e en estado case ruinoso. Poesía e música acompañaron o acto que comprendeu unha ofrenda floral. Houbo diversas intervencións, entre elas a de Xende López interveu en representación de Artábria. Lembrou o Carvalho escritor, o Carvalho lingüista mais quixo facer fincapé tamén \"o seu papel cívico e político como luitador antifascista, na juventude, numha das piores regressons do Estado espanhol para posiçons reacionárias, a partir do golpe de 1936\". Era o ferrolán un \"home de esquerda e patriota galego\" que se comprometeu no combate contra o fascismo. \"Agora que a língua precisa de novos compromissos, é mais necessário que nunca reivindicarmos Ricardo Carvalho Calero. E agora que a vaga reacionária ameaça novamente com esmagar direitos conquistados por décadas de luitas sociais, com o fascismo ganhando novo fôlego e mesmo protagonizando agressons impunes nas nossas ruas, o exemplo antifascista de Ricardo Carvalho Carvalho também deve ajudar-nos a fortalecer e necessária resposta coletiva\", manifestou. Unha sesión vermú con acompañamento musical na sede da Fundaçom puxo o ramo ao acto."}
{"ID": "NOS_46963", "summary": "A necesidade de dispor de espazos que axudasen a formarse en igualdade de xénero foi un dos motivos que moveron o ano pasado un grupo de veciñas a organizarse para crear a Rede Feminista de Sada. Esa inquedanza comeza a tomar forma esta fin semana, na que dá comezo o ciclo \"Domingos lilas\", que ofrecerán, no último domingo de cada mes, charlas, obradoiros e cursos sobre temáticas relacionadas coa igualdade e as violencias machistas.", "text": "A primeira, que terá lugar ás 12 horas na Capela de San Roque desta localidade, estará centrada nas agresións sexuais e levará a Sada a doutora en Socioloxía e activista Miriam Couceiro e o responsábel do programa VioXen –de seguimento e protección a vítimas de violencia de xénero– no Concello de Arteixo, Daniel Sánchez Vilaverde, ademais de ofrecer unha demostración de autodefensa. \"Cando empezamos non había ningún movemento deste estilo en Sada. Decidimos que, na sociedade na que vivimos, era necesario organizármonos para empezar a educar en igualdade de xénero\", conta Sabela Lonxa, unha das integrantes da asociación, que se constituíu formalmente a finais do ano pasado. O grupo impulsor levaba meses dándolle voltas á idea. \"Fomos contactando con xente da zona para achegármonos ao maior número de mulleres posíbel. A idea era facer algo aberto, plural, onde todas tivésemos cabida á marxe de como entendamos o feminismo. Así, temos persoas máis activas, máis tranquilas, máis radicais… A nosa idea sempre foi conformar un espazo cómodo para calquera muller que queira formar parte tanto de Sada como de fóra\", expón. Hoxe roldan xa a vintena.Os \"Domingos lilas\" son a súa primeira iniciativa de continuidade, malia que levan xa algúns encontros abertos, que publicitan a través das súas redes sociais. Tamén se xuntan con cada asasinato machista, para poñer voz ás vítimas a través dun manifesto, ao que dan lectura na praza da Peixaría. Co segundo \"Domingo lila\" xa marcado na axenda –o 23 de febreiro, no mesmo lugar e hora que o primeiro–, A rede apunta algúns dos temas que proporán durante o ano, como o acoso escolar ou a educación sexual en menores e adolescentes, sempre con voces expertas e sempre con perspectiva de xénero."}
{"ID": "NOS_19112", "summary": "Un real decreto concede un crédito extraordinario ao Ministerio para atender o pagamento de 'obrigas pendentes', nomeadamente Programas Especiais de Armamento (PEAs), que foron activados en 1997 polo goberno de Aznar.", "text": "O Congreso español debateu esta semana o Real Decreto lei aprobado polo goberno de Mariano Rajoy no consello de ministros do 14 de maio e en base ao cal se aproba un crédito extraordinario de 886 millóns de euros para o Ministerio de Defensa. A finalidade desta partida, como explica Tita Fort no blog 'Crónicas insubmisas', do Instituto Catalán Internacional pola Paz, é atender o pagamento de obrigas correspondentes, principalmente os Programas Especiais de Armamento (PEAs). Os PEAs foron postos en marcha en 1997 polo goberno de José María Aznar coa finalidade de contratar a fabricación e compra de diversos sistemas de armamento. O seu custo desproporcionado, lembra Fort, \"obrigou a crear un mecanismo de enxeñeiría para financiar estes proxectos, consistente en que o Ministerio de Industria concedería créditos a cero interese ás industrias para desenvolver os proxectos, con isto conseguían tres obxectivos: aparentar que o Ministerio de Defensa non incrementa o seu orzamento, que o orzamento da I+D no Estado Español semellara aumentar, e atender as demandas da industria militar de recibir apoios\". A finalidade é atender o pagamento de obrigas correspondentes, principalmente os Programas Especiais de Armamento (PEAs). Os PEAs foron postos en marcha en 1997 polo goberno de José María Aznar Este tipo de créditos extraordinarios non son algo extraordinario, como o seu nome e procedemento de aprobación, poderían levar a crer. Así, non é 2015 o único ano no que se aprobaron (lembremos, 856 millóns de euros). Tamén en 2014 houbo un real decreto do goberno para a mesma finalidade, desta volta por 920 millóns de euros. E en 2013, tamén, nese ano por 879 millóns. E no 2012 o crédito extraordinario foi de máis de 1.780 millóns de euros! Nos últimos catro anos, o goberno español destinou 4.438 millóns de euros a gasto militar extraordinario No debate no Congreso o real decreto xerou o rexeitamento da esquerda e do soberanismo. O BNG recriminou ao PP que no momento actual non priorice ás persoas por riba de todo. \"As persoas deberían estar antes, pero vostedes optan por investir máis en armamento\". Lembrou que o estado español é o segundo, despois de EE.UU, que máis inviste en investigación militar. \"Mentras que destaca por ser o primeiro en investir menos en investigación civil. Este é un Goberno militarista porque é falso que queiran estar ao servizo das persoas\"."}
{"ID": "NOS_32481", "summary": "Miguel Pavón prima a calidade sobre a cantidade nos seus caldos.", "text": "O viño 'Instinto Romano' vén de levar a medalla de ouro na categoría de tintos na última cata dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Miguel Pavón, un enxeñeiro agrícola natural de Taboada está detrás deste caldo, que na pasada colleita sacou ao mercado perto de 10.000 botellas e ao que as persoas expertas auguran un futuro prometedor. En declaracións a Nós Diario, Pavón explica que o viño galardoado é froito dun proxecto que iniciou no ano 2006 a partir dunha viña para autoconsumo que tiñan os seus avós. El aposta no tinto, por un viño no que 90% é uva mencía, mais no que tamén hai variedades autóctonas, como a garnacha, a merenzao e a brancellao, que lle dá os matices que lle valeron o que el cualifica como \"un recoñecemento ao traballo destes anos\", nos que converteu esas vides nun modo de vida. O castiñeiro galego pide paso como alternativa na fabricación de barricas O impulsor de 'Instinto Romano' foi agrandando a quinta da media hectárea que traballaba o seu avó a algo máis de catro, un proceso no que aínda está inmerso, xa que aspira a seguir ampliando a bodega nos próximos anos. Porén, admite que non ten pensado aumentar moito a produción, como moito até as 30.000 botellas, pois prefire primar \"a calidade sobre a cantidade\". O 'gancho' da terra Da Ribeira Sacra, tanto a denominación de orixe como o territorio que representa, Pavón afirma que é un bo reclamo, sobre todo agora que se fala da candidatura a Patrimonio da Humanidade. \"A publicidade sempre vai ben, pero hai que responder, e os viños de aquí están respondendo\", asegura o empresario, que co seu traballo aspira a seguir colleitando bos caldos e recollendo novos galardóns."}
{"ID": "PRAZA_5573", "summary": "Os dous partidos da alternancia -á parte de levalo no sangue- traballan sen alento decotío, e aproveitan a situación de desánimo do respectable público –á que tanto teñen contribuído- para rozar as silvas nos cadabullos que, ás veces, deslucen a alfombra da segunda restauración borbónica", "text": "\"Outras vezes oiço passar o vento,/ E acho que só para ouvir passar o vento vale a pena ter nascido\". (\"O guardador de rebanhos\", Alberto Caeiro –heterónimo de F. Pessoa-). Hai cousa dunha semana, Íñigo Urkullo e Artur Mas, premeron o botón da alarma para advertirnos da estratexia recentralizadora que levan argallando os consentidos do Partido Popular dende a súa chegada ao Goberno Hai cousa dunha semana, Íñigo Urkullo e Artur Mas, premeron o botón da alarma para advertirnos da estratexia recentralizadora que levan argallando os consentidos do Partido Popular dende a súa chegada ao Goberno. Os medios de comunicación preferiron distraernos con dixomedíxomes, restándolle importancia á advertencia dos líderes nacionalistas, no canto de tratar de esclarecer porqué os xerifaltes dos dous partidos que conforman a cara e a cruz do centralismo militante se empeñan en convencernos de que, canto máis avancemos na recentralización política, antes sairemos da crise económica, cando en realidade está acontecendo xustamente o contrario. Os dous partidos da alternancia -á parte de levalo no sangue- traballan sen alento decotío, e aproveitan a situación de desánimo do respectable público –á que tanto teñen contribuído- para rozar as silvas nos cadabullos que, ás veces, deslucen a alfombra da segunda restauración borbónica, e para agarimarlle de paso o lombo aos que coidan que se a marca España non pode levar as grilandas de grande, e xa que as de libre non lle camparían dabondo, cando menos poder colgarlle as de Una, con maiúscula e letras de molde. Aproveitan calquera recuncho do Boletín Oficial do Estado para crebarlle os xeonllos ao estado de benestar que se estaba conformando, entre outras razóns, mercé á cativa descentralización política O grupo político que ostenta o Goberno do Estado, coa colaboración desinteresada do principal partido da oposición, e ámbolos dous axudados por unha nutrida procesión de altos funcionarios e tertulianos, aproveitan calquera recuncho do Boletín Oficial do Estado para crebarlle os xeonllos ao estado de benestar que se estaba conformando, entre outras razóns, mercé á cativa descentralización política, e tamén mercé á autonomía de xestión e ás competencias –recentemente mutiladas- das corporacións locais. Todo elo unido, en contra do que nos contan, a unha tumoración burocrática imparable e absurda que complica cada vez máis as relacións dos cidadáns coa lousa das administracións públicas. Cada día é máis difícil refollar o boletín oficial e atopar unha páxina limpa de artigos con disposicións recentralizadoras Cada día é máis difícil refollar o boletín oficial e atopar unha páxina limpa de artigos con disposicións recentralizadoras, indistintamente do rango da norma, pasando por debaixo do arco de trunfo os estatutos de autonomía, a xerarquía normativa e toda a lexislación vixente relacionadas con competencias das administracións distintas da Central. Mentres tanto, os representantes da cidadanía miran cara as nubes, dando por boa esa parvada de que unha meirande centralización traerá consigo un maior benestar social. Ah! O meu tío Lisardo está moi doído con algúns líderes galeguistas/nacionalistas que andan obsesionados porfiando quen a ten máis domeada cara esquerda, despois de ternos ensinado que o progreso do noso País –e das clases máis desfavorecidas- viría asociado a un maior grao de autogoberno."}
{"ID": "NOS_55199", "summary": "O vice-secretario xeral de Coordinación interna de ERC participa esta quinta feira en Compostela no coloquio organizado por Galiza Sempre sobre o proceso soberanista de Catalunya.", "text": "Eduard López Domenech (Barcelona, 1965) está a partir das 19:30 desta quinta feira na Facultade de Políticas de Compostela para falar do proceso soberanista catalán. Faino da man da Fundación Galiza Sempre e intervirá canda Guillerme Vázquez. O 9N e o camiño cara a independencia. Agora que? é o título da ponencia. López é vice-secretario xeral de coordinación interna e de territorio de ERC. -Todo apunta a que esta sexta feira o goberno español impugnará tamén a consulta alternativa. Vai haber urnas o 9N? Nós esperamos que si, que a xente se poida manifestar e expresar, aínda que sexa a través dun proceso participativo e non a consulta, esperamos que se poida decidir o futuro do país. E entendemos que as forzas políticas e o propio goberno temos que comprometernos a ter as urnas na rúa o día 9, que ao final é polo que nos votaron. Non esquezamos que o compromiso de facer unha consulta foi o tema estrela, o compromiso que adoptaron nas eleccións de 2012. \"As urnas teñen que estar na rúa o día 9, ao final é para o que nos votou a xente\" - Desde Madrid, con esta impugnación á consulta alternativa, non están moito por permitir que haxa 9N.. Teño a sensación de estar un pouco como no día da marmota, onde o Estado impugna outra vez. Xa case nin nos sorprende. O único que lles queda é prohibirnos pensar ou expresarnos. Mais, en calquera caso, nós temos que traballar colectivamente, goberno, partidos, cidadanía; para que a xente poida expresarse o día 9. Temos que constatar que vaia como vaia o día 9N, o discurso do PP e de parte do PSOE en Catalunya, foi derrotado. Eles teñen o aparato de Estado ao seu servizo, un Tribunal Constitucional politizado ao seu servizo, mais malia iso, o seu discurso non callou, non é sentido como propio pola cidadanía de Catalunya. Non se poden poñer cancelas á democracia. A vitoria ideolóxica é do soberanismo. - Cal é a imaxe que ERC gostaría que se dea o 9N? Nós enfocamos o día 9 como un día importante de mobilización, como foi o da V deste 11 de setembro, ou a cadea humana da Diada do ano pasado ou a mobilización masiva en Barcelona de 2012. O que queremos é que a xente se exprese, e que o faga coa máxima normalidade, pacificamente, como tería que ser en democracia. Cremos que vai ser así sempre e cando o Estado non interfira. O único que pode rachar a normalidade, a tranquilidade, a paz dese día é o Estado. \"O paso de consulta a proceso participativo tivo un custo. En primeira instancia, esgazou a unidade. Mais en vista do día 9 isto foise recuperando\" - ANC e Omnium advogaron por, unha vez pasado o día 9, convocar eleccións nun prazo de tres meses. E apuntaban a unha lista de país co dereito a decidir como aspecto fulcral. ERC está disposta a ir nunha candidatura conxunta e cun programa común? É evidente que o plantexamento de ANC e Ómnium nos parece ben. Non podemos decidir nunha consulta refendaria como estaba previsto, polo que hai que atopar un mecanismo a través do cal podamos exercer un voto que sexa vencellante politicamente. Desde este punto de vista, partillamos a idea que se fai desde o soberanismo civil. Outra cousa é como temos que acudir a estas eleccións. O que a nós nos parece un valor a manter é que o proceso catalán é plural e diverso. Nisto diferenciámonos de Escocia, onde basicamente era un goberno e un só partido os que impulsaron o proceso. Nós cremos que o máis coherente é manter esa pluralidade. O que non quere dicir, ao contrario, que non vaia haber compromisos conxuntos, adquiridos publicamente, polas diferentes forzas que impulsaron o proceso, para despois das eleccións. E neste sentido si que podemos falar de eleccións plebiscitarias, xa que non nos deixaron expresar a nosa opción nunha consulta, terémolo que facer en base aos compromisos que adopten os partidos políticos nunhas eleccións autonómicas tecnicamente ordinarias. \"Eu non gosto de falar de unilateral [en relación á declaración de independencia] porque pode soar duro e pode parecer que non é democrática\" - O proceso catalán reúne unha heteroxeneidade de forzas, visións, organizacións... Quedou esa unidade 'tocada' após decisión de facer para o 9N a consulta alernativa e non o referendo previsto? O paso de consulta a proceso participativo tivo un custo. En primeira instancia, quebrou a unidade que facía posíbel o compromiso. Mais, en vista do día 9, isto recuperouse máis ou menos. E vai ser un día de mobilización moi importante. E incluso diría que a actitude do goberno español fixo que esa unidade se reforzase tamén. Outra cousa será posteriormente, no tránsito a unhas eleccións, nas que xa haberá competencia, pero iso non é preocupante: sen discrepancia non hai democracia, sen competencia política non hai democracia (sorrí). Mais pode haber amplas zonas de acordo en cuestións de país. -De se producir ese guión de eleccións de carácter plebiscitario, ERC levará a Declaración Unilateral de Independencia como alicerce do seu programa? Esquerra defenderá que ten que haber un Parlamento e un goberno, un goberno de amplo espectro, que fixese posíbel construír as estruturas de estado mínimas para poder impulsar no mínimo tempo posíbel unha declaración de independencia. Eu non gosto de falar de unilateral porque pode soar duro e pode parecer que non é democrática. \"O proxecto de ampliar e modernizar o auto-goberno no marco do Estado español fracasou\" E posteriormente, esa declaración pode ser referendada, a constitución saída desa declaración... Eu aspiraría a unha declaración de independencia á cal puidesen sumarse sectores que adhiren un modelo de tipo federal real. O federalismo pode nacer dun acto de soberanía. Non hai federalismo da outra parte, así que a única forma de impulsar ese proceso é cun acto de soberanía. Por iso, e até certo punto, debemos impulsar un pouco esta complicidade, e dígoo como independentista, con sectores que non contemplan aínda a independencia mais que si aspiran a unha relación federal con España. -Que factores fixeron que nestes anos medrase e callase tanto o sentimento independentista na sociedade catalá? Esta é unha pregunta de tese doutoural (ri). Creo que o proceso detonou en 2,3 anos, mais víñase incubando desde hai tempo. En parte desde o 2003, a última etapa de goberno de Pujol, con ese esquema de relación co Estado de CiU de apoiar os gobernos españois en troca de maiores cotas de auto-goberno. Ese esquema fica superado. O intento de aprobar un novo estatuto de autonomía con máis marxe, máis moderno, adaptado aos tempos, era un síntoma de que en Catalunya o autonomismo se fixera estreito. Había vontade de andar cara á un novo modelo, non o independentismo, mais si algo novo, que se podía dicir case que 'filosoficamente federal', no que tamén participasen os independentistas. O fracaso deste proxecto, visualizado na sentenza do TC de 2010, certifica o fin dese intento de modernizar o autogoberno nun marco estatal. Isto fai que se chegue a un final de camiño. Tamén a crise económica tivo un papel, claro, en todo este proceso. Tamén esa impugnación do estado de cousas presente, dese réxime da transición, favoreceu este proceso soberanista. E tamén tivo a súa importancia aquel movemento que comezou en 2009 de consultas independentistas en concellos de Catalunya. \"Gostariamos de contar, tendo en conta que estamos a reivindicar democracia, con maior complicidade real, visíbel, tanxíbel das persoas progresistas de España\" -E a actitude de cerrazón do Estado español.. Evidentemente. Iso fica claro. Xa desde a sentenza do TC. -Coa crise comezaron a cuestionarse moitos tabús, como a monarquía. E abrollaron importantes movementos no Estado español pedindo máis democracia e que a xente poidese decidir. Porén, apenas hai voces na esquerda social, política, cultural española a favor do proceso que se vive nun país, Catalunya, onde levan tres anos seguidos saíndo centos de milleiros á rúa pedindo decidir, e que esa demanda se expresou nas urnas, no parlamento... Notades esa falla de apoio? A que cres que se pode deber? É unha pregunta máis de historiador ou sociólogo que de político, non si? (sorrí). É complicado. A ver, o PSOE non tivo nunca como partido de goberno unha alternativa ao modo de entender de España da dereita. O mundo de IU ao menos nominalmente recoñece o dereito a decidir, iso recoñecémosllo, se ben é algo simplemente formal, que non vai máis alá. E no que respecta á esquerda máis alternativa, pois non sei moito exactamente que din. Creo que en Podemos o seu discurso é, no mellor dos casos, contraditorio. E no peor, non moi receptivo ao proceso catalán. E si, claro, que gostariamos de contar, tendo en conta que estamos a reivindicar democracia, con maior complicidade real, visíbel, tanxíbel, das persoas progresistas de España, que as hai. Mais non debe ser fácil que se manifesten a prol deste proceso porque é unha posición moi penalizada e difamada. Se eu viñese de Marte e vise o que a prensa española di do proceso catalán pois tampouco gostaría del: é volver á Idade Media, é unha deriva perigosa, é un tema étnico, racista, queren tapar coa senyera casos de corrupción... pois, claro, non apoiaría. Como o discurso que hai sobre Catalunya en España é monocorde, dificulta que haxa plantexamentos diferentes. E creo que o efecto dun triunfo das posicións soberanistas en Cataluna resultaría nunha reformulación da democracia de baixa calidade que en moitos ámbitos hai no Estado español. \"Queremos que o estado catalán naza da vontade democrática das persoas e polo tanto para facer reais os dereitos da xente\" -En fases deste proceso que se vive en Catalunya houbo un lema que se moveu moito: 'Queremos ser un país normal'. Para ti e ERC que sería un país normal? Nós sempre dicimos que queremos ser un estado de nova xeración, que nace da vontade da xente e que, por tanto, non responde ao modelo tradicional dunha moeda, un exército, un sistema de ensino... tal e como se construíron os estados en Europa. Queremos que este estado naza da vontade democrática das persoas e, polo tanto, para facer reais os dereitos da xente. Aspiramos a que sexa un modelo que sexa atractivo, integrador e que sexa quen de crear riqueza e repartila mellor. Mesmo un estado, desde un punto de vista identitario, dunha identidade máis feble que o que acostuman a ser os estados como o español. O soberanismo catalán é moito menos identitario que o nacionalismo español, mesmo ese que é \"máis banal\", que parece imperceptíbel. O noso proxecto é máis integrador, adaptado a unha modernidade plural, cambiante, diversa."}
{"ID": "NOS_14404", "summary": "Berias ocupará un posto na dirección sen tarefas executivas e a edila viguesa Oriana Méndez será coencargada de relacións políticas", "text": "O que fora alcalde de Santiago entre 2015 e 2019, Martiño Noriega, volveu colocarse á fronte de Anova, a organización que impulsou, entre outros, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras após a saída do BNG en 2012, xunto con quen xa compartiu a portavocía nacional en 2014. Con este movemento, a formación nacionalista busca reactivarse após a dimisión de Antón Sánchez coa mirada posta nas municipais de 2023. Beiras, que en días pasados afirmou que aos seus \"86 anos sería case grotesco calquera participación activa ou protagonista\" en política, acompañará, no entanto, na Comisión Permanente (o equivalente á dirección dun partido 'clásico') ao quen recibiu a etiqueta de fillo político pero sen tarefas executivas. Anova celebrou este sábado unha Coordinadora Nacional -o máximo órgano de decisión entre asembleas- na que nomeou unha Comisión Permanente (o equivalente a unha executiva dun partido clásico) con Martiño Noriega como portavoz nacional. Noriega despediuse da primeira liña de batalla política após o fracaso nas autonómicas de 2020 da coalición Galicia en Común, que encabezou Antón Gómez-Reino (Podemos). Esta alianza derivou da extinta En Marea (que renunciou a competir no mesmo espazo após a separación de boa parte do seu capital político) e, á súa vez, deveu do primeiro experimento que supuxo Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en 2012, no que foron protagonistas Beiras e a agora vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e lograron irromper con 9 deputados no Parlamento. No últimos tres anos, o de novo portavoz nacional de Anova, que tamén foi alcalde de Teo (entón co BNG, organización que deixou en 2012), retomou a súa carreira como médico de familia, primeiro nun centro de saúde en Noia e agora na capital compostelá, a cal, segundo dixeron as fontes consultadas, manterá como dedicación profesional. O paso que dá despois de que o ex deputado autonómico Antón Sánchez decidise deixar a portavocía nacional enmárcase nun contexto preelectoral para as municipais de 2023 nas que Anova buscará reforzar a súa representación, manter os apoios en candidaturas municipalistas nas que xa participa e tender pontes co espectro da esquerda e o PSOE, en función de cada concello. Xosé Manuel Beiras: \"Vexo posíbel unha alternativa ao PP para 2024\" \"Distancia\" con Sumar Aínda que se mantivo apartado da primeira liña, Noriega participou en abril deste ano nun encontro privado, xunto ao tamén ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, coa vicepresidenta segunda do Goberno, cando aínda non se lanzara a plataforma 'Sumar' pero xa se falaba do proceso de 'escoita activa' para promover unha candidatura para as xerais. Con todo, fontes de Anova aseguran que a organización se mantén \"distante\" coa plataforma de Yolanda Díaz, que si ten contactos estreitos con varias mareas municipalistas --como as que encabezan ou protagonizaron os seus ex compañeiros de Esquerda Unida Rubén Pérez (Vigo) e Jorge Suárez (Ferrol)--. Ademais, unha das persoas que compartiu goberno local co propio Noriega, a actual portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, é un das persoas chave que colaborou e participa no impulso da plataforma Sumar. Con todo, ela quixo publicamente desmarcar esta implicación do partido local -que non se posicionou sobre un apoio a ese proxecto estatal- e cinguiuno a \"título individual\". Estaría disposto Beiras a volver á primeira liña política? Nova dirección Así as cousas, Anova se rearma con unha das caras que xa estivo á fronte da organización, como coportavoz con Xosé Manuel Beiras, quen ocupará un posto na permanente cunha función máis simbólica e sen tarefas concretas. Noriega, tal e como se decidiu na Coordinadora deste sábado, estará acompañado da concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez na área de relacións políticas, unha área que tratará de tecer redes de apoios e posíbeis alianzas no plano electoral. Miguel Anxo Fernán Vello (Comunicación), Iria Otero (Finanzas), Antonio Negreira (Municipalismo), Antía Comesaña (Organización) e Iván Rodríguez (Servizos Públicos e Movementos Sociais) son outros nomes que comparten tarefas 'executivas'. Con este paso dado á fronte de novo por Noriega, que (polo menos polo momento) manterase á marxe da política institucional, Anova reaviva o panorama nacionalista que, actualmente, ocupa de forma hexemónica o BNG no Parlamento despois de lograr situarse como segunda forza política cos seus dezanove escanos. As 'mareas' municipalistas encaran as eleccións de 2023 entre o apoio a Yolanda Díaz e o receo a unha nova En Marea \"Reactivar un dique\" \"Nestes tempos excepcionais de continuo recorte de liberdades, en que a chegada da extrema dereita aos gobernos é algo máis que unha ameaza, é necesario reactivar un dique de contención republicano e democrático que teña o corazón abaixo e á esquerda do noso país\", manifestou Noriega. Así, defendeu que Anova \"representa un discurso soberanista alternativo aos existentes e ten un patrimonio humano no político que non pode permanecer desactivado ante os retos que, como sociedade, están por diante\". Para Noriega, é preciso \"abandonar a queixa de que ningún espazo político da esquerda está a impugnar o estado actual das cousas\". \"Se nós e a maioría social agredida non o facemos, non o fará ninguén\", sentenciou. Antón Sánchez dimite como portavoz de Anova"}
{"ID": "NOS_39898", "summary": "Castellano aposta en que fondos estranxeiros (de EUA concretamente) se fagan co 51% da entidade e seguir el de presidente", "text": "Novagalicia Banco vai ser historia en breve como entidade financeira galega e como banco nacionalizado. O FROB quer unha privatización rápida, xa, canto antes, segundo sinala o Faro de Vigo. Advoga por unha subasta pública. Mentres, o presidente de NGB, Castellano, é partidario de vender o 51% a fondos de EUA e se manter el no cargo. Non é unha sorpresa o final desta entidade financeira. Cómpre lembrar que no informe económico de 2012, a dirección de NGB recoñecía textualmente: \"O escenario máis probábel é a venda a un grupo financeiro de recoñecida solvencia\". Tamén, e nese mesmo documento, apóntase a que \"permita a viabilidade do banco nun prazo indefinido, integrada como filial nun grupo financeiro de recoñecida solvencia, coa marxe de manobra suficiente para xestionar a recuperabilidade\". Situación delicada Novacaixagalicia banco (NCG) pechou 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido hai unhas semanas á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Os números vermellos mesmo, antes da devolución de impostos, atinxían os 8.056 millóns de euros. Estes resultados supoñen multiplicar por 42 as perdas que NCG tivo no exercicio anterior, 2011 (186 millóns de euros). Cómpre lembrar que antidade financeira pechou 2012 cun cadro de persoal na matriz de 5.705 traballador@s e unha rede de 844 oficinas. Desde 2010 despedíuse a 2.011 persoas"}
{"ID": "NOS_2979", "summary": "Xosé Antonio Sánchez Bugallo foi o alcalde de Santiago desde 1999 a 2011. Posteriormente foi deputado no parlamento galego e agora encabeza de novo a candidatura do PSdeG á alcaldía da capital galega. Considera que os catro anos de goberno de Compostela Aberta foron \"mal aproveitados\" e sinala a preparación do Ano Santo 2021 como prioridade para o concello.", "text": "Que supuxeron estes catro anos para o seu concello? Desafortunadamente foron catro anos mal aproveitados para mellorar a cidade. Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía? Conformouse con administrar a supervivencia e mellorar a xestión desenvolvida polo anterior equipo de goberno do Partido Popular, absolutamente desastrosa en todos os sentidos. E o traballo realizado polo seu partido? En condicións moi difíciles, e con gran precariedade, conseguiu desenvolver dun xeito moi digno, un traballo útil para a sociedade. Cal é a principal necesidade do seu concello? A falta de oportunidades, emprego e vivenda para a xente máis nova, e a falta de dotacións axeitadas para atender as e aos máis necesitados: persoas con diversidade funcional, maiores, moitos deles sós, dependencia.... Faltan centros de día e servizos de atención domiciliaria. Tamén é urxente afrontar o Ano Santo de 2021, porque non está nada preparado. En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará na nova lexislatura se está no goberno? Temos que afrontar, ineludibelmente a preparación do Ano Santo 2021. A día de hoxe non hai nada previsto. Iso require preparar un plan de seguridade, un plan de limpeza, un plan de acollida e atención aos visitantes, promoción nacional e internacional e programación festiva. Todo sen facer. A maiores, de xeito tamén ineludíbel, temos que afrontar a situación de servizos públicos profundamente deteriorados con contratos vencidos hai anos e improrrogábeis: limpeza e transporte urbano, principalmente. E como non, dar solucións aos problemas da mocidade, con propostas como a construción de vivendas en réxime de alugueiro para mocidade. Para nós é unha prioridade, igual que a creación de emprego na cidade. Para aqueles que decidan converterse en emprendedores e promover a súa propia empresa imos pór á súa disposición espazos para sacar adiante o seu negocio. Tamén reforzaremos a atención domiciliaria ás e aos nosos maiores e a quen o necesite, e poremos en marcha tres centros de día en Santiago: un no Ensanche, outro na zona vella, e outro orientado cara ao rural. O noso programa tamén contempla reforzar e ampliar a construción de novas escolas infantís. Cómpre construír polo menos dúas máis: unha para o barrio de Santa Marta que é imprescindíbel e urxente. E sería moi importante outra para o funcionariado da Xunta, para que poidan deixar as súas crianzas alí. Sería unha forma, tanto de prestarlle un servizo a eles e elas como de rebaixar a presión que se está exercendo sobre as outras escolas infantís de Santiago."}
{"ID": "NOS_25124", "summary": "En versión orixinal en galego con subtítulos en español, o filme en galego máis visto da nosa historia do cine chega agora a Madrid e Barcelona. Como aconteceu nas estreas galegas, o director Ignacio Vilar promove unha ampla campaña para dar a coñecer a película que levou ao cine a novela de Blanco Amor.", "text": "Xa no avión que o levaba a Madrid, o director Ignacio Vilar non desaproveitou a ocasión de convidar a todas as persoas que compartían o mesmo voo a ver A Esmorga nas salas comerciais da capital española. Despois de ter percorrido todo o país promocionando con grande suceso de público A Esmorga, Vilar chega agora a Madrid onde participará na preestrea deste 30 de abril antes de que o vindeiro 5 de maio faga o mesmo en Barcelona como anticipo a presenza da película en salas comerciais a partir do 8 de maio. Mais Ignacio Vilar non estará só nestas novas presentacións de A Esmorga. Os tres protagonistas Antonio Durán \"Morris\", Miguel de Lira e Karra Elejalde, acompañarano nos actos que terán lugar nos Cines Renoir-Princesa de Madrid (22.00 h) e nos Cinemes Girona de Barcelona (21.00 h). Canda a equipa da película, en Madrid confirmaron a asistencia á preestrea Xosé Lois González \"Carrabouxo\", Iñaki Guevara, Secretario Gral. Unión de Actores, Javier Gutiérrez, Sergio Pazos, Javier Veiga, Berta Ojea, Francis Lorenzo, Rubén Riós, Inma del Moral, Sergio Peris-Mencheta, Sara Ballesteros, Willy García e Aitor Mazo ademais do Director da Casa de Galicia, Ramón Ónega O filme estrearase en salas comerciais de Madrid, Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Bilbao, Vitoria, Portugalete, Barakaldo, Pamplona e Palma de Mallorca cunha ampla campaña promocional."}
{"ID": "NOS_18278", "summary": "Os galardóns dos Premios Culturais do organismo provincial que se tiveron que adiar nos exercicios 202 e 2021 pola pandemia da covid entregaranse o vindeiro sábado 23 de abril nun gran evento no Teatro Colón.", "text": "A Deputación da Coruña presentou na cuarta feira a que será a gran Gala dos seus Premios Culturais, un evento que reunirá os galardóns dos exercicios 2020 e 2021 no Teatro Colón o sábado 23 de abril. Polo escenario pasarán as 31 persoas premiadas e perto de 150 máis que participaron no desenvolvemento destes premios. \"Suporá posibelmente o maior encontro cultural do ano e do país\", indicou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na rolda de prensa onde se anunciou o acto. Acompañado polas actrices que guiarán o acontecemento, Carmen Méndez e Lidia Veiga, asegurou que a iniciativa que preparan \"non se parece a ningunha outra que se teña realizado, porque xunta a persoas de disciplinas moi diversas e de diferentes ámbitos culturais\". Na Gala actuará Celso F. Sanmartín e a formación musical Son Trío, con Su Garrido Pombo, Katerina Linke, e Susana Blanco. Todas as persoas premiadas recibirán unha escultura creada para a ocasión pola artista noiesa Soledad Penalta. Premios e disciplinas Carmen Méndez, pola súa banda, salientou a diversidade de disciplinas que conforman as convocatorias que inclúen 5 premios literarios -o Torrente Ballester de narrativa, o González Garcés de poesía, o Dieste para textos teatrais, o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil e o Manuel Murguía de ensaio-, 5 premios de artes visuais -o Ksado de creación fotográfica, o Isaac Díaz Pardo de artes plásticas, o Jesús Núñez de artes gráficas, o Antón Fraguas de artesanía e o Castelao de banda deseñada-, 3 premios de música -o Narf para artistas e grupos musicais, o Andrés Gaos de composición musical e o Quero Cantar para bandas infantís e xuvenís-, e 2 premios para a acción cultural -o Rosalía de Castro de dinamización da lingua e o Begoña Caamaño para a igualdade de xénero-. Lidia Veiga, polo seu lado, gabou o traballo das persoas que participaron en todo o proceso de organización do evento en tarefas de xurados, comisariado e comisións lectoras. Ademais, a actriz explicou que a escultura de Soledad Penalta \"trátase dun 'c' realizado en aceiro que representa o 'c' de Cultura e o 'c' de Coruña, e que está suxeitado na base por siluetas que para min representan á xente que sostén e que eleva a cultura deste país\"."}
{"ID": "NOS_36120", "summary": "Concentráronse en diversas cidades do país convocados pola CIG. En Vigo ocuparon momentaneamente a sede do INSS.", "text": "O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG concentrouse perante as oficinas do INSS de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Vigo -onde ademais ocuparon o edificio- en defensa do sistema público de pensións e para denunciar a \"mentira\" de que non é viábel. As mobilizacións fan parte da campaña pola recuperación de dereitos laborais que o sindicato nacionalista puxo en andamento a finais de 2015. Nas mobilizacións desta cuarta feira, 5 de abril, denunciouse o interese de \"bancos e do capital financeiro\" apoiados polo PP para promover unha nova reforma do sistema público de pensións que lles facilite \"facer negocios coas pensións públicas\". Defenderon que o sistema píblico e viábel, lembrando que o Estado español ten un custe en pensións inferior ao resto da UE, mesmo daqueles que sufriron unha crise máis dura. Así, o Estado español gasta en pensións o 10,5% do Produto Interior Bruto (PIB), Italia gasta o 15,8%; Grecia un 14,3%; Francia o 13,8% e Portugal o 13%."}
{"ID": "NOS_20117", "summary": "Un membro do BNG de Ourense denuncia ante a Xunta electoral de zona a pegada de carteis fóra de tempo en A Bola e as bandeiras publicitarias da pasada campaña que se manteñen nunha estrada de Vigo.", "text": "O rostro do presidente do Partido Popular e aspirante ao Goberno estatal, Pablo Casado, está presente xa nas rúas do concello da Bola. Deste xeito, os populares rachan coa normativa electoral, que impide o pegado de carteis até iniciado o período de campaña, esta medianoite. Así o entende Xosé Baltar, integrante do BNG de Ourense, que vén de denunciar os feitos ante a Xunta electoral de zona. É a segunda denuncia que presenta contra o PP por feitos similares na carreira ao 10-N. A primeira aludía ás bandeiras publicitarias correspondentes á campaña electoral de abril penduradas ao longo da estrada de Vigo-Outariz, que quedaron sen retirar tras os comicios e que, segundo estima o denunciante, funcionan como material electoral para a próxima convocatoria, tamén fóra de prazo. A xunta electoral de zona, segundo confirma Baltar, non emitiu resposta a estas dúas advertencias até o momento."}
{"ID": "PRAZA_10576", "summary": "Ese vergoñento ele duplo da expresión: Es que es muy galleguiño! Dito por un galego.", "text": "Ai, o ele, esa letra estremeira, conflictiva, que esperta tanto o amor como a birra. Esa amósega de inexperiencia que se desprende da xanela traseira do carro e morre todo o ano nunha longa agonía na grella vehicular para evitar as agresións innecesarias dos doutos conductores. Esa letra que no Arde Lucus muda en cincoenta nun sensentido imperial de quadriga bimilenaria alleada que morre por se disfrazar de triunfal invasor antes do que galego sumetido.O ele, esa undécima letra do alfabeto galego que no portugués pasa a décima segunda desocupando o dupro ele do que o luso carece e no que o iluso abonda, século tras século, con lei Paz Andrade ou sen ela. Ese ele liorteiro do ex- alcalde socialistavaticanista da cidade herculina. Ese ele con que os cativos pretenden intimidar disparando o furabolos meseteiro coa postura en ele do polegar, nese feitío universal semellante ao dos cans nas sombras chinesas. Ese ele con que os chineses sustitúen ese caroso son erre tan alleo á súa lingua e que serve de chacota a tanto xenófobo esmiolado. Ese ele lateral, alveolar, sonoro en luita co lateral, palatal, sonoro. Ese ele que ten o ponto de articulación nos alvéolos dos incisivos superiores. Si, xustamente aí, nese oco das mandíbulas onde están insertados os dentes. O lugar das manxadoiras por onde as bestas rumian nos prados alleos ou onde dan en se allear nos propios. Saben pronunciar gallina mais non sortella de alicornio. Ese l que se perverte en ll e ese ll que baila a jota.Ese ele que abrevia e abreva litros de historia invisivel que a lingua, nun só fonema, é quen de espellar. Ese alveolar autoodio que fai xurdir unha estrela de Galicia palatal tan dupla como temesiña e fazela fluir polo mundo vestida de rubia gallega de astigmática ollada dupla que non distingue as limias entre unha lingua perfumada e unha auga de colonia.Ese vergoñento ele duplo da expresión: Es que es muy galleguiño! Dito por un galego. Esta nazón alveolada, esta pequena cavidade escura que se empresta un ano máis no ritual dun Día da Patria. Este oco das mandíbulas onde están insertados os dentes do imperio español sen que manifestemos a máis incipiente dor, xenreira ou revolta. Esta nazón co ele de novato na condución do seu propio destino. Este vedraño reino suevo que se duplica para non ser lh, seguindo os mandados centralistas. Que segue a lle dar as costas ao seu pasado común do alénmiño. Esta Galiza que non sabe que foi nai de Portugal cando era Mesta a Meseta. Este nacionalismo íspido e pisamainiño. Ese acalado independentismo nos alvéolos composteláns.Ai, si. Un ano máis co ele deitado na grella do carro plurinacional recén aprobados pola autoescola Leviatán e arrolados pola biblia dos conversos!."}
{"ID": "PRAZA_17546", "summary": "A Deputación de Lugo, o Concello de Láncara e a Confederación de Empresarios lucense colaborarán no proxecto impulsado dende a Asociación Amizade e Solidariedade con Cuba, á que a familia lle cedeu a casa", "text": "Dous días despois do Día Nacional de Galicia de 1992 o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, situouse ao pé da pista do aeroporto compostelán de Lavacolla. Dun avión oficial descendeu o daquela máximo mandatario de Cuba, Fidel Castro, a quen Fraga recibiu con honras malia á obvia incomodidade da dirección do PP que encabezaba José María Aznar. Aquela histórica visita deixou moitas imaxes para a historia en escenarios como o Panteón de Galegos Ilustres, a Muralla de Lugo ou un multitudinario acto político no hotel Araguaney de Santiago. Pero, sobre todo, a visita á casa natal do seu pai, Ángel Castro Argiz, na parroquia de Armea, en Láncara. A vella vivenda, tras anos de abandono, agora tornará nun museo dedicado á historia da emigración galega. A finais do pasado xuño a familia Castro formalizou ante notario a cesión da casa familiar ao colectivo lancarao Amizade e Solidariedade con Cuba coa encomenda, segundo diundiu a Asocaición de Amizade Galego-Cubana 'Francisco Villamil', de \"informar sobre o invaluábel patrimonio cultural e político da Cuba actual\" e ser \"arquivo da grande emigración americana de Galiza, en particular das biografías dos nados en Láncara e da súa descendencia, que fixeron historia en todo o Caribe, especialmente en Cuba\". A devandita asociación de Láncara será a encargada de levar adiante o proxecto xunto ao Concello da vila, a Deputación de Lugo e mais a Confederación de Empresarios da provincia. A Deputación de Lugo, o Concello de Láncara e a Confederación de Empresarios lucense colaborarán no proxecto impulsado dende a Asociación Amizade e Solidariedade con Cuba, á que a familia lle cedeu a casa Nunha visita á vivenda na que Fidel Castro se declarara \"fillo lexítimo de Galicia\" no marco duns actos con máis aire de romaría que de visita de Estado, responsables da institucións que impulsarán este \"centro de interpretación da emigración na provincia de Lugo\" bosquexaron este mércores os seus plans. O primeiro paso, sinala a Deputación lucense, é abordar a \"necesidade máis urxente, rehabilitar a vivenda, que se atopa abandonada dende hai décadas\". Para facelo \"é importante a implicación das Administracións e da iniciativa privada\" e \"por iso -sinalan- a Asociación Amizade e Solidariedade con Cuba será a encargada de redactar o proxecto básico\" para, a continuación, \"determinar as posibles vías de financiamento\". Visita de Fidel Castro a Láncara en 1992 / © CRTVG \"Este centro servirá para lembrar a recoñecer a valentía e compromiso de todos os galegos que tiveron que abandonar a súa terra na busca dun futuro próspero\" Segundo o presidente do ente provincial, Darío Campos, este novo centro \"nun lugar tan simbólico\" será \"moi importante para Láncara e a súa contorna, pero tamén para toda a provincia de Lugo e para Galicia\" porque \"servirá para lembrar, agradecer e recoñecer a valentía e compromiso de todos os galegos que tiveron que abandonar a súa terra na busca dun futuro máis próspero\". Segundo o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, \"as boas relacións entre o Concello e o Goberno de Cuba, especialmente coa familia Castro, permitirán a construción deste centro\". A casa dos Castro, agregan dende a Asociación, porá en valor a traxectoria e impacto do pobo galego en América debido ao fenómeno migratorio\" partindo da pegada da familia, representada no acto deste mércores por María Teresa López. Alén do propio Fidel Castro, a lembranza do seu pai estará tamén moi presente no futuro museo. Castro Argiz marchou tivo que marchar como soldado á guerra de Cuba no 1898 e un ano máis tarde, xa como emigrante, asentouse na comarca cubana de Holguín. O primeiro responsable do proxecto de rehabilitación é o arquitecto de Sarria José Ángel López."}
{"ID": "PRAZA_2495", "summary": "Milleiros de persoas participan na primeira marcha estatal contra as violencias machistas para esixir que as agresións de xénero se convirtan en cuestión de Estado. Unha ampla comitiva galega participou na manifestación.", "text": "Despois de meses de preparación, de traballo e de coordinación, chegou o día. Unha cita histórica. A primeira marcha estatal contra as violencia machistas percorreu este sábado o centro de Madrid. A manifestación, que que reuniu a persoas procedentes de todos os puntos do Estado, arrincou cunha acción de Women in Black fronte ao Ministerio de Sanidade. Despois, Ángela González, cuxo exmarido asasinou a filla de ambos nun réxime de visitas sen supervisión, leu o manifesto antes de comezar o percorrido. Durante a lectura de González, arroupada por todos os asistentes, varios integrantes da formación política Vox sacaron unhas pancartas coas lemas \"ni machismo ni feminismo\" ou \"la violencia no tiene género\", que suscitou unha reacción automática das persoas que estaban ao redor. Finalmente, a policía decidiu intervir e convidou os integrantes da formación a abandonar a manifestación, segundo informou a SER. Tras esta breve interrupción, Ángela continuou: \"Non podemos permitir nin un asasinato máis, queremos os nosos fillos vivos, nós querémonos vivas\". A lectura terminou cos aplausos dos asistentes ao berro de \"xa abonda\". A marcha estivo guiada por unha cabeceira formada por mulleres sobreviventes da violencia machista e representantes do movemento feminista. María, Luís e Susana non poden conter a emoción. Viñeron desde Jaén co obxectivo de visibilizar \"que ao asasinato continuo de mulleres non se lle está dando unha resposta adecuada por parte do Goberno, nin en cuestión de orzamento nin de interese\", denunciou Susana. Baixo un sol que tamén quenta en novembro, respirouse un ambiente reivindicativo. Os lemas son tantos como razóns para acudir á marcha: \"Son asasinos, non son tolos\", \"xa abonda de terrorismo patriarcal\", \"non son mortas, son asasinadas\", \"non quero o teu piropo, quero o teu respecto\", \"non é un arrebato, é asasinato\". Os berros, ao unísono, desgarran o silencio que somete ás vítimas. Elas tamén están alí, e tamén berran. Sen medo. A mobilización esixe que a violencia machista sexa cuestión de Estado e ampliar a consideración de vítimas de violencia machista fóra do ámbito da parella A marcha fixo a súa primeira parada en Cibeles, onde o colectivo Xerando Arte colocou flores de cor violeta nos laterais da fonte. A praza soborda de persoas -segundo a organización polo menos 200.000- que saíron á rúa para esixir que a violencia de xénero sexa considerada unha cuestión de Estado. Tamén para reclamar que se revertan os recortes en Igualdade e a revisión da Lei Integral contra a Violencia de Xénero para ampliar, entre outras cuestións, a consideración de vítimas de violencia machista fóra do marco da relación de parella. Presenza galega A mobilización contou cunha importante presenza galega, tanto na recepción previa na casa consistorial de Madrid, na que participou a concelleira de Igualdade da Coruña, Rocío Fraga, e as edís de Igualdade e Políticas Sociais de Compostela, Marta Lois e Concha Fernández, como sobre todo na propia manifestación. Así, segundo indica a Plataforma Feminista Galega, foron unha ducia de autobuses os que chegaron dende Galicia para participar na marcha, ademais doutras persoas que se achegaron polos seus propios medios de transporte. Representantes da propia plataforma, das MNG ou de forzas políticas como o PSdeG, Anova ou Esquerda Unida, entre outras, estiveron presentes tamén para \"ter presenza propia na denuncia do feminicidio\". Os asasinatos das mulleres, resaltan tamén as participantes galegas na marcha, son só \"a punta do iceberg\" das violencias machistas."}
{"ID": "NOS_28051", "summary": "Os outros Estados que si responderon son Grecia, Hungría e Polonia.", "text": "O Estado español é o único dos consultados pola Comisión Europea en relación aos casos de espionaxe relacionados co programa Pegasus que non respondeu aínda aos requirimentos de información de Bruxelas. Eurodeputados acusan políticos españois de boicotear a investigación de 'Pegasus' no Estado español En concreto, a Comisión Europea enviou cartas de Hungría, Polonia, Grecia e o Estado español para que achegasen máis datos sobre esta cuestión. O comité do Parlamento Europeo que investiga o uso de Pegasus dirixiu preguntas escritas ao Executivo comunitario sobre o asunto. Nas respostas dise que a carta para ampliar a información enviouse o 24 de maio e que o Estado español aínda non a respondeu. Que sabemos de 'Pegasus'? A espionaxe, en cinco chaves Os escritos remitidos a Hungría e Polonia foron enviados o 14 de febreiro. Mentres que as autoridades polacas non enviaron a información requirida até o 29 de marzo, a resposta húngara chegou o 11 de maio. En canto a Grecia, Bruxelas enviou a carta o 29 de xullo, recibindo resposta o 2 de agosto. Respostas dos outros Estados Na carta que enviou aos catro Estados, a Comisión Europea pedía máis información sobre o seu marco legal e a súa interrelación coa lexislación europea de protección de datos, concretamente o regulamento xeral de Protección de Datos e a directiva sobre o seu uso de datos por parte das forzas de seguridade. Poden espiarme a través do móbil? Así funciona 'Pegasus' e isto é o que precisas saber para evitalo No escrito, remitido ao comité do Parlamento Europeo, a Comisión Europea di que as autoridades húngaras argumentaron que o uso de Pegasus forma parte da seguridade nacional e non está baixo a lexislación europea, a mesma resposta que deron as autoridades polacas. As autoridades gregas sinalaron que é cuestionábel que as preguntas do executivo comunitario se atopen dentro das competencias da Unión Europea e aseguran que as autoridades xudiciais do país investigan o intento de espionaxe a un eurodeputado. PSOE, PP e Vox impiden investigar 'Pegasus' Por último, Bruxelas conclúe o texto asegurando que continuará avaliando a relación entre a lexislación dos Estados membros e a de protección de datos europea. Tamén se compromete a seguir \"de perto\" as conclusións do comité da Eurocámara."}
{"ID": "NOS_39080", "summary": "200.000 persoas, segundo a policía e a organización, clamaron pola demisión da conselleira, Rocío Mosquera. Unha manifestación xigante, histórica, a maior de sempre na cidade coa da folga xeral de 1984. Vídeo do 'Timelapse' no interior.", "text": "Unha hora despois de dar comezo a manifestación a cabeceira chegaba á Porta do Sol mais ficaban aínda moitas persoas na praza que linda co Hospital Xeral de Vigo, o punto de partida. A maré humana que tomou as rúas da cidade olívica esta quinta feira (3 de setembro) en defensa da sanidade pública fíxose notar mesmo nos autobuses urbanos que apeaban a pasaxe antes do destino por non lles ser posíbel avanzar. Rúas ateigadas que clamaban pola demisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a cabeza visíbel da xestión política do goberno galego á que responsabilizan do que está a acontecer no novo hosital, o Álvaro Cunqueiro. Co proceso de traslados paralizado perante os riscos potenciais para a saúde d@s doentes e co falecemento dunha paciente atinxida por unha grave doenza hepática na xornada de onte, como pano de fondo, a veciñanza viguesa exixiu a recuperación da xestión do hospital, agora en mans privadas. Porén, a xerencia do Álvaro Cunqueiro e portavoces do servizo médico descartan que as altas doses de aspergillus atopadas na paciente fosen contaxiadas no hospital e atribúen o pasamento á \"evolución natural\" da súa doenza. Mais a carencia de material e persoal, a escaseza de camas e mesmo un servizo de aparcadoiro que custa a un doente de cancro por volta de 10 euros en cada sesión de quimioterapia supoñen razóns de abondo por si soas para defender un outro modelo de xestión que pase pola recuperación para o público do complexo. Miles de persoas entoaron o himno galego para pór o ramo a unha manifestación que xa está na historia da cidade Esa foi a mensaxe que milleiros e milleiros de persoas, 200 mil segundo a policía e a organización, chegadas de todos os puntos da área sanitaria de Vigo, lanzaron ao goberno galego, a comezar pola conselleira e o presidente da Xunta, nunha manifestación que xa está na historia da cidade e que concluíu coa multitude a entoar o hino galego. A pelota está agora no tellado do goberno galego."}
{"ID": "PRAZA_12324", "summary": "As anotacións na libreta de Joaquín Varela, requisadas e engadidas ao sumario da Operación 'Campeón', deixan ver que en abril de 2010, un ano antes de terse producido o plan de liquidación, a intención do Igape era a de facilitar a adxudicación da conserveira a Grupo Consorcio. Este holding non crearía a súa filial galega ata un ano máis tarde", "text": "En abril de 2010 conservas Bernardo Alfageme SA entraba en concurso de acredores. A suspensión de pagamentos era unha nova anunciada debido á precaria situación de liquidez dunha firma que, desde 2006, recibira cuantiosas axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través de préstamos ou avais. De maneira oficial e mediática, o nome da empresa \"Conservas Consorcio Gallego\" non aparecería ata un ano máis tarde, momento en que o conselleiro de Industria, Javier Guerra, anunciou a compra de Alfageme por parte deste holding cántabro. Pero a finais de abril de 2010 o exdirector xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, xa escribía na súa libreta persoal que Alfageme ía ser para Consorcio. \"Se quedan con tres plantas\", escribiu. A libreta de Varela está incluída no sumario da Operación 'Campeón'. A finais de abril de 2010 o exdirector xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, xa escribía na súa libreta persoal que Alfageme ía ser para Consorcio Estas anotacións na libreta de Varela se escribiron entre o 29 de abril e o 4 de maio de 2010, como consta no sumario. Nas páxinas se reflicte, en calquera caso, unha actividade normal e frenética, con reunións e plans económicos nos que entraba o Igape. O caso de Alfageme, que vén de ser noticia outra vez tras a petición de inhabilitación dos xestores de Promalar, chama á atención en tanto o instituto público concede virtualmente a propiedade da conserveira a unha firma que aínda non se constituíra. Conservas Consorcio Gallego, filial creada por Grupo Consorcio, foi rexistrada no Boletín Mercantil o 22 de xullo de 2010. Aparece Consorcio En diversas declaracións aos medios, os xestores de Promalar, promotora que adquiriu a conserveira en 2006, aseguraron que foi en maio de 2010 cando, un ano antes de saír a liquidación, xa \"empezara a sonar o nome de Consorcio\". Así consta, cando menos, na libreta de Varela de Limia. \"Consorcio, tres fábricas. O Grove después se vendería a Consorcio con sus empleados\", apuntou o exdirector xeral do Igape, imputado no Caso 'Campeón'. \"ERE para toda la plantilla de estructura\", engadiu a continuación. \"Reparto 50/50 con control absoluto de la gestión por Consorcio\", escribiu Joaquín Varela. Era maio. \"Asumir deuda Vilaxoán y Ribadumia equivalente al valor de tasación\". O anuncio de Guerra aseverando que este grupo se facía, coa axuda do Igape, coa xestión de Alfageme non foi ata marzo de 2011. O plan de liquidación aínda foi máis tarde. As plantas de Vilaxoán e Ribadumia tiñan unha importante carga hipotecaria. Segundo consta no acordo de convenio de novación da débeda, a situación era a seguinte: - Primeira hipoteca sobre a finca rexistral 14.661 de Vilagarcía de Arousa: 9.983.319 euros, máis case un millón para intereses de demora e outro millón máis \"para costas e gastos\" - Hipoteca de primeiro rango sobre a finca de Ribadumia (número 8.087 rexistral): 4.873.404,58 euros \"de principal, máis intereses e costas\" O acordo plantexado por Consorcio, en xuño de 2011, para adquirir Alfageme plantexaba unha novación da débeda contraída polos Lago co Igape superior aos 33 millóns de euros, que se poderían convertir nun euro simbólico. Na actualidade a adquisición de Alfageme por parte deste grupo está paralizada despois de varios movementos xudiciais dos antigos propietarios. As traballadoras da firma (case todas mulleres, que recibiron o premio 10 de Marzo da CIG) seguen á espera con numerosas mobilizacións para que se axilice o proceso e poidan volver ao traballo. Grupo Consorcio (Consorcio Genovés) está presidido por María Cristina Croce Marabotti, membro dunha familia emparentada coas máis grandes fortunas de Italia."}
{"ID": "NOS_44685", "summary": "A Asociación Premios da Crítica de Galicia deu a coñecer esta tarde en Vigo o resultado da XL edición dos galardóns. Entre os premiados están a actriz Flor Maceiras, a historiadora María Luisa Sobrino, o escritor Antonio Manuel Fraga, o xornalista Marcos Pérez Pena e o músico Luís Emilio Batallán. Tamén foron distinguidos o Grupo Nove, o Festival S8 de Cine Periférico da Coruña e o Programa ConCiencia da USC.", "text": "Corenta anos facendo país para sermos máis nós, foi o lema que hoxe presidiu no Hotel Os Escudos de Vigo a entrega dos premios e que reuniu, entre outras personalidades, a Abel Caballero, alcalde de Vigo; Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; e Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, foi dando conta da decisión dos xurados. Respecto da obra gañadora na categoría de creación literaria, o xurado subliñou \"o enxeñoso acercamento ao estraño, mesturando brillantemente o sobrenatural co fantástico, onde sobrancea a habil creación de ambientes perturbadores que nos acaban afectando do mesmo xeito que ao ficticio Lovecraft\". Deste xeito, Antonio Manuel Fraga recollía o galardón que o ano pasado distinguira a María do Cebreiro, hoxe parte do xurado. O xurado do Premio de Música valorou de Luís Emilio Batallán \"a súa traxectoria até a actualidade, a súa reivindicación e renovación da canción galega, a historicidade e dimensións das súas composicións que forman parte xa da cultura galega e do imaxinario colectivo de varias xeracións\". Da galardoada co Premio de Artes Plásticas, a historiadora da arte María Luisa Sobrino, o xurado recordou que foi \"pioneira no ensino da plástica contemporánea sendo impulsora da rede interdisciplinar da cultura galega\". E da premiada na categoría de Artes Escénicas, Flor Maceiras, dixo que é unha mestra \"comprometida cunha formación teatral íntegra concibida desde a base e desde as marxes, que ten o seu obxectivo primordial na igualdade de xénero concibida desde o presuposto da calidade artística\". Os Premios da Crítica Galicia tamén situaron á mostra S8 de cine periférico da Coruña \"entre os mellores festivais de cinema de vangarda do mundo\", e agradeceu ao Grupo Nove que fora quen de \"poñer en valor dende as súas orixes a materia prima galega facéndoa internacionalmente visible\". Do Programa Conciencia salientou que \"sexa unha iniciativa de divulgación científica consolidada no tempo optimizando uns recursos económicos cada vez máis minguados\", e finalmente valorou \"a cantidade, calidade e diversidade das propostas presentadas que reflicten o auxe da investigación científica e do pensamento en Galicia\" na concesión do Premio de Investigación 2017 ao traballo do xornalista Marcos Pérez Pena A prensa en Galicia na Transición. PREMIOS Creación Literaria: Querido H.P.Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga Investigación: A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena Música: Luís Emilio Batallán Iniciativas Culturais e Científicas: Programa ConCiencia da USC Artes Plásticas: María Luisa Sobrino Artes Escénicas: Flor Maceiras Cine e Artes Audiovisuais: Festival S8 de Cine Periférico da Coruña Cultura Gastronómica: Grupo Nove As fotografías no corpo do texto corresponden ao momento en que Antonio Manuel Fraga e Flor Maceiras recolleron os seus galardóns."}
{"ID": "NOS_30835", "summary": "A Cámara galega insta o Goberno do Estado a mudar os criterios de repartición do fondo para axudas a autónomos e pemes afectados pola pandemia para non \"penalizar\" Galiza.", "text": "O pleno do Parlamento galego exixe ao Goberno español que, para non penalizar Galiza, sexan mudados os criterios estabelecidos para o reparto do fondo de axudas a profesionais por conta propia e a pemes afectadas pola pandemia. Así, o hemiciclo reclama que a distribución se realice achegando un mínimo de 340 millóns, conforme ao sistema de financiamento autonómico e á porcentaxe de persoas traballadoras autónomas existentes. A proposición non de lei aprobada cuarta feira, 14 de abril, cos votos a favor do BNG e do PP contou coa abstención do PSdeG. O deputado popular Miguel Tellado asegurou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aproveitou \"unha vez máis a ocasión\" para \"discriminar Galiza cunha repartición inxusta dos fondos derivados da Real Decreto-lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da Covid-19\". Os populares sinalaron que a repartición \"inxusta\" deste fondo representa unha perda de 110 millóns para a Galiza. Ademais, sosteñen que, no conxunto de repartición de fondos territorializados, a Galiza recibiría \"700 millóns máis de aplicárense criterios do sistema de financiamento autonómico\". O deputado do BNG Daniel Pérez lembrou que a súa formación reclamou \"desde o inicio da pandemia\" que se puxesen en marcha axudas para os sectores afectados. \"Mais durante nove meses o PP e o PSOE dedicáronse a especular con esta cuestión, a Xunta exixindo axudas que non chegaban pero que tampouco eles articulaban; e o PSdeG exixindo axudas ao PP sen pedilas ao Estado\", sinalou para asegurar que \"mentres xogaban este estéril e vergoñoso partido de tenis político\", uns \"2.200 autónomos deixaron a súa actividade\". Segundo apuntou o nacionalista, trátase de datos \"demoledores\" que demostran que nin o PP nin o PSOE \"estiveron á altura\" dos sectores afectados que \"necesitan políticas claras, contundentes e adecuadas\". Aliás, instou a que as axudas cheguen canto antes e que se revisen os requirimentos para que moitas máis empresas poidan beneficiarse. Ademais, o BNG presentou unha emenda, que non foi aceptada polo PP, a través da que pedían á Xunta unha serie de medidas que permitisen reducir os custos de funcionamento da actividade. Abstencións do PSdeG Pola súa banda, o deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera defendeu a reacción do Goberno do Estado a unha crise \"mundial\" sen precedentes a través da mobilización en 2020 200.000 millóns de euros, \"20% do PIB\" para paliar os seus efectos. Uns fondos aos que se suman este ano \"29.700 millóns\". \"Isto mostra que hai unha saída da crise económica baseada na expansión do gasto público, na inxección de liquidez, medidas totalmente expansivas e que non teñen nada que ver coa saída da crise\" anterior, sinalou o socialista, que puxo en valor a \"rede de seguridade\" activada polo Estado español que \"evitou o colapso da economía\". Dito isto, lamentou a \"confrontación permanente\" co Goberno estatal na que, na súa opinión, están instalados os populares galegos e aseverou que estes fondos se reparten en función da afectación da pandemia nas economías e que a galega \"está menos impactada que a media do Estado\". \"Impacto da pandemia, desemprego e desemprego xuvenil, eses son os criterios, poderíanse tomar outros, pero evidente falamos de medidas contra unha pandemia e non de financiamento autonómico\", apuntou. Sector mar – industria da costa galega Por outra banda, na sesión foi rexeitada unha iniciativa a través da que os socialistas pedían, entre outras cuestións, defender o \"carácter estratéxico\" e a \"peculiaridade\" do sector mar industria e da costa galega, así como que calquera modificación normativa que poida afectar a esta actividade, en especial da normativa de costas, sexa con diálogo aberto e fluído coas entidades. A proposición non de lei foi defendida polo viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, que asegurou que esta iniciativa pretendía a \"unidade de toda a Cámara na defensa da costa galega\". Aínda que a proposta contou co apoio do BNG, cuxa deputada Rosana Pérez mostrouse moi crítica coa actitude mantida polo PSOE nesta cuestión, non saíu adiante ao ter o voto en contra do Partido Popular. Así, a popular Teresa Egerique asegurou que todas as demandas incluídas na proposta dos socialista solucionaríanse se se retirase o artigo 18 da lei de cambio climático."}
{"ID": "PRAZA_9483", "summary": "Sanidade publica ofertas do novo contrato para eventuais en diarios lusos para atraer facultativos de familia e pediatras ante a escaseza deses especialistas en Galicia. O país veciño teme unha fuga de profesionais sanitarios novos ante a importante diferenza salarial.", "text": "\"Governo galego recruta médicos portugueses a pagar o dobro\". Con este titular abría este xoves a edición en papel do diario portugués Jornal de Notícias. O periódico advirte así dunha \"operação de recrutamento de médicos de família e pediatras em Portugal\" impulsada polo Sergas ante a evidente falta de facultativos en Galicia, tantas veces advertida polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para xustificar boa parte dos problemas polos que profesionais sanitarios levan meses protestando e mobilizados.O Sergas publicou aen dous diarios portugueses unha \"oferta de trabalho para médicos especialistas em medicina geral e familiar e médicos especialistas em pediatria\"A campaña da Xunta comezou esta pasada fin de semana coa publicación en dous xornais portugueses, Jornal de Notícias e Diário de Notícias, de anuncios dunha \"oferta de trabalho para médicos especialistas em medicina geral e familiar e médicos especialistas em pediatria\". O Sergas ofrece unha retribución \"mínima\" de 61.500 euros brutos anuais a través do polémico e novo contrato de continuidade acordado na Mesa Sectorial a principios de ano, cun mínimo dun ano de duración e tres anos de máximo, tal e como confirma a Praza.gal a Consellería de Sanidade. \"Ofrécense as mesmas condicións que en Galicia\", din sobre esta nova modalidade contractual para vínculos temporais e substitucións. En poucos días, despois de se publicaren os primeiros anuncios, arredor de dez profesionais xa chamaran interesándose pola oferta do Sergas, segundo aclara a Consellería, que contesta con rotundidade cando se lle pregunta se o motivo desta campaña é a urxente necesidade de médicos en Galicia: \"Si\". De feito, a notable escaseza de facultativos de cabeceira e pediatras está a provocar importantes problemas e queixas en diferentes comarcas galegas. Desde Portugal, segundo conta Jornal de Notícias, preocupa a importante diferenza de salario cos médicos que inician a súa carreira en territorio luso e que perciben arredor de 28.000 euros ao ano fronte aos 61.500 brutos que oferta o Sergas, uns 4.390 euros brutos mensuais fronte aos 2.746 dun facultativo que inicia a carreira profesional e traballa 40 horas semanais no país veciño. En declaracións ao diario luso, o presidente do Colexio de Médicos de Portugal (Ordem de Médicos), Miguel Guimarães lembra que o Serviço Nacional de Saúde \"já não tem capacidade de responder a todos os portugueses\" e teme que a oferta do Sergas represente unha ameaza, máis aínda cando, hai preto de 680.000 persoas sen médico de familia atribuído. O Colexio de Médicos de Portugal advirte da ameaza que para o seu sistema sanitario supón unha oferta que dobra o soldo dos profesionais lusos que inician a súa carreira profesionalAdemais, o presidente da Associação de Medicina Geral e Familiar, Rui Nogueira, considera que ante a oferta da Xunta \"fica difícil cativar colegas para ingressarem na carreira médica sem outros motivos de atracção\". Tamén de ter en conta que outros países como Francia, Irlanda e Inglaterra adoitan pescar xa traballadores no sistema sanitario luso. A evidente e urxente necesidade de médicos en Galicia leva a que Sanidade olle cara a Portugal cunha campaña que xa insinuou hai tan só unhas semanas o conselleiro Jesús Vázquez Almuíña, ao advertir de que estes novos contratos para médicos sen praza fixa tiñan tamén como obxectivo \"atraer\" profesionais de especialidades deficitarias no norte de Portugal, tanto portugueses como galegos que emigraran alí. Ante a aprobación deste novo contrato, agromou en Galicia hai unhas semanas un novo colectivo, Precarias pola Atención Primaria, como resposta dos médicos eventuais a un modelo que, segundo denuncian, \"perpetúa a eventualidade pero en condicións moi precarias, resultando unha perda da lonxitudinalidade asistencial\". Precisamente, Precarias pola Atención Primaria, denunciou a resposta que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas deu a unha persoa interesada na oferta que Sanidade fixo en Portugal para estes novos contratos de eventuais. Ao preguntar este médico sobre o nivel lingüístico que esixían ante as súas limitacións, a resposta foi que \"non se esixe nivel de castelán nin de galego nin na fala nin na escrita\", tal e como se pode ver nun correo electrónico. \"Non se esixe nivel de castelán nin de galego\"\"En Galicia falamos galego e castelán e entendémonos perfectamente tamén en portugués\", explica o Sergas, que aclara que o contrato que lle ofrecen á persoa interesada sería para unha das áreas sanitarias limítrofes con Portugal. \"Parécenos que isto cruza outra liña vermella na calidade da atención que van recibir os usuarios do noso servizo de saúde e que non todo vale para cubrir as necesidades que, por unha xestión nefasta todos estes anos, agora non son quen de garantir\", din dese Precarias pola Atención Primaria, que esixen \"un contrato para eventuais con condicións dignas\" e que estean \"dispostos a asinar\". \"No canto de intentar atraer profesionais de fóra están a ignorar as demandas das médicas que queremos traballar en Galicia\", din. Por outra banda, e segundo un informe que pasou este xoves polo Consello da Xunta, o Sergas prevé lanzar en 2019 unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de 1.323 prazas, con 254 para medicina de familia e 93 para pediatría."}
{"ID": "NOS_54331", "summary": "A cimeira secreta entre os presidentes español e catalán foi filtrada ao rotativo La Vanguardia. O pasado domingo, o delegado do Goberno en Catalunya xa avanzou que se estaban a producir contactos \"a todos os níveis\".", "text": "Segundo todos os indicios, a reunión non desbloquea nada e só serviu para constatar o abismo que existe entre Madrid e Barcelona. O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, mantén a súa folla de rota, co referendum como bandeira. Mariano Rajoy limitouse a dicerlle que estaba disposto a falar de todo, agás diso. Ou sexa, a reunión privada podería terse retransmitido en streaming pois non achegou a menor novidade. Esta cuarta feira, xa coa noticia de La Vanguardia a rular por todos os meios, Rajoy non desmentiu a reunión e, nun encontro coa imprensa nos corredores do Congreso, reafirmou a súa vontade de \"falar do que interesa á xente, mais non de como incumprir a lei\". De acordo coas fontes consultadas por La Vanguardia, Madrid si estaría disposto a negociar sobre financiamento, lei de dependencia e pobreza enerxética. Rajoy tamén mostrou hoxe o seu interese en estender as conversas aos orzamentos [o seu goberno aínda non recabados os apoios suficientes para obter a maioría de votos no Congreso] e tamén ás infraestruturas. A parte catalá nega a maior, a suposta ilegalidade do referendo. A ollos de Barcelona, nada impediría que o Congreso delegue en Catalunya a competencia para a convocatoria dunha consulta non vinculante, de acordo co artigo 150.1 da Constitución española. En próximas datas está previsto que se anuncie un encontro entre ambos líderes, desta volta xa con carácter público."}
{"ID": "NOS_57768", "summary": "O Villareal marca cinco goles a un Celta sen intensidade que a quinta feira recebe Ajax e o domingo o Dépor.", "text": "\"Unha das miñas peores noites\". A frase de Berizzo após a goleada que este domingo lle endosou o Villareal ao Celta resume ás claras o que foi o partido. Unha 'manciña', cinco goles que foron caendo un tras outro perante un Celta que pagou caro a falla de intensidade. Ben é certo que os goles comezaron cedo e os celestes perdían dous cero cando tan só transcorreran 11 minutos de encontro. O Celta chegaba ao Madrigal en racha: catro vitorias seguidas e seis partidos sen perder. Enfronte, o Vilareal, un deses rivais máis que difíciles e que gosta, ao igual que o Celta, por un fútbol elaborado. Foron contundetes os do 'submarino amarelo' e non desaproveitaron ningunha oportunidade para marcar. Cando ía perdendo dous a cero o Celta tentou ordenar o partido e recuperar o dominio da bola, mesmo con algunha chegada con perigo. Mais unha perda de balón no minuto 38 propiciou o contragolpe amarelo e gol de Bakambu. Cun 3-0 ao lombo, o Celta colleu camiño dos vestiarios. O inicio da segunda metade non serviu para mellorar as cousas. Saque de esquina aos dous minutos e gol en propia porta de Wass. Berizzo chamou nada máis finalizar o encontro a deixar atrás este partido e concienciarse das citas que lles agardan esta mesma semana e que son para tirar o hipo: a quinta feira chega o Ajax. E o domingo, 'O noso derbi', contra o Deportivo. Ficha Villarrea (5): Asenjo, Mario, Jaume Costa, Trigueros, Álvaro González, Ruiz, Samu Castillejo, Bruno (Rodrigo, min.81), Sansone (Pato, min.72), Bakambu (Dos Santos, min.64) e Soriano. Celta (0): Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral, Jonny; Radoja, Wass (Señé, min.72), Orellana; Pione Sisto (Pape, min.51), Bongonda e Aspas (Rossi, min.57). Goles: 1-0, min.8: Roberto Soriano; 2-0, min 11: Roberto Soriano; 3-0, min. 37: Bakambu; 4-0, min.48: Wass, en propia porta; 5-0, min 93: Trigueros Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Álvaro, Iago Aspas, Orellana, Pape, Wass. Expulsou con duplo cartón amarelo a Sergi Gómez (86')."}
{"ID": "NOS_23668", "summary": "O artigo que abre o suplemento económico de Nós Diario incide no feito de que abonde con que a multinacional fixese pública a súa intención de fechar diversos centros produtivos e de despedir miles de traballadores e traballadoras en todo o mundo para que as accións da compañía aumentasen o seu valor na bolsa de Wall Street.", "text": "Desde o pasado 28 de maio, data do anuncio do despedimento de 534 empregados na súa factoría de San Cibrao, os títulos da compañía aumentaron en 24,7%, pasando dun valor nominal de 9,5 dólares a 11,8 dólares. Ao tempo, a capitalización da corporación pasou de 1.760 millóns de dólares até 2.200 millóns de dólares, aumentando o seu prezo en preto de 400 millóns de dólares. Os investidores decidiron tomar posicións en Alcoa coincidindo co proceso de reestruturación da compañía a nivel mundial. O fechamento da planta de aluminio de San Cibrao enmárcase nunha estratexia anunciada pola multinacional o ano pasado que a está levando a desfacerse de factorías en diversas partes do mundo, tamén nos Estados Unidos, onde veñen de despedir 700 empregados na súa factoría de Ferndale, no Estado de Washington. Os movementos de Alcoa para minguar o impacto dos seus custos de produción ten provocado un desprazamento da súa actividade fóra dos países centrais e a apertura de grandes complexos como o de Arabia Saudita. A posta en funcionamento da factoría de Alcoa en Arabia Saudita en 2012 foi o principio da fin para os seus centros de produción peninsulares. Precisamente como xa denunciou no seu momento o persoal traballador da fábrica da Coruña, a multinacional estadounidense introduciu grandes cantidades de aluminio da factoría de Oriente Medio polo porto de Vigo nos últimos anos. (Podes ler o artigo íntegro de 'Alcoa dispárase' no suplemento Producir, no teu Nós Diario de hoxe (e de todos os sábados), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Neste número, ademais, reflexionamos sobre a situación da 'Galiza na era dos narcosubmanrinos' da man de Joám José Romero Durán; Bernardo Valdês Paços e o economista e profesor da USC Adrián Dios deixan as súas opinións nas seccións 'Forza motriz' e 'Pé a terra', e Xoán Allegue López, presidente de adegas Martín Codax, protagoniza o 'selfie' desta semana. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel."}
{"ID": "NOS_52578", "summary": "O Goberno galego estende a pouta da censura á súa páxina oficial na rede social e elimina boa parte das 'recomendacións' que a cidadanía lle fixo chegar, exixindo a retirada da autorización para fumigar 350.000 hectáreas, moitas delas protexidas pola Rede Natura. A plataforma Fumigacións non! vén de deseñar un mapa no que se ve o alcance da acción. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización--", "text": "Case 4.000 mensaxes son as que acumula a páxina oficial da Xunta de Galiza na rede social Facebook, a maior parte delas en contra das fumigacións aéreas dos eucaliptais afectados polo gorgullo. Porén, ao parecer, houbo máis. Desde a plataforma Fumigacións non! denuncian que as persoas que administran a páxina suprimiron algunhas das queixas, que chegaron desde Galiza e desde outras partes do Mundo a través dunha ciberacción de protesta posta en marcha coa colaboración de Actuable. Non ás fumigacións. Salvade as abellas; Queremos abellas; Que fumiguen o Parlamento; Alguén quere vender o stock de insecticida antes de que Europa o prohiba; Non facedes máis que estragar a riqueza do noso país... Son só algúns dos milleiros de 'recomendacións' --foron publicadas no Facebook por esta vía-- que a cidadanía lle fixo chegar á Xunta, manifestando o seu rexeitamento á autorización do Goberno galego para fumigar 350.000 hectáreas no país. Dous mapas publicados pola organización ecoloxista Adega amosan as zonas que serán tratadas: lugares habitados, ríos, regatos e zonas protexidas na Rede Natura 2000. Fumigacións non!, que segue a convocar accións por todo o país para informar das consecuencias de sulfatar co praguicida Cascade, condena \"este acto de censura\" executado desde a Xunta, mais interpretan a masiva resposta social como \"unha mostra suficiente da indignación popular ante estes asasinos plans\". A petición no Actuable --Salvemos as abellas da Galiza, salvemos o noso futuro!-- foi asinada por máis de 70.000 persoas. A plataforma vén de publicar un novo mapa --colado na cima desta información-- no que se aprecia o alcance da acción amparada pola Xunta. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización--, tendo en conta que ao se empregaren medios aéreos, os praguicidas poden esparexérense a quilómetros de distancia dos puntos de fumigación. Alén disto, trátase dun produto bioacumulábel, isto é, que ficará durante moitos anos no tecido dos animais, incorporándose á cadea trófica."}
{"ID": "PRAZA_19912", "summary": "No 2009 había 9.863 camas en funcionamento nos establecementos do SERGAS e no 2015 a cifra reducírase a 9.126, segundo os datos facilitados pola propia consellería. A Xunta defende que as camas non son tan necesarias \"coma antes\", mentres que os sindicatos reclaman máis recursos \"Non quero ir á sanidade privada, pero non vou deixar que a miña filla empeore\"", "text": "O número de camas hospitalarias nos establecementos sanitarios do SERGAS vén reducíndose dende o regreso do PP ao poder no ano 2009. Das 9.863 camas que nese ano había en funcionamento, pasouse a 9.126, un descenso de 737. O número total de camas instaladas tamén se recortou, pero algo menos (575), segundo os datos que este venres fixo públicos a Consellaría de Sanidade. O número de camas en funcionamento por cada mil habitantes reduciuse das 3,6 ás 3,34, lonxe dos estándares europeos (ao redor de 5 camas por cada mil habitantes) aínda que por riba da media española (2,96), tamén en descenso na última década. Por provincias, a de Pontevedra é a que presenta peores datos, con tan só 3,1 camas por mil habitantes, por debaixo de Lugo (3,31), Ourense (3,48) e A Coruña (3,51). Por provincias, a de Pontevedra é a que presenta peores datos En varias ocasións o Goberno galego xustificou o descenso das camas operativas en que estas xa non son tan necesarias \"como antes\". Así o fixo en 2014 sinalando que \"o recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes\" nin \"determina o grao de eficacia do sistema\", destacando a importancia crecente dos hospitais de día ou da cirurxía ambulatoria e argumentando que \"a hospitalización achega pouco valor e alto gasto\". En varias ocasións o Goberno galego xustificou o descenso das camas operativas en que estas xa non son tan necesarias \"como antes\" Pola contra, sindicatos, colectivos profesionais e de pacientes e plataformas en defensa da sanidade pública veñen denunciando o peche de camas e a súa insuficiencia en moitos momentos, e reclaman a dotación de máis recursos materiais. \"Hai doentes cada vez máis maiores e pluripatolóxicos que necesitan ingreso hospitalario en maior medida. E o problema é que aquí se están facendo hospitais sen ingreso, sen camas, que parece que é a moda\", sinalaba María Xosé Abuín (CIG-Saúde) en conversa con Praza hai uns meses. \"É verdade que hai procesos cirúrxicos que agora son menos agresivos, polo que o seu tempo de hospitalización é menor. Pero entón por que hai as listas de espera que hai?\", preguntábase. \"Hai doentes cada vez máis maiores e pluripatolóxicos que necesitan ingreso hospitalario en maior medida. E o problema é que aquí se están facendo hospitais sen ingreso, sen camas, que parece que é a moda\", sinalaba María Xosé Abuín (CIG-Saúde) Tamén foi moi criticada a redución do número de camas en novos centros hospitalarios, coma o de Vigo, cun descenso do 50% con respecto ao proxecto inicial. E sinalábase a incidencia que esta falta de recursos tiña nas situacións de saturacións que de forma repetida se dan en certos momento do ano, por exemplo nos picos da gripe: \"non hai camas para hospitalizar as persoas con gripe que teñen enfermidades crónicas -problemas respiratorios, cardiálxicos...- e que necesitan ese ingreso, polo que ao final esas persoas teñen que acumularse nos corredores dos hospitais\", subliñaba este mes de xaneiro Manuel Martín (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública). A estatística do SERGAS amosa tamén a redución de persoal que se produciu nos últimos anos: dos 33.164 traballadores e traballadoras do 2009 aos 31.836 de 2015. E de 6.078 a 5.162 no caso do persoal sanitario facultativo."}
{"ID": "NOS_38817", "summary": "O proceso rematará o 4 de xuño, e nel poderán participar, con voz e voto, todas as persoas que asinaron o manifesto da Marea antes do 26 de abril, unhas 800. Despois comezará o proceso de primarias.", "text": "A portavoz municipal da Marea Atlántica, María García, e o portavoz da Coordinadora da organización, Rodrigo Gil, veñen de explicar en rolda de prensa que a formación pon en marcha a Marea Viva, o máximo órgano de toma de decisións da plataforma municipalista. A intención é actualizar os obxectivos políticos da formación, elaborar un programa e elixir unha candidatura para as eleccións municipais de 2023, despois de que os cinco edís actuais da Marea anunciasen a súa renuncia. Os cinco concelleiros de Marea Atlántica renuncian a continuar na corporación coruñesa O proceso rematará o 4 de xuño, e nel poderán participar, con voz e voto, todas as persoas que asinaron o manifesto da Marea antes do 26 de abril, unhas 800. Despois comezará o proceso de primarias. Segundo apuntaron, no marco deste proceso renovaranse as normas para escoller unha candidatura e deseñar un programa de maneira participativa. Para ser parte nos debates e votacións, os asinantes do manifesto terán que inscribirse na páxina web da Marea antes do 26 de maio. \"Sumar todas as sensibilidades\" María García remarcou que o obxectivo é \"sumar todas as sensibilidades\" e subliñou que a Marea Viva supón \"definir onde está a Marea Atlántica e cara a onde se dirixe\". \"É o primeiro paso cara á próxima convocatoria electoral, o seguinte será a convocatoria de primarias para ter unha candidatura lista no outono\", detallou a portavoz municipal. Que está pasando na Marea Atlántica da Coruña? Pola súa parte, Rodrigo Gil explicou que os documentos nos que se centrará principalmente a renovación son o político, que fixa os obxectivos para o próximo ciclo ou a estrutura da organización; o código ético e a forma de goberno, aínda que a proposta da Coordinadora é mantelos sen cambios substanciais. Aposta por manter a limitación salarial, un máximo de 40.000 euros anuais, doando o resto para financiar iniciativas como a Oficina dos Dereitos ou a Xanela de Proxectos, e tamén o máximo de dous mandatos para os cargos públicos."}
{"ID": "PRAZA_14925", "summary": "Yolanda Díaz ratifica que o 14-N exercerá de piquete xunto a CCOO, que alerta de que o PP tenta \"desmantelar\" a capacidade de acción das centrais sindicais", "text": "Era a súa primeira comparecencia pública tras as eleccións e quixérona convertir nun símbolo do que farán nas institucións autonómicas. Esquerda Unida acudiu este luns á sede de CCOO en Galicia para amosar, coa súa coordinadora nacional á fronte, o seu apoio á folga xeral do 14 de novembro, xornada de protesta na que, anuncia Yolanda Díaz, a formación vai \"combater\" na rúa a carón das centrais sindicais e, nomeadamente, do seu \"sindicato irmán\". A deputada electa por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lembra que a coalición encabezada por Xosé Manuel Beiras centrou o seu discurso electoral \"na loita contra a troika\" representada en Galicia polo PP e por iso, di, a súa primeira aposta tras os comicios é lograr que a folga \"sexa un éxito\". O \"apoio expreso\" de EU aos sindicatos chega nun momento no que os conservadores procuran, \"non por casualidade\", o \"desmantelamento dos sindicatos de clase\", parello ao propio \"desmantelamento do Estado de Benestar\" que, augura, irá parello \"ao novo rescate á banca\" do que \"estamos en vésperas\". Fronte ás chamadas do PP ao consenso parlamentario a \"man tendida\" de Esquerda Unida, di Díaz, diríxese ás persoas que secunden a folga e, a través de AGE, \"aproveitaremos para dicirlle\" a Alberto Núñez Feijóo que \"cumpra\" con promesas como mudar recortes por crecemento e comezar a crear emprego. \"Senón, ímolo combater\", advirte. \"Coa troika ningunha complicidade, toda a dureza\", retrúcalle Díaz a Feijóo Nesta liña, Díaz retruca ás apelacións de Feijóo a tender pontes no canto de procurar a confrontación. \"Coa troika, ningunha complicidade, toda a dureza\", resume a futura deputada, quen non ve vías posibles de entendemento co \"responsable máximo do endebedamento\" de Galicia. \"Tildoume de antidemocrática\", subliña a líder de EU, se ben na súa opinión non hai \"ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame\" a unha parte substancial da poboación. \"Non vou mudar e adianto que esta vai ser a senda\" no momento en que os deputados e deputadas de AGE tomen posesión: \"o combate ideolóxico\". \"Somos molestos\" Tamén o secretario xeral de CCOO en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, ve especialmente relevante a convocatoria de folga xeral ante os \"intentos\" de \"recortar a capacidade\" e \"desnaturalizar o papel\" dos sindicatos, tanto no contexto xeral do Estado como en Galicia. \"Véndense como privilexios o que son dereitos conquistados\" e por iso, di, dende a Xunta e o Goberno central se aplican, por exemplo, \"recortes aos dereitos sindicais\" ou á capacidade destas organizacións para representar os empregados e empregadas públicos. \"Queren poñer como exemplo o ámbito público\" para despois trasladar as restricións ao privado\", augura, e todo isto porque \"somos molestos\", en tanto que os sindicatos representan o \"último muro de contención contra esta política bárbara\". Pero, malia todo, Sánchez Aguión non só se amosa convencido do éxito da folga xeral, senón tamén na capacidade de resistencia dos propios sindicatos: \"pasamos épocas máis duras e non foron capaces\" de eliminar os sindicatos, subliña. Ante esta \"deriva antidemocrática\" en opinión do líder de CCOO cómpre ver a participación nas mobilizacións e, nomeadamente, na folga xeral como un \"investimento no futuro\""}
{"ID": "PRAZA_5063", "summary": "O sábado 15 serán homenaxeados os veciños da vila portuguesa de Tourem, que deron acubillo ás persoas que en 1936 fuxían de Calvos de Randín. O domingo 16 a canteira de Paredes (Vilaboa) acollerá un acto organizado polo colectivo A Regaduxa. No cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada) celebrarase o sábado unha homenaxe a O Piloto.", "text": "78 anos despois do alzamento militar que acabou coa Segunda República, hai milleiros de vítimas que seguen esquecidas, moitos lugares en Galicia que foron escenario da represión franquista e nos que aínda hai homenaxes pendentes. Vilaboa, Chantada e a vila portuguesa de Tourem, próxima á Calvos de Randín son tres deses lugares, e esta fin de semana acollerán senllos actos en recordo daquelas persoas que sufriron a persecución e a morte. O colectivo A Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa, que vén de constituírse, organiza unha \"Homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa\" que terá lugar vindeiro domingo, 16 de marzo, ás 18:30 horas, na canteira de Paredes (espazo desde o que contempla a illa de San Simón, con toda a súa enorme carga simbólica). O acto contará coas intervencións de Tareixa Carro, Pepe Álvarez Castro, Luís Bará e Pepe Cáccamo, e durante o mesmo, farase unha lectura colectiva dos nomes das vítimas da represión franquista no municipio. O grupo de pandeireteiras Adonairare porá o peche musical á homenaxe. O colectivo A Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa, que vén de constituírse, organiza unha \"Homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa\" que terá lugar vindeiro domingo, 16 de marzo, ás 18:30 horas, na canteira de Paredes As liñas de traballo do colectivo A Regaduxa, que compoñen Pepe Cáccamo, Tareixa Carro, Tomás Boullosa, Ornela Fernández, Carlos Fontes, Carlos Ríos, Luís Bará ou Anxo Ricón, comezan por facer un traballo por parroquias recompilando a memoria oral e investigando nos arquivos para elaborar un arquivo da memoria democrática e do terror franquista en Vilaboa, partindo da listaxe de Nomes e voces. O obxectivo do arquivo é documentar as tipoloxías da represión e nomes das vítimas: persoas asasinadas, persoas encarceradas; represión física e psicolóxica, represión económica e exilio. Tamén se quere dar a coñecer os lugares da memoria da represión franquista en Vilaboa, entre os que destacan o campo de concentración de San Simón e o do Cuartel de Figueirido. Ademais, outros lugares da represión na zona de Vilaboa son o Peirao de Santa Cristina, as curvas d´A Regaduxa, Portas (entre Paredes e Ponte Sampaio) ou A Revolta da Tiroida (Figueirido)... Os heroes e heroínas de Tourem De igual xeito, a Fundación Lois Peña Novo, dentro das actividades do roteiro Luís Soto. Vieiros da Memoria, e coa colaboración do concello de Calvos de Randín, organiza un acto de homenaxe na vila portuguesa de Tourem aos homes e mulleres que en 1936 lles deron acubillo aos galegos que fuxían da represión franquista, entre eles o doutor Antonio Fernández Carnicero, o deputado Alfonso Pazos ou o poeta Delgado Gurriarán. O acto celebrarase este sábado 15 ás 12.30 horas. Homenaxe ao Piloto Este sábado 15 o cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada) acolle unha homenaxe a José Castro Veiga, O Piloto, o derradeiro dos guerrilleiros antifranquistas Finalmente, este sábado 15 o cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada) acolle unha homenaxe a José Castro Veiga, O Piloto, o derradeiro dos guerrilleiros antifranquistas, asasinado pola Garda Civil en 1965. A homenaxe celébrase \"en réxime de convocatoria aberta\", á que se poden sumar todas as persoas que queiran \"para que siga viva a súa memoria e a de todos aqueles que loitaron e morreron polas liberdades\". \"Debe ser un acto no que participen e ao que acudan todas aquelas persoas que o desexen, independentemente da súa militancia política e da súa condición ideolóxica\" -destacan os seus organizadores- \"todos os que queiran terán tempo para falar, para cantar, recitar e, mesmo, para chorar. Só quedarán mal vistos aqueles que vaian con arelas de acaparar protagonismo político. Será un acto aberto, cooperativo, sincero, sinxelo e de axuda á recuperación da memoria da Guerrilla e dos guerrilleiros\"."}
{"ID": "PRAZA_20285", "summary": "A sentenza conclúe que houbo un \"deficiente funcionamento dos servizos públicos\", nomeadamente pola \"demora\" na chegada dunha motobomba. Obriga o Goberno galego a indemnizar con 52.500 euros á familia dos falecidos.", "text": "O 12 de agosto de 2010 dous brigadistas morreron cando loitaban contra o lume en Fornelos de Montes. Ao ano seguinte, as súas familias recibiron unha indemnización conxunta de 75 mil euros, unha cantidade que xulgaron insuficiente, ao considerar que as eivas e fallos no dispositivo público de extinción foran determinantes no fatal desenlace. Por ese motivo, reclamáronlle á Xunta o pagamento dunha nova indemnización de 175 mil euros, en concepto de responsabilidade patrimonial da Administración. A negativa do Goberno galego fixo que o asunto rematase nos tribunais. A sentenza obriga o Goberno galego a indemnizar as familias con 52.500 euros, unha terceira parte do solicitado O TSXG vén de emitir sentenza, determinando a responsabilidade da Xunta na morte dos dous brigadistas, considerando que houbo un \"deficiente funcionamento dos servizos públicos\" e obrigando o Goberno galego a indemnizar as familias con 52.500 euros, unha terceira parte do solicitado. No ditame detállanse as declaracións das testemuñas, que coinciden en sinalar que, á chegada dos brigadistas ao lugar do incendio, o lume era \"controlable\" e non había vento nin existía perigo excesivo, unha situación que cambiou rapidamente. Nese momento, a ausencia no lugar da motobomba coa que se esperaba contar foi determinante. O xuíz conclúe que \"tanto os medios materiais de que dispuñan os brigadistas como os protocolos a seguir foron os adecuados ás esixencias da situación producida\" e que \"as decisións conxuntas adoptadas polos brigadistas foron en todo momento correctas e acordes ás distintas vicisitudes que foi presentando o lume\". Porén, subliña que no sucedido foi clave a excesiva tardanza do vehículo motobomba en chegar ao lugar: \"Non vale argüír que o condutor da motobomba descoñecía a paraxe e non deu coa entrada de acceso ao lugar do incendio, tendo que ir na súa busca un dos membros da brigada que conseguiu contactar con el na estrada xeral e conducilo ao punto do sinistro\". O xuíz subliña que no sucedido foi clave a excesiva tardanza do vehículo motobomba en chegar ao lugar O ditame aprecia tamén responsabilidade na propia acción dos brigadistas falecidos, pero indica que isto non elimina a responsabilidade da Administración: \"Que dous dos brigadistas, presas do natural pánico, trabucasen a súa conduta e penetrasen en dirección ao lume, coas fatais consecuencias apuntadas, aínda que minora a responsabilidade da Administración, non a exclúe na súa integridade\". Este feito reduce a indemnización que finalmente a sentenza obriga a Xunta a pagar, rebaixando os 175 mil euros solicitados a 52.500. O Goberno galego pode presentar recurso de casación ante este ditame."}
{"ID": "NOS_56753", "summary": "O quinto libro de poemas de Pilar Pallarés e a primeira novela de Antón Lopo en oito anos son os Premios da Crítica Española 2018 en lingua galega. Tempo Fósil (Chan da Pólvora, 2018) e Extraordinario (Galaxia, 2018) titúlanse as obras distinguidas pola Asociación Española de Críticos Literarios a proposta da Asociación Galega da Crítica.", "text": "Con Tempo fósil, Pallarés (Culleredo, 1957), unha das poetas máis influentes de entre as promocións da década dos 80, adentrábase na memoria familiar e abrogaba as derregas entre o íntimo e o colectivo. A destrución da casa e a compaixón por todos os seres vivos, as cicatrices do eu e a rabia de raíz política comparecen nun volume que, para o xurado, amosa \"unha escrita medida e esixente\". \"[Tempo fósil] vólvese unha arquitectura de ecos, que incorpora elementos recorrentes na súa obra como humus, ósos, crisálidas ou felinos\", sinala o fallo, \"e suma outras marcas do tempo e do desposuimento\". Poética da ruína pero non da resignación, o libro clausurou un silencio editorial de sete anos. Na tarxectoria narrativa de Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961), tamén poeta e biógrafo, Extraordinario sucede a Obediencia (Galaxia, 2010). Se esta era unha distopía, a obra premiada pola crítica -antes foino no Premio Repsol de Narrativa Breve- é unha brutal disección das relacións familiares, o retrato da conquista da liberdade individual. \"De grande riqueza temática, a novela soborda con moito os coidados e o complexo urdido das relacións interpersoais\", considerou o xurado, \"para internarse na conformación mesma da identidade\". Un humor escuro e implacábel atravesa as páxinas dun relato destemido, acedo e e emotivo. Os Premios da Crítica Española 2018 déronse a coñecer este sábado, 6 de abril, en Vilafranca do Bierzo. A iniciativa naceu en 1956, pero as modalidades en galego, catalán e eusquera activáronse vinte anos despois. As propostas galegas decidíranse o pasado 21 de marzo nunha xuntanza da Asociación Galega da Crítica na facultade de filoloxía da Universidade de Compostela."}
{"ID": "NOS_38289", "summary": "'Pinga a pinga, polos dereitos d@s pres@s vasc@s' foi a faixa tras a que marcharon ducias de milleiros de persoas para dicir, mais unha vez, ao Estado español que abonda xa de represión e criminalización.", "text": "Non comezara a manifestación, cuxa saída estaba fixada para as seis da tarde, e Autonomía e rúas e prazas adxacentes estaban colapsadas. Ducias de milleiros de persoas procedentes das sete provincias de Euskal Herria ateigaban Bilbo para tomar parte na mobilización, convocada por 50 entidades e organizacións, en defensa dos dereitos das e dos presos vascos e en apoio e solidariedade para con Herrira. Entre @s manifestantes, e recibindo constantes mostras de cariño, os 18 membros de Herrira detidos a principios desta semana nun operativo ordenado pola Audiencia Nacional. Na cabeceira, a faixa: \"Pinga a pinga, polos dereitos d@s pres@s vasc@s'. Portada por escritores, deportistas, cineastas e músicos (entre eles, El Drogas, de Barricada). \"A favor de tod@s, contra ninguén\" 'Elkartasuna ez da delitua' (a solidariedade non é delito) foi unha das palabras de orde dunha mobilización que estaba apoiada pola práctica totalidade dos sindicatos, desde os abertzales ELA e LAB até as anarquistas CNT e CGT, e mesmo por CCOO. Do escenario político, a esquerda abertzale en toda a súa heteroxeneidade (Sortu, EA, Aralar, Alternatiba..) e mesmo a non abertzale (EB, Berdeak...). Non secundaron a convocatoria o PNV (aínda que si había militantes e cargos jeltzales na marcha) e os 3 principais partidos españois (PP, PSOE e IU). \"Madrid ten que asumir que non vale a dinámica que levou até agora: deter, reprimir, criminalizar...\" O parlamentar de EH Bildu Julen Arzuaga afirmou que a manife era \"a favor de todos e contra ninguén\". Unha frase que foi feita súa por moitos dos convocantes. \"Este pobo móvese, e o Estado español mantense na dinámica de antes, criminalizar, deter, reprimir...non se decata que todo cambiou\", indicaban desde Herrira. \"Máis unha vez, Euskal Herria está aquí polos dereitos dos presos, porque é estar polos dereitos de todos\". \"España quer botar o ferrollo á solidariedade\" Na manifestación tamén se lembrou que a Audiencia Naciobnal mantén a intención de prohibir durante dous anos as actividades de Herrira, \"que é o principal axente mobilizador da sociedade bascae cuxa influencia e capacidade chega alén da cidadanía abertzale\"."}
{"ID": "NOS_42454", "summary": "Esta terza feira 18 de abril falecía o escritor Miguel Suárez Abel por mor dun cancro e esta cuarta foi despedido en San Estevo do Campo (Arzúa), onde naceu. Quédanos a súa obra e o seu blog onde nos últimos meses ía verquendo os seus esforzos -tamén literarios- para enfrontarse á morte.", "text": "Escritor e xornalista, Suárez Abel (Santo Estevo do Campo, Arzúa, 1952), mantiña desde hai anos un blog persoal no que nos últimos meses contaba as súas experiencias coa enfermidade. No seu último post, do 15 deste mesmo mes, dicía: \"Cando me preguntan como o levo, non atopo mellor resposta que: evolucionando. Evolucionando a canda a enfermidade. Seguindo os seus pasos, as súas ordes, as súas decisións incontestables. Se decide pasar silente un par de días, un par de días que tamén silencio as preguntas ou as desvío ou dirixo con fortaleza. Se marca ritmos de dor crecente, á dor hei de facer fronte esquecendo toda outra necesidade ou pretensión\". A súa última novela, 'Nunca te vin chorar', foi publicada en Galaxia en 2010, editorial que destacou no seu pasamento \"a necesidade na súa obra de pescudar nas formas de relación do ser humano co mundo\". Segundo a editora dirixida por Fran Castro, \"o interese que Suárez Abel poñía no desenvolvemento do argumento, na disposición da historia e no deseño dos personaxes é consecuencia e xustifícase por esa busca do senso moral da ficción. Conseguir transmitir ese senso da vida aos outros era unha das súas grandes preocupacións\". Suárez Abel deuse a coñecer como escritor a principios da década de 1980 no Premio Modesto R. Figueiredo cos relatos \"O fillo do Serafín\" (accésit en 1981), \"O Quiquiriquí\" (primeiro premio no 1982) e \"A alemana\" (finalista en 1986). A súa primeira novela 'Turbo' (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Posteriormente publicou 'Álvaro Pino' (1989), 'Sabor a ti' (finalista do Premio Xerais en 1991), 'Selva Negra' (1993) e participou en libros colectivos como 'Contos do Castromil' (1992), 'Unha liña no ceo' (1996), 'Novo do trinque' (1997), 'Contos dende a arquitectura' (2003) e 'Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros' (2015). Asiduo colaborador en radio e prensa, no ano 2001, recibe o Premio de Periodismo Julio Camba. No 2002, gaña o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con 'O repenique de Beatriz Goldar' (2003). E, no ano 2007, recibe o Premio Periodístico Puro Cora."}
{"ID": "NOS_28499", "summary": "#Tornem1F. Voltamos o 1 de Febreiro. Esta é a palabra de orde co que o movemento d@s indignad@s se reactiva en Barcelona, após o estourido do escándalo de corrupción no Partido Popular.", "text": "Este serán, centos de cidadás e cidadáns déronse cita através das redes na Praça de San Jaume e combinaron, en asemblea aberta, a realización de distintas mobilizacións para este sábado. Alén de adoptar o acordo de rebautizarse como #Tornem1F, o movemento acordou manter este sábado, apartir das 11 horas, unha asemblea na Praça de Catalunya. Xa á tarde, arredor das 18 horas, haberá unha marcha cara á sede do PP en Barcelona."}
{"ID": "NOS_34241", "summary": "Máis un semanario que sae do prelo. O espolio do pazo de Meirás polos Franco, o futuro de Elnosa, entrevistamos o debuxante Kiko Dasilva e Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.", "text": "Nin as persoas máis escépticas dubidan dos efectos medio ambientais e, por tanto, para a saúde que provoca o mercurio en calquera das súas formas, tamén o que se atopa nos procesos produtivos das industrias de transformación. En 2013, unha decisión da UE fixou decembro de 2017 como data límite para que as cloreiras mudasen a tecnoloxía baseada na electrólise de salmoira con cátodo de mercurio por outra menos contaminante. Elnosa debía mover ficha. E vén de facelo. 'Elnosa, eterna en Lourizán?' 'O Pazo de Meirás: 80 anos de espolios'. O nome de Meirás di moito. Asociado á figura do ditador Francisco Franco, segue a ser un dos símbolos dun réxime que perdurou durante catro décadas de privación de liberdades, nas que se mantivo en funcionamento un aparello represivo responsábel de asasinatos, torturas, sancións e exilios. Esta é a historia do que ocorreu en Meirás, anticipo dunha publicación de Carlos Babío Urquidi, investigador, e Manuel Pérez Lorenzo, historiador, ambos os dous membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que, proximamente, debullará o proceso polo que o inmoble chegou ás mans do ditador. Un proceso con dispendios e arbitrariedades, dores e frustracións, que se prolonga até hoxe. Que unha praia teña bandeira azul parece sinónimo de calidade. Porén, numerosos colectivos ecoloxistas alertan de que en moitos casos, este distintivo firma a sentenza de morte do ecosistema dunha praia, advirte Adega. 'Bandeiras azuis, galardón ou condena?'. 'Rexeitamento do novo mapa sanitario'. O anteproxecto que modificará a Lei de Saúde de Galiza non convence. Nin a oposición, nin a sindicatos nin a colectivos de defensa das persoas usuarias ou da sanidade pública. Critican que prima criterios mercantilistas e que vai estabelecer zonas con \"cidadáns de segunda\" por ter peor atención. Entrevistamos Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia. \"Queremos chegar ás municipais con 120 candidaturas\". O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. A tramitación da lei de referendo e o posíbel rexistro da proposición de lei de transitoriedade desafían o bloqueo español. 'Avanzan os preparativos para o 1-O mentres Madrid nega que se vaia realizar'. 'Lenín Moreno rompe co legado de Correa e fractura Alianza País', o novo presidente toma distancia das políticas implementadas pola Revolución Cidadá en Ecuador desde 2007. Dez meses de loita en que a implicación de miles de persoas –cadro de persoal e veciñanza– conseguiu o obxectivo: que Villar Mir non poida vender as centrais hidroeléctricas. 'A vitoria de Ferroatlántica'. E en Análise falamos dos movementos de integración enerxética na UE. \"A nivel estatal fálase da banda deseñada galega como marca\". Falamos con Kiko Dasilva, debuxante de banda deseñada. 'As mariscadoras. A beleza e o perigo'. Ver unha mostra de arte contemporánea no Museo do Pobo Galego ten o seu aquel, aínda que o tema sexa tan tradicional como o marisqueo, visto –iso si– a través dos ollos de dous artistas internacionalmente recoñecidos como o catalán Francesc Torres e a norteamericana Terry Berkowitz. Pode visitarse até setembro. Ademais, as achegas e opinións de Xoán Costa, Luz Darriba, Mercedes Queixas, Tokio e Latuff, Mario Regueira, Andrés Castro, Manuel Xestoso e Francisco Castro."}
{"ID": "PRAZA_8837", "summary": "Sindicatos de profesorado e asociacións de pais e nais celebran a decisión do Goberno de non aprobar a LOMCE este venres, como estaba previsto, e cren que en parte se debe á mobilizacións nas rúas. Permanecen atentos aos movementos do Executivo, que quere aprobar a lei en xullo", "text": "\"Cando o ministro dixo con tanta contundencia que o día 10 ía levar a lei ao Consello de Ministros parece evidente que este xoves algo pasou. Que a lei non se aprobe hoxe débese á folga e ás manifestacións. É unha mostra de que mobilizarse é eficaz e si serve para algo\". Lois Uxío Taboada, secretario de Confapa, amósase rotundo ao valorar a noticia de que o Goberno decidiu aprazar a aprobación da reforma educativa prevista para este venres. Non son só os pais e nais: os sindicatos de profesorado concordan en valorar o impacto que a exitosa xornada de mobilizacións puido ter na decisión do Executivo. \"Parece evidente que este xoves algo pasou. Que a lei non se aprobe hoxe débese á folga e ás manifestacións\" Fontes do Partido Popular recoñecen en privado que a falta de consenso ao redor da LOMCE está detrás desa decisión. En concreto, o Goberno reclámalle ao ministro Wert un maior esforzo para lograr un consenso ao redor da lei que permita ao Goberno evitar un novo conflito nun contexto marcado polas protestas cidadás. E de feito mesmo no seo do PP hai moitas dúbidas sobre as bondades desta norma. Mesmo houbo críticas por parte das asociacións católicas de pais e nais e o ditame do Consello de Estado coñecido hai unhas semanas foi moi duro coa norma. O propio conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, celebrou este venres o aprazamento na aprobación da lei, unha decisión na que observa \"rigor\". Vázquez destaca a conveniencia de agardar a que \"estean pechados todos os detalles técnicos, especialmente os dea memoria económica\". De feito, a propia vicepresidenta Soraya Saenz de Santamaría vén de afirmar na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que a lei Wert tiña \"observacións sen resolver\". A vicepresidenta asegura que a norma será aprobada \"este mes de maio igual que a lei de emprendedores, seguramente a semana que vén\". Soraya Saenz de Santamaría di que a lei tiña \"observacións sen resolver\" pero asegura que a norma será aprobada \"este mes de maio, seguramente a semana que vén\" En calquera caso, trátase apenas dun adiamento. Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino e voceiro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, amósase cauto na valoración: \"Entendemos a decisión como unha manobra, simplemente, para non aprobar a lei ao día seguinte da mobilización. Era moi forte que o fixesen así\". Porén, Louzao salienta que o a non aprobación da lei este venres \"é unha mostra evidente do éxito da folga é non só da folga, pois nós levamos un ano mobilizándonos\". A CIG-Ensino tamén denuncia a actitude do Conselleiro de Educación que \"actúa como vasalo do PP en lugar de defender o ensino público galego\" Louzao tamén valora a posibilidade de que \"o PP por fin comeza a mudar a súa actitude e a escoitar a cidadanía\" e engade que \"Esta é unha lei que vai nacer morta e sen futuro e o normal visto o rexeitamento absoluto seria a retirada definitiva da lei\". A CIG-Ensino tamén denuncia a actitude do Conselleiro de Educación que \"actúa como vasalo do PP en lugar de defender o ensino público galego\". Do mesmo xeito, Mercedes Alonso, do STEG, cre que o atraso se debe \"á mobilización da sociedade\" pois \"el propuxo un reto: de presentar a lei ao dia seguinte da folga e non puido facelo\". Alonso engade que \"non sabemos en que se vai traducir\" e que \"seguramente se aprobe pero pode que isto abra a posibilidade de que se modifiquen algúns aspectos\", aínda que aclara que \"a nós iso non nos bastaria, porque o que queremos é a anulación\". O Goberno \"tiña un calendario moi axustado para aprobar a lei no Congreso no mes de xullo. É un mes no que moita xente está de vacacións e no que sobre todo a comunidade educativa está desmobilizada\" Todos os colectivos apuntan a que \"a mobilización continúa\". Neste senso Lois Uxío Taboada adianta que nos primeiros dias da vindeira semana haberá unha xuntanza da Plataforma en Defensa do Ensino Público e reitera que \"seguimos esixindo o cese de Wert, que está totalmente desacreditado. Un novo equipo ministerial debe iniciar un novo proceso negociador\". Para iso \"a comunidade educativa continúa mobilizada e en estado de alerta. Non imos baixar os brazos e imos estar atentos ao que vai ocorrer. O Goberno ten a pelota no seu tellado\". Agora é tamén unha cuestión de prazos e de tempos. Anxo Louzao apunta a que o Goberno \"tiña un calendario moi axustado para aprobar a lei no Congreso no mes de xullo. É un mes no que moita xente está de vacacións e no que sobre todo a comunidade educativa está desmobilizada\". E salienta que \"este adiamento pode obrigar o Goberno a modificar o seu calendario. Benvido é\"."}
{"ID": "NOS_7636", "summary": "Non é das súas películas máis coñecidas nin recoñecidas, pero si conseguiu instalar na cotidianeidade tanto un tipo de chaqueta como un síndrome psicolóxico: o síndrome de Rebecca. A patoloxía, realmente, ten a ver cos ciúmes, o que obviamente non é o caso, tratándose de Puigdemont. A adaptación da película á campaña do PdeCat vén da súa constante e até inquietante presenza no relato electoral malia o seu exilio en Bruxelas.", "text": "Rebecca, o personaxe da novela escrita por Daphne du Maurier, que o director británico levou ao cinema, ten a capacidade de se converter en protagonista e de atormentar o resto do reparto sen apenas saír nin unha vez en plano; só o fai de forma rotunda, de feito, a través dun retrato. Eran os anos 40, hoxe cecais a fórmula tería sido o holograma ou os planos vía Skype ou teleconferencia polos que teñen optado os responsábeis da campaña do último presidente da Generalitat elixido lexitimamente polos cidadáns. Puigdemont é e está. Molesta, mesmo. Se os partidos constitucionalistas fixeron mofa de cómo ían ser quen de facer campaña os \"contrarios\" e se confiaron en que cos dous principais rivais \"fóra de xogo\" ían telo máis doado, non puideron estar máis errados. Os grandes gurús da comunicación política terán que estudar, sen dúbida, o caso desta campaña como exemplo dunha xestión case inédita cuxo resultado podía saír moi ben ou moi mal. E está a saír moi ben. A percepción, no mínimo, conseguírona, a de que hai un partido que se presenta, con opción de volver gañar, cunha axenda centrada e organizada de actos diversos en contidos e territorializados, candidatos e candidatas solventes e escenografía presidenciábel. Non excesivamente amábel, soberbia tampouco sería a palabra, nin ofensiva. Cecais cun punto de excesiva seguridade que pode chegar a irritar, mais que de seguro é un efecto que tamén está medido. Como na película, a súa \"non presenza\" atormenta, porque é visto e fala en toda a parte. Retruca o contrincante. Pasea lacónico, pero esperanzado en paisaxes de outono europeas. Camiñas e, a nada que alces a vista polas rúas de Barcelona, a súa figura acompáñate, e el si que semella que te susurra: Ja som aquí. E culmina o feche de cada mitin cun primeiro plano que o converte na figura case dun Mesías polo que todas as/os presentes están agardando. Manexou os tempos, tanto para a estratexia máis política e xudicial como para a electoral, así como para a concesión de entrevistas, e agora está a xogar cun suposto regreso para estar xunto aos seus, xunto ao seu país, no feche de campaña, aínda que facelo sexa un auténtico \"xesto de heroicidade\" pola súa parte, que xa ten en vilo á policía tanto de España como das distintas fronteiras polas que podería entrar no Estado. Andaremos e veremos, pero, tecnicamente, o PdeCat xa gañou. É certo que se a eficacia da comunicación non se efectiviza en votos, nun bo resultado, estaríamos ante o indicio de que algo fallou, pero ese algo non ten por que estar necesariamente vencellado á estratexia do Dircom. Até os caganets levan agotados dende moito antes do día grande da Fira de Santa LLucía. E inclusive o marrón do 3 por cento, é Junqueras e non Puigdemont quen ten que comelo nalgunha cartelería na que, case sempre, o president ocupa un espazo superior. Din os gurús que os calvos, os gordos e os baixos apenas teñen posibilidades de ser bos candidatos. A historia dá a razón en parte, pero tamén hai excepcións, sobre todo no caso de persoas coa físico do candidato de ERC, pola tenrura e bonhomía que despertan, ao que hai que sumar as condicións excepcionais polas que está pasando, que lle outorgan un papel de vítima, sen el explotalo, que normalmente provoca máis empatía que o mesianismo. Non está a gozar da sobrerepresentación do candidato de PDeCat e, cecais, nalgún momento iso puido provocar algún problema na comunicación de ERC, alentado polos todólogos e algún adversario que tentou abrir unha fenda por aí. Quén é o seu candidato? escoitouse en máis dunha ocasión contra o partido con máis perspectivas de poder gobernar. Recoñece un dos voceiros da formación que no comezo estiveron frouxos, fríos; visto dende fóra o adxectivo máis acaído semella paralizados. As circunstancias tampouco puñan fácil sacar partido a un lema, sen embargo, dos que tamén se estudarán nas universidades: La democracia sempre guanya e a unhas postas en escea serenas e positivas (cartelería, intervencións nos meios etc). A maiores, o arranque cadrou co cara a cara do que xa tanto se ten falado nestas crónicas co que se tentou deslixitimar Marta Rovira como segunda de Junqueras. Mais pouco a pouco, atopado o ponto exacto co que visibilizar, dalgún xeito, a presenza e papel de Oriol, e superado o factor emocional de se enfrontar a unha campaña nestas circunstancias, coa incógnita engadida de que pasará o día 22, foron in crescendo e situándose como a única forza capaz de transmitir mensaxes afirmativas. Un repaso polo vocabulario das distintas formacións e só en ERC predomina o ton afábel, conciliador e críbel, baseado en conceptos como construción, transformar, loitar, \"facer República e democracia en positivo, que non é falar de bandeiras senón de igualdade e da soberanía da xente e dos seus dereitos sociais\". Conceptos como \"nobreza\" e \"honestidade\" no rexistro axeitado, é dicir, alonxado da impostura, e cun sorriso e interacción co público fai que a mensaxe empatice, que a campaña emocione e, ao cabo, cómpre lembrar que as campañas e os votos son fundamentalmente emocionais, algo que ante o 21D se bota en falta. Un repaso polo vocabulario das distintas formacións e só en ERC predomina o ton afábel, conciliador e críbel, Non se trata de facer leña da árbore caída, mais Irene Montero fixo un \"Marta Rovira\" hai tan só uns días, afirmando que as pezas do Museo de Lleida debían estar en Aragón. Obviamente, non pasou res, pero é sintomático do papel que está a xogar Podemos nestas eleccións, ás que aínda non lle pillaron o ton ou definitivamente o perderon dende o seu plantexamento inicial, sen interese ou tempo de rectificar. Un \"enemigo variábel\" segundo o día, retomar a pantasma de Aznar, a escasa presenza de Pablo Iglesias, o cansanzo de Xavi Domènech e as improvisadas contraprogramacións aos actos nos que participa Albano Dante Fachin, logo de terlle cedido espazos froito, probablemente, dunha axenda mal planificada, agoiran un tirón de orellas aos seus estrategas. Un tirón de orellas que non é menor no caso do PSC, vivindo de lemas e soflamas do pasado máis \"catalanista\" da organización e recuperando a Z de Zapatero, desta volta engadíndolle, obviamente, un I. Sobre Ciudadanos, convidaría a visitar a carpa galáctica laranxa que teñen instalada na Praza da Universidade e concluiría que é como unha metáfora da estratexia que están a empregar: plástico e artificiosidade, o que non é sinónimo de ser unha mala campaña, ollo. Canto ao PP e Albiol… pois qué máis ten, a lei do mínimo esforzo, xa lles veu todo feito, o seu reino non é deste mundo, o seu lema, de feito, xa o deixa claro: España es la solución. Imaxes: 1.-Mitin do PDeCAT, con Puigdemont proxectado en pantalla xigante. [Foto: PDeCAT] 2.-Titular da entrevista do Ara a Puigdemont. 3.-Cartaces de Garcí Albiol e Oriol Junqueras [Foto: R.R.] 4.-O cartaz de Iceta nunha marquesina [Foto: R.R.]"}
{"ID": "PRAZA_4438", "summary": "O Reino Unido pecha esta semana o seu mes dedicado á concienciación sobre a saúde mental. A falta de dotación destes servizos converteuse nun debate habitual nas sesións parlamentarias dos últimos anos. Té con Gotas fala coa psiquiatra coruñesa Violeta Pérez, que alerta dunha \"pandemia invisible\" de problemas de saúde mental que se fará notar con forza nos próximos meses", "text": "O Reino Unido pecha esta semana o seu mes dedicado á concienciación sobre a saúde mental. Aínda que desta volta foi eclipsado pola crise do Coronavirus, o debate sobre este tipo de doenzas está moito máis extendido na illa do que noutras partes do continente, entre elas Galiza.A falta de dotación dos servizos de saúde mental converteuse nun debate habitual nas sesións parlamentarias dos últimos anosNos escasos espazos non monopolizados polo Brexit, a falta de dotación dos servizos de saúde mental convertiuse nun debate habitual nas sesións parlamentarias dos últimos anos. No mundo corporativo, especialmente nas medianas e grandes empresas, os grupos de mental health e wellbeing están á orde do día, non só para mellorar o benestar dos empregados, senón para formar aos traballadores na detección de compañeiros con potenciais problemas de saúde mental e na mellor forma de xestionalos.\"Pandemia invisible\" de problemas de saúde mental\"Ás veces nestas idades hai unha especie de glamour asociado ao feito de ter un diagnóstico de saúde mental e parece que entre algún colectivo adolescente é como cool ter ansiedade ou estar deprimido\"A psiquiatra coruñesa Violeta Pérez, que desde hai un ano traballa nun dos principais hospitais de Londres como psiquiatra de menores, recoñece que a sociedade británica vai varios pasos por diante do Estado español. \"É algo moi presente nos medios de comunicación, nas empresas e algo do que se fala moito nas aulas dos colexios\", asegura. Con todo, recoñece que o traballo de sensibilización entre a poboación máis nova pode ter \"danos colaterais\". \"Ás veces nestas idades hai unha especie de glamour asociado ao feito de ter un diagnóstico de saúde mental e parece que entre algún colectivo adolescente é como cool ter ansiedade ou estar deprimido\".A psiquiatra fala dunha \"pandemia invisible\" de problemas de saúde mental que se fará notar con forza nos próximos mesesDacordo con datos da Mental Health Foundation, unha fundación centrada na loita contra este tipo de doenzas, un de cada dez menores de idade ten problemas de saúde mental no Reino Unido.Outras estatísticas amosan como de extendidas están estas doenzas no conxunto da poboación. Unha enquisa da ONG Mind revelou recentemente que un 20% da poboación británica tivo pensamentos suicidas nalgún momento da súa vida mentres que un 7% autolesionouse como mínimo nalgunha ocasión.A recente crise do coronavirus e o impacto económico que conleva porán máis pedras no camiño, en opinión da coruñesa, que xa fala dunha \"pandemia invisible\" de problemas de saúde mental que se fará notar con forza nos próximos meses."}
{"ID": "PRAZA_11519", "summary": "Un novo proxecto de educación en igualdade do IES de Arzúa aposta por facer visibles algunhas mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e momentos hitóricos\" sen \"obteren o mesmo recoñecemento ou teren as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns\"", "text": "O IES de Arzúa é un dos que destaca dende hai tempo por apostar pola educación en igualdade. Faino durante todo o curso e tamén ao fío do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no que este instituto repasa algúns dos traballos e actividades con perspectiva de xénero que desenvolve co alumnado.Un deles é o proxecto audiovisual Eu son… Mulleres da sombra á luz. Nel, profesorado e alumnado o instituto arzuán dende o curso 2018-2019 e tamén no actual, tenta \"facer visibles algunhas mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e momentos hitóricos\" sen \"obteren o mesmo recoñecemento ou teren as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns\". E só \"polo feito de ser mulleres\", explican dende o claustro do centro educativo.As figuras reivindicadas neste traballo son \"do presente e do pasado, anónimas e coñecidas\". Todas, explican, co punto en común de teren \"historias de vida con moito que ensinarnos\"As figuras reivindicadas neste traballo son \"do presente e do pasado, anónimas e coñecidas\". Todas, explican, co punto en común de teren \"historias de vida con moito que ensinarnos\". O traballo, detallan, ben podería ser resumido cunha cita da xornalista e activista feminista Montserrat Boix: \"Para reler a historia con perspectiva de xénero non só temos, como docentes, que tentar rescatar o protagonismo das mulleres no pasado, senón presentar instrumentos para repensar a dinámica histórica no seu conxunto\". \"Debemos -di a autora- ensinar ao noso alumnado a reinterpretar a historia, a cuestionarse todo o aprendido até a data, incorporar os novos datos e as novas categorías. O resultado ha de ser necesariamente a transformación da nosa visión do mundo e da historia\".Entre as figuras históricas e presentes reivindicadas neste traballo están dende Amada García a Elvira Bao, pasando por Isadora Duncan, Vero Boquete, Ernestina Otero ou Berta Cáceres. Tamén as mulleres que loitaron no conflito das Encrobas, a investigadora Ángeles Alvariño, a pintora Maruja Mallo ou as Trece Rosas."}
{"ID": "NOS_29755", "summary": "Vietnam proeu, como ningunha outra guerra, nas conciencias occidentais. No A Fondo que publicamos o 7 de maio lembramos os comos e, sobre todo os porqués, e as consecuencias.", "text": "Finaba abril de 1975 cando o exército do Vietcong entraba no palacio presidencial de Saigón. A imaxe simbolizaba o punto e final a un conflito que, durante décadas, arrasara o país. Corenta anos despois rememoramos no A Fondo desta semana a guerra do Vietnam, un dos conflitos máis icónicos do século XX e quizais dos que máis conciencias removeu. Foi a loita pola liberación nacional dun país que primeiro houbo de expulsar ao exército colonizador francés e, despois, loitar pola súa reunificación, escindido por un paralelo entre o Vietnam do Norte e o Vietnam do Sur. Foi tamén, un sanguento taboleiro no que Estados Unidos chegou a descargar até sete millóns de bombas para impedir que o territorio entrara no bloque comunista e que, tras del, foran outros estados asiáticos que seguiran o exemplo. No A Fondo desta semana, coordenado polo historiador Xosé Antonio Tizón e a historiadora Ana López Formoso, afóndase no contexto da guerra de Vietnam, nas causas que levaron ao conflito, nas repercusións do mesmo, e na importancia que a educación e a creación artística tiveron como armas de loita. \"Xestado nas loitas descolonizadoras e enquistado nas batallas da Guerra Fría, a guerra alongouse en Vietnam durante trinta anos\" \"A imposibilidade de USA de saír de Vietnam sen unha derrota levou á táctica de search and destroy: matar inimigos para fundir a moral das tropas do Vietcong\", explica Tizón nun artigo no que afonda nas causas e o desenvolvemento dun conflito que, xestado nas loitas descolonizadoras e enquistado nas batallas da Guerra Fría, alongouse durante trinta anos. O historiador afonda no que de guerra de liberación nación e de principio de dominó houbo tras o conflito. Parte importante da guerra do Vietnam xogouse no terreo do simbólico. Foi unha das guerras máis relatada, máis fotograda e máis filmada. Do modo en que ficou plasmada nas máis diversas disciplinas artísticas, e do como a propia arte axudou a remover conciencias, fala neste A Fondo Ana López Formoso. Pecha o suplemento o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, quen repara no papel que a educación tivo na loita do Vietnam do Norte. Nas escolas, os nenos e as nenas aprendían a coñecer a súa historia e a súa literatura. A arte e a cultura eran, en verbas de Ho Chi Ming, outra fronte de loita. \"Antes do amencer que traía os bombardeos, todo o país era un ir e vir de vagalumes,nenos e nenas con lampadiñas para ir a escola\", describe Sánchez Iglesias."}
{"ID": "NOS_10116", "summary": "A taxa de cobertura é do 51,7 %, moi por baixo do 54,1% no Estado e 10 puntos menor que a que se rexistraba a comezos da crise. En só un mes aumentou en 1.050 persoas as paradas que non perceben prestación.", "text": "Das 203.554 persoas no desemprego que hai en Galiza só perceben prestación 94.369. Delas, só 38.486, menos da metade, reciben a prestación contributiva. A taxa de cobertura en Galiza situouse en outubro -último mes dispoñíbel- no 51,7 por cento, por baixo do 54,1 % do Estado, unha diferenza de case dous puntos e medio. No 2009, cando a crise xa comezaba a bater con forza, a taxa de cobertura era do 63,2%. Desde entón até agora caeu en máis de 10 puntos. No noso país hai 104.571 persoas que están rexistradas nas oficinas de desemprego que non son perceptoras de ningunha prestación. Unha situación sobre a que alertan sindicatos e axentes sociais, por entenderen que é un campo aboado para a exclusión social. O mes anterior, setembro, o número de persoas nesta situación era de 103.521, mil cincuenta menos que en outubro. En apenas un mes aumentou o número de persoas no paro e sen prestación nunha media de 34 cada día. En agosto eran 99.111 persoas as que estando rexistradas no paro non eran beneficiarias de prestacións. En xullo, a contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario foi de 780,7 euros (802,3 no Estado). As contías medias das prestacións asistenciais (subsidios, renda activa de inserción e PAE), é de 426 euros."}
{"ID": "NOS_2388", "summary": "O deputado Daniel Castro tamén exixe a \"reprobación\" de Rafael Louzán", "text": "O Bloque Nacionalista Galego (BNG) advertiu no Parlamento galego á Xunta da Galiza de que \"no actual contexto de pandemia, igualar co ano pasado o importe dos convenios asinados coas federacións deportivas non chega, senón que é preciso realizar un gasto extraordinario ante a enorme dificultade que pasou e segue a pasar o deporte federado do país a consecuencia dos efectos derivados da Covid-19\". Así o reclamou o portavoz nacionalista de Deportes, Daniel Castro, logo da comparecencia na Cámara do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. A este último lle reprochou \"actitudes de triunfalismo\" cando os fondos do Executivo galego destinados ao ámbito deportivo federado \"simplemente igualan os do exercicio anterior, e seguen a ser inferiores aos doutros gobernos\". Así o considerou \"pese a unha parada obrigada da práctica deportiva que implicou grandísimas perdas económicas, desaparicións de clubs e feches de ximnasios e outras instalacións deportivas\". \"Os problemas de moitas entidades e empresas relacionadas co deporte seguen a día de hoxe, polo que precisan máis e mellores axudas directas\", engadiu un Castro que tamén demandou da Secretaría Xeral para o Deporte a \"reprobación\" e a \"condena\" do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, recentemente declarado culpábel de cometer prevaricación e fraude. As \"medidas necesarias\" da Xunta da Galiza En contraposición ao discurso de Castro, Lete Lasa defendeu en sede parlamentaria as medidas adoptadas pola Xunta, \"que foron as necesarias para xestionar mellor a pandemia\". Neste sentido salientou que a situación na Galiza \"é mellor que noutros territorios, onde os ximnasios están fechados e non hai público ningún nos eventos\"."}
{"ID": "PRAZA_943", "summary": "Un partido non só representa intereses de grupos sociais, tamén é unha empresa en si mesma cos seus propios intereses. Un partido ten a súa vida propia, son moitas nóminas e moitas carreiras políticas, diñeiro e poder.", "text": "Se hai uns meses os poderes económicos e do Estado estaban preocupados polo proceso de crise da política española, proceso soberanista catalán, erosión do bipartidismo e da Coroa, agora xa non o están. Pola contra, tomaron o control da situación e pasaron á ofensiva. O taboleiro móvese, si, pero contrólano eles. A nova fase resúmese no de \"que cambie todo para que nada cambie\". A iso responde que os poderes económicos, a través dos medios de comunicación, estean a levar en andas a \"Ciudadanos\" aos arredores da Moncloa. Os poderes contemplan todas as posibilidades para garantir a continuidade dun sistema político que se axusta aos seus intereses. Unha posibilidade é a alianza PP e PSOE, pero pode non ser posible e entón a peza imprescindible para garantir a continuidade, ben do brazo do PP ou do PSOE, é \"Ciudadanos\". Non paga a pena perder o tempo en analizar o que é ese partido, o seu fundador saíu das mocidades do PP e o seu partido foi o españolismo militante en terra hostil, pero os nosos amos decidiron que sexa outra cousa. A batalla en Catalunya confían en tela gañada, PP e PSOE-PSC perderon alí case calquera papel que tivesen pero a aparición de \"Podemos\", que entrou no territorio que o independentismo cría posuír, debilita o proceso soberanista e \"Ciudadanos\" ocupa xa o territorio que perdeu o PP alí. Dese modo, Catalunya xa non aparece separada e mantense integrada no sistema de representación política estatal. Rosa Díez, unha política profesional toda a súa vida e educada na opulencia electoral do PSOE dos anos oitenta, sobrevalorou a autonomía da política respecto da sociedade e sobrevalorou o poder dos partidos. Esqueceu o elemental, cando hai unha situación de crise dun sistema e os partidos existentes non saben solucionala para garantir os intereses do poder, este intervén directamente. Hai ocasións históricas nas que intervén a través do Exército e hai outras nas que utiliza a arma mediática, é o que está a ocorrer. A Díez fíxoselle ver que tocaba un entendemento con Ciudadanos, non atendeu aos requirimentos e foi apartada sen miramentos. Agora é Ciudadanos a peza necesaria e desprazaron a fronte madrileña e española con excelentes resultados. Esa operación garante os intereses dos poderes do estado e das empresas do IBEX, pero iso é unha cousa e os intereses particulares do PP son outros. Un partido non só representa intereses de grupos sociais, tamén é unha empresa en si mesma cos seus propios intereses. Un partido ten a súa vida propia, son moitas nóminas e moitas carreiras políticas, diñeiro e poder. Os do IBEX teñen os seus consellos de administración pero os postos de deputados e cargos na administración que gañe \"Ciudadanos\" son postos que perden afiliados do PP e, tamén, do PSOE. Nun momento así interveñen os intereses particulares dos políticos; a dimensión humana particular é fundamental e nas listas electorais bátense persoas que levan anos vivindo da política e queren seguir facéndoo con persoas que perderon o seu traballo ou a súa empresa e buscan agora un posto nas listas de novos partidos emerxentes. O lema dos do IBEX é o de Lampedusa, pero moitos aspirantes a concelleiros corean \"Quita ti para poñerme eu!\". É natural que o PP loite pola súa vida, conservar unha maioría para seguir gobernando, con todo non pode tapar completamente todos os casos de corrupción. É case imposible que non se filtren ou acabemos coñecendo novos casos, probablemente o PP non consiga seguir protexendo o mesmo Rajoy, que xa se coidou de deixar mellorados os rexistradores da propiedade. E esa corrupción que aflora nos medios é o alimento de tanto de \"Podemos\" como de \"Ciudadanos\". E é \"Ciudadanos\" quen máis está a engordar ultimamente con ese alimento. Cada novo caso de corrupción é un quilo máis de votos para Albert Rivera. Como se trata dunha dinámica, e a dinámica ten as súas leis, ese proceso de perda de apoios non pode ser parado de súpeto. Entón, ten razón nesta ocasión Rajoy, é cando se perden os nervios e cada candidato e cada organización territorial empezan a ir cada un polo seu lado. Que teñan pánico é o lóxico, é para telo, pero ese pánico é o signo que confirma o desastre anunciado e acelérao. Ofrecéronnos un sacrificio ritual do Rato expiatorio para tentar purificar o Goberno e o seu partido de pecado, pero isto xa entrou en barrena e non se para, despois das eleccións municipais Rajoy dimite e convoca eleccións anticipadas. Hai quen soña con aquelas municipais de 1931 en que acabou a Monarquía e adveu a II República pero parece evidente que non vai ser o caso, simplemente cae un goberno e sairá outro novo de entre eses catro partidos."}
{"ID": "PRAZA_884", "summary": "A construción do túnel que rematará o periférico da cidade está practicamente paralizada catro meses despois do corte de tráfico ditaminado polo inminente inicio das obras. O BNG local insta o Concello a esixir a posta en marcha dos traballos ou a reabrir o tránsito.", "text": "Rolda de \"conversas coa veciñanza\" en Compostela Aberta O 17 de xullo de 2014, apenas dez días despois de tomar posesión como terceiro alcalde do mandato, Agustín Hernández reuníase co secretario de Estado de Infraestruturas, o actual ministro de Xustiza, Rafael Catalá, e xuntos anunciaban quen no mes de outubro comezarían as obras do túnel de Conxo, a agardada infraestrutura que suporá o remate do periférico da cidade e que está chamada a rematar cun punto que concentra enormes retencións de tráfico a diario. Catro meses despois, a comezos de novembro, o propio Hernández protagonizaba xunto á ministra de Fomento o acto de descubrimento de primeira pedra dos traballos nun día que considerou \"histórico\". Cando xa transcorreron cinco meses máis o único visible na zona son os engarrafamentos de tráfico. O candidato do BNG á alcaldía da cidade, Rubén Cela, visitou este xoves a zona xunto a membros da súa candidatura para denunciar o que considera unha ituación \"impresentábel\". Dende que, o pasado 19 de xaneiro, se restrinxise boa parte do tráfico na que será a contorna do futuro túnel, unha das principais entradas da capital de Galicia, pouco máis se fixo que iniciar o desmonte da rotonda, instalar valados de obra e cortar parte do tráfico. Mentres, veciñanza e comerciantes do barrio elevan o ton das súas queixas. Sobren dificultades de acceso e mingua de clientela sen que se estea a facer \"nada\", ilustran. Hernández e Pastor prometeron a conclusión nun ano, pero catro meses despois apenas se realizaron traballos Neste contexto, di Cela, a Hernández correspóndelle \"empezar a exercer dunha vez como alcalde e esixirlle ao Ministerio de Fomento os recursos materiais e humanos suficientes para acometer esta actuación nos prazos\" previstos e \"axilizar o ritmo de traballo\". \"Unha de dúas\", ilustra o alcaldable do Bloque: ou as obras se poñen en marcha ou o consistorio debe \"reabrir de inmadiato o carril que está cortado ao tráfico\", toda vez que os gobernos local e central anunciaron a obra \"cun prazo de execución de 12 meses\" e xa se \"leva consumido un terzo dese tempo\". \"É unha falta de respecto total e absoluta para a veciñanza de Conxo, comerciantes, persoas usuarias e traballadoras do hospital provincial e ao conxunto da cidadanía\", acusa. Por todo isto, o Bloque deixou na zona unha faixa coa lenda \"menos fotos, máis traballo\". \"É unha falta de respecto para a veciñanza, comerciantes e persoas usuarias\" Mentres dende o gabinete de Hernández se apela á \"normalidade\" Cela lembra que naquel acto de inauguración a propia ministra de Fomento, Ana Pastor, cifrara en 38.000 os vehículos que \"transitan a diario por este lugar\". Este novo episodio, afirma, lémbralle a outra das decisións acometidas no barrio polo primeiro alcalde do PP neste mandato, Gerardo Conde Roa, que hai tres anos ditaminou xunto ao daquela edil de tráfico, Albino Vázquez, \"cortar un dos xiros da rotonda coa escusa de que era temporal\". Ese corte, resalta, \"durou tres anos\". \"Cando dixemos que as obras eran un paripé dixo que mentíamos\" Tamén o candidato socialista á cidade, Francisco Reyes, se dirixe a Hernández para instalo a \"utilizar o seu cargo e esixirlle á ministra de Fomento o inmediato inicio das obras do túnel\". \"Non chega con dicir que esta inquieto\", afirma o alcaldable do PSdeG. \"Cando lle dixemos que as obras eran un absoluto paripé porque tan só se desviara o tráfico e se xeraron perdas aos comerciantes para dar a impresión de que se facía algo\" o alcalde \"dixo que mentíamos\". \"Os cidadáns non poden pagar a incompetencia do Goberno\", censura."}
{"ID": "PRAZA_12617", "summary": "A reposición de só o 10% das baixas causadas por xubilacións forzosas provocan que Galicia sexa a cuarta autonomía que máis médicos perderá nos vindeiros anos. As asociacións de defensa da sanidade pública advirten das \"evidencias\" científicas que relacionan a redución de persoal médico por habitante e o incremento de enfermidades de detección doada.", "text": "Un total de 1.255. É o número de profesionais da medicina que a sanidade pública galega perderá nos próximos anos por mor das medidas de \"austeridade\" ou, o que é o mesmo, pola combinación de xubilacións forzosas aos 65 anos -incluída, por exemplo, na lei de recortes ao funcionariado que vén de aprobar a Xunta- e pola imposición estatal de non repoñer máis do 10% das baixas nos cadros de persoal público. É a estimación que vén de realizar a Plataforma de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública que, apoiándose en datos do Instituto Nacional de Estatística, debuxa un pouco alentador panorama para o Servizo Galego de Saúde e sitúa a Galicia nos postos de cabeza do rexistro de recorte de médicos, só superada por Aragón, Asturias e Euskadi. Os cálculos desta plataforma falan de que o Sergas terá que exercer o labor dentro duns catro anos sen o 10,10% dos seus actuais 12.467 médicos. Ademais de ser das únicas catro autonomías nas que a redución se eleva por riba do 10% este colectivo de profesionais advirte doutro factor. Mentres que as outras tres comunidades que superan ese umbral \"teñen un número de médicos por mil habitantes superior á media, Galicia está por baixo da mesma, polo que a redución incrementará o seu déficit\". Nomeadamente, Aragón, que encabeza o recorte, fai o propio coa ratio de facultativos en relación á poboación, con 5,3 para cada mil persoas. A continuación sitúase Asturias, con 4,7 e Euskadi, con 4,6. Mentres, para atopar a Galicia hai que ir buscar aos postos de cola, xa que queda no 3,8, un nivel semellante, por exemplo, á Comunidade Valenciana, Murcia ou Andalucía. Alén das evidentes repercusións laborais no que se refire á redución de expectativas de traballo tanto do persoal médico como do de enfermaría, a Plataforma de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública advirten doutras \"consecuencias\" do que definen como \"ERE encuberto\" no \"camiño de utilizar a crise\" e a \"necesidade de reducir déficit para desmantelar servizos esenciais\", din. \"A sanidade é un dos sectores no que non é posible substituír persoal por máquinas, polo que estes recortes contribuirán a reducir o acceso á asistencia sanitaria\" e \"aos coidados da saúde\". \"Numerosos estudos -abondan- relacionan o número de médicos e de enfermeiras nos centros sanitariso co incremento na mortalidade\". O incremento de médicos de atención primaria aumenta a detección precoz de cancros de mama, útero e pel e aumenta a esperanza de vida no nacemento Así, por exemplo, explican que diversos estudos científicos amosan que cada punto porcentural \"de aumento de médicos de familia está asociado cun incremento do 4% na probabilidade do diagnóstico precoz do cancro de mama\". Do mesmo xeito, subliñan, \"a taxa de incidencia no cancro cérvico-uterino en fase avanzada\" é \"menor nas áreas mellor dotadas de médico de familia, aínda que non nas de maior número de xinecólogos\". Nun sentido semellante, \"a detección de melanomas en etapas iniciais está asociada significativamente coas de maior números\" de doutores e doutoras de atención primaria, \"non así co de dermatólogos\". Xunto a estas enfermidades concretas explica a Plataforma que Sociedades Médicas e estudosos da medicina establecen unha \"relación significativa\" entre os recursos humanos en atención primaria e os \"indicadores xerais da saúde\". No Reino Unido, por exemplo, \"cada médico adicional\" para cada 100.000 habitantes \"está asociado cun decrecemento da taxa de mortalidade de entre o 3% e o 10%\". Nos Estados Unidos de América, \"por cada incremento no número de méricos de atención primaria\" prodúcese \"unha redución de 1,44 mortes por cada 100.000 habitantes\". En liña con iso, \"o último informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE)\", do ano 2009, amosa unha \"correlación positiva entre a densidade de profesionais médicos e de enfermaría\" e a esperanza de vida no momento do nacemento. Con estes indicadores sobre a mesa os autores do estudo conclúen que, \"máis ca unha proposta racional\", a redución de cadros de persoal sanitario público \"responde a unha estratexia ideolóxica\" para \"deixar espazo ao sector privado á hora de prover servizos públicos\"."}
{"ID": "QUEPASA_958", "summary": "A baixada tamén é notable no coonxunto dos centros costeiros, quedando en 89 cando hai unha semana eran 109 os casos activos.", "text": "Parece que os datos de incidencia do COVID na comarca de Bergantiños van baixando. O pasado luns a comarca sumaba un total de 451 casos, e unha taxa media de incidencia acumulada de 818 casos por cada 100.000 habitantes. Hoxe as cifras baixaron a 395 casos e unha taxa de 638, aínda lonxe, en todo caso, dos 100 que considera o Comité Clínico como a cifra adecuada para eliminar restricións. Datos positivos tendo en conta que nos últimos días a área sanitaria da Coruña-Cee realizou unha media de 300 probas PCR máis (ata un total de 1.700) que nas semanas anteriores. Vimianzo tamén evoluciona positivamente e dos 31 do luns pasa a 23, quedando nunha taxa de 326. Os datos positivos compléntase coa cifra de ingresados no HVdX, que hoxe son 5, 4 menos que o luns. En todo caso, aínda queda moita batalla por percorrer. De feito, nos 19 Concellos QPC o número de casos baixaron de 650 a 591 dende o luns, pero a taxa de incidencia global de toda a comarca supera os 436 casos por cada 100.000 habitantes, por riba dos 250 a partir dos cales a Xunta soe acometer medidas restritivas. De feito, 13 dos 19 concellos superan esa cifra de 250 casos por cada 100.000 habitantes. O Cribado de Muxía o cribado realizado este pasado luns en Muxía, provoca que se duplicasen os datos en apenas 3 días. Hoxe son 45 casos, disparando a case 1.000 casos por cada 100.000 habitantes a tasa de incidencia. Os centros de ensino Precisamente o gromo de Muxía partía do CEIP Virxe da Barca, onde a día de hoxe s edan 11 casos que provocaron o peche de 3 aulas. Ademais, o CEIP Fogar, o que máis preocupaba por ser o máis afectado de Galicia e que chegou aos 40 casos, segue baixando e queda con 22 casos activos e só unha clase pechada. A baixada tamén é notable no coonxunto dos centros costeiros, quedando en 89 cando hai unha semana eran 109 os casos activos. Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1 CABANA CPI As Revoltas 3 0 CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1 CAMARIÑAS CEIP de Camelle 1 0 CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0 CARBALLO EI As Landras 2 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 5 0 CARBALLO CEIP de Gándara-Sofán 1 0 CARBALLO CEIP Fogar 22 3 CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 5 0 CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0 CARBALLO IES Monte Neme 2 0 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0 CEE IES Fernando Blanco 2 0 CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 5 0 MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 2 0 MALPICA CEIP Milladoiro 3 0 MALPICA IES Urbano Lugrís 1 0 MUROS CEIP Ramón Artaza y Málvarez 2 0 MUROS EI Cativos 1 1 MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0 MUXÍA CEIP Virxe da Barca 11 3 PONTECESO CRA Nosa Señora do Faro 1 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0 PONTECESO CEIP As Forcadas 1 0 SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0 VIMIANZO IES Terra de Soneira 3 0 ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0 TOTAL 89 21 Entrevista Juan Jesús Gestal Otero: \"É moi importante que agora procuremos estar confinados\". Máis novas do COVID 24-11-2020: COVID: Muxía sofre un cribado para controlar o posible gromo iniciado no CEIP Virxe da Barca. 23-11-2020: COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes. 22-01-2020: COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos. 20-11-2020: COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños. 20-11-2020: COVID: Falece un home de 88 anos no HVdX. 19-11-2020: COVID: Os alcaldes de Bergantiños piden máis cribados, con conclusións, para parar o avance do virus. 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños. 17-11-2020_ COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria. 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3. 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños. 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas. 12-11-2020: A Xunta avisa do \"máis que probable\" peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños. 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica . 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello. 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX. 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella. 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID. 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3. 04-05-2020: Carlos do Celme Café: \"Xa nos mataron en vida\". 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria. 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca. 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral. 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3. Un novo estado de alarma para unha nova onda. 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2"}
{"ID": "NOS_10563", "summary": "Arrincou nos tribunais federais da Arxentina o xuízo contra a ex presidenta Cristina Fernández de Kirchner, líder da oposición e candidata á vicepresidencia do país nas eleccións que se celebrarán neste ano.", "text": "Un dos xuízos máis polémicos na Arxentina vén de arrincar nos tribunais federais cunha acusación por corrupción contra a ex presidenta Cristina Fernández de Kirchner. Mentres unha parte da poboación e os poderes fácticos congratúlanse de que a ex mandataria sente nos xulgados, outros sectores denuncian unha persecución política en complicidade co poder xudicial, nunha vaga represiva cara a líderes non aliñados cos EEUU na América Latina e que xa se viu en casos como o do Brasil. O proceso xudicial coincide co ano electoral e co anuncio de Cristina Fernández de apresentarse aos comicios Fernández está acusada de liderar unha asociación ilícita de funcionariado público co obxectivo de adxudicar obras públicas viais a supostas empresas amigas. Un total de 13 persoas imputadas e 160 testemuñas están citadas na causa. Eleccións na Arxentina O proceso xudicial coincide co ano electoral e co anuncio de Cristina Fernández de apresentarse aos comicios para vicepresidenta do Estado. O pasado 18 de maio e de maneira inesperada para a opinión pública, a actual senadora Cristina Fernández anunciou nun vídeo a través das súas redes sociais a súa candidatura ás eleccións á vicepresidencia do país nunha lista ampla peronista e progresista que aspira a gañar e que encabezará Alberto Fernández, antigo xefe do seu gabinete e crítico coa ex mandataria. O proceso xudicial decorrerá parello á campaña electoral nunha Arxentina sumida nunha grande crise económica."}
{"ID": "NOS_12587", "summary": "A iniciativa tiña por obxecto interceptar os políticos cando saíran, mais non había ninguén no local", "text": "Se o domingo houbo un escrache falido perante a morada do presidente da Xunta en Monte Pío, por non acudiren á convocatoria manifestante algún, mais si algún medio de comunicación canda a unha notable presenza de axentes da orde, o de este serán en Compostela non tivo éxito pola ausencia de políticos. O obxectivo dos cent@s de manifestantes que se deron cita perante a sede provincial do PP na capital galega, era interceptar os populares cando saíran do local \"para lles transmitir a necesidade de aprobar a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola PAH [Plataforma de Afectados pola Hipoteca]\", explica Roi Ribeira en declaracións a Sermos Galiza. Esta proposción tiña dúas finalidades básicas: a dación en pago con efecto retroactivo e a creación dun parque de alugueiro social. No entanto, tal e como observa Javi Castiñeiras \"sendo esta unha proposta de mínimos, coas emendas que lle están a meter, está bastante claro que o que buscan é tirala abaixo\". Cos ánimos caldeados e abeirados todo o tempo por un forte cordón policial, colmado en ambos extremos por sendas grilleiras, ouvíronse consignas contestatarias cos distintos sectores do estado: dende o habitual \"non pode ser, non pode ser, a xente sen vivenda e os fascistas no poder\" até outras que atacaban o reparto do gasto público como \"máis vivenda e menos policía\".\"Deixar á xente na rúa é un asasinato en masa\", recorda Pablo Domínguez. Fronte aos sectores críticos co escrache como instrumento de presión, Roi Ribeira mantén que \"non se pode permitir que uns políticos que están a tomar decisións de costa á sociedade se amparen no anonimato para afrontar as reivindicacións cidadás\". Na mesma liña, Laura Bugalho manifesta que son as políticas dos recortes e do vasalaxe ás entidades financieiras \"as que enxendran violencia\". \"É necesario, dunha vez por todas, xuntar todas as loitas; a represión vai ir crecendo e o pobo terminará por pasarlle por riba ao sistema, isto xa é imparable\", resolve."}
{"ID": "NOS_48257", "summary": "Entre outras medidas, avoga pola creación dun \"fondo de rescate económico\" de 175 millóns de euros para pemes, cooperativas e autónomos, uns colectivos que \"son os máis que sofren a crise e os que menos axudas teñen\", dixo Ana Pontón.", "text": "O BNG vén de artellar un \"plan de choque\" que recolle \"medidas urxentes\" coas que mobilizar 700 millóns de euros para facer fronte aos problemas derivados da inflación que afectan as persoas, as familias e as pequenas e medianas empresas (pemes). O plan foi anunciado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa decorrida esta segunda feira no Parlamento galego, onde lamentou que exista \"desde hai tres meses\" na Galiza un \"goberno interino que non dá resposta ás necesidades da sociedade galega\" cando se atravesa \"a peor crise de prezos\" das últimas décadas. Logo de censurar que o Executivo galego careza \"de estratexia de futuro a medio e longo prazo para o país\", Pontón avanzou a presentación dunha proposta que recolle unha serie de medidas enfocadas ás persoas e as pequenas e medianas empresas, de cara a brindarlles apoio económico e evitar que \"sufran máis\" por unha inflación que, lembrou, é maior na Galiza que no resto do Estado español. A inflación leva por diante as melloras salariais dos últimos anos O plan elaborado polo Bloque divídese en varias áreas, a primeira delas dotada con 90 millóns de euros para un fondo \"de rescate social\" destinado aos \"colectivos máis desfavorecidos\" e que serviría para incrementar en 100 euros o complemento autonómico ás pensións non contributivas e elevar os limiares para percibir rendas de integración. O BNG propón a creación dun \"fondo de rescate económico\" de 175 millóns de euros para pemes, cooperativas e autónomos; colectivos que, en palabras de Pontón, \"son os máis que sofren a crise e os que menos axudas teñen\". Para o sector primario, expón accións que suman 40 millóns de euros e que servirían, entre outras cuestións, para compensar o incremento de gastos e evitar que os produtores se vexan abocados a vender a perdas. A \"terceira pata\" do plan da formación frontista está centrada no investimento en obra pública, para o que reserva 325 millóns de euros. En cuarto lugar están as medidas para as entidades locais co obxectivo de paliar as \"moitas dificultades\" ás que deben facer fronte os concellos debido ao marco de financiamento. Nesta liña, dotada con 35 millóns de euros, inclúese a revisión dos prezos nos contratos de obras que, subliñou Pontón, abocaron as administracións a paralizar actuacións. Estas son as mobilizacións que convoca a CIG o 20 de abril contra a carestía da vida Por último, a líder do Bloque sinalou a proposta de articular un fondo de liquidez de 75 millóns de euros orientado a cooperativas e empresas. Todas elas son, en palabras de Pontón, \"medidas posíbeis, necesarias e que axudarían aos que peor o están a pasar nestes momentos\". Pensar unha Galiza \"a longo prazo\" Por outra parte, Pontón avanzou a elaboración dunha proposición de lei coa que o BNG quere pensar a Galiza \"a longo prazo\". \"É necesario pór as luces longas e pensar a longo prazo\", incidiu. Esta proposta lexislativa, que bautizou como 'Lei de modernización e transformación da Galiza', estabelece \"cinco áreas estratéxicas\": financeira, enerxética, ciencia e innovación, reactivación industrial e sector primario. \"Estas serían as propostas que tomariamos se estivésemos a gobernar\", destacou Ana Pontón, antes de incidir en que é preciso que o Goberno galego se poña \"a disposición da sociedade da Galiza\". Aliás, a respecto do previsíbel sucesor de Alberto Núñez Feixoo, o actual vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a líder do BNG veuno como \"unha opción de continuismo puro e duro do PP e dunhas políticas que nos deixan unha Galiza peor que a que Feixoo encontrou hai trece anos\"."}
{"ID": "NOS_47331", "summary": "O portavoz nacional Xavier Vence afirma que o obxectivo de BNG-Asembleas Abertas é \"abrir as candidaturas á participación desa cidadanía que quere mudar as cousas\".", "text": "É a primeira vez desde a súa constitución en 1982 que o BNG vai concorrer a unhas eleccións cunha denominación distinta á das simples siglas da fronte nacionalista. Así o manifestou o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, que situou este cambio \"sen precedentes\" na aposta convencida por \"sumar\" para derrotar o PP. Mais non se trata só de botar o Partido Popular, senón de poñer os alicerces \"para construír un país con futuro desde abaixo, desde os municipios porque son a administración máis próxima\". Vence avanzou unha renovación \"moi substantiva\" nas listas en particular, dixo, \"pola vía de incorporar a esas persoas non militantes que se achegana participar nas asembleas abertas\" Vence sostivo que as candidaturas \"ábrense á participación desa cidadanía que quere mudar as cousas, sexa ou non sexa nacionalista. Por iso o BNG se presenta ás eleccións como BNG-Asembleas Abertas para simbolizar a incorporación de toda esa cidadanía activa e rebelde que quere participar ao lado dun proxecto nacionalista e construír un país con futuro desde concellos participativos, plenamente democráticos e de xestión honesta ao servizo da maioría social\". Un proceso en marcha En setembro iniciouse o calendario do proceso de asembleas abertas, que agora entrará nunha segunda fase configurada en base a grupos de traballo para elaborar programa e a candidatura de cada concello. Vence avanzou unha renovación \"moi substantiva\" nas listas en particular dixo, \"pola vía de incorporar a esas persoas non militantes que se achegan a participar nas asembleas abertas\". O Consello Nacional do BNG fixou o 29 de novembro como a data na que prevé aprobar o primeiro tramo da candidatura nas grandes cidades e vilas do país, tras recibir as propostas das asembleas abertas."}
{"ID": "NOS_51786", "summary": "O domingo, 15 de abril, haberá manifestacións e concentracións convocadas pola CIG en diferentes cidades e vilas de Galiza, nas que se defenderá o sistema público de pensións, así como pola recuperación dos dereitos perdidos e para reivindicar emprego e salarios dignos.", "text": "O sindicato CIG anuncia una zornada nacional de mobilizacións para o domingo 15 de abril, una xornada na defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos. Haberá mobilizacións simultáneas nas sete cidades galegas e tamén en diferentes localidades do país procurando así que se visibilice \"o amplo rexeitamento social ás políticas dos gobernos do PP\". Esta xornada enmárcase na campaña que a central sindical está desenvolvendo para esixir a derrogación das \"reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, considera que é o momento de acumular forzas e dar unha \"resposta contundente\" que obrigue o Goberno do PP a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, xa que esta \"é a única alternativa para articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións, o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional\"."}
{"ID": "NOS_37484", "summary": "A formación considera preciso \"desmitificar\" a Adolfo Suárez no camiño de denunciar \"a continuidade do sistema mediante o tránsito do franquismo\" á monarquía.", "text": "O pasamento de Adolfo Suárez debe servir para avaliar a \"monumental fraude\" que supuxo a 'Transición española'. Nós-Unidade Popular considera necesario \"desmitificar\" a Suárez e combater a \"mitoloxía oficial española\" sobre ese período o o réxime resultante, a \"II Restauración Borbónica\". Para a formación independentista, Adolfo Suárez xogou un papel destacado para garantir o tránsito do franquismo á actual monarquía, impedindo unha verdadeira ruptura democrática. Mais ese papel non é só 'mérito' de Suárez, senón que tamén estiveron nesa aposta \"destacados franquistas na procura dun lugar ao sol, PSOE e PCE\". Daquela 'Transición', estes lodos, entende Nós-UP. Economía capitalista, \"unidade da patria española\", negación dod ereito de auto-determinación, continuidade de persoas e aparatos xudiciais e policiais creados no franquismo... É neste punto que \"contra a farsa constitucional española do 78\", Nós-UP anima a se involucrar na loita por \"unha Galiza ceibe, socialista e feminista\"."}
{"ID": "NOS_34600", "summary": "A primeira volta das lexislativas deixa uns resultados favorábeis para as candidaturas de esquerdas", "text": "Uns 46 millóns de franceses e francesas poden exercer o seu dereito a voto para renovar a Asemblea Nacional, unha cita na que as sondaxes e inquéritos prognosticaban unha vitória da esquerda. A segunda volta será a realizar o 17 de xuño. Francia renova os 577 deputados e deputadas da AN, estando a maioría absoluta en 285. As primeiras consultas a pé de urna apontan a que a coalición de dereitas obtería un 35% dos votos, mentres que o Partido Socialista rondaría tamén esa cifra e Marine Le Pen e a súa Agrupación Bleu Marine (continuidade do Frente Nacional do seu pai) atinxirían o 14% dos sufraxios cun discurso de extrema dereita. A Fronte de Esquerdas (na que se integra o Partido Comunista) acadaría entre o 7 e o 10% dos apoios e Os Verdes bailarían en torno ao 5% dos sufraxios. As estimacións en torno ao reconto das primeiras papeletas apontaron, non obstante, a mellores resultados para a esquerda, que podería atinxir en conxunto entre 305 e 353 escanos, mentres que a dereita acadaría entre 227 e 266. A participación rozou o 60%, a máis baixa dunha primeira volta das lexislativas."}
{"ID": "PRAZA_6262", "summary": "Pontevedra acollerá este sábado unha manifestación, convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, contra a organización de corridas de touros na cidade. Falamos con Borxa, un dos voceiros do colectivo.", "text": "Pontevedra acollerá este sábado unha manifestación contra a organización de corridas de touros na cidade que se prevé histórica. A marcha, convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, partirá ás 20 horas da praza da Peregrina, e espera superar amplamente as cifras de asistencia a mobilizacións semellantes, coma a realizada o pasado verán, que reuniu varios centos de persoas. Será o quinto ano consecutivo que se convoque esta mobilización, que ano a ano gaña asistentes e apoios, froito dun rexeitamento cada vez maior á organización destes espectáculos de tortura animal, e dun debate social cada vez máis presente nas rúas. A propia plataforma gaña músculo e busca asentar as súas estrurutas, para manter a súa actividade todo o ano, alén das semanas que rodean a propia feira. Son conscientes de que, como está a suceder na Coruña, o seu obxectivo é de medio e longo prazo, dun traballo de anos de concienciación cidadá e de revelación das contradicións dos grupos protaurinos, comezando pola publicitación das importantes axudas públicas que reciben. Porén, mesmo o camiño máis longo comeza cun primeiro paso, e pode que nun tempo, máis curto ou máis longo, vexamos a fin dunha feira taurina que, ademais, reúne cada ano nunhas bancadas cada vez menos poboadas destacados representantes políticos de Deputación, Xunta e Goberno central, comezando polo propio presidente Rajoy. Falamos con Borxa, un dos voceiros de Touradas fóra de Pontevedra. \"Hai dez anos non había ningún movemento deste tipo na cidade, case non se falaba do tema, e hoxe este debate non deixa de crecer\" Que espectativas tedes de cara á manifestación do sábado? Este ano estamos recibindo un apoio maior de colectivos, partidos e entidades sociais. Vemos máis repercusión das nosas accións e a plataforma está cada vez máis asentada na cidade. Comeza a xerarse en Pontevedra un debate social sobre as touradas. Hai dez anos non había ningún movemento deste tipo na cidade, case non se falaba do tema, e hoxe este debate non deixa de crecer. \"Tanto a Xunta como sobre todo a Deputación conceden importantes axudas públicas á feira taurina, aínda que nunca quedan claras cales son as cantidades exactas\" Supoño que, seguindo o traballo e a loita dos e das activistas da Coruña, concibides o voso traballo como unha loita de varios anos, non si? O noso obxectivo é a medio-longo prazo, efectivamente. Detectamos que a xente, maioritariamente, se posiciona en contra, pero ao non estar as touradas arraigadas no noso país, tampouco existe ese debate sobre a abolición, que si hai noutros lugares. Temos que ir xerando ese debate, traballando pouco a pouco para conseguir ese obxectivo. En que medida son importantes as axudas públicas que recibe a feira taurina? Dependen delas para a súa supervivencia? Tanto a Xunta como sobre todo a Deputación conceden importantes axudas públicas á feira taurina, aínda que nunca quedan claras cales son as cantidades exactas. Temos que traballar para que se visibilice esa realidade. É certo que en Pontevedra si hai unha praza fixa, que non existe na Coruña, e si hai unha certa tradición e un certo público fiel. E mesmo así, con esas axudas, non conseguen encher a praza unha vez ao ano. Pero sen as subvencións públicas que recibe, o cartel da feira sería de moita menor calidade, o que atraería menos público, e polo tanto perderían moitos ingresos. Afectan negativamente as touradas á imaxe de Pontevedra? \"O debate está nas rúas xa, e aínda que coñecemos os posicionamentos dos partidos e dos políticos, cremos que será importante que se posicionen publicamente sobre as touradas\" Pontevedra é unha cidade que ten unha grande oferta cultural, moita historia, unhas festas moi importantes, e nós cremos que iso é o que ten que atraer a xente á cidade e non un espectáculo de tortura animal, que xera unha moi mala imaxe de Pontevedra, si. Mantivestes xa contactos cos grupos políticos representados no Concello? Como organización aínda non tivemos contactos cos partidos políticos da cidade, nin oficial nin extraoficialmente. É unha das tarefas que temos pendentes e un dos nosos obxectivos: sentar na mesa con eles a falar deste tema. Para a organización desta manifestación recibimos o apoio do BNG, pero non do PSOE, aínda que varios dos seus deputados e deputadas no Parlamento galego si se posicionaron contra as touradas. O debate está nas rúas xa, e aínda que coñecemos os posicionamentos dos partidos e dos políticos, cremos que será importante que se posicionen publicamente sobre as touradas."}
{"ID": "NOS_53569", "summary": "Milagros Otero toma a decisión de presentar a carta de renuncia despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o seu recurso e confirmase a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz parlamentar do PP no Valedor do Pobo.", "text": "Tres anos e medio. É o que semella que vai durar no posto de valedora do Pobo Milagros Otero. Vén de poñer o seu cargo a disposición do Parlamento e presentar unha carta de renuncia após rexeitar o Tribunal Supremo o recurso que presentara en xuño de 2018 contra o auto do TSXG que consideraba probado que a Valedora do Pobo se inmisciu no proceso de designación como xefa do servizo de administración e persoal da institución dunha persoa coa que tiña relación e que, alén de máis, é irmá do portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy. O Supremo confirmaba a nulidade daquel nomeamento e situaba así a Milagros Otero nunha difícil situación. Máxime cando até o propio PP comprometérase en xuño de 2018 a retirar a confianza da Valedora se o recurso presentado por esta perante o Supremo non prosperaba. E non prosperou. Na misiva remitida esta quinta feria á mesa do Parlamento, Otero solicita que \"dea traslado deste escrito aos Grupos Parlamentarios, de xeito que no momento en que estes acorden a súa proposta para cubrir os cargos de valedor/a e adxunto/a proceda de inmediato a formalizar a miña renuncia, de acordo co previsto no artigo artigo 5.1.5a da Leí 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo\". A decisión, logo, de poñer o posto a disposición do Parlamento afecta tamén o adxunto ou vicevaledor, Pablo Cameselle. Hai que recordar que Otero foi nomeada cos votos a favor de populares e socialistas. M.P.F. foi designada xefa de servizo da administración e persoal da Valedora do Pobo nun proceso en que se cometeron irregularidades, de acordo coa Sala do Contencioso do TSXG. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulou o nomeamento -nun fallo ditado a 29 de xuño de 2018- e ordenaba a repetición do proceso. No novo procedemento a actual valedora non podería ter \"ningún tipo de intervención\", sinalaba o TSXG. M.P.F. é irmá do portavoz parlamentar do PP, sobriña de Fraga e filla dun catedrático de dereito do que é discípula a Valedora do Pobo, quen, segundo a sentenza, incorreu en \"desvío de poder\" e \"arbitrariedade\" ao se inmiscir no normal desenvolvimento do proceso movida polo \"interese en que fose seleccionada a señora P.F.\". Un currículo polémico nestes tres anos e medio Milagros Otero, profesora de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago, tomou posesión do cargo de Valedora do Pobo a inicios de setembro de 2015. Era a aposta do PP para poñer fin á 'crise' aberta en 2012, cando dimitiu dese cargo Benigno López, cuxa defensa dos recortes e tesouradas da Xunta e a súa aposta mesmo en suspender a lei da dependencia xerou una forte contestación. O seu sucesor, o vicevaledor José Julio Fernández, estivo no cargo até nomear o Parlamento Milagros Otero como Valedora. Neste tempo Otero foi moi cuestionada. O episodio coa consideración como probado por parte do TSXG de que Milagros Otero se inmiscuiu no proceso de designación como xefa do servizo de administración e persoal da institución foi o último exemplo. Non foi esa a súa primeira polémica no cargo. Como cando protagonizou una 'batalla' co Concello de Santiago a raíz das persoas sen teito, con acusacións públicas e apertura de expedientes. Estes foron finalmente arquivados. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, chegou a falar de \"animadversión\" da Valerdora cara ao goberno local. En abril de 2017 seis asociación de doentes e ONGs, entre elas SOS Sanidade Pública, pedían a demisión da Valedora por entender que antepuña os \"intereses\" do PP aos dereitos das e dos cidadáns. \"As súas resolución son sempre a favor da administración do PP, criticaba o médico Xosé Dios. A petición tiña o apoio de institucións como o Concello de Santiago ou sindicatos como a CIG. Precisamente a CIG tamén se mostrou crítica con Milagros Otero. En maio do ano pasado a Federación de Ensino do sindicato nacionalista acusábaa de ser \"a Valedora do PP\" a raíz da súas resolución e actitude perante a formulación da queixa presentada sobre discriminación do galego na Lomce. En Outubro de 2017 A Mesa exixía a dimisión de Milagros Otero como Valedora polo seu \"desprezo\" perante a vulneración de dereitos lingüísticos. A organización acusou a Otero de \"xustificar deturpacións de topónimos\", o que viña a sumar á actuación da Valedora en situación como cando a una nena de 9 anos lle restaron puntos nunha redacción por empregar o termo 'Galiza'."}
{"ID": "NOS_5814", "summary": "A central térmica reactivou un dos catro grupos do complexo para probar combustíbeis alternativos ao carbón.", "text": "O orujillo (bagazo) de oliva e os lodos devolveron esta terceira feira a actividade á central térmica de Endesa nas Pontes. Estes dous combustíbeis mesturáranse co carbón importado para xerar o suficiente poder calorífico para mover de novo as turbinas da central e reducir as emisión de CO2. Deste xeito, Endesa continúa coas probas para estudar se é rendíbel a mestura de carbón con 10-15% de orujillo de oliva e outro tanto de lodos. Segundo a compañía, este bagazo obtense do proceso de prensado das olivas e xa se buscara noutra ocasión para as probas xa que \"emite moitas calorías e non desprende CO2\". Os camións volven á estrada A reactivación do grupo da central tamén trouxo consigo carga de traballo para os transportistas. Así, os 150 camioneiros repartíronse as tarefas. Vinte deles comezaron a transportar carbón desde o porto de Ferroa ao parque de Saa. En paralelo, outros 16 transportistas partiron esta terceira feira cara Jaén para buscar orujillo de olivaa. Malia esta reactivación, mantense a convocatoria dunha folga xeral nas Pontes o 16 de outubro, xornada na que tamén está prevista unha concentración en Madrid."}
{"ID": "NOS_37648", "summary": "\"A práctica totalidade dos materiais xeolóxicos da mina van xerar drenaxes ácidas e mobilizar metais tóxicos\". Segundo Adega, os novos informes incorporados ao proxecto da mina de Touro confirman as súas denuncias: \"Todo o proxecto mineiro foi construído sobre unha mentira e debe ser rexeitado\".", "text": "A asociación ecoloxista explícase nun comunicado remitido aos medios de comunicación: \"Con 33 anos de retraso, Explotaciones Gallegas, S.L. Vén de solicitar á Xunta o permiso de vertedura da balsa de Bama. Esta balsa verte intermitentemente augas contaminadas ao rego de Pucheiras, procedentes das escorrentías interiores do complexo\". Adega entende que a empresa recoñece de xeito implícito \"os vertidos de augas contaminadas durante décadas e sen autorización\" e, como sen querer, ofrece \"outras revelacións chaves para o conxunto do proxecto\", fortemente contestado pola poboación do lugar e máis alá. De feito, noutro tramo da documentación técnica asociada aos citados vertidos admítese \"a necesidade de xestionar e tratar 'as augas de escorrentía circulantes a través das superficies afectadas pola anterior actividade mineira', ás que denominan 'augas brutas\". Segundo Adega, estas augas brutas transportan \"unha alta carga contaminante debido á natureza dos materiais afectados pola actividade mineira\". Explotaciones Gallegas recoñece nos mencionados textos que \"a case totalidade dos materiais son potenciais produtores de sistemas con augas hiperácidos e en menos dun 10% e, só se son separadas en orixe do resto de materiais ricos en S reducido podería considerarse que o risco de hiperacidificación sexa mínimo\". \"Estas revelacións\", sinala Adega, \"supoñen a constatación de que máis do 90% dos materiais da mina de Touro darán problemas de acidez e de mobilización de metais tóxicos\". Mobilizacións As constantes mobilizacións cidadás contra o proxecto mineiro de Touro acadan así novos argumentos. Para Adega, \"estas revelacións teñen unha repercusión capital non só para a regularización da actual situación da mina (verteduras sen tratar) senón que condicionan a viabilidade do proxecto de explotación no seu conxunto\". Ate agora, a compañía afirmara que volume de materiais estériles que xerarían drenaxes ácidas sería arredor do 50% ou menos. Nos novos documentos, como apuntaba Adega nas súas alegacións, vese que esas drenaxes ácidas sería xeradas pola práctica totalidade dos vertidos. \"Todas as medidas de tratamento dos estériles, as de contención e mitigación da drenaxe ácida e as propostas de restauración son incorrectas e ineficientes\", explica a asociación. Asía as cousas, Adega esixe á Xunta e ás consellarías competentes unha declaración de impacto ambiental desfavorábel e \"deneguen definitivamente o proxecto mineiro de Touro\"."}
{"ID": "NOS_44399", "summary": "Receirtas de baozis de zamburiña, bacalhau à margarida da praça e torta crocante de mazá", "text": "Baozis de zamburiña Imos darlle un toque galego a estes boliños de orixe chinés cun recheo de zamburiñas, ceboliña e cabaciña. Ingredientes (18 unidades): 200 g de fariña de trigo 125 g de auga 18 zamburiñas 1 ceboliña 1 cabaciña salsa de soia Para o recheo Picamos en anacos pequenos a cabaciña e botámoslle un chisco de sal para que solte a auga. Agardamos 15 minutos e escorrémola premendo coas mans. Picamos tamén en anacos pequenos a cebola e as zamburiñas e mesturámolo coa cabaciña escorrida. Endímoslle duas culleradas de salsa de soia e remexemos todo. Para a masa Mesturamos a fariña cunha cullerada de sobremesa de sal e coa auga quente, amasamos un pouco e deixamos repousar 20 minutos. Voltamos amasar outro pouco e deixamos repousar unha hora. Pasado este tempo facemos un burato no medio da masa e imos estirándoa até ter un colar do mesmo grosor. Partimos en 18 anacos iguais a masa, e cun rolete e un pouco de fariña estiramos moi ben os anacos até que quede ben fina. Colocamos sobre a masa estirada unha cullerada de recheo e pregamos os bordos facendo saquiños. Cociñamos ao vapor durante 15 minutos, se non temos unha vaporeira podemos colocalos nun coador sobre unha pota con auga fervendo. Comémolos acompañados de salsa de soia para mollar. Bacalhau à margarida da praça Este é un xeito de preparar o bacallau moi popular no norte de Portugal, faise ao forno con cachelos e cebola. Ingredientes (2 persoas): 2 lombos de bacallau 3 cebolas grandes 2 allos 4 patacas pementa moída Elaboración: Lavamos e cocemos as patacas coa monda e un pouco de sal durante 25 minutos. Agardamos que arrefríen un pouco, mondámolas e cortámolas en toros. Nunha tixola con aceite quente pasamos o bacallau un minuto por cada lado e reservamos. Engadimos ao aceite os allos pelados e as cebolas cortadas á xuliana, Sobre unha bandexa apta para o forno, facemos unha cama cos cachelos, colocamos enriba os lombos de bacallau, cubrimos coa cebola e botámoslle pementa moída por enriba. Metémolo no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 10 minutos, até que se doure a cebola. Torta crocante de mazá Esta torta é unha versión do crumble de maza, unha sobremesa moi famosa en Inglaterra. Ingredientes ( 4 persoas): 1 lámina de masa crebada (masa brisée) 1 kg mazás 130 g de azucre 130 g de manteiga 160 g de fariña de trigo 1 limón canela Elaboración: Estendemos a masa nun molde redondo para forno, pelamos e cortamos as mazás en anacos iguais e botámolos sobre a masa. Botámoslle o zume do limón por riba, 30 g de azucre, 50 g de manteiga en dadiños, un chisco de canela e mesturamos todo. Quentamos o forno a 180 graos e cocemos durante 15 minutos. Mentras mesturamos 100 g de azucre con 160 g de fariña e 80 g de manteiga, amasamos coas mans de xeito que se vaian formando faragullas pequenas. Pasados os 15 minutos botamos as faragullas de masa por enriba das mazás e metemos no forno a 200 graos durante 20 minutos, até que a capa de enriba se doure."}
{"ID": "NOS_1234", "summary": "\"Non todos os barcos de pesca que se poden ver afectados están a pescar dentro dos polígonos, nin sequera próximos a el\", defende a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz.", "text": "A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, afirmou esta quinta feira que o Goberno español, \"con alta probabilidade\", presentará finalmente o recurso contra o veto á frota de fondo en 87 caladoiros entre Irlanda e o Golfo de Cádiz. O que descarta Villauriz, porén, é que o Goberno pida unha moratoria de dous meses para a entrada en vigor da prohibición, tal e como solicitou esta cuarta feira a Xunta da Galiza, posto que \"non é factíbel, non está contemplada e cabe expola, mais a Comisión vaina desatender\", dixo, nunha entrevista concedida á Radio Galega. Aliás, a secretaria xeral non contempla amarres de frota \"no inmediato\", posto que o impacto a partir do día 10 de outubro —a norma entrará en vigor o 9— \"vai ser reducido\". O veto sobre a pesca de fondo podería deixar 816 millóns de perdas económicas \"Non todos os barcos de pesca que se poden ver afectados están a pescar dentro dos polígonos, nin sequera próximos a el. Están a se mover, dependendo da estación, entre unhas zonas e outras. Inmediatamente vai haber impacto mais vai ser reducido. Temos ese tempo para poder esperar ao novo ditame do ICES que teña en conta a información máis recente e poida corrixir o acto de execución. Temos que ser cautos\", aseverou. Neste senso, apuntou que \"hai alternativas\" e \"capacidade de movemento\", aínda que \"teñen que tomarse decisións para saír das zonas concretas\". \"Pero non vai haber inmediatamente ningunha necesidade de que os barcos se amarren\", incidiu. A Lonxa da Coruña urxe o recurso Pola súa parte, a Lonxa da Coruña, integrada por seis asociacións do sector, xunto á Federación de Autónomos da Galiza, sumouse ás múltiples peticións ao Executivo de Pedro Sánchez de recorrer o veto de Bruxelas. \"\"Resulta difícil de comprender que un regulamento establecido para regular as pesqueiras de augas profundas afecte finalmente os buques pesqueiros e ás especies das pesqueiras demersales que non foron obxecto da devandita regulación\", sinalou a Lonxa, nun comunicado."}
{"ID": "NOS_20282", "summary": "A principios de novembro transcendeu que o Instituto Xeográfico español atendeu a demanda do Principado para oficializar o nome \"Ría del Eo\" para referirse á Ría de Ribadeo. O Concello respondera asegurando que recorrería a decisión, algo que vai apoiar a Xunta segundo comunicou esta cuarta feira, mais o territorio veciño defende o ditame.", "text": "Asturies defende que a até agora coñecida como Ría de Ribadeo ten que chamarse tamén \"ría del Eo\" de forma oficial, tal e como concedeu o Instituto Xeográfico Nacional hai semanas. Así respondeu o Principado ao recurso e a oposición galegas ao cambio. A Consellaría de Cultura, Política Lingüística e Turismo de Asturies amosou esta cuarta feira o seu convencemento da \"razón do seu argumentos\" e \"do rigor e fortaleza dos traballos para que se recoñecese o topónimo Ría do Eo\", ante o anuncio da Xunta de recorrelo, que vén a sumarse á medida anunciada polo Goberno local de Ribadeo. O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) aceptou hai semanas este topónimo para a contorna, iso si como nome alternativo -e non como substituto- ao mesmo nivel de oficialidade e uso que o de Ría de Ribadeo, co que se identificaba fóra dos dous territorios o estuario no que desemboca o río Eo e que separa Asturies da Galiza. O visto e prace da institución estatal chegou após a demanda do departamento de Cultura, Política Llingüística e Turismo para oficializar o nome, polo seu emprego maioritario no territorio. No seu momento o Concello de Ribadeo dixo que intentaría invalidar a decisión e esta cuarta feira o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, avanzou que a Xunta tamén vai recorrer. De feito, confirmou esta manobra nunha carta ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, onde remarcou que a Xunta apoiou varias iniciativas defendendo Ría de Ribadeo como única forma validada, ao contar co aval de expertos. A declaración do Principado foi unha resposta a este anuncio. En calquera caso, non só a Administración amosou a súa disconformidade coa medida, pois distintos colectivos opinaron en contra. Así, na misiva Feixoo di compartir o \"malestar\" de Ribadeo e solicita que se sumen outras entidades e institucións para ter máis forza na reclamación."}
{"ID": "NOS_6102", "summary": "O candidato do BNG enfatizou no mitin en Ourense na necesidade de priorizar o gasto público en políticas sociais", "text": "O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, afirmou no mitin desta cuarta en Ourense que o voto ao BNG é un sufraxio pola \"insubmisión\" fronte aos recortes e políticas antisociais e unha aposta por \"priorizar o gasto público\" centrado en políticas sociais no camiño de \"atender as necesidades\" da xente. Jorquera reiterou que Galiza non se pode permitir manter un novo goberno de Feijóo. O candidato nacionalista sinalou que Feijóo se gaba de ser pioneiro nas \"mal chamadas políticas de austeridade\" que non veñen sendo máis que amparar vagas de \"recortes tras recortes\" que levan a Galiza \"á ruina\". Para Jorquera, votar ao PP e dar \"un cheque en branco\" a Mariano Rajoy e lexitimar políticas e actuacións dirixidas contra as maiorías sociais, \"afogando a traballadores, pensionistas, pequenos e medianos empresarios, comerciantes, mocidades ou empregados públicos\". Recursos de inconstitucionalidade O candidato do BNG comprometeuse a que a formación nacionalista presentará recursos de inconstitucionalidade ante aqueles decretos que invadan competencias para obrigar a novos recortes, \"porque con vontade política é posíbel, como acaban de demostrar os nosos alcaldes nos concellos co pagamento da extra de Nadal aos traballadores\". Jorquera reiterou que o PP emprega a crise como coartada para impoñer o seu modelo, \"por iso Galiza precisa un cambio e ese cambio é posíbel, vai depender dun puñado de votos; se ti non vas, eles gañan, se apoias o BNG gañará Galiza porque nós queremos este País e temos un proxecto para sacalo adiante\""}
{"ID": "PRAZA_20716", "summary": "A entidade franquista mantén desconectada a liña dende que estourou a polémica polo seu plan para enxalzar a figura do ditador. A Xunta dá por boa a versión da fundación e atribúe a desconexión a que as visitas de agosto xa teñen todas as prazas cubertas HEMEROTECA | As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange", "text": "O Goberno galego mantén o calendario de visitas ao Pazo de Meirás previsto para agosto: oito excursións repartidas en dúas quendas de mañá e tarde os días 30 e 31. Na páxina web de Turismo de Galicia figura ademais o teléfono ao que deben chamar os interesados, 686612717, que pertence á Fundación Franco a quen os herdeiros do ditador encomendaron a xestión das visitas hai agora tres meses. Pero nas últimas semanas ninguén atende ese teléfono e programar a entrada ao monumento declarado Ben de Interese Cultural é tarefa imposible. O móbil aparece apagado ou fóra de cobertura e a súa caixa de correos de mensaxes está chea. Desde que estourou a polémica polas palabras de Jaime Alonso, un dos portavoces desa entidade nostálxica e quen defendeu que as rutas guiadas serían aproveitadas para enxalzar a figura do ditador, o teléfono deixou de ter sinal. Segundo explica a a Xunta, \"o telefóno non está a funcionar porque as visitas de agosto xa quedaron programadas e a persoa correspondente está de vacacións\". Esa é a explicación que a Fundación Franco trasladou á Xunta de Galicia e que de momento o Goberno autonómico dá por boa. O teléfono deixou de ter sinal dende que a Fundación advertiu de que aproveitaría as visitas para enxalzar a figura do ditador Non é a primeira vez que se incumpre a obriga legal de abrir a residencia de verán do ditador ao público. A Consellería de Cultura xa abriu un procedemento sancionador aos seus herdeiros o pasado marzo. Daquela Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e man dereita de Alberto Núñez Feijóo, dixo: \"Constatouse que o sistema de acceso ás visitas, mediante o teléfono e o correo electrónico, está a incumprirse\". O expediente segue repousando nalgún caixón dos edificios administrativos do Goberno galego que de momento non anunciou castigo ningún. A resposta oficial que deu a Consellería a este diario é que ese procedemento segue o seu curso cinco meses despois sen que haxa unha proposta de sanción. A Xunta afirma que a liña non funciona \"porque as visitas de agosto xa quedaron programadas e a persoa correspondente está de vacacións\" A lei de patrimonio cultural de Galicia establece que a propiedade -que foi regalada a Franco a través de achegas obrigatorias que o réxime esixía aos veciños a través de peditorios vixiados por dirixentes de Falanxe- debe abrirse ao público \"polo menos catro días ao mes\". As multas por non facelo poden alcanzar os 6.000 euros, pero tampouco hai indicios de que a Xunta decidise castigo ningún malia aosreiterados incumprimentos. O propio Feijóo dixo que a exaltación da ditadura \"non fai ningún ben\" á fundación franquista e o Partido Popular de Galicia admitiu tras o ruído das últimas semanas que non considera adecuado que sexa esa entidade de nostálxicos do réxime quen guíe aos turistas polo monumento."}
{"ID": "PRAZA_9973", "summary": "Villares apela na Coruña e Santiago ao traballo das mareas municipais que, asegura, En Marea pode trasladar tamén á política estatal. A formación afirma que os seus posibles acordos no Congreso pretenderán \"recuperar dereitos e avanzar na senda da xustiza social\"", "text": "Un dos eixos da campaña de En Marea, a primeira da formación como tal nunhas eleccións xerais, foi reivindicarse como herdeira do espírito dos procesos políticos que tiveron como primeiro gran éxito as eleccións municipais do ano 2015. Este, precisamente, é o argumento ao que apelou a organización encabezada por Luís Villares na recta final da campaña en dous dos epicentros daquelas municipais, A Coruña e Santiago.Villares e membros das candidaturas de En Marea Congreso e ao Senado pecharon a penúltima xornada de campaña cun mitin na capital galega salferido de caraveis en homenaxe ao cuadraxésimo quinto aniversario da Revolução dos Cravos. \"O pobo é quen máis ordena\", parafraseou o voceiro para afirmar que, de lograr representación, En Marea situará \"as problemáticas de Galicia no centro do debate político\" e, por extensión, tamén as cuestións municipais.Villares apelou na Coruña e Santiago ao traballo das mareas municipais que, asegura, En Marea pode trasladar tamén á política estatal\"En Marea será a defensora en Madrid do cento de mareas locais que van cambiar Galicia nas vindeiras eleccións municipais\", afirmou Villares en referencia ás candidaturas acubilladas baixo as siglas desta formación. Pero tamén \"defensora do traballo de Compostela Aberta e da Marea Atlántica\". Ambas formacións locais, considera, representan apostas que tamén son de En Marea o 28A. \"Como fixo Compostela Aberta en Santiago, En Marea quere acabar coa corrupción do PP\", exemplificou. Agora \"queremos sumar, participar da gobernabilidade do Estado\" para \"mellorar dereitos\" cidadáns sen \"ser un cheque en branco\", resalta Villares.En Marea afirma que os seus posibles acordos no Congreso pretenderán \"recuperar dereitos e avanzar na senda da xustiza social\"Nun sentido semellante pronunciouse no mitin compostelán a cabeza de lista de En Marea pola Coruña ao Congreso, Ana Seijas. \"En Marea será a voz dos concellos galegos en Madrid\", proclama Seijas, quen esgrime a súa propia experiencia a nivel de política e activismo municipal. Tamén Mariló Candedo, aspirante ao Senado, reivindica o municipalismo e a axenda galega no novo debate estatal. \"Temos que ter voz propia e soberana para sermos produtivos na construción doutro modelo territorial de Estado\" mediante \"acordos en pé de igualdade\" con outras formacións, sinalou.Eses acordos, resalta Candedo, pretenderán pola banda de En Marea \"recuperar dereitos e avanzar na senda da xustiza social\", por exemplo, \"mediante uns orzamentos que inclúan financiamemnto suficiente para pensións, prestacións sociais e dependencia\". \"Ese -advertiu- é o espazo de En Marea, aí reside a nosa forza, axudar na conformación de maiorías de progreso e de xustiza social que impidan a continuidade e a radicalización de políticas conservadoras e recentralizadoras\"."}
{"ID": "NOS_26567", "summary": "O partido jeltzale elixe candidat@ baixo a presión electoral de Amaiur", "text": "Por primeira vez na historia, a esquerda abertzale atópase en condicións de facerse co poder na Comunidade Autónoma Vasca, que celebrará nos próximos meses as súas eleccións autonómicas, unha cita na que, unha vez rematado o amaño favorábel ás forzas españolas que supuxo a ilegalización de milleiros de votos do ámbito de Batasuna, ninguén cre na posibilidade de que Patxi López repita como Lehendakari. Neste escenario, a batalla vaise dar entre o nacionalismo soberanista que se presentou baixo a denominación de Amaiur nas últimas Xerais e o autonomismo de dobre alma que representa o PNV, pendente agora da elección do seu cartel electoral. Durante a restitución da autonomía de tres dos sete territorios de Euskal Herria, a formación peneuvista adoptou como norma de liderado a bicefalia, segundo a cal unha persoa sería o cabeza de lista (case sempre logo lehendakari) mentres outra encargaríase da organización. Ardanza e Arzalluz ou Ibarretxe e Josu Jon Imaz (este último directivo agora nunha empresa multinacional) simbolizan esa aposta, paralizada tras o pacto entre PSOE e PP nas últimas autonómicas que lles fixo perder a lehendakaritza. Dende entón, foi o presidente do partido, Iñigo Urkullu, a principal cara do PNV e tamén a máis coñecida, circunstancia que, unida a dura competencia electoral que supón a irrupción dunha esquerda abertzale plural e libre da actividade de ETA, abriu o debate sobre a posibilidade de que sexa el quen asuma tamén a candidatura, rompendo así a tradición bicéfala. Malia que esa intención non convence nos sectores máis soberanistas, especialmente os guipuscoanos, no PNV gaña adeptos a idea de combatir o ascenso de Amaiur (que seguramente usará outra denominación e espera pola posibilidade de poder presentar ao encarcerado Arnaldo Otegi) resaltando o seu perfil máis moderado ou como o definen algúns cargos \"afastado de aventuras incertas\", lonxe de intentar competir contra o seu principal adversario no terreo da autodeterminación. Para esa función \"pragmática\", boa parte dos dirixentes jetzales consideran que Urkullu resulta a mellor baza. Porén, hai máis nomes riba da mesa. Algúns son os de Josu Erkoreka, portavoz en Madrid, ou Izaskun Bilbao, parlamentaria en Bruxelas. Os dous presentan un alto nivel de coñecemento dentro da Comunidade Autónoma, malia o que precisarían dunha promoción maior que Urkullu. Tamén existe a opción de que no caso de que este último fose o candidato, se iniciase o proceso para elixir outra persoa para a presidencia, volvendo así ao liderado compartido. En principio, finais de xuño é a data límite que se concedeu o PNV para decidir o seu cartel para Ajuria Enea. A idea da dirección é optar polo proceso máis curto posíbel segundo os seus estatutos, de vinte días, para así evitar o desgaste dunha pugna interna. De feito, ante este temor varias voces suxeriron o desexo de que regresara á primeira liña o ex lehendakari Juán José Ibarretxe, que descartou a posibilidade."}
{"ID": "NOS_37025", "summary": "Merkel felicita a Scholz polo \"éxito electoral\" do SPD nas eleccións xerais do domingo, desacreditando a Laschet.", "text": "A presidenta do Goberno de Alemaña, Angela Merkel, felicitou o líder do Partido Socialdemócrata (SPD), Olaf Scholz, pola vitoria nas eleccións xerais, segundo confirmou un portavoz a través dun comunicado. \"A chanceler, na segunda feira, felicitou a Olaf Scholz polo seu éxito electoral\", apuntaba a nota publicada esta cuarta feira. Nos comicios do pasado domingo, o SPD venceu por unha estreita marxe ao partido de Merkel, a Unión Demócrata Cristiá (CDU). Porén, o seu candidato, Amir Laschet, insiste en que aínda pode ser chanceler. Pola contra, Scholz sostén que só el está lexitimado pola cidadanía para tentar negociar unha coalición de Goberno. O Partido dos Verdes e o Partido Democrático Libre (FDP) son as dúas patas das tres que necesitará ese Executivo para ser referendado por unha maioría parlamentaria. Os Verdes e o FDP mantiveron onte unha reunión que se interpreta como unha forma de sumar forzas de cara á negociación, for co SPD (coalición \"semáforo\"), for coa CDU (coalición \"Xamaica\"). Neste sentido, as mocidades do partido ecoloxista manifestaron a oposición a gobernar cos conservadores. \"Para nós, está claro que Laschet non debe ser chanceler\", sinalou a voceira da organización xuvenil, Anna Peters. Outra opción, cada vez máis afastada de se concretar é a reedición da Gran Coalición entre SPD e CDU. O deputado e dirixente dos socialdemócratas Udo Bullman afirmou onte que \"o noso electorado agarda que formemos unha coalición de partidos que moldeen o futuro, non que miren ao pasado\". Sen acordo en Noruega Por outra banda, o Partido da Esquerda Socialista (SV) retirouse onte das negociacións para unha maioría de Goberno en Noruega co Partido Laborista (AP) e co Partido do Centro (Sp). O AP, gañador das xerais do 13 de setembro, buscará agora liderar un Goberno en minoría."}
{"ID": "PRAZA_13958", "summary": "A Defensora del Pueblo, marquesa de profesión, ven de facer unhas declaracións en relación ao caso de Josu Uribetxebarría que revelan o seu descoñecemento das normas que regulan a liberdade condicional por doenza grave (código penal e regulamento penitenciario) e do cometido da Defensoria del Pueblo. Aínda que isto último non é novidade senón característica compartida con anteriores \"ombudsman\". Semella que a Marquesa da Salvatierra esquece que a súa función é defender os dereitos dos cidadáns fronte as Administracións e non avalar ou argumentar decisións administrativas que restrinxen estes dereitos fundamentais", "text": "Cando pensamos que o desprestixio de algunhas Institucións non pode alcanzar xa cotas máis altas, as persoas que as encarnan encárganse de disipar, e sen maior esforzo, esta inxenua esperanza devalando aínda mais (se posíbel) os organismos do aparato estatal. O último e nidio exemplo, a Sra. Becerril e a Defensoria del Pueblo. A Defensora del Pueblo, marquesa de profesión, ven de facer unhas declaracións en relación ao caso de Josu Uribetxebarría que revelan o seu descoñecemento das normas que regulan a liberdade condicional por doenza grave (código penal e regulamento penitenciario) e do cometido da Defensoria del Pueblo. Aínda que isto último non é novidade senón característica compartida con anteriores \"ombudsman\". Semella que a Marquesa da Salvatierra esquece que a súa función é defender os dereitos dos cidadáns fronte as Administracións e non avalar ou argumentar decisións administrativas que restrinxen estes dereitos fundamentais Concretamente, a Sra. Becerril , en relación a petición de excarceración do Sr. Uribetxebarria por padecemento de doenza grave, manifestou que é preciso \"…cumprir estritamente a lei\", engadindo \"sen se ter en conta declaracións de compaixón\". Semella que a Marquesa da Salvatierra esquece que a súa función é defender os dereitos dos cidadáns fronte as Administracións e non avalar ou argumentar decisións administrativas que restrinxen estes dereitos fundamentais. E tamén parece esquecer que, se como aristócrata podemos perdoarlle que descoñeza a noso ordenamento penal e penitenciario, como Defensora del Pueblo a súa ignorancia das normas cuxa aplicación debe vixiar é dunha temeridade que non podemos aceptar. Compre lembrar á Sra. Becerril que a liberdade condicional para doentes graves é un instituto que se regula no artigo 92 do código penal e no artigo 196 do regulamento penitenciario. Para ilustrar a nosa Defensora, compre recordarlle tamén que o noso Tribunal Constitucional, os xuíces de vixilancia penitenciaria e as audiencias provinciais definiron esta figura legal como unha norma de contido humanitario relacionado cos principios de humanidade das penas e dignidade e o dereito a vida e integridade física, principio que a Constitución española consagra nos artigos 10 e 15. Compre lembrar á Sra. Becerril que a liberdade condicional para doentes graves é un instituto que se regula no artigo 92 do código penal e no artigo 196 do regulamento penitenciario Cando a Sra. Becerril manifesta que hai que esquecer consideracións de compaixón na aplicación desta norma de nidio contido ético mente , manipula o teor legal e a finalidade da norma e esquece as funcións pola que os cidadáns pagamos o seu salario. A liberdade condicional só esixe a concorrencia de unha doenza moi grave con padecementos incurábeis. Segundo a xurisprudencia, tal estado non e asimilábel a unha situación pre-agónica. Esta mesma xurisprudencia sinala que doenza grave é aquela que compromete severamente a saúde e, polo común, aínda que non sempre, pon en risco a vida do doente. Por padecementos incurábeis deben entenderse aqueles para os que o coñecemento científico carece de remedio ou solución definitivos, aínda que poda paliar o dano ou atrasar a evolución da doenza. Esta mesma xurisprudencia interpretativa da norma que a Sra. Becerril parece descoñecer, e cuxa aplicación \"estrita\" demanda, desvincula a concesión de excarceración dunha morte cercana no tempo (de feito ten sido concedida a presos cunha expectativa vital de cinco anos). A norma tampouco esixe a total eliminación da funcionalidade delitiva, senón simplemente a súa diminución. Consecuentemente, a liberdade en aplicación desta norma ten sido concedida por patoloxías (por exemplo a cegueira) desvinculadas dun prognóstico fatal. Esta é a interpretación xurisprudencial que a aristócrata transmutada en Defensora del Pueblo parece descoñecer cando pide a súa aplicación \"estrita e sen compaixón\" Este é o teor legal da norma que, segundo a Sra. Becerril, exclúe criterios humanitarios. Esta é a interpretación xurisprudencial que a aristócrata transmutada en Defensora del Pueblo parece descoñecer cando pide a súa aplicación \"estrita e sen compaixón\". O \"caso Uribetxebarría\", que deu lugar ás declaracións da Sra. Becerril, ten dúas vertentes que queremos destacar: unha, a dimensión individual, o caso concreto do solicitante de liberdade condicional e o seu drama humano. O posicionamento da Defensora del Pueblo en contra da concesión supón unha presión institucional ao xulgado que deberá decidir tan anómala e contraria á finalidade da Defensoria que en calquera país da nosa contorna esas palabras deslexitimarian a súa titular e determinaría a dimisión. A segunda face deste infeliz asunto permite pór o foco, a partir dun caso individual de repercusión político-mediática, sobre a colectiva inhumanidade na aplicación do réxime penitenciario. A \"estrita\" (mais exactamente \"restritiva\") aplicación da lei que a Sra. Becerril esixe ven sendo obxecto de execución dende hai décadas. Demórase a concesión da liberdade condicional a centenares de persoas presas que agonizan entre os muros da prisión ou que son excarceradas apenas uns días antes para acabar falecendo, xa inconscientes, nas unidades hospitalarias. Nestes casos o propósito non é reducir sufrimento, é reducir taxas de mortandade penitenciarias. Demórase a concesión da liberdade condicional a centenares de persoas presas que agonizan entre os muros da prisión ou que son excarceradas apenas uns días antes para acabar falecendo, xa inconscientes, nas unidades hospitalarias Esquecendo a xurisprudencia constitucional antes citada , a dirección política da institución penitenciaria permite un asañamento vindicativo contra mozos e mozas presos que padecen SIDA, hepatite, neumonías… Ao denegar a excarceración até o momento en que unha ambulancia os leva, moribundos, do penal, facendo gala dunha crueldade coas persoas presas, os seus familiares e amigos que converteu a finalidade reinsertadora da pena nun fúnebre sarcasmo. O caso Uribetxebarría é un paso mais no longo camiño de inhumanidade do sistema penitenciario, da proeminencia da vinganza social fronte a teses humanizadoras da pena. Un paso máis, infelizmente talvez non o último. O caso Uribetxebarría é un paso mais no longo camiño de inhumanidade do sistema penitenciario, da proeminencia da vinganza social fronte a teses humanizadoras da pena Actualmente, EsCULcA está persoada como acusación popular nun procedemento nos xulgados de Lugo para esixir as responsabilidades legais que procedan pola morte dun preso, con patoloxía crónicas, que extinguía condena en Bonxe. E no tocante á marquesa de Salvatierra , se o seu actuar é coherente coas súas manifestacións, sería ilusorio esperar dela a atención que esta dramática situación reclama. A non ser que procure informarse e chegue a coñecer a lei penitenciaria e a norma que regula as obrigas legais do seu cargo. E que, abandonando o seu papel de \"hooligan\" neocon da retribución social, decida converterse en Defensora del Pueblo."}
{"ID": "NOS_25885", "summary": "A primeira versión audiovisual en ficción da vida de Rosalía de Castro, Contou Rosalía, preestréase esta sexta feira en Compostela. Trátase dunha miniserie sobre a estadía madrileña da poeta coa actriz luguesa Melania Cruz no papel da autora de Follas Novas.", "text": "Zenit Televisión produciu Contou Rosalía para a TVG. Dirixiuna Zaza Ceballos con guión de Raúl Veiga. Ademais de Cruz, participan actrices como Ledicia Sola, Tamara Canosa, David Perdomo, Fran Lareu -que intepreta a Manuel Murguía- ou Celso Parada. A serie está ambientada no Madrid de mediados do século XIX, onde a escritora o seu primeiro libro, La Flor, e onde casou con Manuel Murguía. A produtora Zenit traballou antes ficcións sobre figuras como Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Concepción Arenal. A preestrea de Contou Rosalía será esta sexta feira, 11 de maio, no Auditorio de Galiza de Compostela ás sete e media do serán."}
{"ID": "NOS_35592", "summary": "Rafael García Ferreira (Compostela, 1990), investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do grupo Histagra fai parte das novas xeracións de investigadores que están a traballar sobre os vitimarios. Conversamos con el sobre a dialéctica represiva en Compostela, que achega ao coleccionábel 'Os nomes do terror'.", "text": "Sinala no seu traballo que arredor de 40 veciños de Santiago de Compostela foron asasinados polos sublevados após o golpe de Estado de 18 de xullo.Máis, á marxe dos mortos, cal foi o alcance da represión na cidade? Foi moito maior, por suposto. En primeiro lugar, porque non so hai que ter en conta a aqueles que foron asasinados, se non á grande cantidade de persoas que foron perseguidas doutros xeitos. Unha parte dos traballadores do concello foron depurados, moitos mestres apartados do seu posto e perseguidos. Ao que hai que sumar a todos aqueles que foron encartados e que pasaron polo cárcere, ou que foron multados con diferentes pretextos. Tampouco hai que esquecer a aqueles que se viron obrigados a fuxir ante a ameaza de que foran un obxectivo, e que botarán anos escondidos, escapando da persecución. E tamén hai que mencionar o caso das mulleres, pois a violencia que se exerceu contra elas non sempre está estudada ao mesmo nivel que a dos homes. En segundo termo, hai que ter en conta que en Santiago estiveron presas e foron xulgadas moitas persoas non so da cidade, se non tamén dunha ampla comarca ao sur da provincia da Coruña, sobre todo da zona litoral. Isto implicou que o fluxo de xente que pasou polo cárcere e por un xuízo militar en Compostela non se restrinxe aos seus veciños, o que nos da unha cidade cunha intensa actividade nestes aspectos. O dinamismo político na cidade e a defensa da República en xullo de 1936 custaralle a moitos ser un dos obxectivos da persecución que se levou a cabo Houbo violencia máis alá do golpe de Estado. Nos anos corenta seguiron funcionando espazos penais cunha magnitude moi grande, como a prisión central, que estaba no barrio de Santa Isabel, e o campo de concentración de Lavacolla, por onde tamén pasaron unha grande cantidade de presos. Destaca no seu artigo que a dialéctica política do período anterior á sublevación militar vai influír na lóxica represiva, que significaría na dinámica social e política da Compostela republicana? Santiago era unha cidade plenamente integrada nas dinámicas democráticas da época. Nas eleccións de abril de 1931 gañaran as candidaturas republicanas fronte ás monárquicas, e a República foi proclamada co mesmo entusiasmo que en outros moitos lugares. A partir de aí, a vida política e municipal desenvolveuse con total normalidade dentro do que era a democracia republicana, unha democracia do período de entre guerras. Foi ademais unha cidade cun alcalde galeguista, Ánxel Casal, nomeado en febreiro de 1936, e que estivo á cabeza do proceso estatutario galego. O dinamismo político é moi visíbel na cidade. Con posterioridade, este dinamismo e a defensa da República en xullo de 1936 custaralle a moitos ser un dos obxectivos da persecución que se levou a cabo. Os que tentarán defender a democracia republicana serán xulgados e fusilados, e outras personaxes, como o propio Casal, dunha gran relevancia política e social, serán asasinados sen sequera unha sentencia previa. Sen embargo, a relación entre dinamismo político e persecución posterior non é tan clara, nin tan sequera se falamos de persoeiros de esquerdas ou que formaran en 1936 parte dos partidos da coalición da Fronte Popular. É un terreo complicado; a veces hai pistas, pero como digo, non sempre se amosa unha dinámica clara. A dirección e execución do golpe de Estado foi militar, aínda que contaran coa colaboración doutros grupos Entrando no aparello represivo, que papel lle outorgaría aos militares na organización, coordinación e execución do terror e cales foron os pesos e contrapesos que deberon enfrontar dentro dos poderes do réxime? Tiveron un papel protagonista e director. Non hai que esquecer que a dirección e execución do golpe de Estado foi militar, aínda que contaran coa colaboración doutros grupos. Foron os que desprazaron ás autoridades republicanas e asumiron unha posición de liderado con posterioridade. Tamén se responsabilizaban dos procesos xudiciais sumarísimos, aínda que nestes houbera outro tipo de participacións; pero a dirección dos mesmos era militar, como o eran as sentenzas. A isto hai que sumar, obviamente, a grande cantidade de variantes que nos podemos atopar cando recorremos aos estudos de caso, ao estudo local, que é o que en moitas ocasións axuda a comprender o que realmente ocorreu e quen tivo a responsabilidade de que actos. Hai unha importante preeminencia de militares en postos de responsabilidade no marco do golpe. É un momento no que non existe un Estado organizado nos territorios que quedaran baixo o control dos sublevados, polo que non podemos falar de réxime para este período. Coa dilatación do proceso no tempo, os golpistas resolven nomear a Franco como mando único, en outubro de 1936, pero as dinámicas que se están a executar neses momentos aínda están afastadas desas cuestións. Sendo Santiago de Compostela unha cidade cun importante pouso clerical e onde a xerarquía eclesiástica gozaba dunha situación de relevo, que nos pode dicir do labor da mesma na persecución? A Igrexa aportou un magnífico apoio ideolóxico aos golpistas. O principal argumento de Mola, o Director da conspiración contra o Goberno, era a defensa da nación, e este será o que abandeire as accións que se leven a cabo dende xullo. Pero a adhesión da Igrexa ofrecerá aos sublevados unha oportunidade de lexitimar a súa causa que non deixarán pasar, pois os discursos de moitos párrocos e bispos conectarán con moitos cidadáns dunha forma moito máis próxima. A labor que logo levaron a cabo con respecto á persecución é un asunto que volve a estar no plano do estudo de caso. Pero o que si parece claro é que as autoridades tiñan en conta aos representantes eclesiásticos á hora de activar diversos mecanismos, como por exemplo á hora de elaborar informes de conduta, que en ocasións foron fundamentais nas depuracións ou nos xuízos militares. A este respecto, como xa se menciona no texto, o arcebispo compostelán Muñíz de Pablos chegou a prohibir a expedición de certificados de boa conduta. O arcebispo compostelán Muñíz de Pablos chegou a prohibir aos párrocos a expedición de certificados de boa conduta Repara no seu artigo que aínda agora, cando xa teñen pasado máis de 80 anos desde a sublevación militar, comezamos a coñecer os nomes dos verdugos.Cal é, na súa opinión, a razón de que se tardase tanto tempo en iniciar a investigación dos vitimarios? A Historia é unha ciencia que non para de avanzar. No referente ao golpe de Estado, as tendencias investigadoras seguiron outras vías. Foi moi importante o coñecemento e recoñecemento das vítimas, un punto no que en Galiza se fixeron grandes avances grazas á labor de moitos investigadores e ao Proxecto Nomes e Voces, que aínda hoxe ten dispoñíbel a súa base de datos on-line. As tendencias de estudo quizais se teñan centrado máis noutros puntos, como este, en vez de cuestións que noutros países están máis avanzadas. Tamén hai que ter en conta que, ao contrario que os seus aliados europeos, os golpistas gañaron a súa guerra en 1939, perpetuando o seu control do país durante case corenta anos. Son catro décadas nas que houbo tempo para difuminar o ocorrido en 1936, para que os discursos cambiaran e incluso para que se impuxeran aqueles que máis conviñan. Pero no ámbito da investigación as preguntas acaban por xurdir, e neste intre hai varias tendencias historiográficas que se preguntan cada vez máis pola cuestión dos perpetradores da violencia. A experiencia, o maior coñecemento das fontes e o avance da investigación vannos levando a atopar novos enfoques. A veces pensamos que non hai fontes para investigar este tipo de cuestións porque foron destruídas, porque foron agochadas ou porque non existen, pero a realidade é que están aí, son accesíbeis e están sendo empregadas con bo criterio. Noutras ocasións tamén se trata de superar relatos e discursos que buscan deixar atrás ese período histórico, polas razóns que sexan, pero os historiadores tentamos, precisamente, que iso non ocorra. E dende logo, como dicía, contamos coas ferramentas para logralo. Hai xa uns anos que varios investigadores do grupo Histagra, da USC, desenvolvemos as nosas teses arredor do estudo do golpe de Estado, dos propios golpistas e dos verdugos. Algúns avances xa foron publicados en Golpistas e verdugos de 1936, dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, demostrándose que hai terreo dabondo para a investigación. Non co obxectivo de sinalar especificamente, se non de entender como funcionou ese período histórico, por que, e en base a que mecanismos. E nesa liña seguimos investigando."}
{"ID": "NOS_48632", "summary": "Nunha entrevista televisiva aínda por emitir, o presidente de Siria, Bashar al-Assad, vai anunciar nas próximas horas que o seu Goberno está disposto a ceder o control do seu armamento químico á comunidade internacional.", "text": "Segundo informa The Guardian, Bashar al-Assad declarou á axencia de noticias Interfax que a decisión non ten coma orixe as ameazas militares estadounidenses, mais si os \"esforzos diplomáticos\" de Rusia. Al Assad elixiu precisamente unha canle televisiva estatal rusa - Rossiya-24 - para comunicar a súa decisión e recoñecer de xeito oficial a existencia do armamento químico [na recente entrevista co xornalista norteamericano Charlie Rose, nen afirmou nen negou que tivese esas armas, limitouse a argumentar que ese era un asunto militar do que non se podía falar en público]. Assad tamén declarou a Rossiya-24 que Siria negociará nas Unións Unidas un acordo sobre a forma en que se procederá á entrega do seu armamento químico."}
{"ID": "NOS_36352", "summary": "O combinado dirixido por Iván Cancela alcanzou a gloria na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) após derrotar na gran final ao potente conxunto andaluz por 0-2.", "text": "A Selección Galega de Afeccionados proclamouse campioa da XII Copa das Rexións da UEFA. O combinado dirixido por Iván Cancela alcanzou a gloria na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) após derrotar na gran final ao potente conxunto andaluz por 0-2, grazas aos tantos de Carlos López e Yelco Alfaya. O triunfo galego supón a repetición da historia acontecida hai exactamente dez anos, na tempada 2009-2010, cando A Irmandiña conquistara a súa primeira UEFA Regions Cup en Portonovo, tras derrotar na finalísima, precisamente, a Andalucía. Nesta ocasión, a selección galega optou por un fútbol quizais algo conservador, pero indubidábelmente resolutivo. Os de Iván Cancela agardaron pola súa oportunidade para saír ao contraataque, e xusto antes do descanso, no minuto 43, Carlos López puxo por diante a Galiza ao aproveitarse dun rexeite coa cabeza do gardameta andaluz, Francisco. O gol foi psicolóxico, xa que apenas catro minutos despois do tempo de descanso, no 49, apareceu Yelco para anotar o 0-2 definitivo logo dunha contra de manual, rematando o partido sen moitos apuros para a escuadra galega."}
{"ID": "NOS_53718", "summary": "A organización frontista denuncia que os gobernos do PP están a empregar \"dúas vías\" para \"criminalizar\" e \"reprimir\" a crecente mobilización social: a \"aplicación abusiva do código penal e a imposición masiva de multas e sancións administrativas\".", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, denunciou esta segunda feira a \"estratexia represiva\" coa que, para a organización frontista, o goberno do Partido Popular está a responder á crecente vaga de mobilizacións sociais. Vence fixo referencia a algúns dos procesos sancionadoras iniciados nos últimos tempos contra traballador@s e activistas sociais. \"Segundo as centrais sindicais, hai en marcha procesos xudiciais contra participantes en manifestacións que superan a petición de 100 anos de cadea, en moitos casos con penas superiores aos 3 anos, o que implica ir a prisión\", relaou o voceiro do Bloque. Aliás, lembrou que moitas plataformas e movementos sociais están a recibir expedientes da subdelegación do goberno español con sancións económicas que oscilan entre 800 e 300 euros. Este é o caso, debullou o portavoz nacional da organización frontista, da persoas estafadas polo calote das preferentes, integrantes da Plataforma Sarriana polo Río, participantes de Stop-Despexos ou mesmo mariñeiros do cerco. \"Criminalización\" das protestas sociaisSegundo Xavier Vence, \"o PP aplica unha estratexia de criminalización e represión sistemática da protesta social contra os colectivos, as organizacións sindicais e o conxunto da cidadanía que se mobiliza contra as políticas de recorte que aplican os populares desde o Goberno central e a Xunta\", un feito que din, para o que as administracións gobernamentais están a empregar \"dúas vías\" a \"aplicación abusiva do código penal e a imposición masiva de multas e sancións administrativas\". Vence criticou que o Goberno de Rajoy non indulte 4 traballador@s mais si o garda civil que amais de gravar un abuso sexual, se riu dos feitos Desde o BNG, exixen a \"pór freo\" ao que tildan de \"estratexia\" d@s populares e, para iso, demandan a reforma do Código Penal. No concreto o artigo 315.3 polo que se estabelecen penas de entre \"seis meses e tres anos\" de prisión a quen \"mediante engano ou abuso de situación de necesidade impediren ou limitaren o exercicio á liberdade sindical ou o dereito a folga. Indulto e reforma do Código PenalEste artigo, aprobado antes da Constitución de 1978 e da Lei Sindical, está a supor --segundo @s nacionalistas, \"para reprimir aos traballadores e traballadoras máis activos na defensa dos seus dereitos laborais\". Ao mesmo tempo, desde o Bloque reclaman a concesión do indulto para Ana, Tamara, Carlos e Serafín. Catro operari@s que están a piques de entrar na cadea acusad@s dun delito \"contra os dereitos dos traballadores\" durante o decorrer dunha folga. En troca, salientou Vence, \"o goberno de Rajoy si concede\" esta medida de graza \"ao garda civil fillo dun concelleiro do PP que gravou unha agresión sexual en vídeo ríndose dos feitos e sen facer nada, que ven de ser indultado\". \"A xente non protesta por gusto senón porque sofre abusos\" Neste senso, desde o BNG demandan a \"retirada das multas a todos os colectivos sancionados\" polo que din son as \"súas lexítimas protestas\". \"A xente non protesta por gusto senón porque sofre abusos, porque lle rouban os aforros bancos desalmados, para defenderse de empresarios piratas ou para loitar contra as políticas de recortes dun goberno que lonxe de amparalos os deixa abandonados\", subliñou en comparecencia de imprensa, Xavier Vence quen reclamou un cambio de rumo nas políticas e avanzou que a formación nacionalista tomará parte na mobilización convocada para o vindeiro 30 de xuño polas centrais sindicais CIG, CC.OO e UXT."}
{"ID": "PRAZA_5709", "summary": "Os populares celebran que o mantemento do mesmo nivel de abstención de 2009 \"lexitima os resultados\". O PSdeG denunciará \"irregularidades\" e \"carretaxe de votos\" ante a Xunta Electoral de Lugo", "text": "Os primeiros resultados oficiais de escrutinio de voto das eleccións ao Parlamento Europeo deste domingo comezarán a coñecerse a partir das 23 horas, pero as primeiras estimacións de participación apuntan a un mantemento dos elevados datos de abstención rexistrados nos comicios de 2009. A participación final roldará o 44%, unha cifra aceptable para o Partido Popular, \"unha boa nova que lexitima o resultado\", e todo o contrario para AGE e BNG, que nas súas primeiras manifestacións públicas, unha vez pechados os colexios electorais, culparon precisamente os populares desta \"baixa participación\". Pola súa banda, o PSdeG anunciou que denunciará \"irregularidades\" e \"carretaxe de votos\" ante a Xunta Electoral de Lugo. Rueda amosou a \"satisfacción\" do seu partido por que a participación final se manteña nas cifras de 2009, e porque non se concrete a \"baixada histórica\" que auguraban algunhas enquisas Alfonso Rueda, número dous do PPdeG, amosou a \"satisfacción\" do seu partido por que a participación final se manteña nas cifras de 2009, e porque non se concrete a \"baixada histórica\" que auguraban algunhas enquisas. \"É unha boa nova que lexitima o resultado que se produza, sexa o que sexa\", enfadiu Rueda. Pola contra, Martiño Noriega, un dos coordinadores de campaña de AGE en Europa, lamentou \"a baixa participación\", que considerou \"unha decepción e non deixa de ser un triunfo do sistema e, polo tanto, do bipartidismo, que durante toda a campaña evitou falar dos problemas reais e de como as políticas europeas afectan de xeito directo no día a día da cidadanía\". Noriega sinalou que \"é preciso esperar a coñecer os datos do reconto\" para comprobar se \"a mobilización da esquerda consciente e agredida que si se percibiu nos diferentes actos organizados por AGEe consegue dar un golpe de morte ao bipartidismo e dar entrada a todos aqueles que estamos a ofrecer un modelo alternativo centrado nos dereitos das persoas\". De igual xeito, o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, considerou que o Partido Popular e o PSOE teñen unha \"responsabilidade política evidente\" na baixa participación destas eleccións ao Parlamento Europeo, debido, en concreto os populares, a que estiveron \"empeñados\" en imprimir un \"perfil baixo\" á campaña. Lobeira destacou así mesmo que se pode \"afirmar que o BNG gañou\" debido ao labor da militancia durante as últimas semanas, á que recoñeceu \"o seu traballo\" fronte a un \"intento de criminalización e silenciamiento\" por parte dos medios de comunicación de titularidade pública. O PSdeG \"con toda seguridade\" denunciará ante a Xunta Electoral irregularidades na provincia de Lugo Pola súa banda, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, anunciou que o PSdeG \"con toda seguridade\" denunciará ante a Xunta Electoral irregularidades na provincia de Lugo, onde supostamente apareceron sobres con papeletas do Partido Popular previamente introducidas no seu interios, así como \"carretaxe de votos\" en varios colexios."}
{"ID": "NOS_51149", "summary": "A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de \"libros que falan de libros\".", "text": "Inmersas no medio dunha situación case surrealista, a pandemia provocada pola Covid-19 levounos a desexar liberar a mente e, de feito, moitas especialistas advirten da necesidade de desconectar a cabeza co fin de non padecer trastornos psicolóxicos. Diante disto, e co Día das Librarías ás nosas portas, os libros que falan de libros (ou a metaliteratura) eríxense como eses mecanismos de defensa, esas barreiras necesarias coas que facer fronte á psicose colectiva e individual. Alén diso, e para as persoas que adoran ler, os libros que reflexionan sobre o mesmo acto da lectura ou aqueloutros que nos levan a lugares máxicos como as bibliotecas ou as librarías, poden ser unha boa terapia. Estas obras metaliterarias poden entenderse como homenaxes a eses lugares de resistencia nos que a cultura sobrevive nun mundo cada vez máis globalizado e de expansión de pantallas dixitais. Os libros sobre libros propoñen unha viaxe interior curativa, e mesmo se fala actualmente dunha tendencia chamada feel-good, que reivindica a necesidade de historias que nos fagan sentir ben, como o mesmo termo inglés expresa. Realizando un percorrido pola nosa literatura e indagando nos estantes das principais editoras do país, recomendamos novelas, ensaios e relatos que teñen o libro e todo o que o rodea como tema principal. Novelas para soñar Quizais o mellor agasallo que lle poderiamos realizar a un libreiro ou libreira sería mercar os libros nas librarías de barrio. Sobre esta idea sostense o argumento de O último día de Terranova (Xerais, 2015), unha historia na que o grande escritor galego Manuel Rivas rende homenaxe a esas librarías que resisten e que continúan librando unha batalla contra o xigante Amazon que non saberemos aínda como ha rematar. Na libraría de Terranova hai libros, moitos, pero tamén hai historias que ateigan as vidas dos familiares e antepasados de Vicenzo: o tío Eliseo, o xornalista Cecilio, os seus pais Comba e Amaro, a enigmática rapaza arxentina Garúa, de modo que temos un espazo máxico, no que tamén está presente a pantasma da guerra civil e do que significou este momento para os libros. Ao igual que en Os libros arden mal e en O lapis do carpinteiro, as verbas saben a clandestinidade e os libros teñen ese cartaz de prohibido, como a liberdade neses anos escuros. A prosa envolvente desta obra fainos ver Terranova como calquera dos lugares nos que a diario desaparece unha libraría, e con ela quedan soterrados os miles de soños, vivencias, cafés e libros que compartiron as persoas que por ela pasaron e a crearon como un fogar, ese fogar no que pensamos cando o mundo é demasiado complexo para o noso entendemento. Non existe unha fórmula máxica para inocular o 'vicio lector', aínda que se pode aprender doutras profesionais que, a través de distintas iniciativas, tentan crear unha sociedade máis crítica Rinoceronte Editora, radicada en Cangas do Morrazo, é un dos proxectos editoriais máis interesantes do país, pois conta con diversas coleccións a través das que traen ao galego clásicos contemporáneos e outros máis antigos. No ano 2007 sorprendéronnos cun libro moi breve pero ateigado de humor e de amor pola lectura: Unha lectura fóra do común, de Alan Bennet. Nela, o autor traza os inicios na lectura dunha raíña que se atopa por casualidade co furgón dunha biblioteca móbil diante do Concello de Westminster. Ela, que nunca antes se caracterizara por ser unha lectora asidua, comeza a coller libros por casualidade, até se converter nunha lectora habitual. Cunha ironía moi marcada, Alan Bennet presenta unha parábola sobre o que lle sucede á maioría das lectoras, que topan unha novela como ao azar e rematan por non saber vivir sen ler. A esta lectora \"fóra do común\" comezan a acontecerlle cousas moi estrañas, así como preguntas e reflexións arredor de diversos asuntos do mundo que a rodea. Grazas aos libros acolle pensamentos e realidades que antes lle eran alleas, o que o autor aproveita para crear continuas referencias irónicas á actividade da lectura e a respecto de como esta se pode inocular nas persoas. Unha lectura que deixa un bo sabor de boca e que entronca moi directamente con outro título, tamén traído ao galego da man de Rinoceronte Editora: A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey, escrito a dúas mans por Mary Ann Shaffer e Annie Barrows, e publicado en 2016. As lectoras imos coñecendo todo o que ocorre (e ocorreu) na illa de Guernsey a través da correspondencia que lle chega á escritora Juliet Ashton a partir de xaneiro de 1946. A vida desta muller, que estaba inmersa nunha crise creativa, muda cando recibe unha carta dun descoñecido que resulta ser o creador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Ela móstrase intrigada, e con ese mecanismo xogan as escritoras para facernos partícipes dunha historia que narra o mellor do ser humano pero tamén o peor, e na que se demostra que ás veces atopas as mellores persoas lonxe do teu contorno, do teu día a día. A historia é narrada na súa integridade mediante cartas que recalan en nós como se fósemos as destinatarias de varios remitentes do pasado. E no medio de todo sempre están os libros como táboas salvadoras, como illas ás que poderiamos viaxar para atopar o tan desexado sosego. Seguindo coa tradución, é salientábel destacar o traballo que leva a cabo a editora Irmás Cartoné, que trae clásicos de todos os tempos e nos que destacan o deseño e as ilustracións das portadas. Tal é o caso de Martin Eden, unha das obras máis recoñecidas de Jack London, con tintes autobiográficos, do que xa dispomos en galego desde o ano pasado grazas á tradución de Celia Recarey Rendo. A obra que temos entre mans é quizais o mellor exemplo do que significa a loita por ser alguén. Martin Eden é unha personaxe que se fai a si mesmo, que comeza a traballar no mar e que, tras namorar dunha moza burguesa chamada Ruth, sente a necesidade de estudar, de admirar a cultura. Por iso, desde o comezo deste namoramento febril quítalle horas ao sono para perseguir o seu soño de ser alguén reputado, unhas angueiras que teñen moito que ver coa consecución de cultura e, posteriormente, coa escritura. Esbozada como unha fábula individualista, este desexo pola aprendizaxe que obsesiona o protagonista enténdese mellor se pensamos nas orixes de Martin Eden, trasunto do propio autor, que logra saír da pobreza e do analfabetismo. Os libros convértense, así, na súa maior gloria, na súa obsesión, no mecanismo que lle permitirá lograr o que tanto persegue: ser un escritor recoñecido e casar con Ruth. Tantos anos de silencio (Galaxia, 2020) é o último título do escritor e director de Galaxia, Francisco Castro, e nel fálanos da carraxe e da crueldade da represión, aínda que os libros aparecen como salvavidas, algo que adoita suceder case sempre na literatura do autor vigués, que cre que a literatura pode cambiar o mundo ou, polo menos, pór o foco sobre cuestións de relevancia social. Así, a novela arrinca cando Ángela, unha investigadora histórica que atravesa unha etapa de moita dor e violencia de mans da súa parella, viaxa até a zona de Flavia para comezar coas escavacións cunha fosa común na que se atopan os corpos de persoas executadas na represión. Na novela atopamos continuas alusións ao mundo dos libros e do poder da literatura como axitadora de conciencias e semente de mudanzas e xustiza social. Quizais a cita máis explícita é: \"Tornamos fame por letras, a incultura por boas historias; leva un libro e non esquezas lelo e vir por máis. Eles tamén son alimento\". Nisto dos libros metaliterarios, as cartas adoitan ser un dos artificios máis empregados. Precisamente, no formato epistolar desenvólvese Querido H.P. Lovecraft (Urco, 2016), de Antonio Manuel Fraga, unha noveliña moi intensa que consegue evocar unha historia que nos ofrece o mellor de Lovecraft e do seu amigo, Robert E. Howard. Partindo dunha carta real, o autor artella unha correspondencia na que Howard se dirixe ao seu amigo para contarlle os sucesos que o levarán ao suicidio. O xogo que nos formula Fraga é moi interesante, pois xa desde as primeiras liñas sabemos o final, pero seguimos pegados ao libro na busca das causas. O triunfo do autor reside precisamente na capacidade para escribir unha obra que se sitúa a medias entre os xéneros fantástico máis puro, a epístola e até os aspectos máis biográficos. Ensaios para reflexionar Complementariamente ás novelas, na literatura galega actual están xermolando unha enorme cantidade de libros que empregan o ensaio para repensar o debate arredor da creación ou da lectura. A cabalo entre as memorias lectoras e o artigo xornalístico, Suso de Toro publicou Dentro da literatura (Xerais, 2019), no que xera un debate sobre moitísimos asuntos relacionados coa lectura, para facernos pensar moito sobre o papel que como sociedade temos no mantemento da mesma. Un debate que, como non ía ser doutra forma, el abre en chave nacionalista, pondo sobre a mesa os problemas que desde sempre, e máis hoxe, atravesou a literatura galega, que parece que nunca acabou de despegar e, cando o fixo, foi co compromiso de persoas con conciencia política. Atopamos aquí reflexións moi persoais, mesmo confesións íntimas do que para o autor supón o acto de ler e o prezo a pagar. Tamén hai referencias á literatura comprometida, á escritura xuvenil, á liberdade da autora ou do autor, ao papel das bibliotecas, á necesidade ou non dun canon ou dos libros clásicos, a visibilización da literatura escrita por mulleres ou persoas dun país deostado… Outro libro escrito desde as propias vivencias persoais é Como aprendín a ler (Rinoceronte, 2018), que comeza con moitas doses de ironía e provocación: \"Con frecuencia pídenlle á autora de libros xuvenís que son que cite un libro que marcase a súa infancia. Ante tal pregunta véxome tentada de responder: 'Ningún. Na miña infancia non había libros. Non había sitio para eles. Odiaba ler, entende?'\". Desmitifícase o acto de ler e abórdanse os primeiros pasos e fracasos até chegar a amar os libros e vivir do pracer de escribilos e traducilos. Desde o comezo, este ensaio lese como unha viaxe a través da que a autora, Agnès Desarthe, reflexiona sobre a súa tortuosa relación coa literatura que non comezou con bo pé pero que agora avanza por un camiño rodado, pois xa ten escritos máis de 30 libros infantís e xuvenís, dez novelas para público adulto e dous ensaios. Como se ten manifestado en numerosas ocasións, non existe unha fórmula máxica para inocular o \"vicio lector\", aínda que se pode aprender doutras profesionais que, a través de distintas iniciativas, tentan crear unha sociedade máis crítica. Das experiencias de dez persoas relacionadas co mundo do libro xermolou Habitando historias (Galaxia, 2019), no que se compilan artigos nos que se dan certas chaves sobre o complexo mundo do libro e da lectura. Coordinado por Montse Muriano, esta publicación recolle reflexións e proxectos que se puxeron en marcha e que teñen certo éxito, da man de persoas como Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Francisco Castro, Mercedes Cerdeiras Uría, Andrea Maceiras, Érica Esmorís, Eva Mejuto ou Montse Pena Presas, entre outras. Estamos diante dun libro de recente actualidade que toma o pulso á nosa literatura e, ao tempo, permite coñecer exemplos para pór en práctica en colexios, asociacións, bibliotecas... Os libros metaliterarios case sempre teñen un aquel de nostalxia. Quizais por iso precisamos propostas con toques de humor, como acontece en Bibliópatas e fobólogos (Galaxia, 2017), no que Emma Pedreira explora os formatos curtos para realizar unha crítica mordaz ao sistema actual Cun forte afán didáctico, e destinado sobre todo ao profesorado de primaria, naceu Da Carapuchiña ao señor Lamote (Xerais, 2019), de Miguel Vázquez Freire, que percorre a historia da construción do canon literario para a rapazada, os estilos e as fórmulas do éxito. Vázquez Freire afirma xa ao comezo que \"os mellores libros para a infancia e a mocidade son os mellores libros que calquera, incluídos nenos e mozos, poden ler; os libros, logo, máis universais, os libros para todos\". Unha reflexión que nos leva, deseguido, a esoutra de que a literatura propia e actual debe ser quen de dialogar coa universal e cos considerados clásicos."}
{"ID": "NOS_27142", "summary": "As universidades galegas demandan colaboración directa coa Xunta para loitar contra o acoso nos seus centros.", "text": "As IV Xornadas de sensibilización e prevención da violencia sexual da mocidade comezaron esta segunda feira na Universidade de Santiago de Compostela (USC) co acto de inauguración e as primeiras intervencións. Nese contexto coñecéronse os datos da USC que indican que rexistrou 15 casos de acoso desde 2017, cando entrou en vigor o seu Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso. Así mesmo, deses 15 casos totais, 11 correspóndense con acoso sexual e catro con acoso por razón de sexo, mentres que \"non houbo, até o momento, ningún caso de acoso por orientación de xénero\", segundo explicou a delegada do reitor para a Igualdade da USC, Marta Pérez. A lei de violencia de xénero da Galiza incluirá as vítimas de explotación sexual Con máis detalle, a responsábel de Igualdade indicou que en 13 casos as persoas afectadas foron estudantes e en dous persoal contratado en empresas que dan servizo á universidade. Polo que respecta ás persoas denunciadas, sete deles eran estudantes, cinco profesores, un era investigador en formación, outro correspondente a empresa externa e un de persoal de administración e servizos. Colaboración institucional Durante a inauguración destas xornadas que se desenvolven no marco da campaña galega \"Agresión Off\", representantes das tres universidades galegas salientaron a importancia de colaboración directa das entidades educativas e o Goberno galego nesta cuestión. As denuncias por violencia machista aumentaron no segundo trimestre e até 84% das sentenzas foron condenatorias Así, o reitor da USC, Antonio López, lamentou que na actualidade haxa comportamentos que vai 15 ou 20 anos \"eran impensábeis\" e que agora \"se dan con moita frecuencia e normalidade\". Tamén, a vicerreitora de Igualdade da UDC, Cristina López, incidiu na importancia do papel das universidades e a investigación, remarcando que as xornadas son \"fundamentais para as reflexións\", mais que é \"importante que esas reflexións se tomen en serio\". Nesta liña postulouse a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da Uvigo, María Isabel Doval, que avanzou que esta segunda feira a Cátedra de Feminismos 4.0 presenta o seu segundo informe de resultados, titulado A violencia machista dixital a través da prensa galega. Eis os datos de delitos criminais na Galiza durante 2021, recollidos pola Fiscalía da Galiza No mesmo acto, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou que as vítimas de trata e de explotación sexual \"van acceder á totalidade\" de recursos da Xunta contra a violencia de xénero. Entre outras, sinalou ás prestacións que brindan as vítimas para ter \"unha independencia económica e poidan independizarse\"."}
{"ID": "NOS_20024", "summary": "Malia que \"unha parte significativa dos casos identificouse entre homes que teñen sexo con homes\", a ONU explica que o maior risco é o \"contacto físico próximo con alguén infectado\", e ese risco \"non se limita ás relacións homosexuais\". \"As leccións da resposta á sida mostran que o estigma e a culpa dirixidos a certos grupos de persoas poden prexudicar axiña a resposta ao gromo\", engade.", "text": "A Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de advertir que nas vindeiras datas seguirán a aumentar os casos de varíola do mono no mundo, unha doenza da que alertou o Reino Unido o pasado 14 de maio após detectar varios positivos, que xa se estenderon a unha ducia de países, entre eles o Estado español. \"A situación evoluciona de tal modo que a OMS cre que haberá máis casos identificados a medida que a vixilancia se estende en países que non son endémicos\", precisou, ao tempo que salientou que aínda non foi posíbel estabelecer o foco e a ruta desta vaga de contaxios. España e Portugal son os Estados con máis casos de varíola do mono en Europa Aliás, cualifica de \"feito moi inusual\" que se detecten casos positivos ou sospeitosos sen estaren vencellados con viaxes a áreas endémicas, polo que urxe \"medidas serias\" contra esta enfermidade. Até o momento confirmáronse 92 contaxios, dos cales un terzo (30) corresponden ao Estado español; en concreto, á Comunidade de Madrid. Na Galiza estase a analizar un caso sospeitoso. \"A identificación de casos confirmados e sospeitosos de varíola do mono sen antecedentes de viaxe a unha zona endémica en varios países é atípica, polo que é urxente concienciar sobre a varíola do mono e levar a cabo unha procura exhaustiva de casos e o seu illamento, rastrexo de contactos e coidados de apoio para limitar a transmisión posterior\", engadiu a organización. O Ministerio estuda a compra de vacinas contra a varíola Estigmatización da varíola do mono Por outra parte, o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/Sida (OnuSida) condenou as informacións e comentarios \"estereotipados\" sobre a propagación da enfermidade. Nun comunicado, o ente sinalou que \"unha parte significativa dos casos identificouse entre homes que teñen sexo con homes\". Porén, matizou: \"A evidencia dispoñíbel suxire que quen corren maior risco son quen tiveron contacto físico próximo con alguén infectado, e ese risco non se limita aos homes homosexuais\". \"As leccións da resposta á sida mostran que o estigma e a culpa dirixidos a certos grupos de persoas poden prexudicar axiña a resposta ao gromo\", lamentaron. A OMS insta a rastrexar e illar os positivos de varíola do mono A este respecto, o director executivo adxunto de OnuSida, Matthew Kavanagh, lembrou a \"necesidade urxente\" de que os líderes políticos \"fortalezan a prevención de pandemias a través, en parte, da creación dunha rede comunitaria máis sólida e unha infraestrutura de Dereitos Humanos para apoiar respostas eficaces e non estigmatizantes aos gromos\"."}
{"ID": "NOS_10570", "summary": "Paros parciais en decembro para rexeitar os cambios impostos na xornada laboral", "text": "A asemblea de traballadores e traballadoras da empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, ratificou esta fin de semana a convocatoria de folga rexistrada polo comité, e que terá lugar en días alternos do mes de decembro. Así o confirmou o sindicato CIG (que preside o órgano de representación do persoal), que informou que a proposta de folga foi apoiada \"por unha ampla maioría\" dos traballadores e traballadoras, que pararán en franxas de dúas horas para protestar pola modificación unilateral das súas xornadas e condicións laborais. Segundo o escrito dirixido á Consellería de Emprego e Igualdade, a folga terá lugar durante once días do mes de decembro (os días 1, 3, 9, 11, 14, 16, 18, 21, 23, 28 e 30) e desenvolverase con paros parciais de dúas horas: de 7:30 a 9:30 horas, de 13:00 a 15:00 horas, e de 19:00 a 21:00 horas. O sindicato denunciou que a empresa está \"a converter xornadas continuas en xornadas partidas\", e modificando así unilateralmente as condicións de traballo para cubrir os reforzos de liñas necesarios pola situación derivada da pandemia. Ante isto, o comité reclamou máis contratacións para reforzar o servizo en 'horas punta' e evitar \"que se enchan os autobuses\", en lugar de que sexan os traballadores os que teñan que \"sacrificar\" os seus horarios laborais."}
{"ID": "NOS_8103", "summary": "O concello de Compostela segue sen responder ao recurso presentado polo gandeiro a quen se lle impuxo unha 500 euros porque as súas vacas lixaron a vía pública.", "text": "Co fin de reclamar unha resposta afirmativa ao recurso de reposición presentado polo gandeiro condenado a pagar unha sanción de 500 euros polas súas vacas teren luxado a vía pública, o BNG volve convocar unha nova concentración na Praza do Obradoiro esta cuarta feira, antes do comezo do pleno (16 h). O BNG considera que a sanción é \"un novo e inaudito ataque á produción agrogandeira, sector estratéxico no noso país\" e por iso chama á participación na concentración que se desenvolverá na Praza do Obradoiro o día 30 á partir das 16 horas, unha hora antes do comezo do pleno ordinario de xaneiro. A concentración prodúcese dous meses despois de que BNG e FRUGA promoveran no mesmo espazo unha concentración para esixir a retirada da multa, tamén á hora de se realizar o pleno municipal. Reclamaban, ao igual que no acto deste día 30, a eliminación da multa a Jorge Piñeiro, gandeiro da aldea de Reboredo, na parroquia de Enfesta, acusado de que as súas vacas deitaran bosta nunha vía da concentración parcelar. \"A bosta nas pistas non é delito!\" e \"Vacas si, multas non!\" foron algúns dos cánticos que entón se sentiron no Obradoiro."}
{"ID": "NOS_52228", "summary": "As residentes pasarán a exercer como especialistas da súa área de formación percibindo o sario propio da súa categoría profesional. A medida afecta a 158 residentes de medicina e 31 de enfermaría.", "text": "Este 25 de marzo, o Diario Oficial da Galiza publica a orde na que fixa a prórroga da contratación de residentes en último ano de formación, encomendándolles \"de maneira provisional\" as funcións de facultativa adxunta especialista, médica de familia ou pediatra de Atención Primaria ou enfermeira especialista no Servizo Galego de Saúde. Esta encomenda, segundo recolle o DOG, será realizada polas xerencias de cada área sanitaria. As profesionais sanitarias recibirán a percepción económica propia da súa nova categoría durante o tempo que desempeñen as súas funcións. Ademais, a Consellaría de Sanidade anuncia que se promoverá a \"valoración dos servizos prestados\" nos procesos selectivos e de provisión de postos do Sergas. Para que as residentes exerzan no posto que lles correspondería por formación, compre unha avaliación provisional positiva por parte da comisión de docencia do seu derradeiro ano de residencia. Isto non implica que se deixe de elaborar a avaliación final deste proceso, na que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde, entre outras cuestións. Sanidade lembra que a medida foi adoptada co fin de contribuír \"á correcta prestación asistencial\" e que a súa duración será determinada pola evolución da crise sanitaria e mais o ditado da normativa estatal. Tamén, que o exercicio da especialidade non suporá \"dereito ningún a acceder a unha praza do cadro de persoal da institución\". Así, as residentes de último ano galegas exercerán a súa especialidade a falta de dous meses para completar a formación. En total, incorporaranse 158 médicas residentes como facultativas especialistas nas súas áreas ademais de 31 enfermeiras."}
{"ID": "NOS_51259", "summary": "O resultado da votación no segundo Pleno de investidura do candidato de ERC non permite que Aragonès comeze polo de agora a súa etapa de Goberno.", "text": "96 horas despois do Pleno no Parlament de Catalunya para debater e votar a candidatura de Pere Aragonès (ERC) á Presidencia de Catalunya, o segundo Pleno e a segunda votación tiveron o mesmo resultado: 42 votos a favor, 32 abstencións e 61 en contra. Estes números abren un período de dous meses, até o 26 de maio, no que ERC e JxCat terán que poñerse de acordo cando menos para a investidura do candidato de ERC se queren evitar a convocatoria automática de eleccións. Durante o Pleno, o voceiro de ERC no Parlament, Sergi Sabrià, pediu responsabilidade a JxCat, \"absterse non é unha boa opción, é adiar a oportunidade de traballar pola xente\". A resposta de JxCat viu de Gemma Geis, a súa voceira no Parlament, \"pedimos que non se fixera a votación até que houbera pacto (...), non dubidamos quen é o candidato, nin queremos unha repetición electoral. Temos predisposición para acordar a súa candidatura\" afirmou. Pola súa banda o líder do PSC no Parlament, Salvador Illa, atacou a ERC pola falta de acordo con JxCat: \"Non hai que enganar aos cidadáns con falsas promesas. Teño a obriga de dicirlle que é vostede o responsábel de levarnos a repetir unhas eleccións\". Eulàlia Reguant, por parte da CUP, sinalou que o voto favorábel da súa formación \"é para avanzar\", e asegurou que \"o Estado non vai afrouxar a represión e os descursos de Illa son unha mostra que o Goberno español non ten ningunha intención de abrir unha vía de diálogo nin de escoitar as propostas de cambio social\". Pechou as intervencións o candidato, Pere Aragonès, defendendo que \"quero ser o presidente de todos\" e que \"nunca me escoitarán decir que hai bos ou malos cataláns en función a quen votan, rezan ou aman\". Cordón sanitario á extrema dereita Na intervención de Ignacio Garriga, voceiro de Vox, todos os partidos a excepción de Vox, PP e Ciudadanos aplicaron un cordón sanitario á extrema dereita, saíndo da sala algunhas deputadas e outras amosando insignias antifascistas."}
{"ID": "NOS_53440", "summary": "A Igrexa católica vén de recoñecer que apenas 0,1% dos bens que inmatriculou na Galiza, 9 de 7.000, non lle corresponden, polo que está disposta a devolvelos. Unha cifra \"irrisoria\", segundo os expertos consultados, que aseguran que nesa situación hai moitas propiedades máis ao longo do país.", "text": "A Igrexa católica rexistrou como propios máis de 7.000 bens na Galiza desde 1998, cando o Goberno de Aznar legalizou a Lei Hipotecaria franquista que permitiu á institución relixiosa rexistrar propiedades. Por volta de 4.000 deses bens, segundo os datos do Goberno español, son predios, soares, vivendas, terreos, garaxes... O que leva a Luis Bará, deputado do BNG, a afirmar que \"a Igrexa católica é a principal inmobiliaria da Galiza\" e actúa \"como tal\", vendendo, permutando... Estes días, e após a xuntanza entre o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e Juan José Omella, presidente da Conferencia Episcopal Española, a Igrexa recoñeceu dúbidas sobre 0,1% das propiedades inmatriculadas na Galiza, 9 de 7.000, e abriuse á súa devolución. Porén, esta cifra é \"ridícula\" ou \"moi baixa\" para colectivos e organizacións que loitan por reverter este proceso de rexistro por parte da Igrexa. Como a coordinadora Recuperando, que denuncia que \"o Goberno español negociou na máis absoluta opacidade cos bispos a saída en falso dun problema de Estado e que representa unha amnistía rexistral\". \"Hai que derrogar iso\" Luis Bará levou ao Parlamento galego o debate das inmatriculacións en varias ocasións. En conversa con Nós Diario lamenta o \"verniz\" que di que se quere dar á Igrexa co anuncio da devolución desa cativa porcentaxe de bens rexistrados. \"Non hai que ir a unha negociación, hai que anular un procedemento que foi censurado polo Tribunal de Estrasburgo\". \"Hai dous supostos nos que deberían anularse xa esas inmatriculacións: os de dominio público e aqueles nos que non acredite a titularidade\", explica. O deputado nacionalista non pon cifras, \"non é doado: hai que ir mirando un por un\", mais apunta a que suman unha cantidade elevada, máis que as 9 que recoñece a Igrexa. A deputada socialista Paloma Castro resaltara no seu día que \"tivo que chegar o goberno de Sánchez para dicir á Igrexa que todos somos iguais\". Desde o PP, porén, o deputado Alberto Pazos defendeu que a lei de Aznar non implicou \"ningún privilexio\" para a Igrexa católica.. O avogado Pérez Lema, pola súa parte, incide naqueles bens e propiedades que, aínda tendo un carácter \"relixioso\", non poden considerarse inmatriculados pois a Igrexa non pode outorgarse a propiedade sobre eles. Abundan na Galiza e están en terreos veciñais ou de man común: capelas, ermidas, adros... \"Hai xurisprudencia na que se estabelece a propiedade dos veciños ou dos comuneiros sobre eses bens\", indica. O letrado lembra que os terreos ou en man común (700.000 hectáreas na Galiza, 25% do territorio) \"non se poden vender, nin embargar, nin doar, nin transferir...\", polo que, conclúe, \"a Igrexa non pode arrogarse a propiedade: non puido compralos, nin herdalos...\". Proceso xudicial Que deben facer as asociacións que vexan que nesas 7.000 propiedades inmatriculadas figuran bens nos seus terreos e queiran recuperalos? \"Presentar unha demanda reivindicando a propiedade \", proceso que se pode alargar \"de oito meses a un ano\", ao que engadir os meses das alegacións e o proceso de casación ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG)."}
{"ID": "NOS_38585", "summary": "É um apartamento com vista para a linha da frente. Há uma cratera no tecto da sala de Iuri Vladimirovich que dá para a casa do vizinho. Acima conseguimos ver o céu azul e os raios de sol que entram pelo telhado destruído. O rocket que atingiu este prédio é militar mas quem aqui vivia era civil. Nesse dia não estava em casa. Mas o filho, um amigo e os netos sobreviveram por sorte. \"Ficaram a ver as explosões [ao longe]. E depois os projécteis começaram a cair cada vez mais perto. Chegaram aqui e um projéctil atingiu o telhado. E tudo se desmoronou. Se eles tivessem ficado aqui, estariam mortos. Fugiram a tempo\", descreve este idoso de 69 anos.", "text": "Petrovsky é um dos bairros de Donetsk mais próximos da linha da frente. Não há um único dia em que não haja um bombardeamento sobre esta zona da cidade. Enquanto Iuri nos mostra o apartamento, o bairro treme com explosões. Só durante esta visita, ouvimos o impacto de pelo menos 20 projécteis de artilharia. É uma pesada orquestra que baila ao ritmo da guerra e que tem os civis como primeiras vítimas. Crónica desde o Donbass: Ucrânia lança minas anti-pessoais sobre Donetsk \"O céu está limpo. Tapámos um pouco mas o vento destapou. Há água a pingar dali [quando chove]\", afirma enquanto aponta para o telhado. De repente, ouvimos uma grande explosão. Ali bem perto vemos uma coluna de fumo. \"A Ucrânia dispara a todas as horas. Eles disparam de Mariyinka, depois de Krasnogorovka\", explica. Perguntamos se não poderão ser as tropas russas como afirma o governo ucraniano. \"Quando estavam a chegar, havia um carro nosso [viatura militar russa] a passar. Estas pessoas estão a disparar contra si próprias? É impossível. É simplesmente impossível de acreditar. Isso é simplesmente um disparate. Isso é propaganda ou estupidez\", garante. \"O exército russo está aqui para nos ajudar. Deus lhes dê saúde e que todos eles permaneçam vivos\". Vyacheslav Gerasimov, vizinho de Petrovsky, morrera pelos bombardeos. (Foto: Bruno Carvalho) Morte na Rua Ruben Ruiz Ibarruri As explosões aumentam de tom e despedimo-nos de Iuri. Segundo as redes sociais, durante este bombardeamento morreram dois civis. Deslocamo-nos a toda a velocidade para a casa de uma destas pessoas. Estamos na Rua Ruben Ruiz Ibarruri. À porta desta típica habitação térrea com quintal há um cão que rosna e não nos deixa entrar. Ao fundo, conseguimos ver as pernas de um homem estendido no chão. É uma vizinha que prende o animal para que possamos passar. Foi ela que encontrou o corpo de Vyacheslav Gerasimov durante a manhã. \"Ele é nosso vizinho. Ele não tem família, não tem ninguém\", explica. Repetimos a pergunta habitual: quem é que bombardeou o quintal deste homem? \"As bombas vieram, como de costume, do lado das forças armadas ucranianas\". Esta mulher dá a resposta habitual. \"Como sempre, é a partir dali. De Mariyinka, naquela direcção\", explica apontando. Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol \"Quem está satisfeito com estas bombas que caem todos os dias e mais do que uma vez? Não é agradável para ninguém. Há oito anos que eles nos bombardeiam. Há já quase nove anos. Vivemos sob bombardeamentos a toda a hora. Não se sabe o que vai acontecer e se nos vai atingir\". Pisamos a folhagem com algum cuidado, com a visão aguçada à procura de minas, e encontramos o lugar do impacto deste projéctil. Os estilhaços atingiram este homem e a sua casa. Hospital debaixo de fogo Muitas das vítimas dos ataques contra o bairro de Petrovsky vêm parar ao Hospital nº21, em Oktobyarsky. Dias antes, este centro médico foi atingido por um rocket. Conseguimos ver o impacto no asfalto em frente ao edifício. É uma ferida aberta no alcatrão. Os estilhaços destruíram os vidros da maioria das janelas. Pelo menos dois trabalhadores terão ficado feridos. É por isso que estamos aqui. Queremos conversar com o director hospitalar. Mas, enquanto esperamos, chega um carro a toda a velocidade. O condutor corre para as urgências e pede ajuda. Várias mulheres e homens deslocam uma maca e deitam o passageiro que está sentado no lugar do pendura. Tem as calças escuras tingidas de vermelho. Para trás, à porta do velho Lada, fica uma poça de sangue. Explicam-nos que foi atingido por uma explosão. Crônica desde o Donbass: O problema não é quando a morte se engana. É quando acerta Conseguimos assistir aos primeiros cuidados. Os médicos e enfermeiros cortam-lhe as calças e a roupa interior. Tem vários estilhaços nas pernas e nos genitais. Estes pedaços de metal que saltaram em todas as direcções quando o projéctil atingiu a oficina onde trabalha como mecânico escavaram buracos na carne dos membros inferiores. Depois de atender este homem, Nina Grigorievna, enfermeira nas urgências, aceita falar connosco. Com as luvas ainda com vestígios de sangue, explica que a filha, também enfermeira nesta hospital, foi uma das trabalhadores feridas do ataque contra o hospital. \"Ela tinha terminado o turno e estava à espera do carro para ir para casa. O carro estava atrasado. Chegou um projéctil. Ela correu para dentro do edifício e um pedaço de estilhaço atingiu-a nas costas. E a outra rapariga do departamento de terapia foi levada para o centro de traumatologia\", descreve. Um médico junta-se à entrevista e explica que não é a primeira vez que este hospital é atingido. \"O hospital está sempre debaixo de fogo. Em 2014, 2015, 2016... O nosso hospital sofre sempre com os bombardeamentos. Este não é o primeiro bombardeamento. O último foi duro. Os nossos funcionários ficaram feridos e as janelas rebentaram\", recorda. Crônica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas"}
{"ID": "PRAZA_578", "summary": "ENTREVISTA O galego Martín Varela, un dos mellores tenistas do Estado, loita por chegar aos Xogos Paralímpicos de Río 2016 malia a escaseza de axudas institucionais que fan minguar o seu orzamento a cada ano.", "text": "Con 36 anos ás súas costas e doce deles competindo na elite do tenis sobre cadeira de rodas, Martín Varela Dourado (Corme-Porto, 1978) afrontará nas vindeiras semanas dúas particulares contas atrás co mesmo punto de destino: os Xogos Paralímpicos de Río 2016. Cunha axenda seriamente meditada e unhas pautas moi marcadas, o deportista cormelán tenta estirar ao máximo as súas posibilidades de chegar á cita de Brasil cun exiguo presuposto que, pese a minguar progresivamente, non desvía o ollar dun dos tenistas galegos co palmarés máis importante do circuíto actual. Campión de España varias veces, triunfador en varios torneos internacionais e número 1 do ránking estatal, a súa loita polo soño olímpico non se detén malia a falta de axudas. E a campaña para conseguir fondos para alcanzar a súa meta non se detén. Dicía André Agassi na súa autobiografía que os partidos de tenis son unha metáfora da propia vida. Os seus partidos son unha loita constante? Si, porque os problemas de fóra nunca os sacas da cabeza por moito que esteas na pista. Eu sei que teño que facer moi boa puntuación en dez torneos, e cada un deles que non vai para diante sabes que é un cartucho menos. Voluntariamente tentas illarte, pero o esgotamento psicolóxico merma no físico, e nos momentos de falta de concentración penso niso. Tamén está aí o tema de non poder ter ao teu carón un técnico que che bote unha ollada cómplice neses trámites. A cabeza é así. \"Os problemas de fóra nunca os sacas da cabeza; cada torneo que non vai para diante é un cartucho menos\" Desde os seus inicios na pista de San Hadrián no ano 2003 pasaron xa 12 anos. En que cambiou Martín Varela neste tempo? Comecei alí cunha corda de lado a lado -literalmente- co meu irmán Esteban, que é licenciado en INEF. Fomos comprar unha raqueta de 15 euros ao Carrefour, collemos unhas pelotas de tenis que atopamos por alí tiradas, unha silla de rúa e así se iniciou todo. No referente a en que cambieu eu, creo que a pregunta non é para min, pero eu diría que en nada, e case que iso é o mellor. Está claro que tes que medirte en certas cousas, pero non lles chamaría cambios, senón adaptación. O que apenas cambiou foi o seu equipo de traballo desde aqueles anos. Son os mesmos. Teño o mesmo monitor co que comecei no ano 2003, Lorenzo. El traballaba nunhas instalacións onde eu solicitei por escrito poder adestrar, e denegáronmo porque era só para socios. A Lorenzo pareceulle tan mal que o deixou, voltou cun dos seus irmáns e levoume a min con el. É como un irmán. Xa son moitos anos e o grao de complicidade é inmenso. E é moi esixente. De feito, o outro día, despois de doce anos díxome por primeira vez: \"Martín, sabes que eu flores as xustas, pero estamos no camiño\". \"Vinte anos despois do accidente, a discapacidade doume máis do que me quitou\". Que lle di esta frase? É así. Non voltaría atrás, porque son feliz. Todo o que vivín ata agora compensou con creces a perda da perna. Estou coa miña muller e grazas ao accidente souben de verdade quen eran os meus amigos. \"Todo o que vivín ata agora compensou con creces a perda da perna\" Cal é a meta marcada por vostede para este ano 2015 a poucas semanas de que comece a competir? O ideal sería que eu xa comezase en xaneiro, pero a tempada iniciouse en Nova Celandia e é impensable a nivel económico que poida facer fronte a esa xira. Comezarei a competir na derradeira semana de marzo e a miña idea é facelo nun total de 25 torneos entre maio deste ano e do que vén, pero a día de hoxe sei que polo momento só poderei estar en dez ou doce deles. En que punto físico e psicolóxico chega Martín Varela ao seu inicio da tempada? No mellor. Nunca estiven tan centrado nin pensei que puidese atoparme tan ben fisicamente. Psicoloxicamente véxome máis animado e con máis posibilidades ca nunca. O único atranco que teño que salvar é o do presuposto. Nos outros niveis estou coma nunca, e plenamente convencido diso. No circuíto tamén irromperon con forza nomes como os de Martín de la Puente e Daniel Caverzaschi. Son un aliciente máis para pelexar polos Xogos de Río? Eu non pelexo contra eles. Ogallá estean tamén en Brasil. Son os meus compañeiros. Está claro que cando están fronte a min no partido son rivais. pero por riba dos meus resultados persoais poño este deporte. Eu quero poder adestrar dentro de dez anos a xente que estea ao noso nivel ou moito máis. Gustaríame que o meu alumno me gañase. \"Para ser deportista de alto nivel para a Xunta tes que ter menos resultado no tenis de pé que en cadeira; é unha discriminación de libro\" Chegou a poñerse en contacto con vostede a Xunta de Galicia nos últimos anos para brindarlle algún tipo de apoio? Déronme hai pouco un recoñecemento por ser campión de España en 2013. Xuntáronnos no Centro Cívico dos Mallos a diversos deportistas da provincia e o panorama era o seguinte: todos en fila india e unha rapaza dándonos os diplomas. Hoxe en día, para acadar o estatus de deportista de alto nivel na Xunta de Galicia tes que obter menos resultados no tenis de pé que no tenis en cadeira. Iso está escrito e é unha discriminación de libro. Eu entendo que sexa preciso validar un rendemento e non vou dicir que se me pecharon as portas, pero si é certo que non mas abriron, e eu non teño os mecanismos para facelo. Soamente quero a chave. E no caso da Deputación tampouco sacaron este ano algún tipo de axudas para deportistas paralímpicos ou de deporte adaptado. \"A Xunta non me pechou as portas, pero tampouco mas abriu e eu non teño os mecanismos para facelo\" Botou en falta en ocasións unha colaboración extra das institucións públicas e privadas da Costa da Morte? En parte si, porque en certo sentido gustaríame que tivesen máis amplitude de miras. Isto non deixa de ser un produto comercial e tamén márketing. Cal é o presuposto aproximado co que afrontará esta tempada de competición? Na actualidade conto con case 5.000 euros tirando por riba. Con iso, polo menos, estou cuberto ata o verán. A partir de xullo xa comezan os problemas [risas]. Eu o único que podo dicir é que o vou dar todo ata o final. Entón collerei o raqueteiro e voltarei á casa. Por onde pasa o cambio de mentalidade definitivo para que o tenis sobre cadeira de rodas sexa máis recoñecible de cara ao público? Tentarei resumilo nunha soa frase. Eu son un tenista sobre unha cadeira de rodas, non un discapacitado que xoga ao tenis."}
{"ID": "PRAZA_4674", "summary": "A administración galega era a sexta autonomía con máis déficit en novembro e superaba en dúas centésimas o obxectivo anual", "text": "\"Galicia converteuse nunha das comunidades con menor déficit público do conxunto do Estado\". \"A comunidade galega achega o compromiso coas contas públicas, imos compatibilizar a redución do déficit público e un comportamento do PIB autonómico superior á media de España\". \"Estamos a executar o orzamento, estamos pagando aos provedores e estamos cumprindo o déficit\". Estas e outras declaracións sucedéronse durante os últimos anos dende a Xunta para exemplificar o bo comportamento das finanzas galegas a respecto das do resto do Estado. Pero semella que a Galicia campiona do déficit comeza a esmorecer. O Ministerio de Facenda vén de facer públicos os datos de déficit público correspondentes a novembro de 2013 e ao remate dese mes Galicia situou este indicador no -1,22% ou, o que é o mesmo, dúas centésimas por riba do obxectivo fixado polo Goberno central para todo o pasado ano. Malia estas cifras, que implican unha necesidade de financiamento de 671 millóns de euros, a Consellería de Facenda aseguraba, precisamente ao remate do pasado novembro, que \"o Goberno autonómico volverá cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria neste exercicio de 2013\". Galicia era a sexta autonomía con máis déficit en novembro e superaba en dúas centésimas o obxectivo anual Co dato de novembro sobre a mesa e á espera de coñecer como rematou o ano, os datos ofrecidos polo departamento amosan que a administración autonómica galega non era nese momento, nin de lonxe, líder no cumprimento das súas obrigas financeiras. Ben ao contrario, Galicia era a sétima autonomía con maior déficit, a sexta se non se ten en conta a Navarra, toda vez que o seu calendario fiscal fai que o seu dato non sexa comparable coas demais. O liderado do que o propio presidente da Xunta presumiu sistematicamente non lle corresponde ao Goberno galego senón a Euskadi, cun -0,16%. Por baixo do 1% de déficit están tamén Asturias, La Rioja, Canarias, Balears, Castilla y León, Cantabria e Extremadura. Déficit das autonomías a novembro de 2013 Murcia -2,3 Navarra* -2,19 Comunitat Valenciana -2,01 Catalunya -1,96 Aragón -1,58 Castilla-La Mancha -1,26 Galicia -1,22 Andalucía -1,13 Madrid -1,11 Extremadura -0,85 Cantabria -0,82 Castilla y León -0,66 Balears -0,54 Canarias -0,5 La Rioja -0,37 Asturias -0,28 Euskadi -0,16 TOTAL AUTONOMÍAS -1,26 No caso do déficit conxunto, que computa o da Administración central, o das autonomías e o da seguridade social, ata novembro chegou ata 55.841 millóns de euros, o que equivale a un 5,44% do PIB. Os datos estatais son algo máis dun 6% superiores aos do mesmo mes de 2012. A causa deste incremento é, segundo o Ministerio, a \"evolución do gasto en xuros e as transferencias ás administracións da Seguridade Social, que presenta incrementos do 15% e do 24,9%, respectivamente\". Descarga todos os datos"}
{"ID": "NOS_50354", "summary": "Con este 'plante' queren visibilizar o seu \"profundo malestar\" pola intención de Educación de \"baleirar de contido todas as mesas e órganos de negociación\".", "text": "CIG-Ensino, CCOO-Ensino, Anpe e FeSP-UXT non acudiron ao Consello Escolar da Galiza, unha decisión derivada do que consideran \"ausdencia de negociación\" da Consellería. CIG-Ensino remitiulle esta cuarta feira, día 19, un escrito en nome de todas as organizacións sindicais á presidencia do máximo órgano de participación en educación para informar da decisión unánime de non asistir o pleno deste órgano. No documento expoñen, entre outros motivos, que o CEG ficou absolutamente baleiro de contidos nos últimos anos \"cumprindo unha simple función de revisión formal de decretos de titulacións de FP\" e que durante o mandato deste goberno non se constituíron comisións de traballo para a elaboración de propostas, \"nin sequera cando o Consello Escolar do Estado abriu a posibilidade de que os diferentes Consellos autonómicos fixasen a súa posición no debate sobre a reforma educativa\". Ademais, engaden, os debates levados a cabo \"son totalmente estériles\" porque a Consellaría obvia \"de forma sistémica o pouco que se aproba\" no Consello. Os sindicatos tamén denuncian que o goberno da Xunta despreza tamén outros órganos de negociación, como é o caso da Mesa. Por parte da CIG-Ensino este é o segundo \"plante\" que leva a cabo neste mes a un organismo no que está presente a Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa logo de decidir non acudir ao Consello Galego de Formación Profesional ante a falta de información aos centros educativos e negociación previa da oferta formativa de FP para o vindeiro curso 2019/2020."}
{"ID": "PRAZA_14535", "summary": "No último ano as conexións no noso país aumentaron un 18%, o que permitiu que a fenda dixital coa media española se reducise en seis puntos. A proporción de usuarios da rede na cidades galegas xa é superior á media urbana estatal. Ademais, un 80,9% dos internautas galegos le xornais ou revistas en liña, 5,1 puntos por riba da media.", "text": "Os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2012 indican que conexión a Internet está presente no 63% dos fogares galegos, un 18,2% que en 2011. Deste xeito Galicia acurta distancias coa media estatal que está no 67,9%. Este incremento é o maior rexistrado en Galicia nos catro últimos anos e case triplica ao incremento do Estado (6,3%). Galicia crece por riba do conxunto do Estado e reduce fenda dixital coa media estatal en case seis puntos pasando de 10,6 puntos en 2011 a 4,9 puntos en 2012. Galicia crece por riba do conxunto do Estado e reduce fenda dixital coa media estatal en case seis puntos pasando de 10,6 puntos en 2011 a 4,9 puntos en 2012 En canto ao tipo de conexión, o 62,3% dos fogares de Galicia están conectados á Rede mediante banda larga, un 20,7% máis ca no ano 2011 mentres que no conxunto do Estado a media é do 66,7% e o incremento foi dun 7,8%. A Comunidade ascende tres postos no ranking autonómico, tanto no acceso de Internet coma no tipo de conexión de banda larga. Cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia un 30,5% accede a través dun dispositivo de man (teléfono móbil de últimas xeracións), 3,6 puntos máis que a media estatal. A conexión a Internet a través de rede por cable ou fibra óptica sitúase nun 24,3%, máis de 7 puntos por riba da media estatal (17%). A conexión a Internet nos núcleos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes supera á media estatal en 2,3 puntos O hábitat poboacional segue a ser un dos factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia, non obstante, a conexión a Internet nos núcleos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes supera á media estatal en 2,3 puntos e nos núcleos de menos de 10.000 habitantes este indicador medra case un 30% respecto ao ano 2011 fronte ao 9% de crecemento estatal neste tipo de hábitat. Equipamento e uso dasTIC Segundo os datos que ofrece o INE, o 68% dos fogares galegos dispón dalgún ordenador, o que supón un incremento do 4,1% con respecto aos datos do ano anterior. A media estatal (73,9%) rexistrou un incremento (3,4%) inferior á media galega. O 66,1% dos galegos e galegas utilizaron o ordenador nos últimos tres meses, un 6,3% máis que no ano 2011, reducindo a diferenza coa media estatal (72,2%) en un punto porcentual. Un 63,5% da poboación galega empregou Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 8,5%, con respecto ao ano anterior. O ritmo de crecemento do conxunto do Estado (4%) é inferior ao galego neste período, permitindo reducir a diferenza coa media estatal en 2,3 puntos porcentuais. Non obstante, a media estatal (69,8%) supera en 6,3 puntos porcentuais á media galega. A enquisa do INE indica que un dos crecementos máis notables produciuse nas compras a través de Internet. Un 21,4% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo nos últimos tres meses, un 20,9% máis que no ano 2011 e situándonos a menos de un punto da media estatal e na novena posición no ranking autonómico. Un 80,9% dos internautas galegos le xornais ou revistas en liña, 5,1 puntos porcentuais por riba da media estatal O uso dos servizos de comunicación avanzada por Internet, por parte dos internautas galegos presenta nalgúns indicadores uns valores superiores aos do resto do Estado. Un 80,9% le ou descarga xornais ou revistas en liña, 5,1 puntos porcentuais por riba da media estatal. Un 41,3% concertou unha cita co médico a través da web, máis de 10 puntos por riba da media estatal (31,1%). Un 48,3% utilizou Internet para colgar contidos propios nunha web para ser compartidos fronte ao 45,6% da media estatal. Por idades Galicia avantaxa á media estatal en uso de Internet nos tres últimos meses no rango de idades comprendidas entre 16 e 44 anos, destacando especialmente no rango de 25 a 34 anos, con 3,7 puntos máis Os datos mostran que Galicia segue por riba da media do conxunto do Estado no grupo de idade de 10 a 15 anos en uso de ordenador e Internet durante os tres últimos meses. A proporción de nenos que usaron o ordenador nos últimos tres meses en Galicia é do 98% e do 96% para o Estado. Para o uso de Internet nos tres últimos meses, a porcentaxe é dun 96,5%, fronte ao 91,2% do conxunto do Estado. Ademais, Galicia avantaxa á media estatal en uso de Internet nos tres últimos meses no rango de idades comprendidas entre 16 e 44 anos, destacando especialmente no rango de 25 a 34 anos, con 3,7 puntos máis."}
{"ID": "NOS_57708", "summary": "Unha comisión de veciñas mariñás impulsa unha iniciativa para que esta 'activista social, mediadora intercultural e intérprete musical' sexa condecorada coa Medalla Castelao", "text": "O pasado sábado 12 foi apresentada a campaña de sensibilización e de recollida de sinaturas para a candidatura de Antonina Semedo á Medalla Castelao. A emblemática Casa Selmira de Cangas de Foz, primeiro lugar na Galiza que a acolleu, foi o punto onde se reuniron os portavoces da comisión formada para esta iniciativa. A distinción, creada pola Xunta de Galiza en 1984, é concedida anualmente a persoas ou organismos, previa proposta de entidades galegas. Pablo Álvarez Ramos, Nilda Borges, Bernardo Penabade e Karina Parga son algunhas das persoas que conforman esta comisión. O grupo pretende alentar, a través das redes sociais e do tecido asociativo, o recoñecemento institucional para Antonina, tanto no seu nome propio como en representación da comunidade caboverdiana, que cumpre agora 40 anos de asentamento na comarca (1978-2018). Esta \"matriarca da paz\" é coñecida na contorna por ser das primeiras persoas caboverdianas en fixar alí a súa residencia. A veciñanza da zona destaca a súa disposición constante a estreitar lazos entre ambas comunidades. \"Desexaría ter un brazo grande grande e abrazar a todos os veciños de Cangas e Burela..., do contenta e agradecida que estou polo apoio moral e de todo que recibín sempre\", afirma ela, que segue a amosar preocupación pola plena integración das persoas caboverdianas na comarca, sobre todo no caso da xente moza. Unha vida de traballo e música en comunidade A historia de Antonina Semedo Lopes de Barros comeza no ano 1954 en Santa Ana, a súa vila natal, ubicada na illa caboverdiana de Santiago. Filla de familia numerosa, tivo que combinar a asistencia á escola co traballo desde crianza. Con 14 anos marchou vivir a Praia –capital de Cabo Verde– e, con 22 anos, casou. O seu home foi dos primeiros migrantes caboverdianos que viaxou á Mariña para traballar na construción da factoría Alúmina, após da cal pasou ao sector pesqueiro. Antonina reuniu con el un 23 de xullo de 1978, cando se instalaron en Cangas de Foz. Muller emprendedora nos ámbitos familiar e comunitario, Semedo leva corenta anos a vivir na Galiza durante os que se adicou aos máis diversos traballos, sempre a procurar un mellor nivel de vida para ela e, sobre todo, para a súa xente. Logo de realizar numerosos cursos de formación, actualmente traballa na atención de persoas maiores ou con diversidade funcional. \"Dificilmente deixa a súa terra natal / quen ten alí as súas raigañas\", escribía Sarrionandia. Aínda logo de marchar de Cabo Verde e pasar anos sen volver pisar o seu país, Antonina Semedo mantivo sempre coidadas as súas raíces. No ano 2002, formou o grupo de música tradicional Batuko Tabanka xunto con outras once mulleres caboverdianas –Ivone Pereira, Fátima (Fafá), Fátima Lopes (Beba), Ilda e Antonina Rocha, Isabel Barros, Desideria, Lídia Mendes Chuca, Anabella da Moura, María Tavares e Santinha Gomes–. Con dous álbums ás súas costas, as integrantes actuaron xa por toda Galiza, Portugal e por diferentes comunidades españolas, ademais de no seu propio Cabo Verde. Os Diplomáticos de Monte Alto, Uxía Senlle, Xosé Manuel Budiño, Treixadura ou Mercedes Peón son varias das músicas que colaboraron artísticamente coas Batuko Tabanka."}
{"ID": "NOS_27454", "summary": "Entre o 6 e o 14 de setembro o cinema mandará en Bueu. Nada menos ca 128 filmes, 70 dos cales son estreas en Galiza, e 65 actvidades conforman o programa a décimo segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes da vila do Morrazo", "text": "O seu director Manuel Pena salientou na presentación insitucional da cita o \"enorme impacto cultural na contorna\". Para sintetizalo falou das 70 estreas galegas e das 30 estatais, \"o que amosa a dimensión que ocupa o festival dentro da industria cinematográfica\". Mais non só falou do punto de vista industrial: \"Aquí o público pode achegarse a obras doutro xeito inaccesíbeis\". As cifras da edición número 12 do festival de Bueu supoñen un récord na historia do certame. Que inclúe ademais outras novidade. Ás catro seccións habituais -Galicia R, España, Internacional e Panorama- e ás destinadas a audiencia mái moza, súmanse nesta ocasión outras dúas: Experimental e Nouvelle Vague. Galicia R proxectará as últimas pezas de Arancha Brandón, Khris Cembe, Pedro Sancho, David Fidalgo, Martín Romero e Álvaro Gago. O cineasta Xacio Baño, autor da celebrada Trote (2018), ou o actor Luís Zahera, que recentemente recibiu un Goya e desta volta recollerá o premio Cinema Galego do encontro, ofrecerán charlas. Polos espazos radiofónicos asociados ao festival pasarán o cineasta Paco Plaza ou as actrices Uxía Blanco, Mabel Rivera ou María Vázquez, ademais dunha ducia de actuacións musicais. Nas actividades paralelas están o Mercado de Curtametraxes, a Ruta de Tapas 5 Estrelas ou o Mini FIC, dirixido á rapazada. No mesmo acto de presentación, o alcalde de Bueu Félix Juncal lembrou como o festival \"está medrando a carón da man da xente, da súa masiva asistencia, da capacidade de innovar e de organizar que demostra cada ano\". E o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, oufanouse do \"momento brillante do sector audiovisual galego\". Agadic é, co concello e a Deputación de Pontevedra, un dos patrocinadores do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que organiza a asociación do mesmo nome. No seu web (www.ficbueu.com) pódese consultar a programación completa."}
{"ID": "NOS_58047", "summary": "A Mesa pola Normalización Lingüística presenta seis medidas \"urxentes, rápidas e eficaces\" para reverter o proceso de substitución do galego. Faille a proposta ao conxunto da sociedade e agarda resposta do Presidente da Xunta.", "text": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Marcos Maceira presentou esta quinta feira un conxunto de seis propostas para reverter o proceso de substitución lingüística. A Mesa propón as medidas de actuación ao conxunto da sociedade galega, \"como protagonista que ten que ser do proceso de recuperación galego\" e, de maneira especial ás organizacións sociais, sindicais e políticas. As medidas serán presentadas tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo como responsábel máximo da política lingüística se finalmente pon data á xuntanza que a Mesa vén de solicitarlle. O punto de partida da Mesa á hora de elaborar a batería de medidas urxentes está na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas e no Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado hai dez anos por unanimidade no Parlamento con máis de 445 propostas concretas das que se tiran as seis que se poden comezar a aplicar \"de xeito inmediato, e máis cando todos os estudos demostran que é urxente facelo. Onde está o problema para non cumprir co acordado? A nosa man está tendida para facelo\", sinalou Marcos Maceira que destacou a sinxeleza e facilidade de facer efectivas as medidas propostas \"que se poden iniciar mañá mesmo e que só poden ter un efecto positivo sobre o conxunto do pobo galego\". Da CRTVG á administración As seis iniciativas propostas esixen a recuperación do papel normalizador da CRTVG, un \"plan de choque\" para o galego no ensino, accións concretas no uso do galego nas administracións públicas, acordos para a recepción mutua do sinal da Radio Televisión Portuguesa e a TVG e condicionar as axudas públicas ao uso do galego. Malia dirixiren a proposta ao conxunto da sociedade, desde a Mesa sosteñen que a loita pola normalización precisa do respaldo dos poderes públicos. \"A Xunta, co seu Presidente á cabeza debe iniciar as accións políticas para repor e normalizar o uso do galego\", sinalou Maceira que agarda a resposta da proposta de xuntanza que lle remitiron 4 este día ao presidente da Xunta."}
{"ID": "NOS_15081", "summary": "Sara Tui, Andrea Mirón e Carol González levantaron o título do mundial celebrado en Doha, Qatar, logo de derrotar na final á selección da Gran Bretaña por tres goles a dous.", "text": "As galegas Sara Tui, Andrea Mirón e Carol González proclamáronse vencedoras na primeira Copa do Mundo de Fútbol Praia da historia, que se celebrou na localidade qatarí de Doha. Nun campionato no que a selección española foi a gran dominadora, na final enfrontáronse contra Gran Bretaña, nun encontro que comezou con gol da inglesa Molly Clark, axiña contrarrestado por dous tantos de Lorena Asensio e un de Carmen Fresneda. A reacción británica traducíuse nun tardío tanto de Rebecca Barron, cun tiro afastado que puxo picante aos minutos fináis, pero nunca se deu a sensación de que puidesen dar volta ao definitivo marcador de 3-2 na Katara Beach de Doha, Qatar."}
{"ID": "NOS_36538", "summary": "Son 359, sendo a área sanitaria A Coruña-Cee a que rexistra máis casos.", "text": "Novo aumento de casos activos de coronavirus na Galiza, que xa acumula 11 días de incrementos, situándose en 35i9, o que supón 38 máis que na xornada deste domingo. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 359. Deles 143 son da área da Coruña (25 máis), 71 da de Lugo (aumentou en 1), 26 da de Ourense (subiu 8), 28 da de Pontevedra (3 máis), 64 da área de Vigo (+1), 24 da de Santiago (un menos), e 3 da de Ferrol (un máis). Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.307 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 254.374. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas."}
{"ID": "NOS_36526", "summary": "Iñigo Errejón afirma que terán garantida visibilidade e voz propia no grupo confederal. Os parlamentares de Compromís integraranse no grupo mixto.", "text": "PP, PSOE e Ciudadanos sumaron os votos para confirmar esta terza feira a negativa da Mesa do Congreso a que En Marea e 'A La Valenciana' teñan grupo propio, desestimando os recursos que presentaron. As confluencias deberán decidir agora se, tal e como anunciaron, van ir ao Tribunal Constitucional para defender o dereito a un grupo de seu. Iñigo Errejón, portavoz parlamentar de Podemos e secretario Político culpou PP, PSOEe Cs de se negar a recoñecer a plurinacionalidade do Estado español. \"Merecían ter grupo\", dixo. O argumento esgrimido pola mesa é o artigo 23.2 do Regulamento do Congreso, que impide, afirman, que deputados do mesmo partido constitúan grupos separados e impide tamén que o fagan formacións que non se enfrontaron perante o electorado. Errejón dixo que os deputados galegos e valenciáns teñen garantida a súa visibilidade e voz propia dentro do grupo confederal. Os catro deputados de Compromís volverán ao grupo mixto, como xa fixeran na anterior lexislatura. Un grupo que aumentou considerabelmente ao ter que integrarse nel os 8 deputados de Convergència tras o non do Congreso ao seu grupo parlamentar."}
{"ID": "NOS_58029", "summary": "As mobilizacións de docentes e estudantado da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo dan os seus primeiros froitos. A Consellaría de Educación rectifica e comprométese a revisar o cadro de persoal, aumentar unha praza e media na docencia, recoñecer as titorías docentes dentro do horario lectivo e substituír o inspector do centro.", "text": "Así, restituirase a metade do profesorado eliminado para este curso. E o relevo do inspector, afirma a CIG nun comunicado remitida esta terza feira, \"será un elemento fundamental para favorecer a convivencia entre a comunidade educativa da ESAD e a administración\". \"Acadáronse tres importantes compomisos\", sinala o sindicato, \"non son todos os demandados, nomeadamente a recuperación da totalidade do profesarado, mais temos que felicitarnos polo esforzo, a afouteza e a combatividade d profesorado e alumnado da ESAD\". As protestas da Escola, cuxos estudantes e profesores secundaron masivamente tres días de folga entre o 17 e o 19 de setembro, desembocaron a pasada sexta feira nunha xuntanza entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa. Foi onde se pactaron os mencionados acordos. Non obstante, a central sindical afirma que aínda existen \"asuntos pendentes\": a recuperación ao completo do cadro de persoal solicitado pola Escola e a adscrición á ensinanzas artísticas superiores. \"Quedou ben patente que fronte ao deseleixo sempre é preferíbel a loita e a mobilización\", indican desde a CIG, \"e saímos coa convición de que, malia non conseguir todos os nosos obxectivos, si demos un paso adiante fundamental na defensa dis dereitos do profesorado do centro e da calidade das ensinanzas de arte dramática no país\"."}
{"ID": "NOS_26443", "summary": "As primeiras sondaxes das eleccións andaluzas colocan ao PP na maioría absoluta. Ao tempo, certifican a desaparición de Ciudadanos e unha importante baixada da esquerda. As 21:00 horas coñeceranse os primeiros datos con votos reais", "text": "A sondaxe de GAD3 para RTVE e Canal Sur ofrecida tras o feche dos colexios electorais en Andalucía outorga un claro triunfo nas eleccións andaluzas do candidato do PP, Juan Manuel Moreno Bonilla, que obtería maioría absoluta. A enquisa adxudica á formación do actual presidente entre 58 e 61 escanos. A maioría absoluta está en 55. Trátase do mellor resultado en Andalucía do PP, superior mesmo a 50 escanos que conseguiu Javier Arenas en 2012, o teito do partido polo menos até este domingo. A sondaxe prevé que o PSOE sume entre 26 e 30 escanos. O seu chan histórico foron 33, que logrou Susana Díaz en 2018. Neste caso, de confirmarse o resultado, trataríase dunha verdadeira hecatombe para os socialistas. Ciudadanos, socio de goberno do PP nestes catro anos, desaparece do Parlamento tras perder 21 escanos. Vox mellora o seu resultado de 2018, ao pasar de 12 deputados a entre 13 e 15, pero non é decisivo para formar Goberno. Por Andalucía, a coalición electoral de Esquerda Unida, Podemos, Más País e Yolanda Díaz sumaría entre 4 e 5 escanos, ficando moi lonxe dos conseguidos nos pasados comicios. Adelante Andalucía, a candidatura do andalucísimo de esquerdas liderada Teresa Rodríguez, ficaría en tres escanos. (Haberá ampliación)"}
{"ID": "NOS_38550", "summary": "O Consello de ministros anuncia aumentos nestas axudas coa obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos e desde o comité aseguran que \"faltan máis pasos\" .", "text": "O Consello de Ministros autorizou esta sexta feira 25 de outubro aumentar até os 172,23 millóns de euros o orzamento destinado á convocatoria de 2019 para a concesión das subvencións relativas ao mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro para custos realizados en 2018. Esta decisión amplía a contía de 91 millóns de euros aprobada o pasado 29 de marzo e atenderá as 192 solicitudes recibidas. A execución do orzamento autorizado sería, polo tanto, do 100%, segundo informou o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo nun comunicado. Alcoa optará ás axudas Fontes de Alcoa confirmaron a Sermos Galiza o interese da empresa por optar a estar axudas. Estas medidas para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio estabelecen que as beneficiarias teñen a obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos a partir da data en que se dite a resolución da concesión. Este punto podería non darse se a empresa non ten outras garantías. Desde o comité de empresa de Alcoa, o seu presidente, Xosé Paleo, sinala a Sermos Galiza que a medida \"é un paso mais\". \"Faltarían outros, como a garantía de ter un prezo máis reducido en poxa e un novo estatuto que contemple novas medidas como a redución de taxas\", observa. Paleo explica que a empresa pode optar a estas axudas mais non asegura \"que acepten as condicións que impoñen\"."}
{"ID": "NOS_42503", "summary": "A poboación ocupada entre 16 e 34 anos diminuíu en 171.000 persoas nos últimos 13 anos. Se en 2009, cando Alberto Núñez Feixoo chegou á Presidencia da Xunta, a Galiza contaba con 386.500 persoas ocupadas nese grupo de idade, á volta de xuño de 2022 o país non superaba as 214.800, desaparecendo neses 13 anos 44,2 % do emprego xuvenil. Dos 214.800 asalariados de xuño deste ano, 36.900 sitúanse entre 16 e 24 anos e 177.900 entre 25 e 34 anos, destruíndose 44.800 postos de traballo no primeiro dos tramos e 126.200 no segundo.", "text": "O emprego xuvenil caracterízase pola súa parcialidade e temporalidade, o que explica a facilidade para destruír emprego nos ciclos económicos recesivos. Neste sentido, 72,3% da poboación menor de 35 anos ocúpase no sector servizos, desenvolvendo a súa actividade no mesmo 153.800 mozos e mozas. A continuación, 17,1%, 36.700 menores de 35 anos, traballan na industria, 6,7%, 14.900, na construción, 3%, 6.500, na agricultura e 1,4%, 3.000, na pesca e acuicultura. A terceira peor taxa de actividade no Estado A Galiza atópase á cola do Estado español en taxas de actividade no grupo de 16 a 34 anos. Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), referidos ao segundo trimestre de 2022, o país rexistra a terceira menor taxa de actividade neste grupo de idade, só presentando uns datos peores Asturies e Cantabria. Neste sentido, a taxa de actividade xuvenil galega é de 59%, fronte a 63,9% da media estatal. A fenda é aínda maior ao tomar como referencia Catalunya, con 69%; e Madrid, con 67,5%; que lideran este índice no Estado, pero tamén é importante en relación con outros territorios cunha lóxica demográfica semellante e un nivel de desenvolvemento análogo, como Castela e León, cunha diferenza de practicamente catro puntos. A perda de emprego xuvenil é anterior á pandemia. O Informe sobre a empregabilidade da mocidade na Galiza, presentado a 27 de maio de 2021 polo Consello Económico Social (CES), analiza o peor comportamento do emprego na mocidade durante a Gran Recesión. Así, recolle que \"mentres o número de persoas asalariadas de 30 ou máis anos apenas variou de 2008 a 2011 e de feito incrementouse en 0,4%, neste curto período prescindiuse de unha de cada tres persoas traballadoras asalariadas de 16 a 29 anos. Xa en 2019, con relación a 2008, o emprego asalariado de máis idade aumentou 7,9% mentres que o máis novo caeu 51,6% para o colectivo de 16 a 24 anos e 45,3% para o de 25 a 29 anos\". A mocidade dobra as taxas de desemprego e temporalidade da poboación galega total A destrución do emprego xuvenil vai da man coa caída poboación nesta faixa da idade. Así, no terceiro trimestre de 2009, 855.700 persoas situábanse entre 16 e 35 anos, representando 27,2% do total da poboación. Transcorridos 12 anos, en xuño de 2022, a cifra reduciuse a 436.600 persoas, ficando en 19,3% do censo. Neste caso, 92.900 persoas atópanse entre 16 e 19 anos, 121.100 entre 20 e 24 anos, 116.500 entre 25 e 29 anos e 132.100 entre 30 e 34 anos. Aliás, a caída do emprego xuvenil ten provocado unha baixa importante da poboación entre 16 e 34 anos, como consecuencia, esencialmente, da emigración. A este respecto, o novo éxodo galego, fundamentalmente cara á Unión Europea, presenta características novidosas, até o punto que 10% dos titulados superiores da Galiza entre 25 e 34 anos residen fóra do país. Nesta dirección, o profesor da USC Isidro Dubert sinala que esta nova vaga migratoria de mozos e mozas, cuxa partida asume formas acordes cos novos tempos, tamén constitúe unha importante e inestimábel perda de capital humano\". Emigración xuvenil 371.637 persoas, 80.000 delas menores de 30 anos, abandonaron Galiza desde 2009. As cifras recollidas no histórico do Instituto Nacional de Estatística (INE) rexistraron, entre 2009 e 2021, 243.971 emigrantes galegas e galegos ao Estado español e 121.623 a outras partes mundo. 371.637 persoas emigraron da Galiza desde 2009 Unha mostra do alcance do fenómeno é que o continxente humano que marchou da Galiza neste período, supera os residentes de cada unha das sete cidades galegas, a poboación total da provincia de Lugo, con 327.847 habitantes en 2021, ou de Ourense, con 306.802 persoas nesa anualidade."}
{"ID": "NOS_12027", "summary": "O preso vasco entende que as \"oligarquías políticas e financeiras que deseñaron a Transición española\" están incómodas cunha Euskal Herria sen violencia.", "text": "Desde a prisión de Logroño, onde leva 5 anos preso, Arnaldo Otegi escribiu unha reflexión sobre o proceso de paz en Euskal Herria da que se fan eco varios medios vascos e estatais. Otegi asegura que \"demasiada xente\" pensa aínda que \"unha ETA de baixa intensidade e unha esquerda abertzale con dereitos limitados é mellor que o final de ETA, pois mentres haxa ETA Euskal Herria será cautiva, non poderá moverse\". Para o dirixente independentista, \"a idea que subxace neste pensamento é que é mellor que non haxa final da violencia a que haxa un mal final\". Otegi entende que as oligarquías económica e política que fixeron a transición están incómodas co escenario que trouxo que ETA renunciase á loita armada. O anti-terrorismo é un negocio económico e político e hai xente que teme que acabe\", argumenta. Manifestación o 11 en Egoibar A localidade natal de Otegi acollerá o vindeiro sábado, 11 de outubro, unha manifestación na que se pide a liberdade das cinco persoas condenadas polo caso Bateragune. Ducias de organizacións, colectivos e plataformas apoian esta mobilización. Entre elas, o BNG, que nun escrito trasladaba \"toda a nosa solidariedade para Arnaldo, Arkaitz, Sonia, Miren e Rafa e, na súa representación, para a nobre causa da liberdade do pobo vasco\"."}
{"ID": "NOS_4662", "summary": "A incineradora do sur podería ser construída no norte. ADEGA reitera a súa oposición á incineración como modelo de xestión dos residuos e lanza un aviso a navegantes, calquera comarca galega pode ser vítima dos fumes tóxicos.", "text": "Fronte á oposición cidadá non hai cousa mellor que facer ouvidos xordos e mirar para outro lado. Senón que llo digan ao presidente Alberto Núñez Feijóo. O seu goberno defendeu por activa e por pasiva a incineración como modelo de xestión de residuos e ao longo do seu mandato, pulou pola construcción dunha outra incineradora na Galiza. O sur do país foi o espazo xeográfico elixido para dar acubillo a unha segunda Sogama. '3R': reducir, reutilizar e reciclar; a antítese das propostas de Núñez Feijóo Máis cedo que tarde, os movementos sociais iniciaron unha campaña en contra da creación da incineradora do Irixo e movilizaron a centos de persoas para exixiren un outro programa de xestión de residuos baseado nos '3R': reducir, reutilizar e reciclar; a antítese das propostas de Núñez Feijóo.Mesmo botaron a andar unha Iniciativa Lexislativa Popular. Porén, os plans da Xunta de Galiza semellan estar a mudar. Segundo recollen diversas fontes –entre elas ADEGA-- o goberno galego estaría a piques de desbloquear o proxecto da incineradora e esta podería ser desprazada cara o norte da Galiza, concretamente, cara o Concello de Cerceda (A Coruña), no que actualmente se atopa Sogama. Malia todo, esta posibilidade exixría a modificación do actual Plan de Residuos galego, que –para alén de incumprir a \"lexislación vixente\", denuncian desde ADEGA-- non contempla a posibilidade de se construíren dúas plantas de incineración no mesmo espazo. \"Incineración? Que non che conten contos\" A organización ecoloxista asegura, perante os acontecementos, que segue a ser moi necesario \"pór as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos\" dadas as repercusións que a xestión de residuos ten sobre a vida das persoas. ADEGA reitera que para os movementos sociais, o debate non xiraba arredor da \"ubicación da incineradora\" senón \"no modelo de incineración, defendido con mentiras polo PP\". Aliás seguen defendendo a tramitación e aprobación da ILP que pretende levar ao Parlamento galego \"o cumprimento estrito da lexislación de residuos, sistemáticamente violada pola Xunta, e o abandono definitivo da incineración\". Por iso, desde a Asociación de Ecoloxistas de Galiza emprazan a non escoitar os \"cantos de serea\" pois aseguran, mentres a incineración siga a ser a aposta do PP para o tratamento de residuos \"ningunha comarca galega estará libre dos seus fumes tóxicos\"."}
{"ID": "NOS_38605", "summary": "O 'repóker' de probas concentrarase en outubro", "text": "O ciclocrós galego continuará medrando neste ano 2022, e non só polo elevado nivel dos seus corredores e corredoras, senón porque a Galiza será escenario de cinco eventos do calendario UCI (Unión Ciclista Internacional), tres citas máis que na campaña 2021/22 que está a piques de rematar. Este 'repóker' de probas concentrarase no mes de outubro, e máis concretamente durante oito días máxicos nos que o país galego tornará na referencia mundial do ciclocrós. A primeira delas será o Gran Premio Cidade de Pontevedra, que por segundo exercicio consecutivo gozará da categoría UCI C1. Así, a Illa das Esculturas acollerá o que todo apunta que será ensaio xeral para un Campionato de Europa que, a falta de confirmación oficial, se disputará no circuíto a carón do Lérez no 2024. Repetindo a fórmula das últimas tempadas, ao día seguinte (9 de outubro), o Ciclocrós International XaxanCX fechará a fin de semana. A xornada dominical, organizada polo XSM de Marín no trazado de Chan de Gagán, mantense como evento C2, o mesmo rango que as tres probas que se estrearán no panorama UCI. O 12 de outubro, festivo estatal, chegará a primeira edición do Ciclocrós Internacional Lago das Pontes, evento impulsado polo Club Ciclista Vilalba-As Pontes. Deste modo, a localidade eumesa entra pola porta grande no calendario e exercerá de enlace con outra fin de semana de dobre cita con esta modalidade na contorna do Salnés: o Ciclocrós Internacional de Ribadumia (15 de outubro) e o Ciclocrós Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo, que lucirá por primeira vez no seu nome a catalogación de internacional."}
{"ID": "NOS_46126", "summary": "Hai un ano comezaba en Carballo o proxecto de arte urbana \"Derrubando muros con pintura\". Un documental recolle o proceso. Preséntase ás 21.00h. no Fórum.", "text": "Hai un ano que a italiana Roberta Venanzi e a manchega Paula Fraile comezaban a vestir de cores as paredes de capital bergantiñá coa súa arte urbana. Comezaba así o Derrubando Muros con Pintura, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica de Carballo que, hoxe en día, reúne xa unha vintena de murais de artistas locais e estranxeir@s. A produtora carballesa Mamá Lola Studios fixo seguimento deste proceso de transformación do núcleo urbano ao longo destes doce meses nun documental de 25 minutos. Reflexionar sobre a diferenza entre o \"Carballo que é e o que pode ser\" é o obxectivo da peza, segundo sinala Fran Rodríguez, un dos responsables de Mamá Lola Studios. A transformación paso a paso Nese outono de 2013, a chegada de dúas artistas forasteiras á capital bergantiñá creou expectativa. Máis aínda cando, uniformadas coa funda de traballo, comezaron a pintar no desgastado lateral dunha casa da rúa do Sol que facía de fondo á rotonda onde se ergue a escultura do Artiluxio. A escolla non foi casual. Querían comezar polas aforas da vila, para que non resultara tan agresivo, e dende alí ir gañando terreo ate chegar ao propio centro do núcleo urbano. E fixérono nunha das principais entradas da vila, a que saúda ás e aos viandantes que chegan dende Compostela, Ordes e A Costa da Morte. \"Foi unha oportunidade para as e dos artistas locais e, ademais, a vila fixo de anfitrioa de creadoras chegadas de latitudes tan afastadas como Xapón ou a India\" A un outono chuvioso seguiu un inverno cicloxénico. Aquel mural foi avanzando pouco a pouco, contra as inclemencias meteorolóxicas, até que a primavera chegou e non só aquela primeira obra rematou senón que a ela lle seguiron moitos outros murais que comezaron a aflorar noutras paredes e medianeiras. Foi unha oportunidade para as e dos artistas locais e, ademais, a vila fixo de anfitrioa de creadoras chegadas de latitudes tan afastadas como Xapón ou a India, da man de creadoras como Samia Singh ou Elia Kawa. As voces d@s artistas \"Este proceso foi plasmado pola produtora carballesa Mamá Lola Studios nun documental no que quedan conxeladas as pinceladas a crear sobre os lenzos de ladrillo\" Este proceso foi plasmado pola produtora carballesa Mamá Lola Studios nun documental no que quedan conxeladas as pinceladas a crear sobre os lenzos de ladrillo e o día a día desta iniciativa de transformación urbana. Fano cun estilo directo, presidido pola voz en off que se intercala entre os testemuños das e dos artistas, no que se combinan as imaxes en branco e negro e a cor para darlle forza á mudanza que está a supor este proxecto que se vale da forza terapeútica da arte para curar males como o feísmo urbanístico que afectou a tantas vilas galegas froito mal urbanismo practicado a partir dos anos 60. O documental combina a música de artistas consagrados como Édith Piaf, con pezas de bandas carballesas e unha composición orixinal de Nanny Mouro, da produtora Mamá Lola. Trala presentación da peza, o 26 de novembro no Fórum, o obxectivo da produtora é levala por diversos festivais co fin de dar a coñecer o \"Derrubando muros con pintura\" alén a nosa vila e mesmo alén Galicia."}
{"ID": "NOS_50890", "summary": "A patronal pedira a súa intervención argumentando que era un risco para a seguridade e que afectaba a negocios da zona. Os tractores que rodean a muralla terán que facer unha 'ringleira'", "text": "Un detrás de outro, en ringleira de a un e deixando 2 carrís libres. Así é como a partir de agora deben de posicionarse as ducias de tractores que desde principios do mes de decembro manteñen unha tractorada en torno á Muralla de Lugo. A subdelegación do goberno español vén de ditar esta medida esta terza feira, atendendo ás peticións feitas desde a patronal lucense. Subdelegación pide, ademais, que os tractores deben deixar libres os accesos ao interior da cidade amurallada, o que fan desde un principio. O secretario xeral da Confederación de empresarios de Lugo (CEL).Jaime López,queixábase de que esta tractorada provoca prexuízos económicos aos comerciantes do centro.López sinalaba que \"o caos\" na circulación \"pode levar a falta de seguridade, con algún sinistro ou o feito de trasladar a un doente ou un incendio que impida que os camións de bombeiros podan circular con normalidade\". Situacións que afectan, sostén á \"orde pública e á seguridade cidadá\"."}
{"ID": "NOS_18136", "summary": "Por quinta vez consecutiva, o Dépor acabou con empate o partido que nesta ocasión o enfrontaba na casa fronte co Betis.", "text": "Dépor e Betis concluíron o partido da noite do sábado en Riazor en táboas, cun 2-2 que lles soubo a pouco aos galegos, que intentaron até o final ficar cos tres puntos na casa. E é que por máis que o intentaba, o Dépor atopábase co muro do porteiro rival, que evitou que os coruñeses concretasen o seu bo xogo ofensivo. Durante todo o partido, o Betis foi quen de sobrevivir ás acometidas do Dépor e mesmo foi quen de remontar na primeira parte o gol de Álex Bergantiños. Así, Musonda e Vargas mandaban os béticos con vantaxe ao descanso. Pouco lle durou a vitoria ao Betis. Aos seis minutos do segundo tempo, a presión do Dépor fraguou e Fayçal conseguiu o empate aos seis minutos. O resto do partido caracterizouse polas ofensivas e o dominio do Dépor, que asinaba un novo empate ao finalizar o encontro. RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro (Luisinho, min. 63), Fayçal Fajr, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Cani (Fede Cartabia, min. 54), Luis Alberto (Oriol Riera, min. 79) e Lucas. Real Betis: Adán, Martín Montoya, Bruno, Westermann, Vargas, Kadir (Cejudo, min. 69), N'Diaye, Petros, Musonda Jr., Van Wolfswinkel (Dani Ceballos, min. 62) e Rubén Castro (Jorge Molina, min. 89). Goles: 1-0 Álex Bergantiños (min. 14); 1-1 Musonda Jr. (min. 19); 1-2 Vargas (min. 37); 2-2 Fayçal Fajr (min. 50). Árbitro: Undiano Mallenco (C. navarro). Amoestou Álex Bergantiños (min. 52)."}
{"ID": "NOS_31075", "summary": "O Padroado da Fundación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), que este ano celebra o seu 10º aniversario, instou ambas as dúas institucións a facer efectivo o importe das achegas atrasadas, así como as correspondentes ao ano 2012. O museo vigués pechou o exercicio 2011 cun déficit de 63.588 euros.", "text": "O Padroado da Fundación MARCO, despois da reunión celebrada onte, informou das dificultades económicas que ten xusto cando se cumpren dez anos da súa creación. As contas auditadas do exercicio de 2011 rexistraron 63.588 euros de déficit como resultado de non se facer efectivas as achegas previstas e aprobadas por parte da Xunta (160.000 euros) e do Ministerio de Cultura (127.000 euros). A este respecto, o Padroado da Fundación MARCO instou ambas as dúas institucións a facer efectivo o importe das achegas atrasadas, así como as correspondentes ao ano 2012. En canto ao seguimento do orzamento 2012 o Padroado aprobou para este ano un importe de 1.052.950 euros, que supón unha mingua do 31% nos ingresos respecto ao ano anterior. O orzamento de MARCO para 2012 é un 31% inferior ao do ano pasado A Deputación abandona o PadroadoAs baixas da Deputación de Pontevedra e de Novacaixagalicia tamén foron un dos temas a tratar nesta reunión. O Padroado asegurou que en breve dirixirase ao organismo provincial para que reconsidere a súa decisión e volva a formar parte da Fundación MARCO.Outros puntos incluídos na orde do día do Padroado foron a renovación por unanimidade do seu director, por un período de cinco anos, a revisión dos criterios e redución de tarifas de aluguer do salón de actos e outros espazos do MARCO, a resolución do concurso do Servizo de Atención ao Público, e a nova adxudicación da tenda-librería, que recentemente iniciou as súas actividades baixo o nome de Rescrómica.Mostra colectiva sobre o 'Prestige'Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, informou na reunión do Padroado sobre a programación de exposicións para os vindeiros meses, nos que o Museo celebrará o seu 10º Aniversario, e as previsións de programación para 2013. A principios do mes de outubro inaugurarase nas salas da planta baixa unha mostra colectiva de produción propia, 'A Balea Negra', que pon en relación o afundimento do Prestige, o 13 de novembro de 2002, coa inauguración do Museo nesa mesma data. A programación dos últimos meses completarase cun proxecto conmemorativo dos 'Dez anos do Marco', a partir de novembro nas salas do primeiro andar."}
{"ID": "PRAZA_20054", "summary": "Ourense non precisa do trumpismo ou lepenismo. Precisa repensarse como sociedade e mirarse nun futuro esperanzador, conxugado en plural.", "text": "\"Este es nuestro líder, donde está el vuestro?\". Interpelaba en tono ameazante un dos membros do teu grupo municipal en 2015 no transcurso da segunda xuntanza na que se estaba a estudar a posibilidade dun pacto de goberno para a cidade de Ourense. É certo, non é doado vender a idea de que, realmente, o que precisamos é xente facendo política, moita xente. E facéndoa dende os coidados, dende a escoita activa, dende a capacidade de dialogar. Un proxecto de cidade construído colectivamente, coas aportacións de todas e cantas máis persoas se queiran implicar nel. O tempo dos líderes únicos pasará. Só cómpre crer nelo con forza para máis cedo que tarde este desexo se contaxie ata converterse nunha realidade. Tes que recordalo. Foi naquela xuntanza na que fixabas a vista nos peitos dunha das túas interlocutoras por máis tempo do que se pode considerar respectable. Non hai pao hater que che quede sen tocar. Este é o nivel 2.0 Poida que tamén lembres o: \"Raúl es un mentiroso, claro que es el máximo goleador de la champions, pero porque jugó muchas champions\". A que foi a túa aportación principal, e case única, na primeira desas xuntanzas nas que se falou da posibilidade dun pacto de goberno no inicio do presente mandato municipal en Ourense. Eses dous momentos, xunto cos teus memes con tres cans igualando PP, PSOE e OueC de dous anos despois, é dabondo para entender que non se che pode tomar en serio como posible alcalde de Ourense. Por se non abonda aquí vai outra: \"El teléfono móvil no se inventó en una asamblea\". Outro dos \"impecables\" argumentos que empregaches durante esas conversas. É que semella que a democracia moléstache, que os plenos amólante e que a voz das outras incomódate. En troques, no insulto, no desprezo e na lama pareces atoparte ben a gusto. Pero a lama, como saberás, é branda e non serve como cimento de nada. Logo, por moito que repitas unha e outra vez o mantra de que es a alternativa, non hai xeito de que resulte crible o que dis. O teléfono móbil evidentemente non se inventou nunha asemblea pero é que a cidade, por moito que che pese, non é unha empresa. As cidadás non son as túas clientas, son as túas xefas, Jared Kushner. O odio é un vehículo rápido para transmitir mensaxes políticas. Tristemente é máis doado para a sociedade empatizar con aquelo que odia que con aquelo que ama. E tí odias moito e odias ben. Tes carraxe contra case todo o que non ven de tí mesmo. Escoitas á túa interlocutora nada máis que para dar a túa réplica destrutiva. E así é imposible construír. Nen unha comunidade de veciñas cando menos un proxecto de cidade poden estar nas mans de alguén que odia tanto. O 15M de 2011 serviu para cristalizar na sociedade un sentimento de desapego coas persoas que as representaban nas institucións. Pero era un sentimento que pedía democracia real. Da de verdade, da baseada no poder da xente. Isto é claramente incompatible coa democracia do líder patriarcal. Xa visitamos eses carreiros e á vista de todas está o resultado que dan. Ourense non precisa do trumpismo ou lepenismo. Precisa repensarse como sociedade e mirarse nun futuro esperanzador, conxugado en plural. Cómpre logo, dende o respecto, lembrarche que é posible que parte das 13.679 persoas que che votaron en 2015 o fixeran movidas por un enérxico desexo de censurar o actual estado de desconexión entre unha determinada clase política e a sociedade. Conectaches moi ben e soubeches dar coa chave coa túa mensaxe, amplificada pola túa televisión. Pero iso é todo: Es un presentador de televisión locuaz e con reflexos. Pero non un alcalde, nin sequera un bo xefe da oposición. Epílogo: \"Ni de izquierdas ni de derechas\" Traducido: de dereitas. Porque querer baixar o IBI a toda a cidadanía de Ourense de xeito lineal é de dereitas, Gonzalo. Así, ben simple, na dicotomía clásica. De nada."}
{"ID": "NOS_56170", "summary": "A Xunta de Galiza implantará o mesmo sistema que na praia de Augas Santas (As Catedrais) para poder visitar ás Cíes. Así, as persoas que queiran visitar o arquipélago, deberán contar con autorización expresa do Goberno galego xa durante a Semana Santa.", "text": "As persoas que queiran visitar as Illas Cíes só poderán facelo se contan cunha autorización personalizada expedida por unha central de reservas habilitada pola Xunta antes de comprar os billetes das navieiras. Trátase dun modelo equiparábel ao que o Goberno galego implantou na praia de Augas Santas (As Catedrais) de Ribadeo. Con este método, a Consellaría de Medio Ambiente persegue conseguir que as navieiras só emitan billetes para quen dispoña da autorización previa de acceso. Segundo informa o departamento da Xunta nun comunicado, poderán reservarse até 25 prazas con solicitude, para o cal será necesario indicar os dados persoais. As autorizacións enviaranse por correo electrónico ou poderán descargarse desde a web da Xunta. Ao desembarcar na illa, pedirase a autorización personalizada, o \"único documento válido\" para poder entrar nas Cíes. Con este sistema, a Xunta pretende evitar a sobrevenda de billetes por parte das sete empresas que viaxan ao arquipélago. O número de visitantes non poderá exceder dos 2 mil na liña regular. Multas ás navieiras Nos últimos catro anos, a Xunta abriu máis de 65 expedientes ás empresas de transporte regular marítimo ás Cíes por irregularidades no servizo, nomeadamente pola sobrevenda de billetes. Porén, malia as sancións económicas persistiron nesta práctica. Os días 3 e 5 de agosto do pasado verán, chegouse a duplicar o máximo de 2 mil visitas diarias permitidas nas Cíes. En 2016, tramitáronse 14 expedientes que se saldaron con multas de 18 mil euros a tres das navieiras. O prezo de 18,50 euros por billete en temporada alta, amortizaría estas multas."}
{"ID": "NOS_43721", "summary": "Un incendio animado polos fortes ventos arrasaron en arredor de seis horas o santuario da Barca, en Muxía. A destrución é case total do interior e tamén dos teitos, e estase á espera dun informe sobre o estado da estrutura. Un raio sobre un transformador próximo apúntase como causa.", "text": "En pouco máis de cen días, o lume arrasou dous espazos de culto da Costa da Morte. O Olimpo Celta de Carnota en setembro e agora o santuario da Virxe da Barca, en Muxía, que na madrugada do día 25 era pasto de lapas incontrolábeis nunha noite dunha climatoloxía adversa de máis que fixo que o lume devorara o templo. O retablo quedou completamente destruído, ao igual que a inmensa maioría das imaxes. O teito da sacristía -principal espazo afectado- derrubouse e o da bóveda ameaza con caer e estase á espera dun informe que avalíe o estado da estrutura xeral do templo. As causas do incendio apuntan a que un dos raios daquela madrugada de intensa treboada tería caído nun transformador próximo e teríase conducido a través da rede eléctrica até o templo. Á espera de novas investigacións, todo apunta cara o efecto fulminante dun raio contra o que non puido o pararraios da igrexa. O incendio púidose ter provocado arredor das seis e media da madrugada, hora punta da treboada desa noite, aínda que só o aviso de dúas veciñas pasadas as oito activou o mecanismo para a súa extinción, co aviso aos bombeiros e protección civil. As primeiras horas foron desoladoras, con ventos de máis de cen quilómetros que facían imposíbel calmar as fortes lapas que non tardaron en prender na madeira e demais materiais inflamábeis do templo. O incendio só se deu apagado arredor da unha da tarde. O da Barca é un lugar de referencia a peregrinaxe. Se ben o primeiro documento arredor do edificio data do 1544, todo apunta a que foi fundado entre o século XV e XII no que unha capela foi levantada no lugar. O actual templo, de clara dominancia barroca con influencias do clasicismo do século anterior, data de 1719 e o retablo maior, adicado á Virxe da Barca era obra do artista compostelán Miguel de Romay."}
{"ID": "NOS_47692", "summary": "Centrais sindicais, como a CIG, denuncian que a Xunta \"non quere nin oir falar\" de órganos de control deste proceso de privatización", "text": "A Xunta vén de adxudicar tres novos contratos de servizos informáticos da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) por valor de case 2.700.000 euros. As empresas Indra e Altia volveron ser as adxudicatarias de contratos neste sentido. Por isto, a CIG entende que \"mentres se ergue a bandeira da austeridade e a racionalización do gasto para todo o que teña que ver coa prestación directa de servizos públicos, para a súa privatización non existe ningún tipo de reflexión, nin análise, nin debate\". Desde a CIG-Autonómica denuncian que a administración autonómica \"ignora reiteradamente as nosas peticións para desenvolver estas funcións con recursos propios ou canto menos da súa posibilidade; por ignorar, ignora até as nosas demandas de información\". A central nacionalista lembra, e bota man dos datos da plataforma de contratación da Xunta, \"que nos últimos 3 anos e medios foron case 35.000.000 euros os destinados a contratos informáticos sendo case sempre os afortunados unha das catro seguintes empresas: Indra, Altia, Plexus ou El Corte Inglés). Igualmente, neste período, foron máis de 4.000.000 € os destinados a licenzas de software privativo coas grandes multinacionais como Microsoft\"."}
{"ID": "PRAZA_14824", "summary": "A formación que lidera Xosé Manuel Beiras celebra a súa primeira Coordinadora Nacional tras as eleccións para poñer en marcha o \"traballo de consolidación e organización\"", "text": "Anova retoma o \"traballo de organización e consolidación adiado pola convocatoria electoral\". A organización nada o pasado xullo e liderada por Xosé Manuel Beiras celebrou este sábado a súa primeira Coordinadora Nacional tras os comicios autonómicos do 21 de outubro, unha xuntanza marcada pola avaliación do propio proceso electoral, pero tamén polos primeiros pasos cara á asemblea nacional que prevé celebrar a comezos de 2013. Ese proceso de estruturación interna virá acompañado pola estrea de Anova, dentro do grupo AGE, como forza parlamentaria. No Pazo do Hórreo, avanzan, a súa será unha \"oposición xenuína ao desgoberno do PP\". Esta foi unha das conclusións feitas públicas por Anova tras unha coordinadora na que a avaliación do 21-O foi, en xeral, de notable satisfacción. Para os membros deste órgano os resultados obtidos por AGE poden ser considerados como \"excelentes\" aínda que \"o descenso de máis de 500.000 votos\" por parte \"das tres forzas presentes até agora no Parlamento\" lle dese \"a maioría ao PP, aparentando en escanos un avance que non tivo na sociedade\". Esta nova composición do lexislativo galego chegou, din, tras \"un magnífico labor de campaña\" por parte de Beiras, quen ao seu xuízo soubo \"representar e concitar co seu discurso os anceiios de de rebeldía dunha parte moi importante da cidadanía\". Anova subliña que o programa de AGE inclúe o compromiso coa \"liberación nacional e social de Galiza\" Este recoñecemento a Beiras esténdello a coordinadora de Anova ao conxunto da súa militancia e simpatizantes, \"que colaboraron voluntariamente en levar a bo porto a campaña\", especialmente en ámbitos como as redes socaiis, din. Do mesmo xeito, dende o punto de vista da formación supuxo un \"grande acerto\" a \"decisión de ter feito un chamado a todas as forzas nacionalistas e de esquerda para a conformación da unidade de acción para o Parlamento\" e que deu como resultado, evidencian, a coalición con Esquerda Unida, Equo e o Espazo Ecosocialista, nun primeiro termo, e agora \"un grupo parlamentar comprometido, como di o seu programa electoral, coa liberación nacional e social de Galiza\" e co avance \"no exercicio de autodeterminación, reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da soberanía nacional\", explican. Ese grupo parlamentario, conclúen a través dun comunicado remitido aos medios \"defenderá os intereses da maioría social e servirá de altofalante ás voces da rúa na Cámara galega. Mentres a actividade parlamentaria non se inicia -o Parlamento constitúese o 16 de novembro- Anova avanza que, nas próximas semanas, o seu labor estará tamén encamiñado a \"apoiar a folga xeral\" do día 14."}
{"ID": "NOS_3173", "summary": "Un novo número do semanario Sermos Galiza na rúa. Desde o sector naval perante unha UE que non lle cómpre até unha entrevista a Elvira Souto, de GpS. A situación do sector lácteo, traiñeirias, Festigal...e moito máis.", "text": "Unha nova sexta feira e unha nova cita co Sermos Galiza, que xa chega ao número 56. No tema da abordamos como nun contexto de empobrecemento galopante da cidadanía, xorden proxectos de apoio mutuo e solidariedade como o impulsado pola CIG. \"Non se lle pode pedir a unha persoa nacionalista que non sexa independentista\". Entrevistamos a Elvira Souto, integrante de Galiza pola Soberanía (GpS).Neste número analizamos, aliás, o financiamento opaco do PP galego ou a situación na que fica o sector lácteo despois de aprobar o Senado a Lei para a mellora da cadea alimentar. Ramonet, Syriza, Enciña da Lastra A decisión da comisión da UE sobre o naval, a análise de Ignacio Ramonet do 'ecosistema mediático' ou o congreso de Syriza, son outras das cuestións que se tratan neste semanario. Entrevistamos a David Álvarez, patrón da traiñeira de Tirán, que representa a Galiza na ACT e que sabe ben que \"unha boa regata pode se perder nunha mala ciaboga\".. E debullamos para ti todo o que vai vir no Festigal, e contámiosche o que foi, con sorpresas incluídas, de Ortigueira. Entrevistamos á escritora Berta Davila, achegámonos en Viaxes na miña Terra á Enciña da Lastra e falamos con Fernán López, de 'Rutas Vivas' Esta sexta feira nos quiosques e librarías do país e desde agora na nosa loxa"}
{"ID": "PRAZA_11898", "summary": "Nun proceso que esixe certa celeridade e sen ter tomado decisión ningunha en firme, Martiño Noriega, alcalde de Teo, valora os resultados da asamblea nacional do BNG, a situación actual e tamén os acontecementos que se produciron nas semanas anteriores.", "text": "O Encontro Irmandiño convocou para o próximo domingo unha Asemblea Extraordinaria para avaliar se, unha vez celebrada a XIII Asemblea Nacional do BNG, se dan as circunstancias para seguir formando parte da fronte común ou chegou a hora verdadeira da escisión. Os membros do EI elixidos a semana pasada para a Executiva Nacional adían ata a Asemblea Extraordinaria irmandiña calquera responsabilidade no Bloque, á espera da decisión colectiva.Nun proceso que esixe certa celeridade e sen ter tomado decisión algunha en firme, Martiño Noriega, alcalde de Teo, valora os resultados da asamblea nacional do BNG, a situación actual e tamén os acontecementos que se produciron nas semanas anteriores. A Asemblea Nacional do BNG deixa algunha conclusión positiva? Foi boa a participación da militancia no proceso, que volveramos ó modelo de 'un militante, un voto' e que a xente respostara implicándose. É un exemplo de funcionamento democrático. Pero o proceso foi bastante complexo e o resultante é complexo. Confrontaron dous modelos, non tanto ideolóxicos, senón de maneira de establecer as normas de convivencia interna e de relacionarse coa sociedade. Nomearon portavoz nacional a Guillerme Vázquez e candidato á Xunta a Paco Jorquera, pero hai un empate técnico nos resultados entre dúas formas de concebir a organización interna e externamente. Existe posibilidade real de compatibilizar no BNG eses dous polos? Hai que ver se existe verdadeira vontade de viabilizar un proxecto compartido que xa ten 30 anos. O momento é moi complicado, estamos ante a maior agresión da oficina de demolición de Feijóo e a xente non entendería que continuasemos internamente instalados en dinámicas de goberno-oposición. Díxose que esta Asemblea Nacional era a última oportunidade para que se dera unha \"necesaria catarse\" no BNG e non se produciu… Non, non se produciu. A xente fixo defensa das posición de parte, houbo resistencialismo, moitos chamamentos ó inimigo interior e exterior e non se interiorizou o espíritu de refundar, de rexenerar, de recuperar o proxecto e a casa común do nacionalismo, e de proxectar isto sobre a sociedade. A Alternativa pola refundación tivo uns apoios importantísimos dentro do corpo do BNG e dependerá da dixestión post-asemblea se iso pode ou non acontecer, pero en principio, o resultante da asamblea traslada á sociedade unha imaxe de continuidade. \"Para gañar criminalizouse o que logo se reivindica na sociedade. Houbo críticas importantes ós referentes institucionais municipais, que fomos considerados desleais no proceso, cando o que pretendiamos era mandar unha mensaxe de esperanza á sociedade\" O domingo da Asemblea moita xente pensou que case todo segue igual... É que houbo cuestións moi preocupantes. Para gañar criminalizouse o que logo se reivindica na sociedade. Houbo críticas importantes ós referentes institucionais municipais, que fomos considerados desleais no proceso, cando o que pretendiamos era mandar unha mensaxe de esperanza á sociedade e de que sen facer grandes concesións un pode aspirar a gobernar para unha maioría social. Cargáronse moito as tintas sobre a discrepancia pública, a \"deslealdade\" de determinados compañeiros como Beiras e, de feito, esa foi a xustificación que encontrou o Movemento Galego ao Socialismo para pedir o voto para Guillerme. Todo isto deixa un pouso. Moita xente entende que na organización non se lle quere e non se sente cómoda. Ese sentir xa existía antes da asamblea e non vai a menos. Hai xente que xa se está dando de baixa no BNG... Falo pola percepción que me trasladan moitos compañeiros e pola percepción que eu mesmo podo chegar a sentir en min. As dinámicas que se están a dar parecen de certo desencanto en segmentos da base militante. Como se fraguou a alianza entre EI e Máis Galiza para presentar unha lista conxunta á Asemblea Nacional? Había unha demanda altísima entre as bases para que se establecesen vasos comunicantes. Son dúas formacións con diferencias ideolóxicas evidentes, pero cun común denominador por riba delas. Coa alianza quíxose predicar co exemplo, escenificouse o que reivindicabamos na práctica para o conxunto do BNG, que era unha organización plural, onde todo o mundo se poida sentir minimamente cómodo. Iso foi o que primou nun acordo que tivo moitísimas dificultades, porque viña moi marcado polo debate de nomes. Rumoreouse que querías ser o candidato á Xunta… Nunca! +G sempre explicitou que o seu candidato á Xunta, innegociable, era Carlos Aymerich. Falouse que eu podía ocupar o rol de portavoz nacional, pero nin eu nin o EI entendemos que debía ser así, xa que iso significaba ter que renunciar á presencia institucional e ocupar unha bicefalía difícil que podía ser entendida como de competencia en lugar de cooperación. Por iso se optou por Xosé Manuel Beiras, unha persoa con ascendencia sobre a organización, respecto e transversalidade no nacionalismo, para quen rematara o seu proxecto vital político e estaba nun epílogo a dispoñibilidade do BNG. En parte os resultados bos da asamblea teñen que ver co seu papel de xenerosidade e compromiso. Pero sorprendeu que se presentara Beiras cando se pedía renovación xeracional... Si, pero ás veces non é tanto o que un quere como o que un pode. Unha semana antes de explicitar o acordo con Máis Galiza, parecía que este era inviable e tiñamos un escenario B, unha candidatura do EI con independentes e pequenos colectivos e aí si que o meu nome estaba para as dúas cousas. Non foi un paso atrás meu persoal, senón unha adaptación a unhas circunstancias e a unha demanda das bases. Sempre dixemos que a cuestión dos nomes para o EI non era innegociable e levámolo á práctica. \"Jorquera viuse arrastrado a algo que non demandaba\" Que papel dirías que xogou Jorquera no proceso asemblear do BNG? Jorquera é unha persoa cunha traxectoria moi respectable, cun importante labor no Parlamento español, que entende o concepto de casa común do BNG, pero que se viu arrastrado a algo que non demandaba. El acababa de conquerir a acta de deputado nunhas eleccións moi traballadas para o Congreso dos Deputados, é un referente en Madrid, sabe da importancia da súa persoa alí para reivindicar os dereitos colectivos de Galiza e tivo que optar a ser candidato da Xunta cando vitalmente, a min paréceme que non se vía nesas coordenadas. El aceptounas e agora é o candidato do BNG. \"Había sectores no nacionalismo, doutros movementos organizados, non da propia fronte, que crían que Guillerme Vázquez estaba facendo un papel bo e conseguiu gañar a asamblea\" Guillerme Vázquez, que non o parecía hai tempo, veu para quedar... Tivo que facer unha longa travesía do deserto desde o 2009, sempre intentou aportar sendo portavoz nacional. En moitas ocasións non se sentiu arroupado, pero perseverou e a APU apoiouno. Había sectores no nacionalismo, doutros movementos organizados, non da propia fronte, que crían que estaba facendo un papel bo e conseguiu gañar a asamblea. Un dos cambios importantes provocados pola Asemblea é a saída de Paco Rodríguez da Executiva Nacional… Paco Rodríguez é unha persoa cunha transversalidade, sobre todo dentro da UPG, e cunha influencia, que eu non lle dou maior ou menor importancia a que estea ou non na Executiva porque a súa influencia cónstame que seguirá marcando pasos de colectivos da organización e de toda a fronte. Tamén é significativo o que pasou con Teresa Táboas: Abandona +G despois de ter compartido liderado con Aymerich, pasa ó EI, e xa non estará tampouco na Executiva Nacional da que ata o de agora era coordenadora... Teresa non chegou a integrarse nunca no EI. Nós demandabamoso un frente amplo e ela, xunto con xente do PNG, optou por escenificar esa solicitude nunha roda de prensa conxunta. Tivo neste proceso unha posición de xenerosidade e de honestidade e ela si que entendía que más alá do debate de persoas estaba o do que a organización necesitaba. Esa é unha historia que se escribirá co tempo e eu sei que non lle puxo paus nas rodas a ninguén. Carlos Aymerich apostou forte e agora pode abandonar a primeira liña política… A decisión de Carlos é entendible e respectable. Entendeu que era o seu momento, lexitimamente pelexouno, perdeu e chegou a esa conclusión, pero é unha persoa que sigue tendo moito que aportar no nacionalismo galego como referente e non hai que ser antropofáxicos. Cal é o papel de Martiño Noriega a partir de agora? O que me deixen, á expectativa de cómo remate o proceso e se se dan ou non as condicións para poder viabilizar o proxecto no BNG. Non teño ningunha aspiración persoal, teño un exceso de responsabilidade sobre o que pode acontecer. \"Preocúpame que se o BNG non é capaz de converterse nun referente político útil para a sociedade e nós decidimos ficar no BNG, a sociedade acabe demandando outro ou acabe creándoo e nós non esteamos á altura\" Segues sentindo que o BNG é a túa casa? Por dicilo poéticamente, estou preso da melancolía de non ter conquerido ese punto de inflexión que aspiraba para a organización na que levo 18 anos. Preocúpame que se o BNG non é capaz de converterse nun referente político útil para a sociedade e nós decidimos ficar no BNG, a sociedade acabe demandando outro ou acabe creándoo e nós non esteamos á altura. O proxecto do BNG só pode ter razón de ser se é a casa común do nacionalismo, se emprega un discurso onde todas as sensibilidades se sintan reflectidas e se aspira a acompañar ós movementos sociais e non a tutelalos e a poñer o seu capital humano e non a considerarse en posesión da verdade absoluta."}
{"ID": "NOS_45176", "summary": "A Consellaría de Sanidade comunicou que quedan fóra das limitacións de mobilidade en seis municipios, ningún deles unha das grandes cidades. Ademais, se estabelecerá un especial control a 11 localidades.", "text": "O concello de Rianxo incorpórase ao nivel máximo de restricións polo número de contaxios da Covid-19 mentres que as localidades de Muxía, Ribadumia, Meis, Vilaboa, Pontecaldelas e Cerdedo-Cotobade recuperan a mobilidade total ao quedar no nivel básico de prohibicións pola melloría da situación. A Xunta comunicouno após unha nova xuntanza coas expertas e expertos do comité clínico que fai o asesoramento respecto á evolución da pandemia. Á marxe das medidas xa anunciadas hai uns días para o Nadal -segundo as cales o Goberno galego estabeleceu o límite de participantes nos encontros das festas en seis e tamén aclarou que as e os usuarios das residencias só poderán saír unha vez dos centros-, as decisións tomadas hoxe tamén inclúen a baixada de Moaña ao nivel medio de limitacións e dos municipios de Vilalba, Ponteareas e Tui ao medio alto. A Xunta tamén decidiu atender ás consideracións do comité en canto á necesidade de incrementar o control en Aranga, Porto do Son, Noia, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros, Xinzo de Limia e Verín. O paquete de medidas será publicado mañá no Diario Oficial da Galiza (DOG) e entrará en vigor ás 00.00 da cuarta feira. Porén, a pesar da previsión de que A Coruña e a súa área metropolitana quedaría sen fechamento, non transcendeu esa decisión.Respecto ás declaracións do vicepresidente Alfonso Rueda sobre a posibilidade de que se solicitase un documento para obviar os feches perimetrais de determinadas zonas desde a cuarta feira día 23 aínda non transcenderon novidades.Probas e vacinas, como estaba previsto Esta estratexia é a escollida case unha semana despois de que se impuxese a recuperación do fechamento perimetral de Compostela e a inclusión dos concellos de Ribeira, Baiona e Bueu no máximo nivel de restricións. O encontro de traballo, co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo (que non está a gardar corentena a pesar de estar coa conselleira Rosa Quintana, que deu positivo, por ter resultado negativo nunha proba), e os conselleiros de Sanidade e Política Social, Julio García Comesaña e Fabiola García, respectivamente, de xeito presencial, e as especialistas vía telemática, prolongouse durante varias horas debido ás dificultades para tomar decisións que non comprometan a evolución dos contaxios. De feito, como vén sendo habitual, esta prevista unha comparecencia mañá para dar máis datos sobre os acordos acadados. Aliás seguen en marcha os plans para que as e os estudantes que regresen á casa polo Nadal soliciten as PCR e as previsións para comezar coa campaña de vacinación a semana próxima. O comité pon a ollada na incidencia Na xornada da mañá, Feixoo advertira de que as decisións a respecto do Nadal serían adoptadas tras a \"análise profunda\" dos membros do comité clínico, que, segundo apuntou, está conformado por 35 persoas con expertos sanitarios procedentes de todas as especialidades e de todas as áreas sanitarias. Na reunión da tarde, expuxo, as decisións adoptaríanse tendo en conta a incidencia a 14 días, mais especialmente tamén nos últimos tres e sete días, pois concretan \"os comportamentos das próximas semanas\"."}
{"ID": "NOS_29519", "summary": "Unha enquisa do diario británico 'The Sunday Times' concede ao SNP o 48% dos votos de haber agora eleccións ao Parlamento de Edimburgo, un 3% máis que nos anteriores comicios. Esta sondaxe sinala tamén que no referendo pro-independencia o si sumaría o 37% dos sufraxios e o non, o 46%. @s partidarios da soberanía aumentaron en máis de cinco puntos nestes meses.", "text": "The Sunday Times publica unha sondaxe sobre intención electoral d@s escoces@s, quer nuns comicios ao Parlamento de Escocia quer no que atinxe ao referendo de autodeterminación que terá lugar neste país a finais de 2014. No que atinxe á consulta, e segundo os dados do diario británico, o apoio ao si á independencia sería do 37 por cento, un 9 por cento menos que @s votantes que optarían polo non e apostan por se manter facendo parte de Gran Bretaña (46%). O SNP (Partido Nacionalista Escocés) xa amosou a súa satisfacción con estes resultados, pois lembran que o apoio á independencia está a medrar paulatinamente. A finais de 2012, as enquisas situaban ese respaldo por volta do 32-33%. \"É unha enquisa moi esperanzadora para o Si, que vai en aumento paulatino\", di Derek Mackay, do SNP No que di respeito á intención de voto d@s escoces@s para o seu Parlamento, o trunfo do nacionalismo é absoluto. Así, o SNP, que goberna con maioría absoluta ao obter en 2011 o 44% e 69 escanos, aumentaría os seus apoios nun 3%. Acadaría, logo, o 48% dos sufraxios. O Parlamento de Escocia consta de 129 escanos. Unionismo perde o 5 por cento dos votos O Partido Laboralista tería o 30% dos votos, un 2% menos que hai dous anos; e o Partido Conservador atinxiría o 13%, baixando un 1 por cen. Ambos os dous partidos unionistas sumarían, pois, o 43% dos apoios, cinco puntos por baixo do SNP. Os Liberal Demócratas levarían unha grande malleira pois perderían a metade dos seus apoios: do 8% que tiveron en 2011 ao 4% que lles outorga esta enquisa."}
{"ID": "NOS_16415", "summary": "Cando menos 3.000 relixiosos están implicados en casos de pedofilia en Francia, sinala un informe dunha comisión independente feito público esta terza feira, que critica a falta de reacción da Igrexa nunha situación que cualifica de sistémica.", "text": "Desde 1950 até o ano 2020, 330.000 menores de idade sufriron abusos sexuais en igrexas, catequeses, escolas católicas e outras institucións relixiosas francesas, segundo recoñeceu un informe publicado esta terza feira pola Comisión Independente sobre os Abusos Sexuais na Igrexa (Ciase nas súas siglas en francés). Sacerdotes e outros membros da Igrexa están acusados de cometer abusos contra 216.000 menores, mentres que 114.000 menores padeceron os delitos de persoal laico a cargo da comunidade cristiá. O presidente da Ciase, Jean-Marc Sauvé, cuantificou que entre 2.900 e 3.200 relixiosos cometeron crimes pedófilos nestas sete décadas. Malia isto, matizou que os cálculos son \"unha estimación mínima\", grazas aos testemuños e ao traballo de investigación en arquivos eclesiásticos, documentos xudiciais, da Policía e da prensa. Asemade, Sauvé salientou que a Igrexa católica \"cando foi informada, non tomou as medidas estritas necesarias para protexer as crianzas dos depredadores\", nuns abusos sexuais que define como sistémicos, e non froito dunhas \"poucas ovellas negras que se desviaron do rabaño\". No documento, infórmase de que arredor do 80% das vítimas foron homes, así como das consecuencias máis directas destes abusos, \"arredor do 60% dos menores de idade que soportaron os ataques sexuais atoparon problemas importantes na súa vida sexual ou sentimental\", indica. A Igrexa é a terceira contorna con máis abusos As indagacións das 22 persoas que conforman o Ciase e que desenvolveron este traballo durante dous anos e medio permitiron desvelar que a Igrexa é o terceiro lugar no que máis violencia sexual contra menores se exerce, só detrás da familia e do círculo de amigos. Na presentación do informe, Sauvé alertou de que as nenas e nenos tiñan máis posibilidades de sufrir abusos nas institucións relixiosas que nas escolas públicas ou nos campamentos de verán. A Ciase colaborou coa axencia demoscópica IFOP nunha enquisa estatal na que participaron 28.000 persoas maiores de 18 anos entre novembro de 2020 e xaneiro de 2021, amais de recompilar datos cunha convocatoria pública de testemuños e cunha enquisa do Instituto Nacional Francés de Saúde e Investigación Médica Nesta terza feira, a comisión entregou o reporte a Eric de Moulins-Beaufort, presidente da Conferencia de Bispos de Francia, e a Véronique Margron, presidenta da Conferencia de Relixiosas e Relixiosos de Francia. A pesar da desculpa de Moulins-Beaufort ao recibir o cartafol con 2.500 páxinas, integrantes da Ciase que preferiron manterse no anonimato transmitiron a medios franceses que a publicación do informe ten que ter un efecto palpábel na cobertura que a Igrexa deu aos sacerdotes pedófilos até o de agora, cando máis ao facerse públicos nos últimos anos múltiples casos de abusos sexuais no seo do catolicismo. Ademais de facer un chamamento ao Estado francés para compensar as vítimas, facendo fincapé naqueles casos que xa prescribiron, a comisión independente fixo 45 recomendacións, principalmente que a Igrexa \"recoñeza a súa responsabilidade civil e social\", e maila \"penal e civil\" dos agresores. Aliás de apartar as persoas acusadas destes delitos do traballo con crianzas, incide en que as autoridades católicas teñen que deixar claro que o segredo de confesión non cubre estes crimes."}
{"ID": "NOS_19330", "summary": "A corporación local debaterá esta sexta feira a moción de censura que devolverá o Goberno ao PP co apoio do concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo.", "text": "O Partido Socialista da Galiza advertiu esta cuarta feira que a moción de censura que, previsibelmente, sairá adiante esta sexta no municipio de Malpica \"devolverá\" ao concello da Costa da Morte \"ao pasado\" co regreso á alcaldía do popular Eduardo Parga grazas ao apoio do concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo, que a mediados de agosto presentou a súa dimisión como membro do Goberno local. O secretario de Organización do PSdeG da Coruña, José Manuel Lage, e o coordinador comarcal do partido, José Antonio Viña, arrouparon ao aínda alcalde, Walter Pardo, nunha rolda de prensa na que censuraron os \"intereses\" dun cambio de goberno no que ven \"un asalto ao poder\" dos populares \"usando a Cañizo como unha marioneta\". \"Pacto da vergoña\" \"A dignidade nin se compra nin se vende. Ou se ten ou non se ten. Neste caso, ningún dos representantes que vai entrar na moción a debe ter\", sentenciou Pardo, quen cualifica o acordo entre o PP e o edil non adscrito como \"pacto da vergoña\" entre dúas persoas, Parga e Cañizo, que tras ser protagonistas de \"pelexas, tribunais e sentenzas, agora son amigos\". De prosperar a moción de censura, Parga recuperaría un bastón de mando que xa ostentou entre 2011 e 2019. Entón, gobernou co apoio de Alfredo Cañizo, fundador do partido independente AIM, que nas últimas municipais encabezou a candidatura de Ciudadanos. Con todo, a relación entre Parga e Cañizo deteriorouse e o segundo acabou sendo condenado por ameazar o primeiro durante a seu último mandato á fronte do consistorio bergantiñán. Meses máis tarde, o PP perdeu a maioría absoluta nas eleccións da primavera de 2019, o que lle permitiu ao PSOE facerse coa Alcaldía grazas ao pacto co BNG e o propio Cañizo. O resultado das últimas municipais (seis edís para o PP, catro para PSOE, dous para BNG e o asento de Cañizo) fai que o voto do concelleiro non adscrito sexa chave no mandato que se pechará en 2023. Foino para a investidura, cando Cañizo fixo alcalde ao socialista Pardo (o que lle valeu a súa expulsión de Cs), e volve selo agora após a súa saída do Goberno e o seu previsíbel apoio á moción de censura que situará ao PP de novo á fronte do municipio bergantiñán. \"Volta ao pasado\" Os socialistas entenden que se trata dunha \"volta ao pasado\" que \"non\" ten maior obxectivo que \"o asalto ao poder\" ademais \"doutros fins ocultos e opacos\" como, ao seu xuízo, se desprende do feito de que os populares non ofrecesen explicacións sobre a presentación da moción de censura, asegurou Pardo, quen se comprometeu a realizar unha oposición \"propositiva\" para recuperar o Goberno local nas próximas eleccións. O responsábel socialista na comarca, José Antonio Viña, vaticinou \"o regreso das leas\" entre PP e Alfredo Cañizo. \"Volverá haber batifondos monumentais despois dun ano de inacción. Ese é o futuro de Malpica\", apostilou. Pola súa banda, o secretario de Organización da Coruña, José Manuel Lage, cre que a moción representa \"as peores prácticas que hai na política\" e pon en evidencia que o PP \"non respecta a decisión do pobo de Malpica que pediu un cambio\" nas urnas. \"O único interese é a toma do poder por parte dos que xa durante oito anos tiveron parado o concello\", remarcou o tamén edil na Coruña, que defendeu a xestión levada a cabo por Pardo nos seus dous anos á fronte dun Goberno que abandonará \"sen deixar ningún morto no armario\"."}
{"ID": "NOS_149", "summary": "O presidente da Real Academia Galega insta os poderes políticos e a sociedade no seu conxunto a reflexionar sobre a presenza do galego nas escolas", "text": "O último estudo da Real Academia Galega constatou unha realidade denunciada nos últimos anos desde diferentes ámbitos: o efecto de substitución lingüística que exerce o sistema educativo nos menores e en particular sobre aqueles que se incorporan á escola falando en lingua galega e abandónana progresivamente a medida que avanzan de etapa, relaciónanse cos seus compañeiros e interactúan coa contorna. É por iso que o presidente da institución, Víctor Freixanes, urxiu unha reflexión tanto dos poderes políticos como da sociedade no seu conxunto co fin de afrontar esta cadea de carencias dunha vez por todas, un obxectivo que require dunha maior ambición da administración, dos diferentes sectores implicados, ademais dunha dotación de recursos. O 'mapa sociolingüístico escolar de Ames', publicado esta mesma semana, confirmou que estes procesos de 'castelanización' prodúcense xa desde as etapas de infantil e primaria e consolídanse en secundaria e na adolescencia. O estudo ofrece un retrato dos efectos do proceso de concentración de poboación en contextos periurbanos. Ao mesmo tempo, advertiu da influencia decisiva dos centros neste proceso por tratarse dos primeiros e principais contornas de socialización dos menores, que asimilan o idioma que utilizan os seus compañeiros nas actividades ou no recreo, no que falan os seus personaxes e referentes favoritos do audiovisual ou o que se atopan maioritariamente cando se penetran nas redes sociais ou utilizan dispositivos electrónicos. Nunha entrevista con Europa Press, Freixanes considerou que estes resultados deben suscitar \"unha reflexión moi profunda\" e, sobre todo, unha maior \"autocrítica\" tanto dos responsábeis da política lingüística como do conxunto da sociedade, especialmente sobre o que significa \"a lealdade a un patrimonio fundamental\" como é o idioma do país. O presidente da Academia recoñece que \"non son datos positivos\" pero que, máis aló de mensaxes catastrofistas, deben servir de base para traballar na semente \"da dignificación\" do uso do galego, co fin de que os mozos decidan asumir como propio este patrimonio a medida que avanzan cara á súa propia \"autodeterminación na adolescencia\". \"Non podemos centrar o galego na escola como un gueto\", considerou, senón \"ir máis aló\" daquilo que implica ao uso do idioma na aula e centrarse neses espazos de socialización nos que \"os mozos atopan a vida\", unha tarefa e un reto que \"que significa políticas e recursos\". Freixanes apunta, sobre todo, a plataformas de contidos dixitais como 'Netflix', a dispoñibilidade de documentais e películas subtituladas en galego, a oferta para os máis pequenos ou as redes sociais, sobre todo en pleno debate pola incorporación do idioma na linguaxe das máquinas e os sistemas de Intelixencia Artificial. Implicar todos os sectores Tamén é necesario atender ámbitos como as actividades extraescolares, onde as sociedades deportivas ou as asociacións \"son fundamentais\"; campañas en defensa do audiovisual e accións destinadas aos creadores e todos aqueles actores implicados nas contornas de interacción dos menores e adolescentes, apoiando a dispoñibilidade de oferta musical, literaria, cinematográfica ou tecnolóxica para que os mozos poidan interactuar con ela \"en casa e nas escolas\". Todo iso require de \"recursos e dunha política educativa moito máis ambiciosa\" tanto desde a Xunta, que ten a \"primeira responsabilidade\", como das deputacións, os concellos, empresarios, sindicatos ou asociacións veciñais. \"Todo o que ten que ver coa vida\", resolveu, dado que todos estes factores que afectan á evolución de uso do galego débense abordar desde unha perspectiva integral e non \"burocratizando e xogando á defensiva\". Freixanes insistiu en que a Academia non busca \"ideoloxizar\" con este tipo de traballos, senón \"pór enriba da mesa\" estudos de campo e documentados para promover esa reflexión da sociedade e das institucións. \"Hai que ser capaces de movelo con ambición, alegría e implicando á xente, non contra ninguén. Incorporando á xente a unha causa que é de todos\", insistiu, pero sen deixar aos mozos \"desasistidos\" e sen medios para poder experimentar a vida en lingua galega. Un antes e un despois Para o académico Henrique Monteagudo, coordinador do traballo de investigación, este estudo representa \"un antes e un despois\" no coñecemento dos procesos de desprazamento da lingua galega entre a xente máis nova, un \"retrato moi detallado, moi documentado e moi amplo\" que permite ver \"o que pasa na traxectoria\" do paso dos menores entre infantil e secundaria. O sociolingüista apelou ao concepto 'lingua de pares', \"moi importante\" porque se trata do idioma \"de integración\" no ambiente e no que un mozo se incorpora nas relacións sociais cos seus iguais. Neste sentido, o estudo permitiu verificar que os galegofalantes sofren \"unha presión moito máis sutil\", e gran parte termina abandonando o idioma e adoptando o castelán por imitación ou por temor a quedar marxinado por ser diferente, entre outros supostos. É por iso, engade, que se indica que o ambiente escolar \"é hostil\", non polos profesores ou por que exista algún tipo de violencia cara aos menores, senón por que favorece ese proceso de desprazamento lingüístico cara ao idioma maioritario, que á súa vez é o dos debuxos animados e o que predomina no lecer dos mozos. \"É un problema social de conxunto. Iso non significa restar responsabilidade aos actores políticos, que son eles que teñen que activar, facilitar... e a responsabilidade de liderar. E o conxunto da sociedade ten moito que facer\", considerou. Cadea de carencias Entre os exemplos menciona medidas como o uso preferente do galego no ámbito de actividades extraescolares e que \"non se cumpre\", moitas veces por falta de formación dos monitores ou dos encargados que en ocasións \"ignora que existe esta mesma normativa do Concello\". Monteagudo refírese, así, a unha sucesión de carencias en toda a cadea normativa, institucional, educativa e formación que é necesario atender, dado que \"polo camiño o galego pérdese\". \"E iso non se fai espontaneamente, as institucións teñen que lideralo, dar conta do problema e ofrecer un discurso social positivo\", engadiu. En definitiva, o académico insistiu en que se trata dun tema \"moi complexo, con moitos actores\" implicados, no que é moi importante \"ter claro\" o problema e contar con \"vontade de abordalo\". \"Non se vai ao concreto e cando se toman decisións e medidas, estas teñen un custo económico, necesitas recursos para moitas cousas\", sinalou, apelando a cumprir co compromiso \"moral, legal e político\" de atallar estas carencias."}
{"ID": "NOS_28957", "summary": "Dez manifestacións noutras tantas vilas e cidades do país contra os plans de \"eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas\".", "text": "Outra vez unha convocatoria para defender a sanidade pública e outra vez unha resposta multitudinaria nas rúas. Milleiros de persoas tomaron parte nas dez mobilizacións que na tarde-noite da cuarta feira percorreron outras tantas vilas e cidades do país: A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Pontevedra, Vigo, Ourense, O Barco, Lugo e Burela. CIG, CCOO, UGT, C-SIF, CESM e OMEGA convocaron as mobilizacións que están apoiadas por distintos colectivos, entre eles, SOS Sanidade Pública, que convocaban a profesionais e a poboación en xeral a deferenderen unha sanidade pública, gratuíta e universal. No manifesto lido ao finalizar as mobilizacións denunciábase que \"coa chegada do Señor Feijóo á Xunta, o Partido Popular iniciou unha campaña de recortes, desmantelamento e privatizacións da Sanidade Pública, pretendendo que a sanidade sexa un privilexio, accesible a quen o poida costear a través dos repagos que tratan de impor. Ou acudindo á sanidade privada, adiantando os cartos que despois o Sergas reintegrará\". Os e as convocantes defenderon que \"a Sanidade é unha necesidade, é un dereito. A igualdade só se garante cunha Sanidade Pública\". As privatizacións, o copagamento, os recortes orzamentarios en sanidade, as áreas de xestión clínica... nestes anos de gobernos de Núñez Feijóo, din, as agresións á sanidade pública foron constantes. Para reverter a situación chaman a manter as mobilizacións. Imaxe capa: Suso Pazos"}
{"ID": "NOS_54019", "summary": "Xosé Manuel Pereiro presentou en Santiago o seu libro 'Prestige. Tal como foi, tal como fomos', unha crónica sobre a catástrofe e a súa mala xestión. Xosé Hermida e Miguel de Lira acompañaron o autor nunha presentación cargada de memoria, xornalismo e activismo", "text": "\" A Galiza de hoxe é filla do que aconteceu hai dez anos co Prestige. A Galiza de hoxe non se entende sen o Prestige, sen a resposta social que houbo\". Deste xeito, o xornalista Xosé Hermida iniciaba a presentación do libro de Xosé Manuel Pereiro Prestige. Tal como foi, tal como fomos (2.0 Editora), que onte se celebrou no restaurante O 16 de Santiago. Na presentación, entre memoria e historia, falouse do petroleiro, de xornalismo de altura, de mala xestión, da marea negra, dos voluntarios, da reacción da sociedade civil e, en definitiva, de país. Un país cuxa sociedade, en palabras do propio Pereiro, \"soubo organizarse\" ante unha traxedia da que agora se cumpren dez anos. \"En Galiza si que hai unha sociedade civil. Unha sociedade que, nese momento, deuse conta de que a Xunta era falible e que o Goberno central non tiña nin idea do que pasaba. Si que hai sociedade civil e toda se puxo a andar na mesma dirección\", lembrou Pereiro, quen asegurou que toda esa \"experiencia\" foi o máis importante da catástrofe. \"E que quedou de todo aquilo? Un intento, un paso. Deuse un paso na catástrofe, houbo esa experiencia. Noutros sitios, ante a traxedia, non se deu. Aquí si\", sentenciou. A \"experiencia que nos quedou\" agromou dunha catástrofe que, segundo Pereiro, provocou un \"cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio dos galegos\". Ese cambio viviuno e contouno Pereiro como xornalista, ao igual que Xosé Hermida quen, xunto a Antón Lado e Miguel de Lira, acompañou o autor nunha presentación na que as referencias ao xornalismo foron tan necesarias como ineludibles. \"Foi un gran momento para o xornalismo galego, xa que se demostrou que os xornalistas deste país, cando nos deixan, traballamos con gran profesionalidade\", explicou Hermida, quen lamentou que moitos tivesen a imaxe do xornalismo como unha profesión chea de \"canallas\". \"Eses son unha minoría que, por desgraza, moitas veces son os que toman decisións. A maioría ten un compromiso claro co oficio. Ademais é unha maioría que arrisca moito por salarios de miseria\", reivindicou Hermida, delegado da desmantelada delegación de El País Galicia. A Burla Negra unha década despoisTal como foi, a catástrofe do Prestige deixou en evidencia as miserias dunha mala xestión e, ante a ausencia do Estado, xurdiu a resposta cidadán. Se Hermida se centrou en lembrar a repercusión xornalística, foi o actor Miguel de Lira quen se encargou en rememorar a resposta social ante o chapapote, ante o \"dobre manto negro\" que cubriu Galiza. \"Había dous mantos negros. Por un lado estaba o chapapote, pero tamén tiñamos, polo outro lado, o manto negro da manipulación. Había un chapapote mental ante o que se tomou conciencia\", sinalou o actor, quen lembrou os primeiros pasos da plataforma Burla Negra, que nacera fronte \"a catástrofe provocada pola xestión\" dun goberno ausente. \"Foi un espertar, unha pequena revolución\", sinalou De Lira. Así nacía Burla Negra, nacía unha resposta social, esa experiencia á que se refire Xosé Manuel Pereiro. \"Daquela erguérase todo un tecido organizativo, un movemento social que despois foi derrubado\", explicaba De Lira, cualificando como \"un erro histórico\" a actuación posterior do bipartito. \"Acabaron por cargarse todo un movemento social que nunca debeu morrer. Dixeron que, coa chegada do bipartito, era o momento dos políticos, no da xente\", criticou o actor. \"Botar a Fraga fora un logro da cidadanía, pero derrubouse o tecido social durante o bipartito\", lamentou finalmente. Máis ese movemento social -que, segundo De Lira \"morreu\"- atópase agora mesmo nunha resurrección, xa que a plataforma Burla Negra abandona o seu letargo e prepara unha serie de actuacións para lembrar aqueles tempos. Baixo o título DesPrestige, a plataforma rebautizada sinxelamente como Burla organiza un conxunto de accións que culminarán o 28 de decembro, día no que morreu o alemán Man, nunha \"gran inocentada\" para lembrar todo aquilo. \"Será unha gran inocentada, pero non podemos adiantar moito máis, non o pode saber moita xente\", explicou , entre enigmático e divertido, Miguel de Lira durante a presentación. \"Situación de Berlanga\" Despois das intervención, comezou un coloquio no que o público se interesou pola visión de Pereiro e Hermida sobre aspectos como as axudas que recibiron os afectados, os voluntarios, as primeiras horas da catástrofe ou sobre a xestión política. \"Todo foi unha auténtica situación de Berlanga\", definou o autor do libro, quen lembrou detalles e anécdotas daqueles días. Unha situación na que se permitiu levar un barco moribundo \"ao quinto pino\" e con protagonistas tan singulares como un ministro de Fomento que, segundo Pereiro, \"só lle interesaba follar\". Unha situación berlanguiana que, de ter gobernado outro partido, seguramente se daría igual, dende o seu prisma. \"Dubido moito que, un goberno doutra cor tivera arrastrado a porto o barco\", sinalaba Hermida. Pereiro estaba moito máis seguro. Ou quixo ser máis contundente \"Non, oh! Eu non teño dúbida de que tampouco o levaban \", sentenciou Pereiro. Tal como foi e tal como fomos... Quizais non haxa moita marxe para moita dúbida."}
{"ID": "NOS_23442", "summary": "En agosto de 2017, a morte de Santiago Maldonado despois da manifestación dunha comunidade mapuche en Chubut, na Patagonia arxentina, provocou mobilizacións en todo o país. A autopsia oficial e a xustiza desbotaron a teoría da desaparición forzada, mais agora un informe policial interno condena a represión daquel acto.", "text": "\"Imprudencia, inoportunidade, impericia e ineficacia\". Así cualifica o informe interno da Xendarmería Nacional da Arxentina o operativo para sufocar unha protesta de indíxenas mapuches que exixían a liberación dun seu líder e que acabou coa desaparición e morte do activista de 28 anos Santiago Maldonado. O 17 de outubro de 2017 ─cinco días antes das eleccións lexislativas, con vitoria para a coalición Cambiemos do presidente Mauricio Macri─, o cadáver de Maldonado apareceu no río Chubut, a 300 metros curso arriba de onde as testemuñas o viran por derradeira vez. Fora o 1 de agosto, pouco antes do inicio do peculiar proceso electoral arxentino coas PASO (Primarias Abertas Simultáneas Obrigatorias, de onde saen os candidatos). Maldonado participara ese día na protesta en Cushamen (Chubut), o departamento onde se localiza a comunidade mapuche Pu Lof. Desde 2015 ocupan alí terreos, comprados polo empresario italiano Luciano Benetton, que reclaman como propios. Orixinario da provincia de Buenos Aires, chegara desde a veciña El Bolsón (Río Negro), onde residía desde había poucos meses e traballaba como tatuador. El Bolsón é coñecida no país e en toda a rexión polo estilo de vida alternativo dos seus habitantes. Maldonado acudiu en solidariedade coa comunidade Pu Lof, que como en anteriores ocasións cortara a estrada que une Chubut con Chile, a ruta 40, no seu conflito co Grupo Benetton. Exixían daquela a liberación do seu longko (líder), Facundo Jones Huala, detido en xuño e reclamado pola xustiza chilena. \"Desaparición forzada\" A acción pacífica foi fortemente reprimida. As testemuñas aseguraron ante a xustiza que Maldonado fora levado por axentes da policía. A familia defendeu sempre a teoría da desaparición forzada e que o corpo fora colocado no río. Porén, a autopsia desbotou as torturas e concluíu que o falecemento se dera por \"afogamento e hipotermia\" e que \"o corpo permanecera sempre baixo a auga\". A xunta médica responsábel da autopsia estaba conformada por 55 expertos, entre estes peritos da familia Maldonado. Non obstante, a avogada desta, Verónica Heredia, sinalara na altura que \"non podemos concluír cando faleceu\" e reclamara unha investigación \"imparcial e independente\" que \"non inclúa as forzas de seguridade sospeitadas\". A morte produciuse no contexto \"dunha represión da Xendarmaría\" onde \"houbo violencia institucional\", sostivo a familia en todo momento, e a través dun comunicado pedira \"unha nova etapa na investigación\" e a concreción de \"medidas indispensábeis para achar a verdade e lograr identificar todos os responsábeis da desaparición e morte de Santiago\". \"Desproporcionalidade\" \"As accións represivas de 2017 careceron de proporcionalidade e de racionalidade para o inicio dun operativo de despexe, que só se levou a cabo por vontade política\", sinala agora o informe interno, de máis de 600 páxinas, elaborado pola Xendarmería. Con base nestes datos, o actual Executivo denunciou nas últimas horas ante a xustiza federal a Pablo Noceti, ex xefe de gabinete do Ministerio de Seguridade durante o Goberno de Macri, presente no lugar durante o operativo. Tamén foron denunciados o ex director nacional da Xendarmería Gerardo Otero e o seu 'número dous', Ernesto Óscar Robino ─ambos os dous retirados na actualidade─. A investigación interna, encargada pola actual ministra de Seguridade, Sabina Frederic, e que durou varios meses, sostén que Nocetti deu a orde para o ingreso de catro escuadróns da Xendarmería á comunidade de Cushamen. A súa antecesora no cargo, Patricia Bullrich, negárao nas semanas posteriores ao suceso. Pola súa banda, Noceti ─ex avogado de varios militares e policías implicados en casos de torturas durante a ditadura─ defendía un día despois da desaparición de Maldonado en entrevistas a radios da rexión a contundencia do operativo. O obxectivo, dicía: \"acabar co RAM\", a \"Resistencia Ancestral Mapuche\", a suposta banda armada \"terrorista\" que diferentes organizacións consideran unha invención dos servizos de intelixencia do Estado para criminalizar o movemento mapuche."}
{"ID": "NOS_30612", "summary": "'Loba Branca' chega ao Festivale delle Nazioni.", "text": "O pianista e compositor vigués Brais González estreará este vindeiro domingo a súa primeira ópera. Trátase de Loba Branca, encargada polo 55 Festival delle Nazioni de Città di Castello. A ópera conta cun libreto escrito polo propio compositor adaptando unha lenda tradicional da Serra do Courel. A versión orixinal de Loba Branca está escrita integramente en lingua galega, aínda que para a súa estrea no festival italiano ofrecerase unha versión mixta que mestura pasaxes no galego orixinal con outras traducidas ao italiano. O mestre coral, Mario Cecchetti, foi o encargado de realizar esta tradución. A estrea correrá a cargo do actor Enrico Paci no papel do Cazador, a soprano Veronica Marinelli como o Lobo Branco e a mezzosoprano Carolyn Beck, que interpretará a Bruxa. O Coro de voces brancas Octava Aurea terá unha dupla tarefa: representará a manda de lobos e os habitantes da aldea. No conxunto instrumental destacan os nomes da violinista Laureta Cuku e da pianista Mailis Pold. Esta primeira representación da obra terá lugar no Teatro degli Illuminati da cidade italiana de Città di Castello. O Festival delle Nazioni, nacido na década de 1960, é un dos eventos musicais máis importantes da rexión de Umbría. Por el pasaron nomes como os de Luciano Pavarotti, Krystian Zimeman ou Mstislav Rostropovich. Tamén encargou obras a grandes compositores europeos como Krystof Penderecki. Brais González Brais González naceu en Vigo en 1987 e comezou os seus estudos de piano en Vigo cos profesores Aleksandras Jurgelionis, Aldona Dvarionaité e Ricardas Biveinis, cos que tamén estudou composición. Continuou a súa formación na Universidade Mozarteum de Salzburgo baixo a dirección do pianista Rolf Plagge e rematouna nos Conservatorios de Vigo e Oviedo. Como compositor, é autor de varias obras estreadas pola Orquestra do Conservatorio Mayeusis baixo a dirección de Iminas Kucinskas e Christofer Bochmann. Tamén escribiu obras para a Escola Profesional de Música de Viana do Castelo, interpretadas polas orquestras da EPMVC e do Conservatorio Profesional de Vigo, dirixidas polo profesor Javier Viceiro. É o fundador do Trío Caspervek, dedicado a compoñer bandas sonoras para películas mudas."}
{"ID": "NOS_30416", "summary": "Esta terza a conversa con cultura galega noVenhan Máis Cinco ten como interlocutora Lucía Carreira Pérez, presidenta da asociación cultural e musical Solfa..", "text": "-Como avalías o estado actual da cultura galega? -Temos unha riqueza cultural amplísima e diversa en todas as súas manifestacións, mais cada vez son máis os referentes culturais e simbólicos alleos. A españolización da sociedade e da cultura avanza a pasos axigantados, contribuíndo os medios de comunicación de maior tiraxe como a propia TVG, facendo máis efectiva a asimilación cultural e lingüística. O PP sabe que a cultura e a lingua son alicerces imprescindíbeis para termos unha Galiza de seu, por iso desenténdese do apoio institucional á creación, produción e expansión de todo o que é galego e non dubida en promover e potenciar o externo para calar e substituír o noso. Neste sentido o presente é desolador. Por exemplo, a música galega en todas as súas modalidades está ausente ou ten unha escasísima presenza na programación institucional. Continúan primando as programacións foráneas e as verbenas e festas populares imprégnanse de todo tipo de música menos da galega. Igualmente acontece coas artes escénicas e plásticas e co cinema galego que a súa existencia e todo un acto de heroicidade. -Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista? -A normalización cultural pasa por popularizar a nosa historia, os nosos símbolos, por coñecer e tomar conciencia da nosa identidade colectiva, é dicir, por deixar de ser subalterna da cultura española, mais para iso ten que haber unha mudanza radical en termos políticos para sermos nós mesmos. Do contrario o poder instituído terá como obxectivo continuar coa asimilación e a españolización. De Sermos agardo que se consolide como o medio de referencia da maioría do pobo galego Con gobernos e deseños políticos que procuran negarnos como pobo, aínda que o noso potencial sexa inmenso, é difícil avanzar, ir consolidando e afirmando a nosa cultura. Contamos cunha rede de asociacionismo cultural de base por toda a nosa xeografía que, malia a todos os obstáculos, está activando unha cultura viva e promovendo todo tipo de actividades e creacións culturais. E todo isto sen apoio da Xunta de Galiza que amosa un total desleixo, abandono e desconsideración con toda a nosa creación cultural e o noso amplo e rico patrimonio. Padecemos máis de 500 anos de colonización cultural, de negación da nosa condición de galegos e galegas e, porén, a nosa cultura segue viva. A cultura de base non só resistirá senón que avanzará, malia as barreiras, impedimentos e as agresión recibidas. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -De Sermos agardo que se consolide como o medio de referencia da maioría do pobo galego. É necesario que se asente a necesidade de ter que recorrer a lelo, non só porque ten a Galiza como centro e protagonista da información, senón, tamén, pola súa veracidade e rigorosidade en contraposición á manipulación e terxiversación doutros medios de grande tiraxe en Galiza. Son consciente das carencias coas que un medio como Sermos se enfronta a diario. Aínda recoñecendo as limitacións, estou certo que se consolidará como o medio de comunicación galego. Para isto habería que procurar termos unha información máis puntual do que é a actualidade e profundar máis no que é relevante social e politicamente. Corrección: Na redacción orixinaria desta entrevista deslizouse un erro, ao atribuírmos a Lucía Carreira a condición de vicepresidenta da Federación Galega de Bandas de Música. En realidade, en tempos foi presidenta desa entidade, agora encabeza a asociación cultural e musical Solfa."}
{"ID": "NOS_31567", "summary": "O ministro de Exteriores ucraíno, Dmytro Kuleba, cre que \"o que busca Rusia é desquitarse por perder a Unión Soviética\".", "text": "O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea (UE) e Cooperación, José Manuel Albares, insistiu máis unha vez en que o diálogo é agora mesmo a mellor forma de reconducir a crise entre Rusia e Ucraína, descartando con estas declaracións que o Estado español poida seguir os pasos doutros socios europeos que decidiron enviar armas e material militar a Kiev. Desde a capital ucraína, onde se reuniu co seu homólogo no país, Dmytro Kuleba, o ministro de Exteriores recalcou que España, do mesmo modo que a UE, traballa \"por un escenario no que calquera diferenza que poida haber se resolva a través do diálogo, un diálogo que dea paso á distensión, e para iso é necesaria unha desescalada nestes momentos\". \"Cremos que é o momento da diplomacia, non de abrir escenarios e hipóteses que non están aí\", sostivo Albares. Na súa opinión, \"danse todas as condicións\" para que o diálogo permita reconducir esta crise, mais da mesma forma que hai unidade no seo da UE nesta aposta tamén a hai na disuasión, de aí o paquete de sancións masivas contra Rusia xa elaborado e que se adoptaría en caso de \"invasión\", un escenario que o Goberno estatal \"non\" quere. O ministro aproveitou a súa visita para trasladar ao Goberno ucraíno o \"apoio\" de España \"á súa soberanía e integridade territorial\", ao tempo que manifestou a súa \"preocupación\" pola presenza de tropas rusas na fronteira. Así, incidiu en que \"ninguén se está a preparar para a guerra neste lado de Europa\". Pola súa parte, Kuleba agradeceu o apoio de España ás futuras sancións en caso de agresión rusa e asegurou que \"a situación segue a ser tensa, mais controlada\", e coincidiu con Albares en que o diálogo é a \"estratexia máis eficaz\" para superar esta crise. Aliás, advertiu de que \"non se trata só dunha ameaza para Ucraína\", senón \"para Europa no seu conxunto\", e apuntou que o que busca Rusia é \"tomar desquite por perder a Unión Soviética e a Guerra Fría\". Contradicións após o encontro bilateral Rusia-Francia Os Gobernos de Francia e de Rusia emitiron esta terza feira comunicados contraditorios acerca do resultado da xuntanza que sobre o conflito en Ucraína mantiveron os presidentes de ambos os países, Emmanuel Macron e Vladimir Putin, na véspera. Ambos os dous mandatarios estiveron reunidos en Moscova durante máis de cinco horas. Tras o encontro, nin Macron nin Putin anunciaron ningún acordo, mais un representante do Elíseo sinalou aos xornalistas que o presidente ruso se comprometera a non levar a cabo ningunha \"nova iniciativa militar\". Tan só unhas horas despois, esta afirmación era refutada polo portavoz do Kremlin, Dmitry Peskov, sinalando que o liderado da OTAN non é de Francia, \"é doutro país\", polo que dificilmente se puido acordar nada. Macron fechou na terza feira en Kiev a xira diplomática para abrir vías de diálogo."}
{"ID": "PRAZA_12959", "summary": "O presidente da Xunta protagoniza na Coruña un xantar-mitin con 5.000 militantes e simpatizantes conservadores no que asegura que el \"iniciará o crecemento económico de España\" e insta a frear a posibilidade de PSdeG e BNG regresen ao Goberno", "text": "\"Se me preguntan cen veces, cen veces van obter a mesma resposta\". \"Eu non estou en precampaña\". O pasado xoves o presidente da Xunta respondía deste xeito ás cuestións lanzadas polos xornalistas en torno a un posible adianto electoral. \"O Goberno ten moito traballo\" e é \"estable\", polo que non cabe falar de adiantos, aseguraba. Pero apenas dous días despois de que Alberto Núñez Feijóo lanzase esta afirmación acompañada dun proverbial \"con todos os respectos\" a maquinaria e a escenografía de precampaña do PPdeG vén de botar a andar. E fíxoo ao xeito clásico: nun pavillón -neste caso, de Expocoruña- ateigado de simpatizantes populares -5.000, segundo o partido- que celebraron as palabras do seu líder sentados en quilométricas corridas cubertas dun infinito mantel de papel branco ao que nesta ocasión se lle engadiu unha franxa azul e sobre o que desfilaron carne ao caldeiro, empanada e mexillóns, a razón de 18 euros por cabeza. Comprometidos con Galicia, comprometidos con Feijóo, rezaba a convocatoria do acto, organizado pola dirección provincial máis de Feijóo, a da Coruña. \"Comprométome a iniciar o crecemento económico en España\", prometeu Feijóo dous días despois de asegurar que \"non está en precampaña\" Mentres no resto do Estado ministros e outros dirixentes percorren congresos do partido cun cóctel de defensa das \"reformas\" e ataque ao PSOE o PPdeG reciclou o lema deses cónclaves -Comprometidos con...- para lanzar unha carreira á reelección na que parte con vantaxe, aínda que menos que hai uns meses e con incómodas e austeras pedras no camiño. Como lle acontecía aos candidatos municipais socialistas en 2011 agora a presenza de líderes estatais, incluído Mariano Rajoy, resta ou polo menos non suma, por iso o titular da Xunta eríxese no seu propio valor máis seguro para lanzar a primeira e ambiciosa promesa dunha precampaña cuxa duración depende só del: \"Do mesmo xeito que iniciamos o cambio político en España, comprométome a iniciar o crecemento económico en España\", proclamou con solemnidade ao rematar un mitin no que axitou o que se prefigura como un dos seus emblemas electorais: a infusión de precaucións, case de temor, ante a posibilidade do retorno ao poder dunha coalición de PSdeG e BNG. Feijóo pídelles aos seus militantes que \"non permitan que iso volva suceder\", que non volvan sentar en San Caetano os socialistas e os seus \"cómplices necesarios\", o Bloque. Uns e outros representan, segundo o presidente, \"frivolidades\" e \"desgoberno\", ademais de \"gastar sen control e deixar sen pagar\", todo o contrario do seu Executivo, o mesmo que, asegura, fai que \"hoxe Galicia se mire como terra de oportunidades. \"Do mesmo xeito que empezamos a gañar en Galicia para o resto de España, en Galicia empezaremos a crecer, a saír da crise, a concluír unha sociedade que, mantendo o equilibrio nas súas contas, poida realmente empezar a manter o Estado do Benestar\", di. E con esta finalidade \"hai que facer o que se teña que facer\", aínda que \"provoque manifestacións\" e \"desgasten\". E aínda que \"custe o que custe\", engade, nunha afirmación case idéntica á pronunciada por José Luis Rodríguez Zapatero antes de pór a funcionar a tesoira en 2010. \"Os políticos fórxanse na adversidade\", ilustra. Nunha afirmación case idéntica a de Zapatero, Feijóo asegura que \"hai que facer o que se teña que facer\", \"custe o que custe\" Na liña argumental que vén mantendo nas últimas semanas o candidato á reelección debulla un panorama no que a idea central a transmitir é que en Galicia o peor xa pasou. Os acordos de \"cada xoves\" no Consello da Xunta e o \"esforzo dos galegos\" xa empezan a \"dar froitos\", asegura Feijóo. Precisamente por iso o seu Goberno, afirma, \"garante os servizos públicos\". E sobre Novagalicia Banco? Menos de vinte e catro horas despois de que o Goberno central aprobase a nova reforma financeira e, con ela, achegase un pouco máis a entidade cara ao final da súa aventura, Feijóo pasa por riba do que podería ser un verdadeiro problema electoral. Sen mencionar NCG Banco limítase a reivindicar a necesidade duns \"bancos sólidos\", que manteñan \"seguros\" os aforros da cidadanía, que ademais \"paguen o que deben\", sen \"trampas\" nos seus balances. O canto do Cumpleaños feliz para o alcalde de Ribeira, de aniversario, a lembranza a Manuel Fraga, ou a chamada do ex presidente Gerardo Fernández Albor a \"defender a civilización occidental, que está en perigo\" foron outros dos ingredientes do primeiro acto dunha obra cuxa conclusión moitas quinielas ubican no outono. Tras o sinal de saída preelectoral lanzada este sábado polos populares, o domingo será a quenda do BNG, que iniciará a carreira cara ás urnas do seu candidato, Francisco Jorquera."}
{"ID": "NOS_5562", "summary": "O Concello das Pontes considera que o plan presentado por Endesa para o desmantelamento da central térmica \"desvirtúa e alixeira\" o impacto que terá o seu fechamento para o municipio e a comarca.", "text": "As alegación presentadas polo Concello das Pontes ao proxecto de avaliación ambiental para o fechamento da central térmica consideran que este \"desvirtúa e alixeira\" o impacto que o desmantelamento da planta terá no municipio e na comarca. O documento foi elaborado por unha equipa de técnicas e técnicos e expertos municipais e demanda que o plan de desmantelamento da térmica sexa autorizado a través dun procedemento ordinario e non simplificado. \"O plan presentado por Endesa desvirtúa e alixeira o impacto que o fechamento da central térmica ten sobre o noso municipio e a comarca\", sinalou a responsábel de Industria do concello, Ana Pena. Nun comunicado emitido este sábado, 26 de setembro, a concelleira remarca que a central das Pontes supera os 300 megavatios e o seu impacto tanto laboral como económico na comarca é de \"entre 1.000 e 1.400 postos de traballo directos e indirectos\", ademais de supor \"case 7 millóns de euros de recadación nas arcas municipais\" e roldar os 25 millóns de euros en xeración de economía na comarca cada ano. Por iso, o Goberno local cre que Endesa \"non presenta datos que cuantifiquen as consecuencias do plan de desmantelamento que presenta\". Así, As Pontes demanda que o plan se realice a través dun procedemento ordinario para que exista un \"seguimento exhaustivo\" do proceso de fechamento da central e que se poñan sobre a mesa alternativas para a economía da zona, que para o concello pasan por converter parte da planta para dedicala á produción de enerxía eléctrica con biomasa. Por último, o Goberno municipal tamén mostra as súas dúbidas sobre o impacto que pode supor o plan sobre o patrimonio cultural do concell, xa que advirte que a proximidade á planta de zonas como A Vilabella e a súa igrexa ou a mámoa da Mourela \"fainas susceptíbeis de vérense afectadas por este proxecto de demolición\", que, segundo o municipio, tamén podería impactar no río Eume."}
{"ID": "NOS_55237", "summary": "Critican a 'invisibilización' das linguas minorizadas", "text": "A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu hoxe unha xornada de análise sobre a nova Lei do Audiovisual. No evento participaron representantes de entidades en defensa do galego, euskera e catalán, xunto ao sector audiovisual. O acto abriuno a xornalista, escritora e cineasta galega, Margarita Ledo, quen explicou a Nós Diario que \"as xornadas están organizadas polo Grupo de Estudos Audiovisuais, un grupo de investigación da USC que traballa tanto na información, como no contacto co sector profesional e coas institucións políticas e culturais\" pois, indica, \"para nós investigar é intervir tamén na sociedade que pertencemos\". A nova lei do audiovisual entra en vigor este sábado Ledo criticou que \"o resultado da aprobación da Lei Audiovisual non garante a diversidade cultural e lingüística nin o financiamento da produción independente\" e engadiu que \"mesmo existe o risco de privatización das televisións públicas\". Ledo alertou que a Lei podería ser un \"instrumento de recentralización e reforzo do oligopolio mediático español\". \"O resultado da aprobación da Lei Audiovisual non garante a diversidade cultural e lingüística\" Despois da benvida, o acto continuou coa intervención de Antía López Gómez, representante do propio grupo de Estudos Audiovisuais, a quen seguiu Ramón Zallo, profesor da Universidade do País Vasco, \"o mellor estudoso e analista da lei\" segundo Ledo. A media mañá deu inicio o coloquio \"Diversidade Lingüística e Lei do Audiovisual\", da man de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (Galiza); Paul Bilbao, da Kontseilua (Euskal Herria); e Francesc Marco Palau, da Plataforma per la Llengua (Catalunya). Diversidade lingüística Maceira abordou a relevancia da \"Iniciativa Xabarín\" que reivindica a dispoñibilidade dun audiovisual en galego ante unha situación \"de completa exclusión\" da nosa lingua, tanto no \"mundo audiovisual en xeral\" como na \"produción infantil\". Ademais, analizou as consecuencias dunha lei que, se ben no seu comezo \"ía ter en conta certos aspectos a favor da diversidade lingüística\" do Estado español, \"finalmente non é así\". A Mesa espera que a nova Lei do audiovisual do Estado recolla a demanda unánime do Parlamento Galego Maceira reivindicou que o país \"fose vangarda nas mobilizacións sociais en todo o Estado\" pois o Parlamento galego \"foi o único en posicionarse a favor dunha Lei que contemplase estas cuestións\". \"A Galiza foi vangarda nas mobilizacións sociais en todo o Estado español\" O presidente da Mesa asegurou que \"este é o momento de mirar cara atrás e analizar o que fixemos nestes anos\" sempre tendo \"como horizonte\" unha oferta audiovisual en galego. \"Non chega con conseguir avances para a lingua nun momento puntual, hai que manter a presión e impulsalos para non retroceder en dereitos lingüísticos\", sinalou Maceira en conversa con este xornal, e engadiu que \"estas xornadas axudan a tomar conciencia\". Un veciño de Bueu denuncia que a súa médica intentou negarse a redactar un informe en galego Alianzas necesarias Pola súa parte, Paul Bilbao incidiu na \"invisibilización das linguas propias do Estado\" que provoca a lei e analizou o lugar que ocupa o euskera no ámbito da produción audiovisual e das plataformas. Bilbao concluíu que a Lei do Audiovisual foi \"un despropósito, tanto no procedemento como no contido\" e denunciou que se \"marxinaran todas as propostas que chegaron desde a comunidade civil\". A Lei do Audiovisual foi \"un despropósito, tanto no procedemento como no contido\" Ademais remarcou a importancia \"das alianzas que tecemos (entre as tres entidades) durante este tempo\" e indicou que estes eventos demostran \"que existe unha demanda social\" sobre a diversidade lingüística. A xornada fechou cunha mesa sobre o estado xeral do audiovisual na Galiza con representantes do sector como Uxía Caride, Lidia Fraga e Iria Taibo dos sectores de produción, guión e tradución, respectivamente; e un debate coa profesora da USC, María Soliña."}
{"ID": "NOS_40870", "summary": "Convoca mobilizacións co lema \"Descoidar a quen coida é violencia machista\" e chaman a se sumar ás convocadas pola Coordinadora Nacional da Marcha Mundial de Mulleres na Galiza.", "text": "A pandemia do coronavirus puxo de manifesto a importancia dos coidados mais estes non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria. É a denuncia que a secretaría das Mulleres do sindicato CIG quere facer de cara a este 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. \"Dende a CIG levamos anos reclamando que se lle dean ás tarefas de coidados o valor real que teñen como traballos esenciais para a sociedade\", explica a secretaria confederal das Mulleres da CIG, Margarida Corral, quen engade que por esta razón o lema escollido este ano é \"Descoidar a quen coida é violencia machista\". Se o 8 de Marzo xirou sobre a necesidade de pór os coidados no centro das políticas públicas, \"porque sen coidados non hai vida\", unha semana despois \"a emerxencia sanitaria confirmaba a actualidade desta reivindicación, ao evidenciarse a importancia fundamental do traballo doméstico e de coidados\", mais tamén ao quedar as mulleres \"expostas de maneira desproporcionada ao virus, dado o seu papel predominante como coidadoras no ámbito familiar e como traballadoras nos sectores sanitario, sociosanitario, limpeza, comercio, empregadas do fogar,...\". Oito meses despois de decretarse o estado de alarma, advirte a secretaria das Mulleres da CIG, seguen sen poñerse en marcha permisos retribuídos para aquelas persoas traballadoras que teñan que facerse cargo de persoas do entorno que están enfermas, en corentena ou precisen de atención e coidados con carácter urxente. \"O Goberno español e a Xunta non adoptaron medidas para mudar esta situación, nin sequera para alixeirar esa sobrecarga de traballo físico e psicolóxico que asumimos as mulleres\". A CIG lembra que exixe desde hai moitos anos o recoñecemento e a revalorización do sistema de coidados, instando a mellora das condicións laborais do persoal deste sector, demandando a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas. Mobilizacións do 25 de Novembro · A Coruña: ás 12h na Delegación do Goberno · As Pontes: ás 12h na Praza do Hospital. · Compostela: ás 12h no Complexo Administrativo de San Caetano. · Ferrol: ás 12h no Edificio da Xunta. · Lugo: ás 11h na Subdelegación do Goberno. · Ourense: ás 12h na Subdelegación do Goberno. · Pontevedra: ás 12h na Subdelegación do Goberno. · Ribeira: ás 11:30h na Praza do Concello. · Vigo: ás 12h no Edificio da Xunta · Vilagarcía: ás 12h no Servizo Galego de Colocación"}
{"ID": "PRAZA_15383", "summary": "Ás nove da mañá a Garda Civil botou do lugar as persoas afectadas pola estafa das subordinadas e que levan protestando nes oficina dende hai oito días, pero ao redor das dez o espazo estaba de novo ocupado. En Cangas a policía identificou as persoas que acampan ante a oficina de Novagalicia Banco.", "text": "Continúa a ocupación do caixeiro de Novagalicia Banco en Gondomar. Ao redor da nove da mañá a a Garda Civil foi quen de desaloxar do lugar as persoas afectadas pola estafa das subordinadas e que levan protestando nes oficina dende hai oito días. O desaloxo produciuse sen resistencia. Segundo relata o xornal Valminor.info, \"un axente que se identificou co grao de capitán, presentouse ante os afectados sinalando que tiña unha orde xudicial \"verbal\" para proceder ao desaloxo\". Porén, pouco durou esta situación. Ao redor das dez da mañá, despois de que a noticia do desaloxo correra entre os colectivos de afectados, un grupo de catro persoas volvía ocupar o caixeiro. Ao redor das dez da mañá, despois de que a noticia do desaloxo correra entre os colectivos de afectados, un grupo de catro persoas volvía ocupar o caixeiro Hai oito dias Francisca Alonso, de 60 anos, decidiu pecharse nesta sucursal de Novagalicia Banco en Gondomar para reclamar que a entidade que dirixe José María Castellano lle devolva os cartos \"estafados\" mediante débeda subordinada subscrita coa antiga Caixanova. Cando a sucursal rematou o seu horario comercial optou por continuar o peche, pero no espazo do caixeiro automático. Foi a \"desesperación\", relatoulle aos xornalistas que se achegaron ao lugar, a que a levou a tomar a decisión do peche, mobilización á que se foron sumando veciñanza da vila e membros das plataformas de afectados por preferentes e subordinadas. O pasado venres Novagalicia Banco denunciou xudicialmente as tres persoas que estaban ocupando o caixeiro. O pasado venres Novagalicia Banco denunciou xudicialmente as tres persoas que estaban ocupando o caixeiro Mentres, tamén continúa en Cangas a acampada de dous afectados pola estafa da preferentes ante unha oficina de NGB. Dende o pasado venres Antonio Graña e Sonia Pardo esixen deste xeito que a entidade lles devolva os cartos depositados nela. Este domingo a Garda Civil procedeu a identificalos, pero a protesta continúa, e nela son varias as persoas estafadas que fan quendas nas tendas de campaña."}
{"ID": "NOS_51464", "summary": "O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, fixa a garantía mínima de subida en 2,2% a partir do 1 de xaneiro.", "text": "O Executivo da Xunta está xa a traballar na confección dos orzamentos de 2020. Esta terza feira, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou que para a suba salarial das funcionarias e funcionarios públicos o Goberno galego ten consignada unha partida de entre 80 e 90 millóns de euros, coa \"garantía mínima\" dun incremento do 2,2%. Esta nova suba será efectiva a partir do 1 de xaneiro \"cando se teña a habilitación do Estado\", apuntou. Amais, haberá que sumar outros incrementos como a reanudación da carreira profesional no Sergas, o acordo salarial con docentes e persoal de Xustiza, así como outros específicos. Tras a súa reunión con representantes da patronal e dos sindicatos para expoñerlles as liñas mestras dos orzamentos, o conselleiro valorou a actual situación económica e emprazou a \"non tolear\" ante a desaceleración, pero sendo conscientes \"do que temos entre as mans\". Contas optimistas e grandilocuentes Pola súa banda, os sindicatos consideran algunhas das cifras adiantadas polo conselleiro, como é o caso do aumento do teito de gasto en 310 millóns, como partidas \"propagandísticas con fins puramente electoralistas\". A secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, cre que, á marxe de consideracións \"optimistas e grandilocuentes\" por parte da Consellaría, os indicadores evidencian que Galiza está hoxe peor que en 2008 como consecuencia da \"inacción do Goberno galego, máis preocupado en aparentar unha posición crítica que por exercer as súas competencias. Méndez afirmou que para a CIG \"son necesarios uns orzamentos que recollan medidas para crear emprego digno, para potenciar os nosos sectores produtivos, para fixar poboación no rural, para eliminar desigualdades sociais, ou para frear a sangría da emigración\". Medidas que, lembrou, vén ofrecendo a central sindical, desde hai anos, sen que fosen escoitadas porque \"este Goberno non quere saber nada de medidas reais para o desenvolvemento de Galiza, só buscan aparentar esa realidade paralela na que viven, mentres galegas e galegos sofren as consecuencias das súas nefastas políticas\". A suba non chega No que atinxe á proposta de subida salarial, a secretaria de Organización da CIG aclara que é \"unha débeda\" cos traballadores que \"nin sequera chega a acabar de devolver todo o que perderon nos anos da crise\". \"Nin de lonxe palía a enorme perda de poder adquisitivo dos empregados públicos\", matiza. \"Aínda a día de hoxe hai acordos retributivos que se firmaron en 2008 que seguen sen cumprirse\", afea Méndez, xa que \"seguen en vigor\" recortes de xornada e días libres. Pola súa banda, Maica Bouza, considera que Valeriano Martínez \"máis aló de grandes declaracións non acaba de concretar ningunha medida\". Neste senso pide máis recursos para dependentes e a Risga e tamén \"para que o emprego e os galegos non sintan outra vez o impacto da crise\". Bouza coincide con Olga Crespo, economista da UGT, en criticar que a Xunta nunca leva documentación neste tipo de reunións. Crespo considera que os orzamentos deben ser \"máis intensivos\" en medidas para o emprego e preocúpalle que non se actúe ante a crise industrial, o envellecemento e a perda de 70.000 persoas activas na última década."}
{"ID": "QUEPASA_734", "summary": "A intervención completarase co adecentamento da antiga escola unitaria.", "text": "Na parroquia carballesa de Aldemunde xa se está traballando para dotar dun novo espazo de uso veciñal á parroquia máis pequena do noso concello. Nestes momentos están en execución as obras de construción dunha praza no terreo da antiga escola unitaria, atendendo deste xeito a demanda expresada pola veciñanza a través do Consello Parroquial. Ata alí achegáronse o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Planificación, Milagros Lantes, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, aproveitando o arranque dos traballos. O proxecto, executado pola empresa Construcciones Vázquez y Reino cun orzamento de 98.736 euros, inclúe a demolición dos muros exteriores, o palco da música, a beirarrúa perimetral e as escaleiras de acceso, ademais da limpeza e o acondicionamento do terreo para diminuír a pendente actual. A partir de aí realizarase unha obra que permitirá gañar unha praza de uso cotiá e tamén para as festas. Con esa finalidade pavimentarase con formigón parte do espazo e construirase un novo muro de peche con varandas de madeira, ademais de soterrar o tendido eléctrico e de plantar catro novas árbores: 2 carballos e 2 castiñeiros, que garantirán a sombra. Pero a actuación estenderase máis adiante á antiga escola. Ademais da eliminación das barreiras arquitectónicas construíndo unha rampla de acceso con varanda de protección de aceiro inoxidable, tal como figura no proxecto da praza, o Concello de Carballo está preparando un proxecto complementario para acondicionar o edificio conforme ao escaso uso que ten e á súa integración no renovado espazo que ocupa, moi próximo, ademais, ao conxunto parroquial formado pola igrexa e o cemiterio. Deste xeito procederase non só ao pintado exterior, senón tamén á renovación das ventás e do tellado, entre outros traballos menores."}
{"ID": "PRAZA_19219", "summary": "As persoas invidentes que participan na cuarta edición deste proxecto fotográfico da Deputación exercerán de reporteiros e reporteiras gráficas no partido que este sábado xoga o Breogán, no que se conmemora tamén o Día Mundial Contra o Cancro", "text": "É imprescindible mirar ou ver para tirar unha fotografía? En Lugo un bo número de fotógrafos e fotógrafas invidentes levan un tempo demostrando que non, participando no proxecto A Cegas, impulsado pola Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación. A iniciativa vai xa pola súa cuarta edición e nela 14 persoas invidentes, coa axuda de profesionais, artistas e persoal dos catro museos da provincia, aprenden a realizar fotografías cun gran valor artístico. De feito, o traballo precedente xa estivo exposto no Museo Provincial e o resultado das tres primeiras edicións foi publicado en tres catálogos. \"A actividade demostrou unha gran variedade de posibilidades tanto expresivas como interpretativas, ademais do interese e motivación que o alumnado\", destacan, o que animou á continuidade do proxecto. As persoas invidentes que participan na cuarta edición deste proxecto exercerán de reporteiros e reporteiras gráficas no partido que este sábado ás 20 horas xoga o Breogán ante o Lleida Desta volta, as persoas invidentes que participan na cuarta edición deste proxecto exercerán de reporteiros e reporteiras gráficas no partido que este sábado ás 20 horas xoga o Breogán ante o Lleida no Pazo dos Deportes. Será o momento no que, acompañados e acompañadas polos seus monitores e monitoras, poñan en práctica todo o aprendido no curso. O resultado do seu traballo será exposto no Museo Provincial nos vindeiros meses, na exposición que se inaugurará con motivo da celebración do 50 aniversario do CB Breogán. Tamén se publicará nas diferentes canles do club celeste e do organismo provincial, e será motivo dun dos artigos da revista dixital do clube baloncestístico. \"En realidade quen fai unha fotografía é a cámara, non o ollo. Por tanto, unha persoa cega non poderá ver pero si nos pode achegar a súa mirada do mundo\" \"En realidade quen fai unha fotografía é a cámara, non o ollo. Por tanto, unha persoa cega non poderá ver pero si nos pode achegar a súa mirada do mundo. A través do oído, o olfacto, o tacto ou o gusto tamén podemos escoller o obxectivo e crear imaxes coa axuda que nos permiten as cámaras\", explican os responsables do proxecto. \"A fotografía mantén unha liña de linguaxe universal, polo cal pode compartirse a motivación do impulso fotográfico. Algo que atopamos no atrevemento que demostra un cego ó introducirse nun campo tan adverso, evidenciando o desexo de rexistrar a fugacidade do instante\", din. \"A través do oído, o olfacto, o tacto ou o gusto tamén podemos escoller o obxectivo e crear imaxes coa axuda que nos permiten as cámaras\" \"Dende a Deputación queremos favorecer proxectos que rompan calquera barreira entre persoas\", destacan dende o ente provincial. \"A través deste tipo de accións, fomentamos a integración para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria\", sinala o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, que salienta \"a importancia da fotografía como vehículo de cambio na sociedade\". A iniciativa coincide ademais co Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemora este 4 de febreiro e no que se busca aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade. Neste senso, a Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), Mariluz Abelleira salientou esta semana que \"queremos realizar unha campaña informativa centrada na prevención, utilizando o Pazo dos Deportes como escenario\". Con este obxectivo, durante o partidos repartirase a todos os asistentes un pack composto por unha mazá en unha bolsa colectora con información relativa á prevención e hábitos de vida saudables. \"Dende a Deputación queremos favorecer proxectos que rompan calquera barreira entre persoas. A través deste tipo de accións, fomentamos a integración para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria\" O proxecto fotográfico A Cegas deu ademais como resultado un documental dunha hora de duración, froito do traballo do colectivo de Enredados (formado por fotógrafos invidentes, docentes e persoal dos museos da Rede) interesado \"na experimentación sensorial, na exploración dos esquemas perceptivos e na procura doutro tipo de referentes que non se limiten só ao visual para relacionarse coa arte dunha forma máis global\", explican."}
{"ID": "NOS_38493", "summary": "O secretario de Estado norteamericano, Mike Pompeo, emitiu un comunicado en que omite calquera referencia ao masacre perpetrado esta segunda feira polo Exército israelí no territorio ocupado de Gaza.", "text": "Pompeo non é calquera na Administración Trump. Antes de asumir a secretaría de Estado (equivalente ao Ministerio de Asuntos Exteriores), estivo á fronte da CIA. A súa primeira viaxe ao exterior como responsábel da diplomacia norteamericana foi a Israel. Con 52 cadáveres palestinos sobre os campos de Gaza, Pompeu emitiu un comunicado en que se declara \"orgulloso\" por celebrar a abertura da embaixada dos EUA en Xerusalén. \"Este significativo evento dá cumprimento a unha promesa feita polo presidente Trump\". O alto cargo de Washington lembra que os EUA recoñeceron Israel hai 70 anos, baixo a presidencia de Truman. \"Desde entón, o Estado de Israel fixo de Xerusalén a súa capital, a capital que o pobo xudeu estabeleceu xa nos tempos antigos. É portanto apropiado que os Estados Unidos recoñezan Xerusalén como capital de Israel\". \"Continuamos\", conclúe Pompeo, \"comprometidos en avanzar cara unha duradeira paz entre Israel e os palestinos\". Mais a ollos do pobo palestino este último movimento de Washington desautorízao como mediador e colócao claramente a carón do opresor israelí."}
{"ID": "PRAZA_14142", "summary": "Mario Draghi advirte que haberá \"condicionalidades estritas\" e que o Banco Central Europeo compraría bonos de entre un e tres anos e sen límite de cantidade. Rajoy non se dá por aludido e asegura que non hai novidades sobre a petición de rescate e que Merkel non lle esixiu axuste ningún.", "text": "Compra de débeda a cambio da petición de rescate con condicionalidades explícitas. O presidente do Banco Central Europeo (BCE), Mario Draghi, anunciou este xoves que pretende activar un plan para a compra de bonos de estados como España e Italia para resolver así os seus problemas de financiamento. En definitiva, mete presión aos dous países para que soliciten canto antes o rescate se queren así un salvavidas da entidade que preside. Pero Rajoy non semella darse por aludido. Na súa comparecencia conxunta con Merkel, o presidenteo do Goberno central asegurou que non había novidades sobre esa hipotética petición de rescate e que a chanceler alemá non lle dixo que reformas nin que axustes facer. \"Cando teña algunha novidade contareilla; aínda non tiven temo de ler a comparecencia de Mario Draghi\", aclarou Rajoy. España estudará con detalle o programa que prevé o BCE para ver se lle convén ou non pedir o rescate, segundo fontes da Moncloa que cita Europa Press. Draghi mete presión a España e Italia para que soliciten o rescate axiña O anunciado programa, denominado OMT, permitiría ao BCE tratar así as \"distorsións severas\" nos mercados de bonos e garantir tamén a \"irrevarsibilidade do euro\". Draghi foi claro e contundente ao advertir de que os gobernos deben estar listos para activar os mecanismos de rescate cando haxa riscos ou situacións excepcionais, e sempre \"baixo unha estrita condicionalidade\". \"A adhesión dos gobernos aos seus compromisos e a intervención dos mecanismos de rescate son condicións necesarias\", repetiu, tras aclarar que a decisión non fora por unanimidade. O BCE comprará bonos de entre 1 e 3 anos, sen límite de cantidade e renunciará ao seu privilexio de cobro Este novo programa de compra de bonos, segundo aclarou Draghi, concentrarase na débeda con vencementos entre un e tres anos e a el dedicaránselle cantidades \"sen límite\". Ademais, as compras serán logo \"esterlizadas por completo\". O presidente do BCE asegurou que se informará cada semana das cifras do programa e que o BCE renunciará ao seu privilexio de cobro respecto dos acredores privados. Ao tempo que Draghi avanzaba a compra de débeda, Merkel e Rajoy comparecían tras a súa xuntanza na Moncloa. \"O BCE actúa dentro do sue mandato e toma as medidas oportunas\", asegurou a chanceler preguntada pola decisión da entidade europea, tras negar que puxese condicións a España. Ademais, a líder alemá aclarou que non chegou a España a dicir as reformas que ten que facer o Estado e aclarouse sentirse \"impresionada\" polo ritmo de axustes que leva a cabo o Executivo de Rajoy. O presidente do Goberno, respecto ás pensións, di que non ten \"intención ningunha de cambiar o statu quo\". O BCE xa estivo a comprar débeda dos países periféricos desde maio de 2010 e empezou a comprar débeda española e italiana en agosto de 2011. Con todo, detivo esas compras a comezos deste ano, pois preferiu dar financiamento sen límite a tres anos aos bancos para que eles comprasen débeda. Iso, con todo, agravou o círculo vicioso entre a débeda soberana e a solvencia das entidades financeiras e só serviu de alivio temporal para España e Italia."}
{"ID": "NOS_25177", "summary": "Moscova afirma que os EUA \"planeaban\" investigar en Ucraína a \"transmisións de patóxenos letais\", algo que Washington nega con rotundidade é, á súa vez, pon o foco no Exército ruso: \"Agora que Rusia fixo estas afirmacións falsas todos deberiamos estar atentos á posibilidade de que Rusia use armas químicas ou biolóxicas en Ucraína, ou que cree unha operación de falsa bandeira usándoas\".", "text": "O portavoz do Ministerio de Defensa de Rusia, Ígor Konashénkov, afirmou esta quinta feira que, segundo \"documentos descubertos\" polo Exército ruso, \"os EUA planeaban en 2022 investigar en Ucraína patóxenos de aves, morcegos e reptís\" para, posteriormente, \"estudar a posibilidade de transmitir a peste porcina africana ou o ántrax a través deles\". \"O obxectivo destas e outras investigacións biolóxicas, financiadas polo Pentágono en Ucraína, foi a creación dun mecanismo de transmisión oculta de patóxenos letais\", dixo Konashénkov, en declaracións recollidas pola axencia rusa Sputnik. Rusia publica un suposto documento ucraíno sobre unha \"ofensiva no Donbás\" para marzo de 2022 Tamén Ígor Kirílov, xefe das Tropas de Defensa Radiolóxica, Química e Biolóxica das Forzas Armadas de Rusia, apuntou que \"os datos estudados conteñen propostas para ampliar o programa biolóxico-militar dos EUA no territorio de Ucraína\". Os EUA négano e temen que Rusia si utilice armas químicas Porén, os EUA desmenten con rotundidade estas acusacións. \"É absurdo, é o tipo de operación de desinformación que vimos repetidamente por parte dos rusos ao longo destes anos en Ucraína e noutros países, que foi desacreditada, e tamén é un exemplo dos tipos de pretextos falsos dos que estivemos advertindo que os rusos inventarían\", sinalou a portavoz da Casa Branca, Jen Psaki. Neste senso, subliñou que o Goberno estadounidense \"cumpre de forma plena\" coas súas obrigas no marco da Convención sobre Armas Químicas e a Convención sobre Armas Biolóxicas, polo que \"non desenvolve nin posúe tales armas en ningunha parte\". Sen \"avances significativos\" após a reunión entre os ministros de Exteriores de Rusia e Ucraína De feito, Psaki acusou Moscova de manter o seu programa de armas biolóxicas, \"vulnerando o Dereito Internacional\", e de \"apoiar\" o presidente sirio Bashar al Assad, quen, enfatizou a portavoz da Casa Branca, \"utilizou repetidamente armas químicas\". \"Agora que Rusia fixo estas afirmacións falsas, e China aparentemente apoiou esta propaganda, todos deberiamos estar atentos á posibilidade de que Rusia use armas químicas ou biolóxicas en Ucraína, ou que cree unha operación de falsa bandeira usándoas. É un patrón claro\", sentenciou Psaki. Esta cuarta feira, a subsecretaria de Estado para Asuntos Políticos dos EUA, Victoria J. Nuland, recoñeceu na última sesión do Senado a existencia de \"instalacións de investigación biolóxica\" situadas en solo ucraíno. Nuland respondeu así a unha pregunta formulada polo senador Marco Rubio, en relación á invasión rusa de Ucraína, sobre se Ucraína posúe armas químicas ou biolóxicas. O Goberno dos Estados Unidos recoñece a existencia de \"instalacións de investigación biolóxica\" en Ucraína \"Estamos a traballar cos ucraínos para evitar que ese material de investigación caia en mans rusas, no caso de que o fagan\", proseguiu Nuland."}
{"ID": "NOS_29501", "summary": "Até o 17 de abril, como mínimo, continuarán os controis na fronteira entre a Galiza e Portugal, segundo a orde publicada este sábado no BOE.", "text": "O Estado español prorrogou decidiu prorrogar os controis na fronteira con Portugal até o próximo 17 de abril coas mesmas limitacións aplicadas até o momento debido á situación epidemiolóxica. Así o estabelece unha orde publicada este sábado, 3 de abril, no Boletín Oficial do Estado (BOE) e que amplía os controis que finalizaban este 6 de abril, polo que só se poderá entrar e saír do Estado español polos pasos autorizados e durante os horarios que se estabelezan. Desta forma, só poderán acceder ao Estado español as e os cidadáns españois e o seu cónxuxe ou parella coa que manteñan unha unión análoga á conxugal documentada nun rexistro público, así como aqueles ascendentes e descendentes que vivan ao seu cargo, sempre que viaxen con ou para reunirse con este. Tamén poderán cruzar a fronteira os que residan en España, aínda que será necesario que acrediten a súa residencia habitual, do mesmo modo que as e os estudantes que cursen os seus estudos en España, os residentes noutros países membros da Unión Europea (UE) ou asociados a Schengen que se dirixan á súa residencia habitual. Así mesmo, accederán ao Estado español quen vaia transitar ou permanecer no territorio por motivos exclusivamente laborais, unha categoría na que se inclúen os traballadores transfroterizos, os sanitarios e os do transporte, en tanto que tamén están autorizados os que documenten causas de forza maior, necesidade ou motivos humanitarios. O persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas oficinas consulares e organismos internacionais tamén poderá cruzar a fronteira, sempre que se trate de desprazamentos vinculados ao desempeño das súas funcións, do mesmo modo que os participantes en viaxes de Estado e os membros de Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas. O pasado 12 de marzo, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño recibiu o compromiso de eurodeputadas e eurodeputados dos partidos políticos con presenza na Galiza e no norte de Portugal para exixir á Unión Europea que poña á disposición dos concellos da Raia axudas para compensar o fechamento de fronteiras por mor da Covid-19. Nun encontro organzanizado pola AECT Río Miño reflexionouse dobre a problemática que as persoas traballadoras e as empresas da zona están a vivir polos fechamentos. No encontro, Uxío Benítez, vicedirector da AECT, reflexionou sobre a necesidade de compensar un territorio, coas súas particularidades e os seus espazos e servizos compartidos, no que non se entende o feche das conexións. O responsábel valorou postivo aquel encontro, sinalando a unanimidade de todos os partidos para reclamar esas compensacións para a área \"miñota\"."}
{"ID": "NOS_17066", "summary": "A sección \"Micromitos\" que se vén publicando na contracapa deste xornal desde setembro, remata este mes con máis de 215 relatos da mitoloxía galega. O seu autor, Antonio Reigosa, explica como foi o proceso deste traballo e destaca algunha das súas personaxes favoritas, entre elas, Pepa a Loba.", "text": "A sección de Antonio Reigosa, \"Micromitos\", que vén de formar parte da contracapa desde o 1 de setembro do ano pasado, chega ao seu fin con máis de 215 breves relatos relacionados coa mitoloxía galega. \"Foi todo un reto, ao comezo do proxecto, sintetizar tantos temas relacionados coa mitoloxía galega en tan só 1.000 caracteres\", expón Reigosa en conversa con Nós Diario. Desde as lendas de diversas orixes a personaxes como os trasnos foron tratados por Reigosa durante estes meses. Os traballos están baseados na experiencia do columnista, \"teño moitos anos e fun realizando investigacións e publicacións tanto en colectivo como a nivel individual\". Toda esta información foi \"complicada de resumir, xa que non quería que fose moi esquemático e que ademais fose un relato, para que as lectoras atopasen unha historia con comezo e final\", explica.Outro dos contratempos que Reigosa foi atopando ao longo destes meses para realizar os \"micromitos\" foi \"escoller o tema, aínda que tentei adaptarme o máximo posíbel ao calendario e así adaptar a temática á actualidade\", sinala. Por exemplo, durante a semana da festividade de San Xoán \"busquei que os relatos xirasen ao redor desta temática, como a flor da auga, o solsticio e demais\". Debido a que \"existían certas temáticas ou personaxes que era imposíbel resumir nun só 'micromito' decidín que faría unha especie de series sobre algúns temas en concreto, como foi o do trasno ou Pepa a Loba\", conta Reigosa. Esta última, \"foi unha das miñas personaxes favoritas de contar, malia que me custou moito resumir os aspectos fundamentais e relevantes sobre Pepa a Loba, é unha historia tan potente e interesante, que por iso tiven que dedicarlle cinco relatos\", especifica o escritor da columna. Ademais, tamén salienta os 'micromitos' relacionados cos medos dos nenos, como o Coco. Achegando a mitoloxía galega Reigosa considérase un \"apaixonado do 'inútil', entendo que igual isto pode considerarse así por falta de interese ou coñecemento sobre a mitoloxía galega, por iso espero que este espazo contribuíse a achegar a aquelas persoas que non tiñan a curiosidade de coñecer este mundo que é tan rico e que reflicte o que foi e segue a ser a nosa cultura popular en cuestión de literatura de tradición oral\", sinala. Esta mitoloxía galega \"continúa viva\", afirma Reigosa. \"Existe unha tendencia a considerar que este coñecemento está só ligado ao mundo rural, estando este demograficamente case afundido, mais a mitoloxía está asociada ao territorio. Temos exemplos con personaxes moi coñecidos como os mouros e as mouras, relacionados con mámoas ou covas con restos de ocupación, polo que esa mitoloxía segue asociada a ese lugar, pero hai menos xente con capacidade de transmitila, porque a contorna estase a despoboar ou está xa despoboada\", explica Reigosa. Malia a isto, \"existe unha mitoloxía nova, entendida como lenda urbana, que está máis asociada ao mundo urbano e que se transmite entre a veciñanza destes territorios\". Como exemplo, o columnista explica as lendas relacionadas coa xente estranxeira. \"Asóciase á xente que vén de fóra, dependendo moito do tempo histórico, que se converte nun ser terrorífico e ao que se lle culpa, entre outras cousas, de ser traficante de órganos, que matan nenos e xente para vender as súas vísceras no mercado negro\", expón Reigosa. Outro exemplo que destaca o especialista sobre esta mitoloxía vén relacionado cos construtores de edificios. \"Existe unha lenda relacionada con Noia e a igrexa de San Martiño, á cal lle falta unha torre, porque o seu construtor orixinal, segundo conta o mito, morreu accidentalmente do alto da igrexa e non puido rematala. Por iso contan que se alguén tentase levar a cabo esta obra da segunda torre, pasaríalle o mesmo. O director de cine Claudio Guerín simulou a realización desta parte da igrexa, con cartón-pedra, para un filme e morreu nun accidente ao caer desde o alto do inmóbel. A xente achaca este falecemento ao atrevemento de tentar crear a segunda torre de San Martiño\", conta Reigosa. Para o escritor, esta é a actualización dunha lenda, que \"consegue que a cidadanía reafirme máis estes mitos polos feitos acontecidos en Noia, por exemplo\", conclúe Reigosa. Creando mitoloxía actual coa Covid Para o autor da sección de \"micromitos\" existe mitoloxía que \"se está a crear a día de hoxe, pero aínda estamos moi perto do seu tempo como para decatarnos de que serán mitos\", expón. Sobre isto, destaca a lenda que se \"está a formular sobre a pandemia desatada pola Covid-19\", asevera. \"Se repasamos un pouco o que se contou sobre este tema, o que agora son consideradas fake news, van creando especulacións na xente. Xeitos de transmisións, consecuencias da enfermidade ou o mito xigante de que nos poñen chips coas vacinas forman parte dos aspectos da nova mitoloxía que se está a crear na actualidade, pero é tan fresca que non somos capaces de separala. Pero isto vai decantar co tempo e quedará na memoria da xente estas ideas, que son única e exclusivamente mitos, ou fake news, como se di agora\", sinala Reinosa."}
{"ID": "PRAZA_11811", "summary": "Di Mayor Oreja, que é un exotismo do pasado ao que só airean de cando en cando nese reducto da pluralidade informativa chamado Telemadrid, que Otegi pode ser o vindeiro lehendakari.", "text": "Di Mayor Oreja, que é un exotismo do pasado ao que só airean de cando en cando nese reducto da pluralidade informativa chamadoTelemadrid, que Otegi pode ser o vindeiro lehendakari. E resulta que ten razón, por unha vez. Desde o cese definitivo da violencia de ETA Euskadi cambiou tanto que xa calquera cousa é posible. O PNV e o PP chegan a acordos nas Deputacións e na política fiscal; o PSE e Bildu achéganse en cuestións económicas, e ata nos municipios pode ser que o PP e Bildu voten a mesma cousa. O País Vasco é agora un cadrado, con catro forzas políticas que poden combinar de xeito diverso en función do tema que se aborde. Xa non é nacionalistas-constitucionalistas, coma na última década, e o eixo esquerdas-dereitas colle peso. O PNV quere castigar aos socialistas por se ter atrevido a botalos de Ajuria Enea, e no PP manda xente de dereitas, pero civilizada, que tratan de saír do furado onde os metera o ex ministro Sandokan. A paz soñada é unha realidade, e o cambio social é difícil de describir. Neste contexto, no campo nacionalista hai unha loita evidente pola hexemonía. A esquerda abertzale está de volta para ficar aquí, e quere a achega duns obxectivos que non son os mesmos ca os do PNV, por moito sotaque soberanista que collera o partido na etapa de Ibarretxe. Bildu/Amaiur xa goberna ducias de concellos, entre eles Donosti, a Deputación de Gipuzkoa, e ten sete asentos no Congreso. Agora quere a lehendakaritza. E ademáis teñen posibilidades. O PSE non vai recoller os froitos do seu paso polo Goberno vasco: xestionar a crise (aínda que aquí o impacto é moito menor ca en España, cunha taxa de paro do 10%) e o feito de estar atado polo PP desdibuxou o descurso tradicional socialista. O PP está en proceso de mudanza pero aínda necesita tempo para penetrar en capas do País que xamais conectaron coa herdanza de Aznar. E o PNV precisa definirse dunha vez por todas: a marcha de Ibarretxe coincide cunha perda de poder institucional (o Goberno vasco e dúas Deputacións) que obriga a reorientar a praxe política. A prioridade xa non é o dereito de decidir, senón demostrar que son serios e de confianza. A man de Íñigo Urkullu aguanta firme a corda dunha formación á que non se pode minusvalorar. E aquí chega a esquerda abertzale con varios socios (EA, Aralar, Alternatiba) dispostos a conformar un polo soberanista que ruba, desde o goberno, a onde ETA nunca chegou con sangue e Titadyne: á independencia pola vía escocesa. Arnaldo Otegi aínda mantén un magnetismo absoluto, e a proposta de Amaiur conecta cos seus votantes tradicionais e con moita xente nova que vai cansa dos políticos profesionais. Amaiur (co nome que sexa finalmente) pode gañar as eleccións autonómicas do 2013 (se non hai adianto electoral, algo non descartable), e o candidato Otegi pode convertirse en lehendakari. Si, Otegi aínda está no cárcere, pero supoñemos que non por moito tempo. Non se pode manter o contrasentido de que a persona que máis traballou pola fin de ETA estea entre reixas por colaborar con ETA. A xustiza en España xa non pode dar máis turradas desta caste. O PNV no ten cabeza de cartel, aínda, pero colle peso a opción de Urkullu como home de consenso e confianza. Así que a escena pode ser apaixoante: Patxi López, Antonio Basagoiti, Íñigo Urkullu e Arnaldo Otegi loitando pola presidencia vasca. Euskadi non é país de maiorías absolutas, polo tanto os acordos poselectorais darán ou quitarán chaves. Non sei quen gañará, pois as cousas estarán moi axustadas, pero si me atrevo a aventurar que o Parlamento vasco dos próximos catro anos vai ter unha maioría nacionalista esmagadora, que andará polo 70%. Ao PP máis lle vale abandona as estratexias tipo Intereconomía con Euskadi, ou acelerará as ansias independentistas. E non só ao PP, España debe entender que hai varias sensibilidades e identidades neste país. Internamente xa están aprendendo a convivir. Esta Euskadi é outra. Vide comprobalo."}
{"ID": "NOS_2485", "summary": "Uxío Diz, veciño de Compostela, tivo que realizar 10 quilómetros na cadeira para ser atendido dunha urxencia no CHUS, ao que non puido ser trasladado en ambulancia por, afirma, non estar dispoñíbel ningunha adaptada.", "text": "Entre o centro de saúde de Vite, na entrada norte de Santiago, e o Hospital Clínico Universitario, no sur da capital de Galiza, hai 5 quilómetros de distancia. Un percorrido pequeno para facer en transporte, mesmo sen dificultade para facer unha persoa a pé mais difícil para ter que facer nunha cadeira de rodas. É o que tivo que realizar, segundo el propio denuncia, un veciño de Compostela, Uxío Diz para ser atendido dunha urxencia. Esta persoa, que sofre artogripose, un síndrome que lle afecta nas articulacións e que lle impide moverse por si mesmo, dirixiuse o pasado 5 de marzo ao seu centro de saúde de referencia, en Vite, para ser atendido dun problema circulatorio nun pé. \"A doutora atendeume e decidiu derivarme a cirurxía vascular no Complexo Universitario de Santiago para ser atendido por urxencias\", afirma Diz. Mais, sinala, non había ambulancias habilitadas para o transportar até o complexo hospitalario, a 5 km de distancia. \"Non podía meter a cadeira e sen ela non me podo mover\", explica. As posibilidades de usar transporte público para realizar o percorrido estaban fanadas. \"En Santiago se non vas acompañado non che facilitan a rampla de acceso ao autobús urbano, algo contra o que presentei reclamación pois ese requisito non se entende e non se exixe noutras cidades galegas\", di. Así pois, sen posibilidade de ter acompañante, tivo que realizar o percorrido do centro de saúde ao Hospital na súa cadeira de rodas eléctrica. \"Levoume unha hora chegar\", afirma, tempo ao que engadir a hora de retorno á súa morada. Un percorrido que tivo que facer nunha xornada de tempo desagradábel e sorteando diferentes impedimentos urbanísticos."}
{"ID": "NOS_8985", "summary": "Un cento de persoas, entre elas, representantes de Unidas Podemos, Esquerda Unida, Anova e Marea Atlántica, apoian ao presidente do comité de empresa de Alcoa Coruña que prestou declaración nun Xulgado da Coruña polos incidentes na manifestación do pasado marzo en Madrid.", "text": "Juan López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa Coruña, declarou durante quince minutos diante dun xuíz da Coruña. Reafirmou a súa inocencia e valorou o acontecido en marzo en Madrid diante do Congreso como unha protesta que transcorreu dentro dos parámetros habituais. Juan López Corbacho declarou na Coruña, onde ten o seu domicilio, por unha cause que instrúe un xulgado de Madrid. Os seguintes en declarar -o próximo 8 de outubro- serán tres sindicalistas, entre eles Víctor Ledo, secretario de Industria de CCOO. E aínda quedan pendentes as declaracións de Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, deputados de Unidas Podemos (UP), e da exparlamentaria Ánxela Rodríguez. Díaz e Gómez-Reino acudiron á concentración da Coruña. Tamén Rafa Mayoral, deputado madrileño de UP, tamén imputado. \"Todo o mundo viu o que sucedeu no Congreso. Deuse unha situación anómala a nivel democrático, é fundamental defender os dereitos dos traballadores e da cidadanía para defenderse diante do Congreso, que representa a soberanía popular\", comentou Gómez-Reino. \"Non pasou nada que non pase nun conflito en que unha empresa quere pechar e despedir centos de traballadores\", dixo Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO en Galiza, tamén presente na protesta. Antón Sánchez, un dos portavoces do Grupo Común da Esquerda, e Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida, entre outras representantes políticas, apoiaron a protestas e as demandas de derrogación da lei mordaza."}
{"ID": "NOS_53565", "summary": "A central sindical informa de que \"maxicamente\" se reduciu o número de positivos confirmados ou sospeitosos de 1.000 a máis da metade.", "text": "Correos vén de comunicar ás centrais sindicais o número oficial de contaxios na compañía, máis desde a CIG critican que a empresa pública \"fala só do que lle interesa\" e \"non especifica nin provincias nin centros de traballo\". \"Desde a CIG non cremos estes datos, sobre todo desde que de forma máxica pasamos de ter 1.000 contaxiados ou probábeis a menos da metade, segundo eles porque aplicaron o sistema de reconto do Ministerio de Sanidade\", explican. Así, e sempre segundo a empresa, os contaxios verificados por test son 65, dos que 27 xa se atopan dados de alta, mentres que os \"posíbeis contaxiados\" son 580, dos que 394 son altas. Ademais, hai 2.936 persoas do cadro de persoal en corentena. As maiores e enfermas, a traballar A partir do día 11, Correos esixe ás traballadoras con máis de 60 anos \"sen patoloxías asociadas ao COVID-19 e sen baixa médica\" que se reincorporen ao seu posto de traballo. Desde CIG móstranse \"en contra\" do plan de desconfinamento deseñado pola empresa, pois segundo o sindicato \"o único obxectivo que ten é recuperar a actividade produtiva normal da empresa canto antes, priorizando o negocio á seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras\". Ademais, denuncian a \"presión\" que está a exercer a empresa \"ás compañeiras que están de baixa por ser persoal sensíbel\" para que se incorporen aos seus postos, \"con chamadas do xefe de quenda ou das Mutuas, ou mesmo de ambos, para que se incorporen aos seus postos de traballo canto antes\"."}
{"ID": "NOS_25864", "summary": "Xornada dispar para o fútbol galego. Coa excepción do Racing de Ferrol, que continúa de líder invicto na Primeira RFEF, o resto de equipos non quedaron satisfeitos cos seus resultados. A visita do Celta ao Camp Nou, iso si, deixou boas sensacións no xogo do equipo de Coudet após a recuperación de Iago Aspas.", "text": "No fútbol, como noutros deportes, o resultado manda. Este domingo o Celta convenceu co seu xogo e tivo o Barça, no propio Camp Nou, contra as cordas toda unha segunda parte. Porén, un erro de Unai Núñez no primeiro tempo que aproveitou Pedri valeulle aos cataláns para levarse os tres puntos ao finalizar o partido 1-0. Coudet confirmou a titularidade de Gabri Veiga xunto a Iago Aspas, ao tempo que Larsen mostraba co balón as razóns da súa fichaxe. O Celta tamén sabe gañar sen Aspas A última media hora sorprendeu aos de Xavi Hernández perdendo tempo e a un Ter Stegen salvando a portaría até o último minuto. \"Se non marcas no Camp Nou é imposíbel levarte nada\", aseguraba Aspas ao final do encontro, \"de todas as maneiras, estou orgulloso do traballo feito polos meus compañeiros\", engadía. En Segunda División, o CD Lugo visitaba O Alcoraz para medirse ao Huesca, un dos favoritos ao ascenso. E non foi un partido doado para os de Hernán Pérez que viron como se lle anulaba un gol aos altoaragoneses que rectificarían cun tanto do ex albivermello Gerard Valentín. Co marcador en contra, o Lugo non se veu abaixo e Cuéllar empatou o encontro (1-1), un resultado que libera de tensións unha semana complicada na que terá dous rivais máis: As Palmas mañá no Ángel Carro (21 horas) e o domingo na viaxe até Malaga (18.30 horas). Ferrol, o líder intratábel Na Primeira RFEF, o Rácing de Ferrol continúa líder ao derrotar ao Talavera na Malata por 1-0 cun gol de Manu Justo xusto antes de rematar o primeiro tempo. Os de Cristóbal Parralo controlaron un partido no que o rival rematou con dez, e continúan demostrando que aspiran a todo esta tempada. Ferrol e Celta B salvan a xornada O Dépor, pola contra, non atopou o camiño da portaría en Majadahonda nun choque sen goles e no que Borja Jiménez probou unha aliñación con até cinco cambios respecto ao anterior encontro. Os branquiazuis continúan na zona de playoff mais xogando coa paciencia da afección que demanda mellores resultados. Celta B e Pontevedra perderon os seus compromisos e continúan empatados a puntos na clasificación. O filial do Celta perdeu en Barreiro diante do Mérida (1-2) que aproveitou as poucas ocasións que tivo. O Pontevedra, pola súa parte, non conseguía puntuar na súa visita ao Linares (1-0) e aínda descoñece a vitoria fóra de Pasarón."}
{"ID": "NOS_498", "summary": "Analizamos a situación do noso idioma na administración de xustiza 30 anos despois da primeira sentenza en galego, entrevistamos o presidente de Fruga e da Real Academia Galega das Ciencias, analizamos a realidade das axudas contra a exclusión... Xa á venda na nosa loxa.", "text": "O número 139 do semanario Sermos Galiza xa está na rúa e na nosa loxa. Con este número do semanario estreamos un novo suplemento, 'Sermos Adega', centrado na actualidade ambiental, co que 'Sermos Galiza' vai a 48 páxinas. O A Fondo desta volta é un monográfico dedicado ao 25 cabodano de Carvalho Calero. O tema da semana analiza a situación do galego na administración de xustiza. Trinta anos despois da primeira sentenza en galego a presenza da lingua propia do país no ámbito xudicial abala entre o residual e o testemuñal. Un ermo que tentan reverter iniciativas e voces que queren facer xustiza ao galego. Un artigo de Luis Villares (maxistrado e membro da Irmandade Xurídica Galega) completa a reportaxe. Entrevistamos Miguel Ángel Ríos, presidente da Real Academia Galega da Ciencia: \"A ciencia busca a verdade e a relixión non pode ir en contra\". En 'O computador do alcalde da Coruña vai con 'enchufes' falamos de como un auto da xuíza De Lara relaciona a Carlos Negreira, tamén home forte do PP na provincia da Coruña e íntimo de Feijóo, coa trama Pokémon. Non foi imputado, pero non se descarta que poida pasar a selo nas próximas semanas, antes ou despois das eleccións. 'Escaseza e demoras nas axudas contra a exclusión' é o título da reportaxe na que falamos como a contía dunha Risga –inferior ao salario mínimo– non chega para facer fronte aos gastos básicos dunha familia. Porén, a lei exixe que para a solicitar non se perciba ningún ingreso. O tempo de tramitación demórase entre 8-10 meses. 'Catalunya? Derrotada' é un artigo de Suso de Toro no que o escritor compostelán reflexiona sobre o acontecido neste país e como foi decaendo -interesadamente- o proceso soberanista. Tamén entrevistamos o presidente de Fruga ás portas da II Asemblea Nacional da Federación Rural Galega. \"As política do PP levaron a lei da selva ao agro galego\" afirma Xurxo Álvarez, que lembra que en Galiza \"a superficie agraria útil é o 20% mentres en Francia ou Gran Bretaña supera o 50%\". En Deportes, 'As rapazas do CRAT volven loitar polo máis alto'. O equipo coruñés de rugbi feminino finaliza na primeira posición a Liga regular e afronta agora a recta definitiva da competición co firme propósito de alcanzar o título estatal. Este ano o seu plantel está reforzado con varias xogadoras de latitudes moi afastadas de Galiza. En Viaxes na Miña Terra percorremos as fermosas terras ourensás de Ribadavia. Na sección de Textos entrevistamos Luis Valle e publicamos un adianto electoral de 'As cicatrices do Sol', a obra gañadora do Lueiro Rey de Poesía. Tamén publicamos neste número unha peza sobre Herberto Hélder escrita por Xosé Lois García, responsábel da única entrevista que se lle fixo ao poeta portugués. E na contra-capa, falamos con Raquel Abraira, da Casa do Muiñeiro (Meira). \"Recuperamos os doces que tradicionalmente se fixeron na comarca\"."}
{"ID": "NOS_40689", "summary": "O proceso de renovación dos organismos de dirección do Partido Popular aberto após o congreso galego está amosando tensións internas, cuxo máximo expoñente está nas cidades.", "text": "O proceso de renovación dos organismos de dirección do PP aberto tras o congreso galego está sacando á luz ás fendas no interior da formación. A máxima tensión focalízase nas cidades, en parte das cales os populares están rexidos por unha xestora, significándose dentro destas os casos de Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago de Compostela. Na capital da Galiza, dáse por feito que o candidato impulsado por Alberto Núñez Feixoo, o deputado Borja Verea, vai ter enfronte unha lista alternativa liderada polo médico Fernando Mayo Ferreiro, quen xa ten feito pública a súa intención de dirixir o partido en Compostela. O Partido Popular continúa pelexándose contra si mesmo en Vigo. Sen ir máis lonxe, no anterior congreso, decorrido en decembro de 2016, a ex conselleira de Facenda Elena Muñoz impúxose por 420 votos contra 320 ao ex conselleiro de Industria Javier Guerra. Os resultados daquel conclave influíron, segundo parte da militancia, na derrota de Muñoz contra Abel Caballero en 2019, onde o PP ficou reducido a catro concelleiros, marcando o seu peor rexistro histórico nunhas eleccións locais. As variábeis da guerra da dereita viguesa A actual guerra da dereita viguesa líbrase entre algúns actores do pasado pero presenta novas variábeis. A única candidatura formalizada oficialmente até o momento está encabezada pola delegada da Xunta da Galiza na cidade, Marta Fernández-Tapias, persoa de máxima confianza do vicepresidente galego, Alfonso Rueda, a quen acompañou como directora xeral da Administración local na Xunta. Fernández-Tapias conta no seu equipo co apoio do ex alcalde Manuel Pérez ou o antigo conselleiro de Sanidade e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Almuíña. Javier Guerra presenta hoxe a súa candidatura á presidencia do partido, mais xa se coñecen algúns dos seus apoios, como a súa rival en 2016, Elena Muñoz, o voceiro do partido no Concello de Vigo, Alfonso Marnotes, a deputada e concelleira Teresa Egerique ou o ex presidente estatal de Novas Xeracións Diego Gago. Malia non terse manifestado ao respecto, asúmese que a anterior alcaldesa, Corina Porro, tamén traballa a favor da alternativa de Guerra. Precisamente, desde esta candidatura estúdase impugnar o congreso se non se lles permite votar a aqueles afiliados que non están ao corrente do pago das cotas e que representan practicamente 80% da militancia viguesa. O resultado do congreso dos populares vigueses de 18 de decembro está aberto. Membros dunha e outra candidatura preséntanse como gañadores e sinalan que o conclave vai ter unha lectura máis alá de Vigo. A este respecto, desde o sector de Guerra inciden en que \"unha derrota de Fernández-Tapias é unha derrota de Rueda\" e lembran como \"foi nomeada delegada da Xunta contra a opinión da militancia de Vigo, que apostaba por Teresa Egerique\". Pola súa banda, desde o equipo de Fernández-Tapias consideran que \"o PP non pode abrir unha nova etapa en Vigo cos mesmos nomes que o levaron á situación actual\"."}
{"ID": "NOS_52812", "summary": "O Goberno estatal acordou coas Administracións territoriais unha serie de criterios para tratar de garantir que o curso escolar se desenvolva de maneira presencial e coa máxima seguridade. As medidas, aceptadas polas comunidades, pasan por instaurar unha distancia mínima de 1,5 metros entre o alumnado, máis do que a Xunta fixaba no seu protocolo, e pautan tamén o uso de máscara obrigatoria desde os seis anos, ventilación frecuente, lavado de mans, toma de temperatura previa ao inicio da xornada lectiva ou creación de grupos de convivencia estábeis, sen distancia mínima, nas idades temperás.", "text": "A dúas semanas do inicio das aulas para o alumnado galego de Infantil e Primaria, o Goberno estatal e as Administracións territoriais educativas e sanitarias acordaron esta quinta feira, 27 de agosto, de forma unánime –coa abstención de Euskadi, que explicou pola súa \"competencia exclusiva\" en Educación– unha serie de actuacións a adoptar polos centros de ensino de cara ao desenvolvemento deste curso para adaptarse á Covid-19. O documento, que mantén sen variación as datas para o comezo do curso, recolle 29 medidas e cinco recomendacións dirixidas a \"proporcionar a toda a comunidade educativa un contexto seguro, saudábel e sustentábel\" coa presencialidade como \"principio xeral\" e tendo como premisas a \"prevención, hixiene e promoción da saúde\", segundo o describiu a ministra de Educación, Isabel Celáa, quen compareceu após a conferencia intersectorial xunto co ministro de Sanidade, Salvador Illa . As determinacións, de carácter eminentemente sanitario, obrigarán a variar as directrices que a Consellaría de Educación plasmou no protocolo de adaptación ao inicio do curso ao novo contexto en cuestións de calado, como a distancia interpersoal que deberá manterse dentro dos centros. O acordo estabelece, con carácter xeral, un distanciamento de \"polo menos, 1,5 metros\", tal como viña reclamando a comunidade escolar galega e en contra do pautado pola Xunta, que reducía esa distancia a un metro, ou menos, ao calcularse a separación desde o centro dos pupitres. O novo protocolo non sinala, porén, ratios máximas de alumnado por aula ou aumento de profesorado, como viñan reclamando o colectivo docente e as familias, se ben chama a \"diminuír o número de persoas coas que se interacciona e evitar as aglomeracións\". Na Galiza, a ratio está fixada para Infantil e Primaria en 25 escolares, que se elevan por enriba de 32 nas etapas posteriores, aínda que existe un compromiso verbal do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo –non plasmado en ningún documento oficial–, para non superar as 25 persoas por aula neste curso. Tampouco recolle medidas para facilitar a conciliación das familias neste contexto sanitario. Preguntada ao respecto ao remate da súa comparecencia, a ministra Celáa recoñeceu que o documento non contempla ningunha actuación, se ben garantiu \"unha resposta acorde coas necesidades das familias\". \"O Goberno está preocupado por dar unha resposta ás familias\", sinalou, para argumentar que a conciliación vai máis alá do seu ministerio ou do de Sanidade. Ao remate do encontro, no que participaron en representación do Goberno galego a conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, o Goberno galego celebrou a incorporación, no documento, da \"meirande parte das medidas que xa están recollidas, ou co compromiso de incluílas nas actualizacións previstas [no Protocolo galego]\", e congratulouse do consenso logrado, malia criticar que o acordo \"chega tarde\" e demandar fondos para a súa aplicación, aínda cando as competencias educativas son da Xunta. Educación deberá agora modificar a súa planificación para adaptala a este acordo. Segundo avanzou Feixoo nas últimas datas, o protocolo definitivo darase a coñecer a partir do 7 de setembro, días despois da conferencia de presidentes e presidentas para avaliar o inicio do curso, fixada finalmente para o día 4. Presencialidade O documento pauta a presencialidade da actividade lectiva \"para todos os niveis e etapas\", priorizándoa para o alumnado de menor idade, como mínimo, até segundo da ESO, e deixando para \"situacións excepcionais\" a suspensión das aulas. Tamén, indica que se prestará apoio educativo a menores con necesidades especiais e de familias socialmente vulnerábeis, \"sempre que a situación epidemiolóxica o permita\". En canto ao persoal, deberá reducir \"ao imprescindíbel\" a permanencia nos centros e promoverá a realización telemática das actividades non lectivas que o permitan. Máscara obrigatoria Ademais da distancia interpersoal de 1,5 metros \"nas interaccións entre persoas no centro\", o acordo recolle a obrigatoriedade da máscara na aula, con independencia da distancia, a partir dos seis anos –sen prexuízo de exencións para casos taxados–. A Xunta xa avanzou a súa intención de \"ampliar\" este aspecto no seu protocolo á franxa de tres a seis anos \"sempre que sexa posíbel\". Para Infantil e primeiro ciclo de Primaria, estabelécense os grupos de convivencia estábel sen limitación de distancia –as chamadas \"aulas burbulla\"–, para permitir a socialización e o xogo, que se recomendan en etapas posteriores. Hixiene, limpeza e ventilación Nas medidas de hixiene, priorízase o lavado \"frecuente e meticuloso\" das mans, polo menos cinco veces ao día. Contémplanse tamén accións educativas para posibilitar unha correcta hixiene de mans e respiratoria, e uso adecuado da máscara.Tamén se estipula que a ventilación dos centros será \"frecuente\", durante dez ou quince minutos como mínimo, ao inicio e final da xornada e durante os recreos, e igualmente entre cleses, sempre que sexa posíbel. A recomendación é manter abertas as ventás todo o tempo que se poida. En canto á limpeza, o documento indica que se intensificará, \"en especial, nos baños e lugares de maior uso\". Sindicatos como a CIG xa advertiron da imposibilidade de asumir estas tarefas, que tamén se incluían no protocolo galego, sen un incremento no persoal, unha medida que, até a data, a Xunta non contempla. Comedores e transporte Nas actuacións acordadas estabelécese a apertura dos comedores dos centros escolares durante todo o curso, dos que se resalta o seu \"papel esencial\" para garantir \"o acceso a un menú saudábel para todo o alumnado\". Neles, deberá garantirse a distancia interpersoal de 1,5 metros, salvo no caso de integrantes dun grupo de convivencia. Quen use este servizo terá asignado un lugar para todo o ano. No transporte escolar tamén será obrigatoria a máscara desde os seis anoss. Como nos comedores, as alumnas e alumnos terán asignado un lugar fixo. Con todo, nas recomendacións avógase polo traslado en bicicleta ou a pé en rutas seguras como as mellores opcións de mobilidade, opción que non casa coa orografía de moitos puntos da Galiza. O control da temperatura, na casa A conferencia interterritorial serviu tamén para fixar criterios sobre o control e xestión dos contaxios nos centros. O acordo pauta que o alumnado e o persoal deberán tomar a temperatura cada día, antes do inicio da xornada lectiva, mais deixa a criterio dos Gobernos territoriais o modo de seguimento, que poderá facerse no propio centro ou fóra. O protocolo da Xunta delegaba no alumnado ou nas súas familias, así como no persoal, o control de posíbeis síntomas mediante \"enquisas de autoavaliación\". Esta quinta feira, 27 de agosto, o conselleiro de Sanidade anticipou que Galiza manterá este mecanismo, entendendo que \"permite máis anticipación ante a mínima dúbida, ao actuar na casa antes de acudir ao centro escolar, fronte á toma de temperatura dos centros\". Guía de actuación No encontro, o Goberno español presentou tamén a \"Guía de actuación ante a aparición de casos de Covid-19 nos centros educativos\", que estabelece, só como última medida, a suspensión da docencia cando haxa transmisión descontrolada do virus.As directrices que se recollen no documento, de carácter técnico, pasan por evitar a asistencia de persoas con sintomatoloxía compatíbel con coronavirus e manter a actividade lectiva \"extremando as precaucións\" até confirmar ou desbotar o contaxio. No caso de que apareza un foco –tres ou máis casos–, procederase á corentena dos contactos estreitos nas aulas convencionais, e á suspensión da actividade durante dúas semana nas aulas de convivencia estábel, con illamento do alumnado. Se o surto afecta a varias aulas, valorarase a extensión da corentena e a suspensión de actividade dos grupos, liñas ou etapas educativas."}
{"ID": "PRAZA_9051", "summary": "Finalizada a investigación sobre as contratacións realizadas entre 1999 e 2011 polo ex-secretario xeral do PSdeG , Carlos Montes e tres concelleiros da localidade ourensá", "text": "O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño deu por finalizada a investigación sobre as contratacións realizadas entre 1999 e 2011 polos ex-alcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes e por tres ex-concelleiros. A maxistrada acordou que siga a causa contra os cinco investigados por se os feitos fosen constitutivos de delitos de prevaricación continuada. Segundo a xuíza, hai indicios de que os investigados subscribiron \"un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal\" para 60 traballadores. Eran contratos temporais que viraron en indefinidos feitos polos imputados en representación do Concello do Carballiño e, presuntamente, \"sen atender aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade que deben inspirar a contratación pública\". Xa que logo, sospeita do enchufismo e advirte de que os investigados coñecían as \"advertencias e reparos de legalidade realizados en ocasións pola interventora e o secretario\". A xuíza ve indicios de enchufismo e advirte de que os investigados coñecían as \"advertencias e reparos de legalidade realizados en ocasións pola interventora e o secretario\"\"En ningún caso pediron informes sobre a legalidade das contratacións que efectuaban\", di a maxistrada, que asegura que malia requerilos, non se atoparon expedientes \"da inmensa maioría dos contratos obrantes na causa\". Con todo, a xuíza tamén admite que hai indicios que apoiarían algúns dos argumentos das defensas, que advertían que até 2007 non había regulación específica dos procedementos de selección de persoal laboral temporal ao servizo da administración local, ademais de aludir a que os expedientes estarían \"dispersos\" en diferentes dependencias municipais. A maxistrada aclara tamén que hai indicios que apoiarían algúns dos argumentos das defensasAgora, corresponderalle ao órgano de enxuizamento \"valorar a maior ou meno transcendencia daqueles indicios de cara a integrar os requirimentos xurisprudenciais do delito de prevaricación\". A xuíza acorda dar traslado ao Ministerio Fiscal e ás acusacións para que en dez días formulen escrito de acusacións, solicitando a apertura de xuízo oral, o sobresemento da causa ou a práctica de dilixencias complementarias. Pachi Vázquez, ex-líder dos socialistas galegos e ex-conselleiro, anunciou hai tan só unhas semanas que se daba de baixa no PSdeG por diferenzas coa direcciópn galega e estatal da formación. Moitos dos seus afíns ameazaron con presentar listas independentes ás eleccións municipais de maio en varias localidades."}
{"ID": "PRAZA_18771", "summary": "A poesía é para compartila, para envolvela cun papel fermoso, poñerlle un lazo, deixala debaixo da árbore de nadal e quedar como un rei (mago). Velaquí unha lista de desexos poéticos para este nadal.", "text": "Chega decembro e con el a colleita de novidades literarias de final de ano, os propósitos para o que está por vir, as luces de nadal, o frío, e a lista de agasallos para os beloved ones e para unha mesma. Debería chegar tamén este mes de decembro acompañado dun cestiño xeitoso no que gardar as prendas desexadas que nos trae o mundo do libro galego, que son moitas e ben nutritivas. Hoxe falamos de libros que paga a pena agasallar estas festas e, en concreto, de libros de poemas para todo tipo de lectora e para calquera idade. Porque a poesía é para compartila, para envolvela cun papel fermoso, poñerlle un lazo, deixala debaixo da árbore de nadal e quedar como un rei (mago). Velaquí a miña lista de desexos para o nadal.A poesía é para compartila, para envolvela cun papel fermoso, poñerlle un lazo, deixala debaixo da árbore de nadal e quedar como un rei (mago)Comezamos a acostumarnos a agardar con devezo e expectación as novidades secretas de Apiario. Desta volta cómpre reparar en dous poemarios co selo desta casa, o longamente agardado primeiro libro da poeta coruñesa Lucía Aldao, Todo isto antes era noite, e o poemario A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez de Celso Fernández Sanmartín. Os dous pagan moito a pena, mais a primeira edición deste primeiro libro de Aldao despois de vinte anos na escena poética haberá de converterse nun obxecto de colección. Tamén na lista de libros de poemas paga a pena incluír o volume O puño e a letra, de Yolanda Castaño, primeiro exemplo de cómic poético no que diferentes ilustradores, debuxantes e artistas interpretan en clave de banda deseñada corenta poemas da autora, de novo na vangarda.Reparen tamén edición especial de Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, que ilustra marabillosamente Marcos VisoReparen tamén edición especial de Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, que ilustra marabillosamente Marcos Viso, e que haberá de encher a cabeza de poesía aos máis pequenos da casa, e levalos de paseo pola obra de Rosalía (a nosa, a que non lles cantaba ás pombas e ás flores). Para os mozos, leven Aplicación Instantánea, o poemario co que Carlos Negro ven de gañar o premio Jules Verne de literatura infantil e xuvenil deste ano.Pecha o círculo da poesía A vida salvaxe, de Gonzalo Hermo, recentemente galardoado co premio Afundación, e Sardiña, primeiro poemario en galego de Miriam Reyes, que ven de editar Chan da pólvora. Para non perder."}
{"ID": "NOS_25875", "summary": "Desde CCOO reiteran nun comunicado a necesidade de realizar medicións dos niveis deste gas en todos os centros de traballo.", "text": "No mes de febreiro de 2018 entrou en vigor no Estado español unha directiva europea de 2013 que obriga a tomar medidas contra o gas radón, incluíndo a súa eliminación de vivendas e centros de traballo. O incumprimento desta norma supuxo xa a apertura dun expediente ao Estado por parte da Comisión Europea no outono de 2019. CCOO reitera a necesidade de realizar controis dos niveis deste gas en todos os centros de traballo. O sindicato lembra que este gas é un problema de saúde laboral, mais tamén de saúde pública, cunha especial incidencia na Galiza, xa que o mapa de potencial de radón, elaborado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN), sitúa os maiores niveis deste elemento canceríxeno en todo o territorio. Inspeccións e medicións A directiva europea reduce o límite aceptábel de concentración de radón de 1000 Bq/m3 a 300. Porén, o mapa do Consello de Seguridade Nuclear sitúa Galiza con niveis superiores aos 400, \"o que dá boa proba da magnitude da problemática\", apunta Roi Fernández, secretario de Saúde Laboral de CCOO da Galiza.Por esta razón, o sindicalista coida \"absolutamente necesario\" que a Inspección de Traballo teña competencias en materia deste canceríxeno e así poder \"garantir a aplicación da norma no ámbito laboral\". Neste senso, o secretario de Saúde Laboral de CCOO asegura que é necesario realizar medicións en todos os centros de traballo e situar o problema do radón dentro das avaliacións de riscos, ao tempo que se valore se é necesario realizar obras nos edificios ou outro tipo de actuacións \"para atallar a exposición a este gas\". Risco alto para a saúde O gas radón é a maior fonte natural de radiactividade. Orixínase coa desintegración doutros produtos naturais presentes no chan e os materiais de construción. Acumúlase nas vivendas cando pasa desde o subsolo sobre o que están construídas e ao inhalarse entra nas vías respiratorias onde se adhire ao tecido pulmonar. É imperceptíbel e a única forma de saber se nun lugar de traballo ten este gas en cantidades importantes é medir a súa concentración. Na actualidade é a segunda causa de cancro de pulmón."}
{"ID": "PRAZA_7594", "summary": "Solicitan o apoio da Xunta, que conta co 40% do accionariado, na súa poxa por quedar coa firma de Narón e manter os 45 postos de traballo, fronte a antiga propietaria, que levou a planta á quebra malia as axudas públicas.", "text": "Os antigos traballadores de Privilege continúan loitando para facerse coa propiedade da factoría e salvar os postos de traballo. Os que foran empregados desta firma de taboleiro de pedra de Narón impugnaron hai tan só uns días a poxa notarial da súa fábrica e as bases do concurso, logo de que non se tivese en conta a creación de emprego que propoñen. Os traballadores impugnaron a poxa notarial da fábrica, que non tivo en conta a creación de emprego A maioría do cadro de persoal, 45 de 77 traballadores, decidiu formar unha sociedade laboral (Seaquarz SL), que recibiu o apoio de toda a oposición parlamentaria no seu intento por se facer coa empresa, o último de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), cuxa vicevoveira, Yolanda Díaz, reuniuse este martes co comité de empresa. Os obreiros loitan contra a oferta do accionista maioritario, que levou a empresa á quebra hai un ano O grupo de obreiros loita na poxa por facerse coa planta contra Poliver, conformada polos herdeiros do grupo italiano Quarella, o accionista maioritario (60%) da empresa, que obtivo cuantiosas axudas públicas pero que acabou por declararse en quebra hai un ano. A sospeita do comité de empresa é que os antigos donos contan con desmontar a fábrica, levar a maquinaria a Italia e reactivar alí a produción. Os traballadores, pola contra, pretenden manter a actividade en Narón e manter 45 empregos. A oposición pide a implicación da Xunta, que prometera axudas por 2,5 millóns de euros O accionista maioritario solicitou hai xa perto dun ano o concurso de acredores, feito polo cal os empregados non queren que se faga coa totalidade de Privilege. Para logralo, contan co apoio da oposición no Parlamento galego, pero tamén coa do Concello de Narón, cuxa corporación xa advertiu o seu apoio \"incondicional\" ao plan do cadro de persoal, prometendo facer \"todo o posible\" para manter a fábrica. Tamén a Xunta prometera colaborar a través de créditos participativos do Igape e Xesgalicia, un apoio que lle reclaman agora as forzas políticas de esquerda, máis tendo en conta que o Goberno galego conta co 40% do accionariado. Alternativa, como antes fixeran outros partidos, cren que a situación pola que pasan estes traballadores é \"un exemplo máis da ineficacia da Xunta en materia laboral\", así como a demostración do fracaso das \"actuais políticas económicas neoliberais do Goberno galego\". Por iso, presentou unha interpelación no Parlamento na que se insta a Xunta a que explique se vai apoiar a iniciativa dos traballadores de Privilege. Será en poucas datas cando o xuíz mercantil aclare se o destino da fábrica de cuarzo se decide sobre as bases actuais da poxa ou si se convocará unha nova poxa con outro baremo. A empresa Privilege está situada no polígono naronés das Lagoas desde 1991 e chegou a empregar a case un centode persoas. O 60% das súas accións pertencen a Quarella mentres que o 40% restante é público e repártese entre Xesgalicia (20%) e Sepides (20%)."}
{"ID": "NOS_15781", "summary": "Máis de vinte mil persoas protestaron contra os recortes convocad@s polo Xunta de Persoal do Chuvi e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo.", "text": "Co obxectivo de \"parar as políticas de recortes e o modelo privatizador do PP\", milleiros de persoas entre persoal da sanidade pública e usuari@s, percorreron as rúas do centro da cidade de Vigo o pasado 14 de marzo. A marcha saiu ás 20 h. da Praza dos Cabalos ás 20 horas con presenza, tamén, de colectivos de Baixo Miño, Cangas, Moaña, Redondela, Nigrán, Val Miñor e Baiona. Protestaban polos malos datos achegados pola Xunta de Persoal que sinalan que as listas de espera triplican os datos oficiais: o Sergas recoñece tan só 6.061 pacientes á espera de seren operados, mentres que os profesionais sosteñen que en realidade son 19.000. Segundo fontes da mesma Consellaría de Sanidade, 5.177 persoas agardan ser intervidas en Povisa e máis de 25.000 atópanse na listaxe de agarda, unha cantidade que desde a Plataforma consideran \"inasumíbel\" e \"escandalosa\". A voz d@s manifestantes foi a da actriz galega Uxía Blanco que denunciou que \"coa saúde non se experimenta; coa saúde non se xoga, porque a atención á saúde é un dereito e non permitiremos que remate sendo unha mercadoría, un negocio a conta dos nosos impostos\".A marcha tamén reuniu a numerosos colectivos de afectad@s polas preferentes, ás plataformas contra os desafiuzamentos e ao Consello Municipal da Muller, entre outr@s."}
{"ID": "NOS_23044", "summary": "O PP e o PSOE rexistran descensos históricos na enquisa do CIS. 32,5 e 27,2% dos votos nun contexto de forte trasvase de votos a UPyD e IU. O soberanismo (BNG, Amaiur e ERC) aumenta en apoios. A cidadanía, as principais preocupacións son o paro e a 'corrupción e a fraude'", "text": "A entrega da enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) remarca o crepúsculo do bipartidismo electoral no Estado español. O traballo fíxose en 241 concellos, entrevistando a perto de 2.500 persoas. Preguntas e sondaxes para certificar que o 68,8% da cidadanía cualifica de má ou moi má a xestión do PP. Pero é que o 68% define como má ou moi má a oposición que fai o PSOE. O BNG mantense no nivel de apoios atinxidos nas eleccións xerais de 2011 E iso ten correlación na intención de voto. De haber eleccións hoxe, o PP atinxiría o 32,5% dos votos, un 12 por cento menos que o apoio que tivo nas eleccións xerais e que lle deu a maioría absoluta. E o PSOE caería até o 27,2 por cento. IU e UpyD serían os beneficiarios. A formación de Rosa Díez duplica votos a respecto daqueles comicios e chegaría a superar o 8,8%. Izquierda Unida obtería o 11,5 por cento dos sufraxios. No CIS tamén sinalan que o BNG tería o 0,7 por cento, Amaiur o 1,4% e ERC o 2,3 por cento. En comparación cos resultados dos comicios de 2011, o BNG mantense, Amaiur aumenta lixeiramente (tivo o 1,3% naquela cita) e ERC dá un importante salto (nas eleccións obtivera o 1,05% dos sufraxios) CIU tería o 3,1 % e o PNV, 1,4%. O 24% dos enquisados afirmaron que non votarían Preocupacións As principais preocupacións para a cidadanía do Estado español, segundo os datos do CIS, o paro (80,9%), seguida da \"corrupción e a fraude\", cun 37,4 por cento. Figura tamén entre as principais preocupacións, cun 27,6%, \"os políticos, os partidos e a xustiza\". No que atinxe ao modelo de Estado, o 23% optan por un estado sen autonomías, o 13% con autonomías con menos competencias que agora e un 32,6% escollen un estado autonómico como o actual. A porcentaxe de cidadáns que estarían dispostos a recoñecer o dereito á autodeterminación é do 9,7%."}
{"ID": "NOS_7554", "summary": "Adrián Dios, profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela, prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.", "text": "Os últimos dous anos constitúen un verdadeiro terremoto para as bases da economía mundial, moi débil na súa recuperación posterior á crise do ano 2008. O efecto dos confinamentos derivados da situación sanitaria tivo un grande impacto inicial nas cadeas globais de subministro, vivindo por primeira vez en décadas situacións de escaseza de produtos, en particular, materias primas. A crise no subministro de microchips é o mellor exemplo desta situación, que está provocando interrupcións na produción de múltiples manufacturas en Europa (sen ir máis lonxe, na fábrica de Stellantis en Vigo). Esta tensión en termos de transporte e subministro está afectando en particular a dous sectores: o enerxético e o alimentario, agravados pola guerra en Ucraína (subministros enerxéticos dende Rusia e a caída das exportacións de cereais ucraínos) e ineficientes regulacións, profundamente especulativas, que favorecen enormes incrementos de prezos no consumo final. Así, por primeira vez en décadas, a inflación volveu ser un problema de primeira orde na economía europea. Unha primeira reflexión: a inflación comezou a dispararse no último trimestre do 2021 fundamentalmente por efecto destes dous sectores, manténdose o resto de prezos estables. Con todo, o impacto da suba dos prezos enerxéticos e alimentarios provoca que no medio prazo o resto de prezos comecen a subir (como parece lóxico, dado que a industria aumenta os seus custos enerxéticos e todas as unidades económicas son sensibles á suba de prezos alimentarios), como estamos vivindo nos últimos tres meses, cunha inflación alta pero estancada e unha inflación subxacente (a inflación descontando o que acontece con enerxía e alimentos) en claro crecemento. Pasamos dun escenario de inflación en dous sectores concretos a unha inflación global. Este repaso é importante porque permite entender as causas da inflación e, polo tanto, pode axudar a aplicar solucións. Segunda reflexión: a inflación vén determinada pola enerxía e os alimentos, non pola política monetaria. Unha mentira que se repite bastante a miúdo en economía é que imprimir moeda sempre implica inflación [ollo, isto pode ser así, pero non é así en todos os casos]. O mellor exemplo para amosar esta mentira é que o BCE leva inmerso nunha política monetaria moi expansiva na última década e incluso chegamos a vivir momentos de deflación. Encarecer o diñeiro Imos conectar agora esta idea coas decisións dende as institucións europeas, en particular o Banco Central Europeo, que poden ser catastróficas e levarnos a unha nova recesión. A política que o BCE anunciou que vai aplicar será a de subir os tipos de xuro: como os prezos aumentan, o que facemos é \"encarecer o diñeiro\", co obxectivo de que haxa menos cartos en circulación: como hai menos cartos na economía, os prezos teñen que baixar. Este argumento pode ter sentido cando os prezos aumentan por cuestións monetarias (un bo exemplo é a hiperinflación alemá de 1923), pero non o ten cando os prezos flutúan por shocks externos (como a suba de prezos enerxéticos). É dicir, estamos poñendo unha medicina para a enfermidade equivocada. O gran problema de equivocarse na xestión da inflación non é só que non se corrixa o problema de fondo (elevados prezos enerxéticos e alimentarios) senón que a suba de tipo de xuros vai ter efectos negativos en varias direccións, e que potencialmente poden levar a economía europea a unha nova recesión. En primeiro lugar, porque para as persoas hipotecadas vai supoñer un encarecemento dos seus gastos financeiros, o que pode dar lugar a novos impagos, desafiuzamentos, problemas ligados á vivenda e descenso do consumo porque dedicas máis parte da túa renda aos gastos financeiros e non a outras actividades (e beneficiará á banca que está prestando eses cartos, claro). En segundo lugar, afectará a boa parte do tecido produtivo, en particular ás PEMES, porque van ter maiores dificultades para acceder ao crédito, que se encarece. Isto dará lugar á quebra de empresas solventes, afectando polo tanto tamén ao emprego. Por último, terá un efecto moi negativo sobre a débeda pública: como os tipos de xuro aumentan, os Estados terán que pagar máis pola débeda que teñen subscrita, e que nestes momentos está en máximos polas políticas para afrontar a Covid-19 (mecanismos como os ERTE impulsaron a débeda pública de todo o mundo), e pode levar a que as institucións europeas volvan obrigar a recortar (nunha decisión suicida), agravando a crise económica cara unha nova crise social. Ademais, este efecto non será igualitario en Europa. Estamos vendo xa nos últimos días como se volven disparar as primas de risco nos países do sur de Europa (mundialmente famosas hai unha década e agora parecía que no esquecemento). É dicir, que unha vez máis as galegas e galegos, como europeos do Sur, imos vivir un maior agravamento dos nosos servizos públicos polo funcionamento das institucións europeas e os mercados financeiros. A non ser que se rectifiquen as políticas económicas que se están iniciando."}
{"ID": "NOS_33815", "summary": "Comezará esta terza feira en Compostela, fronte á sede do MSF, que anunciou a reintrodución da 'cláusula de produtividade' –actualmente no TSXG-, uns obxectivos mínimos que non acada 80% dos captadores.", "text": "O persoal de captación de Médicos sen Fronteiras (MSF) redobra a loita laboral que mantén desde hai meses contra a precariedade e os despedimentos. Unha loita que a partir desta terza feira colle o relevo de concentracións e mobilizacións para se concretar nunha acampada en Compostela, na Rúa do Vilar, fronte á sede de MSF en Galiza. Acampada coa que procuran, por unha banda, dar maior visibilidade á súa loita (\"Démonos conta que a maior parte da xente descoñécea totalmente\", recoñece Miguel Riaño, traballador de MSF e responsábel da sección sindical de CCOO). Por outra, procurar que a empresa acepte dialogar e negociar ou ben que manteña sen aplicar a 'cláusula de produtividade' –que está no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza-. A cláusula é, precisamente, o elemento que está no centro do debate. MSF anunciou que a partir de xullo reimplantaría esta cláusula, os mínimos que esixe a organización. Uns resultados que, segundo veñen denunciando captadores e captadoras, son abusivos e non están xustificados baixo criterios obxectivos. Non acadalos implica o despedimento disciplinario, sen indemnización. Riaño afirma que por volta de 80% dos traballadores non acadan eses obxectivos. O cadro de persoal de MSF está integrado por unhas 30 persoas. A acampada que comeza esta terza feira é indefinida. Galiza está a ser vangarda na loita deste colectivo de traballadores de MSF. \"Aquí foi o único lugar onde nos organizamos, en CCOO e CNT. Por iso este é o único lugar onde hai conflito\", indica Miguel Riaño. \"A empresa non dá moitas intencións de querer dialogar\", recoñece este traballador, que enmarca a acampada nun movemento tamén para intentar evitar que a situación actual se prolongue."}
{"ID": "NOS_4745", "summary": "O Goberno, a través do Consello Superior de Deportes, di que o Fuenlabrada \"non debeu viaxar\"", "text": "Tic tac para Javier Tebas. A espada de Damocles pendura sobre a cabeza do presidente da Liga de Fútbol Profesional (LFP) desde o ano 2013 pola súa actuación no que xa se comeza a coñecer como \"Caso Fuenlabrada\". O Goberno estatal, a través do Consello Superior de Deportes (CSD), deulle as costas durante a xornada de onte nun comunicado que evidencia un importante cambio de rumbo desde que a pasada segunda feira avalase que se xogasen todos os partidos da derradeira xornada da Segunda División agás o Deportivo-Fuenlabrada polos casos de coronavirus detectados na expedición do conxunto madrileño. \"O protocolo do CSD di con toda claridade –como recolle o informe da Liga– que en caso de detectarse un positivo hai que, entre outras medidas, 'realizar a proba de Covid-19 a todo o grupo de adestramento, así como ao corpo técnico ou persoal co que puidese ter un contacto, quedando estes apartados até a obtención de resultados'. Desde o noso punto de vista cometeuse un grave erro ao emprender a viaxe do Fuenlabrada á Coruña: os que se fixeron a proba a segunda feira pola mañá debían quedar illados, até coñecerse o resultado, o que ocorreu cando xa estaban na Coruña\", indica no seu escrito o organismo encargado da xestión do deporte no Estado español. O Consello Superior de Deportes incide no feito de que \"ante a aparición dun brote, o equipo non debeu viaxar por un principio elemental de prudencia\" e pon na picota o Clube de Fútbol Fuenlabrada, acusándoo de \"incumprir os protocolos\". \"O responsábel de aplicar correctamente eses protocolos de seguridade é o clube, e de garantir que así se fai é a Liga\", engade. A maiores, o CSD acusa a Liga e o Fuenlabrada de \"opacidade\" ante un brote \"que requiría unha actuación urxente\", unha demora que \"puxo en risco a saúde dos seus xogadores, a saúde pública e a competición no seu conxunto\". A Tebas multiplícanselle os inimigos O presidente da Liga de Fútbol non só ten en contra o Consello Superior de Deportes. Concello da Coruña, Real Clube Deportivo, Elxe, Raio Vallecano e Numancia están que botan fume. De feito, a alcaldesa da cidade herculina xa fixo público que esta mesma mañá interporá unha denuncia ante o fiscal xefe da Audiencia Provincial da Coruña. O Goberno local apunta que \"ante os indicios e feitos\" que se foron coñecendo en relación a todo o acontecido arredor do encontro Dépor-Fuenlabrada, queda acreditado \"un comportamento absolutamente imprudente e neglixente por parte da LFP\". Por iso, Rey considera que se creou un \"risco sanitario evidente\" por non ter comunicado inmediatamente a existencia dun foco de contaxio da Covid-19 na cidade, polo que solicitará da Fiscalía que se incoen dilixencias informativas de cara a esclarecer os feitos, \"pois de seren certos os indicios estariamos ante unha conduta imprudente con risco exponencial para a saúde pública\". Solicita que a Fiscalía realice unha investigación e se lle solicite información á Liga Nacional de Fútbol Profesional sobre os resultados dos test de coronavirus realizados aos xogadores do Fuenlabrada antes da realización do partido previsto para o 20 de xullo de 2020, con indicación da data en que se efectuaron e a data en que llos comunicaron á Liga, un dato que resulta fundamental para determinar o grao do delito no que puidese ter incorrido a escuadra madrileña."}
{"ID": "PRAZA_14140", "summary": "As Deolindas e os seus companheiros de entre 16 e 29 anos somam hoje em Galiza quatrocentos mil indivíduos mal contados dos quais 41% estudam, 22% nom encontram emprego e apenas o 37%, 142.000, constam como ocupados.", "text": "Os nascidos na volta dos quarenta, eu mesmo, fazemos parte de umha geraçom afortunada. A nossa infáncia desenvolveu-se num contorno extremamente silencioso. Parecia-nos natural, tardámos anos em interpretar os silêncios dos pais e em chegar a perceber os ecos da memória rejeitada. Dali a pouco cremos ouvir com claridade a chamada geracional a mudar a resignaçom quotidiana por um ordem social mais justo que nós demos em chamar socialismo. Socialismo sem mais, fim da grisalha social e dos farrapos do trinta e seis, tempo novo. Procurávamos a soluçom definitiva: a emancipaçom do trabalho e das consciências para começar. Nom passávamos por menos, parecia-nos umha tarefa sem desculpas. Ao pouco, a opiniom marginal convertiu-se em clamor social. Os sessenta pareciam um prólogo glorioso quando eram já um epílogo. Fomos umha geraçom privilegiada, mui propícia a narcisismos De 1945 a 1975 escoárom por Europa trinta anos irrepetíveis, fôrom os do consenso social-democrata da pós-guerra presididos polo crescimento económico, a mutaçom de costumes e comportamentos, a criatividade intelectual e a descolonizaçom. Todo envolveito em músicas que ainda nos acompanham, e em imagens: a do Che Guevara de Alberto Korda, a das mini-saias das raparigas, a da camaradagem em pensons de estudantes e os ensaios de clandestinidade. Todo ia para melhor. Observávamos satisfeitos a ruína imparável do regime com toda a sua parafernália de obras hidráulicas, concentraçons patrióticas, sindicatos verticais, concorrência ordenada de pareceres e nuvens de incenso enchendo igrejas e jornais. A Universidade virou em ágora crítica e a Igreja mesma submeteu-se a exercícios espirituais no Vaticano II (1959-1965) num esforço, hoje incrível, de repensar doutrinas e comportamentos. As sacristias chegárom mesmo a vibrar ao uníssono com as aspiraçons operárias e a agitaçom universitária. Os sessenta pareciam um prólogo glorioso quando eram já um epílogo. Fomos umha geraçom privilegiada, mui propícia a narcisismos. E foi nestas, quando o capital, sempre proclive aos achaques, petou forte na porta e decidiu que era chegada a hora de inventário e liquidaçom de existências. O argumento esgrimido foi que todos tinham vivido por riba das suas possibilidades A geraçom dos nossos pais vira-se obrigada a passar da mocidade breve à guerra atroz e desta à pós-guerra interminável. Uns morrérom, outros emigrárom e a maioria aplicou-se à arte de sobreviver. Os mais deles alcançárom a experimentar o tempo da melhora económica coincidente cumha incompreensível efervescência no círculo dos filhos. Umha geraçom a deles encalhada entre chumbo soterrado, ecos de proclamas, ordem e propaganda. No 75 morreu Franco e as aplaudentes Cortes orgánicas apressurárom-se a soterrar a aquele escuro militar africanista encumeado a generalíssimo pola força das armas primeiro e das conveniências da política de blocos despois. Home providencial era o qualificativo preferido na época para referir-se à sua dimensom. O 1 de Janeiro de 1986 Espanha ingressava na Comunidade Europeia, em 1999 aderia à moeda única que no 2002 circulava já polo país adiante. Espanha assemelhava-se cada vez mais à Europa de aí em volta, víamo-lo nos jornais, comprovávamo-lo nas viagens. E foi nestas, quando o capital, sempre proclive aos achaques, petou forte na porta e decidiu que era chegada a hora de inventário e liquidaçom de existências. O argumento esgrimido foi que todos tinham vivido por riba das suas possibilidades, tanto os titulares de contas em Suiça como os subscritores de preferentes e os trabalhadores em precário. Todos tinham que contribuir a nom ser os beneficiários do \"chocolate do loro\" que por serem poucos ficavam excluídos. Os filhos fôrom as vítimas primeiras despois veu toda a família até alcançar os avós: um colapso catastrófico de expectativas e trabalhos, de destruiçom de serviços públicos, de suba incontrolada dos juros exigidos polos acredores estrangeiros, de inflaçom galopante de verborreia justificativa e publicidade enganosa. Passei umha semana ao sol no Porto no verao do 2011. O motivo foi a assistência ao breve curso de cinco dias aPorto organizado pola Agal e Andaime. Aulas pola manhá, actividades culturais e passeios pola tarde, música, jantares e convivência óptima. Um verao para aconselhar a gente amiga. Entre as actividades da manhá, na Faculdade de Letras, encostada frente ao Douro, lembrarei sempre o concurso de cançons para pequeno coro improvisado. Vai debulhando Deolinda com angelical ironia a paisagem da desolaçom geracional Todos participámos, nós com a cançom Sodade da Cesária Évora. Nom alcançamos muito éxito. Nom há desculpa, com Cesária!. Houve gente melhor, os galegos gostam do canto ensaiado em festas e sobremesas e nunca falta quem o faga bem. Vem-me isto à memória ao lembrar a cançom que um grupo de colegas escolheu para competir: Parva que eu sou da Deolinda. Um pequeno descobrimento para mim daquela, um breve hino ou balada da juventude portuguesa à rasca, sem presente nem futuro. Pudem comprovar despois que a balada da Deolinda era já conhecida aqui pola gente nova da família. O tam-tam juvenil do youtube, talvez. Vai debulhando Deolinda com angelical ironia a paisagem da desolaçom geracional: Sou da geração sem remuneração/e nem me incomoda esta condição/que parva que eu sou!(...)E fico a pensar/que mundo tão parvo/que para ser escravo é preciso estudar(..) Sou da geração 'casinha dos pais'/se já tenho tudo, para quê querer mais?(...)Filhos, marido, estou sempre a adiar/e ainda me falta o carro pagar/que parva que eu sou!(...)Sou da geração 'vou queixar-me para quê?'/há alguém bem pior do que eu na TV/que parva que eu sou!(...) As Deolindas e os seus companheiros de entre 16 e 29 anos somam hoje em Galiza quatrocentos indivíduos mal contados dos quais 41% estudam, 22% nom encontram emprego e apenas o 37%, 142.000, constam como ocupados As Deolindas do Porto ou de Vigo carecem de remuneraçom e andam a cismar se a parvoíce que as afoga é de colheita própria ou colectiva, pecado persoal ou infortúnio dos tempos. As Deolindas e os seus companheiros de entre 16 e 29 anos somam hoje em Galiza quatrocentos mil indivíduos mal contados dos quais 41% estudam, 22% nom encontram emprego e apenas o 37%, 142.000, constam como ocupados. Constam quer dizer que desfrutárom como mínimo de \"1 hora de trabalho durante a semana em que foi efectuado o inquérito\" segundo a gloriosa definiçom do Instituto Nacional de Estatística. Deolindas todas, voltem à rua, reclamem, vociferem, apaguem a TV, levem aos irmaos e companheiros a protestar, escuitem atentamente as mensagens, nom esqueçam mais."}
{"ID": "NOS_29818", "summary": "\"Bons alunos\" e \"maus alunos\", todos os países que seguiram os \"diktats\" do governo alemão e da troika e aplicaram políticas de austeridade supostamente para reduzir a dívida, obtiveram o resultado oposto: Irlanda, Itália, Espanha, Grécia e Portugal.", "text": "Ao contrário do que afirmaram tantas e reiteradas vezes os líderes da troika, quanto mais medidas de austeridade, mais cresce a dívida pública. Se alguém tinha dúvidas, basta dar uma vista de olhos nos próprios dados do gabinete oficial de estatísticas da União Europeia, o Eurostat. A Itália aplicou medidas de austeridade, muito elogiadas pela chanceler Merkel em 11 de janeiro de 2012, elogios reiterados em setembro do mesmo ano. Mas a sua dívida pública passou de 123% do PIB no início de 2012 aos 130% atuais. A Irlanda é a \"boa aluna\", o grande exemplo de sucesso da austeridade. Seria de esperar, então, que a sua dívida pública tivesse diminuído, certo? Errado. Passou de 106% do PIB para 125% em um ano. Outro bom aluno elogiado por Merkel: Portugal. Será preciso recordar os números? A dívida passou de 112% do PIB para 127% no mesmo espaço de tempo. Bons alunos, maus alunos, o resultado é o mesmo: a Espanha de Mariano Rajoy, que foi tão apressado a aplicar os princípios merkelianos, viu a dívida crescer de 73% para 88% do PIB no mesmo espaço de tempo. Finalmente, a Grécia, que aplicou a austeridade mais bárbara, passou de 136% do PIB no primeiro trimestre de 2012, já depois da reestruturação da dívida (o chamado haircut) para os atuais 160% do PIB. Austeridade versus crescimento Insensível a estes resultados, a chanceler alemã pediu em novembro do ano passado, diante de um congresso do seu partido, mais cinco anos de austeridade na Europa. \"Precisamos de austeridade para convencer o mundo de que vale a pena investir na Europa\", disse. Já este ano, em abril, a senhora Merkel afirmou que austeridade não se opõe a crescimento: \"Para nós na Alemanha, a consolidação fiscal e o crescimento não se opõem, têm que andar de mãos dadas\", disse. Um mês depois, o Eurostat divulgou dados devastadores: a zona euro mergulhou na sua mais longa recessão, com nove dos 17 países que utilizam o euro a verem o seu PIB a contrair-se. A Irlanda, que não constava dessa estatística porque não tinha dados disponíveis, veio-se juntar a esses nove: -0,6% no primeiro trimestre de 2013. Assim, os dez são: Espanha, Portugal, Grécia, Itália e Irlanda, mais França, Chipre, Holanda, Finlândia e Eslovénia. Tirado de Esquerda.net"}
{"ID": "PRAZA_12014", "summary": "Membros da plataforma apoiada na UPG e da corrente de Aymerich acadan o consenso en Vigo que, agardan, actúe como \"sinal de esperanza\" na \"reconstrución da confianza interna\"", "text": "Non todo é conflito. Mentres a tensión derivada da marcha do Encontro Irmandiño segue a estar moi presente no entorno do BNG, as dúas grandes correntes da formación frontista veñen de chegar a un acordo en Vigo dentro da fase final do proceso da XIII Asemblea Nacional, isto é, a renovación dos órganos comarcais e locais. Segundo puido saber Praza Pública de fontes do Bloque vigués, a Alternativa pola Unidade (ApU) e Máis Galiza optaron por continuar a \"tradición unitaria\" da fronte e acadaron un \"acordo de listas e responsabilidades\" na localidade e na comarca. Mentres o conxunto de Máis Galiza agarda decidir o seu rumbo futuro, xa constituída en partido, fontes da negociación ven o pacto como \"algo excepcional na dinámica nacional\", que dará lugar a un Consello Comarcal con 11 membros da ApU, outros 11 de +G e 3 do Movemento Galego ao Socialismo. Mentres, a Executiva Comarcal quedaría conformada por 5 representantes da ApU, o mesmo número de membros de +G e un do MGS. Unha vez pechado o pacto, que incluiría, atendendo ás mesmas fontes, a responsabilidade sobre a área de barrios e parroquias para a ApU e a de organización na comarca para +G, no BNG de Vigo observan o logrado como o resultado \"dun esforzo de ambas partes para manter o traballo político\" conxunto e \"a defensa dos programas municipal e político xeral\". Responsabilidades na Executiva \"por imperativo estatutario\" Mentres isto acontecía en Vigo, a dirección nacional de Máis Galiza explicaba nos últimos días as razóns que levaron aos membros da corrente a asumir responsabilidades na Executiva do Bloque antes da Asemblea na que determinarán se permanecen ou non na formación que encabeza Guillerme Vázquez. Dende +G sinalan que, \"a pesar das ofertas da ApU\", rexeitaron \"ter postos de relevancia\" e \"optaron por levar responsabilidades de baixo perfil político\" como a secretaría de Economía e Emprego, que asumiu Carlos Aymerich. Esta asunción de responsabilidades fíxose \"por imperativo estatutario\", explican, e á espera da súa Asemblea Nacional, o 11 de marzo."}
{"ID": "PRAZA_14722", "summary": "Feijoo en Vigo e Ourense, Vázquez en Pontevedra e Santiago, Jorquera en Vigo, Beiras na Coruña e Bascuas en Ourense celebran os mitins finais dunha campaña que pasou por xornadas de tedio, pero que se foi quentando nos últimos días con Pemex, a folga xeral do 14N e o rescate europeo de fondo.", "text": "Remata unha campaña electoral que foi gañando en intensidade cara aos últimos dias pero que por momentos adoeceu de tensión e viviu xornadas dunha estraña calma a pesar da transcendencia destes comicios. Boa parte do interese situouse fóra: en primeiro lugar nas dúbidas ao redor de varias das promesas e supostos logros de Alberto Núñez Feijoo, dos contratos de Pemex aos datos do déficit de 2010 e 2011. E en segundo lugar, na posibilidade de que España fose rescatada oficialmente antes dos comicios, opción finalmente sorteada polo Goberno de Rajoy para o alivio dos populares galegos. O rescate chegará probablemente en novembro, e tamén en novembro España vivirá a súa segunda folga xeral do ano. Porque gañe quen gañe o domingo a crise seguirá aí. Boa parte do interese situouse fóra: en primeiro lugar nas dúbidas ao redor de varias das promesas e supostos logros de Alberto Núñez Feijoo, dos contratos de Pemex aos datos do déficit de 2010 e 2011. E en segundo lugar, na posibilidade de que España fose rescatada oficialmente antes dos comicios Nesa folga do 14N visibilizarase a unidade de acción da oposición ao Partido Popular en Galicia, plasmada na creación da Alianza Social Galega e que completa un proceso iniciado nas masivas mobilizacións do 19 de xullo. O domingo saberemos se ese proceso de converxencia chegou a tempo para arrebatarlle a maioría absoluta ao PP. Foi a campaña na que se recuperaron os debates electorais despois de case vinte anos. E así puidemos ver como PSdeG e BNG confrontaban as súas propostas cun Feijoo que non está tan afeito a ter que responder cara a cara da súa acción de goberno. E a pesar de que a campaña viviu momentos de tedio, viuse animada pola irrupción de novos actores, que se engadiron ao tradicional escenario de tres partidos. Con poucos medios, compensados con imaxinación e entusiasmo, Compromiso e Alternativa foron quen de atopar o seu espazo na campaña. Sobre todo a AGE de Beiras que sen dúbida se converteu no gran protagonista da última semana e nalgúns dias converteu o 21-O nun impensable cara a cara entre el e Feijoo. O PP pechou a campaña en Vigo e Ourense, nuns acto no que se puido ver xuntos, desta vez si, a Feijoo e a Rajoy. O presidente do Goberno salientou que votar o PP \"é votar a idea da España que construímos entre todos, integradora, integrada no corazón de todos e no corazón de Europa\" . O PSdeG-PSOE realizou actos en Pontevedra e Santiago. Pachi Vázquez contou co apoio de Blanco e Rubalcaba para pedirlles aos seus que convenzan os seus achegados para que voten \"cambio\". Vázquez amosouse convencido de que vai \"gobernar\" despois das eleccións do domingo. O BNG tamén finalizou a súa carreira en Vigo. Jorquera chamou a apoiar a quen \"ten o seu centro de decisión en Galiza\" e renovou as súas apelacións a concentrar o voto nacionalista e de esquerdas no Bloque. AGE encheu amplamente o Palacio da Ópera da Coruña. Alí Beiras e Yolanda Díaz denunciaron que o sistema está \"podre\" e que España \"carece xa de soberanía\". AGE completou este peche de campaña cun \"mitin virtual\" protagonizado por \"Beiriñas\". Compromiso por Galicia pechou a campaña en Ourense cun mitin no que Xoán Bascuas acompañou o cabeza de lista da formación por esta provincia."}
{"ID": "PRAZA_13594", "summary": "Comisións denuncia que Consellaría quere adiar a decisión a setembro para impor os recortes de persoal como \"unha política de feitos consumados\" e o sindicato nacionalista convoca o profesorado substituto a unha concentración este mércores en San Caetano", "text": "CCOO-Ensino denuncia a negativa de Educación a negociar os cadros de persoal de secundaria en xullo, como se viña facendo até agora. O sindicato critica que a Consellaría lles comunicara aos sindicatos, mediante un correo electrónico, que non sentará a negociar porque os datos \"non serán definitivos ata setembro\", o que entenden é unha \"nova artimaña da Xunta para adiar o impacto que poden ter os recortes de persoal no servizo educativo\", atrasando o proceso ata setembro para así poder \"impor unha política de feitos consumados\". Comisións chama á unidade sindical para a organización de mobilizacións intensas en setembro. CIG-Ensino esixe o restablecemento do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto De igual xeito, CIG-Ensino esixe o restablecemento do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto que teña prestado servizos á administración durante polo menos cinco meses e medio e convoca a unha concentración este mércores ás once da mañá en San Caetano para esixirlle á Consellaría de Educación que rectifique. Nun escrito dirixido ao conselleiro de Educación o pasado venres 29 de xuño, o sindicato esixiu o mantemento do contrato polo que lle retribuía e cotizaba ao profesorado o tempo de vacacións que lle correspondía en función do tempo traballado. Ao remate da concentración realizarase unha asemblea co profesorado afectado no local do sindicato na que se analizará a súa situación e as medidas de presións a levar a cabo. A CIG denuncia que Educación agardou até que remataron as clases para dar a coñecer este medida, malia ter tomada a decisión no Consello da Xunta do 21 de xuño. O sindicato advirte ademais que este recorte vai dirixido a traballadores e traballadoras \"que xa teñen unha situación moi precaria con traballos de poucos días, cambio constante de domicilio e a obriga de estar a disposición da Administración de xeito continuo\". O mesmo critica CC.OO., que engade que en moitos casos se trata de traballadores que están preprarando oposicións para acceder a postos noutras comunidades autónomas. Peche no CEIP de Carballeda de Avia Alumnos, nais, pais e veciños do concello de Carballeda de Avia iniciaron este luns un encerro no CEIP Pena Corneira para protestar polas intencións da Consellería de Educiación de recortar á metade o cadro de profesores deste Colexio de Educación Infantil e Primaria. Trátase dunha nova mobilización convocada pola ANPA O Carballo, que nos últimos días, ademáis, xa contactou con outras asociacións de nais e pais de toda a provincia de Ourense e de Galicia co fin de coordinar futuras mobilizacións e accións conxuntas co obxectivo de parar as políticas de recorte que a Xunta ten preparadas para o próximo curso nos colexios do rural. Dos 7 profesores que actualmente dan clase no CEIP Pena Corneira, a Consellería de Educación recortará 3, co que o Colexio quedará, o próximo curso, con só 4 mestres para os 50 nenos matriculados Dos 7 profesores que actualmente dan clase no CEIP Pena Corneira, a Consellería de Educación recortará 3, co que o Colexio quedará, o próximo curso, con só 4 mestres para os 50 nenos matriculados en Infantil e Primaria nese Centro. A ANPA oponse a esta política de recorte do profesorado e demanda \"menos cartos para os bancos e máis para a educación pública\" no contexto económico actual. O obxectivo destas protestas é evitar unha situación que podería levar ó peche dos colexios rurais, que son fundamentais a día de hoxe para poder evitar un maior despoboamento destas comarcas."}
{"ID": "PRAZA_7278", "summary": "Hai máis de 30 anos que Alfonso Pexegueiro comezou 'Lapsus', na que o autor de 'Seraogna' volve á infancia para erguer o berro contra maltrato máis intenso de toda a súa poética. Unha entrevista de Montse Dopico.", "text": "Hai máis de 30 anos que Alfonso Pexegueiro comezou 'Lapsus', a obra coa que Axóuxere inicia a súa colección de literatura. Nela, o autor de 'Seraogna' volve á infancia. Mais para erguer o berro contra maltrato máis intenso de toda a súa poética. E para dicir, unha vez máis, a violencia que alicerza a sociedade. Para demandar a construción dun mundo novo, desde a liberdade e o encontro. Comezaches 'Lapsus' no 1977. Como foi ese proceso tan delongado? Empecei na primavera no 77, en París, si, estando en Rompente. O tema da infancia é unha constante na miña poesía e deste libro cheguei a pensar que me ía salvar… Mais non é así, ningún libro nos salva. O proceso detívose, retomeino anos máis tarde, houbo xente que leu o libro… Pero había algo que non me cadraba. É que é tan delicado ese mecanismo do absurdo onde se vai descubrindo a realidade falsa que nos impoñen, que me vin desbordado. Ademais, eu penso que o libro constrúese a si mesmo e que nós temos que prestarlle atención á escrita, escoitala. Pasoume con 'Hipatia': ía ser unha novela e converteuse en poesía. Con 'Lapsus' o que pasou foi que o ano pasado, en novembro, vin que o libro quería saír. Envieillo a David Souto, e así foi. Eu creo que a humanidade está en débeda coa infancia. Sempre trato o tema do conflito pais-fillos, pero nunca o fixera desta maneira tan clara. Di David Souto que 'Lapsus' é o \"reflexo hiperreal a violenta absurdidade que enceta as nosas vidas\". Estás de acordo? En 'Dados blancos', o teu libro anterior, falas da violencia e de como conforma a sociedade. Porque creo que temos que reflexionar sobre a orixe do mal. Di Alice Miller que mal se crea en cada xeración. O recén nacido é inocente. Os bebés veñen ao mundo para amar e ser amados. O mal non está necesariamente na natureza humana. O problema xorde cando esa necesidade de amor non se satisface. E o que ocorre é que a sociedade está fundamentada sobre o maltrato e sobre a violencia. Alice Miller achegouse ao Hitler neno, empatizou con el, co neno maltratado que foi Hitler. Mais a xente non a entendeu. Unha muller escribiulle unha carta que contaba que se Hitler tivese cinco fillos para vingar os tormentos que el sufrira, non tería feito o que fixo. Porque o maltrato ao fillo propio aínda se pode encubrir con palabras como educación e disciplina. Kant dicía que o home está predisposto ao mal e que para evitar que se faga unha besta é necesaria unha forte disciplina. Eu creo que non é certo. En 'Dados blancos' dixen que o neno nace no inferno dos pais. Aténdese máis ás necesidades dos pais que ás dos fillos. E 'Lapsus' vén de aí. Do imaxinario do sacrificio, que é unha mentira que nos venden. E despois créase un sistema de vinganza: o neno, a nena, como chivo expiatorio. Pois isto debemos desmontalo. Xa na Idade Media, que é unha época que me interesa moito, o pensamento, o diálogo entre relixións, foi decapitado pola Inquisición, porque o poder sentíase en perigo. E aí quedou a historia colgada, e herdanza esquecida. Por iso falo en 'Dados blancos' de regresar ao que quedou pendurado na historia. Tamén me interesa moito o expresionismo: os expresionistas xa se decataron de que a sociedade estaba a facer as cousas mal. Os pais estaban educando os fillos para a guerra… É como na Biblia: ofrécenche o paraíso, pero está prohibido. Se accedes a el, castígante. Iso é unha perversidade total. Como a figura de Cristo, entregado polos seus pais para que sufra polos que van nacer, que nacen en pecado…, ou o complexo de Edipo, que é un invento do poder. Pois este imaxinario é o que constrúe a sociedade, e o que tento desmontar en 'Lapsus' e en 'Dados blancos'. En 'Lapsus' os pais maltratadores foran maltratados na infancia. Si, e aí coincido con Alice Miller, todos os maltratadores que foron maltratados. O Estado é, en realidade, un asasino encuberto. Hitler, Stalin, Mao, Milosevic… Xa dicía Nietzsche que os políticos ao que máis lle temen é á verdade e á responsabilidade social. Entre Ron e Lapo, os personaxes de 'Lapsus', hai algunha diferencia. Ron, o Xefe, tanto que fala da escravitude, non se decata de que é un escravo. Lapo ten momentos de moita lucidez. Ve o que pasa. Si, fala Lapo da submisión pagada á que levan as ansias de triunfar. Lapo é ninguén, un vagabundo, entón e consciente de que non debe estar co poder. Hai unha cousa que foi inconsciente, da que me decatei despois de escribir, que é que non sabemos se Lapo é un personaxe masculino ou feminino. Hai unha ambigüidade niso. E, si, Ron é o Xefe e prepárase para ser o executivo máximo, que podería ser o presidente do goberno. Nun dos diálogos din, - \"Pensas que nos descubrirán?\". - \"A policía?\". - \"Todos\". Porque estamos nun momento no que non vale excusa ningunha, porque están entregándonos ao matadoiro. Poden ata meterse na privacidade da xente, entrar nas túas contas e roubarche… E non vale a excusa de que nos \"sacrificamos\" polos fillos. \"Temos que asumir a nosa responsabilidade. Ademais, o poeta ten que ir ao fondo da sociedade. E preguntarse por que o maltrato? Por que se pega? Por que se castiga?\" Temos que asumir a nosa responsabilidade. Ademais, o poeta ten que ir ao fondo da sociedade. E preguntarse por que o maltrato? Por que se pega? Por que se castiga? Beckett dicía que fora un mal fillo porque estaba predisposto para a soidade. Pero iso non é verdade. O mesmo pasou con Ionesco ou Chejov, ou Herman Hesse. Foron nenos maltratados. Mesmo en moitos casos hai unha reconciliación cos pais… E eu creo que isto é criticable. Como o é andar con risas con isto. O cómico fai máis humana a realidade, cálmanos da angustia, pero o perigo é que nos durmamos na comicidade. Chaplin dixo que non faría 'O Gran Ditador' se soubera da violencia homicida dos nazis. Porque non podes burlarte dos campos de concentración… Por iso non me gustou nada 'Qué bello es vivir!'. Lapo dubida de se existe realmente. Nin Lapo nin Ron saben quen son. Por que? O problema da infancia non é psicolóxico, é ontolóxico, de espazo de ser que é negado. Non pode un neno ou nena axudarse a si mesmo cando non está seguro de se lle recoñecen o dereito á vida. A infancia supón un desaxuste, un desprazamento de si mesma en favor da sociedade, do mercado… Outro detalle que descubrín a posteriori, no libro, é que Ron chámalle Ron a Lapo. Non lle chama polo nome no que Lapo se recoñece. Ata lle rouba a identidade, négalla. Iso ten que ver tamén cos seres humanos como unidade: somos un, non só coa natureza, senón co outro e con nós mesmos. Este é o paso do eu romántico ao existencialista: recoñecer o outro, o outro que existe. Nacemos para vivir en sociedade. Os personaxes son seres inexistentes porque existir é castigo, violencia, explotación, maltrato. A existencia é un espazo de felicidade que se nos nega. Por iso toda a vida a pasamos reclamando o amor que se nos negou. Tamén penso se a poesía non é a mesma infancia que se manifesta e reclama a través do amor que lle negan e que lle negaron. Cando un neno desobedece, en lugar de preguntarse por que, os pais castígano ou péganlle. Así, a primeira pedra do poder colócase na infancia. É terrible a aceptación da maldade, que se ve na novela negra, por exemplo. Acéptase o mal, pártese do mal, sen preguntarse por que existe. A maldade é aceptada como base porque constrúe a sociedade. Ninguén se pregunta por que hai maltratadores. Tamén se idealizou moito o obreiro. Eu estou de acordo en que o obreiro non foi suxeito de mobilización, porque non tiña identidade para facer a revolución, que foi sempre guiada por outros. Todas as revolucións acabaron fracasando por iso, porque o mal segue aí, porque non se vai á súa fonte. Simone Weill explicouno. \"Recibín para sempre a marca da escravitude\", dixo, referíndose ao traballo nunha cadea de montaxe. Porque non viu rebelión, senón docilidade, resignación. Como dixo Nietzsche: \"xa están preparados para facer deles o que se queira\". \"Un paso máis alá do absurdo está a realidade\", dis tamén no libro. Por iso optaches polo absurdo? É que non vivimos na realidade, vivimos o absurdo porque a realidade esmáganos. Se conseguimos saír do absurdo, que é o maltrato, veremos a realidade, que se nos oculta. Por iso esa frase de Robert Musil de que se debe alcanzar a irrealidade porque a realidade xa non nos serve. O absurdo é a escravitude á que nos someten. Só hai que pensar nas barbaridades que se fixeron coas mulleres. Negalas como suxeito, consideralas pertenza do amo, explotalas como produtoras e sexualmente, e aínda por enriba facendo que os nenos lle pertenzan ao amo. Como unha sociedade pode construírse sobre esa inexistencia, como pode chamarse sociedade moderna e avanzada? Por iso digo en 'Dados blancos' que só a poesía pode sacarnos dos infernos que a intelixencia crea. \"Decrecer é crecer en humanidade, descolonizar o noso imaxinario de ideoloxías produtivistas e acabar coa idea de que o crecemento é progreso\" Keynes dicía que dificultade non é tanto concibir novas ideas, senón librarse das antigas. Nicolás Ridoux di que non hai que escoller entre o crecemento e o decrecemento, senón entre decrecemento e recesión. Porque decrecer é crecer en humanidade, descolonizar o noso imaxinario de ideoloxías produtivistas e acabar coa idea de que o crecemento é progreso. E eu engado: traballar menos para vivir mellor. Ridoux fala do libro de Keynes \"Perspectivas económicas para os nosos netos\", de 1930, e di Keynes que os seus netos deberían librarse da coacción económica, traballando só 15 horas semanais. Non facelo así, nos levaría a una \"depresión nerviosa universal\", á angustia xeral. Eu creo que o importante é devolverlle o protagonismo ás persoas: devolver o ser humano a si mesmo e desculpabilizar a infancia. Aí é onde camiña toda a miña poética. 'Lapsus' é teatro, poesía e ensaio. Mais ti sempre mesturaches xéneros. Vese nas partes máis narrativas de 'Mar e naufraxio' ou 'Círculos de auga', por exemplo, con monólogos sen signos de puntuación semellantes aos de 'Desatinos dun maldito'... De feito, 'A illa das mulleres loucas' é unha peza de teatro, que se levou a escena ademais. Sempre transgredín os xéneros, por necesidades de expresión. Eu creo que a miña poética está definida desde os primeiros verso de 'Seraogna': \"O corazón gabea e observa, pero a vida morre, porque o poema foi roto na mirada do neno\". Aí xa está a infancia, e xa desde entón sabía que non ía limitarme a un xénero, ademais de que traballo moito co inconsciente. Os distintos xéneros son xeitos de chegar a distintas formas de verdade. Eu creo que temos que revitalizar a existencia e a escrita mesma. Porque a urxencia é dicir, máis que contar. Ao dicir \"érase una vez\" xa te afastas da ferida, da dor. A min interésanme moito os contos infantís. Neles, os nenos son moitas veces maltratados, abandonados polos pais. Como en Hansel e Gretel, que os nenos quedan sós no bosque e non poden volver á casa ata que se fan ricos, e entón reconcílianse cos pais… E non me vale a metáfora das miguiñas que comen os paxaros. Eu son moito de metáforas: creo que a metáfora é a ecuación da poesía. Pero non vale andar con historias, afastarse da dor e da culpa que nos meteron de pequenos. Creo que temos que escribir desde o dano, a dor, desvelar o dano, facer o que chamo poesía en movemento, máis que poesía ensimismada en si mesma. \"A linguaxe tamén pode encubrir a perversión. E temos que devolver a dignidade ás palabras. Temos que escoitar os ecos da dor, excluír o superfluo\" En 'A illa das mulleres loucas', 'O Lago das garzas azuis', 'Hipatia', 'Dados blancos', 'Desatinos dun maldito' e 'Lapsus' tento facer iso: ir ao núcleo, o dano. Creo que temos que iluminar o dano, penetrar na escuridade, non ocultar nin xustificar o dano e a dor. A linguaxe tamén pode encubrir a perversión. E temos que devolver a dignidade ás palabras. Temos que escoitar os ecos da dor, excluír o superfluo. Os poetas estamos metidos na soidade máis absoluta: a poesía é verdade, non pode mentir. Eu non escribo desde o idioma, senón desde a linguaxe, que para min non ten categoría gramatical. Escribo desde a ausencia, desde a desorde. Tentando devolver o humano ao ser humano. Como dicía antes, xa os expresionistas se deron conta da mentira e da necesidade de reconstruír o mundo desde o humano, a liberdade, o amor e a recuperación da infancia. Flaubert, Nietzsche, Tolstoi, Dostoievski, descubriron que o mundo moderno é o triunfo do non auténtico. Como Rimbaud, ou Baudelaire, que se decatan de que a realidade é mentira. E así veñen a I Guerra Mundial e a II, coa bestia, o nazismo. Porque a intelixencia é quen de crear infernos. Porque esquecer as emocións e a sensibilidade leva ao máis terrible. Creo que os maiores temos que facer terapia, reflexionar máis fondo, para non transmitir a violencia aos nenos. Creo que comezaches a escribir en galego por Darío Xohán Cabana. Foi Vicente Aleixandre quen leu primeiros os versos, e dixo que había una gran verdade en cada poema. Así, contra todo prexuízo social e familiar, decidín dedicarme a escribir. Os poemas de 'Seraogna' estaban en castelán. Eu estaba en Madrid, entón. Darío Xohán Cabana díxome que quedaban moi ben en galego… e empecei a traballar en galego. De todas maneiras, eu sempre traballei nas dúas linguas. Teño un conflito con iso porque a min maltratáronme nun idioma concreto, en galego. Escribo desde a ferida, e desde a ferida do idioma. A través do idioma, e da política, transmítense tamén os problemas non resoltos da infancia. Así nacen as Patrias tamén. Porque ao gran capital interésalle que a xente pelexe polo tema das identidades. 'Seraogna' inicia un ciclo no que está moi presente o tema nacional, a loita de clases… pero cun discurso rupturista. 'Seraogna' é un poema do ser, máis que da terra, no que quero recuperar a miña aldea como elemento universal. Cando creei o grupo Rompente, no 1975, a idea era iniciar un movemento que despois algo se cumpriu, que foi interrelacionar o mundo das artes. Despois fun fundador e secretario da AELG… e non sei se arrepentirme. Houbo momentos en que non se valoraron certas cousas. A verdade é que me sinto doído. Este é un país desagradecido. E amáñano chamándome poeta maldito… É habitual que os teus libros fagan referencias uns aos outros. En 'O lago', por exemplo, está o deserto de Nabalpam, que lle dá título a outra obra túa. Son detalles que lle dan unidade a toda a túa obra. É verdade que concibo toda a obra como unha unidade, mais tamén que cada libro ten entidade por si mesmo, cunha expresión estética distinta. Despois hai tres elementos que están presentes sempre. Por un lado a muller e o neno, por outro a liberdade de ser. En 'Hipatia', por exemplo, son as mulleres liberadas. En 'A Illa' é unha muller que aínda non está despatriarquizada. Eu creo que non temos que esperar a estar desesperados para tentar cambiar as cousas. 'Hipatia' non acepta a culpabilidade, rebélase, e faino desde a comodidade burguesa. Non hai que agardar a ter fame para rebelarse. \"Non temos que acomodarnos no nivel medio e esperar a que baixe para protestar, que é o que pasa agora. Entón só protestaremos para recuperar o que tiñamos antes\" Non temos que acomodarnos no nivel medio e esperar a que baixe para protestar, que é o que pasa agora. Entón só protestaremos para recuperar o que tiñamos antes. Temos que rebelarnos cando estamos no nivel medio, aspirar a máis. Imaxina o que sería cambiar o mundo desde a felicidade, a alegría… Kakfa utilizou a metáfora de cortar cunha machada o xeo. O poeta ten que poñer todo en cuestión, e iso é unha responsabilidade moi grande. É unha vergoña, por exemplo, que os parlamentarios rían. De que rin? Ante tanto sufrimento, tanta dor… Eu realmente non quería ser poeta: a poesía veume. Marchei aos 15 anos da casa, despois estiven na escola militar e despois no seminario. Coas lecturas de filósofos e escritores como Camus, Dostoievski, Sartre, Kafka… descubrín que a poesía era a verdade do mundo, e desde entón. Sobre a soidade, xa o dicías en 'O pabillón das hortensias azuis'... Comentabas antes tamén que escribes moito desde o inconsciente. Penso que iso se nota en 'O lago' ou en 'Hipatia', por exemplo. E non se afasta tanto de 'Lapsus'.... É que o inconsciente é o que nos domina. Porque, temos nós a memoria do universo? Traballamos coa memoria descoñecida, co descoñecemento. Tentando botar algo de luz na escuridade. Eu traballei sempre así, desde fóra da realidade pero coa realidade. Porque escribimos para cambiar as cousas. Ademais do poder e da violencia, na túa poética está moi presente o medo, o desexo, a escravitude, o exilio… O do medo é porque sempre tiven moitos medos. Identifiqueime con Chagal cando dixo que era moi medoso. Porque me transmitiron moitos medos: que a vida non paga a pena… E tiven que deconstruír todo iso. Desde o consciente pouco podemos facer: se cadra entreter. Einstein dicía, en relación con isto, que a distinción entre presente, pasado e futuro é unha ilusión. Eu creo que vivimos nun presente continuado. O poeta ten que estar no pasado e no futuro construíndo o presente. Nos meus libros tento suspender o tempo. 'Lapsus' é, nese sentido, como un libro cubista. Cada catro frases adopta unha perspectiva distinta. A perspectiva desprázase. En realidade sacrificamos a infancia a un futuro que non existe, que cando chega vemos que non era. Algo de eternidade hai en nós. Xogan con nós e co medo á morte, que non ten que ser boa nin mala… Iso do tempo coméntalo en relación coa Historia, que escribes con maiúsculas moitas veces. Que é a Historia na túa obra? A Historia é a gran mentira. A Historia que nos transmiten os historiadores é a do tempo medido. O poeta está entre a historia do tempo medido, a historia interior, a historia persoal, e a historia que quedou colgada, detida. A Historia é mentira, por iso digo en 'Dados blancos' que a Historia é a resistencia ao humano e á ética. A Historia é a sociedade-lei, a lei inxusta, porque unha lei sen ética é unha lei moi dubidosa. A Historia conta o visible, pero hai unha parte invisible que queda oculta, que impide que se constrúa a Historia desde o amor, a liberdade, os soños… Tamén é o corpo maltratado. Como as místicas, os místicos. A culpa terxiversa o desexo, e leva a castigar e torturar o corpo. Temos que construír unha historia desde a liberdade do corpo, o amor, o encontro, o que o poder decapitou. Pensar que o corpo e a alma son unha unidade, -e separalos foi outro erro-, que o corpo non é o pecado. Que non hai maldade orixinaria, senón só represión que construíu o puritanismo. O desexo tamén está en mans do poder. O poder inflinxiu en nós as cicatrices que nos lembran quen é o amo, creadas polas feridas da culpa."}
{"ID": "NOS_52048", "summary": "A compañía fora denunciada hai uns meses por abandonar operarios nese país e incumprir as condicións pactadas na Galiza.", "text": "Camsoar S.L, a empresa denunciada por fraude e abandono duns traballadores en Alemaña, segue a enviar operarios galegos a ese país. Segundo a CIG, un novo grupo foi desprazado para a instalación de fibra óptica en zonas rurais, a mesma tarefa obxecto das queixas desde a central nacionalista que consideran \"unha estafa\" ofrecer condicións vantaxosas que logo incumpren no destino. \"Usan a picaresca\", explica a Nós Diario Mario Maceiras, responsábel de Negociación Colectiva da CIG-Construción. Indica que coas actuais circunstancias económicas e a falta de emprego non é difícil atopar estes casos. \"Esta empresa non era habitual da construción e quixo aproveitarse ao saber deste tipo de operacións con Alemaña\". Para \"captar\" operarios empregan as redes sociais de traballadores \"galegos, peruanos e algún senegalés que se contactaban, máis que anuncios directos nas redes sociais\", asegura Maceiras. Camsoar S.L. nace en agosto de 2020, pouco antes de enviar os traballadores a Alemaña, cun capital de 3.000 euros. Obtén a subcontrata a partir da empresa con sede en Alacant, Verne Technology Group, para a instalación de cable de fibra para a multinacional Nokia. A empresa galega, cons sede en Poio, ofreceu a 14 traballadores un salario de 3.500 euros mensuais ademais doutras condicións vantaxosas que logo incumpriu. Infravivenda e condicións inasumíbeis Os traballadores afectados no seu momento explican que a propia viaxe a Alemaña estivo inzada de incidentes. Sen asinar ningún contrato, partiron sen cobrar un adianto de 500 euros que les prometeron e cunha única cantidade de 350 euros para cubrir os gastos da viaxe de todos que se acabou ao entrar en Francia. Unha vez en Alemaña o aloxamento, segundo explican, era unha \"infravivenda\" sen condicións de habitabilidade nin salubridade. Ademais os obxectivos impostos pola empresa sinalan que eran \"inasumíbeis\" polo que sospeitaron que a intención de Camsoar era realizar un despedimento \"por baixo rendemento\". Cando se decataron do problema os operarios contactaron con Maceiras que a través da CIG e o BNG en Alemaña conseguiron facilitar o retorno dos traballadores que quixeron volver. Denuncias e detención con 38.000 euros en efectivo A mediados de xaneiro o xornal Atlántico publicaba a detención da parella sentimental da administradora única desta empresa de Poio. Segundo a denuncia policial levaba oculto no seu vehículo droga e 38.000 euros en efectivo. \"A propia policía achegouse ao noso local para interesarse pola nosa denuncia ao coincidir a importe da débeda aos traballadores coa cantidade que lle atoparon en metálico\", explica o sindicalista da CIG para o que \"todo está relacionado\". Diante destas circunstancias a CIG prepara unha denuncia diante do Xulgado do Social e da Fiscalía de Pontevedra ao ter constancia de que a empresa continúa actura da mesma maneira. \"Xa hai actuacións nas inpeccións de traballo na Galiza e en Alemaña, así como na propia embaixada\", asegura Mario Maceiras. Recomendacións contra as falsas ofertas de traballo A CIG está a detectar unha alarmante proliferación nas redes sociais de anuncios de falsas ofertas de emprego tanto na construción como noutros sectores. Entre outras recomendacións aconsellan contestar só anuncios das propias empresas ou das súas plataformas de contratación, así como sospeitar das ofertas con salarios moi altos por postos sen cualificación, de escasas horas ou traballando desde casa."}
{"ID": "PRAZA_16959", "summary": "\"Cambiar a vida\" non é máis que opoñerse a que a única relación permitida sexa o consumo, que nos reúne a todas nunha totalidade ó tempo que fragmenta a vida social que queda fóra da súa lóxica e convértenos en átomos que nos relacionamos e nos responsabilizamos de todo individualmente.", "text": "Negámonos a reducir Maio a unha revolta cultural que só perseguía a liberación sexual, a experimentación con drogas e un cambio de costumes que unha mocidade melenuda e irresponsable lle esixía ós seus aburridos e acomodados pais Medio século despois de Maio do 68 é difícil ser militante do movemento xuvenil e non poñerse a pensar que nos di aquilo para transformar a sociedade hoxe. Negámonos a reducir Maio a unha revolta cultural que só perseguía a liberación sexual, a experimentación con drogas e un cambio de costumes que unha mocidade melenuda e irresponsable lle esixía ós seus aburridos e acomodados pais. Esa é a imaxe do fracaso: como anunciara Debord, ou se realiza o proxecto ou se converte en Espectáculo. As imaxes e as caricaturas non dan conta dunha folga xeral secundada por 10 millóns de traballadores, nin das experiencias de democracia obreira, de control da produción e de exercicio de autoridade na fábrica e a universidade que se dan naqueles días en Nantes, París, Caen, Rouen...mais se algo aprendemos de Maio é que a alienación non se restrinxe á xornada laboral. O ocio, o corpo, a organización da vida, do tempo ou do coñecemento tamén son campos de batalla. Unha lección importante nun tempo no que a subxectividade que máis triunfa é a que consegue ser máis consumida. \"Cambiar a vida\" non é máis que opoñerse a que a única relación permitida sexa o consumo, que nos reúne a todas nunha totalidade ó tempo que fragmenta a vida social que queda fóra da súa lóxica e convértenos en átomos que nos responsabilizamos de todo individualmente Maio do 68 estoura despois de tres décadas de mellora nas condicións de vida da maioría social. O Estado de benestar prolóngase con emprego na industria, avance da tecnoloxía e contratación de milleiros de traballadores para unha produción cada vez máis automatizada. Pola contra, o noso contexto é o dun empobrecemento que non para dende hai unha década, do avance e consolidación do emprego precario, temporal, sen dereitos, mal pagado e no sector servizos. Non podemos formularnos unha vida autónoma, tecer lazos comunitarios sólidos é cada vez máis impensable, o Estado protéxenos cada vez menos e é cada día máis represivo. É certo, non somos aquelas estudantes nin aquelas traballadoras. A formación superior xa non serve para cubrir postos de traballo nunha sociedade que necesita man de obra cualificada e os traballadores da Renault xa non representan a forma de emprego maioritaria nin en Galicia nin en Europa. Voltamos ó fracaso: aquilo contra o que loitaban obreiros e estudantes en cidades e vilas de todo o planeta leva cinco décadas triunfando. Anunciaron combater unha sociedade na que o poder económico e as súas regras deixan de estar sometidas a control político e democrático, fanse autónomas e impregnan e dominan todas as demais esferas da vida. \"Cambiar a vida\" non é máis que opoñerse a que a única relación permitida sexa o consumo, que nos reúne a todas nunha totalidade ó tempo que fragmenta a vida social que queda fóra da súa lóxica e convértenos en átomos que nos relacionamos e nos responsabilizamos de todo individualmente. O 68 pon de manifesto a escisión total entre o movemento obreiro tradicional e o novos movementos sociais que emerxen arredor do movemento estudantil e xuvenil, do feminismo e das loitas anticoloniais O 68 pon de manifesto a escisión total entre o movemento obreiro tradicional e o novos movementos sociais que emerxen arredor do movemento estudantil e xuvenil, do feminismo e das loitas anticoloniais. Se cincuenta anos despois compartimos que o obxectivo último segue sendo liberar o tempo e gañar autonomía fronte ó goberno do capital, o que nos toca reformular son as formas de organizarnos para conseguilo. Temos por diante a tarefa de traballar no social para construír refuxio e atopar, entre tanta fragmentación, a institucionalidade necesaria para quitarlles o que nos rouban e para que a democracia non deixe nada fóra. A loita por unhas condicións de vida dignas temos que organizala tamén arredor da precariedade, dos dispositivos ideolóxicos que nos disciplinan en forma de autoaxuda e emprendemento; da vivenda, o ensino, a cidade ou as pensións É unha tarefa colectiva ser quen de entender que ou todas as partes que traballamos no social sumamos e abordamos urxentemente estas realidades ou non temos nada que facer. Pensar hoxe Maio do 68 é unha oportunidade para analizar vellas fronteiras e superalas, para facer que o movemento avance sen renunciar a nada despois de medio século de derrotas Pensar hoxe Maio do 68 é unha oportunidade para analizar vellas fronteiras e superalas, para facer que o movemento avance sen renunciar a nada despois de medio século de derrotas. Fronte a tanta represión, tanta pobreza e tanto mercado impoñendo a súa lóxica ó conxunto das nosas vidas é imprescindible a alianza, a cooperación e o entendemento entre esas dúas partes, entre sindicato e movemento social, para poder chegar a todo o emprego que non está representado nin ten mecanismos para loitar, para poder seguir facendo do traballo e das súas condicións de reprodución social un campo de batalla no que gañar. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_4905", "summary": "Samertolameu vence nesta clásica da pretempada do remo galego após dous anos consecutivos de triunfos de Cabo de Cruz.", "text": "A traiñeira de Samertolameu de Meira meteu a bordo a XII edición do Memorial Paco Fenosa, unha das citas clásicas da pretempada de banco fixo galego. Os de Meira gañaron de novo nas augas de Chapela, pondo fin a dous anos (2015 e 2016) de vitorias de Cabo de Cruz, e volvendo así alzar a bandeira que xa ergueran noutras ocasións, como no 2014. Un total de 24 embarcacións tomaron parte nesta competición, que decorreu fronte ao Paseo de Cardona organizada polo club de remo Chapela. Meira fixo un tempo de 20 minutos e 28 segundos. Mecos foi segunda (20' 32'') e Tirán, terceira, a 9 segundos da vencedora. A embarcación de Cabo marcou o cuarto mellor tempo, con 20' 38''. As tres grandes citas da pretempada de traiñeiras en Galiza deixa tres vencedores distintos. Se Meira se impuxo en Chapela, Cabo fíxoo no Memorial Pepe O Ruso (Bueu) e Ares no Memorial Lagar ( O Grove). Este ano a elite das traiñeiras, a Liga ACT ou San Miguel, volverá contar con tres representantes galegas: Tirán, Cabo e Ares. Na Liga Galega de Traiñeiras competirán 19 embarcacións, repartidas nas súas dúas categorías A e B. Falta por concretar a Liga Feminina."}
{"ID": "NOS_22519", "summary": "Amplo seguimento do cadro de persoal de Bioetanol Galicia SA da folga de 24 horas, tamén se sumaron a ela as compañías auxiliares", "text": "Máis de 150 persoas marcharon a pé desde a fábrica de Bioetanol até a praza do Concello, nunha mobilización enmarcada na xornada de folga de 24 horas convocada nesta empresa e que contou cun amplo seguimento pois só funcionaron os servizos mínimos. Ao paro sumáronse, indican na CIG, a totalidade das empresas auxiliares. A marcha e a folga tiñan como obxectivo reclamaren a readmisión de catro compañeir@s despedid@s e pedir á empresa que negocie co persoal, no canto de impoñeren, os traslados de persoal de administración a Sevilla. Na marcha, os e as traballador@s estiveron apoiad@s pola veciñanza de Teixeiro, que se sumou á mobilización. O presidente do Comité de Empresa agradeceu ese apoio na defensa dos postos de traballo en Bioetanol."}
{"ID": "NOS_38602", "summary": "Asi o anunciou o seu alcalde, Federico Gutiérrez Estoa (BNG). O rexedor nacionalista afirmou que \"un alcalde está para algo máis que bachear camiños\". A administración local afrontará o re-pagamento da veciñanza que padeza enfermidades crónicas.", "text": "Após a aprobación do re-pagamento sanitario para doentes crónic@s e a súa entrada en vigor o pasado 1 de outubro, o Concello de Riotoro anunciou que pagará os fármacos @s utentes que de máis de 157 prestacións farmacolóxicas. \"Queremos garantir a universalidade no acceso aos servizos sanitarios\", subliñou o alcalde da localidade, Federico Gutiérrez Estoa (BNG). O rexedor nacionalista asegurou que \"un alcalde está para algo máis que bachear camiños e pór farolas\" e instou ás demais alcaldías galegas e do Estado a sumarse a esta iniciativa que procura, di, \"evitar as irreparábeis consecuencias dunha política inxusta e discriminatoria\" aprobada polo executivo español. Veciñanza de RiotortoA medida impulsada polo goberno de Riotorto fará fronte ao custe dos tratamentos de leucemia, cancro de mama e de ril, tumores cerebrais, hepatite C e doutras patoloxías atinxidas polo re-pagamento farmacéutico de dispensación hospitalaria. Neste senso, poderán aconllerse a esta medida todas as persoas veciñas da localidade que leven máis de 6 meses empadroadas e padezan algunha das enfermidades crónicas cuxos fármacos están suxeitos a re-pagamento. Asemade, explican desde o Concello, a administración local fará fronte ao pagamento da aportación exixida @s doentes ou, mesmo, do custe total dos medicamentos. \"O obxectivo é que ningún veciño ou veciña da vila quede sen o tratamento axeitado por cuestión de cartos\", salientou o Gutiérrez Estoa, \"Se o Goberno central non está disposto a derrogar dita resolución discriminatoria, inxusta e que ataca dereitos básicos do pobo, e a Xunta de Galiza segue na súa teima de aceptar esta política e que entre en vigor a finais de ano, o Concello de Riotorto exprimirá ao máximo as arcas municipais, xa debilitadas, para garantir o acceso dos nosos veciños e veciñas aos servizos sanitarios\", sentenciou. Fronte ás políticas privatizadoras do PP O alcalde do Bloque lamentou que \"as decisións que o Partido Popular está aprobando en materia sanitaria vaian máis aló de consideracións ideolóxicas e sobrepasen a fronteira da ética e da moral\". @s nacionalistas teñen claro que o obxectivo final deste tipo de medidas é \"facer da sanidade pública un artículo de luxo digno só para os petos máis abundantes\" polo que din, desde Riotorto garantirán \"a universalidade no acceso aos servizos sanitarios\". Gutiérrez Estoa animou aos concellos da Galiza e do Estado a se sumaren a esta iniciativa fronte ás políticas do PP que din, \"semellan non ter límites\"."}
{"ID": "PRAZA_20921", "summary": "A versión completa do xogo estará dispoñible esta primavera, pero na súa compra anticipada xa chegou a máis de 150 países dos cinco continentes. Trátase dunha superprodución do estudio coruñés Gato Salvaje que recrea lendas e escenarios celtas e medievais.", "text": "A versión completa do xogo estará dispoñible esta primavera, pero na súa compra anticipada xa chegou a máis de 150 países dos cinco continentesThe Waylanders é un videoxogo de rol (RPG) de fantasía, inspirado nas lendas e a mitoloxía celta de Galicia e Irlanda (especialmente no Libro das Invasións) e na que o Camiño de Santiago é tamén protagonista e que toma como referencia clásicos como Dragon Age: Origins, Neverwinter Nights 2 ou Baldur's Gate. Foi desenvolvido polo estudio coruñés Gato Salvaje e supón unha superprodución na que traballaron durante anos ducias de profesionais, co obxectivo de chegar a todos os mercados do planeta. De feito, de momento suma vendas en máis de 150 países dos cinco continentes e un amplo seguimento na prensa especializada internacional. Entre os contidos e funcionalidades que están a ser engadidas figura a posibilidade de xogar en lingua galega, unha opción que estará dispoñible o vindeiro 25 de xaneiroO xogo saiu á venta en xuño de 2020 en acceso anticipado, unha opción que permite engadir contido progresivamente antes do lanzamento final, previsto para esta primavera, e mellorando aspectos do xogo grazas ás achegas da comunidade de xogadores e xogadoras. Entre os contidos e funcionalidades que están a ser engadidas figura a posibilidade de xogar en lingua galega, unha opción que estará dispoñible o vindeiro 25 de xaneiro. Así, The Waylanders estará dispoñible en galego, español, inglés, ruso, chinés, alemán e francés. De feito, xa se pode escoitar en galego o trailer do xogo, que conta coa dobraxe de Antonio Esquivias (a voz do Actor Secundario Bob nos Los Simpson, ou de Frasier na serie homónima). Gato Studio \"quere demostrar que Galicia, o seu patrimonio e as súas paisaxes, son interesantes para os xogadores de todas as partes do mundo, e que é posible poñer en valor a súa cultura sen renunciar a contar unha absorbente historia de fantasía\"Outra das últimas novidades do xogo é a incorporación da recreación da Compostela medieval, escenarios que estarán dispoñibles no lanzamento final do xogo, esta primavera. Así, pódese ver a Catedral tal e como era na súa etapa románica, con detalles recoñecibles como o Pórtico da Gloria e referencias aos deseños do Mestre Mateo para a súa construción.A acción do xogo desenvólvese en dúas épocas diferenciadas: celta e medieval, tomando como escenario a Galicia e algunhas localizacións ben recoñecibles, entre elas a Torre de Hércules, o Ézaro ou a cidade de Compostela. Gato Studio \"quere demostrar que Galicia, o seu patrimonio e as súas paisaxes, son interesantes para os xogadores de todas as partes do mundo, e que é posible poñer en valor a súa cultura sen renunciar a contar unha absorbente historia de fantasía\", destacan.The Waylanders é un videoxogo de rol (RPG) de fantasía, inspirado nas lendas e a mitoloxía celta de Galicia e Irlanda e na que o Camiño de Santiago é tamén protagonistaO xogo conta cun sistema de combate estratéxico e innovador, que inclúe formacións especiais para unhas batallas con alta profundidade táctica. Os personaxes son completamente personalizables e con \"distintas orixes\" para que se adapte completamente a estilo de cada xogador ou xogadora. A produción inclúe así mesmo unha ampla variedade de companions que acompañan o personaxe protagonista durante a aventura. \"Poderás ter profundas conversas, descubrir o seu pasado, facer misións de lealdade para gañar a súa confianza e mesmo experimentar romances con eles\", destácase dende o estudio Gato Salvaje.No ano 2016 Gato Salvaje puxo en Stream o primeiro videoxogo en galego desta plataforma, BullshotDez anos de experienciaGato Salvaje presentou en 2010 o seu primeiro videoxogo, AR-K, que buscou lanzar a través de Kickstarter, algo que conseguiu finalmente en 2013, conseguindo máis de 100.000 euros nesa campaña de micromecenado. En 2014 presentou o segundo episodio do xogo e en 2015 chegou o terceiro, La Gran Evasión. No ano 2016 Gato Salvaje puxo en Stream o primeiro videoxogo en galego desta plataforma, Bullshot."}
{"ID": "PRAZA_20260", "summary": "IMAXES INTERACTIVAS | O Instituto de Estudos do Territorio avanza o traballo sobre as imaxes tomadas polo exército americano en 1946 cunha fotografía de cada unha das sete cidades. Compáraas con esta ferramenta co seu aspecto actual", "text": "A mediados da década dos anos 40 do século pasado as cidades galegas estaban habitadas por arredor de 400.000 persoas, mentres que no resto do país vivían arredor de 2,1 millóns de mulleres e homes. Aqueles sete centros urbanos que aínda se resentían das consecuencias do golpe franquista foron fotografadas en 1946 polo servizo cartográfico do exército dos Estados Unidos dentro do seu voo por toda Galicia. Unha década antes do seu célebre voo fotogramétrico os avións norteamericanos captaron imaxes que agora comezan a ser dixitalizadas e colocadas sobre o mapa no Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente. O Instituto de Estudos do Territorio avanza o traballo sobre as imaxes tomadas polo exército americano en 1946 cunha fotografía de cada unha das sete cidades Como \"anticipo\" deste proxecto, que o IET desenvolve en colaboración co Ministerio de Defensa e o Instituto Geográfico Nacional, a institución galega vén de liberar unha ortofoto de cada unha das sete cidades galegas que, confrontadas coas captadas na actualidade por satélites como os empregados por Google Maps, de onde tiramos as fotografías actuais, permite observar cambios substanciais en canto a asentamento da poboación, expansión urbanística ou infraestruturas de comunicación. O IET considera estas imaxes de \"gran valor\", se ben a súa \"falla de calidade\" ou a ausencia de \"datos técnicos\" provoca que o proceso para ubicalas, xeorreferencialas e abrilas á consulta pública sexa \"lento e difícil\". A Coruña As expansión do porto, a construción do dique de abrigo e, en xeral, os terreos gañados ao mar son, probablmenete os cambios máis evidentes na fisonomía da Coruña nestes 70 anos. Na cidade captada por aquel voo estadounidense xa se distinguía o flamante novo estadio de Riazor, o único edificio próximo á Torre de Hércules era o cárcere e os terreos do que dous décadas despois tornaría no polígono de Agrela eran aínda leiras. Algunhas rúas que aínda son arterias do centro da cidade como as máis próximas á praza de María Pita si presentaban, no entanto, trazados moi semellantes aos actuais. Ferrol As infraestruturas navais, tanto militares como civís, marcan tamén os cambios destas sete décadas en Ferrol. A harmónica traza urbana do centro da cidade obsérvase nunhas imaxes nas que a estrada de Castela transitaba entre leiras polo que actualmente son barrios enteiros ou a continuidade urbanística que chega ata o lindeiro concello de Narón. Todo isto ás beiras dunha ría que aínda non era cruzada pola ponte das Pías e á que aínda non se asomaban os estaleiros de Perlío nin, evidentemente, tampouco a autoestrada do Atlántico ou Reganosa. Santiago O Santiago de 1946 era unha cidade de algo menos de 50.000 habitantes que apenas se expandía alén da contorna histórica, cuxo trazado é practicamente idéntico ao de setenta anos despois. A expansión urbanística do Ensanche apenas comezara e barrios como Fontiñas, Pontepedriña, ou Vite eran aínda parte da contorna rural compostelá. Cara ao sur, o edificio que actualmente é sede do Parlamento funcionaba como cuartel militar sen apenas veciñanza e dende alí podíanse divisar sen dificultades montes como o Viso ou o Gaiás, daquela só un monte. Lugo A Muralla e o río Miño marcaban, como no século XXI, o Lugo de mediados do século XX. Aquela urbe de pouco máis de 40.000 habitantes non se estendía moito máis alá do recinto amurallado e era moi máis permeable que na actualidade á súa enorme contorna rural. Na zona norte destaca o que despois sería o popular barrio da Milagrosa, que apenas catro anos antes inaugurara a súa igrexa parroquial, aínda do Perpetuo Socorro e, cara ao oeste, as coñecidas como 'casas baratas' eran aínda chalés sen apenas veciñanza. No sur zonas actualmente moi poboadas como Fingoi ou Fontiñas non eran nin sequera un proxecto. Ourense No Ourense de mediados do século pasado non vivía nin un terzo do equivalente á poboación actual. Os barrios que medraron no norte da cidade, na contorna da estación ferroviaria, aínda non ocuparan o seu lugar e o curso do Miño, nalgunhas zonas máis estreito que na actualidade, era cruzado por menos pontes. Mentres, o trazado de vías como a avenida de Zamora ou a rúa do Progreso distinguíanse daquela cun trazado practicamente idéntico ao actual Pontevedra Só dúas pontes, a do Burgo e a da Barca, cruzaban en 1946 unha ría de Pontevedra na que as augas eran protagonistas tamén en áreas actualmente urbanizadas, como a contorna do campus universitario. Áreas de expansión da cidade como Campolongo aínda eran parte da contorna rural dunha cidade na que xa destacaba a súa Alameda e na que xa se distinguían conexións viarias como as da actual N-550. Vigo Vigo botouse sobre o mar para medrar, sobre todo industrialmente. Os recheos de Bouzas e, en xeral, o crecemento das instalacións portuarias son algunhas das mudanzas máis significativas nunha cidade na que, vista dende o aire, xa se distinguían arterias de comunicación como a Gran Vía ou puntos de referencia como a prazas de España e de América e mais a rúa de Urzáiz. Mentres, contornas como a do barrio de Lavadores eran aínda arrabaldos afastados dos principais centros da vida urbana. Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_8825", "summary": "Sitúase no 19,4%, segundo a enquisa do INE.", "text": "A taxa de risco de pobreza medrou en Galiza nun só ano en 4 puntos, situándose no 19,4% en 2015, segundo recolle a enquisa de condicións de vida que vén de publicar o INE (Instituto nacional de estatística). Isto é, dous de cada dez galegos están en risco de pobreza. Ataxa, porén, está por baixo da media espoañola, que é do 22%. O inquérito do INE indica que un de cada catro fogares galegos non ten capacidade económica para facer fronte a gastos imprevistos, mentres que o 7% das familias recoñecen \"retrasos\" nos pagamentos relacionados coa vivenda principal e un 7,1% falan de \"moita dificultade\" para chegar a fin de mes. O ingreso medio anual neto por persoa en Galiza, sempre en base a este estudo do INE, foi en 2014 de 10.235 euros, o que supón que minguou un 0,2% a respeito do exercicio precedente e sitúase case un 2% por baixo da media española. A Rede europea contra a pobreza afirmab a afinais do ano pasado, que 151.000 galegos viven en \"privación material severa\". É dicer, que non poden facer fronte a catro dos nove conceptos de consumo básico definidos a nivel europeo (retrasos pagamento hipoteca, retrasos pagamento auga ou luz, non poder comer carne ou peixe cada dous días,...) O 5,5% d@s galeg@s entrarían nesta categoría, indica a Rede europea. A porcentaxe máis alta desde o inicio da crise, cando eran o 3,4 por cento. Ademais, case o 15% da poboación menor de 60 anos que reside en Galiza vive en fogares con baixa intensidade de emprego. O 'risco de pobreza' é un indicador que mide a desigualdade, non a pobreza absoluta. Indica, así, cantas persoas teñen uns ingresos moi baixos a respeito do conxunto da poboación."}
{"ID": "NOS_26416", "summary": "Os datos da Axencia Tributaria indican que case unha de cada tres asalariad@s galeg@s cobran por baixo dos 9.000 euros anuais", "text": "A crise está a ser unha oportunidade de ouro para entrar sen reparos nos salarios dos traballadores, nunha liña impulsada pola patronal e o goberno central de pular por un recorte nos soldos en aras do aumento da competitividade e da saída da crise. En 2011, o salario medio dos e das asalariad@s da Galiza era de 18.271 euros, entrementres no exercicio anterior, 2010, foi de 18.314. Mais os datos da Axencia Tributaria apuntan cuestións máis que preocupantes. Así, en 2011, un total de 294.652 asalariad@s galeg@s cobraron salarios por baixo da cuantía anual do SMI (Salario Mínimo Interprofesional). Nese ano, o soldo mínimo foi de 8.979,60 euros. Terceiro territorio do estado con salarios máis baixos O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou a súa enquisa de estrutura salarial en outubro. Un informe de mercado laboral en que se plasma que Galiza é o terceiro territorio do estado en ter os salarios máis baixos, só superada por Estremadura e Canarias. O Gabinete Técnico de Economía da CIG, a partir de datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, elaborou un documento ao respecto no ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada, porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis, a máis de contratos de escasa duración. En gran medida, a realidade laboral padeciza pola xente moza galega débesa ás sucesivas reformas laborais aprobadas polo goberno español de Rodríguez Zapatero e, posteriormente, de Mariano Rajoy. O 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI un 15 % (apenas a metade deste). Conxuntamente recibiron o 6% do total da masa salarial d@s galeg@s. O 1,5% das persoas asalariadas en Galiza de maiores ingresos (máis de 7,5 veces o SMI) percibiu o 7,7% do total das rendas salariais no noso país. Os números falan por si propios: o 1,5% das persoas asalariadas de maiores ingresos acaparan unha maior porción da masa salarial que o 27% de menores ingresos."}
{"ID": "NOS_29367", "summary": "Unha Galiza binaria é a que debuxou esta segunda feira Ana Pontón, a líder nacionalista, após unha reunión dunha delegación da Executiva do BNG cos cabeza de lista das 7 cidades galegas. Por un lado, un Bloque que avanza. Por outro, un PP \"en declive\" que \"retrocede nos tres últimos procesos electorais\" e que \"perde peso\". Pontón enfatizou que no conxunto das 7 urbes máis populosas do país o voto ao nacionalismo incrementou en 22,2% nestas eleccións locais.", "text": "\"Outra Galiza é posíbel e constrúese desde os concellos e as deputacións\", dixo Ana Pontón na súa comparecencia perante os medios desta segunda feira. Cun discurso inxectado de optimismo, a líder nacionalista achegou dous dados que ilustran sobre o avance da alternativa soberanista no entramado urbano da Galiza: o 26M o voto ao Bloque incrementou en 22,2% no conxunto das 7 cidades. \"E o número de concelleiras e concelleiros en 31,6%\", resaltou. O BNG está en forma, veu argumentar Pontón. \"Duplicamos votos nas xerais e nas europeas\", dixo. E nas locais o Bloque aumentou apoios e materializou os seus obxectivos estratéxicos: reter Pontevedra e obter representación naquelas cidades das que fora desaloxado en 2015 (Ourense e Vigo). Ese BNG puxante que debuxou a portavoz nacional da formación frentista contrapúxoo a un PP que ve \"en declive\", cada vez con menos \"peso\" na sociedade galega. A tendencia permite prognosticar a Pontón que o Bloque está en condicións de enfrentar con garantías un novo desafío, o das eleccións galegas de 2020. O reto no próximo combate electoral é duplo: por unha banda, pór fin \"ao decenio nefasto do PP e de Feixoo\" e por outro facelo cun nacionalismo reforzado que permita a posta en práctica desde o goberno galego de políticas que garantan \"un cambio real\". A clave pasaría por \"fortalecer o proxecto do BNG\", unha organización \"unida\" arredor dun \"proxecto claro\" e \"referente\" de centos de miles de cidadás e cidadáns. Mais Pontón non se conforma: \"hai que sumar máis galegas e galegos\". Un proxecto diferenciado E sobre a política de alianzas, Pontón deixou algunhas pistas. O BNG estará sempre frente á dereita, tal e como pide \"a maioría social galega\", mais á vez manterá e reforzará un proxecto \"diferenciado e non homologábel\" a outras forzas. \"Ese traballo [o da materialización do ideario propio do BNG] pódese facer desde o goberno ou desde a oposición\", precisou Pontón, quen enfatizou que \"sempre demostramos que facemos oposición pensando no ben común\". \"Nós imos ás institucións para mudar as cousas\", concluíu."}
{"ID": "NOS_53672", "summary": "Sermos Galiza publica o primeiro número de dous cadernos monográficos sobre a Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao. Mércao xa na nosa loxa.", "text": "Coordenado por Xoán Carlos Garrido e Francisco Sampedro editamos un AFondo arredor dalgúns dos pensadores que tomaron parte na Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao. Oito páxinas para afondar no pensamento europeo encol dos procesos revolucionarios. Con dúas entrevistas, ao filósofo francés Gérard Mauger e o filósofo marxista italiano, Domeneco Losurdo, debruzámonos nas achegas daqueles pensadores que hoxe son os referentes fundamentais dos \"fíos vermellos\" -en termos de Maria Ruído- da esquerda europea. Asemade, Xosé Manuel López Fernández asina un artigo arredor da obra de Terry Eagleton no que coñecermos máis devagar as constribucións deste autor ao Deseño dun círculo marxista. Tres eran as premisas de partida coas que a Aula Castelao artellou máis un ano a Semana de Filosofía: (1) Isto non pode seguir así, (2) É necesario mudar (3) Como facer eses cambios. Eis algunhas reflexións que desde Europa nos achegan para transformar o actual estado de cousas. Xa podes mercalo na loxa de Sermos Galiza por só 0,50€."}
{"ID": "NOS_57460", "summary": "O vice-presidente venezolano, Nicolás Maduro, comunicou ao pobo de Venezuela a través dunha comparecencia de imprensa que o presidente Hugo Chávez está a sufrir \"novas complicacións\" após ser intervido en Cuba do cancro que padece desde o pasado ano. Aliás asegurou que o proceso de recuperación do líder bolivariano \"non está exento de riscos\".", "text": "\"O goberno da República bolivariana de Venezuela cumpre co deber de informar ao pobo venezolano sobre a evolución clínica do presidente Hugo Chávez\", deste xeito, comeza o comunicado feito público este domingo (30 de decembro) polo vice-presidente Nicolás Maduro, ao que deu lectura desde A Habana, cidade en que se atopa o comandante Hugo Chávez após ser intervido o pasado día 11 de decembro. Malia as críticas da oposición e de diversas cabeceiras da imprensa do país --e mesmo de fóra das súas fronteiras, o executivo venezolano informou máis unha vez sobre o estado de saúde do seu presidente e asegurou que durante o post-operatorio, o líder bolivariano está a sufrir \"novas complicacións\" verbo da infección respiratoria que lle foi diagnosticada hai unhas semanas. Neste senso, e após confirmar que se reunira co propio presidente, Nicolás Maduro confirmou o empeoramento do estado de saúde do presidente despois de de ser operado hai dezanove días, asemade, salientou que o proceso de recuperación \"non está exento de riscos\" malia que \"a súa forza física e espiritual\" está a axudar ao comandante e presidente a superar \"esta difícil situación\", acrecentou Maduro. Hugo Chávez, que xa enviara unha saúda oficial ás forzas armadas a pasada sexta feira (28 de decembro) quixo transmitir a través do vice-presidente da República un saúdo de fin de ano \"a todas as familias venezolanas\" e especialmente \"ás crianzas de Venezuela\". Así mesmo, Nicolás Maduro indicou que os desexos expresados por Chávez para o vindeiro 2013 son \"a consolidación da independencia da Patria e a unión nacional\", nun dos momentos de maior complexidade política no país."}
{"ID": "NOS_14223", "summary": "A Xunta de Goberno local aprobou unha normativa reguladora que estipula que non se poderá circular con estes vehículos polas grandes vías do municipio. Tampouco estará permitida a mobilidade polas estradas interurbanas.", "text": "A medida que se estende o uso do patinete eléctrico na Galiza as cidades e vilas van tomando as súas medidas para regular a mobilidade neste medio de transporte. A última en aprobar unha normativa foi Vigo, cuxa xunta de Goberno local deu o visto e prace a un proxecto de ordenanza que limita o emprego do patín. En concreto, segundo transcendeu esta terza feira, a norma estipula que quedará prohibido usar estes vehículos en grandes estradas da cidade, así como as de carácter interurbano. Tamén estará limitado o emprego en zonas peonís, a excepción da área de Bouzas e o Casco Vello. Nestes lugares a velocidade máxima será de 10 km por hora e mantendo unha distancia de 1,5 metros en relacións a xente que vaia a pé. As sancións, que poden chegar mesmo aos 500 euros en función da gravidade das infraccións, tamén poderán penalizar a falta de casco. Neste sentido, o Concello quere que sexa obrigatorio que se leve casco e chaleco ou roupa reflectora para evitar riscos no tráfico. Tamén se requirirá seguro de responsabilidade civil e certificado de circulación ou ter unha idade mínima de 15 anos. Zonas vetadas Por exemplo, entre as zonas onde será multado o uso de patíns están a Gran Vía -no tramo entre a rúa Venezuela e a Praza de América-, o avenida de Castelao, a de Citroën, Arquitecto Palacios ou a avenida de Madrid. Outros puntos restrinxidos son os pasos soterrados e as beirarrúas. Por seguridade A velocidade estará controlada ao igual que o uso de auriculares ou teléfono móbil mentres se conduce. Igualmente, será motivo de sanción ir baixo os efectos de alcol ou drogas."}
{"ID": "NOS_37832", "summary": "Verdegaia apunta irregularidades no proxecto mineiro de Corcoesto: sinala o impacto que a mina pode ter sobre hábitats e especies, ou o nivel de contaminación dos estériles, algúns deles con niveis de arsénico moi superiores ao límite permitido.", "text": "A asociación tamén refire o aumento de emisións do gas canceríxeno radon como consecuencia da explotación, e acusa a falta de adecuación do estudo arqueolóxico, que está obsoleto e a falta de rigor dos cálculos de estabilidade da balsa de lodos tóxicos, baseada nunha normativa pensada para obra civil, pero non aplicable a construcións xeolóxicas como é o caso dunha balsa de estériles de mina. Por outra banda, tamén consideran que hai eivas na viabilidade económica do proxecto, a falta de rigor do plano de restauración e que non se adecúa ao Planeamento urbanístico dos distintos concellos afectados, e, con todo, está declarado proxecto industrial estratéxico. Sinalan tamén as repercusións das voaduras sobre a poboación, e as vivendas máis próximas en particular. Así e todo, acusan que a explotación mineira de Corcoesto incumpre algúns requisitos que a lei marca para ser considerado proxecto estratéxico: non crea os 250 postos de traballo directos marcados por lei (moitos son subcontratas), o volume de investimento non se detalla co nivel de concreción requirido na lei, e non hai investimentos relacionados coa actividade mineira que teñan un impacto positivo ou supoñan unha mellora da dotación futura da zona, tampouco en canto á xeración de ingresos públicos por cotizacións sociais, taxas e impostos; xa que as exencións tributarias e as subvencións das que gozan os proxectos estratéxicos anularían dito efecto beneficioso. Amais, os documentos a exposición pública non valoran os impactos negativos do proxecto sobre a economía: perda de valor patrimonial das vivendas e os terreos; uso competitivo da auga, en detrimento do consumo humano, animal, e agrícola; perda de calidade de vida derivada da contaminación acústica; efectos negativos para a actividade turística; posibles impactos sobre Rede Natura...E por último, a tecnoloxía empregada no proxecto (lixiviación do ouro mediante cianuro) foi prohibida en varios países polas súas graves repercusións sobre o medio (mesmo o Parlamento Europeo aprobou unha resolución instando aos países da Unión Europea a prohibila, alertando dos riscos que dela se derivan). A empresa pretendía acollerse a unha nova lei da Xunta (aínda sen regulamento de aplicación) para axilizar os trámites dos proxectos industriais estratéxicos. Isto permitiría tramitar conxuntamente o estudo de impacto ambiental e o plano de restauración, saltar por riba da lexislación urbanística dos concellos afectados, expropiar as fincas afectadas sen máis trámite, e outras prerrogativas. Por todos estes motivos, Verdegaia solicita que se denegue a consideración de estratéxico a este proxecto. Considera que sería unha \"neglixencia\" darlle luz verde, xa que podería supoñer unha ameaza permanente no tempo."}
{"ID": "NOS_26204", "summary": "A toma de posesión decorrerá o 14 de maio, despois de que o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, comunique o resultado da votación a Felipe VI.", "text": "O pleno de investidura do vicepresidente primeiro en funcións da Xunta, Alfonso Rueda, como sexto presidente do Goberno galego, comezará este 10 de maio ás 9.30 horas, coa intervención inicial do candidato. 48 horas despois, o 12 de maio, os deputados volverán reunirse para que interveñan os grupos parlamentarios e expresen o seu sentido de voto. A sucesión na Presidencia da Xunta: votación o 12 de maio e toma de posesión o 14 As tres formacións que integran o Parlamento, PP, BNG e PSdeG, xa fixeron público que votarán, a favor a primeira e en contra a segunda e terceira. Nesa segunda xornada, os grupos parlamentarios intervirán durante 35 minutos, de menor a maior representación na Cámara (PSdeG, BNG e PP). Tempo ilimitado para responder Pola súa parte, Rueda terá tempo ilimitado para responder aos tres portavoces parlamentarios. Despois da intervención do candidato, haberá unha segunda quenda de dez minutos para os grupos parlamentarios, e pechará o debate Alfonso Rueda, outra vez con tempo ilimitado para responder. Alfonso Rueda Valenzuela, un pontevedrés de dereitas \"de toda a vida\" Despois do debate, terá lugar a votación, na que a maioría absoluta do Partido Popular dará a presidencia do Goberno galego a Rueda. A toma de posesión decorrerá o 14 de maio, despois de que o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, comunique o resultado da votación a Felipe VI."}
{"ID": "NOS_7345", "summary": "Máis dun cento de traballos presentados a esta iniciativa, convocada con motivo da celebración do Orgullo da Diversidade sexual, Lugo Diversx 2020, por 'Nós Diario', en colaboración coas asociacións Arelas, Sete Outeiros, Avante LGTBI+ Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.", "text": "A acollida do I Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual superou todas as expectativas. Máis dun cento de traballos foron presentados dentro do prazo, aberto o 23 de setembro e que finalizou ás 23.59 horas do día 23 de outubro de 2020. Diversidade é unha palabra que conta con múltiples acepcións no dicionario. Tamén hai multitude de formas de vivila e de celebrala. Por iso, Nós Diario, en colaboración coa Asociación Arelas, coa Asociación Avante LGTBI+ LugoO, coa Asociación Sete Outeiros e a Rede Museística Provincial de Lugo, desenvolveu este I Certame de Microrrelatos Nós Diario sobre a Diversidade Sexual, que se enmarca no programa 'Lugo Diversx'. Validación e fallo do xurado Fechada a recepción de traballos o 23 de outubro, entre ese día e o 6 de novembro as persoas participantes recibirán comunicación da aceptación do traballo –logo da verificación de que se axusta ás bases- e o fallo do xurado terá lugar o 22 de novembro. Premio e publicación Dotado con 250 euros para o traballo gañador e con 150 para o segundo -ademais da publicación de ambos tanto na versión en papel como na dixital de Nós Diario-, no concurso puideron participar tanto persoas maiores de idade como menores con autorización expresa de quen posúa a custodia legal, a cal pode descargarse aquí, ao igual que as bases. Colectivo Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo, valoraba \"moi positivamente\" esta iniciativa, apontando que \"os medios de comunicación xogan un papel moi importante nesa normalización plena da diversidade sexual da que falabamos ao comezo\". A asociación Arela, en boca de Cristina Palacios explicaba na presentación do certame para Nós Diario que este concurso representa \"outra forma de entender o Orgullo, que se prolonga durante todo o ano e ten unha óptica máis próxima ao debate e á reflexión que á festividade\". Tamén LGTBI+ Lugo e Asociación Sete Outeiros quixeron \"apoiar e axudar a levar a cabo\" este certame, complementario doutras iniciativas e actuacións que levan a cabo."}
{"ID": "PRAZA_710", "summary": "ENTREVISTA A tradutora e escritora Teresa Barro, residente en Londres desde hai máis de cincuenta anos, analiza a súa terra nesta conversa con Palavra Comum na que cuestiona o debate sobre o galego, censura o patriarcado que \"rexe\" e pide un país \"que aprenda a tecer o seu potencial\".", "text": "Teresa Barro (A Coruña, 1936) estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, e licenciouse nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1964 emigra a Londres, onde segue a traballar como tradutora. Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, coma Grial, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres. \"Galiza é un país sen estrear aínda, que ten que se facer a si mesmo e aprender a tecer o seu potencial\" Conta-nos como vês Galiza, desde a distância de morar há muito tempo em Inglaterra? Como seria uma Galiza Imaginária em que te sentisses cômoda? Paréceme que a Galiza é un país sen estrear aínda, que ten que se facer a si mesmo e aprender a tecer o seu potencial. Estou en desacordo con esa visión da Galiza Nai, vítima, vencida e maltratada, que preponderou no galeguismo e que continúa no nacionalismo galego. Coido que esa visión é patriarcal e insire pasividade. Eu cheguei á conclusión de que o principal problema da Galiza é o patriarcado e que terá que liberarse del para empezar a ser fiel a si mesma e ás suas posibilidades. Ainda que non hai país no mundo que non sexa patriarcal, eu coido que na Galiza o patriarcado adentrou moi fondo, non sei se por influencia da Igrexa, talvez, ou se poderá haber algunha outra razón. Ese patriarcado abáfaa e tíralle folgos, lévaa a renunciar e a temer a liberdade. Para min a Galiza é unha figura ou entidade espiritual que está ainda sen expresar e sen ¨saír ao mundo¨. Intúo que a mensaxe que dará ao mundo estará relacionada co entendimento do espírito, e que será unha música distinta e de nível elevado. \"O patriarcado abafa Galiza e un dos seus efectos é a falta de visión do futuro\" Un dos efeitos dese patriarcado que, na miña opinión, abafa a Galiza, é a falta de visión do futuro. O patriarcado ancora no pasado e, como non quer que nada mude, aborta o futuro. O pasado é o que manda. Isto é un grave erro que leva ao fatalismo e ao determinismo. Sen entender que o futuro se pode e se debe construir, sexa cual sexa o pasado, nengun país pode ir adiante. A Galiza que eu ¨vexo¨ e que non me parece unha utopia, senón moi posíbel, é unha Galiza que decida ter unha economia axeitada e pensada para que cada persoa poda estudar o que lle atraia e traballar no que goste, ou, mellor ainda, no que lle apaixone. Isto precisaria cambiar por completo o sistema de ensino, saír da dependencia que insire o patriarcado, cultivar o espírito de independencia, e aceitar que o direito ao traballo é fundamental e que, mesmo por iso, hai que exixir a cada país ou nación que se responsabilice dos seus ¨fillos¨ e que se asegure de que todos eles van encontrar traballo axeitado. Quereria ver unha Galiza con forte agricultura, industria, comercio e redes de comunicación de todo tipo. Paréceme que cando se pensa na economia da Galiza haberia que pensar en como facer o diñeiro e non só en como distribuílo ou gastalo, e que sempre hai que contar non só co que hai, senón co que poderia haber, e estimular ese potencial. Saír do patriarcado querería dicer tamén deixar atrás o espírito de clan, os tribalismos e iso que se chama ¨individualismo¨, que vén sendo loitar só pola finca dun e por non deixar que lle movan os marcos. Habería que cultivar a auténtica individualidade, o espírito de amizade e a crenza no ben común, e aplicar a todo a paixón propria da criación. Todo iso significa amar a liberdade e saber que o futuro ten sempre algo de novo e descoñecido que hai que respeitar e potenciar. E como é a tua experiência em Inglaterra? Que é o que mais aportou para a tua pessoa? Inglaterra foi para min o descobrimento doutro mundo moi distinto do que eu coñecía. Foi o comezo dunha ¨socialización¨ a escala internacional, como a que fai cada persoa cando se ¨socializa¨ e vai descobrindo que hai outros mundos amais do da súa familia. Aínda depois de tantos anos (50) que levo vivindo na Inglaterra, ségueme interesando e até sorprendendo, quizais, sobre todo, por ser tan distinta ao meu país. Cando eu cheguei a Londres por primeira vez, en 1964, encontrei unha Inglaterra na que se notaban aínda moito os golpes da recente perda do imperio e da segunda guerra mundial. A maneira en que asimilaron todo iso foi admirábel, moito máis se se compara co mal que se levou a perda do imperio español. Gosto inmenso da seriedade intelectual, de que non sexa fácil dar gato por lebre, da análise e crítica política, social e intelectual continua, do entendemento da historia e polo tanto do propio país, e do espírito de loita, debate e organización, o de saber que hai que dar batallas e estar dispostos a facelo o mellor posíbel. Sei moi ben que lle debo moitísimo do que son a esa experiencia, que foi difícil e que non cambiaria por nada. Inglaterra tamén me serviu de contraste co meu país e iso estimuloume a pensar e ver a Galiza dun xeito distinto a como a veria sen esa experiencia. Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação cultural hoje -e para a cultura galega, em particular-? Estimo que todos os camiños de criación son interesantes e necesarios. Creo que na Galiza fai falta análise e crítica en todos os terreos, no das artes tambén. Se algunha vez a houbo, desapareceu. Agora son as universidades as que semellan ter todo o poder para decretar o que está ben, e iso non pode dar bon resultado. Non é desexábel que o académico invada e se apropie de todo, porque acaba secando a cultura e a criatividade. Eu coido que haberia que educar o sentimento, a faculdade do sentir, como se educa o intelecto. Como o patriarcado decretou que o sentimento era feminino e ¨cousa de mulleres¨, ficou sen cultivar. Creo que as artes todas abren a imaxinación e os horizontes e cultivan e refinan o sentimento. Por iso teñen unha importancia fundamental que non se lles recoñece. \"Non acredito nese auto-odio ao que se lle atribúe o abandono da lingua galega\" Que perspectivas tens sobre a língua galega (e também sobre a sua relação com a Lusofonia)? Creo que o galego e o portugués son a mesma lingua e que, por circunstancias políticas e históricas, ficaron separadas. A lingua portuguesa seguiu vivindo unha vida normal e espallándose por outros continentes co imperio portugués. Galiza, en cambio, quedou formando parte do reino de Castela e León, e o galego foi perdendo forza e vitalidade fronte ao castelán. Penso que é un desatino afirmar que, nesas circunstancias, o galego seguiu tendo unha vida e unha evolución normal. O que sucedeu co galego teria sucedido en calquer outro país nesas circunstancias históricas, e non foi culpa de ninguén. Botarlle a culpa dun proceso que levaba moitos séculos en marcha ao réxime de Franco, ou a que os pais da Galiza rural non querían que os fillos falasen galego, paréceme un disparate histórico e unha negación da realidade. Comparar a situación da Galiza coa da Catalunya paréceme outro grave erro histórico: os cataláns seguiron falando o catalán porque non formaron parte do reino de Castela e seguiron facendo a súa vida, mentres que Galiza quedou incorporada a Castela e, amais, separada de Portugal, considerado traidor na España ¨unificada¨ por se ter independizado da ¨nai patria¨. Portugal virou o inimigo desprezado, e ese inimigo desprezado tiña a lingua que se falaba na Galiza. Isto tivo que influír moito, moitísimo, na imaxe que na Galiza se tiña da lingua galega, e, que eu saiba, non está estudado. Non acredito nese auto-odio ao que se atribúe o abandono da lingua e, ainda que creo que ter lingua propria é unha riqueza e que aga a pena defendela e potenciala, penso que habería que analizar o asunto sen negar realidades e sen ¨orgullo de familia¨. A lingua é importante, mais ás veces semella que se Galiza falase galego xa non habería máis problemas de nada. Ningunha lingua ten forza abondo para facer un país e Galiza, aínda que perdese a língua, teria unha forte personalidade, como a teñen Irlanda ou Escocia a pesares de que perderon o gaélico e falan o inglés. Ás veces sospeito que o da lingua virou unha evasión e que non deixa pensar en outras cousas. \"Ningunha lingua ten forza dabondo para facer un país; ás veces penso que o da lingua virou nunha evasión que non deixa pensar en nada máis\" Cando se oficializou a lingua galega e se meteu no ensino non se quixo admitir a realidade de que esa lingua non podia estar en bo estado, ao ter ficado cada vez máis isolada no medio rural e en mans de persoas con pouca cultura. Nesas condicións, o lóxico era que non adquirise recursos e vocabulario moderno, e que a lingua perdese vida e creatividade. Esta perda de recursos segue hoxe, a pesares do ensino e a oficialización. O galego está contaminadísimo de castelán (e agora de inglés), até o punto de que é mais castelán disfrazado de galego que outra cousa. A fonética galega que eu ouvín de moi nova nas aldeas isoladas era igual á do portugués. Esa fonética formaba parte do que entón xa se chamaba, con desprezo, ¨gallego cerrado¨. Esa fonética galega perdeuse e non se fixo nada por recuperala. O resultado é que agora o galego fálse con fonética castelá, con vogais máis fechadas que as do castelán. A fonética galega segue viva no portugués e haberia que imitala e aprendela para falar galego. O galego quedou con pouco vocabulario, nin novo (hai en galego vocabulario automobilístico, por exemplo, ou médico, ou técnico?) nin vello. Non se insulta en galego, e non porque falte vocabulario niso, e é cousa sabida entre os estudosos da relación entre dúas ou máis linguas que, á hora de insultar, hai unha forte tendencia a acudir á verdadeira lingua dun, aínda que habitualmente se fale outra. Que ¨gilipollas¨ sexa insulto habitual entre nacionalistas galegos dá idea do estado en que se encontra o galego e do pouco que se coida. E tamén o de que todas as frases e expresións novas veñan do castelán e non xurda ningunha en galego. O lóxico seria acudir ao portugués para curar o galego e pólo ao día, mas para iso haberia que cambiar a mentalidade e renunciar a entrar no mundo da língua portuguesa con espírito imperial, de que o idioma é ¨noso¨, sen ter en conta o que pensen ou sintan os que falan portugués, aos que o galego (o que agora se presenta como galego) parécelles castelán mal amañado. Para min é un exemplo do patriarcado que impera na Galiza a afirmación de que o galego é o pai do portugués, é dicor, o patriarca con dereito a mandar en todos. Coido que a lingua galega precisa cultivo coidadoso e axeitado e que o que se está facendo é negarse a ver a doenza e non aplicarlle remédio. \"O galego está contaminadísimo de castelán), até o punto de que é máis castelán disfrazado de galego que outra cousa\" Como é a tua experiência como tradutora? Para min a tradución é música, a interpretación dunha partitura, e iso tanto se é traducion ¨aburrida¨, de documentos, que é a que fago profesionalmente, como se é literaria. En todo o Estado español, e na Galiza tamén, non se aprecia a tradución nen se entende que traducir é unha arte, e confúndese con descifrar outro idioma. Todo o mundo pensa que con saber outro idioma xa se sabe traducir, que vén sendo como crer que con saber algo de solfexo xa se sabe tocar o piano. A ¨loita¨ entre dúas linguas que hai sempre no proceso de tradución é fascinante: hai que entrar a fondo e con grande sensibilidade na lingua extranxeira da que se traduce, mais hai tamén que oporlle resistencia para non se deixar levar por ela. A min traducir descánsame a mente, supoño que porque é escribir, mais sen o pánico que me entra cando escribo as miñas cousas, onde sempre penso que non me van sair. Fala-nos da tua visão sobre o feminismo… Tens trabalhado, mais em concreto, sobre a figura de Rosalía. Como a vês na actualidade? Cando eu pensaba nos asuntos das mulleres antes de ¨descubrir¨ e analizar o patriarcado, sempre chegaba a un punto en que non cadraban algunhas das pezas. Despois, cando vin que fora o patriarcado o que decretara a inferioridade das mulleres e do feminino para establecer xerarquía e ditadura xa desde que nacíamos, as pezas todas encaixaron perfectamente. Iso mudou algo o meu pensamento feminista e ampliouno. Penso que se non saímos dese patriarcado que rexe o mundo desde tempos inmemorais, as mulleres, por moito que consigan dentro do sistema, seguirán reducidas e inferiorizadas, e que a sociedade patriarcal buscará a maneira de telas prisioneiras. O patriarcado decretou a superioridade dos homes e a inferioridade das mulleres para que o autoritarismo e a inxustiza que se aprenden na familia se repitan logo en todas as estruturas da sociedade e parezan naturais e de orixe divina. A cuestión era establecer superioridade e inferioridade nata e irremisíbel. Paréceme que, aínda que as mulleres consigan máis igualdade, mentres sigamos no patriarcado as estruturas seguirán funcionando contra elas. Penso tamén que na sociedade patriarcal, os homes, ainda que ¨superiores¨, están amputados e presos no papel decretado para eles, e que o masculino está igual de falseado que o feminino. \"Se non saímos do patriarcado que rexe o mundo, as mulleres seguirán reducidas e inferiorizadas\" Paréceme fundamental, para que as cousas muden, que haxa algunhas mulleres, ou moitas, que escollan dedicarse con paixón a outras cousas que non sexan a familia e a maternidade. Nestes momentos vexo mulleres que precisan atender a todo sen a mínima tranquilidade, e que están divididas por dentro e non saben o que queren, porque a sociedade, que non vai deixar que abandonen o papel de coidadoras da familia e de nais ¨patriarcadas¨, dilles que poden e deben telo todo. Tamén sería fundamental que as mulleres entendesen a maternidade como un labor de creación e educación, e non de reprodución automática da sociedade establecida. Espero, e estou segura de que vai ser así, que nalgun momento as mulleres deixen de colaborar co patriarcado e de admirar o mundo ¨masculino¨ e se atrevan a facer as cousas de outro xeito. \"A figura de Rosalía aínda non está recoñecida como debera\" Para min o feminismo non se centra só nos problemas das mulleres, senón na potenciación do feminino auténtico, non do imposto e falseado polo patriarcado. Penso que o decreto de que o feminino era inferior ao masculino amputou o mundo e a sociedade humana. O patriarcado quere un mundo de mando e submisión, de absorción e anulación do ¨outro¨, e para min forma parte do feminismo loitar contra iso. Aspiro, como feminista, a que o feminino teña forza e se manifeste sen medo. E isto paréceme de importancia primordial para que o mundo funcione mellor. En relación a Rosalía, sempre afirmei que foi unha grande feminista, e até coido que escribín un artigo hai moito tempo que se titulaba ¨Rosalia feminista¨. Eu non creo nos catecismos de ningún tipo, nos feministas tampouco, e penso que non pode haber unha definición única do que é ser feminista. Unha figura como a de Rosalia puido parecer ¨atrasada¨ porque non se axustaba aos canons de certo tipo de feminismo, mais ser escritora ¨seria¨ no século dezanove, e non cantar ¨ás pombas e ás frores¨, era xa feminista en canto que ninguén cría que fose oficio de mulleres e que estas puidesen achegar nada. Esa foi a razón de que moitas escritoras do dezanove escollesen publicar con pseudónimo masculino, para que as tomasen en serio. Rosalía tivo a grande valentía de presentarse como muller, e de usar con forza o sentimento e a emoción sabendo que iso levaría a que a acusasen de ¨sentimentalismo¨. Penso que ainda non está recoñecida a figura de Rosalia como debera. Es a autora de um livro sobre astrologia. Comenta-nos o que achas interessante sobre ela… A Astroloxia sempre foi parte importante da miña vida e semellaría que nacín con ela dentro, pois que non lembro que en ningún momento a descubrise. Desde moi nova andaba procurando e lendo con paixón todo o que había sobre ese tema, en revistas, libros ou onde fose. Logo tiven a oportunidade de estudala en serio, en Londres, na Faculty of Astrological Studies, nuns estudos que me apaixonaron e me descobriron un mundo novo que nen sospeitaba que existise. A partires deses estudos vin a Astroloxía como a matemática do espírito, en canto que é, entre outras cousas, un sistema que ensina como funciona o espírito. Vin, por exemplo, con grande claridade, que todos nacemos cunha ¨partitura¨ que temos que aprender a ¨tocar¨, que cada un de nós nace como un instrumento musical en bruto que hai que perfeccionar, e que se non se fai esa tarefa individual e importantísima, logo nas relacións cos demais e co mundo e a vida vaise desafinar e actuar a destempo, ou querendo destacar máis que ninguén ou renunciando a facerse a un mesmo. A Astroloxía axudoume moito tamén a entender o masculino e o feminino e a interacción e relación entre esas duas enerxias. Para min, a Astroloxia é pura beleza, como a música ou a poesía. A Astroloxía forma parte integral da miña vida, non hai día que non analice ou pense nalgo astrolóxico, e axudoume a coñecerme a min mesma no sentido en que os filósofos dician que habia que facelo, e a entender a vida e o mundo e saber de onde vén o vento en cada momento. \"Todo, o pensamento e a acción, semella vir como un lóstrego\" Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver? Nestes momentos estou moi centrada en escribir e en facelo sobre todo nos meus blogs (Desde Albion para Galiza e Viento de marzo), que me permiten unha grande liberdade que aprecio moitísimo. E logo, o que veña… Estou sempre disposta a empezar cousas novas e a miña vida está en xeral marcada polo repentino e inagardado: todo, o pensamento e a acción, semella vir como un lóstrego. \"No país enténdese o debate por non deixar falar os demais e eliminar o opoñente\" Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui? Gusto muito en Palavra Comun da liberdade que se adiviña e a falta de imposición de ningún tipo que semella ter. Véxolle alento criativo e poético, e iso é moi importante. Talvez sería interesante que tivese algunha sección de debate, e quero dicir de debate auténtico (que fai moita falta no noso país), con argumentacións e sen partir de que hai que gañar e impor a opinión propia, con ánimo de ver e analizar os asuntos desde distintos ángulos e partindo de que a verdade hai que procurala todo o tempo, que custa muito aproximarse a ela, e que hai que facer ese esforzo entre todos con ánimo de aprender e prefecccionar. Mais isto si que me parece unha utopía nun país no que por debate se entende non deixar falar os demais e eliminar o oponente. Estou segura de que, mesmo porque Palavra Comun ten alento creativo, irán xurdindo temas novos e interesantes."}
{"ID": "NOS_41019", "summary": "Lingua e turismo. Estes son os eixos fundamentais do XV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística \"Traballando en Lingua\", onde se analizará se se emprega o galego como un valor e un recurso con interese para as persoas que visitan Galiza.", "text": "A Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan o XV Curso de Verán \"Traballando en Lingua\", que este ano se centra no turismo. Palestras e obradoiros prácticos servirán para analizar o porqué, o como, o onde e o cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con persoas de fóra. Cuestións como se haberá turistas que se poidan decantar por visitar Galiza polo feito de termos lingua propia centrarán o programa dun curso que tamén reparará no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer. Destinado a persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística, o curso, dirixido por Xosé Manuel Sánchez Rei e Marisol Ríos, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Carballo, terá lugar o 17 e 18 de xullo, de 9 horas a 20.30 horas, no Fórum de Carballo. O prezo para o público xeral é de 50 euros, 30 euros na modalidade reducida. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades, o material que se utilizar, os cafés conxuntos e o xantar dos dous días. A matrícula está aberta até o día 10."}
{"ID": "PRAZA_11444", "summary": "Os prazos fixados na lei de medios públicos de 2011 comezaron a incumprirse seis meses despois da súa entrada en vigor e preceptos centrais como a remuda na dirección xeral ou a constitución do Consello de Informativos seguen pendentes oito anos despois. A plataforma Defende a Galega' inicia unha recollida de sinaturas para esixir o cumprimento íntegro da norma", "text": "Hai agora oito anos, en novembro de 2011, o Parlamento viña de aprobar a nova lei dos medios públicos de comunicación. Culminaba así -non sen controversia entre os grupos- un proceso que comezara nos primeiros meses de 2010, cando un PP acabado de retornar á Xunta accedera a aprobar unha moción do PSdeG a prol da reforma da vella lei de creación da CRTVG, a mesma que o Goberno de coalición dos socialistas e o BNG prometera pero non chegara a impulsar.Os prazos fixados pola lei para renovar a dirección da CRTVG comezaron a incumprirse seis meses despois da súa aprobación e aspectos clave da norma que si foron aplicados fixérono con anos de atrasoO despregamento da nova lei, que nacera entre promesas da fin do control gobernamental na Televisión de Galicia, logo atopou atrancos e seis meses despois da súa entrada en vigor xa estaban incumpridos os prazos fixados para aplicar algúns dos seus aspectos esenciais: a elección dun novo consello de administración e dirección xeral por maioría reforzada do Parlamento -dous terzos, 50 escanos-, así como a aprobación do mandato marco da nova Corporación, o documento que, segundo a lei, define os \"os obxectivos xerais da función de servizo público que debe cumprir a corporación\".Algúns deses aspectos fóronse cumprindo nestes anos, pero con notabilísimos atrasos. O Consello da Xunta non deu luz verde ata outubro de 2013 á fusión da TVG e a Radio Galega nunha única compañía, paso imprescindible para o nacemento da nova Corporación RTVG, que non comezaría a operar a todos os efectos ata o 1 de xaneiro de 2016, xusto despois de que, con máis de tres anos de atraso sobre o fixado na lei, a finais de 2015 saíse adiante o devandito mandato marco.Tras a elección do novo Consello de Administración, tres anos despois do previsto, a Xunta reformou a lei pola vía rápida para deixar o director xeral elixido en 2009 indefinidamente no postoFoi tamén en 2015 cando, tras un pacto entre PP e PSdeG do que se desmarcara o resto da oposición, o Parlamento deu elixido coa maioría reforzada que marca a lei os membros do novo Consello de Administración da CRTVG -catro a proposta dos populares e dous, dos socialistas-. Eses nomeamentos activaban o mecanismo legal para, case catro anos despois do prazo legal, remudar a dirección xeral dos medios públicos, exercida dende 2009, cando volveu o PP á Xunta, por Alfonso Sánchez Izquierdo.Pero cando todo apuntaba á fin do mandato de Sánchez Izquierdo, o Goberno galego mudou as regras. En outubro daquel mesmo 2015, aproveitando a tramitación da lei de acompañamento dos orzamentos de 2016, a Xunta introduciu unha modificación puntual nunha das disposicións transitorias da lei dos medios públicos. Como informou Praza.gal, aquela reforma permitiu, na práctica, que Sánchez Izquierdo continuase indefinidamente no seu posto, no que xa acumula máis dunha década. Polo camiño, o PP rexeitou no Parlamento en varias ocasións propostas da oposición que reclamaban cumprir xa integramente a lei.Case oitenta 'venres negros'O oitavo aniversario da entrada en vigor da lei cadrará co octoxésimo 'venres negro' de Defende a GalegaO oitavo aniversario da entrada en vigor da lei dos medios públicos, o vindeiro decembro, cadrará de xeito case exacto co octoxésimo venres negro -este venres desenvólvese o 78º-entre o persoal da CRTVG que, dende hai ano e medio, canaliza a través do colectivo Defende a Galega as súas denuncias de \"manipulación informativa\" e \"desmantelamento\" da TVG e da Radio Galega. O cumprimento íntegro da lei do ano 2011 é, precisamente, unha das reivindicacións centrais desta plataforma e do propio comité interempresas dos medios públicos. Por este motivo, cadrando co oitavo aniversario da lei, Defende a Galega vén de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a aplicación íntegra do texto legal.Tras participaren en mobilizacións inéditas no seo dos medios públicos de comunicación galegos -dende a folga de finais de 2018 á histórica manifestación do outono do mesmo ano-, dende Defende a Galega volven apelar á colaboración cidadá para dar máis forza ás súas reivindicacións. Fano, din, porque \"só é necesario prender a tele ou a radio calquera día\" para \"comprobar\" que \"non se cumpren\" os \"principios\" fixados na propia lei, tal é o caso da \"obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa\".Defende a Galega vén de iniciar unha recollida de sinaturas para reclamar o cumprimento íntegro da lei, a comezar pola remuda na dirección xeral e a constitución do Consello de InformativosAlén disto, dende Defende a Galega poñen o foco nalgúns dos incumprimentos máis evidentes da letra da lei. Por iso, explican, con esta recolleita de sinaturas procuran acrecentar a esixencia da \"remuda inmediata do actual director xeral\" e a súa sucesión mediante \"maioría de dous terzos\" do Parlamento, así como \"a urxente posta en marcha dun Consello de Informativos\", órgano contemplado na lei, que \"ampare\" o persoal \"ante as prácticas de manipulación que se dan no presente e se poidan dar no futuro\".A súa pretensión é, ao cabo, din, \"esixir ao Goberno da Xunta e ao Consello de Administración da CRTVG o cumprimento da lei\". Fano, conclúen, porque desexan \"uns medios públicos ao servizo da cidadanía, que sexan espello da pluralidade do país, que exerzan de dinamizadores culturais e sociais\" e que \"informen, formen e entreteñan\"."}
{"ID": "PRAZA_7235", "summary": "Fronte á retórica sen contido real das campañas de fomento da natalidade, a realidade é que os apoios da administración ás persoas que teñen descendencia son escasos. Os expertos salientan que en Galicia son moi poucas as familias con máis dun fillo.", "text": "Hai unhas semanas soubemos que a Xunta gastará ao redor de 600 mil euros nunha nova campaña publicitaria de fomento á natalidade. A medida complementa o Plan de Dinamización Demográfica, un conxunto de iniciativas con máis contido propagandístico que real, pois practicamente non achegan incentivos materiais para axudar a unha persoa que teña un fillo ou filla, alén dalgunha cativa dedución fiscal. A campaña publicitaria e o conxunto do plan foron obxecto dunha severa crítica a cargo das forzas da oposición. Por exemplo, Carmen Gallego (PSdeG) culificou de \"cínico\" que o Goberno destine fondos a estas campañas mentres retira servizos públicos. Para Juan Fajardo (AGE) é \"hipócrita\" que \"por unha banda, se anime a cidadanía a ter fillas e fillos\" para \"despois, deixalos abandonados á súa sorte por parte da Xunta\". E para Carme Adán (BNG) resulta \"indecente\" desenvolver campañas coma esta mentres, por exemplo, no mercado laboral a maternidade supón un prexuízo para as mulleres ou mentres \"soben o prezo das escolas infantís e da atención á dependencia\". A realidade é que Galicia presenta unha das taxas de natalidade máis baixas de toda Europa. Porén, a pesar de que dende a administración se leva exhortando os galegos e galegas a ter fillos, esta petición poucas veces abandonou o plano da retórica, ofrecendo moi escaso apoio real, económico, na duración das baixas por maternidade e paternidade ou nas fórmulas de conciliación da vida laboral. Fronte á retórica das campañas de promoción da natalidade, datos e feitos. En Alemaña a baixa laboral por maternidade co 100% do salario é de 14 semanas, pero a ela hai que sumar unha baixa dun ano de duración co 67% do salario para a nai e outra da mesma duración e condicións para o pai As baixas pagadas por maternidade chegan ata as 16 semanas en España, ás que se suman outras dúas semanas de baixa por paternidade. En Alemaña, a situación é ben distinta: a baixa laboral por maternidade co 100% do salario é de 14 semanas, pero a ela hai que sumar unha baixa dun ano de duración co 67% do salario para a nai e outra da mesma duración e condicións para o pai. Suecia, Austria, Reino Unido, Noruega ou Dinamarca tamén ofrecen baixas retribuídas dun ano de duración. Non é a única diferenza. En España as nais poden recibir unha axuda de 100 euros ao mes cando teñen un fillo ou filla, pero só durante tres anos e só no caso de que traballen. Pola contra, en Alemaña esta axuda é incondicional, chega aos 184 euros e dura ata que o rapaz ou rapaza fai 18 anos. Nos países nórdicos e Austria atopamos fórmulas semellantes. España é un dos países con menor flexibilidade nos horarios laborais Outras diferenzas importantes están nas fórmulas para a conciliación da vida laboral e familiar. España é un dos países con menor flexibilidade nos horarios laborais, o que dificulta moito a vida de nais e pais. O 88% dos e das traballadoras ten un horario ríxido, 17 puntos por riba da media europea (71%) e a moita distancia de países como Finlandia (44%). Ademais, en lugares como Noruega ou Suecia aplícanse outras medidas, coma a posibilidade de acollerse a baixas laborais retribuídas en caso de enfermidade dun fillo. Todo isto -entre outros factores- favoreceu que estes países, que nos anos 60 ou 70 presentaban algunhas das taxas de natalidade máis baixas do mundo, conseguisen incrementalas nas últimas decadas, duplicando na actualidade a taxa de nacementos que se rexistra en Galicia. E todo isto, ademais, en países nos que a incorporación da muller ao mundo laboral é practicamente unánime e nos que a porcentaxe de mulleres en cargos directivos está entre as máis altas do mundo. A redución do número de persoas inmigrantes (maioritariamente novas) chegadas a Galicia e a España nos últimos anos, froito da crise económica, tamén fixo diminuír notablemente o número de nacementos A taxa de natalidade en Galicia situouse en 2013 no 7,17 por mil, con menos de vinte mil nacementos fronte a máis de trinta mil defuncións. A taxa é, ademais, dous puntos máis baixa que a media do Estado Español. Chama a atención, ademais, que son as mulleres extranxeiras as que elevan un chisco o dato, tanto en Galicia coma no conxunto de España, con taxas que duplican a media. A redución do número de persoas inmigrantes (maioritariamente novas) chegadas a Galicia e a España nos últimos anos, froito da crise económica, tamén fixo diminuír notablemente o número de nacementos. 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 Galicia 7,6 7,74 7,83 7,92 8,4 8,14 7,96 7,79 7,63 7,17 Galicia (mulleres estranxeiras) 18,25 18,1 16,59 17,08 18,43 17,72 17,39 15,08 15,17 14,21 España 10,57 10,65 10,85 10,86 11,28 10,65 10,42 10,07 9,69 9,11 Taxa de natalidade. Tanto por mil. Fonte: INE A media de fillos estimados por muller (un dato coñecido como indicador coxuntural de fecundidade) sitúase en Galicia no 1,04 (datos de 2013), por debaixo da media española (1,27) e moi lonxe da media da UE (1,58, segundo datos de Eurostat de 2012), con cifras que oscilan moito pero qeu superan notablemente as rexistradas en Galicia: Alemaña: 1,38. Francia: 2,01. Italia: 1,43. Portugal: 1,28. Suecia: 1,91. Reino Unido: 1,92. 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2009 2010 2011 2012 2013 Galicia 2,38 2,07 1,48 1,17 0,95 0,96 1,02 1,10 1,09 1,08 1,08 1,04 España 2,8 2,21 1,64 1,36 1,17 1,23 1,33 1,38 1,37 1,34 1,32 1,27 Indicador coxuntural de fecundidade (número medio estimado de fillos por muller) María Dolores Puga, investigadora do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, destacaba hai uns días en entrevista en Praza que os datos de natalidade en Galicia presentaban certas particularidades que explicaban a baixa taxa global e o reducido número de nacementos. E todas elas, ademais, teñen explicacións económicas. Por unha banda, está a cada vez máis tardía idade na que as mulleres galegas teñen o seu primeiro fillo, acadando xa unha media por riba dos 31 anos de idade. As limitacións económicas e a imposibilidade de compaxinar o feito de ter un fillo con desenvolver unha carreira profesional fan imposible para moitas mulleres ter un fillo ou filla a pesar de si querer ser nais. 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2008 2009 2010 2011 2012 2013 Galicia 24,6 24,3 24,8 26 27,7 29 29,9 30,2 30,5 30,7 31 31,1 31,2 España 25,2 25,1 25,8 26,8 28,4 29,1 29,3 29,3 29,6 29,8 30,1 30,3 30,4 Idade media do nacemento do primeiro fillo en Galicia e España. Fonte: INE Os partos cada vez se producen en idades máis avanzadas, sendo xa os 35 anos a idade na que se producen máis partos. De feito, hoxe en día hai en Galicia unha taxa de fecundidade superior nas mulleres de 40 anos ca nas mulleres de 25. De feito, os partos cada vez se producen en idades máis avanzadas, sendo xa os 35 anos a idade na que se producen máis partos. De feito, hoxe en día hai en Galicia unha taxa de fecundidade superior nas mulleres de 40 anos ca nas mulleres de 25. \"Nos discursos dos políticos repítese unha cuestión de vontade: 'temos que ter máis fillos', pero en realidade non se poñen os medios e as medidas para facilitar que iso ocorra. Nas enquisas vese que a xente si quere ter máis fillos, polo tanto o problema non é de vontade. A xente quere ter dous fillos e pico de media e acaba tendo un\", destacaba María Dolores Puga, botando man de datos coma os reflectidos por algunha enquisa do CIS, na que os e as entrevistadas declaraban que o seu número ideal de fillos e fillas era de 2,74 de media. Nesa enquisa, os motivos alegados para non ter o número de fillos e fillas desexado eran a \"falta de ingresos suficientes\" e a \"dificultade de compaxinar fillos e traballo\". 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2009 2010 2011 2012 2013 20 anos 111,2 119,2 74 48,7 24,1 18,3 15,1 17,5 17,2 14,6 14,5 11,9 25 anos 153,2 128,4 94,2 76,2 55,2 37,8 35,4 34,6 33 30,4 29 29 30 anos 123,5 97,8 73,1 71,1 70,8 76,9 75,7 74 71,4 69,7 68 66,2 35 anos 62,3 50,7 38,5 31,1 35,2 48,9 64,4 74,2 75 76,6 78,1 74,6 40 anos 34,1 24,2 13,2 8 7,6 10,8 15,4 19,9 22,4 26,4 26,6 27,7 45 anos 4,3 3,4 2 1,3 0,6 0,7 0,9 2,8 1,8 1,9 2,1 2,8 Evolución da taxa de fecundidade por idades en Galicia. Fonte: INE \"A falta de emprego, as políticas de vivenda..., están atrasando moito a idade media de maternidade, que xa se sitúa entre os 30 e os 35 anos, e así é complicado ter dous ou tres fillos\" \"A maior parte da xente quere ter máis nenos dos que finalmente pode ter\", sinalaba María Dolores Puga, pero \"a falta de emprego, as políticas de vivenda..., están atrasando moito a idade media de maternidade, que xa se sitúa entre os 30 e os 35 anos, e así é complicado ter dous ou tres fillos\". \"Non imos volver ás cifras de hai décadas, pero certas medidas si poden favorecer que a xente teña o seu primeiro fillo nas idades nas que queren telo, xusto antes de chegar aos 30\", propoñía. Outra característica da natalidade en Galicia é que a proporción de familias que só ten un fillo é moi superior á doutros países europeos. \"A xente quere ter máis dun fillo, pero normalmente queda no primeiro. Iso diferéncianos doutras sociedades, coma o Reino Unido ou Alemaña. Alí as taxas de natalidade son semellantes á nosa, algo maiores pero moi pouco, mais isto é porque hai un grupo grande da poboación que xa decide non ter fillos, e outro grupo que ten dous ou tres\", destacaba Puga. \"Isto non pasa en Galicia: aquí o número baixo de fillos por muller é consecuencia de que as familias teñen un só fillo, non de que haxa un grupo grande de persoas que non quere ter fillos\", engadía. \"Case todas as familias galegas, aínda que sexa tarde, fan o esforzo de ter un fillo, pero non conseguen pasar do primeiro ao segundo\", sinalaba Puga. \"Ese é o gran problema que temos: pasar do primeiro ao segundo\", concluía Por exemplo, entre as mulleres españolas nacidas ao redor do ano 1965, a porcentaxe de nais de fillo ou filla única é do 28%, cun 12% de mulleres sen fillos, un 46% que teñen dous fillos ou fillas e ao redor dun 12% que teñen máis de dous. Pola conta, no Reino Unido, as porcentaxes son moi distintas: máis un 20% das mulleres desa idade non teñen fillos, e ao redor dun 12% teñen un fillo ou filla única; un 35% ten dous fillos e máis do 30% teñen máis de dous. \"Case todas as familias galegas, aínda que sexa tarde, fan o esforzo de ter un fillo, pero non conseguen pasar do primeiro ao segundo\", sinalaba Puga. \"Ese é o gran problema que temos: pasar do primeiro ao segundo\", concluía."}
{"ID": "NOS_36863", "summary": "Unha manifestación -que desde a plataforma en defensa da sanidade pública visan sexa multitudinaria-, defenderá esta quinta feira a xestión pública do Álvaro Cunqueiro entre as denuncias ás condicións actuais.", "text": "A parálise do traslado de doentes ao novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, foi a pinga que fixo rebordar o vaso. As denuncias pola privatización da xestión, as deficiencias nas infraestruturas, a carencia de persoal, de camas e mesmo de material sanitario sucédense desde antes mesmo da súa abertura. Nen o servizo de aparcadoiro, tamén privado, sae indemne das críticas. Porén, até a interrupción da posta en andamento do complexo, por mor dos resultados obtivos nas análises que apuntan a unha posíbel existencia de bacterias e fungos que porían en risco a saúde d@s doentes, a Consellaría de Sanidade e o conxunto do goberno galego, a comezar polo propio presidente, negaban a maior e \"acusábannos de alarmistas\", apunta Manuel González Moreira da CIG-Saúde en conversa con Sermos Galiza. Para Moreira o que está a acontecer no Álvaro Cunqueiro reflicte a \"chapuza\" e a \"falta de planificación\" coa que se desenvolveu a construción e equipación do hospital. Un proxecto que foi deixado en \"mans privadas sen a supervisión do Sergas\". \"Deixaron con desleixo que a empresa fixera o que quixese\", denuncia, e as consecuencias son agora visíbeis. \"Desde a Plataforma en defensa da sanidade pública e a CIG presentamos tres denuncias perante a Inspección de Traballo\" nas que aseguraban que a \"falta de avaliación previa\" imposibilitaba o traslado de doentes. Agora, estas son un feito \"con 200 pacientes ingresados\". \"Hai unha sensación de alarma\" no interior do hospital, afirma. Para alén da preocupación xerada pola suposta presenza de aspergillus --\"un fungo que existe na natureza e que en situacións de saúde normalizadas non tería riscos mais que si os ten para persoas coas defensas baixas como doentes crónic@s ou en procesos cirúrxicos\" explica Moreira; as denuncias tamén se suceden polo custe do aparcadoiro. Aparcar, 10 euros por unha sesión de quimioterápia E é que @s doentes de cancro que acoden ao hospital para recibir tratamento de quimioterapia pagan unha media de 10 euros por sesión. \"Cítannos ás nove mais é mediodía e aínda non recibimos a medicación\". Os retrasos, de até 4 horas, segundo denuncian as persoas afectadas, fan incrementar o custe --de 1,75 euros por unha hora como evidencia a factura pendurada nas redes sociais estes días (@juliogonzalezgz). \"Isto pasa porque se deixou en mans privadas o proxecto e a construción\" do hospital, subliña Manuel González Moreira. O Álvaro Cunqueiro \"estaba previsto que fose o grande hospital da área sanitaria, o de referencia, mais non o será\", entre outras cuestións, asegura, pola falta de servizos e \"de camas\". Das 1.485 previstas --e 2 mil anunciadas-- só se disponibilizarán 845 de hospitalización segundo os dados da propia xerencia. Así as cousas, desde a Xunta de Galiza e, no concreto, desde a Consellaría de Sanidade, non recoñecen a situación denunciada. \"Estivo aquí dous días dicindo que todo estaba ben, desouvindo a profesionais e pacientes\". Neste senso, na súa última visita, Rocío Mosquera tivo que escoitar as denuncias por parte do cadro de persoal que a apupou polos corredores do hospital, embora o gabinete de imprensa gobernamental aseguraba nun comunicado de imprensa que \"a posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro\" continuaba adiante \"con éxito e sen incidentes reseñábeis\". Teitos que caen, pingueiras que inundan departamentos... Para Manuel González Moreira \"temos que recuperar o hospital para o ámbito público\" e \"reivindicármolo como o que ten que ser, o noso hospital\". Ese será o berro que se escoite polas rúas da cidade olívica o 3 de setembro. \"Lanzamos un chamamento á cidadanía de Vigo para se mobilizar\", sinala Moreira \"en defensa do noso hospital\". Á mobilización -que, avanzan, será multitudinaria- acudirán autobuses desde outras localidades da área sanitaria como O Morrazo. Sairá ás 20h do Hospital Xeral (Rúa Pizarro)."}
{"ID": "PRAZA_19888", "summary": "A taxa de risco de pobreza e de exclusión social reduciuse unhas décimas en 2016 pero o indicador anual é o segundo máis elevado dende o 2008. A renda media por persoa segue por debaixo dos datos de 2010 e sitúase case 300 euros por debaixo da media española", "text": "Os datos da Enquisa de Condicións de Vida (INE) correspondentes a 2016 amosan unha leve mellora nos indicadores de pobreza en Galicia, mais ao tempo revelan o mantemento dunha situación moi complicada para máis de unha de cada catro persoas no país. A taxa de risco de pobreza e exclusión social sitúase no 25,4%, cun lixeiro descenso dende o 25,7% de 2015 pero aínda consolidada nos niveis máis elevados dende o 2008 e os anos previos á crise. O dato galego mellora un chisco o do conxunto de España (27,9%) e atópase a medio camiño entre as cifras de Euskadi, Navarra, Cataluña, Aragón, Baleares ou Asturias (por debaixo do 20 por cento) e os moi negativos números de Andalucía ou Canarias (por riba do 40 por cento de pobreza). Si melloran de forma algo máis clara algúns indicadores parciais que fan referencia a distintos elementos de carencia material e capacidade de compra e consumo. Aínda que o 46,3% dos galegos e galegas afirman que non se poden permitir marchar de vacacións unha semana, esta porcentaxe é sensiblemente mellor que a de 2013 (59,3%). O mesmo sucede coa pobreza enerxética, que afecta ao 9,1% dos galegos e galegas (por debaixo do 14% de 2014). Ou coa porcentaxe de persoas que non se pode permitir comer carne ou peixe cada dous días (1,1%), afortunadamente moi por debaixo do 5,5% de 2013. Segmentados eses datos en función da condición sociolaboral, a enquisa amosa que no conxunto do Estado as persoas desempregadas atópanse cada vez máis en situación de pobreza (un 63% deles e delas o está), unha realidade da que é en boa medida responsable a porcentaxe cada vez menor de parados e paradas con prestación de desemprego. O estudo amosa que mesmo un 17% das persoas con traballo se atopan en situación de pobreza, unha porcentaxe que descende lixeiramente en 2016, pero que aínda empeora moito o nivel previo á crise (13,4%). Así mesmo, o 53,3% das familias monoparentais son pobres, unha cifra que mesmo creceu no último ano e que duplica a media do conxunto de fogares. As familias con nenos e nas menores ao seu cargo seguen a sufrir a pobreza en maior medida que os fogares sen rapazada. A enquisa tamén indica que en Galicia a renda media por persoa (10.439 euros netos) segue por debaixo dos datos de 2010 (10.504). Ademais, sitúase case 300 euros por debaixo da media española (10.708)."}
{"ID": "PRAZA_6658", "summary": "Anova enfróntase a vindeira fin de semana á súa segunda asemblea ordinaria. O seu coordinador nacional, Martiño Noriega, chama a \"desdramatizar\" o que alí poida acontecer, pero non evita evidenciar que nesta cita medirán as súas forzas as \"dúas almas\" da organización, que poden \"convivir\" se \"unha delas non adopta unha análise excluínte da outra\". Mentres, o colectivo Cerna apela a \"recuperar o proxecto orixinario\" da formación.", "text": "Anova celebra a vindeira fin de semana a súa segunda asemblea nacional. Baixo o lema Coa nación na esquerda. Tecendo rede a formación que lidera Xosé Manuel Beiras enfróntase a un conclave decisivo para o seu futuro cando apenas pasaron dous anos dende a asemblea fundacional. Para Martiño Noriega, actual coordinador nacional, non cómpre \"dramatizar\" o que poida acontecer no plenario do Palacio de Congresos compostelán, pero tampouco evita evidenciar que nesta cita medirán as súas forzas o que se deron en chamar \"dúas almas\" de Anova, as cales poden non ter \"problema\" para \"convivir\" sempre e cando \"unha das dúas posicións non adopte unha análise excluínte da outra\". \"E iso -afirma- aconteceu\". O nacionalismo galego estase acostumando a ter asembleas tensas, cruciais, decisivas... Iso acontece porque hai un debate de fondo. Moitas veces téntase reflectir cara a fóra que os problemas no nacionalismo galego son cuestións de loitas do poder cando o que hai é un debate estratéxico sobre a posición que se debe defender nestes convulsos tempos. Iso é o que provoca ese debate de ideas, que non é menor. Hai dúas posicións. Unha emana das teorías do nacionalismo contemporáneo dende os anos 60, que apenas mudou a súa análise do país e as súas repostas; coido que é lexítima, ás veces digo illada ou isolacionista. E hai outra que cre que o nacionalismo galego de esquerdas está obrigado a abrir novos espazos, a buscar confluencias nesa fronte popular do século XXI que lle dea ao país unha alternativa ao poder do PP e do PSOE e que ademais ten a función de ubicar o discurso do país nesa gran fronte ampla no Estado cara a un proceso constituínte. Non deixa de ter certos paralelismos co debate que viviu o Partido Galeguista nos anos 30, mesmo cando se viviu a cuestión sobre a Fronte Popular. O PG adoptou unha posición que implicou que o discurso do país estivese presente e que tivésemos rango de nacionalidade histórica. Dende os primeiros pasos de Anova falouse recorrentemente desas dúas visións, de \"dúas almas\"... Son dúas estratexias que están no nacionalismo, non só a nivel partidario. Estaban tamén, por exemplo, no Encontro Irmandiño. Son dúas almas e ás veces se di que non hai problema para que convivan. Pero o problema é cando unha das dúas posicións adopta unha análise excluínte da outra e iso aconteceu. Aconteceu no seu momento no BNG e acontece agora na medida en que, ante determinadas cuestións, se é anatemizado ou posto fóra dos marcos do nacionalismo. Esa é a cuestión; ás veces a cuestión chega a determinados límites non porque un queira, senón porque a un se lle obriga a chegar a esa posición, falo colectivamente. Eu adopto esta posición porque creo que é a que debemos adoptar como nacionalistas galegos, termos valentía para abandonar clixés e posicións partidarias clásicas que poden dar unha rendibilidade, pero que non deixan de significar unha derrota no proceso que estamos a vivir. Neste momento non me importa un resultado partidario en termos porcentuais ou unha posición máis ou menos de \"andemos nós ben, non me importan os demais\". A min o que me interesa é o que eu entendo como unha batalla decisiva; tanto no país como no Estado estase a xogar se hai unha renovación contractual cos poderes que coñecemos dende a Transición por outras dúas décadas. O sistema está a xogar: renova caras no PSOE, pero non cambia de discurso; renova monarca, pero mantén a Monarquía; o PP fala de rexeneración cando é un partido estruturalmente corrupto. E estase a xogar se somos quen, entre todos, dentro dunha pluralidade identitaria e da esquerda social, de elaborar unha alternativa a iso e abrir un espazo no que poidamos poñer as nosas reivindicacións. A situación é a que é porque hai este contexto. \"O nacionalismo galego vén lastrado dende os 60 por roles persoais, pero cada vez hai máis voces que solicitan non seguir cargando con esas mochilas históricas\" Hai un conflito estrutural, de estratexias... Pero tamén xeracional e, en última instancia, de persoas? Estamos a falar de estratexias, pero ao cabo quen executa iso son persoas. E si que é certo que o nacionalismo galego vén lastrado dende os anos 60 por roles persoais. Tamén é certo que cada vez son máis as voces que solicitan, a respecto dos roles persoais, unha tábula rasa e non seguir cargando con esa mochilas históricas. Como se chega a facer iso? É unha gran pregunta para a que non teño resposta. Supoño que por un proceso de decantación dentro do discurso. Hai un debate estratéxico de fondo e outro de roles persoais. Que se xoga Anova, por unha banda, e por outra, o país, nesta Asemblea? Hai risco de que todo tenda a reducirse a se se trata de ir ás eleccións ou non con Esquerda Unida ou con Podemos? Eu tento desdramatizar a posición partidaria de Anova. Anova, como se coñece a día de hoxe, a posibilidade de seguir inserida nese proceso de ruptura, se quere ou non participar. Se Anova decide que non quere participar, ese proceso de ruptura existe e outros o farán. Ese espazo ás veces téndese a simplificar en alianzas electorais, mesmo ata o ridículo. Pero é moito máis complexo do que parece. Anova fixo unha aposta por xerar un espazo mestizo, que era AGE, onde dende federalistas de esquerdas a nacionalistas e independentistas, maioría social agredida ou xente desencantada do PSOE se podían sentir reflectidos. Agora a resposta non chega unicamente pola vía destas coalicións, hai un elemento a maiores: cidadanía auto organizada que non participaba da representación nas institucións e que decide participar. E está disposta a facelo en simbiose, aínda que sexa con desconfianza, con determinadas estruturas partidarias. Aí está o reto; a complexidade é grande, pero é a situación na que nos atopamos. E aí é onde é que hai que falar de xenerosidade, confianza e estar. Ás veces simplifícase a cuestión coa esquerda federal; pero se queremos unha saída ao peche en falso que están buscando os poderes fácticos do Estado hai que contar coa esquerda federal e con novas emerxencias nela, como pode ser Podemos. Igual que hai que contar coas expresións identitarias nas nacións, como se contou na Fronte Popular. Hai que contar con expresión política de Galiza, Euskal Herria e Catalunya. E hai que engadir cidadanía non organizada partidariamente. Anova xógase seguir a ser unha forza política que nese espazo ten unha centralidade no discurso; porque alén do debate Anova é unha organización saneada economicamente, sen ningunha débeda financeira, con representatividade social e centralidade nese espazo de ruptura, no que non é vista con desconfianza. En todo caso eu desdramatizaría, o proceso seguirá. Con ou sen Anova. Se nós non o facemos, farano outros. \"Por buscar novos espazos es alcumado de españolista; por esa regra de tres, Bóveda e Castelao tamén o eran\" Con ou sen Anova ou con ou sen parte de Anova? Iso é algo que lles toca ás partes. Cando fas da túa posición unha posición excluínte e volves dicir cousas como as que eu escoitei cando marchamos do BNG, cando por buscar novos espazos es alcumado como españolista... Por esa regra de tres, Bóveda e Castelao tamén o eran. Xa non escoitas esas cousas dende a organización da que marchaches, senón na propia. E, sobre todo, ao virmos da experiencia de AGE. Eu son dos que cre na convivencia, no que o vello non acaba de desaparecer e o novo non acaba de consolidarse. Pero iso tocaralles ás partes. Alude a varios síntomas na sociedade e moitos deles apreciáronse nas eleccións europeas. Cales apreciou vostede, en xeral e na experiencia de AGE en Europa? De AGE en Europa sempre fixen un relatorio positivo, supoño que tamén porque dende dentro vin a complexidade de reeditalo e de facer eurodeputada a Lidia [Senra]. No simbolismo de Lidia está parte deste discurso. Fomos quen de poñer unha voz galega nese espazo de ruptura cunha persoa que representa de xeito nidio os intereses do país en pé de igualdade coa esquerda federal, con Podemos, con EH-Bildu, coa Syriza, co Bloco portugués, coa Front de Gauche, con Die Linke... E estás aí porque queres estar, Galiza na internacional das agredidas e agredidos. Poder reeditar isto nunha situación moi convulsa e consolidarte como terceiro espazo político no país é positivo. A maiores, comprobouse que ningunha fórmula partidaria ou de coalición ten o copyright do proceso: a emerxencia de Podemos. Iso acontece agora, con informacións que chegan, de enquisas dos partidos da alternancia, onde en cidades nas que non están constituídas candidaturas populares aparecen como segunda forza. Iso é porque a xente está agardando por iso. Agora, o problema non é percibilo, senón participar activamente en como artellar esa resposta. E aí é onde entra a terrible complexidade, a xenerosidade e as posicións de parte, as tentacións de querer representar exclusivamente o proceso, como pode ter Podemos... Ou entender que, se non é entre todos, non somos quen. Non hai a posibilidade de conformar unha Syriza no Estado español que non contemple as esquerdas nacionais, porque isto non é Grecia. Pero o que está claro é que nestes momentos hai un vector que colisiona co da alternancia e co do peche en falso. \"Non hai posibilidade de conformar unha Syriza no Estado español que non contemple as esquerdas nacionais; isto non é Grecia\" Despois dun primeiro momento no que se falaba da horizontalidade, de explorar alternativas, cada vez se fala máis de que hai que gobernar. Como se pode encadrar isto nestes procesos a poucos meses das municipais? Hai que fiar candidaturas, elaborar programas electorais e decidir que persoas optan ás alcaldías... Debuxando as liñas do campo para que todo o mundo teña un espazo de referencia. Iso como se fai? Consensuando un programa de mínimos que, coido, non debe ser difícil de consensuar. Falando do local, do corsé da reforma local, de democracia participativa, de transparencia, de ética, de remunicipalización de servizos, dunha cultura coa centralidade asentada no país... Aí hai un gran espazo. E despois, buscando un espazo para escoller as persoas en primarias nas que todo o mundo poida concorrer. Non vai haber a fórmula perfecta. E respecto á filosofía de fondo, gañar é unha cuestión de supervivencia, non unha opción. Ti podes, politicamente, entender que non tes por que chegar ás institucións e consolidar un proxecto a medio prazo. Pero nestes momentos o sistema non dá esa opción e iso condiciona todo o debate. E a esquerda social e o nacionalismo galego non poden vivir de costas a iso, senón asumir a súa responsabilidade. Por gañar nas eleccións non imos resolver o problema, pero sen gañar, o problema vaise amplificar. O discurso non pode ser resistencialista nin de parte, senón de vitoria ou derrota, que é o que nos xogamos neste momento. E vitoria é maioría social, pluralidade identitaria e mesmo a busca dun novo modelo social e identitario. O fenómeno desas resistencias das que fala a non perder o propio estatus convive con outro de resistencia ao liderado? Hai moitas persoas que din \"eu só lidero se non hai outra persoa que o faga\"? Si, conviven, aínda que son máis importantes as outras resistencias. Eu non quero formar parte diso, porque hai unha posición a priori, de poñerlle cancelas ao campo. Eu aí interpelo ao espazo do BNG, e non como unha cuestión estratéxica, senón de convencemento. Aí hai unha lectura de dicir non por anticipado. No fondo, foi a mesma lectura que xa se fixo co 15-M, de desconfianza cara todo o novo que está pasando. E de non querer sentir esa vertixe que todos sentimos. O outro é subsanable, na medida que os procesos colectivos se encamiñan e na medida en que poidamos crear algo real na base social. É certo que ao final cómpre xente que dea o paso adiante, pero o importante é que o proceso está en marcha. Os liderados acabarán chegando se cadra non con liderados sociais xa coñecidos, senón con liderados sociais de entre o propio movemento. Despois das municipais veñen as eleccións xerais e despois, as galegas. Tras dous anos de segunda lexislatura de Feijóo hai percorrido para que se visibilice unha alternativa de goberno no país? Déixanselle pasar moitas cousas ao actual Goberno? Podo aceptar esa valoración, pero tamén son dos que di que nese horizonte de locais, xerais e autonómicas pechamos un ciclo. É o límite que vexo para reverter a situación; se non somos quen de facelo neses tres eventos estaremos condenados a buscar outro tipo de horizontes de traballo ou a asumir que, en caso de chegar, chegaremos tarde. \"Se non somos quen de provocar espazos de esperanza, de vitoria e cambio de goberno, teremos que anotarnos outra derrota histórica\" Sería unha nova derrota histórica? Sería unha derrota histórica. De aí que moitos de nós esteamos absolutamente envorcados, poñendo en cuestión mesmo os roles persoais. Tamén desdramatizo iso, pero temos que ser conscientes; se non somos quen de provocar puntos de inflexión e espazos de esperanza, e non falo de bo resultado electoral senón de vitoria e cambio de goberno, claramente teremos que anotar no debe outra derrota histórica. Refírese ao persoal cando quedan poucos meses de mandato municipal e, polo tanto, de alcaldía en Teo. Xa se fixo a pregunta do que vai pasar despois ou depende, en boa medida, destes procesos? A pregunta fágoma constantemente e sigo sen atopar respostas, pero tampouco me estresa. A resposta está en min e nas dinámicas colectivas, non hai unha liberdade absoluta. As miñas posicións persoais téñoas fixadas e despois haberá que concilialas. Pero os momentos son cambiantes, cada dous meses acontecen cousas novas. Ademais de non seguir operando baixo o concepto clásico de saír dun lado para ir cara a outro, fantaseo con retomar moitas cousas que fun abandonando estes anos pero tamén entendendo que son parte dun proceso. Como dicía aquel ciclista, \"imos indo, imos vendo\". Quinielas nas que saia o seu nome non faltan... E apostas perdidas, tampouco. Levan moitos anos saíndo [ri ]. Fálase de nomes e persoas e falar socialmente de Anova é falar de Xosé Manuel Beiras. Como está de asociado o futuro de Anova ao futuro político e vital de Beiras? Sempre houbo unha lectura do nacionalismo galego que apostaba por colocar a posición de país nesa marea cidadá e ter o aval de Xosé Manuel Beiras facilita todo iso, porque igual que falamos de procesos colectivos, falamos de referencias persoais. Podemos falar de Quim Arrufat ou David Fernández nas CUP, a nivel de Estado de Pablo Iglesias e Julio Anguita, de Ada Colau en Catalunya... E se falamos de Galiza, oito de cada dez persoas que estean participando neste proceso falarían de Xosé Manuel Beiras. Xosé Manuel puxo o seu capital persoal e avala a presenza do nacionalismo histórico de esquerdas neste proceso, e iso é fundamental. El ten explicitado moitas veces que está no epílogo da súa vida persoal e aí opera con absoluta liberdade. Os tempos de Xosé Manuel está a marcalos el, cun custo persoal elevado e non teño dúbidas de que por el non vai quedar que sexamos quen de poder voltear a situación social. \"Xosé Manuel Beiras está a marcar os seus tempos, pero non teño dúbidas de que por el non vai quedar que sexamos quen de poder voltear a situación social\" O lugar onde estea el na asemblea desta fin de semana pode ser tamén determinante? Hai persoas que estiveron politicamente moi próximas a el e agora non o están... A súa posición foise decantando cos acontecementos. Non é algo que teña que determinar esta fin de semana; el, en todo este proceso e a disgusto, tívose que ir decantando. O importante, por así dicilo, é preservar a súa figura por riba das cuestións de debate, porque non é patrimonio só dun partido, é patrimonio da cidadanía galega. Alén diso, el a día de hoxe opera coa liberdade persoal suficiente como para ser consciente e marcar os seus tempos. É un debate que está pechado porque el mesmo o vai pechando. A súa posición está marcada nestes últimos meses, na aposta que fai nun momento moi complicado por reeditar AGE, polo seu propio discurso... E vén estando marcada dende hai anos, a cuestión é saber interpretalo e lelo malia aos intentos de instrumentalizar a súa persoa. Pero el está por riba deses intentos. Se o proxecto de Anova que vostede defende segue adiante a partir do luns, que tarefas internas e sociais ten por diante? E AGE? Cara a fóra Anova ten que seguir sendo ese facilitador na configuración dunha fronte ampla en Galiza e no Estado, e iso pasa por seguir a nutrir o espazo de AGE e non conformarnos con el. E aí, estar sempre coas mans abertas e nunha posición na que sexamos quen de conciliar os intereses do país e da cidadanía agredida. Internamente Anova ten que seguir camiñando cara ao que se dixo que era, algo novo, que é moi fácil de dicir pero difícil de facer, porque todos arrastramos os nosos pasados e acabamos reproducindo dinámicas aprendidas. Tamén ampliar a militancia? Tamén. Se cadra, non ampliala nun sentido clásico, pero si ampliar a base social. Como? Abrindo espazos de participación, tanto presenciais como a través da tecnoloxía, na corresponsabilidade na toma de posicións, incentivando a xente a participar... Xa estes meses empezamos a poñer en marcha as xeiras, espazos de participación nos que non había por que ser militante de Anova, que no fondo viñan das trobadas das CUP. Hai que seguir axitando, chamando á rebeldía. O rol de Anova é ese, entendendo que non se pode cinguir á cuestión partidaria e ás miserias dos partidos políticos, que as hai."}
{"ID": "NOS_30736", "summary": "A Sala do Penal do Tribunal Supremo rebaixou as condenas imputadas pola Audiencia Nacional aos mozos de Altsasu (Nafarroa) implicados na agresión a gardas civís na madrugada do 15 de outubro de 2016. As penas quedan agora fixadas entre o ano e medio e os 9 anos e medio de cadea.", "text": "Os xuíces do Supremo retiraron as agravantes de discriminación e de abuso de superioridade no delito de atentado contra a autoridade, polo que agora contempla penas que van desde 1 ano e 6 meses de cadea até os 9 anos e 6 meses. A resolución non foi unánime e dous maxistrados firmaron un voto particular favorábel a manter a agravante de discriminación. A Audiencia Nacional condenara aos de Altsasu a penas de entre 12 e 13 anos de prisión polos delitos de atentado a axentes da autoridade, lesións, desorde público e ameazas."}
{"ID": "NOS_46894", "summary": "Centos e centos de persoas ao longo do país conmemoran o Día do Libro lendo Manuel María nas actividades impulsadas pola Fundación que leva o seu nome. E non só lendo. Nestes actos tamén se interpreta Manuel María con música e con maxia, así como con representacións teatrais de pezas dramáticas.", "text": "Na Galiza conmemoramos este 23 de abril, Día do Libro, empapándonos da obra de Manuel María, con lecturas públicas que tiveron lugar en medio cento de concellos de toda a xeografía do país. \"É difícil saber o número de persoas que participaron nas actividades. No acto da Coruña, que durou dúas horas e media, nunca houbo menos de 150 persoas no local\", explica en declaracións a Sermos Galiza o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, que calcula que só na cidade herculina participarían unhas 300 persoas. A lectura non só foi tal. Tamén se cantou Manuel María con música, recuperouse con maxia e até con representacións teatrais das súas pezas dramáticas. A celebración deste Día do Libro con Manuel María xurdiu da man da fundación que leva o seu nome, que abriu unha convocatoria pública para que quen quixer sumarse collese o testemuño para organizar lecturas abertas. \"Que mellor forma que celebrar unha obra literaria ou un escritor que lendo a súa obra?\", salienta Ansede, que agradece a resposta de concellos, asociacións culturais e veciñais, bibliotecas e mesmo de comisións creadas a tal efecto á hora de facer súa a actividade arredor da obra do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. \"Gústanos moito que se fale de Manuel María, pero gústanos moitísimo máis que se deixe falar o propio Manuel María, coa súa obra\" \"Gústanos moito que se fale de Manuel María, pero gústanos moitísimo máis que se deixe falar o propio Manuel María, coa súa obra rica e abondosa\", expón o secretario da fundación, que explica que os actos que teñen lugar este sábado \"tratan de fuxir das declaracións de amor ao escritor, case sempre esaxeradas e baleiras e buscan compartir colectivamente a riqueza e vixencia dun escritor como Manuel María\". Así, apela a \"escapar da celebración puramente cerimonial que oculta a propia obra e deixar que a obra sexa a que fale\". Alberte Ansede participou da actividade convocada na Coruña, da que tomou parte activa a Agrupación Cultura Alexandre Bóveda, e dá conta da experiencia vivida na lectura pública, \"cando moita xente le Manuel María escolle os fragmentos das obras segundo as súas preferencias e, despois de ver a escolla, a sensación é que estamos diante dunha obra tan potente como diversa nas súas temáticas\". E é que na Coruña se recitaron desde poemas explicitamente políticos a poemas de amor, íntimos, o lirismo máis exquisito, sobre a identificación coa terra, sobre a lingua… \"E leu xente de todos os tramos de idade, desde crianzas a quen están no outono da súa vida\". O Concello da Coruña negou o Teatro Rosalía O acto que tivo lugar na cidade herculina non estivo exento de polémica. E é que o Concello impediu que a actividade se desenvolvera no Teatro Rosalía, \"a pesar de térmolo solicitado dous meses antes e de non existir ningunha ocupación do local\". \"Nas xestións feitas diante do concelleiro de Cultura aducíronse problemas no cadro de persoal\", lamenta Alberte Ansede, quen advirte de que non é a primeira vez que o Concello da Coruña lles nega outras peticións. Manuel María xa é patrimonio do pobo galego, non é propiedade da fundación que leva o seu nome, ao igual que non son os gobernantes os propietarios dos espazos públicos, di Ansede a respeito da polémica creada polo Concello da Coruña O propio secretario da Fundación Manuel María expuxo no propio acto que \"Manuel María xa é patrimonio do pobo galego, non é propiedade da fundación que leva o seu nome, ao igual que non son os gobernantes os propietarios dos espazos públicos\". Preguntado polo balanzo destes catro meses de ano Manuel María, Alberte Ansede sinala que \"é verdadeiramente espectacular o traballo que se está facendo nos centros de ensino. E tamén a cantidade de visitas dos colexios e dos adultos á Casa-Museo\". Salienta a \"receptividade moi importante da súa obra\", así como a súa posta, de novo, en circulación. Ese, di, é un dos aspectos máis positivos, pois por fin volve estar dispoñíbel e accesíbel ao público a súa obra\". Aínda que a meirande parte das actividades tiveron lugar na mañá, na tarde deste sábado realizaranse máis actos de lectura pública da obra de Manuel María. Os lugares e as horas poden consultarse nesta ligazón. [As imaxes empregadas nesta información foron cedidas pola Asociación Cultural Medulio de Ferrol]"}
{"ID": "PRAZA_2634", "summary": "Falamos con Pablo Valeiras, voceiro de Alternativa na Xustiza - CUT, sindicato que a pasada semana denunciou a urxente necesidade de reforzar os recursos cos que traballa o tribunal de violencia de xénero de Vigo. Textos de denuncias reais amosan en Pontevedra o \"inferno\" da violencia machista", "text": "Textos de denuncias reais amosan en Pontevedra o \"inferno\" da violencia machista O pasado venres Alternativa na Xustiza - CUT denunciou a situación de \"caos\" e \"colapso\" que se vive no xulgado de Violencia de Xénero e nos xulgados de Familia de Vigo pola falta de medios e a ausencia de resposta da administración, sinalando que en moitas ocasións \"medidas urxentes relacionadas con vítimas de violencia machista e con menores \"tardan meses en ser tramitadas\". De feito, no que vai de ano, o xulgado de Violencia de Xénero da cidade olívica tramitou xa 900 asuntos, e a metade están sen resolver. Ten máis de 300 ordes de protección en vigor, 119 delas concedidas este 2015. O sindicato convocou paros alternos de tres horas os luns, mércores e venres das dúas últimas semanas de decembro (os días 14, 16, 18, 21 e 23) e celebrará concentracións os días 1 e 10 dese mes. Unha das primeiras demandas é a incorporación dun novo maxistrado ou maxistrada que axude a axilizar o traballo, aínda que dende o sindicato aclaran que esta medida é necesaria, pero que debe complementarse con moitos outros recursos. \"No xulgado de Violencia de Xénero é todo urxente, porque os asuntos que chegan no día teñen que saír no día, pois así o fixa a lei. Dende que entra a vítima e a súa denuncia ou as denuncias que chegan a través dos atestados policiais, as medidas que se tomen (afastamento e outras) teñen que decidirse esa mesma tarde. Aquí os máis dos días a xente está saíndo ás seis ou ás sete da tarde e moitas veces os traballadores e traballadoras non saben a que hora sairán\", explica Valeiras. \"Reivindicamos medidas e medios de reforzo para poder sacar adiante os casos urxentes. Se non se saca o traballo, as prexudicadas son as mulleres maltratadas\" \"O persoal do xulgado vese obrigado a levar a cabo funcións que non lle corresponden, funcións impropias\" -comenta- \"dende ofrecer atención psicolóxica, pois non hai ninguén no xulgado de asistencia neste eido, ou quedar cos fillos destas rapazas porque non elas teñen con quen deixalos\". \"Reivindicamos medidas e medios de reforzo para poder sacar adiante os casos urxentes, que son todos, para poder solucionar o traballo. Se non se saca o traballo, as prexudicadas son as mulleres maltratadas, que están nunha situación bastante mala de por si\", destaca. Valeiras advirte de que \"se a persoa maltratada ten a sensación de que o seu paso polo xulgado non leva a que se executen de maneira inmediata todas as medidas de protección e axuda, esa persoa, que está xa sometida a ameazas e a unha presión psicolóxica moi forte, acabará por non ir ao xulgado, acabará por non denunciar. Ten a sensación que o proceso nunca vai rematar\". \"Acaban tendo a sensación de que denunciar aínda vai empeorar máis a súa situación, de que van ser máis maltratadas polo feito de denunciar. Esa é a sensación que teñen moitos cidadáns e cidadás e creo que non é de todo equivocada\", afirma. \"Vemos que moitas mulleres chegan con medo a que o xulgado non estea á altura do seu problema\", resume. \"Acaban tendo a sensación de que denunciar aínda vai empeorar máis a súa situación, de que van ser máis maltratadas polo feito de denunciar\" Na súa denuncia, o sindicato estendía a súa valoración negativa aos xulgados de Familia da cidade, e ligaba a análise á do xulgado de Violencia contra a Muller, pois \"todos os atrasos, todo o que non sei fai en Familia está tamén repercutindo no Xulgado de Violencia de Xénero\", di. As medidas provisionais, sobre menores ou en relación á achega económica dun membro da parella ao outro, teñen un atraso de seis meses. \"No último trimestre só no xulgado nº 5 de Familia seis casos que entraron como demandas normais de divorcio, polo atraso que foron acumulando, acabaron converténdose en casos de violencia de xénero\", alerta. \"Os homes maltratadores que pasan por aquí teñen case todos unha educación na que se lles ensinou que eles son os que mandan e elas son as que teñen que obedecer\" Ademais de solucionar as carencias que na actualidade detectan nos xulgados, para loitar contra a lacra da violencia machista Valeiras pide \"medidas educacionais\". \"Os homes maltratadores que pasan por aquí teñen case todos unha educación na que se lles ensinou que eles son os que mandan e elas son as que teñen que obedecer\", di. Para Valeiras \"son necesarias tanto as medidas preventivas e coma as solucións de tipo inmediato, para solucionar os problemas destas mulleres maltratadas. Este é seguramente o problema máis grave que hai na administración de xustiza\". \"Tras cada morte por violencia de xénero prométese sempre que se van facer mil cousas, e ao final non se fai nada. En Vigo estamos igual que hai tres meses, pero con tres mulleres mortas\" Valeiras denuncia igualmente que \"o tema da violencia de xénero utilízase cun único fin, o electoralista, e ao final as medidas prácticas que se poderían adoptar de inmediato para loitar contra esta lacra non se están adoptando. É unha arma política, que utilizaban antes os que gobernaban, e que utiliza agora este Goberno\". \"Tras cada morte por violencia de xénero prométese sempre que se van facer mil cousas, e ao final non se fai nada. É unha falta de respecto por parte dos políticos. Porque os atrasos no xulgado prodúcense por falta de medios, e teñen solución. En Vigo estamos igual que hai tres meses, pero con tres mulleres mortas\", denuncia. En canto aos paros e concentracións convocadas para decembro, Valeiras sinala que se vai \"provocar un caos importante\". \"Ese día vaise atrasar todo e sairemos ás nove da noite. Pero nós o que reivindicamos non o pedimos polos traballadores e traballadoras, senón pola cidadanía e sobre todo polas mulleres\", di."}
{"ID": "PRAZA_13449", "summary": "O prezo pagado aos gandeiros foi descendendo mes a mes dende os 31'8 céntimos por litro de xaneiro, até os 29'9 de abril e calcúlase que en xuño o prezo podería ser dous céntimos inferior. O sindicato esíxelle a Feijóo que cumpra cos compromisos adquiridos na Mesa do Leite do 5 de xuño.", "text": "O Sindicato Labrego Galego denuncia que a baixada continuada no valor do leite en orixe, unida á tendencia alcista dos custes de produción, están deixando as explotacións galegas cun nivel de beneficio cero, e mesmo está facendo entrar en perdas a moitas delas. O sindicato pídelle a Alberto Núñez Feijóo que cumpra os compromisos adquiridos diante da Mesa do Leite do pasado 5 de xuño, e traballe para axilizar ao máximo os trámites da Lei da Cadea Alimentaria, para regular as marxes comerciais. O SLG denuncia a este respecto que as industrias e as distribuidoras estánse enriquecendo a costa de roubarlles as súas rendas aos gandeiros e gandeiras do sector\". O sindicato pídelle a Alberto Núñez Feijóo que cumpra os compromisos adquiridos diante da Mesa do Leite do pasado 5 de xuño Despois daquela xuntanza, os representantes de Unións Agrarias (UUAA), Sindicato Labrego Galego (SLG) e Xóvenes Agricultores (XXAA) acordaron darlle \"unha marxe de confianza\" á Xunta polo \"compromiso\" de Feijóo de trasladar as súas reivindicacións ao Estado. Porén, dende entón, o SLG non advertiu movementos neste senso no Goberno galego, mentres as marxes de beneficio das explotacións continuaban recortándose. A previsión apunta a que os datos de maio indiquen unha nova baixada de un céntimo, unha tendencia que se podería manter en xuño, situando o prezo por debaixo dos 28 céntimos O prezo pagado aos gandeiros non parou de baixar dende xaneiro (cando o valor medio era de 31'8 céntimos por litro) e foi caendo en febreiro (31,5 céntimos), marzo (30,9 céntimos) e abril (29,9 céntimos), último mes para o que hai datos oficiais. Porén, a previsión apunta a que os datos de maio indiquen unha nova baixada de un céntimo, unha tendencia que se podería manter en xuño, situando o prezo por debaixo dos 28 céntimos. Isto únese a que o prezo dos insumos, necesarios para a produción, non para de subir. O Índice de Prezos en Alimentación Animal (IPAA) tivo un incremento do 21% no primeiro trimestre de 2012 con respecto ao mesmo período de 2011, debido ao aumento do prezo das importacións de soia de Sudamérica. O descenso é máis importante se comparamos os prezos pagados en orixe coas medias de anos anteriores, que en 2007 e 2008 superaba os 36 céntimos. Ademais, foron moitas as ocasións nos últimos tempos nas que os produtores galegos denunciaron a diferenza de prezos pagados en Galicia e noutros lugares do Estado. Calcúlase que o diferencial supera os dous céntimos e é máis grande se a comparación se establece cos prezos pagados en Andalucía (cinco céntimos máis) ou Asturias (tres céntimos máis). Diferenzas máis importante atópanse comparando cos prezos pagados en Holanda ou o Reino Unido, por exemplo."}
{"ID": "PRAZA_261", "summary": "A próxima cancelación dos dereitos mineiros da multinacional canadense pecha a porta ao proxecto inicial en Bergantiños pero abre a porta á construtora, aliada cunha importante financeira no negocio mineiro, que podería intentar retomar a polémica mina.", "text": "Unha batalla gañada, pero unha guerra que segue. A Xunta iniciou xa os trámites para cancelar os dereitos mineiros que Mineira de Corcoesto, filial da multinacional Edgewater, posuía na zona na que pretendía abrir unha xigantesca e polémica mina a ceo aberto na comarca de Bergantiños. O paso, que chega logo de que a empresa reclamase 20 millóns ao Goberno galego ante os tribunais, supón a vitoria da loita cidadá e dos veciños contra as intencións desta firma, que -agora si- parece condenada a esquecerse da iniciativa. A perda dos dereitos mineiros por parte de Edgewater ábrelle a porta a Sacyr en Corcoesto Non obstante, a cancelación destes dereitos para Edgewater supón tamén un novo risco para Corcoesto e toda a comarca: Sacyr e o seu desembarco no negocio da minería. Esta construtora, símbolo da etapa máis esaxerada a burbulla inmobiliaria e fortemente vencellada á obra pública, xa anunciou hai menos dun mes o acordo coa canadense Macquarie Capital para reactivar proxectos mineiros en España. Foi a través da súa filial Valoriza Minería e mediante unha alianza coa maior financeira mundial do negocio, que conta con máis de cen acordos en distintas industrias e lugares desde hai anos cun investimento que case alcanza os 2.000 millóns de euros. Sacyr deixou claras as súas intencións a través do director xeral de Valoriza, Gonzalo García, que advertiu que o acordo coa financeira \"supón unha extraordinaria oportunidade para colaborar con aqueles promotores que por motivos económicos ou técnicos non puidesen desenvolver os seus permisos de investigacións ou as súas concesións mineiras\". A alianza da construtora cunha importante financeira do negocio permitiríalle cumprir cos requisitos económicos A frase parece feita a medida para Corcoesto, cuxo proxecto por parte de Edgewater fora rexeitada pola Xunta por non cumprir coas garantías \"técnicas e financeiras\" exixidas. E Valoriza xa advertiu que entre a súa extensa carteira de proxectos de cobre, ouro ou wolframio había terreos en Estremadura, Andalucía, Castela A Mancha e Galicia. Desde a plataforma Salvemos Cabana advirten das excelentes relacións que Sacyr mantivo sempre cos gobernos da dereita e do poderío económico que agora lle achega a súa alianza. Conseguir o aval económico requirido non sería problema. E obter as concesións mineiras, unha vez que estas xa non pertenzan a Edgewater, tampouco o sería. Mesmo Cora Peña, directora do documental sobre o conflito en Corcoesto que se presenta este vindeiro sábado, advirte da posibilidade de que se retome o proxecto, coñecedora como é de todo o que arrodea á iniciativa logo de dous anos de investigación. O Goberno galego argumentara que Mineira de Corcoesto non cumpría cos requirimentos técnicos e sobre todo financieros, que exixían uns fondos propios de máis de 100 millóns de euros. Salvemos Cabana cre que a multinacional canadense puido ter liderado o proxecto para realizar o traballo sucio ou simplemente para especular cuns terreos e dereitos que poden acabar en mans de empresas como Sacyr, que agora tería máis doada a súa chegada a Galicia. O proxecto de Corcoesto prevía unha mina a ceo aberto de 95 metros de profundidade sobre o nivel do mar e ata 300 sobre o terreo para extraer uns 1,6 gramos de ouro por tonelada de rochas. Consumiría 128 quilogramos de cianuro e xeraría 4.000 toneladas de residuos que destaparían 250 quilos de arsénico por cada quilo deste material precioso. Un proxecto que ocuparía 800 hectáreas, pero que puido terse estendido a moitas máis á vista dos permisos solicitados."}
{"ID": "NOS_11121", "summary": "O capitán do Padova retirouse ao seu camarote. Quitou o calzado e tras prender o gramófono, acendeu un cigarro e deitouse na cama mentres comezaba a soar, Otello de Verdi. Pechou os ollos e pensou na casa de Marsala a carón da praia, da que tantas veces lle insistira a súa muller de arranxar. Un paraíso. Unha táboa pregable facía de mesa onde había un libro sobre Pompeia, un cinseiro e unha foto del coa súa dona na festividade da patroa, Madonna Della Cava. Si… ao remate desta viaxe falaría con Guido, o seu cuñado, un bo albanel e aproveitando os cartos deste embarque satisfaría o soño de Fiore. O abaneo do barco detivo o disco. O capitán durmía alleo ao que estaba a piques de acontecer nas adegas do seu barco…", "text": "A derradeira travesía Tras vinte e un anos de vida marítima, o Padova deixa pola popa o porto alxeriano de Mostaganem, no golfo mediterráneo de Arzew rumbo a Amberes cargado con fardos de cáñamo, palla, xute e mercadoría xeral a bordo. Cando navegaba ao NE do cabo Roncudo, na madrugada do 5 de febreiro de 1923 declarouse un lume a bordo que principiou nas adegas de proa. As lapas foron inicialmente controladas pola súa tripulación, mais a virulencia das mesmas fixeron que cederan remaches do casco, provocando unha vía de auga e trabando os guardíns do leme, ficando o barco sen goberno e desprendéndose ademais o túnel da máquina. O lume acadou a ponte do barco, estragándoa por completo e consumindo boa parte da cuberta de proa que colapsou. Finalmente, o Padova embarrancaría ás poucas horas nos baixos das Abruillas, a uns cen metros de terra, dando o seu capitán a orde de abandonar o barco, arriándose un bote que foi desfeito contra o casco do vapor por unha gran onda, falecendo afogado , o cociñeiro de 50 anos, Joseph de Biaggio, único morto neste naufraxio na Costa da Morte. O barco San Tirso arribaría ao porto da Coruña o mesmo día 5 de febreiro onde desembarca un total de 23 tripulantes italianos xunto ao corpo do finado cociñeiro. Farase cargo dos náufragos o Marqués de Loureda, cónsul de Italia na urbe herculina. O gran tesouro da nosa tradición oral e escrita Como aconteceu en moitos sinistros marítimos ao longo da historia, a pedra, laxe ou baixo na que bate un barco antes de embarrancar ou irse a pique fica bautizada co seu nome ou con algunha mercadoría propia do mesmo, para a posteridade. Así foi cunha das laxes de Tordeiro que pasou a denominarse dende entón, pedra do Padova. A zona existente entre o pecio e terra, que formaba unha canle entre os cantís polo leste e os propios baixos das Abruillas polo oeste, denominouse dende entón o carreiro do Barco, como ben recolle unha copla publicada no Cancionero y refranero de Corme do que é autor Xosé Ramón Fernández Oxea, publicado no 1951 na Revista de Dialectología y Tradiciones Populares… 227.-Se non foran os mostrengos que saíron no Carreiro, os mociños do Roncudo non andaban de sombreiro. Unha fabulosa composición que en só catro versos, descúbrenos a palabra mostrengos que é como chaman en Corme, Laxe e Malpica a todos os obxectos e restos que o mar deposita na costa procedentes dos naufraxios ou das mareas; o talasonímico do Carreiro, nado a partires do naufraxio do Padova e neste caso que nos ocupa, referenciando os sombreiros recuperados pola veciñanza da contorna, coma parte da carga xeral que portaba a bordo o vapor italiano. Tía Carme é natural da aldea do Roncudo e na actualidade ten perto de cen anos. Dito lugar está moi perto do onde embarrancara o Padova. Foi esta muller a que nos contou grazas á súa prodixiosa memoria que a primeira noite do naufraxio fixérase interminábel para os veciños, pois non daban acougado os bruídos dun boi que ficara entre as pedras. Era bastante común na época que os vapores mercantes levaran gando vivo a bordo e seguramente o animal procuraba axuda para saír das augas ou estaba mortalmente ferido. Coa carcacía do abrente fíxose un silencio sepulcral. O son emitido polos bóvidos desaparecera. Tempo despois da perda do Padova na costa de Corme, o mar foi esnaquizando o seu casco e este sería tamén despezado polas empresas de salvamento que xa polo entón levaban traballando perto de trinta anos extraendo chatarra e cargamento dos centos de pecios que durmían baixo as augas da Costa da Morte, principalmente coas súas bases establecidas nos portos de Camelle e Corcubión, sendo oriúndo do primeiro, o famoso buzo José Sánchez López, Petrallo, que traballaría casualmente no pecio do Padova. Curiosamente, e vencellada coa carga que portaba a bordo o vapor italiano e que ficou espallada por estas latitudes atlánticas, nace outra historia que de novo atesouraba na súa gran memoria Tía Carme, verdadeiro baluarte do patrimonio inmaterial do lugar. Unha vez despezado o casco do maltreito Padova, tanto pola dinamita empregada polos chatarreiros, como polo mar de fondo ao longo dos anos, chegaría até o pé do cantil do carreiro do Barco unha estraña pedra que aproveitando a marea baixa foi amarrada a unha parella de bois que tiña Tío Correa, veciño de Corme, acadando os seus bóvidos extraela da ribeira e subila monte arriba sobre unha carruaxe do país até a aldea do Roncudo, seguindo camiño dende alí até a súa casa en Corme, onde até fai pouco estivo gardado o curioso achádego. Finalmente, a AA.VV. Eduardo Pondal de Corme, conseguiu despois de moitas décadas rescatar dita pedra para convertela nunha referencia do seu patrimonio para que puidese ser admirada nun lugar a carón do mar, contando a súa historia. Ten 800 quilos de peso e forma troncopiramidal. Está tallada a xeito que a peza semelle un milladoiro, apreciándose na cara frontal un espazo pulido sobre granito rosado, onde conserva en catro liñas, a seguinte inscrición: \"DAVID COWIE/ DIED 18 th. JAN 1878/ AGED 52 YEARS/ 10 MONTHS\" Segundo a propia memoria popular o destino de dito monumento fúnebre sería Inglaterra. Na súa parte superior contén un buraco exactamente no centro, seguramente para que unha vez chegase ao seu destino puidese albergar unha cruz. A veciñanza de Corme tentou fai anos dar coa familia a quen pertencía, pero todos os esforzos resultaron infrutuosos. Un servidor a través da A.C. Naufraxios Galegos colaborará, a petición de Antón Vidal, presidente da AA.VV. Eduardo Pondal de Corme, elaborando un texto coa historia do naufraxio e co seu rico patrimonio inmaterial que formará parte dun cartaz que xunto á famosa pedra que ía a bordo do Padova, inauguraranse no mes de xullo do 2021 coma monumento, situados ambos os dous á marxe esquerda da estrada que vai dende o porto de Corme ao Roncudo. O meu amigo cormelán, Suso Lista Neira, desvélanos outra historia descoñecida gardada na nosa inesgotable tradición oral, vencellada co Padova. Seu avó, Bautista Lista Pena, participante na batalla de Manila, que enfrontaría o exército colonial español contra o exército norteamericano, no mes de agosto de 1898, chegou ferido polo combate ao porto da Coruña, onde tivo que recibir atención médica para curar as súas feridas. En Corme foi coñecido coma Tío Lista, mariñeiro de toda a vida, posuíndo a única dorna que había neste porto bautizada co nome Kaiser. Foi precisamente este home quen facendo varias viaxes a bordo da súa embarcación, foi depositando en terra e a salvo os 16 tripulantes do Padova que aínda quedaban a bordo, (outros 7 xa abandonaran o barco nun bote) mentres mariñeiros dunhas embarcacións de Malpica subían a bordo do vapor italiano para afanar ou raquear todo canto podían…Vivíanse tempos de moita fame e miseria. Horas despois embarcarían todos os náufragos no porto de Corme a bordo do San Tirso, o cal procedía de Torrevieja e Xibraltar con 300 toneladas de sal a bordo, con destino ao porto herculino a onde chegaría horas despois e sen novidade cos 23 náufragos italianos. Outra proba documental marabillosa do que significou o histórico naufraxio do Padova na costa de Corme e que avala a descuberta que acaban de ler é a comparsa que existe aínda na memoria popular sobre a perda do vapor italiano, seguramente nada no entroido dese mesmo 1923 nas rúas de Corme, e que di así: El vaporcito Padova se hundió junto al Roncudo, y las mujeres de Corme corrían con mucho apuro. Corrían con mucho apuro, una cosa desigual, pues creían que llevaba mucha carga general. Y los hombres de Malpica que parecían ladrones, pronto entraron en el barco a robar buenos colchones. Los marineros de a bordo, casi morían quemados, pronto vino una lanchita con prisa para salvarlos. A la lancha de Tío Lista que valió de salvamento, y los pobres marineros quedaron sin documentos. Características do barco Foi construído en casco de aceiro e botado ao mar en 1902 nos estaleiros Neptun Werft A.G. de Rostock (Alemaña) con 1.903 toneladas brutas e 3.500 toneladas de peso morto, tendo 85,6 metros de eslora, 12,4 metros de manga e montando unha máquina de vapor de 208 n.h.p. coa que acadaba unha velocidade de nove nós. A súa primeira casa armadora foi a Deutschen-Levante-Linnie con sede en Hamburgo que o bautizou co nome de Volos. No 1915 en plena I Guerra Mundial, foi incautado polo goberno Italiano que o rebautizou como Padova, sendo Xénova o seu porto de rexistro. Epílogo Gian Luca, o capitán do Padova, agardaba pacientemente sentado nunha cadeira de madeira xunto co resto da tripulación náufraga que estivera baixo ás súas ordes, para cubrir os papeis da repatriación no piso do consulado italiano situado no Cantón pequeno da cidade da Coruña. Con el ía unha maleta cadrada que contiña o gramófono que soaba no seu camarote, a foto coa súa dona, a súa documentación e un libro sobre Pompeia que lía agora para matar o tempo… \"a cidade de Pompeia situada aos pés do Vesubio, foi danada por un forte terremoto, un 5 de febreiro do ano 62 d.C.\". A Gian Luca, segundo leu a frase, véuselle á memoria a lembranza do seu bisavó que, sendo el neno, lle contara como tamén, casualmente, un 5 de febreiro de 1783 en Calabria, ás 12 horas do mediodía, un gran terremoto fixera tremer a terra, esnaquizando 180 vilas até Sicilia, causando a morte dunhas 25.000 persoas. Gian Luca foi o derradeiro dos 23 náufragos en entrar na oficina do cónsul italiano para deixar listos os trámites e voltar á casa. Antes de abandonar a estancia chea de fume dun habano que fumaba o Marqués de Loureda, este comentoulle que facía unhas horas que chegara un cable dende Italia, anunciándolle os centos de detencións que o goberno de Mussolini estaba efectuando contra cadros comunistas dende esa mesma mañá no país transalpino. Guido, o cuñado de Gian Luca, era o secretario deste partido en Marsala. O capitán do Padova ergueuse da cadeira, deu as grazas ao diplomático cun apertón de mans e abriu a porta da oficina. Fóra agardábano os seus 22 compañeiros. Cunha suor percorréndolle a caluga, abriu a maleta do gramófono que deixara no chan, para gardar nun peto interior da mesma o libro sobre a historia de Pompeia, cando se fixou no sobre que gardaba o disco da opera Otello de Verdi, o cal tiña escrito nunha beira: \"L'Opera ha debuttato a Milano il 5 febbraio 1887.\" Ópera inaugurada en Milán o 5 de febreiro de 1887…"}
{"ID": "NOS_3870", "summary": "Barricadas e cortes de tráfico.", "text": "Desde primeiras horas da mañá desta terza feira traballadores de Alcoa retomaron as protestas contra a decisión da empresa de despedir máis de 530 empregados en San Cibrao. Volveron as barricadas, con pneumáticos ardendo e vallas, a cortar o tráfico, desta vez en diferentes puntos, como a estrada de acceso ao complexo de San Cibrao. Ao longo da mañá, por voolta de 2.000 persoas tomaron parte nunha 'rota' por diferentes puntos do concello de Cervo para demandar solucións para Alcoa que pasden polo mantemento dos postos de traballo e a actividade. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao apontaba esta segunda feira que preparaba máis protestas \"sorpresivas e espectaculares\" para os próximos días, despois da mobilización con miles de persoas do pasado domingo na que cortaron a autovía A-8 coa queima de pneumáticos. O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explica a Europa Press que seguirán \"facendo accións cada vez máis fortes e contundentes\". O obxectivo é deixar claro \"o problema que xeraría o peche\" da planta. \"Temos a toda unha comarca e unha provincia loitando de xeito conxunto\", remarca, logo de recibir o domingo o apoio de \"máis de 8.000 persoas\"."}
{"ID": "PRAZA_8922", "summary": "Solicita tamén á Audiencia Nacional que admita a querela contra Alfonso Paz-Andrade, tamén por supostos delitos de falseamento de información das contas anuais e polo uso de información relevante.", "text": "A Fiscalía Anticorrupción pediu ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz que admita a trámite a querela presentada contra o ex presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, e o conselleiro Alfonso Paz-Andrade por supostos delitos de falseamento de información económico-financeira, das contas anuais, así como polo uso de información relevante. Anticorrupción pide admitir a querela por falseamento de información e uso de información relevante O informe, difundido xa por varios medios, presentouse perante o Xulgado Central de Instrución número 5 da Audiencia Nacional. Anticorrupción solicita tamén que se declare competente para investigar as querelas formuladas contra diversos directivos da compañía galega. Dúas desas querelas van contra contra Manuel Fernández de Sousa, o conselleiro Alfonso Paz-Andrade, e o socio da firma BDO Auditores Santiago Sañé Figueres, metres que outras dúas diríxense contra todos os membros do consello de administración das entidades Pescanova SA, BDO Auditores e Sabadell BS Bolsa FI, así como contra a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). A Fiscalía tamén solicita que se impute a Sousa e Paz-Andrade A Fiscalía tamén solicita que declaren en calidade de imputados os directivos Manuel Fernández de Sousa e Alfonso Paz-Andrade, ademais das empresas Inverpesca, Sociedade Galega de Importación de Carbóns, Sociedade Anónima de Desenvolvemento e Control, Transpesca, Nova Ardara Equities, Golden Limit e Iber-Comercio e Industria, \"exclusivamente\" en relación coa presunta comisión dun delito do art.285 do Código Penal. No mesmo documento solicítase que se investigue a multinacional Pescanova por \"un presunto delito de falseamento de información económico-financeira\", mentres que aos accionistas da multinacional pesqueira José Alberto Barreras e José Antonio Pérez-Nievas investígueselles por un \"presunto delito de uso de información relevante\". Desestimado o recurso de Pescanova Por outra banda, o xuíz do Xulgado Mercantil número 1 de Pontevedra, Roberto de la Cruz Álvarez, vén de ditar un auto no que desestima o recurso de reposición presentado por Pescanova contra a decisión de apartar a Manuel Fernández de Sousa da dirección do grupo e contra o nomeamento dun único administrador concursal. O maxistrado ratifícase na súa resolución do pasado 25 de abril e rexeita a pretensión de Pescanova de ser intervida, en lugar de que suspendesen as súas facultades patrimoniais, segundo sinala o auto xudicial."}
{"ID": "NOS_49100", "summary": "Núñez Feijóo intervén hoxe no Parlamento nunha sesión monográfica sobre o que o seu goberno denomina 'medidas de impulso democrático'. A oposición critica un formato de comparecencia preparada 'a maior gloria' do presidente e onde BNG, AGE e PSdeG apenas terán marxe de actuación.", "text": "Núñez Feijóo comparece esta terza feira no Parlamento galego (10 horas) nun pleno monográfico extraordinario solicitado polo propio Goberno autonómico. Unha sesión convocada para explicar as que denomina \"medidas de impulso democrático\" que o Executivo popular quer impulsar fronte á corrupción. Chégase a esta cita após que o PP fixese ouvidos xordos das máis de 40 peticións feitas nestes anos desde a oposición para que rendesen contas polos episodios irregulares en que se teñen visto envolvidos cargos do Partido Popular. Peticións que, unha tras outra, o PP se encargou de vetar coa súa maioría absoluta a xeito de apisonadora. Feijóo sobe hoxe á tribuna da Cámara do Hórreo para, en palabras do seu goberno, \"cumprir co seu compromiso de comparecer na Cámara para abordar este debate e tratar de acordar coa oposición estas iniciativas\". Mais esa frase non reflicte para nada a realidade, coinciden desde a oposición, que considera que o formato da sesión converte esta nun \"espectáculo cara á galería\" e no que os grupos da oposición apenas van desenvolver un papel máis alá que oíntes. Nestes anos de mandato de Feijóo varios foron os casos de corrupción nos que se ve salferido o seu partido: Pokemon, Zeta, Orquestra... Mais non se espera que o presidente se refira a a eles na súa intervención. As previsións son que se limite a expoñer compromisos máis ou menos ambiguos en torno a medidas de 'rexeneración democrática'. Queixa O BNG remitiu á presidenta do Parlamento un escrito no que lle trasladaba o seu malestar polo formato da comparecencia. Os portavoces só terán 10 minutos de intervención, non terán coñecemento previo das propostas do goberno e non poderán presentar formalmente iniciativas. En palabras do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, \"un mitin de Feijóo\". Para AGE a sesión é \"unha tomadura de pelo\" e \"unha parodia de comparecencia\", en palabras de Xosé Manuel Beiras. Censurou o portavoz da Alternativa Galega de Esquerdas que a oposición non poda facer achegas e criticou que se limitase o seu papel a ser meras \"comparsas\". Tamén os socialistas ven esta sesión como un \"debate artificial\" e mesmo a cualifican por boca do seu portavoz parlamentar Méndez Romeu de \"falta de respeto\". O exemplo de Rajoy A comparecencia de Núñez Feijóo prodúcese dous meses despois de que o fixese Mariano Rajoy no Congreso para expoñer as súas medidas de loita contra a corrupción. Unha intervención aquela marcada pola demisión o día anterior da ministra de Sanidade, Ana Mato. Rajoy presentou naquela xornada 2 proxectos de lei aprobados polo seu Gobierno: o do control financieiro dos partidos e o que regulaba o exercicio dos altos cargos da administración."}
{"ID": "PRAZA_13196", "summary": "O austríaco é unha das lendas vivas do cinema experimental de vangarda, que propulsou dos EUA ao mundo xunto a Jonas Mekas, Stan Brakhage e algún outro colega de xeración, aló polos anos 60. Non contentos con mostrar a súa obra completa nunha sesión este venres, o S(8) e o CGAI tráeno á cidade herculina para que imparta o sábado unha clase maxistral sobre o seu concepto da metáfora comestible.", "text": "Hai días nos que non presta falar de estreas, porque non hai nada que recomendar. Se por riba tes a Peter Kubelka na Coruña, a escolla do texto de hoxe non deixa espazo a ningunha dúbida. O austríaco é unha das lendas vivas do cinema experimental de vangarda, que propulsou dos EUA ao mundo xunto a Jonas Mekas, Stan Brakhage e algún outro colega de xeración, aló polos anos 60. Non contentos con mostrar a súa obra completa nunha sesión esta noite, o S(8) e o CGAI tráeno á cidade herculina para que imparta mañá unha clase maxistral sobre o seu concepto da metáfora comestible. Non contentos con mostrar a súa obra completa nunha sesión esta noite, o S(8) e o CGAI tráeno á cidade herculina para que imparta mañá unha clase maxistral sobre o seu concepto da metáfora comestible Quen escribe estas liñas acadou a éxtase pretendida con Arnulf Rainer (1960), a súa obra máis esencial, construída exclusivamente a base de luz e escuridade, de ruído e silencio. A peza, de 6 minutos, consiste nunha sucesión de fotogramas negros e brancos que repite patróns de forma rítmica, como se dunha melodía se tratase. Co seu tratamento do son e da imaxe, o director pretende aprehender o ritmo da natureza, o do latexo do corazón. É un cineasta do sentimento, un poeta que compón unha sinfonía, máis que representar unha realidade. Esta obra mestra, que se presenta ás veces como unha instalación colgada nunha parede, sobre a que se estenden as tiras de celuloide, formando unha sorte de cadro abstracto; reflexiona ao cabo sobre un tema tan metafísico como a percepción do espazo e do tempo. Para Kubelka, o seu cinema métrico, nome que dá ás proxeccións, está composto por now moments, intres estáticos que quedan moi lonxe do movemento suposto ao cinema. Para o autor, é a mente do espectador, e non o filme como materia, a que constrúe este movemento. E é nese espazo intermedio entre dous conceptos en continuidade, onde xorde a metáfora, ferramenta básica de toda forma de arte. Co seu tratamento do son e da imaxe, o director pretende aprehender o ritmo da natureza, o do latexo do corazón. É un cineasta do sentimento, un poeta que compón unha sinfonía, máis que representar unha realidade Pero non falamos da continuidade de Eisenstein, máis ben da de Vertov (tema vello este), de sorte que un plano non ten que gardar unha relación narrativa co seguinte, senón contribuír a equilibrar unha cadencia, que achega unha sensación. Neste concepto musical, son especialmente salientables as iniciáticas Adebar (1957) e Schwechater (1958), ambas as dúas estafas de Kubelka a encargas comerciais, dun salón de baile e dunha marca de cervexa, respectivamente. De publicidade teñen máis ben pouco. Consisten en secuencias rítmicas de siluetas e formas, xogando de novo cos fotogramas como se fosen unidades mínimas de significado rítmico, notas que compoñen unha melodía visual. Ás veces ten flirteado mesmo coa idea de crear unha ficción, axudándose da nula sincronía entre imaxe e palabra (para el iso é unha reiteración de significados). Fíxoo nunha película de aprendizaxe, Mosaik im Vertrauen (1955), que dinamitaba a narrativa dos filmes comerciais. Un caso moito máis coñecido, cun ton de cachondeo cara o documental etnográfico, é Unsere Africareise (1966), que filmou no continente cun grupo de exploradores que non entenden a mística de moitas tradicións e obxectos aos que Kubelka dedicou boa parte da súa vida. El di que os obxectos falan, e que comunican a pegada da Historia con maiúsculas neles ao rexistralos. Esta idea súa traspasou o ámbito do cinema hai xa anos, aplicándoa tamén á cociña, disciplina á que Kubelka dedica moitas horas. Teimudo como el é, mesmo conseguiu que lle crearan unha cátedra de Film and Cooking as Art Forms, que debe ser a única do seu xénero no mundo. Non se pode faltar ás sesións de cinema expandido, á noite no Ágora, máis que nada porque son unha experiencia única e irrepetible, que dende logo non provoca indiferenza. Esta fin de semana, nada de multiplex, e moita periferia Precisamente sobre as metáforas cosmolóxicas que poden crear os obxectos e a comida ao ser mesturados ou cambiados de contexto, será sobre o que fale en boa parte na clase maxistral de mañá (participación previa inscrición, en principio pechada -contáctese co S(8)-). Mais a sesión de hoxe tamén inclúe outros traballos de interese, como a performance filmada Pause! (1977) ou o seu máis recente ataque á publicidade, Dichtung und Wahrheit (2003), cinema de apropiación na liña de Peter Tscherkassky. Do seu compatriota pásase á tarde Coming Attractions (2010), un traballo moi recomendable que dialoga á perfección con esta última. Por recomendable, no S(8), case todo. Non se pode faltar ás sesións de cinema expandido, á noite no Ágora, máis que nada porque son unha experiencia única e irrepetible, que dende logo non provoca indiferenza. Esta fin de semana, nada de multiplex, e moita periferia. A Cuarta Parede, primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica"}
{"ID": "NOS_17681", "summary": "Baltar fillo non pon a man no lume polo seu pai, procesado pola xustiza. O presidente da Deputación fixo do programa de Jordi Évole \"Salvados\" trending topic co cenit cando confesou que compriría agardar a xustiza para dilucidar a inocencia ou culpabilidade de seu pai, tamén seu antecesor.", "text": "Cando Jordi Évole lle pregunta ao presidente da Deputación de Ourense, Baltar fillo, polo procesamento de seu pai, non dubida en responder \"non poño a man no lume por ninguén\". O presentador repregunta, ante o sorprendente da súa resposta, mais o presidente da Deputación non dubida: \"hai que agardar ao que diga xustiza, máis non poño a man no lume por prudencia\". \"Respecto absoluto á presunción de inocencia e aos pronunciamentos xudiciais\", dixo o titular da Deputación ourensá. As redes fumegaban coa entrevista do Deputación da Deputación a quen Évole puxo en máis dun apuro, en especial cando lle preguntou polos salarios e as irregularidades de postos de confianza da Deputación. Canto ao xerente de Urbaourense, por exemplo, o salario ao fillo do anterior Baltar parecíalle \"descabellado\"; agora, Évole lembroulle que na actualidade é o seu asesor, \"persoal de confianza\", apuntou o presidente. \"A min elixíronme presidente da Deputación, dáse a casualidade de que o anterior é meu pai\", comezara na primeira intervención, remitíndose á maneira \"democrática\" de ser elixido. En varias ocasións, Baltar afeoulle a fala a Évole para recordarlle que o nome era \"Ourense\" e non \"Orense\", como teimaba o entrevistador en repetir."}
{"ID": "NOS_20367", "summary": "O xabarín está a provocar cada vez danos máis importantes nas explotacións agrarias diante da deixación de responsabilidades da Xunta que non convoca axudas desde hai dous anos e non pagou as anteriores. FRUGA reclama que a Consellaría elabore un plan de prevención e que habilite axudas urxentes.", "text": "A Xunta leva desde o ano 2011 sen convocar axudas para paliar os danos provocados polo xabarín e non materializou o pago das anteriores no que a Fruga denuncia como unha deixación de funcións por parte da administración pública como principal valedora dos nosos sectores produtivos, xa que é a administración a que ten a capacidade técnica e económica para encarar e darlle solución ao problema da fauna salvaxe\". Reclaman de maneira urxente que elabore un censo para executar un plan de actuación público e que habiliten axudas ás explotacións. O censo da poboación do xabarín entraría dentro dunha actuación que contemplara a prevención de danos dentro dun plan de actuación público. En canto ás axudas, reclaman que se habilite de maneira urxente unha liña con orzamentos co fin de cubrir os danos provocados pola fauna salvaxe, perda de colleitas e rehabilitación das zonas afectadas. Denuncia Fruga que a Xunta está a trasladar a responsabilidade aos Tecores, cando, segundo din non teñen capacidade de asumir o control nin dos animais salvaxes nin dos danos que puideran ocasionar a terceiros. Para o sindicato o aumento dos danos debidos á fauna salvaxe é un efecto das políticas aplicadas polo PP no agro e están en \"relación directa coa situación de abandono do noso medio rural por parte do Goberno Galego\". Desde o 2011 a Xunta deixou de publicar a convocatoria de axudas para paliar os danos producidos polo xabarín. Con anterioridade, a Consellaría de Medio Rural só asumira o pago dunha parte na convocatoria do 2009 e nin un só euro na do 2010."}
{"ID": "NOS_22545", "summary": "A enquisa das canles públicas reflicten unha derrota histórica do Partido Popular na Galiza, onde En Marea ocuparía a segunda forza e onde Nós ficaría fóra do Congreso. A nivel Estado, a suma de PP e Ciudadanos superaría a de Podemos e PSOE.", "text": "A enquisa difundida polas canles públicas, encargada a TNS, apunta a unha caída histórica do Partido Popular na Galiza, onde sacaría 9/10 escanos, cun 34,5% dos votos, (en 2011, o PP conseguira 15 escanos no país), seguido de En Marea, que irrompe como segunda forza con 7/8 escanos e co 27% dos votos. A continuación, situaríase o PSOE, con 4/5 escanos e 19,3% das papeletas (en 2011 acadara 6 parlamentares) e Ciudadanos, con 1/2 representantes no Congreso e o 10,7% dos votos. Estas sondaxes a pé de urna non lle outorgan representación a Nós Candidatura Galega, que obtería o 5,3% das papeletas. Desta maneira, por vez primeira en 20 anos, non habería unha forza nacionalista no Congreso. Por circunscricións, na Coruña o PP sacaría 3 escanos e acadaría o 33,5% dos votos; En Marea, 2/3 e o 27,5% dos votos; o PSOE 1/2 e o 19,2% e Ciudadanos 1, co 11,1%. Nós obtería o 5,5% das papeletas. En Lugo, o PP obtería 2 parlamentares e o 40,1% das papeletas; o PSOE, 1 co 23% dos votos e En Marea, 1, co 19% dos apoios. Ciudadanos ficaría co 8,3% dos apoios e Nós, co 5%. A previsión repítese en Ourense, o PP acadaría 2 escanos, co 41,5%; En Marea, 1, co 21,3% dos apoios e o PSOE, 1, co 18,7%. Ciudadanos faríase co 10,5% das papeletas e Nós, co 4,9%. E en Pontevedra, En Marea situaríase como primeira forza, con 2/3 escanos e o 31,3% das papeletas. Tamén lograría 2/3 escanos o PP, co 31,1%; o PSOE, 1 escano, co 18,2% e Ciudadanos, 0/1, con 11,1%. Nós acadaría o 5,5% dos apoios. A nivel estatal, a suma dos escanos de PP e Ciudadanos superaría a suma dos escanos de Podemos e do PSOE, segundo a mesma enquisa, que lle dá ao PP 114/118 escanos; ao PSOE, 81/85 escanos, a Podemos 76/80; a Ciudadanos, 47/50; Esquerra, 9/11; Democracia e Llibertat, 6/7. Outórgalle ao PNV 4/5; a Unidade Popular (IU), 3/4 e a Bildu, a mesma cantidade, 3/4. A mostra da enquisa é de 177.000 entrevistas feitas a pé de urna en 1.265 colexios electorais. Na Galiza, houbo 12.600 entrevistas en 90 colexios. Os primeiros resultados que ofrecerá o Ministerio do Interior coñeceranse após as 21h."}
{"ID": "NOS_40633", "summary": "As industrias poden producir o mesmo contaminando menos, e poden contaminar menos se desde os poderes públicos poñen prazos e normas que as obriguen.", "text": "Afinais de 2016 publicáronse os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTREspaña) sobre as emisións correspondentes ao ano 2015 de substancias contaminantes das principais industrias e outras fontes puntuais e difusas. A información que ofrece o Rexistro PRTREspaña, aínda que incompleta en moitas industrias, non deixa de ser moi valiosa, xa que permite identificar os complexos contaminantes e cuantificar as súas emisións para observar a súa evolución no tempo e comparalas tamén coas do resto do Estado. Atmosfera Galiza é responsable do 15,08% do total das emisións á atmosfera do Estado español, con 14.284.312 toneladas/ano, ocupando con este valor o segundo posto no conxunto das comunidades. A análise, completa, no Sermos Galiza nº233, xa na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_17042", "summary": "Triplícanse no Estado as queixas a causa da xestión sanitaria", "text": "O Defensor do Pobo recibiu o ano pasado até 1.003 queixas procedentes da Galiza, o que supón 16,7% máis que as 859 recibidas un ano antes. Así o reflicte o informe anual da institución. Entre as queixas, está a dunha muller vítima de violencia machista que deu lugar en 2020 á formulación de varias recomendacións á Xunta da Galiza para unha mellor atención ás vítimas. Así, recomendouse \"o estabelecemento dunha auténtica rede autonómica de servizos de atención das vítimas de violencia de xénero\", para complementar os servizos municipais. Propúxose, ademais, o estabelecemento de criterios de revisión e actualización das partidas orzamentarias do Goberno galego destinadas ao financiamento dos centros de información ás mulleres (CIM). Queixas de pacientes No que ten a ver coa sanidade, o Defensor xestionou até 2.183 queixas a nivel estatal, o que supón o triplo que en 2019, sendo o motivo directamente sinalado a emerxencia sanitaria provocada pola Covid-19, a actividade das administracións sanitarias e as decisións de saúde pública, en materia de contención e prevención dos contaxios. O Defensor do Pobo en funcións, Francisco Fernández Marugán, resaltou a importancia de \"fortalecer o sistema público de saúde\" e asegurou que \"non facía falta unha pandemia para que moitos dos servizos se atopasen ao borde do colapso, pola gran carga asistencial que soportan ciclicamente cada ano\". Atención Primaria O Defensor insistiu na necesidade de reforzar a Atención Primaria e avisou de que, desde o pasado mes de xullo e como consecuencia da pandemia, comezou a recibir queixas cidadás sobre as \"deficiencias\" no funcionamento dos centros. As queixas responden a \"dificultades e tardanza\" á hora de pedir unha cita por teléfono, para realizar unha proba PCR, polo \"prazo excesivo de agarda\" para asistir a unha consulta ou as \"dificultades\" que houbo pola asistencia telefónica. Aliás, urxiu ás comunidades autónomas a aumentar as inspeccións nas residencias de maiores tras a \"catástrofe\" que se viviu a consecuencia da pandemia."}
{"ID": "PRAZA_17237", "summary": "A segunda edición da SELIC comeza este venres e chegará ata o 10 de xuño con presentacións, obradoiros, grupos de traballo, exposicións e roteiros, con espazos para 25 librarías e editoriais.", "text": "Este venres 1 de xuño bota a andar a segunda edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC), unha iniciativa na que colaboran o Concello de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións e roteiros conforman unha programación que chegará ata o 10 de xuño e que terá como espazo principal unha carpa instalada na Praza da Quintana que acollerá tamén as propostas dos axentes do sector, unhas 25 librarías e editoriais. A SELIC é unha celebración ao redor do libro, con actividades que convidan á participación de toda a familia que quere ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais. Antes do inicio oficial da Semana do Libro, xa este xoves están programadas actividades, entre as que destaca o roteiro Compostela Negra, conducido polo escritor e xornalista Diego Ameixeiras, que ofrece paseo polos misterios desta cidade que lle serviu de escenario en novelas como Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010) ou Conduce rápido (Xerais, 2014). Ademais, a partir das 20.30 horas o Teatro Principal acollerá unha dobre sesión de proxeccións centradas na poesía. En primeiro lugar, presentarase Versogramas, o proxecto transmedia de Belén Montero, Juan Lesta e Celia Parra. A seguir, terá lugar a proxección do documental Vértice de Versos, unha longametraxe producida, guionizada e dirixida por Carlos Lorenzo que revisa a historia da poesía galega dende a revolución dos anos noventa e afonda no xurdimento de novas formas de expresións poética. Os roteiros 1 de xuño: Paseo literario Troiano 2 de xuño: Paseo literario Salvador García-Bodaño 7 de xuño: Roteiro Fermín Bouza Brey 8 de xuño: Paseo Scórpio, de Carvalho Calero, en Compostela 9 de xuño: Roteiro Carlos Callón 10 de xuño: Roteiro Rúas de Poesía Conversas e presentacións 2 de xuño: El faro de los tres mundos. Poemario \"Cara de velocidade\". Marga Tojo 2 de xuño: Chan da Pólvora. Diálogo entre Daniel Salgado e Ismael Ramos 3 de xuño: Encontro con Dulce Maria Cardoso 3 de xuño: Urco Editora. Reunión coas \"Nosoutras\" de María Victoria Moreno 5 de xuño: Alvarellos Editora. El gran viaje de estudios de García Lorca 7 de xuño: Palabras Vivas: Voces poéticas En Feminino 8 de xuño: Elías Knorr e Antonio Gamoneda 9 de xuño: Através Editora. Conversa com Brais Arribas e Afonso Becerra Web da SELIC"}
{"ID": "NOS_16882", "summary": "Néstor Rego insta o Goberno estatal a introducir mudanzas na Lei de memoria democrática para que non torne nunha \"oportunidade perdida de rematar coa impunidade do franquismo\".", "text": "O BNG instou esta sexta feira o Goberno estatal a \"rectificar\" a Lei de memoria democrática a fin de introducir no texto \"aspectos importantes que permitan rematar coa impunidade do franquismo\", xa que, en caso contrario, será unha \"oportunidade perdida\", advertiu o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego. Nun acto no que Rego participou diante do Pazo de Meirás xunto á voceira do Bloque en Sada, Laura Rodríguez, a deputada Mercedes Queixas, o portavoz do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, e mais o investigador e activista Carlos Babío, exixiu a declaración do recinto como \"lugar de memoria\". De non introducir mudanzas na lei neste senso, tal e como defendía o BNG nas súas emendas, a Lei de memoria democrática será \"unha fraude\". \"PSOE, UP e PP terán que explicar porque votaron en contra desta emenda, cando si deron o seu apoio a recoñecer esta mesma consideración ao Forte de San Cristobal en Nafarroa e mesmo a devolución ao Concello de Donosti o Palacio da Cumbre\", precisou Rego. Peritos advirten do valor histórico dos bens de Meirás A respecto dese texto, o deputado subliñou que PSOE e Unidas Podemos \"néganse\" a derrogar os artigos 2e e 2f da Lei de Amnistía, \"como se negaron hai catro meses a tomar en consideración unha proposición de lei que demandaba a reforma do Código Penal para poder investigar e xulgar os crimes do franquismo\". Rego considera que esta lei recollen avances, \"nalgúns casos bastante importantes\" en comparación coa Lei de 2007, mais tamén entende que non é \"todo o ambiciosa que debera e podería ser\" para rematar coa impunidade do franquismo. Pola súa parte, Babío lamentou a \"falta de consideración\" do Goberno do Estado na declaración do Pazo de Meirás como lugar de memoria, \"tendo en conta que polo Pazo pasaron todo tipo de cargos e todos eles tiveron como denominador común a memoria\", tal e como quedou acreditado na sentenza. \"Non se entende que se negue a declarar un espazo de memoria como é o Pazo porque, ademais, esa declaración non tería vinculación xurídica\", engadiu."}
{"ID": "NOS_47684", "summary": "O 11 de abril é o día mundial do párkinson, que afecta 4.000 persoas na Galiza segundo datos do Servizo Galego de Saúde.", "text": "O párkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente por detrás do Alzheimer. Aínda que pode amosar os primeiros síntomas nas etapas máis temperás da idade adulta -entre un 15 e un 20% dos casos desenvólvense antes dos 50 anos- adoita presentar unha incidencia alta na sexta e sétima décadas da vida. De feito, a súa incidencia aumenta exponencialmente coa idade. Cinco de cada 100 persoas maiores de 85 anos padecen párkinson, unha enfermidade cuxa prevalencia se sitúa entre os 120 e os 160 caos por cada 100.000 habitantes. Síntomas múltiples A enfermidade de párkinson é, segundo informa o Servizo Galego de Saúde, \"unha doenza de múltiples sistemas neuronais\". Os síntomas máis recoñecíbeis son tremor no repouso, rixidez e acinesia, a perda de amplitude e velocidade do movemento. Desde a Asociación Parkinson Galiza-A Coruña, Eva Iglesias chama a atención sobre outros indicios máis prematuros que poden chegar a adiar o diagnóstico. \"A dor muscular é moi frecuente e pode levar aos doentes a un periplo por diferentes especialidades que adían o diagnóstico definitivo\". Ademais, o párkinson presenta síntomas non motores, menos coñecidos pero de gran relevancia para a calidade de vida dos doentes: depresión, apatía, dor, perda de olfacto, insomnio e \"trastorno do control de impulsos\", engade Iglesias, un problema engadido para as familias e os propios pacientes, \"que adoptan condutas ou accións que poden resultar daniñas tanto para eles como para o seu contorno\", aclara, antes de poñer como exemplo a obsesión polo xogo patolóxico. Unha doenza incapacitante Segundo datos do Sergas, o tremor esencial e o párkinson afectan a uns 4.000 galegos e galegas, unha cifra que desde a Asociación Parkinson Galiza-A Coruña elevan até 13.000, segundo datos da Federación Española de Párkinson. Aproximadamente a metade dos doentes teñen efectos secundarios ou non responden ao tratamento \"personalizado e adaptado a cada paciente\", recalca Eva Iglesias. \"Cada persoa con párkinson presenta os seus propios síntomas. Os especialistas deben valorar cada caso de forma individual e determinar que tratamentos e terapias se poden axustar mellor á fase na que se atopa\", e que requiren, di, dun seguimento constante co fin de afinar ou corrixir esas propostas. A pandemia relaxou a atención que recibían os doentes de párkinson no ámbito da fisioterapia, a logopedia ou psicoloxía. \"O confinamento supuxo un baixón tremendo en moitos casos, físico e psicolóxica. A perda de socialización a través das sesións grupais de traballo tivo un impacto tremendo\", incide Iglesias, quen salienta o \"efecto incapacitante\" do párkinson e ao tremor esencial que afecta entre 0,4 e 3,9% da poboación xeral. \"Este é o máis coñecido, pero hai outros tan limitantes ou máis como a rixidez muscular e os bloqueos, que aparecen cando a medicación deixa de facer o seu traballo. Quedan paralizados sen poder facer nada\". A investigación avanza pero \"precisa maior impulso\", asegura Iglesias para achegar solucións máis precisas. A técnica HIFU trata doentes con Tremor Esencial Refractario O Hospital Clínico Universitario de Santiago incorporou no mes de marzo a técnica HIFU, Ultrasón Focal de Alta Intensidade, unha tecnoloxía que se coñece desde hai cinco anos pero que vén de integrarse na sanidade pública. \"Consiste no uso de ultrasóns de alta frecuencia para producir unha queimadura duns dous milímetros nunha zona moi concreta do cerebro, que é a responsábel do control de movementos. En 45 minutos o paciente sae da máquina de resonancia sen tremor\", explica José María Prieto, xefe de servizo de Neuroloxía do CHUS. Segundo o Sergas, \"ofrecer resultados espectaculares de forma inmediata cunha gran seguridade e apenas sen contraindicacións\" xa que asegura resultados sen pasar polo quirófano e abrir o cranio. É unha alternativa terapéutica para un 600 galegos e galegas con tremor ou párkinson."}
{"ID": "NOS_25292", "summary": "O voto en contra do PP e a abstención do PSOE mandan CDC ao grupo mixto.", "text": "Convergència Democrática de Catalunya (CDC) - actual Partit Democràtic Català (PDC)- fica sen grupo propio no Senado e pasará a se integrar non grupo mixto após a decisión da Mesa da Cámara alta que impide que CDC formalice grupo de seu. O PP votou en contra e o PSOE abstívose, sendo o único voto a favor o emitido polo representante do PNV (no órgano grazas a unha cesión do PP). Desta forma, o centro-dereita nacionalista catalán fica sen grupo propio por primeira vez desde 1977. Pedro Sanz, vicepresidente do Senado, dixo que o regulamento require 10 senadores para constituír grupo parlamentar, se ben poden ficar en 6 o resto da lexislatura. CDC ten 4 senadores (8 na anterior lexislatura). A semana pasada a Mesa deu luz verde a 5 dos 6 grupos parlamentares que se inscribiron na Cámara alta: PP, PSOE, Podemos, PNV e ERC. Porén, deixou en suspenso a aprobación do grupo catalán até esta segunda feira. Nunha decisión sobre a que pendura a declaración do Parlamento catalán da pasada semana de avanzar cara á independencia , o que leva PP e PSOE variar a súa postura inicial, favorábel a que CDC tivese grupo de seu no Senado. Ciudadanos pide a populares e socialistas que manteñan ese mesmo criterio no Congreso."}
{"ID": "NOS_52445", "summary": "O presidente da Xunta avanzou, ademias, que Galiza abrirá 25.000 novas autocitas de vacinación para a xente moza de entre 16 e 22 años.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sinalou, após a última reunión do Comité Clínico, que as autoridades sanitarias esperan poder relaxar as restricións fronte á Covid-19 en \"moitos municipios\" da Galiza na terceira semana de agosto. En declaracións aos medios en Ribeira, o presidente galego ratificou que Galicia roza o pico da quinta vaga, polo que entre finais desta semana e principios ou mediados da que vén, após unha fase de meseta, empece a descender tanto o número de contaxios como a hospitalización en planta e en UCI no conxunto do territorio. Feixoo vinculou a mellora dos datos coas últimas medidas tomadas -xa que o ciclo epidemiolóxico de 15 días está a concluír e os datos \"melloran\"- á vez que avanzou que o comité experto podería adoptar novas medidas de restricción, máis xenerosas na terceira semana de agosto. \"Moitos concellos, incluídas cidades, van baixar a niveis medios se todo segue comportándose como se está comportando. Poderemos abrir cidades e outras localidades a posicións máis tranquilas\", avanzou, antes de lanzarunha advertencia: que poida adoptarse este alivio vai depender finalmente do \"comportamento social, de non facer botellóns\" e de non favorecer a expansión do virus con actitudes pouco seguras en reunións sociais. Autocita Doutra banda, Núñez Feixoo, anunciou que, tras fixar as necesidades de doses para as repescas, Galiza abrirá de inmediato até 25.000 autocitas máis para mozos de entre 16 e 22 anos, franxa de idade na que se rexistra na comunidade \"un incremento moi importante\" de contaxios no marco da pandemia. Será nos próximos días \"e anunciarémolo con antelación para seguir incorporando aos mozos con incidencia máis alta\" á vacinación masiva. \"Espero que estas 25.000 citas as poidamos implementar a finais desta semana para empezar a próxima coa vacinación de entre 22, 21 e 20 anos\", dixo Feixoo. Aínda que inicialmente esta opción ía dirixida a persos mozas \"con maior necesidade\", que teñan que realizar viaxes de estudos ou saídas da Galiza, o xefe do Goberno galego aclarou que poderá acceder á autocita o conxunto da poboación de entre 16 e 22 anos. Quen non consiga cita por esta vía, precisou, recibirá a chamada 'forzada' habitual que o Servizo Galego de Saúde segue a realizar por orde cronolóxica de idade."}
{"ID": "PRAZA_11957", "summary": "Talvez é tempo de que a sociedade civil tome a palavra e exija que se imponha o sentido comum e a lógica do bem-estar colectivo. Exigir que se adapte a legislaçom a esta situaçom e que o governo galego aja como tal. Parece um pedido sensato e útil para o futuro.", "text": "Falavam os clássicos gregos da História como cíclica ─ o 'eterno retorno' ─ e vários séculos depois ainda vamos ter que dar-lhes a razom, porque a dia de hoje voltamos a ouvir umha linguagem que alguns achavam que estava totalmente esquecida e que nunca voltaria a ser usada. O triunfo político da democracia capitalista e liberal chegou a proclamar que a História tinha chegado ao seu fim, com tudo o que esta sentença poda ter de contrassentido em si própria. Permitide-me que comece este artigo com esta pequena divagaçom, até porque vem ao caso com o que quero explicar já a seguir. Falo do eterno retorno ou história cíclica porque hoje há sectores importantes da populaçom que sentimos a necessidade de recuperar propostas, que semelham de mui atrás, como a da existência da banca pública, novas entidades como as que desaparecérom nom há tanto tempo. Retrocedamos só um par de décadas, coincidindo justo com a pretendida proclamaçom do fim da História: naquele momento eram muitas as famílias que podiam aceder ao crédito através da banca estatal, entre elas a minha. Assim era que, enquanto o meu pai e a minha mãe assinavam a hipoteca da sua primeira e única vivenda com o Banco de Crédito Hipotecario, eu próprio abria a minha primeira conta na Caja Postal, para cobrar a minha primeira bolsa como estudante. A cidadania do Estado espanhol iniciou o século XXI sem banca de titularidade estatal, sendo as Caixas de Aforros o mais semelhante a umha entidade creditaria de carácter público Estamos a falar de finais da década de 80 e princípios da de 90, há bem poucos anos. Ambas entidades faziam parte do sistema financeiro de titularidade estatal, que junto com o Banco Exterior de España, o Banco de Crédito Local e o Banco de Crédito Agrícola fórom agrupadas em Argentaria em 1991. Este património colectivo foi privatizado através da venda deste grupo público á banca privada, concretamente ao BBV, em 1999. Tanto eu como os meus pais acabámos com as nossas antigas contas, da Postal e do Hipotecário, numha mesma entidade, primeiro pública e depois já privatizada sendo parte do BBVA. Assim a cidadania do Estado espanhol iniciou o século XXI sem banca de titularidade estatal, sendo as Caixas de Aforros o mais semelhante a umha entidade creditaria de carácter público. Umhas entidades com umha enorme inserçom social, captadoras de grande parte da poupança dos seus territórios originários, e com umha responsabilidade comunitária cristalizada através das suas obras sociais. Nesta primeira década, o boom da construçom funcionou como combustível dumha banca privada que conseguia impor o seu modelo de capitalismo financeiro frente ao modelo produtivista. Mesmo as caixas participárom desta voragem escapando de qualquer controlo democrático, isto é, público. Só ficou de fora a Caixa Rural de Lugo, mudada em Caixa Rural Galega, e que está chamada a ser umha nova ferramenta financeira a ter em conta Mas com o estouro desta borbulha imobiliária, acompanhada dumha crise mundial de carácter sistémico, chegamos até o ponto de que a grande banca repare nesse último reduto do público que som as caixas, e decida fazer-se com elas, novamente com a cumplicidade do governo espanhol da alternáncia. No caso galego significou, em primeiro termo, culminar a fusom das caixas galegas. Com a uniom de Caixa Galicia e Caixanova acabava um processo que se tinha iniciado, como mínimo, havia mais de 30 anos. Há que lembrar que a entidade do norte era o resultado da fusom das caixas da Coruña e Lugo, de Ferrol e de Santiago, ao que se sumou a provincial de Lugo, e a rural da Coruña, rural de Pontevedra e rural de Ourense. Enquanto que a do sul significava a mais recente fusom das caixas de Vigo, de Ourense e de Pontevedra. Só ficou de fora a Caixa Rural de Lugo, mudada em Caixa Rural Galega, e que está chamada a ser umha nova ferramenta financeira a ter em conta. Novacaixagalicia ou, agora já Nova Galicia Banco, passou a ser umha entidade que, segundo dados que achegava recentemente o professor Xavier Vence, conta com uns activos equivalentes a 1,5 vezes o PIB galego, com mais de 2,5 milhões de clientes, quase 300.000 empresas -somando pemes, microempresas e autónomos-, e que administra 40 % das poupanças galegas, concedendo mais da metade dos créditos do dia-a-dia deste pais. Qualquer empreendedor galego sabe que nom é fácil conseguir financiamento nesses bancos e caixas que só venhem à Galiza a captar aforro, oferecendo bons rendimentos para conseguir esse capital, mas arriscando muito pouco fora do seu território de origem. Chegamos, pois, ao ponto decisivo. Umha vez que Nova Galicia Banco tem sido nacionalizado através da injecçom de 2.400 milhões de euros, procedentes do FROB, para a sua recapitalizaçom, agora o governo de Rajoy pretende vender, mais umha vez, o nosso património colectivo para colocá-lo em mãos da grande banca privada. Evidentemente as finanças de um pais de aforradores, como é o caso da Galiza, é um bocado mui apetecível. Com muitas e muitos pequenos aforradores, e ainda por cima com um índice de morosidade bastante baixo, nom é de estranhar que a nossa ex-caixa tenha já vários pretendentes, sobretudo quando é de esperar que a venda nom seja por um preço demasiado elevado. Ligando com o título deste artigo - nom é sem tempo, direis - nom será o momento de converter esta enorme AMEAÇA, que se cerne sobre a sociedade galega, numha OPORTUNIDADE a aproveitar? Nom será o momento de propor que seja a administraçom galega quem pague ao FROB esses 2.400 milhões? Segundo as contas galegas para este ano, com só dedicar 2 % do orçamento da Xunta a este fim, poderíamos pagar em menos de 13 anos. Dedicando 1,5 % pagaríamos em menos de 20 anos, em todo caso. E isto sem ter em conta a importante ferramenta com que poderíamos contar para o futuro, tanto para o crédito público como para o privado. O músculo financeiro galego ficaria aqui, e os juros que se pagassem, desde a própria administraçom galega ou desde a cidadania, repercutiriam no benefício colectivo. Nom há dúvida de que poderia ser umha grande operaçom, e crucial, se houvesse vontade política. Entom, e chegados a esta altura, deveríamos mudar a pergunta do título e plantejá-la assim: Por que nom pode ser Nova Galicia Banco a Nova Banca Pública galega? Talvez é tempo de que a sociedade civil tome a palavra e exija que se imponha o sentido comum e a lógica do bem-estar colectivo. Exigir que se adapte a legislaçom a esta situaçom e que o governo galego aja como tal. Parece um pedido sensato e útil para o futuro. Será que alguém vai propor a ideia fora destas linhas? Ou é que só se aceitam as propostas quando quem ganha nom somos todos?"}
{"ID": "PRAZA_20292", "summary": "Entre 2005 e 2013 os datos publicáronse cada 3 meses; o do terceiro trimestre reflectía o impacto da redución de actividade no verán. En 2014 o Sergas publicou os datos sen sumar Povisa e dende 2015 só informa sobre as listas dúas veces ao ano, evitando o verán.", "text": "A Xunta fai públicos os datos das listas de espera cirúrxica e de consultas externas dende xuño de 2005, información que comezou a ser fornecida con regularidade nos meses de transición entre o Goberno do PP de Manuel Fraga e o da coalición de PSdeG e BNG. O Servizo Galego de Saúde acudiu con puntualidade cada tres meses á súa cita con esta publicación ata o ano 2014, cando deu en separar os datos do hospital concertado POVISA do cómputo xeral, facendo imposible comparar os datos. Ao ano seguinte, en 2015, comezou a aplicar un novo precepto legal que reduciu á metade a información sobre as esperas na sanidade pública e libra a Xunta de facer público o impacto dos peches estivais de camas, un opaco procedemento que neste 2017 se aplicará por terceiro verán consecutivo. Entre 2005 e 2013 os datos publicáronse cada 3 meses; o do terceiro trimestre reflectía o impacto da redución de actividade no verán A información trimestral da lista de espera cirúrxica provocaba que en torno ao mes de outubro de cada ano o Sergas ofrecese os resultados do terceiro trimestre do ano, datados no 30 de setembro. Esa publicación disparaba en todos os casos o dato medio de agarda para se operar nos hospitais públicos, xa que era produto da redución de actividade dos meses de verán. Así, por exemplo, o primeiro dato correspondente ao terceiro trimestre, en 2005, reflectiu a espera media máis alta de toda a serie, 137 días. Nos nove anos en que foi revelado nunca descendeu dos 90 días; os datos máis baixos rexistráronse entre 2008 e 2009 (92 días) e mais en 2010 (90,7) e os últimos coñecidos, 2012 e 2013, achegábanse aos 99 días de agarda. En 2014 o Sergas publicou os datos sen sumar Povisa e dende 2015 só informa sobre as listas dúas veces ao ano, evitando o verán Con este pano de fondo a Xunta impulsou e sacou adiante no Parlamento no inicio da pasada lexislatura a lei de garantías de prestacións sanitarias. Con esta norma, que ademais de facilitar o transvase de pacientes do Sergas á sanidade privada fixa un límite máximo de 60 días para o acceso a unha operación, o Goberno autorizouse a si mesmo a reducir a información pública sobre as listas de espera, que pasou de trimestral a semestral. Tratouse, segundo o PP, dunha decisión \"valente\" para facer \"pasar a un segundo plano\" o debate político sobre o asunto que ademais veu acompañada da eliminación da web do Sergas de toda a información previa a 2014. Aínda que a lei entrou en vigor en marzo de 2014 a Consellería de Sanidade non comezou a aplicar o precepto sobre a información das listas ata marzo de 2015, cando en vésperas das eleccións municipais decidiu non publicar o dato do primeiro trimestre do ano. A decisión executada pola daquela conselleira, Rocío Mosquera, foi continuada polo seu sucesor, Jesús Vázquez Almuiña. Así, tanto en 2015 como en 2016 o pico estival da espera desapareceu da estatística. Mentres, a inxección adicional de cartos anunciada por Feijóo na primavera de 2016 achegou o dato medio previo ás eleccións galegas aos 60 días que marca a lei. O primeiro tras o proceso electoral ascendeu levemente e quedou un chisco por baixo dos 70. Os peches de 2017 Con este pano de fondo o Sergas ten xa en marcha o plan de peches de camas para este verán. Despois de que, nas últimas semanas, os sindicatos sanitarios fixesen públicas as súas estimacións, uns 1.000 peches que suporían manter a cifra en máximos, o conselleiro aproveitaba unha entrevista na Cadena SER para explicar que o peche afectará a \"entre o 15% e o 20%\" das camas, o que vén confirmar os augurios sindicais -os datos máis recentes indican que o Sergas dispón dunhas 6.600 camas operativas-. Sanidade mantén que as camas xa non teñen a \"importancia\" doutros tempos e a oposición censura que \"tome por parva\" a poboación e aproveite o verán para \"pagar menos\" e \"poñer en risco a atención hospitalaria\" Mentres Almuiña reitera, como en anos anteriores, que a cifra total de camas xa non é tan relevante como noutrora -\"son importantes nos hoteis e non tanto nos hospitais\", chegara a ilustrar o pasado verán-, a oposición parlamentaria censura que o conselleiro \"tome por parva\" a poboación, en verbas da voceira de En Marea en materia sanitaria, Eva Solla. Alén dos \"eufemismos\", di a parlamentaria, o certo é que a Xunta toma decisión cando mesmo \"incumpre\" o límite de 60 días que se impuxo a si mesma. As listas de espera acreditan, di, que pechar camas \"é xusto o contrario do que se debería facer\". Nun sentido semellante o deputado do PSdeG Julio Torrado anunciaba este xoves unha interpelación a Almuiña para cuestionalo sobre por que \"pon en risco a atención hospitalaria\" cuns peches \"letais nun sistema que de forma habitual está en situacións límites\". O Goberno galego, lamenta, \"impón un modelo de sanidade cicatero, máis barato, de mercadiño\" e ve no verán \"unha oportunidade para pagar menos\" no canto de para reducir a agarda. Tamén o BNG, a través de Montse Prado, censura este peche sen que sequera Almuiña o \"explique\" ou aclare por que \"non serán substituídos moitos profesionais durante as vacacións\"."}
{"ID": "NOS_14169", "summary": "Mañá quinta feira preséntase na libraría Couceiro o libro Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, traducido do francés ao galego por Henrique Harguindey.", "text": "Este libro, verquido á nosa lingua por Henrique Harquindey, que tamén asina un necesario limiar sobre a obra, é unha novela de cabalería do século XIV que foi un auténtico best-seller en toda Europa e que ten por heroe que encarna todas as perfeccións un fillo dun rei galego. A editorial Rinoceronte vén de encher un importante baleiro ao publicar esta obra -de autor descoñecido- cuxa existencia só era coñecida practicamente por algúns filólogos e medievalistas, principalmente franceses. O acto de presentación, organizado pola asociación O Galo, terá lugar ás 20 horas da quinta feira en Couceiro, coa presenza do tradutor e de Luis Gonçales Blasco Foz, Profesor de lingua e literatura galega."}
{"ID": "NOS_15479", "summary": "Anacos\" ten unha duración de 6 minutos e conta no reparto con Mabel Ribera, Fernando Morán e Xosé Barato. Trátase da cuarta curtometraxe de Baños", "text": "A curtometraxe \"Anacos\" de Xacio Baños ven de acadar o premio ao mellor guión no Festival Cortocircuito que pechou en Compostela a súa novena edición. A cita viña de de facerse hai dúas semanas coa Biznaga de Prata, Premio Especial do Xurado na XIII edición do Festival de Málaga e a Mención Especial do Xurao no Festival Internacional das Palmas. Na mellor curta galega obtivo o premio Conversa cunha muller morta de Sonia Méndez mentres o rumano Cristi Iftime facíase co de mellor ficción internacional con 15 de xulio. A curta do realizador galego Xacio Baños (Xove, 1983) suma o premio ao mellor guión do Cortocircuito de Santiago á Biznaga de Prata, Premio Especial do Xurado no Festival de Málaga. A obra de Baños fora xa recoñecida no Festival Internacional das Palmas coa Mención Especial do Xurado. \"Anacos\" ten unha duración de 6 minutos e conta no reparto con Mabel Ribera, Fernando Morán e Xosé Barato. Trátase da cuarta curtometraxe de Baños despois de Quentefrío (2009), Relación de Acordes (2009) e Estereoscopía (2011) . A curta foi gravada no Concello de Cambre. Na sinopse da peza, o director, guionista e productor, Xacio Baños, sentenza que \"a vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito\". Responde o lema ao que ao episodio persoal deixa escrito no seu blog cando evoca que seu avó, nunha xornada de traballo no monte, lle dixera: \"Arreglar a casa, comprar uns montes e estudar aos fillos. Aí vai a vida dun home\". O autor completa a lembranza coa súa impresión, que está agora na base da curta premiada: \"Aterroume. Como pode un home de 75 anos resumir a súa existencia en dúas liñas?\"."}
{"ID": "NOS_16602", "summary": "Davyth Hicks (Cornualles, 1961) é o secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN). Na súa visita a Compostela pola celebración da Asemblea Xeral da organización, Hicks debulla para 'Nós Diario' os obxectivos de ELEN, a situación das linguas minorizadas en Europa e o caso concreto da Galiza.", "text": "—O córnico, ou kernewek, é unha lingua milenaria. Porén, a comezos do século XX apenas tiña tres falantes. Como chegou Cornualles a esta situación? Na Idade Media o córnico estaba a medrar da man das lendas que situaban en Cornualles o rei Arturo e algunhas reinterpretacións dos textos cristiáns. Mais Inglaterra virou cara ao protestantismo, e nós, como Irlanda, convertémonos nun Estado fortemente católico. Entón o córnico foi visto como un inimigo asociado ao catolicismo, e o Goberno inglés iniciou unha forte represión na Idade Moderna. A xente de Cornualles rebelouse en máis dunha ocasión, pero Inglaterra respondeu asasinando arredor dun terzo da poboación masculina, que era a que maioritariamente falaba córnico. Tamén perdemos falantes por mor da emigración. Desde o século XVIII non temos unha comunidade lingüística como tal. —Cantos falantes ten hoxe? No século XIX comezou revivir a lingua grazas a algunhas persoas concretas que vivían en diferentes vilas e non se coñecían entre elas. Perdemos a transmisión interxeracional, polo que é todo máis complicado. Estamos agardando polos resultados dun novo censo, mais estimamos que entre 800 e 1.000 persoas falan córnico hogano. —Como se pode revitalizar unha lingua? A transmisión interxeracional é fundamental, podes revivir unha lingua ensinándolla aos teus fillos. Os meus agora saben córnico, inglés e letón, pola súa nai. Aprender idiomas sempre é positivo, e dá igual o número de falantes que teña, ningunha lingua é pequena nin ten menos dereitos. —O futuro dunha lingua está, pois, en mans da rapazada. Por suposto, os nenos son o futuro. Temos que garantir que poden usar a súa lingua en calquera ámbito, desde as aulas até o patio de recreo, e que non teñan que pensar \"vou falar en castelán a determinada persoa para non molestar\". Un dos proxectos máis ambiciosos que estamos a desenvolver é o European Language Equality, destinado a lograr a igualdade lingüística no eido dixital, xa que moitas linguas están en perigo de desaparecer das novas tecnoloxías malia teren o potencial para superar esta fenda lingüística. É importante para un neno que poida xogar a videoxogos como Minecraft na súa lingua. —Cal é a diferenza entre unha lingua minoritaria e unha minorizada? Non nos gusta o concepto \"minoritario\" porque non está claro que significa. Minoritario implica unha acción, e para nós todos os idiomas, obviamente, son iguais. Mais algúns ficaron nun espazo minoritario, e o que nos interesa saber é como chegaron a iso. Por que o galego está en desigualdade co castelán? Foi convertida en minoritaria por unha serie de factores históricos, logo foi minorizada. Cómpre revertermos isto para garantir que ti poidas vivir toda a túa vida en galego, eu en córnico e un catalán en català. Unha lingua pertence a un territorio, e se non se protexe aí, non se vai protexer en ningún outro lugar. E vemos algo que pasa moito nas comunidades bilingües. Se nunha habitación hai dez catalán-falantes e un hispanofalante, mudarán ao castelán para ser educados, e o mesmo acontece no Reino Unido. Nunca verás un grupo de dez anglofalantes mudar ao galés ou ao córnico por educación. —ELEN fundouse en 2011. Hoxe apóiana máis de 60 organizacións de todo o continente. Con que propósitos foi fundada? Antes tiñamos a Oficina Europea para as Linguas Minoritarias [Eblul, en inglés], dotada cun millón de euros ao ano, que levou a cabo diferentes proxectos lingüísticos, e foi aí onde eu empecei traballar na materia. Mais a Unión Europea decidiu en 2010 cortar o financiamento por algunha razón que non conseguimos entender. Preocupábanos que non houbese ningunha ONG que defendese os dereitos das linguas ante a UE, o Consello de Europa ou a ONU, e por iso decidimos impulsar ELEN. Temos menos cartos, mais a principal vantaxe é sermos unha organización social totalmente independente, o que nos permite actuar na protección, promoción e desenvolvemento das linguas sen inxerencias políticas. —Que axuda pode ofrecer ELEN ás e os falantes das linguas minorizadas de Europa? Moitas das plataformas que conforman ELEN están vencelladas a sindicatos, e nós usamos ese poder. Cando negociamos cun Estado ou coa UE saben da nosa dimensión e do que somos capaces. O maior obxectivo ao que podemos aspirar é que a rede sexa efectiva. Somos eficientes a nivel da UE, a nivel estatal e mesmo a nivel local. Axudamos a internacionalizar os conflitos levándoos ás altas instancias europeas, engadimos un pouco de presión adicional para garantir que se cumpren os dereitos lingüísticos. Nós acompañamos Òmnium Cultural á ONU para defender, durante catro anos, a liberdade de Jordi Cuixart. E finalmente saíu da cadea. É unha mostra do que podemos lograr se internacionalizamos os conflitos. O galego comparado con outras linguas do continente Preguntado a respecto das súas impresións sobre a situación da lingua galega, o secretario xeral de ELEN sinala os \"grandes avances\" conseguidos nas últimas décadas: \"Terdes unha televisión e unha radio na vosa lingua ou utilizala como vehicular no ensino son cuestións que aínda estamos perseguindo en Cornualles\", sinala. Con todo, salienta que aínda queda moito camiño por percorrer na Galiza, como garantir que a cativada teña acceso \"a todo tipo de contidos en galego\", e fai alusión ao debate sobre a Lei do audiovisual: \"A xente debe velo como unha oportunidade, porque o galego, igual que o euskera ou o català, beneficia a economía\". Aliás, Hicks sostén que Francia é \"o peor Estado de Europa\" no tocante aos dereitos lingüísticos: \"O occitano e o bretón están completamente discriminados\", di."}
{"ID": "PRAZA_20194", "summary": "Pide que o partido \"afonde nunha proposta clara e ambiciosa no plano nacional que vaia alén das alusións rituais á plurinacionalidade\".", "text": "Foro Galego reuniuse este sábado na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela para aprobar unha resolución política cara ao plenario que En Marea convocará en xullo. O texto aposta pola \"consolidación de En Marea como organización política galega de seu\". \"Defenderemos que En Marea afonde nunha proposta clara e ambiciosa no plano nacional que vaia alén das alusións rituais á plurinacionalidade, deixando claramente establecido que En Marea é un proxecto independente de calquera outro formulado no ámbito do Reino de España\", sinala a seguir. Foro Galego valora \"positivamente\" o \"actual proceso de consolidación organizativa de En Marea\" e sinala que \"a elección democrática do Consello das Mareas e da Coordinadora de En Marea, sentan as bases para poder abordar con éxito as moitas tarefas que temos pendentes\". \"O liderado de Luís Villares, unipersoal ou dentro dunha portavocía plural, vémolo como un elemento moi ben aceptado socialmente e que claramente reforza En Marea\", engaden. A organización aposta pola expansión \"sectorial e territorial\" de En Marea e afirma que é \"especialmente importante a creación de organizacións locais de En Marea en todos os concellos onde sexa posíbel, respectando e potenciando as mareas actualmente existentes\". E os seus integrantes propoñen \"a construción de En Marea como unha esquerda nacional galega ampla, plural e inclusiva, na que nós e outros nacionalistas galegos, convivamos con persoas de esquerdas que non se consideran nacionalistas mais que aceptan o principio de que os galegos debemos ter capacidade de decisión sobre o noso propio destino\". Na xornada deste sábado interviñeron persoas vinculadas a concellos como Lugo, Gondomar, Noia, Outes, Betanzos, Viveiro, Outes, Curtis, Sober, Poio... así como o alcalde de Salceda de Caselas. A proposta de resolución foi presentada pola deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo e Carlos Neira, de Lugonovo. Continuou a quenda de intervencións Xoán Hermida en representación de Marea Aberta. A quenda de intervencións libres pechouna Carlos Aymerich que afirmou que \"para que un proxecto nacional en Galicia hai que convivir con xente plural de ideoloxía diversa\". O portavoz de En Marea, Luís Villares, achegouse para dar un saúdo aos asistentes no que remarcou que é \"facil identificarse con En Marea porque a amalgama que une todo isto son os valores por enriba da organicidade\". Xosé Manuel Beiras enviou un saúdo, desculpando a súa asistencia mais dando a benvida a que o Foro leve a cabo \"actividades de reactivación e rexeneración do nacionalismo progresista galego no seo da nosa sociedade\". Resolución aprobada polo Foro Galego (.pdf)"}
{"ID": "NOS_45062", "summary": "\"Non é necesario a triangulación nin a intermediación\", asevera o Goberno, mentres a empresa insiste no seu interese en vender \"a SEPI\".", "text": "Cinco dos seis interesados en se facer coa planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pasaron \"o primeiro peneirado\" que implica a adopción dunha cláusula de confidencialidade, mentres que o sexto \"aínda pode facelo estes días\", segundo informa o comité de empresa. Ao termo dunha nova reunión multilateral sobre este proceso, transcorrido xa máis dun ano do inicio do conflito pola intención inicial da multinacional de pechar a planta, o Gobernoestatal urxiu a multinacional a \"que venda\". \"O único que ten que facer Alcoa é vender, deixar paso a outro propietario que teña licenza moral para operar en España, porque a Alcoa acábaselle xa a súa licenza moral\", afirmou o secretario xeral de Industria, Raül Blanco, en declaracións remitidas aos medios de comunicación. Pola súa banda, a compañía apuntou que \"mantén o seu compromiso de avanzar na venda á SEPI (a Sociedade estatal de participacións industriais), tras o cal SEPI podería transferir a planta a un terceiro\". Neste escenario, e con seis potenciais compradores, cinco deles recibiron o 'term sheet' de Alcoa, \"que é o mesmo para todos\". Ademais, recibiron \"informacións xenéricas e máis específicas\" sobre a planta, segundo apunta o comité, após o que lle comunicou esta quinta feira a empresa. \"Nós imos ter reunións con tres dos seis compradores. Coñeceremos os plans industriais e sobre todo os enerxéticos, que nos dean viabilidade a longo prazo, para funcionar durante 20-25 anos. Quédanos que os outros dous compradores se poñan en contacto connosco\", explicou o presidente dos representantes dos traballadores, José Antonio Zan, antes de facer un chamamento a \"seguir unidos, loitando\" polo futuro da fábrica. Por parte do Ministerio de Industria, \"ante a enésima reunión\", Blanco trasladou \"varias mensaxes claras\", o primeiro deles un reproche a que Alcoa \"está enrocada nun proceso xurídico pondo a SEPI e ao Goberno estatal como escusa para non vender\". Hai \"polo menos seis empresas interesadas na compra da planta\" e para que iso se materialice \"non é necesario a triangulación nin a intermediación do Goberno estatal, pódese realizar con total normalidade dentro do marco xurídico\", sostén o secretario xeral de Industria. \"Non podemos estar máis tempo aguantando as trampas nos procesos de ventea de Alcoa e os seus procesos eternos de venda e diálogo. Que venda e que o faga dentro do marco xurídico e despois ese proceso industrial vaia adiante\", sentenciou. Para o titular de Industria, \"esa é a mellor garantía que hai\" para os traballadores e para a comarca da Mariña. Sen aceptar \"para nada esa acusación de que se está deixando aos pés dos cabalos os traballadores\", o secretario xeral comprometeu que \"o Goberno vai estar aí igual que antes\". Pola súa banda, Alcoa deu conta de que informou aos membros dunha mesa multilateral sobre \"os avances realizados no proceso de venda\" da planta de aluminio de San Cibrao \"a SEPI\". \"Alcoa iniciou conversacións cos candidatos remitidos polo Ministerio de Industria que expresaron interese en adquirir a planta de aluminio unha vez complétese a venda a SEPI\", resalta."}
{"ID": "NOS_26428", "summary": "O que era rexedor co BNG e foi apartado do cargo mediante unha moción de censura, Secundino Fernández, exixe a dimisión do seu sucesor porque Viana do Bolo non merece \"unha Alcaldía que está metida en temas legais día si e día tamén\". O nacionalista estaría aberto a chegar a unha coalición de Goberno se decorre a saída do actual alcalde.", "text": "O Bloque xa tiña recorrido os plenos de organización de Viana e Castrelo de Miño nos que se perderon as Alcaldías nacionalistas. Foi con motivo dunha resolución do Tribunal Supremo na que determinou que as e os edís non adscritos ou tránsfugas non poden conseguir melloras de cargos ou de percepcións monetarias tras apoiar unha moción de censura. O ex alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, aclara que o novo rexedor non podería cobrar retribución pola dedicación ao Concello nin estar no cargo por mellorar tanto a nivel de relevancia do posto como no ámbito económico. \"Había un informe da secretaría e un reparo de intervención a que cobrase a dedicación que mesmo levantou pero iso pode implicar un delito de apropiación indebida ou malversación de fondos\", destaca o nacionalista. As advertencias do BNG fixeron que a partir de decembro Abelardo Carballo comezara a \"devolver o diñeiro pero seguía de alta na seguridade social\" e outras cuestións que poñían sobre a mesa un suposto \"delito moi grave\". Segundo Fernández, o Goberno local resultante da moción pediu o seu propio estudo xurídico -documento que non lle facilitaron aínda malia telo pedido- e corroboraron os perigos de seguir na mesma circunstancia. Por iso, di, vén agora a renuncia, que entende que se intenta vender aludindo a unha realidade distinta. Ademais, o que dirixira o Consistorio lembra que Carballo \"segue incumprindo\" a sentenza do Supremo pois segue nun posto que supuxo unha mellora. Recurso pola convocatoria do pleno \"Se ten tanto apego ao pobo como di debería dimitir\", subliña. Neste sentido comenta que todo o proceso desde o pleno que acabou coa xestión dos nacionalistas estivo afectado polo transfuguismo e a sentenza. \"Primeiro tivo que cesar ao segundo tenente de alcalde, despois deixar de cobrar... e a ver se dimite dunha vez\", remarca. Na súa opinión Viana non merece \"unha Alcaldía con problemas legais día si e día tamén\". En calquera caso, o recurso do Bloque sobre a convocatoria do pleno de setembro que deu a volta ao Goberno local continúa o seu curso. Ante unha hipotética saída de Carballo do cargo, Fernández non rexeita chegar a algún pacto co PSOE para retomar a xestión do municipio."}
{"ID": "NOS_42499", "summary": "A sesión extraordinaria tivo lugar na mañá desta segunda-feira, impulsada por Democracia Ourensana. Vázquez instou as 2 formacións a que presenten unha moción de censura.", "text": "Jesús Vázquez non superou a moción de reprobación impulsada por Democracia Ourensana e que saiu adiante cos votos desta formación e do PSOE, partido que até esta segunda feira non quixo desvelar a intención do seu voto. 14 apoios -8 de DO e 6 do PSOE- á reprobación do único alcalde que o PP ten nas grandes cidades galegas e 10 en contra (Partido Popular). Os tres representantes de Ourense en Común optaron por se abaster. DO forzou este pleno extraordinario co aval de ser a segunda forza e ter 8 edís (supera o requisito de sumar máis de ¼ da Corporación para pedila) e coa intención de reprobar un rexedor que cualificda, entre outras cousas, de \"pésimo xestor\". Os socialistas decloinaran entón dar a coñecer o seu posicionamento até a realización do pleno. Neste, votaron a prol da reprobación de Vázquez. Ourense en Común, de por parte, abstívose, e fixo unha \"reprobación pública\" do alcalde e das forzas que aprobaron a reprobación. A medida non ten efectos prácticos. Jesús Vázquez instou DO e PSOE a que presenten unha moción de censura."}
{"ID": "PRAZA_12350", "summary": "Cando alguén ten por diante unha pantalla baleira, un lenzo que vai encher con estes caracteres sente ese belisco no estómago, forte e infinito, de alguén que vai saír ó escenario recrear verdades e mentiras. Estas letras van camiñando paseniño, soas e armadas de sintaxe, vestíndose de gramática propia e allea, dalgún que outro risco, de moitas dúbidas e tamén de aseveracións. As liñas, coma un puzzle, van asomando, seguen o seu camiño e logo desaparecen.", "text": "Cando alguén ten por diante unha pantalla baleira, un lenzo que vai encher con estes caracteres sente ese belisco no estómago, forte e infinito, de alguén que vai saír ó escenario recrear verdades e mentiras. Estas letras van camiñando paseniño, soas e armadas de sintaxe, vestíndose de gramática propia e allea, dalgún que outro risco, de moitas dúbidas e tamén de aseveracións. As liñas, coma un puzzle, van asomando, seguen o seu camiño e logo desaparecen. Non sei se esa sintaxe da que falabamos antes é, ou non, unha facultade da alma, iso dicía alguén que xuntaba moitas máis letras e que sabía que o que facía era literatura. Non sei quen le, de quen acaban sendo, os textos, os posts perdidos dos blogs, as liñas dos tuits, os comentarios que se fan ós artigos nos xornais Non sei quen le, de quen acaban sendo, os textos, os posts perdidos dos blogs, as liñas dos tuits, os comentarios que se fan ós artigos nos xornais. Se existise un arquivo inmenso de toda a interacción na rede penso que precisaríamos moitos faiados para gardar todas as máscaras empregadas, moita memoria e demasiadas etiquetas. Tantas coma as que se suceden día a día en cento corenta caracteres. A min sempre me pareceron algo semellante a autobiografías en pequenas doses, reducidas e desbocadas á vez, efémeras nesa intensidade que vai pasando por diante de nós e na que só reparamos uns instantes. Aquel que eloxiaba dobremente a brevidade, se era boa, sería un tuiteiro de primeira división. Deses dos que logo todo o mundo fala, dos que, paradoxalmente, quedará moita lembranza e dos que, pode ser, pretendamos facernos unha camiseta cunha desas sentenzas tan ben traídas e festexadas. Non sei se en todo isto do que falamos hai ou non literatura, entendamos o que queiramos entender por isto. Andan moitos, na rede precisamente, comentando estes días sobre o xénero, a etiqueta, a nomenclatura, as características do que se fai nos blogs. Pode que sigamos a entender que certas cousas veñen empaquetadas de determinada maneira: se é de papel e ten páxinas pode ser un libro, se ven noutro formato xa é outra cousa, se es escritor tes que ter actitude e as canles, ós pulpitos adecuados: facer parcelas e, porén, limitar o mundo. Ó mellor é todo moito máis sinxelo: hai verdade e ficción en moitos recantos da rede e tamén na propia oralidade. Ó mellor é todo moito máis sinxelo: hai verdade e ficción en moitos recantos da rede e tamén na propia oralidade. Coma tamén hai moitas páxinas agochadas e latentes nas bibliotecas, en libros que ninguén le, pechados, orfos, case mortos. A condición de literario non serve para nada se o texto é un belo durminte. A literatura non creo que teña domicilio fixo e será todo o efémera que os lectores decidan. Por moito que pensemos que xa está todo escrito."}
{"ID": "NOS_5999", "summary": "A noite branca, de Francisco Fernández Naval como mellor libro do ano para a Federación de Libreir@s xunto coa web Galicia Encantada, As Guías da Natureza de Baía, o CEIP Quintela de Moaña e a libraría Komic de Santiago sumáronse a Mª Xosé Queizán como autora do ano nos premios da Irmandade do Libro entregados o sábado en Monforte.", "text": "\"Pola ampliación de horizontes da narrativa galega\" a novela A noite branca de Francisco Fernández Naval foi recoñecida como mellor obra do ano 2012 polo xurado dos premios Irmandade do Libro, galardóns que cada ano convocan a Federación de Libreiros e Libreiras de Galicia e que se entregaron o pasado sábado na Casa de Cultura en Monforte. O libro e a lectura son os protagonistasdesta convocatoria que aplaudiu o traballo desenvolvido por Antonio Reigosa, e as persoas que contribúen no proxecto, diante do web Galicia Encantada por \"manter vivo o mundo mítico galego\" , alén do seu traballo divulgador e de se ter convertido en referencia nos centros de ensino. No apoio á lectura no ámbito escolar foi precisamente o CEIP de Quintela de Moaña o centro sobre o que o xurado deitou os seus ollos polas actividades desenvovlvidas e pola \"relación pedagóxica coas librarías e coas biblitecas públicas da zona\". Un establecemento especializado, a Kómic de Santiago fíxose co premio á mellor libraría, primeira que se dedicou á distribución deste xénero. Guías da natureza As \"Guías da Natureza\" de Baía Edicións foi o proxecto recoñecido como Obra Editorial do Ano pola \"contribución a que a rica terminoloxía galega relativa á natureza perviva e á divulgación do medio natural como unha maneira de colaborar na súa conservación\". Os nomes das propostas galardoadas déronse a coñecer no acto de entrega desenvolvido en Monforte o pasado sábado día 20, unha vez con antelación se dera a coñecer o nome de Mª Xosé Queizán como mellor autora do ano, nestes galardóns outorgados por libreiros e libreiras que teñen como obxectivo destacar o traballo de persoas e iniciativas que contribúen á difusión do libro e a lectura."}
{"ID": "NOS_16727", "summary": "Marcha Mundial das Mulheres convoca para esta segunda feira, 27 de xaneiro, mobilizacións en todas as cidades e en múltiples vilas da Galiza para denunciar o feminicidio e lembrar Manuela Iglesias Fernández, asasinada por violencia machista a mans do seu marido na tarde do sábado 25 de xaneiro.", "text": "O movemento feminista galego convoca para esta segunda feira, 27 de xaneiro, mobilizacións de denuncia ante a violencia machista e en lembranza de Manuela Iglesias, de 79 anos, última vítima por feminicidio no noso país. Foi na tarde do sábado 25 de xaneiro, na Rigueira, no concello da Pastoriza, cando Hortensio Ónega, marido de Manuela Iglesias, asasinouna. Após o feminicidio el suicidouse saltando pola xanela da casa. A neta e a súa parella atoparon o corpo sen vida de Manuela Iglesias no seu domicilio ao redor das 20,30 horas do sábado. O corpo da muller apresentaba un forte golpe na cabeza e varios cortes na cara e pescozo. Atopouse ademais un coitelo xunto ao corpo. Mobilizacións As mobilizacións convocadas para esta segunda feira, 27 de xaneiro, son as seguintes: A Coruña: ás 20 horas no Obelisco. A Estrada: ás 20.30 horas diante do Concello. Ames, 20h Praza da Maia. A Guarda: ás 20.30 hora na Praza do Reló. A Pastoriza: ás 20 horas na Praza do Concello Allariz: ás 19.30 horas na Praza do Concello As Pontes: ás 20.30 horas na Praza do Hospital Betanzos: ás 20 horas diante do Concello Bueu, 20h diante do Concello Cabanas 19h diante do Concello Carnota, 19h na Praza da Pedra Cée, 20h na Praza 8 de Marzo Celanova: ás 20 horas na Praza Maior Compostela: ás 20 horas na Praza 8 de Marzo Ferrol: ás 20 horas na Praza de Amada García, ante o Edificio da Xunta Lalín, 20:30h diante do Casino Lugo: ás 20 horas na Praza Maior, diante do Concello Melide, 20h na Praza do Convento Miño: ás 20.30 horas na Praza Parchís Moaña: ás 20 horas na Praza do Concello O Porriño: ás 20 horas na Praza do Concello Ordes, 21h na Alameda Ourense: ás 20 horas na Castañeira (Parque de San Lázaro) Pontevedra, 20:30h na Audiencia Provincial Redondela, 20h na Praza do Concello Ribadavia, 20h na Praza Maior Ribadeo: ás 20.30 horas na Praza 8 de Marzo. Verín: ás 20 horas na Praza Maior Vigo: ás 20 horas no Marco"}
{"ID": "NOS_30129", "summary": "O historiador Alexandre Peres Vigo recupera a figura de Elvira Mendes, unha das máis destacadas mulleres do ano 1.000 que a historiografía mantivo silenciada.", "text": "Relegado ás máis das veces á ocultación ou ao accesorio, a revisión da historia continúa a afrontar hoxe a tarefa de visibilizar o papel das mulleres nun pasado tradicionalmente explicado en chave masculina. Con todo, se as referencias á muller aínda resultan anecdóticas en moitos manuais de historia e libros de texto, falar da existencia de galegas influentes e poderosas na Idade Media, semella, aínda hoxe, sinxelamente impensábel. Se cadra, un dos casos que mellor exemplifiquen o esquecemento que adoitan sufrir este tipo de figuras femininas na historia da Galiza sexa o de Elvira Mendes, unha raíña galega cuxa memoria merece ser rescatada e valorada. Nada por volta do ano 996, Elvira ou Geloira– forma que recollen os documentos da época–, pertenceu desde a súa infancia a dúas das familias máis destacadas da alta nobreza galega. A súa nai, Toda, fora unha relevante aristócrata do sur da Galiza mentres que seu pai, o conde Mendo Gonzalves, chegara a ser o home de confianza do entón rei, Vermudo II, até o punto que este lle concedera a honra de tutelar e criar o seu fillo, o herdeiro ao trono galaico, o futuro Afonso V. A realidade do reino galego no ano Porén, a realidade da Gallaecia dos albores do ano 1000 era a dun reino ao bordo do colapso. Non só as disputas entre as diferentes faccións nobiliarias e as tensións co condado de Castela debilitaban o reino, tamén as constantes ameazas estranxeiras puñan en xaque a súa poboación, cando non a propia supervivencia política deste. Desde o sur, o califato cordobés emprendera unha escala bélica sen precedentes contra o reino galaico–denominado Yilliqiya polos hispano-musulmáns–, así como contra o resto de Estados ibéricos. Os seus ataques, dirixidos polo famoso rexente cordobés, Al-Mansur, foron os responsábeis da ruína de cidades como León (994) ou a propia Compostela (997), centro espiritual do reino e ao que, en palabras do historiador Ibn Idhari, \"ningún musulmán chegara xamais\". Desde o norte, as devastadoras expedicións viquingas axexaban o reino, sementando o terror entre unha poboación que aínda lembraba os saqueos e atrocidades cometidas polo líder viquingo Gunrod anos atrás. Unhas incursións escandinavas que nas últimas décadas fixaran a súa ollada na Gallaecia–ou Galizuland, como eles a chamaban–, especialmente sobre a rica terra compostelá. Delicado de por si, por se fose pouco, no ano 999 o reino afrontou a morte do propio rei, recaendo o goberno deste sobre o seu fillo herdeiro, o futuro Afonso V, a quen o conde Mendo, pai de Elvira,criaba en terras galegas xunto ás súas fillas e fillos. Resulta lóxico pois, imaxinar que a relación de Afonso con Elvira viña de lonxe e o seu enlace matrimonial resultaba natural; por unha parte, a súa unión aseguraba o apoio político e bélico da nobreza galega á monarquía nun momento de gran fraxilidade para esta;por outra banda, Elvira e a súa saga familiar alcanzaban unha influencia a todas luces incontestábel. Morto o conde Mendo en estrañas circunstancias, o casamento de Elvira e Afonso non se fixo esperar e con apenas vinte anos de idade, o compromiso nupcial ficaba selado. Despois dos convulsos períodos que rodean o ano 1000, o certo é que o reinado de Afonso V e Elvira representou un momento de reconstrución e reorganización do reino. Non só as incursións escandinavas cesaran tras a devastación de Tui, tamén a paz foi retomada co califato hispano-musulmán, máis preocupado polas numerosas guerras civís que nel se sucedían. O casoiro con Afonso V Neste tempo, Elvira e Afonso V levaron a cabo unha política de reafirmación do poder rexio, especialmente fronte o conflitivo condado de Castela, á vez que comezaron a estabelecer un código lexislativo para o reino, dentro dun programa de profundas mudanzas administrativas que no ano 1017 se materializarían a través do coñecido como \"forum legionense\". Para alén da reconstrución da Gallaecia, así mesmo, os monarcas dedicaron gran parte do seu reinado impartindo xustiza e concedendo favores e bens a igrexas e mosteiros, no que se considerou un período de esplendor e bonanza, ao que se sumaría o nacemento dunha filla e un fillo cos que se garantía a continuidade da liñaxe real. No entanto, a pouco de se iniciar, este período de esplendor veríase truncado. En decembro do ano 1022, con apenas trinta anos de idade, Elvira, a raíña consorte, morría inesperadamente. O seu corpo foi entón trasladado, por orde do seu marido, ao panteón real sito na cidade de León, sede rexia da monarquía galaica, baixo unha lápida que reza \"aquí descansa a raíña dona Elvira, esposa do rei Afonso e filla do conde Mendo\". Sen dúbida, o reinado de Elvira pode considerarse un raio de luz entre moitas sombras. O seu falecemento presaxiaría unha crise monárquica que comezaría pola morte de Afonso V apenas seis anos máis tarde e aínda a do seu fillo, cun reinado de apenas nove anos. Máis fortuna correría a filla de Elvira, Tareixa, quen reinaría durante trinta anos, converténdose na muller máis poderosa da Gallaecia e unha das raíñas máis célebres da súa época."}
{"ID": "NOS_47631", "summary": "A portavoz nacionalista, Ana Pontón, argumenta que o debate ten que se dar cabnto antes lembrando que a autoestrada recada 300.000 euros día das persoas usuarias.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que remitirá unha carta a todos os deputados galegos no Congreso e aos diferentes responsables políticos, incluídos o presidente da Xunta, para intentar que o debate sobre a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) teña lugar antes de que conclúa este período de sesións. \"Non pode esperar dous ou tres anos\", afirmou Pontón, que lembrou que Audasa recada máis de 300.000 euros ao día e que, dende a súa posta en funcionamento, as contas superan os 2.400 millóns de euros. \"Se ese diñeiro fose público, xa estaría en funcionamento unha rede de Proximidades\", manifestou, crítica con que este \"abuso continuo\" é, ademais, \"un lastre\" para o desenvolvemento de Galicia. \"Esa transferencia sería o primeiro paso para acabar coas abusivas peaxes que converten a AP-9 nun artigo de luxo para a maioría dos galegos e galegas\"·, dixo, ao tempo que expresaba a súa confianza en que \"non volvamos ver a vergoña de que iniciativas aprobas polo Parlamento galego logo son votadas en contra por forzas estatais\". Adianto electoral En relación ao contexto electoral e de formulación de candidaturas, Pontón respondeu a preguntas dos medios que son as diferentes forzas políticas as que deben facer as súas propias escollas. Á marxe das cabezas de cartel electoral, \"no BNG temos moi claro que o inimigo político, o adversario aderrotar é o PP e as súas políticas de recortes\", subliñou. Pontón indicou que na formación nacionalista \"traballamos claramente coa hipótese dun adianto electoral do PP ao 26 de xuño\", -data dunha posible repetición das xerais-, e avanzou que o Consello Nacional deste 9 de abril prevé aprobar o cronograma para a elección do candidata á Presidencia da Xunta por parte da militancia."}
{"ID": "NOS_40630", "summary": "Segundo a RAG, un furancho é un \"local situado no baixo dunha casa ou nunha pequena bodega onde se vende o viño excedente da colleita e no que tamén se serve comida ou a levan os clientes\". O único sinónimo que ofrece é \"loureiro\", pois para sinalar os furanchos, pendúranse pólas de loureiro na porta.", "text": "O termo \"furancho\" aparece por primeira vez, como sinónimo de \"taberna\", no Dicionario Enciclopédico Gallego-Castellano, de Eladio Rodríguez, publicado pola editorial Galaxia a partir de 1958; pero a súa etimoloxía remóntase, como furado (foratus), á raíz latina fura, \"cova ou cavidade\", á que se lle engade o sufixo ancho, que, ademais de ter o valor de \"largo ou amplo\", tamén posúe un valor desprezativo. Está relacionado co burato que se lle facía, furando, ao barril para abillalo, é dicir, porlle unha billa pola que extraer o viño. A cultura do viño na Galiza é milenaria, por algo é o territorio exportador de viño e coa denominación de orixe máis antiga do Estado, o Ribeiro. Así que, a tradición dos furanchos mantense viva na Galiza desde a Idade Media, como unha forma de economía precapitalista, segundo afirman no seu ensaio, arredor das semellanzas entre os furanchos da Galiza e as talhas do Alentejo portugués, Pablo Alonso González e Eva Parga-Dans; que engaden que \"o estatuto xurídico de furanchos foi un asunto controvertido ao longo da era moderna, xa que as autoridades municipais intentaron tributar o vendido e a Igrexa tentou controlar o que se facía e dicía neles\". Segundo os furancheiros, como o expresidente da Federación Provincial de Pontevedra, José Luis Videira, a tradición ten trescentos anos. Cando a un colleiteiro lle sobraba viño para o seu uso particular, vendíao nas tabernas ou penduraba un loureiro na porta da casa, abillaba un barril e ofrecíallo á veciñanza, que en agradecemento achegaba algo de comer para acompañar a bebida. Isto xeraba un ambiente de comunidade e festa que propiciaba os cantos tradicionais. Esta situación dábase entre febreiro e maio, mentres no chegase a seguinte colleita. A polémica cos furanchos Co paso do tempo, a xuntanza de veciños e veciñas arredor das cuncas de viño excedentes da colleita, transformáronse en espazos semiclandestinos nos que o viño pasou a venderse e a comida a ofrecerse no proprio establecemento. Os loureiros, como lles chaman en Betanzos, atópanse en zonas rurais, polo que os produtos comestíbeis que acompañan o viño son caseiros e de primeira calidade, ademais de moi baratos. Razón pola que a primeira en descubrilos foi a xente nova chegada de zonas urbanas a pasar, por exemplo, un día de praia, pois a maior parte dos furanchos atópanse nas Rías Baixas, na zona sur de Pontevedra, especialmente no Salnés ou no Morrazo (máis de 300 federados, aínda que en realidade non se sabe o seu número con exactitude) e na zona de Betanzos. A descoberta destes establecementos polo turismo e as boas colleitas, especialmente de 2011, multiplicaron o número de furanchos até convertelos nunha competencia desleal para bares e restaurantes, pois ofrecían comidas aos clientes sen contar coas licenzas nin requisitos legais dos negocios hostaleiros. As denuncias dos profesionais do ramo obrigaron ao goberno galego a desenvolver unha normativa que describira que actividades podían e cales non podían desenvolver os furanchos. Neste sentido, a Lei de Turismo da Galiza de 2011 declarou os furanchos como establecementos con regulamentación propia, que non podían ser considerados establecementos de restauración; polo que promulgou para eles o Decreto 215/2012. Requisitos que deben cumprir Defínense os furanchos como aquelas adegas que teñen como actividade principal a de subministrar mediante prezo o viño excedente do consumo propio que procede dos seus viñedos. Desta forma, deben identificarse ao público mediante a exhibición, nun lugar visíbel, dunha placa denominativa coa clasificación de furancho; esta placa pode ir acompañada do tradicional ramallo de loureiro. Ademais, estes establecementos non poden servir viño embotellado, senón que este ten que proceder directamente do barril. As comidas que sirvan deberán proceder de establecementos autorizados e estar perfectamente etiquetadas e documentadas, e en ningún caso serán sometidos a elaboración ou transformación no propio furancho. En relación con isto último, o regulamento tamén recolle unha serie de obrigacións á hora de ofrecer tapas nestes locais, entre as que se atopa a cobertura mínima de 90.000 euros ou o límite de tapas comercializadas como queixos, tortilla, pementos de Patrón, zorza ou raxo, entre outros. Con todo, cómpre destacar que os servizos ofertados e os seus prezos deben estar expostos nun lugar visíbel e de modo lexíbel. Outra cuestión a cumprir é que deben contar coa autorización de apertura expedida polo concello, para un período determinado que dependerá da declaración previa de produción anual na Consellería do Medio Rural. O período de apertura non pode ser superior a tres meses e estará comprendido, con carácter xeral, entre o 1º de decembro e o 30 de xuño. Porén, a normativa recolle que estes establecementos, por circunstancias excepcionais que non permitan o desenvolvemento do traballo no intervalo de tempo fixado, si poderán ampliar dito período de forma extraordinaria. A situación de pandemia que vivimos o pasado ano 2020 e cuxas restricións continúan a afectar este 2021, permitiu que a Xunta aprobara a apertura dos furanchos até o 31 de xullo se os concellos daban o seu visto bo. A posibilidade de abrir estes locais até rematado xullo continúa vixente este verán. Hoxe aínda que non todos cumpran os requisitos, atraen a clientela polo seu enxebrismo; até o punto de que mesmo se está a experimentar cun furancho de cervexa artesá, en Baio, na Costa da Morte. Seguramente a súa transformación levaraos a morrer de éxito e habería que preguntarse se non pagaría a pena conservar as súa características tradicionais e mantelos como un elemento etnográfico propio do patrimonio galego, pois en poucos lugares do mundo se coñece unha tradición coma esta. Ademais das talhas do Alentejo, existen en Canarias os guachinches e sábese que na zona de Trieste, entre Italia e Eslovenia, teñen as osmizze; así como en Viena e no sur de Austria atópanse os heuriger. Todos eles teñen en común cos furanchos galegos a venda do excedente do viño colleitado nun ambiente popular, tradicional e enxebre."}
{"ID": "NOS_54281", "summary": "Pilar Rojo deixa o cargo de presidenta da Cámara galega para ser deputada no Congreso español. Foi a lexislatura do silenciamento do Parlamento como ágora de debate e alternativas e da súa conversión nunha simple extensión validadora do goberno. Unha estratexia a base de recortes en dereitos da oposición e de belixerancia que tivo en Rojo unha das chaves.", "text": "\"A miña palabra é o regulamento desta Cámara\". Así resolvía a presidenta do Parlamento de Galiza, Pilar Rojo, o debate sobre a expulsión da deputada do BNG Carme Adán dun Pleno da Cámara en marzo deste ano. Unha decisión, a expulsión, que non é novidosa nas dúas lexislaturas (VIII e IX) de Rojo como presidenta do Parlamento: Juan Fajardo, David Calviño, Chelo Martínez (AGE) foron tamén expulsos. Máis deputados obrigados a abandonar o seu posto que se sumamos as sucedidas baixo os anteriores oito presidentes do Parlamento de Galiza. \"Na súa presidencia houbo máis expulsións de deputad@s que cos 7 presidentes anteriores xuntos\" As expulsións son un síntoma dunhas lexislaturas, a actual e a anterior, baixo maioría do PP de Núñez Feijóo, marcadas polo \"amordazamento\" e a \"vulneración de dereitos\" dos grupos de oposición, como insisten desde BNG e AGE. O papel que desenvolveu a presidenta (\"actuar ás ordes do PP, e non como árbitro\" en palabras do portavoz nacionalista Francisco Jorquera) é chave nunha \"estratexia\" que procura baleirar a Cámara de contido e convertela nunha simple validadora do que fai o goberno. Nesta manobra para \"evitar a voz da rúa no Parlamento\" (Yolanda Díaz, vice-portavoz AGE) hai diferentes etapas. A cidadanía está de máis A belixerancia coas persoas convidadas á Cámara foi unha das \"marcas da casa' destes anos. Sábeno ben colectivos como o de afectadas pola Hepatite C, as estafadas polas preferentes, as integrantes da Plataforma de Artes Escénicas, traballadores do naval, feministas defensoras do dereito ao aborto, todas elas expulsas da tribuna de convidados. PP e Pilar Rojo aproveitaron para falar de 'convulsión' e 'tensión' levada ao Parlamento e aproveitaron para 'blindar' a tribuna de convidados e endurecer normas para o acceso. O que provocou unha comparecencia conxunta de toda a oposición para denunciar o \"amordazamento\" (Francisco Jorquera), ou o \"despotismo sen ilustración\" (X.M. Beiras). Até o propio portavoz do PP, Pedro Puy, recoñecía que non sabía moi ben a ciencia certa cales ían ser os criterios. \"Serán os que ela considere\", dixo. Ela é Pilar Rojo. Eses criterios fixados finalmente pasan por asinar a conformidade coas normas do regulamento que lle atinxen e non poden exhibir mensaxes nin camisetas con reivindicacións. Ademais, se un grupo parlamentar convida a persoas que conculcan estas normas, ficará sen poder levar público un mínimo equivalente a un período de sesións. Como expresou un deputado, eran normas máis propias \"dun regulamento de visitas a un cárcere\". \"A súa actuación na Cámara é cualificada como \"censora\", \"discriminatoria\" e \"partidista\" Esa querencia por afastar as institucións da xente ficou tamén ben patente nestes anos na imaxe repetida en numerosas ocasións dun Parlamento amurallado por ducias de anti-disturbios perante calquera protesto ou reivindicación: mariñeiros, sanitarios, preferentistas, emigrantes retornados, estudantes, naval, desempregad@s, defensores de galego... atoparon a institución que representa a vontade popular totalmente fortificada. A oposición está de máis A estratexia do Partido Popular parte dunha idea, \"e é que lles sobra o Parlamento\", afirma Francisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG. \"Non queren escoitar e non queren que se visualicen políticas alternativas\" manifesta a Sermos Galiza. Por iso, prosegue o deputado nacionalista, os populares optaron por dúas vías. O \"apagón informativo\" no que se silencian propostas e debates da oposición \"e se pon o foco en anécdotas\"; e tentar deixar sen marxe de manobra a oposición. Yolanda Díaz ten denunciado que ao PP \"non lles interesa que haxa oposición. Un exemplo claro é o papel da presidenta do Parlamento, que non ten nada de imparcial\". Algo que se debe, considera, a que \"están aterrados, por iso nos poñen trabas\". E como se mingua un Parlamento? Baleirándoo de contido e de sentido. Aparcado o proxecto PP de recurte en número de deputados (do que Pilar Rojo se pronunciou favorabelmente), trátase de amputar en dereitos a eses deputados mentres a maioría popular actúa co que Francisco Jorquera define como \"desprezo absoluto\" para coa Cámara. E como exemplo disto pon como \"Feijóo se nega a comparecer, converte as sesións de contral ao goberno en control á oposición. Algunha vez estiven tentado de, nunha desas sesións, cando me toque a quenda, dirixirme a Feijóo e dicirlle \"Señor Feijóo, que quere preguntar?\". Mais o principal é reducir a capacidade da oposición. Desde a presidencia do Parlamento tense nestes anos de mandato de Pilar Rojo expulsado deputados, as amonestacións a parlamentares da oposición son unha tónica xeral, a suspensión de emprego e soldo durante unha semana ao deputado Juan Fajardo... Mesmo chegou Pilar Rojo a ameazar a AGE co Código Penal por \"divulgar secretos\" da auditoría das caixas. Esa actitude, que os grupos de oposición teñen calificada de \"censuradora\", \"discriminatoria\" convértese nunha \"dupla vara de medir\", afirman, cando se trata de comparar co PP: cando Rojo expulsou a parlamentar Chelo Martínez, un deputado do PP chamoulle alto e claro \"fea\" no Palamento mentres a deputada o abandonaba, Ficou sen sanción. As queixas e críticas da oposición teñen plasmado en queixas formais, como a do BNG pola retirada da palabra de Pilar Rojo a Ana Pontón cando a nacionalista estaba na tribuna. Rojo entendía que o que dicía Pontón non tiña a ver coa temática. Os nacionalistas lembran que iso é o habitual en Feijóo, que responde ás preguntas na sesión do Control con calquera tipo de respostas menos ao que se lle inquire. Cara a onde? \"Esta espiral ten o seu cumio cando o PP, e aquí coa connivencia do PSOE, impoñen unilateralmente unha redución de iniciativas e intervencións a BNG e AGE\", explica Jorquera. Recortes en proposicións non de lei, en preguntas urxentes e ordinarias, en preguntas en todas as sesións de control, en interpelacións... \"Unha verdadeira mordaza coa que queren anular a oposición real\", considera o portavoz do Bloque na Cámara. Xa hai consecuencias prácticas de \"pacto para tentar blindar un bipartidismo en horas baixas\". Por primeira vez desde que hai sesión de preguntas de control ao presidente de Galiza o BNG non poderá exercer ese dereito. Así como tampouco poderá nese pleno debaterse unha proposición de lei do BNG, ao vetalo o PP \"contravindo a práctica parlamentar\". Vai ser, pois, a tónica que o PP manterá esta lexislatura e na que traballa para que fique fixa para as vindeiras: unha oposición maniatada nun Parlamento de Galiza 'domado'. A reportaxe completa foi publicada a dupla páxina no Sermos Galiza nº 138"}
{"ID": "PRAZA_18563", "summary": "Como se di coloquialmente: amodiño que levo présa. Urxe pór en práctica as medidas en prol da memoria histórica máis arriba enumeradas, sen perder de vista estratexicamente o ineludible: Garzón tiña razón hai dez anos cando quixo dar xustiza ás vítimas do franquismo, \"verdade, xustiza e reparación\", por esta orde.", "text": "A memoria histórica é un novo movemento social, político e académico: non chega a 20 anos de vida, aínda que se refire a feitos represivos que tiveron lugar fai 80-40 anos. Iniciado en León no ano 2000 por familiares de inocentes fusilados polas súas ideas e crenzas democráticas, durante a guerra civil e o franquismo, non deixou de desenvolverse até hoxe, buscando e atopando sempre vías de actuación de ámbito local, rexional, nacional e internacional, cando os cambios electorais nas correspondentes institucións públicas agachan as políticas da memoria. No século XXI, a memoria histórica pasou en España por momentos de adianto e de atraso (e así será probablemente no futuro), como unha espiral que vira á esquerda e á dereita sen deixar de medrar. En 2007, promúlgase por parte do Goberno Zapatero unha Lei de Memoria Histórica que, maila das súas limitacións, permitiu levar a cabo escavacións de fosas e eliminacións de símbolos do franquismo; catro anos despois foi paralizada polo Goberno Rajoy. En 2008, dende a Audiencia Nacional xorde o histórico Auto de Garzón para a persecución dos delitos de asasinato, tortura e demais crimes de motivación política cometidos polos franquistas, as súas institucións e os seus órganos represivos, entre 1936 e 1952; posteriormente neutralizado por unha mafia político-xudicial que logrou, en 2012, expulsar por nove anos a Baltasar Garzón da xudicatura. Entre 2011 e 2018, os Gobernos do PP enterraron baixo chave a primeira Lei de Memoria Histórica, so pretexto da crise económica (!). Así e todo, houbo nesta segunda década do novo século importantes progresos, á marxe do Goberno de Rajoy e o seu partido: A) Toma forza a causa contra no franquismo encetada en 2010 pola xuíza arxentina María Servini, por mor do principio de xurisdición universal; inclúe o delito de tortura e amplía a pescuda prevista por Garzón até a implantación da democracia. B) As Comunidades Autónomas non gobernadas polo PP, continuaron apoiando a escavación de fosas, sinaladamente Andalucía, e outras políticas de memoria amparadas pola Lei de Zapatero. C) O Goberno vasco decreta en 2012 unha Lei de Abusos Policiais durante o franquismo, centrada en dar a coñecer as desaparicións, os asasinatos e as torturas entre 1960 e 1978; tamén complementa cronoloxicamente o -polo de agora- desautorizado pero xusto Auto do xuíz Garzón. O éxito da moción de censura do 1 de xuño de 2018 que desprazou o Goberno de Rajoy dando paso ó Goberno de Sánchez, co apoio de Podemos e os grupos nacionalistas, trazou un novo horizonte para o movemento da memoria. Está a se demostrar que en España é posible unha nova maioría parlamentaria que leve á práctica políticas avanzadas de memoria histórica. O que non quere dicir que o día de mañá non acontezan novos pasos cara atrás, politicamente falando, que dean pulo asemade a outros pasos adiante. Sobra engadir que as medidas que se tomaron, ou se poidan ir tomando, como a escavación de tumbas ou o traslado da tumba do ditador, terán despois difícil marcha atrás, goberne quen goberne. O novo Goberno socialista acaba de decidir a exhumación de Franco do Val dos Caídos, anunciou así mesmo outras medidas aínda máis importantes, reformando e ampliando a superada Lei de Memoria Histórica de 2007, todas elas foron collidas do movemento memorialista. Por exemplo: incluír a exaltación do franquismo no Código Penal; anular as sentenzas dos tribunais franquistas; que o Estado, e non as familias, asuma de oficio as exhumacións das vítimas de franquismo; retirada de medallas e prebendas ó torturador Billy el Niño; creación dunha Comisión de Verdade sobre o franquismo (1936-1978) para investigarmos a represión e acadar os testemuños de miles de vítimas, seguindo o exemplo doutros países (Sudáfrica, Arxentina, Chile, Perú, Colombia, Bolivia, Guatemala, Brasil...) que tamén sufriron ditaduras ou conflitos armados, e van por diante de España nas súas respectivas transicións á democracia. Como historiadores resúltanos incongruente que xurdisen voces de colegas que consideramos progresistas, opostos -por contrarios á memoria histórica- ou simplemente reticentes -froito do descoñecemento, coidamos- á formación por parte do Goberno socialista dunha Comisión da Verdade para España. Eluden lamentablemente o salto de xigante que suporá para a verdade histórica sobre a guerra e o franquismo, en especial para as novas xeracións e a non-repetición, sabelo todo da criminalidade política entre 1936 e 1977. comportaría ademais un avance transcendental no cumprimento da vixente norma do dereito internacional que esixe \"verdade, xustiza e reparación\" para as vítimas dos delitos de lesa humanidade. Historia e memoria non son antitéticos, como obxecta o academicismo positivista, teñen o deber de colaborar no seu obxectivo común: coñecer a verdade histórica, que ten que se pregoar sen censuras nin temores pantasmais. A decisión gobernamental de retirar a Franco do Valle de los Caídos fixo emerxer, 80 anos despois de guerra civil, o franquismo sociolóxico oculto , o que nos permite cuantificar -de xeito aproximado- a súa funesta influencia na situación política actual. Só un 29,9 % dos españois enquisados estaba de acordo, en agosto de 2018, en deixar como está o Valle de los Caídos. Un fenómeno minoritario, por tanto, que explica e posibilita o éxito das presentes políticas públicas da memoria do PSOE e Podemos. O problema reside en que o 60 % dos electores do PP e o 35 % dos electores de Cidadáns forman parte desa minoría fío-franquista. O cal conduce á dereita española, vella e nova, a enfrontarse á memoria histórica e a manter posicións notoriamente conservadoras en todo o relativo ao desenvolvemento e actualización da democracia en España. Posición inmobilista que non cederá ata que esta nova maioría parlamentaria de progreso se estabilice e complete o Estado de dereito herdado dunha transición limitada polas circunstancias. O 30% ou máis -o auxe global da ultradereita retroalimenta agora a tradición franquista- do electorado español seguirá sendo franquista mentres iso estea permitido por un Estado democrático -e aguilloado por unha dereita que abandonou o centro- que conserva todo tipo de secuelas do réxime totalitario nas cunetas, as rúas, os edificios, as leis, as institucións e as mentalidades. A democracia deixará de estar bloqueada no seu progreso cando pase plenamente o defecto orixinario, devido estrutural, causado pola ausencia de ruptura democrática nunha transición tutelada por unhas Forzas Armadas saídas do bando gañador da guerra civil, sostido por Hitler e Mussolini, do que quedan restos de fidelidade ao \"Generalísimo\" -soamente entre militares retirados, ó parecer- como acaba de se amosar a partir da decisión gobernamental de desenterrar a Franco. Como se di coloquialmente: amodiño que levo présa. Urxe pór en práctica as medidas en prol da memoria histórica máis arriba enumeradas, sen perder de vista estratexicamente o ineludible: Garzón tiña razón hai dez anos cando quixo dar xustiza ás vítimas do franquismo, \"verdade, xustiza e reparación\", por esta orde. Aprendamos das experiencias alleas. En Brasil funcionou entre 2011 e 2014, unha Comisión da Verdade e, en 2018, gaña as eleccións Bolsonaro, dereitista extremo e admirador da ditadura 1964-1985. En Arxentina, en cambio, onde se creou a primeira Comisión da Verdade (1983), xulgáronse ós represores, impedíndose deste xeito que xurdise logo un seguidor de Videla que pretendese destruír a democracia dende dentro, como Hitler en 1933. Unha democracia sen memoria é unha democracia feble. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_4392", "summary": "A campaña baséase na publicación de dez vídeos curtos, realizados por adolescentes e que buscan chegar a menores de 24 anos, alertando sobre \"as diferentes desigualdades que aínda existen\" ou os problemas de machismo presentes nas relacións de parella", "text": "Tik Tok é, dende hai un par de anos, a rede social máis utilizada pola mocidade, rivalizando con Instagram, con máis de 800 millóns de usuarios e usuarias, o 69% por debaixo de 24 anos e máis mulleres que homes. O seu funcionamento baséase en vídeos de curta duración, de menos dun minuto e, sobre todo, duns poucos segundos. É, polo tanto, o lugar no que está a xente nova, a coñecida como Xeración Z (ou post-millenial), nacida a partir de mediados da década dos 90.A campaña busca a publicación de vídeos que poñan enriba da mesa \"as diferentes desigualdades que aínda existen a día de hoxe entre a mocidade e aqueles roles estereotipados que se continúan a perpertuar polos sesgos de xénero\"O Concello de Lugo vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña campaña de igualdade en Tik Tok, a través da publicación de vídeos que poñan enriba da mesa \"as diferentes desigualdades que aínda existen a día de hoxe entre a mocidade e aqueles roles estereotipados que se continúan a perpertuar polos sesgos de xénero\".A iniciativa empregará persoas con perfís activos en Tik Tok para que sexan protagonistas dos vídeos e poidan promover as mensaxes no perfil creado para este fin pola concellería de Xuventude lucense. Realizaranse un máximo de 10 vídeos con 5 tiktokers e 5 liñas temáticas que buscan ilustrar os roles de xénero, a desigualdade e a violencia contra as mulleres. Dentro de cada área temática (oficios, coidados, entretemento, estereotipos e celos) realizaranse dous vídeos.Realizaranse un máximo de 10 vídeos con 5 tiktokers e 5 liñas temáticas que buscan ilustrar os roles de xénero, a desigualdade e a violencia contra as mulleresA concelleira Ana González Abelleira destaca que dende o Concello \"consideramos moi importante\" tratar a realidade da igualdade no nivel dos e das adolescentes, coas súas preocupacións e coa súa linguaxe \"e por iso empregamos como vehículo a rede social Tik Tok\". \"O obxecto da convocatoria céntrase na reflexión e a capacidade creativa dos adolescentes en canto a igualdade de xénero e as relacións afectivas entre mulleres e homes, así como o rexeitamento e a prevención da violencia de xénero\", destaca González Abelleira. Os mozos e mozas que se animen a participan terán liberdade creativa para seguir todos e cada un dos challenges, destacan dende o concello.O Concello de Lugo considera \"moi importante\" tratar a realidade da igualdade no nivel dos e das adolescentes, coas súas preocupacións e coa súa linguaxe \"Non é a primeira vez que unha campaña de igualdade fai uso de Tik Tok para achegarse á mocidade nos espazos que esta utiliza maioritariamente. Nos últimos meses distintas administracións puxeron en marcha iniciativas semellantes, buscando promover \"a igualdade de xénero, as relacións afectivas sas entre mulleres e homes, e o rexeitamento e a prevención da violencia de xénero\", como neste caso a Subdelegación do Goberno en Almería."}
{"ID": "PRAZA_17241", "summary": "A mostra (S8) dedica o seu foco Sinais a María Ruido, que presenta tamén a exposición Le paradis na Fundación Seoane", "text": "Non perder as persoas que fomos na infancia. A súa curiosidade infinita, o seu cuestionamento perpetuo da realidade. É a idea que, a través da imaxe dunha nena rebelde, esperta e extravertida, a creadora María Ruido escolleu representar en Le paradis, o autorretrato que preparou para a Mostra Internacional de Cinema Periférico (S8), e que pode verse na Fundación Seoane xunto a algúns dos seus primeiros traballos: Ethics of Care, Hansel y Gretel, Cronología e La voz humana. Le paradis é, sen dúbida, un bo xeito de introducir o cerne da súa traxectoria como facedora de filmes. Consistente en desmontar a montaxe e poñer en evidencia a súa lóxica. Introducir pluralidade no relato do mundo. O control social do corpo e da vida, a procura dunha memoria colectiva que subverta a oficial -a colonial, a da Transición...-, a reflexión sobre a historia do traballo e a súa transformación no capitalismo informacional son algúns dos alicerces da súa obra, que trata de ollar, sempre, o invisible. O (S8) dedícalle este ano a sección Sinais, no seo da cal se proxectaron Plan Rosebud 1 / Crime Scene (2008), Plan Rosebud 2 / Calling the ghost (2008), Le rêve est fini (2014) e L ́oeil impératif (2015). O día dous de xuño poderá verse Mater Amatísima, a súa última película. Falamos con ela de todos estes filmes e dos fíos que os unen entre sí e co resto das súas producións como \"ensaísta visual\", tal como ela mesma se define. Comeza Mater amatísima cunha conversa sobre a posibilidade de disolver a familia como institución, de superala. Mais, de que parte, en concreto, este filme? En realidade, hai moito tempo que lles dous voltas aos mitos de Medea e Antígona porque penso que están interpretados dun xeito patriarcal e nesgado, enfocado na relación das mulleres cos homes e coa familia. Cando vin Noticias de la Antigüedad ideológica: Marx/Eisenstein/El capital, o fragmento que citas, co que empezo Mater amatísima, decateime de que non estaba soa. Medea non mata o fillo por ciumes -naquel tempo, a idea do amor romántico non existía, ademais-. O problema é que deixara de ser o suxeito político que non podía ser por ela mesma, e o home traizoáraa, e ademais os seus fillos ían quedar sen a cobertura da estrutura patriarcal da Grecia clásica. \"Hai moito tempo que lles dous voltas aos mitos de Medea e Antígona porque penso que están interpretados dun xeito patriarcal e nesgado\" Despois, foi tamén que comecei a ver o tratamento mediático do caso Asunta Basterra, que me pareceu tremendo. Os medios trataban, nun primeiro momento, á nai, Rosario Porto, como se ela fose a única responsable, cando segundo parece o \"cerebro\" do tema foi o pai. Iso axudoume a pensar sobre os estereotipos arredor da maternidade, a maneira na que a sociedade nos di, sempre, como debemos ser nais e mulleres. Ademais, agora teño unha parella que ten dous fillos, polo que teño un papel de \"nai\", aínda que non o sexa bioloxicamente. Penso que pensamos bioloxicamente relacións que son políticas e que debemos repolitizar. \"Penso que pensamos bioloxicamente relacións que son políticas e que debemos repolitizar\" Beatriz Gimeno vén de publicar un libro sobre a lactancia materna no que fala de como se sinala as nais co dedo acusador. Hai unha visión moi codificada da maternidade, e determinadas posicións están facendo que volvamos a roles moi tradicionais, o cal non é casual. As teorías políticas do século XX -o socialismo, o anarquismo-..., repensaron os modelos de convivencia e relación social. Pero agora, e xa hai moito tempo, a esquerda renunciou a formular modelos de familia novos. Penso no escándalo sobre o chalé de Pablo Iglesias e Irene Montero. \"Hai unha visión moi codificada da maternidade, e determinadas posicións están facendo que volvamos a roles moi tradicionais, o cal non é casual\" Para min, o que non é baladí é o tipo de estrutura familiar ao que remite, moi tradicional, da burguesía de sempre, por falar en termos marxistas. É preocupante que non teñamos modelos diferentes de tratar as nosas relacións, cando ademais a tecnoloxía cuestiona os límites da bioloxía. Pero esa tecnoloxía só está a ser usada para crear nichos de mercado: ser nais aos 60 anos, por exemplo, pero pagando. Prodúcese un envolvemento capitalista de todo, cun enfoque moi reaccionario. E digo todo isto nun momento esperanzador, tras un 8 de marzo histórico, no que as mulleres estamos a saír á rúa e a dicir que xa está ben… Neste filme realizas un traballo como de contraste das distintas imaxes da nai creadas pola pintura e polo cinema. Das máis convencionais -a virxe-nai- ás máis subversivas -a nai morta de Schiele-. E o cinema que mostra como as mulleres vivían pechadas, encarceradas, en escenarios-fogar de conto de fadas… Eu escollín dúas Medeas, a de Pasolini e a de Lars von Trier. Para seleccionar as imaxes pictóricas e fotográficas pedín axuda a unha psicanalista e a unha historiadora da arte. E desde logo non é casualidade, non, a codificación da figura da nai como a Virxe María. Facemos un percorrido, nese sentido, por diferentes imaxes, desde as máis tradicionais da virxe-nai, ata a nai morta de Schiele, ou tamén a do pai: Saturno devorando aos fillos de Goya, ata chegar ás fotografías nas que o pai é o que aleita, desbioloxizando a maternidade. \"Escollín unha Medea moi dura, a de Lars Von Trier, na que aparece o que nunca se mostra na escena, que é o momento no que a nai mata os fillos\" Canto ás imaxes do cine, escollín unha Medea moi dura, a de Lars Von Trier, na que aparece o que nunca se mostra na escena, que é o momento no que a nai mata os fillos. Sobre o que comentas dese cinema que mostraba como vivían as mulleres, teño que dicir que me sinto herdeira dunha xenealoxía de cine feminista, na que está Laura Mulvey e The riddles of the sphinx, de 1977. A clave da película está, de feito, aí: unha homenaxe a este tipo de cine que comezou a facerse hai xa 40 anos. Esa forma de tratar o encerramento das mulleres no fogar, no caso de Mulvey con travellings de ata 360 graos… Así presentas o filme, de feito, con esa reflexión: os Estados ínstannos á reprodución, controlan o noso corpo, a nosa fecundidade e os seus produtos, e despois déixannos soas cos nosos nenos, clausuradas no espazo doméstico, íntimo. É que é o que pasa, o Estado ínstate á reprodución e despois abandónate. Cóntanche que a esencia dunha muller é ser nai e despois aí quedas, recluída no espazo doméstico. Falar de crianza en colectividade continúa a ser un tabú. Lembra o que pasou cando Anna Gabriel falou da crianza en tribo. En realidade, foi o que se fixo sempre. A familia extensa era o habitual en Galicia… Claro. A min de pequena axudaban a coidarme as veciñas. Era o normal. Que a nai viva pechada co fillo é unha novidade histórica. Ademais, que non haxa máis modelos para os fillos que a nai e o pai é empobrecedor para eles. E iso lévanos ao binarismo, a estrutura da familia nuclear de nai/pai e nené, coas repercusións que ten na vida das mulleres. Un fillo, ademais, está a converterse cada vez máis nun luxo, porque esixe ter unhas condicións materiais… Penso que segue a ser dominante un punto de vista moi conservador sobre a crianza e a maternidade que, ademais, contra a naturalización que dela fai o patriarcado, é algo moi cultural: noutras culturas non se cría e non se coida desta maneira. Ese discurso patriarcal presenta, ademais, a maternidade como relación sen conflitos, sen contradicións. Introduces na película un fragmento dunha intervención da socióloga israelí Orna Donath sobre o seu libro Madres arrepentidas. Outro grande tabú. Que conduce a unha pregunta, eliximos libremente ser nais? Creáronnos expectativas falsas? Orna Donath traballa nun contexto concreto, que é o israelí. Un Estado hipermaternalista no que se considera que as nais teñan a obriga de ter xa non só un fillo, senón tres. Pero, en realidade, todos os Estados son maternalistas. Hai Estados nos que o Estado de Benestar che dá unha cobertura, como pode ser Suecia, e outros que simplemente te instan a ter fillos e, despois, apáñate. Mais todos os Estados inciden nisto, dalgunha maneira ou doutra: ter fillos para a patria. \"En realidade, todos os Estados son maternalistas\" O libro de Orna Donath causou un grande debate e non só en Israel. Tamén en Alemaña, por exemplo. Hai mulleres que non terían sido nais se soubesen o que ía ser, mulleres que queren os fillos pero que non queren o tipo de relación que che impón a idea de maternidade tradicional. A imaxe da nai abnegada, que ten que deixar todo polos fillos, que ademais é un tema conxuntural e histórico. Na Idade Media podías sentir a chamada de Deus e deixar os fillos para meterte monxa e era algo aceptado socialmente. Todas as relacións humanas son históricas. Hai que romper co discurso de \"sempre foi así\". En La voz humana, de 1997, reflexionabas sobre a voz das mulleres e sobre como o discurso fora tomado polo patriarcado. En Hansel y Gretel, do mesmo ano, falabas sobre o control social e familiar dos corpos e, tamén, sobre os discursos sobre as mulleres. Dalgunha maneira, estes primeiros traballos teus adiantan o que agora é Mater amatísima. É verdade, si. Daquela, claro, tiña menos reflexión e lecturas, traballaba máis desde a intuición, pero as liñas que aparecen nestas primeiras performances, nas que estou eu diante da cámara, continuaron ata hoxe. Sempre digo que en La memoria interior, de 2002, están os contidos de todas as miñas películas: o xénero, a relación coa historia, a necesidade de pluralizar os relatos da historia, a historia do traballo, as mulleres traballadoras, a naturalización do traballo dos coidados como traballo feminino… Se miro atrás vexo que si, que hai unha circularidade, por iso tamén me gusta o xeito no que o S(8) presenta o meu traballo. As reflexións son sempre as mesmas, si. Os temas son os mesmos, pero tratados de xeito diferente. \"As reflexións son sempre as mesmas, si. Os temas son os mesmos, pero tratados de xeito diferente\" Un deses temas é o control dos corpos -pola familia e o Estado- e o que en Hansel e Gretel chamabas a fusión de corpo e linguaxe. Por que falabas entón de rematerializar o discurso? Todas as persoas somos socializadas coa linguaxe e a linguaxe confórmanos, limítanos. E a linguaxe é falogocéntrica porque o sistema é patriarcal. Iso é aínda máis así no caso das linguas romances, nas que o masculino é o neutro e o feminino é un engadido. No S(8) pedíronme un autorretrato e eu recurrín a fragmentos das películas Nathalie Granger, de Marguerite Duras, e En rachâchant, dirixida por Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, con guión da propia Duras. Elas traballaron sobre a linguaxe e sobre a súa parte corporal. \"Todas as persoas somos socializadas coa linguaxe e a linguaxe confórmanos, limítanos. E a linguaxe é falogocéntrica porque o sistema é patriarcal\" Eu veño dunha familia marxista, pero faltábame esta reflexión, que me veu do feminismo. A corporalidade da linguaxe, desde a que puiden pensar en termos decoloniais e feministas. Tamén a racialización do mundo a través do corpo: segundo a túa cor de pel, vas ter un status social ou outro... A linguaxe está construída en termos patriarcais. As mulleres falaron, desde sempre, en primeira persoa, pero o seu discurso foi desvalorizado, considerado como pertencente ao campo do íntimo, do subxectivo. En La memoria interior, na que investigo sobre a emigración española a Europa a través do relato da historia da miña familia, o que facemos é precisamente poñer o foco neses relatos en primeira persoa, con todo o seu potencial político. En Ethics of Care, de 1999, tamén se intúe algo que será fundamental na túa traxectoria: a maneira de fragmentar, recolocar, volver xuntar… a imaxe para crear con ela un relato alternativo, que é o que fas tamén en ElectroClass, de 2011. En Ethics of care traballabas con representacións da pornografía ou da publicidade. En ElectroClass fas o mesmo con imaxes da televisión. Eu sempre digo que me gusta máis a palabra \"filmmaker\" que a palabra cineasta. Eu son unha facedora de películas, unha persoa que constrúe relatos dun xeito artesanal, non industrial. Non son directora, nin cineasta. E si, unha das constantes do meu traballo é facelo con imaxes prestadas, poñendo así tamén en cuestión a idea de autoría forte. Por que facer imaxes novas se vivimos nun mundo cargado de imaxes? \"Eu fago ensaio visual, penso sobre o estatuto das imaxes, sobre como están construídas e como se relacionan coa sociedade\" Eu fago ensaio visual, penso sobre o estatuto das imaxes, sobre como están construídas e como se relacionan coa sociedade. E, para iso, o mellor é remesturar imaxes. En Ethics of care xa está iso, si. Traballaba con imaxes dunha rave que houbera na sala Nasa. Na música sempre tiveron claro isto que estou dicindo: a remestura… Eu traballo con imaxes das que me sinto herdeira, ou das que me sinto afastada, como a imaxe mediática. \"Tento desmontar a montaxe mediática para construír outro relato. O que fago é evidenciar a lóxica da montaxe\" Fago ensaio visual para contradicir a lóxica mediática. Os feitos son os que son, pero a nosa maneira de contalos nunca é obxectiva. Sempre hai un encadre, un fóra de campo. Eu despezo os relatos, tento desmontar a montaxe mediática para construír outro relato. O que fago é evidenciar a lóxica da montaxe. E si, ElectroClass é un exemplo: a costa do bombardeo de imaxes, aposto pola construción dun relato propio sobre a reconversión industrial. En realidade, iso mesmo é o que fas en L'oeil impératif (O ollo imperativo, 2015). Traballas con imaxe -do NODO e anterior- que foi utilizada polo franquismo para construír o seu relato colonial, exotizante, folclorizante. Todo un imaxinario colonialista, cheo de orientalismo no sentido de E. Said, ao que dás a volta para falar de neocolonialismo e de se a descolonización trouxo unha emancipación real. Son imaxes do NO-DO, si, do arquivo privado da familia Bensai e de Marruecos en la paz, de Rafael López Rienda, unha montaxe feita no 1951, con fines propagandísticos, de imaxes dunha visita do rei Alfonso XIII ao Protectorado de Marrocos en 1927. Este filme atopeino na medina de Tánger, e iso é outra cousa que fago moito: traballar con material atopado. Agora estamos a falar do Maio do 68. E ninguén se acorda de que ese mesmo ano Guinea Ecuatorial logrou a súa independencia de España. \"Agora estamos a falar do Maio do 68. E ninguén se acorda de que ese mesmo ano Guinea Ecuatorial logrou a súa independencia de España\" Noutros países non pasa isto: en Portugal, por exemplo, teñen presente o colonialismo e a descolonización, que tivo un impacto forte na Revolución dos Caraveis. Era a etapa final da descolonización. En España, o Estado non fai reflexión ningunha sobre o colonialismo e a descolonización. Non se volve a iso. Sobre a emancipación real, xa falaba diso Frantz Fanon en Os condenados da terra. A súa lucidez arrepía aínda hoxe. Eu xa tiña un traballo previo sobre isto, porque vivira dous anos en Túnez. Pero ben, contaba ao principio que atopei Marruecos en la paz, merqueina na medina de Tánger, traballei con ela e despois ofrecina en dúas filmotecas en España, e non a quixeron. O resto de imaxes, en 16 e 8 milímetros, devolvinas a Marrocos, que penso que é onde teñen que estar porque o patrimonio cinematográfico é parte do patrimonio colectivo e é un repositorio de memoria. A película que mencionabas, feita en Túnez, é Le rêve est fini (O soño rematou, 2013). Fala de como, despois das revolucións árabes, os Estados seguen despoxando os cidadáns dos seus dereitos, mentres a UE practica a necropolítica: xestiona a morte no mar das persoas que tentan chegar para impedirlles que o consigan. Nesa película hai unha idea moi presente, que é o réxime visual como parte do sistema colonial. Porque o colonialismo tamén consiste en impoñer unha hexemonía epistemolóxica, unha maneira de ver o mundo. A nós resúltanos fácil detectar o discurso do \"American way of life\" nos filmes de Hollywood, pero non vemos tan ben o orientalismo que impregna as nosas ideas sobre África, o Magreb, os árabes. A través da cultura, da literatura, do cine, tamén se constrúe alteridade. A idea de que a independencia non é emancipación -falabamos antes diso- xa a di a filla de Fanon. Interesoume tamén moito, si, a idea de \"necropolítica\" de Achille Mbembe. Xa non é só a biopolítica, xa non é só Foucault. \"O colonialismo tamén consiste en impoñer unha hexemonía epistemolóxica, unha maneira de ver o mundo\" Xa non é só o control do Estado sobre os corpos e as vidas. É que o Estado pasa a administrar tamén as mortes. A fronteira do Mar Mediterráneo é unha enorme fosa de corpos que ninguén vai ir buscar, que non existen, que non teñen visibilidade. Pero esas zonas de non visibilidade tamén están nas cidades europeas: os guetos, dentro da colonia, da metrópole. As persoas sen dereitos. Un rapaz de Mali ten que arriscar, de novo, a súa vida, para subir ata un cuarto piso para salvar un neno dos \"nosos\" e que así lle concedan a nacionalidade. É dun colonialismo arrepiante. Ten que volver expoñer a súa vida, como fixo para chegar a Europa. Xa só por chegar a Europa, tería que ter o dereito. Todos os que chegan, e os que non chegan. É dunha hipocrisía atroz. \"Un rapaz de Mali ten que arriscar, de novo, a súa vida, para subir ata un cuarto piso para salvar un neno dos \"nosos\" e que así lle concedan a nacionalidade\" En Cronología, tamén do 1997, comezabas a reflexionar sobre os límites entre a Historia e a historia, sobre as nosas capacidades de construír a Historia como corpos, como suxeitos políticos -sexuados-. Supoño que podería ser o inicio do teu traballo posterior centrado na chamada memoria histórica. En Plan Rosebud 1 (2008) está a idea da arte como xeito de representar o que non é visible. E a memoria da Transición a través do cine militante, que é tamén a base de Lo que no puede ser visto debe ser mostrado (2010). O réxime da visibilidade e o seu peso na Historia está en Cronología, si. Porque é necesario que as persoas que non gañaron a guerra fagan outro relato. Como en 'La memoria interior', que pon o foco no relato pequeno, minúsculo, íntimo, que non ten pretensión de universalidade. En La memoria interior xa me formulaba a idea do deber da memoria, porque outras xeracións non puideron ou non queren -e tamén temos que respectalo- facer memoria. A miña familia foi represaliada tras o golpe do 36, e miña nai aínda hoxe non pode falar da guerra. Teño o deber de falar dos que perderon a guerra, ou das mulleres da clase traballadora… \"Teño o deber de falar dos que perderon a guerra, ou das mulleres da clase traballadora…\" Rosebud 1 ten unha parte sobre o cine que gañou, o oficial, e outra parte sobre o cine que non gañou, o cine militante. O relato do réxime franquista apoiouse na censura, pero tamén o relato da Transición, e de aí vén o spin-off que foi Lo que no puede ser visto debe ser mostrado, sobre o cine militante. E eu síntome herdeira do cine militante, que quedou fóra do relato oficial da Transición. Houbo censura cando se supoñía que xa acabara a ditadura. Pero, se pensamos na actualidade na liberdade de expresión, resulta que tampouco se poden dicir certas cousas que van xa non contra o Estado, senón contra o goberno e a monarquía. Vivimos nun momento no que isto se vai convertendo cada vez máis nun réxime ditatorial, en canto a liberdades, -a Lei Mordaza-... Están esquilmando os dereitos da cidadanía e o noso deber é erguernos contra iso. Pois ben, o deber desta segunda xeración, o deber de memoria, é do que fala Plan Rosebud que, por certo, estou moi contenta de que entrase nos fondos do museo Reina Sofía. En Plan Rosebud 2 cuestionas o relato oficial da Transición, segundo o cal aquilo foi un agasallo dunhas elites. E reflexionas sobre as imaxes da cultura popular e os movementos sociais, xunto á industria cultural e a súa relevancia na construción da memoria colectiva. A serie de Victoria Prego creou un relato dunha Transición bucólica, pacífica, exemplar, na que unha elite, con Suárez e o rei Juan Carlos á cabeza, repelendo o golpe de Estado do 81, lle concede graciosamente ao pobo a democracia. Claro, é unha total mentira. Se houbo non a chegada dunha democracia, senón, ollo, a volta a un réxime de lexitimidade, o da II República, interrompido polo golpe, foi grazas á sociedade civil. Foron os movementos sociais: o feminismo, o movemento LGBT, os sindicatos, as asociacións de veciños… os que fixeron un labor inxente. \"Se houbo non a chegada dunha democracia, senón, ollo, a volta a un réxime de lexitimidade, o da II República, interrompido polo golpe, foi grazas á sociedade civil\" E moita desa xente está viva, e temos o deber de agradecérllelo, con todos as desacordos que poidamos ter coa Transición. A industria cultural, e os medios, teñen moito que ver con ese relato oficial, que pode reafirmar, e fronte ao que o noso labor é tentar saír. Pensa por exemplo na música dos 80, na movida de Vigo, nas cancións dos Resentidos sobre a reconversión industrial... , en toda a escena post-punk importada de Londres… Outro dos temas que máis tes tratado é o da transformación do traballo no capitalismo informacional. En ElectroClass estaba a reconversión industrial e o paso da economía industrial á economía de servizos. En Zona Franca está o paso do comercio agrícola e industrial ao comercio inmaterial. En Ficciones anfibias o paso da fábrica á produción informacional. En Tiempo real o traballo inmaterial, coas súas consecuencias: precariedade… Supoño que, como di a sinopse desta película, trátase de ver como crear unha narratividade desta nova clase trabalalladora. Como diciamos antes, a historia da clase traballadora é un dos temas que máis trato, si. Está en La memoria interior e, en realidade, en todas as películas que fixen. Fronte á idea do traballo-emprego, o recoñecemento da cidadanía a través do traballo -que está en O soño rematou-, o traballo ligado á actividade industrial, xorde esta nova realidade. A esquerda segue a mirar para o pleno emprego, o traballo industrial… pero a situación está mudando. A representación histórica do traballo, como traballo asalariado, masculino, na fábrica… xa non serve nun contexto dos actuais procesos de globalización mundial, da dixitalización… \"Na Universidade na que traballo, por exemplo, a metade dos traballadores son falsos autónomos que cobran 400 euros\" Na Universidade na que traballo, por exemplo, a metade dos traballadores son falsos autónomos que cobran 400 euros. O capitalismo informacional impón novas relacións, novas formas de control e chantaxe social, captura o que podían ser as potencialidades do traballo intelectual, tal como o definira Marx. O capitalismo controla este capital comunicativo. Precisamos, neste contexto, unha reapropiación, atopar unha maneira de saír, de pensar de vida fóra do capitalismo. O que ocorre é que seguimos a pensar o traballo nos termos do século XX. Por exemplo, no debate sobre a renda básica: o que queren os conservadores é que consumamos máis. E xa non é unha cuestión de salarios ridículos, senón de tempo: pasamos o tempo, todo o día, producindo, traballando. O feminismo tamén me axudou moito nisto: a repensar o traballo… E Le paradis? Presenta a infancia como lugar de conflito… Como dicía ao principio, é un autorretrato para o que usei fragmentos de Nathalie Granger, de Duras, e de En rachâchant, que ten un guión de Duras que fala sobre a escola. Hai unha foto en La memoria interior na que eu era moi pequena e penso que igual ca agora: rebelde, curiosa, extravertida, cun carácter que pode considerarse violento por ser unha nena… A personaxe de Nathalie Granger víñame ben para encarnar iso: unha nena que non se somete ao canon de feminidade."}
{"ID": "NOS_51050", "summary": "Son creadores de longa e sólida traxectoria e idearon proxectos para vivir da banda deseñada. Kiko da Silva coa escola de banda deseñada O Garaxe Hermético en Pontevedra, Fausto Isorna con El Patito Editorial en Compostela e Manel Cráneo á cabeza de Demo Editorial na Coruña mostran tres proxectos nacidos do cómic.", "text": "Vinte anos leva Fausto Isorna dedicado á historieta e á ilustración. Da súa man naceron numerosos proxectos creativos e editoriais, o máis acariñado, sen dúbida, o Golfiño, tanto a revista como a personaxe. Tratábase dunha publicación singular, con dirección artística, e moi persoal na que cada autor desenvolvía a súa historia mais sempre cunha liña editorial. El Patito Editorial naceu, dalgunha maneira, da man de Golfiño. O primeiro título publicado foi, precisamente, o volume coas portadas da revista que viu a luz no 2007. Desde entón, o proxecto evolucionou e desenvolveuse e cinco anos despois teñen varias coleccións abertas, organizan exposicións e teñen en carteira liñas de traballo variadas, desde documentais até venda de orixinais dos debuxantes. Dos seus inicios como debuxante até esta nova fórmula que o converte en editor, Fausto Isorna non ve ningunha fenda. \"Deuse unha continuidade. Desde os inicios como debuxante interesoume o deseño editorial e traballei con moitos selos así que montar este proxecto foi unha evolución case natural\" afirma Isorna que está á fronte de El Patito Editorial xunto coa súa compañeira Genma Sesar, os dous cos papeis claros, el produtor e ela directora editorial. Editan só o que lles semella de calidade, o que se adapta aos seus criterios desde o punto de vista profesional. O seu lema é \"libros de luxo ao alcance de todo o mundo\". Como autor que foi, marca da casa é, ao seu dicir, \"cumprir escrupulosamente cos autores, pagar os dereitos, poño por caso, xa que fun cociñeiro antes que freire. Somos unha empresa real, con todo o que iso significa\". Traballan para lectores xerais, non para un público especializado, como adoita acontecer no mundo editorial relacionado coa banda deseñada e distribúen no mercado galego e no estatal, xa que moitos dos títulos saen publicados en galego e español. Publicar a Miguelanxo Prado, un fito editorial \"O que é interesante na nosa iniciativa é, como ten dito Miguelanxo Prado, que había creación mais non editoriais para a historieta. O cómic quedaba relegado a unha segunda clase e nós quixemos converternos nunha empresa, co que iso supón, e non nunha asociación que edita libros\" explica arredor da súa editorial que ten como un dos principais proxectos estrela precisamente a publicación da obra completa de Miguelanxo Prado, un fito tanto na historia da banda deseñada como no mundo editorial. Catro títulos levan publicados do artista e director de \"Viñetas do Atlántico\", o último deles, Trazos de Xiz, un volume que foi moi ben recibido polos lectores e que por vez primeira se publicaba en galego. Antes de fin de ano acadarán outro grande suceso editorial: publicar a nova e agardada obra de Prado en galego ao tempo que outras linguas. Para Fausto Isorna, que ninguén se atrevese a editar a Miguel Anxo Prado fala moita da consideración da banda deseñada. \"Trátase dun dos autores galegos máis traducidos e, por riba, vende! Comercialmente é unha aposta real\" afirma o editor e debuxante. Ao seu ver, El Patito Editorial, ten, asemade, un privilexio: son os únicos que editan ao galego na súa versión orixinal, o texto tal e como sae do autor. A saída de Ardalén, o novo título do autor previsto para antes do Nadal, será todo un acontecemento para a editorial de Compostela. Outro dos fitos de El Patito está a ser a publicación dos libros de viaxes de Sasek, unha colección para todos os públicos que é xa un clásico da ilustración e que nos achega a distintas cidades con debuxos imaxinativos e de grande calidade. Genma Sesar conseguiu os dereitos de Sasek na Feira de Bolonia, en dura pugna con outros selos no que só a súa persistencia fixo que se conseguira a xestión da obra para unha editorial tan pequena. \"Sasek, dalgún xeito, axúdanos a ser visíbeis nas librarías e darnos a coñecer diante dun público que, maiormente, non só é o lector especializado de historietas\" comenta Fausto Isorna. A obra de Rosalía de Castro Ilustrada ou a exposición e publicación de Compostela Iconográfica son outras das iniciativas recentes da editorial. A dimensión do proxecto de Fausto e Genma pódese coñecer a través da súa páxina web. Un Garaxe na Pontevedra das Belas Artes En Pontevedra, a cidade na que vive desde hai catorce anos, vén de inaugurar o debuxante Kiko da Silva un proxecto singular e único no mundo da banda deseñada, unha escola que ten como obxectivo a formación de profesionais da banda deseñada. Con O Garaxe Hermético, Kiko da Silva si que tivo a vontade de cubrir un baleiro, a ausencia de calquera centro que se dedicase de forma rigorosa as obxectivos da súa escola. \"Naceu pola observación de que era necesario. Monteino a partir da estrutura empresarial da editorial da Retranca, que tamén naceu para ocupar o baleiro nas publicacións periódicas, esta con carácter satírico e crítico\" di da Silva. Formouse na Facultade de Belas Artes nun campus como o de Pontevedra que estaba chamado a aglutinar a formación artística ao contaren tamén con centros como a Escola de Deseño e Moda ou Restauración. \"A Banda Deseñada non se imparte nin en Escolas nin na Universidade, non se considera arte e a única solución era a creación dun centro de carácter privado, coa intención de que acade o recoñecemento oficial para o que estamos en contacto con outras escolas de España\" explica o director do centro. A vontade de conseguir esa condición de centro oficial responde, segundo di, ao interese en abaratar custos dos cursos xa que, a súa natureza privada somete ao proxecto a un IVE do 21%. Como se recibiu o proxecto? Hai alumnado para un centro de banda deseñada? \"O noso nacemento recibiuse sorprendentemente ben. De cara ao curso que comeza en setembro temos cuberto un deles e o de profesionalización contamos telo completo cando comece a se impartir. Para acabar de abrir é sorprendente, pon á vista que hai interese na formación\". Canda a formación en técnicas e contidos máis teóricos, o alumnado sae coa preparación precisa para se meter no mundo profesional e mesmo comercial, \"un asesoramento preciso para se introduciren nun ámbito difícil\". Como premio de fin de carreira instaurouse a publicación da obra a través da Retranca. Para Kiko da Silva, O Garaxe Hermético é un proxecto persoal, no que meteu os seus aforros e no que procura un espazo de referencia e calidade para o que conta cun amplo equipo de especialistas en cada un dos ámbitos da banda deseñada e a ilustración, desde técnicas tradicionais e narrativa até as novas tecnoloxías. O centro ofrece cursos de verán para maiores e crianzas pero o forte está no programa para formaren a profesionais, unha titulación articulada a través de tres cursos académicos. Miguelanxo Prado -outra volta- vinculouse ao proxecto participando na apertura dunha escola que vai convidar aos máis destacados profesionais a impartir clases maxistrais. O nome do centro responde ao recoñecemento tamén dun dos grandes da banda deseñada, ao Moebius autor da obra O Garaxe Hermético que Kiko quería traer a Pontevedra mais que morreu antes de que o centro fose inaugurado. A programación completa da escola está na súa web. Petan na porta e Cráneo abre Demo O debuxante e autor Manel Cráneo é o creador de Demo Editorial, un selo especializado en banda deseñada que naceu na Coruña en 2009. \"Naceu como un proxecto de autoedición para publicarmos un álbum meu sobre o Castelo de Moeche. Despois diso xa comezaron a petar máis autores\" comenta Cráneo das orixes do selo que publica a máis de dez autores con títulos como Cabana de Balieiros de Tokio ou Punto de Fuga de Miguel Suárez. Como nos casos de Fausto e da Silva, Cráneo tiña tras del a súa experiencia como autor e mesmo como editor \"amateur de fanzines\" . A súa idea é centrarse na publicación en banda deseñada de aventuras do xénero histórico co fin de non só servir de canle para as persoas autoras senón contribuír a recuperar o noso patrimonio artístico e cultural. Sen dúbida, un dos proxectos estrela de Demo Editorial é a publicación en volumes da biografía de Castelao da man dos autores Inacio e Iván Suárez que acadaron o Premio Castelao co volume Castelao. Pobre Tolo, publicado en colaboración coa Libraría Cómic de Compostela con motivo do seu vixésimo quinto aniversario. \"É a iniciativa máis ambiciosa que temos xa que son entre seis e oito volumes que queren construír a biografía de Castelao, unha figura que ben merece un esforzo como este\" anota Cráneo. Entre as novidades do seu selo está un libro da súa autoría, Cousas de Mortos alén da colección Sálpock de Luís Sendón e Álvaro López , unha triloxía ambientada nun mundo imaxinario que veñen de presentar. Tras vinte anos como autor, o proxecto editorial que comezou hai tres supón para Cráneo unha nova liña de traballo naquilo que tanto lle gusta. Canda el, un equipo no que, como no caso de Fausto, conta coa súa compañeira, contribúe a asentar un proxecto que ten na promoción das obras un dos seus principais obxectivos. Como proxecto persoal que é, o Planeta Mincha, un mundo que medrará en breve, ten un espazo especial. Animación, xogos interactivos ou produtos do seu particular mundo sairán á venda para construír un dos sinais de identidade de Demo. Para afondar na editorial de Manel Cráneo pódese consultar a súa páxina web."}
{"ID": "PRAZA_8256", "summary": "O xogo, dirixido aos centros de ensino, tamén exclúe o eúscaro. A eurodeputada Ana Miranda vai enviar unha protesta formal.", "text": "A oficina de información do Parlamento Europeo en España organiza un concurso para escolares, Euroscola, que chega xa á súa décimo novena edición e que ten como obxectivo \"fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para conseguir unha Europa unida\", segundo se explica nas bases, nas que se engade que \"o xogo desenvolverase en tres versións lingüísticas: castelán, catalán e inglés. Os participantes poden optar por concursar en cualquera dos tres idiomas\". Tamén se engade que é \"importante e necesario\" o feito de \"dominar outras linguas europeas por parte dos alumnos participantes, dado que os equipos gañadores que asistan ao Programa Euroscola en Estrasburgo deberán comunicarse cos participantes doutras nacionalidades europeas en inglés ou francés\". O xogo está centrado nos \"dereitos e beneficios que temos os cidadáns europeos e o que significa a cidadanía activa como posibilidade real de participación na construción europea, na que os mozos teñen un papel fundamental\". A exclusión do galego -xunto co vasco- provocou xa protestas e a creación dun grupo de Facebook no que se convida a enviar unha protesta aos organizadores do concurso a través do enderezo electrónico comunicacion@euro-scola.com. A eurodeputada Ana Miranda xa anunciou que vai enviar unha protesta oficial."}
{"ID": "NOS_5631", "summary": "O último Consello de goberno asinou o convenio \"para o desenvolvemento das distintas actuacións necesarias para a adquisición do Castelo de Pambre\". Para se faceren coa fortaleza, ubicada en Palas de Rei, porán cartos as consellarías de Cultura e Traballo, 3 e 2 millóns respectivamente, que irán parar a unha conta privada cuxa titular é, máis unha vez, a Igrexa", "text": "O Goberno galego pechou no último Consello da Xunta máis un acordo cunha entidade relixiosa, desta volta para a adquisición dun castelo, o de Pambre, situado en Palas de Rei e propiedade dos Irmáns misioneiros dos enfermos pobres. Tamén se mercaron as terras lindeiras. Se ben o presidente Feijóo informou dun gasto de 3 millóns de euros, que sairían do peto da consellaría de Cultura, o certo é que a consellaría de Traballo porá 2 millóns máis para que a entidade relixiosa continúe coa \"atención social\" e reforma da fortaleza. Así o sinala a referencia da referida xuntanza realizada na cuarta feira, con data do 27 de decembro, onde se acorda que se subscribirá o convenio \"para o desenvolvemento das distintas actuacións necesarias para a adquisición do Castelo de Pambre, polo importe total de cinco millóns cento trinta e catro mil sesenta e oito euros con sesenta céntimos (5.134.068,60 euros)\". Di a Xunta que os Irmáns misioneiro desenvolven tarefas sociais na comarca de Palas e en Vigo, para alén de \"dinamizar turisticamente o municipio de Palas de Rei e ofrecer aos peregrinos do Camiño de Santiago a posibilidade de coñecer a historia desta importante fortaleza medieval\". Cartos á Igrexa polas Galescolas e pola atención á dependenciaA transferencia de diñeiro público a contas privadas cuxa titular é a Igrexa non deixa de medrar. O primeiro de xuño o Diario oficial da Galiza facía públicos os convenios que o departamento de Beatriz Mato asinou para os catro primeiros meses do ano. Na relación de entidades beneficiarias, as maiores contías van parar a Asociación Galega San Francisco (Agasfra) --2.082.955,32€--, para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través dos seus centros de atención a persoas con discapacidade da súa titularidade; e a Esclavas de la Virgen Dolorosa-Crecente --1.038.441,60€-- para contribuír ao mantemento do servizo que presta a través do Centro Residencial Asistencial Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey. Tales axudas resultan rechamantes, pois neste mesmo ano deixaron de funcionar o centro de menores de Montealegre, en Ourense, e o de Soutomaior, en Ferrol. Alén destes, o pasado ano a consellaría de Benestar eliminou o centro de atención especializada do Santiago Apóstolo, e privatizou o centro Souto de Leixa, en Ferrol, que acabou sendo propiedade do grupo empresarial CLECE, vinculado a Florentino Pérez. Estes dous últimos centros prestaban atención, xustamente, a persoas con diversidade funcional. Respecto das escolas infantís, a Fundación de estudos e análises --Fesan--, unha empresa vinculada ao Opus Dei, e Promoción de la formación Las Palmas --Profolp--, con sede en Madrid, repartiron en maio a xestión privada dos centros Pontevedra-Monte Porreiro, O Pino, Coristanco, Carballo-A Baña e Betanzos."}
{"ID": "NOS_21373", "summary": "A Comisión Negociadora do Plan de Igualdade da CRTVG insiste na necesidade da creación da figura da Editora de Igualdade, ante \"a reiteración deste tipo de contidos na CRTVG e a falta de reacción e compromiso por parte da actual dirección\".", "text": "A Comisión Negociadora do Plan de Igualdade da Corporación de Radio Televisión da Galiza (CRTVG) vén de facer público un comunicado no que denuncia a emisión de contido machista no programa Fun polo Aire da CRTVG. A CRTVG di que non ten \"responsabilidade ningunha\" por entrevistar o avogado que dixo que Santi Mina pasou \"unha mala noite\" A reportaxe da que fai conta a comisión \"teima en cosificar, sexualizar e reproducir\" unha imaxe estereotipada da muller relacionada con \"como conseguir uns glúteos perfectos\". As representantes sindicais subliñan que, \"se ben o ben o programa está elaborado por unha produtora audiovisual externa, a CRTVG é a responsábel do control dos contidos que se emiten, ao igual que dos termos nos que se publicitan e difunden estes contidos nas redes\". 🍑✨ Os cus grandes están de moda 😎 Kim Kardashian ou Jennifer López son unhas referentes, mais como podemos conseguir uns glúteos perfectos? Máis información co #FunPoloAire https://t.co/bdw0RnQjF8 pic.twitter.com/cT7OSzmbiN— TVG (@TVGalicia) June 7, 2022 Neste sentido, a Comisión de Igualdade fai referencia á difusión da reportaxe que a CRTVG fixo nas súas redes sociais. Nomeadamente na conta de Twitter do ente público, cun chío no que se chega a aseverar que \"os cús grandes están de moda\". CRTVG non retira o chío As representantes da parte social na Comisión Negociadora do Plan de Igualdade solicitáronlle CRTVG a retirada do chío, sen que esta retirada se producira no momento de redactar a información. Imaxes de minisaia e zapatos de tacón en cursos de formación da CRTVG sobre acoso laboral Posteriormente, as representantes do persoal urxiron a estabelecer desde a Dirección da Área de Contidos da CRTVG contacto coa produtora para evitar que se repitan estes contidos inapropiados, e pedíronlle á Xefa do Servizo de Extensión Audiovisual que ordease a retirada deste contido das redes propias. Porén, a comisión denuncia que se atopou coa negativa das diferentes xefaturas interpeladas, que se escusaron na \"falta de competencias en materia de contidos\". Editora de Igualdade A Comisión Negociadora do Plan de Igualdade da CRTVG insiste na necesidade da creación da figura da Editora de Igualdade, ante \"a reiteración deste tipo de contidos na CRTVG e a falta de reacción e compromiso por parte da actual dirección\". A CRTVG vén de convocar traballadoras para cubrir os servizos mínimos do 8M \"Mentres a dirección non demostre un compromiso real coa loita contra o machismo e a prol da igualdade en todos os seus aspectos, carece de sentido a publicación sobre o papel dun Plan de Igualdade que, contra o que argumenta a empresa, debe trascender o ámbito estrito das relacións laborais e abordar de vez a cuestión dos contidos que, nos medios públicos de comunicación do país, deben ser aínda se cadra máis escrupulosos e respectuosos\". Segundo a Comisión de Igualdade, a inacción da dirección da CRTVG vulnera o principio recollido nos Criterios Reitores da Dirección Editorial da Corporación, no que se estabelece \"a integración da perspectiva de xénero, o fomento de acción positivas e o uso de linguaxe non sexista\"."}
{"ID": "NOS_30142", "summary": "O Bravú tamén ten mulleres? Ten e van subir ao escenario para homenaxear á pandeireteira Xosefa de Bastavales.", "text": "O Bravú eran só bandas de homes? Cando se festexa o vinte aniversario do seu nacemento nunha tasca de Chantada, a homenaxe a Xosefa de Bastavales pon o foco nas \"mulleres bravú\", aquelas que participaron no movemento do rock galego rural e que son herdeiras do espírito da pandeireteira de máis de oitenta anos que compartiu escenario con Mercedes Peón, Xurxo Souto, Pinto d´Herbón, Cristina Pato, as Gharotas de Ribeira, Fuxan os Ventos ou The Chieftains. Será unha merenda-festa a que sorprenda a Xosefa de Bastavales no serán da cuarta feira día 13 (19 horas) na Gentalha do Pichel, en Compostela. Unha morea de pandeireteiras recibirán á grande pandereiteira Bravú, á veciña da aldea do campanario de Rosalía que sorprendeu na súa aparición nas principais festas e concertos de hai vinte anos. Entre elas, a rapeira Mirasol Manfurada, as Gharotas da Ribeira que entón facían de bravo enlace entre Barcelona e Galiza ou Sofía de Labañou, que será a mestra de cerimonias deste emocionante encontro. \"Devolverlle a alegría que nos deu\" \"Era a que cortaba o bacallau. Saía de estar coas ovellas e ía a Nou Barris ou a París. Subía ao escenario entusiasmada e coidaba de todo o mundo. Ríamos como non se pode rir!!\", afirma Sofía, das Gharotas \"A idea desta festa é devolverlle a alegría que nos deu, a súa forza, o seu entusiasmo\" di Sofía, das Gharotas de Ribeira, unha das promotoras da iniciativa que tivo oportunidade de ser amiga de Xosefa e coñecela tamén de portas para dentro. \"Tratei con ela na leira e na casa, coas veciñas e a familia e é marabillosa, alegre mais tamén rabuda, que loita coa súa alegría\", engade Sofía desta muller que, con máis de oitenta anos que, segundo di, continúa a ter un espírito mozo e ganas de festa. \"Sigue sendo a mesma cantareira e bailarina, aínda que non poda andar tanto de troula\", comenta. De troula andou Xosefa con máis de sesenta anos acompañando por escenarios de Francia ou Barcelona a músicos como Manu Chao ou Xurxo Souto. Foi tamén unha das figuras máis seguidas na Feira das Mentiras que o galego-francés montara no antigo mercado de gando dos Salgueiriños en Santiago. \"Todo o mundo lle tiña moito cariño e gárdallo. E ganas de estar con ela. Era a que cortaba o bacallau. Saía de estar coas ovellas e ía a Nou Barris ou a París. Subía ao escenario entusiasmada e coidaba de todo o mundo. Ríamos como non se pode rir!!\" lembra Sofía daqueles anos nos que foron tan felices. O Bravú foi tamén iso. Estreitar lazos de amizade e camaradaxe que para Xosefa, unha muller con enerxía e vitalidade, deberon ser especialmente importantes, segundo din agora as súas \"herdeiras\". Coa casa a poucos metros do poético campanario, a vida de Xosefa puido ser a que máis mudara a enerxía bravú. Mudar a dinámica mais ela, como defende Sofía, seguía a ser a mesma na leira e no escenario. E cantas mulleres podíamos identificar como \"bravús\"? \"A brava máis brava de todas as bravas e bravos sen dúbida, ao meu ver, é Mercedes Peón. Por moitas cousas, despois, quen queiras. Ela fixo cousas que ninguén fixera antes e con moito valor, moita profesionalidade e arte\". \"Pegaba moi ben co que foi todo o movemento na reivindicación da orixe galega, da música tradicional, nas letras e tamén na retranca\" di Carme Campo \"Un dos obxectivos da homenaxe é tamén este, visibilizar o papel das mulleres no rock bravú. Tamén houbo grupos femininos e pouco se fala deles. A festa de Xosefa vai ser tamén a das mulleres bravús\", comenta Carme Campo, unha das promotoras da merenda-festa que organiza canda a Gentalha do Pichel e protagonistas do movemento como Xurxo Souto, as Gharotas ou Sofía de Labañou. Para Carme Campo, Xosefa de Bastavales é unha \"bravú\" case en estado puro. \"Pegaba moi ben co que foi todo o movemento na reivindicación da orixe galega, da música tradicional, nas letras e tamén na retranca. Xosefa é unha pandeireteira de raíz, que aprendeu a tocar de moi nova e sempre se acompañou da música e o baile\", comenta. Desde os dez anos toca Xosefa de Bastavales, a labrega que lle deu a Manu Chao o nome de \"o desaparecido\" cando tardaba moito en volver á aldea. Forma parte das \"mulleres poderosas\" que chamou Xurxo Souto, o filósofo do bravú, do grupo de músicas, algunhas das que estarán a cuarta feira na súa homenaxe. Cos Rastreros, Papaqueixos, Diplomáticos ou co propio Manu Chao viaxou a Lyon ou Barcelona esta muller que foi reporteira musical no programa \"Que Serán!\" da TVE en Galicia onde entrevistou a Cesária Évora ou Compay Segundo. Xosefa non sabe que, cando chegue a cuarta feira a Compostela unha festa agardará por ela. É sorpresa mais, quen a coñece adiviña xa a súa cara de alegría e a súa pandeireta e a súa voz a poñer a banda sonora da súa propia homenaxe."}
{"ID": "PRAZA_16163", "summary": "Mofa e Befa volven ao seu formato orixinal -só biombo e dúo cómico con talento a esgalla- en Crítica da razón perralleira, un percorrido pola Historia da Filosofía que confirma a súa propia filosofía creativa: se non hai solución, inventa unha. Improvisa.", "text": "A que non se terán enfrontado Mofa e Befa. De Shakespeare e Valle-Inclán. De Diderot a McDonagh. De Quevedo a Calderón. Ningún texto, escenario ou público deu vencido o dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. E parte do segredo está na súa filosofía: se non hai solución, inventa unha. Improvisa. Xa o demostraron hai ben tempo co seu Manifesto para un Teatro Perralleiro, un dos seus primeiros espectáculos. Mais van alá xa máis de 25 anos e agora parece máis claro ca nunca, pois así o confirma a Cranios Privilexiados ou Crítica da razón perralleira, a súa última montaxe, dirixida por Carlos Santiago, na que percorren nada menos que a Historia da Filosofía. Apuntando ademais algunhas irrebatibles teorías sobre o ser galego -co seu carácter \"anarquista\"- ou sobre temas de actualidade que, como mostra da \"estupidez\" hexemónica, superarían o talento creativo do máis retorcido dos pensadores. Falamos con Carlos Santiago aproveitando o paso de Cranios Privilexiados polo Teatro Principal de Santiago. O texto é teu e de Pepe Sendón. Atopei algunha información que dicía que tamén era autor Quico Cadaval… É que inicialmente iamos ser Pepe, Quico Cadaval, Manolo Cortés e eu pero, despois, por circunstancias varias, quedamos só Pepe e eu. Ao principio foi como unha choiva torrencial de ideas. Xuntamos tanto material que tiñamos un tocho descomunal e, despois, fomos desbotando cousas. Fomos traballando con eles dous, con Evaristo e con Víctor, para pulir o texto e pasalo pola turbomix imbatible do dúo. Foi un proceso moi guai, moi divertido. \"Xuntamos tanto material que tiñamos un tocho descomunal e, despois, fomos desbotando cousas\" O público podería preguntarse, pero, Mofa e Befa van poñerse serios? Mais Mofa e Befa teñen feito de todo… Son dous actorazos de recursos ilimitados que teñen tocado todos os paus: o teatro isabelino, o barroco español.... Esta vez tocoulle á filosofía, xa en plan rachar coa pana. (Ri). \"Son dous actorazos de recursos ilimitados que teñen tocado todos os paus\" A obra estreouse no FITO. Leva xa unhas cantas funcións. Como andas indo e vindo a Portugal, non sei se puideches acompañalos moito… Estreouse no FITO, si. Eu estiven en todo o proceso, claro, despois fun un tempo para Portugal e xa volvín coa xira avanzada. Mais aínda lle demos unha volta despois da estrea. Quedaban algúns filósofos por meter e decidimos meternos con eles en masa, na escena do Philoshophical Freak Show, que acaba por ser unha psicanálise aldeá da historia da filosofía. Cando comezaba a obra, a min facíame pensar na túa outra peza Finlandia... Algo pode ter que ver, é parte do meu estilo… Pero a verdade é que este traballo está pensado a medida deles, co tema da filosofía como pretexto. A obra está feita en función deles, que levan xa 25 anos sendo Mofa e Befa. O xogo foi partir da súa propia filosofía escénica, que declararon hai dúas décadas e media no Manifesto do Teatro Perralleiro. A idea era retornar o formato inicial deles: o dúo cómico, o biombo… pero cunha volta filosófica. \"O xogo foi partir da súa propia filosofía escénica, que declararon hai dúas décadas e media no Manifesto do Teatro Perralleiro\" Con Pepe Sendón xa traballaras e con Mofa e Befa… imposible non terte atopado con eles antes en distintos proxectos. Claro. O grupo que se xuntou para facer este proxecto eramos xente que xa traballaramos con Mofa e Befa dunha maneira ou da outra: cancións, sketches… E para min ademais foi un desafío persoal, porque vinos \"nacer\", como dúo, na sala Nasa, nas Ultranoites e sempre admirei o seu talento escénico. A fórmula que escollemos para o espectáculo non era nova, en absoluto, pero o desafío era embutirlles toda a zorza filosófica… Cando mo propuxeron, de feito, a miña primeira reacción foi dicir: buffff! (Ri). \"Para min foi un desafío persoal, porque vinos \"nacer\", como dúo, na sala Nasa, nas Ultranoites e sempre admirei o seu talento escénico\" Evaristo adoita ser -non só nesta obra- o máis \"intelectual\" dos dous. Aínda que en 'Cranios privilexiados' hai por veces como un intercambio de papeis, e están bastante equilibrados… É o xogo clásico do dúo cómico, do clown. Un é o \"serio\", a autoridade que todo o sabe, que neste caso é Evaristo, e o outro é o clown anarquista que nunca para quieto, que é Víctor. Pero diante do tema abrouxante da filosofía, acaban por equilibrar os papeis, claro. Falando de anarquistas, penso que o de que o pobo galego é, en realidade, anarquista, sempre contra o Estado, é a teoría definitiva sobre a nosa idiosincrasia… (Ri). Pero iso xa o dicía Fermín Bouza Brey, como lembraba nun artigo xenial o seu fillo Fermín Bouza alá polo 2005, cando as eleccións para botar a Fraga. O anarquismo esencial, dicía, dunha xente apegada á terra e á natureza. Tamén falaba diso Marcial Gondar, autor, por certo, da Crítica da razón galega, unha das referencias secretas da peza. O galego, como pobo labrego e mariñeiro, foi sempre alleo ao Estado, e por iso precisa de intermediarios, que no espiritual son os santos, que se encargan de mediar nos negocios do alén e no temporal son os caciques, que se encargan dos negocios do aquén con esa entidade incomprensible chamada Estado. E non sei eu se daremos saído diso nos próximos séculos. De aí esa frase da peza: Os galegos somos anarquistas de seu e por iso non podemos vivir sen caciquismo. \"O galego, como pobo labrego e mariñeiro, foi sempre alleo ao Estado e por iso precisa de intermediarios, que no espiritual son os santos e no temporal son os caciques\" O achegamento aos filósofos é -falabamos diso antes- falar deles e con eles na obra, e meterse con eles. Coma con Sócrates, que tan importante se cre, pero é un borrachón con sona de pederasta. O filósofo máis interesante de todos é Polemón. O xogo aí foi procurar no álbum familiar de Mofa e Befa, onde aparecen personaxes tan extraordinarios coma o tío Reveriano ou a tía Remedium, que xa tiña protagonizado algún skecth. E para fiar a cousa desta volta botamos man da figura do pai, Desiderio Pan Pena, alcumado \"Polemón\", chamado así polo seu gusto pola polémica e por ser o antagonista do filósofo académico, platónico. Así que Mofa e Befa son fillos de Polemón, o que non deixa de ter a súa coña alegórica. A escolla de Sócrates tamén ten que ver con iso. Fronte á visión idealizada de Sócrates, a visión de Platón, cóllense outras visións da época, como a de Aristófanes. A Polemón, filósofo rural e presocrático, o que lle interesa é o lado máis humano e terrenal de Sócrates, fronte a esa idea do Sócrates que se sacrifica bebendo a cicuta para salvar a razón a custa da propia vida, unha estupidez na que se funda toda a historia da filosofía occidental. \"A Polemón, filósofo rural e presocrático, o que lle interesa é o lado máis humano e terrenal de Sócrates\" Saen polo medio moitas chiscadelas a cuestións de actualidade. O opinan sobre filosofía Rajoy, Merkel e Trump. É que o poder sempre ten unha relación complicada coa filosofía. A filosofía, cando funciona, funciona como límite. É a idea de pensador de Spinoza -filósofo ourensán, por certo, como Polemón- o individuo que se pon a pensar no límite do sistema. Cando estabamos comezando con este proxecto, foi ademais cando se estaba falando da supresión da Filosofía dos plans de estudo de Secundaria. Porque claro, unha materia que axuda a facer preguntas, a pensar, pois non pode estar, cando o que se quere son ovellas e non homes e mulleres libres. Pode parecer unha visión moi simple e redutora, pero é que o simplismo mental é o camiño por onde nos queren levar, e sen dúbida, nos levan. \"O simplismo mental é o camiño por onde nos queren levar, e sen dúbida, nos levan\" O texto xoga un pouco co tópico sobre os galegos: que non lles vai o tema da lóxica binaria. Idea, por certo, que está no libro de Marcial Gondar do que falabamos antes. Todo tratado de filosofía ten que comezar por unha lóxica e, no caso da lóxica galaica, non chega con dous valores de verdade, o verdadeiro e o falso. Iso é o tópico, claro. Mais tamén é o ollar desde abaixo, o ollar que cuestiona o absoluto e as súas categorías estancas. \"No caso da lóxica galega, non chega con dous valores de verdade\" Tamén sae o agradecemento á Deputación de Ourense por editar as obras de Polemón. Un auténtico \"ladrillo\". De xente ben nacida é ser agradecida. Porque a Deputación de Ourense é a única institución capaz de editar libros inverosímiles como a Crítica da Razón Perralleira, un auténtico ladrillo que ningún editor se atrevería a publicar. Quitando a Paco Macías, claro, que o atopei o outro día e xa lle cachei as intencións de pasar a obra do formato en barro cocido a papel de toda a vida. \"A Deputación de Ourense é a única institución capaz de editar libros inverosímiles como a Crítica da Razón Perralleira\" Supoño que verías a obra un monte de veces desde a estrea. Pero no Principal non parabas de rir. É o meu método de dirección. Se río, a cousa vai ben. Aínda que con estes dous fenómenos no palco o de rir é un método dubidoso, porque non paras un segundo de facelo, e iso como método científico tampouco pode ser bo. Tamén sae Pitágoras. En xeral, todos os discursos acaban enfrontándose coa crítica da razón perralleira, a razón que impregna a política, a publicidade, os medios de comunicación… Pitágoras é un mafioso, un tipo que impón o principio de autoridade por riba de todo. E a pregunta aí é que cando a autoridade prima sobre a razón, que nos cabe esperar? Pouca cousa. Un fillo metido na Xunta ou un tímido avance na lista de espera do hospital. Tamén é unha sátira do lado sectario da filosofía académica. Parece que os que saben son os que están metidos nun círculo pechado, na Academia, e esa tradición, que vén de Pitágoras e pasa por Platón, chega ata nós. \"Cando a autoridade prima sobre a razón, que nos cabe esperar? Pouca cousa. Un fillo metido na Xunta ou un tímido avance na lista de espera do hospital\" O saber como patrimonio dunha elite, fronte ao saber e a intelixencia popular. Diso falou Peter Sloterdijk na Crítica da razón cínica. Como o relato da historia da filosofía foi deixando fóra a filosofía subterránea, a que ten que ver máis coa risa e o xesto obsceno, a sátira, o Entroido, o misterio bufo ou o que nos nosos días viñeron sendo o dadá, ou o punk… Dicía Sloterdijk que a verdade é aquilo capaz de aturar todas as risas, e se isto é certo, que eu penso que é, fixémonos en todas as caralladas que a prensa ou a televisión fan pasar por verdade todos os días. Pobres estupideces que non resisten nin catro gargalladas. \"Se a verdade é aquilo capaz de aturar todas as risas, todas as caralladas que a prensa fai pasar por verdade todos os días, non resisten nin catro gargalladas\" A muller de Polemón fala do masculinato recorrente da cultura galega… Si, ela é Sofalina, a nai de Mofa e Befa, a filósofa esquecida por ser muller. Ela é a que sabe pensar e non o seu home, que á fin de contas é un cheíñas. Pero ela queda fóra do relato da Historia, coma tantas outras mulleres, porque o pensamento, na tradición occidental, vai ti saber por que, é cousa de homes, coma o Soberano. Parece que non pode haber pensamento sen ter a pirola na cabeza, e as pirolas, por moito que nos amole aos homes, dan para o que dan e pouco máis. \"Parece que non pode haber pensamento sen ter a pirola na cabeza, e as pirolas, por moito que nos amole aos homes, dan para o que dan e pouco máis\" Tamén está ben a teoría sobre a imposibilidade metafísica da concentración parcelaria. É que a teoría dos marcos…! Nin a Zenón de Elea lle daría por pensar tal aporía. Aos galegos parécenos que a terra é infinita e por iso sempre andamos a mover os marcos un pouquiño máis alá, como se nunca houbese límite e sempre puidésemos pillar cacho. Moves o marco un nadiña de nada e logo outro nadiña, e vas vivindo así, pensando que nadiña a nadiña, podes facer dunha leira de nada un estadio de fútbol. Pura filosofía. O límite, claro está, son os outros, que tamén andan a mover os marcos e estráganche todas as ilusións. \"A teoría dos marcos… Nin a Zenón de Elea lle daría por pensar tal aporía\" Por certo, que Celestino Fernández de la Vega é o único filósofo, ou polo menos pensador, galego que sae. Co xogo que podía dar, por exemplo, Piñeiro… Celestino Fernández de la Vega daba moito para a coña porque, claro, fixo un tratado sobre o segredo do humor co que non é doado rir, como coa análise do chiste de Freud. Acaíanos moi ben na historia. Un filósofo pequeno-burgués, académico e galeguista, fronte ao filósofo rural presocrático. Ou iso de que os galegos levan o ego a posteriori, ao final. Que non son nada cartesianos. Si, o galego ten o ego a posteriori e esa é a orixe de moitos dos nosos problemas como etnia. Unha intuición xenial de Pepe Sendón. Escribiu unha canción no material inicial do espectáculo con esa idea, que para nós o ego é un sufixo, un banal matiz gramatical, e que non estando mal a priori ter o ego a posteriori. Ao final tanta falta de amor propio non pode dar nun bo negocio. Éche o que hai. \"O galego ten o ego a posteriori e esa é a orixe de moitos dos nosos problemas como etnia\" A escenografía é sinxela: o chan e o biombo, basicamente, ao que se van engadindo elementos. Coma uns cadros nos que se recoñece ben o estilo da autora, Natasha Lelenco, responsable da dirección de arte da obra. Si, o biombo é o concepto de partida porque é o elemento característico da filosofía escénica de Mofa e Befa, desta volta reducido a pura estrutura transparente. Por iso o traballo de Natasha foi determinante, para animar cun pouco de elegancia moldava unha escenografía tan escasa e perralleira. Despois hai outros elementos, coma o \"plasma vertical\", que son moi importantes. O \"plasma\" estaba gardado no local de Mofa e Befa e tiñamos claro que tiña que entrar na obra, que había que metelo nalgún sitio. É unha macrolente de cando non había pantallas de plasma nin televisións enormes, entón a xente nos bares facía o que podía para ampliar a imaxe e ver o fútbol máis grande. O \"plasma vertical\" é toda unha metáfora da razón perralleira: se non hai solución, hai que inventala. \"O 'plasma vertical' é toda unha metáfora da razón perralleira: se non hai solución, hai que inventala\" Tamén sae Manuel Fraga... ao lado de Immanuel Kant e o imperativo categórico. É un dos mellores momentos da obra. Si, cando Polemón vai ao psicanalista, fala de que o noso problema sempre foi non facer caso do que dicía Don Manuel, e rapidamente o inconsciente faille unha xogada e acaba por confundir a Kant con Fraga e ao imperativo categórico coa policía anti-disturbios. E cando Polemón replica coa esixencia kantiana de comportarnos de maneira que a nosa conduta poda ser un exemplo para todos, Fraga é implacable: \"Un ejemplo para todos fue Francisco Franco Baamonde y punto, querido amigo.\" Toda unha constatación de cal é a filosofía moral imperante por estes lares.. \"Fraga é implacable: \"Un ejemplo para todos fue Francisco Franco Baamonde y punto, querido amigo.\" Toda unha constatación de cal é a filosofía moral imperante por estes lares..\" Depois hai un auténtico desfile de filósofos: Rousseau, Voltaire, Marx, Nietzsche, Heidegger, Santo Tomás… Entendo que non debeu ser fácil atoparlle sitio a tanto filósofo. E que non quedase forzado. Si, tamén está Ortega, que quere facer un dúo cómico chamado Ortega y Gasset para triunfar en Madrid, pero titúlao España Invertebrada e Polemón recoméndalle facelo mellor en Cataluña, que en Madrid non vai chistar nada. Hai moitos filósofos, si, e os que quedaron fóra… nin che conto. Pero o desafío foi xuntar a filosofía, que é un xénero discursivo complexo, coa comedia, coa súa rapidez conceptual. O eterno conflito entre o teatro e a filosofía, que vén xa da época dos gregos e que está na orixe da propia filosofía. \"O desafío foi xuntar a filosofía, que é un xénero discursivo complexo, coa comedia, coa súa rapidez conceptual\" Hai non moito estreouse en Galiza Tráfico, unha das obras que fixeches en Portugal, desta volta coas compañías Baal 17 e Al Teatro. Supoño que tería bastante repercusión alá… Non penses que tanta porque son dúas compañías do Alentejo e do Algarve e en Portugal hai unha fenda cultural entre as dúas grandes cidades e o interior. A obra funcionou ben e á xente gústalle, pero que teña unha repercusión nacional en Portugal é complicado. Pásalle a todas as compañías que están fóra do círculo do Porto e de Lisboa. O cal non impide que esas outras compañías teñan os seus propios circuítos, máis autónomos, fóra do mainstream lisboeta. Nos últimos anos traballaches bastante máis en Portugal que en Galiza. Ben, en realidade levas moito tempo, xa de antes, indo e vindo entre os dous países. Comezaras con Teatro Acert? Vai por fases. A última foi desde 2014 ata agora, pero comecei a traballar por alá xa no 1995, co Trigo Limpo-Teatro Acert. E logo fun traballando con outros grupos, en Lisboa, en Viseu, no Alentejo. Sempre acabo por volver. Ata 2005 pasaba gran parte do ano alá. Logo deixei o teatro un pouco de lado, cando foi o follón do Prestige e me impliquei na Burla Negra, para experimentar con outro tipo de teatro (ri). Pero Portugal sempre está aí e adoro traballar alá. \"Portugal sempre está aí e adoro traballar alá\" E a ti tamén che dixeron teus pais, como pasa en Cranios privilexiados, que a onde ías estudando filosofía? Si, claro. Meu pai someteume ademais a unha \"tortura\" cun catedrático de Dereito Administrativo para ver se me convencía de estudar algo \"serio\", mais aquilo para min foi decisivo: na conversa tiven moi claro que non quería acabar sendo coma aquel tipo. E así foi: da filosofía ao rock e do rock ao teatro. Aínda que agora estou máis de volta á filosofía, que falta nos fai a todas e todos. \"Fun da filosofía ao rock e do rock ao teatro. Aínda que agora estou máis de volta á filosofía\" A obra é unha comedia, pero non deixa de tratar temas ben serios... Coñezo poucos xéneros máis serios que a comedia… Trato sempre de levar a seriedade ao límite cómico, como na escena da receita hegeliana para facer unha tortilla, na que se establece a diferencia entre escachar ovos e saber facer unha tortilla. É unha alegoría culinaria da revolución, pois para facer unha revolución é preciso cortar cabezas, pero tamén saber que facer con elas, non vaia ser que nos pase como a Robespierre, que tanto ovo escachou e non foi quen de dar feito a tortilla. É unha sátira de certo esquerdismo…, o que en Portugal chaman a \"esquerda caviar\" \"Para facer unha revolución é preciso cortar cabezas, pero tamén saber que facer con elas, non vaia ser que nos pase como a Robespierre\" A obra cita, si, a Podemos… Formamos parte dunha sociedade en crise que se resiste a transformarse, porque apenas contamos con catro ideas do carallo que non van a lado ningún. Xa non vale aplicar biblias, sexan católicas, marxistas, ou neoliberais. Non hai fórmulas máxicas, o único que tal vez nos pode valer é abrir a cabeza e tratar de vencer a estupidez que nos come por todos lados: na política, nos medios, na cultura. \"O único que tal vez nos pode valer é abrir a cabeza e tratar de vencer a estupidez que nos come por todos lados: na política, nos medios, na cultura\" Dicía onte un colega no debate que houbo no Principal despois da función, \"estamos a un tweet da estupidez\". E ese é o problema. Esta lenta instalación da estupidez nas nosas vidas, de cada un mirando para o seu cu e deixando ir a cabeza no famoso \"significante baleiro\". Con certeza a filosofía non ten a solución, pero aínda nos pode permitir aprender a rir de nós mesmos e darnos a posibilidade de ser xente."}
{"ID": "PRAZA_11044", "summary": "A obra premiada, titulada Diario dun enterro, será publicada pola Editorial Galaxia. Coa súa primeira novela, Hermo suma este recoñecemento ao Premio da Crítica en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e o Premio de Poesía Afundación 2018.", "text": "Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) é o gañador do XIII Premio de Narrativa Breve Repsol. A obra galardoada leva por título Diario dun enterro e será publicada pola Editorial Galaxia. Trátase da primeira novela do autor, que suma este recoñecemento ao Premio da Crítica en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e o Premio de Poesía Afundación 2018. A obra galardoada leva por título Diario dun enterro e será publicada pola Editorial GalaxiaO acto do fallo tivo lugar no restaurante Árbore da Veira da Coruña e estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director da refinería de Repsol, Javier Sancho, e a portavoz do xurado, a novelista e poeta, Berta Dávila. A entrega terá lugar antes de final de ano, nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña. O xurado destacou a \"sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe\". Subliñou, así mesmo, o \"equilibrio entre o fondo e a forma, a regularidade da construción narrativa, a veracidade dos diálogos e a honestidade da mirada que se deita sobre os personaxes\".Trátase da primeira novela do autor, gañador do Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e do Premio de Poesía Afundación 2018.Hermo é licenciado en Filoloxía galega e doutor en Lingüística. Actualmente vive en Barcelona, onde traballa como autónomo no sector editorial e é profesor de escrita creativa da Escola de Lletres. Publicou tres libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011); Celebración (Apiario, 2014) editado en catalán por Godall Edicions e en castelán por La Bella Varsovia; e A vida salvaxe (Pen Club Galicia, 2018). Hai uns meses, trala publicación de A vida salvaxe, dicía nesta entrevista que con ese poemario quixera \"reivindicar os encontros físicos, sexa coa contorna, co outro ou coa propia poesía\".O Premio Narrativa Breve Repsol, dotado con 12.000 euros, foi creado no 2006 pola refinería de Repsol na Coruña e desde 2010, é impulsado pola Fundación Repsol, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Editorial Galaxia, a Real Academia Galega e a AELG. Esta é a relación completa de autores, autoras e obras gañadoras:2006 - Miguel Sande, Se algún día esta muller morta (Accésit: Xavier Lama, O insomnio dos centauros).2007 - Anxos Sumai, Así nacen as baleas.2008 - Xosé Luís Martínez Pereiro, A verdade como mal menor.2010 - Xurxo Sierra Veloso, Os fíos.2011 - Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos.2012 - María López Sández, A forma das nubes.2013 - Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen.2014 - Santiago Lopo, A diagonal dos tolos.2015 - Marcos S. Calveiro, Fontán.2016 - Daniel Asorey, Nordeste.2017 - Xosé Antonio Neira Cruz, O sono das sereas2018 - Antón Lopo, Extraordinario"}
{"ID": "NOS_40536", "summary": "As festas de Nadal, o Black Friday e outros motivos de reunión en espazos fechados poderían influír no desenvolvemento desta sexta onda.", "text": "A presión asistencial e os casos activos pola Covid-19 non deixan de medrar na Galiza, pero o pico desta sexta onda podería estar á volta da esquina. Segundo o xerente do Sergas, José Flores, a previsión é que o pico se produza dentro de \"dúas ou tres semanas\", aínda que se amosou cauto, xa que, como apuntou, o coronavirus xa demostrou ter un comportamento moi variábel. Nunha entrevista concedida a Radio Galega, Flores explicou que esta onda, aínda que presenta un \"perfil similar\" ás pasadas, compórtase diferente en canto a presión asistencial e, sobre todo, síntomas de gravidade nos pacientes, \"no que ten moito que ver a vacinación\", incidiu. Ademais do propio comportamento do virus, o xerente sinalou que as festas de Nadal, o Black Friday e outros motivos de reunión en espazos pechados \"poderían influír\" no desenvolvemento desta sexta onda. Nova variante e restricións Igual de cauto mostrouse respecto da nova variante surafricana, sobre a que destacou a necesidade de \"esperar\" para \"non alarmar á sociedade\". \"Non sabemos exactamente de que se trata nin se a vacina a cubre\", comentou. O responsábel do Sergas tamén abordou as novas condicións para a entrada en vigor do certificado covid, do que sempre foron \"partidarios\" para \"deter a transmisión do virus\". A súa extensión noutros parámetros ─agora mesmo solicítase en restaurantes todo o día e en cafetarías a partir das 21,00 horas─ \"sempre está encima da mesa\", aínda que recalcou que se debe estudar a evolución da situación. \"Evidentemente, todas as medidas anteriores que funcionaron, son medidas que en calquera momento poden estar outra vez en vigor para tratar de paliar a expansión do virus\", indicou Flores. Sobre a obrigatoriedade de presentar o certificado noutros ámbitos, como ocorre xa para as visitas a ingresados en centros hospitalarios, apuntou que tampouco se descarta. As posibilidades centraríanse en locais fechados, como eventos deportivos ou centros comerciais, pero puntualizou que \"a día de hoxe, aínda non é necesario\". Prevención ante o Nadal Outra das posibilidades sería a aplicación dun paquete de medidas preventivas para \"adiantarse\" ao esperábel incremento de contagios en Nadal. \"É unha posibilidade que haxa medidas especiais. O nadal son datas de especial risco, con máis reunións sociais que teñen a xente maior implicada, con maior circulación do virus. Estudarase en función dos datos, pero hai que esperar\", explicou. Dentro destas posíbeis medidas, podería estudarse limitar as actividades de pé para que pasen a ser con asistentes sentados, \"sempre en locais fechados\". \"De pé é complicado facer que a xente garde a distancia\", sinalou Flores. Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tamén se expresou este domingo na Estrada sobre a situación sanitaria. Recoñeceu que as cifras \"non están a ser boas\". \"Como viñamos dicindo, a pandemia segue aí e agora estámolo vendo\", lamentou o vicepresidente, que fixo un chamamento ademais a que se cumpran as novas medidas e a que se acuda aos centros de vacinación. \"Entramos en semanas complicadas. A situación vai depender de moitas cousas, pero sobre todo do noso comportamento\", insistiu Rueda, que cualificou as cifras de \"preocupantes\". \"Verase se hai que cambiar as medidas\", sinalou. En canto ao cumprimento do certificado covid, recalcou que \"as normas son sinxelas de cumprir e imprescindibles, e que a xente está de acordo\". \"Non ten sentido ignoralas\", insistiu, após o que aseverou que servirá ademais para \"concienciar\" aos aínda non vacinados. \"Os que non se vacinen cada vez terán máis difícil facer actividades que os demais si poden\", explicou."}
{"ID": "PRAZA_4591", "summary": "O PP ratifica que volverá vetar a comisión sobre o accidente que esixen AGE e BNG e que tamén reclaman as vítimas. O PSdeG apunta que se volverá abster. Audio no interior", "text": "As vítimas foron o centro da marea de solidariedade que seguiu o accidente do Alvia, o 24 de xullo do pasado ano na parroquia compostelá de Angrois. As 80 persoas que perderon a vida na traxedia, as persoas feridas e as súas familias foron tamén receptoras de multitude de homenaxes e lembranzas nos días e semanas inmediatamente posteriores ao suceso. Pero entre a profunda dor que as acompañaba esas mesmas vítimas lanzaron unha petición: \"Queremos saber a verdade, que nos digan que pasou. Se é certo que o accidente se puido ter evitado intenten que nunca máis volva pasar. Déanlle un sentido a todo isto\", pediron na homenaxe civil de finais de xullo. Medio ano despois as propias vítimas manteñen e concretan esa demanda: esixen investigar o sucedido, tamén no ámbito político. Pero iso seguirá sen suceder. Unha das dúas agrupacións de vítimas, a Plataforma Víctimas Alvia 04155, ve agora máis motivos ca nunca para que esa indagación se produza. Tras coñecerse que o xefe dos maquinistas de Ourense xa alertara da peligrosidade da curva da Grandeira ano e medio antes do accidente, este colectivo amósase convencido non só de que \"o accidente se puido evitar\", senón tamén de que \"Renfe, Adif e o Ministerio de Fomento ocultan información\" e, máis aínda, que \"menten ao asegurar que están colaborando coa Xustiza\" Unha das plataformas de vítimas cre que o Estado prioriza \"o negocio da alta velocidade\" sobre o esclarecemento dos feitos E todo isto, por que? Despois de anos a \"vender alta velocidade, sistemas automáticos\" e \"maior seguridade\", \"tras o accidente négano todo e tentan ocultar información\", din. As \"verdadeiras preocupacións\" das institucións, conclúen, \"son o negocio da alta velocidade, por riba das vítimas\" e por iso, din, \"esiximos crear unha comisión de investigación para coñecer a verdade e depurar todas as responsabilidades políticas\". Esixen, ademias, que \"Renfe, Adif e o Ministerio colaboren coa Xustiza\". PP e PSdeG non mudan de posición A comisión de investigación reclamada especificamente polas vítimas, a do Congreso dos Deputados, xa foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE. O mesmo aconteceu no Parlamento de Galicia onde, non obstante, os grupos terán que volver votar ao respecto a instancias, novamente, dunha iniciativa conxunta de AGE e BNG, grupos que nos últimos días dubidaron do interese de populares e socialistas para aclarar todo o sucedido en Angrois, tamén as posibles responsabilidades políticas. Este debate chegou este luns á habitual rolda de prensa do voceiro do PP na Cámara galega, Pedro Puy, quen ratificou o agardado. Non haberá investigación porque o Parlamento de Galicia non vai poder dilucidar nada relevante, vén dicir. Os populares obvian novamente o Regulamento e teiman en que o Parlamento carece de competencias para investigar \"Compartimos e desexamos que se aclaren as circunstancias que provocaron o accidente\", asegura Puy, para quen xa hai \"investigación\" dabondo \"en tres sedes\": os xulgados, a Comisión de Investigación de Acidentes Ferroviarios e a subcomisión que, nas Cortes Xerais, \"analiza este sinistro e o estado da rede ferroviaria\". \"Desexamos que estas tres investigacións conflúan nunha explicación clara que satisfaga primeiro as vítimas, segundo as súas familias e terceiro, ao conxunto da sociedade\", engade. Pero, por que non en Galicia? De novo, o PP obvia novamente o Regulamento do Parlamento e asegura que \"non está capacitado competencialmente\" para abordar a investigación. Ademais, \"non vai engadir nada novo ou de máis calidade ao que se está investigando\", afirma. Nada novo baixo o sol no PP e tampouco no PSdeG. O seu deputado Xosé Sánchez Bugallo, ex alcalde de Santiago, ratificou este luns que a posición do seu partido \"non experimentou cambios\". Preguntado ao respecto nunha comparecencia convocada para abordar asuntos de vivenda, Bugallo defende o carácter \"minucioso e serio\" da investigación xudicial e apunta que os socialistas se volverán abster cando toque votar a proposta de Alternativa e do Bloque. Cuestionado polas suspicacias dos grupos propoñentes a respecto da \"vontade\" de PP e PSOE por esclarecer os feitos, Bugallo coida que \"sempre hai xente mal pensada\", pero \"tamén haberá outros que pensen que hai quen busca sacar peito coa desgraza allea, pero son persoal mal pensadas\". \"É absolutamente lexítimo\" que as vítimas \"utilicen todos os recursos ao seu alcance\". Pero, en todo caso, no Parlamento de Galicia non se vai investigar."}
{"ID": "NOS_33062", "summary": "Anxo Mena chega tamén para aumentar a nómina de poetas cunha traxectoria científica consciente, algo que parece banal pero que sen dúbida contribúe a un debate aberto entre ciencias e humanidades e ten a capacidade de colocar novos discursos na perspectiva literaria.", "text": "Desde a reformulación de principios dos anos dous mil, o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé vai camiño das dúas décadas dando a coñecer voces novas para a poesía galega. Cunhas bases que só permiten premiar as obras de debut editorial das autoras, ao longo deste percorrido ten amosado unha boa presada de autoras novas, pero tamén ten dado a oportunidade de participar do curso literario a outras de máis idade, demostrando que ás veces atopar a propia voz é un exercicio de práctica e madurez. Alimentar canarios con ovos da casa / Anxo Mena / Espiral Maior / 2022 / 45 páxinas / 11 euros Anxo Mena naceu en 1981 e, por idade, podería facer parte dalgunha das promocións poéticas que comezaron a publicar practicamente na adolescencia a finais da década dos noventa. Porén, este é o seu primeiro libro, aínda que non sexa un poeta completamente descoñecido. A comezos da década dos dez publicou en volumes colectivos de premios como o Díaz Jácome ou o da Universidade de Vigo, ademais de ser acollido tamén por algunha antoloxía. Mesmo así, ninguén discutiría, nin por idade nin por antecedentes, o seu valor de novo creador e este libro, cuxo título é case un micropoema: Alimentar canarios con ovos da casa, ten parte desas características que sempre sinalamos nas obras de debut. Contamos entre estas o pulo por procurar unha enunciación orixinal, unha temática e enfoque pouco habituais na poesía contemporánea e varios xogos coa disposición do verso, achegando nos paratextos parte do significado central. Anxo Mena chega tamén para aumentar a nómina de poetas cunha traxectoria científica consciente, algo que parece banal pero que sen dúbida contribúe a un debate aberto entre ciencias e humanidades e ten a capacidade de colocar novos discursos na perspectiva literaria, en ocasións difíciles de atopar. Alimentar canarios con ovos da casa é un bo exemplo disto, pois no centro do seu discurso aparece un tema como é o destino das sociedades post-industriais, especialmente aquelas que, como a nosa, conservan un pasado de subsistencia agrícola recente. A dicotomía entre o rural e as cidades ou a destrución do medio ambiente son temas frecuentes na poesía galega, pero o ton que Anxo Mena dá a cuestión non deixa de facernos pensar nunha intensidade vangardista na forma do verso e tamén no discurso. Non se trata de recuncar na idealización do pasado ou da vida no rural, senón de atopar un camiño viable para un futuro que comeza a ameazarnos. Un camiño expresado dunha forma case aséptica, descritiva, pero tamén, dalgunha maneira, desasosegante."}
{"ID": "PRAZA_3507", "summary": "Trátase dunha muller que xa estaba en illamento no Hospital Álvaro Cunqueiro, ao presentar síntomas leves. Tamén o seu home, que padece unha pneumonía, está en illamento, pendente da confirmación da infección por COVID-19.", "text": "A muller, de 47 anos, estaba xa illada no Hospital Álvaro Cunqueiro, ao presentar síntomas levesO Sergas confirmou ás cinco e media desta tarde o segundo caso de coronavirus en Galicia. As análises realizadas no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo e posteriormente polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a presenza do coronavirus nunha muller de 47 anos, que xa se atopaba illada no centro hopitalario. Seguindo os protocolos, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.A muller, que se atopa en bo estado e sen síntomas, fora posta en illamento, ao acudir ao hospital co seu home, que si presentaba síntomas. Tamén o seu home fora illado, cunha posible pneumonía e con síntomas máis evidentes, polo que tamén se lle realizaron análises, con mostras remitidas posteriormente ao Centro Nacional de Microbioloxía que foron confirmadas como positivas pouco antes da media noite. Convertíase así no terceiro positivo de coronavirus en Galicia despois de ser considerado \"probable\" este xoves pola tarde por parte do subdirector xeral de Epidemioloxía, Xurxo Hervada.Está pendente a confirmación da infección por coronavirus do seu home, un transportista que estivo en Madrid nas últimas semanasO home, un vigués de 43 anos de orixe romanesa e de profesión transportista de mudanzas, estivo nas últimas semanas en Madrid, e puido ser contaxiado alí. Chegou ao hospital o pasado venres 28 de febreiro, con tose e febre e dous días despois foille diagnosticada a pneumonía. Como medida de precaución, nos últimos días foron illados nos seus domicilios uns 20 profesionais sanitarios do Hospital Álvaro Cunqueiro que tiveron contacto coa muller afectada polo coronavirus e co seu home.Este segundo caso únese ao rexistrado este mércores na Coruña, un home de 49 anos, residente en Madrid, que se mantén en estado grave pero estable e que presentaba unha pneumonía de carácter vírico.\"Alertados, pero non alarmados\"Dende a Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo realizou este xoves ao mediodía un chamamento á tranquilidade, sinalando que \"estamos alertados, non alarmados\". O mércores, tanto o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, como o subdirector xeral de Epidemioloxía, Xurxo Hervada, expresáronse cun ton semellante. \"Podemos seguir dicindo que aquí non circula o virus\", afirmou Hervada, destacando que os casos positivos rexistrados na Coruña e Vigo proceden de Madrid.Alberto Núñez Feijóo realizou este xoves ao mediodía un chamamento á tranquilidade, sinalando que \"estamos alertados, non alarmados\"Así mesmo, dende o Sergas destacan que se están a seguir os protocolos e que aínda nos atopamos na fase de contención, e \"temos aínda a posibilidade de evitar a expansión do virus e a súa propagación á poboación\", como subliñou a xefa de servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área sanitaria da Coruña, María José Pereira. Nas últimas semanas o Sergas realizou probas de laboratorio a 167 persoas sospeitosas de estar infectadas polo coronavirus e tan só en dous casos as análises resultados positivas.Feijóo informou este xoves de que a Xunta investiu case 2 millóns de euros en material para os hospitais galegos, onde xa chegou \"novo equipamento\" co obxectivo de \"estar preparados para ofrecer a mellor atención e reducir as posibilidades de contaxio do coronavirus\". Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade, adiantou que este venres serán aprobados novos protocolos específicos para a prevención e o control do coronavirus entre o persoal sanitario, os centros educativos e tamén entre as persoas de idade avanzada. Almuíña lembrou que o 91% dos casos rexistrados en España son \"importandos\", procedentes maioritariamente de Italia, polo que aínda non se están rexistrando apenas contaxios comunitarios.As Anpas piden \"instrucións homoxéneas\" sobre as viaxes escolares a zonas de riscoA entidade pregunta \"que se vai facer co alumnado que efectivamente viaxou a estes países cando retorne ao seu centro escolar, alumnado que ven convertido nun posíbel portador da enfermidade\".Este xoves a Confederación Anpas Galegas solicitou que a Consellería de Educación \"dite instrucións homoxéneas para todos os centros educativos galegos sobre a realización de excursións a zonas de risco de contaxio do coronavirus\". En especial, refírense a Italia, \"que é un destino bastante utilizado polo noso alumnado de secundaria e bacharelato; xa que ao mesmo tempo uns centros están cancelando estas viaxes, mentres outros están mantendo esta actividade\".A entidade pregunta, sobre todo \"que se vai facer co alumnado que efectivamente viaxou a estes países cando retorne ao seu centro escolar, alumnado que ven convertido nun posíbel portador da enfermidade\"."}
{"ID": "PRAZA_1495", "summary": "O que pasou o sábado trece de xuño, día en que os mozos da Coruña escoitaron o seu alcalde falándolles galego en camisa de cadros e sen gravata, vale máis que mil campañas, porque A Coruña, e a Galicia urbana, será neofalante ou non será e porque, se cadra, chegou tamén o momento de opinar en positivo.", "text": "A todos os que queremos o galego nos preocupa a situación da nosa lingua, e moi particularmente nas cidades. Por razóns evidentes a moi nobre cidade d'A Coruña colleu a reputación de territorio refractario ó galego. Seguramente a figura do inacabable alcalde Vázquez, que gobernou con maioría absoluta na cidade dende o ano 1983 ó 2006, xogou un papel principal nesa idea. Como mostra de exemplo pódese tomar a carta fundacional d'A Mesa pola Normalización Lingüística. Este documento, do ano 1986, recolle un apartado de \"denuncias concretas\" que nun dos seus únicos tres puntos di literalmente: \"Denunciamos a actitude do Concello da Coruña, personalizada no seu alcalde Francisco Vázquez, polo seu desprezo público e sistemático da cultura e o idioma do país\". De todos é coñecido o longo pulso que botaron A Mesa e o Concello da Coruña nos tribunais, nos medios e na rúa. Pero, como ben nos conta sempre que pode Xurxo Souto, A Coruña é unha cidade aberta ó mar, republicana, galeguista e popular (de pobo) que mestura ós coruñeses de toda a vida cos inmigrantes galegofalantes que poboaron os barrios no século pasado. O problema é que, a base de repetir clixés fóronse asimilando inercias da Coruña sen galego e algúns decidiron que, efectivamente, a lingua era prescindible. E así, os dous sucesores de Vázquez, os ex-alcaldes Losada e Negreira, fixeron do castelán a lingua de uso único na vida municipal. Calquera pode escoitar a gravación de \"o tradicional debate electoral de radio Coruña\" que se celebrou este último día das letras galegas no que tras un protocolario \"feliz día das letras\" todos os participantes menos dous (os candidatos de BNG e Marea Atlántica) falaron sempre en castelán. Pois ben, chegou o 24 de maio e, como se adoita dicir, as urnas falaron. E se se me permite a licenza, falaron galego porque o candidato gañador, si, o que foi máis votado aínda que logo as impugnacións lle tiraron algúns votos, foi un dos que sempre falou en galego. Xulio Ferreiro, alcalde hoxe da Coruña, un neofalante, dos orgullosos, dos \"de Coruña, Coruña\", como di a xornalista Belén Regueira nun coñecido vídeo no que fai bandeira desa condición. Cunha candidatura que fixo toda a súa campaña en galego, que prometeu os seus cargos en galego e que ten un programa en positivo para o galego demostrou que a cidade do mundo na que máis galego se fala non tiña nada contra a lingua dos Vilar Ponte e das Irmandades da Fala. E así, despois de máis de trinta anos, os coruñeses escoitaron como o seu alcalde lles falaba galego. Parabéns a Xulio e á Marea Atlántica e parabéns á cidade da Coruña porque tamén no lingüístico tiraron dun golpe todos os prexuízos. Se cadra, sobre todo polo simbólico, e porque trinta anos son moitos, bótase en falta que a chegada do vento fresco que trae a Marea ó pazo de María Pita, tamén no lingüístico, non carrexase unha avalancha de felicitacións e saúdos de esperanza polos múltiples axentes sociais e institucionais que pulan polo galego. Porque estou convencido de o que pasou o sábado trece de Xuño, día en que os mozos da Coruña escoitaron o seu alcalde falándolles galego en camisa de cadros e sen gravata, vale máis que mil campañas, porque A Coruña, e a Galicia urbana, será neofalante ou non será e porque, se cadra, chegou tamén o momento de opinar en positivo."}
{"ID": "NOS_17987", "summary": "O número de persoas inscritas como demandantes de emprego en febreiro é de 257.549. Só 129.667 perciben unha prestación. Nestes 12 meses o paro baixou no noso País un 8% mais as afiliacións á Seguridade Social aumentaron só un 1,6%", "text": "Leve descenso do paro rexistrado en Galiza en febreiro após varios meses de incremento, un 0,56%. Hai 257.549 persoas inscritas como demandantes de emprego, 1.453 menos que no anterior mes, xaneiro. Na comparativa interanual (de febreiro 214 a febreiro de 2015) o desemprego descendeu no noso país nun 8%. Porén, nese mesmo período a afiliación á Seguridade Social só aumentou nun 1,65%. Unha diferencia que apunta a que en boa medida a baixada do paro responde non tanto á creación de emprego senón a outros factores (emigración, abandono das listas de demanda de emprego...). Das 257.549 persoas rexistradas no paro en febreiro só 129.667 están a percibir algunha prestación, o que indica que en torno a metade delas non cobra nada. Un dado preocupante que se mantén mes a mes. Por sectores, o de servizos é o que aglutina o maior número de parad@s rexistrad@s (161.295), seguido de industria (33.311) e construción (33.163). Hai máis de 20.000 persoas anotadas e sen emprego anterior. En canto a contratos, rexistráronse en febreiro 53.692, dos cales máis de 48.000 eran temporais por 5.136 con carácter indefinido. Información en actualización"}
{"ID": "NOS_57700", "summary": "Galiza foi pioneira na reivindicación do naturismo nas praias. Na actualidade rexístranse por volta de sesenta areais para desfrutar en cirolas.", "text": "No verán de 1983 catorce persoas que practicaban naturismo na praia de Baroña (Porto do Son) foron prendidas pola Garda Civil acusadas de \"escándalo público\". No goberno do Estado español rexía a lei de Felipe González, recén chegado a Moncloa, e sobre o pobo e as súas institucións pairaba a moralidade que acha pecaminoso, obsceno e mesmo anti-natural o corpo nu. Non era a primeira vez que acontecida, en 1975 varias persoas foran tamén detidas, desta volta na canguesa praia de Barra, pola mesma razón embora nun contexto político diferente. Galiza tornábase así en pioneira na defensa do naturismo da man da Coordenadora Nudista Ecolóxico Radical (CNER), fundada entre outras persoas polo sociólogo Miguel Cancio e cuxo obxectivo era loitar para que se puidese practicar o nudismo de maneira libre, respectuosa e sen se veren prendidas polas forzas policiais. Defensa do territorio e legalidade Así as cousas, a hemeroteca lembra que aquelas detencións na praia de Baroña non foran estritamente por andar en cirolas na praia --que tamén-- senón pola denuncia da destrución do litoral da man da especulación urbanística e a privatización que isto supuña dos areais. No concreto, a construción dun edificio de catro andares acarón dunha praia que está localizada, cumpre lembrar, acarón dun importante castro. O nudismo deixou de estar punido no Código Penal en 1989 A lexislación sobre o nudismo mudaría en 1989. Así, ir en cirolas á praia deixou de constituír un delito embora non o \"escándalo\" e o \"desorde público\". As administracións locais pasarían a regular esta práctica e mesmo tentarían acoutala ao máximo como aconteceu cos gobernos de Barcelona, Cádiz ou Valladolid con ordenanzas que, no entanto, non chegarían a aprobarse após as mudanzas no panorama político acontecidas nas municipais de 2015. A pioneira loita levada a cabo na Galiza a prol do nudismo e en defensa do territorio permitiu que na actualidade se conten por ducias as praias nas que se permite. De facto, a Federación Española de Naturismo (FEN) cifra en por volta de 60 o número destes areais despregados, aliás, por todo o noso territorio. Alén da Praia de Area Longa no Castro de Baroña e da de Barra en Cangas, tamén se atopan a de Cambouzas en Arteixo, a dos alemáns en Foz, o Caolín no Vicedo, a de Figueiras nas Illas Cíez, a de Marín en Miño ou algunhas calas na Illa de Arousa. Que si, que tamén se pode gozar da praia de corpo nu. No número 8 do Caderno de Verán que acompañaba o semanario 154, Sermos Galiza publicou Nudismo en Galiza: os paraísos orixinais de Belén Puñal. [Imaxes Coordenadora Nudista Ecolóxico Radical]"}
{"ID": "NOS_40740", "summary": "O equipo levantino venceu (2-0) sen apuros ao conxunto coruñés, que volveu ás dúbidas e ausencia dunha proposta que caracterizou o desastroso primeiro terzo de Liga.", "text": "Non sufriu. Tardou en adiantarse pero calquera espectador intuía que o Valencia acabaría marcando e levándose os tres puntos do seu enfrontamento ante o Dépor, que caeu 2-0 en Mestalla e segue en crise após sumar só un punto dos últimos quince. Non é probábel pero o Dépor pode rematar a xornada en postos de descenso. Desde logo, pasa por un delicado momento que volve poñer a mirada sobre o adestrador, Víctor Fernández. Porque se viu de novo a un equipo sen proposta, que non sabía ao que xogaba, como no crítico primeiro terzo da tempada. Vingou o Valencia a derrota de Riazor, aínda que tardou en bater a Fabricio. Foi na segunda parte, logo de controlar todo o encontro, cando un penalti de Juanfrán foi transformado en gol por Parejo. Non reaccionou o Dépor con solvencia en ataque e Alcácer rematou por facer o segundo e deixar sentenciado o partido, que case volve ter vida após un bo remate coa testa de Álex Bergantiños. Pero non entrou. E os coruñeses volveron caer. Preocupante."}
{"ID": "PRAZA_129", "summary": "A finais da pasada década a Xunta tivo que rescatar e disolver as fundacións hospitalarias, impulsadas cando Feijóo dirixía o Sergas e cuxo modelo apostou por estender a todo o Estado xunto a Romay Beccaría. No hospital de Verín, emblema do modelo, o Consello de Contas detectou contas falseadas, \"falta de control orzamentario\" e \"irregularidades\" nas contratacións.", "text": "\"Hai xente que leva vinte anos deteriorando a imaxe da sanidade pública e dicindo que hai recortes, eu tento levar vinte anos protexendo a sanidade pública\". A pasada semana as críticas do persoal sanitario arreciaban nos hospitais galegos polo \"colapso\" e o \"caos\" que estaban a sufrir a causa da combinación de recortes e gripe. Mentres o asunto chegaba ata a Fiscalía o presidente da Xunta retrucaba deste xeito a unhas protestas que non son \"nada novo\", senón mostra de que \"hai interlocutores que se dedican a diminuír a sanidade pública\", que xa \"nos anos 90\" falaban de \"recortes\". Profesionais da sanidade e oposición parlamentaria retrucaron as verbas do presidente remitíndose, precisamente, aos anos 90, cando como máximo responsable do Sergas contribuíu a facer xermolar un experimento de xestión sanitaria que rematou en quebra: as fundacións hospitalarias. Estas fundacións chegaron a ser catro e tiveron o seu emblema na Fundación Hospital de Verín, constituída en setembro de 1993, cando Feijóo era xa xerente do Servizo Galego de Saúde e, polo tanto, número dous do seu mentor político, o daquela conselleiro de Sanidade, José Manuel Romay Beccaría. Tivo unha dotación inicial de 100 millóns de pesetas -uns 600.000 euros- e foi concibida para xestionar cunha metodoloxía \"moderna\" e \"flexible\" o recinto verinés, cuxa posta en marcha fora promovida polo antigo Insalud, organismo estatal que llo transferira ao Sergas entre dúbidas sobre a súa rendibilidade. Así, puñan a funcionar un hospital que na práctica era parte da rede pública, pero que sería rexido polos principios do sector privado en materias como a contratación ou o pago de incentivos. Tras tres anos, aínda con Feijóo no Sergas, a fundación xa padecía unha \"grave situación financeira\" Apenas tres anos despois do celebrado nacemento, en 1996, o hospital funcionaba con 80 camas, a metade da súa capacidade, e a súa xestión xa estaba sumida na opacidade, no descontrol e tamén nas perdas económicas e mesmo nas contas falseadas. Así o reflectía un duro informe do Consello de Contas no que, malia advertir de que as contas anuais da fundación non expresaban \"imaxe fiel\" do que acontecía en Verín, era quen de cuantificar unhas perdas superiores aos 200 millóns de pesetas -arredor de 1,2 millóns de euros- e de advertir, en xeral dunha \"grave situación financeira\" que a facía padecer unha \"total dependencia\" do \"apoio financeiro adicional\" da Xunta. Descontrol e irregularidades O proxecto concibido para liberar a xestión sanitaria dos vicios da administración pública mediante \"técnicas de xestión empresarial\" estaba funcionando, segundo Contas, como \"vía de escape aos controis administrativos\" sen que existise ningunha \"xustificación documental da necesidade e conveniencia de promover unha fundación para prestar servizos sanitarios\". O mecanismo artellado por Romay e Feijóo servía para \"trasladar funcións propias da Administración, substraendo fondos públicos e bens de dominio público para poñelos á disposición dunha entidade privada\". Contas detectou \"falta de control orzamentario\", \"irregularidades\" nas contratacións e \"precariedade\" laboral \"non admisible\" Onde se vendera \"flexibilidade de actuación\" había \"falta de control orzamentario\" e ademais, diagnosticaba o ente fiscalizador, \"salientables irregularidades na contratación de persoal e na subcontratación de servizos externos que acaban distorsionando as previsións de gasto\". Así, a selección de persoal encomendáraselle a unha empresa privada mediante procesos selectivos sen \"os requisitos mínimos para garantir un procedemento obxectivo\" e, ademais, producíranse \"contratacións de persoal laboral temporal á marxe das convocatorias públicas e de todo procedemento que garanta os principios de igualidade mérito e capacididade\". Tampouco se comprobara se as persoas contratadas estaban \"incursas en incompatibilidades\" e, asemade, \"algúns contratos eventuais\" de \"dous, tres, catro días\" provocaban a \"existencia de emprego en condicións de precariedade non admisibles para un ente tutelado pola Administración pública\". Paso ao sector público e rescate polo bipartito Cando o Consello de Contas fixo público este informe, en 1998, advertindo ademais de que o Hospital de Verín non era quen de \"atender unha importante demanda asistencial\" de pacientes da comarca, nin Feijóo nin Romay estaban xa no Sergas. O tándem político-sanitario comandaba xa o Ministerio de Sanidade do Goberno de Aznar e publicitaban as bondades das fundacións hospitalarias, modelo que tiñan intención de implantar en boa parte do Estado. Así, o ministro Romay puña como exemplo a súa creación de Verín para asegurar no Congreso dos Deputados que coas fundacións \"os traballadores están mellor pagados\" e os pacientes, \"máis satisfeitos\", todo con menos custe. \"É o resultado de introducir técnicas organizativas modernas, con iso conséguense excelentes efectos\". Cando Contas fixo público o seu duro informe Feijóo e Romay xa publicitaban o modelo das fundacións dende o Ministerio de Sanidade Feijóo, pola súa banda, percorría diferentes centros sanitarios para, na súa calidade de presidente do Insalud, ofrecer a conversión dos hospitais tradicionais en fundacións. \"Está admitido pacificamente por todos os responsables sanitarios\" que cumpría \"avanzar\" na \"individualización\" da xestión de cada hospital, declaraba Feijóo en verbas recollidas por El País. Tratábase, dicía, de gañar \"autonomía\" e \"eficiencia\" grazas á \"delegación\" en entes privados de nova creación. Fraga converteu as fundacións en públicas, o bipartito tivo que rescatalas con máis de 10 millóns de euros e decidiu disolvelas Mentres o actual presidente da Xunta tentaba estender o seu plan, en Galicia comezaba a fracasar. Así, o 5 de outubro do 2000 o Consello da Xunta de Manuel Fraga decidía que tanto a de Verín como as demais fundacións hospitalarias pasasen a ser públicas e en 2003 o Executivo, do que xa formaba parte Feijóo, daba o primeiro paso para integrar o seu persoal no Sergas. En 2006, xa co bipartito, a Xunta tiña que inxectar algo máis de 10 millóns de euros nas fundacións. A que máis fondos precisou, máis de 4 millóns, foi a de Verín. Tras esta operación \"obrigada\", segundo o Consello de Contas, para \"compensar resultados negativos de varios exercicios, cuestionando así a maior eficiencia defendida na prestación de servizos\", o bipartito decidiu poñerlle punto e final ao modelo. Deste xeito, en 2007 o persoal das fundacións foi integrado no Sergas. Finalmente, en 2008 a Xunta disolveu as fracasadas fundacións, que dende ese momento pasaron a ser hospitais plenamente públicos."}
{"ID": "PRAZA_44", "summary": "A edición de xaneiro d'O Mirante, o panorama electoral da Asociación de Medios en Galego, asenta a formación de Pablo Iglesias en primeira posición, e prognostica unha lixeira recuperación do PP e unha caída do PSOE. O BNG volve ao 0,6% de estimación de voto.", "text": "Podemos frea o seu crecemento, pero segue en cabeza. O partido que lidera Pablo Iglesias aséntase na primeira posición cara ás eleccións xerais previstas para finais deste ano aínda que medra escasamente despois de, en apenas dous meses, gañar case 10 puntos en estimación de voto. De celebrarse agora as eleccións xerais a nova formación lograría un 26,30% dos votos emitidos, segundo a estimación da terceira edición d'O Mirante, o panorama electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, que mantén a PP e PSOE en segunda e terceira posición, respectivamente. Ademais do asentamento de Podemos en cabeza a análise reflicte unha lixeira recuperación dos de Mariano Rajoy a respecto do final do outono, cando a sucesión de escándalos de corrupción a saír á luz pública acelerou o seu desgaste. Así, os conservadores recuperan en torno a un punto en estimación de voto, se ben deixan polo camiño máis de 5 dende o final de verán e uns 20 a respecto do seu histórico resultado nas eleccións xerais de 2011. O PP recupérase levemente pero segue 20 puntos por tras do seu resultado de 2011 Tamén o PSOE cae a respecto dos prognósticos das últimas xerais e tamén a respecto de anteriores edicións d'O Mirante. Os socialistas obterían, segundo estes cálculos, un 21,10% dos votos, un retroceso duns dous puntos dende a elección de Pedro Sánchez como secretario xeral que os afasta de Podemos e PP e, polo tanto, da situación de triplo empate que reflicten algunhas das sondaxes difundidas nos últimos tempos. Así e todo, este panorama vén consolidar un xogo político con tres grandes forzas no Estado separadas por unha marxe relativamente curta. Alén desas tres grandes forzas o resto de formacións con posibilidades de entrar no vindeiro Congreso dos Deputados caracterizan as súas expectativas electorais pola volatilidade. Así, Izquierda Unida recupérase moi levemente despois das caídas dos últimos meses, aínda que o 5,4% que obtén desta volta deixa a coalición máis dun punto por baixo do seu resultado de 2011. Quen ve aínda máis complicado o horizonte é o partido de Rosa Díez, UPyD, que observa cun 4,70% como Ciudadanos, partido co que rexeitou formar unha coalición, xa está nun 4,70% e segue a gañarlle terreo paulatinamente fóra de Catalunya. En Catalunya, precisamente, Esquerra Republicana segue por riba de CiU, se ben o partido do presidente da Generalitat deixa de retroceder. Na banda baixa das votacións, a das formacións que obterían menos do 2% do voto estimado, o BNG volve ao 0,6% de outubro tras descender ao 0,5% en novembro e decembro. No ámbito da dereita radical Vox segue a perder folgos e xa non chega ao 1% mentres, en Euskadi, EH Bildu acusa a irrupción de Podemos no seu electoral e baixa ata o 0,80%, quedando así por baixo do estable 1% do PNV. A estimación de voto d'O Mirante é o resultado da análise continuada dos inquéritos de máis de 25 casas demoscópicas a través do método coñecido como house effects, isto é, da abordaxe dos seus datos mediante a \"separación\" do \"ruído ou desvíos\" aplicados polas súas respectivas cociñas. Por esta vía, explica o autor, \"o cálculo dos desvíos involuntarios ou voluntarios en que incorren os produtores de enquisas permite que sexan neutralizados e descontados\" e o resultado da observación conxunta destes valores \"mellora aínda máis a estimación\"."}
{"ID": "PRAZA_9691", "summary": "Trinta persoas, entre elas os galegos Manuel Rivas, Suso de Toro e Xosé Manuel Pereiro, acordan nun manifesto \"corresponsabilizarse dos feitos e imputacións que pesan\" sobre os dous activistas cataláns xulgados, xunto a outras doce persoas, polo 'procés'.", "text": "Trinta persoas, entre elas escritores e xornalistas galegos como Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Víctor Sampedro, Suso de Toro, e un importante número de profesores universitario e activistas, dirixiron unha denuncia ao xulgado de garda de Plaza de Castilla, en Madrid, para proclamarse \"corresponsables dos feitos e imputacións que pesan sobre Jordi Sánchez e Jordi Cuixart\", presidentes en 2017 da Assemblea Nacional Catalana e de Òmnium Cultural e dúas das doce persoas xulgadas no Supremo en relación ao referendo do 1-O e as mobilizacións daquel 20 de setembro.Trinta persoas, entre elas Manuel Rivas, Suso de Toro, Víctor Sampedro e Xosé Manuel Pereiro, presentan unha denuncia para proclamarse \"corresponsables dos feitos e imputacións\" que pesan\" sobre os Jordis\"Non só ou non tanto en defensa e solidariedade persoal con estes acusados, senón fundamentalmente en defensa e solidariedade da democracia que se ve cuestionada con esta acusación inxusta\", di o escrito. Os impulsores leron o manifesto este martes ante os xulgados ao que foron autoinculparse. \"No xuízo do Procés enxuízanse dereitos que nos pertencen e que é preciso defender, como o de manifestación, acoutado severamente e con violencia o 1-O\", di o manifesto, que precisa que a acción non ten que ver con \"compartir o seu ideario\", senón porque a súa presenza no xuízo, ao seu parecer, \"é o selo de que se está penalizando o dereito de asociación de pensar distinto\". \"Convidamos a cidadanía a participar na autoinculpación colectiva\", conclúe o documento, asinado por Pepe Beunza, o primeiro obxector insubmiso ao franquismo (1971), e Ovidio Bustillo, un dos insubmisos de Can Serra (1975); escritores, creadores culturais e profesores universitarios (Santiago Alba Rico, Alfonso Cervera, Carlos Fernández-Liria, Belén Gopegui, César Rendueles, Jorge Riechman, Víctor Sampedro); xornalistas (Guillem Martínez, Mariá de Delás), outros activistas. \"Falamos de desobedientes civís, de votantes insubmisos. A insubmisión é unha opción democrática de dilatada traxectoria\"\"Dous millóns de desobedientes civís acudiron á convocatoria do 1-O de 2017 en Cataluña, incluídos os case 200.000 votantes do non, 50.000 en branco e 20.000 nulos. O significado de votar o 1-O, calquera que fose a papeleta, resulta inequívoco. Case a metade do censo electoral catalán desobedeceu as instancias máximas de España: puxeron urnas, papeletas e corpos para facerse ouvir nun acto de protesta multitudinario\", destaca o manifesto, lido este martes e que pode ser consultado ao completo, máis abaixo, nesta mesma información.\"Unha parte importante da sociedade catalá rebordou as forzas de orde pública, desafiou o medo aos antidisturbios. Fíxoo de forma pacífica, pública e manifesta, sen máscaras. Aguantaron porrazos e non fuxiron das posibles responsabilidades penais. Falamos de desobedientes civís, de votantes insubmisos. A insubmisión é unha opción democrática de dilatada traxectoria\", din."}
{"ID": "NOS_43957", "summary": "O PP impugnou no Constitucional catro artigos da norma.", "text": "O PP presentou a semana pasada un recurso de inconstitucionalidade contra catro artigos da modificación da Lei catalana de violencia machista de 2008 aprobada en decembro de 2020, tramitada co apoio unánime das forzas do Parlament e votada por ampla maioría (só o PP votou en contra nalgúns artigos). O recurso, que foi feito público por El Confidencial, foi motivado porque a lei \"innova ou directamente contravén\" leis orgánica vixentes e competencias exclusivas do Estado. Para o Partido Popular, o artigo 1 da lei catalana \"desnaturaliza o concepto sexo presente no ordenamento xurídico\" ao incluír \"unha distinción entre mulleres transxénero e mulleres que non o son, diferenciación incompatibles co noso ordenamento xurídico\", pola referencia que fai a reforma da lei a mulleres incluíndo tamén as que son transxénero: nenas, adolescentes e mulleres. O segundo artigo impugnado forma parte do debate relacionado coa lei que prepara o Ministerio de Igualdade. A lei catalana incorpora unha definición explícita do consentemento sexual (só si é si) que para o PP invade o ámbito das leis orgánicas vixentes. Tipos de violencia A tipificación dos tipos de violencia machista que desenvolveu a lei catalana tamén esta recollido no recurso do PP, que critica \"a explicación minuciosa e extrema do que considera a violecia de xénero tipificada\" e os \"aspectos e términos que non poden ampararse no espíritu das normas de protección penal\", entre os que inclúe a tipificación da \"violencia de segundo orde\", aquela que se exerce contra as persoas que apoian as vítimas de violencia machista. O último artigo denunciado é o 16, no que se \"establecen unha serie de esixencias (creacións de protocolos e plans internos e até reformas de estatutos internos) que inciden no ámbito de regulación dos partidos políticos\", segundo o PP non é aceptábel que unha lei non estatal regule estes aspectos, polo que se remite a unha lei orgánica."}
{"ID": "NOS_54440", "summary": "Os traballadores tamén requiren a apertura dunha negociación entre todas as partes afectadas: Xunta da Galiza, empresa, Concello de Mazaricos e o comité de empresa.", "text": "O comité de empresa de Xeal vén de solicitar aos grupos parlamentarios de PP, BNG e PSdeG unha reunión para trasladarlles a súa preocupación polo \"novo intento de segregación encuberta das actividades\" exercido pola compañía. Persoal de Xeal sinala a \"segregación encuberta\" nas actividades da firma Con esta reunión, os traballadores pretenden que as tres formacións políticas coñezan e apoien as súas demandas, que recollen a constitución dun plan industrial e de viabilidade das fábricas. Nun comunicado, o comité informou de que se dirixiu tamén, no mesmo sentido, ao Concello de Mazaricos, Augas da Galiza e a Consellaría de Industria. O comité de Xeal denuncia a empresa, Xunta, Ferroatlántica e Ithaka Partners por \"desmantelar\" a planta O comité de empresa agarda que os grupos parlamentarios trasladen as súas demandas ás administración públicas e á empresa de que calquera autorización administrativa para novos aproveitamentos hidráulicos para a produción de electricidade deberá estar condicionado ao cumprimento da lexislación aplicable en vigor (incluída a ambiental), ao cumprimento e acatamento pola empresa das cláusulas concesionais de acordo aos termos interpretados recentemente pola sentenza do TSXG do 5 de novembro de 2020. Plan industrial O comité tamén exixe que a empresa presente un plan industrial, tendo en conta que as actividades de xeración de enerxía eléctrica e de fabricación de ferroaliaxes forman unha unidade produtiva única. O comité de Xeal reclama á Xunta que declare a nulidade da venda das plantas Aliás, solicita o restabelecemento e fixación dun número mínimo de cadro de persoal en relación ao nivel de emprego existente no ano 2019, e da aplicación do convenio colectivo actualizado de Xeal Cee Dumbría Centrais Hidroeléctricas. Po outra parte, os traballadores requiren a apertura dunha negociación entre todas as partes afectadas: Xunta da Galiza, empresa, Concello de Mazaricos e o comité de empresa."}
{"ID": "NOS_46789", "summary": "\"É o momento de priorizar o destino dos apoios\", indica perante o recorte nas partidas.", "text": "Fruga mostra a súa preocupación polo feito de que os fondos europeos destinados ao sector agropecuario baixan de 383.000 millóns de euros para 336.444 millóns de euros. Así, manifestan nun comunicado, o orzamento do primeiro alicerce, destinado ao apoio directo ás rendas, vaise ver rebaixado, \"pasando dos 286.143 millóns de euros aos 258.600, o que supón unha rebaixa de 9,63%, e o segundo piar, o do desenvolvemento rural, tamén se verá afectado por unha rebaixa que oscila entre o 19,7 por cento e o 11,2%\". Ante este escenario, a Fruga lembra que os pagamentos da PAC \"seguen a beneficiar un importante número de destinatarios que non teñen a actividade agropecuaria como actividade principal\". Así, indican, o 80% das axudas da PAC son cobradas soamente polo 20% dos e das beneficiarias, pola contra o 80% de beneficiarias téñense que conformar co 20% do orzamento, \"unha distribución a todas luces inxusta\". \"Sendo o Estado español o segundo estado da UE que mais orzamento recibe das axudas da PAC após o francés, resulta que o importe dos apoios que reciben as explotacións galegas son dos mais baixos de toda a UE e isto é debido a que o Estado español sempre priorizou, no criterio de reparto, aos grandes propietarios, moitos deles absentistas, e que, na maior parte dos casos, non se dedican profesionalmente á actividade agropecuaria\". Fruga, pois, reitera que os apoios do primeiro piar da PAC (axudas directas á actividade agrogandeira) \"teñen de ir dirixidos a aquelas persoas que teñen a actividade agrícola e gandeira como actividade principal, é dicir aquelas persoas que cando menos obteñan o 50% da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación, e que o tempo dedicado a actividades non relacionadas coa súa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total, co fin de evitar que as axudas acaben nas maos de especuladores e entidades que nada teñen a ver coa nosa profesión.\""}
{"ID": "PRAZA_2156", "summary": "A liña comezará a operar sen ERTMS, que se instalará en 2016, e só disporá do sistema ASFA. A velocidade estará limitada ata entón a 200 km/h. As vítimas do accidente do Alvia denuncian os paralelismos coas \"présas e modificacións\" na inauguración do treito Ourense-Santiago.", "text": "Na mañá deste martes 29 de setembro o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, participan na inauguración da liña de alta velocidade ferroviaria que unirá León, Palencia e Valladolid. Unha liña, que como denuncia a Plataforma Alvia 04155, que agrupa as vítimas do accidente de Angrois e os seus familiares, bota a andar con algunha das eivas de seguridade que provocaron a traxedia de Compostela. Unha urxencia, salientan, motivada pola proximidade das eleccións de decembro. Entre outras cousas, este AVE comezará a operar sen o sistema de sinalización ERTMS e ata o ano 2016 só disporá do sistema ASFA, polo que a súa velocidade estará limitada a 200 quilómetros por hora. Na investigación sobre as causas do accidente de Angrois púxose de manifesto que o sistema ERTMS tería evitado a catástrofe. Na investigación sobre as causas do accidente de Angrois púxose de manifesto que o sistema ERTMS tería evitado a catástrofe A instalación do ERTMS foi adxudicada en xuño de 2014, pero o sistema non estará listo ata dentro de medio ano, pois debe superar unha serie de probas e axustes que se prolongan ao longo de varios meses. Con todo, o Ministerio de Fomento decidiu adiantar a inauguración da liña a antes das eleccións xerais de decembro. Ao igual que sucedera coa liña Ourense-Santiago, o AVE León-Valladolid comezará a funcionar sen ser exactamente un AVE, pois a súa velocidade estará limitada. A liña presenta así mesmo outras características que a afastan do que é habitual nos traxectos de alta velocidade, pois percorre máis de 80 quilómetros por unha vía única para os dous sentidos, unha medida de aforro que está a ser aplicada por Fomento noutras liñas. O sistema ERTMS é o propio da alta velocidade e permite controlar a velocidade dos trens en todo momento. Pola contra, o sistema ASFA, que comezou a operar nos anos 70 do pasado século só aplica os controis cando o vehículo atravesa unha serie de balizas situadas na vía. A Plataforma Alvia 04155 denuncia os paralelismos existentes coas \"présas e modificacións\" na inauguración do treito Ourense-Santiago que \"provocaron unha merma na seguridade\" da liña. Ademais da ausencia do sistema ERTMS, a plataforma lembra que \"do mesmo xeito que na liña Ourense-Santiago se decidiu a última hora a supresión de distintas medidas de seguridade por cuestións orzamentarias e electorais\" nesta nova liña \"eliminouse a dobre vía na chegada a León, tamén por falta de orzamento e, tememos, que co conseguinte risco para a seguridade\". \"Non hai dúbida de que o Ministerio de Fomento ten présa por inaugurar esta liña canto antes e isto puido provocar unha toma de decisións precipitadas ou erróneas\" \"A inauguración desta liña podería ter sido prohibida pola Xunta Electoral Central en caso de celebrarse en outubro ou novembro, pola proximidade das eleccións xerais\", sinala a plataforma. \"Non hai dúbida de que o Ministerio de Fomento ten présa por inaugurar esta liña canto antes e isto puido provocar unha toma de decisións precipitadas ou erróneas\", engade. A entidade de vítimas denuncia que \"unha vez máis semella que a improvisación, a demagoxia política e a chapuza imperan sobre os criterios rigorosos e profesionais\" e que \"os políticos poñen por riba de todo os seus intereses\" tratando \"de enganar os cidadáns\"."}
{"ID": "NOS_11811", "summary": "Treixadura, Yves Lambert ou Elephant Sessions, entre os protagonistas dun evento que decorrerá no municipio morracense os días 29, 30 e 31 de xullo.", "text": "O Festival Intercéltico de Moaña, o evento decano dos festivais de música folk da Galiza, alcanza este verán a súa 38º edición, e será os días 29, 30 e 31 de xullo. Desde a organización apuntaron que, logo de dúas edicións condicionadas pola adversa situación sociosanitaria, o festival preséntase este ano como \"o da volta á normalidade\", recuperando o seu formato tradicional, sen restricións de acceso e de balde, como viña sendo habitual. Aliás, no cartel volven figurar artistas de todo o mundo como os escoceses Elephant Sessions, o quebequés (Canadá) Yves Lambert e a artista procedente de Northumbria (Inglaterra) Kathryn Tickell. Sexta feira, 29 de xullo O primeiro concerto, a sexta feira día 29 ás 22 horas, correrá a conta da xa mítica banda galega Treixadura, que presentará o seu novo traballo, Camiño longo. Posteriormente, contra as 23.30 horas, será a quenda de Elephant Sessions, recoñecidos polo seu directo que xa exportaron aos festivais europeos máis prestixiosos. Sábado, 30 de xullo O sábado ás 22 horas actuará Yves Lambert, cantante e acordeonista que fora membro fundador de La Bottine Souriante e é un dos máximos expoñentes do trad do Québec. Xurxo Fernandes daralle o relevo arredor das 23.30 horas. Este artista coruñés ten unha ampla traxectoria no ámbito da etnografía e das músicas de raíz e forma parte da banda Radio Cos. Domingo, 31 de xullo Finalmente, o domingo Os d'abaixo abrirán a quenda de mañá (12.30 horas) cun repertorio que recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. Xa pola noite, Kathryn Tickell (22 horas) porá o ramo ás actuacións musicais co seu traballo fondamente arraigado á paisaxe e as xentes de Northumbria. De forma paralela aos concertos decorrerá unha mostra de artesanía e folclore tradicional con cartel propio que contará con obradoiros, desfiles e actuacións dos grupos e bandas de Moaña, organizada pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña."}
{"ID": "NOS_39307", "summary": "Andrés Castro, o noso crítico de cinema de cabeceira, muda por unha vez a pantalla grande pola pequena e entréganos unha crítica da serie de moda.", "text": "Esta Semana Santa non houbo Fariña! Por riba de ter que aturar peche de bares, corte de rúas, procesións relixiosas con casposa cobertura en directo das televisións públicas (nun estado aconfesional), ministros e ministras cantando aquilo de \"soy el novio de la muerte\", bandeirolos a media hasta pola morte de Xesús (sic) e programación televisiva infestada de filmes de romanos... por riba de todo iso... non houbo Fariña. Mandacarallo. Xa sei por que lle chaman semana de penitencia... Recoñezo que son máis de pelis. En cuestión de series quedei no Equipo A, O coche fantástico, O gran heroe americano e Friends. Si, algo obsoleto... ou como din agora... vintage. Máis recentemente teño seguido (daquela maneira) as máis míticas: Como coñecín a túa nai, Modern Family ou Big Bang Theory, e xa coas plataformas streaming, papei Stranger Things, Xogo de Tronos, Midhunter e O conto da criada... Pero o certo é que son máis de pelis. Así de primeiras dáme unha preguiza enorme poñerme a seguir unha serie. Con Fariña pasoume algo parecido. Dábame preguiza. Pero o tema do secuestro da novela homónima de Nacho Carretero deume un motivo poderosísimo para darlle unha oportunidade. As profecías que Ray Bradbury apuntaba en Fahrenheit 451 estábanse facendo realidade... unha realidade moi pero que moi inquietante, sobre todo se a sumamos aos casos aberrantes de persecución de liberdade e expresión contra rapeiros, tuiteiras e titiriteiros. 'Fariña' dábame preguiza. Pero o tema do secuestro da novela homónima de Nacho Carretero deume un motivo poderosísimo para darlle unha oportunidade Após o primeiro episodio aproveitaron a polémica (que os de Antena 3 son moi listos) e fixeron un programa especial baseado \"no libro prohibido\". Trouxeron Carmen Avendaño, Baltasar Garzón, o xuíz Vázquez Taín, Nacho Carretero e o vilipendiado no asunto, e ex alcalde de O Grove, Alfredo Bea Gondar. Ademais da avogada \"crea polémicas\", o máis gracioso de todo foi cando entrou en escena o ex alcalde. Non daba unha a dereitas (a pesar do seu ideal político). Sentíase vítima polas palabras que saen no libro, malia que afirmaba non telo lido. Tamén aseguraba que por el non se tiña que secuestrar o libro, que el, pobre, só quería que se lle restaurara o seu honor. O cumio da entrevista viu cando a presentadora lle pregunta pola condena que tivo por branqueo de capitais... Momento glorioso da televisión cando Gondar responde, en plan Umbral: \"Eu só vin falar do tema Fariña\". Para escachar coa risa... se non fose un tema tan indignante. Porque non nos enganemos, o problema non é de xente coma Bea Gondar, que haina a moreas, o problema está nun sistema xudicial capaz de admitir a trámite querelas contra a liberdade de expresión, xa sexa a través de libros, chíos, opinións políticas ou cancións. Fascismo is coming (?). En fin, vaiamos ao quid da cuestión que eu vin aquí para falar de Fariña, a serie... Por se, a estas alturas do campionato, alguén non sabe de que vai, dicir que narra a historia do nacemento do narcotráfico en Galiza. Preséntasenos as principais familias que controlaban o tráfico nas Rías Baixas: os Charlín, os Oubiña e os Bustelo. Todos eles fan contrabando de tabaco baixo a supervisión do patriarca Terito (Manuel Lourenzo). Todo semella ir sobre rodas. A policía, a garda civil, os políticos, os xuíces... todos fan a vista gorda. Mais o negocio dá un xiro cando entra en acción un ambicioso xoven chamado Sito Miñanco (Javier Rey). Decátase que se poden gañar moitos máis cartos coa droga, pero meterse nese terreo son palabras maiores. Xa non é unha falta, coma o tabaco, andar na droga é delito penal. Pese as advertencias de Terito, comezará un periplo cara ao narcotráfico de cocaína e tamén comezará a caza do detective Castro (Tristán Ulloa), un tipo adusto e teimudo que leva tempo querendo metelos a todos na cadea. A serie está dividida en dez episodios dos que, a data de hoxe, se emitiron catro. O quinto pospúxose, como xa dixen, por mor da Semana Santa. Cada capítulo leva o título dun ano. O primeiro titúlase \"1981\", o segundo \"1982\", e así sucesivamente. Aínda que está producida por Antena 3, a serie ten alma galega, e non só polas localizacións. Está coproducida por Bambú Producións, dirixida polo coruñés Carlos Sedes, con equipo técnico e artístico da Galiza e un elenco tamén eminentemente galego. A historia céntrase en Sito Miñanco interpretado por un xenial Javier Rey (O final do camiño). Os outros capos teñen as facianas de Carlos Blanco (Dhogs) como Laureano Oubiña, o carismático Manuel Lourenzo (Vilamor) ponse na pel de Terito, Alfonso Agra na de Bustelo, e o enorme Antonio Durán 'Morris' (A Esmorga) na do patriarca dos Charlín, un auténtico rouba-escenas cando se pon en plan Joe Pesci de malahostia cos seus fillos, interpretados por Xosé Antonio Touriñán (Os fenómenos) e Xulio Abonjo (Somos xente honrada)... sobre todo co pobre Abonjo, que non para de chupar hostias a man aberta. Tristán Ulloa (Lucía e o sexo), Marta Larralde (O ouro do tempo), Tamar Novas (A lingua das bolboretas), Isabel Naveira (18 comidas), Monti Castiñeiras (Sicixia), Eva Fernández (Pratos combinados), Celso Bugallo (Mar adentro), Luisa Merelas (Lobos sucios), Iván Marcos (As altas presións) e un longuísimo etcétera de grandes actores e actrices completan un elenco insuperábel. A banda sonora tamén é brutal. Cada episodio está aderezado con grandes éxitos de onte e hoxe: Herdeiros da Crus, Siniestro Total, Korosi Dansas, Guadi Galego ou Os Resentidos... De feito asomoume a lagrimiña cando soou a de \"Galicia Caníbal\". Pero a canción que o está a petar, e que dá comezo a cada capítulo, é a de Iván Ferreiro. Número un en todas as playlist de música. Todo un himno. Quen non cantaruxou xa aquilo de \"o que teño que facer, pra non ter que ir ao mar\"? Todo está xenial en Fariña. Dirección, reparto, localizacións, banda sonora, fotografía, guión, efectos especiais... Todo... Todo?... pois ben... \"case\" todo. Meu pai! Agárrense que veñen curvas... A dirección e a fotografía son impecábeis agás nunha pequena cousa. Coido que hai unha utilización abusiva dos flares de luz. Si, ese efecto óptico feito con luceciñas transversais que ocupan toda a pantalla e que tanto me molestan nos filmes de J.J. Abrams... E se me molestan nos filmes de J.J. Abrams pois, malia que me pese, tamén me molestan en Fariña. Ese efecto, tan de moda nos vídeos musicais, pódese aturar cando comunica algo ou ten un efecto dramático na escena. Pero meter por meter... pois como que non. 'Fariña' está rodada en castrapo, así que no fondo o de \"meu pai\" pasa un pouco desapercibido entre tanta \"castrapada\". Resulta moi curioso que unha serie da calidade de 'Fariña' non estea feita en galego Outro punto que ranxe bastante é o de \"meu pai\". Unha expresión metida con calzador cada dous por tres pero que custa un mundo que non rechíe nos ouvidos. Pero, claro, Fariña está rodada en castrapo, así que no fondo o de \"meu pai\" pasa un pouco desapercibido entre tanta \"castrapada\". Resulta moi curioso que unha serie da calidade de Fariña non estea feita en galego. Seica seguimos na teima en pensar que para triunfar fóra hai que rodar en castelán. Erro!! Hai exemplos máis que de sobra no audiovisual galego que demostran que o idioma propio do país non é óbice para triunfar onde faga falla. No cinema parece que vamos superando esta barreira mental con éxitos coma os de A Esmorga (con catro galardóns no Festival de Toulouse), Dhogs (con trece Mestre Mateo), Arraianos (premiada no Festival de Cinema Europeo de Sevilla) ou, de próxima estrea, A estación violenta (de Anxos Fazáns), Aquilo que arde (de Óliver Laxe) e as que virán que isto non acaba máis que comezar. Falta agora dar o paso tamén nas series. A serie Merlí mostrou un pouco camiño. É unha serie catalá, rodada en catalá que logrou que se exportara fóra do seu país. O único que tiveron que facer é dobrala ao castelán e, coas plataformas streaming, subtitulala no idioma que se queira. Algo parecido se podía facer na Galiza. Rodar na nosa lingua produtos de calidade como o de Fariña e logo, se queren, que traduzan ou subtitulen. Así de doado e así de natural debería de ser. Non sei se é porque lle teño cariño á serie ou simplemente é un desexo, pero me gusta imaxinar que o que está facendo Fariña é dar un pequeno paso nesta dirección."}
{"ID": "NOS_21767", "summary": "Despois dun feixe de intervencións públicas nas que Xesús Alonso Montero provocou máis de unha polémica, a propia Academia Galega publica no seu web a entrevista oficial do seu novo presidente. Alonso Montero entende que, malia a perda de falantes, o proceso de substitución do galego polo español é hoxe menor que cando escribiu o seu Informe Dramático.", "text": "Con cinco preguntas péchase o cuestionario do novo presidente na páxina oficial da propia RAG. Dúas para que manifeste o seu pensar sobre o obxectivo e fin da Academia, outra para a conmemoración do corenta aniversario do seu Informe Dramático da Lingua Galega e dúas máis para quen protagoniza as grandes celebracións literarias do ano, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño. A Academia Galega publica a entrevista oficial co seu presidente, despois de que numerosas intervencións públicas orixinasen distintas polémicas polas súas afirmacións. A máis recente, a que orixinou a resposta do portavoz Xavier Vence ao sinalar que o BNG \"quere tanto á lingua que como unha nai a un fillo a aperta ata abafala\". Intervencións como estas provocaron xa o malestar en varios académicos que agardan máis prudencia por parte de quen está a ocupar o cargo máximo á fronte da Academia. A que se publica na páxina web dista moito das anteriores. \"A sociedade galega debería saber que a nosa institución está comprometida coa causa da nosa lingua\" comeza para despois remitirse aos Estatutos da Institución e defender a súa competencia única na codificación, establecemento de lingua culta e produción de instrumentos como gramáticas ou dicionarios. A corenta anos de ser publicado o seu Informe -dramático- sobre la lengua gallega, o seu autor, agora presidente da RAG, considera que o galego \"segue a perder falantes, o que é moi preocupante\", mais ten tamén acadado \"avances significativos\" o que conduciu a que o \"anterior proceso de substitución do galego polo castelán sexa hoxe menor, e que a lingua galega acadase un prestixio en certos ámbitos que antes non tiña\". \"Se hoxe vivisen Franco ou Arias Navarro, esta entrevista nosa non existiría\" sinala o presidente, para exemplificar a súa afirmación de que as condicións políticas condicionaron a situación da lingua."}
{"ID": "NOS_35381", "summary": "Pedirá aos usuarios que asinen un consentimento informado sobre a elección desta vacina.", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) recomendará aos ao redor de 90.000 galegos -dos cales uns 60.000 pertenencen a colectivos esenciais- menores de 60 anos que elixan a segunda vacina de Astrazeneca para completar a pauta vacunal, mais polo momento non asegura contar coa subministración para que todas as persoas que o queiran así de forma voluntaria reciban o fármaco británico. Deste modo, a \"prioridade\" do Sergas será a de completar as dúas doses de Astrazeneca para o colectivo de entre 60 e 69 anos (e os de 59 anos vacinados que fagan 60 este ano), debido a que para eles mantense a vacinación con este fármaco na estratexia a nivel de Estado. No caso de que haxa subministración suficiente, como confirmou o presidente da Xunta esta quinta feira na rolda de prensa posterior á reunión do seu Goberno, Galiza tamén administrará a segunda dose de Astrazeneca a todos os menores de 60 anos que o queiran. A posición que Galiza defendeu na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS) foi a de manter a segunda dose de Astrazeneca, en base á evidencia científica, a ficha técnica do fármaco, o aval da Axencia Europea do Medicamento e as voces que asesoran o Sergas, unha delas, manifestada publicamente polo investigador Federico Martinón. Con todo, o recorte de subministración de Astrazeneca e a ruptura do contrato por parte da Unión Europea coa farmacéutica británica supón que haberá unha diminución na recepción de dose para toda a Unión Europea. Así as cousas, Feixoo indicou que pedirán ao Ministerio de Sanidade que aclare a Galiza de cantas doses de Astrazeneca dispoñerá para vacinar. No caso de que haxa suficientes para administrar aos maiores de entre 60 e 69 e aos menores (90.000 galegos), o Sergas recomendará a segunda dose de Astrazeneca e pedirá aos usuarios que asinen un consentimento informado sobre a elección, tendo en conta que a estratexia recomenda Pfizer -baseado nun estudo científico da Carlos III que avala a eficacia-."}
{"ID": "NOS_2570", "summary": "A Declaración de Vilaboa berra contra o esquecemento e exixe a restauración da memoria no 80 aniversario do golpe de estado fascista.", "text": "Acarón da ría de Vigo, \"a maior foxa común de Galiza\", do \"Lazareto, 'a illa dos amores para a morte confiscada'\" e da \"estrada que construíron centos de presos da illa con man de obra escrava\", as Asociacións para a recuperación da memoria histórica asinaron a Declaración de Vilaboa. Un documento que após 40 anos da morte do ditador Francisco Franco e a piques de se cumprir 80 do golpe de estado fascista, recolle 10 reclamacións, a comezar por rachar o silencio sobre o que que din \"non se pode construír\" unha \"democracia digna de tal nome\". \"Dicímolo alto e forte\", sinalan en referencia ao aniversario do inicio da represión que terá lugar en 2016 e polo que reivindican \"a aprobación dunha política pública da memoria de carácter estatal e por parte do goberno galego\" para a que coidan \"de interese\" como \"punto de partida\" as \"recomendacións do informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff\". A comezar, insisten, polo respecto aos principios de \"verdade, xustiza, reparación e non repetición\". Aliás, exixen \"aos gobernos municipais e as deputacións\" a incorporación da memoria histórica ás súas políticas de goberno e que a Xunta devolva o carácter de illa da memoria a San Simón informando nas visitas guiadas \"con amplitude sobre o seu pasado como cárcere\", \"como corredor da morte\" e \"sobre as sacas das que foron vítimas ducias de de militantes republicanos\". Reclaman a recuperación de San Simón como Illa da Memoria e a creación dunha rede de Lugares da Memoria na Galiza Asemade, reclaman a \"reactivación do proxecto Nomes e Voces\" e piden á maxistratura que \"non apare a fascistas, integrantes activos da ditadura franquista aínda vivos\" para favorecer \"o seu xulgamento no noso territorio, así como a colaboración co proceso xudicial aberto desde a Arxentina contra o réxime franquista\". Demandan unha \"decidida política de cara a facilitar o acceso aos arquivos que albergan documentación relacionada coa represión\" e a \"desaparición da simboloxía franquista e de todo tipo de elementos que lembren a Ditadura e sexan ofensivos para as vítimas\". Así como a creación dunha Rede galega de Lugares da Memoria, sinalizados mediante unha imaxe e simboloxía común."}
{"ID": "PRAZA_8441", "summary": "O presidente insiste en que \"non hai caso\" nas súas imaxes con Marcial Dorado mentres a oposición subliña que non o acusa de feitos \"delitivos\", senón de tratarse cun narcotraficante nos anos máis duros da droga en Galicia", "text": "Unha semana despois de que as fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado publicadas por El País revolucionasen a escena política galega o presidente da Xunta enfrontábase este luns por primeira vez a outro escenario informativo no que, polo xeral, adoita ser tratado con notable amabilidade: Madrid. O xefe do Goberno galego acudiu á capital de España para asistir á sinatura dun convenio entre o Consello do Poder Xudicial e a Federación Galega de Municipios e Provincias e, na quenda de preguntas, tocoulle responder sobre as intantáneas no barco do narcotraficante. Tras sete días asentando a súa argumentación no descoñecemento das actividades de Dorado en 1995 e nunha \"infamia\" urdida pola oposición, Feijóo incorpora unha nova liña: a apelación á boa fe da cidadanía. Para o líder da dereita en Galicia \"non hai caso\" pero iso non só é unha convicción súa, asegura. Ben ao contrario, mantén, \"calquera persoa de ben sabe perfectamente que non hai substancia, nin caso nin causa\" nas imaxes, sobre as cales as \"explicacións están dadas\" non só pola súa banda, afirma, senón tamén pola do xuíz Vázquez Taín, que enviou á cadea a Marcial Dorado en 2003 no marco da operación South Sea. Á espera de dar \"explicacións en sede parlamentaria\" o vindeiro mércores Feijóo coida que as verbas do maxistrado deixan claro que \"nin de forma directa nin de forma indirecta houbo ningún tpo de relación sobre calquera feito non só reprochado xuridicamente\", di, \"senón tampouco eticamente\". A oposición subliña que non acusa de feitos \"delitivos\", senón da ausencia de \"ética\" que supón relacionarse cun narcotraficante Á cuestión ética é precisamente á que se refire este luns a oposición parlamentaria. Dende o Pazo do Hórreo o voceiro socialista, Abel Losada, ten claro que \"a dereita\" política e \"a dereita mediática\" están a tentar \"desviar o foco\", pero \"non estamos falando de comportamentos presuntamente delitivos relacionados co narcotráfico\", porque se así fose Feijóo \"estaría na cadea e non en Monte Pío\". \"Falamos de política -evidencia- e do que representa en termos de infamia que o máximo responsable do Servizo Galego de Saúde\" naquela altura \"mantivese unha relación moi prolongada cun dos máximos narcotraficantes de Galicia\" mentres a sociedade galega, igaul que \"os xuíces e as forzas de seguridade\" estaban \"en plena loita, durísima, contra o contrabando e o narcotráfico\". Esa \"relación prolongada no tempo cun narcotraficante\" é precisamente, para Losada, \"o que prexudica á democracia\" e non a publicación das fotografías, como suxire o voceiro do PP, Pedro Puy. \"Que digan que [a publicación] desprestixia a democracia é insultante para os demócratas\", máis aínda porque \"o PP hai meses que lanzou a filosofía de que as maiorías lexitiman o comportamento ético\". Pero \"quen non traen a ética na mochila, aínda que teña maioría absoluta segue sen ela\". \"Non se merca -subliña-, tense ou non se ten\". O BNG pide a dimisión, o PP censura o \"extremismo\" O Bloque reiterará o mércores que Feijóo debe marchar e Puy volve darlle unha importancia \"menor\" ás imaxes Mentres os socialistas reclaman que o presidente \"diga a verdade\" na súa comparecencia do mércores e insisten en subliñar que tanto Feijóo como o daquela conselleiro de Sanidade, José Manuel Romay Beccaría, \"sabían quen era Marcial Dorado en 1995\", dende o BNG o seu voceiro parlamentario, Francisco Jorquera, adiantaba en rolda de prensa que o propio mércores \"reiterá\" a súa esixenica de que o xefe do Goberno \"deixe a Presidencia de inmediato\". Como Losada, o nacionalista pon o acento en que esta cuestión é \"independente\" de \"se cometeu feitos delitivos ou non\", dado que de calquera xeito é \"inadmisible\" que \"un alto cargo tivese unha relación estreita e duradeira cun capo\" como Dorado. As \"novas informacións\", abonda Jorquera, fan que a versión de Feijóo sobre a súa relación co narco \"caian como un castelo de naipes\" e, por todo isto, tamén para \"rescatar a democracia\", cómpre a \"dimisión inmediata do señor Feijóo\". Estas peticións deron lugar a novas acusacións de extremismo do popular Pedro Puy. Se o pasado domingo consideraba que a publicación das fotos cómpre enmarcala nunha aposta por desprestixiar as institucións democráticas, este luns reitera que as fotos \"teñen un alcance menor\", pero \"están sendo utilizadas por parte de grupos extremistas\" para esa mesma finalidade. Non obstante, o parlamentario conservador desmárcase do seu compañeiro de filas, o presidente madrileño, Ignacio González, para non pedir censura nos medios de comunicación. \"Eu creo na liberdade de prensa\", afirma."}
{"ID": "PRAZA_8403", "summary": "A asociación 'Corcoesto si, mina si' remite un escrito á Consellería de Educación para censurar charlas contra o proxecto nos colexios. Critica a actitude de BNG ou AGE e as pintadas en sinais de tráfico.", "text": "Denuncia na Xunta contra os colectivos contrarios á polémica mina de Corcoesto. A asociación veciñal Corcoesto si, mina si -creada hai tan só unhas semanas- vén de presentar un escrito na Consellería de Educación \"para mostrar a súa desconformidade coas charlas levadas a cabo en diferentes colexios e institutos da Costa da Morte\" en contra do proxecto, segundo anuncia nun comunicado. Esta agrupación considera que \"os colexios non son lugares para realizar este tipo de faladoiros contra un proxecto\" que, segundo defenden, \"beneficiará toda a comarca\", ademais de denunciar \"o uso de lemas antimina nas aulas\". A agrupación favorable á mina denuncia ante a Xunta charlas nos colexios contra o proxecto \"A asociación quere tamén expresar a súa decepción ante o interese mostrado por partidos políticos como BNG e AGE en contra do proxecto mineiro para conseguir o voto fácil sen ter en conta as necesidades do pobo que sofre cada día a incerteza do seu sustento\", engade o comunicado, que non aforra críticas contra todos aqueles que amosan o seu rexeitamento ao proxecto. Así, Corcoesto si, mina si tamén \"fai patente\" a súa \"desconformidade ante as pintadas que apareceron en diversos sinais de tráfico da comarca por parte da plataforma Cont(r)aminate. \"Queremos lembrarlles que os sinais de tráfico son de uso público e pagados por todos os contribuíntes que non teñen por que volver pagar a limpeza ou a reposición das mesmas\", denuncian. \"Hai moitas maneiras de manifestarse e manifestar unha opinión sen necesidade de prexudicar o mobiliario urbano a comarca\", ademais de incluír unha fotografía dun dos carteis \"manipulados\". Ademais, este colectivo di respectar \"todas as opinións aínda que sexan contrarias ao proxecto mineiro pero desde a coherencia\" e considera que \"non ten sentido fomentar unha mobilización política de vehículos para reivindicar o dereito ao aire puro\"."}
{"ID": "PRAZA_10802", "summary": "O Concello de Ferrol atende a un total de 138 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistencia. 129.000 persoas de máis de 65 anos viven soas en Galicia, unha cifra que vén aumentando nos últimos anos", "text": "129.000 persoas de máis de 65 anos viven soas en Galicia. A cifra vén aumentando nos últimos anos, en paralelo co proceso de envellecemento da poboación e de debilitamento das estruturas comunitarias de apoio. Periodicamente, as novas sofre o falecemento dalgúns destes anciáns nas súas vivendas obrigan a poñer o foco sobre estas situacións, cada vez máis habituais. O Concello de Ferrol atende a un total de 138 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistenciaAlgunha desas mortes producíronse en Ferrol, a cidade galega cunha poboación máis envellecida, que nos últimos anos veu incrementando o número de anciáns que viven sós. O Concello de Ferrol anunciou que nos vindeiros días vai presentar unha campaña informativa para darlle visibilidade ao día a día dos maiores, bucando implicar a máis entidades locais para colaborar no acompañamento dos anciáns.O Concello de Ferrol atende a un total de 138 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistencia, que se desenvolve a través dun convenio coa Cruz Vermella. Aínda hai dispoñibles outras 62 prazas, ata acadar os 200 terminais que actualmente se ofertan. Unha vez cubertas as duascentas prazas, o Concello \"non descarta aumentar a cota do servizo, pois trátase dunha prestación que funciona moi ben\", sinala a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero.129.000 persoas de máis de 65 anos viven soas en Galicia, unha cifra que vai en aumentoA concelleira subliña a importancia doutras accións tamén realizadas dende a administración local, coma a axuda a domicilio, os comedores sénior e o programa Xantar na Casa, así como a posta en marcha de programas de envellecemento activo.\"As administracións enfrontámonos a unha realidade desoladora. Á ausencia dun censo de persoas maiores que residen soas súmanse, por unha banda, o feito certo de que resulta imposible chegar a todas e, por outro, a obriga que temos de respectar o dereito de quen non quere ser atendido, que tamén existe e limita a posible acción de control\", explica."}
{"ID": "PRAZA_7063", "summary": "O Festival de Cine Internacional de Ourense pechou a súa décimo novena edición con case dez mil espectadores e espectadoras, unha gran presenza do cinema social e de producións galegas. A holandesa De Nieuwe Wereld e a alemá Ohne Dich encabezaron o palmarés.", "text": "O Festival de Cine Internacional de Ourense pechou a súa décimo novena edición con case dez mil espectadores e espectadoras, cunha gran presenza do cinema social e comprometido e das producións galegas, encabezada por A Esmorga, estreada na cerimonia de apertura do OUFF, hai dez días. A película holandesa De Nieuwe Wereld (Gran Premio Calpurnia á mellor película e Premio Carlos Velo á mellor dirección) e a alemá Ohne Dich (premio ao mellor guión) encabezaron o palmarés e foron ademais as máis votadas pola audiencia. Ohne Dich recibiu 4,35 puntos sobre 5, recibindo o premio do público, e De Nieuwe Wereld acadou 4,23 puntos. A história da eternidade (4,05) foi a terceira mellor valorada. O palmarés desta edición completouse co premio á mellor interpretación, que foi para Nabil Asli por La Preuve. De igual xeito, Simindis Kundzuli, de George Ovashvili, recibiu o premio especial do xurado. O xurado (formado por Toni D'Angela, Carlos Iglesias, Isabel Blanco, Xavier Villaverde, Teresa Fernández-Valdés e Moncho Lemos) entregou ademais tres mencións especiais ao elenco de intérpretes de De nieuwe wereld, polo alto nivel do grupo interpretativo; á actriz Katja Riemann, de Ohne dich, pola súa excelente interpretación; e ao director de fotografía de Beto Martins, de A história da eternidade, pola calidade do seu traballo. Ana Garrido -concelleira de Cultura e Educación de Ourense-, Agustín Fernández -alcalde de Ourense-, Nora Sola -directora do 19OUFF- e César Silva -coordinador de programación do 19OUFF- presentaron esta mañá en rolda de prensa o balance do festival, destacando que durante nove días \"dinamizouse culturalmente a cidade\", nun evento que \"serviu un ano máis como escaparate do cinema en Galicia\", coas estreas de Schimbare, Linko ou Mil sorrisos & un perdón, ademais do xa referido de A Esmorga. O número total de asistentes á décimo novena edición do Festival de Cine Internacional de Ourense foi de 9.771 persoas O número total de asistentes á décimo novena edición do Festival de Cine Internacional de Ourense foi de 9.771 persoas, que participaron tanto nas proxeccións como nas actividades paralelas. De Nieuwe Wereld foi o filme máis visto cun total de 424 persoas, seguida por Ohne Dich con 355 e Toastmaster con 263. A programación do 19OUFF completouse con varias actividades paralelas e de ocio: os concertos de El Tragaluz, o roteiro de A esmorga, a exposición de Mayte Diz ou as Sesións Lixeiras, que sumaron un total de 1.845 asistentes."}
{"ID": "NOS_48398", "summary": "A sentenza xudicial dá por probadas as contratacións irregulares cometidas polo ex alcalde da localidade, Issam Ao-Nagm, entre as que figura a portavoz municipal do PP.,", "text": "A actual presidenta do PP de Muras e portavoz municipal deste partido no Concello, Eugenia Requeixo Chao, foi unha das persoas que o anterior alcalde, o popular Isaam Algnam Azzam, contratou de maneira irregular. É un dos feitos probados que figura na sentenza da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo pola que o ex rexedor foi condenado a nove anos e medio de inhabilitación \"para todo cargo público con facultades de contratación\" por delito continuado de prevaricación. Condenan o ex alcalde de Muras (PP) a nove anos e medio de inhabilitación por un delito de prevaricación O texto xudicial afirma que entre 2012 e 2015, Issam Ao-Nagm, como alcalde, \"e con pleno coñecemento de actuar á marxe do ordenamento xurídico e vontade de facelo\" e \"sabedor de que ocasionaba un resultado materialmente inxusto coa súa actuación, ao longo deses anos veu subscribindo con diversas persoas contratos laborais de carácter temporal\". Segundo a sentenza, o ex alcalde prescindía \"absolutamente de calquera tipo de procedemento que garantise os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública, sen publicidade das bases e convocatoria dun procedemento -inexistente- e sen que a contratación fose realizada por un órgano colexiado imparcial e independente, sen a súa intervención, senón precisamente por el mesmo\". No documento, ao que accedeu Nós Diario, figuran os nomes das persoas contratadas irregularmente, entre elas, en 2013, Eugenia Requeixo Chao. Contratada sen formación para o posto O actual alcalde de Muras, Manuel Requeixo (BNG), era neses anos concelleiro da oposición e foi unha das testemuñas que declarou no xuízo. Confirmou que antes da súa chegada \"non había proceso selectivo, só se consultaba ao INEM [Instituto Nacional de Emprego]\", coincidindo en que \"a maioría dos contratados era xente afín ao alcalde ou ao PP, familia de xente que ía ás listas\". O ex alcalde do PP de Muras enfróntase a 15 anos de inhabilitación por presunta prevaricación En declaracións a Nós Diario, Manuel Requeixo sinala que \"nunha sociedade democrática esa maneira de facer unha selección de persoal para acceder a unha Administración pública non procede\". No caso da actual portavoz do PP de Muras, o alcalde lembra que \"estaba contratada no Concello como responsábel do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e cando se lle solicitaba informes non o facía sinalando que non tiña formación nin a titulación para facelo\". Por este motivo di que \"probabelmente o máis grave é que desempeñase un posto para o que non estaba nin capacitada nin habilitada\". Prexuízo para o Concello O actual alcalde entende que con ese método \"todas as veciñas e veciños que fosen militantes do PP entraban por unha porta distinta, sen respectar as garantías que se exixen para incorporarse á función pública\". A sentenza confirma que a situación prexudicou o Concello, que tivo que afrontar demandas por despedimentos. O PP de Muras cualifica de \"acto ilegal\" a presenza dunha bandeira galega nun edificio público cedido a unha ONG Na actualidade, catro desas persoas continúan traballando no consistorio. \"Lévanos a que se cuestione a capacidade do persoal das Administracións. Non é xeral, mais acontece cando non pasan un proceso selectivo con garantías\", apunta Manuel Requeixo, \"e agora coa normativa europea obrígase a que toda esa xente que entrou no Concello pola porta de atrás quede como persoal laboral funcionario como se fixesen un proceso selectivo con garantías\", engade."}
{"ID": "NOS_40276", "summary": "A Federación de Confrarías de Pescadores acordou convocar unha manifestación á que están chamados os diferentes sectores do mar para protestar contra as políticas da Xunta de Galiza e contra os recortes nos topes de captura promovidos por Bruxelas e aceptados polos Gobernos galego e de Madrid.", "text": "A Asemblea da Federación de Confrarías de Pescadores aprobou convocar unha manifestación nacional, na que se prevé que participen todos os sectores, como medida de protesto contra a Consellaría do Mar polas políticas contrarias aos intereses da Galiza que acomete, tal e como denuncian os traballadores e traballadoras do sector. A través da mobilización, que terá lugar o 27 de febreiro en Compostela baixo o lema \"Defendamos o mar\", o sector quere expresar a súa repulsa aos topes máximos de captura determinados por Bruxelas e aceptados polos Gobernos do PP en Madrid e na Galiza. \"A iniciativa parte da Federación e responde a que non estamos contentos coas medidas adoptadas pola Consellaría do Mar, que traballa nunha Lei de Acuicultura que prexudica toda Galiza, e todos os recortes que sofren as distintas frotas do cerco, da volanta, do xeito...\", indica en declaracións a Sermos Galiza Andrés García, patrón maior de Sada. Andrés García: \"Convidamos bateeiros, mariscadoras, sindicatos... a s unir e a se manifestar o día 27 para poder vivir do mar\" \"Convidamos todo o sector, bateeiros, mariscadoras, redeiras, sindicatos... a se unir e a se manifestar nas rúas de Compostela o día 27 para reclamarmos poder vivir do mar\", engade o patrón maior de Sada, que tamén pertence a Acerga, a Asociación de Armadores do Cerco da Galiza. Unha manifestación adiada Outras fontes consultadas por Sermos Galiza explican que a manifestación ía ser convocada para o mes de novembro, antes das eleccións xerais. Porén, o presidente da Federación de Confrarías, Tomás Fajardo, impediu que o protesto tiver lugar antes do 20D alegando cuestións formais –sinalaba que a mobilización non podía ser convocada por non aparecer recollida na orde do día da reunión na que foi proposta--. \"Nesta ocasión non lle quedou máis remedio que convocala, pois estaba na orde do día e era unha petición unánime\", salientan as fontes. O presidente da Federación de Confrarías segue á fronte do colectivo malia ter o 62% dos votos en contra Pola outra banda, Fajardo someteuse na mañá do sábado a unha cuestión de confianza na que 62 persoas dun total de 100 asistentes votaron en contra da súa xestión. Malia asegurar que de contar con máis do 60% de votos en contra dimitiría, o presidente da Federación viu \"superada a proba\". O presidente da Federación xustificou a decisión de seguir á fronte da entidade advertindo de que o censo se eleva ás 126 persoas e non ás 100 que participaron na Asemblea na que se someteu á cuestión de confianza. As máis das voces critican que continúe no cargo malia suscitar tanto rexeitamento entre Confrarías."}
{"ID": "NOS_5830", "summary": "Reclaman avances \"claros\" nos estudos da COVID-19.", "text": "Un pacto galego \"pola ciencia e a innovación\" dotado de 3% do Produto Interior Bruto (PIB) nos vindeiros anos. Foi a proposta que lanzou onte a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tras manter unha reunión virtual con representantes de colectivos investigadores do país. \"Precisamente, unha das leccións que nos deixa esta pandemia é que precisamos un sistema científico forte, porque aqueles que teñen un sistema científico no que invisten máis están dando unha mellor resposta\", analizou a dirixente nacionalista. Seguindo nesta liña, o BNG propón un pacto que apoie á \"ciencia de base\" e sirva para rematar coa \"precariedade\" do colectivo investigador. Así mesmo, desde o BNG demandan a posta en marcha dun programa de \"captación de talento\" que vire Galiza nun territorio que \"acolla a moitos investigadores\". Pontón tamén reclamou un \"avance claro\" na investigación da COVID-19 que permita ao país \"ter a responsabilidade de facer tests, desenvolver medicamentos\" e, polo tanto, \"ser capaces de dar resposta ás necesidades da poboación galega\". Comparecencia de Feixoo polas residencias Por outra banda, a voceira nacional do BNG insistiu en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, acuda á Cámara galega para abordar a xestión das residencias de maiores durante a pandemia. A dirixente apuntou a eivas nesa xestión en tanto que 46% dos falecementos de persoas con COVID-19 están relacionadas con usuarias dos centros de maiores. Por ese motivo, insistiu en que \"é evidente que cómpre un plan de choque, tests masivos e que, dunha vez por todas, se bote luz sobre o que acontece nas residencias\"."}
{"ID": "PRAZA_8814", "summary": "O Goberno galego deixa por baixo dos 2 millóns de euros os fondos para financiar actividades como obradoiros de recuperación educativa ou a asistencia ao alumnado con dificultades educativas ou en risco de exclusión social", "text": "No inicio das vagas de recortes aplicadas ao abeiro da crise económica un dos lugares comúns nos discursos dos diferentes gobernos tiña que ver con que sanidade e educación ían ser unha caste de illas no océano das restricións económicas. Pero os diferentes orzamentos foron sendo aprobados e o ámbito social en xeral, e o sanitario e o educativo en particular, tamén sufriron o paso da tesoira. Así, por exemplo, só nos vixentes Orzamentos Xerais da Xunta para 2013 as consellerías sociais asumiron máis do 70% do recorte global e o departamento de Cultura e Educación foi o segundo que máis sufriu a retallada, só superado pola Consellería de Infraestruturas. Con este pano de fondo, os recortes nas grandes cifras percíbense xa no ámbito máis concreto, desta volta nas axudas que reciben os concellos para paliar o abandono escolar. O departamento que dirixe Jesús Vázquez vén de convocar as subvencións para \"o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar nos concellos de Galicia\", unha orde de subsidios que trae consigo un recorte de máis do 14% a respecto do ano 2012. En marzo do ano pasado educación convocou estas axudas por un importe total de 2,09 millóns de euros que, como adoita acontecer, poderían ser ampliados se existía \"crédito\" para facelo. Desta volta convocatoria chegou máis tarde -está datada no 26 de abril e publicouse este mércores no DOG- e fíxoo minguada. Concretamente, queda en 1,79 millóns de euros. A dotación orzamentaria das axudas queda por baixo dos 2 millóns de euros Con este recorte os concellos terán que organizarse para levar adiante obxectivos tan ambiciosos como \"propiciar que o alumnado que abandonou o sistema educativo poida continuar estudos de bacharelato ou de formación profesional de grao medio\", \"atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender\", preparar o alumnado para \"diminuír o risco de abandono ou desinterese\" ante as probas de graduado en ESO ou \"mellorar as competencias básicas no alumnado en risco de abandono escolar\". \"Favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables\", como nenos e nenas inmigrantes ou \"impulsar a coordinación entre organizacións e institucións da contorna para diminuír o abandono escolar\" son outros dos fins financiados. As subvencións financian programas como a atención educativa a colectivos vulnerables ou a asistencia a alumnado en risco de exclusión Malia á tesoirada, Educación mantén o amplo abano de programas subvencionables, tales como \"creación de puntos de información e asesoramento educativo\", \"talleres de recuperación\" para o alumnado de secundaria con \"malos resultados académicos ou desmotivación para o estudo\" e \"aulas de preparación de probas\" para ESO e FP. Tamén se prevé que se poida financiar a creación de escolas de familias con alumnado en risco de abandono ou exclusión social e o desenvolvemento de \"actividades de formación non regrada que favorezan a reincorporación de mozos e mozas ao sistema educativo\". Todas estas actividades terán que ter ser desenvolvidas dende o pasado 1 de xaneiro e ata o 30 de setembro."}
{"ID": "PRAZA_21033", "summary": "A empresaria e o seu irmán foron vacinados en Vigo o pasado 8 de xaneiro, en principio sen coñecemento da Xunta, que afirma que non figuraban na relación de traballadores da empresa que ían recibir a protección contra a enfermidade. A compañía xustifica que ambos os dous directivos están en contacto con usuarios e usuarias dos seus centros.", "text": "Josefina Fernández, a conselleira delegada do Grupo DomusVi, a maior rede de residencias privadas de Galicia, vacinouse contra a COVID-19 de forma irregular nun dos seus centros. Segundo vén de publicar eldiario.es, o pasado 8 de xaneiro foille administrada a vacina na residencia DomusVi Vigo e tres semanas despois a empresaria recibiu a segunda dose, o que lle permite estar inmunizada contra o coronavirus. Canda a ela vacinouse tamén o seu irmán, que forma parte da directiva da empresa.eldiario.es desvelou que a empresaria e o seu irmán foron vacinados en Vigo o pasado 8 de xaneiro e recibiron a segunda dose tres semanas despoisEstas vacinacións foron realizadas, aparentemente, de xeito irregular e sen coñecemento da Xunta, pois Josefina Fernández e o seu irmán non figuraban na lista inicial de traballadores e traballadoras que debían recibir a vacina e que a compañía remitiu ao Goberno galego e foron engadidos posteriormente. Así o asegura a propia Consellería de Sanidade, que sinala que \"entendemos que DomusVi interpreta que ambos forman parte do equipo desta residencia e que deberían ser vacinados. De todos os xeitos, esperamos que a residencia dea explicacións pertinentes\", afirmou en resposta a eldiario.es. Josefina Fernández e o seu irmán non figuraban na lista inicial de traballadores e traballadoras que debían recibir a vacina e que a compañía remitiu ao Goberno galego, afirma a XuntaAmbos os dous uniríanse, polo tanto, á lista de vacinacións iregulares, de persoas que non formaban parte dos colectivos inicialmente decididos polas autoridades sanitarias para obter esta protección. A pasada semana coñeceuse que a alcaldesa de Boimorto (PP) se vacinou na residencia de maiores da localidade. O PPdeG abriulle un expediente disciplinario á alcaldesa, á que suspendeu cautelarmente de militancia á espera de \"explicacións claras\". Porén, a rexedora continúa no cargo. Pola súa banda, DomusVi xustifica a vacinación dos seus dous directivos, afirmando que Josefina Fernández visita \"de maneira continuada\" as residencias que xestiona e está en \"constante contacto\" cos usuarios e usuarias. A empresa afirma que a súa conselleira delegada vacinouse \"seguindo a recomendación dos médicos de DomusVi\" co obxectivo de \"preservar a saúde\" do cadro de persoal e das persoas residentes nestes centros. Así mesmo, xustificouse a vacinación do seu irmán con argumentos semellantes. DomusVi xustifica a vacinación dos seus dous directivos, afirmando que Josefina Fernández visita \"de maneira continuada\" as residencias que xestiona e está en \"constante contacto\" cos usuarios e usuariasA nova da vacinación irregular da conselleira delegada de Domus Vi e do seu irmán provocou xa reaccións políticas e o BNG esixiu da Xunta \"explicacións inmediatas\" e \"a depuración de todas as responsabilidades\". A deputada Olalla Rodil afirmou que o Goberno galego \"non pode tirar balóns fóra e facer coma que isto é un problema da empresa e que non vai co goberno\". \"É responsabilidade da Xunta garantir que as vacinas chegan seguindo escrupulosamente os plans de vacinación. E neses plans ningunha empresaria nin o seu irmán son colectivo prioritario\", engadiu Rodil.De igual xeito, o PSdeG considerou \"inadmisible e inaceptable\" a vacinación de Josefina Fernández e anuncia que pedirá explicacións á Xunta no próximo Pleno do Parlamento, afirmando que o feito constitúe un \"insulto á cidadanía, aos traballadores e ás vítimas desta enfermidade\". Os socialistas subliñan que Fernández \"non é persoal asistencial que deba ter contacto cos residentes nin cos traballadores e traballadoras\" das residencias. Récord de contaxios nos seus centros e acusacións de relación privilexiada coa XuntaAs residencias galegas de DomusVi foron algunhas das instalacións que rexistraron máis gromos, sumaron máis contaxios e acumularon un maior número de mortesDomus Vi xestiona en Galicia 18 residencias privadas e outras 12 de titularidade pública pero con xestión privatizada. En total, son máis de 200 centros en toda España, o que a converte nun dos principais grupos do sector en todo o Estado. Parte da estrutura de DomusVi procede da rede de centros Geriatros, propiedade das antigas caixas de aforros, e que acabou en mans de multinacionais e fondos de investimento.Dende o inicio da pandemia, as residencias galegas de DomusVi foron algunhas das instalacións que rexistraron máis gromos, sumaron máis contaxios e acumularon un maior número de mortes. Entre elas destacan os centros de Cangas, Vigo, Santiago, Vimianzo, Carballo, Outeiro de Rei e Ribadumia, que suman centos de contaxios e unha moi elevada cifra de falecementos.A xestión realizada polas residencias de DomusVi durante a pandemia foi moi criticada por asociacións de traballadoras e de usuarios e familiaresA xestión realizada polas residencias de DomusVi durante a pandemia foi moi criticada por asociacións de traballadoras como Trega e de usuarios e familiares, como REDE ou Vellez Digna, que acusan á compañía de arrastrar eivas estruturais, nomeadamente falta de persoal e de doutros recursos, que levaron a este aumento de casos e defuncións. Estas críticas inciden nos problemas que presenta o actual modelo de xestión privatizada de residencias, maioritaria en Galicia, e tamén na connivencia da Xunta cos prexuntos incumprimentos de DomusVi.Dende hai anos son evidentes as boas relacións entre a empresa e o Goberno galego, que comparten un gran número de contratos de colaboración público-privada. En decembro do ano 2019 Josefina Fernández, CEO de DomusVi, recibiu de mans de Francisco Conde, conselleiro de Economía, o Premio Galicia Global 2019 pola \"internacionalización\" da súa compañía. Josefina Fernández interveu no Parlamento, onde parabenizou á Xunta pola xestión realizada nas residencias, onde morreron xa case 700 persoas usuariasO pasado mes de novembro a propia Josefina Fernández interveu na Comisión sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19 que tivo lugar no Parlamento. Alí non só negou calquera responsabilidade na extensión do virus e nas mortes nos seus centros, senón que cargou contra o Goberno central e en cambio parabenizou á Xunta pola súa xestión, ademais de rexeitar calquera mudanza no sistema de residencias para incrementar o número de centros públicos. \"Non teño vergoña en dicir que a Xunta o fixo ben, porque ademais actuou en colaboración con nós, e os datos así o demostran; quen se avergoñe, é o seu problema\", afirmou na cámara."}
{"ID": "NOS_33276", "summary": "A macro-operación da Garda Civil contra consellarías do Govern \"supón superar todos os límites que poderían facer posíbel chegar a un acordo sobre a cuestión catalá\", declarou Carles Campuzano, portavoz do PDdeCat, a antiga Convergència.", "text": "O Partit Demócrata Europeu Català vai abandonar con carácter imediato todas as comisións parlamentares en que ten representación como medida de protesta perante a macro-operación da Garda Civil contra departamentos do Govern e empresas privadas que supostamente terían recibido encargas en relación ao 1-O. O abandono pode ser temporal, mais o PDeCAT non desbota dar un paso máis e retirar os seus 8 parlamentares do Congreso dos Deputados con carácter permanente. ERC tamén estuda medidas de protesta de similar fasquía. Neste mesmo momento estanse a realizar concentracións convocadas polos colectivos independentistas perante edificios institucionais para denunciar o que Oriol Junqueras ten cualificado como un \"ataque ás liberdades e os dereitos civís dos cataláns\". O que si fixeron ERC e PDECat foi abandonar o pleno do congreso español en protesta pola operación policial contra a Generalitat. Os deputados de Unidos Podemos anunciaron que se concentrarán diante do Congreso español en protesto por este operativo e que posteriormente abandonarán a sesión."}
{"ID": "PRAZA_16426", "summary": "No fermoso camping o ciclista Fernando Escartín era todo un culto: en cada un dos locais había colgada unha foto súa en pleno esforzo", "text": "Os afeccionados da miña xeración aínda puidemos cazar algún retallo do ciclismo doutra época, o dos pedais con cinchas, o dos ataques sen xeito nin futuro e dos pajaróns descomunais. Un dos últimos representantes da estirpe de ciclistas contrafeitos e amantes da pelexa foi Fernando Escartín. Recordo ter un póster del na parede do meu cuarto de bacharel, entre os de Indurain e Álvaro Pino e fronte a un enorme letreiro dos Ramones. No verán de 1995 a familia levoume de vacacións a Biescas, a vila natal de Escartín. Botamos uns cantos días no fermoso camping que había á entrada da localidade, na que o ciclista era todo un culto: na panadería, no bar, sobre o espello do barbeiro, no supermercado, en cada un dos locais había colgada unha foto do tipo en pleno esforzo, sacando aquela chepa tan característica. Escartín era carpinteiro, caía ben e encheu dalgún xeito o oco que deixou a retirada de Indurain. Pero son incapaz de recordalo sen poñelo en contexto, sen pensar que correu na época da EPO e das autotransfusións sanguíneas. Aínda que me parece un tipo honesto e traballador, teño diante unha entrevista de 1998, xusto despois do Tour do affaire Festina e da vitoria de Pantani; Escartín fala do médico italiano que lle leva os adestramentos e de que non se pode correr unha gran volta a auga e espaguetis e non poido evitar experimentar certo desagrado. Mais en 1995 non sabíamos da misa máis que a metade. Eran anos de gloria e os paisanos celebrábano colocando nos chineiros imaxes súas coma se fosen estampas da Virxe. No fermoso camping o ciclista Fernando Escartín era todo un culto: en cada un dos locais había colgada unha foto súa en pleno esforzo A figura sufrida de Escartín acompañoume todo aquel verán. O meu pai, sen dúbida cedendo á miña insistencia adolescente, aceptou levarme con el en varias excursións ciclistas. Nunha delas partimos do camping con destino á montaña. Nos chaos que hai á saída de Biescas eu xa me imaxinaba ascendendo por estradas reviradas e cubertas por pintadas co meu nome, animado polos fans e apupado polos detractores, retorcendo as bielas mentres castigaba aos competidores con dor, dor e máis dor. A realidade foi ben máis prosaica. Recordo que mediada a subida do Monrepós, o porto da xornada, tiven que pedir papas e dicirlle ao meu pai que era mellor dar volta. Apoiado nun sinal de tráfico comín un paquete de galletas con envoltorio incluído. O regreso foi un suplicio, sempre do gancho. Non sei por que razón recordo que pasamos polo lado dun cuartel e dentro soaba unha corneta; de cousas así está pendente un en pleno desfalecemento. Cando cheguei ao camping aquilo pareceume un Shangri-La rodeado de prados e repleto de bocadillos de chocolate. Durante uns cantos días abandonei a pretensión de ser Escartín para converterme nun zampabolos. Xusto un ano despois vimos no Telediario a noticia da riada que levou por diante aquel camping tan bonito e, con el, as vidas de 87 persoas. As instalacións estaban situadas encima do leito dun regato que, coas fortes chuvias, desbordou a canalización e arrasou con todo, tendas, caravanas, coches e campistas. Nunha das imaxes víase a varias persoas medio espidas, camiñando sen rumbo, coma zombis, atravesando entre os cascallos e a lama os prados que o verán anterior a min me pareceran o paraíso."}
{"ID": "NOS_12456", "summary": "Por segunda sexta feira consecutiva, a sección sindical da CIG chama ás persoas que traballan na central de Pull&Bear en Narón a vestir de negro en demanda de melloras na xornada laboral.", "text": "Venres de negro en Pull&Bear Narón. A central da CIG na filial do grupo téxtil Inditex chama ás traballadoras da empresa a acudir aos seus postos esta sexta feira vestidos de negro en demanda dunha xornada laboral que permita conciliar. Nesta campaña, á que están chamadas a participar preto de 200 traballadoras, a CIG denuncia que a produtividade da empresa non pode servir de escusa para non modificar a xornada laboral, xa que, como lembran, nos catro meses de verán xa se permite ás persoas traballadoras saír os venres ás 15.00 horas, que é o que agora reivindican. Logo do éxito da convocatoria da semana pasada, a sección sindical anima ao cadro de persoal a seguir reclamando a mellora da xornada por esta vía. Tamén teñen solicitada unha xuntanza coa dirección de Recursos Humanos de Pull&Bear España que confían en que se celebre en breve."}
{"ID": "NOS_52576", "summary": "O confinamento resultou, dalgunha forma, inspirador para a banda Tiruleque. O seu compositor adaptou a letra dun tema a todo o sucedido co coronavirus e subiron o videoclip a Youtube", "text": "En certo modo, sen restarlle un chisco de gravidade á situación, a corentena serviu para que o compositor da banda de música tradicional Tiruleque, Álex Fente acabara de expremer toda a súa creatividade para o novo disco. Após que chegara 'Outro que tal baila' en 2018, a representante do grupo confirma que as novidades chegarán pronto. Os meses de parón musical serviron para escribir, buscar letras e músicas que deleiten as e os seguidores, e agora \"están a preparar o disco\". Algunha composición sempre queda por facer porque non se sabe onde andan as musas metidas, pero o importante é que o groso do traballo está feito. Desde o grupo falan de \"temas nos que haberá fusión doutras músicas coa tradicional\". Nestas últimas semanas a maior dedicación é a xira, que se retomou con certos recortes pola falta de grandes eventos festivos na Galiza. A data máis próxima para ver a Antón Bueno, José A. Vázquez, Álex Fente Serxo Núñez, Fer Román, Miguel Horjales e Luis García en directo é este 17 de agosto dentro da programación estival da cidade de Pontevedra. \"A xente maiormente vai poder escoitar temas do último disco e recuperarán algúns doutros discos\", destacan. Esa música volverá ás salas de concertos a partir de outubro, aínda que non se descartan novidades porque nestes tempos hai moitas confirmacións a contrarreloxo. Lamentabelmente tamén se dan as cancelacións. Tiruleque deixou no camiño deste 2020 tan estrano recitais na Carballeira de Zas, na festa do pemento de Arnoia... O festival intercéltico de Moaña quedou aprazado... e esta banda é das que traballan \"moito no verán\". Quizais estalles a pesar que son unha formación de sete membros e xase sabe que \"implica máis en temas de seguridade e loxística\". Pero o ánimo e a creatividade nos compoñentes é tal que en abril, cada un desde a súa casa, saiu en Youtube unha versión moi especial do seu tema 'Sansa'. \"Vai lava-las mans por diante e detrás e queda na casa para non contaxiar\", cantaron, recordando sempre que \"xabrón, xabrón contra a infección\"."}
{"ID": "NOS_13511", "summary": "O líder do PSdeG reclama ao presidente da Xunta que \"exerza as súas competencias\" e propoña unha \"localización alternativa\" para a pasteira de Ence.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a \"exercer as súas competencias\" en materia industrial e a propor unha \"localización alternativa\" para a fábrica de Ence instalada en Lourizán (Pontevedra). Así o expuxo a través dun comunicado remitido a medios, tras coñecerse esta sexta feira, 16 de xullo, a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión dos terreos outorgada polo Goberno de Mariano Raxoi, cando estaba en funcións, en 2016. Neste contexto, o líder dos socialistas di respectar a decisión xudicial, que mostra a actuación \"fóra da lei\" do Executivo de Raxoi, e lembra que a posición do PSdeG é a de sacar a pasteira da ría. \"Feixoo ten que buscar mecanismos que permitan manter o emprego na Galiza\", recalcou o socialista, á vez que lamentou que o presidente da Xunta \"perdese o tempo sen anticiparse\" ao fallo da Audiencia Nacional. Alerta do incremento da pobreza na Galiza Noutra orde de asuntos, Caballero puxo o foco esta sexta feira en que o risco de pobreza na Galiza \"está en niveis que non se daban desde a gran recesión de 2008\", polo que reclamou á Xunta políticas \"expansivas\" como \"as aprobadas polo Goberno estatal para dar unha saída inclusiva\" a esta crise, \"que priorice a igualdade, a cohesión social e mais a creación de emprego\". Así se pronunciou o socialista antes dunha reunión con empresariado de Lugo e o presidente da Deputación, o tamén socialista José Tomé Caballero reivindicou as \"políticas expansivas do Goberno español fronte á maior crise\", a xerada pola pandemia do coronavirus. \"Cando non hai diñeiro na economía, na sociedade, nos petos da cidadanía, o Goberno serviu como gran garantía para facer fronte á maior crise\", resaltou. Ademais, valorou a \"capacidade de concertar\" as súas políticas cos axentes sociais. Consciente de que \"moitas empresas están con circunstancias complexas, coa auga ao pescozo\", o líder socialista chamou a atención sobre o impulso do gasto público como \"mellor garantía para poder facer fronte aos trimestres que veñen por diante\". Tren e porto Por parte da confederación de empresarios de Lugo, o seu portavoz, Jaime López, trasladou algunhas das demandas do tecido produtivo, como o eixo Monforte-Lugo-A Coruña en materia de infraestruturas e unha autoridade portuaria propia. Inseguridade na AC-400 Mentres, no Parlamento galego a deputada socialista Noa Díaz presentou varias iniciativas para reclamar á Xunta que leve a cabo obras para mellorar a seguridade na estrada AC-400 ao seu paso por Mazaricos. En concreto, Díaz apuntou ao quilómetro 11, no cruce coa estrada que leva a Arcos e Colúns, no lugar das Paxareiras, pola elevada sinistralidade rexistrada nese punto concreto."}
{"ID": "PRAZA_15157", "summary": "O blog Diario de Palestina recolle un texto do escritor gazatí Ahmed Masoud residente en Londres que di: \"Teño o dereito a retornar. O meu fillo de tres anos ten o dereito a retornar. Non queremos un ceseamento do fogo que nos traia máis humillación, queremos unha paz que nos devolva a nosa dignidade\".", "text": "O blog Diario de Palestina recolle un texto do escritor gazatí Ahmed Masoud residente en Londres que di: \"Teño o dereito a retornar. O meu fillo de tres anos ten o dereito a retornar. Non queremos un ceseamento do fogo que nos traia máis humillación, queremos unha paz que nos devolva a nosa dignidade\". \"Mamá, por que non morremos a última vez?\". A miña irmá describírame como se sentía o seu fillo de seis anos, pero non oíra nada ata que me dixo isto. Quedei calado un cacho mentres ela seguía falando ao teléfono, describindo os lugares bombardeados ata o momento. De fondo podía oír fortes explosións achegándose máis e máis. Mandeille os meus mellores desexos e colguei o teléfono, pensando profundamente no neniño que non quería estar vivo. Entendo o medo, que eu mesmo vivín na pequerrecha Faixa de Gaza da miña infancia e xuventude. Pero o meu medo era sempre que me matasen. O medo do meu sobriñiño é a sobrevivir. \"Non hai enquisas dabondo sobre a xente que vive un medo atroz, sobre as esperanzas perdidas, sobre as crianzas que mollan as camas cada noite, sobre a ira que todo isto provoca a diario\" Poden difundirse milleiros de estatísticas para escribir sobre a situación en Gaza e \"explicala\": sobre a escaseza de alimentos, a subministración de medicamentos non permitidos, a falta de auga e electricidade, os anos de asedios inacabables, o número de vítimas, as feridas, os arrestos, os asasinatos. Todos elas son cifras magoantes que poden poñer as cousas en contexto. Con todo, non hai enquisas dabondo sobre a xente que vive un medo atroz, sobre as esperanzas perdidas, sobre as crianzas que mollan as camas cada noite, sobre a ira que todo isto provoca a diario. Por primeira vez, non sei que escribir. Talvez estea a volverme coma o meu sobriño, non querendo ser unha viva testemuña desa mesma opresión que se repite unha e outra vez; o mesmo escenario Por primeira vez, non sei que escribir. Talvez estea a volverme coma o meu sobriño, non querendo ser unha viva testemuña desa mesma opresión que se repite unha e outra vez; o mesmo escenario; as mesmas eleccións; os mesmos ataques; a mesma propaganda política; as mesmas caras dos portavoces do exército israelí, con roldas de prensa ben estudadas e acento americano perfecto; os mesmos xornalistas da BBC entrevistando israelís sentados en Tel Aviv, tomando cafés e croissants, seguido dos mesmos fragmentos acelerados de palestinos molestos e cuns veciños cuxas casas acaban de ser arrasadas e cuxos nenos agora están mortos. Aínda estou aquí, en Londres, a milleiros de quilómetros de distancia da miña familia no campo de refuxiados de Iabalia, en Gaza; sen ganas de ir a cama pola noite, por se algo malo lles pasa e o descubro nas novas da mañá; escondéndome da xente; pasando horas en novas canles, facebook e twitter; tratando de seguir a pé xuntilla cada anaco de información que chega de alí. Véxome a min mesmo como un refuxiado entre as páxinas de internet, buscando e buscando sen fin, na procura da miña identidade. Non sei ben porque está tan contento. Que podería levantarlle o ánimo no medio de tanta destrución? \"Aínda estamos vivos, meu fillo!\" Pero collo o teléfono de novo e falo, con papá desta vez. Asombrosamente, a súa voz é moi forte e fala moi rápido. Non sei ben porque está tan contento. Que podería levantarlle o ánimo no medio de tanta destrución? \"Aínda estamos vivos, meu fillo!\" Contoume da emoción que lle producira que o primeiro ministro exipcio, Hexam Qandil, visitase Gaza. Dixo que nunca quixera que os exipcios, ou ningún outro, \"loitase a nosa loita\" (\"Temos homes dabondo para facelo!\"); o único que quería é que non estivesen contra nós. Mentres falabamos, as novas de última hora din que a resistencia derrubara un F16; aplaudiu, miña nai ouleou. \"Tentámolo todo e de nada serviu. Deixamos de lanzar proxectís, fomos á ONU para que se nos recoñecese como estado, falámoslle a todo o mundo sobre o noso sufrimento e de nada serviu\" Pregunteille se iso ía axudar. Dixo que non; \"Israel ten un exército potente!\" Pero entón engadiu: \"Tentámolo todo e de nada serviu. Deixamos de lanzar proxectís, fomos á ONU para que se nos recoñecese como estado, falámoslle a todo o mundo sobre o noso sufrimento e de nada serviu.\". Entón dixo que \"os israelís deberían matarnos a todos agora ou parar isto dunha vez e por todas, e concedernos o dereito a existir. Deberían deixar de perseguirnos nos arrabaldes dos nosos campos de refuxiados.\" É difícil oírlle a palabra \"morte\" a dous achegados, un sobriño de seis anos e o teu propio pai, de 66. Porén, por algunha razón, non foi moi deprimente. For causa algunha, de súpeto, \"pilleino\" desta vez. A xente de Gaza está a evadirse deste estado de baleiro, non poden seguir atrapados baixo as sombras das política israelís; mellor vivir dignamente ou non facelo. É triste chegar a este estado, dende logo; pero, tal e como apunta meu pai: \"aínda é máis triste quedarse acurralado no noso cuartiño \"seguro\" da casa, preguntándonos cando caerá a seguinte bomba israelí.\" Todo o mundo di que Israel ten o \"dereito\" a defenderse. Ben; nós temos o dereito a existir Coma el, atópome escribindo dun xeito distinto desta vez; non sobre morte e cifras, senón sobre o noso dereito a unha vida digna. Romperei o meu silencio e direi que temos dereito a existir e resistir. Todo o mundo di que Israel ten o \"dereito\" a defenderse. Ben; nós temos o dereito a existir. Sempre e cando ninguén recoñeza a miña patria; sempre e cando non teña unha identidade, rexeitado como un \"refuxiado\" sen estado nin fronteiras, sen nada que dicir sobre o meu propio futuro, seguirei existindo para lembrar que unha terra alí, nalgures, na Palestina que me roubaron. Teño o dereito a reclamala. Occidente apoiou as revoltas en todo o mundo árabe, pero non é quen de apoiar unha nación que leva sendo bombardeada máis de 64 anos Occidente apoiou as revoltas en todo o mundo árabe, pero non é quen de apoiar unha nación que leva sendo bombardeada máis de 64 anos. O Reino Unido quere prover de armamento os rebeldes en Siria, pero dá a luz verde a Israel para lanzar un asalto aéreo sobre a indefensa poboación civil de Gaza. Para os Estados Unidos e o Reino Unido teño o dereito de dicir \"o voso proxecto colonial non triunfou.\" Teño o dereito a retornar. O meu fillo de tres anos ten o dereito a retornar. E ninguén no mundo negaránolo. Igual que a miña xente en Gaza, non queremos un cesamento do fogo que nos traia máis humillación, queremos unha paz que nos devolva a nosa dignidade. Ahmed Masoud Ahmed Masoud é un academico palestino, escritor e director. En 2005 fundou o grupo de baile e teatro Al-Zaytouna. Co escritor e director británico Justin Butcher co-escribiu e co-dirixiu a meritosa obra Vai a Gaza, bebe o mar (2009), representada en Londres e no Edinburgh Fringe, e na Radio 4 da BBC na obra Fuxida de Gaza. É co-director de Cara á ruptura. Vén de gañar o premio dos escritores británicos musulmáns, en 2011, pola novela Días de Gaza. A súa web é: www.ahmedmasoud.co.uk"}
{"ID": "PRAZA_10316", "summary": "O Goberno galego volve evidenciar a súa falta de planificación, criticada polo Consello de Contas, e tras agardar ata o 29 de maio para convocar o concurso, reduce agora de 35 a 22 días o prazo para recibir ofertas argumentando a súa urxencia", "text": "O Goberno galego volve evidenciar a súa falta de planificación, criticada polo Consello de Contas, e tras agardar ata o 29 de maio para convocar un concurso reduce agora de 35 a 22 días o prazo para recibir ofertas argumentando a súa urxenciaA imprevisión da Xunta á hora de contratar helicópteros de todo tipo, sexan de salvamento marítimo, incendios ou sanitarios, vén facilitando que a empresa que opera a maioría deles (Babcock, antiga Inaer, cuxo persoal está en folga contra o empeoramento de condicións salariais) siga a prestar moitos deses servizos con prórrogas ou mesmo sen contrato ata que o Goberno galego decide convocar concursos de renovación. Concursos que a Xunta vén demorando e licitando tarde de xeito reiterado, actuación criticada polo Consello de Contas que tamén quedou reflectida na xustiza. Agora o Goberno galego volve evidenciar a súa falta de planificación e, tras non convocar ata a semana pasada o concurso para contratar dous helicópteros contra o lume, vén de acelerar o proceso que xa estaba lanzado con outros prazos argumentando, xa iniciado o mes de xuño e ás portas do verán, a \"imprevisibilidade\" dos incendios.A Xunta argumenta unha situación de urxencia para restrinxir o prazo de presentación de ofertas tras ser ela mesma a que se situou nesa urxencia por non convocar antes o concursoA Xunta convocou o mércores da pasada semana, día 29 de maio, un concurso público para facerse con dous helicópteros e as súas brigadas de loita contra o lume por 15,2 millóns de euros máis IVE ata 2022, prorrogable ata 2024. O anuncio no Diario Oficial da UE contemplaba que as empresas interesadas poderían presentar as súas ofertas ata o día 2 de xullo. Porén só cinco días máis tarde este luns a Xunta publicou un novo anuncio no mesmo diario oficial adiantando esa data máxima de recepción de ofertas ao 18 de xuño.O Goberno galego ampárase nunha excepción contemplada pola lei que permite rebaixar de 35 a 22 días naturais o prazo de recepción de ofertas en casos de urxencia e xustifícao para este concurso \"por tratarse dunha contratación de servizos destinados á cobertura de medios necesarios para a defensa contra os incendios forestais, toda vez que a actividade incendiaria, aínda que destaca por producirse en dúas épocas do ano caracterízase pola súa imprevisibilidade\". Porén, foi a propia Xunta a que non convocou ata agora, ás portas do verán, ese concurso ao que agora restrinxe o prazo para que se poidan presentar ofertas. Isto é, a Xunta argumenta unha situación de urxencia para restrinxir o prazo de presentación de ofertas tras ser ela mesma a que se situou nesa urxencia por non convocar antes o concurso. E faino só cinco días despois de non consideralo tan urxente.Ademais, ao día seguinte de reducir o prazo de ofertas, este martes día 4, a Xunta corrixiu os pregos de condicións técnicas do concurso argumentando un erro nas características dos helicópteros que reclama. Malia esa modificación do concurso con este xa iniciado, o Goberno galego mantén a redución do prazo de presentación de ofertas porque considera que o cambio non é relevante.En 2012 a Xunta chegou a prorrogar sen ningún tipo de relación contractual polo medio a Inaer-Babcock o servizo que viña prestando en anos anteriores pola súa propia imprevisión orzamentaria, segundo constatou un xuízFontes do sector, como en anos anteriores, xa se atreven a prognosticar que o gañador será novamente Babcock, a empresa de helicópteros que presta a maioría dos servizos aéreos da Xunta e que no caso da loita contra os incendios adoita operar en asociación coa consultora Natutecnia.En 2012 o Goberno galego chegou a prorrogar a esa mesma empresa, daquela denominada Inaer, o servizo que viña prestando en anos anteriores, pero desa volta sen ningún tipo de relación contractual polo medio. Así o determinou hai un ano un xulgado, que pola contra considerou que ese proceder ilegal non chegara a ser delito e levantou a imputación por prevaricación que pesaba sobre o director xeral de loita contra o lume, Tomás Fernández-Couto, no cargo desde hai dúas décadas. Naquel auto o xuíz explicaba que a decisión de que os helicópteros de Inaer seguisen a operar sen contrato debérase á imprevisión orzamentaria da Xunta. Previamente o Consello de Contas xa criticara o proceder habitual da Xunta de demorar a convocatoria de concursos para renovar contratos de helicópteros, o que acaba facendo que se prorroguen os anteriores ou se precipiten os novos restrinxindo así a competencia. Contas chegou a pedir á Xunta \"un maior esforzo na procura dunha maior competencia entre empresas\". Agora, pola contra, a Xunta reduce o prazo de presentación de ofertas, o que restrinxe a posibilidade de que se poidan presentar máis empresas."}
{"ID": "NOS_33480", "summary": "Xacarandaina é un dos grupos folclóricos decanos de Galiza. Fundado hai 40 anos na Coruña, polas súas fileiras pasaron algúns dos máis significados músicos folk. O seu labor de recollida e divulgación da memoria musical convértena nunha sorte de arquivo con vida. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 344 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Alguén contounos: 'Hai unha señora en San Martiño de Moldes, en Melide, que sabe bailar, os puntos, os protocolos...'. Saímos disparados para alí. Decatámonos de que había moito por facer. Abríase unha porta que aínda non se pechou\". A porta conducía ao frondoso e en boa parte inexplorado mundo do folclore galego. Era 1982 e o relato cóntao Quique Peón (A Coruña, 1963), daquela 18 anos e acabado de estrear á fronte do grupo de música e bailes tradicionais de Xacarandaina. A asociación cultural coruñesa, pioneira na recollida e divulgación das artes sonoras populares, vén de facer 40 anos. Arquivo que respira, museo vivo, universidade folclórica, Xacarandaina naceu da man dos profesores Rosi Ares e Lino Rivas, de Coros e Danzas da Coruña. Desa asociación importaron os primeiros bailes, xusto antes de comezar as súas propias investigacións. Cumpría viaxar ás fontes, das que aínda manaba abondosa auga, e embotellala para conservala. Sobre ese abono imprescindíbel poderían logo medrar as mil e unha plantas do folk galego. Proba desa tese atópase na nómina de músicos hoxe célebres que pasaron pola agrupación: Bieito Romero de Luar Na Lubre, Sés, Xabier Díaz, Mercedes Peón, Xurxo Fernandes de Radio Cos. Son medio milleiro de persoas en total, calcula Quique Peón, as que fixeron parte do grupo principal. Na actualidade, outras 600 aprenden nas escolas de baile e música, que acaban por nutrir o principal. O impacto da recollida Xabier Díaz (A Coruña, 1969), criado en Fene pero apenas un adolescente fillo de obreiro do naval sometido a regulación cando foi vivir á Coruña, lembra sobre todo \"o impacto\" de ir ás aldeas recoller música tradicional. \"Descubrilo foi fundamental, seduciume, e botei case dúas décadas facendo traballo do campo\", di a Sermos Galiza este músico, cuxo disco Noró (2018) coas Adufeiras de Salitre figura entre o máis celebrado do folk recente. Díaz tiña 18 anos e o seu ingreso en Xacarandaina tamén lle serviu para se adaptar na cidade.\"Botei sete anos e formei parte de todo: fun bailarín, estiven no grupo de gaitas, cantei como pandeireteiro\", fai memoria, \"e coñecín moitos amigos e amigas, algunhas das cales aínda hoxe o son\". Xacarandaina defendía, e defende, unha concepción integral do folclore, en que a música e o baile e o vestiario son pezas que dificilmente se entenden por separado. E que desde a agrupación se esforzan por restaurar e conservar \"en toda a súa pureza\". \"A nivel folclórico hai que ser puro, mesmo un pouco talibán. O traballo debe ser museístico. Museístico e vivo\", afirma, divertido pero en serio, en declaracións a Sermos Galiza, Peón, que dirixe o grupo de música e bailes tradicionais desde novembro de 1982. Nos eternos debates entre continuidade e renovación, entre etnografía e evolución, ten clara a función e o papel de Xacarandaina. \"A agrupación achega a esencia mesma, a cerna, a alma, o máis íntimo e o máis grande da música galega\", explica, ao tempo que concede a máxima importancia ao baile, \"a primeira das belas artes. Antes de falar, o ser humano bailaba\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 344 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_1678", "summary": "Galiza era, desde hai semanas, o único territorio sen axudas directas ás pemes e as autónomas. Agora, cunhas eleccións á volta da esquina, Feixoo anuncia cartos para axudar a este colectivo a adaptar as súas instalacións, pero queda á marxe das accións levadas a cabo por outros gobernos para aliviar a súa delicada situación financeira.", "text": "Un total de 84.665 autónomas galegas cobraron onte, 29 de maio, a prestación extraordinaria pola crise da COVID-19 aprobada polo Goberno español, que ten unha contía mínima de 661 euros mensuais (70% da base reguladora) e exonera temporalmente as traballadoras do pago das cotas á Seguridade Social. Sectores como o comercio, a hostalaría ou a construción son as grandes beneficiarias destas axudas, concentrando case a metade das solicitudes concedidas. Detrás delas hai centos de familias que manteñen a economía do país e que ven con certo estupor como o Goberno galego as deixa de lado mentres noutros territorios do Estado español gozan de axudas directas a fondo perdido. Na Galiza, contan cunha liña de avais para solicitar empréstitos, que máis pronto que tarde terán que devolver e que só serven para elevar aínda máis o seu endebedamento. Moitas destas traballadoras e pequenas empresas están nunha situación crítica. Algunhas delas xa tiveron que baixar definitivamente as reixas do seu negocio ou liquidar as súas pequenas empresas, o que se traduce nunha considerábel destrución de emprego nun momento en que a estabilidade laboral das galegas debería ser a principal preocupación do Executivo de Feixoo. Só no mes de abril, Galiza perdeu 1.629 autónomas, a maior caída en afiliacións desde que hai rexistros Agravio comparativo Pero o peor desta situación é que este colectivo está a ser discriminado en relación a outros territorios do Estado español, onde os Gobernos non dubidaron en saír ao rescate da parte máis feble do seu tecido empresarial. Até onte, cando Feixoo anunciou após a reunión do Consello a aprobación dunha liña de axudas de 16 millóns de euros para sufragar os gastos de adaptación das instalacións onde traballan estas profesionais, Galiza era, xunto con Aragón, o único territorio que non facilita ningún tipo de axuda directa a fondo perdido a estas traballadoras. No resto do Estado español, a contía global das axudas e as características das mesmas tamén varía dun territorio a outro. Así, en Catalunya, as axudas a cada autónoma poden chegar até os 2.500 euros. En Madrid, algo máis, 3.200 euros que o goberno da Isabel Díaz Ayuso, compañeira de filas de Feixoo suma ao pago das cotas de marzo e abril á Seguridade Social. Nas veciñas Asturias e Castela e León, os gobernos rexionais aprobaron unha achega de 400 euros ao mes no caso da primeira e, no da segunda, o pagamento de 60 euros ao mes durante seis meses e de 40% das cotizacións sociais a cada autónoma, unha cifra que aumenta até 427 euros no caso de que non se puidesen acoller ao subsidio por cese de actividade do Goberno español. Cantabria, por exemplo, foi máis orixinal e creou un \"cheque resistencia\" de entre 150 e 300 euros semanais mentres dure o estado de alarma e sempre que manteñan persoal. O orzamento para estas partidas son tamén moi variados. En Andalucía, o montante total é de 50 millóns. En Baleares, onde moitos negocios dependen do turismo, o importe consignado acada os 75 millóns, e en Euskadi as axudas englóbanse nun plan de 586 millóns. 8 millóns para as afectadas por ERTE e maiores de 55 A Xunta ten cartos para axudar as traballadoras, pero de momento prefire destinalos a outros fins. Esta mesma semana, o departamento que dirixe Francisco Conde anunciou unha liña de axudas de 8 millóns de euros que irán destinadas ás traballadoras e empresas en Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que xa gozan das axudas do Goberno estatal, e a maiores de 55 anos afectadas pola extinción do seu contrato. A letra pequena do acordo entre a patronal, os sindicatos e o Goberno galego especifica que esas axudas só irán a parar ás empresas que teñan en marcha un ERTE que afecte a máis de 300 traballadoras, co que quedan fora desta liña, dotada con seis millóns de euros, a meirande parte das empresas galegas, incluíndo pemes e autónomas. O executivo de Feixoo sae así ao rescate das grandes empresas, que son as que deberían ter máis músculo financeiro para poder facer fronte á situación derivada da crise sanitaria da COVID-19. A Xunta trata de vendelo como un xesto de solidariedade coas persoas que máis están a pagar a crise. \"Hoxe, máis que nunca, desde a Administración, os sindicatos e a patronal queremos estar coas persoas que se están vendo máis afectadas pola situación económica e laboral destes momentos\", chegou a sinalar o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ao termo da reunión telemática realizada esta quinta feira. Pero a realidade é que as pemes e as autónomas, un colectivo que representa 99% do tecido empresarial da Galiza, seguen á espera de que a Xunta decida mirar por eles tamén, e non só polas grandes empresas."}
{"ID": "NOS_53775", "summary": "Arríscanse a suspender a proba por responder na súa lingua, e lingua propia de Bretaña, e non en francés. Os estudantes reciben numerosos apoios desde diferentes campos da sociedade bretoa, do cultural ao político.", "text": "Non foi un acto fortuíto, foi un acto intencionado: facer as probas de bacharelato de matemáticas en bretón. Esa foi a decisión de 15 estudantes bretóns de bacharelato de Karaez-Plougêr, un pequeno concello do apenas 10.000 habitantes que fai parte do departamento de Fisterra . Algo que pode parecer en principio tan inocuo vén de provocar toda unha treboada en Bretaña e Francia, pondo a París perante o espello do seu centralismo e uniformismo lingüístico. \"Pasar a proba en bretón é un paso máis para salvagardar a nosa língua\" Estes estudantes bretóns seguiron aquela máxima de Victor Hugo\" Creo o que digo, fago o que creo\". Alumnos das Diwan, un sistema que permite cursar en bretón os 15 anos de escolarización obrigatoria en Francia, atopáronse que na realidade hai atrancos para esa opción: as probas do bacharelato téñenas en francés. A lingua do Estado, a lingua culta, a lingua do ensino. \"É incoherente\", denuncian os alumnos nun texto para recoller apoios nas redes sociais. Probas de materias como Xeografía e Historia pódenas facer en bretón. Mais Matemáticas, Ciencias Sociais ou Economía, non, estas teñen que ser en francés. Perante esta discriminación plantáronse estes 15 estudantes. \"Pasar a proba en bretón é un paso máis para salvagardar a nosa língua\", argumentan. Fixeron os exames de matemáticas en bretón após pedir, en maio, que se facilitase poder realizar as probas nesta lingua, ao que o Reitorado se negou. Non achantaron os 15 alumnos e chegado o día, a finais de xuño, responderon o cuestionario na súa lingua sabendo que se expuñan a poder ser suspensos . Os medios bretóns informaron que os correctores dos exames recibiron instrucións de corrixir só as respostas numéricas da proba, e non aquelas partes escritas. Foi a pinga que rebordou o malestar: en menos de 48 horas recolléronse máis de 5.000 sinaturas en apoio aos '15 de Karaez'. Até o presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, solicitou ao ministro de Educación francés que autorizase a corrección destes exames igual que fai cos realizados en francés. \"Para nós é unha cuestión lóxica: estudamos en bretón desde a nosa infancia, pensamos en bretón, como poden avaliar o traballo que realizamos ao longo da nosa escolaridade se se nos impide realizar o bacharelato en bretón?\", preguntan na exposición de motivos na súa petición de apoios nas redes sociais."}
{"ID": "PRAZA_16917", "summary": "O Concello adquirirá o Pazo de Rianxiño, coa axuda da Deputación e tras a negativa da Xunta a construír a infraestrutura, para adecualo como sede do demandado espazo tras a mediación da plataforma que lidera a reivindicación e o encerro nas dependencias municipais desde o verán pasado.", "text": "Máis de nove meses despois de que comezase o peche no Concello e logo dun ano de intensa loita e protesta na rúa e nas institucións, o centro de día en Rianxo está cada vez máis preto. A pasada semana, a Deputación da Coruña confirmaba unha achega de 600.000 euros para a compra, por parte da administración local, do pazo de Rianxiño, aprobada por unanimidade no pleno de principios de mes. Despois dunha longa batalla veciñal e ante a negativa da Xunta a impulsar a infraestrutura, o executivo municipal apostou por mercar este emblemático inmoble que será a sede dunha demanda masiva da cidadanía, cuxas reivindicacións liderou unha plataforma, na súa maioría composta por anciáns que se manterán no salón de plenos ata que se confirme a operación. O pleno aprobou por unanimidade a compra do pazo de Rianxiño por 1,6 millóns e a Deputación achegará 600.000 euros Na reunión da pasada semana, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, confirmaron un acordo polo que a institución provincial destinará 600.000 euros para a adquisición e reforma do pazo, 300.000 euros xa neste ano para colaborar co Concello na compra e outros 300.000 máis en 2019 para confinanciar as obras de adaptación do recinto e convertelo no desexado centro de día. O total da operación de compra ascende aos 1,6 millóns de euros e o alcalde rianxeiro xa avanzou que buscará a \"complicidade da Xunta\" para completar o financiamento dun proxecto que acollerá as instalacións do centro de día así como outros espazos sociais sobre unha superficie construída de 1.500 metros cadrados e duns terreos que superan os 10.000. Foi un grupo de veciños, integrantes da plataforma polo centro de día, os que contactaron coa orde relixiosa das Franciscanas, donas do pazo desde o último terzo do pasado século, para trasladarlle logo ao Concello a súa dispoñibilidade a vender. Desde o executivo municipal confirmouse a intención e empezaron os contactos. Até agora. Integrantes da plataforma a prol do centro de día contactaron coas Franciscanas para coñecer a súa dispoñibilidade a vender o pazo O rexedor agarda que \"en dez ou quince días\" se faga efectiva a opción de compra. Será daquela cando se poña o ramo á reivindicación e ao peche que comezara o 12 de xullo do verán pasado. Logo, a administración local terá un ano para materializar a compra e aproveitará eses doce meses para ir dando forma á rehabilitación e a toda a burocracia necesaria para o ansiado centro de día. A opción de compra farase efectiva \"en dez ou quince días\"; logo o Concello terá un ano para materializar a compra A loita por conseguilo empezara hai xa un ano cando a veciñanza se organizara facendo manifestacións e recollendo sinaturas. \"Pero sentimos que había que facer algo máis, mobilizarnos ante o desleixo dos políticos\", lembra María José Comojo, voceira da Plataforma polo Centro de Día para Rianxo. Pouco antes do día do Carme de 2017, comezaron o peche no salón do plenos do Concello, onde aínda permanecen máis de trinta persoas que comandan a protesta. \"A media de idade dos que aquí están supera os 70 anos, hai xente de máis de 80... Teñen moito mérito porque tivemos amagos de infarto, lipotimias e ata caídas polas escaleiras, pero pagou a pena\", conta. Pazo de Rianxiño, en Rianxo, futura sede do centro de día / CC-BY-SA Praza Pública Mantéñense todo o día no edificio municipal e fan quendas para que dúas persoas durman alí ás noites. A maioría das encerradas son mulleres e alí seguirán \"ata que se asine a opción de compra e se certifique a operación\". \"Confiamos plenamente, pero aguantaremos ata que se confirme\", di Comojo, que insiste nas reivindicacións e que lembra que \"en Rianxo non hai onde poder facer rehabilitación para os vellos e para optar a outro centro de día da zona podes esperar ata un ano\". Unhas trinta persoas cunha media de máis de 70 anos manteñen desde hai máis de nove meses o peche no salón de plenos do Concello Pero a Xunta sempre negou a construción do centro de día nesta localidade de máis de 11.000 habitantes, alegando que \"é imposible ter un en cada un dos 313 concellos\". \"Nunca compartín esa valoración do Goberno galego, máis cando sempre houbo unha oferta de colaboración do Concello para a cesión de terreos ou espazos, pero nunca cristalizou nin encaixou nas súas políticas\", di o alcalde Muíños. A oposición parlamentarioa acusou o PP de planificar mal os servizos sociais e primar concellos onde gobernan os populares. \"Sempre pensei que, por poboación e demanda, Rianxo tiña que ter este servizo\", insiste. A Xunta negou sempre a construción dun centro de día en Rianxo, onde 20 maiores acoden a outras instalacións da comarca e outras 20 esperan praza Refírese o alcalde ao feito de que, por exemplo, haxa 20 persoas de Rianxo que estean acudindo diariamente a outros centros de día da --na Pobra, Boiro ou Dodro-- e que Servizos Sociais lle confirmen que, polo menos, outras 20 están á espera dunha praza da que non dispoñen. \"As contas non saen\", insiste o rexedor, que aclara que \"este servizo ten vocación municipal e de proximidade\" \"As persoas maiores non poden estar unha hora de excursión na ida e outra de volta\", di. \"Se soubese que non hai demanda, que non hai xente que vaia ir ao centro de día, non teriamos dado o paso\", engade. Mentres desde o Goberno galego negaban o centro, a plataforma manifestouse cada pouco, varias veces ante o Parlamento, de onde mesmo foron expulsados os seus membros. \"Os políticos pensan que non nos movemos pero non íamos permitir envellecer desta maneira, non só por nós senón polos nosos fillos, para que poidan conciliar\", insiste Comojo, que lembra que no colectivo \"hai xente do PP, do PSdeG, de En Marea, do BNG... De todos\". \"Os maiores non son invisibles, están aí, e algún partido debería pensar que non van votar sempre o mesmo por moitas comidas que lles paguen\", advirte. \"Os maiores non son invisibles e algún partido debería pensar que non van votar sempre o mesmo por moitas comidas que lles paguen\" Adolfo Muíños gaba a mobilización cidadá e lembra que \"cando as administracións non atenden, a loita é benvida\". \"Toda esta xente non só ten moito mérito, senón que coa súa pelexa axudou a que se tomasen decisións e que teñamos a complicidade doutra administración no proxecto\", lembra o alcalde, que asegura que o Concello buscará no futuro que fundacións ou outras entidades se sumen á iniciativa. Antiga residencia de Viturro, o cacique que caricaturizaba Castelao A confirmación da operación de compravenda suporía non só satisfacer unha demanda e necesidade da localidade, senón recuperar para o público un espazo emblemático. O Pazo de Rianxiño é tamén coñecido como Pazo de Viturro, en referencia ao seu antigo dono, Manuel Viturro Pose, un coñecido cacique de Rianxo de finais do século XIX e principios do XX que ocupou varios cargos de importancia, como a alcaldía de Noia, o liderado do Partido Liberal rianxeiro ou a secretaría da Deputación da Coruña. O Pazo de Rianxiño é tamén coñecido como o de Viturro, ao ser propiedade durante anos da familia deste cacique local A súa influencia era tal que lle serviu ao Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para sinalalo como o paradigma do cacique local e caricaturizalo e criticalo nalgunha publicación. Era, ademais, o inimigo político de seu pai. O pazo, tras ser construído pola familia Pose a mediados do seculo XVIII (1740), foi adquirido no último terzo do pasado século pola congregación relixiosa Madres Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor, que o empregaba para os seus retiros espirituais ou para actividades, como excursións escolares. Agora, máis de cen anos despois de que o seu antigo dono recibise as críticas no semanario rianxeiro El Barbero Municipal, o Pazo de Rianxiño pasará a ser o gran símbolo da política social da localidade natal do líder político do galeguismo."}
{"ID": "NOS_50571", "summary": "Este número tamén fai unha parada nos entroidos galegos máis destacábeis e fala coa autora Ana Romaní, que publica un novo poemario. Para ler todos estes contidos só tes que preguntar polo semanario, que sae publicado mañá acompañando ao Nós Diario, no teu quiosque. Tamén o atoparás dispoñíbel para a súa lectura na nube a través da nosa tenda en liña.", "text": "Unha das citas ineludíveis dos sábados é a que tes co Sermos Galiza, que esta semana investiga sobre os novos modelos de comunicación audiovisual nunha das súas reportaxes. A través das verbas de Tensi Xesteira poderás saber máis sobre os arquivos de audio descargábeis sobre os máis diversos asuntos. No artigo 'Podcast en galego. A eclosión dun novo formato', a autora fala dun sistema de comunicación á alza. Coincidindo co Día Mundial da Radio ela analiza unha nova oferta máis diferenciada por nichos de mercado, na que calquera pode falar do que desexe e agardar crear unha comunidade. En calquera momento e en calquera lugar, sen escaletas nin horarios fechados como nos programas das emisoras tradicionais que, de feito, tamén se uniron a esta moda. Aliás, non se podían deixar pasar estas datas sen mirar a algunhas das festas que galegas e galegos lembran con máis morriña este ano. Felipe-Senén, con imaxes de Santos, debulla 'As mil caras do Entroido. Cosmogonías da primavera'. O repaso para nalgunhas máscaras das recoñecidas por todas pero tamén noutras celebracións máis escondidas, que poderás comezar a gozar a través das fotografías. A xornalista Montse Dopico entrevista á escritora Ana Romaní, que vén de regresar á escena poética logo de dez anos de silencio. Agora publica A desvértebra coa editorial Chan de Pólvora e, fotografada por Arxina, fala da proposta, da inspiración, do léxico, dos premios... No Andar e Ver, Adela Leiro, Xan Colazo e Mon Daporta -do Colectivo Xea- propoñen un paseo pola 'Ruta dos Cerqueiros nas Fragas do Eume'. E na sección dedicada á literatura, Mario Regueira e Manuel Barreiro fornecen ás lectoras das novas recomendacións, incluídas as de banda deseñada. No capítulo da música, contamos coas crónicas de Olga Brañas e Mario Vilariño, mentres que Andrés Castro volve coa súa habitual sección de cinema. Ademais, esta semana Pepe Barro fai un repaso polo deseño e Lázaro Armental repara na arquitectura. A proposta semanal complétase cos pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Para gozar de todos estes temas só tes que preguntar polo Sermos Galiza que atoparás mañá en quiosques, librarías ou na nosa tenda en liña. A recomendación que facemos é tramitar a subscrición xa para que nunca esquezas o semanario!"}
{"ID": "PRAZA_5066", "summary": "O presidente da Conferencia Episcopal marcha e pon punto final a unha etapa marcada polo seu poder absoluto. O cardeal galego identificou plenamente a Igrexa coa dereita e impuxo o centralismo, un modelo familiar único e unha visión catastrofista da sociedade.", "text": "Non sentan ben as despedidas. Talvez por iso, o cardeal Rouco Varela pronunciou o que foi o seu último discurso como presidente da Conferencia Episcopal coma se este mércores non fose nomearse o seu sucesor. Coma se hai agora un ano os ventos non cambiasen irremediablemente no Vaticano. O arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez, foi o elixido para substituír a quen dirixiu a Igrexa española de 1999 a 2005 e de 2008 a 2014. Rouco despediuse cos seus temas favoritos: a destrución da nación española, o laicismo, o relativismo, o materialismo e a brutal desprotección do matrimonio e da familia cristiás Antonio María Rouco Varela (Vilalba, Lugo, 1936) fixo este martes un novo -e último- exercicio de mando, obviando a Igrexa misericordiosa e afastada do poder e das obsesións que postula desde Roma Francisco, e retomando os seus temas favoritos. A saber: a destrución da nación española, o laicismo, o relativismo, o materialismo e a brutal desprotección que padecen o matrimonio e a familia cristiás. Un discurso confuso, esfiañado e no que non se deu unha mínima concesión á despedida ou á emotividade. E que foi recibido pola Asemblea Plenaria do Episcopado cun aplauso tenso. Tal e como foi a súa chegada á sede da Conferencia Episcopal. Mentres Blázquez, ou mesmo o polémico cardeal Fernando Sebastián eran recibidos con apertóns de mans e palmadas nas costas, a chegada do cardeal só foi recibida por breves murmurios. Triste fin de ciclo para un home que fixo e desfixo como quixo na Igrexa española nas últimas dúas décadas. \"A nación española atópase ameazada por posibles rupturas insolidarias\", asegurou no seu último discurso \"A nación española atópase ameazada por posibles rupturas insolidarias\", foi o cerne do discurso final de Rouco Varela. Unha descrición da actual situación de España en branco e negro, case apocalíptica. \"Sufrimos -dixo Rouco- o envellecemento alarmante da nosa sociedade, co matrimonio e a familia atravesando unha crise profunda; a cultura disgregadora e materialista do ter e gozar percíbese en moitos campos, en particular, respecto dos inmigrantes, afectados, como tamén as clases medias, pola crise cultural e económica; a mesma nación española atópase con graves problemas de identidade, ameazada por posibles rupturas insolidarias; o nivel intelectual do discurso público é máis ben pobre, afectado o relativismo e o emotivismo\". Unha España que está a piques de romper a causa do \"materialismo, do relativismo e do emotivismo\", dunhas lexislacións que atacan sen compaixón o matrimonio e a familia cristiá, \"célula básica de todo corpo social\". Tamén, o ensino católico na escola, que é \"un dereito dos pais\". Non se esqueceu Rouco Varela de clamar contra o aborto e a defensa da vida \"tanto nos comezos da existencia como nos finais\", non sen advertir que \"a Igrexa non reivindica ningún privilexio para ela\". Blázquez, o probable sucesor Este mércores, coa case segura elección de monseñor Blázquez, ponse fin a case dúas décadas de mandato absoluto na Igrexa española, que se traduciu en catro trienios como presidente -de 1999 a 2005 e de 2008 a 2014-, superando sobradamente o cardeal Tarancón. E nun modelo de Igrexa que hoxe, un ano despois da elección do Papa Francisco, preséntase en franca retirada. A marcha de Rouco supón o punto final a unha etapa marcada polo poder absoluto do cardeal O adeus de Rouco -que non é definitivo, pois Bergoglio aínda non lle aceptou a renuncia ao Arcebispado de Madrid presentada en agosto de 2011, en plena efervescencia da Xornada Mundial da Mocidade de Madrid- supón pór o punto e final a unha etapa, probablemente a máis longa que viviu a Igrexa española contemporánea, marcada polo poder absoluto do cardeal, que se converteu nos últimos 20 anos nun auténtico \"vicepapa\" español, con mando en praza e capacidade para nomear e destituír bispos, impor teses políticas e arremeter contra congregaciones relixiosas e grupos de laicos que non se encartasen ás súas teses. Baixo o seu mandato, a Conferencia Episcopal converteuse nun órgano netamente presidencialista e centralista, onde -especialmente baixo a portavocía do seu bispo auxiliar, Juan Antonio Martínez Camino- nada se facía sen a aquiescencia do cardeal de Madrid ou o seu fiel colaborador. O resultado foi a plena identificación da Igrexa española cunha opción política de dereitas, un modelo de familiar único e exclusivo -o mal chamado tradicional- e unha visión catastrofista dunha sociedade española marcada pola secularización, e unha Igrexa martirial e perseguida. O seu mandato estivo marcado pola plena identificación da Igrexa coa dereita, un modelo de familiar único e unha visión catastrofista da sociedade Rouco Varela foi o home de confianza de dous papas. Tanto Xoán Paulo II como Benedito XVI confiaron cegamente -máis Wojtyla que Ratzinger- no cardeal de Madrid, quen desde a atalaia da Congregación de Bispos foi, durante unha década, o home que decidía os nomeamentos -e destitucións- episcopais en España. Os fillos de Rouco Hoxe, boa parte dos prelados do noso país son fillos de Rouco Varela. Unha herdanza difícil para o seu sucesor, e para o modelo que, desde hai un ano, está a postular desde Roma o Papa Francisco. Unha primavera eclesial que, polo momento, resístese a chegar ao noso país. Rouco é, sen dúbida, o tapón para os novos aires. Durante dúas décadas, o cardeal de Madrid creou un modelo de Igrexa de resistencia fronte ao impacto do laicismo e o secularismo. Un modelo que buscaba \"gañar a rúa\", para o que se entregou aos movementos eclesiais máis conservadores -tamén, os máis activos-, especialmente o Camiño Neocatecumenal, que logrou encher manifestacións, misas públicas en Colón e tamén, en boa medida, a JMJ de Madrid de 2011, sen dúbida, o gran éxito mundial de Rouco Varela. Cargou contra os que non comulgaban cos seus postulados desde os seus púlpitos da Cope e 13TV A través dos seus púlpitos -a Cadena Cope e, posteriormente 13TV-, o cardeal de Madrid cargou contra aqueles que, mesmo dentro da Igrexa, non comulgaban ao cento por cento cos seus postulados. O Nuncio Montero, o cardeal Sistach ou os bispos Sánchez ou Uriarte foron case defenestrados desde os micrófonos episcopais, mentres se daba cancha a grupos de ultradereita ou calaba ante as traxedias da inmigración ou de defensa de colectivos desfavorecidos. Os teólogos, xunto aos relixiosos, foron os outros sectores que máis sufriron a ortodoxia promovida por Rouco Varela. A lista é interminable: desde Castillo y Estrado a Marciano Vidal, pasando por Juan José Tamayo ou, máis recentemente -e xa sen alcanzar os seus obxectivos- José Antonio Pagola. Marcha sen dicir adeus, sabedor de que mentres o Papa non o xubile seguirá mantendo parte da súa cota de poder Editoriais, congregacións, universidades católicas, sacerdotes \"de esquerdas\" tamén padeceron persecucións dun home que, en cambio, gañaba moito nas distancias curtas, onde se mostraba afable e mesmo cariñoso. E que marcha sen dicir adeus, talvez pensando -non sen razón- que mentres Francisco non o xubile, seguirá mantendo parte da súa cota de poder. Pero o tempo do cambio na Igrexa española xa chegou. Este martes, polo menos, comezou o das despedidas."}
{"ID": "PRAZA_19416", "summary": "ENTREVISTA | Juan Manuel Díaz Villoslada, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario do PSdeG, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta na serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.", "text": "Logo da nova lexislación imposta en 2014 polo Goberno central á acción exterior do resto de administracións, a Xunta aprobou a finais de 2015 un decreto co que regulou esa área competencial e determinou a elaboración da primeira Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex), documento que pretende superar anteriores reflexións globais ou estratexias parciais. O Goberno galego someteu a finais de 2016 a exposición pública o borrador desa estratexia, de 180 páxinas, que espera aprobar ao longo de 2017. Praza Pública e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) entrevistan sobre a proxección internacional que queren para Galicia ao director xeral de Relacións Exteriores da Xunta e a responsables na materia dos grupos da oposición. Juan Manuel Díaz Villoslada é portavoz en materia exterior do grupo parlamentario do PSdeG \"Persoalmente me parece fundamental que a Egaex teña unha axenda específica en materia de investigación e transferencia\" Que aspectos positivos e cales negativos atopa no borrador da Egaex? Positivo, a propia existencia da Egaex. Pero chama a atención o volume do documento, unha sucesión ás veces interminable de parágrafos cunha visión administrativista, sen que se reflicta unha estratexia en si mesma. É excesivamente extenso para ser un documento estratéxico e executivo. Positiva é a importancia da coordinación cos mecanismos de acción exterior do Estado, que o Estado sexa consciente dos problemas que ten Galicia para trasladalos ao exterior. Tamén é moi importante o que supoñen os camiños de Santiago como unha marca, o recoñecemento da lingua, a internacionalización económica ou que se fale profundamente da problemática demográfica. Entre os puntos febles ou negativos, afonda pouco na problemática actual sobre que modelo de Europa queremos. A relación con Portugal focalízase nos temas transfronteirizos e da eurorrexión, que é lóxico, pero iso ten pasado a ser un ámbito case interno. Hai que analizar os impactos do Brexit. Un tema que persoalmente me parece fundamental é que a Egaex debe ter unha axenda específica en materia de investigación e transferencia. O financiamento da investigación xestiónase en termos globais e europeos. O papel da Fundación Galicia-Europa apoiando aos nosos investigadores debería ser máis activo. E fálase da cooperación ao desenvolvemento, pero hai que ir a máis no compromiso humanitario. Non podemos admitir a situación actual en materia de refuxiados. Esperamos que a Egaex se mellore nunha futura rolda de consultas cos sectores e os grupos políticos. Pero nós consideramos que a acción exterior de Galicia merece unha lei, non pode quedar no ámbito dun decreto porque se queremos consensuar unha estratexia de todos precisamos un instrumento que sexa unha lei do Parlamento. Fala da coordinación coa diplomacia estatal como algo positivo. A lei estatal de acción exterior non supón un freo ás aspiracións de Galicia nese ou noutros ámbitos? É certo que a lei estatal igual non dan suficiente saída ás necesidades de acción exterior das comunidades autónomas, e nese sentido lembro que nós no programa electoral levábamos a necesidade de instar ao Goberno a unha mellora da lexislación estatal nesa materia, que faga que esa acción exterior sexa máis compartida. En determinados ámbitos xeográficos nós temos máis presenza, sexa por razóns económicas o por ser países de acollida da nosa emigración. A Egaex aposta por mellorar a relación con diversos países de lingua portuguesa, pero o borrador non fai referencia, máis que nun anexo, á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) como tal, malia que o propio presidente Feijóo prometeu que traballaría para a incorporación de Galicia á organización. Por outra banda, a CPLP agrupa estados soberanos e as súas áreas de actuación van máis alá da lingüística. A que debería aspirar Galicia nese ámbito? Nós aí tamén pedimos unha maior integración nesta comunidade. O documento, aparte de Portugal, fai algunha referencia ás novas relacións con Angola, Cabo Verde ou Mozambique. É dos temas nos que eu creo que haberá que afondar nesta mellora do documento. Un tema que tampouco trata moito a Egaex é o dos países nos que hai centros da emigración. Hai un patrimonio importante no que habería que traballar con decisión e planificación. E logo a estratexia precisa memoria económica e cronograma. Supoñemos que está en fase de elaboración. \"A estratexia precisa memoria económica e cronograma de debemos tratar de mellorar a estrutura e o curriculo do departamento e o persoal dedicado á acción exterior\" A súa especialización profesional foi en parte a xestión de recursos humanos. Como valora a dotación de persoal e o rango administrativo actual da Dirección Xeral de Relacións Exteriores? Os recursos sempre son escasos. Se se puidera mellorar a posición orgánica e as capacidades de recursos humanos en termos sobre todo de internacionalización tanto da Dirección Xeral como da Fundación Galicia-Europa, sería moito máis salientable. Hai que ser capaces de ter tanto en Galicia como en Europa un organigrama máis estruturado e potente. Os profesionais que están fan o mellor traballo que poden, pero é un ámbito no que temos que tratar de mellorar a posición en termos de estrutura e curricular do persoal. E hai que empezar a posicionarse para os fondos europeos para despois de 2020. Galicia non está a xestionar todo o ben que o tiña que facer os fondos europeos en taxas de reembolso se comparamos con outras comunidades autónomas. A situación se pode complicar moito. A inestabilidade interna na súa formación pode limitar o papel do PSdeG como interlocutor na elaboración da Egaex? En termos parlamentarios non. Na primeira comparecencia no Parlamento do director xeral presentámoslle as nosas liñas básicas. Participaremos na Egaex cando a estratexia estea documentada e contrastada co mundo académico, cos sectores e expertos. O que si insistimos é en que debemos ir a un proxecto ou proposición de lei que eleve o rango da acción exterior. Esa inestabilidade do PSOE, á hora de traballar na Egaex dentro do Parlamento non vai haber ningún tipo de atranco. O grupo está traballando de forma compactada."}
{"ID": "NOS_18030", "summary": "En maio de 2019, varios xogadores que pasaran por Primeira e Segunda División foron detidos pola Policía Nacional como supostos membros dunha organización criminal dedicada ao amaño de partidos de fútbol para obter beneficios en apostas deportivas.", "text": "O xuíz de instancia e instrución número 5 de Huesca comunicou onte pola mañá aos representantes legais do futbolista ourensán Borja Fernández que xa non figura como investigado no caso Oikos. O auto dita o sobresemento provisional da causa contra el, case ano e medio despois de ser detido pola súa suposta participación nunha trama de amaño de partidos e apostas deportivas ilegais. Borja Fernández queda desta maneira fóra do proceso e é exonerado do seu status de investigado, nunha decisión que levou a alegría tanto ao deportista como á súa contorna xa que se trata dun \"feito inaudito\": este tipo de decisións habitualmente non se producen até o final da instrución ou até que ten lugar o xuízo. Fernández é o único dos acusados da Oikos que non irá a xuízo. \"Non existe unha convicción de entidade suficiente, deriva de xuízo lóxico indutivo solidamente construído, que permita unha imputación formal e, no seu caso, apertura do xuízo oral\", explica o auto. Con esta decisión, o ex xogador do Real Valladolid, do Real Madrid, do Mallorca, do Getafe ou do Deportivo da Coruña poderá retomar agora a súa carreira profesional tras se retirar en maio de 2019 como futbolista en activo no partido ante o Valencia que, ademais, supuxo o estalido da operación Oikos. Borja Fernández, dixo, ten previsto agora emprender unha batería de accións legais para reclamar danos e prexuízos polas acusacións vertidas contra el durante todo este tempo. Antecedentes En maio de 2019, varios xogadores que pasaran por Primeira e Segunda División foron detidos pola Policía Nacional como supostos membros dunha organización criminal dedicada ao amaño de partidos de fútbol das categorías máis importantes do fútbol español para obter beneficios en apostas deportivas. Todo comezou tras a denuncia da Liga en maio de 2018 por supostas irregularidades detectadas no partido que disputaban o Huesca contra o Nástic de Tarragona e a súa relación coas apostas deportivas. Precisamente, o amaño deste partido de Segunda División chegou a disparar as apostas, até o punto de que o volume de diñeiro chegou a ser até 14 veces máis elevado ao que normalmente é habitual para esa categoría. Ese encontro acabou con vitoria do Nàstic (0-1) sobre o Huesca. O equipo oscense xa ascendera a Primeira División, e o Nàstic estaba a 29 puntos. O Comité de Competición incoou un procedemento disciplinario extraordinario a ambos os dous equipos. Tras a denuncia da Liga, a Policía abriu unha investigación e descubriu irregularidades en polo menos outro partido, o disputado no Estadio José Zorrilla de Valladolid entre o equipo da cidade e o Valencia. Nese choque, o conxunto pucelano, que ascendera a Primeira División nesa tempada, perdeu por 0-2. Entre as persoas detidas estaba Borja Fernández e tamén o ex xogador do Real Madrid, o valenciano Raúl Bravo, considerado o líder da suposta trama. Fernández retirárase nese momento tras xogar as dúas últimas tempadas no equipo valisoletano e ser o seu capitán. Tamén foron arrestados Carlos Caballero, xogador do Fuenlabrada; Samuel Saiz, do Getafe; Carlos Aranda, ex xogador de varios equipos de Primeira División; Íñigo López, do Deportivo da Coruña; Agustín Lasaosa, presidente da Sociedade Deportiva Huesca, e Juan Carlos Galindo Lanuza, xefe dos servizos médicos do clube oscense."}
{"ID": "NOS_25936", "summary": "Malia a súa perda de relevancia e influencia na política internacional a partir da década de 1980, Movemento de Países Non Aliñados ─a alianza de países alternativa nacida no mundo polarizado da Guerra Fría─ continuou a súa actividade desde a súa primeira cimeira en 1961. A evolución da orde mundial pode facer que nos anos vindeiros recupere voz e voto. Esta semana desenvolveu a súa 60ª cimeira.", "text": "O traballo multilateral a nivel global, a cooperación internacional e a solidariedade son vitais para afrontar os problemas que afectan en maior medida a sociedade moderna, xa sexa a pandemia da Covid-19 como as tensións políticas entre países. É a principal conclusión recollida no manifesto do Movemento de Países Non Aliñados (NAM, en inglés), reunido en Belgrado esta semana no 60º aniversario da organización con maior representación de Estados do mundo despois de Nacións Unidas. Uns 500 delegados dos 120 países membros e dos 18 observadores ─ademais de 10 organizacións─ participaron na xuntanza organizada na capital serbia, baixo a actual presidencia de Acerbaixán, país que ingresou na NAM en 2011 e acolleu a última cimeira, en 2019. O seu ministro de Exteriores, Jeyhun Bayramov, foi o encargado de ler o manifesto. \"A crecente tensión política\", \"a falta de respecto polo dereito internacional\", \"o aumento da discriminación que non cesa\", \"o racismo e a xenofobia\", \"a actual pandemia da Covid-19 e o seu impacto negativo nas condicións socioeconómicas de todos os países\" e \"o cambio climático\" foron os principais temas abordados durante a cimeira. Neste sentido, Bayramov, afirmou que \"as delegacións participantes salientaron a importancia de mobilizar os esforzos globais no marco do multilateralismo, da cooperación internacional e da solidariedade\", co obxectivo de afrontar estes asuntos de \"preocupación global\". Tamén houbo unha contundente e expresa crítica ao 'embiguismo' na inoculación contra a Covid por parte dos países máis ricos do mundo, e fíxose un chamamento a \"retirar os obstáculos inxustificados á exportación de vacinas da Covid-19 e a previr a especulación e a acumulación\". Ao respecto, o secretario xeral da ONU, António Guterres, vinculou a ausencia dun mellor reparto cunha enorme cantidade de mortes evitábeis. O político portugués, nunha videomensaxe, salientou a vixencia e especial importancia da existencia do NAM nestes momentos de incerteza compartida a nivel mundial, con graves problemas como o cambio climático, a contaminación ou a perda de empregos. Retos que persisten Neste sentido, o ministro de Exteriores de Indonesia, Retno Marsudi, manifestou que os retos que o mundo afrontaba cando o NAM foi fundado non só persisten hoxe, senón que mesmo se multiplicaron. Así, lembrou que un dos principios fundacionais era atinxir a igualdade entre todos os Estados e defendeu que \"cómpre que todos cooperemos ante retos como a pandemia e o cambio climático\". Ademais, nesta 60ª cimeira fíxose unha condena á \"coerción unilateral\", unha idea fundacional do NAM. Resumíaa en 1979, na VI conferencia desenvolvida na Habana, o entón presidente cubano, Fidel Castro: \"A quinta esencia da política de non aliñamento, de acordo cos seus principios orixinais e carácter fundamental, leva parella a loita contra o imperialismo, o colonialismo, o neocolonialismo, o apartheid, o racismo ─incluído o sionismo─, e calquera forma de agresión, ocupación, dominación, inxerencia ou hexemonía estranxeiras, así como a loita contra as políticas de gran potencia ou de bloques\". Nacemento dun \"terceiro bloque\" anticolonial, á marxe dos EUA e da URSS Belgrado volveu acoller a cimeira do NAM como hai 60 anos, cando aínda era capital de Iugoslavia. Daquela o mundo estaba inmerso na descolonización de África e Asia. O primeiro ministro indio, Jawaharlal Nehru; e os presidentes iugoslavo, Josip Broz Tito; exipcio, Gamal Abdel Nasser; ghanés, Kwame Nkrumah; e indonesio, Sukarno, puxaron por este \"terceiro bloque\" á marxe dos liderados polos EUA e a URSS. Porén, comezou a perder peso na década de 1970, cando algúns membros comezaron a tomar partido por un dos bloques enfrontados. A morte de Tito en 1980, e o colapso do bloque comunista e as guerras étnicas en Iugoslavia desde comezos da década de 1990 supuxeron a perda progresiva de influencia do NAM. Con todo, a actividade continuou durante todo este tempo, con reunións periódicas para tratar temas de impacto mundial."}
{"ID": "NOS_19310", "summary": "PCP e Bloco de Esquerdas exigem eleições antecipadas após a rotura do governo trás a demissão do ministro Paulo Portas. O primeiro ministro Passos Coelho não se demite nem aceita a demissão de Portas.", "text": "A demissão do ministro de Assuntos Exteriores e líder dos democrata-cristãos que garantiam a maioria política na Assembleia da República pôs em situação crítica o governo de Passos Coelho, mais este negou em todo momento que vaia demitir e mesmo rejeitou aceitar a saída de Portas. O Partido Comunista Português convocou uma marcha sob o lema «Dissolução da Assembleia da República. Eleições Antecipadas» para esta quarta feira às 18:00 h em Lisboa e afirmou através do seu Secretário-Geral Jerónimo de Sousa que \"não há saída democrática sem a dissolução da Assembleia da República e a convocação de eleições antecipadas. O povo português deve continuar a luta até à derrota final deste governo\", concluiu. O PCP convoca para hoje em Lisboa uma marcha sob o lema \"Dissolução da Assembleia da República. Eleições Antecipadas\" Assinala Jerónimo de Sousa que as demissões de Portas e também do ministro de Finanças Vítor Gaspar representam \"o esboroamento definitivo de um governo e de uma maioria ilegítimos e à margem da lei e de um primeiro-ministro obcecadamente agarrado ao poder.\" O PCP entende que não há \"nenhuma outra saída digna e democrática que não seja a da imediata dissolução da Assembleia da República pelo Presidente da República e a convocação das eleições\" e fala de \"inaceitável espetáculo de degradação política e institucional, a ser cúmplice de um governo e uma política que estão a conduzir Portugal e os portugueses para o abismo\". Fruto de luta e greve O Bloco de Esquerda por meio de seu porta-voz, João Semedo, considerou que a rotura do governo é fruto da \"luta dos portugueses contra as políticas de austeridade, recessão e desemprego\" do executivo de Pedro Passos Coelho e Paulo Portas. A luta dos professores e a greve geral estariam na base da debilitação do governo português, ao seu ver. \"Esta luta continuará enquanto persistir a política de austeridade e enquanto houver governo de Pedro Passos Coelho\", assegurou o líder do Bloco de Esquerda. A demissão do ministro das Finanças responde, ao seu ver, à uma \"pesadíssima derrota da política do Governo de Pedro Passos Coelho e da sua política de austeridade, de recessão e de desemprego\", acentuou. A CGTP chama a uma manifestação para o sábado para forçar a demissão do governo Também o secretário geral da central sindical CGTP-IN, Arménio Carlos, defendeu que o governo não pode continuar diante do destino do país e solicita ao presidente da República que convoque de imediato eleições antecipadas. Pediu a volta para uma alternativa de esquerdas que desenvolva uma outra política em Portugal. Defendem assim que \"a situação de desastre económico e social do país não se ultrapassa com a alteração de ministros, mas sim com uma mudança de política\". Para a CGTP-IN, o futuro do país obriga a uma rotura com a política de direita e o Memorando da troika e demanda uma política alternativa, de esquerda e soberana que conduza o país ao fortalecimento dos setores produtivos e a criação de emprego. A central sindical convocou uma manifestação sábado em Belém. \"Este governo não tem sustentabilidade social para continuar a governar\", disse o líder da CGTP, quem defendeu que o povo o tinha que \"demitir pela força da luta\"."}
{"ID": "NOS_56560", "summary": "As importacións na Galiza incrementaron en maio 55,7%, unha cifra que case triplica o aumento das exportacións, que se situaron en 19,5% nese mesmo mes. As compras a Oriente Medio aumentaron 527% e descenderon 81,6% os encargos a Rusia.", "text": "As exportacións galegas aumentaron 19,5% no mes de maio, en comparación co mesmo período de 2021, mentres que as importacións creceron no quinto mes do exercicio actual 55,7%, segundo os datos publicados esta segunda feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE). A automoción frea o crecemento das exportacións galegas no terceiro trimestre O aumento das exportacións galegas foi inferior ao da media do Estado español, xa que no total estatal estas subiron 28,8% en maio. As importacións aumentaron 47,1% no conxunto do Estado, por baixo do crecemento galego. En concreto, os produtos exportados pola Galiza alcanzaron un valor de 2.514 millóns de euros en maio, mentres que os importados quedaron nos 2.222 millóns de euros. Por iso, a Galiza alcanzou un saldo positivo superior aos 291 millóns. No que vai de ano, o país exportou 11.609 millóns, 22,6% máis, e importou 10.372 millóns, 31,7% máis, cun saldo positivo de 1.237 millóns. O descenso das importacións galegas no que vai de ano ten a súa maior influencia no sector automobilístico, que tamén inclúe os tractores, cunha baixa de 6,8 puntos. Desde xaneiro, os combustíbeis e aceites minerais (12,8 puntos) representan a maior suba de importacións, mentres que os vehículos automóbiles e tractores representan a maior baixa, de 7,5 puntos. Os produtos con maior influencia no incremento das exportacións en maio foron as pezas de vestir non de punto, cun peso de 13,1% do total e unha taxa de variación de 57,6%; seguidas dos combustíbeis e aceites minerais, das prendas de vestir de punto e dos aparellos mecánicos. O mar está detrás dos datos galegos negativos En xeral, o grupo das materias téxtiles e as súas manufacturas representou 24,2% das exportacións galegas en maio. Pola contra, os barcos e embarcacións foron o grupo que máis repercutiu de forma negativa, chegando a caer 12,4 puntos. No apartado das importacións, os produtos que máis influíron no seu aumento foron os combustíbeis e aceites minerais, que representaron 21,3% do peso total, seguido das pezas de vestir non de punto (4,8%) e dos peixes, crustáceos e moluscos (4,2%). Seis zonas de marisqueo de bivalvo están fechadas para a extracción Uns datos que resultan paradoxais, xa que a Galiza é historicamente unha potencia no campo dos efectos navais, así como na produción de produtos do mar como o peixe e o marisco. Destino das exportacións desde o territorio galego Até 81,3% das exportacións galegas en maio tiveron como destino Europa, 37% máis, con 2.043 millóns de euros. As saídas de produtos aos 27 Estados que conforman a Unión Europea (UE) supuxeron, pola súa parte, 74,5% do total. Aliás, destináronse á zona euro 1.610 millóns, 64,1% do conxunto das exportacións, 40,7% máis que no mesmo mes de 2021. Así, aumentaron o total das vendas galegas cara a Francia (18,9%), a Portugal (46,2%), Italia (40,9%), Países Baixos (150,6%) e Alemaña (95,9%), países todos eles onde o téxtil galego é moi apreciado. América supuxo 8,5% das exportacións, con 213 millóns, 52,8% máis, mentres que a Asia enviáronse 113 millóns, 4,5% do total e 18,7% de suba. África supuxo 5,3% das exportacións, con 133 millóns, 22,7% máis. Con respecto ás importacións, máis da metade (52,6%) dos produtos importados pola Galiza en maio procederon de Europa, con 1.169 millóns, 31,7% máis. América situouse en maio en segundo lugar, con 362 millóns, 16,3% do total e un crecemento de 70,2%, seguida de Asia, con 350 millóns, 127% máis e 15,8% do total. Pola súa parte, África supuxo 14,9% do total, con 330 millóns, duplicando o seu dato de maio de 2021. No caso das introducións procedentes dos 27 Estados da UE, no mes de maio representaron 47,6% do total, producíndose unha suba de 37,1% respecto ao mesmo mes do ano 2021, debido fundamentalmente ao incremento das compras a Francia (9,5%) e Portugal (53,8%). As firmas galegas xóganse 200 millóns en exportacións a Rusia e Ucraína Tamén é destacábel o aumento das importacións procedentes de Oriente Medio, de 527,9%, onde ten importancia a venda petróleo e gas; así como o descenso dos produtos que chegan desde Rusia, de 81,6%, importantes para os sectores galegos agrogandeiro e do metal."}
{"ID": "PRAZA_11875", "summary": "Hoxe o capitalismo resulta unha ameaza para o desenvolvemento da vida. Por iso, debemos gañar para o proxecto emancipatorio, sen lugar a dúbidas, a outros sectores intermedios que non se senten identificados coa denominación obreirista tradicional, pero que obxectivamente están na necesidade de sumar as súas forzas para ir a unha sociedade postcapitalista.", "text": "Vivimos tempos difíciles, onde a hexemonía da dereita anega todas as parcelas e parece que carecemos dunha alternativa ao pensamento único institucionalizado co teito de gasto. Quizais, o máis sorprendente sexa ver que nin partidos, sindicatos, nin incluso dende os movementos sociais teñan un contra discurso que sinale o camiño da esquerda, que necesitamos urxentemente para poder provocar unha saída progresista á crise. Hai un factor fundamental que debe ser analizado. O conxunto das forzas políticas e sindicais asumiron por activa ou pasiva formar parte do status quo imperante, institucionalizáronse, dando lugar a uns apparatchiks que fixeron do seu cargo unha profesión, perdendo a referencia da militancia clásica e de servizo ás capas populares da sociedade. De feito reclámanse moitos, representantes dunha sociedade de clase media. Evidentemente, descoñecen o chamado de Pablo Iglesias na fundación do Partido Obreiro contra a mesocracia e advertindo dos riscos de perder a perspectiva da propia emancipación dos traballadores. A necesidade de elaborar un contra discurso fronte ao neoliberalismo simplón imperante obriga a buscar igual que Marx o elemento revolucionario, de transformación social, que vai soportar e impulsar a acción política. Recuperar en síntese a conexión entre as organizacións tradicionais da esquerda coa maioría da poboación. Se ben é certo que o discurso ideolóxico, dende todas as estruturas que participan no deseño da hexemonía conversadora, oculta a realidade da nosa sociedade dividida en clases sociais e con intereses antagónicos, dando lugar ao baixo perfil da nosa democracia e a un Estado de Benestar en cueiros. Unha das cuestións centrais que esquecen as nosas esquerdas, no só a de raíz socialdemócrata, é que un dos elementos básicos de dominación social segue a ser a contradición capital / traballador. Así mentres dende o discurso hexemónico oficial falan da súa desaparición e de que co capitalismo popular - de antes da crise - todos e todas pasamos á categoría de cidadáns, que de algún xeito parecía superar as diferenzas sociais e introducíanos no idílico mundo do consumismo que nos igualaba a todos/as. Dende logo, a clase traballadora – hoxe por riba do 65% da sociedade – non desapareceu, e a acumulación da riqueza, e polo tanto, do poder real en mans das clase altas é moi máis evidente. No medio, queda unha clase media que nas últimas elección puidemos observar como aparca á súa visión radical – democrática, republicana en sentido amplo, en favor de priorizar a súa carteira, achegándose á proposta da dereita que preconizan xentes como o ministro do PP Luís de Guindos, exdirectivo de Lehman Brothers, e a dereita catalá de CiU. Xunto a recuperar a centralidade do discurso da esquerda na clase obreira que aspira á súa emancipación, non hai que esquecer, que isto está tamén inmerso na contradición entre capital / vida. Hoxe o capitalismo resulta unha ameaza para o desenvolvemento da vida. Por iso, debemos gañar para o proxecto emancipatorio, sen lugar a dúbidas, a outros sectores intermedios que non se senten identificados coa denominación obreirista tradicional, pero que obxectivamente están na necesidade de sumar as súas forzas para ir a unha sociedade postcapitalista. Resulta necesario dar resposta ao que é hoxe clase traballadora. Polo tanto, resulta necesario dar resposta ao que é hoxe clase traballadora. Aínda que quizais unha primeira anotación é que á marxe de que un non se sinta ou non queira ser identificado con ela, non queda de seu fóra dela, incluso en contra coa perda da conciencia de clase. Aquí resulta máis doado elaborar o concepto en oposición precisamente á clase social modélica na que a maioría aspira a integrarse e que dende a publicidade comercial véndenos tan ben, en oposición precisamente á clase media. Entón que requisitos deberíamos cumprir para poder integrarnos na desexada clase media? Ter estudios universitarios, ter unha profesión liberal ou similar e que nos reporte un salario alto. Evidentemente, se non se cumpren estes tres requisitos poderase ser parte dos extractos máis altos das clases traballadoras, mais non ser clase media. Non hai que esquecer ca maioría da cidadanía está excluída dos estudios superiores e que o 63% dos traballadores en activo son mileuristas ou menos. Tamén é necesario anotar que traballador/a hoxe non queda reducido aos tradicional sector industrial, é dicir, que estamos ante unha clase social que pode ter un emprego ou non, pero que necesita do traballo para poder vivir, incluídos os/as inmigrantes e os novos/as emigrantes. Pode que resulte máis doado dende a esquerda falar de xente común ou xente traballadora. En todo caso, aí está o elemento que debe reflectir a acción política emancipadora que necesitamos construír."}
{"ID": "NOS_27426", "summary": "O Parlamento peruano debate esta quinta feira a aprobación.", "text": "A renuncia do ministro de Exteriores peruano hai unha semana abriu a primeira crise de Goberno para Pedro Castillo. Abriu tamén outra interna ante a presión exercida por oposición e medios conservadores. Héctor Béjar, exguerrilleiro e sociólogo, dimitía tras as críticas por unhas declaracións en novembro. Nunha charla en internet, sostiña que \"o terrorismo no Perú iniciouno a Mariña\", en referencia aos atentados contra barcos pesqueiros cubanos en 1977 durante a ditadura de Juan Velasco. As palabras, difundidas por un programa de televisión, foron cualificadas de \"manipulación\" por Exteriores, mais a renuncia de Béjar foi \"irrevogábel\". O exchanceler era un dos ministros que a oposición exixía a Castillo mudar para dar o voto de confianza ao Goberno no pleno do Parlamento desta quinta feira, 26 de agosto. Béjar estaba considerado un expoñente da esquerda radical máis próxima a Vladimir Cerrón, o líder e fundador do partido de Goberno, o marxista-leninista Perú Libre. Cerrón, tras Castillo designar substituto, falou con claridade en Twitter: \"O novo chanceler, Óscar Maúrtua de Romaña, non representa o sentir de Perú Libre. O noso partido é un ente integrador e soberano, aposta por unha Latinoamérica unida independente, rexeitando calquera política de inxerencia ou servil\". Bellido e a presión da rúa A designación pode facilitar que o Goberno de Castillo logre luz verde do Congreso, mais está lonxe de ser segura (só ten 37 dos 130 deputados). O seu primeiro ministro, Guido Bellido, presentará na Cámara o programa de Goberno, e é o propio Bellido quen máis repudio xera nos sectores conservadores peruanos. Declarado marxista, está a ser investigado por un suposto delito de apoloxía do terrorismo tras defender publicamente varios membros de Sendero Luminoso, \"grupo terrorista\" no Perú. A dereita volveu saír o domingo ás rúas para manifestarse en contra de Perú Libre e pedir que Castillo marche. Unha intensa campaña que para Béjar, segundo declarou nunha entrevista no diario español Público, supón \"o comezo dun golpe brando\". E a que se produza ─o fracaso de Castillo─ agarda a líder da oposición, Keiko Fujimori, que nas últimas horas buscou paliar a perda de lexitimidade institucional ─tras as denuncias sen probas de fraude electoral─ recoñecendo nunha entrevista na radio peruana RPP a Castillo como presidente, case un mes despois da toma de posesión."}
{"ID": "NOS_53204", "summary": "Amigos da Terra e Amigas das árbores presentaron denuncias sobre a presenza destes vertedoiros en zonas como as proximidades do CHOU ou o Parque da Desidia.", "text": "Amigos da Terra e Amigas das árbores informan da presentación de varias denuncias diante da Consellaría de Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Policía Local de Ourense e Policía nacional adscrita á Xunta por uns vertedoiros incontrolados de lixo e refugallos de restos de obra no denominado *\"Parque da Desidia\", localizado en pleno casco urbano da cidade de Ourense, e nas proximidades do complexo hospitalario da cidade. Na devandita zona hai todo tipo de residuos ocupando máis de 500 metros cadrados da mesma, segundo estes colectivos, con acumulación incontrolada de grandes cantidades de cascallos procedentes de obras, plásticos, illantes con posíbeis restos de amianto, restos metálicos de todo tipo, asfaltos, alquitrán… \"que son altamente contaminantes tanto dos solos como das augas, coa conseguinte contaminación polos lixiviados que poidan estar afectando tamén o Regueiro Fozado que pasa polos arredores da zona\". Todos estes cascallos, refugallos e residuos teñen que ser xestionados de maneira axeitada, e nunca poden ser botados en espazos abertos sen o tratamento preciso por empresa autorizada como xestora de residuos, indican. Todos estes cascallos, refugallos e residuos teñen que ser xestionados de maneira axeitada, e nunca poden ser botados en espazos abertos sen o tratamento preciso por empresa autorizada como xestora de residuos, indican Dáse a agravante engadida, prosiguen ambas as dúas entidades, de que o devandito vertedoiro atopase próximo ao complexo hospitalario da cidade de Ourense e deben evitarse os efectos negativos para a saúde pública e o medio ambiente. \"O Parque da Desidia de Ourense xa se aventuraba para acoller estes vertedoiros, e o Concello de Ourense amosa unha vez mais a súa irresponsabilidade pola falta de vixilancia, desleixo, pasividade e desidia ao permitir ditos vertedoiros.\" declaran dende Amigos da Terra. \"Así a Lei 6/2021 do 17 de febreiro de Residuos da Galiza, recolle que as entidades locais terán competencias para a xestión dos residuos urbanos correspondentes ao seu municipio. Os municipios son os responsábeis da retirada dos residuos así como tamén, do mantemento do aseo e o coidado da localidade, é dicir, deben procurar polo benestar social. As entidades locais teñen un papel importante fronte á xeración e permanencia de vertedoiros ilegais, a vixilancia de sitios con potencial de converterse en vertedoiros clandestinos ou microvertedoiros e a denuncia de verteduras ilegais\". Dende Amigos da Terra e Amigas das árbores demandan ás autoridades competentes que se identifique e sancione aos responsábeis das verteduras e que os devanditos vertedoiros sexan retirados, devolvendo ao seu estado orixinal a zona contaminada."}
{"ID": "PRAZA_7434", "summary": "O PSdeG pide unha \"reunión urxente\" coa SEPI para aclarar os contratos entre estaleiros galegos e a petroleira tras confirmarse o atraso na licitación e as contradicións entre Xunta e empresa desveladas por Praza.", "text": "As dúbidas sobre Pemex volven aparecer no camiño de Feijóo. Pasadas as eleccións autonómicas e despois de que durante a campaña as contradicións entre a petroleira mexicana e a Xunta sobre o encargo dos floteis a Barreras e Navantia semellasen poñer en perigo o acordo, as suspicacias continúan. O atraso na licitación das dúas embarcacións, a revelación de que os contratos son finalmente cunha filial norteamericana e a confirmación adiantada por Praza de que os contratos \"confidenciais\" obedecen a unha \"estratexia\" para asegurarse a contratación nun concurso que non dá chegado non fan máis que incrementar o malestar tanto na oposición como nos traballadores, que desconfían xa do futuro encargo. \"As últimas informacións non fan máis que desmentir os presuntos contratos\", denuncia o PSdeG Así, as deputadas socialistas Beatriz Sestayo, do Parlamento galego, e Paloma Rodríguez, do Congreso, veñen de reclamar unha \"reunión urxente\" cos responsables da SEPI para que aclaren \"dunha vez por todas\" o que está pasando co \"culebrón\" de Pemex. Segundo as parlamentarias, as últimas informacións aparecidas nestes días nos medios no fan máis que desmentir, \"como denunciara o PSdeG desde o minuto un\", os presuntos contratos asinados entre Feijóo e a petroleira. \"Xa non sabemos nin que nome ten, xa que primeiro era Pemex, logo PMI Internacional e agora, polo visto, PMI Norteamérica\", asegura Sestayo en referencia ás informacións de Praza. \"Confírmase tamén outro dos extremos advertidos polos socialistas durante a campaña electoral: como era lóxico polo carácter público da empresa contratante, os contratos terán que ser adxudicados despois dun concurso público, e non asinados por contrato como fixo para gañar unhas eleccións\", denuncia o PSdeG, que destaca o atraso na licitación, derivado do relevo de conselleiros en Pemex tras o cambio de goberno no país azteca. Tal e como revelou este diario -que tivo acceso aos documentos remitidos por PMI ao organismo de transparencia do Goberno mexicano- non foi PMI Internacional a que asinou os contratos cos estaleiros galegos, como se dixera nun principio, senón PMI Norteamérica SA (PMI NASA), que acordou manter en \"estrita confidencialidade\" os acordos con Barreras e Navantia para así \"non poñer en risco a estratexia\" que a devandita filial ten \"para participar no proceso que leva a cabo Pemex Exploración\" e poder así asegurarse a súa contratración no concurso que se levará a cabo nos vindeiros meses. Pemex reitera que se construirán os barcos aínda que non se gañe o concurso, aínda que tamén recoñece unha \"estratexia\" coa Xunta para conseguir a licitación \"Estes contratos foron clasificados como información reservada (...), xa que no caso de proceder á súa difusión poderíanse menoscabar a condución e as negociacións coas contrapartes\", aclara PMI Comercio Internacional no devandito documento, que engade que PMI NASA \"e as súas contrapartes pactaron nos dous contratos que se mantivese con estreita confidencialidade a información derivada dos termos e condicións aí contidos\". Segundo informacións xa reveladas hai meses, a filial de Pemex está convencida de que a oferta conxunta cos estaleiros galegos sería a máis rendible para a petroleira e que reuniría as mellores condicións económicas e tecnolóxicas, o que aseguraría o encargo para Galicia e o que explicaría tamén as xustificacións que PMI Internacional dá ao Goberno mexicano para manter a confidencialidade. \"Revelar a información pode provocar que algún outro participante dentro do mesmo procedemento convocado por PEP aproveite no seu beneficio a presente información co fin de presentar propostas que melloren as condicións pactadas por PMI NASA nos seus contratos\", chega a explicar ao organismo de transparencia azteca. A pregunta é que ocorrerá no caso de que a oferta conxunta de PMI NASA e os estaleiros galegos non gañe o concurso. Nese caso, e segundo aclarou Pemex en varias ocasións, sería a propia filial a que tería capacidade por si mesma para construír os barcos e logo ofrecelos no mercado internacional. Así e todo, é aquí onde políticos e prensa mexicana seguen tendo moitas dúbidas. Segundo fontes aztecas coñecedoras do proceso, \"o asunto do concurso non foi transparente e nin moito menos de coñecen as bases de licitación\". \"Polo momento, os estaleiros galegos xa teñen asinados contratos, que posiblemente se fixeron por asignación directa, como varios dos proxectos que a administración do ex presidente Felipe Calderón estivo realizando antes de que rematase o seu período de goberno\", aseguran as mesmas fontes, que insisten nas sospeitas de que o acordo coas empresas galegas foran froito dun antigo pacto político. Os socialistas advirten de que \"tomará medidas ante as vías e institucións oportunas\" se Feijóo non fai públicos os contratos Por todo isto, e xa por segunda vez, a parlamentaria socialista Beatriz Sestayo vén de presentar un escrito no que esixe ao Goberno da Xunta de Núñez Feijóo que entregue \"xa e sen máis tomaduras de pelo á cidadanía de Ferrolterra\" estes presuntos contratos, que lle están a desmentir unha vez máis. No caso de que non se fagan públicos dun xeito inmediato, Sestayo anunciou que \"iniciará as medidas ante as institucións e vías que considere oportunas\". Dique flotante Por outra banda, a deputada autonómica do PSdeG-PSOE denunciou tamén \"as constantes mentiras en torno ao dique flotante\", que \"unicamente é un compromiso do PP nas campañas electorais\". Para Sestayo, as declaracións efectuadas o pasado martes polos conservadores son unha mostra máis da \"cara dura\" do PP, exemplificada nos compromisos falsos dos dirixentes dese partido coa constitución da comisión de seguimento. \"O único que están a facer é dar largas aos alcaldes e traballadores dos estaleiros e evitar accións claras e contundentes para a construción dunha infraestrutura que suporía un parón á sangría de despedimentos que está a sufrir o naval da ría de Ferrol\", di. \"Os socialistas non estamos dispostos a permitir que o Partido Popular continúe menosprezando, mentindo e ríndose dunha comarca que está a morrer pola desfachatez duns políticos que unicamente están aí para acatar as ordes do seu partido\", manifestou Sestayo. No Parlamento \"estamos a ver todos os días como Feijóo toma o pelo a toda a Galicia, pero se algunha é sangrante e dunha envergadura sen parangón, esta é a do naval de Ferrolterra\", afirmou Sestayo."}
{"ID": "PRAZA_8687", "summary": "Povo galego e povo português existimos, por cima da nossa vontade, condicionados por estruturas imperialistas como a Uniom Europeia e a NATO. E ambos povos vivemos situaçons comuns.", "text": "No dia em que escrevo estas linhas fam-se 167 anos do final de um sonho libertário. Dim que orvalhava debilmente. Dous jovens membros do Batalhom Literário, contemplavam desolados e admirados a saida do General Solís do mosteiro de Sam Martinho Pinário, entregando-se às tropas leais ao ditador Narváez. Era o final de um breve episódio revolucionário que tivera como cenário o nosso país, mas que marcou a história do reino da Espanha, porque em realidade o batalhom chefeado por Solís partiu de Lugo a fazer de Compostela a cidade que iniciasse a revoluçom a nível de todo o estado contra o regime de terror que acaudilhava aquele sinistro militar que se figera homem forte da Espanha. Aquela rendiçom foi o final para as ilusons de cámbio revolucionário de estudantes, inteletuais, labregos, artesanos e trabalhadores. Quando o mundo das luzes e o mundo do trabalho confluim, é porque tenhem razom. Era o final de um breve episódio revolucionário que tivera como cenário o nosso país, mas que marcou a história do reino da Espanha, porque em realidade o batalhom chefeado por Solís partiu de Lugo a fazer de Compostela a cidade que iniciasse a revoluçom a nível de todo o estado Para Solís e o seu batalhom, e suponho que eles nom esperariam outra cousa, a rendiçom supujo a morte. Ganhárom a denominaçom de \"Mártires de Carral\", porque foi alí, concretamente na freguesia de Paleo onde forom passados a fuzil. Há várias versons sobre porquê a execuçom se produziu em Carral, há quem afirma que isto foi assim porque o conselho de guerra ao que forom submetidos os rebeldes se celebrou naquele lugar em secreto, evitando algaradas por parte dos partidários de Solís, e há quem afirma que ainda que oficialmente o que se ia fazer era conduzir os prisioneiros a Lugo, para serem julgados alí, finalmente decideu-se fuzilá-los em Carral extra-judicialmente. Para muitos que apoiárom o levantamento de Solís, que virom a esperança de que as luzes e o pam chegaram às suas vidas, o fracasso do pronunciamento supujo também a morte, a tortura, a prisom ou mesmo o exílio; este foi o caso de Antolím Faraldo, quem teria que fogir a Portugal, até lograr a amnistia, o que propíciaria a sua volta ao reino de Espanha. Ainda assim, morreu a umha idade temperá, e muito longe da sua Galiza natal, em Granada. O espírito de Carral pervive no imaginário do nacionalismo galego, porque no pronunciamento se mencionava à Galiza como comunidade política diferenciada pola primeira vez Em qualquer caso, a morte fai parte do ciclo da vida, como todos sabemos. Nem o espírito do pronunciamento de Solís nem o pensamento de Faraldo caírom no vazio. O espírito de Carral pervive no imaginário do nacionalismo galego, porque no pronunciamento se mencionava à Galiza como comunidade política diferenciada pola primeira vez. Quanto a Faraldo, foi o inspirador do provincialismo, o primeiro movimento político que reivindicou umha territorialidade para a Galiza. Nós, independentistas, nom podemos cair nas mistificaçons nem nas mitificaçons; evidentemente afirmar que aquele pronunciamento de Abril procurava a independência ou a autodeterminaçom da Galiza, nom seria coerente com a realidade. Simplesmente setores do povo galego e da inteletualidade galega se somárom a aquilo e naturalmente Solís, militar espanhol destinado na Galiza, procurou ganhar a simpatia de todos esses coletivos fazendo-se eco das suas sensibilidades. Com efeito, começou alí. Naquele momento. A reivindicaçom da nossa pátria tivo alí o seu germem. Pouco imaginavam os membros do pelotom que fuzilou ao Solís, que os seus disparos estavam a abrir um capítulo da história. 128 anos depois, por aquelas calendas também, no vizinho e irmao Portugal, surge um levantamento popular contra o fascismo. Som os Capitans de Abril os que prendem a mecha, e o povo responde em comunhom. Essa comunhom sela-se com aquele gesto tam cheio de poesia, da vendedora de flores a colocar o cravo vermelho no fuzil (…e há um cravo vermelho no fuzil do militar…) Aquela imagem significava que os militares retornavam à sua condiçom de povo e que o povo unido derrubaria o Estado Novo. A Revoluçom dos Cravos costumamos citá-la aquí na Galiza como um facto contraposto à pactuada \"Transición\" espanhola, da que se vanagloriam os acólitos do regime atual até com chovinismo A Revoluçom dos Cravos costumamos citá-la aquí na Galiza como um facto contraposto à pactuada \"Transición\" espanhola, da que se vanagloriam os acólitos do regime atual até com chovinismo. Isto, ainda sabendo que tivo o seu lance contra-revolucionário depois da derrota de 25-N, tras a que as duas forças burguesas, PS e PSD, blindariam que em caso nengum a Revoluçom derivaria cara ao socialismo. À partir daí, Portugal entrega-se à órbita capitalista, isso sim, no marco de umha República que é produto de umha revoluçom inconclusa e traída, e a Galiza existe também sob a égida do capitalismo, ainda que com a sua soberania seqüestrada polo estado espanhol, um estado espanhol cuja chefatura de estado está em maos dos corruptos e filo-fascistas Bourbons, onde nem se depurou a classe política, nem as forças armadas, nem a administraçom e onde a igreja católica condiciona os poderes públicos, a pesar da proclamada separaçom entre igreja e estado. Povo galego e povo português existimos, por cima da nossa vontade, condicionados por estruturas imperialistas como a Uniom Europeia e a NATO. E ambos povos vivemos situaçons comuns. O incremento, a causa da crise do capitalismo, das diferenças entre pobres e ricos, dos problemas de exclusom social tais como o desemprego e os despejos de moradas, o desposuimento das conquistas sociais, com corte ou supressom de serviços públicos, cortes salariais e de direitos no mundo do trabalho, incremento da pressom fiscal e carestia da vida…som cenários comuns aos dous lados do Minho. Povo galego e povo português existimos, por cima da nossa vontade, condicionados por estruturas imperialistas como a Uniom Europeia e a NATO. E ambos povos vivemos situaçons comuns O que nos une, à parte da sorte ou a desgraça de viver estes tempos, é a necessidade de procurar um destino que nesta beira e na outra necessitamos. A revoluçom. Nom há que exigir-lhe aos próceres do regime que legislem melhor ou de maneira mais acorde com os nossos interesses…há que os banir dos seus cadeirons e fazer arder a Assembleia da República, e o Parlamento Galego, e as Cortes Generales, e as fatorias de legislaçom nas que se legitimam as canalhadas da raposada capitalista. De Carral a Grândola…com destino à Revoluçom!!!"}
{"ID": "NOS_38888", "summary": "Afirman que o goberno local, do PP, lles comunica a última hora que denega a Casa da Cultura para o acto, embora tela solicitado o 8 de abril.", "text": "Os independentistas encausados na 'Operación Jaro' denuncian que goberno local de Noia, do PP, lles denega a Casa da Cultura da vila para unha palestra, o que se lles notificou vía telefónica 48 horas antes da realización da mesma, prevista para este sábado ás 19:00 horas, embora que a solicitude para o seu uso se presentase o 8 de abril, hai 3 semanas. Fontes dos organizadoresdo acto indican que a Casa da Cultura é unha instalación municipal de uso público e que en anteriores ocasións acolleu palestras e actos independentistas e anti-represivos sen problema. \"A nosa sorpresa foi recibir unha chamada dunha funcionaria municipal que, por teléfono, e sen existencia de documento administrativo, notificaba denegación de solicitude\", afirman desde este colectivo, que consideran que nesta decisión da alcaldía hai unha \"motivación política\". Encomendan o alcalde a \"rectificar\" e manteñen a palestra para este sábado, ás 19.00 horas na Casa da Cultura. En caso de non a poder empregar, indican, realizarana na rúa, ao ar libre, e chaman a veciñanza a asistir. Desde o BNG, e vía redes sociais, puxeron a súa sede a dispor dos imputados no operativo para que poidan dar alí a palestra."}
{"ID": "NOS_42666", "summary": "Publicamos as 175 persoas, a título individual e colectivo, que pulan polo lanzamento do novo xornal, que verá a luz en 2019 co nome O diario galego.", "text": "O pasado 24 de novembro Sermos Galiza S. A. fixo público, por medio dun comunicado, a vontade de pór en marcha para 2019 un xornal diario en papel. Manifestamos alí a vontade de levantar este proxecto sobre o marco da pluralidade e do diálogo entre Sermos Galiza S. A. e todas as asociacións e organizacións colectivas que confían nas capacidades dunha Galiza real, na certeza de que esta iniciativa ten que abranxer e ser participada por todas as persoas que conforman a nosa base leitora, a actual e a futura. É así como queremos construír este diario de intereses galegos, profesional e colaborativo, que ofreza información e análise con rigor e perspectiva propia ao servizo, sempre, do pobo galego. A ese proceso de diálogo queremos agora pórlle nomes e apelidos, rostros. Da pluralidade de enfoques e apoios dos que xorde o proxecto dan conta 175 persoas que a título individual ou en representación dunha sociedade ou empresa, acreditan na necesidade e na posibilidade dun proxecto como este. Precisamente, o nome da cabeceira, O diario galego, é froito dos contactos con este grupo promotor. O nome da cabeceira, 'O diario galego', é froito dos contactos con este grupo promotor de 175 persoas O sábado 27 de xaneiro presentaremos publicamente as liñas básicas dun proxecto que se concretará no diario, sen que isto signifique a desaparición do semanario Sermos Galiza. Durante seis meses divulgaremos a iniciativa na seguranza de lograrmos os obxectivos previstos. Xosé Abilleira Sanmartín, presidente da A. C. Maio Longo de Pontevedra Carme Adán Villamarín, profesora de Filosofía Marilar Aleixandre, escritora e profesora na USC Fran Alonso, escritor Henrique Alvarellos Casas, director de Alvarellos Editora Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro Laureano Xoaquín Araúxo Cardalda, tradutor e analista político Celia Armas García, vicepresidenta da Fundación Vía Galego Xosé Ballesteros Rei, director xeral de Kalandraka Editora Nemesio Barxa, avogado e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor da USC Tino Baz, músico e cantautor Justo Beramendi, catedrático emérito da USC Alberte Blanco Casal, ensinante e escritor Alfonso Blanco Torrado, coordenador da A. C. Xermolos de Guitiriz Manuel Bragado Rodríguez, director xeral de Edicións Xerais María Xosé Bravo Sanjosé, presidenta de A. C. Alexandre Bóveda da Coruña Quico Cadaval, actor e director de teatro Xerome Calero Prado, actor e director de teatro Carlos Callón, profesor e escritor Marica Campo, escritora Comba Campoi, investigadora e promotora cultural Xaquín Campo Freire, sacerdote obreiro. Voluntario no cárcere. Escritor. Paula Carballeira, actriz e narradora Pablo Carracedo (Jasper), cantante Lucía Carreira Pérez, presidenta da A. Cultural e Musical Solfa de Compostela Paulo Carril, secretario xeral da CIG Fina Casalderrey, mestra e escritora María Casar, presidenta da A. C. Ergueitos de Sarria Andrés Castro, crítico de cinema Francisco Castro, director da Editorial Galaxia e escritor Nicolasa Castro, profesora de Lingua e Literatura e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Paula Castro, xornalista Ricardo Castro, secretario xeral da CUT Elvira Cienfuegos, ensinante Jorge Coira Nieto, guionista e director de cinema Xoán Colazo, membro do Consello Administración de Sermos Galiza S. A. Gonzalo Constenla Bergueiro, escritor, director da EOI de Santiago e profesor da UVIGO José Alberte Corral Iglesias, escritor e presidente da A. C. O Facho da Coruña María Luz Corral Uzal, bibliotecaria en Oleiros Anxa Correa, Rinoceronte Editora Antón Cortizas Amado, escritor David Cortizo Conde, responsábel editorial de Urco Editora Xoán Costa Casas, presidente-conselleiro delegado do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Ledicia Costas, escritora Xosé Henrique Costas González, director de Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVIGO Manuel Da Cal, agrarista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Kiko Da Silva, director de Retranca Editora e da Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia Henrique Dacosta, escritor e profesor Marta Dacosta, escritora e profesora Concha De la Fuente, produtora na Radio Galega Xosé Díaz Díaz, economista Lois Diéguez, escritor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e presidente Fundación Alexandre Bóveda Afonso Eiré, xornalista e presidente da Fundación A Nosa Terra Rosa Enriquez, profesora e escritora Xosé Ramón Ermida Meilán, investigador e memorialista Mercedes Espiño Amil, dinamizadora cultural e profesora Xosé Estévez, historiador e profesor na Universidade de Deusto Soledad Felloza, actriz, contacontos e fotógrafa Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e escritor Eliseo Fernández, historiador Dores Fernández Abel, profesora e presidenta da A. C. Francisco Lanza de Ribadeo Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da A. C. A Pomba do Arco de Foz Xela Fernández Veloso, traballadora no SERGAS Víctor Ferreira, traballador das artes gráficas Manuel Ferreiro, investigador e profesor da UDC Pura Ferreño Saia, enxeñeira agrónoma Adela Figueroa Panisse, bióloga, escritora e presidenta da Fundación Eira da Xoana Iria Figueroa Torres, estudante de xornalismo e activista estudantil Xosé Ramón Freixeiro Mato, investigador, profesor da UDC e coordenador da Sección Departamental de Galego-Portugués Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor na USC Guadi Galego, música e cantante Elena Gallego Abad, escritora e representante do Colexio de Xornalistas en Pontevedra Amelia Garcia Herbella, xornalista na Radio Galega María Pilar García Negro, profesora da UDC, escritora e presidenta da Federación Galiza Cultura María do Carme García Negro, profesora Ad Honorem da USC Xoán Carlos Garrido Couceiro, escritor e profesor de Filosofía Saleta Goi García, presidenta da Fundación Manuel María Xosé Lois González (O Carrabouxo), caricaturista e humorista gráfico Manuel González Moreira, médico de Atención Primaria e membro de SOS Sanidade Pública Vigo Anxa González Refoxo, profesora, guionista e vicepresidenta da AS-PG Sara Horta, produtora de cinema Bieito Iglesias, escritor e profesor Andrea Jamardo Seijo, editora e responsábel de comunicación Cipriano Jiménez Casas, psiquiatra Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre Fernando Lacaci, presidente de ANPAS de Compostela e vicepresidente de ANPAS Galegas Leandro Lamas, pintor e ilustrador Margarita Ledo Andión, escritora, investigadora e cineasta Rubén Lois, profesor da USC e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. María López Alejos, activista sindical Joám López Facal, economista Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada na USC Antón López Rivas (O Mago Antón), mago e ilusionista Inma López Silva, escritora e crítica teatral Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións Antón Lopo, poeta e editor de Chan da Pólvora Antón Losada, profesor titular da USC e escritor Anxo Louzao, profesor e sindicalista Marcos Maceira, historiador e presidente da Mesa pola Normalización Língüística Bernardo Máiz Vázquez, historiador Pilar Martínez, experta en comunicación Cruz Martínez Vilas, presidenta da A. C. O Castro de Vigo Manuel Martínez Vilas, deseñador Luís Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente Risco Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao Manuel Mera, sindicalista e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Alberte Mera García, secretario da Fundación Terra e Tempo Francisco Miranda, membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Henrique Monteagudo, sociolingüista e profesor da USC José Martinho Monteiro-Santalha, lingüísta e profesor da UVIGO Xan Muras, fotógrafo e deseñador gráfico Tareixa Navaza, xornalista Pilar Neira Martínez, adestradora de fútbol Camilo Nogueira, economista e historiador O leo i arremecághona, cantautor Antonio Oca Fernández, enxeñeiro técnico agrícola Antía Otero, codirectora de Apiario e escritora David Otero, profesor e escritor María do Pilar Patiño Peña, presidenta da Asociación Lingüístico Cultural Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrol Manuel Pazos, memorialista e presidente da A. C. Obradoiro da História de Ordes Ugia Pedreira, cantante Dionisio Pereira, historiador Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Xosé Manuel Pereiro, xornalista María Antonia Pérez, profesora da UDC e presidenta da A. C. O Galo de Compostela Vitorino Pérez, teólogo e filósofo Ana Pérez Davila, activista do movemento veciñal de Vigo Xabier Pérez Igrexas, activista e secretario do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Francisco Xosé Pérez Porto, ceramista Xoán Antón Pérez-Lema, avogado Álvaro Pino, ciclista María Xosé Porteiro, xornalista e escritora Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora Carlos Quiroga, escritor, profesor da USC e vicepresidente da AGAL Xabier Quiroga, escritor Celia Recarey, tradutora en Irmás Cartoné Mario Regueira, escritor e crítico literario Elba Rei Martínez, presidenta da Fundación Uxío Novoneira María Reimóndez, escritora e tradutora Antón Reixa, escritor, músico, produtor e director de cine Rubén Requeixo Ribeira, secretario da A. C. Ourense Afonso Ribas Fraga, director de Laiovento Elia Rico, profesora e presidenta da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol Eli Ríos, escritora Manuel Rivas, escritor e xornalista Manuel Roca Cendán, profesor de Economía e activista cultural Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA Branca Rodríguez Pazos, diplomada en Traballo Social e especialista en servizos sociais e benestar Francisco Rodríguez Sánchez, historiador e crítico literario Marga Romero (Marga do Val), escritora e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Carme Romero Díaz, ceramista Ángeles Saavedra Places, profesora da UDC César Sáenz Castro, matemático, profesor da UAM Francisco Sampedro, profesor e filósofo Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da AELG Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC Xoán Manuel Sande Muñiz, traballador do SERGAS Bieito Seara, asesor e consultor empresarial Xesús Seixo Fernández, presidente da Fundación Moncho Reboiras María Xosé Silvar (SES), cantautora Xurxo Souto, músico, escritor e membro do consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Alfredo Suárez Canal, profesor de Matemáticas Xosé Manuel Suárez Estévez, secretario do I. E. A. \"Mártires de Sobredo\" Alfonso Tellado, traballador de Bazán, técnico en PRL e presentador da TVG Anxo Terán Comesaña, presidente da Asociación Correlingua Suso de Toro, escritor e analista político Andrés Torres Queiruga, filósofo e teólogo Xaneco Tubío, luthier e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos Uxía, cantante, produtora e crítica musical Carlos Valdés, tradutor Vítor Vaqueiro, químico, fotógrafo e historiador da fotografia Iago Varela Martínez, coordinador en Mallando no Android Carme Vidal, xornalista Nel Vidal, departamento de Normalización Lingüística do Concello de Carballo Marisa Vidal Collazo, profesora Roberto Vilameá Ponte, xerente e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A. Dolores Vilavedra Fernández, crítica literaria e profesora da USC Ignacio Vilar, director e guionista de cine Iria Villar Rodal, enxeñeira técnica agrícola"}
{"ID": "PRAZA_11837", "summary": "Corina Porro, Agustín Hernández e a interventora xeral da Administración autonómica quedan a menos de 1.000 euros anuais de superar a remuneración de Alberto Núñez Feijóo", "text": "O presidente da Xunta anunciaba este mércores a supresión, \"de forma temporal\", do denominado plus de altos cargos, o complemento salarial que perciben os funcionarios que ocuparon un posto directivo no Goberno galego se así o solicitan. Pero a fin deste sobresoldo, aprobado en 2007 por PP, PSdeG e BNG e cuxa fin apoiarán agora os tres grupos, non suporá a fin dos soldos especialmente elevados no seo da Administración autonómica. Non en van, cando menos tres altos cargos da Xunta seguen tendo, independentemente da existencia ou non do plus, un salario superior ao do propio presidente, Alberto Núñez Feijóo. Na actualidade esta circunstancia está avalada pola lei de organización e funcionamento da Administración Xeral e o sector público autonómico (Lofaxga), a norma que regula desde 2011 o funcionamento do Goberno galego e todos os órganos dependentes del. No trámite parlamentario da norma a oposición socialista e nacionalista reclamou a fixación do salario do titular do Executivo, neste caso Feijóo, como límite das remuneracións da Xunta. Pero só lograron unha limitación moi xenérica e cunha ampla marxe para as excepcións. Nomeadamente, a Lofaxga establece que haberá altos cargos que poidan cobrar máis ca o presidente \"por razóns vinculadas á especial cualificación profesional\". Para xustificar o seu rexeitamento, os conservadores reprocháronlle á PSdeG e BNG que non establecesen esta limitación mentres estiveron no Goberno, permitindo así, por exemplo, que o alto cargo mellor pagado da Xunta non sexa Feijóo, senón -cando menos segundo os datos que son públicos- o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, que percibe 93.009 euros ao ano. O avultado salario anual de Camba é o resultado de sumar aos 59.800 euros do seu salario o chamado \"complemento persoal\", derivado dun precepto das sucesivas Leis de Orzamentos que impide que os funcionarios perdan poder adquisitivo por accederen a un alto cargo. Non obstante, este complemento non é necesario para que outros dous directivos máis estean mellor pagados que Feijóo. Para atopalos, cómpre ollar ás tablas de remuneracións da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama). Dirixir a empresa pública encargada de xestionar os residuos sólidos urbanos sae case 10.000 euros máis rendible que estar á fronte da Xunta. Nomeadamente, o presidente da entidade, Luis Lamas, ingresa cada ano 84.999 euros. O seu director, Francisco Silva, recibe 82.449 euros. Porro e Hernández quedan ás portas Malia non chegar á ao salario do presidente, tres altos cargos quedan ás portas deses 76.765 euros. A que máis se lle achega é a directora da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, Cayetana Lado, que ao sumar 56.401 euros de salario e 20.310 de complementos queda a apenas 50 euros de Feijóo. Un chisco máis lonxe está a ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro. Como presidenta do Consello Económico e Social, cargo ao que accedeu tras non lograr a maioría absoluta nas pasadas eleccións municipais, recibirá 75.816 euros anuais. A continuación atópase o titular de Infraestruturas, Agustín Hernández, que engade ao seu soldo de conselleiro un complemento persoal e suma un soldo anual de 75.816 euros, Lei de funcionamento da Administración (Lofaxga)"}
{"ID": "NOS_17573", "summary": "A formación tiña marcada para esta segunda feira eleccións internas para escoller novo Secretariado Nacional.", "text": "Seis dos 15 integrantes do Secretariado Nacional da CUP demitiron, decisión que comunicaron a través dunha carta interna e que evidencia as diferenzas que se viven no seo da formación independentista pola súa relación co goberno e o proceso soberanista. As persoas demisionarias son Ester Rocabayera, Joel Jové e Roger Castellanos (de Poble Lliure), e Guim Pros, Omar Diatta e Tomàs Sayes . Piden un cambio na formación para que non se repitan prácticas e actitudes \"sectarias e maquiavélicas\". Segundo informan medios cataláns como Vilaweb ou Nació Digital, as persoas que demiten consideran que ese tipo de actitudes na CUP foron comprobábeis no acontecido na investidura de Artur Mas ou a recente emenda á totalidade dos orzamentos da Generalitat. \"A isto súmase a deriva estética de boa parte da acción política realizada pola CUP, que consideramos que provoca perigosas vacilacións estratéxicas desde o comezo desta lexislatura\". Aclaran que non son partidarios de Mas nin de calquera proposta de orzamentos, mais cren \"na negociación e na política como ferramenta de transformación social\". Lembran que a CUP anunciara esta semana que disolvería o Secretariado Nacional a vindeira segunda feira e convocaría eleccións internas. A CUP explica nun comunicado que hai meses que traballa para renovar a súa dirección. Segundo indica El Nacional, estariase a intentar negociar unha candidatura de \"consenso\" que poida obter un apoio mínimo do 65% da militancia, que por primeira vez poderá votar telematicamente o Secretariado. Nesta opción estarían a traballar o ex-deputado Quim Arrufat coa axuda dun reducido número de persoas. A CUPlamentou a demisión destes 6 membros do secretariado nacional e defende que a organización adopta as decisións \"con todas as garantías democráticas posíbeis\". Mediante un comunicado, a formación asegura que non quere entrar a valorar as acusacións das persoas que demitironmais si que afirma que os actuais integrantes do Secretariado teñen \"a conciencia tranquila de traballar sempre para facilitar as garantías democráticas\". A carta íntegra das persoas demisionarias pode lerse aquí."}
{"ID": "NOS_2693", "summary": "Esta é outra das biografías secuestradas ou silenciadas. Sergio Peñamaría de Llano, nado na Fonsagrada en 1914 e finado na Coruña en 2004, é presentado no relato oficial como un \"hombre bueno\". Nada se difunde da súa participación na represión en Valdeorras, nin da petición de penas de morte como fiscal militar, nin da súa entrega ao servizo do ditador para conseguir o Pazo de Meirás e a Casa Cornide para a familia Franco. Os tempos son chegados para coñecer a verdade e facer xustiza, retirándolle todo tipo de distinción e recoñecemento social.", "text": "Fascista de primeira hora e represor en Valdeorras \"Peñamaría de Llano foi fascista de primeira hora, incorporándose voluntariamente ao bando franquista e figurando na escala militar desde 20-7-1936. Rematado o cursiño como alférez provisional (6-12-1936) participa co Exército sublevado nas frontes do Ebro e Teruel. Chega como tenente da Lexión á comarca de Valdeorras\", como recolle Emilio Vega Rodríguez no seu artigo \"A memoria histórica de Valdeorras: Sergio Peñamaría de Llano\" (La Opinión, 19-10-2019). Acabada a guerra civil española, un xenocidio na Galiza, Peñamaría foi un dos oficiais ao mando do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que tiña como misión acabar coa guerrilla na zona de Valdeorras. A súa participación na represión está documentada, entre outras, no testemuño de Consuelo Rodríguez López, 'Chelo' (recollido por Aurora Marco no seu traballo Mulleres na guerrilla antifranquista, publicado na editorial Laiovento, en 2011). 'Chelo' naceu en 1919 en Soulecín, parroquia de Santigoso (O Barco de Valdeorras), no seo dunha familia humilde. Despois da represión, dos nove membros da familia só sobreviviron tres, o irmán maior e as dúas irmás, Consuelo e Antonia. Os seus irmáns Rogelio, Sebastián, Alfonso e Domingo incorporáronse á guerrilla e morreron en combate contra as forzas franquistas entre 1941 e 1949. Este é o impresionante testemuño do asasinato, diante dos veciños da aldea, dos seus pais Domingo Rodríguez e Amalia López o 18 de outubro de 1939: Eu era sempre a primeira en erguerme. Estaba lavándome cando abro a porta e vexo todo rodeado pola Lexión, co seu capitán á fronte, Sergio Peñamaría de Llano. Entrou cun pau na man e preguntou: —Onde están teus pais?—Na cama. Entrou, foi ao cuarto dos meus pais e comezou a mallar neles co pau:—Puta, coño. Onde están os teus fillos? —dicíalle a miña nai. Queres continuar coa lectura? Vai ao quiosque a mercar o Nós Diario de hoxe ou accede á nosa tenda online para a súa lectura na nube. Como sempre, tamén podes elixir algunha das modalidades de subscrición que fornecemos!"}
{"ID": "NOS_32243", "summary": "O executivo italiano amosouse disposto a iniciar un diálogo con estas dúas rexións. No Véneto 98% dos votos foron favorábeis a ter máis autonomía, porcentaxe que en Lombardía foi de 95%.", "text": "Lombardía e Véneto queren máis autogoberno. Foi a mensaxe clara e rotunda que este domingo saíu dos referendos consultivos que se realizaron en ambas as dúas rexións italianas. 98% dos participantes no referendo do Véneto votou a favor de maior autogoberno e financiamento para a súa terra, mentres que 95% dos que tomaron parte na consulta de Lombardía se pronunciaron no mesmo sentido para a súa terra. A participación foi de 60% no primeiro dos casos e 40% no segundo. O mínimo para que as consultas tivesen validez era 50 por cento. Luca Zaia, de Liga Norte e presidente do Véneto, xa anunciou que ían pedir a Roma que lles transferise 23 competencias, entre elas sanidade, educación, lexislación laboral...Aliás, solicitarán que 90% dos impostos recadados no territorio fiquen nel. Un representante do goberno italiano avanzou que están dispostos a negociar, abrindo un diálogo que ambas as dúas partes saben que non vai ser doado. O presidente de Lombardía, Roberto Maroni (Liga Norte), cualificou como \"a batalla do século\" a negociación con Roma."}
{"ID": "NOS_838", "summary": "Capa de Nós Diario", "text": "Capa de Nós Diario"}
{"ID": "NOS_22207", "summary": "O unionismo vetou as demandas e peticións de recoñecemento oficial para a lingua propia da illa.", "text": "Máis de 12.000 persoas manifestáronse a semana pasada en defensa da oficialidade do gaélico para Irlanda do Norte no que foi unha das mobilizacións máis numerosas que tiveron lugar nos seis condados baixo administración británica nos últimos anos. A marcha, co lema 'Acht na gaeilge anois!' (Lei para o gaélico xa!), reuniu en Belfast norirlandeses de diferentes idades e condados, que acudiron á convocatoria na defensa do idioma propio da illa, sen pleno recoñecemento oficial en Irlanda do Norte. De feito, as propostas que nestes anos se fixeran para garantir a oficialidade topaban co veto unionista, que insiste en que esta lingua é só falada por unhas poucas persoa, que non é un tema de interese para a sociedade do 'Ulster' e que non ten sentido darlle categoría de oficialidade. Porén, como lle lembran desde orgasnizacións políticas irlandesas e movementos de defensa da lingua, que 12.000 persoas se reúnan en Belfast para apoiar a oficialidade indica que na sociedade hai demanda de que se dea ese paso. Na actualidade, por volta de 5.000 alumnos estudan gaélico nun cento de escolas en Irlanda do Norte. A primeira escola gaélica comezou a funcionar nos seis condados en 1970 se ben non tivo recoñecemento oficial até pasados 14 anos."}
{"ID": "NOS_21720", "summary": "Entrevistamos a escritora e contacontos no 'Caderno de verán'.", "text": "Como se está a desenvolver o verán? Permítelle o traballo coller un tempo de descanso? Pouco, normalmente non collo vacacións. Aínda que non teña unha carga de traballo excesiva si estou tendo encargos, afortunadamente, sobre todo funcións e sesións de contos. A Covid está a marcar enormemente este verán, ao igual que o pasado, en que nota a diferenza? Atopa máis demanda cultural? Si, xa o notei o ano pasado, ao saír do confinamento, víase que a xente tiña ganas de desfrutar das actuacións. Entre a perspectiva de futuro que ofrecen as vacinas e a posibilidade de actuar ao aire libre, este verán vese que a xente chega con moitas ganas de consumir cultura. Con todo, si é certo que a Covid continúa a cambiar os nosos plans. Eu nótoo especialmente nas sesións de contos; narrar a un público con máscaras modifica por completo a recepción do que facemos. A situación tamén condiciona os desprazamentos, en xeral preferimos non ir moi lonxe; nese aspecto, eu aínda non teño sensación de liberdade, de poder ir onde queira e como queira. Narrar a un público con máscara modifica por completo a recepción do que facemos Aínda que teña moito traballo, que lle gusta facer no seu tempo libre? Son bastante tranquila. Gústame moito a praia, estar á beira do mar e, como agora vivo no interior, boto de menos a costa. Tamén aproveito para ler o que non puiden durante o curso. O verán é o meu tempo para escribir con calma, sen ter que entregarlle nada a ninguén, senón escribir para min, o que quero. Di que lle encanta a praia. Hai algún lugar ao que lle guste ir especialmente durante as vacacións? Adoito visitar a miña zona, preto de Mugardos. Vou ás praias de Ares, nas que pasei a miña infancia, mais tamén ás praias salvaxes do norte; a zona do Barqueiro encántame. Agora que vivo en Teo desfruto visitando a contorna e tamén fuxindo a sitios non moi visitados. Comentou que lle gusta ler, podería recomendar algunha lectura para o que queda de verán? Recentemente lin a obra Unha noite no tren da Vía Láctea, do autor xaponés Kenji Miyazawa. Merqueino porque a edición publicada por Aira Editorial pareceume chulísima. É unha obra que vale para todas as idades."}
{"ID": "NOS_55555", "summary": "A asociación de Amigos dos Museos da Galiza finalizou este mes unha serie de conferencias no seu espazo Portas Ártabras da Coruña para explicar a situación actual da cultura galega a través da súa historia. A actividade, realizada polo arqueólogo Felipe-Senén López, tratou a interacción entre tradicións e creacións pasando pola aculturación que vive o país neste século XXI.", "text": "Como se chega á aculturación na Galiza? A través da ditadura dos supermercados que se meten polo medio en aspectos tradicionais. Por exemplo, no botellón, ou mesmo no asfaltado de lugares de expresión, como son as campas, que converten en aparcadoiros. Ademais, esas reunións fomentan o machismo e o clasismo, nada que ver coas festas populares. Dexeneran os lugares de espazo e invaden, outro exemplo, un lugar inmaculado e ecolóxico como son as praias nas fogueiras de San Xoán. E non se teñen en conta referentes culturais históricos? Toda a filosofía de crear unha imaxe do país -que sae de Murguía e pasa por Vicente Risco, por Castelao e que retoma no laboratorio de formas Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane- parte dunha base moi consolidada vinculada á tradición e á modernidade da arte e a industria. Semella que non se entendeu ao cabo do tempo. Mesmo o Seminario de Estudos Galegos segue dentro do que é o Consello Superior de Investigacións Científicas, unha solución franquista e centralista. Mentres, aquí, descoñecendo toda esa historia, dedicámonos a entorpecer toda esa liña que viña de antes creando outras confrarías como, por exemplo, o Consello da Cultura Galega e outras que dificultan un labor que viña de antes. Mesmo agora, tradicións e festas como o Entroido están en función dos bazares estranxeiros onde acodes a mercar o disfrace. Terminaremos por deixar de comer filloas para rematar no McDonald's! Terminaremos por deixar de comer filloas para rematar no McDonald's! A cultura queda reducida a días determinados con cerimonias varias que non serven para nada. Cando, en realidade, a cultura é o que o ser humano cultiva e o que leva posto. A tradición galega, efectivamente, hai que repasala diante dese folclorismo inútil e estéril que entende que non se pode vincular o mundo panceltista, que é o mundo humanista, fronte ao xermanismo. A cultura galega está feita de camiños e portos, como toda tradición non é nada estática. Neste sentido, creo que hai que recuperar a gran figura dese creador europeísta e panceltista que foi Vicente Risco. Nunca entrou no xermanismo que, pola contra, era racista. A súa fundación é unha alternativa na Galiza para esconxurar vellos lentes mentais que levamos postos en relación á cultura galega. Esa parte de humanismo e espírito que é a tradición galega é o que lle falta á política galega actual, vese agora no Parlamento galego. A cultura lévase posta. Non ten boa difusión a cultura galega? Hoxe quen educa ou maleduca, movémonos nunha dialéctica, xa non é a escola nin a casa, son as novas tecnoloxías e os medios de comunicación. E niso a Galiza anda atrasadiña. Dentro do fenómeno da aculturación está a burocratización administrativa. É un escándalo o que está acontecendo en casos como o de Muxía e os secadoiros de peixe. Sanidade prohibe e multa un paisano por seguir unha tradición que se perde nos séculos e explica as relacións da Galiza con Aragón e Catalunya. É etnoarqueoloxía pura e podía ser un ecomuseo como teñen nos países nórdicos que presumen das súas tradicións de secado, salgado e afumado. Alí véndeno como un recurso. Fáltanos sedución e o predicamento que estaba no espírito de Otero Pedraio Fáltanos sedución e o predicamento que estaba no espírito de Otero Pedraio. Pola contra outros levan a aculturación posta. É o caso de certos humoristas que fan moito dano tratando sempre a xente humilde e nunca ríndose dos banqueiros como fixo no seu momento Chaplin. Pasa o mesmo co noso patrimonio. Estes días A Coruña perdeu un cadro esencial do pai de Picasso que irá a Barcelona. Era unha icona ao tratar o tema das pombas, o símbolo que despois o seu fillo fixo universal nacera aquí. Mentres, aquí preparan o \"pailanismo\" dunha grande exposición sobre Picasso, o gran pintor que se formou aquí."}
{"ID": "NOS_383", "summary": "O secretario xeral da Alianza Atlántica dixo comprender as razóns francesas mais anunciou que o resto dos estados implicados na operación seguirán a combater en Afganistán en 2013", "text": "A Cimeira da Alianza Atlántica que se está a desenvolver en Chicago estivo marcada polo anuncio do novo presidente de Francia, François Hollande, de retirar os 3.200 soldados franceses que combaten en Afganistán antes de fin de ano. Unha decisión que o secretario xeral da OTAN, Anders Fogh Rasmussen, afirma comprender mais que xa deixou claro que non vai ser secundada por máis países nin vai alterar substancialmente os plans da Alianza en Afganistán. \"É importante deixar claro que os nosos soldados seguirán implicados na guerra en 2013\" afirmou o xefe das forzas internacionais en Afganistán, o xeneral estadounidense John Allen Así, as tropas da OTAN \"seguirán implicadas na guerra\" en 2013, en palabras do xeneral estadounidense John Allen, responsábel das forzas internacionais en Afganistán. Os plans dos estados con presenza militar nese país é que a retirada definitiva, dando paso da 'misión de combate' á 'mision de apoio', se produza a finais de 2014. Amosar que non hai fisuras O anuncio francés, porén, está a obrigar nestas horas a contactos e xuntanzas paralelas para evitar que o anuncio de Francia teña eco neutros estados con tropas en Afganistán. A OTAN tenta que se manteñan os compromisos adquiridos e que a \"unidade de acción\" non se vexa afectada. Alén diso, na cimeira tamén se está a analizar e tratar \"unha visión post-2014\", en palabras de Barack Obama, para Afganistán, sentando desta forma as bases para que a alianza occidental continúe a xogar un papel no país afgán cando as tropas se retiraren. Protestas Mentres a Cimeira tiña lugar en Chicago, varios milleiros de persoas participaban nesa cidade en marchas e actividades de denuncia da papel da OTAN no conflicto afgán. Un amplo despregamento policial se mantivo en todo momento en torno a estas iniciativas, intervindo con contundencia e dureza na represión dalgunhas delas, como concentracións ou mesmo lecturas de textos pola paz."}
{"ID": "PRAZA_11895", "summary": "O Congreso do PSOE e a Asemblea Nacional do BNG tiveron varios puntos en común: dúas candidaturas cun nivel de apoio case idéntico, partido ao 50%, e a elección finalmente, da opción máis continuísta", "text": "O Congreso do PSOE desta fin de semana e a Asemblea Nacional do BNG da fin de semana anterior tiveron varios puntos en común: dúas candidaturas cun nivel de apoio case idéntico, partido ao 50%, e a elección finalmente, da opción máis continuísta e enrocada en si mesma, mirando máis cara ao interior da organización e o mantemento da estrutura de poder interno que cara ao exterior, cara á sociedade. PSOE e BNG están en crise. O PSOE perdeu catro millóns e medio de votos o 20 de novembro e apenas conserva algo de poder institucional en Andalucía e Euskadi (goberno que moi probablemente perderá nos vindeiros meses) e nun terzo dos concellos do Estado (Zaragoza e Vigo os máis grandes), algo inédito dende 1977. O BNG acumula unha década de descensos electorais, que continuaron nas eleccións municipais e xerais do pasado ano, cunha perda de máis de 120 mil votos dende o ano 2000. Porén, nesta situación de crise e de obxectiva incapacidade para conectar cunha parte importante do seu electorado, a resposta interna en ambos os dous casos foi a da continuidade de caras e ideas, a solidificación e impermeabilización das organizacións, cada vez máis lonxe das súas bases. Albert Einstein dixo que era unha loucura facer unha e outra vez as mesmas cousas esperando obter resultados distintos. O resultados de ambos os dous encontros políticos foi recibido con decepción por unha parte importante dos votantes máis críticos e dos ex votantes, pero o que é máis preocupante, non espertou nin sequera interese na maioría, naqueles aos que agora os partidos apelarán como a súa base de apoio. Falan noutro idioma."}
{"ID": "NOS_945", "summary": "Ana Pontón quer que o chefe do executivo galego diga xa \"se vai reclamar a transferencia ou se todo foi un paripé, un farol\". \"Das nacións sen Estado a que máis necesita o nacionalismo é Galiza\", afirma a portavoz nacional do Bloque.", "text": "Argumentar que por 7 millóns de euros non se debe realizar agora a transferencia da AP9 (esa é cantidade que a Xunta dedica a pagar as peaxes de Rande e A Barcala) cando o Estado destina 4.000 millóns de euros ao resgate das radiais madrileñas é un razoamento \"rocambolesco\", afirmou Ana Pontón este domingo nunha entrevista en Radio Galicia (SER) [Feijóo dixo estes días que non quería a transferencia mentres o Estado non asumise eses 7 millóns]. \"Comeza a parecerme todo unha grande tomadura de pelo e un engano (...). O que non pode ser é que vexamos miles de galegas e galegos atrapados na AP9, Audasa a facer caixa e o Goberno [galego] a ollar para outro lado\", dixo a líder do BNG, quen avanzou que esta mesma segunda feira a formación nacionalista rexistará no Pazo do Hórreo a petición de comparecencia de Feijóo na Deputación Permanente do Parlamento galego. Pontón enfatiza que a transferencia non se demanda \"porque si\", senón para \"acabar cunhas peaxes que son unha auténtica estafa e cunha xestión que clama ao ceo\". Na entrevista, Pontón chamou as galegas e os galegos a se uniren á convocatoria do BNG para o Día da Patria Galega, un acto con componente festivo -\"hai que festexar o feito de sermos unha nación con direito a ocupar o seu lugar no mundo- mais tamén cun inequívoco ton reivindicativo fronte ás políticas de \"agravio\" a Galiza despregadas por Madrid. A chave para a Galiza avanzar como país é apostar no nacionalismo, salientou Pontón. \"Cada vez vexo máis clara a necesidade do nacionalismo para que o país poida avanzar e estou certa de que se unha nación sen Estado necesita o nacionalismo, esa é a Galiza\", dixo. É o nacionalismo, acrecentou, o factor que está a facer abalar o statu quo estabelecido en 1978. \"Catalunya [e o seu proceso de autodeterminación] está a abrir a esperanza para poder cambiar este réxime\", concluíu."}
{"ID": "NOS_32320", "summary": "A comisión de investigación leva unha década sen actividade.", "text": "O PP galego rexeitou unha iniciativa do PSdeG —transaccionada co BNG— para que se remita á Cámara galega calquera información vinculada ao informe de KPMG —empresa que ofrece servizos de auditoría— baixo o cal a Xunta amparou a fusión das antigas caixas galegas —Caixanova e Caixa Galicia—. Na Comisión de Economía desta sexta feira no Parlamento galego, os populares denegaron esta proposta que tamén pedía enviar á Cámara un informe no cal se avalíe \"como e quen\" optou por forzar unha fusión que levou á desaparición de Caixanova e Caixa Galicia, á vez que se demandaba pór en funcionamento \"de modo inmediato\" a comisión de investigación das caixas, que vai cumprir unha década sen actividade desde a súa posta en marcha. A comisión de investigación das caixas suma outro ano en branco \"Chove sobre mollado\" Na súa intervención, a deputada do BNG Noa Presas lamentou que \"chove sobre mollado\" acerca dunha fusión que foi \"un desastre desde o punto de vista económico e social\". Razoa que se o PP non tivese \"moito que ocultar ou perder\", \"non levaría anos obstaculizando\" a comisión de investigación. A deputada nacionalista opina que \"só cando entre ar novo en San Caetano será posíbel\" poder ver que aconteceu coa fusión. Considera que \"obedecía a unha estratexia estatal de que a Galiza non contase con músculo financeiro propio\". Pola súa parte, Gonzalo Caballero (PSdeG) censurou que Alberto Núñez Feixoo deixou unha Galiza \"co pufo\" das caixas, no que considera unha \"páxina nefasta\", polo que o novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ten que decidir explicar \"que pasou\" ou \"seguir sendo cómplice do maior buraco nas arcas públicas\", afirma. Por parte do PP galego, o seu deputado, Alberto Pazos Couñago, cargou contra o bipartito dicindo que \"coñecían o mal estado das caixas e calaron\"."}
{"ID": "NOS_21919", "summary": "As agrupacións guerrilleiras anti-franquistas estarán formadas por militantes socialistas, libertarios, das organizacións republicanas da esquerda burguesa, dos comunistas e por suposto dos nacionalistas.", "text": "A oposición armada ao franquismo xorde en Galiza á marxe e mesmo en confronto coas direccións das organizacións políticas que viñan operando no País con anterioridade ao golpe militar de 1936. As mulleres e os homes que fuxiron ao monte fixérono primeiramente para escapar da represión e dunha morte máis que segura, posteriormente, á medida que se alongaba o conflito, víronse obrigados a garantir a continuidade da loita e xa por último remataron por organizar a resistencia que posibilitara, co apoio aliado, un cambio político unha vez rematado a II Guerra Mundial. Non podemos, polo tanto, falar de fracaso se ben os obxectivos cos que naceu é obvio que non se conseguiron. Non é unha cuestión menor a que vimos de sinalar, posto que alén de que fose en Galiza onde nacesen as primeiras agrupacións armadas do Estado ou que os seus militantes ou dirixentes eran referenciais sociais na súa comunidade polo liderado social exercido na etapa da II República, as circunstancias referidas anteriormente explica o carácter diferencial do fenómeno en Galiza. Así as cousas debemos destacar que se trataban dunha actuación que se desenvolvía no ámbito nacional, isto é a Galiza admistrativa e a irredenta e. o que ten máis interese, eran os loitadores quen definían a súa táctica e estratexia, a guerrilla - partido que teorizarían os cubanos trinta anos máis tarde, e por suposto o carácter pluralista, isto é, para loitar contra Franco non se pedía carné. Foi en Galiza onde nacen as primeiras agrupacións armadas do Estado e seus militantes e dirixentes eran referenciais sociais na súa comunidade Así as cousas, as diferentes agrupacións, particularmente no seu período máis creativo, isto é entre 1939 e 1945, estarán formadas por militantes socialistas, libertarios, das organizacións republicanas da esquerda burguesa, dos comunistas e, por suposto, dos nacionalistas. O peso de cada unha destas correntes é proporcional a afiliación que tiñan nas diferentes áreas de Galiza durante a II República e tamén ao comportamento cos mesmos das forzas represivas. Só se analizamos o fenómeno cos anteollos da academia ou coas orellereiras que impoñen as análises importadas seguiremos mantendo o esquecemento sobre o esforzo de loita desenvolto no monte polas mulleres e os homes do galeguismo que desde o primeiro momento partillaron desta loita, nuns casos como enlaces, noutros como aderentes, tamén como dirixentes e mesmo como impulsores de diversas partidas e agrupacións. Unha ollada á vista de paxaro ao conxunto do territorio galego permítenos facer unha aproximacións aos nomes e aos lugares desta loita. Os cadros nacionalistas que participaron da mesma non eran anónimos do período anterior e os lugares onde tiveron presenza eran zonas nas que contaban cunha implantación importante. A oposición da dirección nacionalista no interior a este método de loita non difire da que podían manter socialistas e cenetistas, porén a reorganización do Partido Galeguista xa baixo a búsola de Piñeiro non se produce até finais da II Guerra Mundial ou se queredes co devalo do movemento armado contra Franco. Non imos demorarnos máis nesta aproximación á militancia nacionalista que non lle tocou outra que empuñar as armas para defender as súas razóns, iso si facémolo como exercicio de memoria e tamén para animar a investigacións sobre o tema. Agrupación Thapaief A primeira agrupación guerrilleira que se constitúe en Galiza após o Alzamento fascista formalizará a súa constitución en Novembro de 1938 nas Terras de Viveiro, baixo o nome de \"Agrupación Thapaief\" en honra do guerrilleiro Ruso, nunha xuntanza na que participaran entre 14 e 15 persoas e na que a máis de elixir unha dirección acordan constituír unha comisión para elaboración dos estatutos así como definir as accións a levar adiante. O grupo presidido polo militante socialista Luís Trigo \"O Gardarríos\", contando como Secretario Xeral co tamén socialista e posteriormente militante do PCE Manuel Castro Tellado e co cenetista de Ortegal Xosé Neira conta entre os seus membros cos militantes nacionalistas Modesto Vilar Ínsua e Uxío del Valle Sánchez. Uxío del Valle, concelleiro nacionalista, mestre na Escola de Mestría permanecerá no monte até 1939, presentándose a Garda Civil en Xullo dese ano para cumprir 4 anos de cadea. Modesto Vilar Ínsua, tamén concelleiro nacionalista e mestre da Escola de Mestría, nado en Bos Aires morre nun enfrontamento coas forzas da orde o 1 de Xuño de 1939 nos montes de Menán - Ortigueira cando só contaba con 28 anos. Vilar Ínsua, na referida constitución da \"Agrupación Thapaief\", será encargado da redacción dos Estatutos así como da planificación dos golpes económicos. Antón Arias Prada \"Clavel\" Se ben a primeira agrupación guerrilleira que se constitúe en Galiza é a \"Thapaief\", con anterioridade operaban partidas na práctica totalidade do territorio galego, destacando as conformadas nas áreas limítrofes das terras de Lugo, Ourense e o Bierzo. Así desde finais de 1937 viña operando nas Terras de Valdeorras o \"Grupo do Corgomo\" dirixido polo Presidente do Partido Galeguista de Vilamartín e tenente alcalde deste Concello Antón Arias Prada \"Clavel\". Antón Arias, unha vez iniciado o Alzamento, diríxese a Asturias, acadando a graduación de Tenente do Exercito do Norte, para unha vez tomada esta polos fascistas volver a súa terra de orixe onde impulsará e dirixirá unha partida de 7 ou 8 membros, todos militantes nacionalistas, que operará até finais de 1939. \"Clavel\", inmortalizado polo seu irmán de militancia e conveciño o poeta Delgado Gurriarán nun soneto publicado no \"Cancioneiro da Loita Galega\"editado en 1942 polo Delegación de México do PG, será fusilado en Ourense o 7 de Novembro de 1940 cando acaba de cumprir os 45 anos. Petamos na porta das historiadoras e historiadores galegos, para que se acheguen á participación do nacionalismo na oposición armada ao franquismo As comarcas coruñesas de Ortegal, Trasancos e As Mariñas contaran na súas partidas cun número destacado de afiliados nacionalistas, aínda que polos anos vividos no monte e pola súa perseveranza en continuar coa acción armada merece unha mención ampliada Manuel Gómez Varela, nome de guerra \"Fera Brava\" ou \"Manolo do Penso\". Xornaleiro natural de Mugardos onde nacera en 1911, combinaba militancia política no Partido Galeguista coa súa afiliación á UXT. Após tres anos no monte, en Xullo de 1939 foxe desde Ares a Franza canda 26 compañeiros e compañeira no bou \"Ramón\", sendo devolto pola policía de Vichy en 1942 ás autoridades franquistas. Tras cinco anos de cadea, incorporase outravolta a loita armada integrándose no destacamento \"Arturo Cortizas\" da IV agrupación do Exército Guerrilleiro morrendo no monte durante un enfrontamento armado en 1952.A xeito de coda toca referirse ao \"Comité Arredista Revolucionario Galego\", organización fundada entre outros por Bieito Fernández, Remixio González Gándara, Dámaso Carrasco, Mariano Otero Castelao e Xosé Velo Mosqueira que aparece integrada desde o primeiro momento na Unión Nacional. Xosé Velo Mosqueira,natural de Celanova e antigo Secretario Xeral da Federación de Mocidades Galeguistas, e Mariano Otero Castelao, concelleiro nacionalista en Rianxo e primo de Daniel Castelao, serán detidos en Vigo en 1944 e tras pasar un ano na cadea por accións de guerrilla urbana, aproveitan a liberdade condicional para volver a clandestinidade durante un ano e preparar o seu exilio en Venezuela onde continuarán vinculados á loita nacionalista. O máis destacado dirixente nacionalista do Salnés xunto a Núñez Bua, o comerciante de Vilagarcía Dámaso Carrasco que xa permanecera na cadea entre 1936 e 1939, a voltas de 1947 será de novo detido e condeado a 2 anos de cadea por labores de apoio a Guerrilla. Contra a manipulación da historia Aínda a risco de reiterarnos, abonda dicir que o que se pretendeu co exposto é petar na porta das historiadoras e historiadores galegos, para que se acheguen á participación do nacionalismo na oposición armada, feito que a estas alturas está sen estudar co rigor que se merece o que impide simplemente ofrecer unha visión fragmentaria do mesmo. Agardamos que este reclamo non quede nunha simple chamada e se apunten a esta convocatoria novas investigacións, seguindo o carreiro que comezou a marcar cos seus traballos pioneiros un autor amigo e rigoroso como Uxío Breogán Diéguez. Ao fin, a ocultación, a distorsión e a manipulación da historia da oposición armada ao franquismo, non é máis que unha parte do proceso de silenzo e manipulación da nosa historia nacional. NOTA: Na fotografía aparecen militantes da Federación de Guerrillas de Galiza e León no Bierzo en 1944. De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Guillermo Morán, Mario Morán, Evaristo González\"Rocesvinto\", Arcadio Ríos e Aberlardo Macías \"Lebre\""}
{"ID": "NOS_22876", "summary": "A situación de seca prolongada que atravesa a Galiza mantén boa parte do territorio en condicións de alerta e prealerta ante a mingua da cantidade de auga que levan moitos ríos tanto na demarcación Galiza-Costa como nas concas do Miño e do Sil. Cada vez son máis os concellos que avanzan medidas concretas contra a escaseza de auga. Un dos últimos, o de Compostela, que vén de dar conta do seu plan contra a seca.", "text": "O Concello de Santiago non é o único da comarca que observa con preocupación o caudal do río Tambre tras ampliar a Xunta da Galiza a situación de \"prealerta por escaseza\" de auga á súa bacía mais á do resto de ríos que desembocan na ría de Muros-Noia. Augas da Galiza actualizou a pasada sexta feira o mapa de alertas por falta de auga e mudou, tamén, o nivel de aviso na conca do río Grande e do resto de ríos que desembocan na ría de Camariñas, nesa zona da costa máis nas costas de Cabana, Laxe e Muxía. Aumentan as restricións de auga ante o \"peor ano hidrolóxico\" desde que hai rexistros Agora están en prealerta, ao igual que as bacías dos ríos Bahíña, Miñor e Zamáns, nas comarcas de Vigo e Val Miñor; un sinal de alarma que xa estaba activado e continúa no contorno do río Lérez e da ría de Pontevedra mais no río Anllóns e na costa da Coruña ata límite con Arteixo. No resto da demarcación Galiza-Costa, os valores rexistrados son normais, sostén o Goberno galego. Alerta no Cabe e no Limia Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a condición de seca prolongada non afecta por igual todos os territorios. En conxunto, o caudal circulante nas co caudal circulante nos ríos da conca minguou nun 40% a respecto da media do ano pasado. Con todo, a bacía do Miño amosa un risco inferior ao que ofrece a conca do Sil, en situación de prealerta. Máis grave é a escaseza na que se atopan os ríos Cabe e Limia, en alerta desde primeiros de agosto. No ano máis seco da Galiza desde que se teñen datos, o mes xullo anotou un nivel de precipitacións 66% inferior ao habitual, segundo os rexistros de Meteogalicia. Non foi unha caída illada, xa que tanto o outono-inverno pasados como a primavera anotaron a seus propios descensos, cun 30% menos de chuvias, de media, a respecto do agardado. A seca esténdese pola Unión Europea afectando os cultivos e o comercio A seca prolongada que atinxe todo o territorio desde febreiro é resultado desta falta de precipitacións combinada con períodos de calor extremos, mais a escaseza de auga non responde só a estas variacións do clima. Ten máis que ver coa demanda dos recursos hídricos dispoñíbeis e a capacidade das redes municipais e veciñais para atendelas. Presión hídrica Nas últimas semanas o caudal do río Tambre, que abastece boa parte da comarca de Compostela, viuse reducido á metade. Os niveis de captación de auga atópanse nunha situación límite en municipios como o de Ames ou Oroso. Inflúe a demanda da poboación habitual pero o que marca a diferenza é a presión sobre o consumo que exerce a grande afluencia de visitantes á capital da Galiza. Ocorre o mesmo en zonas turísticas de costa onde duplican ou multiplican por máis de tres o número de habitantes habitual. Neste sentido, os municipios chaman a reducir o consumo de auga e a facer un uso responsábel deste recurso co fin de evitar medidas máis drásticas nas próximas datas. É o caso de Ames, Oroso e, agora, tamén de Santiago de Compostela. Encontro con Augas da Galiza Segundo confirmou onte a concelleira de Medio Ambiente de Santiago de Compostela, Mila Castro, os concellos da ribeira do Tambre están chamados hoxe a unha reunión con persoal técnico e responsábel de Augas de Galiza co fin de coordinar as medidas necesarias após a declaración da prealerta por escaseza de auga na contorna. Castro informou deste encontro coa Administración galega durante un acto no que deu conta do plan de emerxencia municipal fronte a seca, un plan que deu a coñecer á Xunta en decembro do ano pasado e que agora busca trasladar á poboación. \"Cantidades devastadoras\" de crianzas, en risco de morte no Corno de África e o Sahel por mor da seca Desde primeiros de agosto Compostela reduciu as regas e os baldeos ademais de fomentar un uso responsábel nas casas, hortas e piscinas; unha iniciativa que permitiu reducir o consumo municipal de auga de 5 a pouco máis de 2%, precisou a empresa concesionaria do servizo. De se agravar a situación o Concello prevé prohibicións en consumos secundarios, feche de fontes, limitacións nos usos industriais, redución da presión nocturna na rede e cortes na subministración en distintas franxas horarias.Sen chegar ás restricións máis drásticas, Ames e Oroso xa botaron man dalgunha destas solucións, moi pendentes dos núcleos rurais sen conexión á traída municipal e dependentes de redes veciñais que comezan a esmorecer."}
{"ID": "NOS_26067", "summary": "O XIX Congreso que o Partido Comunista de China (PCCh) realizou en Beijing do 18 ao 24 de outubro tivo o seu broche final coa presentación o 25 do novo Comité Permanente do Buró Político, o máximo órgano de dirección do Partido e do País.", "text": "No seu discurso de apertura, Xi Jinping, quen iniciou o seu mandato en 2012, asegurou que China se atopa no inicio dun novo ciclo, crucial e decisivo para alcanzar aquel obxectivo histórico da modernización, soñado desde finais do século XIX, eclipsando a etapa de decadencia, atraso e submisión en que se precipitou o país no século XIX. Esa perspectiva histórica é fundamental para comprender o alcance das decisións adoptadas neste congreso. Nas súas máis de tres horas de alocución na sesión inaugural, Xi efectuou un novo diagnóstico da situación: tras máis de trinta anos de aplicación da política de reforma e apertura (1978), a contradición principal xa non radica entre as demandas da sociedade e un sistema produtivo atrasado, senón entre as demandas da sociedade e un sistema económico desequilibrado que esixe axustes estruturais para lograr unha China \"rica e poderosa\". Ante os máis de dous mil delegados en representación dos 90 millóns de militantes, Xi Jinping revalidou devanditos obxectivos co marco referencial dos dous centenarios (do Partido, en 2021, e da República Popular, en 2049), reivindicando a importancia de establecer respostas nacionais ás esixencias do momento sen recorrer mimeticamente ás receitas estranxeiras. China seguirá a súa propia ruta O camiño propio pavimentado polo PCCh para lograr a revitalización do país suxire catro eixes prioritarios. Primeiro, unha estratexia de desenvolvemento en dúas etapas (primeiro ata 2035 e despois ata 2050) nas que debe consolidarse un novo modelo económico e social baseado nun crecemento de calidade marcado pola innovación, o impulso tecnolóxico ou o respecto ao medio ambiente; igualmente, as carencias sociais deben atopar resposta nos máis variados ámbitos superando os déficits e contradicións actuais que ilustran unha sociedade aínda fráxil e desamparada en rubros esenciais. Segundo, a construción dunha \"civilización ecolóxica\", xa presente tamén no segundo mandato do seu antecesor Hu Jintao, recibe un maior respaldo. O ambiente será un dos grandes asuntos na axenda chinesa dos próximos anos, a sabendas de que o seu deterioro neste plano tras décadas de ignorancia e ata desprezo esixe medidas radicais. Terceiro, a mellora da gobernanza auspiciando un deseño político de alto nivel que actualice a dotación institucional e a evolución cara a un Estado con dereito que asegure o imperio da lei en liña coa tradición lexista. Esa mellora da gobernanza descarta a aproximación ao modelo político occidental e incide no papel chave do PCCh na xestión de todos os asuntos, en todas as esferas. Resolvendo habituais debates sobre a separación Estado-Partido, este último imponse como ariete esencial a fortalecer nesta etapa, insistíndose por iso no fortalecemento da disciplina interna e a lealdade sen fisuras ás directrices emanadas dos órganos de dirección. Esa mellora da gobernanza descarta a aproximación ao modelo político occidental e incide no papel chave do PCCh na xestión de todos os asuntos, en todas as esferas Cuarto, unha revitalización ideolóxica de gran alcance co denominador común do rescate do pensamento tradicional, do pensamento partidario e das novas respostas contempladas no pensamento de Xi ou xiismo, incorporado neste congreso como guía aos Estatutos do PCCh. A sinización do marxismo, entendida como unha interpretación do mesmo en clave nacional, suxire a activación dun proceso de reafirmación ideolóxica sensible aos aspectos que espertan o orgullo civilizatorio. Así pois, o XIX Congreso solemnizou o inicio dunha nova era e trazou a folla de ruta principal para os próximos 30 anos non só na orde económica senón cunha axenda integral que abarca todos os dominios e esferas en liña coas decisións xa adoptadas no último lustro. Serán os próximos, anos de insistencia na observancia do seu propio camiño, de enfatización da súa soberanía, contestando coa súa evolución non só a hexemonía occidental pola vía de feito na orde económica senón rivalizando co pensamento único imperante popularizando as visións e propostas chinesas en todo o orbe. Se a aplicación das reformas económicas nestes delicados anos (a chamada nova normalidade) permitiu alcanzar índices de crecemento próximos ao 7 por cento, é previsible que dita tendencia persista nos próximos anos. O axuste estrutural que aspira a pasar páxina da \"fábrica do mundo\", abríndose máis ao mercado, á propiedade mixta, consolidando o consumo interno, etc., non poñerá en risco a concepción básica do modelo económico no cal o PCCh seguirá desempeñando un activísimo papel. O éxito da transición a un novo modelo de desenvolvemento tamén poderá impulsar un novo ciclo de expansión da economía chinesa sobre novas bases. Segunda transición sen sucesión á vista En canto á máxima dirección do Partido e do país, só Xi Jinping e o primeiro ministro Li Keqiang mantéñense con respecto ao anterior Comité Permanente do Buró Político (CPBP). Finalmente, Wang Qishan, líder da loita contra a corrupción, xubilouse disipando as dúbidas respecto da observación ou non das regras de idade que imperaron nas últimas décadas para eludir a reiteración do fenómeno da xerontocracia. As cinco caras novas xa foran anticipadas pola prensa de Hong Kong, polo que a sorpresa foi relativa. Os cinco novos integrantes do CPBP son, por orde de xerarquía, Li Zhanshu (director da Oficina Xeral do PCCh e secretario persoal de Xi), Wang Yang (viceprimeiro ministro), Wang Huning (asesor ideolóxico dos últimos tres secretarios xerais do PCCh), Zhao Leji (que será o responsable da loita anticorrupción) e Han Zheng (xefe do Partido en Shanghái). Li Zhanshu presidirá a Asemblea Popular Nacional cando se produza a substitución en marzo do ano próximo, e Wang Yang farase cargo da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés. Hang Zheng será a man dereita de Li Keqiang no Consello de Estado. O dato máis revelador dos novos integrantes é a súa relativamente avanzada idade (en Congresos anteriores nomeouse a líderes por baixo dos 60 anos, cifra que os sete pasan), abrindo unha incógnita importante respecto á substitución xeracional. Xi institucionaliza o \"xiísmo\" como guía ideolóxica para ese terceiro tempo (tralo de Mao e Deng) que vivirá o país nos próximos anos Xi Jinping asegurouse unha posición incontestable no seo do Partido por unha dobre vía. En primeiro lugar, institucionalizando o \"xiísmo\" como guía ideolóxica para ese terceiro tempo (tralo de Mao e Deng) que vivirá o país nos próximos anos. En segundo lugar, desdebuxando as fidelidades clánicas e establecendo unha única lealdade recoñecible. Non necesitou de subterfuxios como argüír unha Presidencia do Partido ou sequera insinuar unha presidencia da Comisión Militar Central máis aló da culminación do seu segundo mandato (2022). A composición do Comité Permanente do Buró Político despexa obstáculos e facilitaralle a implementación do seu programa sen a necesidade de atender tanto ás maquinacións internas. Por outra banda, no Buró Político, viveiro dos futuros líderes principais, asegurouse unha maioría ampla e entregada. Ao presidir unha segunda transición sen sucesión definida, Xi Jinping recibirá o aplauso de quen consideran que China necesita non xa dun líder forte senón de ferro para conducir o último e complexo tramo da modernización; pola contra, non faltará a preocupación naqueles, fundamentalmente entre boa parte dos nados a partir dos anos oitenta, que abrigan o temor de que o anunciado peche de filas para alcanzar o soño chinés faga irrespirable unha atmosfera na que, pese aos seus límites, gozaran de pequenas marxes de liberdade. Nota: A fotografía inserida no meio do texto, do Diario do Pobo, mostra a Xi Jinping e ao resto de membros do recén eleito buró político do PCCh, rumo á súa comparecencia perante os meios. Xulio Ríos é director do Observatorio da Política Chinesa. A súa última obra: China Moderna (Tibidabo, Barcelona, 2016)."}
{"ID": "PRAZA_15375", "summary": "O último libro de Marcos Calveiro, Palabras de auga, (Xerais), non é só unha viaxe cara ao corazón africano e o relato da aventura iniciática dun neno cara á madurez. É unha metáfora da loita das culturas minorizadas por sobrevivir e unha reflexión sobre o esmorecemento do mundo rural.", "text": "O último libro de Marcos Calveiro, Palabras de auga, (Xerais), non é só unha viaxe cara ao corazón africano e o relato da aventura iniciática dun neno cara á madurez. É unha metáfora da loita das culturas minorizadas por sobrevivir e unha reflexión sobre o esmorecemento do mundo rural. Do global ao local. Nun mundo no que a violencia se instalou de tal xeito nas relacións humanas que xa case nin nos percatamos dela. A obra, gañadora do Premio Merlín, amosa ademais conexións coas anteriores do autor. Xa di el que é que \"sempre estamos a escribir a mesma novela\". Malia que a súa non deixa de mudar en cada entrega. O libro é unha metáfora da loita das culturas minorizadas por sobrevivir e unha reflexión sobre o esmorecemento do mundo rural. Do global ao local. Nun mundo no que a violencia se instalou de tal xeito nas relacións humanas que xa case nin nos percatamos dela Hai certo parecido entre Palabras de auga e a túa novela anterior Centauros do norte. Como a viaxe iniciática do protagonista... Supoño que é por unha cuestión persoal. Medrei entre moita xente: os meus avós, as miñas tías... E sempre segues o exemplo de alguén, para ben e para mal. E iso reflíctese nos libros. En O carteiro de Bagdad escolliches Iraq. En Settecento Venecia. Agora África... Como naceu Palabras de auga? Pois, como O carteiro de Bagdad, dunha nova de xornal. Neste caso, sobre mulleres que van buscar comida aos formigueiros. Despois busquei información en Intermon Oxfam. Pero o punto de partida foi iso, unha imaxe tan potente que pensei que aí había unha novela. Mulleres que rouban as formigas para conseguir gran para darlles de comer aos seus fillos. Mais coa importancia que tiña a documentación en Settecento ou en Festina Lente, supoño que algo máis buscarías... Pois desta volta non me documentei moito. Situei a historia nun non-lugar, un espazo non concreto de África. A tribo da que falo é inventada, o país é inventado. A cultura que describo podería ser un compendio da dos masai, pigmeos... de varias distintas. É, en realidade, unha sociedade rural, con conexións coa nosa cultura como o apego á terra ou o papel das mulleres. Tamén podería ter conexións coa nosa cultura polo tema da lingua propia. Optei, neste aspecto, polo suahili, que é utilizado como lingua franca por varios pobos de África. Por iso as palabras en suahili, e o vocabulario suahili-galego. É un idioma moi interesante, feito por acumulación de trazos de distintas linguas, con palabras onomatopeicas... \"Nós tamén pertencemos a unha cultura ao bordo da extinción. A min aínda me seguen preguntando por que escribo en galego\" O tema de fondo é a loita pola supervivencia dunha tribo á que lle quitaron as súas terras... É que nós tamén pertencemos a unha cultura ao bordo da extinción. Cada vez temos máis problemas e o tema da lingua é un bo exemplo. A min aínda me seguen preguntando por que escribo en galego. Por iso o libro pode ter algo de reflexo de como me sinto ás veces. Ademais, no fondo todas as culturas minorizadas se parecen, viven dificultades semellantes. O que pasa é que eu teño certa tendencia a escapar de Galicia para falar dela. Digamos que o meu camiño vai do global ao local, e non ao revés. Cando falo de que as mulleres africanas son o alicerce do clan malia estaren relegadas socialmente, tamén estou falando das mulleres da sociedade rural tradicional galega. Todos somos seres humanos, e non somos tan diferentes. Hai moita violencia nos teus libros. Pero moitas veces non é a máis visible, como a das bombas de Bagdad, senón unha violencia estrutural omnipresente nas relacións humanas: en Settecento, en Festina Lente, en Centauros do norte, en Palabras de agua... Será un reflexo do que vivimos, supoño. O século XX foi o máis violento, malia que se supón que foi o que acadou maiores cotas de civilización. E o século XXI non parece que vaia evolucionar. E non só os xenocidios ou os danos colaterais, é como dis unha violencia estrutural, unha violencia soterrada á que parece que nos afixemos, pois é incrible que con todo o que está pasando co tema da crise non pasemos a maiores. \"É unha violencia estrutural, unha violencia soterrada á que parece que nos afixemos, pois é incrible que con todo o que está pasando co tema da crise non pasemos a maiores\" Non é fácil entender o irmán do protagonista. Ou si o é, pero é duro. El cuestiona a autoridade da tribo, quere ver mundo, pero acaba sendo neno soldado ao servizo de escravistas... Tampouco queda no libro moi explicado todo o relacionado co irmán. En realidade, os meus personaxes van xurdindo, prefiro que sexa así e non contalo todo segundo un plan predeseñado. Ese personaxe é un mozo que vai sendo arrastrado, é o típico rebelde sen causa que acaba formando parte do sistema, e faino nunhas circunstancias moi tráxicas, moi dramáticas. O final é aberto porque, do mesmo xeito que prefiro non dicilo todo sobre os personaxes, gústame que o lector complete a historia. Os puntos suspensivos cos que acaba O pintor do sombreiro de malvas deron para moitas preguntas sobre que pasa despois... Pero isto ten que decidilo o lector. Falabas antes das mulleres, representadas no libro pola nai de Amadou. Non teñen voz nas decisións, malia o importantes que son na súa sociedade. As mulleres non tiñan por exemplo capacidade de decisión legal ata hai pouco, malia ser elas as que sustentaban a familia. Meu avó era a típica figura patriarcal de autoridade, pero miña avoa era quen organizaba todo... E, como dicía antes, nisto e en moitos outros aspectos as sociedades rurais son moi semellantes. A miña infancia estivo, ademais, rodeada de mulleres: eu pasaba moito tempo coas miñas tías mestras, que me ensinaron moitas cousas. De todas maneiras, cústame explicar con detalle os meus personaxes. Porque a miña escrita é bastante caótica, non sigo un plan predefinido. \"As mulleres non tiñan por exemplo capacidade de decisión legal ata hai pouco, malia ser elas as que sustentaban a familia. Meu avó era a típica figura patriarcal de autoridade, pero miña avoa era quen organizaba todo...\" Outro dos piares do libro é a preocupación polo medio natural: os incendios, a destrución da paisaxe coas minas. E a ruptura desa relación tan estreita coa natureza que tiñan as sociedades rurais. Iso é unha preocupación persoal tamén. O mundo labrego é de onde nacen as culturas. E ese mundo está esmorecendo, como tan ben contaron John Berger e outros autores. Hai rapaces de Vigo que xa perderon o contacto con ese mundo rural. E se ese mundo esmorece vanse con el moitas partes importantes da nosa cultura. Só hai que pensar por exemplo en todo o vocabulario que se perde. Ademais, é certo que sempre estamos contando a mesma historia, entón reflectimos o que nos preocupa. É o que fai Philip Roth, ou Paul Auster -e non me estou comparando con eles literariamente-. Cando escribimos non podemos ser outros, só podemos ser nós, e escribimos desde as nosas circunstancias. O pai de Amadou acaba desobedecendo o xefe da tribo. E mesmo convence ao fillo para mentirlle á nai para non causarlle dor. É unha sociedade que vai mudando presionada polas circunstancias... \"Hai rapaces de Vigo que xa perderon o contacto con ese mundo rural. E se ese mundo esmorece vanse con el moitas partes importantes da nosa cultura. Só hai que pensar por exemplo en todo o vocabulario que se perde\" O pai chega un momento que antepón o ben da súa familia por enriba do ben colectivo da tribo, e faino nunha situación límite, totalmente dramática. O seu é un mundo que se está rachando, e os adultos tamén teñen que adaptarse: non só os novos. En canto ao da verdade, eu son de dicirlles a verdade aos nenos e non agocharlles nada, a verdade. Cando morreu meu pai eu díxenlles o que pasaba. Ademais, se ti lles amosas confianza, eles vanche amosar confianza a ti. Se ti lles contas mentiras, tamén eles che van mentir. Na miña traballan nenos escravos buscando pedras negras... Iso tamén está baseado no que todos vemos nos xornais e na televisión, é unha mina que imaxinei. Eu non digo no libro que sexa coltan, pero podería ser. Hai unha estrutura que se repite ao inicio de varios dos capítulos, como en Seteccento. Así sabemos que comeza un dos sete días que contas na novela. Ese é un recurso moi común na literatura oral, que tamén está en O carteiro de Bagdad. Palabras de auga non é un libro cunha estrutura lineal, senón que ten flashbacks. Os capítulos que empezan con esta estrutura son os do presente, e os outros os do pasado. Tamén é unha pequena licencia poética... Mais este libro non é, no seu estilo, nada poético, como outros teus, como Sari, soñador de mares. Non é nada poético, non, pero tampouco a historia se prestaba para iso. \"Tamén hai un problema coas políticas lingüísticas. Porque moitas veces téntase atraer os nenos cara ao galego en lugar de atraer o galego cara aos nenos. Quero dicir que, por exemplo, non hai unha programación infantil en galego para eles\" Que estás a escribir agora? Pois nada, en realidade, porque estou con varias cousas á vez, e con ningunha. Teño ideas, capítulos soltos... pero nada concreto. Ata que me prende unha idea na cabeza, ata que me engancha de verdade, non me poño a escribir en serio. Poñías no twitter o outro día que, desgraciadamente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non tombaba o decreto do plurilingüismo, malia anular eses dous artigos tan importantes como o son o da consulta aos pais e o da elección da lingua na comunicación na aula. Porque gañamos unha batalla, pero non a guerra. Agora foi aceptado o recurso da RAG, pero o problema do decreto segue aí. E, con este goberno antigalego, como dicía Suso de Toro, o dano xa está feito. O dano é irreparable aínda que o TSXG anulase todo o decreto. Eu vexo que mesmo en vilas pequenas do interior o galego retrocede. Eu vou moito falar a centros de ensino, e onde antes non che facían preguntas en castelán agora si que as fan... Despois tamén hai un problema coas políticas lingüísticas. Porque moitas veces téntase atraer os nenos cara ao galego en lugar de atraer o galego cara aos nenos. Quero dicir que, por exemplo, non hai unha programación infantil en galego para eles. Por iso prefiren ver Disney Channel. Tamén contabas que o decreto das taxas xudiciais era o peor atentado á democracia deste goberno. E algo debes saber diso porque es avogado... Porque, xunto co que están a facer coa sanidade, a educación a a cultura, o máis grave do que fixo o goberno do PP. Porque a tutela xudicial efectiva é un dereito fundamental que non pode non estar garantido por falta de diñeiro para pagar as taxas. Imaxina o caso dunha neglixencia médica, dunha dunha denuncia no ensino. É un retroceso gravísimo que poñan esas taxas desorbitadas. \"Fan o posible para que non haxa manifestacións, para que non haxa protestas nas rúas. Por iso deteñen xente, queren impedir que os xornalistas graven, deteñen xornalistas...\" Isto coincide coa reforma do código penal para reprimir mellor as protestas cidadás... Claro, esa é a cuestión. Facer o posible para que non haxa manifestacións, para que non haxa protestas nas rúas. Por iso deteñen xente, queren impedir que os xornalistas graven, deteñen xornalistas... Para que os cidadáns non teñan a posibilidade de defenderse dos poderes fácticos. O mesmo obxectivo é o de acabar coa educación, porque canto máis burros e submisos mellor. Porque queren que deixemos de ser cidadáns para volver ser vasalos. Por certo, quedaron moi ben as ilustracións de Ramón Trigo. Axudan moito a imaxinar a historia. Si, son moi acaídas para a historia. Xa é o sexto libro que me ilustra, e estou moi contento."}
{"ID": "NOS_39409", "summary": "Desde que se anunciou o traslado do servizo de partos e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín a Ourense a veciñanza da comarca de Monterrei mantense en pé de loita. Paralelamente profesionais sanitarios rebaten os argumentos da Xunta de Galiza , afirmando que o número de partos dun territorio non garda relación coa súa calidade asistencial ou coa dos profesionais do servizo.", "text": "Esta terza feira traballadoras e veciñanza tomaron a decisión de pecharse \"indefinidamente\" nas instalacións do Hospital de Verín. Farano até que a Consellaría de Sanidade reverta o traslado do servizo de partos e de urxencias pediátricas a Ourense, efectivo desde o 1 de decembro. Antes do peche unha mobilización concentrou o sábado máis de 15.000 persoas na vila do Támega ao berro de \"Verín non se pecha\" e \"Morre o rural, e máis sen hospital\". O 4 de decembro a Marcha Mundial das Mulleres convocou novas mobilizacións por todas as cidades e vilas galegas na defensa da continuidade do servizo. O titular de sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, mantivo unha xuntanza na segunda feira con representantes do cadro de persoal de Verín, a plataforma pola Defensa da Sanidade na Comarca de Monterrei e cunha nai embarazada. \"Fomos coa pequena esperanza de que nos dixese que darían marcha atrás a este sensentido, mais reafirmouse nos mesmos argumentos, a pesar de que foron rebatidos\", explica a voceira da plataforma Aurora Solas a Sermos Galiza. A liña argumental de Almuíña é a mesma seguida polo presidente da Xunta da Galiza, Alberte Núñez Feixoo, ou polo xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial: o descenso no número de partos, 89 o pasado ano e 48 no actual, supón unha \"falta de seguridade\" na atención ás mulleres, a raíz da falta de carga laboral do persoal. Unha decisión política \"Os médicos saben máis que os políticos, se eles mandan nós obedecemos\", mantivo o presidente do Goberno galego. Feixoo sostivo nunha rolda de prensa que \"cando un político non quere escoitar as propostas dos médicos está a xogar coa sanidade. E creo que xogar coa saúde e a seguridade das embarazadas e os seus bebés é algo que un político non ten lexitimidade para facer\". Unha valoración que choca coas demandas das mulleres de Verín, da comarca de Monterrei e das adxacentes, que reclamaron \"o parto é noso\" ante o Hospital de Ourense. A liña defensiva do Executivo galego e do Sergas tamén atopa voces disidentes entre os propios profesionais sanitarios. Eva Fernández, representante do cadro de persoal, retrúcalle ao presidente. \"O peche do paridoiro é unha decisión política, os seus argumentos son mentira. Non contrataron profesionais pediátricos e agora o servizo pecha, e esa mesma dinámica estana seguindo co servizo de quirófano, sen profesionais suficientes e con cirurxías canceladas\", afirma en declaracións a Sermos Galiza. Alén dos comunicados de colectivos como Enfermeiras en Loita, a Asociación de Matronas Galegas ou os Colexios de Enfermaría de Galiza profesionais individuais partillaron a súa valoración do peche en redes sociais. O xinecólogo do Hospital de Verín, Rogelio Viñán, foi un deles. \"A cifra de seiscentos partos que se esgrime como criterio para defender o peche é unha cifra de calidade de xestión e de criterios de atención sanitaria, non se emprega para medir a calidade da atención\", escribe. \"Unha sentenza xudicial obriga desde hai meses os especialistas da Área Sanitaria de Ourense e dos distritos sanitarios a desprazarse polo territorio para cubrir as necesidades de asistencia. A realidade é sinxela e crúa, os adxuntos obrigados por sentenza non queren viaxar de Ourense a Verín. Ante esta situación Xerencia e Consellaría vense obrigadas a tomar a medida, argumentando ante a poboación, sen ningún escrúpulo, que durante os vinte cinco anos que o noso centro leva aberto mantívose un servizo que, din, non cumpre os estándares de calidade\", sinala Viñan na súa publicación. Taxis sanitarios As urxencias pediátricas ou os partos únense á lista de servizos afectados polo peche ou o traslado. \"O anterior foi o de dermatoloxía; hoxe hai 177 persoas que teñen que acudir a Ourense para pasar consulta á cidade. Moitas son persoas maiores, que non teñen medios propios para desprazarse. Os servizos públicos non sempre cadran cos horarios das consultas e entón hai que pagar o servizo dun taxi, que pode custar até 90 euros\", conta Aurora Solas. Esta semana, a modo de protesta, as profesionais do Hospital de Verín colocaron carteis nos que ofrecen formación en partos aos servizos de taxi da comarca. Un xeito de recordar aquel pasado no que as crianzas chegaban ao mundo nun coche en movemento. \"Abocan as mulleres da comarca de Monterrei a correr o risco de parir na estrada, como moi tristemente poderían contar os traballadores do taxi da comarca de hai trinta anos\", escribe o xinecólogo Rogelio Viñan. As traballadoras do hospital anuncian que valoran acudir ao Valedor do Pobo. \"Esta decisión vulnera os dereitos das mulleres e dos nenos, que a partir das tres da tarde non teñen ningún pediatra en Verín que os atenda Seguiremos no hospital até que reabran o paridoiro\", afirman."}
{"ID": "NOS_11538", "summary": "Un total de 521 sociedades declaráronse en concurso de acredores no noso país en 2013. A construción, a industria e o comercio ao por maior, os sectores máis afectados, segundo os dados do INE.", "text": "O 2013 pechouse en Galiza deixando un saldo de 521 empresas (e 18 familias) que se declararon en quebra, segundo un informe do Instituto Nacional de Estadística (INE). Unha medida de unha sociedade entrando en concurso de acredores cada 17 horas. O noso país é o sétimo territorio do Estado español en debedores concursados, 539, dos cales 502 foron de carácter voluntario e 37 necesario. Entre as 521 empresas galegas que quebraron en 2013 a maioría eran Sociedades de Responsabilidade Limitada (SRL), 435; mentres que 65 eran sociedades anónimas (SA). Por sectores, o da construción (174 sociedades en concurso de acredores) e industria (108) foron os máis afectados. Mais tamén se declararon en quebra empresas no comercio ao por maior (92), enerxía (4 sociedades), agricultura e pesca (4) ou hostalaría (12), entre outras. Antigüidade Por tramos de traballadores e traballadoras, 18 desas sociedades que entraron en concurso de acredores tiñan máis de 100. 17 posuían entre 50 e 99 asalariad@s e 79, entre 20 e 49. Entre 10 e 19 traballador@s hai 94 empresas que se declararon en quebra. No que atinxe á antigüidade, 144 das sociedades quer son debedoras concursais en 2013 tiñan máis de 20 anos de existencia e 54 posuían entre 17 a 19 e 108 sociedades entre 5 e 8 anos. Non chegaban aos 4 anos desde a súa creación 45 empresas que quebraron. En 2013, e xa a nivel do Estado español, houbo 9.660 debedores concursados. Deles, 726 eran persoas físicas sen actividade empresarial e 8.934 eran empresas."}
{"ID": "PRAZA_17585", "summary": "Os afectados critican os obstáculos de PP e PSOE para coñecer todo o que rodeou a morte de 80 persoas máis alá da investigación penal aínda en fase de instrución e con seis imputados ademais do maquinista HEMEROTECA | PP e PSOE impoñen a súa orde de comparecentes na comisión sobre Angrois por riba do que pedían as vítimas", "text": "HEMEROTECA | PP e PSOE impoñen a súa orde de comparecentes na comisión sobre Angrois por riba do que pedían as vítimas Os afectados critican os obstáculos políticos de PP e PSOE para poder coñecer todo o que rodeou a morte de 80 persoas máis alá da investigación penal aínda en fase de instrución A dúas semanas de que se cumpra o quinto aniversario do accidente do tren Alvia na curva de Angrois do 24 de xullo de 2013, no que morreron 80 persoas e 144 quedaron feridas, este martes o presidente da plataforma de vítimas, Jesús Domínguez, será o primeiro en intervir na comisión de investigación política no Congreso, dez meses despois da súa aprobación. A súa, avanza, non será unha intervención vitimista senón documentada, na que exporá as dúbidas existentes, para as que buscan resposta, sobre diversas interferencias políticas antes e despois do accidente. Para chegar a este punto e ver cumprida a reivindicación dos afectados dunha análise política do ocorrido en Angrois tiveron que pasar tres lexislaturas, con catro ministros á fronte de Fomento. \"Non se pode acusar os ex-ministros José Blanco e Ana Pastor de cometer 80 homicidios imprudentes, pero si hai moitas responsabilidades políticas e moitas respostas que teñen que dar no Congreso\", explicaba a este diario Domínguez as razóns da súa reclamación dunha investigación política do sinistro que pescude naquelas cuestións ás que non vai chegar a instrución penal, que en todo caso consideran prioritaria. O medo de socialistas e populares a que a comisión de investigación salpicase a Blanco e Pastor bloqueou durante catro anos esa petición que as vítimas comezaron a reclamar ao pouco do sinistro No accidente de Angrois o maquinista do tren, Francisco José Garzón, imputado na causa xudicial, despistouse tras recibir unha chamada do interventor do convoi e non freou a tempo antes da curva de Angrois. Nin nas vías nin no tren había activo ningún sistema de seguridade que evitase ou paliase ese previsible erro humano. Nas vías o sistema de control constante da velocidade (ERTMS, o propio do AVE) recortárase en 2010 e a bordo dos Alvia desconectárase en 2012. Por non avaliar correctamente o risco previsible que supuñan esas decisións, tomadas durante os mandatos á fronte de Fomento de Blanco e Pastor, están imputados os directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, Andrés Cortabitarte e Antonio Lanchares, no mesmo cargo con gobernos socialistas e populares. Con eles e co maquinista están tamén imputados outros tres técnicos da consultora pública Ineco e un máis de Adif subordinado do anterior. Malia que as propias vítimas asumen que Blanco e Pastor non son responsables directos do sinistro, o medo de socialistas e populares a que a comisión de investigación os salpicase bloqueou durante catro anos esa petición que as vítimas comezaron a reclamar ao pouco do sinistro, no outono de 2013, a medida que comezaban a desvelarse as numerosas deficiencias de seguridade que presentaba a liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente. Non foi ata a volta de Pedro Sánchez á secretaría xeral do PSOE hai un ano que a postura socialista mudou e en setembro se concretou o seu apoio á creación da comisión, que deixou o PP só na súa negativa. As vítimas critican que PP e PSOE mantivesen en postos de confianza aos cargos de Adif imputados por non avaliar correctamente o risco previsible existente na curva de Angrois Ata ver a súa reclamación concretada este martes, as vítimas tiveron que contemplar como remataba a X Lexislatura en cuxa metade ocorreu o sinistro e como pasaban a brevísima XI Lexislatura e máis dun ano da XII. Mentres, á fronte de Fomento Ana Pastor, ministra cando o accidente, deixaba o seu posto para ser presidenta do Congreso e asumíao en funcións Rafael Catalá, ao tempo ministro de Xustiza pero que era secretario de Estado de Fomento cando ocorreu o sinistro. Sucederíaos o popular Íñigo de la Serna e agora o socialista José Luis Ábalos. Todos eles, critican as vítimas, mantiveron en postos de confianza os dous directores de seguridade de Adif e Renfe imputados. Durante os mandatos dos tres primeiros, lamentan os afectados, que recibiron desplantes deles, as dúas empresas públicas obstaculizaron en diversas ocasións a investigación xudicial malia que os ministros reiteraban en público promesas de colaboración. Este mesmo luns fontes de Fomento informaron de que o novo ministro recibirá ás vítimas, que lle solicitaran un encontro aos poucos días de chegar ao cargo. Membros da comisión de investigación do accidente de Angrois no Congreso As vítimas non entenden que poden achegar o maquinista e o interventor do tren, reclamados por PP e PSOE, a unha investigación política como a do Congreso As interferencias políticas na investigación de Angrois chegan mesmo ata esta primeira comparecencia, que se producirá dez meses despois da aprobación da comisión polo Pleno do Congreso. Serán medio cento de persoas as que pasarán polo Congreso ao longo dos próximos meses -non estará Feijóo, malia que as vítimas querían que explicase varias decisións polémicas que tomou tras o sinistro-, e a plataforma de vítimas quería ser a última en intervir para así poder refutar con datos e documentos as falsidades que vertesen antes o resto de comparecentes. Porén, PP e PSOE volveron poñerse de acordo para situar ás vítimas de primeiras e que a última palabra a teñan os ex-ministros Blanco, que leva meses amosando a súa disposición a declarar, e Pastor, previsiblemente xa durante o próximo outono. Do mesmo xeito, citaron a comparecer ao maquinista do tren (farao este mércores), en quen os dous partidos maioritarios seguen a colocar o foco de todo o caso, e o interventor que realizou a chamada que o despistou. As vítimas non entenden que poden achegar o maquinista e o interventor a unha investigación política como a do Congreso."}
{"ID": "NOS_53283", "summary": "Xacobe García Souto foi electo no XV congreso da Unión da Mocidade Galega (UMG) novo secretario-xeral. De Ribadavia e estudante de Bioloxía na USC, sinala que é un máis das 15 persoas que compoñen o Comité Nacional da UMG, e que procuran meter \"ilusión\" pola soberanía na mocidade", "text": "Xacobe García Souto foi elixido no XV Congreso da UMG, que decorreu en Compostela sob o lema de 'Sumando enerxías cara a unha Galiza soberana', como novo secretario-xeral. Un cargo ao que este mozo de Ribadavia e estudante de Bioloxía na Universidade de Compostela accede con humildade e gañas. \"Ilusión\". Esa é a palabra que el emprega. \"O problema que pasou no nacionalismo foi, quizás, que se perdeu parte da ilusión. Hai que recuperala\", apunta. García Souto leva seis anos de militancia no nacionalismo. Responsábel comarcal de Galiza Nova na comarca do Ribeiro, así como responsábel de organización do BNG. Salienta do Congreso da UMG \"o debate. Houbo un debate que entendo como moi produtivo, sobre todo na actual situación. Temos claro que queremos afortalar o nacionalismo entre a mocidade\". Galiza Nova Preguntado sobre o papel da UMG en Galiza Nova e a función da organización da mocidade do BNG, Xacobe García considera que GN é unha ferramenta indispensábel e útil para o nacionalismo. \"Queremos que na mocidade se visibilice a alternativa nacionalista. E imos traballar pola unidade do nacionalismo\" \"Temos claro que queremos visualizar a alternativa nacionalista entre a mocidade. Como? Pois non vai ser doado. Pero teño claro que a ilusión ímola ter. Quizás un dos problemas que tivemos no nacionalismo foi o de faltarnos ilusión\". Soberanía Un dos elementos fulcrais deste Congreso da UMG foi a reivindicación e defensa do soberanismo. \"Non é algo novo, a soberanía para Galiza sempre estivo no nacionalismo. Que se visibilice máis agora? Bon, a ofensiva españolista fai que a resposta teña que ser máis clara\". Para o novo secretario-xeral da UMG, a soberanía tamén é algo concreto e tanxíbel para facer visíbel na mocidade: \"Sen termos unha Galiza soberana xa vemos o que temos: Non podemos estudar, con Wert e Boloña e a súa mercantilización do ensino; non podemos traballar... só queda emigrar\". Para García Souto \"é primordial, e así o dixen no discurso na miña intervención no Congreso, sacudirnos o po. A nós propios e a todos aqueles que pensan que os que estamos en política somos iguais. Iso é mentira. É algo que lle interesa que se pense ao sistema, mais non deixa de ser mentira. Non somos iguais\"."}
{"ID": "NOS_2363", "summary": "O Parlamento Europeo aceptou ceder datos persoais que van desde a escolla dun menú por razóns relixiosas até información sobre a saúde física e mental das persoas que viaxen", "text": "O Parlamento Europeo autorizou a cesión dos datos persoais, mesmo dos máis íntimos, de todas as persoas que viaxen desde Europa aos EEUU. En virtude deste acordo, as autoridades estadounidenses poderán coñecer case calquera detalle dos e das europeas que accedan ao país: o seu nome e dirección, o seu número de teléfono, os detalles do cartón de crédito, información sobre a equipaxe, a escolla dun ou doutro menú cando se faga por crenzas relixiosas e a petición de asistencia sanitaria. Mais, alén dos anteriores, os e as viaxeiras deberán facilitar tamén a súa orixe étnica, a relixión, datos referidos á saúde física e mental e a orientación sexual. O acordo coas autoridades norteamericanas foi aprobado con 409 votos a favor, 226 en contra e 33 abstencións, e ratificouse este xoves nunha reunión mantida entre os ministros de Xustiza e Interior da Unión Europea. Segundo contempla o acordo, a información seralle cedida ao Departamento de Seguridade Interior norteamericano para que este, en teoría, faga uso dela nun ficheiro que ficará activo durante dez anos agás aqueles referidos á orientación sexual ou crenzas relixiosas, que se almacenarán durante un mes e despois deberán ser borrados e só se fará uso deles \"en casos excepcionais\"."}
{"ID": "NOS_57713", "summary": "Dos 55 bens en disputa coas Administración públicas, renunciaron a cinco, entre os que están a escultura de San Xosé, uns escudos e un monolito.", "text": "Os Franco renunciaron a cinco bens do pazo de Meirás no inicio da vista para determinar cales son parte do inmóbel e \"cales poden ser retirados polos demandados\", segundo expuxo o titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña ao comezo da cita en referencia á familia do ditador. Antes de comezar as declaracións de testemuñas e peritos, os Franco avanzaron que renunciaban a cinco bens, entre os que están a escultura de San Xosé, uns escudos e un monolito. Sada reclama todos os bens Pola súa parte, en declaracións aos xornalistas ás portas da antiga Audiencia da Coruña, o alcalde de Sada, Benito Portela, trasladou que manteñen \"moitas expectativas\" sobre o resultado da vista e remitiuse ao informe pericial \"moi preciso\" que había presentar na vista para reclamar a titularidade pública dos bens. Desestiman o recurso dos Franco contra o sobresemento da causa aberta aos '19 de Meirás' \"Todos os bens móbeis do pazo, fóra dos que acrediten que foron postos con posterioridade a 1975\", sentenciou sobre a postura de Sada, onde se sitúa o inmóbel. Sada reclama a titularidade pública de todos os bens desde a época de Emilia Pardo Bazán até a morte de Franco Fíxoo antes de que o xuíz non admitise o citado informe pericial -que analiza bens entre 1938 e 1975- por presentación \"extemporánea\" e por entender que non se incorporan \"novos feitos\". Pola contra o letrado do consistorio de Sada cualificouno de \"pertinente\", formulación que defendeu o Estado. Oito meses de demora Inicialmente fixada para outubro do ano pasado, esta vista adiouse a novembro e posteriormente ao mes de xaneiro. Nesa ocasión aprazouse a solicitude da Administración Xeral do Estado e da Xunta, quen pediron a suspensión porque o informe pericial elaborado pola familia Franco tivo entrada a principios dese mes. Dos bens existentes, o Estado reclamou 133 e até o momento eran 55 os que estaban en discusión coa familia Franco, que xa avanzou a súa renuncia a cinco. Carlos Babío, premio 'Mártires da Liberdade' Na vista, están presentes os Franco, ademais do Estado, a Xunta, a Deputación da Coruña e os concellos da Coruña e Sada, que reclama a titularidade pública de todos os bens desde a época de Emilia Pardo Bazán até a morte de Franco e que foron incorporados durante a ditadura polo Estado. Cómpre lembrar que, en principio, a familia Franco amosou a súa intención de quedar con patrimonio como as estatuas de Abraham e Isaac (atribuídas ao Mestre Mateo) e parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán que continúa no inmóbel. No pasado incluso chegaron a enviar unha empresa de mudanzas ao complexo situado no municipio de Sada, pero atopáronse coa negativa de paso."}
{"ID": "PRAZA_1140", "summary": "A plataforma coruñesa realiza un percorrido pola \"alma da cidade\" na xornada previa á celebración do Día das Letras Galegas", "text": "Na véspera do Día das Letras a Marea Atlántica foi de roteiro pola \"alma da cidade\" da Coruña. Dende o Obelisco, pola Rúa Real, polo Rego de Auga e ata estatua de María Pita, na praza que lle dá nome, a membros da plataforma municipalista e persoas do mundo da cultura observaron a cidade, detivéronse en recunchos que falan de cinema, de letras ou de pintura e remataron a bailar ante a Casa do Concello. Alí, onde aspiran a entrar a partir do 24-M, o candidato da Marea á alcaldía coruñesa, Xulio Ferreiro, bosquexou o roteiro da candidatura nun ámbito especialmente esquecido pola práctica totalidade dos gobernos locais: a promoción da lingua galega que, ao seu xuízo, cómpre impulsar alén das \"paixóns tristes\". \"A lingua e a cultura galegas\" son \"un ben común\", que é o que persegue a candidatura, di Ferreiro. Por iso cómpre \"coidala entre todas e todos\". \"A lingau e a cultura galegas perténcenlle á xente e non imos deixar que ninguén as desprece ou as privatice\", advirte\". A xuízo do cabeza de lista tamén a lingua e a cultura do país \"necesitan unha marea\" que \"sume, que seduza, que poña no centro o que nos une e nos proxecte cara ao futuro\" máis alá desas \"paixóns tristes\". Esa, di, ten que ser unha \"marea radical na defensa do común\", \"alegre e creativa no combate contra o sectarismo e a ignorancia\". Ferreiro: \"Non imos conseguir resultados novos con métodos vellos e obsoletos de sempre, precisamos ferramentas novas que aseguren o respeto dos dereitos das e dos galegofalantes\" No caso de chegar ao goberno da Coruña a partir do 24-M, sinala, a Marea defenderá que é \"hora de recuperar o orgullo e o respecto polo noso, superando a cultura do reproche\". \"É hora -afirma- de abandonar dunha vez o Medulo e baixar á vida imperfecta e vizosa da xente común\". Neste sentido, coida que chegou tamén a hora de \"substituír os trebellos que xa non serven e imaxinar un novo discurso para a lingua e a cultura galegas do século XXI\". \"Non imos -augura- conseguir resultados novos cos métodos vellos e obsoletos de sempre\", por iso \"precisamos ferramentas novas que aseguren o respeto dos dereitos das e dos galegofalantes, porque sen voz, sen lingua, tampouco hai vida digna\". \"Precisamos ferramentas -ilustra- que poñan de novo a andar a factoría de ideas desta cultura e lle devolvan a condición que nunca debeu perder, a de ser software da imaxinación, o código aberto do futuro\". Para comezar este camiño o candidato da Marea chama a exercer unha reivindicación das \"voces baixas\" que pulan a diario pola lingua en ámbitos diversos. \"As voces baixas que traducen ao galego os subtítulos das nosas series favoritas\", as que \"deixan a voz, tamén en galego, en Riazor\" durante os partidos do Dépor. Tamén, asemade, \"as voces baixas que viven e traballan a lingua e a cultura galegas fóra das zonas de confort\" ou as que \"falan de política nunha taberna de barrio\". Todas esas \"voces baixas converten a lingua no que é: un músculo do pracer\", conclúe."}
{"ID": "NOS_6980", "summary": "Montse Prado é directora de campaña do Bloque Nacionalista Galego e candidata ao Parlamento por Pontevedra. Sermos Galiza debullou con ela as primeiras semanas de precampaña e o panorama político de cara ao 21-O. Na entrevista dá resposta ás principais cuestións que envolven a intensa precampaña e sitúa cales son as chaves programáticas da alternativa nacionalista.", "text": "Veñen de presentar as candidaturas do BNG para as eleccións. En que clima interno se elaboraron?As listas do BNG son froito dun proceso envexábel, un proceso democrático e de participación de toda a militancia que nas asembleas comarcais achegou propostas daquelas persoas que consideraban debía formar parte das candidaturas. A executiva nacional elaborou con esas propostas a súa e logo volveu ser a propia militancia a que ratificou as listas. Disto, outras forzas políticas non poden presumir nin moitísimo menos. No BNG non só falamos de democracia senón que a practicamos coa participación directa da militancia. Están, logo, superadas as tensións xurdidas na Asemblea de Amio?O BNG é obvio que se atopa nun bo momento e temos referencias próximas no tempo que o constata, como pode ser a Convención Nacional celebrada en maio ou o 25 de xullo, onde se puido palpar con absoluta nitidez cal é o estado de ánimo da militancia, que está moi ilusionada e moi cohesionada. Contamos cunha organización moi engraxada e acorde coa liña política que está a levar o BNG. Esta situación é moi satisfactoria para nós. As listas do BNG son froito dun proceso democrático e de participación da militancia Novamente apostan por listaxes paritarias en xénero, porén nas candidaturas encabezan as listas tres homes. No BNG non só nos limitamos a cumprir os mandatos paritarios recollidos na lexislación, senón que imos, normalmente máis alá. É certo que temos un candidato á presidencia da Xunta mais a número dous pola circunscrición da Coruña, Ana Pontón, vai exercer practicamente como candidata e logo a dúas e tres de Pontevedra, Coruña e Lugo son mulleres, é dicir, que se botamos unha ollada ao primeiro tramo, as cinco primeiras persoas de todas as listas, no BNG temos unha proporción do cincuenta-cincuenta. Creo que é unha proporción moi satisfactoria tamén. Salienta a importante presenza de candidat@s que proveñen dos movementos sociais e do sindicalismo. Que mensaxe quere trasladar o BNG con esa decisión?O BNG non concibe a campaña electoral como un paréntese entre o que se fai antes da campaña e do que se pensa facer despois de se celebraren as eleccións. Non concibimos a campaña coma un proceso de amnesia ao querer trasladar aos galegos e galegas unha imaxe que non se corresponde co que vimos traballando. No BNG, levamos xa moitos meses cun traballo moi constante coa cidadanía encamiñado a estar do lado das maiorías sociais que están a padecer a crise, traballando con eles cóbado con cóbado. Neste senso, nos actos que estamos a desenvolver procuramos darlles voz a eses sectores, non só nos diriximos a eles senón que, desde a nosa capacidade para organizarmos actos tentamos que a cidadanía aproveite eses espazos para trasladar as súas reivindicacións e o traballo que están a facer. Desde logo nas listas tamén quixemos que isto se reflectise e que estivesen presentes. Jorquera sinalou estes días a necesidade dunha maior mobilización social, invocando o \"Nunca Máis\". Cal é o significado hoxe daquel espírito?É evidente que o necesario é sumar esforzos [referíndose á campaña electoral] como reflicte o lema elixido, [\"En bloque podemos!\"]. Somos conscientes de que en bloque, colectivamente, é posíbel derrotar esas políticas e actuacións que por parte da dereita e dos grandes poderes económicos e financeiros están tentando poñer en marcha. Neste senso, Nunca Máis foi un exemplo precisamente diso, dunha mobilización colectiva, dun pobo o galego, que se rebelou contra unha situación que era totalmente inxusta na que se vía unha deixadez por parte de quen tiña a obriga de actuar, e neste momento estamos a padecer esa situación. A realidade de miles de galegos e galegas é dramática, entrementres estamos a ver como por parte do Partido Popular na Xunta de Galiza non se está a facer nada. Polo cal, no BNG aspiramos a ser o referente da Galiza que se move, que se rebela e que se opón contra á privatización do ensino e a sanidade, que se rebela contra a estafa das preferentes, que demanda carga de traballo para os estaleiros... Por iso, facemos un chamamento a que a indignación e o cabreo que se sente, se converta en acción como se fixo no Nunca Máis. E para nós esa acción ten que ser apoiar ao BNG. A realidade de miles de galegos e galegas é dramática, entrementres o Partido Popular non está a facer nada Cales son as impresións e sensacións que tiran destas semanas de precampaña?Observamos unha moi boa aceptación das nosas propostas, pois está a acudir moita xente aos actos que organizamos, asemade tamén hai moita xente que nos traslada a necesidade dun cambio real, non só de goberno, senón das políticas que se veñen desenvolvendo, a necesidade de plantarmos cara a todas as medidas que rouban as conquistas alcanzadas ao longo da historia. Tamén observamos que o Partido Popular vai intentar ir cara a unha campaña que non estea centrada nas propostas pois non ten balance que presentar á cidadanía. Semella máis que obvio que en tres anos e medio de lexislatura o balance co que se presenta Feijóo é tremendo, co maior número de persoas desempregadas da historia de Galiza, intentando presumir do que non ten, de control do défice cando no primeiro semestre de 2012 Galiza é a quinta comunidade do Estado con maior défice, tenta presumir de control do gasto mais ao longo da súa lexislatura a débeda pasou de 3000 millóns de euros a case 8000, a realidade dun sector industrial practicamente esmorecendo, o sector leiteiro.... non ten balance que presentar polo que irá a unha campaña cun programa oculto como fixeron nas eleccións xerais, sen explicarlle á cidadanía o que teñen pensado facer e ao día seguinte das eleccións, se teñen capacidade para gobernar, aplicarán máis recortes e medidas lesivas para a cidadanía. Ademais cremos que están a levar a cabo unha campaña para \"embarrar o campo\" e intentar dispersar a atención cara a cuestións totalmente secundarias, no cal é experto o PP, xa o fixo en 2009 e a nosa impresión é que leva todo o camiño de facelo nesta campaña. Estades a lles dar moita importancia ás redes sociais na campaña, mesmo sacastes a serie #feijóomentirán que circula pola rede...As novas tecnoloxías son unha ferramenta que permite a inmediatez e polo tanto, o contacto directo con moitos cidadáns. En concreto, o BNG, tanto en Facebook coma no Twitter ten unha importante actividade se o comparamos coas outras dúa forzas políticas con representación parlamentar, e efectivamente, a nosa páxina web é tamén un elemento ao que lle damos bastante importancia como instrumento para darmos a coñecer as nosas posicións. Agora, vimos de quitar unha serie de videos cos que queremos evidenciar que este mantra que está a repetir Feijóo é unha mentira a todos os galegos e galegas. Cae antes un mentirán que un coxo e neses videos está a proba palpábel de que lle mente á cidadanía galega e parécenos que, ademáis de incumprir o seu programa electoral co que se presentou en 2009 como un compromiso con eles, agora procura volvelos enganar. Con esta campaña queremos que as galegas e galegos vexan cales foron as súas promesas e como as foi incumprindo unha por unha. Queremos evidenciar que cae antes un mentirán que un coxo e #feijóomentirán é a proba palpábel de que lle mente á cidadanía O Consello Nacional do pasado sábado aprobou tamén o programa electoral. Cales son as súas principais propostas?O fundamental é facermos unha oferta programática a Galiza, á súa xente, no sentido de termos confianza nas capacidades de Galiza e na necesidade de crermos nelas. Neste senso, reclamamos soberanía para alcanzarmos un maior desenvolvemento económico en beneficio das maiorías sociais. É fundamental en momentos coma estes, dunha recentralización brutal por parte do Estado onde as decisión se toman cada vez en ámbitos máis afastados da Galiza, o preciso é ter soberanía, capacidade de decisión e autogoberno real para poder pór en marcha desde os nosos intereses todas aquelas medidas encamiñadas a desenvolver as nosas potencialidades, que son moitas. Logo, apostamos pola confianza no público, é dicir, a defensa de todos os servizos sociais, imprescindíbeis para o equilibrio e a igualdade real entre as persoas. Tamén defendemos a intervención pública. É necesario que as decisións as tomen aqueles que se presentan ás eleccións, os representantes dos cidadáns e non os que non se presentan. No noso programa facemos moito fincapé no autogoberno real, pois está en xogo o futuro de Galiza como nación, e tamén, na rexeneración da democracia e o avanzo nas liberdades. O noso obxectivo é favorecer a participación cidadá, polo que propoñemos unha lei de consultas populares e a modificación da lei que rexe a CRTVG, cuestións arredor desa necesidade de que a democracia non sexa só unha palabra senón que sexa algo real."}
{"ID": "NOS_57855", "summary": "A CIG-Ensino presentou un recurso de casación perante a máxima instancia e di confiar en que \"volva darnos a razón\" após o Supremo declarar contrarios a dereito estes concertos en 2014.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza declarou esta sexta feira legais os concertos, correspondentes a 2013-2017, da Consellaría de Educación con centros que segregan o alumnado por sexos. Desde a Confederación Intersindical Galega anunciaron a presentación dun recurso de casación perante o Tribunal Supremo en aras de que a máxima instancia declare de novo contrarios a dereito estes acordos. E é que en 2014 o Supremo tomou en consideración o recurso presentado pola central sindical nacionalista e declarou ilegais os correspondentes a 2007-2012. Contrarios á LOE Segundo a CIG-Ensino o propio TSXG recoñece na sentenza ditada que estes concertos foron asinados antes da entrada en vigor da LOMCE polo que contravirían o determinado na Lei Orgánica de Educación (LOE) que considera \"ilegal\" calquera tipo de discriminación entre o alumnado, incluíndo a razón de sexo. \"Agardamos que definitivamente, despois de que se declararon ilegais os concertos educativos do ano 2009 ao 2013 neste tipo de centros, o Tribunal Supremo declare ilegais os do período 2013-2017\" apuntou o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao. Porén, acrecentou, \"o combate da CIG-Ensino contra estes concertos educativos retrógrados e contrarios a un ensino coeducativo non vai parar até que se derrogue a LOMCE que pretende darlles cobertura legal\"."}
{"ID": "PRAZA_8755", "summary": "Do traballo inxente e calado que fan os centros educativos, o seu profesorado, para abordar os conflitos, cada día, todos os días, de mediación, a pesares do maltrato que reciben das administracións e dos gobernos, do saqueo nos seus salarios e extras, nas súas condicións laborais, disto, tampouco se fala o suficiente.", "text": "Con certa frecuencia saltan ós medios de comunicación casos cualificados, con maior ou menor acerto, como de acoso escolar que producen alarma entre a comunidade educativa e na cidadanía. Mesmo, en ocasións, contribúen a dar unha imaxe distorsionada do que acontece nos centros de ensino. Compre reiterar que no contexto xeral da cantidade de alumnos e alumnas que acoden ós colexios e institutos, cada día, en Galicia, case que 400.000, o número de casos detectados de acoso son mínimos, aspecto que non consola, obviamente, a un pai ou a unha nai afectada. Moito menos á vítima. Tampouco ó profesorado. Na publicitación máxima de sucesos e incidentes escolares, cualificados, todos eles, como de acoso existen moitos intereses. Cando se refiren a centros públicos e ignoran o que acontece nos privados, resultan evidentes e non merecen maior comentario Na publicitación máxima de sucesos e incidentes escolares, cualificados, todos eles, como de acoso existen moitos intereses. Cando se refiren a centros públicos e ignoran o que acontece nos privados, resultan evidentes e non merecen maior comentario. O interese comercial dalgúns medios, hipnotizados polo amarelismo e por facer caixa, tamén está bastante claro. A culpabilización do profesorado, cualificado de incapaz para abordar esta problemática, tampouco é nova. Menos claros son outros intereses como, por exemplo, darlle un papel principal á policía nacional ou á garda civil á hora de informar ou formar ó alumnado sobre o acoso, o ciberbullying, ou sobre os usos e perigos das redes sociais..., unha moda que ven estendéndose como si fose algo espontáneo e natural. Parecera como que, para algúns, non existan saberes e fontes rigorosas no ámbito civil, académico ou non gobernamental para tratar estes asuntos nun centro de ensino. Falamos menos doutros intereses poderosos, por exemplo, dos farmacéuticos e clínicos que, dunha maneira crecente, tratan ó alumnado con fármacos diversos para síndromes cualificados mesmo de artificiais por moitos expertos, entre eles, o de hiperactividade Falamos menos doutros intereses poderosos, por exemplo, dos farmacéuticos e clínicos que, dunha maneira crecente, tratan ó alumnado con fármacos diversos para síndromes cualificados mesmo de artificiais por moitos expertos, entre eles, o de hiperactividade. Ou os das clínicas, gabinetes psicolóxicos ou psiquiátricos que veñen proliferando para tratar, desde esa perspectiva, a conflitividade do alumnado. Polo contrario, doutros factores como a crise, a pobreza, a exclusión, a marxinalidade, a desestruturación familiar ou das violencias no ámbito doméstico, e como inflúen no alumnado e na convivencia escolar, case que nada. Como tampouco dos recortes en educación e sobre como contribúen ó deterioro da convivencia escolar como consecuencia da diminución drástica do profesorado, do aumento progresivo das ratios e a masificación, dos macrocentros escolares, a supresión de axudas á diversidade, servizos complementarios, orientación, titoría, diversificación e adaptación curricular, apoios... Do traballo inxente e calado que fan os centros educativos, o seu profesorado, para abordar os conflitos, cada día, todos os días, de mediación, a pesares do maltrato que reciben das administracións e dos gobernos, do saqueo nos seus salarios e extras, nas súas condicións laborais, disto, tampouco se fala o suficiente. Convivir é compartir vivencias xuntos. E a solución ós problemas de convivencia nun centro escolar non poden ser, en ningún caso, retirar ó alumnado agredido da súa aula, cambialo de centro, ou tentar de protexelo e illalo na súa casa. Estas son falsas solucións que, ás veces, propomos, como pais, como profesores, como administración, con toda a boa vontade, pero erradamente. Para abordar os casos de maltrato entre iguais, vulgarmente coñecidos como acoso ou co seu termo en inglés bullying, o primeiro que debemos fomentar nun centro educativo que ten menores ó seu cargo, é a prevención Para abordar os casos de maltrato entre iguais, vulgarmente coñecidos como acoso ou co seu termo en inglés bullying, o primeiro que debemos fomentar nun centro educativo que ten menores ó seu cargo, é a prevención, é dicir, de acordo cun Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de referencia, como o que temos vixente en Galicia, e activar e desenvolver Plans de Convivencia no propio centro, con protocolos claros de detección precoz e de intervención no seu caso, nos que a Titoría ten, loxicamente, un papel relevante, e con Equipas de Mediación e Tratamento de Conflitos onde colaboren e participen non só o profesorado senón -e sobre todo- o alumnado e tamén, si é posible, os pais e as nais, cunha dirección comprometida e dinámica. Non está demais lembrar aquí que as violencias, os maltratos, onde máis se producen é, precisamente, no ámbito familiar. Na escola, en moitas ocasións, se reproducen comportamentos vividos e aprendidos na casa A mellora da convivencia escolar non pode ser un obxectivo educativo só cando aparecen casos ou indicios de acoso ou maltrato. Temos que promovela de maneira sistemática, permanente, na aula e no centro, no patio de recreo e nos corredores, na cafetería, sempre e en todo lugar, na casa e nas familias. Non é posible abordar a prevención do maltrato entre iguais sen a participación activa das familias e, como sabemos, en moitos casos, este eslavón da cadea colaborativa contra o acoso, non existe ou é moi feble. Non está demais lembrar aquí que as violencias, os maltratos, onde máis se producen é, precisamente, no ámbito familiar. Na escola, en moitas ocasións, se reproducen comportamentos vividos e aprendidos na casa. Claro que, ás veces, tamén falla o centro, e o profesorado, como non, por razóns diversas, entre as que destacamos as carencias formativas específicas dos docentes en resolución e tratamento de conflitos nas aulas. Outro aspecto moi relevante ten que ver coa detección e o diagnóstico. Con frecuencia cualificamos de acoso escolar comportamentos e condutas que non o son. A confusión sobre isto ten consecuencias. Se diagnosticamos mal, os remedios e medidas que promovamos poden non ser as máis axeitadas. En moitas ocasións chamamos acoso a condutas disruptivas na aula, actos de indisciplina, unha pelexa, un calentón..., cando si algo caracteriza e distingue ó maltrato é, precisamente, a súa sistematicidade e permanencia no tempo. Ver, descubrir, desvelar a reiteración, a segregación, a persecución, temporalmente dilatada, dun agresor sobre unha vítima, resulta imprescindible para identificar correctamente o bullying. O que non significa, por suposto, que deixemos de penalizar e corrixir aquelas condutas ou comportamentos non sistemáticos citados. Ver, descubrir, desvelar a reiteración, a segregación, a persecución, temporalmente dilatada, dun agresor sobre unha vítima, resulta imprescindible para identificar correctamente o bullying No acoso sempre existe o que coñecemos como triángulo do maltrato o que forman o agresor, a vítima e os espectadores. Os tres vértices deste triángulo están integrados por alumnos e alumnas, que son menores e que conviven nun centro escolar. En consecuencia, os tres necesitan tratamento educativo. En primeiro termo, a vítima, á que debemo, antes que nada, protección, axuda, apoio psicolóxico e seguridade. O agresor sería o vértice a separar no seu caso, nunca a vítima, porque a impunidade sempre é a mellor maneira de que o acoso continúe e se reproduza no centro. Por último, os espectadores, o terceiro vértice do triángulo do maltrato, que poden ser activos, os que animan, acirran e protexen ó agresor, ou pasivos, os que simplemente aceptan aquela conduta violenta, calan ou miran para outro lado, por medo ou por complicidade. En calquera caso, como dixemos, os tres vértices deste triángulo do maltrato necesitan intervención, axuda e tratamento educativo. O agresor e os espectadores, ademais, teñen que reparar o dano causado, proporcionalmente. O agresor sería o vértice a separar no seu caso, nunca a vítima, porque a impunidade sempre é a mellor maneira de que o acoso continúe e se reproduza no centro Os conflitos, nos grupos humanos, nos colexios e institutos, existen, existiron e seguirán a existir, porque somos seres libres, con ilusións, desexos, aspiracións, intereses... distintos, ás veces contraditorios. Por aí empezan os conflitos. Do que se trata é de prevelos, de aprender e manexar técnicas de resolución pacífica, dotar ó alumnado, ó profesorado, ós pais e as nais, de recursos para abordalos con garantías. A conflitividade nas aulas non podemos vela como unha desgraza, como un mal co que temos que convivir resignadamente. Todo o contrario. Como educadores, como educadoras, temos que afrontala conflitividade como un desafío, como un reto, mesmo como unha maneira de medrar autonomamente, de cambiar as cousas en positivo. Para iso necesitamos técnicas, metodoloxías, recursos, experiencias, formación específica, porque non chega coa boa vontade. Sempre reitero que dedicamos moitas horas, días, meses, anos, á ensinarlle ó alumnado a resolver complexos problemas matemáticos, físicos, químicos... pero a penas minutos a ensinarlles a resolver os seus propios problemas, os de relación entre iguais, aqueles que atoparán, con maior frecuencia, nas súas vidas. E para isto, a educación afectivo emocional resulta imprescindible, na casa e na escola. Son os afectos e os sentimentos, os mellores antídotos contra das violencias. E os cambios curriculares e metodolóxicos, o currículum da nonviolencia e o traballo cooperativo, para desaprender as violencias. Non quixera deixar de mencionar que a responsabilidade última da política de recortes, da falla de formación axeitada, da demolición das estruturas formativas creadas nos últimos anos Por último non quixera deixar de mencionar que a responsabilidade última da política de recortes, da falla de formación axeitada, da demolición das estruturas formativas creadas nos últimos anos, do non coñecemento xeneralizado das experiencias e boas practicas que existen en Galicia e no Estado, que as hai, do esquecemento e ocultación do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia, do derrube controlado do Observatorio Galego da Convivencia Escolar, ou da desprotección que sente o profesorado, corresponde, estou canso de dicilo, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quen ten as competencias plenas e os instrumentos en materia educativa, así como a máxima obriga de dar solucións políticas ós problemas de convivencia. E a crise, neste caso, non pode ser –tamén- unha escusa para declinar estas responsabilidades. As familias, o profesorado, os centros educativos, teñen as súas. Son as directas, a primeira liña contra dos problemas de convivencia, e o fan como mellor poden, razoablemente ben, dadas as circunstancias. As autoridades educativas, polo contrario, neste asunto, recortan, ocultan, ignoran, improvisan e, en moitas ocasións, dan paus de cego que fan moito dano."}
{"ID": "NOS_52069", "summary": "Dinamarca concédelles máis poderes en seguridade e defensa.", "text": "O Goberno danés aprobou conceder a Grenlandia e ás Illas Feroe unha maior autonomía á hora de negociar as súas propias decisións en seguridade e defensa a través dun incremento do seu papel no foro intergobernamental do Consello Ártico. Así, prevese a formación dun grupo de contacto con ministros e representantes para que ambos os territorios teñan unha maior \"marxe de manobra\" en calquera negociación nestes eidos, segundo explicou a primeira ministra de Dinamarca, Mette Fredericksen, tras un encontro cos líderes de Grenlandia e as Feroe, Mute B. Egede e Bardur Nielsen. A mandataria planea ademais transformar a estrutura do Consello, o foro de cooperación máis importante das rexións circundantes ao Polo Norte, ao conceder a Groenlandia a potestade de falar e votar en nome da chamada Comunidade Imperial, a mancomunidade que forman Dinamarca e estas dúas rexións. O soberanismo ten un gran pulo nos dous territorios, semiautónomos mais que reciben unha importante axuda económica de Copenhague. Ademais, Grenlandia aumentou en prominencia. Os efectos do quecemento global abriron novas rutas comerciais, que agora atravesan lugares previamente inaccesíbeis polas baixas temperaturas do Ártico, e permiten reducir tempos de viaxe. China vs. EUA É ademais ─antes e agora─ un lugar de importancia xeoestratéxica. Washington leva anos tentando conter os esforzos da China para investir en Grenlandia. De feito, o Pentágono logrou impedir con éxito o ano pasado que Beijing financiase a construción de tres aeroportos na illa. China xa asinou acordos para a extracción de minerais con Grenlandia, mentres que Estados Unidos ─que conta cunha base militar chave durante a Guerra Fría e para o seu sistema de radar─ ofreceu as autoridades da illa axudas millonarias. En marzo deste ano, a alianza de intelixencia que integran Australia, Canadá, Estados Unidos, Nova Zelandia e Reino Unido coñecida como Five Eyes (\"Cinco Ollos) acordou centrar os seus esforzos en Grenlandia con fin de reducir a dependencia destes países da China para a subministración de certos minerais. En 2019, o entón presidente dos EUA, Donald Trump, barallou a posibilidade de comprar Grenlandia, como fixera en 1946 o seu predecesor Harry Truman."}
{"ID": "NOS_14378", "summary": "Nicolás Carrera defenderá este domingo en Gondomar a coroa que acadou na edición anterior. A convocatoria bateu record de inscricións con 300 riders.", "text": "Cinco anos despois, a Serra do Galiñeiro volve acoller o Campionato da Galiza de Enduro. Desde 2017 a montaña gondomareña e esta especialidade do BTT seguiron camiños moi diferentes. A tráxica vaga de incendios do outono daquel ano devastou a paisaxe na parroquia de Vincios e obrigou a rexenerar os seus montes, mentres que o Enduro nacional seguiu cun crecemento que só se detivo temporalmente por mor da pandemia. Este domingo, nun escenario renovado, 300 riders honrarán ao Galiñeiro ofrecendo espectáculo na proba organizada polo equipo + Enduro MTB. A selección galega volve do Campionato de España de ciclismo Enduro con tres medallas Xornadas de sábado e domingo O evento, apoiado polo Concello de Gondomar e a Federación de Ciclismo Galego, xa conta co récord de participación nunha proba desta modalidade na Galiza. A saída e a meta estarán situadas ao carón da Asociación de Veciños de Vincios e o percorrido presenta cinco treitos cronometados nos terreos da Comunidade de Montes de Vincios. A xornada do sábado estará dedicada aos adestramentos das e dos deportistas participantes e o primeiro competidor porase en marcha o domingo ás 8:30 horas. As cadetes femininas abrirán unha competición na que se porán en xogo un total de nove coroas nacionais e na que tamén haberá unha categoría de parellas e outra de e-bikes. Carrera defenderá o título O sub23 Nicolás Carrera (Justbikes-Transition), gañador absoluto nas tres últimas edicións do Campionato, preséntase como o rival a bater. Loureiro, a épica enriba dunha bicicleta O ano pasado fixéronse co resto dos títulos Lucía Piñeira (Pontebike) e Danny Buba (Coruxo) en cadetes, Anxo Carril (Coruxo) nos juniors, Isabel Castro (Condado Bike) e Mauro González (Salvaterra) en elites, Estefanía Cabarcos (Rocasport-Giant) e Santos Lemos (Grupetta Pan de Zarko) en máster-30, José Manuel López Vaqueiro (VK Bikes) nos máster-40 e Adolfo Gallego (Singletrack) nos máster-50. O nivel da quinta edición do Enduro Serra do Galiñeiro pouco terá que envexar ao do Campionato de España. A 'armada galega' ratificou o seu dominio no plano estatal o pasado domingo en Cidade Real, na apertura da Copa de España, adxudicándose a vitoria en seis das doce categorías existentes."}
{"ID": "NOS_1056", "summary": "A concesionaria da AP-9 non ten ningunha muller en postos directivos", "text": "Autoestradas do Atlántico SA (Audasa), a concesionaria da AP-9, presentou as contas correspondentes ao exercicio 2019 a pasada cuarta feira. Non lle foi mal, xa que no período elevou o seu beneficio até os 42,3 millóns, en parte pola subida de 3,5% do prezo das peaxes, polas que ingresou 153,4 millóns de euros o pasado ano. Xunto a este documento, a concesionaria remitiu á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) a información financeira intermedia do segundo semestre do ano e o informe anual de goberno corporativo. Neste último figura un incremento de 23% na remuneración total do Consello, que o pasado exercicio ascendeu a 586.000 euros, un dato que contrasta co do ano anterior, no que a remuneración do equipo directivo foi de 450.000 euros. Cada un dos dez conselleiros con que conta a sociedade, entre os que figuran tres altos directivos de Itínere, a matriz de Audasa, ingresou o pasado ano unha remuneración de 54.000 euros por pertencer ao máximo órgano de decisión da concesionaria da autoestrada AP-9. Segundo explica a propia sociedade no documento remitido ao regulador, \"a variación no importe total de remuneracións recibidas polos directivos respecto aos datos consignados a 31 de decembro de 2018 débese principalmente aos cambios producidos no equipo directivo derivados da reorganización interna da compañía\". Iso si, os dividendos seguen destinándose a financiar a avultada débeda. Sen mulleres no Consello de Administración O Consello de Administración de Audasa está formado por dez homes. Nin rastro de presenza feminina. Para xustificar esta ausencia e a falta de cumprimento coa Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva entre Homes e Mulleres, que recomenda unha representación de polo menos 30% nos Consellos das grandes empresas, Audasa escúdase na súa matriz, o Grupo Itínere. \"A sociedade non ten estabelecida unha política de diversidade en relación co Consello de Administración. Porén, debe sinalarse que dita política de diversidade si se aplica na matriz do Grupo Itínere, onde 25% das conselleiras (3 de 12) son mulleres, as cales acumulan unha amplia formación e experiencia profesional\", sinala a concesionaria da AP-9 no seu informe anual de goberno corporativo. \"A política do Grupo é manter e, cando sexa posíbel, incrementar no futuro dita participación co obxecto de facela igualitaria, tanto na matriz como no resto das sociedades do grupo\", engade Audasa, que nestes cinco anos desde a entrada en vigor da Lei de Igualdade non só non incorporou mulleres ao seu Consello, senón que tampouco existe representación feminina nos postos de alta dirección. Onde si medrou a presenza de mulleres foi no cadro de persoal da concesionaria. Segundo os datos presentados ante a CNMV, a sociedade tivo en 2019 unha media de 223 traballadoras fronte ás 209 que declaraba en 2018. Desas 14 novas incorporacións, que non detalla a que postos corresponden, 10 foron mulleres. Con todo, os homes seguen a ser maioría en Audasa, con 133 traballadores por só 90 traballadoras."}
{"ID": "NOS_29889", "summary": "As potencias mundiais asinarán hoxe un documento de apoio ás medidas de crecemento en Europa. Obama e Merkel manteñen as súas diferenzas no xeito de afrontar a difícil situación económica", "text": "As potencias mundiais do denominado G-20, foro de 19 países, máis a Unión Europea, tentan salvar a debilitada economía da zona euro a base de declaracións de principios. Esta é a impresión que ten moita da prensa internacional que estes días segue o encontro en Los Cabos (México) despois de anunciarse que hoxe haberá un comunicado conxunto en favor do crecemento mundial. A propia comisión europea deixou clara a idea de que non lle gusta a inxerencia nos seus asuntos Mais as diferencias entre os diferentes gobernos seguen aí. A propia comisión europea deixou clara a idea de que non lle gusta a inxerencia nos seus asuntos segundo declarou o seu presidente, Durão Barroso e recolleron medios de comunicación como o xornal Público e o Corriere della Sera. É a resposta europea á reunión que por sorpresa tiveron o presidente dos EEUU, Barack Obama, e a canceleira de Alemaña, Ángela Merkel antes do cumio do G-20. Neste encontro evidenciáronse as diferenzas entre a aposta polo crecemento de Obama e a dura disciplina financeira que Merkel impón en Europa."}
{"ID": "NOS_52890", "summary": "Campaña impulsada `polo movemento 'A Quinta', que defende que os 38 concellos da comarca berciana pasen ser unha provincia galega.", "text": "O movemento cidadá 'A Quinta' do Bierzo informa do inicio dunha campaña de recollida de sinaturas para demandar unha reforma do estatuto de autonomía galego que permita que, se así o deciden a maioría de bercianos e bercianas, esta comarca pase a facer parte de Galiza. \"As persoas asinantes desta solicitude, todas maiores de 16 anos e veciñas no, senten a necesidade de constituír como provincia os 38 Concellos que conforman a actual Comarca administrativa do Bierzo e a súa posterior incorporación á CAG (Comunidade Autónoma de Galicia) de acordo ao marco constitucional vixente. O vixente Estatuto da Comunidade de Castela e León na súa \"Disposición adicional terceira. Segregación de enclaves \", regula o procedemento para que os municipios ou agrupacións de municipios de Castela e León pasen a formar parte doutra comunidade autónoma. O Estatuto de autonomía de Galiza non fai ningunha referencia a posibles incorporacións á súa demarcación territorial, aínda que esta posibilidade si figuraba no Proxecto de estatuto elaborado en 1978\". Isto é o que se plasma nas follas de recollida de sinaturas. \"A campaña que iniciamos esta semana, con 3 meses de retraso por culpa da situación sanitaria, ten como obxectivo plasmar en demanda tanxíbel as simpatías existentes no conxunto da sociedade do Bierzo para converter a nosa Comarca na quinta provincia da Galiza\", manifesta o movemento nun comunicado. Tamén ten como obxectivo, engaden, iniciar os contactos coas forzas políticas galegas presentes no Parlamento Galego. \"Entendemos que antes de lograr un acordo de modificación das fronteiras interiores de España no Congreso dos Deputados faise imprescindíbel que as dúas partes (O Bierzo e Galiza) teñan acordo explícito de apoio á demanda, xa que o Bierzo non debería converterse en provincia galega sen o acordo maioritario da sociedade do Bierzo e Galiza\""}
{"ID": "PRAZA_2355", "summary": "A Xunta terá que achegarlle 68 millóns de euros á empresa concesionaria do Álvaro Cunqueiro en 2016 como pagamento do prazo da construción e polos servizos non clínicos que vén de comezar a prestar.", "text": "A factura comeza a incrementarse. O Goberno galego comezou a tramitar este martes os Orzamentos Xerais para 2016, que traen consigo unha suba de 139 millóns de euros no orzamentos sanitario, un 4,4% a respecto dun ano antes. No entanto, unha ollada máis polo miúdo a estas contas permite coñecer que o equivalente a practicamente a metade dese incremento, case 70 millóns de euros, van ir parar ás arcas do grupo empresarial que construíu o novo hospital de Vigo e xestiona os seus servizos non clínicos. Mentres continúan as protestas de persoal e doentes polas deficiencias do Álvaro Cunqueiro o erario público ten que comezar a afrontar os compromisos adquiridos, que implicaban non realizar desembolsos relevantes ata que o complexo estivese en marcha. Así, no 2016 Sanidade ten que achegarlle á empresa 42,09 millóns de euros, o prazo anual pola construción do hospital. Despois de que en 2015 a achega prevista fose de 14 millóns, nos vindeiros exercicios haberá que seguir pagando cantidades semellantes a eses 42 millóns de euros. O Goberno ten que achegarlle á empresa 68 millóns, 26 deles como canon pola prestación de servizos non clínicos Para os anos \"2019 e seguintes\" Sanidade indica estima o pagamento de máis de 600 millóns polos prazos da construción. Cando esas cantidades estean abonadas ficará aínda por satisfacer practicamente a metade da factura, 1.300 millóns de euros que os sucesivos Executivos terán que atender ata mediados da década dos anos 30 deste século. O outro montante que xa hai que pagar en 2016 á concesionaria ten que ver cun dos ámbitos máis polémicos: a privatización de servizos non clínicos como retauración, lavandaría, mantemento, limpeza ou transporte interno, entre outros. Neste caso, o importe a pagar é de 26,8 millóns de euros. Así as cousas, o sistema concesional implica achegar 68,17 millóns de euros nun só ano. Alén dos gastos derivados da concesión, a Xunta tamén ten que afrontar pagamentos propios da posta en marcha de calquera hospital, como é o equipamento. Neste caso, o prezo para o ano 2016 é de 14,9 millóns de euros, dos que case 12 proceden de fondos FEDER da Unión Europea. Esta cantidade é inferior á consignada en 2015, ano da apertura do complexo, cando Sanidade achegou 39 millóns para equipar o novo hospital, 31 deles de fondos comunitarios e os restantes, propios. Segundo os Orzamentos, este investimento beneficia 437.281 persoas usuarias do Sergas."}
{"ID": "NOS_36486", "summary": "Un gran conxunto branquiazul imponse con merecemento en Mendizorroza a un Celta irrecoñecíbel. Adeus ao soño da Copa.", "text": "Un Alavés intenso, enchufado, crendo en si propio e un Celta irrecoñecíbel que parecía unha sombra da equipa que marabillou coa súa aposta no fútbol nestas últimas tempadas. Gañaron os gazteitarras e ademais gañaron merecidamente. Un simple gol na volta desta semifinal da Copa supuña todo ou nada. Ambas equipas asumían ese reto. E foi o todo para o Alavés e o nada para o Celta, que dixo adeus ao soño da Copa. Os celestes farían ben en non deixarse levar pola tristura da derrota: continúan vivos en Europa e na Liga. Desde o minuto 1 o Alavés deixou claro que ía a polo partido. Intensidade, presión, esforzo. O pulo da afección vasca, que fixo de Mendizorroza o xogador número 12, exemplar. O Celta non estivo cómodo e iso notouse. Non tiña a pelota e o Alavés afogaba. Non había grandes oportunidades mais o Alavés estaba máis cómodo sobre o céspede que os celestes. Cando o Celta logou fiar unha xogada, o perigo sobrevoaba a área vasca. Mais foron fabas contadas. A segunda metade mantívose nos mesmos parámetros. O Alavés semellaba non pagar o seu enorme esforzo físico e mantiña o xogo de presión e acoso, intenso. O Celta continuaba sen estar cómodo. A menos de dez minutos do final chegou o gol de Edgar, que acababa de entrar para substituír Toquero. O vaso medio cheo dicía que estabamos coma antes: un gol e pasaba o Celta; o vaso medio baleiro que había que dicir adeus á Copa. Entraron Guidetti e Rossi mais non houbo xeito. Tampouco foi desta o título que procura o Celta. Os máis de 600 seareiros galegos que se desprazaron até Mendizorroza para apoiar o Celta despediron con aplausos e 'A Rianxeira' un equipo que moitos apenas recoñeceron neste partido. Unha nova mostra de grandeza dunha afección sen a que non se pode entender o Celta, xogue este como xogue. Ficha técnica Alavés (1): Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Llorente, Camarasa, Manu, Ibai (Vigaray, min.86), Toquero (Edgar, min.78), Deyverson. Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz (Guidetti, min.81), Radoja, Pablo Hernández, Wass (Rossi, min.85), Bongonda (Sisto, min.73), Iago Aspas. Goles: Edgar, 1-0, min.81. Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou Feddal (Alavés); Iago Aspas, Marcelo Díaz (Celta)."}
{"ID": "NOS_35293", "summary": "Sinalan que a falta de persoal fai que só estean a prestar servizo un médico e un enfermeiro, o que supón unha sobrecarga asistencial dado o incremento de poboación maior no concello.", "text": "A veciñanza de Monfero alerta da falta de persoal sanitario nos centros do municipio malia o incremento poboacion maior, ao que se suma a sobrecarga asistencial pola Covid-19. Segundo denuncia o crego da parroquia de Xestoso, varias traballadoras de atención primaria contactaron co Sergas para \"solicitar reforzos\" no ambulatorio do Concello pois, como relata, \"non se substituíron ás persoas de vacacións, polo que está a traballar a metade do persoal: un médico e un enfermeiro\". Porén, \"non houbo resposta de ningún tipo, nin mostraron un mínimo interese\". \"Isto deriva en que cando o enfermeiro sae a atender os pacientes que están encamados (úlceras, controis de patoloxía crónica... e programados con antelación) o centro quédase cun só médico sen ningún apoio de enfermaría, co risco que isto supón se aparece unha emerxencia que haxa que abordar, ben no propio centro ou fóra del, na que se requira a actuación conxunta de médico e enfermeiro, poñendo en risco a saúde da poboación\", abunda. A maiores, lamenta que esta situación de \"estrés laboral\" estea a afectar aos profesionais sanitarios que traballan un \"exceso de horas\" e teñen moito \"cansazo. Inacción da Administración Neste senso, acusa a Consellaría de Sanidade de caer na \"inacción\", ao igual que a xerencia da área sanitaria, e lembra que a redución de Personal sanitario pode afectar á atención das e dos doentes, pero tamén ao estado de saúde das e dos profesionais sanitarias. \"A situación é coñecida pola Xerencia de Área tanto médica como de enfermaría e tamén polo señor alcalde de Monfero, xa que o propio persoal do centro lle fixo entrega dunha escrita mediante rexistro de entrada na sede electrónica a principios do mes de agosto, onde, ademais, se lle solicitaba a súa intermediación coa Consellaría de Sanidade para a procura de recursos necesarios cara garantir a adecuada prestación. Na mesma liña, Iris Río, directora do centro de dia Xestal, manifesta o seu enfado por a situaciòn actual sanitaria que se está a vivir no concello por falta de persoal médico, e critica que o rural está a desaparecer. \"Temos poucos servicios e os basicos que temos non se están a cubrir ben. Iso conleva non poder atender a xente maior como merecen. A xente maior é a que máis sufre isto, porque sempre teñen algún altibaixo e non hay un médico que os poida axudar nin orientar para poder levar mellor a sua vida\"."}
{"ID": "NOS_26200", "summary": "En Marea ten este sábado Plenario Nacional, no que se debate regulamento e documento político. No primeiro é onde se centran as diferenzas no seo das partes que integran a formación", "text": "Xosé Manuel Beiras solicitou este sábado \"deixarse de caralladas\" e \"arroupar a Villares\". Unhas declaracións realizadas polo veterano político antes de que comezase o Plenario de En Marea, que este sábado decorre en Compostela e onde os máis de 1.000 inscritos debaten e votan regulamento e documento político coa vista posta na asemblea de comezos de 2017. Beiras terciou así no debate aberto sobre liderato da formación e fíxoo con contundencia: \"Eu estou decidido absolutamente a darlle todo o meu apoio e Anova tamén\", dixo. En Marea chega a esta cita cunha división sobre como debe de ser o liderato. Alcaldes como o da Coruña e Ferrol apostan por un \"liderato colectivo\", unha opción coa que esa responsabilidade non caia nunha persoa, atallando o paso así a Luis Villares, portavoz parlamentar e que xa anunciou o seu desexo, de así o permitir finalmente o regulamento, de dar o paso. Esquerda Unida e parte de Podemos alíñanse con esa postura dos dous alcaldes. Parte de Anova e Cerna, porén, serían partidarias de que a responsabilidade de máxima representación da organización política recaese tamén en Villares. As declaracións de Beiras deste sábado son a expresión máis clara dese apoio."}
{"ID": "NOS_18338", "summary": "Un indicador máis da emigración que sofre o país ten a ver cos dados publicados polo INE sobre o censo de persoas electoras. En tan só cinco meses, aumentou en 3.548 o número de persoas con dereito a voto residente fóra do Estado español, mentres que caeu en 7.681 o número de persoas residentes no Estado", "text": "O censo de persoas electoras é outro indicador máis do aumento da poboación emigrante na Galiza, aínda que os cambios no censo non só se deben á emigración, xa que poden ter lugar outras circunstancias como as baixas por defunción, por duplicado, por omisión, por cambio de circunscrición... ou as altas pola maioría de idade; por cambio de circunscrición... Os dados do Instituto Nacional de Estatística amosan que en só cinco meses –desde as eleccións do 20 de decembro de 2015 ás do 26 de xuño de 2016- o país perdeu 7.681 persoas electoras residentes nas catro circunscricións, mentres que gañou 3.548 electoras alén das fronteiras estatais. Analizamos as catro circunscricións Por circunscricións electorais, A Coruña gaña 1.250 electoras alén do Estado español, á vez que perde 2.607 electoras residentes. Así, mentres que o 20D puideron votar 152.115 persoas non residentes no Estado, o 26X poderán votar 153.365 máis. A respeito das persoas residentes, estaban convocadas a votar 936.705 o 20D e para o 26X están chamadas a votar 934.098. O censo Lugo gaña 621 persoas a respeito das eleccións de 2015 no que ten a ver cos residentes fóra do Estado, mentres que perde 1.597 electoras residentes. O 20D formaban parte do censo de electoras que residían fóra do Estado 63.210 e agora forman parte do censo 63.831. Aliás, integraban o censo de residentes 286.322 persoas, cifra que cae ás 284.725 na convocatoria do 26X. Ourense gaña 600 persoas electoras fóra das fronteiras estatais e perde 1.647 no censo de residentes. E é que mentres que para o 20D estaban chamadas a votar 97.788 persoas que viven fóra do Estado, para o 26X están chamadas a votar 98.388. O censo de residentes era de 267.724 nas eleccións do 20D, cifra que descendeu até as 266.077 electoras no censo dos próximos comicios. Por último, o censo de Pontevedra segue a mesma liña que a das anteriores circunscricións analizadas. Gañou 1.077 votantes que viven fóra do Estado e perdeu 1.830 das persoas residentes. O censo do 20D recollía 126.905 persoas que residían fóra, mentres que o do 26X recolle 127.982. A respeito das persoas que viven no Estado, no censo do 20D había 775.061, cantidade que diminuíu a 773.231 no censo do 26X."}
{"ID": "NOS_33978", "summary": "A decisión de indultar a membros da empresa Blackwater responsábeis dunha matanza de civís en Iraq causou garnde indignación.", "text": "O aínda presidente dos Estados Unidos de América (EUA), Donald Trump provocou indignación tras a súa decisión de indultar a congresistas republicanos corruptos e a exagentes da firma amiga Blackwater, condenados por matar a 14 civís nun masacre en Bagdad no ano 2007. A decisión fíxose efectiva esta pasada segunda feira aínda que transcendeu esta quinta. Fontes gobernamentais de Iraq expresaron a súa indignación pola liberación dos catro contratistas de seguridade da empresa Blackwater que foron condenados por asasinato e homicidio hai seis anos polo masacre da praza Nisur. Os catro condenados que sairán da cadea, todos exmilitares estadounidenses, abriron fogo sen provocación na concorrida praza en 2007 nun incidente que deixou polo menos 14 civís mortos -aínda que as autoridades iraquís elevaron o número de vítimas a 17-, á vez que feriron a varios máis. O ocorrido tensou profundamente as relacións entre EUA e Iraq. O dono desta empresa é Erik Prince, un coñecido aliado de Trump e irmán da secretaria de Educación do seu executivo, Betsy DeVos. \"Sabía que nunca obteriamos xustiza\", dixo á AFP Fares Saadi, o oficial de policía iraquí que dirixiu as investigacións. Mesmo desde o exército norteamericano xurdiron as críticas e un xeneral estadounidense retirado Mark Hertling, que serviu en Iraq, cualificou o indulto como \"atroz e repugnante\". Indultos a deputados e persoas de confianza Ademais, Trump tomou a decisión de indultar a Paul Manafort, condenado en 2018 como parte dunha investigación sobre unha suposta intervención de Rusia nas eleccións presidenciais de EUA en 2016. Manafort evitará cumprir a maioría dos sete anos e medio de prisión aos que fora condenado. Ademais queda en liberdade Charles Kushner, pai de Jared Kushner, conselleiro da Casa Branca e esposo da filla do presidente, Ivanka Trump. Kushner é un magnate dos bens raíces quen en 2004 foi sentenciado a dous anos de prisión acusado de evasión de impostos, delitos de financiamento de campañas e manipulación de testemuñas. Os cargos de manipulación de testemuñas xurdiron das represalias de Charles Kushner contra o seu cuñado, que estaba a cooperar coas autoridades na súa contra."}
{"ID": "NOS_16379", "summary": "Aínda que non existise a súa obra científica, só a creación de Carvalho Calero como poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta daría para celebralo como merece, non dándoo nunca por clausurado. Así pensa María Pilar García Negro, autora de Rectificar a historia: Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero (Laiovento). Nesta entrevista, a profesora, escritora e política galega analiza a traxectoria do ferrolán e os motivos do afastamento do que foi obxecto, respondendo algunhas das críticas verquidas sobre el e conectando o seu legado co devir do galego nos últimos 40 anos.", "text": "X a publicara en 2010 o libro Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación, tamén en Laiovento. De cando vén esta nova obra? En 2010 publiquei, si, este libro coincidindo co centenario do nacemento de Carvalho Calero. Reeditouse en 2019. Este novo libro ía saír antes mais demorouse pola adversidade que padecemos. Eu tiña interese en dar a coñecer obra directa del, con documentación, con citas e inclusión de textos seus, porque o fundamental para coñecer un escritor é poder lelo. Fixen, así, unha compilación de traballos meus sobre a súa obra escritos nun tempo longo: o primeiro é de 1981, da primeira homenaxe que se lle fixo en vida, organizada pola Sociedade Cultural Medúlio, de Ferrol. Uns textos son máis 'académicos' e outros máis divulgativos. Quería dar unha visión de conxunto. Este libro contén, ademais, unha interpretación clara sobre o periplo da lingua galega nos últimos 40 anos. O estudo remóntase neste aspecto á Ley General de Educación e, a partir dela, á continuidade entre o rexime actual e o anterior, a ditadura, canto a un dispositivo de control e limitación da lingua galega como instrumento público. A política lingüística oficial española e autonómica pode resumirse na tríade \"dominio, aprendizado e cultivo\". Dominio prescritivo da lingua española, aprendizado obrigatorio dunha lingua estranxeira, o inglés, e cultivo optativo do galego, que pasa de ser definido como lingua \"vernácula\" a 'lingua propia', segundo o Estatuto, mais sen unha implantación xeneralizada, sen unha presenza normal e ubicua en todos os ámbitos. Este proceso non só non se iniciou, senón que a lingua galega foi reprimida e limitada constantemente. Nos últimos anos cun decreto que prohibe o seu uso en certas materias no ensino secundario e cunha absoluta ausencia de políticas normalizadoras no resto dos ámbitos. O proxecto político autonomista quixo rachar co pasado político nacionalista e Carvalho denunciou o afastamento do galego do seu sistema, o galego-portugués. Comenta vostede no libro que Carvalho Calero non foi apartado tanto por ser reintegracionista como por afastarse do pacto autonómico. Como foi isto? O que pasou foi que Carvalho Calero se mantivo firme nas súas ideas, a pesar das adversidades: da guerra, do seu encarceramento e da posguerra. Seguiu leal ao nacionalismo da preguerra, do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, dos mestres Castelao e Otero Pedraio. Na posguerra, con imposibilidade de publicar en galego, continuou a escrita en galego como exercicio solitario. Xa co novo réxime creado pola Constitución e o Estatuto, observou que o galego continuaba a ser obxecto de control, que non había vontade normalizadora nen diálogo a respeito da normativización. O proxecto político autonomista quixo rachar co pasado político nacionalista e Carvalho denunciou o afastamento do galego do seu sistema, o galego-portugués. E houbo un control ferreño para impoñer como único legal o denominado \"galego normativo\" como se fose unha lingua nova. Por iso digo que o seu apartamento foi netamente político, non redutíbel á súa opción ortográfica, que el nunca quixo impoñer ademais como única e absoluta. Mais finalmente a Real Academia dedicoulle un Día das Letras. Que mudou? A demanda exterior foi forte e perseverante e a Academia quixo tirar un problema do medio. Mais foi moi positivo o que se fixo desde o movemento asociativo, mesmo coas limitacións do ano de pandemia. Foi alentador o que fixeron centros de ensino, asociacións culturais… O Parlamento, que é depositario da súa biblioteca e do seu legado documental, promoveu a edición dun volume que recolle a súa faceta de orador e mestre. E realizou, alén diso, unha mostra bibliográfica. O Concello de Ferrol tamén organizou unha ampla exposición. A obra de Carvalho, científica, artística e divulgativa, é tan rica e fecunda que daría para que a celebración do Día das Letras continuase este ano. O meu libro tamén se encadra na decisión tomada por unanimidade na Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura para continuar a dar a coñecer a súa obra, sen dalo por clausurado. Eu estou a prol, na liña de Carvalho, de galeguizar o galego, de limpalo da erosión provocada polo español: de recuperar vocabulario histórico perdido, de modernizalo A Associaçom Galega da Língua defende o binormativismo. Que pensa desta proposta? Eu estou a prol, na liña de Carvalho, de galeguizar o galego, de limpalo da erosión provocada polo español: de recuperar vocabulario histórico perdido, de modernizalo… Pero iso non desemboca nunha solución binormativista. Agora fálase desde a oficialidade do boa que é a lusofonía, mais que significa na práctica? No ensino o portugués non debería ser tratado como unha lingua estranxeira e debería promoverse un labor de diplomacia constante, sobre todo con Portugal, para que coñezan a nosa lingua e cultura e, ademais diso, ir avanzando na normalización do galego para que teña unha presenza social real. Os datos do máis recente estudo da RAG non son bos: o 35% do alumnado castelánfalante de 4º de ESO ten escasa competencia en galego. O galego pasou en moi pouco tempo a deixar de ser a lingua maioritaria.... O de lingua maioritaria xa habería que matizalo porque o galego tivo unha masividade como lingua falada pero iso non se reflectía na escrita nen nos ámbitos que promoven a multiplicación do idioma. Porque o que se produciu foi un proceso de asimilación por parte do español que vén xa de moito antes da ditadura franquista. E este proceso non se detén, senón que aínda se favorece. No ensino, as aulas de lingua e literatura non son suficientes para axudar a normalizar unha lingua se non se acompañan dun proceso paulatino e gradual de uso do galego como lingua vehicular. Ademais da súa normalización nos diferentes ámbitos sociais, da televisión ao comercio… Porque, tras 40 anos de institucionalización autonómica, que balanzo podemos facer? O inglés ten hoxe máis oficialidade real no ensino que o galego. Algo que critica moito no libro é a adaptación da lingua dos clásicos da literatura galega á norma \"oficial\". Por que? Porque é un auténtico atentado. Poñer os clásicos en galego \"normativo\" é desfiguralos, impedir que os coñezamos debidamente. E é, por metonimia, unha vaporización da Historia da Galiza. Falamos dunha literatura que tivo o seu renacemento no século XIX. Pois resulta que o alumnado de secundaria que estuda literatura española le o Myo Cid ou Berceo tal como escribían, mais ten de ler Rosalía ou Castelao pasados polo fiscal normativizador. Da historia da literatura galega ocupouse moito precisamente Carvalho. Antes de publicar a súa grande obra, recentemente reeditada por Galaxia, xa escribira moito sobre o tema. Por que é tan importante a súa achega? Hai un principio epistemolóxico fundamental: a literatura galega é a escrita en galego. Este principio ficou estabelecido na Historia da Literatura Galega Contemporánea de Carvalho Calero. Mais el xa se ocupara da historia da literatura, como ben dis, desde as súas colaboracións na revista Nós. Tamén foi o tema da súa tese de doutoramento. Nos anos 40 e 50 practicou este principio, escrebendo literatura en galego. Estudou a literatura galega con todo o rigor científico e toda a honestidade intelectual, falando da súa excelsa calidade e das súas limitacións. Non practicou o ditirambo nen o desprezo. Subliñou que o grande espertar da conciencia galega tivera nome de muller, Rosalía de Castro, que ademais de facer un alegado patriótico compuxera unha obra de enorme calidade, variedade e profundidade. Por iso é abraiante que se reivindique como autora da literatura galega Emilia Pardo Bazán, que sempre manifestou a súa explícita vontade de ser unha gloria da literatura española. O que acontece é que usar o galego as 24 horas causa incomodidade porque non hai espello, non hai devolución no ámbito institucional, económico… Un dos principios da filosofía lingüística de Carvalho Calero era a imposibilidade do bilingüismo social -non do bilingüismo individual-. Este principio, que parecía unánime no galeguismo, foi cuestionado nos últimos anos desde o ámbito académico -no político xa o fora antes-. Que aconteceu? Pois a tentación permanente do escapismo. Como a realidade é doente, o máis fácil é inventar nomenclaturas, fantasías, ficcións consoladoras. Mais a realidade imponse. A cuestión aquí é analisar as novas formas de autoodio. Porque volve esa vella forma de hostilidade ante os usos rompedores do galego. E porque a desaparición de vellos preconceitos sobre o galego non implica unha reparación do seu uso. De igual xeito que o dominio formal do galego teoricamente facilitado polo ensino non se traduce no seu uso. Mais isto non se resolve maxicamente con novas nomenclaturas. Nen tampouco, só, cunha normativa que reintegre o galego no seu sistema. Claro que o galego ten que se reintegrar no seu proprio sistema, mais, como afirma Manuel Castelao Mexuto, queremos reintegrar un vivo ou un morto? E o que acontece é que usar o galego as 24 horas causa incomodidade porque non hai espello, non hai devolución no ámbito institucional, económico… Ademais, os propagandistas do bilingüismo caracterízanse por atacaren o galego onde timidamente existe, para eles non o usaren: exclusión do galego, pois. Citaba ao principio desta conversa a Ley General de Educación de 1970. Despois veu o chamado Decreto de Bilingüismo, de 1979, que permitía o ensino do galego como materia optativa. Mais seguiron sancionando docentes aínda despois, nos primeiros anos 80. Vostede foi unha delas. Que pasou? Os primeiros embates represivos viñeron co Decreto de Bilingüismo mais os posteriores chegaron xa coa Lei de Normalización Lingüística aprobada. Na etapa preautonómica a que se chamaba Consellería de Educación e Cultura participa da prevención, cando non dos ataques, contra o galego. É neste tempo cando se aproba un decreto de imposición normativa, o Decreto Filgueira, que marca unha norma concreta como única e absoluta. Este decreto é de 1982, un ano antes da Lei de Normalización Lingüística. Despois desta lei publicouse un decreto que estabelecía que as aulas de lingua e literatura galega tiñan que impartirse en galego e as de lingua e literatura española, en castellano. E eu nas aulas de lingua e de literatura española usaba o galego como lingua vehicular e por iso fun expedientada. Co ILG comezou a elevación do galego oral como única fonte de inspiración verdadeira. Xa Carvalho advertía de que non hai que confundir a dialectoloxía coa necesidade de reposición do galego xenuíno. Tamén fala no libro da creación do Instituto da Lingua Galega. Que consecuencias tivo a maneira na que foi concibido, ademais da súa influencia posterior? Co ILG comezou a elevación do galego oral como única fonte de inspiración verdadeira. Xa Carvalho advertía de que non hai que confundir a dialectoloxía coa necesidade de reposición do galego xenuíno. Porque ademais da base oral debería contar a recuperación escrita e literaria. O ILG promoveu unha santificación da lingua oral prescindindo da tradición literaria. E acompañou ademais iso dun control absoluto sobre os cursos de galego e dunha filosofía nefasta. Porque o primeiro que cumpría ter en conta era a situación prexudicada do galego como lingua a causa da imposición da lingua oficial do Estado, o español. A lingua galega estaba fondamente erosionada debido a ese submetemento. Mais todo ese ronsel de imposición do galego normativo, coa filosofía de mantelo nun plano secundario, podemos dicer que triunfou? Penso que non. O galego ten moita vida fóra do ámbito académico. Ten unha vida cultural, por exemplo. E houbo unha mobilización forte a prol do uso social e público da lingua ou pola restauración da toponimia. Mais a crise é grave... Protesta tamén vostede no libro polas acusacións de machismo contra Carvalho Calero. Analiza, por exemplo, a obra de teatro A sombra de Orfeu, na que todo tende a xirar arredor dun protagonista -machista- pero as mulleres teñen voz propia. Algo semellante pode pasar na novela Scórpio: todo acontece arredor del. Scórpio é unha novela escrita cunha técnica innovadora, cun enigma sobre a identidade da personaxe que se vai iluminando a través dunha pluralidade de voces. Mais as personaxes femininas de Carvalho falan en por si, non son obxecto de ventrílocuo. Tampouco podemos obviar que Carvalho é un varón do seu tempo, que viveu entre 1910 e 1990, criado nun ideario social e cultural determinado que pode transparecer na súa obra. Pero de aí a facer del unha caricatura antifeminista hai unha distancia grande. Apelo aquí á cultura xeral. Pensemos na cultura española, na misoxinia con exercicio intelectual de sexismo militante dun Marañón ou de Ortega y Gasset. Ou noutras literaturas europeas. Non teñen absolutamente nada que ver con Carvalho, que dedicou centos de páxinas a Rosalía de Castro e subliñou sempre a profundidade do seu pensamento e o carácter intelectual da súa obra, face a afirmacións no sentido contrario de autores bastante máis novos. Ademais, ese \"deporte\" tan común de bourar no proprio vai unha vez máis contra a Historia de Galiza. Porque hai que lembrar que xa na Asemblea de Lugo de 1918 se postulou a igualdade de dereitos de homes e mulleres. Non falo de feminismo, mais si dunha óptica humanista sobre as mulleres dun Castelao, un Maside, un Seoane e tantos outros. Tamén Carvalho. Carvalho foi tamén poeta, ademais de narrador e dramaturgo. Como resumiría a súa achega como creador? O que agardo conseguir modestamente con este libro é crear un pequeno 'arquivo portátil' de Carvalho Calero que permita achegarse á súa obra artística, científica e divulgativa. Mais aínda que non existisen estas dúas últimas, a súa obra como poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta xa daría para celebralo como merece. Xa era poeta aos 17 e 18 anos. Xa o era cando publicaba poemas na revista Nós. Era un poeta de consumado manexo do verso e moi atento ás novas tendencias estéticas do seu tempo. Na súa última década de vida deu obras tan relevantes como Cantigas de Amigo e outros poemas ou Reticências, mais xa antes obras da importancia de Vieiros ou O silenzo axionllado, nos anos 30. A súa é unha poesía de grande calidade, fondamente humanista e moi moderna na súa forma. Como narrador publicou relatos ou as novelas A gente da Barreira (hai 70 anos), a primeira novela galega da posguerra, editada porque gañou o concurso de Bibliófilos Gallegos, sendo a súa a única escrita en galego de todas as finalistas, ou Scórpio. Scórpio tivo un grande éxito de crítica e público, con tres edicións entre 1987 e 1990. Como dramaturgo escrebe tamén desde os anos 30-40, sendo editada a súa obra despois. A súa historia biográfico-literaria merece ser resgatada e o seu labor debe ser continuado."}
{"ID": "NOS_42761", "summary": "Presenta 6.000 sinaturas para optar por cuarta vez a liderar o PPdeG.", "text": "Un total de 6.119 sinaturas en 14 tomos son as que entregou Alberto Núñez Feixoo esta cuarta feira na sede do PPdeG para optar por cuarta vez a liderar a formación. Segundo as súas propias palabras, faino non polo que conseguiu até agora, senón \"polo que queda por facer\" e coas eleccións municipais como reto máis inmediato. En todo caso, Feixoo evitou atarse e aclarar se será candidato á Xunta por quinta vez no ano 2024. O seu compromiso, afirmou, é esgotar a actual lexislatura e, baixo o seu punto de vista, sería \"un acto de soberbia\" anticipar que sucederá antes das próximas eleccións galegas. Se ben os estatutos do partido dan lexitimidade ao presidente ante a chegada dun proceso electoral, concorrer \"non é obrigatorio nin automático\". Polo de agora, o que el quere é seguir \"a liderar o partido\" e \"nada máis\". Iso si, preguntado acerca de se é propio do século XXI un liderado que se prolonga desde o ano 2006, defendeu que el é partidario dos liderados que son \"referendados\" non só internamente, senón tamén nas urnas. Dito isto, interrogado ao respecto, aclarou que estas palabras non esconden ningunha mensaxe velada cara ao seu xefe de filas, Pablo Casado, xa que no Estado español \"o normal\" é non lograr a vitoria \"nin á primeira nin á segunda\". O hipotético quinto mandato no ar O Partido Popular galego camiña cara ao seu XVII Congreso. Ao plenario, que decorrerá 16 e 17 de xullo, sucederanlle os congresos provinciais en que se renovarán as direccións territoriais do partido. No resultado deses procesos estarán moitas das chaves do relevo de Alberto Núñez Feixoo que, polo de agora, segue sen aclarar se optará ou non a un quinto mandato na Xunta. No que si insistiu é en que, malia non dar avances sobre o seu futuro a medio prazo, \"todo o seu compromiso, ilusión e experiencia\" está para o que precise o PP. De momento \"ten o corazón, a cabeza e os pés na Galiza\", territorio para o que reclama un modelo de política \"que defende o país\" e que non ten que envexar ao coñecido en Catalunya. \"O que queda por facer\" Respecto desa candidatura interna \"polo que queda por facer\", o actual presidente da Xunta da Galiza recoñeceu que os populares teñen \"moitos desafíos que afrontar\". O principal parece ser chegar a liderar as principais institucións locais e provinciais. De feito, afirmou que o PP é \"máis necesario que nunca\" ante un BNG \"cada vez máis radical e separatista\" e un PSOE \"cada vez máis esvaecido e balbucinte\".Así afeou que os socialistas se dediquen a \"cubrir as contradicións\" do Goberno español de Pedro Sánchez e a súa relación de \"submisión aos intereses dos partidos independentistas cataláns\", mentres os nacionalistas galegos convidan Gabriel Rufián ao país para \"tentar copiar o modelo rupturista e independentista de ERC\"."}
{"ID": "PRAZA_6657", "summary": "Presentoulles aos grupos parlamentarios unha proposta de declaración, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, que demanda \"un compromiso real contra o estigma que sofren as persoas afectadas por trastornos psíquicos\". Falamos con Miguel Anxo García Álvarez.", "text": "Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra este venres 10 de outubro, o Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) presentoulles aos grupos do Parlamento Galego unha proposta de declaración institucional, co obxectivo de elevar a cuestión \"ao lugar que lle corresponde nas prioridades das institucións de Goberno de Galicia\". O texto analiza \"a grave situación na que se atopa a atención sanitaria, social e legal ás persoas que en Galicia sofren Trastorno Mental Grave\", ao redor de 75 mil homes e mulleres, e realiza unha serie de propostas de solución. Ademais, este mesmo venres representantes do MGSM presentarán na cámara galega a súa propia declaración, coincidente en boa medida coa que buscan consensuar cos grupos parlamentarios, aínda que máis dura nas súas análises. A declaración lembra a situación na que se atopan estas persoas, cunha esperanza de vida 20 anos inferior á poboación xeral, a máis alta taxa de suicidios, sete veces máis risco de sufrir desemprego e os máis altos índices de exclusión social. E denuncia que \"a crise económica veu actuar dramaticamente nun duplo fronte\". Por unha banda, \"a política de recortes nos servizos públicos, nomeadamente sociais e sanitarios, conlevou un deterioramento na atención especializada e da cobertura das necesidades sociais básicas destes doentes\". E, ademais, aumentou a desigualdade e os niveis de pobreza. Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e portavoz da plataforma, sinala que \"o colectivo de persoas con transtorno mental grave xa estaba moi prexudicado antes da chegada da crise e era inxustamente tratado pola sociedade e tamén polas institucións públicas\". E subliña que \"cando chega a crise, ao recortar os servizos públicos ou iniciar o camiño da súa transformación en negocio, o resultado é que as persoas que estaban mal agora están moito peor\". García Álvarez afirma que \"se seguimos o criterio de distribución equitativa do existente, a partir dunha posición neutra, debería recibir máis quen máis necesita e quen menos ten\". Porén, a realidade é outra moi distinta. García Álvarez afirma que \"se seguimos o criterio de distribución equitativa do existente, a partir dunha posición neutra, debería recibir máis quen máis necesita e quen menos ten\". Porén, a realidade é outra moi distinta A declaración proposta polo MGSM insta \"aos poderes públicos, institucións públicas e privadas, axentes sociais e económicos, e á sociedade no seu conxunto\" a asumir \"un compromiso real contra o estigma que sofren as persoas afectadas por trastornos psíquicos\", que debe incluír \"accións de discriminación positiva e un reflexo nos investimentos para facilitalo\". Á Xunta demándalle especificamente que aumente \"o seu esforzo, sensibilidade e compromiso coa atención á saúde mental\", de xeito que \"a atención á saúde mental debe ser prioritaria para as políticas sanitarias públicas\", mediante o deseño e aplicación de estratexias e plans específicos. Demanda tamén \"dotacións profesionais e materiais suficientes\" e \"unha organización de recursos axeitada\"nesta atención sanitaria. Porén, a proposta do MGSM vai máis aló da atención sanitaria e pide tratar as doenzas mentais de xeito integral, potenciando as medidas de protección social ás persoas afectadas por trastorno mental grave e ás súas familias. E tamén desenvolver políticas activas de emprego dirixidas especificamente a promover a incorporación e sostemento na actividade laboral normalizada destas persoas. Neste senso, García Álvarez lembra que dentro das orientacións que se propoñen como vías de boa práctica clínica para atender as persoas con transtorno mental grave, unha parte refírense á incorporación destas persoas ao mercado de traballo. Esta inserción laboral forma parte do tratamento e encamíñase á normalización da súa situación. O portavoz do MGSM critica as posturas de quen propoñen diferenciar os tratamentos no ámbito sanitario \"colonizados por tratamentos psicofarmacolóxicos dos que habería moito que dicir\" -sinala- do resto das circunstancias do paciente, \"dunha problemática social que, argumentan, xa non nos corresponde\". García Álvarez critica que nas políticas de emprego non se considere a estas persoas \"un colectivo prioritario\", cando o emprego garántelles mellores posibilidades de evolución das súas doenzas. \"A acción máis importante pro-estigma no último ano é o proxecto de reforma do Código Penal, que remove de forma moi prexuiciosa a perigosidade do enfermo mental a través dunha excepcionalidade xurídica\" Miguel Anxo García Álvarez reclama tamén unha implicación activa da administración na loita contra o estigma, un compromiso que non sempre é tan forte como debería. Ademais, denuncia que \"a acción máis importante pro-estigma no último ano é o proxecto de reforma do Código Penal, que remove de forma moi prexuiciosa a perigosidade do enfermo mental a través dunha excepcionalidade xurídica. Convértese nun Código Penal preventivo, antes de que se cometa o acto\". Este proxecto de reforma do Código Penal \"está aínda en marcha e segue constituíndo unha ameaza e probablemente é ilegal en relación cos convenios internacionais que ten asinado España\", sinala García Álvarez. Proposta de declaración institucional do MGSM"}
{"ID": "NOS_40391", "summary": "Malia que o Día das Letras Galegas se dedique por vez primeira a un autor teatral, o fillo de Roberto Vidal Bolaño, Roi Vidal, afirma que este é o ano do \"antiteatro\". En declaracións á axencia EFE, estase a \"desorganizar\" o que se conseguiu até agora no teatro profesional galego.", "text": "Fillo de Roberto Vidal Bolaño e autor da obra BailadELAs, sobre textos de Roberto, que interpreta súa nai Laura Ponte, Roi Vidal sinalou que \"as institucións que teñen que protexer a cultura celebran a un dramaturgo e se lle enche a boca de flores, mais nas cousas que verdadeiramente importan están facendo o contrario do que din\". \"Este acabará sendo o ano do antiteatro\" lamentou en declaracións a EFE nas que fixo fincapé no descontento que está a vivir a xente do teatro na Galiza, onde se está desorganizando o conseguido no mundo do teatro profesional, que inaugurara, entre outros, seu pai coa compañía Antroido en 1974 que volveu agora aos escenarios con el e Laura Ponte. Definiu a obra de seu pai como \"teatro da dignidade\" xa que Roberto Vidal Bolaño dirixía a súa mirada cara distintos sectores da sociedade dos que non se falaba, coa súa imaxe imborrábel co nariz vermello de pallaso. \"É unha forza, un valor de denuncia que el empregou para dicir as verdades que outros non se atrevían a expoñer\" comentou. \"O teatro non está a ser apoiado\" senón \"desmantelado\" engadiu Laura Ponte, nai de Roi, que sinalou que, malia as homenaxes, que celebra, Roberto non está a ser \"potenciado na medida en que o merece, nin el nin o teatro\", nun ano afectado tamén, por outra banda, pola crise. Con Roi Vidal coincide en que a posición de Roberto Vidal Bolaño na vida situábase cos \"perdedores, os malos tempos, os indignados\". \"Facía unha dignificación do máis baixo da sociedade\" engadiu o fillo que quere non só difundir a obra de Roberto senón a súa actitude vital e a súa ética."}
{"ID": "NOS_56077", "summary": "Imparte unha conferencia na Escola de Arquitectura da UDC. A palestra, Trascendendo a paisaxe, está programada para o vindeiro día 3 de decembro, terça-feira, ás 11.00 horas.", "text": "O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura acollerá o vindeiro día 3 de decembro, terça-feira, ás 11:00 horas, a palestra do director de cine Oliver Laxe Trascendendo a paisaxe, organizada polo Grao en Paisaxe, primeiro grao interuniversitario en Galicia feito entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela. Oliver Laxe (París, 1982) estréase na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio de la Crítica Internacional. Mimosas, o seu segundo filme, gaña o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e é estreado en salas españolas. En 2019, con O que arde, distribuída por Numax, gañou o Premio do Xurado da Sección Oficial – Un Certain Regard no Festival de Cannes, certificando un doble logro: proxectar por primeira vez un filme en galego en Cannes e convertirse no único cineasta na historia ser premiado polas súas tres primeiras obras."}
{"ID": "PRAZA_14158", "summary": "A formación galeguista non estará xunto a Anova e Esquerda Unida na fronte ampla. \"A coalición xa estaba feita, o noso sería unha adhesión\", asegura o secretario xeral, Xoán Bascuas, logo de longas horas de xuntanzas. Beiras encabezará a lista da fronte pola Coruña, mentres que Yolanda Díaz sería a número dous.", "text": "Compromiso por Galicia non formará parte finalmente da coalición de esquerdas que lideran Anova e Esquerda Unida de cara ás próximas eleccións autonómicas. Logo dunha xornada de longas e intensas reunións e contactos entre unhas e outras formacións, o partido liderado por Xoán Bascuas non participará na fronte ampla, malia que as súas bases deran o visto e prace a intentar o acordo tras as asembleas comarcais. A plataforma electoral, que finalmente se chamará Alternativa Galega, terá os partidos de Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz como principais referencias, aínda que ambos os dous convidan a CxG a que se unan a este acordo bilateral a vindeira semana, como farían Equo e Partido Humanista, á hora de elaborar as listas para os comicios. Bascuas aclara que \"a coalición xa estaba feita\" e que a súa pertenza ela supoñía \"adherirse\" ao xa pactado entre Anova e EU \"A coalición xa estaba feita, o noso sería unha adhesión a unha plataforma xa conformada; non haberá coalición con Anova e Esquerda Unida\", confirmou a última hora deste venres Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG, que este sábado dará unha rolda de prensa para explicar os detalles dunha decisión que pareceu sempre difícil polas reticencias iniciais de Compromiso a pactar con EU e da propia EU a compartir plataforma con CxG. O avanzado do programa e dos acordos entre dúas forzas claramente de esquerdas fixo moi difícil un acordo de última hora que supoñía superar demasiados atrancos, que se fixeron visibles incluso nas diferenzas amosadas por dirixentes de ambos os dous partidos nas redes sociais. Segundo varias informacións, Xosé Manuel Beiras ocupará o número un da lista pola Coruña, seguido de Yolanda Díaz, no que se interpreta como unha cesión de Esquerda Unida a Anova. Pontevedra sería liderada por EU, ao igual que Lugo, mentres que en Ourense sería a formación nacionalista quen designaría o principal candidato. Non haberá, no entanto, candidato oficial á Xunta. Alternativa Galega estará liderada por Anova e EU, pero contará co apoio de grupos como Equo ou o Partido Humanista Malia que desde un principio Compromiso amosara as súas reticencias a entrar nunha fronte \"anticapitalista\" e con grupos \"co centro de decisión fóra de Galicia\", un cambio de rumbo o pasado martes forzou o partido a deixar a decisión de intentar ou non unha unión nas súas asembleas comarcais. Estas decidiron apostar por unirse ao proxecto común, pero as dúbidas de EU e a premura de tempo -o prazo para conformar a coalición técnica remataba este venres- impediron o acordo. \"Compromiso por Galicia concorrerá ás vindeiras eleccións galegas cun programa e unhas candidaturas propias, logo de que non fructificaran as negociacións ante a negativa de Anova e Esquerda Unida para formar unha coalición, decantándose por unha fórmula bilateral\", asegurou a formación galeguista xa de madrugada. Se nada cambia, a Syriza galega estará conformada finalmente por Anova e Esquerda Unida, ás que se sumarán tamén grupos como Equo ou o Partido Humanista, mentres que Compromiso se presentará en solitario ás eleccións autonómicas. A dúbida agora é saber que ocorre con formacións como Espazo Ecosocialista, partido integrado en CxG e que aposta claramente por unirse a Alternativa Galega e que ameazaba incluso con abandonar a formación galeguista se esta integración non se producía."}
{"ID": "NOS_29530", "summary": "Seok viaxa coa súa filla no tren Seúl-Busan para celebrar o aniversario da pequena coa súa nai biolóxica. Pronto descobren que todo o país está infectado por un virus zombi, e no tren tampouco están a salvo.", "text": "Un ano si, e outro tamén, a sección \"Fantastique\" do Cineuropa Compostela continúa a ser cita imprescindíbel para todo afeccionado ao cinema de terror. Nesta edición tampouco decepciona. Abrangue unha escolma ben xeitosa na que cabe destacar Train to Busan, unha dos filmes máis galardoados do pasado Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges (Mellores Efectos Especiais e Mellor Director). Estamos ante unha peli de zombis ao uso máis coa acción centrada nun tren engadindo así un interesante grao de claustrofobia que mellora o asunto. É algo así como un suma e sigue de Snowpiecer (todo acontece nun tren) + The Host (no tratamento das persecucións) + 28 días despois (no referente aos contaxios) + Guerra Mundial Z (con zombies \"amontoados\" como naquela mais con mellor acabado que o refugallo protagonizado por Brad Pitt). Dirixe Yeon Sang-ho na súa primeira longametraxe fora do campo da animación para adultos. De feito Train to Busan é unha sorte de continuación, feita en acción real, de Seoul Station, fita animada presentada ao mesmo tempo e que conforma un díptico-precuela que matiza como se orixinou o virus... Como en todo filme oriental que se prece, a evolución no comportamento das personaxes é unha das bazas esenciais da trama. Do egoísmo inicial, o medo e as liortas por ver quen lidera a voz cantante, pasan ao colaboracionismo, o desapego e o sacrificio polo ben común. Conta cunha subtrama ben sinxela que sirve de mcguffin para situar a acción no medio do desastre. Pai e filla viaxan no tren de alta velocidade desde Seúl para festexar o aniversario da pequena xunto coa nai que vive en Busan, a máis de 400 quilómetros. Nada máis subir ao tren comezan a presenciar xente atacando a outra con extrema violencia. Ala! xa a temos leada, a apocalipse zombi está servido. Pronto aparecen outras personaxes que darán algo de vidiña ao asunto: un equipo adolescente de béisbol, unha moza embarazada, o seu mozo loitador, unha parella de señoras maiores e si, tamén un político malencarado para aportar a pertinente carga de crítica social. Hai que escapar dos zombis mais tamén lidar co peor do ser humano. Si, a trama discorre por camiños trillados até a saciedade e non aporta moito que non se vira antes, mais pouco importa xa que Train to Busan dá todo o que se pode agardar dun filme deste tipo: sangue, vísceras, canibalismo, infeccións sorpresa, pánico incontrolábel e moito suspense. Se a maiores engadimos uns logrados efectos visuais e un final que consegue aflorar a bágoa, pois xa paga a pena darlle unha oportunidade a este entretemento puro e duro con certo espazo para a reflexión... para afeccionad@s ao xénero, claro. TRAIN TO BUSAN Busanhaeng (Corea do Sur 2016, 118 min.) Dirección e guión: Yeon Sang-ho Fotografía: Lee Hyung-deok Música: Jang Young-gyu Elenco: Yoo Gong, Ma Dong-seok, Jeong Yu-mi, Kim Eui-sung, Ahn So-hee, Kim Soo-an, Choi Woo-sik"}
{"ID": "NOS_45929", "summary": "PP. AGE e PSdeG apoiaron a petición dos nacionalistas de reformar a lei que regula as ILPs para dar maiores facilidades e garantías. O portavoz do Bloque, Francisco Jorquera, advertiu ao PP de que non tente \"desnaturalizar a proposta\".", "text": "Todos os grupos parlamentares deron o apoio á remuda da lei que regula as iniciativas lexislativas populares proposta polo BNG coa finalidade de procurar unha maior garantía e facilidades aos promotores. AGE, PSdeG e PP mostraron o seu apoio a esta iniciativa nacionalista. A voceira popular, Paula Prado, aproveitou a xogada para dicir que este apoio indicaba que o PP \"non é sectario\", en contraposición ás actitudes \"da esquerda\". A iniciativa do BNG propón rebaixar das 15.000 actuais a 10.000 as sinaturas que fan falla para poder presentar unha ILP, que a idade para poder asinar sexa a partir de 16 anos, ben como diversas cuestións para axilizar os trámites das iniciativas. O portavoz do Bloque no Parlamento advertiu ao PP contra intentos de \"desnaturalizar\" esta proposta, durante o trámite parlamentar, através do debate das emendas parciais. \"Oportuna e interesante\" Para o PSdeG, a iniciativa é \"oportuna e interesante\", en palabras de Beatriz Sestayo. O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, expresou o voto \"inequívoco\" a esta reforma e apuntou a que desde Alternativa achegarán propostas e ideas para a mesma. A deputada do Grupo Mixto, Carme Iglesias, mostrou a súa preocupación polo \"afastamento do pobo\" da política e as institucións, e apoiou a iniciativa do BNG polo que implica de \"máis democracia\"."}
{"ID": "NOS_22862", "summary": "Os bombardeos sobre Shahaiya matan a un cámara de TV. Hai uns días, Israel atacou un vehículo claramenmte identificado como de prensa, matando a unha persoa e ferindo a oito.", "text": "Primeiro foi o persoal sanitario e os mestres. A súa morte nos bombardeos israelís era debido a que Hamas os utilizaba como 'escudos humanos'. Despois foron os civís, mesmo as crianzas. O IDF (siglas en inglés do exército hebreo) mantén que Hamas os usa como 'escudos humanos', de aí as vítimas. E agora, os xornalistas que están a cubrir sobre o terreo a agresión israelí en Gaza tamén son 'escudos humanos' da organización palestina. O goberno israelí fíxolle chegar os xornalistas que non se fai responsábel da súa seguridade en Gaza. Dillo despois de que un cámara de TV morrese, xunto un condutor de ambulancia, nun dos centos de bombardeos israelís sobre a Franxa. Hai uns días, o exército israelí atacou un vehículo que ía identificado como prensa, matando un dos ocupantes e ferindo oito persoas. Segundo informan os corresponsais e axencias de noticias, desde Tel-Aviv argumentan que a prensa que está sobre o terreo \"está a ser usada como escudo humano polo movemento islamista Hamas\". A comunidade internacional non pasa de pedir \"contención\" a Israel. Mentres, segue a aumentar a cifra de mortos, que xa rozan os 600, máis dun cento deles, crianzas."}
{"ID": "PRAZA_8061", "summary": "A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural presenta un documento que denuncia que os recortes poñen en perigo o dereito da cidadanía \"a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento\" e provocan a desaparición de estructuras, iniciativas e redes \"que será moi difícil recuperar\".", "text": "A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de presentar un documento que alerta de que os recortes e o \"desmantelamento\" de redes e estruturas están poñendo en perigo \"o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á diversidade cultural e ao coñecemento\" O texto advirte tamén que \"as medidas curtopracistas que se están a tomar non solucionan os problemas estructurais da economía e da nosa sociedade, todo o contrario, están a acelerar a desaparición de estructuras, iniciativas e redes que si funcionan ou funcionaban e que será moi difícil volver a recuperar\". \"As medidas curtopracistas que se están a tomar están a acelerar a desaparición de estructuras, iniciativas e redes que si funcionan ou funcionaban e que será moi difícil volver a recuperar\" O documento presenta un amplo conxunto de reflexións arredor da situación actual da cultura en Galicia e busca ser compartido e debatido con máis colectivos e administracións públicas, cos que iniciarán contactos \"para desenvolver propostas de acción na defensa do valor social do coñecemento, coa cultura como elemento esencial e non ornamental\". A Asociación agrupa 61 xestores culturais privados, técnicos municipais e responsables de espazos culturais, tanto do eido público como do privado. Denúnciase a \"improvisación\" na xestión das administracións, a \"falta de análise das súas repercusións, ausencia de estratexias alternativas e en demasiadas ocasións, un abandono de funcións\" O texto salienta que os recortes se realizan \"en áreas esenciais para unha sociedade que pretenda ser sostible, solidaria e con opcións de futuro\", en referencia aos servizos sociais, á sanidade e \"aos tres alicerces da sociedade do coñecemento: a educación, a ciencia e a cultura\". E máis aló da diminución nos orzamentos, denúnciase a \"improvisación\" na xestión das administracións, a \"falta de análise das súas repercusións, ausencia de estratexias alternativas e en demasiadas ocasións, un abandono de funcións\". E sinala que aínda que as institucións públicas teñen a obriga constitucional de promover e tutelar o acceso igualitario á cultura e o coñecemento, \"os axentes culturais debemos reflexionar tamén sobre os valores que hai detrás do noso traballo e o que aportamos á sociedade, co obxectivo de que a cultura recupere a súa función de motor social e económico\". \"Deben reorientarse os usos dos recursos non monetarios das administracións e abrir á sociedade a xestión de espazos públicos infrautilizados\" O documento céntrase en tres demandas: \"futuro\", \"diálogo\" e \"boas prácticas\". No informe reivindicase que as políticas públicas \"deben realizarse cunha planificación estratéxica a longo prazo e orientadas ás necesidades da sociedade e o territorio que ocupan\". Tamén lembra que \"debe escoitarse e facer partícipes das políticas públicas a profesionais, asociacións sectoriais e á cidadanía\" e que \"deben reorientarse os usos dos recursos non monetarios das administracións e abrir á sociedade a xestión de espazos públicos infrautilizados\". Finalmente, sinálase que en tempos de reduccións orzamentarias, \"debe extremarse a transparencia orzamentaria e de contratacións, priorizando as convocatorias abertas e a esixencia de responsabilidade na xestión económica e social dos nosos recursos\". Descarga aquí o documento (.pdf)"}
{"ID": "NOS_41410", "summary": "Varios centos de persoas manifestáronse o sábado polo asasinato de Michael Brown, o mozo afroestadounidense desarmado ao que un policía disparou e que provocou fortes acusacións de racismo contra as forzas de seguridade nos Estados Unidos.", "text": "Con berros de \"Mans arriba, non disparen!\", centos de persoas saíron ás rúas da avenida Ferguson, en Misuri, para homenaxear Michael Brown, o afroestadounidense de 18 anos que, malia ir desarmado, foi asasinado por un policía. Este feito provocou unha vaga de acusacións de racismo contra as autoridades dos EUA. De feito, na propia avenida Ferguson producíronse violentos disturbios no pasado mes de novembro cando se tivo coñecemento de que un tribunal decidía non procesar Darren Wilson, o policía que asasinou a Brown. Ao asasinato de Brown sumáronse unha serie de afroestadounidenses abatidos pola policía entre o 2014 e o 2015, o que provocou un forte debate sobre a violencia exercida por axentes de raza branca contra mozos negros nos EUA. Así, tras a morte de Brown creouse o movemento \"Blacks Lives Matter\" (as vidas dos negros importan). Logo da morte de Brown, Ferguson conta cun novo xefe de policía, un novo administrador e un novo xuíz municipal, todos afroamericanos. Ademais, adoptáronse medidas como a colocación de cámaras corporais nos uniformes de todos os axentes de policía en Ferguson. O consello municipal de Ferguson tamén conta con novos membros, moitos dos cales son negros. Hoxe, cando se cumpre o cabodano do asasinato do mozo afroamericano de 18 anos, terá lugar un minuto de silencio durante 4,5 minutos, para lembrar que o corpo de Brown permaneceu boca abaixo na rúa durante catro horas e media despois de recibir os disparos."}
{"ID": "NOS_37535", "summary": "Cen anos despois da publicación desta obra que revolucionou o mundo científico, publícase en galego grazas ao Consello da Cultura a 'Teoría da relatividade' de Albert Einstein", "text": "Esta edición galega inclúe a obra revisada, a edición facsímil e dous estudos que contextualizan a obra no mundo científico e no eido galego, e pode descargarse de balde desde a web desta institución. A edición en galego foi realizada a partir da primeira alemá de 1917 por Patricia Buján Otero e con revisión científica de Jorge Mira. A fonte de referencia empregada para esta obra foi a copia dixital publicada en liña polo Max Planck Institute for the History of Science (Berlín). \"Tiñamos claro que tiña que ser a primeira, xa que non contén engadidos nin anotacións posteriores\" explicou Mira na presentación da obra esta mañá. \"Manuel Antonio dedicoulle unha poesía completa á teoría da relatividade\", lembrou Díaz-Fierros A obra inclúe tamén dous estudos, un de Jorge Mira, que sitúa a obra no seu momento, e outro de Francisco Díaz-Fierros, que dá conta da repercusión que tivo na cultura galega. \"Albert Einstein modificou o século XX\" afirmou Jorge Mira na súa intervención, quen debullou a relevancia tanto do texto e do interese de Einstein de dar a coñecer os seus achados dunha forma comprensible. \"Nos albores do século XX eran rara avis as achegas de divulgación científica. Se por riba engadimos o feito de que o autor é o científico máis relevante da época moderna, o valor engadido é enorme e fai desta un pequeno tesouro, tanto polo seu contido e autor como por ser pioneira no eido da popularización da ciencia\". Einstein e a cultura galega No estudo que elaborou Francisco Díaz-Fierros recóllense as referenzas na Galiza daquel tempo a esta obra, desde os artigos de Wenceslao Fernández Flórez ou Julio Camba até o seu impacto entre a comunidade científica, como os matemáticos Juan Durán Loriga, David Fernández Diéguez e Ramón Aller ou o médico Roberto Nóvoa Santos; até os creadores novos como Rafael Dieste, Otero Espasandín ou Manuel Antonio que, alén da súa creación artística, tamén compartían unha acusada afección polas matemáticas. \"Manuel Antonio dedicoulle unha poesía completa á teoría da relatividade\", lembrou Díaz-Fierros."}
{"ID": "NOS_48858", "summary": "Os Franco poden vendela, mais quen a adquirise ficaría desprotexido", "text": "O domingo 27 de decembro unha nova concentración tivo lugar fronte á Casa Cornide, no casco histórico coruñés. A xunta directiva do colectivo Defensa do Común tomou a decisión de exixir á familia Franco que restitúa este inmóbel ao dominio público logo de que a veciñanza da área advertise da retirada de móbeis do edificio. \"A familia Franco non ignora que a condición de Ben de Interese Cultural (BIC) dificulta a venda do inmóbel, así como a prohibición de retirar calquera obxecto sen a previa autorización\", lembrou Defensa do Común, sinalando un informe xurídico da Universidade da Coruña que avala a decisión avanzada polo consistorio coruñés de iniciar accións legais para que a Casa Cornide, como Meirás, regrese ao pobo. A venda e baleirado O pasado verán os herdeiros do ditador puxeron á venda o inmóbel. Nada o impide, lembra o profesor de Dereito da Universidade da Coruña, Carlos Aymerich. \"Pero eses terceiros que a merquen e que eventualmente a inscriban no rexistro da propiedade ao seu nome non serían terceiros de boa fe, xa que saben as circunstancias nas que se produce a compra. Saben que hai procedementos en transo de iniciarse para que esa casa retorne ao patrimonio público, non gozarían da protección rexistral dos terceiros de boa fe\", puntualiza en declaracións a Nós Diario. \"No momento no que se inicie o proceso de declaración como Ben de Interese Cultural a Administración competente, nese caso a Xunta da Galiza, podería adoptar algunhas medidas cautelares. Cando estea rematado o procedemento e sexa declarada BIC poderanse aplicar os dereitos de tanteo e de retracto da lei de patrimonio histórico\", agrega o tamén coautor do informe xurídico sobre o proceso de adquisición da Casa Cornide por Carmen Polo. Cuestionado polo baleirado do inmóbel, o profesor de dereito remítese a outro informe encargado, como o que el mesmo contribuíu a elaborar, polo Concello da Coruña. \"O informe histórico artístico para a declaración BIC pode facer referencia a algúns bens de carácter móbel dentro da casa. Iso daría unha base para reclamalos despois. Pero o retardo na declaración BIC leva a estas cousas. Mentres non se inicie é difícil que se poida actuar nese sentido\", apunta. Xunto con Carlos Aymerich, Carlos Amoedo e José Manuel Busto exploraron as distintas vías coas que contan o Estado español e mais o consistorio coruñés para recuperar a Casa Cornide ao patrimonio público. Se ben ambas as administracións poderían comezar procedementos de maneira paralela, o profesor da UDC valora que \"o lóxico é que se poñan de acordo e que haxa unha mínima coordinación\". \"Cónstame que hai interese desde banda estatal polo noso informe\", di. As bases do informe O informe xurídico foi entregado o 16 de decembro, un día despois de que a familia Franco dera as chaves de Meirás e que o pazo regresara ao dominio público. No documento, Aymerich, Amoedo e Busto repasan a historia de Casa Cornide e analizan o proceso de alleamento polo cal pasou a ser propiedade de Carmen Polo, muller de Francisco Franco. Revisando a documentación, conclúen que o procedemento de desafectación de Casa Cornide, a declaración pola que un ben de dominio público pasa a ser considerado ben público patrimonial, realizouse de maneira irregular, polo que é nula de pleno dereito. Esta primeira irregularidade é causa das restantes. Xa que a desafectación non se produciu nos termos marcados pola normativa vixente naquela altura, e que requiría un expediente do Ministerio de Educación Nacional, un informe preceptivo da Junta de Edificios Públicos e mais a autorización da Dirección Xeral de Belas Artes. A omisión destes trámites esenciais vicia de nulidade a venda en poxa pública do inmóbel tanto desde o punto de vista do dereito civil como desde o punto de vista do dereito administrativo. Nesa compravenda Pedro Barrié de la Maza adquiriu a Casa Cornide para, mediada unha fin de semana, venderlla a Carmen Polo por un valor 1.200% menor do que el pagou, 305.000 pesetas. Fronte as 25.000 pesetas que pagou a muller do ditador. Vías para a reversión \"No informe destacamos a existencia de diferentes vicios de nulidade de pleno dereito. A acción de nulidade non prescribe, non está suxeita a un prazo determinado para o seu exercicio. Tanto o Estado como o Concello da Coruña poden iniciar unha revisión de oficio\", lembra Aymerich. A maiores, fica a vía civil de maneira semellante á do Pazo de Meirás. O Concello da Coruña pode alegar que compravenda foi simulada e que mesmo así sufragou os gastos de mantemento."}
{"ID": "NOS_41495", "summary": "É a voz do independentismo de esquerdas catalán. E é tamén un vigoroso defensor da República, entendida esta non tanto como unha forma de estado -como a antítese da monarquía- senón como o empoderamento dos sectores subalternos da sociedade, aqueles que nunca tiveron voz e que moitas veces -agora mesmo o pobo catalán- tampouco tiveron o dereito a decidilo todo. Joan Tardá (Cornellá de Llobregat, 1953) non é Nova Política, fai parte do mellor da política da vella escola (non, non todo o vello é ruín). Ningunha concesión á demagoxia, ningunha procura do titular fácil. O pensamento racional -tamén a paixón pola igualdade e polo recoñecimento da súa nación- por diante. Falamos nesta conversa da moción de censura a Raxoi, da diferenza que ve entre nacionalismo e independentismo e dos retos que ten o soberanismo de esquerdas no seu país. Nen máis nen menos que a construción da República, unha construción para á que, proclama, \"fai falta sermos máis\". Moitos máis.", "text": "É cuarta feira. Joan Tardá está en Compostela para protagonizar esa mesma tarde un acto político con Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG. Aínda crepitan no ar as faíscas do debate da moción de censura, cun seu vibrante alegato no confronto dialéctico -suave nas formas, contundente no fondo- con Pedro Sánchez. Tardá é político e profesor. Nótase ben. Espacia as frases, fala amodo e domina a arte da énfase. Non é un político convencional porque tampouco é convencional a situación que vive o seu país, a procurar a emancipación fronte a un estado que continúa atrincheirado na defensa dunha Única Soberanía, a del propio, encarnada nunha institución de raíz feudal, a monarquía. Así que, como Tardá non é un político convencional, non deita no discurso frases feitas nen eslóganes, mais si un pensamento bastante acabado, cun rico trasfondo ideolóxico. Mais as súas ideas non soan abstractas, non son signicantes baleiros. Reférense a unha realidade viva, concreta, que muda día a día e que se corresponde cunha loita cívica protagonizada por millóns de persoas. Tardá fala seguido de \"eles\" e \"nós\", mais tamén de levantar pontes e de transitar por elas. -Que negociou o PSOE co ERC para obter o seu apoio na moción de censura? -Nada, non negociou nada. De feito, nós actuamos en consecuencia. No seu momento fixemos unha dura crítica ao PSOE porque permitira a investidura de Raxoi, logo apoiamos con entusiasmo a moción de censura de Podemos -tendo en conta que nós con 9 deputados non podíamos apresentar a nosa propia- e logo hai tres meses, inclusive, cando xa víamos que o PSOE non tiña vontade ningunha de botar o PP, mesmo voltamos a presionar. Sempre na medida das nosas posibilidades. Eu mesmo nun programa de La Sexta aproveitei para anunciar que apoiaríamos unha eventual moción de censura do PSOE a cambio de nada. Porque para nós había un ben superior político, que era botar o PP do goberno. Por múltiples razóns, desde a corrupción até ter sido o ariete do secuestro das institucións catalás e o protagonista do asedio que estamos vivendo. Un PP que optou de maneira clara e rotunda por dar unha resposta autoritaria e represiva á demanda catalá. Nisto fomos transparentes. Nós non apoiamos o PSOE, contribuímos para botar o PP. E se alguén pensaba que ERC puidese especular con isto é que non nos coñece. Era unha cuestión de coherencia. -E que cres que inclinou Sánchez a mudar o seu criterio inicial de non contar en ningún caso cos votos independentistas para chegar á Moncloa? -A sentenza da Gürtel. -Iso foi o que o fixo retractarse daquilo de \"nunca contarei cos votos independentistas...\". -Ben, parole, parole, parole... As cousas teñen a credibilidade que teñen. Todo aquilo que podan opinar de nós... a ver non digo que sexamos de ferro ou de mármore, non digo que non poda afectarnos, mais temos unha posición moi clara e é: \"Ao PP, nen auga\". Ficou claro que nós contribuímos a botar o PP democratica e constitucionalmente [enfatiza isto último] da gobernación do estado español. Repito: se o PSOE non tivese permido a investidura de Raxoi [fíxoo coa abstención que provocou o abandono do seu escano de Sánchez] pois o teríamos aplaudido. Lembro o debate que houbo durante a moción de censura de Podemos. Felicitámolos e dixémoslles: \"Oxalá o PSOE actuase como vostés\". A verdade é que, embora presionarmos nesa dirección, xa non pensabamos que fose ocorrer [que Sánchez acabase presentando unha moción]. Mesmo cando xa a formalizaron chegaron a recoñecer que se a moción non fose construtiva [non obrigase a apresentar un candidato alternativo, cun programa de goberno], pois mellor que mellor. Eles fórono crendo pouco a pouco, porque ao principio o PSOE non tiña ningunha vontade de facer o que acabou facendo. Se axiu desta maneira é porque a raíz da sentenza da Gürtel -á espera de que saian outras- eles non podían actuar dun xeito distinto se apiraban a salvar a cara ante a súa militancia. Nós non apoiamos o PSOE, contribuímos para botar o PP -Contou o xornalista Carlos Cué no País que, nos días previos á que se votase a moción, tiveche unha reunión con Ábalos nun hotel de Madrid en que pouco menos que lle dixeche: \"A ver, home, espílete que non parece que esteades a apresentar unha moción de censura\". -Ah, si? Pois é verdade. A verdade é que os achei moi apáticos. Que o facían un pouco... en catalán diríamos a contracor (contra o corazón). E lembro que lle dixen: \"Oes, con este ánimo non sei se ides convencer o PNV...\". Díxenlles: \"E canto tempo queredes gobernar?\". E díxome, e creo que o podo dicer textualmente: \"Ben, gobernar... gobernar para ir gobernando\". Todo eran vaguidades. \"A ver, xa iremos vendo\". De feito, a pergunta é por que tiveron que transcorrer tantos meses antes de. Mais, ben, nós tamén debemos afirmar unha cousa que é certa e obxectiva. Home, un goberno do PSOE soportado por Podemos sempre ten máis posibilidades de ser un goberno dialogante que un goberno do PP soportado por Ciudadanos. Isto paréceme tan elemental! E todo o que sexa criar cenarios dun hipotético diálogo parecerame positivo, tendo en conta que agora estamos nas antípodas, porque, claro, o PSOE tamén foi cómplice do 155 e, alén do máis, non cuestionou en ningún momento a resposta autoritaria do goberno español perante a demanda catalá. Estamos afastados? Moito, moitísimo. É máis. Hai dor entre nós. Nunca acreditamos que o PSC fose actuar como o fixo. -Algo en todo caso debeu ocorrer co PSOE. Dígoo porque após as cargas policiais do 1 de outubro o partido socialista rexista a petición de comparecencia de Soraya para que dea explicacións sobre esa actuación represiva. Porén, logo dá marcha atrás e retira esa iniciativa. A que o atribúes? -Á mensaxe do rei. Eles fórono crendo pouco a pouco, porque ao principio o PSOE non tiña ningunha vontade de facer o que acabou facendo -É o xefe? -Si, claro. O outro día no debate saquei a colación a resposta tanto de Xoán Carlos I ante aquela manifestación de un millón e medio de persoas -botou pestes dos manifestantes- como da mensaxe de Filipe VI a raíz da greve xeral do 3 de outubro. Estaba moi claro que aquilo [o discurso do monarca] era dar barra libre á resposta autoritaria e represiva do estado. É certo que non apareceu vestido de militar, mais apareceu, fíxate, é un detalle que o outro día non tiven tempo para lembrarllo [a Pedro Sánchez], apareceu en pantalla tendo detrás o retrato de Carlos III, non é gratuíto que fose Carlos III, é o autor das ordenanzas do exército que estiveron vixentes até hai pouco tempo. Elixiu precisamente facer aquela mensaxe dura, unha mensaxe de parte, e elixiu o cadro de Carlos III. Nada é gratuíto, non? Que é o que determinou que o PSOE non mantivese a petición de comparecencia de Soraya? Pois a mensaxe do Rei. Está claro. Coincide perfeitamente. -Deducimos pois que o Rei algo si que goberna... -Home, claro, é evidente. A Raíña de Inglaterra nunca se tería dirixido aos escoceses desta maneira. En primeiro lugar, repara, hai un fío, hai un fío no guión, cando houbo a manifestación de 1,5 millóns de persoas, a primeira en que se berrou masivamente independencia -a anterior foi dun millón e foi a raíz da sentenza do TC sobre o Estatut e entón os gritos non eran a prol da independencia- Xoán Carlos I fixo un discurso acusando os manifestantes, acusando os cidadáns -españois, non?- de querer romper a convivencia... Co cal a mensaxe de Filipe VI non deixa de ser a evolución da primeira mensaxe, tendo en conta que o nível de conflito se incrementara. E por certo, os apaleados o 1 de outubro non eran aos seus ollos cidadáns españois tamén? O grande fracaso deste rei, da monarquía neste caso, é que de feito expulsou os apaleados. Expulsounos, non? -Expulsounos de España... -Non tivo unha palabra de solidariedade con eles. Só apelou á razón de estado. -Que esperas do goberno de Pedro Sánchez? -Pois a verdade sexa dita, nen idea. Xa o veremos. A nosa tese é que hai nestes momentos... o conflito en Catalunya non vai desaparecer, non só non vai desaparecer, senón que con dificultades consolidamos a correlación de forzas. O 21 de decembro de 2017 [data das últimas eleccións ao Parlament] conseguimos o máis difícil que era que non nos botasen dunha posición absolutamente histórica, a de termos alcanzado un apoio xamais alcanzado antes. Nunca chegáramos tan lonxe. Era algo impensábel hai uns anos. Impensábel. Nunca o independentismo conseguira tanta forza. Co cal o 21D xogábamolo todo. Os partidos constitucionalistas e os poderes fácticos tamén eran moi conscientes de que nos tiñan que desaloxar desta maioría parlamentar independentista no Parlament. Por isto eles puxeron moito empeño en rachar esta correlación de forzas. Fixeron cousas brutais. Cousas que agora as temos normalizado porque as temos vivido, mais se non as tivésemos vivido, se nolas tivesen proxectado teoricamente hai un tempo, non teríamos acreditado que fosen suceder. Activaron todos os poderes fácticos económicos. Cando digo todos, digo case todos. Banco de Sabadell. Caixa d'estalvis. Patronais pequenas, grandes... Todo. Lexislaron de maneira brutal para que as empresas, sen o consentimento da xunta de accionistas, só co consentimento dos consellos de administración, puidesen deslocalizar a sede social. Fixérono para criar pánico. E aliás asumiron un cenario que comportaba desprestixiar moito a democracia española. Facer algo que non ocorrera en ningún lugar de Europa nunca, que é manter candidatos na cadea. Destarte, eles acreditaban que íamos perder a maioría parlamentar. E debo dicerche que nós estabamos moi asustados. Moi asustados. E, ben, a participación foi altísima. Nunca houbera unha tan alta, desde 1980 [primeiras eleccións ao Parlament]. E mesmo nesas condicións tan adversas conseguimos reter a maioría absoluta parlamentar!! Portanto, fomos quen a consolidar un cenario para nós nunca vivido. Consolidámolo relativamente porque existía o 155, o asedio do estado ás nosas institucións. Daí que para ancorármonos neste cenario de consolidación da nosa maioría desde ERC apelamos á necesidade de formar un Govern efectivo, porque para nós a clave estaba en que non nos fixesen retroceder. E, ben, os republicanos estivemos uns meses debatendo e intentando facer entender aos nacionalistas [reférese a Junts per Catalunya] que o importante é ter un goberno, non? -Logo che hei de perguntar por iso [a alusión a JxCat como 'os nacionalistas'] porque aquí na Galiza sempre chama moito a atención... -Isto foi importante. Facer Govern. Agora nós entendemos que estamos na fase da confrontación. Unha fase de moita confrontación e que, ademais, é unha etapa que ten elementos moi novidosos. De feito, nós non temos cultura anti-represiva. Nunca tivemos -non tivemos desde hai moitos anos- detidos nen exiliados. Isto é algo novo. En Euskal Herria si tiñan esa cultura anti-represiva, mais no noso país, non. Porén, nós agora estamos na fase da confrontación. Mais cal é o noso empeño estratéxico? Pois que hai que pasar da fase da confrontación á fase das propostas confrontadas. Unha fase na que os interlocutores se recoñezan mutuamente. A fase previa para alcanzar algún día un cenario de diálogo, negociación e mediación internacional. Temos claro que isto haberá que resolvelo mediante a negociación. Claro, para conseguir un cenario de negociación que non sabemos cando será, antes temos de facer un par de cousas. Primeiro, acumular forzas, ser máis. Hai que ser máis. Isto é evidente. Hai que ser máis [reitera con énfase]. E logo hai que ir converxendo coas forzas políticas catalás que non son independentistas, pero que si son autodeterministas [favorábeis ao referendo e ao dereito de decidir]. Digamos que temos que ter unha ollada un pouco longa, non? Hai que ser máis. Acumular forzas... -O nomeamento de Borrell como ministro de Asuntos Exteriores é unha provocación? -Uf, quero pensar que non é tan burdo como provocación e responde máis aos equilibrios que se ve obrigado a facer Sánchez. Hai que ir converxendo coas forzas políticas catalás que non son independentistas, pero que si son autodeterministas -Para conter o avanzo de Ciudadanos? -Supoño. Claro, agora haberá unha competencia brutal entre Cs e o PP para ver quen se queda cunha boa parte dos votantes de Ciudadanos. Borrell é un nacionalista español, é moi xacobino, el propio recoñéceo. Supoño que co seu nomeamento o PSOE pretende frear a sangría de votos do PSC rumo a Cs. -E logo están esas declaracións de Miquel Iceta, que me deixaron un chisco espaventado, en que desbotou a hipótese de achegar os presos políticos ás cadeas catalás, cando telos fóra do seu país conculca claramente a lexislación estatal e internacional ao respeito. -Eu sinceramente coido que hai dous retos, e esta unha opinión persoal, que son os dos próximos días. Un é: \"Escoiten, a vostés non lles podemos exixir que liberen os presos, porque esa é unha decisión xudicial, mais é unha solución administrativa trasladalos a Catalunya\". A min fáiseme difícil pensar que podamos botar unha man ao novo goberno español se non achegan os presos. Primeiro porque é a lei e ademais é que non ten ningún sentido castigar. O segundo reto é que terán que asumir a bilateralidade entre Catalunya e o Goberno español. Estamos nun marco autonómico? Certo. Estamos no marco legal español? Por suposto. Mais nós mesmos temos reclamado a todo o nacionalismo catalán ter un goberno efectivo. E un goberno efectivo é aquel que non pode ser cuestionado desde o ponto de vista legal. Mais que ti asumas hoxe por hoxe unha realidade que é a legalidade española non significa que asumas a multilateralidade autonómica. Ben, ese é un debate que teremos que dar. En ERC estamos ás portas de realizar unha Conferencia Nacional. En todo caso, será moi difícil colaborar co Goberno Sánchez, na medida en que nos necesiten para algo, se non achegan os presos. A ver que fiscal xeral do estado nomean..., porque a ninguén se lle escapa que agora comezará unha macro-causa dentro duns poucos meses... En realidade, o Reino de España non ten proxecto para as nacións ibéricas. Non ten proxecto. O único proxecto que teñen é ou ben a asimilación ou ben a conlevancia [a conlevancia é un conceito de Ortega e Gasset, quen teorizou que o problema catalán non se podía resolver, que apenas se podía conlevar]. Conlevar os cataláns e aos galegos asimilalos. Na medida en que un é máis débil...non? Home, a Doma e Castración do Reino da Galiza! Ben, xa o sabedes máis do que eu, de maneira que como non teñen proxecto o que fan agora é o máis doado, gañar tempo. E como compran o tempo? Pois da maneira máis doada, mantendo a solución da forza. Eles parten de premisas absolutamente erróneas. Por exemplo, eles consideran que 50 por cento dos cataláns asinaron unha póliza pola cal eles nunca apoiarán a independencia. Iso é absurdo, porque se antes eramos 14 por cento e agora somos 48, é posíbel que dentro de 10 anos sexamos 30 por cento, é posíbel, mais tamén é posíbel que sexamos 60 por cento. Eles compran tempo e ponto e non teñen proxecto. Que é o que queren facer? De feito xa o estan facendo. Primeiro, intentar facer arraigar no imaxinario dos cataláns que é a República é unha aventura, isto pasa por criar medo para que non podamos avanzar nos próximos 20 anos. E hai algo máis alarmante, hai algúns síntomas dunha vontade de cuestionar algún dos consensos fundamentais que existen en Catalunya, tales como a inmersión lingüística. Aquí 85 ou 95 por cento da populación apóiana. E mesmo hai síntomas dunha certa violencia. Unha certa ulsterización, penso que a eles lles viría ben. Agora hai movimentos violentos, grupos que están plantexando unha estratexia de destrución. Dinnos: \"É que plantades cruces [amarelas, símbolo de defensa dos presos políticos] nas praias. Si, e vós poñedes bandeiras españolas\". Hai unha certa agresividade dalgúns grupos de ultradereita... E perante iso o noso plantexamento estratéxico é o seguinte: temos que construír un camiño moi ancho -moi ancho, moi ancho [enfatiza]- non só para construír a República, en que non só caiba moita xente, senón que caiba moita xente distinta e plural. Por isto é moi importante que este Govern sexa capaz de estabelecer unha relación fluída e proveitosa con forzas políticas autodeterministas. Repito que a converxencia coas forzas que non son independentistas, mais si apoian o dereito a decidir, é fundamental. Dous, hai que manter un diálogo -e a isto axudou a moción de censura- co socialismo catalán. Digo isto porque en Catalunya hai dous unionismos. O unionismo catalanista e o unionismo anti-catalán ou anti-catalanista, e determinar se é anti-catalán ou anti-catalanista en si mesmo sería outro debate. Estamos os republicanos cataláns moi afastados do PSC? Estamos. Mais tamén existen cuestións moi importantes que partillamos. O modelo educativo catalán. Portanto, eu coido que o que intentarán -o PP e unha parte do PSC, quizá maioritaria, quizá- é que fronte á nosa vontade estratéxica de criar un camiño moi ancho en que caiba xente moi distinta para alcanzar a implantación da República, eles tentarán que o republicanismo caia na trampa de facer un camiño moi estreito, onde só caiban os puros. E aquí sempre vale a pena recordar aquela máxima que nós sempre seguimos dunha maneira moi fiel, unha máxima de Carod Rovira, que sempre dicía que \"o inimigo da Catalunya libre é a Catalunya pura\". E hai sectores do nacionalismo que son os puros! Claro! Ben, pois eu penso que agora estamos na fase de acumular forzas. Menos épica e máis pragmatismo. -Desde unha perspectiva galega, sempre surprende un pouco esta distinción que facedes vós entre nacionalistas e independentistas, como se fosen cousas distintas. E ben sei que tampouco son forzosamente iguais! -A ver, é que ERC non é un partido nacionalista. ERC é un partido republicano. Un partido republicano que durante épocas da súa historia non foi independentista. Leva sendo independentista desde hai décadas, pero digamos que o independentismo é accidental. Cando proclamas a República deixas de ser independentista! Aliás, ERC é un partido de esquerdas. Ben, non é un partido revolucionario. Socialdemócrata radical, si, pero non é un partido marxista. Ten unha cultura moi arraigada anti-fascista. Mais é así, nós non somos nacionalistas. Olla unha cousa, segundo os últimos dados que temos, 47 por cento dos nosos votantes son castelán-falantes. En cambio, en Junts per Catalunya esa percentaxe é de aproximadamente 15 por cento. É máis, nas eleccións do 21D perdimos [en relación á candidatura de Puigdemont] por 13 mil votos. E iso foi porque nos territorios máis catalán falantes JxCat nos gañou. Mesmo houbo votantes nosos que partiron o voto. Familias que dixeron: \"Ben, eu voto JxCat e a miña compañeira, ERC, ou ás avesas\". Sabes por que sacamos un bon resultado? Porque derrotamos Podemos en moitas cidades da área metropolitana de Barcelona. En Santa Coloma de Gramanet fomos a segunda forza [a primeira Cs]. Portanto, somos un partido republicano, somos un partido de esquerdas, e somos un partido non nacionalista. Iso non significa que non particemos da cultura nacionalista defensiva [dío enfatizando o adxectivo 'defensiva'], a das nacións sen estado. Mais nos documentos de Esquerra nunca aparece a palabra nacionalismo ou nacionalista como definición nosa. Non, porque ademais sería traizoar o que somos, non? -O que vés dicer é que JxCat non está tan interesado como ERC en ensanchar o río... -Eu creo que JxCat o que fai é viver dos convencidos. A República só ten sentido se é percibida pola cidadanía como un instrumento para transformar a sociedade. E algo de transformacións -na dirección de socializar a riqueza, ollo, non falamos de colectivizar os medios de produción [risos]- si que son necesarias. E de feito a República só é posíbel se trae xustiza social. Nese sentido, ás veces medio en brincadeira medio en serio dicimos: \"Das bandeiras un non come, aínda que leven unha estrela\". De feito isto é o que nos pode facer gañadores. En realidade, o que menos nos interesa para construír a República é a consolidación de frentes nacionais -e por iso non faremos coligazón con JxCat-... o frentismo é o pior que nos pode ocorrer. Que haxa unha frente nacionalista e unha frente constitucionalista. Aquí do que se trata digamos é que haxa opcións ideolóxicas distintas. Este é un debate moi importante cando se acheguen as eleccións municipais. O que non nos interesa é a dialéctica frentista. Por que? Porque, por exemplo, moitos votantes de Ciudadanos apoian ese partido porque teñen medo da independencia. Mais ter medo non é o mesmo que estar en contra. Porque cando a independencia aparece como algo posíbel xera unha catarse. E a xente comeza a reflexionar racionalmente:\"Isto me interesa, isto non me interesa\". Agora estamos baixo o impacto da represión. En todo caso, os republicanos cataláns temos tanta cousa que partillamos cos cataláns que non son independentistas. A defensa da sanidade pública. Das pensións. O de ser independentista ou non é importante, pero non é o máis importante. Porque ao final o verdadeiramente importante é a percepción que teñamos sobre o funcionalismo da República. Por isto ao goberno español sempre lle dicimos: \"Depende de vós que dentro de 10 anos, 5 ou 4, sexamos en vez de 48 por cento, 40 por cento. Non? Depende de vós. Pero eles continúan a falar do problema catalán. Non asumen nen sequer que é tamén un problema español\". -Dúas perguntas xa finais. No teu discurso durante o debate, defendiche que Catalunya e o Estado debían practicar agora, na actual fase do conflito, o \"diálogo no marco da confrontación\". Mais sobre que bases se pode dialogar agora mesmo co novo goberno español? -Home, pódese dialogar sobre todo. A ver. O só feito de que se poda falar sobre se é posíbel procurar unha solución dialogada xa é un avanzo. O día que se alcance -non estamos aí aínda nen moito menos, eh!- un estadío en que as partes se recoñezan como interlocutores a fin e efeito de que cada unha delas poda apresentar propostas, entón teremos alcanzado esa asunción de que é posíbel procurar unha resolución democrática. Que é o que vai facer ERC nesa altura? Pois xa o veremos daquela. -Nese cenario de negociación de ti a ti, con pleno recoñecimento por ambas partes da respectiva lexitimidade, unha Confederación sería un ponto de encontro ou é un cenario a desbotar? -Non o sei, non o sei porque non estamos aínda nesa fase. Non superamos a fase de confronto e conflito. Mentres non se resolva o tema dos presos políticos, as penas serán moi duras, o asunto irá ao Tribunal Europeu de Dereitos Humanos... Non o sei. No discurso do outro día [durante o debate da moción] deixamos dito que nós non protagonizamos unha insurrección, mais si protagonizamos un extraordinario proceso de desobediencia civil e institucional. E dixemos no debate: \"Nós nunca imos criminalizar a desobediencia civil\". Logo, é seguro que se eles continúan na represión, Catalunya continuará na desobediencia civil. Xa veremos que formas adopta. Desde un día que non paguemos impostos a outras fórmulas, xa veremos, a sociedade catalá irá vendo que meios utiliza para desobedecer civica, democratica e pacificamente. O noso obxectivo é que algún día se alcance unha nova fase do conflito, da resolución negociada. Tanto ten que chegue por mediación internacional ou porque as mentes máis preclaras dos partidos políticos españois, talvez presionados polos poderes económico, digan, e perdoando a expresión, \"oes, isto hai que arranxalo dunha puta vez\". Pois cando cheguemos aí, cada unha das partes porá as súas propostas sobre a mesa. Que porán eles? A reforma da Constitución? Non o sei. Que porán eles? Un pacto fiscal? Non sei que propostas farán, se é que algún día chegan. E xa veremos cales formulamos nós. Todo é moi incerto, todo é imprevisíbel. En todo caso, para iso aínda falta, infelizmente aínda estamos na fase da confrontación. -Loces un lazo amarelo na lapela da túa americana, tamén o fixeche durante o debate. Non che trouxo problemas isto coa presidenta do Congreso, con Ana Pastor? -Non, eu debo recoñecer que o trato que recebimos da presidenta Ana Pastor é exquisito. Tanto me ten que sexa do PP ou do PSOE. Outra cousa é o papel do PP na mesa do Congreso utilizando a maioría con Cs para bloquear as nosas iniciativas. O que fixeron é moi pouco democrático. Aquí falo como partido político, mais a nível persoal o trato da presidenta debo dicer que sempre foi moi respeitoso. Oxalá se tivesen comportado así outros presidentes da cámara, do PSOE sen irmos máis lonxe. Nota: todas as fotos que acompañan esta entrevista son da autoría de Laura R. Cuba."}
{"ID": "NOS_32902", "summary": "O sindicato lembra que no servizo traballan un cento de mulleres e afirma que a o labor que realizan pode provocar complicacións no embarazo", "text": "CCOO denuncia que a mutua Fremap do Porriño négalles o risco de embarazo ás traballadoras do transporte sanitario urxente do 061 en Vigo e no Baixo Miño. O sindicato explica que as mulleres representan ao redor dun cento dos case 300 integrantes do servizo, e lembra que \"o traballo nunha ambulancia de urxencia implica a exposición a numerosos riscos, o que pode provocar complicacións no embarazo\". \"O transporte sanitario urxente accede a zonas de catástrofes, accidentes ou incendios en lugares con materiais perigosos. Tamén transportan doentes que poden supor un risco infecto-contaxioso, como VIH ou hepatite, ou con doenzas psiquiátricas, en estado agresivo ou baixo efectos de diferentes substancias\". A isto engade a central que as quendas do 061 son de vinte e catro horas, incluída a nocturnidade, e manipúlanse diferentes cargas, realízanse movementos repetitivos e moitas veces sobre terreos irregulares. Comisións denuncia que, a pesar de saber todo isto, a mutua nega con carácter xeral o risco de embarazo. \"Peor aínda, a algunhas traballadoras foilles concedido, pero a outras non, producíndose unha clara discriminación\"."}
{"ID": "PRAZA_16176", "summary": "O sionismo naceu como un movemento de liberación e acabou transformado nunha ideoloxía colonial validada en 1947 pola ONU.", "text": "O pecado orixinal de Israel é o uso masivo da violencia contra os árabes durante o proceso de fundación do Estado xudeu. Os pioneiros, que se vían a si mesmos como un pobo sen terra, pretenderon atopar en Palestina unha terra sen pobo. Desde logo, alí podía non estar asentada unha nación palestina –de feito, foi despois cando os palestinos desenvolveron o seu nacionalismo, precisamente como reacción fronte ao nacionalismo xudeu–, pero si había poboacións estruturadas e lexitimamente estabelecidas. O pobo elixido actuou pois de acordo cun discurso nacional etnocéntrico que aínda hoxe xustifica a violencia exercida sobre os palestinos. A colonización só adquiriu visos de éxito cando se fixo cargo dela o sionismo socialista. En efecto, foi o idealismo dos kibbutzs o que, coa súa forza identitaria, a súa determinación e mais a súa acción comunitaria, logrou superar as dúbidas morais inherentes á colosal empresa de ocupación; logrou, con outras palabras, lexitimar un proxecto que, doutro xeito, non sería máis que un mero colonialismo. No medio daquela revolta contra a orde mundial capitalista, contra a Europa cristiá e contra a existencia improdutiva do pobo xudeu, os árabes simplemente non foron percibidos. Nos anos trinta do século XX, a violencia entre xudeus e árabes acadou unha intensidade bestial, e os colonizadores decidiron organizarse militarmente. Mentres a shoah arrasaba co xudaísmo europeo, o plan inicial dun crecemento lento e orgánico da comunidade xudía en Palestina substituíuse pola esixencia dun Estado propio, que se viu referendado en 1947 co plan de partición de Palestina acordado na resolución 181 da Asemblea Xeral da ONU, onde se avoga pola creación dun Estado xudeu e outro árabe. Os movementos nacionalistas árabes rexeitaron a resolución. Tras a fundación do Estado de Israel, en 1948, Exipto, Xordania, Iraq, Siria e o Líbano decidiron invadir o país. En resumo, o sionismo naceu como un movemento de liberación e acabou transformado nunha ideoloxía colonial validada en 1947 pola ONU. A historia posterior foi a dun rotundo éxito militar, demográfico e económico. Israel converteuse nunha potencia militar nuclear, gañou as guerras de 1948 e 1956, multiplicou a súa poboación mediante unha inmigración impresionante e desenvolveu unha industria boiante. A lingua hebrea normalizouse e creouse unha escena cultural viva. A nación dotouse de institucións sólidas e converteu o país nun Estado cohesionado e moderno e nunha das democracias sociais máis igualitarias do mundo. Agás, por suposto, para a minoría árabe. A finais do século XIX había en Palestina ao redor de 50.000 xudeus. Actualmente viven en Israel seis millóns e medio, case a metade da poboación xudía do planeta. A taxa de nacementos é a máis alta de todos os países da OCDE. Pero Israel borrou violentamente as trazas árabes do país: expulsou centos de miles de persoas dos seus fogares, destruíu vilas, confiscou terras, impuxo unha nova toponimia. Hoxe segue a negar a existencia da nakba, a catástrofe palestina, e non hai espazo nin para o sentimento de culpa pola inxustiza cometida nin tampouco para a compaixón. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_45780", "summary": "Xosé Chao Rego protagoniza a nova entrega do A Fondo que publicamos no Sermos Galiza 187. Coordinado por Alfonso Blanco, neste número escriben Xaquín Campo Freire, Helena Villar Janeiro, Beatriz García Turnes, Moncho Paz, Baldomero Iglesias, Daniel López Muñoz e Xabi Blanco.", "text": "A piques de se cumpriren catro meses desde o seu pasamento, publicamos un A Fondo dedicado á figura de Xosé Chao Rego (1932-2015). Os seus amigos e amigas recuperan a súa pegada a modo de homenaxe ao máis prolífico teólogo e antropólogo que deu Galiza. O monográfico abre co artigo de Xaquín Campo Freire, que repasa a etapa de Xosé Chao Rego en Ferrol e os fitos principais do seu labor, como son a participación no impulso de Encrucillada ou de Irimia, nos coloquios europeos de parroquias ou no grupo \"Boa Nova\". En \"Pepe Chao, mestre\", Beatriz García Turnes, profesora de Lingua e literatura galega, comparte coas lectoras e lectores os retallos das clases de Lingua e Literatura con Pepe Chao no IES Rosalía de Castro de Compostela. A escritora Helena Villar escribe neste A Fondo un artigo sobre o compromiso \"insubornábel\" de Chao Rego co seu pobo. A modo de homenaxe, recupera a importancia da obra Eu renazo galego e dos estudos sobre Prisciliano. A entrevista deste número consiste nunha conversa do xornalista Moncho Paz con Ramón Chao Rego, quen lembra a figura do seu irmán desde a infancia, pasando pola etapa en Ferrol até o afianzamento do seu compromiso con Galiza. \"Pepe Chao na causa da dignidade\" é a peza asinada por Baldomero Iglesias \"Mero\", quen nos narra a súa amizade con Pepe Chao e revela o seu traballo por facer realidade a liberación das clases populares nun pobo que se reivindique a si mesmo. O sociólogo Daniel López Muñoz ofrécenos o achegamento en perspectiva política a Pepe Chao. E en \"Letanías de gratitude a Pepe Chao\", Xabi Blanco, licenciado en Pastoral Xuvenil e Catequética, agradécelle ao protagonista deste A Fondo o seu labor na igrexa galega e universal. [Este A Fondo xa está á venda na loxa]"}
{"ID": "NOS_21172", "summary": "O professor dirigirá umha equipa de 13 membros cujo primeiro cometido será \"aproveitar as oportunidades que abre o reconhecimento a Carvalho Calero polo Dia das Letras do ano 2020\".", "text": "Passados quatro anos desde que em 2015 se pujo à frente da associaçom decana do reintegracionismo, o professor de EOI Eduardo Maragoto foi eleito novamente presidente do Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL), numha assembleia realizada no sábado de manhã no Museu do Povo Galego de Santiago. A assembleia abriu com um discurso do candidato em que realizou um balanço da atividade da associaçom nos quatro anos transcorridos desde que começou o anterior mandato em 2015. Neste período fôrom dados \"passos importantes à procura de um discurso mais compreensível pola sociedade galega\", afirmou Maragoto, que voltará a presidir AGAL com umha equipa \"muito ampliada, com pessoas com ricas trajetórias no tecido associativo galego e diferentes perfis profissionais\" como Eliseu Mera, Marcos Saavedra, Romám Vilela, Valentim Fagim, Carme Saborido, Teresa Pilhado ou Graciela Lois. O ano de Carvalho Calero, \"um ponto de inflexom\" Em relaçom ao programa, este consta de três linhas desenvolvidas em mais pontos. Primeiro, \"fortalecer os consensos, internos e externos, e em relaçom à Lusofonia ser o espaço natural da língua de todos e todas as galegas, para além de discrepâncias conjunturais\". Por outra bamda, \"converter o ano de Carvalho Calero num ponto de inflexom para o diálogo aberto\" sobre o relacionamento entre o galego e a língua portuguesa. E, finalmente, \"divulgar a vivência reintegracionista como proveitosa\", quer do ponto de vista cultural quer do pessoal."}
{"ID": "PRAZA_3763", "summary": "Nacido en Tebra (Tomiño) en 1936, este escritor e avogado formaba parte da xeración de galeguistas que viviu os anos escuros do Franquismo e que serviu de ponte entre a Xeración Nós e os grupos que viñeron despois. Publicou ensaio, poesía e mesmo teatro e en 1968 foi autor dun Diccionario Galego-Castelán que tivo unha grande importancia durante anos", "text": "Xosé Luís Franco Grande faleceu esta noite aos 84 anos de idade. Nacido en Tebra (Tomiño) en 1936, este escritor e avogado formaba parte da xeración de galeguistas que viviu os anos escuros do Franquismo, como el mesmo retratou no libro Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, un grupo que exerceu de ponte entre a Xeración Nós e as persoas que viñeron despois. Dende algún tempo sufría un cancro.Traballou como avogado e xefe xurídico de Caixanova, aínda que a súa maior visibilidade pública gañouna a través da literatura e do ensaioEstudou o bacharelato en Vigo, onde coincidiu con Bernardino Graña. Comezou Filosofía e Letras e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago. Alí coñeceu a Ramón Lugrís que o puxo en contacto con outros galeguistas. E tamén na universidade foi varias veces galardoado nas Festas Minervais.Traballou como avogado e xefe xurídico de Caixanova, aínda que a súa maior visibilidade pública gañouna a través da literatura e do ensaio, cunha ducia de obras que abranguen mesmo á poesía ou o teatro. Co poemario Brétemas do vieiro gañou con só 19 anos o premio Eduardo Pondal que outorgaba o Centro Galego de Bos Aires. Dous anos máis tarde o seu libro de poemas Entre o si e o non foi galardoado co Premio Nacional de Literatura \"Rosalía de Castro\". En 1957 a obra de teatro Vieiro choído inaugurou a colección Illa Nova da editorial Galaxia.Ademais, en 1968 publicou en Galaxia o seu Diccionario Galego-Castelán, unha obra que foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio millón de exemplares vendidos. O \"Franco Grande\" foi unha referencia durante anos, grazas ao seu tamaño máis reducido, como destacaba Xesús Ferro Ruibal neste texto. En 1972 publicou tamén o Vocabulario galego-castelán (1972).Galaxia destaca que Franco Grande tivo un papel \"crucial na historia do noso país\" e que \"a súa desaparición deixa un oco difícil de encher\"Especialmente celebrada foi a súa obra Os anos escuros, que constitúe un fenomenal retratro dun tempo, dun país e tamén dunha xeración (a Xeración Galaxia, Xeración das Festas Minervais...), un tempo no que \"a cultura serviu como muro de resistencia fronte á represión franquista das reivindicacións de Galicia como cultura e nación con identidade de seu\", destaca Galaxia, editorial na que Franco Grande xogou un papel moi importante durante anos.Galaxia vén de facer pública unha nota na que destaca que \"a súa desaparición deixa un oco difícil de encher\". A editorial sinala que Franco Grande tivo un papel \"crucial na historia do noso país\" e que \"o propio nacemento da nosa Editorial hai 70 anos e os seus primeiros pasos non se poden entender, tampouco, sen o seu traballo entregado e xeneroso\".Especialmente celebrada é a súa obra Os anos escuros, que constitúe un fenomenal retratro dun tempo, dun país e tamén dunha xeración \"Sen dúbida que unha das nosas máis visibles eivas colectivas é a escasa memoria histórica. Un pobo non pode vivir sen memoria histórica, sen cultivala, sen anovala, sen exercitala. Ningún pobo con boa saúde pode esquecer o seu pasado, tanto próximo como afastado, porque sería o mesmo que descoñecerse, sería carecer no tempo de referencias e de referentes. Sería, ao cabo, un pobo entangarañado\", escribía Franco Grande no limiar da obra.Destacou igualmente polas súas numerosas colaboracións en medios de comunicación e pola súa actividade como dinamizador cultural. Por exemplo, participou como fundador da Asociación Cultural de Vigo nos últimos anos da ditadura. Europeísta convencido e moi interesado pola política internacional, xa máis recentemente foi colaborador habitual do IGADI, de cuxo consello reitor formaba parte. Ingresou na Real Academia Galega en 1998 co discurso O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño. A Academia publicou tamén unha nota na que destaca que \"cultivou a literatura dende moi novo e tamén foi o autor de obras de referencia na divulgación do léxico galego nunha época de grandes carencias nese eido\".Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra do IGADI, escribiu hai poucos meses este artigo, no que subliñaba que \"Galicia lle debe un retrato a Franco Grande\". Ríos destacaba que Franco Grande \"é unha das figuras máis relevantes das nosas letras\" e sinalaba que \"poucas figuras teñen cultivado con tan alta calidade xéneros tan diversos como a poesía, o ensaio, o xornalismo, a crítica, a memoria, etc\". \"Galicia débelle un retrato a Franco Grande\", escribía Xulio Ríos hai uns mesesO artigo acompañaba a publicación de A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos (Galaxia), a última obra publicada por Franco Grande, que facía aquí un compendio de retratos de distintos persoeiros no ronsel do Libro dos amigos oteriano. 49 retratos que \"sen querelo, tamén van trazando, coma nunha inesperada silueta a contraluz, a personalidade e a vida de quen escribe\", destaba a editorial. \"Galicia débelle un retrato a Franco Grande. Aínda que el sempre nos dirá que non\", concluía Xulio Ríos."}
{"ID": "NOS_38813", "summary": "Aínda que os cálculos iniciais apuntaban a 40, o número de persoas falecidas nun ataque terrorista en Damasco (Siria) ascende a 60. O Estado Islámico reivindicaría o atentado.", "text": "Un duplo atentado que tivo lugar este domingo no mercado do barrio de Al Saida Zainab –o principal núcleo xiíta ao sur de Damasco-- deixou, cando menos, 60 persoas mortas, segundo fontes do Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos. O duplo atentado comezou co estoupido dun coche bomba que se atopaba xunto a un autobús con pasaxeiros e pasaxeiras. De contado tivo lugar a segunda explosión, provocada por un terrorista suicida, contra as persoas que trataban de socorrer as vítimas do coche bomba. Al Jazeera informou de que o autodenominado Estado Islámico reivindicou o duplo atentado. O barrio é un bastión dos xiitas, xa que nel se atopa a mesquita que acollería a sepultura de Zaynab ben Alí, neta de Mahoma, e filla do curmán do profeta, a quen os xiítas consideran o seu sucesor. De feito, a mesquita é protexida por Hezbolá. Os datos da ONU elevan a 260.000 as persoas que morreron en Siria nos case cinco anos de guerra. Máis de 12 millóns de sirios e sirias, entre as que se atopan 5,5 millóns de crianzas, precisan de asistencia humanitaria inmediata."}
{"ID": "NOS_8807", "summary": "'Lenn' (ler, en bretón) nace co apoio de vinte editoras e quer ser unha ferramenta cultural, social e de \"reconquista lingüística\".", "text": "As editoriais que publican en bretón suman forzas para crear unha plataforma común na rede, 'Lenn' (ler, en bretón), que estará lista en outono, informa Nacións citando Le Telegramme. Unha alianza para promocionar a edición nesta lingua celta que, segundo o censo de 2007, ten uns 210.000 falantes. Olier Ar Mong, da Oficina da lingua bretoa, parabenizouse pola iniciativa e destacou o importante paso que supón para este idioma e para a cultura do país. O ano pasado editáronse por volta de 130 obras neste idioma, o duplo do que se editaba a mediados da década pasada. A páxina conterá información sobre os libros, entrevistas aos autores, críticas, referencias literarias e de prensa... O que non poderá facer o usuario é encarregar o libro a través desta web. Será encamiñado a páxinas de editoriais e librarías para así \"non danar a cadea do libro\". Editorias de obras en bretón: Bannoù-Heol ; Mouladurioù Hor Yezh ; Yoran Embanner ; Keit Vimp Bev ; Preder ; Skol An Emsav ; Editions Sav Heol ; Embannadurioù ; Aber ; Barn ha Skrid ; Minihi-Levenez ; Emgleo Breiz ; Nadoz-vor embannadurioù ; BZH5 Ltd ; Embann Keredol et Ar Gripi Editeurs qui publient occasionnellement ou régulièrement des ouvrages en langue bretonne : Éditions Goater ; Skol Vreizh ; Le Temps éditeur ; Millefeuille ; Dastum ; Coop Breizh eNuméribulle."}
{"ID": "NOS_47747", "summary": "No seu ADN está o que décadas atrás se denominaba cinema de arte e ensaio. A aposta do cinema Numax polos filmes restaurados e polas obras de vangarda -mesturados tamén con estreas recentes- está a dar os seus froitos. En 2016, máis de 30.000 espectadoras e espectadores reuníronse nesta sala compostelá.", "text": "Felizmente, o cinema non é só aquilo que oferecen os grandes oligopolios, as majors, norteamericanos. En Compostela un experimento chamado Cinema Numax mostra a viabilidade das ofertas alternativas. En 2016 estreáronse nel máis de 100 filmes que foron vistos por máis de 30.000 persoas, unha cifra que espella o interese social por un cinema alternativo ao mainstream. Numax non é un cinema convencional. É un ponto de encontro de cineastas e tamén unha factoría de novas ideas. Este ano déronse cita nel, na sección Os Ollos Verdes, cineastas de vangarda que impartiron o seu maxisterio baixo o formato de masterclass. Nomes con acreditada reputación internacional como Pedro Costa, Rita Azevedo Gomes, Albert Serra ou Charles Burnett. A iniciativa tivo o apoio institucional do concello de Santiago de Compostela e da área de Cultura da Deputación da Coruña. Alén diso, Numax aposta tamén en provocar a fascinación polo cinema como meio de \"transmisión de valores e coñecementos\" no mundo do ensino e, destarte, neste 2016 puxo en andamento o programa didáctico Numax na Escola. Baixo o seu paraugas, arredor de 1.000 alunas e alunos estiveron na sala compostelá."}
{"ID": "NOS_45119", "summary": "Concentración diante de Sanidade coincidindo coa segunda xornada de greve.", "text": "Persoal do Sergas concentrouse diante da consellaría de Sanidade para exixir a recuperación dos seus dereitos laborais e salariais, suspendidos desde o ano 2010. Unha mobilización que se realizou na segunda xornada de greve no Sergas. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denunciou a negativa do Sergas a negociar o calendario de recuperación deses dereitos e anunciou que \"non imos cesar até que a administración asuma a súa responsabilidade, sente na mesa sectorial e recoñeza que temos dereito a ser retribuídos polo noso traballo en igualdade de condicións ao persoal do resto dos servizos sanitarios do estado\". Profesionalidade do persoal público No escrito a CIG-Saúde salienta a alta valoración que a cidadanía galega concede á sanidade pública grazas ao bo traballo e profesionalidade do seu persoal. O sindicato entende que non se pode consentir o trato que recibe o persoal do Sergas e agradece a todo o persoal que secundou a greve o apoio a estas demandas malia as presións que sobre eles exerceu a administración a través das xerencias."}
{"ID": "NOS_27642", "summary": "A asociación ASATE de auxiliares técnicos de alumando da Galiza cualifica de \"actuación temeraria\" que a Xunta estea a derivar este persoal a residencias para traballar con persoas maiores, ao non ter ningunha formación nin experiencia na atención á terceira idade e ao descoñecer os protocolos e as medidas de protección que se deben tomar.", "text": "Estase a derivar persoal auxiliar técnico educativo de alumnado con necesidades específicas a traballar en residencias de maiores, \"obviando\" que estas profesionais \"non teñen ningún tipo de experiencia nin titulación específica\" para desenvolver o o seu labor nesas institucións e coan persoas da terceira idade, denuncian desde a Asociación de auxiliares técnicas educativas de alumnado con necesidades educativas especiais de Galicia (ASATE). A asociación critica que a Consellaría de Educación puxera a disposición da de Política Social este colectivo profesional para desempeñar funcións que non coñece. \"Descoñecemos por completo as características e o funcionamento deste tipo de centros, así como os protocolos básicos e o manexo de equipos de protección\", sinalan. Consideran que se nunha situación de normalidade \"xa non sería admisíbel esta mobilización do persoal para traballar en residencias debido ao risco que implicaría, sobre todo para as persoas maiores que son atendidas, na situación crítica causada pola pandemia do coronavirus \"supón unha actuación temeraria e irresponsábel\". Cualifican de \"lamentábel\" que se recorra a persoal non cualificado para coidar das persoas maiores e enfermas, enviando a auxiliares técnicos educativos \"precipitadamente aos focos de maior risco da pandemia onde calquera erro motivado por esta falla de coñecementos e de formación axeitada podería ter consecuencias nefastas, pois este colectivo non ten formación específica en coidados de enfermaría nin en atención a persoas dependentes en institucións sociais, como si posúen outros colectivos profesionais aos que a Xunta da Galiza non parece que teña interese en contratar\", sinala ASATE no seu comunicado. Desde a asociación demandan que se fagan públicas as listas de contratación que se elaboraron de forma excepcional por mor do coronavirus e os criterios que se seguiron para confeccionalas. \"Todo o persoal susceptíbel de ser chamado para incorporarse a postos distintos do propio e dunha Consellaría allea, debe estar informado do lugar que ocupa nesa listaxe, polo que non é comprensíbel o escurantismo co que se está a realizar esta xestión\", sinalan."}
{"ID": "NOS_49157", "summary": "Aliás, os artigos principais céntranse na construción de niños de paxaro e na planificación estratéxica das cidades.", "text": "Ademais do Nós Diario e do semanario Sermos Galiza, este sábado retorna aos quioscos o caderno 'Aprender', nunha entrega que pon o foco na globalización alimentaria desde a óptica galega. O tema de apertura é \"Cidades intelixentes: planificación estratéxica para a xestión eficiente\", onde Manuel Meijide continúa analizando as virtudes e riscos da aplicación da tecnoloxía ás urbes para facelas mellorar. Continuando coa posta en valor da biodiversidade, o educador ambiental Ramsés Pérez propón, ante a inminente chegada da primavera, data na que os paxaros fan o niño, falar de que tipos de niños hai e de como botar unha man ás aves para protexérense. \"Niños e caixas-niño\" ofrécenos as chaves para comprender e axudar esta fauna que voa. Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, analiza fronte á próxima Semana Santa o que poderemos observar nos ceos, co Carro da Osa Maior como guía para atipar dúas das estrelas máis brillantes do ceo, Arcturus e Spica. Tamén nas páxinas centrais atoparemos a reportaxe \"Globalización económica e alimentaria\", un texto conxunto de Xavier Simón, David Pérez-Neira, María Montero, Damián Copena e Cooperativa SomosTerranova. A publicación por parte da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo da Guía Didáctica Máis aló do prato serve para situar o foco en comprender o impacto que pode chegar a ter a nosa forma de producir alimentarnos. Por último, é tamén protagonista Diego Ferraz Castiñeiras, divulgador científico nas redes e creador de Naturiza, o traballo de Fernando Groba Bouza e a Federación Hípica Galega. Na parte de artigos de opinión poderás ler \"CineEco, o único e máis antigo certame medioambiental de Portugal\", unha peza de Juan de Castro, xestor e programador do The Wild Fest; e \"Cambio climático\", de Diego Ferraz Castiñeiras. No Desde as aulas, recollemos \"A docencia compartida, un mundo aínda por explorar\". Para gozar de todos estes contidos non tes máis que ir ao quiosque, a libraría ou a nosa tenda online para mercar o Nós Diario deste sábado. Como poderás observar, comezamos a ofrecer algúns contidos baixo pagamento. Iso é porque temos a subscrición ao papel pero tamén unha versión web. Sexa como sexa, apóianos neste ano que comeza!"}
{"ID": "NOS_52287", "summary": "Villares non toma nota de dúas cousas nas vésperas do Plenario da Marea deste 17D. Primeiro, que hai un amplo sector que non o quer como candidato nas primarias ao advogar por que os cargos institucionais sexan incompatíbeis cos orgánicos. Segundo, que na asemblea da Marea non se vai elixir nengún cargo de carácter unipersoal, senón só un órgao de dirección colexiado.", "text": "Esta sexta feira, Luís Villares -a quen comezan a lle pór a proa desde a Marea Atlántica até Unidos Podemos- mostraba a súa disponibilidade a liderar a confluencia -isto é, a encabezar unha candidatura nas primarias de xaneiro- na eventualidade de que a súa figura serva para \"aunar posicións\", na esteira do consenso que lle permitiu no seu momento ser eleito candidato á presidencia da Xunta. Ese consenso parece neste momento quimérico para o xuíz en excedencia. O debate previo ao Plenario deste 17 de decembro evidenciouno ao se pór sobre a mesa a existencia, na Coordenadora da Marea, dun amplo sector partidario dunha división de funcións entre o referente parlamentar (que ninguén polo momento cuestiona que continúe a ser Villares) e o orgánico. Mais o asunto non se limita só ao réxime de incompatibilidades: Esquerda Unida e Podemos, as forzas hexemónicas neste momento no seo da Marea, conseguiron impor a súa tese de que nas primarias se elixa só un órgao de carácter colexiado -o Consello da Marea- e non un órgao de carácter unipersoal. Dito doutro xeito, non está neste momento na axenda das correntes hexemónicas da confluencia a elección dunha secretaría xeral ou dun órgao homólogo. Non se albisca no horizonte un primus inter pares. Non está neste momento na axenda das correntes hexemónicas da confluencia a elección dunha secretaría xeral ou dun órgao homólogo Por se ficaban dúbidas ao respeito, esta sexta feira confirmaron esta perspectiva dous dirixentes de peso, o deputado da Marea no Congreso Antón Gómez Reino (Podemos) e o alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro. En declaracións á imprensa posteriores a un seu encontro para abordar asuntos da Coruña que podan ter traslación ao Congreso dos Deputados, quer Gómez Reino quer Xulio Ferreiro se posicionaron a prol do que chamaron \"lideranzas compartidas\". Xulio Ferreiro -cuxo distanciamento de Villares é cada día máis notorio, embora fose o alcalde da Coruña un dos impulsores da candidatura á Xunta do actual portavoz parlamentar- foi máis lonxe do que Gómez Reino ao declarar que a tarefa básica da Asemblea de En Marea é a de decidir \"que tipo de organización queremos\" e non tanto falar \"de persoas concretas\". \"A xente defende liderados compartillados e En Marea ten que dar resposta a esa demanda da sociedade\", dixo Gómez Reino, en tanto que Ferreiro anotou que \"as lideranzas colectivas están no ADN da Marea e non deben interpretarse como unha loita polo poder, que non existe\". Mesmo no debate sobre \"que tipo de organización queremos\", as posicións de Luís Villares -co xuíz en excedencia apenas se aliñou Anova, e non toda- áchanse en franca minoría Mais mesmo no debate sobre \"que tipo de organización queremos\", as posicións de Luís Villares -co xuíz en excedencia apenas se aliñou Anova, e non toda- áchanse en franca minoría. O portavoz parlamentar preconizaba a disolución dos partidos no seo da plataforma e que esta tivese personalidade propia, que fose unha organización de afiliación individual. A xulgar polos textos a debate este 17D a cousa non vai a ir por aí en absoluto. As organizacións políticas manteñen o seu papel, non existen órgaos de carácter unipersoal -que loxicamente terían nunha organización tan plural unha función unificadora do discurso- e tampouco existe stricto senso a figura da persoa militante ou afiliado ao se apostar pola inscrición on line, isto é, polo modelo de participación política internética de persoas inscritas característica de Podemos."}
{"ID": "PRAZA_18392", "summary": "O TSXG sinala que o Goberno galego vulnerou os dereitos fundamentais da radio ao obrigala a deixar de emitir por ondas. A sentenza recoñece que a Lei do Audiovisual de 2010 lle outorga á emisora comunitaria coruñesa o dereito a contar cunha licenza de FM, que aínda non obtivo pola \"inactividade da Administración\" A Fiscalía estima que a Xunta vulnera os dereitos fundamentais de CUAC ao impedirlle emitir por FM \"Se es un medio implicado cos problemas da túa comunidade acabas tendo problemas, como lle pasou a Cuac\"", "text": "A Fiscalía estima que a Xunta vulnera os dereitos fundamentais de CUAC ao impedirlle emitir por FM \"Se es un medio implicado cos problemas da túa comunidade acabas tendo problemas, como lle pasou a Cuac\" Un duro pau á Xunta e moito vento nas velas para CUAC FM e, en xeral, para os medios comunitarios. O TSXG vén de anular a resolución adoptada o pasado mes de febreiro pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia na que arquivaba o procedemento sancionador que meses atrás lle abrira a CUAC FM, pero na que tamén prohibía expresamente que a emisora comunitaria coruñesa puidese volver a emitir en FM. O Tribunal Superior estima o recurso presentado pola Asociación Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) e declara que a emisora, con case 22 anos de historia, ten vixente a garantía temporal de emisión que lle negaba a Secretaría Xeral de Medios mentres a administración competente \"non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantía temporal\". O TSXG subliña que a falta do necesario desenvolvemento normativo por parte da Xunta impediu a CUAC FM contar cunha licenza de emisión, un permiso que a radio \"non pode obter dada a inactividade da Administración\" O ditame lembra que o artigo 32 e a Disposición Transitoria 14ª da Lei 7/2010 Xeral de Comunicación Audiovisual prevén a concesión de licenzas de emisión ás radios comunitarias existentes, algo que as administracións competentes -neste caso a Xunta- deberían ter feito nos últimos oito anos, pero que non fixeron. A normativa audiovisual prevé un período en que os operadores poderán seguir emitindo ata que se regule polo Estado, \"prevendo a concesión das oportunas licenzas, sen que se producise aínda a regulación normativa en Galicia\". Polo tanto, o TSXG subliña que a falta do necesario desenvolvemento normativo impediu a CUAC FM contar cunha licenza, un permiso que o tribunal destaca que a radio \"non pode obter dada a inactividade da Administración\". A Secretaría Xeral de Medios infrinxiu \"os dereitos fundamentais da persoa\" ao vulnerar o artigo 20 da Constitución, que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión A sentenza tamén deixa claro, de maneira contundente, que a Secretaría Xeral de Medios infrinxiu \"os dereitos fundamentais da persoa\" ao vulnerar o artigo 20 da Constitución, que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión e a recibir e a comunicar libremente información. O TSXG sostén que a Administración autonómica infrinxiu \"os preceptos legais que constitúen unha garantía temporal de emisión para a actividade de libre expresión e comunicación de información e de creación e uso de medios de comunicación, neste caso dos servizos de comunicación audiovisual comunitarios\". O tribunal sitúase na mesma liña do exposto o mes pasado pola Fiscalía, que emitiu un informe previo no que lle daba a razon á emisora comunitaria e concluía que a Xunta estaba a vulnerar os dereitos fundamentais de CUAC ao impedirlle emitir por FM. A Xunta baseaba o seu ditame na negación da existencia da garantía temporal de emisión que agora o TSXG lle recoñece a Cuac FM O Goberno galego recoñecía que a Lei do Audiovisual se estaba a incumprir e admitía explicitamente que Cuac FM leva máis de 20 anos emitindo na frecuencia modulada de boa fe, sen ánimo de ocultación, e sen recibir advertencia algunha por parte da Administración, que non existen terceiros prexudicados e que carece de ánimo de lucro. Porén, a Xunta baseaba o seu ditame na negación da existencia da garantía temporal de emisión que agora o TSXG lle recoñece a Cuac FM e advertía que esa resolución rachaba \"calquera expectativa de Cuac FM para volver a emitir na FM\", ameazando con novos expedientes sancionadores en caso de que a radio volvese emitir por ondas. Unha posición que agora o TSXG derruba por completo A sentenza do alto tribunal pode ser recorrida en casación pola Xunta. A asociación que xestiona esta emisora sen ánimo de lucro celebra o contido da sentenza, que recolle unha por unha todas as súas demandas e na que contaron coa representación do avogado Pablo No Couto. CUAC celebrará este mércores unha asemblea na que os seus socios e socias decidirán se a radio volve emitir en FM (103.4), o que parece probable e que, de acordarse, sería efectivo en poucos días."}
{"ID": "NOS_20256", "summary": "A Real Academia Galega de Belas Artes institúe a data para fomentar a práctica, o estudo, e contribuír á salvagarda eá sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego.", "text": "O 1 de abril será, a partires deste ano, a data na que conmemorar o 'Día das Artes Galegas', unha xornada para a \"exaltación, divulgación e promoción da creación en Galiza\", segundo a Real Academia de Belas Artes, responsábel da iniciativa. Por que o 1 de abril? Pois en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. \"Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galiza encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes\". Areal Academia enfatiza que Galiza \"país de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro\"."}
{"ID": "QUEPASA_973", "summary": "Facemos recolleita da incidencia nos centros de ensino", "text": "A Costa da Morte está sendo unha das máis afectadas nestes momentos pola pandemia. Non hai máis que ver o mapa das novas restricións para comprobalo. Pero como vimos facendo nestes últimos meses, continuamos facendo un par de análises máis profundas cada semana. A día de hoxe aTaxa aproximada de Incidencia acumulada (nº casos / 100.000 habitantes) é a mesma na comarca de Bergantiños que no resto da Costa da Morte. Nunha semana a incidencia en Bergantiños reduciuse á metade, provocando que a taxa global comarcal tamén se reduxese de 436 a 387 casos / 100.000 habitantes. Pero a baixada bergantiñá contrarresta con subidas como a da comarca xalleira, onde, por exemplo, Mazaricos pasou de 16 a 30 casos. Non baixa o caso de Muxía, a día de hoxe o máis preocupante da comarca cunha taxa superior aos 1.000. Por Camariñas tamén subiu lixeiramente por un pequeno gromo no IES Pedra da Aguia polo que unha empresa autorizada está a desinfectar o centro. Ademais, vaise realizar un cribado para os alumnos de 3º e 4º da ESO e está intentándose que se amplíe ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Centros de Ensino Os últimos datos dos centros de ensino son do 3 de decembro. Destaca a volta á normalidade no CEIP Fogar, pero preocupan novos focos. Hai un total de 6 aulas pechadas nos centros costeiros, pero temos 13 casos activos menos que hai unha semana. Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1 CABANA CPI As Revoltas 3 0 CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1 CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 6 0 CARBALLO EI As Landras 1 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0 CARBALLO CEIP Fogar 9 0 CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 2 0 CARBALLO CRA Ponte da Pedra 1 0 CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 1 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0 CARBALLO IES Monte Neme 1 0 CARNOTA CEIP Carnota 1 0 CEE CPR Manuela Rial 1 0 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0 CEE IES Fernando Blanco 2 0 CEE IES Agra Raices 1 0 CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 3 0 MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0 MALPICA CEIP Milladoiro 1 0 MAZARICOS CPI A Picota 1 0 MUROS CEIP Ramón Artaza y Málvarez 2 0 MUROS EI Cativos 1 1 MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0 MUXÍA CEIP Virxe da Barca 10 1 MUXÍA CEIP Os Muíños 3 0 MUXÍA CEIP Luís Seoane 1 1 PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0 SANTA COMBA IES Terra de Xallas 5 0 SANTA COMBA CEIP Barrié de la Maza 3 1 VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0 TOTAL 76 6 Máis novas do COVID 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova \"desescalada\" e a reapertura progresiva da hostalería na Costa. 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte. 30-11-2020: A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu \"rescate Xa!\". 27-11-2020: COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía. 27-11-2020: COVID: Bergantiños dobrega a curva. 23-11-2020: COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes. 22-01-2020: COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos. 20-11-2020: COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños. 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños. 17-11-2020: A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa. 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3. 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños. 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas. 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello. 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella. 04-05-2020: Carlos do Celme Café: \"Xa nos mataron en vida\". 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria. 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca. 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral. 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3."}
{"ID": "NOS_14394", "summary": "A eurodeputada do BNG quere saber se existe realmente un impedimento da UE para a construción desa infraestrutura, tal e como sinalou aínda recentemente Alfonso Rueda sen estabelecer ningunha comunicación formal coa Comisión Europea.", "text": "A eurodeputada nacionalista Ana Miranda presentou unha iniciativa parlamentar perante a Comisión Europea \"para facer a consulta formal que a Xunta tiña que ter feito hai meses\" en relación ao dique flotante de Ferrol. A formación frontista pretende que o comisario de Competencia, Joaquín Almunia, informe de se existe \"algún impedimento da UE\" para a construción desta infraestrutura. O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, admitiu \"sen rubor\" que o Goberno galego non estabelecera contacto ningún coa Comisión Europea en defensa do dique \"dando por boa a versión de que existe un veto da UE\", queixouse Miranda nunha rolda de imprensa realizada esta segunda feira canda a responsábel comarcal do BNG en Ferrolterra, Mercedes Tobío, en que informou de que a iniciativa presentada perante a Eurocámara \"formula dúas cuestións chave a Almunia\". Dunha banda, solicítase que a Comisión Europea sinale se existe algún impedimento na normativa comunitaria para as obras do dique flotante. Da outra, reclámase que a mesma institución se pronuncie sobre se esta infraestrutura pode considerarse unha axuda de Estado contraria á normativa comunitaria. Aliás, Miranda pediu tamén unha reunión co comisario da cal fará parte unha delegación de traballador@s de Navantia-Ferrol para que lle transmitan de primeira man a relevancia do proxecto para o estaleiro galego. Sobre esta última cuestión pronunciouse Mercedes Tobío, quen criticou o desleixo dos distintos gobernos estatais con Ferrol ao manter o veto á construción civil até 2015 aínda despois do documento de resposta emitido pola Comisión Europea en 2005, cuxo artigo 17 sinalaba que a prohibición podería ser negociada de apareceren circunstancias excepcionais. \"Que maior excepcionalidade que a crise que vive a comarca?\", concluiu a nacionalista."}
{"ID": "NOS_508", "summary": "Publicarase un novo \"clásico universal ilustrado\"", "text": "\"Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden ler en galego obras cumio das letras universais\", reivindica Aira Editorial. Esta premisa levou a empresa a pór en marcha unha campaña de mecenado para axudar, e acompañar, a publicación na nosa lingua dun \"clásico universal ilustrado por un artista de recoñecido prestixio e cunha nova tradución\". A obra escollida para este 2020 responde á literatura xuvenil xaponesa. Unha noite no tren da Vía Láctea publicarase en versión galega traducido por Gabriel Álvarez, cunha escolma dos relatos de Kenji Miyazawa. Converterase así no terceiro título da colección, seguindo a Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob (2017) e Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley (2019). Aínda que a obra de Miyazawa foi escasa e gozou de pouca atención, os seus contos e poemas son hoxe en día lidos e apreciados tanto no seu país de orixe coma no resto do mundo. Ihatov, o nome do universo máxico que creado polo autor, nutrirá axiña a nosa literatura. A editora valora como fundamental traer máis traducións, \"de libros novos e vellos, de clásicos e de autores pouco coñecidos\", pois algo que observa como imprescindíbel para que as \"letras galegas brillen como merecen\". Librarías e particulares No mecenado poden participar persoas particulares ou librarías. As primeiras achegan 60 euros de maneira anual, co límite de que só poden ser 100. Desta volta, xa chegaron á metade, sumando 50 achegas. Para as librarías non hai un número máximo, cunha subscrición de 100 euros poden acceder a distintas vantaxes."}
{"ID": "NOS_36808", "summary": "Como unha \"acción colectiva\" definen o ingreso en Escena Galega de catorce compañías de teatro e danza entre as que se atopan Voadora, Chévere, Il Maquinario ou Inversa Teatro. Nunha situación que definen como \"crítica\" trazan unha estratexia para \"reconstruír o sistema escénico galego\".", "text": "Chévere, Voadora, Pisando Ovos, Il Maquinario, Redrum, Inversa Teatro, A Panadaría, Borja Fernández, Artesacía, Aporía escénica, Funboa Escénica, Bocaberta, Lamacana e Traspediante decidiron formar parte de Escena Galega ao tempo, nunha \"acción colectiva\" que definen como un \"fito na traxectoria do teatro galego\" de cara á confluencia teatral. Afirman querer sumarse así \"ao pulo das mareas cidadás que están revolucionando o panorama teatral galego\". A acción responde á que cualifican como \"crítica\" situación do sistema escénico galego, cun modelo de subvencións \"obsoleto e inoperante\", continuos recortes e o desmantelamento da Rede Galega de Teatros e Auditorios. \"Por tanto, para reconstruír o sistema escénico galego, dar respostas fronte á crise e dotarnos dunha cultura viva, participativa e con futuro, comezamos por fortalecer o espazo asociativo profesional\", afirman, nun comunicado pendurado na páxina de algunhas das compañías no que anuncian a vontade de \"cociñar proxectos ilusionantes en común\". Nova directiva e convocatoria Confían en aproveitar a oportunidade dos novos gobernos municipais e deputación para \"levar adiante as políticas necesarias para superar a crise que o goberno da Xunta foi incapaz de deseñar e xestionar\". Escena Galega, que agrupa a grupos de teatro, danza, circo e títeres, suma agora 33 compañías. A recén nomeada directiva composta pola presidenta de Escena Galega, Belén Pichel (Abrapalabra); a vicepresidenta, Merce Castro (Eme2); o secretario, Xoque Carbajal ( Malasombra); o tesoureiro: Tatán Cuña (Tanxarina); e os vogais Xesús Ron (Chévere), Areta Bolado (A Panadaría) e Artur Trillo (Talía) convocan a unha roda de prensa en Compostela esta terza feira -Teatro principal ás 11.30 horas- para presentar os seus obxectivos e a estratexia que deseñan para acadalos. Entre os fins que se marca Escena Galega está \"reconstruír o sistema escénico galego e sacalo da súa crítica situación actual, plantexar un novo modelo de subvencións e abrir novas dinámicas de traballo entre as compañías\"."}
{"ID": "PRAZA_2493", "summary": "Feijóo está escribindo unha páxina penosa; no canto de promover a renuncia de Baltar, preferiu desprazar a responsabilidade á muller que fixo público o sucedido", "text": "O asunto Baltar é o último test coñecido para medir a solvencia democrática do PP. A sobreactuación retórica que está utilizando Mariano Rajoy no conflito catalán desaparece cando os valores e as consideracións éticas deben ser aplicadas ao virrei ourensán. A sobreactuación retórica que está utilizando Mariano Rajoy no conflito catalán desaparece cando os valores e as consideracións éticas deben ser aplicadas ao virrei ourensán. A coartada das responsabilidades xudiciais xa é un clásico no argumentario que manexa habitualmente o partido que hexemoniza a Xunta e a deputación de Ourense. O fiscal que recibiu a denuncia do intercambio de sexo por traballo na institución provincial xa dixo que non tiña présa. Que se vai tomar a cousa con calma. O vello Baltar xa coñece ben esa actitude lenta da xustiza que opera no seu territorio. O problema, para o fillo, non son os prazos legais senón as urxencias políticas. Se as gravacións aportadas pola muller denunciante non son retiradas, non hai dúbida sobre o expreso recoñecemento que se fai nas mesmas a respecto das lóxicas clientelares que rexen na deputación que veñen usufrutuando os membros do clan Baltar. Mais alá dos eventuais ilícitos penais, é indiscutíbel unha práctica que resulta incompatíbel coa decencia esixíbel a un cargo público. A dimisión non é unha opción:é o menos que se pode pedir a un representante político que administra recursos públicos e que prometeu cumprir a letra e o espírito que dimana dos textos básicos que sustentan o sistema democrático. Pero é que ademais, X.M. Baltar e o PP cometeron a grave provocación de boicotear –coa súa inasistencia- o pleno extraordinario que debía debater o comportamento do presidente da deputación. Semellante conduta fica fóra de calquera parámetro de normalidade institucional. Coloca ao dirixente do PP nunha rebeldía práctica fronte ás súas obrigas como gobernante. Feijóo está escribindo unha páxina penosa; no canto de promover a renuncia de Baltar, preferiu desprazar a responsabilidade á muller que fixo público o sucedido Neste asunto, Núñez Feijoo está escribindo unha páxina penosa. No canto de facer uso da súa autoridade e promover a renuncia de Baltar, preferiu botar man de burdos xuízos exculpatorios que desprazan a responsabilidade á muller que fixo público o sucedido. Se o presidente da Xunta non quere actuar por medo a que a familia Baltar monte un partido en Ourense que lle reste votos nas vindeiras campañas electorais, está demostrando a fraxilidade das súas conviccións e os limites do seu pretendido liderado no partido. Se ademais de todos os casos de corrupción coñecidos, X.M. Baltar come o turrón como presidente da deputación de Ourense, o PPdG perderá definitivamente a súa credibilidade política. E o corpo social da provincia deberá demostrar, nas urnas, cal é o estado da súa saúde moral. Ninguén poderá alegar ignorancia."}
{"ID": "NOS_44824", "summary": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publica os datos recollidos para este domingo, onde se reflicte unha baixada no número de novos casos pero a cifra de defuncións aumenta en cinco.", "text": "Os contaxios diarios por mor da Covid-19 redúcense en case un cento, por segunda xornada, até situarse nos 457 positivos. Isto débese, de modo importante, ao descenso producido nas áreas sanitarias de Vigo, de Pontevedra-O Salnés e de Compostela-Barbanza. Non obstante, na zona hospitalaria da Coruña-Cee, de Ferrol, de Ourense e de Lugo producíronse leves subidas nos seus totais. Tamén continúan á alza as vítimas mortais da Covid-19, nesta xornada a cifra sitúase en 1.137,o que implica cinco novos falecementos, dos que un estaba relacionado coas residencias de anciáns. Segundo os datos deste domingo emitidos pola Consellaría de Sanidade, con cifras reunidas até as 18 horas do sábado, a área da Coruña-Cee convértese no principal foco de Covid-19 con 125 novas infeccións detectadas, 15 máis que un día atrás. Nun contexto de ascenso de casos sitúanse tamén as áreas de Ferrol, que chega aos 51 positivos diarios, 16 máis que o sábado, e Ourense, que se pon nos 40 positivos, seis máis que na xornada anterior. Pola súa parte, a área sanitaria de Lugo mantense estábel con 56 positivos, sumando unicamente un novo caso desde o cómputo de onte. A cara oposta desta situación é agora a área sanitaria de Vigo, a segunda en canto a infeccións en 24 horas, ao caer en más do dobre e colocarse nas 80 persoas contaxiadas, 91 menos respecto do sábado. Tamén baixou a cifra de contaxios na área de Pontevedra-O Salnés, con 51 novos contaxios rexistrados, 36 menos que na véspera, e na de Compostela-Barbanza, con 54 novos casos, 15 menos. O datos de Sanidade reflicten que até o momento se realizaron un total de 847.998 PCR na Galiza, o que implica que en 24 horas se fixeron 7.131 tests. De todas elas, 6,8% deron un resultado positivo, polo que, a pesar do descenso, aínda nos situamos por riba de 5% que marca la Organización Mundial de la Saúde (OMS) para dar por controlada la pandemia. Todas as áreas sanitarias a excepción da de Compostela-Barbanza (con 4,3%) superan este límite. A de Ferrol rexistra a maior positividade, que se dispara a 20,8%, e séguena Lugo (8,9%), A Coruña-Cee (8,2%), Vigo (5,8%), Ourense (5,8%) e Pontevedra-O Salnés (5,7%). En canto ao total de persoas que a día de hoxe seguen a padecer a enfermidade, a cifra baixo en 150 pacientes, situándose en 8.828. A caída produciuse en todas as áreas sanitarias agás na de Ferrol, onde subiu en 14 pacientes situándose nos 675. A área coa maior cifra de casos activos é a de Vigo, que este domingo notifica 2.320, 68 menos que o sábado. Tamén anotaron descensos as áreas da Coruña-Cee, con 1.842 (con 12 pacientes menos); e Pontevedra-O Salnés, con 1.235 (con 7 enfermos menos). Tamén baixou o total de pacientes de Covid-19 en Lugo, até os 1.117 (o que supón 22 menos); en Compostela- Barbanza, que se sitúa en 975 (un total de 30 pacientes menos); e en Ourense, que rexistra 664 casos activos (é dicir, 25 casos menos)."}
{"ID": "NOS_42580", "summary": "A sexta edición dos Premios Martín Códax da Música comeza. Até o 17 de marzo, a organización do certame acepta propostas e proxectos que, en 15 categorías, poden inscribirse na web www.premiosmartincodaxdamusica.com. \"O certame continúa construíndo pontes para tratar de unir a todas as familias musicais galegas\", afirma o voceiro de Músicas ao Vivo, Xabier Mera.", "text": "Pop e indie, rock, blues e funk e soul, metal, canción de autor, músicas urbanas, reggae e ska e mestizaxe, electrónica, música clásica, jazz e músicas improvisadas, música tradicional e folque, músicas do mundo, música infantil, orquestras e músicas de verbena, e coros e música vocal son os apartados aos que poderán optar proxectos musicais galegos. Ademais, os premios Organistrum distinguirán a industria -sala, festival e espazo de comunicación-, e haberá un galardón honorífico. \"Ademais de ser a gran festa da música galega será un acto onde se reivindiquen as demandas do sector\", sinalou Mera, de Músicos ao Vivo, asociación impulsora duns premios apoiados polas adegas Martín Códax, por Agadic (Xunta de Galiza), polo Concello e mais pola Deputación de Pontevedra. Esas reivindicacións, engadiu, teñen a ver coa dignificación e profesionalización, coa preocupación polo reiterado incumprimento da lexislación laboral, ou coa problemática da nova lei de espectáculos e o seu traslado ao ámbito municipal. O proceso dos Martín Códax arrinca a partir dos músicos e músicas inscritas -de maneira libre e gratuíta- até o 17 de marzo. A partir daí, unha primeira rolda de votacións dos socios e socias de Músicas ao Vivo determinará tres finalistas por categoría. Un xurado decidirá quen se fai coa distinción. Formarano un xornalista, un representante das salas, un representante da industria musical, un representante do ámbito da formación musical e tres músicos ou músicas. O mencionado Premio Honorífico decidirao a asemblea de Músicas Ao Vivo. As e os finalistas faranse públicos o 24 de abril, na chamada Festa de Nomeados, nas Bodegas Martín Códax. A gala final, dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval e presentada polas poetas Aldaolado, será o 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. \"Estes premios son necesarios para evidenciar a riqueza, versatilidade e calidade do sector musical en Galiza\", dixo a directora de mercadotecnia de Martín Códax, María Garrido, para a que resulta \"tremendamente interesante o formato colaborativo entre a asociación, as institucións públicas e a empresa privada\". Nas cinco edicións anteriores, os Martín Códax premiaron 75 proxectos musicais e 12 industriais. Participaron un total de 2.223, 2.005 musicais e 218 industriais."}
{"ID": "PRAZA_6309", "summary": "O templo parroquial de Labrada contén un conxunto de pinturas murais, posiblemente do século XVI, descubertas nos anos noventa e que corren perigo polo efecto da humidade.", "text": "A igrexa parroquial de Labrada, en Guitiriz, non tiña gran sona até os anos noventa. Do templo románico, reconstruído no século XVIII, nin daba conta manual ningún nin guía turística e non recibía visitantes de fóra da parroquia. Pero iso cambiou cando, ante o deterioro experimentado pola cal das paredes que fora aplicada no século XVIII, procedeuse a retirar esta capa que cubría a pedra orixinal do templo. Daquela apareceu un amplo conxunto de frescos murais, aseguran que do século XVI, e dun gran valor, que comezou a atraer a atención de visitiantes e investigadores Porén, dende entón pouco se fixo para asegurar a súa conservación. A veciñanza e o párroco de Labrada xa elevaron hai dous anos unha voz de alarma ante o deterioro que, principalmente por mor da humidade e das filtracións de auga, comezaban a experimentar as pinturas. Agora, de novo, o párroco Luís Ángel Rodríguez Patiño vén de iniciar unha campaña, a través dunha petición en change.org, para demandarlles ás administracións, en concreto ao Ministerio de Cultura e á Consellaría de Cultura, que interveñan para salvar este patrimonio. A campaña reclama tamén que as pinturas murais sexan declaradas Ben de Interese Cultural (BIC). Rodríguez Patiño asegura que \"as nosas pinturas murais están moi malferidas, polo que se non se lles axuda axiña, imos quedar sen elas\". A primeira fase da actuación proposta por un equipo técnico e que se require ao Ministerio de Cultuira consistiría na colocación dun canalón perimetral ao tellado do templo que recolla as augas da superficie do mesmo e a escavación dunha gabia perimetral externa acaroada aos muros da igrexa que permita a evacuación das pluviaus e evite o ascenso da humidade dende o solo vexetal ao interior dos muros. Así mesmo, tamén propoñen o arrexuntado das pedras que conforman os muros e a escaleira con morteiro de cal para evitar as filtracións ao muro sur onde se atopan as pinturas máis danadas pola humidade. As pinturas son de estilo renacentista, pero con influencias do estilo gótico hispano-flamenco do século XV. Entre elas, destaca unha representación do inferno, na que un conxunto de diaños cociñan as almas dos pecadores dentro dunha gran pota, mentras que outros condenados agardan o seu castigo. Tamén hai representacións de Santiago Matamoros, Santa Margarida, San Xurxo, San Cristovo, do martirio de San Sebastián, do bautismo de Cristo ou de San Xoán Bautista. O párroco xa interpelara a favor destas pinturas hai dous anos. Daquela, o arquitecto técnico José Luís Míguez e o técnico en patrimonio cultural Mario César Vila, puxéronse en contacto con Rodríguez Patiño para concertar unha visita ao interior da igrexa que realizaron en setembro do 2012 onde comprobaron que o posible problema sería a humidade do muro sur da igrexa provocada polo efecto das augas pluviais. Rodríguez Patiño denuncia a \"falta de protección\" destas pinturas facendo referencia ao artigo 46 da Constitución Española sobre a garantía de conservación e promoción do enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobo de España e dos bens que o integran por parte dos poderes públicos."}
{"ID": "NOS_52232", "summary": "Desde o Hospital Lucus Augusti de Lugo advirten que a media de idade dos pacientes críticos descendeu. Agora, sitúase entre os 40 e 60 anos.", "text": "A xefa da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Ana Ferreiro, alertou de que os ingresos en UCI por mor da Covid-19 afectan cada vez máis a xente \"nova\", sobre todo a persoas de entre os 40 e os 60 anos. Ferreiro revelou que hai dous días, no servizo, estaban \"entusiasmados porque chegamos á UCI e non había ningún caso Covid, o que che dá unha sensación de alivio, dun alivio ficticio porque realmente durou moi pouco tempo\". Neste momento son dous os doentes cunha PCR positiva que permanecen nesta unidade do HULA, dun total de seis pacientes hospitalizados con coronavirus. E son, dixo en relación cos pacientes críticos, \"xente nova\". \"Por iso insisto moito na necesidade da vacinación, porque a franxa de 40 a 60 anos é a de maior afluencia de xente que se contaxia nestes momentos\", acreditou a médico lucense. Ingresos máis espazados Ana Ferreiro incidiu en que durante 24 horas non ingresou na UCI ninguén, algo que \"non ocorría desde había moito tempo\" no hospital de Lugo. Con todo, a xefa da UCI asume que \"isto non se acabou\". \"Estamos, iso si, mellor e máis desafogados\". Nada que ver, relacionou, coa terceira onda, \"que foi como un tsunami con tres ou catro casos cada noite\". \"Agora estamos mellor, cun enfermo que pode ingresar cada tres días\", precisou. Ferreiro puxo especial énfase en que \"nos últimos quince días os ingresos foron a menos, mesmo demos o alta a algún enfermo que estivo dous meses e medio\" na UCI. E volveu a insistir en que cada vez son máis os casos de contaxios entre xente \"nova\", de entre \"40 e 60 anos\"."}
{"ID": "NOS_24867", "summary": "O plan quere que as rías opten a fondos da Unión Europea.", "text": "O BNG presentou onte unha proposta para que as rías galegas opten á captación de fondos europeos de recuperación. A líder da oposición na Galiza e portavoz do Bloque, Ana Pontón, fixo público desde a Coruña o proxecto Next Generation para a rexeneración produtiva das rías, cun investimento de 1.096 millóns de euros. Pontón salientou que se trata \"dun proxecto de país que beneficiará a economía real, un sector produtivo estratéxico e de enorme repercusión en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur\". A proposta do BNG ten como obxectivo \"a recuperación integral dun ecosistema único, xerador de riqueza e de emprego\", e recolle actuacións en tres áreas: rexeneración e recuperación ambiental, investigación científica e dixitalización, comercialización, e transformación do sector produtivo derivado das rías. A nacionalista avanzou que levará a proposta á comisión parlamentar de reactivación económica e social para recoller o apoio das outras forzas. Trátase, indicou, dun proxecto en consonancia coas políticas definidas pola UE para obter fondos de recuperación. En concreto, encaixa en tres liñas prioritarias para acceder ás axudas: conservación e restauración de ecosistemas e da súa diversidade, preservación do espazo litoral e dos recursos hídricos e transformación e dixitalización da cadea loxística do sistema agroalimentar e pesqueiro. \"O obxectivo é conseguir a recuperación ambiental integral e produtiva das rías para crear riqueza e emprego de calidade no complexo mar-industria. Todo acompañado da investigación científica oportuna e da transformación, dixitalización e comercialización da actividade marisqueira, e desde a colaboración público-privada\", explicou. Next Generation supón para o Estado 72.000 millóns e o BNG demanda que a Galiza reciba un mínimo de 12.600 millóns, que teña a xestión directa dos fondos e que as axudas cheguen ás pemes e aos sectores máis afectados, e non ás empresas do Ibex-35."}
{"ID": "PRAZA_11186", "summary": "A Administración autonómica \"centraliza\" a retirada de niños, que hoxe en día depende de varios sistemas e métodos diferentes segundo o concello onde se localicen", "text": "Nove anos despois da chegada da avespa velutina, a Xunta \"centralizará\" a loita contra ela, asumindo por fin unha vella demanda dos expertos e dos principais colectivos afectados por unha praga que non para de espallarse por Galicia, practicamente colonizada. A expansión da avéspora asiática non se detén desde que en 2011 se avistasen os primeiros exemplares dun insecto que provoca a redución da biodiversidade --sobre todo pola grave afectación nas abellas--, causa serios prexuízos económicos no sector apícola e froiteiro e crea riscos de picaduras, así como inseguridade cidadá.Malia que ao ano retíranse uns 25.000 niños --poucos menos de 600 retiráranse en 2014, por exemplo--, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) advirte de que son 100.000 os que podería haber por toda Galicia dunha avespa velutina que, en maior ou menor medida, é un problema enquistado e cada vez máis estendido. O problema que empezara na Mariña e no Ortegal con dureza afecta agora todos os concellos galegos, con especial impacto en toda a costa e no interior das provincias da Coruña e Lugo. A Xunta centraliza a retirada de niños de vespa velutina, que a tal hora realízase con catro sistemas diferentes segundo o concello onde se localicenNa actualidade, existen catro sistemas distintos de retiradas de niños de velutina dependendo de onde se localicen: 124 municipios colaboran coa Xunta e actúan cos seus propios medios ou os cedidos pola Administración autonómica, noutros 106 son os GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) os que fan esa tarefa, mentres que en 22 da Rede Natura encárgase Medio Ambiente e noutros 61, Medio Rural. Agora, a Xunta, en colaboración cos concellos, porá en marcha un plan global co que \"centralizar e sistematizar\" a retirada de niños, poñendo fin ao \"cuádruplo sistema\" existente e liderando a resposta que levan anos reclamándolle apicultores, municipios e expertos. Así o explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares, que presentaron este mércores a iniciativa.Explicárono tras unha xuntanza entre as administracións locais e a autonómica para tatar o fondo de acción local do vindeiro ano, que chegará aos 136 millons de euros. Do total de 23 millóns que en 2020 terá o fondo adicional, que se destina a competencias e finalidades concretas dos municipios, 1,5 serán destinados a este plan contra a velutina, ao que a Xunta achegará outros 800.000 euros ata completar 2,3 millóns. \"Este cuádruplo sistema pode dar problemas de resposta\", admite Alfonso RuedaO obxectivo, segundo Rueda, é dar \"unha resposta global\" ao problema e \"centralizar o sistema de recollida\" e eliminación de niños, establecendo parámetros e tempos equitativos. Xa que logo, intentando rachar cun sistema no que particulares, concellos, empresas privadas e distintos niveis da administración autonómica seguen o seu propio método. \"Este cuádruplo sistema pode dar problemas de resposta\", recoñeceu Rueda, que asumiu como \"elevado\" o número de niños que se localizan, o que require unha resposta \"homoxénea\". No que vai de ano, segundo o vicepresidente da Xunta, retiráronse xa 15.000 miños e hai 10.000 pendentes de ser retirados. O obxectivo do plan, que prevé estar en funcionamento en 2020, é establecer uns criterios \"homoxéneos\" de actuación, tanto no que ten que ver cos tempos como no procedemento, así como que exista unha única entidade que se encargue en toda Galicia de retirar os enxamios. Agora a Xunta decidirá se se fai a través dunha encomenda de xestión, cunha licitación ou mediante unha empresa colaboradora. O vicepresidente da Fegamp, pola súa banda, gabou a coordinación das administracións e confía en que se \"minimice o impacto\" da velutina, polo que apostou por que o novo sistema \"funcione canto antes\"."}
{"ID": "NOS_41731", "summary": "\"Dálle maxia\" é o novo espectáculo do Mago Antón que se presenta o 29 de decembro na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz. Antón recupera ao popular Facundo, moi crítico cos tempos que vivimos.", "text": "Os tempos están para que Facundo regrese e fale claro. O popular moneco ao que lle daba vida o Mago Antón regresa ao seu espectáculo para falar alto e non calar diante da morea de cousas do noso tempo coas que non concorda este vello retranqueiro que levaba tempo sen aparecer nos escenarios. O regreso será en Foz, na Casa da Cultura Poeta Manuel María onde o próximo 29 de decembro o Mago Antón presentará o seu novo espectáculo \"Dálle maxia\", nun acto organizado pola Asociación Cultural Pomba do Arco e que levará a distintas comarcas galegas ao longo de 2014. En \"Dálle maxia\", Antón ofrece novos trucos que incorpora ao seu repertorio e sube ao escenario acompañado doutros cinco magos, nunha proposta colectiva que dá idea da altura que as artes máxicas acadan no país. Canda eses novos números que sorprenderán ao público, Antón mantén outros que lle deron a fama e popularidade que posúe, alén do agardado regreso de Facundo, personaxe que perdura na memoria colectiva porque conseguiu na súa vida, xa longa, unha singular relación afectiva co público. Farruco regresa e promete falar converténdose, máis unha vez, en analista crítico e satírico da nosa actualidade."}
{"ID": "PRAZA_16101", "summary": "O Centro Galicia de Bos Aires, sede da emblemática obra de Castelao, aclara que \"está a desenvolver as xestións necesarias\" para un \"préstamo\" por seis meses\" e que a chegada da obra que anunciou a Xunta \"depende da autorización das autoridades arxentinas para a súa saída transitoria do país\" A chegada da emblemática obra pon o foco no valor do patrimonio da emigración", "text": "A Xunta anunciou o pasado martes que chegara a un acordo co Centro Galicia de Bos Aires para que o emblemático óleo A derradeira leición do mestre, de Castelao, viaxe a Galicia a finais de ano para unha exposición sobre o autor rianxeiro na Cidade da Cultura. O cadro, que permanece nese centro bonaerense da emigración galega, sairía por primeira vez da Arxentina logo da negociación \"iniciada polo conselleiro de Cultura Román Rodríguez\" durante a súa viaxe á cidade a principios de ano e a cesión temporal materializaríase \"a mediados do vindeiro mes de febreiro coa sinatura dun convenio\". Agora, o Centro Galicia achega unha \"aclaración\" sobre os termos dunha negociación aínda vixente e pola que esta entidade da emigración galega \"está a desenvolver as xestións necesarias\" para que a obra de Castelao poida verse uns meses durante o último cuatrimestre de 2018 no Gaiás en Compostela. Hai xa, segundo aclara a entidade, un \"compromiso adquirido\" co conselleiro Rodríguez durante a súa vistia a Bos Aires para un \"préstamo\" da obra que \"sería por seis meses\". Con todo, a decisión definitiva \"depende\" aínda \"da autorización das autoridades arxentinas para a saída transitoria do país\" deste cadro que sería cedido \"temporalmente\". A cesión temporal da obra sería \"por seis meses\" e \"depende da autorización das autoridades arxentinas para a saída transitoria do país\" A derradeira lección do mestre converteuse en símbolo do sufrimento pola represión fascista en Galicia e da loita pola liberdade e está considerado o Gernika galego, un óleo de 2 metros de alto e máis de 130 centímetros de ancho baseado na estampa número 6 do libro Galicia Mártir de Castelao e na que se amosa un mestre asasinado ante dous rapaces que se laian conmocionados. Tal e como explican desde o Centro Galicia, Castelao pintou e doou esta obra de grandes dimensións \"especialmente para a conmemoración do noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, realizado no Salón de Actos do Centro Orensano de Bos Aires o 17 de agosto de 1945\". Esa foi unha das entidades que deron orixe ao Centro Galicia de Bos Aires e que \"hoxe forma parte do seu patrimonio indiscutible\". A obra, xunto con outros elementos persoais de Castelao como a súa mesa de traballo, a súa máquina de escribir, unha máscara mortuoria e outros documentos persoais, poden verse no salón co seu nome que o Centro Galicia de Bos Aires ten no terceiro andar da súa sede social. O Centro Galicia asegura que esta iniciativa de ceder a obra temporalmente ao país \"enmárcase\" no seu traballo \"a prol da defensa e da divulgación da identidade e a cultura de Galicia e da realidade dos seus cidadáns asentados en Arxentina, como parte dunha comunidade máis ampla que conforma unha Galicia Universal\". Ademais, os seus dirixentes destacan que \"hai coincidencia\" coa Consellería de Cultura na \"importancia de achegar a través desta pintura emblemática a realidade dos galegos que viven no exterior, considerando o patrimonio da emigración, parte fundamental e indisoluble do acervo cultural do pobo galego\". O Centro Galicia aclara que o cadro \"forma parte do patrimonio indiscutible\" da institución Desde o Centro Galicia aclaran que conservan A derradeira leición do mestre \"como herdanza do patrimonio xerado na Galicia Ideal albiscada por Castelao para a memoria das galegas e galegos do mundo e como bandeira dunha identidade propia que, desde unha mirada poliédrica, inclúa a historia, a perspectiva e a realidade da diáspora que non da as costas ás súas orixes nin esquece os seus costumes, que os fai convivir e os incorpora aos das nación que os acollen\". A obra, como engaden, está dispoñible para a visita ao público en xeral, previa combinación de data coa institución, \"porque é o mellor xeito de custodiala e velar pola súa seguridade e conservar o patrimonio cultural coa referencia ao seu tempo para achegalo ás xeracións futuras co seu valor intacto\". Ademais deste cadro de Castelao, o Centro Galicia de Bos Aires posúe unha importante pinacoteca con sinaturas como Luís Seoane, Laxeiro e Colmeiro, entre outros"}
{"ID": "NOS_54767", "summary": "O calzado é unha das pezas máis importantes da vestimenta. Ademais da estética importa a saúde, e diso sabe moito Xosé Ramón Laia, que leva 35 anos facendo zapatos de maneira artesanal desde o centro de Melide. Os seus modelos son moi apreciados e agora mesmo saben deles en países tan distantes como Australia, Canadá ou Alemaña. O seu obradoiro, situado no camiño de Santiago, forma parte da ruta turística municipal como un dos poucos lugares que manteñen a tradición deste antigo oficio.", "text": "Comecei de neno. Ao saír da escola traballei uns cantos anos nunha zapataría da vila e en 1986 montei o meu propio obradoiro de reparación de calzado, bolsos e carteiras. Ademais fixen algún curso de zapataría e coiroplastia en Monforte de Lemos nos anos 90 para perfeccionar. Que é o máis importante nun zapato? A calidade. Empregamos coiro de curtido vexetal, con codia de árbore e con forros de ovella para o interior. Ademais todos levan soleta de sola natural. Van cosidos e punteados. Iso dá unha resistencia no tempo e ademais de ser un zapato san, é cómodo. Unha vez que quece, que entre en calos cando os levas un par de días, adáptase dunha maneira moi doada ao pé. É moi anatómico e moi xeitoso para andar, como se fose feito para ti. As pel ponse moi agarimosa, déixase moldear polo propio pé. Feitura e construción é o máis importante. O material é o mesmo que empregamos para facer bolsos ou cintos. É difícil atopar ese material? Son peles de vaca que no proceso de curtido empregan produtos naturais. En Carballo hai un par de curtidoras que o fan en vexetal. Mais a maior parte traémola de Villarramiel, en Palencia. Os forros de badana son de Paredes de Nava, tamén desa zona. De que maneira evolucionou o calzado artesanal na Galiza? O proceso de construción é o mesmo de toda a vida. Montado, cosido e punteado. É un proceso tradicional galego de sempre. Este tipo de traballo faise tamén en Mallorca. Cando eu era neno elaborábase cunha soleta de coiro enteira cun cravo dourado porque non oxidaba ao arredor. Era moi pesado. Agora os modelos mudaron e teñen os pisos máis finos, tamén os que levan goma. Antes só se facían botas de montaña ou zapatóns de becerro, moi pesados. Pensábase máis no campo que noutra cousa. Agora para eses traballos emprégase sobre todo o Gore-Tex ou a bota de goma. O de usar e tirar. Nós temos un modelo só para o traballo. A día de hoxe no campo teñen de todo. Non hai aqueles lameiros que había antes. Móvense en tractores e por pistas asfaltadas. Mudou a forma de empregar o zapato. Canto tempo leva facer uns zapatos? Unha xornada. Traballamos con tres anchos diferentes. Se tes un pé con algunha característica e non che valen, medimos o pé e facémolo á medida. Polo xeral é raro que non entre nos que temos. Volveu revalorizarse o zapato artesanal? A xente sabe o que ve. Que o poida mercar ou non é outro cantar. Sen crises pandémicas, as persoas mercan este tipo de calzado. Un par de zapatos como os nosos dura varios anos e tes os pés sans. Se comparas cos que que veñen importados e son baratos, resulta insán para o pé por seren moi químicos e plastificados, non solucionan. Para o seguinte inverno tes que mercar outro par e ao final gastas máis cartos e non estás servido. A xente que merca un par noso repite. Como chega á clientela? Participamos en feiras de artesanía de calidade dentro e fóra da Galiza. Pasa xente de todo o mundo que merca. Ademais repiten. Enviamos zapatos a Alemaña, Canadá, Australia ou para os Estados Unidos de América. Estamos no camiño de Santiago e pasa moito peregrino. As tendas do camiño non son de artesanía, son de souvenirs, e teñen un montón de trapalladas, mais nós temos todo o material artesanal. Estamos na ruta dos turistas en Melide."}
{"ID": "NOS_9607", "summary": "Aberto o prazo de inscrición para a competición, organizada polo Unión Campestre Fútbol Club - o segundo equipo máis antigo da Galiza despois do Deportivo- e por Futmenina, que se desenvolverá os días 9 e 10 de abril, coincidindo coas festividades da Semana Santa, no campo do Redondo, en Montrove, Oleiros.", "text": "Oleiros acolle unha nova edición de Futmenina, un torneo de fútbol feminino que o ano pasado congregou case 200 xogadoras procedentes de toda a Galiza. Nesta ocasión o evento desenvolverase os días 9 e 10 de abril, coincidindo coas festividades da Semana Santa, no campo do Redondo, en Montrove, Oleiros. As inscricións xa están abertas no portal futmenina.com ou no enderezo electrónico info@futmenina.com, e non pecharán até o vindeiro domingo, 15 de marzo. O prezo é de 12 euros por persoa, e todas aquelas interesadas en participar terán que formar un equipo cun mínimo de 10 xogadoras e un máximo de 14. O auxe do fútbol feminino O torneo está organizado polo Unión Campestre Fútbol Club, o segundo equipo máis antigo da Galiza despois do Deportivo, e pola web futmenina.com, un portal creado por tres mozas galegas, todas ex futbolistas: Jess Seoane, Sara Pernas e Lucía Grela. En declaracións a Nós Diario, sinalan que o Torneo Futmenina nace para satisfacer unha necesidade ante a práctica inexistencia de competicións de fútbol feminino. \"Encantábanos participar en torneos de verán, xogar con compañeiras coas que non compartes equipo durante a tempada e vivir dous días intensos de fútbol. Pouco a pouco este formato foi desaparecendo, cada vez había menos posibilidades, e por iso nos decidimos a organizar un propio baixo o nome do noso portal\", explican. As organizadoras agardan que se repita o éxito das dúas primeiras edicións: \"Levalos a cabo dá moito traballo, pero a acollida dos torneos está sendo fantástica, e de feito para este ano xa tiñamos correos para participar antes sequera de ter publicado o cartel\". Ademais, sinalan que o seu obxectivo é \"que poidan apuntarse todas as mozas interesadas en participar\", por iso ofrecen a súa axuda para atopar equipo \"a aquelas xogadoras que queiran inscribirse, pero aínda non teñan clube ou non cheguen ao mínimo de xogadoras\". \"Non queremos que quede ninguén fóra porque na Galiza hai moito fútbol feminino, e porque cada edición ten moito máis nivel futbolístico. Para nós é un auténtico pracer sentar a velas xogar\", conclúen."}
{"ID": "NOS_41933", "summary": "Nas páxinas de Cultura estreamos un novo espazo dedicado á cociña. Receitas con produtos do país que recomendamos maridadas con algunha das millentas variedades de viño producidas en Galiza e cunha proposta musical. Anímaste a coñecela?", "text": "Sermos Galiza presenta a súa nova sección. Após ampliarmos a paxinación do noso semanario, que como cada quinta feira atoparás nos quiosques do país e tamén na nosa loxa, estreamos un novo espazo dedicado á cociña. Na estrea da sección, vamos da man do restaurante Abastos 2.0 (Compostela) para proporvos a primeira receita da serie: un sargo nú. Abrimos así un espazo que dará acubillo --e boa conta-- da creatividade culinaria galega. Sargo Nú é a proposta que nos achegan desde o restaurante Abastos 2.0 esta semana Con produtos do país no cerne de cada prato daremos a coñecer á nosa comunidade leitora receitas rápidas, doadas e moi saborosas. Mais non só. 'Mesa e Mantel' complétase con dúas propostas de maridaxe que casan á perfección con cada prato: un viño e unha achega musical con que acompañarmos a degustación. Para @s namorad@s da cociña e @s seareir@s do bon comer, Sermos Galiza convídavos a botarlle o dente a esta nova sección."}
{"ID": "NOS_21678", "summary": "Somos o segundo territorio en emisións de dióxido de carbono e gases de efecto invernadoiro e primeiros en flúor e mercurio.", "text": "O Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes vén de publicar os dados das emisións correspondentes ao ano 2015 de substancias contaminantes por parte das principais industrias e outras fontes puntuais e difusas. Para Galiza, constátase un aumento das emisións, situándose en 2015 no segundo posto entre as comunidades do Estado, ascendendo dende o cuarto lugar acadado en 2012. Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación atmosférica e ex-presidente de Adega, subliña que deses datos despréndese que \"Galiza é responsábel de 15,08% do total das emisións a atmosfera do Estado Español, con 14.284.312 toneladas/ano ocupando con este valor o segundo posto no conxunto das comunidades\". \"Estas emisións son extremadamente elevadas tendo en conta o número e tamaño da nosa industria, o número de habitantes, a nosa extensión xeográfica, o noso produto interior bruto e nível de vida...\" Somos, ademais, o primeiro territorio do Estado en emitir a atmosfera: flúor, mercurio e perfluorocarburos e o segundo en emitir dióxido de carbono, gases de efecto invernadoiro, dióxido de xofre, cloro e substancias acidificantes/eutrofizantes/precursoras de ozono. A isto engádese que os vertidos contaminantes á auga de Galiza significan 10,46% do total do Estado con 84.814 toneladas/ano, sendo o cuarto posto no conxunto das comunidades. \"Estas emisións son extremadamente elevadas tendo en conta o número e tamaño da nosa industria, o número de habitantes, a nosa extensión xeográfica, o noso produto interior bruto e nível de vida...\", salienta Varela. Unhas emisións que están a aumentar con relación ao ano 2012 e mesmo a datas anteriores como o ano 2007, previo á crise. Grandes industrias Varela sostén que as grandes industrias instaladas na Galiza, a maioría multinacionais do sector da electricidade (centrais térmicas de As Pontes, Meirama), aluminio (Alúmina-Aluminio de Alcoa), sector do automóbil (Citroën PSA), petróleo (refinería de Repsol), madeira (Ence, Finsa en diversas fábricas, Intasa), ferroaleacións (Ferroatlántica en tres localidades), son as principais responsábeis de que Galiza ocupe un lugar destacado no Rexistro de Emisións Contaminantes no Estado."}
{"ID": "PRAZA_16378", "summary": "A xuíza adopta a medida a petición do ex-alcalde do Grove Alfredo Bea, que denunciou o autor Nacho Carretero e a editorial por suposta vulneración do seu dereito ao honor. ENTREVISTA | Nacho Carretero: \"Ata a operación Nécora houbo total pasividade co narcotráfico; a culpa foi dos políticos galegos que estaban en conivencia co narcotráfico\"", "text": "Unha xuíza de Collado Villalba (Madrid) acordou o secuestro cautelar do libro Fariña, obra na que o xornalista galego Nacho Carretero debulla a historia do narcotráfico en Galicia. A maxistrada Alejandra Fontana adoptou esta medida a petición do ex-alcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar, quen demandou en xaneiro o autor coruñés e a editorial Libros do KO por suposta vulneración do seu dereito ao honor. O ex-alcalde --que aparece citado no libro por supostos vínculos co narcotráfico galego-- logrou como medida cautelar o secuestro do libro e que se prohiba a impresión e comercialización de novos exemplares dunha obra que vai pola décima edición e que leva tres anos no mercado, cuns 80.000 exemplares vendidos. Na súa denuncia, pedira medio millón de euros de indemnización, rectificación pública, difundir a falsidade do que se afirma na obra sobre el e a desaparición do seu nome. Alfredo Bea denunciara hai un ano a Carretero e a editorial por suposta vulneración do seu dereito ao honor \"Decatámonos hoxe. Estamos sorprendidos. Non entedemos nada. Aínda hai unha vista posterior, así que preferimos non dicir nada. Estamos confusos e sentimos unha indefensión total. Imos esperar a ver que ocorre nos próximos días\", explicaron fontes da editorial Libros do K.O., que acaba de lanzar 10.000 exemplares máis á venda dunha obra que vai ser publicada este ano en galego pola editorial Xerais. Manuel Bragado, director do selo galego, aclara que non recibiron \"notificación ningunha\" sobre a retirada da obra e que estudarán \"en que medida\" pode afectar esta decisión xudicial á saída á venda a finais do vindeiro mes de marzo da versión galega. \"Estamos sorprendidos; esperaremos a que os avogados que levan o caso tomen as medidas oportunas\", aclara. Pola contra, a xuíza desestimou a súa pretensión de frear a emisión da serie de televisión producida sobre esta obra e que ten previsto estrearse este ano en Antena 3. Neste caso, sostén que a data de emisión da serie é incerta, así como o guión da mesma, polo que sería desproporciona do paralizar a súa emisión. As medidas cautelares implican o secuestro del libro e que se prohIba a impresión e comercialización de novos exemplares No caso do libro, a maxistrada cre que a medida está amparada na eficacia da tutela xudicial, xa que se finalmente a sentenza fose favorable ao demandante, teríase seguido producindo o dano moral sobre el. Para a xuíza, o contido do libro e as supostas imprecisións denunciadas polo ex-alcalde grovense outorgan base suficiente para, sen prexulgar o fondo do asunto, atender a súa petición. A xuíza, por último, determina que o demandante debe depositar unha caución de 10.000 euros para responder dos posibles danos e prexuízos que a medida cautelar supoña para o patrimonio do demandado. En canto os abone, Fariña sería secuestrado; mentres, segue á venda e xa está esgotado en numerosas librarías. \"O dano deste secuestro para a editorial é moi grande e podería ser irreparable\", di Carretero \"Respecto a decisión pero non me deixa de sorprender porque é unha medida moi prexudicial\", declarou Nacho Carretero na Cadena SER. \"É un roto para a editorial porque tería que retirar das librerías os miles de exemplares que acaba de imprimir e poderían pasar tres ou catro meses ata que haxa sentenza firme; para unha editorial pequena é un dano moi grande e que podería ser irreparable\", explica quen aclara que Alfredo Bea só sae reflectido en dúas liñas do libro para referirse a feitos que \"foron probados\". \"As miñas avogadas están preocupadas polo futuro do libro e sorprendidas porque non é moi usual unha medida así. Nunca oíra falar do secuestro dun libro e a primeira vez que pasa tócalle ao meu\", engadiu quen insiste en que no libro foi \"especialmente cauteloso\". \"Non hai moito debate no que pasou; o libro é xornalístico\", explica sobre Fariña, o libro máis vendido en Amazon España desde este pasado martes. No Parlamento, e como cuestión previa, a portavoz do BNG, Ana Pontón, asegurou que se \"secuestra un libro porque fala dos vínculos entre o narcotráfico e o PP\". \"É moi alongada a sombra do financiamento irregular do PP, a verdade é que señor Feijóo, vendo o que está pasando, creo que hai paseos en iate pola ría de Arousa que non están suficientemente explicados\", díxolle ao presidente da Xunta. A escura historia de Alfredo Bea O asunto vén de xaneiro de hai un ano, cando Alfredo Bea demandou a Carretero por unhas afirmacións nas que lle atribúe a comisión de delitos relacionados co narcotráfico galego polos que fora condenado pola Audiencia Nacional no ano 2005 pero máis tarde absolto. Os avogados de Bea Gondar argumentaron a denuncia no feito de que esa sentenza da Audiencia Nacional contra o ex-político --por branqueo de cartos procedentes do narcotráfico-- fora recorrida en casación ante o Tribunal Supremo, que en abril de 2006 absolvera o condenado anteriormente. Os avogados de Bea Gondar argumentan que no libro fálase dunha condena da Audiencia Nacional da que fora absolto o ex-rexedor Concretamente, o Supremo anulara unha condena de varios anos de cadea imposta pola Audiencia Nacional a cinco galegos que foran relacionados cun alixo de 2.000 quilos de cocaína supostamente desembarcada en Cambados en 1990. Eran Manuel González Crujeiras, Carallán, e José Santórum Viñas, O Can, condenados a oito anos; José Luis Fernández Veiga, O Francés, e José Parracho Castro; e o propio Bea Gondar, ao que se lle impuxeran catro anos. Un defecto de forma na declaración dunha testemuña provocou que Bea Gondar quedase libre Para o alto tribunal, a súa decisión estaba xustificada no feito de que a condena estivese baseada no testemuño do arrepentido Fernández Veiga sen ter realizado as comprobacións básicas, ademais de haber imprecisións no relato dos feitos probados por parte da Audiencia Nacional, que na súa sentenza acusaba a Bea Gondar de ser quen proxectara traer a cocaína desde Suramérica a Galicia. Xa que logo, un defecto de forma deixou libre a Bea Gondar, que mesmo fora elixido rexedor aos poucos días de ser detido por orde do xuíz Baltasar Garzón Alfredo Bea Gondar foi figura clave de UCD na provincia de Pontevedra. En 1983 foi elixido alcalde por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pouco despois pasou xunto a todos os concelleiros a Alianza Popular, embrión do actual PP. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a exercer. Fora o primeiro concelleiro da lista máis votada e a falta de acordo entre as seis formacións políticas no Concello propiciara a súa proclamación malia estar xa detido. Aos tres días, fóralle retirada a condición de rexedor electo ao considerar todos os grupos que a súa ausencia no acto da toma de posesión era inxustificada. Estaba internado no cárcere de Alcalá-Meco por orde do xuíz Baltasar Garzón, e en prisión preventiva como sospeitoso de implicación nun delito de narcotráfico. A historia de Alfredo Bea é unha das moitas que en 'Fariña' se contan sobre as relacións entre o narcotráfico e cargos políticos, principalmente da dereita En 2005 foi condenado pola Audiencia Nacional por un delito de branqueo de capital procedente do narcotráfico do que logo foi absolto polo Tribunal Supremo. A súa historia é unha das moitas que no exitoso libro de Nacho Carretero se contan sobre as relacións máis ou menos estreitas entre o mundo do narcotráfico e diferentes cargos políticos -principalmente da dereita, da AP ou do PP- en Galicia. \"Ata a operación Nécora, houbo unha total pasividade [co narcotráfico] por parte do Estado, e a culpa foi dos políticos galegos que estaban en conivencia co narcotráfico\", dicía Carretero nesta entrevista con Praza.gal sobre un libro cheo de anécdotas, de lectura áxil e que trata sen complexos da conivencia de políticos e policía, da permisividade da cidadanía ou da banalización da farlopa ou o perico que deixaron unha xeración perdida no país. Podes mercar 'Fariña' na tenda de Praza.gal"}
{"ID": "NOS_48062", "summary": "Feixoo anuncia que se está a traballar nunha vía xurídica para as restricións.", "text": "O comité clínico que se reúne de forma extraordinaria na na mañá desta quinta feira ten riba da mesa a ampliación de horarios, actualmente restrinxidos especialmente na hostalaría, unha vez decaído o estado de alarma o vindeiro domingo día 9 de maio. Está previsto que esta mesma quinta se anuncien as medidas e que entren en vigor a partir do sábado. Avanzouno o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, en declaracións aos medios en Lugo, nas que tamén precisou que a asesoría xurídica traballa xa na fórmula que se seguirá para adoptar medidas de restrición naqueles concellos que estean en risco extremo. Actualmente, Galiza conta con catro niveis de actuación (extremo, alto, medio alto e medio baixo). No caso dos municipios en risco extremo, decrétase o fechamento perimetral e da hostalaría, que unicamente pode servir para levar a domicilio ou recollida, á vez que non están permitidas as reunións de non conviventes. Coa fin do estado de alarma, Galiza prepárase para o levantamento do pechamento perimetral, que actualmente xa ten aberto o paso fronteirizo con Portugal aínda que tamén está vixente a prohibición de recoller queda, fixado ás 23:00 horas. En días pasados, o propio Feixoo sostivo que a situación epidemiolóxica de Galiza permitía \"ir deixando\" atrás medidas como o toque de recoller e o peche perimetral, pero o comité clínico que asesora á Xunta, e así o avalan tamén as palabras pronunciadas esta cuarta polo mandatario, inclínanse por medidas máis severas de restrición para os concellos en risco extremo. Deste modo, e ante a \"falta de lexislación específica\" que volveu afear ao Goberno español, Feixoo indicou que os letrados da Administración galega estudan \"que se pode facer sen estado de alarma e sen lexislación específica naqueles concellos de risco extremo\" para \"evitar\" que \"focos\" localizados \"e convertan nun problema provincial ou autonómico\". Ademais, a Xunta tamén está pendente das decisións que adoptará o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS) desta cuarta feira, do que forman parte territorios e o Goberno estatal. \"Somos respectuosos co consello, imos reunir mañá e en función da situación xurídica, imos adoptar as decisións\", explicou Feixoo. En todo caso, espérase que o comité clínico aposte por \"unha maior amplitude de horarios, porque a situación epidemiolóxica permíteo\" e \"hai que estar preparados para un levantamento do estado de alarma, que se vai a producir o domingo, e para o levantamento do toque de recoller\", que con carácter xeral tamén se vai a producir ese día en todo o Estado español. \"O problema que imos ter son os concellos cunha incidencia moi alta, que facemos cos concellos cun risco extremo e esa é probablemente a gran cuestión epidemiolóxica e xurídica\", apuntou. Pola súa banda, o comité clínico avanzou que a idea xeral é seguir aplicando medidas concretas nos municipios nos que haxa unha alta incidencia, como os peches perimetrais e restricións de horarios cando a incidencia estea alta."}
{"ID": "NOS_1040", "summary": "O Concello de Caldas reportou un caso de coronavirus nunha residencia de maiores. En Compostela, asociacións de familiares de residentes informaron de varios casos confirmados de COVID-19. Traballadoras e as familiares das usuarias veñen denunciando a falta de medidas de protección e prevención para protexer a este abano da poboación, especialmente vulnerábel.", "text": "Na maior parte dos casos, para quen vive interna nunha residencia de maiores ou nun centro para persoas dependentes, as visitas familiares supoñen o principal vínculo cos anos pasados, mais tamén co propio presente. \"Somos a súa conexión coa realidade\", salienta Ana Villaverde en declaracións a Nós Diario. A súa avoa permanece ingresada desde hai anos nunha residencia en Ribadumia. Na xornada de onte, un residente do centro xestionado pola orde das Irmás das Anciás Desamparadas, en Caldas de Reis, deu positivo nas probas de coronavirus, o primeiro do que se tivo constancia na Galiza nunha residencia. Desde o consistorio chamaron á calma e apelaron a continuar coas medidas de autoprotección. Rede, a federación que agrupa as asociacións galegas de familiares e usuarias de residencias, tamén denunciou varios casos (sete, segundo fontes sindicais) de contaxios na residencia xestionada por Domus Vi en San Lázaro, Compostela e que ten prazas concertadas coa Xunta. Segundo informan, deron positivo nas probas de coronavirus. Un deles permanece no hospital desde a pasada terza feira e estanse a realizar as probas a persoal e traballadoras. \"O protocolo púxose en marcha onte, pero os traballadores continúan con falta de protección e medios\", aseguran. Desde os sindicatos CIG e CUT vénse denunciando a falta de medidas de prevención e protección das traballadoras e residentes. Especificamente, reclamaron o reparto entre os cadros de persoal de Equipos de Protección Individuais (EPI), así como unha maior dotación de persoal. As familiares subliñan estas reclamacións. \"Estamos a falar dun colectivo moi vulnerábel\", lembra o vicepresidente da Asociación de Familiares e Usuarias de Residencias Domus VI (Asfareb), Manuel Martínez. \"A preocupación é grande, porque antes de que pechasen as residencias comprobamos que non hai luvas, máscaras nin medios para illar ás residentes\", alerta Sen protocolos claros Carlos Ansia traballa na residencia compostelá Volta do Castro. Explica a Nós Diario que o día a día das traballadoras decorre entre a tensión e a frustración. \"As residentes percíbeno, son conscientes do noso nerviosismo, da nosa carga mental\", di. As demandas de Ansia, delegado sindical da CIG e integrante do comité da empresa, coinciden coas das familiares. \"Precisamos medios, formación e máis persoal\", resume antes de debullar as necesidades que o sindicato no que se integra xa trasladou á Consellaría de Política Social. Este traballador comeza denunciando a falta de claridade á hora de coñecer os protocolos aprobados pola Xunta. \"A situación está sendo bastante caótica\", apunta. As pautas foron publicadas o pasado 12 de marzo. \"A nós o que se nos di é que lavemos as mans máis do habitual ou que manteñamos a distancia, mais estas son consignas xerais, mesmo para a poboación nas súas casas, precisamos protocolos máis claros\", volve reclamar, engadindo a necesidade de realizar as probas de contaxio por virus ás profesionais \"por prevención\". As medidas de Política Social non incluían a distribución de luvas ou máscaras de protección entre o persoal, mais posteriormente a Xunta anunciou a súa distribución entre os centros.\"A nós indícanos que non usemos máscara e que as luvas só debemos empregalas cando esteamos en contacto con algunha usuaria\", di a puericultora Vitoria Louro. \"Está claro que a prevención non conta\", apunta. \"Instrúesenos en que debemos manter unhas distancias coas residentes, pero moitas veces temos que achegarnos a elas e tamén tocalas\", salienta María Jesús Iglesias, traballadora nunha residencia pública en Pontevedra. Familiares de residentes e traballadoras coinciden en sinalar as baixas ratios de traballadoras. \"Temos unha maior carga de traballo coas mesmas persoas\", denuncia María Jesús Iglesias. Co ollar en Madrid Ana Villaverde chama practicamente cada día para comprobar o estado da súa avoa. Por precaución, as residencias de maiores, un dos principais grupos de risco, decidiron prohibir as visitas agás en casos excepcionais. \"Solicitei ao director do centro que puidésemos falar coas nosas familiares por videochamada. Á dirección non se lle ocorrera, non saben poñerse na nosa pel\", explica ela, matizando que \"durante dez minutos ao día\" pode contactar coa súa familiar. Villaverde engade que tampouco recibía información sobre o decorrer da residencia. \"Despois de moito insistir, aceptaron enviarnos correos electrónicos de cando en vez\", conta. O último informouna de que a residencia só informaría dun caso de enfermidade por coronavirus cando se tratase da súa propia familiar. \"Isto crea desprotección, ansiedade e impotencia\", censura ela. Paulino Campos é presidente de Asfareb. \"Somos un colectivo moi apegado aos nosos pais, nais, avoas, avós e outros familiares, nado para defender os seus dereitos e os das traballadoras\", declara a este medio. Campos sinala que a asociación mantense en contacto con outras agrupacións do Estado, unha delas madrileña. \"O outro día unha integrante da nosa asociación sufriu un ataque de ansiedade ao ler a enorme cantidade de mensaxes que se acumularan nun grupo de mensaxaría\", engade, facendo referencia aos maiores falecidos en residencias de Madrid após ser infectados por coronavirus. Martínez tamén reclamou que na residencia na que permanece ingresada súa nai permitan o contacto a través de videochamada. Polo momento, trata de conversar con ela cada día por teléfono.Todas as familiares de persoas ingresadas consultadas comparten verbas de agradecemento cara ás profesionais. \"Queremos transmitir as grazas á xente de a pé, que está a facer moio con moi poucos medios\", afirma Villaverde. Financiamento e material Onte o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remitiu un comunicado ao ministro Salvador Illa, responsábel da carteira de Sanidade, trasladándolle a súa inquedanza pola falta de material necesario para facer fronte á pandemia de coronavirus. Mentres, a Xunta anunciou o reparto de 4.900 máscaras entre os centros sociosanitarios. Ao tempo que asegurou o envío \"canto antes\", o Goberno estatal informou do investimento de 300 millóns de euros nas residencias de maiores, hoxe \"desbordadas\" e un dos llugares\"máis vulnerábeis nesta crise sanitaria\". O ministro de Sanidade avanzou o peche de residencias que incumpran o novo protocolo que prepara o Goberno, o mantemento da limitación das visitas e garantizou a atención médica mínima"}
{"ID": "NOS_28924", "summary": "Facebook está a explorar diversos camiños para recuperar o mercado chinés, entre eles desenvolver unha aplicación capaz de controlar en tempo real certas conversas e impedindo que sexan publicadas.", "text": "Acusado de xogar un importante papel na victoria de Trump, Facebook entra de novo en polémica. Segundo informacións da imprensa americana, a rede está a explorar diversos camiños para recuperar o mercado chinés, onde o grupo de Mark Zuckerberg está en constante caída desde 2009, precisamente perante a versión chinesa Weibo. Unha desas medidads podería ser desenvolver un software capaz de impedir a publicación de certos posts en zonas xeográficas específicas. A empresa xa suprime na actualidade certos temas de conversa a petición de diferentes estados, entre eles Paquistán, Rusia, Turquía ou Franza. Coa nova utilidade iría moito máis alá ao non se tratar xa de suprimir certos posts publicados, mais de impedir que aparezan certas conversas. Liberdade de expresión ou mercado Segundo diferentes informacións, Facebook non asumiría directamente o papel de censor. Preocupados pola posibilidade de os utentes occidentais consideraren que a empresa atraizoa os seus principios de liberdade de expresión en internet a cambio do acceso ao mercado chinés, a rede social poría o software a disposición dun parceiro, probabelmente unha empresa chinesa asociada, que sería a encargada de controlar os contidos compartidos, monitorizando completamente as conversas de usuario. \"Facebook será ben vido sempre que respecte a lei chinesa e preste atención aos intereses do país e dos consumidores\", asegura a imprensa chinesa Sería este un dos numerosos camiños explorados para entrar na China. Para a imprensa chinesa, o posíbel retorno de Google e Facebook á China sería ben visto sempre que \"respecten a lei chinesa e presten atención aos intereses do país e dos consumidores\". Neste sentido a introdución de utilidades de control de usuarios non tería nada a ver coa censura e \"permitiría facilitar a conexión de usuarios chineses\". Todas estas informacións están a saír á luz cando aínda segue viva a controversia sobre se Facebook contribuíu ou non na elección de Donal Trump como presidente. A rede social está acusada de influír no voto deixando proliferar falsas informacións e de non difundir entre os internautas máis que contidos previamente adaptados."}
{"ID": "NOS_9085", "summary": "Mentiu Donald Trump. Mentiu o secretario de Defensa. Mentiu a Armada norteamericana. O USS Carl Vinson -un porta-avións norteamericano líder dunha frotilla de ataque- non puxo rumo a Corea do Norte o 8A para disuadir Pyongyang de realizar un novo test nuclear. En realidade, 11 días despois do anuncio, o navío continúa en augas de Mar de Xava, na costa noroccidental de Australia.", "text": "A guerra psicolóxica ás veces acaba adquirindo caracteres esperpénticos e con frecuencia a realidade supera a ficción. Nun episodio que evoca o Dr. Strangelove de Stanley Kubrick, a opinión pública mundial soubo esta terza feira que o porta-avións que Trump supostamente enviara a Corea do Norte o pasado 8 de abril para condicionar o goberno de Kim Jong-un durante a celebración do 105 aniversario de Kim Il-Sung, en realidade aínda non se moveu un milímetro do seu emprazamento en augas de Mar de Xava, na costa noroccidental de Australia. A secuencia de anuncios falsos dos EUA sobre o deslocamento do USS Carl Vinson produce perplexidade (e probabelmente hilaridade nos servizos secretos norcoreanos). O 8A, a Armada norteamericana informa de que se estaba a dirixir cara á península coreana unha frota de ataque liderada polo porta-avións USS Carl Vinson como unha \"prudente medida\" para deter as probas balísticas de Pyongyang. Tres días despois, o secretario de Defensa, Jim Mattis, anuncia que a frota está \"na súa rota\" cara á península coreana. O 12A, Donald Trump trombetea: \"Estamos a enviar unha armada. Moi poderosa\". Pois non. E non é de estrañar que Pyongyang non se sentise disuadida e que lanzase un novo mísil, o domingo, embora acabase sendo unha proba falida. Kim Jong-un non percibiu como ameaza a armada norteamericana porque... aínda non partira do Mar de Xava!! A patraña norteamericana saíu á tona esta terza feira cando un portavoz oficial da Defensa dos EUA dixo a France Press que a frota do Carl Vinson aínda se achaba perante as costas australianas. \"Comezarán a pór rumo norte cara ao Mar do Xapón dentro das próximas 24 horas\", dixo o portavoz en condicións de anonimato. Dada a distancia, non se agarda que a frota poda chegar á península coreana até principios da próxima semana. O episodio dá para facer brincadeiras, mais tamén abre interrogantes sobre a relación que ten a administración Trump co poder militar estadunidense. De verdade non lle podían enviar un whatsapp á Casa Branca para anunciarlle que os navíos non zarparan aínda rumo a Corea?"}
{"ID": "NOS_1010", "summary": "Considera que o seu partido debe ser o \"núcleo\" das forzas municipais e outras \"soberanistas\"", "text": "O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegura ter \"todas as liñas abertas\" para que \"non quede ningunha oportunidade sen explorar\" á hora de buscar unha coalición con outros partidos como as \"forzas soberanistas\" nas que entraría Anova e as mareas municipalistas. Así respondeu o deputado esta cuarta feira ante os medios ao ser preguntado sobre os contactos que se estableceron até agora con Anova. Ante uns novos comicios electorais para o 5 de abril, Villares non desbota establecer acordos tanto con Anova como coas mareas municipais que \"queiran cambiar o país\". \"Tender pontes\" Neste sentido sostén o seu \"chamamento á cooperación municipal\" e considera esta cita \"unha oportunidade\" para que En Marea constitúa o \"núcleo\" de \"todas as mareas municipalistas do país e outras forzas\". Así, dixo, pretenden \"tender pontes, lonxe de pór barreiras\" para \"avanzar\". A súa posición segue distanciada de Podemos e, respecto ao partido morado e a posíbel candidatura de Antón Gómez-Reino para as primarias prefire \"non opinar\". \"Podemos nunca se caracterizou por ser unha forza municipalista, competía contra as Mareas en Lugo, Ourense ou Pontevedra\", por este motivo \"o natural é que centrifugue ás mareas\", afirma. Todo este escenario serve, a xuízo de Villares, para \"estar ás portas dunha reconfiguración do espazo político\" que no seu partido \"celebran\". 200 millóns de euros Por outra banda, Luís Villares fixo un chamamento a PSOE, Podemos, BNG e PP para que \"deixen de utilizar electoralmente\" a demanda ao Estado dos 200 millóns do IVE. Manifestou que En Marea \"foi a única forza política\" que tentou \"solucionar\" o pago correspondente a este imposto cunha PNL no Parlamento galego. Cre que nin a vía xudicial --que propoñen BNG e PP-- nin a posición actual do Goberno de coalición de PSOE e Podemos solucionarán a problemática que se dá en todos os territorios. Villares afirma que \"ese diñeiro pertence a Galiza\", pero que \"non está nas arcas galegas pola reforma da lei\" que estableceu Cristóbal Montoro en 2017. A idea entón sería volver reformar a lei da devolución do IVE e que se aplique con carácter retroactivo para que eses 200 millóns de euros cheguen ao territorio galego e invístanse en \"políticas sociais, sanidade ou dependencia\", é dicir, \"no interese cidadán\"."}
{"ID": "NOS_3989", "summary": "Na primeira repartición.", "text": "O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica esta cuarta feira a repartición definitiva entre os territorios dos primeiros 6.000 millóns do fondo Covid-19 creado polo Goberno español para facer fronte á incidencia orzamentaria derivada da crise, segundo informa a CRTVG. As autonomías non terán que devolver ao Estado os cartos deste fondo, cuxa contía total ascende a un total de 16.000 millóns de euros, dos que os primeiros 6.000 deberán ser destinados a sufragar gastos de sanidade. 35% destes primeiros fondos, indica CRTVG, distribuíuse segundo a poboación protexida equivalente, 30% en función dos ingresos en UCI, 25 % polo número de hospitalizacións e o 10% restante segundo o número de probas PCR realizadas por cada unha das comunidades. Ademais dos 6.000 millóns que comezarán a ser distribuídos xa entre as comunidades, o fondo Covid-19 inclúe outros 3.000 millóns para sanidade que serán repartidos en novembro, 2.000 para educación e 5.000 para paliar a perda de ingresos tributarios e no transporte."}
{"ID": "PRAZA_2688", "summary": "A importación do black friday é boa excusa para mirarmos cara ao noso comercio de proximidade e decatarnos do dano que sofriu tanto pola Grande Depresión como polas agresivas políticas desenvolvidas polas Administracións", "text": "A importación do black friday é boa excusa para mirarmos cara ao noso comercio de proximidade e decatarnos do dano que sofriu tanto pola Grande Depresión como polas agresivas políticas desenvolvidas polas Administracións. Rajoy, coa súa recentralización favorecedora das grandes superficies comerciais, botou por terra as lexislacións autonómicas protectoras (como a Lei de Horarios Comerciais galega aprobada por iniciativa nacionalista no 2006) tanto nas aperturas como nos horarios. E alcaldes como Francisco Vázquez esmagaron o comercio de proximidade na súa cidade, favorecendo a apertura de tantas superficies comerciais que converteron A Coruña na cidade do Estado con máis m2 por habitante. Velaí o fracaso do Dolce Vita e do Canton Village. E o peche forzoso de tantos comercios tradicionais. Os países máis desenvolvidos da Europa decatáronse do íntimo vencello entre unha oferta comercial achegada aos centros e barrios e a propia vitalidade e seguranza da cidade. As cidades sen comercio de proximidade, as cidades que teñen que mercar nos macrocentros das aforas, son cidades menos vitais, menos ricas e menos seguras. Que calidade de vida lle ofrecemos aos habitantes maiores dos nosos barrios condenándoos á dependencia de familiares ou ao uso eterno do coche particular para mercar? Convén sinalar, tamén, que o comercio de proximidade que nos segue a atender fixo un enorme esforzo ao longo destes últimos anos. De certo que xa se decatou vostede que no negocio onde toma o seu café da mañá, tiveron que prescindir de dous camareiros e o xefe e empregados que fican atendendo multiplicaron os seus horarios. Tamén é xusto recoñecer o enorme esforzo de modernización, profesionalización e especialización dos nosos comerciantes de proximidade para mellor atender as nosas necesidades. Mesmo xurdiron en Galicia novos modelos de éxito que axiña abriron varios establecementos nas nosas principais vilas e cidades. Porque comercio de proximidade non é só pequeno comercio. É a oferta que atende no noso barrio a que permite que éste siga a ter vida. Ten razón Manolo Rivas cando afirma que as cidades morren cando os ricos se pechan en ghettos. Mais tamén comezan morrer cando a súa veciñanza non pode mercar todo o que precisa na súa contorna vital."}
{"ID": "NOS_2276", "summary": "Cortes na despesa pública: seguridade social, educación e sanidade. Esas son as medidas anunciadas polo primeiro ministro portugués fronte á decisión do Tribunal Constitucional de ilegalizar catro dos artigos recollidos nos Orzamentos de Estado para 2013.", "text": "O mandatario luso asegurou que a sentenza do Constitucional compromete a negociación dos xuros da débeda contraída coa Troika e que celebrará a súa séptima revisión a vindeira semana en Dublín. Pedro Passos Coelho asegurou en comparecencia pública este domingo que o seu goberno \"respecta\" a decisión do Tribunal Constitucional que considera contrarios a dereito os cortes nos subsidios de ferias ao persoal funcionario e pensionistas, mais aclara que \"non comparto\" a interpretación da máxima instancia como tampouco o fan, dixo, \"outros constitucionalistas\". Aliás, culpa ao Tribunal de pór o país \"nunha dificil situación\" perante a re-negociación do rescate que se celebrará a vindeira semana en Dublín. O goberno luso reunirase coa Troika a vindeira semana en Dublin para re-negociar os xuros da débeda e avaliar a nova situación xerada após a decisión do TC Para \"compensar\" as consecuencias da decisión xudicial --que atinxe a perto de 1.300 millóns de euros-- o mandatario portugués asegurou que non subirá os impostos mais si que aprobará medidas que afectan a depensa pública reducindo, aínda máis o gasto público. Neste senso, avanzou que se implementarán novos recortes na Seguranza social, o ensino e a sanidade, así como se aplicarán reformas estruturais na administración pública e as empresas do Estado. O propio primeiro ministro asegurou que as medidas a adoptar encetarán \"un proceso de moita dificultade\". A respeito dun posíbel segundo resgate á economía portuguesa Passos Coelho aseverou que traballará para que este non se produza, no entanto non desbotou con rotundidade esta posibilidade que, en todo caso, dependerá das negociacións coa Troika (UE-BCE-FMI). \"Todo está por facer\", dixo, para evitalo. Aliás, asegurou que terá que explicar ás institucións económicas internacionais as novas circunstancias derivadas da decisión do TC e que calificou de \"emerxencia financeira\". Malia que as forzas da oposición exixiron a demisión do primeiro ministro ou, no seu defecto que o presidente da República disolvese a Cámara e convocase eleccións anticipadas, Passos Coelho rexeitou demitir e argüíu a súa decisión a non poder permitir \"que se desperdicien os esforzos feitos polos portugueses durante estes anos."}
{"ID": "PRAZA_7868", "summary": "Os galegos perden 31-35 nun partido no que os ataques superaron as defensas.", "text": "O Balonmán Cangas perdeu este sábado no Gatañal ante o Granollers por 31-35. Foi un partido con moitos goles no que os ataques superaron ás defensas e no que conxunto cangués non puido conter a poderosa liña ofensiva rival, na que destacaron o o central lituano Malasinskas, autor de dez goles, e Eloy Félez, que marcou sete. O adestrador do Cangas, Víctor García 'Pillo', probou varias variantes defensivas para deter a sangría de goles, mesmo cambiou varias veces de porteiro, pero non conseguiu conter ó ataque rival durante demasiado tempo. O porteiro visitante, Gonzalo Pérez, completou unha actuación moi destacada realizando varias paradas decisivas para o seu equipo. O Cangas segue décimo terceiro clasificado na Asobal tres puntos por riba da zona de descenso. O partido comezou con moitos goles no Gatañal: os ataques impoñíanse claramente ás defensas. O Cangas acadou cedo unha vantaxe de tres goles no 6-3, grazas a varios tantos de Adrián Rosales e David García. Moisés Blanxart marcou dous dos primeiros goles dos visitantes desde o extremo dereito. A vantaxe mantívose ata o 8-5 que campaba no marcador ós once minutos de partido. Non obstante, nese momento o Granollers axustou a defensa, en ocasións formando cun 5-1 mixto con marcaxe sobre David García, e o Cangas atascouse en ataque. O conxunto catalán empatou a oito no minuto 15 grazas ós goles de Malasinskas, e posteriormente empezou a abrir distancia no electrónico. Coa achega de Félez e do extremo Ferrán Solé o Granollers conseguiu poñerse 10-15 a tres minutos do descanso, aproveitando a exclusión de Adrián Rosales. O Cangas era incapaz de ver porta ante a ordenada zaga visitante e o acerto do seu porteiro: só marcou dous goles en 16 minutos. Nin os tempos mortos de 'Pillo' nin meter a Kevin García por Javi Santana na portería local detiña ó ataque rival. Nos últimos minutos do primeiro tempo, a exclusión de Ferrán Solé posibilitou que o Cangas se achegase no marcador ata o 13-15 para dar esperanza o público local de cara á segunda metade. Un gol do Granollers poñía o 13-16 co que se chegou ó descanso. No inicio do segundo acto mantívose a distancia de tres ou catro goles a favor do conxunto catalán ata que, ós dous minutos, con 14-18, o Cangas dispuxo unha defensa 4-2 con David García e Adrián Pumar sobre Malasinskas e Eloy Félez. A partir de entón o ataque visitante atascouse e o Cangas comezou a roubar balóns en defensa e a saír á contra con perigo. O decorado cambiou, tanto como para que o Cangas volvese igualar a contenda a 18 no minuto seis. O marcador continuou equilibrado nos seguintes minutos nos que o Granollers daba e o Cangas respondía, ata que se chegou ó empate a 22. Un sete metros moi protestado polo bando local permitía ó Granollers marcharse de dous goles, e despois de tres con gol de Malasinskas, a pesar de estar cun menos pola exclusión de Félez. O Cangas conseguiu achegarse a un gol no 24-25, pero entón o conxunto catalán logrou a vantaxe ó final definitiva. Un sete metros e dous goles máis de Raúl Campos, ademais da achega constante de Malasinskas, as paradas de Gonzalo Pérez e dous erros consecutivos de 'Sera', permitiron ó Granollers poñerse 25-30 a dez minutos do final. O Cangas non se deu por vencido e seguiu crendo na vitoria, pero o equipo visitante lograba manter a vantaxe. Achegouse o Cangas no 30-33 e dispuxo a defensa 4-2 para non encaixar, pero non deu resultado. O partido estaba sentenciado e o Granollers marchouse 30-35, marcador maquillado no último minuto cun tanto de Adrián Pumar. O resumo é que o Balonmán Cangas foi incapaz de deter o ataque visitante durante moito tempo e encaixou demasiados goles como para poder pensar en levarse o partido. Por último, cabe resaltar que os xogadores do Cangas saíron ó Gatañal cunha pancarta co lema \"Estafados\" en apoio á plataforma de afectados polas Participacións Preferentes e Obrigacións Subordinadas da antiga Caixanova. Membros da plataforma atopábanse ademais vendo o encontro nun sector do Gatañal vestidos con camisetas amarelas en sinal de protesta."}
{"ID": "PRAZA_2718", "summary": "Era obsceno gastar centos de miles de euros nun proxecto esperpéntico, cando xentes do barrio non lograban cubrir as súas necesidades básicas", "text": "Poderíamos comezar este relato falando en clave negativa sobre o noso barrio: que foi parido ao abeiro dunha política urbanística deshumanizada, que sufriu a lacra da droga nos 80, que padeceu a reconversión industrial, que chegou a dor coa última crise do capitalismo, etc. Pero non. Imos comezalo en positivo: foi un barrio no cal a veciñanza foi quen de buscar accións e respostas colectivas fronte ao esquecemento e as agresións das oligarquías económicas e políticas. Unha forma de seren baseada na guerra de trincheiras, de tempos lentos e obxectivos a medio prazo, de loitas nas que se consegue avanzar de posición a posición, pouco a pouco, combinando as vitorias con algunha derrota. Unha nova trincheira escavouse hai un ano. Nun contexto de empobrecemento da veciñanza, de xentes definitivamente descolgadas desa gran falacia chamada estado do benestar, duns servizos sociais municipais colapsados ante tanta necesidade, dende o Concello de Vigo sorprendéronnos en novembro de 2014 co anuncio da colocación dun barco de gran valor histórico, o Bernardo Alfageme, na rotonda da avenida de Castelao. Para moitos veciños do barrio supuxo un insulto, unha provocación en toda regra. Non hai cartos para pagar as axudas de emerxencia, alugueres ou recibos da luz de cidadáns empobrecidos, pero si para instalar un barco nunha rotonda. A esperpéntica proposta municipal ademais é un paradigma do pailanismo urbanístico que promove o Concello, quen trata de transformar a cidade nun escenario de cartón-pedra (neste caso de lousas e flores) ao servizo do turista, poñendo nun segundo plano as necesidades da veciñanza. É o repetido mantra das \"humanizacións\". Un claro exemplo da concepción cateta e panoca que teñen do urbanismo e o patrimonio cultural é o caso do Alfageme: asumen que estamos ante un ben cultural de primeira clase, e a mellor resposta que son quen de artellar é colocalo nunha rotonda. Era obsceno gastar centos de miles de euros nun proxecto esperpéntico, cando xentes do barrio non lograban cubrir as súas necesidades básicas Pero non perdamos o fío condutor. Ante o dispendio de cartos públicos que ía supoñer a colocación do barco, a veciñanza en asemblea decide paralizar as obras: era obsceno gastar centos de miles de euros nun proxecto esperpéntico, cando xentes do barrio non lograban cubrir as súas necesidades básicas. A nova trincheira comezouse a escavar o 4 de decembro de 2014. Cantaba Serrat que sería fantástico que a forza non fose a razón. Ante a sinrazón do proxecto, ao Alcalde de Vigo só lle quedaba usar a forza, usando para isto unha Policía Municipal (co recentemente creado corpo dos GOA, unha sorte de antidisturbios locais) usada como forza de choque contra a cidadanía. Fronte á resistencia pasiva e a desobediencia pacífica das xentes da Asemblea Aberta de Coia, as identificacións, as multas, os acosos, as mentiras policiais foron as respostas. Pero non temos a menor dúbida dos responsables: a unha administración pouco democrática correspóndelle unha policía pouco democrática. O conflito sobe varios graos de tensión. O gran medio de comunicación de prensa escrita local, o Faro de Vigo, toma abertamente partido a favor do Concello no conflito: resultaba moi evidente que non ía morder a man que lle daba de comer. E sobre todo, pola gran dor que supuxo para a Asemblea, comezan as detencións: Xurxo e Diego son detidos, acusados de agresión á autoridade. A unha administración pouco democrática correspóndelle unha policía pouco democrática Xurxo, nun xuízo rápido, foi declarado culpable é condenado a un ano de prisión e a unha multa de 1.135 euros. Diego está pendente de xuízo. No seu caso é máis que evidente a criminalización da contestación social. Unha vez máis, unha mentira policial e unha denuncia falsa: Diego, unha cara moi visible tanto na Asemblea como noutros movementos sociais do barrio e da cidade, é acusado de agredir e tirar ao chan a un axente, cun resultado de lesión. Enfrontarase a unha petición de máis de dous anos de prisión e a unha responsabilidade civil de aproximadamente 14.000 euros. O 18 de febreiro o Alcalde anuncia que o traslado do Alfageme vaise producir esa noite, dende o peirao até a rotonda. A concentración veciñal para impedir a saída do barco dende o porto resultou inútil ante o desproporcionado despregue policial, conformado polos UIP da Nacional e os GOA da Local. Sobre ás 2 da mañá o barco quedou definitivamente colocado na rotonda de Coia. A nosa trincheira quedou sepultada baixo toneladas de formigón, ferro e derrota. Pero aos poucos días, recuperados do golpe, comezamos a albiscar a gran vitoria da loita da rotonda, a súa proxección de futuro. O barco seguirá día a día no barrio, e será unha lembranza das nosas arelas: - Queremos políticas sociais e non obras faraónicas, inútiles e inmorais. - Lembraremos que mentres se gastaron miles e miles de euros, no barrio hai xente que non ten para pagar o aluguer ou as subministracións. - Queremos pan, traballo e teito (aínda que como sigamos así teremos que recuperar a proposta orixinal de Lenin). - Queremos dereitos sociais, e non esmolas. - Demandamos ser partícipes das decisións municipais. - Lembraremos que fronte á razón da cidadanía, atopámonos coa forza e a represión da administración. - Lembrarémonos dunha policía local violenta e mentireira. - Teremos presente que o conflito do barco serviu para que a veciñanza de Coia saíra das súas casas e se xuntara na rúa para pelexar (e rir, e pasar frío, e escoitar poemas,…) polos seus dereitos. (Isto vale ouro). Gañamos."}
{"ID": "NOS_50294", "summary": "A capital galega acolle, desde este sábado e até o 25 de xullo, a III Escola Soberanista baixo o título de 'Un mundo en transformación'. Nela participan organizacións e entidades soberanistas do Estado español e do resto do mundo.", "text": "Entidades de todo o Estado español a nivel político, cultural e sindical dentro do movemento soberanista de esquerdas, reúnense na Facultade de Óptica da USC ,en Santiago de Compostela, acolle desde este sábado, día 23, até a segunda feira, día 25, na terceira edición da Escola Soberanista, unhas xornadas de reflexión e análise nas que participan entidades de todo o Estado español a nivel político, cultural e sindical dentro do movemento soberanista de esquerdas. Miquel Roselló: \"A Unión Europea subordínase de xeito vergoñento a OTAN\" A Coppieters Foudation (think tank de ámbito europeo vencellado á Alianza Libre Europea, con presenza en catorce nacións e rexións de Europa) e o Fórum Soberanista (espazo conformado por máis de 20 organizacións a nivel político, sindical e cultural do estado Estado español do ámbito do soberanismo de esquerda) son algunhas das entidades que organizan estas xornadas de capacitación en diferentes temas. Esta III Escola Soberanista ten como obxectivos principais, segundo afirman desde a organización, \"proporcionar recursos académicos e formativos a todas as persoas asistentes, así como promover o debate, o intercambio de ideas e xerar coñecementos compartidos ao redor da necesidade de políticas a prol da soberanía enerxética, a resolución de conflitos políticos, comprender e coñecer os procesos de dixitalización do mundo, analizar a situación económica a nivel europeo e mundial, analizar as causas e consecuencias do ascenso da ultradereita en Europa ou como construír desde a cooperación e a solidariedade unha Europa con xustiza social, democrática e respectuosa co dereito de autodeterminación dos pobos\". Ademais, participan na organización a Fundación Galiza Sempre, Fundación Moncho Reboiras e a Fundación Terra e Tempo. No acto inaugural, realizado este sábado ás 16 horas na Aula Magna da Facultade de Óptica da USC, participaron Miquel Roselló, presidente do Forúm Soberanista, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Xabier Macias, presidente da Fundación Europea Maurice Cooppieters. Conferencias e debates Posteriormente, Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre, realizou unha contextualización sociopolítica da Galiza para o arredor dun centro de asistentes á Escola Soberanista procedentes de distintas partes do Estado español. Andrés Piqueras, sociólogo: \"A UE é unha construción estadounidense para a subordinación de Europa\" A continuación, iniciáronse as diferentes conferencias, a primeira \"A dixitalización a debate\" contou coa participación de Paulo Carril, secretario xeral da CIG, Iratxe Esnaola, Doutora en enxeñaría informática na Universidade de Deusto, RIchar Benavides, politólogo e coordinador internacional de BRCS e unha intervención por videoconferencia de Tania Díaz, xornalista e Deputada na Asemblea Nacional de Venezuela. Para finalizar esta primeira xornada, tivo lugar unha última conferencia baixo o título \"Vellos conflitos nacionais sen resolver nunha Nova Orde Mundial\" coa participación de tres mulleres: Nithya Nagarajan, Activista e representante do Sindicato de Desempregadas de Palestina; Embarka Hamoudi, Integrante da Unión Nacional de Mulleres do Sáhara; e polo Faleknas Uca, Vicepresidenta do HDP do Curdistán. Programación do 24 e 25 de xullo As xornadas continuarán o 24 e 25 de xullo, na mesma Facultade de Óptica o 24 xullo abordando temas como a soberanía enerxética, coa participación de Fernando Blanco (integrante da CIG-Industria), Carme Ferrer Cervelló (alcaldesa de Senán e deputada de ERC), así como unha conferencia con Andrés Piqueras, Profesor de Socioloxía e Antropoloxía na Universitat Jaume I, sobre a actual situación económica. As sesións do 25 de xullo trasladaranse ao Festigal cunha xornada pola tarde a partir das 16.30 horas cun debate sobre 'A extrema dereita e a democracia', no que participarán Idoia Arreaza (Universitat de València), Ángeles Díez (Universidad Complutense) e Joana Montágua (Bloco de Esquerda) coa moderación a cargo de Xosé Lois Rivera (Fundación Moncho Reboiras). Retiran a palabra a Néstor Rego por empregar o galego no Congreso Despois terá lugar un faladoiro sobre 'Os retos da esquerda soberanista' no que participarán Néstor Rego (BNG), Sara Bailoc (ERC), Mertxe Aizpurua (EH-Bildu), Amadeu Mezquida (Més Compromís) e Miquel Rosselló (Més per Mallorca). A moderación correrá a cargo de Ana Miranda (responsábel de relacións internacionais do BNG e portavoz en Bruxelas)."}
{"ID": "PRAZA_10207", "summary": "A diferenza do que acontece nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con que a candidatura á alcaldía obteña máis votos a prol que en contra", "text": "A máis que probable ausencia de maiorías absolutas en moitos concellos de Galicia despois das eleccións municipais deste 26 de maio provocou que no debate público e no seo das formacións volvese cobrar especial importancia a cuestión da conformación dos gobernos tras os comicios. E, nomeadamente, das situacións en que as candidaturas poden optar á alcaldía, toda vez que o xogo de maiorías non funciona de xeito idéntico aos que operan, por exemplo, no Parlamento galego ou no Congreso dos Deputados.A diferenza do que acontece nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con que a candidatura á alcaldía obteña máis votos a prol que en contraNas sesións de constitución das novas corporacións municipais, previstas para o vindeiro 15 de xuño -agás no caso de contenciosos electorais, que se día vinte días máis-, calquera das forzas con representación na corporación pode presentar á alcaldía á persoa que concorrese aos comicios como cabeza de lista. Quen aspire ao bastón de mando ten dúas vías legais para logralo.Tal e como establece a lei electoral, se a persoa proposta como candidata obtén a maioría absoluta do pleno, obtén a alcaldía. A diferenza a respecto do que sucede nalgúns parlamentos, nos concellos non abonda con obter máis votos a prol que en contra. É imprescindible lograr o apoio de, cando menos, a metade máis un dos edís da corporación para lograr a investidura por esta vía.Se a maioría absoluta non existe a lei prevé outra posibilidade: será proclamado alcalde ou alcaldesa a persoa que encabezase a lista máis votada o día das eleccións. Deste xeito, nun contexto sen maiorías absolutas os pactos postelectorais entre forzas políticas teñen, necesariamente, que sumar maioría absoluta se entre as forzas coaligadas non está a máis votada.Se non existe candidatura á alcaldía que logre maioría absoluta, o posto é para a persoa que encabezase a lista máis votada nas elecciónsNo caso das cidades galegas a tradución a escanos sería a seguinte, traducida a números. Na Coruña, Vigo e Ourense, onde pola súa poboación son elixidos 27 concelleiros e concelleiras, unha forza política só pode obter a alcaldía en solitario se ten como mínimo 14 edís ou, no caso de ter menos, se é a máis votada e as eventuais alianzas alternativas suman menos de 14. En Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol, corporacións de 25 edís, logrará a alcaldía a candidatura que, co apoio dunha ou varias forzas políticas, consiga un mínimo de 13 votos favorables. Se non, o bastón de mando é automaticamente para a persoa que encabece a lista máis votada."}
{"ID": "NOS_8537", "summary": "O extremo turco, contra todo prognóstico, confírmase en Balaídos como a nova sensación celeste", "text": "2020 é un ano que nos está collendo a todos por sorpresa. Quen contaba con pasar tres meses fechado na casa a causa dun contaxioso virus potencialmente mortal? Pero se algo estaba realmente fóra de todas as previsións era a resurrección futbolística de Emre Mor coa camisola celeste. Non froten os ollos, porque os seus marabillosos 25 minutos en Oviedo no primeiro amigábel de verán do Real Club Celta -até que tivo que abandonar o céspede por un problema nos isquios- non foron un espellismo. A falta das posíbeis chegadas de Murillo e Rafinha, o extremo turco erixiuse coa súa actuación ante o Club Deportivo Lugo no derbi galego que se disputou na tarde de onte en Balaídos (cómodo 2-0 para os locais) como a fichaxe máis importante dun Celta afectado por unha importantísima redución do seu límite salarial, nunha porcentaxe próxima a 30%. Autor do gol que abriu o marcador na segunda metade (minuto 66), e protagonista de eléctricas intervencións e xogadas combinativas cos seus compañeiros de ataque, no que podería chegar a ser un tridente temíbel (Mor-Aspas-Nolito), Balaídos permitiu observar un xogador máis maduro, que optaba polo pase en lugar da acción individual cando o xogo así o demandaba e que, por momentos, chegou a lembrar aquel rapaz de 20 anos do Borussia de Dortmund polo que Carlos Mouriño pagou 13 millóns de euros en 2017. Nas redes sociais xa non se falaba do seu Mercedes prateado de estilo e gusto máis que cuestionábel, da súa indisciplina ou de polémicas extradeportivas, senón da súa velocidade, o seu regate ou a súa espectacular técnica, que levou polo camiño da amargura a defensa dun Club Deportivo Lugo que, en liñas xerais, mostrouse como un conxunto bastante blando. Sendo certo que os de Juanfran tiñan diante un rival dunha categoría superior, a sensación que deixou o encontro de Balaídos foi que queda moito traballo por facer -e tal vez algunha incorporación que asinar- para que o preparador valenciano consiga armar un bloque que non pase apuros para manter a categoría. Nun partido no que o resultado era o de menos, o penalti transformado por Aspas no minuto 82 sería definido nunha crónica futbolística máis convencional como o \"gol da tranquilidade\", mais o Celta non estaba pasando ningún apuro antes e non o pasaría despois do tanto do Príncipe das Bateas."}
{"ID": "NOS_50030", "summary": "Roteiro polas paraxes naturais do val do río Coura, no Baixo Miño portugués.", "text": "Orío Coura é un afluente do Miño, o derradeiro pola súa marxe esquerda, que drena territorio portugués nos concellos de Paredes de Coura, Vila Nova de Cerveira e Caminha. Nace na \"Paisagem Protegida Serra de Corno de Bico\" e despois de percorrer uns 50 km de curso revirado por terreo rochoso, ábrese na desembocadura nun amplo esteiro, ao pé da vila de Caminha, moi preto da chegada ao mar do río Miño. Paraxe: Río Coura / Concellos: Caminha, Vilanova de Cerveira, Paredes de Coura / Percorrido: 40 km / Dificultade: Baixa É un río ao que paga a pena achegarse porque é doado seguir o seu percorrido en coche, xa que a estrada que vai de Caminha a Paredes de Coura discorre polo seu val e a non moita distancia da súa canle, aínda que non hai moitos puntos onde sexa fácil achegarse á auga pola falta de espazos nos que deterse e a pendente do releve, mais atoparemos no traxecto varios puntos de interese nos que é obrigada unha parada. O primeiro témolo no comezo da ruta, en Caminha, para ver a súa desembocadura e a ampla marisma, as xunqueiras e as carriceiras, que ocupan unha superficie de máis de 250 hectáreas que, xunto co curso baixo, están protexidas como ZEC e ZEPA \"Estuário dos ríos Minho e Coura\" polo seu valor como punto de paso e invernada para especies de limícolas, anátidas, e paxaros e outras aves propias deses medios. O seguinte no punto onde remata o seu curso baixo, en Vilar de Mouros, onde podemos gozar dun amplo parque á súa beira, ver a ponte medieval, os pasos, a praia fluvial e ao seu carón a \"azenha\", o edificio do antigo muíño no que catro rodas verticais accionaban os mecanismos (na contorna hai outras de difícil acceso ás que hai desprazarse adrede). Seguimos camiño por unha estrada con moitas curvas até chegarmos á ponte de San João por debaixo da que pasa o rego de San João, un dos principais afluentes do Coura, cunhas fermosas pozas. Un pouco máis adiante, no km 15,5 aproximadamente, temos á esquerda da estrada uns carteis de información turística do Couço de Montefurado onde, facendo un percorrido de 1 quilómetro, podemos visitar unha obra da minaría romana -os restos dun encoro e un túnel polo que se desviaba a auga, de case 200 metros de lonxitude, que se pode percorrer, para o que é imprescindible dispoñer dunha fonte de luz. Un cuarto punto de interese está nos restos da central eléctrica de Covas e no seu encoro. Outro na área de lecer de Covas, con espazo acondicionado e zona de baño. Facemos outra parada en Pagade, con azenha e area de lecer. A penúltima en Rubiaes, para achegarnos á ponte medieval. E rematamos en Paredes de Coura na praia fluvial do Taboao. Nas praias fluviais de Vilar de Mouros e Paredes de Coura celébranse dous dos maiores festivais musicais do verán de Portugal."}
{"ID": "NOS_17121", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León freou en seco as intencións da cementeira ao lle anular a autorización ambiental concedida pola Junta. A empresa, que ten tamén unha planta no lugar de Oural, en Sarria, recibiu da Xunta unha subvención de 18.000 euros para \"mellorar a eficiencia enerxética\" queimando rodas.", "text": "A cementeira Cosmos non poderá incinerar residuos no Bierzo. Impídello unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León após a denuncia interposta polos concellos reguladores de produtos de calidade da comarca, coma a pera conferencia ou a mazá reineta, que alertaban, canda as organizacións agro-ecoloxistas, da contaminación que carrexarían as intencións da empresa e as nefastas consecuencias para a produción agrícola e gandeira, ademais de para a saúde das persoas. Porén, Cosmos ten tamén unha planta na Galiza, nomeadamente no lugar de Oural, en Sarria. Cal é a actitude da Xunta? Hai exactamente un ano, a consellaría de Medio Ambiente concedeulle unha subvención de 18.000 euros para \"mellorar a eficiencia enerxética\" queimando rodas. Unha sentenza de 2006 do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza prohibiu esta práctica a menos de 2 mil metros das casas, mais en 2008 ficou derrogada esta distancia mínima e a potestade de decidir se se autorizaba ou non a incineración quedou en mans do Goberno galego."}
{"ID": "NOS_50942", "summary": "José Díaz Valiño foi detido na fase inicial da Operación Rei, cuxa instrución se pecha agora. A xuíza encargada do caso vincula o político con delitos de suborno, tráfico de influencias e falsidade documental na adxudicación dunhas obras", "text": "O ex-alcalde de Castro de Rei, José Díaz Valiño (PSOE), vén de renunciar á súa acta de edil e deputado provincial, así como o conxunto das responsabilidades que tiña noutros órganos do partido, para pedir a súa reincorporación á docencia. Está imputado por irregularidades en contratación de obras en relación á denominada Operación Rei. A xuíza instrutora, Estela San José, atribúelle ao ex-rexedor deste municipio lucense delitos de prevaricación, suborno a funcionari@s, tráfico de influencias e falsidade documental co gallo da contratación dunhas obras de conservación de estradas. Con todo, Díaz Valiño non argumentou a súa imputación como causa da súa marcha, senón que apelou a \"motivos persoais e familiares\", segundo sinala o comunicado que enviou á imprensa. Recolle tamén o escrito que a decisión xa lle fora transladada ao secretario xeral do PSOE lucense \"o verán pasado\", malia que foi atrasada \"polo compromiso co meu partido e a convocatoria das eleccións galegas\". Díaz Valiño deixa a corporación municipal de Castro de Rei reiterando a súa inocencia \"por riba de todo\" e cadrando co peche da fase de instrución da devandita operación en que, para alén do xa ex-edil e do tenente de alcalde Roberto Lorenzo, outras 14 persoas, entre políticos e empresarios."}
{"ID": "NOS_20481", "summary": "A cidadanía dos EUA conmemora cada 19 de xuño o Juneteenth ou Día da Liberdade. Por outra banda, a cidade de San Francisco retirou nas últimas horas unha estatua de Cristobal Colón.", "text": "Os EUA conmemoraron nesta sexta feira, 19 de xuño, o Juneteenth, o aniversario do final da escravitude no Estado de Texas, no medio de episodios de tal tensión racial que o presidente do país, Donald Trump, tivo que adiar ao sábado a súa esperada reaparición pública ante os seus simpatizantes na cidade de Tulsa (Oklahoma) prevista para esta sexta. O Juneteenth conmemora o día en que a declaración de emancipación asinada polo presidente Abraham Lincoln en 1863 se fixo efectiva en Texas, o último dos Estados en proclamar a decisión, dous anos despois do decreto. Arredor de 250.000 escravos negros foron liberados, oficialmente, nese Estado o 19 de xuño de 1865. Para boa parte da cidadanía negra dos EUA, o Juneteenth representa unha conmemoración ─aínda que non ten carácter federal, senón que queda en mans dos Estados e as empresas─ moito máis sentida que o Día da Independencia, polas asociacións negativas que esta última ten como antecesora do período da escravitude no país. Este ano coincide coas protestas por todo o país desencadeadas tras a morte do cidadán negro George Floyd durante unha detención policial en Minneapolis e pola que un dos axentes implicados, Derek Chauvin, foi acusado de asasinato. Estatua de Colón Tamén , as autoridades de San Francisco decidiron retirar unha estatua de Cristobal Colón tras ser obxecto desde hai varios días de actos vandálicos dentro desta vaga de protestas. A decisión foi adoptada pola Comisión das Artes da cidade ─coa aprobación da alcaldesa, London Breed─ dado que a estatua, erixida en 1957, \"non se aliña cos valores de San Francisco\". Ademais, polas redes circularan mensaxes chamando a arrancala e tirala á baía."}
{"ID": "NOS_50490", "summary": "O coordinador xeral de CDC afirma que Convergència e Unió non seguirán xuntos. \"É un camiño de non retorno\" dixo Jossep Rull, matendo a aposta independentista.", "text": "Convergència dá por acabada CiU. Así o asegurou o coordinador xeral de CDC, Josep Rull, nunha comparecencia esta quinta feira perante os medios: \"o proxecto político de CiU acabou\". Non concorrerán xuntos ás eleccións, avanzou, e dixo que esa separación era un \"camiño de non retorno\". CDC enceta a partires de agora unha nova etapa \"apaixonante, trepidante\". Rullo recoñece que a fin de CiU chega polas discrepancias nun \"tema de fondo\" como é o proceso soberanista. CDC aposta no 'si-si', é dicer, na independencia. E UDC amósase moi renuente a esta vía, se ben unha parte importante da súa militancia (o 45%, segundo se plasmou no referendo interno) está pola independencia. Así que, di Rullo, o mellor é que cada un dos partidos siga o seu propio camiño para que nas eleccións \"se clarifiquen os proxectos de cara aos cidadáns\". Unió decidiu esta cuarta feira abandonar o Govern. No marco desta ruptura a vice-presidente Joana Ortega, o conseller de Interior, Ramon Espadaler, e o conseller de Agricultura, Josep Maria Pelegri, sairán do Govern aínda que apoiarán o executivo de Mas en aras da estabilidade. No ar fica tamén a situación do grupo parlamentar de CiU no Congreso español. Desde CDC poñen en cuestión a continuidade de Durán i Lleida como voceiro dos nacionalistas catalás."}
{"ID": "NOS_24188", "summary": "O concello difundirá o lema \"Non é Non\" para evitar unha violencia que adoita aumentar durante a Semana Grande que comeza este sábado. A campaña estenderase durante todo o verán.", "text": "Após de que a gran cantidade de imaxes de agresións machistas producidas durante a celebración do San Fermín de Pamplona engadirá visibilidade ao problema en Euskal Herria, a loita contra esta forma de violencia durante as festas multitudinarias cobrou aínda máis intensidade, chegando a outros puntos do Estado e alcanzando maior visibilidade mediática. Nese sentido, o goberno municipal de Bildu en Donostia puxo estes días en marcha unha campaña baixo o lema \"Non é Non\", para previr as agresións machistas na Semana Grande deste ano, que comeza o sábado. Segundo a edil donostiarra de Igualdade, Naiara Sampedro \"este tipo de agresións increméntanse no contexto das festas\". \"A violencia machista é unha das consecuencias máis graves da falta de igualdade entre mulleres e homes\", sinalou a representante da esquerda abertzale. Facer fronte á violencia machista A campaña posta en marcha polo concello -por quinto ano consecutivo- \"non se limitará á Semana Grande senón que é extensiva a todo o verán e outras datas significativas\", segundo fontes oficiais. O goberno local tamén organizou cursos de autodefensa feminista durante o mes de xullo. No marco da campaña vaise instalar un espazo \"para facer fronte ás agresións sexistas\"con dous puntos de información no centro da cidade e ademais repartiranse nos bares uns 200.000 panos co lema \"Non é Non\", así como un centenar de adhesivos coa frase \"Neste local non se admiten agresións sexistas\". Unha pancarta no propio edificio do concello condenará a violencia machista."}
{"ID": "NOS_36334", "summary": "O servizo de limpeza foi o que máis sancións recibiu, con 205.000 euros.", "text": "A empresa concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, un conglomerado de construtoras e fondos de investimento, viuse obrigada a pagar 475.000 euros en 2021 ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) pola \"falta de calidade\" dos servizos sanitarios. A Xunta debe 918 millóns as empresas adxudicatarias do hospital Álvaro Cunqueiro Trátase da segunda maior sanción que recibe esta compañía desde que o centro hospitalario fose inaugurado en 2015. En 2018, a contía da sanción alcanzou os 713.000 euros. En total, a concesionaria presta un total de doce servizos, entre clínicos e non clínicos. Neste segundo grupo, o maior é o da limpeza, precisamente o que maior porcentaxe da sanción representa. Deses 475.000 euros, 205.000 euros corresponden á falta de calidade nestes labores. Exixen a reversión da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro e do seu persoal ao ámbito público Outros dos servizos que maior sanción económica supuxeron foron os de restauración e lavandaría, ao sumar 63.000 euros cada un. Servizo de limpeza no Cunqueiro O servizo de limpeza no Álvaro Cunqueiro está subcontratado nunha filial de Acciona, unha empresa española de promoción e xestión de infraestruturas e enerxías renovábeis. En 2020, traballadores e traballadoras da limpeza mobilizáronse para exixir o reforzo dos cadros de persoal, ante a falta de efectivos. O persoal de Cirurxía do Cunqueiro plántalle cara á Consellaría, que paga 50 euros por operación menor Nunha situación de especial tensión pola pandemia, os profesionais demandaban que a empresa aumentase o número de traballadores, para poder cubrir as exixencias de limpeza e hixiene que requiría o contexto sanitario derivado da Covid-19. O comité de empresa chegou a convocar unha folga indefinida en decembro de 2020, ante a falta de diálogo da compañía e os \"incumprimentos continuados do convenio das traballadoras\", o que provocou \"incontábeis queixas e demandas do persoal\". Un fondo francés toma os mandos no Hospital Álvaro Cunqueiro Finalmente, a folga desconvocouse un para de días antes de comezar, despois de que Acciona se sentase a negociar co comité e acordasen o reforzo dos cadros de persoal e a modificación dos ratios nas quendas de mañá, tarde e noite."}
{"ID": "PRAZA_17274", "summary": "O Sergas \"forzou\" a unha funcionaria a reincorporarse das súas vacacións para despedir a súa substituta e logo tentou \"terxiversar a contrastada realidade dos feitos\", din os maxistrados", "text": "\"Fraude de lei\", \"abuso de dereito\", \"manifesta desviación de poder\", \"arbitrariedade\", \"raiana, incluso, na prevaricación\". Son algúns dos cualificativos contra o Goberno galego que emprega o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nunha sentenza que vén de confirmar unha condena ao Sergas polo despedimento dunha traballadora. A Xunta, din os maxistrados, \"forzou\" a unha funcionaria a reincorporarse das súas vacacións para poder despedir así a súa substituta temporal e logo tentou \"terxiversar a contrastada realidade dos feitos\". O Sergas \"forzou\" a unha funcionaria a reincorporarse das súas vacacións para despedir a súa substituta e logo tentou \"terxiversar a contrastada realidade dos feitos\", din os maxistrados A sentenza do TSXG, emitida o pasado 28 de febreiro pero non divulgada e á que agora ten acceso este diario, rexeita un recurso presentado polo Sergas contra outra sentenza previa do xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo que xa dera a razón á traballadora temporal despedida pola Xunta. A afectada, que estaba nas listas de contratación do Sergas, foi contratada o 1 de agosto de 2016 como substituta para unha praza de técnico superior especialista en Anatomía Patolóxica na área sanitaria de Vigo da que era titular unha funcionaria que solicitara o seu traslado temporal a outro posto cunha comisión de servizo por seis meses pero con reserva da súa praza previa. Esa funcionaria saínte tiña autorizadas as súas vacacións do 1 ao 31 de agosto, para incorporarse o 1 de setembro ao seu seguinte posto. Pero \"a primeiros de agosto\", cando a súa substituta xa estaba a traballar cubrindo as súas vacacións, \"e coa fin de que a mesma non puidese continuar substituíndo a reserva de praza\" durante os meses que ela estaría noutro destino, \"foi instada para que se reincorporase ao seu posto de orixe, rompendo, dese xeito, o vínculo contractual [da demandante despedida] e impedíndolle proseguir na substitución máis alá do 31 de agosto\". O \"torticero\" proceder da Administración supuxo \"un abuso de dereito e unha manifesta desviación de poder determinante de arbitrariedade e raiana, incluso, na prevaricación\", conclúe o TSXG A sentenza di que a funcionaria que pedira o seu traslado e á que o Sergas fixo reincoporarse para así despedir á súa substituta \"viuse obrigada a asinar nova solicitude de datas para o desfrute das súas vacacións\", solicitude que \"non foi, en cambio, subscrita pola supervisora do Servizo de Anatomía Patolóxica que, coñecedora da aviesa finalidade que encerraba aquel escrito, negouse a asinar e autorizar a nova solicitude, facéndoo, no seu lugar, a directora de Progresos Asistenciais de Enfermería\". \"Autorizado este novo período vacacional comunicouse á recorrente, en data 23 de agosto, o seu cese anticipado na substitución que viña realizando, por reincorporación ao seu posto de traballo da titular da praza\", conclúe o TSXG o relato dos feitos. A traballadora, despois de que a Xunta non admitise unha reclamación súa pola vía administrativa, recorreu á Xustiza que lle deu a razón e obrigou ao Sergas a reincorporala, pagarlle os salarios deixados de percibir desde o seu cesamento o 23 de agosto de 2016 e a recoñecerlle a puntuación para a lista de contratación que lle correspondería polo tempo que non traballou como consecuencia do seu despedimento. Pero o Sergas recorreu e na sentenza na que agora o TSXG lle volve a quitar a razón é onde os maxistrados cargan duramente contra o xeito de proceder da Administración galega. O Sergas debe reincorporar a traballadora, pagarlle desde o 23 de agosto de 2016 e recoñecerlle os puntos correspondentes para as listas de contratación Na sentenza o tribunal comeza dicindo que \"por máis que a Administración sanitaria trate desesperadamente [...] de terxiversar a contrastada realidade dos feitos reseñados, non logra o seu torticero propósito. Máis aínda, con esa aviesa actitude, o que fai é reafirmar a convicción xudicial que [levou á primeira sentenza] a apreciar a existencia dunha clara desviación de poder no actuar da Administración demandada\". O TSXG di que o despedimento da traballadora sería correcto ao volver a ese posto a funcionaria á que substituía \"se non fose porque aquela non se reincorpora voluntariamente senón forzada pola propia Administración co obxecto de impedir, por esa anómala vía, a continuación da substitución\". \"Tal actuación administrativa por parte do Sergas implica un evidente e censurable fraude de lei en canto se ampara no texto dunha norma para acadar un fin contrario ao ordenamento xurídico, un abuso de dereito e unha manifesta desviación de poder determinante de arbitrariedade e raiana, incluso, na prevaricación\", conclúe o TSXG."}
{"ID": "PRAZA_17778", "summary": "O que o PSOE ten que valorar é se este é o mensaxe que quere para o Presidente da FEMP, na miña humilde opinión debe ser destituído e propoñer un representante con maior capacidade de inclusión xa que representa a todos os mandatarios locais do Estado.", "text": "Quero pensar que foi un exceso de micro, un quentón do momento, pero sei que non. Por desgraza é a liña de traballo do Sr. Caballero, un populismo chic misturado con unha alta dose de localismo. Debe ser obriga do Alcalde de Vigo, para xustificar o salario actuar de teloneiro nas festas e actos varios do Concello, sempre ben recollido en vídeo e sempre ben publicitado, todo pensado e todo rematado co mesmo mantra de \"Viva Vigo, a mellor cidade do mundo\" non pasa de ser anecdótico e algo cómico, pero cada quen pasa a historia como lle peta. Mais recentemente, estes días, nun posible quentón, o Alcalde de Alcaldes, Presidente da FEMP facía un anuncio preocupante polo contido e triste polo mensaxe. Viña a decir que só os vigueses, no 2019, terán acceso ó recinto de pago de Castrelos nos concertos. Folga decir que isto é de todo anticonstitucional, esa mesma constitución que este alcalde ensalza e predica nos medios cando quere. Tamén cómpre aclarar a este show man da política que o resto do mundo tamén traballa e que as cidades precisamente viven en boa parte das achegas da xente que as visitan. Na súa rancia forma de potenciar a súa imaxe, con un localismo de libro, que deixa a Paco Vázquez como un parvo. O único que fai a longo prazo e danar a imaxe da Cidade Olívica, que como porto de mar sempre foi de acollida e de bo trato á xente que se achega. Axitar constantemente a bandeira da demagoxia e a bandeira do localismo soe ser perigoso, e a mostra é que Caballero, no seu mesmo partido, non ten influenza fora de Vigo, leva xa tres primarias perdidas, por algo será. O que o PSOE ten que valorar é se este é o mensaxe que quere para o Presidente da FEMP, na miña humilde opinión debe ser destituído e propoñer un representante con maior capacidade de inclusión xa que representa a todos os mandatarios locais do Estado. Probas da súa nefasta xestión localista xa as teñen con sentencia incluída contra o Pass Vigo. Vigo é o que sempre foi, unha cidade na que ninguén é estranxeiro, un porto que sempre trata ben a xente, unha fermosa cidade atlántica con forte identidade que se é axitada na dirección non axeitada pode producir a longo prazo un dano irreparable, para Vigo e para Galicia. É preciso para ser bo rexedor estar en grella sempre cos Concellos veciños? Incluso coa veciña cidade de Porto? ou pola contra un rexedor listo e moderno aproveitaría a sinerxías? Non precisamos máis populistas, temos de abondo, espero que soamente fose un quentón provocado pola masa e o micro. Pero tamén pode ser un resentimento, dun político que cando optou a dirixir Galicia tivo o peor resultado da historia do seu partido, ás veces o resentimento é un motor importante. Quen sabe. Publicidade"}
{"ID": "NOS_56584", "summary": "Despois dunha reunión en Ferrol con 25 alcaldesas e alcaldes de localidades afectadas pola crise industrial, o alcalde das Pontes di que \"o problema é compartido\", sinala os dous grandes partidos estatais e pide unha reunión a tres bandas dos alcaldes coa Xunta e o Ministerio de Industria.", "text": "As alcaldesas e alcaldes dos concellos de As Pontes, Ferrol, Pontedeume, Neda, Mugardos, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, A Capela, As Somozas, San Sadurniño, Fene, Cariño, Valdoviño, Moeche, Cabanas, Ares, Narón, Miño, Monfero, Mañón, Muras, Xermade, Vilalba e Viveiro, un total de 25 responsábeis locais, reuníronse esta segunda feira en Ferrol para emitir unha declaración institucional diante da \"emerxencia industrial\" que sufre a zona e na que reclaman reunións de urxencia coa Xunta de Galiza e o Ministerio de Industria para \"acometer unha iniciativa conxunta de reactivación económica e captación industrial nestas comarcas\". O berro de auxilio, como os propios rexedores definiron a proclama, prodúcese despois de que Endesa anunciase a decisión de acelerar o feche da central de carbón das Pontes, e en medio da incerteza que provoca entre a veciñanza o futuro de empresas como Reganosa, Megasa ou Siemens-Gamesa que ameaza cunha deslocalización a Portugal. En nun contexto de feches recentes, como nos casos de Poligal, de Elinco ou Conservas La Jira, ademais da recorrente crise do naval en Ferrolterra. Malia que a reunión fora convocada polo alcalde ferrolán, Ángel Mato (PSOE), foi o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tamén socialista, que concentrou a atención dos medios. \"Hoxe é un día histórico porque nunca se lograra xuntar a tantos alcaldes para alzar unha voz e clamar por unha reactivación industrial\", dixo González, para quen \"as probas realizadas por Endesa este verán con materiais alternativos ao carbón, confirman que é viábel\". González Formoso insistiu en que é un berro \"dunha comarca que é a segunda no ámbito industrial máis importante de Galiza \" e repartiu as culpas: \"Temos un comisario europeo que está na orixe do problema, e que é do Partido Popular [Arias Cañete, comisario de Enerxía e Clima]; e temos un presidente do Goberno que está na orixe do problema tamén, e pertence ao Partido Socialista [Pedro Sánchez], e tamén unha ministra que é socialista\"."}
{"ID": "PRAZA_18514", "summary": "O euroescepticismo e o antieuropeísmo só se poden combater cunha Unión atractiva e funcional para a cidadanía, cunha Europa que saiba crear un relato e unha identidade de seu baseados sobre a liberdade, os dereitos, a solidariedade e a seguridade. A Europa da razón será un (aínda inexistente) Estado do benestar ou non será.", "text": "A catro meses do desenlace, nada é aínda predicíbel. Nin sequera é posíbel descartar que en Gran Bretaña se celebre outro referendo. O electorado tería que elixir entre un divorcio con ou sen acordo. Ou podería haber tres opcións: o Brexit duro, o negociado e a permanencia na Unión. Tamén cabe imaxinar que finalmente os británicos queiran permanecer no Espazo Económico Europeo. Se tampouco lles chistase isto –por exemplo, por non aceptaren a libre circulación de persoas–, os suízos, por exemplo, poderían explicarlles o soberanísima que é unha relación bilateral coa Unión para acceder ao mercado único e á unión aduaneira, que se traduce na aplicación da prolixa normativa comunitaria sen participar na súa elaboración. De feito, un pacto á carta tampouco parece do gusto de Bruxelas, que entende as catro liberdades –a libre circulación de mercadorías, servizos, capitais e persoas– como un todo esencial e indivisíbel. Pero é o que, nunha versión máis ambiciosa, parece querer Londres, segundo o White Paper (tamén coñecido como Chequers proposal) publicado en xullo: un extenso acordo sobre o comercio de mercadorías combinado cunha ampla independencia política. Así que a Unión está pillada entre dous perigos: o da creación dun precedente atractivo para quen queira abandonala e o dunha saída humillante para Gran Bretaña que desencadee reaccións imprevisíbeis. O que xa está claro é que o goberno de Theresa May fixo un espectacular alarde de diletantismo, incompetencia e improvisación que non deixa de sorprender se consideramos que o Brexit é o desafío máis importante do país desde a Segunda Guerra Mundial. May (quen no referendo votou pola permanencia) non desexa un Brexit duro, porque a Unión é o socio comercial máis importante do seu país. Pero tamén hai que lle recoñecer que xestionar un desatino deste calibre –unha separación decidida sobre as bases imaxinarias dunha fantasía identitaria– non debe de ser nada fácil. Para nós, o Brexit tamén vai ser un mal negocio. Sobre todo un Brexit duro, que sería catastrófico porque se perderían exportacións por un importe de ducias de miles de millóns de euros e habería que aumentar a contribución ao orzamento comunitario en varios centos de millóns, por non falar do impacto no sector pesqueiro ou nos centos de miles de cidadáns galegos e españois que viven en Gran Bretaña e británicos que viven aquí. Calcúlase o impacto do Brexit duro para España nunha baixada do 0,2% do PIB. Pero pode que o Brexit teña tamén un efecto positivo, porque quizais cimentou na cidadanía europea o convencemento de que a Unión é unha institución vantaxosa que debe ser, non só reforzada no plano competencial, senón tamén democratizada. Con todo, a Unión segue a ser percibida en parte como unha comunidade ruín por mor da súa ortodoxia neoliberal, desafiada ademais desde dentro por países crecentemente autoritarios como Polonia ou Hungría, que, gobernados por dirixentes populistas, laminan os alicerces do Estado de dereito. O director da campaña presidencial e despois, brevemente, chief strategist de Donald Trump, o reaccionario católico Steve Bannon, está achegándose a líderes carismáticos como o vicepresidente e ministro do Interior italiano, o parafascista Matteo Salvini, ou o primeiro ministro húngaro, o extremista de dereitas Viktor Orbán –cada vez máis admirado polos conservadores europeos–, para dinamitar o proxecto comunitario espallando un caos populista branco, cristián e patriótico. Os populismos europeos son moi dispares e difíciles de coordinar, pero todos, integrantes dun novo bloque soberanista que talvez se articule nunha \"fronte da liberdade\", van intentar que as eleccións ao Parlamento Europeo de maio de 2019 rexistren o auxe do ultraconservadorismo nacionalista, xenófobo e antieuropeísta, cuxa eclosión coincidiu coa crise sistémica provocada pola gobernanza neoliberal do capitalismo globalizado. Minguada como actor internacional tras a marcha dun socio importante como Gran Bretaña, a Unión terá que reflexionar seriamente sobre a ausencia dun ambicioso proxecto democrático, social e federal. O euro, por exemplo, non pode seguir desprovisto dunha estrutura fiscal e orzamentaria única e confiar exclusivamente na política monetaria do BCE. O euroescepticismo e o antieuropeísmo só se poden combater cunha Unión atractiva e funcional para a cidadanía, cunha Europa que saiba crear un relato e unha identidade de seu baseados sobre a liberdade, os dereitos, a solidariedade e a seguridade. A Europa da razón será un (aínda inexistente) Estado do benestar ou non será. Publicidade"}
{"ID": "NOS_14340", "summary": "\"O viño trabállase na viña\".", "text": "Acólleme na adega José Fernández, Técnico Agrícola, que representa a terceira xeración nesta familia de viticultores que arrinca co seu avó paterno, Eloy, que deu continuidade a seu pai, José, e que entre eles engancharon ao último da saga. Na actualidade é José o que se responsabilizou de todos os traballos nos distintos procesos: no cultivo das viñas que, como di el, é onde realmente se fai o viño, ata os traballos na adega. Onde, despois de contar coa colaboración dun enólogo durante uns anos, tomou a decisión de fechar el o ciclo para elaborar os viños seguindo os seus propios criterios, para que os seus viños expresen aquilo que busca. Na adega contan cun traballador a tempo completo todo o ano. E, seguindo a tradición da colaboración no traballo familiar, Isaura, súa nai, bótalle unha man nas relacións cos clientes, porque o que lle gusta a ela é falar de ti a ti cos clientes. José estudou Agraria en Vilamarín e logo Agroalimentarias en Ourense, e foi chegando ao mundo do viño da man de seu pai que o apuntou a un curso de cata (en contra da súa vontade, porque non lle gustaba o viño). No curso, e grazas ao profesor dese primeiro ano de cata, José Luís Hernáez Mañas, un boísimo comunicador, abríronselle as portas do que lle faltaba para introducirse tamén na elaboración do viño e no interese polos matices que agocha cada viño. Na actualidade, a adega Castro de Lobarzán, traballa seis hectáreas de viñedo propio, repartido entre os concellos de Monterrei e de Oimbra. A adega sitúase no lugar de Vilaza, na parroquia do mesmo nome do concello de Monterrei. Aínda que o potencial vitícola dos seus viñedos supera os 50.000 kg. de uva, por mor dos seus estándares de busca de calidade, a través do control da produción por planta, a súa produción oscila entre os 38.000 kg e 42.000 kg de uva, dependendo sobre todo da climatoloxía do ano. —Como comezou todo...? Con meu avó paterno, Eloy Fernández, que finou hai 2 anos. Na súa casa aínda se conservan os lagares de pedra, depósitos de cemento, algunha cuba de madeira... O viño que elaboraba vendíase a granel para Lugo, Silleda, Lalín... e xa en cantidades importantes, pois tiña moito viñedo. Meu avó era do Rosal (Oimbra) e casou en Vilaza, por iso tiña viñedo nos dous lados. Seguindo a tradición, meu pai meteuse no mundo do viñedo, elaborando e vendendo viño a granel, ao redor dos 6.000 litros de viño ao ano. —O Pai, un pioneiro... O primeiro viñedo en espaldeira, no lugar de Vilaza, foi plantado por meu pai. E en 1992 creou un método antixeadas, mediante microaspersión, para os seus viñedos. Para estudalo viñeran da Oficina Agraria Comarcal, da TVG, viticultores da zona e ata veu unha persoa que tiña unha plantación de kiwis en Amoeiro interesándose polo seu sistema. —E a adega? Despois de levar moito tempo coas viñas e o viño a granel, no 2000, para estrear o milenio, deuse o salto: púxose en marcha a adega coa elaboración da primeira colleita coa marca Castro de Lobarzán, e rexistrouse na Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei. —E o nome de Castro de Lobarzán? Lobarzán é un lugar que separa Vilaza das Chas (lugar de nacemento de miña nai), onde quedaban meu pai e miña nai cando se coñeceron, hai máis de 40 anos. É un nome que di moito para nós: a unión de Oimbra e Monterrei. —Como traballan as viñas? Baseámonos no respecto ao medio ambiente. Os nosos viñedos nunca levan herbicida, sempre teñen cuberta vexetal, simplemente lle pasamos unha rozadoira cando a herba está moi alta. Na maioría das colleitas non damos tratamentos agresivos, como son os produtos sistémicos, só como último recurso se ven unha colleita moi complicada, e só para salvar a produción. Facemos tratamentos asesorados por Bernardo Estévez, viticultor biodinámico do Ribeiro, con preparacións, por exemplo, a partir de allo ou eucalipto, xunto do caldo bordelés. Algo que nos caracteriza é a vendima en verde, na que somos moi estritos, sobre todo coas variedades tintas, buscando a calidade na uva e deixando rendementos baixos por cepa (6 acios), que nos leva a uns 2.000 kg por hectárea. Na primeira vez, sobre o 2002, dixen na casa que ía quitar unhas uvas, e meu avó imaxinou que serían poucas, pero cando viu as que ían para o chan, pareceulle inconcibible, pero convenceuse cando lle demos a probar o viño e viu que a calidade era moi superior. Mesmo despois lle daba voltas á cabeza e dixo que incluso da Garnacha tintoreira (Alicante) se podería sacar bo viño con eses traballos. —Que variedades de uvas cultivan? Todas autóctonas. En brancas: Godello, Treixadura, Albariño, e en tintas: Mencía, Araúxa, Bastado, Zamarrica, Sousón, Caíño Longo, Brancellao. Como di o meu amigo Xico de Mandín, e penso que ten toda a razón, \"a persoalidade dun viño tinto en Galicia vai pasar polas variedades minoritarias\", porque Mencía e Araúxa temos todo o mundo... —E os viños? Estamos elaborando varias referencias: Castro de Lobarzán branco, con Godello e algo de Treixadura; Castro de Lobarzán tinto, con Mencía, Araúxa e algo de Bastado; Lobarzán Isaura, é un monovarietal de Godello, fermentado e criado en barrica; Lobarzán Isaura, con Mencía, Arauxa e Bastardo, e Lobarzán Isaura Bastardo 100%, un monovarietal único e que está tendo unha moi boa acollida. —E para o futuro...? Ampliar un pouco, non moito, a superficie de viñedo e a produción. En abril de 2020 plantamos 1 hectárea máis de viñedo, que en 2 anos dará os seus froitos. Sacar unha nova referencia. Desde hai uns meses temos outra marca rexistrada, na honra de meu avó, para a que estamos facendo estudos con distintas variedades. Será un viño de alta gama, diferente, e pensado para facerlle unha homenaxe a meu avó."}
{"ID": "NOS_57397", "summary": "As celebracións do ciclo do Nadal comprenden varios días. A Noiteboa, Nadal, Santos Inocentes, San Silvestre, Aninovo é o día de Reis. Segundo sinala a Nós Diario, o antropólogo Rafael Quintía son \"as clásicas festas do cambio de ciclo presentes na cultura galega e internacional. Neste tipo de celebracións repítense determinados ritos presentes noutros períodos como defuntos ou San Xoán\".", "text": "\"As ánimas están presentes na nosa cultura tradicional desde defuntos e continúan en Nadal\", afirma Quintía, quen lembra como \"aínda non fai moitos anos en Noiteboa deixábase comida na mesa ou non se cambiaba o mantel por ser algúns dos seres do alén se aparecían\". Nese sentido, explícase que nalgunhas área da Galiza \"sexa o día da chegada do Apalpador ou do Pandigueiro\". A Noiteboa aparece asociado aos ritos da fertilidade. \"Por iso\", explica Quintía que \"nesa data se mallaba a unha arbore que non daba froitas ou mesmo se esparexía cinza polas terras de cultivo para garantir unha mellor produción\". \"Moitas veces a cinza que se botaba nas terras procedía da madeira que se queimaba eses día\", conclúe Quintía. O tizón de Nadal Unha das tradicións máis importantes desa data é o tizón de Nadal. Segundo Vicente Risco, \"é un cañoto grande dun árbore, que nas montañas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ao lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a metade, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arredar o pedrazo e os raios\". Risco refírese ao emprego da cinza do tizón de Nadal como fertilizante. \"Nalgúns lados\", sinala Otero \"semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cal que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén ten relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume\" . A crenza de orixe precristiá está moi presente en diversas culturas europeas. Así, por exemplo, existen ritos análogos en Alemaña, onde celebran \"o cepo de Nadal\", en Italia, \"Festa do Cepo\", nas Illas Británicas ou en Francia, onde goza de grande predicamento un biscoito ligado a da denominado \"tizón de Nadal\" Os ritos do caos Quintía significa a ligazón dos ritos da Noiteboa co caos. A este respecto, recorda como Vicente Risco recolleu que \"na misa do galo, os homes adoitaban a botar cinza na pía da auga bendita, tirar bombas fétidas na igrexa ou mesmo coserlle as saias ás mulleres mentres escoitaban a misa\". O bacallau con coliflor ou con repolo na cea de Noiteboa é a tradición desa data que mellor ten chegado até hoxe. A súa orixe está en que a véspera de Nadal foi durante moito tempo vixilia no calendario eclesiástico e iso facía que as carnes quedaran fora da mesa dese especial día. A vixilia desapareceu mais o costume ficou e son aínda moitas as casas nas que nesta noite se sinte o arrecendo forte da verdura mesturada co bacallau ao que logo se acompaña de aceite de oliva cru."}
{"ID": "NOS_49368", "summary": "O conxunto coruñés non sae da súa crise futbolística e sofre unha derrota en Soria ante o Numancia (2-1) resultado que lle impide asinar o ascenso, pero que grazas á caída de As Palmas deixa o Deportivo a só un punto de volver a Primeira, onde xa está o Eibar con gol do galego Jota.", "text": "Outro mal partido do Dépor. Pero xa non queda nada para o ascenso. Tres puntos sumados dos últimos dezaseis. Forte enfado na afección. E un equipo que segue dependendo de si mesmo, embora xa non sexa líder, posto que é para o Eibar. Mal momento do Dépor, que segue en chegar ao obxectivo, que tiña na man pero desperdiciou nas últimas xornadas, onde se amosou como un equipo sen alma, triste, impotente, tal e como se lle viu en Soria, onde podía asegurar o ascenso con só un empate pero de onde marchou con enormes dúbidas logo de caer 2-1 ante o Numancia, malestar logo mitigado pola vitoria, con remontada, do Recreativo en As Palmas. Moi defensivo o equipo coruñés, demasiado, unha vez máis e iso que no quecemento lesionouse Wilk, o que frustrou a intención primeira de Fernando Vázquez -que recibe criticas, pero ten o Dépor a piques de subir- de comezar con dous mediocentros de contención. Xogou Rabello, con Juan Carlos outra vez fóra. Tamén Núñez foi titular, por sorpresa. E comezou marcando o Numancia, cunha cabezada de Regalón. Reaxiu o Dépor cando após un bo centro de Rabello, o portugués Luisinho acadou o empate. Un erro infantil dun veterano como Núñez deixou con dez aos coruñeses -apoiados por máis de mil seareir@s nas bancadas- o que foi aproveitado polo Numancia para marcar o tanto decisivo, que converte nunha final o encontro en Riazor da próxima xornada, ante o Xaén. Podía ser peor, mais só precisa un punto o Dépor para ascender. Un ascenso en xogo o sábado. Sufrimento, pero moita esperanza. Está case feito."}
{"ID": "NOS_2035", "summary": "A organización chama a \"defender\" o ensino público contra a LOMCE e o decreto 3+2.", "text": "Erguer, a organización estudantil nada da confluencia de Comités, Liga e Agir, convoca unha xornada de greve no ensino o 13 de abril. En comparecencia de imprensa, dúas das integrantes do Consello Nacional, Iria Figueroa e Laura Gil debullaron as razóns para esta covocatoria que fixan no rexeitamento aos \"ataques\" contra o ensino público que, defenden, acometeu nos últimos anos o Partido Popular. Chaman a rexeitar a LOMCE e o decreto 3+2 nun intre no que a incertidume paira sobre o futuro goberno do Estado español Nun intre no que a incertidume paira sobre o futuro goberno no Estado español, a organización estudantil soberanista, insta a amosar o rexeitamento do alumnado a dous elementos centrais que marcaron a conflitividade nos centros de ensino durante os pasados cursos académicos e exixir a súa derogación: a LOMCE e o decreto 3+2. Neste senso, aseguran que \"o ensino avanzou na dirección oposta\" ao modelo educativo que defenden desde Erguer ao se dirixir cara á \"mercantilización\" através dunha lexislación, como a LOMCE, \"españolizadora,confesional, antipedagóxica, privatizadora, clasista e patriarcal que afonda na falla de igualdade de oportunidades no ensino\" e o decreto 3+2 \"enmarcado na chamada Estratexia Universitaria 2020\" e cuxo obxectivo é, denuncian, \"a mercantilización do ensino público, co obxectivo de converter as universidades nun criadeiro para as empresas capitalistas\". Denuncian a \"mercantilización\" do ensino \"Coa implantación desta medida, son menosprezados todos aqueles graos que non cumpren coas expectativas de produtividade dun sistema que só busca a creación de man de obra barata, no canto de individuos con capacidade crítica. No senso da procura de produtividade, son as humanidades as disciplinas que son directamente atacadas, direccionando a educación cara aos intereses das grandes corporacións e gobernos corruptos\", sinalaron Iria Figueroa e Laura Gil en comparecencia de imprensa."}
{"ID": "NOS_44591", "summary": "O vicepresidente da Xunta critica aos socialistas por pecharse a alianzas co PP.", "text": "O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, esquivou este domingo as preguntas sobre posíbeis alianzas electorais cara as eleccións municipais do 24 de maio. Rueda asegurou que \"os que falan de pactos son os que saben que van perder\". Si valorou as declaracións do líder socialista, que advertiu de que pactarían con todos agás co PP. Unha posición que criticou o vicepresidente da Xunta, nunha entrevista concedida á Cadena Ser. Preguntado sobre se estas eleccións marcarán a fin do bipartidismo, Rueda manifestou que de producirse esta quebra, será pola banda do PSOE. Porén, recoñeceu que as expectativas electorais dos populares son peores que en 2011. O secretario xeral do PP galego marcou como obxectivos para a súa formación a permanencia nas tres deputacións (Pontevedra, Ourense e A Coruña), e gobernar \"cando menos\" en tres das sete cidades e en \"máis da metade\" de municipios de Galiza."}
{"ID": "NOS_13404", "summary": "Arte marcial galega", "text": "Na Galiza, e en Portugal, o caxato de labregos e pastores facía as veces de espada. Polo menos no ámbito lúdico. O xogo do pau é unha arte marcial galega, os combates de pau, que até ben entrado o século XX era frecuente nas feiras e romarías do país e mais do país veciño. Un libro do folclorista Carlos Rey e de Isidro Piñeiro -que trata de revitalizar o xogo no Salnés-, traballo de etnografía e divulgación, recupera a historia dunha disciplina que, en Portugal, segue viva. O xogo do pau foi esmorecendo na Galiza a partir dos anos 30. As razóns, segundo recolle a entrada da Galipedia, foron varias: a acción das autoridades policiais que prohibiron o uso dos paus dentro dos recintos das feiras; a emigración do rural ao urbano ou a países estranxeiros, e \"a xeralización do uso de armas de fogo, que fixo innecesaria a aprendizaxe lenta e difícil desta técnica de defensa persoal\". Presentación esta sexta feira en Vilagarcía Non obstante, nos últimos tempos activistas tentan recuperarlo. Jogo do Pau Compostela ou o propio Piñeiro esfórzanse nesa dirección. No mesmo sentido vai o libro O xogo do pau que, publicado pola asociación cultural de Vilagarcía de Arousa O Faiado da Memoria -coa colaboración da Deputación de Pontevedra-, presentarase esta sexta feira, 24 de xaneiro, ás oito do serán no local do Faiado. Ademais dos autores, participará no acto Cándido Meixide. O Faiado da Memoria presentará ao longo do mes outros dous libros de produción propia, A cantiga deshonesta e Historias dunha vida vivida, amais do libro de conversas de Salvador Soutullo Palabra de patriotas."}
{"ID": "NOS_22898", "summary": "Un vídeo da asociación cultural 'Eu son de Mazaricos' triunfa na rede cunha mistura de humor e reivindicación da man dunha mociña alcaldesa no Mazaricos de dentro de 23 anos.", "text": "Mazaricos ano 2040. Desde o despacho da Casa do Concello, unha alcaldesa ben noviña non dá feito a facer xestións e atender citas: desde xaponeses que queren instalar unha fábrica de iogures no municipio (\"dilles que non, que nós facemos os iogures e eles que nolos compren\") até o presidente da Xunta. Non ten un respiro a rexedora. \"Aghora todo o mundo quere vivir en Mazaricos\", afirma mentres fala de como a xestión dos recursos eléctricos que se xeran no concello e a posta en valor do leite fixeron que Mazaricos progresase. \"Non lembro moi ben pero contáronme que antes isto ía a menos, que todo ía ficar abandonado, os gandeiros a vender as vacas e as silveiras a subir polos eucaliptos\", comenta esta alcaldesa. \"Que aghonías eran!\", engade mentres pasea polo Mazaricos do2040, onde os sectores produtivos progresan (leiteiro, forestal -sen eucaliptos-...) e a poboación aumenta. Este é o vídeo da asociación cultural 'Eu son de Mazaricos', que leva xa en poucos días miles de visitas en youtube. Porque no Mazaricos de 2040, como di a alcaldesa, \"temos de todo. Praia aínda non temos mais estamos a nada de absorber Carnota\"."}
{"ID": "PRAZA_14064", "summary": "Nun sistema democrático, as maiorías electorais teñen todo o poder e maila gloria, mais non poden reclamar tamén a inocencia. As maiorías que puxeron no poder a Camps, Gil y Gil ou Jaume Matas cábelles a escusa da novatada; mais as maiorías que os ratificaron no poleiro son cómplices da vida e obras de tales gobernantes, tanto das cousas boas coma das malas", "text": "Hai agora xa dous anos, aló no devalo do verán do 2010, escribía eu no desaparecido Xornal de Galicia unhas palabras sobre a mala imaxe da política entre a cidadanía. Resulta que por aquelas datas, os políticos e mailos partidos subiran ós primeiros postos da Liga CIS dos problemas para os españois, sendo só superados na clasificación polos problemas económicos en xeral e o paro en particular. Daquela o meu relatorio centrábase en que algo cheiraba a podre en Dinamarca se a política era vista coma problema, cando, por principio, debía ser a solución dos demais problemas; ou cando menos, non ser un atranco para solucionalos. Dous anos despois, e xa que a política e mailos políticos seguen nos postos de podio da Liga CIS, deume por darlle voltas ó asunto e a ver ata onde daban de si os miolos. A desfeita económica fixo mais visibles os casos de corrupción e puxo en evidencia a ineficacia dos políticos á hora de facerlle fronte Damos por sentado que partillamos que a política xamais debe ser sentida coma un problema, xa que foi creada precisamente para darlle solución ós moitos problemas que a convivencia humana fai agromar. Damos tamén por consensuadas as dúas razóns fundamentais que poden explicar a mala imaxe actual da política entre os cidadáns: corrupción e ineficacia. Ámbalas dúas razóns non son conto novo de agora, pero a desfeita económica fixo mais visibles os casos de corrupción e puxo en evidencia a ineficacia dos políticos á hora de facerlle fronte. Semella, pois, que hai xustificación abonda para que o cidadán responda ós enquisadores do CIS que a política, os políticos e mailos partidos son un dos mais graves problemas de Hespaña. Xa que logo, por que me desacouga esta persistente preeminencia da política como problema? O tal \"problema político\" é plebiscitado entre a cidadanía cada certo tempo, onde os políticos nos declaran o seu amor sincero e desinteresado e nos piden axeonllados a renovación do compromiso Os problemas de seu véñenme dados e pouco ou nada podo eu facer para librarme deles. A crise económica, o desemprego, o terrorismo, a inseguridade cidadá, o cambio climático, o perigo nuclear, as drogas… todos eles chegan ás nosas vidas sen nós chamalos, cando menos de xeito consciente. A diferenza deles, o tal \"problema político\" é plebiscitado entre a cidadanía cada certo tempo, onde os políticos nos declaran o seu amor sincero e desinteresado e nos piden axeonllados a renovación do compromiso. Dando tamén por sentado que somos seres racionais, se vemos ou sospeitamos que os que agora están no poleiro son corruptos ou ineficaces, sería de supoñer que lle deramos o \"si quero\" a outros, ou incluso que non llo deramos a ningún. Pero se cadra é moito supoñer que somos seres racionais, xa que a historia recente está ateigada de políticos corruptos ou ineficaces que revalidaron o apoio electoral da cidadanía. Así as cousas, se unha grande maioría de xente lle responde ós enquisadores do CIS que os políticos representan un problema grave, e os políticos con responsabilidades de goberno foron votados pola maioría dos cidadáns, entón hai que concluír que a maioría da xente ten un problema aínda mais grave ca os que conta: unha de dúas, ou sofre algún trastorno bipolar, ou é parva de remate. A saber, ou a súa man dereita non sabe o que fai a esquerda, ou sinxelamente a relación causa-efecto non está entre as súas categorías mentais e non é que de casar feitos e consecuencias. Que non sei cal das dúas conclusións é mais preocupante e desalentadora. Pero sexa unha ou a outra, non vai ser que o problema non estea na política, nin nos partidos, nin nos políticos; non vaia ser que o problema realmente sexamos todos nós. Nun sistema democrático, as maiorías electorais teñen todo o poder e maila gloria, mais non poden reclamar tamén a inocencia Nun sistema democrático, as maiorías electorais teñen todo o poder e maila gloria, mais non poden reclamar tamén a inocencia. As maiorías que puxeron no poder a Camps, Gil y Gil ou Jaume Matas cábelles a escusa da novatada; mais as maiorías que os ratificaron no poleiro son cómplices da vida e obras de tales gobernantes, tanto das cousas boas coma das malas. Fraga mandou levantar a Cidade da Cultura, é certo; pero tamén o é que unha maioría cómplice o deu por ben feito. Fabra mandou construír un aeroporto no medio da nada, é certo; pero tamén o é que unha maioría cómplice lle riu as grazas. E poderiamos estar así ata mañá, contando un por un, casos coma estes."}
{"ID": "NOS_6974", "summary": "O equipo de goberno do concello cancela o proceso de contratación despois de seren denunciadas irregularidades no mesmo por parte do BNG. O concelleiro de Medio Rural convidou a outras dúas empresas de desbroce forestal, para iniciaren de novo o procedemento.", "text": "Como adiantaba Sermos Galiza a pasada semana, o grupo municipal do BNG denunciaba unha posíbel vulneración dos principios xerais de contratación administrativa, por parte do Concello de Santiago. As irregularidades foran detectadas por persoal técnico da admnistración local que sinalaron lazos familiares entre dúas das tres empresas. Logo de se faceren públicas as sospeitas e seren revisados os informes de contratación, o grupo do Partido Popular botou atrás a proposta e decidiu abrir máis un procedemento. Para o voceiro municpal do BNG, Rubén Cela, \"ante tantas evidencias e a denuncia pública do BNG, ao Goberno municipal do PP non lle quedou máis remedio que retirar todo\". Así mesmo, o voceiro nacionalista sinalou que non se trata da primeira vez que acontecen irregularidades, pois as mesmas empresas foran convidadas nun proceso anterior en condicións idénticas. @s edís nacionalistas, presentaran a pasada semana unha batería de preguntas á fin de que o equipo municipal esclarecese o acontecido. Neste senso, malia que o regulamento do Concello compostelán fixa 15 días para emitir unha resposta, desde o BNG aseguran non ter recibido ningunha polo que exixen ao alcalde explicacións pola suspensión do proceso."}
{"ID": "PRAZA_2937", "summary": "A coordinadora nacional de Anova márcase como próximos obxectivos \"acadar a maioría no Parlamento galego\" e \"colaborar para sacar o PP do goberno de España\". O seu covoceiro advirte aos socialistas que permitir a investidura dun presidente do PP \"sería cavar a súa propia fosa\"", "text": "A coordinadora nacional de Anova reuniuse este sábado en Teo para analizar uns resultados das eleccións xerais que considera \"históricos\". A formación nacionalista, integrada na coalición En Marea, considera na súa resolución que os máis de 400.000 obtidos polo espazo de confluencia é unha \"demostración palpábel de que os procesos amplos e plurais de unidade popular teñen unha importante receptividade social para liderar o cambio político e social e, xa que logo, marcan o camiño\". Beiras aposta por \"reduplicar a potencia\" de En Marea nas autonómicas e ve \"posible\" unha confluencia co BNG Ademais, chama á \"potenciación\" desta \"alternativa cidadá real\" que supón \"unha fiestra de oportunidade para a expresión da unidade popular que continúa aberta\". Por iso, Xosé Manuel Beiras, covoceiro de Anova, di apostar por \"reduplicar a potencia\" de En Marea de cara ás próximas eleccións autonómicas e ve \"posible\" unha confluencia co BNG, logo de que non callara hai tan só uns meses. \"Iso non foi posible\", dixo o histórico dirixente nacionalista aos medios, pero \"é posible agora\". Para Anova, tal e como di na súa resolución, o obxectivo non é outro que \"acadar a maioría no Parlamento galego\" e, aínda antes, \"facer todo o posíbel para sacar o PP do goberno do Estado\". \"Colaborando se é que se dá a oportunidade, nun gran pacto de esquerda que blinde os dereitos sociais, que defenda os nosos sectores produtivos e que respecte o dereito a decidir das persoas e dos pobos como máxima expresión da democracia\", aclara. A formación nacionalista destaca a obtención dun grupo propio para Galicia por parte de En Marea, que \"vai ter unha voz propia no Estado para, por unha banda, tratar de solucionar os graves problemas sociais e ambientais do noso país e constribuír a mudar radicalmente as políticas contrarias á maioría social tanto a nivel de Estado coma na propia da UE\". Anova márcase como obxectivos \"acadar a maioría no Parlamento galego\" e \"colaborar para sacar o PP do goberno de España\" Beiras, nas declaracións aos medios, foi máis aló ao pedir a Podemos e aos seus aliados que lle fagan \"un cerco\" ao PSOE para que \"non caia na tentación\" de facilitar a investidura dun presidente do PP. \"Sería cavar a súa propia fosa\", dilles. O histórico líder advertiu que será \"un reto moi difícil\" impedir que os populares lideren o Executivo central, polo que instou a presionar os socialistas. \"O PSOE ten que escoller entre seguir sendo columna vertebral da restauración borbónica ou recuperar o seu proxecto orixinal, o dun partido republicano, socialdemócrata e federal\", dixo. \"Ou recupera esa tradición ou pasaralle como ao Pasok\", engadiu. Beiras advirte ao PSOE de que permitir a investidura dun presidente do PP \"sería cavar a súa propia fosa\" Por outra banda, Beiras insistiu en gabar os resultados de En Marea, formación que era \"o que agardaba a cidadanía\", e destacou os seus resultados nas cidades, especialmente en Vigo, onde foi a máis votada ante uns socialistas que \"viñan de arrasar\" nas municipais con Abel Caballero. Respecto dos posibles atrancos que se lle poidan poñer á coalición para formar grupo propio, o covoceiro de Anova agarda que o PSOE non intente evitalo."}
{"ID": "PRAZA_10819", "summary": "O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións.", "text": "O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións. O bebé protagonista desta serie que naceu con 35 cueiros baixo o brazo e que peregrinou de administración en administración para formar parte da cidadanía e atopar unha gardería que lle permitise conciliar cos seus proxenitores chegou ao mundo nun país que se debate entre o \"malo será\" e o \"non pases fame, fágoche un bisté?\". Pero se os profesionais da pediatría che aconsellan vacinar o teu bebé fronte a algunha enfermidade concreta, que fas? Asumes o \"malo será\"? Ou o \"que ao meu bebé non lle falte de nada\"? Un debate que chega ás familias ben cedo, aos dous meses do parto. As vacinas en España non son obrigatorias, pero o sistema público de saúde ofrece boa parte delas de xeito gratuíto e iso vén facilitando o progresivo retroceso de todo tipo de enfermidades. O recente paso dado pola Xunta de restrinxir as garderías públicas só a bebés vacinados supón outro respiro ás familias amantes do método científico fronte ás do \"malo será\".A Asociación Española de Pediatría e o persoal Sergas recomendan e receitan vacinas que non inclúe o sistema público no seu calendario gratuítoO problema aparece cando, ao ir a poñerlle ao neno as primeiras vacinas, aos dous meses de nacer, atopas que a Asociación Española de Pediatría recomenda que, ademais das que ofrece gratuitamente o Sergas, deberas poñerlle tamén outra, pagándoa ti, contra o rotavirus, que prevén de gastroenterites agudas. E que un mes máis tarde, aos tres meses, tamén sería recomendable poñerlle outra contra a meninxite B, que pode ser mortal. E que esas vacinas hai que poñelas en varias doses que se deben repetir meses máis tarde e que en total suman máis de 500 euros. A familia concienciada con que o bebé non pase fame de vacinas consulta co profesional concreto que atende o seu neno e está de acordo, é recomendable vacinalo tamén contra esas dúas enfermidades non incluídas no calendario oficial gratuíto. Así que, a petición da familia, expide, nun papel con encabezamento do Sergas, unha receita non cuberta pola Seguridade Social pero necesaria para que nunha farmacia che poidan vender as doses necesarias. Porque así como o resto de vacinas ofrecidas polo Sergas xa as teñen nos centros de saúde, onde as administran, esas outras debes mercalas ti nunha farmacia e levalas ao pediatra, con coidado de que non pase moito tempo porque precisan manterse frías (as farmacias adoitan telas reservadas nas súas neveiras para facilitarchas no mesmo momento en que te dirixas ao centro de saúde).É ese un dos momentos en que pensas que os 1.200 euros da Tarxeta Benvida tampouco é tanto se máis de 500 xa se poden quedar nunha farmacia para pagar esas vacinas que a Xunta non lle pon ao teu bebé pero que os e as pediatras do Sergas che recomendan poñerlle.Tamén podería pasar que, como foi neste caso, xusto o día antes da cita para esa vacinación de pago no centro de saúde público recibas unha chamada do hospital no que naceu o teu bebé propoñéndote que non o fagas, que non vacines ao día seguinte ao teu neno para que así pase a formar parte dunha proba de mellora desa vacina que estuda cambiar as súas pautas para, en vez de aplicar a primeira dose aos tres meses, pasar a administrala aos 13 meses. Os tempos da administración, da ciencia, da conciliación e dos medos familiares non sempre casan entre siDinche que non hai problema, que é seguro, que nese caso asumen eles no hospital o custo das doses. Pero dincho o día antes de que ti xa previras vacinar o teu neno, coa vacina xa encargada na farmacia e por teléfono. Sen marxe de manobra. Así que a familia concienciada coa vacinación ten que decidir se fai caso a un médico que por teléfono che recomenda que agardes case un ano antes de poñer esa vacina que ti estabas convencido de poñer ao día seguinte porque queres ter o bebé o máis protexido posible canto antes. Novamente, os tempos da administración, da ciencia, da conciliación e dos medos familiares non casan entre si.A aldea dos bistésTodas estas preocupacións sobre a vacinación do bebé auméntanse no rural, onde hai que engadir ao proceso as dificultades para atopar un pediatra. Porque o bebé desta historia é urbanita, pero como moitos en Galicia tamén ten unha aldea e uns proxenitores que nalgún momento especularon co feito de que fose a última persoa nacida nela. A aldea en cuestión está en Abadín e o bebé visitaraa cada certo tempo, pero coa esperanza dos pais de que non lle pase nada leve (para o grave sempre están as urxencias hospitalarias) porque alí só hai pediatra os xoves durante dúas horas. E os obstáculos que conta a pouca veciñanza con pícaros para seren atendidos na veciña Vilalba tampouco animan precisamente a un urbanita a axudar coa demografía rural do país. O bebé desta historia acabará indo á aldea nas fins de semana e en vacacións a que a avoa o encha de bistés mentres os pais pensan: \"Malo será\".Próxima entrega:Ter un bebé en Galicia (capítulo 5 e final): Entre a propaganda e mirar os boletíns oficiais a diario"}
{"ID": "NOS_16766", "summary": "Entre outros activos, Pontegadea Inmobiliaria é propietaria de locais que ten alugados a Inditex, a compañía da que Amancio Ortega é o maior accionista, co 59,2% dos títulos.", "text": "2013 foi un ano excelente para Amancio Ortega, a terceira fortuna do planeta, tamén en termos dos seus beneficios no sector inmobiliario. A súa firma -Pontegadea Inmobiliaria, da que é proprietario ao 100%- obtivo en 2013 un beneficio neto de 93,3 millóns de euros, segundo recolle esta quinta feira o diario El País, rotativo que utiliza como fonte as contas entregadas pola empresa ao Rexisto Mercantil. Pontegadea Inmobiliaria ingresou en 2013 98,5 millóns de euros en conceito de alugueres das súas propriedades. Os activos da empresa ascenden neste momento a 4.519 millóns de euros, en tanto que a súa débeda cos bancos se sitúa en 325,1 millóns (73,8 menos que o pasado exercicio)."}
{"ID": "PRAZA_18751", "summary": "Sempre digo que a normalidade é unha palabra variable. O que foi normal no pasado, agora pode ser incongruente", "text": "\"Coas mulleres xa se sabe\"; \"Coas mulleres nunca se sabe\". Celia Amorós cita estas dúas sentenzas contrarias en relación coa lingua, pero equivalentes no seu significado. Vén a conto das declaracións do Podólogo do Real Madrid, orgulloso dos pés dos seus futbolistas: \"De teren unha mala pisada, non chegarían a onde están\". \"Todo comeza por un paso. Todo o que se fai na vida.\"\"Camiñar repercute no sistema articulatorio e muscular do noso corpo. Eu teño deformación profesional e vou nunha fileira de xente e danme gañas de parar a alguén e dicirlle: Faite mirar iso que vas quedar sen xeonllos\".Fachendoso da corrección da pisada dos seus xogadores, calzados como é debido, as mulleres non son da súa incumbenciaPois este profesional, consciente e preocupado, ao mesmo tempo é un misóxeno a quen non lle importa que as mulleres esmaguen o corpo, co calzado que usan exclusivamente. Mesmo se os pés son iguais aos dos homes, os zapatos de mulleres teñen distinta forma, oprimen as dedas por diante, facéndoas montarse e deformarse. Teñen uns tacóns que obrigan a levar o pé como un cabalo. Sabe perfectamente o dano que producen nos pés, xeonllos, pernas, columna vertebral, en todo o organismo pero afirma: \"Non convencería a unha muller de que non use tacóns\". Sería inútil. \"Coas mulleres xa se sabe\". Son irracionais. Non atenden. Prefiren a moda á saúde. \"Por campar, rabiar\", dicían as avoas, e comezan xa de nenas.Fachendoso da corrección da pisada dos seus xogadores, calzados como é debido, as mulleres non son da súa incumbencia. Falar do tema coas autoridades, para que? Obrigar a que fagan constar nos lugares de exposición e venda dos ridículos artefactos os danos que producen? (como nas fundas de tabaco) Non, para que? Pois para poñer de moda e considerar elegantes os zapatos cómodos. Iso faise facilmente tendo os medios de comunicación. Por outra parte, a venda de zapatos non se ía alterar, nin a moda, as cores, os materiais…Sempre digo que a normalidade é unha palabra variable. O que foi normal no pasado, agora pode ser incongruentePero, mesmo se é un grave problema para a vida e o benestar das mulleres, así como un gasto sanitario, mellor é que vivan a súa dependencia. Que se machuquen. Logo necesitarán operacións de xoanetes, de dedas en garra, de implantación de próteses de xeonllos, de cadeiras, e demais.Sempre digo que a normalidade é unha palabra variable. O que foi normal no pasado, agora pode ser incongruente. Persoalmente, polo meu cambio de mentalidade, os zapatos de tacón, non só me parecen unha agresión corporal, senón que os encontro tan ridículos!, e as mulleres que os usan tan obedientes, abnegadas e horteras!Pero, xa dixen, outra mentalidade modifica tamén o modo de vestir e de calzar. Os homes, saben, mesmo se non o analizan profundamente. Pero, saben que unha muller vestida e calzada como lle corresponde é presa posible. Velaí."}
{"ID": "NOS_41321", "summary": "Após estimar o recurso presentado polo Concello de Vigo afirma que o monumento non exalta o golpe de estado do 36 nen a ditadura franquista.", "text": "Esta terza feira (10 de febreiro) o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) revogou a sentenza que ordenaba o derrubamento da Cruz localizada no Monte do Castro, en Vigo. Desta maneira a máxima instancia xudicial do noso país deixa sen efecto a decisión adoptada polo Xulgado do contencioso-administrativo nº2 e que fora recorrida polo goberno local de Abel Caballero (PSOE). Segundo o tribunal o monumento non supón unha exaltación do golpe de estado de 1936 nen tampouco da ditadura franquista \"unha vez desaparecida toda simboloxía franquista\", senón que \"á marxe das crenzas que motivaron a súa construción, como moitos outros monumentos ao longo da historia da humanidade, han de levar ao coñecemento e a reflexión\" das xeracións presentes e futuras. A sentenza di que \"á marxe das crenzas que motivaron a súa construción, como moitos outros monumentos ao longo da historia da humanidade, han de levar ao coñecemento e a reflexión\" Segundo a sala a Cruz ha de considerarse un símbolo \"representativo de ambos os dous bandos\" polo que revoga o seu derrubamento. Cumpre lembrar que o conflito da Cruz do Castro fora levado perante os tribunais pola Asociación viguesa da memoria do 36 que, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007 exixían fose retirada. Voto particular A sentenza do TSXG contou co voto particular dunha maxistrada quen considera que si debe ser derrubada. A xuíza Cristina María Paz Eiroa sinala que o labor da sala non é \"reabrir un debate\" senón o de \"revisar a sentenza\" que di, \"é clara, precisa, congruente e en especial motivada\". Así, sinala no documento incorporado á sentenza do Superior de Xustiza a decisión adoptada en primeira instancia axústase \"ás regras da lóxica e da razón\" para alén de \"dar bon exemplo do que a Lei de axuizamento civil ordena\" polo que pide a desestimación do recurso interposto polo Concello de Vigo. A Asociación memoria do 36 estuda recorrer Pola súa banda desde a Asociación memoria do 36 aseguraron que están a estudar a posibilidade de presentar recurso quer de casación quer de amparo perante unha sentenza \"de baixa calidade\", asegurou o avogado do colectivo, Guillermo Presa, en declaracións recollidas pola axencia Europa Press. No entanto, o letrado afirmou que será \"extraordinariamente difícil\" conseguir un fallo favorábel ao derrubo após o acordo adoptado pola sala do contencioso-administrativo do TSXG."}
{"ID": "NOS_13807", "summary": "Galiza acumula cinco meses seguidos con baixadas no número de creación de empresas. Ese descenso en xullo foi de case 15% a respecto do mesmo mes do ano pasado. Foron 286 as novas sociedades mercantís constituídas o pasado mes.", "text": "Galiza acumula cinco meses seguidos con baixadas no número de creación de empresas. Ese descenso en xullo foi de case 15% a respecto do mesmo mes do ano pasado. Foron 286 as novas sociedades mercantís constituídas o pasado mes. A creación de empresas tamén descendeu no Estado español mais fíxoo nun 8,5%, case a metade que a caída galega. Tamén se reduce a disolución de sociedades neste mes, en concreto, en 15%. En xuño o descenso na creación de empresas na Galiza foi de 30% e en maio de 9%. Desde febreiro non presentamos rexistros positivos neste campo. Hai unha ralentización do crecemento na economía galega. Após tres anos cunha suba igual ou superior á media española, dá agora sinais de \"constiparse\", nun proceso que vai ir a máis, apontan as economistas. De fondo, a mudanza no patrón de crecemento económico da Galiza. No primeiro trimestre do ano, o PIB da Galiza aumentou en 0,4% –o valor máis reducido desde 2014– fronte ao 0,7% da media española. O ritmo de crecemento da economía galega sitúase en 2,3%, unha décima por baixo de España e oito décimas menos que o ritmo co que iniciamos 2018. \"A ralentización da economía galega vai asociada a unha mudanza no patrón de crecemento\", explican desde o Foro Económico da Galiza, entidade que co seu \"Barómetro\", no que analizan 15 variábeis que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, actividade industrial, comercio internacional, etc, advirte dese desaceleramento."}
{"ID": "NOS_908", "summary": "O goberno español subirá o IVE, unha medida que empeorará as condicións de vida das clases populares.", "text": "Malia negar a maior en campaña electoral e mesmo en sucesivas ocasións nestes seis meses de lexislatura, o goberno español subirá o IVE, de acordo coas liñas económicas marcadas dende a Comisión europea e o Fondo Monetario Internacional. Unha suba, que se engade ao encarecemento da luz (+7%), o gas (+5%) e a garrafa de butano (+2,9%). Despois de meses de recortes e medidas de axuste, que non deviñeron nunha melloría da situación económica senón que a agravaron, o Partido Popular insiste en profundar nas mesmas políticas neoliberais e subir os impostos indirectos -aqueles que gravan a tod@s por igual independentemente da renda das persoas. As consecuencias de tal decisión, poden ser xa anticipadas ao abeiro do acontecido noutros países europeos. Portugal, Grecia e Irlanda -cuxas economías foron intervidas de igual xeito que a española, non conseguiron máis que precarizar as condicións de vida das maiorías sociais ao incrementárense os prezos, especialmente, de produtos esenciais. A aprobación desta suba no IVE, súmase aos novos paquetes de medidas que ten previsto implementar o goberno español: despedimento de persoal público, nomeadamente persoal interino; a conxelación das pensións, ou máis unha vaga de privatizacións, o que supón unha engádega á implantación do (re)pago sanitario, os recortes no financiamento de servizos sociais fundamentais e a precarización laboral logo de ser aprobada máis unha reforma. Mentres o goberno español lanza as súas consignas, nas que tales medidas constitúen un 'esforzo' a prol da saída da crise, a realidade é que se entregan sen cortapisas cantidades inxentes de diñeiro público á banca privada, principal responsábel da grave situación económica internacional. Após aprobar o rescate á banca española cunha primeira intervención de 30.000 millóns de euros, as particulares pagaremos máis polos servizos e produtos básicos, como contrapartida ao diñeiro emprestado pola UE. Unha reforma fiscal integral, a alternativa contra os recortes e a suba do IVE \"Que paguen máis os que máis teñen\" esa é a proposta do BNG contra as políticas de axuste promovidas dende os gobernos español e galego. A fronte nacionalista, cre que un modelo de financiación propio con maiores gravames para as rendas máis altas e a territorialización dos tributos, permitiría recadar o diñeiro co que financiar os servizos sociais fundamentais. Na súa proposta, @s nacionalistas apostan pola supresión das deputacións, que consideran \"entes obsoletos\" e daqueles ministerios con competencias transferidas, como medida de aforro e axuste. Tamén así a supresión do \"gasto militar\" que permitiría fornecer ás arcas públicas con 10.000 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_27606", "summary": "Todo apunta a que Ricardo Carvalho Calero será a persoa a quen se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2020. Trece integrantes da RAG, entre eles a Executiva, presentaron unha outra proposta sobre o ferrolán, alén da rexistrada por nove académicas e académicos e da que informara Sermos Galiza na mañá da terza feira.", "text": "O nome de Ricardo Carvalho Calero soa con forza para protagonizar o Día das Letras Galegas en 2020, ano en que se fan 30 do seu falecemento. Na mañá desta terza feira, Sermos Galiza daba conta da proposta asinada por nove académicas e académicos para o promover como candidato. Horas despois tivo coñecemento de que foi rexistrada unha outra candidatura coa sinatura de 13 membros da RAG para que ao ferrolán se lle dedique o Día das Letras o ano que vén. Fontes consultadas salientan que Margarita Ledo, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares impulsaron a candidatura que conta co apoio da Executiva da Academia, formada por Víctor Freixanes, presidente; Henrique Monteagudo; Marilar Aleixandre, Andrés Torres Queiruga e Fina Casalderrey. Entre as 13 sinaturas tamén se atopan as de Luz Pozo Garza, Pexerto Saavedra, Francisco Díaz-Fierros, Xosé Luís Franco Grande e Salvador García-Bodaño, quen tamén apoiou a listaxe das nove académicas e académicos. \"Cando rexistramos esta proposta non había aínda ningunha outra formalizada\", informan fontes próximas á candidatura apoiada pola Executiva. Salientan que \"houbo un intento de presentar por consenso a proposta de Carvalho Calero\". \"Sería bo que se fixese de maneira conxunta para disipar calquera dúbida a respecto do apoio a Carvalho Calero\", acrecentan. Na candidatura impulsada por Ledo, Villares e Alonso Montero póñense de manifesto as contribucións do ferrolán á lingua e o seu traballo na elaboración das gramáticas, así como o seu papel intelectual e de persoa defensora do galego. Que supoñen as dúas propostas? Fontes da Academia afirman que a presentación de dúas candidaturas sobre Carvalho non representan problema ningún, pois \"en ningún momento se vai votar por unha banda a proposta maioritaria e pola outra a minoritaria\". Votarase, chegado o momento, o nome de Ricardo Carvalho Calero que, á vista dos apoios, todo apunta a que será o protagonista do Día das Letras Galegas 2020. Desde, cando menos, 2005, o de Carvalho Calero é nome habitual entre os candidatos ás Letras Desde, cando menos, 2005, o de Carvalho Calero é nome habitual entre os candidatos ás Letras. Aquel ano presentouno o académico Xosé Luís Axeitos. En 2018 volveu impulsalo o propio Axeitos, así como Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, Manuel Rivas, Manuel González, Chus Pato, Xosé Luís Regueira e Euloxio Ruibal. O 29 de xuño a RAG informaba nun comunicado que elixiría entre Carvalho Calero e Antonio Fraguas o protagonista de 2019. O 7 de xullo de 2018 facíase pública a escolla do estudoso de Cotobade. Nunha entrevista publicada por Sermos Galiza, Freixanes amosábase convencido de que Carvalho Calero sairía elixido Nunha entrevista publicada no número 338 de Sermos Galiza, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, sinalaba que \"a nivel institucional, creo que todos somos conscientes de que a figura de Carvalho conta con méritos abondo para merecer o Día da Letras como intelectual e persoa comprometida coa cultura e a lingua do país\". Advertía de seren conscientes de que \"dedicarlle o día a Carvalho Calero é abrir, se non un debate, si un horizonte en que a Academia debe ter unha posición moi clara e definida. A Academia non pode sementar a confusión\". Carvalho tivo ao final da súa vida, salientaba, \"unha opción respectábel, que defende un sector da intelectualidade galega, unha opción que implica un modelo ortográfico distinto do que historicamente defende a RAG\". \"A Academia ten que saber que cando presenta publicamente unha figura como a de Carvalho podería estar presentando tamén este debate. É unha reflexión interna que non é a primeira vez que facemos. Eu non lle teño medo ningún, pero debemos ser claros diante da sociedade\", engadía. Freixanes: Non me gustaría nada empezar a labazadas entre uns e outros na cara do vello profesor. Don Ricardo non merecería iso A nivel persoal, Freixanes manifestaba estar convencido de que Carvalho sairía elixido. \"Cando? Gostaría que fose máis antes que despois, pero son os académicos os soberanos e hai que valorar todas as posicións\". \"Cando o poñamos enriba da mesa, e espero que o poñamos, temos que ser moi conscientes de que discurso levamos á sociedade, porque non me gustaría nada empezar a labazadas entre uns e outros na cara do vello profesor. Don Ricardo non merecería iso\", apuntaba o académico."}
{"ID": "NOS_24701", "summary": "Tradicionalmente, o verán é o período de maior actividade para a venda dos produtos artesáns galegos. Este ano, a Covid-19 causou tamén neste sector unha crise, derivada da baixa cifra de feiras realizadas e da menor afluencia de público e artesáns.", "text": "O gremio artesán vai lembrar o ano 2020 pola drástica redución que viviu no número de feiras debido á pandemia do coronavirus. Argálica, Faroleiros e Mostrart foron algunhas das poucas citas estivais que se realizaron e que, a pesar de seren seguras grazas á aplicación dos protocolos sanitarios, tamén acusaron unha baixada de público. \"Cada feira tivo que aplicar un conxunto de medidas para minimizar o risco de contaxio\", comenta Sol Vázquez, directora xeral de Comercio da Consellaría de Economía. Medidas baseadas en garantir a distancia de seguridade \"e con tal finalidade había entradas diferenciadas das saídas para que houbese un percorrido específico e unha única vía de circulación\", engade \"e tamén houbo que garantir a distancia entre os postos, ben afastándoos ou ben interpondo barreiras\". A distancia entre artesán e cliente é tamén punto chave da seguridade tanto en feiras como en tendas. \"Fíxose un esforzo moi importante porque o que interesa nunha feira é que haxa público e a xente só vai asistir se se sente segura\", comenta Sol Vázquez. Aínda así, o ceramista Marcelo Scapinachis fala de que \"as vendas foron bastante inferiores a outros anos\" e recalca que \"en Argálica a facturación foi de entre 60 e 70% menor que o ano anterior\". O artesán, actualmente instalado en Mondoñedo, refírese así mesmo aos profesionais e explica que \"tamén houbo menos oferta dos oficios, artesáns que preferiron non ir ás feiras e quedar no obradoiro porque había moita incerteza en canto a vendas\". Como o resto das profesións, a artesanía viuse confinada e abocada ao traballo en liña a pesar de que para o gremio \"a artesanía é un produto no que a venda online é máis complexa porque xente quere tocar, sentir as texturas\", afirma Scapinachis. Así e todo, desde Creativas Galegas, Bea Barril explica que a actividade no confinamento non cesou e \"xurdiron varias iniciativas coas que seguimos agora, coma os 'parladoiros' para compartir as inquedanzas e propostas ou a 'xanela' para presentar unha persoa do colectivo e dar a coñecer a súa marca\". A entidade reclama un mercado virtual global e Sol Vázquez asegura que \"desde a Xunta sacamos axudas á organización de feiras físicas e tamén virtuais e incluso efémeras\"."}
{"ID": "NOS_19833", "summary": "Agtamar-Upta forneceu estas cifras, certamente preocupantes e acaecidas a pesar do paro nalgunhas actividades derivado da pandemia, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo.", "text": "O ano pasado foi un exercicio raro a todos os niveis, incluído o laboral, pero a parálise imposta pola pandemia en moitos sectores non freou os accidentes laborais. Segundo Agtamar-UPTA , 2020 fechou na Galiza cun total de 1.912 sinistros no traballo entre as e os autónomos. Da cifra global hai que ter en conta que 102 episodios revestiron bastante gravidade mentres que outros seis remataron co falecemento das ou dos afectados. Segundo as mesmas fontes, os incidentes mortais foron en Lugo (tres), Pontevedra (dous) e na Coruña (un). O resto dos accidentes graves saldáronse sen vítimas. Aliás, 1.810 persoas que traballan por conta propia no país tiveron algún tipo de accidente no ámbito laboral, rexistrándose a maior concentración nas comarcas coruñesas. Alí houbo 800 accidentes leves e medio cento dos máis preocupantes. Na área de Pontevedra contabilizáronse 467 pequenos episodios e 29 graves. Así se destaca como unha forma de facer un chamamento a incrementar as medidas de control na conmemoración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo. Apoio administrativo De feito, o presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, demandou a \"sensibilización das administracións para deseñar estratexias para atallar esta problemática e reducir o número de accidentes\". \"A saúde e a prevención dos riscos laborais na contorna do traballo autónomo deben constituír os eixos prioritarios da estratexia do novo modelo de traballo por conta propia que estamos a comezar a desenvolver\", defendeu. En calquera caso, agradeceu o papel do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) respecto da xestión da Covid-19."}
{"ID": "PRAZA_8457", "summary": "Carlos Varela advirte de que o preito podería chegar ao Supremo o Luxemburgo se é desestimada no xulgado.", "text": "Uns 1.200 millóns de euros sería o que tería que reintegrarse en depósitos no caso de que prospere a demanda colectiva que instou a Fiscalía para defender os afectados por participacións preferentes e subordinadas no país. Así o asegurou este martes o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, durante os Almorzos On/Off organizados polo Colexio Profesional de Xornalistas. O fiscal advirte de que o preito podería chegar ao Supremo ou Luxemburgo se non prospera en Galicia Ademais, Varela lembrou que o preito podería chegar ao Tribunal Supremo ou incluso a Luxemburgo no caso de que fose desestimado polo xuulgado de primeira instancia no que se está a seguir. A intención, tal e como aclarou o fiscal, é que se \"faga ver que hai unha práctica abusiva e que é preciso que se declare a súa cesación, que leva aparellada a nulidade desa práctica, e conseguir a restitución dos depósitos\". Tamén fixo referencia Carlos Varela aos escraches que desde hai semanas se están a levar a cabo ante os domicilios de diferentes cargos públicos. Así, destacou que acaba de recibir un oficio da Fiscalía Xeral do Estado na que se lle require, como ao resto de fiscalías autonómicas, que informe dos casos que acontezan en Galicia, para \"analizar a posible trascendencia xurídico-penal\" destas accións. O fiscal achegou a súa opinión e cre que é preciso \"analizar caso por caso\" cada acción para poder inferir posibles responsabilidades xa que \"non se pode establecer un padrón xeral\". Varela non ve nada \"punible\" nas fotos de Feijóo e Dorado pero entende que formen parte do \"debate político\" Do mesmo xeito, o fiscal superior mostrou a súa vontade de colaborar na comisión contra a corrupción creada no Parlamento de Galicia e recordou que xa aachegou á Cámara unha análise comparada dos modelos internacionais na que se establecían mecanismos preventivos ante posibles fenómenos de corrupción. O fiscal superior de Galicia, para rematar, tamén falou das polémicas fotografías do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co narcotraficante Marcial Dorado. Para Varela, as imaxes \"non son punibles\", pero si entende que formen parte do \"debate político\" no que, aclara, non quere \"interferir\"."}
{"ID": "NOS_37300", "summary": "Podemos marca territorio na asemblea de En Marea e unha das súas máximas dirixentes estatais, Carolina Bescansa, anunciou que a formación morada lle proporá ao PSdeG e ao BNG abrir unha \"mesa polo cambio político\".", "text": "Na asemblea da Marea que está a ter lugar este domingo, Bescansa anunciou que instará o PSdeG e o BNG a constituír un \"espazo de comunicación\". Na súa intervención, segundo recolle Europa Press, a dirixente do partido de Pablo Iglesias sinalou que nesa \"mesa polo cambio político\" se respectarán \"os proxectos de cada un\" e salientou que servirá \"para escenificar cales van ser as estratexias de cadaquén para botar das institucións do PP\". Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova, emprazou o PSdeG a \"cambiar de actitude\" e subscribiu o anuncio de Carolina Bescansa. Asegurou ao respeito que a proposta de crear unha mesa con PSdeG e BNG \"foi acordado entre todos nós\". Referiuse ao PSdeG como \"un partido dinástico, monárquico e un dos piares do malnacido réxime da segunda restauración borbónica\"."}
{"ID": "NOS_37886", "summary": "Esta quinta feira a conversa do #VenhanMais5 é co politólogo e escritor Álvaro López Mira.", "text": "-Como avalías o estado actual da política galega? -Amais do xa tópico alonxamento entre uns representantes enclaustrados no ideal partidocrático (e non só os da vella política) e uns representados críticos de taberna ou de salón pero, maioritariamente, conformistas con case todo, cabería salientar que, elección tras elección, Galiza opta por ser cada vez menos galega e cómpre non ignoralo se queremos revertelo. -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? -A lóxica dictamina que deberían existir mudanzas malia á tendencia á inamobilidade dos aparellos partidarios e de boa parte do electorado galego. Probablemente, non serán movementos sísmicos, pero si o suficientemente importantes para vivir profundas transformaciones, previsibles nese prazo en, por exemplo, os actores mediáticos, económico-financeiros e intelectuais do País e, por suposto, nas elites políticas, xa que hoxe os tempos políticos son cada vez de máis breve ciclo e nos próximos dous/tres anos ábrese un disparadeiro electoral intensísimo: locais, europeas, españolas e galegas case sen solución de continuidade que determinarán a intensidade deses inevitables cambios. A lóxica dictamina que a cinco anos vista deberían existir mudanzas malia á tendencia á inamobilidade dos aparellos partidarios e de boa parte do electorado galego -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -O esforzo dunha liña informativa en clave galega diferenciada dos esclerotizados medios escritos do País xa está feito. Quizais unha maior transversalidade que supere certos prexuízos, algún tan atávicos que ou xa non existen ou son moi distintos a nivel de análise dos fenómenos no século XXI, axudaría para abrir esa información a unha opinión pública anovadora e transformadora do conxunto social galego."}
{"ID": "PRAZA_18683", "summary": "ENTREVISTA | Este sábado celébrase o 16 aniversario da primeira manifestación de Nunca Máis. O proxecto Unha Gran Burla Negra, que analiza este proceso, púxose en marcha a pasada semana cunha conferencia de Germán Labrador, profesor titular na Universidade de Princeton, con quen falamos", "text": "Un movemento cidadán emerxeu en novembro do ano 2002 en Galicia. Un proceso que durante uns meses politizou a sociedade galega de forma transversal, como nunca sucedera. O mesmo movemento limpaba as praias, protestaba, preguntaba polos culpables da catástrofe do Prestige e reflexionaba sobre o mar e o país que quería ter. No cerne dese movemento, servindo de motor e de altofalante estaba o mundo da cultura, que se organizou ao redor da Plataforma contra a Burla Negra, unha efervescencia que non descansou durante meses e que está a ser analizada a través do proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019), que percorrerá Galicia nos vindeiros meses. O proxecto foi presentado o pasado venres en Compostela e terá a súa seguinte parada este venres na Pobra do Caramiñal. Abriuse cunha conferencia de Germán Labrador (Vigo, 1980), profesor titular na Universidade de Princeton. Labrador vén de publicar Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986) (Akal, 2017), un estudo sobre a potencia emancipadora das formas de cultura nos anos setenta, e na actualidade traballa nun libro sobre as respostas políticas e culturais á crise do 2008. Que é o que fai de Nunca Máis e de Burla Negra un movemento tan singular? Como se inscribe no seu contexto histórico, nunha Galicia con 13 anos de maiorías absolutas de Manuel Fraga e de cultura fortemente institucionalizada? É un movemento moi singular, por moitas cousas. Por unha banda, conecta prácticas e experiencias dos anos 70 e representa unha mirada e unha volta á cultura cidadá da Transición, ás contraculturas deses anos. Por outro lado, é un movemento que anticipa ou que xa ten dentro de si elementos do que van ser as novas formas de mobilización política globais do século XXI. E no contexto concreto no que ten lugar vai servir de eixo no proceso de ruptura da hexemonía do PP, supoñendo un curtocircuíto do Fraguismo como orde cultural, orde política e orde imaxinaria, representando un curtocircuíto dos xeitos de representación do Estado autonómico. \"Nunca Máis é un movemento que anticipa ou que xa ten dentro de si elementos do que van ser as novas formas de mobilización política globais do século XXI\" Nunca Máis é unha sorte de lóstrego histórico que opera a moitos niveis distintos: abre narrativas diferentes, ten unha relación moi interesante co nacionalismo galego, une o rural costeiro e a cidade e nel dáse a vella alianza entre o mundo do traballo e o mundo da cultura, presente en todos os proxectos galeguistas dende o século XIX. Conecta ademais unha crítica ao Franquismo, a través da figura de Fraga, cunha xeración nova de persoas afectadas por esta experiencia. Unha experiencia cambiavidas para moita xente, ademais, coa mesma potencia xeracional que tivo despois o 15M. Constrúe finalmente unha xenealoxía política alternativa no contexto galego, constitúe un momento de experiencias, un laboratorio político e cultural no que nos podemos mirar hoxe. Neses días pódese falar dun momento de crise do Estado. As súas estruturas son incapaces de deter a catástrofe e mesmo de dar respostas axeitadas á poboación. Como reacciona a sociedade galega nesa situación? \"No núcleo está a crise de representación política. De súpeto, o Estado desaparece, non está. A aparición dunha cidadanía xorde da necesidade de dar resposta a unha catástrofe que ameaza a propia supervivencia simbólica da comunidade\" No núcleo está a crise de representación política, do Estado. De súpeto, o Estado desaparece, non está. Nese momento, a aparición dun demos, dunha cidadanía, xorde da necesidade de dar resposta a unha catástrofe que ameaza a propia supervivencia simbólica da comunidade, a materialidade da vida de moitísima xente e as propias paisaxes nacionais, o ecosistema. O pobo faise soberano ante a catástrofe. Hai unha cousa interesante que pasa nese ciclo: a conexión entre o simbólico e o material: na resposta colectiva hai unha parte de reacción simbólica (a patria chea de chapapote), pero a ameaza é moi palpable (o chapapote tócase nas praias, nas bateas). E, de igual xeito, mestúrase a protesta e o traballo de limpeza, os dous universos están moi conectados. Por exemplo, os mesmos dispositivos serven para limpar e para protestar: os traxes dos voluntarios poden verse nas manifestacións. En Burla Negra e nalgúns elementos de Nunca Máis chama a atención o seu carácter horizontal, descentralizado, en rede, que como dis anticipa movementos sociais que imos ver en anos seguintes... Nunca Máis e Burla Negra foron tamén desbordados pola situación. Hai unha tensión moi interesante entre partido e movemento. Por un lado dáse a resposta típica dunha cultura nacional: os intelectuais exercen o compromiso cívico, como unha especie de clase dirixente de reposto. Pero á vez, con este modelo clásico conviven outras formas que, efectivamente, van aparecer nas revoltas que se dan a partir do 15M, que é unha resposta colectiva, anónima, asociativa e facendo uso da tecnopolítica, con comunidades de afectos e unha politización transversal. Unha das actividades do itinerante 'O país de Nunca Máis' | Unha gran Burla Negra Nese momento mudan tamén as formas da protesta, os elementos simbólicos e materiais empregados nas manifestacións, hoxe máis habituais pero que nese momento chamaron moito a atención.... \"É moi interesante a aparición destas tecnoloxías espectaculares da protesta: dispositivos artísticos pensados especificamente para capturar a atención mediática, sobre todo en contextos mediáticos adversos\" É moi interesante a aparición destas tecnoloxías espectaculares da protesta: dispositivos artísticos pensados especificamente para capturar a atención mediática, sobre todo en contextos mediáticos adversos, e para viralizarse nas redes sociais. Hoxe, é certo que isto non é nada novidoso, é o abecé dunha manifestación, pero daquela si o era en Galicia. Aquel era un tempo sen redes sociais e no que os memes, que xa existían, circulaban como arquivos adxuntos nos mails. Ademais, podemos identificar que as mobilizacións de Nunca Máis conviven co ciclo antroidal e coas súas representacións. E así, elementos iconoclastas de sátira política enchen as manifestacións e ao mesmo tempo están presentes nas propias celebracións do entroido ese ano en Galicia, ao igual que recreacións do 'enterro da sardiña', enterrando desta volta o Prestige, a Fraga ou á Xunta, ou os velorios do mar. A política concíbese como un evento celebrativo. Que efecto tiveron as mobilizacións de Nunca Máis e Burla Negra en Galicia e no Estado español nos anos seguintes? Que influencia atopamos nas formas de protesta que atopamos no 15M e no conxunto de reaccións á crise económica? No proxecto interésanos analizar Nunca Máis e Burla Negra en relación á memoria e ao arquivo que xeraron e tamén ver o que non foi incorporado como referente consciente posteriormente. O interesante nas xenealoxías cidadás é que os repertorios de prácticas, de símbolos e de experiencias se transmiten, pero ás veces non necesariamente con conciencia plena. O 15M quíxose imaxinar como un movemento sen precedentes, como unha refundación radical da política, pero había moitas tradicións políticas distintas que conflúen nas prazas. E en Galicia, a experiencia política do Nunca Máis era moi recente e estaba operando por debaixo. \"Prácticas de mobilización do Nunca Máis reaparecen exactamente iguais nas manifestacións polas preferentes. Ou nos escraches que teñen lugar despois de estoupar a crise económica. Os nos carteis que sinalan os responsables da crise\" Prácticas de mobilización do Nunca Máis reaparecen exactamente iguais nas manifestacións polas preferentes. Ou nos escraches que teñen lugar despois de estoupar a crise económica. Os nos carteis que sinalan os responsables da crise, unha práctica que xa fora realizada no Nunca Máis, cos responsables do desastre do Prestige. Máis adiante, as propias mareas municipais e posteriormente a existencia dunha forza chamada En Marea están moi relacionadas coa existencia dun imaxinario que vén especificamente do Prestige. No caso do Estado Español esta influencia de Nunca Máis é máis invisible, porque a experiencia galega non forma parte dos lugares comúns de referencia para as mobilizacións do 15M e posteriores, seguramente por ter sucedido na periferia. Manifestación de Nunca Máis en Madrid | Unha gran Burla Negra Nunca Máis como movemento de masas acaba diluíndose rapidamente. Como se explica isto? Inflúe a propia caída do Fraguismo e o cambio de Goberno? Decaen as forzas sociais? Houbo interese en que non tivese continuidade? Supoño que hai un pouco de todo. Por unha banda recórdame ao momento que na Transición se denominou desencanto, un tempo no que se produce unha institucionalización que en parte bloquea moitas das expectativas de cambio. Hai un momento de cansazo que é habitual nas revolucións culturais: hai xente que viviu aquilo moi intensamente e cunhas expectativas que ao mellor non se deron, encallados nunha fractura que non refunda a comunidade. Por outro lado, hai sempre un problema nos movementos autónomos que ten que ver coa representación política e que leva a unha perda da forza inicial. Finalmente, tamén hai que dicir que a estrutura do fraguismo reacciona e consegue illar esas dúas forzas que comentaba antes: o mundo do traballo e o mundo da cultura e a protesta. Pon en marcha con éxito unha estratexia discursiva, sinalando que hai uns colectivos profesionais que teñen problemas que son resoltos pola acción de goberno e que do outro lado hai uns grupos alborotadores, que protestan de forma ilexítima pois falan en nome dunha xente que non os recoñece como portavoces. Este discurso vai funcionar mellor que noutros; nalgúns concellos o PP obtén un bo resultado electoral, pero noutros nos que a cidadanía freara coas súas propias mans o chapapote si houbo cambios políticos inmediatos. Nunca Máis acadou os seus obxectivos? \"Se cadra hai que mudar o instrumento de medida: que chamamos éxito e que chamamos fracaso. Nunca Máis liga no imaxinario da sociedade elementos de democracia, cultura e medio ambiente que antes non existían\" É certo que aquel movemento non produce un cambio político en profundidade. Pero se cadra hai que mudar o instrumento de medida: que chamamos éxito e que chamamos fracaso. A realidade é que é un movemento que a nivel cultural e social provoca transformacións importantes e que mesmo a nivel institucional leva a un cambio de goberno en 2005. Ademais, liga no imaxinario da sociedade elementos de democracia, cultura e medio ambiente que antes non existían. Cambia o imaxinario colectivo de Galicia cunha serie de elementos novos, desbordantes e polifónicos. Aparece, ademais, unha imaxe de país nova. Nunca Máis é unha experiencia dunha riqueza que non se pode esgotar nunha soa narrativa. Marea gaiteira en Compostela | Unha gran burla negra Unha ducia de imaxes de Nunca Máis e a Burla Negra"}
{"ID": "QUEPASA_420", "summary": "Esta madrugada de mércores a xoves haberá un corte de auga na capital municipal e a varias parroquias", "text": "O servizo de aula lúdica que o Concello ofrece durante o verán para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos de entre 3 e 12 anos, conta con preto de cen usuarios inscritos, sendo a media diaria de asistentes superior aos sesenta rapaces. O servizo, que é gratuíto para os beneficiarios, préstase de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, tempo durante o que os nenos realizan diversas actividades deportivas, culturais, educativas e recreativas adaptadas ás súas idades. Durante o verán empréganse as instalacións do CEIP Otero Pedrayo que ofrecen unha maior comodidade ao dispoñer de máis amplitude que na aula do edificio de servizos múltiples que se utiliza durante o curso escolar. Corte de auga Debido á execución das obras de mellora da rede principal de distribución de auga que abastece ao núcleo urbano da Laracha e a outras entidades de poboación próximas á capital municipal, na madrugada do mércores 21 ao xoves 22 de xullo será preciso efectuar un corte no subministro entre as 00:00 e as 8:00 horas que afectará a:- Toda a vila da Laracha.- Parroquias de Torás e Vilaño ao completo.-Parroquia de Cabovilaño: soamente ata a glorieta de acceso á autoestrada AG-55, incluíndo a urbanización Monte Claro."}
{"ID": "PRAZA_1564", "summary": "Poño fin a esta espiñenta teima coas bandeiras citando a Federico García Lorca: \"En la bandera de la libertad bordé el amor más grande de mi vida\".", "text": "O asasinato a tiros de nove cidadáns negros nunha igrexa de Charleston (Carolina do Sur, EEUU) levado a cabo por un home branco de 21 anos, reabriu a polémica en torno á bandeira confederada dos Estados secesionistas que se enfrontaron aos unionistas na Guerra Civil americana (1861-65). Dylan Roof, acusado da masacre, aparece en varias fotografías en Internet coa bandeira confederada. Unha bandeira (aspa azul con estrelas brancas sobre fondo vermello) que para uns representa a escravitude previa á Guerra Civil e a lacra do racismo aínda non de todo erradicado, nin moito menos. Para outros non é mais que un emblema asociado á forma de vida rural e conservadora do sur, un legado histórico independente da súa connotación racial. En Madrid, no escenario do acto de proclamación de Pedro Sánchez como candidato do PSOE ás eleccións xerais luciu unha enorme bandeira constitucional de España ao principio e ao final do seu discurso. E a polémica a modo de primeira \"serpe de verán\" estivo servida. Moitos militantes e simpatizantes socialistas consideraron a posta en escena dende rancia e excesiva ata un insulto á tradición republicana do PSOE e a tantas e tantos socialistas que deron a vida pola defensa da legalidade republicana, é dicir pola bandeira tricolor, na Guerra Civil posterior ao Golpe de Estado do 36. Outros, unha minoría quizais, aínda considerando á República a forma de Estado máis democrática, tendo como guía os principios republicanos, pensando que o \"bandeirazo\" perseguía quizais un efecto curtopracista-neutralizador das ridículas acusacións do PP a Sánchez de \"radical extremista\" por pactar con Podemos e crendo que o tamaño e a posta en escena foi excesiva, non vemos por que o PSOE ten que deixar que a dereita se apropie dos símbolos constitucionais do Estado. Lembrouse bastante eses días que o primeiro acto do PCE tras ser legalizado, foi o de Carrillo asumindo a bandeira bicolor como propia. E que se é ben certo que a bandeira só modificou o escudo con respecto á dos 40 anos de franquismo e etapas anteriores, tamén o é que baixo este símbolo constitucional implantáronse a sanidade e a educación universais, aprobáronse as Leis de avances en dereitos e liberdades e a Lei de Memoria Histórica e desenvolveuse o Estado das Autonomías, un dos máis descentralizados do mundo. Se cadra, agardemos que con bastante menos pomposidade e con postas en escena non tan \"abafantes\", o Partido Socialista Obreiro Español vai iniciar un lavado de faciana á tan rexeitada, por un amplo sector da esquerda, bandeira bicolor e demais símbolos do Estado, nesa difícil navegación dos dirixentes do PSOE entre o seu republicanismo histórico e a defensa da actual monarquía constitucional como forma de estado. A polémica en torno ás bandeiras asomou tamén tralo izado masivo nos concellos da bandeira \"arco iris\" pola celebración do Dia do Orgullo LGTBI. Afortunadamente, a sensación é de que a aceptación pola cidadanía foi moi positiva en xeral pero non faltaron nin polémicos artigos de opinión nin actitudes homófobas. Roberto Blanco Valdés criticaba na Voz de Galicia a decisión de moitos alcaldes e alcaldesas de izar a bandeira LGTBI e a comparaba cun suposto izado da bandeira da falanxe por un suposto alcalde falanxista, comparación que se cualifica por si mesma. A modo de anécdota, durante o acto de colocación da bandeira LGTBI no Pazo de Raxoi en Compostela, un compañeiro presenciou como un cidadán que pasaba polo Obradoiro achegábase a outro e facía o patético comentario de \"vin 50 euros no chan pero non me atrevo a collelos non vaia a ser...\". Penoso exemplo da importancia de que un símbolo de respecto, diversidade e igualdade ondee uns días na casa de todos. E en Santiago fronte a un dos símbolos centrais de peregrinación da fe católica. Poño fin a esta espiñenta teima coas bandeiras citando a Federico García Lorca: \"En la bandera de la libertad bordé el amor más grande de mi vida\". Cando vexamos ondear unha bandeira, pensemos en García Lorca. E esixamos o seu enterro digno envolto na tricolor. E o de tantas e tantos outros cidadáns asasinados cuxa permanencia nas cunetas do País nos enche de vergoña. Pero esta xa é outra teima."}
{"ID": "NOS_11142", "summary": "O ideólogo de Podemos sitúase nunha terceira vía entre Breogán Riobóo e Pablo Iglesias a respeito de se a formación morada debe engrosar ou non as filas dunha hipotética Marea para as eleccións galegas.", "text": "A posición oficial do secretario xeral de Podemos na Galiza, Breogán Riobóo, é a de que a integración nunha plataforma estilo En Marea para as eleccións ao Parlamento galego é só unha opción entre outras. Esta posición foi abertamente contestada desde Madrid polo secretario xeral estatal, Pablo Iglesias, quen claramente aposta na continuidade da experiencia de En Marea con Podemos dentro. Pois ben, esta cuarta feira Juan Carlos Monedero, de visita na Galiza, situouse nun ambiguo termo meio entre Riobóo e Iglesias. Inquerido por Radio Coruña-SER sobre se a súa organización debería repetir a fórmula de En Marea, Monedero afirmou literalmente: \"Eu creo que temos que discutilo. A política non hai que entendela, como unha foto fixa, senón como unha película\". O ex secretario de Proceso Constituínte e Programas de Podemos reflicte sobre a que no seu xuízo é unha tarefa política pendente. Máis que da súa formación política, do conxunto de formacións políticas vinculadas a ela, a comezar por En Marea. \"Fixemos unha cousa tamén novidosa, non?, que é construír novas formacións políticas\", afirmou, e a seguir apostilou: \"E eu creo que hai unha cousa que temos que discutir: cal é a relación entre os ámbitos locais, os ámbitos municipais, os rexionais, e tamén a construción do conxunto\". O partido de Colau Monedero, situado na ala esquerda de Podemos, fai estas declaracións após se coñecer que Ada Colau ten formulado o propósito de tornar En Comú Podem -actualmente unha coligazón entre Barcelona en Comú, Podem, ICV e Esquerra Unida i Alternativa- nun partido político, o que deita dúbidas sobre a estrutura territorial que irá ter Podemos no conxunto do Estado."}
{"ID": "PRAZA_12652", "summary": "Máis de cen persoas maniféstanse na Coruña en contra da privatización de servizos que aplica a Consellería de Traballo. Beatriz Mato asegura que todas as medidas tomadas \"acóllense á lei\"", "text": "Continúan as mobilizacións contra os recortes e a privatización de servizos que está a aplicar a Consellería de Traballo e de Benestar. Máis de cen traballadores concentráronse ante a Xefatura Provincial, ao carón do mercado de Elviña da Coruña, e denunciaron a eliminación de setenta postos de traballo. Como último exemplo, os afectados censuran a eliminación do servizo de cociña no centro de menores San José de Calasanz de Palavea, así como a implantación de vixilancia privada nalgunhas instalacións. Na concentración participou o músico e escritor Xurxo Souto, que leu o manifesto en apoio dos traballadores e contra os recortes. José Manuel Viqueira, presidente do comité de Traballo e Benestar, denunciou o despido dos interinos e o aumento da xornada nos traballadores para cubrir as baixas provocadas polos recortes, ademais de denunciar \"a atención máis mermada\" que terán os beneficiarios e residentes nos centros. Case ao mesmo tempo, a conselleira, Beatriz Mato, tamén na Coruña, manifestou que a privatización destes servizos, desde a xestión pública, \"acóllese á lei\" e engadiu que \"aínda que se amortizaron postos de traballo tamén se crearon outros novos\". Os sindicatos alertan da deterioración que se pode producir na calidade asistencial aos usuarios da Residencia Torrente Ballester, a de asistidos de Oleiros, do antigo Santiago Apóstolo e dos menores do centro de Palavea, debido ao recorte dos seus persoais."}
{"ID": "NOS_8344", "summary": "O artista galego, Isaac Cordal (Pontevedra, 1974), vén de inaugurar o pasado 8 de Novembro unha exposición individual na Galería Harlan Levy Projects, en Bruxelas, baixo o título Prestige, que vén ser ao mesmo tempo unha chamada de atención sobre a catástrofe do Prestige, acontecida hai dez anos e da que agora se está celebrando –finalmente- o xuízo, e unha chamada de atención sobre a ausencia de autoridade moral daqueles –os políticos- que perderan progresivamente o seu prestixio.", "text": "« There is no authority without prestige even once it's sunk » (non hai autoridade sen prestixio, unha vez que este se afunde), di literalmente a folla volante que xunto cunha tarxeta postal dun voluntario recollendo fuel se entregan á entrada da sala de exposicións. A exposición forma parte dun macro-proxecto do autor titulado \"Cement Eclipses\". Trátase dunha colección de estatuíñas e obxectos realizados en cemento, unhas veces pintados e outras non, que recollen varias visións que Isaac Cordal ten sobre a situación actual do mundo. Impresionoume particularmente unha serie titulada \"waiting for climate change\" (esperando polo cambio climático, ver foto adxunta) onde unha serie de persoas, espera coa auga até os xeonllos e un flotador a chegada da subida do nivel do mar. Tamén hai dúas pezas metafóricas na exposición que ben merecerían un comentario: unha é un colchón en cemento, homenaxe aos que teñen que durmir na rúa e outra un maletín de cemento de 25 quilos de peso, que é máis ou menos o que Isaac calcula que se levarían certos políticos de comisións por cada obra acordada, cando a tolemia do \"ladrillo\". Isaac adoita facer estas instalacións –que logo fotografía- en lugares públicos, onde se representa a epopea do home actual e a súa relación co medio. Así ten presentado os seus traballos ao público (nunha especie de \"arte de rúa\") nas cidades de Pontevedra, Vigo, Londres, Zagreb, Viena, Milán, Berlín e outras que non veñen á memoria. En todas elas acadou público recoñecemento e referencias explícitas nos medios de comunicación locais. Ese situar as pezas nos lugares públicos fai que as máis das veces están desaparezan unha vez instaladas, sendo, como o mesmo Isaac di os axentes de limpeza os seus mellores clientes. Mais el sinte mágoa por esas pezas desaparecidas e prega a todo aquel que se teña levado algunha do lugar onde foron situadas, que lle mande referencia gráfica de que as súas estatuíñas se encontran en bo estado. Como tantos outros artistas galegos Isaac Cordal tivo que emigrar para se facer un lugar na escena internacional. Vaia isto como aviso para os Museos de Arte contemporánea de Galiza, que semellan non ter moito interese nos artistas galegos, e que só os chaman cando estes adquiren sona no estranxeiro. País pequeno. Máis información en www.hl-projects.com e na web: Isaac.alg-a.org"}
{"ID": "NOS_54495", "summary": "Unha imaxe difundida pola prensa española permite ver claramente o taboleiro de xogo durante o pleno extraordinario da Lei de medidas fiscais. Cómpre destacar que os cargos d@s dúas parlamentares están vinculados á Acción social. Amb@s pediron desculpas nas súas contas do Twitter empregando unha coñecida fórmula: \"no volverá a ocurrir\"", "text": "Dúas deputad@s do PP de Madrid, Isabel Redondo e Bartolomé González, dedicaron a sesión plenaria extraordinaria do Goberno autonómico para xogar ao Apalabrado namentres o seu partido, facendo uso da maioría absoluta, aprobaba a Lei de medidas fiscais, coa conseguinte privatización de seis hospitais públicos, 27 centros de saúde e o (re)pagamento dun euro por receita. A foto do acontecido difundiuna o diario El País, e nela distínguese claramente o taboleiro de xogo ocupando toda a pantalla do móbil e do ordenador, respectivamente, de deputada e deputado. Amb@s pediron xa desculpas a través da súa conta persoal na rede social Twitter: \"Non volverá acontecer\", escribiron en cadanseu chío. Cómpre destacar que González é o vicesecretario de Acción Social do PP, namentres Redondo presidiu a Comisión de familia. Son membr@s da dirección xeral do grupo parlamentario conservador e González, ex alcalde de Alcalá de Henares, é un dos tres vicepresidentes do PP madrileño. Informa o mesmo xornal que difundiu a imaxe que un ou unha deputad@ ras@ da Asembleia de Madrid cobra 3.503,46 euros brutos ao mes como salario base en 14 pagas, o que dá un total de 49 mil euros ao ano. A esta cantidade hai que lle engadir 1.825,83 euros se @ parlamentar é voceir@ do seu partido. Quen asiste ás xuntas de portavoces recibe, a maiores, outros 1.457,54 euros, namentres a paga por ser voceira dunha comisión, cargo que ocupa Redondo, é de 846,97 euros. O 20% deste soldo non tributa IRPF, ao se considerar gastos de viaxe."}
{"ID": "NOS_54745", "summary": "2019, SOS Racismo dá conta dun aumento dos actos de discriminación e racismo. E advirten que as 135 queixas e denuncias rexistradas son só a punta do \"iceberg\". Nun contexto no que a normalización da xenofobia e das mensaxes de odio aumenta sobre todo nas xeracións máis novas, a entidade teme como afectará a crise social da COVID-19 a uns colectivos xa de por si vulnerábeis.", "text": "A pasada semana tiveron lugar na Galiza concentracións antirracistas en repudia do asasinato de George Floyd nos Estados Unidos. En tanto, o racismo é unha realidade cotiá na Galiza para moitas persoas, e entidades como SOS Racismo traballan para detectalo, axudar a quen o sofre e educar a poboación. En maio presentaron o seu informe anual relativo a 2019. \"Chega unha mínima parte das vulneracións que acontecen, moitas veces quen sofre a vulneración non a percibe ou ten medo a denunciar\", di Patricia Martínez, avogada e integrante de SOS Racismo. En 2017, SOS Racismo recibira un total de 70 queixas ou denuncias sobre comportamentos racistas nas súas Oficinas de Información de Denuncia. En 2018, 96 e en 2019, 135. O aumento, cren, responde á apertura de maneira regular da súa sede en Vigo. Hai quen se autoproclama racista ou ten comportamentos racistas dunha maneira moito máis aberta e normalizada, di Patricia Martínez Martínez detecta cambios a nivel social. \"Hoxe percibimos que hai quen se autoproclama racista ou ten comportamentos racistas dunha maneira moito máis aberta e normalizada, mesmo cun certo orgullo\", apunta. A avogada salienta que estas actitudes ou comportamentos son especialmente destacábeis na poboación máis nova. Antes da emerxencia sanitaria da COVID-19, a entidade recibira numerosos contactos de profesorado solicitando formación ou consello para facer fronte ao repunte da xenofobia nas aulas. Racismo institucional O informe de SOS Racismo destaca que as emigrantes en situación irregular denuncian a metade dos casos de discriminación, sendo un dos colectivos con máis reticencias á denuncia debido á súa vulnerabilidade. \"Non sería a primeira vez na que se abre unha orde de expulsión nun caso así, non o temos rexistrado na Galiza, pero si coñecemos casos doutras oficinas\", comparte Patricia Martínez. As dificultades para recibir asistencia médica, para solicitar a tarxeta sanitaria ou abrir unha conta bancaria son algunhas das destacadas pola avogada. Nas menores, o número de casos denunciados é moito máis baixo, arredor de 8% en 2019. Porén, o informe destaca que a vulnerabilidade desta poboación reviste \"dunha maior gravidade\" os feitos. SOS Racismo detectou a vulneración de dereitos de menores estranxeiras por parte da Xunta En 2019 SOS Racismo detectou o caso dun menor estranxeiro non acompañado de nacionalidade marroquí e tutelado pola Xunta da Galiza cuxa regularización demorara en exceso. \"Tirando do fío coñecemos o caso dun total de 16 menores en Pontevedra nesta situación\", explica Martínez. Como titora legal, a Xunta da Galiza debía comezar os trámites para regularizar a situación das menores a partir dos 9 meses do comezo da custodia. SOS Racismo conseguiu que se acudise ao consulado de Marrocos para comezar os trámites. Nalgúns casos chegouse tarde e, cos 18 anos cumpridos houbo quen rematou na rúa sen papeis. Este exemplo dá conta dun problema angular do traballo contra o racismo: cando son as propias institucións as que discriminan e as agraviadas renuncian a denunciar por medo ou desconfianza na Administración ou no sistema xudicial. Regularización xa Durante a pandemia, os servizos sociais mudaron a atención en liña. As migrantes con problemas para comprender a lingua ou accederen a conexións a internet víronse prexudicadas. E, se ben os permisos de estancia e residencia foron prorrogados, esta información non sempre chega a quen a precisa. Elas, teme a entidade, serán as grandes prexudicadas da crise económica e social provocada pola COVID-19. Xunto a outras entidades, SOS Racismo participou nunha campaña que exixiu seguir o exemplo de Estados como Portugal, demandando ao Goberno central regularizase a situación de todas as emigrantes. Polo momento, a petición non foi escoitada."}
{"ID": "NOS_42631", "summary": "Sanidade traslada que se poderá saír de 6 a 10 horas da mañá e de 20 a 23 horas da noite para realizar actividade física individual ao aire libre e para pasear, máximo dúas persoas (a partir de 14 anos) que convivan, desde o día 2.", "text": "O ministro de Sanidade, Salvador Illa, vén de anunciar que o Estado cumpriu o obxectivo semanal marcado para poñer en marcha as novas \"medidas de alivio\" ao lograr reducir a un \"incremento do 0,6% os contaxios\" na última actualización dos datos. Illa salientou que hai \"112.050 persoas recuperadas\" en todo o territorio estatal, o que supón que \"máis de un 60% dos contaxiados en total\" superou a COVID-19. \"Non hai que perderlle o respecto ao virus, non está vencido\", dixo. \"O estado de alarma funciounou. Iniciámolo cun 35% de incremento de contaxiados e agora temos o 0,6%\", salientou o titular de Sanidade, que incidiu en que a \"unidade\" para o plan da desescalada son a provincia e a illa pois \"son entidades xuríricas\" e permiten \"illar a mobilidade dentro das mesmas\". Pese a matizar de novo que poderán \"valorar outras opcións\" como son as áreas sanitarias que propuxo o Goberno galego. O Ministerio de Sanidade emitirá dúas ordes que aparecerán no BOE esta sexta feira. A primeira describe as condicións dos paseos a e realización de actividade física e a segunda afecta ao coidado e recolección de produtos agrícolas. Paseos e actividade física As condicións para a realización de actividade física ao aire libre implican que sexa unha acción de carácter individual na que se poderá realizar calquer deporte sen saír do municipio no que se reside. Os concellos poderán habilitar zonas específicas se así o consideran. Para a realización de paseos diarios poderá haber dúas persoas que conviven, sempre que sexan maiores de 14 anos, nunha distancia non superior a 1km a respecto do propio domicilio. Fican excluídas destas actividades as persoas con síntomas o en corentena por un contacto cun caso positivo de coronavirus ou ter sufrido a enfermidade. Nos municipios de menos de 5.000 habitantes non é necesario respectar as franxas, poden realizarse todas as actividades en calquera momento do día entre as 6 e as 23 horas. É o caso de case 200 concellos na Galiza. O ministro de Sanidade lembrou que é preciso manter as distancias interpersoais, ideal 2 metros e mínimo metro e medio, o lavado de mans mínimo antes de saír e ao chegar, e a hixiene en espazos públicos e privados. Estas medidas entran en vigor a partir de las 00 horas deste sábado, día 2 de maio e contan cunha limitación horaria. Franxas horarias Paseos e actividade física: de 6 a 10 horas da mañá e de 20 a 23 horas da noite. As persoas dependentes que requiran ser asistidas para os seus paseos teñen un horario especial que vai das 10 ás 12 horas da mañá e das 19 ás 20 horas da tarde. Con estas novas medidas, os paseos coas crianzas pasan a estar permitidos só entre as 12 e as 19 horas. Nos municipios de menos de 5.000 habitantes non é necesario respectar as franxas, poden realizarse todas as actividades en calquera momento do día entre as 6 e as 23 horas. É o caso de case 200 concellos na Galiza. Acceso ás hortas Para o coidado e recolección de productos agrícolas, cando non se trate de actividades laborais, permítese o desprazamento no mismo termo municipal ou adxacente. Aínda que se pode ir máis lonxe como excepción se é para o coidado dos animais. Pódese ir á horta de maneira individual, excepto no caso das persoas con discapacidade ou menores."}
{"ID": "NOS_41425", "summary": "A maioría dos habitantes nos seis condados irlandeses baixo soberanía británica apoia convocar, a curto ou medio prazo, un referendo de reunificación da illa.", "text": "\"O Brexit pode acabar converténdose nunha oportunidade para avanzar na loita cara a unha Irlanda unida\". A afirmación de John Brady, deputado do Sinn Féin no Parlamento irlandés nunha entrevista en Sermos Galiza, semella ser do máis acertada. Polo menos á vista da recente enquisa que vén de publicar The Times e na que se recolle que 55% dos norteirlandeses preferirían incorporarse a unha Irlanda unida que un Brexit duro. A sondaxe recolle que un 11% dos unionistas do Ulster apoiarían esta opción: ser antes parte da República de Eire que ter que sufrir un 'hard brexit'. Nesa enquisa tamén se pregunta sobre o apoio entre a poboación de Irlanda do Norte a un referendo de reunificación da illa nunha mesma soberanía. E os resultados tamén indican mudanzas a respecto de anos anteriores. Así, 56% dos norteirlandeses estarían a favor desa consulta a curto ou medio prazo: 20% partidarios que sexa canto antes, 25% nos vindeiros 5 anos e 12% ao longo da próxima década. Pola contra, 17% desexa que o refrendo se faga canto máis tarde mellor e 29% nunca. O referendo do Brexit deixou en Irlanda do Norte, como en Escocia, un resultado diferente ao do conxunto de Gran Bretaña, onde triunfou o si. Nos seus condados do Ulster 56& dos votantes apoiaron o non por 44% que dixeron si a marchar da Unión Europea."}
{"ID": "NOS_1266", "summary": "España comezará a administrar a vacina da Covid-19 o domingo 27 de de decembro", "text": "As primeiras vacinas da Covid-19 administraranse no Estado español antes de rematar o ano: o domingo 27 de decembro, segundo informou hoxe o ministro de Sanidade, Salvador Illa, nunha xornada en que varios gobernos autonómicos anunciaron o endurecemento das restricións durante o Nadal nos seus territorios. A vacina de Pfizer e BioNTech contra o coronavirus chegará ao Estado español o 26 de decembro e será ao día seguinte cando se comece a administrar. Aliás, cada semana, recibiranse novas doses que se distribuirán de \"forma equitativa\" entre as comunidades autónomas. Precisamente, diversos Executivos autonómicos optaron onte por endurecer as restricións para as festas de Nadal e case a metade decidiu xa mudar o plan inicial aprobado polo Ministerio de Sanidade cos gobernos autonómicos e reducir de 10 a 6 o número de persoas que se poden xuntar en encontros familiares os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro. Por esta opción decantaríanse a Galiza, Valencia, Madrid, Asturies, Canarias e Balears -no caso de Mallorca-. Outras comunidades aseguraron que están a estudar restrinxir máis as medidas en función de como mude a situación epidemiolóxica. Foi o 2 de decembro cando se acordou entre o Ministerio e as comunidades o marco común para o Nadal mais apenas uns días despois o departamento de Salvador Illa anunciou que os Executivos territoriais poderían ampliar as restricións. Valencia prohibe entrar a familiares e achegados Valencia foi a máis dura polo de agora e a primeira en contradicir o plan aprobado pola Comisión Interterritorial de Sanidade no que respecto ao desprazamento entre comunidades de familiares e achegados para acudir a celebracións de Nadal do 23 de decembro ao 6 de xaneiro. Isto fica prohibido polo Govern valenciano, que fecha todo o territorio salvo para residentes e persoas que se despracen por motivos laborais. O recoller obrigatorio en Noiteboa e Fin de Ano (atrasado no Estado ás 1.30 horas) amplíase só até as 00 horas. Nun nivel menos duro está Castela e León, que fechará o seu territorio ás e aos achegados mais si permitirá a entrada de persoas que se vaian reunir coas súas familias. En Aragón, pola contra, a mobilidade con outras comunidades autónomas só se autorizará do 23 ao 26 de decembro e do 30 ao 2 de xaneiro. Madrid non fecha A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, xa descartou en sesión parlamentar o confinamento perimetral da rexión, asegurando que non vai impedir que as cidadás e os cidadáns \"entren ou saian\" da comunidade para ir visitar as súas familias e achegados no Nadal. Ademais, tamén se comprometeu a manter aberta a hostalaría e os comercios. Catalunya, fechada por comarcas A Generalitat de Catalunya mantén o plan inicial de permitir dez persoas nas reunións dos días 24, 25, 26 e 31 -o resto dos días serán seis persoas máximo, como na actualidade- e estas non poderán pertencer a máis de dous grupos de convivencia. Familiares e achegados poderán cruzar o confinamento perimetral -que si continúa- e o recoller obrigatorio na Noite Boa e en Fin de Ano será até a 1 da madrugada. A mobilidade fica restrinxida por comarcas até o 11 de xaneiro e, como excepción, unha burbulla de convivencia poderá saír da comarca para desprazarse até unha segunda residencia, hotel ou casa rural. Euskadi emite xustificante e Galiza abre a achegados Tamén Euskadi mantén os parámetros acordados co Ministerio, aínda que respecto a á mobilidade de familiares e achegados durante os días 23 e 26 de decembro e o 30 de decembro e o 2 de xaneiro, o Goberno Vasco emitiu un xustificante de movemento. No caso da Galiza, a recomendación da Xunta é que nos encontros familiares non se superen as seis persoas e sexan dunha única unidade de convivencia, aínda que permitirá que sexan dúas e as crianzas non computan. En canto ao fechamento perimetral este non afectará, salvo novo criterio, a familiares e achegados que poderán vir ao noso país."}
{"ID": "NOS_15226", "summary": "A maioría dos viaxeiros proceden de Madrid, con 40% dos contaxios no Estado", "text": "O procedemento de sanción aberto pola policía local de Cambados ao dirixente da oposición venezolana residente en Madrid, Leopoldo López, por atoparse irregularmente na localidade do Salnés, saca á luz pública os incumprimentos das restricións á mobilidade impostas polo Goberno estatal e evidencia que os feches perimetrais vixentes durante toda a Semana Santa non están impedindo á chegada masiva á Galiza de cidadáns do resto Estado. Leopoldo López non é unha excepción no país. Casos semellantes aos do político venezolano, aloxado na vivenda do ex embaixador español en Venezuela, Jesús Silva, na urbanización de Raeiros no Grove son habituais en toda a Galiza costeira. Sen ir máis lonxe, o anfitrión e acompañante de López, o diplomático e alto cargo dos Executivos de Mariano Raxoi, Jesús Silva, tamén reside en Madrid. \"A urbanización de Raeiros, cuxas vivendas son propiedade na súa práctica exclusividade de madrileños, están a tope\", sinala a Nós Diario, un comerciante do Grove que quere preservar a súa identidade. \"As persoas de fóra que teñen unha segunda residencia aquí viñeron practicamente todas nesta Semana Santa e só hai que ver como están as rúas e os negocios para darse conta do aumento da poboación\", continúa Alfredo, quen destaca que \"no meu negocio as vendas son practicamente as mesmas que a doutros anos por estas datas. O que si que falta é o turismo de hotel\". Unha historia común á Galiza costeira A historia de Alfredo repítenola Manuel para a comarca da Mariña. Manuel, propietario dunha cafetaría en Foz, recoñece a Nós Diario que \"esta Semana Santa aquí en Foz está sendo un alivio para os negocios da hostalaría que levamos un ano pasándoo moi mal. Na zona do porto e da praia, as terrazas están cheas e os supermercados non dan feito\". Neste sentido lembra que o 40% do parque de vivendas da localidade está dedicado á segunda residencia \"e a xente de Madrid que ten piso en Foz aproveitou estas datas para vir\". Luísa traballa nun supermercado en Fisterra. Ao igual que Alfredo e Manuel solicita gardar o anonimato para falar \"porque non quero problemas, que a situación está moi complicada e aínda se vai pór peor\". Ela notou estes días no seu traballo un importante aumento das vendas, \"case estamos facturando como nos días de verán\" e apunta que \"os clientes son persoas de Madrid, sobre todo, que teñen aquí un piso para pasar as vacacións e aproveitan os días festivos\". Neste sentido, afirma que \"na súa maioría están en Fisterra desde a fin de semana do Domingo de Ramos e moitos son coñecidos porque levan vindo xa moito tempo\". O turismo residencial concentra a práctica totalidade dos turistas desprazados á Galiza. Se ben os aloxamentos hostaleiros están rexistrando unhas reservas para esta fin de semana que se sitúan entre 40% e 80%, neste caso proceden na súa maioría do turismo nacional. A este respecto, desde a patronal hostaleira teñen sinalado o risco de promover os desprazamentos neste momento por razóns de orde sanitaria e económica, significando que unha mala xestión da pandemia na Semana Santa pode provocar a perda do verán. Volver repetir o de hai un ano A importante presenza de turistas españois no país está a provocar unha gran preocupación entre a poboación da Galiza costeira. Neste sentido, xera unha especial inquietude a chegada de cidadás e cidadáns madrileños, debido ás altas taxas de incidencia acumulada nese territorio e o alto número de contaxiados, que neste momento supera o 40% do total estatal. Ao tempo, sorprende a súa facilidade para desprazarse e chegar á Galiza, malia a vixencia de varios feches perimetrais que impiden as persoas abandonar a súa comunidade de residencia. A lembranza do acontecido en marzo de 2021, cando a cidadanía de Madrid expandiu a pandemia polo conxunto do Estado coa conivencia do Executivo de Sánchez , que se negou a fechar o foco principal do virus, volve pairar sobre a poboación galega."}
{"ID": "NOS_56215", "summary": "Após vinte anos de programas e plans de desenvolvemento rural, deseñados desde Bruxelas e implementados polo goberno galego, todos os indicadores seguen a apuntar cara á desaparición do rural galego.", "text": "Após saltaren aos medios de comunicación as inxentes cantidades de diñeiro público que a través dos Programas de desenvolvemento rural (PDR), as administracións públicas destinan á construción, entre outros, de pistas de paddle no interior do país, se facemos unha revisión ampla da xestión dos fondos públicos europeos, estatais e nacionais recibidos en Galiza (a través do progama LEADER, PRODER ou AGADER respectivamente) nas últimas décadas vemos polo miúdo cales foron as consecuencias reais da súa xestión. Neste sentido, existe unha tendencia xeneralizada que considera que as bondades atribuídas a estas políticas de desenvolvemento sempre son acadadas no rural galego. Con todo, existen voces que sinalan cara a outras realidades. Este é o caso de Rubén C. Lois, catedrático en Xeografía e autor de numerosas publicacións na materia, quen sentenciou que o foco do problema na Galiza era a \"moi deficiente xestión dos fondos europeos, estatais e autonómicos\". Os plans de desenvolvemento rural non impediron a perda de poboación e servizos no rural galego Despois de case 20 anos de políticas en desenvolvemento, cuxos fondos foron investidos principalmente en materia turística, por medio do financiamento de casas de turismo rural, non se observan cambios aparentes no conxunto do rural galego.Os millóns de euros destinados, nomeadamente desde as institucións comunitarias a prol do desenvolvemento rural, non contribuíron á dinamización das áreas xeográficas ás que se dirixían, senón que, pola contra, a realidade do rural galego --desde unha perspectiva demográfica, económica, social e cultural-- é hoxe peor. Cuestión que numerosos estudos argúen á falta dunha planificación estratéxica na distribución e asignación dos fondos percibidos, pois no caso galego --amparado nas administracións estatal e autónoma-- en numerosas ocasións foron xestionados antes de existiren proxectos específicos que financiar. Lois sinala, asemade, que malia que a \"intención teórica fose inicialmente boa\", partindo da base da necesidade de \"diversificar a economía na procura de manter un rural vivo e fixar poboación\", o principal problema das políticas de desenvolvemento rural foi \"que viñan deseñadas desde Bruxelas apoiadas noutras experiencias\" que nada tiñan a ver co rural galego. Os programas afondaron no patrón esmorecente do sector agrario Aliás, arredor dos programas de desenvolvemento rural, foi xerándose toda unha \"cultura clientelar\", denunciada en diversas ocasións por colectivos ecoloxistas como Adega, que, en troca de pular pola dinamización dun rural en crise, só serviu para beneficiar os \"petos amigos\" --como reflicte a investigación por delito de \"fraude e corrupción\" ao ex-presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, co gallo dunha malversación de fondos europeos. Os fondos destinados aos programas de desenvolvemento rural, principalmente aqueles enmarcados no período 2000-2006, xestionáronse sen o debido coñecemento das necesidades e características do país, sendo aplicadas de maneira sistemática en todo o territorio galego mais esquecendo as particularidades propias das zonas rurais , que fican afastadas dese \"ideario\" concibido desde Bruxelas. Neste sentido, a través da súa implementación, afondaron no patrón esmorecente da do sector agrario , base tradicional do noso rural, cuxa recuperación segundo as autoridades comunitarias --co visto e prace da Xunta e o goberno español-- pasaba pola adopción do turismo como \"sector alternativo fronte á crise da economía tradicional\". Os Grupos de Desenvolvemento Rural demandan capacidade de decisión e deixaren de ser correas de transmisión dos aparellos de poder O profesor en Xeografía, Rubén Lois, sinala que o desenvolvemento rural debe \"basearse necesariamente na actividade agraria\" como base tradicional da economía rural. Pola contra, a expansión do turismo rural da Galiza está fortemente asociada cos efectos da introdución de plans e programas de desenvolvemento financiados por fondos europeos, que optaron polo turismo como un mecanismo indiscriminado de renovación socioeconómica en áreas rurais. Eis a xustificación do investimento dunha importante partida orzamentaria á creación de casas de turismo rural, principalmente, e ironicamente naquelas zonas que apresentan un maior dinamismo: a franxa occidental do país. No entanto, foron moitos os proxectos que, financiados con fondos europeos, caeron en saco roto ou simplemente non tiveron nada a ver cunha planificación estratéxica que contribuíse a mellorar a situación económica e demográfica do rural galego. Neste sentido, o PDR 2007-2013, contempla unha serie de partidas orzamentarias destinadas a supostos \"proxectos de dinamización das áreas rurais galegas\", como reza a resolución publicada no DOG o 17 de outubro deste mesmo ano, en que se financian con fondos Feder (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) proxectos cun claro enfoque turístico, mais que en ningún caso actúan como dinamizadores do rural galego. Aparcadoiros para auto-caravanas (95.394€) como o do concello de Ortigueira, a xeración dunha aplicación móbil para dispositivos co sistema operativo Android (7.500€) no municipio de Covelo ou a adaptación da pista de tenis en Forcarei (25.065€), son algúns dos proxectos financiados. Para Lois, os programas de desenvolvemento rural \"supuxeron un dispendio para manter os aparellos de poder\" en troca de pular pola equiparación das áreas rurais fronte ás metropolitanas. Foto de portada: Tomás G. Santis"}
{"ID": "PRAZA_17472", "summary": "Todos os partidos demandan ao novo Executivo de Pedro Sánchez que acelere a demanda civil recomendada no informe encargado pola Xunta. En Marea, BNG e PSdeG piden que a devolución non supoña gasto público ningún. A demanda civil que propón a comisión para recuperar Meirás abre a porta a indemnizar os Franco", "text": "A demanda civil que propón a comisión para recuperar Meirás abre a porta a indemnizar os Franco Unanimidade no Parlamento de Galicia. Todas as forzas da Cámara coinciden en que o informe da comisión de expertos da Xunta para a recuperación do Pazo de Meirás é o punto de partida que acabará coas Torres como parte do patrimonio público. O documento, feito público este luns, é considerado polos partidos solvente e claro dabondo como para que o Goberno central active xa a demanda civil que se solicita para comezar a recuperación do inmoble propiedade da familia Franco. Xa en canto se fixo público, o voceiro de En Marea, Luís Villares, celebrou as conclusións do informe, lembrou o compromiso da súa formación coa \"volta ao patrimonio público\" do Pazo e valorou \"os pasos decididos da sociedade para facer retroceder os resquicios da dictadura\". Ademais, mostrou o seu desexo de que a familia Franco acepte a devolución desa propiedade. \"É un tema que vai moito máis aló do simbólico: é un exercicio democrático de primeira orde que consiste en rematar coa inmunidade que deixou o franquismo a nivel sociolóxico; pero tamén xurídico, económico e relativo ás propiedades\", dixo. \"Rematou o tempo da pasividade política do PP; pedímoslle ao Goberno de Pedro Sánchez que o Pazo de Meirás sexa devolto á cidadanía galega\", di En Marea O tamén membro de En Marea, pero deputado no Congreso dos Deputados, Antón Gómez-Reino, incidiu na medida histórica que suporía a reversión ao público do Pazo e cre que \"rematou o tempo da pasividade política do PP\". \"Neste novo tempo, pedímoslle ao Goberno de Pedro Sánchez que o Pazo de Meirás sexa devolto á cidadanía galega\", dixo. Ademais, lembrou que a formación xa \"presentou numerosas iniciativas na Cámara Baixa para a devolución do Pazo de Meirás de forma gratuíta ao pobo galego\". Precisamente, e respecto á gratuidade, o informe da comisión de expertos abre a porta a que a recuperación do inmoble a través da devandita demanda civil implique a indemnización aos Franco, como mínimo, polos gastos que acometeron no mantemento das Torres desde a morte do ditador. O BNG amosa o seu \"malestar\" ante a posibilidade de ter que indemnizar os Franco polos gastos no Pazo de Meirás Respecto disto, pola que o Concello de Sada presentou un voto particular contrario ao informe, o deputado do BNG Luís Bará destacou o \"malestar\"da súa formación pola posibilidade de indemnizar a familia Franco polos gastos derivados \"do desfrute e goce desta residencia durante 40 anos\". O Bloque, reiterou, considera que a situación \"debería ser inversa\". \"A familia Franco debe resarcir ás arcas públicas polo desfrute duns bens espoliados e roubados\", dixo. Sobre estes bens, explicou o deputado nacionalista, é \"probable que se desen transaccións e beneficios para a familia Franco\". Esta cuestión debe ser, en opinión do parlamentario do BNG, \"resolta pola Administración do estado porque conta cos mecanismos e resortes necesarios con base nestes informes\", en referencia tanto ao dos expertos encargados pola Xunta como o que impulsou a Deputación da Coruña. Precisamente, Bará cre que os informes e iniciativas tramitadas xa pola Deputación de A Coruña ante Patrimonio do Estado son materia suficiente para xustificar \"a recuperación e devolución do Pazo e doutros bens espoliados\". Para o BNG, este novo documento \"non muda en sentido substancial o contido do informe encargado pola Deputación\". Xa que logo, son todos os partidos os que instan á recuperación do Pazo e deixar atrás décadas de desleixo. Desde o PSdeG, a deputada Concepción Burgo adiantou en Radio Galicia que a formación \"falará\" co Executivo central para acelerar o proceso. \"Estou convencida de que o compromiso do PSOE coa memoria histórica é absoluto\", engadiu, en liña co manifestado por Xoaquín Fernández Leiceaga, voceiro do grupo. Así, o portavoz socialista reivindicou o \"compromiso notable\" do seu partido coa defensa da memoria histórica, polo que cre que o novo Goberno central \"fará todos os esforzos\" para recuperar o Pazo de Meirás. Ademais, e á vista das conclusións da comisión de expertos, Leiceaga chamou a \"facer todo o posible\" para que a reversión da titularidade do inmoble \"non teña custo para a cidadanía\". O PSdeG advirte de que instará o novo Goberno de Sánchez a acelerar o proceso e de que hai que \"facer todo o posible\" para que a devolución \"non teña custo para a cidadanía\" Mesmo o PP considera que o Executivo de Pedro Sánchez debe iniciar canto antes o proceso para recuperar Meirás. Pedro Puy, tamén en declaracións a Radio Galicia, cre que os servizos xurídicos de Patrimonio do Estado deberán \"analizar con toda seriedade o informe para levar a cabo as accións legais\" necesarias. Ademais, considera que dificilmente poderá poñer atrancos ante un documento \"moi sólido, ben construído e argumentado\". Por outra banda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña saudou \"moi positivamente\" o ditame da comisión de expertos e lembrou que \"Franco só mandaba pagar a contribución do Pazo\". \"O resto (facturas, gastos e o espolio fraudulento do mesmo), correu a cargo do pobo de Galicia\", di a entidade, que pediu a \"unidade\" de todos os partidos para \"botar fóra\" do inmoble a familia do ditador. \"Hai que recuperar o que é do pobo\", insiste."}
{"ID": "NOS_27300", "summary": "\"Non somos súbitos, somos cidadáns\", afirma o president ao tempo que lembra que nas eleccións do 21D en Catalunya a vitoria foi para os \"republicanos", "text": "Quim Torra, president da Generalitat, asistirá finalmente á inauguración dos Jocs Mediterranis de Tarragona, onde coincidirá con Felipe VI. Faino embora anunciar a ruptura de relacións do Govern catalá coa coroa española. Un anunciou que fixo a través dunha declaración institucional na que tivo palabras moi duras co monarca español. Torra explicou que ningún membro do Govern asistirá a actos convocados pola Casa Real e que vai renunciar ao cargo de vicepresident de honra da ¡Fundació Princesa de Girona. \"Non expresou nin una palabra de apoio aos represaliados do 1-O. Pedimos ser escoitados, abrimos portas e xanelas mais os esforzos só se realizaron desde o noso lado\", dixo o president. Torra exixíu diálogo e negociación para facer efectiva a \"recuperación das liberdades\". \"Queremos dignidade e non fotografías. Queremos dignidade e o respecto á vontade do pobo de Catalunya\". \" Anunciou, ademais, que fará entrega a Felipe VI dun informe do Síndic de Greuges (Valedor do Pobo catalán) sobre a violencia policial no 1-O e lembrou que nas eleccións do 21D en Catalunya a vitoria foi para os \"republicanos\"."}
{"ID": "NOS_41722", "summary": "A patronal do sector pesqueiro bota en falta máis peso do factor socioeconómico na distribución das cotas.", "text": "Non houbo sorpresas para o sector pesqueiro no acordo bilateral alcanzado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre posibilidades de pesca de stocks compartidos e especies profundas. Aínda así, lamentan que os aspectos socioeconómicos da pesca non tivesen un peso maior na negociación, en opinión da Confederación Estatal de Pesca (Cepesca). Nun comunicado, a frota considera que coas cifras de capturas que fixo públicas o Ministerio de Agricultura, nalgunhas especies acabarase o \"ano sen sobresaltos, mais non así noutras, debido ás reducións provocadas polas cesións da UE e polas reducións dos totais admisíbeis de capturas (TAC)\". Cotas por especie Segundo os datos provisionais da Secretaría Xeral de Pesca e os cálculos realizados polas propias organizacións pesqueiras, o sector considera que a maioría dos recortes están suxeitos, exclusivamente, ao acordo do Brexit e ás recomendacións científicas. Valoran que non se acordou TAC 0 para o ollomol e o bacallau. Na primeira mantén unhas capturas de 84 toneladas para os dous próximos anos e para o segundo a frota contará con capturas accesorias do intercambio entre Estados. A especie con maior interese, como é o caso da pescada, sufriu unha redución dun 14,43% no stock norte, pasando das 18.667 toneladas de 2020 ás 15.974 de 2021; e unha redución do 12,62% no stock sur (Golfo de Biscaia), pasando de 12.995 toneladas en 2020 a 11.355 en 2021. Respecto ao galo, o do Mar Céltico reduciuse nun 8,27%, pasando de 5.620 toneladas en 2020 a 5.155 en 2021. O do Oeste de Escocia, as cotas para a frota redúcense nun 21,46%, pasando de 671 toneladas a 527. Polo que se refire ao galo no Golfo de Biscaia, as cotas incrementáronse un 3,22%, até as 1.025 toneladas. No caso do rape, o do Mar Céltico, as cotas para incrementáronse un 3,70%, até as 1.344 toneladas. No do Golfo de Biscaia, medra un 13,41%, ata as 1.556 toneladas e, por último, o rape baixou un 29,64% na zona 6, situándose en 216 toneladas. Por último, o lagostino da zona 7 baixa un 1,59%, pasando de 1.009 a 993 toneladas. Polo que se refira ao lagostino do banco de Porcupine, crece un 24,78%, pasando de 795 a 992 toneladas."}
{"ID": "NOS_4203", "summary": "Éter, Os praceres da porta e Bet.", "text": "Os praceres da porta Os reis non tocan as portas. Non coñecen esta dita: empuxar ante si con suavidade ou rudeza un destes grandes taboleiros familiares, voltarse cara a el para poñelo de novo no seu sitio -ter nas súas mans unha porta. A dita de empuñar polo ventre, polo seu nó de porcelana, un destes altos obstáculos dunha peza; ese corpo a corpo rápido polo que se retén un intre o paso, os ollos ábrense e o corpo enteiro adáptase á súa nova habitación. Cunha man amigábel aínda a retén, antes de empuxala decididamente cara atrás e fecharse -o que o clic do resorte, potente pero ben lubricado, gratamente lle asegura.* Francis PongeLe Parti pris des choses. Paris, Gallimard,1942. Bet Casa, lugar, habitación, morada: comeza así a escura narración dos tempos: para que algo teña duración, fulguración, presenza: casa, lugar, habitación, memoria: faise man o cóncavo e centro a extensión: sobre as augas: ven sobre as augas: dálles nomes: para que o que non está estea, se fixe e sexa estar, estancia, corpo: o hálito fecunda o humus: espertan, coma de seu, as formas: eu recoñezo ás apalpadas a miña morada.* José Ángel ValenteTres lecciones de tinieblas. Barcelona, La Gaya Ciencia, 1980.*BET letra que ten no alfabeto hebreo o valor dous e significa casa. É a letra inicial da narración bíblica: \"Bereshit bara Elohim\". As \"Leccións de Tebras\" cántanse desde a Idade Media pola Semana Santa*Tradución propia Éter A lus caíu da fiestra co enorme mar de plumas da alborada para anunciar que todo amor é inútil mentres pinga con ritmo salvaxe a cortina xeada do teu odio. Lois Pereiro Obra completa. Xunta da Galiza / Libros del Silencio, 2011."}
{"ID": "PRAZA_15403", "summary": "A Plataforma en Defensa do Ensino Público comeza unha serie de mobilizacións contra a proposta de reforma educativa por \"segregadora, sexista, mercantilista, autoritaria e que profunda na desigualdade\".", "text": "O rexeitamento ao anteproxecto da Lomce (Lei de Mellora da Calidade Educativa) impulsada polo ministro Wert espállase polo Estado adiante e chega tamén a Galicia. A Plataforma en Defensa do Ensino Público convocou concentracións nunha ducia de cidades do país este xoves ás 19 horas para protestar contra un texto que considera \"partidista\" e baseada no \"desquite\". A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca manifestacións nunha ducia de cidades contra o borrador de Wert Os voceiros de UGT, CCOO, Sindicato de Estudantes e Confapa, membros destea plataforma, pediron xa en rolda de prensa a retirada do borrador por ser unha lei \"segregadora, sexista, mercantilista, autoritaria e que profunda na desigualdade\", ademais de interpretar que \"o tema das linguas cooficiais\", que tanta polémica creou sobre todo en Cataluña, non é máis que unha estratexia de Wert \"para non discutir outros aspectos\" do texto. Por todo isto, a plataforma pretende centrar o debate en cuestións como a segregación, o intento privatizador do ensino ou a \"profundización\" nun modelo desigual. As protestas deste xoves, día 13, serán na Coruña (fronte ao IES Eusebio da Guarda), Santiago (IES Rosalía de Castro), Ferrol (IES Sofía Casanova), Lugo (Delegación da Xunta), Burela (fronte ao IES Perdouro), Ourense (CEIP Manuel Sueiro), O Barco de Valdeorras (CEIP Condesa de Fenosa), Verín (IES Taboada Chivite), Pontevedra (IES Vale Inclán), Vigo (IES Santa Irene), Vilagarcía de Arousa (Praza de Galicia) e Ponteareas (Casa do Concello). Marcelino Brea, responsable de Ensino de UGT-Galicia, advertiu tamén que o calendario de mobilizacións é \"sine die\" por mor da actitude dun Goberno central \"sen vontade de negociación\". \"O final do touro na praza xa se sabe cal é\", asegurou Brea, en alusión ás declaracións do ministro Wert, que presumiu de ser \"como un touro bravo\" que se crecía \"ante o castigo\". Os sindicatos advirten de duras mobilizacións no futuro contra a reforma educativa Ademais, José Fuertes, responsable de Ensino de CCOO-Galicia, censurou os obxectivos \"ideolóxicos da reforma\" e advertiu que para deter a deriva do Executivo \"non chegará con ser suaves\". Para Comisións, o ministro de Educación \"mentiu\" ao asegurar que non negociara o texto coa Conferencia Episcopal e denuncia a introdución \"forzosa\" dunha alternativa á relixión ou a intención de aumentar as horas dedicadas a esta materia. Do mesmo xeito, critica a \"privatización\" do ensino público e a intención da Administración central de facilitar e ampliar os concertos. En canto á segregación de alumnos, censurou que o novo anteproxecto de lei \"obriga a que as comunidades autónomas non poidan discriminar aos centros que discriminan\". Por outra banda, o portavoz do Sindicato de Estudantes, Pablo Álvarez, chamou os mozos a \"saír á rúa\" a protestar en contra dunha norma que, na súa opinión, supón \"unha marcha atrás no reloxo da historia\" en canto a dereitos do alumnado, como o de manifestación. Neste sentido, tamén fixo un chamamento á mobilización para forzar ao Goberno español ao diálogo, cuestión na que posteriormente incidiu o responsable de UGT, que censurou o Estado e o conselleiro de Educación da Xunta, Jesús Vázquez, por non dar \"a oportunidade\" ao sector educativo de ofrecer as súas achegas. Ademais, o presidente de Confapa-Galicia, Lois Taboada, criticou \"a desconsideración intolerable\" por parte das autoridades, que non viron \"pertinente\" reunirse con pais, centrais sindicais e representantes de estudantes. Así, anunciou que a súa organización estuda xa a presentación dun recurso de anticonstitucionalidade contra a futura norma, ao entender que vai en contra do dereito que establece o artigo 27.7 da Constitución e relega a pais e nais á participación nos centros como \"órganos consultivos\" e non de goberno. \"Non imos renunciar a iso\", avisou. A Confapa estuda un recurso de anticonstitucionalidade contra a norma por relegar a pais e nais na súa elaboración Por todo isto, Taboada destacou que \"hai razóns máis que sobradas\" para reclamar a retirada \"inmediata\" do anteproxecto, a dimisión de José Ignacio Wert e o nomeamento dun novo ministro e un novo equipo que \"abra o proceso de negociación co conxunto das partes\" implicadas. Xa por último, os membros da Plataforma en Defensa do Ensino Público apuntaron que se reuniron cos grupos parlamentarios -a excepción do PP- e lograron que presenten unha interpelación para que o conselleiro Vázquez expoña na Cámara a súa posición con respecto á LOMCE. \"Non sabemos se vai dar a cara\", sinalaron."}
{"ID": "NOS_42734", "summary": "O Comité Intercentros da CRTVG convocou unha manifestación para este domingo en Compostela, secundada por máis de 60 colectivos sociais, culturais e formacións políticas, para exixir \"unha CRTVG ao servizo do pobo\". Nós Diario conversa co presidente do Comité Intercentros e sindicalista da CIG, Tiago Alvite, para coñecer as razóns da protesta.", "text": "—Cales son os motivos de convocar esta manifestación? Entendemos que a CRTVG está secuestrada polo Goberno galego do PP para perpetuarse no poder sacrificando os principios básicos da Corporación, como a garantía do pluralismo político, social e cultural, a defensa da igualdade, a normalización do galego, ou a atención á xuventude e a infancia, entre outros. Cómpre dar unha resposta social o máis ampla posíbel para rescatar os nosos medios. Rescatar a CRTVG, celebrar a diversidade e preservar o país Para isto, reclamamos o cumprimento da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual da Galiza, do ano 2011, aprobada polo propio PP, que recolle que o director xeral da CRTVG sexa elixido pola maioría cualificada do Parlamento da Galiza, así como a aprobación do Estatuto profesional e o Consello de Informativos como instrumentos que garantan a independencia dos profesionais da información, un mandato marco que fixe os obxectivos estratéxicos do servizo público, e a creación dunha autoridade audiovisual independente do Goberno e os operadores que vele polo cumprimento deses obxectivos. Así, a finalidade da mobilización é exixir ao Goberno do PP que poña a CRTVG ao servizo do pobo. \"A finalidade da mobilización é exixir ao Goberno do PP que poña a CRTVG ao servizo do pobo\" —A mobilización conta co apoio de máis de 60 colectivos de distinta índole. Si, é unha convocatoria do conxunto da sociedade galega e do seu tecido organizativo, polo que participan colectivos sociais, culturais, políticos, sindicais e profesionais diversos. É a primeira protesta que se leva a cabo na historia da CRTVG que non se reduce ás reclamacións das persoas traballadoras da corporación, senón que a secunda toda a poboación. O propio pobo galego, que paga os medios públicos, leva a cabo esta reclamación social para rescatar a CRTVG do poder político. Colexios de xornalistas de todo o Estado secundan a manifestación do 6 de novembro en defensa da CRTVG Até o de agora, as manifestacións que se realizaron foron convocadas de maneira exclusiva pola representación sindical e presentaban un carácter fundamentalmente socio-laboral. Porén, esta mobilización conta cun perfil social e político, pois é a poboación quen reclama ao PP que devolva os medios públicos, que non son da súa propiedade, á sociedade galega. Así, o Comité Intercentros é un organismo convocante máis en pé de igualdade que o resto de organizacións que chaman á mobilización na protesta. Por todo isto, esperamos que haxa unha participación masiva e que se nos escoite. A sociedade galega sempre estivo á altura dos momentos importantes e críticos do país, e sempre respondeu en defensa dos seus propios intereses, polo que só contemplamos que esta mobilización sexa un éxito. O comité intercentros da CRTVG exixe dimisións ante os \"novos episodios de manipulación informativa\" —Cal é entón a situación na que se atopa a CRTVG? A CRTVG atópase nunha situación de secuestro por parte do PP que se está a agravar cada vez máis. Este secuestro implica, no que respecta á programación informativa, a manipulación dos contidos dos telexornais en beneficio da forza política no Goberno, o Partido Popular. E no que respecta ao resto da programación, o deterioro da variedade, o equilibrio e a calidade dos contidos destinados aos distintos públicos. Persoal da CRTVG denuncia \"represión\" pola manifestación convocada Os medios de comunicación públicos forman parte do marco que garante a democracia, non son un instrumento máis, senón que teñen un papel fundamental na súa estruturación. Por isto, ten que haber un control social para garantir a súa independencia, o que implica un control tanto dos contidos que se emiten como da xestión dos medios públicos. Porén, para que isto sexa posíbel, é precisa unha vontade política para aplicar a lei de 2011. \"Por unha CRTVG ao servizo do pobo\" Denunciando a \"manipulación\" sobre os medios públicos e a \"cancelación\" de contidos por parte do Goberno galego decorrerá a manifestación deste domingo en Compostela. O Comité Intercentros reclamará con esta protesta que a CRTVG sexa \"un instrumento ao servizo das necesidades sociais, democráticas e culturais do pobo galego\", indica Tiago Alvite. Ao remate da mobilización, o director teatral Quico Cadaval e a actriz Patricia Vázquez amenizarán a chegada das e dos manifestantes. Dous profesionais do cadro de persoal da CRTVG, Ana Romaní e Manuel Pampín, lerán o manifesto da convocatoria. Tamén haberá unha actuación musical da cantautora Silvia Penide. \"Cremos que o propio formato da manifestación vai garantir o seu éxito\", prevé Tiago Alvite, sindicalista da CIG."}
{"ID": "PRAZA_14081", "summary": "As votacións, á espera da resposta da formación de Beiras, serían \"abertas a militantes, simpatizantes e cidadanía en xeral\"", "text": "Non houbo sorpresas, e o Consello Nacional de Compromiso por Galicia refrendou as propostas e anuncios realizados nos últimos días pola organizacións. En primeiro lugar reiterou a oferta de coalición electoral a Anova que o xoves fixo pública Xoán Bascuas, co obxectivo de conformar, segundo o propio Bascuas, unha oferta \"nidiamente galega e progresista\". Houbo un alongado debate sobre outras posibilidades de pacto máis amplas, nas que entraría tamén Esquerda Unida, pero finalmente a maioría impúxose. Bascuas defendeu que \"a situación que estamos a vivir require de respostas audaces\", que permitan unha alternativa \"realista\" ao PP e á vez \"posibilitar un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País\". Así mesmo, aprobouse o procedemento para a convocatoria e realización de primarias para a elección dos candidatos de Compromiso (ou da coalición Compromiso-Anova se finalmente chegase a producirse). As votacións, á espera da resposta da formación de Beiras, terían lugar o vindeiro domingo 9 de setembro e serían \"abertas a militantes, simpatizantes e cidadanía en xeral\". Escolleríanse en primeiro termo os cabezas de lista e posteriormente á Presidencia da Xunta. Escolleríanse en primeiro termo os cabezas de lista e posteriormente á Presidencia da Xunta Bascuas salientou que a convocatoria de primarias \"vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos\". En calquera caso, tanto a data coma o procedemento estarían á espera dunha confirmación definitiva, que dependería da aceptación da oferta de coalición. Nese caso, sinala Bascuas, \"habería que acordar certas regras de xogo\". (HABERÁ AMPLIACIÓN)"}
{"ID": "NOS_44011", "summary": "Primeiro cruzamento de dardos na primeira moción de censura da historia do réxime de 1978 politica e aritmeticamente viábel. Abriu o lume o parlamentar designado por Sánchez e secretario de Organización do PSOE, José Luís Ábalos. Construíu a súa intervención sobre a base da sentenza da Gürtel. Raxoi acusouno de mentir no Congreso. Mais o seu discurso deixou un flanco moi feble: quen mentiu en sede xudicial foi el propio, segundo acredita o fallo da Audiencia Nacional.", "text": "Raxoi en estado puro. Ese foi o que se despregou na réplica a Ábalos no comezo do debate. Máis do que o contido da súa intervención -perfeitamente previsíbel- o que tiña interese era constatar o seu ton, a súa cualidade. E foi a da sempre, non a dun home que estivese a matinar na hipótese da demisión. O seu discurso desprendeu o ar de que Raxoi morrerá politicamente coas botas postas, mais non renunciará ao seu cargo. Ábalos leeu varios fragmentos da sentenza da Audiencia Nacional, aqueles en que se estabelece a catalogación do PP como unha máquina de corrupción institucional e en que se pon en cuestión a credibilidade do testemuño prestado en sede xudicial por Raxoi. Este, na súa réplica, acusou Ábalos de torcer o sentido da resolución xudicial -acusouno de mentir-, obviando unha evidencia, a de que quen mentiu foi el ao negar no tribunal a existencia dunha caixa B. Como tamén cabía agardar, Raxoi utilizou a trécola do \"e ti máis\" para contrarrestar a intervención de Abalos. \"Coa sentenza dos EREs, vanse facer unha moción de censura a vostés mesmos?\", inquiriu o inquilino da Moncloa. Na súa réplica, o dirixente do PSOE afirmou que non son asuntos comparábeis porque a corrupción do PP é estrutural e quen a practica é o propio partido -condenado pola sentenza por obter beneficios económicos da trama Gürtel."}
{"ID": "NOS_31865", "summary": "Sindicatos e persoal da factoría concentráronse para pedir a retirada do expediente sancionador ao presidente do comité de empresa, Juan Carlos Corbacho", "text": "A presentación dun expediente sancionador ao presidente do comité de empresa de Alu Ibérica, Juan Carlos Corbacho, contestouse esta quinta feira cunha concentración diante da fábrica na Coruña. Máis dun cento de traballadoras e traballadores exixiron á compañía que retirase a acusación ao representante do cadro de persoal sinalando que a dirección quere emprender unha \"persecución\" contra a representación sindical. Na mobilización participaron representantes do sector da industria da CIG, CCOO e UXT, que cargaron contra o expediente disciplinario ao traballador por \"falta de respecto\" á dirección, que podería significar o seu despedimento disciplinario. Os sindicatos van presentar alegacións Xoán Xosé Bouza, secretario nacional da CIG-Industria, explica a Nós Diario que a solución ao conflito \"non é a represión sindical, pasa por cumplir o acordado e facer os investimentos pendentes para garantir a continuidade e os postos de traballo\". Desde UXT, o seu secretario xeral da Federación de Industria, Construción e Agro (FICA), Javier Carreiro, denuncia que \"Alu Ibérica, en plan caciquil está coaccionado o comité de empresa\". Informa que na planta asturiana de Avilés tamén abriu un expediente a catro traballadores, un por cada central sindical. \"Do plan industrial que se prometeu non se está facendo nada e queren calarnos a boca, algo que non permitiremos\", asegura este sindicalista. As centrais xa anunciaron que pensan presentar alegacións ao expediente da empresa e despois a compañía propoñerá a sanción, que, de inicio, cualifican de \"moi grave\". Carreiro afirma a Nós Diario que non cederán \"diante de chantaxes de Alu Ibérica de tentar coaccionar o comité de empresa cando este se está dedicando a defender os intereses do colectivo\"."}
{"ID": "NOS_30275", "summary": "Celta e Deportivo teñen este sábado citas nas que se xogan moito máis que tres puntos. Os coruñeses co Xetafe e os vigueses co Osasuna. Mentres, o Lugo prepara o encontro de mañá contra o Córdoba, ao que venceu na primeira volta no Ángel Carro", "text": "A liga avanza e cada partido comeza a tomar forma de final para Celta e, sobre todo, Deportivo. As citas que teñen este sábado son moito máis que tres puntos. O Celta enfróntase ao Osasuna, ás catro da tarde no Reino de Navarra, equipo que está só a dous puntos dos celestes, polo que o resultado do partido podería provocar que os vigueses entrasen na zona de descenso e os navrros saísen dela. Unha baza do Celta é que Iago Aspas podería xogar o encontro, unha vez recibida a alta médica. Nas filas do deportivismo confían que a cita de hoxe ás 18:00 no Alfonso Pérez contra o Xetafe poida supoñer o comezo da recuperación do conxunto herculino. No encontro estrearase Kaká, a fichaxe de inverno dos coruñeses. Mentres, os madrileños afrontan a cita co apremio que dá levar dous meses sen gañar. Porén, levan 10 puntos máis que o Deportivo. Mentres, o Lugo ten a súa cita o domingo en Córdoba, equipa á que derrotou na primeira volta no Ángel Carro. Os lugueses van décimos, con 33 puntos, mentres que os andaluces ocupan o sexto posto e teñen 36. O partido comezará ás 17:00 horas"}
{"ID": "NOS_33034", "summary": "Concentracións en cidades e vilas para se solidarizar coas mulleres andaluzas e rexeitar a axenda \"machista\" da dereita máis dura.", "text": "Centos de persoas participaron nas concentracións que decorreron en cidades e vilas de Galiza convocadas polo feminismo para rexeitar as políticas de recortes de dereitos e liberdades das mulleres. Concentracións convocadas en solidariedade coas mulleres andaluzas a raíz da entrada da extrema dereita de Vox no parlamento andaluz cunha axenda con puntos tan polémicos como cuestionar a violencia machista. Da Coruña e Ferrol a Vigo, de Lugo a Ourense, pasando por Lalín, Pontevedra, Monforte, Ribeira, Compostela ou Viana do Bolo, entre outras. As mobilizacións incidiron en que \"a igualdade nin se negocia nin se vende\" e rexeitaron a \"ideoloxía patriarcal\" de Vox e que partillan sectores doutras forzas da dereita. \"Nin un paso atrás na loita feminista\", \"Ás políticas fascistas, resposta feminista\" ou \"Fóra o machismo das institucións\" foron algunhas das palabras de orden as concentración, así como a de \"Non estamos todas faltan as asasinadas\". \"En 2017, das 166.260 denuncias por violencia de xénero, só dúas resultaron non acreditadas. Estes datos falan sós.\" sinalouse nun dos manifestos lidos ao rematar as concentración."}
{"ID": "NOS_6246", "summary": "Tan só un día após o Goberno español bloqueara o diálogo co Govern catalán e un día antes da manifestación da dereita e a ultradereita en Madrid, o presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, sinalou que non aceptará \"nunca\" o dereito á autodeterminación.", "text": "Sánchez emitiu na mañá do sábado unha dura mensaxe contra o soberanismo apenas horas despois de que o seu Goberno suspendera o diálogo co Govern catalán e un día antes da manifestación españolista convocada pola dereita e ultradereita en Madrid na que participará Feixoo. Sánchez Sinalou que a autodeterminación \"non é constitucional\", polo cal, dixo, non a aceptará \"nunca\". Dentro da Constitución, afirmou Sánchez, \"todo, fóra, nada\". Así se pronunciaba nun acto en Barakaldo onde presentou a candidatura do candidato do PSOE á Alcaldía, Alfredo Retortillo. O presidente do Goberno español aludiu ao bloqueo das negociacións co PDeCAT e ERC, que deben decidir antes da cuarta feira se tomban ou non os orzamentos xerais. Sánchez quixo marcar distancias contra quen \"chegou tarde ao aborto, ao divorcio, ao matrimonio homosexual\" e criticou \"a volta atrás dunhas dereitas que reclaman a recentralización\". Tamén cargou contra as forzas independentistas, cuxo viaxe, prognosticou, \"non vai a ningunha parte\". Para Sánchez, o debate en Catalunya non é independencia si ou non, senón \"convivencia si ou si e iso só se consegue con diálogo\". Insistiu en que o que formula para Catalunya é o seu \"autogoberno\"."}
{"ID": "PRAZA_6630", "summary": "O conxunto céltico dominou durante moi boa parte do choque, atacou sen reservas e dispuxo de múltiples ocasións, pero pecou de falta de efectividade cara ó marco defendido por Asenjo.", "text": "O Celta sufriu esta tarde a primeira derrota do curso ó caer por 1-3 fronte ó Vilarreal en Balaídos nun partido tolo con moitísimas ocasións para os dous equipos. O conxunto céltico dominou durante moi boa parte do choque, atacou sen reservas e dispuxo de múltiples ocasións, pero pecou de falta de efectividade cara ó marco defendido por Asenjo. Pese á derrota, o Celta continúa sexto na táboa con 12 puntos de 21 posibles O Vilarreal púxose 0-2 en dous minutos grazas a dous zarpazos de Moi Gómez, Larrivey acurtou distancias antes do descanso para o Celta, e Mario puxo a sentenza no tempo de desconto. O submarino amarelo dedicoulle o triunfo ó seu adestrador Marcelino, que perdeu ó seu pai nos últimos días. Nos últimos minutos foi expulsado o central Fontás por dobre cartón marelo e se perderá o vindeiro partido contra o Athletic de Bilbao. Pese á derrota, o Celta continúa sexto na táboa con 12 puntos de 21 posibles. Berizzo dispuxo o seu once de gala dos primeiros partidos, con Hugo Mallo xa consolidado no lateral dereito. Pola contra, o Vilarreal, que xogou e goleou o pasado xoves en Europa League, chegaba con moitas baixas en defensa. De feito, o canteirán Adrián Marín tivo que actuar no lateral esquerdo. O dominio alterno e a ausencia de ocasións marcaron os primeiros minutos. Non obstante, a partires do primeiro cuarto de hora, o Celta empezou a impoñerse grazas ó dominio do balón e a súa habitual presión alta. Mario desbotoulle a primeira ocasión clara a Nolito cando se dispoñía a rematar en boca de gol un centro de Orellana, e o propio Nolito tivo outras dúas nun disparo escorado primeiro e nun remate que se marchou alto despois. O Vilarreal empezou a contragolpear con certo perigo, e aproveitou as dúas primeiras chegadas claras para asestar un golpe durísimo ó partido. As dúas co mesmo nome propio: Moi Gómez Non concretou o Celta a súa superioridade e pagouno caro. O Vilarreal empezou a contragolpear con certo perigo, e aproveitou as dúas primeiras chegadas claras para asestar un golpe durísimo ó partido. As dúas co mesmo nome propio: Moi Gómez. Primeiro, no minuto 32, rematou un centro de Cheryshev tras unha grande cabalgada do exmadridista, e despois, no 34, recuperou un balón en campo contrario e definiu desde a frontal pegado ó pau dereito de Sergio. O Celta acusou o golpe por uns minutos, nos que o Vilarreal puido facer o terceiro tras unha mala saída de Sergio nun córner, pero refíxose nos últimos compases do primeiro tempo. Primeiro Asenjo sacou unha man marabillosa a un disparo de Krohn-Delhi que ía á escuadra, e despois, no 44, Larrivey aproveitou unha perda inocente de Víctor Ruiz para marcar o 1-2 e dar esperanzas á parroquia de Balaídos de cara á segunda metade. O conxunto de Berizzo saíu algo frío tralo descanso e puido encaixar o terceiro nun disparo de Mario que salvou fenomenal Sergio e nun remate alto de Uche tras un mal despexe de Krohn-Delhi. Non obstante, pasados uns minutos o Celta comezou a asediar á portería de Asenjo. Atacaba e atacaba, recuperaba moi rápido e tiña ó Vilarreal pechado na súa área. Primeiro tívoa por medio de Krohn-Delhi e despois Bruno sacou na liña de gol un remate de Fontás, pero non atinou a facer o empate. Moveu entón Marcelino o banco metendo a Jonathan Dos Santos e a Vietto para deter o acoso e derribo celeste. A fatiga foi aparecendo nos xogadores do Celta co paso dos minutos e o Vilarreal contragolpeaba cada vez con máis perigo. Berizzo tamén realizou trocos: primeiro Jony por Planas, despois Levy, que tivo unha moi clara, por Radoja e por último a Charles por Álex López para queimar todas as naves. O Celta non atinou, pero o Vilarreal si. O lateral Mario puxo a sentenza no tempo de desconto ó culminar unha contra tras un pase de Vietto. Mesmo Uche puido anotar o cuarto, pero o marcador non se moveu do 1-3 Mentres, sucedíanse as chegadas nas dúas áreas, ata que, a catro minutos do final, unha entrada de Fontás sobre Uche nunha contra clarísima custoulle o segundo cartón marelo e a conseguinte expulsión. Aínda con dez homes, o Celta tivo o empate nun remate de cabeza de Larrivey que sacou noutra grande intervención Asenjo. O Celta non atinou, pero o Vilarreal si. O lateral Mario puxo a sentenza no tempo de desconto ó culminar unha contra tras un pase de Vietto. Mesmo Uche puido anotar o cuarto, pero o marcador non se moveu do 1-3. Primeira derrota da temporada para un Celta ó que pouco se lle pode reprochar visto o visto sobre o céspede de Balaídos, que rexistrou unha entrada de máis de 22.000 espectadores nunha soleada tarde de domingo."}
{"ID": "NOS_56992", "summary": "A CIG convoca unha concentración para rexeitar o despido do seu delegado e unha marcha para reclamar solucións á crise do sector.", "text": "A CIG anunciou que nos vindeiros días intensificará as mobilizacións que está a desenvolver en defensa do naval vigués, reivindicación á que agora se suma a denuncia da represión sindical que se vive en Barreras tras o despido do delegado da central sindical no comité de empresa. Así a vindeira segunda feira, día 12, desenvolverá unha concentración diante do estaleiro ás 11 horas para esixir a súa readmisión, mentres que a quinta feria15 convoca unha manifestación dende a Dobrada ás 19 horas en demanda de solucións para a grave crise que atravesa o sector. Anunciouno esta quinta feira en rolda de prensa o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. O máximo responsábel da central sindical explicou que a manifestación fai parte do calendario de protestas que a CIG leva tempo desenvolvendo para alertar sobre o declive do sector naval e reclamar solucións que garantan a súa continuidade. Carril incidiu en que a estas reivindicacións súmaselle agora a denuncia da represión sindical que se está a vivir en Barreras co despedimento do representante da central sindical no comité, ao que a empresa acusa de ser o responsábel da ocupación simbólica das instalacións do estaleiro por parte da CIG o pasado 27 de maio. \"Temos claro que se trata dunha acción represiva para intentar amedrentar e calar a quenes estamos a defender a continuidade do emprego\", asegurou. Na mesma liña se expresou o secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, que quixo deixar moi claro que \"se pensan que nos van a calar están moi confundidos\". O secretario xeral da CIG asegurou durante a súa intervención que a comarca de Vigo atópase inmersa nun \"cóctel explosivo\", xa que á crise do naval estase a estender a boa parte dos estaleiros Pola súa banda, o traballador despedido, Rafa Pérez, relatou que pasado día 2 a empresa comunicoulle o despido por correo electrónico e mediante un burofax no que tamén lle trasladan que ten o acceso restrinxido ás instalacións. \"Alegan que cometín dúas faltas moi graves durante a ocupación do estaleiro, acción na que eu nin participei, aínda que me acusan de ser o responsábel de todo\", censurou. Carril considera que este despido \"significa ir máis alá do que semellaba posíbel\", e critica que a empresa botase man de \"formas decimonónicas\" para despedir un traballador \"que representa a liña sindical máis reivindicativa e que destacou por esixir unha solución para o sector e en particular para a súa empresa\". O secretario xeral da CIG asegurou durante a súa intervención que a comarca de Vigo atópase inmersa nun \"cóctel explosivo\", xa que á crise do naval estase a estender a boa parte dos estaleiros (Vulcano, Barreras, Metalships, etc). \"Aquí ninguén está a salvo, tendo en conta a nula política industrial da Xunta e a inacción do Goberno estatal\".Reiterou ademais que para a CIG a única solución para Barreras pasa por unha intervención pública directa. Para o responsábel sindical, a importancia de Barreras transcende a propia comarca de Vigo, até o punto de que é unha empresa fundamental para o sector naval galego"}
{"ID": "NOS_53674", "summary": "\"Se non houbese Semana Santa, seguiriamos pechados\", dixo o conselleiro.", "text": "O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sostivo que Galiza \"mantén\" a previsión de peche perimetral para a ponte de San Xosé e a Semana Santa e, a falta de que o que se decida no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS), a idea da Administración galega é manter sen cambios tamén o toque de recoller entre as 22 e as 6:00 horas. \"Se non houbese Semana Santa, seguiriamos pechados\". Desta maneira liquidou as dúbidas o conselleiro de Sanidade ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao comité clínico do martes. Con todo, o titular da Administración sanitaria galega si avanzou que son previsíbeiscambios nas medidas que afectan internamente a Galiza. Deste modo, recoñeceu que está riba da mesa a ampliación de horarios na hostalería a partir da próxima semana (o día 16 volve reunirse o comité clínico), decisións que entrarían en vigor, precisamente, o 19 ás 00:00 horas, xornada de festivo. Comesaña lembrou que Galiza deseñou un documento con catro niveles que quedaron suspendidos en xaneiro e que, anunciou, \"vai recuperar\". Estes niveis -restricións máximas, nivel medio alto, nivel medio e nivel básico- rexíanse pola incidencia acumulada delimitando as medidas en franxas máis concretas que as que están actualmente vixentes (xa que agora o nivel medio abarca desde concellos como A Coruña cunha incidencia acumulada de 225 a outros sen contaxios nas últimas semanas). Ademais, para cada un dos niveis había uns criterios de capacidade en hostalería e de mobilidade. Este documento, que deixou de estar vixente co endurecemento das medidas que se tomaron na terceira onda, despois de Nadal, será agora recuperado, aínda que faltan por saber os matices que se poidan engadir. Concretamente, o conselleiro avanzou que \"non é descartable que a semana que vén se faga un reaxuste de horarios\", con outras franxas para a hostalería (actualmente pecha en toda Galiza ás 18:00 horas). \""}
{"ID": "PRAZA_15541", "summary": "A deputada Rosana Pérez presenta unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria na que pide a retirada do borrador e unha negociación \"en pé de igualdade\" coas autonomías. O Bloque acusa o Executivo de \"inmiscuirse en competencias autonómicas\".", "text": "A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria na que insta o Goberno central a dar marcha atrás no borrador que establece o copago do transporte sanitario non urxente, e no que solicita que negocie coas autonomías \"en pé de igualdade\" esta cuestión. O Bloque pide que, en caso de seguir adiante, se exclúa os enfermos crónicos e os que reciben hemodiálise e tratamento oncolóxico Ademais, Pérez, pídelle ao Executivo que \"en caso de seguir adiante co copago do transporte sanitario non urxente, exclúa os enfermos crónicos, os pacientes de hemodiálise e os que reciben tratamentos oncolóxicos\". A deputada do BNG refírese ao borrador sobre a orde do Goberno pola que se vai regular a achega dos pacientes ao transporte sanitario non urxente. O Ministerio establece un copago cifrado en cinco euros por traxecto ao traslado urxente en ambulancia e que se estende a enfermos crónicos, oncolóxicos e pos que precisan hemodiálise. A parlamentaria lembra que o copago nas ambulancias fixouse no decreto lei de medidas urxentes en materia sanitaria aprobado polo Goberno no mes de abril e critica unha medida que no borrador \"establece unha base de cálculo de 50 euros por traslado, independentemente do prezo real do traxecto e dos quilómetros percorridos\". \"Será moi gravoso para os pacientes que terán que pagar cinco euros por traslado, e se é de ida e volta, 10 euros\", asegura. Para o BNG \"trátase dunha medida inxusta, abusiva e que de novo fai recaer sobre os cidadáns os custes sobre servizos sociais que sempre foron públicos. Ademais, o Bloque cre que o Executivo estase a \"inmiscuir en competencias autonómicas xa que este tipo de transporte o financian as comunidades\". A deputada nacionalista afirma que \"a introdución de fórmulas de copago na sanidade é a porta de entrada para a privatización da sanidade, que o PP está a levar a cabo en moitos territorios como en Galicia\"."}
{"ID": "NOS_5311", "summary": "O novo ano sume na incerteza a mocidade galega que, sen aínda deixar de padecer as consecuencias da anterior crise, ve enormes dificultades para desenvolver un proxecto de vida na Galiza poscovid. Nós Diario conversa sobre os retos que abre 2021 con portavocías de mocidade das formacións políticas con representación no Parlamento galego.", "text": "A pandemia mudou radicalmente a forma de vivir e relacionarse dunha mocidade galega que afronta con incerteza a nova crise cando aínda padece os efectos da anterior, pois xa antes da Covid-19 até 6 de cada 10 menores de 34 anos vivían coas súas nais ou pais e 19.996 persoas entre 16 e 34 anos emigraron da Galiza en 2019, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística. Esta situación e as prioridades de actuación dos Gobernos en materia xuvenil son enxergadas de maneira diferente polas formacións políticas. O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, sinala que \"na última década o saldo migratorio con respecto á poboación moza foi positivo, viñeron vivir a Galiza 26.000 mozos máis dos que saíron, e en 2019 instaláronse 9.000 máis dos que se foron\". Nunha análise oposta está o secretario xeral de Galiza Nova e deputado do BNG, Paulo Ríos, para quen \"a mocidade está a ser expulsada do país\" cun \"PP que aspira a facer da Galiza un parque temático de turismo de baixo custo\", ao tempo que exclama que \"do Xacobeo, o que máis importa a Feixoo, non se come\". Paloma Castro, portavoz parlamentar de xuventude do PSdeG, urxe a consolidación de emprego, pois \"o traballo xuvenil é precario e non estábel, e isto incide na emigración, xa que a xente marcha en busca de estabilidade\", di sobre unha temporalidade que no último trimestre de 2020 alcanzou unha taxa de 58% na mocidade. Soportar a precariedade A pandemia deixa datos duros no emprego. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre de 2020 amosa que na Galiza a taxa de desemprego xuvenil está en 28%; aumentando dous puntos respecto ao trimestre anterior e case oito respecto en comparación co mesmo trimestre de 2019. Para Pardo os datos non son comparábeis coa situación que vivía Galiza antes da crise, e destaca que é \"a sexta comunidade con menos desemprego xuvenil, con 5 puntos\" por baixo da media estatal. \"A mellor política social\", di o popular, está nas medidas destinadas a crear emprego, e salienta as políticas da Xunta para evitar a destrución de postos de traballo así como o plan do Goberno galego de axudas a profesionais autónomos e pemes. Pola contra, Ríos acredita en que estes problemas xa existían antes e que a Covid-19 os agravou. \"Non se pode usar a pandemia como escusa dos malos datos de emprego e emancipación xuvenil\", argumenta. \"O fechamento da hostalaría fixo que moita mocidade, que sobrevivía traballando no sector servizos, sufra agora dobremente\", di o nacionalista, chamando a \"mudar o modelo\", investir en innovación e desenvolvemento, e que \"Galiza decida sobre os seus recursos e aposte por rexenerar o tecido industrial para desenvolver traballo de calidade. \"Non existe ningún plan de choque para as principais problemáticas que atravesa a mocidade: emprego e vivenda\", lamenta a voceira socialista. Castro exixe á Xunta \"un plan de vivenda que mellore o existente, por ineficaz\", así como subvencionar empresas que contraten xente nova para mellorar a empregabilidade, pór en marcha axudas á mocidade para optar a financiamento de proxectos, e investir en I+D+i para dar continuidade á formación e poder investigar na Galiza. Co idioma nas súas mans \"Nos últimos anos logramos o maior índice de coñecemento do galego da nosa historia, cunha comprensión oral case 100% e escrita do 83%\", sinala Pardo sobre a situación do galego entre a mocidade. Para Ríos, porén, \"a Xunta relega o noso idioma a unha suposta elección libre que non é, xa que 99,9% dos estímulos que recibimos e están en español, cun peso importante do decretazo de Feixoo no ensino para apartar o galego\". Paloma Castro bota en falta que se potencie o galego, cunha TVG \"sen contidos atractivos para a mocidade\". Responsábeis Os tres políticos concordan en que o comportamento da mocidade foi e é exemplar na pandemia. Porén, tanto Ríos como Castro acusan Feixoo de ter apuntado inxustamente a mocidade como responsábel dos contaxios. A socialista reprende Feixoo por \"botar balóns fóra contra a xuventude e os Concellos\" en lugar de a Xunta responsabilizarse da falla de rastrexadores."}
{"ID": "NOS_57041", "summary": "A rixidez dos requisitos para acceder ás axudas para autónomas do Goberno español fan que moitas persoas renuncien a solicitalas.", "text": "O pasado mes de marzo, o Goberno español anunciaba a posta en marcha dun fondo dotado con 7.000 millóns de euros para axudar ás traballadoras e traballadores autónomos a mitigar os efectos da pandemia da Covid nos seus custos financeiros. Á Galiza correspondéronlle 234,4 millóns de euros, pero até xullo só se solicitaran axudas por valor de 23% do importe global. Para as asociacións de autónomas esta porcentaxe, que a nivel estatal non chega nin a 40%, representa un \"fracaso\" no deseño das axudas. Así o cre o presidente da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) da Galiza, Rafael Granados, quen recoñece a Nós Diario que o principal problema é a \"inflexibilidade que ten o Real Decreto 5/2021 á hora de solicitar e ser beneficiario destas axudas directas\". Segundo explica, \"a maior parte das traballadoras e traballadores autónomos non poden cumprir estes requisitos, polo que moitas destas axudas, se non se flexibiliza o decreto, van ter que ser devoltas\", advirte o responsábel de ATA Galiza. Pese á que a Xunta, dentro das súas competencias, ampliou o prazo de solicitude até 30 de setembro, \"o prazo non é xa o problema, senón os requisitos\", incide Granados. \"E aínda que a Xunta intentara flexibilizalos, a redacción do decreto faría imposíbel aplicar esas modificacións\", engade. Segundo estabeleceu o Goberno español, as axudas terán que ir destinadas a saldar débedas vivas con provedores de 2020 e até maio de 2021. Quedan fóra as autónomas con perdas no exercicio 2019 ou con débedas coa Axencia Tributaria ou a Seguridade Social. A cuestión, apunta Granados, é que as autónomas galegas, \"nun exercicio de responsabilidade, tiraron dos seus aforros para evitar as débedas\", polo que agora non teñen xustificación en moitos dos casos para solicitalas. A hostalaría e o turismo, con menos peso na Galiza que noutros territorios, terían máis facilidade para encaixar no perfil. Un novo plan máis flexíbel cos fondos sobrantes Pola súa banda, o presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, apuntou que no seu día xa avisara de que o deseño desta axuda non podería chegar á inmensa maioría das traballadoras e traballadores por conta propia que sufriron perdas de facturación. \"Castigouse gran parte do colectivo que sufragou con recursos propios o pagamento aos seus provedores, descapitalizándose totalmente e esgotando en moitos casos até o seu último céntimo para abordar a situación económica\", afirmou. Neste senso, indicou que o seu sindicato presentará ao Executivo estatal un novo plan de axudas directas para autónomos con perdas de facturación de polo menos o 50%, entre os anos 2019 e 2021. \"É de xustiza. O noso colectivo necesita unha inxección económica ou miles de actividades desaparecerán dos nosos pobos e cidades\", advertiu. Ese segundo plan ao que fai referencia, podería estar financiado cos fondos sobrantes da actual liña de axudas, que non dubidou en cualificar de \"auténtico fracaso\" dado a escasa porcentaxe de execución rexistrada."}
{"ID": "NOS_22940", "summary": "Apoio dos profesionais da dobraxe a unha canle Xabarín. Vídeo no interior.", "text": "Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González poñen voz e cara nun vídeo no que se reivindica \"poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas\". Os profesionais mostran o seu apoio á Iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa e que reuniu máis de 33.000 sinaturas á ILP para instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle \"Xabarín\"."}
{"ID": "NOS_3654", "summary": "As persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais continúan en aumento e ascenden a 373, o que supón nove máis que 24 horas antes. Delas 48 atópanse en UCI, unha máis que o día anterior.", "text": "A información actualizada na web da Consellaría de Sanidade na mañá desta sexta feira con datos recollidos até as 18 horas da quinta dá conta dun novo incremento de persoas hospitalizadas coa Covid-19. Segundo Sanidade, atópanse ingresadas 373 persoas, das cales 48 están en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), unha máis que o día anterior, e 325 en camas convencionais, nove máis que 24 horas antes. Na área sanitaria de Ourense, Verín e Ou Barco baixan a 111 os pacientes con Covid-19 ingresados -nove menos-, deles 13 en UCI -dous menos-. Na área de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados soben a 68, seis máis que o día anterior. Sete seguen en unidade de críticos. Na área da Coruña e Cee soben a 65 os pacientes con Covid hospitalizados, deles 56 en planta e nove en UCI. Na área de Vigo aumentan a 51 os pacientes con Covid-19 hospitalizados -dous máis-, dos cales sete permanecen en UCI e 44 noutras unidades de hospitalización. Mentres, na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con Covid hospitalizadas increméntanse a 22 -cinco máis-, delas dúas atópanse en UCI e 20 noutras unidades de hospitalización. Na área de Pontevedra e O Salnés baixan a 37 as persoas hospitalizadas co novo coronavirus, delas 30 en planta e sete en UCI -unha máis-. Na área de Ferrol as hospitalizadas coa Covid seguen en 19, tres delas en unidade de críticos -unha máis-."}
{"ID": "NOS_34326", "summary": "O diaño está nos detalles e aí estivo mellor o Dépor nun duelo vibrante, vivido con enorme emoción nas bancadas e disputado con fair play sobre o verde. O derbi deixou un momento para a historia: as bancadas a entoaren o himno galego. Iso si, foi a versión amputada a que soou en Riazor.", "text": "Deportivo e Celta ofereceron un fermoso espectáculo a un Riazor ateigado, con 30.000 asentos ocupados, arredor de 700 cadeiras para a torcida viguesa. Non foi un partido dez, mais si un xogo de enorme tensión física e emocional, como se a vitoria dependese de cada disputa do balón. Aí, no intensómetro, comezou a gañar o Deportivo. Na maior parte das ocasións, os locais impuxéronse nos uns contra uns. E aí emerxeu a figura dun enorme Álex Bergantiños. Un dique de contención no centro do campo, con capacidade mesmo para se aventurar nas liñas defensivas celestes. Tanto que participou, após unha asistencia delicadísima de Cani, na acción que daría lugar ao gol de Lucas Pérez. O diaño está nos detalles e este non foi o derbi de Nolito. Primeiro desbaldiu un regalo de Arribas, un despexe trapalleiro que o deixou nun man a man face Lux. Tería sido o 0-1. A acción foi vivida como a cámara lenta en Riazor, con 30.000 almas encollidas. Tamén se lle encolleu o pé ao talentoso 10 celeste. Lux apañou a bola sen aparentes problemas, após a falida vaselina. A acción de Nolito produciuse no minuto 7. 15 despois chegou o gol de Lucas. E 2 minutos após o tanto do dianteiro coruñés, voltou Nolito a ocupar o centro do cenario. Penalti a favor do Celta. Un novo detalle decisivo. Un estrondo abalou o estadio, con 30.000 gorxas a abouxaren. Difícil manter a tranquilidade de ánimo para marcar. Se callar lle puido a presión a Nolito, se callar o mérito foi todo de Lux. Mas o 1-1 non subiu ao taboleiro de marcas e a impresión que ficou no ar é que aquela era a acción decisiva do encontro. Fóra dos detalles, se imos ao trazo groso, o Deportivo foi superior ao Celta nomeadamente no centro do campo Fóra dos detalles, se imos ao trazo groso, o Deportivo foi superior ao Celta nomeadamente no centro do campo. Acertou Víctor ao colocar Bergantiños como parella de Mosquera. A dupla coruñesa adonouse da parcela central e aí comezou a se desequilibrar o choque. A medular celeste apenas conseguiu fornecer de balóns de calidade ao tridente Orellana-Aspas-Nolito. Porén, o dinamarqués Wass deixou ver pingas da súa destreza no manexo da bola. Após a vitoria, Celta e Deportivo continúan na zona nobre da táboa, con 21 e 18 pontos, respectivamente. Os derbis deron un salto de calidade. O Celta mostrouse como o que é, unha equipa de arriba, xa consolidada. O novo Deportivo patentizou que progresa adecuadamente e que o proxecto de Víctor Sánchez del Álamo exhibe cada día maior solidez. Himno amputado e selección galega Foi tamén un derbi para a historia nos detalles protocolarios. A interpretación multitudinaria, coa letra sobre impresionada nos vídeomarcadores, do himno nacional galego foi un deses momentos marcantes que ficaron rexistados na memoria futbolística do país. Mágoa que alguén decidise amputalo. Chegouse a Fogar de Breogán, mais non se entoou a estrofe en que Pondal canta a Nación de Breogán. Alguén terá que dar explicacións de por que. Porén, a semente pode dar froitos. Na zona mixta, ao final do xogo, Lucas Pérez, outravolta o heroe local, evocou emocionado o momento da interpretación do himno e, unha cousa levou a outra, a seguir expresou o seu desexo de que o máis cedo posíbel se dispute un partido da selección galega. \"Xogar nela sería un orgullo\", acrecentou. RC Deportivo: Lux, Juanfran (Jonás, min. 78), Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Cani (Fayçal, min. 67), Pedro Mosquera, Álex Bergantiños, Luisinho, Lucas e Jonathan Rodríguez (Laure, min. 73). RC Celta: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás (Planas, min. 57), Jonny, Augusto Fernández, Wass, Tucu Hernández (Guidetti, min. 71), Orellana, Iago Aspas e Nolito. Goles: 1-0 Lucas (min. 22); 2-0 Jonny, en propia meta (min. 93). Árbitro: Álvarez Izquierdo (c. catalán). Amonestou Lucas (min. 22), Lux (min. 24), Tucu Hernández (min. 39), Pedro Mosquera (min. 52), Jonathan Rodríguez (min. 52), Luisinho (min. 70), Juanfran (min. 77), Jonny (min. 77) e Nolito (min. 83). Incidencias: 30.666 espectadores."}
{"ID": "NOS_1769", "summary": "Baltar Jr revalidou a súa condición de chefe do PP ourensano, ao obter máis do 95 por cento dos votos. Este non foi un congreso de confronto co aparato de Monte Pío. Jiménez Morán, o home de Feijóo na provincia e rival de Baltar Jr, será vicesecretario do partido.", "text": "Na súa intervención ante o pleno do Congreso, Baltar Jr. fixo un alegato de autonomía ourensanista dentro do PP. \"Só vos represento a vós e nada máis que a vós\", díxolles ás e aos congresistas, após dicer que detrás del non hai ningún grupo de presión nen nengún poder mediático. Feijóo optou por non dar a batalla ao neobaltarismo para non ficar en evidencia que non controla a provincia A candidatura que lideraba Baltar Jr., a única en liza, obtivo 961 votos. Ninguén votou en contra. Rexistráronse apenas 47 sufraxios en branco. Desta volta, Feijóo optou por non dar a batalla ao neobaltarismo, para non ficar máis unha vez en evidencia que non controla politicamente esta provincia. Ao axir así, Feijóo abraza a política de coexistencia pacífica que sustentou sempre Fraga co núcleo ourensán do seu partido."}
{"ID": "NOS_14502", "summary": "O BNG dá por superada a crise financeira que atravesou a organización política nos últimos anos e prevé acabar de pagar a débeda en 2022.", "text": "Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, o BNG informa de que o seu Consello Nacional aprobou o orzamento da organización para o ano 2021, e avaliou a evolución da débeda. Na nota de prensa, a formación nacionalista dá \"por definitivamente superada a crise financeira que padeceu o BNG nos últimos anos\". Agradecemento á militancia Engade que \"boa parte da actividade política e social do BNG fundaméntase no traballo militante\" e explica que \"sen o compromiso militante\" a actuación da forza liderada por Ana Pontón \"sería imposíbel\". A evolución da débeda, expón o Bloque, sitúase nos 64.330 euros, \"prevéndose a súa eliminación definitiva no vindeiro ano 2022\". A organización nacionalista recoñece o \"inmenso mérito colectivo\" da militancia \"que foi quen, colectivamente, de enfrontar unha difícil situación económica, nun contexto político tamén delicado, con coraxe, determinación e moito esforzo\". Excluíndo as subvencións que recibe o BNG do Parlamento e do Congreso, a metade dos ingresos da formación nacionalista proceden das achegas da súa militancia. Sen esa contribución a través das cotas, non sería posíbel corrixir a débeda que en 2012 alcanzou os 4,04 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_22332", "summary": "BNG e PSdeG critican a supresión da Tarxeta Básica e Rueda defende a medida", "text": "A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, esixiu á Xunta que rectifique a súa decisión de suprimir a Tarxeta Básica, creada en plena pandemia para que persoas con baixos ingresos puidesen comprar alimentos e produtos de hixiene, e que lle dea \"un carácter permanente\" como unha \"ponte\" até que as persoas beneficiarias poidan acceder a prestacións como a Renda de inclusión social da Galiza (Risga) ou o Ingreso Mínimo Vital (IMV). En declaracións aos medios, a dirixente nacionalista lembra que foi a \"única medida\" de emerxencia que existía até o momento, xa que a Xunta foi \"incapaz de adoptar nin unha soa con carácter extraordinario para rescatar aos sectores da poboación máis empobrecidos\" ante a \"brutal crise de prezos\". \"O que lle pedimos ao Goberno galego e ao PP é que empaticen, que teñan a sensibilidade que se necesita nun momento como o actual e que manteñan a Tarxeta Básica e que a regulen para darlle un carácter permanente\". Formoso (PSdeG) censura a supresión da Tarxeta Básica O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou hoxe que a decisión da Xunta de suprimir a Tarxeta Básica \"vai en sentido contrario ás necesidades dos galegos\". En declaracións aos medios tras a reunión da Executiva Nacional do PSdeG, desenvolvida no Hotel Porta do Camiño, en Compostela, Formoso censurou que se suprima \"unha axuda fundamental\" para \"75.000 galegos con menos recursos\". Rueda defende a supresión dá Tarxeta Básica No sentido contrario, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volveu insistir en que a Xunta suprimiu a Tarxeta Básica porque \"naceu nun momento non que non era posíbel traballar\" -xa que foi posta en marcha non ano 2020-, con todo, engadiu, \"agora, afortunadamente, a situación cambiou\". \"Naquel momento non había mobilidade e non había posibilidade de traballar. A razón dese apoio xa non existe, por tanto esa excepcionalidade xa non está e esa é a razón de que se suprima esa axuda, que naceu nunha situación na que moita xente non podía traballar e xerar ingresos\", manifestou."}
{"ID": "NOS_7603", "summary": "O Tribunal Supremo ditou sentenza \"ideolóxica\" e rexeitou o recurso do Concello de Lugo pola decisión do Superior a respecto da ordenanza de normalización lingüística da cidade. É por isto que a plataforma Queremos Galego e mais o Goberno local do PSdeG chaman a se manifestar esta cuarta feira, 6 de marzo, ás 10.00 horas perante o Concello lucense.", "text": "\"O Supremo pretende pór limites á oficialidade da lingua galega e impedir que poida manter calquera situación de igualdade respecto ao castelán\", explican dende Queremos Galego. Segundo din na plataforma, o alto tribunal estabelece uns máximos que o galego \"non debe traspasar baixo ningún concepto.\" \"A sentenza ilegaliza ademais unha posición social maioritaria no conxunto do pobo galego, a de que a lingua propia de Galiza é o galego, que é o noso principal elemento de identidade colectiva e que se atopa nunha absoluta situación de desprotección, aínda cunha lexislación que no mellor dos casos non se aplica e se vulnera constantemente\", resumen, antes de engadir: \"O mesmo tribunal non actúa contra as máis de 500 disposición legais que garanten a presenza absoluta do español e sitúan o galego en situación de inferioridade\". Queremos Galego, que agrupa unhas 700 entidades e nuclea A Mesa pola Normalización Lingüística, insiste en que a xustiza española pon \"un carimbo de legalidade e lexitimidade á discriminación de usuarias e usuarios de servizos públicos privatizados por razón de lingua ao primar o suposto dereito de descoñecemento do galego por parte das empresas emprestadoras de servizos á administración municipal fronte ao dereito a empregalo e ser atendido en igualdade de condicións por parte das e dos cidadáns\"."}
{"ID": "NOS_32531", "summary": "Néstor Rego participou esta cuarta feira no debate ás emendas a totalidade dos orzamentos.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou esta cuarta feira o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado presentados polo Goberno español para 2023, e emprazou a ministra de Facenda, María Jesús Montero, a \"dialogar para melloralos\". O Goberno español aumenta 20,9% o investimento no Estado e 0,3% na Galiza Nunha comparecencia ante os medios, Rego sinalou a necesidade de aumentar o investimento na Galiza para \"atender as necesidades das galegas e galegos\". O nacionalista fixo fincapé nas infraestruturas ferroviarias e servizos, ao tempo que demandou estabelecer \"verdadeiras políticas sociais\" para solucionar \"os graves problemas que atravesan as clases populares\". Neste sentido, o deputado do BNG advertiu que, de non producirse \"mudanzas importantes\" nas contas estatais, a formación nacionalista non apoiará os orzamentos na votación final no Congreso. PSOE e Unidas Podemos fechan de madrugada un acordo sobre os orzamentos estatais de 2023 Esta cuarta feira tivo lugar o debate das emendas á totalidade. O BNG, que non presentou ningunha, anunciou o seu voto en contra ás presentadas por outros partidos políticos para \"dar marxe ao diálogo e á negociación\", en palabras do propio Néstor Rego. Contas \"insuficientes\" e \"militaristas\" Na súa comparecencia, o deputado do BNG no Congreso volveu cualificar os orzamentos estatais como \"insuficientes e decepcionantes, máis aló do resaibo militarista que non compartimos\". \"O investimento na Galiza estáncase en relación con 2022 e xa partíamos de orzamentos moi baixos en anos anteriores\" lembrou Néstor Rego. O investimento do Estado na Galiza fica en 1.077 millóns de euros para o ano 2023 O dirixente nacionalista lamentou que, mentres o investimento nos orzamentos sobe en Andalucía 2.3%, Cataluña (3.5%), Madrid, (13,4%); Navarra, (34.73%), na Galiza fica en 0.2%. Tamén criticou que os orzamentos previstos para a Galiza en anos anteriores, \"non foron executados na súa totalidade. En 2021 ficaron sen gastar 1 de cada 3 euros e en 2022 será peor\". Oito meses despois descoñécese o grao de execución dos 10,5 millóns para o audiovisual en linguas propias Rego sinalou que, no proxecto presentado para 2023, non figuran actuacións importantes para a Galiza que, ademais, están incluídas no acordo de investidura. \"Son, por tanto, compromisos do Goberno español coa Galiza que vostedes están a incumprir un ano si e outro tamén\" reprochou o deputado na tribuna."}
{"ID": "NOS_58098", "summary": "Este será o prezo medio diario máis baixo no mercado maiorista da electricidade desde o pasado 28 de decembro, cando rexistrou 20,04 euros por MWh.", "text": "O prezo medio diario da luz no mercado maiorista baixa este sábado 34,5% con respecto ao marcado na sexta feira, confirmando así a estabilización nos prezos tras o paso da vaga de frío e a maior participación das renovábeis, fundamentalmente a eólica, no 'mix' enerxético. En concreto, o coñecido como pool, cuxos prezos diarios son fixados cun día de antelación, marcou para este sábado, 23 de xaneiro, un prezo medio diario de 27,5 euros por MWh, segundo datos recollidos a partir do operador do mercado ibérico (Omie). Este será o prezo medio diario máis baixo no mercado maiorista da electricidade desde o pasado 28 de decembro, cando rexistrou 20,04 euros por MWh. O descenso débese, principalmente, á caída na demanda, especialmente por ser fin de semana, e á maior participación das renovábeis, especialmente a eólica, na xeración. De feito, a demanda prevista é 10 xigavatios hora (GWh) inferior á do sábado da semana pasada e a eólica será 280 GWh superior, segundo fontes do sector. Prezo comparado O prezo da luz no mercado español será hoxe inferior aos da contorna: o francés rexistrará un prezo de 51,8 euros por MWh, o alemán de 51,7 euros por MWh e o británico de 64,8 libras (uns 72,7 euros) por MWh. Tamén a poxa de gas no Mercado Ibérico (Mibgas) para marcou caída nos seus prezos, con 22,5 euros por MWh, fronte aos 28,2 euros MWh anteriores."}
{"ID": "NOS_15762", "summary": "Quico Cadaval (Ribeira, 1970) vén de encher o Teatro Principal de Santiago durante tres días con A cabeza do dragón (Producións Teatráis Excéntricas), a primeira obra de Valle Inclán adaptada ao galego. Ten por diante unha intensa xira que levará o espectáculo por cidades e vilas do país e por Portugal. A acollida resultoulle satisfactoria. Admite estar aínda \"esperando críticas\".", "text": "Que lectura fas da situación do teatro na Galiza? Non teño unha idea feita, acostumo a usar un símil cun mito clásico, o de Sísifo, un home que fixo algo malo está condenado a subir unha pedra a un monte e cando chega ao cumio a pedra roda para un dos lados. Entón ten que baixar de novo e empezar a empurrar. E a nós danos a sensación de que no teatro é sempre así, cada ano temos que demostrar que valemos, que interesamos e empezar de novo… Levamos todo o tempo empezando de novo e iso é un pouco alarmante. Os últimos feitos relacionados co Centro Dramático demóstrano así. O CDG é unha aparencia, porque non ten autonomía artística. Que papel debería desenvolver o CDG, e que papel está desenvolvendo? Ser o emblema do teatro nacional, do teatro público. Hai moita xente que está contra a existencia do CDG porque ten os seus defectos, os que sexan, e en cambio non di nada do Centro Dramático Nacional, da Compañía Nacional de Teatro Clásico… Iso está naturalizado, parece normal que a cultura española teña unhas institucións e entón o anarquismo atácalle á xente cando son institucións galegas. O que está facendo? Pois todo depende da actitude política, se nos consideran aos teatreiros ou aos artistas en xeral un lastre, un peso, unha lacra, ou se nos consideran unha riqueza do país. É lamentábel e un pouco absurdo que só se nos celebre porque traballamos fóra. O CDG debería ter unha programación que non correse coas compañías das experiencias privadas e que as experiencias privadas tivesen un campo de exposición, pero, vaia, non sei para que che falo de todo isto porque isto é política cultural e non son un experto. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_22473", "summary": "O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) traslada de lugar, a partir de mañá, terceira feira, día 12 de maio, o coñecido como Covidauto á parte posterior do edificio Oeste (quinto andar do novo edificio) do Hospital da Coruña.", "text": "O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) traslada de lugar, a partir de mañá, terceira feira, día 12 de maio, o coñecido como Covidauto, un sistema para a realización das probas do coronavirus ás doentes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse deles (e que só se lles realiza ás persoas que teñen prescrición facultativa e cita previa, que se asigna directamente desde o centro de saúde. A facultativa ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios estabelecidos nos protocolos, e quedará rexistrada na súa historia clínica electrónica. Tamén se manterán como até o de agora os test nos domicilios. O novo lugar elixido para a realización das probas no Covidauto é a parte posterior do edificio Oeste (quinto andar do novo edificio) do Hospital da Coruña. Ao acceder á zona de toma de mostras, haberá un control que co listado de citas programadas permitirá o acceso única e exclusivamente ás usuarias que teñan esa cita e estean debidamente identificados. Este sistema permite axilizar tempos, xa que posibilitan que a cidadanía se desprace en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI). Esta nova situación atópase moi cerca do Laboratorio de Microbioloxía do Hospital, o que contribuirá \"a unha maior rapidez diagnóstica\", apuntan desde o Chuac."}
{"ID": "PRAZA_17886", "summary": "Varias navieiras estarían a desviar unha parte importante dos viaxeiros das saturadas Cíes a este outro destino, que superaría algúns días as catro mil persoas cando o borrador do Plano Reitor de Uso e Xestión fixa un límite de 1.800 diarias.", "text": "O verán pasado foi noticia a saturación de visitantes nas Illas Cíes. Catro navieiras foron denunciadas, detectándose vendas irregulares de billetes e comprobándose que algúns días o número de viaxeiros excedía en 4.000 persoas o límite fixado (2.200 visitantes máis 800 campistas). Grupos ecoloxistas xa advertiran ante a Xunta en 2014 dos perigos derivado do exceso de visitantes nas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e que hai uns meses entraron na lista de aspirantes a Patrimonio da Humanidade. Verdegaia denuncia que varias navieiras estarían a desviar un gran número de viaxeiros ás Ons para evitar superar nas Cíes ese máximo fixado de 2.200 persoas diarias Gran parte do problema radicaba na falta de aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional (PRUX), un documento esencial para o correcto funcionamento e protección deste espazo, e que permanece conxelado dende o ano 2011 e que acumula case 15 anos de atraso, pois tiña que estar en vigor dende o 3 de xullo de 2003. O pasado mes de marzo o DOG publicou o inicio do proceso de información pública do Plan Reitor. O Goberno galego \"prevía\" nese momento que o Plan Reitor \"poida ir ao Consello da Xunta para a súa aprobación como Decreto no último trimestre do ano\". Tarde polo tanto para a súa aplicación neste verán. A polémica do pasado mes de agosto semella ter conseguido mellorar os controis nas pasaxes dirixidas ás Illas Cíes, cun máximo que quedará fixado no PRUX en 2.800 persoas (2.200 viaxeiros/as nos barcos dende o continente e 600 como máximo no camping). Porén, isto semella ter xerado un novo problema, desta volta na Illa de Ons, que estaría a sufrir a mesma saturación que as Cíes no pasado. O mesmo problema, simplemente cambiado de sitio. Verdegaia denuncia que varias navieiras estarían a desviar un gran número de viaxeiros ás Ons para evitar superar nas Cíes ese máximo fixado de 2.200 persoas diarias. Algún días Ons estaría recibindo ata 4.000 visitantes, máis do dobre do límite fixado no PRUX (1.800), sinala a entidade. Algún días Ons estaría recibindo ata 4.000 visitantes, máis do dobre do límite fixado no PRUX (1.800) A entidade ecoloxista advirte de que este exceso é inasumible por esa illa, onde un estudo da Xunta fixa unha capacidade de carga ecolóxica das súas praias en 896 persoas/día. E advirte que \"a maior parte dos visitantes desta illa durante o verán concéntranse nos areais\".Verdegaia recomenda polo tanto a redución do actual máximo diario de visitantes proxectado no futuro PRUX ata unhas 1.200 persoas \"de cara a garantir a debida conservación dos valores ambientais\" da Illa de Ons, unha demanda que a entidade xa realizou a pasada primavera a través das alegacións presentadas ao Plan Reitor. A asociación responsabiliza do que está a suceder á non aprobación do Plan Reitor, \"que a Xunta de Galicia e a Dirección do Parque Nacional levan xa 15 anos sen aprobar, coas consecuencias nefastas que isto ocasiona para a conservación dos valores naturais e para a seguridade das persoas\". \"O control do exceso da cota de visitantes nas illas Cíes ten que contar cunha visión integral que abranga todos os arquipélagos do Parque Nacional e que pase pola aprobación do PRUX, xa que este é o documento que rexe os usos que se poden levar a cabo no espazo protexido. Calquera outra solución que non contemple a aprobación deste documento é insuficiente\", subliña. A asociación responsabiliza do que está a suceder á non aprobación do Plan Reitor do Parque Nacional, que acumula 15 anos de atrasos \"A regulación das actividades que se levan a cabo neste espazo protexido -ao carecer deste documento- realízase sen a planificación axeitada e incumprindo a lei de declaración do Parque Nacional\", lembra a asociación, que conclúe que \"só a neglixencia máis absoluta pode explicar que a estas alturas aínda careza dun plano que regule a súa xestión\"."}
{"ID": "NOS_5092", "summary": "Os Baltar eran como un cesto de cereixas. Tiras dunha e venche outra, e outra e outra máis. Así explica Pepe Barro, comisario da exposición Deber de Baltar, a relevancia, debido ao seu compromiso político, cultural e social, desta familia de médicos cuxa memoria recuperou Suso de Toro na novela Un señor elegante. O Colexio de Fonseca acolle até mediados de abril unha mostra na que pode seguirse o periplo durante un século de historia da Galiza desta saga coa que, di Barro, pode pintarse un fresco no que enseguida aparecen unha morea de persoeiros da política e da cultura do país.", "text": "Apuntaba Suso de Toro na entrevista concedida a Sermos Galiza con motivo da publicación de Un señor elegante que coñecer a andaina dos Baltar era importante porque axuda a mudar a percepción dominante do pasado da Galiza. Xa que eran, explicaba, unha familia burguesa republicana e galeguista da que, a pouco que se investigue, pode gardarse unha memoria digna e optimista. Mesmo alegre e chea de anécdotas. Como cando Ramón Baltar agochou un guerrilleiro antifranquista no sanatorio familiar vendándoo dos pés á cabeza como unha momia e inventándolle un diagnóstico de enfermidade grave e contaxiosa. Unha saga que tamén sufriu a represión franquista, mais da que saíu bastante ben parada, en termos comparativos, debido á súa posición social. Grandes fotografías, documentos, mobles, obras de arte e obxectos variados de valor simbólico da familia Baltar enchen o salón artesoado e a capela do Colexio de Fonseca, espazo principal de exposicións da Universidade de Santiago. A proposta de realizar esta mostra partiu, segundo lembra Pepe Barro, de Suso de Toro. \"Eu fixen o proxecto e conseguimos interesar varias institucións. O concello de Santiago primeiro. Tamén a Deputación da Coruña. E a Universidade de Santiago, que cede o local. Ademais, colabora o colexio de médicos da Coruña. No transcurso das pescudas apareceron uns filmes que houbo que restaurar. Películas familiares con imaxes únicas de finais da década de 1920, indica Pepe Barro. E non foron os filmes o único material valioso e inesperado que apareceu no proceso de produción desta exposición. \"Houbo que entrar nas casas da familia e levantar acta: abrir caixas…\", salienta Barro, que agradece a xenerosidade dos \"prestadores\", descendentes dos Baltar. Para realizar unha escolma e dar forma a tal cantidade de obxectos tomouse como guía de traballo unha estrutura en oito grandes temas: a orixe dos Baltar en Padrón; a biblioteca que distintas xeracións van construíndo; o sanatorio fundado pola familia; o traballo de Ángel e Ramón Baltar no Grande Hospital Real; o exilio de Antonio Baltar en América; o compromiso cultural da saga, que pasa pola axuda a Manuel Murguía e Rosalía de Castro ou á familia de Castelao; o seu compromiso social e político a través da medicina de Beneficencia ou do apoio ao Estatuto de Autonomía e o seu \"pequeno reino\" en Tanxil, Rianxo. Entre a mostra e a novela de Suso de Toro pode atoparse facilmente unha relación de complementariedade. A exposición, afirma Barro, non supera o libro, senón que crea unha dimensión diferente. \"A exposición é outro xénero completamente distinto. Nós facemos un achegamento ao mesmo tema a través dos obxectos. Por exemplo, o berce de Ramón Baltar. Que pode non parecer moi simbólico, pero si que o é. Porque Ramón nace no mesmo hospital do que anos despois será director, coma seu pai. Porque o persoal tiña alí unhas vivendas e alí estaban seu pai e súa nai cando seu pai era o director. Penso que a mostra pode transmitir emoción se se perciben estes detalles e se tece con eles unha visión de conxunto\", subliña o comisario. Os primeiros Baltar axudarán a Manuel Murguía e Rosalía de Castro -veciña deles en Padrón-. Máis tarde Ramón Tojo, marido de Robustiana Baltar e presidente da Deputación da Coruña, protexe a Castelao Suso de Toro recuperou en Un señor elegante máis de cen anos de historia dos Baltar, desde mediados do século XIX até a morte de Ramón Baltar en 1982. Unha traxectoria que se desenvolve entre Padrón, Pontecesures, Rianxo e Santiago. A historia comeza con Francisco Baltar, un escribán amante dos libros, e Juana Varela. O seu fillo José Baltar, boticario en Padrón, crea unha biblioteca familiar. Un sobriño deste, Ángel Baltar, herda farmacia e biblioteca, chegando a ser alcalde de Padrón. Máis tarde o seu fillo Ángel Baltar será un gran cirurxián e o fillo deste último, Ramón Baltar, seguirá os pasos do seu pai na medicina. Os primeiros Baltar axudarán a Manuel Murguía e Rosalía de Castro -veciña deles en Padrón-. Máis tarde Ramón Tojo, marido de Robustiana Baltar e presidente da Deputación da Coruña, protexe a Castelao -o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, era amigo de Ángel Baltar- e Ramón e Antonio continúan na mesma senda de apoio a figuras do galeguismo, amosando un perfil de compromiso cultural e político galeguista pouco habitual na burguesía galega. Ángel Baltar foi subscritor de A Nosa Terra, socio protector do Seminario de Estudos Galegos e defensor do Estatuto de Autonomía, ademais dun renovador da cirurxía na Galiza, director do Grande Hospital Real e creador, xunto co doutor Varela Radío, do Sanatorio Baltar. Castelao foi practicante seu e o mesmo Ángel, grande amante das artes, dedicoulle a Castelao un poema anticiquil. En Rianxo Ángel Baltar mandou construír un dique, un embarcadoiro e unha mansión. Fora o pai de Castelao quen buscara aos Baltar o lugar para construír o seu Camelot, como lle chama Pepe Barro, na praia de Tanxil, que incluía unha escultura da Virxe feita por Francisco Asorei e un iate. E é neste concello onde se estreita a relación dos Baltar con Castelao e con Dieste -Ramón, un dos fillos de Ángel Baltar, era amigo de Rafael Dieste-, a cuxas familias axudarán cando Castelao e Dieste teñan que exiliarse por mor do golpe de Estado de 1936. Un irmán de Ramón, Antonio, casará ademais con Mireya Dieste, filla de Eduardo Dieste, irmán de Rafael. Antonio exiliarase tamén despois de saber que ía ser paseado tras responder en público ás provocacións dos falanxistas. En Bos Aires traballa no Centro Galego, funda un sanatorio e un fogar para xente maior e ten diversos cargos na sanidade arxentina, ademais de participar no Primeiro Congreso da Emigración Galega, presidir a Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas ou participar con Luís Seoane e Díaz Pardo na fundación do Laboratorio de Formas e no Museo do Castro ou codirixir a Editorial Citania. \"Ramón foi acusado de ser cotizante do Socorro Rojo, propagandista da Fronte Popular e masón\", sinalou Suso de Toro na súa entrevista con Sermos. Algúns dos aspectos máis políticos da traxectoria de Ramón Baltar foron descubertos polo propio Suso de Toro. Ramón Baltar, irmán de Antonio Baltar, ficará en cambio na Galiza, onde terá problemas polas súas ideas republicanas e galeguistas, sendo apartado do seu posto de profesor na Universidade de Santiago. \"Ramón foi acusado de ser cotizante do Socorro Rojo, propagandista da Fronte Popular e masón\", sinalou Suso de Toro na súa entrevista con Sermos. Algúns dos aspectos máis políticos da traxectoria de Ramón Baltar foron descubertos polo propio Suso de Toro. \"Non lle contou nada á familia da súa pertenza á Unión de Intelectuais Libres (UIL), pero era o presidente da agrupación compostelá\", explicara o escritor nesta conversa. A UIL era unha organización creada polo Partido Comunista para prestar apoio político á guerrilla antifranquista. Ramón axudou os guerrilleiros curándoos e agochándoos no sanatorio familiar. Suso de Toro tamén indagou sobre a vinculación de Ramón Baltar coa chamada Operación Termópilas, un plan de atentado contra Franco que nunca chegou a facerse realidade. \"Suso de Toro e eu falamos da colaboración de Ramón na Resistencia. Ramón non é dos que están no monte, pero si había xente coma el que loitou coa guerrilla dándolle cobertura social, pousada e agochando xente. Ramón tiña un cuarto no sanatorio a nome dun tal \"Juan Fernández\" que era todo aquel a quen tocase agochar. Tamén hai documentos nos que se lle fala con familiaridade a Ramón Baltar, pedíndolle apoio económico, da especie de emboscada que se preparou contra Franco. Ramón era coñecedor dese segredo\", lembra Pepe Barro. Ramón, que terá contactos co cónsul inglés, será encarcerado nos anos 40 xunto con varios compañeiros que serán liberados aos poucos días debido á presión internacional. Tamén terá un enfrontamento dialéctico con Franco debido ás súas diferenzas de proxecto para o Hospital Real, que o ditador quería converter nun hotel. \"Cando Franco visitaba Santiago, Ramón era 'convidado' a pasar uns días fóra\", salienta Barro. Ramón Baltar, que se iniciara na medicina como axudante do seu pai, Ángel Baltar, tivera que exercer de cirurxián do Exército durante a guerra civil. O mesmo día que o seu pai faleceu tras caer no quirófano debido a unha hemorraxia cerebral el mesmo continuou a operación, na que estaba de axudante. A súa vocación de médico e o compromiso social herdado da súa familia levarano a ser un dos fundadores da Policlínica del Hórreo, entidade que prestaba asistencia sanitaria a persoas sen recursos, entre outros proxectos sanitarios. Mais o franquismo depurouno como médico da Beneficencia da Deputación Provincial, polo que perdeu o seu traballo de cirurxián no Grande Hospital, que máis tarde recuperará, así como o seu posto na Universidade, mais a súa exclusión práctica nesta institución impediríalle facer carreira na mesma. Ramón Baltar, que investiu moito na biblioteca familiar, que hoxe acolle o Museo do Pobo Galego, responde perfectamente a esa figura do intelectual comprometido. É un dos promotores da recuperación da Casa da Matanza, organiza un funeral por Castelao en Rianxo, é un dos impulsores da editorial Bibliófilos Gallegos e colabora economicamente tamén coa editorial Galaxia Os Baltar, resume Barro, foron \"intelectuais do século XIX, que non son os ilustrados do século XVIII ou os sabios medievais\". Ramón Baltar, que investiu moito na biblioteca familiar, que hoxe acolle o Museo do Pobo Galego, responde perfectamente a esa figura do intelectual comprometido. É un dos promotores da recuperación da Casa da Matanza, organiza un funeral por Castelao en Rianxo, é un dos impulsores da editorial Bibliófilos Gallegos e colabora economicamente tamén coa editorial Galaxia, ademais de axudar a nai e irmá de Rafael Dieste e a nai e irmás de Castelao, de pagar multas de represaliados ou de adquirir obra de artistas que o perderan todo debido ao golpe do 36. Os Baltar tiñan unhas ideas que non agochaban. E, aínda que foron dos perdedores da guerra, gañaron en compromiso e, como Ángel Baltar, que morreu antes do 36, en orgullo polo moito que foran quen de construír como saga familiar."}
{"ID": "NOS_40072", "summary": "O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e o sindicato CIG denuncian a \"precariedade\" á que están sometidas as traballadoras no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.", "text": "Enfermeiras Eventuais en Loita denuncia a \"precariedade\" á que están sometidas as traballadoras do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU). O colectivo móstrase especialmente crítico coa situación referente aos EPI, que cualifican como \"peores que os plásticos que levan os peregrinos. As costas quedan ao aire, parte do tórax tamén... entón o que nos dixeron e que poñamos unha por diante e outra por detrás, esa foi a súa solución\". A situación é especialmente grave, xa que as traballadoras que realizan esta denuncia desenvolven as súas funcións nunha planta con doentes positivos na COVID-19. \"Nós -explican- entendemos que pode haber falta de material, pero o que non pode ser é que teñamos que traballar desprotexidas\". A carestía de EPI esténdese tamén a outro tipo de materiais, como gorros. \"Temos que pedirllos aos compañeiros de quirófano, e se non teñen usamos calzas de usar e tirar na cabeza\", lamenta Enfermeiras Eventuais en Loita. Con respecto ás mascarllas, informan de que levan empregadas \"catro tipos distintos, e cada vez peores\", e que as que están usando actualmente \"non se adaptan\" ás súas caras, polo que se senten \"desprotexidas\". \"As consecuencias de todo isto -apuntan- será que nos infectemos nós, e ao propio sistema sanitario, porque ter boas EPI non é un capricho noso. Que vai ser dos doentes sen nós?\". Pola súa banda, o sindicato CIG sinala coincidir \"plenamente\" coas reivindicacións e denuncias do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, porque teñen constatado que levan \"uns mandís moi incómodos, doutros sectores como a hostalería, de tallae moi grande ou moi pequeno, cousa que tamén pasa cos guantes, por non falar da incomodidade e o calor que provoca a acumulación de capas por usar malas EPI\". Ademais, a CIG critica o feito de que o persoal teña \"que ir de habitación en habitación coa mesma bata, pasando de zonas COVID a non-COVID\", co risco que iso implica. \"Isto non pode continuar así\", conclúen."}
{"ID": "NOS_53735", "summary": "Só hai dúas situacións nas que a poboación deba facer uso das luvas de protección pola COVID-19. A chave está en introducir a hixienización de mans nas rutinas diarias para que pase a ser algo común no futuro.", "text": "Case dous meses de confinamento despois, e \"controlada\" a curva de contaxios segundo o Ministerio de Sanidade, chega a desescalada e a posibilidade de saír á rúa con máis flexibilidade. O uso de equipos de protección individual (EPI) non é obrigatorio, mais si é recomendábel no canto de extremar as precaucións para evitar o contaxio da COVID-19. Como estamos ante un virus que se transmite polas gotiñas de saliva que se emiten ao falar, o primeiro é o uso de máscaras de protección para cubrir o nariz e a boca fóra da casa. A segunda prioridade son as mans, a través do contacto con calquera superficie contaminada podemos transportar o virus connosco e espallalo, ou mesmo chegar a contaxiarnos. Hai que levar luvas pola rúa? \"Taxativamente non\", asegura a Nós Diario Francisco L. Vázquez Vizoso, médico especialista en Medicina Preventiva. \"Só hai dúas situacións nas que está xustificado o uso de luvas: no supermercado para coller froitas e verduras e cando se está en contacto directo con enfermos con COVID-19\", asegura. \"É manifestamente incorrecto andar coas luvas postas pola rúa\", engade Vizoso, que foi durante moitos anos xefe do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Montecelo de Pontevedra. Pero, por que non son necesarias? \"Levar as luvas postas crea unha falsa sensación de seguridade. Por exemplo, se colles o ascensor e levas as luvas postas, logo tocas o picaporte e vas movéndote coas mesmas luvas... Así, vas tocando o que xa tocaches e reduces o número de veces que te hixienizas as mans\", explica. Nin sequera no transporte público? \"Non, a xente ten que acostumarse a andar cunha solución de base alcohólica no bolsillo. E unha vez que termina o que está a facer ou sae, por exemplo, dun medio de transporte público, ten que hixienizar as mans e despois lavalas con auga e xabón cando estén visíbelmente sucias\", incide. Hixienizar as mans Segundo o preventivista, a capacidade de eliminar microorganismos é moi superior no caso das solucións de base alcohólica que no caso do lavado de mans con auga e xabón.\"Cun bo lavado de mans consegues eliminar entre un 60% e un 70% dos microorganismos polo arrastre do xabón, que disolve a cuberta lipídica externa do virus\", afirma. Porén, co bo uso dun xel ou líquido hidroalcohólico \"elimínanse o 99% dos microorganismos\" que haxa nas mans. Por que está tan estendido o uso das luvas? \"As primeiras que non teñen os criterios moi claros son as propias sanitarias. Na literatura científica, así como o lavado de mans está perfectamente estabelecido, o uso de luvas é un tema confuso\", indica Vizoso, quen reitera que no caso da poboación xeral só se deben empregar para coller a froita e cando se atende a unha persoa con coronavirus. \"Vexo moitísima xente que sae do supermercado coas luvas postas e vai así até a súa casa. Iso é unha barbaridade. Se realmente tocou cousas que teñan virus o está expandindo. Hai que sacar as luvas inmediatamente despois de rematar a acción para a que son precisas\", confirma. Retirar as luvas sen contaminar A crise do coronavirus vai instaurar na nosa sociedade novas costumes e unha delas vai ser a hixiene de mans. Vizoso apunta que nos Estados Unidos de América hai \"unha cultura da importancia da hixiene de mans que está moito máis interiorizada que a de aquí. Xa teñen o costume hai tempo e alí é habitual ver a xente hixienizar as mans ao baixar do metro\". Neste sentido, o preventivista sinala que houbo imaxes sociais que transmitiron unha mensaxe errónea sobre o uso das luvas. \"Por exemplo, creo que as imaxes dos reis coas luvas postas nun acto foi nefasta; así como as imaxes de persoal sanitario aplaudindo nas entradas dos hospitais coas luvas postas\", conta. E como se sacan correctamente as luvas? \"Hai que ter coidado de como retiralas para non contaminarse e sempre sacalas de maneira que quede exposta cara fóra a parte de dentro, que está limpa\", di Vizoso. Entre o material dixital do Servizo Galego de Saúde (Sergas) hai un vídeo no que se demostra como é a retirada axeitada."}
{"ID": "NOS_24288", "summary": "Os medios de extinción traballan para extinguir os seis incendios que se atopan nestes momentos activos, estabilizados ou controlados. O único que permanece activo é o do municipio de Laza, que queimou xa unhas 2.100 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.", "text": "A Consellería do Medio Rural asegurou na mañá do domingo que o incendio de Laza xa se atopa \"practicamente perimetrado\" e ademais \"evoluciona favorabelmente cara á súa estabilización\". No punto traballaron até o momento dous técnicos, 59 axentes, 119 brigadas, 59 motobombas, tres pas, un tractor, 12 avións e 14 helicópteros. [VÍDEOS] Os incendios avanzan sen control en Carballeda de Valdeorras, Laza e Chandrexa, con case 1.400 hectáreas arrasadas Por outra parte, a Xunta deu por estabilizado ás 23,47 horas o incendio iniciado a última hora da tarde deste sábado na parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil que, segundo as últimas medicións provisionais, queimou máis de 20 hectáreas. Así mesmo, permanecen controlados os incendios de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, que queimou ao redor de 440 hectáreas; o de Astureses, en Boborás, cunhas 120 hectáreas calcinadas; e, desde as 23,29 deste sábado, o de San Cosmede de Cusanca, no Irixo, onde arderon unhas 680 hectáreas. Ademais, con datos actualizados na conta de Twitter de Medio Rural tamén se deu por controlado na mañá deste domingo o lume da parroquia de Pentes, no municipio da Gudiña, que segundo as últimas estimacións calcinou unha superficie superior a 20 hectáreas. Cos datos ofrecidos pola Consellaría no último parte con información, tamén se deu por extinguido ás 02,09 horas un incendio activo en Vilardá, parroquia de San Xoán de Río, que queimou unhas 8,2 hectáreas. Outros incendios extinguidos Ademais, sobre as 20 horas da sexta feira, máis dunha semana despois de que empezase na parroquia de Cures, deuse por extinguido o fogo de Boiro, na comarca do Barbanza. As hectáreas arrasadas por este lume forestal ascenden a 2.200. A evolución do incendio de Boiro obriga a activar a alerta pola proximidade do lume a vivendas O de Boiro, que é o maior dos rexistrados até agora durante o mes de agosto no que respecta a superficie afectada -aínda que lle segue de perto o de Laza-, provocou a activación da alerta por proximidade a vivendas, desaloxos e afectou a outra localidade da comarca, A Pobra. Entre os extinguidos no mes de agosto, atópanse os de Verín (600 hectáreas), Caldas de Reis (450 hectáreas), Ponte Caldelas (380 hectáreas), A Mezquita (224 hectáreas) e Maceda (120 hectáreas) como os seguintes de maior extensión. Outro dos extinguidos máis significativos foi o do municipio de Monfero, parroquia de Queixeiro, xa que puxo en risco a reserva natural das Fragas do Eume, aínda que se apagou despois de queimar só 0,01 hectáreas de monte. Tamén arderon 0,21 hectáreas en Vilariño de Conso, con afectación ao Parque Natural do Invernadoiro. A lista dos xa extinguidos en agosto complétase con: As Pontes (dous fogos de 109 e 60 hectáreas) Arbo (82 hectáreas), Calvos de Randín (50 hectáreas), Ponteareas (15,6 hectáreas), Ames (6 hectáreas) e Vilariño de Conso (0,21 hectáreas). Todo iso após unha segunda quincena de xullo na que arderon unhas 34.000 hectáreas na Galiza, cos lumes do Courel (11.100 hectáreas) e Valdeorras (10.500) como os maiores rexistrados na historia."}
{"ID": "PRAZA_13809", "summary": "Os socialistas reclaman saber se o Goberno galego pagou a estancia de dúas directivas e, se non foi así, \"quen o fixo\"", "text": "Pagou a Xunta a viaxe e senón, quen o fixo? É unha das preguntas que o PSdeG pon sobre a mesa da Consellería de Sanidade á espera de respostas. A voceira socialista en materia sanitaria, Carmen Acuña, vén de rexistrar no Parlamento unha pregunta para obter por escrito aclaracións a respecto da información revelada por El País a comezos de xullo, na cal este diario informaba de que a directora técnica do Centro de Transfusións de Galicia (CTG), Inmaculada Rodríguez, e a súa hematóloga xefa, Azucena Castrillo, se desprazaran ata Cancún para participar nun congreso de firmas farmacéuticas. Desa viaxe a Xunta apenas ofreceu información, nin sobre as súas motivacións nin sobre o seu custo. \"Supoñemos que un Goberno tan austero, que recorta servizos públicos, non financiará ao mesmo tempo congresos en Cancún\" É precisamente a escaseza de datos un dos primeiros motivos de receo nas filas socialistas. \"A día de hoxe constitúen un misterio tanto a finalidade desta viaxe como o seu financiamento, pois a conselleira négase a aclarar estes detalles a pesar de tratarse de dúas directivas do Sergas\", di Acuña na súa iniciativa, na que ademais abonda no feito de que o evento \"é organizado por multinacionais da industria farmacéutica\" e \"parece que a estancia en Cancún\" se prolongou \"máis alá da duración do propio congreso\". \"Supoñemos que un Goberno tan austero, que está a recortar a diario servizos públicos di que por mor da crise non financiará ao mesmo tempo congresos en Cancún para os seus cargos\" nin tampouco \"permitirá que a industria farmacéutica financie estancias de directivas do Sergas\" na cidade mexicana. \"Ante esta situación tan incongruente\" o PSdeG reclama coñecer as \"razóns\" para que Rodríguez e Castrillo participasen no devandito congreso, a \"duración\" da propia cita médica e da \"estancia\" posterior, se houber, e saber se a Consellería \"financiou\" o desprazamento \"e, de ser o caso, canto lle custou ao pobo galego\". Do mesmo xeito, se non houbo fondos públicos polo medio os socialistas esixen coñecer \"quen financiou\" a viaxe \"se non foi a Consellería\". \"Quizais asumiron ese custo empresas privadas da industria farmacéutica organizadoras do evento?\", cuestiona Acuña. Ligado con isto, a iniciativa parlamentaria, rexistrada o pasado día 19, pide coñecer \"que empresas excatamente foron as que financiaron e por que importe\", \"que contratos mantén a día de hoxe\" Sanidade con esas empresas, \"que contratos existiron durante os anos 2010, 2011e 2012 con elas\" e \"cales están previstos para os próximos anos\". Unha vez formulada a pregunta a celeridade na resposta depende en exclusiva do Goberno galego e todo semella indicar que esta non será excesiva xa que, no que vai de verán, o ritmo de resposta por escrito a preguntas parlamentarias da oposición caeu moi sensiblemente, ata o punto de ser practicamente nulo."}
{"ID": "PRAZA_12054", "summary": "Presentámosvos a serie fotográfica realizada por Alba Viñas o pasado ano no concello ourensán.", "text": ""}
{"ID": "NOS_35699", "summary": "Carme Iglesias Sueiro dixo na Radio Galega que David Fernández Calviño \"dicía nos mítines que ía marchar\" para Dinamarca cando lle aprobasen a bolsa, e que iso era coñecido \"por todos\". Iglesias denuncia ser vítima de 'insultos, desprezo e acoso\" por se reafirmar en que vai ocupar o escano vacante.", "text": "Nunha entrevista na Radio Galega, Carme Iglesias afirmou que \"todos sabían\" antes dos comicios galegos de outubro de 2012 que David Fernández Calviño ía renunciar o escano se saía deputado. \"En Anova e Esquerda Unida sabíano\", insistiu Iglesias, que mesmo engadiu na entrevista na radio pública que o propio Calviño \"decía iso nos mítines e falaba mesmo de Dinamarca, que era moi guay\". Para esta ourensá, que se mantén firme en que vai ocupar a vacante que deixa Calviño e non vai renunciar á acta, como lle piden desde AGE, David Fernández deixara claro que marchaba \"moitas veces\", pois pedira unha bolsa e estaba agardando que lla concederan, sempre segunda a versión de Carmen Iglesias. Iglesias tamén afirmou nesta entrevista que a decisión de non deixar correr a lista para que ese escano fose ocupado pola número 3 (tamén de Anova, como Fernández Calviño) estaba a provocar unha situación difícil para ela. Así, empregou textualmente as palabras \"acoso\", \"desprezos\" e \"insultos\". \"Defenderei o programa de AGE\" Esta ourensá dixo que a súa intención era tomar posesión do escano e entrar no grupo parlamentar de AGE, mais recoñeceu que iso era imposíbel. Mesmo así, apuntou, \"eu defenderei o programa de AGE e votarei a favor de todo o que eles propoñan no Parlamento\""}
{"ID": "NOS_26833", "summary": "Puxeron en coñecemento da Policía a identidade desa persoa, que estaría ligada á extrema dereita.", "text": "F.M.R, o independentista que a semana pasada sufriu unha brutal agresión fascista en Ferrol, e unha testemuña da malleira identificaron a unha persoa como presunta participante nese ataque. Unha identificación que fixeron en sede policial para que ficase constancia da mesma, achegando nome e identidade desa persoa, segundo recoñecen fontes da defensa a Sermos Galiza. O rostro do presunto agresor éralles coñecido á vítima e á testemuña e foron elas as que, a través das redes sociais, foron quen puxeron nome a esa persoa a través dunha busca nas redes sociais. Dados que a Policía xa ten no seu poder. Na agresión, segundo denunciara F.M.R, participaran entre oito e dez persoas. Fontes do independentismo indican que o presunto agresor estaría ligado a outros incidentes anteriores protagonizados na cidade pola extrema dereita española. F.M.R presentou, acompañado do seu avogado, a denuncia por esta agresión a pasada segunda feira, 11 de marzo. Esta sexta feira o caso aínda estaba pendente de ser asignado a un xulgado en concreto para que inicie o procedemento. Hai certa preocupación a que esta dilación poida prexudicar a vítima. Por exemplo, no lugar onde decorreu a agresión hai unha sucursal bancaria, cuxas cámaras de vixilancia puideron captar imaxes relacionadas coa malleira ou o grupo agresor. Canto máis se tarde en solicitar o vídeo, máis risco de que o mesmo poida non estar dispoñíbel. O independentista F.M.R sufriu unha brutal agresión cando volvía de madrugada a asa, sendo atacado por un grupo de persoas que ao berro de 'rojo, hijo de puta' batérono para, unha vez no chan e inconsciente, continuar a golpealo, provocándolle diversas fracturas e fisuras."}
{"ID": "PRAZA_12768", "summary": "Economistas Frente a la Crisis é unha iniciativa impulsada por un grupo de economistas preocupados \"pola interpretación predominante da natureza da crise e o seu diagnóstico\". Este xoves 26, o colectivo constitúese en asociación para trasladar á sociedade \"unha versión do que está a ocorrer diferente á que nos intentan impoñer como única\". Alfonso Prieto é un dos membros deste prestixioso colectivo.", "text": "Economistas Frente a la Crisis é unha iniciativa impulsada por un grupo de economistas preocupados \"pola interpretación predominante da natureza da crise, o seu diagnóstico e os principios que están informando da súa xestión\". Este xoves 26, o colectivo, que agrupa a uns 30 expertos, constitúese en asociación \"para institucionalizarse e funcionar dunha maneira máis axeitada\" e trasladar á sociedade \"unha versión do que está a ocorrer diferente á que nos intentan impoñer como única\". Alfonso Prieto é un dos membros dun colectivo cuxos últimos manifestos son lecturas de cabeceira de milleiros de persoas preocupados polo rumbo da situación económica. Por que se conforman en asociación? É unha cuestión práctica para o funcionamento do colectivo. Chegamos a un punto no que temos conseguido unha enorme difusión dos nosos manifestos e unha importante afluencia ás nosas conferencias e para funcionar mellor queríamos institucionalizar o grupo para funcionar dunha maneira axeitada. Que pretende Economistas frente a la crisis? O que queremos, como grupo de economistas, levar á sociedade o debate sobre o que está a ocorrer en España e en Europa, xa que o que lle ocorre ao Estado circunscríbese nas políticas económicas europeas. Pretendemos trasladar o debate económico poñendo o pensamento económico que estudamos e practicamos ao longo da nosa vida ao servizo dos cidadáns. Queremos que teñen unha versión distinta da que se intenta impoñer, xa non como dominante, senón como única. Desexamos que a xente se exprese libremente a través do noso colectivo e convidar tamén a profesionais doutras disciplinas ao noso colectivo. \"Os gobernos intentan impoñer unha versión da crise xa non dominante, senón única\" Está a sociedade acreditando nese discurso económico dominante? A sociedade o que está é asistindo inerme a estas medidas baseadas nunha única interpretación e a un diagnóstico equivocado da economía española e europea. Deixar en mans das persoas que impoñen a austeridade como única saída á crise é, como di Paul Krugman, un suicidio para España e para Europa, pero é un suicidio moito antes para España que para Europa. Hai outras saídas á crise que non teñen por que provocar o desmantelamento do Estado de Benestar aproveitándose da situación. Os que impoñen estas ideas dinnos: \"temos que facelo porque non hai outra opción\". Non é verdade. Hai outras saídas. Que saídas alternativas son esas? Hai esperanzas de que se cambie de rumbo? É moi importante o que se está a dilucidar nas eleccións francesas. O posible gañador dos comicios fala dunha saída que é a mesma da que nós falamos. Fala de conseguir financiamento e flexibilización neste proceso de redución do déficit. Ninguén nega que hai que reducir o déficit, pero a pregunta é por que hai que reducilo en tan pouco tempo. Por que hai que chegar ao 3% en 2013 e non en 2015? A quen beneficia? \"Ninguén nega que haxa que reducir o déficit, pero por que hai que chegar ao 3% en 2013 e non en 2015?\" E a quen beneficia? Fálase dos mercados, pero os mercados teñen nomes e apelidos e algúns son moi coñecidos e están moi achegados a nós. Temen que esta interpretación ou diagnóstico dominante nos gobernos poida acabar nunha crise de valores na sociedade? Desde logo que pode acabar provocando isto. As persoas que pensan o que nós pensamos, a xente que está en posicións progresistas ou de esquerdas defenden o modelo social europeo como un dos cumios da cultura mundial. Por que poñer isto en solfa agora? Pois porque hai intereses e grupos que sacan moito máis beneficio cunha sanidade e unha educación privada que cunhas públicas. Os impostos non chegan porque nos sistemas fiscais actuais pagan máis os que menos teñen, as clases medias e os asalariados. As grandes fortunas e empresas acaban pagando menos, esa é a historia. É unha esaxeración dicir que se pode estar a acabar cun Estado de Benestar que custou tantos anos conseguir? Non é esaxeración ningunha. Eu só introduciría un matiz. Estase intentando acabar co estado de benestar, os gobernos están intentando iso. Estamos a tempo de evitalo? Estamos a tempo sempre que haxa un clamor social, sempre que a xente se manifeste de forma totalmente contraria a estas medidas. Ou é que os pensionistas son os culpables? Foron eles os que provocaron a crise de Lehman Brothers? Todo isto é un sarcasmo."}
{"ID": "PRAZA_5972", "summary": "O Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental, organizado cada dous anos polo centro de investigación galego Economics for Energy e o alemán Centro para a Investigación Económica Europea, celebrarase este mércores e xoves na Toxa.", "text": "A Toxa acollerá este mércores e xoves a sexta edición do Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental, un evento que cada dous anos organizan o centro de investigación galego Economics for Energy e o alemán Centro para a Investigación Económica Europea. O evento reunirá algúns dos principais expertos internacionais en enerxía, medio ambiente e economía e servirá para presentar unha plataforma europea de investigación no ámbito da economía da eficiencia enerxética, promovida por estes dous centros de investigación máis o Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich e a Fundación Eni Enrico Mattei (FEEM), de Italia. A coordinación da organización do congreso corresponde un ano máis ao investigador galego Xavier Labandeira, director de Economics for Energy e que en setembro asumirá a dirección da Unidade de Investigación sobre Política Climática (CPRU) do European University Institute, un dos centros de referencia para a Comisión Europea nesta materia. En entrevista con Praza Pública, hai uns meses, Xavier Labandeira destacaba a necesidade de levar a cabo \"cambios estruturais\" na xestión enerxética, para \"non estar simplemente nas mans do ciclo económico\", desacoplando \"a evolución das emisións de gases de efecto invernadoiro da evolución económica para que cando se inicie o período de crecemento non se disparen novamente as emisións causantes de cambio climático\". A eficiencia enerxética é \"un dos instrumentos máis importantes e urxentes para reducir a contaminación, mitigar o cambio climático, reducir a dependencia dos combustibles fósiles e conseguir aforros moi significativos na factura enerxética\" Os organizadores do congreso salientan que a eficiencia enerxética é \"un dos instrumentos máis importantes e urxentes para reducir a contaminación, mitigar o cambio climático, reducir a dependencia dos combustibles fósiles e conseguir aforros moi significativos na factura enerxética de familias e empresas\". Neste congreso exporanse as investigacións máis relevantes e recentes a nivel mundial neste ámbito. Os seus responsables detacan que as súas conclusións \"son seguidas con interese polas administracións e institucións con competencias na regulación das políticas de eficiencia enerxética, renovables e cambio climático\". Os relatorios científicos estarán a cargo de expertos chegados de Alemaña, Italia, Francia, Suíza, Reino Unido, Portugal, Australia, Xapón, Estados Unidos e Chile, ademais de España. Os relatores principais serán Richard Schmalensee e Massimo Filippini Os relatores principais serán Richard Schmalensee e Massimo Filippini. O primeiro, que tratará o futuro da enerxía solar, é profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde dirixiu o seu Centro de Investigación de Políticas Enerxéticas e Ambientais, e foi membro do Consello de Asesores Económicos do presidente dos Estados Unidos. Pola súa banda, Filippini é director do Centro de Política e Economía da Enerxía do Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich (ETH Zürich, considerado o MIT europeo) e membro do Centro de Investigación Económica, dependente do mesmo organismo. A súa intervención estará centrada na eficiencia enerxética no sector residencial. En total, durante o congreso realizaranse 45 relatorios, entre sesións plenarias e paralelas, ás que se sumará unha mesa redonda sobre as fronteiras da economía da eficiencia enerxética, na que debaterán expertos procedentes de centros europeos, estadounidenses e xaponeses, procurando obter unha perspectiva mundial."}
{"ID": "PRAZA_12824", "summary": "A renda media galega excedeu entre 2007 e 2009 en pouco máis dun punto o nivel esixido para seguir recibindo axudas estruturais de Europa. O BNG alerta de que a Xunta non está a facer xestións para evitar a perda de máis de 2.000 millóns e asegura que o \"optimismo\" do Goberno galego, que mantén que Galicia segue a ser territorio \"en transición\", non se \"corresponde coa realidade\".", "text": "\"Xunta e Goberno Central reforzarán o traballo en Bruxelas para que Galicia teña fondos europeos máis alá de 2014\". \"A Xunta valora que a Comisión Europea garanta que Galicia seguirá recibindo axudas comunitarias máis alá de 2014\". \"Galicia ten posto en marcha numerosas iniciativas para lograr conseguir ese obxectivo de seguir a recibir fondos europeos (...) que xa teñen dado os seus froitos\". Son algunhas das afirmacións lanzadas pola Xunta en diversas comunicacións oficiais ao longo dos últimos meses sobre o que é o principal obxectivo galego en Europa a curto prazo, lograr que no vindeiro período orzamentario da Unión Europea (2014-2020) continúen a chegar fondos estruturais malia non ser xa das coñecidas como \"rexións obxectivo 1\", isto é, daquelas que non acadan o 75% da renda media da UE. Dende o Goberno galego vénse dando por feito que os cartos europeos seguirán chegando ao país a través dunha nova figura, a das \"rexións en transición\". Pero ese optimismo semella non corresponderse completamente coa realidade ou, cando menos, esa é a alerta que lanza unha testemuña directa do que acontece nestas negociacións, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Para ser considerada un territorio de \"transición\" e recibir así dous terzos dos fondos que lle corresponderían como obxectivo 1 Galicia tería que ter estado entre o 75% e o 90% da renda media europea nun período moi concreto, o comprendido entre 2007 e 2009, isto é, antes do peor da crise. Pero nese período aínda de relativa bonanza os petos galegos engordaron un chisco máis, ata o 91,36% e pasaron a situarse entre os \"ricos\" do continente, detalla Miranda. \"Non temos cabida como territorio en transición, como viña defendendo a Xunta\", sinala a nacionalista, polo que, se nada muda na proposta que defende a Comisión Europea, só chegarían 1.150 millóns de euros dende Bruxelas, e non os 3.500 que corresponderían como territorio en transición. A renda media galega foi do 91,36% no período analizado, antes da crise; para ser territorio en transición debera quedar no 90% Malia a negativa situación de inicia a europarlamentaria do Bloque asegura que a partida non está aínda finalizada nin perdida. A presión dos gobernos, tamén do galego, pode cambiar as regras do xogo, pero para iso cómpre mudar a \"pasividade\" que, censura, está a amosar a Xunta en \"todo o proceso\". Dende o gabinete que dirixe Alberto Núñez Feijóo \"céntrase todo en trasladar ideas ao Comité das Rexións\", que só ten carácter consultivo, pero na comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europea, da que Miranda forma parte, \"aínda non recibimos ningunha proposta do Goberno galego\". Pola contra, si chegaron iniciativas de Executivos e Parlamentos como Flandres ou Escocia, que \"levan ademais moitos meses facendo lobby en Bruxelas onde hai que facelo, na Comisión e no Consello\", e non só no Comité da Rexións, explica. Ademais de esixir unha actuación inmediata da Xunta Miranda anuncia que o BNG tentará, pola vía das emendas, lograr que Galicia poida ter os dous terzos dos fondos que lle corresponderían se fose territorio en transición, dado que os 1.150 millóns de \"rexión rica\" son \"inasumibles na actual situación de crise\". Estas achegas tentarán que o regulamento xeral que rexerá as axudas recolla \"que os territorios elixibles que saian por primeira vez do obxectivo de converxencia\" continúen a recibir, \"polo menos, os dous terzos\". Ademais, os nacionalistas apostarán por que a xestión dos cartos se realice dende a Xunta e non dende o Goberno central e que os obxectivos das subvencións sexan \"flexibles\". \"Se somos considerados territorio rico\" as axudas só poden ir a \"investigación avanzada, eficiencia enerxética e apoio ás PEMES, nós estamos a favor, pero queremos tamén que se inclúan\" os que é posible aplicar nos \"territorios menos desenvolvidos\", como inclusión social, loita contra a pobreza, transporte e, \"sobre todo\", creación de emprego, explica a eurodeputada. Miranda lamenta que a Xunta realice xestións só no Comité da Rexións, que \"só ten carácter consultivo\" Mentres o BNG elabora estas emendas -o prazo remata o 29 de maio- e abre tamén unha \"consulta pública\" para que \"calquera entidade\" lles traslade \"cales sdeben ser as prioridades\", Miranda lamenta que a Xunta se vaia limitar a \"participar nunha xuntanza do Comité das Rexións, que non ten máis ca un valor simbólico\". A negociación remata no verán e Ana Miranda insiste na necesidade de que a Xunta se poña mans á obra: é \"un momento crucial\", porque Galicia \"pode ter 3.500 ou 1.500 millóns\", resume."}
{"ID": "NOS_57140", "summary": "Os lucenses visitan Baskonia co 'play-off' en xogo", "text": "O mellor do baloncesto de alto nivel regresa hoxe á Galiza da man dun Monbus Obradoiro que tratará de repetir ante o Unicaja (Multiusos Fontes do Sar, 20.45 horas) a fazaña conseguida a semana pasada ante un gran equipo como Bitci Baskonia e continuar así a súa pelexa por asegurar a permanencia un ano máis na máxima categoría. Igualados con oito vitorias na zona media da clasificación, de superar os andaluces a escuadra capitalina distanciaríase dos seus máis inmediatos perseguidores -Casademont Zaragoza, Hereda San Pablo Burgos, MoraBanc Andorra, Urbas Fuenlabrada e Coosur Real Betis-, situados a tan só un triunfo de distancia con excepción do conxunto heliopolitano, que está a dúas. Desde máis arriba contempla esa pelexa o Breogán. Noveno con 11 vitorias, en Lugo non descartan nada e soñan con lograr clasificarse para un play-off que lles daría a posibilidade de loitar polo título ligueiro por primeira vez na súa historia. Precisamente o devandito Baskonia comparte ese mesmo obxectivo, polo que o duelo de mañá ás 20 horas en Euskadi podería ser determinante para o bo devir de ambos os clubs. Finalmente, na Liga Endesa feminina o Baxi Ferrol descansa, polo que a única formación do país en entrar en acción será Durán Maquinaria Ensino, mañá ás 12.15 contra Casademont Zaragoza no pavillón Principe Filipe. Marc Gasol, na Coruña A finais de novembro do pasado ano 2021 o catalán Marc Gasol, campión da NBA, dúas veces All-Star, outras tantas campión do mundo, de Europa e duplo medallista olímpico revolucionaba o mundo do baloncesto anunciando que cambiaba a mellor liga do mundo -onde defendeu as cores de Grizzlies, Raptors ou Lakers- polo Bàsquet Girona de LEB Ouro, a segunda división do baloncesto a nivel estatal. Fundador da entidade no ano 2014, o irmán do non menos lendario Pau Gasol compatibiliza o seu traballo na pista co cargo de presidente, e o calendario deparou que visite a pista do único equipo galego na categoría, Leyma Básquet Coruña, mañá ás 17 horas. No Pazo de Riazor está previsto que se replique un fenómeno que se está producindo en todos os pavillóns que visita o Girona, pois a afección do baloncesto acode en masa a ver en primeira persoa un home que é historia viva do deporte da canastra."}
{"ID": "NOS_29838", "summary": "Podemos mantén a súa aposta no goberno de coalición como única vía de evitar unha nova convocatoria electoral. Sánchez presiona Iglesias cunha proposta de acordo programático previamente pactada con colectivos sociais, mais o secretario xeral da formación morada non baixa o listón: ou goberno de coalición ou nada.", "text": "Nun chío en twitter, o secretario de Acción e Goberno de Podemos e negociador morado durante a falida investidura, Pablo Echenique, deixou patente a negativa da formación a investir Sánchez sen acordar un goberno de coalición. \"Para entender mellor os titulares: Goberno á portuguesa significa Goberno no que acaparo 100% do poder, sen negociar, porque si, aínda que estea lonxe da maioría absoluta e coa vantaxe de ter as mans libres para pactar coa dereita cando me dea a gana\", escribiu Echenique. A referencia a un eventual pacto do PSOE coa dereita remite aos recentes acordos do PS de António Costa coas bancadas conservadoras por volta de mudanzas no Código de Trabalho. O que está claro é que as estratexias das dúas formacións da esquerda estatal distan de converxeren. A situación enguedellouse un chisco máis após Podemos e IU teren apresentado esta cuarta feira unha denuncia contra a coñecida como Operación Chamartín que salpicaría dous altos cargos socialistas, os ministros de Asuntos Exteriores e Fomento en funcións, Josep Borrell e José Luis Ábalos, respectivamente. Este último mostrou a súa indignación nunha entrevista na SER. O dirixente do PSOE alega que a Operación Chamartín foi apoiada no seu día por Podemos cando esta formación partillaba goberno na capital do Estado con Manuela Carmena."}
{"ID": "NOS_56711", "summary": "Edís de Ames, Narón e Pontedeume renuncian ás súas actas nas respectivas corporacións municipais. A crise interna fende a suposta unidade pregoada pola dirección política do PP.", "text": "\"Os populares non consentirán que a unidade, a cohesión interna e, en suma, o traballar unidos por un proxecto común, que sempre caracterizou ao partido, se vexa comprometida por diferenzas particulares\". Así reza un comunicado feito público polo Partido Popular após a comparecencia de imprensa do seu secretario xeral Alfonso Rueda a pasada cuarta feira. Na súa intervención, Rueda aproveitou a ocasión para bater contra os grupos da oposición e marcar distancias. \"Fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracterizando sempre por todo o contrario, por manter a unidade\", aseveraba o tamén vice-presidente da Xunta de Galiza. O PP sufriu 9 baixas en tres Concellos durante esta semana As combulsións internas entre @s populares estanse a facer notar con maior clareza durante estes días. Após a saída de 6 edís da corporación municipal de Ames, as concelleiras de Deportes e Benestar Social do concello de Pontedeume, María José Vázquez Romero e Ana María Maroño Seco, anunciaban a pasada cuarta feira o seu abandono da política municipal argüíndo \"cuestións persoais\". Porén, os grupos da oposición aseguran que as discrepancias entre @s membros do Partido Popular eran evidentes e públicas, até o punto de non se falaren entre si. Mais a cousa non fica aí, pois a concelleira popular de Narón, Marta Teijido, presentou esta semana a súa carta de renuncia asegurando que abandonaba a súa acta após unha polémica carta en que aseguraba que un dos funcionarios municipais era un \"incompetente\". Teijido, solicitou que non se adoptasen \"represalias\" pola súa decisión, unha cuestión que entre as filas populares tende a acontecer. Rueda: \"Fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracerizando por manter a unidade\" Expedientes disciplinarios contra edís \"díscolos\"As saídas de ton d@s concelleir@s populares que ao longo desta semana abadonaron a corporación no Concello de Ames, deron boa conta das tensións internas que está a vivir o Partido Popular. Amais dos múltiples casos de corrución en que se viu inmerso o partido --nomeadamente na capital galega, o abandono d@s edís de Narón e Pontedeume demostran que a suposta unidade pregoada por Rueda e Núñez Feijóo non é tal. Porén, a dirección da formación política, non se mantén impasíbel perante os últimos acontecementos e vén de anunciar que se abrirán expecientes disciplinarios a aquelas persoas que se rebelen. Neste senso, fica pouco daquel PP que en campaña electoral difundía un vídeo batendo contra a fragmentación da oposición e se presentaba como a única opción estábel para Galiza."}
{"ID": "NOS_39499", "summary": "As rúas das sete principais cidades galegas e das localidades de Vilagarcía, Viveiro, Ribeira e Cee acolleron esta mañá outras tantas manifestacións convocadas pola CIG contra a negativa do Goberno do Estado a derrogar laboral.", "text": "As marchas convocadas na xornada de hoxe pola Confederación Intersindical Galega (CIG) son unha resposta \"á fraude que supón a nova reforma laboral e para esixir a derrogación das reformas impostas desde o ano 2010\". As mesmas enmárcanse nunha xornada de mobilización convocada polos sindicatos nacionalista na Galiza, Euskal Herria e Catalunya. A CIG considera que a reforma da lexislación laboral promovida polo Goberno do Estado representa \"un novo ataque á clase traballadora que supón esta reforma laboral que significa maior precariedade e o aumento da centralización da negociación colectiva\". A organización sindical entende que \"o pacto social evidénciase unha vez máis como o enterrador dos dereitos dos traballadores e das traballadoras. O texto desta nova reforma, ademais de manter as medidas máis lesivas da do PP, incorpora outras novas que favorecen o empresariado á conta, outra vez, da clase obreira\". O sindicato denuncia que a nova proposta do Goberno permite que \"despedimento segue a ser igual de fácil e barato e mantense a barra libre das empresas para os despedimentos colectivos\". Precisamente esta cuestión, ten sido criticada polos sindicatos nos procesos de tramitación de expedientes de despedimento colectivo impulsados nos últimos anos por diversos grupos empresariais Críticas ao PSOE e Unidas Podemos A CIG amósase moi crítica coa alternativa do executivo de Sánchez por manter \"a prevalencia do convenio estatal fronte aos convenios galegos e provinciais, e tamén que os convenios de empresa poidan empeorar os convenios sectoriais, agás nos salarios\". As mobilizacións de hoxe do sindicalismo nacionalista van ter continuidade o vindeiro 3 de febreiro, dia no que se somete a debate no Congreso dos Deputados a proposta do Goberno. Neste sentido a CIG ten convocadas protestas diante das catro subdelegacións do Goberno do Estado na Galiza. O Bloque Nacionalista Galego, cuxos representantes orgánicos e institucionais participaron das manifestacións de hoxe, xa anunciou o seu apoio ás protestas da próxima quinta feira. Ao tempo, incidiu no seu voto negativo no Congreso ao texto proposto desde o Goberno."}
{"ID": "PRAZA_10011", "summary": "Podemos activa a operación para desprazar o portavoz pero decide adiala ante o rexeitamento de Anova e EU a facelo antes das eleccións municipais. O voceiro négase a aceptar a orde e dii que só acatará o que diga a dirección do partido instrumental.", "text": "Os resultados electorais afondan na crise do grupo parlamentario de En Marea. Nove dos 14 deputados que a formación ten no Parlamento galego avalaron un comunicado no que se advirte da apertura dunha \"reflexión colectiva para consensuar\" un novo sistema de portavocías, seguramente rotatorias, na que se acabará por prescindir do seu portavoz actual, Luís Villares. Son as consecuencias dun 28A no que a formación liderada por Villares, que se presentou en solitario, colleitou uns 18.000 votos e tan só sumou o 1% dos sufraxios, fronte a En Común-Unidas Podemos, con 236.000 e dous escanos. Foi inmediatamente despois dos comicios cando Podemos activou unha operación para desprazar ao actual voceiro que non era compartida por todas as correntes que conviven na confluencia. Podemos activou xa a remuda de Villares pero aceptou adiala tras o rexeitamento de EU e Anova a facelo antes das eleccións municipaisA formación morada apostou por forzar xa a súa remuda e propoñer unha portavocía rotatoria. En Anova e EU, pola contra, non se compartían nin as formas nin o momento, a poucas semanas dunhas leccións municipais e cando os focos apuntan a unha crise de fondo no PP que, polo menos en Galicia, sería opacada outra vez por unha discrepancia no grupo de En Marea. Tras a xuntanza do grupo, nun comunicado, En Marea aclarou que pasou de ser \"un espazo común de confluencia\" a \"unha forza política con dinámicas propias\", polo que no Parlamento xa non hai unha casa común, senón un colectivo con catro formacións diferentes que, segundo aclaran, non ten xeito que represente Villares. \"Non ten ningún sentido que unha persoa que dirixe un dos catro partidos, moi minoritario, sexa a persoa que actúe como portavoz único do grupo\", di un texto no que non participaron nin o propio Villares, nin os seus afíns (Pancho Casal, Paula Vázquez Verao, Davide Rodríguez) nin o voceiro de Anova, Antón Sánchez. Villares, tras a xuntanza, cargou contra Podemos polo \"intento das cúpulas dos partidos\" para \"intentar controlar\" En Marea, pero sen saber o rumbo a onde dirixila. Asegurou que non era \"aceptable\" e que non aceptaría as ordes do grupo, senón da cúpula do seu partido. \"Non era nin o momento nin a forma de facelo\", dixo quen cualificou de \"torpeza\" este \"movemento de Podemos\". Xa neste domingo, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, defendeu que \"a maioría\" do grupo parlamentario de En Marea decida sobre a portavocía. Antes, na súa conta de Twitter, o fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, tamén fixo referencia á polémica: \"Señoras e señores dirixentes de UP: a cobiza fura as faltriqueiras, e polo furado vaise, ademáis dos cartos, o valor da dignidade\"."}
{"ID": "NOS_19333", "summary": "Así o decide este sábado o plenario da Real Academia das Belas Artes, reunido en Lugo.", "text": "Viveiro é a vila eleita pola Real Academia de Belas Artes para realizar a homenaxe, o 1 de abril, á pintora Maruxa Mallo, a autora á que este 2017 se dedica o Día das Artes Galegas. A escolla non é por acaso. Foi En Viveiro onde Marulla Mallo naceu, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia acomodada. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo. O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refurxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela: \"Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre\"."}
{"ID": "NOS_52759", "summary": "Concentracións en vilas e cidades galegas clamaron contra o feminicidio após o asasinato de Tatiana Vázquez en Lugo.", "text": "Esta quinta feira (14 de abril) centos de persoas saíron ás rúas na Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Compostela, Ferrol, Lugo, Val Miñor, Noia e outras localidades do país para amosar a súa repulsa á violencia machista. O movemento feminista convocounas após o asasinato de Tatiana Vázquez, aínda en investigación, mais que podería sumar máis un feminicidio na Galiza, o segundo de 2016. Nas mobilizacións deuse leitura a senllos manifestos nos que reivindicaron o dereito das mulleres a unha vida libre de violencias e exixiron \"medidas\" legais e políticas perante todas as formas de agresión contra as mulleres \"polo simple feito de o seren\". Mais tamén, unha resposta social que rache co \"silencio cómplice\" perante a violencia machista. \"Querémonos vivas\", proclamaron."}
{"ID": "NOS_45603", "summary": "O veto á construción naval civil na vella Astano remata o 31 de decembro, logo de perto de tres décadas de prohibicións, restricións e cambadelas.", "text": "Aínda hoxe non existe un pronunciamento oficial por parte da dirección de Navantia nin tampouco do seu único accionista, a SEPI, arredor do novo escenario, mais si un recoñecemento ao comité intercentros, que leva meses reclamando a elaboración dun plano industrial que sitúe os obxectivos para unha factoría que pagou como ningunha outra industria do Estado, as consecuencias da entrada na Unión Europea e a incapacidade e falla de peso políticos dos dous partidos alternantes no Goberno central, o PSOE e o PP. En que situación afronta Navantia Fene a era \"post-veto\"? O secretario comarcal da CIG en Ferrolterra e membro do comité de empresa de Navantia Ferrol, Manel Grandal, apunta que as perspectivas do sector da construción naval civil son moi interesantes de cara aos próximos anos, non só, sinala, na fabricación de buques cada vez máis grandes para transportar o gas ou o petróleo, senón tamén para a propia actividade off-shore –coa construción de barcos complementaria para dar servizo ás propias plataformas- e mesmo a eólica mariña, área na que o estaleiro fenés realizará o seu primeiro encargo logo do veto. \"O problema\", di Grandal, \"é que a empresa non estivo traballando para incorporarse con garantías a estes mercados\", nomeadamente, engade, \"potenciando a área de I+D e formando o persoal\", tarefas que si se fixeron nos estaleiros públicos andaluces. \"Alí creouse o Clúster do Naval liderado por Navantia e o papel da Junta é activo, a diferenza do que ocorre en Galiza\", lembra o portavoz da CIG. Nesa liña, explica que o encargo de Iberdrola a Navantia ten máis valor engadido na parte que desenvolverá Puerto Real –as subestacións-, do que en Fene, que montará os \"jackets\", isto é, as estruturas que soportarán os aeroxeradores. \"Alí\", resume, \"farán un traballo máis sofisticado; aquí xuntaremos chapas, que está moi ben, pero que limita terribelmente o noso potencial\"."}
{"ID": "NOS_16320", "summary": "A Liga Atlántica de Billarda, na conferencia noroeste, xogouse esta fin de semana en Laxe. A vitoria foi para Campo da Feira aínda que APB segue de líder na clasificación xeral.", "text": "A segunda xornada da conferencia noroeste da Liga Atlántica de Billarda tivo lugar este domingo en Laxe, nesta ocasión no pavillón municipal como consecuencia das malas condicións climatolóxicas. Corredoiras vence nunha xornada de billarda de Bueu con novos valores O Concello colaborou outro ano máis coa Federación Galega de Deporte Autóctono, Modalidade de Billarda, tal e como indican desde este organismo, cedendo as instalacións e entregando trofeos e diplomas, ademais difundir e espallar a voz da billarda na comarca de Bergantiños. Vitoria agardada dun dos equipos favoritos A competición tivo, de inicio, dous favoritos ao título de equipos, APB e Campo da Feira. Os seus xogadores conseguían clasificarse para a fase de cruces e con puntuacións moi parellas. O triunfo por equipos decidiuse na final, ao chegar tres formacións con opcións de gañar a xornada. Todo estaba en mans e palán de Óscar Ponte, Carolo e Bieito. Tal foi o apertado do resultado que se Bieito chega a gañar e Óscar cae á terceira praza produciríase un triplo empate a puntos ente APB, FEI e Lúa. Agora, a xeral queda con APB de líder con 9 puntos de vantaxe sobre FEI. As seleccións de billarda competirán en Abegondo Na Categoría Absoluta, ganou Óscar Ponte de Campo da Feira de Paiosaco, segundo foi Carolo de Lúa de Forza Sanxenxo e terceiro Bieito de APB da Laracha. Na Categoría Feminina, primeira foi Raquel de Cochiqueiros de Cerceda, segunda Marisa de Lúa de Forza e terceira, Sonia de Cochiqueiros. Na Categoría Infantil o gañador foi Kevin de APB, segundo Valentín de Filloas de Sangue da Coruña e terceira a súa compañeira de equipo, Virgi. En definitiva, nos podios houbo representación dos cinco equipos que participaron na xornada aínda que o triunfador foi Campo da Feira, seguido de Lúa de Forza e de APB."}
{"ID": "NOS_48826", "summary": "O director do ABC e antes de La Voz de Galicia, Bieito Rubido, afirmou que o socialista Eduardo Madina \"simpatiza máis con ETA que co PP\". Eduardo Madina foi vítima dun atentado de ETA e é un dos posíbeis candidatos a suceder a Rubalcaba no liderato do PSOE. Os socialistas anuncian unha querela se Rubido non retira as súas palabras.", "text": "A noticia de que Eduardo Madina podería candidatarse nunhas primarias á secretaría xeral do PSOE provocou unhas insólitas declaracións do xornalista Bieito Rubido. O director de ABC, nunha súa intervención no programa \"La Mañana\" da Cope, a emisora da Igrexa católica, afirmou que o socialista vasco \"simpatiza máis co que representa ETA que o que representa o Partido Popular, como un partido que en democracia ten que ser unha alternativa\". Madina sofriu no ano 2002 un atentado de ETA ao estoupar unha bomba colocada nos baixos seu coche. O calibre da afirmación de Rubido puxo en alerta ao presentador do programa, Ernesto Sáenz de Buruaga. \"Pensaches o que dixeches?\", perguntoulle. Rubido contestou reafirmándose na súa acusación: \"Si, si, ademais xa o dixen moitas veces\". \"Medina tenlle odio guerracivilesco ao PP\" engadiu. Eduardo Madina, de 37 anos, é deputado do PSOE desde o 2004 e unha das opcións que se barallan para substituír Rubalcaba á fronte do partido. Nos últimos días a posibilidade de que concorra a unhas primarias cobra cada vez máis forza."}
{"ID": "NOS_47384", "summary": "Pérez de los Cobos apela á Lei orgánica do Constitucional para defender a legalidade da súa afiliación ao PP. Pola súa banda o propio tribunal asegura nun comunicado que a lexislación \"non fixa\" incompatibilidades para os seus membros", "text": "O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, admite a súa militancia no Partido Popular cando se incorporou ao órgano xudicial e di que esta é legal de acordo coa lexislación que rexe o propio tribunal. O TC di nun comunicado que a lexislación non estabelece incompatibilidades para os seus membros por pertencer ou ter militado nun partido político Asemade, subliña que o artigo 159 da Constitución fixa de maneira literal a incompatibilidade entre a condición de maxistrado e o desenvolvemento de \"funcións directivas\" nunha formación política. Así, De los Cobos asegura que en 2011 era \"militante de base\" o que --a interpretación do presidente do TC-- non constitúe unha ilegalidade. Pola súa banda, o propio TC remitiu un comunicado de imprensa no que di que \"a Constitución e a Lei Orgánica\" que rexe este tribunal \"non fixa incompatibilidade algunha co feito de pertencer ou ter pertencido\" a un partido político, asociación, fundacións ou colexios profesionais. Así as cousas, a Carta Magna di de maneira textual que os maxistrados do TC deberán ser \"independentes\". Pérez de los Cobos convocou de urxencia aos membros do pleno para explicar a información publicada esta quinta feira por El País. No entanto, asegura que na actualidade xa non é militante."}
{"ID": "PRAZA_12648", "summary": "Case 2.000 galegos marcharon ao estranxeiro no último trimestre. De cada cen españois que emigraron fóra, sete saíron de Galicia, onde o número de cidadáns que buscaron futuro noutras autonomías aumentou tamén nun 12% en 2011.", "text": "A crise económica acentúa a emigración. Galicia segue a ser un país de emigrantes e cada vez dun xeito máis evidente. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), case 2.000 galegos marcharon da comunidade cara ao estranxeiro neste primeiro trimestre do ano. En total, foron 1.839 as persoas que deixaron a autonomía para buscar un mellor futuro, de acordo coas estimacións da poboación española. No conxunto do Estado, foron un total de 27.004 os españois que decidiron emigrar nos primeiros tres meses deste 2012. De cada cen deses emigrantes, case sete marcharon desde Galicia, onde tamén abandonaron a comunidade 1.433 estranxeiros, o que provoca un saldo migratorio negativo para o país de 365 persoas, ao abandonar a comunidade un total de 3.272 persoas, fronte ás 2.907 que chegaron. O número de galegos que emigrou a outras autonomías aumentou nun 12% En todo 2011 emigraron de Galicia ao estranxeiro 13.323 persoas, que son 3.844 máis das que o fixeron en 2010. Ademais, e en canto aos movementos migratorios dentro do propio Estado, o INE cuantifica en 17.179 os galegos que emigraron a outras autonomías no ano 2011, case 2.000 máis que os 15.323 os galegos que emigraron a outros lugares do Estado só no ano 2010. Os datos supoñen un aumento de caso o 12%, un 11,7%. Un fenómeno territorializado Ademais, e se nos fixamos nos datos globais, o fenómeno da emigración presenta un comportamento fortemente territorializado, afectando de maneira especialmente intensa a toda a rexión noroccidental da Península Ibérica, e moi nomeadamente a Galicia, que lidera –cunha enorme diferenza– tanto en termos absolutos como relativos. En total, o INE rexistra 1.816.835 cidadáns españois residentes no exterior, dos cales 654.395 naceron en territorio español. Deles, case 1 de cada 4 é galego: 156.980 persoas, que representan o 24% do total estatal. Isto que significa que o noso país vería incrementada nun 16% a súa poboación residente (en termos absolutos, case 450.000 persoas) se o fenómeno emigratorio tivese deixado de estar vixente, como proclaman as autoridades e desmenten os feitos. Evolución da poboación Ademais, Galicia perdeu 8.432 habitantes entre o último ano, o que representa o 0,3% da súa poboación, segundo os datos das estimacións da poboación actual publicados este luns polo INE, que recollen a información até o 1 de abril deste ano. Así, a comunidade galega ten actualmente 2.726.506 habitantes, fronte aos 2.734.938 que tiña a 1 de abril do ano pasado. Na comparación con marzo de 2012, a comunidade perdeu 785 habitantes. Do total de habitantes, 1.313.015 son homes e 1.413.492 son mulleres. Os datos do instituto estatístico reflicten tamén que a poboación que supera os 65 anos na comunidade aumentou un 1,14% entre o 1 de abril de 2011 e o 1 de abril de 2012 e alcanzou un total de 612.347 persoas, que son 6.896 máis que doce meses antes. Durante o primeiro trimestre do ano naceron en Galicia 5.409 bebés, de acordo coa información do INE, que cifra en 7.578 as defuncións, o que deixa un saldo negativo de 2.169. Así mesmo, a idade media da maternidade está nos 32,21 nas mulleres da provincia da Coruña; sitúase nos 31,79 en Lugo; nos 31,89 en Ourense e en 31,89 en Pontevedra. En canto á taxa de fecundidade, é de 1,11 fillos por cada coruñesa; de 0,99 por cada lucense; de 0,96 por cada ourensá e de 1,14 por cada pontevedresa."}
{"ID": "NOS_32772", "summary": "San Paio de Abeleda esmorece e só O Sorriso de Daniel mira por el. A Asociación leva meses reclamando á Consellaría de Cultura que visite a igrexa románica en estado ruinoso na Ribeira Sacra mais aínda non tiveron resposta. O pazo bispal de Diamondi continúa cos andamios tres anos despois do derrube da fachada na noite do 27 de decembro.", "text": "\"Vese que unha igrexa románica caendo a cachos na Ribeira Sacra non ten suficiente entidade como para convocar aos nosos representantes\", lamentan desde O Sorriso de Daniel que aproveitaron a rápida resposta do Conselleiro de Cultura visitando o santuario da Barca despois do lume e a disponibilidade para a súa rápida restauración para lembrar o silencio que mantén a respecto de San Paio de Abeleda. Desde O Sorriso de Daniel aplauden a visita e a celeridade, mais dóelles ter cursado o convite hai meses para que o Conselleiro de Cultura ou a Directora Xeral de Patrimonio \"reunisen tempo para visitar San Paio de Abeleda\". Volven agora enviar de novo a carta \"por se se perdeu entre o rexistro e a mesa dos convidados\". A través do De-Ambulatorio Románico, O Sorriso de Daniel desenvolveu varias xornadas de limpeza do mosteiro de San Paio de Abeleda en mans de persoas voluntarias que partillaron en distintas xornadas de traballo limpando o adro e o chan e eliminando vexetación. En 2012 a asociación organizou unha exposición que estivo pendurada nas paredes das casas da aldea, nas cancelas ou nos valados con imaxes de veciños e veciñas ao pé da pila bautismal onde foran bautizadas. A Asociación levn xa máis de dous anos reclamando atención sobre esta xoia do románico que esmorece, o único mosteiro da Ribeira Sacra que non foi restaurado. Con mans voluntarias fixeron o primeiro traballo de limpeza urxente, tentando facilitar os labores posteriores de profesionais mais a axuda non dá chegado a esta construción que é propiedade privada mais patrimonio de grande valor monumental. Desde o 4 de xaneiro na que se data a primeira solicitude de entrevista oficial con San Paio de Abeleda como asunto, O Sorriso de Daniel comezou unha peregrinaxe ate agora sen resultado. Sen ter escoitado aínda as súas demandas, a Consellaría chegou a responder a unha pregunta do Valedor do Pobo sobre a construción románica de Abeleda realizada por Adega negando a posibilidade de acometer a restauración do edificio mais, de maneira sorprendente, indicando que é a propia asociación a que se responsabilizaría do asunto. \"A dirección xeral do Patrimonio Cultural non pode asumir de facto a carga e custo da conservación e protección de todos os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, mais nunha conxuntura de restricións orzamentarias como a que está a acontecer\", sinálase na carta dirixida ao Valedor do Pobo como resposta á pregunta de Adega. Inaudita delegación de responsabilidades no Sorriso \"Nesta Liña, a asociación O Sorriso de Daniel, dedicada á divulgación do patrimonio románico en Galicia ofreceuse á Consellería de Cultura para adoptar medidas de protección, conservación e posta en valor de modo inminente, tales como limpeza de maleza, pequena intervención no interior que permita o acceso de visitas, consolidación dos muros e teitume da igrexa. A dita asociación mantivo conversas cos propietarios e a empresa cesionaria; neste sentido é intención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural facilitar o entendemento entre as partes interesadas, coa única finalidade de protexer e conservar o noso patrimonio cultural\", escriben desde Patrimonio, cando aínda non recibiran a O Sorriso de Daniel, asociación que alén dunha limpeza voluntaria non ten nin orzamento nin contaba con permisos para asumir a tarefa que a Consellaría recolle na súa resposta oficial. En varias ocasións e, de maneira especial, nunha entrevista coa Directora Xeral en marzo e cunha carta en agosto, O Sorriso reclamou unha maior implicación co fin de frear o terríbel deterioro do edificio afectado, tamén con risco de derrube do seu tellado. Convidaban, despois a limpeza do entorno e da zona visitábel, a que responsábeis e Patrimonio se dirixiran a Abeleda co fin de estudar a situación e acometer as accións pertinentes para impedir que o mosteiro esmorecese mais desde a Consellaría continúan sen dar resposta, malia teren identificado de maneira oficial a Asociación como responsábel da conservación do patrimonio. Tres anos do derrube de Diamondi Tamén por estas datas, na noite do 27 ao 28 de decembro, hai exactamente tres anos, derrubábase a fachada do pazo bispal de Diamondi, no Saviñao. Cunha chamada de urxencia, técnicos da Consellaría elaboraron un primeiro informe e fíxose unha consolidación rápida do edificio mais, tres anos despois, os andamios e as teas que cobren a fachada continúan sobre a construción sen que se dera ningún paso para a súa reforma. O Sorriso de Daniel mantivo na primavera do ano que agora remata unha xuntanza coa Directora Xeral de Patrimonio solicitándolle apoio para a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, petición que reiteraron no verán, pouco antes de que a solicitude fose levada ao Parlamento co compromiso de apoio por parte do goberno da Xunta."}
{"ID": "NOS_39882", "summary": "O proxecto comandado por Florentino Pérez, Agnelli e Glazer desmorónase en 48 horas", "text": "O intento revolucionario liderado por Florentino Pérez, Andrea Agnelli e Joel Glazer foi sofocado por un conxunto de forzas gubernamentais e oficialistas tan só 48 horas despois do inicio da insurrección. A linguaxe bélica pode parecer unha esaxeración, pero o proxecto da Superliga tornou en cuestión de Estado, mobilizando gobernos de toda Europa e mesmo provocando manifestacións cidadás de repulsa. De feito, a chave do fracaso dunha iniciativa na que, en palabras do seu vicepresidente, Agnelli, os 12 clubs participantes estaban unidos por un \"pacto de sangue\", radica na acción do primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson. Segundo informan desde Inglaterra, o mandatario británico realizaría unha chamada a todos e cada un dos seis conxuntos do seu país que tiñan previsto integrar a Superliga -Manchester City, Manchester United, Chelsea, Tottenham, Arsenal e Liverpool- para informalos de que, no caso de seguir até o final co proxecto, habería consecuencias negativas para eles en eidos como o tributario ou nos permisos de residencia para os futbolistas. Ante esta acción, non exenta dunha pouco disimulada intención por parte do político conservador de capitalizar o enorme descontento xerado nas illas entre a afección ao fútbol, os rebeldes ingleses ondearon a bandeira branca en sinal de rendición. Cos estes fóra da ecuación, era cuestión de tempo que o resto capitulasen, e a seguinte fenda chegou por Italia. Primeiro foi o Inter de Milán, quen nun comunicado dixo adeus a un torneo que, subitamente, xa non consideraba \"de interese para o club\". Horas despois eran os seus veciños do AC Milán os que se borraban e, finalmente, a Juventus depuña as armas. \"Seguimos convencidos da vixencia dos supostos deportivos, comerciais e legais do proxecto, mais cremos que actualmente ten limitadas posibilidades de completarse na forma en que foi concibido inicialmente\", xustificábase a Vecchia Signora. Unha vez feito anacos o \"pacto de sangue\", o comandante Florentino Pérez quedaba oficialmente sen os seus dous principais capitáns, Glazer (Manchester United) e Agnelli (Juventus). Os únicos que se mantiñan fieis ao dirixente madridista eran, curiosamente, os seus eternos rivais do Fútbol Club Barcelona e do Atlético de Madrid, mais este último tamén desertaría, amparándose \"na procura da concordia\" e no feito de que non se dan as \"circunstancias\" idóneas. Agora, só queda coñecer o nivel de magnanimidade do bando gañador e se Pérez conta con algunha bala na recámara para tratar de gañar unha guerra que semella máis que perdida."}
{"ID": "NOS_36892", "summary": "Cinco foron os membros do goberno español que durante estes 5 anos de goberno de Rajoy deixaron o executivo. A cada un deles se lle procurou unha responsabilidade confortábel.", "text": "O ministro de Economía en funcións, Luis de Guindos, compareceu esta terza feira no Congreso para da explicacións sobre o intento do goberno español de colocar José Manuel Soria, demitido en abril como ministro, na dirección xeral do Banco Mundial. Unha recolocación frustrada dun ministro que tivera que deixar o cargo polos escándalo dos 'Papeis de Panamá'. Soria era o quinto ministro que no que vai de mandato de Mariano Rajoy tivo que deixar o executivo español. Os catro anteriores atoparon o seu descanso máis ou menos 'dourados' en diferentes cargos e responsabilidades. Arias Cañete foi o primeiro ministro do goberno de Rajoy en deixar a cadeira no Consello de Ministros. Foi en abril de 2014 e despois de que goberno e PP decidisen que Cañete liderase a candidatura do PP ás eleccións europeas. Realizados os comicios, e eleito Juncker como novo presidente da Comisión Europea, Arias Cañete foi nomeado comisario europeo de Acción de Clima e Enerxía. Neste cargo salpicáronlle varios escándalos, como o Acuamed ou os 'Papeis de Panamá', polo que as forzas de esquerdas pedíronlle que demitise. Poucos meses despois de Cañete, en setembro, Ruiz Gallardón presentaba a súa demisión como ministro de Xustiza, unha decisión que adoptaba após decidir o goberno paralizar o seu anteproxecto de Lei do Aborto que el convertera na súa media estrela. Nun primeiro momento o seu posto era o Consello consultivo da comunidade de Madrid, organismo que Cifuentes, presidenta da autonomía, disolveu meses despois. Mais Gallardón non ficou sen rede e foi dar á presidencia da Fundación 'Ciudadanía y valores', fundada en 2006. Non acabou o 2014 e Mariano Rajoy veu como un novo ministro se lle marchaba: Ana Mato, ministra de Sanidade, que demitiu en decembro após a publicación do auto da 'Gürtel' no que se lle consideraba partícipe a título lucrativo nos regalos que esta trama fixo á súa familia. A ex-ministra foi colocada á fronte dunha nova fundación impulsada polo PP, 'Universidad Europea'. E en xuño de 2015 demite Ignacio Wert, o ministro peor valorado do exeutivo de Mariano Rajoy e no epicentro de non poucas polémicas pola Lomce e a súa pretensión centralizadora e privatizadora do ensino, segundos os seus detractores. Axiña foi nomeado embaixador de España perante a OCDE, con residencia de luxo en París e un salario de 10.000 euros anuais."}
{"ID": "NOS_53612", "summary": "Mariano Rajoy acudirá o domingo a Compostela para entregar o Códice Calixtino á Catedral", "text": "O xuiz vén de dictar auto de prisión provisional e sen fianza para Manuel F.C, o electricista que confesou ser o responsábel de roubar o Códice Calixtino, así como para a súa compañeira e o fillo de ambos. O fiscal especializado en delincuencia contra o patrimonio cultural tamén pedía prisión provisional para o exempregado da Catedral. Alén diso, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, estará o domingo en Compostela para presidir a entrega do Códice Calixtino á Catedral. Cando faltaba só un día para se cumprir un ano da desaparición do Códice Calixtino, e no medio dun clamor que reclamaba responsabilidades políticas polo roubo deste importante manuscrito do século XII, a Brigada de Patrimonio da policía española deu con el nun garaxe dunha vivenda situada no Milladoiro, Concello de Ames, comarca de Compostela. Estaba celosamente gardado nunha caixa de cartón, envolto entre papeis de xornal e dentro dunha bolsa de plástico. Nas últimas horas producíranse catro detencións en relación con estes feitos: a dun electricista que traballou na Catedral, José Manuel F.C., que foi arrestado canda a súa parella, o seu fillo e a parella deste. A casa na que apareceu o Códice é propiedade deste traballador.José Manuel F.C., de máis de 60 anos, levaba 25 traballando como autónomo para a Catedral, e chegou a reclamar até 40.000 euros en concepto dun despedimento improcedente que se produciu en 2009 durante unha regulación de emprego. Ao parecer, após rachárense as relacións laborais, o obreiro seguía a acudir diariamente ao tempo e a participar dun oficio relixioso todas as mañás. Segundo a información facilitada polas fontes da investigación, había días que vixiaban o agora detido, e nas últimas horas efectuáronse rexistros en varios inmobles do Milladoiro, Negreira, Santiago e O Grove. Froito destas pesquisas localizáronse 1,2 millóns de euros e varios libros relixiosos vellos entre os que estaba o Libro das Horas, cuxo roubo fora tamén denunciando polo deán da Catedral. A mala relación que o traballador mantiña co deán, José María Díaz, púxoo no alvo das sospeitas practicamente desde o primeiro momento, tal e como publica esta cuarta a prensa española. A tese ao redor da cal xira a investigación fala dunha vinganza persoal contra a Igrexa e, tras varios meses indagando sobre as súas rutinas e a un día do aniversario da desparición do Códice, o xuíz que instrúe a causa, José Antonio Vázquez Taín, ditou a orde de detención contra as catro persoas. Un tesouro que non estaba asegurado: Exixen responsabilidades políticasO Códice Calixtino é unha xoia do século XII que desapareceu o 5 de xullo de 2011 da caixa forte do arquivo da Catedral de Santiago. Alén dos resultados que se colleiten ao redor do roubo, o libro non estaba asegurado e o control das chaves da porta que daba á cámara era \"bastante laxo\", segundo recoñeceron fontes da investigación. Desde o Parlamento galego exixen responsabilidades á Xunta e á Igrexa no que refire á protección do patrimonio cultural galego.Así, desde o grupo do BNG, a voceira Ana Pontón lembrou que, para alén dos anuncios por parte do Goberno nacional de mellorar a seguridade e conservación destas riquezas unha vez que o Códice fora roubado, \"nada se ten avanzado\". Mais iso non é todo, senón que a día de hoxe ficamos \"diante da situación anómala de que aínda non se lle abriu un expediente á Igrexa\". A parlamentar quixo recordar as iniciativas que leva presentado durante este ano, instando ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer na Cámara e informar sobre os avances na investigación e incoar o expediente oportuno para que o patrimonio bibliográfico que custodia a Igrexa teña declaración individualizada de BIC --Ben de Interese Cultural--, para alén de se adoptaren as medidas de seguridade que cumpriren para manter estas pezas expostas ao público. Na liña, Pontón chamou á revisión dos acordos-cadro entre Xunta e Igrexa para que os bens \"con valor singular\" pasen a ser custodiados polas institucións públicas do país."}
{"ID": "NOS_30432", "summary": "Más de 500 persoas participaron en Vigo na mobilización convocada para rexeitar a entrada en prisión dos dous traballadores.", "text": "A xuíza do Social de Vigo remitiu un informe contrario a que o Consello de Ministros conceda o indulto a Carlos e Serafín, os dous traballadores que están a piques de entrar en prisión por tomar parte nunha folga do transporte en 2008. Así o manifesta a CIG, que esta cuarta feira participu con outros sindicatos (CCOO e UGT) nunha nutrida mobilización en Vigo a prol da medida de graza para estes dous traballadores. Por volta de 500 persoas tomaron parte nesta concentración, máis unha das que se están a realizar desde hai meses para atinxir o indulto para Carlos e Serafín. \"Os casos de Serafín e Carlos non son illados: no noso país xa houbo máis, pero tamén no resto do Estado, a día de hoxe hai preto de 40 casos similares. Repítense sempre as mesmas pautas, así como as condenas que solicitan as Fiscalías: penas desproporcionadas, inxustas e abusivas que pretenden amedrentarnos e debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, vemos como os tribunais, ditando estas sentenzas inxustas, colaboran na máis brutal represión contra a clase traballadora, convertendo nun delito a defensa dos seus dereitos, a loita por condicións de vida e de traballo dignas\". Ana e Tamara Tamara Vidal e Ana Outerelo, as tdúas raballadoras de instalacións deportivas condenadas a tres anos de prisión pola súa acción nun piquete, desprazáronse nesta cuarta feira a Madrid para formalizar perante Ministerio de Xustiza a petición de indulto."}
{"ID": "NOS_15297", "summary": "Afirmaba Castelao que o 25 de Xullo era \"a festa maior dos galegos\". Unha xornada reivindicativa ideada polas Irmandades da Fala en 1920 e recuperada en 1968 pola Unión do Povo Galego (UPG), quen resgatou a data na denominación e no contido. Contamos co testemuño daquela primeira década de conmemoración do Día da Patria da voz de Bautista Álvarez, Xesús Sanxoás, Saleta Goi, Xosé Estévez, Lois Diéguez, Maite Caramés, Margarita Ledo, Pilar Allegue, Francisco Rodríguez e Vicente Vázquez. Recollémelo no Sermos Galiza 255.", "text": "\"Foi Bautista Álvarez quen puxo o nome do Día da Patria Galega\". Detrás do teléfono soa a voz do avogado Xesús Sanxoás, un dos dirixentes da Unión do Povo Galego (UPG) naquela altura. E así foi. Aos seus 84 anos, Bautista Álvarez lembra para Sermos Galiza os inicios dunha data que congrega cada ano en Compostela milleiros de persoas que reivindican Galiza como nación. \"Non existía unha denominación clara. Un compañeiro preguntou que nome lle iamos poñer a ese día e eu dixen que o máis lóxico era poñerlle Día da Patria Galega, tendo en conta o antecedente dentro do Estado español, o Aberri Eguna do País Vasco\", sinala o que fora presidente da UPG. Corría o ano 1968, mais antes, galeguistas, vinculados ou non co piñeirismo, dábanse cita en Santo Domingos de Bonaval, con motivo do 25 de Xullo, para celebrar a \"Misa de Rosalía\". \"Era a única conmemoración de carácter nacionalista que existía\", lembra Bautista, \"mais cando a UPG se organiza considera que é oportuno darlle un contido máis revolucionario e máis político a ese día\". Ademais de Bautista, tiñan asistido á misa Sanxoás ou Saleta Goi. \"Casei co Manuel [Manuel María] en maio de 1959 e ese é o primeiro ano que vou á misa de Rosalía. Alí coñecín moitísima xente: Paco del Riego; Xaime Illa Couto coa súa muller, Cristina; Piñeiro; García Sabell; Beiras, pai e fillo; Bodaño, Avelino Pousa; Otero Pedrayo; os Álvarez Blázquez; Bouza Brey...\". A misa máis comentada das que tiveron lugar é a de 1969. \"Ao saír, Bautista, Xavier Pousa, o Manuel... dixéronme ti ponte aí diante. E púxenme. Viñera bastante policía de fóra de Galiza porque nos últimos anos había máis movemento e a data fórase politizando. E de pronto saen de detrás miña uns berros Viva Galiza Ceibe. Houbo detencións. Entre outros, colleron a Xaime Illa Couto, que non tiña nada a ver, pero previamente querían deter a Otero Pedrayo, mais enseguida se oíu a ese no, a ese no, ben sabían quen era\". Bautista e Sanxoás foron dos que berraron \"Viva Galiza Ceibe e Socialista\". \"Estabamos xantando en Calo (Teo) e dixen que quería asistir á misa para facer o que fixen\", afirma Bautista. A decisión da dirección política da UPG non estaba exenta de polémica. \"Non sucedeu como eu prognosticaba, mais si houbo unha acción moi parecida. Detiveron persoas que non tiñan a ver coa UPG\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 255 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_27599", "summary": "Son membros de Causa Galiza e Interior acúsaos de \"enaltecemento do terrorismo\" polo acto do 'Día da Galiza Combatente' que decorreu en Vigo o pasado día 11 . Operativo ordenado pola Audiencia Nacional. 4 detidos en Vigo, 1 en Muros, 1 en Boiro, 1 en Ourense, 1 en Pontevedra e 1 en Compostela. Oito dos detidos xa están na Audiencia Nacional", "text": "Axentes da Garda Civil protagonizaron esta sexta feira un operativo contra o que Ministerio do Interior cualifica de \"entorno de Resistencia Galega\". Unha operación ordenada pola Audiencia Nacional que se salda polo de agora con nove detidos, membros da organización política independentista Causa Galiza, e acusados de \"enaltecemento do terrorismo\". Entre as persoas detidas, e segundo confirmaron fontes do movemento independentista e anti-represivo a Sermos Galiza, estarían Antom A.C, Joam P.L, Borxa M, Sabela I,Jose Antom G.M, os irmáns Óscar e Salva G., e Joam F.G, entre outros. No marco do operativo realizáronse entradas e rexistros en enderezos das persoas detidas e en locais sociais Hai 4 detidos en Vigo, 1 en Muros, 1 en Boiro, 1 en Pontevedra, 1 en Ourense e 1 en Compostela. A estas persoas detidas atribúeselle desde o Ministerio a organización de actos de \"enaltecimiento do terrorismo\", como o 'Día da Galiza Combatente',acto que decorreu o pasado 11 de octubre en Vigo.O Día da Galiza Combatente leva celebrándose desde o 2002. As persoas detidas foron trasladadas a Madrid, se ben un dos arrestados (Salva G) ficou en Galiza polo seu delicado estado de saúde. Algúns deles comunicaron desde Madrid cos seus familiares, informándolles de que estaban ben. Non están sometidos á coñecida como Lei anti-terrorista. A web de Causa Galiza está fóra de servizo desde o inicio da operación, non podendo accederse á mesma. Santiago Villanueva, delegado do goberno español na Galiza, afirmou que este operativo era \"un duro golpe a Resistencia Galega\". Concentracións Para a tarde desta sexta feira había programadas as tradicionais concentracións de fin de mes convocadas por Ceivar en solidariedade para cos presos e presas independentistas. Fontes do organismo anti-represivo sinalaron a este medio que as mesmas servirán tamén para denunciar este operativo da Garda Civil. Porén, non se descartan outro tipo de actos e mobilizacións. Organizacións como Sortu e a CUP amosaron a súa solidariedade para coas persoas detidas. En Galiza: BNG, Anova, MGS, Galiza Nova, FPG, Agora Galiza, Briga, Agir, Isca, Xeira ou Primeira Linha Aliás, e nomeadamente a través das redes sociais, diferentes colectivos e organizacións amosan a súa solidariedade para coas persoas detidas e o seu rexeitamento ao operativo impulsado polo MInisterio de Interior. BNG, Anova, Agora Galiza, Frente Popular Galega (FPG), Movemento Galego ao Socialismo (MGS), Primeira Linha ou o sindicato CUT son algunhas delas. Tamén desde Galiza Nova, Isca, Briga, Sortu e Ernai (Euskal Herria), Alerta Solidària, Emdavant OSAN, CUP (Catalunya), Yesca (Castela) ou Xeira e AGIR se expresou solidariedade. Criminalización Cómpre lembrar que Causa Galiza, xunto con Ceivar ou a actualmente disolta AMI, estiveron no albo hai dous anos de acusacións tanto de cargos de institucións do Estado como de medios de comunicación españois de facer parte do \"entorno\" radical independentista, nunha estratexia que no seu día a propia Causa Galiza entendeu que procuraba preparar o terreo para posíbeis golpes e operativos do Estado contra esta organización. En ampliación"}
{"ID": "NOS_55866", "summary": "Dous xacementos recentemente descubertos na parroquia da Rigueira, en Xove, polo colectivo Mariña Patrimonio foron propostos para entrar no catálogo da Xunta, que segundo denuncia a asociación deixa fóra a práctica totalidade dos achados feitos polos integrantes estes últimos anos na zona.", "text": "Mariña Patrimonio vén de solicitar á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a catalogación e protección de dúas novas mámoas descubertas na parroquia da Rigueira, no concello de Xove. Grazas á información facilitada por un profesor da zona, o colectivo puido localizar hai por volta dun mes no lugar de Corveira unha das mámoas máis monumentais da Mariña, que conta cuns 20 metros de diámetro e dous de alto, dato sobre o que Manuel Miranda, integrante da organización, chama a atención ao tratarse dunhas dimensións considerábeis para un xacemento deste tipo. De facto, esta mámoa atópase nas proximidades da que a día de hoxe se considera a maior da zona, a mámoa de Guilán, descuberta por Mariña Patrimonio en 2017. A plantación de eucaliptos, que se realizou recentemente sobre este monumento megalítico, deixou á vista parte da coiraza pétrea que a cobre. Ao formárense os túmulos por unha elevación do terreo, a aparición desta coiraza resulta fundamental para poder identificalos con certeza. Os labores forestais, co paso da pala escavadora por riba da mámoa, afectaron tamén á parte superior, onde, a pesar de todo, se aprecia claramente o cono de violación, outra das estruturas habituais que se atopan nesta sorte de arqueoloxías. Trátase, en realidade, dun buraco que presentan na súa área máis elevada froito do espolio dalgunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Mámoa de Labradela Por outra banda, Mariña Patrimonio descubriu no lugar de Labradela, hai xa catro meses, o túmulo de Modia de Lamoso. Esta mámoa, explica Miranda, ten xa unhas dimensións máis reducidas, que andan polos 14 metros de diámetro e metro ou metro e medio de alto. Nela tamén se aprecia o cono de violación e restos da coiraza. Como acontece co túmulo de Corveira, este monumento está afectado por unha plantación de eucaliptos. Ante o desleixo institucional Debido a que nos últimos tres anos a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural non atende as solicitudes presentadas por Mariña Patrimonio, son moitos os bens patrimoniais que quedan fóra do catálogo e, polo tanto, desprotexidos. Por este motivo, a asociación achegou ao concello de Xove outra solicitude para que inste á DXPC a protexer estes dous novos monumentos megalíticos aparecidos no territorio. \"Algún día a Dirección Xeral de Patrimonio terá que reaccionar, non poden seguir así, terán que cumprir o que dita a propia lei\", comenta Miranda en relación ao desleixo institucional \"Algún día a Dirección Xeral de Patrimonio terá que reaccionar, non poden seguir así, terán que cumprir o que dita a propia lei\", comenta Miranda en relación ao desleixo institucional. Excepcionalmente a mámoa de Guilán si que se atopa catalogada \"grazas a que nese momento a asociación decidiu presentar a solicitude a través doutra persoa\", explican. Porén, non correron a mesma sorte outros seis bens patrimoniais descubertos no mesmo ano e cuxas solicitudes asinou Mariña Patrimonio. Por iso, esperan que a DXPC remate co \"pueril boicot\" contra a asociación e cumpra coa súa obriga."}
{"ID": "NOS_7189", "summary": "Non é o máis usual, pero o festival Novos Cinemas de Pontevedra adoita escapar do usual. Volveuno facer para, tres semanas despois da súa celebración, emitir un documento de \"balanzo\" en que reafirma a súa aposta pola internacionalización e o \"talento emerxente\".", "text": "\"O vindeiro ano Novos Cinemas saltará o Atlántico e farao cunha xira por México e Colombia\", anuncia o certame, \"coa que dará a coñecer o audiovisual galego e mais o europeo\". Segundo explica a organización, a viaxe é o produto das \"alianzas tecidas polas empresas locais e o Concello de Pontevedra durante a viaxe institucional e comercial a México en 2017\". O apoio a \"detectar e visibilizar\" o talento emerxente é a outra liña de traballo a salientar por Novos Cinemas, cuxa edición de 2018 -do 11 ao 16 de decembro- contou con sete estreas nas sección competitivas. A formación audiovisual da cidadanía \"ao longo de todo o ano\" fíxose efectiva a través de #Aula, o programa formativo do festival, con obradoiros e encontros con cineastas. A cuarta das conclusións difundidas polo festival ten a ver co estabelecemento de comunicacións e pontes: \"Favorecer a conversa entre diversos axentes do sector audiovisual e entre cineastas e público\". \"Esta edición tamén funcionou como punto de encontro do sector audiovisual e escaparate do traballo feito en Galiza\", indica, e lembra actividades como o asesoramento de cineastas noveis para desenvolver os seus proxectos, debates sobre educación e cinema ou a sección #Noites, un programa de concertos. Novos Cinemas, organizado pola asociación do mesmo nome e mais Matriuska, ten o apoio do Concello de Pontevedra, a Deputación, a Xunta a través de Agadic e mais a Universidade de Vigo, e o patrocinio de numerosas empresas privadas."}
{"ID": "NOS_4379", "summary": "Atlas de Anatomía, o quinto disco de Roberto Sobrado grupo presentarase o vindeiro 11 de xuño en Compostela, nun concerto no que tocarán cos Resentidos, banda á que homenaxean. Unha campaña de crowdfunding busca financiamento para o evento.", "text": "O concerto será de presentación do quinto disco de Roberto Sobrado grupo mais tamén unha homenaxe aos Resentidos, a banda coa que compartirán espectáculos. Atlas de Anatomía presentarase o vindeiro 11 de xuño no Salón Teatro de Compostela e, para a súa presentación pública, Roberto Sobrado grupo acompañarase de tres dos membros da última formación da banda liderada por Antón Reixa. Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno participarán nun concerto que contará tamén con colaboracións estelares de Antón Reixa, Javier Soto, Anxo Graña, Piti Sanz ou Xabier Camba. A banda anuncia viaxar polo \"lado escuro do rock\" Os membros d´Os Resentidos non serán os únicos convidados para a presentación do novo disco de Roberto Sobrado grupo e, así, o vindeiro 11 de xuño subirán a escena tamén Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona. Co fin de financiar o pago do traballo a músicos, técnicos, director musical, a produción audiovisual e montaxe de vídeo ademais da promoción e organización da xira, o grupo vén de poñer en marcha unha campaña de crowdfunding co fin de acadar os 2.700 euros do orzamento. Camisetas, descargas de discos, asistira á festa de despois do concerto ou mesmo contar con concertos acústicos de media hora para festas privadas ou da banda ao completo son algunhas das recompensas que propoñen segundo as distintas achegas que poden ir de 5 a 500 euros. Atlas de anatomía ofrece nove temas novos de Roberto Sobrado, un músico que cumpre xa 20 anos de traxectoria. Pop, rock e blues son o telón de fondo sonoro deste novo, e quinto, traballo no que a banda anuncia viaxar polo \"lado escuro do rock\". Con esta nova proposta, Roberto Sobrado executa un \"harakiri consciente pero non total ao cantautor que eleva dentro\". Roberto Sobrado ten na rede xa o adianto do novo disco en acústico co tema \"Fan de asuntos legais\":"}
{"ID": "PRAZA_18648", "summary": "As pegadas de Galicia na nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai poden seguirse desde o ano 1527 ata agora mesmo. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso atlántico enchen de solidariedade os vieiros dunha afastada terra do sur americano. Vou facer un breve resumo de fitos nos que Galicia deixa o seu selo de identidade.", "text": "As pegadas de Galicia na nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai poden seguirse desde o ano 1527 ata agora mesmoAs pegadas de Galicia na nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai poden seguirse desde o ano 1527 ata agora mesmo. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso atlántico enchen de solidariedade os vieiros dunha afastada terra do sur americano. Vou facer un breve resumo de fitos nos que Galicia deixa o seu selo de identidade. O primeiro é falar do mariño Diego García quen nunha carta de 1527 nomea aos nativos coma \"charruases\". O tal Diego chámalle \"charrúas\" xa que o seu aspecto faille lembrar as máscaras do entroido de Allariz. En 1740 temos ao primeiro galego que casa en Montevideo, o mindoniense Alonso Puga Miranda, sarxento do Reximento de Cantabria. A primeira botica da capital uruguaia foi aberta en 1740 por Gabriel Piedracueva Varela, nativo do concello de Miño. O emigrante de Paramos (O Covelo) Francisco Rodríguez Alonso é o dono dunha \"pulpería\" en Sarandí del Yi (Durazno). En 1782 ergue unha capela na súa propiedade que hoxe é monumento histórico nacional.Arredor do 1800 os irmáns Xosé e Luís Fernández Bermella de Maside-Ourense levan a Montevideo dous cruceiros de pedra que encargaron a canteiros da súa parroquia de Santa María de Amarante. Son os monumentos máis antigos do Uruguai. Un deles está no cemiterio Central e o outro na igrexa do Cordón. En 1811 ten lugar o chamado \"Grito de Asencio\" que marca o comezo do proceso independentista. O promotor do levantamento foi o alférez Ramón Fernández Ximénez, fillo de Dionisio F. (Arcade-Soutomaior). O primeiro poeta que lle canta a patria uruguaia foi Bartolomé Hidalgo que se considera o fundador da lírica gauchesca no Río da Prata. É moi curioso que nos seus famosos \"cielitos\" de 1811-1815 use a nosa lingua nun verso ao escribir: \"echando al hombro un fungeiro\". É o primeiro que fai referencia a gaita e aso galegos coma sinónimo de godos (españois). O dous secretarios do heroe nacional don Xosé Artigas son Miguel Barreiro (ata 1815) e Xosé Monterroso (1815-1820), ámbolos dous descendentes de familias cambadesas.O primeiro poeta que lle canta a patria uruguaia foi Bartolomé Hidalgo que se considera o fundador da lírica gauchesca no Río da Prata. É moi curioso que nos seus famosos \"cielitos\" de 1811-1815 use a nosa lingua nun verso ao escribir: \"echando al hombro un fungeiro\"Imos agora a falar dos presidentes uruguaios de ascendencia galega. En 1838 foi presidente interino Gabriel Antonio Pereira e logo, entre 1856-1860, o sexto presidente. Pedro José Varela foi interino en 1868 e logo o décimo presidente en 1875. Lorenzo Latorre foi dictador entre 1875-79 e logo presidente constitucional entre 1879-1880. Francisco Antonino Vidal estudou pediatría en París e foi presidente interino e logo o décimo segundo presidente constitucional. Máximo Santos foi o décimo terceiro presidente. Máximo Tajes foi o décimo quinto. Julio Herrera y Obes Martínez foi o décimo sexto. Claudio Williman González foi o vixésimo. Alfredo Baldomir foi o vixésimo séptimo. Óscar Gestido Pose foi o trixésimo segundo. Tabaré Vázquez Rosas foi o trixésimo noveno na súa primeira presidencia e agora mesmo é o cuadraxésimo primeiro. Don Tabaré é neto por liña paterna de Xosé Vázquez e Dolores Edreira. O avó era da parroquia ourensá da Purísima Concepción de Vilar de Astrés e a avoa da parroquia betanceira de Santiago de Requián.O Cabo de Hornos ancorou no porto de Montevideo o 27 de novembro de 1958. O meu pai estaba no peirao abaneando os brazos e as mans. Hai 60 anos pero recordo que sentín moito acougo cando o barco deixou de moverse despois dunha ateigada e longa singradura de mareosO Cabo de Hornos ancorou no porto de Montevideo o 27 de novembro de 1958. O meu pai estaba no peirao abaneando os brazos e as mans. Hai 60 anos pero recordo que sentín moito acougo cando o barco deixou de moverse despois dunha ateigada e longa singradura de mareos. A xente berraba os nomes dos seus familiares e saudaba aos recén chegados. Lembro que baixei amodiño a escada e ben collido da man de miña nai. O sol quentaba bastante máis que na aldea. Axiña o neno aldeán vai comezar a escola. Logo duns anos de aprendizaxe e case sen decatarse aprobará o ingreso emocional no espírito dos uruguaios. Agora son artiguista, candombero, gardeliano, murguero e siareiro do Clube Atlético Peñarol."}
{"ID": "NOS_48127", "summary": "Das dez casas nas que morou Rosalía en Compostela, só tes están sinalizadas. Dúas pola Universidade de Santiago e unha polo Banco Popular. Denunciouno a profesora Mercedes Espiño na homenaxe a Coralia e Maruxa Fandiño, as Marías, no cemiterio de Boisaca.", "text": "En dez casas morou Rosalía de Castro en Compostela, cidade na que naceu en 1837. De todas elas, só en tres hai placas que indican que a poeta fundadora da literatura galega contemporánea tivo a súa residencia no inmóbel, dúas delas postas pola Universidade de Santiago e unha terceira, situada na rúa da Senra 17, polo Banco Popular e instalada dentro da propia sucursal. A denuncia formou parte da intervención da profesora Mercedes Espiño na homenaxe ás Marías que a A.C. O Galo e o Ateneo de Santiago desenvolveron no cemiterio de Boisaca con motivo da instalación dunha lápida na tumba que xuntou de novo ás irmás Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, máis de trinta anos despois da súa morte. \"Aproveito para denunciar esa política oficial ocultadora, pois este abandono da cultura e da memoria histórica esténdese a moitas das personalidades que residiron en Compostela\", dixo Espiño \"Tamén non hai placa ningunha na casa da familia Fandiño, polo que aproveito para denunciar esa política oficial ocultadora, pois este abandono da cultura e da memoria histórica esténdese a moitas das personalidades que residiron en Compostela\", lamentou a profesora Mercedes Espiño quen hai poucos meses protagonizou un roteiro por Compostela organizado pola A.C. O Galo arredor dos espazos rosaliáns na cidade. \"Cidades como Londres, Madrid, Pontevedra, mostran con orgullo aos seus visitantes os lugares en que naceron ou moraron, escribiron ou investigaron persoas ilustres. Pero a Santiago de Compostela parece que lle gusta agochar a súa propia historia, condenando ao ostracismo e ao descoñecemento social a moitos dos seus máis importantes cidadáns\", sinalou Espiño ao tempo que lembrou que, pola cidade, agroman multitude de placas con lendas do tipo \"Este edificio foi inaugurado sendo alcalde fulanito de tal...\""}
{"ID": "PRAZA_6684", "summary": "Novos erros no ERTMS impiden o seu uso nunha das dúas liñas nas que estaba operativo. As adxudicatarias impugnan dous novos concursos, un deles o do tramo Olmedo-Ourense.", "text": "O xuíz da Audiencia Provincial da Coruña apuntouse á tese da única responsabilidade do maquinista no sinistro dun tren Alvia que o 24 de xullo de 2013 custou a vida 79 persoas á entrada da estación de Santiago. Para desimputar 12 directivos do dono e xestor da rede do tren de alta velocidade, Adif, o maxistrado instálase no criterio de que no século XXI os trens circulan como no século XIX cando as súas velocidades non excedían de 80 quilómetros por hora e as axudas á condución consistían nunha rudimentaria panca de bloqueo para evitar que o maquinista se durmise. O xuíz instálase no criterio de que no século XXI os trens circulan como no século XIX, cando non pasaban de 80 km/h Ao xuíz, aínda que menciona a anomalía, parécelle irrelevante que non estivese operativo un ultramoderno equipamento de seguridade ERTMS cuxa dotación na liña Ourense-Santiago custara 164 millóns, e que na curva da traxedia nin tan sequera se instalase unha baliza de 6.000 euros para deter o tren en caso de descoido do maquinista. Malia o controvertido desta última decisión xudicial e o tempo transcorrido tras o accidente de Santiago, os responsables da seguridade da rede ferroviaria de alta velocidade e as empresas estatais e multinacionais subministradoras do sofisticado e caro sistema de seguridade ERTMS continúan enfrontados, o que ten dúas consecuencias fundamentais. Os equipos de ERTMS dos distintos subministradores son dificilmente compatibles e fan moi inestable un sistema tan crítico como o da seguridade A primeira, que os equipos facilitados, a pesar de pertencer a un mesmo estándar tecnolóxico, demostraron ser dificilmente compatibles e fan moi inestable un sistema tan crítico como é o de seguridade nuns trens que circulan a entre 200 e 350 quilómetros por hora. A segunda, que dada a enorme contía dos contratos e a fera competencia por conseguilos, as multinacionais en liza tomaron o costume de impugnar a maioría das adxudicacións de ERTMS que realizou Adif durante o último ano e por un importe duns 1.400 millóns. Fontes do sector ferroviario aseguran que a data de hoxe de once liñas ou tramos en servizo de AVE nos que está instalado e operativo o sistema de seguridade ERTMS, só se logrou facer funcionar o seu nivel 2 entre Madrid e Lleida, e entre Albacete e Alacant. As mesmas fontes indican que durante os meses do pasado verán xurdiron novos problemas de compatibilidade entre os equipos de vía e os embarcados no tren no tramo Madrid e Lleida e que se tomou a decisión de desactivar a operativa co devandito nivel 2 de ERTMS, mantendo o sistema de protección no seu nivel 1. De once liñas en servizo do AVE con ERTMS, en só dous se logrou facer funcionar o seu nivel 2 Este diario solicitou a Adif a listaxe das liñas e tramos da rede en que está operativo o nivel 2 de ERTMS e preguntou se nalgún momento se desactivou o seu uso entre Madrid e Lleida. Da contestación ofrecida por fontes oficiais pódese deducir que existen problemas de compatibilidade entre os equipos dos diferentes subministradores, pero non precisan o detalle das liñas nas que se logrou que funcione o sistema. Fontes do Ministerio de Fomento e informacións recollidas no sector aseguran que Adif lanzou un ultimato aos subministradores para que estabilicen o funcionamento dos seus equipos de ERTMS na versión de software do estándar europeo de seguridade que demostrou ser a máis sólida até a data, o 2,03D. Esixe que as empresas \"deixen de ensaiar con continuas actualizacións\" dunha plataforma informática á que cualifican de \"inmadura\". Hai que lembrar que o primeiro contrato para instalar equipamento de seguridade ERTMS na rede española foi adxudicado en 1999. Desde aquela gastáronse 4.640 millóns de euros e aínda non se logrou un funcionamento íntegro do sistema máis que en dous tramos. Impugnacións O estándar ERTMS é un completo equipamento de seguridade ferroviaria deseñado baixo o paraugas da Unión Europea. Bruxelas pretende que se instale en toda a rede comunitaria para permitir o tráfico continental de calquera tren. O seu nivel 1 está baseado en equipos de sinais instalados na vía e no tren que se intercomunican ao paso do convoi. O seu nivel 2 apóiase en tecnoloxías de comunicacións de seguridade dixitais e móbiles que aseguran unha protección e unha información permanente e en tempo real. Durante o exercicio de 2014 Adif licitou a subministración de sistemas de sinalización ERTMS para sete novos tramos da AVE por un importe superior aos 1.000 millóns de euros. Acudiron aos concursos as empresas habituais: Siemens, Alstom, Thales, Indra, CAF, Bombardier e Ansaldo, entre outras. Catro do sete adxudicacións decidido pola dirección de Adif foron impugnadas e unha delas resultou revogada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, dependente do Ministerio de Facenda. Durante o mes de setembro Adif fallou dous importantes contratos; o ERTMS de Olmedo a Ourense por un importe de 550 millóns, e o de Venta de Baños a Valladolid, por 300 millóns. Consorcios perdedores de ambos os procesos decidiron impugnar a decisión."}
{"ID": "NOS_17705", "summary": "A iniciativa do BNG pola cal impedirán \"a presenza de animais nun estado lamentábel\" saíu adiante a pesar de que o PP non a apoiou.", "text": "O concello de Tomiño, por iniciativa do BNG, vén de aprobar unha normativa segundo a cal retirará a autorización a calquera circo que utilice animais, facéndose así eco da petición de varias asociacións veciñais e ecoloxistas. Con dez votos a favor e a abstención do PP, Tomiño decidiu comunicar á Xunta de Galiza que evitará que se instale no municipio calquera espectáculo desas características, xa que \"non é educativo nin pedagóxico que os nosos nenos vexan animais salvaxes, que deberían ser libres, nun estado lamentábel\". A declaración sinala a Tomiño como \"concello libre de circos con animais\", nunha sesión plenaria que tamén aprobou unha moción en apoio do pobo palestino contra o \"xenocidio criminal\" do estado israelí."}
{"ID": "NOS_8045", "summary": "O Día das Letras Galegas volve pór sobre a mesa vellos e novos problemas que conviven arredor do noso idioma. Pero hai quen traballa día a día para poder arranxalos. Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística desde 2014 e portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, é un convencido da importancia da mobilización social a prol dos dereitos da lingua, da que di, \"é cada vez máis activa\". Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 296.", "text": "Cal é o estado de saúde do galego? É un estado de saúde malo. Temos unha lingua que está ferida gravemente pero hai unha sociedade que cada vez ten máis consciencia da situación da lingua e que actúa para mellorala. Se esperamos polo Goberno galego, que é quen ten competencias e posibilidades de actuar, de seguro que estaríamos moito peor. Afortunadamente, a cidadanía é cada vez máis activa. No caso catalán ou vasco, hai accións do goberno a favor da lingua. Na Mesa denunciamos recentemente que só o 4,6% da programación infantil que se emite en televisión está en galego, chegando ao 2,7% na fin de semana. O Goberno vasco acordou coas principais compañías de televisión por cable lexendar ou dobrar ao euskera, como mínimo, as grandes series e producións televisivas, algo impensábel na Galiza. O Goberno da Xunta aplícase un 155 no que ten que ver coa lingua. Os avances do galego débense a que hai unha sociedade que se move. Se hoxe en día hai aseguradoras que ofrecen pólizas en galego –como obriga a lei desde os anos 90– é porque houbo unha grande presión social nese ámbito, non porque a Xunta esixise que se cumprise a lei. É posíbel entón implementar accións efectivas a prol do uso do galegos en apoio institucional? É posíbel e a sociedade galega estao facendo. Hai veces que conseguimos avanzar, e outras, a cousa fica parada. As queixas por violación dos dereitos lingüísticos que nós tramitamos fanse noutros territorios a través da propia Administración e non dunha entidade social como é A Mesa. Tamén é certo que a batalla que non se dá é a única que está perdida e, no caso do galego, cada vez hai máis xente sumándose a ela. Só esa actitude é quen de reverter a situación da lingua nun futuro. Aínda así, o apoio institucional é necesario. Unha sociedade sen ningún tipo de recurso máis que a súa propia forza é unha sociedade abandonada. Nós temos a vantaxe de que partimos dunha sociedade que si apoia o seu idioma. A perda de galegofalantes ten moito que ver co urbano e coa periferia das cidades. É a transmisión interxeracional a única vía para salvar esta situación? A transmisión interxeracional é un elemento clave, pero hai máis. Cada día aparecen novos produtos que son parte central do lecer das rapazas e rapaces, formatos e contidos onde o galego está absolutamente extinguido, sendo unha auténtica lingua estranxeira. O ensino tampouco cumpre a función de trasladar as competencias orais mínimas para poder falar galego. Estamos ante rapaces capaces de aprobar Lingua e literatura galega como quen aproba Inglés ou Latín. Por suposto, isto non quere dicir que sexa capaz de expresarse nesa lingua. Tampouco hai un ambiente social que axude a mocidade. As nenas e nenos observan día a día unha realidade de exclusión que interiorizan como normal. Cando queren empregar calquera recurso, o galego non está. Nin televisión, nin telefonía móbil, nin xogos ou xoguetes, onde a presenza do galego é dun 0,6%. Se o galego está excluído, é lóxico que ninguén queira estar nesa situación de exclusión. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 296, á venda nos quiosques e na loxa]"}
{"ID": "NOS_26479", "summary": "Cando continúan activos focos en Cualedro –onde se rexistra o incendio mais intenso da fin de semana-, Crecente, Arbo, Santiago, Porto do Son e Baralla, a candidata nacionalista á Xunta de Galiza, Ana Pontón, avogou nunha xestión sustentábel e multifuncional do monte afastada do modelo do monocultivo.", "text": "Evitar que os montes galegos sexan \"un polvorín\". Este é un dos obxectivos da principal proposta presentada polo BNG na mañá do domingo: un plan integral de xestión forestal que poña en valor os recursos do país. Ana Pontón aproveitou a súa visita á XVII Festa do Polbo de Bueu para apostar na \"xestión sustentábel e multifuncional do monte\". \"A situación actual que sofren os montes, convertidos nun polvorín, pon en perigo as vidas e tamén os bens públicos e privados cada vez que se produce un incendio\", apuntou a candidata do Bloque ao Goberno galego en declaracións aos medios. Ana Pontón puxo de manifesto que o programa do Bloque recolle a necesidade de rachar co modelo de monocultivo do eucalipto e de aproveitar a riqueza dos montes do país. \"Valorizalos e aproveitar os recursos forestais é unha das principais propostas que leva o BNG no seu programa\", afirmou. A candidata nacionalista está a aproveitar as visitas que realiza ao longo do país para difundir as propostas e o programa do BNG ás eleccións galegas do 25 de setembro. Situación dos incendios Segundo os últimos dados fornecidos pola Consellaría de Medio Rural –dados das 14.30h-, o peor dos incendios está a ter lugar en Cualedro, onde xa arderon 450 hectáreas. Aliás, no día de hoxe, declarouse un incendio en Vilardevós, con 54 hectáreas afectadas. Tamén en Negueira de Muñiz hai un incendio que queimou 50 hectáreas. A Xunta salienta que están controlados os incendios de Baralla, Porto do Son, Arbo, Crecente, Santiago e Cotobade."}
{"ID": "PRAZA_16772", "summary": "Pouco a pouco a Universidade parécese máis á Xunta administrativamente porque o goberno, apoiado nas estruturas pouco democráticas, tamén foi construíndo redes clientelares e converténdose nunha oligarquía universitaria que ten o mesmo sentido patrimonial do poder.", "text": "Deterioro e silencio. Resulta moi evidente que a Institución e, sobre todo, o Servizo Público que presta non formou parte das preocupacións do seu goberno Nos últimos anos a Universidade de Santiago vive un proceso de deterioro moi notorio. En parte, trátase do mesmo deterioro que vive a sociedade en xeral: recorte de servizos, restrición de dereitos en xeral, aumento das desigualdades, desprotección social, desregulamentación do mercado de traballo, recorte drástico e brutal das liberdades e un proceso de aculturación preocupante. Mais a USC reprodúceo con dinámica propia; renunciando á súa autonomía e someténdose cos síntomas característicos da anorexia: negala e disimulala con enganos. Enganan obviando os recortes en medios materiais e humanos, mais tamén enganan na xestión desastrosa de servizos con privatizacións e prioridades sometidas a criterios clientelares, presumindo de éxitos en ránkings tan enganosos como as enquisas, anunciando accións que non realizan e estudos que non teñen nin intención de facer, reestruturacións gatopardianas, etc. Deterioro e silencio. Resulta moi evidente que a Institución e, sobre todo, o Servizo Público que presta non formou parte das preocupacións do seu goberno. É certo que estruturalmente a universidade é unha democracia moi precaria, decimonónica, na que o PAS e, en especial, o estudantado se presupoñen menos capaces de tomar decisións responsables ca o PDI. A pesar de todo, a democracia é unha cultura, unha ética que vai máis ala dun procedemento e, incluso, dun sistema político; por iso no Sistema Universitario Galego (SUG) e concretamente na USC, houbo unha participación democrática de alto nivel por algunhas organizacións estudantís e sindicais que tiñan unha cultura de profunda ética democrática e que foron hexemónicas especialmente no período que vai de LRU á LOU. Pouco a pouco a Universidade parécese máis á Xunta administrativamente porque o goberno, apoiado nas estruturas pouco democráticas, tamén foi construíndo redes clientelares e converténdose nunha oligarquía universitaria que ten o mesmo sentido patrimonial do poder Podemos dicir que desde o punto de vista da democracia, a universidade galega era \"sitio distinto\" no contexto dun país de feble cultura democrática e gobernado, agás en dous períodos breves e circunstanciais, polos herdeiros do réxime. Mais o sitio distinto xa non é distinto, pouco a pouco a Universidade parécese máis á Xunta administrativamente porque o goberno, apoiado nas estruturas pouco democráticas tamén foi construíndo redes clientelares e converténdose nunha oligarquía universitaria que ten o mesmo sentido patrimonial do poder. O cadro de PAS da USC, que viña desa ética democrática, caracterizouse sempre por ter un compromiso coa institución e un sentido de Servizo Público moi recoñecible e recoñecido, xa sabemos que sempre hai de todo, pero maioritariamente esta era a actitude que nos últimos anos se destruíu; aplicando somníferos que acabaron con calquera síntoma de participación; anulando a representación sindical con estratexias de enredo calculadas para non chegar a nada ou chegar a cuestións miserables até desprestixialos diante de traballadores e traballadoras e conseguir a discrecionalidade impune que lles permite, incluso, incumprir acordos asinados. O mesmiño que fixeron no ámbito xeral. Preguntarédesvos, e os sindicatos! Que fixeron? Pois sobrevivir. Algúns teñen hipotecas que os converten en colaboradores necesarios. Outros claman diante do silencio máis estrondoso do persoal, apático e decepcionado Preguntarédesvos, e os sindicatos! Que fixeron? Pois sobrevivir. Algúns teñen hipotecas que os converten en colaboradores necesarios. Outros claman diante do silencio máis estrondoso do persoal, apático e decepcionado. Hai sospeita, acriticismo, confusión creada por un sistema brután de desinfomación contra o que é excepcionalmente difícil loitar con información, porque ambas se mesturan no calculado espectáculo de simplificación e non hai maneira de combatelo. A RAE xa incluíu no dicionario a palabra POSVERDADE: Distorsión deliberada dunha realidade, que manipula crenzas e emocións co fin de influír na opinión pública e en actitudes sociais. Engádese a modo de exemplo: Os demagogos son mestres da posverdade. Non se di que os medios de comunicación son os auténticos creadores. Tamén practica a posverdade a RAE? Que sen Medios de Comunicación libres non pode haber liberdade nin democracia é algo de aceptación común, mais, se a continuación aseguramos que somos unha democracia moderna estamos facendo unha distorsión deliberada da realidade... \"Tiñamos a crenza de que coa democracia abandonabamos certos medos, pero cambiámolos por outro medo colectivo e xeral que nada ten que ver coa tortura ou coa censura. É o constante temor a perder o emprego, un medo que limita e condiciona totalmente a vida de quen o padece. E ese medo aliméntao o verdadeiro goberno do mundo de hoxe, o poder das multinacionais que o conforma todo á súa propia lóxica. Unha lóxica que impón un perigoso acriticismo que medra coma unha mancha de aceite por todo o mundo. Parece que a norma é non pensar, non reaccionar, non criticar\". Saramago: O pesimista utópico O sistema fainos sentir que é imposible cambiar nada, é unha das súas armas poderosas. Mais a dignidade deberíanos impulsar a intentalo, antes de que comecen a saír casos coma os da URJC O próximo 23 de abril haberá eleccións a reitor e a representantes no Claustro da Universidade de Santiago; o sistema fainos sentir que é imposible cambiar nada, é unha das súas armas poderosas. Mais a dignidade deberíanos impulsar a intentalo, antes de que comecen a saír casos coma os da URJC. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "PRAZA_13264", "summary": "As dúas entidades, obrigadas a pagar máis de 400 euros por día por proxectar filmes na rúa, din que o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá \"mentiu\" cando afirmou que non se cobrarían taxas ás asociacións sen ánimo de lucro. Chaman a participar nas ocupacións populares da Praza do Toural, que terán lugar as tardes dos venres de xuño para protestar contra a \"privatización das rúas\".", "text": "O pasado 11 de maio o Cineclube de Compostela solicitou permiso do Concello para a utilización da Praza da Oliveira os martes do mes de xuño, de cara a realizar un ciclo de cinema feminista gratuíto xunto coa Rede Feminista Galega. 20 días despois, a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, aprobou o uso da praza, pero esixindo o pagamento previo dunha taxa de 405,52 euros por día, en virtude dunha ordenanza do 2008 que regula cuestións como a instalación de postos de artesanía, as rodaxes cinematográficas, os grandes espectáculos ou as atraccións. O Cineclube denuncia que \"cun total reclamado de 1622,08 euros, o Concello tenta imposibilitar pola vía económica a actividade, situando o uso do espazo público a un prezo máis elevado ca o marcado pola especulación para os alugueiros dos locais privados\". Cineclube e Rede Feminista acusan o concelleiro Albino Vázquez Aldrey de \"mentir\" cando afirmou que non se lles ía cobrar por realizar as actividades que lles son propias ás entidades sen ánimo de lucro nin ás asociacións veciñais Cineclube e Rede Feminista acusan o concelleiro Albino Vázquez Aldrey de \"mentir\" cando hai uns días afirmou que \"nin coa ordenanza actual, vixente dende xaneiro de 2008, nin coa aínda máis restritiva que o Concello vén de aprobar o xoves 31 de maio, se lles ía cobrar por realizar as actividades que lles son propias ás entidades sen ánimo de lucro nin ás asociacións veciñais\". Para o Cineclube de Compostela, a proba do cambio de política e da \"aplicación arbitraria da Ordenanza vixente\" está en que o pasado ano nestas datas o Cineclube de Compostela realizou un ciclo de cinema gratuíto na rúa \"sen que o Concello, utilizando a mesma normativa, lle solicitase namais que unha comunicación de uso do espazo público\". A asociación denuncia que \"antes ca nós, outras organizacións políticas, culturais e veciñais, especialmente desde a formación do novo goberno, viron dificultadas ou imposibilitadas as súas actividades a través da petición de fianzas, da imposición de multas ou da negación de permisos para o uso do espazo ou da rede eléctrica. E, contra o que reiteradamente afirma o concelleiro Albino Vázquez, estes impedimentos estánse a dirixir principalmente contra asociacións sen ningún ánimo de lucro, nun plan que ten como último movemento a aprobación o pasado xoves dunha nova Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública\". \"Unha vez inaugurada unha Cidade da Cultura a medida, seica o seguinte paso da súa política é expulsaren a cultura da cidade\" Cineclube e Rede Feminista denuncian o Concello de Santiago exclúe \"un tecido asociativo que está a realizar a programación que debera ser responsabilidade da administración pública. Unha vez inaugurada unha Cidade da Cultura a medida, seica o seguinte paso da súa política é expulsaren a cultura da cidade\". Afirman, así mesmo, que xa están a recorrer a imposición das taxas e súmanse aos colectivos que participan das asembleas \"en resposta a esta ordenanza privatizadora das nosas rúas\", que se celebran todos os venres de xuño, de seis a oito da tarde, na praza do Toural, cun obxectivo de ocupación dos espazos públicos e de organización dos colectivos afectados. Así mesmo, anuncian que o ciclo de cinema se celebrará cada martes de xuño, ás dez da noite na praza da Oliveira e que \"a rúa é nosa e se non nos deixan usala teremos que tomala\"."}
{"ID": "NOS_14158", "summary": "O xuíz José de la Mata, da Audiencia Nacional, decreta a apertura de xuízo oral polo caso Pescanova, segundo información que avanza o Faro de Vigo.", "text": "O maxistrado da Audiencia Nacional José de la Mata emitiu esta segunda feira o auto de apertura de xuízo oral no que sentará no banco 19 exconselleiros e exdirectivos de Pescanova e a auditora BDO. É unha noticia que avanza a xornalista Lara Graña que publica esta quinta feira o Faro de Vigo. No auto reclámanse penas de prisión que suman 164 anos, fianzas por multas de 33 millóns de euros e outras de responsabilidade civil por 760 millóns. A de Pescanova foi a maior quebra non inmobiliaria da historia empresarial no Estado español, explica con 3.650 millóns de euros de débeda. Pescanova estaba en quebra en 2009 mais desde entón e até 2013 executáronse dúas ampliacións de capital e tres emisións de bonos convertíbeis con balanzos falsificados. Para o fiscal os acusados, baixo o control último do presidente Manuel Fernández de Sousa, decidiron executar prácticas irregulares para continuar obtendo financiamento e enganar a banca e o mercado. Unha operativa \"perfectamente estruturada\" á cuxa fronte estaba Fernández de Sousa, para quen se piden 31 anos de cárcere por falseamento de contas, falsidfade en documento mercantil, estafa, e así até 9 delitos."}
{"ID": "PRAZA_10420", "summary": "Tras dúas históricas derrotas electorais consecutivas do PP galego, o presidente convoca aos medios de comunicación a unha arenga pública aos seus altos cargos sobre os obxectivos da Xunta para a próxima década", "text": "Tras dúas históricas derrotas electorais consecutivas do PP galego, o presidente convoca aos medios de comunicación a unha arenga pública aos seus altos cargos sobre os obxectivos da Xunta para a próxima décadaDous meses despois de perder o PP por primeira vez na historia unhas eleccións en Galicia, nas xerais, e un mes despois de facelo por segunda vez, nas europeas, Feijóo escenificou este xoves o seu intento de retomar a iniciativa política. Paradoxalmente, fíxoo substituíndo a reunión semanal executiva do seu Goberno de todos os xoves por unha arenga pública aos seus altos cargos (conselleiros, secretarios e directores xerais). Un acto ao que convocou aos medios de comunicación e co que na práctica lanzou a longa precampaña das eleccións galegas que el mesmo pode convocar en calquera momento antes de setembro do próximo ano.Feijóo xa organizara un acto propagandístico similar cos altos cargos do seu Goberno aos 100 días da súa terceira toma de posesión como presidente da Xunta, o 24 de febreiro de 2017. O deste xoves converteuse na práctica nun mitin para os seus, que o recibiron e despediron entre aplausos. Un discurso dunha hora de duración ante os medios de comunicación seguido despois dunha reunión a porta pechada con intervencións de cada conselleiro.Feijóo volveu presentarse como exemplo de estabilidade fronte aos populismos só catro días despois de facer alcalde de Ourense a JácomeO presidente galego presentou o seu executivo como un goberno \"unido\" e \"estable\" fronte á \"incerteza do mapa político xeral que abrangue a España\" e xustificou o momento do acto deste xoves tras \"procesos electorais que romperon o ritmo de todas as administracións públicas\". \"Ante este descrédito crecente da política\", dixo, \"aquí vai haber unha reacción e unha resposta\" xa que, engadiu, \"en Galicia hai Constitución e Estatuto\". Feijóo mesmo chegou a criticar os populismos apenas catro días despois de facer alcalde de Ourense a Gonzalo Pérez Jácome para que Baltar manteña a Deputación.Na súa intervención, Feijóo quixo esbozar os obxectivos de Galicia non para o ano e medio que como máximo queda de lexislatura senón para a próxima década, cos Xacobeos de 2021 e 2027 como principais fitos e que resumiu constantemente co lema \"Galicia Calidade\". Entre esas \"prioridades para o tempo que chegará despois da lexislatura\" Feijóo enumerou o seu desexo de \"unha Galicia familiar, moza, innovadora e verde\", eidos nos que foi debullando o feito ata agora e os retos pendentes, que non considera partidistas ou persoais senón que atribúe a toda Galicia. Entre eles, Feijóo volveu anunciar este xoves, un día despois de coñecerse que Galicia é o territorio no que máis diminúen os nacementos, que acadan un novo mínimo histórico, unha lei de dinamización demográfica, longamente prometida pero aínda non concretada.A arenga de Feijóo chega no terzo final dunha lexislatura que se lle foi complicando progresivamente non só polas recentes derrotas electorais senón tamén polo parón no funcionamento da Administración galegaA arenga de Feijóo chega no terzo final dunha lexislatura que se lle foi complicando progresivamente non só polas recentes derrotas electorais. Sen ter en conta as crises do partido en Vigo ou mesmo en Ourense, neste terceiro mandato de Feijóo o Goberno galego viu rebaixada a súa produción lexislativa ao nivel de Catalunya, sumida hai tempo nunha permanente crise institucional. A Xunta foi reiteradamente incapaz de cumprir as súas propias previsións normativas, con só 5 das 11 leis prometidas para 2017 e unha das 12 anunciadas para 2018.\"Non fomos quen de cumprir o calendario normativo e espero que eses atrasos se poidan recuperar ao longo deste 2019\", chegou a recoñecer Feijóo en xaneiro, antes de admitir que agora deixará de facer públicas esas previsións que non era quen de cumprir malia a súa maioría absoluta. A excepción galega nese ámbito deixou de ser tal tras o 26M, con maiorías absolutas tamén noutras autonomías gobernadas polo PSOE, pero aínda así Feijóo volveu gabar este xoves a estabilidade da Xunta fronte a outras comunidades que non constituíron os seus gobernos malia que non se cumpriron aínda os prazos para facelo.A arenga pública de Feijóo aos seus para retomar a iniciativa política chega dez días despois de que un PSdeG crecido tras as súas vitorias electorais criticase esa situación e a cualificase como de \"atonía lexislativa\", estendéndoa tamén á \"parálise dos nomeamentos necesarios para impulsar Galicia\". Nese eido dos nomes e os cargos, son varios os postos baleiros, en situación de interinidade ou pendentes de renovación que dependen da iniciativa da Xunta ou da maioría do PP no Parlamento de Galicia, malia que en ocasións Feijóo se desmarque deses últimos casos atribuíndo a responsabilidade aos parlamentarios como se el mesmo non fose o presidente do grupo popular. Nesa situación están, entre outros, a dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, a presidencia do Consello Económico e Social (nos dous casos como consecuencia de destinar aos seus anteriores responsables a intentar resolver a crise interna do PP en Vigo), a dirección da CRTVG, ou a Valedora do Pobo.Porén, a situación deses cargos persoais quedou tapada durante parte da lexislatura polo debate sobre outro futuro persoal: o do propio Feijóo e a súa posible marcha a Madrid, que quedou supostamente resolto en xuño do pasado ano coa súa renuncia a competir polo liderado do PP estatal. Aquela decisión desatou a euforia entre os seus, convencidos de que iso garantía éxitos no futuro inmediato para o PP en Galicia. As dúas últimas convocatorias electorais veñen de rebaixar aquela ledicia."}
{"ID": "NOS_5618", "summary": "A través dun comunicado de prensa, Apetamcor advirte de que os transportistas que operan na Galiza \"poderían verse abocados a curto prazo a un colapso total e á paralización da súa actividade\".", "text": "A Asociación Empresarial do Transporte de Mercadorías por Estrada da Galiza (Apetamcor) pediu intervir o mercado dos combustíbeis \"para evitar o colapso do transporte por estrada\". A través dun comunicado de prensa, Apetamcor advirte de que os transportistas que operan na Galiza \"poderían verse abocados a curto prazo a un colapso total e á paralización da súa actividade\", ao \"non poder absorber o incremento dos seus custos de explotación, agravados día a día pola escalada incontrolada e a volatilidade dos prezos dos combustíbeis\". O prezo da gasolina supera o do diésel: novo máximo histórico do prezo do combustíbel \"Sen que nada faga prever que vaia producirse unha rebaixa dos prezos do gasóil, senón que moi pola contra, xa se augura unha maior crise enerxética, agravada ademais pola situación bélica que sofre Ucraína tras a invasión rusa, Apetamcor reclama solucións urxentes por parte do Goberno español intervindo este mercado de forma extraordinaria\", subliña. No medio dunha conxuntura económica \"tan crítica\", engade, a patronal considera \"inadmisíbel que uns dos grandes beneficiados desta crise sexan as grandes compañías enerxéticas\", que, critica, \"están a obter unhas ganancias escandalosas á conta dos pequenos consumidores\". \"Beneficios extraordinarios\" de Repsol Neste sentido, os empresarios galegos do transporte de mercadorías resaltan \"o caso dos beneficios extraordinarios de Repsol, que só no primeiro trimestre deste ano obtivo uns beneficios de 1.400 millóns de euros, máis do dobre dos que gañou no mesmo trimestre de 2021\". O PSdeG urxe á Xunta a bonificar o combustíbel para as empresas galegas de transporte \"Como proba da situación de abuso e especulación que sofre o mercado dos combustibles no Estado español, Apetamcor destaca os datos que publicou a Comisión Europea a última semana do prezo do gasóleo antes de impostos en Francia que se situaba 16 céntimos máis baixos, polo que a pesar da maior fiscalidade sobre os carburantes no país galo o prezo nas gasolineiras é practicamente similar ao do Estado español\", expón. Un prezo máximo do combustíbel, a revisión do salario conforme ao IPC e fixar o custo da enerxía: as propostas da CIG polo 1 de Maio A Asociación Empresarial do Transporte de Mercadorías por Estrada da Galiza reitera \"a necesidade de que o Goberno español interveña o mercado dos combustíbeis\" para \"evitar que se agrave a escalada de abuso das petroleiras\"."}
{"ID": "NOS_19132", "summary": "Un vídeo do xornal El País mostra a un grupo de soldados españois dando unha malleira en 2004 a dous detidos iraquianos na cidade de Diwaniya. As imaxes veñen apoiar as denuncias realizadas por colectivos humanitarios sobre o comportamento das tropas na ocupación de Iraq, algo negado polos gobernos españois reiteradamente", "text": "Alertábano organizacións de dereitos humanos que traballaron en Iraq sobre o terreo após a invasión do país por unha coalición militar comandada por EEUU. Non só o exército estadounidense maltrataba, torturaba ou aldraxaba prisioneiros indefensos. Era, advertían, un feito común en maior medida a todas as tropas envolvidas na invasión de Iraq. Esas advertencias ignoráronse por gobernos e medios de comunicación dos estados europeos. Mais, pouco a pouco, foron saíndo casos deste tipo en diferentes exércitos, coma o británico. E agora acaba de saír á luz por un vídeo do xornal El País que mostra a un grupo de soldados españois dando unha malleira en 2004 a dous detidos iraquianos na cidade de Diwaniya. Cinco soldados entran nunha cela e empréndena a patadas e golpes reiterados contra dous detidos indefensos que estaban deitados. Destes só se ouven os laios e queixas. Dos soldados españois, o esforzo que empregan na malleira. O ministerio de Defensa xa sinalou que ía abrir unha investigación sobre os feitos. Uns feitos que o Estado español sempre se gabou de que o seu exército non facía (era un exército humanitario)"}
{"ID": "NOS_31748", "summary": "Non se sabe cal foi a orixe do xoguete mais si hai conciencia do necesario que é. Forma parte dunha etapa da nosa vida e mesmo transcende idades. Non é exclusivo do ser humano mais si foi este quen o desenvolveu ao tempo que evolucionaba socialmente. Eses primeiros obxectos deseñados para gozar de momentos únicos hoxe forman parte de museos que chegaron a nós grazas ao traballo de persoas que dedicaron tempo e diñeiro na súa localización e conservación.", "text": "Cando chegan estas datas é inevitábel pensar na infancia. Nese tempo pasado no que o xogo e o xoguete enchían as horas que quedaban libres ao saír da escola. Desa lembranza, se cadra nostálxica, na Galiza existe memoria física grazas ao traballo de persoas que quixeron rescatar do esquecemento aquelas pezas, hoxe desaparecidas da vida cotiá, e ensinar como eramos nós e as persoas que viñeron antes ca nós nos anos previos á mocidade. Tres nomes propios dedicaron boa parte da súa vida a atesourar xoguetes que agora forman parte de espazos expositivos que figuran entre os máis visitados do país. Son Alberto Oro, Ricardo Pérez e Antonio Chaves. O Museo do Xoguete de Allariz inaugurouse en 1994 e non se entendería sen a doazón que fixo Alberto Oro da súa colección para goce de toda a sociedade A experiencia de Allariz O Museo do Xoguete de Allariz inaugurouse en 1994 e non se entendería sen a doazón que fixo Alberto Oro da súa colección para goce de toda a sociedade. Este médico allaricense iniciou a súa paixón polos xoguetes nos anos 70, mentres estudaba na Universidade de Santiago. \"A primeira peza que iniciou a colección foi unha antiga máquina de coser, daquelas con pedais, de latón e ben pintadiña, que me achegou aos tempos en que eu pasaba o meu tempo con xoguetes\", lembra para Nós Diario. Sen experiencia previa nin intención clara de coleccionar, comezou a adquirir outros que atopaba en comercios e mercados de segunda man. \"Comezoume a gustar e tamén tiña éxito entre a xente que viña pola miña casa de visita\", conta. Pola súa profesión, como el mesmo recoñece, \"dispuña de tempo, algo de diñeiro e a posibilidade de viaxar moito\". Ser médico axudouno, tamén, a atopar moitos xoguetes nas casas ás que acudía en visita profesional, sobre todo nas comarcas de Ourense onde traballou algúns anos. \"Para min esas pezas son a parte máis entrañábel da miña colección por saír do máis íntimo das familias que coñecín nesa época\", recoñece. Unha parte importante das pezas conseguiunas tamén no desaparecido Bazar Blanco, da céntrica rúa do Paseo de Ourense. \"Tiven a fortuna de chegar nos seus últimos anos e por unha amizade familiar accedín ao seu interior para atopar xoguetes de folla de lata, cartón e madeira, os materiais cos que se elaboraban daquela\", explica. Daquela poucas xogueterías había no país e a maior parte vendíanse en todo tipo de tendas, por exemplo nos ultramarinos. \"Mesmo nas tabernas mudaban os escaparates en determinadas datas para ofertar xoguetes polo éxito que tiñan\", conta Oro. Medrou, cos anos, o número de xoguetes na súa vivenda que chegou a ocupar, de maneira ordenada, toda unha parede. Daquela viaxa até a vila catalá de Figueres para coñecer de primeira man o Museu del Joguet, fundado en 1982. Nos 90, co cambio no Goberno municipal e a chegada do nacionalismo, xorde a posibilidade de crear unha instalación expositiva permanente en Allariz empregando o antigo edificio dos xulgados. A través da doazón de ao redor de 850 pezas comeza a súa andaina até hoxe, que conta con máis de 2.000 polas posteriores doazóns, factor que influíu na decisión actual de ampliar as súas dependencias neste 2021. Este mesmo ano recibiu a doazón de máis de 500 xoguetes do coleccionista asturiano Fernando Fernández Arias de Grado e atópanse inmersos no proceso da súa catalogación. O perfil das persoas que se achegan até Allariz para ver os xoguetes é moi variado tanto en idade como na procedencia. A maioría son familias galegas con nenas e nenos A conservación nun museo do xoguete O perfil das persoas que se achegan até Allariz para ver os xoguetes é moi variado tanto en idade como na procedencia. A maioría son familias galegas con nenas e nenos, como recoñece o técnico municipal responsábel dos museos, Juan Antonio Seara. \"En todo caso tamén recibimos visitantes de Euskal Herria, Madrid, Portugal e Francia\", sinala a Sermos Galiza. Os datos estatísticos evidencian o éxito de contar cunha infraestrutura cultural deste tipo. Desde que abriu as portas ao público, o 6 xaneiro de 1994, pasaron por el ao redor de 324.000 visitantes, cunha media de 12.000 visitas por ano. E neste 2021, a pesar da situación de pandemia da Covid-19 levan pasado polo Museo arredor de 7.000 persoas. O de Allariz é un exemplo da importancia de xestionar ben este tipo de coleccións que camiñan na fina liña que hai entre a recuperación patrimonial e a memoria sentimental. En materia de conservación, o Concello e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Galiza asinaron no curso 2019-2020 un convenio de colaboración para que aquelas pezas que precisan unha intervención para a súa conservación e restauración se realicen na escola. \"A liña de actuación que se realiza no museo comeza sempre en xaneiro, cando fecha as súas portas aos visitantes para realizar tarefas de mantemento\", explica Seara, \"faise un seguimento do estado das pezas expostas e valórase se é necesario depositalas na Escola\", engade. Ese mes tamén é no que aproveitan para revisar os xoguetes que se atopan no almacén do propio museo e ver a posibilidade de que pasen á exposición pública. O Melga presenta unha mostra significativa de xogos tradicionais da Galiza, así como doutros países O Museo Etnolúdico da Galiza Para referírmonos ao xogo e ao xoguete no país é imprescindíbel, tamén, achegármonos até Ponteceso. Na vila de Pondal nace en 2013 o Museo Etnolúdico da Galiza (Melga). O responsábel de que ese municipio conte cunha mostra importante que comezou con 5.000 pezas de varias épocas e procedencias para contar hoxe con máis de 14.000 é o coleccionista Ricardo Pérez e Verdes. El mesmo recoñecía na súa inauguración que o proxecto xurdía \"coa vocación de recuperar e divulgar o patrimonio lúdico-deportivo da Galiza\" coa ideas de \"salvagardar a memoria colectiva\". Creador dunha fundación coa que xestiona o proxecto, aos seus 78 anos segue moi activo. Doutor en Educación Física e ex seleccionador de voleibol, forma parte da entidade Patrimonio Lúdico Galego e conseguiu que o museo medrara en visitantes de ano en ano desde a súa inauguración. Así, remataba 2019, meses antes da chegada da pandemia da Covid-19, con 6.960 visitantes, o que supuxo unhas 2.160 persoas máis que o ano anterior. O Melga está situado dentro das instalacións da Casa da Cultura do municipio, no que outrora fora o campo de fútbol do S.D. Ponteceso, un edificio de recente construción. Conta con dúas salas de exposición, de catrocentos metros cadrados cada unha. A primeira delas dedicada á evolución histórica do xogo, desde a prehistoria até a actualidade. A segunda sala presenta unha mostra significativa de xogos tradicionais da Galiza, así como doutros países. Por último exhibe material deportivo moderno, achegado por destacados deportistas. O Pazo de Liñares, na parroquia de Prado na capital dezá, reúne uns 4.000 xoguetes e meses despois do seu inicio xa pensan en aumentar o espazo actual A colección da Fundación Raquel Chaves En Lalín, no mes de agosto deste ano, inaugurábase o Museo do Xoguete, colección A. Chaves, que se engade á sala Ludomar coa que xa contaba a Fundación Raquel Chaves no Museo do Mar de Vigo desde 2016. Na actualidade esta entidade dispón de máis de 12.000 pezas e aínda realiza adquisicións e recibe doazóns de moitos lugares do mundo. O Pazo de Liñares, na parroquia de Prado na capital dezá, reúne uns 4.000 xoguetes e meses despois do seu inicio xa pensan en aumentar o espazo actual. Antonio Chaves, o seu responsábel, leva media vida dedicada ao mundo da infancia, ao xogo e ao xoguete promovendo o seu coñecemento a través de proxectos como o Museo Castelán-Manchego do Xoguete, do que foi director entre 1997 e 2006, e do desaparecido Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete en Vigo. \"Meu pai era emigrante en Holanda e os xoguetes que tiña eu e meus irmáns por Reis non eran moi chamativos\", conta este cambadés a Sermos Galiza, \"mais cando viña de vacacións traía outros que si chamaban a atención pola súa construción e os seus mecanismos\", rememora. Após reunir certa cantidade de pezas, decide organizalas por familias e con certa orde numérica para rematar clasificándoas. \"Fíxenme tamén cunha importante biblioteca pola necesidade de ter un coñecemento histórico, mesmo das fábricas que os facían\", relata. A súa paixón polo xoguete levouno a visitar as propias factorías, estabelecendo amizade cunha boa parte das persoas que protagonizaron a idade de ouro do sector a nivel galego e estatal. \"Tiven relación cos responsábeis da fábrica Payá de Alacant, pioneira e toda unha referencia no mundo do xoguete\", explica, ou coa familia Borrás, autora dos coñecidos xogos de maxia\", engade. A súa paixón polo xoguete levouno a investigar a relación que tiña Galiza coa zona de Alacant, concretamente co municipio de Ibi, onde estaban situadas as máis importantes industrias do xoguete do Estado español. Descubriu, por exemplo, que \"as follas de lata, as litografías, imprimíanse en factorías como Vigo Artística\". Por este motivo no recentemente inaugurado museo de Lalín indica que \"en todas as salas hai unha representación de xogos e xoguetes realizados na Galiza\" e moitas concretamente de Vigo. Outros exemplos que se rescataron foron os de Industrial Maber, Penínsular, Manufacturas Juvers, Manuel Vázquez, Barrientos, Editorial Hergan ou Cartel SL. Na exposición permanente tamén pode verse unha fotografía de Anxo Chairos que inmortalizou nenos vigueses montados en carrilanas ou o xogo 'Vigo. O tesouro da baía', fabricado pola firma alemá Amigo Spiele, en alusión ao tesouro dos galeóns de Rande. Ademais de xoguete galego, en Lalín hai unha importante representación do xoguete portugués con máis de 200 pezas do outro lado do Miño. O Pazo de Liñares é unha gran oportunidade para esta colección que padeceu, durante anos, a mala xestión municipal de Vigo. \"Os xoguetes sempre son xoguetes\", indica Oro, \"agora ben, os de agora son mil veces máis bonitos, pedagóxicos e ben elaborados, antes eran moito máis primitivos\" Xoguetes de antes... e de agora A evolución do xoguete logrou un desenvolvemento inimaxinábel nos últimos anos coa chegada das novas tecnoloxías. Aínda así, estes coleccionistas atopan puntos en común cos de antes, aqueles que lles chamaron a atención desde pequenos e fixeron que protagonizaran a súa vida. \"Os xoguetes sempre son xoguetes\", indica Oro, \"agora ben, os de agora son mil veces máis bonitos, pedagóxicos e ben elaborados, antes eran moito máis primitivos\", engade. Esta opinión procede, en parte, de como estaban feitos aqueles que coleccionaron. \"Eran de materiais moi ruíns, perecedoiros, mais tiñan en común cos de agora que o aprecio é o mesmo para as rapazas e os rapaces\", opina, \"a época do xoguete é unha moi concreta e sempre serán importantes\", sentencia. Para Chaves é fundamental nun xoguete a mestura de tradición e modernidade. \"Xoguetes que incorporan as novas tecnoloxías mais sen perder a identidade popular\", razoa. Porén, admite que \"non hai que darlle as costas aos novos tempos, iso si xogar sempre socializando\". Lembra que cando organizou en 1994 o IV Congreso de Ludotecas en Vigo \"xa había xoguetes que accedían á enerxía para crear movemento a través de placas solares\". Un futuro prometedorOs museos dedicados ao xoguete na Galiza lograron situarse entre os máis visitados do país nos últimos anos e no só por estas datas., moi por diante dos considerados clásicos. Allariz, Ponteceso e agora Lalín están chamados a ser referentes do pasado lúdico e non pola súa propia relación con estes obxectos universais no tempo, máis ben pola sorte de contar co traballo destes coleccionistas e a habilidade dos seus responsábeis de cultura que viron as posibilidades que teñen de cara ao posicionamento no mapa museístico actual. \"O Museo sempre xera interese nos visitantes, moitos deles incluso son coleccionistas\", asegura Juan Antonio Seara. Aínda así, explica que polo de agora \"a relación con outros Museos da mesma temática non é moi habitual\" en parte pola distancia entre eles cando falamos dos que se atopan no Mediterráneo mais tamén dos que tratamos nesta reportaxe. Se preguntamos pola posibilidade de futuras colaboracións, Seara admite que \"unir sinerxías sería interesante\" e mesmo intúe que \"non sería desencamiñado falar de que nun futuro se puidesen abrir liñas de colaboración entre todos eles\"."}
{"ID": "NOS_25141", "summary": "Saúdos fascistas e cánticos racistas resoaron nas últimas noites en violentas mobilizacións que recorreron múltiples cidades do Estado español e, pese a que fontes institucionais e policiais apuntan con claridade a ultradereita como alentadora dos actos, segue callando o discurso mediático que mistura detrás da violencia un confuso conglomerado formado supostamente por mocidade \"con ganas de saír\", migrantes, traballadores, persoas en desemprego ou autónomas da hostalaría.", "text": "A fin de semana, alongada por ponte en seis comunidades do Estado español, deixou un camiño de protestos que remataron en actos violentos, rotura de mobiliario urbano e saqueo de tendas e doutros estabelecementos. Ás xustas reivindicacións de comerciantes, hostaleiros e autónomos de Barcelona e Oviedo na sexta feira seguiron disturbios que se estenderon na fin de semana a Zaragoza, Logroño, Bilbo, Vitoria, Santander, Burgos, León, Madrid, Sevilla, Málaga, Granada, Murcia... A acción policial, porén, contrasta en moitas destas urbes coas cargas vividas noutro tipo de protestos. O máis rechamante, desde logo, as imaxes da policía fuxindo do avance da mobilización a pasada sexta no barrio obreiro de Gamonal, en Burgos (Castel e León), onde na memoria da veciñanza continúan as brutais cargas vividas en 2014 pola mobilización de clase en plena crise capitalista. Perfís e estigmatización Das 33 persoas detidas o sábado nos disturbios de Madrid, dous eran menores de idade, oito tiñan entre 18 e 19 anos; 22 entre 20 e 30 e só un superaba esa idade. A este perfil agárranse medios conservadores, sinalando como cabeza de turco a mocidade \"acostumada a saír até altas horas da mañá e cansa coas restricións\". Mais hai un partido, Vox, que vai alén, servíndose da desesperación e precariedade da clase traballadora e do sector da hostalaría para tentar representar o descontento deste segmento. Eis o oportunismo recorrente dos movementos fascistas en tempo de crise e que segue un claro patrón novamente: Vox alenta as protestas contra as restricións de mobilidade, reunión e recoller obrigatorio e culpa dos disturbios que se producen a \"extrema esquerda\" e \"migrantes\" e pide man dura contra eles. Santiago Abascal, líder de Vox, pediu á policía que protexa o dereito de manifestación e que identifique e deteña \"a extrema esquerda, 'menas' -siglas que emprega a ultradereita para deshumanizar as e os menores de idade migrantes- e infiltrados que provocan disturbios e saqueos\". Con todo, o poder das imaxes rebate o discurso xenófobo e ultra de Vox que apunta a mocidade, migrantes e anticapitalistas como promotores da violencia. En Madrid, os vídeos das mobilizacións amosan numerosos brazos en alto facendo o saúdo fascista, cánticos de \"esta tierra es nuestra y hay que defenderla\" (esta terra -España- é nosa e hai que defendela), e en Valladolid houbo agresións a xornalistas mentres se axitaban bandeiras españolas aos berros de \"Sieg Heil\" (saúdo nazi). Aínda así, a ultradereita seguiu apuntando mesmo á esquerda independentista do vandalismo en Euskadi e Catalunya, ao que desde Sortu responderon nun comunicado emitido denunciando \"enerxicamente\" o \"intento dos extremistas de dereita de utilizar a crise sanitaria, económica e social para fortalecer a súa axenda reaccionaria, disfrazada de discurso supostamente desobediente e antiautoritario\". Nese comunicado, Sortu tamén responsabiliza os dirixentes políticos das Administracións \"que fixeron e están facendo unha xestión miserábel da crise como responsábeis deste estado\". Unha xestión que para Sortu \"provoca o malestar da cidadanía. Sementa ira e desconfianza, aplanando o camiño a actitudes egoístas e individualistas, negacionismo e conspiración\". O PP e Vox tiveron desencontros polas protestas. Os de Casado criticaron Abascal por apoialas. Con todo, estes días resoa o aviso da presidenta de Madrid, a popular Isabel Díaz Ayuso, após as mobilizacións da burguesía contra as restricións na rúa Núñez de Balboa da capital, asegurando que cando se puidese saír de casa, en comparación ao que se produciu nese barrio, \"vailles parecer unha broma\". Practicamente todas as comunidades viviron estas xornadas de violencia excepto a Galiza, casualmente onde o fascismo carece de forza e Vox ten cero edís e cero deputados."}
{"ID": "PRAZA_16843", "summary": "Dende este martes a libraría compostelá expón sete balas Mauser que foron atopadas en Padrón na escavación dun espazo de represión de prisioneiros republicanos. A mostra servirá para reflexionar sobre a forma en que se conserva e investiga a memoria histórica e os seus elementos, en relación co sistema museístico galego", "text": "No ano 2003 unha escavación arqueolóxica nun predio en Iria Flavia (Padrón) achou sete balas Mauser, procedentes da Guerra Civil. Aquel soar -estudado por atoparse preto de varios elementos patrimoniais e da Colexiata de Iria Flavia- acollera entre 1937 e 1939 un campo de concentración franquista e a munición atopada era empregada polos fusís Mauser e as metralladoras Hotchkiss dos Gardas Civís que custodiaban o recinto e os seus prisioneiros. Os proxectís foron enviados ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde se conservan dende entón. Dende este martes 17 as balas poderán verse na libraría NUMAX de Compostela, no marco da actividade Fóra dos museos, unha serie de mostras que serven para reflexionar sobre a rede museística galega e a forma en que protexemos e traballamos a nosa memoria e os nosos elementos patrimoniais. A munición atopada era empregada polos fusís Mauser e as metralladoras Hotchkiss dos Gardas Civís que custodiaban o recinto e os seus prisioneiros De feito, a exposición -comisariada por Sabela L. Pato- xira ao redor da pregunta \"Onde gardamos a memoria?\". Coincidindo coa inauguración desta nova mostra este martes a partir das 20 horas intervirá María Esperanza Gigirey Liste, directora do Museo das Peregrinacións. \"Que acontece coa memoria material da guerra e da posterior represión?\", \"Por que están estas balas no Museo das Peregrinacións e de Santiago e que difusión poden ter nun museo onde o persoal técnico está especializado noutro tipo de pezas?\" ou \"Estase a recoller a memoria histórica nos museos galegos?\" serán algunhas das cuestións que se tratarán nesta sesión. Sete balas En Galicia funcionaron durante a Guerra Civil e nos anos inmediatamente posteriores uns dezaoito campos de concentración, seis deles na contorna de Padrón No espazo que ocupou entre 1937 e 1939 o campo de concentración funcionara previamente a Azucreira, unha fábrica fundada en 1899. As escavacións arqueolóxicas realizadas en 2003 como paso previo á urbanización do lugar non facían referencia ao seu pasado como espazo de memoria e represión. En Galicia funcionaron durante a Guerra Civil e nos anos inmediatamente posteriores uns dezaoito campos de concentración, seis deles na contorna de Padrón, unha rede na que destacan os de Poio, Silleda, San Simón ou Lavacolla. As autoridades franquistas aproveitaban as boas comunicacións por tren para levar ata aquí prisioneiros republicanos procedentes de distintos puntos do norte de España. Dende Iria Flavia os presos redistribuíanse posteriormente aos centros de Muros, A Pobra ou Rianxo. Calcúlase que por aquí pasaron ao redor de 6.000 reclusos. No campo da Azucreira os presos non dispuñan de medios para o aseo. As necesidades facíanas en gabias e durmían directamente no chan con algo de palla. Os piollos e a fame eran un andazo e a tifo unha das causas de morte. A memoria da represión A mostra pregúntase entre outras cousas pola razón de que estes proxectís estean custodiados no Museo das Peregrinacións, especializado en principio nunha temática ben diferente. O motivo é que este Museo está autorizado como lugar de depósito arqueolóxico e a el chegan materiais procedentes de Santiago, da súa contorna e doutros lugares relacionados coa ruta xacobea. A actividade reflexionará, neste senso \"se o Museo das Peregrinacións conta cos medios necesarios para a difusión de dito material\". O conxunto non foi nunca exhibido e, de feito, está catalogado como non museable, o que quere dicir que é de escaso interese para a exposición permanente\", destácase. \"Non existe en Galicia ningunha unidade especializada. A situación dificulta enormemente a recuperación, protección e divulgación deste tipo de pezas. Así como a reparación moral das vítimas\" Sinálase que a situación se repite noutros lugares de Galicia e que elementos materiais que dan conta da represión franquista (proxectís atopados nos lugares empregados para execucións, por exemplo) son enviados ao Museo de Pontevedra ou ao Museo Quiñones de León para a súa conservación. \"Estes centros tampouco están dedicados ao tema, e non existe en Galicia ningunha unidade especializada que asista os técnicos nestes casos, que unifique os criterios de documentación e facilite as consultas\", sublíñase. \"A situación dificulta enormemente a recuperación, protección e divulgación deste tipo de pezas. Así como a reparación moral das vítimas. A experiencia acumulada en Europa tras as grandes guerras do século XX ofrece múltiples posibilidades\", conclúe Sabela López Pato na presentación desta mostra."}
{"ID": "PRAZA_1828", "summary": "O Ministerio de Medio Ambiente sinala a vixencia da concesión da pasteira, o que lle permitirá á empresa solicitar unha prórroga que lle permita manter o seu actual emprazamento ata o ano 2078. Costas ignora as alegacións presentadas pola APDR, que anuncia que recorrerá a resolución.", "text": "A Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, vén de ratificar a vixencia da concesión de ENCE en Lourizán, tal como fixera xa no Informe propuesta de resolución inicial, aínda que sinala a caducidade da concesión nalgúns elementos secundarios. Un novo paso que achega a continuidade da pasteira na súa actual localización ata o ano 2078, ao abeiro da nova Lei de Costas. ENCE ten agora a posta aberta a solicitarlle ao Goberno central a prórroga da concesión. ENCE ten agora a posta aberta a solicitarlle ao Goberno central a prórroga da concesión Costas rexeita as alegacións presentadas pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Salvemos Pontevedra e mais o propio Concello e declara a legalidade das instalacións da fábrica, incluídas a planta de coxeración de enerxía eléctrica de biomasa, a planta de tratamento de augas residuais da fábrica e as súas balsas de decantación. O informe de Costas si obriga a empresa a mudar a localización dalgunhas instalacións secundarias (coma un campo de fútbol) ou de legalizar outros (coma o comedor). Tamén se obriga á Xunta a legalizar a situación da depuradoras dos Praceres. A resolución de Costas nin sequera entra a valorar as alegacións presentadas pola APDR, con respecto ao incumprimento dos niveis máximos de contaminación, afirmando que foron entregadas fóra de prazo A pasada semana a APDR xa anunciaba a súa vontade \"de recorrer calquera resolución contraria ao interese xeral\" e mesmo valoraba \"acudir á vía xudicial por se de tal decisión puidera desprenderse a comisión dun delito de prevaricación\". Destacaba que \"no que fai á caducidade da concesión, o que está en litixio non é se ENCE cumpre ou non as condicións esixidas na súa Autorización Ambiental Integrada (AAI); nin sequera se cumpre ou non a lexislación ambiental hoxe vixente. Trátase de avaliar se ENCE cumpre ou non cos niveis esixidos na concesión no que ao parámetro DBO (Demanda Bioquímica de Osíxeno) se refire; é dicir, se ENCE superou ou non este nivel de DBO fixado\". A DBO é un parámetro utilizado para medir a contaminación orgánica. A entidade concluía que \"cos datos elaborados pola propia empresa, a fábrica de Lourizán incumpriu sistematicamente –e incumpre aínda hoxe en ocasións- esta condición; xa que logo, a caducidade da súa concesión é evidente\". Porén, a resolución de Costas nin sequera entra a valorar as alegacións presentadas neste senso pola Asociación, afirmando que foron entregadas fóra de prazo. O Ministerio sinala que esta documentación lle chegou o día 25, pero a APDR entregouna na Subdelegación do Goberno o día 20, dentro dos prazos fixados. Antón Masa, voceiro da APDR, confirma que a entidade recorrerá a resolución de Costas, e salienta que o Ministerio non pode ignorar o incumprimento dos niveis de DBO, pois é \"o único parámetro que nas condicións de concesión está fixado de forma concreta\". Antón Masa, voceiro da APDR, confirma que a entidade recorrerá a resolución de Costas, e salienta que o Ministerio non pode ignorar o incumprimento dos niveis de DBO Nas súas alegacións, a APDR facía fincapé, sobre todo, naqueles aspectos relativos aos incumprimentos de carácter medioambiental incluídos polo Ministerio como causas de posible caducidade da concesión. A entidade lembraba que a condición 8ª do título concesional obriga a empresa a \"adoptar todas as medidas que se lle impoñan para reducir a toxicidade das augas residuais ata os límites que permitan a vida do marisco e da pesca\" e así mesmo, \"todas as precaucións necesarias para evitar malos cheiros, fumes, pos, gases tóxicos e cantas circunstancias poidan ser molestas para o veciñanza e nocivas para a saúde\", unhas obrigas \"que foron –e continúan a ser- incumpridas case sistematicamente ao longo da existencia da empresa na enseada de Lourizán\", destacaba a APDR. Apoio das organizacións de empresarios Este martes, ademais, representantes organizacións empresariais da provincia de Pontevedra (Aempe, Aje Pontevedra, Cep, Club Financiero e Proindustria) reiteraron nun acto celebrado na Cámara de Comercio da cidade o seu apoio á permanencia de Ence no interior da ría. Ademais, celebraron a posición favorable manifestada pola Xunta de Galicia á continuidade da pasteira en Lourizán. \"Dende o punto de vista económico, Galicia non se pode permitir maior destrución de emprego e é necesario apoiar empresas que cren emprego de calidade e manteñan os seus investimentos, ademais de crear riqueza\", sinalaron."}
{"ID": "NOS_31977", "summary": "As inscricións para as visitas abren a cuarta feira. A programación procura descentralizar as actividades da zona vella e promover formas sustentábeis de xestión do patrimonio.", "text": "A próxima semana apunta como unha ocasión case irrepetíbel para (re)descubrir Compostela e os seus recunchos agochados. Será grazas á iniciativa Patrimonio Invisíbel, un programa que, segundo destaca o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, resulta \"singularmente interesante en canto dirixe a mirada a destinos non habituais, patrimonio descoñecido mesmo por quen habita a capital galega\". Así o declaraba na rolda de conxunta coa concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, e César Abella, director de Trivium, responsábel da xestión do evento. A Noite do Patrimonio, unha cita que o 12 de setembro abre as portas en múltiples cidades de diferentes edificios históricos e museos con visitas guiadas e outras actividades, terá este ano en Compostela especial protagonismo do arquitecto barroco Domingo de Andrade, transcendental na construción da cidade e con destacada relevancia alén das fronteiras galegas, homenaxeado en 2020 (e ampliado a 2021) pola Real Academia Galega de Belas Artes. Ademais, esta noite servirá en Compostela de punto de saída da Semana do Patrimonio Invisíbel, que afronta xa a súa terceira edición. De 14 a 18 de setembro poderán visitarse algúns dos grandes tesouros da capital galega: a casa gótica de San Miguel, o pazo de Amarante, o colexio dos Irlandeses, o hospital de San Roque, a capela das Ánimas... Entre os dez espazos que conforma a programación deste ano, algúns mantéñense por aclamación popular en relación ao seu éxito en xornadas previas. Con todo, tamén se suman catro novas propostas: a sede da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), o colexio de Fonseca, o edificio da Fundación Laboral da Construción e a antiga curtidoría da Pontepedriña, así como unha visita aos mananciais da cidade que recolle a información de toda esa \"arquitectura da auga\" que se mantén na actualidade, explicou Abella. Hai nesta escolma unha procura de descentralizar o programa da zona vella e relacionalo co maior número de barrios. O calendario pode verse na web oficial, a través da que se terán que inscribir, a partir de cuarta feira, as persoas interesadas, cun límite de tres espazos. Detrás da iniciativa, Couto colocou a necesidade de debater arredor da xestión do patrimonio e dos modelos turísticos cos que este se xestiona. Entre as propostas Rosón destacou a estrea absoluta do espectáculo Conxurando o invisíbel, de Aida Colmenero, acompañada por cantos populares en diálogo co patrimonio inmaterial no Museo do Pobo Galego."}
{"ID": "NOS_19208", "summary": "Montse Prado lembrou que se trataba \"dun acto do PP, non da Xunta, por moito que queiran que pareza o mesmo\"", "text": "A Corporación de Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) retransmitiu en directo a intervención do presidente do Partido Popular (PP) na Galiza, Alberto Núñez Feixoo, durante o transcurso da Xunta Directiva dos populares que decorreu nesta cuarta feira no multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. O ente público galego conectou a sinal en directo co acto partidista do PP, pese a non tratarse dunha intervención institucional de Feixoo como presidente do Goberno galego. A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento galego Montse Prado, sinalou nas súas redes sociais que \"a TVG interrompe a programación e retransmite en directo e integramente o mitin de Feixoo\". \"Era un acto do PP, non da Xunta, por moito que queiran que pareza o mesmo\", engadiu a nacionalista, quen lembrou que \"a TVG pagámola os galegos e as galegas cos nosos impostos\". Denuncia ante a xunta electoral Non é a primeira vez que o BNG denuncia o uso \"partidista\". Durante a campaña electoral das eleccións galegas de 2020, Montse Prado anunciou que o BNG \"ía denunciar a TVG polo silencio ao que somete á candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón\". O PP, explicou, tenta anular ao contrario e para iso non dubidou en \"quitarlle a voz\" á portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta, Ana Pontón. Durante días, explicou Prado, \"observamos a escasa información do BNG, con imaxes e unha \"voz en off\" mentres son emitidos os totais completos das outras forzas políticas\". Para a nacionalista, o control do PP sobre os medios públicos galegos e a súa conversión \"nunha terminal de propaganda do PP\" quedou de manifesto ao longo destes once anos, pero agora acentúase \"até a náusea\" cando en plena pandemia da COVID-19 houbo máis de \"40 comparecencias televisadas de Feixoo\" convertidas en \"40 mitins encubertos\" en horario de máxima audiencia e superando 40 horas de pantalla con máis de 2.400 minutos. \"Nin franco saía tanto no NO-DO como Feixoo na TVG\"."}
{"ID": "NOS_36838", "summary": "En Hanau, a 20 quilómetros de Frankfut. Nove persoas morreron polos disparos contra dous locais frecuentados por persoas de orixe árabe. O corpo do presunto autor apareceu sen vida nunha vivenda canda o da súa nai, tamén falecida. Segundo medios alemáns, deixou unha carta e un vídeo con argumentario da ultra dereita. A Fiscalía apunta a unha \"motivación xenófoba\".", "text": "Once persoas mortas nunha noite de ataques en Hanau, Alemaña: nove tiroteadas en dous bares desta localidade alemá perto de Frankfurt, e dúas falecidas atopadas nunha vivenda, unha delas o presunto autor dos disparos contra os locais hostaleiros. A outra persoa sería a súa nai, segundo medios alemáns, que tamén apontan que o presunto responsábel dos disparos deixou unha carta e un vídeo con argumentos da ultra dereita. A Fiscalía xeral alemá apunta a un ataque por \"motivación xenófoba\". Os seus ataques foron contra dous locais , un kebab e un 'shisha' (local de consumo de cachimbas de auga), que estaban no centro da cidade. En ambos os dous faleceron nove persoas, No primeiro, asasinou cinco mozos, unha delas unha muller. O alcalde de Hanau, o socialdemócrata Claus Kaminsky, dixo estar \"moi afectado\" e fixo un chamamento á veciñanza a que \"non contribúa a alimentar as especulacións. A policía debe agora clarificar a situación e até entón, debemos ser prudentes\". Unhas afirmacións feitas horas antes de que xornais xermanos informasen de que se atopara material de extrema dereita na vivenda do presunto autor, de orixe alemá e identificado como Tobias R por eses medios."}
{"ID": "NOS_25704", "summary": "Malia a retirada de bastantes doentes das últimas listaxes, as usuarias afectadas seguen a estar por riba das 400. Ademais, hai un número moi importante de persoal empregado en situación de corentena.", "text": "Cos datos de afección do coronavirus disparados en toda Galiza, non é de estrañar que un dos núcleos onde se concentran máis casos positivos sexa o das residencias destinadas ás persoas maiores. O país leva varios días lamentando números elevados de falecementos e, lamentabelmente, tamén están relacionados con estes centros nos que agora hai 408 maiores infectados, así como 252 traballadores. O cómputo global parece moi elevado, mais hai que ter en conta que segunda a Xunta hoxe houbo máis baixas do total por dar negativo nas novas probas PCR que altas. Segundo os datos, por exemplo, xa hai curadas e curados ou causaron baixa 51 residentes das instalacións Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, se ben parte poden ser porque se contabilizaron algúns pasamentos nestes días. Con esas contas, a Consellaría de Política Social fala de 408 residentes afectados, coa DomusVi de Ribadumia (74); a residencia de Salvaterra do Miño (64), protagonista de denuncias anónimas e orixe dun surto polo que faleceron varias persoas; a de Nosa Señora das Virtudes (42) en Pontedeume; a San Cibrao (35) e a de Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia (31) como puntos máis destacados da evolución dos contaxios. Porén, a situación en Barbadás continúa sendo preocupante, pois hai 24 persoas enfermas, e na Ballesol de Vigo a Xunta informa de 22 positivos. Xa na Domusvi Coruña, en Oleiros, mantéñense 19 casos activos entre as residentes; e hai 16, 15 e 13 no Fogar San Miguel, a residencia Santa Olalla e o centro As Fragas, respectivamente. O resto das enfermas e enfermos repártense entre 14 xeriátricos de toda Galiza, dous do criticado grupo DomusVi e outro que estivo intervido en Pereiro de Aguiar. Gran cantidade de traballadoras e traballadores No que respecta aos cadros de persoal, os contaxios de 252 persoas son moito máis repartidos. No entanto, hai especial atención posta no gromo de Nosa Señora dos Miragres, en Barbadás, onde hai 37 operarias afectadas. Na Domusvi de Ribadavia quedan 28 casos activos, un máis que en Salvaterra do Miño. No fogar Nosa Señora das Virtudes, de Pontedeume, víronse afectadas 19 empregadas e empregados, e en Santa Olalla e San Miguel hai 13 e 10, respectivamente. En San Cibrao o gromo nos usuarios tamén pasou a 14 persoas do cadro de persoal. No caso da Ballesol de Vigo mantén en corentena a unha ducia de expertas. O resto das traballadoras contabilizadas polas autoridades públicas repártense entre 44 infraestruturas máis, algunhas ben coñecidas por pertencer aos grupos Ballesol, Domusvi e Orpea, entre outros. Aqueles espazos especializados na atención á discapacidade teñen 38 beneficiaras co virus e 22 empregadas. As usuarias están entre a Domusvi Bóveda (23) e a San Vidente de Paúl (15)."}
{"ID": "NOS_55847", "summary": "A dirección provincial do PPdG solicitou proceder do mesmo xeito con outr@s tant@s edís que apoiaron a expulsión do alcalde, o nacionalista Manuel Antelo. Elevaron a petición ao comité de garantías", "text": "Tal e como anunciou o sábado, cando edís desta formación política apoiaron en Vimianzo a moción de censura contra o alcalde, Manuel Antelo (BNG), o PSdG-PSOE tramitou xa esta segunda feira a expulsión da concelleira Montserrat Vázquez e do seu compañeiro de grupo e candidato a ocupar a alcaldía de triunfar a moción, José Manuel Rodríguez Blanco. Asinaron o documento coa oposición da dirección galega e do secretario da agrupación local, José Antonio Miñones, quen se posicionou \"radicalmente en contra\". Para alén d@s tres edís de Independentes, a moción ficou ratificada tamén por dúas edís do PP. A dirección provincial do PP na Coruña, que mantivo unha xuntanza co grupo municipal de Vimianzo para decidir o procedemento a seguir, solicitou xa súa expulsión ao Comité de dereitos e garantías do PPdG. Malia os contactos, amb@s decidiron seguir adiante coa moción de censura, desautorizada pola dirección galega."}
{"ID": "NOS_50765", "summary": "Malia que a reapertura da pista estaba prevista para a segunda feira, o problema resolveuse na tarde deste domingo, polo que non se seguirán a desviar voos a Compostela.", "text": "O aeroporto de Peinador, en Vigo, xa está de novo operativo após reparar Aena a fochanca situada na pista, segundo confirmou o ente público nas súas redes sociais. Aínda que a previsión manexada tanto por Aena como pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra apuntaba a que o aeroporto reabriría nesta segunda feira, finalmente fíxoo na tarde do domingo. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, desprazouse na sexta feira ao aeroporto para coñecer o estado das actuacións xa iniciadas para a reparación da pista. A fochanca, explicou a Delegación, medía aproximadamente sete metros de lonxitude e dous de amplitude, e estaba situado a 200 metros do limiar da cabeceira 19 da pista. Segundo explicou a representante do Executivo estatal na Galiza, a fochanca foi detectada na quinta feira nunha revisión rutineira levada a cabo por operarios do aeroporto. \"Nun primeiro intre era de pequenas dimensións e non comprometía a seguridade das operacións\". Mais na mañá do día seguinte, após unha nova revisión, detectouse un aumento \"considerábel\" das dimensións do buraco e a pista foi inmediatamente fechada. Voos desviados a Compostela Durante esta fin de semana, e ante a imposibilidade de aterrar en Vigo, algunhas compañías optaron por desviar os seus voos ao aeroporto Rosalía de Castro de Compostela, onde se rexistrou un maior tráfico. Algunhas delas foron Binter Canarias —concretamente un procedente de Tenerife norte—, Iberia —desde Madrid— ou Ryanair —un voo procedente de Barcelona—. Moitas foron as persoas pasaxeiras que mostraron en redes sociais o seu descontento pola confusión e falta de información tanto por parte de Aena como das propias aerolíneas. Por outra parte, na mañá deste domingo tamén se desviou cara ao aeroporto da capital galega o voo VY1290 da compañía Vueling, que partira ás 7 horas de Barcelona con destino A Coruña. A decisión, segundo informou a aerolínea, debeuse a un \"problema técnico\" na aeronave."}
{"ID": "NOS_1279", "summary": "Un dos maiores orgullos das telecomunicacións na Galiza, R Cable, volve ter un futuro incerto ao pasar a depender de MasMovil, propiedade de varios fondos de investimento. A representación sindical analizou a pouca información que teñen e opinou sobre as intencións desta empresa con sede en Madrid.", "text": "A Oferta Pública de Adquisición (OPA) de MasMovil ao Grupo Euskaltel, anunciada o 28 de marzo e aprobada pola compañía vasca este pasado 12 de xullo, continúa a causar incerteza entre o cadro de persoal de R na Galiza. A compra contou, daquela, con informes favorábeis que decantaron a súa aprobación por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e a propia Euskaltel, co aval de importantes asesores como JP Morgan e Citi, mais non acabaron de convencer á representación sindical que decidiu facer unha valoración ben diferente. \"MasMovil non dá ningún tipo de garantía efectiva sobre o emprego polo que sabemos\", explica o presidente do Comité de Empresa de R, Javier Gómez, a Nós Diario, \"por este motivo decidimos emitir o noso propio informe en base ao que nos comunicou a CNMV\", engade. Na actualidade o cadro de persoal que traballa na Galiza é de 150 traballadoras e traballadores directos e ao redor duns 1.000 indirectos, unha cifra non menor que depende das decisións que tome agora MasMovil, unha compañía que non conta consindicatos nas súas filiais. Valoración da información de MasMovil No informe da representación do cadro de persoal do Grupo Euskaltel, ao que tivo acceso Nós Diario, as e os responsábeis sindicais valoran \"como positivo a unión dos Grupos MasMovil e Euskaltel\" como unha decisión que facilita \"un maior e mellor posicionamento no conxunto do territorio estatal\" e sempre mantendo \"as marcas Euskaltel, R, Telecable e Virgin Telco\" mais observan \"elementos altamente preocupantes\" nos termos aos que se compromete esta empresa en relación ao emprego e as súas condicións para o futuro. Aínda que MasMovil recoñece \"a implantación das marcas nos seus respectivos territorios\", como é o caso de R Cable na Galiza, e a importancia do seu persoal \"como un dos seus activos principais\", a representación sindical detecta \"certa indefinición ao falar de Euskaltel como empresa ou como Grupo (neste caso afectando tamén á marca galega). Botan en falta unha aposta seria de manter os postos de traballo por parte de MasMovil cando asegura \"esperar manter os postos de traballo do Grupo Euskaltel\", unha afirmación que, para as e os traballadores, \"mal se considera un firme compromiso\". Polo contido do folleto informativo facilitado por MasMovil, única información até o momento da representación laboral, \"resulta inadmisíbel que o compromiso de non execución de expedientes de regulación de emprego (ERE) non inclúa ao persoal da Galiza e Asturies, tanto pola discriminación que implica como pola infravaloración que delas se fai\" cando as compara coas da empresa Euskaltel. Tampouco se fían da afirmación de MásMovil de non realizar un ERE \"no prazo de cinco anos\" e sinalan que o compromiso que aquí se analiza faise descansar no que denominan \"suxeición ás condicións do mercado\", o que é tanto como \"estar suxeito á interpretación e intención que en cada momento teña a hoxe oferente, con independencia do prazo comprometido\". O persoal exixe garantías O informe da representación sindical remata coa exixencia por parte da representación sindical de que \"non se extingan os contratos de traballo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción\", apelando ao Estatuto da e dos Traballadores, coa excepción dos \"negociados e acordados coa Representación das e dos Traballadores\". Ademais rexeitan \"procesos de externalización de actividades que impliquen unha diminución do volume de emprego actual\" e \"manter os actuais centros de traballo\" evitando a \"mobilidade xeográfica provincial e interprovincial con carácter forzoso, non abordándose procesos de deslocalización ou concentración de actividades\". Por último demandan manter \"as actuais condicións laborais\" a non ser que se inicie \"a negociación colectiva\". Gómez recoñece que agora o proceso está en mans dos accionistas. En todo caso resérvanse a posibilidade de mobilizacións no caso de que desde a nova dirección decidan realizar despedimentos."}
{"ID": "NOS_7585", "summary": "O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou na Comisión dos orzamentos 2013 unhas contas \"austeras\" e reclamou da Xunta máis diálogo. PP e AGE coincidiron en atacar os gastos en promoción da institución. O BNG cuestionou a existencia das deputacións e salientou o traballo realizado estes anos en Lugo.", "text": "José Ramón Gómez Besteiro, presidente Deputación de Lugo, presentou hoxe diante da Comsión dos orzamentos de 2013 unhas contas que calificou de \"austeras\" e que son un 4,7% menos en relación coas presentadas no 2012. \"Sempre dixen que os proxectos eran a longo prazo\", asegurou. Nas preguntas dos voceiros parlamentarios coincidiron PP e AGE en atacar os gastos en promoción da institución e en persoal. \"Non é responsabilidade das administracións públicas sanear as contas dos clubes deportivos\", aseguraba Ramón Vázquez, voceiro de AGE. Ao seu entender gastos como os que se realizaron nos polígonos industriais \"hoxe vemos que non serviron de nada\". Polo seu lado José Manuel Balseiro, voceiro do PP afirmou que Besteiro \"gasta en autobombo para facerse coa secretaría xeral do PSdeG\". Cosme Pombo, voceiro do BNG, cuestionou a propia institución provincial e salientou o traballo realizado estes anos e que diferencia esta deputación das anteriores. Gómez Besteiro respondeu que \"os gastos en promoción son a política turística da deputación, non queremos que Lugo sexa un segredo\". Insistiu no problema de \"diálogo\" que hai coa Xunta en relación cos 15 residencias que a institución que preside pensa construír na provincia \"e que a Xunta non quere concertar e aínda non sabemos porque\". Sobre o debate da propia existencia das deputacións aberto por BNG e AGE, Besteiro apoiou estas institucións \"ou outras que fagan o mesmo servizo\"."}
{"ID": "NOS_39317", "summary": "O único xacemento paleolítico atopado no noroeste peninsular está en Cancelo (Triacastela). Os seus segredos, a dificultade das súas excavacións e as pinturas ruprestres que agocha no seu interior centran Cova Eirós, o documental. Vídeo no interior.", "text": "A Cova Eirós foi descuberta nos anos 80 por un grupo de espeleólog@s que ficaron abraiad@s pola súa composición xeolóxica. Ao entraren acharon restos óseos que posteriormente foron catalogados como esqueletes de ósos cavernarios. Un mamífero desaparecido hai millóns de anos e do que non se tiña constancia no noso país. Anos máis tarde as universidades de Compostela, Tarragona e Coruña decidiron regresar para continuar a investigar os segredos que gardaba a Cova Eirós. Para alén do máis, no Cancelo atopáronse restor humanos con máis de 200.000 millóns de anos de antigüidade pertencentes a dúas especies até o momento non rexistradas no noroeste peninsular: o Homo Neandertal e o Homo Sapiens. Xunto a eles, ficaban soterrados numerosos úteis, o testemuño dun lume neandertal que @s arqueólog@s coidan unha reliquia histórica e pinturas ruprestres semellantes ás dalgunhas das salas que compoñen Atapuerca. Únicas no noroeste peninsultar. Os segredos que garda esta cova serán dados a coñecer através dun documentario producido e co-dirixido por Xosé González Varela. Cova Eirós, o documental vén de iniciar a súa campaña de promoción após finalizaren a rodaxe iniciada en agosto de 2011. Entrevistas, ensaios de laboratorio e unha ollada subxectiva aos labores de excavación compoñen esta \"procura das nosas orixes\", explican os seus autores, arredor \"desta cova convertida nun fenómeno xeolóxico, histórico e social\" que continúa a demandar ser recoñecida como Ben de Interese Cultural. A Deputación de Lugo e diversos colectivos entre os que se atopan Adega e a Asociación de Amigos dos museos de Galicia demandaron a catalogación deste espazo como BIC mais até o momento a solicitude non foi resolta. Teaser, Cova Eirós 2014 from Xose Varela on Vimeo."}
{"ID": "NOS_26853", "summary": "Os bancos estarán obrigados a traspasar os seus activos inmobiliarios \"tóxicos\" (cuxo valor ronda os 180.000 millóns de euros) a sociedades especializadas.", "text": "O goberno español vén de presentar no Consello de Ministros o decreto que regula a segunda reestructuración financiera en tres meses (a cuarta desde o inicio da crise). A norma aprobada polo ejecutivo central endurece as provisións das entidades e os bancos españois deberán mobilizar en torno a 30.000 millóns de euros adicionais para cumplir cos novos requerimentos. Mais estas disposicións contemplan unha nova inxeción de cartos públicos (non a fondo perdido, senón como un empréstito ao 10%) que podería rodnar os 15-000 millóns de euros, segundo recoñeceron desde o Ministerio de Econom´ñia español Os bancos estarán obrigados a traspasar antes de que remate o 2012 todos os seus activos inmobiliarios \"problemáticos\" a sociedades especializadas na súa xestión. Coa fianldiade de axilizar a venda destes activos tóxicos, esas sociedades deberán de colocar anualmente polo menos o 5% dos mesmos para que o banco afectado poida ir desvinculándose dese lastre- Mais no caso daquelas entidades financieras con axudas públicas, o prazo é de tres anos para que a sociedade inmobiliaria quede fora do perímetro de consolidación do banco. 115.000 millóns de euros públicos para a banca Desde o inicio da crise, a remodelación da banca mobilizou máis de 115.000 millóns de euros procedentes do Estado. E o número de caixas de aforro pasou no Estado de 45 a 9. No que atinxe a Novagalicia Banco, o FROB inxectou perto de 2.500 millóns de euros, o que implica que o 93% da entidade pertence a este Fondo. Alén diso, as medidas aprobadas no Consello de Ministros semellan, segundo diversas fontes, que poñen en serio risco a continuidade de NCG coma entidade financiera independente.De feito, NCG terá que provisionarse de 1.000 millóns de euros máis"}
{"ID": "NOS_46921", "summary": "O portavoz do BNG considera que o esquema de primarias do partido de Pablo Iglesias non acae co pulo por unha candidatura de unidade decidida en Galiza e co compromiso de ter grupo parlamentar propio", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, entende que unha candidatura de unidade galega cara ás elecccións xerais pasa polo compromiso de contar con \"personalidade xurídica propia\" e grupo parlamentar nas Cortes españolas, cuestións que, considera, \"son todo o contrario ao que propón Pablo Iglesias\", segundo declaracións recollidas por EP. \"os que naceron co respecto polo dereito a decidir, agora teñen unha estratexia chamativamente centralista en comparación incluso coas que había tradicionalmente no Estado\". Vence pronunciouse deste xeito a preguntas dos xornalistas co gallo da visita que estes días está a facer a Galiza o secretario xeral de Podemos no marco do que denomina 'A rota do cambio'. Durante a súa estancia no país, Iglesias vai manter xuntanzas e reunións con alcaldes (A Coruña, Ferrol, Compostela), dirixentes políticos como Beiras ou Yolanda Díaz; e participarán en actos políticos. O portavoz do BNG reiterou que Galiza \"precisa unha candidatura unitaria que permita unha representación dos intereses do país no Congreso\", lembrando que o Bloque xa mostrou a disposición a renunicar as súas siglas \"para compartir a elaboración dunha candidatura coas forzas e cidadanía que queira ter grupo propio e que responde ao que se decida en Galiza\". Neste sentido, indicou que as propostas que se fagan desde forzas estatais \"son lexítimas\" mais considera que non se adecúan aos intereses de Galiza nestes momentos."}
{"ID": "NOS_44809", "summary": "Máis de 75 hectáreas foron arrasadas en tres incendios producidos na tarde da segunda feira na parroquia de Calo, Teo, en Boborás e Sober.", "text": "O incendio comezou na parroquia de Calo, concello de Teo, declarouse ao longo da tarde da segunda feira un incendio que arrasou máis de vinte hectáreas de monte e fixo que se activara a alerta 2 polo perigo de vivendas próximas. Pasaban xa das cinco horas e media da tarde cando se detectou o lume que se propagou con grande rapidez, axudado polas altas temperaturas da que se está a definir como posibelmente a xornada máis cálida do verán. Segundo fontes presenciais, posibelmente o lume contara con varios focos o que explica a súa rápida propagación. Os efectivos desprazados por Medio Rural mostráronse insuficientes e tiveron que ampliar o dispositivo dada a dimensión do lume. O incendio divisábase desde moitos puntos de Santiago desde onde se albiscaba unha inmensa nube negra de fume. O alcalde, Rafa Sixto, e o BNG de Teo criticaron a tardanza e a insuficiencia dos efectivos que Medio Rural enviou ao lugar do lume. A tarde foi complexa tamén nos incendios de Sober, en Lugo e Boborás, en Ourense. Segundo a información oficial das 22.30 horas, o incendio de Sober atopábase estabilizado e procedíase a desactivara a alerta 2 que indicaba a posibilidade de afectar a vivendas e bens non forestais. A superficie afectada a tal hora, segundo información da Consellaría, era de 15 hectáreas. A última información proporcionada do incendio de Boborás falaba xa de 40 hectáreas ardidas nun lume que rexistrou catro focos. En Teo, pola súa parte, o incendio deuse por controlado ás 21.44 horas e desactivouse tamén a situación 2 nun lume que afectou a máis de 20 hectáreas."}
{"ID": "NOS_47624", "summary": "A produción de cereais na Galiza leva descendido de maneira drástica nas últimas décadas e o trigo non é unha excepción.", "text": "A produción de cereais na Galiza leva descendido de maneira drástica nas últimas décadas e o trigo non é unha excepción. De acordo coa Enquisa sobre Superficies e Rendementos Cultivos (Esyrce, polas súas siglas en español), o territorio galego perdeu un total de 2.792 hectáreas dedicadas ao cultivo do trigo no período comprendido entre 2015 e 2021 (último ano para o que existen datos dispoñíbeis). De acordo con esta estudo elaborado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Galiza contaba en 2015 con 15.176 hectáreas que estaban destinadas á produción de trigo brando (practicamente o único que se dá no país), mentres que en 2020, as hectáreas destinadas ao mesmo fin eran 12.384. Esta perda de terreo dedicado ao cultivo do trigo equivale a un total de 2.590 campos de fútbol aproximadamente. Outro dato de relevancia é a perda de produción de trigo brando de regadío no país en parcelas aforadas, é dicir, aquelas que se dedican á produción de cereal destinado á alimentación de gando. En 2015 rexistrábase na Galiza este tipo de cultivo, que xeraba perto de tres toneladas e media do cereal. En 2020, perdeuse por completo. Se ben non achegaba unha gran cantidade de cereal, é relevante a desaparición da actividade. En canto a esta produción en parcelas aforadas mais para trigo de secaño, a Galiza tamén perde produción. En 2015 o país tiña 49 parcelas aforadas e en 2020 o número reduciuse a 44. Mobilizar terras Desde sindicatos agrarios veñen denunciando a falta de medidas desde a Galiza e para a Galiza destinadas a mobilizar terras para a produción de trigo.A Federación Rural Galega (Fruga) considera que \"a Galiza ten suficiente superficie agraria útil para a plantación de trigo, o problema\", sinala Elías Somozas a Nós Diario, \"é que non se planificou en base ás necesidades alimentarias do país\". O Agro reclama da Xunta medidas para mobilizar terras cara á produción de trigo Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG), pola súa parte, alertan de que as medidas que puxo en marcha o Executivo español a comezos deste ano que incluían cambios na xestión e uso da terra agraria para favorecer o cultivo de especies como o trigo, \"non terían impacto significativo na Galiza\" dado que só en \"zonas como a comarca da Limia hai áreas de enfoque ecolóxico que son os terreos aos que van dirixidas este tipo de medidas\". Unións Agrarias alerta que os baixos prezos aos que se pagan os cereais como o trigo, \"poñen en perigo a continuidade de moiras explotacións gandeiras\". Soberanía alimentar O economista Marcelino Fernández Mallo declara a este respecto a Nós Diario que \"na Galiza temos recursos desaproveitados cando contamos cun gran solo. É necesaria a recuperación de cultivos para acabar coa dependencia\". O lanzamento da nova IXP Pan Galego acrecenta o interese polo trigo do país Na mesma liña, o economista Bernardo Valdês ten apuntado a este xornal que a responsabilidade desta perda de soberanía alimentar débese \"ao bloqueo no mercado de terras, a falta de ordenación territorial ou a carencia de políticas públicas destinadas a favorecer o aproveitamento produtivo das terras que som responsábeis do escaso peso da superficie agraria útil dentro da superficie total galega\"."}
{"ID": "QUEPASA_832", "summary": "Unha das concelleiras directamente afectadas pola gravación ilegal do vídeo no despacho da alcaldía de Ponteceso, Ana Pérez Imia, quere enviar o seu comunicado sobre a crise que se vive no seo do PSOE pontecesán.", "text": "Xa hai 10 días que Ponteceso comezou a ser o centro de atención no tema político comarcal e seguimos sen aclarar ningún punto. A situación dentro do goberno é clara, Lois Carballido conta con 3 apoios de 13 dentro do pleno e segue optando polo silencio en lugar de aclarar os feitos ou de retirarse a docencia exclusivamente. Por parte do Partido Socialista a situación non mellora, optan por estar caladiños e mirar para outro lado, anuncian publicamente que se nos abrirá expediente aos protagonistas dos vídeos pero oficialmente aínda non nos consta ningunha notificación. O tema de Ponteceso non vai con eles porque, como ben nos dixo o Presidente do Comité Provincial no seu día, \"Ponteceso es una casa de ...\" e logo colgounos o teléfono, ata hoxe. Está claro que o que lle importa é o señor Carballido, e os díscolos, entre os que me inclúo, non somos máis ca unha tormenta que pasará como pasou o Hortensia no seu día. Despois de todos os episodios nos cales o protagonista usa uns métodos de goberno cuestionables e dictatoriais (agora con nós, na anterior lexislatura, cos empregados do Concello no seu momento e coa executiva local que deixou patas para arriba) siguen permitíndolle e apoiándolle todo coma se fora un deus e o socialismo na zona dependese solo del. Pero se pensan en volver a repetir o resultado mostrando ese apoio aos veciños permítame dicirlles que Ponteceso non merece a un ditador como alcalde e espero que non sigamos sendo vítimas del. Táchenme de interesada, agora xa case estou aprendendo a ser coma os políticos, coa única diferencia de que eu non antepuxen ningún interés persoal aos intereses do pobo, traballei o que vai de lexislatura de forma altruista coma se de unha ONG se tratase mentres Carballido embolsaba 4000€ mensuais. E, coma min, os meus compañeiros de vídeo. Apoiamos a baixada de soldo porque era desmesurada e certo é que nós a aprobamos no seu momento, sendo vítimas de como as gasta este personaxe. Invádeme a dúbida na estratexia que segue, cando aínda nos mantén no grupo de goberno, con áreas asignadas, a uns \"chantaxistas\" e \"extorsionadores\", sen denunciar tales feitos nun xulgado. Recordo moitas reunións para intentar endereitar o tren, moitas mensaxes sen resposta pedíndolle explicacións. Pero vostede é o Alcalde e para nada ten pensado cambiar. Nunhas declaracións comentaba que foi un erro levarnos la lista. Totalmente, para vostede e para nós, pero xa que iso pasou, a miña intención é seguir apoiando o mellor para os veciños, ser a súa voz nos plenos, aprobar e propoñer o desenvolvemento e unha boa calidade de vida no municipio e opoñerme a calidade duns poucos freando os procedementos turbios que este señor presente. Como din os compañeiros, agora hai que aguantar e pelexar así que, non queda outra. Ana Pérez Imia. Novas da crise do #PSOEPonteceso 29-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia . 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta. 26-10-2020: Marco Varela: \"Vergonza\". 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?. 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura. 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde. 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno. 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita. 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura. 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello \"á ruína\". 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: \"A súa prioridade é máis económica que vocacional\". 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: \"Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza\". 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: \"Non por estar no goberno es un Dios\". 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: \"O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada\". 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso. 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto. 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado \"unilateralmente\" polo alcalde por \"opinar priorizando o interese dos veciñ@s\". 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: \"Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde\". 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación. 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista."}
{"ID": "NOS_26513", "summary": "O PP negouse a convocar un pleno para debater acordar medidas para o naval", "text": "O Parlamento de Galicia afirma que a industria da construción naval é \"estratéxico e de vital importancia para Galiza\" e pide, deste xeito, ao Comisario responsable da Competencia, Joaquín Almunia, que non se teñan que devolver as axudas do tax-lease. Perto de 3.000 millóns de euros que implicarían o afundimento do naval \"Temos fundamentos xurídicos sólidos para apoiar esta proposta, pero tamén coa firme convicción de que a Comisión Europea non pode afundir toda unha industria dun Estado membro, as consecuencias multiplícanse a crise económica eo grave problema do desemprego, particularmente en GaliciaGaliza \", di a declaración oficial pactada por todos os grupos. Porén, desde o PP negáronse a convocar un pleno especial para debater e acordar medidas a respecto do naval. Para formacións como BNG ou AGE, esa posición do PP non ten xustificación algunha."}
{"ID": "PRAZA_7366", "summary": "O Concello da Coruña subsidia touradas, a pesares das excusas e das mentiras piadosas do goberno local e dos grandes capacitados da demagoxia local. Este ano 90.000 euros para que uns cantos foran ver como se tortura e desmembra a un ser vivo herbívoro, bravo segundo o seu concepto de selección pseudodarwiniano", "text": "A dereita española sempre ten en mente como sacar do burato á cidadanía, isto é unha realidade evidente que se pode demostrar en cada caso. Como por exemplo na Coruña, onde dende a entrada do PP as cousas van moito mellor para as cidadás e cidadáns. Campañas publicitarias, cun contido que se nota que lle dan aos miolos durante semanas, fomentan o comercio e convídannos a comer Capón de Villalba ou a fomentar ese espírito coruñesista que tan ben se lle da aos políticos mediocres, aqueles que non pensan na globalización intelectual. É ben certo que en Laponia, a onde a CEOE quería enviar as persoas desempregadas nun paquete certificado, hai touradas É ben certo que en Laponia, a onde a CEOE quería enviar as persoas desempregadas nun paquete certificado, hai touradas. A tradición indica que ao lado dun poboado lapón, onde os seus habitantes visten como, trolls sempre ten que haber o impulso de políticas de pan e circo, e se hai sangue pois moito mellor. O Concello da Coruña subsidia touradas, a pesares das excusas e das mentiras piadosas do goberno local e dos grandes capacitados da demagoxia local O Concello da Coruña subsidia touradas, a pesares das excusas e das mentiras piadosas do goberno local e dos grandes capacitados da demagoxia local. Este ano 90.000 euros para que uns cantos foran ver como se tortura e desmembra a un ser vivo herbívoro, bravo segundo o seu concepto de selección pseudodarwiniano -Se Darwin e Lamarck levantaran a cabeza-. A Laponia cañí e casposa que invade unha instalación de titularidade pública, que pagamos todos e todas cos nosos impostos, que non son poucos, e que estes elementos ancorados no Século XVI empregan como se fora o seu cortello particular. Unhas instalacións que albergan unha sala (un suposto museo taurino) que representa á perfección como en Laponia ten que haber touradas. A plataforma Laponia, Mellor Sen Touradas reclamou os datos de asistencia das touradas, cun caso omiso por parte do goberno local, porque este goberno entende que a protección a unha empresa zamorana é superior ao interese superior dos lapóns por coñecer onde se gastan os seus cartos, os seus impostos. En Laponia, por tanto, non hai Dereito á Información, pero si para accións publicitarias que venden fume, neve e demais historias. Pero con iso dende logo non comemos. 2013 será o ano da rebelión lapona, as xentes deste pobo esixirán unha vez máis o fin das touradas Con todos estes antecedentes 2013 será o ano da rebelión lapona, as xentes deste pobo esixirán unha vez máis o fin das touradas, porque non representan o sentir xeral, porque son unha cruenta visión do que quere o goberno municipal e porque, de xeito presente, existen necesidades imperiosas que resolver."}
{"ID": "PRAZA_5137", "summary": "O ente provincial lucense impón \"cláusulas sociais\" en todas as súas contratacións, nas que o número de contratos indefinidos ou a inserción de persoas con discapacidade contarán como méritos.", "text": "O pasado febreiro o persoal de seguridade do Museo Provincial e do Pazo dos Deportes de Lugo recibía unha nova pouco habitual. A empresa Alcor, concesionaria deste servizo, ía deixar de prestalo sen que isto significase a perda do seu posto de traballo. O motivo desta saída abrupta era que a Deputación lucense, titular destas instalacións, culminara o proceso para prescindir da compañía despois de que esta decidise, unilateralmente, rebaixarlle o soldo ao persoal coa aplicación da reforma laboral. O que daquela era unha excepción será, de agora en diante, norma na institución. A entidade lucense vén de converterse no primeiro do país en xeralizar a aplicación das denominadas \"cláusulas sociais\" en todos os pregos de condicións para contratar servizos con empresas privadas. Isto implica que quen estea interesado en asumir un contrato público coa Deputación non só terá que asumir o compromiso de blindar as condicións laborais dos seus traballadores e traballadoras ante o risco de, no caso de facelo, perder a concesión. As melloras nestas condicións serán tamén fundamentais á hora de gañar cada concurso. Así, por exemplo, de agora en diante o número de persoas contratadas de maneira indefinida será un criterio de valoración á hora de decidirse por unha ou outra empresa. Do mesmo xeito, explica a Deputación, \"teranse en conta as propostas que impliquen unha mellora nas condicións laborais e salariais a respecto do Estatuto dos Traballadores e ao convenio que resulte de aplicación\". Tamén se valorará a \"inserción de persoal con discapacidade\" e quedarán prohibidas as rebaixas de prezos \"desproporcionadas ou anormais\" cando estas impliquen \"reducir en gastos laborais\". O incumprimento das cláusulas sociais \"pode levar consigo a resolución do contrato\" e \"penalizacións\" económicas Unha vez conseguido o contrato as empresas \"deben cumprir as condicións laborais que ofertaron\" e, ademais, asumir a todo o persoal que ata o momento prestaba o servizo, \"respectando os dereitos laborais que tivesen recoñecdios na súa anterior empresa, incluída a antigüidade\". E, que pasa se as normas se vulneran? Isto \"pode levar consigo a resolución do contrato\" e \"penalizacións\" de entre o 3% e o 10% do orzamento total. \"Mesmo pode ser causa de prohibición para contratar coa administración\", aseguran. Besteiro avanza que as novas normas xa se aplican a cinco contratos en marcha Segundo o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, o seu gabinete toma esta decisión porque \"a contratación pública é unha política pública máis\" e, polo tanto, \"unha ferramenta para acadar os obxectivos que temos marcados como institución progresista\". \"A política non debe estar nas mesas de contratación, senón no deseño e control das políticas de contratación\", as cales \"xa están en marcha\" en \"cinco pregos\" que xa inclúen as novas cláusulas, cun total de 83 postos de traballo."}
{"ID": "NOS_6753", "summary": "O prezo do barril Brent, de referencia en europa, fechou esta quinta feira moi próximo aos 91 euros, en máximos de hai 8 anos.", "text": "O prezo dos carburantes está a punto de bater os seus máximos históricos e acumula no que vai de ano unha suba de 4,4%, que ascende a 24,18% no caso da gasolina e a 26,16% no do diésel se se compara cos valores da mesma semana de 2021. Con esta son xa catro semanas consecutivas de ascensos. O prezo medio da gasolina, que aumentou 1,19% respecto á semana pasada, sitúase nos 1,52 euros, a só dúas centésimas do seu máximo histórico (1,522 euros), rexistrado en setembro de 2012, segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea. Pola súa parte, o prezo medio do litro de gasóleo situouse nos 1,403 euros, 1,66% máis que a semana pasada. Porén, está algo máis lonxe de bater récords. Aínda que non superaba a cota dos 1,4 euros o litro desde finais de outubro de 2012, o máximo histórico, de setembro dese mesmo ano, está nos 1,444 euros. Este novo encarecemento dos combustíbeis prodúcese á sombra da escalada no prezo do cru ante a incerteza xeopolítica alimentada polas tensións na fronteira entre Ucraína e Rusia e nun escenario de baixa oferta global, que levou a cotización do barril de petróleo Brent, o de referencia en Europa, a superar os 90 dólares por primeira vez desde outubro de 2014. A este respecto, a banca de investimento alerta de que o prezo desta materia prima pode dispararse nos próximos meses por riba dos 100 euros, como prevé Goldman Sachs, e mesmo alcanzar os 150 euros, tal e como agoira JPMorgan. Implicacións económicas A suba do prezo do petróleo non afecta só aos combustíbeis da automoción, senón que golpea no resto de sectores económicos que dependen do transporte ou do gasóleo nas súas actividades. De feito, o encarecemento dos combustíbeis está, xunto coa alza no prezo da enerxía, detrás do aumento da inflación, que disparou o custo de vida 6,7% en decembro na Galiza con respecto ao mesmo período de 2020. Esta reacción en cadea explica que a suba de prezos non afecte só ao petróleo, senón tamén a alimentos, o aceite ou a electricidade, para cuxa produción ou transporte fai falta tirar desta fonte de enerxía. A incidencia da Covid Na fixación dos prezos, a demanda xoga un papel importante. Coas restricións pola Covid, o consumo de combustíbel non logrou alcanzar os valores previos ao inicio da pandemia. Aínda así, como destaca a Axencia Internacional da Enerxía, \"pese a que o número de casos de Ómicron está a aumentar en todo o mundo, a demanda de petróleo desafiou as expectativas no cuarto trimestre de 2021\". A AIE prevé que o consumo de cru diminúa nos tres primeiros meses do ano \"por máis teletraballo e menos viaxes aéreas\", mais revisou á alza as súas estimacións de crecemento para 2022 á vista do relaxamento nas devanditas restricións."}
{"ID": "PRAZA_11544", "summary": "O grupo de Maternidades Feministas en Compostela presentou o 'Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade e ás súas crianzas'. Nos vindeiros meses levará a cabo un cuestionario para diagnosticar os principais problemas e presentar propostas de solución", "text": "O grupo de Maternidades Feministas en Compostela (Materfem) presentou este mércores o 'Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade e ás súas crianzas', unha iniciativa que busca visibilizar e denunciar a discriminación laboral que sofren as mulleres que son nais, así como as dificultades para conciliar. Igualmente, pon o foco na violencia obstétrica, nos limitados permisos de maternidade, nas eivas para cobrar as pensións de manutención, ou nos Puntos de Encontro Familiar que vulneran os dereitos de mulleres. Pero tamén sinala aspectos máis cotiáns, coma os obstáculos no uso do transporte público ou as barreiras de acceso a edificios oficiais. Un primeiro informe de resultados será presentado o vindeiro 8 de marzo e a partir del o grupo de Maternidades Feministas elaborará un diagnóstico que posteriormente presentará ás institucións Para iso, o Observatorio vén de poñer en marcha un cuestionario online anónimo que recolle preguntas cuantitativas así como a posibilidade de describir experiencias concretas en profundidade. Un primeiro informe de resultados será presentado o vindeiro 8 de marzo e a partir del o grupo de Maternidades Feministas elaborará un diagnóstico que posteriormente presentará ás institucións competentes en cada materia xunto coas propostas recollidas \"para que se adopten as medidas oportunas e se lexisle en consecuencia\". Ademais, o cuestionario seguirá aberto coa intención de seguir presentando informes de periodicidade anual. O cuestionario ten en conta, ademais, \"as dificultades engadidas que padecen as mulleres non heterosexuais, racializadas, con algún tipo de discapacidade e/ou monomarentais, entre outros parámetros\", sinala o colectivo. Ademais, Materfem tamén anunciou que levará a cabo un acto público no mes de decembro co que se pretende difundir este cuestionario e denunciar as situacións obxecto de estudo. Falamos con Sabela Losada, unha das integrantes de Materfem.Cal é o obxectivo do Observatorio?\"O obxectivo primeiro é ter un estado da cuestión, un diagnóstico sobre cal é a realidade que enfrontamos a distintos niveis. Sobre todo porque sen datos é difícil facer políticas adecuadas\"O pasado ano lanzamos o grupo de Maternidades Feministas a partir dunha necesidade que eu percibía en moitas mulleres nais coas que me ía cruzando: a falta de espazos para charlar, para reflexionar, para expresar as nosas demandas, inquedanzas e problemas. Durante un ano tivemos un gran número de reunións, nas que agromaron varias ideas. E unha delas era a conclusión de que necesitabamos un estudo no que aparecese reflectida a realidade que vivimos e as violencias que enfrontamos as mulleres nais e as nosas crianzas. Este é un estudo pioneiro e está feito directamente por nós, por mulleres nais. O obxectivo primeiro é ter un estado da cuestión, un diagnóstico sobre cal é a realidade que enfrontamos a distintos niveis. Sobre todo porque sen datos é difícil facer políticas adecuadas.Poñedes o foco en moitas cuestións: dende discriminacións e obstáculos máis sutís e cotiáns ata outros aspectos que son constitutivos de delito. É importante entender o problema na súa integridade?Tentamos abranguer distintos niveis. Evidentemente, é moi distinto que eu non poida subir co meu carriño as escaleiras da Comisaría de Policía de Santiago para poder renovar o DNI que sufrir unha violencia máis visible. Pero todas son violencias, precisamente porque algunhas son cotiás: moitas destas violencias son invisibles ou están normalizadas. O mesmo pasa na violencia obstétrica, que abrangue dende intervencións innecesarias a comentarios ofensivos ou o trato ás mulleres como se fosen un obxecto ou unha nena pequena. \"Moitas destas violencias son invisibles ou están normalizadas\"Outra das violencias que está invisibilizada é a institucional: a que recibimos por parte de institucións que teoricamente deberían protexer e garantir os nosos dereitos. Por iso tamén incluímos cuestións sobre a realidade dos puntos de encontro familiar ou a realidade dos avogados e avogadas de oficio, que moitas veces non contan con formación específica en xénero, o mesmo que sucede con persoal médico e con outro funcionariado. Está tamén a cuestión da discriminación laboral que sufrimos as mulleres nais, unha discriminación exercida polo sistema contra as mulleres que teñen crianzas e mesmo con aquelas que non son nais pero que están en idade de ter fillos e fillas.Chama a atención a contradición que se dá entre os discursos que gobernos e partidos sobre o \"problema\" da baixa natalidade, que practicamente acaban por culpabilizar as mulleres de non teren fillos e fillas, e a falta de medidas reais para apoiar as mulleres que teñen crianzas. Máis aló dos discursos cómpre poñer en práctica medidas reais?\"Hai unha violencia que as mulleres recibimos por non ser nais, que nos fai responsables da baixa natalidade. Pero despois non se nos escoita cando temos unhas demandas claras\"Hai unha violencia cultural que as mulleres recibimos socialmente e nos medios de comunicación por non ser nais, que nos fai responsables da baixa natalidade, do non sostemento das pensións, etcétera. Pero despois non se nos escoita cando temos unhas demandas claras. A partir das respostas que obteñamos no cuestionario, queremos elaborar un informe, cuxa primeira versión presentaremos o vindeiro 8 de marzo e que despois faremos chegar ás institucións. Queremos amosar a realidade que teñen quen enfrontar as mulleres nais e as súas crianzas, pero tamén as propostas que nós facemos. Algunhas serán máis sinxelas de aplicar e outras necesitarán o apoio de varias administración. Queremos ir máis aló do laio e adoptar unha actitude activa para acadar estes cambios.O ano pasado botastes a andar o grupo de Maternidades Feministas. Como foi a vosa actividade ata agora?O que máis estivemos facendo ata agora foi traballo de reflexión, de diagnóstico e de autoformación. No 8 de marzo deste ano saímos á rúa coa idea de visibilizar o traballo dos coidados. Estamos colaborando con outros colectivos que tamén traballan nesta liña de pór en valor o labor de coidar doutras persoas, un labor que é invisibilizado pola sociedade e que non é valorado. Valórase máis calquera traballo fóra da casa que o de encargarse de que unha vida saia adiante. O próximo ano queremos organizar unhas xornadas que traten todos estes temasO feminismo deixou de lado ata agora o debate sobre os coidados e a maternidade? Pódese entender que a prioridade lóxica era dar a batalla pola igualdade no espazo público e no mundo laboral. Pero isto tivo como resultado que os disrcusos sobre a familia e maternidade fosen hexemonizados pola dereita?\"É certo que ás veces falar de maternidade é complicado dentro dos propios espazos feministas, porque parece que cando se fala da crianza o que se quere é volver atrás\"A maternidade ten sido un tema polémico dentro do feminismo e entendo os motivos, hai unhas décadas o feminismo tiña outras prioridades, foi un camiño que fomos percorrendo. O máis importante na maternidade, para que sexa feminista, é que ten que poder ser elixida. Si que é certo que ás veces falar de maternidade é complicado dentro dos propios espazos feministas, porque parece que cando se fala da crianza o que se quere é volver atrás. Pero é un desafío e temos que seguir traballando neste sentido. As mulleres somos as que parimos, pero sobre todo somos as que nos encargamos maioritariamente da crianza dos fillos e das fillas, e é necesario ter en conta esta realidade e que a poñamos ao noso favor. Debemos reapropiarnos da maternidade. As mulleres podemos ou non ser nais, pero se decidimos selo, temos que ter unha serie de dereitos. O que non pode ser é que o patriarcado se apropie dos nosos fillos e fillas, dende o apelido ata a maneira de parir. E tamén en sentenzas que seguen insistindo no chamado síndrome de alienación parental.\" As mulleres podemos ou non ser nais, pero se decidimos selo, temos que ter unha serie de dereitos. O que non pode ser é que o patriarcado se apropie dos nosos fillos e fillas\"Todo isto son razóns de peso para que sexa necesario reapropiarnos da maternidade, porque doutro xeito van seguir sendo outros os que teñan o discurso dominante sobre a maternidade, aqueles que precisamente nos queren dentro da casa, abnegadas e sometidas. Ninguén ten que decidir sobre nós, porque somos nós as que estamos levando adiante ese traballo e queremos que se recoñeza.Cambiando a maneira en que a maternidade se leva a cabo pódese cambiar o mundo. As crianzas poden medrar nun ambiente non patriarcal, non autoritario, non sexista, un ambiente de coidado e non violento. Por iso a feminismo ten que estar aí, na primeira liña, pelexando por ese modelo de crianza, no que se valore o coidado e non a competitividade.Cal é o papel que deben cumprir os homes na crianza feminista?\"É importante que os homes deades un paso atrás e escoitedes, porque iso si que é necesario para o feminismo: que os homes paren a escoitar\"Nós non temos que dicirlles aos homes cal é o seu papel, porque esa é unha reflexión que teñen que facer os propios homes. Pero creo que con isto hai unha certa confusión: ás veces parece que un home feminista ten que facer todo o que facemos as mulleres para ser feminista. Os homes que se queren aliar co feminismo o que teñen que facer é tomar os espazos que xa teñen polo feito de ser homes e convertelos en feministas. É importante que os homes deades un paso atrás e escoitedes, porque iso si que é necesario para o feminismo: que os homes paren a escoitar. E é importante que as crianzas teñan outros referentes masculinos: homes que non resolven todo coa violencia, que non necesariamente queren ter a razón, que non lles explican ás mulleres as propias vivencias das mulleres... Non se trata só de que encargarse de forma igualitaria das tarefas da casa, senón tamén do traballo mental de facelo, unha carga mental que sempre cae sobre as mulleres e que os homes non teñen porque sempre hai detrás unha muller."}
{"ID": "NOS_3948", "summary": "O PP considera que a volta de Manuel Cabezas ao grupo municipal provocou o colapso do Goberno local.", "text": "A decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, de rachar o acordo de Goberno asinado o pasado ano entre Democracia Ourensá (DO) e o Partido Popular (PP) a dez meses das eleccións municipais, provocou diversas reaccións entre as formacións que conforman o Consistorio ourensán. [VÍDEO] Xácome racha o pacto de goberno co PP: \"Non nos deixaron outra opción mais agora quedamos liberados\" O primeiro en reaccionar foi o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), para exixir que \"PP e DO deixen de xogar co Concello\". Os nacionalistas pediron \"respecto aos veciños\" e lamentaron o \"continuo despropósito\" dos \"socios de goberno centrados en réditos electorais e cuestións partidistas\", porque consideran que o sucedido esta terza feira é \"unha nova mostra\" de que \"nin a uns nin aos outros lles interesa Ourense absolutamente nada\". A incerteza paira sobre o Goberno de Ourense a menos dun ano das eleccións Valoración similar a que fai a executiva municipal do Partido Socialista de Ourense, que demandou que a cidade \"deixe de ser o xoguete roto\" das dúas formacións que compartían o Goberno local até hoxe mesmo. Os socialistas criticaron \"sete anos de parálises irresponsabilidade política, intereses partidistas e vergoña\", ao tempo que se presentaron como a \"alternativa necesaria e imprescindíbel para defender os intereses dos veciños\". Reacción do PP Pola súa parte, o PP de Ourense atribuíu o \"motivo da saída\" do goberno dirixido por Gonzalo Pérez Xácome á chegada de Manuel Cabezas ao grupo municipal dos populares ourensáns. Xácome cualifica de \"inútiles\" os edís do PP que o apoiaron para ser alcalde de Ourense \"Mantivemos este pacto polo interese, por non paralizar o Concello de Ourense, polo interese en investir os recursos posíbeis en beneficios dos veciños. Sendo en moitos casos incomprendidos e cun importante desgaste persoal\", afirmou o PP. Neste sentido, os populares afearon que \"era moi difícil gobernar\" en coalición con \"quen falta ao respecto de forma constante\" e con quen \"non están de acordo na súa forma de facer política incluíndo agresións verbais\", \"liñas vermellas\" que aseguran que o alcalde \"rompeu\" en numerosas ocasións. Que está a acontecer no Concello de Ourense? Finalmente, prometeron pór \"toda a súa enerxía en elaborar un proxecto de cidade que encare o futuro do progreso que Ourense merece e que hoxe tristemente non ten\"."}
{"ID": "NOS_54733", "summary": "A Irmandiña comezará xogando contra Ljubijlana (Eslovenia) esta vindeira quinta feira dentro da Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA. No mesmo grupo estarán Xenebra (Suíza) e Pest (Hungría).", "text": "Quedan poucas horas para que a selección galega de fútbol UEFA xogue como representante estatal na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA ao ser a vixente campioa estatal na fase que se realizou antes da pandemia. Daquela, na final que tivo lugar nas Rozas (Madrid) no mes de marzo do ano 2020, e tras eliminar a Balears nas semifinais, o combinado galego dirixido por Iván Cancela derrotaba a Andalucía. Foi o último partido de carácter oficial que se fixo no Estado español antes do decreto do Estado de Alarma coa chegada da Covid-19. A Irmandiña de fútbol prepárase para loitar pola Copa das Rexións Como gañadora, a Irmandiña participará nesta competición amadora europea que leva máis de 20 anos organizándose. Nela interveñen equipos nacionais con xogadores que nunca participaran en ningunha proba a nivel profesional. Dispútase cos gañadores dos torneos estatais amadores e os países máis pequenos presentan os seus propios equipos oficiais. Ten carácter bianual e a fase final terá lugar en xuño de 2023. Unha pasaxe para a final En total, para esta edición inscribíronse 35 federacións, con Malta e San Marino sendo representados por equipos oficiais non profesionais. Os equipos das 30 federacións con maior coeficiente de competición comezan na rolda intermedia, e a eles uníronse os dous conxuntos que superaron a rolda preliminar de xuño deste ano en Azerbaiyán: o \"Kolos\" Cherven de Bielorrusia e o Basiani de Xeorxia. Os equipos compiten en oito minitorneos disputados nunha soa sede. Os gañadores dos grupos clasificaranse para a fase final. O Dolny Śląsk de Polonia, vixente campión, converteuse no primeiro equipo en lograr unha pasaxe por cuarta ocasión e uníuselle o Zenica-Doboj (Bosnia e Herzegovina). A Galiza xa coñece os rivais na fase intermedia da Copa das Rexións UEFA As seleccións gañadoras até agora foron Véneto (1999), Moravia (2001), Piemonte Valle d'Aosta (2003), Eukal Herria (2005), : Dolny Śląsk de Polonia (2007), Castela e León (2009), Braga, Portugal (2011), Véneto (2013), Eastern Region de Irlanda (2015), Zagreb (2017) e Dolny Śląsk de Polonia (2019). A Galiza disputará desde esta quinta feira e até o 12 de outubro a Fase Intermedia contra Xenebra (Suíza), Pest (Hungría) e Ljubjlana (Eslovenia). Este último será o primeiro rival dos galegos."}
{"ID": "PRAZA_8924", "summary": "O secretario xeral de Sanidade evita concretar se as empresas do narco traballaron para o Servizo Galego de Saúde nos anos 90 escudándose en que a oposición pediu ver \"a totalidade dos contratos\", os mesmos que Feijóo asegurou que foran destruídos", "text": "O pasado 3 de abril o PSdeG rexistrou unha pregunta e unha petición de documentación no Parlamento. Coa pregunta cuestionaba o Goberno pola \"relación de contratos de subministro enerxético, de combustible e informáticos da Consellería de Sanidade e dos centros hospitalarios dependentes do Sergas entre os anos 1992 e 1998, especificando as empresas adxudicatarias e os diferentes centros de gasto\". Na petición de documentación pedía \"copia da totalidade\" deses contratos para coñecer se empresas ligadas a Marcial Dorado se beneficiaran dalgúns deles.. No canto de satisfacer o reclamado polos socialistas por escrito a Xunta enviou ao Parlamento ao secretario xeral da Consellería, Antonio Fernández Campa, quen tivo que navegar entre a afirmación de Alberto Núñez Feijóo, segundo a cal a documentación anterior a 2003 foi destruída, e a súa propia: a documentación solicitada é tan ampla que resulta \"inmanexable\". Que a oposición a solicite é \"como se nos piden que traiamos todas as camas do Sergas ao Parlamento\". \"O que non pode ser non pode ser e ademais é imposible\", ilustra. Pero, \"hai ou non hai\" contratos, insistiu dende a bancada socialista a deputada Carmen Acuña. O alto cargo volveu tentar navegar entre as múltiples versións oficiais deste conflito para rematar a sesión sen aclarar se o Sergas contratou subministros con empresas do narco nos anos en que este se relacionaba co presidente da Xunta\". \"O que nos piden é copia de todos os contratos realizados pola Consellería de Sanidade e os centros hospitalarios\". \"Non se menciona en absoluto nin a Marcial Dorado nin as empresas de Marcial Dorado\" e por iso, argumenta, el non o especifica. A documentación, insiste, \"ademais de inmanexable, non se conserva\" na súa \"maior parte\". O único que pode explicar é que neses anos o Sergas realizou 16.108 operacións contables das que 11.000 corresponden a subministros enerxéticos, por importe de 67,3 millóns de euros. O secretario xeral escúdase en que na petición da oposición \"non se menciona en absoluto nin a Marcial Dorado\" nin as súas empresas \"Nós non podíamos especificar as empresas do señor Dorado porque non as coñeciamos, vostede si, porque son moi listiños\", retrucou a socialista Acuña, para quen \"se hai documentos, mente o señor Feijóo\" e \"se non os hai, mente vostede\". Ademais, subliña, \"o costume parlamentario\" dita que \"cando hai moita documentación\" se \"facilita a visita\" ao lugar no que se atopan os papeis \"para que sexa a oposición a que decida cal é a que lle interesa\". Do mesmo xeito, abonda, \"o señor Feijóo, que está nervioso, afirmaba hoxe que os datos que reclama a oposición os tivemos á nosa disposición\" cando \"tivemos responsabilidade de Goberno na época do bipartito [2005-2009]\". \"Se daquela estaban os documentos e agora non están, cando se destruíron e por que? Teñen algo que ocultar?\", inquire. A estupefacción non reinou só no Grupo Socialista, tamén no resto da oposición. Para Eva Solla, da AGE, a comparecencia de Campa non é máis ca \"un lavado de cara\" que se suma á \"chapuza\" que recibiu o propio grupo de Alternativa, ao recibir do Executivo \"unha táboa feita cun procesador de textso sobre supostos pagamentos\" e \"en ningún caso, os contratos\" que pedira. \"Non sei se nos toman por parvos, pero non chuchamos o dedo\", enfatiza Solla, quen ista o Goberno a aclarar \"como nos puideron dar datos dende 1994\" se o propio presidente \"dixo que non había datos de antes de 2003. \"Que pasaría se non fósemos nós, se fose a Fiscalía\" quen pedise os papeis, pregunta. \"Tamén lle ían dicir que teñen moito volume?\", pregunta. Tamén o BNG, representado na comisión por Montse Prado, considerou \"unha burla\" o acontecido este xoves no Parlamento. Mentres, igual que o PSdeG, os nacionalistas tamén valoran a posibilidade de que este caso teña que rematar na Fiscalía, Prado dá por \"suposto\" que Campa acudiu ao lexislativo \"nun intento de dicir que non teñen nada que ocultar\". Pero \"o que se lle piden son papeis\". \"Queren xustificar o inxustificable\" centrándose \"no procedemento administrativo\" pero \"estamos falando doutra cousa\", da \"indecencia política\" que supón a relación con Dorado, di. Iso, conclúe, \"non se soluciona con expedientes administrativos\"."}
{"ID": "NOS_47179", "summary": "Um Governo cheio de militares, com um super-ministro de Finanças ultra-liberal e talvez com o juiz Sérgio Moro, o homem que levou Lula à prisão, como ministro de justiça. Na composição dum gabinete desse teor é no que está a trabalhar o presidente eleito do país, Jair Bolsonaro.", "text": "Sérgio Moro é o juiz da Operação Lava-Jato, o processo que resultou na detenção e posterior condenação do líder histórico do PT Inácio Lula Da Silva, o político que liderava as pesquisas de opinião e que finalmente foi impedido de competir pela presidência da República. A reação de Moro perante a vitória de Bolsonaro foi a de parabenizar o dirigente ultra. \"Encerradas as eleições, cabe congratular o Presidente eleito e desejar que faça um bom governo\", afirmou numa declaração. \"São importantes, com diálogo e tolerância, reformas para recuperar a economia e a integridade da Administração Pública\", acrescentou. As reformas que projeta Bolsonaro são a instauração dum único tipo no imposto sobre a renda —na esteira do legado de Margaret Thatcher— e cortes nas pensões públicas, já planificadas pelo governo de Michel Temer e não materializadas pela oposição quer da rua quer do congresso. A esposa de Moro foi muito além do seu companheiro e, nas suas redes, revelou-se como uma fan girl de Bolsonaro. Já na campanha pediu o voto para ele. Após o triunfo do filo-fascista, escreveu no seu Facebook \"não ter medo da mudança\" e acrescentou que o único medo que tem é que o Brasil continue \"como está\", \"corrupto e sem esperança\". Desde há semanas, o nome de Moro é indicado como uma das hipotéticas apostas de Bolsonaro para fazer parte do seu primeiro gabinete. Outra das opções que baralha a equipa de assessores do presidente eleito é que o juiz acusador de Lula não acabe no governo, mas sim aterre no Tribunal Supremo."}
{"ID": "PRAZA_9474", "summary": "Que pasa con esas mulleres con traballo en precario, ou sen contrato algún, que nin en sonos se poden permitir o luxo de faltar a él, mesmo moitas veces estando enfermas ou tendo calquera outro problema?", "text": "Se hai algo positivo para min no paso dos anos, é que, despois de moitos , case unha vida, tentando agradar a quen non me valoraba, dicindo aquelo que se supoñía que era o correcto, e calando o que me queimaba por dentro, pero que sabía que, de sacalo fora, sería pouco menos que lapidada, por fin aprendín a dicir o que me pide o corpo.Sempre con respecto, por suposto, o mesmo respecto que me gustaría que me otorgaran a min, algo que non sempre ocorre, pero clariño, moi clariño, e sendo moi consciente de que é o meu dereito, un dereito que podo exercer con todo o orgullo do mundo sempre que a miña conciencia estea tranquila e a coherencia rixa as miñas verbas e os meus actos.Son moitas as veces que cando falo ou opino sobre algo se monta a revolución, porque teño que recoñecer que semella que teño unha especial facultade para ir pola vida contra corrente, e sei que non gaño amigos con moitas das miñas manifestacións.Sei que se me adherira ao que dí a maioría outro galo me cantaría, estaría moito mellor vista, ou, de non ser así, tal vez debera considerar algunhas veces a opción de ficar caladiña, como fan moitos e moitas, malia que as agochadas actúen dun xeito ben diferente, pero, teño que admitilo, non son quen, e creo, honestamente, que non hai, a estas alturas da miña vida, demasiadas posibilidades de que cambie.Acadar esta liberdade custoume, como digo, moitos anos da miña vida, moitas bágoas, moita dor. Un prezo, en definitiva, demasiado caro como para desprezar agora o que gañei con tanto esforzo.Pois ben,un ano mais, coa chegada do 8M, sinto rebulir en min ese ruxerruxe que me fai sentir que se calo, vaime mal, así de sinxelo.De novo nos chaman a todas as mulleres a folga, e vaia por diante que non teño nada en contra deso, nin moito menos, nin tampouco de quen organiza estas movilizacións, ou mellor debería dicir da maioría das que organizan estas movilizacións, porque se hai outra cousa que teño clara é que a intención e a vontade non son as mesmas en todos os casos, e nestas datas hai embigos que se convirten en obxecto de culto (o dito, non teño remedio!).Esa folga vai mais aló de non acudir ao posto de traballo. Suponse que o paro debe ser total, sendo unha parte moi importante deste a llamada \"folga de coidados\".E aquí é cando me dan a min desexos de berrar : \"Ola, chamando a terra!, hai alguien realista por ahí?\".Porque claro, é moi doado, e queda moi ben ademais, alardear de implicación, de activismo, de secundar a folga por riba de todo, e instar a todas as mulleres a facer o mesmo dicíndolles que é o seu dereito, cando as que o fan teñen o seu traballo ben asegurado, e saben que ao día seguinte vai seguir ahí, agardando por elas, e sen que ter parado lles implique problema algún, nin ninguén tome represalias.Pero, qué pasa con esas mulleres con traballo en precario, ou sen contrato algún, que nin en sonos se poden permitir o luxo de faltar a él, mesmo moitas veces estando enfermas ou tendo calquera outro problema, por moi grave que sexa,porque saben que poden acabar na rúa, e eso implicaría perder o único sustento co que contan elas e tal vez os seus fillos?.É de recibo pedirlles que paren a esas mulleres que o único traballo que conseguiron é facer unhas horas aquí e outras alá, gañando unha miseria, e que semella que deben ser inmunes a calquera circunstancia que poida implicar a súa ausencia un só día, unha soa hora, pero as que o panorama laboral non lles brinda outra oportunidade?.Acaso elas son menos feministas que as que as instan a non acudir aos seus traballos?.Ou é que teñen a posibilidade de garantirllos, ou mellor ainda, de ofrecerlles outros en condicións dignas?.Son menos bravas, elas, que loitan cada día por sobrevivir, que as que enarbolan unha pancarta?.Penso que a resposta é obvia, e quen non o entenda así ten, na miña opinión, un grave problema.Esquecía, eso si, que se lles brinda outra opción, a de colgar un mandil na fiestra.Seguro que os seus respectivos xefes llo permiten encantados!.Sexamos realistas, por favor, e intentemos ofrecerlles, polo menos, o apoio e a comprensión que merecen.E qué dicir de tantas e tantas mulleres que teñen ao seu cargo persoas dependentes, ou nenos pequenos?.Evidentemente, para as que están soas, é totalmente impensable o feito de parar, e tampouco a situación das que teñen parella, ou polo menos da maioría delas, difire moito.Francamente, por mais que o tento, non imaxino a maior parte deses compañeiros, por moito que compartan a causa e apoien a folga, pedindo no traballo o día libre, ou unhas horas, para substituir as mulleres, e menos ainda alegando que a razón é que estas van a exercer o seu dereito a folga, e, no hipotético e mais que improbable, por non dicir imposible, caso de que o fixeran, ainda menos me imaxino a certos empresarios, non poucos, dicíndolles que fiquen na casa tranquilos mentras elas van a folga, que non pasa nada.......E entón espertamos!.Por favor!. É que vivimos nas nubes?.Por outra banda, cústame moito identificar co feminismo o que soa a imposición, o que semella excluir a quen non se axusta a determinados parámetros, parámetros, ademais, impostos por mulleres, e que non distan tanto do que din condear.Hai moitos xeitos de loitar, tamén no feminismo, e non respectalos, ou non tentar sequera entendelos, non é, na miña opinión, o mellor dereito de exercelo. Pola contra, dí moi pouco no seu favor.Falamos de igualdade, de liberdade, de tolerancia......con quen, con todo o mundo ou tan só con quen opina e actúa coma nos?.Francamente, paréceme unha incoherencia, ademais dunha falta de respecto enorme hacia moitas mulleres e as súas complicadas circunstancias, esa sensación que se transmite de que, aquelas que, pola razón que sexa, non se unen a esta folga, son excluídas dese \"feminismo\" que certos grupos predican.Lamento, pero non o comparto.Alégrome polas mulleres que poden exercer o seu dereito a folga sen medo as consecuencias ou a perder o seu traballo.Respecto profunfamente as que se van unir a ela, e as que non o van a facer, sexa cal sexa a razón. Que alguien me corrixa se estou errada, pero creo que isto, o respecto, e algo que si ten moito que ver co feminismo."}
{"ID": "NOS_54431", "summary": "Rogelio Martínez está acusado de desviar máis de 51.000 euros de fondos europeos e de certificar obras xa realizadas.", "text": "O representante de Feijóo na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, terá que ser sentar no banco dos acusados para ser procesado por sposta malversación de fondos e falsidade documental. O xuíz sostén que Martínez, na súa etapa de alcalde de Arnoia, recibiu máis de 51.000 euros de fondos estruturais da Unión Europea para proxectos que non se realizaron. Ademais, está acusado de certificar obras que xa estaban feitas. Falsidade documental. O BNG do Ribeiro, que foi quen iniciou proceso contra Martínez pola suposta malversación de fondos, pide a Núñez Feijóo que cese ao seu delegado en Ourense. Até o de agora, e ao longo dos anos de proceso, o presidente da Xunta mantivo o seu apoio a Rogelio Martínez."}
{"ID": "NOS_39106", "summary": "A Deputación e o Consello da Cultura Galega (CCG) inauguran esta quinta feira a mostra, que estará dispoñíbel na capela de Santa María. Para dar a coñecer a relación entre o monarca e o país haberá visitas guiadas e mesmo un concerto.", "text": "A poboación de Lugo e, en xeral, o público de toda a Galiza poderá visitar desde esta quinta feira 25 de novembro unha mostra sobre o rei Afonso X e a Galiza. A proposta cultural e histórica será presentada ás 12 horas desta quinta na capela de Santa María nun acto no que participarán o deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro; a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Igualmente participará o comisario desta iniciativa, Antoni Rossell, que será o encargado de guiar unha primeira visita pola mostra. Coa chegada a Lugo, a exposición fai a súa terceira viaxe para explicar á sociedade galega a conexión que existía entre o país e o rei no momento no que se fai o 800 aniversario do nacemento deste. Após pasar por Compostela e Ourense, a cita en Lugo é o feche á programación organizada polo CCG co gallo desa celebración. As persoas que aínda non tiveran a oportunidade de achegarse á recompilación que se amosa poderán descubrir agora \"a faceta humana e o legado político e cultural do monarca\" na terra. Haberá un programa de visitas guiadas e decorrerá un concerto sobre as Cantigas de Santa María. Un estudo monográfico sobre a relación Esta exposición vai en paralelo ao estudo monográfico presentado na terza feira polo Consello ao respecto do vencello do monarca co país. O obxectivo deste traballo feito por especialistas -e coordinado polo experto medievalista Simon Doubleday e José Miguel Andrade- é \"desmontar tópicos\" sobre o papel de Afonso X na suposta marxinación da Galiza \"e, sobre todo, repensar o paradigma tradicional da historia\" do país durante a Baixa Idade Media."}
{"ID": "PRAZA_12252", "summary": "\"Non podemos regalar o territorio, non podemos facer nada que logo sexa irreversible. Non podemos entregar o máis definitorio de nós mesmos, unha das costas máis ricas, especiais e singulares do mundo\". Estas palabras expresadas por Manolo Rivas en 2005 resumían o sentir dun movemento que comezaba a agromar: o anti Plan Acuícola. Case sete anos despois, e tras unha longa travesía legal, a costa galega volve estar no punto de mira. E Touriñán como punta de lanza.", "text": "\"Non podemos regalar o territorio, non podemos facer nada que logo sexa irreversible. Non podemos entregar o máis definitorio de nós mesmos, unha das costas máis ricas, especiais e singulares do mundo\". Estas palabras expresadas por Manolo Rivas en 2005 resumían o sentir dun movemento que comezaba a agromar: o anti Plan Acuícola. Era un momento decisivo no que a macropiscifactoría que Pescanova pretendía construír en Cabo Touriñán aínda supoñía unha ameaza real para esta paraxe natural e outros vinte novos proxectos buscaban oco nos últimos tramos de litoral virxe de Galicia. Case sete anos despois, e tras unha longa travesía legal, a costa galega volve estar no punto de mira. E Touriñán como punta de lanza. Uns 357.000 metros cadrados de cabo virxe poderían finalmente quedar sepultados baixo as piscinas acuícolas se Pescanova se decide a levar a cabo o proxecto paralizado coa entrada do Bipartito no Goberno galego. A actual Xunta de Galicia déixalle a porta aberta coa aprobación do futuro Plan Director de Acuicultura Litoral, que elimina posibles impedimentos para a instalación de granxas de peixes planos e fai que toda a costa sexa susceptible de acoller unha destas plantas, incluso aquelas zonas amparadas baixo a figura da Rede Natura. O futuro Plan Director de Acuicultura Litoral elimina posibles impedimentos para a instalación de granxas de peixes planos e fai que toda a costa sexa susceptible de acoller unha destas plantas O proxecto non só conta co visto e prace da Xunta, senón tamén do propio Concello de Muxía. O seu alcalde, o socialista Félix Porto, amósase a favor da piscifactoría en Touriñán, así como de todas aquelas iniciativas que poidan xerar emprego e acabar coa lacra do paro na comarca. Un discurso que entronca con parte da poboación desta localidade –que ao longo destes anos protagonizou sonoras manifestacións a favor da chegada de Pescanova á zona- e mesmo da Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom) para quen a actividade piscícola é unha vía para evitar o despoboamento que a zona sofre dende os 80 e a alta taxa de desemprego. \"Non podemos desbotar un sector que pode traer riqueza á zona, sempre e cando o seu desenvolvemento respecte o medio natural e encaixe o mellor posible na paisaxe\", explica o seu presidente, José Gabín Martínez, quen ve necesario que ás empresas piscícolas se lles aplique un control rigoroso e que se lles obrigue a mellorar a contorna e a respectar en todo momento a paisaxe. Uns requisitos que para Gabín cumpría o proxecto de Pescanova para Touriñán, \"perfectamente adaptado á contorna\". Un proxecto cun futuro pouco claro Ante esta situación, teremos finalmente una piscifactoría en Touriñán? Pese a todo, o certo é que a materialización deste megaproxecto a día de hoxe está máis lonxe que preto. O económico é o primeiro dos motivos. Á crise xeralizada súmase un factor determinante para que Pescanova decida non levar adiante o proxecto: a retirada das axudas que a UE destinaba a través dos fondos de Pesca á acuicultura industrial e que agora limita á tradicional. Unhas axudas coas que a multinacional acuícola pretendía financiar ata o 50% do proxecto, tal e como fixo na planta inaugurada na localidade portuguesa de Mira, actualmente a máis grande de Europa. Á crise xeralizada súmase un factor determinante para que Pescanova decida non levar adiante o proxecto: a retirada das axudas que a UE destinaba a través dos fondos de Pesca á acuicultura industrial \"Mentres non cambie esta situación, o investimento non sería atractivo. No momento en que cambie, volverémolo considerar pero neste momento non sería economicamente interesante abordar un proxecto nestas circunstancias\", asegurou o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro nunha das súas últimas intervencións públicas. Consciente desta situación, a conselleira de Mar, Rosa Quintana, viaxou a Bruxelas para reunirse coa comisaria Maria Damanaki para tentar reorientar parte destes fondos á acuicultura como sector estratéxico, tentativa fallida que alonxa un pouco máis a creación dunha macroplanta no Cabo Touriñán."}
{"ID": "PRAZA_3552", "summary": "No pleno do 6 de marzo, Jácome expulsou dous edís da oposición entre unha forte tensión, explicou chistes ou detallou como levara galletas dun almorzo informativo de Feijóo", "text": "O pasado 3 de marzo o PP celebrou en Ourense un dos almorzos preelectorais que está a organizar nas diferentes cidades galegas, encontros que o actual presidente da Xunta e candidato á reelección aproveita para eloxiar a xestión do seu Goberno en cada unha desas urbes. Entre os asistentes ao evento estaba Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana e alcalde da cidade en virtude do seu acordo de coalición co PP, formación que lle entregou o bastón de mando en xuño de 2019 a cambio de manter a José Manuel Baltar na presidencia da Deputación.No pleno do 6 de marzo, Jácome expulsou dous edís da oposición entre unha forte tensión, explicou chistes ou detallou como levara galletas dun almorzo informativo de FeijóoO que fora considerado como \"letal\" polo propio Feijóo no caso de chegar a alcaldía sentou entre os simpatizantes conservadores despois de ratificar que o 5 de abril elixirá a papeleta do PP. A eses comicios non concorrerá DO, porque así se comprometeu a facelo nunha alianza que a oposición municipal da cidade volve reprochar aos populares nos últimos días. Especialmente despois do acontecido no pleno municipal celebrado apenas tres días despois do devandito acto do PP, sesión que acabou con dous edís da oposición expulsados e dando lugar a escenas que os grupos da esquerda reducen a \"vergoña para a cidade\".As imaxes do pleno, recompiladas dende o PSdeG local do sinal institucional do Concello, recollen algún dos momentos máis tensos da sesión. Dende a expulsión ao voceiro do BNG, Luís Seara, á marcha do seu homólogo de Ciudadanos, o ex-popular José Araujo, en protesta polos malos modos do rexedor cara ao concelleiro nacionalista. Dende o convite ao líder socialista, Rafael Rodríguez Villarino, a \"aguantarse\" se \"non lle gusta\" que sexa alcalde ata a recomendación ao resto do grupo do PSdeG para que abandonasen o pleno e así teren \"máis repercusión mediática\".\"Os shows de Jácome nos plenos son a vergoña da cidade, un alcalde letal para Ourense que vive arroupado por Baltar e Feijóo\"Polo camiño, entre debate e debate, Pérez Jácome contou un chiste e desexou que Ourense puidese chegar ser obxecto de brincadeiras como a localidade andaluza de Lepe. Tamén detallou como levou para a casa galletas servidas nun almorzo informativo con Feijóo. Por último, a pouco para rematar, expulsou a concelleira socialista Juana Ageitos, advertíndoa de que utilizaría a Policía Local para botala se non accedía a marchar.\"Os shows de Jácome nos plenos son a vergoña da cidade, un alcalde letal para Ourense que vive arroupado por Baltar e Feijóo\", din dende o PSdeG. Para o BNG local, alén dos malos modos, o xeito de actuar de Jácome amosa unha actitude \"ditatorial\" da que tamén fan responsable ao socio maioritario da coalición, o PP."}
{"ID": "NOS_49202", "summary": "Os resultados da macro-enquisa elaborada polo Ministerio de Sanidade evidencian a pegada da violencia machista no estado.", "text": "Esta segunda feira (30 de marzo) 3 mulleres foron asasinadas polas súas parellas. A cifra increméntase de se computar o feminicidio acontecido en Huelva o 29 de marzo. Catro mulleres en 48 horas que incrementan as cifras oficiais das que, no entanto, fican excluídos os casos en que a vítima sobreviviu e aquelas mulleres que non mantiñan unha relación afectivo-sexual co seu agresor. Desde o Ministerio de Sanidade publicaron, con data dese mesmo día, unha macro-enquisa sobre a pegada da violencia contra as mulleres no conxunto do Estado español. Os resultados apuntan que o 12,5% delas ten padecido ou padece violencia física ou sexual ao longo da súa vida no seo dunha relación de parella. Isto é, 12 de cada 100 mulleres recoñecen ser ou ter sido empurradas, recibir labazadas, golpes ou ter sido ameazadas. Aliás, foron ou tiveron sido obrigadas a manter relacións sexuais non desexadas por medo mesmo \"facéndolle dano de algunha maneira\", sinalan desde o Ministerio. Violencia de control e psicolóxica O estudo publicado na páxina web dos servizos de igualdade estatais reflicte que a porcentaxe de mulleres que sofren ou sufriron violencia aumenta cando esta adquire formas menos visíbeis como a violencia psicolóxica, emocional, económica e de control. Neste senso, o 25,4% das mulleres enquisadas asegura ter sufrido ao longo da súa vida actitudes e comportamentos violentos por parte da súa parella se tentaba relacionarse coa súa familia e amizades; teren sido ignoradas ou tratadas con indiferenza; menosprezadas, insultadas e mesmo asustadas ou intimidadas. O medo atinxiu o 13% delas e a violencia económica vencellada á relación o 10,8%. O 25,4% das mulleres enquisadas asegura ter sufrido ao longo da súa vida violencia de control e/ou psicolóxica Por faixas de idade, a violencia de control aumenta e tórnase máis habitual entre a mocidade. Así, daquelas mulleres que din ter sufrido esta forma de violencia nos últimos 12 meses a media sitúase no 9,6% para as mulleres entre maiores de 16 anos. Porén, un cuarto (25%) das mozas entre 16 e 19 anos afirman que a súa parella lles impediu ou impide relacionarse coa súa familia e amizades; sospeita inxustificadamente de infidelidades, agarda que lle pidan permiso para ir pola súa conta ao hospital ou centro médico e mesmo insiste en saber onde está en cada momento. As cifras mantéñense en valores superiores á media durante todos os tramos de idade até os 40 anos. O 63,6% das mulleres recoñecen que as súas crianzas presenciarion ou escoitaron os episodios violentos, a práctica totalidade eran menores de 18 anos Daquelas mulleres que afirmaron sufrir violencia machista o 63,6% recoñecen que os episodios de violencia tiveron lugar en presenza das súas crianzas ou cando estas podían escoitar. A maior parte dos casos, o 92,5%, menores de 18 anos. Aliás, o 64,21% de quen tiña crianzas menos de idade afirma que estas \"sufriron á súa vez violencia\". Un feito que salienta após o feminicidio acontecido en Xibraltar na segunda feira e no que, presuntamente, o home tería asasinado --para alén da muller-- as crianzas de ambos, unha nena de 6 anos e un bebé de poucas semanas. Discapacidade O estudo tamén subliña a maior pegada da violencia machista entre aquelas mulleres con discapacidade igual ou superior ao 33% --fórmula empregada polos servizos sociais-- entre as que o 23,3% afirman ter sufrido violencia física, sexual ou medo nos últimos 12 meses. En troca, a porcentaxe descende até o 15,1% no caso de mulleres \"sen certificado de discapacidade\"."}
{"ID": "NOS_27481", "summary": "O festival Paraty em Foco de Río de Janeiro recibe unha mostra do evento ourensán. Para edicións vindeiras iniciaranse intercambios con galerías de São Paulo que viaxarán a Galiza.", "text": "Martin Parr, Marcos López ou Peter Funch, ademáis de workshops de fotógrafos ou comisarios como Pietro Paolini, Tiago Santana, Claudi Carreras ou Michiel Munneke son algunhas das figuras internacionais de prestixio que este ano participarán no Paraty em Foco, o festival máis importante do Brasil e de renome en toda sudamérica. Este ano na súa 8º edición estivo presente o Outono Fotográfico de Ourense contando a súa experiencia de 30 anos de difusión desta arte visual. Vítor Nieves, coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico, foi o encargado de dar a coñecer nese evento o que xa é un referente en todo o Estado español. Nieves fixo un percorrido polas 90 salas que este ano acollerán o Festival que fundou Benito Losada en 1983, daquela con catro exposicións de catro fotógrafos nun só espazo expositivo en Ourense, e que na última edición chegou a ter 530 fotógrafos que participaron en 110 exposicións colgadas en 82 salas repartidas nas vilas e cidades do noso País. Vítor Nieves, coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico, foi o encargado de dar a coñecer a experiencia galega Outono Fotográfico continúa coa súa expansión a través de intercambios e actividades con outras salas e festivais de todo o mundo. Na actualidade realiza actividades en Barcelona e participa no World Press Foto, o Concurso Purificación García ou o premio Luís Valtueña de Fotografía. Despois desta experiencia en Brasil o festival galego vai a realizar intercambios con galerías de São Paulo para, en palabras de Victor Nieves \"internacionalizar a nosa arte e dar a coñecer a artistas brasileiros aquí\"."}
{"ID": "PRAZA_16632", "summary": "O sindicato sinala que a fraude realizaríase a través de Servicarne, unha falsa cooperativa que recibe encargos de matadoiros de toda Galicia, aínda que Ourense concentra a metade dos casos. A central subliña a explotación laboral que implica esta práctica e o recorte na cotización á Seguridade Social que supón", "text": "CC.OO. denuncia que máis que a industria cárnica galega opera con 1.500 falsos autónomos a través de Servicarne, unha falsa cooperativa que recibe encargos de matadoiros e empresas de procesado de carne de todo o país. Segundo os datos do sindicato, o groso da fraude estaría na provincia de Ourense, con case a metade dos casos, situándose a continuación Lugo e Pontevedra. A central informa que, a partir dunha reclamación inicial de CC.OO., Inspección de Traballo está a levar a cabo unha investigación contra Servicarne para confirmar en primeiro lugar que se trata dunha falsa cooperativa e, segundo, se existe relación laboral entre as persoas socias da cooperativa e a empresa cárnica, o que convertería estes traballadores en falsos autónomos. Segundo os datos do sindicato, o groso da fraude estaría na provincia de Ourense, con case a metade dos casos A denuncia de CC.OO. contra Servicarne forma parte dunha campaña de alcance estatal que o sindicato emprendeu o pasado mes de decembro contra diferentes cooperativas de traballo autónomo que Comisións Obreiras considera que cometen fraude e competencia desleal, especialmente no sector cárnico. A partir dunha reclamación inicial de CC.OO., Inspección de Traballo está a levar a cabo unha investigación contra Servicarne Segundo o sindicato, Servicarne traballa na actualidade para nove empresas, centros de produción ou procesamento cárnico de Galicia. En Lugo capital operaría con Suavi (na parroquia de Carballido), Novafrigsa e Frigolouro (parroquia de Coeses), e no resto da provincia con Sada P. A. Castilla Galicia (concello de Castro de Rei). En Ourense prestaría servizos a COREN, tanto no centro de produción da capital como no de Santa Cruz de Arrabaldo, así como á cooperativa Unimiño (concello de Baltar). Por último, na provincia de Pontevedra traballaría con Cogal (concello de Rodeiro) e novamente Frigolouro (O Porriño). Segundo datos do sindicato, uns 800 falsos autónomos de Servicarne traballarían coas cooperativas de Coren. En Lugo, unhas 200 persoas estarían subcontratadas por Novafrigsa e un cento polo grupo Sada. Na provincia de Pontevedra destacaría o caso de Frigolouro, que contaría cuns 260 falsos autónomos. Estas grandes empresas concentrarían case o 90 % dos 1.500 casos denunciados por CC.OO. Na comparecencia perante os medios de comunicación tomaron a palabra Ramón Sarmiento, secretario xeral de CC.OO. de Galicia, Víctor Ledo, secretario xeral de CC.OO.-Industria de Galicia, Lola Santillana, secretaria confederal de Emprego de CC.OO. e Vicente Canet, responsable estatal de CC.OO. no sector agroalimentario. CC.OO. subliña a explotación laboral que implica esta práctica e o recorte na cotización á Seguridade Social que supón O secretario xeral de CC.OO. denunciou que \"parte da clase empresarial crea ter dereito de explotación sobre a clase traballadora galega\" e demandou a que a \"calidade\" non só se refira aos produtos, senón tamén ás condicións laborais. O sindicato lembrou o prexuízo que estas prácticas implican para os traballadores e traballadoras, con cotizacións moi inferiores aos e ás asalariadas, sinalando que a base mínima para os autónomos é de case 920 euros mensuais, dos que deben restar a cota da Seguridade Social de 275 euros mensuais, un pagamento que deste xeito aforran as empresas. Ademais, esta fórmula supón unha infracotización á Seguridade Social que prexudica ao conxunto da sociedade. Así mesmo, estes traballadores e traballadoras sofren outros prexuízos: \"sen dereito á sindicación\" pois teoricamente non son asalariados, \"sen dereito á negociación colectiva\", pois non se rexen por un convenio, senón por contratos mercantís, e \"habitualmente sen información nin formación axeitada canto á prevención de riscos laborais\". Neste senso Ramón Sarmiento subliñou que Galicia é unha \"comunidade punteira cando falamos de fraude na contratación\", pois os e as falsas autónomas neste sector chegan ao 40%, catro veces máis que o habitual no conxunto do Estado. En total, dos 4.000 traballadores, 1.500 están en situación de autoemprego. \"Destacamos pola precariedade e pola temporalidade\", dixo, instando ás empresas \"que son bandeira no sector\" a que tomen as medidas axeitadas para \"desterrar do mercado de traballo esta figura fraudulenta\". Lola Santillana destacou que en moitas empresas do sector en Galicia o 90 % do cadro de persoal está formado por persoas en réxime de autoemprego, é dicir, falsos autónomos. \"Son traballadoras e traballadores totalmente desprotexidos\", dixo, e salientou que CC.OO. traballará da man \"coas verdadeiras cooperativas e os e as cooperativistas\". Denuncia que nos últimos anos se está a producir no sector cárnico galego \"a substitución de persoas con contratos indefinidos por outras subcontratadas mediante estas figuras fraudulentas\" Pola súa banda, Vitor Ledo denunciou que nos últimos anos se está a producir no sector cárnico galego \"a substitución de persoas con contratos indefinidos por outras subcontratadas mediante estas figuras fraudulentas\". Ademais, engadiu que \"traballadoras e traballadores con postos estables vense relegados e relegadas a ocupacións secundarias que poderían ser facilmente amortizables\". Puxo como exemplo a factoría de Frigolouro no Porriño, que tiña uns seiscentos empregos estables e hoxe case a metade -uns 260- serían falsos autónomos de Servicarne."}
{"ID": "PRAZA_8959", "summary": "Un bus urbano acolle a presentación de 'Música en branco', proxecto que recolle e difunde a memoria sonora do popular barrio coruñés da Agra do Orzán. Vídeo no interior.", "text": "\"A cidade é un libro que se le camiñando\", dicía Agustín Fernández Paz. Pero tamén é un territorio que se entende escoitando os seus sons, a súa música e recompilando súa historia cantareira. Iso é parte do que pretende o proxecto Música en branco: memoria da Agra do Orzán, presentado este luns na Coruña, unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste popular (e populoso) barrio. Unha iniciativa que \"explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común\". 'Música en branco' revela \"o valor comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común\" \"Rúa Barcelona, o Hong Konk galego, damos unha vida por un palmo de terreo... Polo si, polo non, especulación...\", cantaban Xurxo Souto, Mangüi e Ángel Campos, un veterano veciño do barrio, no bus da liña 7, ese que une Monte Alto coa Agra, e que foi a sede dunha das múltiples iniciativas de Música en branco. Un programa de radio itinerante que terá máis capítulos e que sorprendeu os viaxeiros do autobús entre canción e canción tradicional e taberneira da Coruña, ao tempo que Souto facía un percorrido histórico e musical polas diferentes zonas da cidade que atravesaba o vehículo. Unha viaxe que espertou as lembranzas dos veciños, que arrancou os aplausos e os coros dos presentes e que suscitou debates como o das dúas señoras que discutín sobre por que o barrio dos Mariñeiros era coñecido tamén como \"o das zocas\" ao reivindicar así o ruído que os seus veciños facían antigamente con este calzado. O programa de radio itinerante no autobús urbano espertou as lembranzas musicais dos veciños e alentou debates sobre a toponimia popular da cidade \"Sempre houbo moita música nas tabernas da Coruña, sobre todo cando algún bebía algo de máis\", lembraba entre risas Ignacio Nóvoa, un veciño de 83 anos, que se atopou no bus urbano con melodías que lembraba da súa época máis nova e que celebrou un proxecto que lle espertou as lembranzas do espírito máis cantareiro da cidade á que chegou desde Pontedeume hai décadas. Música en branco leva meses traballando. Primeiro na recolleita de información sobre a contorna, os veciños e a súa relación coa música entre o que se inclúe a consulta de fontes docuementais e bibliográficas ou a realización de 60 entrevistas persoais. Agora, chega o momento de envorcar toda esa información en oito liñas de actuación que inclúen estas Barriografías de Xurxo Souto, un obradoiro de sendeirismo urbano ou as audioguías elaboradas polo colectivo Escoitar.org que permitirán percorrer o barrio ao son da súa memoria musical. \"Un museo virtual a disposición de todo o mundo a través do seu móbil e de forma gratuíta\", lembrou Julio Gómez, responsable de Sinsal, autor dun proxecto da Concellería de Cultura no marco de Urbana-C, Programa Integral de Rexeneración Urbana financiado tamén pola UE. \"A Agra do Orzán convértese na primeira contorna barriografiada da historia\", lembra Xurxo Souto \"A Agra do Orzán convértese na primeira contorna barriografiada da historia\", reivindicou o músico Xurxo Souto, que lembra o \"centro de diversidade\" que supón un barrio con 30.000 habitantes, 689 por hectárea, o de máis densidade poboacional de Galicia e un co maior número de habitantes por metro cadrado de España e Europa, onde se xuntaron desde \"as melodías dos anos 70\" chegadas cos emigrantes das comarcas limítrofes ata os sons africanos dos moitos cidadáns senegaleses que agora habitan a zona, pasando antes por ser a orixe do rock e do folk feito na cidade. O resultado: \"unha experiencia inaudita\" que contará tamén cun mapa sonoro do barrio a partir das microhistorias da música recollidas polo proxecto, unha memoria das mulleres do lugar ou unha exposición final no centro Ágora que culminará unha iniciativa que comezou no decembro pasado e que finalizará este outubro. \"Será unha forma de fortalecer o diálogo entre a sociedade a través da música e tamén de coñecer máis exhaustivamente o barrio para darlle unha maior calidade de vida\", explicou tamén a concelleira de Cultura, Ana Fernández, na presentación oficial no centro Ágora. \"É a música ligada á socioloxía, como fonte de inspiración para recuperar o pasado e xuntar documentación para o futuro\", engadiu Julio Gómez logo de que Xurxo Souto volvese reivindicar a riqueza musical dunha cidade que deu a personaxes populares como Canzobre ou Querelé da Silva, pero tamén a Pucho Boedo, Luar na Lubre ou Os Diplomáticos de Monte Alto."}
{"ID": "NOS_14884", "summary": "Non é seguro que as primarias se vaian realizar finalmente esta fin de semana. A dirección da confluencia —informou o integrante da Comisión de Garantías Gonzalo Rodríguez en conferencia de imprensa— quer introducir novas medidas de seguranza no sistema. Os resultados das autorías encarregadas pola Comisión de Garantías, xa en mans deste órgano, apuntan a que dous membros do comité electoral, controlado polo sector crítico, si que terían accedido ao censo, a pesar de non teren autorización para o facer. Con todo, non hai indicios de alteración dos datos das persoas inscritas.", "text": "O responsábel da custodia do censo das primarias, Gonzalo Rodríguez, compareceu no serán desta segunda feira para dar conta aos meios das conclusións das auditorías encarregadas pola dirección da confluencia en relación ás supostas irregularidades habidas durante o proceso de votación das primarias, axendado para a fin de semana do 1 ao 3 de decembro e que foi suspendido por decisión da Comisión de Garantías da confluencia. As auditorías conclúen que si houbo accesos indebidos ao censo, sobre o que en teoría só se podía asomar o propio Gonzalo Rodríguez. Fontes do sector crítico relataron días atrás que en efecto integrantes do Comité Electoral consultaron o listado, mais que o fixeron en presenza do seu responsábel. Desde a dirección saínte, de maioría villarista, afírmase que houbo unha intrusión tal que durante 24 horas o encarregado da custodia dos datos non puido acceder a eles. Durante ese período as entradas no sistema teríanse producido sen a supervisión de Rodríguez. O informe dos auditores constataría, indicou Gonzalo Rodríguez, que \"houbo entradas de persoas non autorizadas que verificaron unha serie de fichas\". Alén diso, acrecentou, \"accedeuse a dados confidenciais e a algún DNI\", dixo o membro da Comisión de Garantías, en declaracións recollidas por Europa Press. En todo caso, as auditorías non detectan a existencia de modificación dos datos. Isto é, en principio a intrusión no listado non tería tido como obxectivo dar altas ou baixas de eleitores no proceso interno. \"Non se pode probar que houbese ningunha modificación\" do censo, afirmou Rodríguez, quen, porén, enfatizou que os dous integrantes do comité electoral accederon á relación das persoas inscritas \"en contra do mandato do plenario, do da Comisión de Garantías e da autorización expresa do responsábel ante a Axencia de Protección de Datos\". A pretensa conculcación das normas internas vai levar a Coordenadora de En Marea —órgano equivalente a unha executiva, de maioría villarista— a demandar a revocación dos dous integrantes do comité electoral que terían accedido sen autorización ao censo. Visto o visto, o custodio do censo anunciou que a dirección tenciona introducir novas medidas de seguranza que garantan a limpeza do proceso. Isto vai levar un certo tempo, o que deixa no ar a perspectiva de que as primarias se realicen esta próxima fin de semana."}
{"ID": "NOS_56075", "summary": "As redes sociais alimentaron un novo activismo que o sistema persegue. A coñecida como lei mordaza, a reforma do Código Penal ou a Lei de Axuizamento Criminal recortaron a liberdade de expresión, mais non para todos os sectores da poboación por igual. Cóntannolo activistas en defensa dos dereitos civís no Sermos Galiza 267. Eis un extracto.", "text": "A liberdade de expresión na era dos chíos vese diminuída pola tendencia a resolver pola vía punitiva cuestións de toda natureza. A coñecida como lei mordaza –a Lei de Seguridade Cidadá aprobada en 2015 cos únicos votos a favor do Partido Popular e e con toda a oposición en contra– implicou un retroceso nos dereitos civís. Sancións económicas e declaracións perante a Audiencia Nacional son consecuencias dunha lei que recorta a liberdade de expresión, mais non en todos os sectores da poboación. Evidénciase a raíz do movemento popular a favor da independencia en Catalunya. Non se perseguen da mesma maneira as expresións incendiarias de fascistas que as opinións das persoas independentistas e mesmo das que, sen selo, defenderon a lexitimidade e participaron do referendo que tivo lugar o 1 de outubro. Nin mesmo socialmente. Á vista están as redes sociais. O avogado Nemésio Barxa, cunha ampla traxectoria en defensa dos dereitos e liberdades, advírtenos non só do recorte que sofre a liberdade de expresión, senón tamén da censura, \"unha censura derivada do feito de que, dependendo do que escribas, estás exposto a recibir unha sanción\". Alude, así, á lei mordaza, que \"veu rematar con todo\". \"Antes había que ir ao Xulgado e alí se dirimían os delitos que podían darse –agora hai máis delitos dos que había– mais agora a sanción e gobernativa e iso complica o procedemento\", explica. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 267 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_10191", "summary": "A entidade da emigración asina o acordo co grupo BASA, que xestiona xa o hospital e ten dereito a adquirir o inmoble de cancelar a débeda da sociedade, que ascende a 40 millóns. A institución manterá un espazo no edificio e o control sobre a biblioteca, o teatro ou o panteón.", "text": "No Nadal de 2017, o Centro Gallego de Bos Aires celebraba unha asemblea de socios que activaba as negociacións para a venda da súa histórica sede e da xestión sanitaria. O grupo español Ribera Salud era o principal interesado na emblemática institución da emigración galega, que leva sete anos intervida polo Estado arxentino, acumula unha xigante débeda, asomouse ao precipicio da quebra, viu como se ía desmantelando o hospital e mantén impagos con centos de traballadores. O Centro Gallego evita a súa quebra cedendo a xestión sanitaria ao grupo BASA, que se compromete a pagar todas as súas débedas e ten a opción de quedar coa emblemática sedeAno e medio despois, e logo de ducias de xuntanzas e atrancos, o CGBA atopa por fin unha solución que evita a temida creba, mantén a atención sanitaria aos socios que aínda quedan e salva o importante patrimonio histórico e cultural de Galicia e da súa emigración que a entidade garda desde hai décadas. Pero queda, con case total seguridade, coa súa emblemática sede. O Centro Gallego asinou este pasado martes co grupo BASA (Buenos Aires Servicios de Salud) o contrato de xerencia da entidade sanitaria por un período de cinco anos con posibilidade de extendelo a 30, con opción de compra do emblemático edificio erguido por milleiros de emigrantes que formaron parte dunha institución con 112 anos de historia. O acordo foi aprobado por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada no Teatro Castelao. Nel aclárase que BASA asumirá o pagamento de todas as débedas do Centro Gallego, que segundo o responsable do grupo, Roberto Olmos, ascende a uns 2.000 millóns de pesos, uns 40 millóns de euros. Será cando se vaian cancelando os pasivos cando o inmoble poderá ser transferido ao grupo sanitario, que ten o dereito \"exclusivo e irrevogable\" durante eses 30 anos de adquisición da propiedade e que poderá \"exercerse parcialmente en etapas\". O grupo BASA asumiu este pasado mércores xa a xestión do hospital e anunciou que a primeira medida sería \"pagar os salarios deste mes\" para logo \"poñerse ao día cos traballadores do Centro, uns 300 empregados, mediante un plan de pago\". \"A nosa prioridade é restablecer o máis axiña posible os servizos do centro hospitalario\", insistiu Olmos, que anunciou a chegada de equipamento médico a unha entidade \"practicamente desmantelada\" e con medios \"obsoletos\". Ademais, os socios que aínda quedan na institución –uns 3.000-- poderán ser xa atendidos en calquera dos 18 centros que o grupo ten na Arxentina.A mutual do Centro Gallego cede a xestión da entidade sanitaria pero controlará o labor do grupo BASA e conserva, segundo os termos do contrato ao que puido acceder este diario, o dereito de \"uso e goce\" do primeiro andar do edificio e dun espazo con entrada independente. É alí onde está a histórica sala de xuntas e a sede do Instituto Arxentino da Cultura Galega, pero tamén mantén será o encargado do cuarto onde faleceu Castelao, o teatro, o edificio situado en Valentín Alsina e o gran panteón galego no cemiterio da Chacarita, sendo tamén responsable do seu \"coidado e seguridade\".A entidade dos emigrantes mantén o dereito de \"uso e goce\" do primeiro andar, do panteón da Chacarita ou do cuarto onde faleceu Castelao e mantén todo o patrimonio histórico e culturalO Instituto Arxentino da Cultura Galega, fundado en 1969 e continuador da antiga Comisión de Cultura, ocúpase da difusión da cutlura galega e da custodia do patrimonio cultural da institución. Porque o CGBA garda, por exemplo, medio cento de esculturas e estatuas, máis de cen pinturas de Seoane, Colmeiro, Castelao ou Maside, unha biblioteca de 20.000 volumes centrados no país, un teatro histórico de 400 butacas, un inxente arquivo fotográfico ou unha fonoteca con discursos de Otero Pedrayo, Blanco Amor e Cunqueiro.A emigración galega deixa de xestionar o seu hospital 112 anos despois de que se fundase o histórico Centro Gallego, que chegou a superar os 100.000 socios e onde naceron ou foron atendidos milleiros de descendentes de galegos. Ante a posibilidade de quebra, e da perda mesmo de todo o patrimonio cultural, os asociados optaron pola cesión da xestión durante 30 anos e a posibilidade de perder un edificio emblemático. A condición unánime era a de manter o control sobre todas as pezas históricas e todo o legado. A emigración galega deixa de xestionar o seu hospital 112 anos despois de que se fundase o Centro Gallego e case un século despois de inaugurar a súa sedeFundado en 1907, e logo de varias mudanzas en dez anos, o Centro Gallego adquiriu en 1917 o inmoble no que se empraza hoxe, na avenida Belgrano, en pleno centro bonaerense. Foron necesarios máis de 100.000 pesos, conseguidos grazas a unha subscrición popular entre a diáspora. Un ano despois comezou a obra que rematou en maio de 1920. Case un século despois, a emigración perde os seus dereitos sobre el. Pero a sede foi aumentando coa adquisición de inmobles contiguos. O Centro contaba nos seus inicios con 5.000 socios, pero a cifra foi imcrementándose ao tempo que o facían as doazóns nas colectas e festivais para completar un edificio de 34.000 metros cadrados. A obra rematou e foi inaugurada en 1941, logo de que anos antes, para a colocación da primeira pedra do Edificio Social, emigrantes trouxesen terra das catro provincias galegas. O número de asociados era xa de 70.00, que chegou nos 50 aos 120.000 asociados que gozaban dunha asistencia sanitaria envexada en toda a Arxentina."}
{"ID": "NOS_11330", "summary": "Mediante unha análise pausada, o profesor Rubén C. Lois González explica cal é a situación actual da demografía na Galiza, achega un breve repaso histórico e explica por que é esta cuestión un problema a día de hoxe na sociedade galega, tremendamente avellentada e cunha densidade de poboación que decrece ano tras ano, cales son as causas e cal pode ser unha posíbel folla de ruta para reverter a situación actual con políticas demográficas reais.", "text": "A pregunta coa que debemos comezar resulta evidente. Por que a demografía é importante para nós? E as respostas favorábeis a destacar o coñecemento demográfico son varias. A primeira, se Galiza é unha lingua, un pobo e unha fala, estudar ese pobo, o número de persoas que o compoñen, as súas características internas e evolución recente resulta fundamental. Se coñecemos ben a poboación, podemos prever se esa comunidade será máis forte ou se enfraquecerá no futuro. Por iso, interesa facer un seguimento da natalidade e da mortalidade, das migracións, achegarse ao avellentamento ou á mocidade demográfica. Ademais, ao coñecer a estrutura de poboación podemos facer previsións sobre a dotación de servizos públicos. Cantos centros de día debemos abrir? Cantas gardarías?, e así nunha ampla lista. Habería moitas máis razóns para xustificar o liderado da análise demográfica, e só imos enunciar que esta permite estabelecer previsións sobre o mercado laboral, o número de futuros escolares e pensionistas ou o avance no abandono do rural, por citar tres moi evidentes. Para comezar un repaso sobre as cuestións demográficas, cómpre preguntarse cantos somos, cal é a poboación de Galiza. A resposta repítese nos últimos 40 anos, os galegos e as galegas que vivimos aquí sumamos entre 2,7 e 2,8 millóns de habitantes. A poboación total leva estancada desde 1981, se ben os efectos da crise económica e financeira do último decenio fixeron que moitos mozos e mozas emigrasen, e que o efectivo demográfico caese nos últimos anos até 2.698.365 habitantes en 2019. Se procuramos un amplo repaso histórico, cabe dicir que no primeiro reconto xeral da poboación e da economía da Galiza, o Catastro de Ensenada do século XVIII, a poboación galega era a metade da de agora, 1.2999.132, aínda que esta cifra sexa aproximada. No primeiro, censo de poboación, en 1857, chegamos a 1.776.879 habitantes, que foron 2.063.589 en 1900 e 2.604.200 en 1950. Isto é, o efectivo demográfico medrou vigorosamente na Galiza desde mediados do século XVIII a mediados do XX (a pesar duns intensísimos fluxos migratorios), comezou a aumentar pouco de 1950 a 1981 (só se gañaron 150.000 habitantes, no medio dunha segunda vaga migratoria) e estancouse desde esa última data, con tendencia ao decrecemento desde 2010. Por estas razóns, a Galiza perdeu peso de poboación de forma moi marcada no Estado español, pasando de representar 10,8% en 1900 a 9,3% en 1950, 6,65% en 2000 e só 5,65% en 2019. Temos menos significación demográfica, somos máis vellos e vellas, e acusamos as fondas pegadas das migracións pasadas e presentes. O efectivo humano da Galiza estivo bastante ben repartido entre as súas comarcas até o século XVII Segundo nos lembran os historiadores, o efectivo humano da Galiza estivo bastante ben repartido entre as súas comarcas até o século XVII. Nese momento, a chegada dalgúns cultivos como o millo desde América fixo que as maiores densidades pasasen a localizarse na costa e en fértiles vales de pouca altitude (o Ulla, o Ribeiro, as Mariñas etc.) fronte a un interior menos poboado. De feito, en relación a unhas medias de 30 ou 40 habitantes por quilómetro cadrado cara ao leste, nas bisbarras occidentais e do sur podían acadarse máis 60 habitantes por quilómetro cadrado, unhas densidades rurais moi altas, para as posibilidades tecnolóxicas do Antigo Réxime. Este rural superpoboado sempre será a orixe dunhas migracións seculares que foron masivas no século XVIII. Para as épocas recentes, a desigual distribución da poboación no territorio responde ao proceso de urbanización. Os galegos concentrámonos no Eixo Urbano Atlántico, que de Ferrol-A Coruña até Vigo e a raia con Portugal concentra máis de dous millóns dos 2,7 millóns de habitantes do país en 5.000-6.000 quilómetros cadrados. Os restantes 25.000 habitantes por quilómetros cadrados do territorio sofren serios problemas de despoboación, avellentamento e atonía económica, característica de boa parte do rural no presente. Este contraste entre a Galifornia (Galiza poboada e máis rica) e a Garizona (o rural interior) é un dos problemas demográficos máis importantes que debe enfrontar a nosa sociedade e que non deixa de agravarse. Como xa apuntamos, as migracións foron protagonistas da nosa historia demográfica recente e xustifican os serios problemas estruturais da poboación galega na actualidade. Neste senso, adóitanse distinguir varias vagas migratorias, comezando pola marcha de traballadores manuais a Castela ou a Portugal ao longo do XVIII, continuando co primeiro gran período de emigración a América no tránsito do século XIX ao XX, as migracións á Europa rica e aos territorios máis industriais do Estado español entre os anos 1950 e 1975, e a recente partida de mozos e mozas cualificadas cara ás rexións metropolitanas centrais do Estado e de Europa occidental desde 2010. Como consecuencia destes fluxos históricos, a Galiza presenta un marcado avellentamento demográfico: 25,2% da súa poboación fixo 65 anos e 8,8% os 80 en 2019. O avellentamento e a falta de perspectivas económicas para moitas persoas novas fai que a taxa de natalidade estea entre o 6 e o 7 por mil desde 2017 e que a de mortalidade se sitúe entre o 11,5 e o 12 por mil nas mesmas datas. Uns indicadores preocupantes dun país cunha idade media moi alta e con pouca vitalidade demográfica, condicionada por un mercado de traballo definido pola eventualidade dun bo número de empregos para a mocidade. As migracións foron protagonistas da nosa historia demográfica recente A última cuestión a tratar neste rápido repaso da demografía da Galiza refírese á estrutura socioprofesional da poboación e a outros atributos significativos do efectivo humano. O primeiro deles é a composición por sexo e podemos afirmar que hai máis galegas que galegos (51,9% fronte a 48,1%), xa que a súa esperanza é seis anos superior á dos homes (86,2 anos contra 79,8), nun contexto de avellentamento. Polo que se refire á poboación ocupada, está a dominar un sector terciario moi heteroxéneo como en Europa, se ben a poboación que traballa no agro e no mar sitúase ao redor de 6,5% (máis de 10% se incluímos todo o complexo agroalimentario) e ao redor de 24% encádrase na industria e na construción, unha porcentaxe superior á media estatal. Polo tanto, unha poboación vella, feminina, urbanizada e diversificada laboralmente define a Galiza actual, onde a taxa de ocupación é feble pola alta porcentaxe de pensionistas, tamén un infrarrexistro do traballo das mulleres (estimado en 50 ou 60.000 persoas), e non tanto pola importancia da poboación escolar e estudantil. Como resultado deste rápido repaso aos principais trazos da poboación galega, queremos subliñar que o coñecemento destes temas debe dar paso a novas políticas demográficas. Estas combinaranse coas sanitarias para garantir o mantemento dunha elevada esperanza de vida. Así e todo, o avellentamento positivo debería ser complementado cun rexuvenecemento demográfico por dúas vías: a retención de mozos e mozas mediante políticas activas de freo á emigración, e o fomento dunha inmigración ordenada de mozos e mozas de países menos desenvolvidos (que ademais reforcen a diversidade interna da Galiza). Estas accións contra o despoboamento cumpriría que se acentuaran nas comarcas rurais e do interior, onde ademais as medidas a favor da integración laboral de mulleres novas teñen que centrar moitas actuacións públicas. Por último, a emigración e a baixa natalidade combátense con políticas de emprego estábel e digno, e coa ampliación do alcance dos servizos públicos. Tamén estas medidas de gobernanza económica e social poden traducirse en políticas demográficas."}
{"ID": "PRAZA_11076", "summary": "Un informe do Eixo Atlántico evidencia a disparidade de fortalezas e debilidades existentes na eurorrexión á hora de captar empresas estranxeiras", "text": "Un informe do Eixo Atlántico evidencia a disparidade de fortalezas e debilidades existentes na eurorrexión á hora de captar empresas estranxeiras\"Os tempos de resposta ás questões administrativas e burocraticas são em media mais baixos na região Norte de Portugal por força do quadro legal nacional\" mentres que \"a Galiza tem vantagem competitiva na mobilidade pela existência do comboio de alta velocidade conectado com o resto da Europa\". Esas son só dúas das diversas diferenzas detectadas nos incentivos ou obstáculos ao investimento existentes na eurorrexión recollidos nun informe do Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal. O documento, elaborado por varios expertos investigadores e presentado este luns en Santiago, no marco dunhas xornadas de intercambio de experiencias, está pensado como unha guía para a captación de investimentos dirixida á trintena de cidades da eurorrexión socias do Eixo Atlántico, pero ao tempo que pon sobre a mesa as súas potencialidades, tamén evidencia as deficiencias nese eido.\"Falta política industrial\" por parte das administracións supramunicipais competentes na materia, coincidiron en salientar desde a banda galega na presentación do documento o presidente do Eixo Atlántico e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Pola súa banda José María Costa, rexedor de Viana do Castelo, municipio portugués que coordinou o informe por ser un exemplo de captación de investimentos, fixo fincapé na importancia de que as administracións non se centren só na atracción das empresas senón que as \"acompañen\" ao longo da súa presenza na eurorrexión para que os seus investimentos se manteñan no tempo.O informe salienta a primacía do Porto en conexións aéreas e a potencialidade de Galicia coa alta velocidade, ao tempo que contrapón volume e especialización nos portos portugueses e galegosO informe salienta que tanto Galicia como o Norte de Portugal destacan polo seu carácter exportador, especialmente nos sectores téxtil e da automoción, pola súa cobertura sanitaria e educativa ou por ser \"das regiões mais seguras da Europa e do mundo\", así como por presentar \"um bom índice de integração de estrangeiros, fator fundamental á instalação de empresas internacionais\" ou pola potencialidade dos seus idiomas.Porén, o documento deixa en evidencia as disparidades entre as dúas rexións en varios aspectos, como a menor conectividade aérea de toda Galicia en comparación co aeroporto do Porto, ou á inversa o maior atractivo de Galicia en materia ferroviaria pola súa inminente conexión coa rede de alta velocidade. En materia portuaria, o documento salienta a especialización dos portos galegos fronte ao volume de movementos dos portugueses.\"As cidades portuguesas do Eixo Atlântico apresentam uma maior competitividade em termos de incentivos ao investimento sobretudo nas valências que são da responsabilidade dos próprios municípios\"O informe é especialmente crítico con Galicia no ámbito administrativo, no que salienta que así como en Portugal as cámaras municipais teñen importantes competencias en materia de atracción de investimentos, a este lado do Miño os concellos teñen menos marxe de actuación, residindo a iniciativa na Xunta ou o Estado. Nese eido, o documento sinala que \"as cidades portuguesas do Eixo Atlântico apresentam uma maior competitividade em termos de incentivos ao investimento sobretudo nas valências que são da responsabilidade dos próprios municípios a saber: Acompanhamento individualizado dos potenciais investidores desde a primeira hora oferecendo também serviços de apoio á instalação da empresa e das pessoas; taxas e benefícios de incentivo fortemente competitivos; os tempos de resposta ás questões administrativas e burocráticas são em media mais baixos na região Norte de Portugal por força do quadro legal nacional.\"O informe tamén salienta outras moitas diferenzas entre Galicia e o Norte de Portugal á hora de resultar máis ou menos atractivas para as empresas estranxeiras, como a menor penetración en Galicia da banda larga en materia de telecomunicacións ou os maiores custos enerxéticos. Pola contra, en materia de lentitude da xustiza o informe reflicte disparidade nos dous países nos prazos de resolución dos conflitos comerciais ou empresariais en función do tipo de procedemento pero con importantes demoras nos dous casos que poden chegar aos 23 meses de media en Portugal para a resolución nos tribunais de reivindicacións da propiedade de débedas ou os 17 meses de media no caso galego para resolver cuestións mercantís.Na presentación do documento, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, salientou que a orixe do informe foron diversas voces, que non identificou, que hai uns meses criticaron que Portugal estaba a incentivar a deslocalización de empresas de Galicia. Pola contra, o responsable do Eixo Atlántico salientou, en liña co afirmado por Bugallo e García, que \"o que había era que Portugal ten política industrial e aquí non a hai\", engadindo que Viana do Castelo, posta como exemplo de actuación desde as administracións públicas, \"vai polo cuarto polígono empresarial e a única empresa galega que hai alí leva anos instalada\". Nesa liña, os presentes instaron a unha maior cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para atraer investimentos de xeito conxunto e salientaron como nos encontros con posibles empresas candidatas a asentarse na zona a cámara municipal de Viana do Castelo invita a enxeñeiros das universidades do Porto e do Minho pero tamén da de Vigo."}
{"ID": "NOS_49508", "summary": "A selección feminina e masculina debutarán a segunda feira, 29 de xullo, en Waterford.", "text": "A selección galega de fútbol gaélico debutará no Mundial de Irlanda contra dous vellos coñecidos: Bretaña, no caso da selección feminina, e Arxentina, na masculina. Ambos os dous encontros terán lugar a segunda feira 29 de xullo. No Mundial – que decorre do 28 de xullo ao 2 de agosto- toman parte 85 equipos de diferentes partes do mundo. A selección galega feminina enfrontouse a Bretaña no campionato de Europa do ano pasado e nun amistoso no marco do Festival de An Orient. Arxentina foi a equipa que derrotou a selección galega masculina na final do Mundial de Abu Dhabi en 2015. A selección galega masculina enfrontarase a outros 24 equipos onde destacan algúns tan fortes como Nova York, San Francisco, Francia, Canadá, Australia, Bretaña ou Arxentina. No feminino competirán 17 seleccións, destacando tamén as estadounidenses, Canadá, Rusia ou Francia, entre outras. O torneo estruturarase nunha primeira parte de liguiña onde os primeiros clasificados accederán logo á loita polo título mentres os demais pasarán a competir nas fases \"Plate\" e \"Shield\". Nos próximos días sortearanse os grupos. En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase \"Irish\" na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra \"Native\" na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses."}
{"ID": "NOS_41012", "summary": "Riotorto é un concello pequeno, de 1400 habitantes, que lle pon freo aos recortes sociais e mesmo, en tempo de crise, incrementa os servizos para a veciñanza. O seu alcalde, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, mantén que en tempos tan duros cómpre desde as institucións públicas estar ao pé das urxencias da veciñanza e niso inviste boa parte dos recursos do concello.", "text": "No seu segundo mandato, Federico Gutiérrez Estoa (BNG) conseguiu que Riotorto sexa vangarda en programas como a Rede de Dinamización Local ou a xestión de novas iniciativas como \"Receitas na casa\". -Nestes seis anos que leva á fronte do goberno local, que cambios experimentou o concello de Riotorto? O primeiro cambio foi a democratización e a transparencia nos asuntos públicos. Riotorto é un concello rural, de 1.400 habitante, e o que pretendemos desde o inicio é achegar a veciñanza aos servizos, máis tamén o ocio. De especial importancia foi artellar a Rede de Dinamización Local, que funciona en todo o concello promovendo a participación de veciños e veciñas. -En que consiste a Rede de Dinamización Local? \" De especial importancia foi artellar a Rede de Dinamización Local, que funciona en todo o concello promovendo a participación de veciños e veciñas\". Tiñamos un conxunto de escolas unitarias sen lles dar uso e o que fixemos foi arranxalas e darlles vida. Contamos con dinamizadores que van todos os días atendelas nun horario establecido e alí fanse as actividades e ofréceselle á veciñanza un lugar onde se xuntar. O que percibimos é que contribúe a que as persoas saian das súas casa e á socialización da comunidade. Os propios veciños marcan a actividade que se vai desenvolvendo. Buscouse que se implicaran activamente no seu funcionamento. Son un instrumento para a participación veciñal, tamén para escoitar as propostas e as queixas dos veciños. A xente botaba ás veces toda a semana sen saír da casa e agora, con estas escolas abertas si que saen para se encontrar e falar. -Malia ser un concello pequeno, cunha poboación envellecida, Riotorto decidiu non cobrar axuda a domicilio. Que supón esa insubmisión ao repago? Cunha poboación tan avellentada a demanda de axuda no fogar é moita, é certo. A Xunta deixou de financiala, quedando así os concellos na estacada, co gasto feito e sen financiamento. Nós decidimos manter o servizo sen cobrar nada por el. En certa maneira, estamoslle a botar un pulso á Xunta, que quere que lle cobremos aos usuarios. \"Mantemos o servizo gratuíto de axuda a domicilio malia a Xunta deixara de financialo\" -Se de insubmisión falamos, páganlle a extra ás persoas que están empregadas no concello? Temos tres funcionarios e tres laborais que cobran as súas pagas extras. Aprobamos unha moción ao respecto e estamos pagando a través do complemento de produtividade. -O concello non tivo que facer recortes en servizos sociais? Defendemos a necesidade de manter e mesmo incrementar os servizos sociais. Puxemos, poño por caso, en marcha o programa \"Receitas na casa\" polo que unha persoa se encarga de xestionar as recetas dos veciños e veciñas que non teñen posibilidade de acudir á farmacia. Démonos conta de que a xente maior, que é a que máis medicamentos consome, non tiña transporte para ir pola súa propia conta buscar as medicinas e por iso xestionamos este servizo en coordinación coa farmacia do concello, que se presta a colaborar para facilitar o acceso. \" Co programa \"Receitas na casa\" polo que unha persoa se encarga de xestionar as receitas dos veciños e veciñas que non teñen posibilidade de acudir á farmacia\" -Como conseguiron que un concello tan pequeno teña servizo de fisioterapeuta e podoloxía? O obxectivo é loitar contra o despoboamento. Buscamos que en Riotorto se poida dispoñer do que se precise e, desta maneira, desde o concello fíxose a xestión para que se desprazaran profesionais uns días concretos e nós cedémoslle un local. Os veciños teñen posibilidade de sesións de fisioterapia e podoloxía a uns prezos especiais, polo acordo chegado co Concello. -En Riotorto ten a sede a Cooperativa de Labregos de Lugo. Por que se instalaron no concello? Polo apoio que desde o concello se lles deu para que montaran aquí a súa sede. Hai socios de Riotorto mais tamén doutros concellos limítrofes. Estanse ademais integrando algúns viciños novos á cooperativa. Recupéranse para a produción terras abandonadas e o máis interesante é que se está incorporando xente nova que pode atopar así unha saída en tempo de crise. \"Cos mercados de tempada animamos ao consumo de produtos locais\" -Outra iniciativa anovadora do seu goberno foron os mercados de tempada. Con que obxectivo foron creados? Son mercados que se desenvolven cada trimestre, segundo as estacións do ano. A idea era darlle saída a esa pequena produción que a xente ten da súa horta e a produtos ecolóxicos. Queriamos tamén dinamizar a hostalería local con estes eventos. Facemos catro ao ano, con bastante éxito de participación. Do que se trata con esta iniciativa é de convidar a consumir produtos locais. -Na páxina oficial do concello, unha das novidades é ter aberto un tanatorio público. Por que apostaron por crear ese servizo a custa do concello e non optar por un privado? Era unha demanda veciñal importante porque non dispoñiamos do servizo. Cada vez que había un morto tiñamos que ir a Pontenova e aproveitando o Plan E decidimos construír un pequeno que é un servizo gratuíto para a veciñanza de Riotorto. Cantos máis servizos públicos se habiliten con maior forza paramos a fuxida cara outros concellos máis grandes. \"Cantos máis servizos públicos se habiliten con maior forza paramos a fuxida cara outros concellos máis grandes\". -A Feira da Artesanía do Ferro chega a súa VII edición, Que supón no calendario anual de Riotorto? A artesanía do ferro é un potencial singular noso. Se Riotorto é coñecido é polos seus ferreiros. Contra o que acontece noutros concellos do país, aquí aínda quedan unha ducia en activo. Un dos nosos obxectivos é dignificar a profesión e elevar a autoestima dos ferreiros mais tamén dinamizar a economía, en especial, o comercio e a hostelaría local así como contribuir á promoción turística do Concello. Hai dous anos desenvolvimos un obradoiro de rapaces co obxectivo de incorporar xente moza ao oficio porque a idade media era xa avanzada e podía desaparecer. Incorporáronse dous rapaces e queremos que o oficio continúe vivo en Riotorto, mesmo que se reinvente conforme os tempos actuais. \"A veciñanza emociónase ao se topar coa súa propia memoria\". - Como se coida da memoria e a identidade nun concello tan pequeno? Nós vimos como o patrimonio se destruía. Cando un veciño morre ou cando unha casa cae vai canda el unha parte da nosa historia. Tentamos conservar a memoria e, por iso, nas escolas unitarias creamos micromuseos e fomos recollendo patrimonio, desde a tradición oral ata elementos etnográficos, históricos, musicais ou fotográficos. A veciñanza emociónase ao se topar coa súa propia memoria."}
{"ID": "NOS_9619", "summary": "A dramaturga Vanesa Sotelo dirixe con Teatro Art'Imagem da Maia (Portugal) a peza Espécies Lázaro, unha obra en dous tempos, o século XVI e o XXI, e en dúas vertentes da lingua, a galega e a portuguesa, que se estrea esta terza feira na Quinta da Caverneira da Maia e da que poderemos gozar o 8 de xullo na Mostra de Teatro de Cangas.", "text": "\"Unha comedia áspera e aceda\", así define Teatro Art'Imagem a súa nova montaxe escénica, para a que contou coa autora e, nesta ocasión directora, Vanesa Sotelo (Cangas, 1981), e que leva por título Espécies Lázaro. Unha obra na que a canguesa reflexiona sobre a ruptura das fronteiras a través das raíces das linguas galega e portuguesa e que se interpreta no Auditorio da Quinta da Caverneira da Maia (Portugal), desde esta segunda feira até o 20 de xuño, en horario de 19 horas de terza feira a sábado e ás 16 horas do domingo. A montaxe, coa que se lle dá continuidade a case 40 anos de colaboración entre Teatro Art'Imagem e o teatro galego, formará parte do programa da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (Mitcf) de Cangas, o próximo 8 de xullo. O elenco, constituído polos actores Davide González da Galiza, Pedro Carvalho de Portugal e Flávio Hamilton de Cabo Verde, non é obstáculo para que Vanesa Sotelo conte unha historia que \"ten que ver coa memoria, co territorio e tamén coa muller\", explica a Nós Diario, \"e nun momento de ofensiva contra o medio ambiente, na que a procura de recursos verdes atenta contra o espazo natural, cheguei á raíz\". Unha base que non é outra que a \"situación extrema dunha tripulación en alta mar\". Unha historia narrada dúas liñas temporais Davide González, Pedro Carvalho e Flávio Hamilton interpretan a dúas personaxes cada unha, por unha banda unhas mulleres no galeón San Xerome do século XVI e, pola outra banda, tres homes que realizan sondaxes do fondo mariño da Galiza co obxectivo de catalogar os animais e achar algunha \"especie lázaro\", aquela que se considera extinta máis nun momento volve ser vista. \"En paralelo a esta situación extrema en alta mar, dunha tripulación do século XXI, o que vemos é a pose a través dos corpos dos actores dunha situación semellante coa que eu fantasiei e da que me apropiei, e á que me guiou o galeón San Xerome, que estaba capitaneado por Isabel Barreto, a primeira almirante da historia da navegación\", relata Sotelo. \"Achégome á figura de Barreto tentando investigar o territorio galego e o portugués, porque aínda que naceu en Pontevedra a súa familia era portuguesa e Álvaro Mendaña (capitán co embarcou na busca das illas Salomón) naceu no Bierzo...\", engade. \"De fondo está esta convivencia das linguas e das propias persoas que nun espazo reducido, neste caso dous barcos que navegan en paralelo en dous séculos diferentes, viven a mesma situación e deben soportar as emocións que os afectan\". Refírese a dramaturga ao que acontece nos dous relatos de Espécies Lázaro: a historia do buque oceanográfico, no que logo de varias semanas de convivencia e unha enfermidade inesperada a tripulación comeza a amosar os seus prexuízos; e a do galeón San Xerome, que no Pacífico sofre a morte do seu capitán e toma o mando a súa viúva, Isabel Barreto, nunha embarcación coa tripulación minguada, sen víveres e sen auga. En ambos os casos se produce a anteparite, unha síndrome que experimentan as persoas confinadas no mesmo lugar durante moito tempo. Ensaio e montaxe marcadas pola Covid-19 A situación sanitaria provocada pola pandemia da Covid-19 retocou o decorrer desta montaxe. A súa estrea, prevista inicialmente no inverno de 2020, adiouse até o 13 de abril de 2021, unha data na que a situación sanitaria tampouco permitía a apertura dos teatros. \"Iniciabamos os ensaios presenciais en xaneiro pero xusto cando iamos viaxar a Maia, Portugal fechou as fronteiras\", lembra Sotelo. \"Foi unha reinvención constante, fixamos os ensaios para o 25 de xaneiro pero non podiamos desprazarnos\", conta a directora, así que \"comezamos un traballo de mesa que durou até abril, tres meses de traballo virtual, de conversas sobre o texto, de construción de personaxes, de debate... Algo que foi moi, moi enriquecedor\", sentenza. \"Unha vez que puidemos traballar presencialmente había moitísimo labor feito e unha claridade moi boa do que quedaba por facer\", explica a dramaturga que tamén lembra que \"todas esas fronteiras que se nos foron levantando polo camiño conseguimos facelas desaparecer\"."}
{"ID": "NOS_33848", "summary": "Eva Maquieira foi cesada como responsábel do servizo de Cirurxía Plástica do Hospital Álvaro Cunqueiro en marzo de 2020, xusto un día despois de publicar no seu perfil de Facebook unha mensaxe moi crítica coa Administración, a raíz dunha controvertida orde que recibiran da Xerencia —daquela ostentada polo actual conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña—: o persoal sanitario non debía usar máscaras cirúrxicas \"para non xerar alarmismo\". O TSXG vén de desestimar o seu recurso contra a decisión do Sergas de cesala e decidiu rachar o seu silencio atendendo as preguntas de 'Nós Diario'.", "text": "A doutora Eva Maquieira Gómez foi cesada como responsábel do servizo de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en marzo de 2020, poucos días despois de que se decretase o estado de alarma pola pandemia de Covid-19. Naquela altura os primeiros casos positivos saturaban uns hospitais que non estaban preparados para facer fronte á situación. Maquieira, que nunca recibira \"amonestación ningunha, nin sequera un correo electrónico chamando a atención\", publicou no seu perfil de Facebook unha mensaxe crítica cos responsábeis sanitarios da Administración na que sinalaba: \"Fun criticada e reprendida polos meus mandos superiores por empregar máscaras cirúrxicas desde hai unha semana na miña actividade diaria no hospital, sobre todo en curas e consulta, onde é fisicamente imposíbel manter a tan pregoada distancia dun metro\". A xerencia da área sanitaria —que ostentaba o actual conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña— cesouna fulminantemente do seu cargo ao día seguinte, alegando que se \"negara\" a acatar \"as recomendacións sanitarias para evitar a propagación do virus\", que daquela indicaban que o persoal sanitario non debía levar máscara \"para non xerar alarmismo\". —Comentaba o pasado sábado que, a pesar de que varios medios de comunicación difundiron a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) en relación ao seu caso, nin vostede nin o seu avogado recibiran aviso ningún. Xa se produciu esa comunicación oficial? Si, chegoume a última hora da tarde desta segunda feira, cando ma enviou o meu avogado. Os xornais publicárono o sábado, mais eu non souben nada até a segunda feira. A sentenza confirma o que xa transcendera, que se desestimou o recurso de apelación. —Que valoración fai deste fallo xudicial? Non me recoñezo na persoa que eles [o Sergas] describen. Teño a impresión de que unicamente tiveron en conta [as e os xuíces] a imaxe de min que aportou o Sergas, da miña falta de idoneidade para o posto, que non cumpría coas miñas funcións... Todo iso son mentiras e así o demostrei no Xulgado de Primeira Instancia de Vigo, mais o TSXG non o reflectiu, non o tivo en conta e semella terse limitado a transcribir a versión do Sergas, e sobre esa versión emitiron o seu fallo malia que hai datos de xestión que corroboran os meus argumentos, e levei dúas testemuñas ao xuízo... Son cuestións facilmente demostrábeis. De feito, é estraño que non se publicara tamén a sentenza do xulgado de Vigo, cuxa sentenza tamén desestimaba o meu recurso no que atinxe ao cesamento, porque aí tamén entra o tema da provisionalidade desa praza e eu enténdoo. Mais non saían [desde o Sergas] tan ben parados co intento que fixeron despois de desprestixiarme profesionalmente e dar unha versión de min que non era certa. O xuíz de Vigo censura a actuación do Sergas pola \"innecesariedade en manchar a imaxe profesional da recorrente agregando outra motivación ficticia ao cesamento e mesmo outorgando gratuíta publicidade cunha nota de prensa que máis ben parecía conseguir un obxectivo aleccionador e impropio\". —Foron moi diferentes, polo que comenta, a sentenza do TSXG e a anterior do Xulgado de Primeira Instancia de Vigo... A sentenza do TSXG fixo fincapé en que eu, por ser xefa de sección e ter un cargo de responsabilidade, debería ter sido especialmente comedida á hora de expresar publicamente os meus pensamentos, e que debería actuar con lealdade e responsabilidade no exercicio das miñas funcións estreitando lazos, sobre todo, coa Xerencia e a Dirección do hospital. Mais teño claro que, en plena pandemia, a miña responsabilidade e lealdade estaban cos meus pacientes, a familia e as e os compañeiros que traballaban arreo na primeira e a segunda liña. A eles era a quen realmente me debía e non a quen vai ditando normas e protocolos cambiantes, moitos sen base cientifica, como o que me achacan, que non debiamos usar a máscara cirúrxica porque alarmabamos á xente, ou mesmo que non sabiamos usala... Iso díxomo o xerente na reunión na que me cesou, cando eu levo 25 anos traballando en quirófano. O Sergas fala en xeral de que saltei protocolos, mais esa foi a norma que incumprín. E denunciabámolo todos, teño compañeiros xefes de servizo que dicían xusto o mesmo, mais no hospital, mentres eu o publiquei en Facebook e fun a 'cabeza de turco'. Mais a meirande parte pensabamos e sufriamos o mesmo. —Fai fincapé en que \"ostentar unha xefatura non implica ficar mudas\". E non só o digo eu, tamén o Tribunal Constitucional (TC), que recoñece que todos os postos de libre designación, como o meu, igual que para nomear unha persoa tes que ter unha motivación profesional e non chega con que te caia ben, para cesala tes que argumentar de forma profesional. Non é, ou non debería de ser, unha cuestión persoal ou de afinidades politicas; hai sentenzas ao respecto, non só o digo eu. Non debemos sentir que estamos amordazados e amordazadas por ostentar un cargo con responsabilidades; ao contrario, somos máis responsábeis aínda para facer as cousas ben. —Vostede afirma que nunca antes recibira amonestación ningunha e, de súpeto, é cesada após facer un comentario crítico en público. Foi así, ao día seguinte estaba cesada. Nunca recibira ningún expediente ou correo chamándome a atención, nin por escrito nin en persoa, en cinco anos que estiven na xefatura e outros dous como coordinadora previamente. Ao contrario, teño correos de Félix Rubial [ex xerente da área] parabenizándome polo bo manexo da axenda, por colaborar con ONGs humanitarias en África... Iso é demostrábel e teño correos que o acreditan e nos que non din nada malo. E, por outra parte, tampouco vexo lóxico que manteñas tanto tempo no cargo unha persoa que non consideras válida. Non tiñan problema ningún para botarme se non estaba facendo un bo traballo, pero foi impecábel... Até que fixen esa publicación. —Fátima Nercellas, Javier Castrillo... O seu non é o único caso recente no que o Sergas cesa unha persoa crítica coa Administración. Todos e todas as que valoramos máis a ética profesional e priorizamos a saúde dos pacientes e dos nosos compañeiros, cando facemos unha crítica que non lles gusta rapidamente intentan solucionalo para quede en nada. E ademais mentindo, dando unha imaxe túa que non é verdadeira. A xente que me coñece tampouco me ve recoñecida nesa versión que difundiu o Sergas sobre min. —Ve certas semellanzas entre o seu caso e, por exemplo, os da doutora Nercellas e o doutor Castrillo? Hai unha pequena diferenza, que a min non me abriron nin tan sequera expediente ningún. Podes dicir o que queiras, mais as cousas non chega con dicilas, hai que demostralas, e non poden. Desmóntase todo o que eles alegaron sobre a miña traxectoria profesional, que para min era a parte máis importante. O cesamento da xefatura podo asumilo porque había unha perda de confianza mutura e eu estaba aí de forma transitoria, malia que se demorase máis do previsto. En definitiva, podo admitilo, e de feito a cousa ía quedar aquí, mais logo de ver as declaracións que fixeron nos xornais aos poucos días atacándome xa no eido profesional... Aí decidín facer algo, porque até certo punto case acataba a decisión e non pensaba reclamala, mais cando dubidan de min... E eu, en cambio, non fixen absolutamente ningunha declaración a pesar de que me chamaron de todas partes. Daquela estabamos en estado de alarma e bastante tiña co meu traballo, pero aí decidín que non podía permitir que me atacasen profesionalmente cando sempre fun todo o contrario do que eles din. A dignidade e a ética son moi importantes. —Ten previsto recorrer esta nova sentenza? Aínda hai opción de presentar un recurso de casación, mais teño que falalo co meu avogado. O tempo vai pasando; dous anos xa, e isto non avanza moito. Non teño decidido aínda se seguirei adiante ou non."}
{"ID": "PRAZA_1975", "summary": "E ainda choramos. Por eles e por nós. Porque o mundo está mal repartido. Porque a compaixão e a fraternidade não são a norma. Porque os nossos governantes andam a regatear qual o numero de seres humanos é que vamos acolher. E isso tudo não é mais que uma miséria que recende a podre e vergonha.", "text": "Não sei se é dor, vergonha ou nojo o que sinto perante as imagens da massa de seres humanos reclamando nas fronteiras de Europa uma oportunidade de vida. Agora já não petam apenas às portas da Europa do Sul. Toda Europa é atingida polas vozes de milhares de pessoas que reclamam um asilo, um acocho, um pobre arrimo. Escuto o presidente da Junta da Galiza oferecendo lugar para quinhentas dessas pessoas na Galiza. Quer colaborar com o seu presidente, o senhor Rajoi, que anda a regatear com a senhora Merkel sobre o numero de asilados que Espanha pode acolher. Reconheço que isso é mais que nada. «Menos é uma pedra!». Está bem ter dado este passo. Mas, deveriam ser mais generosos. Ou mais justos, quiçá? Apoio que a Galiza seja lugar de acolhida. E, ainda, reclamo pola minha vez: «Venham para cá!». Temos terra sem trabalhar. Temos escolas fechadas por falta de crianças que as ocupem. Temos aldeias com casas a cair por estarem valeiras. Venham para cá! Temos um País que esmorece de velho e vocês são jovens, fortes e com vontade de viver. Eis o meu chamado. Venham para cá! Temos um País que esmorece de velho e vocês são jovens, fortes e com vontade de viver. Eis o meu chamado. Possivelmente esta não seja uma solução ao problema, porque toda essa gente quereria melhor viver no seu país. Mas não podem, porque na sua casa as armas estão em plena atuação. Cantam seguido um cantar terrível: o cantar da morte. É que as armas só valem para uma cousa se são usadas: matar. Mulheres, homens, meninos… Para isso foram compradas. As armas que a Europa fabricou e vendeu a esses países que agora abandonam os seus habitantes. Porque estão a ser utilizadas contra eles. Para que as haviam de comprar se não? Já se sabe, as máquinas que não se utilizam estragam-se. Caducam. Enferrujam-se. As fábricas europeias (entre outras) enriqueceram-se com a venda dessas armas. Todas essas pessoas que fogem da morte não são massa. São seres humanos. Como eu, como meus filhos e meus netos. Como as minhas vizinhas e os meus colegas. Todas essas pessoas que fogem da morte não são massa. São seres humanos. Como eu, como meus filhos e meus netos. Como as minhas vizinhas e os meus colegas. Só que aqueles tiveram que fugir. Com o posto, como se foge quando as bombas estouram no teito da tua casa. Como se foge quando as esquadras da morte andam à tua procura de noite. Quando os canhões falam a sua linguagem mortal. Agora são uma grei de sem papéis. Não o eram quando tinham casa, profissão, amigas, vizinhas, colegas da escola, companheirinhos de jogo, namoradas e namorados. Mas agora sim. Não têm os papéis necessários para serem considerados/as cidadãs, sujeitos de direito. E por isso podem ser encarcerados/as ou metidos/as em campos de confinamento. Como acontecera com os/as republicanos/as espanhóis fugidos na França, ou presos/as em campos de concentração nazistas. Os nossos governantes andam a regatear qual o numero de seres humanos é que vamos acolher. E isso tudo não é mais que uma miséria que recende a podre e vergonha. E, entre tanto, nós, das nossas casas, olhamos assustadas as imagens dos naufrágios de barcas feitas para o lazer. Brinquedos de praia transformados agora em esquifes de morte. Em cadaleitos incháveis. Nós, da segurança dos nossos lares, emitimos um profundo e ruidoso silêncio sem sabermos bem que outra cousa podemos fazer. Olhamos este país velho, abandonado, ardente e progressivamente mais improdutivo. E ainda choramos. Por eles e por nós. Porque o mundo está mal repartido. Porque a compaixão e a fraternidade não são a norma. Porque os nossos governantes andam a regatear qual o numero de seres humanos é que vamos acolher. E isso tudo não é mais que uma miséria que recende a podre e vergonha. SILÊNCIO! Silêncio, Silêncio, Silêncio! Um barulho de silêncio Traspassa a consciência e o ar. E a minha alma grita: Silêncio! Silêncio!. Um laiar fundo e surdo Sai-me do dorido peito: Silêncio, silêncio, silênciooo! Meu irmão está preso. Nenhum delito tem feito Apenas, não ser deste País Do culpável silêncio. Silêncio, Silêncio!! Da sua garganta seca Como poço piago preto Quer sair um berro. Triste lamento! Ficou deitado na areia seca, Até esvair-se no vento. Já vai voando no ar órfão e ausente Dos ouvidos surdos, Dos braços inermes, Da ausência silente. Silêncio! Silêncio! Silêncio."}
{"ID": "PRAZA_9384", "summary": "Benito Portela, rexedor sadense, e Ana Pontón, voceira nacionalista, piden ao presidente do Goberno central o \"exercicio inmediato de accións xudiciais\" para \"reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público\"", "text": "Por terceira vez xa nos últimos seis meses, o alcalde de Sada, Benito Portela, reclámalle a Pedro Sánchez o \"exercicio inmediato de accións xudiciais\" por parte do Goberno do Estado para \"reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público\". A só unhas semanas para que as Cortes se disolvan, o Concello sadense insiste, \"ante o desinterese\" do Executivo, e esixe \"celeridade\" para a presentación da demanda xudicial civil que permita a recuperación das Torres. Portela envía outra carta o mesmo día na que o fai a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que manda tamén unha misiva emprazando a Pedro Sánchez a \"interpoñer antes da convocatoria de eleccións e disolución das Cortes a demanda xudicial para reclamar o Pazo de Meirás\". O alcalde de Sada pide a Sánchez o \"exercicio inmediato de accións xudiciais\" para \"reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público\"A inminencia dos comicios e o incerto futuro político levaron o rexedor e o BNG a insistir na demanda de \"accións legais, administrativas e xudiciais que procedan\". Portela reclama ao Goberno do Estado que actúe \"consonte o indicado na conclusión final do Informe da comisión de expertos nomeada polo Parlamento de Galicia\", tal e como se acordou no pleno da Cámara o verán pasado. \"A incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público é unha demanda moi maioritaria na sociedade galega e nas súas forzas políticas. A propiedade aínda é hoxe un símbolo da ditadura franquista que practicou o espolio e a represión dun xeito brutal\", destaca o rexedor, que entende que \"non se pode agardar máis\" a poñer fin á \"vergoña e ao anacronismo histórico de que a familia do ditador siga a detentar esta propiedade\". O alcalde de Sada indica que o Goberno do Estado débelle \"dar o mesmo interese político e urxencia ao Valle de los Caídos e ao Pazo de Meirás. \"Concordo en que hai que exhumar a Franco, pero tamén retirar os seus herdeiros do Pazo. Dupla retirada, por hixiene democrática e respecto á memoria histórica\", insiste. Desde o BNG, Ana Pontón pide poñer \"punto final\" aos privilexios da familia do ditador e considera \"unha prioridade\" que a Casa Cornide, o Pazo e as estatuas do Pórtico da Gloria -as que en primeira instancia unha xuíza considera propiedade dos Franco-\"retorne ao patrimonio público galego\". Pontón lembra que dous informes e acordos unánimes de varias institucións instan o Estado a actuar para recuperar o Pazo para o públicoPontón lembrou que existen dous informes, un encargado pola Deputación da Coruña e outro a cargo da propia Xunta, que advirten da ilexítima propiedade do Pazo por parte dos Franco, así como acordos unánimes en diferentes institucións galegas que reclaman a acción xudicial do Estado para recuperar as Torres. Para Pontón, a recente sentenza sobre as estatuas do Mestre Mateo demostran que \"a sombra do franquismo é moi alongado\" e que ten \"algún brazo no poder xudicial\". Ao tempo, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, tamén reclamou que no ámbito \"simbólico\" se establezan as accións pertinentes para que o Pazo de Meirás pase a ser de titularidade pública e manifestou o seu desexo a que \"se saiba algo\" das Torres antes das eleccións xerais. Fernández Leiceaga cualifica de \"oportunismo\" a petición do BNGAdemais, nunha rolda de prensa posterior a todas estas declaracións e peticións, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou de \"oportunismo\" a petición do BNG aínda que recoñeceu que a recuperación do Pazo é \"un proxecto moi importnate\". \"Non sei se isto significa un propósito de emenda do BNG. Os seus socios nas eleccións europeas son os principais responsables de que a lexislatura se acurte. Claro que hai proxectos moi importantes para Galicia que estaban en marcha pero agora ponse en risco porque a lexislatura termina\", subliñou Leiceaga en referencia a ERC e Bildu. \"Se Pedro Sánchez continúa no Goberno tras as eleccións, poderá terminar as tarefas pendentes\", rematou."}
{"ID": "NOS_49543", "summary": "O sector agroalimentario de Galiza depende dos produtos e materias primas procedentes do exterior. Esa é a principal conclusión que se extrae do último informe da Secretaría de Estado de Comercio. Debruzámonos sobre este tema no Sermos214. Eis un avanzo.", "text": "Desde tempos inmemoriais, unha das críticas –para outras persoas son simples diagnósticos- que se fan ao sector primario galego ten a ver coa súa cativa capacidade para se afortalar internamente a través da consolidación dun mercado interior sólido e da organización inequívoca da súa infraestrutura produtiva. Hai certa verdade nesa afirmación, mais por si mesma non é quen de explicar o gran problema do sector primario galego, abafado polas decisións que emanan da Unión Europea –o lácteo e as cotas de peixe son só dous exemplos, aínda que ben dramáticos- e tamén pola súa incapacidade para posicionar ben os seus produtos nun mercado mundializado. Efectivamente, hai síntomas que indican que o sector primario galego non está todo o desenvolvido que debese e que o peso na súa economía das actividades profesionais que se tiñan por referentes non é tan determinante como semella. Ou, cando menos, que a dinámica dun mercado globalizado non favorece en absoluto os intereses do tecido produtivo primario propio. A priori –os dados obxectivos non deixan lugar a dúbidas- a pesca e mais a agricultura teñen unha importancia vital na economía galega. Entre ambas as dúas representan o 4,6% do Produto Interior Bruto e empregan máis de 71.000 persoas, segundo os dados do Instituto Galego de Estatística. Non é, porén, Galiza a comunidade autónoma co sector primario máis importante. En CastillaLa Mancha, cun 6,7%; Extremadura, cun 5,6; Aragón, cun 5,2%; La Rioja, cun 4,9% e Andalucía, con só unha décima menos, o peso da agricultura e a pesca –no caso dos territorios costeiros- na súa riqueza é maior. Mais a realidade dos números di que mesmo naqueles produtos máis vencellados á economía local existe unha forte dependencia no subministro de materias primas ou de produtos procedentes da transformación das mesmas. É dicir, a balanza comercial dos alimentos ou materias primas que con maior intensidade se identifican co modelo produtivo galego é negativa. Esta é a principal diferenza de Galiza en relación co resto dos territorios cun peso do sector primario igual ou superior ao 4% dos seus respectivos PIB. A reportaxe completa podes lela no Sermos Galiza nº214, xa na nosa loxa"}
{"ID": "NOS_17538", "summary": "Foron 18 casos máis en 24 horas na Galiza que xa conta con 23 aulas en corentena.", "text": "Os casos activos nos centros educativos galegos volven aumentar, en 18, até o total de 421 positivos. A incidencia da pandemia da Covid-19 nas comarcas de Ourense obrigou ao fechamento da Escola Infantil María Ana de Celanova, tras un positivo. A clausura deste centro provocou que a cifra total de aulas en corentena en toda Galiza aumente en dúas, até as 23, segundo os datos diarios achegados polas consellarías de Educación e Política Social, actualizados esta sexta feira. Maior incidencia nas comarcas de Ourense As comarcas de Ourense, no ámbito escolar, contan con 158 positivos activos (+15), oito aulas en corentena (+2) e unha escola infantil fechada, a de Celanova. Este centro convértese no segundo en fechar na Galiza por contaxios desde o inicio de curso. O primeiro foi o Colexio Plurilingüe Calasancio de Pontevedra, que ao comezo de setembro detectara oito positivos entre o seu persoal. No parte deste sábado, contabiliza dous contaxiados. Á listaxe das comarcas de Ourense súmanse outros sete colexios, catro deles na capital (CEPR ART Ourense, CEIP Vistahermosa, CPR Santo Cristo e CEIP A Ponte, cun caso cada unha), un en Bubiá (CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, que suma un contaxio), outro en Verín (CPR Plurilingüe, cun infectado) e outro en Xinzo de Limia (o CEIP Carlos Casares, con dous casos de COVID). Con todo, en ningún deles houbo que ningunha aula en corentena. En canto ao resto de áreas, os contaxiados baixan nas da Coruña, que contabiliza 74 (-6) e dúas clases fechadas; e as de Lugo, con 27 (-4) casos relacionados con centros e ningunha unidade clausurada. Pola contra, os casos activos da Covid-19 na comunidade educativa soben en Ferrol, con 10 positivos (+2) mais ningunha aula fechada; en Compostela, con 58 infectadas (+6) e seis (as mesmas) clases en corentena; nas de Pontevedra, con 43 casos (+2) e unha unidade clausurada (sen cambios); e en Vigo, con 51 (+3) contaxios e seis aulas fechadas. s datos facilitados pola administración non representan unha instantánea precisa sobre o volume de novos contagios, ao limitarse a trasladar os que permanecen en activo e non concretar as altas nin os positivos que se engaden ao montante respecto ao parte anterior. Novos centros con contaxios Na comunicación desta sexta feira, a Xunta informa de 25 novos centros que rexistran un total de 26 casos de coronavirus, ademais de clausura da escola infantil de Celanova. Na área da Coruña, como novas incorporacións á listaxe está o CEIP Ramón Otero Pedrayo, mentres que en Ferrol rexistraron infectados o EPAPU Santa María de Caranza e o CEIP Esteiro. Así mesmo, na área de Compostela, incorpóranse o CEIP Xesós Golmar de Lalín, o CEIP Ramón de Artaza de Muros, o CEIP Santa Irene de Porto do Son, o CPI de Pontecesures, o CPR Manuel Peleteiro, o IES Arcebispo Xelmírez I da capital galega, o CMUS Profesional de Santiago e o CPI Plurilingüe de Vedra. Na área de Pontevedra, aparecen como novos centros o CPR Plurilingüe Sacro Corazón de Jesús, mentres que na área de Vigo están o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, o CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas, o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño e o CIFP Manuel Antonio da cidade olívica. Como centros con maior número de positivos de toda Galiza están o CPR Plurilingüe María Auxiliadora (11), o CPR Plurilingüe Santo Anxo (8), o CPR Santa Teresa de Jesús (8), o IES O Ribeiro de Ribadavia (7) e o CPR Plurilingüe Luís Vibes (subiu de 3 a 7 casos nun día), todos eles na área de Ourense. Tamén contan cun número importante de casos o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, que en 24 horas pasou de 2 a 7 casos."}
{"ID": "NOS_18398", "summary": "Un asesor do ministro de Interior ucraíno anunciou o asasinato cualificándoa Vlodymyr Struk de \"traidor\", e xustificou o xuízo paramilitar ao que foi sometido.", "text": "Vlodymyr Struk, alcalde de Kreminna, unha das principais cidades da zona de Luhansk, foi axustizado na pasada terza feira presuntamente por un grupo de paramilitares, despois de que o secuestraran no interior do seu fogar. A guerra en Ucraína, en directo Struk manifestouse desde o comezo da ofensiva rusa en solo ucraíno a prol de que o Goberno ucraíno negociase co Goberno ruso para pór fin aos bombardeos dos batallóns ultradereitistas na zona do Donbás. \"Un traidor menos de Ucraína! Vladimir Struk, deputado do Consello Rexional de Luhansk, foi atopado asasinado\" Na pasada terza feira, un grupo de paramilitares entrou na súa casa mentres se atopaba coa súa muller, e foi levado pola forza. Un día despois, o seu cadáver apareceu nunha zanxa próxima a Kreminna, cun disparo no corazón. O asesor do ministro de Interior ucraíno, Anton Herashchenko, foi quen confirmou o asasinato do alcalde de Kreminna nas súas redes sociais, ao que cualificou de \"traidor\" ao pobo ucraíno. Xuízo paramilitar Segundo explicou Herashchenko, Struk foi secuestrado por un grupo de \"patriotas descoñecidos\" que o someteron a un xuízo paramilitar e o condenaron a morte, pena que foi aplicada mediante o fusilamento do representante público. \"Un traidor menos de Ucraína! Vladimir Struk, deputado do Consello Rexional de Luhansk, foi atopado asasinado\", sinalou o asesor ucraíno. Zelenski nomea gobernador de Odessa un militar que comandou os bombardeos de Luhansk Vlodymyr Struk posicionarase a favor da independencia da República Popular de Luhansk despois do golpe de Estado de 2013 en Ucraína. Foi un dos representantes políticos que declarou esta independencia, e nas últimas semanas pedira axuda ao Goberno ruso ante os bombardeos ucraínos no Donbás."}
{"ID": "PRAZA_3365", "summary": "Como xa sucedera no inicio de anteriores carreiras electorais, o PP viuse obrigado a asegurar que non está a ocultar as súas siglas; alén disto, a aposta é identificar o candidato Feijóo con \"Galicia\" e co seu goberno, por riba dos partidos", "text": "Como xa sucedera no inicio das carreiras electorais de 2012 e 2016, os servizos de comunicación do PP galego víronse obrigados a saír ao paso das primeiras noticias en medios de fóra de Galicia, comentarios en internet e chanzas de líder doutras formacións políticas a respecto do difícil que resulta atopar as siglas do partido nas súas primeiras imaxes da precampaña dos comicios galegos do 5A. Non foxen das siglas, aseguran mentres o seu líder, Alberto Núñez Feijóo, di non ser candidato \"dun partido\".Como xa sucedera no inicio de anteriores carreiras electorais, o PP viuse obrigado a asegurar que non está a ocultar as súas siglas; alén disto, a aposta é identificar o candidato Feijóo con \"Galicia\" e co seu goberno, por riba dos partidos\"No escondemos nuestras siglas, al contrario. Las defendemos\", reiteraron as contas oficiais do PP este martes para retrucar ás novas que identificaron cun cartel electoral -malia non selo- o fotograma final do seu primeiro vídeo de precampaña. Nel, como no acto de proclamación da candidatura de Feijóo e en practicamente todos os materiais do partido dende a estrea da súa nova imaxe corporativa en setembro de 2019, o logotipo do PP fica reducido á mínima expresión, a modo de pequeno superíndice sobre a palabra Galicia, escrita cunha tipografía semellante á da marca-país que a Xunta utiliza dende 2011.Porque, alén da cuestión das aparición ou non das siglas no cartel electoral no momento en que o PP o presente -en 2012 acabaron figurando nun lugar secundario baixo o lema Vota Feijóo e en 2016, nun minúsculo espazo nunha esquina mentres o protagonismo era para o lema Feijóo. En Galicia si-, as mensaxes do líder dos populares dende a convocatoria electoral van encamiñadas a tentar facer ver que non é candidato \"dun partido\".Catro anos despois de reiterar que en realidade, é \"militante de Galicia\", Feijóo aposta agora por presentarse como sinónimo do Goberno galego. Máis que o PP, vén dicir, quen se somete ás urnas é a Xunta. E enfronte, diversos partidos políticos. O \"multipartito\", en verbas dos populares, fronte a un candidato sinónimo de \"Goberno\" e de \"Galicia\".Sobre un escenario practicamente idéntico ao utilizado polo BNG na campaña de 2009, Feijóo dixo ser \"libre\" de partidos nun primeiro mitin de precampaña sen Casado nin ningún outro membro da dirección estatal do PPEstas son as ideas forza que o actual presidente e aspirante á reelección expuxo na proclamación da súa candidatura, un mitin en Vigo no que o escenario representaba unha enorme bandeira galega cun deseño practicamente idéntico ao utilizado polo BNG na campaña de 2009, tras a que Feijóo conseguiu acceder á Presidencia da Xunta por primeira vez. El é un candidato \"libre\", non é \"refén de ningún partido\", proclamou dende o atril co lema Galicia é moito, o mesmo que utilizou o pasado decembro no vídeo co actor Luís Zahera difundido polo PP. Nese atril podíase distinguir tamén o Galicia corporativo do PP, o que lembra ao da Xunta, e o logotipo partidario resultaba imperceptible nun acto ao que non acudiu nin Pablo Casado nin ningún outro membro da dirección estatal da formación conservadora.Vinte e catro horas despois, na Feira do Cocido de Lalín, o candidato afondou na idea. O que quería dicir, explicou a preguntas da prensa, é que non é \"un candidato dun partido\" e moito menos \"dun conxunto de partidos\" porque é \"un candidato de goberno\". Resulta \"lóxico\", cre, que tras tres mandatos se presente como candidato \"para gobernar\" e non \"dun partido\", reiteraba este martes nunha entrevista en Telecinco.Caballero: \"Aínda que queira agochar as siglas, Feijóo leva o PP gravado na fronte; o voto ao PP é a Casado, Álvarez de Toledo e Aznar\"Pouco despois, o líder e candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, agarrábase ás palabras do popular. \"Aínda que queira agochar as súas siglas, Feijóo leva o PP gravado na fronte\" e por iso, cre o socialista, o electorado terá en conta o 5A que \"o voto ao PP é o voto a Pablo Casado, a Cayetana Álvarez de Toledo, a Aznar, ao PP que dirixe unha estratexia de confrontación retrógrada e reaccionaria en alianza coa ultradereita de Vox\"Postos para Ciudadanos nas listas, pero sen coaliciónA tese de non ser candidato \"dun partido\" nin responder ante partido ningún sérvelle tamén a Feijóo para desbotar a coalición con Ciudadanos que a formación reclama dende hai semanas para Galicia, Euskadi e Catalunya e que este mesmo martes Inés Arrimadas defendeu sen éxito ante Pablo Casado en Madrid. \"Non\" á coalición e \"non\" á proposta lanzada este mesmo martes pola voceira de C's en Galicia, Beatriz Pino: listas únicas cos dous logotipos e baixo o liderado de Feijóo.Ciudadanos dá por feito que o PP galego si está a ocultar as súas siglas e di \"confiar\" en que sexa para \"apostar por unha coalición\" con elesDende Ciudadanos, precisamente, apelaban á cuestión da aparición ou non das siglas nas imaxes preelectorais do PP galego para reclamar unha coalición en Galicia. \"Feijóo renuncia a las siglas del PP en su cartel electoral\", sinalaba o vicepresidente madrileño, Ignacio Aguado, en referencia ao devandito fotograma do vídeo do PPdeG. \"Confío en que sea para apostar por una coalición que permita hacer frente al nacionalismo en Galicia. Todavía estamos a tiempo. Para que ningún voto constitucionalista se desperdicie\", afirmou nas redes sociais.Así e todo, calquera posibilidade de confluencia entre organizacións quedou tamén desbotada nunha xuntanza entre o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e o ex-secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas que, como adiantaron a axencia Europa Press e a Cadena SER, se celebrou a pasada fin de semana na localidade zamorana de Benavente. A posición dos populares segue a ser a mesma: só están dispostos integrar algúns membros de C's nas súas listas como \"independentes\". Nada máis. Non darán o seu visto e prace a unha coalición de partidos que o PPdeG non experimenta dende 1989, as primeiras eleccións de Fraga cando se coligou cos Centristas de Ourense de Baltar. Porque agora disque Feijóo non é candidato \"dun partido\"."}
{"ID": "NOS_17617", "summary": "A protagonista desta BD dirixida a público xuvenil é unha rapaza afouta que é quen de decidir o seu destino e pilota a súa vida sen agardar príncipes. Unha obra que pode fachendear dun guión que ten un bo ritmo e un debuxo fermoso, moi fermoso.", "text": "Di a prologuista desta obra, a actriz e comunicadora Neves Rodríguez, que \"Inés Vázquez xa non é promesa é realidade\" e acerta ca aseveración. A nosa BD ten unha boa nómina no campo autoral e semella que paseniño vai equilibrando a balanza de xénero, o que sen dúbida é unha moi boa nova nun sector, como a sociedade en xeral, tan necesitado de miradas novas e de ópticas menos heteropatriarcais. Aldara. A lenda do cervo branco / Inés Vázquez / Demo Editorial / A Coruña / 2021 / 140 páxinas / 20 euros Inés conta unha lenda popular, ambientada no noso rural e nun pasado que aínda que a moitos dos e das lectoras máis novos pode semellarlles moi lonxe, non é tal. Hai algo na narración e mesmo no debuxo que como ben di a Neves, lembra o realismo máxico e a tamén a boa parte do noso cinema, comezando pola fundacional Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. A protagonista desta BD dirixida a público xuvenil é unha rapaza afouta que é quen de decidir o seu destino e pilota a súa vida sen agardar príncipes. Unha obra que pode fachendear dun guión que ten un bo ritmo e un debuxo fermoso, moi fermoso. A estrutura da páxina ten un formato tradicional, aínda que Inés xa nos deixa pequenas mostras dunha intencionalidade máis arriscada. Ben está así. O que xa está probado sábese que funciona e xa haberá tempo de buscar e explorar camiños alternativos. O deseño de Inés ten influencias moi evidentes do manga que nos últimos vinte anos tanto marcou, sobre todo, ás novas xeracións. Mais se tiveramos que quedar só con unha das moitas cousas excelentes de cómic, se algo é superlativo, é a cor. A cor desta obra é saborosa. A autora foi quen de crear unha paleta que é un acerto pleno, fermosa, dinámica, moderna e, sen embargo, moi evocadora dunha realidade pasada. Cantas sensacións se poden transmitir a través da cor dunha BD! O xogo de luces e sombras dos bosques galegos e a riqueza de cores e matices están moi ben reflectidos, de seguro que todos os que temos unha aldea á que volver (que tesouro) recoñecemos a nosa nesa luz tan fermosa e delicada. Até me atrevería a dicir que mesmo transmite a calor dos veráns na montaña. Inés tece unha obra moi fermosa que demostra que temos moitas historias que contar do noso país e da nosa cultura que emparenta coa tradición narrativa do propio máis íntimo e tamén co noso pasado recente, ás veces tan esquecido e tan achaiado polo eixo da AP-9 e polo mundo globalizado deseñado dende rañaceos de cristal e formigón no que, pensan, vivimos todas."}
{"ID": "NOS_39659", "summary": "A maioría dos arrestos decorreron en Euskal Herria, mais tamén os houbo en Lugo e outras partes do Estado. Estas persoas serán postas a disposición da Audiencia Nacional.", "text": "\"Unha operación a gran escala contra o enaltecemento do terrorismo en internet\". Baixo este contundente titular desenvolveu a Garda Civil unha operación que, a primeira hora da tarde da segun da feira,levaba unha vintena de detidos. Entre eles, un lucense, de iniciais X.O.C e de Outeiro de Rei. Sempre segundo a versión do Estado español, estas detencións corresponden a comentarios, afirmacións e opinións nas redes sociais que se enmarcarían, din, na apoloxía do terrorismo. Unha apoloxía, engaden, que faría referencia a, entre outros, ETA ou o yhihadismo. X.O.C xa fora detido hai uns meses pola Policía acusado de guindar un cócktel molotov en Vigo. A Audiencia Nacional deixouno libre após tomarlle declaración A 'Operación Araña', como foi bautizada, seguía aberta a media tarde desta segunda feira, polo que as Forzas de Seguridade do Estado non descartaban máis detendencións. As persoas detidas serán postas a disposición da Audiencia Nacional. Segundo sempre a versión do Estado, están acusadas de empregar redes como twitter ou facebook para denigrar a \"vítimas do terrorismo\" ou ensalzar actividades delitivas. Remarcan @s responsábeis do operativo, que as persoas arrestadas facían \"de forma reiterada\" comentarios vexatorios cobre vítimas do terrorismo ou ben expresaban opinións parabenizadoras de 'terroristas' de ETA liberados, entre outras. A maioría das detencións tivo lugar en Euskal Herria (12 persoas), mais tamén decorreron en Galiza (unha, a anteriormente mencionada, en Lugo), Asturies ou Catalunya (2)."}
{"ID": "PRAZA_622", "summary": "O seu número incrementouse en 110 mil persoas dende o 2009 (un 29%). Arxentina, Venezuela, Brasil, Uruguai, Suíza, Cuba, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido e México acollen os maiores continxentes.", "text": "O INE publicou este mércores os datos da Estatística do Padrón de Residentes no Estranxeiro, un total de 2.183.043, dos que case unha cuarta parte son galegos e galegas (493.970). O número de galegos e galegas que viven de forma estable fóra de España non deixa de crecer e incrementouse en case 110 mil dende o ano 2009, un 29%. Esta cifra acolle todo tipo de circunstancias, dende persoas que emigraron hai varias décadas, os seus descendentes, novos emigrantes que marcharon do país nos últimos anos ou persoas nacionalizadas recentemente, por exemplo a través da extensión da nacionalidade española derivada da Lei da Memoria Histórica. Este incremento deixouse ver xa no aumento do Censo de Residentes Ausentes (CERA), que se incrementou en 100 mil persoas dende o 2008. Dese total de 493.970 galegas e galegos que viven no estranxeiro, algo máis de 158.000 mil naceron en España. Arxentina (168.263), Venezuela (46.882), Brasil (46.217), Uruguai (40.505), Suíza (39.567), Cuba (36.414), Francia (18.649), Estados Unidos (17.678), Alemaña (16.485), Reino Unido (12.882), México (12.445) acollen os maiores continxentes. Chile (3.907), Portugal (3.863), Panamá (3.477), Países Baixos (2.976), Bélxica (2.812), Andorra (2.398), República Dominicana (2.345) ou Canadá (2.173) teñen tamén importantes comunidades galegas, que se distribúen por case todo o planeta. Máis de sesenta países contan con 24 galegos ou máis entre os seus habitantes, que suman un total de 1.748 en Oceanía, 1.087 en Asia ou 951 en África. 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 Menos de 35 anos 126.456 133.155 140.000 144.941 149.459 153.322 157.740 35-65 146.118 153.330 165.972 175.438 183.052 188.984 193.898 Máis de 65 111.025 114.583 119.244 125.433 131.301 137.252 142.332 Total 383.599 401.068 425.216 445.182 463.812 479.558 493.970 Galegos residentes no estranxeiro. Fonte: INE"}
{"ID": "NOS_42258", "summary": "\"Ningún español o entendería\". Con esta frase desbotou Núñez Feijóo unha tarifa eléctrica propia para Galiza. Afirmaba, aliás, que a tarifa tiña que ser homoxénea dentro dun mesmo estado. Hai en Europa abondo exemplos que refutan as palabras do presidente da Xunta, de Alemaña a Reino Unido ou Suíza.", "text": "A proposta dunha tarifa eléctrica galega non gosta a Feijóo, embora Galiza exportar máis menos 40% da enerxía que transforma e apandar cos impactos negativos e os prexuízos do punto de vista social e ambiental da actividade (encoros, eólicos...). Malia isto, o presidente considera que o noso país non debe ter unha compensación (ou vantaxe) en forma de tarifa propia. E por que non? Pois, dixo, \"porque ningún español o entendería\". Núñez Feijóo completou o seu argumento aseverando que a tarifa eléctrica debía ser a mesma para todo o estado. Porén, isto non ten por que ser así. De feito, no estado español é así desde unha decisión de Franco en 1951, antes a tarifa mantiña diferentes prezos a nivel xeográfico. E, xa na actualidade, a realidade do estado español (unha tarifa única para todo o estado) non é a norma común. Polo menos en estados como o alemán, o suízo ou o Reino Unido, onde hai tarifas diferentes en función dos territorios, tal e como estudou o economista Aleixo Vilas. A tarifa única para todo o estado español foi algo que se impuco por orde de Franco, en 1951 Así, en Suíza hai uns 800 operadores e 700 empresas de subministro de electricidade, moitas delas públicas que pertencen a concellos. As tarifas neste país varían segundo territorios en base a unha serie de factores: desde a topografía da zona de abastecemento até a rede rexional de distribución. No Reino Unido hai 14 áreas de subministro de electricidade en distintos prezos. Non existe unha tarifa regulada para todo o estado británico, embora que si o estean as taxas de transporte e distribución. Hai 18 compañías comercializadoras ou subministradoras, 4 que operan na rede de transporte e 6 nas de distribución. E en Alemaña? Aquí hai unha tarifa básica ou de atención primaria regulada polo goberno. Mais as tarifas non son uniformes para todo o estado, dependendo dos custos de rede e singularidades produtivas de cada rexión. Tarifa única, con Franco A tarifa eléctrica única para todo o Estado foi imposta por Franco en 1951. Até entón a tarifa mantiña diferentes prezos a nivel xeográfico. O goberno franquista comeza a realizar as primeiras grandes obras (encoros, pantanos...) para incrementar a produción eléctrica. Nesta dinámica, \"especializan\" territorios para ser produtores de electricidade, como é o caso da Galiza. No ano 1961, Galiza chegou a exportar 76,6 por cento da electricidade producida. ILP paralizada No Parlamento galego leva parada desde hai un ano a iniciativa lexislativa popular (ILP) apresentada pola CIG. Avalada por 18.000 sinaturas e co apoio de máis de 50 concellos (entre eles, 6 das 7 principais cidades do país) e 3 deputacións, solicitaba unha tarifa eléctrica galega. O sindicato lembraba que o sector enerxético está regulado a nivel de estado e que se fixa unha tarifa única que inclúe toda unha serie de peaxes que teñen que ver co transporte e distribución desa enerxía. Peaxes que tamén se pagan na Galiza embora se xerar a enerxía no noso país (que exporta 40% do que producimos). En 2013, cando se aprobou a Lei de Enerxía, o goberno vasco asinou un acordo co PP que estabelece unha condición específica para Euskadi en relación coas redes de alta tensión que abarata a enerxía."}
{"ID": "NOS_34666", "summary": "Nun comunicado de imprensa após a asemblea decorrida o 2 de xullo, Podemos cambiar Galiza critica con dureza a decisión adoptada polo Consello Cidadán Estatal da formación e o modelo de primarias proposto de cara á configuración das listas electorais ás Cortes españolas.", "text": "Neste senso, instan a dirección política de Madrid a rectificar e mesmo amosan a súa disposción a \"abandonar en bloque o partido cando remate este proceso de primarias\" se o núcelo da Complutense non muda o regulamento. \"Pedímoslle ao Consello Cidadán Estatal que modifique o regulamento destas primarias para que se permita a cada rexión ou comunicade autónoma escoller ós seus propios candidatos e candidatas\", sinalan. \"Que o orden no que se coloquen os candidatos por cada circunscrición provincial veña dado polo resultado das primarias, non polo capricho de cada candidato\", \"que se pospoña\" o proceso para dar tempo a aquelas persoas que o desexen a se presentar e que \"os membros destacados e máis visíbeis se absteñan\" de apoiar publicamente a ningunha das persoas candidatas. Podemos cambiar Galiza pronúnciase nestes termos após amosar a súa aposta na integración dunha \"candidatura de unidade popular, deixando de lado as siglas\". Porén, tamén advirte que abandonará a formación se a dirección de Madrid non recúa e muda o deseño das primarias proposto por Pablo Iglesias. Destarte, aseguran que adoptaron a decisión de, colectivamente, \"non participar en ningunha candidatura indivisual\", \"facer campaña para que en ningún lugar do Reino de España se presenten listas alternativas\", \"absterse nas votacións\" e mesmo \"abandonar en bloque o partido\" se esa mundanza non se producir. Unha \"burla\" que converte Podemos \"nun partido máis do sistema\" O sector crítico de Podemos en Galiza sinala que co modelo adoptado \"os galegos non escolleremos ós representantes que irán polas circusncricións provinciais galegas, xa que isto queda a libre lección por parte de cada candidato ou candidata que saia elexido. Mai non só isto, tamén se gardan a potestade escoller en qué orden se colocan en cada circunscrición\". \"Négasenos a facultade de elexir por nós mesmos as persoas que nos representarán nas nosas circunscricións\" Neste senso, coidan o regulamento \"unha burla á cidadanía xa que nos nega a facultade de elexir por nós mesmos as persoas que nos representarán nas nosas circunscricións de orixe, podéndose dar o caso de que por unha provincia galega se presente unha persoa de Madrid ou calquera outra parte do estado\". Así pois, \"entendemos pois que con este proceso de primarias dase por rematado o proxecto de Podemos como instrumento de empoderamento popular para acabar transformarmándose nun partido máis do sistema\", sentencian."}
{"ID": "NOS_18095", "summary": "O golpista e rostro visíbel do 23F, o ex-tenente coronel da garda civil Antonio Tejero presentou unha denuncia na Fiscalía xeral do estado contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, por \"provocación, conspiración e proposición para la sedición\". Alén disto, o golpista chama \"pecadores\" aos dirixentes de CIU", "text": "O golpista e rostro visíbel do 23F e ex-tenente coronel da garda civil Antonio Tejero presentou o 20 de novembro unha denuncia na Fiscalía xeral do estado contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, por \"provocación, conspiración e proposición para a sedición\". O golpista cualifica de \"pecadores\" a dirixentes de CiU como Mas, Josep Antoni Duran Lleida e Jordi Pujol Tejero lamenta \"o silencio permisivo dos poderes do estado\" perante un escenario de axitación independentista en Catalunya e critica que \"nin o Rei, nin o goberno, nin os tribunais nin o exército\" tomaron medidas para poñer fin ao \"contubernio formado por Arturo Mas e parte dos e das catalás\", que terían sido, apunta, \"enveleados\" na súa etapa educativa. O golpista cualifica de \"pecadores\" os dirixentes de CiU como Mas, Josep Antoni Duran Lleida e Jordi Pujol, e afirma que \"os que deben acabar con esa lacra\" son El-Rei, o goberno, a xustiza e a cúpula militar \"no que lle toca\"."}
{"ID": "NOS_41391", "summary": "Denuncia da sobrecarga asistencial e a conxelación de complementos desde hai case unha década.", "text": "\"Déixannos a dúas velas (candeas)\", denunciaba o persoal dos Puntos de Atención Continuada (PACs) na vixilia reivindicativa que fixeron na noite desta segunda feira a terceira feira. Un colectivo que mantén unha folga desde principios de xaneiro e que ao longo destes meses organizou unha manchea de mobilizacións e protestos para denunciar a sobrecarga asistencial e a conxelación dos complementos por realizar festivos e gardas nocturnas desde o ano 2010. Este noite pasada, en PACs de toda Galiza os traballadores e traballadoras acenderon candeas e penduraron faixas e cartaces para denunciar a súa situación e a ausencia de vontade de interlocución por parte da Consellaría. Reivindican atención de calidade, coa dotación de persoal necesaria e co material acaído para ofrecer o servizo. \"Anos queimados pola sobrecarga asistencial e a perda de dereitos laborais\" anuncia o cartel da convocatoria. Nesa liña, en declaracións a Sermos Galiza, Elisa Ausín Rodríguez, médica e portavoz de PACs en Pé de Guerra na área de Vigo,afirma que as reivindicacións son tan básicas como o feito de esixir \"que nos dean de comer cando facemos unha garda de 24 horas\" ou que \"non teñamos que recuperar as horas das baixas\". Reclaman tamén que os complementos conxelados desde o ano 2010 se recoñezan e se abonen. Entre as peticións do colectivo tamén se manteñen a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolven."}
{"ID": "PRAZA_9562", "summary": "Dende a primavera de 2018 a Xunta deixou de borrar a información dos seus contratos menores á semana de publicala, pero polo camiño ficaron os datos dos de 2016 e 2017, que suman uns 1.800 millóns de euros", "text": "No ano 2015, cando os casos de presunta corrupción azoutaban especialmente as expectativas electorais do PP, que xa sufrira un duro devalo nas eleccións europeas do ano anterior, a Xunta lanzou o seu \"plan de impulso democrático\", un paquete de medidas co que, anunciara, pretendía atallar eventuais prácticas corruptas no seo da Administración galega. Entre as iniciativas figuraba a aprobación da nova lei de transparencia, que dende 2016 substituíu a primeira da historia da autonomía, que impulsara o Goberno de coalición de PSdeG e BNG unha década antes.Unha das novidades desta lei foi que a Xunta pasou a ter a obriga de difundir en internet, \"polo menos trimestralmente\", a información relativa aos contratos menores. Trátase das adquisicións de produtos e servizos máis habituais que, por teren un importe reducido, as administracións poden adxudicar directamente a quen consideren, sen organizar un concurso público nin pedir ofertas a distintos contratistas. Segundo a lei, a información que cómpre difundir é a do \"obxecto, a duración, o importe\" e \"a identidade do adxudicatario\", unha obriga de transparencia ratificada en termos semellantes pola nova lei estatal de contratos do sector público do ano 2017.Cando entrou en vigor a nova lei de transparencia a Xunta comezou a publicar os datos básicos dos seus contratos menores, pero ata a primavera de 2018 só os mantiña publicados durante unha semana e despois borrábaosDende a entrada en vigor da nova lei de transparencia a Xunta comezou a publicar datos básicos dos seus contratos menores na súa web de contratacións, pero cunha particularidade. Só facía público cada un dos contratos menores durante unha semana e despois, borrábaos, o que na práctica facía imposible recuperar publicamente a información sobre as empresas ou persoas encargadas das contratacións. Aínda que durante máis dun ano a Xunta alegou razóns técnicas para non manter publicados todos os contratos menores, dende a primavera de 2018 deixou de borralos e mellorou a presentación da información ao respecto. Pero polo camiño quedaron os datos dos exercicios previos. Así, entre 2016 e 2017 foi borrada a información de contratos menores por importe de case 1.800 millóns de euros. Previsiblemente, tamén haberá baleiros na información de 2018 cando sexa publicada, xa que os cambios de denominación e estrutura dalgunhas consellerías tras a última crise de goberno provocaron discontinuidades e paróns nas publicacións.Dende a primavera de 2018 a Xunta deixou de borrar os contratos menores á semana de publicalos, pero polo camiño ficou a información dos de 2016 -868 millóns- e 2017 -925 millóns-A mediados de febreiro deste 2019 o Goberno galego fixo públicos os datos estatísticos das súas contratacións correspondentes ao ano 2017, segundo marca a lexislación. Como no ano 2016, o primeiro atinxido pola nova normativa, o tipo de contratos que maior volume de orzamento público absorberon en 2017 foron precisamente os menores, con 925,6 millóns de euros -un 6% máis que no ano anterior. Mentres, o volume de contratación por procedemento aberto -os concursos públicos máis ordinarios, aos que pode concorrer calquera empresa- descendeu un 43%, de 808,85 millóns en 2016 a 459 millóns en 2017. O seguinte tipo de contratos que absorbeu máis recursos públicos nese ano foron derivados de acordos marco -197,31 millóns- e, a maior distancia, sitúanse os procedementos negociados -aos que a Administración convida a un número determinado de empresas-, con 88,5 millóns. Os contratos menores, moi abondosos na administración por seren obxecto de produtos e servizos habituais e de importes reducidos, foron máis de 156.000 durante 2017 na XuntaEstas cifras son o resultado dun aumento notable no número total de contratos menores. Estes, non obstante, adoitan ser moi abondosos de seu nas administracións por seren obxecto de produtos e servizos moi habituais -dende subministros básicos ata elementos de mobiliario ou todo tipo de labores profesionais de ata 15.000 euros, no caso dos servizos, e ata 40.000, se se trata de obras, segundo a nova lei de contratos-. En 2017 a Administración galega asinou máis de 156.000 destes contratos menores -en 2016 foran algo menos de 124.000-. Os segundos máis habituais foron os derivados de acordos marco -que establecen condicións para o fornecemento de determinados produtos e servizos durante un período de tempo- e os terceiros, os procedementos abertos.O PSdeG critica a \"drástica redución\" dos contratos por procedemento aberto e cre \"contraditorio\" que o PP incremente os menores na Xunta mentres \"está permanentemente criticando o seu uso\" nos concellosEstas cifras da contratación pública da Xunta foron obxecto de crítica por parte do PSdeG no Parlamento, cuxo voceiro en materia institucional, Juan Díaz Villoslada, cre relevante \"alertar\" da \"drástica redución no número de contratos nos que a Xunta utiliza o procedemento aberto\". Díaz Villoslada cre ademais relevante o elevado \"uso dos contratos menores, que supoñen un 60% da licitación total rexistrada en 2017\". Esta preponderancia e incremento dos contratos menores supón, a xuízo do deputado socialista, unha \"contradición do Goberno galego\". Non en van, lembra, o Executivo de Alberto Núñez Feijóo utilízaos recorrentemente mentres o PP \"está permanentemente criticando o seu uso nas Administracións locais\". Así o fixeron os populares nos últimos meses en concellos como Lugo, A Coruña ou Santiago. No caso compostelán, mesmo esixiron a constitución dunha comisión de investigación ao respecto, a cal foi rexeitada en pleno cos votos en contra de Compostela Aberta e BNG e a abstención do Grupo Socialista."}
{"ID": "NOS_4744", "summary": "A represión franquista leva tempo sendo un dos eixes temáticos da narrativa de Xabier Quiroga. Desta volta e, tras cinco anos sen publicar nada, o autor olla a persecución da guerrilla ou o roubo de bebés como dúas das manifestacións máis terríbeis dese xeito de opresión. Xunto a elas traza unha trama de investigación sobre a verdadeira identidade dun descendente dunha familia fidalga. O resultado, baixo unha tona de xénero negro, lembra a novela decimonónica europea. Vidas que se cruzan para conformar a Historia que nos quixeron ocultar.", "text": "O baile dos estorniños é un libro moi longo e complexo na súa estrutura narrativa. Como foi o proceso de escrita? Antes de nada considero que a complexidade estivo na súa elaboración, non no resultado final, porque o lector ou lectora que se atreva cunha novela tan extensa nunca vai perder o fío da historia nin deixar de facer as descubertas que o leven cara ao desenlace. Pero si, dou fe de que o proceso de escrita foi arduo. Realmente partín dun plan previo moi ambicioso no que tiña que conxugar unha historia do pasado cunha investigación do presente sobre ese mesmo pasado. Así que de inicio planifiquei e escribín dúas novelas. Logo, como tiña previsto, fusioneinas. Pero foi nesa fusión onde me atranquei pois, ademais de resultar un número excesivo de páxinas, houbo que refacer moitos elementos que non cadraban no desenvolvemento conxunto da historia. E nese esforzo estiven a piques de deixar o proxecto e botar polo sumidoiro os catro anos que levaba empregados nel. Ao cabo, se saín do atranco foi grazas ao tempo libre do que dispuxen co confinamento. Izan o da saca, O cabo do mundo e O baile dos estorniños forman a triloxía da Ribeira Sacra pero seguramente non foron concibidos inicialmente como tal. Por que seguiu co mesmo espazo e con personaxes como o Reina? Atinas co de que non hai tal triloxía. Ou si? Realmente non cho sei. Se queremos chamarlle triloxía, a pesar de que non hai continuidade, podemos facelo. Cando menos volve o personaxe do Reina e faino implicado cunha investigación histórica na Ribeira Sacra. Estes elementos son comúns e poden meterse no mesmo paquete do meu interese no pasado próximo. E este interese polo tema dos guerrilleiros, polos bebés roubados do franquismo, ten forza e precisa un envoltorio situacional. Podería levalo onde fose, pero síntome ligado á miña infancia, onde nacín e vivín, a Ribeira Sacra. Non existe outro motivo. Os feitos minúsculos ou a xente sen excesiva relevancia son os que trazan a historia verdadeira dos pobos É unha historia ficticia baseada na realidade. Se a represión franquista era un tema que xa investigara en Era por setembro ou O cabo do mundo, seguramente para este libro centrou o traballo de documentación na persecución dos guerrilleiros... A vida dos guerrilleiros para min sempre representou algo máis que unha serie de figuras ocultadas adrede pola historia oficial. Pero hai tamén unha achega ao que de cativo non sabías e logo, xa maduriño, descobres porque remexes e non queda outra que irte decatando de que os feitos minúsculos ou a xente sen excesiva relevancia son os que trazan a historia verdadeira dos pobos, a que porta a súa esencia. Pero O baile dos estorniños trata de moito máis ca de guerrilleiros e represión, conta unha historia na que conflúen moitas vidas que a min me resultaron moi atractivas. En canto ao proceso de documentación, podería facer unha catalogación: a parte escrita e a oral. Na primeira aparecen os interesantísimos libros publicados sobre canto acontecía no período que vai desde 1935 até 1950, onde se sitúa a historia do pasado. Pero hai que proceder con cautela ou sentido crítico, sendo sempre conscientes de que debemos depurar a carga ideolóxica ou propagandística que nos xornais e publicacións aparece. Había que estar co réxime, xa fose por pura supervivencia ou por convencemento. E logo estaba a censura, sempre atenta a cada parágrafo. En canto á parte oral, trátase de localizar informantes desinhibidos, maiores ou moi maiores todos eles, que falen do que foi a súa vida. Neste caso á variante dos represores non podes acceder. E aí entra a ficción. A novela conta tamén a decadencia dunha familia fidalga galega ou as dinámicas do roubo de bebés como parte da represión franquista. Nese sentido, tanto a estrutura como o contido lembran a Otero Pedrayo ou a gran novela europea do XIX. Tivo dalgunha maneira presentes estes referentes? Si e non. Digamos que, a priori, máis ca imitar outros autores ou intentar unha grande novela estilo decimonónico, tiña a ambición de contar unha historia moi nosa, e mais de crear un cadro amplo dunha sociedade de contraste entre o pazo e o aldea. Para iso tiña un as gardado na manga: meu pai, sendo de aldea, traballou de novo alí, no pazo de Tor. Eu, nos adentros, sentía algo así como unha débeda con ese pasado familiar. Logo estaba o da ambición literaria e de que no plan inicial quería elaborar un fresco amplo e representativo dese tempo ruín, de que quería facer unha novela non grande, senón extensa. Precisaba ademais intentar unha novela que supuxese un reto e que, ao mesmo tempo, resultase atractiva, que atrapase a quen a collese para perder o seu tempo, que nesta época é un ben moi prezado. En canto aos outros temas que mencionas, todo vén de que a maldade sempre resultou moi suxestiva para a literatura. A quen non lle atrae saber a mecánica do roubo de bebés durante o franquismo? A quen non lle interesa saber como vivían e se organizaban ou as que pasaron os nosos fuxidos? Son moitas as preguntas. Pois O baile dos estorniños aproveita esa motivación para poñer, estilo novela negra, a investigar a varios personaxes. O Museo Pazo de Tor vén de ser distinguido por Tripadvisor. Serviu a historia real do pazo para crear esta novela? Serviu de moito e non serviu de nada. Antes houbera unhas cantas, pero tres foron as visitas que fixen a Tor mentres estaba no proceso de elaboración do texto en bruto. Nelas fun recollendo datos moi precisos e, incluso, accedín a espazos aos que os turistas e visitantes ao uso non poden entrar. Neste sentido teño que agradecer a boa disposición dos guías. Pero de canta documentación recollín alí e de canta lin, na realidade é pouca a que aproveitei para a obra literaria, pois era consciente de que non estaba a elaborar un libro de historia, senón de ficción. Así a todo cómpre dicir que logo, neste proceso creativo que o autor desenvolve para facer verosímil calquera feito con matiz real, a ficción nútrese sempre deses datos que tes anotado ou coñeces. \"Todos nos procuramos ou procuramos darlle un sentido ao noso paso por enriba desta casca do mundo\" Podería dicirse que todo o relato é unha indagación na verdadeira identidade de Ernesto Carrera Mato-Labandeira. O mesmo pasaba noutras novelas súas: Izan o da saca, en Atuado na braña, en Zapatillas rotas ou en O cabo do mundo -personaxes que buscan no seu pasado. Por que esta temática recorrente? Todos nos procuramos ou procuramos darlle un sentido ao noso paso por enriba desta casca do mundo. Pero, que acontece cando descubrimos que algo noso, ou ben achegado a nós como é o pasado próximo, está difuso ou amosa manchas ou lacras ou feitos que poden ser tremendos? Que nos descoloca, que nos perturba. A reacción podería ser pasar diso e mirar adiante, ou ben remexer até ter certeza da verdade verdadeira, non a que nos contaron. Esa temática recorrente que dis é a miña maneira de enfrontarse con un mesmo, é a dos meus personaxes, eses que, sen repetir historias nin feitos, se procuran e arriscan a caer nas súas propias contradicións. Tamén é o cibaco que porta o anzol que se lle tende ao lector. E en O baile dos estorniños a procura da identidade de Ernesto non é máis ca un mero pretexto para introducir ao lector nun segredo moito máis poderoso. A historia está contada por varios narradores e cada un leva a súa personalidade ao relato. Por que decidiu que fose o Reina -algo brután- quen conducise o relato moito máis ca o escritor, Suso Queiroa, ou o propio Ernesto? Verosimilitude e variedade. Se ti queres facer críbel ou verosímil a actuación dun personaxe debes dotalo de características propias. En canto á variedade, cantos máis personaxes poñas a actuar máis arduo se fai o traballo do autor. Pero, ao cabo, todo iso marca tamén o nivel da obra. Se nesta novela o escritor amosa unha forma de ser investigando, quen o suple, neste caso o Reina, non pode ser unha continuación del. O Reina é como é, un tanto vaicheboa, machista e con alma escudriñadora. Ese xeito tan seu e discutíbel xa aparecía nas outras dúas novelas da triloxía e, por verosimilitude, tampouco conviña cambialo. Ademais, a escolla do Reina como personaxe que investiga dá matices moito máis frescos e suxestivos ca o personaxe do escritor. Carlos, outro dos personaxes principais, é un valente e capaz republicano colaborador da guerrilla e un depredador de mulleres. Na novela, os \"heroes\" non o son tanto. Pola contra, os \"antiheroes\" coma Basilio Carrera teñen menos matices, contradicións… Foi algo consciente? Todo nunha novela é consciente. Pois na caracterización dos personaxes o mesmo. Pero logo está o desenvolvemento de cada un e o progreso das accións. Trátase do misterio de ir descubrindo o que a travesía da escrita che dá. Pero si, se levas con pulso firme o trazo de cada aspecto literario, o heroe clásico ou boíño non existe, o antiheroe ese do que falas debe amosarse monstruoso nalgún momento e o sedutor debe exercer e sufrir penalidades amorosas no intento de ser el mesmo. En fin, sendo consciente como autor de onde quería chegar, o trazo que te leva alí pode sufrir todo tipo de sacudidas e, polo tanto, é susceptíbel de matizacións. O bo é que será auditado por persoas lectoras moi escrupulosas. Nese sentido, a masculinidade tóxica que destilan varios personaxes aparece contrastada por varias personaxes femininas interesantes e bastantes veces moi conscientes do machismo. Hai, por suposto, ademais de tipos variados de personaxes, e non estereotipos, un contraste entre o masculino e o feminino, ademais dunha clara denuncia a propósito. A masculinidade en certas épocas foi algo máis ca tóxica neste noso país e eu estaría sendo moi inxusto co papel da muller se non amoso eses xeitos. Pero nesa denuncia por manifestación quero transmitir un poder especial, o de ter a valentía de trazar sempre o propio destino e o da súa familia. Por iso esas mulleres abusadas e sometidas, ou non, ao cabo serán as verdadeiras protagonistas e rebelaranse contra o estabelecido. A Coella, Mariluz e Eva son exemplos ben contundentes. Quen remate a lectura de O baile dos estorniños decatarase do que queda neste tema, que lonxe de ser degradante é enaltecedor e reivindicativo. Unha das pistas que segue a trama ten que ver con Castelao. Por que decidiu meter a Castelao na historia? De inicio a novela ía titularse Castelao ou a sombra que en min habita, o que indica por onde pretendía ir a historia. Pero Castelao no devir narrativo vai perdendo a súa importancia ante a magnitude dos feitos simples, ante \"as cousas de cada día\" que lle acontecen aos personaxes da novela. Se xa era un pretexto, ao final sobreponse e logra rescatarse o tema para a causa, pero sen que xa importe moito ou pouco. De aí a grandeza do minúsculo ante os grandes nomes que nos impuxo a historia que se pretende con maiúsculas. Dentro do retrato que fai da dereita hai tamén varios personaxes diferentes. O señor de Tor é un cacique pero non un falanxista violento coma Luciano. En diversos momentos da novela trata tamén as loitas de poder entre militares e falanxistas. Quixo facer un retrato non simplista da dereita da posguerra? Toda persoa ten as súas contradicións. E nesas actuacións dos personaxes, que como dixen ti pretendes o máis verosímiles, deben manifestarse. No caso que dis, os militares actuaban como o que eran, mando en praza, e os falanxistas como o que querían ser, brazo armado e executor dun poder que en moitos casos tomaban pola man. Entre eles houbo problemas, choques constantes, e se nos escritos da época están moi presentes, como non ían amosarse na novela?. Pero neste aspecto debo dicir que a novela resultante, a que finalmente saíu á venda, alixeirou moito esa información histórica para someterse á trama principal. Tanto Miguel Mullera como Basilio Carrera representan, en relación con iso, a sociedade afecta ao réxime: o fascismo, o españolismo… No fondo, a novela, como razoa Reina nalgún momento, é un retrato das relacións de poder e do seu uso e abuso polos \"de arriba\" contra unha sociedade de traballadores -labregos primeiro-. Definiríaa así? Creo que iso está en todo o que escribiu. Esa é unha opinión dun personaxe, e eu, como autor, nin por asomo me vou facer cargo do que eses seres ficticios opinan ou intentan razoar. Moito menos do Reina, que sempre tira a radical e rebelde, e como representante dos traballadores e de orixe marcadamente aldeá ten os seus prexuízos. Iso si, fascismo e españolismo por aquí camiñaron e camiñan sempre xuntos. As elites herdeiras do poder prefiren non remexer no pasado e descubrir e limpar os feitos, por duros que aqueles fosen, e prefiren seguir intentando silenciar, non deixar que se saiba o que os seus antepasados fixeron para estar gozando da súa posición A novela relaciona tamén o roubo de bebés co silencio por parte da prensa. O Reina fala nun momento dunha sociedade dominada por unhas elites trasnoitadas e uns pailáns encubridores. Hai algo de crítica á propia sociedade e o seu silencio aí? Certo, nese tema e noutros que se tocan na novela hai unha boa dose de crítica, pero para quen asimile que somos como somos e non como deberiamos ser. As elites herdeiras do poder prefiren non remexer no pasado e descubrir e limpar os feitos, por duros que aqueles fosen, e prefiren seguir intentando silenciar, non deixar que se saiba o que os seus antepasados fixeron para estar gozando da súa posición. E logo hai moito pailán sen principios, incluso disfrazado de culto ou con titulite conxénita, que segue o seu xogo e cala e mais dá por ben feito esa forma de actuar. Triste país, ás veces, mesmo cando se edulcora con festas gastronómicas ou prensa subvencionada. Na novela hai, como en varias das súas anteriores, varias pezas soltas que só acaban de soldar nun final ao que se chega tras 800 páxinas, polo que o lectorado pode cansar. Pensou moito nisto na escrita das sucesivas versións? Pensei. E xúroche que lle dei tantas voltas que, de atoado neles, case non saio. Pero as miñas lectoras, porque teño constatado que son maioría as mulleres, son esixentes, queren ir lendo e facendo traballar o maxín, e logo, ao rematar a novela, sentir que ocuparon o seu tempo nun libro que traza unha historia complexa e interesante. Niso poño o meu empeño e entrego moitas horas de traballo, tantas que me levou cinco anos acabala. Algo máis que queira comentar? Quizais desexar que a persoa atrevida, porque para poñerse cunha obra de case oitocentas páxinas hai que selo, chegue ao final. Logo, que valore criticamente. Porque considero que non podemos falar dunha obra, especialmente dunha novela, até que non chegamos á derradeira páxina."}
{"ID": "NOS_29695", "summary": "O líder do PSdeG subliñou nunha visita este sábado a Vilalba que \"compartimos a obriga de estreitar os lazos cos galegos e as galegas no exterior, mais neste momento hai outra prioridade\".", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou este sábado Vilaba. Nese contexto afirmou que \"a primeira viaxe de Rueda debera ser a Bruxelas\", para \"defender os intereses dos galegos e galegas\" afectados polo veto á pesca de arrastre. Formoso chama a impedir que Feixoo chegue a Moncloa para que non cambie \"para mal, como fixo na Galiza\" O líder socialista referiuse á viaxe do presidente da Xunta da Galiza a Iberoamérica e lembrou que o seu partido comparte \"a obriga de calquera representante político galego de estreitar lazos cos galegos e galegas no exterior\". Formoso entende que \"hai outras prioridades\" e afeoulle a Rueda que non seguira o exemplo do presidente de Andalucía e do propio Formoso cando se desprazou hai xa semanas até Estrasburgo para manter un encontro co comisario de Pesca, Sinkevicius. O socialista sinalou que el mesmo lle trasladou ao comisario o \"malestar da pesca galega e a innecesariedade de aplicación\" do Regulamento. Este veto, afirmou, \"afecta a case o 30% da pesca galega, en portos como os de Vigo, A Coruña, Celeiro, Burela, Ribeira ou A Guarda\" para protexer un medio natural que está \"perfectamente preservado polos pescadores dende hai décadas\". Sinalou así que a primeira viaxe dun presidente da Xunta debera ser á capital europea, para \"pór en valor á Galiza diante das institucións comunitarias\" e defender os seus intereses. González Formoso chama a facer \"unha revolución tranquila no mundo rural\" Día da Muller Rural O líder socialista fixo estas declaracións despois da visita á empresa Champivil, en Vilalba, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller Rural. Salientou que esta empresa, \"capitaneada por unha muller galega do rural\", leva décadas \"pondo en valor os produtos da terra, sabendo comercializalos, aportarlles valor engadido de coñecemento e tecnoloxía\". Formoso avogou por \"pór en valor\" o traballo destas empresas e \"fomentar a figura\" das entidades galegas que traballan \"creando valor e emprego no rural\"."}
{"ID": "PRAZA_8212", "summary": "O nacionalismo galego está a vivir unha auténtica idade do xeo, unha nova e durísima glaciación que vai tardar en dar paso a esa ansiada primavera galega da conciencia colectiva nacionalista a pesar dos xestos e pontes para a galería, e que probablemente cando se produza estará protagonizada por novos xermolos, non precisamente os actores e actrices nin tampouco os formatos que lideraron esta escena perante os derradeiros trinta anos", "text": "A pasada semana o Vaticano inauguraba a súa propia primavera da reconciliación coa dignidade, a pesar das poucas purgas e a totémica estética púrpura e ouro, facendo fincapé nunha inaprazable escolla pola humildade e austeridade de dúas figuras tan simbólicas como San Francisco e San Ignacio de Loyola. Dada tan delicada conxuntura de perda da fe ligada a propia crise da institución, deixáronse de andrómenas. O nacionalismo galego está a vivir unha auténtica idade do xeo, unha nova e durísima glaciación que vai tardar en dar paso a esa ansiada primavera galega da conciencia colectiva nacionalista a pesar dos xestos e pontes para a galería Pola contra, o nacionalismo galego está a vivir unha auténtica idade do xeo, unha nova e durísima glaciación que vai tardar en dar paso a esa ansiada primavera galega da conciencia colectiva nacionalista a pesar dos xestos e pontes para a galería, e que probablemente cando se produza estará protagonizada por novos xermolos, non precisamente os actores e actrices nin tampouco os formatos que lideraron esta escena perante os derradeiros trinta anos. Nesta agardada primavera galega, sen dúbida, terán moito que dicir as novas concepcións e axentes socio políticos que nos novos tempos de incerteza e de fortes ventos de cambio foron quen de adaptarse e mudar, construíndo muíños de futuro no canto de levantar muros e valados de rabia e medo. Nesta agardada primavera galega, sen dúbida, terán moito que dicir as novas concepcións e axentes socio políticos que nos novos tempos de incerteza e de fortes ventos de cambio foron quen de adaptarse e mudar Con todo, coido que é un convencemento colectivo que o nacionalismo galego ten moito e próspero futuro, contrastado xa no feito mesmo de que foi quen de sobrevivir e chegar ata aquí a pesar da teima dos propios nacionalistas por reducilo a unha forza rara, excepcional e instalada na singularidade dun respaldo electoral minoritario e marxinal. Sen falar do infindo crebacabezas de siglas, modelos, frontes e discursos onde unha coma pode ser a diferenza infranqueable. Nun contexto como o actual no que a cidadanía xa descubriu a confianza e comprobou a eficacia dos movementos sociais, onde xa superada a indignación inicial agora están a exercer unha auténtica presión reformista a través das iniciativas lexislativas das plataformas de afectados no parlamento, semella que o discurso político ao uso, a incidencia das bondades do noso feito diferencial, o referendo de autodeterminación ou mesmo o aceno soberanista pouco ou nada lle importan a unha xente que precisando solucións urxentes e inmediatas para que non os boten da casa, tomáronas pola propia man rescindindo a exclusividade mediadora cunha clase política que por forte devaluación está cando menos abocada a evolucionar e renovarse, si ou si. Semella que o discurso político ao uso, a incidencia das bondades do noso feito diferencial, o referendo de autodeterminación ou mesmo o aceno soberanista pouco ou nada lle importan á xente Non facelo, non someterse a unha análise en profundidade, non facer desta premisa virtude en tempos de conclave, seguir coas inercias e mecánicas de sempre, ceibar toda a valía na impoluta e colexiada democracia asemblearia onde o militante ten a primeira e última palabra despois do implacable control das mesas de debate que regulan as comisións, e que cando menos desde Amio demostrouse que xa non é garante de nada agás dunha histórica escisión e a perda de espazo electoral, seguir na teima da idoneidade dun modelo de fronte coral e poliédrico artillado en torno a unha única, hexemónica e monolítica UPG, seguir co desmarque da esquerda da esquerda, a autodeterminación, independencia, co discurso cen anos luz por diante da sociedade a que se dirixe, non freará senón que incrementará aínda máis tanto o declive electoral como o perenne atraso desa tan prezada primavera nacionalista galega que todas e todos desexamos."}
{"ID": "NOS_49529", "summary": "A Consellaría de Sanidade informa de 1.945 casos activos de Covid-19 na Galiza. Xa nos últimos días do curso lectivo seis aulas mantéñense fechadas.", "text": "Na Galiza hai neste intre 1.945 casos activos de Covid-19, segundo informou hoxe a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade. Por áreas sanitarias hai 342 na da Coruña, 245 na de Lugo, 159 na de Ourense, 222 na de Pontevedra, 534 na área de Vigo, 335 na de Santiago e 108 na de Ferrol. Destas persoas, 13 atópanse en Coidados Intensivos, 71 en unidades de hospitalización e 1.861 no seu propio domicilio. Até o de agora, sinala o Sergas que hai un total de 122.954 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos. No que atinxe a loita contra a Covid-19 tamén informa que se practicaron 2.274.739 de PCR e até 2.000.543 de doses dalgún dos compostos de vacinación foron administradas. Hai 358 casos activos de Covid-19 vencellados a centros educativos, o que levou a fechar seis aulas, mais ningún centre está clausurado. Persoas de viaxe A Consellaría de Sanidade incide en que as persoas que cheguen o país nas vindeiras datas e procedan dalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOGA terán que facilitar os seus datos de contacto ao Sergas, sexa pola páxina web ou no teléfono 881 00 20 21, Amais, aclara que a máscara segue a ser obrigatoria tanto en interior como en exterior, \"poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalaría\"."}
{"ID": "PRAZA_16908", "summary": "A plataforma cidadá presenta outra nova mobilización no Día das Letras en Compostela baixo o lema En galego día a día e acusa a Xunta de aplicar un \"155 lingüístico\" en Galicia.", "text": "\"En galego día a día\". Ese é o lema que a plataforma Queremos Galego escolleu este ano para a manifestación do 17 de maio en Compostela. A plataforma cidadá pretende reivindicar o \"apoio social crecente á lingua galega\" que \"contrasta\", segundo denuncia, coa actitude da Xunta, que en palabras do colectivo \"mantén un 155 lingüístico de facto\" no país. Queremos Galego reivindica o \"apoio social crecente\" á lingua galega fronte á actitude da Xunta e o seu \"155 lingüístico\" A plataforma cidadá, da que forman parte máis de 500 colectivos sociais, presentou este luns unha mobilización que sairá ese xoves 17 ás 12 horas da Alameda compostelá e percorrerá as rúas da cidade para reivindicar \"o día a día das persoas que fan a lingua viva\" pero para denunciar tamén que son a estas persoas \"ás que se lles exixe un esforzo que non terían que facer se quixesen utilizar unha lingua plenamente normal\". \"Este día a día é o que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática\", advirte o voceiro de Queremos Galego Marcos Maceira, que asegura que \"en Galiza é o propio Goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do Goberno español, renegando das funcións que lle dá o Estatuto de Autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer\". Como consecuencia, dixo, \"o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno\". \"Este día a día é o que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática\" Para Maceira, \"o 155 de Feixó anula as competencias e a capacidade da Xunta de actuar e lexislar a favor do galego\". Referiuse a todos os artigos a prol da lingua propia no Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística ou a acordos parlamentarios unánimes como o Plan Xeral de Normalización Lingüística que non se cumpren nin se impulsan.\"En Galiza nin se aplica nin se aproba ningunha lexislación a favor do galego mais si se aplican as máis de 500 disposicións legais que obrigan ao uso do español en diferentes ámbitos\", lembra. \"Existe unha sociedade que actúa día a día para repor e normalizar a lingua galega, a través de centos de colectivos e entidades e en ámbitos moi diversos\", engadiu Maceira respecto dunhas asociacións que estarán representadas no acto final da manifestación do Día das Letras. A plataforma cidadá lembra que \"é o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario\", fronte ao desleixo da Xunta \"É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta e coa mobilización diaria consegue avances. Grazas ao activismo social o galego conseguiu pequenas vitorias que dan mostra forza do pobo galego, mais tamén de todo o que falta por avanzar\", insistiu Maceira, que citou como exemplos deses avances impulsados pola sociedade o feito de que as compañías de seguros comecen a cumprir a lei e ofertar pólizas en galego, que compañías de telefonía móbil rectificasen respecto da desaparición das opcións en galego, ou que transnacionais modificasen regulamentos internos que impedían o uso do galego. \"Canto mellor estaría o galego se a administración actuase minimamente?\", preguntouse. Ante esta situación, denuncia Maceira, a \"única\" resposta da Xunta \"é a propaganda, como o anuncio dun novo plan, desta vez para a mocidade\". Así, instou a Secretaría Xeral de Política Lingüísitica e ao presidente \"a comezar por eliminar as prohibicións de uso do galego e a consideración como lingua extranxeira no ensino\". Segundo anunciou Queremos Galego, ao longo dos próximos días e até a data da convocatoria desenvolveranse diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. Na web queremosgalego.gal indicaranse os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexen acudir a Compostela a \"impulsar a plena normalización da lingua galega\"."}
{"ID": "NOS_48345", "summary": "A Consellaría de Sanidade prevé realizar probas a 400 cidadás que puideron ter relación coas enfermas de coronavirus.", "text": "O Sergas anuncia a realización de probas da Covid-19 a 400 persoas que puideron ter relación co surto escolar detectado no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, que xa ten a 19 membros da comunidade educativa infectados. Ademais, o gromo ascende a 23 positivos na localidade, pois hai máis casos en menores de 15 anos que non asistían ao mesmo centro. As autoridades sanitarias destacan que o municipio conta, actualmente, con 42 casos activos de coronavirus, dos que precisamente 23 son en crianzas por debaixo dos 15 anos. Nun primeiro momento xa se realizou un \"cribado de todo o colexio, alumnos e traballadores\", que foron citados no punto Covid Auto do Hospital de Valdeorras. Ao mesmo foron chamadas as persoas que conviven coas alumnas enfermas. En total estímase que se chegará a comprobar o estado de saúde de 400 cidadás. Xa na quinta feira, o xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial, explicaba que este brote tivo a súa orixe no transporte escolar e \"está a afectar a un colectivo de nenos, fundamentalmente menores de 15 anos\". A Consellaría de Educación engadiu que o foco implicoi o fechamento de cinco aulas do centro educativo. Precisamente, dados os gromos que están a sucederse debido á volta aos colexios, o Comité Clínico ordenou elevar O Barco e Foz a nivel medio-alto das restricións. No caso do CEIP O Cantel de Foz, os casos positivos aumentaron de 30 a 31 e seguen catro aulas fechadas debido á incidencia da Covid-19, concretaron fontes da Xunta. Estas novas dánse a coñecer pouco tempo despois de que se puxera en dúbida a nova política informativa do Goberno galego respecto aos casos nas escolas, pois acusouse á Xunta de \"ocultar\" os datos e esta defendeu que só os fará públicos unha vez á semana."}
{"ID": "NOS_4813", "summary": "A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Congreso aprobou a proposición non de lei que demanda a derrogación do cambio feito polo PP na Lei de Montes de 2015 para que se poidesen recalificar terreos calcinados", "text": "En xuño de 2015 o PP introducía no proceso de trámite da Lei de Montes no Senado un cambio que ía ser duramente criticado e cuestionado, o que fai referencia á superficie queimada nos incendios. \"Causou un grande malestar a modificación realizada polo PP a última hora cambiando o contemplado na lexislación anterior. O PP introduciu o artigo 50.1, que abriu a posibilidade a que se permita a construción nunha superficie forestal queimada antes dos 30 anos cando \"concorran razóns de interese público de primeira orde\", afirma Alexandra Fernández, portavoz de En Marea. Para reverter isto, a coligazón galega presentou unha proposición non de lei que pide a derrogación dese cambio feito polo Partido Popular na Lei de Montes. A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aprobou esta cuarta feira, e cos únicos votos en contra dos populares, a iniciativa de En Marea. Alexandra Fernández lembrou que a lei do PP contou cun frontal rexeitamento non só da oposición parlamentar senón que foi moi cuestionada polos axentes forestais, as organizacións ecoloxistas e organizacións de montes galegas\". Era unha norma, dixo, que engadiría inseguridade xurídica, abriría a porta á degradación de bens ambientais, sen esquecer que vulnera competencias autonómicas claras\". Fernández subliñou que non existía demanda \"nin política nin social para cambiar a Lei de Montes, unha lei que non supuxo unha mellora na xestión forestal integral, invade competencias co único propósito de recentralizar e resta responsabilidades aos axentes forestais para investigar delitos ecolóxicos\"."}
{"ID": "NOS_34068", "summary": "Denuncian que a Consellaría de Educación desoe a súa petición de que se institúa un protocolo para asegurar acceso á atención educativa domiciliaria.", "text": "Hadrián ten 11 anos. É de Malpica e ten leucemia. A súa enfermidade impídelle ir a aulas coma calquera outra persoa. Eis a razón pola que súa nai, Nieves Villar, iniciou unha campaña que vai alén do seu propio fillo para reclamar o dereito das crianzas con doenzas crónicas a acceder a atención educativa domiciliaria. A batalla de Nieves comezou no mes de outubro através dunha recollida de sinaturas na plataforma change.org na que dirixía unha carta á Consellaría de Educación reclamando unha lei galega que regule o horario mínimo lectivo a crianzas doentes e na que se fixe un \"mínimo de 12 horas e media semanais\". Isto é, a metade das horas dunha persoa sá. Axiña se fixo con milleiros de asinantes, máis dun milleiro nas cinco primeiras horas, e perto de 27.500 no que vai de campaña. Entrementres, solicitou un encontro formal co conselleiro, Román Rodríguez, e contactou mesmo con Felipe de Borbón, xefe do Estado español, para lle trasladar a situación que atinxe non só o seu fillo, senón a tod@s @s nen@s de Galiza con enfermidades crónicas. Recibiu ofertas persoais para lle impartir aulas a Hadrián mais Nieves declinou todas argüíndo que hai familias \"peor cá min e que precisan de maior atención médica e educativa para os seus fillos\", segundo recolle a imprensa local. O conselleiro ausente Daquela, o propio conselleiro de Educación dirixiuse telefonicamente a Nieves Villar para lle transmitir tranquilidade e asegurarlle que se reuniría con ela e coa Confederación de ANPAS galegas. Un encontro axendado para esta segunda feira (9 de novembro) mais á que finalmente non asisitiu el e si dous altos cargos da Consellaría. O desplante de Román Rodríguez fixo quecer os ánimos. Nieves Villar advirte que se encadeará en San Caetano se o conselleiro non accede a manter unha reunión, como prometera \"Eu aquí non veño polas horas do meu fillo, senón polas horas de todos os fillos enfermos ou que poden estalo\", asegurou en comparecencia de imprensa Nieves Villar, en declaracións recollidas polo dixital Que pasa na costa. \"Os nenos e nenas inmersos nun proceso de longa enfermidade, apartados da vida cotiá, non só dos centros educativos, nos que a vida medra separada deles, deben ter unha atención especial [...] temos que prepararlles un futuro, para cando rematen unha experiencia xa de por si tráxica\", asegurou Fernando Laccaci, de Confederación ANPAS Galegas. \"A administración ten que solucionar a vida futura deses nenos, o seu dereito á educación coma o resto, aínda que estean enfermos. Ademais, son problemáticas que hai que solucionar en canto xorden, porque estamos falando de cousas moi graves\", acrecentou. Pola súa banda, Nieves Villar asegurou que a vindeira segunda feira encetará un encadeamento ás portas dos edificios da Xunta en San Caetano se o conselleiro non fixa unha nova reunión e a materializa."}
{"ID": "NOS_15236", "summary": "Protestas ante as multas por utilizar o carril-bus", "text": "Varios colectivos de Vigo veñen de queixarse ante o concello polos obstáculos postos ao uso da bicicleta dentro do ámbito urbano. As denuncias parten da multa que a policía municipal impuxo a unha persoa que circulaba en bici polo carril-bus, o que foi castigado cunha \"infracción grave\". Nunha nota conxunta que firman, entre outros, Luita Verde, C.S. A Revolta, Verdegaia ou Bouzas-Móvete afírmase que \"esta sanción é un abuso e un ataque ao uso da bicicleta na cidade, xa que neste concello non se promociona nin se facilita a súa utilización senón que se penaliza, aínda que esta sanción sexa poida ser debida a un exceso irracional de celo por parte dos axentes que a tramitaron ou a un desproporcionado afán recadatorio por parte do concello\". Os colectivos asinantes tamén lembran que \"outras urbes como A Coruña, París ou Granada, permiten a circulación das bicis polo carril-bus onde non existen infraestruturas segregadas. A bicicleta está ligada ao concepto de cidade máis humana onde a seguranza, a sociabilidade, a accesibilidade, a solidariedade e o benestar das persoas teñen prioridade sobre o fluxo de vehículos a motor\". Tamén lle lembran ao alcalde, Abel Caballero do PSOE, que o uso público das bicicletas axuda á redución de gases moito máis que outras medidas \"algo que debería ter en conta posto que foi até hai uns meses o presidente da Rede Española de Cidades polo Clima\"."}
{"ID": "NOS_16594", "summary": "As e os traballadores de ambulancias acordaron en asembleas convocar 10 xornadas de folga, do 25 de febreiro ao 5 de marzo, na defensa do convenio galego para o sector", "text": "Os traballadores do transporte sanitario de Galiza acumulan xa 12 xornadas de folga, realizada de xeito intermitente ao longo destas semanas, na defensa do convenio colectivo. Mais veñen de decidir en asembleas unha modificación do calendario de protestas previsto, apostando por protagonizar unha folga continuada entre o 25 de febreiro e 5 de marzo, 10 xornadas continuadas. Con esta medida, os traballadores das ambulancias queren atinxir un compromiso da patronal para manter a vixencia do actual convenio colectivo até finais de 2014, mentres se negocia o novo marco normativo. Desde a Consellería de Sanidadexa emprazouse aos representantes sindicais (CIG, CCOO e UGT) a unha xuntanza esta segunda feira. Fontes sindicais sinalan que a oferta da patronal vai envolta nun ultimato aos e ás traballadoras: Ou aceptala ou ben pasarse a un convenio estatal, que implicaría unha redución do 25% a respeito das condicións do autonómico. \"Aplicar o convenio estatal significa entre 300 e 400 euros menos ao mes para cada traballador e a supresión doutras melloras sociais\" Regresión Dende a parte social, subliñou o responsábel do sector de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza, a mediados de decembro, no inicio das mobilizacións, que o que se pretende é que a patronal asuma a vixencia do actual convenio até decembro de 2014, co obxectivo de negociar neste período o novo marco regulador, xa que a regresiva reforma laboral do PP limitou a ultraactividade a un ano. No caso do convenio galego (cuxo texto é do ano 2010) a vixencia rematará en xullo de 2013. Os traballadores entenden que as intencións do empresariado pasan por deixar desaparecer o convenio galego e aplicar o estatal, cunhas condicións salariais e laborais moi inferiores. \"Aplicar o convenio estatal significa entre 300 e 400 euros menos ao mes para cada traballador e a supresión doutras melloras sociais\". \"O que estamos reclamando é que a mesa de negociación continúe, que se lle dea unha ultraactividade até o 31de decembro de 2014, de tal xeito que mentres se negocia un convenio novo o persoal teña a tranquilidade de que nestes dous anos non se lle van mudar as condicións de traballo\", informou."}
{"ID": "NOS_1641", "summary": "O CSD anuncia a inminente aprobación dos estatutos do campionato.", "text": "Tarde, moi tarde, con practicamente un ano de atraso, pero finalmente a Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes (CSD) aprobará os estatutos da nova liga feminina profesional, a oito meses vista da súa consideración nominal como tal e a case ano e medio desde que comezase todo o procedemento para a súa creación, o 1 de decembro de 2020. A súa rúbrica sobre o papel, se nada o impide, terá lugar o vindeiro 14 de marzo. Así o afirmou o presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), José Manuel Franco, que aproveitou o Día Internacional das Mulleres para pór en valor o \"esforzo brutal\" que sostén que fixeron desde o organismo que dirixe para \"percorrer un camiño que representa un inicio, pois levarase a outros deportes\". A partir dese momento, o seguinte paso deberá ser a inscrición da entidade no rexistro do Consello Superior de Deportes e a designación da persoa que ocupará a presidencia dunha liga que se estreará no verán de 2022 e na que as únicas opcións de representación galega caen exclusivamente sobre os ombreiros das xogadoras do Deportivo Abanca. Único equipo do país na Segunda División -coñecida comercialmente como Reto Iberdrola-, a día de hoxe ocupa a segunda posición a tres puntos de distancia do FC Levante Las Planas, líder da categoría. De folgas, pandemias e paus nas rodas A loita das mulleres futbolistas pola profesionalización conta con anos de traxectoria ás súas costas, mais foi a raíz do ano 2019 coa convocatoria dunha histórica folga no mes de novembro que paralizou por completo a actividade na máxima categoría cando subiu de nivel. Esixían a sinatura dun convenio colectivo, o primeiro no fútbol feminino no Estado español, que finalmente chegou en febreiro de 2020. A pandemia adiou todo o proceso durante varios meses, e non sería até decembro de 2020 cando comezasen os contactos entre Goberno, federación e clubs. Xa en xuño de 2021 a Comisión Directiva do CSD cualificaba como profesional a Primeira División, abrindo unha espita que se fechará o 14 de marzo. A FIFA altera as ligas rusa e ucraína Sen saír do fútbol, o Bureau do Consello da FIFA, máximo organismo reitor no mundo do deporte rei, determinou na xornada de onte unha serie de normas \"transitorias\" que alteran substancialmente o mundo do fútbol en Ucraína e Rusia. A primeira delas é que os equipos que conforman a Liga Premier de Rusia están obrigados a facilitar a saída dos xogadores e adestradores estranxeiros enrolados no devandito campionato, entre os que se inclúen estrelas do nivel do ex blaugrana Malcom, o seu compatriota Douglas dos Santos e o colombiano Wilmar Barrios. A data límite para que os interesados rescindan unilateralmente os seus contratos está fixada no día de mañá, e poderán ser inscritos por clubs de calquera outro campionato até o vindeiro 7 de abril. Con respecto á liga ucraína, a FIFA tomou unha medida aínda máis estrita \"para protexer os clubs e os xogadores\": \"A menos que as partes asinantes explicitamente acorden o contrario, todos os contratos de traballo de adestradores e xogadores estranxeiros danse por rescindidos con efecto inmediato e até o 30 de xuño\"."}
{"ID": "NOS_16362", "summary": "Quen fora o seu editor e amigo, Manuel Bragado, lembra para Sermos Galiza a impronta que deixou o escritor recentemente falecido Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018), voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil.", "text": "O 21 de xuño de 2014, ao fío da homenaxe que AELG tributou a Xabier P. DoCampo, o seu compañeiro Agustín Fernández Paz rescatou estes dous textos autobiográficos do fillo de Raimundo de Granda, o muiñeiro de Castro, e Teresa DoCampo, a costureira que recitaba o Cántico espiritual. Confesións que identifican as raíces dun rapaz nacido nos anos difíciles da posguerra (1946) nunha vila chairega e descubriu a carón da lareira, cando o mundo aínda non estaba inzado de pantallas, a marabilla de escoitar historias de risa ou de medo, de crimes ou de aparecidos dos labios dos seus pais ou doutros veciños que frecuentaba a cociña da súa casa. Lembro que naquela fermosa chufada en Castro de Ribeiras de Lea Agustín identificou nas mañas do señor Raimundo e da señora Teresa, tan semellantes ás que Álvaro Cunqueiro puxo en boca do señor Elimas, a primeira fonte literaria do seu amigo Paco DoCampo: a do pracer de contar historias e o pracer escoitalas. Raimundo e Teresa deitaron en Xabier a experiencia literaria primeira, a de contar e a de ler, a fascinación polo valor e o eco da palabra. E abofé que DoCampo bebeu con moito proveito desa fonte primixenia, converténdose nun dos mellores contadores de historias que coñecemos, fosen reais ou imaxinadas, fosen orais ou escritas, xa que para el, como tantas veces expresou, contar era «o acto de amor máis sublime» que coñecía. Desa pulsión naceron algunhas das súas historias máis memorables como as recollidas en títulos como Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), libro polo que obtería o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ou Un conto de tres noites (Xerais 2001) ou A decisión de Valerio (Xerais 2005). E contou sempre DoCampo dende a patria da lingua, o idioma no que asistiu a creación do mundo e no que descubriu o nome das cousas, ese galego da Chaira miniado despois en lingua literaria no seu medio cento de libros. Lingua que levou sempre nos beizos orgulloso, como na lapela prendida a insignia de ProLingua, a plataforma apartidaria da que foi celme e motor concibida en 2009 por el como «un valado para nos defender e para reivindicar o esencial», para traballar por un idioma «que non é de ninguén porque é de todos; non é de onte nin de hoxe, porque é de sempre». Unha lingua que para DoCampo nin sequera é patrimonio dos que a usan, xa que é un ben da humanidade enteira: «Patrimonio para preservar, coidar e estender no seu uso, e para entregar con xenerosidade e orgullo aos nosos fillos e aos nosos netos e que así se fagan responsábeis da cadea que tamén a eles haberá de transcender». [Podes ler a peza íntegra no número 302 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_4908", "summary": "Que pode facer un pallaso nuns tempos tan tristes? Peter Punk estrea Peor imposible, un espectáculo de humor para deitar unha mirada aceda e clow sobre unha realidade cincenta.", "text": "Redondela acolle esta quinta feira a pre-estrea de Peor imposible, o cuarto espectáculo de Peter Punk, un pallaso que, con máis de 900 actuacións, converteuse nun dos nomes de referencia no humor galego con recoñecemento tamén máis alá das nosas fronteiras. Con mirada clown, Peter Punk analiza a nosa realidade de maneira contundente, porque o seu humor é tamén político. En Peor imposible non pasa por alto da dura situación que se atravesa, para, con acidez, asinar a crónica dun pallaso que chega a súa madurez artística nunha aposta polo compromiso tamén no humor. Detrás da personaxe de Peter Punk agóchase Isaac Rodríguez que consolida con este novo espectáculo a súa colaboración con Walter Velázquez, o recoñecido dramaturgo arxentino que vén de dirixir a última montaxe do Teatro Nacional Cervantes de Buenos Aires. Como divertido e emocionante, irreverente e comprometido preséntase a súa nova proposta que se presenta en pre-estrea en Redondela e terá a súa estrea internacional esta sexta feira no Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2014. \"Peor imposible\" estará a seguir, o 1, 2 e 3 de xullo na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas para logo iniciar unha xira por prazas e teatros galegos. Peter Punk Peor Imposible from Culturactiva on Vimeo."}
{"ID": "NOS_51805", "summary": "A moción impulsada por 'Galiza pola República' tivo o apoio de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, absténdose o PSOE e votando en contra o PP.", "text": "Sada é o primeiro concello da Galiza que aproba unha moción solicitando que se cree unha comisión de investigación sobre o rei emérito español, Juan Carlos de Borbón, e que este devolva o diñeiro recibido de fondos públicos. Así o sinalan a Nós Diario desde a plataforma 'Galiza pola República', impulsora da moción debatida na sesión plenaria destas quinta feira en Sada e que saíu adiante co voto de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, as tres formacións que a presentaron. O PSOE abstívose e o PP votou en contra. Esta moción foi rexeitada no pleno do Concello da Coruña en agosto cos votos de PP e PSOE mais en Sada os socialistas optaron por se abster. Desde 'Galiza pola República', plataforma que agrupa diferentes organizacións políticas, sindicais e colectivos sociais, salientan a importancia deste paso e indican que abre as portas a presentar esta moción en máis concellos galegos. No texto da iniciativa aprobada na sesión plenaria \"condénase a fuxida de Juan Carlos I\" e ínstase ao Goberno español a que cree unha comisión de investigación \"sobre os ingresos do rei emérito en concepto de comisións e outras actividades\". Ademais, pídese ao Executivo estatal que retire o título de rei emérito a Ju7an Carlos I e que \"inicie os procesos necesarios\" para que se leve a cabo un \"referendo\" sobre a forma de Estado."}
{"ID": "PRAZA_5265", "summary": "O paro rexistrado en Galicia descende en 3.608 persoas en marzo e sitúase en máis de 276.000 persoas, das que preto de 130.000 non teñen ningún tipo de cobertura, que só abrangue o 58,7% dos desempregados.", "text": "O paro rexistrado baixou en Galicia en 3.608 persoas no pasado mes de marzo, o que supón un descenso do 1,29% con respecto ao mes pasado e dun 5% e 14.724 desempregados menos se comparamos as cifras coas de hai un ano. En total, o país ten 276.463 parados inscritos, segundo os datos feitos públicos este mércores polos servizos públicos de Emprego, logo dunha baixada que a sitúa como a cuarta autonomía cun maior descenso relativo no último mes, aínda que é a décima con menor mellora en canto aos datos de hai doce meses. Galicia ten 276.463 parados inscritos, 3.608 menos que hai un mes No conxunto do Estado, o paro rexistrado baixou en 16.620 persoas en marzo (-0,35%), o que sitúa a cifra total en 4.795.866 desempregados, 239.377 menos que hai un ano, o que supón un descenso do 4,75%. Os datos fixeron xa que o Goberno central destacase que supoñen o mellor comportamento nun mes de marzo desde 2006. A baixada do número de parados rexistrados neste mes é o segundo que se produce desde 2009, logo de que o ano pasado baixase en case 5.000 persoas. En canto aos datos por provincias, o paro rexistrado descendeu en todos os territorios galegos. Na Coruña fíxoo en 1.274 persoas (-1,16%); en Lugo en 691 (-2,42%); en Ourense en 287 (-0,94%); e en Pontevedra 1.356 (-1,21%). Por sectores, o desemprego descendeu en todos eles, menos no colectivo sen emprego anterior, onde se aumentou en 269 persoas. Non obstante, o desemprego caeu en 260 persoas na agricultura, en 520 na industria, na construción en 1.602 e en servizos en 1.495. Máis do 95% dos contratos rexistrados en marzo foron temporais Pero entre os datos positivos agroman tamén cifras que evidencian que a crise segue aí. E pega moi duro. A cifra de número de beneficiarios con prestacións en Galicia sitúase en 151.586, dos que máis de 72.000 cobran prestación contributiva, máis de 66.000 subsidio e case 13.000 a renda activa de inserción. Xa que logo, hai preto de 129.000 desempregados (o 41,3%) no país que non teñen ningún tipo de prestación, situándose a taxa de cobertura en só o 58,7% e o risco de exclusión social cada vez máis acentuado. Máis de catro de cada dez parados non cobran nada. Catro de cada dez desempregados galegos non cobran prestación ningunha No conxunto do Estado, tamén case catro de cada dez desempregados non cobran axuda ningunha, pero o dato é algo mellor que en Galicia. Xa que logo, a cobertura total do sistema de protección por desemprego situouse no 60,33%, fronte ao 63,25% de hai un ano, o que supón un descenso da cobertura do 4,6%. Ademais, os gastos totais dos servizos públicos de emprego en prestacións ascenderon a case 2.300 millóns de euros no pasado febreiro, un 15,8% menos que no mesmo mes de 2013. En definitiva, son 2.750.074 as persoas que se beneficiaron destas prestacións. Por outra banda, e respecto á contratación, en marzo rexistráronse nas oficinas do antigo Inem en Galicia un total de 51.055 contratos, un 18% máis que hai un ano e un 12,15% máis que no mes anterior. No entanto, deses máis de 50.000 contratos rexistrados, tan só 4.775, o 4,2%, foron contratos fixos, polo que máis do 95% son temporais. A contratación no conxunto do Estado aumentou en máis dun 25%, sendo a contratación fixa o 9,3% do total. Galicia ten case 4.000 afiliados menos á Seguridade Social que hai un ano e segue unha tendencia contraria á do resto do Estado Galicia conta con 3.060 cotizantes máis á Seguridade Social, un aumento de tan só o 0,34% con respecto ao mes anterior. Ademais, o número medio de afiliados no país sitúase en 906.050 persoas, 3.980 menos que hai un ano, unha tendencia contraria á do resto do Estado, o que evidencia os problemas do mercado laboral galego, cunha forte contracción na poboación con idade de traballar que emigra por falta de futuro. No conxunto do Estado, a media de afiliados é de 83.984, o seu mellor dato desde 2007, e que sitúau o total de ocupados en 16.296.288."}
{"ID": "PRAZA_7601", "summary": "Chaman a facer unha \"fronte común\" para frear os recortes orzamentarios impostos pola Xunta e chaman a Juan Casares a denunciar a situación e poñerse á cabeza destas protestas. Acúsano de incumprir acordos previos e o seu propio programa electoral. Os PAS inician un peche indefinido no edificio da Balconada.", "text": "O proxecto de Orzamentos para 2013 vai supor un recorte no financiamento das universidades galegas de case 22 millóns de euros e o conselleiro de Educación xa lles advertiu ás universidades que debian escoller entre recortarlles os salarios aos docentes ou manter as remuneracións, pero despedir profesorado. Os cálculos realizados pola CIG indican que o recorte salarial previsto do 5% non sería suficiente, e deixaria o desxauste orzamentario en nove millóns de euros, polo que segundo o sindicato \"tal desaxuste poderíase traducir nuns 250 despedimentos de PAS e PDI así como de maiores recortes salariais\". Tamén se alerta de que os recortes no financiamento suporán unha moi importante suba das taxas universitaria, uns ingresos que ademais non servirán para mellorar a calidade do ensino, senón que serán destinados directamente ao pagamento da débeda. Este mércores novamente representantes da comunidade universitaria denunciaron que a \"non aposta\" da Xunta \"pola sociedade do coñecemento e pola I+D+I\" vai provocar un gran prexuizo tanto a estudantes, coma a persoal docente e investigador, coma ao persoal de administración e servizos. Denunciaron neste senso que a politica da Xunta semella destinada a promover o desenvolvemento dun sistema universitario privado ao elevar os prezos de matricula dos centros públicos e rebaixar a súa calidade até os niveis da privada. Tamén se criticou \"o desnorte\" dalgunhas medidas apuntadas pola Xunta para reducir os custes, coma por exemplo a eliminación dos complementos autonómicos dos soldos do profesorados, \"co que se prexudica aqueles docentes con mellor produtividade\", sinalou a profesora Alba Nogueira. Dende 2010 a universidade xa prescindiu de máis de 600 traballadores Os representantes dos traballadores volveron alertar de que os recortes non financiamento poderían significar 115 despedimentos na USC, pero lembraron a este respecto que dende 2010 a universidade xa prescindiu de máis de 600 traballadores, entre a non renovación de contratos de investigación, xubilacións non cubertas ou a supresión de postos de profesorado asociado. Antonio Pérez Casas, do colectivo de PAS A Trabe, denunciou que o traballo desas 600 persoas tivo que ser asumido polo resto do cadro de persoal e que significou un esforzo extra para todos eles e tamén unha diminución da calidade do ensino e da investigación na USC. Engadiu que \"todos estes esforzos económicos só serviron para financiar a Xunta de Galicia, e nin un só euro serviu para mellorar o servizo público ou para reducir a débeda\". Acusan a Juan Casares de acatar o bloqueo orzamentario e de limitarse a negociar o lugar no que efectuar os recortes, en vez de denunciar a posición da Xunta e o incumprimento do plan de financiamento universitario por parte do Goberno galego Todos os colectivos que integran a comunidade universitaria da USC son moi críticos co reitor Juan Casares e cualifican a súa actitude como \"irresponsable\". Acúsano de acatar o bloqueo orzamentario e de limitarse a negociar o lugar no que efectuar os recortes, en vez de denunciar a posición da Xunta e o incumprimento do plan de financiamento universitario por parte do Goberno galego. Cren que estudantes, profesorado, investigadores e PAS deben traballar unidos na defensa da universidade pública e concienciar o conxunto da cidadania \"de que esta é unha batalla que hai que dar agora\". E animan o reitor a poñerse á cabeza desta reivindicación. \"Podemos ter un conflito e mesmo problemas de tesoureria\", di Pérez Casas, que engade: \"benvidos sexan se con iso conseguimos salvar a universidade pública\". Ao redor de 200 PAS veñen de comezar un peche indefinido no edificio da Balconada De momento os estudantes seguen pechados na Facultade de Historia e ao redor de 200 PAS veñen de comezar un peche indefinido no edificio da Balconada, que acolle algúns servizos administrativos da USC. O martes, cando está previsto que o Parlamento aprobe os Orzamentos, levarán a protesta até o Hórreo."}
{"ID": "NOS_23294", "summary": "A xornalista Beatriz Pino naceu en Vigo en 1975 e encabeza a candidatura de Ciudadanos ao Congreso por Pontevedra. É licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid, e voltou a Galiza após traballar en Telemadrid e Antena 3. Coñece ben a organización e ideoloxía de Ciudadanos, xa que foi a responsábel de comunicación do partido na Galiza. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.", "text": "Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A? O pobo galego xógase nas próximas eleccións avanzar cara a adiante, loitar contra un modelo de goberno que relegou ás necesidades \"doutros\" o futuro da nosa terra. Xógase ter unha Galiza forte e igual ao resto de territorios, dentro dunha España tamén forte en Europa. Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza? Non houbo lexislatura, só houbo nove meses de desesperación, de desgobernanza polo interese persoal do señor Sánchez, de ruptura da unidade e de desagravios para Galiza. Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza? O emprego, o despoboamento, a falta de oportunidades no rural, a falta dun futuro para o noso sector pesqueiro, deostado durante anos, a falta dun futuro industrial para Galiza... son moitas as frontes que se deben abordar con unidade e perseveranza. Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso? En Ciudadanos somos un equipo, todos e cada un dos nosos deputados realizaron un labor encomiábel, duro en moitas ocasións, e sempre con orgullo. Nós somos de equipo, iso é o que nos dá a forza e o que nos diferencia dos outros partidos. Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso? Hai moitas frontes, como dicía, empezar por conseguir a igualdade real de oportunidades para todos os españois sería un bo comezo. Como ve as opcións de Ciudadanos na cita electoral? Sei que imos dar a nota e deixarnos a pel nesta campaña. Estamos aquí para quedar. O resultado final depende dos galegos, pero sabemos que nos levan na súa conciencia, sabémolo porque nós somos como eles."}
{"ID": "NOS_34705", "summary": "As precipitacións dos últimos meses foron insuficientes e o verán será, previsibelmente, especialmente seco, \"dentro dun ano que xa o é\".", "text": "Restrinxir o baldeo e as regas Prealerta no Sil e o Limia, alerta no Cabe Facer un consumo responsábel Os concellos avanzan restricións \"Nunca sobra auga\" Persoal técnico de diferentes organismos, a Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil reiteran a necesidade de moderar o consumo de auga, tanto desde o punto de vista individual como por parte das institucións públicas, ante a previsión que apuntan todos os modelos preditivos dun verán seco, e logo de que as precipitacións de maio e xuño resultasen \"insuficientes\" para rebaixar a tensión do sistema hídrico. As 'mesas' da seca, tanto da demarcación Galiza-Costa como a de Miño-Sil, manteñen os seus niveis de prealerta, con situacións mesmo máis preocupantes en determinadas zonas, como na bacía do río Cabe, un afluente do Sil que baña municipios como Monforte, O Incio, Pantón ou Sober. O caudal medio dos ríos na demarcación Galiza-Costa está 46% por baixo dos valores habituais A Oficina Técnica da Seca da Xunta confirmou, na súa última reunión, o pasado 8 de xuño, que se mantén a situación de prealerta na demarcación Galiza-Costa, onde o caudal medio dos ríos está 46% por baixo dos valores habituais e onde, no mes de maio, ficou a tendencia de valores de precipitación inferiores ás medias históricas. Con todo, o nivel de ocupación dos encoros mantense en porcentaxes arredor de 90% ou superiores. En declaracións a Europa Press, a directora de Augas da Galiza, Teresa Gutiérrez, sinalou que os problemas de escaseza de auga poden ter orixe en varios factores, alén dos climáticos, como as captacións, as infraestruturas de regulación, ou os sistemas de abastecemento de cada territorio. Por exemplo, non é o mesmo escenario o dun municipio que se fornece desde un encoro ao doutro que depende de pozos ou mananciais, que \"non se recargan se non chove de forma abundante e sostida\". Restrinxir o baldeo e as regas Así, Teresa Gutiérrez recoñeceu que \"a situación é preocupante\" porque \"non se sabe se os caudais van recargar\" e por iso \"hai que xestionar, facer un uso moderado da auga\". A respecto diso, apelou á responsabilidade individual e tamén dos concellos, moitos dos cales —algo máis dun centenar no país— están a tramitar ou teñen xa os seus plans de emerxencia ante a seca. Após lembrar medidas de aforro por parte dos municipios, como restrinxir o baldeo de rúas, as regas ou o caudal de fontes, subliñou que, no actual contexto de cambio climático, e con previsións que falan dun verán seco \"dentro dun ano que xa está a ser seco\", \"hai que ser prudentes individual e colectivamente\". Prealerta no Sil e o Limia, alerta no Cabe Na mesma liña, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, recoñeceu que o actual panorama, de \"ano pluviométrico anómalo\", debe abordarse \"sen dramatismo\", pero \"con certa preocupación responsábel\". Chaman a facer un \"uso responsábel da auga\" na bacía do Miño-Sil ás portas do verán Nesta demarcación, os datos de precipitacións reflicten a metade dos valores do ano pasado e o nivel de ocupación dos encoros está case 20 puntos por baixo do de 2021 —en 54%, fronte a 70% do ano pasado—. Con todo, dixo que \"a situación da bacía defínese como de normalidade en Miño Alto, Miño Medio e Medio Baixo, de prealerta no Sil e o Limia, e de alerta na bacía do Cabe\". A choiva dos primeiros días de xuño foi \"benvida\" pero, matizou, \"non supón unha gran achega ou solución para os recursos hídricos\". Facer un consumo responsábel Os municipios galegos, especialmente os de territorios como A Limia, ven con preocupación a chegada do verán, ante as previsións que apuntan escasas choivas e, aínda que moitos aseguraron que xa se están tomando medidas de aforro e non se prevén restricións, outros concellos recoñecen que a época estival e o crecemento exponencial da poboación polos visitantes foráneos pode pór en risco un normal abastecemento. Desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o seu presidente, Alberto Varela, confirmou que este organismo está pendente de manter unha reunión coa Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade para recibir información detallada da situación das demarcacións hidrográficas. A Fegamp insta a \"facer un consumo responsábel\" de auga Porén, sinalou que \"se é necesario facer un chamamento conxunto á cidadanía\" para facer un consumo moderado do recurso, \"farase por responsabilidade\". Aliás, Varela informou de que, a nivel interno, a Fegamp recibiu as \"reflexións\" de varios alcaldes que trasladaron a súa preocupación pola seca. Os concellos avanzan restricións Municipios como Sandiás ou Parada de Sil fixeron públicos bandos para apelar á responsabilidade dos veciños, e onde se prevén medidas como a prohibición de usar auga da traída para a rega doméstica ou lavada de vehículos. No caso de Parada de Sil, o municipio abastécese de mananciais cun sistema de depósitos, pero hai zonas que preocupan, como o núcleo de Parada, onde o consumo de auga dispárase no verán polo uso hostaleiro e turístico, segundo explicou o tenente de alcalde, Francisco Magide. Tamén prevé \"un problema grave de subministración\" o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, que explicou que os núcleos máis próximos ao Arnoia terán menos problemas, a pesar de que o caudal do río \"está a menos da metade do que tiña outros anos\". Con todo, aldeas da Limia teñen unha \"situación preocupante\" porque \"os acuíferos están baixo mínimos\". \"No meu concello imos ter que facer restricións. O cambio climático é algo real, non sae só na tele\", constatou. \"Nunca sobra auga\" Pola súa parte, a vogal de Augas e Ríos da asociación ecoloxista Adega, Ana Fernández, fixo fincapé na necesidade de manter en bo estado o ecosistema fluvial e recalcou a importancia de crear conciencia de que \"nunca sobra a auga, nin sequera en época de normalidade\". Desde Adega chaman a adoptar decisións buscando \"as causas fundamentais da seca\" e non só \"en función da emerxencia\" Segundo sinalou, a planificación hidrolóxica debe ser compatíbel coa preservación dos ecosistemas e deben adoptarse decisións buscando \"as causas fundamentais\" da seca, e non só en función da \"emerxencia\" de períodos determinados. Respecto diso, ademais da xestión responsable do recurso, subliñou a importancia de ter en conta outros factores, como os usos do solo. Así, apuntou que a Galiza ten un consumo medio de auga superior a outros territorios a nivel xeral, e conta con certos tipos de industria intensiva en consumo de auga. Como exemplo, referiuse á planta de Ence ou á futura planta de fibras téxtiles de Altri, \"unha industria moi contaminante e esixente de auga e de eucaliptos\"."}
{"ID": "NOS_2090", "summary": "A asociación asegura que a televisión pública galega interrompeu unha reportaxe cunha compañeira por levar unha camisola de 'Defende a Galega'.", "text": "A Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza, Adega, denuncia a través das redes sociais a \"censura en directo\" por parte da TVG \"dunha reportaxe sobre compostaxe ao decatarse de que a nosa compañeira levaba unha sudadeira co lema #DefendeAGalega\". A TVG censura en directo unha reportaxe de ADEGA sobre compostaxe ao decatarse de que a nosa compañeira levaba unha sudadeira co lema #DefendeAGalega. Pola liberdade de expresión na televisión pública e en todos os medios de comunicación. ADEGA #DefendeAGalega! pic.twitter.com/5IqcJnfdWU— ADEGA (@ADEGAgz) 12 de abril de 2019 A denuncia de Adega chega en plena polémica pola censura a María Xosé Silvar, Ses, neste medio público e a raíz de que levase unha camisola co mesmo lema: #DefendeAGalega. A través dun burofax, escrito en español, remitido por un bufete de avogados privado, a CRTVG, que conta con asesoría xurídica de seu, dirixiuse a Sermos Galiza para exixirlle unha rectificación na entrevista realizada a Ses mais non desmente a existencia dunha orde interna de non emitir contidos relacionados coa artista que estaban xa programados. A TVG prohibe ao persoal, aínda que non saian en pantalla, levar camisolas contra a censura ou manipulación. Recentemente o departamento de Recursos Humanos reenviou ao persoal unha circular sobre normas, comportamento e presenza das profesionais do ente público. Nela indícase que aínda que o xornalista estea fóra de cámara, debe absterse de levar unha indumentaria reivindicativa."}
{"ID": "NOS_13961", "summary": "O Ministerio de Sanidade confirmou á Xunta da Galiza o envío de 30.000 doses de AstraZeneca a finais desta semana.", "text": "A ministra española de Sanidade, Carolina Darias, trasladou ao seu homólogo na Xunta, Julio García Comesaña, o envío de perto de 30.000 doses da vacina de AstraZeneca á Galiza a finais desta semana. Así llo trasladou no marco da reunión do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde, tras o que Sanidade destacou que este novo envío permitirá avanzar no proceso de vacinación e acelerar o ritmo á hora de administrar as doses. En suma, a Galiza ten administradas un total de 233.316 doses, das que 184.620 son do laboratorio de Pfizer, 6.367 de Moderna e 42.329 de AstraZeneca. Tres novos falecementos Esta cuarta feira, 3 de marzo, as autoridades sanitarias informaron de tres novos falecementos na Galiza a causa da Covid-19, co que se eleva o total de vítimas da pandemia no país a 2.259 casos. Dous deles rexistráronse na terza: dous homes de 80 e 79 anos que se atopaban ingresados, respectivamente, no Hospital do Salnés e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O terceiro falecido foi un home de 91 anos que tamén se atopaba ingresado no CHUS compostelán. Os tres presentaban patoloxías previas, engaden desde Sanidade"}
{"ID": "NOS_30364", "summary": "A portavoz nacionalista no Parlamento critica a Feijóo", "text": "A portavoz do G.P do BNG, Ana Pontón, cualificou hoxe de \"golpe de estado\" contra os dereitos sociais e contra o autogoberno o recorte de 10.000 millóns de euros en Sanidade e Educación anunciado polo goberno do Estado e emprazou a Feijóo a que aclare cal vai ser a súa posición perante este \"atentado\".Pontón, en declaracións aos medios, lamentou o \"silencio cómplice\" do presidente da Xunta e agoirou que máis unha vez vaia preferir ser fiel ao Partido Popular e á súa \"política agresiva\" de recortes en vez de defender a Galiza e os seus cidadáns."}
{"ID": "NOS_36613", "summary": "Con motivo do Saint Patrick's Day a equipa compostelá de Suévia convidou á viguesa e á ourensá a un encontro no campo do Praíña en Pontevea, Teo. Vídeo no interior.", "text": "O Triangular de fútbol gaélico entre o Suévia (Compostela), Faíscas (Vigo) e Afiadores (Ourense) foi, ao final, un amigábel entre o Suévia e un combindo das dúas equipas convidadas após varias baixas de última hora. O encontro tivo lugar no campo do Praiña en Pontevea, Teo, baixo un ceo que ameazou choiva ao longo de todo o partido mais que deixou xogar en condicións. Con algo máis de corenta minutos de atraso, o comezo estaba previsto para as 18 horas, o partido serviu para iniciar neste deporte a Afiadores. @s de Ourense tiveros a súa estrea no campo cunha boa actuación xunto a xogador@s do Faíscas mais non foron quen de achegarse no marcador ao Suévia. O resultado final, 34-8, foi o de menos, o importante foi dar a coñecer este deporte que gaña cada vez máis seareir@s. A festa continuou na Gentalha do Pichel, en Compostela, cun concerto do grupo Carricovand e posterior foliada."}
{"ID": "NOS_49218", "summary": "Todas as áreas sanitarias galegas sumaron onte casos de coronavirus, até chegar, en conxunto, aos 2.452 casos activos, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas. Son 146 máis que na xornada previa. Computando as 67 altas epidemiolóxicas rexistradas nas últimas 24 horas, os novos casos ascenden a 213.", "text": "En concreto, a área sanitaria de Compostela é a que sofre un maior aumento de casos, ao pasar de 212 a 274, segundo a actualización do Servizo Galego de Saúde. A área da Coruña e Cee ten 1.236 casos, a de Lugo 321 –17 máis que na xornada previa–, a área sanitaria de Ourense chega aos 212 –tiña 203 un día antes– e a de Pontevedra ascende 21 casos, até os 141, mentres que a área de Ferrol sitúase nos 113 casos, sete máis que no día anterior. A Consellaría de Sanidade confirma tamén un aumento das persoas hospitalizadas polo virus, que ascenden xa a 83, das que 13 están en unidades de coidados intensivos e o resto, en planta. Dos casos máis graves, seis están hospitalizados na Coruña, outros tres na área sanitaria de Verín, Ourense e Valdeorras, dous no complexo hospitalario universitario de Lugo e dous máis na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés. En Monforte, nove novos positivos elevan até 72 o número de persoas contaxiadas no foco rexistrado nos últimos días, segundo informa Sanidade, que expón que na xornada do pasado domingo realizou un total de 102 probas, que destaparon os novos positivos. Tamén confirma que existen cinco persoas máis con PCR positiva que están vinculadas a este gromo. En Lugo, o número de contaxios vinculados a un local de copas sumaba onte dous novos contaxios, até chegar ás 15 persoas afectadas, ao tempo que seguen a facerse probas. A Consellaría de Sanidade ten contabilizado, ademais, un foco familiar en Santa Comba que acada 22 casos positivos, segundo as cifras actualizadas de onte. O aumento sostido de casos levou onte a representantes de distintas Administracións locais a formular propostas para o control do coronavirus. Así, durante o encontro desenvolvido con concellos da área sanitaria da Coruña propúxose a posibilidade de acoutar o horario de praias até as doce da noite, medida que, segundo os concellos, debería ser publicada no Diario Oficial da Galiza. Neste contexto, e ante a inminencia do inicio do curso, concellos como o de Culleredo tamén amosaron a súa disposición a ceder espazos municipais á Consellaría de Educación, para facilitar o desdobramento de aulas, unha medida que permitiría reducir o número de persoas por aula. Segundo considerou o alcalde cullerdense, José Ramón Rioboo, é necesario \"explorar todas as vías posíbeis para que a actividade docente se desenvolva nas mellores condicións de seguridade e propiciar a redución da ratio na aula\". No mesmo sentido, a alcaldesa de Salceda ofreceu onte á Xunta os edificios municipais do antigo centro de saúde e da antiga escola unitaria da Revolta para a diminución do alumnado por aula en dous centros de ensino que, segundo apuntou, acollerán 800 menores en setembro. Mantéñense as restricións na área da Coruña A Xunta resolveu onte manter sen cambios as restricións que se están a aplicar desde o pasado día 8 nos nove concellos da comarca coruñesa polo aumento de positivos detectado, e que continúa en ascenso. Onte, o Sergas notificaba para esta área sanitaria 1.236 casos activos, 29 máis que na xornada previa. Esta é tamén a área sanitaria con maior número de persoas na UCI, 6, e outras 49 están en unidades convencionais de varios hospitais da cidade da Coruña. Ademais da redución de horarios na hostalaría e de capacidade, tanto nos estabelecementos como en reunións privadas, a Xunta está a desenvolver na Coruña unha campaña de cribado entre a mocidade, na que pretende realizar 62.000 PCR, e somete a probas a colectivos profesionais vulnerábeis da comarca."}
{"ID": "PRAZA_4752", "summary": "Ou resignámonos a completar o itinerario infernal que nos propoñen aqueles que Paco Fernández Buey caracterizou como \"os nosos bárbaros\", ou achegamos unha resposta plural e unitaria de todo o país traballador", "text": "Neste nadal, que fai o número seis dos recortes, dos ataques sen cuartel aos dereitos sociais e as liberdades nacionais, presenta o PP unha contrarreforma electoral para tentar gañar nos despachos do Hórreo (cada vez máis cuartel e menos Parlamento) o que está a piques de perder nas rúas: os escanos suficientes para seguir a destruír as vidas e esperanzas da xente traballadora deste país. Presenta o PP unha contrarreforma electoral para tentar gañar nos despachos do Hórreo (cada vez máis cuartel e menos Parlamento) o que está a piques de perder nas rúas Esta contrarreforma electoral supón unha declaración de intencións acerca de que tipo de democracia necesitan os intereses de clase da burguesía española: unha democracia limitada e oligárquica. A sucesión de recortes e paus sobre a cidadanía traballadora require coutar os mecanismos que conforman a expresión da soberanía popular, para deixala inane, sen capacidade de transformación social. De aí, esta lei electoral contra a democracia. Ese programa de contrarreforma social que practica o PP –sostido nunha intelixencia práctica coas burguesías vasca e catalá, acordo tan preñado de tensións identitarias, como firme na vontade de botar terra sobre o Estado Social e Democrático de Dereito-, esixe sistemas electorais regresivos, que deformen e dificulten a representación parlamentar da soberanía popular. A prevención histórica da burguesía respecto o sufraxio universal exprésase neste intre na adopción de réximes electorais maioritarios A ousada análise crítica do profesor Canfora, na súa Historia dunha ideoloxía: a democracia semella tan lúcida como acertada para destripar o sentido histórico das leis electorais na Europa da segunda postguerra mundial: a prevención histórica da burguesía respecto o sufraxio universal exprésase neste intre na adopción de réximes electorais maioritarios, na pretensión de destruír ás capacidades de influencia das organizacións e ideoloxías emancipadoras. Un réxime furado polo caruncho da corrupción e dos intereses privados quere protexerse cun verniz electoral que evite posibles intrusións fatais. Esta contrarreforma obedece a un interese mediato e inmediato: dunha banda axudar a manter no goberno ao Feijóo e doutra contribuír a alimentar un bipartidismo que é a expresión política de salvagarda deste réxime restauracionista esmorecente, respectivamente. Esa podremia bipartidista descóbrese por exemplo na instrución da Pokémon. Menos deputados e deputadas aumentarán as xa moi importantes distorsións que a actual lei causa tanto na igualdade do voto como na proporcionalidade do sistema electoral. Menos deputados e deputadas aumentarán as xa moi importantes distorsións que a actual lei causa tanto na igualdade do voto como na proporcionalidade do sistema electoral Na actualidade só 35 escanos dos 71 adxudícanse por criterios poboacionais, só un 46% do Parlamento, menos da metade; o resto é cativo da asignación fixa territorial, onde as provincias de Lugo e Ourense están sobreprimadas, o que leva a que o voto dunha persoa na Coruña ou Pontevedra valla apenas a metade que os das provincias do interior. Xunto coa barreira do 5%, a enxeñería contable do amigo D`Hont, uns orzamentos electorais astronómicos en A ou en B, uns medios de comunicación cativos das subvencións ou do férreo control da censura da Xunta, etc., constitúen atrancos abondo para botar a andar algo distinto e distante á esterqueira deste réxime corrupto. Dito isto sen demérito, que o temos e grande, da oposición política. Na actualidade só 35 escanos dos 71 adxudícanse por criterios poboacionais, só un 46% do Parlamento, menos da metade; o resto é cativo da asignación fixa territorial, onde as provincias de Lugo e Ourense están sobreprimadas Pretextando aforrar un millón de euros (só neste exercicio imos pagar 28 millóns de euros a persoas designadas polos bispos para dar relixión nos colexios públicos galegos, por non falar dos custes millonarios das deputacións provinciais), trátase de afondar nese deseño de democracia menor, limitada e oligárquica; democracia demediada polo deus mercado. Esta divindade quere o sangue, a suor e as bágoas da soberanía popular para o Moloch capitalista do beneficio privado das grandes empresas e corporacións financeiras. Esas que tanto eluden pagar os impostos como aparecen nas listaxes da contabilidade B do PP, namentres degradan os servizos públicos privatizados polos partidos do réxime. Trátase de consumar a redución da política a mera condición de mercadoría, sometida polo tanto aos ditados do mercado. Analizou Anthony Downs na súa Teoría económica da democracia esa concepción do sistema democrático como mero sucedáneo do mercado económico e suxeito, claro está, ás mesmas peaxes. Os partidos políticos apenas como outra cousa que laretas de feira que venden o fume da mercadotecnia e dos carismas de ocasión, pero manteñen un firme consenso, obediente cos poderosos e prepotente coa maioría social traballadora, cos poderes económicos e financeiros. O lampedusiano, algo debe cambiar para que todo siga igual. Política mercadoría congruente co proceso destituínte emprendido a nivel europeo, con particular dureza na banda sur do continente, onde a soberanía popular esmorece entre privatizacións, perda de dereitos e servizos públicos, leis de policía privada e de represión administrativa, para encher o peto dos rendistas e burgueses, os beneficiarios do artigo 135 da Constitución (esa que modificaron os partidos do sistema sen referendo). Ou resignámonos a completar o itinerario infernal que nos propoñen aqueles que Paco Fernández Buey caracterizou como \"os nosos bárbaros\", ou achegamos unha resposta plural e unitaria de todo o país traballador Nun país baixo a bota económica da troika, coa soberanía popular secuestrada, Feijóo escríbese con F de Fraga (lembran ese home da ditadura que asinou sentenzas de morte de loitadores antifascistas?) ao emular a imposición sen acordo dunha lei electoral regresiva. El si vai cambiar unha lei que lle pedira ao bipartito non cambiar sen o seu acordo. Pedía entón o que semella vai denegar agora. Astucia implacable ou mero oportunismo, deixou en evidencia xa daquela a apoucada vontade de cambio social do bipartito. A disxuntiva semella clara. Ou resignámonos a completar o itinerario infernal que nos propoñen aqueles que Paco Fernández Buey caracterizou como \"os nosos bárbaros\", ou achegamos unha resposta plural e unitaria de todo o país traballador, o dos partidos, o do sindicalismo de clase, o do país en rebeldía dos movementos sociais e culturais, para afirmar a política como ferramenta de emancipación social e, xa que logo, para profundar na construción incesante dunha sociedade democrática, con xustiza social, liberdades nacionais e benestar cidadán."}
{"ID": "NOS_31286", "summary": "O bretón impúxose folgadamente ao ex-primeiro ministro Manuel Valls, 58,6% fronte a 41,3%. \"Esta noite, a esquerda levanta a cabeza\".", "text": "Benoît Hamon gañou folgadamente a segunda volta das primarias socialistas francesas e é o candidato do PS nas presidenciais francesas. Impúxose por unha ampla diferenza de máis de 17 puntos ao seu rival, o ex-primeiro ministro Manuel Valls, que asumiu a derrota. Parabenizou Hamon (\"gañou claramente\") e chamou a se unir en torno á candidatura: \"Non temos ningún rancor pola derrota\". Hamon manifestou, unha vez coñecidos os resultados provisionais, que \"esta noite, a esquerda levanta a cabeza\" e xa mandou chiscadelas a ecoloxistas e a esquerda que está á esquerda do PS. O ex-ministro de Educación, de 49 anos de idade, quer chegar a unha segunda volta das presidencias, un escenario para o que enquisas e sondaxes até o de agora só vaticinan que chegarán o candidato da dereita e da extrema dereita. O gañador das primarias do PS sitúase na esquerda do PS e encarna o sector crítico co goberno de Hollande. Defende a renda básica universal para os maiores de 18 anos e unha mensaxe moi crítica co que se deu en chamar 'social-liberalismo'. Os medios franceses apontan a que el propio é consciente de que as súas oportunidades pasan por atraer votos da esquerda, de aí as chiscalas ao electorado dos Verdes (candidata, Y. Jadot) e de Francia Insubmisa (J.L. Mélenchon). Na segunda volta das primarias do PS participaron por volta de 2 millóns de persoas, o que supón un incremento non pequeno en relación cos que tomaron parte na primeira, uns 1,6 millóns. Porén, estas cifras están moi lonxe da mobilización de votantes que supuxo as primarias da dereita, catro millóns de persoas."}
{"ID": "NOS_25640", "summary": "O ex-alcalde da Coruña participou dun acto unionista en contra do 9-N como o que tamén tivo lugar en Vigo con Gloria Lago e en Compostela con Blanco Valdés, que contou coa policía impedindo o paso ao Obradoiro de independentistas.", "text": "Ex-alcalde da Coruña polo PSOE e coñecido polo seu españolismo, Francisco Vázquez subiu este sábado un chanzo no seu discurso ao pedir que o Exército estatal interveña en Catalunya ante o proceso e a reivindicación soberanista que é alí maioritaria. Con ese propósito mesmo sacou de contexto unha actuación do que foi presidente de EUA, John Fitzgerald Kennedy, para apoiar a súa demanda, lembrando cando JFK convocou a Garda Nacional para defender os dereitos dun estudante negro ao que non se lle permitía acceder á universidade en Alabama, algo escasamente parecido ao que ocorrerá este 9-N. Fixo estas declaracións durante un acto contra o proceso consultivo catalán na Coruña no que participou megáfono en man, criticou a PP e PSOE e no que tamén foron visíbeis coñecidos membros da dereita e a ultra-dereita local. Outras cidades Tamén en Vigo, coa voceira de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, como líder e en Compostela, co catedrático e columnista de referencia de La Voz de Galicia, Roberto Blanco Valdés, á fronte, tiveron lugar estes actos unionistas. En Santiago, a policía impediu o acceso á Praza do Obradoiro a un grupo de independentistas galeg@s que pretendían contra-manifestarse. As convocatorias unionistas tiveron moi poco apoio."}
{"ID": "NOS_15103", "summary": "Advertiu que, para os 'populares', o castelán segue sendo o idioma vehicular do ensino, \"a pesar do que poida incluír o texto da LOMLOE\".", "text": "O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, afirmou esta sexta feira nunha entrevista en Onda Cero que na Galiza o español vai ser lingua vehicularAsí, avisou que no territorio que preside \"seguirá aplicando o castelán como lingua vehicular\" ao entender que teñen as \"competencias\" necesarias para facelo, a pesar do establecido na 'Lei Celaá'. O presidente galego asegurou que o PP é un \"partido democrático\" e, por tanto, cumprirá coa reforma do ensino que foi aprobada esta quinta feira no Congreso. Agora ben, advertiu que, para os 'populares', o castelán segue sendo o idioma vehicular do ensino, a pesar do que poida incluír o texto da LOMLOE. \"Dentro das competencias constitucionais, en canto ás nosas, aquí hai un bilingüismo harmónico. Aquí hai un 50%-50% e ímolo a seguir facendo\", asegurou. As declaracións de Feixoo son un paso máis na aposta do PP nestas semanas por retormar o conflito lingüítico nas aulas. A Lei Orgánica de Modificación da LOE (Lomloe), coñecida como Lei Celaá, en fase tramitación no Congreso, vén de eliminar o castelán como lingua vehicular no ensino, unha mudanza que deixa en mans das Administracións educativas a escolla da lingua vehicular e a garantía do \"dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución Española, os Estatutos de Autonomía e a normativa aplicábel\". PP, Ciudadanos e Vox iniciaton unha ofensiva baixo a chamada de que o español está en risco de desaparecer pola \"imposición\" de galego, vasco e catalán. Queremos Galego chama a responder A Mesa chama a responder nas redes sociais a estas declaracións de Núñez Feixoo. Así, chama a que a partir das 20:00 horas desta sexta feira se mova o cancelo #Ogalegoune e #Queremosgalego nas redes sociais. \"Nunca máis Gobernos contra o galego\", demandan."}
{"ID": "NOS_36942", "summary": "A primeira década do Goberno de Alberto Núñez Feixoo deixou a Galiza con 15.986 explotacións gandeiras menos. Se en 2000 estaban en activo 45.268 explotacións, o numero ficaba reducido en 2020 a 29.282. Con todo, as persoas expertas cren que o proceso de reconversión do sector non está aínda rematado.", "text": "Os últimos datos sobre o número de explotacións gandeiras activas na Galiza refírense a 2020. Segundo sinala o Instituto Galego de Estatística (IGE) nesa anualidade dispúñase dun total de 29.282 cabezas de gando bovino, 3.295 das cales dedicábanse á ceba, 6.586 ao leite, 18.879 á carne, 461 ao leite e á carne e 79 á recría de xovencos. O tamaño das explotacións dá unha medida máis exacta do conglomerado agrario e apunta que boa parte delas non son a actividade económica central do núcleo familiar. Así, o IGE expón que 12.613 explotacións contan con menos de 10 cabezas, 7.427 entre 10 e 29 cabezas, 7.073 entre 30 e 100 cabezas, 1.065 entre 100 e 199 cabezas, e 564 máis de 200 cabezas. A situación era diferente en 2010, un ano despois da chegada de Alberto Núñez Feixoo ao Goberno galego. Nesa altura, mantíñanse activas na Galiza 45.268 explotacións de gando bovino, 5.753 das cales centrábanse na ceba, 12.759 no leite, 24.584 na carne, 461 no leite e na carne e 79 na recría de xovencos. O proceso de concentración e centralización no complexo gandeiro chegou a uns niveis difíciles de sospeitar unhas décadas atrás. 220.000 hectáreas de superficie agraria útil, correspondentes co 8% do conxunto do territorio galego, xeran 40% da produción láctea de todo o Estado español. O enxeñeiro agrícola e director xeral da Consellaría de Medio Rural durante o Goberno bipartito, Xosé Carballido, sinala a Nós Diario que \"o concello de Lalín conta con 27.391 cabezas; A Pastoriza con 25.563, e Mazaricos con 24.318, liderando as respectivas provincias de Pontevedra, Lugo e Coruña. En Ourense corresponde a cabeceira a Montederramo, con 5.778 reses de carne e unha de leite mentres que en Ribadavia, Arnoia, Beade, Pontedeva ou Rubiá xa non queda ningunha vaca\". A tendencia á concentración Carballido advirte dos riscos desta tendencia á concentración da actividade gandeira \"mentres as producións de carne e leite de calidade ligadas á terra, que son o noso sinal de identidade, están a sufrir o desamparo institucional e están a vender en moitos casos por debaixo dos custos de produción\". O coordinador da Federación Rural Galega (Fruga), Manuel da Cal, resalta a Nós Diario \"a preocupación pola perda de explotacións, un proceso moi negativo que implica a desvalorización do rural, a súa descapitalización e unha lóxica de concentración en unidades de produción cada día máis grandes\". \"A concentración da produción en poucas mans e a diminución de explotacións, que por exemplo en todas comarcas ourensáns está sendo superior a 30%, é produto dunha opción política que se acentúa coa volta ao Goberno do PP\", afirma Da Cal, que critica \"as medidas para reverter as políticas introducidas no seu momento pola Consellaría de Medio Rural dirixida por Alfredo Suárez Canal\". \"Isto é o resultado da aplicación das actuacións neoliberais polo PP\", conclúe da Cal. A economista da Universidade de Santiago de Compostela Mar Pérez Fra consideraque o \"proceso de axuste do complexo agrario aínda non está rematado\" e apunta que \"un modelo baseado na produción a prezos moi altos sen apostar por incrementar a base territorial das explotacións só é posíbel se os prezos están garantidos\". \"A concentración da produción láctea en determinadas zonas está moi ligada ao papel da industria, até o punto de que hai determinadas explotacións que son viábeis economicamente pero pola negativa da industria a non recoller o leite están condenadas a fechar\", destaca Pérez Frá a Nós Diario."}
{"ID": "NOS_20985", "summary": "O prezo máximo darase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o mínimo foi de 3 a 4 horas desta madrugada.", "text": "O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista volve subir nesta segunda feira 34,6% a respecto do domingo, até os 261,99 euros por megawatt e hora (euros/MWh), segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado grosista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade. Na poxa, o prezo medio da luz neste mercado, o denominado pool, sitúase nesta segunda feira en 193,03 euros/MWh. A este prezo do pool súmase a compensación de 68,96 euros/MWh ás gasistas que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada. O prezo máximo rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, con 248,80 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 147,70 euros/MWh, deuse entre as 3 horas e as 4 horas. A cidadanía galega paga a luz 124% máis cara que a poboación portuguesa En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da luz no Estado español sería de media duns 298 euros/MWh, o que supón 36 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 12% menos de media. Esta medida, que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros. O prezo da luz dispárase e marca un novo récord desde a 'excepción ibérica' En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida. O prezo da luz desta xornada, porén, é 78,75% máis elevado que o de hai xusto un ano, o 19 de setembro de 2021, cando o megawatt por hora de electricidade se pagaba a 146,57 euros."}
{"ID": "NOS_47628", "summary": "\"É unha final para poder seguir a soñar\", afirmou o adestrador do club de baloncesto compostelán, Moncho Fernández", "text": "Se o Obradoiro Blusens Monbús gaña este sábado en Valladolid (19:00 horas) chegará á última xornada con opcións de se meter nos play offs. Enfronte terá o Blancos de Rueda, o equipo pucelano, que non se xoga nada nesta cita. Mais os galegos non estarán sós. Afeccionados obradoiristas viaxan até Valladolid para animar ao seu equipo. O adestrador do Obradoiro apela á \"responsabilidade\" dos seus xogadores, así como á concentración do equipo para marchar da cidade castelá cunha vitoria, un triunfo que, como recoñece o treinador, permitiría seguir a soñar."}
{"ID": "PRAZA_5648", "summary": "\"Á hora de defender os intereses galegos, tanto monta, monta tanto, Arias Cañete como José Blanco\", asegura a candidata do BNG, que cargou contra o ex ministro de Fomento e a súa sucesora, Ana Pastor, por \"deixar fóra Lugo e Monforte\" do tren de alta velocidade.", "text": "Ana Miranda, candidata do BNG ás eleccións europeas, marcou distancia co PSOE e cargou contra o ex ministro de Fomento e candidato socialista, José Blanco, por \"presumir de lucensismo\" tras \"deixar fóra Lugo e Monforte\" do tren de alta velocidade. \"Noutro tempo, Monforte era a capital do tren\", dixo nun mitin nesta localidade, onde lamentou a súa \"perda continua de servizos ferroviarios\". Miranda cargou contra José Blanco por \"presumir de lucensismo\" e \"deixar fóra Lugo e Monforte\" do tren de alta velocidade \"Os poucos trens que hai aquí tardan tres horas e custan 17 euros\", insistiu Miranda, que cre que \"non é de recibo\" que entre Lugo e Ourense, \"a tan só cen quilómetros, se tarde máis que de Madrid a Valencia ou de París a Bruxelas, separadas pro 350 quilómetros\". A candidata nacionalista acusou a José Blanco de \"esquecerse de Lugo e de Monforte cando deseñou a modernización de liñas ferroviarias en Galicia\", pero tamén contra a súa sucesora á fronte de Fomento, \"a popular e galeguísima Ana Pastor\" por \"non remedialo\". En definitiva, Miranda asegura que á hora de \"defender os intereses galegos, tanto monta, monta tanto, Arias Cañete como José Blanco\". \"Para o bipartidismo harmónico españolista, Galicia e os intereses dos galegos, sempre poden esperar\", insistiu, tras reivindicar que para o BNG \"Galicia é o primeiro, tal e como demostrou en Europa todos estes anos defendendo un transporte público, eficiente, rápido e moderno que vertebre o seu territorio\". \"Á hora de defender os intereses galegos, tanto monta, monta tanto, Arias Cañete como José Blanco\", di a candidata do BNG Na súa intervención, Ana Miranda tamén asegurou que \"a troika en Galicia chámase Feijóo\", porque \"representa os recortes de servizos públicos, de educación, de sanidade, das pensións, de salarios\". \"Feijóo e o PP son a troika en Galicia, os executores dunha política que causa emigración, paro, pobreza, exclusión social e mesmo fame\", dixo. Ademais, a candidata nacionalista, que tamén se reuniu con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública de Monforte, defendeu a continuidade do hospital da zona \"con todos os servizos sanitarios que merece a comarca de Lemos\". Sobre isto, afirmou que \"nos intentos de recortar servizos no Hospital de Monforte de Lemos ven as consecuencias das políticas da troika que en Galicia aplica Feijóo e no Estado Rajoy\". Por outra banda, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, chamou a atención sobre o \"abandono agrario\", do que culpou á UE, que fomenta o \"peche de explotacións galegas en lugar de deixalas producir\". \"Hai que rebelarse o día 25 votando ao Bloque para parar a troika e gañarlle a batalla a estes políticos mentireiros\", proclamou Vence antes de acusar a Arias Cañete de \"defender os grandes terratenientes como a duquesa de Alba ou á súa propia familia, pero non os pequenos agricultores galegos\"."}
{"ID": "NOS_22581", "summary": "Após a aprobación no mes de abril da Iniciativa Lexislativa Popular para o aproveitamento da lingua portuguesa só 8 centros novos imparten a materia.", "text": "Desde que se aprobou a ILP Valentín Paz Andrade para o aproveitamento e promoción da lingua portuguesa en Galiza van xa 9 meses. Durante este período 8 centros de ensino novos (32 en total) ofrecen o estudo deste idioma abranguendo un total de 861 estudantes nos ensino obrigatorio (ESO) e post-obrigatorio (BACH). Desde o grupo parlamentar do BNG, a deputada Ana Pontón, criticou que a Xunta de Galiza e, no concreto, a consellaría de Educación, careza dunha \"estratexia\" planificada para promover a aprendizaxe da lingua portuguesa e asegura que existen retrocesos naqueles centros \"pioneiros\" no estudo do portugués. Case 2 mil estudantes En sesión parlamentar a deputada nacionalista inquiriu o secretario xeral de Política lingüística, Valentín García, polas medidas adoptadas neste tempo para a aplicación da lei aprobada no mes de abril. García asegurou que no curso 2014-2015 hai 32 centros de ensino obrigatorio e post-obrigatorio no que se ofrece o estudo da lingua portuguesa --oito máis que antes de se aprobar a lei. En total, cursan estudos de portugués 861 persoas na ESO e Bacharelato xunto con 1.122 persoas através das Escolas Oficiais de Idiomas, o \"duplo\", segundo informou o secretario xeral, que o curso anterior. Aliás, indicou, \"catro centros\" contan con \"seccións bilingües\" en portugués. Para alén do máis, Valentín García subliñou os acordos asinados co Instituto Camões para a formación de profesorado --através de estadías de dúas semanas no país veciño-- e da presenza de \"profesorado nativo\" no noso país. Falta de promoción A presenza desta lingua en Galiza, sinalou García, \"vai medrando ano a ano\" embora, acrecentou, \"os medios son os que son\". Porén, para Pontón (BNG) os dados evidencian a \"falta de estratexia\" por parte da Xunta para garantir o cumprimento da norma. \"Non teñen ningún tipo de planificación\", criticou a parlamentar do Bloque na súa quenda de réplica ao tempo que denunciou o \"retroceso\" en centros como o IES das Neves, \"pioneiro\" na oferta de portugués entre o alumnado mais que non pode impartilo no \"primeiro curso\" por falta de recursos. O Bloque critica que en comparanza coa cifra total de estudantes, a cantidade de alumnado que cursa estudos de portugués é \"ínfima\" \"Cal é o peso do portugués en relación con outras linguas? Houbo campaña de promoción? Nas vindeiras oposicións crearanse prazas para que se garanta unha oferta xeralizada desta lingua?\", preguntou Ana Pontón quen ao abeiro dos dados fornecidos polo secretario xeral entende que a cifra de estudantes é \"ínfima\" en relación ao conxunto do estudantado galego. Desde o BNG critican que a promoción e aproveitamento do portugués sexa mellor en Estremadura. Pontón valeuse dunha información publicada no xornal luso Publico.pt na que se recolle a política lingüística estremeña en relación coa lingua portuguesa cuxo estudo se recolle no ensino regrado desde hai anos. Porén, Valentín García gabouse de ter sido un \"goberno\" do Partido Popular o que aprobase a Lei Paz Andrade, iso si, após introducir mudanzas no texto lexislativo presentado como iniciativa popular. \"Puido facerse antes\", sinalou, \"mais fíxose agora\", como tamén, acrecentou, a emisión dun programa producido en parcería entre a TVG e a RTP, Aquí Portugal."}
{"ID": "NOS_52789", "summary": "O xuíz tomou a decisión no momento de iniciar a práctica da proba, ao non ser posíbel reproducir ao mesmo tempo un vídeo na sala de vistas e no ordenador desde o cal os axentes denunciantes declaraban como testemuñas. O xuízo continuará o vindeiro 1 de marzo.", "text": "A non presencialidade dos axentes de policía e a falta de recursos técnicos nos xulgados de Compostela motivou a suspensión do xuízo de Chema Naia, acusado dun presunto delito de atentado contra a autoridade do despexo do Centro Social Escárnio e Maldizer, até o 1 de marzo. Antes do inicio da vista, un cento de persoas concentráronse ás portas dos xulgados de Fontiñas en apoio do activista. No interior, na vista abordáronse cuestións previas propostas pola defensa e a acusación particular pediu que nos se admitiran como proba uns vídeos que mostraban o sucedido naquela altura. O xulgado rexeitou a proposta e admitiu a proba da defensa. Logo, no momento de iniciar a práctica da proba, non foi posíbel reproducir ao mesmo tempo un vídeo na sala de vistas e no ordenador desde o cal os axentes denunciantes declaraban como testemuñas. Por esta causa, o xuízo tivo que suspenderse, de forma que os axentes serán citados para a súa comparecencia presencial o vindeiro día 1 de marzo. Problemas para acceder ao xuízo Desde o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, Esculca, critican que os axentes da Gardia Civil \"intentaron prohibir o acceso de parte do público á vista, descoñecendo así o dereito a un xuízo público, que é un dereito fundamental recollido na constitución\". Ademais, non entenden que \"a administración de xustiza , dependente da Xunta da Galiza, non conte cos medios informáticos axeitados para celebrar as vistas coas garantías necesarias\". Alertan dos obstáculos de declarar a distancia Esculca tamén advirte de que \"o criterio de permitir que as testemuñas da defensa podan declarar a distancia, en particular cando se trata de axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado, obstaculiza o principio de inmediación que informa a práctica da proba e impide verificar as normas procesuais que regulan a práctica da proba\". Neste caso, poñen como exemplo, \"a prohibición de que as testemuñas presencien as declaracións das outras testemuñas\". A avogada de Chema Naia, Xulia Álvarez Martín, coincide nesta apreciación. \"Se os policías estiveran na sala non se tería suspendido\", asegura a Nós Diario. A letrada engade que a posibilidade de declarar a distancia \"ten outras vantaxes para eles ao non saber nós onde están e quen escoita a súa declaración, non pode ser que se contaminen unhas testemuñas coas outras\". Alén diso, para Álvarez \"non é o mesmo falar diante dunha persoas que diante dunha cámara\". Por este motivo agarda que na vista o día 1 de marzo acudan presencialmente ao xulgado de Compostela."}
{"ID": "NOS_27387", "summary": "Marcos Maceira lembrou o incumprimento sistemático da \"escasa lexislación\" que ampara o galego.", "text": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participou este sexta feira, xunto con Fito Rodríguez e María de Lluc Muñoz, no evento cultural Beyond Spain, que decorreu en Frankfurt como resposta a que o Estado español sexa o convidado de honra na Feira Internacional do Libro que está a ter lugar na mesma cidade. Marcos Maceira: \"Queremos vivir en galego agora e vivir en galego sempre\" Segundo explicou a Mesa, trátase dunha iniciativa internacional que ten por obxectivo \"ofrecer un espazo para a creación cultural e literaria, para as linguas e os dereitos lingüísticos e para as ideas democráticas\". Na súa intervención, Maceira sinalou que \"a creatividade vibrante anunciada para a Feira do Libro ten un lado escuro\". \"Mantén a consideración das linguas e das culturas galega, vasca e catalá como inferiores\", denunciou. Marcos Maceira, Queremos Galego: \"O galego segue vivo malia a súa exclusión sistemática\" No caso galego, o presidente da Mesa lembrou o incumprimento sistemático da \"escasa lexislación\" que ampara o galego, desde o Estatuto até a Carta Europea da Linguas, por parte da Xunta e do Estado español, \"a pesar das reclamacións da sociedade galega e mesmo do Comité de Ministros e Ministras do Consello de Europa\". O galego, en retroceso \"O galego está presente en menos de 1% das sentenzas xudiciais, en menos de 1% dos seguros, en menos de 0,4% dos xoguetes\", lamentou Maceira. Marcos Maceira: \"O que non muda é que o galego leva demasiado tempo confinado\" Tamén asegurou que \"non é posíbel facer trámites coa administración do Estado español (Facenda, Seguridade social ou SEPE, entre outras) e temos unha oferta audiovisual anecdótica\", ao que se lle engaden \"as restricións ao noso idioma no ensino\". \"Con esta realidade\", finalizou Maceira, \"non pode sorprender que o galego retroceda no seu uso. Sorprende, pola contra, que a pesar disto continúe a existir e que aínda existan moitas persoas dispostas a actuaren para repolo e normalizar o seu uso\"."}
{"ID": "NOS_15281", "summary": "A última Mostra Internacional de Teatro de Ourense pechou cun recoñecemento ao infatigábel labor de Tareixa Campo (Val do Mao, O Incio, 1946) a prol da escena amadora. Dramaturga, actriz, pedagoga, fundadora da compañía clásica do teatro afeccionado Achádego hai agora tres décadas, Campo non ten prevista a retirada: \"Como din por aí, mentres o corpo aguante\". Na actualidade, participa en Balas sobre Broadway, de Woody Allen –\"fago de actriz decadente, moi divertido\"–, e ataca a banalidade xornalística dos faladoiros en Opino de que. Ambas as dúas da man de Achádego. Eis un extracto da conversa publicada no número 295 de Sermos Galiza.", "text": "Non sempre se ten en conta o papel do teatro amador. Por que cre que agora a Miteu o recoñece na súa figura? Non é na miña figura. É moita xente a que neste momento está traballando polo teatro afeccionado. Os profesionais non teñen que velo como un perigo para o seu, senón todo o contrario. Estamos facendo canteira e é algo que facemos simplemente porque nos gusta, tendo outros medios de vida ou non. E poñendo en valor o teatro ben feito. Non ten por que ser un teatro de inferior calidade, senón un teatro do que non vives e polo que non cobras. Pero é unha loita pola cultura como outra calquera. E que achega a unha cultura como a galega, en situación de desigualdade e sometemento? Moitísimas cousas. A primeira aquí na Galiza é o papel impactante da exhibición pública do noso idioma, o galego. Non podemos estar á marxe da situación que está sufrindo a lingua. É moi importante xa só por isto. Despois, tendo en conta o deseño do teatro, sempre imos quedar aí reflectidos. Os galegos e a súa problemática. Mesmo sendo unha peza escrita en calquera outro lugar do mundo. Se ademais estamos falando da nosa cultura, moito máis. Paréceme totalmente imprescindíbel. Eu tamén traballei moito na pedagoxía teatral. Entón, considéroo como un espazo propio dentro do ensino, non só como un instrumento didáctico para traballar outra materia. É importante para a formación como persoas, para a formación e valoración do noso. A que se refire con \"formación como persoas\"? Durante moitos anos estiven en colectivos a nivel de Galiza e a nivel do Estado español perseguindo que o teatro tivese un lugar propio no currículo escolar. Para que lles serve aos pequenos? Para aprenderen roles sociais. O teatro ensina sobre todo a poñerse no lugar dos demais. Para aprenderen a se comunicar. Para aprenderen a ceder e a compartir e a saberes que a túa liberdade acaba onde empeza a dos demais. Para adquirir seguridade en ti mesma. Pero para min o principal é poñerte no lugar dos demais e comprender os nosos semellantes. Non é unicamente un instrumento de lecer, senón de formación. E de goce. O que empeza a facer teatro ten un verme que xa non pode soltar até que morre. [Podes ler a entrevista íntegra no número 295 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_15698", "summary": "É unha das mostras teatrais máis veteranas de Galiza. E, sen dúbida, das máis importantes. Na súa prehistoria atópanse as Mostras de Teatro Abrente, en funcionamento entre 1973 e 1981. Mais este ano a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia fai 34 edicións consecutivas, cun programa de 21 representacións que \"reforza os espectáculos de rúa\".", "text": "Entre este sábado 14 de xullo e o domingo 22, o teatro aprópiase da vila do Ribeiro. Entre os pratos fortes, salienta a organización, a estrea no Estado de La Gioia, do italiano Pippo Delbono, e Ella sobre ella, da directora e dramaturga uruguaia Marianella Morena. \"Son dous grandes nomes do teatro contemporáneo\", di. Outro vector que a MIT quere situar entre os seus principios rectores é \"o compromiso de igualdade\". No certame de 2017, puxeron en marcha as Tempadas de Igualdade, que este ano contarán con espectáculos de creadoras como A Panadaría, De Vacas, a propia Morena, Natalia Menéndez, Laila Ripoll, Cristina Collazo, La Nórdika ou Lali Álvarez. Ao tempo, a diversidade tamén se reflectirá na variedade xenérica e de linguaxes. Haberá circo e teatro documental, musicais e comedia, dramas e experimentación. Amais de Galiza, Italia e Uruguai, haberá participantes e compañías do Reino Unido, Portugal, México, e diversos lugares do Estado español. Ademais, cursos, obradoiros, conferencias, presentacións de libros e obras en \"lugares insólitos\": entre os viñedos do Ribeiro, polas aldeas da bisbarra ou no espazo SputMIT. \"\"Queremos poñer en valor a arte no marco excepcional da paisaxe do Ribeiro\", explica a organización, que dirixe Roberto Pascual. Primeira fin de semana Aínda que a apertura oficial da MIT será o sábado 14 de xullo, a anterior sexta feira xa haberá programación: a pre MIT. Neste caso, o auditorio Rubén García do Castelo acollerá Non se chora, de Teatro do Vilar. Trátase do \"apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia\". Xa o sábado, ás nove da noite, un concerto de De Vacas no Patio do Xulgado inaugurará a semana. Corenta e cinco minutos despois, entregarase o premio de honra da mostra, que leva o nome de Roberto Vidal Bolaño e sinala \"o mérito nas artes escénicas\". No auditorio Rubén García, ás once, estrearase Commedia, un xoguete para Goldoni, de Contraproducións e coproducido pola propia MIT. A xornada rematará con música na Praza Maior co Tour Vacanal, de De Vacas. O domingo 15 de xullo haberá circo -á unha do mediodía no SputMIT-, un obradoiro con Marianella Morena, teatro de rúa na alameda e a presentación de Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática, de Afonso Becerra de Becerreá. La Gioia, de Pippo Delbono, un dos fitos da 34ª mostra, terá a súa estrea no auditorio do Castelo ás once da noite. Nota: foto do equipo que se encarga da MIT. De pé, con camisa verde de cadros, o seu director Roberto Pascual."}
{"ID": "NOS_35479", "summary": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, recoñece parte do discurso que denuncian os equipos sanitarios nesta sexta onda: Hai \"tensións na sanidade, especialmente na Atención Primaria\". Por iso confía en que o subcomité clínico acorde manter as limitacións máis aló do 18 de xaneiro.", "text": "Á espera de que transcenda o que se decida na reunión do subcomité clínico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, xa avanzou esta cuarta feira que é partidario de manter as restricións actuais -entre as que están os feches adiantados da hostalaría e o uso ampliado do Certificado Covid, entre outras cuestións- máis aló do 18 de xaneiro, tal e como estaba previsto. O representante do Goberno galego, que falou nunha visita a Carballo, garantiu que malia a alza de contaxios do coronavirus a situación sanitaria do país \"non é preocupante\". Porén, considera oportuno que se manteñan as limitacións \"nas próximas semanas\" até que a curva dos contaxios vaia cara abaixo. \"Parécenos que, mentres que non baixe a incidencia, debemos manter con carácter xeral as decisións que tomamos en días anteriores. Son decisións de mínimos, mínimas: mantemos a hostalaría con horarios normais e o lecer nocturno até as tres, que neste momento de contaxio masivo por ómicron, parécenos unha proposta razoábel\", aclarou sobre o punto de vista do seu equipo. Aliás, interrogado polos medios de comunicación, recoñeceu parte da denuncia que fan as e os traballadores do Sergas nas últimas datas. Existen, dixo, \"tensións na sanidade, especialmente na Atención Primaria\". Se ben é certo que quixo puntualizar que o \"99,3% das persoas contaxiadas están nas súas casas\", asumiu que hai un incremento das hospitalizacións en unidades convencionais. Na UCI, pola contra, considera a evolución controlada e \"estábel\". Por outra parte, e obviando o feito de que a Xunta eliminou hai escasos días algúns dos supostos para practicar exames de saúde a contactos estreitos de positivos por Covid-19, Feixoo destacou o papel do seu Goberno na realización de test de antíxenos. Así, remarcou que o \"obxectivo\" da Galiza é coñecido: \"Vacinar, facer test e pedir responsabilidade\"."}
{"ID": "NOS_43941", "summary": "O Goberno presidido por Alberto Núñez Feixoo achégase á fin do mandato co menor ritmo lexislativo das dúas últimas décadas, pese a maioría absoluta que ostenta o Partido Popular no Parlamento da Galiza. Non obstante, o Executivo si ten modificado numerosas normas a través da coñecida como lei de acompañamento dos orzamentos, que permite sortear o seu debate na Cámara galega.", "text": "A media anual lexislativa da Galiza rolda as 12 ou 13 leis. Ás portas dos comicios galegos, o Goberno de Alberto Núñez Feixo fica nunha media de 7. A actual lexislatura mantivo un dos ritmos lexislativos máis baixos desde o mandato de Manuel Fraga Iribarne entre 1998 e 2001. Aquel Goberno, após a maioría absoluta nos comicios de 199 do PP, aprobou un total de 33 normas, incluídas as leis dos orzamentos e máis as de acompañamento dos mesmos. E o derradeiro ano do mandato foi no que máis leis se aprobaron dos catro. Mesmo se o Partido Popular conta cunha maioría absoluta que facilita a tramitación das leis, que o propio Feixoo reivindica como garante da \"estabilidade\" da Galiza, o balance de textos aprobados neste último mandato fica en 22. A falta de menos de nove meses para a disolución do Parlamento, e a pesar do sprint final do Goberno nos últimos meses, o ritmo de aprobación fica nunha media de 7 normas anuais. A mesma que a quinta lexislatura de Fraga, que tamén acelerara o ritmo na véspera dos comicios. O Partido Popular conta cunha maioría absoluta no Parlamento En 2017 foron aprobados dez textos; algúns deles rodeados de polémica, como a Lei de implantación de inciativas empresariais, bautizada desde colectivos sociais e a oposición como a \"Lei Depredación\", ou a Lei de Saúde que suprimiu tres áreas sanitarias. En 2018 foron tramitadas a Lei de orzamentos e máis a Lei de presupostos e medidas fiscais e administrativas que a acompaña, e por iso máis coñecida como lei de acompañamento, ademais dunha reforma da Lei de saúde que modificaba a norma aprobada un ano antes. 2019 transcorreu cun aumento dos textos aprobados, chamado a consolidarse en 2020 en vista da cantidade de normas en proxecto. Entre elas, a Lei de Impulso Demográfico de Galiza, a Lei de Ordenación do Territorio da Galiza ou a Lei de Avaliación Ambiental da Galiza; anunciada esta mesma semana. Porén, nos mandatos de Feixoo si se levaron a cabo numerosas reformas administrativas a partir da coñecida como lei de acompañamento dos orzamentos. No de 2018 modificáronse, nunha única tramitación unha vintena de leis. Algúns cambios foron relevantes, como a lei de incendios. E na lei de acompañamentos dos orzamentos de 2020 modificáronse unha trintena de leis; entre elas, dúas aprobadas apenas tres meses antes no Parlamento. Si se levaron a cabo numerosas reformas administrativas a partir da lei de acompañamento dos orzamentos Ademais, ningún dos plans normativos, os documentos que fixan os obxectivos lexislativos do Goberno en cada ano, publicados na Portal de Transparencia da Xunta da Galiza foron acadados na súa totalidade. Fica pendente de aprobar, por exemplo, unha lei de emprego que figuraba no plan de 2017. Este descenso do ritmo lexislativo na Galiza provoca as críticas da oposición, que o emprega como argumento a favor da súa tese de que o proxecto político de Feixoo está \"esgotado\", pese a ese aumento das normas na recta final do mandato. Paralelamente, a Xunta xustifica a \"dilación\" na procura de diálogo, así como polos distintos comicios estatais e a \"inestabilidade\" do Goberno central. A Xunta xustifica a \"dilación\" na procura de diálogo O voceiro parlamentario popular, Pedro Puy, avanzou que o último período de sesións que acaba de arrancar será \"intenso\" no plano lexislativo. A lei de residuos, a de museos ou a de pesca esperan na liña de saída para a súa tramitación nos meses que quedan antes das eleccións. En liñas xerais, o Goberno galego amósase \"satisfeito\" co seu ritmo lexislativo. Así o trasladou a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, destacando o balance de nove leis aprobadas en 2019."}
{"ID": "NOS_40308", "summary": "O voceiro do Bloque reafirma a decisión de non pactar con forzas estatais e cualifica de \"interesantes\" as Mareas, pero di \"non crer en iniciativas cantonalistas ou municipais só\".", "text": "Xavier Vence, voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, concedeu unha entrevista á Radio Galega na que explicou que a forza á que pertence cre, cara ás municipais de maio de 2015, que \"ten que haber un proxecto de base nacionalista, que pode incorporar a persoas que non sexan necesariamente nacionalistas, pero que non pode supeditarse á estratexia de ningún tipo de forza de carácter estatal\". \"Os alcaldes do BNG comparten a necesidade dunha alternativa nacionalista e progresista\", dixo o voceiro do BNG sobre 'Somos Maioría' O dirixente nacionalista cualificou como \"interesante\" o movemento que se dá en chamar Mareas, pero remarcou en que a súa formación pensa en candidaturas cun perfil nacionalista. \"Imos facer un tipo de candidatura cun perfil claramente nacionalista, en clave de país no seu conxunto. Non cremos nas virtudes de iniciativas cantonalistas ou municipais só. Todo o que se faga debe ser en clave de país\", sinalou. Vence engadiu, en referencia ao manifesto Somos Maioría, que \"os alcaldes do BNG comparten a necesidade dunha alternativa nacionalista e progresista e todos queremos candidaturas o máis amplas e plurais posibles para que poidan ser unha alternativa de goberno en todo o país, hai plena sintonía niso\". Así mesmo, lembrou que o Bloque comezará este mes a convocar asembleas abertas para sondexar a cidadanía cara aos comicios locais. Por último, Vence chamou \"atentado á democracia\" á iniciativa do PP para reducir deputad@s no Parlamento ou para cambiar a lei electoral das municipais para premiar á lista máis votada, por riba das maiorías ideolóxicas. BeirasSobre esta polémica iniciativa do PP tamén falou na Cadena Ser Xosé Manuel Beiras, líder de AGE, que a definiu como \"cargarse a Constitución\" e reclamou a creación de \"frontes amplas\" para derrotar ao PP."}
{"ID": "NOS_43253", "summary": "A compañía presenta esta sexta 'Son', coproducido co Centro Coreográfico Galego e dirixido por Jaime Pablo Diaz e Carlos Rodríguez. Nel convive a danza tradicional galega coa española, a contemporánea e o flamenco.", "text": "A compañía Nova Galega de Danza vén de presentar na Coruña a estrea do espectáculo 'Son', coproducido co Centro Coreográfico Galego, que ofrecerá a súa primeira función esta sexta 27, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. Un corpo de baile integramente masculino pon en escena esta proposta, construída a partir dunha decena de pezas nas que a danza tradicional galega convive coa española, a contemporánea e o flamenco. Ademais de asinar a dirección artística e a coreografía, Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez encabezan o corpo de baile do que tamén forman parte catro bailaríns especialistas en danza galega (Iván Villar Agulleiro, Francisco Sieira González, José Adrián Casal Sio e Ricardo Fernández Louro), outros catro en danza española (Rubén Puertas Martín, José Alarcón Cuevas, José Ángel Capel Ferrón e Alejandro Muñoz Muñoz) e un en contemporánea (David Vilariño). Banda sonora O cantaor Juan Debel, Javier Feijoó 'Xisco' (gaita, pandeiro e canto), Francisco Sieira González (pandeiro), Alba Moura Etrad (tarrañolas e cante) e Cords del Món (violíns) puxeron voz e música ás composicións de Sergio Moure de Oteyza, autor de numerosas bandas sonoras para cinema e televisión polas que foi finalista aos premios Goya, Mestre Mateo e Gaudí, entre outros."}
{"ID": "NOS_54997", "summary": "O Galo acolle a sexta feira 29 de abril a presentación do libro-DVD 'Manuel María: 'Eu son fala e terra desta terra', da cineasta Margarita Ledo Andión. A presentación terá lugar na libraría Cronopios de Compstela e intervirán, ademais da autora da fita, a xornalista Carme Vidal.", "text": "'Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra' divídese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental, realizado por Margarita Ledo, onde a través da voz do propio Manuel María presenta a vida do escritor en todas as súas facianas. Pola banda do papel, titúlase 'A propósito de Manuel' e contén textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e a propia Ledo. Pola banda da fita, inclúe un documental en formato DVD onde, a partir da voz do propio Manuel María, fai unha homenaxe a Manuel, á súa contorna máis próxima, á súa extensa obra e ao seu activismo político. Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como \"poeta da terra\"."}
{"ID": "PRAZA_4786", "summary": "A presenza de Paco Váquez no lanzamento na Coruña da candidatura de Movimiento Ciudadano, impulsada por Albert Rivera, líder de Ciutadans, pode parecer a resurrección política do ex–alcalde coruñés, pero non hai tal porque nunca estivo, politicamente, morto, senón moi activo, defendendo sempre os intereses dos seus, é dicir, da dereita.", "text": "A presenza de Paco Váquez no lanzamento na Coruña da candidatura de Movimiento Ciudadano, impulsada por Albert Rivera, líder de Ciutadans, pode parecer a resurrección política do ex–alcalde coruñés, pero non hai tal porque nunca estivo, politicamente, morto, senón moi activo, defendendo sempre os intereses dos seus, é dicir, da dereita. Pode parecer a resurrección política do ex–alcalde coruñés, pero non hai tal porque nunca estivo, politicamente, morto, senón moi activo, defendendo sempre os intereses dos seus, é dicir, da dereita Estamos ante unha actuación política moi meditada e de longo alcance. Paco Vázquez sabe perfectamente que nas próximas eleccións municipais o PP pode ter na Coruña un descenso importante e a súa alcaldía estar en perigo. Cómpre garantir a alcaldía do PP como sexa e por iso certos sectores empresariais, cun potente apoio mediático, promocionan desde hai tempo a Unión Coruñesa (UC) para que recolla o malestar da cidadanía co PP e, á hora da verdade, preste os seus concelleiros ao candidato ou candidata do PP para que a dereita conserve a alcaldía. Cómpre garantir a alcaldía do PP como sexa e por iso certos sectores empresariais, cun potente apoio mediático, promocionan desde hai tempo a Unión Coruñesa (UC) para que recolla o malestar da cidadanía co PP e, á hora da verdade, preste os seus concelleiros Non é a primeira vez que Paco Vázquez promociona esta candidatura. Lembremos que pouco antes das eleccións municipais de 2011 o embaixador no Vaticano regalaba a Carlos Marcos, líder de UC, a foto de Paco Vázquez coa súa familia en Roma. Paco Vázquez leva moitos anos traballando para o PP, o mesmo que a agrupación coruñesa do PSOE, co silencio cómplice e vergoñento da dirección nacional do PSdeG-PSOE. Cando os socialistas chegan a pactos con BNG, Vázquez asociaba a Touriño cos \"cómplices de Lizarra\". E cando Francisco Caamaño encabeza en 2011 a candidatura ao Congreso do PSOE, dicía Vázquez: \"El PSOE tiene un problema tremendo porque es un partido con okupas\". Paco Vázquez leva moitos anos traballando para o PP, o mesmo que a agrupación coruñesa do PSOE, co silencio cómplice e vergoñento da dirección nacional do PSdeG-PSOE No terreo político o ex–embaixador fixo pasar un auténtico viacrucis ao alcalde socialista Javier Losada, desprezando o traballo do goberno municipal PSOE-BNG, non asistindo ao mitin central con Zapatero e promocionando descaradamente a candidatura de Carlos Negreira. O día da investidura estaba contentísimo e fundíase nunha aperta co alcalde do PP –como antes con Aznar ou Álvarez Cascos, con motivo do Prestige– porque, non nos enganemos, os auténticos valedores de Carlos Negreira, o mesmo que de Paco Vázquez, son os poderes fácticos da Coruña e o capital. Converteuse na práctica nun asesor de Negreira e Vázquez confraterniza co alcalde da Coruña en comidas, acompañado de Romay Beccaria Vázquez non dubidou en saír en defensa de Feijóo cando apareceron as fotos do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado; dixo que eran unha \"ignominia\" e que \"se intenta sacar réditos políticos\". Feijóo anunciaba que rebaixaría o número de deputados no Parlamento Galego de 75 a 61 e a Vázquez faltoulle tempo para apoiar esta proposta, utilizando os mesmos argumentos do PP –\"é un clamor popular\" – e declaraba: \"Incluso se queda un poco corto porque con una población de algo más de dos millones de habitantes se podría tener un parlamento de entre 30 o 35 diputados\". Ninguén no PSOE descualificou publicamente a Paco Vázquez por facer campaña a favor do PP. Paco Vázquez acusaba a Rubalcaba de \"anticlericalismo casposo\", cando este falaba de revogar os acordos coa Santa Sede. Por outra banda, Vázquez continúa coa súa campaña particular, defendendo as posicións máis reaccionarias da xerarquía da igrexa católica e o novo proxecto do PP sobre o aborto. Que ninguén espere a apertura de expedientes ou desautorizacións por parte da dirección do PSOE, nin de Santiago, nin de Madrid Que ninguén espere a apertura de expedientes ou desautorizacións por parte da dirección do PSOE, nin de Santiago, nin de Madrid; o mesmo Besteiro, secretario xeral do PSdeG, desculpaba a presenza de Vázquez en actos de apoio a outro partido, como o de Albert Rivera. A dirección da actual agrupación coruñesa socialista non é partidaria de romper co vazquismo, a pesar dos importantes custes electorais e de imaxe que poida ter a actuación política do ex–alcalde Mar Barcón, actual secretaria xeral da agrupación coruñesa, xa explicara moi ben por que había ese vergoñento silencio, que ninguén se atreve a romper: \"Estoy orgullosa de haber sido cómplice, aliada y parte de las decisiones de Vázquez. Desde la agrupación socialista coruñesa no saldrá jamás una palabra de polémica o desencuentro de quien ha sido y es un referente político para los socialistas y para todos los coruñeses. Nunca habrá una palabra de crítica hacia quien es y fue un querido y magnifico compañero\". A dirección da actual agrupación coruñesa socialista non é partidaria de romper co vazquismo, a pesar dos importantes custes electorais e de imaxe que poida ter a actuación política do ex–alcalde. E o grupo que se presenta como alternativa a Mar Barcón, tampouco. No fondo, todos son fillos e fillas políticas de Paco Vázquez, consideran que aínda é unha referencia socialista e non van romper o pacto de fidelidade co pai."}
{"ID": "PRAZA_359", "summary": "A moita xente en Galicia, si se lle explicaran ben as cousas, gustaríalle ter moita máis soberanía ou polo menos unha autonomía decente. No caso dos asteleiros de Ferrol, quen non preferiría que a súa xestión se levase dende Galicia en vez de estar dirixidos por unha empresa, Navantia, dende Madrid?", "text": "A moita xente en Galicia, si se lle explicaran ben as cousas, gustaríalle ter moita máis soberanía ou polo menos unha autonomía decente. No caso dos asteleiros de Ferrol, quen non preferiría que a súa xestión se levase dende Galicia en vez de estar dirixidos por unha empresa, Navantia, dende Madrid?. Ata un partido como o PPdeG critica a xestión desa dirección, aínda que o estar ese partido dirixido tamén dende o centro, non censure ós seus compañeiros do PP que puxeron a eses nefastos directivos no cargo. E isto que pasa nos asteleiros acontece noutras actividades que o estar dirixidas dende a capital, ós seus xestores nin están preto para coñecer os problemas da zona, nin teñen un grande interese, xa que non lles afectan directamente. E pódense por outros exemplos: si tódalas obras públicas que se executan en Galicia, foran proxectadas e dirixidas dende aquí, faríanse con un mellor criterio, por exemplo a liña de velocidade alta, Santiago-Pontevedra-Vigo, remataríase primeiro que a liña Santiago-Ourense, porque afecta a moitísimos máis viaxeiros, e si se remata moito antes á de Ourense, é simplemente por beneficiar ó centralismo madrileño, que por sorte tamén beneficia ós ourensáns. Supoño que algunha xente viu as estatísticas de accidentes de tráfico do ano 2014, e si se fixou, puido ver que no noso país houbo máis mortos en accidentes que no ano 2013, sendo unha das peores comunidades en accidentes. Pola contra en Cataluña e Euskadi, onde están transferidas as competencias de tráfico, son os lugares onde estas estatísticas foron boas con respecto o resto do Estado. Pódese argumentar que isto é circunstancial, mais moitos estamos convencidos que Galicia ten unha climatoloxía, unha ordenación do territorio e outras circunstancias que fan que esa competencia estaría moito mellor dirixida por nos, e para iso está prevista a competencia de Tráfico a través da policía autonómica, no noso Estatuto de autonomía, aprobado por certo xa no ano 1981. O bipartito solicitou esta competencia, aínda que non contou co apoio do Goberno do PSOE de Madrid, máis o Sr. Feijoo nin o intentou. Pode ser que se sinta incapacitado para asumila, ou que non lle preocupe reducir os accidentes nesta terra. Polo menos deberíanlle de preocupar os diñeiros que xeran as multas de tráfico, pois en Galicia o Estado recada un 20% máis, con respecto o resto de España, quedando a Xunta e os galegos cun palmo de narices o ver como foxen eses cartos, por non ter a competencia desa materia. E despois aínda temos que oír a algúns, que os que están na Xunta gobernan ben … si, ben para Madrid, non para os galegos."}
{"ID": "NOS_7926", "summary": "O cadro de persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo) volveu esta segunda feira á folga e reiniciou as mobilizacións diante da factoría. A multinacional difundiu horas antes un comunicado reiterando a \"inviabilidade\" da planta polo custo da enerxía e minimizando os seus beneficios polo aumento do prezo do aluminio, uns argumentos que rexeitan desde o comité a CIG.", "text": "O fracaso das negociacións entre o Goberno español e Alcoa para a venda da factoría de San Cibrao (Cervo) semella derivar directamente cara a xustiza e a decisión que xurda das e dos maxistrados da sala do social do Tribunal Supremo o próximo 20 de outubro, sobre o recurso que interpuxo a multinacional contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) para todo o persoal que traballa nas súas instalacións. O reinicio da folga, suspensa polo comité de empresa para facilitar as negociacións e a volta ás mobilizacións por parte das traballadoras e dos traballadores, fixo reaccionar á multinacional. Horas antes do paro, Alcoa facía público un comunicado no que lamentaba que non se tratara nas reunións \"o tema clave que é a enerxía non competitiva\" e o prezo actual que pagan \"máis do triplo do que paga a compañía en calquera outra planta de aluminio do mundo\". Prezo do aluminio e folga As últimas novas que se difundiron sobre os altos prezos do aluminio e as ganancias de Alcoa a nivel mundial non pasaron desapercibidas para a multinacional. No comunicado, o seu vicepresidente executivo e Director Comercial Global, Tim Reyes, sinalaba que \"mesmo cos prezos do aluminio en máximos de 10 anos, a planta de aluminio de San Cibrao segue sendo inviábel debido ao prezo da electricidade\" polo que \"nos comprometemos a seguir adiante coa transferencia da planta a un terceiro, pero primeiro debe resolverse o marco enerxético\", engadía. En relación á folga que reinicia o cadro de persoal na Mariña, Reyes apunta que \"o que contribuiría á solución non é unha folga, que ten un impacto negativo para o futuro das plantas de alúmina e de aluminio, senón unha verdadeira solución do goberno ao problema da enerxía eléctrica\". Comunicado \"trampa\" \"Suspendemos oito meses a folga para que puideran negociar e foron incapaces de chegar a un acordo que fora vinculante, cando temos catro compradores que están agardando que lles dean opcións\", lamentábase o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, en declaracións a Nós Diario, \"polo que temos a sensación que hai un que non quere vender e outro que non quere comprar tampouco\", engadía. En relación ao comunicado da multinacional, Zan cre que \"é tramposo por non falar de que teñen un ERE cunha sentenza favorábel nosa que eles recorreron diante do Supremo\". Para este sindicalista Alcoa \"está dicindo que se pode nos vai despedir a todos, até lle parece mal que fagamos unha folga\". O presidente do comité considera que non ten sentido falar do prezo da enerxía \"posto que todos os compradores acordaron cunha empresa eléctrica a moi bo prezo polo que ese non é o problema\". CIG: Alcoa busca argumentos para fechar \"Cada día que pasa Alcoa busca un argumento no que fundamentar a súa posición de despedir e fechar as instalacións\", asegura a Nós Diario o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, \"nas reunións vimos como hai empresas que queren participar no proceso de venda polo que non existen os impedimentos que asegura\", engade. O líder sindical lembra que o Goberno español e a Xunta da Galiza \"non atenderon as reiteradas peticións do comité, dos sindicatos e de toda A Mariña de buscar todas as solucións, mesmo a intervención pública que para nós era a maneira de desaloxar a Alcoa e garantir o futuro industrial \". En relación á decisión do Supremo, Carril afirma que \"calquera modificación pode ser un paso atrás\" tendo en conta que \"Alcoa leva todo o ano querendo buscar nos xulgados que lle dean a razón\". Neste caso, critica \"que se volva trasladar a un xulgado o que debera ser unha decisión do ámbito político\"."}
{"ID": "NOS_17686", "summary": "Editado por Xerais co gallo do Día internacional contra a Violencia Machista, reflicte a propia experiencia persoal da escritora.", "text": "Xerais edita 'A esencia da cidade', un relato de María Reimóndez para a descarga libre no Día Internacional contra a Violencia Machista e no que a escritora reflicte a súa propia experiencia persoal. Esta edición, explican desde Xerais, nace coa vocación de que se empregue nos centros do ensino para traballar a igualdade de xénero e combater a violencia machista. A autora quere contribuír deste xeito a situar no espazo público as experiencias de violencia contra as mulleres: \"Podo dicir sen temor a equivocarme que todas as mulleres que coñezo –e son moitas, de diferentes países do mundo– padecen ou padeceron diferentes tipos de violencia ao longo da súa vida. Esta dura realidade agóchase na nosa sociedade cun discurso de silencio e culpabilización, co medo a falar, co estigma. Poñer no espazo público as nosas experiencias de violencia é un paso ineludible para cambiar ese discurso e amosar a realidade dunha sociedade construída sobre a violencia contra as mulleres\"."}
{"ID": "PRAZA_928", "summary": "ENTREVISTA Miguel Doval, candidato da plataforma cidadá ourensá, recoñece que as polémicas primarias e a marcha de partidos da formación \"rebaixan as expectativas\" pero confía nun bo resultado para \"poñer o Concello a disposición da xente\".", "text": "Ourense en Común afronta a precampaña con \"inxenio e imaxinación\" ante as limitacións orzamentarias, A plataforma cidadá que agromou como un amplo proceso de confluencia viuse duramente golpeado por unhas polémicas primarias que provocoron que Podemos, Compromiso por Galicia, Iniciativa por Ourense e Anova retirasen o seu apoio á formación. Miguel Doval, destacado líder veciñal na cidade cabeza de lista da candidatura, recoñece que aquelas primarias fallidas \"baixaron as expectativas\" pero mantén a \"ilusión\" por \"poñer o Concello a disposición dos cidadáns\". Como leva a precampaña Ourense en Común? Somos un equipo de xente modesta que tiramos do inxenio e da imaxinación para ir adiante. Contamos cun bo equipo de xente moza que colabora en todo tipo de iniciativas nesta precampaña e na posterior campaña. Como din por aí, 'con cartos faino calquera'. Como se contrarresta esa falta de cartos nunha plataforma cidadá? Participa moita xente do asociacionismo e do tecido social que fai graffitis, que pinta, que recita poemas, que canta... Colaboran todos no que sexa posible e de forma voluntaria para axudar no que faga falta e con moita ilusión. Esa é a nosa forza. \"As primeiras primarias baixaron as nosas expectativas; abrimos tanto as portas que se nos coou xente que non se nos tiña que ter coado\" Ourense en Común comezou como un gran proxecto de confluencia pero as primarias foron un duro golpe, tanto como para rebaixarlles moito as expectativas? Quizais si que baixaron as expectativas porque había unha grande ilusión que facía moita falta, pero as primarias saíronnos daquela maneira polo egoísmo duns poucos, o que nos mermou un pouco. Tamén é certo que a xente na rúa non se preocupou de informarse moito do que pasou e do que ocorreu realmente. Pero seguimos traballando con ilusión porque o que nos preocupou sempre e nos preocupa é a nosa cidade, construír unha ferramenta necesaria para poñer o Concello a disposición dos cidadáns. Cometemos erros que nos fixeron recapacitar e abrimos tanto as portas de par en par que se nos coou xente que nunca se nos tiña que ter coado. Foi daquela un erro abrir tanto as portas? O proxecto ou se abre ou non se abre, non se pode deixar a porta entreaberta para que pasen os fracos e queden fóra os menos fracos. Abrimos a porta para todos porque criamos que era o normal non deixar fóra a ninguén que quixese formar parte do noso proxecto. Gravamos as asembleas e colgamos todo o material en Internet con total transparencia. Non se nos pode pedir máis, pero xente educada noutro tipo de política viu a posibilidade de arranxar o que non dera arranxado no seu partido: conseguir votos suficientes para buscar unha praza no Concello de Ourense. Pareceulles que lles podía funcionar aquí e viñeron só a iso e non a colaborar, pero nin tan sequera excluímos a ninguén, senón que se excluíron eles sós. \"Houbo xente que só viu en Ourense en Común a posibilidade de buscar unha praza no Concello que non conseguiría co seu partido\" Pero non foi un erro impor uns requisitos tan exiguos para a participación nas primarias? Si, nese caso si que posiblemente os requisitos foron un erro, pero foi un erro e aprendemos del. Non somos profesionais da política porque só queremos abrir as portas dos concellos. Igual podiamos facer como noutras mareas e buscar un candidato de consenso que non teña carné de partido, pero así viñeron as cousas e así os problemas despois. Sexa como for, seguimos cara a adiante con moito ánimo. Manteñen as expectativas de acadar un resultado positivo? Seguimos recibindo moito apoio e moita xente entende e percibiu perfectamente o que pasou. Pecamos de inocencia e deixamos entrar a profesionais da política que nos complicaron un pouco a vida. Pero estamos nunha cidade pequena e canto máis se fala na rúa e máis se comenta o ocorrido, máis claro queda todo. \"Pecamos de inocentes e deixamos entrar a profesionais da política que nos complicaron a vida\" Que sería o urxente no caso de que Ourense en Común chegase ao poder? A primeira medida sería facer unha auditoría xeral para ver o que nos atopamos. Feita por profesionais pero coa participación da cidadanía. Outra das cousas máis urxentes tamén é aprobar ese plan de ordenación municipal porque estamos operando con un dos anos 80 e xa non se pode aguantar máis. Precisámolo por moitas cousas, pero tamén porque sería un importante xerador de emprego na cidade. E debemos poñernos con iso ao día seguinte de chegar ao Concello. \"En Ourense a xente quere cambio; está aburrida e cansa de tantas corruptelas\" Os dous grandes partidos en Ourense están moi salpicados na provincia ou na cidade por polémicas de presunta corrupción, non prexudica a presentación de varias listas alternativas ao posible cambio político? A xente quere cambio e iso está claro. Está aburrida de tantas corruptelas e casos polémicos en Ourense e no seu Concello. Está cansa e por iso propoñemos a creación dun observatorio anticorrupción e pola transparencia, un organismo independente para que faga viixilancia permanente de todo o que se fai na administaricón local e para que a cidadanía teña acceso a toda a información."}
{"ID": "NOS_19547", "summary": "A moción, presentada polo BNG, inclúe varias medidas. Entre elas, aprazar os pagos do IRPF e do IVE do cuarto trimestre de 2020 ou un IVE de 4% para a hostalaría e o turismo.", "text": "O pleno do Parlamento da Galiza aprobou hoxe unha moción do Bloque Nacionalista Galego en relación ao impacto da Covid-19 nos empresarios autónomos. Os nacionalistas propuxeron que a Xunta solicite do Goberno do Estado varias medidas. En concreto, piden aprazar os pagamentos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e mais do Imposto de Valor Engadido (IVE) do cuarto trimestre de 2020 e até doce meses. Tamén, ampliar o prazo dos pagamentos fraccionados do imposto de sociedades. A Xunta proporá que se aplique un IVE reducido de 4% para o sector da hostalaría e mais o do turismo. Así mesmo, solicitará estabelecer condonacións especiais no pagamento das cotas empresariais á Seguridade Social correspondentes ao tempo de fechamento e de redución drástica da actividade para aqueles autónomos gravemente afectados polas medidas adoptadas no marco das restricións sanitarias. Por último, os partidos políticos acordaron instar a Xunta a reclamar ao Estado que impulse as actuacións necesarias para prorrogar un ano o período de amortización e carencia dos préstamos do Instituto de Crédito Oficial (ICO). Axudas a autónomos A pasada semana, a Xunta da Galiza abriu unha liña de axudas destinadas a traballadores autónomos da Galiza con ou sen persoal ao seu cargo. Un dos apoios está dirixido a autónomos, outro a microempresas e autónomos con persoal a cargo e un terceiro aos estabelecementos hostaleiros situados en municipios con maior incidencia epidemiolóxica e que se visen afectados polo fechamento da actividade. A hostalaría respondeu cun plan que permita a súa reapertura."}
{"ID": "NOS_17650", "summary": "Seica as casas de apostas confiaban nela, pero os sistemas literarios máis próximos a penas a coñecían. Non está traducida ao galego e só ten verquidas ao español e ao portugués cadansúa obra.", "text": "Nin Murakami nin Roth, a gañadora deste ano é a autora bielorrusa Svetlana Aleixievich \"pola súa obra polifónica, un monumento ao sufrimento e á coraxe no noso tempo\", segundo a nota de prensa da Academia Sueca. Escritora e xornalista, Aleixievich escribe en ruso e ten publicado múltiples obras sobre Chernóbil, a guerra de Afganistán e outros conflictos sociais. Foi moi crítica coa antiga Unión Soviética e tamén co actual goberno bielorruso. Actualmente vive en Alemaña. En español está publicada a súa crónica do accidente na central atómica, 'Voces de Chernóbil', e en portugués 'O Fim Do Homem Soviético - Um tempo de Desencanto'."}
{"ID": "NOS_13514", "summary": "Sandra Guedev, a cantante detrás de hydn (pronunciado como hiden, agochado en inglés), vén de quedar entre as doce artistas favoritas para representar o Estado español no festival de Eurovisión 2023. Coa súa aposta polo galenglish, unha mestura de galego e inglés, e por un estilo definido entre o dark pop e a electrónica, Guedev defende que \"agora a xente xa non quere escoitar o de sempre, hai tanta oferta que precisas algo diferente para destacar\".", "text": "Como xorde o nome artístico? Antes de lanzarme a este proxecto en solitario estiven nun grupo e, despois de meses pensando un nome, decidín ir á lista de nomes descartados para o grupo. O último nome que eu propuxera antes do definitivo foi hydn e era perfecto para min. Gústame que sexa un pouco confuso e que ao final o propio nome estea oculto, polo xogo de palabras con hiden en inglés. Tamén, fago música en galenglish para visibilizar máis o galego, que está oculto, e tendo a xogar bastante coa merda que agochamos, como digo eu. Para min, cantos máis significados teña todo, mellor. Falando do galenglish, por que mesturar galego e inglés? A música que eu escoitaba ou que facía co meu grupo era en inglés, mais tamén son neofalante, son unha persoa que no medio do camiño pensou por que admiraba a poesía en galego e non o falaba. Cando comezou a xurdir máis música en galego, o único similar ao que eu escoitaba era Verto. Vendo Kali Úchis, que fai poesía en espanglish, ou Paloma Mami, pensei por que non mesturar o galego e o inglés. Intento achegarme á mocidade galega, ofrecer algo que me gustaría que houbese para min, e por outra parte a xente que non sabe da existencia do galego, escoita música nesta lingua. É o que máis me move, mais non é só iso: son dúas linguas que encaixan moi ben, explícao mellor a miña vocal coach. É moi cómodo mudar dunha lingua a outra e creo que queda moi bonito. Cal é a pegada de hydn? Hai un tempo houbo unha tendencia en TikTok precisamente coa canción Telepatía de Kali Úchis. Xente que falaba inglés intentaba cantar a parte en español e fallaba dunha forma bastante terríbel. A miña ilusión sería ver iso nun par de anos cunha canción en galego, que isto lles chame a atención e que acaben consumindo máis cultura na nosa lingua. Como foi o proceso de presentarse a Eurovisión? De pequena xa lle pedía á miña nai que me presentase a Eurojunior, mais nunca o fixo, e menos mal porque cantaba fatal. No Benidorm Fest do ano pasado, lembro estar na casa vendo as Tanxugueiras e pensando en todas as posibilidades que iso supuña, porque nós cando medramos nunca tivemos as expectativas de que a música en galego puidese chegar aí. É un pouco calar os estereotipos que temos tan interiorizados. Cando non gañaron dixen \"vouno facer eu, preséntome e que pase o que teña que pasar\", porque adoito ter esa actitude de, como digo eu, imos queimar con todo. Agora é totalmente surrealista ver o apoio que teño, porque hai que ter en conta que son unha artista emerxente, comecei con hydn en febreiro, e aínda que teño o meu equipo son autoxestionada e autofinanciada. Cría que non me ían ter en conta porque son demasiado pequena para iso, pero agora vexo que é un toque de atención porque son unha rapaza que gusta a bastante xente. Oxalá chegar ao Benidorm Fest e a Eurovisión, pero paso a paso. Creo que ás veces aínda non o asimilo, véxome máis pequena do que se me ve desde fóra ou do que son en realidade. O contexto actual axuda a que nazan proxectos orixinais? Desde logo. Eu veño do audiovisual, onde abunda o pensamento de que para chegar a algunha parte tes que marchar a Madrid. E na música ocorre o mesmo, parece que tes que facer música en español se queres que che fagan caso. Por que vou facer algo que non sinto como meu cando podo facelo á miña maneira? As redes sociais tamén democratizaron un pouco máis a música e todo o mundo fai un pouco máis o que lle apetece. Agora a xente xa non quere escoitar o de sempre, hai tanta oferta que precisas algo distinto para destacar"}
{"ID": "NOS_54987", "summary": "O traballador atopábase en corentena.", "text": "Primeiro confirmado con coronavirus na planta de Alcoa en San Cibrao. Trátase dun traballador que se dedica ao mantemento da fábrica e que leva en corentena preventiva desde o 20 de marzo. Foi entón, segundo explican fontes do cadro de persoal a Nós Diario, cando o primeiro resultado do test que lle fixeran dera \"negativo non concluínte\". No día de onte, quinta feira, tivo coñecemento do positivo na segunda proba que lle realizaran. O traballador continuará causando baixa por enfermidade até que non cumpra o período de corentena estabelecido. Fontes da empresa sinalan a este medio que pide \"o máximo rigor\" aos traballadores e traballadoras a respecto das medidas de prevención marcadas."}
{"ID": "PRAZA_2207", "summary": "Dúas candidaturas serían un grave erro histórico. Un erro que deixaría fóra Galicia da reforma política que se vai abrir, si ou si, dende primeiros do 2016", "text": "As eleccións catalás evidenciaron que a chave das vindeiras xerais ha ser a territorial. Junts per el Si presentarase e acadará un mínimo de 20 deputados. O PNV, EH-Bildu e Compromis acadarán cadanseu grupo parlamentario. Geroa Bai manterá a súa representación, canda a Presidencia do Goberno foral navarro. Os nacionalistas canarios e das Illes desfrutarán dunha sólida representación. Por outra banda, esfarélase como escenario unha alternativa estatal baseada unicamente en Podemos e adherentes. E as experiencias dos gobernos do PNV en Euskadi e dos nacionalistas do SNP na Escocia amosan con claridade que o autogoberno constrúe benestar e posibilita axendas sociais e económicas alternativas ás neoconservadoras que imperan en Berlín ou Madrid. Se Galicia como suxeito político diferente non estivera presente na vindeira lexislatura non disporemos de armas reais contra da enxurrada recentralizadora e privatizadora que o PP e C´s abeiran. Non existen incompatibilidades reais entre as bases cidadás e sociais das distintas opcións políticas que poderían concorrer nunha hipotética e cada vez máis problemática candidatura galega unitaria. Mais xusto é dicir que, dende a banda do nacionalismo, o BNG semella ir sendo quén a superar os receos que amosaba de primeiras a respecto da integración de sectores alleos ao galeguismo. Pero Podemos non deu aínda paso ningún que demostre a súa compatibilidade real, facendo parte da mesma candidatura, co galeguismo. As distintas Mareas e candidaturas locais de unidade, os alcaldes e alcaldesas das distintas opcións galeguistas e a ilusión cidadá xerada pola mera constatación da posibilidade dunha unión electoral en positivo demostran que existen vimbios abondo para construir. Falta, apenas, a visión estratéxica en determinados actores para dar o paso irrevérsibel. Dúas candidaturas serían un grave erro histórico. Un erro que deixaría fóra Galicia da reforma política que se vai abrir, si ou si, dende primeiros do 2016. Que condicionaría en negativo as nosas posibilidades futuras de máis benestar e de progreso económico. E o peor de todo é que non se albisca ningún efecto positivo dun erro desta caste. Mesmo nin para o proxecto estatal de Podemos."}
{"ID": "NOS_28973", "summary": "Un mozo de 25 anos resultou ferido por arma branca na mañá deste luns na Coruña. A vítima atópase ingresada no Hospital da Coruña (Chuac) e o agresor foi detido. Asociacións de dereitos LGTBI denunciaron nun primeiro intre o suceso como unha agresión homófoba e chamaron a se concentrar en repulsa, mais poucas horas despois cancelaron a convocatoria á espera de que \"se aclaren os feitos\".", "text": "Os feitos aconteceron sobre as oito da mañá deste luns de San Xoán ma rúa Alfredo Vicenti, nas proximidades da praia de Riazor. A policía local acudiu ao lugar e arrestou ao agresor. Unha ambulancia trasladou o ferido ao hospital. Non transcendeu a gravidade das lesións. O grupo Avante LGTBI axiña emitiu un comunicado en que denuncia a \"terríbel agresión homófoba\". \"A día de hoxe os espazos de ocio nocturno seguen a excluír as persoas do noso colectivo que, saíndo dos escasos espazos seguros que conseguimos construír, vemos que en calquera momento podemos ser vítimas dunha agresión\", afirmba. Non transcorrera a mañá da segunda feira cando corrixiron o seu posicionamento \"para non interromper as investigacións oficiais\"."}
{"ID": "NOS_8443", "summary": "As e os funcionarios participaron hoxe nunha nova mobilización na que demandan \"respecto\" por parte do alcalde de Democracia Ourensá (DO). Consideran que Gonzalo Pérez Jácome -que protagoniza unha crise de goberno desde finais do ano pasado e tivo a ameaza das mocións de censura enriba- \"non entra en razón\". O rexedor culpou ao cadro de persoal de varias cuestións nos últimos meses.", "text": "Parte das e dos traballadores do Concello de Ourense déronse hoxe cita na praza maior, fronte ao pazo Consistorial, para exixir ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que os trate con \"respecto\". Dadas as \"continuas ameazas e descualificacións\" por parte do líder de Democracia Ourensá (DO), os sindicatos mesmo abriron a porta a convocar unha folga como represalia por este comportamento. O paro podería chegar porque, segundo lamentan, o rexedor \"non entra en razón\" e se non son quen de falar con el \"non queda máis remedio que saír á rúa\". É xa a terceira saída de protesta e, dado que non parece que vaia suceder un cambio, \"isto ten que ir a máis porque xa non ten outra solución\". Cabe recordar, por exemplo, que tras unha reunión con representantes de Catalunya, Pérez Jácome atacaba a labor das e dos funcionarios do concello. Mesmo criticaba dalgunha forma que seguiran os trámites burocráticos porque implicaba unha ralentización dos proxectos. Hoxe por hoxe, a representación do cadro de persoal acúsao de ir \"só a descualificar e a non deixar traballar\". Desde o seu punto de vista, unicamente está preocupado de \"fechar chiringuitos e botar a culpa aos funcionarios\". De feito, o protagonista da crise de Goberno na que está sumida a terceira cidade da Galiza en número de habitantes desde finais do ano pasado tamén tivo unha disputa coas súas traballadoras pola petición destas de que se produciran tres despedimentos de asesores próximos. Unha mostra do seu poder? Hoxe mesmo, no que parece unha nova loita de poder, o alcalde anunciou que o concello abrirá unha hora máis ao público a partir de setembro (pasará de 9 a 14 horas a atender de 8.30 a 14.30 horas). \"É a primeira vez na historia da democracia moderna que se ampliará a atención ao público para dar máis facilidades aos cidadáns\", destacou. \"O que non pode ser é que se ilumine e saque unha idea que non se poida levar a cabo, porque de e saque unha idea que non se poida levar a cabo, porque de cando en vez saca algunha e non se cumpre ningunha\", alertaron. Movementos a nivel político \"Pedimos que dean un paso máis porque a situación é nefasta, tanto para a administración como para a cidade\", instaron aos grupos da oposición, pois a sombra da moción de censura xa planeou en varias ocasións sobre a cabeza do rexedor. Na última ocasión, o Partido Popular puxo como condición que o voceiro municipal do PSOE, Rafael Villarino, -que xa dera un paso atrás para non encabezar unha lista alternativa- perdera todos os seus cargos públicos. O enfrontamento deixou Ourense igual que estaba: cun executivo municipal de tres persoas."}
{"ID": "NOS_35209", "summary": "A Audiencia Nacional xustifica a medida polo \"insostíbel\" da situación das plantas.", "text": "A Audiencia nacional autoriza o concurso de acredores para as plantas de Alu Ibérica (antiga Alcoa) da Coruña e Avilés. Por mor da situación de insolvencia das factorías xestionadas primeiro polo fondo suízo Parter e despois polo Grupo Riesgo, o administrador xudicial foi o encargado de solicitar a medida. A Audiencia considera que o concurso é \"a única vía adecuada para protección do patrimonio, así como dos dereitos dos traballadores e do resto de acredores\". A necesidade do concurso xa fora apuntada a principios de verán polos interventores xudiciais, e posteriormente polo propio administrador xudicial, Ramón Juega, que, con máis poder para rastrexar as contas e documentación, só puido atopar algo de diñeiro que lle permitiu o abono das nóminas de dous meses e pouco máis. O administrador fala de \"insolvencia galopante\", unha situación que considera que demostran feitos como a venda dos dereitos de CO2 ou a do material depositado por clientes. Segundo sinalou a Audiencia, esta medida advírtese como \"a única vía adecuada para protección do patrimonio, así como dos dereitos de traballadores e resto de acredores das mesmas Segundo sinalou o xuíz, esta medida advírtese como \"a única vía adecuada para protección do patrimonio, así como dos dereitos de traballadores e resto de acredores das mesmas, coa seguridade xurídica que proporciona o procedemento concursal e baixo a tutela do Xuíz do concurso\". O pasado xullo, a instrutora quitou aos representantes legais destas mercantís e designou un administrador xudicial para que en prazo de dous meses emitise \"informe sobre a situación respecto da solvencia financeira real das sociedades\". Á vista do informe presentado, requiríuse ao administrador xudicial para que emitise un novo texto formulando posíbeis propostas de actuación que, \"ante a crítica situación económica-financeira\" que describía, permitisen \"a mellor salvagarda dos dereitos dos traballadores, acredores e calquera outro prexudicado polos feitos investigados, así como o aseguramiento do patrimonio das sociedades\". Ministra A ministra de Industria, Reyes Maroto, mantivo a finais da pasada semana unha xuntanza coas representantes do comité de empresa da planta de Alu Ibérica en Avilés, coincidindo cunha visita a Asturias. No transcurso da mesma, ambas as partes emprazáronse a unha nova reunión dentro dun mes na que abordarán a posíbel chegada de investidores que garantan o futuro da factoría. Isto acontecía mentres o conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, aproveitaba un acto en Madrid para pedir ao Goberno español que \"escoite á cidadanía\" da Mariña, que esta semana saíu ás rúas para, entre outras cousas, denunciar a situación de empresas como Alcoa e Alu Ibérica, e \"reaccione\". A política do Goberno galego segue a ser a de esperar que a solución aos problemas industriais do país, sobre os que ten competencia, veña de Madrid."}
{"ID": "NOS_55137", "summary": "A Confederación Hidrográfica Miño-Sil impuxo a sanción após a denuncia de Adega en outubro de 2013. As verteduras, procedentes da antiga depuradora, afectaron o humidal protexido e realizáronse sen autorización.", "text": "A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) sanciona o concello de Cospeito por infrinxir a Lei de Augas ao contaminar o Río Guisande, que desemboca no espazo protexido da Lagoa grande de Cospeito, con vertidos de augas residuais; svén de informar Adega. Estas augas residuais procedían da antiga depuradora municipal situada na parroquia de Sistallo. Segundo a Confederación, os vertidos que afectaron ao humidal protexido foron realizados sen a preceptiva autorización do organismo e tiveron lugar nunha zona declarada húmida de especial protección, alén de ser zona de especiais valores naturais, Lugar de Interese Comunitario e Rede Natura. Os feitos que derivaron neste expediente sancionador foron denunciados pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza e o Seprona en outubro de 2013. Tras esta denuncia o Concello de Cospeito presentou alegacións que a Confederación considerou irrelevantes para o obxecto do expediente sancionador, que finalmente resolveu contra o concello impoñéndolle unha multa de 26.611,16 euros, máis unha indemnización polos prexuízos xerados de 3.991,68 euros. Adega considera que a Confederación Hidrográfica tamén constatou que as augas residuais mesmo contiñan contaminantes perigosos, como o amonio, poñendo en perigo a rica biodiversidade do humidal."}
{"ID": "PRAZA_7709", "summary": "A veracidade dos documentos publicados por El País comeza a probarse a través da documentación do caso Gürtel que amosan a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns pagamentos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, secretario de Organización do PPdeG.", "text": "O Caso Bárcenas ten un pé en Galicia e non un pé calquera. Nos documentos manuscritos do ex tesoureiro do Partido Popular que supostamente recollen ingresos e pagamentos en negro da formación conservadora e que veñen sendo publicados por El País dende hai días xa se advertían algunhas importantes entradas de efectivo referidas a Galicia e supostamente relacionadas con Pablo Crespo. Pero é máis: son estes pagamentos os que poderían estar confirmando a veracidade e o carácter probatorio dos papeis de Bárcenas como mostra da comisión dun delicto. A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG. Os documentos de Bárcenas recollen un pagamento de 21 millóns de pesetas nesas datas. Ese mesmo pagamento aparece reflectido, en orixe, nos papeis da Gürtel: na contabilidade do PPdeG que a policía atopou nunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña nun banco de Pontevedra. Nesa contabilidade figura un pagamento de maio de 1999 que di: \"21.000.000. Sede Nacional. Pago deudas pendientes\". Nos papeis de Bárcenas, datada tamén en maio de 1999, figura a entrada desa mesma cantidade e o comentario: \"P. Crespo. 21.000.000\". Neste informe tamén se destaca que \"o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo\" Como lembra El País este sábado, despois de analizar a contabilidade de Pablo Crespo a policía elaborou un informe no que suxería que o PP de Galicia se financiara ilegalmente: \"os fondos destinados ao pagamento xerados por esa formación política proceden de recursos alleos aos circuitos financeiros, que poden ser de terceiros que financian os actos do partido con diñeiro alleo aos circuitos económicos\". Neste informe tamén se destaca que \"o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo, con notas de recibín sen factura e outros sen nota. Non existen facturas formais deses gastos e no mellor dos casos hai notas de recibín. Descoñécese o conxunto dos recursos cos que a formación política fixo fronte a ese conxunto de gastos\". A oposición pidelle a Feijoo que dea \"explicacións\" O PSdeG-PSOE reclámanlle a Feijoo \"que dea a cara\" e explique o posible financiamento ilegal do PPdeG. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, reclamoulle que \"o discurso de luz e taquígrafos do que sempre fala o materialice en explicacións polo papel do PP nunhas actividades presuntamente delictivas\". Losada acusa os populares de, nun contexto de crise económica como o actual, \"lanzar un velo de incredulidade e de desconfianza sobre a actividade política\", algo que os socialistas rexeitan. \"O que ten que facer, inexcusablemente, é dar a cara e non buscar desculpas\", sentenciou. Mentres, o deputado de AGE Juan Fajardo afirmou que considera \"irresponsable\" que o Goberno do PP \"non dimita e convoque eleccións canto antes\". Engadiu que \"hai que investigar o PP e se ao final confirmase iso, tomar as decisións oportunas\". Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou que Núñez Feijoo \"tente desentenderse deste asunto\". Para o nacionalista, o Presidente da Xunta debe explicar á sociedade galega o significado desa \"Galiza connection\" e considerou que toda esta trama só é a punta do iceberg dun sistema \"corrompido\" porque hai existen corruptos e quen corrompe e a corrupción, só pode ser eliminada cunha \"rexeneración democrática a fondo\". Tamén o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, cre que Feijóo \"ten que dar moitas explicacións\". CxG lembra que segundo o que se desprende da información publicada o 52% dos gastos de organización de actos pagáronse en efectivo e sen factura, \"dando unha imaxe dunha república bananera e non dando a imaxe que ten que dar un partido de goberno, serio, responsable, e que cumpre a lei\"."}
{"ID": "PRAZA_8451", "summary": "Este martes é o décimo aniversario da toma de Bagdad polas tropas estadounidenses. Olga Rodríguez conta en primeira persoa a súa experiencia como reporteira e reivindica a memoria como \"un modo de conquistar espazos de xustiza\"", "text": "Este martes é o décimo aniversario da toma de Bagdad polas tropas estadounidenses. Olga Rodríguez conta en primeira persoa a súa experiencia como reporteira e reivindica a memoria como \"un modo de conquistar espazos de xustiza\". O 9 de abril de 2003, no centro de Bagdad, non moi lonxe do hotel Palestine, varios xornalistas avanzamos camiñando amodo cara a un grupo de militares estadounidenses mentres axitabamos sabas brancas, temendo ser de novo obxectivo da súa metralla. Había tan só vinte horas que o Exército de Estados Unidos nos atacara ao disparar contra o hotel Palestine e contra as sedes das televisións Ao Jazeera e Abu Dhabi Había tan só vinte horas que o Exército de Estados Unidos nos atacara ao disparar contra o hotel Palestine e contra as sedes das televisións Ao Jazeera e Abu Dhabi: Tres ataques á prensa nunha mesma mañá. Tan só vinte horas despois da morte dos xornalistas José Couso, Taras Prosyuk e Tarek Ayoub. Cando chegamos á praza onde se atopaban os militares, mantiven a miña primeira conversa cun soldado estadounidense en Bagdad: El: Sabes canto nos queda para chegar ao centro de Bagdad? Eu: Estades no centro de Bagdad. El: Sabes cando volvemos a casa? Eu: Que casa? El: Son de Texas. Eu: Se non o sabes ti... Que idade tes? El: 21 anos Eu: Sabedes que asasinastes a xornalistas? Un deles era o meu amigo El: Isto é unha guerra, que esperabas? Eu: Atacar a civís ou á prensa é ilegal e está castigado como crime de guerra. El: A miña división non foi a que vos atacou. A nosa conversa, gravada cun magnetófono, foi interrompida polos berros dun sarxento: -Soldado Rudy, colócate á fronte! A pesar de que había máis de 200 estatuas de Sadam Hussein nas rúas da cidade, a primeira en caer foi precisamente a situada fronte ao hotel da prensa. Con iso aseguráronse de que a escena fose retransmitida en directo E o soldado Rudy avanzou arrastrándose polo asfalto dunha praza de Bagdad, participando nunha escenificación dirixida ás cámaras dos xornalistas que alí nos atopabamos. Detrás del uns dez soldados apuntaban coas súas armas cara aos pisos de civís que rodeaban a praza. No balcón dun dos edificios había dous rapaces observando a escena acazapados, axitando unha bandeira branca cun temor evidente. Non eran os únicos. Un par de horas máis tarde os tanques estadounidenses chegaron á praza Paraíso de Bagdad, situada ás portas do hotel Palestine, o mesmo que o día anterior atacaran, e onde residiamos máis de douscentos xornalistas estranxeiros. Lembro a mirada de moitos dos nosos colegas, contemplando con evidente rabia e desconfianza os soldados da potencia invasora, que chegaron acompañados dun pequeno grupo de iraquís. Foron precisamente estes os que derrubaron a estatua, unha escenificación estudada nunha localización que sen dúbida non foi elixida o azar: A pesar de que había máis de 200 estatuas de Sadam Hussein nas rúas da cidade, a primeira en caer foi precisamente a situada fronte ao hotel da prensa. Con iso aseguráronse de que a escena fose retransmitida en directo. E así foi. Houbo moitos medios que anunciaron aquilo como o principio do fin da guerra. Outros falamos de que a guerra non fixera máis que empezar. Houbo moitos medios que emitiron un plano pechado da praza Paraíso. Se ampliasen un pouco o encadre poderíase ver que quen celebraban ese momento non eran moitos. A maior parte da xente permaneceu aquel día pechada nas súas casas, medorenta e coa imaxe dos xornalistas mortos o día anterior moi presente. \"Se vos atacaron mesmo a vós, imaxina que nos poderán facer a nós\", díxome unha amiga iraquí dous días despois. Houbo moitos medios que anunciaron aquilo como o principio do fin da guerra. Outros falamos de que a guerra non fixera máis que empezar Os seus peores presaxios cumpríronse. Pouco despois chegaron os arrestos arbitrarios, máis ataques indiscriminados, os saqueos contemplados pasivamente polas tropas estadounidenses, que facilitaron o caos. Soldados bébedos no Palestine Despois chegaron as denuncias de torturas nos cárceres, as desaparicións de xente arrestada e agachada en prisións secretas, a multiplicación dos asasinatos Unha noite tres soldados estadounidenses, completamente bébedos, irromperon nunha habitación do hotel Palestine onde estabamos reunidos varios xornalistas. Un dos militares empuñaba unha pistola e apuntounos con ela mentres nos insultaba e cambaleaba. Non pasou nada, pero podía pasar. Cando meses máis tarde algúns iraquís relatáronnos como os militares entraban nas súas casas a altas horas da madrugada, a empurróns, detendo arbitrariamente a xente, pegándolle diante dos seus fillos, lembrei a aqueles soldados bébedos. Despois chegaron as denuncias de torturas nos cárceres, as desaparicións de xente arrestada e agachada en prisións secretas, a multiplicación dos asasinatos. A memoria como ferramenta para conquistar xustiza Cando chegan datas sinaladas, aniversarios redondos, como este décimo, os recordos abrollan repentinamente, retórcense esixindo saír do seu esquecemento, e terminan plantándose na retina coma se formasen parte de feitos recentes Hai recordos dolorosos que encerramos baixo chave nalgún recuncho escondido do noso cerebro e que adurmiñan sen provocar sismos cotiáns. Pero cando chegan datas sinaladas, aniversarios redondos, como este décimo, abrollan repentinamente, retórcense esixindo saír do seu esquecemento, e terminan plantándose na retina coma se formasen parte de feitos recentes, coma se constituísen emocións aínda non dominadas nin dixeridas. É importante entender que as guerras non poden ser contadas coma se se tratase dunha película de acción entretida, onde o reporteiro xoga a presentarse como o protagonista, sempre en perigo, nunha narración que convida o receptor a encherse de flocos de millo. As guerras nunca son entretidas. Son tráxicas. Constitúen a esencia do horror. Por moito que alguén trate de imaxinar a dor que provocan, non será capaz de adiviñar en toda a súa magnitude a súa capacidade para incinerar o brillo dos ollos dos nenos, para arrebatar sorrisos de forma irreparable, para abrir fendas no peito dos sobreviventes. Moitos iraquís tiveron que \"encarcerar as súas bágoas\" para manter o fino fío de forza que os ataba á vida, polos seus fillos, polos seus seres queridos Os duelos posponse e chegan máis tarde. Moitos iraquís tiveron que \"encarcerar as súas bágoas\" -empregando unha expresión que eles mesmos usan- para manter o fino fío de forza que os ataba á vida, polos seus fillos, polos seus seres queridos, para conseguir auga, pan, diñeiro, seguridade, para non derrubarse definitivamente devorados pola depresión ou a tolemia. Aínda agora, 10 anos despois, aparecen novas secuelas nas mentes de quen sufriron aquel inferno en Iraq. Non son partidaria de presentarme como unha reporteira deshumanizada. Por iso estou a escribir estas liñas. Porque, co monstro xa liberado por mor das datas nas que nos achamos, coa porta dos recordos soterrados agora aberta, con imaxes pasadas saltando como un resorte até este presente, reivindico a memoria como ferramenta contra a infamia e a indecencia, reivindico a Historia como arma contra os crimes e a involución, reclamo o recordo como elemento imprescindible para a Xustiza. Reivindico a memoria como ferramenta contra a infamia e a indecencia, reivindico a Historia como arma contra os crimes e a involución, reclamo o recordo como elemento imprescindible para a Xustiza Por iso convídovos a que naveguedes nalgunhas páxinas que vos devolverán aquel horror esquecido pero con todo aínda presente en Iraq. Escribide Iraq bombs no apartado de Imaxes de Google e veredes como cae todo un mosaico de fotografías que é probablemente o máis parecido á memoria gravada na retina de quen vivimos aquilo, e sobre todo, dos iraquís que o sufriron e seguen padecendo as súas consecuencias. Reivindico o recordo, a memoria sempre no noso presente, para tentar evitar novos infernos nun futuro, para conquistar a reparación da xustiza e o seu carácter exemplarizante. Os xornalistas José Couso, Taras Prosyuk, Tarek Ayoub, xunto con decenas ou centos de miles de civís máis non merecen morrer de novo esquecidos no escepticismo dos diarios nin no cinismo deste sistema que persegue os débiles e crea grandes franxas de liberdade para corruptos e criminais. Mentres teñamos presente que pasou, mentres miremos aquelas fotos de nenos mutilados, de nais orfas de fillos, de Ali sen brazos nin perna, de aquela nena xorda que perdeu os seus pais e os seus cinco irmáns, mentres saibamos cales son as consecuencias actuais do que pasou, a xustiza xa conquistaría un enorme espazo. Por iso hoxe volvo reivindicar a memoria do meu compañeiro José Couso, de Taras Prosyuk, de Tarek, de Ahmed, de Samira, e de tantos máis que quedaron no camiño machucados por unha operación militar definida polos nosos gobernantes e por tantos xornalistas benpensantes como \"limpa, rápida e eficaz\". Á vista están os resultados. Suxírolles a quen aínda defenden a invasión de Iraq que dean unha volta polos fogares rotos de Bagdad, que visiten os mutilados, que falen coas familias esnaquizadas Suxírolles a quen aínda defenden a invasión de Iraq que dean unha volta polos fogares rotos de Bagdad, que visiten os mutilados, que falen coas familias esnaquizadas. Non para fotografarse con eles e marchar correndo, como fixeron aquí algúns políticos, que non dubidaron en instrumentalizar o caso Couso con fins electorais para, unha vez no goberno, abandonar a familia Couso e seguir as directrices de Washington, desexoso de pechar o caso xudicial. Suxírolles que queden nos escenarios obxectivo desas \"operacións militares\" que tanto defenden. Que vivan coa xente, que compartan a súa pobreza, os seus nervios, a súa desesperanza, as súas humillacións. Pola miña banda, asegúrovos que o cadáver da nena do vestido azul é presente. Ahmed é hoxe. Bagdad bombardeada é parte do noso agora. Iraq, devorada e rota, segue sendo un triste presente Que sufran a falta de auga e de luz eléctrica, que se duchen ás apalpadelas. Que se coloquen baixo un bombardeo, que vexan morrer a alguén ao seu lado, que vaian aos hospitais e observen as alfombras de feridos sobre o chan por falta de camas ante semellante avalancha de sangue, que vaian ás morgues e vexan os cadáveres de nenos con tarxetiñas nas que se le: \"Atopada no barrio Ao Karrada cun vestido azul. Nome: descoñecido\". E logo, entón si, que falen das malditas guerras. Pola miña banda, asegúrovos que o cadáver da nena do vestido azul é presente. Ahmed é hoxe. Bagdad bombardeada é parte do noso agora. Iraq, devorada e rota, segue sendo un triste presente. E, por suposto, José Couso é hoxe. Sempre na memoria, como un reclamo de Xustiza."}
{"ID": "PRAZA_16481", "summary": "Os populares atribúen o crecemento do emprego á súa xestión na Xunta e aseguran que \"o único\" que non foron quen de \"facer\" foi \"crear emprego ao ritmo que o destruíron socialistas e nacionalistas\"", "text": "A pasada semana os datos máis recentes do paro rexistrado, que miden as inscricións nas oficinas de emprego, amosaron unha baixada das persoas á procura dun posto de traballo en Galicia no comezo de 2018. Este indicador, unido ao incremento do número total de cotizantes na Seguridade Social, serviulle ao PP galego para analizar os datos en clave de euforia e atribuír a boa marcha do emprego ao labor da Xunta. O Executivo de Feijóo, dixo o secretario xeral dos conservadores, Miguel Tellado, \"o único que non foi capaz de facer foi crear emprego ao ritmo que o destruíron os socialistas e nacionalistas\". O partido que sustenta o Goberno volvía circunscribir así a destrución de emprego en Galicia ao período do Executivo de coalición de PSdeG e BNG, aínda que en realidade o problema durou media década máis. Tras anos de expansión económica, incremento do emprego e descenso pronunciado do paro, o ano 2008 supuxo un punto de inflexión a nivel estatal e internacional e en Galicia sucedeu o propio. Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), o estudo laboral homologable internacionalmente, o país comezara aquel ano con 24.000 persoas máis a traballar que doce meses antes. No entanto, a creación de emprego xa amosaba síntomas de febleza e tornou en destrución a comezos de 2009, na primeira EPA que recollía os efectos da crise que estourara tras a caída de Lehman Brothers, co peche radical do crédito bancario e no caso do Estado español, o picazo da burbulla inmobiliaria. Os populares atribúen o crecemento do emprego á súa xestión na Xunta e aseguran que \"o único\" que non foron quen de \"facer\" foi \"crear emprego ao ritmo que o destruíron socialistas e nacionalistas\" Con aquela perda interanual de case 20.000 empregos Galicia acudiu ás urnas -durante a campaña o propio Feijóo acusara á Xunta de ocultar os datos- o 1 de marzo, cando o electorado lle outorgou a maioría absoluta ao PPdeG. A mediados de abril Feijóo tomou posesión da presidencia e dous meses despois a nova EPA revelaba unha destrución de practicamente 50.000 postos de traballo, cantidade que se elevaría a 70.000 a finais de ano. O ritmo de destrución de emprego minguou gradualmente e a comezos de 2011a creación de postos de traballo semellaba volver estar próxima; no entanto, a crise financeira internacional e da débeda soberana volveu golpear con dureza; a destrución de emprego interanual volveu superar os 50.000 empregos nun só trimestre e as cifras positivas non regresarían ata 2014. A tendencia trimestral da Enquisa de Poboación Activa cadra notablemente coa que neste tempo ofreceu mensualmente o rexistro de persoas afiliadas á Seguridade Social. En termos porcentuais e interanuais ambos indicadores estiveron por baixo do cero dende finais de 2008 e ata mediados de 2014. Nos últimos catro anos ambos reflectiron creación de emprego interanual de ata un 3% no caso da EPA e da contorna do 2%, segundo a afiliación. O pasado 2017 finalizou igualmente en termos positivos, aínda que a EPA reflectiu síntomas de desaceleración na creación de emprego. Esta non é a primeira vez, así e todo, que Xunta ou PPdeG restrinxen unicamente as malas cifras no mercado laboral galego unicamente ao tempo en que gobernou a coalición de PSdeG e BNG, cuxo mandato se estendeu dende o 2 de agosto de 2005 e ata o 17 de abril de 2009. Así, por exemplo, a comezos de 2017 o propio Feijóo aseguraba no Parlamento que mentres en Galicia gobernaban socialistas e nacionalistas e en España, o PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero, o paro \"ascendera a máximos históricos\". No entanto, tanto a EPA como os rexistros das oficinas de emprego reflicten que, no caso galego, o maior número de persoas desempregadas chegou entre finais de 2013 e comezos de 2014."}
{"ID": "NOS_27295", "summary": "A fundación Caixa Rural Galega, que tamén leva o nome do ex alcalde de Lugo Tomás Notario Vacas, centrarase na promoción da investigación e a educación en sectores como o agroalimentario e o forestal.", "text": "O ex alcalde de Lugo Tomás Notario Vacas e o presidente da Caixa Rural Galega, Manuel Varela, presentaron esta segunda feira a Fundación Caixa Rural Galega, que leva tamén o nome do ex rexedor, que aspira a sumar un capital dun millón de euros que achegarán tanto a caixa como o ex alcalde a partes iguais. A nova fundación nace co obxectivo de promover a investigación e a educación, en especial nos sectores agroalimentario e forestal, para lograr a excelencia e especialización en ámbitos que poidan reverter no progreso e a mellora de actividades produtivas nestes sectores. Para iso, a fundación ten previsto convocar bolsas para estudos superiores, mestrados (mesmo no estranxeiro) coa intención de formar a profesionais nos centros máis vangardistas para que despois poidan achegar os seus coñecementos a sectores produtivos da Galiza. Outro dos obxectivos da fundación recentemente creada é a loita contra o despoboamento do medio rural Aínda que os programas e convocatorias están aínda por definir, tamén se poderán destinar recursos a proxectos de investigación, edición de publicacións divulgativas, congresos científicos, convencións ou créditos ao honor, apunta a institución nun comunicado. Tamén explica que o proxecto nace \"da confluencia de intereses e inquietudes\" de Tomás Notario e da Caixa Rural Galega, que levan tempo traballando para a creación desta Fundación. Ambos os promotores pretenden con iso achegar valor e coñecemento para fomentar o progreso e a mellora de procesos produtivos que en definitiva revertan nunha mellora da actividade económica local. Outro dos obxectivos da fundación recentemente creada é a loita contra o despoboamento do medio rural, en tanto que se priorizan os sectores agroalimentario e forestal, con gran potencial na Galiza e con capacidade para cumprir con este ambicioso obxectivo."}
{"ID": "NOS_48966", "summary": "Tal e como adiantou en primicía Sermos Galiza, María Victoria Moreno é a escritora eleita pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas 2018. Así o acordou este sábado o pleno da institución, nunha reunión que se prolongou por espazo de tres horas e media. É a cuarta muller distinguida con este honor -o maior ao que pode aspirar unha autora ou autor da literatura galega- en 55 edicións do DLG. As tres anteriores foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987) e María Mariño (2007).", "text": "Eran cinco as candidaturas que se submetían a valoración do plenario da institución da rúa Tabernas. Alén de María Victoria Moreno, as propostas para seren distinguidas como Día das Letras Galegas 2018 eran as de Ricardo Carvalho Calero -filólogo e escritor, partidario da opción reintegracionista-, o poeta Eusebio Baleirón, o historiador Antón Fraguas e o xornalista, escritor e tradutor Plácido Castro. A candidatura de María Victoria Moreno foi proposta pola executiva entrante -liderada polo presidente da RAG, Víctor Freixanes- após un pacto coa dirección anterior da institución, a que encabezaba Alonso Montero. A opción alternativa no sector que non apoiou o nomeamento de Freixanes, basicamente o que se identifica con Ferrín, era a de Carvalho Calero, eterno aspirante a esta distinción e postergado até o de agora pola súa clara aposta pola converxencia ortográfica do galego co portugués. María Victoria Moreno Márquez (1941, Valencia de Alcántara-Cáceres - 2005, Pontevedra) foi unha mestra e escritora que chegou a Galiza en 1963, onde ficou para sempre e se integrou na súa cultura. A súa maior produción literaria foi no terreo da literatura infantil e xuvenil, onde foi unha pioneira, aínda que tamén ten publicado ensaio, poesía, tradución e narrativa para adultos. Ademais, colaborou en libros de texto e dirixiu a colección Árbore da editorial Galaxia. A Sega xa lle dedicou o seu II Día das Galegas nas Letras. Marina Mayoral, académica de honor O pleno da RAG acordou tamén o nomeamento da escritora Marina Mayoral como académica de honor, ben como designou como académicas e académicos correspondentes Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova."}
{"ID": "NOS_11240", "summary": "As máis de 8.000 PCR realizadas, que baixan en 700 a respecto de onte, rexistran 5,7% dos casos positivos. Santiago, Ferrol e Pontevedra colócanse por debaixo de 5%, o limiar da Organización Mundial da Saúde para considerar a pandemia controlada.", "text": "O número de novos positivos na xornada de hoxe é de 489, unha baixada en relación aos 640 notificados o sábado. A tendencia deixa caídas en todas as áreas sanitarias, agás pequenas repuntas na Coruña-Cee e Santiago-Barbanza. Segundo os datos da Consellaría de Sanidade, a área coruñesa detectou 104 infeccións máis que o día anterior. Santiago-Barbanza, pola súa banda, deu conta de 63 casos novos, un aumento de 11 fronte ao parte anterior. Vigo volta a ser a área sanitaria que concentra un maior número de positivos, con 149. Porén, isto implica unha baixada de 65 sobre o sábado. Tamén baixan os contaxios diarios na área de Lugo-A Mariña-Monforte, con 62 (52 menos); Pontevedra-O Salnés, con 50 (14 menos); Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 39 (4 menos); e Ferrol, con 22 (28 menos). Máis de 8.000 PCR, cun 5,7% de positivos O número de PCR realizadas é, con todo, arredor de 700 menos que a xornada anterior, concretamente de 8.327 probas. A positividade destas colócase en 5,7%, cifra que baixa e se achega ao 5% que marca a Organización Mundial da Saúde para considerar controlada unha pandemia. Das sete áreas sanitarias, as de Santiago-Barbanza (2,7%), Ferrol (3,4%) e Pontevedra-O Salnés (4,4%) están xa por baixo do límite. As taxas máis altas están na Coruña-Cee (8,6%), Vigo (7,1%), Ourense-Verín-O Barco (6,8%) e Lugo-Monforte-A Mariña (5,9%). Baixan os casos activos en todas as áreas Os datos de Sanidade tamén dan conta de 749 altas nas últimas 24 horas, co que o total de curados desde o comezo da pandemia é de 35.003. Porén, na tarde do sábado a Consellaría notificaba seis falecementos con coronavirus, polo que o cómputo global de vítimas mortais na Galiza é xa de 1.062. Os casos activos baixan en 256, polo que o total de pacientes con Covid-19 detectada é de 9.298. Todas as áreas sanitarias rexistran un descenso. Vigo mantense coa maior incidencia, con 2.442 (66 menos ca onte), seguido da Coruña, con 1.820 (27 menos), e Pontevedra, con 1.267 (10 menos). Igualmente, baixan os pacientes de coronavirus na área de Lugo a 1.062 (47 menos), en Santiago a 1.041 (44 menos), en Ferrol a 841 (32 menos) e en Ourense, que se coloca como a que menos casos activos ten, con 825 (31 menos)."}
{"ID": "NOS_42435", "summary": "Os casos activos sitúanse en 1.540 e son 60 os ingresados.", "text": "Os novos contaxios de Covid-19 repuntan a 214 en Galiza, que encadea desde o 10 de novembro unha semana con máis dun cento diario, o que eleva os casos activos a 1.540 -que supoñen 696 máis que sete días atrás- e a 60 os hospitalizados por este coronavirus -catro máis-. Segundo os datos publicados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, increméntanse a 11 as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galiza -unha máis- e a 49 as hospitalizadas noutras unidades -tres máis-, mentres que 1.480 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro de sete: Vigo, Ourense, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés; alíviase nas da Coruña-Cee e Ferrol; e mantense sen cambios en Lugo. Os casos activos manteñen a tendencia ascendente desde hai 17 xornadas consecutivas e aumentan a 1.540, que supoñen 173 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (214) que altas (40), ao que se suma un falecemento. Fronte á cuarta feira anterior -10 de novembro- hai 696 infeccións máis que as 844 rexistradas hai unha semana. Galiza conta cunha taxa a 14 días de 53,26 casos por 100.000 habitantes As infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa Vigo á cabeza (+50), seguida da de Ourense (+43), A Coruña e Cee (+24), Lugo (+19), Santiago e Barbanza (+14), Ferrol (+13) e Pontevedra e O Salnés (+10). Segundo os datos actualizados na tarde desta terza feira pasado polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 53,26 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 47,82 da segunda feira, mentres que a media do Estado é en 88,65. Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense desde hai unha semana por riba do cento e repuntan a 214 -non se superaban os 200 desde o verán pasado-, que supoñen 92 máis que os 122 da terza feria após situarse en 136 esta segunda. A cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o 11 de outubro, cando houbo 14. Os 214 positivos foron confirmados por Proba Diagnóstica de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles 53 na área de Ourense, 52 na de Vigo, 36 na da Coruña e Cee, 26 na de Lugo, 21 na de Santiago e Barbanza, 13 na de Pontevedra e O Salnés e 13 na de Ferrol. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, repunta a un 5,21%, tras descender ao 2,43% a terza feira, despois de comezar esta semana co 3,93%. Deste modo, supera o limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS). Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia ascenden a 2.659, despois de notificar esta terza feira a Consellaría de Sanidade un novo morto."}
{"ID": "NOS_50072", "summary": "Miquel Sala, de Oliana, foi o primeiro dos 712 rexedores cataláns en comparecer a instancias da Fiscalía.", "text": "O alcalde de Oliana, Miquel Sala (PDECat), citado pola Fiscalía polo seu apoio ao referendo negouse a declarar na súa comparecencia desta terza feira nos xulgados. Sala foi o primeiro dos 712 alcaldes cataláns citados a declarar a instancias da Fiscalía e estivo apoiado por un cento de cargos políticos da comarca de Alt Urgell, á que pertence Oliana. Entre as persoas presentes estaba tamén o alcalde de Pont de Suert, José Antonio Troguet, citado a declarar tamén no mesmo xulgado e pola mesma causa. Troguet anunciou que tampouco ía declarar. 'As persoas concentradas cantaron 'LÈstaca'. Outro alcalde citado para esta terza feira é o de de Mollerussa, Marc Solsona, que tamén é deputado de Junts pel Sí. A Fiscalía cita declarar 32 alcaldes da comarca de Lleida por apoiar o referendo. Esta cuarta feira, día 20, terán que comparecer perante a xustiza as e os rexedores de Aitona Cervera , Linyola, Fondarella, El Palau d'Anglesola, Pla d'Urgell. Confiscación Un amplo despregamento da Garda Civil persoouse a primeira hora da mañá desta terza feira na empresa de mensaxería Unipost, en Terrassa, na procura de material relacionado co referendo do 1-O. Durante o rexistro os axentes incautáronse de notificacións para as mesas electorais do referendo."}
{"ID": "PRAZA_6231", "summary": "Os pais que rexeiten modelos lingüísticos por considerar que non se lles garante o ensino en español poden solicitar desde este xoves que a Administración lles subvencione a escolarización dos fillos, tras a publicación no BOE dun decreto que nada fai por garantir o ensino en galego.", "text": "Garantías para o castelán. Pero só para o castelán. Desde este xoves 31 de xullo, aqueles pais que desexen que os seu fillos estuden co castelán como lingua vehicular nas autonomías con idioma cooficial nas que -segundo as teses do Goberno- non se lles garanta esa opción nun centro público e cunha oferta razoable, poderán solicitar xa a compensación dos gastos nun colexio privado no que os seus nenos serían escolarizados no vindeiro curso. Xa que logo, poderán solicitar que os cartos públicos lles sufraguen a opción de estudar en español. Os pais que desexen que os seus fillos estuden co castelán como lingua vehicular poderán solicitar que a Administración lles pague a escolarización en centros privados Iso é o que di o real decreto que regula os procedementos de \"recoñecemento á compensación dos custos de escolarización en castelán previsto na disposición adicional 38 da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce)\" e que este mércores publicou o BOE. Nada se di no texto de garantir o dereito de, por exemplo, os pais galegos a que os seus nenos estuden coa lingua propia como vehicular. Todo malia que, segundo datos d'A Mesa pola Normalización Lingüística, o galego está relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades. Ou malia que a Xunta, achegando os seus polémicos datos, asegura que o peso da lingua galega non adoita pasar do 50% entre Primaria, ESO e Bacharelato. O emprego e ensino do galego na educación segue á baixa, pero o Goberno central vén de garantir a ensinanza en castelán, nunha medida coa vista claramente posto no sistema de inmersión lingüística de Cataluña. Non obstante, os sindicatos educativos xa temen que se aplique tamén en Galicia (e en Euskadi, Comunidade Valenciana ou Baleares) e que haxa familias que aproveiten a situación para que lles subvencionen os gastos dun centro privado ou para evitar que os seus fillos estuden as poucas horas que se imparten en galego. O decreto garante o ensino vehicular, pero non en lingua galega, malia o retroceso do idioma propio no ensino Desde este xoves, os pais que así o desexen xa poden acceder ao modelo de solicitude que se atopará dispoñible na web do Ministerio de Educación, así como nas oficinas de Atención ao Cidadán de devandito departamento e das delegacións e subdelegacións do Goberno nas comunidades con lingua cooficial. A subvención ás familias podería chegar aos 6.000 euros anuais O prazo máximo para ditar e notificar o dereito á citada compensación será de seis meses e, de non notificarse, quedará desestimada. Ademais, a contía máxima do importe determinarase polo gasto público dunha praza non universitaria nun centro público (unha cantidade que se estima que supera os 6.000 euros ao ano), aínda que o decreto explica que, con anterioridade ao comezo do curso, poderase modificar \"o indicador tomado de referencia\" con obxecto de adecualo aos custos efectivos de escolarización \"ofertados no mercado\". O dereito a obter a compensación destes gastos de escolarización terá efecto desde o inicio do curso en que se recoñeza ata o remate da educación obrigatoria do estudante. No prazo dun mes a partir da notificación da resolución do recoñecemento á compensación o representante legal do alumno deberá achegar a documentación xustificativa dos gastos cuxo pago se relizará por mensualidades, a diferenza do correspondente aos cursos seguintes, que se practicará ao comezo de cada ano académico. Do mesmo xeito, o texto explica que corresponde ao Ministerio a comprobación do suposto feito que determina o nacemento da \"obriga financeira\", instruído pola Alta Inspección de Educación, e no que deberá darse audiencia á Administración educativa afectada. Logo desta comprobación, Educación asumirá \"integramente\", por conta da Administración educativa correspondente, os gastos efectivos de escolarización deste alumnado en centros privados, gastos que \"repercutirá\" a devandita Administración educativa, que terá un prazo máximo de quince días para presentar alegacións. Ademais, Educación informará a Facenda, de forma trimestral, dos correspondentes acordos de retención dos gastos abonados por pais aos centros privados."}
{"ID": "NOS_15311", "summary": "Os vigueses abriron a era de Antonio Mohamed en Balaídos cun empate perante o Espanyol (1-1) nun partido escaso de ocasións de gol.", "text": "Control do balón na zona de creación, posesión, liña de presión no campo rival… estas foron as principais características do xogo do Celta na estrea ligueira. Unha posta en escena prometida por Antonio Mohamed que non deu os froitos desexados. O dominio só se plasmou cun tiro afastado de Hugo Mallo e outro desviado de Brais. O Celta foi de menos a máis. Os primeiros vinte minutos foron de dominio do balón, aínda que sen apenas ocasións. Porén, chegado o descanso, e unha vez que os de Mohamed perderon forza, o Espanyol púxose por diante grazas ao remate de Hermoso nun córner logo dun fallo de marcaxe de Júnior Alonso. No segundo tempo, os vigueses víronse desafogados após o gol en propia porta de David López. O partido abriuse co empate e o Celta experimentou un lixeiro dominio. A maior oportunidade chegoulles aos locais despois dun bo pase de Aspas a Emre Mor na área de Diego López, que detivo sen dificultade. O Espanyol animouse nos estertores do encontro cun gran disparo de Sergio García que logrou sacar o Gato de Catoira e un remate alto de Puado. Dúas oportunidades que, xunto a un tiro de falta de Maxi Gómez, deron fin ao partido de Balaídos no debut de Antonio Mohamed. RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Júnior Alonso, Lobotka, Beltrán, Brais Méndez (Boufal, min.77), Iago Aspas, Pione Sisto (Emre Mor, min.52), Maxi Gómez (Dennis, min.91). ESPANYOL: Diego López, Víctor Sánchez, Borja Iglesias (Sergio García, min.70), Darder, Baptistao (Hernán Pérez, min.70), Didac, David López, Javi López, Piatti (Puado, min.81), Roca, Hermoso. Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amoestou Iago Aspas, Brais Méndez, Júnior Alonso (Celta); Didac, Roca (Espanyol). Goles: Hermoso (0-1, min.45); David López (1-1, p.p., min.51). Campo: ABANCA Balaídos. 16.215 espectadores."}
{"ID": "NOS_30000", "summary": "A contía media coa que contan as persoas galegas para facer gasto ou aforrar cae 5,2% con respecto ao 2019. Trátase da primeira diminución desde 2014 na Galiza.", "text": "A renda bruta dispoñíbel na Galiza, a que teñen os fogares para destinar a gasto en consumo final ou aforro por habitante, situouse nos 15.041 euros en 2020, o que supón unha caída de 822 euros (-5,2%) respecto dos 15.863 euros de 2019, segundo datos do Instituto Galego de Estatística. Esta supón a primeira diminución desde 2014, despois de cinco anos consecutivos de subas. En total, a renda dispoñíbel bruta dos fogares diminuíu a 40.589 millóns. Os fogares supuñan o 22,8% do Produto Interior Bruto galego en 2019, sen datos até agora para 2020. Mentres, o saldo da renda primaria, a que obteñen os fogares antes da intervención de mecanismos de redistribución, incrementouse 5,6% en 2019. Así mesmo, o aforro dos fogares elevouse en 2019, mentres o seu consumo diminuíu 1,7% nese ano. O Concello con maior renda bruta por habitante da Galiza é Cambre, con 25.730 euros de media no 2019 Cambre é o concello galego con maior renda bruta por habitante, segundo os datos de 2019, con 25.730 euros; ségueo Oleiros, con 24.774 euros; e xa a máis distancia atópanse A Coruña, con 20.330, e Santiago, con 19.347. A clasificación dos 10 primeiros municipios complétana: Nigrán (18.525), Bergondo (18.429), Ourense (18.378), Teo (17.613), Pontevedra (17.585) e Lugo (17.513). As sete cidades galegas concentran 41,8% da renda. A maioría dos municipios teñen como principal fonte de renda a remuneración de asalariados; tan só en Friol, Portomarín e A Illa de Arousa prevalecen as rendas mixtas, as que proveñen do traballo non asalariado. As prestacións sociais supoñen 31,5% da renda dispoñíbel bruta total, chegando a 40% nos concellos máis avellentados. En troques, en municipios como Ames, Arteixo, Brión, Cambre, Culleredo, Oleiros, Oroso e Salceda de Caselas as prestacións non superan o 25% das rendas."}
{"ID": "NOS_13118", "summary": "Non foi o pior partido, mais foi o resultado de sempre. 14 derrotas en 23 partidos condenan a calquera. O Betis chutou unha vez entre os tres paus. Gol, un tanto precedido dun groseiro erro defensivo, unha nova desatención de Albentosa. Seedorf mostrou tamén certas fraxilidades como estratega.", "text": "O Deportivo sabía que a posesión da bola ía ser do Betis, porque no dominio do passing game a escadra treinada por Quique Setién está entre as mellores do campionato. Por iso non se entende que Seedorf apostase por unha equipa inicial con tantos futebolistas de escaso nervo defensivo, con Adrián e Bakkali como máximos exponentes de xogadores aos que se lles exixen cousas (correr detrás do balón) para ás que non están dotados. Con todo, Bakkali foi case o único argumento ofensivo da equipa durante o primeiro acto. Máis en concreto durante os minutos (unha hora de reloxo) que lle duraron as pernas. Súa foi a acción que estivo a piques de pór o Dépor en vantaxe no minuto 21, unha electrizante galopada por banda esquerda saldada cun lategazo con rosca que lambeu o pau esquerdo da portería de Adán, moi perto da escadra. Foi tamén Bakkali quen puxo un centro envenenado que acabaría atopando a cabeza de Adrián. Na súa viaxe a bola foi interceptada pola man dun defensor bético. Un penalti evidente. Un penalti non pitado. Cando sofres demasiados goles parvos xa non se pode falar de má sorte. Cando sofres demasiados goles parvos o problema telo ti. Mais o propietario da pelota continuou a ser o Betis. O Dépor só existía en ataque de cando en vez. Seedorf fiou toda a estratexia a non conceder ocasións e a acertar nalgunha das isoladas incursións ofensivas dos seus homes. E o certo é que o Betis apenas inquietou a portería de Rubén. E o certo é que o Dépor si tivo as súas ocasións de gol. Mais, como acostuma acontecer, Riazor viviu o enésimo gol parvo en contra da temporada. E cando sofres demasiados goles parvos xa non se pode falar de má sorte. Cando sofres demasiados goles parvos o problema (neste caso, unha desatención froito de exceso de confianza de Albentosa) telo ti. O gol de Loren -por certo, un canteirán, o Betis aliñou tres xogadores procedentes das súas categorías inferiores- chegou no minuto 54. Faltaba un mundo por diante. O Dépor debía entón cambiar de partitura. Aí é cando Seedorf cometeu un erro grave. Estivo lento nos trocos. Acertou no de Bakkali por Cartabia (o belga estaba fundido), mais demorou de máis en retirar do verde Krohn-Delhi, minuto 77. E equivocouse de cheo a colocar no campo Pedro Mosquera, e non Çolak, o único futebolista disponíbel con capacidade criativa, con imaxinación para furar a aplicada defensa bética. E con todo, o Dépor tivo as súas oportunidades. Un balón ao pau de Andone. Un remate lixeiramente cruzado de Borges. Certa sensación de que podía empatar en calquera momento. Talvez ese, o empate, tería sido o resultado máis xusto. Mais un ar de fatalidade parece perseguir unha equipa que perdeu os automatismos necesarios para competir, entre eles o de non perder a compostura cada vez que cedes un gol. O pior, realmente, non é a clasificación. O Dépor continúa a tres pontos da salvación. O pior é o ar de fatalidade que paira sobre a equipa. O pior é a sensación de fraxilidade que transmite O mellor Seedorf viuse ao remate do xogo, na sala de imprensa. Lanzou unha mensaxe motivadora. Puxo o acento en que a a equipa conseguira parte dos obxectivos (frear a produción ofensiva do Betis, manter as liñas bastante xuntas durante o partido, defender con intensidade) e apelou a que fican 15 partidos por diante. O pior, realmente, non é a clasificación. O Dépor continúa a tres pontos da salvación. O pior é o ar de fatalidade que paira sobre a equipa. O pior é a sensación de fraxilidade que transmite. E o desgaste emocional, ao que non se viu substraida unha afeizón branquiazul que estalou -apupada monumental e panos brancos- á conclusión do choque, cos futebolistas do Dépor a aplaudiren desde o centro de campo. Unha imaxe certamente patética que encollía o corazón do seareiro máis curtido. RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Bóveda, Albentosa, Luisinho, Krohn-Dehli (Pedro Mosquera, min. 77), Fede Valverde (Borges, min. 18), Lucas, Adrián, Bakkali (Fede Cartabia, min. 61) e Andone. Real Betis: Adán, Francis, Bartra, Jordi Amat, Mandi, Junior, Fabián, Guardado (Javi García, min. 83), Joaquín, Boudebouz (Tello, min. 64) e Loren (Sergio León, min. 74). Gol: 0-1 Loren (min. 54). Árbitro: Del Cerro Grande (c. madrileño). Cartóns amarelos a Bakkali (min. 43) e Albentosa (min. 65). Incidencias: partido da 23ª xornada de LaLiga disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 20.690 espectadores."}
{"ID": "NOS_34892", "summary": "A fuga de capitais rexistrou máximos históricos na Galiza no primeiro trimestre deste ano. Segundo os datos publicados polo Banco de España, as entidades de crédito asentadas no país expatriaron nese período un total de 28.988 millóns de euros do aforro cara a outros territorios, sendo a principal beneficiada a rexión de Madrid.", "text": "O Banco de España vén de facer públicos os datos de créditos e depósitos relativos ao primeiro trimestre de 2022. Así, o aforro galego situouse entre xaneiro e marzo en 76.021 millóns de euros e o crédito alcanzou 47.033 millóns de euros. Neste sentido, as entidades bancarias con actividade na Galiza expatriaron nese período 28.988 millóns de euros cara outros territorios do Estado español e do resto do mundo. A este respecto, Madrid volveu ser, máis unha vez, a primeira beneficiada da fuga de capitais galegos. O aforro expatriado no primeiro trimestre de 2022 rexistrou máximos históricos. Un exemplo do alcance desta contía é que supera en 17.372 millóns de euros o orzamento da Xunta da Galiza de 2022. Asemade, excede en 20.328 millóns de euros todo o investimento social do Goberno galego nesta anualidade, incluíndo dentro do mesmo o gasto sanitario, educativo e en servizos sociais. Ao tempo, os depósitos xerados pola cidadanía galega están por riba do Produto Interior Bruto (PIB) do país, que en 2021 marcou 59.105 millóns de euros. A fuga de capitais A fuga de capitais incrementouse en 96 millóns de euros en relación co trimestre anterior. Segundo os datos recollidos polo boletín estatístico do Banco de España para os tres meses finais de 2021, o total dos depósitos custodiados polos bancos con actividade na Galiza foi de 75.595 millóns de euros, representando os créditos das mesmas entidades 46.693 millóns de euros, o que xerou a expatriación de 28.902 millóns. O diferencial entre depósitos e crédito medrou en referencia ao período anterior á pandemia. A este respecto, no último trimestre de 2019 os aforros totais dos galegos ascenderon a 68.819 millóns de euros, o crédito fornecido polas entidades bancarias marcou 41.548 millóns de euros e a fuga de capitais situouse en 27.271 millóns de euros, isto é, 1.717 millóns de euros menos que na actualidade. Porén, a finais de 2019 a expatriación do aforro xa superaba as súas cifras tradicionais da década, fixada en 15.000 millóns de euros. Precisamente, naquel ano Madrid recibiu, practicamente, 60% dos depósitos succionados. O impacto da expatriación do aforro polo conglomerado financeiro resulta prexudicial para a economía galega. Neste sentido, o economista e autor de As contas que nos contan (editado por Sermos Galiza S.A.), Xosé Díaz, advirte da \"descapitalización do país\", a través da \"actuación do sistema financeiro operante na Galiza, que conduce a que os nosos depósitos non sexan realmente nosos\". Na mesma dirección, sinala que a lóxica dos créditos e dos depósitos \"veñen presentarnos a situación histórica que á Galiza se lle fixo xogar, drenándolle parte do seu capital, dos seus aforros, para financiar o sector empresarial e, en xeral, o desenvolvemento e o benestar do resto do Estado, nomeadamente Madrid, sede da maioría do sector financeiro operante na Galiza\". O aforro marcou máximos no primeiro trimestre de 2022. Tanto é así que medrou en 2.937 millóns de euros no último ano e en máis de 9.202 millóns de euros en relación cos momentos previos da pandemia, algo que os especialistas vinculan á decisión dun número de persoas de transferir a líquido unha parte dos activos. Neste caso a tendencia rexistrada na Galiza é semellante á do resto do Estado, onde os depósitos se dispararon até uns niveis descoñecidos. Esta alza xérase ademais nun contexto inflacionista, fenómeno que desvaloriza os depósitos, até o punto de perder as persoas aforradoras 7.532 millóns por mor da suba de prezos desde xuño de 2021. Sobe o crédito O crédito, tamén, aumentou pero nunha porcentaxe inferior. Neste sentido, só sumou 40 millóns de euros máis que no pasado trimestre e 5.485 millóns de euros que antes da pandemia. Este incremento debeuse ás operacións formalizadas coas administracións públicas, nomeadamente coa Xunta da Galiza, que recorreu a créditos por unha contía de 4.800 millóns de euros para satisfacer a súas necesidades de financiamento, o que representou 44% máis que o pasado exercicio. A drenaxe do aforro A drenaxe do aforro galego polos mecanismos do sistema financeiro vén de vello e viuse favorecido nas dúas últimas décadas coa dinámica de centralización do poder económico en Madrid, acentuado após o proceso de reconversión bancaria e o modelo de xestión da crise económica de 2008."}
{"ID": "NOS_51034", "summary": "A federación critica o acordo por acrecentar a desigualdade mentres o Real Madrid adiantou que denunciará a LaLiga e a CVC. Entre tanto, 42 clubs decidirán este 12 de agosto se lle dan luz verde ao pacto.", "text": "A Asemblea Xeral Extraordinaria de LaLiga, a asociación deportiva de carácter privado que agrupa os clubs da Liga Santander e a Liga Smarbank, decide esta quinta feira, 12 de agosto, se aproba o acordo asinado o 4 de agosto pola comisión delegada da entidade co fondo de investimento de capital risco CVC Capital Partners. A luz verde precisa do voto favorábel da maioría simple dos 42 club que integran LaLiga, mais desde a institución dirixida por Javier Tebas transmítese que buscan até 33 apoios, para lexitimar o acordo diante das críticas que está a recibir e dos procesos xudiciais que suporá. O fondo, con sedes en Londres (Reino Unido) e Luxemburgo, achegaría 2.700 millóns de euros en créditos a LaLiga, a cambio do 10% dos beneficios da asociación privada durante os vindeiros 40 anos. O 90% dese importe, 2.430 millóns de euros, serán ofrecidos aos equipos profesionais en forma de empréstitos participativos sen interese -o que evita aumentar a débeda en base ás normas de xogo xusto financeiro da UEFA- e cun vencemento de catro décadas. Para acceder os créditos do proxecto, denominado LaLiga Impulso, os clubs terán que dedicar o 70% dos recursos a investimentos en infraestrutura, desenvolvemento internacional, desenvolvemento de marca, comunicación, plans de innovación e tecnoloxía, así como de desenvolvemento de contidos en plataformas dixitais e redes sociais. Todo isto dentro dun plan de desenvolvemento acordado con LaLiga. Do resto destes préstamos, o 15% está dirixido á inscrición de xogadores e o restante 15% para cubrir débeda financeira. A porcentaxe dos 2.430 millóns de euros que opta a recibir cada club está en función dos ingresos das últimas tempadas en concepto de dereitos audiovisuais, polo que o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid serán os maiores beneficiados polo repartimento, con 253 e 241 millóns de euros respectivamente. O Real Club Celta, único equipo galego na Liga Santander, recibirá arredor de 85 millóns de euros en créditos, mentres que aínda non se fixo público o montante asignado ao Club Deportivo Lugo, representante galego na Liga Smartbank. Críticas ao acordo Esta terza feira, o Real Madrid anunciou tras a reunión da xunta directiva, que denunciará tanto pola vía civil como pola penal as entidades asinantes do acordo e os seus mandatarios, Javier Tebas, de LaLiga, e Javier de Jaime, responsábel de CVC Capital Partners no Estado. Ademais do Real Madrid, o FC Barcelona tamén rexeitou publicamente o acordo, sostendo que a valoración de negocio de LaLiga é superior aos importes pactados. A non aceptación do acordo por parte de Joan Laporta, presidente do FC Barcelona, implicou a renuncia a estender o contrato a Leo Messi por imposibilidade de cadrar as contas, o que levou o xogador arxentino a asinar este 11 de agosto o seu contrato co Paris Sant-Germaine (PSG). A Real Federación Española de Fútbol, presidida por Luis Rubiales, tamén cuestionou o acordo entre LaLiga e CVC Capital Partners porque \"acrecenta a desigualdade e imposibilita unha evolución razoábel do formato\". Ademais, asegura que \"esquece os clubs que disputan competicións non profesionais que, no momento que ascendan á competición profesional, verán que os seus ingresos están reducidos pola retribución de CVC\", todo isto, \"sen que obtiveran ningún beneficio pola achega desa entidade\", apuntan."}
{"ID": "NOS_41920", "summary": "O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou algunhas das liñas do plan no que traballa a administración para a futura xestión do inmóbel. Non hai referencias á memoria histórica. Quer facer de Meirás un espazo para reivindicar \"a forza creativa da muller\"", "text": "Un \"faro para a igualdade\" e a creación. O Goberno galego xa traballa no deseño dun plan de usos para o futuro do Pazo de Meirás, no caso de que o Estado decida ceder a xestión destas instalacións a Galiza. A pesar de que aínda non hai resposta á petición formal trasladada nesta liña pola Xunta ao Estado, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou algunhas das liñas do plan no que traballa a administración para a futura xestión do inmóbel e que pasa por recuperar o obxectivo inicial de Emilia Pardo Bazán. \"Defínese como unha fantasía persoal de Dona Emilia, que foi pioneira do feminismo en España. E foi un lugar para a creación cultural e á creación literaria\". A Xunta cre, neste sentido, que o inmóbel \"se debe converter nun faro da igualdade\" e aposta por convertelo nun referente como espazo \"para reivindicar o papel\" e \"a forza creativa da muller\". Todo iso, no entanto, \"sen obviar en ningún momento\" a historia do Pazo e \"que aí viviu un ditador\", e que se trata dun lugar de creación que \"foi deturpado polo franquismo\". Rodríguez sinalou que a Xunta fará partícipe á sociedade do deseño deste plan de usos, para definir un documento \"consensuado\" e \"ter un punto de partida para que Meirás sexa un lugar aberto á cidadanía, de convivencia e reivindicación\" creativa, no que se lembre toda a historia do inmóbel partindo \"da idea inicial de Dona Emilia\". Finalmente, reiterou que a Xunta confía en que o Estado ceda a xestión do Pazo posto que se trata dunha petición \"lóxica e xusta\", tendo en conta que \"foron os galegos quen compraron\" o Pazo antes da súa entrega ao ditador e que Galiza asumiu un rol transcendental na recuperación do edificio, declarado BIC, para o patrimonio público."}
{"ID": "NOS_30593", "summary": "As principais entidades acredoras comunican ao administrador concursal que acepte vender a pesqueira enteira á banca, que procuraría un socio industrial.", "text": "Pescanova navega cara a súa liquidación. O 'pool' bancario non quer a proposta de convenio presentada polos novos responsábeis da pesqueira con Damm á cabeza. Malia que nin principio semellaba que as entidades financeiras podían dar unha oportunidade a esa proposta, Economía Digital avanza que finalmente o 'pool' dí non a Carceller (propietario de Damm). Segundo ED o 'pool' xa tería trasladado a Deloitte (administrador concursal) a súa negativa a se sumar e apoiar ese plan de Damm. Unha negativa que deixa só unha porta aberta: a liquidación de Pescanova. Tamén cabe a posibilidade de modificar o convenio, mais este xa está en mans do xuíz polo que eses cambios non poderían ser de calado. A banca quer o control As entidades financeiras terían, apunta ED, unha 'folla de rota' na que tomar o control de Pescanova é o obxectivo principal. Así, propoñen que unha vez aberta a fase de liquidación, se venda na súa integridade a pesqueira á banca. Esta procuraría un socio industrial e designaría un xestor."}
{"ID": "PRAZA_14805", "summary": "A web galega Doafund.com permitirá facer achegas económicas para evitar desaloxos. O seu creador, Fernando Sierra García, afirma que \"o modelo tradicional de ONG está atopando problemas de financiamento debido á súa dependencia de fondos públicos\"", "text": "Doafund.com é unha web posta en marcha por dous galegos co obxectivo que axudar a pagar as cotas hipotecarias de persoas con dificultades económicas para así evitar que as entidades bancarias poñan en marcha os procesos de desafiuzamento dos seus inmobles. O seu creador, Fernando Sierra García, afirma que \"o modelo tradicional de ONG está atopando problemas de financiamento debido á súa dependencia de fondos públicos\". A través da páxina, unha persoa, entidade ou empresa escolle unha persoa ou familia, da súa cidade ou de calquera punto do Estado, e accede a \"patrocinar\" as súas cotas mensuais evitando que sexa desaloxada da súa casa O procedemento é novidoso neste senso. A través da páxina, unha persoa, entidade ou empresa escolle unha persoa ou familia, da súa cidade ou de calquera punto do Estado, e accede a \"patrocinar\" as súas cotas mensuais evitando que sexa desaloxada da súa casa. En Galicia leváronse a cabo máis de 3.000 desafiuzamentos no que vai de ano, o triplo que no mesmo período de 2011, segundo indica o último informe publicado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). As provincias máis afectadas durante o primeiro semestre dese ano son Pontevedra (1.257 desafiuzamentos) e A Coruña (1.168), seguidas de Lugo (326) e Ourense (286). Doafund efectúa o pago íntegro, ingresando o 100% das axudas conseguidas na entidade correspondente, que lle cede unha porcentaxe do recibido ao proxecto, permitindo que sexa sustentable."}
{"ID": "NOS_47257", "summary": "O Rei García morría un día coma hoxe -22 de marzo- de 1090, encarcerado no castelo de Luna. 'O final do Camiño' representouno como un rei feble e algo mexericas, ao igual que a maior parte da historiografía. Pero érao realmente? Nunca o poderemos saber de certo, pero a serie sérvenos de escusa para volver atrás na historia e falar con historiadores especialistas na súa época para aproximarnos á súa figura.", "text": "O rei García volveu á actualidade grazas á serie 'O final do Camiño', de Voz Audiovisual. Nesta ficción o seu papel é escaso e non sae moi ben parado, mesmo é definido como \"rei de Compostela\" e non de Galiza. Pero esta escolla de guión responde á corrente historiográfica maioritaria, que o definiu como un home feble e inxenuo que se deixou enganar polos seus dous irmáns. A mesma Victoria Armesto definíao así na súa 'Galicia feudal': \"O tempo encargaríase de revelar que, entre os tres fillos do primeiro rei de Castela había dous listos e un parvo: a Galiza correspondeulle o parvo\". Pero esa opinión non é compartida por moitos especialistas galegos. Un deles é o propio asesor histórico da serie e profesor da USC, José Miguel Andrade, que afirmou para Sermos: \"Teño que confesar que a min non me gustou o tratamento de mexericas que lle deron a García nalgúns momentos. Deixáronse levar pola historiografía que o definiu como un tipo débil, parvo, que se deixou enganar polos seus irmáns. Son cuestións delicadas, porque os datos históricos non son indiscutibles. E logo está a escolla dos guionistas do perfil que máis lles convén para contar a historia. A min gustaríame ver a un García máis dono de si.\" José Miguel Andrade: \"A Galiza tocoulle o irmán derrotado, pero de aí a que foi parvo...\" Con respecto á afirmación de Armesto, Andrade considera que é \"unha parvada e sabemos que non foi así. A Galiza tocoulle o irmán derrotado, que non é o mesmo. Dos tres irmáns, un morreu asasinado, outro na cadea -García- e o único que sobreviviu foi Afonso VI, pero de aí a que foi parvo… Foi un rei desafortunado, iso si que se pode dicir, porque foi derrotado. Eses apriorismos, o de presentar un rei paradigmáticamente bo ou malo, son xuízos aleatorios. Non podemos saber como era. Era un rei coma os demais. Eu preferiría persoalmente que fora presentado como un tipo máis firme, menos feble, menos covarde como aparece nalgún momento na serie\". \"Absolutamente falso\" Ermelindo Portela, catedrático de Historia Medieval da USC e autor de 'García II de Galicia: El rey y el reino (1065-1090)' considera que a consideración de \"parvo\" é \"absolutamente falsa\". \"Eu levei unha gran sorpresa cando traballei sobre el, porque partía dunha consideración historiográfica do personaxe extraordinariamente negativa. Quen menos chamábao parvo, e de aí para arriba moitas cousas. E iso, contrastado coa realidade das fontes, non encaixa\". Ermelindo Portela: \"Foi un home que quixo levar adiante un proxecto político extraordinariamente coherente, que quedou claro en manifestacións tan importantes como a restauración da sede de Braga\". Segundo Portela, na documentación máis próxima ao tempo no que exercer el o poder \"non hai nada diso\". \"Iso é unha visión do personaxe que se vai ennegrecendo co paso do tempo, que empeza á altura do século XIII, porque habería que realzar a figura de Afonso. Pero os documentos que conservamos das súas decisións políticas e o que din as crónicas máis antigas, non ten nada que ver con isto. Máis ben todo o contrario, que foi un home que quixo levar adiante un proxecto político extraordinariamente coherente, que quedou claro en manifestacións tan importantes como a restauración da sede de Braga\". O catedrático teno moi claro: \"A figura de García foi moi maltratada pola historiografía, e o que digo no libro é que logo de levantar esas capas de pintura que se foron poñendo sobre o personaxe, rescátase unha figura notablemente diferente. Foi obxecto de descalificacións progresivas\". \"Pouco interesante\" Sen embargo, o historiador Anselmo López Carreira difire. Considera a García un personaxe \"pouco interesante\" porque \"a sensación que transmite é a imposibilidade de Galiza para ter un reino, porque é un reinado bastante frustrado. Fíxate que a García o enganan os dous irmáns, parece a incapacidade de Galiza para ter un reino. Non sei por que se empeñan en García, porque en realidade tampouco foi rei da Galiza actual, senón de Galiza e do que neses momentos había de Portugal\". Anselmo L. Carreira: \"En realidade o reino de Galiza non é iso, é todo o cadrante noroccidental da Península, incluíndo León e Asturias\" Carreira afirma non entender por que se lle quere dar tanta importancia a este rei, \"porque en realidade o reino de Galiza non é iso, é todo o cadrante noroccidental da Península, incluíndo León e Asturias. Pero parece que hai un interese especial en dicir en que aquilo non era Reino de Galiza. Efectivamente, se collemos só este anaco, incluído Portugal até un pouco máis abaixo de Coimbra, só tivemos ese rei. E que foi rei moi pouco tempo, que foi destronado e metido en prisión polo seu irmán Afonso. Por iso a min non me parece moi interesante centrarme nel\". E desenvolve así a súa tese: \"A historiografía está empeñada en que só tivemos un rei que reinou moi pouco tempo, era un mexericas e foi enganado e morto en prisión. Pero o Reino de Galiza chegou até o territorio dos vascos, porque os condes vascos tiñan que renderlle pleitesía ao rei de Galiza que estaba en León. Hai un cronista musulmán que di \"os vascos son cristiáns de Galiza\". Portela: \"O proxecto de García, dalgún xeito, continúase na monarquía portuguesa\". Continuidade en Portugal Pedímoslle ao catedrático Portela que faga un esforzo ucrónico e nos conte que podería ter pasado se o reino de García tivese éxito. E entra no xogo: \"Se cadra o reino de Portugal que se consolidou tería incorporado Galiza, que era como estaba nese momento. Esa tería sido a continuidade do proxecto de García. Ou, non o sabemos, podería ter sido unha Portugal con Galiza incorporada ou un reino de León conxunto, con Portugal. A comezos do século XIII Portugal estivo a piques de reunirse de novo\". En calquera caso, remata, \"o proxecto de García, dalgún xeito, continúase na monarquía portuguesa\"."}
{"ID": "NOS_52856", "summary": "A oposición critica a \"falta de control\" de Medio Rural pero o partido de goberno defende a moratoria e di que hai expedientes abertos.", "text": "O PP rexeitou esta quinta feira no Parlamento unha proposta que demandaba instar a Xunta da Galiza a tomar medidas para identificar as terras agropecuarias forestadas ilegalmente con eucalipto e repor a legalidade. Hai unha \"gran falta de control da Xunta sobre as plantacións ilegais de eucalipto\", denunciou o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas 'Mini', na comisión de Agro da Cámara. O nacionalista lamentou o voto en contra do PP á iniciativa e acusou a Xunta de ofrecer \"unha amnistía velada\" para os responsábeis das plantacións ilegais de eucalipto. Asegurou que Medio Rural confunde \"unha moratoria en serie\" cun \"levantamento masivo\" para máis de 35.000 hectáreas \"oficiais\" de terreo agropecuario plantadas con eucalipto e criticou a \"inacción do PP\" ante esta situación. Nese sentido, sinalou que a recente Lei de recuperación da terra agraria inclúe unha moratoria do eucalipto que tras publicitarse \"desatou unha febre plantadora sen parangón\". Para o nacionalista, a negativa do PP xa implica que o Goberno galego está \"conculcando a ilegalidade\". Neste sentido, o deputado fixo memoria ao expor que o ex conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo comezou en 1992 \"a operación Ence pagando por introducir, de maneira masiva, o cultivo e forestación a base de eucalipto\". Non houbo cambios ao respecto e chegaron a verse \"gravemente\" afectadas fontes e mananciais, pois especies coma o piñeiro precisaban menos auga. Agora, o efecto chamada que teñen denunciado mesmo as entidades ecoloxistas chegou, segundo Rivas, á Terra Chá, A Fonsagrada e até o Piornedo e que, dixo, afecta mesmo a terras agropecuarias, nas que está prohibida calquera plantación. \"Quen controla esta ilegalidade ou quen induce a ela?\", lanzou ao aire na súa intervención. De feito respondeu el mesmo: \"Ninguén move un dedo para a reposición da legalidade\". Pola súa banda, a popular Elena Candia defendeu a moratoria como mecanismo para evitar o monocultivo na Galiza. \"Pode haber xente que non cumpra\" coa moratoria, dixo, sinalando que a lei ten mecanismos para facerse cumprir \"e xa hai expedientes iniciados\". Nese sentido, apuntou que Medio Rural, entre 2016 e 2020, incoou máis de 1.700 expedientes sancionadores e máis de 7.400 apercibimentos para a inmediata retirada de plantacións realizadas de forma irregular. Sen axudas para Chantada Tamén na comisión de Agricultura, o deputado socialista Martín Seco acusou a Xunta da Galiza de rexeitar axudas directas para os viticultores de Chantada logo da tormenta de pedrazo caída a semana pasada. Seco reclamou estas axudas -idénticas ás concedidas en 2016 para os viticultores de Sober-, a través dunha emenda que o PP se negou a incorporar."}
{"ID": "NOS_56525", "summary": "O sector confía en que o precedente de Euskadi axude a reabrir as portas de forma cautelar á marxe das disposicións da Xunta. Á marxe de como evolucione a parte xudicial, a Xunta advirte ao sector de que deberá ter sistemas para controlar a capacidade.", "text": "Após a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi, que deu o visto e prace á hostalaría para reabrir malia a prohibición por parte do Goberno do país, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) vén de seguir idéntica estratexia para paliar os efectos das duras medidas da Xunta. O colectivo xa presentou un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) para intentar que levante o fechamento dos negocios imposto pola Xunta. Malia que xa no seu día acudiran a estas instancias, agora que xa hai un precedente demandar a apertura cautelar dun sector que é dos que máis empregos mantén no país e que está parado desde o 27 de xaneiro. O presidente de Feprohos, César Ballesteros, explicou que a limitación do Executivo galego é \"demasiado lesiva para o sector\" e que debería vir con axudas \"para cubrir os danos e prexuízos causados\", pero como non é así precisan reabrir. \"As axudas actuais para o sector son unhas migallas; de ningunha maneira cobren os danos nin parte deles, nin sequera o 10% dos impostos que pagamos\", destacou en declaracións a Europa Press. Así mesmo, entende que \"non é admisíbel que recaia sobre un sector concreto unha medida suplementaria que impida a supervivencia da actividade hostaleira\". No entanto, a equipa de Alberto Núñez Feixoo seguía vinculando a maioría dos contaxios a estes estabelecementos hai poucos días. Ballesteros recoñece que \"non está libre de contaxios\", pero denuncia que hai outros ámbitos empresariais \"con iguais ou maiores datos que non viron lesionados os seus dereitos, por exemplo as oficinas\". Despois de que as e os compañeiros de Euskadi puideran levantar as persianas de novo, confían en que a Xustiza galega estude a posibilidade de darlles a razón. O colectivo levará, ademais, outras dúas demandas ante o Superior: as limitacións de capacidade e os problemas noutro sector case irmán, o hoteleiro, que non ten a obriga de fechar pero os fechamentos perimetrais derivan nesa circunstancia. Cambios a curto prazo Precisamente despois da reunión da Xunta co comité clínico desta mañá, o presidente da Xunta avisou de que, de cara á súa futura reapertura, os locais disporán dun sistema \"para transparentar os aforamentos\", coa finalidade de que calquera que entre nun bar ou restaurante \"saiba seguro o número de persoas que poden estar nel\". Polo tanto, o pensamento da Administración vai totalmente en contra das esperanzas da hostalaría. Ademais, deberán levar un rexistro de entradas que permita coñecer e \"cribar completamente\" a aqueles clientes \"que compartisen estancia cun positivo\". Mentres, as medidas anunciadas hoxe benefician ao comercio. Porén, para as e os comerciantes non vai ser a solución. O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, ve positivo que os negocios recuperen o seu horario normal pero as limitacións de movilidade vai facer que continúe a caída das vendas."}
{"ID": "NOS_10375", "summary": "A Organización de Estados Americanos aprobou unha resolución pola cal se condena o trato dado ao presidente de Bolivia, Evo Morales, e fai un chamamento aos estados español, francés, italiano e portugués a se desculpar", "text": "A resolución aprobouse por consenso mais tanto Estados Unidos como Canadá expresaron a súa oposición explícita a rodapé do documento por considerar que aínda non estaban aclaradas as circunstancias do incidente diplomático. Tamén entenden que este asunto debía ser tratado a nivel bilateral entre Bolivia e os países europeos. A resolución aprobouse por consenso mais tanto Estados Unidos como Canadá expresaron a súa oposición explícita a rodapé O documento final resolve \"condenar as actuacións que violan as normas e principios básicos do dereito internacional, como a inviolabilidade dos xefes do Estado\". Tamén solicita o documento que os gobernos francés, español, italiano e portugués \"den as explicacións necesarias\"."}
{"ID": "NOS_39247", "summary": "Charo Pita céntrase sobre todo en protagonistas femininas en situacións moi concretas, das que deixarnos finalmente un xiro, ás veces sorprendente, co que mudar a nosa interpretación sobre a súa realidade.", "text": "A traxectoria de Charo Pita destacou de forma especial en dous eidos frecuentemente interligados: a literatura infantil e xuvenil, dunha parte, e a narración oral de outra. É certo que a narración oral non vai só dirixida a crianzas, da mesma forma que tamén a autora nos ten dado outras pezas escritas orientadas principalmente ao público adulto, como algúns contos soltos ou a súa poesía, coa que hai pouco gañaba o Premio Illas Sisargas, dedicado a textos eróticos. Retratos en branco e negro / Charo Pita / Galaxia / 2022 / 98 páxinas / 13 euros Con todo, pode que sexa a primeira vez que a autora aparece editorialmente cunha obra narrativa destas características. Retratos en branco e negro é unha colección de contos, a maioría deles ben curtos, que fai honra ao seu título. Se existe unha dicotomía no relato entre aquel de acción e o que se centra en describir unha estampa ou a reflexión, este volume pode encaixarse principalmente nese segundo ámbito. Charo Pita céntrase sobre todo en protagonistas femininas en situacións moi concretas, das que deixarnos finalmente un xiro, ás veces sorprendente, co que mudar a nosa interpretación sobre a súa realidade. É esa sorpresa ou enfoque final un dos elementos máis interesantes deste tipo de narracións e a que lle dá tamén un dinamismo ás veces ausente no contido. A autora convídanos así a mudar a nosa ollada, como quen dá un contexto inesperado a unha imaxe de aparencia inocente, e a través deste proceso incorpora tamén moitos elementos que van máis aló do que unha simple estampa pode ofrecer: un reverso máxico ou lindeiro cos escenarios do terror, ou o cuestionamento da fronteira entre realidade e ficción. Resulta fácil, coñecendo os datos biográficos de quen os asina, procurar tamén algunhas marcas da narración oral nalgúns destes contos, nin que sexa nos comezos (\"Había unha vez\") ou no emprego de formas pouco habituais no relato escrito, como a escolla da narración en segunda persoa ou a inhibición case total da voz narrativa para amosarnos un contexto a través do diálogo dos personaxes. Tamén algúns dos trazos mencionados poden relacionarse con parte do imaxinario habitual da oralidade: o contacto co realismo máxico ou a necesidade, tan acusada nas historias que se contan en voz alta, dun final climático. Podemos dicir que ese traslado de técnicas á escrita, tal e como nos viña demostrando noutras pezas soltas, beneficia moito a narrativa de Charo Pita. Contos breves que xogan a sorprendernos e facernos imaxinar outras realidades, bos compañeiros para o verán que chega."}
{"ID": "NOS_37043", "summary": "Son xa dez anos celebrando o Día de Rosalía, unha efeméride que pretendía, no seu momento, festexar a literatura e o libro galego, pero que a cidadanía levou a outro lugar máis amplo onde conviven a conmemoración e o impulso transformador, o orgullo de pertencer a unha cultura e as reivindicacións sociais e políticas. O 24 de febreiro –aniversario do nacemento da poeta– é xa unha data na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse, para festexar unha identidade sempre en causa, mais sempre resiliente.", "text": "Como se produciu ese milagre é algo que debería analizarse para comprender cales son as chaves dunha autoconciencia colectiva que sempre ten dificultades para manifestarse abertamente, que sempre dubida do seu dereito a reivindicarse a si mesma. A rapidez con que a sociedade galega asumiu esa data como propia aínda sorprende. Anna R. Figueiredo, vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), confesa que \"en xeral, custa introducir este tipo de efemérides na sociedade, mais o Día de Rosalía como celebración da literatura e do libro galegos calou axiña. Notámolo moito este ano, no que por mor da pandemia todo se está volvendo máis virtual e moitas datas destacadas acaban esquecéndose; non obstante, desde o ensino e desde outras instancias existía unha grande expectación sobre cales eran as propostas para este ano, sobre quen lería o manifesto… É unha proba de que se trata dunha conmemoración xa moi instalada. O traballo de moita xente conseguiu facer deste proxecto unha realidade\". Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, destaca a importancia da rede social que se puxo en marcha para que a celebración chegase a ser o que é agora: \"Na creación e popularización do Día de Rosalía foi chave o traballo que fixo a AELG e tamén a conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Organizouse daquela unha exposición que tivo moito impacto, desenvolvida pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, mais na que tamén participaron institucións moi diversas: até o Celta de Vigo estaba presente. Eu creo que aí se deu un salto que converteu a celebración en algo moi popular, ampliouse o ámbito no que se movía. E tamén hai que lembrar e recoñecer o inmenso traballo feito desde o ensino, moitas veces en condicións case heroicas\". \"Todos os pobos, por pouca conciencia que teñan de si, necesitan referencias. Non é preciso subliñar que a Galiza anda moi escasa desas referencias, mais a única que tiña de certa relevancia –aínda que moitas veces manipulada e terxiversada– era a de Rosalía\", di Francisco Rodríguez Francisco Rodríguez, ensaísta e un dos maiores expertos na obra de Rosalía, engade a este catálogo de antecedentes o acto cívico en lembranza do traslado dos restos mortais da autoría ao Panteón de Galegos Ilustres e, moi especialmente, a discusión académica que se deu en décadas anteriores: \"O debate intelectual sobre a interpretación dos escritos de Rosalía tivo lugar, en moitas ocasións, en termos moi belixerantes. Os que diciamos hai vinte e cinco anos que a súa obra era feminista ou que contiña trazos de –polo menos– un socialismo utópico fomos desprezados e inxuriados cunha ferocidade insólita no debate académico. Agora parece que os tempos son máis permeábeis a ese tipo de mensaxes e iso é positivo para coñecer Rosalía, mais tamén existe moito oportunismo que oculta intereses pouco confesábeis\". \"En todo caso\", continúa Rodríguez, \"é certo que todos os pobos, por pouca conciencia que teñan de si, necesitan referencias. Non é preciso subliñar que a Galiza anda moi escasa desas referencias, mais a única que tiña de certa relevancia –aínda que moitas veces manipulada e terxiversada– era a de Rosalía. A novidade agora é que está recuperando un espazo cunha imaxe transformada, máis adecuada á realidade do que representou, do que significou e do que significa. Hai unha revalorización da súa figura a unha escala moito maior, sobre todo, pola vía do feminismo, e iso sempre é positivo para referenciar a súa dimensión social\". O debate académico Talvez o feito de que o debate académico –recluído habitualmente no ámbito universitario– estea máis presente nos medios de comunicación sexa unha das consecuencias desa popularización da figura da escritora. Angueira concorda en que as lecturas contemporáneas de Rosalía se veñen facendo desde hai moito tempo, \"o que ocorre é que, nestes últimos anos, achádegos que normalmente non irían máis alá do mundo académico teñen máis eco na opinión pública. Neste aspecto foron moi importantes as lecturas feitas na década de 1980 e, especialmente, no Congreso que se realizou en 1985 co gallo do centenario da morte de Rosalía. Hai traballos fundamentais, como o de Francisco Rodríguez, que abriu moitas portas a un novo entendemento da autora, e mesmo anteriores, como os de Carvalho Calero. E un pouco máis tarde, as achegas de estudosas feitas desde o feminismo contribuíron enormemente a desbotar os tópicos que ás veces rodearon a obra rosaliana\". A relectura en chave feminista tamén é valorada por Figueiredo: \"Aí saen nomes marabillosos como o de Chus Lama, María Pilar García Negro… que \"reinventan\" Rosalía cunha lectura feminista que descobre moitos valores que talvez non eran tan evidentes no pasado. O traballo académico produce ciencia, e a ciencia está nun permanente proceso de revisión. Esas novas perspectivas permítennos ver a obra rosaliana desde unha ollada actual. Eu penso que aínda queda moito por aprender da literatura de Rosalía, que é moi valioso contrapor esta visión contemporánea á imaxe máis sentimental que se difundiu no pasado dos seus versos. Era necesario romper con ese prexuízo da autora chorona que non deixou apreciar moitos dos méritos que posúen os seus libros\". \"Rosalía fala hai máis de 150 anos de cuestións tan actuais como os desafiuzamentos ou o maltrato. É un referente que logra evocar unha paisaxe social coa que a xente moza, especialmente, pode sentirse identificada\". explica Anna Figueiredo Reivindicación social Se cadra, o feito de que a celebración comezase nunha época en que a crise financeira global de 2008 abría o camiño a discursos moi críticos co poder estabelecido permitiron que, finalmente, a obra de Rosalía puidese despoxarse deses prexuízos dos que fala Angueira. Figueiredo pensa que \"dalgunha forma, tomamos conciencia de que os dereitos nunca están garantidos, de que hai que loitar permanentemente por eles, e en Rosalía atópanse moitos temas que seguen sendo de plena actualidade. Ela fala hai máis de 150 anos de cuestións tan actuais como os desafiuzamentos ou o maltrato. É un referente que logra evocar unha paisaxe social coa que a xente moza, especialmente, pode sentirse identificada\". Angueira apunta que \"o discurso político e literario de Rosalía non é un discurso decimonónico, no sentido pexorativo da palabra, senón un discurso vivo. Se colles un poema como \"A xustixa pola man\" decátaste da actualidade das súas palabras, da potencia revolucionaria e da enorme carga crítica que posúe. Simboliza, ademais, unha revolución encabezada por unha muller, unha revolta que atinxe moitas caras da nosa sociedade. Fíxate, ela fala xa do maltrato! Como non vai calar na sociedade?\". \"As cousas non caen do ceo\", di Rodríguez, \"e cando suceden é porque hai unha parte da sociedade organizada que, pouco a pouco, foi logrando inculcar a necesidade de reler Rosalía desde outros parámetros. Avanzouse moito na eliminación de estereotipos, no coñecemento da ampla cultura na que está fundamentada a súa obra e no recoñecemento dos aspectos máis avanzados do seu pensamento, tanto no social como no feminista. E todo isto gañouse a pulso, desde os movementos de base e, moitas veces, coa oposición de moitas figuras destacadas do mundo da cultura institucional\". Unha festa democrática Outra das chaves para medir o éxito do Día de Rosalía é, sen dúbida, o achegamento da xente moza, unha mirada desprexuízada das novas xeracións que lle outorga pluralidade á efeméride. Angueira destaca \"o papel que xogaron as que chamamos novas tecnoloxías na popularización do Día de Rosalía entre a mocidade, cando comezaron a espallarse vídeos, memes, mensaxes polas redes sociais… que fixeron que se expandise a celebración, a facerse máis visíbel. Como aquela imaxe warholiana que creou a empresa de deseño Rei Zentolo, que adquiriu unha sona case inmediata por todas as partes. O atractivo deste día é que as iniciativas son múltiples e variadas, non hai un guión nin un mapa para celebrar, trátase dunha festa absolutamente democrática que demostra que Rosalía está viva e que nós estamos vivos\". Figueiredo concorda: \"Esa pluralidade non fai máis que enriquecer esta celebración. A obra rosaliana é un patrimonio inmaterial de todas e todos e está ben que cada un o enfoque dunha maneira diferente: a vivencia da cultura ten que ser democrática. Mais se o vemos desde o punto de vista da AELG, dun grupo de persoas que se dedican á escrita, ten un pouso especial porque nos identificamos dun modo moi esencial con esa necesidade de visualizar a nosa lingua entre a comunidade á que nos diriximos e da que formamos parte. Nese sentido, non nos conformamos con ser creadoras, senón que queremos convidar a cidadanía a que tome un rol activo na experiencia cultural, a que lea, difunda e viva as nosas letras desde o seu lugar na sociedade.\" \"As grandes cousas que facemos sempre veñen do pobo, sempre se constrúen de abaixo cara a arriba\", afirma Angueira. A oposición da Xunta Non se esaxera cando se afirma que a festa foi construída desde os piares da sociedade: non debemos esquecer que o Día de Rosalía contou durante anos coa oposición da Xunta da Galiza, que acusaba o nacionalismo de \"querer patrimonializar a figura de Rosalía\" ou que retiraba do calendario escolar a data que conmemora o seu nacemento. Só cando a celebración foi unha realidade que non se podía sortear comezou a participar oficialmente na celebración do 24 de febreiro. \"As grandes cousas que facemos sempre veñen do pobo, sempre se constrúen de abaixo cara a arriba\", afirma Angueira. \"E a celebración do Día de Rosalía foi unha creación do pobo na que se comprometeron múltiples actores: o mundo da cultura, o ensino, o asociacionismo, a mocidade… Ás veces a sociedade séntese titorizada e reacciona creando as súas propias institucións populares independentes do poder e este foi o caso. Mais isto non é novo no que se refire a Rosalía: a adquisición da Casa da Matanza, a súa conservación e musealización, foron obra dun compromiso cidadán. Ese é o camiño para que as cousas prendan e vaian adiante\". Francisco Rodríguez matiza: \"Debemos felicitarnos polo éxito dunha iniciativa como esta, mais aínda queda moito para que exista unha verdadeira incidencia na toma de conciencia da realidade nacional do país, trasladada tamén ao terreo da arte e da literatura. E, por outro lado, este éxito non debe levarnos a pensar, como ás veces sucede, que Rosalía sempre foi recoñecida: ela tivo que loitar contra corrente en vida e mesmo tamén despois de morta, xa que a imaxe que se deu dela estaba moi adulterada\". E remata sinalando que \"a data non está no almanaque e quen pon os festivos e os días de renome na Galiza é a Administración galega. É inquietante esa manobra de lexitimarse sen asumir: que agora celebremos Rosalía e que non nos preocupe a situación do idioma non parece moi coherente. A pouco que escarvemos, Rosalía segue sendo unha estranxeira na súa patria\"."}
{"ID": "NOS_34956", "summary": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou o seu sentido pesar e pediu este sábado unha investigación sobre as causas do accidente dun hidroavión que traballaba para apagar un incendio declarado en Lobios.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado unha investigación sobre as causas do accidente dun hidroavión que traballaba para apagar un incendio declarado en Lobios, na comarca d Ourense, que provocou a morte dun dos pilotos e feridas graves ao outro. A través de varias mensaxes na súa conta de Twitter, Pontón afirmou que este sábado \"é un día de loito para Galiza\" e manifestou o seu \"sentido pesar\" e o da formación que lidera á familia e amizades do falecido, así como \"a todo o persoal de extinción\". Hoxe é un día de loito para Galiza. O meu sentido pesar e o do BNG a súa familia, amizades e a todo o persoal de extinción. As persoas que cada verán loitan contra os lumes fan unha labor esencial que debemos valorar e recoñecer. https://t.co/3QCcyzUUjW— Ana Pontón (@anaponton) August 8, 2020 Ademais, enviou os seus \"mellores desexos\" para o tripulante ferido e \"moita forza ás persoas que cada día poñen en risco as súas vidas\" para salvagardar a seguridade dos demais. As persoas que cada verán loitan contra os incendios \"fan un labor esencial\", que a líder do BNG pediu \"valorar e recoñecer\". Investigar o sucedido é \"o mínimo exixíbel nun sistema democrático\", engadiu. \"Todo o meu agarimo para as familias das vítimas\", publicou Sánchez Pola súa banda, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, tamén trasladou á familia do traballador falecido o seu sentido pésame a través da súa conta de Twitter. \"Todo o meu agarimo para as familias das vítimas e o recoñecemento de todo o Goberno aos equipos que loitan contra os incendios forestais\", publicou Sánchez na súa conta de Twitter. Atento a las informaciones sobre el accidente del hidroavión portugués que trabajaba en la extinción del incendio de #Lobios. Todo mi cariño para las familias de las víctimas y el reconocimiento de todo el Gobierno a los equipos que luchan contra los incendios forestales. #IIFF— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) August 8, 2020 Así mesmo, o presidente do Executivo destacou que está atento ás informacións sobre o accidente do hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio de Lobios. No sinistro, faleceu un dos dous tripulantes, de orixe portuguesa, do hidroavión sinistrado e o outro piloto español sofre varios politraumatismos, polo que foi evacuado a un hospital de Portugal nun helicóptero, segundo informou a Consellería do Medio Rural, cuxo responsable, José González, desprazouse ao lugar. Ademais, tamén trasladou as súas condolencias a ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demogrático, Teresa Ribeira. \"Noticias moi tristes nuns días moi duros para quen loitan contra o lume. A cooperación dos dous servizos convértenos nun só equipo, neste momento sobrecogido -de novo- pola dor\", sinala a ministra a través do seu perfil de Twitter, no que traslada un abrazo para \"todos\", especialmente para os \"compañeiros lusos\"."}
{"ID": "NOS_53860", "summary": "O expediente de regulación temporal de emprego afecta 540 traballadores e traballadoras en Vigo.", "text": "\"Non é un ERTE, é unha estafa\", \"Despidos para os directivos\" e \"Este ERTE ímolo parar\" foron algún dos lemas coreados nas concentracións que se desenvolveron diante dos centros de traballo de Bosch en Vigo no marco da greve de 24 horas convocada contra o ERTE que afecta 540 traballadores. A folga foi secundada por perto de 80% do persoal, segundo dados sindicais. A presidenta do comité de empresa, Laura Pérez Figueroa, da CIG, expresou a satisfacción da representación sindical polo elevado seguimento. O expediente de regulación temporal de emprego afecta 540 traballadores e traballadoras en Vigo. O grupo ten nesa cidade 2.500 operarios e operarias. O comité rexeita o expediente de regulación temporal de emprego presentado pola empresa, cuxa negociación finalizou sen acordo."}
{"ID": "NOS_49323", "summary": "'Móllate polos ríos' chega á súa IX edición. Participan 56 entidades e colectivos.", "text": "Este domingo decorrerá a IX edición de 'Móllate polos ríos', unha iniciativa de Adega promovida e financiada por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, e que ano tras ano reúne centos de persoas voluntarias. Terá lugar en 44 concellos de toda Galiza e participarán 56 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade. Se queres saber máis desta limpeza simultánea, toda a información tela aquí. O que se procura con esta iniciativa é limpar os cursos fluviais ao tempo que se dá a coñecer o importante papel dos ríos, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Na edición de 2015 mobilizáronse máis de 600 persoas en 45 concellos de Galiza. Máis de 13 toneladas de lixo foron retiradas de ríos e regatos do país no marco desta acción. \"Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, altofalantes, baterías de coche, pilas e os electrodomésticos tampouco faltaron. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado...\", informaban naquela VIII edición."}
{"ID": "NOS_38399", "summary": "Atribúe ao PP os 37.372 votos nulos e constata que neles ficou patente o rexeitamento a estas participacións colocadas por entidades como Novagalicia Banco, e asegura que para as persoas afectadas \"o panorama é o que tiñamos\"", "text": "Abriron o curso político canda o PP en Soutomaior e acompañaron a Feijóo en boa parte dos seus mítins de campaña. Após este 21 de outubro, nada muda. As 100 mil persoas afectadas pola fraude das preferentes seguirán a reclamar os seus aforros. \"Esperaba este resultado, mais a situación é a mesma que tiñamos\", valorou Xesús Domínguez, voceiro d@s estafad@s en Compostela. Estivo nunha mesa electoral no Grove e constatou que a porcentaxe de voto nulo --37.372 en total en todo o país-- \"foi para o PP e nel constatouse o rexeitamento ás preferentes e ao roubo dos nosos aforros\". Atribuíu os resultados electorais \"á división do voto, que sempre foi a súa estratexia\", e repasou o panorama que lles queda a quen reclama os cartos invertidos nestas participacións. Así, sinalou Dominguez que \"se non impugnaron o real decreto non o van facer agora, nin van abrir a comisión de investigación polas caixas\", adiada tras adiantar os comicios de marzo de 2013 a este domingo."}
{"ID": "PRAZA_205", "summary": "O BNG barreirense pide explicacións ante o que considera un novo caso de urbanismo á carta neste concello da Mariña. O investigado ve na denuncia, formulada por un particular, un intento de \"desprestixiar\" e o alcalde augura que o Bloque \"terá que envainala\"", "text": "A lupa da legalidade, de novo sobre o urbanismo de Barreiros. Case unha década despois de que o Concello presidido por Alfonso Fuente (PP) concedese licenzas para case 6.000 vivendas para este municipio de 3.200 habitantes malia ás advertencias de ilegalidade da secretaría municipal, o Servizo de Protección de la Naturaleza da Guardia Civil (Seprona) investiga se un dos membros do goberno local, o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, cumpre a normativa vixente nunha edificación da súa propiedade. A investigación, en vigor dende o pasado outono, saíu á luz no pleno municipal do pasado luns a través do BNG, que xa reclama explicacións dun alcalde que, iradamente, augura que todo ficará en nada. Segundo consta nunha resolución da Alcaldía do pasado 13 de setembro o Seprona de Lugo dirixiuse tres días antes ao consistorio para solicitar información sobre o edificio do tenente de alcalde. Ante este requerimento a arquitecta municipal tivo que elaborar un informe no que, admite o Concello, \"consta que non se realizou ningunha comprobación do estado de execución da vivenda\", isto é, se as súas características se axustan ao autorizado no seu día, \"xa que non ten solicitada a licenza de primeira ocupación, momento no que se realiza a inspección\" se antes \"non hai denuncias\". Así as cousas, \"resulta conveniente realizar unha visita de comprobación a dita vivenda\" para \"constatar se se está adecuando á licenza concedida no seu momento\" ou se \"se está realizando algún tipo de actuación ilegal na mesma\". O motivo da alerta do Seprona é unha denuncia dun particular sobre supostas irregularidades na casa do tenente do alcalde, construída nunha parcela duns 800 metros cadrados que, segundo as normas urbanísticas subsidiarias de 1994 -Barreiros segue sen planeamento urbanístico-, pode albergar unha vivenda unifamiliar illada ou adosada con determinados aproveitamentos comerciais pero non, por exemplo, un bloque de apartamentos. Nete contexto, o Bloque local reclama que o Concello lle facilite toda a información e copias documentais sobre a investigación, máis aínda tendo en conta que \"con data do 15 de xaneiro\" consta no Rexistro municipal \"solicitude de informe da Consellería de Medio Ambiente\" sobre \"a legalización da vivenda unifamiliar a nome\" de Gómez Puente, \"o que constataría que a día de hoxe dita vivenda é ilegal\". O BNG local ve neste caso \"un exemplo claro da política urbanística á carta\" do PP de Barreiros Para o grupo municipal do BNG o edificio do tenente de alcalde, na \"zona da praia\", é un \"exemplo claro da política urbanística á carta\" do PP de Barreiros, \"destinada a beneficiar intereses particulares\". En verbas do concelleiro e vicepresidente da Deputación Antonio Veiga cabe sospeitar que o alcalde \"ollou cara a outro lado e fixo a vista gorda, sabendo que o edificio que o tenente de alcalde construíu non se axusta ao tipo de solo nin ao uso permitido nesa zona no momento en que se concedeu a licenza\". \"Neste momento -asegura Veiga- o edificio é ilegal e este verán estivo sendo ocupado sen ter licenza de primeira ocupación\". O goberno municipal, alerta, prepara \"unha legalización ad hoc\" e non \"para un veciño calquera\", senón \"para o tenente de alcalde, que como tal concede licenzas, así que é o primeiro que ten que cumprir a lei\". O tenente de alcalde asegura que \"todo é legal\" e o alcalde augura que o Bloque \"terá que envainala\" Mentres Veiga reclama \"máxima transparencia\" e \"toda a documentación\" o protagonista do contencioso, o tenente de alcalde, afirma que \"todo é legal\". En declaracións a La Voz de Galicia Gómez Puente atribúe \"este episodio\" a que \"estamos entrando en campaña\" e alguén procura \"desprestixiar e facer dano con acusacións falsas\". A súa, afirma, é \"unha casa cun baixo, que é onde vai unha vivenda unifamiliar\" e un andar \"no que estou facendo dous apartamentos turísticos para arrendar\". A ausencia de licenza de primeira ocupación, afirma, ébese a que a eses apartamentos \"aínda lles faltan cousas\", se ben, afirma, \"as obras axústanse á licenza\", outorgada en 2007, \"como se demostrará\". \"O BNG trata de difamar aproveitando unha denuncia falsa de alguén ficticio, proclama\". O alcalde, que vén de ser ratificado como candidato nas vindeiras municipais, defende igualmente a legalidade do proxecto e carga, asemade, contra os nacionalistas. \"Se houbo unha modificación do proxecto, se se axusta á lexislación, que creo que é o que pasou, legalizarase\", afirmou durante a sesión plenaria. \"No próximo pleno traeremos todo aquí\", afirmou en resposta ao BNG. \"Se está todo correcto algún que quere sementar dúbidas terá, como se di vulgarmente, que envainala\", conclúe."}
{"ID": "NOS_4172", "summary": "Presentou un recurso contra o último auto de Luís Aláez en que dá a entender que non existe informe nengún a respeito de por que se prescindiu do sistema de freada ERTMS e carga contra o xuíz sinalando que \"boa parte\" das súas dilixencias \"son innecesarias e non están xustificadas\".", "text": "A Avogacía do Estado acusou o xuíz intrutor do accidente de Angrois de converter o sinistro, acontecido o 24 de xullo de 2013 e onde morreron 79 persoas, \"nunha sorte de inquisición xeral sobre a actividade do Adif\". Así o recolle o escrito que lle remitiu a Luis Aláez, titular do xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela, a quen tamén reprocha que plantee á empresa pública \"esixencias arbitrarias e carentes de base técnica ou normativa\" que a avogada do Estado, Consuelo Castro, considera \"baseadas en conxeturas, sospeitas, elucubracións e xulgamentos persoais\" do avogado que se ocupa da defensa da única persoa imputada, o maquinista Francisco Garzón. O xuíz quere coñecer as razóns polas cales se prescindiu do ERTMS Segundo informa esta sexta feira o xornal El País, o documento de Castro Rey, é un recurso contra o auto que Aláez ditou o 5 de marzo e en virtude do cal cita para declarar cinco cargo de Adif e reclama uns documentos que a empresa pública debera ter entregado esta mesma sexta feira, ao dar o xuíz instrutor un prazo de dez días. A intención de Aláez é coñecer cales foron os motivos que levaron a tomar a decisión de prescindir do sistema de freado ERTMS e que informes técnicos se encargaron a tal efecto. Entende que o ERTMS tería freado o comboio de maneira automática, paliando as consecuencias do despeiste do condutor, que circulaba a case 200 quilómetros por hora nun tramo onde a velocidade máxima ficaba restrinxida a 80. A Avogacía dá a entender que non existe nengún informe sobre o control da velocidade Porén, no escrito da avogada do Estado, o que se dá a entender é que non existe nengún estudo previo sobre as consecuencias que carrexaría prescindir do devandito sistema de freado. Sinala Consuelo Castro que \"non existe nengunha previsión técnica ou normativa relativa á necesidade de que o xestor da infraestrutura realice\" o devandito informe e translada a Renfe a decisión sobre o sistema de control da velocidade. Por derradeiro, a Abogacía esixe máis dez días (até o 25 de marzo) para que Adif entregue a documentación reclamada de ser o seu recurso desestimado e acrecenta que \"unha boa parte\" das dilixencias ordenadas son \"innecesarias, reiterativas e non están xustificadas\"."}
{"ID": "NOS_20773", "summary": "Julio C. Gambina, doutor en Ciencias Sociais e Presidente de la Fundación de Investigacións Sociais e Políticas, FISYP, analiza as causas e consecuencias das eleccións presidenciais en Arxentina, que na súa segunda volta resultaron na vitoria do conservador Mauricio Macri.", "text": "Tras un ano de eleccións, finalmente desvelouse a incógnita para a nova quenda presidencial desde o 10/12/2015: Mauricio Macri foi electo polo voto de 12.903.301 persoas, un 51,40% de votantes, contra 12.198.441, un 48,60% do oficialista Daniel Scioli. A diferenza son 704.860 votos, un 2,80%. Os votos en branco, nulos, recorridos ou impugnados foron 636,818, un escaso 2,47%. Son datos relativos ao 99,17% das mesas escrutadas [1] con máis do 80% de votantes sobre o padrón electoral. Trátase dun final moi apertado para un novo ciclo de disputa política na Arxentina. O resultado confirma a nosa tese relativa ás novidades políticas na Arxentina desde a crise do 2001. O bipartidismo tradicional entre peronistas (PJ) e radicais (UCR) cedeu lugar ás novas identidades que disputaron o ballotage recente, con coaligazóns que en magnitudes diversas conteñen a peronistas e radicais, entre outras identidades políticas vixentes na Arxentina. Macrismo e kirchnerismo son a novidade política destes anos. Macrismo Macri organizou o seu partido nestes últimos 10 anos, o PRO, con achegas substanciais de cadros e votos provenientes do peronismo e ata, inda que menos, radicais e doutras tradicións políticas e da xestión empresarial. Esa foi a base para dous períodos de goberno na cidade capital da Arxentina (2007-2011 e 2011-2015) e asegurar un próximo terceiro mandato liderado polo seu colaborador máis inmediato. Soubo no último tempo organizar unha coaligazón, CAMBIEMOS, aproveitando a dilatada estrutura radical, presente en practicamente todo o país e favorecer a supervivencia do vello partido de Irigoyen, que agora acumula uns cantos lexisladores, intendentes e gobernadores, cando parecía desaparecido da escena política. A maioría dos seus votantes non son propios e dificilmente poida considerarse a metade destes como de dereita O PRO presenta agora os seus principais cadros á fronte da xestión do distrito nacional, a cidade capital do país e a Provincia de Bos Aires, expresión dun 37/38% da economía, a poboación e o peso electoral, que ademais, foi a gran novidade na elección de outubro ao desprazar ao oficialismo, favorito en todas as enquisas e análises políticas. Trátase dun peso importante na disputa pola hexemonía política e na capacidade de consolidar poder territorial propio para nacionalizar unha forza xurdida desde a Cidade de Bos Aires. Os votos propios logrados polo PRO son o 25% achegado nas primarias (agosto do 2015), nas que a súa coaligazón, CAMBIEMOS, conseguiu o 30%; estendido a 35% nas eleccións xerais de outubro (25/10) e logrando o 51,40% na segunda volta (22/11). O candidato ten tradición na dereita política e expresa, por primeira vez na historia recente (1983-2015) e ata máis atrás, a urxencia dun partido de dereita con votos na disputa institucional. A maioría dos seus votantes non son propios e dificilmente poida considerarse a metade destes como de dereita, inda que constitúen unha base masiva para construír apoio ao proxecto de restauración conservadora. Kirchnerismo O kirchnerismo emerxe como versión renovada do peronismo en 2003 e con capacidade de incorporar a sectores políticos con identidade á esquerda do peronismo, con atracción de intelectuais e mozos, especialmente sobre fins do primeiro mandato de Néstor Kirchner (2003-2007). O kirchnerismo non é necesariamente peronismo, tal como o foi o menemismo, senón que constituíu o intento de construír un proxecto transversal con capacidade de actuar sobre diversas organizacións sociais e políticas para estender a súa base social. O kirchnerismo non puido xerar en 12 anos unha liña de cadros para a sucesión Tres períodos de goberno (2003-2007; 2007-2011; 2011-2015) e unha importante votación e imaxe de Cristina Fernández dan conta da eficacia na construción de apoio destes anos, favorecidos por unha conxuntura internacional de alza de prezos internacionais das comodities [materias primas], especialmente da soia e a minería que abonaron unha política social masiva que atendeu a demanda de ingresos de millóns de persoas. Os principais logros sobre os que construíu o consenso susténtase na política social aludida; a posición asumida nas relacións internacionais, orientadas cara á rexión latinoamericana e caribeña, coroada en 2005 na Cimeira de Presidentes das Américas realizadas en Mar do Prata --que en converxencia coa Cimeira dos Pobos, impediu o rexurdimento da axenda do ALCA que pregoaba o presidente de EEUU nese tempo-- e nunha política de dereitos humanos, especialmente concentrada na memoria relativa aos anos da ditadura xenocida (1976-1983), a anulación das leis da impunidade e o alento aos xuízos aos xenocidas. A falencia na construción de poder propio está clara no estilo de xestión kirchnerista, que impediu asegurar a continuidade do ciclo. O candidato seleccionado para a disputa electoral nunca satisfixo os núcleos militantes do oficialismo e sostívose polas medicións de apoio electoral provistas polas consultoras de opinión e a decisión da presidenta. O kirchnerismo non puido xerar en 12 anos unha liña de cadros para a sucesión, nin mostrou capacidade, para alén de organizar forza propia, para disputar apoios na organización do movemento social, nin entre os traballadores, nin nos territorios, os establecementos educativos ou diversas expresións da organicidade popular. O estendido vínculo do consenso procesábase entre o liderado de Néstor e Cristina cos seus adherentes, dando conta dunha falencia na construción de mediacións de poder no movemento popular. De aquí xorden as incógnitas do futuro próximo do kirchnerismo, xa que a base de poder deveu das posicións na xestión do Estado. Peronismo Hai peronismo na coaligazón que lidera Macri. Existe peronismo no kirchnerismo, e tamén están os peronistas disidentes, liderados pola coaligazón entre Sergio Massa e José Manuel Da Sota, quen colleitaron o terceiro lugar na elección xeral de outubro pasado e con 5,5 millóns de votos. Un caudal que maioritariamente optou por Macri, con sinais orientadoras nese sentido dos principais líderes. Hai peronismo na coaligazón que lidera Macri. Existe peronismo no kirchnerismo, e tamén están os peronistas disidentes liderados por Massa Logo da morte de Perón en 1974 tendo legado o seu proxecto ao Pobo, o peronismo foi derrotado á saída da ditadura por Raúl Alfonsín (1983-1989) e rexurdiu cun proxecto reaccionario con Carlos Menem entre 1989 e 1999 para consolidar os cambios estruturais regresivos imaxinados en tempos ditatoriais (1976-1983). O proxecto do terrorismo de Estado foi posible daquela, desde o consenso logrado polo peronismo (menemismo) no goberno. Destaca neste sentido a afirmación do modelo produtivo e de desenvolvemento subordinado á dominación das transnacionais de orixe estranxeira, a exacerbación do estrativismo para a exportación e a profundización da dependencia e a especulación con eixe no endebedamento público e a fuga de capitais. Da man do peronismo chega Néstor Kirchner ao goberno e constrúe o seu propio poder máis alá do peronismo. Iso xera as disidencias que permiten pensar nunha nova rolda de disputa polo liderado da identidade peronista. Xa dixemos que boa parte dos votantes de Macri proveñen do peronismo, inda que a disputa polo legado peronista realizarase entre o kirchnerismo e os gobernadores desa tradición e moi especialmente pola alianza entre Massa e Da Sota. É probable tamén que o macrismo dispute unha transversalidade desprazada á dereita para captar dirixentes e referentes do peronismo e outras identidades políticas. Por que gañou Macri? Moito do voto na segunda volta foi en contra. Contra Macri votouse, en boa parte, a Scioli. Contra o kirchnerismo, ou contra Cristina Fernández, moitos votaron a Macri. Esta opción foi más forte e sobre 7,5 millóns de votos cara a outros candidatos en outubro pasado, Macri colleitou 4,5 millóns e Scioli 3 millóns. A lóxica do ballotage é a opción entre un e outro, e así se percibiu por 25 millóns de electores e un escaso voto branco, nulo ou recorrido. O voto castigo é a primeira explicación que pode atoparse para a vitoria de Macri O voto castigo é a primeira explicación que pode atoparse, inda que o apoio do oficialismo é amplo, non só pola votación (48,60%) senón tamén pola elevada imaxe positiva con que deixa o goberno Cristina Fernández logo de 12 anos. Xa mencionamos que o candidato oficialista non foi o mellor e non tiña grandes diferenzas con Macri, nin pola súa orixe empresarial, o seu inicio na política da man de Menem e unha xestión da Provincia de Bos Aires por dous periodos (ídem Macri na Cidade de Bos Aires) e con resultados non moi distintos en saúde, educación, seguridade ou inseguridade, entre outros aspectos. A evolución da economía, especialmente desde o 2011, co 54% de apoio electoral ao segundo período de Cristina Fernández, non tivo os mellores datos. A crise mundial golpeou con baixas dos prezos internacionais. A inflación elevouse considerablemente afectando os ingresos populares. As reservas internacionais, dun máximo de 52.000 millóns de dólares en 2011 reducíronse á metade no presente, explicado pola fuga de capitais e a cancelación dunha débeda que hipoteca e condiciona o presente e futuro do país, xunto a unha sentenza en firme nos EUA para cancelar 100% da débeda de inversores non ingresados ao troco de débeda do 2005 e 2010, os fondos voitres. O emprego deixou de crecer e a caída da produción industrial puxo en evidencia os límites do proceso de produción fabril, reducido a un armazón dependente de insumos estranxeiros, especialmente con déficit enerxético. Nin a política, nin a economía foron datos favorables para un cuarto período de xestión kirchnerista Nin a política, nin a economía foron datos favorables para un cuarto período de xestión kirchnerista. O resultado sustentouse na oferta de \"cambio\" proposta por Macri, quen licou o seu programa tradicional facéndoo máis amigable a varios proxectos do goberno kirchneristas. Todo parecía que a oferta era cambiar o estilo de xestión, inda que se recoñece que o espectro intelectual profesional detrás do futuro presidente supuxo a restauración dun programa más favorable ás clases dominantes. Un elemento destacable foi o papel dos medios favorables á oposición que instalaron un sentido común de crítica á xestión do goberno. Á vez, a prensa oficialista non puido superar o estilo de propaganda orientada cara aos convencidos, sen asumir unha mínima crítica ás políticas oficiais e eludindo os descontentos sobre o candidato e campaña oficialista. O carácter contrario ao proceso de cambio latinoamericano na prensa hexemónica, organizada desde monopolios privados de comunicación, divulgou unha crítica ao ciclo inaugurado desde a elección de Hugo Chávez en Venezuela en 1999 e outros procesos rexionais que intentaron o alento a unha integración non subordinada. A prensa instalou con éxito a crítica á experiencia venezolana e identificou a proposta da revolución bolivariana co destino do goberno kirchnerista, cando este nunca asumira o proxecto anticapitalista formulado desde Caracas. Primeiras mensaxes Reorientar a política internacional, con iniciativas contra Venezuela e Irán, promovendo novas e renovadas relacións con China e especialmente cos EUA. Trátase dunha mensaxe clara de aliñamento co programa liberalizador que sustenta o imperialismo e as clases dominantes, empuxando desde o Mercosur o achegamento coa Alianza do Pacífico. Trátase dunha mensaxe clara de aliñamento co programa liberalizador que sustenta o imperialismo e as clases dominantes As designacións no Gabinete non tiveron sorpresas, salvo a continuidade do Ministro de Ciencia e Tecnoloxía que acompañou a Cristina Fernández nos seus dous períodos de Goberno. O elenco de goberno son profesionais e políticos de concepción neoliberal e con orientación a promover a iniciativa privada, o acceso de investimentos externos e a reinserción da Arxentina no sistema financeiro mundial. Boa parte dos funcionarios do novo goberno teñen currículum en empresas privadas. A mensaxe coidadosa en campaña electoral pode continuar na primeira parte da xestión, inda que a anunciada unificación do tipo de cambio (depreciación da moeda) pode impactar non só en cambios dos prezos relativos, senón na percepción da poboación sobre o sentido da política da nova xestión presidencial. É algo que se fará visible nos próximos días, logo da asunción o 10 de decembro. [Para profundar na orientación da política económica, ler estoutro artigo do autor: Orientacións da política económica da presidencia Macri] Os mercados responderon o estímulo dun goberno prol mercado e nestes primeiros días mostráronse ao alza e ata con tomas de ganancias no curto prazo, dando conta dunha sensibilidade para a especulación prol capitalista. Para pensar O cadro descrito é de crise do sistema político, con urxencia de novos actores que disputan a identidade do pobo arxentino; co macrismo pretendendo unha transversalidade cara á dereita. Ao mesmo tempo permite pensar na posibilidade de construír alternativa política popular. É algo non logrado desde a crise do 2001; especialmente cruzado pola urxencia do kirchnerismo e a súa transversalidade cara á esquerda. O desafío suscítase na potencialidade de construír unha alternativa política para impedir a restauración e ir más alá do posible que permite a orde capitalista contemporánea en proceso de crise mundial. O desafío é construír unha alternativa política para impedir a restauración neoliberal É preciso caracterizar adecuadamente o momento actual, que non é o retorno liso e plano aos 90'; senón unha proposta de modernizar o proxecto político das clases dominantes, que por primeira vez acceden ao goberno co apoio dos votos. Na reelección de Menem en 1995 existiu consenso ao proceso de reestruturación regresivo despregado no primeiro mandato entre 1989 e 1995. Non é o que ocorre agora, cunha maioría lograda como voto castigo ao goberno. Non hai mandato explícito para a restauración dos 90´ inda que o goberno sustentará o seu programa liberalizador no apoio electoral. Baixo estas condición o que se require é pensar criticamente a realidade e propoñer unha perspectiva de emancipación social máis alá do réxime do capital."}
{"ID": "PRAZA_13255", "summary": "A crise económica non é tal. Non deixa de ser a escusa perfecta para converter os erros provocados pola ambición desmedida de moi poucos nun problema de todos. Non deixa de ser a transferencia de caudais das rendas do traballo ás bocas insaciables do gran Capital. Non deixa de ser unha escusa perfecta, empregando as infalibles e vellas armas do medo, o patriotismo decimonónico, a represión policial e o endurecemento do código penal", "text": "\"A guerra é a paz, a liberdade é a escravitude, a ignorancia é a forza\" A primeira vítima dunha guerra é sempre a verdade, di o vello adagio. Sen pretendelo, atopámonos librando unha no bando liliputiense, parapetados trala trincheira asediada tódolos Venres a golpe de Real Decreto ou a base de inxeccións masivas de liquidez do erario público ao gran buraco negro-bancario que multiplica, polo momento e ¡ata por oito!, a partida dos orzamentos do goberno central reservada á Sanidade. Con ese diñeiro cubriríase un incremento do 20% en pensións, podería sufragarse o 85% das prestacións por desemprego e mesmo multiplicar por cinco o investimento en seguridade cidadá. Podería aumentar máis dun 100% o de infraestruturas, ou cubrir catro anos de I+D+i. Delirante. Se non é a loita final, non pode andar lonxe: é o Capitalismo e toda a súa maquinaria pesada contra os pobos e os febles instrumentos de resistencia concibidos para contrapesar, garantir o contracto social e salvagardar a cohesión, a risco de facela saltar polo ar. Intervidos de facto dende 2010 mais deslizándonos pola pendente que (salvo xiro copernicano) levará a formar parte do espazo vital dos acredores xermanos sempre e cando a maré do colapso non sobarde e alcance o corazón do imperio en Berlín, ou o mesmísimo Washington. O Partido Popular encetou hai semanas unha campaña de márketing de inspiración orwelliana e de dobre-pensar: \"La Verdad sobre la Educación\" e \"La Verdad sobre la Sanidad\" Aínda así, o Partido Popular encetou hai semanas unha campaña de márketing de inspiración orwelliana e de dobre-pensar: \"La Verdad sobre la Educación\" e \"La Verdad sobre la Sanidad\". Resta mudar o nome dun ministerio calquera polo \"Ministerio de La Verdad\" e, honrando a novela 1984, reducir austeramente a catro os membros do gabinete. Pensándoo ben, con tres sería suficiente: un para o BCE, outro para o FMI e outro para a Comisión Europea. O Goberno da Troika internacional, tan democrática ela, e presidido polo afable Luis de Guindos. Por que non? Dá o perfil e non se engurra. Mentira tras mentira e, por descontado, todos exactamente igual de responsables da desfeita: din que vivíase moi por riba das posibilidades, nunha sorte de festa perpetua, e hai que arrexuntar o ombreiro e apertar o cinto por España. Todo pola patria, pero cada vez menos para quen a pisa. Menos mal que non convidan a ollar cegamente Cara o Sol e coa camisa nova, mais os cantos a un \"goberno de concentración nacional\" séntense preto. Sería a guinda, e síntoma dunha descomposición vernizada de xenerosidade e responsabilidade. Que pensará disto unha xubilada que percibe 400 euros ao mes e deberá requetepagar a medicación afrontando, á vez, unha suba do IVE? Ou os pais dos 2,2 millóns de nenos que viven, segundo datos recentes Unicef España, no limiar da pobreza dende 2008... Por suposto, o actual estado social é insostible e cómpre reducilo á expresión mais mínima, caritativa e asistencial. Xa vivían demasiado ben. Tempos de excepcionalidade democrática, acompañada de confusión inducida e engano aleivoso. Tempos de auxe silandeiro da restrición de dereitos e liberdades, e tamén da represión en vilas e cidades a golpe de bando ou ordenanza municipal. Ou a golpes, directamente. Algúns miñaxoias non contabamos vivir un proceso de re-fascistización, e non consola saber que non sexa só no estado español. O día menos pensado en cada oficina atoparase un \"Los recortes os harán libres\". A tradicional coalición entre oligarquías potentadas, banca, salva-patrias e salva-ánimas, mailos representantes políticos habilmente escollidos entre elites partidarias afectas que se auto-protexen a si mesmas e defenden, por riba de todo, os intereses corporativos e os dos seus familiares directos Os significantes, baleiros de contido, perden significado e verbas como igualdade e democracia son prostituídas polos resortes do poder real. A tradicional coalición entre oligarquías potentadas, banca, salva-patrias e salva-ánimas, mailos representantes políticos habilmente escollidos entre elites partidarias afectas que se auto-protexen a si mesmas e defenden, por riba de todo, os intereses corporativos e os dos seus familiares directos (colocándoos en postos clave e excepcionalmente ben remunerados, coma nas infaustas performances Bankilandia, Gürtelandia e cen mil outras) xunto aos de quen os sostén: a cúspide da pirámide que se enriquece máis e máis ese 1% da poboación da que tanto falan. É a dexeneración e perversión dun modelo e é inevitable que se cuestione integramente o sistema. Outros tantos caeron: dende o Reich dos mil anos ata o socialismo real soviético. Nada volverá ser igual a partir de agora. Contan coa paciencia dunha cidadanía exhausta, atemorizada e anestesiada, centrada en dar cumprida resposta aos problemas cotiáns. Algúns, bastantes cando son milleiros e milleiros, loitando contra os desafiuzamentos dos seus fogares ou a estafa das preferentes. Tamén cuns media que acostuman ser voz do seu amo e modulan o como, o que o canto e o cando debemos informarnos ou sobre-informarnos (boa maneira de des-informar). Dosificadas mensaxes contraditorias. Matraca perversa. Se saes á rúa polo que cres inxusto denunciando a mala broma e propondo alternativas posibles serás un violento e hiper-ideoloxizado radical anti-sistema perrofláutico Se saes á rúa polo que cres inxusto denunciando a mala broma e propondo alternativas posibles serás un violento e hiper-ideoloxizado radical anti-sistema perrofláutico. Se desmantelas con frialdade e ortodoxia ultra-liberal o sistema, non. Sendo un directivo de banca con 15 millóns de indemnización no peto logo de afundir unha entidade e a todo un país serás pouco menos que un exemplo a seguir. Mentres evaden impostos, son amnistiados, desvían masas inxentes de capital ao estranxeiro ou eluden investigacións xudiciais con fundamento polas súas supostas fraudes (caso Botín) obrigan e obrigarán a aplicar medidas draconianas e receitas fracasadas, deixando sen servizos básicos ás presentes e vindeiras xeracións para instaurar unha novísima orde social asentada nos piares dun neo-escravismo edulcorado. Verticalismo agresivo, de face horizontalista. Unha revolución en toda regra. Adóitase recordar, como paradoxo, que na Gran Depresión dos anos 30 foran os mais ricos que o perdían todo os que se quitaban a vida, desesperados, polo fracaso. Agora vemos como en Grecia suicídanse persoas de clase media depauperada ou baixa case cada semana, mentres aos de arriba lles vai mellor. O acordo tácito ao que se chegara na Guerra Fría entre o movemento obreiro e o Capital comeza a entrar nun desequilibrio flagrante, e o shock económico axita as bases da confianza nun \"sistema democrático\" que comeza a non satisfacer como antes o facía, poñéndoo a proba dende Hungría ata Grecia, ou Francia, e co risco que iso leva aparellado como nos mostra a Historia. Por riba, algúns lúcranse coa privatización e a liquidación das migallas. O brazo armado dos anteriores, como Esperanza Aguirre, Wert, Ana Mato ou Margallo aplican a folla de ruta mentres desvían a atención sacudindo as baixas paixóns de pulsión patriótica. Sexa tirando do recorrente Xibraltar, sexan os \"ultraxantes\" asubíos a unha melodía. Ata nos contan que os asubíos futboleiros fan engordar á \"nena de Rajoy\", a nosa querida e caprichosa prima. Cando ela medra, nós encollemos un chisco mais... O goberno dá a impresión de estar xa superado polos feitos, e é moi probable que non aguante a lexislatura, entrando nun período indefinido de inestabilidade política. Á institución monárquica habería que darlle de comer á parte, e a calidade do debate e a deliberación pública descenderon a mínimos históricos, sumíndonos na belenestebanización berlusconiana. Pero todo ten un límite, e a pugna entre indignos e indignados (Eduardo Galeano dividiu á Humanidade nestes dous grupos) non fixo mais que botar a andar. Mallan na mocidade e esta, contumaz, no canto de ficar aterrada e resignada comeza a rebelarse tímida e caoticamente. Sen pretendelo, conseguen alumear a xeración mais concienciada e comprometida politicamente dende a Transición. Por suposto: están manipulados e non saben o que queren. Despois da ruptura pactada co réxime anterior aquelas arelas mantiveron o tipo un tempo pero, acubillaban o nó gordiano da besta creada: as mesmas familias franquistas e os seus herdeiros dominan boa parte do IBEX-35, por poñer tan só un exemplo da democratización. Dende logo a democracia, entre avances e moitas bondades que trouxo, en perspectiva, tamén dexenerou nunha partitocracia que produciu un elefantástico e disparatado aparello de cargos políticos remunerados (400.000, máis que médicos, bombeiros, policías e mestres xuntos. O dobre que en Alemaña, coa metade de poboación e con dous niveles máis de descentralización administrativa). Calquera avance no empoderamento cidadá, ou na xustiza e o progreso social celebrábase. Cando todo ía ben, ata Aznar pousaba os pés riba da mesa na White House, emulando ao cowboy de Texas. Nin Schröder e Chirac se atreveran a tanto! España comezaba a saír por fin do recuncho da Historia...Cenoria durante 35 anos. A crise económica non é tal. Non deixa de ser a escusa perfecta para converter os erros provocados pola ambición desmedida de moi poucos nun problema de todos Nos nosos días democracia trocou por bancacracia, cleptocracia e nepotismo, pero a promesa do goberno do pobo e para o pobo esvaécese. Pola situación xeral a nivel internacional, pero tamén por causas específicas. A crise económica non é tal. Non deixa de ser a escusa perfecta para converter os erros provocados pola ambición desmedida de moi poucos nun problema de todos. Non deixa de ser a transferencia de caudais das rendas do traballo ás bocas insaciables do gran Capital. Non deixa de ser unha escusa perfecta, empregando as infalibles e vellas armas do medo, o patriotismo decimonónico, a represión policial e o endurecemento do código penal. Xa só quedan os paos. Intentan converter outra-volta aos cidadáns en servos. En súbditos. Dixérao Jonathan Swift: \"o home non é un animal racional, como moito con capacidade de razón\"."}
{"ID": "NOS_9604", "summary": "Integración Cooperativa Galega comezará a andar o vindeiro 1 de xaneiro. Se as asembleas ratifican a unión, da integración resultará unha cooperativa con 4.340 socios e 428 traballadores.", "text": "Novidade de calado no sector cooperativista e lácteo galego. Feiraco, Irmandiños, Melisanto e Xallas acordaron constituír unha cooperativa de segundo grao (ferramenta para emprender procesos de integración) coa finalidade de fortalecer o tecido perante unha crise que bateu fortemente este sector. Queren que as explotacións que as integran gañen competitividade e eficiencia a través dunha integración de servizos e da xestión de compras. o que permitirá abaratar custos e resistir mellor os cambios nos prezos do leite. Feiraco controlará o 45,3% do capital; Os Irmandiños, o 30,7%; Melisanto, o 12,6% e Xallas, o 11,4%. O proxecto impulsado polas directivas destas catro cooperativas vai agora a someterse perante as asembleas xerais de cada unha o vindeiro 31 de outubro. De dar os socios o visto bo, a iniciativa comezará a andar o 1 de xaneiro. Non é un proxecto fechado, pois aspira a sumar máis cooperativas galegas, que para integrarse deberán contar cun capital de base mínimo de dous millóns de euros. Non se desbota estenderse polo norte do Estado nin sequer dar o salto a Europa. Tampouco se desbota que isto sexa o xerme dun gran ghrupo lácteo galego, mais desde os promotores non se quere poñer o carro dianto dos bois. Potencial Entre as catro cooperativas suman unha produción conxunta de 413 millóns de litros de leite, e dotarse no futuro dun novo proxecto industrial é unha posibilidade, se ben que polo momento xa contan coas plantas de procesado de Feiraco e Clesa (participada por Feiraco, Irmandiños e Melisanto). Da integración resultará unha cooperativa con 4.340 socios e 428 traballadores, na que Feiraco controlará o 45,3% do capital; Os Irmandiños, o 30,7%; Melisanto, o 12,6% e Xallas, o 11,4%. Non é un proxecto fechado, pois aspira a sumar máis cooperativas galegas A facturación agregada das catro cooperativas no último exercicio foi de 196 millóns de euros, mentres que este proxecto nacerá con máis de 37 millóns de fondos propios --Feiraco (17 millóns), Irmandiños (11,6 millóns), Melisanto (4,7 millóns) ye Xallas (4,3 millóns). A nova sociedade contemplará desde a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados ata a fabricación de pensos e a prestación de servizos de asistencia á reprodución do gando e alimentación, veterinarios e xestión económica e administrativa."}
{"ID": "NOS_31581", "summary": "Por décimo primeira sexta feira consecutiva, traballadoras e traballadores da CRTVG acoden aos seus postos vestidas de negro. Fano para protestar contra a manipulación informativa e control a prol do PP exercido pola dirección da compañía pública. Desta volta, con ameazas de despedimento contra a presentadora Tati Moyano sobre a mesa.", "text": "O hashtag #VenresNegro11CRTVG xunta nas redes sociais infinidade de chíos e imaxes de xornalistas, técnicos e outros profesionais do ente público con indumentaria negra. Na xornada desta sexta feira, 3 de agosto, tamén mostras de solidariedade con Moyano. Como a que achegou esta mañá a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela -integrada na Federación de Asociacións de Periodistas do Estado-, que cualifica de \"desproporcionado e vingativo\" o expediente aberto pola CRTVG contra a xornalista. A dirección, encabezada por Alfonso Sánchez Izquierdo, escúdase nunha suposta vulneración do código de boas prácticas debido a que Tati Moyano participou, o pasado 22 de xuño, nunha gala benéfica contra o cancro. A traballadora comunicouno en tempo e forma aos seus superiores. Para o comité de empresa, o que se agocha detrás da represalia é unha reposta á defensa da pluralidade informativa que, nese acto, fixo a presentadora. O presidente da Xunta, Núñez Feixóo, estaba diante. De feito, o cadro de persoal da CRTVG engadiu nesta 11ª sexta feira un novo hashtag: #StopRepresalias. Tati Moyano e o seu compañeiro no Telexornal Alfonso Hermida presentaron a súa dimisión como condutores do programa debido aos sucesivos episodios de manipulación informativa."}
{"ID": "PRAZA_16727", "summary": "O paro descende en 3.104 persoas e o número de afiliacións á Seguridade Social sobe en 6.395 no mes de marzo, no que se creou un emprego por cada ducia de contratos asinados.", "text": "A Semana Santa, malia as malas condicións climatolóxicas, tira do emprego pero tamén da contratación temporal e precaria en Galicia. O número de parados rexistrados nas oficinas do antigo Inem descendeu en marzo en 3.104 persoas respecto ao mes anterior (-1,6%), segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego. O paro descende en 3.104 persoas e o número de afiliacións sobe en 6.395 impulsado pola contratación temporal para Semana Santa O sector servizos, en especial a hostalería, maquillan unha cifra de desempregados que queda en 185.103, 24.953 menos que hai un ano, e axuda á crecación de máis de 6.000 empregos. O número de afiliacións á Seguridade Social incrementouse en 6.395 no último mes, un lixeiro aumento que, con todo, mantén o número de cotizantes moi por baixo aínda do millón de persoas: 984.884. Galicia creou un emprego por cada ducia de contratos asinados no mes de marzo A chegada da Semana Santa repite o modelo laboral dos últimos anos. Descende o paro e increméntase o emprego en base á rotación, a precariedade e temporalidade. Neste pasado mes de marzo, en Galicia creáronse no mesmo período no que se asinaron 75.688 contratos, polo que o país mantense en cifras récord de contratación. Créase un emprego por cada 12 contratos asinados, unha proporción case idéntica á que se dá no conxunto do Estado. Son 25 por cada persoa que deixa as antigas oficinas do Inem. O número de contratos aumenta en 6.488 respecto do mes anterior e experimenta un descenso interanual de 1.665, un dato relevante pero marcado polo feito de que a Semana Santa coincida desta vez en marzo e non en abril como hai un ano. Así, de compararmos os datos cos do mes no que cadrou a Semana Santa en 2017, a tendencia non muda: créase algo máis de traballo ao tempo que hai máis contratacións. A Semana Santa de 2018 creou en Galicia 1.060 empregos máis que a de hai un ano ao tempo que se asinaron uns 1.600 contratos máis. De todos estes, tan só o 10,6% foron indefinidos fronte aos máis de 67.000 temporais. O paro rexistrado descende en Galicia en todas as provincias e en todos os sectores menos no colectivo sen emprego anterior, cunha destacada baixada no sector servizos, onde cae en 2.868 persoas dun descenso total do desemprego de algo máis de 3.100 persoas. Ademais, no mes de febreiro constaban 172.669 persoas paradas con experiencia laboral e desas só o 55 % --taxa de coberura.. percibían unha prestación por desemprego. Xa que logo, hai 77.579 persoas paradas con experiencia laboral que carecen de cobertura por desemprego As prestacións contributivas, as de máis calidade, só chegan ao 44 % das persoas que estaban percibindo unha prestación de desemprego. Son 95.090 persoas cobrando unha prestación por desemprego: 41.970 perciben unha prestación contributiva (representan o 44,14 % do total das prestacións), 41.702 un subsidio por desemprego (o 43,86 % do total), 9.153 a renda activa de inserción (o 9,63 % do total) e 2.265 corresponden ao programa de activación de emprego (2,38 %). >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_9347", "summary": "Ashoka Mody, ex-chefe da missão do FMI para aquele país sostem que a arquitetura do resgate da Irlanda foi errada, e que \"a experiência, claramente, se é que ela era necessária, demonstrou que confiar na austeridade é contraproducente", "text": "A completa confiança na austeridade não foi uma atitude razoável, afirmou o ex-chefe da missão do FMI para a Irlanda, Ashoka Mody, em declarações reproduzidas pelo Irish Times. \"A escolha número um era responsabilizar os detentores de títulos e que eles contribuíssem com parte do custo da dívida soberana. Uma segunda escolha era oferecer financiamento oficial extremamente favorável. A terceira escolha era impor a austeridade\". Para o responsável, que já deixou o FMI, \"estamos a ver um reconhecimento atrasado do facto de que a imposição unicamente da austeridade era insustentável\". Numa entrevista ao programa \"Morning Ireland\", da RTE, a TV pública irlandesa, Mody disse que a arquitetura do resgate da Irlanda foi errada, e que \"a experiência, claramente, se é que ela era necessária, demonstrou que confiar na austeridade é contraproducente\". \"Cultura da dependencia nacional\" O ex-chefe do FMI para a Irlanda que o legado de dificuldades que a crise deixou tem de ser resolvido. \"A alternativa é um sofrimento humano sem fim, uma cultura de dependência nacional e um tecido social e económico europeu desgastado\". Ashoka Mody disse ainda que as consequências debilitantes provocadas pelos atrasos em reestruturar a dívida foram a incansável austeridade fiscal – uma tragédia silenciosa que não tem campeões. Em maio de 2011, na sequência da sua segunda revisão, a troika projetou que o PNB da Irlanda iria crescer 1,9% em 2012. Em vez disso, o PNB cresceu 0,9%. O crescimento esperado para 2013 caiu de 2,2% para cerca de 1%. Tirado de esquerda.net"}
{"ID": "PRAZA_17745", "summary": "O mozo do Carballiño, que hai uns días evitou o cárcere ao recibir unha condena de 3 meses, ofreceu unha rolda de prensa na que agradeceu o apoio recibido pola sociedade galega e lamentou os \"catro anos de presión sobre a miña familia e as miñas amizades\", sufridos por mor da súa acusación", "text": "A pasada semana Emilio Cao coñeceu a sentenza do seu caso. O mozo do Carballiño foi condenado a tres meses de cadea por atentado contra a autoridade e ao pagamento de 200 euros de multa, evitando así ingresar en prisión. Este luns ofreceu unha rolda de prensa para valorar o ditame. Ademais, agradeceu o apoio recibido pola sociedade galega e lamentou os \"catro anos de presión sobre a miña familia e as miñas amizades\", sufridos por mor da súa acusación. A Fiscalía pedía para el unha pena de 5 anos e 8 meses de cárcere e o pagamento de 600 euros de multa. \"Foron catro anos de incerteza máxima e de absoluto desamparo, que me impedía desenvolver a miña vida con normalidade, a nivel académico, familiar e coas miñas amizades\", destacou. Cao insistiu na \"inconsistencia\" das probas presentadas en contra del e subliñou que a sentenza \"deixa claro\" que o proceso foi \"unha clara montaxe policial\". Emilio Cao afirma que a acusación que recibiu foi unha mostra de que \"a protesta social está duramente reprimida e criminalizada, buscando unha docilidade por parte da poboación que nin eu nin ningunha das persoas que participan nas loitas sociais imos acatar\". Aínda que para el estes últimos días foron de celebración, lembrou que existen casos abertos semellantes no Estado español. \"Nese sentido debemos levantar a voz contra todas as inxustizas xa que non podemos ver como normal a represión política\", dixo. Cao agradeceu finalmente o apoio recibido pola sociedade galega, comezando por decenas de alcaldes e alcaldesas -os de catro das sete grandes cidades galegas, Miguel Anxo Fernández Lores, Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez-, aos Grupos Parlamentares de En Marea no Congreso e do BNG e En Marea no Parlamento de Galicia, e a Suso de Toro, Marilar Aleixandre e Xosé Manuel Beiras, que o acompañaron en varias roldas de prensa durante esta campaña. Tamén agradeceu aos traballadores e traballadoras dos medios de comunicación, \"que coa súa labor permitiron que este caso fose coñecido pola sociedade galega\"."}
{"ID": "NOS_17930", "summary": "O escritor, xornalista e editor vén de ser elixido Republicano de Honra 2017 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e será homenaxeado ao longo de todo o mes en diversos actos.", "text": "Esta asociación elixiu a Pillado na súa asemblea por unanimidade \"pola súa insubornable e constante defensa dos valores republicanos e polo seu labor en prol da recuperación histórica\". Pillado únese así á nómina de persoeiros recoñecidos con ese galardón, como o guerrilleiro Camilo de Dios, Isaac Díaz Pardo ou a investigadora Aurora Marco. Mañá terza feira será presentado en rolda de prensa na libraría Moito Conto da Coruña e logo terá lugar unha homenaxe á súa figura na Escola de Relacións Laborais da Coruña ás 12 horas, coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, Jesús A. Vázquez, director da ERLAC, e Fernando Souto, presidente da CRMH, ademais do propio Pillado. Ademais, Pillado será protagonista doutros actos, como outra homenaxe no Círculo de Artesáns da Coruña para recoñecerllle o seu labor editorial e teatral. Será unha conversa do autor con Xosé Luna e Henrique Rabuñal o 18 de abril. Alén disto, será recibido polo Concello da Coruña o 17 e pola Deputación o 20 de abril; e ofrecerá un relatorio na Academia Galega o mesmo día, con intervencións do presidente e da profesora Pilar García Negro. Tamén haberá unha ofrenda floral no Memorial Xermolos o 21 de abril e unha \"Cea da República\" no Hotel Meliá María Pita esa mesma xornada. Home da cultura Xornalista, editor, escritor e activista cultural, Francisco Pillado Mayor (A Coruña, 1941) ten publicado ensaio, teatro e numerosas traducións. Tamén editor en Laiovento, tense dedicado principalmente ao teatro, tendo dirixido Cadernos da Escola Dramática Galega e outras publicacións do ámbito."}
{"ID": "NOS_58428", "summary": "O festival Maré regresa con forza a Compostela \"para converterse en referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico\". A cita será do 23 ao 26 de setembro, en diferentes espazos da cidade, coa presenza de artistas nacionais, estatais e internacionais. Eis as primeiras confirmacións.", "text": "A música, a arte e as culturas atlánticas teñen unha cita en Compostela da man do Maré, un festival alternativo que se define como acontecemento cultural, artístico, social e profesional, que (re)nace tras a experiencia, de 15 anos, do emblemático Cantos na Maré. Un novo encontro que emerxe con \"ese mesmo espírito de sumar e compartir os valores e os talentos dos territorios da fala galego-portuguesa\", convertido agora \"nun océano aínda máis amplo onde desembocan ríos e afluentes con novas correntes tan imprescindíbeis como imparábeis\". Baixo o lema \"warethwa!\", (\"avante\" nunha das linguas locais mozambicanas), o festival, \"referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico\", desenvolverase a finais de setembro e estenderase da quinta feira 23 ao domingo 26, cunha programación que se espallará por diversos puntos da cidade, desde o Teatro Principal, Auditorio da Galiza, Parque de Bonaval até outros espazos do patrimonio ou de clubs. O festival quere \"potenciar a creación feminina e da mocidade, a experimentación, a sostibilidade ambiental, as novas linguaxes artísticas e a diversidade\", adiantan para Nós Diario. Durante catro días, o Maré reunirá artistas de máis de 10 países en máis de 30 concertos, con dúas estreas mundiais e oito na Galiza, \"dentro do rico e variado elenco desta iniciativa cultural pioneira e a súa singular aposta cultural, social e económica que quere potenciar a creación feminina e da mocidade, a experimentación, a sostibilidade ambiental, as novas linguaxes artísticas e a diversidade\", adiantan para Nós Diario. Artistas confirmadas Catalunya conta cunha boa representación nesta edición do Maré. Subirán ao escenario Maria Arnal i Marcel Bagés, que veñen de estrear o seu novo álbum, Clamor, unha aproximación delicada desde a actualidade á memoria histórica e á música de raíz. Tamén estarán Ferran Palau, músico catalán de pop, e o xa mítico Albert Pla. Por outra banda, o camiño que une a lusofonía e o festival arrancará no Brasil da man de Japa System, percusionista de BaianaSystem, quen acaba de gravar o seu primeiro álbum en solitario, Sistema percussivo integrado, onde mergulla na mestura de sons orgánicos e sintéticos; a cantora, compositora e multiinstrumentista Bia Ferreira, que emerxe do feminismo negro; mais a beatmaker, DJ e percusionista paraibana Luana Flores, quen lanzou recentemente o sinxelo \"Reza\" ao carón de Jéssica Caitano, que tamén estará no palco do Maré. A programación lusófona continúa en Portugal, coas actuacións de Luiz Caracol, cunha proposta artística que bebe da multiculturalidade lusófona, e da cantora Mira, Marta Miranda. Desde Mozambique chegará Timbila Muzimba, 23 kilos de percusión, unha banda que sorprende pola súa diversidade Desde Mozambique chegará Timbila Muzimba, 23 kilos de percusión, unha banda que sorprende pola súa diversidade rítmica, mentres que Jon Luz e Maria Alice aterran na Galiza desde Cabo Verde cunha mensaxe cargada de esperanza e resiliencia. Coa América Latina como cerna, subirán ao palco do Maré Nación Ekeko, cun set de música electroandina desde a Arxentina, e Elkin Robinson, de Colombia, cunha aposta nos ritmos afro. Representando a Galiza estarán Verto, nunha das últimas oportunidades de escoitalos coa forza do directo antes do \"parón\" que adiantaron facer no remate do verán; os aires rockeiros dos Familia Caamagno; o grupo Maleducadas; mais os ritmos tradicionais nas mans de Davide Salvado. Un adianto Para achegarse á música das e dos artistas que participan nesta nova edición do festival Maré, desde a organización teñen a disposición do público unha playlist en Spotify, baixo o título \"maré-músicas e artes atlánticas 2021\", onde se poden escoitar. O festival Maré é \"un proxecto artístico que, avogando pola inclusión social, o feminismo e a sostibilidade ambiental, quere festexar que vivimos nun mundo cheo de talento compartido\". Os primeiros 100 abonos, \"reducidos\", para asistir ao festival acaban de saír á venda cun prezo de 50 euros."}
{"ID": "NOS_49148", "summary": "Entre a terza e a cuarta feira finaron 30 persoas e na segunda feira comunicáronse 24 pasamentos de infectadas polo coronavirus que decorreron ao longo da fin de semana. A cifra de mortos xa está en 1.566.", "text": "Desde que comezou a pandemia morreron na Galiza 1.566 persoas polas complicacións provocadas pola Covid-19. É dicir, se os pasamentos fosen unha constante estábel ao longo dos días, a media de vítimas sería dunhas cinco persoas cada xornada. Estas estimacións, con moitos nomes e historias detrás, fan máis visíbel a realidade da pandemia, algo que tamén se pode detectar en xornadas como a desta cuarta feira, cando a Consellaría de Sanidade notificou 16 pasamentos. As autoridades sanitarias concretaron que do total de óbitos contabilizados hoxe, polo menos cinco estaban vinculados coas residencias de maiores, que teñen unha das situacións máis preocupantes a pesar do incremento dos controis e o inicio da campaña de vacinación neses espazos.En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) perderon a vida un home de 88 anos e unha muller de 89. No Hospital de Compostela os equipos sanitarios tampouco puideron facer nada por salvar a dúas doentes de 84 e 85 anos e un paciente de 90.No complexo sanitario pontevedrés decorreron os falecementos dun varón de 80 anos e unha enferma de 81, mentres que no Álvaro Cunqueiro trasladaron o nome de dous defuntos (un home de 77 e outro de 83 anos de idade). Ademais, en Povisa tivo lugar o óbito doutros dous varóns, neste caso de 56 e 84 anos. No cómputo global tamén houbo vítimas nos centros residenciais. Precisamente implicaron a usuarias dalgúns dos xeriátricos con focos máis grandes. Por exemplo, no hospital olívico morreu unha residente de 96 anos da Paz e Ben de Tui e no Lucus Augusti notificouse o deceso dun home de 95 anos que fora trasladado desde a infraestrutura da Pastoriza. Xa nas propias instalacións finaron dúas mulleres de 80 e 87 anos (Santa María de Verín) e unha terceira de 91 anos na DomusVi de Vimianzo. Estes non foron os únicos óbitos vinculados ás residencias no que vai de semana. Onte incorporábanse 14 persoas á listaxe de vítimas do coronavirus e oito delas vivían neste tipo de instalacións. A nivel global, en só dúas xornadas a Covid-19 cobrouse a vida de 30 persoas. A pasada segunda feira a Xunta tamén notificou un balance de 24 finadas entre esa propia xornada e a fin de semana."}
{"ID": "NOS_53008", "summary": "Adega afirma que 4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en foron autorizadas despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado.", "text": "A propia Xunta, sinala Adega, achegou información en resposta a unha reclamación de Adega dando conta do estado das granxas de visón americano no noso país, ante o risco de de que estas instalacións poden contribuír á expansión de novas cepas de Covid-19 Na listaxe de granxas arestora activas figuran 4 instalacións con data de alta posterior a marzo de 2016. \"Daquela, unha sentenza da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo anulaba o apartado 2º da disposición adicional 6ª do Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, que regulamenta o Catálogo español de especies exóticas invasoras\". As 4 granxas que segundo a Xunta foron autorizadas con posterioridade a marzo de 2016 están en Abegondo (22-9-2016), A Baña (30-1-2019) e Oza-Cesuras (1-6-2018) e Agolada (5-11-2018) Este apartado da norma, sinala a organización ambientalista, \"facía referenza á posibilidade excepcional de autorizar o aproveitamento gandeiro de especies invasoras, establecendo ademais que para o visón americano (Neovison vison) non se poderían abrir novas granxas nin ampllar as existentes nos territorios nos que está presente o visón europeo (Mustela lutreola)\". En Galiza, explica Adega, e ao contrario de por exemplo en Euskadi ou Navarra, a especie europea non está presente polo que antes deste fallo podían instalarse novas granxas e ampliar as xa operativas. \"Porén, ao derrogar esta apartado, o Supremo eliminou todas as excepcións para o aproveitamento de calquera especie invasora en todo territorio do Estado, incluido por suposto o visón americano, polo que as granxas abertas ou ampliadas logo de marzo de 2016, serían ilegais\". As 4 granxas que segundo a Xunta foron autorizadas con posterioridade a marzo de 2016 están en Abegondo (22-9-2016), A Baña (30-1-2019) e Oza-Cesuras (1-6-2018) e Agolada (5-11-2018). Desde Adega preguntaron xa á Xunta polo actual estatus destas 4 granxas e as medidas que pretende tomar para acatar ao fallo do Supremo."}
{"ID": "NOS_30170", "summary": "As universidades galegas concordan en pedirlle ao Goberno da Xunta unha mellora dos recursos destinados ao financiamento do ensino universitario. Piden revisar os criterios pero sobre todo incrementar os fondos destinados ao reforzo da docencia, da investigación e da transferencia do sistema público universitario.", "text": "As tres universidades galegas reclaman maior investimento público para fortalecer o sistema universitario do país e garantir fondos suficientes para facerlle fronte aos desafíos cos que terá que lidar nos próximos anos. En declaracións á Cadena Ser, os tres reitores rexeitaron a necesidade dunha universidade privada e concordaron demandarlle máis financiamento á Administración galega co fin de situarse ao mesmo nivel ca outros territorios próximos, cun potencial económico e investigador moi similar ao que exhibe Galiza na actualidade. \"A universidade galega precisa máis cartos e hai datos que o avalan\", sinalou Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. \"O ensino universitario representa 0,9% do Produto Interior Bruto, cando medias do noso contorno chegan ou superan 1%, algo que non debemos perder de vista á hora de pedir máis recursos\". Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, incidiu na necesidade dunha \"revisión a fondo\" do sistema de financiamento das universidades que toca negociar en 2020 \"para garantir a sustentabilidade do sistema universitario da Galiza\". \"Nun escenario de máis certeza para a economía galega, poderiamos pensar en achegas progresivas destinadas á docencia e á investigación que nos igualen con países da volta\", apuntou Manuel Reigosa, reitor da Universidade da Vigo. Neste escenario de cambio e reclamacións, colectivos de investigadoras da Galiza inician a súa propia andaina reivindicativa co fin de mellorar as súas condicións de traballo. De feito, xa deron os primeiro pasaos de cara a construción dunha plataforma común pola investigación na que \"poidamos solucionar colectivamente os problemas máis concretos do labor investigador, até reivindicar unidas que a única Galiza con futuro é aquela que aposta por unha investigación pública e de calidade\", salientan. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_31951", "summary": "A produción de leite retrocede no segundo mes na Galiza, con 228.118 toneladas, unhas 16.000 menos que en xaneiro.", "text": "Os produtores e produtoras galegas reciben 32,7 céntimos por litro de leite no mes de febreiro, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura. Deste modo, Galiza segue á cola do país xa que é o territorio peninsular con menor prezo -en Baleares son 31,7 céntimos-. Na Galiza págase un céntimo menos que a media española, que se sitúa en 33,8 céntimos. Estes 32,7 céntimos por litro supoñen unha baixada desde os 33 céntimos que se pagaban en xaneiro. O 2020 comezou na Galiza con 7.092 granxas de leite operativas e despediuse con 6.722 en funcionamento. Polo camiño, 370 explotacións leiteiras botaron o fecho. Máis dunha por día. Os dados do Fondo de garantía agraria (FEGA) indican tamén que Galiza é, máis unha vez, quen lidera no Estado a perda de explotacións. Nada raro, tendo en conta que producimos máis de 40% do leite do conxunto do Estado. A isto hai que engadir que das por volta de 12.000 granxas que actualmente hai no conxunto do Estado as galegas representan máis da metade."}
{"ID": "PRAZA_18951", "summary": "O Wordle é un sinxelo xogo para descrifrar unha palabra de cinco letras ao día na internet. En poucas semanas logrou converterse nun éxito de participación na súa versión orixinal en inglés. Desenvolvido polo enxeñeiro informático Josh Wardle, xa ten versión en castelán e agora en galego.", "text": "O Wordle é un sinxelo xogo para descrifrar unha palabra de cinco letras ao día na internet. En poucas semanas logrou converterse nun éxito de participación na súa versión orixinal en inglésO espírito de compartir sen ánimo de lucro dos primeiros tempos da internet sobrevive en accións individuais como a de Josh Wardle, un enxeñeiro de software informático en Brooklyn (Nova York), que no mes de outubro subíu á rede un xogo para adiviñar palabras de cinco letras que deseñara para xogar coa súa parella. Facendo tamén un xogo de palabras co seu apelido deulle nome ao Wordle, ao que xa xogan máis de 300.000 persoas de todo o mundo en inglés. O enxeñeiro informático colombiano Daniel Rodríguez deu o paso para crear unha versión en castelán e agora o galego Abraham Martínez Gracia vén de adaptalo ao galego. Desenvolvido polo enxeñeiro informático Josh Wardle, o Wordle xa ten versión en castelán e agora tamén en galego É un xogo de acceso libre, para o que non hai que rexistrarse, e sen anuncios. Cada 24 horas hai unha palabra nova de 5 letras para descrifrar. A dinámica do xogo lembra á do Mastermind polo código de cores que emprega para sinalar se unha letra aparece ou non na palabra a descubrir nesa data, ou se está na posición correcta. Wardle creo o xogo \"só por diversión\", como conta neste artigo de The New York Times. Pasou meses xogando coa súa parella antes de que o xogo se convertira na principal atracción do seu grupo de WhatsApp coa familia. Por iso, pensou en compartilo con máis xente poñéndoo en aberto na internet. Co que non contou foi co éxito dunha experiencia tan simple como adiviñar unha palabra ao día. Porque unha vez que a tes, o xogo non te permite facer nada máis ata que pasen as horas precisas. Daniel Rodríguez lanzou a versión do Wordle en castelán no día de Reis, o 6 de xaneiro, e xa ten programadas 500 palabras para o xogo, como conta en Xataca. Xa está a traballar en axustes para que as persoas con daltonismo poidan escoller unha opción que lles permita recoñecer as cores empregadas e mellorar así a accesibilidade.Wordle pasou en apenas tres meses de ser unha idea pasar o tempo durante a pandemia a que centos de persoas compartan os seus resultados en Twitter empregando o cancelo #Wordle. Segundo os datos de Daniel Rodríguez, o domingo 9 de xaneiro 52.000 persoas xogaron ao Wordle en castelán. A versión en galego está dispoñible desde este martes."}
{"ID": "PRAZA_10552", "summary": "A Agal e Praza.gal oferecem um curso aPorto para Docentes Nível A2 que decorre de 29 de julho a 2 de agosto, totalmente gratuito. Será sorteado entre as pessoas com mais acertos no nosso quizz", "text": "A Agal, organizadora dos aPorto, e Praza.gal oferecem um aPorto para Docentes Nível A2 que decorre de 29 de julho a 2 de agosto, totalmente gratuito, que será sorteado entre as pessoas com mais acertos no seguinte quizz. As vossas respostas podem ser enviadas para cursos@a.galChega a décima edição dos aPorto. São cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades socioculturais à tarde. As aulas decorrem na FLUP, Faculdade de Letras da Universidade do Porto, e o foco das atividades culturais dirige-se a atingir esses matizes e caraterísticas que com uma simples visita turística não conseguimos.Os aPorto são cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades socioculturais à tardePara além do aPorto Clássico, existe um formato para docentes com 30 horas de formação homologadas pela Junta da Galiza. Nesta edição, para além do nível A2 chega o nível B1, com a possibilidade de assistir às duas semanas seguidas para atingir os dois níveis.Este ano inauguramos também o aPorto Noturno para quem desejar aprofundar no conhecimento da sociedade portuguesa atual, da sua realidade social e cultural, com aulas em horário de tarde-noite.O dia 16 de julho (até as 23h59) é o último dia para enviar o teste com as respostas. A Agal publicará o resultado com o/a ganhador/a na sua página web e no seu facebook, assim como no dos aPorto.Quizz1) Porto é uma cidade muito famosa pela sua arquitetura. Quais destes projetos são obra de Siza Vieira?a) Museu de Serralves e Palácio de Cristalb) Museu de Serralves e os edifícios da FAUP (Faculdade de Arquitetura Universidade do Porto)c) Palácio de Cristal e Casa da Música2) Porque se chama \"Vinho do Porto\"?a) por ser produzido no Portob) por ser comercializado a partir do Portoc) por ser armazenado no Porto3) Em inúmeras paredes e taipais, um pouco por toda a cidade, o Porto tem uma impressionante coleção de pinturas de vários autores, entre os quais, um dos maiores artistas portugueses do graffitti. De quem estamos a falar?a) Hazul Luzahb) Nomenc) Sofles4) Quem encomendou o projeto do jardim da Fundação Serralves?a) Marquês de Pombalb) Conde de Vizelac) D. João VI5) Qual o motivo se chama \"tripeiros\" à população do Porto?a) Por fazerem \"das tripas, coração\"b) Por terem oferecido toda a carne às caravelas da conquista de Ceuta e terem ficado apenas com as tripasc) Por haver muita produção e venda de tripa na cidade6) Em que ano foi considerado \"Património da Humanidade\" pela UNESCO?a) 1976b) 1986c) 19967) Qual a zona da cidade com mais vida noturna?a) Baixab) Ribeirac) Boavista8) Qual é a rua onde se concentram as galerias de arte?a) Galeria de Parisb) Miguel Bombardac) Cedofeita9) A Universidade do Porto foi pioneira na admissão de mulheres, em finais do séc. XIX. Que nome recebia a instituição de ensino, na altura?a) Aula de Debuxo e Desenhob) Academia Politécnicac) Aula de Náutica10) O Porto foi o motor de uma revolução liberal no séc. XIX, contemporânea de uma outra em Espanha, e que resultou na 1ª Constituição Portuguesa. Em que ano decorreu tal revolução?a) 1820b) 1845c) 1889"}
{"ID": "NOS_9251", "summary": "Na nova Base Nacional Curricular Comum (BNCC) que está agora em discussão e deve ser posta em prática em Junho, o Ministério da Educação do Brasil (MEC) elimina a obrigatoriedade do estudo da literatura portuguesa", "text": "A Base Nacional Comum é o conjunto de conhecimentos que deve ser comum à totalidade do alunado do ensino fundamental e médio, independente da escola e da região. Foi estabelecida a partir da Lei de Diretrizes e Bases da Educação (LDB), de 1996 e prevê também que as instituições de ensino articulem seus currículos respeitando as características regionais, culturais, sociais e econômicas. É o que se denomina Parte Diversificada que tem como finalidade complementar o currículo básico para o contextualizar em situações específicas. A Base Nacional Comum está organizada em quatro áreas do conhecimento, abrangendo Linguagens e códigos (Língua Portuguesa, Literatura, Artes e Educação Física), Ciências da natureza (Física, Química e Biologia), Matemática e Ciências humanas (História, Geografia e Filosofia). Na imprensa de Portugal a crítica é unânime mas também jornais como a Folha de São Paulo, em artigo de dois professores universitários brasileiros, Flora Bender Garcia e José Ruy Lozano, que se mostram indignados com a decisão, podemos ler: \"A proposta beira o absurdo (...) como se pode apagar Portugal e a Europa de nossas origens? Tirando do mapa? Será que mais uma vez a seleção de conteúdos foi contaminada por um viés político e ideológico anacrónico? (...) Já que Portugal teria sido uma metrópole colonialista europeia que explorou as riquezas de suas colónias e escravizou populações negras e indígenas na América e em África, agora seria a vez de dar voz à cultura dos oprimidos, em detrimento da Europa elitista e opressora?\" \"A proposta beira o absurdo (...) como se pode apagar Portugal e a Europa de nossas origens? Tirando do mapa? A questão, para os citados autores é: deve o estudo da literatura portuguesa ser opcional? Camões, Fernando Pessoa ou Eça de Queiroz dependem agora do gosto e/ou da escolha de colégios. É possível, com esta base, compreender, por exemplo, \"a cultura popular nordestina, suas canções, seus repentes, seus cantos de aboiar, sua literatura de cordel, sem reconhecer a presença da literatura medieval da Península Ibérica, em particular as cantigas trovadorescas e as novelas de cavalaria?\" Sob críticas como as anteriores, o governo de Dilma Rousseff admite a possibilidade de rever a base curricular. Também na rede há petições públicas para esta medida ser revista. Numa delas podemos ler: \"Ao invés de retirar os grandes mestres do currículo … defendemos que é necessário a ampliação das condições de permanência e qualidade de ensino, com o aumento dos valores salariais pagos aos professores e uma necessária reestruturação do ambiente e tecnologias nas escolas, bibliotecas, oficinas - vindos de maiores recursos do PIB para a Educação no país\" para finalizar pedindo \"através desta, que a Exma. Sra. Presidente da República, Dilma Rousseff, interfira com os meios devidos apresentando a vontade dos brasileiros aqui presentes de manter como base curricular o ensino de toda literatura da língua portuguesa, para os futuros estudantes: os filhos de sua pátria amada\". Também nas redes sociais os comentários são abundantes, com fortes polémicas e milhares de partilhas."}
{"ID": "PRAZA_3589", "summary": "As familias puxéronse en contacto coa Embaixada de España, pero quéixanse de que non teñen información desde o mércores e descoñecen cando poderán ver aos seus fillos, que se atopan ben", "text": "\"Os nenos están ben\", pero as familias quéixanse da incerteza de non saber cando e por que vía poderán regresarA suspensión dos voos entre Malta e España polo coronavirus provocou que un grupo de 36 alumnos dun colexio de Ourense que se atopan facendo unha viaxe de estudos quedasen sen a conexión para volver da illa. Tiñan previsto regresar este sábado, explicou a nai dun destes mozos, Rita Castiñeiras, que indicou que aínda non recibiron información de cando e por que vía volverán os estudantes.\"Os nenos están ben. O único problema é a incerteza de non saber cando imos ver aos nosos fillos\", dixo Castiñeiras. Os rapaces, de entre 12 e 16 anos e alumnos do colexio La Purísima de Ourense, sairon o sábado da semana pasada cara a Malta para estudar inglés na illa durante sete días. O mércoles o goberno maltés anunciou a cancelación dos voos directos con Alemaña, Francia, España e Suiza (uns días antes xa suspendera o tráfico aéreo con Italia) para evitar a expansión do coronavirus. Estes alumnos ían voar dende a capital de Malta directamente a Santiago de Compostela.Puxéronse en contacto coa Embaixada de España, pero non teñen información desde o mércoresOs pais puxéronse entón en contacto coa Embaixada española en Malta a través da empresa contratada para organizar a viaxe. \"Non sabemos nada desde o mércores. Non nos dixeron se están buscando avión\", protestou esta nai, que explicou que a embaixada pediu os datos dos estudantes e agora están á espera da súa chamada.\"Dános igual (que volvan) mañá ou pasadomañá, pero queremos saber algo\", indicou Castiñeiras. Os estudantes, que están en Malta acompañados de profesores do colexio e un monitor da empresa organizadora, estaban aloxados en casas particulares con familias. Unha parte deles segue nesa situación, pero outros están xa nun hotel porque así o solicitaron as persoas que os acollían."}
{"ID": "NOS_41684", "summary": "A Garda Civil de Culleredo disolveu un botellón que decorría no paseo fluvial do río Mero. Así mesmo, as autoridades identificaron a máis de 320 persoas nas inspeccións da fin de semana para seguir o grado de cumprimento das limitacións derivadas da Covid-19.", "text": "As restricións na mobilidade, na apertura de locais de ocio e na posibilidade de pasar tempo con persoas non convivintes están a facer que algunhas galegas e galegos agudicen a creatividade para buscar fórmulas coas que bordear esas normas da Xunta. A situación semella especialmente dura para a mocidade, que aliás de lamentarse de non aproveitar o tempo coas amizades, propón novos formatos de botellón insospeitados. É o caso, por exemplo, do que decorreu esta fin de semana no municipio de Culleredo. A Garda Civil tivo que disolver unha quedada na que participaba un grupo de rapaces e rapazas, a maioría menores de idade, que ademais non portaban máscara. Para evitar, ou reducir o risco de ser descuberto, este grupo organizara o botellón no paseo fluvial do río Mero, nunha zona rodeada de montes. A cita foi o sábado arredor das 18 horas e unha patrulla que facía as labores de vixilancia para garantir o cumprimento das medidas para frear os contaxios do coronavirus descubriu á rapazada, de entre 15 e 18 anos. Segundo os axentes, varias persoas intentaron escapar ao velos mais, coa colaboración da Policía Local do concello, foron quen de identificar a todas e todos os participantes. Algúns deles \"tiñan síntomas de embriaguez\". A Garda Civil chamou aos pais para informalos do sucedido e explicarlles que os participantes nese botellón, para o que desprazaran cadeiras e mesmo un colchón (como se pode apreciar na imaxe, a unha zona con árbores do paseo, serían propostos para unha sanción por xuntarse con non convivintes e, ademais, sen máscara. Malia ser este o último caso, non é o primeiro que se da a coñecer en tempos de pandemia. Xa houbo moitos outros, especialmente no verán (algúns nas praias), e haberá tamén os que pasen desapercibidos por escapar das miradas da xente. A Policía Autonómica abre 50 actas de infracción No entanto, estas mozas e mozos de Culleredo non foron as únicas persoas identificadas esta fin de semana na Galiza. Durante o sábado e o domingo, tan só a Policía Autonómica parou a 324 individuos para saber a onde ían ou se estaban a saltar as normas actuais pola pandemia. A Vicepresidencia primeira da Xunta concretou que houbo 73 cidadás localizadas en 26 dispositivos nas localidades de Bande, Calvos de Randín, Ourense, Riós, Muíños, Xinzo de Limia, A Rúa, San Cibrao das Viñas e Vilardevós. Outras 53 inspeccións realizáronse en Compostela, A Coruña, Bergondo, Frades, Ordes e Sada. En total tramitáronse medio cento de actas de infracción. Ademais, este corpo de seguridade tamén velou porque os locais que teñen permiso para estar abertos cumpriran coas regras estipuladas neste momento."}
{"ID": "NOS_46290", "summary": "A Mostra Internacional de Teatro presentou hoxe a programación que ofrecerá unha vintena de espectáculos de cinco países do 15 ao 24 de xullo.", "text": "A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia presentou hoxe a programación da súa trixésima segunda edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo coa participación de 20 compañías procedentes de Lituania, Francia, Arxentina, Chile e diferentes puntos de Galiza e do Estado. Ademais de reforzar a súa dimensión internacional, este ano o encontro concederá un especial protagonismo ás olladas femininas a través dos traballos de actrices como a arxentina Laura Nevole, a madrileña Eva Rufo, a sevillana Carmen Gallardo ou as galegas Mabel Rivera, Belén Constenla e Patricia de Lorenzo. A memoria, a violencia, a palabra e a arte son os principais eixos temáticos ou motivos recorrentes a partir dos que a organización da MIT deseñou a súa programación de 2016, na que un dos pratos fortes será a presentación en Galiza do traballo de Oskaras Koršunovas, director do Teatro Municipal de Vilna, en Lituania. Koršunovas dirixe a posta en escena de 'A gaivota', de Chejov, espectáculo xurdido a raíz dos laboratorios desenvolvidos tanto no seu espazo como no Colexio de Teatro da Bienal de Venecia. Nesta oferta internacional, destaca tamén a mestura de cómic, vídeo e teatro da veterana formación chilena TeatroCinema, dirixida por Juan Carlos Zagal, que chegará a Galiza coa montaxe 'Historia de amor'. 30 anos de Matarile Teatro Como en edicións anteriores, a escena galega continuará tendo unha importante presenza nesta carteleira, que este ano concede un especial protagonismo a Matarile Teatro con motivo do seu trixésimo aniversario. A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño exhibirá en Ribadavia 'El cuello de la jirafa', 'Teatro invisible' e 'Antes de la metralla'. Esta última proposta está pensada como un encontro escénico entre diferentes profesionais do panorama artístico estatal, que se concretará nun espectáculo aberto e en evolución para se adaptar aos espazos e festivais nos que se presente trala súa estrea en Ribadavia."}
{"ID": "PRAZA_17372", "summary": "VÍDEOS | O CGAI permite acceder a filmes recuperados da Filmoteca de Galicia nunha nova web que se estrea cunha escolma de oito pezas con imaxes antigas do líder nacionalista, da emigración galega e da paisaxe e costumes do país, todas elas de importante valor patrimonial e etnográfico.", "text": "A chegada de Castelao a Arxentina en 1940, intervencións do político e escritor rianxeiro en Bos Aires e ata actos póstumos de homenaxe tras a súa morte. Son algunhas das escenas que desde este xoves se poden ver en liña na nova web da Filmoteca de Galicia do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Un filme histórico de 1972 restaurado polo CGAI en 1995 e obra do reporteiro gráfico Eligio González, galego emigrado ao país austral e que regalou ao Centro Gallego.Este filme documental (Imaxes de Castelao en Buenos Aires) de \"fondo valor patrimonial\" é só un aos que se pode acceder na nova web do CGAI, cun novo deseño e a posibilidade de ver en liña parte do arquivo fílmico do Centro, que busca \"universalizar o acceso ao patrimonio cinematográfico galego que atesoura a institución\". O novo servizo inaugúrase cunha selección de oito traballos recuperados e restaurados pola Filmoteca e que irá engadindo fitas nos vindeiros meses a través da dixitalización do arquivo durante este ano. A nova web do CGAI permite acceder a filmes recuperados e restaurados do seu arquivo e abre esta posibilidade con oito traballosAs primeiras pezas son, na súa meirande parte, dun importante carácter patrimonial e etnográfico e céntranse na paisaxe e nas tradicións galegas, tal e como destaca a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Así, varias delas son produto de diferentes asociacións da diáspora galega en América Latina e servían para comunicarlles novidades da súa terra aos emigrados. Ese é o caso de Galicia y Buenos Aires (José Gil, 1931), que é resultado das relacións do autor coas sociedades de emigrantes e, neste caso, un encargo da agrupación bonaerense Hijos de Fornelos. Supón un rexistro da vida diaria desta localidade pontevedresa.'Galicia y Buenos Aires' e 'Un viaje por Galicia' son \"unha sorte de cartas filmadas que nos permiten coñecer a Galicia deses anos\"Ocorre algo parecido con Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958), que supón, xunto o anterior filme, \"unha sorte de cartas filmadas que nos permiten coñecer a Galicia deses anos\". Neste caso, este emigrado a Montevideo filmou a película entre 1953 e 1958 nas súas continuas viaxes a Galicia. É un percorrido polas catro provincias, de fondo valor patrimonial, \"moi apreciado polos emigrados de ultramar, que podían ver o que acontecía no seu fogar e como estaba a mudar grazas ás filmacións en 16mm de Arís\". Proba do seu éxito, destaca o CGAI, foi a explotación durante dezaoito semanas seguidas no Gran Cine Mitre de Bos Aires.Ademais, outro dos importantes cineastas amadores que traballou neste eido foi Eligio González, o chamado \"fotógrafo da colectividade\", do que o CGAI rescata Porriño en Buenos Aires (1942) e a devandita Imaxes de Castelao en Buenos Aires (1972). Na primeira, o autor fai un traballo para a Sociedad Hijos de Porriño, destinado a mostrar a nova vida porteña destes galegos emigradosAlén destes filmes, completan esta primeira escolma varios documentais dos anos vinte como Imaxes de Vigo e arredores (anónimo, 1926), Tintorería España (anónimo, 1927), Pontevedra, cuna de Colón (Enrique Barreiro, 1927) e Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda. (José Gil, 1928).No caso da fita dedicada á cidade olívica, son vistas de Vigo, Baiona e a ría filmadas por un afeccionado danés chegado á urbe nun cruceiro e as imaxes forman parte dunha película máis ampla que recolle un percorrido turístico por Europa. Tintorería España, pola súa banda, é un documental promocional das instalacións da tintorería propiedade do industrial Octavio Pérez Gantes en Santiago de Compostela e diversas vistas da cidade. Pontevedra, cuna de Colón, pola súa banda, é un documental de 1927 que desenvolve a tese da orixe pontevedresa de Cristóbal Colón. Realizado por Enrique Barreiro, unha das figuras máis importantes do cine galego nos anos vinte e trinta xunto co seu irmán Ramón.Ademais, Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda.é unha obra de José Gil froito dun encargo para os Talleres Alonarti en Vigo, no que queda recollido todo o proceso industrial de traballo con metais para a fabricación de envases. Documento valioso da época, o filme ábrese cunhas panorámicas da cidade olívica polos distintos barrios, para situar a empresa, que nos permiten ver como era a localidade nesa altura.Respecto da nova web do CGAI, o deseño e desenvolvemento correu a cargo da cooperativa NUMAX e, ademais do acceso ao arquivo, outra das principais novidades é un blog de novas que permite contextualizar mellor as actividades que se desenvolven no centro e recibir un boletín se se desexa. Esta última é só unha das funcionalidades que permitirá o rexistro de usuarios, que tamén poderán inscribirse en cursos e seminarios de forma automatizada a través deste sistema ou crear o seu propio calendario de sesións.Esta nova web chega seis anos despois de que Agadic puxese en marcha Canle TV, substituto da desaparecida filmoteca en rede Flocos TV. A nova plataforma arrancara con máis de 80 producións de directores como Ángel Santos, Oliver Laxe, Chema Gagino, Roque Camaselle, Antón Reixa ou Alberte Pagán."}
{"ID": "NOS_14715", "summary": "Cinco concelleiros votan en contra dunha proposta do seu portavoz municipal, en que o alcalde da cidade, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, define como outro \"problema interno do PP\".", "text": "Un dos principais discursos de campaña de Feijóo, aquel que define o PP como unha forza unida e sen fisuras en contra da suposta división da cal acusa o resto, volveu saltar polo aires a pasada terza, nesta ocasión non en Ourense -como adoita ser habitual- senón en Pontevedra, onde cinco concelleiros dos once do PP levaron a contraria a unha proposta do seu portavoz, Jacobo Moreira, ao se abster nun debate sobre os soldos d@s concelleir@s. O alcalde da cidade, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que el xa sabía da existencia dese \"problema interno do PP\" e confesou que mesmoo, en privado, varios dos concelleiros rebeldes se dirixiron ao rexedor para facer patente o seu malestar. O PP local manterá unha xuntanza esta cuarta feira pola tarde para intentar reconducir a crise. Ricardo Aguilar, Pablo Fernández, María Biempica, Begoña Laya e José Manuel Guillán, foron os cinco concelleiros que votaron en contra da proposta do seu propio líder local. O conflito interno do PP de Pontevedra, que tamén agocha importantes loitas polo control da organización, naceu hai xa varios meses, cando baixo o argumento da \"austeridade\" Moreira pasou a ser o único concelleiro do PP con dedicación exclusiva e soldo, deixando sen o mesmo a dous dos seus compañeiros e tamén a unha persoa dedicada a labores administrativas dentro do grupo municipal. O acordo anterior de todas as forzas políticas era que un de cada catro concelleiros tería un soldo polo seu traballo para o concello en exclusividade, e a vixencia dese trato foi o que reivindicaron os edís díscolos do PP co voto contrario á súa dirección. A dereita en crise por non lograr a alcaldía A notábel división actual do PP en Pontevedra non fai máis que profundar na crise que sofre a dereita na cidade, que foi incapaz de sacar o bastón de mando ao BNG -en coalición co PSOE- malia tratarse da urbe onde teñen os populares un dos seus principais centros de actuación a nivel estatal. Porén, os distintos intentos de alcanzar o concello seguen a fracasar, o que xa provocou que no seu momento recorreran como candidato ao alcalde da veciña Sanxenxo, Telmo Martín, que tampouco obtivo éxito e agora é deputado en Madrid, despois de se ver inmerso en distintos escándalos relacionados coas súas empresas construtoras."}
{"ID": "NOS_17978", "summary": "Mentres no pazo de Sada hai certos avances, en Compostela retómanse os trámites para recuperar pezas do Mestre Mateo que pertencían á catedral e que están en poder da familia do ditador.", "text": "O avogado do Estado xefe na Galiza, Javier Suárez, recoñeceu a preguntas dos medios que facer o inventario de todos os bens que hai no Pazo de Meirás \"levará un tempo\". Manifestouse así após pasar catro horas no inmoble e afirmou que aínda \"hai que ver o que hai\". Cando abandonou a propiedade, que en menos dun mes terá que pasar de mans dos Franco ao Estado (malia que sexa de forma temporal, polo de agora), explicou que os técnicos seguían dentro traballando en labores previas. Respecto ao prazo concreto para ter todo en listaxes e evitar que a familia do ditador leve cousas que corresponderían ao pobo, Suárez recoñeceu que non ía estar no día. \"Tardará\", acertou a comentar. Non hai que esquecer que xa só da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, que a Xunta e a Real Academia Galega acordaron declarar BIC na súa totalidade, quedan arredor de 3.200 volumes en Meirás. As estatuas Hai tempo que transcendeu que os muros do pazo sadense tamén gardaban dúas esculturas orixinarias da catedral de Compostela. Malia que parece que estas foron trasladadas de ubicación, seguen cos Franco polo que o Concello e a Xunta xa están estudando unha estratexia para recuperar eses elementos patrimoniais. É un grupo de expertos, presidido polo profesor de Historia Contemporánea da USC, Emilio Grandío, o que analiza as posibilidades para recuperar a titularidade pública das obras do Mestre Mateo. \"O traballo comeza agora\", afirmou o docente, que ten a tarefa de xuntar toda a documentación sobre as figuras de Abraham e Isaac que estaban na desaparecida porta occidental da catedral."}
{"ID": "NOS_29428", "summary": "Podemos fai unha demostración de forza e saca a milleiros de persoas á rúa, nunha marcha que Errejón afirma que \"ten como seguinte estación A Moncloa\".", "text": "Decenas de miles de persoas (algunhas fontes do partido falaron de 150.000) secundaron a manifestación que convocou Podemos en Madrid, que resultou un éxito que a nova formación converteu no primeiro acto electoral dun ano cheo de citas coas urnas que a forza política que lidera Pablo Iglesias -aclamado a berros de \"presidente\"- cre que pode rematar co seu ascenso ao poder no Estado español. \"Os dos recortes son os que rompen España\", dixo Pablo Iglesias Sol, o simbólico espazo do 15-M madrileño, ateigouse de xente chegada de diversos puntos nunha marcha na que foron moi visíbeis as bandeiras españolas republicanas, e tamén algunha oficial, así como estrelas vermellas e bastante simboloxía de esquerdas malia que a formación rexeita esa identificación ideolóxica. Tamén houbo moitas bandeiras gregas e berros de \"Pódese\". O número 3 de Podemos, Iñigo Errejón, afirmou antes de comezar a manifestación que \"a próxima estación será A Moncloa\", deixando claro o carácter electoral da cita, denominada Marcha polo Cambio. O máis aplaudido foi Pablo Iglesias, o líder da forza política, que tomou a palabra lembrando o 2 de Maio madrileño e acusou \"aos que impoñen recortes\" de ser \"quen rompe España\". \"O momento é agora\", dixo Iglesias, que abondou na idea de abandeirar aos \"de abaixo\" e sinalou a Rajoy como adversario nas urnas. Tamén denunciou que \"o salario mínimo non garante unha vida digna\" e dixo \"soñar cun país no que ninguén estea sen teito\". \"Xogámonos a democracia\", engadiu o líder de Podemos, que pediu \"máis Quixotes porque a nosa patria non é unha marca\". \"O pobo unido xamais será vencido\", foi a consigna coreada ao remate do acto."}
{"ID": "NOS_15522", "summary": "O desleixo detrás da caída do único equipo galego na élite do fútbol feminino.", "text": "Galiza non contará con ningún representante na Primeira División Feminina de fútbol na vindeira campaña, logo de consumarse a crónica dunha morte anunciada do Deportivo Abanca após perder ante o Betis no penúltimo partido ligueiro (3-1). A tempada pasada o Dépor foi a gran revelación do torneo. Iso espertou o interese doutros equipos, que levaron varias das súas xogadoras estrelas como Tere Abelleira, Maya ou María Méndez. Lamentabelmente, o club non puido, non soubo ou non quixo cubrir esas baixas con futbolistas á súa altura, apostando por mulleres de perfil baixo, procedentes de ligas estranxeiras de inferior nivel e sen experiencia, defraudando así ao mesmo tempo a confianza de xogadores internacionais que si apostaron por quedarse, como Peke ou Athenea. Tamén decepcionou o técnico Manu Sánchez, superado pola negativa dinámica inicial e impotente á hora de reconducir a situación, até o punto de chegar a recoñecer que fixo cousas nas que como adestrador \"non\" creu \"nunca. O seu descenso prexudica, ademais, ás súas veciñas da Victoria, escuadra que optaba a ocupar a un posto na Segunda División que tería garantido no caso de que as branquiazuis lograsen a permanencia a costa do Betis. Porén, non puideron pasar do empate ante o filial bético e, polo tanto, xa que non coincidirá co seu segundo equipo na categoría de prata, é o club andaluz o que xogará a vindeira tempada na liga Reto Iberdrola. Adeus á aventura do Viaxes Amarelle Unha derrota por un único tanto (1-2) ante Joventut D'Elx condenou ao descenso ao Viaxes Amarelle da Primeira RFEF de Fútbol Sala. A pesar de que a cousa comezou ben, cun tanto inicial de Anna Escribano no minuto 27, Carol empataba cando faltaban só dous minutos para o final e, lamentabelmente, as xogadoras laranxas non puideron aguantar o ritmo na prórroga, encaixando o segundo e definitivo tanto alacantino no 42."}
{"ID": "NOS_36876", "summary": "A Federación Española de Fútbol (RFEF) ofreceu á Liga que teña en consideración a posibilidade de que a Liga SmartBank teña o ano que vén 24 equipos perante a \"serie de escenarios incertos\" que están a acaecer polo 'caso Fuenlabrada'. Serían o Deportivo da Coruña e o Numancia os que se manterían na categoría.", "text": "A RFEF enviou unha carta a Javier Tebas, presidente da Liga, a Irene Lozano, presidenta do CSD, e Jonathan Praena, Fernando Vidal e Moisés Israel, presidentes do Fuenlabrada, Deportivo e Numancia, na que realiza esta proposta á patronal ao considerala a mellor solución, tras coñecer o desenvolvemento desta pasada sexta feira nas frontes xurídicas e deportivas relacionados cos positivos por coronavirus no conxunto madrileño e a suspensión do seu partido contra o ' Dépor'. \"Desde esta RFEF entendemos que o estado da situación actual deixa abertos unha serie de escenarios incertos en función do resultado final de cada un deles, onde as decisións que se adopten neste momento e sen coñecer o resultado final dos procedementos abertos puidesen chegar a facer de difícil encaixe a resolución final que houber coa materialización xurídico-competitiva nese momento concreto da resolución\", indica a misiva asinada por Andreu Camps, secretario xeral da RFEF. A federación lembra que \"nin pode, nin debe prexulgar ningún dos resultados potencialmente posíbeis\", mais que \"si pode constatar que algún deles podería crear unha situación de difícil ou imposíbel corrección\" para os clubs \"afectados directa ou indirectamente polos resultados dos procedementos que van tardar meses en finalizar\". Diante desta situación, a RFEF pon en consideración da Liga a opción de aceptar unha liga de Segunda División con 24 equipos de maneira excepcional e só para a tempada 2020/2021, tendo que volver a unha competición dun máximo 22 na tempada 2021/2022, segundo recolle a carta. Se a Liga acepta, a federación entende que lle correspondería manterse ao Deportivo e ao Numancia, os que tiñan \"mellores méritos deportivos dos catro últimos clasificados\", que ademán chegaban a esa última xornada \"con opcións matemáticas reais\" de se manter e que \"poderían ser os prexudicados por unha decisión que lles for posteriormente favorábel sen poder exercitala desde o inicio e podendo crear un problema aínda maior nunha fase posterior\". \"A RFEF ofrece esta solución como mellor forma de garantir, nestes momentos, as posíbeis incidencias que puidese ter a resolución das frontes xurídicas abertas e os seus potenciais desenlaces\", conclúe a carta."}
{"ID": "NOS_37688", "summary": "A formación frontista pide a derrogación do decreto de servizos sociais e a negociación dun novo no marco da Fegamp. Tilda de \"miserábeis\" os recortes que se prevén na norma actual, e di que conducen cara ao \"asistencialismo\"", "text": "O BNG considera que o recorte nas axudas no fogar que xestionan os municipios menores de 20.000 habitantes --o 93% dos galegos-- son \"miserábeis\". A Xunta deixou estas subvencións nas mans das Deputacións, e supoñen un investimento de 4 millóns de euros. Nunha rolda de prensa en Compostela, en que participaron nesta quinta feira @s rexedor@s nacionalistas dos concellos pequenos e o voceiro nacional, Guillerme Vázquez, a formación frontista deu conta da moción que están a defender nos plenos para que o Goberno galego manteña as achegas fixadas nos orzamentos de 2010. Nesta mesma liña, exixen derrogar o decreto de servizos sociais a negociación dun novo no marco da Fegamp. Ao fío, Vázquez cualificou de \"meridianamente falso\" o discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en que defende que os recortes non afectarán ás prestacións básicas. Segundo o voceiro nacional do BNG, a axuda ao fogar, unha prestación básica que permite que as persoas maiores e dependentes fiquen na súa contorna, verase afectada, de tal xeito que o goberno galego \"fará pagar @s máis débiles e indefens@s\" as consecuencias da crise, \"fomentando a exclusión social\". E sobre o traspaso desta competencia, que nos concellos de menos de 20.000 habitantes deixará de xestionar a Xunta e farao a deputación, falaron @s propi@s rexedor@s. Criticaron que o PP \"practica o escapismo\", e afirmaron que na formación frontista \"non se entende\" que fiquen sen atender o 93% dos municipios galegos por unha cantidade de relevancia escasa no orzamento do País \"e de gran relevancia social\". Na liña, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembrou que as aportacións da Xunta para os servizos sociais básicos foi de 20 millóns en 2010, que baixaron a 16 en 2011 e a 12,4 en 2012. Destes últimos, 4 corresponden ás axudas no domicilio. Analizando as cifras, González concluíu que a transferencia da responsabilidade ás deputacións ten máis que ver co \"suculento negocio\" emprendido pola Xunta, encamiñado, segundo dixo, \"a seguir privatizando servizos públicos\". Pola súa banda, Félix Juncal, rexedor de Bueu, explicou que a moción que os grupos nacionalistas están a defender nos plenos municipais insta a manter a contribución da Xunta para a axuda no fogar relativa aos orzamentos do 2010, así como a que non suba a achega das persoas usuarias. Segundo Juncal, moit@s d@s usuari@s \"renunciaron\" á prestación polo incremento dos custos. Entenden no BNG que o decreto que regula a concesión destas axudas \"nega\" aos municipios pequenos a posibilidade de desenvolver políticas preventivas, para limitárense \"ao asistencialismo\"."}
{"ID": "NOS_991", "summary": "O equipo do líder da formación obtén máis do 86 por cento dos votos por parte d@s simpatizantes da formación e márcase como obxectivo \"abrir un novo ciclo que devolva os dereitos sociais ás persoas\".", "text": "O grupo de traballo proposto e encabezado por Pablo Iglesias será o encargado de preparar a asemblea constituínte que Podemos realizará no outono deste ano, tras obter o 86,8% dos apoios na votación a través de Internet que a formación desenvolveu estas quinta e sexta feira. En concreto, a lista de Iglesias recibiu un total de 48.454 votos dos 55.882 simpatizantes que participaron na votación, fronte aos 5.774 votos -un 10,24%- que obtivo a lista alternativa avalada polo Círculo de Enfermeiras de Podemos, encabezada pola antropóloga Carolina Huelmo. O proceso estivo rodeado de certa polémica polo feito de que se presentasen listas pechadas. Nun acto posterior, Iglesias declarou que \"acataba a Constitución até que a cidadanía poida cambiala para recuperar os seus dereitos sociais. Iso é o que toca agora, traballar para abrir un proceso constituínte que devolva a palabra ao pobo\", segundo dixo na presentación do encontro estatal que a formación realiza na Universidade Complutense de Madrid. ."}
{"ID": "NOS_11025", "summary": "'Un verán en Galeusca' é un proxecto feito, por segundo ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por Mercè Ibarz, Biel Mesquida, Belio Zaballa, Esperança Camps, Danele Sarriugarte, Jimu Iturralde, Goaitz Labandibar, Unai Elorriaga, Emma Pedreira, Marica Campo, Séchu Sende e Daniel Asorey. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos tres medios.", "text": "Traballan os anos como os térmites. Traballa a vida como unha serpe de hedra a gabear os muros. Traballa o esquecemento mentres ninguén chega a pórlle couto coa espada sangradora das lembranzas. Dorme Penalonga un sono ateigado de soños, un filme de sombras e fantasmas, un plenilunio vermello que non cesa. O xornal envioume a facer a crónica dos camiños cegados, das aldeas ás que ninguén volve porque lles foi decretada a derrota nun edicto anónimo como un libelo. Vou no meu todo terreo de terceira man coa emoción, non exenta de temor, das pioneiras que se aventuraron no salvaxe Oeste. Ábrome paso no imperio das silvas, no dominio das ortigas e dos lagartos, cara a un pasado que sempre me custou imaxinar.Comezo por Penalonga. Fágoo lembrando o xeito de alentar as crianzas para que afronten en primeiro lugar o bocado que menos lles gusta, coa promesa de obter ao final unha gratificación saborosa. No meu caso, talvez a recompensa sexa un contrato fixo. Na listaxe de 31 poboacións, as precisas para encher todos os días de agosto, aparece este lugar situado a 700 metros sobre o nivel do mar, un val entre montañas de altitude varia. Para o coordinador da sección é un nome máis, para min é dor en carne viva. Dor herdada como a cor dos ollos, a textura do cabelo ou o nariz. Porén, el non o sabe e eu non llo direi. A avoa non podía ver un coitelo sen romper a chorar. O psiquiatra dicía que padecía belonefobia, medo insuperábel cara a todos os obxectos cortantes e punzantes. Non recordo vela pelar unha pataca nin cortar un cacho de pan para me dar a merenda cando a visitaba. Malia se ocupar da casa, como case todas as mulleres da súa xeración, había unha morea de cousas en que a tiñan que axudar. Endexamais estivera aquí, mais recoñezo o rueiro arredor do que se distribúen as casas. Conservo as fotografías que fixo o bisavó cando veu de Cuba. A avoa recordaba a cámara Ernemann, que se abría coma un pequeno acordeón e recollía as imaxes que despois el revelaría no seu elemental laboratorio. Dixen casas, aínda que debera dicir pardiñeiros. Agora son eu quen lles tira fotografías cunha Nikon dixital coa que me agasallaron meus pais cando rematei a carreira. Pardiñeiros, edificios en ruínas. Catro. Catro historias esboroadas como castelos de area á beira do terror que foi mar amargo a romper nos muros. A casa dos meus devanceiros. Ampla solaina e curral cercado. O gran portón en pé, mais declinando, a se soster nunha única bisagra roída polo ferruxe. A cheminea, cuadrangular, outrora enfeitada nas catro esquinas por olas de barro. Como por milagre, sobrevive unha na confluencia das dúas caras adxacentes do prisma que aínda non abateu o vento. Cerro os ollos e o meu cerebro recompón o edificio mercé ás fotografías que tantas veces contemplei. Diante del, a avoa é a única rapaza entre tres raparigos adolescentes. Abro os ollos de novo e a realidade zoupa en min como unha inimiga cruel. Decido entrar, mesmo sabendo o perigo que corro. A parte baixa é un caos de cascallos e mobles desfeitos. A grande ameaza é o sobrado, inexistente en moitos espazos da que foi a planta alta. Sinto calafríos, mais inicio unha subida tan arriscada como cautelosa. Renxen as táboas, o que é un aviso. Multiplico a prudencia e camiño achegada ás paredes, onde o piso semella estar máis firme. En tres dos oito cuartos, as paredes penden en lugar de apoiaren no chan que non hai. Os outros cinco correron desigual sorte. Hai un case intacto, cun armario encaixado. Abro a porta e descubro que ten un dobre fondo. Procuro na mochila unha pequena navalla coa que fago panca para levantar a trapela e acceder ao agocho. Cede en medio dunha nube de po. No que pousa a voaxa, podo ver no fondo un caderno de tapas duras, deses que se empregaban para levar a contabilidade, e un cartafol repleto de papeis, de fitas encarnadas deslucidas polo tempo. Coa carga, a baixada faise máis dificultosa que a subida. Porén, esquezo a cautela porque unha forza invisíbel me impulsa a saír de contado. Xa fóra, reparo de vagar nos outros pardiñeiros. O de escaleiras con patamal, onde a miña avoa xogaba con Tino e Rosiña a tomaren un café imaxinario en cuncas de couselos. O do infausto Señor Onofre (ao pronunciar o seu nome, cousa que facía poucas veces, a voz da avoa enrouquecía). A das dúas irmás soas e maiores, ambas casadas por poderes cos que foran os seus mozos aquí e non regresaran nunca de aló. Soubera do crime pola hemeroteca do xornal. Aínda estudaba a carreira. Procurando vellas noticias do concello en que se asentan as miñas raíces paternas, din co acontecido setenta e cinco anos atrás. Un sesaxenario, nun arrebato -hoxe dirían brote psicótico ou algo así- , matara a tiros a todos os habitantes de Penalonga e despois suicidárase. Trece, co presunto autor do masacre, os cadáveres que apareceron no escenario da traxedia. Unha mociña salvou a vida porque saíu correndo e refuxiouse onde a mestra, \"A mociña era eu - díxome a avoa cando lle comuniquei o meu achado-. Intentara espetarlle un coitelo a aquel home que pretendera abusar de min. El toleou. Foi á súa casa pola escopeta e entrou nas outras tres, que tiñan as portas abertas como era costume. Non quedou ninguén vivo, agás esta que che fala. Saíra correndo, temerosa do que acababa de facer. Semellábame oír berros e disparos mesturados cos latexos do propio corazón. Funlle pedir axuda a dona Clara, na Castiñeira, a dous quilómetros de Penalonga. Vivo co remorso de ser a culpábel de todo. Nunca quixen regresar\". E a avoa ensumírase naquel lugar do pensamento que lle poñía os ollos tristes. Sentada no auto, leo no libro de contas e procuro nos documentos do bisavó. Por eles sei que todos morreron por unha débeda de 20.000 reais que contraera o tal Onofre co meu avó. Avalada coa mellor finca do home, o prazo para o pagamento vencía o día de autos. Deixo para mañá a visita a Castroncelo, a aldea que ardeu enteira hai máis de medio século, e vou cabo da avoa. Cando llo explico todo, un sorriso adiado máis de oitenta anos instálaselle nos ollos. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_602", "summary": "A través de radios, televisións, prensa ou redes sociais o debate arredor do veto parental, a posibilidade de que as familias censuren a participación das crianzas en actividades educativas complementarias, chegou á Galiza. Representantes da xustiza e da educación lembran que esta medida é contraria á lexislación vixente e ao dereito da infancia a recibir unha educación en valores coma a igualdade ou o respecto á diversidade", "text": "\" CPide a Pablo Casado, Santiago Abascal e Albert Rivera que implanten en todos os centros a 'Solicitude de información previa e consentimento expreso' para garantir o dereito dos pais a educar aos seus fillos sen adoutrinamento afectivo-sexual nas aulas. Es ti quen tes dereito a educalos e non os activistas nin os políticos\". Este é un fragmento da propaganda que a asociación ultraconservadora 'Hazte Oír' enviou no mes de novembro aos centros educativos galegos. A solicitude á que fai referencia o colectivo non é outra que o veto das familias, ou titoras, do alumnado menor de idade á súa participación en actividades complementarias dos centros educativos. Unha medida, contraria á lexislación vixente, recollida polo partido de ultradereita Vox, que manifestou a súa intención de aplicalo en Murcia e o introduciu no seu acordo de coalición en Andalucía co Partido Popular e Ciudadanos. A polémica xurdida a raíz desta declaración de intencións das forzas de ultradereita, e sumada as campañas levadas a cabo por 'Hazte Oír', deformou nun debate acerca da capacidade, ou falta dela, das familias ou titoras de decidir sobre as 'súas' crianzas. Dereitos da infancia \"Trátase dunha polémica completamente artificial\", afirma contundentemente a xuíza de Familia Paz Filgueira, interpelada ao respecto por Nós Diario. \"As familias e outras figuras de tutela son custodias das crianzas; tamén o Estado debe velar por elas, mais elas son por enriba de todo titulares de dereitos\". Así o recolle a Convención Internacional dos Dereitos da Infancia, ratificada en 1989 e, ao longo da historia, o convenio cun maior número de ratificacións, entre elas a do Estado español. Dando a volta aos argumentos da propaganda de 'Hazte Oír' ou das forzas de ultradereita, e partindo da lexislación internacional, ou da mesma Constitución estatal, non son as familias quen teñen \"dereito\" a educar ás crianzas, mais as propias crianzas as que teñen dereito a recibir unha educación. \"E un dereito delas é a educación, como tamén recollen os principios da Unión Europea\", incide Paz Filgueira, \"ir en contra dese dereito implicaría ir en contra da lexislación da que formamos parte\". A propia conselleira de Educación da Galiza rexeitou a polémica, cualificándoa, como a xuíza ,de \"artificial\". En troques, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixoo, evitou posicionarse ao ser cuestionado por medios de comunicación. O que di a Lomce Cuestionada polo veto parental, a profesora de secundaria Ana Ojea tamén fai alusión á lexislación vixente. Contrariamente ao que 'Hazte Oír' proclama e as forzas de ultradereita repiten, lembra que a información sobre as actividades complementarias dun centro é pública e está suxeita a control. Ojea explica que cada trimestre, de acordo coa normativa, as profesoras dos centros educativos fan unha relación das actividades complementarias que desexan levar a cabo. \"Despois son trasladadas á directiva, postas en común nunha Comisión de Coordinación Pedagóxica, e logo presentadas ao Consello Escolar\", explica. Nel está representada toda a comunidade educativa; desde as profesoras, pasando polo persoal non docente até as familias ou titoras, e as estudantes. A maiores, como lembrou tamén a conselleira de Educación, todas aquelas actividades que se realizan fóra do recinto escolar requiren dun permiso asinado polas familias. O presidente da Confederación Galega de ANPA, Fernando Lacaci, censura que desde as forzas de ultradereita ou colectivos ultraconservadoras se alimente \"unha alarma que non existía\". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_58282", "summary": "O responsábel da xestora de Podemos na Galiza e senador, José García Buitrón, non comparte a decisión de converter a curto prazo a coligazón En Marea en partido. Tampouco comparte a reivindicación do dereito de autodeterminación para Galiza, pois non o ve urxente.", "text": "Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o portavoz da xestora de Podemos na Galiza e senador apuntou que lle parece \"precipitado\" que En Marea se converta nun partido político de cara a unha posíbel nova convocatoria de eleccións. \"Paréceme que en dous meses non hai tempo de facer un novo partido político na Galiza\", salientou o senador de Podemos, quen se amosou favorábel a que En Marea repita fórmula nas eleccións galegas, mais ampliando a confluencia ás mareas municipalistas. En relación ao candidato ou candidata de En Marea á presidencia da Xunta dixo que avoga por unha persoa sen adscrición a ningún partido. Aposta no encaixe das nacións na constitución española A respeito do dereito de autodeterminación da Galiza, Buitrón expuxo que \"non é unha urxencia\". \"Outra cousa é que nunha reforma constitucional se recolla outro marco de relacións políticas das comunidades autónomas, e eu estaría a favor da decisión das distintas comunidades para decidir o seu propio marco e encaixe constitucional en España\", explicou. Sobre a situación interna de Podemos na Galiza, admitiu que \"non é nada cómoda\". E é que o senador foi designado por Madrid para encargarse da xestora creada tras apartar a Breogán Riobóo da primeira liña política da formación –aínda que segue a ser o secretario xeral de Podemos na Galiza. Sinalou ao respeito que mantivo \"unha conversa cordial\" con Riobóo, \"dentro das dificultades que supoñen este tipo de rupturas\"."}
{"ID": "NOS_13233", "summary": "A militancia do PSdeG elixe este sábado novo secretario xeral. Manel Vázquez e Xosé Gómez Besteiro concorren como candidatos a unha consulta na que a participación roldaba o 50 por cento ás 18:30 horas e da que por vez primeira sairá eleito o líder do partido. En Sermos Galiza conversamos con ambos os dous candidatos", "text": "O PSdeG convoca este sábado 7 de setembro eleccións primarias. Conversamos cos candidatos á Secretaría Xeral. Os dous pulan pola participación da militancia mais declinan posicionarse sobre o futuro de Rubalcaba Gómez Besteiro: \"España ten un piar básico na descentralización\" Manel Vázquez: \"Apostamos en suprimir as provincias por obsoletas\""}
{"ID": "NOS_18564", "summary": "\"A Xunta segue sen facer nada para protexer as ladeiras e as aldeas do Courel\", denuncia Courel Vivo.", "text": "A agrupación municipal de Courel Vivo denunciou que entre as xornadas da terza e cuarta feira as precipitacións arrastraron \"toneladas\" de cinzas e terra polas ladeiras do Courel, até chegar ás casas e ríos da contorna. As chuvias arrastran cinzas do monte queimado degradando solos, ríos e rías Pese a que a agrupación compartiu varias imaxes, a Xunta nega que isto tivese lugar, e apunta que, segundo a información que lle traslada o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, \"non é certo que se produciran arrastres de toneladas de cinzas no Courel\". \"Máis ben ao contrario, a choiva caída estes días contribuirá favorabelmente á recuperación do chan afectado polos incendios forestais\", afirmou a Consellaría de Medio Rural. Mentres, Courel Vivo, a través dun comunicado, criticou que despois dun mes do maior incendio na historia da Galiza desde que hai rexistros, que arrasou 11.100 hectáreas, \"a Xunta segue sen facer nada para protexer as ladeiras e as aldeas do Courel\". Os incendios do Courel e Valdeorras, aínda descontrolados, son xa os maiores da historia da Galiza \"Seguen vendendo fume e prometendo axudas, que moitas quedarán no camiño, poñendo tantas trabas para acceder a elas\", lamentou. A agrupación tamén reclamou medidas máis alá de \"anuncios e fotos de políticos na zona\". Aliás, denunciou que, nos labores de extinción do incendio do Courel, \"os medios foron escasos e chegaron tarde\". \"A isto sumouse a falta de organización por parte da Consellaría de Medio Rural\", concluíu Courel Vivo. Non autorizar a caza maior Por outra parte, a Fundación Franz Weber insistiu esta quinta feira en que non se autorice o inicio da chamada \"tempada de caza maior\" despois do enorme impacto que tiveron os lumes forestais durante o último mes no país, con máis de 42.000 hectáreas afectadas e centos de miles de animais mortos segundo as estimacións do Goberno galego. A caza tamén contamina: 25 toneladas de chumbo vertidas no monte cada ano A ONG naturalista considera que \"permitir estas batidas suporía un ecocidio, xa que que os animais sobreviventes seguen tratando de integrarse en terreos adxacentes aos abrasados polas chamas, competindo polos recursos con outras poboacións\" e non están preparados para \"intentar fuxir das balas dos cazadores\"."}
{"ID": "NOS_53996", "summary": "Segundo afirma un recente estudo, \"pode ser a máis seria ameaza ambiental para a persistencia da civilización porque é irreversíbel\".", "text": "Tal e como explica o xornalista científico de National Geographic Michael Greshko, máis de 99% dos organismos que algunha vez habitaron a Terra están extintos. Ao tempo que unha nova especie evoluciona para se adaptar aos nichos ecolóxicos en continuo cambio, as vellas desaparecen. Aínda que non de forma constante. En cinco ocasións nos pasados 500 millóns de anos, entre 75% e 90% de todas as especies do planeta desapareceron en eventos coñecidos como extincións en masa ou crises bióticas. Esta desaparición de especies, con todo, abre a porta a outras novas. A extinción masiva máis estudada, que marca o límite entre os períodos do Cretáceo e do Paleóxeno, aconteceu aproximadamente hai 65 millóns de anos e levou por diante os dinosauros non aviares (os que non son paxaros), deixando espazo para a rápida diversificación e evolución de aves e mamíferos. Esta foi a quinta e última extinción no planeta desde que a vida xurdiu hai arredor de 3.500 millóns de anos, e a comunidade científica pensa que estamos xa inmersos na sexta, na extinción masiva do Holoceno, a época xeolóxica actual en que se encontra a humanidade desde a última glaciación, hai uns 11.650 anos. Tamén coñecida como extinción do Antropoceno ─termo proposto en 2000 polo premio Nobel de química Paul Crutzen para designar o período actual no canto de Holoceno─, é a crise biótica consecuencia da actividade humana, que afecta a numerosas familias de plantas e de animais e que abrangue hábitats de gran biodiversidade. O actual ritmo é cen veces maior ─segundo os cálculos máis optimistas─ ou até mil ─os máis derrotistas─ en relación á taxa natural de extinción, é dicir, a proporción de especies que desaparecería en ausencia de factores humanos. O principal é a emisión de dióxido de carbono á atmosfera procedente dos combustíbeis fósiles. \"Punto crítico\" A revista científica PNAS (Proceedings of the National Academy of Sciences) acaba de publicar un estudo onde se asegura que a sexta extinción masiva se está a acelerar e advirte que poderiamos estar ante o punto crítico do colapso da civilización. Un total de 515 especies terrestres, con menos de mil individuos, teñen o risco de desaparecer en 20 anos, a mesma cantidade que en todo o século pasado. A maioría pertencen ás rexións tropicais e subtropicais. Titulado \"Vertebrates on the brink as indicators of biological annihilation and the sixth mass extinction\", foi elaborado por Gerardo Ceballos, do Instituto de Ecoloxía da Universidade Nacional Autónoma de México; Paul R. Ehrlich do Centro de Conservación Biolóxica da Universidade de Stanford, nos EUA; e Peter H. Raven do tamén estadounidense Xardín Botánico de Misuri. Segundo afirman, \"a actual sexta extinción masiva pode ser a máis seria ameaza ambiental para a persistencia da civilización porque é irreversíbel\" e aseguran que a aceleración da crise biótica \"é segura\" debido ao \"constante e rápido crecemento do número de poboación humana e das taxas de consumo\". Efecto dominó Ademais, a conexión ecolóxica entre especies provocará que a desaparición das primeiras ameaza o de segundas e terceiras. \"A extinción xera extinción\", din, e apuntan unha última reflexión: \"A presión humana sobre a biosfera está a medrar axiña, e un exemplo recente é a actual pandemia da COVID-19, ligada ao comercio de fauna salvaxe\"."}
{"ID": "NOS_16131", "summary": "O xiro á esquerda do Partido Laborista baixo o mando de Jeremy Corbyn consolídase. A conferencia anual da organización, especie de congreso de definición programática que estes días decorre en Brighton (Inglaterra), confírmao. Entre as liñas políticas aprobadas atópase a supresión do ensino privado a través da súa integración no sector público.", "text": "A moción aprobada o domingo 22 de setembro foi promovida pola plataforma Abolir Eton. Laboristas contra as Escolas Privadas (Abolish Eton. Labour Against Private Schools), movemento militante de base cuxo nome refire o coñecido centro de elite. Defendeuna a deputada e ministra de Educación do chamado Goberno na sombra Angela Rayner. \"Faremos todo o sistema educativo máis xusto a través da integración das escolas privadas\", sinalou. O documento obriga a que o Partido Laborista inclúa a proposta no seu vindeiro programa electoral. \"Antes da elección de Corbyn [como líder da formación], viviamos baixo a ditadura do non hai alternativa\", expuxo nas redes sociais a plataforma contra o ensino privado, \"mais el inspirounos a crer que podiamos rematar co dominio das nosas elites educadas en centros privados\". A nacionalización do ensino pasa para os laboristas por lle retirar a consideración de \"organización caritativa\" e recuperar para o público as súas \"dotacións, investimentos e propiedades\". Ademais, limitarán a proporción de estudantes procedentes do ensino privado nas universidades a un 7%. Esta é a porcentaxe de británicos que asiste a escolas privadas. Angela Rayner tamén advertiu contra as \"lagoas\" nos impostos que benefician as escolas privadas e prometeu que, nos primeiros orzamentos dun futuro Goberno laborista, desaparecerán. \"Usaremos eses cartos para mellorar as vidas de toda a infancia\", concluíu."}
{"ID": "NOS_20213", "summary": "Comeza o coleccionábel de 'Nós Diario' para o mes de xuño.", "text": "Após a colección do mes de maio, no xornal de hoxe publícase o primeiro fascículo de \"Confín dos verdes castros e valeroso clan!\" da man de Felipe-Senén López Gómez. Este coleccionábel, coordinado por Senén, arqueólogo e museólogo, componse de 18 entregas que tratan o mundo castrexo da Galiza, \"un tema ao que volver sempre, na medida das novas pescudas e da madurez da ciencia arqueolóxica e da museoloxía\", sinala a Nós Diario. Os artigos divulgativos, asinados cada un por distintas persoas investigadoras, trazan os datos básicos do poboado, os habitantes, as defensas, as construcións -murallas, foxos, casas-, así como outras pezas atopadas nas escavacións, e toda a información actualizada para valorar o patrimonio e a investigación, a través dun coñecemento ameno do que as \"pedras nos din\". Castros como o de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, o de Viladonga, en Castro de Rei ou a Cibdá de Armea, en Allariz, serán os seguintes en ser tratados por cadansúa investigadora nas próximas entregas."}
{"ID": "PRAZA_14357", "summary": "A prensa azteca destaca as duras críticas xurdidas polo contrato entre a Xunta e a petroleira, á que acusan de \"ocultar o contrato\" ao consello de administración, de non facer licitación pública e de asumir un investimento \"nin estratéxico nin substantivo\". \"É o negocio turbio máis grande dos negocios turbios de México\", di un diario.", "text": "Duras críticas en México ao acordo asinado entre a petroleira Pemex e a Xunta para a construción de dous buques hoteis nos estaleiros galegos de Navantia, en Ferrol, e Barreras, en Vigo. Tal e como informa a prensa do país azteca, o investimento da compañía estatal en Galicia por uns 300 millóns de euros non gusta nin aos seus propios conselleiros. Acusan a firma de ocultar o contrato, de non facer licitación pública ningunha e de ser unha operación pouco estratéxica para a súa industria. Dous integrantes do consello de administración de Pemex aos que fai referencia o diario La Jornada quéixanse amargamente de que o director xeral da compañía, Juan José Suárez Coppel, non informara ao devandito consello sobre o contrato, tras lembrar que implica un elevado investimento de \"recursos públicos\". \"Novamente, enterámonos por medio do xornal de operacións elevadas que a administración de Pemex está facendo de costas ao principal órgano de goberno corporativo da petroleira mexicana\", asegurou un destes directivos. Conselleiros de Pemex critican que se enterasen pola prensa do acordo e de que non se realizase unha licitación pública Para La Jornada, o acordo entre Pemex e a Xunta serve \"para salvar a inminente ruína ás compañías españolas, que non asinaban contrato ningún desde hai cinco anos\". Ademais, o mesmo diario recorda que a operación firmouse \"sen ter realizado unha licitación pública internacional para o concurso de participantes (nacionais e estranxeiros)\" e aclara que \"se descoñece se a orixe dos recursos porqeu non se sabe se se financiará a través de recursos orzamentarios ou contratación de débeda ou diñeiro en caixa de Pemex\". \"Os funcionarios que autorizaron esta operación practicamente rematan a súa xestión e vanse deixando recursos comprometidos\", chega a dicir. \"Os funcionarios que autorizaron o acordo rematan a súa xestión e marchan deixando recursos comprometidos\" Segundo o diario, a operación \"tería que ter pasado pola autorización da Secretaría de Facenda e Crédito Público e do Comité de Estratexias e Investimentos de Pemex\", así como \"fixar a obriga aos fabricantes para incorporar unha porcentaxe de contido nacional, por un acordo que vai a todas luces en contra da planta industrial de México\". \"A operación non é estratéxica nin substantiva para as actividades principais de Pemex, que son a exploración e explotación de cru\", insiste o diario, que insinúa outro tipo de acordos que posibilitarían o contrato entre a compañía azteca e a Xunta. \"A operación non é estratéxica nin substantiva para as actividades principais de Pemex\" Ademais, especialistas na industria naval cre que se debería realizar un estudo sobre a capacidade total dos estaleiros mexicanos para construír embarcacións. Raúl Rocha, presidente do Colexio de Enxeñeiros Navais de México, asegura que o acordo entre Pemex e a Xunta \"permite que se perdan preto de 5.000 empregos que se poderían ter xerado\" no país azteca. \"Trátase do negocio turbio máis grande dos negocios turbios de México\" Ademais, o Diario de Yucatán tamén é duro co contrato asinado por Pemex en Galicia. O xornalista Jacobo Zabludovsky, asegura que os dous buques hoteis son moi caros se se comparan con outras operacións e cualifica o negocio de \"turbio\". \"Trátase do negocio turbio máis grande nos negocios turbios de México\", insiste o periodista, que censura que nin o Goberno nin Pemex informaron desta contratación e da de \"posiblemente, 14 remolcadores\" e que carga con dureza contra o elevado prezo que pagará a firma estatal. A prensa mexicana dá cifras de ocupación máis achegadas ás que dan os sindicatos que ás que facilita a Xunta Ademais, outro diario, El Economista, tamén se amosa escéptico co investimento de Pemex en Galicia e fai un cálculo sobre os postos de traballo e o tempo de traballo que implicará o contrato cos estaleiros galegos. Curiosamente, as cifras achéganse máis ás que dan os sindicatos dos estaleiros e que contradin ás da Xunta, á que acusan de \"inflar os datos\". \"A fabricación de cada navío podería xerar un ano e medio de ocupación para 900 operarios\", asegura o xornal. Algún diario azteca dá tamén detalles sobre as características destes buques hoteis que serán construídos en Vigo e Ferrol. Así, serán xemelgos, de 131 metros de eslora cada un e cunha velocidade máxima de 12 nudos e capacidade para 600 persoas."}
{"ID": "PRAZA_13163", "summary": "Durante os 3 anos de Goberno do PP vivimos continuos recortes orzamentarios que suman mais de 300 millóns de euros. Repercutiron na calidade da sanidade galega negativamente, menos persoal, menos medios... dicían que podían facer mais con menos pero a evolución das listas de espera, incluso maqueadas, mostran que non é así, que con menos faise menos, por moito que as e os profesionais se esforcen por compensar os recortes.", "text": "Durante os 3 anos de Goberno do PP vivimos continuos recortes orzamentarios que suman mais de 300 millóns de euros. Repercutiron na calidade da sanidade galega negativamente, menos persoal, menos medios... dicían que podían facer mais con menos pero a evolución das listas de espera, incluso maqueadas, mostran que non é así, que con menos faise menos, por moito que as e os profesionais se esforcen por compensar os recortes. En marzo de 2012 39.614 persoas agardaban en Galiza por unha cirurxía, 5.200 máis que en marzo de 2009; delas, 878 levan mais de 1 anos agardando malia que un decreto obriga ao SERGAS a operar antes de 6 meses. En marzo de 2012 39.614 persoas agardaban en Galiza por unha cirurxía, 5.200 máis que en marzo de 2009 No debate orzamentario pasado, o argumento do PP para xustificar o novo recorte era a blindaxe do gasto sanitario ante un orzamento estatal reducido. Pero ao recorte proposto do ministerio para 2012 de 365 millóns de euros súmase en abril o medicamentazo. O BOE de 24 de abril publica o Real Decreto de 20 de abril chamado de \"medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do sistema e mellorar a calidade e seguridade das prestacións\" un nome ben soante que non se comparece co seu contido, que si ben é urxente, non garante a sustentabilidade do sistema, mais ben pona en cuestión e dende logo non mellora nin a calidade nin a seguridade das prestacións. Trátase dunha chea de medidas, algunhas moi desenvolvidas e outras só anunciadas, que procuran resolver a súa prioridade: o déficit ,a costa de recortarlle os dereitos e as prestacións ás persoas enfermas. Coa súa implantación procúrase un recorte do orzamento adicado a sanidade polas CCAA de 7.000 millóns de euros inxerindo nas competencias dos Gobernos autónomos. Segundo o artigo 33 do Estatuto de Galiza: Correspóndelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior, e segundo o artigo 149.1.16 da Constitución española correspóndenlle ao Estado: sanidade exterior, bases e coordinación xeral da sanidade. Por tanto, esta nova normativa sobarda as competencias do Estado e supón unha clara inxerencia nas do Goberno galego. Esta nova normativa sobarda as competencias do Estado e supón unha clara inxerencia nas do Goberno galego As medidas propostas buscan o aforro por dúas vías: recorte/eliminación de servizos, e aumento dos copagos coa súa dupla consecuencia recadatoria e disuasoria. O documento conta con 35 páxinas pero só concreta algún dos recortes que anuncia. Deixarán de financiarse determinados fármacos (teremos que pagar todo o mundo o 100%); cando non precisen receita ou non se utilicen para o tratamento dunha patoloxía. Incluiría esta medida a pílula do día despois ou DIU e anticonceptivos orais. Deixarán tamén de financiarse medicamentos indicados para o tratamento de síntomas menores, como analxésicos e antiinflamatorios de uso xeneralizado que non precisa receita. Unha vella demanda de FARMAINDUSTRIA que vía reducir as marxes de medicamentos que teñen equivalentes xenéricos Tamén teremos que pagar o 100% ou deixarán de prestarse en centros públicos servizos que non estean \"orientados á curación de enfermidades, mellora da esperanza de vida ou á diminución da dor\" Tamén teremos que pagar o 100% ou deixarán de prestarse en centros públicos servizos que non estean \"orientados á curación de enfermidades, mellora da esperanza de vida ou á diminución da dor\". Con este criterio poderían excluír IVE, vasectomías e ligaduras de trompas ou técnicas de fecundación asistida. Tamén pode supoñer que teremos que pagar o 100% de servizos que se prestan coa hospitalización e que non son puramente clínicos como a alimentación das persoas hospitalizadas. O presidente Feijóo xa adiantara esta posibilidade naquela famosa entrevista de intereconomía \"cobrar aos enfermos por comer cando están hospitalizados\" e volveuno facer hai dous días. Indícase sen concretar o que o presidente chama o \"núcleo duro da sanidade\", ou \"carteira común básica de servizos asistenciais\": aquelas actividades asistencias de prevención diagnóstico tratamento e rehabilitación que se realicen en centros sanitarios e cubertos completamente con financiamento público. O feito de ser gratuítos está na súa definición e por tanto dicir que os servizos asistenciais serán gratuítos é unha tautoloxía non unha garantía, será tan fácil que deixen de selo como que un venres calquera, o consello de ministros emita un novo real decreto que modifique esta definición. Na actualidade, o transporte programado en ambulancia realízase por prescrición facultativa para o transporte a determinados servizos sanitarios, diálises quimioterapias, rehabilitacións... ALCER alertaba de que podería supoñer unha coacción para non acudir ao hospital Son coñecidos os novos copagamentos, moi reseñado o do transporte sanitario non urxente. Na actualidade, o transporte programado en ambulancia realízase por prescrición facultativa para o transporte a determinados servizos sanitarios, diálises quimioterapias, rehabilitacións... ALCER alertaba de que podería supoñer unha coacción para non acudir ao hospital para os 120 enfermos renais en diálise afectados en Ourense, persoas que viven de pensións inferiores a 600 euros, que deberán ademais facer fronte aos novos pagos de farmacia . O mesmo sucederá coa prestación ortoprotésica e os produtos dietéticos, que poden parecer cuestións menores cando non se precisan pero son vitais para a autonomía e a calidade de vida de milleiros de cidadáns. O copagamento farmacéutico modificase substancialmente, para as persoas activas pode chegar ao 60%, pensionistas terán que pagar o 10% dos medicamentos que se sigan financiando. Galiza está especialmente afectada por esta medida, en 2010 o importe medio mensual da pensión contributiva en Galiza era de 869 euros ao mes, das mais baixas do estado. Temos uns 725 mil pensionistas, 165 mil viúvas cunha pensión media inferior a 500 euros, persoas polimedicadas que manteñen unha calidade de vida decente porque o acceso aos coidados médicos e farmacéuticos non depende da súa renda. Moitas destas pensións contribúen a manter a mais de 277 mil persoas que en Galiza están en paro, aos milleiros de familias sen ingresos. Terán que escoller agora entre comer e medicarse, entre axudar aos fillos e medicarse? Terán que escoller agora entre comer e medicarse, entre axudar aos fillos e medicarse? O Foro español de doentes demanda nun posicionamento sobre esta norma, \"evitar a visión estigmatizante dos doentes como persoas derrochadoras que precisan de medidas disuasorias baseadas no copago\". A norma supón ademais a modificación a un sistema de aseguramento: a sanidade deixa de ser universal. Pódese dicir que universal xa non era, que había colectivos excluídos, pero tiña a vontade da universalidade; ese foi o motivo de que o seu financiamento pasara a depender dos impostos e buscábase darlle acceso a grupos de persoas que aínda ficaban excluídas. O sistema que se implanta establece a condición de asegurado para unha lista de situacións relacionadas coa posición da persoa no mercado de traballo, ficando excluídas o resto, grupos variados e importantes de persoas: mozas e mozos de mais de 25 anos que non teñan cotizado nin se declaren sen recursos, pensionistas que non teñan cotizado no estado español aínda que teñan a nacionalidade española, as viúvas e separadas que non casaron e non cotizaron, ou residentes sen permiso legal. O 1 de Setembro, cando se desactiven as súas tarxetas sanitarias, milleiros de persoas vivirán a realidade inhumana deste decreto Neste último caso chama a atención que non parece que lles preocupe aflorar economía sumerxida que se agocha tras esta situación, só lles retiran o dereito á asistencia sanitaria. O artigo 43 punto 1 da Constitución española recoñece o dereito á protección da saúde, e no punto 2 establece a obriga para os poderes públicos de organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. Este real decreto convirte en papel mollado os dereitos á saúde que establece a Constitución e deberá ser o Tribunal Constitucional quen decida sobre a súa non constitucionalidade ou poñer de relevo, unha vez mais, que os dereitos que establece esa constitución son só palabras que non obrigan aos Gobernos do Partido Popular cando non lles interesa. O 1 de Setembro, cando se desactiven as súas tarxetas sanitarias, milleiros de persoas vivirán a realidade inhumana deste decreto. É importante que a cidadanía reaccione e lle diga claro e alto na rúa e nos foros de todo tipo que non admitiremos a destrución da sanidade publica que teñen planificado."}
{"ID": "NOS_9448", "summary": "Alerta por seca, incendios e altas temperaturas, fenómenos os tres que están a marcar este inicio de verán galego e que, advirten as persoas científicas, van facerse habituais. Un estudo do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre cambio climático debuxa unha Galiza en 2040 distinta á que coñecemos.", "text": "\"Redución das precipitacións, aumento de fenómenos extremos e de temperaturas máximas e mínimas, vagas de calor máis prolongadas; no medio mariño prevese o aumento da temperatura superficial da auga, a suba do nivel do mar e cambios na salinidade e nas ondadas\". Estas son algunhas das conclusións do estudo Impactos e riscos derivados do cambio climático en España, elaborado por 17 especialistas e publicado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Un informe que alerta do incuestionábel dos riscos de erosión, seca e degradación de hábitats que implica o cambio climático, tamén para a Galiza. Damián Insua, investigador e meteorólogo: \"No futuro aumentarán as secas, tamén as agrícolas\" Así, advirte que a Galiza pode ver reducida até en 3 metros a liña do seu litoral en 2040, unha situación que implicará a \"perda de praias\" e tamén efectos sobre a poboación e tecido socioeconómico que existe a pé de costa. A Galiza, canda Canarias e a costa cantábrica, serían os territorios do Estado máis afectados por este retroceso. Este fenómeno de perda de litoral ou 'inundación costeira' repercute no \"uso dos chans\" afectados por mor do quentamento global. \"As infraestruturas serían as máis afectadas polas inundacións costeiras, seguidas do solo para actividades industriais. Resulta rechamante que na costa atlántica —A Coruña e Pontevedra— entre 15% e un 20% da superficie de infraestruturas atópase en zonas de risco por inundación costeira\", afírmase no estudo. Mais non só a industria e infraestruturas, tamén as poboacións. \"A poboación exposta a inundación permanente podería alcanzar 3% na Coruña\". Temperaturas Ao tempo, haberá un progresivo aumento da temperatura media da auga, que na costa atlántica galega será de 0,028º cada ano. Ese incremento importante na costa da Galiza da temperatura, e da \"acidificación da auga e os cambios en afloramentos mariños están a impactar a recursos chave como a sardiña, o polbo ou o mexillón\". A este respecto, o estudo recolle como \"as comunidades costeiras e colectivos marisqueiros esperan no futuro ver diminucións na abundancia ou desaparicións de especies comerciais clave para a próxima década\". Cambio climático: temperaturas de até 54,4ºC en 2021 Perda produtiva O cambio climático terá impacto tamén na agricultura e a gandaría. \"Nalgunhas zonas da Galiza as perdas na produción de millo poden chegar a 50%\", afirma o documento. Non poucos estudos alertan de que afectará, negativamente, a sectores como a da produción de leite ou o sector do viño tal e como se coñece. Porén, a previsión dunha diminución da achega de auga doce até 14% na Galiza augura dificultades. O IINE informaba onte que cada fogar galego consume 130 litros por persoa ao día, 4% máis que dous años antes."}
{"ID": "PRAZA_13951", "summary": "Adega denuncia que a norma provocará lumes \"máis rápidos, altos e fortes\" e a deputada nacionalista Tereixa Paz, que visitou O Barco, pediu a derrogación da lei. A concentración convocada pola Alianza por un Medio Rural Vivo reuniu un cento de persoas en Valdeorras.", "text": "A nova Lei de Montes, que foi aprobada en solitario polo PP, xa recibiu no seu momento as criticas xeralizadas dos grupos da oposición e de colectivos ambientalistas. Os lumes que tiveron lugar hai uns dias en Valdeorras fan que esas críticas regresen. Este mércores a Alianza por un Medio Rural Vivo reuniu un cento de persoas no Barco nunha concentración de protesta contra a política de prevención e extinción da Xunta. Adega, que forma parte desta plataforma denuncia que a Lei de Montes, ao modificar pola porta de atrás a lei de prevención contra os lumes de 2007, facilitar a extensión das pirófitas, introducir a especulación no monte e reducir ao mínimo o papel da administración, provocará \"lumes de récord: máis rápidos, altos e fortes\". Adega denuncia que Feijóo diminuiu as distancias de salvagarda da vexetación ás vivendas (de 50 a 30 metros); reduciu os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados (de 3 a 2 anos); eliminou o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 25 hectáreas continuas; abreu a posibilidade de forestar terras agrarias e desviou cara os concellos parte das responsabilidades de control. De igual xeito, este mércores a deputada do BNG no Parlamento Galego, Tereixa Paz, visitou O Barco e denunciou que \"a falta de ordenación do territorio, nomeadamente do monte, a ausencia de políticas preventivas, desmantelamento da actividade agrogandeira e o abandono do medio rural son as inequívocas causas dos incendios forestais\". En consecuencia Paz demandou a derrogación da norma pois \"bota o lume ás portas das aldeas, pois non ordena os usos da terra e permite forestar terras agrarias, polo que incrementa o caos e a desorde\"."}
{"ID": "NOS_9163", "summary": "O secretario xeral da central sindical nacionalista, Suso Seixo, comparecerá esta mañá en conferencia de prensa. Nela prevese que dea conta do resultado das conversas que mantivo con CCOO e UGT en relación á proposta de mobilizacións unitarias que formulou a central nacionalista.", "text": "Ás 11h desta mañá o secretario xeral da CIG comparecerá en conferencia de prensa. Nela está previsto que Suso Seixo anuncie publicamente as datas das próximas mobilizacións sindicais. Así mesmo, prevese que Seixo dea conta do resultado das conversas mantidas pola central sindical nacionalista con CCOO e UGT, en que a CIG lles trasladou unha proposta de calendario coa idea de manter a unidade de acción con que as organizacións sindicais veñen actuando desde principios do verán. No caso de que os sindicatos estatais decidisen non se sumar á proposta unitaria da CIG, o sindicato nacionalista podería anunciar hoxe un calendario de mobilizacións propio, cos ollos postos na data en que o goberno central presente a súa proposta de orzamentos xerais do estado e na de inicio da campaña electoral do 21-O."}
{"ID": "NOS_23672", "summary": "Todo o que precisas saber sobre o novo protocolo que vén de aprobar a Xunta da Galiza para as corentenas e o modo de proceder ante casos positivos e contactos estreitos.", "text": "A directora xeral de Saúde Pública da Xunta da Galiza, Carmen Durán, presentou esta cuarta o novo protocolo de actuación para casos positivos da Covid-19 e os seus contactos estreitos. Que fago se teño síntomas da Covid? Debe iniciar illamento domiciliario e, a continuación, pedir cita telefónica co seu médico ou médica de cabeceira, contactar co persoal médico do seu PAC ou chamar ao número de información do Sergas sobre a Covid 881 540 045. Será sometido a unha proba de antíxenos ou PCR. Se o resultado é positivo, chamarano da central de seguimento de contactos, que xestionará unha cita co seu médico, faralle unha enquisa de caso e pediralle a listaxe de contactos estreitos; se é negativo, comunicarallo vía SMS e poderá facer vida normal. Canto dura a corentena na Galiza? O illamento para os casos positivos do coronavirus pasa de dez a sete días, con tres días máis de seguimento. Os contactos estreitos tamén fan corentena? Co novo protocolo, os contactos estreitos asintomáticos completamente vacinados están exentos de corentena, así como aqueles que tiveron a Covid-19 nos últimos seis meses e non presentan síntomas. Os contactos que se presenten síntomas e así o notifiquen cando sexan contactados pola central de seguimento serán sometidos a unha proba PCR ou de antíxenos o quinto día após o contacto co positivo. Se non se lle permite na súa empresa o teletraballo, o Sergas expediralle unha baixa laboral de sete días, o tempo que dura a corentena (máis outros tres días de seguimento). Podo facer vida normal se son un contacto asintomático? Aínda que non faga o corentena, estará en vixilancia durante os dez días posteriores ao útimo contacto co positivo confirmado. A central de seguimento enviaralle unha mensaxe SMS coas instrucións e información sobre a duración da vixilancia. Non se lle realizará test PCR ou de antíxenos, agás ás persoas en situación de vulnerabilidade (maiores de 70 anos, residentes e traballadores en centros sociosanitarios, persoas inmunodeprimidas ou embarazadas). Deberá evitar o contacto con persoas vulnerábeis e non acudir a grandes eventos, mais poderá acudir ao seu posto de traballo e, con carácter xeral, non procede a baixa laboral. Din positivo en antíxenos... E agora, que? Debe chamar ao teléfono de información sobre o coronavirus do Sergas, 881 540 045. Recibirá unha chamada telefónica da central de seguimento nas seguintes 24 horas. Non precisará doutra proba para confirmar o positivo nin para obter a baixa laboral."}
{"ID": "PRAZA_11054", "summary": "Dende o ano 2011 a OCE revisa o censo dos concellos de menos de 2.000 habitantes á procura de incrementos \"significativos\" e resulten \"sospeitosos\", caso no que insta o consistorio a verificar que son reais", "text": "O Incio e O Páramo son dous pequenos concellos da provincia de Lugo, ambos con menos de 2.000 habitantes. Isto inclúeos no grupo de municipios que, dende a reforma electoral do ano 2011, son supervisados regularmente pola Oficina do Censo Electoral (OCE) á busca de incrementos \"significativos\" no electorado que poidan chegar a ser \"sospeitosos\". Ambos veñen de ser situados na lista que a OCE vén de publicar coa vista posta nas novas eleccións xerais do 10N xunto a outros oito do resto do Estado.Dende o ano 2011 a OCE revisa o censo dos concellos de menos de 2.000 habitantes á procura de incrementos \"significativos\" e resulten \"sospeitosos\", caso no que insta o consistorio a verificar que son reaisA normativa vixente estipula que, cando nos seis meses previos á convocatoria dunhas eleccións se produce un incremento \"significativo\" no censo nun destes pequenos concellos, a OCE contacta co Concello para \"verificar\" as altas no padrón municipal. Isto é, para comprobar que se trata de residentes reais e non dunha fraude, caso no que deben dalas de baixa e comunicalo en quince días á oficina do Censo. Este procedemento xa foi completado en ambos casos e nos dous os concellos responderon, pero non satisfactoriamente. É por iso que a Oficina do Censo os inclúe entre os municipios que, ante un incremento sospeitoso da poboación con dereito ao voto, ofreceron \"resposta ao requirimento sobre incrementos do número de residentes significativos sen resultar xustificados\" e esta circunstancia foi notificada á Xunta Electoral Central. No caso do Incio, o censo de setembro reflicte que consta con 1447 persoas empadroadas en setembro, tres máis que no mes de agosto, cando eran 1444, as cales supuñan á súa vez un incremento de 21 con relación a medio ano antes. Este concello ten un gran volume de poboación inscrita no censo de residentes ausentes, de máis de 1.000 persoas.O Páramo, pola súa banda, tiña anotadas en setembro 1.222 homes e mulleres no censo de residentes con dereito a voto. Son cinco máis que en setembro e oito máis que en xuño, cando eran 1.213. A cifra é, no entanto, semellante aos meses da pasada primavera. Neste caso, segundo a lista publicada pola OCE, o consistorio tampouco foi quen de \"xustificar\" as variacións.Con esta publicación a Oficina do Censo Electoral e a Xunta Electoral dan opción ás candidaturas que concorren aos comicios -neste caso, as vindeiras xerais-, a impugnaren formalmente o censo polos seus incrementos. É o que sucedeu, por exemplo, antes das eleccións xerais do 28 de abril e das municipais de maio en Rábade, cando este concello, tamén na provincia de Lugo, fora incluído na lista da OCE."}
{"ID": "NOS_15428", "summary": "A iniciativa foi adoptada por acordo unánime de todos os grupos da cámara.", "text": "Que desaparezan do Google Maps formas aberrantes e deturpadas como \"La Estrada\", \"Vivero\", \"Órdenes\", \"Sanjenjo\" ou \"Lorenzana\". Ese é o miolo da proposición non de lei da autoría de Olalla Rodil (BNG) que esta sexta feira foi aprobada por unanimidade polo Parlamento da Galiza. A iniciativa insta o goberno galego a que se dirixa á multinacional norteamericana para que poña fin á desfiguración da toponimía galega. Na súa intervención, Rodil afirmou que a día de hoxe unha das ferramentas de xeolocalización máis utilizadas pola populación galega continúa a conculcar a lei de normalización lingüística, que estabelece as galegas como únicas formas lexítimas e legais dos topónimos do país. É cuestión de vontade política, enfatizou a deputada nacionalista, quen puxo como exemplo que no servizo de emerxencias 112 si se conseguiu o pleno respeito da toponimia galega no seu xeolocalizador."}
{"ID": "NOS_14661", "summary": "Javier Illanes asegurou con rotundidade que se as autoridades tiveran feito caso ao informe do xefe de maquinistas José Ramón Iglesias Mazaira, o accidente non tería ocorrido.", "text": "O maquinista Javier Illanes, que levou o tren Alvia accidentado en Angrois desde o municipio leonés de Medina del Campo até Ourense afirmou na súa comparecencia desta cuarta feira que era \"de dominio público\" que a curva da Grandeira estaba \"desprotexida\". O interventor do tren, sobre a chamada ao maquinista antes do descarrilamento: \"Non sabía que existía esa curva\" Na súa comparecencia, a máis longa desde o comezo do xuízo, Illanes mantivo momentos tensos en varios dos interrogatorios, principalmente co fiscal e coa avogada do Estado español. Ao representante do Ministerio Público negoulle que a formación que reciben os maquinistas fixese fincapé nas peculiaridades dese tramo. \"Coméntase onde pode haber un punto de referencia (para iniciar o freado de 200 a 80 quilómetros por hora) pero logo cada un toma unha referencia diferente\", salientou. Declaran os primeiros policías que chegaron a Angrois Preguntado por se no momento do accidente era consciente do punto no que se atopaban, respondeu que non, aínda que imaxinaba que debían estar \"perto de Santiago\" unicamente polo paso do tempo desde que o tren saíra de Ourense. \"Obriga\" de responder ao teléfono O maquinista tamén afirmou que \"sempre\" tería contestado contesta en caso de ser el o que estivese a conducir e recibise unha chamada como a do interventor. Illanes incidiu en que é preciso responder estas chamadas \"mentres sexa un tema de servizo\". \"É a miña obrigación e é o que me obriga a facer a miña empresa\", engadiu. [VÍDEO] Garzón: \"Non había ningún sinal até o comezo da curva\" Respecto a o que lle ocorreu a Garzón ao responder o teléfono á chamada do interventor, considerou que \"seguramente se desubicó\", pero puxo o foco sobre a falta de sinalización na vía. Curva desprotexida A continuación, referiuse ao informe redactado por José Ramón Iglesias Mazaira, xefe de maquinistas que alertou da falta de indicacións de seguridade dese tramo ferroviario. Illanes mostrouse \"totalmente de acordo\" co informe de Iglesias Mazaira, xa que entende que \"esa curva estaba desprotexida e había que tomar medidas\", algo que tamén manifestaba o xefe de maquinistas. O maquinista critica fallos de seguridade no sinistro do Alvia Javier Illanes asegurou con rotundidade que se as autoridades tiveran feito caso ao informe de Iglesias Mazaira, o accidente non tería ocorrido. Ao seu xuízo, esta liña \"monótona\" con viadutos e túneles \"non era 100% segura\" e en concreto tratábase dun tramo complicado no que despois se introduciron medidas de seguridade. Aínda que \"os medios existían\", nese momento \"non había nin sinal nin baliza\". Tamén subliñou que o accidente se produciu ese día pero, nas condicións en que circulaba o tren, \"puido pasar noutro momento\", polo que afirmou que lle gustaría que lle tivesen feito \"caso\" ao xefe de maquinistas que alertou do perigo."}
{"ID": "NOS_4219", "summary": "A oposición volverá preguntarlle a Feijóo polo 'Caso Dorado' dentro de cuestións máis amplas que tamén farán referencia ao control dos medios públicos e os incumprimentos do presidente coa Cámara.", "text": "Un traballo parlamentar \"obstruído\" e unha xestión de goberno baseada na \"manipulación\" serán algunhas das queixas ás que en teoría deberá dar resposta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Pleno do Parlamento galego da próxima semana, o último do período ordinario. PSOE, AGE e BNG volverán a tratar o 'Caso Dorado' nunha sesión que tamén deixará espazo para as críticas ao \"escurantismo\" na comisión que investiga as caixas e, segundo a oposición, en case toda a acción de goberno da Xunta do PP. Así, o BNG preguntará pola \"manipulación da cidadanía\". \"Manipulación dos medios de comunicación públicos, manipulación d@s cidadáns co exemplo moi claro no conflito das preferentes, manipulación deste Parlamento, que está submetido aos intereses e obediencia do Executivo e ademais obstrución para coñecer toda a documentación relativa a contratos de Marcial Dorado ou para acceder á documentación da comisión das caixas\", sinalou o seu portavoz, Francisco Jorquera, que tamén denunciará a campaña de \"desprestixio á oposición\" que cre que lidera o Delegado do Goberno central, Samuel Juárez. Pola súa parte, o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, afirmou que na Cámara comeza a sentir a utilización de \"algo semellante a un idioma nazi\". \"Existe pánico a que se lle fagan preguntas comprometidas ao presidente\", dixo en referencia á Mesa do Parlamento, que obrigou a matizar as cuestións que propuñan os grupos. Tamén amosou enfado Abel Losada, voceiro do PSOE, que solicitou o amparo da presidenta Pilar Rojo por \"non recibir a información que se solicita\". @s socialistas intentarán que Feijóo explique a destrución de documentación por parte da Xunta. O voceiro do PP, Pedro Puy, defendeu o seu partido sinalando que \"teñen máis facilidades para traballar neste Parlamento que na maioría do resto de Cámaras autonómicas\"."}
{"ID": "NOS_43908", "summary": "Correlingua está de aniversario: 20 anos movendo miles e miles de nenos e nenas, mozos e mozas a prol do galego.", "text": "Correlingua fai 20 anos. A iniciativa que se puxera en andamento en maio de 2001 coa defensa e valorización do galego como obxectivo foi medrando ao longo de todos estes anos até chegar a ser o que é hoxe: unha das iniciativas máis importantes en torno ao galego. Esta actividade de carácter nacional que transita dunha a outra localidade cun denominador común que é a normalización lingüística da mocidade e a infancia sumou ao longo destes anos miles e miles de alumnos participantes e de profesorado implicado. Aliás, teceu unha rede co mundo da cultura, co que músicos, contacontos, artistas... xa son parte fundamental da iniciativa. Desde aquel primeiro Correlingua (\"Non fiques coa lingua de fóra\") até o que se está a desenvolver este ano (\"Inmunízate co galego\") moitas son as cousas que pasaron por este acto que organiza A Mesa, CIG-Ensino e a AS-PG coa colaboración de diferentes institucións. Vénse de editar estes días un vídeo conmemorativo desas 2 décadas de vida na que sen imaxes das diferentes edicións e toman a palabra algúns e algunhas das impulsoras desta iniciativa polo galego. \"O obxectivo era mostrar a unidade en torno ao galego e visibilizar esa unión en todas as actividades a prol do galego\", afirma Anxo Louzao, ex secretario nacional de CIG-Ensino e expresidente da Asociación Correlingua. \"Logramos interactuar durante todos estes anos coa mocidade e valorizar o galego\", apunta Anxo Terán, o actual presidente da asociación. Marta Dacosta, que fora vicepresidenta de Correlingua, sinala que foi \"fundamental\" intervir con iniciativas como esta para que a lingua non desaparecese de escena para nenos e mozos en determinadas partes da Galiza. Isa Risco, actriz e unha das 'animadoras' habituais das últimas edicións de Correlingua, afirma que o Correlingua \"é o mellor, é celebrar que temos unha lingua viva\". 2021 Na presente edición, que pon o ramo o 22 deste mes en Foz, o Correlingua reúne máis de 1.500 escolares, e as actividades decorren entre o 20 de outubro e o 22 de novembro na Coruña, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Bueu, A Estrada, Verín e Foz, onde se celebrará a festa de fechamento da edición. Pauliña —gañadora do Cantalingua—, Os John Deeres, Cé Orquestra Pantasma e Música Miúda ofrecerán oito concertos nos diferentes municipios que colaboran co evento. \"Son actividades que fan que o alumnado sexa protagonista dentro e fóra das aulas\", sinalou Varela, quen tamén instou a que as actividades \"motiven\" o uso do galego tanto no eido escolar como no día a día da mocidade."}
{"ID": "NOS_4863", "summary": "Axigántase a fenda entre o secretario xeral de Podemos e o seu homólogo de Podem.", "text": "Contundente resposta de Albano Dante Fachín -secretario xeral de Podem, deputado de Catalunya sí que es Pot no Parlament- á decisión de Pablo Iglesias de convocar desde Madrid unha consulta ás persoas inscritas da formación morada no Principat sobre a política de alianzas. O disenso xorde porque Dante Fachín abre a hipótese a unha confluencia co bloco soberanista, mentres Iglesias defende exclusivamente un acordo cos comúns de Colau. En declaracións realizadas esta terza feira, o secretario xeral de Podem fai patente o océano que o separa de Iglesias: \"A intervención de Iglesias en Podem é igual a de Rajoy en Catalunya\". A seguir, lembrou que o líder de Podemos \"dixera que se el fose catalán non participaría no 1-O\". \"Embora iso, nós [por Podem] consideramos que tiñamos que participar, porque escoitamos a xente\". A respeito da consulta que convoca Iglesias desde Madrid, Dante Fachín declarou que, fose cal fose o resultado dese referendo interno, \"a decisión xa está tomada\" por Pablo Iglesias, en alusión aos planos da dirección estatal de Podemos de en ningún caso pactar cos soberanistas. Dante Fachín anunciou finalmente que non vai participar no referendo interno por o considerar unha \"consulta imposta\" desde Madrid."}
{"ID": "PRAZA_7261", "summary": "Esta oferta de emprego para o vindeiro ano está pendente da convocatoria formal, que pode adiarse (como o fixo neste 2014) ata 12 meses. Esta semana publicouse a convocatoria de 2014: 165 prazas para cubrir as 1.649 vacantes xeradas por xubilacións.", "text": "Este venres publícase no DOG a Oferta de Emprego do SERGAS correspondente a 2014, que -como xa anticiparan algúns sindicatos- inclúe unicamente 103 prazas a repartir entre dez categorías para toda Galicia. A maior parte (64) corresponden a auxiliares de enfermaría e técnico/a de laboratorio (11). A publicación desta Oferta Pública de Emprego (OPE) non conleva a publicación inmediata da convocatoria, que se podería adiar durante meses. De feito, a anterior OPE, publicada en decembro de 2013, completou a súa convocatoria de prazas esta mesma semana. Este concurso-oposición, que xa vén do pasado ano, permitirá a contratación de 125 persoas na categoría de Enfermaría e de 40 na categoría de Médico de Familia, un total de 165, para cubrir (aplicando a taxa máxima de reposición do 10%) as 1.649 vacantes xeradas por xubilacións e outros motivos. En canto á nova OPE, das 103 prazas, a metade resolveranse por promoción interna, e as outras 52 repartiranse por concurso entre as máis de 10.235 persoas inscritas nas listas de contratación nesas categorías, con ratios que roldan as 200 aspirantes por praza, e que roldan os 300 e mesmo 400 por praza nas categorías de hixienista dental ou fisioterapeuta. A CIG sinala que se nos últimos tres anos non se aplicara a taxa de reposición do 10%, poderían terse creado catro mil prazas en todas as categorías, en lugar das 444 finalmente convocadas Os sindicatos xa responderon a estes anuncios, que confirman o mantemento da política de contratación de SERGAS e a diminución de prazas e traballadores no sistema público de saúde. A CIG-Saúde rexeita \"estas miserias que o SERGAS pretende vender como estabilidade no emprego\". E esixe \"unha vez máis a eliminación de toda taxa de reposición e a convocatoria de OPE e Traslados para todas as categorías e co 100% das prazas vacantes\". O sindicato denunciara hai unhas semanas que esta convocatoria é tan só unha \"oferta de recadación económica\" pois \"o persoal está obrigado a participar se quer manter a puntuación de OPE nas listaxes de contratación\". A CIG sinala que se nos últimos tres anos non se aplicara a taxa de reposición do 10%, poderían terse creado catro mil prazas en todas as categorías, en lugar das 444 finalmente convocadas."}
{"ID": "NOS_14727", "summary": "A absorción do Instituto de Oceanografía polo CSIC garantirá unha xestión máis eficiente das sedes na Galiza (Vigo e A Coruña). Asegúrao Javier Ruiz, o director do IEO. Ante a preocupación da flota galega, subliña que o asesoramento do século XXI non vai ser o mesmo que o do XX en termos de sustentabilidade.", "text": "Como se chegou ao punto de que o Instituto Nacional de Oceanografía precisase dunha absorción por parte do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC)?A integración do Instituto Nacional de Oceanografía (IEO) no CSIC era unha alternativa que se pensara moitas veces porque ten moito sentido desde o punto de vista científico e tamén por un mellor asesoramento. Após as dificultades que tivo na última década, tanto de recursos como de adaptación ás regras de funcionamento da Administración pública, decidiuse que esta era a mellor opción. Que cousas van mudar?A partir da integración contaremos cun corpo de persoal suficiente e cualificado, o que permitirá facer ciencia e asesoramento de calidade. A incorporación ao CSIC é beneficiosa nese sentido, pois é un organismo que foi capaz de evitar o desaxuste, e a carga administrativa que implica que o traballo científico se faga de forma eficiente. Esa decisión vai implicar feches de sedes ou despedimentos de persoal?A resposta é negativa: así quedou claro na carta que o ministro enviou ao persoal do IEO. O que se pretende, precisamente é reforzar o labor científico e de asesoramento do persoal dos diferentes centros, dotándoos dunhas ferramentas de xestión máis modernas que liberen de obstáculos a súa capacidade de xerar coñecementos sobre o mar e os seus recursos. Ante un escenario no que as e os investigadores atopen unha máquina administrativa máis eficiente cabe esperar que incrementen a súa capacidade de conseguir e executar recursos. Nas sedes galegas, en Vigo e na Coruña, hai unha preocupación sobre a posibilidade de seguir traballando nas mesmas liñas. Van recortar fondos ou modificar o tipo de estudos tratados?Resulta evidente que o problema para seguir traballando era seguir funcionando como se fixo até agora, sen tratar os problemas de fondo que tiña o IEO na xestión da investigación. Nas diversas comunicacións que puiden manter coas traballadoras e traballadores, non detectei esa preocupación, xa que o obxectivo é xustamente o contrario, é dicir, que todo o cadro de persoal siga a traballar nas mellores condicións. Entón, a situación non mudou en nada?O novo equipo e o apoio financeiro do Ministerio están permitindo comezar a desbloquear a situación e que os profesionais dos centros poidan facer os labores cos que estaban sen atoparse con trabas administrativas e de xestión. Aínda queda moito traballo para normalizar a situación mais ese é o camiño que se está a percorrer. Os intereses do IEO e do CSIC distan moito?O CSIC é un organismo de investigación cun enfoque moi amplo que pode tratar desde biomedicina a astronomía, e tamén a investigación mariña. O IEO é un organismos de investigación sectorial centrado no mar e nos seus recursos. Existe a concepción moi equivocada de que o CSIC só fai ciencia e o IEO só asesoramentos. Sen ir máis lonxe, durante a miña etapa no CSIC, eu mesmo coordinei estudos como o do estuario do río Guadalquivir que condicionaron a toma de decisións sobre un territorio tan importante como o Espazo Natural de Doñana. A combinación de ciencia e asesoramento produce a miúdo grupos de investigación potentes e avances importantes no coñecemento. Porén, a frota galega non confía nos efectos que poida ter sobre ela esta absorción...Entendo que a frota puidese estar preocupada se se deixase continuar a situación como estaba e non se implementasen os mecanismos de corrección que se están a completar. As medidas que anunciou o Ministerio garanten a continuidade dos estudos e ningún impacto sobre eles a curto prazo. A axuda e apoio ás pescarías seguirá a ser a mesma?O sector ten que ter presente que o asesoramento pesqueiro do século XXI será diferente ao que se realizaba no século XX. A sociedade cada vez exíxenos máis sostibilidade e, no caso da pesca, estamos nun proceso de evolución cara á sustentabilidade do stock que se explota. É dicir, ter unha visión ecosistémica da pescaría. Esta visión só se pode construír desde a xeración de coñecemento científico novo, de aí a importancia de integrar ciencia e asesoramento."}
{"ID": "NOS_10700", "summary": "O presidente da Asociación Galega de Barmen, Juanjo Fernández, recoñece que na Galiza se está a apostar moito polo produto autóctono. Asimesmo, afirma que as e os expertos do país están xogando con mesturas e presentacións novas malia que a poboación sexa máis tradicional", "text": "A quen lle dá acubillo a Asociación Galega de Barmen?A asociación está aberta a calquera persoa que lle interese o tema da coctelaría, aínda que non sexa profesional da hostalaría. Certo é que a maioría dedícanse a isto ou están a estudar hostalaría. Temos desde xente empresaria até estudantes e algunha persoa á que lle gusta a actividade. Como viven as e os asociados a caída de traballo?Polo contacto que mantemos, a xente está bastante preocupada. É un tema do que non sabemos o alcance e non sabemos a saída. A hostalaría é un dos sectores que máis se está a resentir da situación. Malia todo, o verán é boa época para os cócteis. As e os 'barman' galegos están a innovar?Aínda que nos campionatos sempre son determinados tipos de combinados, son de creación propia e estamos innovando bastante. Estamos a comezar con moitos produtos que hai uns anos era impensábel incluír, xa non na Galiza senón no Estado. O abano de posibilidades é impresionante e desde a asociación apostamos moito polo produto galego. En que sentido?Co Consello Regulador de Augardentes temos unha fase especial nos campionatos. Agora hai vermús, xenebra e ron galegos e estanse a facer propostas diferentes, incluso ecolóxicas. As bebidas que aparecen son de bastante calidade. De que elementos incríbeis tiran na barra?Hai uns anos que se comezou coa nova cociña con esferificacións e mixoloxía molecular. Estanse a elaborar cócteis con texturas, terras comestíbeis con base de galleta para completar, a presentación está variando moito... A clientela é tradicional ou atrevida?Aquí somos moi tradicionais e, para cambiar esa tendencia, hai que dar a probar e pouco a pouco vanse creando ideas que van tendo saída. Por exemplo, tamén se está a apostar moito pola coctelaría sen alcol ou de baixo contido alcólico, para beber con moderación que é algo no que apostamos. Na Galiza hai 'barman' acrobáticos?Hai tanto coctelaría acrobática como clásica. Pero só temos seis persoas interesadas."}
{"ID": "NOS_46705", "summary": "A revolta ourensá de 1869 é unha expresión da oposición da sociedade galega ao proxecto centralizador no territorial e liberal económico imposto pola oligarquía española ao longo do século XIX.", "text": "Non existe a Galiza submisa. Un percorrido pola historia do noso pobo nas súas últimas centurias impugna o relato interesado, que nos fala dun país domado e sen vontade para responsabilizarse do seu destino. A revolta ourensá de 1969 é unha expresión da oposición da sociedade galega ao proxecto centralizador no territorial e liberal no económico imposto pola oligarquía española ao longo do século XIX. Estamos, ao fin, diante dunha das múltiples manifestacións da rebeldía galega coa reivindicación nacional e social como bandeira. A orientación imposta polo partido oligárquico e militar ao proceso aberto após o estoupido revolucionario de setembro de 1868, rematou por defraudar as expectativas populares dunha mudanza de fondo na nosa sociedade. A proposta de constitución impulsada polo gabinete de Serrano e Prim, onde ficaba clarificado o seu programa político, abriu a porta a todo un ciclo de protestas na Galiza na segunda metade de 1969. As protestas galegas contra a monarquía e o centralismo A oposición ao proxecto centralizador da oligarquía española recibiu a resposta contundente da sociedade galega. As mobilización contaron con grande seguimento ao longo do noso país, sendo despedidos moitos operarios no arsenal de Ferrol por negarse a xurar a constitución monárquica, significándose pola súa importancia as protestas desenvolvidas nas comarcas ourensás, onde os federais contaban cunha significaba penetración social. A inicios de maio rexistráronse manifestacións por este motivo en Ourense ou Ribadavia, acadando grande repercusión social e informativa o comicio celebrado en Xunqueira de Ambía coa presenza de tres mil persoas, onde se criticou duramente o papel da igrexa e da Guarda Civil. A restauración dos \"santos foros dos dereitos dos pobos\" O 2 de outubro de 1869, os federais fanse co control da Ourense, depoñen e posteriormente deteñen as autoridades provinciais e proclaman a república federal. A xunta revolucionaria, formada por persoas de recoñecida militancia antimonárquica, fica composta por Francisco Casanova como presidente, Alexandre Quereizaeta como secretario, Salvador Nóvoa como vicesecretario e Guillerme Moreiro, Xosé Gómez, Federico Anta, Ramón Díaz, Xosé Noguerol, Facundo Santalla, Xosé Saborit, Marcelino Rodríguez, Benito Cobas e Carlos Pereira. O programa da revolta, recollido nun manifesto publicado pola prensa o día 3, non deixa dúbida das súa alternativa, cualificando a \"Madrid como tirano das provincias\", demandando a restauración dos \"santos foros dos dereitos dos pobos por medio da verdadeira democracia\" e solicitando \"a liberdade, a igualdade, a fraternidade e a moralidade sincera\". Un tenente da Guarda Civil e un soldado morto A revolta de Ourense non tardou en ser derrotado, tras dislocar o goberno o 4 de outubro compañías militares doutras localidades á cidade. Segundo sinalaba La correspondencia de España o 7 de outubro de 1869, \"ás 7 da mañá do día 2 foron presas todas as autoridades, agás o concello, pois algúns tomaron parte, apoderándose despois do goberno da provincia, tesourería e Telégrafos e desarmando a oficiais e soldados\". Ao longo desa mesma xornada, producíronse diversos enfrontamentos armados con efectivos do exercito e da Guarda Civil, significándose o celebrado na Ponte das Burgas, onde \"os republicanos instan a tropa que se entregue, esta resístese e rompe fogo dunha e doutra parte, caendo morto un tenente da Guarda Civil e un soldado de infantería\". A resistencia prolonf¡garíase durante máis tempo no rural da cidade tras erguer os rebeldes barricadas. Porén, estas nada puideron facer contra os novos reforzos chegados doutras partes da Galiza. O cárcere en Cádiz e o exilio en Portugal A derrota do levantamento abriría a porta á represión dos rebeldes e dos seus dirixentes. Unha parte destes, entre os que se atopaban os cadros máis significados como Francisco Casanova, Alexandre Quereizaeta, Xosé Gómez, Federico Anta, fuxirían cara a Portugal, levando como reféns o gobernador civil e militar de Ourense, instalándose posteriormente en Coímbra e retornando a Galiza tras ser amnistiados en 1871, unha vez proclamada a I República. Outro grupo, milicianos nacionais sen responsabilidade na organización da revolta, serían detidos, procesados e encarcerados, pasando a practica totalidade do seu cativerio na prisión militar da Carraca, en Cádiz. Alexandre Quereizaeta, nun artigo publicado en La Igualdad en 1870 desde o seu exilio en Coimbra, dirixido aos seus compañeiros recentemente liberados, sinalaba \"Queridos correlixionarios, ao fin vos atopades na nosa querida cidade após sufrir a sorte reservada aos defensores da xustiza, aos que aman a Galiza e a humanidade\"."}
{"ID": "NOS_46038", "summary": "Obteve 55,1% dos votos face ao 44,9% de Fernando Haddad. 10 milhões de sufrágios de distância. Na sua mensagem ao país após se conhecerem os resultados, o presidente eleito afirmou que esta \"é uma missão divina\".", "text": "Jair Bolsonaro vai ser o novo presidente do país. O ex militar, nostálgico da ditadura, racista, machista, homófobo e profundamente conservador, conseguiu 55% dos votos na segunda volta das eleições brasileiras. São 10 pontos mais que os que apanhou Fernando Haddad, candidato do PT, que nestes dias logrou cortar a vantagem de até 18 pontos que os inquéritos lhe davam a Bolsonaro. Mais não foi suficiente e a vitória do ultra é clara e muito expressiva. Nos estados mais populosos e politicamente claves do país —Minas Gerais, São Paulo e Rio de Janeiro— as percentagens de apoio para Bolsonaro alcançaram o impressionante patamar de 70 por cento. Num discurso desde a sua casa através de FB Live já com os resultados apurados, Bolsonaro rezou da mão com um pastor evangélico e prometeu \"mudar Brasil\" e fazer um governo \"democrático e constitucional\". \"Esta é uma missão divina\", disse, \"que não se escolhe, cumpre-se\". Milhares dos seus e das suas apoiantes saíram às ruas em diferentes cidades para festejarem o triunfo do filo-fascista.. Fernando Haddad, de por parte, endereçou uma mensagem de ânimo aos seus 45 milhões de votantes: \"Não temos medo. Estamos aqui de mãos unidas e com coragem\"."}
{"ID": "NOS_23021", "summary": "A Iniciativa Popular pola Autodeterminación renuncia 'motu proprio' a convocar, como viña facendo desde 2007, a súa propia manifestación para favorecer un acordo de todo o soberanismo para un acto unitario no Día da Patria", "text": "Causa Galiza avoga porque este 25 de xullo haxa un acto unitario de todo o tecido soberanista e independentista, por riba de diferencias ideolóxicas e organizativas, co gallo do Día da Patria. Neste sentido, a Iniciativa Popular pola Autodeterminación aposta por un \"formato común de convocatoria\", motivo polo cal Causa Galiza renuncia por propia vontade a convocar a súa propia manifestación para o 25 de xullo, procurando desta forma facilitar un acordo entre o sobranismo. A portavoz nacional desta Iniciativa Popular pola Autodeterminación, Lupe Bouzón, deu leitura a un comunicado nun acto público no que estivo apoiada por diferentes rostros e nomes do tecido sobranista. Insuficiencia do marco autonómico Alén de denunciar \"a insuficiencia do marco autonómico para defender os intereses da nación e da maioría social galegas, e reivindicar un novo marco democrático de soberanía política para a Galiza\", Lupe Bouzón transmitiu as dúas mensaxes que Causa Galiza quixo trasladar de cara ao vindeiro Día da Patria: \"A necesidade de alcanzar unha convocatoria única por parte de todos os sectores sociais, sindicais e políticos que se definen soberanistas e independentistas\" e a demanda a eses sectores \"a procurar dun formato común de convocatoria que posibilite que @s soberanistas e independentistas galeg@s podan mobilizarse baixo unha única bandeira no próximo 25 de xullo\"."}
{"ID": "NOS_30786", "summary": "Publicamos a seguir o editorial do número 271 do semanario Sermos Galiza. Ten como asunto a posición fixada por Feijóo na súa recente comparecencia parlamentar sobre a vaga de lumes.", "text": "As investigacións policias practicadas en relación á vaga de lumes de outubro e a propia leitura non prexuizosa do código penal deitan unha conclusión moi clara: non se sostén a tese do \"terrorismo incendiario\" á que se aferra Feijóo para evadir as súas responsabilidades na xestión da catástrofe. Os indicios apontan á imprudencia na conduta das dúas persoas detidas até o de agora. En ningún caso houbo intención deliberada de delinquir. A definición de terrorismo no código penal é nidia: só incorren nel as persoas que perseguen como fins das súas accións, entre outros, a alteración grave da paz pública ou a criación dun estado de terror nas populacións. É obvio que ningún destes supostos é aplicábel ás dúas persoas arrestadas. Por iso non é de recibo que unha delas estea a receber o tratamento -prisión provisional sen fianza- que se indica na lexislación para terroristas. Non estamos perante terrorismo, por tanto, senón perante o fracaso dunha política forestal que non se fai en beneficio da sociedade, senón para o exclusivo servizo de intereses privados, entre os que sobrancean os da pasteira ENCE. [Este editorial é o do número 271 de Sermos Galiza, disponíbel xa na loxa e nos pontos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_32344", "summary": "Un informe oficial do Goberno galés xustifica a petición dunha crecente \"diverxencia\" das leis entre Inglaterra e Gales", "text": "O goberno galés publicou un informe sobre a reforma do poder xudicial no país no que reclama a transferencia de competencias en materia de xustiza. Estes poderes seguen en mans do goberno británico. O informe, Delivering Justice for Wales, di que a transferencia desta competencia é \"natural, desexábel e inevitábel\" como resultado da crecente \"diverxencia\" entre as leis e as prácticas en Inglaterra e Gales tras máis de 20 anos de autogoberno. A petición segue as conclusións publicadas en 2019 pola Comisión de Xustiza de Gales, creada polo Goberno galés en 2017. Esas conclusións recomendaban a transferencia de poderes de Londres a Cardiff. Gales destina 3 millóns de euros dos fondos de recuperación de Covid a impulsar a lingua galesa O Partido Laborista, no Goberno galés, e Plaid Cymru, principal partido independentista do país, apoian a reivindicación. O Partido Conservador, primeiro partido da oposición en Gales e con maioría absoluta na Cámara dos Comúns británica, rexéitaa. O Parlamento galés, ou Senedd, conta con poderes lexislativos dende a súa creación en 1999, que foron ampliados e reforzados en varias ocasións (2007, 2011 e 2018). Unha enquisa de 2021 mostra que 35% dos galeses quere máis autonomía e 14% quere independencia. 27% defende o statu quo e o 18% inclínase por reducir os poderes do Senedd ou mesmo abolilo."}
{"ID": "PRAZA_7664", "summary": "Esta fin de semana tivo lugar un incendio na factoría, que tamén traballa para KIK e New Look. Catro das mulleres falecidas tiñan só 17 anos. A Campaña Roupa Limpa pídelle á multinacional galega que asine o Acordo de Seguridade nas fábricas.", "text": "Un incendio acabou o pasado sábado coa vida de sete traballadoras -catro delas de só 17 anos- nunha fábrica téxtil de Dhaka (Bangladesh). A factoría -Smart Exports- produce para varias multinacionais, entre elas Inditex, KIK e New Look. O domingo algúns activistas conseguiron entrar nas ruínas de Smart Exports e atoparon as etiquetas que vinculan aos principais comerciantes minoristas europeos con esta última traxedia: Bershka and Lefties, que pertencen a Inditex; KIK Okay, pertencente á alemá KIK, e New Look, Scott e Fox, e Só Invest, todas marcas francesas. A Campaña Roupa Limpa contactou con Inditex para confirmar a súa producción nesta fábrica e o compromiso de atender e indemnizar ás vítimas, unha responsabalidide que a empresa asumiu. Con todo, as ONG amosan o seu \"profundo malestar\" porque entenden \"que isto podería ser evitado\". A campaña leva un ano demandándolle a Inditex que asine o Acordo Bangladesh Lume e Seguridade na Construción que obrigue a que os edificios se revisen e os traballadores poden informar libremente de riscos para a seguridade e outras violacións. Os promotores da campaña entenden que \"o rexeitamento ou a dilatación no tempo por parte destas marcas para facer fronte aos problemas de seguridade que causaron os incendios anteriores noutras fábricas fainos directamente responsables doutra tráxica perda de vidas\". A campaña leva un ano demandándolle a Inditex que asine o Acordo Bangladesh Lume e Seguridade na Construción A Campaña pide tamén \"unha investigación independente e transparente sobre as causas dos incendios, para a compensación completa e xusta de atención ás vítimas e as súas familias e a acción concreta de todas as partes involucradas a pór fin a esta triste perda e sen sentido da vida\". E denuncia que \"as traballadoras seguen morrendo, e as marcas continúan desperdiciando tempo e facendo escusas en lugar de pasar á acción. KIK aínda non pagou a súa remuneración ás vítimas Fashions Tazreen e tamén carecen de atención médica. Mentres tanto, todos seguen ampliando a súa produción en Bangladesh\"."}
{"ID": "PRAZA_8795", "summary": "O presidente d'A Mesa recorre a decisión da audiencia provincial coruñesa de volver celebrar o proceso a instancias do xuíz Fraga Mandián, defensor do da forma La Coruña", "text": "O pasado xaneiro o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, era absolto no procedemento xudicial iniciado polo ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián. O maxistrado pretendía que se condenase a Callón por reprocharlle publicamente a súa afirmación \"no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad La Coruña\". Entre as peticións de Fraga Mandián figuraba \"1,5 euros por cada vez que aparece en Google\" a frase en cuestión, o que daría lugar a 15.000 euros de indemnización. O presidente d'A Mesa tenta agora non ter que volver sentar no banco dos acusados a causa dunha \"insólita\" decisión xudicial. A través dun recurso Callón tenta evitar que \"se repita este xuízo\", tal e como solicitou Fraga Mandián e aceptou a Audiencia Provincial, por resultar, segundo \"todos os xuristas consultados, unha extravagante decisión a respecto da práctica cotiá das audiencias provinciais\". Volver celebrar o xuízo -está fixado para o día 10- suporía, en opinión d'A Mesa, unha \"alarma\" non só para a defensa do idioma, \"senón tamén para a igualdade de todas e todos persante a Xustiza\". A \"apariencia\" desta resolución é que \"se forzan corporativamente os procedementos xudiciais para tentar sancionar a quen non fixo máis que realizar declaracións de defensa da lei\", nomeadamente, da Lei de Normalización Lingüística. Callón coida que Fraga Mandián tenta \"probar en diferentes tribunais até conseguir unha sentenza do seu agrado\" Esta actuación, di o colectivo, \"vulneraría, na práctica, o dereito á defensa\", toda vez que semella que Fraga Mandián está a procurar que se \"repita o xuízo unha e outra vez\", \"probando en diferentes tribunais até conseguir unha sentenza do seu agrado\". No seu recurso, Callón argumenta que \"unicamente cabería a repetición do xuízo (...) previa declaración de nulidade e retroacción do procedemento\" e sempre que se desen supostos como unha \"denegación infundada de probas, de imposibilidade de practicalas\" ou de \"vulneración de dereitos fundamentais\". Neste caso, polo tanto, \"a celebración de vista debería, a todas luces, ser rexeitada\". Neste escenario, a defensa de Callón coida que a intención última do procedemento é \"poder revogar a sentenza absolutoria para condenar a quen foi absolto, o cal non é motivo aceptábel para concedela, a teor da lexislación procesual vixente nin da xurisprudencia constitucional\". Trataríase, din, de botar por terra a sentenza de xaneiro, na que, ademais de liberar o presidente d'A Mesa de culpa, \"recordaba toda a lexilsación que recoñece A Coruña como o único topónimo oficial, e sinalábase que é normal e lexítimo que as moi desafortunadas declaracións de Fraga Mandián fosen obxecto de crítica pública\", a cal \"estaba amparada pola liberdade de expresión\". Sentenza do xuízo no que Callón foi absolto"}
{"ID": "NOS_12150", "summary": "Música e teatro como oferta. No menú, o que pasa por ser o maior festival heavy de Europa, con Viveiro como epicentro.", "text": "Sábado Viveiro. Resurrection Fest. Lavandeiras. 23 bandas a bourar, capitaneadas polos míticos Iron Maiden. Calo Teo. Música na Noite cos Refuxiados. Un cartaz con Malandrómeda, Zurrumalla, Barbitúricos, Airiños do Maycar, O sonoro maxín. Carballo. Festifolk Costa da Morte. Apartir das 21 horas. Con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Pepe Vaamonde Grupo, os gaiteiros da Costa da Morte... Lourenzá. Casa da Cultura. 20 h. Memorias dun neno labrego. Espectáculo teatral de Cándido Pazó."}
{"ID": "PRAZA_15995", "summary": "Acepta parcialmente o recurso presentado pola CIG e aprecia \"vicio ou defecto formal\" no procedemento seguido na externalización ao negarse a negociación colectiva, non subrogarse todo o persoal nin equiparar o salario ás mellores condicións antes da fusión", "text": "A Xustiza confirma as eivas denunciadas na privatización dos parques comarcais de bombeiros levada a cabo pola Deputación de Ourense. O xulgado do contencioso-administrativo número 1 da capital provincial estimou parcialmente o recurso presentado pola CIG e aprecia \"un vicio ou defecto formal\" no procedemento administrativo seguido. Así o anunciou este pasado xoves o propio sindicato, que debullou a decisión do maxistrado, na que se censura o xeito no que se levou a cabo a privatización dos parques comarcais de bombeiros de Verín, A Limia, Valdeorras e O Carballiño por parte do Consorcio Provincial para o Servizo contra Incendios e Salvamento. Foi en 2016 cando se convocou un concurso público para esta externalización que, como destaca o xuíz, vulnerou os dereitos dos traballadores ao entender que non houbo negociación colectiva ao non subrogar a adxudicataria -a empresa Veicar- todo o persoal nin equiparar o seu salario ás mellores condicións económicas antes da fusión. A Xustiza aprecia \"vicio ou defecto formal\" ao negarse a negociación colectiva, non subrogarse todo o persoal nin equiparar o salario ás mellores condicións O titular do xulgado do contencioso-administrativo, segundo destaca a CIG, declarou nula a convocatoria do concurso pola falta de negociación denunciada, deixando aberta a posibilidade de \"instar a unha revisión de oficio de actos nulos contra o acordo final de adxudicación do concurso á empresa Veicar\" e declarando a existencia de vinculación entre o persoal subrogado pola compañía e o Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense. O maxistrado non botou abaixo a externalización pero si indica a necesidade de facer unha revisión de oficio de todo o proceso. O maxistrado non botou abaixo a externalización pero si ve necesario facer unha revisión de oficio de todo o proceso Ante esta situación, a unión local da CIG en Verín, xa anunciou que solicitará unha xuntanza coa Deputación para tentar \"pechar un acordo extraprocesual, previo recoñecemento da condición de traballadores do Consorcio aos bombeiros contratados pola empresa adxudicataria\". Ademais, advirte de que, no caso de que non prospere a saída negociada, instará á nulidade da adxudicación do concurso e reclamará por cesión ilegal de traballadores. A CIG pide \"recuperar para o ámbito público un servizo esencial que nunca debeu ser privatizado\" Ademais, a CIG asegura que o \"razoábel e moi beneficioso para a cidadanía\" sería que a Deputación aceptase \"negociar unha saída pactada\" e que aceptase \"recuperar para o ámbito público un servizo esencial que nunca debeu ser privatizado\". Por outra banda, o grupo provincial do PSdeG considera que a decision do xuíz supón \"un duro revés para o goberno do PP\" na Deputación, que \"leva defendendo un proceso contra-natura e vendendo como boa a perda da xestión pública dun servizo provincial\". \"Abonda ver a recente vaga de lumes que afectou a nosa provincia e moitos dos nosos concellos para comprobar o necesario que é termar do público e, así, poder garantir a calidade e eficiencia do servizo ademais da operatividade á hora de pedir responsabilidades\", asegurou Fraga Civeira, voceiro socialista."}
{"ID": "NOS_4184", "summary": "Esta cuarta feira terá lugar o sorteo copeiro no que o Arenteiro coñecerá o seu nome da súa nova posíbel vítima.", "text": "Non hai que confundir o arento -segundo a Real Academia Galega \"instrumento semellante a un compás que serve para trazar a circunferencia da roda dos carros\"- co Arenteiro, que nunha definición próxima a incorporarse ao diccionario podería describirse como \"mataxigantes invicto\". A escuadra do Carballiño, que é xunto co Sestao a única que non perdeu nas catro primeiras categorías, asinou a maior fazaña dos seus case 65 anos de historia eliminando, e de que modo, o Almería de Primeira División. Nun merecido triunfo por 2-0 no fortín de Espiñedo, un gol de Antón Escobar no minuto 4 e outro de Rafa Mella no 79 deixaron fóra un club que multiplica o orzamento do mataxigantes galego en 175. Os outros dous conxuntos do país no bombo da segunda rolda, previsto para as 17 horas da cuarta feira, serán o Celta e o Pontevedra. A entidade olívica logrou o seu primeiro triunfo baixo a dirección de Carlos Carvalhal a costa do Algar (1-6), un rival moi inferior que se diluíu despois do descanso logo duns máis que aceptábeis 45 minutos iniciais nos que chegou a adiantarse no marcador. A do Lérez, pola súa parte, remontou un tanto encaixado no segundo oito de partido logo dun erro defensivo obsceno para apear o Manresa na súa casa (1-3). Con respecto aos seus posíbeis rivais na seguinte rolda, o Aranteiro terá a oportunidade de volver exhibirse ante un conxunto da máxima categoría, o que abre a porta a un cruce con clubs de nivel do Atlético de Madrid, Vilarreal, Athletic de Bilbao ou o propio Celta. E con respecto ao Pontevedra, este xogará, cun 100% de posibilidades, con algún dos 16 equipos de Segunda División que están no bombo. Enésimo ridículo do Real Club Deportivo O Dépor tirou a Copa ante un rival moi inferior como o Guixuelo (2-0), e xa son 11 anos seguidos nos que non logra pasar dalgunha das dúas primeiras fases. Curiosamente, estes 11 foron os peores na historia do club, polo que a escusa de \"tirar a Copa\" para centrarse na Liga resulta xa inaceptábel. Tamén quedou eliminado ante un equipo con menor nivel o Club Deportivo Lugo (0-1 co Arenas), resultando máis comprensíbeis os adeus do Rácing de Ferrol ante o invicto Sestao (0-1); do Coruxo a mans do Eldense (2-4 nos penaltis após empatar a dous); do Ourense co Alcorcón (tamén por penaltis) e do Barbadás ante outro Primeira, o Valladolid (0-2)."}
{"ID": "NOS_58177", "summary": "Debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos.", "text": "O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu 1,3% en decembro no conxunto do Estado en relación ao mes anterior e disparou a súa taxa interanual até 6,7%, máis de dous puntos por riba da taxa de novembro (5,5%) e o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos. Co dato de decembro, o máis elevado desde marzo de 1992, o IPC interanual encadea a súa duodécima taxa positiva consecutiva, segundo os datos avanzados publicados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Segundo Estatística, no comportamento interanual do IPC destaca a suba dos prezos da electricidade, maior en decembro deste ano que en igual mes de 2020, e, en menor medida, dos alimentos, cuxos prezos baixaron o ano pasado. Por contra, os prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais baixaron en decembro deste ano, en contraste coa suba que experimentaron un ano antes. Por contra, o INE destaca un descenso dos prezos da electricidade en novembro deste ano fronte ao mesmo mes do ano pasado. O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos), que aumentou en decembro catro décimas, até 2,1%, co que se sitúa case cinco puntos por baixo da taxa do IPC xeral. É a taxa máis elevada da subxacente desde marzo de 2013. En taxa mensual, o IPC encadeou a súa quinta repunta consecutiva ao subir 1,3% en decembro, un punto por riba do ascenso rexistrado no mes de novembro. Trátase da maior subida mensual da inflación nun mes de decembro desde o ano 1983."}
{"ID": "PRAZA_16548", "summary": "O evento, que obriga as rapazas a acudir disfrazadas de colexialas ou cheerleaders, recibiu críticas por supostas vexacións dun striper a unha muller ou pola presenza de menores. A festa, que reuniu 3.000 persoas en Mos, anuncia a súa localización unhas horas antes só a aquelas persoas que dispoñan de entrada", "text": "Elas de cheerleader ou de colexiala, eles de xogador de fútbol americano ou colexial. Moito alcohol, stripers ou un touro mecánico. Así é a American Pie Party que esta fin de semana tivo lugar en Mos, á que asistiron ao redor de 3.000 rapaces e rapazas (rapaces na súa inmensa maioría). Un evento que busca recrear todo o imaxinario dos filmes de Hollywood sobre adolescentes ou mesmo do porno e que se anuncia dicindo \"Somos sensualidade, modernidade, irreverencia e complicidade. Rompe as regras, descúbrete, provoca, déixate provocar como en ningunha outra festa. Aquí os excesos son benvidos\". A iniciativa ten a súa orixe en Portugal, onde os seus promotores xa a levaron a varias cidades e agora salta á outra beira do Miño. Primeiro en Mos e o venres 23 de marzo en Lugo. A localización da festa, con entradas que van dos 7 euros (anticipada) ata os 50 euros (no mesmo día do evento), permanece en secreto ata uns minutos antes do seu inicio e mesmo nese momento só se comunica a través de SMS ás persoas que mercaron unha entrada. A festa celebrada en Mos recibiu críticas nas redes sociais por supostas vexacións dun striper a unha muller ou pola presenza de menores. A organización portuguesa da American Pie Party negou estas acusacións afirmando que o que se observa no vídeo é \"só teatro\" e que a muller non foi forzada, en declaracións a La Voz de Galicia. O empresario engadiu que en Portugal \"elas celebran o día da muller de noite con stripers pero en España parece prohibido\". Outras moitas críticas subliñaban o carácter machista da celebración, como este tuit: \"Dous días despois do 8M celébrase o American Pie de Vigo. En fin\". Ou este: \"Non busquedes excusas con que no sabiades como era a festa de american pie que se fixo en Vigo, sabíadelo perfectamente e fostes. Nesa festa houbo violacións e cousificouse á muller e moitas persoas que se fan chamar feministas/aliados, foron. Orgullosos?\"."}
{"ID": "PRAZA_9989", "summary": "Radio CampUSCulturae e Praza.gal colaboran no seguimento desta noite electoral e, deste xeito, a programación especial da emisora pode ser seguida ao vivo nesta mesma páxina do xornal", "text": "No ano 2014 Radio CampUSCulturae naceu como unha emisora universitaria integrada nun amplo proxecto intercultural da universidade de compostelá. Co tempo evolucionou e dende 2015 continuou a súa traxectoria coa forma de asociación cultural que mantén unha grella estable de programación radiofónica de múltiples temáticas.Radio CampUSCulturae e Praza.gal colaboran no seguimento desta noite electoralEste 28 de abril Radio CampUSCulturae desenvolve unha programación especial para realizar o seguimento da noite electoral do 28A. \"Galicia xógase moito nas eleccións xerais\" e por iso o equipo da emisora decidiu realizar un seguimento intenso dende o peche dos colexios electorais, con conexións dende as sedes das forzas políticas e espazos de análise durante o escrutinio.Radio CampUSCulturae e Praza.gal colaboran no seguimento desta noite electoral e, deste xeito, a programación especial da emisora pode ser seguida ao vivo nesta mesma páxina do xornal, no reprodutor sobre estas liñas. Tamén na súa web e a través da aplicación Tunein. Ambos medios, ademais, compartiremos contidos para informar da noite electoral."}
{"ID": "NOS_31416", "summary": "A Plataforma Galega de Traballadores e Traballadoras de Investigación Sanitaria considera \"ofensiva e indignante\" a proposta económica da patronal das fundacións no marco das negociacións do seu primeiro convenio colectivo. Piden acabar coa temporalidade para evitar a \"fuga de talentos\".", "text": "O investimento en I+D+i segue a ser unha materia pendente na Galiza. A meirande parte deste labor desenvólvese a través de fundacións sen ánimo de lucro como a do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), a do Instituto de Investigación Sanitaria Galiza Sur de Vigo (Iisgs) ou a Profesor Novoa Santos, que dá soporte ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic). Profesionais destas tres entidades, representadas pola Plataforma galega de traballadoras e traballadores de investigación sanitaria (Plagtis), están a negociar estes días coa patronal das fundacións o primeiro convenio colectivo dun sector que hoxe se rexe polo Estatuto dos Traballadores e non ten unhas táboas salariais mínimas. \"Retomamos as negociacións após un ano e medio, fixemos unha proposta económica que lles pareceu excesiva e a súa contraoferta non é xusta\", relata a Nós Diario a investigadora do IDIS Mabel Sampedro. En concreto, o persoal de investigación da categoría R4, a máis alta (líder e coordinador dun grupo de profesionais), percibiría 35.000 euros máis até 10% adicional segundo os obxectivos. Esta cifra fica lonxe dos 50.000 que reclama o persoal investigador para este nivel: \"Fixemos a comparativa co que paga o Sergas e, por exemplo, un médico acabado de graduar percibiría no seu primeiro ano esa mesma cantidade\", apunta, facendo fincapé en que, para optar á máxima retribución na investigación, precísase obter grao, mestrado, doutoramento, posdoutoramento e experiencia internacional. \"Os salarios non van parellos á exixencia do cargo e o valor que aporta a investigación á sociedade\", expón Sampedro. No seu centro de traballo hai arredor de 500 investigadoras, das cales só \"perto de 10% teñen contrato indefinido\". A temporalidade é outra das cuestións nas que Plagtis pon o foco nas negociacións coa patronal, xa que as condicións actuais provocan que na Galiza non haxa \"unha carreira investigadora que seguir\" e, consecuentemente, as e os profesionais se vexan na obriga de abandonar o país: \"Todo o coñecemento adquirido grazas á formación e o traballo dun investigador pérdese cando ten que marchar\", salienta. As investigadoras, á procura de fondos \"As e os traballadores que están a obter recursos para a investigación e mesmo conseguen xerar patentes teñen que pelexar por traer fondos para a fundación, porque é o modo de que repercuta no seu salario\", afirma Sampedro, quen engade que boa parte do financiamento da investigación na Galiza \"chega grazas ás investigadoras\"."}
{"ID": "NOS_51334", "summary": "O sindicato nacionalista denunciou as rescisións de contrato que a Consellaría de Educación estaba a desenvolver entre o persoal substituto con data do 21 de xuño", "text": "A Xunta manterá finalmente os contratos do profesorado substituto até o 30 deste mes de acordo co calendario escolar. Así o anunciou logo da denuncia pública manifestada pola CIG-Ensino que exixía á administración o cumprimento da normativa vixente e o mantemento das substitucións até o final de mes. Desde a CIG consideraron \"un desatino gravísimo\" a decisión da Consellaría de Educación e atribuíron as rescisións ao \"obxectivo único de recortar\" nun colectivo que ademais, din, \"traballa nunhas condicións especialmente precarias, con cambio de localidade no seu posto de traballo\", obrigad@s a ficaren a disposición da administración permanentemente e de incorporarse de inmediato cando son chamad@s. Asemade, lembran, a Consellaría de Educación xa decidiu o pasado ano \"de maneira unilateral\" non pagar as vacacións a este colectivo no caso daquel@s docentes que traballaran 5 meses e medio. \"É un exemplo máis de cómo a Consellaría decide incumprir a súa propia normativa para a aplicar recortes\", aseguran desde a central nacionalista. A CIG-Ensino denuncia, aliás, que non se están a cubrir as baixas que se produciron nos centros nas últimas semanas."}
{"ID": "PRAZA_10622", "summary": "Os movementos feministas convocan mobilizacións de repulsa para este martes e as principais institucións galegas únense ao rexeitamento do asasinato de María del Carmen Vázquez a mans do seu ex-marido, sobre quen pesaba unha orde de afastamento. \"Fracasaron todas as ferramentas para evitar as últimas consecuencias da violencia machista\", lamenta a alcaldesa de Vilalba", "text": "\"Fracasaron todas as ferramentas para evitar as últimas consecuencias da violencia machista\". A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, expresaba deste xeito este luns o sentimento que impregna a capital da Terra Chá dende que o pasado domingo transcendeu que unha veciña da vila, María del Carmen Vázquez, fora asasinada polo seu ex-marido.Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmaron o propio domingo que o presunto asasino tiña prohibido achegarse a menos de 300 metros e mais de comunicarse coa súa ex-parella. Esas medidas foran decretadas tras a interposición dunha denuncia por violencia machista.\"Fracasaron todas as ferramentas para evitar as últimas consecuencias da violencia machista\"A Delegación do Goberno central para a Violencia de Xénero ratificaba este luns que o asasinato de Mari Carmen foi un caso de violencia machista. \"Lamentablemente, chegou o día no que poñemos cara a un deses fríos números, xa que unha desas mulleres é a nosa veciña, a nosa compañeira, a nosa amiga\", evidenciou o manifesto lido a mediodía en Vilalba pola concelleira de Igualdade do municipio, Vanesa Siso. A \"frialdade dos números\", acrecentou, non reflicte a verdadeira dimensión \"dun dos problemas estruturais máis graves da nosa sociedade, a violencia machista\".A mobilización contra a violencia machista deste luns en Vilalba, secundada por decenas de persoas, repetiuse en múltiples puntos de Galicia. As concentracións institucionais en repulsa polo asasinato desenvolvéronse ante as casas consistoriais dos principais concellos, sedes da Xunta e no Parlamento, entre outras institucións.Este luns comezan tamén a desenvolverse as manifestacións de repulsa convocadas dende os movementos feministas, que concentran a maior parte das súas mobilizacións na xornada do martes. Xa foron convocadas case unha trintena de manifestacións e concentracións -nesta ligazón, a listaxe en actualización-.\"Constatamos numerosos quebrantamentos das ordes de afastamento, o cal expón as vítimas a un perigo aínda maior\" tras a denunciaDende estes colectivos, como dende o Concello vilalbés, ponse tamén o foco nas eivas da protección a vítimas da violencia machista mesmo tras seren decretadas medidas como a orde de afastamento que pesaba sobre o presunto asasino de María del Carmen Vázquez. Neste sentido, a asociación lucense Si, hai saída \"alerta\" sobre \"a máis que alarmante evidencia de que algo non está a funcionar de xeito correcto\" no funcionamento deste tipo de medidas.\"Se algo constatamos de primeira man na nosa asociación son os numerosos quebrantamentos das ordes de afastamento\", o cal \"expón ás vítimas da violencia de xénero\" a \"un perigo aínda maior\" tras o \"enorme esforzo\" de optaren pola denuncia. \"Un só minuto que se baixe a garda abonda para que sexa cometido un asasinato machista\", advirten."}
{"ID": "PRAZA_15915", "summary": "Os sector esíxelle ao Goberno galego a retirada da Lei de Acuicultura e cre que a paralización anunciada por Núñez Feijoo responde unicamente a cálculos electorais. A marcha, baixo o lema \"Defendamos o mar\" unirá a bateeiros, mariscadores ou os mariñeiros do cerco, entre outros colectivos", "text": "Xa hai data. O sábado 27 de febreiro o sector do mar manifestarase en Compostela para protestar contra a política da Xunta neste eido, sobre todo en relación a dous conflitos recentes: o polémico proxecto de Lei de Acuicutura e o reparto de cotas entre o sector do cerco. Estes colectivos (bateeiros, mariscadores e mariñeiros do cerco) están chamados a protagonizar unha marcha que espera reunir a todo o sector, que en Galicia emprega directamente a unhas 20 mil persoas, pero que xera unha cantidade moito maior de postos de traballo indirectos en pequenas industrias e actividade comercial e de servizos e que ten un peso determinante nas economías locais de moitos concellos da costa. A manifestación terá como lema \"Defendamos o mar\" A manifestación terá como lema \"Defendamos o mar\" e na súa organización xa traballan as confrarías que, de forma unánime, rexeitan a proposta de norma acuícola presentada polo Goberno galego, na que ven un intento de \"privatización\" do litoral e das rías que busca \"beneficiar as multinacionais\" en prexuízo dos actuais produtores e produtoras. Denuncian, ademais, que na súa redacción non se dialogou en ningún momento cos máis directos afectados e afectadas. De nada serviu o anuncio realizado a pasada semana por Núñez Feijoo no Parlamento, onde asegurou que \"non imos aprobar esa lei sen ter o respaldo do sector\", ofrecendo \"diálogo\" e a paralización da súa tramitación. De feito, a primeira reacción dos representantes do sector, como Xaquín Rubido (voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa) foi a de esixir a completa retirada do proxecto: \"Non queremos que paralicen a súa tramitación, queremos que retiren o proxecto. Unha vez que o proxecto estea retirado, podemos dialogar\". En realidade, o paso atrás dado polo presidente da Xunta serviu para intensificar as mobilizacións dos colectivos afectados, que se amosaban convencidos de que o cambio de posición dos populares \"respondía máis\" á preocupación existente no PP ante o crecente malestar social que o proxecto está xerando que a \"satisfacer as demandas que os sectores produtivos están poñendo enriba da mesa\". Rubido acusaba a Feijoo de pretender \"crear unhas falsas expectativas de reforma da lei\", buscando \"dividir o movemento e debilitalo\". Este mesmo xoves, na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego o PP rexeitou retirar o seu anteproxecto de lei Este mesmo xoves, na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego o PP rexeitou retirar o seu anteproxecto de lei, como lle pedía unha proposición non de lei presentada por Juan Fajardo (AGE), que recollía as denuncias e demandas do sector, sinalando que a norma \"supón poñer en venta o noso litoral\", implicando \"un perigo medioambiental e laboral\". Fajardo dirixiuse ao portavoz de pesca do grupo parlamentar do PP, José Manuel Balseiro, dicíndolle que \"en realidade a súa estratexia pasa por facer tempo para gañar, todos sabemos como, a unha parte do sector do mar e poder dicir que contan co consenso necesario para sacar adiante esta norma\". O deputado arousán salientou a publicación o pasado venres no Diario Oficial de Galicia dunha partida económica de 900.000 euros para publicidade e propaganda do sector do mar galego. O voto negativo dos populares non sorprende: Hai uns días o propio director xeral de Pesca, Juan Maneiro, destacaba que \"en ningún momento se falou de retirar a lei de acuicultura\". O mesmo que a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que lles reiterou ás mariscadoras de a pé que a retirada da norma non entraba dentro dos plans do Goberno galego. O sector está convencido de que o PP, que confiaba no control que exercía sobre as confrarías, decidiu aparcar a posible aprobación desta lei ata a celebración das eleccións O sector está convencido de que o PP decidiu aparcar a posible aprobación desta lei ata a celebración das elección ao Parlamento galego, previstas para o outono (se non se produce un adianto). O prexuízo electoral que os populares poderían sufrir, sobre todo en moitos concellos do litoral da Coruña e Pontevedra, sería grande, nun momento en que a mobilización social contra esta norma segue crecendo. De feito, os propios concelleiros populares están apoiando as mocións que, tanto en concellos coma na propia Deputación de Pontevedra, esixen a retirada do proxecto. Pódese pensar que o Goberno galego non esperaba atopar un rexeitamento tan unánime no sector a raíz deste asunto, e que confiaba no control que en moitas ocasións exerceu sobre as propias confrarías, nas que -en moitos casos- figuran persoas afíns aos populares. Pola súa banda, Quintana negou en declaracións aos medios que a paralización na tramitación respondese á proximidade dos comicios. Neste contexto, o sector mantén as mobilizacións, que terán a súa primeira gran cita este 27 de febreiro, unha marcha para a que confrarías e asociacións de produtores están buscando o apoio doutras entidades sociais, formacións políticas e sindicais, procurando que a manifestación acade un carácter masivo que amose a forza do rexeitamento a esta norma. Ademais, seguen a organizarse encontros informativos en diversas localidades para amosar as consecuencias do proxecto: este venres será a quenda de Boiro e Redondela."}
{"ID": "NOS_22400", "summary": "Unha aldea de Castro Caldelas transfórmase nunha orixinal sala de exposicións nunha iniciativa do Sorriso de Daniel e varias asociacións do lugar, para denunciaren o abandono do mosteiro de Abelenda e do patrimonio románico galego en xeral", "text": "O estado de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas, é un dos casos máis graves de abandono do patrimonio románico na Galiza. Un mosteiro que xa aparecía citado en documentos de principios do século XII, está en ruías. Unha situación perante a que calquera pode dicir que é ben triste o estado do patrimonio, que non hai dereito e que alguén tería que facer algo. Ou perante a que se pode intentar facer algo. E esta última opción foi a que adoptou O Sorriso de Daniel, unha asociación que traballa arreo pola divulgación e conservación do patrimonio románico galego. O Sorriso do Daniel matinou e matinou arredor do que podía facer para dar a coñecer a situación deste mosteiro, en plena Ribeira Sacra. Cartos e medios non teñen moitos, mais si ilusión por facer cousas. Ocorréuselles converter a aldea nunha grande e orixinal sala de exposicións. Para iso contaron coa colaboración da veciñanza a través de dúas asociacións, a de San Paio de Abelenda e a de Cocas e Danzantes de Santa Tegra de Abelenda. As e os veciñ@s foron fotografad@s ao pé da pía bautismal por Soledad Felloza, fotógrafa uruguaia que vive na Galiza. Unhas imaxes con que a veciñanza demanda que se coiden as ruínas do mosteiro (que permanece en estado de absoluto abandono) e que a riqueza do seu interior non se perda, alén de que poida ser visitado polo público. Arriba San Paio de Abelenda Froito desta implicación e colaboración inaugúrase este domingo, 2 de setembro, a exposición Arriba San Paio de Abelenda ! en que as fotografías pendúranse dos muros das casas, dos balcóns, en valados, nas barandas das escaleiras... Unha aldea feita sala de exposicións ao aire libre. Escritores que poñen texto á reivindicación E a este proxecto sumáronse as colaboracións escritas de varios autores que quixeron poñer os seus textos ao servizo desta reivindicación. A xornalista Ana Romaní, o historiador Afonso Vázquez-Monxardín, @s escritor@s Mariña Pérez Rei, Olga Novo, Bieito Iglesias, Anxela Gracián, Iria Fernández Crespo, o dramaturgo Quico Cadaval, a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, o sacerdote Oscar G. Murado, descendente por parte de pai da aldea de San Paio de Abeleda e o delegado de Patrimonio do Bispado de Ourense Miguel Ángel González. Toda esta iniciativa foi custeada íntegramente polo Sorriso de Daniel."}
{"ID": "PRAZA_17687", "summary": "O número 2 dos populares galegos di que a súa forma de respectar as vítimas é \"respectar un proceso xudicial que está en marcha\" Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas sobre Angrois cinco anos despois VÍDEO | \"A maquinaria do Estado traballou para eximir os neglixentes, chegou a hora de que asuman a súa responsabilidade\"", "text": "Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas sobre Angrois cinco anos despois VÍDEO | \"A maquinaria do Estado traballou para eximir os neglixentes, chegou a hora de que asuman a súa responsabilidade\" O número 2 dos populares galegos di que a súa forma de respectar as vítimas é \"respectar un proceso xudicial que está en marcha\" Os tres partidos da oposición en Galicia, En Marea, PSdeG e BNG, coincidiron este luns, un día antes do quinto aniversario do accidente de Angrois, en apoiar as peticións de respostas a todas as dúbidas que aínda teñen as vítimas sobre as responsabilidades penais e políticas do sinistro. Pola contra, o PP galego limitouse a pedir aos outros tres grupos que non fagan \"política da mala\" e asegurou que o seu xeito de respectar as vítimas é \"respectar un proceso xudicial que está en marcha\". Segundo o secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, \"Galicia segue conmocionada\" polo accidente de Angrois e para ser respectuosos coas familias e amigos dos falecidos \"non se pode facer política con todo\". Tellado lembrou que \"hai aberta unha investigación xudicial, compre ser moi respectuosos con ela\" xa que \"son os xuíces os que teñen que determinar quen son os responsables\". \"A nosa forma de respectar as vítimas e as súas familias é respectar un proceso xudicial que está en marcha\", asegurou, obviando os impedimentos que a súa formación puxo ao longo destes anos a esa investigación. Villares pide que se inhabilite \"o discurso político dos recortes, da carreira electoral por inaugurar obras e do oportunismo político\" O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu as reclamacións de \"memoria, verdade e xustiza\" das vítimas e salientou que por primeira vez en cinco anos existe unha comisión de investigación no Congreso\" creada a petición entre outros do seu grupo. Alí, dixo, agarda que \"se depuren responsabilidades políticas e \"que quede inhabilitado politicamente o discurso político dos recortes, da carreira electoral por inaugurar obras e do oportunismo político\". O BNG cre que \"se hai algunha esperanza de que se resolva a investigación é pola vía europea\" Por parte do BNG, a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, compareceu en rolda de prensa coa eurodeputada Ana Miranda, que vén actuando de feito como representante das vítimas ante as institucións comunitarias. \"Se hai algunha esperanza de que se resolva a investigación é pola vía europea\", salientou Miranda, que lembrou sucesivos informes da Axencia Ferroviaria Europea, en cuxa divulgación foi clave o BNG, que facilitaron en 2016 reabrir a instrución xudicial e hai un mes ratificar as sospeitas dos xuíces que Adif e Renfe non avaliaron o risco da curva de Angrois como esixía a normativa comunitaria. Pola súa banda, Pontón criticou que tras o accidente PP e PSOE considerasen \"mais importante protexer a Ana Pastor e José Blanco\" que pescudar todo o que rodeou o accidente. A portavoz do BNG tamén insistiu en que a súa formación segue a reclamar unha comisión de investigación tamén no Parlamento de Galicia que ao seu xuízo trataría as vítimas mellor que a creada no Congreso. Leiceaga considera que \"aínda hai asuntos por resolver\" na comisión política do Congreso O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, admitiu que \"aínda hai asuntos por resolver\" na comisión de investigación política creada no Congreso e pediu, tras catro anos de bloqueo por parte do PSOE, que se \"facilite e impulse\" o seu traballo para que \"chegue ao fondo\". PSdeG e BNG criticaron tamén que cinco anos despois non está aínda instalado na curva de Angrois o sistema ERTMS de control constante da velocidade dos trens. Porén, xa si está reparado a bordo dos Alvia, polo que pode frear de xeito automático antes da curva se o maquinista non o fai, e poucos días despois do accidente tamén se instalaron nas vías balizas do sistema convencional ASFA que impiden que un tren poida volver circular pola zona con exceso de velocidade."}
{"ID": "PRAZA_15929", "summary": "Portos di que non bonifica á empresa máis que ao resto, malia que o expresidente do ente informou en 2010 ao Parlamento de que o acordo \"supón practicamente reducir á metade as taxas para o tráfico de mercadorías da actualidade\" A Xunta pactou con ENCE un convenio á medida para perdoarlle impostos", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defende que a decisión de Portos de Galicia de reducirlle as taxas a ENCE polo seu uso do porto de Ribadeo permite que a empresa manteña na vila lucense un tráfico de mercadorías que podería ter marchado a Asturias. Porén, ENCE non está en condicións técnicas de poder abandonar Ribadeo, polo que a Xunta outorgoulle beneficios a cambio de que non fixese algo que segue sen poder facer. Segundo o presidente, o texto responde a unha petición \"da sociedade de Ribadeo\". O convenio asinado en 2011 por Portos con ENCE, en vigor ata 2020 e desvelado en exclusiva por Praza.gal, inclúe unhas cláusulas que supoñen rebaixarlle as taxas faga o que faga a empresa. Por unha banda, a rebaixa non é a cambio de que non marche a Asturias senón \"ata\" que non teña operativa a vía férrea que lle permita facelo, para a que arrincou fondos públicos ao Principado de Asturias e Feve. Por outra, cando iso ocorra, queda nas mans de ENCE levar todos os tráficos, deixalos ou repartilos, e en calquera caso seguirá a contar coa mesma rebaixa das taxas. Feijóo defende que a rebaixa permite manter na vila lucense o tráfico de ENCE, que actualmente non ten máis opción técnica que ficar alí En Asturias a visión que hai é a de que ENCE, tras reclamar axudas públicas para esa conexión ferroviaria e empregala á súa vez para ameazar á Xunta, agora obstaculiza a execución das obras porque lle sae máis rendible seguir operando en Ribadeo coas taxas rebaixadas. Un xogo a dúas bandas posible grazas a que a Xunta lle rebaixou as taxas de xeito incondicional, desvíe ou non parte dos tráficos. Mentres, nestes cinco anos, sen outro sitio a onde ir ENCE, a Xunta leva perdida a metade dunhas taxas que podería ter cobrado de xeito íntegro. A Administración autonómica leva perdida a metade das taxas que lle podería ter cobrado integramente á pasteira A Feijóo preguntóuselle na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves se entende que outras empresas poidan sentirse discriminadas por non gozar das mesmas vantaxes que a Administración lle outorga a ENCE, tal e como revelou este diario. O presidente eludiu a pregunta sobre o libre mercado, dixo que non coñecía de primeira man o convenio e limitouse a defender que \"había e segue habendo un acordo de non desprazar os tráficos de Ribadeo cara Asturias\". Segundo dixo, \"o obxectivo das institucións de Ribadeo, dos sectores sociais de Ribadeo e de toda Galicia, era non desprazar cargas\" fora da comunidade. O propio expresidente do ente, José Manuel Álvarez-Campana, informou no seu momento ao Parlamento de Galicia de que a \"oferta\" realizada á empresa incluía unha importante bonificación\" nas taxas que pagaba Pola súa banda, Portos de Galicia asegura agora que ENCE non se está beneficiando de ningunha bonificación superior á que ten dereito calquera outro operador de mercadorías nos portos galegos. Porén, o propio expresidente do ente, José Manuel Álvarez-Campana, informou no seu momento ao Parlamento de Galicia de que a \"oferta\" realizada á empresa incluía unha importante bonificación\" nas taxas que pagaba, \"unha oferta desde o punto de vista económico moi atractiva, supón prácticamente reducir á metade as taxas para o tráfico de mercadorías da actualidade\". Esas verbas, repetidas en varias roldas de prensa por Álvarez-Campana, plasmáronse un ano despois nun convenio que di que Portos \"procederá á aplicación de bonificacións\" a calquera mercadoría que ENCE mova en Ribadeo entre 2011 e 2020. O convenio de Portos está feito tan á medida do que queira facer ENCE en cada momento que mesmo parece redactado pola propia empresa e non pola Xunta cando fala da \"nosa factoría de Navia\"."}
{"ID": "NOS_16536", "summary": "O Comité clínico que asesora a Xunta mantén no nivel máximo de restricións O Grove, Carballeda de Valdeorras e A Pobra. A Xunta non informa da decisión adoptada sobre o toque de recoller.", "text": "O Comité clínico que asesora a Xunta da Galiza na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 acordou na súa xuntanza desta terza feira, 13 de abril, manter o nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove. Neles, a hostalaría fica fechada, están prohibidas as reunións de non conviventes e o concello fica baixo feche perimetral. Ademais, o comité de expertos determinou o estabelecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. O nivel alto implica que a hostalaría só pode abrir nas terrazas, con capacidade de 50%, até as 21 horas. Permítense reunións de até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores. Instalacións deportivas, culturais e de culto non poden superar 30% de capacidade. Hai licerdade de mobilidade por todo o territorio, agás con concellos do nivel máximo. Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. Este nivel implica que na hostalaría as terrazas non superen a capacidade de 50% e no interior 30%, até as 21 horas.Permítense reunións até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores. As instalacións deportivas, culturais e de culto a non máis de 30%. Hai liberdade de mobilidade por todo o territorio, agás nos concellos do nivel máximo. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo: Na hostalaría as terrazas con capacidade de 75% e no interior de 50%, até as 21 horas, permítense reunións até 6 non conviventes no exterior e 4 en interiores, as instalacións deportivas, culturais e de culto a 30%; e hai libre mobilidade, agás concellos do nivel máximo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas da vindeira sexta feira, 16 de abril. Sen información sobre o toque de recoller Doutra banda, Sanidade non informou sobre a decisión adoptada polo Comité Clínico a respecto de implantar o toque de recoller ás 23 horas. Era unha das propostas que figuraba na orde do día da reunión das persoas expertas, máis aló da avaliación de datos e da evolución da pandemia, que muda a configuración do mapa de restricións da Galiza por niveis. Tampouco se informou de mudanzas no horario de apertura da hostalaría. A este respecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou esta terza feira, 13 de abril, na sesión plenaria do Parlamento que a Consellería exixirá reservas ou citas previas, un rexistro de clientela e a instalación de medidores de CO2. Serían estas medidas adicionais á ampliación do horario no sector. Neste sentido, o conselleiro puxo de manifesto que, de acordo aos datos \"estábeis\" na Galiza, está a realizarse un \"especial esforzo\" para avanzar no plan dunha \"hostalaría segura\" e para permitir que os estabelecementos abran durante máis horas, pois actualmente deben fechar todos ás 21 horas. Esta posibilidade, con todo, está condicionada ao aprazamento do toque de recoller, instaurado agora nas 22 horas."}
{"ID": "NOS_55112", "summary": "Natural de Rianxo, Carlos Cernadas é responsábel do proxecto artístico Sons of Exodus. Hai pouco máis dun mes que se estreou o seu segundo traballo, Castrexos, e agora xa está a traballar para levar a súa música aos escenarios galegos.", "text": "'Castrexos' é o seu segundo traballo. Que podemos atopar nel? Este disco segue a liña do anterior, tamén é un disco conceptual. Fala dunha historia ficticia escrita por min, pero relacionada coa historia de Galiza, neste caso un poboado Castrexo. Conta con menos pezas que o anterior, mais a produción está moito máis coidada. Colaboran músicos como Carlos da Silva, gaiteiro que xa formou parte do anterior proxecto ou Sabela Galbán, integrante da banda de Sés. En comparación co primeiro, no que a maioría das pezas están en inglés, neste están todas en galego. Para min é moito máis natural, síntome moito máis cómodo e penso que as letras son máis interesantes e teñen máis sentido se as escribo en galego antes que en inglés. Que diferenzas salienta en relación ao anterior? Eu quero pensar, polo menos é o que me comenta a xente, que este álbum é mais coherente. A única canción en galego do anterior disco foi a que mellor funcionou, imaxino que por cuestións de composición e tamén porque quedou mellor gravada. Entón, decidín seguir por esa liña, que era a que más sentido tiña. O proceso foi similar. Eu o que quería facer era aproximarme ao folk rock ou folk metal, mais con música galega. Partindo desa idea, púxenme en contacto con xente vencellada á música tradicional e axudáronme no proceso. Comecei gravando a pau seco a músicos como Carlos da Silva, muiñeiras e máis pezas. A partir desas gravacións, empecei a traballar a composición. Collín 4 notas ou un motivo curto deses temas e transfórmoo. Unha das cancións do disco, titulada Camiños, en realidade é un anaco dunha muiñeira, pero pásase á linguaxe do rock. Esa é un pouco a idea. Eu creo que se nota a diferenza, que non é simplemente unha gaita con guitarras eléctricas e os acordes que corresponden, intento que sexa un pouco máis sofisticado Cada un dos traballos está asociado a unha historia. De onde sae esta idea? A min sempre me gustaron os discos conceptuais. Na meirande parte dos álbum, fanse unha serie de cancións, elíxense as mellores e inclúense nel, pero entre elas non adoitan gardar unha relación. Pode haber propostas similares ou un fío temático, pero cada canción é un mundo. Eu prefiro que os traballos sexan un pouco máis cinematográficos, mais tampouco sen chegar ao punto de ser unha canción extensa. Ademais, gústame escribir, aínda que dunha forma amateur, e relacionalo con ese folk. Non escribo unha cousa e logo fago a outra, senón que levo a cabo as dúas ao mesmo tempo. É un pouco raro, pero así voume inspirando a medida que vou traballando. Parece desordenado, pero é máis orgánico, a min funcióname. Todo isto forma parte do proxecto 'Sons os Exodus'... Si. Eu trasladeime a Londres hai cinco anos para estudar Música Creativa. Cando rematas o grao, hai un proxecto final que consiste en elaborar un disco. Aínda que comecei hai tres anos, é algo que tamén me andaba pola cabeza antes, pero non consideraba que estaba preparado. De feito, presentei o proxecto, pero logo antes de publicalo reviseino e dinlle unha volta. Era un traballo de fin de carreira, pero tamén existía esa intencionalidade de sacalo adiante. Ten pensado presentar a súa proposta ao público galego a través de concertos? Até o de agora, pola situación sanitaria e estando aquí, non tiven oportunidade de levalo ao directo. A banda xa está formada e presentareina seguramente este Nadal. Agora xa estamos planificando todo. Imos ter unha data organizada polo Concello de Rianxo, pero aínda non está confirmado o día. Para este verán xa sabemos que vai estar difícil introducirse en moitos sitios, pero hai que comezar e mesmo pensar xa en 2023. Estou seguro de que algunhas datas van saír, canto antes nos movamos mellor."}
{"ID": "PRAZA_7516", "summary": "Tras meses negándoo o presidente da Xunta abre a porta á posibilidade de que o seu Goberno recorra ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) no canto de seguir a financiarse nos mercados ordinarios de débeda pública", "text": "Vinte e cinco de abril de 2012. A oposición cuestiona o presidente da Xunta polo incremento das taxas universitarias e, en xeral, polas finanzas da comunidade autónoma e a xestión das competencias propias na materia. Nun ton sensiblemente airado Alberto Núñez Feijóo retruca que o mellor xeito de \"garantir o autogoberno\" é \"manter unha comunidade autónoma que paga, manter unha comunidade autónoma solvente e non ser, en ningún caso, unha comunidade autónoma que poida ser intervida polo Goberno de España\". \"Galicia é a comunidade máis solvente\" e por iso reclamáballe á daquela voceira do BNG, Ana Pontón, que \"apoiase un goberno responsable que blinda non só os servizos públicos, senón que blinda o autogoberno de Galicia\". Esa firmeza semella estar agora en cuestión, a xulgar polas verbas do propio líder popular. Vinte e nove de agosto de 2012. Feijóo protagoniza en Ribeira un dos seus primeiros actos públicos tras facer público o adianto das eleccións ao 21 de outubro. A Generalitat de Catalunya viña de solicitar o acceso ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), isto é, viña e pedir o rescate financeiro por parte do Estado a cambio de ceder parte do control sobre a súa autonomía financeira. \"Hoxe Galicia paga e Catalunya pide\", sentenciou ante a prensa. \"Galicia vai seguir sendo a comunidade máis solvente de España\" e iso é \"a maior garantía de autogoberno dunha administración\". Galicia, explicaba, \"nin pediu un euro dos primeiros 35.000 millóns que puxo á diposición o Ministerio de Economía nin agora necesita cartos para seguir traballando\". En definitiva, resumía, \"Galicia non vai ser rescatada\". \"Galicia é a comunidade máis autónoma de España\", repetiu Feijóo en campaña electoral Dezanove de outubro de 2012. Faltan dous días para as eleccións e Feijóo protagoniza un acto de campaña na Coruña. \"Galicia é a comunidade máis autónoma de España\", asegurou. Isto sucedía porque \"non necesita as axudas do Goberno de España\". E esta circunstancia producíase, entre outros aspectos, porque o seu Goberno \"non gasta máis do que ten\" e fixo \"máis con menos\", repetía. As premisas lanzadas neste acto da Coruña e en todos os anteriores comezan xa a mudar. O presidente segue a rexeitar nominalmente que Galicia vaia ser rescatada e séguese a erixir a si mesmo en referente da \"anticipación\" para evitar a intervención e a perda de autogoberno. Pero isto sucede só nominalmente. O pasado martes Feijóo acudiu a unha entrevista en Radio Nacional de España e, malia á amabilidade do diálogo radiofónico, si foi interpelado pola posibilidade de que a Xunta acuda finalmente ao FLA, como semella que desexa o Goberno central para así ter baixo control financeiro a práctica totalidade das autononomías. \"Galicia non acudiu nin aos créditos ICO\" para o pagamento a provedores \"nin ao fondo de liquidez\" e iso \"é bo para España\", explicou. \"No ano 13 vostede me pregunta se imos acudir\" a este fondo. E, acudiremos? \"Veremos en 2013 o que pode ofrecer o mercado [de débeda pública] e o que pode ofrecer o Tesouro [en referencia ao FLA]\". \"Se o Tesouro ofrece condicións mellores de financiamento que os créditos do mercado, non temos ningún interese en darlles a gañar aos bancos ou ao mercado de capitais\". Isto é, a porta queda aberta para o recurso ao FLA e, polo tanto, para a intervención. \"Se o Tesouro ofrece condicións mellores de financiamento, non temos ningún interese en darlles a gañar aos bancos\" Con todo, dialecticamente o xefe do Goberno nada e garda a roupa. É posible que o seu Executivo pida cartos do FLA pero \"non estamos no suposto do Fondo de Liquidez\" como si están as autonomías \"que tiñan problemas para amortizar os créditos e para colocar a débeda do exercicio corrente\". Este ano as \"necesidades de débeda son a metade que en 2012\", explica. Daquela o Estado \"autorizounos uns 800 millóns de débeda nova e en 2013 imos emitir entre os 450 e os 600\". Non obstante, dos Orzamentos da Xunta sairán máis de 1.000 millóns de euros para endebedamento, dos cales máis de 200 son para pagar xuros. Un férreo control por parte do Estado \"Eu non quero aquí aos homes de negro\", proclamou Feijóo durante o debate de investidura Pero, que sucede se a Xunta acode ao FLA? Segundo as condicións do Real decreto lei de medidas de liquides das administracións públicas, \"no prazo de quince días dende a aprobación do acordo\" de acceso ao fondo, o Goberno galego debería \"presentar e acordar co Ministerio de Facenda un plan de axuste que asegure o cumprimento dos obxectivos de estabilidade e débeda pública\" e a propia devolución dos cartos que se pidan. Unha vez remitida a documentación inicial, \"nos primeiros cinco días hábiles de cada mes, a comunidade autónoma enviaralle\" ao Ministerio \"as actualizacións que correspondan\" e, ademais, o Goberno central debe ter \"acceso\" a toda a información financeira da autononomía e o incumprimento dos recortes previstos \"darán lugar á inadmisión da adhesión ao mecanismo\" e, polo tanto, non chegarían os cartos a Galicia. En resumidas contas, isto implicaría o incumprimento da promesa lanzada por Feijóo no seu debate de investidura: \"eu non quero aquí aos homes de negro\", afirmou dende a tribuna parlamentaria. Isto sucedería nun contexto no que a débeda pública da comunidade autónoma incrementou en practicamente un 100% dende o ano 2009. Mentres o déficit público se mantiña controlado, o endebedamento foi galopante e chegou aos 7.662 millóns de euros a finais do terceiro trimestre de 2012, segundo datos do Banco de España. Isto implicou tamén o incremento da dotación orzamentaria das partidas de débeda pública e, tal e como vén informando Praza Pública, nas derradeiras contas elaboradas polo bipartito, as de 2009, estaban reservados para a débeda 393,04 millóns de euros, o que implica que o incremento da súa dotación orzamentaria ata 2013 foi do 182%., cando chega a 1.110,9 millóns."}
{"ID": "PRAZA_151", "summary": "Luis Lamas dimite pola adxudicación ao seu bufete de avogados do contrato de asesoría xurídica dunha fundación pública na que exerce como tesoureiro. O alto cargo anuncia a súa marcha horas despois de retar a levalo \"ao xulgado\" a quen considerase que cometera unha irregularidade.", "text": "Ética ou estética? O vindeiro martes o presidente da Xunta protagonizará no Parlamento a súa controvertida comparecencia sobre \"medidas de impulso democrático\", coa que o Goberno galego procura reemprazar as peticións de explicacións da oposición sobre casos como a trama Zeta e que, na práctica, suporá un debate monográfico a respecto da corrupción. Neste contexto, semellaba politicamente complexo que Alberto Núñez Feijóo chegase á sesión co lastre de ter un dos altos cargos mellor pagados da administración, o presidente de Sogama, Luis Lamas, coa sombra das malas prácticas sobre si despois de que o Centro Tecnolóxico Alimentario con sede en Lugo, do que é tesoureiro, lle adxudicase o contrato de asesoría xurídica ao bufete de avogados do que é socio. Neste contexto, a Xunta deixouno caer. O contrato da Fundación CETAL -dependente do Ministerio de Agricultura-, co despacho Lucus Lex saltou á polémica pública esta semana pero remóntase ao pasado setembro, cando foi adxudicado mediante o procedemento negociado sen publicidade por \"axeitarse ás condicións (...) establecidas e ser a oferta economicamente máis vantaxosa\", por algo menos de 18.000 euros. Nesta conxuntura, Lamas inicialmente defendeu a total legalidade da actuación, mesmo convidando a denuncialo a quen considerase que incurrira en irregularidades: \"Se é estraño o que hai que coller é ir ao xulgado e presentar a oportuna querela\", retou, ironizando ademais, segundo recolleu La Voz de Galicia, coa circunstancia de que se criticase que fose asociado deste despacho de avogacía pero non do Club Deportivo Lugo ou do Club Baloncesto Breogán. Lamas retou a que o levasen \"ao xulgado\" poucas horas antes de ter que dimitir por incorrer nunha incompatibilidade \"Se é ilegal, ao xulgado\", reiteraba o alto cargo da Xunta, ao tempo que matizaba que \"efectivamente, teño unha parte nun despacho\" pero \"non exerzo\", porque \"se exercese estaría a incumprir a lei de incompatibilidades\". Ese incumprimento, precisamente, foi ao que aludiron pouco despois os grupos parlamentarios do PSdeG e de AGE para esixir formalmente, a través de José Luis Méndez Romeu e Antón Sánchez, a dimisión de Lamas. O artigo 3.4 da norma, lembraban, indica que altos cargos como o presidente de Sogama \"non poderán posuír a titularidade de participacións\" superiores \"ao 10% de empresas que teñen concertos ou contratos (...) co sector público estatal, autonómico ou local\". O alto cargo asume a contratación a un \"erro\" por non estar no \"día a día\" do despacho de avogados do que é socio Neste contexto, o que era resistencia e mesmo ironía a respecto dunha posible dimisión tornou en asunción da realidade cando horas despois, segundo transcendeu, foron técnicos de Función Pública da Xunta quen o informaron de que, efectivamente, estaba incurso nunha causa de incompatibilidade. A través dun comunicado Lamas definiu o acontecido como \"un erro, e en política os erros hai que asumilos\". Deixa a presidencia de Sogama por \"dignidade persoal e política\", afirma, toda vez que non está \"no día a día das tarefas\" do bufete, o que lle \"impediu exercer un control sobre esta cuestión\". Lucus Lex vai renunciar á xestión deste servizo, asegura, aínda que \"o proceso de contratación se levou a cabo respectando a lei\". Así as cousas, Lamas despídese de Sogama tras seis anos nos que, afirma, \"deu todo para que a compañía\" chegase a \"prestar o mellor servizo público posible, velando polo benestar e a calidade de vida de todo os galegos\". Faino, asemade, despois de moitos meses de polémica pola suba do canon que a empresa, participada maioritariamente pola Xunta, lles cobra aos concellos. Esta polémica foi a que levou a Lamas, figura de referencia do PP de Lugo durante anos, a protagonizar controvertidos excesos verbais nas redes sociais."}
{"ID": "NOS_9573", "summary": "Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí non poderán optar a escano no Parlamento Europeo. A Xunta Electoral Central decidiu excluír os presos políticos das listaxes de Junts per Catalunya ao aceptar un recurso presentado por PP e Ciudadanos.", "text": "Segundo as formacións de dereita, as tres presas políticas atópanse en \"rebeldía procesal penal\" e, así, podían resultar inelixíbeis. Puigdemont, Comín e Ponsatí están no exilio. Junts per Catalunya, a candidatura ao Europarlamento nucleada por Puigdemont, emitiu un comunicado de resposta en que acusan o órgano electoral de \"falgrante vulneración dun dereito fundamental como é o do sufraxio pasivo\". \"É a demostración da connivencia entre un sistema xudicial que debería ser independente con determinados intereses políticos da dereita nacionalista española\", sinala."}
{"ID": "QUEPASA_148", "summary": "Máis leña ao lume da crise do PSOE de Ponteceso. Hoxe, os 5 edís socialistas contrarios ao seu alcalde, lanzan un escrito en contra da Comisión Provincial, lamentando a súa \"indiferencia ante o desmorone institucional do Concello de Ponteceso provocado polo alcalde e o seu asesor\".", "text": "Comunicado dos edís Incredulidade e indignación son as palabras máis usadas entre os veciños e veciñas de Ponteceso para expresar a actitude do PSG-PSOE ante o que está a acontecer no Concello, co agravante de que chove sobre mollado Todas as polémicas débense a particular forma de entender o liderado e de exercer os cargos tanto instituiconales como de partido por parte do Sr. Carballido e o seu asesor, baseando todo na pretensión de submisión de todos os demáis ós dictados deles, e no ocultismo e falta de transparencia, participación e exclusión dos compañeiros de goberno e partido. Todo esto non é novo, de sobra son coñecidos os enfrontamentos e liortas cos traballadores e funcionarios do Concello, cos traballadores do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), cos voluntarios da anterior Asociación de Protección Civíl ata que conseguiu desbaratala, cos seus compañeiros de partido e socios de goberno na pasada lexislatura. E xa recentemente nesta nova lexislatura volta ós problemas coa Asociación de Protección Civíl, que vai no mismo camiño de desbarate, polo malestar dos voluntarios ante as insinuacións do Sr. Carballido dun uso inadecuado dos médios de que dispoñen, problemas graves cons seus compañeiros de partido e de goberno (6 concelleiros dun total de 8, por se alguén non o sabe), enfrontamento e división na Agrupación Socialista do Concello, e o último de todo o descabezamento d Agrupación tras a dimisión Executiva municipal. Esto é coñecido dende fai tempo pola Comisión Executiva provincial pero renunciando ás súas funcións, entre ela a resolución dos conflitos internos xurdidos no ámbito provincial, seguen desamparando ás partes máis débiles negándose inclusive a coñecer tódalas versións do que acontece. Aínda máis grave, de confirmarse a negativa (independentemente do resultado final) á apertura de expediente ó Alcalde pola presunta entrega de vídeos grabados na alcaldía a un medio de comunicación co fín de denigrar a uns compañeiros seus de goberno e partido. Esta postura de parte a priori por parte da Comisión Executiva, coñecidos os antecedentes do Sr. Carballido, é a principal causa de indignación entre afiliados e veciños. Asinado: Os 5 edís socialistas contrarios ao seu alcalde. Novas da crise do #PSOEPonteceso 07-11-2020: Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas. 05-11-2020: Ana Pérez Imia: \"Ponteceso non merece a un ditador como alcalde\". 29-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia . 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta. 26-10-2020: Marco Varela: \"Vergonza\". 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?. 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura. 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde. 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno. 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita. 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura. 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello \"á ruína\". 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: \"A súa prioridade é máis económica que vocacional\". 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: \"Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza\". 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: \"Non por estar no goberno es un Dios\". 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: \"O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada\". 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso. 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto. 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado \"unilateralmente\" polo alcalde por \"opinar priorizando o interese dos veciñ@s\". 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: \"Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde\". 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación. 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista."}
{"ID": "NOS_43292", "summary": "Este sábado inaugúrase unha placa na praza que nesta vila leva o nome do historiador e militante nacionalista falecido en 2014.", "text": "Francisco Carballo é, en palabras do seu amigo, xornalista e editor Xan Carballa, \"unha das figuras máis relevantes do nacionalismo galego e do cristianismo progresista\". Este sábado colocarase unha placa na súa lembranza na Praza que en Maceda leva o nome deste un dos seus fillos máis coñecidos, enterrado na parroquia onde naceu, Asadur. Será ás 13:00 horas e intervirán o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e Santiago Prol, da Asociación de Amigos de Francisco Carballo. Francisco Carballo, nado en Asadur (Maceda) o 8 de marzo de 1925 e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014, deixou unha obra de enorme significación para a comprensión do século XX na Galiza, desde as perspectivas da historia, o xornalismo e a teoloxía. Implicouse desde sempre no impulso de iniciativas culturais no ámbito do nacionalismo, como A Nosa Terra, e foi membro fundador do Sermos Galiza. Da súa ampla traxectoria como historiador e teólogo, esta publicación destaca diversas obras sobre a historia de Galiza como A igrexa galega, Alexandre Bóveda; Breve Historia de Galiza; Martín Sarmiento, ou xa como coautor, Historia Xeral de Galicia ou Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70."}
{"ID": "NOS_11348", "summary": "A Área de Cultura da Deputación da Coruña, que dirixe o nacionalista Xurxo Couto, destinará 1,1 millóns de euros á celebración de festivais organizados por Concellos e asociacións sen ánimo de lucro.", "text": "A Área de Cultura da Deputación da Coruña destinará en 2022 un orzamento de 1,1 millóns de euros a festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas organizados por Concellos ou entidades sen ánimo de lucro. Cada unha das convocatorias, para Concellos e para asociacións, terá unha contía de 550.000 euros. Os municipios que comprende a Deputación optarán a un máximo de 75.000 euros, mentres que os colectivos provinciais até 50.000. Poderán acceder ás subvencións os festivais culturais organizados de modo recorrente con identificación e marca propia e recoñecíbel, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, data de realización consolidada e orientación a públicos amplos arredor dunha proposta de contidos coherente e definida. \"Apoiar os festivais significa apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza\", explicou o responsábel de Cultura da Deputación, Xurxo Couto. Promoción de citas culturais consolidadas Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, Carballo Interplay, a Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Mares do Fin do Mundo de Outes, a Mostra de Teatro Galego de Cariño, a Foliada de Melide e Jazz Noia foron algúns dos festivais audiovisuais organizados por Concellos que recibiron axuda da Deputación en 2021. Entre os promovidos por asociacións estiveron o Feito a Man de Santiago, Galiza Blues de Noia, Irmandiños de Moeche, FIOT de Carballo, Atlántica, Titiriberia, Galicreques, a Mostra Internacional de Cinema Periférico do Museo do Pobo Galego ou o S8, Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña."}
{"ID": "NOS_12251", "summary": "De 'Mostra' a 'Festival Internacional' en vinte anos de concertos na capital do Lérez. Nesta edición con The Bad Plus e Joshua Redman, Sharrie Williams, Keb' Mo' e Ninety Miles, con Stefon Harris, Nicholas Payton e David Sánchez como principais atractivos.", "text": "O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra celebra este ano a súa XX edición entre o 17 e o 22 de xullo. Vinte anos desde aquel 1993 no que comezaron como 'Mostra' na Praza do Teucro, un espazo que ao pouco quedou pequeno, para rematar na Ferraría. Nestes anos pasaron por esta cita musical de verán grandes cantantes e instrumentistas, tanto norteamericanos coma europeos. Co ciclo creado en 2002 de 'Jazz na rúa', hoxe denominado 'Pontejazz', apostouse dun xeito decidido polo apoio ao Jazz feito en Galiza, un dos seus sinais de identidade. Programa de luxoContar con nomes de luxo non é doado para a organización mais este ano conseguiron traer artistas na primeira liña internacional destes estilos. Abrenfestival os The Bad Plus e Joshua Redman (19 de xullo, 22:30 horas). O novo saxofonista, naceu en Berkeley en 1969, con influenzas máis alá do jazz que van desde os Wind and Fire a Led Zeppelin, conta xa cunha ducia de traballos discográficos que certifican a súa calidade como músico e compositor. Para o concerto de Pontevedra contará co trio formado por Reid Anderson, Ethan Iverson e David King. O segundo día a estrela é Sharrie Williams (20 de xullo, 22:30 horas), premio ao \"Álbum do ano\" de L'Academie du Jazz en París, e candidata este ano en dúas categorías dos Blues Awards: Mellor cantante feminina de Blues Soul de 2011 (categoría na que xa fora candidata anteriormente) e Mellor cantante feminina de Blues tradicional. Recoñece influencias de Aretha Franklin, Tina Turner, Etta James e a lendaria Billie Holiday, unha mestura explosiva. Keb' Mo' presentará no concerto na Ferraría o seu último traballo 'The Reflection' O cantante, compositor e guitarrista, Keb' Mo' (21 de xullo, 22:30 horas) traerá a Pontevedra aires do sur do Mississippi, o denominado Delta Blues. Comezou como músico profesional a finais da década dos 70, mudando o seu nome como reivindicación afroamericana. O concerto na Ferraría forma parte da xira de presentación do seu último traballo 'The Reflection'. Pecha o Festival no escenario principal Ninety Miles, con Stefon Harris, Nicholas Payton e David Sánchez (22 de xullo, 22:30 horas). O proxecto, xa realidade, é a historia dun desafío entre tres músicos de Florida e a posibilidade de gravar nuns estudos cubanos. O resultado foi un traballo que acadou o premio ao mellor CD do Ano por NPR e unha xira que agora chega a Pontevedra. O programa conta tamén coas formacións Javier Pereiro Quinteto (18 de xullo), Street Band no ciclo 'Jazz pola rúa' (17 e 18 de xullo 12:30 a 14:00 horas e de 20 a 21 horas) e no Pontejazz Workshop participarán Philip Dizack, Eden Ladin, Concoran Holt e John Davis."}
{"ID": "NOS_25392", "summary": "A viceportavoz do BNG no Parlamento galego participou na homenaxe xunto co portavoz municipal nacionalista en Porto do Son, Balbino González, e o veciño da zona Santiago Suárez.", "text": "A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, participou esta cuarta feira na homenaxe anual que o grupo municipal nacionalista en Porto do Son rende ás mártires de Nebra, catro labregas e un labrego que foron asasinadas pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916 durante unha protesta contra os impostos abusivos. Fanse 106 anos do asasinato das mártires de Nebra Rodil lembrou a memoria de Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Generosa Cadórniga, Rosa Cadórniga Maneira e Antonio Sobrado Luaces, ao tempo que asegurou que, máis de cen anos despois, \"segue a ser necesario reivindicar xustiza social nos impostos fronte a forzas políticas que, como o PP, fan rebaixas fiscais aos ricos, como a redución do imposto do patrimonio\". A dirixente nacionalista salientou que reclamar unha fiscalidade xusta, \"pola que pague máis quen máis ten\", segue a ser unha demanda que está en \"plena vixencia\". \"Para ter un sistema impositivo progresivo que permita recadar o necesario para blindar os servizos públicos e para garantir os dereitos sociais nun momento de descontrol de prezos que está empobrecendo á maioría social\", engadiu. Nebra, as labregas contra os abusos do Estado Neste sentido, subliñou que o BNG defende unha reforma fiscal \"pensada para 99% dos galegos e das galegas e non para unha minoría formada polos máis ricos, que é para a que goberna o PP\". Loita social das mulleres Na súa intervención, Rodil fixo un alegato a favor da memoria de mulleres que, como as mártires de Nebra, protagonizaron unha historia de loita social. \"Facer memoria como galegas, como mulleres e como traballadoras\", destacou. A ponte da rebeldía resiste en Nebra \"Francisca, Ramona, Xenerosa e Rosa estaban naquela mobilización para defender o que era seu, a súa casa, as súas vidas, e por iso foron asasinadas\", sinalou. \"As líderes da fame erguéronse contra aqueles que estaban privando as súas casas dos alimentos e dos recursos aos que tiñan dereito\", lembrou a viceportavoz do BNG no Parlamento galego, \"e facíano contra o poder político nunha sociedade patriarcal e machista que relegaba e privaba as mulleres e as traballadoras de dereitos\". \"Neste país o que hai é moita desmemoria histórica\" Finalmente, Rodil criticou que, aínda hoxe, \"os gobernos, especialmente o do PP na Xunta, aplican políticas que empobrecen as maiorías sociais mentres outorgan regalos fiscais a unha minoría rica. A política fiscal debe servir para construír unha sociedade xusta e os recursos do país para beneficiar á maioría social, e non para estar ao servizo de catro multinacionais amigas do PP\", concluíu."}
{"ID": "NOS_39857", "summary": "Desde o inicio da crise as comisións que a banca española cobra ás e aos client@s disparáronse até nun 60%. Nos 9 primeiros meses deste ano, as entidades ingresaron por este concepto máis de 14.000 millóns de euros", "text": "Entre xaneiro e setembro a banca española ingresou máis de 14.000 millóns de euros en concepto de comisións, unhas ganancias en aumento ao fixar arbitrariamente, segundo denuncian clientes e consumidor@s, a contía destes servizos. Segundo estudos e informes de diferentes entidades, como o Banco de España, os cobros por mantemento de conta, de tarxeta de crédito ou débito, transferencias... Implican ao cliente dunha entidade un desembolso medio de pola volta de 180 euros ao ano. Desde o inicio da crise, en 2007, e até comezos do presente exercicio, as comisións que a clientela abona ás entidades financeiras españolas, disparouse entre un 13 e un 60 por cento, dependendo do tipo de operación. Así, como lembra o Banco de España, nestes catro últimos anos a comisión por mantemento e xestión dunha conta bancaria incrementouse nun 37% de media na banca española. Aliás, operacións que se repiten a diario na Galiza por milleiros de persoas, como sacar cartos do caixeiro, tamén sufriron un forte aumento. Con tarxeta de crédito, nos últimos anos sacar cartos na rede experimentou un incremento do 13,4%, nunha entidade allea nun 20,7% e na propia entidade bancaria, un 17%. Non é mellor o escenario se esta operación se fai cunha tarxeta de débito: as comisións por iso disparáronse nun 60% se se fai nun caixeiro da rede propia e nun 16,6% se pertence á rede allea. E aínda hai máis Mais a banca, como no casino, sempre gaña. De feito, nos últimos meses, algunhas entidades apostaron mesmo por crearen novas comisións bancarias, como a de cobrar ao cliente 1,5 euros simplemente por escribir o concepto do ingreso. \"Calquera día van cobrar até por entrar pola porta\", sinalan nas organizacións de defensa do consumidor e consumidora. Na OCU mesmo se puxo en marcha unha campaña contra o carácter abusivo das comisións bancarias: \"Contra a impunidade dos bancos, móvete polos teus cartos\". Esta organización afirma que \"as entidades poden cobrar polos servizos que prestan unhas comisións que están establecidas nos seus libros de tarifas, o problema é que os bancos, por mor da crise, cada vez inclúen máis comisións neses libros de tarifas e moitas delas son descoñecidas pola maioría dos e das usuari@s\". Cartos de tod@s para a banca A banca española recibirá, desde o inicio do proceso de reestruturación do sector, coa intervención de CCM en 2009, até o ano 2014, axudas por valor de 91.059 millóns de euros, dos cales o 61,3% (55.819 millóns) correspondería coas necesidades de capital fixadas pola consultora Oliver Wyman nun escenario estresado, segundo recoñeceron esta mesma semana fontes do propio sector financeiro. Neste escenario, e segundo esas mesmas fontes, Novagalicia Banco recibirá máis de 10.800 millóns de euros- E iso é outra das cousas que amolan, e de verdade, @s client@s das entidades\", apuntan na federación de consumidor@s: \"Como pode ser que leven milleiros e milleiros de millóns dos nosos petos para taparen a súa incompetencia, e anden a chucharen até o último céntimo de euro d@s client@s?\"."}
{"ID": "NOS_48371", "summary": "María do Carme García-Negro (Lugo, 1950) é unha referencia inescusábel para os estudos pesqueiros na Galiza. Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesora de Economía Aplicada no referido centro educativo, dirixiu durante anos o Grupo de Investigación de Economía Pesqueira da USC. Nesta conversa, repasa para Sermos Galiza o impacto do Prestige na economía galega e analiza a situación do sector pesqueiro na actualidade.", "text": "O Prestige non foi a primeira catástrofe marítima vivida ante as nosas costas, senón que viña antecedida doutros sinistros similares nas décadas anteriores; porén, que significaría desta e que conclusións destacaría? En primeiro lugar, ao ser a nosa costa un lugar de paso do corredor de Fisterra, e ao ser toda a economía europea e unha parte da economía mundial dependente do tráfico de bens enerxéticos, combustíbeis en todo caso, os accidentes, os naufraxios, os derrames e os desastres son case un continuo. Se comezamos no século XIX, cada pouco hai un desastre que afecta directamente a Fisterra e moitos dos afundimentos son de buques que transportaban carbón, que era naquel momento o ben enerxético fundamentalmente usado en toda a economía. Ese mesmo feito de ser lugar de paso fainos sufrir, case sistematicamente, os percances que se producen de forma accidental nos transportes marítimos. É dicir, temos unha alta taxa de accidentes porque estamos no sitio xusto de paso de bens que se trafican en todo o mundo e que valen para a industria enerxética, sobre todo nesta parte de Europa, e outros que non valen mais proceden de calquera lugar e pasan por aquí diante por ser un sitio máis cómodo desde o punto de vista do transporte e máis afastado de todos os riscos que hai na época invernal. Por certo, deses naufraxios que citei antes de bens enerxéticos, hai unha elevadísima proporción que se producen no momento dos temporais máis fortes, fundamentalmente, a finais de outono e comezos do inverno. Entón, non é unha casualidade, é unha tendencia que podemos dicir permanente, o que debería facer reflexionar ás autoridades respecto do risco elevado de permitiren en certos momentos do ano determinados tipos de transporte de mercadorías perigosas. Mesmo, naquela altura xa dixeramos que debía haber para o tráfico marítimo de substancias perigosas neses momentos de especial risco de tormentas e de ondas altísimas unha obrigación de paro ou de semáforo para impedir que nesas circunstancias se producise tránsito, e así evitar o risco. Os anteriores que podemos lembrar foron o do Mar Exeo, o do Cason ou mesmo o do Urquiola, pero polo que se viviu despois no accidente do Prestige non se aprendeu moito dos anteriores accidentes nin as medidas que se tomaron foron nunca para ter cautela especial en cuestións deste tipo de tráfico con moito risco. As efemérides dan sempre para lembrar e debater. A pregunta que se fan hoxe moitas persoas é se a Galiza esta mellor preparada na actualidade para responder a unha nova situación deste tipo. Que opina vostede ao respecto? Unha catástrofe como a do Prestige tivo, na miña opinión, causas técnicas -evitábeis ou subsanábeis- e outras, as decisivas, as políticas. Nas primeiras podemos confiar só a medias xa que a prohibición de circulación de buques monocasco non se cumpriu: seguen circulando. A elección de portos refuxio da Coruña e Ferrol non obriga a utilizalos cando hai problemas: pode haber orde de afastar un buque en risco igual que se fixo co Prestige; é dicir, unha cuestión é ter designado portos refuxio e outra que a empresa titular e ordenante da ruta do buque decida utilizalos, ou que a autoridade competente decida tamén afastalo. E finalmente o afastamento da ruta do corredor de Fisterra non evita o tráfico. Se nestes momentos debido ao prezo mundial dos bens enerxéticos o tráfico (en crecemento) de petroleiros, gaseiros e demais intensifícase, eu non penso que teñamos menos problemas que hai 20 anos. Estamos ás portas do vinte aniversario da catástrofe do Prestige. Coa perspectiva do tempo transcorrido, cal cre que foi o impacto real no complexo mar-industria e, en xeral, no conxunto da economía galega? O equipo de economía pesqueira da USC, que daquela eu dirixía, fixo un estudo da valoración económica dos efectos do Prestige sobre a pesca galega, que ademais foi financiado con fondos conseguidos nun concurso público competitivo (publicado en 2008, estudo referido ao trienio 2003-2005). No traballo, analizamos de modo pormenorizado as capturas, as descargas en lonxa e o esforzo pesqueiro, o que permitiu observar que, nun primeiro momento, a aparencia de descargas daba a entender que había pouca baixa das mesmas, mais estas conseguíronse a base de facer maior esforzo pesqueiro, o cal provocaba unha sobrecarga sobre o propio recurso, cos conseguintes efectos negativos. Ademais, as condutas de determinadas especies afectadas son distintas, isto é, o ecosistema das distintas especies que son obxecto da pesca é complexo, o que nos leva tamén a unha complexidade de análise económica. O que podemos afirmar é que, nun período inicial, o valor das especies que non lograran unha resposta de mercado igual que a anterior supuxo -nos anos 2003 a 2005- 8,3 millóns de euros de perdas para as especies analizadas, que foron só na Costa da Morte e na ría de Vigo. Mais ese non é o efecto único do que acontece cunha catástrofe deste tipo, porque os efectos indirectos e inducidos na propia vida das especies a partir deses anos, non os analizamos. E tampouco podemos dicir que o mercado se comportou de forma normal a partir dun momento determinado, porque, no mercado na Galiza, o sector pesqueiro é capaz de substituír a produción propia por produtos Wequivalentes importados.Esta reacción dá conta da capacidade dinámica de recuperación económica pero tamén da perturbación innecesaria procedente de desastres externos que nun momento dado provocan desaparicións de subsectores pesqueiros. Non hai dúbida de que o complexo mar-industria é un sector produtivo estratéxico para o país. Precisamente, nas recentemente presentadas Táboas input-output pesca-conserva galega 2019, recóllese que a produción do sector do mar aumentou en 50% desde 2011. Cales son os elementos chave para entender este éxito? A consideración de pesca só como a actividade extractiva é unha visión do pasado. As Táboas input-output pesca-conserva galega definen a pesca como un sector de actividade económica que produce pescado, entendido en calquera das súas presentacións. Achegámonos así á definición da estrutura económica dun sector industrial, competitivo, exportador e en crecemento que abrangue, a maiores da pesca extractiva, o marisqueo, a miticultura, a conserva clásica e os novos transformados, a piscicultura mariña e todas as actividades que ao seu arredor son imprescindíbeis para achegar ao mercado de consumo o pescado, compoñendo entre todos eles un conxunto estabelecido fisicamente na Galiza, ou fóra. O pescado galego vai ao mercado local e interior galego, ao mercado español e ao comercio mundial. Ademais, ese produto, pescado, pode ser presentado de diversos modos. Pode ser marisco fresco, peixe fresco, peixe refrixerado, peixe conxelado ou conserva, mais o conxunto de produtos importados equivalentes que pasan polo tecido produtivo pesqueiro galego e que son desde aquí vendidos e desprazados cara outros mercados co 'marchamo' de galegos dan conta do valor da capacidade de importar, que é unha variábel económica da mesma natureza que a capacidade de exportar. Pensemos no volume de atún -que como é sabido é importado- que se transforma na Galiza e que se vende desde aquí, nun volume de 280.000 toneladas de conserva desde o noso sector conserveiro, que é o máis importante de Europa. E tamén estamos falando do sector pesqueiro máis importante de Europa para unha nación do tamaño da nosa. Unha das cuestións que chama a atención é a fortaleza da industria transformadora dentro do complexo pesqueiro; como se explica a existencia de todo ese sector industrial que fecha o ciclo produtivo, a diferenza do que acontece noutras áreas de actividade económica, moi particularmente, no ámbito agrogandeiro? Isto, en primeiro lugar, é resultado dunha derivada histórica e un bo azar económico sucedido a base de etapas distintas, de modificacións incluso no cambio da titularidade do capital: é saber facer e ser competitivos. É certo que aquí, na Galiza, houbo noutros sectores de alimentos-transformación, mais o ciclo non se acabou de completar e os propios titulares desas unidades económicas non tiveron a suficiente determinación para lograr en determinado momento apoio de todo tipo, político e financeiro, para se manter. Estou pondo o pensamento no leite. Pola súa parte, na conserva aconteceu todo o contrario. Os grupos presentes tiveron a suficiente vista empresarial e a suficiente determinación para manterse activos e ser capaces de ver que existían posibilidades de negocio, de realizar unha parte importantísima aquí, e de ampliar. Tiñan todo o que facía falla ter, coñecemento, unha forza laboral, maioritariamente feminina, que era capaz, e o capital. Asístese nos últimos anos a unha importante entrada dos fondos de capital-risco nalgúns grupos do complexo mar-industria. Como valora isto e cales son os seus riscos? Os problemas son os globais de calquera outro sector da actividade económica onde se perde o vínculo co capital propio, mais isto pasa nalgún grupo do sector pesqueiro e noutros sectores da actividade económica. Neste sentido, podemos dicir que isto é igual que en calquera outra actividade: é propio da economía de capitalismo deste momento. Ten sinalado en diversas ocasións que o único sector realmente exportador da economía galega é o pesqueiro, que quere dicir con isto? Nas estatísticas de comercio exterior galego das últimas dúas décadas, hai dúas exportacións que rexistran unhas cifras espectaculares. Son, recollendo os nomes das empresas, Repsol e Stellantis-Vigo, sendo, sistematicamente, a terceira o sector pesqueiro. Isto quer dicir que Repsol é o grande importador de cru e o grande exportador de combustíbel pero é unha só unidade de produción. A Stellantis pásalle exactamente o mesmo: unha empresa montadora de vehículos, que depende da importación das pezas, e da obediencia empresarial de París segue o ditame do capital que a dirixe para modelos, prezos, vendas, exportacións..., desde Vigo. Esa exportación dunha empresa é o que aparece nas estatísticas O sector pesqueiro exportador exporta desde todo o seu tecido produtivo pesqueiro, a calquera parte do mundo, e faino desde unha constelación de empresas titulares desas exportacións e importacións que impregnan todo o tecido produtivo pesqueiro, e toda a economía galega. E isto é unha tendencia permanente, polo que dicimos, do punto de vista de sector económico e non de compañía multinacional, é o primeiro sector exportador. Hai só unhas semanas entraba en vigor o veto da Comisión Europea á actividade pesqueira en determinados caladoiros comunitarios. Cal cre que pode ser o impacto desta decisión para a pesca galega? O impacto na pesca non se pode analizar de hoxe para hoxe nin de hoxe para mañá. Temos que ver o que vai suceder realmente, porque pode darse o caso de que as empresas afectadas despracen buques a pescar en áreas non prohibidas, aumentando recorridos e asemade o esforzo, mais cun custo de enerxía moi elevado. Isto pode levar a que se manteñan as descargas en lonxa, continuando a actividade das embarcacións, coa presión de someter a unha tensión extraordinaria o cálculo de custos desas empresas, que máis tarde terá as súas consecuencias. De todas as maneiras, a min o que me gustaría destacar é que estamos ante un problema máis engadido ao sector pesqueiro galego, derivado da política pesqueira comunitaria. Hai que entender que nin na Comunidade Económica Europea (CEE) antes, nin na Unión Europea (UE) agora, se coñece, nin interesa, nin importa o sector pesqueiro galego, e que as directrices que se van marcando por parte da Comisión Europea e dos comisarios que foron pasando son cando menos singulares, do punto de vista da defensa do sector. Este caso é o dunha norma comunitaria especialmente chafalleira, non está feita atendendo aos criterios para elaborar os regulamentos. Semella a norma dun lexislador caprichoso. Outra das cuestións que preocupa neste momento ao sector é o desenvolvemento da eólica mariña e, concretamente, o emprazamento de determinados parques sobre caladoiros tradicionais. Como analiza este proceso? Se coa eólica mariña van seguir o mesmo criterio que en terra, para estabelecerse onde orienten as compañías multinacionais, donas finais destas producións de enerxía eléctrica, dámonos por perdidos. O mar, nun país coma o noso, que foi toda a vida subministrador de produtos para a nosa alimentación, hai que defendelo no sentido de saber que non todas as actividades que se poden desenvolver nel son compatíbeis coa pesca. Os derrames producidos polos sinistros dos buques son unha delas; a contaminación producida pola industria que verte residuos ao mar e provoca efectos negativos, outra; o paso de todo tipo de buques tamén, ou as actividades extractivas minerais. Por tanto, pensar que só con control e sustentabilidade da captura dos recursos pesqueiros se controla e garante o futuro da pesca, é unha ilusión. Neste caso, eu concordo coa precaución de todas as entidades e persoas que formaron a plataforma para o control das eólicas mariñas porque xa sería unha previsión de afectacións anteriores. Entón, haberá zonas onde si se pode colocar eólica mariña e noutras, especialmente dedicadas á pesca, non se deberían instalar nunca. Para rematar, cal é a súa opinión sobre o actual momento económico. Neste contexto, como explica a crise de prezos e a resposta do Banco Central Europeo (BCE)? A estrutura económica de cada un dos Estados da UE é distinta. A resposta ao que significa a política monetaria única vai provocar efectos completamente distintos, mesmo algúns non queridos en determinadas economías. Só a política monetaria, no caso concreto da UE, non vai ser freo suficiente para a inflación. Se non se apoia noutros instrumentos, onde, actuando sobre eles, se facilite o labor da política monetaria, non hai nada que facer."}
{"ID": "NOS_30778", "summary": "Sermos Galiza dedica desta volta o seu Afondo, o caderno de análise do semanario, ao Reino de Galiza, o momento da historia en que o país tivo unha existencia independente e foi potencia hexemónica na Península Ibérica. Será no número que sairá do prelo esta quinta feira e que disponibilizaremos na loxa xa na noite da cuarta.", "text": "Foi unha das etapas máis esplendorosas do noso país, mais tamén é unha grande descoñecida para boa parte da poboación. Coordenado polo presidente da Asociación Cultural O Galo, Marcos Maceira e Fran Rei, Sermos Galiza edita un AFondo sobre o antigo Reino de Galiza con motivo da exposición elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) que se inaugurará o vindeiro 5 de decembro e que percorrerá a rede de museos da Deputación de Lugo. 'Galiza, nun tempo de seu' achéganos as personaxes da época, as guerras que cercaron Galiza e as institucións que deron ao noso país un espazo nacional propio. Da familia de Castro ao goberno da Irmandade pasando pola noite da Frouseira ou a resistencia á monarquía centralizada castelá que asinou \"a doma do reino de Galiza\" son algúns dos asuntos que centrarán este caderno monográfico arredor dun tempo que constitúe un alicerce fundamental da nosa historia. Da man de autores como Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Manuel Lourenzo repasaremos en oito páxinas episodios fulcrais na historia negada do noso país."}
{"ID": "NOS_6700", "summary": "A intención de reabrir as minas de cobre de Touro continúa a acumular a oposición de colectivos, entidades e institucións. As últimas delas, polo de agora, a Deputación da Coruña e o Concello de Compostela, en decisións ambas as dúas a iniciativas presentadas desde o BNG.", "text": "Na entidade provincial, os votos de nacionalistas, Marea Atlántica, Compostela Aberta e da Asamblea Veciñal, e coas abstencións dos grupos socialista e popular, permitiron aprobar a proposta que se opuña á reapertura da mina de Touro atendendo á forte resposta veciñal e ás advertencias de distintos informes sobre os impactos da minaría nesa zona. Goretti Sanmartín aludiu aos efectos sobre o medio natural e \"o perigo potencial que representa para a veciñanza\" para subliñar que \"esta explotación mineira pode ter nefastas consecuencias sociais, económicas e medioambientais dende o Ulla ata a Ría de Arousa\". De por parte, o Concello de Santiago instará á Xunta a denegar a reapertura da mina de cobre dos municipios de Touro e O Pino. Así se acordou no Pleno cos votos de Compostela Aberta, PSOE e BNG e coa abstención do PP. No Pleno interveu Rubén Souto, representante da Plataforma Veciñal \"Mina Touro-O Pino Non\", para lembrar cales serían as posibles afectacións da mina, \"que estaría situada a menos dun quilómetro de equipamentos sensibles como unha gardería\"."}
{"ID": "NOS_47289", "summary": "O BNG realizou un acto en Compostela en apoio á soberanía dos pobos, no que tamén houbo lugar para as críticas a Feijóo, ao que se cualificou de \"chulapote entregado a Madrid\".", "text": "O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, apostou nun acto da súa formación en Compostela por incluír a Galiza no proceso soberanista iniciado por nacións como Catalunya ou Escocia xa que \"o desenvolvemento do país, da economía produtiva, a creación de emprego e a verdadeira saída da crise\" pasa por \"ter máis ferramentas para decidir\". Con bandeiras dos países que máis claramente simbolizan agora o desexo de autodeterminación e a galega en primeira liña, o líder do Bloque tamén tivo palabras para a Xunta, o PP e, á vez, reivindicando á súa forza política: \"O BNG é o motor ilusionado para construír o futuro para esta nación e para sacar do poder a ese mercenario de Feijóo, chulapote de barrio entregado servilmente aos lobbies de Madrid\". Camiño propio Volvendo ao soberanismo, Vence dixo: \"Compartimos os desexos do pobo catalán e escocés porque sabemos que o seu éxito, a súa vitoria, dará forzas e ilusión ao pobo galego para percorrer o seu propio camiño\", manifestou no acto no que tamén participou a secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda, antes de asegurar que o percorrido polo dereito a decidir en Galiza será \"ao ritmo que o pobo queira\". Neste sentido, considerou que o país \"tamén quere estar neste proceso\" porque \"é consciente\" de que \"o desenvolvemento da súa economía produtiva, a creación de emprego e a verdadeira saída da crise pasa por ter máis ferramentas para decidir\"."}
{"ID": "NOS_15880", "summary": "A directora de ONU Sida, W. Byanyima, fala de \"apartheid de vacinas\".", "text": "A alianza mundial Covax, creada hai uns meses co obxectivo de que as vacinas tamén cheguen aos países menos desenvolvidos, tenta facerse un oco mentres os países máis ricos pelexan coas farmacéuticas por quen está a recibir máis doses. Un destes exemplos é Suráfrica, que está a pagar 4 euros e 32 céntimos por cada dose da vacina de AstraZeneca, dúas veces e media máis que o prezo fixado para os países europeos. Para Winnie Byanyima, Directora Executiva de ONU Sida, \"é un apartheid de vacinas. É unha discriminación. É realmente vergoñento. Os países ricos discuten entre eles sobre quen vai recibir que asignación, e os demais países sentan a mirar, é unha vergoña\". Necesidade Covax é unha asociación mundial que combina diferentes gobernos, institucións do sector público e entidades privadas. A súa sede está en Xenebra. Até o de agora recibiu máis de 1.600 millóns de euros de financiamento. Aínda que a UE doou 96 millóns de euros do fondo propio, os maiores doantes son o Goberno do Reino Unido e Canadá. Con todo, Covax necesitará un total de 29.000 millóns de euros para pagar os 2.000 millóns de doses que comprou a 5 produtores de vacinas. A Organización Mundial da Saúde ve moi complicado administrar todas as vacinas en 92 países antes de finais de 2021. \"Os acordos bilaterais entre países e empresas están a pór en risco a promesa de Covax. Asináronse polo menos 56 acordos bilaterais sobre vacinas que fragmentan o mercado, obrigan aos países para competir e fan subir os prezos\", declara Tedros Adhanom Ghebreyesus, Director Xeral da OMS. Mentres tanto, os países europeos esfórzanse por cumprir o seu obxectivo de vacinar 70% da poboación antes do verán. Pero os últimos acontecementos relacionados co atraso e a diminución de número de vacinas á UE por parte de farmacéuticas como AstraZeneca amenaza con ensarillar a estratexia de vacinación. 25% menos Fontes europeas indicaron onte que os cálculos que fan apuntan a que esa redución nas vacinas sexa dun 25 % para os primeiros trimestres, fontes que engadiron que Bruxelas investiu 336 millóns de euros na vacina de AstraZeneca, se ben aínda non se pagaron todos. A Comisión europea pediu hai uns días ao Goberno belga que inspeccionase a fábrica de AstraZeneca no país, para comprobar se os problemas na falta de distribución se deben a un fallo na planta da localidade de Seneffe. Segundo informou a Efe un portavoz do ministerio de Sanidade belga, a inspección xa se realizou -coa colaboración de expertos españois, holandeses e italianos- e o Goberno está á espera do resultado. A UE confronta a falta de claridade que lle achaca ao laboratorio británico, coas explicacións -satisfactorias para a CE- que lle proporcionou Pfizer-BioNTech, tras anunciar a semana pasada unha diminución na distribución das súas vacinas."}
{"ID": "PRAZA_1394", "summary": "Dende o nacemento deste concello, no 1929, na España do señor Primo de Rivera, os seus veciños e veciñas nunca deixaron de ver como unha utopía a fin da hexemonía política da coñecida familia López en Ramirás.", "text": "Ramirás vive un momento único na súa historia política. Dende o nacemento deste concello, no 1929, na España do señor Primo de Rivera, os seus veciños e veciñas nunca deixaron de ver como unha utopía a fin da hexemonía política da coñecida familia López en Ramirás. Dende o nacemento deste concello, no 1929, na España do señor Primo de Rivera, os seus veciños e veciñas nunca deixaron de ver como unha utopía a fin da hexemonía política da coñecida familia López en Ramirás Unha estrutura de poder que se derruba por pezas Nestes días, a veciñanza non queda indiferente ante a posibilidade de ver realizada dita utopía, ante a desaparición de dous elementos sustentadores desa histórica hexemonía política: por unha parte, a maioría absoluta electoral, que perdeu por primeira vez na súa historia o partido da familia López, o PP de Ramirás, nas pasadas eleccións do 24 de maio, e por outra parte a tan sonada renuncia de Pilar López e César López, precisamente os dous membros da familia López símbolos, por unha parte da hexemonía política, por parte de Pilar López, e por outra parte, da continuidade desta hexemonía, por parte de César López. De feito existe unha relación directa entre a desaparición simultánea de ambos elementos, pois a opinión pública está convencida de que a renuncia de Pilar López e César López se debe ó medo destes, a pasar, por primeira vez na súa historia, catro anos na oposición, dada a tan sonada perda da maioría absoluta electoral, un feito traumático para todo o entorno do PP de Ramirás. Unha película de final totalmente aberto Este panorama, deixa unha conxuntura política expectante e memorable para a historia Ramirás: un PP de Ramirás en shock, que tras perder as súas figuras mediáticas principais, perde credibilidade como forza continuadora do goberno histórico da familia López, un PSdeG de Ramirás, que liderado por unha persoa respaldada por anos de activismo na oposición, Isabel Gil, se presenta como unha forza á que os anos de oposición a lexitiman como a alternativa que inicie a nova etapa política en Ramirás, e un BNG de Ramirás, que se ve firme e envalentonado, por posuír colateralmente, a chave na formación do goberno municipal, dado o reparto de escanos tralas eleccións do día 24, onde o PP de Ramirás e o PSdeG de Ramirás, conseguen ambos 4 escanos e o BNG de Ramirás, consegue o escano que falta para completar os 9 escanos da cámara municipal. Ramirás depende deles, o BNG O BNG non pode agocharse nunha abstención, argumentando o non posicionamento, porque colateralmente o efecto sería idéntico a apoiar a investidura na alcaldía do PP de Ramirás, por ser a lista máis votada Os eventos que marcan o devalar desta conxuntura política, son as sucesivas reunións que o BNG de Ramirás, mantén coas dúas formacións restantes. Ante esta situación a veciñanza e a opinión pública é consciente da transcendencia da decisión do BNG de Ramirás, e sobre todo de que o BNG de Ramirás, á hora de votar unha investidura, non pode agocharse nunha abstención, argumentando o non posicionamento, porque colateralmente o efecto sería idéntico a apoiar a investidura na alcaldía do PP de Ramirás, por ser a lista máis votada. Isto deixa ó BNG de Ramirás, con tres opcións: a primeira foi a anteriormente mencionada de apoiar a investidura na alcaldía do PP de Ramirás, cousa que seguro farán mediante a abstención, para así ter a menor deslexitimación política e mediática posible, dada a crítica situación do BNG a nivel nacional. A segunda opción sería apoiar a investidura na alcaldía do PSdeG de Ramirás, unha decisión moi controvertida dados os desencontros persoais entre as cabezas de lista de ambas formacións, Marcos Meléndez e Isabel Gil. A última opción sería a de negociar cunha das dúas formacións a alcaldía a pesar de dispor dun só escano no goberno municipal, de maneira similar á que está facendo Democracia Ourensana, na capital da provincia, sendo esta a opción máis improbable. Pero quen tamén xogará un papel determinante, na decisión do BNG de Ramirás, é o propio BNG a nivel nacional, pois sabe que agora máis que nunca, dada a crítica situación da organización, non pode recibir ningún ataque mediático, polo que estes días vixía con lupa todo concello onde o BNG xogue unha posición de peso á hora acordar gobernos municipais. Unha pouquiño de luz entre tanta escuridade Pase o que pase nos vindeiros días, hoxe por hoxe, tras os resultados electorais acadados no resto de municipios da Comarca das Terras de Celanova, onde o PP acadou unha media comarcal do 63,87% dos votos, sendo Ramirás o único concello onde consegue menos do 50%, estamos a tempo de ver a Ramirás como a primeira ficha que cae, no dominó do PP da Comarca das Terras de Celanova, e marcando a vangarda na comarca, en relación á histórica viraxe que tomou a política municipal no estado español, o pasado 24 de Maio. Estamos a tempo de ver a Ramirás como a primeira ficha que cae, no dominó do PP da Comarca das Terras de Celanova, e marcando a vangarda na comarca Pensar no presente de cara ó futuro Non podo rematar sen dicir, que sen querer posicionarme máis que como un ramirense namorado da súa pequena patria municipal, non sei a que nos levaría o goberno do PSdeG e/ou do BNG no concello. O que si sei, tras 21 anos, é ó que nos levou o goberno do PP e só por iso tanto o PSdeG como o BNG, como calquera forza que poida xurdir no concello, se merecen o beneficio da dúbida, pero case de maneira imperativa, porque eu como persoa nova penso no meu futuro e no do meus veciños e veciñas, pero tamén como ramirense quero quedarme, para que o concello sobreviva a min, non eu a el, polo que definitivamente se quero pensar no meu futuro e en vivir Ramirás, a conclusión non é outra que a que me obriga a pensar no futuro de Ramirás."}
{"ID": "NOS_10619", "summary": "A organización frontista amosouse partidaria de manter unha nova xuntanza, mais na que fique superada \"a discusión sobre a participación de forzas estatais\" pois, din, \"o proxecto político nacionalista para Galiza non pode desfigurarse\".", "text": "O BNG vén de dar resposta ao convite de se reunir outravolta formulado no seu día por Anova. A formación nacionalista mostra a súa disposición a ter ese encontro, coa hipotética conformación dunha coligación galega para Europa como ponto único na orde do día, mais sempre que fique superada \"a discusión sobre a participación de forzas estatais\" pois, din, do contrario o encontro converteríase en \"estéril\". O BNG coida que apoiar a candidatura impulsada por IU como propón Anova \"desfiguraría\" o proxecto político nacionalista Desde o Bloque din concordar \"en manter esa reunión para explorar as posibilidades de avanzar nunha candidatura unitaria de forzas nacionalistas de esquerdas\" de Galiza que, aliás, se insira nunha \"macrocoligación\" con \"outras forzas nacionalistas de esquerda de Euskadi e Catalunya e, eventualmente, doutros territorios\". @s nacionalistas deixan claro que non contemplan o escenario de facer parte dunha coligación en que se insiran forzas políticas estatais, e cita expresamente a IU, porque, afirman, \"o proxecto político nacionalista para Galiza non pode desfigurarse através da supeditación a ningunha forza de carácter estatal\". O BNG enfatiza que ese criterio, o de non partillar candidatura con forzas de ámbito estatal, compárteno tamén \"outras forzas nacionalistas de Euskadi e Catalunya\"."}
{"ID": "NOS_3392", "summary": "A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, urxiu Feijóo a aclarar a data.", "text": "\"O máis lóxico é que as eleccións se celebren na data xa anunciada e que non exista ningún tipo de cálculo partidista e oportunista por parte de Feijóo e do PP\" dixo esta segunda feira a portavoz do BNG, Ana Pontón, en comparecencia de imprensa. Así as cousas, a voceira nacionalista asegurou que a súa organización está preparada para calquera escenario electoral. \"Fomos a primeira organización en aprobar as listas e vimos de presentar este sábado as primeiras medidas do noso programa, que en realidade é moito máis que un programa, é un proxecto dun país diferente, con igualdade e prosperidade\", sinalou ao tempo que avanzou o encontro que manterá esta tarde a Executiva Nacional da organización frontista para abordar a estratexia de campaña. \"Pensamos que Galiza merece algo mellor que os gobernos que temos e desde o BNG queremos construír unha Galiza que aproveite a nosa riqueza, que teña nas súas mans o seu presente e o seu futuro, que aposte pola innovación, que poña fin a precariedade e emigración e que blinde dereitos socias e democráticos\", sentenciou."}
{"ID": "NOS_22799", "summary": "Con \"salvas ao aire\" dispersou a Policía local de Compostela un macrobotellón no Ensanche da capital.", "text": "A Policía local de Compostela dispersou na madrugada da sexta feira con disparos ao aire centos de persoas no Ensanche, nos exteriores do pub Ruta, segundo confirmou o edil de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños. Fíxoo, segundo as súas palabras, após o lanzamento de obxectos contra efectivos da Policía Local, cando trataban de dispersar o macrobotellón tras o fechamento do local e logo de recibir protestas de veciñas e veciños. En vídeos publicados en redes sociais como Instagram, mozas e mozos amosan os golpes recibidos por parte da Policía con porras. Muíños cualificou de \"lamentábel\" o comportamento das e dos estudantes que se concentraban na rúa de madrugada e cifrou en \"máis de 2.000\" as persoas que permanecían no exterior do citado local de lecer nocturno. A pasada quinta feira transcendeu a proposta da Xunta para acordar un novo protocolo para o lecer nocturno. Os pubs poderían abrir até as 4 horas da madrugada cunha ocupación máxima dun 75% en interiores. Fican por fechar detalles como a obrigatoriedade de presentar o certificado de vacinación ou proba PCR ou de antíxenos negativa no nivel máis alto de restricións para acceder ao interior dos locais, unha medida para a que se precisa o aval do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). A apertura do ocio nocturno nas novas condicións prevese para o 1 de outubro, mais a necesidade de que o TSXG ampare o certificado Covid podería atrasar a entrada en vigor até mediados do mes."}
{"ID": "PRAZA_3490", "summary": "O Goberno galego non recibe novas competencias dende 2008, aínda na presidencia de Touriño, que finalizara con 12 transferencias reducidas daquela a \"traspasiños menores\" por parte do PP", "text": "O vindeiro 5 de abril remata a décima lexislatura autonómica coa celebración das eleccións ao Parlamento. Nesa xornada Galicia baterá un novo récord: por primeira vez na historia da autonomía, pechará tres lexislaturas seguidas sen sumar unha soa competencia nova malia ter identificadas unhas 70 pendentes, a maioría con cobertura do Estatuto de Autonomía de 1981.O Goberno galego non recibe novas competencias dende xullo de 2008, cando o Executivo central daquela presidido por José Luis Rodríguez Zapatero rubricou o traspasos da xestión en materia de asociacións, do hospital da Defensa de Ferrol e do Parque das Illas Atlánticas, ademais de ampliar algúns servizos en competencias de educación que xa eran da Xunta. A negociación de todas elas culmináraa a Xunta da coalición de PSdeG e BNG, baixo cuxo mandato quedaran avanzados outros traspasos, como o das bolsas de estudo, que dende aquela están paralizados.O Goberno galego non recibe novas competencias dende 2008, aínda na presidencia de Touriño, que finalizara con 12 transferencias reducidas daquela a \"traspasiños menores\" por parte do PPNeste contexto, Alberto Núñez Feijóo tornou, cando menos de momento, no único presidente da historia da autonomía baixo cuxo mandato o autogoberno galego non aumentou. Fica obviamente lonxe das 72 competencias recibidas por Albor para poñer en marcha a autonomía ou das 53 que chegaron durante a década e media de Fraga, pero tamén lonxe das 13 transferencias dos pouco máis de dous anos de Laxe. A seca competencial iniciada en 2009 contrasta tamén co período que sería máis equiparable, o inmediatamente anterior. O mandato do Goberno que presidía o socialista Emilio Pérez Touriño, xa co Estatuto despregado a niveis como os actuais, finalizou con 12 transferencias novas. Durante a campaña electoral que, hai 11 anos, finalizou con Feijóo na Presidencia o PP desdeñara aquela ducia de novas áreas de autogoberno. Non foran máis que \"traspasiños menores\" que evidenciaban o \"sometemento a Madrid\" do Executivo de PSdeG e BNG, afirmaban.Así foi como transcorreu unha década na que Galicia e Murcia foron as únicas autonomías de réxime común sen traspasos de competencias e durante a cal o propio Feijóo resaltou que, debido á crise económica, o mellor xeito de \"blindar\" o autogoberno era unha xestión económica que evitase a intervención das contas da Xunta por parte do Estado. O PP galego tamén engadira que, en realidade, o modelo de negociación política para lograr novos traspasos ficara \"esgotado\".Disposición no Goberno central a transferir a AP-9A reticencia na Xunta do PP a reclamar novas competencias do Goberno de España mudou, cando menos formalmente e con matices, tras a moción de censura que elevou á presidencia a Pedro Sánchez en xuño de 2018. Dende ese momento, os populares galegos deron en aprobar varias iniciativas no Parlamento para solicitar novos traspasos e puxeron novo énfase na petición de que fose traspasada a AP-9, reclamación que, se ben o PP dera en apoiar en Galicia, fora bloqueada no Congreso polo Goberno de Mariano Rajoy.Iglesias e Ábalos amosaron esta semana a súa disposición a aprobar o traspaso da AP-9, incluído no pacto de investidura do BNG co PSOEA da AP-9, precisamente, semella ser unha das transferencias que atopa maior receptividade no actual Executivo estatal de PSOE e Unidas Podemos. Ademais de estar explicitamente incluído no acordo de investidura do Bloque cos socialistas, esta mesma semana o vicepresidente segundo e líder de Podemos, Pablo Iglesias, aseguraba en declaracións á TVG que ten \"clarísimo\" que a autoestrada será transferida á Xunta. Nun sentido semellante se manifestaba este martes o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, de cuxo departamento dependería facer efectiva unha transferencia que foi ralentizada por mor das dúas eleccións xerais de 2019, pero que volveu tramitarse no Congreso dende o inicio da nova lexislatura estatal.Alén da AP-9, outra das competencias máis longamente agardadas e paralizadas na última década é a de tráfico e seguridade viaria, que implicaría o despregamento da lei de policía do ano 2007, incumprida na súa práctica totalidade. Outros traspasos de menor complexidade política e lexislativa e cun amplo consenso parlamentario en Galicia son o das devanditas bolsas de estudo; os museos, bibliotecas e arquivos, a Inspección de Traballo, os servizos meteorolóxicos ou varias competencias no eido da xestión marítima."}
{"ID": "NOS_49281", "summary": "Antón Gómez-Reino reclama unha Corporación da Radio Televisión de Galiza (CRTVG) \"autónoma, independente e rigorosa que cumpra a súa función de informar con neutralidade e pluralidade á cidadanía galega\".", "text": "\"Hoxe fanse 100 venres negros nos que as traballadoras da CRTVG levan manifestándose desde hai máis de dous anos pola liberdade de expresión, contra a manipulación informativa e contra as represalias que sofren as compañeiras e compañeiros que se opoñen a esa maquinaria de propaganda que o Goberno galego ten querido construír cos medios públicos\". Antón Gómez-Reino, portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, defendeu esta sexta feira a necesidade de que a Xunta \"deixe de manipular\" os medios públicos galegos \"en favor dos intereses electorais do Partido Popular, do Goberno da Xunta e do seu presidente, Alberto Núñez Feixoo\". Así mesmo, reclamou unha Corporación da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) \"autónoma, independente e rigorosa que cumpra a súa función de informar con neutralidade e pluralidade á cidadanía galega\", como pide o colectivo Defende a Galega. Neste sentido, puxo como exemplo \"o silencio informativo\" decretado pola CRTVG fronte ás denuncias de Galicia en Común sobre o retraso no cobro da prestación de desemprego que están a padecer miles de traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal, cuxa tramitación corresponde á Xunta e que veñen de ser adiados. \"O tratamento dese asunto na Televisión de Galicia foi cero minutos. Por que non teñen dereito os galegos e as galegas a dispoñer desa información para formarse unha opinión sobre asuntos esenciais que lles afectan?\", evidenciou. Servizo público \"Hai que dicilo\", remarcou, \"a liberdade de expresión non pertence a ningún Goberno, a ningún partido, a ningún editor nin a ningún grupo de comunicación. Pertence ao conxunto da cidadanía. Unha televisión pública non ten que ser nin de esquerdas nin de dereitas, nin do Goberno nin da oposición. Ten que ser un servizo público ao servizo da cidadanía\". A coalición manifestou o seu apoio ás profesionais do sector dos medios de comunicación \"que tamén están arriscando a súa saúde saíndo as rúas e o día a día coas súas familias para manternos informados\". En particular, Gómez-Reino manifestou a súa solidariedade coas traballadoras de empresas xornalísticas galegas, \"que están a padecer expedientes de regulación de emprego ou situacións laborais difíciles, como as do Faro de Vigo, La Opinión, El Progreso, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, entre outros\"."}
{"ID": "QUEPASA_543", "summary": "Continuamos da man da \"Asociación Parroquial de Berdoias\" e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.", "text": "MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XIX)CONSTRUCIÓNS DE APROVEITAMENTO DOMÉSTICO DA AUGA:FONTES, POZOS, LAVADOIROS, VERTEDEIROS … A falta de rematar o reconto do que poderiamos chamar as arquitecturas da auga da parroquia, pódense facer unhas cantas consideracións ó respecto. En canto a FONTES E LAVADOIROS, cómpre citar: - A Fonte milagreira de Santa Cristiña, moi pretiño da ermida e do lugar, enteiramente de pedra, picho incluído. - A Fonte e Lavadoiro no lugar de Boallo, a carón da estrada Berdoias- Muxía, pola súa marxe esquerda. Enteiramente de pedra, é unha fonte de cano, restaurada hai uns 40 anos. O picho verte a súa auga nun pequeno estanque que a suministra ao lavadoiro, o recipiente rectangular rodeado de lousas inclinadas para lavar. A auga resultante era utilizada para a rega dos herbales de cada veciño, segundo os turnos acordados. - A Fonte e Lavadoiro de Romar, fonte de cano que verte sobre un estanque e comunica más abaixo cun lavadoiro que aínda conserva as lousas de pedra para lavar. A fonte e o resto do lavadoiro son de cemento desde a súa restauración e remodelación inicial feita no 1946, e a posterior, nos anos 80. E no que respecta ós POZOS, esas cavidades circulares que adoitan ser protexidas con muros de cachotería desde o fondo deica un peitoril cilíndrico ou cadrado, podemos atopar exemplares na parroquia en diferentes emplazamentos: - Xa dentro das casas- vivenda, ou noutras construcións complementarias , ou xa ao ár libre. - Así mesmo podemos atopar pozos cubertos ou descubertos; - Xa en solitario, ou xa con lavadoiro ou vertedeiro, adosados. Velaquí fotografías de diversos exemplares en Berdoias, Grixoa e Boallo. Fonte milagreira en Sta. Cristiña Fonte e lavadoiro de Boallo Fonte e lavadoiro en Romar Pozos cubertos, no interior ou no exterior de vivendas, en Berdoias e Boallo Pozo e vertedeiro nunha casa en Boallo. Pozo e lavadoiro en Boallo Pozo e lavadoiro en Grixoa TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña. Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais. Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas. Tesouros de Berdoias (XV): As Lacenas de abellas (e II). Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas. Tesouros de Berdoias (XIII): Cabazos vellos, cabazos novos. Cabazos pequenos, cabazos longos…. Tesouros de Berdoias (XII): Os 99 cabazos da parroquia (I). Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda. Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos. Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos: Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia. Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata"}
{"ID": "NOS_31364", "summary": "As persoas de entre 24 e 35 anos destinan o 33% do salario ao pago do aluguer.", "text": "Segundo a última Enquisa Estrutural dos Fogares elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE), un total de 265.934 galegos e galegas de entre 16 e 34 anos vivían cos seus pais en 2019. Así, entre este grupo predominan os homes, que representan o 54,3% do total, mudando esta porcentaxe a medida que aumenta a idade da segunda xeración do núcleo familiar, como consecuencia do papel das mulleres nos labores dos coidados. 137.699 mozos e mozas de entre 18 e 24 residen no fogar familiar. Neste caso, os homes, con 51,23% do total, superan as mulleres por unha marxe mínima, sendo os membros de fogares con menos recursos aqueles que antes se emancipan. O sociólogo Enrique Gil Calvo explica este fenómeno, aparentemente contraditorio, como resultado das dificultades dos membros das clases traballadoras para accederen aos ensinos superiores, das propias dificultades económicas do núcleo familiar e do carácter máis precario da vivenda familiar. A tipoloxía cambia de maneira radical entre a fracción de 25 a 34 anos. Segundo o IGE, dentro deste grupo, 128.234 persoas partillan domicilio cos pais, sendo cada día máis elevada a súa media de idade. Porén, a panorámica trazada polo instituto público para 2019 ten sufrido unha importante alteración como consecuencia da situación económica derivada da pandemia, provocando unha alza importante na porcentaxe de mozos que teñen retornado ao fogar familiar. Neste caso, o coronavirus vén tamén a agudizar as tendencias presentes na sociedade con anterioridade. Os porqués As causas do alongamento da estadía no fogar familiar até idades tan tardías ofrecen pouca discrepancia entre as persoas expertas. Apuntan como causas fundamentais da situación a inseguridade laboral, como consecuencia da alta taxa da temporalidade nestas franxas de idade, os baixos salarios e o prezo da vivenda, sexa en propiedade sexa en aluguer. Neste sentido, o presidente do Banco de España, Pablo Hernández de Cos, ten recoñecido que \"o alugueiro converteuse para moitos cidadáns, especialmente para á mocidade, no único xeito de acceso á vivenda\". A suba do prezo da vivenda neste contexto de pandemia empeora máis a situación. Mentres no conxunto estatal diminúen de maneira importante os custos do aluguer e dos inmóbeis en propiedade, a dinámica do mercado galego vai por outro camiño, coa cidade de Ourense liderando a alza do prezo do aluguer e a de Lugo. Ao tempo, o diñeiro destinado ao pago do aluguer representou en 2019 o 33% do salario para as persoas comprendidas entre os 24 e os 35 anos. Os baixos salarios e o desemprego supoñen o cerne do problema. A mocidade concentra os salarios máis baixos como consecuencia das altas taxas de parcialidade e temporalidade. Así, o IGE sinala que en 2020 o 19% do total de persoas ocupadas menores de 35 anos estaban contratadas a tempo parcial e o 43% das persoas asalariadas menores de 35 anos tiñan un contrato temporal. Ademais, as persoas menores de 25 anos percibían de media un salario anual de 12.417,98 euros, o que representaba unha diferenza salarial de 48,27% co total da poboación. As mulleres, as máis precarizadas A caída da ocupación golpea de maneira particular a mocidade desde o comezo da pandemia. O desemprego afectou en 2020 o 33,7% da poboación menor de 25 anos, o que significa un aumento de 6,3 puntos en relación co ano anterior. Ao tempo, o paro chegou ao 48,30% das persoas de entre 16 e 19 anos e ao 37, 73% no grupo de idade de entre 20 e 22, unhas cifras de desemprego en calquera dos tres casos moi superiores á media galega, que nese período se sitou en 13,2%. As mulleres son, dentro da mocidade, o grupo máis afectado. A Enquisa da Poboación Activa (EPA) apuntou para 2020 o 40% de desemprego para as menores de 25 anos e o 70% para as menores de 20 anos. As consecuencias deste fenómeno teñen diversas repercusións en diferentes esferas da realidade social. A este respecto, os sociólogos significan que o grande problema da emancipación tardía supón o atraso no mundo adulto das novas xeracións e destacan as implicacións dos atrasos nas cuestións vitais, nomeadamente, no que respecta á natalidade e á crise demográfica. A poboación galega maior de 65 anos representa 25% do total e duplica a porcentaxe dos menores de 16 anos, até o punto de non superar estes o 12% do conxunto do censo en 244 municipios."}
{"ID": "PRAZA_20724", "summary": "O caos na estación marítima repetiuse este luns despois de que o domingo a Policía impedise o desembarco de barcos con exceso de visitantes. A Xunta anuncia \"dureza\" e Caballero censura a xestión \"catastrófica\" da Consellería de Medio Ambiente Masificación nas Cíes: \"Hai días nos que a illa parece unha feira\"", "text": "Excesos na contorna das 4.000 persoas por riba do límite, fixado en 2.200 visitantes máis 800 campistas, e sendas e praias dun espazo natural protexido cun aspecto máis propio de praia urbana en plena temporada alta. Este retrato das Illas Cíes, de visión habitual para o persoal que atende diferentes servizos no arquipélago, pasou a primeiro plano a pasada semana tras a denuncia dos gardas do Parque Nacional das Illas Atlánticas contra catro das navieiras que transportan pasaxeiros dende Vigo, Cangas e Baiona. Tras o inicio dos novos procedementos sancionadores -van case unha trintena este ano- chegaron os primeiros límites reais alén dos teóricos e con eles, as evidencias dun descontrol que a pasada fin de semana e este mesmo luns volveron repetirse. O pasado domingo viviuse nas Cíes unha escena inédita. As navieiras -as principais son Mar de Ons e Piratas de Nabia- volveron embarcar máis persoas das permitidas, pero ao chegaren a Cíes os barcos atopáronse cos gardas que, reforzados por axentes da Policía e da Garda Civil, obrigáronos a marchar. A caótica situación que recolleu Faro de Vigo deixou sen visita a arredor dunhas 2.000 persoas ás que as empresas que explotan a liña venderan os billetes sen ter en conta as normas do parque natural. O caos na estación marítima repetiuse este luns despois de que o domingo a Policía impedise o desembarco de barcos con exceso de visitantes O caos non quedou no domingo. Na calorosa xornada deste luns decenas de turistas encheron a estación marítima viguesa coa intención de faceren uso dos billetes que as navieiras lles venderan e comprobaron que eles tamén estaban a ser vítimas do escaso rigor das compañías. Novamente, un overbooking ante o que as empresas ofrecen alternativas diversas, dende a devolución dos cartos ata cambiar Cíes por Ons, así como priorizar o embarque das persoas que van acampar por diante de quen unicamente van pasar o día a Cíes. As viaxes ficaron suspendidas dende as 11 da mañá, segundo confirmou Vigoé, e na terminal sucedéronse as protestas e as acusacións de \"estafa\". Estafa en #Vigo. Una vergüenza. @MardeOns vende billetes por encima del cupo para ir a #IslasCies. Nadie da la cara. pic.twitter.com/1t4WtGwKwX — Alberto Castro (@alcahi) 20 agosto 2017 A Xunta anuncia \"dureza\" e Caballero cuestiona a súa xestión Ante a constatación de que os expedientes e sancións aplicadas ata agora non impediron que as navieiras seguisen transgredindo as normas este luns a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, asegurou que a Consellería de Medio Ambiente está disposta a actuar con \"toda dureza\". \"A Consellería quere dar a imaxe de que vai ser absolutamente contundente pola reiteración, pola reincidencia de persoas pouco responsables\" na xestión das viaxes ás Cíes, asegurou en resposta aos medios, tras revelar que a pasada fin de semana as navieiras foron advertidas por correo electrónico e mensaxes de WhatApp sobre os límites de pasaxeiros que deben respectar. \"A Consellería quere dar a imaxe de que vai ser absolutamente contundente\" \"Quero deixar claro que a lei nos dá a posibilidade de sancións de 3.000 a 200.000 euros\", resalta a alto cargo do Goberno galego, quen afirma que as navieiras ignoraron as súas chamadas á \"responsabilidade\" dos últimos días. Fixérono, admite, malia lles lembrar que a súa conduta non só pon en risco a sostibilidade do espazo natural, senón tamén a seguridade dos visitantes no caso de que suceda algún incidente. \"As navieiras actuaron fatal\", pero a xestión da Xunta está a ser \"catastrófica\", di o alcalde vigués A contundencia e bo facer anunciados pola Xunta non convencen o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Tras meses de discrepancias con Medio Ambiente por lanzar unha candidatura á marxe da do Concello para a declaración das illas como Patrimonio da Humanidade o rexedor vigués censura que a Executivo non se lle \"ocorrese outra cousa que parar os desembarques\", a que considera como \"a peor das decisións\". As navieiras, resalta Caballero, \"actuaron fatal\", pero a xestión da Xunta está a ser \"catastrófica\", toda vez que ten a \"responsabilidade exclusiva\" de controlar as empresas. A xuízo de Caballero os límites de 2.200 visitantes e 800 campistas \"son o xeito de garantir a pervivencia deste enclave natural\" e non son estes os que poñen en risco a promoción turística das Cíes, senón a \"catastrófica\" xestión da Xunta. \"É imposible facer máis dano, estragan o traballo de moitos anos de promoción\", censurou ademais de reclamar \"explicacións\" ao respecto por parte de Alberto Núñez Feijóo. Se a Xunta non está \"capacitada\" para exercer estas competencias \"asúmoas eu\", asegura."}
{"ID": "NOS_22201", "summary": "Conversamos con Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC e autor de diversos artigos sobre lingua e estilo dentro da produción literaria galega, arredor do proxecto -O Diario Galego- que Sermos prepara para 2019.", "text": "-Que esperas de O Diario Galego? -Que non oculte a realidade do país, que estea ao seu servizo e non ao de intereses alleos, que dea información veraz e non manipulada, sen depender dos poderes nin dos grupos máis mediáticos. Espero que sexa a voz desa Galiza renovada que acredita a súa propia forza sen buscar apoios exteriores. -Por que é necesario? -Para dar voz a unha Galiza auténtica e consciente, que hoxe os grandes medios silencian. Para defender o país e os seus sectores produtivos. Para visibilizar a nosa lingua e a nosa cultura. Para que a xente reciba información libre de intereses. -Que importancia terá O Diario Galego no ámbito lingüístico e cultural? -Unha publicación diaria en galego achegará prestixio e dignificación á lingua tanto a nivel local como cara ao exterior. É un factor fundamental á hora de consolidar un modelo de galego auténtico e de calidade. Un galego fiel ás súas propias raíces, descastelanizado e converxente coas outras variedades do sistema lingüístico ao que o galego pertence. No eido cultural precísase potenciar, visibilizar e publicitar a produción cultural galega nos seus diferentes xéneros: narrativa, ensaio, poesía, teatro, cinema, música, etc. Temos unha rica actividade cultural que ás veces fica invisíbel. [Podes subscribirte a O DIARIO GALEGO nesta ligazón. Precisamos tres mil asinantes para o facer posíbel]"}
{"ID": "NOS_15138", "summary": "Esta sexta feira, día 26, ás 19 horas na sede da AC Alexandre Bóveda e coa participación do autor da publicación, Héitor Picallo e de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, editora da obra.", "text": "O Escudo do Reino de Galiza, unha (re) visión (inter)nacional, do investigador, escritor e ilustrador Héitor Picallo e editado por Sermos Galiza chegará esta sexta feira, día 26, á Coruña da man da presentación organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e que se desenvolverá a partir das 19 horas na sede desta entidade, na Rúa dos Olmos, 16. Na presentación tomará parte, ademais do autor, María Xosé Bravo, da Alexandre Bóveda, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. As persoas interesadas en asistir a esta presentación deben inscribirse a través dun formulario dispoñíbel na web da asociación cultural. As persoas interesadas en asistir a esta presentación deben inscribirse a través dun formulario dispoñíbel na web da asociación cultural. A Coruña é así unha nova parada ns presentación desta obra de 224 páxinas a toda cor e máis de 150 ilustracións para ofrecer unha visión máis completa da orixe do escudo galego. Dar a coñecer a historia propia As primeiras versións coñecidas do escudo do Reino da Galiza datan dos anos finais do século XIII. Así no Segar´s Roll, un armorial -libros de armería con descrición de emblemas heráldicos- inglés elaborado arredor de 1282 aparecen recollidos 24 escudos reais, entre eles os de España, Navarra, Portugal, Aragón ou Galiza, representado \"en campo azur, tres cálices de ouros ben ordenados\". O traballo conta cun preámbulo traducido a sete idiomas: alemán, español, catalán, euskera, francés, inglés e xaponés e un prólogo de Johanes Kabatek, catedrático da Universidade de Zúric onde se ocupa da cátedra de Lingüística Iberorrománica e de Lingüística Románica. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. A maiores, o libro, ten un epílogo asinado por Carlos L. Bernárdez, licenciado en Xeografía e Historia e recoñecido ensaísta no campo literario e artístico."}
{"ID": "NOS_3944", "summary": "A eurodeputada eleita do BNG recolleu esta quinta feira a súa acta de parlamentar -fíxoo na Xunta Eleitoral Central, en Madrid- e tomará posesión do escano o 28 de febreiro. Toma o relevo de Josu Juaristi (EH Bildu) e estará na cámara europea até o remate da lexislatura, en maio de 2019.", "text": "Miranda quixo darlle relevo político a este trámite -a XEC ten as suas dependencias no Congreso dos Deputados- e apresentouse en Madrid na compaña de familiares das vítimas de Angrois, cuxa causa ten defendido en diversas iniciativas perante as institucións comunitarias. A eurodeputada eleita do BNG reafirmou o seu compromiso de \"chegar até o final\" neste asunto, para o cal, anunciou, irá utilizar \"toda a capacidade do euroescano para esixir unha investigación independente que permita coñecer toda a verdade, resarcir as vítimas, reclamar que se adopten todas as medidas para que non volte a se repetir nada parecido e conseguir que se diriman as responsabilidades políticas\". A axenda de Miranda ten riscado en vermello o 1 de marzo, data en que terá un encontro con portavoces da Comisión Europea A axenda de Miranda ten riscado en vermello o 1 de marzo, data en que terá un encontro con portavoces da Comisión Europea -informa o BNG nun comunicado de imprensa- \"en relación á petición de apertura dun procedimento de infracción contra o Estado español, polo seu incumprimento da normativa europea en materia de seguranza ferroviaria\". Alén de Angrois, a eurodeputada nacionalista proponse \"dar voz en Bruxelas\" aos problemas \"reais\" dos \"galegos e galegas do común, ese será o meu obxectivo\"."}
{"ID": "NOS_26269", "summary": "O PP anunciou a súa incorporación \"temporal\" á xunta de Goberno para evitar unha \"parálise\". O retorno non sorprendeu ninguén na cidade de Ourense.", "text": "O retorno dos populares ao Goberno local de Ourense non sorprendeu ninguén na cidade. Democracia Ourensá e Partido Popular botaron semanas negociando a volta desta última formación e só a insistencia de José Manuel Baltar por conseguir un oco no novo Executivo para os concelleiros tránsfugas do grupo de Gonzalo Pérez Jácome atrasou o acordo. A negativa do alcalde a acoller no Goberno os seus antigos compañeiros de candidatura adiou a formalización do pacto até antonte a última hora, cando os populares fixeron pública a súa intención de incorporarse de novo ao Executivo municipal. A decisión do Partido Popular explícase en tres chaves. Por unha banda, as presións dun dos poderes económicos da cidade interesados en sacar adiante nesta lexislatura un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do que dependen operacións urbanísticas de moito diñeiro. Por outro lado, ducias de contratas de diversos servizos municipais privatizados continúan en situación de prórroga, á espera de saír a concurso, cos correspondentes movementos entre os grupos empresariais que aspiran á xestión dos mesmos. Por último, está o control do pau de palleiro sobre o que se articula o dominio político das comarcas ourensáns, a Deputación que Baltar tenta amarrar de cara ao seguinte período. O PXOM como argumento Os contidos do PXOM xa estiveron no centro da ruptura do Goberno de Ourense no mes de agosto. Naquela altura, o propio Jácome non dubidou en sinalar que \"a ninguén se lle escapa que detrás de certos movementos agóchanse intereses económicos espurios que sempre gobernaron esta cidade. A miña loita céntranse en evitar pelotazos urbanísticos, léase PXOM, así como concesións infladas. Non a todos gusta\". As declaracións do rexedor, após a aprobación provisional co seu voto do conflitivo PXOM, puxeron negro sobre branco ás diverxencias a respecto de determinados proxectos urbanísticos que enfrontaron os socios. Ourense ten pendente a concesión de determinados contratos millonarios de servizos municipais privatizados. Así, entre estes atópanse o mantemento de parques e xardíns por preto de 1,7 millóns de euros pero tamén o servizo de transporte urbano, de recollida de lixo, de limpeza, de augas e saneamento e de regulación de semáforos. As contías en xogo nestes contratos que deben saír a concurso público ao atoparse a súa xestión prorrogada están moi presentes no paso adiante dos populares, conscientes de que a capacidade de influencia nos procedementos pasa pola súa incorporación ao Goberno local. A debilidade de José Manuel Baltar favorece a operación. En primeiro termo, ten medo a perder a Deputación na vindeira lexislatura e busca gañar de novo o favor de Jácome para manterse no cargo, unha vez que non ten conseguido desbancalo da alcaldía. En segundo lugar, precisa de lexitimidade nun partido cuxo liderado herda do pai e conseguir o favor dunha militancia cada día máis desencantada das súas formas e do seu estilo. E, por último, necesita colocarse nunha mellor posición para afrontar a sucesión de Feixoo sen ser relevado da súa responsabilidade á fronte do PP na circunscrición. Os grandes derrotados son os concelleiros de Democracia Ourensá que abandonaron a Jácome. O grupo de edís tránsfugas liderados por Miguel Caride fican sen marxe de xogo na corporación e amortizados, unha vez que se separaron de Jácome e deixaron de ser útiles a Baltar."}
{"ID": "NOS_11990", "summary": "O sepelio do líder revolucionario foi unha cerimonia estritamente privada. Austera. Sen discursos. As súas cinzas descansan no interior dun monolito. Na lápida, austera, só aparece unha palabra: Fidel. Nen apelido nen data de nacimento nen data de falecimento. Só Fidel.", "text": "Todo estaba perfeitamente calculado, nada foi deixado ao azar. O sábado, Raúl revelou que o seu irmao non quería honras póstumas iconográficas, nen nomes de rúas, nen bustos nen estatuas. O domingo, sóubose que o sepelio sería estritamente familiar e que non sería retransmitido ao vivo pola televisión cubana. As cinzas de Fidel foron introducidas por Raúl nunha oquedade no seo dun monolito fúnebre, moi perto do mausoleo de José Martí, o heroe da independencia. A oposición desde Miami tentou alimentar a polémica por esta decisión, por considerar que Martí une o país e Fidel o divide e que non deberían partillar espazo no mesmo cimiterio. A realidade é que millóns de cubanas e cubanos -as multitudes que se mobilizaron estes días, as que aderiron o conceito de Revolución do líder falecido- non tiñan nengunha dúbida de que non había nengún sitio mellor para as cinzas de Fidel do que a cercanía de Martí. Nese mesmo cemiterio de Santa Ifixenia están tamén soterrados os restos mortais de compañeiros de armas de Fidel Castro quer do mítico asalto ao Cuartel Moncada (1953) quer da guerra revolucionaria (1956-1959) que depuxo o ditador Batista e abriu o camiño á Cuba socialista. Co sepelio conclúe o longo loito de 9 días co que o pobo cubano despide unha figura irrepetíbel sen a cal é imposíbel concebir a historia de Cuba e a Cuba actual."}
{"ID": "NOS_40490", "summary": "Porque foron, somos. Porque somos, serán. A xeración 36 dedicou tanto o seu esforzo político e social como a súa propia vida ao servizo da Galiza. Unha xeración á que pertenceron Ánxel Casal, Brígida Muñiz ou Alfredo Suárez Ferrín. Un documental dirixido por Xosé Antón Moure e producido por Fílmika Galaika busca a recuperación dos seus nomes e dos doutras persoas coma eles, que quixeron borrar da memoria.", "text": "O pasado 15 de febreiro presentouse na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela o proxecto de longametraxe documental Xeración Perdida, da produtora Fílmika Galaika. Trátase dunha iniciativa audiovisual que recupera a memoria das corporacións municipais da circunscrición da Coruña durante a II República española, e daqueles alcaldes e concelleiros que foron represaliados após o golpe de Estado e durante os primeiros anos da represión do réxime franquista. A longametraxe, tal e como explican o seu director, Xosé Antón Moure, e o produtor executivo e administrador de Fílmika Galaika, baséase no proxecto de 2017 Xeración Perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña, realizado polo grupo Hispona da Universidade de Santiago de Compostela (USC), baixo a coordinación do historiador e docente Emilio Grandío. O propio historiador explica que o proxecto, impulsado pola Deputación da Coruña (está dispoñíbel para todas as persoas interesadas na súa páxina web), tiña por obxectivo \"honrar as corporacións republicanas, os alcaldes e a deputación daquela época\". Porén, sinala que naquela idea inicial de honrar os alcaldes abrangueu tamén os concelleiros e outras persoas que formaron parte desas corporacións municipais. O grupo Hispona centra unha das súas liñas de traballo en estudar se o réxime que se instaurou no Estado español durante a II República correspondía cos estándares dunha democracia, algo que Grandío asegura. \"Tratábase dunha democracia perfectamente homologábel a outros réximes da época, que durou moi pouco tempo, apenas cinco anos con tres eleccións xerais polo medio\", engade. No marco da investigación, achouse que 334 representantes municipais foron represaliados: 88 concelleiros foron asasinados polos franquistas só na circunscrición da Coruña; outros 78 foron encarcerados; 34 tiveron que fuxir ao exilio; 12 estiveron fuxidos no interior da Galiza; a 86 impuxéronselles sancións; e 36 foron procesados, dos que 30 foron sentenciados a morte. Grandío subliña que esas persoas sufriron a represión precisamente por ser elixidas no marco da democracia. \"A sublevación militar de xullo de 1936 foi contra a democracia, non contra os 'roxos' nin os comunistas. A auténtica realidade é que querían romper coas estruturas democráticas da II República\", detalla o historiador. Primeiro no período da Guerra Civil española (1936-1939), co apoio exterior do fascismo alemán e italiano, e posteriormente durante o réxime franquista (1939-1975), coa conivencia da comunidade internacional, os sublevados perseguiron durante máis de corenta anos \"os espazos de diálogo e debate, de construción do futuro\". Dar nomes e caras para salvagardar a memoria Emilio Grandío explica que o grupo Hispona \"quería saber quen compuña as corporacións democráticas, antes do intento de golpe de Estado\", mais recoñece que \"foi un camiño complicado\", porque aínda que nalgúns casos xa contaban con traballos anteriores, \"na maioría tivemos que ir a cada un dos arquivos municipais para reconstruír a historia da corporación local. Podíamos ter algunhas táboas e gráficos, pero non sabíamos os nomes, que realmente era o que nos interesaba\". Porén, o traballo do equipo de investigación coordinado polo docente e investigador non só pretendía dar nome a eses datos, senón tamén pór cara a esa represión dentro das corporacións municipais, algo para o que \"houbo que facer un labor de procura inxente\". Nalgúns casos tiveron que ir casa por casa dos familiares destes representantes democráticos para conseguir material fotográfico válido. Neste punto, Grandío apunta que o proceso de investigación no marco da memoria histórica \"cada vez é máis complicado, e seguimos a non coñecer moito. Non só pola perda de fontes directas, senón pola deterioración das fontes documentais públicas co paso do tempo\". No en tanto, subliña que neste caso puido recuperarse \"a práctica totalidade\" dos nomes e información que se buscaban. Sinala tamén que o proxecto non dependeu só das institucións e da USC, senón que a sociedade civil e as persoas particulares xogaron un papel moi importante. \"Como galego, éncheme de orgullo que sexamos pioneiros en moitos aspectos da memoria histórica\", recoñece. O feito de achegar imaxes dos representante municipais que sufriron o xugo da represión franquista foi un dos alicerces que impulsou a Xosé Antón Moure a ver no proxecto do grupo Hispona unha oportunidade para construír algo máis. \"Xa de por si, o título Xeración Perdida 36 é un título moi bo, chamoume moitísimo a atención. Logo, causoume moita impresión que o estudo do equipo de Emilio Grandío sobre a represión en cargos democráticos da República proporcionaba un elemento moi novidoso, que eran as fotos das vítimas\", afirma Moure. O director explica que, ademais do relato histórico, o traballo achega \"os datos pormenorizados da represión: quen foi xulgado, torturado, encarcerado, asasinado, condenado a morte... son uns datos terríbeis, que cobran unha maior dimensión cando lles pos cara a esas táboas\". Tres protagonistas, centos de historias Xosé Antón Moure sinala que, pese ao atractivo do traballo de investigación do grupo Hispona, na primeira reunión entre el e Emilio Grandío xurdiu a pregunta de se xa estaba todo contado sobre o golpe de Estado e da represión que seguiu. Emilio Grandío deu a resposta: \"Claro que queda por contar, para comezar, a historia de todos os mortos que seguen nas cunetas\". Algo que comparte Roi Carballido, que engade \"é unha parte da historia e da memoria que non se coñece demasiado na Galiza\". Para Moure, o rexeitamento a contar a historia arredor do que pasou na Galiza desde o momento do alzamento militar de 1936 \"ten unha derivada moi perigosa, xa que ese rexeitamento xera un descoñecemento, que nos leva, por exemplo, a cualificar de Guerra Civil a sublevación do 16 e 17 de xullo de 1936, cando realmente foi un intento de golpe de Estado; ou chamar posguerra a unha época de fonda represión brutal dos dereitos dos máis desfavorecidos\". O director teno claro: as palabras son importantes, \"porque hai unha parte da sociedade que asimila a Guerra Civil española dun xeito que non é correcto, e iso pode crear tolerancia a certos discursos nostálxicos que deberían estar denunciados\". En canto ao proceso de creación do documental, o produtor executivo de Fílmika Galaika explica que agora mesmo están inmersos no proceso de desenvolvemento. \"Estamos a rematar a parte do guión, do que se están a ocupar Emilio e mais Moure, e tamén estamos a buscar financiamento para o documental\", detalla Carballido, quen explica que, ademais do financiamento da Deputación da Coruña, xa contan coa colaboración de Concellos como Santiago de Compostela, Teo, Ferrol, Fene, Ares, Ames, Boiro, As Pontes ou Betanzos. Agardan poder comezar a gravar a comezos de abril, aínda que recoñece que todo depende das xestións administrativas para conseguir os espazos de gravación. Emilio Grandío conclúe que a evolución da nosa sociedade a partir do coidado e recoñecemento da memoria histórica pasa por \"non basarnos no que ocorre no presente, senón por centrarnos no futuro arranxando o pasado\" En canto ao guión, Xosé Antón Moure expón que tiveron que \"enfrontar a narrativa, como contar a historia de tantas persoas que aparecen na investigación\". Decidiron centrarse en tres casos que fosen representativos e que tivesen diferente procedencia, estrato social e ideoloxía política. En primeiro lugar, escolleron a Brígida Muñiz, representante labrega de Boiro, \"unha muller das que levantaba unha comarca coa súa forza\", como a define Moure, de ideoloxía socialista. En segundo lugar, Ánxel Casal, editor, membro do Partido Galeguista e alcalde de Santiago de Compostela no momento da súa execución. Por último, elixiron Alfredo Suárez Ferrín, último alcalde republicano da Coruña, representante da burguesía galega na altura. \"Imos destacar máis casos, pero centrarnos nestas tres persoas foi o xeito de personalizalo e de sentilo, para que non sexan máis que números\". Roi Carballido destaca o traballo do grupo Hispona, recollido nun libro, como unha ferramenta fundamental para poder documentar e facilitar o proceso de rodaxe. \"Hai unha parte que é sinxela para nós, que é todo o que ten que ver coa documentación dos feitos, porque xa partimos do traballo do grupo Hispona\", engade o produtor executivo de Fílmika Galaika. Subliña que o libro \"é como unha especie de glosario\" no que está recollida a información fundamental da represión que sufriron os representantes democráticos locais. \"Para nós iso é unha fonte para saber que persoas eran importantes na política municipal galega, e a partir de aí sabemos por onde comezar a tirar do fío e onde buscar máis información\", recoñece Carballido. Recuperación da memoria histórica: \"alerxia\" e \"incomodidade\" Tanto Roi Carballido como Xosé Antón Moure cren que segue a existir un déficit no que se refire ao pulo pola recuperación da memoria histórica por parte das administracións públicas. Carballido defende que isto ocorre especialmente na Galiza, \"onde é máis difícil que a xente se interese\". Os dous afirman que existen certas posicións ideolóxicas e partidos políticos nos que semella que existe unha certa alerxia. \"Como é problemático, non me vou meter nisto\", sinala o produtor. En canto a Moure, é máis contundente e asegura que \"non hai que obviar que existen opcións políticas que se senten extremadamente incómodas ao falar do golpe de Estado, da Guerra Civil española e da posterior represión, deben explicar por que. Os que non senten incomodidade é porque non teñen nada que ocultar\". Por outra parte, critican que non se estea a facer un labor de difusión deste tipo de proxectos que pretenden pór algo do luz enriba dos episodios máis escuros da nosa historia recente. \"Ao mellor si que podes levalos a cabo, pero non chegan á xente polo desinterese das institucións\", lamenta Roi Carballido, quen insta a que \"non se fagan as cousas por facer, polo feito de que haxa que cumprir cunhas cotas mínimas para despois esquecerse\". Asemade, o propio Carballido afirma que aínda existen moitas feridas da represión sen fechar, mesmo no seo das propias familias dos represaliados. Recoñece que \"sempre é complicado falar disto: conversas coas familias de moitas persoas que sufriron a represión, que foron detidos, exiliados ou en moitos casos axustizados, e dáste conta de que non falaron diso entre eles\". O produtor detalla que \"é algo que está escondido, que durante corenta anos non o puideron falar por mor da ditadura, e despois quedou soterrado\" baixo unha falsa cicatriz. Neste sentido, Emilio Grandío ten claro que \"apoiar estes proxectos e falar deles é moi importante para o noso futuro como sociedade. É evidente que o apoio podería ser maior\". Para o historiador, queda aínda moito camiño por andar, e reflexiona sobre o feito de que ese camiño \"non debería ser obxecto dun debate político, senón que debería formar parte da cimentación dos valores democráticos\". A investigación sobre a memoria histórica, a súa posta en valor e a súa difusión para asegurar e garantir a salvagarda dese pasado colectivo común que nos define como pobo e como nación deberían formar parte activa das políticas públicas e, na opinión do docente e historiador da Universidade de Santiago de Compostela \"esas políticas públicas que rexen a memoria histórica deberían ser constantes e permanentes\". Porén, non cre que sexa necesario un pacto entre as principais formacións políticas do noso país nin do Estado español, senón que \"só debemos ser conscientes de que todos formamos parte desta sociedade democrática, e por tanto, do noso pasado en común\". Emilio Grandío conclúe que a evolución e desenvolvemento da nosa sociedade a partir do coidado e recoñecemento da memoria histórica pasa por \"non basarnos no que ocorre no presente, senón por centrarnos no futuro arranxando o pasado\"."}
{"ID": "NOS_50584", "summary": "Sobre arredor dun terzo dos concellos cataláns, 381, son investigados pola Audiencia Nacional ou pola Delegación do Goberno en Catalunya, por dar o seu apoio á resolución independentista do 9 de novembro.", "text": "Un total de 381 municipios cataláns mantén algún contencioso xurídico aberto co Estado en relación ao apoio expreso á resolución independentista do 9 de novembro. A cifra ascende a 393 administracións locais de lle sumar os procesos abertos contra os consellos comarcais e as deputacións. Os Concellos están acusados de supostos delitos de rebelión e de sedición O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno Chamorro ordenou a principios de febreiro investigar a Asemblea Nacional Catalá (ANC), a Asociación de Municipios pola Independencia (AMI) e a Asociación Catalá de Municipios (ACM) por supostos delitos de rebelión e de sedición. Foi por promover mocións de apoio á resolución do 9N nos concellos cataláns cando xa fora anulada polo Tribunal Constitucional. Concellos como Celrà, Girona, Igualada ou Seu d'Urgell xa foran denunciados pola Fiscalía da Audiencia Nacional por rebelión e sedición, mais estas catro causas foron arquivadas por tres maxistrados diferentes que aseguran que se trata de \"posicionamentos políticos no marco da liberdade ideolóxica e de expresión de aspiracións ou anhelos políticos\". \"Sen Medo\" Para apoiar os concellos e cargos eleitos, a Asemblea Nacional Catalá, Òmnium Cultural, a Asociación de Municipios pola Independencia e a Asociación Catalá de Municipios promoveron un manifesto a favor da liberdade de expresión e contra a xudicialización do proces sobernanista e convocaron a pasada sexta feira un acto solidario. Aliás, este domingo a CUP presentou a campaña \"Sen Medo\" en defensa dos cargos eleitos perseguidos pola declaración do 9-N e anunciou a convocatoria dunha mobilización nacional de apoio para o 7 de maio. Nesta manifestación tamén se reivindicará a desobediencia."}
{"ID": "NOS_29979", "summary": "Alcoa foi a industria galega que máis gases de efecto invernadoiro emitiu á atmosfera en 2021.", "text": "Durante anos, as centrais térmicas das Pontes, Meirama (Cerceda) e Sabón (Arteixo) encabezaron as listaxes das industrias máis contaminantes, xa non só da Galiza, senón do Estado español. Após o feche das de Sabón e Meirama e a caída da actividade da das Pontes, á espera da autorización do Ministerio para cesar definitivamente a produción de enerxía, Naturgy e Endesa seguen a figurar entre as empresas con maior volume de emisións de gases de efecto invernadoiro en 2021, máis desta vez polos seus ciclos combinados de gas de Sabón e As Pontes. Segundo informa nun comunicado a plataforma 'Galiza, un futuro sen carbón', o pasado ano o gas substituíu en boa medida o carbón na xeración eléctrica no país. Isto fixo que a central de ciclo combinado a gas das Pontes (Endesa) pasase a ser en 2021 a segunda instalación industrial da Galiza con maiores emisións de gases de efecto invernadoiro. Só as fábricas de alúmina e de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Cervo) superaron as 800.000 toneladas emitidas pola central de gas fósil das Pontes, ao atinxiren conxuntamente perto de 1.100.000 toneladas, cifra que baixará en 2022 e 2023, nos que só se manterá activa a fábrica de alúmina polo paro na produción na de aluminio primario. O persoal de Alcoa escolle \"a opción menos mala\" e accede a parar as cubas Entre as cinco industrias galegas con maior impacto negativo no clima en 2021 tamén aparece, en cuarto lugar, a central de ciclo combinado a gas fósil de Sabón (Naturgy), por detrás da refinaría de Repsol da Coruña, localizada a escasa distancia. A central de Sabón pasou de emitir 31.400 toneladas de gases de efecto invernadoiro en 2018 ─coa unidade de fueloil en desmantelamento─ a 642.000 en 2021, multiplicando por 20 o seu impacto no clima. O gas, o novo carbón Segundo denuncian desde este colectivo, integrado entre outras entidades pola asociación ecoloxista Adega, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace ou Verdegaia, \"o gas non pode ser o novo carbón e as centrais de ciclo combinado de Sabón e As Pontes os novos elefantes na habitación que ninguén parece ver\". Neste senso, a plataforma 'Galiza, un futuro sen carbón' consideran \"necesario e factíbel\" o feche destas centrais antes de 2030, como parte dunha estratexia que debería reducir as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro polo menos en 65% nese ano con respecto a 1990 para así contribuír a que o quecemento global non supere os 1,5 grados centígrados."}
{"ID": "NOS_18012", "summary": "Nunha entrevista en Europa Press, o portavoz da organización recoñece que \"tería sido mellor\" un \"consenso\" para a executiva e afirma que se sinte \"respaldado\"polos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol.", "text": "Embora non ser elixida por consenso, a Coordenadora – órgano executivo- de En Marea é \"moi plural\" pois na mesma están representadas proporcionalmente as tres candidaturas que competiron nas eleccións internas do partido. Dío Luis Villares nunha entrevista con Europa Press, onde recoñece que tería sido mellor\" chegar a un \"consenso\" mais este non foi posíbel embora que el indica que tentou acadar un acordo en todo momento. Desbota que se poida falar de \"exclusións\", senón que o que houbo foi \"renuncias\" a facer parte da Coordinadora de En Marea por parte de persoas que \"estaban convidadas\" a integrarse na executiva. Explica na entrevista que presentou unha proposto con sete nomes da candidatura 'Máis Alá', con Iago Martínez (Marea Atlántica), Rafael Dopico (Anova) ou Noemi Padros (Esquerda Unida), entre outros. Esta oferta propiciaba que os integrantes desta lista cedesen na súa proposta do sistema de portavocías (aceptando que Villares fose portavoz) en troques dunha maior representación. Luis Villares afirma sentirse \"respaldado\" polos alcaldes da Coruña, Ferrol e Compostela embora que nesta semana os tres expresaran, en diferente nivel e intensidade, a súa discrepancia para coa conformación da Coordinadora, por entender que non abrangue todas as sensibilidades de En Marea. Villares tamén se refire na entrevista a opinión de Xosé Manuel Beiras nesta cuestión. Beiras defendeu que Villares sexa \"referencia individual\". O papel de Beiras no proceso de confluencia que se deu nestes anos foi posto en valor por Luis Villares. Destacou a súa \"influencia decisiva\" no mesmo."}
{"ID": "NOS_48926", "summary": "Por vez primeira Xosé Luís Méndez Ferrín presentará unha obra de Manuel Rivas. Sentarán á mesa o día 17 na Coruña dous dos máis destacados nomes da literatura galega para dar a coñecer As horas baixas, o que se intúe como un dos títulos máis persoais e íntimos do escritor. Será apenas tres días antes de que o filme de José Luís Cuerda Todo é silencio, baseado na novela de Rivas, inaugure a Seminci.", "text": "\"O relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos\" comenta no seu blog o editor Manuel Bragado (Xerais), a poucos días de que o libro se distribúa nas librarías. As voces baixas, constitúe tamén un relato da iniciación á vida por parte da vida dos irmáns Manuel e María Rivas. Cun marcado carácter autobiográfico, o libro incorpora fotografías do álbum persoal de Manuel Rivas. A presentación de As voces baixas terá lugar o día 17 de outubro, ás 20.00 na Biblioteca Pública Durán Loriga da Coruña e contará coa presenza do escritor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. \"Un argumento tecido cos fíos das súas vidas, dos seus murmurios, dos seus rumores, das súas voces baixas que agariman e doen, onde Rivas atopa o que el expresa como «a boca da literatura»\" explica Manuel Bragado a respecto da nova obra que se presenta como unha das máis relevantes novidades editoriais deste 2012. Todo é silencio na Seminci Manuel Rivas presentará As horas baixas apenas tres días antes de que a película baseada na súa novela Todo é silencio inaugure a 57 edición da Seminci, a Semana Internacional de Cine de Valladolid que ten a súa apertura o día 20 de outubro. Todo é silencio é a segunda película do director José Luís Cuerda baseada nunha obra de Manuel Rivas, despois de A lingua das volvoretas. Producida por Gerardo Herrrero, Todo é silencio conta co propio Manuel Rivas como guionista e está protagonizada por Quim Gutiérrez,Celia Freijeiro, Miguel Angel Silvestre, Juan Diego e Chete Lera. A palícula foi rodada na Galiza e a súa estrea servirá tamén para o relanzamento editorial da novela do mesmo título."}
{"ID": "NOS_34657", "summary": "Os sindicatos do ensino convocan esta mañá en Compostela (11.30 horas) a segunda das mobilizacións en contra do protocolo deseñado pola Consellaría de Educación para adaptar o inicio do curso escolar ás circunstancias que impón a Covid-19.", "text": "A Xunta publicábao, con mínimas modificacións, o pasado día 23, na mesma xornada na que familias, docentes, estudantes e persoal dos centros se concentraban por centos diante de San Caetano para amosar a súa oposición ao documento e reclamar a súa retirada e unha nova redacción consensuada coa comunidade educativa, na que se inclúan medidas como a contratación de persoal, docente e non docente, e a redución de alumnado por aula, coas que poder ampliar as distancias mínimas nos centros para reducir o risco de contaxios. Nesta ocasión, as organizacións convocantes –CIG, UXT, CCOO e ANPE– chaman a formar unha cadea humana que arrodee a sede da Xunta en San Caetano, nun acto simbólico co que \"confinar\" o protocolo dentro da Consellaría que se acompañará, de novo, dunha cazolada na que facer notar o rexeitamento aos plans da Xunta para a volta ás aulas. Non será o único acto do día en contra do protocolo: en Cangas, o Consello Escolar Municipal en pleno convoca, ás 21 horas, un novo acto de protesta diante do Concello para exixir a negociación dun protocolo que garanta a saúde do alumnado, mentres que en Vigo, a Federación de Nais e Pais de Alumnado da comarca, Foanpas, chama as familias a escenificar na rúa (20 horas, en Urzaiz) unha aula nas condicións que estipula o protocolo da Xunta, dentro do seu calendario de mobilizacións en contra da planificacion do Goberno galego, elaborado en contacto coa Confederación de Anpas Galegas, Confapa e outras federacións de nais e pais. Comparecencia no Parlamento Mais a oposición ao documento non chega unicamente desde a comunidade escolar. O BNG e o PSOE rexistraban onte unha petición conxunta para solicitar a comparecencia da conselleira en funcións de Educación, Carmen Pomar, na Deputación Permanente do Parlamento galego para dar explicacións sobre o protocolo e a súa aplicación nos centros de ensino do país. Nunha comparecencia pública, a deputada electa nacionalista Olalla Rodil, portavoz parlamentaria de Educación na pasada lexislatura, lembrou a oposición xeneralizada que suscita o plan da Xunta, que \"deriva a responsabilidade aos centros educativos e non prevé nin contratación de persoal nin medios para a súa implantación\". \"É necesario máis investimento público e que o protocolo vaia acompañado de orzamento porque a Consellaría pretende aplicar medidas a custo cero, sen contratar máis docentes nin reducir a ratio de estudantes por aula, como recomendan as institucións sanitarias internacionais\", denunciou Rodil, quen critica ademais que o Goberno galego estea recomendando que limitar as reunións familiares ou de ocio a 25 persoas, \"pero vexa normal ter 30 estudantes nunha aula durante horas\". Na mesma liña, o deputado electo do PSdeG Luis Ávarez reclamou onte un \"marco estábel, seguro e dotado dos recursos humanos e materiais necesarios\" para o inicio do curso e tamén para os servizos complementarios de comedor e transporte e emprazou a Xunta a \"deixar de repartir responsabilidades e sinalar ás demais Administracións e aos centros escolares para afrontar a súa responsabilidade de Goberno\". Na Coruña, tamén a Marea Atlántica demandou do Goberno galego \"os fondos necesarios para que a volta ás aulas sexa segura desde o punto de vista sanitario e para impedir que os centros de ensino se transformen en focos de rebrotes\", fronte a un protocolo que pretende aplicarse \"a custo cero\" e deixando \"toda a responsabilidades aos centros\". Igualmente, a Marea de Vigo posicionouse onte contra a \"imposición\" do protocolo sen negociación algunha coa comunidade educativa. \"De nada vale estabelecelo de forma unilateral sen dotalo nin de orzamento nin de persoal, deixando coma sempre nas mans da comunidade educativa e das familias cuestións tan relevantes como a garantía de comedor escolar para todo aquel alumnado que así o precise\", advertiu. Na plataforma Change.org, unha petición particular leva recollidas máis de 6.100 sinaturas para exixirlle á Xunta \"saúde nas escolas\" e demandar que asuma as súas responsabilidades na política educativa galega. Brión, contra o fechamento da unitaria da Luaña A corporación municipal de Brión vén de emitir un comunicado conxunto no que insta a Xunta da Galiza a \"adoptar as medidas precisas\" para garantir a continuidade da escola unitaria da Luaña de durante o curso 2020-2021, \"con independencia do número de alumnas e alumnos matriculados\". Con esta reclamación, únese á acción das cinco familias que solicitan unha moratoria á aplicación da normativa que fixa en seis o mínimo de escolares neste tipo de centros, en atención á situación sanitaria \"excepcional\" e á falta de recintos para a socialización de menores nesta parte do municipio. Para os grupos municipais, a supresión da unitaria suporía \"dar as costas\" a un modelo educativo de proximidade e eliminar \"un dos poucos servizos que axudan a fixar poboación no rural\". A corporación apela tamén á cuestión sanitaria e á masificación que suporía para o CEIP que recibiría este alumnado. Este posicionamento súmase ao da comunidade educativa de Brión –as ANPA da escola de Sabaxáns, a dos Ánxeles e a dos CEIP de Pedrouzos e Brión, ademais das familias da Luaña–, que tamén se pronunciou contra a decisión de fechar a unitaria, denunciando que os criterios da Xunta \"priorizan o economicismo fronte ao dereito constitucional de protección da saúde das crianzas\". Tamén o BNG censurou onte, por boca da deputada electa Olalla Rodil, a situación deste centro. Ademais, na Coruña, familias do CEIP Salgado Torres están a recoller sinaturas en contra da decisión da Consellaría de Educación de fechar unha unidade de educación infantil por non alcanzar, por un, o mínimo de 25 matrículas."}
{"ID": "NOS_6328", "summary": "A meirande parte da tripulación de orixe peruana ten familia na Galiza. As autoridades aínda non confirmaron o achado de ningún dos mariñeiros do país andino.", "text": "A comunidade peruana na Galiza está en ascuas coas noticias que chegan desde o Canadá, onde esta terza feira desapareceu o pesqueiro 'Vila de Pitanxo' a 450 quilómetros da costa de Terranova con 24 tripulantes a bordo, dos cales unha decena son de orixe peruana ou proceden do Perú. A maioría dos tripulantes peruanos están asentados en Vigo, onde a comunidade do país andino ten unha forte presenza na Galiza. Só un dos tripulantes que vivía en Vigo non ten familia en territorio galego, mais a comunidade peruana púxose en contacto coa súa nai no Perú. De feito, o vindeiro domingo, 20 de febreiro, celebrarase unha misa en memoria da tripulación peruana do barco que terá lugar na igrexa Nosa Señora da Paz, en Vigo. En declaracións á axencia Europa Press, o presidente da Asociación de Peruanos na Galiza, Pedro Guillermo Arana Rojas, mostrou a consternación de toda a comunidade peruana, que se mantén en contacto coas autoridades locais. Tamén está en contacto co consulado en Barcelona, do que dixo que \"puxo a camiseta do Perú\" para traballar neste caso, pendentes tamén da posíbel \"repatriación\" do cidadán que non ten familia na Galiza, malia que aínda non hai confirmación de que o seu corpo fose atopado. A tripulación peruana é nova, a maioría de entre 20 e 30 anos ou 30 e poucos anos, e entre eles, explicou, estaban embarcados un tío e o seu sobriño, afincado en Vigo. Alén dos residentes na cidade olívica, tamén hai cidadáns afincados na comarca do Morrazo. No operativo de busca rescatáronse tres persoas e outros dez corpos foron recuperados, de entre os cales, segundo as fontes familiares conxultadas, habería varios cidadáns peruanos. Pedro Arana lembrou que 50% dos cidadáns peruanos na Galiza chegan para traballar no sector do mar. Neste senso, segundo os datos da Seguridade Social, a decembro de 2021, só en afiliacións de estranxeiros contabilizáronse 92 cidadáns de orixe peruana anotados no sector do mar."}
{"ID": "NOS_47780", "summary": "Dous viños do sur: Bruña 2021 e O Mare Namorado.", "text": "Os encantos do noso sur Rosal e Condado son subzonas de Rías Baixas na xeografía vitivinícola oficial. Teñen o interese de conservar, con dificultade, a elaboración de tintos e brancos plurivarietais. Aquí non sempre o albariño está só. E non debería. Algunhas producións ofrécennos plurivarietais de interesante complexidade e equilibrio xa desde a viña. Bruña combina albariño, caíño branco, treixadura e loureira, que tamén coñecen como marqués. Un branco delicioso. Elegante e fresco. Un salto adiante prometedor neste novo proxecto vitivinícola. Novidades na revolución. Bruña 2021 / O Rosal fóra de DO / Sergio Álvarez e Roberto Bruña / 12,75€ Namorado da mítica tinta femia No val de Cela en Bueu cultivan secularmente a tinta femia. Nas adegas desas casas conseguen uns viños dunha sublime singularidade, loubados en cada furancho e mesmo na nosa literatura. Son tintos lixeiros e incisivos, expresivos e cantareiros, saborosos e finos. Antonio Portela decidiu poñerse a vogar entre as viñas incomparábeis do mar do Morrazo con esforzo, paixón e coñecemento. Nós namoramos este verán do seu rosado. Logradísima interpretación dun caíño costeiro que nos devolve aos ancestrais aromas e sabores roubados. Tan nosos e tan alleos. O Mare Namorado / Rose Femelle 2019 / Morrazo fóra de IXP / Antonio Portela / 25,50€"}
{"ID": "NOS_7280", "summary": "\"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?\" foi a pregunta que o programa 'Atrápame se podes' formulou este sábado a dúas concursantes.", "text": "A CRTVG pediu desculpas esta segunda feira pola inclusión no concurso 'Atrápame se podes' emitido o pasado sábado, día 5 de marzo, dunha pregunta na que se interpelaba a dúas concursantes sobre o prezo actual dun gramo de cocaína e ofrecía como resposta dúas opcións: 60 euros e 6 euros. A respecto desta cuestión, a CRTVG sinalou nun comunicado publicado na súa páxina web que \"non estaba no ánimo do programa infravalorar o grave problema que supón a drogadicción\" e afirmou que a formulación desa pregunta \"non era a axeitada, máxime tratándose dun programa de cuestións sobre cultura xeral\". O Comité Intercentros da CRTVG pide explicacións sobre o \"inaceptábel\" programa 'TanxuFesta' A corporación pública, que eliminou o programa das súas plataformas online, subliñou que o compromiso dos medios públicos na loita contra a drogadicción é \"incuestionábel\". \"E así o deixa claro tanto no seu labor diario como nas diferentes accións e alianzas institucionais en vigor coa fin de eliminar este grave problema social\", apuntou. Pola súa parte, a produtora do programa, Voz Audiovisual, considera que a pregunta \"nunca debería terse exposto\" da forma que apareceu en pantalla. \"O contamos todo\": A CRTVG volve bater co galego Aliás, explicou que o dato que respondía á pregunta \"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?\" aparece recollido no informe do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (CEDA), que elabora cada ano o Ministerio de Sanidade do Goberno de España, pero \"foi trasladado aos concursantes cunha formulación inoportuna\". Por iso, desde a produtora piden \"desculpas\" por \"esta lamentábel equivocación\" da que deron conta nas últimas horas centos de galegas e galegos a través das redes sociais."}
{"ID": "NOS_16328", "summary": "O 'sindicalismo galego na transición' poderá verse até o 31 deste mes no Pazo de Fonseca da USC. \"O sindicalismo nacionalista naceu dunha necesidade da clase obreira galega\", afirmou na inauguración Suso Seixo, secretario xeral da CIG.", "text": "Era 1972 e, embora a represión, o asfixiante control e a violencia da ditadura franquista, agromaban xermes como o da Fronte Obreira da UPG ou, no campo estudantil, ERGA. Cinco anos despois, 1977, no estado asínábanse os pactos da Moncloa e en Galiza creábase a ING (Intersindical Nacional Galega), unha ferramenta sen a que non se pode explicar a clase traballadora galega. 1972 e 1977 son os anos nos que se centra a mostra 'O sindicalismo galego na transición', título da exposición que a Fundación Mocho Reboiras, en colaboración coa Deputación da Coruña, a USC e O Galo pode verse en Santiago de Compostala, após o seu paso por Ferrol e A Coruña. Trece paneis e proxección permanente de vídeo a través dos que adentrármonos na xénese, desenvolvemento e consolidación do sindicalismo nacionalista no contexto de pulo do movemento obreiro galego nos últimos anos do franquismo e na transición. Estará no Pazo de Fonseca, a biblioteca xeral da USC, até o vindeiro 31 de marzo. Manuel Mera, presidente da Fundación Moncho Reboiras, convidou a tirar aprendizaxes daqueles anos. Así, lembrou que nos sucesos de Ferrol en 1972 e a conseguinte represión, o movemento obreiro ficou enfraquecido. \"porén, ao pouco tempo naceron novos movementos e organizacións con máis vitalidade\". María Antonia Pérez, da AC O Galo, lembrou o peso de Compostela naqueles anos de forxa do sindicalismo galego e quixo ter unha lembranza e un agradecemento a \"todos os galegos e galegas\" que ao longo dos anos \"estiveron sempre a carón das causas que supuxeron un avanzo para a clase traballadora\". Importancia De por parte, Suso Seixo, secretario xeral da CIG, quixo incidir na importancia desta exposición por varias cuestións. Unha delas, a de divulgar o acontecido naqueles anos, algo fulcral para entender a Galiza da actualidade. \"O sindicalismo nacionalista naceu por unha necesidade da clase obreira galega de ter organizacións que deran resposta ás súas problemáticas\". Situacións como o \"expolio, a emigración, ter industrias de enclave\". Outro aspecto a salientar da exposición, proseguiu, é a de permitir valorar como dereitos e avances na calidade de vida se gañaron a base de mobilizacións, loitas e sacrificios por parte da clase traballadora. E son conquistas que se están a perder nestes anos, de aí a importancia da mobilización social para recuperalas. Pereira Fariña, vicereitor de Comunicación da USC, instou a \"coñecer a historia\" para así evitar \"repetir erros\" ao tempo que se \"Valoran\" as cousas que se fixeron ben. Parabenizou a exposición e afirmou que \"actividades como esta non son só looábeis, matén imprescindíbeis\"."}
{"ID": "PRAZA_7232", "summary": "Atos criticáveis dos Blues? Muitos. Som iguais do que as claques fascistas? Quem conheça umha claque fascista de perto sabe que nom. Conheço siareiros do Madrid e do Atleti que o podem certificar.", "text": "Eu nom sou hooligan e nunca o fum. Nom sou umha pessoa com umha condiçom física que me permita umha forma tam \"intensa\" de viver os espetáculos desportivos. Assim como nas manifestaçons nom sou dos mais valentes, porque sou fisicamente torpe e as corridas com a polícia costumam saldar-se com com algum golpe e com algumha lesom para mim, quando um é hooligan sabe que sempre encontrará alguém que seja mais hooligan. Quanto mais te meteres no papel, evidentemente mais riscos corres, agora que o tema da violência no futebol nom é cousa unicamente de \"claques radicais\". Há políticos e dirigentes do mundo do futebol que incitam à violência e ao ódio (e praticam-nos) numha maior medida inclusso, e ainda por cima com a mídia fazendo-lhe de amplificador, e inclusso fazendo-lhe coro. Casos patéticos como o de Leri ou o de Paco Vázquez estám aí, o seus anedotários estám registados nas hemerotecas. Na liga espanhola, casos de diretivos, jogadores e algum ténico que tenham encorajado a agredir a torcidas rivais há a eito, e nom apenas na primeira divisom. Mesmo em ligas modestas e de base, um pode ver episódios de violência. Isso sim, acontecem factos como o registado nas cercanias do estádio Vicente Calderón de Madrid, e parece que há um rejeitamento unánime por parte da maioria social, que naturalmente nunca tivo nada a ver com a violência no futebol ou qualquer outro desporto. Naturalmente, no estádio os violentos só som os que se situam numha parte determinada da bancada, e o resto de espetadores e espetadoras jamais coream os seus cánticos e palavras de ordem. Estamos seguros dessa afirmaçom? Um escuita as declaraçons feitas por vizinhança da Corunha ou siareiros habituais de Riazor, e algumha cousa cheira mal. Algumha cousa nom encaixa, definitivamente. Ou as pessoas mentem, ou nom tenhem memória. Toda a gente na Corunha via os Riazor Blues como umha claque perigosa, equiparável a claques violentas como Ultras Sur, Frente Atlético, Supporter Sur ou Brigadas Blanquiazules? A resposta é nom, hipocrisias à parte. Todo corunhês ou corunhesa da minha geraçom conhece a algum Riazor Blues. Som todos gente violenta? Som todos gente pacífica? Há de tudo? Há mais de uns que de outros? É a violência a moeda de cámbio habitual nas relaçons entre eles e com outras claques? Todos os episódios violentos que acontecerom à volta dos Riazor Blues tinham a ver com a atividade dos Riazor Blues? Perguntas para reflectir...eu particularmente nom vejo que os Riazor Blues nos seus comunicados oficiais incitem a agredir, nem vejo umha forma de se expressar que se poida equiparar a outras claques que sim que tenhem a violência como prática habitual. Esse discurso de que os Riazor Blues som \"de extrema esquerda\" e outras claques som da outra beira, e que os extremos tenhem um inevitável ponto de colisom, enfim...som relatos que afinal tenhem umha finalidade; a de justificar a repressom. Eu conheço a várias pessoas dos Riazor Blues e dos Celtarras, algumhas com militança política, sindical e cultural; outras, nom. Conheço numha claque e na outra pessoas com um considerável nível cultural e de instruçom, e conheço pessoas que andam em níveis bastante escassos de ambas cousas. Conheço pessoas em situaçom de precariedade laboral ou desemprego, e gente que aprovou oposiçons. Simplesmente, som gente do povo, tam diversa entre ela, como diverso pode ser qualquer coletivo humano. Os Riazor Blues, nom som nem de longe umha claque politizada, salvo que evidentemente rejeitam a presença de fascistas na sua bancada, porque de facto nascerom da unidade entre vários sectores dessa bancada para expulsar a elementos que pretendiam utilizar o estádio como ponto de captaçom da extrema direita. Quem nom lembra aos famosos Niki Sur? A memória enfraquece nas cabeças de alguns. É muito cómodo dizer que \"tam bons ou tam maus som uns como os outros\", mas nom é assim. Eu pessoalmente agradeço que no seu dia os heavies do \"Komando Barricada\" ou o pessoal da \"Frente Foucellas\" lhe dessem umha boa marimba aos Niki Sur e lhes deixaram claro que nom tinham cabimento em Maratón. Sobre tudo porque estas cousas, trascendem as portas do estádio. E se um dia temos a cem ou duzentos fascistas organizados na Corunha, ainda que seja desde o futebol, havemo-nos inteirar. Conheço gente de Madrid que pode falar do que significa ter um núcleo fascista a agir no seu bairro. Os nazis tenhem a violência como méio de propaganda. Onde há nazis há sempre violência. Há sempre agressons. Ameaças, provocaçons e caçarias. Isso de que os extremos colidem por atraçom necessária e de que dous nom brigam quando um nom quixer, é umha mentira, simplesmente. O que pense que vou fazer umha enéssima análise do acontecido nas proximidades do Vicente Calderón, erra. Nom é o meu cometido e nom poderia aportar nada a esse tema, chegamos a um ponto no que cadaquem interpreta as cousas como lhe convem. Simplesmente quero afirmar, ainda que me chovam as críticas, que nom todas as claques som iguais. Riazor Blues, Bukaneros, Celtarras, nom é igual do que Frente Atlético, Ultras Sur, Ultra Boys ou Ultra Violetas. As caçarias sistemáticas e os crimes do segundo grupo respondem a umha questom doutrinária; tem que haver um bode expiatório no que experimentar a propaganda do facto. E isto é no contexto das rivalidades futebolísticas ou nom. Agredir inmigrantes, indigentes ou gente de esquerdas, é necessário da óptica dos fascistas para transmitir presença e domínio no território. E sobre tudo, supremacia e poder. Quando as claques do primeiro grupo tenhem enfrentamentos com as do primeiro, costuma ser bem porque a claque fascista organizou umha operaçom de caça, ou bem porque se produz umha \"visita\" dos fascistas à cidade onde está sediado o clube da claque antifascista. Pode haver problemas mesmo entre seçons de umha mesma claque ou indivíduos de umha mesma claque; o que nunca vim é que membros de Riazor Blues ou dos Celtarras saissem pola cidade na procura de vítimas sobre as que praticar essa violência doutrinária que praticam desde as claques fascistas. Nom é igual, digamos o que digamos. Outra cousa é que agora prefiramos olhar para outro lado. De súvito resulta que há umha morte violenta e já os mesmos que imitavam os cánticos e as palavras de ordem dos Blues, olham para eles como se fosse um elemento estranho que cresceu à margem do corpo social. Nom. Um pode ser crítico com atitudes, com atuaçons, que também nom digo que haja que aplaudir-lhe tudo a ninguém. Atos criticáveis dos Blues? Muitos. Som iguais do que as claques fascistas? Quem conheça umha claque fascista de perto sabe que nom. Conheço siareiros do Madrid e do Atleti que o podem certificar."}
{"ID": "PRAZA_15114", "summary": "A Asociación Cultural A Revira presentará un escrito no Concello para demandar o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre rua Michelena", "text": "A Asociación Cultural A Revira presentará este 20 de novembro, aniversario da morte do ditador Francisco Franco, un escrito no Concello para pedir que se retiren os últimos símbolos franquistas na cidade de Pontevedra. Demandan o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a conseguinte supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre na rúa Michelena. A Revira explica que \"afortunadamente a cidade conta com poucos símbolos franquistas, em comparaçom com o que acontece noutras urbes galegas, mas é tempo já de proceder à definitiva eliminaçom destes vergonhentos resíduos do totalitarismo\". O colectivo lembra que \"a eliminaçom destes símbolos nom só representa um acto de higiene democrática que já chega muitos anos tarde, senom que é umha obriga legal que tenhem as administraçons públicas, segundo afirma o artigo 15 da Lei de Memoria Histórica aprovada no ano 2007\". Ademais, A Revira organizará o vindeiro 6 de decembro un roteiro urbano sobre a represión franquista na cidade, dentro das actividades do seu IX aniversario, \"coa intención de afondar no coñecemento histórico deste negro periodo\". A Revira pretende contribuir \"á reivindicaçom das liberdades e à necessária concienciaçom contra a ameaça fascista, que sempre retorna em tempos de crise profunda como os que vivemos\"."}
{"ID": "NOS_50219", "summary": "A Galiza ten 1.720 km de costa, unha frota pesqueira de máis de 4.200 embarcacións, 128 portos e perto de 20.000 traballadores e traballadoras no sector do mar. Mais non ten un órgano propio para a investigación de sinistros marítimos e as competencias en Salvamento Marítimo seguen en mans do Goberno español.", "text": "A traxedia do Vila de Pitanxo vai ser investigada pola Comisión de investigación de accidentes e incidentes marítimos (CIAM), adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Xa acordou a apertura da investigación e designou un equipo de investigadores. Este organismo, creado en 2008 ten recibido máis de 2.500 notificacións de accidentes marítimos e publicou 400 informes das investigacións, moitas delas sobre sinistros de buques galegos en augas galegas, xa que a Galiza non ten un órgano propio neste eido malia ter as competencias en rías e augas interiores. A propia Xunta de Alberto Núñez Feixoo desbotou no seu día que a Galiza tivese un organismo con esta finalidade argumentando que xa existía o do Goberno español e mesmo que cabía a posibilidade de que se nomeen para el membros das comunidades, se ben esta actuación corresponde ao Executivo estatal. Voces como a de Xabier Aboi, da CIG-Mar, entenden que un país mariñeiro como a Galiza debería contar cun órgano de seu para estes cometidos e apunta a Nós Diario , a respecto do existente a nivel estatal, que \"debería funcionar ben, con claridade e sabendo o que é a pesca na Galiza\". O pasado mes de abril, o Colexio de Oficiais da Mariña Mercante (Comme) presentou un recurso de reposición contra a decisión do Ministerio de nomear como membros da CIAM persoas que dependían laboralmente \"dunha navieira que, ademais, protagonizou varios sinistros que foron obxecto de investigación por accidentes\". O presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, considera en conversa con este medio que é bo maior \"proximidade\" na investigación aos sinistros no mar na Galiza mais lamenta que \"desde os despachos\" —e estean onde estean estes despachos, acrecenta— \"non sempre se entende que como é o mar e a pesca\". \"En augas galegas\" Se a consulta sobre a necesidade dun órgano propio para investigar accidentes marítimos se fai a pé de peirao, voces como a do mariñeiro José Martínez, que pasou pola pesca no sur de África, a mercante e agora está enrolado na baixura, entende que \"sería o propio para os naufraxios ou sinistros que pasen nas augas galegas\". O debate chega tamén a Salvamento Marítimo, unha materia que segue a ser competencia do Goberno español. No artigo 29 do estatuto de autonomía figura como unha das materias á que lle corresponde a execución da lexislación á comunidade. Os votos en contra do PP no Parlamento galego impediron até en tres ocasións (2010, 2014 e 2019) que se pedise a transferencia desta competencia a Galiza. Para Aboi é \"inxustificábel\" e \"non ten sentido\" que non estea transferida\". \"Na Galiza hai medios de salvamento da Xunta e hainos do Estado, deberían estar todos baixo o mesmo goberno, aquí\", afirma."}
{"ID": "PRAZA_249", "summary": "O paro rexistrado volve subir no país, desta vez en máis de 7.000 persoas. O mercado laboral galego calca os malos datos de xaneiro de hai un ano, ao perder case o mesmo número de afiliados á Seguridade Social e sufrir un idéntico aumento relativo do desemprego.", "text": "Nin recuperación, nin emprego, nin expectativas. O paro volveu crecer en xaneiro, mes tradicionalmente malo para as cifras do desemprego. Foi a suba menos forte nun primeiro mes do ano no conxunto do Estado desde o comezo da crise, un triste consolo que non é tanto en Galicia, onde os datos case calcan aos de hai un ano, cun aumento relativo do 1,42% con respecto a decembro (fronte ao -1,45% de xaneiro do ano pasado) e unha perda de afiliados á Seguridade Social practicamente idéntica: 13.183 cotizantes menos agora fronte aos 13.249 que se rexistraran hai doce meses. O aumento relativo do paro é case idéntico ao de xaneiro de 2014, ao igual que o descenso do número de cotizantes En concreto, Galicia rexistrou no pasado mes de xaneiro 7.084 parados máis con respecto ao mes de decembro, o que deixa o número total de desempregados nas oficinas de emprego do país en 259.002, 22.075 menos que hai un ano, pero unha cifra inasumible nun contexto no que os dirixentes políticos se atreven a falar de recuperación e dun futuro esperanzador no plano laboral, onde a emigración, temporalidade e precariedade son norma. O mercado laboral galego destruíu máis de 13.000 empregos en xaneiro De feito, se os datos do paro volven ser negativos en Galicia -que teima en rachar o seu feble e escaso diferencial positivo co Estado- as cifras da afiliación á Seguridade Social son aínda peores. O mercado laboral destruíu máis de 13.000 empregos en xaneiro no país tras o remate da campaña do Nadal e a Xunta non se pode agarrar, nin tan sequera, aos últimos datos da EPA, que en España supuxo unha ridícula mellora pero que na comunidade autónoma supuxo pechar 2014 con 2.200 ocupados menos. En xaneiro, o número de cotizantes sitúase nos 913.329, máis de 242.000 menos que cando Feijóo chegou á presidencia da Xunta, aínda que 11.952 máis que hai un ano. Porque, unha vez máis, a diferenza entre o dato do paro e de afiliación non é pequeno: de máis de 6.000 persoas, o que indica que hai máis persoas cuxos postos de traballo desapareceron que persoas que se apuntaron nas oficinas de emprego. Isto pode ser debido a que moitos cidadáns renuncian a apuntarse ao paro -porque xa non o ven útil, non teñen dereito a prestación ou porque traballan na economía paralela- ou porque abandonan a busca de emprego. Galicia perdeu 424 empregos ao día neste primeiro mes do ano, onde cada xornada sumou 228 parados máis De feito, tanto nos datos de paro rexistrado ultimamente como nos da EPA revélase que Galicia non fai máis que perder poboación activa: a poboación que busca emprego cae, xa sexa porque emigra, deixa o mercado laboral ou volve aos estudos. Tal e como detallou Praza, case a metade das persoas que causaron baixa no paro durante 2014 non atoparan traballo. Producíronse case medio millón de baixas de persoas demandantes de emprego no país, das que algo máis de 274.000 tiveron como causa a colocación. As restantes, practicamente o 45% do total, producíronse por \"non renovación\" da demanda, isto é, porque a persoa demandante de emprego non selou a popularmente coñecida como tarxeta do paro na data correspondente, ou por \"outras causas\", entre as que figura de forma destacada a realización de cursos de formación e doutro tipo de estudos. E o ano que vén de comezar non parece mudar a pésima tendencia. As cifras volven ser duras. Tanto como que Galicia perdeu 424 empregos ao día neste mes de xaneiro. E cada xornada sumou 228 parados máis. No conxunto do Estado, o paro creceu tamén en 77.980 persoas (+1,75%), ata alcanzar os 4.525.691 desempregados. Ademais, o final da campaña das festas provocou tamén unha forte destrución de emprego, ao perder a Seguridade Social case 200.000 persoas, concretamente 199.902. O Ministerio do Emprego xa intentou presumir aclarando que tanto un como outro dato son os mellores rexistros desde 2007, sendo esta a menor suba do paro nun mes de xaneiro e o segundo menor descenso da afiliación da Seguridade Social. Máis do 90% de contratos temporais Se debullamos as cifras do paro en Galicia, do total de desempregados apuntados nas oficinas de emprego, máis de 135.000 son mulleres polos case 124.000 homes, mentres que uns 14.000 son menores de 25 anos. Ademais, foi o sector servizos o que rexistrou unha maior destrución de emprego, ao incrementarse o número de parados en 7.389 persoas, alcanzando un total de 161.474. Na industria, pola contra, descendeu en 623 persoas e na consrución, 256, metnres que na agricultura incrementouse en 161. Por outra banda, o 90,5% dos contratos rexistrados son temporais (56.510) fronte ao 9,5% indefinidos, tan só 5.911 dun total de 62.421. Xa hai máis parados que cobran subsidio por desemprego que dos que reciben unha pensión contributiva Ademais, no mes de decembro de 2014 había 128.998 persoas cobrando unha prestación por desemprego, pero xa hai máis persoas que perciben un subsidio por desemprego que unha pensión contributiva. En concreto, a distribución é de 57.137 con prestacións contributivas, 58.847 xa con subsidios por desemprego e 13.014 cunha renda activa de inserción. Para afondar nos malos datos, a cobertura do sistema de protección por desemprego durante decembro -último dato facilitado- foi do 55,6%, mentres que un ano antes era do 60 %, case cinco puntos máis. Así, en Galicia xa hai unhas 100.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral mais non cobran prestacións por desemprego. A contía media da prestación contributiva percibida por persoa foi de 780,2 euros ao mes, fronte aos 815,3 euros da media do Estado."}
{"ID": "NOS_42494", "summary": "En novembro de 2014, o seareiro deportivista Jimmy foi asasinado nunha emboscada dos ultras atléticos aos riazor blues. O asasinato pode ficar impune. O xuíz decide non imputar ningunha das 5 persoas acusadas pola fiscalía.", "text": "A Fiscalía dá credibilidade ás investigacións policiais que sinalan como autores materiais do asasinato de Jimmy cinco ultras do Frente Atlético, mais o titular do Xulgado de Instrución número 20 de Madrid considera que as pesquisas se basean nun testemuño non críbel, o achegado por unha testemuña menor de idade. O xuíz decide fraccionar a causa en dúas pezas distintas, unha polo homicidio de Jimmy e o intento de homicidio de outro riazor blues (sen que neste momento haxa ningún imputado por tais cargos) e outra pola rifa multitudinaria que se produciu á beira do Manzanares horas antes de se disputar no Calderón un partido entre o Atlético e o Deportivo. Os cinco ultras sinalados pola Fiscalía como presuntos autores da morte de Jimmy si serán procesados por rifa multitudinaria. Xa en abril pasado, a fiscalía considerou que existían indicios razoábeis para acusar os cinco ultras do Atlético do asasinato de Jimmy, mais a Audiencia Provincial de Madrid refutou as teses do ministerio público por xulgar que se baseaban nun testemuño non críbel, o do menor que presenciou os feitos."}
{"ID": "NOS_25828", "summary": "O xigante de Vilalba, 16 veces campión Estatal, pon o foco nos Xogos", "text": "O deporte na era poscovid-19 está implicando cambios en practicamente todas as disciplinas, pero hai unha modalidade que conta cunha proba que permanece inmutábel: o Campionato de España de Loita Libre Olímpica na categoría de menos de 125 quilogramos, que un ano máis, e van dezaseis, gañou o galego José Cuba Vázquez. Este xigante de 1,87 metros de altura e máis de 100 quilos de peso da aldea de San Simón, en Vilalba, revalidou hai menos de dúas semanas no Centro de Tecnificación Deportiva de Los Alcázares (Murcia) a súa condición de campión estatal absoluto por décimo sexta vez aos seus case 40 anos, algo que, como recoñece a Nós Diario \"nin en soños\" se lle pasaba pola cabeza cando se introduciu \"de forma tardía\" neste deporte, cando contaba xa con 18 anos de idade. Cuestionado pola chave do seu rendemento nunha modalidade deportiva na que xa hai tempo que compite con deportistas moito máis novos que el, o galego responde que non hai máis segredo que \"o traballo\", que este ano se viu especialmente condicionado pola pandemia da Covid-19, o que lle obrigou a \"afrontar un tipo de preparación bastante diferente á habitual, dadas as circunstancias que estamos a vivir\". Sen competir desde o mes de febreiro, e adestrando con contacto tan só desde mediados de setembro, Cuba recoñece que non foi o Campionato de España no que se sentiu \"máis cómodo\", pero móstrase satisfeito tanto co resultado individual como co nivel colectivo dos seus rivais. \"Dadas as circunstancias, a xente adaptouse bastante ben e desenvolvemos unha boa competición\", engade. Tras os pasos de Kristin Amstrong A pesar de que o seu estado de forma e os seu éxito no último Campionato de España poidan indicar o contrario, o tempo -e a estatística- xogan en contra do loitador galego para alcanzar o seu soño de participar nuns Xogos Olímpicos. Despois de estar a piques de conseguilo, aínda que sen éxito, nas tres últimas edicións -Beijing 2008, Londres 2012 e Río 2016-, a de Tóquio será a derradeira opción para un home que, de logralo, entraría na selecta lista de deportistas que foron capaces de participar nuns Xogos con 40 anos, e na que están lendas como a ciclista estadounidense Kristin Armstrong, quen con 42 anos proclamouse en 2016 a muller con máis idade en gañar un ouro olímpico contra o reloxo. Cuba explica que, logo de que se suspendera o circuíto internacional a piques de disputarse o preolímpico europeo de Budapest, previsto para marzo pasado, agora as súas ocasións de chegar a Tóquio pasan por facerse \"cunha das catro prazas que quedan en xogo nas dúas quendas clasificatorias, unha a nivel europeo e outra a escala mundial\". E, como el mesmo indica, \"se non hai nada que o impida, estarei nas dúas, porque teño moita ilusión por conseguir este reto tan difícil no que levamos máis de catro anos traballando\". \"Estamos moi ben, e agardamos que o día da competición se nos dean todas as circunstancias para clasificarnos. Por esforzo da nosa parte non quedará\", conclúe este 'Sansón' da Terra Chá."}
{"ID": "PRAZA_14950", "summary": "Segundo informe de transparencia da Fundación Praza Pública, que actualiza os datos do anterior, publicado hai un mes e medio.", "text": "Dando continuidade á política de transparencia e prestación de contas á comunidade de lectoras e lectores, Praza Pública publica o segundo informe de transparencia, no que se actualizan os datos incluídos no anterior, evitando repetir as informacións redundantes a respecto daquela primeira entrega. Informe xurídico e organizativo Os aspectos novidosos no plano organizativo desde o anterior informe son dous. O primeiro, que a comisión de recursos económicos, creada no seo do padroado da fundación, deu comezo ás campañas de captacións de novos doadores e de inserción de publicidade. O segundo, a asinatura dun convenio de colaboración con eldiario.es, que inclúe a publicación da sección Galicia desde o día 04 de outubro e sendo a primeira edición territorial nese xornal de ámbito estatal. A comunidade de Praza en cifras (actualizadas a 06/11/12) Mantense o compromiso de crear o Consello Asesor antes do primeiro aniversario do lanzamento do xornal, que se cumprirá o próximo 1º de febreiro. Ademais, estase a enviar información regularmente a todas as persoas doadoras e encóntrase en proxecto a campaña de nadal e fin-de-ano, coa cal esperamos poder alargar o número de persoas implicadas ao tempo que retribuír o voso apoio. En cifras, esta é hoxe a dimensión da comunidade de Praza Pública (entre paréntese, a variación entre o 18/09/12 e o 06/11/12): Sistema de comentarios Disqus: 2.283 usuarios rexistrados (+28,7% no último mes e medio) | 19.053 comentarios (+26,7%) | 61.072 gústames (+31,2%) Twitter: 6.357 seguidores (+17,2%) | 19 novos seguidores/día | entre o 0,37% das contas máis retuiteadas | alcance directo de 11.577 persoas e indirecto de 75.678 persoas (o 64,6% delas, en máis de 1 ocasión só nos últimos 50 tuits) Facebook: 4.906 seareiros (+8,7%) | até 37.094 lectores/semana Chuza: 350 novas publicadas (+11,8%). Menéame: 13 novas publicadas (+30%). Datos de audiencia (actualizados a 31/10/12) Nos meses de setembro e outubro, o incremento da audiencia foi moi notable, como se pode comprobar nas cifras a seguir e mais nos gráficos que acompañan este informe. De feito, neste período Praza Pública vén de bater as súas mellores marcas de audiencia, tanto na media como nos picos máximos –coa única excepción dos días iniciais do lanzamento do xornal. Praza Pública vén de bater as súas mellores marcas de audiencia I. Datos acumulados (do 1º de febreiro ao 31 de outubro) Audiencia total 3.450.815 páxinas vistas + 97,531 páxinas vistas do Obradoiro (comunidade de blogs) 1.684.058 visitas + 61,909 visitas do Obradoiro 428.943 lectores únicos + 30,885 lectores únicos do Obradoiro Procedencia das visitas Xeograficamente: 73,73% Galicia | 19,79% resto do Estado español | 6,48% outros 146 países. Fontes: 45,33% webs de referencia | 33,71% acceso directo | 20,95% procuras na web. II. Datos do período entre 01/09/12 e 31/10/12 Seccións máis lidas: Portada 43,61% | Política 21,92% | Movementos sociais 6,99% | Opinión 6,70% | Fálase 6,10% | Economía 4,29% | Cultura 2,67% | Ciencia e Tecnoloxía 2,35% Novas máis lidas: entrevista a Miguel Quinteiro (9.375 lecturas) | portada do Especial Eleccións 2012 (7.439) | artigo de Anxo Quintana sobre o resultado electoral (6.212) | a crónica sobre as pezas do taboleiro electoral (5.109) | a crónica das declaracións de Feijoo sobre a privatización de servizos sanitarios (4.351) | a primicia sobre o desmentido de Feijoo por parte de Pemex (4.085) | a nova sobre a decisión de CxG de participar na AGE (4.019) | o test de afinidade electoral (4.011) Outro dato relevante é a incorporación de eldiario.es entre as principais fontes de tráfico (0,81% entre 04/10/12 e 31/10/12), aínda que por agora a moita distancia das redes sociais Facebook, Twitter, Chuza e Menéame –que seguen a liderar, por esa orde. Informe económico (actualizado a 31/10/12) No gráfico nº 1, pódense consultar todos os datos de ingresos e gastos desde o lanzamento do xornal até o final de outubro. En só dous meses, o xornal deu un salto de xigante cara á súa sustentabilidade: os ingresos pasaron de representar o 19,5% dos gastos a cubrilos nun 72,1% A principal noticia é que no conxunto de setembro e outubro, os ingresos subiron até representaren o 66,9% dos gastos, porcentaxe que considerando só o mes de outubro ascende ao 72,1%. No período anterior (febreiro – agosto), os ingresos só equivalían ao 19,5% dos gastos, o que significa que en só dous meses o xornal deu un salto de xigante cara á súa sustentabilidade. Con todo, para conseguir o obxectivo é necesario non só manter senón incrementar o ritmo de doazóns e de ingresos por publicidade, polo que reiteramos o noso chamamento para podermos seguir a facer un xornal libre, independente e plural, cuxa principal fortaleza radique nunha comunidade –o máis ampla e comprometida posible– de lectoras e lectores que exerzan como auténticas(os) propietarias(os) do xornal. Desde o anterior informe de transparencia, pasamos de 235 a 320 persoas doadoras, un incremento importante (do 36,2%) mais que aínda representa somente unha pequena porcentaxe en relación coa audiencia de Praza. Precisamos da implicación de moita máis xente, primeiro para equilibrar as contas –estamos no bo camiño– e despois para pensarmos en crecer e ofrecervos un xornal cada vez mellor. Estamos no bo camiño e convídamosvos a dar un paso adiante para atinxir o noso común obxectivo."}
{"ID": "NOS_13820", "summary": "Dépor e Celta mídense hoxe en Riazor nun encontro de máxima rivalidade que significará un punto de inflexión para o conxunto derrotado logo de que ambos equipos cheguen ao clásico nun bo momento de xogo e resultados.", "text": "Certo é que se trata dun derbi, polo tanto é un encontro que se xoga fóra do tempo, nos que case nada do anterior ten peso unha vez comeza levar patadas a bóla. Pero o que ocorra despois xa é outra cousa. Deportivo e Celta, que se miden esta noite na Coruña (22.00 horas. Cuatro) afrontarán o resto da tempada moi marcados polo que suceda hoxe, tanto pola enorme influencia anímica que provoca o resultado dun choque destas características como pola súa actual situación na táboa, algo indefinida e que dependerá moito da sensación -e os puntos- de cadaquén unha vez o colexiado asubíe o final do encontro. Lucas Pérez ou Nolito semellan chamados a ser protagonistas nun partido de alta tensión nun Riazor ateigado Día de máxima tensión futbolística para os dous grandes do fútbol galego. Por unha banda un Dépor no seu mellor momento do curso, con certo colchón respecto á zona baixa e que vén de amosar unha notábel imaxe no Bernabéu malia perder. Porén, unha derrota co Celta en casa abriría de novo a caixa dos medos e fulminaría o optimismo que se respira agora pola Coruña, que mesmo alcanza para considarse favoritos esta noite. Polo outro bando, como se demostrou coa fantástica vitoria ante o Atlético de hai seis días, o Celta recuperou a imaxe do comezo de campaña, cando soñou con postos europeos, unha meta difícil que regresaría ao imaxinario celeste de sumar os tres puntos en Riazor. Hai moito en xogo. Máis que a liga persoal entre ambos clubs. Que xa non é pouco. O Dépor segue con baixas pero recupera a Sidnei para a defensa e volve confíar nos reforzos de verán como Borges e Riera e en dous coruñeses nun grande momento de forma: Álex Bergantiños e Lucas Pérez. Quere poñerse a un só punto do Celta e seguir lonxe do pozo. Contará ao seu favor cun Riazor ateigado, que sempre impón. E coa tradición recente como local, que fala de vitorias ante os vigueses. O Dépor gañou os últimos derbis disputados na Coruña; o Celta venceu os dous que xa se xogaron este ano O Celta confiará nos homes que se exhibiron na última xornada ante o campión de Liga e lembra que xa lle gañou dúas veces aos branquiazuis esta tempada (na ida en Balaídos e no amigábel de Pontevedra en verán). Terá o apoio de 1.000 seareir@s. E conta coa súa principal baza -ademais dun trivote de esforzo- nese ataque demoledor e variado no que Nolito segue a ser estrela indiscutíbel e pesadelo para o Dépor, ao que lle adoita marcar. Chega unha nova edición da que din grande festa do fútbol galego. Que así sexa."}
{"ID": "PRAZA_4586", "summary": "Adrián Canoura e Breixo Llano, ex alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, preparan o documental Escamas, sangue sobre o enfrontamento que en 1994 se produciu entre a flota artesanal española coa industrial de Francia, Irlanda e Inglaterra, e que tivo en Burela un dos seus epicentros.", "text": "A década dos noventa foi un tempo de enfrontamento entre dúas formas de pescar o bonito e, en xeral, de relacionarse co mar, a loita entre as frotas artesanais (maioritarias en España) que pescaban os peixes un por un, cun anzol, e as frotas industriais inglesa, francesa e irlandesa, e as súas redes de deriva e volantas, ás veces de dez quilómetros de lonxitude, e que provocaban un grave prexuízo aos fondos mariños e a determinadas especies protexidas. A crise foi máis intensa ao longo do ano 1994, sobre todo durante o verán, cando os pescadores de Burela, convertida en epicentro das loitas, fixéronse co pesqueiro francés La Gabrielle, que fóra abandonado polos seus tripulantes, e que levaba redes ilegais no seu interior. Francia considerou este feito como un secuestro e a armada española interveu para tentar recuperar a embarcación, aínda que a oposición dos pescadores impediu que o conseguisen. O barco foi levado ao porto de Burela escoltado por toda a frota boniteira española, composta por 350 barcos, para mostrar que as súas redes eran ilegais. Unha vez que isto foi demostrado, a armada española fíxose cargo da embarcación o 21 de xullo. Adrián Canoura e Breixo Llano, ex alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, preparan o documental Escamas, sangue sobre este enfrontamento, e do que xa se pode ver un teaser promocional, á espera de que o traballo, que conta co apoio da Deputación de Lugo, estea rematado ao longo de 2014. Breixo Llano destaca a importancia de que se coñeza, en Burela e en toda Galicia, esta historia: \"Nós tivemos unha constancia mínima, como moito algunha mención nas clases, e supoño que ter un documento audiovisual completo lles gustará ás xeracións que veñan\". O traballo inclúe imaxes de arquivos e un gran número de entrevistas a algúns dos e das protagonistas dos feitos, así como testemuñas do sucedido. \"Tiñamos medo de que pasara algo, de que tiraran tiros e de que matasen a alguén, porque eles traían armas. Pero non, eles non se meteron con ninguén\", destaca Gloria do Cornete sobre o momento en que a Armada Española entrou no porto. \"Burela ten as súas rúas asfaltadas con escamas e sangue de bonito, e por iso todo o mundo era moi sensible con este tema, porque o bonito deulle moito pan a esta vila e axudou a formala\" Ao longo de 1994 houbo máis protestas, bloqueos de portos, interveu o Rainbow Warrior de Greenpeace en apoio das frotas artesanais..., e finalmente foron prohibidas as volantas peláxicas na pesquería do bonito. Como destaca o alcalde de Burela, José María González Barcia, \"a Guerra do Bonito foi un exemplo significativo da preocupación das xentes do mar pola sostibilidade da pesca, defendendo as artes tradicionais e garantes da sostibilidade do recurso e esixindo a erradicación de prácticas pesqueiras nada acordes coa preservación dos stocks\". Ou, como sinala un dos mariñeiros entrevistados para o documental: \"Burela naceu do mar e Burela é mar\". Unha importancia que outro dos protagonistas do filme exemplifica afirmando que \"Burela ten as súas rúas asfaltadas con escamas e sangue de bonito, e por iso todo o mundo era moi sensible con este tema, porque o bonito deulle moito pan a esta vila e axudou a formala\"."}
{"ID": "NOS_21961", "summary": "Alcoa dá seis meses para desmantelar as fábricas e facilitar a súa venda.", "text": "A paralización do ERE de despedimento para os operarios das plantas da Coruña e Avilés así como seis meses máis de prazo para atopar unha solución que evite o fechamento de ambas as dúas factorías. Son dúas propostas recollidas no documento de mínimos elaborado esta terza feira após a xuntanza en Madrid de representantes da empresa, do goberno español, dos sindicatos e das administracións galega e asturiana. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, nunha entrevista concedida á Cadena Ser recollida por Europa Press, afirmou que piden que se poida traballar cun escenario temporal máis amplo para atopar solucións ao problema. \"Hai solucións e estamos a avaliar proxectos\", asegurou a titular da carteira de Industria. \"Onte Alcoa desmentía que estivese a bloquear a situación, iso non é certo. O bloqueo é certo e constátase cada día nas mesas que estamos a levar a cabo. Por tanto, se hai vontade por parte da empresa, o Goberno xa demostrou nos casos de Vestas e Cemex que se pode buscar unha solución de reindustrialización a calquera peche de empresa que se produza neste país\", engadiu. A dirección de Alcoa vailles propoñer os traballadores manter parte da actividade nas fábricas da Coruña e Avilés durante seis meses, un desmantelamento progresivo, para dar máis facilidades a que apareza un posible comprador. Con todo desbotan retrasar a negociación do ERE como lles pedía o ministerio."}
{"ID": "NOS_51126", "summary": "Montecubeiro queda a uns 20 quilómetros de Baralla. Montecubeiro foi un inferno naquel 1937 no que se produciu a matanza de quince mulleres e homes asasinadas polo franquismo. Con biografías que desdín ao alcalde de Baralla. Nada fixeran. Montecubeiro é, por iso, o lugar elixido para honrar as vítimas e reclamar xustiza pola represión que comezou co golpe militar do 36.", "text": "Unha grande pedra de dez toneladas de peso recolle o nome das quince persoas asasinadas en Montecubeiro. Tres son mulleres. Ao pé do monumento promovido por Manuel Sarille, irmá de Carme, unha das asasinadas, vaise realizar este día 13 de outubro o acto nacional convocado pola Iniciativa pola Memoria en desagravio e homenaxe ás vítimas, de condena da impunidade e contra a apoloxía do franquismo. Reclamarase, máis unha vez, a derrogación da Lei de Amnistía do 77 que ergueu un muro de silencio e deixou libres aos asasinos. \"As mozas Virxinia Meilán, Manuela Graña e Carme Sarille foron das primeiras asasinadas\" En Montecubeiro a memoria das quince persoas asasinadas latexa aínda, ao pé da antiga casa da Unión de Labradores na que se quería montar unha biblioteca durante a República. O franquismo cebouse con saña nesta parroquia de Castroverde de onde era viciño Bonifacio Sarille Lenceiro, líder da Unión de Labradores que canda dous compañeiros fuxiron ao monte despois do golpe militar, o que alertou aos sublevados da posíbel creación dun grupo de resistencia na zona. O masacre veu despois, para rematar con calquera fasquía dun tempo no que en Montecubeiro se soñaba coa forza revolucionaria dunha biblioteca. As tres mulleres foron das primeiras vítimas do masacre. A costureira Virxinia Meilán -acusada de ter un amante- a moza que intervira nun acto dun primeiro de maio, Manuela Graña e mais Carme Sarille Lenceiro, irmá de Bonifacio, o mozo fuxido, mais tamén de Manuel, o supervivente que perseguiría unha teima o resto da súa vida: recuperar a memoria das vítimas. \"Entre os toxos, sobre a neve, na seca e nas enxurradas, / tres mapoulas iluminan/ noite e día Montecubeiro:/ Virxinia, Carmen, Manuela./ Eran fermosas como pétalos. / Perduran como penedos\". Son versos de Claudio Rodríguez Fer dedicados á memoria das tres mozas masacradas na parroquia de Castroverde, unha das voces que se sentirá na homenaxe ás vítimas do franquismo deste domingo. O sobriño de Carmen e Bonifacio e fillo de Manuel, Xosé Manuel Sarille -ex-presidente da Mesa- escribiría a historia dos seus na novela Polos fillos dos fillos, publicada en 2004, aínda vivo seu pai, testemuña de excepción do masacre. Ao mestre Arximiro Rico \"cortáronlle os testículos. Quitáronlle os ollos. Cortáronlle a lingua. E rematárono a paus e a tiros de escopeta\" Canda as tres mulleres, quitáronlle a vida a dous irmáns de Manuela, Manuel e Xosé Graña Rico, ao directivo da Unión de Labradores, Antonio Pereira, ao fillo dun mestre paseado tamén no 36, Xosé Palmeiro, ao labrego Manuel López, ao barbeiro Xosé Freire, ao mestre de San Bernabé, Arximiro Rico ou ao muiñeiro Xosé Veiga López: até quince nomes de vítimas que non cometeran máis delito que o de confiar nun mundo mellor. Entre eles, Arximiro Rico, mestre e promotor do teatro popular, unha figura que ten estudado o profesor Narciso de Gabriel nun libro sobre a súa figura no que narra o brutal asasinato. \"E na serra de Montecubeiro aconteceu o que resulta máis estremecedor. Cortáronlle os testículos. Quitáronlle os ollos. Cortáronlle a lingua. E rematárono a paus e a tiros de escopeta,\" escribe de Gabriel do mestre exemplar que foi substituído pola filla dun dos que participou no seu \"paseo\". Por que Montecubeiro? A só vinte quilómetros de Baralla sitúase esta parroquia de Castroverde na que os anos non poden cunha memoria tráxica e inxusta que masacrou a quince veciños e veciñas, xente nova e con ilusións das que ninguén foi quen de transmitir maldade algunha. Montecubeiro, porque ao pé da grande pedra cos seus nomes o \"será porque o merecían\" do alcalde de Baralla síntese aínda máis lacerante."}
{"ID": "NOS_19307", "summary": "Unha moción do partido de Albert Rivera procura derrogar varios artigos da ordenanza de normalización lingüística de 1997, denuncia o BNG, coa desculpa da \"imposición do galego\".", "text": "Unha moción de Ciudadanos para o debate no pleno do Concello de Ferrol, onde este partido ten 1 concelleira, procura derrogar varios artigos da Ordenanza de normalización lingüística do 27 de xuño de 1997, denuncian desde o BNG da cidade departamental. Na súa proposta, apontan os nacionalistas, Ciudadanos pide que se supriman até 6 artigos da actual ordenanza, entre eles o que indica que o galego, como lingua propia de Galiza, é o idioma oficial do Concello de Ferrol ou que as actuacións administrativas realizadas en galego en territorio municipal terán plena validez e eficacia. Na súa proposta Ciudadanos pide que se supriman até 6 artigos da actual ordenanza de normalización lingüística Eva Espiñeira, concelleira do BNG, afirmou que con esta proposta Ciudadanos procura converter á vítima en verdugo, e situou esta iniciativa na liña de asociacións como Galicia Bilingüe. \"A realidade paralela e inventada sobre a imposición do galego non ten nada que ver coa realidade existente. A actual situación do galego é cada vez máis dramática, e os datos móstrannos que o monolingüismo en castelán segue medrando entre os galegos e galegas, mentres a porcentaxe de nenos e nenas que non falan nunca o galego incrementouse nos últimos anos en 18 puntos. Só un 13% dos nenos se expresan en galego\". Cumprimento da Ordenanza De por parte, o BNG considera que o actual goberno municipal de Ferrol \"carece dun compromiso real e efectivo\" coa promoción do galego e instouno a desenvolver unha acción decidida para lograr \"unha normalización real da lingua galega no concello de Ferrol\"."}
{"ID": "NOS_30884", "summary": "O informe do Consello de Contas sobre farmacia hospitalaria subliña a mala praxe á hora de optimizar a compra de fármacos, segundo vén de denunciar Esquerda Unida.", "text": "O último Informe do Consello de Contas recolle como gasto farmacéutico da Xunta vai aumentando gradualmente nestes anos, pasando de 30% en 2014 a 36% en 2016), \"con opacidade e incumprimento os procedementos establecidos na Lei de Contratos Públicos\", segundo denuncia Esquerda Unida. O informe do Consello de Contas sobre farmacia hospitalaria indica, explica EU, que á hora de adquirir produtos, \"malia a existencia de protocolos ou instrucións internas, estas non se cumpren\". Por iso o sistema de información sobre a adquisicións e consumos de fármacos, (coñecido como a Aplicación SINFHOS), \"non proporciona información sobre os prezos ofrecidos por diferentes laboratorios, e non conserva o historial\", o que imposibilita unha posición vantaxosa de cara a optar por fármacos máis accesíbeis. Ao non cumprirse o protocolo, \"isto xera unha falta de homoxeneidade nos datos rexistrados\", en consecuencia, \"non é o suficientemente efectivo e non permite a optimización de recursos\", así como o control do gasto. Ademais, prosegue afirmando Esquerda Unida, a documentación relativa ás adquisicións e condicións de subministración dos produtos carece de sistematización, o que impide un cumprimento efectivo dos trámites establecidos na normativa reguladora dos contratos do sector público. Aínda que o que máis chama a atención, dentro destas malas prácticas de acordos con laboratorios, é que \"nalgún caso rexístranse pagos por outros servizos, tales como \"becas, cesión de equipos o mantemento dunha páxina web\" así como unha \"práctica estendida por parte dos laboratorios de ofertar bonificacións consistentes nun abono contable en función do volume de adquisicións, sen que isto se recolla de forma axeitada."}
{"ID": "NOS_28787", "summary": "Chegou o Barcelona coa versión B a Balaídos -sen sombra de Messi nen Iniesta nen Luis Suárez-, mais non hai Barça mao. O Celta pelexou até a extenuación, porén só arrincou un empate. De todos xeitos, coa versión A ou B do Barça sobre o campo, a eliminatoria aínda non está resolvida.", "text": "En liga, no Camp Nou, só unha equipa foi quen de puntuar no presente exercicio 2017/2018. Foi o Celta de Unzué e Iago Aspas. Faría mal o Barcelona en se relaxar após o valioso empate colleitado esta quinta feira cunha equipa inzada de suplentes. O Celta interpreta á perfección a arte do contra-golpe e é moi quen de dar un susto dentro dunha semana no feudo blaugrana. En liga foi quen de o facer, e con Messi e demais estrelas sobre o relvado. Coa versión A ou B, o Barça é sempre o dono da bola. De acordo, mais o Celta tampouco descoñece o bon trato do balón. Demostrárono tipos como Wass, Aspas ou Emre Mor nos poucos minutos en que este estivo sobre o campo (o turco, en canto acade a plena forma física, aponta para xogador grande). As eliminatorias de Copa son partidos a 180 minutos, así que ningunha das dúas equipas quiemou en Balaídos todas as naves. En algúns momentos o ritmo de xogo foi até lento, ao Barça xa lle ía ben e o Celta -após encaixar excesivamente cedo o 0-1- tampouco quixo ir ás tolas a polo empate e deixar desguarnecida a portería de Sergio. Apareceu daquela, mais unha vez, Aspas, para colocar unha bola na trabe da baliza rival. E apareceu Sisto para, oportuno, cazar o rexeitamento e anotar o gol local cun disparo sen demasiado ángulo. A partir daí, o Barça foi o Barça e o Celta foi o Celta, o que significa que a equipa viguesa practicou unha presión alta até o último instante e procurou sempre a elaboración a partir das botas de Aspas e, desde o minuto 67 en que ingresou no campo, do sempre exquisito Emre Mor, a quen, excesivamente cruzada, se lle foi fóra unha boa bola de gol perante Cilessen. Asinadas as táboas, nunha semana o Camp Nou ditará sentenza. De se repetir o resultado da liga (2-2) pasaría o Celta. Celta: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Jonny (Roncaglia, min.81), Lobotka, Jozabed, Wass (Brais Méndez, min.67), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.67), Maxi Gómez. Barcelona: Cillessen, Semedo, Piqué, Vermaelen, Digne, Busquets, André Gomes, Denis Suárez, Paulinho (Rakitic, min.71), Aleix Vidal (Sergi Roberto, min.75), Arnáiz (Dembélé, min.71). Goles: Arnáiz (min.15, 0-1); Sisto (min.31, 1-1). Árbitro: Martínez Munuera, do comité valencián. Cartóns amarelos para Fontàs (Celta) e André Gomes (Barça). Campo: Balaídos. 21.338 espectadores."}
{"ID": "NOS_28234", "summary": "A nova liña que une Vigo e A Coruña exclúe do seu trazado a conexión con Ferrol e coa fronteira portuguesa, o que supón un 64% do percorrido previsto no proxecto inicial.", "text": "Nin Eixo Atlántico nin liña de Alta Velocidade. O novo trazado ferroviario entre Vigo e A Coruña entrou en funcionamento este sábado, após 15 anos de investimentos, excluíndo a conexión con Ferrol e coa fronteira norte de Portugal. Unha cuestión que obviaron tanto os responsábeis da Xunta como do Goberno central na presentación do proxecto. \"O Eixo Atlántico, o corredor ferroviario que decorre de norte a sur polo litoral atlántico entre Ferrol e a fronteira con Portugal ao longo de 241 quilómetros, porase en servizo esta mesma semana\", anunciaba o Ministerio de Fomento en nota de prensa. Na mesma liña insistiu o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a viaxe inaugural do trazado. A liña que une Vigo e A Coruña non acadará velocidades de 300 quilómetros por hora, como si ocorre noutros corredores do Estado. Nada máis lonxe da realidade. O chamado Eixo Atlántico que se inaugura cubrirá só 158 quilómetros, un 64% do percorrido proxectado inicialmente. Desta forma, o tempo de viaxe para facer os 63 quilómetros que separan Ferrol e A Coruña, que hoxe supera os 72 minutos, será similar ao que tarde un usuario ou usuaria en viaxar entre Vigo e A Coruña coa nova conexión, a máis do dobre de distancia. As obras arrancaron en 2001, pero ficaron varadas coa crise económica, o que serviu de escusa para recortar o plan orixinal. Durante case 15 anos, os investimentos superaron os 180 millóns de euros, parte deles aportados pola comunidade autónoma malia ser unha obra considerada de \"interese xeral\", que obrigaría a ser financiada por completo polo Estado. Tampouco será de Alta Velocidade Foi en 2013 cando se desbotou a posibilidade de renovar o tramo entre Ferrol e A Coruña, que data do ano 1912. Fomento consideraba que \"non estaba confirmada a viabilidade económica da actuación a curto prazo\". Durante máis dun século, non se fixo ningún investimento para mellorar un trazado, cheo de pendentes e curvas, cuxo deseño é do século XIX. Neste senso, foron rexeitas as peticións de melloras da liña actual entre Betanzos e Ferrol. Cun investimento de pouco máis de tres millóns de euros, podería reducirse un cuarto de hora o tempo entre cidades e mellorar as frecuencias, segundo os estudos presentados. Outra das grandes críticas, fronte as declaracións dos líderes do PP en Santiago e Madrid, é que o proxecto de Alta Velocidade non será tal. A liña que une Vigo e A Coruña non acadará en ningunha parte do percorrido os 300 quilómetros por hora, como si ocorre noutros corredores de Alta Velocidade do Estado español. Defiencias graves no trazado O comité de empresa de Adif e o sindicato CGT denunciaron este sábado as \"deficiencias\" do novo traxecto que unirá A Coruña e Vigo. Alertaron de \"perigos potenciais\" na estación de Arcade, onde se permite a circulación dos trens a 180 quilómetros por hora. Ademais, advirten de que a nova estación de Urzaiz, en Vigo, abriuse tras una inversión \"faraónica\" malia ter \"graves deficiencias estruturais en humidades, así como incluso de salubridade\". Tamén na estación de Redondela, onde non hai persoal asignado. Consideran que a celeridade da posta en marcha do servizo \"obedece unicamente a motivos electorais\". Sobre este tema, publicamos no Sermos Galiza 141 unha reportaxe e un artigo de opinión da autoría do xornalista X.Lorenzo e de Francisco Rodríguez, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados entre 1996 e 2008, respectivamente."}
{"ID": "NOS_11258", "summary": "Logo dun parón en 2015, volve o 16 de xaneiro o Festival da Lusofonía que presenta un cartel con Jorge Palma, un dos piares da música rock portuguesa, o dúo galego Uxía&Narf, e dúas artistas para descubrir: a brasileira Thaïs Morell e a africana Karyna Gomes.", "text": "Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, suma ao seu cartel o nome de Jorge Palma, un dos piares da música rock portuguesa, que marcou toda unha xeración de artistas no seu país e que será a primeira vez que actúe en Galiza. Como xa se anunciou no Culturgal, esta duodécima edición inclúe tamén dous novos descubrimentos, a brasileira Thaïs Morell e a africana de Guinea Bissau Karyna Gomes, xunto a dous músicos galegos de recoñecida traxectoria, Uxía&Narf, que levarán o seu último proxecto, 'Baladas da Galiza imaxinaria'. A duodécima edición de Cantos na Maré será no Pazo da Cultura de Pontevedra o 16 de xaneiro de 2016. Así o anunciaron onte en rolda de prensa a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, a directora artística do festival, Uxía, e o produtor de Nordesía, Vítor Belho, quen indicou que \"logo dun ano no que por diferentes circunstancias foi imposible realizar a edición correspondente volvemos á nosa casa, Pontevedra, para asentar os valores do proxecto, as relacións de ida e volta que se teñen establecido cos diferentes territorios que están presentes no festival\". Belho anunciou tamén a vontade de sumar un nome máis ao cartel, un convidado especial de gran repercusión internacional, que o festival xa ten en trámites e que se espera dar a coñecer a comezos de ano. \"En 2016 Nordesía cumpre o seu 20 aniversario e queremos achegar o noso gran de area para celebralo con esta nova incorporación\", comentou. Uxía foi a encargada de presentar aos diferentes artistas desta edición, dos que salientou que \"cada ano supón unha nova ilusión poder mesturar artistas consagrados con novos descubrimentos e que os días de convivencia sirvan para que autores tan singulares creen xuntos\". Falou de Jorge Palma como un autor de culto, gran pianista, guitarrista e orquestrador, cunha morea de discos ás costas, moi coñecidos polo gran público. \"É unha das figuras máis importantes da música portuguesa de todos os tempos, que marcou toda unha xeración e mesmo integrou o grupo Rio Grande con outros grandes nomes de Portugal, como Rui Veloso, que tamén estivo en Cantos na Maré\", resumiu. No apartado de descubrimentos Cantos na Maré trae a Thaïs Morell e Karyna Gomes. Da brasileira Uxía destacou a súa formación nunha das escolas de música máis prestixiosas do mundo, a Sibelius en Finlandia, que logo viviu en Ghana tomando contacto coa música africana, para finalmente establecerse en Valencia. \"É unha creadora única, moi orixinal, unha compositora brillante e unha guitarrista excepcional, que vai presentar aquí o seu novo disco, \"Amaralina, unha xoia\". Definiu a Karyna Gomes como a gran revelación da música da África lusófona, cun primeiro disco, \"Mindjer\", producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges, que tivo un grande éxito de crítica e público. \"Investigadora da música de raíz do seu país, Guinea Bissau, de seguro vai sorprender ao público\", valorou. Por último, falou da súa colaboración don Fran Pérez Narf. \"Imos presentar as \"Baladas da Galiza imaxinaria\", que son aquelas que están no corazón das persoas que temos espalladas polo mundo, sexan ou non de orixe galega\", explicou. En formato dúo, reúnen as músicas máis representativas de cada un deles nun traballo en común."}
{"ID": "PRAZA_4868", "summary": "No certame organizado por Igaciencia, que chega xa á súa sexta edición, participaron 1.200 alumnos e alumnas e 64 mestres de 32 centros de ensino de toda Galicia.", "text": "1.200 alumnos e alumnas de 32 centros de ensino de toda Galicia, acompañados de 64 mestres e mestras, participaron este luns na Coruña na sexta edición do Concurso Galego de Robótica, organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia). O evento, que acolleu a Fundación Barrié, tivo como título este ano La magia de la robótica, e busca achegar a mocidade e a cidadanía en xeral, \"ao mundo da robótica, facéndoo comprensible e salientando a súa importancia e as implicaciones no seu propio futuro\". Nesta ocasión, os gañadores nas tres categorías foron os alumnos e alumnas do IES Perdouro de Burela (no apartado de Bacharelato e FP), do IES A Cachada de Boiro (no grupo 2º a 4º de ESO) e do CPI de San Sadurniño (na de Primaria a 1º de ESO). O IES Ramón María Aller de Lalín, o IES Otero Pedrayo de Ourense, o IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e o IES Francisco Asorey de Cambados foron finalistas nas distintas categorías. Durante varios días estes e estas estudantes tiveron que demostrar os seus coñecementos de robótica, superando unha serie de obstáculos e desafíos cuns robots predeterminados. Os centros gañadores e finalistas recibiron un premio en metálico (de 150, 100 e 50 euros), nun certame no que se valoraron entre outros aspectos o número de probas realizadas e a súa dificultade, a organización e funcionamento do equipo, e a presentación dos resultados do traballo realizado. Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Non é necesario ter coñecementos en programación electrónica, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación."}
{"ID": "NOS_55880", "summary": "Case 600 sinaturas piden que non se derrube esta edificación de carácter racionalista construída nos 50 e que se rehabilite o conxunto para diversas utilidades. O Concello quer tirala para facer prazas de aparcamento.", "text": "A Lonxa Vella de Malpica foi construída na década dos 50 do século pasado, sendo o expoñente das primeiras lonxas modernas na comarca. Unha edificación de carácter racionalista que fixo parte dun conxunto formado pola vella fábrica de xeo e que é parte da memoria colectiva de Malpica, representante clara da auxe da pesca de baixura nunha vila de forte identidade mariñeira. O Concello baralla o derrubo desta edificación para construír 20 prazas de aparcamento e un espazo de lecer e esparcemento, argumentando a carencia na vila de lugares de estacionamento. Un proxecto que suporía o investimento de por volta de 250.000 euros e que conta co visto bo de Portos de Galicia. A obra, de feito, xa está adxudicada. Mais en Malpica non todos ven ben esta actuación. En poucos días xa se recolleron máis de medio milleiro de sinaturas en defensa da Lonxa Vella, á que consideran como \"parte da memoria colectiva\" da vila mariñeira e a contorna. Queren que este edificio se inclúa no patrimonio malpicán e, así pois, que pase protexerse. Mais non só demandan isto. Recoñecen que as instalacións están nun estado de abandono e deterioro, polo que urxen a acometer a rehabilitación do conxunto para que poida acoller diferentes usos. Un referente Na véspera de Reis (5 de xaneiro) Soledad Bugallo entregou un escrito no Concello no que advertía de que a \"perda dun dos referentes do porto pode supoñer algo irreparable tanto para o conxunto das memorias coma para o posible desenvolvemento local a través de novas estratexias e marcos de acción\". Un escrito do que agroma a campaña para recoller sinaturas. \"Noutros núcleos veñen de retomar e rehabilitar parte do seu patrimonio industrial mariñeiro e reconvertelo en propostas produtivas e culturais. Porén, Malpica opta por derrubar parte dun dos elementos máis salientables do pasado século, que pode ter unha oportunidade de rehabilitación e ser parte dunha proposta alternativa\"."}
{"ID": "PRAZA_8772", "summary": "A plataforma contraria á mina advírtelle de que os elevados niveis de arsénico na zona \"son consecuencia das antigas labores mineiras\" e de que o proxecto mineiro \"contempla novos vertidos de arsénico ao medio por riba do límite permitido pola lexislación\". Soledad Becerril xa abriu unha investigación de oficio sobre a mina.", "text": "A Defensora del Pueblo xa conta con máis información sobre as presuntas irregularidades cometidas polo Goberno galego á hora de autorizar os traballos sobre a mina de Corcoesto. Logo de que iniciase unha investigación de oficio sobre o proxecto e ante a alarma creada polo informe publicado pola Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e a Universidade de Vigo, que non se tivera en conta durante o proceso de avaliación de impacto ambiental, Soledad Becerril vén de recibir agora un completo dossier con información acreditativa \"das moitas irregularidades cometidas pola Xunta de Galicia na tramitación do expediente para a autorización do proxecto de mina de ouro a ceo aberto\" e que desmentirían á Consellería de Medio Ambiente sobre a procedencia do arsénico, segundo asegura a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. A documentación alerta á Defensora de que os elevados niveis de arsénico \"non só se atopan no Anllóns, senón en mananciais de Corcoesto\" No dossier alértase á Defensora de que os elevados niveis de arsénico \"non só se atopan no río Anllóns, tal e como acredita o estudo científico da Universidade de Vigo e do CSIC, senón tamén en mananciais que abastecen para consumo humano e animal a parroquia de Corcoesto\". Esta información, que consta no propio Estudo de Impacto Ambiental elaborado pola empresa, foi posta polos veciños en coñecemento das autoridades sanitarias da Xunta, \"sen que estas adoptasen ningunha medida tendente a solucionar o grave problema de saúde pública que se está a producir, xa que se trata de un elemento químico altamente canceríxeno\". Así, a Plataforma denuncia que hai mananciais que rexistran niveis de arsénico de 118,77 microgramos litro cando o límite está en 10 microgramos para consumo humano e en 50 microgramos para o medio receptor, e que ante esta grave situación, o órgano responsable da saúde pública \"mira para outro lado obviando as súas responsabilidades\". \"Por se estes niveis fosen pouco, o proxecto mineiro prevé verter ao medio receptor 77 microgramos litro a maiores, comprometendo así a saúde dos veciños e contaminando o río Anllóns e a ría de Corme e Laxe por centos de anos\", denuncia o colectivo. A plataforma desminte o informe remitido por Medio Ambiente á Defensora del Pueblo Ademais, a plataforma desminte o informe remitido pola Consellería Medio Ambiente á Defensora del Pueblo, no que sinala que os niveis de arsénico na área de Corcoesto non son consecuencia das antigas labores mineiras, senón da litoloxía da zona. Para apoiar a tese de que o arsénico é causa directa da antiga explotación de ouro, o colectivo remítese ao artigo científico da Universidade de Vigo e do CSIC e achega a maiores unha tese doutoral da Universidade de Santiago, que en relación ao arsénico e ao chumbo no río Anllóns, sinala que \"estes elementos se acumularon en los sedimentos de fondo como consecuencia de la removilización de las venas piríticas de la cuenca durante las épocas de extracción de oro\". \"Las actividades mineras han producido, principalmente, un importante incremento del contenido de arsénico en los sedimentos en la zona de Corcoesto, extendiéndose esta contaminación hasta la línea de costa, unos 15 kilómetros más abajo\", aclara. Alén disto, a plataforma remite á Defensora información detallada das irregularidades cometidas pola Xunta na tramitación do procedemento administrativo, como é a\" ausencia no trámite de información pública de elementos esenciais que son causa de nulidade absoluta e radical do mesmo, tales como a memoria do proxecto industrial estratéxico, a relación de bens e dereitos afectados, e a falta de notificación aos interesados, entre outros\". En canto ao Estudo de Impacto Ambiental, tamén denuncia que este foi \"sometido a exposición pública sen estar conformado de acordo co establecido pola lexislación de avaliación ambiental\", cuestión que xa foi posta de manifesto polo Valedor do Pobo de Galicia ante a Consellería de Economía e Industria á que mesmo advirte de que avalíe as consecuencias xurídicas de aprobar así o proxecto mineiro de Corcoesto. A Xunta recorre ao Igape A Plataforma tamén tivo coñecemento de que a Dirección Xeral de Minas, \"en aras a tratar de arranxar unha nefasta tramitación do procedemento, está recabando de novo informes sobre o proxecto de outras consellerías e de outros órganos da Xunta como o Igape, neste último caso para que avalíe a viabilidade económica do mesmo\". Ante esta situación, o colectivo vén de remitir un escrito ao director xeral do Igape con documentación técnica que \"pon en dúbida a viabilidade económica do proxecto e pídelle que faga un informe serio e rigoroso no que se contemple tamén o custo de oportunidade do mesmo, medido en termos da riqueza que se destruiría nas actividades agrícolas, gandeiras, de pesca e marisqueo, no caso de que fose autorizado\"."}
{"ID": "NOS_24643", "summary": "O BNG aposta por activar integramente a carteira de servizos para aliviar o persoal médico de familia e resolver o colapso das listas de agarda. Demandan ademais un plan de recursos humanos e recalcan que si hai alternativas fronte á non substitución de profesionais ou aos fechamentos de centros de saúde polas tardes", "text": "O BNG presentou iniciativas no Parlamento galego para achegar solucións á situación de \"deterioro\" en que, denuncian, está a Atención Primaria e que, segundo a portavoz nacionalista de Sanidade, Montse Prado, \"vén de lonxe a consecuencia dos recortes levados a cabo polo PP durante os últimos 12 anos, mais que ficou ao descuberto con toda a crueza coa pandemia e, agora, coa chegada do verán, os problemas vense agravados\". \"Fronte á inacción do Goberno do PP\", Prado indica que é posíbel articular alternativas e facelo no curto prazo, polo que no paquete de medidas rexistradas na Cámara, o BNG propón a incorporación á carteira de servizos de Atención Primaria das categorías imprescindíbeis para \"prestar unha atención integral e descolapsar as listas de agarda\", entre as que Prado cita as e os profesionais de psicoloxía clínica, terapia ocupacional, traballo social, logopedia ou podoloxía, e que, segundo recalca, \"hai moitas e moitos nas listas de contratación\". Nesta liña, tamén avoga por pór en marcha a carteira de servizos de todas as categorías de Atención Primaria (enfermaría, fisioterapia, psicoloxía, matronas...), tal e como recolle a Lei 44/2003 de ordenación das profesións sanitarias (LOPS), que lles permite ter, como persoal cualificado, capacidade e autonomía \"para exercer a súa propia carteira de servizos de forma autónoma e así desconxestionar as axendas de medicina de familia e contribuír a unha mellor calidade asistencial\". A deputada nacionalista considera prioritario e urxente que a Xunta elabore xa un plan de recursos humanos \"para rematar coa política de precariedade e explotación na contratación\" e ofertar contratos dignos que eviten a marcha de profesionais \"ben cara á sanidade privada, ben ao estranxeiro\". \"É inaceptábel que só 30 dos 70 profesionais que realizaron o MIR de Familia se incorporen á Atención Primaria\", exemplifica. Prado advirte das protestas que se están a multiplicar por todo o país exixindo solucións e, neste sentido, reproba a actitude do Executivo galego que, na contra de corrixir políticas erradas, \"non só non está a rectificar, senón que, polo contrario, persiste en non substituír persoal, en fechar centros de saúde pola tarde ou, en concellos turísticos con aumento de poboación no verán, xa non é que non reforce persoal, que sería o normal, senón que o reduce drasticamente\". A portavoz nacionalista de Sanidade cualifica de \"letal\" a posición do PP de \"non facer nada\" e alerta das súas consecuencias: \"doentes desatendidos; a non continuidade da asistencia, porque cada día son atendidos por unha ou un profesional distinto; listas de agarda de semanas para a atención telefónica e presencial; e persoal esgotado\". \"O PP ten que deixar de mentir aos galegos e ás galegas ao dicirlles que nada se pode facer, porque si hai alternativa e no curto prazo\", conclúe."}
{"ID": "NOS_8033", "summary": "Historia, arte, tradición, etnografía e natureza xúntanse neste paseo por Ribadavia.", "text": "Ribadavia, centro da comarca do Ribeiro, vila de longa tradición e historia, ten unha morea de atractivos polos que ben merece unha visita: historia, ligada ao seu castelo e aos xudeus, arte de diferentes épocas, tradicións e saber, ligados á etnografía e ao viño, e natureza e lecer á beira do Avia. Paraxe: O Ribeiro / Concello: Ribadavia / Percorrido: 10 km / Dificultade: Baixa Comezamos o percorrido na praza Maior achegándonos á oficina de Turismo, porta de entrada para poder facer a visita, con audioguía, ao castelo e ao museo sefardí, ambos os dous sinais distintivos e significados da historia e da vida da vila: o castelo, que é máis que un castelo, acolle dentro das súas paredes, a maiores dos elementos defensivos, unha área arqueolóxica na que destaca un bo número de sartegos antropomorfos escavados na pedra; e o museo achéganos á vida e os costumes dos antigos poboadores da vila. Logo deixámonos ir polas encostas rúas da contorna para ir descubrindo a estrutura da vila, as edificacións singulares, os numerosos, estreitos e recollidos recantos, as igrexas -entre as que sobresaen as románicas de San Xoán e de Santiago, de feitura antiga e rica decoración en ventás e canzorros-, o museo etnolóxico, que garda memoria de saberes e faceres xa esquecidos e unha ampla e curiosa colección de libros de \"San Cipriano\". Como o espazo urbano tradicional non é moi grande completamos a viaxe saíndo extramuros para baixar á beira do Avia e percorrelo augas arriba até a Veronza, área de lecer e deportiva, ou augas abaixo até a desembocadura no Miño, gozando do seu camiñar, da súa voz -cando baixa entre as pedras ou cae nos atrancos- ou da súa calma cando está retido polas paredes que antigamente o contiñan para levalo a traballar aos muíños; da tranquilidade do espazo e da natureza propia da contorna. Facendo un percorrido amplo -achegándonos á parte alta da vila para coñecer as igrexas da Virxe do Portal e do convento de San Domingos, e as tilleiras da súa contorna protexidas como árbores senlleiras no catálogo da Xunta de Galiza- e indo pola beira do Avia até a desembocadura, uns 2 quilómetros ida e volta, e á Veronza, uns catro quilómetros ida e volta, máis os entre 2 e 3 quilómetros de percorrido polas rúas da vila e as visitas, completamos unha boa xornada de andar e ver. Para completar o día, aproveitando que estamos perto, e que o seu contido ten moito que ver co ser de Ribadavia, podemos achegarnos ao Santo André do Campo Redondo, uns 6 quilómetros, para coñecer o Museo do Viño de Galiza, no que ademais do interese do contido podemos gozar dunha fermosa panorámica da contorna e descubrir, con sorpresa, a magnitude da importancia do cultivo da vide na zona. Aínda que para chegar a el botamos de menos uns sinais indicadores que nos sirvan de guía."}
{"ID": "NOS_222", "summary": "Após un consello de ministros extraordinario, Rajoy anuncia que o Goberno español presenta recurso ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de Consultas e o decreto de convocatoria,.", "text": "A consulta catalá prevista para o 9 de novembro é ilegal. Así se expresou Mariano Rajoy na súa declaración institucional após o Consello de Ministr@s extraordinario decorrido esta segunda feira na Moncloa. O presidente do goberno español anunciou que o seu executivo presentará dous recursos de inscontitucionalidade perante o TC, contra a Lei de consultas aprobada polo Parlament de Catalunya e contra o decreto de convocatoria da consulta por consideraren que ambos os dous instrumentos \"atentan gravemente\" contra a Constitución de 1978, a xuízo do goberno español. A admisión dos recursos por parte do Tribunal Constitucional supón a suspensión automática da Lei de consultas e do decreto de convocatoria O dereito a decidir reside \"no conxunto dos españois\" Segundo Rajoy o seu goberno \"non pode nen debe facer algo distinto\", asegurou, fronte o que tildou dunha privación do \"dereito a decidir do conxunto dos españois\". Neste senso, o líder do executivo español reiterou en diversas ocasións que \"nada nen ninguén\" pode \"privar a todos os españois do dereito a decidir\", para logo asegurar que \"a ninguén se lle impide falar nen expresar a súa vontade\" algo que, dixo, \"levamos facendo desde hai décadas\". Os recursos de inconstitucionalidade que presentará o goberno español suporán --unha vez sexan tomados en consideración polo TC-- a suspensión da Lei de Consultas e máis do decreto de convocatoria do referendo, durante 5 meses, de acordo co fixado no propio texto constitucional. O Pleno da máxima instancia reunirase ás 19.00h para estudar os recursos rexistrados. Neste senso, a Assemblea Nacional Catalana xa avanzou esta segunda feira que convocarán concentracións perante os concellos cando isto se producir. Quan el TC suspengui la llei de consultes i la consulta #9N2014 us convoquem a tots a les 19h00 davant dels Ajuntaments. Ara és l'hora!— Assemblea Nacional (@assemblea) 29 setembro 2014 Unha \"obriga\": \"defender a Constitución\" \"Hoxe cumprimos coa nosa obriga\", enfatizou Rajoy nunha intervención que non sorprendeu nen se saíu da folla de rota marcada polo propio goberno español desde decembro de 2013. Ora ben, o líder do executivo salientou en diversas ocasións durante a leitura do seu discurso que \"a Constitución\" e \"a lei\" son \"modificábeis\". Porén, ha de facerse através das vías que contempla a Carta Magna e non cunha \"política de feitos consumados\" como a que lle atribuíu á Generalitat de Catalunya. No entanto, cando foi inquirido pol@s xornalistas ao remate da súa declaración, Rajoy asegurou que \"agora\" non é tempo de reformas constitucionais senón de \"defender a Constitución\" e a \"unidade da nación\" [España] fronte aquelas comunidades que reclaman o dereito de autodeterminación dos pobos."}
{"ID": "NOS_55246", "summary": "\"As ordenanzas de uso do galego dos concellos de Galiza discriminan as persoas que prefiren usar e ser atendidas en español\", afirma.", "text": "A asociación Hablamos Español presentou alegacións contra a nova ordenanza que regulará o uso do galego no Concello da Coruña e que foi aprobada en pleno o pasado mes de febreiro. Nun comunicado, cualifica esta ordenanza de \"nacionalismo infame\" e argumenta tamén que contén \"artigos ilegais\". \"As ordenanzas de uso do galego dos concellos de Galiza discriminan as persoas que prefiren usar e ser atendidas en español\", manifestan. Da ordenanz da Coruña, asegura que só puideron alegar contra algúns aspectos da mesma por ser a maior parte do seu contido \"legal\", recoñece a asociación que, porén, cuéstionao. Sobre as súas emendas, explican que se focalizan \"naqueles aspectos da normativa que exceden mesmo a lexislación que en materia lingüística está en vigor\"."}
{"ID": "PRAZA_17979", "summary": "GALERÍA DE IMAXES | Traballadores e traballadoras da CRTVG e da delegación en Galicia de CRTVE converteron este sábado os seus 'venres negros' nunha longa manifestación na que tinguiron de escuro as rúas de Santiago HEMEROTECA | O director da CRTVG nega \"valentía\" do persoal mobilizado nos 'venres negros' e dá por \"moi cumprida\" a lei de medios", "text": "HEMEROTECA | O director da CRTVG nega \"valentía\" do persoal mobilizado nos 'venres negros' e dá por \"moi cumprida\" a lei de medios Tras 16 venres negros, este sábado persoal da CRTVG, co apoio de compañeiros e compañeiras da delegación en Galicia de CRTVE, tinguiron da mesma cor as rúas de Santiago en defensa duns medios públicos sen interferencias políticas. Durante máis de dúas horas de percorrido, unha manifestación a cuxo paso se foi unindo a cidadanía así como profesionais doutros medios de comunicación e representantes de todas as forzas políticas da oposición, dos sindicatos e de diversos colectivos sociais, rematou na praza das Praterías aos berros de \"non á manipulación\", \"aquí está, aquí se ve, o xornalismo galego en pé\", \"non pode ser, teñen a galega ao servizo do PP\" ou \"non nos mires, únete, a tele e a radio de todas é\". Traballadores e traballadoras da CRTVG e da delegación en Galicia de CRTVE converteron este sábado os seus 'venres negros' nunha longa manifestación na que tinguiron de escuro as rúas de Santiago A manifestación comezou en San Marcos, ás aforas de Santiago, onde están as sedes da CRTVG e da delegación en Galicia de CRTVE, e tras percorrer o coincidente último treito do Camiño de Santiago rematou na praza das Praterías preto da unha da tarde. Alí, por boca das xornalistas Marga Pazos e Rita Alonso, de CRTVG e CRTVE respectivamente, puxéronse en evidencia as diversas presións que sofren os profesionais dos medios públicos e léronse diversas reivindicacións contidas tamén nun manifesto divulgado este venres no que se salienta que \"a CRTVG non forma parte do botín que se levan os partidos que gañan as eleccións\". Por iso, volveuse instar ao Goberno galego e á dirección do ente público a que cesen nos seus intentos de controlar os contidos en función dos seus propios intereses. Os manifestantes apelaron a que a cidadanía sinta como seus os medios públicos para que axude a defendelos de interferencias políticas Os convocantes apelaron tamén ao conxunto da cidadanía: \"Señoras e señores espectadores e oíntes da Televisión e da Radio Galega e tamén todos os que non nos ven nin nos oen: poden esixirnos máis, deben pedir que o fagamos mellor [...]Non nos dean por perdidos. Podémolo facer.\" A manifestación rematou na praza das Praterías con diversas actuacións musicais. A marcha, baixo o lema Pola dignidade dos medios públicos, chega despois de que os convocantes constatasen o inmobilismo do Goberno galego e da dirección dos medio autonómicos ante as súas reclamacións, que pasan polo cumprimento da lei autonómica impulsada polo propio PP hai xa sete anos. Partidos da oposición, sindicatos e diversos colectivos sociais amosaron nos últimos días o seu apoio á manifestación e participaron nela este sábado A reacción ás protestas nas últimas semanas pasou por parte dos responsables dos medios públicos autonómicos por novas represalias e declaracións contra os mobilizados, ao tempo que todos os partidos da oposición e os sindicatos se uniron ás súas reclamacións e participaron este sábado na manifestación cos seus principais líderes, que coincidiron en atribuír ao propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a responsabilidade da degradación dos medios públicos galegos. O portavoz de En Marea, Luís Villares, salientou que \"non hai sociedade democrática libre sen uns medios libres. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou que \"o PP non pode falar de liberdade\" ao tempo que intenta controlar os medios públicos. E a portavoz do BNG, Ana Pontón, pediu a dimisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e atribuíu a Feijóo ser o \"xefe desa banda de secuestradores que teñen secuestrados os medios públicos\". Nos últimos días a mobilización deste sábado foi recibindo numerosos apoios. Alén da oposición parlamentaria galega, adheríronse ás reivindicacións comités doutros medios públicos do Estado como TVE, TV3 ou Telemadrid, así como a Academia Galega do Audiovisual e outras organizacións do sector das artes escénicas. Tamén chegaron apoios dende diversos concellos, por parte dos principais sindicatos, de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística e de xornalistas de diversos medios de comunicación, así como de cidadanía a título individual. Unha das pancartas da manifestación na súa saída desde San Marcos Catro meses de protestas Os venres negros, a protesta simbólica vestindo desa cor do persoal dos medios públicos en reclamación dunha maior independencia no seu traballo, comezáronos os traballadores e traballadoras de CRTVE en toda España o venres 27 de abril. Un mes despois, o 25 de maio, só un día antes de que se coñecese o intento da CRTVG de limitar a 40 segundos a información sobre a sentenza do caso Gürtel que acabou durando 76 segundos, o persoal do ente galego sumouse aos venres negros con convocatorias que foron gañando en seguimento, especialmente despois de que a mediados dese mes dimitisen os presentadores do Telexornal Serán, Alfonso Hermida e Tati Moyano. O presidente Feijóo tentou desentenderse da cuestión: \"Eu non dirixo a TVG\", chegou a dicir, obviando que el impulsou hai sete anos a lei de medios públicos que aínda non está cumprida A xestión por parte da compañía da crise interna que se desencadeou foi acollida con malestar no Goberno galego ata o punto de que o presidente Feijóo tentou desentenderse da cuestión. \"Eu non dirixo a TVG\", chegou a dicir, ante o aumento das críticas internas e externas contra o control que o seu Goberno mantén sobre a información dos medios públicos galegos. Porén, unha das principais reivindicacións do persoal é o cumprimento da lei sobre os medios públicos galegos que o propio Feijóo impulsou en 2011 e que sete anos despois aínda non está aplicada entre outras cuestións na creación dun Consello de Informativos do que o presidente se desentende. A lei, salientan os representantes do persoal, tampouco se cumpre no referente ao esixido incremento da produción propia, na creación dunha autoridade audiovisual independente ou na propia elección do director xeral da CRTVG por unha maioría cualificada do Parlamento. O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, chegou a negar \"valentía\" ao persoal mobilizado dez días antes de que a compañía apercibise a unha presentadora crítica Desde a dirección da compañía o seu máximo responsable, Alfonso Sánchez Izquierdo, deu por \"moi cumprida\" a lei de medios e negou que o aínda non creado Consello de Informativos sexa \"o bálsamo que vaia garantir a calidade dos contidos\". Nesa comparecencia ante o Parlamento de Galicia a mediados de xullo, Sánchez Izquierdo chegou a negar \"valentía\" ao persoal mobilizado. O contraste a esas palabras evidenciouse só dez días despois, cando se soubo que a compañía viña de apercibir, e posteriormente ameazar de despido, á presentadora que dimitira do Telexornal, Tati Moyano, despois de que esta criticase o uso partidista da TVG ante Feijóo nun acto benéfico ao que asistiu o presidente e que ela mesma presentaba de xeito desinteresado. Por parte do Goberno galego, a resposta habitual que verbaliza o propio presidente Feijóo é que a situación da CRTVG non era mellor durante o goberno bipartito de PSdeG e BNG ata o punto de asegurar que a \"manipulación\" nela rematou coa súa chegada á Xunta en 2009."}
{"ID": "NOS_57817", "summary": "A viguesa Fundación Laxeiro presenta a obra da malagueña Elisa Terroba (1986), que regresa á Galiza onde realizou un mestrado de arte contemporánea en 2014.", "text": "Escultura, instalación, libros intervidos e papel tecido serven para unha reflexión crítica sobre o rol do libro como materia de coñecemento. Deconstruíndo e pervertendo as estruturas do texto escrito e da imaxe reproducida, a artista xera discursos e formas mutantes que nos recordan a realidade híbrida que vive na actualidade o libro e a maneira en que a linguaxe se ve modificada na sociedade dixital. Tecer os referentes / Elisa Terroba / Yaiza González / Pedro Gallego de Lerma / Fundación Laxeiro, Vigo / Até 4 de outubro Elisa Terroba afronta o feito creativo como un intento de dar solución a un reto (plástico e temático) unindo motivos de intenso contido cultural e vivencial, que lonxe de coartaren a liberdade formal, funcionan como liberadores e enriquecedores, como pulo para indagar na comprensión e na interpretación do mundo, e producen, por tanto, unha interrelación entre logros visuais e desenvolvemento temático. Tecer os referentes parte dunha actitude conceptual intensa, unida á pulcritude formal, para transmitir unha preocupación por traballar nos límites do libro que, máis que propoñer solucións, apunta cara á idea de crise dunha narratividade que xa non consegue explicar o mundo. Elisa Terroba sitúase, daquela, nun territorio fulcral entre o narrado e o acontecido. Do punto de vista conceptual, a obra ten unha forte vontade de discurso, de carga semántica. Parte da ligazón entre o feito cultural e o eu e actúa entrelazando os temas –as obsesións da autora- conseguindo daquela modular o sentimento coas pulsións que nunca son completamente representábeis na concreción plástica. Mais o que si logra é transmitir unha sensación que subxace detrás, no fondo da comunicación discursiva da obra. Elisa Terroba demostra que a arte sempre ten un compoñente de pulsión e con temas como os presentes na exposición viguesa este aspecto fica aínda moito máis resaltado, coa historia da arte e o libro cun protagonismo singular, como preocupación relevante, entendida desde toda a súa pluralidade, mais especialmente como fonte de reflexión sobre os diferentes papeis e comportamentos, desde o máis cotián ao máis transcendente. Concibe a creación artística como ligada á intimidade do eu –cos seus silencios e angustias–, expresada nunha linguaxe plástica e reflexiva. Consegue así reter a súa análise na soidade da súa intimidade, mais que precisa e adquire todo o seu sentido como forma artística con vontade de comunicación."}
{"ID": "NOS_21697", "summary": "Ferrolán da colleita de 1935 estivo nas loitas de marzo de 1972 na súa cidade, cando foi detido e torturado, e xa tras a morte do ditador, foi membro da Corporación municipal.", "text": "Faleceu Fernando Miramontes, outro deses nomes que, como o tamén recentemente falecido Luís González 'Ferreiro', foron refrentes na loita obreira e antifranquista. Miramontes, nado en 1935, tamén foi membro do Partido Comunista e soubo o que foi o cárcere e a tortura. Estivo nos sucesos do 10 de marzo de 1972 no naval ferrolán, o que lle custou detención e tortura. Antes, estivera emigrado en Francia. Foi ao volver, a finais dos 60, cando se uniu á actividade antifranquista na Galiza. Xa na etapa democrática, foi edil comunista e de Esquerda Unida e exerceu como primeiro tenente de alcalde de Ferrol en coalición co PSOE. A súa formación, Esquerda Unida, definiuno como \"compañeiro e un dos referentes da loita obreira da nosa cidade\". Nun comunicado, mostrou as \"condolencias á súa familia\". En redes sociais, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, lamentou a súa morte e escribiu que en Miramontes \"todo era unha lección de vida, compromiso político e alegría\". \"Foi tan valente como xeneroso e íntegro\", afirmou. O ex alcalde, Jorge Suárez, tamén lamenrou o pasamento do histórico militante (\"que a terra te sexa leve, camarada Fernando\". \"O gavilán; referencia de clase obreira e coherencia, humildade e clarividencia\". escribió el edil ferrolano, que afirmó que se pierde a «un dos maiores referentes da nosa cultura política, un amigo»."}
{"ID": "NOS_35939", "summary": "O Goberno español leva asignados ás comunidades 11.200 millóns de euros dos fondos europeos destinados á recuperación da crise xerada pola Covid. A Galiza recibiu até o de agora 681 millóns de euros, coa porción máis grande para a 'Transición verde' (318 millóns). A Galiza é o décimo territorio en fondos por persoa: 253 euros.", "text": "A asignación até o momento dos fondos europeos polo Goberno español ás comunidades autónomas implica por volta de 11.200 millóns de euros. Unha cifra que se adxudica en base aos proxectos presentados e que a profesora de Economía da USC María Cadaval cualifica como \"poxa competitiva\". Deses miles de millóns asignados en 2021, a Galiza recibe 681 millóns de euros. Isto implica 253 euros por habitante, o que sitúa o país como o décimo entre as 19 comunidades do Estado. Se ben está por riba da media estatal, que se sitúa nos 245 euros por habitante, fica sensibelmente por baixo do que 'toca' en territorios como Estremadura (412 euros por habitante), A Rioxa (355) ou Nafarroa (315). Este décimo posto que ocupa Galiza nesta 'repartición' dos fondos por habitante é inferior á posición do país na achega ao Produto Interior Bruto (PIB) do conxunto do Estado, onde Galiza é sexta; ou o seu peso poboacional, onde é quinta. De cara a 2022, o Goberno español presentou as prioridades para o primeiro semestre. Asignaranse outros 2.731 millóns destes fondos, dos que a Galiza recibirá 169 millóns. Transición verde e dixitalización María Cadaval lembra que os fondos europeos, se ben son unhas asignacións europeas ao Goberno español que \"non teñen carácter territorial\", si que teñen \"impacto territorial\". A Unión Europea, explica a Nós Diario, marca as liñas xerais, os obxectivos aos que se deben dedicar, e os fondos non responden a criterios de territorios ou poboación para se asignar. Dos 681 millóns que recibiu a Galiza, case a metade do total (47%) corresponde a 'Transición verde', mentres que a 'Dixitalización' leva 14% e 'Protección social' 13%. 'Turismo' recibe 9% deses 681 millóns mentres 'Emprego' fica con apenas 7%. Sobre os ataques do Goberno galego á distribución polo Executivo español dalgunha partida dos fondos europeos, Cadaval insta a Xunta a se \"centrar\" no que considera importante destes fondos: \"Condicionar\" que os importantes fondos que van recibir as empresas teñan \"repercusión\" no territorio. Gonzalo Rodríguez, economista e tamén profesor na USC, lamenta que desde o Goberno galego semelle que a única baza que se xoga é \"deixar que o mercado lidere\". María Cadaval augura que van ser unhas poucas grandes empresas as que \"ven levar o groso dos fondos\" e Gonzalo Rodríguez lamenta que non haxa desde a Xunta unha aposta neste sentido polas empresas medias. \"A diferenza entre os países que funcionan ben e os que funcionan mal son os que teñen un tecido de empresas medianas e os que non\", afirma a Nós Diario. Nesta liña, apunta Rodríguez, a Galiza debería evitar deixarse arrastrar polo que denomina \"forza de gravidade de Madrid\" e centrarse \"nese espazo natural para a economía galega que é o norte de Portugal\"."}
{"ID": "QUEPASA_789", "summary": "Despois dun ano e medio, esta fin de semana por fin poderemos volver a desfrutar de campos cheos de espectadores, unha medida que seguro favorece á SD Fisterra. Ademais, o Sofán visita un mítico estadio galego, o Xallas debuta oficialmente e o Fisober recibe ás líderes. Falamos cos adestradores para coñecer como chegan os equipos nesta #PreviaQPC", "text": "Grandes partidos os que depara esta primeira xornada do mes de outubro, que parece que será tamén a primeira bañada en auga. Na 3ª RFEF, o Sofán visita o sempre difícil campo de Cantarrana en Viveiro co afán de levarse a primeira vitoria da tempada, mentres que na preferente, Fisterra e Xallas teñen partidos importantes para amosar as súas aspiracións. Ademais, en fútbol sala, comezaría este domingo a liga para o Villa de Cee, pero a federación decidiu finalmente aprazar as dúas primeiras xornadas para aliviar o protocolo. As que si que xogan serán as rapazas do Fisober, que reciben ás primeiras clasificadas. Todo, resultados en directo e táboas, o poderedes ver, como sempre, en www.futboldacosta.com Viveiro – Sofán (Domingo, 12:00 - Cantarrana) Pese a merecer máis, o Sofán chega a esta cuarta xornada con só dous puntos, o que apura aos de Carballo a ir ao mítico Cantarrana en busca dunha vitoria. \"Temos a sensación de que merecemos máis e ese foi o noso punto de partida nesta semana para encarar o partido do domingo\", di o míster, Alberto Rodríguez. En fronte, o duro Viveiro, que logrou unha folgada permanencia na complicada Terceira División do ano pasado. Preséntanse ao choque coa mesma puntuación e necesidade que os do Carral, polo que se espera un encontro moi igualado: \"Esperamos un partido pechado, contra un equipo que ten unha base de traballo de anos anteriores e ao que trataremos de incomodar dende o minuto un\", avisa o técnico. Fisterra – Boiro (Domingo, 17:00 – Arasolis) Non se fixo de esperar o primeiro gran partido para esta renovada SD Fisterra, e terán este domingo a un dos, como eles, grandes favoritos para estar nas posicións altas da preferente. Un Boiro que vén de empatar na casa co Paiosaco, e que poderían deixar xa a cinco puntos de conseguir a vitoria. \"Esperamos un partido moi complicado contra un gran equipo, pero xogamos na casa e co alento da nosa xente esperamos levar os tres puntos\", di Juan Purrúa, consciente de que o aumento de aforo (xa poderá entrar o 100%) xoga a favor dos fisterráns: \"Estou desexando ver Arasolis cheo, temos a mellor afección de Galicia\". Con respecto á primeira xornada, parece que poderá ampliar un pouco a lista de convocados, xa que a Laracha só levou quince xogadores. Volve Diego Cespón e podería estrearse ca camiseta verde Cristian, ex do Xallas. Xallas – Laracha (Domingo, 17:30 – A Fontenla) Despois de que a Federación decidira suspender o seu primeiro partido na mesma fin de semana, o Xallas si fará este domingo o seu debut oficial na tempada de preferente. Será na casa e ante o Laracha, que vén de perder co Fisterra. \" É certo que eles xa pasaron o primeiro partido e estarán máis tranquilos, pero nós puidemos xogar polo menos un amigable esta semana ante o Dumbría e penso que chegamos ben\", destaca David González. Un Xallas, que presentará este domingo ante a súa xente un equipo con varias caras novas que está por ver ata onde pode chegar nesta difícil categoría: \" Conseguimos incorporar xogadores con moita experiencia, que mesturado coa xuventude que tiñamos, espero que nos de un salto de calidade e ilusión importante para competir ben\", confía o míster. Fisober – Ribeira ( Domingo, 12:15 – O Conco) Difícil reto o que lle espera este domingo ás de Dani Costa, que reciben nada máis e nada menos que as líderes da liga, o Ribeira – Lieders. Un duro exame para ver cales son as aspiracións das dumbriesas, que gañaron un encontro e perderon outro polo momento."}
{"ID": "PRAZA_15447", "summary": "O Ministerio de Sanidade xa ten redactada a resolución que imporá que os pacientes non ingresados que reciben medicación dende o hospital teñan que pagar 4,13 euros por algúns medicamentos, entre os que se atopan tratamentos contra o cancro", "text": "Máis madeira. Apenas vinte e catro horas despois de que transcendese o xeito en que o Ministerio de Sanidade vai concretar o repagamento do transporte sanitario non urxente -cinco euros por traxecto, con límites de entrre 10 e 60 euros mensuais- o departamento de Ana Mato ultima outra medida semellante, neste caso para os tratamentos que reciben os e as doentes que, malia non estaren ingresados, reciben medicación dende a farmacia hospitalaria. No momento en que se aprobe unha resolución cuxo bosquexo xa está redactado, os pacientes seguirán a pagar estes fármacos cos seus impostos e, ademais, terán que achegar 4,13 euros por eles. O texto deste proxecto de resolución explica que a modificación impulsada polo Goberno central afecta \"aos medicamentos que, sen ter a cualificación de uso hospitalario, teñen establecidas reservas singulares\" consistentes \"en limitar a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais\". Estes fármacos \"estaban exentos de achega do usuario\" e se \"fosen dispensados na oficina de farmacia mediante receita, estarían suxeitos á correspondente achega dos usuarios\". A través dunha modificación legal introducida polo gabinete de Mariano Rajoy no mesmo Real Decreto co que recortou as pensións, a vía está libre para \"que ditos medicamentos e produtos sanitarios estean suxeitos tamén á achega do usuario\", admite Sanidade. Se é aprobado sen modificacións o novo repagamento aféctalle a medicamentos para tratar o cancro e a hepatite, entre outras doenzas O réxime de repagamento destes fármacos estará suxeita á coñecida como \"achega reducida\" que, segundo unha lei de 2006, consiste \"nun 10% do prezo dos medicamentos\", cun límite fixado polo actual Goberno do PP nos devanditos 4,13 euros. Esta será a cantidade aplicada para tratamentos de multitude de enfermidades, entre as que se inclúen afeccións oncolóxicas como o cancro de mama (Tyverb, Xeloda) ou de próstata (Zytiga), antivirales contra a hepatite C (Ribavirina, Pegintron, Copegus), produtos para controlar a asma (Xolair) ou un tratamento para a esclerose múltiples (Sativex). Este proxecto activou as alarmas en colectivos de doentes como a Asociación Española contra o Cancro (AECC), que tamén vén de reclamar que o Goberno central non aprobe o mencionado repagamento para o transporte sanitario non urxente, especialmente utilizado polos pacientes oncolóxicos. A través dun comunicado a AECC lembra que \"case o 80%\" da poboación do Estado \"tivo unha experiencia moi cercana co cancro e o 4% padece a enfermidade\". Estes datos, di, lévana a \"esixir\" que \"haxa unha modificación\" para \"protexer os pacientes de radioterapia e quimioterapia, polo risco vital que suporái deixar o tratamento por non poder asumir o custo do transporte ao centro sanitario\"."}
{"ID": "PRAZA_10473", "summary": "Se Jácome e Baltar foron quen de bailar unha polca, sen adestrar e sen nada, velos camiñar de ganchete pola rúa do Paseo pronto formará parte da anormal normalidade deste Ourense tan emboutado pola monotonía", "text": "\"O essencial é saber ver, / Saber ver sem estar a pensar, / Saber ver quando se vê, / E nem pensar quando se vê / Nem ver quando se pensa\". (O guardador de rebanhos, Fernando Pessoa). De todos aqueles pactos municipais que o pasado día quince dislocaron a orde natural das cousas, houbo dous que moito lle chocaron ao respectábel público. Un pola banda de Laíño, o de Barcelona, e outro pola banda de Lestrove, o de Ourense. Para referirse ao da Ciutat Condal, o ilustre xornalista limiao asentado en Catalunya, Manuel Dobaño, colgaba nas redes o seguinte chío: «Bailar un valse non é o mesmo ca bailar con Valls, aínda que moitos o malpronuncien igual». A alcaldesa de Barcelona talvez pretendía convencernos de que estaba a bailar un valse co PSC e que Valls só era un estorbo necesario, a \"escopeta\" do trío co que nin sequera bailaría os últimos pasos dunha peza. Nin \"un permite\", que digamos. Mais, como a política non só é teatro senón que, do outro lado do pano, mesturada cos espectadores sempre rebule a crúa realidade, o acontecido finalmente foi que Ada Colau nos acabou despachando cunha especia de rancheira nidiamente descompasada: \"Esta es la yenca que se baila así: Izquierda, izquierda, derecha, derecha. Adelante, detrás, un, dos, tres\". A noivado do PP e DO en Ourense azorra un maior grao de picardía porque, despois de tanto desamor, se nunca se acercaron nin sequera para bailar o solto, por moitas milongas que nos conten, hanos custar barro e fariña comprender como, sen antes bailar o arrimado, aparecen compartindo a mesma alcoba. Claro, cando a malura de mandar por mandar é como a fame negra, entón non hai odios nin fobias nin rabos de gaitas que vallan. Nese negror acibeche, malia o cariz lustroso da estampa, todo se acaba afumando –ou esfumando– en aras ás inconmensurábeis ansias de poder que ferven e referven no mesmísimo fel da condición humana. Por iso, se Jácome e Baltar foron quen de bailar unha polca, sen adestrar e sen nada, velos camiñar de ganchete pola rúa do Paseo pronto formará parte da anormal normalidade deste Ourense tan emboutado pola monotonía, onde calquera mudanza, por moi novidosa que pareza, sempre nos acabará levando á quietude do inconfundíbel punto de arranque."}
{"ID": "PRAZA_3688", "summary": "A Xunta asegura que ten \"encargadas 8 millóns de máscaras\", di que xa recibiu unhas 85.000 do Ministerio e asinou recentemente un convenio co Goberno vasco para acceder a 70.000. Ademais, segundo Feijóo, o Sergas dispón actualmente dunha reserva de medio millón destes equipos", "text": "As críticas da Xunta ao Goberno de España pola xestión da crise do coronavirus prodúcense dende hai días. Dende Alberto Núñez Feijóo asegurando que \"non pode ser que o Goberno non funcione como un só\" porque \"a xente non entende de gobernos bipartitos\" no día en que o Consello de Ministros aprobou o estado de alarma ata os últimos días cando o mesmo presidente da Xunta vén atribuíndo á xestión estatal a escaseza de material sanitario que poida existir en Galicia para afrontar a epidemia.O cruzamento de declaracións e cifras de material sanitario en xeral e de máscaras de protección en particular está a incomodar entre o persoal sanitario e a súa representación sindical. Así, tras as últimas controversia, cando menos dous do sindicatos do sector, CIG-Saúde e CC.OO., reclamaron claridade sobre o número de equipos de protección cos que conta o Servizo Galego de Saúde na actualidade e a respecto de cantos disporá nos vindeiros días e semanas.A Xunta asegura que ten \"encargadas 8 millóns de máscaras\", di que xa recibiu unhas 85.000 do Ministerio e asinou recentemente un convenio co Goberno vasco para acceder a 70.000Este domingo 22, tras a videconferencia con Pedro Sánchez e o resto de presidencias autonómicas, Feijóo asegurou que \"dende o decreto de alarma\", que facultou o Estado para centralizar o fornecemento de material sanitario, \"Galicia só tivo 10.000 máscaras cirúrxicas\" procedentes do Ministerio de Sanidade. O propio domingo, nun comunicado, a Consellería de Sanidade detallaba que o día 13 -na véspera da declaración do estado de alarma-, recibira do Ministerio 15.250 máscaras e o día 20, outras 11.760. En total, 27.010 máscaras das que 25.520 son \"cirúrxicas\" e outras 1.760, do tipo FFP2 -cun filtro-.O mesmo domingo o Ministerio de Sanidade aseguraba que, no seu reparto de material, asignara a Galicia 117.907 destas máscaras (un 2,91%) do total e este luns, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmaba á prensa que viñan de chegar a Galicia 58.040 máis, polo que o total das recibidas roldarían polo momento as 85.000. Das xa dispoñibles, 15.000 van para servizos dependentes dos concellos, especifica Rueda.En rolda de prensa Feijóo asegurou que o Sergas dispón dunha reserva de medio millón de máscaras que, mantén, cubrirían as necesidades dunhas dúas semanas da epidemiaAs máscaras remitidas polo Ministerio -e as que estarían pendentes de chegar- viríanse engadir, segundo as cifras divulgadas o domingo por Feijóo a unha reserva de arredor de medio millón de unidades que, dixo, ten o Sergas en reserva e que, atendendo aos seus cálculos, serían dabondo para dúas semanas. Ademais, asegurou, o Sergas ten \"encargadas 8 millóns de máscaras\" que, segundo o propio presidente, Sanidade prevé comezar a recibir dende o martes desta semana procedentes \"maioritariamente da China\".Alén disto, a propia Xunta evidenciou o pasado día 12 que viña de asinar co Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza) un convenio polo cal \"accederá a un stock de 70.000 máscaras sanitarias\" entre \"os meses de marzo e xuño\". Esas máscaras, explicaba o Goberno galego, eran parte dunha compra a gran escala de 500.000 máscaras mercadas pola sanidade vasca á empresa Nueva Sibol, tanto para uso propio como para facilitar \"a outros servizos de saúde\" no Estado.O ministro nega \"calquera bloqueo\" e Feijóo admite \"tensións\" nos mercadosNas súas declaracións do domingo, Feijóo deixaba tamén un recado ao Goberno central. Eses 8 millóns de máscaras, dixo, chegarán se o Estado non \"intervén\" nas \"compras que consiga o Sergas\". Peticións ou acusacións semellantes realizábanas, case ao mesmo tempo, dende outras presidencias autonómicas do PP.Illa cualifica de \"absolutamente falso\" que o Ministerio \"bloquee\" a chegada ás autonomías de material mercado por cadanseus servizos de saúdeDiante destas acusacións máis ou menos abertas, o propio ministro de Sanidade, Salvador Illa, aseguraba que é \"absolutamente falso\" que exista \"ningún bloqueo\", nin \"en aduanas\" nin en territorio do propio Estado, de material contra o virus adquirido dende as autonomías. Ben ao contrario, mantén, o Goberno central \"apoia todo tipo de compra que poida haber de material de protección\". \"O que si hai -advertiu- é un combate contra quen queren especular\" con estes materiais en plena crise sanitaria.CIG-Saúde reclama \"coñecer a situación real\" dos equipos de protección e CC.OO. ve \"desafortunado\" que Feijóo \"alardee das reservas mentres moito persoal denuncia que non recibe material\"Porque esa especulación transnacional, advertiu Illa, si é unha dificultade real. A mesma, aínda que con outra palabras, era admitida tamén por Feijóo. \"Estamos adquirindo equipamento nun mercado global no que hai unha tensión enorme\" e onde \"Estados de centos de millóns de cidadáns\" están a \"competir\" polos mesmos produtos sanitarios, dixo.Neste contexto, para a federación de Sanidade de CC.OO. en Galicia resulta especialmente \"desafortunado\" que Feijóo \"alardee dunha reserva de medio millón de unidades destes equipamentos ao tempo que moito persoal denuncia que non recibe o material. CIG-Saúde, pola súa banda, pide que o persoal poida \"coñecer a situación real do stock\" de máscaras e outros equipos de protección. \"A nosa intención é defender un uso racional do material de protección atendendo ás recomendacións científicas\" e para iso, sinala CIG-Saúde, cómpre que o persoal \"coñeza a situación real\"."}
{"ID": "NOS_34255", "summary": "A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade no que, lembra, \"manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista\".", "text": "A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos colaborarán para investigar unha suposta plataforma de facultativos negacionistas da pandemia pola Covid-19 e esclarecer se profesionais da sanidade pública de Galiza colaboran con ela. Así o informou Sanidade nun comunicado de prensa despois de que o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Sergas, José Flores, reunísense esta terza feira pola mañá de modo telemático co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago, para abordar xuntos a situación sobre unha suposta plataforma de facultativos negacionistas. Ademais, o departamento de Sanidade indicou que traballa \"para solicitar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma\" negacionista. Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos acordaron \"traballar xunto na mesma dirección\", indica Sanidade, á hora de investigar estas actuacións para \"esclarecer se médicos da sanidade pública colaboran con esta plataforma\". Ademais, o departamento de Sanidade indicou que traballa \"para solicitar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma\" negacionista. Neste sentido, esta Consellería subliñou que \"xa se están a facer indagacións sobre a procedencia de diferentes cartas enviadas a médicos galegos\". Así mesmo, incidiu en que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou, esta pasada segunda feira, un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade no que, lembra, \"manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista\"."}
{"ID": "NOS_38995", "summary": "Os sindicatos agrarios advirten de que iniciativa estatal de mobilizar terras en barbeito non terá impacto no país", "text": "O Consello de Ministras e Ministros deu esta semana luz verde ao Plan de Resposta do Goberno español ás consecuencias económicas da crise, que incluía, entre outras medidas, cambios na xestión e uso da terra agraria para favorecer o cultivo de especies como o millo ou o xirasol, das que Ucraína e Rusia, os países en conflito, eran grandes exportadoras. En concreto, o Executivo estatal aprobou unha norma que autoriza a utilización de zonas de barbeito para sementar cultivos ou aproveitamento para pastos, tal e como avanzou a pasada segunda feira o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Porén, como recoñecen a Nós Diario desde os sindicatos agrarios, esa medida terá \"escaso\" impacto na Galiza. Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG) explica que só en zonas como a comarca da Limia, con grandes extensións de terreo dedicadas a monocultivos, hai áreas de enfoque ecolóxico que se deixan a barbeito, mentres que no resto da Galiza esas áreas cóbrense con ribeiras ou outros elementos da configuración do propio territorio. Medidas desde a Galiza Para Vilalba, a Xunta debería estar a traballar en medidas desde e para a Galiza. \"Sería ver que opcións temos de producir cereal, tanto para gando como para as persoas, con superficies que agora están abandonadas ou reconvertendo áreas\", indica. Neste senso, lembra que a de avanzar cara á soberanía alimentaria \"non é unha demanda nova, pero vese con máis urxencia a día de hoxe\", pola forte dependencia das exportacións. Que medidas recolle o plan do Goberno español contra a crise? Desde o SLG afirman que pediron \"por activa e por pasiva\" a Medio Rural a creación dun gabinete de crise, pero lamentan que, até a data, a Xunta ─que cifrou en 500.000 as hectáreas en desuso no país─ \"non fixo nada\". \"Se neste momento non vén a necesidade de pór medidas novas enriba da mesa, é porque seguen como os músicos do Titanic, como se non pasara nada\", criticou Vilalba. Febleza do modelo Pola súa parte, o responsábel de Servizos Agrarios da Federación Rural Galega (Fruga), Gabriel López, destaca que levan anos dando a batalla sobre a necesidade de dar pé a potencialidade agraria e gandeira do país. En especial, centra a súa aposta no trigo, un cultivo tradicional que se foi abandonando porque, \"até o de agora, era moito mellor traer trigos de moita peor calidade doutras zonas do mundo que producilos aquí\". Porén, as circunstancias da guerra e o encarecemento dos transportes \"deixa en evidencia que o modelo era moi feble\", apunta López, que avoga por \"situar enriba da mesa un debate fundamental para saber como nos queremos alimentar\". O lanzamento da nova IXP Pan Galego acrecenta o interese polo trigo do país O que si, quixo deixar claro que as persoas produtoras \"non foron as culpábeis\" de comprar ese modelo que, segundo denuncia, a Administración vendía como algo \"de futuro\" e \"prioritario\" pero que, na realidade, \"foille dando as costas ao territorio, facéndose cada vez máis dependente dos insumos que viñan de fóra en forma de pensos ou cereais\". A tarefa agora, di, debería ser a de \"reverter\" ese modelo e adaptalo á realidade territorial."}
{"ID": "PRAZA_458", "summary": "Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de febreiro.", "text": "Febreiro SEMANA 1 Eufemismos revisables Coa crise, aprendimos que un rescate é, en realidade, unha \"liña de crédito\", e que emigrar na procura de traballo, \"mobilidade exterior\". Tamén que un crú desafiuzamento é un lixeiro \"procedemento de execución hipotecaria\"; abaratar o despido, \"flexibilizar o mercado\"; e un recorte, unha \"medida estrutural\". Todo así. Agora, febreiro arrancaba coa sinatura dun Pacto Antiterrorista entre PP e PSOE no que formalizaban que a cadea perpétua será, aquí entre nós, unha \"prisión permanente revisable\". Tamén aprendimos que o equipo asesor de Pedro Sánchez ten pinta de ser un novo eufemismo que os socialistas terán que asumir. Galicia no mapa, sudadita A Xunta deulle 300.000€ a Enrique Iglesias para facer o videoclip do seu último –que non derradeiro- tema dance. Gravaron unha rave party dentro mosteiro beneditino de Carboeiro para informar de que \"hay calor en la bahía\", e tamén na Fervenza da Toxa. Dance, dance. E todo para situar a Galicia no mapa, disque. Fusión internacional. É doado maxinar a ese matrimonio de Michigan vendo o clip na televisión por cable. Ela, sobresaltada: \"Mira, Steven, o tímpano románico do mosteiro de Carboeiro, en Silleda!\". \"Oh, Susan, si! Temos que ir. Incluso podemos facer que a viaxe coincida coa Semana Verde\". \"Pois si\". SEMANA 2 Dous galegos na Lista Falciani No arranque da segunda semana, desvelábanse os nomes de miles de presuntos defraudadores e clientes do HSBC Swiss Private Bank, de Xenebra. David Bowie, Tina Turner, Valentino Rossi, Elle MacPherson, o rei Abdalá II, un exsenador de Celanova e un maxistrado coruñés en excedencia compartían photocall. Non hai festa gastronómica na que non haxa un galego sentíndose unha celebritie infranqueable. Hepatite C Membros do colectivo de afectados pola Hepatite C asistían a un pleno do Parlamento Galego dende a tribuna de convidados. Dende alí, vían como o PPdeG rexeitaba unha proposta para asumir as súas demandas. Estouparon. Foron expulsados por chamarlles \"asasinos\" aos que decidiron votar en contra da súa saúde. Feijóo declaraba despois que \"non son os deputados os que receitan\". Obvio. Tampouco son os doentes os que deberían ser expulsados dun Parlamento mentres os que insultan á intelixencia dos cidadáns quedan sentados. Máscaras Uns días antes do arranque do entroido, Pedro Sánchez fulminaba a Tomas Gómez. Foi esa mesma semana na que todos crimos que Uma Thurman fixera unha reconstrución da súa identidade e, ao final, tratábase tan só dun exceso de maquillaxe. Logo virían as imputacións de Griñán e Chaves. SEMANA 3 A moza das perlitas O ABC, en exclusiva, revelaba que Pablo Iglesias suspendeu a unha das súas alumnas por levar \"perlitas\". Ela, María de las Mercedes, hoxe alcaldesa do PP en Redueña, aseguraba que o seu estilo é de Zara, de \"gente normal\", que non encaixaba dentro do perfil de Iglesias e que por iso este suspendeuna tres veces. Tres. Hai bisutería máis rendible. Aínda que para perlas preciosas, desas que cegan, as de Bieito Rubido. As explicacións de Monedero O venres, Juan Carlos Monedero comparecía ante os medios para explicar as diversas informacións sobre o seu patrimonio e ingresos. Falou preto de dúas horas e presentou unha factura cursada pola súa propia empresa. O contrato non; como aquel de Pemex, tiña unha cláusula de confidencialidade. Botoulle a culpa ao \"réxime do 78\" e tirou de argumentario. El di que foi suficiente. Mentres, Montoro, que no 78 estaba doutorando, seguía a remexer con esa cara de malo. #ONosoDerbi O derbi galego gañábao o Celta. 0-2. O \"Alfageme\" segue intacto. SEMANA 4 Rosalía moderna O día 24 Rosalía cumpría 178 anos. Para a idade que ten, segue a ser un exemplo de que, se te coidas, podes chegar aí sen medicamentos. Ese día, cando os usuarios abriron Google para pescudar a actualidade, atoparon a Rosalía intacta e moderna. No Twitter inventábanlle o hastag #EusonRosalía e os timelines de Facebook ateigábanse de ducias de \"rosalías\" de múltiples xestos e cores. Á fin, foi para iso que Zuckerberg inventou esa rede social, para ligar con mulleres guapas. O estado da Nación Os columnistas circunspectos están decaídos: as listas das \"máis lidas\" dos diarios online din que a xente preferiu dixerir o debate clicando nas novas que recollían as anécdotas do pleno. Ler os discursos dos líderes resumidos en dúas frases. Rajoy dixo \"patético\". Un deputado desmaiábase. Descubríase que Celia Villalobos é unha desas usuarias irritantes que convida a xogar ao Candy Crush pero que non bloqueas por pudor. O estado da Nación é gaseoso. Patio de Luces de xaneiro"}
{"ID": "NOS_786", "summary": "A obra do escultor estará exposta até o próximo 20 de maio no centro Torrente Ballester de Ferrol", "text": "Após unha carreira de décadas, o coruñés Pepe Galán (1955) amosa un percorrido pola súa obra a través do espazo e do tempo. A mostra 'A volta dunha ausencia' poderá ser visitada no centro Torrente Ballester de Ferrol até o próximo 20 de maio en horario de 11 a 14 horas e de 19 a 21:30 horas (segunda feira fechado). Após esta iniciativa, impulsada polo Concello, a exposición viaxará até Lugo e Ourense. 'A volta dunha ausencia' está composta por 40 obras, algunhas delas de grande formato, e catro instalacións de vídeos coas súas correspondencias escultóricas. Moitas destas pezas ilustran o estilo das primeiras etapas de Galán, nas que existe unha reflexión sobre a luz nos tecidos en volume, a concepción do enchido e o baleiro nos metais, e a sutileza dos límites no arame ou no cartón. \"Todo este proceso creativo e de investigación lévanos a un territorio conceptual e físico en conexión, como unha bola de fíos coas puntas imantadas\", explican desde o centro Torrente Ballester. Obras como 'Ferrol, 'Carga de Dignidade' serán expostas nesta mostra que anuncia o retorno de Galán após a parada técnica que tomou ao finalizar a súa retrospectiva no Kiosko Alfonso da Coruña, no ano 2010. Alén de poder seguir as pegadas da súa traxectoria, o público poderá ser testemuña das novas pezas e series que o artista presenta, sempre cunha constante referencia á memoria histórica e coa escultura como principal vehículo de expresión. O uso do aramio, a licra, o cartón ou o vídeo documental marcan unha clara distancia coa súa produción anterior."}
{"ID": "NOS_27951", "summary": "A situación das empresas auxiliares de Navantia en Ferrol é alarmante. Até hoxe destruíronse uns 2.500 empregos e perigan o resto pola falta de carga de traballo na comarca. Son datos da CIG. Sen expectativas de futuro, Navantia tensa aínda máis a corda coa da Unión Temporal de Empresas (UTE) Tecman-Rayma, encargada do seu mantemento, na que traballan 56 persoas.", "text": "O comité de empresa da Unión Temporal de Empresas (UTE) Tecman-Rayma explicou hoxe diante da entrada principal de Navantia Ferrol, da que é auxiliar, a súa situación polas novas condicións que a empresa pública introduciu nos pregos do novo contrato de mantemento. A nova estrutura fraccionou a actual en varias compañías, polo que quedarían sen comité de empresa e, aínda que a subrogación a teñen por convenio, a idea é crear unha bolsa de emprego para evitar a perda de postos. Na actualidade, traballan para Navantia Ferrol entre 40 e 50 empresas auxiliares que dan emprego a unha cantidade que pode chegar até 4.000 traballadoras e traballadores, segundo explican desde a CIG-Industria. Serxio Martínez, membro da executiva desta sección sindical, indica a Nós Diario que desta cantidade \"xa se perderon 2.500 empregos\", unha situación que cualifica de \"realmente preocupante\". Explica que \"o barco que temos agora nas instalacións de Navantia marcha en breve, con probas de mar entre este mes e o vindeiro, segundo nos dixeron, e a partir dese momento o resto de persoal de auxiliares estarían fóra\". O peor, para este sindicalista, é que \"non hai perspectiva de carga de traballo nova\" e en breve só quedará en Ferrol \"algún contrato en cadeas, mais este tipo de obras duran pouco tempo e é para un número limitado de traballadores\". Sen alternativas para 4.000 empregos Martínez indica que hai que considerar que \"en ningún centro de traballo da Galiza hai tanto persoal como o que ten a industria auxiliar de Ferrol\" e, aínda así, \"agora mesmo non hai alternativas\". Explica que levan un ano avisando de que acontecería esta situación e pedindo carga de traballo. \"Nós o que necesitamos é un barco que faga de ponte até que teñamos as fragatas F-110, que non virán até o segundo ou terceiro trimestre de 2022\". Ese período é aínda máis extenso para o persoal das auxiliares pola pouca necesidade que teñen en Navantia ao inicio de cada encargo. \"Cando comeza un barco traballa moi pouca xente e para recuperar todo ese emprego ao mellor haberá que agardar até 2023\", relata. A capacidade de contratación de Navantia Fene tampouco é unha solución para que estas traballadoras e traballadores continúen en activo. \"Na comarca de Ferrol só temos o eólico que pode absorber, como moito, 600 traballadores\", explica este sindicalista, \"o que ocupa unha gran masa de persoal é a construción naval, o resto son parches que non solucionan nada\", engade. Para Martínez, con esta situación \"expulsamos un número enorme de traballadores do mercado laboral que non teñen posibilidade de que ninguén os empregue neste sector\". Se sumamos a pandemia que provocou a Covid-19 e a falta de expectativas doutros sectores, a tormenta perfecta está servida. Folga xeral en Ferrolterra Para CCOO a carga de traballo é única saída que ten a comarca a nivel laboral. \"Exiximos que a transformación do buque Galicia se faga nos estaleiros de Ferrol para minimizar os efectos de destrución masiva da industria auxiliar\", expón o secretario xeral de Industria de CCOO, Víctor Ledo. \"Cando se remate o buque actual non quedará case ningunha actividade e non hai ningunha perspectiva para eles máis alá dos encargos da eólica mariña\", coincide en afirmar a Nós Diario. Por este motivo reafírmase \"na necesidade da folga comarcal do día 10 de marzo\", que convocaron todos os sindicatos de Ferrolterra e que fora adiada desde febreiro por mor da situación de emerxencia sanitaria. Esa xornada visibilizaranse tamén as consecuencias na comarca co feche de Gamesa, o desmantelamento da central das Pontes e o ERE de Galicia Téxtil."}
{"ID": "PRAZA_8727", "summary": "A institución pídelle a España unha investigación sobre os métodos utilizados nos interrogatorios e un \"código de conduta\" de mínimos. Tamén esixe que os policías leven identificacións visibles.", "text": "O Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes (CPT) denuncia a existencia de \"alegacións cribles e consistentes\" de malos tratos a persoas detidas en réxime de incomunicación e reitera que \"segue sen resolverse\" o problema dos malos tratos que infrinxe a Garda Civil a persoas sospeitosas de delitos de terrorismo tras varias décadas advertindo desta situación. No seu informe sobre a última visita que o organismo do Consello de Europa realizou en 2011 a varias prisións, comisarías e Centros de Internamento para Estranxeiros en España, o CPT realiza unha serie de recomendacións e peticións ao Goberno español para acabar cos tratos inhumanos ou degradantes. Neste sentido, solicita unha investigación \"rigorosa e independente\" sobre os métodos utilizados nos interrogatorios, xa que considera que se realizan, con frecuencia, á marxe da normativa vixente\". Ademais, insta a España a establecer un \"código de conduta\" para os interrogatorios no que se debería prohibir expresamente vendar os ollos ou encapuchar as persoas que se achen baixo custodia policial\" así como ampliar as gravacións ás salas onde se realizan e celas como unha \"garantía eficaz fronte aos malos tratos\". Tamén recomenda que os xuíces ou fiscais tomen nota por escrito das denuncias por malos tratos e recrimina que en ningún dos casos estudados pola institución se tomaron medidas para investigar a coacción ou malos tratos denunciados. Na súa resposta, o Goberno español obvia a denuncia de \"alegacións cribles e consistentes\" de malos tratos que realiza o CPT e limítase a repasar a lexislación vixente, que prohibe e castiga a tortura Na súa resposta, o Goberno español obvia a denuncia de \"alegacións cribles e consistentes\" de malos tratos que realiza o CPT e limítase a repasar a lexislación vixente, que prohibe e castiga a tortura. Tamén rexeita a realización dunha investigación \"rigorosa e independente\" porque considera que xa a leva a cabo a Xustiza e estima que a creación dun órgano específico \"resultaría dificilmente compatible non só coa propia misión dos órganos xudiciais, senón que tamén podería afectar á propia capacidade e operatividade dos axentes\". Lembra que os CIE non deben ser prisións O Comité Antitortura tamén denuncia malos tratos e comentarios racistas nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) e pide que se revisen as condicións destes lugares O Comité Antitortura tamén denuncia malos tratos e comentarios racistas nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) e pide que se revisen as condicións destes lugares para asegurar que \"respondan a un ambiente menos restritivo\", porque \"non deberían funcionar como prisións\", lembra o texto. O Goberno español explica que os \"elementos de contención pasiva\" (por exemplo, as reixas) teñen como finalidade evitar os intentos de fuga que buscan frustrar a repatriación. Ademais, deféndese cunha criminalización xeneralizada dos inmigrantes encerrados: \"Non hai que esquecer que unha porcentaxe bastante destacado de internos ten antecedentes policiais ou procede de Centros Penais, o que fai que as medidas tendentes a evitar unha posible fuga sexan as estritamente necesarias. Ademais, nalgunhas ocasións se o interno que foxe posúe antecedentes delituosos iso incrementa a perigosidade da fuga e xera riscos adicionais\", expresa o Estado español. Entre as recomendacións que fai o organismo en canto aos CIE atópanse a mellora dos réximes de visitas aos internos, das condicións de hixiene que se lles ofrece aos inmigrantes, así como da asistencia sanitaria e a formación do persoal que atende estes centros. Pide identificacións visibles dos policías Comparte co Defensor do Pobo en Cataluña a petición de que os Mossos d'Escuadra \"leven en cada momento e de forma visible cartóns de identificación cando están de servizo\" O informe fai fincapé no desaloxo, o 27 de maio de 2011, da acampada do movemento 15M na Praza de Catalunya. A institución europea denuncia o \"abuso de forza\" por parte da policía nesa operación. En canto á súa análise dos feitos, o CPT insiste no seu interese pola investigación prometida polo conseller de Interior e comparte co Defensor do Pobo en Cataluña a petición de que os Mossos d'Escuadra \"leven en cada momento e de forma visible cartóns de identificación cando están de servizo\"."}
{"ID": "PRAZA_15027", "summary": "Os conservadores anuncian un \"compromiso ético\" para garantir que os membros do seu grupo na Cámara porán o escano \"á disposición\" do partido no caso de estaren imputados xudicialmente", "text": "Na pasada lexislatura o PP fixo múltiples corrementos de lista no Parlamento, pero dous deles causaron especial malestar nas filas da formación que lidera Alberto Núñez Feijóo. Os deputados Pablo Cobián e Javier Escribano foron substituídos nos seus escanos a causa de senllas imputacións por presunta corrupción -Cobián permanece imputado no caso Campeón e o caso de Escribano arquivouse tras non atopar o xuíz probas de que recibise un coche a cambio de xestións ante a Xunta-. Tras eses sucesos e aproveitando a xuntanza de inicio do novo período lexislativo os conservadores galegos sinalan que os seus deputados e deputadas veñen de asinar \"un compromiso ético\" que regulará as accións a tomar no caso de imputación ou procesamento xudicial. Fronte ás esixencias de dimisión que se teñen lanzado dende as diversas latitudes políticas, tamén dende o PP, para persoas imputadas -a principal diferenza entre un imputado e un testemuño é que o primeiro ten dereito de defensa-, os populares afinan agora máis a vara de medir. Se un dos seus representantes na Cámara galega é \"procesado con calquera tipo de medidas cautelares\" será \"inmediatamente suspendido cautelarmente de militancia e deberá cesar inmediatamente no exercicio de deputado\". Non acontecerá o mesmo no caso de imputación. Se é así, o compromiso é de \"poñer a súa acta á disposición do PP\", pero non de dimisión. A promesa chega tres anos despois do \"código de boas prácticas\" da dirección estatal do partido, aprobado en pleno escándalo Gürtel A sinatura deste \"compromiso ético\", cuxos preceptos se cinguen só aos membros do grupo parlamentario, chega tres anos despois de que, en pleno escándalo do caso Gürtel, a dirección estatal do partido presentase o seu \"código de boas prácticas\", cuxas esixencias foron cumpridas, cando menos ata o momento, con notable laxitude. Naquel documento os membros da formación que encabeza Mariano Rajoy comprometéronse, por exemplo, a asinar unha \"carta de compromisos\" ao accederen a calquera cargo público na que ficaran acreditados aspectos como unha declaración de bens e actividades, a \"clara\" separación \"do público e do privado\" na súa \"actuación\" ou a prohibición de recibir \"calquera agasallo que non responda, polo seu importe ou causa, aos usos e costumes sociais\". Á marxe do devandito \"código ético\" esta primeira xuntanza do grupo parlamentario non serviu para despexar os interrogantes sobre a organización parlamentaria do PP na nova lexislatura, isto é, se Pilar Rojo manterá ou non a Presidencia do Parlamento -todo semella indicar que si- e se Pedro Puy continuará como voceiro. Para ambas designacións, din dende o partido, Feijóo abriu unha rolda de \"consultas\" entre os membros do grupo. Do mesmo xeito, os conservadores tampouco aclaran se os conselleiros e conselleiras terán, como a pasada lexislatura, que renunciar ao seu escano no Parlamento."}
{"ID": "NOS_11484", "summary": "O exame das oposicións que esta fin de semana tiveron lugar en Silleda podíase facer en galego ou castelán. Mais en caso dalgunha anomalía, \"erro tipográfico ou de transcrición\", nas instrucións da proba indícase que o texto de referencia, en caso de dúbida, é o redixido en español.", "text": "Fin de semana de oposicións do Servizo galego de saúde (Sergas), probas que decorreron en Silleda e nas que había máis de 11.000 aspirantes. O exame podíase facer en galego e castelán, as dúas linguas co-oficiais en Galiza. Mais na folla de instrucións figuraba unha advertencia: \"En caso de erro tipográfico ou de transcrición do texto editado en galego e o editado en castelán, do cuestionario bilingüe, prevalece este último aos únicos efectos da súa comprensión lóxica, sen prexuízo das aclaracións vinculantes que de viva voz poida advertir o tribunal durante a realización da proba.\" Unha afirmación que xerou sorpresa e malestar. Na mesma xornada dos exames, aspirantes e familiares que acudiron ás oposicións amosaban o seu abraio nas redes sociais cunha cláusula que implicaba relegar o galego fronte ao castelán. Unha valoración que tamén partillan desde A Mesa pola Normalización Lingüística, que fala \"dun auténtico compendio de prexuízos baseados no odio ao galego e no supremacismo lingüístico\". Consideran que, embora ofrecer formalmente as dúas opcións (galego e castelán), nas propias instrucións a recomendación é \"quen queira aprobar debe facer a proba en castelán, pois só nesta lingua hai garantías de que as preguntas están correctamente elaboradas\". O seu presidente, Marcos Maceira, lembrou como unha das primeiras medidas de Núñez Feixó ao chegar á Xunta foi eliminar a proba en galego para o acceso á función pública. \"Agora dá un paso máis inutilizando a opción en galego, e animando directamente a non utilizalo\". Valedora do Pobo A Mesa trasladou a súa a queixa e petición de responsabilidades á Valedora do Pobo, á Consellaría de Sanidade e á dirección do Sergas, para alén de reclamar unha actuación inmediata da Secretaría Xeral de Política Lingüística e ao propio presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo."}
{"ID": "NOS_12082", "summary": "Máis un semanario SG e novas informacións, entrevistas e reportaxes. Desde un percorrido polos mitins de barrio até unha viaxe a Enciña da Lastra, pasando por entrevistas a imputados no #8f45anos ou á escritora Helena Villar Janeiro. Xa á venda na loxa de Sermos Galiza.", "text": "Xa está o Sermos Galiza a punto. Máis un número e camiñando cara o 100. Este é o nº97 e nel as eleccións europeas seguen a ter un tratamento especial. Viaxamos a mítines de barrio e preguntamos na rúa que se pensa de 'Europa'. Tamén viaxamos a Santa Comba para coñecer a mobilización veciñal contra a construción dunha pranta de gas a carón das vivendas; e mergullámonos no negocio de vender precariedade por teléfono. A loita do plantel de Seaga contra a precariedade ou o impacto que ten o recorte nas axudas a razas autóctonas son outros temas a debullar neste número. Falamos coa lucense Aroa Freije, de 14 anos, e a un paso de asistir aos Xogos Olímpicos da Xuventude. E en Viaxes na Miña Terra imos de rota polo Val do Sil. Entrevistamos a Helena Villar Janeiro, que nos fala do seu último libro de poesía, Remontar o Río,do que publicamos un adianto. Outra entrevista que podes ler neste número é a Joam Peres, unha das persoas encausadas no xuízo #8f45anos. E tamén falamos con Carlos Gende (Gendebeat, Xenderal), a crear ritmos e historias co poder da palabra e da boca. Do 'beatbox' ao 'ragga'. E non se nos escapa o libro-dvd de 'Brinca vai!!' de Paco Nogueiras e as súas doce cancións que visitan o Samaín, o Entroido, o Verán, a natureza ou os afectos, materiais acaídos para animar a escola e a casa con humor e alegría. E todo completado polas colaboracións de C. Garrido, Mario Outeiro, García Negro, Andrés Castro..."}
{"ID": "NOS_16907", "summary": "Millares secundan a convocatoria da CIG dunha xornada de loita en Ferrol \"en defensa da comarca\" porque \"sen traballo, non hai presente nin futuro\".", "text": "A CIG protagonizou, da man de milleiros de persoas, unha xornada de loita na comarca de Ferrol, unha mobilización convocada tras unha inxente campaña informativa e coa que a central nacionalista procuraba, alén de denunciar a grave situación que atravesa Ferrolterra a nivel económico, social e mesmo demográfico, propoñer alternativas e solucións. O sindicato nacionalista convocou folga de 9 a 15 horas con marchas de traballadores e traballadoras, asembleas e manifestación central ás 12:30 desde o Inferniño. A consigna foi \"pola comarca. Sen traballo, nin presente, nin futuro\". A xornada de hoxe tiña como eixo visíbel central a manifestación convocada para ás 12:30 horas, dende o Inferniño e na que tomaron parte varios milleiros de persoas. Porén, previamente houbo marchas de traballadores e traballadoras dende os principais polígonos industrias e centros de traballo para visibilizar nas rúas as reivindicacións da central sindical e animar a toda a cidadanía á participar da mobilización. Estas marchas estaban organizadas en tres itinerarios principais que confluíron no Inferniño antes da saída da manifestación Dende a CIG de Ferrol lembran que sobran os motivos para participar nesta xornada de loita, xa que, as graves consecuencias que a conxuntura económica e social actual ten contra os intereses da maioría social, esta situación vese incrementada na comarca porque \"dende hai máis de 25 anos véñense tomando decisións políticas lesivas para os nosos sectores estratéxicos\". A zona rexistra xa 20.000 desempregados e desempregadas e un 80% das empresas instaladas na comarca teñen problemas Valoración positiva Os voceiros da CIG de Ferrol, Manel Grandal e Xesús A. López Pintos valoraron moi positivamente o resultado da xornada de loita e a participación. E destacaron o apoio da cidadanía, mesmo felicitando á central nacionalista por acometer en solitario a convocatoria. A comarca de Ferrolterra rexistra xa máis de 20.000 desempregados e desempregadas -cifra que prosegue en aumento-; ao tempo que avanzan os peches de empresas, os concursos de acredores ou os procesos de regulación de emprego. De feito, a central sindical calcula que o 80% das empresas instaladas na comarca xa sufriron algunha destas situacións. Fronte a iso, a CIG reclama \"a necesidade imperiosa de poñer en marcha políticas activas de emprego e inversión pública nesta comarca\". O sindicato nacionalista informou a través de dípticos que durante estas últimas semanas distribuíu nos centros de traballo e nas rúas para animar á participar da xornada de loita e concienciar da necesidade de seguir na resposta social como única vía para conseguir un cambio de políticas e avanzar cara a un novo modelo económico e social. Así mesmo, a central sindical estivo realizando un intenso traballo para acadar o maior respaldo posíbel, polo que nestas semanas mantivéronse encontros con representantes dos partidos políticos, dos empresarios e do pequeno comercio aos que expuxeron os motivos que levaron a convocatoria da folga e pediron o seu apoio."}
{"ID": "NOS_50900", "summary": "Case sesenta organizacións sociais confluén con CIG, CCOO e UGT nunha macroplataforma que pretende ofrecer unha resposta unitaria en chave mobilizadora contra as políticas de recortes.", "text": "Esta quinta feira presentouse en Santiago de Compostela a Alianza Social Galega, unha macroplataforma impulsada por CIG, CCOO e UGT e conformada por outras 51 entidades sociais, entre as que salientan organizacións estudantís, colectivos culturais e ecoloxistas, fundacións, sindicatos agrarios ou diversas plataformas, dan corpo a unha alianza que ten como principal propósito alargar a unidade de acción para \"facer fronte ás políticas antisociais do Partido Popular\". As case sesenta organizacións que a compoñen coinciden en denunciar que estas políticas só responden \"aos intereses dos mercados\", o capital financeiro internacional e o grande empresariado, e que están orientadas en base a un \"neoliberalismo depredador\" que vai contra os intereses da maioría social. Como exemplos que singularizan o que cualifican de \"ofensiva antisocial\" mencionan a suba do IRPF, a conxelación do salario mínimo e máis do IPREM, as restricións para o acceso á renda de emancipación e ás prestacións da dependencia, recortes salariais e de dereitos de traballador@s públic@s, ou as contrarreformas que supuxeron o desmantelamento da negociación colectiva e o abaratamento do despedimento. Mais no punto de mira situaron fundamentalmente o proxecto de orzamentos para o vindeiro exercicio 2013 que consideran \"será un novo golpe, xa que os principais recortes minguarán aínda máis os recursos destinados aos servizos públicos, agravando as consecuencias que xa provocaran os recortes acometidos até agora\". Asemade, amósanse cert@s de que provocarán \"máis paro e recesión\". Porén, as críticas non se limitan as actuacións do goberno central. A nova macroplataforma manifesta o seu rexeitamento aos \"recortes de dereitos, deterioración e privatización dos servizos públicos\" que segundo afirman desenvolveu a Xunta de Galiza baixo o mandato de Feijóo. Denuncian así mesmo \"a destrución dunha parte fundamental do noso tecido produtivo\" citando a grave situación que atravesan sectores como o naval, leiteiro, conserveiro, pesqueiro ou téxtil, o que tería provocado \"o maior índice de desemprego da nosa historia\" que elevan a 300.000 galegas e galegos. No manifesto constituínte faise tamén mención ao autogoberno, acusando a Xunta de ter abandonado a \"esixencia de dotar de novas competencias ao noso Parlamento\" e de mesmo colaborar \"na recentralización promovida polo PP\" e \"teimar en eliminar o noso principal sinal de identidade nacional\" en referencia á lingua galega. Neste panorama, que describen como \"unha agresión ás clases populares sen precedentes na nosa historia\", e na antesala dun eventual rescate, a acabada de creada Alianza Social Galega promoverá mobilizacións co propósito de frear a aplicación das políticas promovidas pola Troika. O vindeiro día 31 terá lugar unha nova xuntanza da macroplataforma en que se definirán no concreto os primeiros pasos a seguir. Preguntados pola coincidencia da presentación da Alianza na véspera electoral, os secretarios xerais de CIG, CCOO e UGT --aínda afirmando que a plataforma ten afán de continuidade alén da convocatoria electoral-- non negaron que pretenden influír nelas para que o descontento social teña o seu correlato electoral, salientando así a importancia e o valor do voto."}
{"ID": "NOS_4054", "summary": "O xefe do Executivo explicou que 6.000 galegos e galegas participarán á vez nos estudos epidemiolóxicos da Xunta e do Estado para \"confrontar\" a fiabilidade dos test empregados pola Administración galega.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sumouse este sábado ás voces contrarias ao mantemento do estado de alarma para efectuar o desconfinamento. Así o trasladou ao xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, na videoconferencia semanal que este mantén cos presidentes autonómicos. Na conferencia de prensa posterior, o dirixente popular criticou o \"uso desproporcionado\" desta figura e avogou por outras do ámbito xurídico como a Lei Orgánica de Saúde Pública que conxuguen criterios sanitarios e os \"dereitos e liberdades fundamentais\". A súa fin é necesaria para a celebración dos comicios galegos, tal e como se dispuxo após a suspensión da cita coas urnas o pasado 5 de abril. Porén, ante a previsíbel prórroga do estado de alarma, posto que o propio Pedro Sánchez descartou un \"plan B\", demandou que sexa adaptábel as diferentes realidades territoriais. Máis protocolos e máis detallados foi a principal exixencia de Núñez Feixoo respecto á distribución do fondo extra de 16.000 millóns que o Estado achegará as autonomías ou da próxima apertura de comercios e outros estabelecementos. O xefe do Executivo galego apoiou que debe ser o Goberno español o que xestione a desescalada e agradeceu a proposta do seu presidente, Pedro Sánchez, dunha cogobernanza coas Comunidades Autónomas. Porén, advertiu que nese camiño deberá comunicar previamente aos Gobernos autonómicos os plans e medidas a levar a cabo. Distritos sanitarios Nesa liña, Núñez Feixoo suxeriu a posibilidade de que aqueles que durante 14 días cumprisen cos parámetros sanitarios pasasen directamente á fase 3 da desescalada. E puxo o exemplo dos \"máis de 140 concellos galegos\" que non rexistraron contaxios da COVID-19 nas últimas xornadas. Uns municipios que a Xunta da Galiza nunca concretou. A maiores, abriu a porta a que as áreas de referencia na desescalada na Galiza sexan os distritos sanitarios e non as áreas. Puxo o exemplo dos área sanitaria de Lugo, subdividida en tres distritos: A Mariña, Monforte e o propio Lugo. Foi a Lei de Saúde Pública da Galiza aprobada polo Partido Popular en 2018 a que reduciu as áreas sanitarias de 11 a 7, nas que se incluíron as da Mariña e Monforte. Agora, Núñez Feixoo quere empregar esas delimitacións para artellar o desconfinamento. O xefe do Executivo galego comunicou que demandara a Pedro Sánchez diferenciar os ámbitos rural e urbano na apertura da mobilidade social. Ademais, reclamou concretar se as habitantes de núcleos urbanos de menos de 5.000 habitantes poden saír sen limitacións horarias aínda que o municipio supere esa poboación, caso da veciña Asturias, ou se se mantén esa restrición. Estudo epidemiolóxico Cuestionado polos medios de comunicación respecto ás mudanzas nos datos partillados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, que impiden realizar unha comparativa da evolución da enfermidade, Núñez Feixoo limitouse a responder que foron realizadas seguindo os criterios do Goberno estatal. A maiores, explicou que o estudo epidemiolóxico da Xunta emprega ás 6.000 galegas e galegos do estudo estatal para confrontar a fiabilidade dos tests masivos empregados pola Administración galega. Núñez Feixoo fixo referencia a que esas 6.000 participantes se lles realiza unha extracción sanguínea, como contempla o protocolo estatal, e sométeselles a maiores ao test anticorpos do estudo da Xunta. En total, engadiu, xa se realizaron máis de 35.000 na primeira quenda de probas. Así mesmo, explicou ás xornalistas que abriu a porta a estender o seu mandato máis alá de 2020 debido a posibilidade dun rebrote en outono ou no inverno. \"Ou procuramos fórmulas menos incertas ou estamos nun abismo legal e de lexislatura que debemos prever e desentrañar\", defendeu."}
{"ID": "NOS_32491", "summary": "Miles de persoas tomaron parte na movilización baixo una reclamación unánime: \"Alcoa solución\"", "text": "Xove encheuse a noite desta cuarta feira de apoio e solidariedade cos traballadores e traballadoras da planta de Alcoa en San Cibrao, cuxo persoal está en vilo após a dirección decidir apagar 32 cubas, reducíndose a produción máis de 10%. Unha factoría que xera máis de 1.000 empregos directos e outros tantos indirectos e sobre a que paira, como recoñece o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, o risco de fechar. Máis de 3.000 persoas procedentes de diferentes puntos da Mariña tomaron parte na movilización, na que tamén estiveron presentes alcaldes da comarca e representantes de colectivos veciñais e sociais. Un clamor unánime para que se dea solución á problemática desta factoría: Feches non, enerxía solución. O persoal demanda una tarifa eléctrica que permita competir a producción desta factoría coa doutros países europeos, onde esta é máis barata que a actual no Estado. Por volta de 40% do custo de prodcción nesta planta vén da electricidade. A decisión de recortar a fabricación de aluminio non colleu ninguén por sorpresa. Á altura do mes de marzo, coincidindo coa aprobación inicial do estatuto que regulará o réxime enerxético das empresas electrointensivas, Alcoa xa ameazou co feche da súa factoría de San Cibrao, denunciando que os custos de produción a facían inviábel. Segundo os números presentados pola empresa, a fábrica da Mariña xerou durante este ano unhas perdas mensuais de ao redor de cinco ou seis millóns de euros, declarando en 2018 un quebranto na súa conta de resultados de 53 millóns de euros. Os problemas do complexo mariñán son coñecidos desde hai tempo. A negativa da compañía a acometer investimentos na factoría galega non só é un síntoma da falla de interese pola mesma, senón que afecta directamente á súa marxe de beneficios e á continuidade da actividade."}
{"ID": "NOS_18081", "summary": "Na segunda metade do século XIX coincidiu o renacemento da lingua galega coa aparición a nivel internacional de diversas linguas creadas de xeito artificial. A creación destas linguas respondía ao desexo de facilitar a comunicación internacional, sen reemprazar as linguais nacionais, e foi por iso que recibiron a cualificación de linguas auxiliares. Entre estas estiveron o Volapuk ou o Ido, mais a máis popular e máis difundida delas foi o esperanto, que tamén tivo na Galiza algúns promotores.", "text": "O esperanto foi creado na década de 1880 polo oftalmólogo de orixe xudeu Ludwik L. Zammenhof , orixinario de Bialystok, hoxe Polonia, tendo como base principal varias linguas de Europa Occidental, con fortes influencias eslavas; a súa idea era que a nova lingua planificada tivera unha aprendizaxe doada para facilitar a súa difusión e utilización masiva. En moi pouco tempo a lingua internacia (lingua internacional) conseguiu popularizarse a nivel mundial e comezaron a formarse grupos para fomentar a súa propagación. En 1897 apareceu xa unha primeira xeira de seguidores do esperanto en Compostela, encabezada polo doutor Adolfo Serapio Casal, os estudantes de medicina Javier Casares Bescansa, Ignacio Lis Lombao e José V. Requejo e o estudante de dereito canónico Matías Usero Torrente, anos andados crego disidente asasinado polos golpistas. Os primeiros grupos esperantistas Houbo que agardar até o inicio do século XX para que se formaran os primeiros grupos esperantistas na Galiza. O primeiro deles ficou constituído en novembro de 1904 na Reunión de Artesáns da Coruña, e nel estaban integrados o comandante de Artillaría Pascual Perea e o contábel Manuel Monteagudo, que ocupou ademais o cargo de vogal da Hispana Societo Esperanto; ao pouco tempo da súa constitución este grupo organizou un curso para ensinar esperanto no local dos artesáns coruñeses. En 1906 Monteagudo e outro membro do grupo, Romualdo González, fixeron tamén unha xira de 10 días por varias localidades, entre as que estaban Vigo, Vilagarcía e Santiago, para facer charlas de promoción da nova lingua internacional. Para complementar estas actividades, diversas personalidades asinaron tamén artigos en xornais e revistas comentando as virtudes do esperanto: a mestra coruñesa María Barbeito Cerviño publicou un deles na Revista Gallega en setembro de 1906. Foron estes primeiros anos do século de gran dinamismo no eido esperantista, creándose un novo grupo no Barco de Valdeorras en 1906, que tivo como membro máis destacado o nacionalista Hixinio V. Ameixeiras. Da súa man naceu tamén ao pouco tempo o grupo esperantista de Ourense, que tiña como orixe a sección esperantista da Asociación de Dependentes de Comercio e pouco tempo despois Ameixeiras fundou unha nova agrupación en Lugo. Na altura de 1909, ademais destes grupos iniciais da Coruña, O Barco de Valdeorras, Ourense e Lugo existían tamén novos grupos esperantistas en Compostela (no que figuraban José Santaló e Santiago Carro), Foz (con Camilo Cela Fernández, pai de Camilo José Cela, e o nacionalista Antón Vilar Ponte) e Vigo (con Bernardo Fernández e Manuel Dovao). Nos Jarlibros (anuarios) editados anualmente polas asociacións esperantistas internacionais figuraban os nomes e enderezos dos novos propagandistas incorporados á difusión do esperanto. Entre os propagandistas da nova lingua auxiliar na Galiza predominaban as clases medias e profesionais da máis variada índole, desde o artilleiro e matemático Juan Durán Loriga ao xornalista Eladio Fernández Diéguez, o autor dramático Galo Salinas ou o fundador de Cántigas da Terra, Mauricio Farto na Coruña; tamén o tenente da garda civil Ángel Ramos Ordóñez en Betanzos, o escritor Manuel Leiras Pulpeiro en Mondoñedo, o irmandiño de Vilaba, Antonio García Hermida, o librepensador Hipolito S. Luengo en Ourense, ou a mestra Encarnación Suárez Miranda en Silleda. Pola súa banda, en Ferrol apareceu un grupo esperantista en 1910, probabelmente influído por esperantistas ferroláns de relevo que residían en Compostela, como Matías Usero ou os médicos Javier Casares e Antonio Porta Gárate. Chama a atención o eclecticismo dos protagonistas daqueles primeiros pasos do esperanto na Galiza, coa presenza de militantes nacionalistas e de moitos militares, especialmente da rama de Artillaría. Naqueles primeiros tempos comezaba a aparecer unha crecente simpatía dos militantes das organizacións obreiras polo esperanto, que se consideraba unha ferramenta para o fomento do internacionalismo. Na Coruña estaban xa entre os primeiros esperantistas algúns directivos do Centro de Estudios Sociales Germinal como Sabino Alfonsín e o carpinteiro Manuel Alvedro e en Santiago tamén era esperantista o tipógrafo e sindicalista José Santiago Prol. Nas décadas seguintes, o esperantismo perdeu ese eclecticismo inicial para ser promovido especialmente por grupos librepensadores e militantes de organizacións obreiras, ligándose claramente coas correntes máis progresistas presentes na Galiza."}
{"ID": "PRAZA_8945", "summary": "O presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento e outros representantes das institucións autonómicas e estatais condicionan esta fin de semana a súa axenda pola visita do secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone.", "text": "A liña que separa Estado e Igrexa católica, trazada con máis ou menos claridade no ordenamento xurídico básico, esvae con frecuencia, xa sexa para reclamarlle á Virxe do Rocío que traballe para reducir o desemprego, para solicitarlle ao Apóstolo Santiago \"solucións\" á crise ou para, vía reforma educativa, permitir que a materia de Relixión compute para a media académica. O principio constitucional segundo o cal \"ningunha confesión terá carácter estatal\" volve estar, cando menos, cuestionado esta fin de semana en Compostela, onde as relacións de \"cooperación coa Igrexa católica e demais confesións\" se converten en mobilización das principais autoridades galegas para recibir os representantes do Vaticano que se achegan a capital galega e participar nos seus actos litúrxicos. A visita vaticana ten a finalidade de ordenar arcebispo ao ourensán José Rodríguez Carballo, ministro xeral da orde franciscana a quen o papa Francisco vén de nomear secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada, unha caste de membro do goberno do Estado católico. A comitiva, encabezada polo secretario de Estado da Santa Sede, Tarcisio Bertone, chegou nas últimas horas do Día das Letras Galegas ao aeroporto de Lavacolla. Alí, a pé de pista, estaba o nuncio apostólico en España, Renzo Fratini, e ao seu carón o presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento, o delegado do Goberno central e os ministros de Fomento e Exteriores. A visita incluíu, segundo a información ofrecida polo Arcebispado, unha \"cea oficial ofrecida polo titular do Executivo galego\" na residencia oficial de Monte Pío Tras ese recibimento, os membros da xerarquía católica trasladáronse ao complexo formado polo convento de San Francisco e o Hotel Monumento no que foi convertido parte do mesmo. Pero isto non implicou a fin da mestura cos estamentos políticos galegos. Ben ao contrario; Bertone achegouse á residencia oficial de Monte Pío para \"manter unha entrevista\" con Alberto Núñez Feijóo. Segundo a información ofrecida polo arcebispado -non constaba na axenda oficial da Xunta- en Monte Pío tamén se celebrou unha \"cea oficial ofrecida polo titular do Executivo galego\". Na xornada do sábado, a central da presenza de Bertone en Compostela, tamén haberá notable implicación de representantes políticos en actos puramente relixiosos. Así, tanto a Xunta como o Parlamento xa confirmaron que Feijóo e Pilar Rojo asistirán á \"á celebración da Santa Misa e Ordenación Episcopal do padre José Rodríguez Carballo\" na catedral de Santiago. Non consta, nin nos datos ofrecidos polo Goberno nin polo arcebispado, se van participar ou non na \"recepción e cea\" que, neste caso organizada pola Igrexa, vai acoller o \"restaurante de San Martiño Pinario\". Neste contexto, dos tres días que Tarcisio Bertone ten previsto pasar en Santiago só un transcorrerá unicamente no ámbito relixioso, sen contacto oficial con políticos. Será o domingo, cando celebrará unha misa privada na Catedral, se reunirá co arcebispo e \"visitará distintas partes da cidade de Santiago en automóbil\". Como pano de fondo desta viaxe está a \"aspiración\", formulada polo propio Feijóo, de que o papa Francisco visite a cidade durante os actos de celebración do aniversario da visita de Francisco de Asís a Compostela, conmemoración relixiosa declarada, a instancias da Xunta, acontecemento de \"especial interese público\", con exencións fiscais para as empresas que o patrocinen."}
{"ID": "NOS_24388", "summary": "Masivas tractorada e mobilización pola sanidade pública. A Garda Civil que se nega a atender solicitudes en galego. A unidade prender no estudantado soberanista,... Todo isto e máis, neste número, xa na nosa loxa.", "text": "O 162 de Sermos Galiza xa nos quioscos,librarías e na nosa loxa. Coa tractorada e a manifestación de Vigo en defensa da sanidade pública como temas centrais, dúas mobilizacións vivas que amosan o pulso do pobo galego. 'O rural galego, fronte á súa batalla máis determinante'. Miles de tractores a bloquear durante días Compostela e a manter a pé da Muralla de Lugo o facho das reivindicacións leiteiras. Imaxes destacadas dun conflito no que se involucran persoas con nome e apelido que, coinciden, son conscientes de que o que está en xogo non afecta só os gandeiros. 'A área de Vigo planta cara áprivatización sanitaria da Xunta'. Unha manifestación multitudinaria evidencia o profundo malestar de miles de doentes do novo hospital de Vigo, que desde a súa apertura acumula deficiencias e polémicas, asociadas ao novo modelo de xestión e as urxencias da empresa concesionaria por sacar rendibilidade do centro sanitario. 'Podemos dá por feitas as dúas listas'. A dirección de IU no conxunto do Estado, disposta a disolverse nas candidaturas da formación de Pablo Iglesias e a mesmo darlle un papel subalterno ao seu líder, Alberto Garzón. 'O ensino vivo, a semente que abrolla'. Semente Trasancos abrirá en outubro en Narón as portas do seu propio espazo educativo. Falamos do proxecto neste semanario. Un veciño de Gondomar, Xosé Luís A., veu como en reiteradas ocasións lle ordenaban falar en español e non en galego para que a súa solicitude fose atendida polo instituto armado. Negouse a cambiar de idioma e a petición ficou sen cursar. Contamos o caso en 'A Garda Civil négase a atender unha solicitude por ser en galego'. En 'A unidade prende no estudantado nacionalista' falamos como a través do proceso Asembleas de base, Comités, Liga e Agir encetan o camiño cara á construción dunha organización estudantil unitaria. E neste número tamén tratamos como O operativo sanitario que actuou no grave accidente de Carral, que se saldou o pasado 5 de setembro con sete persoas falecidas e once feridas, non puido contar co apoio dun helicóptero do 061 por mor do recorte de horarios impostos pola Consellaría de Sanidade neste servizo. A CIG denuncia que este caso é un exemplo máis das consecuencias dese retallamento que deixa descubertas zonas do país durante horas. 'As lavandeiras do Marianne'. É o título da crónica completa de Ana Miranda sobre a súa travesía na 'Flotilla da Liberdade' de apoio a Palestina. En 'Cruzar o mar ou morrer aos poucos', Segundo os datos da Organización Internacional para as Migracións (OIM) máis de 350.000 persoas cruzaron o Mediterráneo, para o norte, entre xaneiro e xullo deste ano. Delas, case 3000 non chegaron a ningures. Entrevistamos Begoña Fernández, ex-xogadora de balonmán.\"Do que máis orgullosa me sinto é de ter comezado desde abaixo\". En Viaxes na Miña Terra visitamos da man do colectivo Xea Valdoviño e Punta Frouxeira. E aínda hai máis, As dúas últimas citas do verán musical: o Reperkusión e o Festival de la Luz. E en 'Andrés Do Barro, o tren que desencarrillou prematuramente' falamos do cantante ferrolán. E de música, a volta dos Resentidos na nosa contra-capa. E os artigos de Antón Losada, Xavier Queipo, Luz Darriba. E os nosos críticos Mario Regueira, Andrés Castro, Olga Brañas e Heitor Picallo."}
{"ID": "NOS_28964", "summary": "Autoridades mundiais puxéronse á fronte da impresionante manifestación, o que levou a dicir a un dos superviventes da revista satírica que \"vomitarían\" sobre os \"novos amigos\" que lles saíron após o atentado mortal.", "text": "Máis dun millón e medio de persoas marcharon este domingo cara á Praza da Nación de París en repulsa polos atentados extremistas que se cobraron a vida de 17 persoas esta semana en Francia, entre elas 12 empregad@s da revista satírica Charlie Hebdo, e a favor da liberdade de expresión sen violencia. A Marcha Republicana, encabezada polos superviventes e familiares das vítimas, seguidas de líderes internacionais -entre eles o presidente español Mariano Rajoy- e de todas as relixións detrás do presidente francés, François Hollande, encabezad@s por unha pancarta coa frase \"Je Suis Charlie\" avanzou polas rúas da capital nunha atmosfera de concordia, pero baixo a vixilancia de máis de 2.200 axentes de Policía fortemente armados. Malia a presenza de tanta seguridade, a multitude avanzou sen incidentes e irrompendo espontaneamente en aplausos ou cantando o himno francés A Marsellesa namentres o presidente Hollande compartúa impresións cos familiares das vítimas de Charlie Hebdo e do supermercado xudeu de Vincennes. Precisamente, un dos membros máis antigos da revista satírica atacada, o caricaturista holandés Bernard 'Willem' Holtrop, rexeitou as repentinas mostras de apoio das autoridades mundiais e advertiu de que non dubidarían en \"vomitar\" sobre os \"novos amigos\" da publicación. 'Willem', de 73 anos, é un dos membros da xeración que fundou a revista en 1968. \"Temos moitos novos amigos: o Papa, a raíña Isabel II, Putin,... Teño que rirme. Marine Le Pen seguro que estaba encantada cando soubo que había islamistas disparando\" na Redacción, afirmou 'Willem' nunha entrevista co xornal holandés 'Volkskrant'. \"Vomitamos sobre toda esta xente que agora di que son os nosos amigos\", engadiu."}
{"ID": "PRAZA_6072", "summary": "Os populares escúdanse en que o Parlamento xa aprobou en 2011 a restrición de acceso para os e as menores de 12 anos, unha norma que se debe incorporar á Lei de Espectáculos públicos, aínda en proxecto.", "text": "O Parlamento galego rexeitou este martes prohibir o acceso dos e das menores de 16 anos ás corridas de touros. A maioría absoluta do Partido Popular botou abaixo a proposición non de lei presentada polo BNG, que si foi apoiada polo PSdeG-PSOE e AGE. Os populares escudáronse en que o Parlamento xa aprobou en 2011 a restrición de acceso para os e as menores de 12 anos, unha norma que se debe incorporar á Lei de Espectáculos públicos, aínda en proxecto. Os populares escudáronse en que o Parlamento xa aprobou en 2011 a restrición de acceso para os e as menores de 12 anos, unha norma que se debe incorporar á Lei de Espectáculos públicos, aínda en proxecto En efecto, como argumentou o popular José Santiago Freire, encargado de defender a posición dos conservadores, en 2011 a cámara xa aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do BNG que instaba á Xunta a introducir na futura Lei de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos a prohibición de acceso ás persoas menores de 12 anos a espectáculos taurinos celebrados en recintos pechados. O anteproxecto de lei, con todo, está pendente da súa aprobación no Parlamento. Ana Pontón, que defendeu a proposta do Bloque, sinalou que \"mentres, seguen entrando os menores, e vostedes prefiren mirar cara a outro lado\". De feito, nas últimas semanas foi moi criticada, sobre todo pola plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, a oferta de descontos que os promotores taurinos pretenden implantar na feira taurina de Pontevedra, co obxectivo de venderlles abonos aos menores de 16 anos. O empresario Eduardo Lozano sinalou que buscan \"propiciar o relevo xeracional e atraer un público máis novo\" á feira taurina da Peregrina. \"É unha batalla que estamos librando os empresarios cara a mocidade. Queremos que a mocidade se incorpore aos touros e en Pontevedra, tan tradicional en peñas taurinas, queremos que a afección veña dende a época máis nova\", engadiu. No debate, Ana Pontón cualificou as touradas de \"práctica cruenta, que non ten cabida nunha sociedade desenvolvida\", e criticou os intentos dos empresarios taurinos para introducir nenos, nenas e adolescentes na afección a este espectáculo: \"detrás deste relanzamento só están as presións do lobby taurino, que quere manter unha actividade fortemente subvencionada\". Pontón lembrou que a Lei de Familia vixente en relación coa infancia establece a primacía do dereito do menor sobre outros dereitos, principios ou ben públicos. No artigo 43 alértase da difusión a menores de material audiovisual que incite á violencia. \"Imaxinen o efecto que causa a exposición a estas imaxes xa non a través dunha pantalla, senón en directo\", sinalou, ao tempo que alertou que \"pode levar a unha desensibilización na vida real cara á violencia\". Nas últimas semanas foi moi criticada a oferta de descontos que os promotores taurinos pretenden implantar na feira taurina de Pontevedra, co obxectivo de venderlles abonos aos menores de 16 anos A proposición non de lei do BNG, que instaba a Xunta \"a tomar as medidas lexislativas necesarias para restrinxir a entrada de persoas menores de 16 anos a festexos taurinos\", tiña a súa base na denuncia realizada polo Comité dos Dereitos dos Nenos da ONU, que hai uns meses lle fixo unha serie de recomendacións a Portugal para que adaptase as súas lexislacións sobre tauromaquia para que cumprisen coa Convención dos Dereito do Neno. A proposta lembraba tamén que os expertos alertan \"da cruenta permisividade de que as persoas menores de idade poidan acceder a prazas de touros a contemplar esta clase de eventos\". PSdeG-PSOE e AGE apoiaron a iniciativa. Por AGE, Yolanda Díaz sinalou que as touradas son un \"espectáculo de violencia máxima\" que \"debería ser erradicada para todas nós, pero dende logo evitada para os e as menores de 16 anos\". E situounas nun contexto de \"guerra ideolóxica\" a cargo do PP para \"situarnos no imaxinario colectivo dunha España que non existe\". Pola súa banda, a socialista Beatriz Sestayo criticou os descontos e promocións realizadas polos empresarios taurinos e sinalou que \"este parlamento debe reflexionar sobre se se pode seguir fomentando unha festa que consiste no sufrimento dun animal\". Polo Partido Popular, José Santiago Freire anunciou o voto contrario do seu grupo facendo referencia á devandita proposición aprobada en 2011, sinalando que non entendía a oportunidade desta nova iniciativa e preguntouse \"que mudou nos últimos dous anos\". Freire Abeijón defendeu que \"a Xunta non se desentendeu dese acordo, o anteproxecto da Lei de Espectáculos introduce esta prohibición. Entendemos que fixar en 12 anos o límite é un primeiro paso e permítenos seguir valorando no futuro o impacto nos menores\". \"Que eu saiba, non se incrementou exponencialmente a asistencia de menores de 16 anos a espectáculos taurinos en Galicia, tampouco de diagnosticaron forte pegadas psicolóxicas en menores como consecuencia da visualización destas imaxes\", sinalou. O deputado popular afirmou que \"se cadra aumentou o nivel de rexeitamento á tauromaquia no BNG e nas demais forzas, sobre todo pola axenda marcada noutras comunidades autónomas, especialmente Catalunya\" Freire Abeijón criticou igualmente que o BNG denunciase a participación de menores nas corridas de touros e non na Festa do Boi de Allariz, \"que non só se fomenta a participación de menores, senón que mesmo se fan actividades específicas para nenos\". Ana Pontón respondeu cualificando esta referencia de \"demagoxia barata\". \"Son temas diferentes, unha polémica falsa\", defendeu a deputada nacionalista, antes de engadir que \"se vostede considera que a Festa do Boi é unha festa cruenta, deberían denuncialo ante a Xunta\"."}
{"ID": "NOS_26617", "summary": "Piden a dimisión dos responsábeis da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés por protagonizar unha xestión \"desastrosa\".", "text": "Traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocados polos sindicatos CESM Galicia, CO-BAS e Prosagap volveron concentrarse no día de hoxe ás portas do Hospital Montecelo e do Provincial para pedir a dimisión da responsables da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés e protestar contra a precariedade laboral e a privatización de servizos. O representante do sindicato Comisións de Base (CO-BAS), Rafael Vázquez, lamentou que despois de varias semanas de mobilización dos traballadores aínda non lograron que se estabelezan \"liñas de diálogo sólidas\" co equipo directivo dos hospitais. Segundo este portavoz sindical, o único encontro que mantiveron recentemente co xerente José Ramón Gómez \"non serviu para achegar posturas\" xa que, segundo explica, a dirección entende que esas reunións son \"meramente informativas\" e non se pasan os datos concluíntes para debater os problemas sanitarios e de persoal. Entre outras queixas, os sindicatos reprocharon á Xerencia que non lles informase da \"privatización\" do servizo de Mantemento, unha circunstancia da que, conforme denuncian, decatáronse polos pregos de contratación desta prestación. \"Eles din que só é mantemento preventivo cun contrato por tres anos, pero é o mesmo que en Vigo. Xa nolo temiamos\", criticou Vázquez. Os sindicatos CESM Galicia, CO-BAS e Prosagap tamén temen o peche da Lavandaría do Provincial coa perda dos postos de traballo deste departamento e sospeitan que sucederá a mesma operación cos servizos de Esterilización e de Cociña. Segundo expón Rafael Vázquez, o SERGAS ten intención de trasladar estas áreas a Vigo: \"É unha barbaridade, desde Vigo é imposible servir a todos os hospitais\", afirmou. Os representantes dos traballadores piden a revisión do Plan Director do Hospital Gran Montecelo para que se contemplen as necesidades que quedaron patentes durante estes meses coa crise da pandemia e continúan reclamando negociación, planificación e a contratación de máis persoal. Peche de camas Nas súas protestas tamén alertaron do previsible peche de máis de 75 camas hospitalarias durante este verán, unha situación que, segundo censuran, repítese todos os anos por estas datas. Nesta ocasión os sindicatos advertiron de que os hospitais da área sanitaria quedarán en precario ante un posible rebrote da pandemia da Covid-19. Reclaman, así mesmo, que os servizos de Urxencias e de atención a pacientes de coronavirus refórcense este semestre para estar alerta ante calquera novo brote da pandemia. Os sindicatos pregúntanse como se vai a remontar a actividade que non se realizou durante estes meses de estado de alarma e denuncian que a xerencia se está saltando as listas de contratación para cubrir os meses estivais. Así mesmo, afirman que se está contratando, de maneira \"irregular\", a profesionais aos que se chamou para cubrir a etapa do coronavirus evitando recorrer ás persoas que se atopan nas listas, como se estableceu a través dun acordo. Tamén de demandan unha planificación da actividade asistencial transparente tanto para Atención Primaria como para Atención Especialidade. Dimisión da xerencia Por todas estas razóns, os manifestantes pediron a dimisión da xerencia dos hospitais de Pontevedra. Segundo denunciou Rafael Vázquez, \"o de aquí é unha xestión desastrosa, deste xerente e do seu equipo directivo. Dedican o seu tempo a amañar os datos sobre o coronavirus. Amenten descaradamente cando falan do número de traballadores dos Hospitais contaxiados e que pasaron o coronavirus\". Por último, aseguraron que o persoal sanitario continúa con problemas de déficit de luvas e máscaras."}
{"ID": "NOS_4235", "summary": "A ATA augura que veñen \"meses malos\" para o sector.", "text": "Agosto despediuse deixando na Galiza unha media de 30 traballadores e traballadoras autónomos menos cada día. ATA Galiza —federación de asociacións de traballadores autónomos— ve \"sinais inequívocos\" de que veñen meses \"malos\" para o emprego, pondo como exemplo eses 915 cotizantes que se deron de baixa deste réxime en agosto. A respecto diso, o presidente da federación, Rafael Granados, advirte de que \"indubidabelmente o emprego nin vai ben nin vai ir ben tampouco nos próximos meses\". A Coruña é, segundo os datos do colectivo, a provincia galega \"máis afectada pola perda de autónomos\" e sectores como a hostalaría, o comercio e a agricultura \"víronse duramente afectados\". Todo iso, lamentan, por mor do incremento dos prezos das subministracións, dos carburantes e unha inflación \"que está en máximos\". A cota mínima de autónomos será 230 euros en 2023 \"Son varios meses que se están rexistrando importantes perdas de autónomos. Por iso, teremos que empezar a traballar conxuntamente coa Xunta e as institucións para pór en marcha medidas de carácter urxente que axuden a reverter esta situación, porque xa son moitos meses de caída de autónomos na Galiza\", apunta Granados. A cidadanía do Estado que peor valora a situación Segundo o Eurobarómetro da Comisión Europea, a cidadanía do Estado español é que peor valoración económica fai, canda a francesa, da situación actual no continente, xa que só 25% considera que a situación é boa fronte 65% que ten unha visión negativa. O mesmo xuízo faise sobre a economía do Estado español, pois só 16% das persoas enquisadas ve con bos ollos a situación actual da economía española fronte 82% que a considera mala. Colectivos de persoas autónomas alertan: \"O peor está por vir\" No referido á perspectiva económica na Unión Europea, o Eurobarómetro apunta que o desánimo se estende polos 27 Estados membros da UE pois, de media, só 16% dos europeos considera que a situación vai mellorar os próximos 12 meses, cun 53% que pensa que empeorará."}
{"ID": "NOS_37522", "summary": "A central sindical nacionalista acusa o goberno galego de querer trasladar á opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación por parte de organizacións como a CIG.", "text": "Após a publicación do informe do Consello de Contas de Galiza en que se recollen polo miúdo as subvencións concedidas pola Xunta de Galiza para cursos de formación, e das informacións publicadas ao respeito, a Confederación Intersindical Galega (CIG) avanzou esta cuarta feira (5 de novembro) que presentará unha denuncia perante a Fiscalía pola \"manipulación\" que ao seu entender está a cometer a Xunta de Galiza dos devanditos dados. Neste senso, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o secretario confederal e apoderado da forGa, Anxo García Torres, aseguraron en comparecencia de imprensa que \"diante da utilización perversa e da manipulación que se está a facer do Informe do Consello de Contas, co que se pretende trasladar a opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación, entre outras organizacións por parte da CIG\". Informacións \"difamatorias\" Segundo a central sindical existe unha \"intencionalidade política\" na difusión destas informacións que vinculan a súa organización cun suposto fraude na obtención das axudas e é que, sinalan, o que se pretende é \"tapar as denuncias de malversación de fondos públicos e de uso fraudulento dos fondos de formación por parte das empresas Operación Zeta-, con graves implicacións no propio PP e dalgúns dos seus dirixentes\", para o que o PP tentaría \"dar a imaxe\" de que \"todas as entidades formación facemos un uso fraudulento e corrupto dos recursos\". Neste senso Seixo e García avanzaron que entregarán o informe perante a Fiscalía para \"que quede irrefutabelmente probado que por parte da CIG non houbo utilización fraudulenta nin delituosa no uso destes fondos públicos\". Aliás, apuntaron, solicitarán \"unha rectificación pública\" por parte dos medios de comunicación que publicaron informacións \"denigrantes\" para a CIG baixo o epígrafe 'Los escándalos de la corrupción'. De non se proceder á rectificación, advertiron, denunciarán un presunto delito de \"difamación e inxurias\". Prevaricación na adxudicación Así mesmo, desde a CIG sinalaron que presentarán unha \"querela por prevaricación\" contra o goberno galego por \"discriminación\" na adxudicación dos cursos. A central sindical asegurou que posúe \"15 sentenzas do TSXG\" que recoñecen a existencia dese feito e \"fan chamamentos expresos á Xunta para que remate con esta actitude, indicándose incluso que a Xunta \"está a actuar con mala fe e temeridade respecto dos cursos de formación que lle está a denegar de forma continuada á central sindical\"."}
{"ID": "NOS_41956", "summary": "A segunda cidade sueca testa en empregados públicos se traballar menos e co mesmo salario é bo para a saúde, a felicidade dos traballadores.... e tamén para a produtividade.", "text": "Reducir a xornada laboral de 40 horas semanais é unha das demandas da esquerda sueca que desde principios da década dos 90 do século pasado foi collendo pulo até conformar un dos alicerces nos seus programas electorais. Algo que une social-demócratas (SAP) e esquerdistas (Vänsterpartier, Partido da Esquerda) mais que é visto con desconfianza tanto polos partidos de centro como de dereita. Até o de agora, a redución da xornada de laboral centraba debates teóricos, informes e estudos universitarios. Mais, desde hai uns meses, é o eixo no que se centra un 'experimento' que decorre en Gotemburgo e do que se espera ter resultados a finais do presente ano ou comezos do 2016. En abril do ano pasado o goberno local de Gotemburgo, segunda cidade sueca, con case un millón de habitantes na súa área metropolitana; aprobou activar un proxecto dun ano de duración polo cal a metade dos empregados públicos traballaría 8 horas e a outra metade 6 horas diarias (mantendo o mesmo soldo). Finalizado o prazo, procederíase a avaliar cal das 2 xornadas é máis beneficiosa para a saúde dos empregados, para o benestar familiar e social, e tamén para a produtividade. Mentres en Suecia implementan reducir a xornada laboral, en Galiza -segundo informe Consello Relacións Laborais- temos as xornadas laborais con máis horas desde hai 20 anos Por agora? Até o de agora, e segundo os responsábeis do Concello de Gotemburgo, os resultados están a ser positivos. Así o manifestou Matts Pilhem, tenente-alcalde (Partido da Esquerda) en declaracións a xornais suecos. Diferentes medios do país e internacionais están a facer reportaxes falando con empregados participantes no programa ou con responsábeis dos centros onde se desenvolven. 'The Guardian' centrouse nunha residencia pública na que 86 empregados adoptaron a xornada de 6 horas. Entrevistou traballadores e tamén a dirección do centro. Todas as voces foron a prol do novo horario. Este paso que está a dar a administración pública en Gotemburgo xa o deron hai anos na cidade coñecida como 'A pequena Londres' algunhas empresas do sector privado. A máis importante, a factoría de automóvles Toyota. Alí levan 13 anos co horario de seis horas e non pensan volver ao de 8 horas. O director xerente da factoría, Martin Back, salienta que coa nova xornada descenderon os erros e deficiencias no traballo. A factoría de Toyota na cidade sueca leva 13 anos con xornada de 6 horas/día E Galiza? O Consello Galego de Relacións Laborais deitaba nun informe de 2013 dados sobre como os asalariados en Galiza cada vez traballan máis horas. Menos soldo, máis traballo é o resume dun panorama laboral en Galiza sobre o que veñen alertando sindicatos e axentes sociais desde hai tempo. O propio presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández subliñaba que estabamos perante o aumento de salario \"máis baixo desde que hai rexistros, hai 20 anos\". E, ao mesmo tempo, a xornada de traballo, con todo, é \"o máis grande\" do mesmo período. Foron acordadas en media anual 1.792 horas. Ademais, case todos os contratos asinados este ano reflicte a clasificación en grupos, e no 30% deles existe a posibilidade de distribuír irregularmente a xornada."}
{"ID": "NOS_33429", "summary": "A Fiscalía pide 9 anos de inhabilitación para os edís, acusados de pagar con diñeiro público a defensa dun compañeiro do Partido Popular imputado na trama da Pokemon. O goberno do PP na capital de Galiza, presidido por Currás, contra a parede, mentres Feijóo garda silencio.", "text": "José Luis García Bello, María Pardo Valdés, María Castelao, Francisco Javier Noya, Cecilia Sierra, María Amelia González Brandariz e Juan de la Fuente. Son os nomes dos sete concelleiros e concelleiras do grupo de goberno do Partido Popular no Concello de Santiago de Compostela aos que se abre xuízo oral por estaren imputados por prevaricación. Desde o inicio do regueiro de imputacións en Compostela con Conde Roa, Feijóo optou por actuar como se non fose presidente do PP en Galiza. O Xulgado de Instrución nº1 de Santiago de Compostela notificou esta segunda feira o auto de apertura de xuízo oral no procedemento que se instruiu en relación a un presunto delito de prevaricación que sería cometido por sete edís composteláns Case o máximo A xuíza, Ana López-Suevos, apreciou na instrución do caso indicios de criminalidade na conduta dos 7 concelleir@s. Así llo transmitiu á fiscalía, á quen a segunda feira 24 de febreiro lle deu traslado das dilixencias practicadas. A fiscalía tiña entón dúas opcións: ou solicitar a apertura de xuízo oral ou pedir o arquivo da causa. Optou pola primeira -dando, xa que logo, a razón á maxistrada-, o que leva agora á xuíza a ordenar o inicio do xulgamento. Aliás, a Fiscalía presentou escrito de acusación por un delito de prevaricación do artigo 404 do Código Penal (entre 7 e dez anos), solicitando para cada un dos acusados a pena de inhabilitación especial para o exercicio de emprego ou cargo público por prazo de 9 anos. Ou sexa, case o máximo legal. Están acusados de prevaricación por dar luz verde a pagar con fondos públicos o avogado do concelleiro de Deportes, imputado na trama da Pokemon A fiscala entende que a xunta de goberno non se ativo á legalidade, pois aprobou pagar a defensa de Adrián Varela (concelleiro de Deportes no grupo de goberno e acusado de corrupción), malia que un informe do secretario sinalaba que esa actuación só procedía en dous supostos: se a imputación foi derivada dun acto propio do seu cargo ou ben se a causa foi arquivada ou el absolto. A xunta do goberno local adoptou a decisión o 30 de maio de 2013 e optou por ocultala á opinión pública. O que non impediu que un mes máis tarde a información saíse á luz. O executivo local, sen plan B María pardo, unha das imputadas, recoñecía este luns a preguntas de xornalistas que o goberno local non tiña plan B para o caso de que fosen declarados culpábeis. \"Non, para nada\", contestou a esa cuestión, segundo informa La Voz de Galicia."}
{"ID": "NOS_15672", "summary": "A xestión do monte veciñal pode ser un motor económico do rural. Sen a súa actuación, o abandono das terras do noso país sería máis grave. Un exemplo témolo nunha parroquia de Covelo que mantivo desde a súa creación unha forte relación coa súa historia e co mantemento económico sustentábel.", "text": "A importancia dos montes comunais na Galiza é indiscutíbel. Unha cuarta parte do territorio, algo máis de 700.000 hectáreas, está xestionado por esta figura. Un total de 2.800 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) traballan, con máis ou menos sorte, na valorización económica e social destas zonas que van máis alá do atractivo paisaxístico. Desde o seu nacemento, a súa función foi mudando co tempo pasando de mellorar a explotación forestal a servir de laboratorio de probas de múltiples proxectos de aproveitamento dos recursos naturais, gandeiros, patrimoniais e turísticos. Un exemplo témolo na CMVMC de Paraños (Covelo), que o pasado 26 de outubro foi escollido por parte do Grupo de desenvolvemento rural (GDR) Condado Paradanta como mellor dinamizador rural entre dezasete candidaturas presentadas. Comunidade combativa A parroquia de Paraños pertence ao municipio de Covelo e está situada na comarca do Condado Paradanta. Os seus escasos 200 habitantes viviron até mediados do século XX da agricultura e a gandaría. Hoxe contan cunha empresa de produtos cárnicos e a posibilidade de traballar, polas boas comunicacións, na área metropolitana de Vigo. A CMVMC de Paraños creouse en xaneiro de 1979, nuns anos de loita pola recuperación desta estrutura de xestión galega. Algo máis de cen veciñas e veciños con residencia habitual no lugar iniciaron unha andaina que na actualidade manteñen ao redor de 60. A súa historia caracterizouse pola defensa da comunidade e dos seus intereses. Na lembranza está a longa loita das propias obras e da expropiación do monte cando se construíu o enlace coa autovía A-52, a actual estrada N-559. Tamén os conflitos con Fenosa, coa Confederación Hidrográfica do Norte (agora Miño-Sil), con Telefónica e coa Consellaría do Medio Rural polas contas dun convenio. Recursos económicos e apoio ás empresas da zona A extensión do monte coa que contan, arborizado case na súa totalidade, é de 301 hectáreas e o valor total aproximado da madeira, segundo datos de 2008, estaba en 1.400.000 euros. Na actualidade os recursos económicos da CMVMV de Paraños céntranse no aproveitamento madeireiro cuns ingresos anuais de 50.000 euros que se reinvisten un 40% na propia entidade e o resto en proxectos positivos para á propia parroquia. Unha idea teñen clara en Paraños: a total eliminación de eucaliptos e outras especies invasoras. Apostan pola diversidade forestal e polas árbores autóctonas de rexeneración natural. Consecuencia desta política é a progresiva substitución, en certas zonas do monte, especialmente as que están orientadas ao norte, do piñeiro por bidueiro e carballo de rexeneración natural. Tamén a plantación de carballos americanos e castiñeiros xunto a creación de faixas en beiras de pistas con especies variadas como cerdeiras, freixos e pradairos. Unha idea teñen clara en Paraños: a total eliminación de eucaliptos e outras especies invasoras como acacias, mimosas ou canas da india do seu monte veciñal. Como explica ao Sermos Galiza o seu presidente, Xosé Manuel Sendín, a xestión do monte implica tamén a procura de alternativas ao aproveitamento madeireiro. \"Agora estamos cun proxecto de apicultura coa idea de crear un apiario que potenciaría e faría máis visíbel a actividade cereira que estamos a dar a coñecer a través do Centro de Interpretación da ceraría\". Teñen como prioridade contratar sempre empresas da zona ou galegas para realizar todos os traballos. Como complemento traballan o aproveitamento cinexético, a gandaría en liberdade e o aproveitamento resineiro. Na actualidade tentan introducir o interese polos cogomelos con xornadas e saídas ao monte. Con esta intención presentaron en 2017 ao programa Leader 2013-2020 un proxecto experimental de introdución de especies micolóxicas nunha parcela de monte. Aínda que na actualidade non contan con persoal propio, teñen como prioridade contratar sempre empresas da zona ou galegas para realizar todos os traballos, polo que teñen un papel fundamental para a continuidade do sector relacionado cos labores do monte. Importancia social A actividade dinamizadora da CMVMC de Paraños é moi importante. «En 2009 creamos o Parque Forestal 'A Fraga do Rei', cunha superficie de 10 Ha., e agora en 4 Ha. deste parque estamos a desenvolver na actualidade un proxecto de parque botánico». Unha das súas actuacións estrela foi a elaboración dun roteiro polo río Xabriña e a creación dun museo dedicado á ceraría tradicional na zona e que resultou decisivo para acadar o recoñecemento do premio que lles concedeu o GDR Condado Paradanta."}
{"ID": "PRAZA_810", "summary": "O Foro Económico de Galicia advirte do estancamento do sector exterior e da atonía da demanda interna, que explican o débil crecemento de Galicia, e reclama obxectivos de déficit \"máis acordes coa realidade\" \"A Xunta cumpriu, pero esa seriedade deixou de ser o máis intelixente\", di.", "text": "A economía galega está estancada e o país sae da crise con máis lentitude e maior febleza que o conxunto do Estado. Esas son as principais conclusións que o Foro Económico de Galicia (FEG) saca do seu primeiro informe de conxuntura deste ano 2015, no que varios indicadores veñen confirmar e explicar o precario crecemento da comunidade, tal e como indicaron os datos de incremeto do PIB, que foi do 0,5% na autonomía, o peor dato dunha España que medrou un 1,4%. Hai dous factores que explican e \"matizan\" ese crecemento continuo nos últimos catro trimestres, que en Galicia é moito máis débil: o parón do sector exterior e a atonía da demanda interna. No primeiro caso, leva cinco trimestres seguidos con achegas negativas ao crecemento do PIB e, o que é \"máis negativo\", as empresas galegas que venden fóra de España redúcense, algo que \"non acontecía desde 2009\", tal e como destaca o FEG. O estancamento do sector exterior e a atonía da demanda interna explican o crecemento débil de Galicia En canto á demanda interna, o Foro destaca que presenta valores positivos na súa achega ao PIB (0,7%), con crecemento do investimento tras seis anos de contracción (1,3%), pero cun impulso \"máis curto e débil\" que no resto das autonomías. Fernando González Laxe, coordinador do informe, explicou que as crises \"deixan pegadas moi profundas, secuelas moi desfavorables e fendas que exisen reparacións e selado\". No caso de Galicia, segundo di, esas fendas son máis profundas que no Estado. Así, mentres o país medraba antes da crise máis que a media, agora está a afrontar a saída da crise \"con máis debilidade\". \"Separámonos de España -insistiu- cunha economía que vai máis amodo, con menos solidez, máis volátil e máis sensible aos acontecementos\", que cre que a perda de empresas exportadoras débese ao seu tamaño e ao seu escaso compoñente tecnolóxico, mentres que no caso da demanda interna, lembra que se estabilizou o consumo privado, pero retrocedeu o público. \"Separámonos de España cunha economía que vai máis amodo e con menos solidez\", di González Laxe Ademais, o FEG insiste en alertar do \"retroceso da actividade industrial\" como un dos aspectos \"máis negativos\" e no informe lembra que a ocupación estimada pola EPA reduciuse un 0,8% en canto ao traballo a tempo completo. Ademais, a redución da taxa de paro está matizada coa caída da poboación activa, malia que é a máis elevada do norte do Estado e a que continúan aumentando os parados de moi longa duración. \"Se non crecemos máis non creamos emprego\", advertiu González Laxe, que sinalou que Galicia non pode seguir co \"modelo clásico\" de turismo e construción e avogou pola industria con base tecnolóxica e o capital humano. Non obstante, os últimos datos do paro demostran que o modelo produtivo segue a ser idéntico e que a escasa redución do desemprego débese basicamente ao turismo e á construción. En termos xerais, o profesor de Economía subliñou que os datos apuntan que a economía galega non se consolida como a española, un aspecto sobre o que -considerou- \"a Xunta debe reflexionar\" e resaltou a importancia económica das expectativas, para engadir que \"cando anuncias moitas expectativas e levas moitos anos anunciando expectativas que non se cumpren, xeras frustración\". Obxectivos de déficit \"máis acordes coa realidade\" Sobre o papel do sector público, estimou que o crecemento é \"imposible\" sen o seu concurso, sobre todo para as empresas pequenas e medianas, pois as grandes necesitan menos ese apoio público e bástalles que non estorbe\". Preguntado por se é preciso un xiro na política económica, González Laxe respondeu que supón que si, pero agregou que cre que a \"consellería encargada\" traballa na diagnose e a posta dese xiro ao servizo dos axentes económicos. \"A Xunta cumpriu como goberno serio, pero esa seriedade deixou de ser o máis intelixente\", advirte Santiago Lago Respecto da relación que se comenta do cumprimento do déficit e o crecemento, no sentido de que as menos cumpridoras creceron máis, o tamén profesor de Economía e membro do Foro Santiago Lago rexeitou esa relación \"con carácter xeral\" e, aínda que recoñeceu que no ano 2014 coincidira, pediu \"prudencia\" nestas aseveracións. Na súa opinión, Galicia ten que pór sobre a mesa obxectivos de déficit \"máis acordes coa realidade\" e o conxunto das comunidades autónomas e subliñou que a Xunta cumpriu como un goberno serio, pero \"esa seriedade deixou de ser o máis intelixente neste momento\". Concluíu que \"o escenario cambiou\" e 2015 non é 2013, polo que Galicia debería \"mirar que fan os demais e adaptarse\"."}
{"ID": "NOS_38919", "summary": "O templo, na cidade exipcia de Al-Arish, foi atacado con bombas e armas lixeiras.", "text": "Un total de 305 persoas mortas e máis de 100 feridas no atentado esta sexta feria contra unha mesquita no Sinaí (Exipto). Os atacantes - uns 25- colocaron artefactos explosivos de fabricación caseira en torno á mesquita Al Rauda e fixéronos detonar á saída dpos fieis após o rezo da sexta feira, día sagrado para os musulmáns. As persoas que fuxían foron albo dos disparos dos atacantes, que ían en catro vehículos todoterreo \"Disparaban á xente cando saía da mezquita\", afirmaron veciños da cidade á axencia Reuters. \"Tamén disparaban contra as ambulancias\". Segundo o diario oficial exicpcio Al Ahram, a mesquita Al Rauda, pertence á comunidade sufí. O Estado Islámico consideran apóstatas os membros desta rama do islam porque reverenciaban os santos e teñen santuarios, o que para os extremistas islámicos equival a idolatría. O presidente exipcio, Abdelfatah al Sisi, reuniu o Consello de Defensa Nacional. Nun discurso televisado, o presidente prometeu combater o terrorismo \"con man de ferro\". Algunhas axencias apuntan a que avións militares realizaron bombardeos na contorna da cidade onde a mesquita foi atacada."}
{"ID": "PRAZA_16102", "summary": "A Comisión Europea responde a unha pregunta do eurodeputado socialista José Blanco sobre os vertidos na foxa atlántica dicindo que non coñece novos estudos sobre o seu estado, que España non pediu controlalos e que tampouco transmitiu que o vaia facer ela 35 anos dos últimos vertidos nucleares fronte ás costas galegas: quen vixía?", "text": "35 anos dos últimos vertidos nucleares fronte ás costas galegas: quen vixía?A Comisión Europea responde a unha pregunta do eurodeputado socialista José Blanco sobre os vertidos na foxa atlántica dicindo que non coñece novos estudos sobre o seu estado, que España non pediu controlalos e que tampouco transmitiu que o vaia facer ela\"A Comisión non ten coñecemento de novos estudos científicos sobre o estado dos residuos radioactivos vertidos na foxa atlántica. Tampouco foi informada polas autoridades españolas de ningún plan para levalos a cabo. As autoridades españolas non plantexaron á Comisión a necesidade de tales estudos\". Esa é a resposta que a Comisión Europea vén de dar ao eurodeputado socialista José Blanco sobre os residuos nucleares que desde 1949 e ata hai 35 anos varios países europeos guindaron ao Atlántico fronte a Galicia, que segundo puido comprobar este diario ninguén está a vixiar con ningún programa permanente de supervisión. Entre 1949 e 1982 somerxéronse fronte a Galicia 140.000 toneladas de residuos radioactivos en bidóns e unha ducia de organismos españois e internacionais foron incapaces de responder se alguén os controla de xeito periódicoDurante varios meses este diario preguntou a unha ducia de institucións estatais e internacionais sobre uns residuos que nalgúns casos levan preto de 70 anos no fondo do Atlántico, pero a maioría das entidades contestaron que non é a súa competencia vixiar aqueles bidóns e que tampouco saben de ninguén que o faga, mentres que unhas poucas coincidiron en responder que houbo campañas de análise no pasado que non ofreceron datos preocupantes, pero non foron quen de precisar quen e en que momento realizou as últimas investigacións nin cando será a próxima. Entre esas institucións preguntadas figuraba tamén a Comisión Europea, que remitiu a responsabilidade de supervisar eses residuos a outros organismos internacionais e non foi quen de dicir cando se realizaron os últimos estudos nin cando serán os próximos.Á Comisión Europea tamén lle formulou unha pregunta sobre a cuestión o eurodeputado socialista galego e ex-ministro de Fomento José Blanco. O Executivo comunitario vén de responderlle agora coa antedita contestación de que nin a Comisión sabe de novos estudos sobre eses residuos, nin o Goberno español lle pediu realizalos, nin lle transmitiu que os pense facer el. No seu momento o Goberno central, a diferenza do resto de institucións internacionais que si explicaron en detalle as súas propias competencias, rexeitou responder ás preguntas deste diario.Cada Estado é responsable de controlar a radioactividade no seu territorio, e os residuos da foxa atlántica están fora das augas territoriais, pero o Goberno tampouco amosa preocupación para que os vixíe outro país ou organismo internacionalNa resposta da Comisión a Blanco tamén se engade que cada Estado membro da UE é responsable de controlar a radioactividade no seu territorio, incluías as súas augas territoriais, e que a UE supervisa cada certo tempo se ese control se está a realizar de xeito correcto. Porén, os residuos da foxa atlántica están fóra das augas territoriais, polo non lles é aplicable esa normativa. De feito, a Comisión remite a Blanco aos informes desas avaliacións que a UE fai de xeito periódico sobre como España supervisa a radioactividade no seu territorio e nelas só aparecen minas de uranio en Salamanca, o accidente de Palomares ou centrais e outras instalacións nucleares. A resposta a Blanco ratifica así que ningunha das principais institucións internacionais e estatais supervisa eses residuos de xeito permanente nin son quen de dicir se alguén o fai.Greenpeace reclamou que os estados que os verteron vixíen os residuosAdemais da pregunta de Blanco á Comisión Europea, tamén hai preguntas formuladas pola cuestión pendentes de resposta de En Marea ao Goberno central e do BNG á Xunta. Pola súa banda, Greenpeace, que xunto con mariñeiros galegos a bordo do Xurelo participou nas campañas que lograron a fin dos vertidos, esixe que sexan os países de orixe deses vertidos os que os controlen."}
{"ID": "NOS_15498", "summary": "Fecha o prazo do certame Musicando Carvalho Calero, da AGAL em colaboração com a Radio Galega, um sucesso absoluto com perto de 80 candidaturas", "text": "Entre as diversas iniciativas desenvolvidas arredor das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, destaca a reedição do certame Musicando Carvalho Calero, que fechou o prazo de candidaturas com nada menos que 78 canções. A colaboração da Associaçom Galega da Língua e a Radio Galega convida a pôr-lhe música a poemas do autor, na mesma lógica seguida por aquela outra convocatória de Komunikando.net em 2010. As propostas musicais do mais diverso já se topam abertas ao público na canle de YouTube do concurso. Entre elas toparemos nomes bem consolidados do panorama musical galego, como a cantora MJ Pérez, que arrola com a sua guitarra \"Non existe a morte\"; A Banda da Loba, que acolhe na voz comum \"O sonho da Catarina\", duma energia absorvente; ou o compositor César Morán, que se achega com o seu trio à placidez de \"Romeu\". Algumas das propostas mais originais incluem a da Ukestra do Medio, numa alegre ukelelização de \"Tanto se amavam\", ou os ritmos latinizados da pandeireta de As Efémaras, em \"No Líbano non hai cedros do Líbano\". Dos compasses calmos de Os Meninos, ao mais tradicional de Acordeireta ou a olhada folk de Ghaveta até o desenfreio punk de Bakarrá, a diversidade de géneros é absoluta. Mesmo há espaço para o trap emergente da mão de O Portughés, que versãona \"A sua mazá\". O prémio Fechada já a data limite de participação, um júri escolherá dez finalistas sobre as que se selecionará, por votação popular, a peça ganhadora. O falho dará-se a conhecer o dia 30 de outubro. A canção ganhadora receberá um prémio em metálico de 1.500 euros ademais de promoção, entrevistas e atuações na rádio e na televisão públicas. Aliás, o grupo ou solista poderá gravar o tema nos estúdios da Radio Galega, vídeo musical inclusive."}
{"ID": "PRAZA_9525", "summary": "O conselleiro de Sanidade anuncia que triplicará os fondos do plan de necesidades para os ambulatorios tras un descenso de até case o 100% entre 2011 e 2017. O goberno bipartito investiu máis nesta partida en catro anos que o Executivo do PP nos últimos dez", "text": "O pasado martes, a Consellería de Sanidade emitía un comunicado no que aseguraba que o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, anunciara \"que a Atención Primaria triplicará o seu orzamento e contará cunha partida diferenciada\". Referíase, malia ese enunciado, aos cartos que cada ano se dedican nas contas da Xunta ao plan de necesidades, o que cobre as necesidades de equipamento, mobiliario e dotacións informáticas, así como as pequenas reformas dos centros de saúde. Segundo trasladou Almuíña nunha reunión aos médicos que participaron nos grupos de traballo para a reforma do modelo de Atención Primaria, o orzamento deste plan de necesidades cífrase en 17,3 millóns de euros en dous anos (2019 e 2020). A Xunta anuncia que triplicará o orzamento para equipar ambulatorios logo de que o recortase durante anos; o bipartito investiu máis nesta partida en catro anos que o Goberno do PP en dezXa este mércores, tras reunirse co seu homólogo no País Vasco, Jon Darpón, advertiu de que esa cantidade era \"bastante\" ao \"triplicar\" as contías dos \"últimos anos\". Ademais, insistiu en que se trata dun plan \"único e exclusivo\" para a Atención Primaria. \"A idea é que en dous anos nos poñamos ao mesmo nivel nos distintos centros de saúde\", dixo, ao destacar que nos 17,3 millóns de euros \"non se inclúe o investimento en novos centros de saúde\" que xa están en execución. \"A cantidade, polo tanto, é maior do que estamos a falar\", engadiu. O anuncio do Sergas chega logo de que a Xunta recortase durante anos os fondos destinados a este plan de necesidades, ata deixalos en mínimos de 100.000 euros tanto nos Orzamentos de 2016 como nos de 2017. En total, e desde que Feijóo chegou á presidencia, o Goberno galego dedicou un total de 7,21 millóns de euros a esta partida entre 2010 e 2019, case 800.000 euros menos dos que o bipartito dedicou en catro anos, entre 2006 e 2009. Uns 720.000 euros de media cada exercicio fronte aos case 2 millóns do Executivo de PSdeG e BNG. Un repaso ás cifras que saen aprobadas nos Orzamentos --e que logo poden ser modificadas ao longo de cada ano-- deita claridade sobre o recorte que os fondos destinado a dotar de equipamentos e medios aos centros de saúde sufriron desde a volta do PP á Xunta, especialmente entre 2011 e 2017. O plan de necesidade sufriu un recorte de case o 100% entre 2011 e 2017 e un lixeiro aumento só elevou a partida ata os 800.000 euros neste 2019Entre eses anos, o descenso foi progresivo ata pasar dos máis de 2,2 millóns destinados en 2011 aos 100.000 de 2016 e 2017, unha baixada de case o 100%. A partir de aí, un lixeiro aumento levou a partida ata os 800.000 euros destinados nas contas deste 2019, o que supón que para que o Sergas cumpra co anunciado polo conselleiro tería que dedicar máis de 16 millóns de euros á mesma partida nos Orzamentos do ano que vén ou levar a cabo unha importante modificación orzamentaria no exercicio vixente. Ademais, no seu anuncio, Vázquez Almuíña aclarou tamén que os xefes de servizo de Primaria de cada ambulatorio terán \"un poder importante non só nas decisións asistenciais do día a día\" do centro, senón tamén un poder \"decisorio\" para solicitar as melloras necesarias, que serán trasladadas á Xerencia da área sanitaria. Respecto ás actuacións que se van a levar a cabo neste plan, o conselleiro destacou que se cambiarán o 100% das impresoras e se substituirán o 25% dos equipos informáticos. Tamén se adaptará a historia clínica electrónica (IANUS) a un novo proceso de funcionamento que irá coordinado coa teleasistencia e que será implantado en todos os postos asistencias. Tamén, dixo, mellorarase a historia social, única para atención primaria, xa que segundo afirmou, \"o traballo social é fundamental neste novo modelo\". Asemade subliñou que se mellorará o IANUS en canto a pediatría, fisioloxía e outras especialidades que forman parte do equipo de Primaria.\"Con este plan imos poñer ao día as necesidades de equipamento, mobiliario, dotación informática e pequenas reformas\", rematou o conselleiro."}
{"ID": "NOS_24250", "summary": "Albert Rivera insiste en que non apoiará nin a Mariano Rajoy nin a Pedro Sánchez, pero asegura que non impedirá que gobernen de vencer o 20D.", "text": "Ciudadanos acabou a campaña electoral cun mitin en Madrid. O candidato á presidencia da formación, Albert Rivera, pediu a PP e PSOE que se \"mollen\" e digan se lle deixarían gobernar en caso de gañar as eleccións. Rivera asegurou que o bipartidismo deixará de gobernar a partir do próximo domingo, malia que afirmou que Ciudadanos non impedirá coa súa abstención unha eventual investidura de Mariano Rajoy ou Pedro Sánchez se resultan vencedores nos comicios xerais. Porén, o líder da formación laranxa dixo non crer nos gobernos populares e socialistas, e insistiu en que non os apoiará. Salientou que só \"votará en contra\" de aquelas formacións que teñan no seu programa \"un referendo separatista\"."}
{"ID": "NOS_6688", "summary": "A montaxe do alumeado de Nadal en Vigo empezará este 4 de agosto e en plena quinta onda da pandemia cun acto simbólico no Farol de Urzáiz. Segundo o alcalde, o inicio da montaxe da iluminación é \"un episodio planetario\".", "text": "En plena quinta onda do coronavirus e no mes de agosto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que esta quinta feira, 4 de agosto, inicia a montaxe do alumeado de Nadal e expresou a súa confianza en que a situación da pandemia sexa moito mellor para esas datas, polo que augurou que a cidade recibirá \"millóns\" de visitantes. En rolda de prensa, o rexedor confirmou que a empresa encargada da instalación xa comezou a realizar traballos e que a montaxe exterior, que se estenderá a 340 rúas, empezará este 4 de agosto cun acto simbólico no Farol de Urzáiz. Segundo o alcalde, o inicio da montaxe da iluminación é \"un episodio planetario\". O BNG denuncia a falta de ambulancias na cidade O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, reprochou a prioridade do alumeado. \"Con 4.590 casos activos de Covid-19 na área de Vigo o alcalde, a inicios de agosto, só ten a cabeza no seu nadal de masas. Raia no patolóxico\", afirmou. Ademais, alertou da insuficiencia de ambulancias para a atención de emerxencias sanitarias na cidade, \"o que combinado coa tempada estival e a grande incidencia da quinta onda, está limitando a capacidade de resposta asistencial\". Indicou que \"hai casos de xente agardando varias horas unha ambulancia con cadros de insuficiencia respiratoria\". Tamén se solidarizou o nacionalista co persoal da empresa de transporte público en Vigo Vitrasa, que este 3 de agosto desenvolveu a primeira xornada de folga das catro convocadas para esta semana. O BNG exixiu ao Goberno municipal que actúe contra a concesionaria do autobús urbano polos seus reiterados incumprimentos e lembrou que se trata dun servizo de titularidade municipal."}
{"ID": "NOS_16039", "summary": "Washington emitiu sinais contraditorios após o ataque da quinta feira á base militar siria. Primeiro dixeron que era un episodio isolado. Logo comezaron a dar a entender que a acción podería ter continuidade, ao tempo que voltaban a pór o derrocamento de al-Assad no albo. A resposta conxunta dos aliados de Damasco non se fixo agardar. Nun comunicado conxunto, Moscova e Teherán advirten que \"responderán con forza\" un eventual novo ataque estadunidense contra o Exército sirio.", "text": "Os aliados de al-Assad reaxirán a \"calquer rotura das liñas vermellas, viñer de onde viñer\", segundo o teor literal do seu comunicado conxunto. \"O que os EUA fixeron na súa agresión a Siria é o cruzamento de liñas vermellas. Apartir de agora, responderemos con forza a calquer agresor ou calquer rotura das liñas vermellas, viñer de onde viñer, e os EUA saben da nosa habelencia para responder ben\", afirman nun comunicado do centro de mando das forzas aliadas de Damasco -Rusia, Irán e a milicia libanesa chiita Hezbolá. Quer Vladimir Putin quer o presidente iraniano Hassan Rouhani teñen demandado a apertura dunha investigación independente sobre o uso de armas químicas en Khan Sheikhoun, atribuído polos EUA e os seus aliados a al Assad como xustificación do ataque ilegal -por carecer do mandato de Nacións Unidas- contra a base militar siria. Mentres tanto, China -a medio dun editorial do Global Times, un órgao de imprensa de titularidade pública- ten claro que o ataque a Siria procuraba en realidade intimidar Corea do Norte. Nunha peza de opinión intitulada Após o ataque a Siria, será Corea do Norte a seguinte?, o Global Times suxire que os EUA poderían estar a preparar \"accións similares\" contra Pyongyang e advirte das \"catastróficas secuelas\" que decorrerían dunha eventual agresión norteamericana na península asiática. Seul filtrou á imprensa que Pyongyang podería estar a preparar para este 15 de abril -en comemoración do 105 aniversario do nacimento de Kim Il-Sung, o fundador da República Democrática Popular de Corea do Norte- un novo test nuclear. Iso leva a China a advertir ao seu tradicional aliado que non forneza escusas aos EUA para un eventual ataque. \"Un novo test nuclear podería desencadear reaccións sen precedentes da comunidade internacional, até levar a situación a un ponto de inflexión\", alerta Global Times. A tensión subiu de graos coa decisión de Washington de pór un portavións, dous destrutores e un cruceiro rumo ás costas de Pyongyang. Este movimento no taboleiro militar foi acompañado por belicosas declaracións do secretario de Estado de Defensa, Rex Tillerston. A situación tería chegado a \"un certo nível de ameaza\", o que podería levar aparellado o uso da forza. Máis explícito foi en declaracións a Fox News o conselleiro de Seguridade Nacional de Donald Trump, HR McMaster, quen dixo que o presidente manexaba distintas opcións para \"remover\" a ameaza que supostamente representa Pyongyang para os EUA e os seus aliados. Entre esas opcións, dixo McMaster, estaría desde o envío de armas nucleares a Corea do Sul até o asasinato do líder norcoreano Kim Jong-un."}
{"ID": "NOS_1556", "summary": "\"A propia resolución recoñece que non existe un acordo restritivo da competencia cuxo obxecto fose alterar as licitacións\", afirman desde unha das compañías.", "text": "Seis grandes construtoras españolas recorrerán a multa de 203,6 millóns de euros imposta pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) por alterar durante 25 anos miles de licitacións públicas destinadas á edificación e obra civil de infraestruturas. As empresas confirmaron a esta quinta feira a súa desconformidade coa sentenza ditaminada polo órgano regulador da competencia, polo que teñen previsto presentar recursos en contra da decisión do organismo. Recorrerán a sanción perante a Audiencia Nacional \"Manifestamos a nosa absoluta discrepancia coa resolución da CNMC. A propia resolución recoñece que non existe un acordo restritivo da competencia cuxo obxecto fose alterar as licitacións\", sinalou un portavoz de Ferrovial, unha das compañías multadas, a Europa Press, confirmando que a empresa interporá un recurso perante a Audiencia Nacional e que confía na \"anulación íntegra\" desta resolución. No que atinxe ao resto de construtoras, tanto Acciona como Sacyr ou ACS mostraron a súa completa desconformidade coa resolución e teñen previsto recorrela, segundo informaron fontes das empresas. As empresas multadas por Competencia son Acciona (29,4 millóns), Dragados (57,1 millóns), FCC (40,4 millóns), Ferrovial (38,5 millóns), OHL (21,5 millóns) e Sacyr (16,7 millóns). 25 anos amañando licitacións públicas: así era o 'modus operandi' destas seis construtoras sancionadas por Competencia A CNMC explicou que desde 1992 estas seis compañías reuníanse semanalmente e decidían os contratos públicos nos que ían compartir traballos técnicos das súas ofertas. Ademais, intercambiaban información sobre a súa estratexia de presentación aos concursos públicos. Entre os milleiros de licitacións afectadas existen infraestruturas de interese xeral como hospitais, portos e aeroportos e estradas, segundo Competencia."}
{"ID": "PRAZA_12430", "summary": "O mito da Galicia leal ao franquismo revélase máis feble con cada unha das novas investigacións historiográficas que cuestionan a imaxe dos labregos como aliados do réxime. A comprensión da lóxica propia dos movementos sociais do agro foi un paso fundamental neste proceso, ao que a historiadora Araceli Freire achegou unha perspectiva non tan desenvolvida, que é o estudo do protagonismo feminino. O seu libro O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo gañou o premio Xohana Torres de Ensaio.", "text": "O mito da Galicia leal ao franquismo revélase máis feble con cada unha das novas investigacións historiográficas que cuestionan a imaxe dos labregos como aliados do réxime. A comprensión da lóxica propia dos movementos sociais do agro foi un paso fundamental neste proceso, ao que a historiadora Araceli Freire achegou unha perspectiva non tan desenvolvida, que é o estudo do protagonismo feminino. O seu libro O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo gañou o premio Xohana Torres de Ensaio, e acaba de ser editado desde o Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. Xa Eduardo Rico Boquete ou Carlos Velasco sinalaran o papel de vangarda das mulleres na contestación das políticas agrarias. Por que os historiadores non seguiron tanto por aí? Eu creo que por descoñecemento das fontes ou porque non se pensaba que o papel das mulleres tivera a dimensión que tivo. Eduardo Rico foi o primeiro que me entregou un documento da Dirección Xeneral de Seguridade que fala de como mulleres se tiraron en Cerceda diante da maquinaria agrícola para impedir o paso dos operarios do Servizo de Repoboación Forestal. Pois resulta que isto non foi un comportamento anecdótico, senón xeneralizado. O propio réxime atribuíulle á muller o papel de garante da da supervivencia familiar, e elas resgardáronse nesta máscara para evitar a represión. Así conseguiron enfrontarse mesmo á Garda Civil, sendo só multadas ou condenadas a arresto domiciliario... \"O propio réxime atribuíulle á muller o papel de garante da da supervivencia familiar, e elas resgardáronse nesta máscara para evitar a represión\" A túa obra baséase en parte na análise de J. Scott sobre as formas de resistencia cotiá. Entre nós, historiadores coma Ana Cabana ou Antom Santos adoptaron a mesma óptica: a microhistoria, as prácticas cotiás, alén da visión macro, estruturalista. En que medida o teu traballo é debedor do deles? Con Ana Cabana estou, de feito, preparando un artigo para presentar en Lisboa. A teoría de Scott é aplicable a todo conflito desenvolvido nun contexto ditatorial. Eu compártoa en case todo, e ademais é, si, a tradición do departamento de Historia Contemporánea e de América. Por que o monte veciñal de uso común era tan importante na economía rural? Podías utilizar unha parte proporcional ás terras que tiñas. O toxo era fundamental para abonar as terras. Tamén se cultivaban cereais no monte, e levábase o gando a pacer. A partir dos anos 60, xa hai novos fertilizantes e reoriéntanse os usos do monte, pero o que os labregos non queren é quedar excluídos dos beneficios da reforma forestal. As formas de conflitividade social no rural non encaixaban moito, segundo comentas, na definición de movemento social de Tilly, Tarrow ou Eric Hobsbawm, que desde a visión marxista as consideraría xeitos \"primitivos\" de conciencia de clase. Pero con E. Wolf abriuse unha nova perspectiva. Que distingue a loita no agro da urbana? No agro adoptaba formas máis encubertas. Presentábanse como non premeditadas, non organizadas, fronte ás urbanas, que responden a unha ideoloxía política e amosan a organización que as articula. No campo o obxectivo non era ir contra o Estado, contra o réxime, senón defender cuestións concretas. No agro as formas de protesta utilizaban o propio discurso do franquismo, por exemplo a imaxe da muller como administradora do fogar. Foron intelixentes nisto. Na cidade expoñíanse máis, ao ser todo máis evidente. Se cadra esa mesma imaxe que as propias mulleres proxectaron: o discurso de que só pretendían que as súas familias sobrevivisen, contribuíu a facer que a súa loita se considerase subordinada, secundaria... Tamén a propia dificultade para dar coas fontes. Porque no caso do agro atópanse moi dispersas, illadas... Están nos arquivos das deputacións provinciais, no Arquivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza... E isto non pasa tanto coas fontes para estudar o sindicalismo urbano. \"A terra é moi importante para elas porque loitaron moito para tela, e ademais é parte fundamental da súa identidade\" Tamén fixeches entrevistas orais. Foi difícil acceder ás fontes? Fun conseguindo entrar nas casas a través de coñecidos da miña idade que me foron presentando xente. A primeira vez tenteino soa, e non conseguín nada. Parte das mulleres daquela mobilización de Cerceda da que falei antes viven e estaban reunidas na casa dunha delas, que nada máis comezar preguntoume: \"non me iredes quitar o monte?\". A terra é moi importante para elas porque loitaron moito para tela, e ademais é parte fundamental da súa identidade. Ana Cabana salientou na súa tese a continuidade dalgunhas formas de loita no agro no franquismo con respecto a antes do 36, malia que, como demostraron Miguel Cabo Villaverde ou Lourenzo Fernández Prieto, a organización agraria de antes da guerra foi desartellada coa ditadura. Como é isto? Hai continuidade non só cara atrás, senón cara adiante, nos modos de actuar. Hai pautas que se repiten na loita dos 70-80, contra os embalses por exemplo. O que pasa é que xa coa democracia non era necesario utilizar as máscaras das que antes falabamos. Como en Galicia non houbo case guerra civil, e o franquismo consideraba os labregos os seus leais, aquí foi máis doado ese aproveitamento do discurso franquista para a defensa dos intereses do agro, en comparación con outros lugares do Estado. Como en Galicia non houbo case guerra civil, e o franquismo consideraba os labregos os seus leais, aquí foi máis doado ese aproveitamento do discurso franquista para a defensa dos intereses do agro Tras unha primeira etapa de oposición máis ou menos institucionalizada á política forestal, -a través de cartas enviadas ás administracións-, viñeron as formas máis directas e violentas, segundo explicas, ante o fracaso das primeiras. Incendios, por exemplo. Cales foron as distintas fases? Primeiro foi o pastoreo ilegal, cortar árbores para a leña, ou coller esquilmas... Nunha primeira fase hai denuncias dos xefes de brigada dos distritos forestais por estas cousas. Nos anos 50-60 xa aparecen formas de resistencia máis violentas, coincidindo coa apertura do réxime. Os labregos aproveitan a estrutura de oportunidades políticas así aberta: a relativa moderación da represión, a perda de lexitimidade do sistema... Daniel Lanero estudou as políticas agrarias do franquismo, deseñadas desde arriba e sen ter en conta a opinión dos labregos, aos que se dirixían cun discurso paternalista. De fondo atópase a integración no mercado capitalista, e a Revolución Verde, descrita por Lanero como unha imitación do modelo americano. Eu creo que máis que considerar aos labregos parvos, o que pasa é que as políticas se deseñaron desde arriba, como segue pasando, e tendo en conta só os beneficios do Estado. O discurso da autarquía económica, da etapa anterior do franquismo, seguía pesando. E para acadar esa autosuficiencia era fundamental a riqueza do monte. O Estado definía o monte como de uso comunal, entón propiedade da administración. Pero en realidade era monte veciñal de uso común, o que significa que tanto a propiedade como a xestión é dos veciños. De que modo esa actitude por parte do Estado continúa hoxe, entón? A túa conclusión é que as protestas das mulleres no franquismo tiveron un éxito relativo. Conseguiron cambios lexislativos a longo prazo. Pero o uso do monte xa mudara para sempre. É que o uso pasou de ser gandeiro e agrícola a forestal. Como xa non daba tantos beneficios, a consecuencia foi o abandono do monte. O éxodo rural tamén influíu moito, e agora temos os incendios que temos porque o monte non se limpa, e porque se producen de moto intencionado tamén. Pero si se están a producir experiencias interesantes de recuperación dos usos do monte. Hai pouco tivemos un curso en Ribadeo sobre agroecoloxía, e parece que si hai políticos que están entrando nese debate. Pero queda moito por facer, e é certo que as políticas seguen deseñándose sen contar cos labregos. Aspectos da división sexual do traballo como o coidado dos fillos, ou a responsabilidade sobre a economía do fogar, facilitan a aparición de redes A achega principal das mulleres, e o que distingue a súa participación na loita é, segundo explicas, a cohesión comunitaria que serviu de sostén ás protestas. As redes de amistade e solidariedade entre veciños. As mulleres son as que articulan as comunidades, aínda agora. Aspectos da división sexual do traballo como o coidado dos fillos, ou a responsabilidade sobre a economía do fogar, facilitan a aparición de redes. As mulleres encargábanse do estraperlo, dos traballos de axuda mutua no campo... Hai que ter en conta que moitos homes emigraran, e elas quedaran cos fillos. Ademais as mulleres gardan a memoria da tradición de loita agraria. Os obxectivos non eran políticos, se por isto se entende o derrocamento da ditadura. Era máis ben manter o status dos labregos, ou tal como explica Ramón Villares manter a súa posición social e o seu control da terra. Pero a conflitividade social si tivo consecuencias políticas, segundo conclúes. Como foi? A cuestión é que se producía unha contradición evidente entre o discurso do réxime o seu xeito de actuar. Porque se presentaba como pro-mulleres e pro-agro, e despois atacaba as mesmas persoas que dicía defender: as mulleres labregas. E isto foi aproveitado polas formas de disidencia política. O xornal voceiro do PC, por exemplo, publicaba noticias sobre as protestas galegas no campo. De igual xeito, o ideal de muller da Sección Femenina era cuestionado pola propia realidade: as mulleres labregas traballaban fóra da casa, -as propias autoridades ofrecíanlles traballo en concepto de xornais-, e saían á esfera pública para defender os seus intereses. Producía unha contradición evidente entre o discurso do réxime o seu xeito de actuar. Porque se presentaba como pro-mulleres e pro-agro, e despois atacaba as mesmas persoas que dicía defender: as mulleres labregas As mulleres non eran, dis, nin completamente dependentes nin completamente autónomas. Pero o que está claro é que non foron submisas e servís, como a propaganda franquista afirmaba. Por que en Galicia houbo certo espazo para a protesta, entón? Non eran de todo autónomas porque legalmente non podían selo. Para emprender calquera acción xudicial, por exemplo, dependían do pai ou do marido. Pero tampouco eran totalmente dependentes, como se defendeu desde unha tradición androcéntrica. No caso de Galicia, ocorre que a represión non foi igual que por exemplo en Andalucía ou no Levante, onde a resistencia ao golpe foi máis forte. A investigación de 'Nomes e Voces' está a demostrar, porén, que a represión foi moito maior do que se pensou durante moito tempo. Si, claro, houbo moita represión, pero neste caso estamos a falar de aldeas pequenas, nas que os labregos conseguiron mesmo enfrontarse á Garda Civil. Hai moitas cousas por estudar aínda, de todos os xeitos."}
{"ID": "PRAZA_1875", "summary": "Temos direito a que os nossos impostos sejam bem empregados. Os recortes são uma falácia. Botam fora aos bons trabalhadores de Correios e tiram-nos o nosso dinheiro para unha empresa privada que, polo que sei maltrata aos seus trabalhadores obrigando-lhes a fazer horas a mais metidos, junto com os nossos paquetes num \"rocho\" de menos de 40 m2 ensilados e mal misturados até que se perdem na demora da entrega.", "text": "Já os estamos a sofrer. A inoperância atual dos Correios é algo alarmante. Não era assim em tempos ainda recentes. Mas, na atualidade, todas as operações que tiverem a ver com envios do estrangeiro, não sendo Europa, devem passar pola alfândega dependente do Ministério da Economia e a Fazenda. E lá ficam retidos!. Este Ministério tem unha parceria com unha empresa, ADT Postales, que é a que gere tudo o que tiver a ver com as alfândegas. Esta empresa é a herdeira da \"Speedtrans\" que gerou milheiros de problemas por inoperância e por cobrar conceitos de maneira ilegal. Desde há algum tempo, todo está centralizado em Madrid e gere-se por esta empresa privada. Externalizar, dizem. Vamos descrever o processo: Anunciam-che na tua morada a chegada de um pacote do estrangeiro (não vindo da União Europeia). Este vai ficar retido pola ADT Postales —nomeadamente se vem do Brasil— até remeteres uma série de documentos assinados. A única maneira de enviar estes documentos é através da página web www.adtpostales.com. O balcão público dos Correios não vale já. Isto já é chamativo, pois suponho que neste País haverá muita gente que não disponha de computador nem tenha conhecimento de informática. (Disseram-me que isso não estava previsto. Quem não tenha internet que se f… amole!). A única maneira de enviar estes documentos é através dunha web, o balcão público de Correios não vale já Mas resulta que a página não funciona. Das três vezes que o intentei, não pude enviar os meus documentos porque não funcionava. Intentaram dos Correios de Lugo, também sem sucesso (portanto, quatro vezes). Das três vezes que liguei telefonicamente ADT Postales disseram-me que a página tampouco lhes respondia. Apesar de tudo, fizeram voltar o apcote para o Brasil por exceder o tempo de armazenagem (?). Perguntei se tinham algo contra do Brasil. Sem resposta. Ainda por cima desta inoperância, há que pagar um extra de mais de 17 euros mais IVA (21%) pola gestão que a empresa ADT faz para o Ministério de Economia e Fazenda . Se vocês quiserem consultar pola web ver irão a quantidade de problemas denunciados por usuários/as a respeito desta empresa, e da sua predecessora, a Speedtrans. A concessão para a parceria nunca saiu a concurso público e todo parece que é um \"arranjo\" cozinhado polo Ministério de Economia e alguma amizade que depois pagará os favores fazendo girar as portas. Nada se discutiu em público para centralizar esta função das aduanas que têm oficinas por toda Espanha e que antes geriam estes pormenores sem qualquer problema e, todavia, retirar-lhe a função a \"cousa pública\" de Correios que funcionava perfeitamente. Nada se discutiu em público para centralizar esta função das alfândegas que têm oficinas por toda Espanha e que antes geriam estes pormenores sem qualquer problema e, todavia, retirar-lhe a função de \"cousa pública\" dos Correios que funcionava perfeitamente. Unha vergonha mais nesta Espanha de corruptelas e de inoperâncias. Estas resultam, normalmente, daquelas. Eu estou verdadeiramente escandalizada por estes fatos. Com este Governo e a sua ideologia de privatizar todas as funções que lhe teriam correspondido ao Estado. Assim consegue espremer ainda mais a cidadania, cobrando extras por qualquer movimento que fizermos. Corrijo: além do pagamento com os nossos impostos. Aparecem sempre pagamentos a mais para nos abrumar e colaborar a engordar essas contas dos privilégios que vão associados ao poder de um jeito espúrio. Eu creio que já basta. Avonda!! A cidadania tem direito a ser tratada com respeito. Temos direito a que os nossos impostos sejam bem empregados. Os recortes são uma falácia. Botam fora aos bons trabalhadores de Correios e tiram-nos o nosso dinheiro para uma empresa privada que, polo que sei maltrata aos seus trabalhadores obrigando-os a fazer horas a mais, metidos junto com os nossos pacotes num \"rocho\" de menos de 40 m2 ensilados e mal misturados até que se perdem na demora da entrega. Toda a gente que sofreu estes problemas deveria protestar, para fazer valer os nossos direitos cidadãos."}
{"ID": "NOS_45728", "summary": "O Tribunal Supremo desestima o recurso contra o modelo educativo catalán que avalou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. A familiaque interpuxo recurso quería que se mudara todo sistema educativo.", "text": "O sistema de inmersión lingüística continuará en Catalunya. O Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso presentado pola familia que exixía que mudara e se impuxera a introducción do castelán no seu sistema educativo. Queda ratificado, deste xeito, a decisión que tomou o pasado 8 de marzo de 2012 o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) en relación a este caso. Daquela o alto tribunal aceptou a petición de que as familias que o solicitaran tiveran a posibilidade de introducir o castelán como lingua vehicular mais rexeitaba que este aspecto afectara a toda a rede de ensino de Catalunya. A reclamación que agora o TS rexeita comezou en 2004 cando unha familia con nen@s en 2º de ESO e 3º de Primaria solicitou que o castelán se introducira como lingua vehicular como o catalán. Aliás, exixia que a documentación que enviaba o centro estivera en castelán. Sentencias e recursos chegaron ao día de hoxe coa resolución final que acepta a petición a título persoal mais rexeita que se faga con carácter xeral. A conselleira de Ensino, Irene Rigau, sinalou que agora Wert queda sen argumentos para mudar o sistema Wert sen argumentos Desde a Generalitat a satisfacción pola sentenza do TS é evidente. A conselleira de Ensino, Irene Rigau, sinalou que agora o ministro de Educación español, José Ignacio Wert, queda sen argumentos para mudar o sistema. \"A memoria da LOMCE di que, posto que a Generalitat non cumpre as sentenzas, hai que mudar de modelo\", sinalou aos medios de comunicación, \"agora ou muda o articulado da lei ou muda o argumentario\"."}
{"ID": "NOS_6726", "summary": "A Consellaría de Sanidade agarda a que a comisión sobre o tratamento fronte ao virus forneza unhas pautas para atender as persoas menores de 15 anos. Se a secuencia da campaña segue como até o de agora, os cálculos son chegar a este grupo da poboación ao tempo que se retoman as aulas.", "text": "Após a decisión da Axencia Europea do Medicamento (EMA), que hai uns días avalou o uso da vacina de Pfizer para inocular a menores de entre 12 e 15 anos, hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou que a Xunta agarda as pautas necesarias do Estado español para programar o tratamento contra a Covid-19 neste grupo de idade. Tal e como avanza a campaña, e se non hai reorganización dos grupos poboacionais, o responsábel do Sergas estima que a vacinación das e dos menores de 15 anos podería coincidir \"co inicio do curso escolar\". No entanto, dependerá de se desde o Goberno de Pedro Sánchez indican que a organización da campaña debe ser outra. García Comesaña, que falou despois de asistir á xunta directiva do PPdeG, lembrou que esta cuestión é competencia da Comisión de Saúde Pública no marco do relatorio de vacinas e, dado que o anuncio da EMA é moi actual, aínda non houbo tempo para abordala. Mais na súa opinión, \"o lóxico sería que o grupo de menores\" vaia despois do inmediatamente anterior, o da mocidade con idades até os 16 anos. En consecuencia, estimou que \"probabelmente lle correspondería co inicio do curso\". Fármacos aprobados Por outra parte, indicou que a atención ás galegas e galegos de entre 40 e 49 anos comezará o 7 de xuño. Polo de agora están aceptados tanto os medicamentos de Pfizer como de Moderna, pero tamén se fixo a consulta sobre o fármaco de Janssen porque sería \"moi importante\" sumalo ás doses totais \"para avanzar no ritmo\". Neste mes tamén será inmunizada contra a Covid-19 a cidadanía de entre 50 e 59 anos que xa conta cunha das doses."}
{"ID": "NOS_37168", "summary": "A Mariña amenceu onte fechada após dúas semanas desde que se detectara o brote de coronavirus que suma xa 119 positivos máis de mil persoas confinadas en espera das probas e da evolución epidemiolóxica. Os concellos reclaman á Xunta que, ademais de ordenar as restricións, asuma as responsabilidades sanitarias.", "text": "Con 22 novos positivos contabilizados na xornada de onte e catro persoas hospitalizadas na comarca, o brote de coronavirus da Mariña alcanza as 119 persoas afectadas con 14 municipios do distrito sanitario fechados, espazos públicos precintados e críticas xeneralizadas á actuación da Xunta, que onte supeditaba a decisión de \"manter, ampliar ou reducir\" as medidas de control aplicadas desde a medianoite do domingo e durante cinco días á evolución da situación epidemiolóxica nese prazo. Así o sinalaba o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, quen cualificaba os cinco días de confinamento decretados pola Xunta nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove como \"un prazo razonábel para ver se teñen eficacia\", se ben aludía ao seguimento \"día a día\" da situación para poder revisar estas medidas en caso de necesidade. Se o responsábel sanitario xustificaba a tardanza na adopción de restricións aos datos epidemiolóxicos \"do sábado e a mañá do domingo\", o certo é que xa nas xornadas previas a velocidade de contaxios aumentara até os 12 novos casos por día e medraban as dúbidas sobre a orixe, que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, situaba en \"dous ou tres bares\" do porto de Burela despois de que o Goberno galego apuntase en días previos a un evento familiar en Xove. Catro días despois, Fernández-Campa corrixía onte o presidente ao admitir que \"é difícil coñecer con exactitude o motivo de calquera brote\" e sinalar que unicamente hai indicios de que \"provén dunha zona na que existen persoas que acceden de fóra, como visitantes ou que estiveron fóra da Galiza e poden telo\". \"As primeiras persoas que presentaron sintomatoloxía posibelmente non sexan a orixe do foco, senón que puido ser adquirido a través dun contacto relacionado\", recoñecía. \"Descontrolado\" A tardanza nas actuacións do Goberno galego, que agardou até a pasada sexta feira para a primeira comunicación oficial cos concellos afectados, unida ao \"traslado de responsabilidades\" que a Xunta carga sobre alcaldes e alcaldesas na orde pola que estabelece as medidas de choque perante o brote, aglutinan as queixas que onte chegaban desde varios dos municipios afectados, pero tamén desde a Deputación de Lugo ou a Fegamp. O seu presidente, o rexedor de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, cargaba contra esa derivación de responsabilidades para o exercicio da autoridade sanitaria, que lles encomenda a vixilancia, inspección e control das restricións, lembrando que a xestión da crise sanitaria recae, segundo a lei, na Dirección Xeral de Saúde e por tanto corresponde á Xunta coordinar, achegar medios e elaborar plans de actuación para facer fronte a situacións como a que se vive na Mariña. Na mesma liña, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, exixía á Xunta \"que asuma todas as competencias\" en materia de sanidade e controle as medidas de illamento impostas na zona ante a \"carencia de medios técnicos, humanos e económicos\" dos concellos, e lembraba que foi o propio Feixoo quen, durante a xestión da pandemia, reclamou de forma reiterada a recuperación das competencias do Goberno galego. \"Agora que as ten, nin comparece nin dá explicacións\", censurou. Desde a propia área afectada, o rexedor de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, tamén pediu respostas pola falta de explicacións do presidente galego, que \"non nos advertiu desta situación un pouco descontrolada desde hai días\" e censurou a delegación de responsabilidade que se está a facer sobre os entes municipais. Tamén os mandatarios de Foz e Burela –os socialistas Francisco Cajoto e Alfredo Llano– reprocharon que as medidas se enfoquen nas alcaldías e reclamaron liderado, coordinación e información diaria oficial dos contaxios por parte da Xunta, como Administración responsábel. Segundo manifestou o presidente da Deputación, a \"indignación\" pola posición da Xunta respecto aos concellos afecta \"dez dos catorce alcaldes e alcaldesas\" do distrito sanitario. As probas de selectividade terán lugar cun aumento das medidas de prevención O IES Vilar Ponte afronta desde hoxe as probas de ABAU de 300 estudantes da comarca, que se realizarán neste contexto cun aumento das medidas de prevención estabelecidas para o resto da Galiza, para axustar o número de persoas por aula até aumentar a distancia interpersoal a dous metros e reforzar tamén o número de vogais para a vixilancia e o cumprimento de medidas de seguridade. As novas pautas inciden tamén no alumnado que finalmente terá que desprazarse a Viveiro. Farao o de Mondoñedo, que tradicionalmente realiza as probas en Lugo, mentres que o de Ortigueira fará a proba no campus de Esteiro, en Ferrol. Tras coñecer as adaptacións aplicadas ás normas de seguridade, unicamente o sindicato UXT pediu a suspensión dos exames na Mariña."}
{"ID": "PRAZA_20325", "summary": "O organismo fiscalizador reprocha nun amplo informe a xestión da Autoridade Portuaria coruñesa, augura que a conexión ferroviaria non existirá cando menos ata 2021 e censura que o oleoduto de Repsol vaia seguir atravesando a cidade \"durante bastantes anos\"", "text": "Descontrol contable, \"irregularidades\", sobrecustos, previsións erradas e un futuro incerto. É o retrato que o Tribunal de Cuentas vén de trazar a respecto do porto exterior da Coruña, a infraestrutura nada no plano teórico en estudos do Goberno de España a mediados dos anos 90 e aprobada definitivamente en xaneiro de 2003 no consello de ministros organizado por José María Aznar en plena vaga expansiva da catástrofe do Prestige na casa consistorial coruñesa con Francisco Vázquez como anfitrión. O organismo fiscalizador do Estado vén de aprobar un amplo informe que, cos seus documentos anexos, debulla ao longo de máis de 300 páxinas a xénese e a xestión dun proxecto que, 12 anos despois do inicio da súa construción, aínda está lonxe de ofrecer as prestacións infraestruturais e socioeconómicas anunciadas.Abeirada no consenso tácito das cúpulas da época dos dous grandes partidos estatais, PP e PSOE, a fiscalización de Cuentas remóntase ás previsións económicas nas que se sustentou o proxecto. Apoiáronse, como tantas outras, nas grandes cifras da España da burbulla: \"A principal conclusión -resume o Tribunal- foi que o porto da Coruña tiña capacidade suficiente para xerar fondos necesarios para a construción das novas instalacións de Punta Langosteira\". Os cartos sairían principalmente da venda dos terreos do porto interior coruñés, polos que Estado e Xunta calculaban obter entre 220 e 238 millóns de euros, lembra o informe. O resto de recursos xerados polo propio porto a partir do incremento de tráficos -entre 85 e 90 millóns ata 2013 e entre 75 e 80 ata 2026-.Con estas e outras operacións menores a Autoridade Portuaria coruñesa -depentente dos gobernos galego e español-, Puertos del Estado e Ministerio de Fomento contaban con sumar entre 390 e 430 millóns de euros, \"dabondo para facer fronte á construción do porto exterior\". A eles engadiríase a \"posibilidade de recibir fondos extraorzamentarios\" procedentes de axudas europeas, os cales \"reforzarían a viabilidade dun proxecto\" que, contando outros custos como traslados, construccións de accesos e desmantelamento do vello porto levarían o \"custo global\" do proxecto ata os 630,5 millóns de euros.Previsións erradas, débeda e incumprimentosPero case nada saíu, segundo informe do Tribunal, como estaba previsto e as previsións, simplemente, \"non se cumpriron\". En setembro de 2009 o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, elixido para o posto poucos meses antes polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo, \"informou\" o consello de administración \"sobre a complexa situación\" financeira da entidade pública. As obras licitadas apenas dúas semanas antes das eleccións xerais de 2004 e adxudicadas en decembro dese ano a unha unión temporal de empresas na que participaban compañías como Dragados ou Copasa \"non conformaban unha dársena totalmente operativa\" e cumpría \"completar o proxecto\".As obras contratáronse por 370 millóns, pero acabaron custando case o dobreEsta mudanza chegaba nun escenario no que os 370 millóns máis IVE -daquela do 18%- nos que se adxudicara a obra xa acumularan un \"sobrecusto\" de 99,3 millóns de euros, unha alza do 27% que ascendera ata os 589 millóns por mor da suma de modificados e \"revisión de prezos\", isto é, da aplicación da inflación. As \"actuacións complementarias\" que cumpría engadir \"estimábanse\" en 200 millóns, o que levaba a operación total ata os 789 millóns, un 25% máis do estimado no primeiro proxecto. O incumprimento da normativa da UE en materia de contratos provocou a perda de fondos comunitariosCando isto sucedeu a Autoridade Portuaria só dispuña de cartos dunha das fontes de financiamento previstas, 268 millóns de subvencións da UE. A venda dos terreos aínda non se producira -o goberno local da Marea Atlántica rexeita a súa privatización e o contencioso segue aberto-, os tráficos portuarios non só non ascenderan, senón que descenderan notablemente durante a crise, e a necesidade de atender os pagamentos das obras empurrou o porto coruñés cara ao endebedamento con préstamos de, entre outros, o Banco Europeo de Investimentos. Ademais, o \"incumprimento da política comunitaria en materia de contratación\" por, entre outros aspectos, o uso do procedemento negociado sen publicidade en 24 contratos por importe de case 6 millóns, provocou que chegasen de Europa menos cartos dos previstos: do 71% ao 53% do gasto certificado.Tren en 2021 e traslado de RepsolEstes e outros episodios opacos, como a adxudicación 'a dedo' de ata 14 contratos de asesoría a un catedrático da universidade danesa de Aalborg e a empresas ligadas a el -un \"fraccionamento\" para \"permitir a adxudicación directa\" sen saltar a lei- sucedéronse nunhas obras nas que faleceron 5 traballadores e que remataron formalmente en decembro de 2011, o que non implica a fin da suma de gasto público Non en van, cómpre agregar os 83 millóns dos viais de acceso e ter en conta que resta aínda a esencial conexión ferroviaria, un gasto estimado duns 132 millóns de euros para unha infraestrutura que, \"no escenario máis optimista\", Cuentas estima que non estará operativa \"ata finais de 2020 ou principios de 2021, é dicir, dez anos despois da finalización do porto\".\"O resultado é que 10 anos despois do inicio das obras e máis de 4 despois da súa finalización, aínda non se logrou o obxectivo principal do proxecto\"Xunto ao tren a outra gran materia pendente é o traslado das instalacións de Repsol, que malia ser un dos principais destinatarios das novas instalacións, non acadou un \"compromiso oficial\" coa Autoridade Portuaria para cambiar a súa ubicación no porto interior por Punta Langosteira ata 2013. O acordo implica unha compensación para a empresa de 25 millóns de euros e afecta ao 60% do tráfico total de hidrocarburos. \"O resultado -describe o Tribunal- é que 10 anos despois do inicio das obras e máis de 4 despois da súa finalización, aínda non se logrou o obxectivo principal do proxecto\", retirar o transporte de mercadorías perigosas do centro da Coruña, \"e o petróleo e os produtos petrolíferos refinados seguirán transportándose durante bastantes anos\" a través do oleoduto que atravesa a cidade."}
{"ID": "PRAZA_15680", "summary": "O novo president será Carles Puigdemont, alcalde de Girona, logo dun pacto que, segundo Artur Mas, implica que dous deputados da CUP se incorporan \"á dinámica parlamentaria de Junts pel Sí\"", "text": "Acordo de última hora entre Junts pel Sí e a CUP que evitará unhas novas eleccións en Catalunya e que permitirá formar un novo govern tras as eleccións do pasado 27S. A tan só unhas horas de que acabase o prazo para investir president e despois de que a CUP reafirmase hai uns días o seu non a Artur Mas, ambas as dúas formacións lograron un pacto que implica que el dea \"un paso ao lado\". Será Carles Puigdemont, alcalde de Girona e presidente da Associació de Municipis per la Independència (AMI), quen sexa investido xefe do novo Executivo. Carles Puigdemont, alcalde de Girona e presidente da Associació de Municipis per la Independència (AMI), será o novo president Adiantouno o propio presidente en funcións, que recoñeceu que o seu \"paso a un lado\" ten \"un compoñente doloroso\" para el, aínda que di estar \"tranquilo e moi convencido\". \"Nos vindeiros días veranse os beneficios seguros, necesarios para o país e para o proxecto que defendemos\", insistiu quen aclarou tamén que non ocupará ningún cargo no novo govern. \"Dixen que sería president ou ex president; agora quedo a disposición do novo president e do novo goberno\", engadiu quen di que non se retira da política, que axudará a reconstruír CDC e que non descarta presentarse ás eleccións no futuro. Ademais, advertiu que o Parlament investirá este mesmo domingo e en primeira votación o candidato que el mesmo propoña e que estea dentro do grupo parlamentario de Junts pel Sí. Trátase de Carles Puigdemont, que será o novo xefe do Executivo catalán e dun Govern que \"terá estsabilidade no Parlament e fortaleza\". \"Era o que eu quería garantir\", engadiu Mas, que asegura que \"a CUP asume os seus erros e farao publicamente\". Mas asegura que dous deputados da CUP \"se incorporan á dinámica parlamentaria de Junts pel Sí\" e que haberá renuncias no grupo de esquerda Porque o acordo ten algo máis, segundo asegurou Mas. \"Dous dos deputados da CUP incorpóranse á dinámica parlamentaria de Junts pel Sí. O que as urnas non nos deron directamente houbo que corrixilo na negociación\", segundo o president en funcións, que di tamén que a candidatura de esquerda comprometeuse tamén a non votar \"en ningún caso\" no mesmo sentido que os grupos contrarios ao proceso soberanista e ao dereito a decidir. Ademais, chegou a adiantar cambios no grupo parlamentario da propia CUP, que iría acompañado de remudas na súa bancada. \"Que haxa deputados que deixan de selo indica que cometeron erros\", engadiu. A CUP mantén silencio e o seu consello político e o grupo de acción parlamentaria da formación anticapitalista reunirase este domingo ás 11 horas para ratificar o seu acordo con Junts pel Sí. Nas redes sociais, un dos seus voceiros, Xevi Generó, confirmou que haberá dúas dimisións como \"xesto ante as dificultades das negociacións\", pero negou que o grupo perdera dous deputados para incorporarse a Junts pel Sí: \"Seguimos tendo un grupo parlamentario con dez deputados, o papel de dous deputados dentro da dinámica de JxS é en relación á estabilidade da ruputura e do proceso constituínte\", aclarou. \"O que as urnas non nos deron directamente houbo que corrixilo na negociación\", chegou a dicir Artur Mas sobre o acordo coa CUP Segundo o texto do acordo, filtrado por Vilaweb, o compromiso da CUP é \"non votar en ningún caso no mesmo sentido que os grupos contrarios ao proces e/ouu o dereito a decidir cando estea en risco a estabilidade\". Ademais, \"garantir que dous diputados da CUP se incorporan á dinámica do grupo de JxS de maneira esable. Participarán en todas as deliberacións e actuarán conxuntamente nas tomas de posición do grupo para cumprir ao que está establecido no punto anterior\". >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_41877", "summary": "Un actor que medra perante as cámaras. Literalmente. Durante 11 anos. Un proxecto case sen precedentes. Un filme poderosísimo.", "text": "BOYHOODAno: 2014Duración: 165 min.Coprodución: Reino UnidoDirector: Richard LinklaterGuión: Richard LinklaterFotografía: Lee Daniel e Shane F. KellyElenco: Ellar Coltrane, Patricia Arquette, Ethan Hawke, Lorelei Linklater, Marco Perella, Jenni Tooley, Jamie Howard, Jennifer Griffin, Jordan Howard, Brad Hawkins, Elijah Smith, Zoe Graham, Richard Robichaux, Charlie Sexton SINOPSEMason (Ellar Coltrane) é un rapaz de 6 anos que vive coa súa nai (Patricia Arquette) e a súa irmá maior Samantha (Lorelei Linklater). O seu pai (Ethan Hawke) vai recollelos cada dous fins de semana. Ata a súa chegada á universidade vai ter que adaptarse a unha vida chea de cambios. CRÍTICA Proxecto cinematográfico de corredor de fondo que abarca unha rodaxe desde maio de 2002 ate agosto de 2013, nun total de 45 días de rodaxe para contar a vida \"en tempo real\" dun mozo desde a súa infancia ate o paso a idade adulta. Richard Linklater (Escola de Rock, Antes do anoitecer) acadou un dos contratos máis curiosos do mundiño. Non é normal presentar un proxecto de tal calibre e a tan longo prazo e que se aprobe sen máis. E por riba de conseguir isto o fixo coa suficiente liberdade no plano creativo como para faceren o que quixer. Iso si, o proxecto requiriu pola súa banda certa adecuación aos acontecementos e tamén saber lidar cos cambios no elenco, tanto de aspecto, motivación dos actores e demais circunstancias aos que tivo que se ir afacendo sobre a marcha. Había guión, si. E con moito de autobiográfico de Linklater, tamén. Non por nada se desenrola en lugares comúns onde creceu. Linklater logrou condensar 12 anos de rodaxe nunha película que apenas ten fisuras. A película hipnotiza O guión sempre tivo que estar aberto a posibles modificacións. Un simple exemplo: para o papel da irmá da protagonista acabou contando coa súa propia filla Lorelei tras moito insistir esta a pesar da súa corta idade. Linklater accedeu e houbo a química necesaria para que a cousa funcionase. Mais anos despois as gañas de participar da filla foron decaendo e acariñou a idea de abandonar o proxecto. O director estivo a piques de matala (no guión) mais ese feito precipitaría os feitos cara á ese suceso. Sorte que a Lorelei lle volveron as gañas e non se tivo que tomar a drástica decisión. Non se pode chegar a entender toda a magnitude de Boyhood sen ter en conta todo o que levou facela. Supoño que cando saia o DVD cos extras, entrevistas e o pertinente \"detrás da cámara\", poderase afondar máis nesta odisea. O director hindú Satyajit Ray xa fixera algo parecido na triloxía de Apu entre 1955 e 1960 formada por A canción do camiño, O invencible e O mundo de Apu Canto á historia, trata sobre unha familia desde o punto de vista de Mason, un rapaz de 6 anos (Ellar Coltrane) que vai crecendo até chegar á universidade. A relación coa irmá (Lorelei Linklater), os problemas da nai separada (Patricia Arquette) para sacar adiante a familia, a relación co (case) desaparecido pai (Ethan Hawke) que pasa un de cada dous fins de semana cos fillos, as mudanzas, a adaptación ao instituto, o contacto co alcohol e as drogas, o espertar sexual, o primeiro amor... En fin, a vida mesma dun rapaz calquera que vai cubrindo etapas e fases até chegar á universidade e comeza a atopar o seu sitio no mundo. Todo isto pasa diante do espectador que asiste abraiado coma todo o reparto vai crecendo, madurando e cambiando de aspecto. Non só se percibe o paso dos anos a través do aspecto físico, senón que ao escoitaren música (Britney Spears, Foo Fighters, Lady Gaga), falaren de cine (Harry Potter, as \"novas\" de Star Wars, Tropic Thunder), xogar a videoxogos (Nintendo DS, Wii) ou viviren acontecementos históricos (como a elección de Obama), sitúan o momento nun tempo e espazo determinado ao longo deses anos que durou a filmación. E o mellor de todo é que non tiveron que recrealo -coma é o habitual- senón que todo iso está a pasar nese preciso momento no que se rodou. Viviron iso mesmo nese mesmo espazo temporal. Abraiante. Non sobra ningún plano Porén, non é a primeira vez que se fai algo así. O director hindú Satyajit Ray xa fixera algo parecido na triloxía de Apu entre 1955 e 1960 formada por A canción do camiño, O invencible e O mundo de Apu, e o tema de ver crecer dentro dunha historia pasa en calquera teleserie ou sitcom. Pero Linklater logrou condensar 12 anos de rodaxe nunha película que apenas ten fisuras. Por momentos pode parecer que se está a ver unha serie, pero iso sería quedarse moi na superficie. A película hipnotiza. As personaxes teñen ese ollar familiar de comprensión, aceptación, respecto e amor no que a liña entre o amor e o odio non están moi lonxe. Todo con esa naturalidade que só poden ter as persoas que se senten moi próximas. Linklater acadou iso á perfección. Xa apuntaba maneiras coa triloxía de Antes de… (da que Boyhood ben podería ser a precuela), pero agora destápase por fin como un dos mellores directores de actores das últimas décadas. Actores soberbios. Banda sonora brutal. Fotografía excelente. E por riba non sobra ningún plano. Se isto xa é difícil para un filme \"normal\", imaxínense nun que levou rodar 12 anos. Toda unha experiencia e unha Obra Mestra desde xa."}
{"ID": "NOS_48291", "summary": "A dirección do club comunicoullo a primeira hora desta mañá.", "text": "O Celta volve mudar de adestrador, todo un costume desde a despedida de Toto Berizzo do banco celeste. O club comunicou esta mañá a Óscar García que non seguirá a adestrar o Celta e comunicoullo cando o catalán se dirixía adestrar. Entre os nomes que están a soar con forza para coller o relevo de García está a de Marcelino, que xa tería desde hai uns días unha oferta do club galego sobre a mesa. Marcelino adestrou nestes anos equipas como Sevilla, Villareal e Valencia. Mais tamén soan outros nomes, como Eduardo \"Chacho\" Coudet, que adestrou conxuntos arxentinos e brasileiros. García levaba desde hai semanas na corda bamba polos resultados obtidos nesta tempada. Se ben contaba co apoio de xogadores do peso de Iago Aspas e unha parte da directiva, impúxose finalmente o sector que apostaba por finiquitalo. A súa aposta clara pola canteira (nesta tempada: Carreira, Veiga e Miguel Rodríguez) é un dos sinais de identidade que quixo recuperar para o club celeste. Xa son tres as tempadas consecutivas nas que o Celta destitúe o adestrador. O Celta é a equipa que marca agora a permanencia en Primeira División con 7 puntos. Gañaron un partido, perderon 4 e empataron outros 4 O final desexado era outro, mais non puido ser. De Vigo ímonos cunha experiencia única. Queremos dar as grazas á afección do Celta polo trato que recibimos en todo momento. Do Celta de Vigo por sempre. Desexámosvos a mellor das sortes de agora en diante. Afouteza! pic.twitter.com/f3SurUCFwA— Garcia Junyent (@garciajunyent) November 9, 2020"}
{"ID": "NOS_39233", "summary": "Os casos confirmados de coronavirus en Europa chegan a tres após confirmarse a terceira persoa en Francia. Descártase o caso de coronanivirus da muller ingresada en Euskadi. China confirmou xa o primeiro caso de curación.", "text": "O Departamento de Saúde do Goberno Vasco descartou na tarde deste sábado 25 de xaneiro o caso de coronavirus da muller ingresada en Bizkaia. A muller está actualmente ingresada en réxime de illamento á espera de confirmación. O departamento vasco de saúde xa puxo en marcha un protocolo de actuación e de medidas preventivas, e lanzou unha mensaxe de tranquilidade. Onte en París e Burdeos confirmáronse dous casos e finalmente houbo un terceiro. A China confirma o primeiro caso de curación As autoridades sanitarias da China anunciaron a primeira alta hospitalaria dunha paciente ingresada por coronavirus, confirmándose así o primeiro caso de curación da neumonía que este virus provoca. Após seis días de tratamento, unha muller chinesa de 56 anos amosou unha mellora significativa da pneuimonía que causa o brote de coronavirus e foi dada de alta do hospital, sendo así o primeiro caso curado. A Comisión Municipal de Saúde de Shanghái sinalou que dúas análises de sangue independentes para o coronavirus realizadas en Chen, a muller dada de alta, resultaron finalmente negativas, así como as probas pulmonares. O novo virus xa se cobrou a vida de 41 persoas e deixou centos de contaxios na China. Mentres tanto, o número de cidades pechadas polas autoridades dese Estado debido ao brote creceu na sexta feira, 24 de xaneiro, a 13. Desta maneira, máis de 40 millóns de persoas permanecerán sen poderen das súas localidades nun intento de limitar a propagación do brote do perigoso coronavirus."}
{"ID": "NOS_4650", "summary": "Nós Diario achega novo coleccionábel: As nosas extraordinarias aves comúns. Con 16 entregas entre as terzas e sextas feiras de todo o mes de abril.", "text": "O vindeiro mes de abril Nós Diario porá a disposición das persoas lectoras o coleccionábel As nosas extraordinarias aves comúns, da autoría do educador ambiental Ramsés Pérez. Nas 16 entregas, que se publicarán xunto a Nós Diario de terza a sexta feira durante todo o mes de abril, afondarase no moitas veces descoñecido mundo das nosas aves comúns, as que nos acompañan desde a mañá, que observamos desde a fiestra do lugar de traballo ou atopamos o paseo por calquera parque. Aves que nos poñen en contacto coa natureza máis próxima. O extraordinario do noso patrimonio natural máis cotián que pasa desapercibido. Chíos, aves e biodiversidade As carrizas son especialistas en facer niños en pezas de roupa que deixamos esquecidas, os paporrubios son quen de cantar pola noite en lugares iluminados con luz artificial e os pardais poden ocupar niños doutras aves como as andoriñas de cu branco. Estas informacións e moitas outras poderanse atopar no coleccionábel sobre as nosas extraordinarias aves comúns, así como detalladas fotografías de cada unha delas autoría de Ramsés Pérez. En declaracións a Nós Diario, o autor deste novo coleccionábel adianta que se abordarán as 16 aves comúns máis habituais na Galiza. \"A idea foi intentar que quedarán recollidas boa parte das aves que podemos observar no día a día desde que nos levantamos até que nos imos a durmir, e que incluso ás veces tamén percibimos pola noite cos seus cantos\", explica. Están representadas diversas tipoloxías de aves, algunhas que acompañan ás galegas e galegos de todos os puntos do país, como o paporrubio, o merlo ou a carriza. E tamén se achegan exemplos de aves que se atopan en zonas determinadas, como o lavanco -ave acuática- ou a gaivota, que pertence a zonas máis costeiras. Fai turismo ornitolóxico este verán pola Galiza Porén, Pérez matiza que as gaivotas xa se adaptaron a vivir nalgunhas zonas de interior. Así, podémolas encontrar incluso en urbes como Santiago de Compostela ou Ourense. O moucho está tamén presente como representación das aves nocturnas ou o buxato por ser a especie máis común das aves de rapina que nos acompaña durante todo o ano. Os números do coleccionábel seguirán unha estrutura coherente: presentaranse cada unha destas especies, comezando primeiro pola súa distribución a nivel mundial e europeo, para despois centrarse en que lugares da península Ibérica e da Galiza habitan. Tamén se abordará outro aspecto para as persas non familiarizadas coa ornitoloxía: como recoñecer cada ave, pois ademais da foto inclúese unha pequena explicación de como distinguir cada animal. Así mesmo, explicaranse outras cuestións destas especies, como o seu canto, o hábitat nas que as vamos atopar, o proceso da cría, a distinción (ou non) entre macho e femia, así como cal é a súa tendencia na actualidade. Son todas aves comúns, explica Pérez, pero non por cotiás deixan de estar en perigo. \"Moitas veces cando falamos de especies ameazadas pensamos en aquelas que son máis delicadas, porén, moitas aves comúns son cada vez menos comúns, e como exemplo desta realidade está o caso da anduriña ou do moucho\", sinala. Aves en perigo Aves habituadas a desenvolver a súa vida en medios agrarios e que as transformacións que están tendo os usos do solo, pola intensificación agraria e o abandono, ou mesmo pola substitución de cultivos tradicionais por plantacións invasivas como as de eucalipto, están a facer que aínda que eran moi comúns, cada vez o sexan menos."}
{"ID": "NOS_47391", "summary": "O goberno español quitará adiante esta cuarta feira o proxecto de lei que regula as taxas xudiciais. Desde a Galiza, os colexios de avogad@s reméxense contra o que consideran \"un atentado claro\" contra o dereito á tutela xudicial efectiva. Acrecentan que a pretensión de atallar o colapso da Xustiza a golpe de impostos \"é unha falacia\". No Hórreo, o BNG chama a \"pararlle os pés\" a Gallardón", "text": "Até 500 euros por recorrer unha sentenza por un despedimento, 800 euros por apelar unha resolución dos xulgados do Civil ou do Contencioso, 200 euros se non se concorda cunha multa de Tráfico e máis de 300 euros se se presenta unha queixa após unha neglixencia médica. Son as contías que contempla o proxecto de lei que o PP levará adiante para gravar o acceso á Xustiza e que afectarán a maior parte da poboación: familias cuxos ingresos superen o dobre do salario mínimo interprofesional, isto é, 1.282 euros. O Consello da avogacía galega leva semanas protestando. No Parlamento galego tamén hai quen se revolva. A voceira de Xustiza do BNG, Tereixa Paz, considera que a dereita está a provocar \"unha diminución na tutela xudicial\" e exixe que no Hórreo se rexeite a taxa, sumada á reforma da segunda instancia que prepara Gallardón. Non paliará o colapso da Xustiza\"É un ataque directo á tutela xudicial efectiva para os cidadáns. Haberá unha xustiza para o que teña diñeiro e outra distinta para o que non teña\". Taxativo, o decano do colexio de avogad@s de Ourense, Arturo González, anunciou que letradas e letrados continuarán a liderar as protestas de rexeitamento dunha lei que, en palabras do seu homólogo en Compostela, Evaristo Nogueira, posúe \"unha finalidade recadatoria\". Até o de agora, as taxas xudiciais eran exixidas unicamente a empresas cunha facturación superior a 10 millóns ao ano e aplicábeis, unicamente, á xurisdición civil. A pretensión do PP é facelas extensíbeis a todas as persoas que superen uns ingresos de 1.200 euros ao mes, para alén de estendelas ás xurisdicións social e contencioso-administrativa. Non se contemplan tramos, polo que perante a mesma demanda pagarán igual unha cidadá que cobre 1.200€ ao mes que, por exemplo, o Banco Santander. \"Nin sequera se ten en conta o principio de capacidade económica\"Pola súa banda, o decano d@s avogad@s colexiad@s en Lugo, Félix Mondelo, considera as mobilizacións un \"fito histórico\" entre as e os profesionais do dereito e deu por esgotadas todas as vías de diálogo co ministerio de Xustiza, lamentando que o reponsábel deste departamento fixese \"ouvidos xordos\" ás súas reclamacións, mais tamén ás dos grupos parlamentares, ao non incluír \"ningunha\" das emendas totais ou parciais que se presentaron perante esta \"inexplicábel\" norma. Salienta Mondelo que as razóns esgrimidas por Gallardón na súa teimosía de estender o tributo a persoas particulares \"son falacias\" e \"un atentado claro\" ao dereito á tutela xudicial efectiva que \"nin sequera\" tivo en conta o principio de capacidade económica fixado na Lei 8/1989, de taxas e prezos públicos. Sinala a avogacía que é a falta de medios e de alternativas --mediación ou arbitraxe-- o que provoca o colapso da xustiza. Porén, o PP propón atallalo a golpe de tributos e xeneralizando un re-pagamento que até o de agora debían afrontar unicamente as grandes empresas. Na liña do sinalado pol@s decan@s da profesión, Tereixa Paz salienta tamén que a saturación debe ser abordada \"atacando as verdadeiras causas\", e coloca como tal a ausencia de medios humanos e materiais. Acrecenta a nacionalista que cómpre tamén \"pular por unha xustiza máis áxil e eficaz\" fronte ao modelo presente, onde o exercicio dos dereitos depende da renda de quen litiga."}
{"ID": "NOS_54485", "summary": "Fundaçom Artábria informa que estiveron retidos 20 minutos e que os axentes ameazaron nun primeiro momento con lles requisar o material que anunciaba a mobilización deste sábado en Compostela (Praza da Alameda, 12 horas) na defensa do 1-O.", "text": "Catro persoas foron identificadas e retidas no bairro da Magdalena de Ferrol por axentes da policía española por facer propaganda da manifestación que este sábado, 30 de setembro, terá lugar en Compostela na defensa do referendo. Segundo informa a Fundaçom Artábria –da que fan parte como socias estas catro persoas-, o \"amplo dispositivo da policía española\" chegou a ameazar nun primeiro momento con requisar o material que anunciaba a mobilización. \"Finalmente desistiron depois de 20 minutos de retención ilegal cando non atoparon a palabra 'referendo' no cartaz\", afirman. As catro persoas estiveron detidas por volta de 20 minutos, nuns feitos que tiveron lugar na tarde noite desta terza feira. Desde Artábria, que integra a Plataforma Galiza con Catalunya, reafirman perante estes feitos: \"manifestamos o noso apoio ao referendo do 1 de outubro, onde o pobo catalán exercerá o lexítimo direito a decidir o seu futuro\". Colectivos e entidades denuncian as identificacións e retencións por facer campaña polo referendo que se están a dar en Catalunya, no que constitúe un recorte en liberdades públicas e dereitos civís. Unha dinámica que se estende a outras partes do Estado, como evidencian situacións como a acontecida en Ferrol ou a prohibición de actos en Madrid e Gasteiz, entre outros."}
{"ID": "NOS_49687", "summary": "A líder de UPyD Rosa Díez está chamada a declarar na cuarta vista do proceso a 12 persoas que fixeron fronte en 2008 a unha manifestación de Galicia Bilingüe.", "text": "Os Xulgados de Fontiñas, en Compostela, acollerán esta sexta feira a cuarta e derradeira vista do xuízo a 12 persoas para as que a Fiscalía pide 45 anos de prisión e 34.000 euros de multa polos incidentes durante unha manifestación de GB en 2008. Nesta última sesión está previsto que compareza Rosa Díez a petición da defensa. A presidenta de UPyD estivo nesa mobilización de Galcia Bilingüe, na que tamén tomaron parte dirixentes do PP, como a actual ministra Ana Pastor, ou da Falange. Rosa Díez fora chamada a declarar o dia 23 de Maio mais non acudiu argumentando que estaba en campaña electoral, un motivo que foi calificado pola maxistrada como \"xustificación relativa\" xa que a cita xudicial estaba marcada anteriormente ao inicio das eleccións. Esta é a razón pola que se produce esta cuarta vista. Solidari@s Ao igual que nas outras tres vistas hai convocada unha concentración de apoio aos encausados. Ás 9:00 ante os Xulgados de Fontiñas."}
{"ID": "NOS_44368", "summary": "A presidenta de Hablemos Español relata ao lider do PP as \"discriminacións que soportan os hispanohablantes\" na \"única comunidade bilingüe na que vostedes gobernan\".", "text": "Gloria Lago, presidenta de Hablemos Español (HE), remitiu unha carta aberta a Pablo Casado, presidente do Partido Popular, na que, ademais de confirmar que recibiu a proposta do PP para unha lei orgánica que blinde o español, faille ao líder opopular unha serie de suxestións e indicacións. Lago elabora na misiva unha relación das, escribe, \"discriminacións que soportan os hispanofalantes na Galiza\", lembrándolle que é o PP quen goberna nese territorio. Son 13 os puntos que a seguir expón Gloria Lago na carta. Di que o español está \"relegado\" no ensino ás materias de \"menor importancia\" e que na administración educativa \"está prohibido por decreto\". A líder de 'Hablemos Español' prosegue coa lista de agravios: que se nas actividades lúdicas da Xunta para crianzas só se usa o galego, que se as campañas institucionais da administración galega son só en galego, ou que nos hospitais públicos de Galiza toda a rotulación está na lingua propia de Galiza. Completa o panorama apocalíptico a presidenta de HE falando de empresas obrigadas a usar o galego, concellos que discriminan o español día si e día tamén, ou a inexistencia de actos culturais que \"non pasen polo aro lingüístico\" da imposición do galego. Non son estes puntos unha novidade, fan parte da 'teima' galegófoga deste colectivo e antes de Galicia Bilingüe. Pídenlle a Pablo Casado un \"xesto\" que lles demostre que o PP vai manterse firme na defensa do español fronte galego, vasco e catalán. E chega a dicir, na carta, que \"sería alentador que conseguise vostede que o presidente da Xunta reconsiderase, no mínimo, algún punto de este decálogo\"."}
{"ID": "NOS_57273", "summary": "En 2018 un grupo de estudantes de Historia da USC puxeron en marcha unha revista de historia en galego, con carácter divulgativo e rigoroso. Mazarelos xa é unha realidade na rede, mais quere dar o salto ao papel, polo que lanzaron a 1 de outubro unha campaña de micromecenado.", "text": "Contra outubro ou novembro de 2018, un grupo de estudantes do mestrado de Historia da USC tiveron a idea de crear un blog para darlle saída aos traballos que feitos ao longo da carreira e que quedaran, como adoita acontecer, gardados na gabeta ou, nas dinámicas tecnolóxicas máis actuais, esquecidos nun cartafol do portátil. Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias e Mateo Martínez Torres crearon así a revista Mazarelos, adoptando o nome da emblemática praza compostelá na que se localiza a súa facultade. A intención destes tres rapaces era levar os contidos históricos a un público xeral, pero dun xeito \"profesional\", pois conta Martínez Torres que habitualmente esta sorte de publicacións divulgativas \"non cumpren cos mínimos de rigor\". A temática englobará historia e ciencias sociais afíns, mantendo un compromiso coa lingua galega e acollendo diferentes formatos, de entrevistas de actualidade a artigos orixinais de divulgación histórica. Salto ao papel A partir do inzo inicial, comezou a se unir xente, até as arredor de 20 persoas vencelladas que hai actualmente. A actividade nas redes sociais funcionou ben e, engorde, o proxecto enteiro medrou moito máis do que imaxinaban os seus tres promotores. Chegados a este punto, uns seis meses máis tarde, a plataforma dixital quedáballes pequena, polo que decidiron dar o salto ao papel. Pero para iso precisaban financiamento. Recorreron entón a realizar un micromecenado a través da plataforma goteo.org. As persoas colaboradoras non fan donativos desinteresados, senón que mercan os dous números que axudan a financiar. Tamén se ofrece a posibilidade de pagar por publicidade en diferentes dimensións. \"O coñecemento histórico é moito máis que unha sucesión de capítulos inflexíbeis, onde o investigador/a se converte nun mero narrador\" O proxecto leva o camiño de se ver realizado, pois xa teñen case a cantidade precisa para o pór en marcha. Fronte á vertente máis divulgativa do dixital, o papel ofrecerá contidos máis extensos e cunha intención \"máis académica\". A estrutura será dun 9 ou 10 artigos que sumen arredor de 50 páxinas. Saíran dous números, con lanzamento previsto para novembro de 2019 e marzo de 2020. Mais aló, a intención é publicar catro números anuais, que complementen a actividade na rede. E despois que? Á agarda de ver como funciona o formato físico, a intención é darlle continuidade. O modelo dependerá do que consigan, sen descartar a procura de apoio institucional, nin volver empregar un micromecenado que funciona máis ben como prevenda. Consideran importante trasladar unha perspectiva na que \"o coñecemento histórico é moito máis que unha sucesión de capítulos inflexíbeis, onde o investigador/a se converte nun mero narrador\", argumentan na súa web. Porque a historia se escribe sempre en presente e está inevitabelmente de actualidade."}
{"ID": "PRAZA_7035", "summary": "Máis de 2.000 persoas, segundo os organizadores, apoian en Vigo a marcha convocada pola CIG e a CUT contra os recortes pactados entre a empresa e o sindicato maioritario SIT denunciando o \"atraco salarial\" aos traballadores.", "text": "Máis de 2.000 persoas, segundo os organizadores, manifestáronse na mañá deste sábado contra os recortes pactados entre a empresa e o sindicato SIT, maioritario con vinte delegados na factoría viguesa de Citroën, e que supoñen un recorte salarial do 5%, a supresión ou rebaixa de determinados completementos ou a limitaicóns nas actualizacións salariais. Nunha convocatoria aberta, e baixo o lema Non ao atraco salarial, centos de vigueses uníronse aos dous sindicatos nacionalistas que insisten en que \"está moito en xogo\", non tan só para os operarios da fábrica, senón para toda a comarca. Máis de 2.000 persoas segundo os convocantes protestaron contra a rebaixa salarial pactada en Citroën Foron os vinte delegados do SIT os que deron o visto e prace á proposta da dirección, que está vinculada á adxudicación do novo modelo de furgonetas K9. Os outros trece representantes dos sindicatos -6 de UGT, 3 de CCOO, 2 da CIG e 2 da CUT- votaron en contra e advertiron de \"accións conxuntas\" e mesmo non descartaron unha folga para rexeitar o acordo alcanzado grazas ao único apoio dunha central sindical que é maioritaria e que tará validez durante os vindeiros cinco anos. Os axustes aprobados establecen un tope nas subidas dos soldos do 1,5% durante dous anos e, a partir dese límite, vincular a actualización das nóminas ao cobrado por prima de obxectivos. Ademais, tamén suporá a eliminación da prima de presenza -o que supón uns 500 euros menos ao ano de media-, aínda que si se manterá a prima de obxectivos dun 1,5%, que se paga en función do cumprimento dunha serie de requirimentos de calidade, contención de custos, sinistralidade laboral e absentismo. Entre outros puntos, reducirase un 5% o soldo para os traballadores que se incorporen a partir de 2015, conxélase o plus de antigüidade, redúcense nun 25% os complementos de nocturnidade e salas de lacas e báixase de 69 a 50 euros diarios o complemento de fin de semana. CUT e CIG pídenlle á empresa que \"recapacite\" e xa reclamaron que as medidas de axuste sexan sometidas a referendo CUT e CIG insisten en que unha empresa que acumula \"innumerables axudas públicas\" non pode utilizalas \"para eliminar postos de traballo e subvencionar despedimentos\". Ademais, con esta manifestación insisten en reclamar en que as propostas pactadas entre a dirección da planta de Citroën e o SIT sexan sometidas a referendo entre todos os operarios da fábrica. Así, piden á empresa que \"recapacite\" para avaliar \"se compensa o traballo e sacrificio na planta e se se necesita ir unha vez máis ao peto dos traballadores\". A manifestación contou tamén co apoio de CCOO que, aínda que non é convocante, considera que é lexítima e que non animou á desmobilización.O sindicato destaca que \"o sentir maioritario\" do persoal da factoría é de rexeitamento ás medidas de axuste, polo que din estar \"firmemente comprometidos a levar até o final\" as reivindicacións."}
{"ID": "PRAZA_16329", "summary": "A explicación constitucional que o ministro de Fomento dá ao bloqueo non se corresponde co que indican a Constitución nin o Regulamento do Congreso e obvia a ausencia de impacto orzamentario directo da lei aprobada en Galicia por unanimidade Fomento teima en defender o veto ao traspaso da AP-9 a Galicia cun cálculo económico falso", "text": "Fomento teima en defender o veto ao traspaso da AP-9 a Galicia cun cálculo económico falso Militantes do BNG reciben multas pola protesta na inauguración de Rande contra a \"estafa\" das peaxes A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, xuntou este xoves os grupos da Cámara Baixa para tentar desbloquear a parálise lexislativa promovida polo seu propio partido, o PP, e mais por Ciudadanos, ao propiciaren sucesivas prolongacións de trámites parlamentarios para impedir que se cheguen a aprobar novas leis promovidas por outros grupos, que tamén se enfrontan a vetos sistemáticos para concluíren reformas dalgunhas das normas máis polémicas da lexislatura do PP con maioría absoluta. Nese paquete a desbloquear non estará a lei remitida polo Parlamento de Galicia para a transferencia das competencias sobre a AP-9 á Xunta. A razón é que a propia Pastor, tamén co apoio dos de Albert Rivera, rubricou un veto no que o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, teimou esta mesma semana. Para facelo, no entanto, o mandatario manipulou durante o debate a Constitución e a propia lei galega, como fixera o seu departamento noutras ocasións. Durante a súa resposta a Alexandra Fernández, deputada de En Marea, De la Serna evidenciou que a normativa vixente dá ao Goberno a facultade de \"prestar\" ou non \"conformidade\" con que o Congreso tramite unha lei. Foi neste punto no que chegou o retorcemento da normativa. O Executivo, asegurou o ministro, \"ten que ter a garantía de que as medidas que se van implantar son mviables dende o punto de vista orzamentario, tal e como recolle a Constitución e o Regulamento desta Cámara\". \"A Constitución é necesario cumprila e esta circunstancia non se deu\" porque a lei galega, mantivo baseándose nun cálculo erróneo, \"supón un incremento\" do gasto público de \"máis de 4.000 millóns de euros\". A explicación constitucional que o ministro de Fomento dá ao bloqueo da lei galega non se corresponde co que indican a Constitución nin o Regulamento do Congreso A explicación ofrecida polo ministro non se corresponde co texto constitucional, que o que indica é que o Goberno ten que ofrecer \"conformidade\" a \"toda proposición ou emenda que supoña aumento dos créditos ou diminución dos ingresos orzamentarios\". Así, aínda no suposto de que a lei galega impactase nos orzamentos do ano en curso -no momento do segundo veto estaban vixentes os de 2017, actualmente aínda prorrogados-, a norma aprobada en Galicia por unanimidade podería seguir adiante se o gabinete de Rajoy quixese. Con ese visto e prace cumpriríase o previsto no Regulamento do Congreso, a lei podería ser tramitada e, despois do correspondente trámite de emendas, podería ser aprobada -actualmente existe maioría dabondo para que saíse adiante mesmo sen o apoio do PP ou Ciudadanos-. Por recomendación dos letrados do Parlamento a segunda versión da lei galega explicita a ausencia de impacto nos orzamentos vixentes, polo que a razón á que alude o Goberno central non existe A segunda parte da manipulación dos textos é o referido á lei galega, que segundo a versión do ministro produciría o impacto dos devanditos 4.000 millóns. Alén de que ese cálculo está mal formulado, o certo é que a segunda versión da proposta, a que actualmente se discute, non contén ningunha referencia explícita a posibles impactos orzamentarios directos. Isto sucedeu por recomendación directa dos letrados do Parlamento de Galicia para, precisamente, tentar esquivar o veto. Daquela, non habería base dabondo para que dende La Moncloa se interpoña o veto polo impacto nas contas vixentes, toda vez que este non existe. Así, a proposición de lei remitida polo lexislativo galego ao estatal indica que, unha vez aprobada a lei, ambos gobernos terán que sentar na Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta de Galicia para abordar que \"medios materiais e orzamentos\" habería que incluír no preceptivo real decreto de traspaso. Sería nesa negociación cando se sinalarían os prazos temporais do proceso. Non se dá, polo tanto, impacto ningún nos orzamentos en vigor, aspecto que se reforza na disposición adicional primeira da norma galega: \"o traspaso efectivo (...) non suporá incremento ningún dos créditos nin diminución dos ingresos previstos na lei de orzamentos xerais do Estado en vigor\", explicita o texto acordado por PPdeG, PSdeG, En Marea e BNG. Esta manipulación dos textos legais vixentes no Estado e da lei proposta polo Parlamento de Galicia sustenta un recurso ao veto que, como avanzou Praza.gal, foi duramente criticado nos últimos meses non só pola oposición parlamentaria, senón tamén polos letrados do propio Congreso. Así, nun informe asinado pola letrada xefa da Asesoría Xurídica das Cortes, Paloma Martínez Santa María, este corpo de expertos advirte de que o devandito precepto constitucional \"non concede\" ao Executivo de Rajoy \"un dereito de veto ilimitado que poida cercenar a iniciativa lexislativa do Congreso\", menos aínda cando, como no caso da AP-9, se alude a un suposto cambio nos orzamentos sen sequera \"identificar\" a que partidas afecta a lei en cuestión nin incluír \"unha mera avaliación do impacto económico\" ao que aluden."}
{"ID": "NOS_47074", "summary": "Hai concertos que deberan ser como unha cata. Se se programan, ademais, nunhas adegas, con maior motivo. O viño como contexto, a nosa música como anfitriona dun convidado/a que tamén sumará melodías e o público como privilexiado. Son concertos únicos, como coinciden en comentar a cantante Uxía e algúns espectadores reincidentes destes Xoves de Códax, que comezaron a pasada quinta feira a súa VII Edición.", "text": "Sete veráns programando fusións artísticas, en moitos casos inesperadas e irrepetibles, nun enclave privilexiado: a terraza das adegas Martín Codax, en Vilariño (Cambados). Unha sorte de espazo chill out sen agresión á paisaxe, onde semella que o albariño entra aínda mellor; canto máis, a medida que o sol vai caendo sobre a panorámica impagable da ría, das suas vides e das súas bateas. Hai sete anos, coa publicación de A Cada Canto, naceu esta iniciativa que, por fin, trouxo a Guadi Galego de \"Volta a casa\"; a un \"jardín\" no que \"allí reunidos estaban todos los que importan\". E nunca máis acaída a elección desta letra para ilustrar que volveu da man do tamén veciño destes mares, Iván Ferreiro, máis do seu irmán Amaro. Explican dende a organización que levaban tempo tras esta parella, pero por cuestións de axenda aínda non fora posible. Eles, Guadi e Iván, os máis interesados en fundir acordes. Tanto e así que unha fonte das adegas asegura entre viño e viño, canción e canción, que a famosa banda sonora da serie Fariña, que consagrou para o grande público a unión destes dous artistas, naceu precisamente o ano anterior, da potencialidade que ambos viron en propostas como as que se dan neste ciclo. Quen tivo a sorte de asistir, por exemplo, ao dueto Uxía e Silvia Pérez Cruz o verán pasado aínda se lle pon a pel de galiña ao lembralo. Hai concertos, por tanto, que deberan ser como unha cata. E as catas non son para beber, son para degustar, saborear, experimentar, deixarse levar, descubrir sabores e matices que só un contexto intimista e cálido como o desta terraza permiten. O contexto e o saber estar, o saber a que ves, o coñecer a arte dos pequenos sorbos, nos que se concentra o carácter e a singularidade do viño ou da canción. Hai unha frase mítica que di: \"Silence is sexy\". Os xoves do Códax poderían telo todo: ser sexys, cool, universais… e solidarios; pois uns prezos irrisorios para unha proposta destas características, cuxo custe se triplicaría en calquera outro lugar do Estado, son destinados sempre a entidades sen ánimo de lucro, este ano, concretamente, a Cáritas de Arousa. Pero falla a empatía. Fallamos, como tantas veces, as persoas, o noso individualismo, a nosa falta de respecto, a nosa obsesión —cecais condicionada polos tempos— por exhibirnos, por estar: o postureo, nunha palabra, e a falta dunha educación e dunha pedagoxía que ensinen a escoitar. A famosa banda sonora da serie Fariña, que consagrou para o grande público a unión destes dous artistas, naceu precisamente o ano anterior, da potencialidade que ambos viron en propostas como as que se dan neste ciclo As colas de máis dunha hora para entrar nun recinto con aforo limitado non sorprenden no sentido de querer coller sitio, digamos, en primeira liña de praia. Unha vez dentro, no entanto, a realidade é outra e quen se apura é para algo tan surrealista como para poder enteirarse do concerto e non das conversas alleas. Conversas, selfies, photocalls, punto de encontro, tapa e viño… de todo menos música. Ou mellor dito, a música non como concerto único —non vai saír ningún álbum destas maridaxes feitas só para a adega—, senón como banda sonora dun terraceo máis de verán. E non é iso. E é unha pena. Din os compañeiros de son que xa levan tempo traballando nisto que este ano é un dos máis tranquilos. Dende a organización, explican tamén que se buscan fórmulas para correxir esta eiva, como a de limitar a venda de entradas a grupos, pero aínda así o ruído segue a se impor á melodía. Un ruído incómodo para o público que paga polo concerto, non por deixarse ver; para o anfitrión —tanto por si mesmo como pola responsabilidade cara ao convidado— e para a propia adega, que coida con mimo cada detalle —o albariño co que te reciben ao entrar incluído— pero ten que lidar cun comportamento que lle resta, e moito, á marca e ao prestixio dunha proposta tan valiosa como a que fan. Vale que o mundo adega está de moda; vale que neste tipo de actos se pechan negocios —só hai que mirar de esguello o parking de alta gama para darse de conta de que hai xente que vén traballar—; vale que en casos como os da quinta feira pasada, cun convidado como Iván Ferreiro, o rollo groupi era previsible… pero isto non é nin O Son do Camiño nin PortAmérica —que comezaba precisamente horas despois tan só a uns quilómetros de distancia de Cambados. Isto é unha proposta ben distinta, \"onde se pode e se debe facer o que queirades\", como dixo Guadi Galego na presentación, \"bailar, cantar, calar, rir\"… pero sempre dende o respecto e o goce do que estás vendo e sentindo, e isto non o dixo ela porque hai cousas que, de obvias, non debería facer falla explicitalas. Guadi e Guille Fernández non provocan o mesmo efecto fan que os irmáns Ferreiro, e iso tamén era demasiado evidente tanto na comunicación non verbal como na intensidade do barullo en función de quen estivera cantando ou da autoría do tema compartido. Pode ter lóxica, salvo no barullo, claro, e mesmo pode ter algo positivo, como falaban nunha mesa, que algunha xente saia convencida, sorprendida gratamente dunha música que, en principio, non coñecían ou non compartían e dende agora deciden incorporala á súa playlist. Pero non é suficiente, facer un esforzo por positivizar non chega, e moito menos cando cadra coa presentación dun último traballo, o de Guadi Galego, como o da Bola de Cristal, cheo de letras adicadas —nas súas propias palabras— á empatía, a rachar fronteiras, á sororidade, a recoñecérmonos, tamén nos demais, xusto o que máis brillou pola súa ausencia na hora e pico de cata sonora. As condicións fixeron difícil entrar no concerto, mais os e as que fixeron o esforzo de dar o paso e os/as que, malia as condicións, o conseguiron, de seguro que gozaron por igual das interpretacións individuais e fusionadas, e de seguro tamén que superaron prexuízos, de telos, sobre as etiquetas \"folk\" e \"indie\" de unha e outro. \"Acople Perfecto\", como escribía Guadi en Coplas de Estrelas. Así soaron —ou parecía que soaban— a conxunción norte-sur que nos regalou Martín Codax. E que nos regalaron eles, con momentos moi moi norte, como Cedeira —o tema que precisamente levou Guadi a Late Motiv o pasado día das Letras Galegas— e moi moi Iván Ferreiro, como El Pensamiento Circular. Non faltou o activismo, as Matriarcas abriron, de feito, o concerto; nin os himnos xeneracionais, véxase o falso peche, o falso último bis con Turnedo. As condicións fixeron difícil entrar no concerto, mais os e as que fixeron o esforzo de dar o paso e os/as que, malia as condicións, o conseguiron, de seguro que gozaron por igual das interpretacións individuais e fusionadas Pero a actualidade obriga, por iso o broche derradeiro tiña que ser outro, un tema que tamén se pode incluír xa na categoría de himno: a banda sonora fundamental da serie Fariña. Un día no que, precisamente, o elenco máis galego dunha serie de televisión xeneralista celebraba o décimo aniversario da produtora que arriscou e gañou, apostou por unha historia que había que contar e contouna ben porque cre en Galiza, no seu talento e en que este hai que reivindicalo. Como non se escoitaba ben, a frase textual de Iván Ferreiro tanto puido ter sido: \"Isto é unha cabronada\" como \"Non vos imos facer esta cabronada\", o caso é que o peche de verdade tivo un toque ácido e salgado, carácter rachado e textura contundente. Si, soaba e prestaba… O que teño que facer, pra non ter que ir ao mar. __________________________________________________ Os Xoves de Códax continúan todas as quintas feiras de xullo e agosto. Pódese consultar o cartel concreto no seguinte enlace. As entradas para os concertos de xullo, porén, están xa esgotadas (As deste concerto de apertura voaron en tan só 6 minutos, así que bulide)."}
{"ID": "PRAZA_558", "summary": "As ondas e mareas vivas destrúen un importante enclave arqueolóxico de Estabañón, nunha praia de Viveiro, que conta cunha \"ridícula\" protección mediante lonas. O SOS lanzado por varias entidades da zona hai unha semana segue sen ser atendido. \"Nin o agardamos. Non hai interese\", din.", "text": "Malia a voz de alarma lanzada ahora hai unha semana, non hai resposta sobre a protección do importante xacemento romano e medieval de Estabañón, en Viveiro. MariñaPatrimonio, Sementeira e Adega reclamaron unha intervención urxente de Costas e da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para evitar que os temporais que aínda quedan este ano e as mareas vivas non estraguen e mesmo fagan desaparecer de vez un lugar case único. Unha vila e factoría romana na praia de Area ao que as grandes ondeas de 2014 xa lle destruíron varias estruturas e provocaron a perda de abundante e importante material arqueolóxico. \"Non temos resposta ningunha e o peor é que nin a agardamos\", recoñece MariñaPatrimonio \"Non temos resposta ningunha e o peor é que tampouco a agardamos\", asegura Manuel Miranda, voceiro de MariñaPatrimonio, que lembra que nin Costas -\"que é quen legalmente se tería que preocupar da súa protección\"- nin Patrimonio fan nada para evitar a destrución deste xacemento. E nada do que antes fixeron foi moi beneficioso. Costas retirou hai un ano as árbores que situadas diante de parte deste xacemeno supoñían unha barreira natural de protección en Estabañón. Tamén houbo o intento de construción dun paseo marítimo sobre a zona e unha evidente falta de protección das catas arqueolóxicas que a mesma Costas abriu en 2007 tras prometer 3,2 millóns para recuperar este lugar. Pero nada se fixo. Ou si. Costas abriu catas arqueolóxicas e prometeu 3,2 millóns de euros para recuperar o lugar hai oito anos A única medida de protección foi unha \"ridícula\" capa de xeotéxtil, unha especie de lona que xunto unha capa de area de 30 centímetros foi a única barreira coa que se intentou frear os temporais que pasaron por riba delas. Na primeira alerta laranxa, o dano foi enorme. As fotografías que achegan as tres entidades amosan como o xacemento quedou arrasado e o risco sobre a pía de salgar que aínda resiste é evidente. \"Tan só queda unha de todas as que había\", denuncia Miranda. E nada quedará desta peculiar conserveira romana se non se arranxa o problema. Para MariñaPatrimonio, hai solucións de urxencia que se poderían tomar xa, cando menos para evitar que as vindeiras mareas vivas -\"en marzo son as máis grandes\"- ou os próximos temporais acaben con todo. \"O primeiro que faría é coller varios sacos de area e colocalos alí para evitar maiores problemas\", di Miranda. Para máis adiante, e seguindo técnicas efectivas empregadas con éxito noutros lugares semellantes de Europa, a opción sería cubrir o perímetro con estacas de barreira co obxectivo de formar unha barreira \"seminatural\" para a protección. Unha duna, como na que se asenta, que axude a resgardar o patrimonio das grandes ondas. MariñaPatrimonio pide, cando menos, que se actúe xa de maneira urxente para evitar máis danos nos vindeiros meses Non obstante, nada se sabe. E os mariñaos non se fían. Logo de emerxer da area en 1951, o xacemento xa estivo a piques de ser destruído por Costas hai case vinte anos. Era a época dos paseos marítimos e as construcións mesmo danaron o lugar cunha pa escavadora. Patrimonio paralizou os traballos e dez anos despois, a mesma Costas encargou as catas arqueolóxicas coas que se descubriron que o que alí había era unha vila e factoría romana de salgadura que servira despois de base a outra vila habitada desde, aproximadamente, o século VI. \"É cuestión de vontade. Se non se fai nada é porque non hai interese\", denuncian as entidades que lanzaron a voz de alarma O paso dos séculos cubriu de area a duna de Estabañón, ata que en 1951 o mar, que xa estaba algo máis perto que centos de anos atrás, descubriu todo o que alí debaixo había. Máis de medio século despois, a factoría de conservas romana e as pías que alí se acharon, foron esnaquizadas polo mar e os restos arqueolóxicos que aínda quedan corren grave risco. As árbores que de maneira natural os protexían tampouco están e a lona que se pousou enriba é inútil. \"É cuestión de vontade. Se non se fai nada é porque non hai interese\", conclúe Miranda, que advirte que este non é o único caso de xacementos abandonados ante o desleixo das administracións."}
{"ID": "NOS_16276", "summary": "A multinacional conta xa coa contraproposta do cadro de persoal da factoría de aluminio da Mariña.", "text": "A representación sindical do cadro de persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo) entregou hoxe a súa proposta á multinacional coa intención de acelerar o proceso de negociación para a venda das instalacións na Mariña á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). Desde o reinicio das conversas a actitude da multinacional foi de \"continuar co recurso contra a decisión do TSXG e en caso de que lle saíra favorábel as negociacións de venda quedarían suspendidas e aplicarían o ERE\", segundo explica a Nós Diario o delegado sindical da CIG no comité, Xosé Paleo. Ademais afirma que \"querían que deixáramos morrer as cubas até o límite que lles permiten\". Non executar o ERE nin parar cubas A proposta do comité de empresa contempla que o inicio da negociación sexa para a venda da Planta e da Refinaría de alúmina de San Cibrao á SEPI comece \"non máis tarde do 27 de xaneiro de 2021\". Requiren que todo o proceso conte con información \"a través dunha mesa multilateral\" que se convoque cada quince días e poña en marcha a \"incorporación dos traballadores\" despedidos. En relación ás cubas admiten que se apaguen aquelas \"que impliquen un risco potencial para a seguridade\" e \"substitúan as que se paren por calquera motivo\". O comité desconvocaría a folga \"desde a firma\" da proposta por parte de Alcoa e a empresa debería \"continuar a produción de aluminio e alúmina\". Durante as negociacións a multinacional debería comprometerse a \"non adoptar ningunha medida extintiva de carácter colectivo\". O acordo, caso de aceptarse, aplicaríase até o 14 de outubro de 2021. A última hora de onte, o presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, aseguraba nun breve comunicado que a contraproposta \"difire moi substancialmente do acordado previamente\"."}
{"ID": "PRAZA_6350", "summary": "O alcalde de Ribadeo e o vicepresidente da Deputación de Lugo advirten de que as medidas da Xunta non serven para frear a masificación de Augas Santas e reiteran a necesidade de declarar a contorna como parque natural para fuxir do \"modelo marbellí\" de turismo.", "text": "No que vai de mes de agosto xa pasaron máis de 200.000 persoas pola praia de Augas Santas, en Ribadeo. Segundo datos do Concello ribadense a coñecida popularmente como praia das Catedrais colle unha media diaria de 10.000 persoas e cando remate 2014, asegura o alcalde, Fernando Suárez, \"superarase\" a cifra de 500.000 visitantes do 2013. As medidas impulsadas pola Xunta para este verán non dan, nin de lonxe, atallado a masificación e os seus efectos máis nocivos e, a pé de praia, o propio Suárez e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, volveron reclamar este venres un plan completo de protección e, en última instancia, a declaración de Parque Natural para a praia e a súa contorna como única vía para conservalas. \"O segundo destino máis visitado de Galiza\" despois da Catedral de Santiago ben merece ser \"tomado en serio\" por parte da Xunta, din Suárez e Veiga, quen concordan en que declarar Parque Natural esta faixa litoral de Ribadeo permitiría \"desconxestionar As Catedrais da presión turística, ofrecendo alternativas para todo este fluxo de visitantes atraídos pola especial natureza desta costa\". \"Faise inevitable ampliar os ámbitos de actuación\", sinala Suárez, que ve imprescindible que \"as visitas sexan máis escalonadas e ordenadas, que haxa menos coches no entorno mediante un aparcadoiro amplo e distante conectado con transporte público\" e a \"habilitación dun apeadeiro\" do ferrocarril de vía estreita. Deputación e Concello apostan por un futuro turístico para Augas Santas afastado do \"modelo marbellí\" e reiteran a necesidade de declarar a zona como parque natural Ao carón do punto de información turística mantido pola Deputación o vicepresidente e responsable da área de Turismo da institución provincial lamenta que o Goberno galego exerza unha \"cativa reacción no cumprimento das súas obrigas a respecto do que as normas ambientais galegas a obrigan a facer\". \"En plena campaña de verán -di Veiga- adoptan unha serie de medidas que son só un parche, porque poñer unha ducia de carteis e tres rapaces avisando a xente de que non se achega aos cantís porque pode caer non resolve nada\". O gabinete de Feijóo, lamenta \"mira só para Compostela e para as Rías Baixas en cuestión de turismo\". Neste contexto Deputación e Concello concordan en que o reto pasa por afianzar o turismo como \"un dos sectores con máis futuro da provincia, pero non calquera tipo de turismo\", senón o \"de calidade, vinculado ao patrimonio e ao medio ambente, sostible e non masificado\". \"Non nos serve o modelo de turismo marbellí de Barreiros\", afirma o nacionalista, toda vez que iso é \"pan para hoxe e fame para mañá\". Trátase, resume, de \"aproveitar o tirón das catedrais para vender A Mariña e o resto da provincia de Lugo e facer que os turistas que veñen ver As Catedrais fiquen varios días\"."}
{"ID": "PRAZA_14072", "summary": "A plataforma contraria á mina sinala que Edgewater informou incorrectamente dos perigos dos seus residuos para así saltar os controis legais de prevención de accidentes graves", "text": "A plataforma contraria á mina sinala que Edgewater informou incorrectamente dos perigos dos seus residuos para así saltar os controis legais de prevención de accidentes graves. En concreto, denuncian que o proxecto mineiro incumpre a lexislación española e comunitaria sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras. Segundo a plataforma, o proxecto fai unha incorrecta clasificación das instalacións de residuos mineiros, \"establecendo inxustificadamente que non son de categoría A, incumprindo de cheo a citada normativa\". Desde a Plataforma afírmase que con esta intencionada clasificación, a empresa trata de evitar o cumprimento dunha serie de requisitos moi estritos no que se refire aos aspectos relativos á política de prevención de accidentes graves que se debe aplicar na xestión dos residuos de extracción, evitar a instauración dun sistema de xestión de seguridade e a posta en práctica dun plan de emerxencia interior no que se especifiquen as medidas que se deben tomar no caso de que acontezan este tipo de accidentes. Desde a Plataforma afírmase que con esta intencionada clasificación, a empresa trata de evitar o cumprimento dunha serie de requisitos moi estritos no que se refire aos aspectos relativos á política de prevención de accidentes graves Por outra banda, a Xunta de Galicia estaría obrigada a elaborar un plan de emerxencia exterior que debe ser comunicado, xunto con un protocolo de actuación, á poboación afectada no caso de que ocorran accidentes graves. O proxecto mineiro de Corcoesto contempla tres instalacións de residuos mineiros: a escombreira mineira, a balsa de lodos de flotación e a balsa de lodos de lixiviados. De conformidade coa citada lexislación, segundo a plataforma, cada unha delas debe ser obxecto dun proxecto propio, pero a empresa mineira presentou un único plan de xestión de residuos para os tres, incumprindo ademais numerosos artigos relativos a aspectos técnicos das instalacións previstos na citada normativa. A Plataforma advirte que de autorizarse o proxecto con estes incumprimentos da lexislación comunitaria e española, pode denunciarse ante a Comisión Europea."}
{"ID": "PRAZA_1029", "summary": "A desactivación do sistema ILS (que seguirá sen funcionar ata xullo) provoca a suspensión de 40 voos en catro días, prexudicando a máis de 4.000 usuarios e usuarias. O aeroporto foi obxecto dunha ampliación que custou 60 millóns. As recentes reformas en Lavacolla, Alvedro e Peinador suman 410 millóns", "text": "O aeroporto vigués de Peinador leva practicamente sen funcionar dende o pasado xoves. Os voos que puideron aterrar ou despegar foron a excepción, e en total foron suspendidos -desviados na súa maior parte a Lavacolla- un total de 38, afectando a máis de catro mil usuarios e usuarias. A situación mantense aínda na mañá deste luns, con tres desvíos máis ao aeroporto compostelán, incluído o enlace de Vueling Vigo-Barcelona previsto para as 13.40. O motivo desta situación é a néboa e o mal tempo presente estes días e, sobre todo, a desactivación a pasada semana do sistema antinéboa ILS, que seguirá sen funcionar ata o vindeiro mes de xullo. O ILS foi desactivado no marco do proceso de certificación de Peinador para adaptalo á nova normativa de seguridade europea, e escolléronse estas datas, \"porque son as de menor incidencia de néboas\", como sinalaba hai uns días a directora do aeroporto. A actuación que se está a levar a cabo consiste no cambio das antenas para que non sexan ríxidas e no soterramento da caseta na que se atopan os equipos de control. O motivo desta situación é a desactivación a pasada semana do sistema antinéboa ILS, que seguirá sen funcionar ata o vindeiro mes de xullo O sistema de navegación con néboa é impresdindible en Peinador, que o ano pasado tivo que activalo 140 dos 365 días do ano. O custe das reformas que se están a introducir no sistema ILS sitúase ao redor dos 680.000 euros, que se suman a outras intervencións que se están a levar a cabo no aeroporto para acadar a devandita certificación europea, e que acumulan un custe superior aos 1,3 millóns. Nos últimos días a situación creada en Peinador e o incomodo producido aos e ás usuarias están a provocar un comprensible anoxo na área de Vigo. O alcalde Abel Caballero demandou un \"dispositivo especial\" para acabar co \"caos\" provocado. Caballero dirixiu as súas críticas, sobre todo, ao Ministerio de Fomento dirixido por Ana Pastor, sinalando que cando se anunciou a \"retirada\" do sistema ILS, as previsións xa advertían de \"adversas condiciones meteorolóxicas\", polo que -dixo- \"a cautela\" aconsellaba adiar esta actuación ata despois desta semana, que ademais coincidía cunha ponte festiva. O custe total das obras de ampliación ou reforma de Lavacolla, Alvedro e Peinador foi de 410 millóns de euros As críticas á situación creada lembran que o aeroporto vén de ser obxecto dunhas importantes obras de ampliación e reforma nas que se gastaron máis de 60 millóns de euros. Cómpre indicar, igualmente, que os outros dous aeroportos galegos acometeron tamén obras de reforma ou ampliación, dende a nova terminal de Lavacolla, con capacidade para acoller máis catro millóns de pasaxeiros cada ano (o dobre que agora), e que custou 230 millóns de euros, á ampliación da pista de Alvedro (120 millóns de euros). En total, un investimento de 410 millóns de euros, superior ao custe total da Cidade da Cultura, cifrado en 400 millóns de euros. Entre 2007 e 2013 os tres aeroportos galegos perderon un 24% dos seus viaxeiros, fronte a un descenso medio do 11% no conxunto de España. Neste tempo, o Sa Carneiro de Porto creceu un 60% Entre 2007 e 2013 os tres aeroportos galegos perderon un 24% dos seus viaxeiros, fronte a un descenso medio do 11% no conxunto de España. Neste tempo, o Sa Carneiro de Porto creceu un 60%. Coas eleccións municipais no horizonte -e o agromar dos discursos localistas-, a Xunta renunciou a exercer as sús competencias para coordinar o funcionamento dos tres aeródromos galegos, a pesar de que esta promesa figuraba no programa electoral do PPdeG en 2012 e de que o Goberno gastou 30.000 euros en deseñar un plan estratéxico. Este luns pola mañá a situación dos pasados días repítese, con néboas que deixan o aeroporto practicamente inoperativo. E estase á espera de que a situación mellore pola tarde, como sucedeu o domingo, permitindo o despegue e aterraxe de avións. A previsión do tempo para os vindeiros días é máis optimista."}
{"ID": "NOS_16058", "summary": "Despois de tres anos de edición, coa colaboración do propio autor, o conxunto xa está dispoñíbel.", "text": "A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura vén de anunciar a culminación do traballo de edición da obra completa de Manuel Lourenzo. A entidade abordou o labor coa colaboración do propio autor. Fixeron as correccións precisas, achegas documentais inéditas, algunhas mesmo extraviadas ou esquecidas no arquivo persoal de Lourenzo. Emotiva homenaxe a Manuel Lourenzo, o patriarca do teatro galego A construción estrutural desta obra, sinalan, foi un proceso activo, participativo, ao que tamén contribuíu a profesora Cilla Lourenço Módia, \"coa súa corrección lingüística e corrección de forma\". Para goce do público \"Fomos quen de ter preparados sete tomos onde se recollen unha parte importante dos 60 anos de historia do teatro contemporáneo galego, co único obxectivo de poñer a disposición das distintas compañías teatrais galegas para a súa representación e para goce do público en xeral, tanto como espectador coma lector, nunha acción estratéxica de fomento e creación da cultura e de protección, difusión, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural\". Galiza Cultura destaca un compendio de obras que chega a perto dos 300 títulos. Cada un dos sete tomos acubilla arredor dunhas 800 páxinas que tratan de plasmar de xeito cronolóxico a produción dramática de Manuel Lourenzo. Por xunto \"formarán parte do patrimonio colectivo da cultura galega, sendo o noso obxectivo dar traslado deles a cantas máis persoas, entidades, asociacións, colectivos, administracións e centros de ensino para o coñecemento xeral da dramaturxia contemporánea galega\". Historia do teatro galego Manuel Lourenzo é, ademais de autor dramático, director, actor, produtor, docente, editor e activista. Unha figura pioneira sempre ligada á historia do teatro galego que segue en activo. O Salón do Libro de Pontevedra renderá homenaxe a Manuel Lourenzo O pasado 14 de xuño foi homenaxeado no Salón Teatro de Compostela nun evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo e que serviu, ademais, para presentar oficialmente a obra completa do dramaturgo. As persoas interesadas en adquirila poden dirixirse a Galiza Cultura [federacion@galizacultura.gal], que se encargará de facilitarlle a cadaquén as indicacións precisas de como se facer cos sete volumes que recollen o traballo dramático de Manuel Lourenzo."}
{"ID": "NOS_44507", "summary": "O sector primario galego está a permitir que na actual situación de alerta non falten as referencias nos lineais dos supermercados e grandes superficies, pero tamén dos mercados de proximidade.", "text": "Na Galiza son moitas as galegas e galegos que viven do agro e da gandería. O seu papel pasa moitas veces inadvertido. Pero a crise xerada pola pandemia do coronavirus COVID-19 está a poñer en valor un sector primario que mantén a centos de familias no país e que permite que a xente das cidades teña alimentos que levar á boca día tras día. Estes días, calquera persoa que vaia a un supermercado pode atopar ducias de referencias producidas na Galiza, un privilexio do que poucos territorios poden presumir e que non sempre está recoñecido polas consumidoras. Desde Ulega, a principal organización de produtoras leiteiras do país, con máis de 2.300 asociadas, o seu portavoz, Óscar Pose, recoñeceu a Nós Diario que a situación está a xerar certos problemas como consecuencia do feche do mercado de animais de desvelle e de recría, o que fai que se incrementen os custos de produción por telos máis tempo nas explotacións. Iso non impide que o leite chegue aos puntos de venda, onde está a ser un dos produtos máis demandados. Pese a iso, desde a organización sinalan que non existe \"ningún tipo de variación importante\" na produción. O que si, as negociación de novos contratos coa industria quedaron paralizadas até que a situación se normalice. A importancia do rural Pose é dos que pensan que co coronavirus a importancia do sector primario \"vese agora reflectida\", e confía en que desde certos ámbitos \"se recoñeza o valor do rural\". Con todo, non albisca moitas esperanzas de que as consumidoras que compran o leite no supermercado sexan capaces de \"ver máis alá\" e se dean de conta de que para abastecer de leite os lineais \"precísase de gandeiros que a produzan\" e que, como lembra, están a pasar moitas dificultades económicas para poder producir. Nesta mesma liña, desde a Federación Rural Galega (Fruga) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) destacan que hai moitas familias labregas galegas que dependen da venda dos seus produtos para subsistir. Porén, a situación de alerta fixo que moitos mercados de alimentos de proximidade fechasen e deixasen a moitas labregas sen posibilidade de dar saída as súas producións. Por este motivo, desde os sindicatos piden aos gobernos municipais a que aposten neste tipo de mercados. Dentro dos supostos Segundo lembran desde Fruga e o SGL, a compravenda de alimentos está protexida dentro da actual situación de emerxencia sanitaria, se ben é certo que se recomenda non celebrar actividades ao aire libre, entre as que se incluíron as feiras e os mercados que supoñan concentracións de máis de 1.000 persoas, polo que os mercados de proximidade que se celebran periodicamente na Galiza non entrarían neste suposto, apuntan desde as organizacións. Para evitar que as labregas galegas queden fóra destes circuítos de proximidade, tanto Fruga como o SLG comprométense a denunciar aos concellos que decidan fechar estes mercados por facer \"unha interpretación excesivamente restritiva das prohibicións sanitarias dirixidas a conter a pandemia do COVID 19 e mesmo contraproducente\". Ademais, sinalan, que, a efectos de seguridade, \"os mercados locais de alimentos son ao aire libre, non padecen aglomeracións e os produtos que se venden non pasaron polas mans de intermediarios nin doutros consumidores e consumidoras, polo que ofrecen maiores garantías sanitarias cós adquiridos en grandes superficies comerciais. Ademais, estamos a falar de alimentos que, na súa maioría, adoitan a ser de cultivo ecolóxico e frescos e, polo tanto, de maior calidade e máis sans\". Como advirten, unha interpretación errónea da lei \"podería empeorar a situación\" destas labregas, ao tempo que estarían a beneficiar ás grandes superficies comerciais e a \"castigar inxustamente\" aos veciños e veciñas que venden e consumen alimentos de proximidade. Garantir o subministro Outra das reclamacións que se fai desde o sector primario, desta vez ao Ministerio de Agricultura, é que a situación de alerta non interfira no subministro de sementes e plantas. En concreto, as organizacións agrarias e profesionais do sector pediron ao ministro Luis Planas indicacións \"claras\" para garantir a normal produción, movemento e distribución de sementes e plantas de viveiro, produtos fitosanitarios, fertilizantes, e calquera outro tipo de ben necesario para garantir a cadea alimentaria. No caso das forraxes, a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (Agafac) garante o subministro para a cabana gandeira. \"No caso de producirse algún caso positivo confirmado nalgunha fábrica de pensos que supoña o feche por corentena da mesma, o resto do sector ocuparase de forma solidaria de cubrir as necesidades das posíbeis granxas afectadas\". Tamén desde a asociación piden ás gandeiras \"tranquilidade\" ante o aluvión de pedidos rexistrados nas últimas datas como consecuencia da situación de alarma e insisten en que o subministro de pensos \"está garantido\"."}
{"ID": "NOS_14385", "summary": "A memoria constitúe a columna vertebral da identidade. Os chamados lugares de memoria son unha intersección entre o histórico e o afectivo que acaban erixindo os fitos nos que se apoia a conciencia dun pobo. Nun país cuxa Historia foi escrita, na súa meirande parte, por estudosos que desdeñaron o seu papel, estes lugares deben reconstruírse de xeito que recuperen o seu papel de motores da autoconciencia. A Pasaxe, o porto de Camposancos (A Guarda), pode ser un exemplo de espazo onde se entrecruzan as voces desa Historia.", "text": "O concepto lugares de memoria aparece en Francia a partir da segunda metade da década de 1970, e asóciase a un contexto en que se estende un sentimento de perda da \"memoria histórica\". Segundo Pierre Nora -historiador, editor e principal teórico do concepto- a Historia e a Memoria funcionan en rexistros diferentes: o rexistro da Historia baséase en documentos e arquivos materiais que reconstrúen os feitos, mentres que a Memoria é un pasado que se fai presente a través do afectivo, do emocional. Un lugar de memoria é un cruzamento entre a realidade histórica e a realidade simbólica. Segundo Nora -cuxa visión sobre as memorias \"sectoriais\" non deixa de levantar polémica- a Historia foi a creadora da conciencia nacional até hai unhas décadas, nas que as memorias particulares das minorías en vías de emancipación reclaman ser recoñecidas en pé de igualdade. O problema para unha nación cuxa historia foi escrita, na súa meirande parte, por historiadores que ignoraban ou refutaban os documentos materiais nos que deberían basear o seu estudo non é só que se oculte a súa Historia -que sempre se pode reconstruír en base a eses testemuños materiais- senón, sobre todo, que a Memoria deixa de operar como aglutinante cívico e colectivo: ninguén pode refutar, por exemplo, que existe un Panteón dos Reis da Galiza na catedral de Santiago, mais o rol simbólico que debería xogar na conciencia da cidadanía galega foi anulado por unha historiografía que sempre silenciou e desdeñou a súa relevancia no devir histórico. Nese sentido, o papel dos lugares de memoria nun país coma o noso enfronta a dificultade de recuperar o pasado nos dous planos, o histórico e o simbólico, servindo como lugares de lembranza mais tamén como motores do autocoñecemento. O exemplo do Panteón dos Reis é só unha mostra da enorme tarefa que hai por diante para recuperar unha autoestima atacada e desairada desde hai séculos. Camposancos Nos últimos tempos, o movemento de recuperación da Memoria relacionada co golpe de Estado de 1936 e a posterior represión que desencadeou permitiu que chegase até a opinión pública a historia do Colexio Apóstolo Santiago dos Xesuítas de Camposancos (A Guarda), utilizado polas forzas franquistas como campo de concentración entre 1938 e 1941. Brasilino Álvarez, membro do Partido Galeguista e alcalde da Guarda pola Fronte Popular, respondeu cun contundente \"As vilas non se toman por teléfono\" cando despois do golpe, recibiu unha chamada do Goberno Civil de Pontevedra esixíndolle que renunciase ao seu cargo. Mais as tropas franquistas, malia a teimuda defensa dos habitantes do Baixo Miño, abríronse paso e estabeleceron o reinado do terror, asasinando todo canto cadro sindical e político foron quen de aprehender. O propio Brasilino Álvarez, que presidiu o Comité de Defensa da República, foi fusilado en Tui o 9 de decembro daquel ano. O Colexio dos Xesuítas foi utilizado como prisión desde as primeiras semanas da represión, mais en outubro de 1937, fondeou en Baiona o vapor Ariachu, que traía máis de 3.000 persoas apresadas na fronte de Asturias, e o edificio pasou a converterse no campo de concentración que os albergou. En 1938, trasladouse até alí o Tribunal Militar número 1 de Asturias, polo que ademais da fame e a tuberculose, os prisioneiros tiveron que enfrontar un diabólico ritmo de \"consellos de guerra\" (entre tres e catro ao día) que ditaban penas de morte e cadeas perpetuas. Entre 150 e 200 fusilamentos tiveron lugar nos fríos amenceres do cemiterio da Guarda, e outros moitos presos foron trasladados en grupo e executados noutros puntos da Galiza: en Vigo, en Ourense, en Celanova, en San Simón... A crueldade das condicións en que estaban os prisioneiros valéronlle ao campo o sobrenome de \"porta do inferno\". A historia do campo de concentración de Camposancos está ateigada de historias de intentos de fuga e de solidariedade entre a veciñanza da Guarda e as vítimas daquel terror: enviábanlles alimentos para paliar a fame que pasaban, acollían nas súas casas ás mulleres dos presos que ían visitalos desde outras partes da península, mesmo houbo algún caso de matrimonio entre presos coas mulleres que lles ían lavar a roupa. Mais todo iso non abonda para que ninguén se ocupe de que o vello edificio do Colexio dos Xesuítas sexa recuperado dun esquecemento que o reduciu a unha ruína consumida, comesta polas silveiras e a piques de esboroar con todos os recordos de dignidade que conteñen os seus muros. Colexio dos Xesuítas O Colexio dos Xesuítas ten unha historia que non comeza co campo de concentración e que debería ser máis coñecida para un pobo que quere recuperar a súa identidade. O currículo do centro de ensino fai máis ofensivo, se cabe, o estado de abandono no que permanece. Fundado en 1875, constituíu a primeira tentativa dos xesuítas de estabelecer unha universidade privada no Estado e, a xulgar pola nómina de alumnos que pasaron por alí, o nivel intelectual do Colexio non debía ser pouca cousa. Estudou alí Manuel Portela Valladares, un centrista (cando iso existía) que chegou a ser Presidente do goberno da II República despois de ser un dos fundadores da Liga Agraria que liderou Basilio Álvarez, de fundar en Vigo o xornal El Pueblo Gallego, e de ser un dos asinantes do Pacto de Barrantes entre galeguistas e republicanos, que avogaba, entre outras cousas, pola plena autonomía política e administrativa da Galiza, pola galeguización do ensino e pola cooficialidade do galego e castelán. Durante a guerra, Portela Valladares fixo parte das Cortes de Valencia e, ao seu remate, fuxido a Francia, foi detido pola Gestapo, aínda que non foi extraditado, como pretendían as autoridades franquistas. Posteriormente, no exilio, sería membro do Consello de Galiza fundado por Castelao.Tamén saíu das aulas do Colexio campusino Antón Losada Diéguez, impulsor e ideólogo da revista Nós. Militante incansábel das Irmandades da Fala, Xaquín Lorenzo, 'Xocas', dicía del que \"foi a semente da Xeración Nós\". Losada Diéguez foi quen atraeu a Vicente Risco ao grupo de intelectuais que escribía en La Centuria, e seguiríao despois na constitución da Irmandade Nazonalista Galega: católico convencido, unha das súas teimas era galeguizar a Igrexa. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos e da Misión Biolóxica de Galicia e presidiu a Asemblea Nacionalista de Lugo. Morreu prematuramente, aos 45 anos, en 1929. Ramón María Aller, o \"pai da astronomía galega\" foi outro dos alumnos do Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Tamén membro do Seminario de Estudos Galegos, Aller construíu en Lalín o primeiro observatorio astronómico da Galiza e a Universidade de Santiago creou a Cátedra de Astronomía para el en 1944. Sempre en colaboración cos máis destacados astrónomos da Europa do seu tempo, logrou un recoñecemento internacional polos seus descubrimentos, observacións, cálculos e deseño de instrumentos científicos. Outros nomes poderían completar este catálogo de alumnos do Colexio que hoxe ameaza con derrubarse sen que a ninguén pareza preocuparlle, mais cabe mencionar como anécdota que por el pasou tamén, despois de que se cedese aos xesuítas portugueses, o cineasta portugués Manoel de Oliveira, sen dúbida o máis destacado director de Portugal. Barcos e historia literaria Mais os camiños da memoria que se cruzan nese lugar de Camposancos, premonitoriamente chamado A Pasaxe, non rematan no Colexio. É difícil adiviñar, porque nada o indica, que a poucos metros do edificio dos xesuítas se levantaban os estaleiros onde se construíu un pailebote de nome Constantino Candeira. Constantino Candeira era o nome dun empresario e político guardés da madeira. Foi deputado a Cortes na Primeira República Española e delegado por Pontevedra na Xunta Revolucionaria de 1873. Como outros que aparecen nesta vila, era xente brava: en febreiro de 1930 foi nomeado alcalde polo Gobernador Civil, mais o 21 de marzo renunciou ao cargo \"por non estar de acordo coas directrices emanadas desde o Goberno Civil que chocaban coa súa persoal filiación republicana\". Candeira, nunha época en que o Miño era navegábel polo menos até Tui, tivo a idea de construír el mesmo os barcos que habían de transportar o produto das súas serrarías. O primeiro barco que construíu levou o seu nome e, paradoxalmente, había de pasar a historia grazas a literatura: o piloto de navío en prácticas coñecido como Manuel Antonio escribiu a bordo deste barco o seu poemario De catro a catro. A memoria deste poeta e deste libro -fundamentais na historia da literatura galega- ben merecería que alguén se encargase de lembrar a construción do barco máis célebre das nosas letras. Renacemento e Barroco O labirinto da memoria pode continuar sendo transitado coa lembranza doutro Constantino Candeira, o fillo do anterior, que foi o arquitecto municipal de Santiago de Compostela e que interveu na renacentista Praza da Quintana para darlle a fasquía coa que coñecemos agora. No Seminario de Estudos Galegos, dirixiu a Sección de Catalogación Iconográfica de Galicia e del escribiu Otero Pedrayo: \"Candeira quere a Compostela, leva na súa alma de artista a sinfonía grave e eterna das nobres arquitecturas, das rúas que gardan un rostro e un espírito, da ordenación radiante cunha estrela da vila apostólica. Non a considera un museo de cousas respetábeis senón como un gran ser vivo\". Candeira presentouse ao posto de arquitecto da Deputación de Valladolid para que a súa muller, Pilar Fernández de Araoz, estivese máis perto dos seus pais. En 1933 foi nomeado arquitecto conservador do Museo Nacional de Escultura, e encargouse da reforma do edificio que o acollía, o Colexio de San Gregorio, e da instalación museográfica. Alí atoparíase coa máis importante colección de obras de Gregorio Fernández, natural de Sarria, un dos máis importantes escultores do barroco ibérico. Se cadra, o percorrido podería seguir indefinidamente, mais o importante é subliñar que as ruínas do Colexio dos Xesuítas de Camposancos ecoan con esas voces que non teñen quen as escoite. O material, o edificio do colexio, está a punto de desaparecer. O simbólico segue á espera de ser resituado nalgún espazo da nosa xeografía espiritual, para que a Historia non sexa só o que din os libros e se encarne na memoria dun pobo."}
{"ID": "PRAZA_3494", "summary": "O candidato popular, que era vicepresidente cando Fraga impulsou o proxecto, salienta a súa decisión de \"finalizar a Cidade da Cultura\" cun edificio de oficinas en lugar dun Teatro da Ópera que \"non se podía facer, entre outras cousas porque non se podía pagar\"", "text": "O candidato popular, que era vicepresidente cando Fraga impulsou o proxecto, salienta a súa decisión de \"finalizar a Cidade da Cultura\" cun edificio de oficinas en lugar dun Teatro da Ópera que \"non se podía facer, entre outras cousas porque non se podía pagar\"A Xunta vén de ser condenada en firme polo Tribunal Supremo a pagar 3 millóns de euros en sobrecustos na Cidade da Cultura, proxecto no que xa van gastados máis de 300 millóns de euros, o triplo do previsto hai dúas décadas pola Xunta de Manuel Fraga. No seu último goberno, que aínda adxudicaría dous dos seis edificios estando en funcións, tras perder a maioría absoluta nas autonómicas de 2005, era vicepresidente Feijóo, que este mércores, catro campañas electorais despois, presentouse en Santiago á vez como paralizador e como finalizador do complexo.Na serie de almorzos con empresarios e colectivos sociais que o PP está a organizar nas cidades galegas para facer balance das súas actuacións á fronte da Xunta este mércores tocoulle a Santiago. Na súa intervención, da que dixo, novamente afastándose das siglas, que \"non é un acto de partido político senón de comparecencia dun responsable político\", Feijóo centrou o foco nas obras públicas realizadas na cidade.Sobre o complexo do Gaiás, o presidente lembrou que o Teatro da Ópera, un dos dous edificios que non se chegaron a facer, foi adxudicado por 82 millóns de euros, engadindo que \"evidentemente pensamos que iso non se podía facer, entre outras cousas porque non se podía pagar\". Porén, ao tempo que salientaba esa decisión súa de non continuar a construción do edificio, Feijóo presentouse tamén ante os asistentes como o responsable de culminar as obras do complexo. \"Chegamos ao acordo de finalizar a Cidade da Cultura, aquel enorme socavón do que daquela ía ser o Teatro da Ópera\", dixo, salientando a súa decisión de construír no seu lugar un edificio de oficinas para as universidades. Feijóo lembra que foi durante un funeral na Catedral cando lle pediu a Rajoy cartos para arranxar as súas goteiras No listado de obras públicas en Compostela que Feijóo atribuíu ás súas xestións houbo tamén un espazo especial para \"a primeira vez que en 815 anos a Catedral se rehabilita na súa totalidade\". O presidente salientou que o templo tiñas goteiras mesmo sobre o altar maior, e contou como conseguiu que se reparasen: \"Lembro perfectamente unha misa na catedral, non sei se era polas vítimas de Angrois ou polo falecemento do presidente Albor; estaba ao lado do presidente Rajoy, empezou a mirar para arriba e pregunteille 'como ves isto?, mira a ver que podemos facer', e conseguimos 17 millóns de euros do Goberno de España\"."}
{"ID": "PRAZA_1778", "summary": "O Concello subscribirá o Pacto Social pola Auga e busca asesoramento técnico e xurídico para a recuperación da xestión. \"A auga é un ben público, un dereito de todos e que debe estar en mans públicas\", sinala Jorge Suárez", "text": "O Concello de Ferrol dará nos vindeiros días os primeiros pasos para iniciar o proceso de remunicipalización do servizo de abastecemento de auga e saneamento, ou para -cando menos- estudar a súa viabilidade. O alcalde, Jorge Suárez, anunciou este luns que Ferrol se incorporará á Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecimiento y Saneamiento (AEOPAS), unha plataforma que agrupa a administracións e entidades sociais e que reivindica a auga como dereito. Ferrol quere, a través de AEOPAS, acceder a asesoramento técnico e xurídico no proceso de recuperación da xestión deste servizo. Suárez di que se \"dan as circunstancias para iniciar o camiño\" da remunicipalización, aínda que engadiu que o Concello analizará \"se é viable económica, técnica e xuridicamente\" Así mesmo, Ferrol subscribirá o Pacto Social pola Auga, un manifesto en defensa do carácter público deste servizo e que demanda \"unha xestión pública, integrada e participativa do ciclo urbano del agua\", asinado por máis de 300 entidades, dende administracións locais a sindicatos, pasando por grupos ecoloxistas ou asociacións profesionais. O secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell Sastre, destacou en referencia á contaminación rexistrada en Ferrol hai dúas semanas que \"que a auga non sexa potable é motivo suficiente para caducar a concesión\" Estas dúas accións serán debatidas no pleno ordinario que se celebrará este xoves. O alcalde, Jorge Suárez, sinalou este luns que constitúen o \"primeiro paso\" para a a recuperación do control da xestión da auga, que é \"un ben público, un dereito de todos e que debe estar en mans públicas. \"Aeopas ten experiencia en iniciar e finalizar con éxito a remunicipalización do ciclo da auga. Prestan asesoramento técnico e xudicial e o obxectivo é facer fronte ás grandes empresas privadas que acaparan a xestión deste servizo\", afirmou o rexedor . Suárez di que se \"dan as circunstancias para iniciar o camiño\" da remunicipalización, aínda que engadiu que o Concello analizará \"se é viable económica, técnica e xuridicamente\". \"Non imos hipotecar o Concello por remunicipalizar a auga\", engadiu. O Diario de Ferrol entrevistou o secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell Sastre, que destacou en referencia á contaminación rexistrada en Ferrol hai dúas semanas que \"que a auga non sexa potable é motivo suficiente para caducar a concesión\"."}
{"ID": "NOS_45648", "summary": "Galiza xa non gravará máis ás rendas que superan os 100.000 euros. BNG e PSdeG fan propostas para manter \"máis progresividade\" e o novo tramo máis elevado", "text": "A incorporación dun novo tramo na escala galega do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) para aqueles ingresos superiores a 100.000 euros xa non se aplicará na Galiza. Os populares introduciron nas súas emendas parlamentarias ao proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas, ás que accedeu Europa Press, unha modificación pola cal suprimen a suba deste imposto nas rendas máis altas. O pasado 18 de outubro, Núñez Feixoo e o novo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, anunciaron un paquete de medidas fiscais, e anunciaron unha rebaixa para as \"rendas medias e baixas\" que supuña a supresión de dous tramos intermedios de cotización entre as rendas con base liquidábel superior a 20.200 euros e as situadas entre 60.000 euros. Paralelamente, incorporouse no proxecto de orzamentos un novo tramo que subía do 22,5 ao 23,5 a cotización no tramo galego para as rendas que superaban os 100.000 euros. A rebaixa fiscal no IRPF suporía, afirmaban, un impacto de 60 millóns de euros nas arcas públicas, pero non se aclarou se esta cifra incluía a 'compensación' pola suba das rendas de máis 100.000 euros ou esta recadación 'extra' quedaba á marxe, nese caso xa non se producirá se sae adiante a emenda dos populares na Cámara galega. En comisión parlamentar, o titular da Consellería de Facenda calculou que a nova rebaixa suporá un aforro medio de 144 euros para un fogar con dous contribuíntes. Se sae adiante a proposta do Grupo Parlamentario Popular quedarán fixados cinco tramos na escala galega do IRPF (do 9,4% do primeiro ao 22,5% con base liquidábel de 60.000 euros en diante). Fronte a esta proposta, os grupos da oposición pretenden, segundo as emendas rexistradas, ás que accedeu Europa Press, unha fiscalidade \"máis progresiva\", cun total de oito tramos na escala galega, tanto no caso do BNG como do PSdeG, é dicir, manter as que había e engadir a das rendas de máis de 100.000 euros, como se incorpora no proxecto de orzamentos que entrou a tramitación parlamentaria. Os oito tramos serían os actuais: até 12.450 euros; entre 12.450 e 20.200; entre 20.200 e 27.700; entre 27.700 e 35.200; entre 35.200 e 47.600; entre 47.600 e 60.000; e de 60.000 en diante."}
{"ID": "NOS_4003", "summary": "Este sector económico vive na incerteza dun futuro máis que negro. Os seus problemas veñen dunha planificación allea ao produto, dunha programación dependente de Madrid e da falta de comunicación para que cheguen turistas.", "text": "O turismo representa en Galiza o 11% do PIB e del dependen ao redor de 100.000 postos de traballo. Estes datos confirman a importancia dun sector que pasa por un dos seus peores momentos desde que en 1982 conseguiu ter competencias propias no noso país. As liñas de actuación da Xunta, a través da creación en 1992 da S.A. Xestión do Xacobeo e Turgalicia, marcaron as estratexias de vertebración e promoción baseadas, sobre todo, no fenómeno do camiño de Santiago. As cifras dos \"anos santos\" 1993, 1999, 2004 e 2010 taparon, en parte, os verdadeiros problemas que agora, cunha marxe de nove anos até o vindeiro Xacobeo, non hai posibilidade de agachar. \"O turismo é unha actividade transversal, precisa dun contacto permanente co conxunto de axentes sociais, económicos e territoriais\". Xosé Manuel Santos, director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da Galiza, sabe que a coordinación de todos estes actores é a chave do éxito en países que funcionan cunha estratexia clara e ben definida. Planificación Unha das áreas que ocupou o nacionalismo no goberno galego entre 2005 e 2009 foi, daquela, a de turismo. O importante valor estratéxico e económico deste sector levaron a redefinir o modelo \"Fraga\". Creárase unha rede de oficinas de turismo e insistírase en conceptos relacionados co papel do turismo na promoción de valores culturais e identitarios, sempre desde a conservación ambiental e con criterios de calidade. Froito dese traballo foi a aprobación polo Parlamento, en 2008, dunha lei de Turismo que o goberno Feijóo eliminou cando chegou a San Caetano. O PP trouxo o seu propio Plan de turismo que puxo en funcionamento en 2010 e do que leva executado un 80%. A piques de rematar, non conseguiu ningún dos obxectivos que perseguía: incrementar o peso do turismo no PIB, mellorar o salario medio do sector, aumentar a estancia media e o gasto medio diario dos turistas que nos visitan. Pola contra realiza inversións en plans que potencian apartados moi explotados, caso do gastronómico, ou que o propio sector considera \"inexistentes\" en Galiza, como o Plan de turismo de golf, valorado pola propia Xunta en 1 millón de euros. \"Turespaña marca unhas estratexias para todos os destinos que o resto de administracións seguen\" Promoción \"As empresas turísticas somos Pemes e temos unha dependencia moi forte da promoción\". Manuel Oreiro, director xerente do grupo Viaxes Viloria-Galicia Incoming, leva vinte anos traballando como emisor e receptor de todo o norte peninsular ademais de xestionar dous albergues e colaborar como central de reservas de Turismo de Santiago. \"Cando saímos fóra tentamos acompañar as administracións\". A caída do turista peninsular, desde o veciño Portugal até o de Madrid ou Catalunya, fixo que se traballasen máis países como Italia e Alemaña, ou o leste, como Polonia, onde se move máis o turismo relixioso. Tamén atoparon unha reserva importante no mercado americano con Brasil, Arxentina e Estados Unidos á cabeza. Mais o problema está en como se realiza esta promoción. \"Turespaña marca unhas estratexias para todos os destinos que o resto de administracións seguen\". Oreiro refírese ao interese de Madrid por se introducir nun mercado como o chinés ou o ruso. \"Póñolle a imaxe da catedral de Santiago a unha persoa de Pekín e non lle di nada, mais se é de Rio de Janeiro preguntara se te relación cunha obra de Paulo Coelho\". As diferenzas con outros destinos como Andalucía ou Catalunya implican outra promoción e outro cliente. \"O orzamento en promoción internacional que tiña Turespaña reduciuse un 75% e o pouco que queda vai para os destinos emerxentes que poden ser para algúns, mais non para nós\". O sector quéixase tamén da mala inversión económica que se realiza en promoción. \"Houbo campañas para dar a coñecer aeroportos como o de Vigo ou A Coruña, quen vai viaxar por ver un aeroporto?\". En xuño deste ano o goberno de Feijóo presentou unha campaña de promoción turística \"para o mercado interior\" cun orzamento de 920.000 euros que distribuíu entre certas empresas de comunicación. Meses despois aínda non hai datos da repercusión dese gasto. O sector quéixase tamén da mala inversión económica que se realiza en promoción. Comunicación \"En vez de ser un destino de pernocta pasamos a ser de un destino de excursión de día completo, como moito hai un almorzo, o gasto é moito menor por non facer unha política correcta no tema dos aeroportos\". Os medios de transporte son esenciais para que o turismo medre ou mesmo se manteña. Na situación actual, cunha dependencia absoluta do mercado internacional, o tema dos aeroportos é o que máis doe ao sector. Manuel Oreiro culpa as diferentes administracións \"e os gobernos que foron pasando\" do caos actual. \"Temos outra vez os problemas de hai 10 ou 15 anos\". A liorta municipal defendendo cadanseu aeroporto e a mala negociación coas compañías aéreas en destinos, deixaron Galiza sen posibilidade de vender o seu produto no exterior. \"Teño peticións para vir, mais cando busco combinacións teño que ir a Madrid, Barcelona ou Porto\". Este último aeroporto, comunicado con máis de 50 cidades de todo o mundo, é agora a porta de entrada en Galiza. \"Deixaron escapar Airberlin e Easyjet, e Ryanair xa reduciu voos, agora xa non somos destino final, é gravísimo\". Con este panorama os vindeiros anos poden ser moi duros. No caso dos destinos galegos a difusión de eventos reduciuse até mínimos e hai infraestruturas que non se dan a coñecer ou están infrautilizadas. Un dos casos máis coñecidos é o da propia Cidade da Cultura. \"Nós pasámoslle dez propostas de comercialización e dixeron que non a todas, por que non se quere facer promoción na Cidade da Cultura cando no seu momento se vendeu como o Guggenheim galego?, debería ser o relevo da catedral\". A mesma pregunta fanse a maior parte de empresas que dependen do turismo para subsistiren."}
{"ID": "PRAZA_1218", "summary": "Nestes días de tantas promesas de algúns e silencios no recoñecemento do mal feito, para alimentar a esperanza eu quero, na miña condición de Picheleira, pedir catro desexos para esta Compostela de Santiago, tan maltratada e sufridora nos últimos 4 anos.", "text": "Nestes días de tantas promesas de algúns e silencios no recoñecemento do mal feito, para alimentar a esperanza eu quero, na miña condición de Picheleira, pedir catro desexos para esta Compostela de Santiago, tan maltratada e sufridora nos últimos 4 anos. Quero que se erradique a pobreza, que se elimine con benestar e traballo, tanto a visíbel coma a invisíbel maioritariamente feminina, para facer asi de Santiago unha capital de xustiza. Quero que se recupere a palabra, o dialogo, o escoitar e falar coas persoas, as institucións, os organismos; coa administración municipal, coas xentes da rúa, co común,co local e co mundo. Que Compostela volva ser un referente de consensos, de apertas, de risos, de diálogos. Que a afouteza e a autoestima dunha cidade, dun territorio ledo, culto, saudábel e vivo sexa o sinal de recoñecemento propio da capital da Galiza e universal por galego. Quero que se fagan as vivendas de Xoán XXIII, para xente moza, en alugueiro, como símbolo e necesidade do público na cidade histórica, patrimonio da humanidade. Quero que se abra xa a cafetaría da estación de autobuses, porque ademais de postos de traballo, que fan boa falla, as persoas que usan o transporte, moitas mulleres e persoas mozas teñen dereito a tomar un café, un anaco de tortilla ou o que consideren para paliar o duro traballo de viaxar no colectivo, non si? Non vou pedir mais, que a cobiza rompe o saco, pero quero facer unha suxestión: se a cidade precisa un grupo de xente coñecida e famosa para a sua recuperación, xa existen e viven nela: unha das mellores deportistas do mundo, nun mundo tal difícil como é o fútbol para as mulleres. Un dos mellores panadeiros, que sabe moi ben empregar o tempo lento do levedo. Un dos mellores chocolateiros, continuador da sabedoría secular compostelá neste produto sólido e liquido. Un grupo de mozas, das mellores cantareiras e investigadoras da vestimenta, música e bailes tradicionais da Galiza, e así un longo etcétera de persoas que deixan o seu ronsel no mundo desde o camiño das estrelas, desde a Compostela universal. Compre cavilar un chisco até o domingo e ter memoria, para que o que ocorreu nestes catro últimos anos na cidade e no concello sexa un pesadelo que non volva xamais."}
{"ID": "NOS_29253", "summary": "As farmacias da área sanitaria de Ourense son as primeiras da Galiza e do Estado en asumir a realización de probas diagnósticas da Covid-19. Unha iniciativa pioneira que a Consellaría de Sanidade impulsou baixo a fórmula da colaboración voluntaria e desinteresada fronte ao avance da pandemia sinalada por colectivos profesionais e sociedades científicas da enfermaría. Critican a falta de seguridade que supón para a cidadanía e o desvío de recursos públicos mais a extensión asistencial do sistema sanitario cara a entidades privadas.", "text": "As farmacias de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Barbadás, O Irixo e Boborás son as primeiras en realizar tests rápidos da Covid-19. Trátase dunha iniciativa pioneira, na Galiza e no Estado. Desde a pasada sexta feria funciona como experiencia piloto exclusivamente no concello de Barbadás, mais a partir desta cuarta feira, 21 de outubro, estenderase ao resto dos concellos seleccionados grazas ao acordo de colaboración entre o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense e a Consellaría de Sanidade da Xunta da Galiza. Unha cooperación \"totalmente voluntaria e desinteresada\", explicou o conselleiro Julio García Comesaña durante o anuncio desta idea coa que o Goberno galego busca \"aumentar a capacidade diagnóstica\" da enfermidade provocada polo novo coronavirus, facilitar a detección de novos casos positivos máis rapidamente e limitar a transmisión do virus. O cribado da Covid-19 previsto nos sete municipios seleccionados vai dirixido a calquera persoa asintomática maior de 18 anos, veciña destas localidades, interesada en facer un test serolóxico gratuíto, capaz de detectar anticorpos da infección por SARS-CoV-2. A metade das 81 farmacias que poden colaborar na realización das probas xa confirmou a súa adhesión ao proxecto de colaboración. Quen desexe participar debe dirixirse a algunha das farmacias adheridas ao convenio de colaboración, se ben primeiro debe solicitar cita previa. Pódeno facer de forma presencial, nas propias boticas, ou en liña, no enderezo citaprevia.cofourense.com. As cidadás interesadas deberán rexistrarse para coñecer a data e a hora na que poderán realizar a proba. Ese día terán que acudir co seu DNI e portando unha máscara cirúrxica ou FFP2. O procedemento require dun consentimento informado e durará menos de 15 minutos. Nese tempo coñecerán o resultado e poderán marchar, aínda que de atoparen algún positivo, será o persoal da farmacia quen avise os servizos sanitarios do Sergas para que o confirmen a través dunha PCR. Fase piloto De momento, só a veciñanza de Barbadás ten a posibilidade de rexistrarse para participar no cribado que a mediados da semana se estenderá ao resto das localidades. Onte, a metade das 81 farmacias que poden colaborar na realización das probas xa confirmara a súa adhesión ao proxecto. \"A demanda da cidadanía é moi alta, pero eu pediríalle tranquilidade porque tanto a capacidade das farmacias como o número de estabelecementos vai ir en aumento de forma paulatina. Ademais, o abastecemento de tests está garantido por parte da Consellaría de Sanidade\", explica a Nós Diario, Santiago Leyes Vence, presidente do colexio profesional. \"Mais nestes primeiros días estamos preparando as farmacias a nivel tecnolóxico para que poidan organizar as súas axendas e estabelecer as citas previas\". Sociedades científicas e profesionais sanitarias denuncian unha inxerencia que pode sentar precedentes moi prexudiciais para o futuro da Atención Primaria e da sanidade pública. O obxectivo, di, é trasladarlle á Administración datos actuais en tempo real para facilitar a toma de decisións. \"O procedemento é moi doado e coñecémolo ben. En función do resultado informamos a persoa, ben para que continúe coa súa vida baixo as recomendacións sanitarias e as restricións existentes, se é negativo, ben para que sexa o Sergas quen xestione e supervise o seu caso, se é positivo\". No momento da proba, aberta a unha poboación estimada de máis de 100.000 persoas, segundo Santiago Leyes, o protocolo exixe todas as medidas de seguridade nun tempo inferior a 15 minutos para evitar que se dea un contacto estreito. Críticas O ofrecemento das farmacias da área sanitaria de Ourense, nomeadamente dos concellos coa incidencia da Covid-19 máis alta tanto no conxunto da área sanitaria como da Galiza, foi a primeira en consolidarse. Con todo, García Comesaña asegurou que hai outros ofrecementos doutros colectivos profesionais que confía que saian adiante para \"poder colaborar e complementar, desta forma o traballo dos profesionais sanitarios, sumando esforzos na mesma dirección\", puntualizan desde a Consellaría de Sanidade. Un anuncio que motivou as críticas de sociedades científicas e profesionais sanitarias ante unha inxerencia que pode sentar precedentes moi prexudiciais para o futuro da Atención Primaria e da sanidade pública. Desde a sociedade científica que aglutina as enfermeiras de Atención Primaria da Galiza consideran que a medida, ademais de minguar os recursos destinados á Atención Primaria, non vai reforzar a loita contra a pandemia. \"No contexto actual, esta medida xerará duplicidade de probas. Moitas quedarán sen o rexistro axeitado e incrementaranse as dúbidas que repercutirán sobre os profesionais da Atención Primaria\", censuran desde a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria. \"Xerarase unha sensación de falsa seguridade na poboación no momento menos oportuno co fin de compracer unha necesidade de diagnóstico que non vai achegar maiores certezas, e que só contribuirá a dispersar os esforzos económicos que deberían ser investidos na Atención Primaria\", recalcan. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]"}
{"ID": "NOS_46310", "summary": "O PP quita a exposición pública e sen o apoio da oposición o proxecto para xuntar os dous municipios. É un trámite previo á aprobación definitiva, que en Oza sairá adiante coa maioría conservadora e en Cesuras cumpriralles o apoio dunha ou dun edil da oposición. Mais, de non conseguilo, tanto a Deputación da Coruña (PP) como a Xunta (PP) poderán impor a fusión", "text": "Os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras (A Coruña) sacarán a exposición pública o plan de viabilidade da fusión. En ambos Concellos, os votos do PP foron suficientes para tirar adiante coa iniciativa, aínda sen o visto e prace nin do BNG nin do PSOE. En Oza, os dous partidos da oposición abstéronse, mentres que en Cesuras votaron en contra. Haberá vinte días para presentar alegacións a un texto baseado no documento elaborado pola Deputación da Coruña sobre a viabiliade do proceso da fusión. Así, en Cesuras, o nacionalista Lito Vázquez manifestou a súa postura en contra con tanta ansia que foi chamado á orde dúas veces, e o rexedor suspendeu o pleno durante uns minutos. Defendeu que se trata dun informe redactado \"por un axente de prensa do PP\", e amparouse en que non vai asinado por ningunha persoa técnica para comparalo cun \"programa electoral cheo de promesas\". Pola súa banda, a voceira do PSOE, Pilar Pedreira, dixo non ter nada en contra de que se facilite información á veciñanza, mais arremeteu contra esta iniciativa por supor \"unha chantaxe social\" e pola súa \"clara intencionalidade manipuladora\". Desde o BNG, Vázquez solicitou que o devandito informe fose entregado á cidadanía sen elevalo a documento público, e abrir un debate que culminase con este último. O alcalde rexeitou a proposta e dixo que non está contemplada na lei. Someter o texto a exposición pública é o trámite previo á aprobación definitiva da fusión, para a que cumprirían os votos a favor dos 2/3 da corporación. En Oza serán dabondo as mans erguidas d@s edís populares para quitar adiante a iniciativa. Porén, en Cesuras fan parte da corporación municipal sete edís do PP, unha do PSOE e tres do BNG. @s conservador@s cumpriríalles o apoio dun ou dunha concelleira da oposición e, se esta tombase o proxecto, tanto a Deputación da Coruña --gobernada por Diego Calvo, do PP-- como a Xunta teñen competencias para impor a fusión. Por conseguinte, todo apunta a que o obxectivo dos dous rexedores do PP se materializará, e contan con ver xuntados os dous municipios a finais deste ano. O concello resultante, Oza-Cesuras, tería a capital na primeira das localidades e contaría cunha poboación de 5.500 habitantes repartid@s en 152 quilómetros cadrados. Sería o primeiro proceso de fusión municipal na Galiza en máis de 40 anos."}
{"ID": "NOS_17068", "summary": "O Real Madrid Castilla logra a súa primeira vitoria da temporada ante os lugueses que mereceron, por xogo e oportunidades, algún punto.", "text": "O Real Madrid Castilla levaba sete partidos seguidos sen gañar e só conseguira 2 goles a favor. Mais esta domingo, e ante o CD Lugo, logrou a vitoria e metendo dous tantos. Un ao pouco de comezar o partido (no munito 8) e outro no 35', nun penalti máis que dubidoso. O equipo de Quique Setién non perdeu os papais e tivo a valentía de querer levar a iniciativa, sen desencaixarse e procurando remontar. Mais as oportunidades non callaron en gol e o partido acabou sen que o CD Lugo marcase no estadio que visitaba. Algo que non acontecera até o de agora no que foi de temporada."}
{"ID": "NOS_6075", "summary": "A portavoz da Iniciativa Internacional Freedom for Abdullah Oçalan Havin Guneser afirmou esta quinta feira en Euskal Herria que detrás do triplo asasinato de tres activistas curdas en París \"se percibe o selo executor dun Estado\".", "text": "Guneser compareceu en conferencia de imprensa co portavoz da esquerda abertzale, Pernando Barrena. Enfatizou que estamos ante asasinatos perfeitamente planificados e perpetrados a sangue frío e lembrou que o Estado turco ten recorrido a prácticas de terrorismo de Estado en cada ocasión en que o PKK (Partido dos Traballadores do Curdistán) ten lanzado iniciativas de diálogo e pacificación. A portavoz de Freedom for Abdullah Oçalan veu dicer que o atentado de París visaba condicionar ou mesmo torpedear as negociacións actualmente en curso entre Ankara e o presidente do PKK. Mais tal cousa non virá acontecer porque a parte curda ten decidido non abandonar as conversas. A paz, acrecentou Guneser, só poderá vir a construírse \"desde a verdade, o recoñecimento e o respeito de todos os dereitos, e tamén desde a negociación en igualdade de condicións\". Por súa parte, Pernando Barrena demandou a Ankara que cese na súa campaña de asasinatos e detencións de militantes curdos."}
{"ID": "NOS_8837", "summary": "A Asemblea de Desempergad@s da CIG convoca para o domingo 16 de decembro ás 12.30 unha concentración diante do Alcampo de Ferrol para mostrar o rexeitamento á eliminación de alimentos prontos a caducar e en demanda do seu reparto ás persoas que o precisaren.", "text": "O supermercado Alcampo negouse a dar conta do destino dos alimentos que están próximos a caducar, unha vez fose requerido dentro da campaña que a Asemblea de Desempregad@s da CIG están a desenvolver desde o mes de xuño co obxectivo de que eses produtos sexan destinados a quen os precisar. É por iso que agora convocan unha concentración de denuncia diante do estabelecemento en Ferrol. Imaxes de persoas remexendo nos contentores á procura de comida forman parte dos argumentos de que a Asemblea de Desempregad@s bota man para explicar a súa campaña, que comezou no mes de xuño coa expropiación simbólica de produtos de primeira necesidade nun supermercado de Ferrol. Buscan manter un debate social arredor da \"dramática situación pola que están a atravesar moitas persoas desempregadas que non contan con ningún ingreso económico\". Reclaman, ao tempo, diversas medidas de carácter social para paliar as situacións extremas que se están a dar en persoas que están pasando fame. Entre elas, solicitan a creación de comedores sociais nos barrios, economatos populares para adquirir alimentos a baixo prezo, bancos de alimentos de control públicos, comedores escolares gratuítos para quen o necesita, renda básica para quen non percibe prestación e un servizo municipal de xestión e recollida de alimentos próximos á caducidade. A Asemblea de Desempregad@s presentou tamén diante da Fiscalía de Ferrol unha denuncia na que se solicita que se abra unha investigación para coñecer o destino que os supermercados lle estás a dar aos alimentos con datas de caducidade próximas ao tempo que reclaman responsabilidades penais."}
{"ID": "NOS_37503", "summary": "Continúa a tendencia descendente no número de casos positivos nas residencias galegas no que o surto máis importante está en Xinzo de Limia. No ensino tamén diminúe a presenza da Covid-19 malia o aumento en dúas o número de aulas fechadas como consecuencia das medidas sanitaria.", "text": "As residencias de maiores galegas mantiveron a tendencia descendente dos últimos días e reduciron a 33 os casos positivos, dos que 27 corresponden con persoas usuarias e as outras seis son persoal das mesmas. Os datos achegados este sábado polas consellarías de Política Social e Sanidade, sinalan que se detectaron tres novos positivos en residentes maiores do estabelecemento Santa Mariña de Xinzo de Limia. Mentres, retirouse do cómputo por negativizar un usuario de cada unha das residencias DomusVi (Carballo), Mi Casa (Ferrol), Viana do Bolo e A Milagrosa (A Coruña). O centro máis afectado segue a ser a residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia, con 10 positivos, seguida por DomusVi Laraxe de Cabanas, con nove; e A miña Casa de Ferrol, con cinco. Tamén hai dous residentes contaxiados na Milagrosa da Coruña e un en Fogar Residencial Xardín Castro Lar de Salceda de Caselas. En relación ao persoal das residencias os casos caeron a seis após dar negativo un profesional da residencia Servisenior (Brión) e outro do centro Nuestra Señora de las Virtudes (Pontedeume). Daquela, hai un caso positivo por cada unha destas residencias: Matogrande (A Coruña, Fogar Residencial (Cerceda), DomusVi Laraxe (Cabanas), a residencia de maiores de Caranza, Mi Casa (Ferrol) e As Gándaras (Lugo). Os centros de atención á discapacidade mantivéronse sen traballadores contaxiados e os usuarios con coronavirus reducíronse a tres, deles dous na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos e un en Nuestra Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente. Ademais, negativizou un residente da residencia Aspanaes das Pontes. Aumentan as aulas fechadas Os casos activos de coronavirus en centros educativos galegos manteñen a tendencia descendente tras baixar a 642, aínda que as aulas fechadas incrementáronse lixeiramente até 34. Segundo datos actualizados este sábado polo Sergas, o número de positivos reduciuse en 56 no último día até os 642, aínda que as unidades clausuradas aumentaron en dúas ao pasar de 32 até 34. Os casos de Covid-19 diminuíron en todas as áreas sanitarias, fóra de na de Pontevedra, onde se manteñen en 95, o mesmo número rexistrado nos datos recollidos no último balance. Os centros da área sanitaria coruñesa representan os que suman máis persoas contaxiadas Os centros da área sanitaria coruñesa representan os que suman máis persoas contaxiadas, 270 (17 menos) e as aulas fechadas mantéñense en oito. O centro con máis positivos é o IES Monte das Moas da Coruña, que ten 17 e unha aula fechada; seguido polo CEIP Ponte dos Brozos Arteixo (A Coruña), que suma 11 contaxiados e dúas unidades clausuradas. Pontevedra é a seguinte zona con máis casos, que se manteñen en 95, e contabiliza oito aulas clausuradas. O centro máis afectado é o IES Illa de Tambo de Marín (Pontevedra), con oito positivos e dúas unidades fechadas. Séguelle a área sanitaria de Vigo, que rexistra 91 positivos (12 menos) e sete aulas fechadas (unha máis). Algúns dos centros máis afectados son o CPR Plurilingüe Compañía de María de Cangas (Pontevedra) e o CPR Martín Códax da urbe olívica, que suman seis e cinco contaxiados, respectivamente. A área de Santiago conta con 67 persoas con coronavirus (11 menos) e dúas aulas fechadas (unha menos). O CPR Plurilingüe La Salle permanece como o máis afectado da zona, con cinco positivos, pero sen unidades clausuradas. Nas demais áreas, Ferrol rexistra 51 positivos (nove menos) e cinco aulas afectadas (unha menos), Lugo suma 44 persoas contaxiadas (15 menos) e unha unidade fechada e en Ourense os casos baixan nun até os 24 e mantéñense en tres as aulas clausuradas."}
{"ID": "NOS_32386", "summary": "Atendendo ás últimas decisións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pódese facer a lectura de que as súas políticas responden a unha recoñecíbel orientación de clase.", "text": "Mentres o prezo da luz está disparado e rexistra día tras día máximos históricos, o presidente galego marcha de vacacións e renuncia a recuperar as centrais hidráulicas con concesións caducadas, como base para pór en marcha unha empresa eléctrica pública que alivie os custos enerxéticos de particulares e empresas. Unha proposta deste tipo, na liña da formulada desde as organización sociais e políticas do nacionalismo e da esquerda, mais tamén desde o Ministerio de Transición Ecolóxica, implica unha mellora significativa na competitividade do tecido produtivo galego e no poder adquisitivo das economías domésticas, mais reduce a marxe de beneficios das grandes compañías eléctricas. E iso non é tolerábel para un presidente que chega ao Goberno galego en 2009 empuxado por estas mesmas empresas. As políticas de Alberto Núñez Feixoo responden a unha recoñecíbel orientación de clase. A este respecto, resultan clarificadoras as alternativas aplicadas no ámbito dos servizos públicos, sometidos a fortes retallos na última década, como certifica a situación da sanidade e da educación. Da Atención Primaria ao modelo residencial Un exemplo paradigmático obsérvase na Atención Primaria, fechada parcialmente ao conxunto da cidadanía, sometida a listas de agarda de semanas, mesmo nas consultas telefónicas, e cuns cadros de persoal insuficientes para atender as persoas usuarias. A situación explícase pola deliberada redución do gasto sanitario nos orzamentos do Goberno galego, até o punto de que o investimento en Atención Primaria da Xunta sitúase en 182,3 euros por habitante, unha contía que coloca Galiza á cola do Estado, só por diante de Madrid e as Illes Balears. A aposta por manter e avanzar nun modelo asistencial de atención ás persoas maiores de xestión privada, malia concentrar as residencias deste tipo máis de 87% das vítimas mortais durante a pandemia do coronavirus, responde á vontade de aumentar a marxe de beneficios dos conglomerados empresariais, reducindo a cidadanía e as diferentes esferas da vida social á consideración de mercadoría. Neste sentido, a acción gobernamental redúcese a crear condicións propicias para favorecer os negocios dos grandes operadores privados, actuando o corpo teórico como un discurso de acompañamento dos intereses económicos aos que se representa. Do lado de Ence O presidente galego non falla aos seus e actúa en consecuencia. Así, por exemplo, non dúbida en situarse a carón de dirección de Ence, comprometendo o futuro laboral dos seus traballadores, xerando un importante quebranto á actividade económica de Pontevedra e favorecendo a quebra da convivencia social na cidade. Na mesma liña, unido nunha alianza a proba de lume coas grandes corporacións enerxéticas, ten aprobado nos últimos cinco anos varias modificacións lexislativas para favorecer as instalacións eólicas e hidráulicas, acudindo o pasado 24 de xullo a unha homenaxe ao presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, tras ser imputado este por participar das tramas delituosas do comisario Villarejo. Gardián da ortodoxia recollida nos manuais da Fundación de Análises de Estudos Sociais (FAES) de Aznar, Alberto Núñez Feixoo sabe que só a defensa sen concesións dos intereses dos destinatarios do seu proxecto e a hexemonía ideolóxica garante maiorías electorais alén de conxunturas determinadas."}
{"ID": "PRAZA_6773", "summary": "As Marchas da Dignidade presentan a manifestación coa que pretenden ocupar a praza reclamando de novo \"pan, traballo e teito\" e para \"enfrontar o desemprego e a inxustiza que sofre a clase traballadora\".", "text": "Logo da exitosa convocatoria do pasado 22 de marzo en Madrid, onde centos de milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do Estado relcamaron \"pan, traballo e teito\", a Columna Galega das Marchas da Dignidade volverase mobilizar o vindeiro sábado 29 de novembro en Compostela. Insistirán nas reivindicacións \"máis presentes que daquela\" baixo o lema Ocupemos o Obradoiro e coa intención de encher a praza e as rúas unha vez máis. \"Temos que enfrontar o desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora\" \"O desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora e os sectores populares temos que enfrontalas, polo que imos estar na rúa de forma masiva\", asegurou Manuel Camaño, un dos voceiros da Columna Galega, que presentou as protestas este mércores no Obradoiro. Os participantes na marcha volverán chegar desde varios puntos de Galicia para reivindicar \"pan, traballo e teito\". \"Aí está todo: temos dereito a unha vivenda digna e a que a barbarie non nos desaloxe dela; temos dereito a traballar con dignidade e non na precariedade e a escravitude; e tamén temos dereito a comer\", lembrou Camaño. A Columna Galega ve nesta manifestación, e logo do éxito do 22-M, un novo paso para \"acabar\" co actual réxime \"vinculado ao modelo social do campitalismo\". \"Sabemos que non hai marcha atrás no reloxo do capitalismo e, polo tanto, entendemos que si é posible un sistema de xustiza social no que teñamos cabida todos\", engadiu, tras facer referencia ao manifesto que abrangue a todos os colectivos que apoian as Marchas e nas que se acusa os gobernos europeos de \"mentir, estafar e roubar\", así como de \"tomar medidas contra as persoas\" en beneficio das \"grandes corporacións que despois lles facilitan un cómodo retiro\". As Marchas da Dignidade ven nesta manifestacón un novo paso para \"acabar\" co actual réxime Á protesta do 29-N únense cada día máis colectivos -os últimos a Marcha Mundial das Mulleres ou A Ría Non se Vende-, ao igual que tamén continúan a crearse plataformas de apoio ás Marchas da Dignidade por distintas localidades do país. En Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte e Baiona creáronse novas asembleas ás que se unirán Nigrán, O Porriño, Gondomar e Sarria, ademais das xa conformadas desde hai meses. Manifestacións este 6 de novembro nas sete cidades galegas irán preparando o camiño para o 29-N Todas elas, e de cara á mobilización do sábado 29 de novembro, colaborarán nas xornadas de protesta que se desenvolverán en varias cidades o vindeiro día 6 baixo o lema Camiñando cara ao 29-N. Celebraranse nas sete cidades galegas. Ademais, a Columna Galega tamén contará con representación, xunto a outras moitas do Estado, na manifestación convocada en Oviedo co galldo da entraga dos Premios Príncipe de Asturias para este 24 de outubro. As Marchas da Dignidade de Galicia están apoiadas xa por uns 50 colectivos en Galicia, desde sindicatos alternativos a movementos sociais, pasando por organizacións políticas, estudantís e culturais."}
{"ID": "NOS_16466", "summary": "Eterno Combate, o primeiro LP de SonDaRúa, está dispoñíbel desde hoxe en plataformas dixitais. Un disco reivindicativo e heteroxéneo, onde os ritmos festeiros sacan a bailar o compromiso.", "text": "\"Ou somos galegos ou non somos. Eu son así de radical\", reafirmábase con contundencia Saleta Goy. Son estas as verbas que abren o novo disco de SonDaRúa, que se declara na loita xa desde o título: Eterno Combate. Hugo Guezeta quedou impresionado cando deu cun discurso da compañeira do defunto Manuel María, á que logo coñecería. \"É unha muller moi comprometida, cunha forza incríbel\", di con admiración o vocalista, que admite que lle recorda á súa avoa. O trío formado por el xunto a Álex Arnoso e That Bass DJ en 2016 lanza hoxe o seu primeiro traballo de longo formato, após publicaren en 2018 o EP Liberando Mentes. A gravación do álbum foi un proceso longo que comezou en novembro do ano pasado e se estendeu até febreiro de 2020, froito dos malabarismos para compaxinar horarios e dedicación a unha actividade que, cando menos de momento, non dá para vivir. \"Aprendemos moito musicalmente con Félix Cebreiro no estudio, de arranxos e tamén a nivel vocal\", valora Guezeta. Así, por exemplo, enfrontáronse a situacións novas como \"gravar por primeira vez con instrumentos, no tema que fixemos con Skandalo GZ\". Máis repousado Fronte a Liberando Mentes, este supón un traballo \"máis serio\". O EP foi resultado de gañaren o Concuros de Sonidos Mans do Revenidas e fixérono un pouco \"ás presas\". No entanto, Eterno Combate vén máis repousado, mesmo cun proceso de preprodución no estudio caseiro de Arnoso. Tamén os curtiu a experiencia. \"Temos as ideas máis claras sobre o que queremos facer, cunhas pautas ambiciosas\", explica Guezeta. \"Temos as ideas máis claras sobre o que queremos facer, cunhas pautas ambiciosas\", explica Guezeta Ao hip hop máis clásico únense sonoridades do reggae ou do ska, co punto hardcore de pistas como \"Animal\" ou a inspiración latina da \"Salsa galaica\". As letras combativas que os caracterizan concílianse co inesperado intimismo de cancións como \"Mirada interna\", nunha paisaxe por momentos desoladora na que a voz do MC confesa ficar \"sen horizonte despois de pasar os 20\". \"Un disco é un proceso vital\", considera Guezeta, no que se atravesan \"momentos bos e malos\". De aí xermola un álbum heteroxéneo, resultado de xuntar temas coa mente posta en \"sorprender no directo\". Con todo, a lingua mantense como un dos alicerces do proxecto musical. \"Só rapeo en castelán se mo pide Kase.O\", cantan desafiantes. O ego trip do hip hop atopa a súa máxima expresión na repetición da frase \"centreime para o mellor puto disco que pariu Galiza\". Guezeta contextualiza esta afirmación, explícita e ambiciosa, na concepción do rap como \"competición dialéctica, que fai mellorar a todo o mundo\", moi presente en todo o traballo. \"Se cadra aí levámolo ao extremo, noutros momentos é máis retranqueiro, pero se non nos cremos nós a nosa propia música quen o vai facer?\", pregunta. Emigración endémica Desfilan polas letras de SonDaRúa referencias plurais, desde os 5 talegos a Sés, pasando polos remixes de Dios Ke Te Crew ou cortes desa marca xeracional televisiva que foi Pratos Combinados. Aparecen tamén os versos emblemáticos do \"Adiós Ríos\" de Rosalía, na voz de Navia Rivas, quen colabora en \"Éxodo\", canción que saíra como single antes de que o álbum estivese planeado. Aí acada corpo de maneira máis evidente o tema da emigración, que sobrevoa o disco desde o mesmo comezo, coa reivindicación urxente de lle pór fin a esa realidade de que \"liscar da nosa terra sexa un mal endémico\". \"Neste país non hai futuro\", comenta Guezeta, nunha percepción dese \"síntoma alarmante da sociedade galega\" motivada por unha problemática que a eles, como a tantas outras, lles toca de preto a nivel persoal. \"Temos que dar co puño na mesa e parar esta sangría, ou non terá volta atrás. Unha sociedade sen bases non ten futuro\", advirte, reclamando a necesidade dunha resposta da Administración máis alá de \"agasallar maletas\" á mocidade. Camaradas de combate Para alén da colaboración con Rivas, xa vira a luz a gravada con Skandalo GZ, \"Pontakas Antifa\". Mais estas non son as únicas. Un dos reclamos do disco é o \"Berro Colectivo\" que asinan cos seus compañeiros de barricada musical Ezetaerre. As súas voces érguense no común: \"para a nosa rebeldía sobran xa moitos motivos\". \"É un disco para cargar enerxía, autoestima e amor propio\", afirma Guezeta No verso \"creo no que vexo e vexo un mundo enfermo\" revelan, fóra das proféticas circunstancias da situación actual, unha visión crítica da realidade, mais que se dirixe cara á construción de alternativas. Así, \"da resignación pasamos ao ataque\" tamén entoan, na mensaxe última desa loita permanente do inconformismo que corre polas veas do SonDaRúa \"combativo e vacilón\". O disco cuestiona o modelo de sociedade desde unha ollada positiva que procura \"cargar enerxía, autoestima e amor propio\", di Guezeta. Dar azos para seguir loitando sempre, porque \"sorrindo tamén ensinamos dentes ao inimigo\", cantan. O álbum ía presentarse o pasado 16 de abril na Sala Malatesta (Compostela), nun evento que quedou truncado pola emerxencia sanitaria. As datas de verán \"van caendo por meses\", conta Guezeta. De momento foi xuño, e xullo leva o camiño. Aínda que de entrada foi un pequeno golpe para eles, observan a situación sen catastrofismo: \"Estamos cargando as pilas para que a presentación e a volta aos palcos sexa máis especial\"."}
{"ID": "NOS_24354", "summary": "Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque, empraza o PP, En Marea e o PSOE a rectificar a decisión de excluír a forza nacionalista do debate que terá lugar no Congreso en defensa da Lei de transferencia e resgate da AP9 malia ser o BNG impulsor e redactor do texto lexislativo.", "text": "\"Pídolles que recapaciten porque é fraudulento en termos democráticos excluír quen impulsou, escribiu e defendeu a lei con unllas e dentes\". Con estes termos exprésase Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en relación ao acordo entre PP, En Marea e PSOE que deixa fóra a formación nacionalista do debate que terá lugar proximamente no Congreso en defensa da Lei de transferencia e resgate da AP9. O Bloque lembra nun comunicado de imprensa que foi o seu grupo parlamentar quen impulsou e redactou o texto lexislativo. A Xunta de Portavoces rexeitou o escrito de impugnación presentado polo BNG co fin de poder participar no debate que acollerá o Congreso a respeito da AP9. PP, En Marea e PSOE acordaron cambiar a delegación que irá a Madrid defender a lei aprobada o 15 de marzo de 2016, data na que o Parlamento tamén designou as persoas encargadas de expoñer a posición de Galiza en representación do PP, PSOE e BNG. \"Para o Bloque é un tema de país e pídolles que rectifiquen no pleno do martes retirando o punto da orde do día ou ben que se chegue a un criterio lóxico e presentábel en termos democráticos, que pasa por garantir que o grupo que promove unha iniciativa lexislativa integre a delegación encargada da súa defensa no Congreso\", afirma Pontón, \"o resto enturba as relacións no Parlamento pero tamén o funcionamento democrático nas institucións\". As tres forzas, salienta Pontón, \"saben que o autor que impulsou, escribiu e defendeu con unllas e dentes esa lei foi o Bloque, e pensamos que é fraudulento en termos democráticos excluír o grupo que precisamente promoveu a iniciativa\". Á portavoz nacional do BNG non lle serve a xustificación da aritmética, pois \"nese caso o podería designar dous dos tres representantes\". Contexto \"As forzas estatais levan anos vetando a transferencia da AP9 e agora queren evitar que esa infraestrutura non só sexa xestionada desde Galiza senón tamén conseguir que recupere a titularidade pública e deixe de ser pasto da especulación por parte de fondos voitres que fan caixa coa AP9\", alega Pontón. O Parlamento galego ten aprobadas tres leis nas que esixe a transferencia da AP9. A primeira, de 2016, é a que en breve será debatida no Congreso despois de que o Goberno de Sánchez mudase o criterio respecto á tramitación da lei antes vetada polo Goberno de Raxoi. Para sortear os vetos do PP e para evitar que quedase esquecida a normativa no caixón, aprobáronse outros dous textos, en 2017 e en 2018."}
{"ID": "PRAZA_14311", "summary": "Rajoy comunicoulle que o Goberno central non tiña \"marxe\" para negociar o pacto fiscal e ofreceulle unha \"mellora\" do financiamento en 2013. Mas di que Catalunya terá que facer unha \"gran reflexión\", lamenta \"que se perdera unha oportunidade histórica\" e afirma que \"evidencia que neste marco estatal non se pode avanzar\".", "text": "\"Isto non foi ben\". Deste xeito resumia Artur Mas a reunión que dende media mañá mantivo co presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, para presentarlle a proposta de pacto fiscal aprobada por unha ampla maioría do Parlament de Catalunya, un concerto económico semellante ao que xa ten o País Vasco. Esperábase que a resposta de Rajoy seria negativa pois na propia sesión de control do Congreso o presidente do Goberno central afirmara: \"Non estou de acordo co concerto económico para Catalunya\". Mas afirma que chegaba á xuntanza con vontade de acordo pero que Rajoy lle comunicou que o Goberno non tiña \"marxe\" para negociar o pacto fiscal e que só lle ofreceu unha \"mellora\" do financiamento en 2013, unha revisión que segundo Mas o Goberno xa está obrigado a facer por lei. Mas lamenta \"que se perdera unha oportunidade histórica\" Mas afirmou que a partir de agora a sociedade catalá terá que facer unha \"gran reflexión\" e advirte de que \"a situación é suficientemente complicada para que non se improvisen as solucións\". Empraza a que esa reflexión comece no debate de politica xeral que terá lugar no Parlamento a semana que vén. Non se referiu a un posible adianto electoral pero esa posibilidade barállase mesmo para este novembro ou para a primavera de 2013, uns comicios que se entenderían necesariamente como un plebiscito. Pero tamén se fala da posibilidade de que Mas promulgue dende o Parlament unha lei que outorgue todos os poderes tributarios á Generalitat, para despois facer un chamamento aos cataláns a que ingresen os seus impostos na Axencia Tributaria Catalá e non na estatal. O presidente da Generalitat lamenta \"que se perdera unha oportunidade histórica\". Afirma que \"Catalunya fixo esforzos inmensos durante os últimos 30 anos por España\" e que cría que \"un país máis europeo, cun Estado de benestar máis forte sería unha España que entendería as aspiracións catalás\". Mas conclúe que \"o pobo de Catalunya estase movendo, non está disposto a aceptar que o noso futuro sexa gris podendo ser máis brillante, que hai marxe para facer cousas máis positivas\". E di que a xuntanza deste xoves \"evidencia que nese marco estatal non se pode avanzar\". \"Tómese a decisión que se tome, o proxecto catalán será europeo, de Unión Europea e de euro\", concluiu Mas. \"Tómese a decisión que se tome, o proxecto catalán será europeo, de Unión Europea e de euro\", concluiu Mas Mas afirmou que nós sempre cremos que a Constitución era un marco no que se podía avanzar\", pero \"o grande erro é que a Constitución sempre se lee en clave centralista\". \"Que a Generaltat no poida ter a xestión da Agencia Tributaria non o di a Constitución\", engadiu. Tamén dixo que a Constitución se fixo dunha maneira na que se puidese ir relendo, para que se puidesen facer cousas que non se podían facer nos anos 70. Mas mesmo realizou unha referencia á carta do rei: \"Tamén podería ser una quimera que sen tocar nada da Constitución se poida aspirar a encaixar ben a Catalunya no resto do Estado\". Pola súa banda Mariano Rajoy a través dun comunicado afirmou que \"a gravísima crise actual superarase dende a corresponsabilidade e a cohesión, nunca dende a división ou a inestabilidade institucional\". Pola súa banda, Alicia Sánchez-Camacho declarou que \"nunhas eleccións nós imos garantir que Catalunya non sexa independente, porque Catalunya é España, ampáranos o marco constitucional e a maioría de cataláns quere seguir en España\". Mariano Rajoy a través dun comunicado afirmou que \"a gravísima crise actual superarase dende a corresponsabilidade e a cohesión, nunca dende a división ou a inestabilidade institucional\" Non é a primeira vez que Mas afirma que sen pacto fiscal Catalunya tomaría \"o seu propio camiño\", así o fixo un par de veces nos últimos meses. Porén, esta vez chega a Madrid cun mandato de dous terzos do Parlamento catalán e sobre todo cos ecos da millonaria manifestación que a pasada semana encheu as rúas de Barcelona. A pesar de que Mas non acudiu á marcha dá a impresión de que pola súa responsabilidade institucional acabou convertido no politico que máis se está a xogar nesta disputa. Nas últimas horas Mas recibiu o apoio dos sectores empresariais catalán. Nun comunicado conxunto, a Pimec e a Cambra de Comerç emprazaron a Rajoy a asumir un compromiso inequívoco sobre un novo pacto fiscal con Catalunya. É por isto que El Mundo dedica a súa portada este xoves a falar da \"Ofensiva de Rajoy para que os empresarios non apoien a Mas\". E a tensión no seo da CEOE chega ao punto de que varias organizacións empresariais de Andalucia e Madrid esixironlle publicamente o presidente Joan Rosell que fixese un pronunciamento de apoio ao chamado \"mercado único\". Reaccións na prensa No resto das cabeceiras destaca a fenda aberta entre a prensa de Barcelona e a Madrid. La Vanguardia: Mas entierra el pacto fiscal ante el 'no' de Rajoy y prevé decisiones en breve. El Periodico: Mas, tras el 'no' de Rajoy: \"Habrá decisiones la semana próxima\". VilaWeb: Mas: 'El camí de Catalunya ha de ser europeu'. Ou ARA: Artur Mas: \"Això no ha anat bé, s'hauran de prendre decisions\" culpan do desacordo a Rajoy e anuncian un futuro inmediato moi movido. O Financial Times publica un editorial titulado O discurso do rei, no que acusa a Mariano Rajoy de ser incapaz de xestionar a crise e o independentismo de Catalunya Fóra de España asistese ao debate con maior tranquilidade. O Financial Times publica un editorial titulado O discurso do rei, no que acusa a Mariano Rajoy de ser incapaz de xestionar a crise e o independentismo de Catalunya. O texto afirma que \"é o traballo do Goberno buscar compromisos cos cataláns e os vascos. Hoxe o señor Rajoy reúnese co presidente catalán, Artur Mas. Se non fai ningún xesto plausible sobre as demandas catalás, o separatismo será imparable, diga o que diga o rei\". Pola súa banda o embaixador dos Estados Unidos en España, Alan D. Solomont, considera \"admirable\" que o debat sobre a independencia sexa \"pacífico e democrático\"."}
{"ID": "NOS_56604", "summary": "En apenas unha semana e media, coincidindo precisamente coas celebracións polo Día do Orgullo, inzaron por todo o país senllos actos vandálicos co obxectivo de insultar e ameazar as persoas homosexuais. As mensaxes de odio e as agresións, físicas e verbais, medran alentadas pola extrema dereita.", "text": "\"O de Samuel foi a crónica dunha morte anunciada\". Así explica a Nós Diario a presidenta da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (Alas) da Coruña, Ana García Fernández, a escalada de violencia que semella estar a padecer o colectivo LGBT+. De confirmar as autoridades policiais definitivamente o móbil homófobo deste homicidio, sería o cumio dunha serie de accións vandálicas, agresións, insultos e ameazas decorridas en apenas dez días, precisamente en medio da semana do Orgullo. O pasado 26 de xuño, un veciño de Cabo de Cruz (Boiro) pendurou da súa fiestra a bandeira do arco da vella. Ao día seguinte apareceron no seu edificio pintadas cunha bandeira do Estado español e o lema \"Casa do maricón\". Na madrugada do 27, un matrimonio homosexual que camiñaba por unha rúa coruñesa foi agredida cunha porra extensíbel por un home, xa identificado, ao berro de \"maricones\". E, na pasada fin de semana, unha vaga de accións homófobas axexou todo o país: unha bandeira arco iris rota e queimada na Coruña, as instalacións do Campo de Caracacho —lugar onde cada ano decorre o festival internacional Agrocuir de Monterroso— vandalizadas con senllas pintadas, un graffiti coa mensaxe \"maricón muerto, abono para mi huerto\" na porta de entrada do IES Xosé Neira Vilas de Oleiros, unha agresión física e verbal a unha muller transexual que paseaba polo compostelán barrio de San Pedro... Medran os delitos de odio Segundo un informe do Ministerio do Interior, na Galiza tívose constancia en 2019 de 76 de delitos de odio, o dobre que o ano anterior (42), un de cada seis —doce en 2019— motivados pola orientación ou identidade sexual da vítima. Un de cada catro —124 de 412— desde 2013. Á presidenta de Alas A Coruña non lle sorprende esta repunta: \"Os discursos de odio alentados desde os partidos da extrema dereita, pronunciados directamente desde as institucións públicas, son un factor chave. Cremos que a sociedade galega é diversa e respectuosa, e en parte é certo, mais as mensaxes de odio sempre están aí, e algunhas persoas que agardaban o seu momento para saír vense agora referendadas nestes partidos, porque antes non tiñan esa posibilidade\". \"Lexitímanse desde as institucións os discursos de odio. Cousas que antes non se podían dicir agora hai partidos que si as din, como que as persoas trans están enfermas. Tamén hai partidos supostamente de esquerdas que dixeron que a Lei Trans era perigosa para as mulleres\", engade Xandre Garrido, responsábel de organización de Avante LGBT+. Para el, no que concirne aos dereitos do colectivo logrados nas últimas décadas, estamos ante un punto de inflexión: \"Se deixamos de loitar, podemos volver atrás e perder todo o conseguido; se seguimos loitando, imos avanzar cara a unha época mellor, e é chave que toda a sociedade condene a violencia contra as persoas LGBT+\", afirma. Tamén Ana García coincide neste punto: \"Moita xente cre que este tipo de violencia non vai con eles, que se non son do colectivo LGBT+ non lles afecta. Mais, se algo positivo pode saír de todo isto, por respecto a Samuel, é que a sociedade se implique contra o odio e a violencia, porque é un problema social que atinxe a todo o mundo\". De se esclarecer finalmente a motivación homófoba do asasinato de Samuel Luiz, sería o primeiro crime de odio contra unha persoa LGBT+ no país desde 2006, cando un home asasinara en Vigo unha parella gai. \"Haberá que agardar ás investigacións, mais desde o primeiro intre voces do seu círculo íntimo xa apuntaban a que isto era así. Con outros tipos de violencia non acontece o mesmo, mais no noso caso sempre se nos pide moita cautela, ponse en dúbida e pídense moitas probas. Mais, evidentemente, respectamos o labor da Xustiza e agardaremos a que faga o seu traballo para esclarecelo\", engade García, quen, aos sus 33 anos, non lembra \"nada semellante na Galiza\". \"O colectivo vai sempre xunto, e no momento en que atacas unha parte, todos sufrimos as consecuencias\", salienta Garrido, que tamén pon o foco no aumento da violencia contra as persoas migrantes: \"Sempre se ataca as máis débiles. No caso de Samuel cando saíu a nova algúns empezaron a sinalar se eran estranxeiros, e nós non imos permitir as condutas racistas\", conclúe o activista de Avante LGBT+."}
{"ID": "PRAZA_14417", "summary": "O ata agora parlamentario do PSdeG, peza clave nas negociacións para a reforma do Estatuto de Autonomía que embarrancaron en 2007, conversa con Praza sobre o seu novo libro, no que detalla as causas do fracaso dun proceso no que, mantén, socialistas e nacionalistas acadaron \"unha posición común\" e Galicia \"perdeu a oportunidade de decidir o que quería ser nos vindeiros vinte e cinco ou trinta anos\"", "text": "Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961) foi un \"actor privilexiado\" nas negociacións que, entre 2006 e 2007, estiveron a piques de desembocar nun novo Estatuto de Autonomía para Galicia. Quen así o define é o ex presidente Emilio Pérez Touriño, quen exerce de prologuista de Por que fracasou a reforma do Estatuto?, o ensaio editado por Galaxia no que Leicega realiza, segundo explica o propio autor, unha \"crónica dun tempo\", o mandato do Goberno de coalición na Xunta que compartiron PSdeG e BNG, os anos nos que \"estivemos moi cerca\" de ter unha nova norma fundamental da autonomía. Vostede viviu de primeira man as negociacións do que ía ser o novo Estatuto, nunha comisión na que o grao de acordo foi alto, segundo se manifestou daquela... O grao de acordo era elevadísimo. É certo que todos os partidos nos reservábamos algunhas discrepancias menores porque contábamos con que despois habería unha tramitación parlamentaria con cesións e compromisos. Agás a regulación da lingua galega e a cuestión de como caracterizar Galicia no preámbulo, o resto de temas estaban resoltos, cun acordo superior ao 95%. En que momento os membros da comisión din \"ata aquí chegamos\" e deciden que os tres líderes [Touriño, Quintana e Feijóo] tenten desbloquear o proceso? \"O negociador do PP dixo que non habería maior dificultade para o acordo\" Hai un momento en que se acelera o proceso de discusión en comisión e se crean os mini relatorios, para pechar os últimos flocos. Ficaban posicións moi difíciles de harmonizar, unha cuestión política final, e no ámbito parlamentario decídese que sexan os líderes quen resolva. Pero, como conto no libro, entre esa decisión no ámbito parlamentario e a reunión de Monte Pío houbo unha reunión informal dos negociadores principais dos tres partidos para discutir eses dous temas que acababan pendentes. Nela houbo unha aproximación practicamente total. Formuláronse as distintas posicións e o negociador do PP dixo que, sobre esa base, non habería maior dificultade. Houbo incluso un acordo técnico e informal. Pero chegou Feijóo e mandou parar. Se existiu ese grao de acordo cal foi, polo tanto, o detonante do fracaso? Dous elementos fundamentais: o primeiro, un cálculo electoral. O PP entende que se lle dá para adiante ao Estatuto sen que rompa o Goberno nese momento, o Goberno tería un éxito e ademais traería o nacionalismo á normalidade política e as posibilidades de que a esquerda seguise gobernando en Galicia serían moito maiores ca antes. Polo tanto, o PP tiña moito interese en que o proceso embarrancase. O segundo elemento é que Feijóo sempre tivo un ollo en Madrid que naquel momento podía ser moi discutible pero que hoxe está clarísimo, e o PP en España estaba xa nunha estratexia de recentralización que non ía facilitar o acordo en Galicia. O PP mantivo daquela que o Estatuto fracasou polo interese persoal e político do de PSdeG e BNG... \"O BNG fixo o esforzo de se converter nun partido de goberno\" Iso non é verdade. Existía unha posición común na cuestión lingüística, sen ningunha diferenza entre o que defundíamos nós e o que defendía o BNG. E na cuestión nacional, as distintas fórmulas utilizadas parecíanlle aceptables a quen daquela era líder do BNG, Anxo Quintana. Na lectura do libro queda clarísimo que a responsabilidade está do outro lado. O BNG, ou cando menos o sector que daquela dirixía BNG, estaba facendo un esforzo de converterse nun partido de goberno e esa foi unha das consecuencias colaterais negativas do proceso. O fracaso leva a que siga debaténdose se é un partido de goberno ou de influencia. Iso non é bo para Galicia nin para facer un proxecto común. Que perdeu Galicia co fracaso da reforma? A oportunidade de colocarse fronte ao espello e decidir o que quería ser nos vinte e cinco ou trinta anos seguintes. Un Estatuto é un proceso constituínte a escala galega e a oportunidade para chegar a definir e marcar os límites, que iso é o que se fai nunha norma básica coma esta. En Galicia falta capital social común, compartido por todos, e o Estatuto podía chegar a selo se chegase até o final. E non houbo esa oportunidade. Puidemos gañar en estabilidade política, porque integrar o nacionalismo na normalidade tiña ese efecto. Ademais, o Estatuto formaba parte dun intento de influír dende Galicia na política española e así España se parece un pouco máis ao que desexaríamos que fose, que colmase un pouco máis os intereses de Galicia. Estamos nunha sorte de federalismo competitivo e tamén perdimos esa oportunidade. Tras o veto, Feijóo prometeu retomar a reforma e tamén o fixo unha vez elixido presidente. A lexislatura vén de rematar e o Estatuto segue no caixón, cre que na vindeira sería posible, dada a configuración política que podería ter o Parlamento tras as eleccións? \"O órdago de CiU vai obrigar a repensar España de novo, estaría ben que dende Galicia soubésemos defender os nosos intereses\" Nesta última lexislatura Feijóo tivo varias oportunidades para emendar o erro orixinal e non utilizou ningunha malia ter unha posición de poder, con capcaidade para dirixir o proceso. Esta é a principal demostración de que a súa responsabilidade era maior, de que non quería reformar o Estatuto. Como está isto hoxe? A resposta ten que ser máis cautelosa. Por unha parte non se dan as condicións internas, con maior fragmentación política e cunha conxuntura dominada pola crise, o desemprego, o malestar social, os recortes... É moi difícil pensar en introducir nestes momentos, coa crispación social que hai, a cuestión do Estatuto. Pero, ao mesmo tempo, o órdago que está a lanzar Convergència i Unió, o cal vai ser, posiblemente, asumido pola maioría do electorado catalán, vai obrigar a repensar España de novo. E aí estaría ben que dende Galicia soubésemos defender as nosas peculiaridades e os nosos intereses, porque a cuestión identitaria e da organización territorial de España vai estar outra vez enriba da mesa. En calquera caso, dado que Galicia non conta cun dos chamados Estatutos \"de segunda xeración\", chegaría tamén tarde a este novo proceso, ata o punto de perder de facto a súa condición de nacionalidade histórica? Non sei se é tanto un problema de prazos como de non saber defender os nosos intereses. Eu vexo claro que Catalunya e Euskadi van redefinir nos próximos tempos as súas relacións con España. Eu non me atrevo a especular co resultado, pero en calquera caso será un reforzamento do seu autogoberno. Galicia quedaría descolgada da posición das nacionalidades históricas e asimilada a rexións que non teñen o mesmo sentimento identitario que ten Galicia. Ficha do libro na Editorial Galaxia"}
{"ID": "PRAZA_2518", "summary": "Galicia quere seguir sendo rural, e para iso, temos que cambiar as políticas que nolo impiden. Non necesitamos que a propaganda institucional nos suxira ruralizarnos, precisamos un cambio político que nos deixe ser.", "text": "Din que non perder a capacidade de asombro polo mundo constitúe a chave para a aprendizaxe continua, pero ás veces unha se cansa de asombrarse. É o caso desa valla publicitaria que nos adorna os atascos, chea de cochiños coloridos escapando dun centro baleiro. Onde van eses cochiños? Escapan da crise do réxime neoliberal que nos está estafando? Corren cara á aldea para encher o maleteiro de patacas e chegar a fin de mes? Se é así, van dados. As aldeas xa non conseguen encher os maleteiros os domingos á tarde. Trinta anos de Política Agraria Común están comezando a dar os seus froitos, e a nosa agricultura familiar está dando síntomas de grave enfermidade. Baixo os obxectivos da PAC, aparentemente neutrais e técnicos, do aumento da competitividade e a profesionalización da agricultura, cada vez é máis difícil ruralizarse. Cada vez é máis difícil manter unha economía rural. Da aposta decidida do noso sector lácteo pola modernización, chegamos a unha situación que non está en absoluto resolta e que está tendo como resultado o forte endebedamento das familias e a dependencia de grandes empresas que conseguen impoñer os prezos ao mercado, ante a impotencia manifesta das nosas institucións para defender os nosos intereses. Non nos enganemos: detrás das vallas publicitarias nas que os prados verdes e as vacas felices pacían en harmonía coa PAC e o neoliberalismo, detrás desas vallas que serviron para anunciarnos máis cargadas de bombo as políticas de desenvolvemento rural que ían colocarnos na moderna prosperidade, agáchase unha política decidida por impregnar de capitalismo as nosas economías rurais. Cos efectos que produce un modelo capitalista: concentración de capital e polo tanto concentración de poder (véxanse as negociacións do sector leiteiro), precarización da man de obra, dependencia de inputs (pensos, gastos veterinarios, maquinaria, gastos financeiros), merma da rendabilidade nas economías de pequena escala, e aumento da terciarización: O noso sector primario está alimentando unha economía de servizos, en forma de gastos de administración e xestión, esixencias administrativas sobre a trazabilidade, xestión de plans de APPCC, seguimentos veterinarios, e unha garamata variada de trabas burocráticas que normalmente se resolven contratando unha empresa de servizos especializada. Custes a cargo do gandeiro/agricultora, ou a costa das horas de sono da familia. Custes que as grandes empresas asumen fácilmente, porque xestionan directamente esa burocracia de xeito centralizado, imos pensar que pagando xornais xustos, e aos que os seguimentos de trazabilidade, APPCC e outras gaitas sempre lles cadran ben. Por esta vía créase unha economía de escala de tipo especulativo, que non corresponde á rendabilidade real, ambiental e social destas grandes explotacións. Unha economía de escala que non corresponde á maior eficiencia de procesos intensivos en capital, senón á maior capacidade de resposta destes modelos ante a nebulosa de impedimentos adminstrativos que parecen deseñados para estrangular as explotacións tradicionais. Unha vez máis, as normativas supostamente dirixidas a asegurar o interese colectivo (seguridade alimentar, benestar animal, medio ambiente, consellos reguladores) vólvense, en realidade, barreiras de entrada ou trampolíns de saída para as pequenas explotacións, e non aseguran a efectiva protección da saúde pública, do medio ambiente, etc. A vella política que padecemos no rural durante a transición subvirte continuamente o sentido común da xente. Intenta presentar as cuestións medioambientais, por exemplo, como unha restrición a usos tradicionais, en forma de regulamentacións que na práctica limitan aínda máis as nosas liberdades básicas. No fondo destas políticas, subxace a concepción pexorativa do \"atraso rural\" fronte á \"modernidade urbana\". Pero nesa falsa modernidade comezan a asomar os signos dunha crise de réxime. Quen vendía uvas, xa non as dá vendido. Quen vendía años non atopa compradores, quen vendía leite tena que regalar. Pero se abren paso grandes adegas, se propoñen desde a Xunta as SOFOR que permiten que baixo a forma de sociedades limitadas entren na xestión do monte capitais alleos, bebemos leite cada vez peor. Detrás de cada pequena crise para as de abaixo, hai unha oportunidade de negocio para as de arriba. Quen perde sempre é o ben común. Fronte a estes discursos, a poboación rural responde como o ten feito ata o de agora: resistindo ao poder desde a individualidade, pero non desde unha individualidade falta de conciencia, senón cun auténtico espírito de colmea, un sentimento de multitude no senso que lle dá Antonio Negri. Só así pode explicarse que tres décadas de Política Agraria Común non conseguiran aínda o obxectivo de sustituir as nosas economías de agricultura de subsistencia por un modelo de agricultura e gandaría amplamente industrializada. Economías que cada vez menos, pero aínda si, conseguen ir abastecendo os maleteiros os domingos e contribuíndo a unha economía urbana que non lle recoñece a débeda. Cada horta de verzas, cada eido de patacas son un símbolo de resistencia e non de atraso, como se nos quere facer ver. O discurso da Xunta de Galicia mantén con respecto ao rural o mesmo tono que utiliza noutros sectores: a mentira flagrante. Da mesma maneira que o noso presidente Feijoo afirma sen vacilar que Baltar foi vítima dunha provocación que o animaba a delinquir, nos animan a ruralizarnos, a ver se espallados polas aldeas nos organizamos peor e deixamos de dar a lata con esa leria de que non chegamos a fin de mes. O anuncio soa ao mesmo tempo ridículo e indignante. Ignora que cada vez son máis altos os investimentos necesarios para poder pensar en vivir da agricultura ou gandaría, que cada vez son maiores as trabas burocráticas e técnicas, que unha mala planificación do desenvolvemento turístico, a panacea que se nos vendeu nas últimas dúas décadas, está provocando que en zonas cun forte envellecemento da poboación e un problema grave de despoboamento non haxa vivenda dispoñible, adicadas como están ao máis lucrativo negocio do aluguer por temporada ou adicadas a segundas residencias (55%, segundo o INE, na provincia de Ourense) que non se ocupan máis que uns días ao ano e que están xerando unha paisaxe de aldeas pantasma que se desbordan en agosto. Ante este panorama ben pouco amable para quen inxenuamente decida ruralizarse, a poboación rural resiste, aínda ao invasor. Cunha ben asentada identidade colectiva que non se sente representada pola vella política que leva décadas vendéndonos, temos o reto de cambiar o discurso de sentido común polo noso propio. Defender que a nosa idea do que é a preservación do medio pasa pola nosa cultura de custodia do territorio, por unha cultura que resiste evitando que perdamos aquelo que as xeracións pasadas nos deixaron, pero tamén querendo que os nosos fillos e fillas podan quedar na aldea defendendo un modo de vida. Non somos a xente do rural a responsable das vacas tolas, nin da gripe aviar, nin da contaminación por pesticidas, pero somos nós quen sofremos as restricións impostas como consecuencia destas crises. É inadmisible que teña máis responsabilidade o viticultor que utiliza herbicidas, e que pese a todo non consegue rendabilizar o seu traballo, que a transnacional que recibe os beneficios da venda do veleno. É inadmisible que se obrigue aos gandeiros e gandeiras a pagar o custe da retirada de reses mortas, cando a razón de ser desta retirada foi evitar que reses mortas chegasen a formar parte da alimentación industrial dos cebadeiros de gando bovino cando a crise das vacas tolas. Inadmisible cando esta mala política, que sempre coloca á pequena gandaría como sospeitosa de atentar contra o medio ambiente, contra a seguridade alimentar, contra a sostibilidade e o progreso, esta mala política evita que estas reses alimenten, por exemplo, poboacións de lobos que constitúen unha riqueza da que todas e todos podemos sentir orgullo. Inadmisible porque estes lobos están controlando poboacións de corzo e xabarín nas zonas de alta montaña, porque non é verdade que sexa o lobo o principal problema das gandeirías extensivas, senón outros de máis calado e de solucións políticas: a caída do prezo da carne de calidade, pero tamén a desestructuración de canles de distribución que aposten pola calidade e nos sitúen noutros segmentos de mercado. No século XXI, falar de sociedades rurais e sociedades urbanas comeza a carecer de sentido. A poboación rural ten vencellos económicos, familiares, sociolóxicos, coa sociedade urbana. Por outra banda, as sociedades urbanas en Galicia seguen tendo vencellos co mundo rural que non acaban de soltarse. As nosas aldeas, cun modelo produtivo propio e que foi símbolo de atraso e estigma de vergoña para a nosa identidade colectiva, seguen, en menor medida, pero aínda seguen, aportando á nosa economía alimentos de calidade que alivian as economías urbanas e nunca é cuantificado. Un traballo, por certo, que recae sobre as mulleres. Unha produción que, a semellanza do traballo relacionado co coidado, non se contabiliza pero reforza a capacidade de consumo e aforro das familias. Temos que comezar a ler a resistencia ao cambio no mundo rural non tanto como unha eiva, senón como unha fortaleza para o cambio que xa se está dando nas nosas aldeas e vilas. Se algunha idea política está clara no rural é que os nosos políticos non nos representan. A vella política sempre foi un desgoberno das elites urbanas sobre a pobreza do campo. O modelo hexemónico que nos tilda de atrasadas ignora que esa resistencia ao cambio representa, tamén, a resistencia a un modelo de produción capitalista que non consegue mellorar a eficiencia dos modelos produtivos tradicionais. É unha concesión á realidade que non se prega a relatos que non a describen: ningunha propaganda poderá sustituir á certeza de que a calidade de vida que proporciona a autosuficiencia alimentar (a tan nomeada soberanía alimentar) non é comparable á calidade dunha vida dependente do diñeiro. Ruralizámonos, si, pero daquela padecemos os custes da regulación da seguridade alimentar, pese a que quen atenta contra ela son as transnacionais que se benefician da venda de sementes transxénicas, de pesticidas e herbicidas, de pensos transxénicos. E en nome da trazabilidade aumentan os impresos que temos que encher. Recaen sobre nós as obrigas de seguridade, en forma de cursiños obrigatorios de eficiencia máis ben dubidosa. Recaen sobre nós os custes da conservación dunha especie como o lobo, pese a que se podía alimentar con reses mortas, e recaen sobre nós os custes da retirada desas reses. Todo ese corpus normativo que ten como cínicos obxectivos a sostibilidade e a defensa dos intereses comúns funciona como unha pista de patinaxe na que as grandes empresas capitalistas se deslizan con mestría, e na que as de abaixo non deixamos de esvarar. Non son erradas as demandas da cidadanía en torno ao medio ambiente, á seguridade alimentar, ao benestar animal, pero se concretan en lexislacións que na práctica están contribuíndo a destruir a economía rural. Ruralizámonos para perder continuamente servizos, para carecer de escolas unitarias que foron pechadas hai anos e ver como ao profesor de educación física lle toca dar matemáticas e ao de francés lle toca a música. Un dato: a Comunidade de Castilla-La Mancha acaba de reabrir escolas unitarias que foron pechadas polo anterior goberno do Partido Popular. Onde quedaron as nosas escolas unitarias? Ruralizámonos para prescindir de bibliotecas e instalacións deportivas, para non ter nin sequera servizos bancarios, para que os enfermos que precisan de tratamentos longos sexan hospitalizados sen que sexa necesario para evitar gastos de transporte. Cómprenos volver a instaurar o sentido común para acabar co desgoberno que padecemos. Deseñar políticas nas que de verdade, e non con vallas publicitarias e folletos, se incentive a crianza de nenas e nenos no rural, a incorporación de mozos e mozas, se cadra mediante unha renda básica ligada ao territorio, políticas que deixen de poñer trabas á comercialización directa dos productos agrícolas, incluso os transformados, a semellanza do modelo francés; que protexa dunha vez ás pequenas explotacións. Que deixe de facer diferencias entre agricultores profesionais e non profesionais, porque a nosa paisaxe faise de familias que son quen de combinar o traballo asalariado coa produción de alimentos de calidade a pequena escala, e esa é e foi a nosa riqueza. Esa foi a diferencia entre os afiadores, que traballaron arreo pero que acadaron a prosperidade, e os continxentes de labregos que desde outras partes do Estado Español alimentaron os cinturóns de chabolas nas urbes desarrollistas dos anos cincuenta. Nas casas pobres dos afiadores sempre había para comer. Esa é a nosa riqueza e a nosa identidade, e o reto é acadar un marco político e normativo que nos permita participar do século XXI revalorizando o noso modelo de sostibilidade. A nosa teima de conservar a terra para os que veñan detrás. Fronte á mercantilización crecente en todos os ámbitos da vida privada, podemos respostar cun desenvolvemento endóxeno baseado en economías a pequena escala e en rede, apoiadas por unhas institucións ao servizo da xente e non por unhas institucións que nos vixían e controlan. Galicia quere seguir sendo rural, e para iso, temos que cambiar as políticas que nolo impiden. Non necesitamos que a propaganda institucional nos suxira ruralizarnos, precisamos un cambio político que nos deixe ser."}
{"ID": "NOS_16902", "summary": "O Centro Sociocultural Mingos de Pita, en Melide, acolleu a presentación dunha publicación que documenta a Asemblea de Melide decorrida en 1520, xuntanza que tivo consecuencias políticas no Reino da Galiza.", "text": "Melide acolleu este sábado, xusto 501 anos despois, a presentación dun volume histórico no que se repasa a Asemblea de Melide do 4 de decembro de 1520, cando as principais casas nobiliarias do Reino da Galiza demandaron ao monarca un maior autogoberno. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; e o alcalde da vila, José Manuel Pérez Penas, prometeran hai un ano que impulsarían a publicación dun libro para documentar e analizar máis polo miúdo a importancia que tivo aquela xuntanza para Galiza, tanto a nivel político como social. Así, este 4 de decembro o Centro Sociocultural Mingos de Pita foi o lugar elixido para dar a coñecer A unha voz na metade do Reino. Cincocentos anos da Xunta de Melide, unha publicación coral coordinada polo catedrático de Historia Moderna Pegerto Saavedra e que xa está dispoñíbel para a súa descarga na páxina web do CCG. \"Ben merecen estar na nosa memoria aqueles señores da Galiza de hai 500 anos, que lle plantaron cara ao rei Carlos I, futuro emperador\", afirmou Rosario Álvarez O libro ten unha estrutura diferenciada en tres bloques, o primeiro dos cales abrangue os temas relacionados directamente con esta reunión. Nel, deixan as súas impresións o propio Saavedra, Ofelia Rey Castelao e Manuel María de Artaza. A segunda parte, que leva por título \"Os poderes señoriais e o poder real\", analiza os grupos aos que pertencían as persoas que estiveron na reunión de Melide e a posterior inclusión da Galiza na política imperial. Aquí, as e os lectores poderán atopar as sinaturas de Antonio Presedo, Gonzalo F. Fernández Suárez, Domingo González Lopo e María del Carmen Saavedra. O bloque final recolle tanto un traballo sobre o Reino da Galiza como dous que aluden só á vila de Melide. Detrás destes textos están Hortensio Sobrado, Cristina Vázquez Neira, Xurxo Broz e Xosé Manuel Broz. \"Ben merecen estar na nosa memoria aqueles señores da Galiza de hai 500 anos, que lle plantaron cara ao rei Carlos I, futuro emperador\", destacou a presidenta do Consello da Cultura sobre esta obra histórica colectiva dun acontecemento histórico que ten servido de inspiración para outras e outros. Pola súa banda, o seu homólogo no Parlamento, Miguel Santalices, subliñou a importancia de acadar, a través do volume un \"mellor coñecemento da historia dos pais da autonomía galega por antepor o interés xeral aos intereses persoais\"."}
{"ID": "PRAZA_13605", "summary": "O Ministerio de Cultura ratifica a supresión das subvencións á edición de obras literarias traducidas entre os catro idiomas oficiais. Si mantén os subsidios para \"linguas estranxeiras\", aínda que cun recorte de máis do 60%", "text": "\"A subvención de tradución desapareceu este ano, un saúdo\". É a única explicación que un cidadán recibiu do Ministerio de Educación e Cultura ao dirixir unha consulta a este departamento do Goberno central pola demora que no presente ano 2012 estaba a experimentar a convocatoria anual de axudas para a tradución de libros entre os idiomas oficiais do Estado. Malia non terse realizado ningún anuncio oficial o departamento que dirixe José Ignacio Wert confirma, deste xeito, que abandona o \"fomento da tradución e edición entre linguas oficiais españolas de obras de autores españois\" mentres, aínda que con recortes, non fai o propio cos subsidios a \"linguas estranxeiras\". \"A subvención desapareceu este ano, un saúdo\", sinalou o Ministerio como única resposta Aínda que cun certo atraso o Ministerio publicou durante o mes de xuño as correspondentes convocatorias de subvencións para a \"promoción da lectura e das letras españolas\", \"para a edición de libros\", \"para a edición de revistas culturais\" e tamén \"para o fomento da tradución a linguas estranxeiras\". Como en boa parte das accións gobernamentais, a tesoira funcionou moi notablemente e, por exemplo, no caso das traducións a linguas alleas ao Estado o desplome foi do 65%, pasando de máis de 860.000 euros a apenas 300.000. Así e todo, a convocatoria peor parada é a que lle afecta ao galego, ao éuscaro en catalán, xa sexa para traducións de obras pertencentes aos seus respectivos sistemas literarios ou con orixe ou destino no castelán. Malia non ter unha dotación económica especialmente elevada, con apenas 100.000 euros permitiu a edición de case unha trintena de títulos dende ou para o galego só nos últimos dous anos. Nomeadamente, no ano 2010 o Ministerio distribuíu 44.997 euros para todo o Estado en subvencións que, as máis das veces, roldaron os 1.000 euros. Isto deu lugar a que, nese ano, cinco libros editados en galego tivesen a súa versión en castelán e outros tantos fixesen o traxecto invero. Ademais, grazas á mesma orde de axudas, unha obra galega foi traducida ao éuscaro. Un ano máis tarde, en 2011, o Goberno central asignou axudas por importe de 49.987 euros. Nesa ocasión traducíronse catorce obras de galego a castelán, tres de castelán a galego e unha de éuscaro a galego. A tesoirada do Ministerio de Cultura non é a única que a edición de libros en galego recibiu nos últimos anos. Sen saír de Galicia a Consellería de Educación reduciu notablemente unha das súas liñas de subvencións máis destacadas, as destinadas a potenciar a produción editorial en galego para o ensino, tal e como establece a Lei do Libro e da Lectura do ano 2006. Neste ámbito o primeiro gran recorte chegou en 2010, cando a Secretaría Xeral de Política Lingüística deixou os 1,05 millóns de euros cos que contaran estes subsidios en 2008 e 2009 en tan só 501.617 euros. Na seguinte edición o departamento autonómico volvía convocar as subvencións e facíao \"por unha contía máxima de 400.000 euros\", pero no outono de 2011 deixouna \"sen efecto\" apoiándose nas estreiteces orzamentarias. Como prometera, antes de final de ano volveunas pór en marcha, pero con só 300.000 euros, acumulando así unha caída global do 72% en menos de tres anos."}
{"ID": "NOS_22746", "summary": "A Confederación Intersindical Galega organiza actos para conmemorar o 50 aniversario das mobilizacións do naval en que morreron dous traballadores.", "text": "O sindicato CIG reivindicou como \"vivas e vixentes\" as loitas obreiras que levaron á rúa os traballadores do sector naval de Ferrol o 10 de marzo de 1972, unhas protestas para reclamar un convenio colectivo propio para a antiga Bazán e nas cales morreron Amador Rey e Daniel Néboa. A central nacionalista, encabezada polo seu secretario xeral, Paulo Carril, e o responsábel comarcal en Ferrolterra, Manel Grandal, presentou hoxe os actos para conmemorar o 50 aniversario da efeméride dos disturbios baixo o lema 'Somos clase. Somos nación. A loita continúa'. \"As reivindicacións do ano 72 están plenamente vivas e vixentes\", sentenciou Carril, que cre que os motivos que levaron os traballadores a se manifestaren na cidade naval a comezos da década de 1970 continúan sobre a mesa, especialmente \"no tocante á defensa do marco galego de relacións laborais\". O máximo responsábel do sindicato nacionalista incidiu en que \"non haberá actuacións políticas críbeis de solución á crise se non hai solucións para Ferrol\". \"Nin PSOE nin PP están a actuar neste sentido. Ao contrario, as súas políticas van en contra dos intereses da comarca, como evidenciaron votando en contra dun novo dique de reparacións para o estaleiro de Ferrol\", aseverou. Actos conmemorativos Manel Grandal detallou que o do 10 de marzo a CIG ten convocada unha manifestación que sairá ás 12,00 horas desde a porta principal de Navantia e finalizará no monumento ao 10 de Marzo, no barrio de Recimil, onde se fará a tradicional ofrenda floral. Ademais, esta quinta feira, día 24 de febreiro proxectarase un documental elaborado pola CIG, titulado A semente de 1972, no cal se repasa o contexto socioeconómico e os sucesos daquel ano, e analízase e a súa transcendencia no movemento obreiro galego e na construción do sindicalismo nacionalista. Xunto a isto, a CIG editou tamén un libro divulgativo e unha acuarela conmemorativa e ten convocadas asembleas de delegados en todas as comarcas para esta quinta feira, citas en que se poñerá en valor a vixencia das loitas do ano 1972."}
{"ID": "NOS_36257", "summary": "Un libro e unha flor polo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da máxima figura da literatura galega, Rosalía de Castro. Os estudosos da figura e obra rosaliana Francisco Rodríguez e María Pilar García Negro, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o máximo responsábel da AELG, Cesáreo Sánchez, explican para Sermos Galiza o significado do 24 de febreiro, un día que nos últimos anos gañou relevancia no almanaque da Galiza.", "text": "Algo se moveu desde que en 2010 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizara o cortexo cívico entre o cemiterio da Adina até Bonaval con motivo dos 125 anos do pasamento de Rosalía. A partir de entón, a máxima figura da literatura galega entrou na rolda da recordación e o día do seu nacemento, o 24 de febreiro [naceu en 1837], cobrou especial relevancia no calendario. Así o explica María Pilar García Negro, unha das persoas que máis afondou na obra de Rosalía, \"a efeméride do seu nacemento, con homenaxes varias do que denomina metacultura, ten un aspecto positivo, porque redunda nunha socialización do seu nome e da importancia da súa figura\". Advirte de que \"isto nen é xeral nen está admitido polas institucións galegas de xeito unánime, nen moito menos leva aparellado un traballo básico de lectura, de coñecemento e de divulgación, non só de toda a riqueza e variedade da súa obra, senón dos seus eixos fundamentais, como patriota galega, como escritora multixenérica cun talento e unha renovación estética enormes e como feminista ou, se o queremos concentrar nunha única palabra, como revolucionaria\". Explica García Negro que en Rosalía se xuntan \"características absolutamente invulgares, non só unha grande intelixencia e unha cultura literaria e filosófica moi ampla, senón unha vontade permanente ao longo de toda a súa vida e obra por significar dignamente Galiza e por ansiar que fose un pobo libre e consciente de si\". Neste sentido, a estudosa afirma que \"todo o que Rosalía proclamou e innovou continúan sendo para todas e todos nós expedientes abertos, porque non estamos a viver, en absoluto, nen na cultura nen na sociedade nen na política, as ansias e os desexos que ela expresou de forma inigualábel\". Así é que a profesora da UDC aposta en celebrar as efemérides rosaliana cunha \"inclusiva socialización da súa imaxe\", posto que \"continúa sendo, en grande parte, descoñecida nesa entraña radical e profunda da súa obra\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 285 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques. Lembra que segue á disposición de quen o desexe o especial publicado por Sermos Galiza, en colaboración coa Sociedade Cultural Medulio, Rosalía de Castro, a liberación das tebras, de balde na loxa]"}
{"ID": "NOS_19795", "summary": "Ocupará o Ministerio de Defensa. Entre 2008 e 2011 foi secretario de estado de Defensa con Carme Chacón.", "text": "Constantino Méndez, de Pontecesures, vai ser o ministro de Defensa no goberno de Pedro Sánchez. Un nomeamento que suma máis un nome á lista de galegos que fan parte do executivo socialista: Nadia Calviño. Nun primeiro momento tamén se falaba de Pilar Cancela. Nestes días o seu nome soou para ocupar a carteira de Agricultura, mais esta caeu finalmente no valencián Luis Planas. Constantino Méndez foi secretario de Estado de Defensa entre 2008 e 2011, durante o segundo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Foi, pois o número dous da minsitra Carme Chacón. Tamén foi delegado do gobernó en Madrid entre 2004 e 2006. Nado en 1950 no concello á beira do Ulla, Méndez é militante socialista desde 1981. Ocupou responsabilidades como secretario de Estado nun dos gobernos de Felipe González."}
{"ID": "NOS_23542", "summary": "Neste 4 de maio Nós Diario inicia un novo coleccionábel sob o título Aí vén o maio!. Celia Armas García, escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega, é a autora do fascículo centrado en Follas Novas. Falamos con ela sobre este título.", "text": "Se Cantares gallegos é a obra fundacional da literatura galega contemporánea, poderiamos dicer que Follas Novas representa a consolidación? Follas Novas representa a consolidación, efectivamente, do empeño consciente de Rosalía de Castro por escribir en galego. A nosa autora ten unha vontade clara de contribuír á cultura galega, xa que naquela altura non podemos case nin mencionar a existencia dun noso sistema literario, oferecendo un produto xenuina e inequivocamente galego, tanto polos temas como polo seu tratamento. E sen esquecernos da visión feminista da realidade que resulta naquel entón extraordinariamente novidosa, a inusitada valentía é que empregue tamén para estes contidos a nosa lingua, o cal é mostra do seu explícito compromiso coa defensa e reivindicación do noso país. Acontece que, ademais, estamos ante unha obra maxistral desde todas as ópticas, profundamente humana, conectada coa natureza, tan íntima que é colectiva, o cal a convirte, na nosa opinión, no cume das nosas letras. Igual que Cantares Gallegos, Follas Novas leva un prólogo da autora. Nel Rosalía di \"Recíbano non polo que val sinón polo que significa\". Como temos que entender estas palabras? É a clara explicitación da consciencia de saberse Rosalía a iniciadora, a impulsora, dun movimento de posicionamento da lingua galega como canle válida para a criación de obras literarias. Lembremos que naquela altura aínda non fora redescuberta a lírica medieval galego-portuguesa, polo que o valor da súa transgresión é aínda maior ao non contar con referentes de autoridade que avalasen a ousadía de empregar a lingua galega para escribir. E este valor acrecéntase no caso de Follas Novas ao tratarse neste volume temas que o conectaron coa mellor tradición da literatura occidental do momento. Poderiamos, pois, atrevernos a reescribir as palabras da autora e dicir: \"Recíbano non só por todo o que val sinón tamén polo que significa\". Que outras reivindicacións introduce Rosalía neste prólogo? Ademais da sinalada anteriormente, podemos salientar a reivindicación feminista que se explicita xa nestas 'Dúas palabras da autora'. Comeza explicando que ela é muller, o que lle permitiría, pois, ter máis empatía coa dor allea e por iso reflectila nun libro que, segundo di, non pretende ser 'trascendental'. Está poñendo, evidentemente, a venda antes da ferida, adiantándose ás críticas non só por tratar temas espiñentos senón por facelo desde unha perspectiva insólita, xa que dá voz ás mulleres traballadoras, as que deben saír adiante coa axuda só das súas propias mans e que teñen que afrontar situacións de abuso, abandono e incomprensión. Chega mesmo máis alá, posto que non ten reparo en sinalar os violadores, os que abandonan as súas responsabilidades sen ter consideración das vidas que deixan atrás condenadas á pobreza e á dor, deixando soas ás 'pobres mártires' que só atoparán descanso 'na tomba'. A denuncia da emigración e da tráxica situación económica de Galiza tamén son núcleos temáticos que xa Rosalía adianta neste prólogo. Follas Novas é un libro que son cinco, di vostede. Como se pode explicar esta estrutura? Este libro dividido en cinco compartimentos aparentemente separados é en realidade unha unidade temática que vai, como apunta Francisco Rodríguez, desde o íntimo ao universal. Unha das cousas que fai único a Follas Novas é que posúe unha riqueza temática, métrica e estilística tal que permite múltiples lecturas. Poderiamos, por exemplo, lelo de xeito tradicional no seu conxunto acompañando á viaxe do eu poético e comprobando a conexión dunhas partes coas outras, ou poderiamos achegarnos a cada un dos libros por separado ('Do íntimo', 'As viudas dos vivos e as viudas dos mortos'...), alternalos, saltealos, construíndomos unha sorte de Rayuela poética, un xogo en que a vida (galega e en feminino), a humanidade, é a protagonista e en que nós, os lectores e ás lectoras, podemos mesmo escoller desde onde observala. Finalmente, como foi a acollida do libro? No seu momento foi unha obra agardada por aqueles, ben poucos, que compartían con Rosalía a necesidade de traballar pola criación dunha expresión literaria escrita en galego e que, xa desde a publicación de Cantares Gallegos, esperaban a chegada dun outro volume da nosa autora. E cando finalmente viu a luz en 1880 logo de anos de problemas varios, eses mesmos poucos acollérona con entusiasmo, aínda que con certa incomprensión posto que é probable que agardasen unha especie de segunda parte de Cantares, e non é o caso. En España foi, na altura da súa aparición, clamorosamente ignorada. Xa o mesmo Murguía sinalou a falta de comprensión, a envexa e os indisimulados ataques que sufríu Rosalía por ousar dar ao prelo unha obra tan transgresora aínda que tamén é certo que aqueles escasos críticos que se achegaron sen preconceitos a Follas Novas admiraron á súa profundidade e trascendencia. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos."}
{"ID": "PRAZA_5467", "summary": "Os galegos Luís Zahera e Xúlio Abonjo recibiron o premio a mellor actor deste primeiro festival deste formato no Estado que tamén premiou as catalás Les coses grans e Ventura time como mellor traballo en imaxe real e mellor obra de animación.", "text": "A primeira edición do Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries que se celebra no Estado, premiou o serial catalán Les coses grans como mellor traballo en imaxe real e Ventura time, tamén de Catalunya, co galardón de obra de animación. Poetarras foi galardonado, pola súa banda, como a mellor webserie en galego, nunha categoría na que Palabras secretas recibiu tamén unha mención especial. A mellor produción en galego, Poetarras, consiste en sketches dun denominado \"colectivo arterrorístico\" e foi creada polos galegos Manuel Gago, Rubén Lino Mandado e Daniel Vilaverde. 'Poetarras' foi premiada como mellor webserie en galego e os galegos Zahera e Abonjo como mellor actor O Carballo Interplay pecha este domingo logo de catro días nos que 35 webseries competiron nun certame no que tamén foi premiado Entre pipas, como mellor guión, con mención especial para lavida.es. Ademais, Luís Zahera e Xúlio Abonjo recibiron o premio (ex aequo) a mellor actor polas súas interpretacións en Entre pipas, mentres que o galardón de mellor actriz recaeu en Mar Ulldemolins por Les coses grans. Esta última obra catalá foi tamén premiada polo público, que lle outorgou o seu premio, mentres que Cálico electrónico obtivo tamén unha mención especial do xurado como mellor serie de animación. Foron máis de 5.000 euros os cartos repartidos, ademais dun agasallo deseñado polo artista plástico David Méndez. O Interplay contou tamén con moreas de actividades, entre concertos, talleres, debates e master class, unhas actividades que se pechan hoxe en Carballo. A catalá 'Les coses grans' gañou o premio á mellor webserie en imaxe real e recibiu tamén o galardón do público Ao tempo, na primeira edición deste pioneiro festival, presentouse unha webserie realizada polas persoas participantes nun taller que o festival puxo en marcha durante o mes de marzo en Carballo. Arredor de vinte mozas da localidade crearon Toñito, ti es especial, unha obra de cinco capítulos. O xurado deste festival estivo formado polo director e guionista de Malviviendo, David Saínz; a directora de Produción de Diffferent Entertainment SL, Teresa Segura; o debuxante Alberto Vázquez; a guionista e realizadora Lidia Fraga; o responsable do ReTwittMad especial webseries, Félix Garrido; e o fotógrafo e cámara F. Arnoso, Pixi."}
{"ID": "PRAZA_7697", "summary": "Educación convoca as subvencións para edición de recursos didácticos en lingua galega, ás que está obrigada por lei. Na edición de 2013 os subsidios sofren un recorte de 50.000 euros.", "text": "Entre os múltiples tópicos que rodean a actividade administrativa e política están os que sitúan as subvencións e axudas públicas como unha achega froito da vontade de quen goberna, unha caste de xesto gracioso do Executivo de quenda cara a un sector económico ou social. No caso do eido da cultura e da lingua galega, non faltan os disparos por elevación neste sentido. Ese tipo de discursos -que alimentaron, por exemplo, as protestas contra as políticas de normalización lingüística durante a lexislatura do bipartito- adoitan obviar que boa parte destas axudas teñen un sustento en leis e en amplos acordos parlamentarios. Isto é o que acontece, por exemplo, coas axudas á edición de libros de texto e outros materiais escolares en lingua galega. As mesmas que, dende o retorno do PP a San Caetano, sufriron un desplome do 76,2%, obviamente moi por riba da caída global dos Orzamentos Xerais da Xunta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a convocatoria destas subvencións para o ano 2013. Os 250.000 euros cos que está dotada supón unha tesoirada de 50.000 euros a respecto da última edición, que tivo ademais a particularidade de ser a correspondente a dous anos e non a un. Isto sucedeu porque, o 1 de marzo de 2011, a Secretaría Xeral de Política Lingüística -aínda dirixida por Anxo Lorenzo- convocaba as axudas \"por unha contía máxima total de 400.000 euros\". A resolución da convocatoria foise dilatando ao longo do ano ata que, en setembro, Política Lingüística deixaba \"sen efecto\" as axudas argumentando razóns de \"política orzamentaria\", nomeadamente, o \"necesario equilibrio entre ingresos e gastos\". Poucos días antes do remate de 2011, o 26 de decembro, a orde de axudas regresaba ás páxinas do DOG pero con tesoirada incorporada, deixando 100.000 euros polo camiño ata quedar en só 300.000. Como era de agardar, a caída xerou un importante malestar no sector editorial galego, na comunidade educativa e nos colectivos de defensa do idioma, que non só reprocharon a política orzamentaria do Goberno galego, senón tamén o feito de que, ao seu xuízo, a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística están a obviar os seus deberes legais. Na orde de 2013 as axudas sofren unha tesoirada de 50.000 euros e fican en 250.000, unha caída moi superior á do global do orzamento Pero, cales son eses deberes? En termos xerais, os marcados polo Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística, que estipulan que a Xunta debe potenciar o galego no ensino e facelo ademais de maneira progresiva. A esta lexislación básica uniuse en 2006 a Lei do Libro e da Lectura, que lle deu rango de obriga legal ao precepto instaurado dous anos antes polo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento durante o último Goberno de Manuel Fraga. Naquel documento instábase a \"garantir unha oferta de materiais didácticos de calidade\" en galego e a lei de 2006 estableceu que a Xunta \"potenciará a produción editorial en galego mediante unha liña de axudas que asegure a existencia dunha oferta suficiente de materiais didácticos naquelas áreas en que a lexislación educativa determine que a lingua galega sexa a vehicular da súa aprendizaxe\". Neste contexto, e malia á redución de espazos para o galego no ensino motivada polo denominado decreto do plurilingüismo, cabe a pregunta de se esa \"oferta suficiente\" está \"asegurada\", como marca a lei, unha orde de axudas que pasou de 1,05 millóns de euros en 2008 e 2009 a 501.617 en 2010, xusto antes de quedar nos devanditos 300.000 e 250.000 dos anos 2012 e 2013. Ademais, a orde publicada este venres no DOG tampouco convida á tranquildade. Non en van, advirte de que a dotación orzamentaria foi fixada \"sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias\", que poden ser á alza, pero tamén á baixa. Orde de axudas para 2013"}
{"ID": "PRAZA_6757", "summary": "As partidas lingüísticas e culturais do Goberno galego pasaron de superar os 150 millóns de euros en 2009 a ficar por baixo dos 65 no vindeiro 2015. A promoción do idioma perdeu o 70% dos seus fondos co actual Executivo, que volve salvar dos recortes a Fundación Cela, rescatada en 2012.", "text": "\"É a primeira ocasión en que medran as contas da Administracón autonómica dende o ano 2009\". É unha das ideas forza que a Xunta vén reiterando a respecto dos Orzamentos Xerais para 2015, que este luns comezaron a súa tramitación coa entrega do proxecto á presidenta do Parlamento por parte da conselleira de Facenda, Elena Muñoz. Durante os últimos anos o gabinete que dirixe Alberto Núñez Feijóo insistiu en que os recursos da Administración autonómica retrocederan, aproximadamente, a niveis do ano 2006, pero agora, por fin, inician a senda dun moderado crecemento. Se ben estas afirmacións son certas ao referirse ao conxunto do orzamento non é posible aplicalas a un dos ámbitos que o actual Goberno máis someteu aos recortes: a lingua e a cultura galegas, que nestes anos perderon, en conxunto, o 60% da súa dotación económica. Nas contas públicas para o vindeiro ano estas partidas, ambas dependentes da Consellería de Cultura e Educación, suman 64,4 millóns de euros, dos que 57,7 corresponden a cultura e 6,7, á promoción da lingua galega. Fronte a múltiples partidas que en 2015 estarán un chisco máis folgadas, ás culturais réstanlles algo máis dun 5%, case 4 millóns de euros, mentres que as lingüísticas deixan polo camiño unha porcentaxe semellante que, traducida en diñeiro, supón algo máis de 300.000 euros de rebaixa. Os fondos de promoción da lingua caeron case un 70% dende 2009 O ámbito da promoción do idioma propio, cuxo prognóstico en canto a número de falantes é notablemente máis pesimista que ao inicio do mandato de Feijóo, é o máis prexudicado por estas tesoiradas en termos porcentuais, tanto en comparación co período do Goberno bipartito como co Executivo de Manuel Fraga. Así, dende o retorno do PP a San Caetano os fondos para a normalización do galego pasaron de 21,5 millóns de euros en 2009 aos devanditos 6,7, un desplome de case o 70% que deixa a Secretaría Xeral de Política Lingüística nun nivel moi inferior ao do gabinete Fraga, do que Feijóo era vicepresidente e que no seu derradeiro orzamento dedicou 19,2 millóns a promocionar o galego. Pola banda da cultura o panorama non é moito máis alentador, toda vez que o recorte destes anos supera o 59%, pasando de 141,06 millóns de euros de hai seis anos aos 57,7 incluídos no proxecto orzamentario de 2015. Como no caso da lingua o recorte orzamentario comezou xa en 2010, se ben a gran rebaixa produciuse a partir de 2012, cando as políticas culturais deixaron de ter Consellería de seu. Naquel ano a desaparecida Consellería de Cultura e Turismo xa pasara dos devanditos 141 millóns a 80,97. Un ano despois, xa fusionada con Educación, Cultura quedou en 61,7 millóns. En 2014 a súa dotación baixou menos dun 1% e no vindeiro ano perderá case 4 millóns. Isto sucede nun contexto no que, a priori, a Consellería de Cultura podería dispoñer de máis fondos que hai un ano, toda vez que a Cidade da Cultura pasa de recibir 9,2 millóns de euros a algo menos de 7 millóns. Onde non haberá recorte ningún será na Fundación Camilo José Cela, rescatada pola Xunta en 2012 por mor da mala xestión dos seus responsables, que a levaron á creba. En 2015, igual que nos anos anteriores, recibirá 257.294 euros das arcas públicas galegas."}
{"ID": "NOS_36754", "summary": "A sondaxe de 'Electomanía' dá 37 escanos ao PP, que podería perder a Xunta da Galiza fronte á suma de BNG, PSdeG e Galicia en Común (38).", "text": "O cambio político podería chegar na Galiza se as eleccións decorresen hoxe. Esa é a principal conclusión que se pode extraer da enquisa que vén de publicar o portal Electomanía. Así, o PP de Alfonso Rueda gañaría 37 dos 75 escanos do Parlamento galego (42,3% dos sufraxios), polo que ficaría un por baixo da maioría absoluta da que hoxe goza, con 42. En segunda posición situaríase o BNG, con 26,2% dos votos emitidos que se traducirían en 22 escanos, tres máis dos que obtivo a candidatura de Ana Pontón nos comicios de 2020. Noutro referendo catalán gañaría o \"sí\" á independencia Co mesmo número de deputadas e deputados que ten na actualidade seguiría o PSdeG-PSOE, 14 (19,4%), agora liderado por Valentín González Formoso, quen previsibelmente será o 'cabeza de cartel'. Con dous escanos e 5% dos votos, ao bordo do limiar que permite a representación parlamentaria, ficaría a coalición Galicia en Común-Anova-Mareas, no caso de repetir a fórmula electoral as formacións que a integraron dous anos atrás. Deste modo, BNG, GeC e PSdeG reunirían 38 parlamentarios e parlamentarias, a cifra que dá a chave do Goberno na Galiza, xa que Ciudadanos (0,9%), Vox (4,8%) e as demais formacións non obterían representantes."}
{"ID": "PRAZA_20419", "summary": "Os últimos decretos de traspaso de competencias ao Goberno galego foron promulgados en xullo de 2008. O Goberno de España formulou unha nova hipótese para vetar o traspaso da AP-9 tras desaparecer do texto as referencias a un eventual rescate O PPdeG mantén que tentará \"convencer\" o Goberno de Rajoy e reduce a \"chorradas\" as críticas da oposición", "text": "O PPdeG mantén que tentará \"convencer\" o Goberno de Rajoy e reduce a \"chorradas\" as críticas da oposición O mes de xullo é de aniversario para o autogoberno galego. Non pola celebración, o vindeiro día 25, do Día Nacional de Galicia, senón porque é o mes no que ficou simbolicamente conxelada, hai xa nove anos, a ampliación de competencias da Xunta. O 1 de xullo de 2008 a daquela ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, promulgou os reais decretos que remataban a tramitación das últimas transferencias negociadas co Goberno galego de PSdeG e BNG, sete naquel ano. Aquela publicación foi o pórtico do período de conxelación competencial máis longo da historia da autonomía galega que, no inicio da terceira lexislatura co contador a cero, ten diante de si un conflito institucional que, dalgún xeito, o culmina: o segundo veto consecutivo do Goberno de España a que o Congreso dos Deputados tramite a lei de transferencia da AP-9 á Xunta, toda vez que a actual composición da Cámara Baixa faría moi probable a aprobación se o gabinete de Mariano Rajoy non tende esa barreira xurídica. Os últimos decretos de traspaso de competencias ao Goberno galego foron promulgados en xullo de 2008 Ao contrario doutras demandas de novas competencias reclamadas nos últimos anos só pola oposición o bloqueo a transferir a AP-9 impacta de cheo no guión trazado abertamente polo propio PP no programa co que gañou as eleccións galegas do pasado setembro. Nese documento os de Alberto Núñez Feijóo afirmaban a súa intención, grazas á \"mellora da situación económica\", de \"recobrar\" a \"axenda de traspasos pendentes\", isto é, o paquete de competencias que dorme nos caixóns dos gobernos galego e español dende o ano 2009. Para facelo, prometían, ían \"comezar pola Autoestrada do Atlántico\" e continuar por outras amplamente consensuadas en Galicia como a ordenación do litoral ou a inspección e vixilancia pesqueira, ademais de \"reformular\" a \"negociación da transferencia de competencias en materia de tráfico\", fracasada en 2010 no Congreso porque nin PP nin PSOE votaran a prol. No caso concreto da AP-9 a rotundidade da promesa do programa popular semellaba anticipar unha viraxe a respecto dos últimos anos, cando as declaracións de intencións dos responsables conservadores en Galicia non se correspondían coas decisións do propio PP nas institucións estatais. No entanto, apenas dúas semanas despois de lograren a terceira maioría absoluta en Galicia o bloqueo regresou e fíxoo, ademais, por unha vía ata o momento inédita. O Goberno de Rajoy iniciou no Congreso as manobras para evitar que a lei para o traspaso da autoestrada aprobada por unanimidade en Galicia chegase a debaterse. Malia estar baseado nunha hipótese, a do rescate da concesión, formulada a partir de cálculos erróneos o veto mantívose porque tanto PP como Ciudadanos se opuxeron a erguelo na Mesa do Congreso, deitando así no balde do lixo a proposta que en Galicia acadara un consenso total. O ministro de Fomento deixou claro dende o inicio do seu mandato que non prevé transferir a AP-9 a Galicia Tras este primeiro boicot, que a dirección do PPdeG xustificou apelando á \"responsabilidade\", Mariano Rajoy nomeou un novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que dende o inicio do seu mandato deixou claro que non tiña intención de mudar de postura a respecto da transferencia da AP-9. Así, a comezos de decembro remudou o traspaso por unha comisión de supervisión da autoestrada que, en compaña de Alberto Núñez Feijóo, foi presentada como un paso \"histórico\". Mentres, non obstante, os grupos parlamentarios galegos tecían un novo consenso para, co asesoramento dos letrados do Pazo do Hórreo, redactar unha nova versión da lei que puidese esquivar o veto. O segundo veto Os receos de En Marea, PSdeG e BNG pola posible repetición do veto non impediron, así e todo, que o pasado marzo a nova versión da lei saíse do lexislativo galego avalada, de novo pola unanimidade da Cámara. A xeito de precaución o voceiro do PPdeG naquel debate, Martín Fernández Prado, istou a bancada da esquerda a non reparar nos bloqueos da dirección estatal do seu partido, senón na \"coherencia\" da cúpula galega. Fernández Prado lanzara, ademais, outra petición preventiva: que a esquerda non \"descualificase os deputados en Madrid\" se a petición galega era rexeitada. Ante a ausencia de referencias a un eventual rescate o Goberno de España formulou unha nova hipotése para sustentar o novo veto, ante o que a conselleira de Infraestruturas se declara \"sorprendida\" Os temores da oposición ficaron ratificados a pasada semana. Como a lei galega xa non inclúe, nin sequera como hipótese, a posibilidade dun rescate da AP-9, dende o Ministerio de Fomento elaborouse un novo argumentario para dotar de arquitectura xurídica o que De la Serna xa resumira nunha breve declaración: \"a titularidade [da AP-9] ten que estar onde está\", en Madrid. Unha nova hipótese, a da eventual repercusión dunha rebaixa de peaxes por parte da Xunta, é a base do novo veto xa rexistrado no Congreso, polo que toda a oposición reclama explicacións ao presidente da Xunta. Mentres, dende San Caetano, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, declarouse nunha entrevista na Radio Galega \"sorprendida\" polo segundo veto a unha transferencia que, di, \"estamos convencidos de que é o mellor para Galicia e de que é legal\". A Xunta, asegura, vai \"falar\" co Goberno de España para \"dar argumentos\" fronte a unha \"decisión\" que, agrega, tivo \"pouco tempo para analizar\". Sexa cal for o resultado desas conversas os propios ritmos parlamentarios e gobernamentais permiten afirmar que, con toda probabilidade, Galicia pechará 2017 como noveno ano consecutivo sen novas transferencias de competencias."}
{"ID": "PRAZA_15834", "summary": "Jaime Gil de Biedma e Eduardo Blanco Amor eran eses dous nomes que nunca se borraron da súa memoria a pesares de todo.", "text": "Poucas cousas lembra do seu bacharelato nun colexio de pago na \"rive gauche\", que non divina, do río Miño, tan cantado polos poetas e tan amigo fraternal dos suicidas por amor (Aínda os hai?). Non as lembra non por ser de pago o colexio senón pola súa desmemoria. Quen pode lembrar \"Ahora que de casi todo hace ya veinte años\" da definición exacta de \"alienación\" de Marx, por exemplo?. Sen embargo hai dous nomes que escoitou neses anos que nunca abandonaron o seu lugar na súa cabeza a pesares de introducir nela as servidumes de paso ou as causas de despido improcedente nos anos da universidade e que tamén sufriron os efectos do río Leteo. Tempus fugit!. Ese esquecemento non lle preocupa porque ninguén ten nos beizos no ultimo suspiro a palabra \"Servidume de paso\" ou \"enfiteusis\" \"pero si a palabra \"luz\".(Alguén se imaxina a Johann Wolfgang Von Goethe morrendo dicindo \"Servidume de paso, máis servidume de paso!\" ou \"enfiteusis, mais enfiteusis!\" no canto de \"Luz, máis Luz!\" ). Jaime Gil de Biedma e Eduardo Blanco Amor eran eses dous nomes que nunca se borraron da súa memoria a pesares de todo. Durante anos pensou que eran dúas vías paralelas que conducían a mesma estación. A LITERATURA, pero ignorando que ambas vías nalgún momento cruzaranse. Sabia que o poeta de \" Moralidades\" vivira en Ourense e bicarase nas prazas co seu amante no ano mil novecentos cincuenta e dous, cumprindo o que dicía Andres Trapiello nun artigo de El Pais no ano 1984 \" Orense es una ciudad de paso. Quien va a ella es por algún asunto concreto\". O poeta foi cumprir o servizo militar e atopou o amor. Que dúas cousas máis concretas para un mozo de vinte e tres anos. Os dous amantes vestidos co traxe de militar do glorioso exercito español dos tempos de \"Donde un español no llega con la mano, llega con la punta de su espada\" bicándose inocentemente nunha praza dunha cidade na que \"Se vivía, se leía, se paseaba uno en sus largos otoños y es posible que los seres melancólicos se asomaran, sin creer que ello fuese cosa extraordinaria, a las amenas riberas de su río?. De ser certo que imaxe mais cinematográfica e a que só lle faltaría ou ben a luz de Néstor Almendros ou a arte de Paolo Sorrentino ( Podería ser o seu ultimo traballo antes de que cumpra co consello que lle da Jose Luis Losa de ingresar nun hospital para cineastas que sufran crises autoral). Beleza en estado puro!. Que pensarían o comandante e a súa muller, o alcalde e a súa muller, o bispo, os grandes apelidos da burguesía ourensá, o gobernador civil e a súa muller, o delegado provincial do movemento e a súa muller, o delegado provincial do Frente de Juventudes ou da Sección Feminina, as profesoras da súa nai nas Josefinas, Vicente Risco- Incluiría esa historia de amor entre dous soldados no seu libro de las horas?-, os alfereces provisionales, o presidente da audiencia ou do colexio de avogados , Eugenio Montes- escribiría algo parecido o que escribiu cando morreu Pier Paolo Pasolini? \"yo por contraste, recuerdo que en esa misma playa de Ostia (praza de Ourense), hoy lugar de esa escena impura\", o seu avó, o seu pai se os cacharan bicándose aos dous soldados? Non tiña resposta segura pero podía imaxinarse por onde iría a resposta. ( Agora que están tan de moda os roteiros literarios os técnicos de turismo do concello deberían buscar en que praza se bicou o poeta có seu amante para colocar unha placa e que a podan inaugurar o alcalde, o presidente da deputación, o presidente da Real Academia acompañados pola Real banda de gaitas da Deputación e os membros do Pen Club que acudan a Ourense ala polo mes de setembro. Ao igual que se honra o creador dunha empresa de camións porque non se vai honrar a un bico. Viva o amor!.) Sabía que o poeta de \"Pandemica e Celeste\" utilizara a imprenta da Región para publicar os seus \"Versos a Carlos Barral por su poema \"las aguas reiteradas\" no ano mil novecentos cincuenta e dous. Quen sería o privilexiado primeiro lector dos versos do poeta autor de Compañeros de Viaje e soldado do Regimiento de Zamora nº 8?. Hoxe veu un mozo que dí que é poeta pedindo se lle podemos imprimir unhas poemas. Rímonos por debaixo, ata que puxo os cartos por diante- sería este o relato que contaría na casa o primeiro lector dos poemas?. Non se sabe si isto foi así pero tampouco importa que fora . Os poemas existen.. Sabía que o fillo da florista e ese ex neno \"enfermizo, ojiabierto\" estivera en Barcelona, me imaxino que para que lle publicaran Xente ao lonxe na editorial Seix Barral, cun titulo que non lle fai moito aquel a novela. \"Aquella Gente.\" ( Por que razón traduciu Blanco Amor o titulo da novela ou foi unha decisión da editorial que lle obligaou a traducilo, deixando perder a música das palabras galegas?.). Cando unha noite, \"con esta luna, parece/que hasta la sombra envejece\", leu no diario do poeta barcelonés correspondente o ano mi novecentos setenta e oito \"Fin de semana con Josep e Eduardo Amor, un personaje de una vitalidad y un atractivo que no son frecuentes a sus años\", levou unha grata sorpresa. As vías do seu camiño a Literatura cruzáronse no ano en que Camilo Sesto cantaba iso de \"Vivir asi es morir de amor\", Bee Gees cantaban \"Staying Alive\" ou Rod Stewart iso de Da ya Think I Sexy? e publicouse Alcohólicos anónimos de Joseph Kessel e Andadura de Pepe Domingo Castaño. \"Milagres dos libros, que fan confluír dúas vías paralelas!, nunha noite de xaneiro na que dormen na praza de Obradoiro as estatúas de Henry Moore esperando que alguén as abrace ou diga menudas pedras puxo na praza o alcalde. \" apuntou no seu diario do ano dous mil dezaseis. All the rest is silence.!"}
{"ID": "PRAZA_4659", "summary": "As asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán organizan este luns no Castelo de San Felipe de Ferrol unha homenaxe a esta mugardesa que en xaneiro de 1938 foi fusilada pola ditadura fascista xunto con outros sete veciños.", "text": "As asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán organizan este luns no Castelo de San Felipe de Ferrol unha homenaxe a Amada García, mugardesa que en xaneiro de 1938 foi fusilada pola ditadura fascista xunto con outros sete veciños. As dúas asociacións entenden o acto coma \"unha homenaxe a todas as mulleres de Ferrolterra represaliadas pola ditadura franquista\" e, en xeral, a todas as vítimas da represión. Amada García era veciña de Mugardos. Aínda que está moi estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do PCE, o certo é que o odio que espertaba nos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa e que levou á súa execución ten que ver co seu activismo político exercido durante anos e pola súa resistencia nos primeiros días do golpe de Estado. Os militares sublevados deteñen e xulgan un elevado número de veciños e veciños do concello e entre eles a Amada García. Cando se dita a sentenza de morte contra ela, Amada García estaba embarazada, polo que se adiou a execución á espera de que dera a luz o seu fillo, Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol; o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu, e 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas: Ángel Roldos Gelpi (profesor do colexio público O Pitieiro), Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Juan José Teijeiro Leira (de Mugardos), Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López (de Ares), e Germán López García (de Cabanas). A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Un dos acusadores visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. E dous veciños de Mugardos que eran analfabetos protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta. En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte. Pedro Velázquez Vilanova dedicoulle un poema a Amada García, no que escribe \"A quen importa bordar unha bandeira?/ O que importa é teceres coa palabra/ con artes de redeira/ nidios soños de mulleres liberadas/ Se longa foi a espera/ xa está chegado o día/ Teu nome, Amada, gravaremos/ no muro terrible da ignominia/ Daquela si/ daquela poderás ficar en paz/ entre o ceo e o mar\". Amada García e o seu fillo Gabriel Toimil son uns dos protagonistas do documental A pegada dos avós, de Xosé Abad, que o pasado venres se proxectou en Ferrol. O filme afonda nas historias e nas vidas de varios represaliados galegos polo franquismo, pero coa novidade de que o relato está contado a través dos ollos dunha xeración moi afastada do sucedido naquelas décadas. Son un grupo de adolescentes, estudantes dun centro de secundaria da Coruña, os que entran en contacto cos protagonistas, investigan sobre a súa vida e reflexionan sobre os acontecementos que viviron."}
{"ID": "PRAZA_14389", "summary": "Menos de 15.000 das case 400.000 persoas inscritas no CERA solicitan emitir o seu voto para o 21 de outubro. En 2009, antes da reforma electoral que o Goberno central xa prevé derrogar, a participación foi do 30%", "text": "Os controis legais tradúcense en cifras. As primeiras e, con toda probabilidade, últimas eleccións galegas nas que os denominados residentes ausentes só poden participar pola vía do voto rogado -solicitando persoalmente poder participar nos comicios- baten récords, pero á baixa, na participación deste controvertido colectivo. Segundo os datos que manexa a Oficina do Censo Electoral, datados no pasado día 24, apenas o 3,7% do total do Censo de Residentes Ausentes (CERA) completou os trámites necesarios para exercer o dereito ao sufraxio. Nomeadamente, dos 397.284 electores e electoras inscritos -case un 20% mási que hai catro anos- só 14.647 rogaron o voto, o que quere dicir que a cifra final de partipación podería ser aínda máis baixa. Mentres o Goberno central xa traballa nunha contrarreforma que permita volver ao antigo sistema -no que, por exemplo, os inscritos no CERA recibían na casa a documentación electoral sen comprobacións previas de identidade e sen nin sequera confirmar que o elector seguía vivo- as comparacións coas cifras de hai catro anos son elocuentes. Daquela emitiron o seu voto 101.708 dos 335.453 ausentes, isto é, case un 600% máis dos que o poden facer desta volta. A comparación das porcentaxes tampouco deixa lugar a dúbidas: o 3,7% de 2012 está moi lonxe do 30,3% de 2009, cifra media que na circunscrición de Lugo acadou o 35,2%. Os votos que non cheguen a Galicia a través dos correspondentes consulados serán considerados nulos Neste contexto, á reforma da lei electoral aínda vixente vénse de unir unha garantía adicional que, a priori, minorará aínda máis a influencia do tamén coñecido como voto emigrante. A Xunta Electoral Central vén de emitir unha instrución segundo a cal \"computarán como votos nulos os contidos nos sobres de votación remitidos dende o estranxeiro (...) que non fosen recibidos a través dos correspondentes consulados\". Isto é, se os electores do CERA deciden enviar o seu sufraxio directamente a unha xunta electoral en Galicia e non a un consulado no país no que residen, o seu sufraxio ficará invalidado. En anteriores convocatorias, esta posibilidade si era legal. Incremento exponencial do censo A abundancia de controis legais vén amortecer en boa medida o exponencial incremento experimentado polo CERA dende as eleccións de 2009. O feito de que 397.284 residentes no estranxeiro \"con municipio de inscrición en Galicia\" puidesen participar supuxo un medre do CERA do 18,4% a respecto de hai tres anos. O crecemento absoluto non é menor, cunha diferenza de máis de 60.000 persoas, pero o incremento obśervase aínda con máis nitidez en termos porcentuais. A suba do CERA en apenas tres anos é do 18,4%. Mentres, o censo total apenas engordou nun 1,88%, pasando dos 2,64 millóns de persoas das eleccións de 2009 a 2,69 millóns nas de 2012."}
{"ID": "NOS_27338", "summary": "O crítico de cinema de Sermos Galiza, Andrés Castro, achéganos o filme na data da súa estrea após a premier no Festival de cinema de Ourense.", "text": "A ESMORGA Ano: 2014 Duración: 111 min. Nacionalidade: Galiza Director: Ignacio Vilar Guión: Carlos Asorey e Ignacio Vilar Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos Música: Zeltia Montes Elenco: Miguel de Lira, Karra Elejalde, Antonio Durán 'Morris', Melania Cruz, Lois Soaxe, Covadonga Berdiñas, Alfonso Agra, Sabela Arán, Ledicia Sola, Monti Castiñeiras, Patxi Bisquert, Elena Seijo, Fina Calleja, Mela Casal, Amelia Guede, Santi Prego, Mónica García, Pepo Suevos, Yago López SINOPSECrónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras de si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición. CRÍTICATiven a sorte de poder asistir á estrea mundial de A Esmorga no Festival Internacional de Cinema de Ourense. Hei de recoñecer que era bastante escéptico debido, probabelmente, ao exceso de celo e defensa acérrima da película que levan facendo, sen excepción, todos os integrantes na promoción previa. Porén a realidade superou con creces ao escepticismo e expectativas. Abraiado quedei, coma o resto das mil persoas que asistiron a este fito histórico do panorama audiovisual galego. Non é a primeira vez que se leva á gran pantalla a novela de Eduardo Blanco Amor. En 1977, o director asturiano Gonzalo Suárez xa se achegara ao texto en Parranda, interpretada por José Sacristán, José Luis Gómez e Antonio Ferrandis. Pese a contar co propio Blanco Amor na adaptación do guión, este non quedou nada satisfeito co resultado. Película voluntariosa pero sen alma que \"non lle acababa de encher\" ao escritor, como lle recoñeceu nunca carta a Carlos Laíño pouco despois da estrea. No \"Ano Blanco Amor\", no que se fan 35 da súa morte, Ignacio Vilar recolle a testemuña e cumpre o soño do escritor de adaptar a novela, xunto a Carlos Asorey, nun filme con \"cartos nosos, actores e directores de aquí, e no noso idioma\". Ignacio Vilar, e o resto do elenco e equipo técnico, deixaron a pel, e quizá algo máis, para acadar esta especie de milagre cinematográfica. Para quen xa lera a novela no instituto, ou de motu propio claro, xa sabe que vai da crónica de tres borrachos que percorren as rúas de Ourense (Auria no libro) perdidiños de viño e augardente nunha noite de cuncas, cantos de taberna, risas, bágoas e sexo impreciso. Ignacio Vilar xa apuntaba maneiras nos seus anteriores traballos (Ilegal, Pradolongo e Vilamor) pero é que aquí da un verdadeiro salto de calidade. E non esaxero. Non sobra ningún plano nin hai improvisación. A cámara está sempre onde debe estar. Por riba hai un par de planos secuencia que son para quitarse o chapeu. Gran parte deste poderío visual débese á man do director de fotografía Diego Romero. O fotógrafo vigués tivo que emigrar ao estranxeiro para formarse e traballar (Barcelona, Filipinas, Estados Unidos…) pero volta á terriña pola porta grande. Gran traballo. Por suposto non podemos esquecer ao elenco de actores e actrices. Tod@s sen excepción. Mais é de recibo loubar a excelente caracterización dos tres protagonistas: O Cibrán, O Bocas e O Milhomes, vestidos por Miguel de Lira (Somos xente honrada), Karra Elejalde (Os Cronocrímenes) e Antonio Durán 'Morris' (Os Fenómenos), respectivamente. Se alguén pensa que Karra vai parecer algo forzado no acento galego, vai dado. Tras a primeira aparición na fraga, fai esquecer por completo o seu apelido vasco nunha xenial personificación do atordado Bocas. \"Auguro abarrote nos cinemas porque estamos perante unha extraordinaria película en todos os aspectos\" Miguel de Lira encarna ao Cibrán, un home que se deixa embrullar con bastante facilidade e que narra os acontecementos da noite anterior, ou o que lle deixa lembrar unha resaca de campionato. Pero o rol do Milhomes é, con diferenza, o máis agradecido dos tres. Un home amoral, ciumento e de sentimentos encontrados que, iso si, semella ter máis claros que o seu eterno amigo de xolda... 'Morris' non desaproveita a oportunidade. Sáese da pantalla. Destacar tamén o virtuosismo no piano de Zeltia Montes na banda sonora. Poucas veces uns sinxelos toques de tecla encaixan tan ben. Auguro abarrote nos cinemas, non só polo feito sen precedentes de estrearse en todas as salas do territorio e pola orixinal campaña de marketing (digna de estudo), senón porque estamos ante unha extraordinaria película en todos os aspectos. Paisaxe, ambientación, clima, teima etílica, posta en escena, música, fotografía, guión, personaxes e demais detalles adaptados ate o máis mínimo detalle, fan de A Esmorga unha das mellores películas feitas en Galiza. Calidade galega. Persoalmente, tras ver esta traxicomedia quedei sen verbas. Con esa estraña sensación de ser testemuña de excepción de algo moi grande. Desas que cando remata dan gana inmediata de aplaudir. Un é consciente que acaba de ver un filme atemporal… Porén \"unha cousa é vere e outra é reparare\". Reparen pois."}
{"ID": "NOS_65", "summary": "Os cargos políticos cataláns independentistas investigados por defenderen o proces soberanista non están sos. Así llo fixeron saber unhas 80.000 persoas, segundo dados da Guàrdia Urbana, que se manifestaron na mañá do domingo en Barcelona para amosaron o seu apoio.", "text": "\"Pola democracia. Defendemos as nosas institucións\" foi o lema baixo o que se desenvolveu o domingo ao mediodía unha grande manifestación na avenida Maria Cristina de Barcelona. A concentración fora convocada polas entidades soberanistas para protestar pola xudicialización da política catalá. No acto, conducido polo cantante do grupo Lax'n'Busto, Salva Racero, apelouse á necesidade de \"defender os nosos dereitos de forma pacífica pero firme\" e a lograr \"un país onde ningún dereito fundamental sexa perseguido, onde os cargos eleitos poidan traballar polos dereitos de todos, en definitiva, queremos poder traballar por un futuro mellor para todos\" e \"pola República catalá\". Ao inicio da mobilización, os actores Marc Martínez, Mercè Martínez e Pep Ferrer deron conta de todas as leis do Parlament tombadas polo Tribunal Constitucional español, así como dos responsábeis políticos investigados por defenderen a independencia. Lembraron que, en total, hai 407 procesos xudiciais abertos. Entre apelacións ao civismo e a democracia, tanto Òmnium Cultural como ANC aseguraron que \"non ficaremos quietos cando o Tribunal Superior de Xustiza Catalán intente sacar a nosa presidenta do Parlamento\" e \"non ficaremos indiferentes cando leven a xuízo Mas e os membros do seu Goberno\". O momento máis emotivo da mañá tivo lugar cando Mercè Martínez cantou L'estaca acompañada das persoas que acudiron á chamada das entidades soberanistas."}
{"ID": "NOS_50407", "summary": "O Colexio oficial de traballo social de Galiza critica as contas do Goberno español, que cualifica de \"indignas\" por se cebaren, máis unha vez, coas persoas dependentes.", "text": "\"Indignos\" e \"unha falta de respecto\". Así cualificou os Orzamentos xerais do Estado a presidenta do Colexio oficial de traballo social de Galiza, Diana Parada Alvedro, após comprobar como as contas do Goberno español \"desmantelan o sistema de servizos sociais\" ao reducir nun 36% o orzamento. Baixa dos 2.848 a 1.809 millóns de euros. Máis unha vez, a lei de dependenza volve asumir o peso dos recortes, un feito que o colectivo de traballador@s sociais interpreta como \"unha mostra de que o Goberno español non prevé que entren novos dependentes no sistema\", pois mantén os 1.087 millóns destinados ao nivel mínimo, a suma da cantidade que Madrid paga aos territorios por cada persoa dependente. Porén, cómpre ter en conta que hai xa 201.729 persoas cunha axuda concedida que non a están a cobrar, polo que, ao entender do Colexio oficial, \"resulta incomprensíbel que se manteña a mesma cantidade\". Diana Parada quéixase tamén da redución na partida destinada á Galiza, sinalando que \"moitas persoas van morrer antes de recibir unha axuda\". Así mesmo, para a presidenta do COTSG resulta \"rechamante\" que o Goberno español incremente en 2 millóns de euros, até os 32, a partida destinada á Rede básica de servizos sociais, pois o mesmo Executivo mostrou a súa vontade de a eliminar e porque tal orzamento é \"manifestamente insuficiente\", pois hai tres anos a Renda básica contaba cun montante de 90 millóns. Aliás, enfatiza Diana Parada que \"o mantemento da Rede periga\" coa reforma da Administración local, que se atopa en tramitación parlamentaria."}
{"ID": "NOS_57228", "summary": "A Sociedade Galega de Historia Natural alerta da presenza destes organismos, semellantes á augamar.", "text": "A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) alertou esta segunda feira da presenza dalgúns exemplares de carabelas portuguesas (physalia physalis) nas praias de Ferrol, un organismo colonial formado por pólipos e con aspecto conxunto de medusa. A entidade insta a poboación a \"extremar as precaucións\", xa que poden causar lesións tanto en persoas como en animais. Son organismos que posúen filamentos urticantes, que poden ir de centímetros a 50 metros. Cómpre prestar especial atención no baño, pois tocar un destes organismos podería causar lesións Así, a SGHN pide que \"se preste atención no momento do baño, para evitar tocalas\", e avisar o persoal de socorrismo da praia ou, en caso de non o haber, á Policía Local. A carabela portuguesa adoita atoparse en mar aberto, principalmente en augas cálidas como as do Pacífico, o Índico ou o Golfo atlántico. Que pasa se toco unha carabela portuguesa? Se alguén entra en contacto con elas, é importante desprender os posíbeis fragmentos presentes sen tocalos e lavar ben a zona con auga de mar. Tamén cómpre evitar as areas, a auga doce ou sustancias como o vinagre, amoníaco ou ouriños, xa que poden potenciar os efectos, e acudir a un centro sanitario para recibir asistencia. Aínda que a carabela estea morta non se debe tocar, pois as súas toxinas teñen actividade até 48 horas despois e poden causar lesións igualmente."}
{"ID": "PRAZA_18519", "summary": "Nas súas alegacións aos plans de usos e xestión presentados polo Goberno galego para estes dous parques naturais, a SGHN alerta de numerosas eivas: dende prácticas e actividades prohibidas pola lei ao escaso financiamento previso para o funcionamento destes espazos de enorme valor medioambiental", "text": "O Plan Reitor da Xunta para o Parque Natural de Corrubedo, \"unha maneira como outra de destruír un país\" Dende hai uns días atópanse en exposición pública os borradores dos Plans Reitores de Usos e Xestión (PRUX) dos parques naturais do Invernadeiro e da Serra da Enciña da Lastra, ao igual que o do Parque Natural de Corrubedo. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) realizou unha análise de ambos os dous documentos, alertando de numerosas eivas e dunha insuficiente protección: dende prácticas e actividades prohibidas pola lei ao escaso financiamento previso para o funcionamento destes espazos de enorme valor medioambiental. \"A apertura de novos desmontes, gavias ou viarios debera estar prohibida no interior do Parque Natural\", sinala En relación ao PRUX do Parque Natural de Enciña da Lastra, a SGHN destaca que \"resulta inadmisible\" que non se atopen prohibidos \"os cambios de usos que supoñan a desaparición ou diminución significativa do estado de conservación dos tipos de hábitats de interese comunitario ou dos hábitats das especies de interese para a conservación\". E igualmente, reclama a prohibición da fumigación con equipos aéreos, da liberación no medio natural de organismos modificados xeneticamente ou dos depósitos de lodos de depuradoras industriais ou urbanas. En canto ao Parque Natural do Invernadeiro, a entidade subliña que \"a apertura de novos desmontes, gavias ou viarios debera estar prohibida no interior do Parque Natural\", algo que o PRUX non fai. Ademais, aposta pola substitución a medio-longo prazo da actual devasa perimetral por unha faixa de vexetación protectora menos inflamable e moito menos impactante na paisaxe que a devasa actual de largura desmesurada. A SGHN bota en falla \"un plan para reducir a profusión de devasas e pistas forestais que nalgúns casos deseñáronse sen adoptar adecuados criterios de funcionalidade e mitigar os seus efectos negativos no parque\". Ademais, pide limitar \"o número e a velocidade dos vehículos que circulan polo parque para minimizar o atropelo de fauna\". \"A circulación e aparcadoiro sobre hábitats de interese comunitario non debería ser autorizado nin siquera excepcionalmente\", di De igual xeito, sinala que \"as probas deportivas deberían estar prohibidas no interior do Parque Natural\" e que \"a circulación e aparcadoiro sobre hábitats de interese comunitario ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación non debería ser autorizado nin siquera excepcionalmente\". Finalmente, engade que \"o voo de aeronaves a menos de 1000 m de altitude non debería ser un uso autorizable\". Parque Natural do Invernadeiro | CC BY-SA | Dorfun Escaso gasto anual na xestión dos parques Sinala que o gasto previsto resulta \"insuficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos de conservación e xestión do Parque\" Nas súas alegacións aos dous documentos, a SGHN amósase tamén crítica coas estimacións económicas realizadas polo goberno galego para a xestión de ambos os dous parques: uns 37 euros por hectárea e ano no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e 27 euros por hectárea e ano para o Parque Natural do Invernadeiro. \"Esta cifra resulta insuficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos de conservación e xestión do Parque\", subliña a entidade, que engade que o investimento debería situarse entre os 70 e os 114 euros. Conclúe que o gasto previsto no PRUX do Invernadeiro é un 39% do gasto medio que se ven facendo nos espazos protexidos de España, unha cifra que no caso do PRUX da Enciña da Lastra fica no 52%. A SGHN denuncia \"o progresivo desmantelamento que foi sufrindo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, na cal se eliminaron todos os directores dos Parques Naturais\" A entidade comenta, neste senso, que \"resulta curioso\" que nesta estimación de custos da Enciña da Lastra non se inclúe ningunha imputación dos salarios do persoal dedicado á xestión e dirección do Parque Natural, dende os Axentes Medioambientais, técnicos da administración, ou mesmo a Dirección do espazo. \"Esto pode deberse a que en realidade a Xunta non pode prever que se vai destinar unha carga de traballo por parte do persoal propio durante os 6 anos de vixencia do PRUX, debido ao progresivo desmantelamento que foi sufrindo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, na cal se eliminaron todos os directores dos Parques Naturais\". Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra | Xabier Vázquez Pumariño"}
{"ID": "NOS_52887", "summary": "A Asociación Galega de Viticultura (AGV-Fruga) considérao unha mostra da falla de interese polo sector e contrapón a implicación de gobernos como o francés ou italiano.", "text": "O goberno español deixou sen executar 14% dos fondos que ten asignados no marco dos Programas de apoio ao sector vitivinícola. É a denuncia que fai a Asociación Galega de Viticultura (AGV-Fruga), que contrapón esa falla de execución co que acontece noutros estados onde o viño é un importante sector económico e de emprego. Así, indica a AGV, Italia deixou sen executar só 8% deses fondos e Francia investiunos todos. Para esta asociación, ponse de manifesto \"a ineficacia do modelo de xestión español e o desinterese polo desenvolvemento tanto a nivel estatal como galego\". Dos fondos para restauración do viñedo, \"unha das maiores demandas do sector\", investíronse 63 millóns de euros, \"por 114 millóns de Italia e 107 millóns de Italia\". No apartado de investimentos o Estado español deixou 30% sen executar, afirma a AGV. O colectivo aproveita para rexeitar \"a xestión feita\" por Ministerio e Consellaría no que respecta ao sector vitivinícola galego."}
{"ID": "NOS_25483", "summary": "O conxunto vigués conseguiu darlle a volta ao marcador dúas veces fronte ao Espanyol, malia xogar con un home menos desde o minuto 20. Balaídos homenaxeou ao seu capitán, Borja Oubiña, e despediu con honores a Krohn-Dehli. [Vídeo no interior]", "text": "O Celta despediu unha gran tempada cunha vitoria heroica fronte ao Espanyol. O conxunto vigués deu a volta por dúas veces a un encontro que no minuto 20 se puxera en contra coa expulsión do porteiro Sergio Álvarez. Balaídos vestiuse de gala para homenaxear o seu capitán, Borja Oubiña, e a un dos ídolos locais Michael Krohn-Dehli, e o equipo respondeu cunha remontada para o recordo. O club vigués pecha un ano de boas sensacións, no que namorou co seu fútbol, e no que se quedou a un paso de Europa. O equipo de Eduardo Berizzo non renunciou en ningún tramo da tempada ao seu estilo ofensivo. E non foi menos na última xornada. Un erro defensivo provocou a expulsión de Sergio Álvarez, que derrubou ao dianteiro perico Sergio García. Adiantouse o Espanyol de penalti pero 15 minutos despois Hugo Mallo devolvía o empate no marcador. Na volta do descanso sorprendeu de novo o conxunto catalán, que puxo o segundo con gol de Stuani. Pero o Celta non tirou o partido e Cabral puxo as táboas de novo cun testarazo. O esforzo dos vigueses tivo recompensa no minuto 77. Despois dun remate ao longueiro do Espanyol, o conxunto de Berizzo armou unha espectacular contra que definiu con clase Nolito, para certificar unha remontada heroica. O mellor escenario para a despedida de Krohn-Dehli, ovacionado pola bancada no seu troco, e do histórico líder dos vigueses Borja Oubiña. O Lugo non pode coa Ponferradina O Lugo caeu este sábado coa Ponferradina nun partido que dominaron os leoneses. O conxunto galego precisa un punto para certificar unha salvación que parece case pechada, mais que está a complicarse polos malos resultados das últimas xornadas. Tivo oportunidades o Lugo para empatar o gol inicial da Ponferradina, pero non foi quen de romper a barreira defensiva do equipo leonés."}
{"ID": "PRAZA_13523", "summary": "O 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce, e só no ano 2011 se impuxeron 137 mil sancións por falar polo teléfono.", "text": "O Real Automóvil Club de España (RACE) e Microsoft veñen de presentar un informe sobre as distraccións ao volante, a primeira causa de mortalidade nas estradas españolas, realizado a partir de 1400 entrevistas. Así mesmo, analizaron os datos oficiais sobre accidentes e sancións a condutores. A conclusión á que chegaron foi que enviar un SMS ou un e-mail a través do teléfono móbil mentres se conduce, supón un risco meirande que beber alcohol. Durante o ano 2011 impúxéronse máis de 136.800 sancións por falar polo teléfono móbil. E entre 2009 e 2012, un total de 141 condutores perderon o carné só por este motivo. A sanción por falar polo móbil sen mans libres, levar auriculares ou manipular un dispositivo é de 200 euros a retirada de tres puntos do permiso de condución. As distraccións ao volante supoñen a primeira causa de mortalidade nas vías españolas, con 649 falecidos en 2011 e un total de 33.000 accidentes con vítimas. A enquisa revelou que o 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce e o 15% de los usuarios sufrira unha situación de risco por un móbil A enquisa revelou que o 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce, o 15% de los usuarios sufrira unha situación de risco por un móbil, e a metade dos condutores recoñeceu falar polo teléfono sen utilizar un sistema de mans libres. RACE e Microsoft apoian tamén a súa hipótese sobre a perigosidade de empregar o móbil mentres se conduce un vehículo nunha anécdota que tivo lugar o 19 de outubre de 2011 en Dubai e Abu Dhabi, cando producíu unha interrupción de varios días no servizo de telefonía móbil. Neses días os accidentes de tráfico descenderon un 20%."}
{"ID": "NOS_56623", "summary": "Alegan o seu \"indubidábel\" valor arqueolóxico e que se atopa baixo a ameaza de ampliación dunha mina próxima", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, vén de solicitar a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) para a Cova de Eirós do Concello de Triacastela nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Educación e Cultura. Esta cova da montaña oriental garda restos arqueolóxicos e paleontolóxicos de grande valor para reconstruír a historia de Galiza dos últimos 100.000 anos. Nela atopáronse obxectos, restos humanos e faunísticos que a converten nun dos xacementos de maior interese científico e patrimonial do país. Alí, apareceu o adorno mais antigo de Galiza, un colgante datado en máis de 26.000 anos, o que dá testemuña da primitiva ocupación da nosa terra por seres humanos desde o paleolítico medio. Ademais de numerosos restos de habitación de máis de 100.000 anos, a cova garda pegadas da ocupación por fauna do cuaternario, mesmo do oso das cavernas (Ursus espelaeus), que a converten no exemplo máis occidental de Europa do hábitat desta especie. A cova de Eirós conserva así mesmo rabuñaduras de oso nas paredes que supoñen unha valiosa testemuña de que o animal habitou dentro da cova. Moitos outros achádegos permiten reconstruír o ambiente e a ecoloxía da parte máis occidental de Galiza, a máis vella xeoloxicamente falando, e que está a se revelar como unha zona de grande produción arqueolóxica e paleontolóxica. De feito, as universidades da Coruña e de Santiago de Compostela, a de Cantabria e a Rovira i Virgil de Catalunya desenvolveron varios estudos neste xacemento de Triacastela polo elevado interese que representan os restos alí atopados. Porén, aínda fican estratos que deben ser explorados, valorándose en cinco os niveis de sedimentos que poden ser produtivos arqueoloxicamente. Pese aos valores prehistóricos que conserva a cova de Eirós, este xacemento aínda pode correr perigo, ao atoparse no medio dunha explotación de pedra calcaria, cuxa concesión chega sobre a vertical da entrada á cova. É por iso que, desde Adega, consideramos urxente a declaración de BIC do xacemento, de feito que garanta a preservación deste importante elemento do noso patrimonio cultural e xeolóxico. De atender esta petición, a cova de Eirós sería a primeira cova galega que estaría catalogada baixo este recoñecemento de protección, como Ben de Interese Cultural."}
{"ID": "PRAZA_8398", "summary": "Ademais, convoca unha concentración en Compostela o 17 de abril coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia", "text": "Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público veñen de anunciar en rolda de prensa a convocatoria de novas mobilizacións contra a aprobación da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e tamén contra as últimas medidas programadas pola Consellaría de Educación, \"medidas que se traducirán en novos recortes no ensino público\". A Plataforma tamén convocou unha concentración para o 17 de abril en Santiago de Compostela coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, ás 16:45 horas. Os peches van ser rotativos e desenvolveranse durante todo mes desde ás 17 horas ás 10 da mañá do día seguinte. A Plataforma tamén convocou unha concentración para o 17 de abril en Compostela coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia A Plataforma considera a LOMCE como unha lei \"reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade\". Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, criticou a actitude do Conselleiro de Educación que -dixo- actúa con \"covardía\", \"elude defender as competencias que lle corresponden á comunidade autónoma e que a LOMCE invade\" e \"lle nega á comunidade educativa galega a posibilidade de debater o anteproxecto\". A representante das Federación Provincial de ANPAS de Lugo, Elvira Lombao, denunciou a decisión da Consellaría de eliminar institutos de ensino secundario (coma o IES As Mercedes de Lugo ou o IES Carballeira de Ourense) converténdoos en centros integrados de formación profesional, co obxectivo de recortar profesorado (que a esta altura ademais non pode concursar para obter un novo destino e vai ser desprazado ou suprimido) e para desviar alumando a centros privados concertados. \"Somos a única comunidade de todo o Estado que vai obrigar ás familias a pagar por un servizo necesario para escolarizar ao alumnado que ten que usar necesariamente o transporte escolar\" Pola súa banda, o deputado do BNG, Cosme Pombo, denunciou que \"somos a única comunidade de todo o Estado que vai obrigar ás familias a pagar por un servizo necesario para escolarizar ao alumnado que ten que usar necesariamente o transporte escolar\". Pombo referiuse á dispersión de núcleos que existe no país e advertiu que máis de 20.000 novas familias van ter que pagar agora polo servizo, cunha taxa que ademais se incrementa un 40%. Finalmente, Alberte Mera, secretario nacional de Galiza Nova, afirmou que \"o PP ten no punto de mira o ensino galego\" e insistiu na importancia dos peches que comezan o día 9 de abril en Santiago, para \"visualizar o rexeitamento social que xa se puxo de manifesto en outras mobilizacións e folgas estudantís\". Calendario de peches 9 de abril. Santiago (IES Rosalía de Castro) 10 de abril. A Coruña (IES Menéndez Pidal) 11 de abril. Carballo (IES Alfredo Brañas) 11 de abril. Ferrol (CIFP Ferrolterra) 12 de abril. A Guarda (CEIP A Sangriña) 15 abril. Carballo (IES Alfredo Brañas) 15 abril. Cangas (IES Rodeira) 17 abril. Lugo (IES As Mercedes) 18 abril. Verín (IES Xesús Taboada Chivite) 22 abril. Burela (IES Monte Castelo) 22 abril. Ourense (Xefatura territorial) 23 abril. Cambados (IES Ramón Cabanillas) 24 abril. Ribeira (IES Nº 1) 24 abril. Vigo (IES San Tomé Vigo) 25 abril. Gondomar (IES Terra de Turonio) 26 abril. Pontevedra (IES Torrente Ballester)"}
{"ID": "PRAZA_11019", "summary": "O venres 27 están convocadas manifestacións en todas as cidades galegas. Porén, nos días previos tamén se están organizando actividades de todo tipo, dende charlas a obradoiros e debates, a cargo de distintos movementos sociais. Velaquí a axenda de actos.", "text": "Entre o 20 e o 27 de setembro o planeta está a vivir unha mobilización global contra a emerxencia climática, que tivo xa unha xornada de grandes mobilizacións, o pasado venres, que terá a súa continuación o vindeiro venres 27. Nesa data están convocadas manifestacións nas sete cidades galegas, ademais de concentracións en varias vilas, impulsadas polo Movemento Galego polo Clima, que agrupa a máis de medio cento de entidades.Porén, nos días previos tamén se están organizando actividades de todo tipo, dende charlas a obradoiros e debates, a cargo de distintos movementos sociais. Ademais, a comunidade educativa está a xogar un papel protagonista. Xa a pasada semana en varios centros de ensino o estudantado acudiu con mascaras de protección, en sinal de protesta ante as consecuencias do Cambio Climático.O Movemento Galego polo Clima está conformado por Fridays For Future, Extinction Rebellion, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Adega, Verdegaia, Avante LGBT, MMM, CEMMA ou o Sindicato Labrego Galego, ademais de entidades locais coma a APDR, o Colectivo ecoloxista do Salnés, a Plataforma veciñal mina Touro- O Pino Non, a Asociación Petón do Lobo, entre outras. A pasada semana presentaron un manifesto que se pecha cunha serie de dez esixencias a Concellos, Xunta e Goberno central. VigoLuns 23. 19 horas. Presentación das actividades (Praza do Paseo de Alfonso). Fridays for Future, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros e Vigo Histórico abrirán a semana cun acto de presentación que finalizará cunha Aperta Colectiva que unirá cunha cadea humana o Paseo Alfonso até a Porta do Sol.Martes 24. 19 horas (Aula D. Rúa Elduayen nº 36). Palestras: \"Alternativas ao capitalismo desde o rural\", a cargo de Celtia Traviesas. \"Túnel no Casco Vello: peonalización mantendo a cultura do coche e dos ruídos\", a cargo de Vigo histórico e a AAVV do casco vello. \"Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación.\", a cargo de ADEGA VigoXoves 26. 19 horas (Cooperativa Árbore). Acto pola Soberanía Alimentaria organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, coa intervención de Isabel Vilalva Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. 20.30 horas. Paseo de Alfonso. Bicicleando polo Clima, organizada pola Masa Crítica de Vigo.Venres 27. 11 horas. Concentración estundatil na Praza do Rei. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S. Dende Vía Norte á Porta do Sol. A CoruñaMartes 24. Convocatoria para asistir a clase con máscaras de protección. 19 horas (Obelisco). Faladoiro: \"Cómo consumir dun xeito mais responsable, local e sen envases\", coa colaboración de Zocamiñoca e O Recuncho do Granel.Mércores 25. 19 horas (O Fiandón). Charla de Pablo Meira: Transición Ecolóxica, Mitigación e PrevenciónVenres 27. 12 horas. Concentración ante os centros de ensino. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S, dende os Xardíns de Méndez Núñez. LugoLuns 23. Facultade politécnica. Charla: 'O capitalismo non é verde'. Organiza: ErguerMércores 25. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Charla: 'Por que arde o monte e que facemos?'Xoves 26. Salón de actos de Maxisterio. Charlas sobre 'O Cambio Climático dende un punto de vista científico'Venres 27. 12 horas. Manifestación polo Clima. Saída dende a Praza Horta do Seminario. 20 horas. Concentración diante do Concello Santiago de CompostelaMartes 24. 18.30 horas (Casa do Matadoiro). Palestra: 'A eucaliptización de Galicia', a cargo de ADEGA-Cousa de Raíces. 20 horas . Palestra Eco-feminista a cargo de Teresa Moure.Mércores 25. 20 horas (Casa do Matadoiro). Bicicletada polo climaXoves 26. 19.00 horas (Casa do Matadoiro). Mesa redonda: \"As caras do espolio\", con ADEGA, Galiza un futuro sen Carbón e Plataforma Mina Touro-O Pino Non. 20 horas. Documental e coloquio: \"Redes contra a política do espolio\", con Xosé Bocixa.Venres 27. 19.30 horas (Casa do Matadoiro). Manifestación polo Clima OurenseVenres 27. 20 horas. Concentración na Praza Maior PontevedraVenres 27. 12 horas. Concentración fronte á Subdelegación do Goberno. 20 horas. Manifestación dende a Praza da Ferreiría ata a Peregrina. FerrolVenres 27. 12 e 19.30 horas. Concentracións na Praza Amada García RibadeoVenres 27. 20 horas. Concentración diante do Concello"}
{"ID": "PRAZA_429", "summary": "Entidades culturais, concellos e centros de ensino organizan este martes ducias de actividades dedicadas á poeta, entre as que destacan as realizadas pola AELG e pola propia Casa-Museo e Fundación Rosalía de Castro", "text": "Este 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, repodúcense dunha beira a outra de Galicia (e mesmo alén do Padornelo) as accións de homenaxe á poeta, que neste ano mesmo chegaron á porta de Google, a través dun celebrado doodle. Entidades culturais, concellos e centros de ensino organizan este martes ducias de actividades, entre as que destacan as realizadas pola propia Casa-Museo e Fundación Rosalía de Castro e pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que xa o pasado domingo realizou o seu acto central no Panteón de Galegos Ilustres, cunha lectura colectiva de poemas. A propia AELG ten convocados este martes un bo número de actos, que se poden consultar polo miúdo na súa web, algúns deles en colaboración cos Concellos que aprobaron nos seus plenos celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro coa lectura da súa obra. Lugo (Praza de Abastos, ás 12 horas), A Coruña (Centro Ágora, ás 19 horas), Vigo (IES San Tomé de Freixeiro, ás 19 horas), A Rúa (Biblioteca municipal, ás 19.30 horas), Bueu (Sala de exposicións: Amalia Domínguez Búa, ás 20 horas), Ferrol (Galería Sargadelos, ás 20 horas) acollerán a lectura de poemas e do manifesto feito público pola AELG. Tamén en Madrid, ás 19 horas, o Grupo Bilbao convoca unha lectura de poemas de Rosalía diante da que fora a súa residencia madrileña, na rúa Ballesta, 13. Desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron Allariz, Ames, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade, sumándose tamén as Deputacións da Coruña e Lugo. A Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía cun programa especial do Diario Cultural no que se presentará a edición en libro-disco de De Cantares Hoxe A Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía cun programa especial do Diario Cultural no que se presentará a edición en libro-disco de De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía publicou en Cantares Gallegos. O acto de presentación terá lugar ás 19 horas na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e intervirán Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Rosa Martínez, directora da Radio Galega. Lerán os seus poemas Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luis Glez Tosar, Olalla Cociña e Xose María Álvarez Cáccamo. A crítica literaria Ana Salgado fará unha lectura crítica do libro-CD e María Xesus Nogueira realizará unha achegamento ás antoloxías sonoras na poesía galega. Tamén destacan os vídeos elaborados para este día polas alumnos e alumnas de centros de ensino e que se poden ver na canle de youtube da AELG. De Escairón ou Negreira, a Ares, A Coruña, Abegondo ou Lugo, pasando por Ames, Padrón, Vedra ou Carril. Son ao redor de 36, aos que hai que unir outros 35 realizados por persoeiros da cultura galega e outras persoas que atenderon os chamamento realizado pola asociación baixo o hashtag #EuSonRosalía: Marilar Aleixandre, Margarita Ledo, Mónica Caamaño, Xabier Díaz, Isaac Xubín, Xurxo Souto, María Solar, Francisco Castro, Andaravía Teatro ou a Libraría de Mulleres Lilith. Todos os vídeos, que levan un tempo circulando polas redes sociais, comezan coa frase \"Eu son Rosalía porque/cando/para…\". A celebración do Día de Rosalía inclúe moitos outros actos, en ducias de localidades de todo o país, organizados polos concellos ou por entidades culturais Porén, a celebración do Día de Rosalía inclúe moitos outros actos, en ducias de localidades de todo o país, organizados polos concellos ou por entidades culturais. Ou por plataformas coma A Sega, de crítica literaria, que xa hai unhas semanas animaba a vestir con bufandas e outras prendas as estatuas e bustos de Rosalía existentes no país. Este martes Rosalía estará máis presente ca nunca en Ourense, coas actividades organizadas no Liceo polo Grupo Rosalauria; ademais, o Concello apoia a celebración coa inserción dunha faixa dedicada á poeta en dous autobuses urbanos, e coa distribución de poemas nos restantes autobuses da cidade. En Burela, o Colectivo Cultural Buril organiza un Maratón de Lectura, dende as 10 da mañá ata as 8 da tarde, unha iniciativa que xa o pasado tivo un gran seguimento. E mesmo en Braga, en Portugal, a Semana Cultural - Convergência Galiza/Portugal fai oco na súa programación ao Día de Rosalía. Arteixo, Salvaterra, Silleda, Boiro, Teo, Muxía, Carballo, Sober, A Estrada ou Laracha organizan tamén actos públicos este martes. De igual xeito, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) anima a celebrar o Día de Rosalía a través da plataforma Agasallo.eu, de propostas de regalos en galego. A CTNL sinala, por exemplo, os produtos de Rei Zentolo, os da docería Fina Rei, discos coma os de Aid, aCadaCanto ou Uxía ou outros títulos coma Rosalía pequeniña, A miña primeira Rosalía ou Na lingua que eu falo."}
{"ID": "PRAZA_2581", "summary": "Enquanto a Igreja Católica permita que os seus ministros honrem ditadores genocidas, deveria abster-se de dar-lhe liçons de democracia ao povo catalám.", "text": "Ricardo Blázquez, Arcebispo de Valladolid e Presidente da Conferência Episcopal, está preocupado pola unidade da Espanha. Di que o processo cara a independência causa caos, inquietaçom, insegurança... vaia, que provocará um cataclismo. O chefe máximo dos bispos espanhois manifestava isto no discurso inaugural da última assembleia da Conferência Episcopal, nom poupando, no mesmo texto, elógios para a \"Transiçom\" espanhola e o marco constitucional modélico que desfrutamos. Segundo Blázquez, vivemos num regime democrático \"com satisfaçom dos cidadaos e mesmo a admiraçom de muitos nom espanhois\". Enfim, que o povo catalám se lança ao caos se abandona esta arcádia feliz democrática, e isso provoca muia agitaçom no chefe dos bispos e nos mais altos representantes da cúria espanhola. Algumha cousa nom encaixa neste desassossego da elite do sacerdócio católico. Esses teóricos desvelos pola democracia, contrastam com umha notícia encontrada na imprensa no mesmo dia: em polo menos dezaseis templos católicos se renderám honras fúnebres polo ditador Francisco Franco no dia 20 de Novembro, data na que se completam quarenta anos da morte do \"Generalísimo\". Polos vistos, isso nom atenta contra a democracia. Ou como é a cousa? Os bispos fecham fileiras entorno à democracia, e permetem que haja cregos que celebrem misas honrando a Franco? Seria de agradecer que \"Monsenhor Blázquez\" chamasse à ordem a esses cregos... Enquanto a Igreja Católica permita que os seus ministros honrem ditadores genocidas, deveria abster-se de dar-lhe liçons de democracia ao povo catalám. Poucos factos haverá tam democráticos como o de que um povo decida o seu destino. Em contraste, está a nada democrática estrura interna da Igreja Católica (por certo...se partidos, sindicatos e associaçons de todo tipo tenhem que ter um funcionamento democrático por lei, porquê eles nom?) com umha elite alonjada dos seus membros de base, os fregueses e freguesas, que mantém posicionamentos totalmente desconetados da realidade social em questons como sexualidade, direitos reprodutivos ou convivência familiar. Posicionamentos que a maioria dos fieis nom partilham. Para poder opinar com certa credibilidade sobre questons políticas, bom seria limpar a própria casa. A Igreja Católica fai umha \"política interior\" escurantista e totalitária e oferece umha imagem de cara ao exterior que nom dá desterrado a visom daquela Igreja aliada do franquismo. Quiçá porque no fundo entre ser bourbónico e ser franquista nom há tanta diferença, ou talvez porque a democracia é o de menos nas preocupaçons dos bispos..."}
{"ID": "NOS_42094", "summary": "As paredes dun vello edificio que foi mesmo igrexa no barrio pontevedrés de Mollavao abeiran, desde hai oito anos, unha das programacións musicais máis avanzadas, orixinais e plurais da Galiza. É o Liceo Mutante, local autoxestionado, que esta fin de semana -23 e 24 de agosto- celebra o seu aniversario.", "text": "Entre os centos de bandas, artistas e mesmo proxectos efémeros que pasaron polo escenario do Liceo, hai algúns que manteñen relación singular, especial, co espazo. É o caso de Hevi, cerebro e corazón de Malandrómeda e Fluzo, algo así como rap vangardista. Esta sexta feira será o prato forte da apertura dos festexos. Acompañárano nas táboas \"amiguiñas do liceo que lle van facer un all star charanga ensemble\". Antes debutarán os pontevedreses Columna Vegana. O sábado 24 de agosto, día grande, haberá catro bandas. Todas chegadas de fóra e todas viradas á diferentes variacións punk: Las Morsas, Rata Negra, Sudor e KLS. As entradas para o evento, en forma de donativo á asociación que rexe o Liceo de maneira desinteresada, custan oito euros por xornada ou 15 para as dúas."}
{"ID": "NOS_31531", "summary": "A Comisión Europea considera que as leis de Polonia e Hungría violan dereitos fundamentais das persoas LGTB+.", "text": "A Comisión Europea iniciou este 15 de xullo senllos expedientes sancionadores contra Hungría e Polonia por promover leis que violan os dereitos fundamentais das persoas LGTBI, o primeiro pola controvertida norma que prohibe falar de sexualidade nas escolas e o segundo por decretar \"zonas sen ideoloxía LGTBI\". O procedemento de infracción arrinca co envío dunha carta de emprazamento que detalla as razóns da preocupación de Bruxelas ás autoridades estatais e dálles un prazo de dous meses para emendar a situación. Os expedientes sancionadores prevén unha segunda etapa de diálogo se non se resolve o conflito nesta primeira fase e, en última instancia, o Executivo comunitario podería elevar os casos ante o Tribunal de Xustiza da UE. A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, xa cualificara de \"vergoña\" a reforma promovida polo Goberno húngaro, que baixo o paraugas dunha lei contra os delitos de pederastia incluíu medidas para impedir o acceso dos menores a información sobre o colectivo LGTBI. Polonia No caso polaco, Bruxelas tentou en varios contactos convencer as autoridades de que actuasen contra a decisión de varios municipios de declarárense en 2019 \"zonas sen ideoloxía LGTBI\". Os servizos comunitarios consideran insuficientes as explicacións recibidas de parte de Varsovia, que ignorou algunhas das peticións de Bruxelas, e ven na declaración destas zonas un caso de discriminación por razón de orientación sexual, ademais de lamentar a falta de cooperación do Goberno polaco. Tamén este 15 de xullo, a Comisión avisou a Polonia de que as súas autoridades e tribunais están obrigados polos Tratados da UE a cumprir as sentenzas ditadas polo Tribunal de Xustiza da UE, incluído o auto ditado na véspera obrigando a Varsovia a suspender o réxime disciplinario que impón aos xuíces do Supremo."}
{"ID": "NOS_41174", "summary": "Renfe avanza que penalizará a compañía fabricante, Talgo, por incumprimento de contrato, ao tempo que Alfonso Rueda acusa o Goberno estatal de \"buscar culpábeis sen dar solucións\".", "text": "Talgo recoñeceu esta quinta feira \"determinados atrasos\" nos prazos de entrega a Renfe de 30 trens de moi alta velocidade S106 e asegurou que estes se deberon principalmente a \"causas de forza maior\", segundo comunicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Entre os factores que ocasionaron este atraso, a compañía destacou as caídas de produción e interferencias na cadea de subministración con motivo da Covid-19 e outros \"eventos xeopolíticos\". Aliás, sinalou que outros factores son causas \"exóxenas\" a Talgo que están a provocar atrasos nos procesos de probas e tamén de homologación. \"O proxecto atópase actualmente en proceso de probas dinámicas e homologación e espérase poder terminalas proximamente\", indicaron desde Talgo. Postura de Renfe Esta cuarta feira Renfe, \"tras constatar o atraso por parte de Talgo\", avanzou que está a analizar o contrato para determinar as \"posíbeis penalizacións correspondentes\", xa que a entrega das primeiras unidades estaba prevista para xaneiro do ano pasado e \"desde a empresa construtora non se fixou data de entrega definitiva\". Transportes sitúa para o verán a chegada dos trens Avril á Galiza Talgo obtivo a adxudicación da fabricación dunha trintena de trens de alta velocidade dos que 15 unidades serán de ancho variábel —podendo circular por vía convencional e estándar—. O investimento nestes trens é de 786,5 millóns de euros. Renfe indicou que permitirán mellorar a súa oferta en todo o ámbito AVE-Longa Distancia e apuntou que a súa frota non aumentou nos últimos anos, mais si as relacións ferroviarias. Rueda acusa o Estado de \"buscar culpábeis sen dar solucións\" O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que o Ministerio de Transportes está agora tentando \"buscar culpábeis\" ante o atraso da posta en funcionamento dos Avril na Galiza, mais segue sen achegar \"certezas\" sobre cando será. Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno desta quinta feira, o presidente foi preguntado sobre a intención de Renfe de penalizar Talgo polo incumprimento do contrato para a chegada destes trens, que estaba comprometida para antes de xullo. Dixo que é \"máis un tema interno\" do Ministerio que \"non soluciona á Galiza nin aos galegos o fundamental\", que é saber \"cando\" van chegar estes convois e se se van poder aproveitar \"algún mes deste ano que, desde o punto de vista turístico, está a ser espectacular\". De feito, Rueda ligou a intención do Estado de sancionar Talgo coa carta que el mesmo enviou esta semana á ministra de Transportes, Raquel Sánchez, para indicarlle que se ía cumprir o prazo sen saber \"nada\" sobre os Avril. Pontón lamenta os \"constantes atrasos\" Pola súa parte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou a \"constante\" dos \"atrasos\" na Galiza en cuestións relacionadas co ferrocarril e urxiu a chegada dos trens Avril, á vez que matizou que \"o debate non son só os trens\", senón a modernización de toda a liña ferroviaria no país."}
{"ID": "PRAZA_9428", "summary": "O tribunal anula a decisión unilateral pola que a redacción asumía tamén o labor de edición básica ao \"ser unha modificación substancial das súas condicións de traballo\" e ir contra o Estatuto dos Traballadores. Defende A Galega pide a marcha do director xeral no 40º venres negro", "text": "Outra sentenza contra os intereses da CRTVG. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula a atribución unilateral que a Corporación fixo aos seus redactores do labor de edición básica de vídeo por ser \"unha modificación substancial de carácter colectivo das súas condicións de traballo\". O ditame aclara, ademais, que con esta medida a dirección dos medios públicos vulnerou o procedemento que establece o Estatuto dos Traballadores respecto destas modificacións, que obriga a abrir un período de consultas coa representación sindical antes de aplicar decisións deste tipo. A sentenza, á que tivo acceso Praza.gal, atende así parte da demanda presentada polo sindicato CUT e á que se adheriu tamén UGT, pero non atende a que tiña que ver respecto tamén de novas atribucións de labores aos operadores-montadores de vídeo. O TSXG entende que atribuírlle aos redactores o labor de edición de vídeo é \"unha modificación substancial de carácter colectivo das súas condicións de traballo\"Segundo explican as centrais, a CRTVG teimou sempre en que \"impoñerlle ao persoal de redacción as funcións de edición (historicamente desenvolvidas polos operadores e operadoras de video) non representaba unha modificación substancial das súas condicións laborais, facendo caso omiso das advertencias da CUT e UGT, que sempre expuxeron a inseguridade xurídica que representaba a medida unilateral disposta pola empresa\".A sentenza do TSXG, contra a que cabe recurso no Supremo, asegura que o argumento da Corporación, que apelaba ao cambio tecnolóxico que supuxo a posta en marcha da nova plataforma dixital para impoñer esta medida non está xustificado e supón de facto unha \"mobilidade\" funcional \"descendente\". A sentenza aclara que a CRTVG debeu cumprir cos trámites previstos no Estatuto dos Traballadores ao ser unha medida \"definitiva e con vocación de permanencia\"Segundo o tribunal, a comparativa entre as tarefas previstas e as encomendadas \"difire notablemente\" ao pasar o redactor de \"propoñer\" a \"experimentar non un incremento das súas propias funcións, senón a realizar ex novo e directamente un labor material de execución que, cualitativamente estraña a súa configuración persoal regulamentaria e contractual, así como a súa adebedada prestación de servizos, altera e transforma aspectos fundamentais do contrato, ao tempo que, por encaixar no ámbito dos operadores-montadores de vídeo implica, dados os niveis dun e doutro colectivo, unha mobilidade descendente, co conseguinte prexuízo\".Ademais, o ditame aclara que a medida \"non é accidental nin provisional\", senón \"definitiva e con vocación de permanencia\", polo que \"a súa eventual eficacia esixe necesariamente (...) cumprir cos trámites previstos no artigo 41.4 do Estatuto dos Traballadores (ET), até o de agora obviados pola empresa\".Xa que logo, o TSXG ditamina que a atribución pola CRTVG do labor de edición ´basica aos seus redactores \"é unha modificación substancial das súas condicións de traballo de carácter colectivo\", polo que declara a \"nulidade\" da medida por non ter en conta o procedemento establecido no ET e condena a Corporación a \"respectar\" o ditaminado. Ante o ditame, as sección sindicais da CUT e a UGT pídenlle á empresa \"que acate de inmediato a sentenza e non dilate de xeito indefinido a súa aplicación, polo prexuízo que lle está a ocasionar ao persoal afectado, que leva meses asumindo funcións anuladas por este ditame\". A sentenza súmase a varias que a Xustiza ditaminou contra a CRTVG, como a que declarou hai xa anos ilegal a vixilancia do correo persoal realizada pola dirección ou a que condenou a empresa por vulnerar o dereito á folga na mobilización feminista do 8M, ademais dos preitos perdidos en favor de varios traballadores que viron recoñecida a súa categoría profesional. O 40º venres negro pide a marcha do director xeralEste novo ditame xudicial contra a CRTVG chega no 40º venres negro co que boa parte do persoal da Corporación segue a mobilizarse \"contra a manipulación\" e polo cumprimento da Lei de Medios. Nesta ocasión, e aproveitando o 70º aniversario do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, o colectivo Defende A Galega pide a súa marcha. \"Vai sendo hora de ir para a casa\", reclama. \"O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, cumpre hoxe 70 anos. Un momento máis que acaído para ir pensando no retiro. Logo de 40 semanas de protestas vai sendo hora de que naza unha nova CRTVG. #PasaPaCasa e pasemos páxina\", di nas súas redes sociais. As protestas chegaron tamén á propia emisión da Radio Galega o pasado xoves cando o grupo Los Vagos, que levou a cabo unha actuación en directo. \"Quero dedicar este tema a todos os traballadores da Radio Galega e da TVG, que están pelexando contra a manipulación, e polos venres negros\", dixo un dos seus membros. \"Aínda que non sae moito nos medios, como estamos en directo... Igual non os chaman para a seguinte, pero quero dedicarlles este tema a eles\", insistiu."}
{"ID": "NOS_45477", "summary": "Agora o xuíz dispón de oito semanas para determinar a condena.", "text": "Un xurado popular declarou esta madrugada o expolicía Derek Chauvin culpábel do asasinato do afroamericano George Floyd. O ex agente de policía de Mineápolis fora acusado de asasinato en segundo grao, penado con at é40 anos de cárcere; asasinato en terceiro grao, cunha condena máxima de 25 anos, e homicidio en segundo grao, que implica até 10 anos de privación de liberdade. O xurado declarouno culpábel dos tres cargos por unanimidade, e agora o xuíz dispón de oito semanas para determinar a condena. Ao non ter penas anteriores, é probable que a sentenza non sexa superior a 12 anos de prisión, segundo indican desde a propia prensa estadounidense. A decisión foi acollida non alegría na comunidade afroamericana, que seguía con moita atención este xuízo. A familia de Floyd, os avogados da familia e mesmo o reverendo e activista para os dereitos civís Al harpton coincidiron en que o papel do fiscal xeral de Minnesota, Keith Ellison, foi clave para alcanzar o veredicto de culpabilidade ."}
{"ID": "NOS_11318", "summary": "Sanidade quere rematar a vindeira semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos e comezar coa inmunización das galegas e galegos de 59 anos cara a abaixo.", "text": "O Sergas prevé finalizar a próxima semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos. Entre mañá e o sábado están programadas 90.000 doses para persoas de entre 65 e 69, co que a Xunta quere comezar a próxima semana coa inmunización das galegas e galegos de 59 anos cara a abaixo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, avanzou as novas fases da vacinación e precisou que para o colectivo de menos de 59 inxectaranse as solucións de Pfizer e Janssen, esta última monodose. Sobre a vacinación dos mariñeiros, e após iniciarse o procedemento do convenio entre a Xunta da Galiza e o Instituto Social da Mariña, Feixoo indicou que o Sergas inclínase por aplicar o antídoto de Janssen neste persoal. Tamén confirmou que a idea é empezar polas listaxes de mariñeiros de frota de altura e grande altura e, a continuación, inmunizar os de baixura. A este respecto, tamén se pronunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que afirmou que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ten \"a cara de cemento armado\" polo seu \"embuste\" sobre o tratamento a este sector. Esa foi a resposta á afirmación do socialista, que acusara a Xunta de dar as costas aos traballadores da pesca. O presidente galego mostrou a súa \"lealdade absolutamente escrupulosa\" co Consello Interterritorial do Sistema de Saúde estatal, en que se adoptan as decisións sobre a vacinación, a pesar das discrepancias que mantén a Xunta coa estratexia. Nese sentido, o mandatario galego asegurou que o seu Goberno entende que \"o lóxico\" é aplicar a segunda dose de Astrazeneca ao colectivo de persoas menor de 60 anos que recibiron a primeira -entre os que se atopan uns 60.000 traballadores declarados esenciais-, mais a decisión que se adoptou foi a defendida polo Ministerio de Sanidade de agardar ao ensaio clínico no que se estuda a posibilidade de combinar este fármaco -de técnica adenovirus- cunha vacina de tecnoloxía ARN mensaxeiro (como Pfizer ou Moderna)."}
{"ID": "NOS_41402", "summary": "A iniciativa de Proxecto Trasno procura recadar frases curtas de uso cotián para que, logo, falantes nativos de galego graven as súas voces interpretando esas frases para que poidan usarse en máquinas. Xa teñen máis de 1.700 expresións", "text": "\"Nos vindeiros anos, os servizos, produtos e estudos baseados na intelixencia artificial (IA) estarán por todas partes pero non poderemos interactuar en galego con eles non sendo que axudemos nisto\". Así explican desde o Proxecto Trasno un dos retos que o galego ten por diante e que non é pouca cousa. \"Un asistente de voz, un lector de textos para persoas con necesidades especiais, asistente de condución en automóbil, un mordomo doméstico, un acompañante robótico para a vellez,… son algúns dos exemplos nos que o galego ten que estar presente, pero como podemos facer isto posible?\", pregúntanse. E eles mesmos apuntan a resposta \"A Fundación Mozilla creou o proxecto Common Voice. Un proxecto que quere crear unha tecnoloxía Open Source para que as máquinas que usaremos no futuro poidan entender e falar con calquera idioma do mundo\". E Proxecto Trasno pula poque o galego estea aí. Lembran que levan anos colaborando coa Fundación Mozilla, \"desde o nacemento no 2003, e froito dese traballo todos os usuarios temos dispoñible o navegador de Internet Firefox en lingua galega\". Como axudar ? \"O proxecto consiste en recadar un número importante de frases curtas de uso cotián para que, logo, falantes nativos galegos graven as súas voces interpretando esas frases recadadas. Todas as gravacións serán analizadas por este modelo e farán 'maxicamente' que as máquinas entendan o noso prezado idioma\". Até agora xa recolleron máis de 1.700 frases. O seu obxectivo é superar as 5.000. \"En canto teñamos máis de 5000 frases validadas, abrirase a fase de gravación. Durante o proceso seguiremos recollendo máis frases pero ao mesmo tempo iremos cubrindo o obxectivo de 10000 horas de fragmentos de son necesarios para que a intelixencia artificial do DeepSpeech poida crear o modelo de lingua galega. E pódese axudar de diferentes maneira, sinalan desde este proxecto: Redactar frases orixinais e remitilas por correo a proxecto@trasno.gal. No correo poñer Asunto: [CV] Frases para Common Voice; colaborar na revisión das frases que deben estar correctamente escritas, gravar as frases a viva voz, doando a túa voz co teu estilo, acento, modo e maneira de falar en galego... E hai tamén outras tarefas nas que podes axudar: Revisar as gravacións para comprobar que a gravación se entende ben e di exactamente o mesmo que o texto correspondente; organizar unha quedada para recoller, revisar ou gravar pola túa conta e incorporarte ao proxecto de maneira directa.... É importante, lembran, \"que se poidan doar con licenza de dominio público, a. É dicir, non se poden extraer nin de libros nin de sitios web a non ser que teñamos permiso dos autores ou propietarios para doalas ao dominio público\"."}
{"ID": "NOS_26852", "summary": "As próximas semanas serán decisivas para o complexo alumineiro de San Cibrao (Cervo). Mentres dan por feito a intención da dirección de Alcoa de desmantelar a factoría, as traballadoras e traballadores preparan novas protestas coa vista posta na importante xuntanza da cuarta feira cos Gobernos galego e estatal.", "text": "\"Alcoa prepara a súa saída de San Cibrao\". Quen así falaba era o responsábel de Industria de CCOO, Agustín Martín, nunha comparecencia no Congreso dos Deputados a semana pasada. \"Alcoa non fixo investimentos nos últimos anos. Dilapidouno todo. Estiven reunido co presidente de Alcoa hai unha semana e non van seguir operando aínda que se lles regale a electricidade. É unha decisión de grupo\", afirmaba o dirixente sindical, convencido de que a multinacional ten pensado intervir no mercado do Estado español a través da súa filial en Arabia Saudita. A opinión de Martín é partillada polo comité de empresa da factoría de San Cibrao. Segundo as fontes sindicais consultadas por Nós Diario, \"Alcoa non quere seguir, polo que calquera estratexia de futuro para a fábrica de San Cibrao pasa por apartar a actual propietaria da xestión da planta. A súa folla de ruta é de libro, pretenden realizar un feche das diferentes unidades de produción por fases, coa intención de dividirnos e que a nosa capacidade de resposta sexa menor. Agora comezan por electrólises, eléctrodos e anexos en aluminio pero despois vai ser alumina, cuxo futuro está condicionado á clausura da balsa de lodos fixada para 2023\". Produción en Arabia Saudita A deslocalización da produción a Arabia Saudita ten condicionada a situación da factoría de San Cibrao. Desde a representación sindical consideran que \"os problemas para San Cibrao comezaron cando Alcoa arrancou á volta de 2014 a súa planta en Arabia Saudita. Un complexo que concentra a produción de aluminio primario, a fabricación de alumina así como outras actividades asociadas, cuns gastos enerxéticos practicamente nulos e cunha man de obra moi barata. Desde aquela, a empresa empezou a desfacerse de activos no resto do mundo, ao reducir o mantemento en San Cibrao e ao negarse a acometer novos investimentos\". A ausencia de novos investimentos na factoría de San Cibrao contrasta coa composición do seu cadro de persoal. As prexubilacións postas en marcha pola compañía así como a aprobación dos contratos de relevos recollidos nos convenios colectivos provocaron un anovamento das traballadoras e traballadores, cuxa idade media se sitúa entre 30 e 35 anos. Os cadros de persoal son aínda máis novos nas empresas auxiliares, algunhas das cales actúan como canteira de operarias e operarios para a matriz. Nalgunhas das mesmas sitúase por baixo de 30 anos. A idade das empregadas do complexo alumineiro dá conta do impacto, tamén, no plano demográfico desta decisión. O futuro non pasa por Alcoa O futuro da factoría de San Cibrao non pasa por Alcoa. A totalidade das organizacións sindicais que fan parte do comité de empresa, mais tamén da Plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa, teñen a certeza da vontade da multinacional de abandonar San Cibrao e da necesidade da súa nacionalización como única posibilidade para garantir o emprego. Así o ten expresado a representación sindical nas súas diversas posicións públicas e así o teñen reclamado nas súas protestas os traballadores, de maneira moi significada na masiva manifestación que decorreu o domingo en Ribadeo, onde barricadas de pneumáticos cortaron a ponte dos Santos. Mañá terá lugar o primeiro cara a cara entre os traballadores, o Goberno galego e o estatal. Malia que a reunión xa estaba fixada con anterioridade ao anuncio de Alcoa de prescindir de máis de 800 empregados na súa factoría de San Cibrao, a representación sindical agarda coñecer de primeira man a opinión das Administracións ás súas reivindicacións e a disposición dos Executivos a buscar unha solución para o emprego. \"As sensacións destes primeiros días non son as mellores\", sinalan fontes do comité de empresa a Nós Diario, mentres lamentan que \"nin desde o Goberno de Madrid nin desde a Xunta ofrecesen alternativas\". As esperanzas dos traballadores do complexo de San Cibrao están cifradas nunha solución política. Neste liña critican que a Xunta e o Goberno do Estado empreguen a situación para a lea política e eludan as súas responsabilidades como Administracións con competencias na materia e obrigadas a ofreceren alternativas. Ao tempo agardan unha presión firme dos dirixentes de Galicia en Común e do PSdeG aos seus compañeiros do Executivo para que este proceda á nacionalización da planta, conscientes que a súa marxe de manobra vai ser moito menor unha vez pasen os vindeiros comicios galegos."}
{"ID": "NOS_40891", "summary": "Case a metade da poboación dos EUA non cre que os procesos electorais no país decorran con transparencia.", "text": "Un estudo elaborado polo Instituto de Política da Universidade de Chicago, en Estados Unidos, mostra que 28% da poboación dos EUA pensa que terá que \"levantarse en armas\" contra o Executivo de Joe Biden antes de que remate a lexislatura en 2024. O diplomático John Bolton recoñece que os EUA impulsaron golpes de Estado Case unha de cada tres persoas enquisadas afirman que \"pode ser necesario nalgún momento que a cidadanía tome as armas contra o Goberno\" dos EUA. Esta porcentaxe é aínda maior entre aquelas persoas entrevistadas que posúen armas, xa que pasa de 28% a 37% da poboación con este pensamento. 293 tiroteos masivos nos EUA en 2022 O estudo vencella estes datos coa idea existente nunha gran parte da cidadanía estadounidense de que o Executivo dos EUA é \"corrupto e está amañado\". 67% dos votantes republicanos e independentes están de acordo con esta información, por 51% dos votantes demócratas. Outras conclusións do estudo A Universidade de Chicago tamén analizou o nivel de confianza que mostra a poboación dos EUA nos procesos electorais do país. Así, 44% dos estadounidenses cren que as eleccións decorren de maneira xusta e transparente. Ese dato redúcese até 33% no caso dos votantes republicanos. Presentarase Donald Trump ás eleccións dos EUA en 2024? Precisamente, a maioría dos seguidores do Partido Republicano comparten as acusacións vertidas polo ex presidente Donald Trump contra os comicios decorridos en 2020, que o levou a liderar a toma do Capitolio de Washington.o 6 de xaneiro de 2021. A valoración do ex dirixente dos EUA foi outro dos asuntos tratados no estudo. Entre os republicanos, o apoio a Trump é case maioritario, ao tempo que restan importancia ao ocorrido no Capitolio. Conclúen que o asalto ao Capitolio foi un intento de golpe de Estado En xeral, a Universidade de Chicago subliña que o estudo do seu Instituto de Política mostra a división cada vez máis grande entre demócratas e republicanos. Os datos sinalan que 70% da poboación de cada un dos bandos considera do outro que \"en xeral son matóns que queren impor as súas crenzas políticas a aqueles que non están de acordo\"."}
{"ID": "NOS_22451", "summary": "Sicixia preséntanos unha historia que ten todos os ingredientes das Cantigas de Amigo. Unha historia asentada na memoria colectiva coa lenda da Buserana e na individual coa evocación de sons e imaxes da natureza.", "text": "Pasou unha semana desde que Sicixia chegou ás salas de cinema comercial e, neste tempo, moito se ten escrito sobre o filme. Desde as reflexións de sorpresa que mostra algún medio por o filme ter alcanzado tanta audiencia a outras que aseguran que Sicixia emula, no argumental, As pontes de Madinson e, na técnica narrativa e combinación de documental con ficción, Tabú, o derradeiro filme de Murnau (1931); desde quen confunde percebes con mexillóns (\"Se asan los percebes en una parrilla sobre la arena\", leo nunha crónica) a quen simplemente viu un documental sobre a rapa das bestas complementado cunha historia amorosa en praias bonitas. Creo que se pode ver Sicixia sen necesidade de procurar referencias externas e ollando máis para nós Tamén lin que é unha película que reivindica a cultura popular. Talvez o título e subtítulo \"un paseo polo amor e a costa da morte\" permita escribir iso e moito máis. Loxicamente cada quen ve o filme á luz das súas propias experiencias e, nese sentido, todas as interpretacións son aceptábeis, mesmo a que ve percebes onde hai mexillóns. Sobre o título e outras cousas Tamén sobre o significado do título se ten escrito bastante. Hai quen o interpreta como unha metáfora, na Sicixia, \"sol, terra e lúa casan e emparellan\", leo nun comentario. Tamén quen ve en SICIXIA unha eclipse, permitíndolle relacionar o filme de Vilar co filme Eclipse de Antonioni. Debo recoñecer que, lonxe dos ámbitos astronómicos, o uso da palabra sicixia é bastante restrito entre nós. Na imprensa europea apenas se documenta, a diferenza do que acontece na América onde podemos topar con titulares como \"Mareas de Sicigia tienen inundada a Cartagena (en Colombia) ou \"Marés de sizígia e agitação marítima provocam correntezas no Sudeste\" (lido no R7 brasileiro) As mareas de sicixia, ou mareas vivas (curiosamente o protagonista de Sicixia participou na serie de TVG titulada Mareas Vivas), prodúcense cando a Lúa e o Sol están en conxunción (Lua Nova, a Lúa entre a Terra e o Sol) ou en oposición (Lúa Chea, a Terra entre o Sol e a Lúa). Neste caso os efectos de ambos astros súmanse e de aí a preamar de sicixia ser máis alta do que a preamar promedio e o mesmo a baixamar. A Sicixia de Vilar é unha sicixia de conxunción, partimos de Lúa Chea que mostra o primeiro punto sobre o i para chegarmos á Lúa Nova no derradeiro i Para além de todas as referencias cinematográficas mencionadas, e aínda no que di respecto ao título, cabe referir a existencia de un outro título Sizígia, neste caso unha curtametraxe da autoría do arquitecto portugués Luís Urbano premiada en varios festivais internacionais de curtametraxes desde 2012. Desénvolvese na Piscina das Marés, un edificio deseñado por Álvaro de Siza e as imaxes en movemento son utilizadas non tanto como un mero retrato arquitectónico mais como un proceso de investigación do espazo, un espazo en que existe unha curta ligazón entre a imaxe e o son. A narración, 17 minutos, está conducida por unha única personaxe, o responsábel das piscinas cando estas están fechadas e que, mentres realiza as súas tarefas mostra ao espectador as instalacións do edificio dunha forma diferente e contando sempre unha historia. Na Sizígia de Luís Urbano os sons da ducha, dun martelo a cravar, das crianzas a xogar fóra ou do cepillo de fregar o chan van acompañando a nosa visita á Piscina das Marés Fago esta referencia porque Ignacio Vilar tamén está interesado en investigar na paisaxe e mostrar a acción humana sobre ela, a través da arquitectura, especialmente nos aspectos máis intervencionistas, como o cemiterio de Fisterra, onde a morte está presente embora non haber enterramentos, e a referencia recorrente á casa comesta xa polas hedras que abrazan as columnas e coas que Xiao confidencialmente comparte o seu silencio. En contraste con esas paisaxes humanizadas, intervidas pala acción humana, achamos en Sicixia unha outra paisaxe da que o ser humano é só espectador e na que sitúa unha liña argumental que nos remete para un período en que Galiza era monolingüe, cun peso social, político e cultural que excedía as nosas fronteiras. Referímonos a ese período coñecido na literatura como trobadoresco que desenvolveu unha literatura culta, con raíces na terra e sen mimetismos, coñecendo e interpretando as correntes que existían fóra. Amigo, sen necessidade de refrám nem paralelismo \"Amigo, sen necessidade de refrám nem paralelismo, direi a minha angústia e menos o meu gozo\", escrebeu Carvalho Calero abrindo o libro Cantigas de amigo e outros poemas. En Sicixia non se utiliza paralelismo nin refrán, ou si, mais o resultado final non é alleo a certas formas de contar propias da lírica medieval, e tamén da literatura posterior. En Sicixia o resultado final non é alleo a certas formas de contar propias da lírica medieval En calquera libro de texto se nos di que as cantigas, especialmente as de amigo, se caracterizan pola estilización de temas folclóricos, a localización nunha escenografía natural (praia, mar, fonte, lago, casa) e a utilización simbólica de elementos da natureza, asociados coa masculinidade (vento, mar), a feminidade (cabelos, aves, auga, fonte, roupas) ou a experiencia amorosa É obvio que a liña argumental xira en torno á lenda e que por volta dela se constrúe a historia de amor, e desamor, entre Olalla e Xiao. Estamos en presenza dunha cantiga de amigo na medida en que a voz narradora é unha muller, que vemos no comezo do filme saír do mar e retornar a el no final Repasemos este protagonismo en función dos modelos de análise que se atribíuen ás Cantigas. 1. O ambiente social. Como calquera cantiga de amigo Sicixia desenvólvese nun ambiente rural e burgués, en ambientes familiares e de intimidades domésticas. 2. A amiga vai mostrando ao longo da historia toda unha variación de estados de ánimo e de actitudes sentimentais. 3.- A nai. No filme no existe o papel da nai. É asumido polo tío no que di respecto á desaprobación do encontro dos amantes e pola voz coral das palilleiras e as mulleres que traballan na ribeira en todo o que ten a ver coa transmisión da experiencia, da xustificación de por que certos traballos son de mulleres e saír de aí ten consecuencias. E tamén da expresión da ausencia do marido de que falan as mulleres da ribeira fronte á presenza, non desexada, do marido da protagonista que polo seu traballo non ten que abandonar a casa. As dores de ausencia que sofre Olalla son pois de outro tipo. 4. As confidentes. Olalla non ten amigas. Está soa. Só coa natureza pode compartir os seus pensamentos. E é o que fai, cando sobe ao faro ou cando baixa, a pé e dubida se subir de novo ao coche. Desde o punto de vista simbólico hai moito en Sicixia que nos remete para as Cantigas Mais tamén desde o punto de vista simbólico hai moito en Sicixia que nos lembra as cantigas. Desde a ducha da protagonista recén chegada do mar, e onde vemos con especial insistencia a preparación do pelo xusto antes da primeira \"cita\" para tomar un viño e onde ainda a distancia entre eles é evidente (\"Mandáronche vir comigo\" di, mais ou menos, Xiao. Ao que responde Olalla \"Pedíronmo\") Tamén o acto de \"purificación\" a que se somete Xiao no spa do hotel e a posterior relación entre os dous lembra moito as cantigas de Pero Meogo e os seus cervos que \"volven\" á auga. Moita outra simboloxía poderíamos avaliar. A lección final sobre o comportamento sexual das aves, por exemplo Quizais o menos simbólico sexa esa relación sexual explicita (e bastante silenciosa nun contexto en que o argumento é captar ruídos) que se produce xusto á volta da romaría, que non outra cousa é aquel encontro no bar. Podería ficar fóra da nosa idea de comportamento dunha moza na idade media. Quizais porque pensamos que a literatura medieval era pacata. Mais se lermos unha cantiga como esta de Joan Zorro, esa idea desaparece. \"Pela ribeira do rio salido trebelhei, madre, con meu amigo: amor ei migo, que non ouvesse; fiz por amigo que non fezesse! Pela ribeira do rio levado trebelhei, madre, con meu amado: amor ei migo que non ouvesse, fiz por amigo que non fezesse.\" A amiga pon á vista da nai que ela é a dona das súas decisións, ainda que poida mostrar certas dúbidas do resultado. Tamén Olalla trebella co seu amigo, sabendo que non é preciso contarllo a ninguén, a ningunha confidente, pois naquela vila a xente sabe todo e por iso a preocupación do seu tío: \"Olalla, a xente fala\". Mais Olalla, como a moza de Joan Zorro, tamén ten claro que quere ser dona das súas decisións. Sicixia recolle e traslada para hoxe unha etapa de esplendor da Galiza e da súa cultura e, en vez de a utilizar como pano de fondo, colócaa como estandarte co que ollar para nós mesmos aínda que sexa envoltos nun mar de algas, abertos á posibilidade de escoitarmos de novo a música."}
{"ID": "NOS_27702", "summary": "Máis de 400.000 galegas e galegos vivirán en localidades con goberno liderado ou participado polo BNG. Salientouno este sábado, desde Pontevedra, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, para quen esa cirusntancia servirá \"para traballar por esa outra Galiza posíbel\".", "text": "\"Impulsaremos desde máis cidades e vilas un modelo municiap, de éxito contrastado\", afirmou antes de asistir á sexta toma de posesión consecutiva de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde de Pontevedra, \"que se caracteriza pola defensa da democracia, pensado para apoiar o potencial que ten o país, capaz de mellorar as vida das persoas, de imprimir dinamismo económico, social e cultural, feministas e orgullosas da nosa lingua e a nosa identidade como pobo\". Pontón tamén se referiu ao sucedido en Ourense, onde o PP entregou a alcaldía a Gonzalo Díaz Jácome, de Democracia Ourensana, a cambio de manter Baltar á fronte da Deputación. Para a líder do Bloque, \"é a demostración de até que punto Feixoo está desesperado e aplica a peor política de todas: manterse no poder custe o que custe\". Vaticinou, ademais, que nas eleccións galegas do vindeiro ano \"se abrirá un novo tempo político\". O Bloque nos concellos Nun comunicado emitido polo BNG, a organización dá conta dos concellos en que gobernará ou en cuxos gobernos participará. A formación nacionalista obtivo maioría absoluta en San Sadurniño, Moeche, Carballo, Zas, Mazaricos, Santiso, Barro, O Rosal, Tomiño, Ribadeo, A Pobra de Brollón, Allariz, Baños de Molgas e A Mezquita. Gobernará con maioría simple en Rianxo, Pontevedra, Bueu, Moaña, Ponteareas, Barreiros, Muras, Castrelo de Miño e Vilar de Barrio. Como forza máis votada alternativa ao PP gobernará nos concellos de Poio, As Neves, Verea e Viana do Bolo. E cogobernará en Lugo, Ames, Cabanas, Oroso, Ames, Dodro, Cambados, Cangas, Vilaboa, Baiona, O Porriño, A Guarda, Foz e Verín."}
{"ID": "NOS_3658", "summary": "Xornada inmellorábel para a institución do Real Club Celta de Vigo, pois o primeiro equipo celeste confirmou matematicamente a súa permanencia na máxima categoría e o conxunto filial logrou unha moi traballada clasificación para loitar por ascender á Segunda División.", "text": "Tranquilidade. Logo das agónicas salvacións logradas nas dúas últimas tempadas, a afección do Celta, por fin, poderá gozar dunha relaxada final de campaña, logo de que a vitoria ante o Levante (2-0) confirmase a súa continuidade na Primeira División durante un ano máis. E algunha seareira dirá que menos mal, pois durante o choque co conxunto blaugrana resultaron baixa por lesión Murillo, Tapia e Iago Aspas, os homes máis importantes para Eduardo Coudet tanto na defensa, o medio do campo e o ataque celeste, respectivamente. Estes contratempos dificultan especialmente o obxectivo, aínda posíbel, de xogar a vindeira tempada en Europa, que pasa imperiosamente por ser quen de derrotar o Vilarreal. O Chacho, sempre ambicioso, non renuncia a nada, o que non é impedimento para que unha sensación de satisfacción xeneralizada se instalase entre a parroquia celeste. A isto contribuíu tamén o feito de que o conxunto filial vaia pelexar por subir á categoría de prata. 102 equipos foron da partida na Segunda B máis dura da historia, seis deles galegos, sendo o Celta B o único dos nosos que conseguiu estar entre os 16 mellores. Logrouno unha xornada antes do final da fase de grupos, derrotando en Balaídos á Cultural Leonesa por un resultado de 2-1. O Deportivo xogará na nova Primeira RFEF Riazor acolleu 5.000 persoas para asistir a un Deportivo-Langreo que foi o acto, mesmo fóra do eido do deporte, con maior presenza de público que se desenvolveu na Galiza desde o inicio da pandemia da Covid-19. Nese contexto, o Dépor non podía fallar, e non o fixo, esmagando a Unión Popular de Langreo por 5-0. A confirmación do mal menor da súa presenza a vindeira tempada na nova Primeira RFEF evita a ansiedade que suporía chegar á derradeira xornada de campionato con todo en xogo na casa do Numancia de Soria. O resultado do Dépor podería determinar o futuro do Rácing de Ferrol Precisamente, dese partido dependerá a sorte que corra a outra escuadra galega con opcións de entrar na Primeira RFEF, o Rácing de Ferrol, quen non foi quen de superar os rojillos nesta xornada (1-1) e, de non conseguir os tres puntos ante o Marino, quedaría a expensas de que o Dépor evite unha vitoria local no Estadio dos Paxariños. Pola súa banda, e sen nada máis que a honra en xogo, un Compostela que xa sabe que a vindeira tempada xogará na Segunda RFEF, cos recentemente ascendidos Arenteiro e Bergantiños, non puido gañar aos asturianos do Marino de Luanco no Vero Boquete (0-1). Finalmente, no grupo por eludir o descenso á Terceira División, Coruxo e Pontevedra prolongaron a súa xeira de imbatibilidade, empatando na casa do filial do Sporting de Xixón (2-2) e superando o fechacancelas Covadonga (0-3). Con estes resultados, ambos os conxuntos do sur da Galiza continúan no máis alto da táboa clasificatoria. O Club Deportivo Lugo resulta vítima da temida 'Lei de Murphy' O conxunto albivermello continúa percorrendo lenta pero inexorabelmente un camiño que tan só conduce ao descenso de categoría. Porén, nesta ocasión non foi todo exclusivo demérito dos lucenses, pois as dinámicas, eses pequenos trasgos que nun determinado momento parecen condicionar o devir de calquera equipo de fútbol sen responder a razóns nin argumentos amparados na lóxica, fixeron das súas para que non foran quen de facerse cos tres puntos na visita do Real Zaragoza ao Ángel Carro (2-2). Con todas as súas limitacións, a estas alturas da película xa máis mentais que físicas, os de Rubén Albés colleron desde o principio as rendas do partido, pasando por enriba duns maños que atravesan unha situación non moito mellor tanto no eido deportivo como no institucional. Tanto é así que o Lugo chegou a adiantarse por dúas veces, primeiro no minuto 44 e posteriormente no 81, mais na última xogada do partido, no minuto 97, pasou o inimaxinábel e o Zaragoza empatou cun gol... do porteiro! Pura Lei de Murphy en acción, pois a día de hoxe no Club Deportivo Lugo \"todo o malo que poida pasar, pasará\"."}
{"ID": "PRAZA_2656", "summary": "\"Vas ir soa a estas horas pola rúa?\", \"Avísame cando chegues\", \"Que te acompañe alguén ata o portal\", \"Fala comigo por teléfono mentres chegas\" son as frases que as mulleres escoitamos cando camiñamos soas. Non dubido que cheas de boa intención por parte de amigos, parellas ou familiares, pero non nos trabuquemos: todas elas levan implícito que unha muller soa na rúa é unha diana luminosa para unha agresión sexua", "text": "Unha de cada tres europeas de entre 18 e 74 anos sufriu violencia física ou sexual. Iso fai 62 millóns de mulleres, se o pensan ben, máis que a poboación de Italia- O 22% das mulleres que tivo unha relación de parella cun home experimentou violencia física ou sexual pola súa parte. O 5% das europeas maiores de 15 anos foi violada. Iso supón nove millóns de mulleres, unha cifra superior á poboación de Austria ou Suecia. Se volven pensar, unha de cada 20 mulleres que crucen pola rúa sufriu esta agresión. O 43% das mulleres sufriu algunha forma de violencia psicolóxica por parte da súa actual parella ou unha anterior. Ditas formas inclúen, por exemplo, humillacións públicas, prohibirlle saír da casa ou ameazala con actos violentos. O 55% das mulleres maiores de 15 anos sufriu algunha forma de acoso sexual, o que equivale a 100 millóns de mulleres. Estes 5 datos están extraídos do Informe da Unión Europea para a protección social e asistencia ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Os resultados están baseados en entrevistas cualitativas, de entre unha e dúas horas de duración, con 42.000 mulleres nos 28 países da UE. Este estudo é o máis ambicioso realizado sobre violencia machista no mundo. Por outra banda: Nos 12 meses anteriores á enquisa, arredor de 13 millóns de europeas experimentaron algunha forma de violencia física. Neses mesmos 12 meses, 3,7 millóns de europeas experimentaron algunha forma de violencia sexual. Estas son as cifras de Europa. Imaxinen as de outras partes do mundo. \"Vas ir soa a estas horas pola rúa?\", \"Avísame cando chegues\", \"Que te acompañe alguén ata o portal\", \"Fala comigo por teléfono mentres chegas\" son as frases que as mulleres escoitamos cando camiñamos soas. Non dubido que cheas de boa intención por parte de amigos, parellas ou familiares, pero non nos trabuquemos: todas elas levan implícito que unha muller soa na rúa é unha diana luminosa para unha agresión sexual. Cantas vos recoñecedes no relato de coller un taxi para percorrer unha distancia curta á hora de volver á casa, pasar por unha rúa escura apertando o paso ou na paranoia de que hai alguén detrás de ti? Cantas vos recoñecedes no relato de coller un taxi para percorrer unha distancia curta á hora de volver á casa, pasar por unha rúa escura apertando o paso ou na paranoia de que hai alguén detrás de ti? Son medos irracionais? Non. A sociedade, as familias, educáronnos nesa idea, que se ve potenciada pola industria do cine e o entretemento e, claro, fundamentada nos datos que escribín unhas liñas máis arriba. É sobre as mulleres sobre quen recae a responsabilidade de previr as agresións sexuais pero, e os homes? Pois os homes deberían cuestionar ao machirulo que todas e todos sufrimos no noso entorno e deben discutir na súa implicación contra a violencia machista, sobre todo en espazos masculinos e non só en entornos feministas. Eu declárome unha insubmisa. Négome a camiñar máis rápido un día pola rúa ás 5 da mañá. Só porque é de noite, só porque vou soa e só porque son unha muller. Nacín libre, educáronme para selo e a valentía é o mellor legado que podo deixarlle ás que veñan detrás de min. E por iso creo que o Estado ten que habilitar para as mulleres os mecanismos precisos para evitar que un home nos abra as pernas pola forza. O Estado ten que habilitar para as mulleres os mecanismos precisos para evitar que un home nos abra as pernas pola forza. As mulleres temos que ter mecanismos para defendernos, pero os homes teñen que ser educados na igualdade e no respecto á muller. Nos anos 90, o psicoterapeura Luis Bonino acuñaba o termo de micromachismo. Nas súas palabras, \"Son machismos sutís do cotiá que, en xeral non se ven, pero causan dano ás mulleres e que os homes exercemos desde a concienciación de superioridade que nos dá a cultura\". \"Os homes manexámonos cunha especie de tarxeta VIP dada pola construción social da masculinidade\", sostén o terapeuta. Os comportamentos micromachistas normalízanse porque son repetitivos e habituais. Un punto fundamental para erradicar a violencia contra as mulleres é que os homes deixen ese carné VIP do que fala Bonino e se apeen dos privilexios que lles brinda a sociedade patriarcal na que vivimos. \"Os homes manexámonos cunha especie de tarxeta VIP dada pola construción social da masculinidade\" E un último apunte. Coas cifras aportadas arriba, desculpen se á violencia de xénero eu lle chamo violencia machista. Só é porque non quero ser cómplice, mediante artificios semánticos, dun problema estrutural que asasina millóns de mulleres cada ano."}
{"ID": "NOS_53425", "summary": "Un informe da Comisión pola Reforma das administracións públicas (CORA) prepararía un \"ataque\" ás actuais competencias deportivas e á autonomía das federacións dos diferentes territorios do Estado, denuncian desde Catalunya.", "text": "O goberno de Mariano Rajoy proponse crear unha licencia deportiva única para todo o Estado español, acabando coas actuais autonómicas. Unha medida que suporía un \"ataque ás competencias exclusivas\" que en materia deportiva teñen territorios como Cataluña (ou Galiza)... denuncian entidades de deporte de base catalás. No informe da Comisión pola reforma das administracións públicas (CORA) do Real Decreto 479/2013. recolleríase esta pretensión de 'uniformizar' en España as licencias deportivas, segundo informa Vilaweb. Esta medida tamén suporía acabar coa autonomía e supervivencia das federacións deportivas autonómicas. En cada deporte, de se aplicar esta proposta, será a Federación española dese deporte a encargada de tramitar a licencia deportiva única."}
{"ID": "NOS_8812", "summary": "En Salvaterra do Miño, ás 12 do medio día terá lugar a homenaxe da SCD ao activista cultural e independentista Manolo Soto Martíns, finado o pasado 5 de febreiro.", "text": "O 5 de febreiro do 2013 a triste nova do falecemento de Manuel Soto Martins, \"O Rata\", abanaba o corazón das terras do Condado. Membro moi activo da SCD Condado, responsábel da organización do Festival da Poesía Condado, que na súa última edición, a XXVI, levaba o lema Capitalismo é un feito, revoluçom um direito; traballador de Censa, como lembraban os seus compañeiros de traballo na súa esquela, a solidaridade, a xustiza e a igualdade, foron para el o primeiro; independentista, pagou co cárcere a súa pertenza ao EGPGC, na actualidade era militante de Nós-Unidade Popular.Amizades, veciños e veciñas de Salvaterra, persoas do mundo da cultura, do sindicalismo e do nacionalismo, acudiron ao tanatorio de Salvaterra do Miño, para acompañaren a súa familia e participaren nun emocionante acto de despedida. O corpo de Manuel Soto, cuberto cunha bandeira galega con estrela, estaba rodeado de numerosas coroas de flores baixo unha banda da SCD Condado, da que fora o seu presidente, en que se podía ler \"Deica sempre Comandante\". O seu chapeu estaba aos seus pés enriba da caixa. Ás oito da tarde abandonaba o tanatorio para o acto da cremación que se ía celebrar na intimidade familiar, Tino Baz, cantou acompañado da guitarra o tema da súa autoría Cantarei, de seguido, Roberto, compañeiro de traballo de Censa, tocaba a Marcha Procesional de San Bieito, finalmente, Antón de Beade e Xavier de Guillarei interpretaron a Marcha do Antigo Reino de Galiza. A noite fechábanos no seu manto negro, as estrelas ían prendidas nas bandeiras, tímido, coa emoción contida, o pobo tentou agasallalo cunha ladaíña de aplausos, a tristura vencía.Mañá, sábado 9 de febreiro de 2013 en Salvaterra do Miño na Praza da Oliva ás 12 do medio día terá lugar a homenaxe organizada pola SCD Condado a Manuel Soto Martins, xa confirmaron a súa asistencia o poeta Kiko Neves e representantes do mundo da música como Uxía, Tino Baz, Mini e Mero. Foise un bo e xeneroso, alguén que deixa unha fonda pegada e, sobre todo, unha persoa que cría e nos fixo crer de verdade, contra tanta adversidade, que a poesía é o grande milagre do mundo. Marga do Val"}
{"ID": "NOS_19759", "summary": "\"Hai que seguir implicados para garantir o cumprimento do acordo\", pide o comité de folga.", "text": "Máis de 200 días de folga, sete meses, nos Puntos de Atención Continuada (PACs) remataron esta quinta feira co acordo entre Sergas e sindicatos (CIG, CESM, O'Mega, CCOO, UGT e CSIF ) e comité de greve. Un acordo que contempla avances a respecto das demandas dos traballadores e traballadoras mais que tamén hai cuestións que fican pendentes. O acordo contempla unha nova distribución do aumento retributivo para noites e festivos, que se pagará 80% do total do aumento en 220 e 20% restante en 2021. A última proposta presentada pola administración sanitaria incrementa a contía da atención continuada en noites e festivos, que inicialmente era do 40 % en 2020 e o 60 % restante en 2021 Dotar os traballadores e traballadoras dos equipos e uniformes necesarios; e dúas dietas de manutención para o persoal que traballa domingo, festivos e servizo de 24 horas. O Sergas, aliás, comprometeuse a estudar o aumento na carga de traballo para valorar a creación de novas prazas, para alén de reforzar os dispositivos de urxencias. O documento asinado onte tamén recolle unha maior participación do profesional na fixación de obxectivos do servizo e elimínase o indicador actual de derivación hospitalaria como obxectivo do servizo vinculado á produtividade por outros que serán consensuados cos profesionais do PACs. As partes acordaron tamén unha comisión de seguimento."}
{"ID": "NOS_9626", "summary": "É a maior repunta da produción industrial desde 2003.", "text": "O Instituto Nacional de Estatística (INE) actualizou na mañá desta terza feira os rexistros do Índice de Produción Industrial (IPI), que na Galiza sobe 8,2% ao remate de 2021 en comparanza co ano no que irrompeu a pandemia. De feito, a variación anual media do IPI deixara no país un resultado negativo tanto en 2020 (-8,5%) como en 2019 (-3,8%). Así, a Galiza é o quinto territorio do Estado, xunto con Catalunya, que experimenta unha maior repunta, por baixo de Asturies (+15,7%), Balears (+11,2%), Cantabria (+10,6%), Nafarroa (+10,3%) e Euskadi (+9,4%). A nivel estatal, trátase do maior incremento anual desde 1994, cando o indicador subira 7,3%. Na Galiza, porén, é o mellor dato de toda a serie histórica —desde 2003—. Por tipoloxía de bens producidos, o IPI medra especialmente na Galiza para os bens de consumo duradeiro (+60,9%), seguido dos bens de consumo (+21,5%), os bens de consumo non duradeiro (+19,3%), os bens intermedios (+8,6%) e a enerxía (+2,6%). Só mingua a produción de bens de equipo en comparanza con 2020 (-1%). No que atinxe á variación mensual, porén, o IPI de decembro de 2021 caeu 2% a respecto do mes anterior, mentres no Estado repuntou 2,7% neste mesmo período. Isto debeuse, fundamentalmente, ao descenso da produción enerxética (-14,1%) e de bens de equipo (-13,4%)."}
{"ID": "NOS_19653", "summary": "Negredo fendeu até tres veces a feble malla defensiva do Celta. O combo de Abel nunca estivo no partido. Non tivo o comportamento dunha equipa que, de ter sumado os tres pontos en xogo, tería abandonado a zona de descenso.", "text": "O Sevilla non é calquera cousa, nomeadamente na súa vangarda. Futbolistas como Navas ou Negredo son dos que fan a diferenza. Navas foi o propietario absoluto da banda esquerda. Negredo é un deses 9 que apenas se dan xa no fútebol. Tipos que apenas precisan nada para golear. O Celta deulle moito máis que nada. Demasiadas facilidades para a sociedade que forma co eléctrizante Navas. Non comezou mal o xogo para o Celta que na primeira media hora se achegou con perigo á baliza rival. Só un problema: non a furou. Sen definición non se pode andar con solvencia nesta categoría. Todo o contrario que o Sevilla. Nos primeiros 40 minutos chutou 3 veces entre os tres paos. O botín, espléndido: dous goles de Negredo e unha moi boa intervención de Javi Varas. O 2-1, produto dunha combinación entre Aspas e Augusto, foi unha miraxe. En realidade, o Celta nunca tivo a tensión suficiente para inquietar o Sevilla. Após o intervalo, Navas botouse a equipa ás súas esguías costas. O carril esquerdo sevillista foi para el unha autoestrada libre de portaxe. O 3-1, alén do máis, chegou nun agasallo de Javi Varas, que hoxe podía ter escusado vestirse de curto. O Celta continúa, portanto, en descenso. A súa folla de servizos fóra de Balaídos é sinxelamente deprimente e fai moi difícil ser optimista a respeito do futuro da equipa. Despois do 3-1 desatouse o furacán Negredo. O Celta caeu e mantén a súa xeira de resultados negativos fóra de Balaídos (no que vai de liga só gañou en Zaragoza). E o calendario por diante do combo vigués, que fica a 2 pontos da liña de salvación, é verdadeiramente estarrecedor. O próximo encontro, 10 de Marzo, na casa, contra o Madrid de CR7."}
{"ID": "NOS_23967", "summary": "O semanario de 32 páxinas que se publica os sábados con Nós Diario percorre neste número un tesouro agochado: o mural do Eume. Falamos con Tamara Canosa, directora de Liberto, a primeira montaxe de Marelas Producións; e coñecemos sobre Bernardo Bargo, emigrante galego, anarquista, desconforme.", "text": "No corazón das fragas do Eume, seguindo a ribeira do río no límite dos concellos de Monfero e A Capela, atópase unha das obras máis singulares e descoñecidas da arte moderna, preservada discretamente no interior dunha hidroeléctrica construída a mediados do século pasado nas proximidades da antiga central de Ventureira. Se penetramos na sala de turbinas descubriremos o gran mural que o pintor, escultor e deseñador José María de Labra concibiu para ese emprazamento específico no ano 1960, coincidindo coa inauguración da nova instalación. Labra Suazo foi un dos máis importantes creadores de arte abstracta do século pasado, naceu na cidade da Coruña en 1925. Desta obra falamos na reportaxe 'Forma e forza, o mural da central do Eume', de Antonio S. Río Vázquez. Tamara Canosa é a directora de Liberto, a primeira montaxe de Marelas Producións, cun elenco formado por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao. A obra foi quen de situarse na primeira liña de saída dos Premios María Casares, aspirando a sete galardóns entre os que están os de mellor espectáculo, dirección, actriz principal e secundaria e música orixinal. Posibelmente unha sorpresa para unha obra dura, que conta a historia dunha nai que recibe a noticia de que o seu fillo nacerá con danos cerebrais irreparábeis e que enfronta a certeza de que o mellor que lle pode suceder é morrer. Manuel Xestoso conversa con ela (Tamara Canosa, o risco é o éxito) neste número do Sermos Galiza. \"Fago o teatro que a min me gustaría ver ou investigo nas cousas que me preocupan: sobre o que teño claro, non me interesa facer teatro\". Eliseu Mera tráenos a Bernardo Bargo Gómez, un emigrante galego que foi no inicio do século XX unha persoa moi coñecida entre as policías de varios países de Iberoamérica. A súa rebeldía confrontárao coa sociedade do tempo en que viviu. Primeiro como un home humilde que cometía pequenos delitos; máis adiante como rebelde consciente e militante anarquista. En todo momento e lugar, un desconforme, un inadaptado. \"Aínda que Bernardo Bargo Gómez é un completo descoñecido na súa terra, en tempos as forzas de policía, a opinión pública, e mesmo unha parte da comunidade científica de Iberoamérica, tiveron noticia do seu tránsito por Arxentina, México e o Brasil\". O Colectivo Xea proponnos un percorrido a pé pola beira norte da ría de Ares, un tramo de cantís en granitos, xistos e lousas coas formacións típicas deste tipo de rochas que acadan en varios puntos máis de 50 metros de altura. Un roteiro sorprendente, duns 15 quilómetros, e de dificultade media. Pra anotar na axenda para cando remate o confinamento. Mais Sermos Galiza non remata aquí. Oito paxinas para coñecer, debulla, gozar e sorprendernos con propostas e proxectos literarios,musicais, auidiovisuais ou de gastronomía da man de Mario Regueira, Inma Otero, Andrés Díaz, Mauro Borrazás, Andrés Castro, Mercedes Espiño e Vide Vide!"}
{"ID": "NOS_25139", "summary": "Pide Feixoo que rectifique para reverter a situación \"kafkiana\" do concello de Ourense.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou hoxe ao PPdeG de ser o \"bastón\" que mantén na alcaldía de Ourense a Gonzalo Pérez Jácome. O socialista cualificou a situación de \"kafkiana\" e \"esperpéntica\", e insistiu en que a única solución é unha moción de censura contra o actual rexedor, que actualmente conta só con dous concelleiros. \"Nunca quixeron sacar a Jácome nin levar adiante a moción porque prefiren que a cidade siga vivindo no caos\", expuxo. Caballero tamén criticou a mudanza na opinión das populares a respecto da figura de Pérez Jácome nas últimas datas. \"Aqueles que dixeron que era un alcalde impresentábel e que tiña que dimitir porque levaba Ourense a unha situación límite, hoxe queren volver ao Goberno con el\", lamentou. O socialista reclamou ao líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, que \"rectifique a situación de inestabilidade que está a provocar [Jácome] en Ourense, e que non dea marcha atrás\". Por outra banda, Caballero aproveitou a súa visita á cidade das Burgas para reivindicar o papel do PSdeG na defensa do municipio: \"As socialistas defendemos Ourense fronte a un Goberno da Xunta que se esquece das ourensás\", expresou."}
{"ID": "PRAZA_10449", "summary": "Rogelio Martínez estaba acusado de fraude en fondos europeos por certificar unha obra non realizada, pero o tribunal considera que non se demostrou que cumprise coa súa obriga de verificar o destino dos cartos e polo tanto que estaba a asinar unha falsidade", "text": "Rogelio Martínez estaba acusado de fraude en fondos europeos por certificar unha obra non realizada, pero o tribunal considera que non se demostrou que cumprise coa súa obriga de verificar o destino dos cartos e polo tanto que estaba a asinar unha falsidadeA Audiencia Provincial de Ourense vén de absolver a Rogelio Martínez, home de confianza de Feijóo en Ourense e delegado da Xunta en Ourense entre 2009 e 2015, cando xa estaba imputado, e outras dez persoas, dos delitos de prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade documental polos que estaban acusados por certificar como realizada unha obra que non se fixo, uns feitos que chegaron a xuízo 20 anos despois de producirse. A Audiencia considera probado que a obra executada non se corresponde coa prevista cando obtivo fondos europeos, pero absolve os acusados por falta de probas suficientes como para consideralos autores de delitos por eses feitos. O tribunal chega a dicir que Rogelio Martínez non cumpriu coa súa obriga de supervisar o destino dos fondos e polo tanto non se lle pode acusar de ser coñecedor de que estaba asinando unha falsidade ao certificar que a obra si se fixera. \"O incumprimento destas obrigas xera un marco de responsabilidade distinto ao cuberto polo tipo penal de falsidade que é obxecto de imputación\", di a sentenza, sen precisar os xuíces se ese outro \"marco de responsabilidade\" é o político.\"Resulta palmario, como se acreditou na proba practicada, e recoñecen os mesmos acusados, que as obras non se realizaron conforme ao proxectado\", di a AudienciaRogelio Martínez era alcalde da Arnoia e como tal presidente do grupo de acción local Ceivam cando en 1999 un empresario pediu a esa entidade unha subvención para construír unha planta de biomasa no marco dun programa sufragado con fondos comunitarios. O proxecto tiña un orzamento duns 13 millóns das daquela pesetas, algo menos de 80.000 euros, e a subvención acadaba a metade do mesmo. En 2006, coa Xunta en mans do bipartito, o BNG denunciou que a obra non se executara segundo o previsto senón que só se reconstruíra un galpón, pero que Martínez certificara igualmente os traballos non realizados. Tras un longo proceso de dilacións, arquivos e reaperturas do procedemento, no que a Asociación para o Progreso do Ribeiro, ligada ao PSdeG, quedou como única acusación, Martínez foi xulgado a comezos deste mes de xuño. \"Resulta palmario, como se acreditou na proba practicada, e recoñecen os mesmos acusados, que as obras non se realizaron conforme ao proxectado\", di agora a Audiencia, que engade que \"non se puido acreditar en autos de forma directa\" que Martínez e os seus compañeiros na xestión de Ceivam \"tivesen coñecemento real das obras realizadas. Feito que foi negado polos acusados que non se puido acreditar testificalmente ou a través doutro medio indiciario\".\"O incumprimento destas obrigas xera un marco de responsabilidade distinto ao cuberto polo tipo penal de falsidade que é obxecto de imputación\", sinala a sentenzaNesa liña, a Audiencia considera que existía por parte de Ceivam a \"necesidade de verificar un control previo ao pagamento da subvención, e polo tanto o coñecemento da disfunción entre ambas realidades (proxecto e realidade material)\", pero engade que \"unha cousa é o marco obligacional que asumen os integrantes do órgano de xestión na administración do diñeiro público [Martínez e os seus compañeiros], e outra cousa distinta é o grao de cumprimento desas obrigas\". A Audiencia salienta que \"ningunha proba se verificou que evidencie que se deu cumprimento a esa obriga e polo tanto se era coñecedor que se verificara unha obra distinta á proxectada\". Isto é, non se pode dicir que Martínez asinase falsamente o certificado de que a obra estaba feita porque non se pode probar que cumprise coa súa obriga de verificar o destino dos cartos.Para a Audiencia \"o incumprimento destas obrigas xera un marco de responsabilidade distinto ao cuberto polo tipo penal de falsidade que é obxecto de imputación\". Porén, a sentenza non aclara cal sería ese outro \"marco de responsabilidade\" a aplicar a Martínez polo seu incumprimento."}
{"ID": "NOS_31575", "summary": "Novo incremento na electricidade. Un aumento que prexudica Galiza, malia ser un territorio produtor. Trátase dunha suba de 16 euros por cliente que contrasta cos menos de 50 céntimos de incremento que van pagar en territorios como Madrid, Andalucía, Catalunya ou Valencia.", "text": "O BOE publicou a Orde TEC/271/2019 que estabelece os suplementos territoriais en diferentes territorios en relación ás peaxes de acceso de enerxía eléctrica do exercicio 2013, e establece o procedemento de liquidación dos suplementos territoriais. Unha orde pola cal Galiza, potencia produtora de enerxía, vai ter que pagar a suba da luz máis cara de todo o Estado español: a luz vai subir na Galiza unha media de 16 euros por cliente para compensar as eléctricas polos impostos autonómicos que pagaron. A factura desta compensación para Madrid -que non produce nin un só megavatio- é de 30 céntimos por habitante. Territorios como Canarias ou Euskadi libran deste recargo. Catalunya e Andalucía fican por baixo dos 50 céntimos por persoa consumidora. As clientas e clientes galegos deben de facer este pagamento para compensar as eléctricas por varios canons autonómicos, como o eólico e o dos encoros. Unha sentenza do Tribunal Supremo de hai cinco anos daba a razón ás eléctricas, que pedían que lle devolvesen o diñeiro pagado por eses impostos. O Tribunal avalou nunha sentenza de xuño de 2014 o dereito das eléctricas a recuperar o pagado en impostos autonómicos. O alto tribunal considera que os impostos autonómicos son un \"sobrecusto\" que deben asumir as consumidoras e consumidores de cada autonomía para non danar \"a unidade do mercado\" español. Que Galiza exporte enerxía e soporte os custos desa actividade para acabar pagando o mesmo por ela que en Madrid -que non produce nin ten retornos negativos da actividade- non altera, ao que se ve, a unidade do mercado. Todo o contrario. O BNG xa denunciou no Parlamento o que cualifica de \"atraco a man armada\". A deputada Noa Presas considera que a orde publicada no BOE confirma \"a mentira\" de que o Estado ten unha tarifa eléctrica única \"porque os galegos e as galegas imos pagar, grazas ao PP, a factura máis alta de todo o Estado. \"Pedimos á Xunta que faga valer o acordo impulsado polo BNG o 22 de novembro de 2018 e manter unha posición de país para esixir ao Estado que asuma a contía destes suplementos territoriais vía orzamentos\", demandou a nacionalista."}
{"ID": "NOS_37144", "summary": "Foi os ollos da catástrofe a través da fotografía do afundimento, mereceu o Premio Premio Ortega i Gasset, e tamén da protesta cidadá, recoñecida co premio da Plataforma Nunca Máis de Vigo. Como lle pasou a moit@s recoñece que despois do Prestige non todo foi igual.", "text": "Como entrou o Prestige na súa vida? Eu estaba en Vigo na inauguración do MARCO, nunha exposición sobre o grupo Atlántica que contaban cunha fotografía miña. Recibín varias chamadas da redacción comentando que había un petroleiro perto de Muxía nunha situación moi complicada. Ao día seguinte púxenme co tema e seguín todo o proceso. Como saca a coñecida fotografía do afundimento? Lembro que ás 8:40 escoito na radio que o 'Prestige' se parte en dous. Conseguín unha avioneta, a única de dous motores en Alvedro, e tras unha hora de viaxe chegamos ao lugar. Fixen a fotografía a través da fiestra pechada e ao volver xa tiña chamadas de moitos medios: era unha exclusiva mundial. A armada do exército fixo máis fotografías que logo distribuíra EFE. Chego a tardar algo máis e non a fago. Logo chegaría Reuters nun helicóptero e fixo a última antes de afundirse de todo. A axilidade na previsión é o que nos permite termos unha noticia. Fun consciente que estabamos asistindo a algo nunca visto en Galiza Non é a primeira fotografía súa relacionada cunha protesta ecolóxica... O slogan de Nunca Máis naceu cando afundiu o Mar Egeo. Daquela fixera unha fotografía case aérea desde un rañaceos da Coruña e tamén se empregou nas manifestacións de protesta. É un orgullo mais eu prefería que non existisen, deste xeito non existiría a contaminación. Seguindo a protesta fixo o libro \"No país de Nunca Máis\"... Fun consciente que estabamos asistindo a algo nunca visto en Galiza: unha toma de conciencia contra unha desfeita ecolóxica e contra unha actitude de goberno moi desprezativa cara a Galiza. O grao de mobilización foi incríbel. A primeira manifestación do Obradoiro encheuse varias veces e con chuvia! Decidín facer unha crónica, levantar acta visual de todo o que sucedía para que quede na posteridade. Argallei o libro. Fun a Bruxelas, a Madrid e outras pola miña conta. Interesábame o movemento social. Interesábame Nunca Máis. Como ves ese movemento dez anos despois? Queda a idea de que o pobo galego non é tan submiso como ás veces se di. Non esquezamos que, tanto polo autonomismo como pola democracia en España, Galiza non foi vangarda mais podemos dicir que si o foi na loita ecolóxica e medioambiental. Queda unha sensibilidade na poboación e para os gobernos a idea de que xa non van poder ter o desprezo que tiveron eses días."}
{"ID": "NOS_48017", "summary": "Reminiscencia mestura ciencia ficción, thriller de acción e cine negro, co apolíneo Hugh Jackman como cabeza de cartel", "text": "Debutar na dirección de longametraxes cun filme como Reminiscencia, que mestura ciencia ficción, thriller de acción e cine negro, co apolíneo Hugh Jackman como cabeza de cartel, non debe ser nada doado en Hollywood, e se se trata do debut dunha muller... peor aínda. De feito, Lisa Joy, malia estar recoñecida polo mundiño por ser unha das creadoras da portentosa serie Westworld, xunto Jonathan Nolan, pensou en presentar o seu guión ás produtoras cun alcume masculino co gallo, segundo ela, \"de ter máis oportunidades\" xa que o campo da ciencia ficción semella reservado aos homes pois apenas hai mulleres referentes neste xénero. Joy pode cambiar o conto con este prometedor debut. Reminiscencia (Reminiscence) / Lisa Joy / EUA / 2021 / 116 min. Situada nun futuro próximo no que as mareas inundaron Miami converténdoa nunha Venecia nocturna de cristal e ferro na que os cidadáns dormen de día e fan vida pola noite, Jackman, tamén narrador, interpreta un tipo especializado en recuperar lembranzas a través dunha máquina de recordos xunto a súa axudante Watts (Thandiwe Newton). Un día chega Mae (Rebecca Ferguson), unha misteriosa e atractiva cliente pola que sente un interese máis aló do profesional. Pero nada é o que parece. A historia non é moi orixinal mais logra saír airosa por unha estimulante mestura entre clásicos do xénero aos que homenaxea (de Blade Runner a Orixe pasando por Días estraños), chiscadelas cinéfilas (a Vértigo ou A viaxe de Chihiro, por exemplo) e unha trama de pistas e ambientes sórdidos á altura das novelas de Raymond Chandler ou Dashiell Hammett. Conta cun impresionante deseño de produción e uns efectos especiais adaptados perfectamente á historia, nin espectaculares nin exiguos. O elenco está máis que aceptábel, cunha Newton e Ferguson estupendas e unha evolución aos infernos do personaxe principal ben transitada. Os secundarios cumpren a súa función, destacando Daniel Wu, coma xefe da mafia, Cliff Curtis, un poli corrupto, e Mojean Aria, o fillo do cacique da cidade. Ten esa particularidade de que ningún sobra. Todas as persoas que aparecen teñen un peso na historia. Algo que pode incomodar pola súa precisión/casualidade mais que encaixa neste tipo de filmes no que descubrir o que pasa é o quid da cuestión. Lisa Joy non só consegue un excelente neo-noir de ciencia ficción, para deleite das fans do xénero e do gran público en xeral, senón que tamén pode converterse nun referente ao abrir camiño para moitas mulleres que están creando neste campo, ou que non crean porque pensan que non as van tomar en serio."}
{"ID": "PRAZA_8134", "summary": "A sección segunda da audiencia luguesa pondera o \"papel relevante\" na \"trama\" Pokémon do ex edil e antigo asesor de Conde Roa para mantelo en prisión", "text": "Ángel Espadas seguirá no cárcere. A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo desestimou este luns o recurso interposto polo que fora edil do PP de Santiago e xefe de gabinete do ex alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, contra o auto da xuíza Pilar de Lara que o enviou a mediados de febreiro a prisión provisional, comunicada e sen fianza no marco do caso Pokémon.. A sala considera que existe a posibilidade de que o antigo concelleiro, excluído das listas do PP en 2011 tras ser interceptado ebrio e durmido ao volante do seu coche, tente escapar no caso de quedar en liberdade. A Espadas impútanselle presuntos delitos de \"utilización de información privilexiada, suborno e tráfico de influencias\" na vertente da Pokémon coñecida como Manga. En opinión da audiencia luguesa \"as elevadas penas que levan aparelladas os delitos que se lle imputan evidencia un risco de fuga\", risco que \"pretende\" evitar \"a medida de prisión adoptada\", sinalan. Pero o xulgado non ten só en conta a eventual fuga, senón tamen que Espadas puidese entorpecer a operación xudicial e policial en marcha contra a suposta rede de fraude en concesións públicas. \"A actuacións atópanse declaradas secretas\" e están \"en marcha diversas investigacións que poderían verse frustradas no suposto de que o recorrente estivese en liberdade\", informa a Audiencia. Así, \"cando menos de momento, procede manter a situación de prisión que agora se recorre\". Isto sucede \"esencialmente polo papel relevante\" que o ex asesor da Alcaldía compostelá \"ostenta na trama que se investiga\". A sala mantén a Espadas en prisión polo \"papel relevante que ostenta na trama que se investiga\" Espadas foi detido o pasado 14 de febreiro no inicio da operación Manga, nunha xornada na que tamén foi prendido Albino Vázquez, concelleiro de Seguridade de Compostela que xa abandonou o seu cargo tras quedar en liberdade baixo fianza. Aquel mesmo día tamén foran prendidos un asesor cultural e organizador de eventos próximo ao PP, Jesús Fuentes, e ao xerente da empresa Aquagest en Santiago. Simultaneamente, aquela operación implicara tamén o rexistro da casa de Conde Roa, actualmente imputado no mesmo caso mentres permanece incurso no proceso por presunta fraude fiscal que o levou a dimitir nove meses despois de acceder á alcaldía."}
{"ID": "NOS_58281", "summary": "Unha representación da plataforma deu lectura a un manifesto en contraposición á \"farsa\" de Feijóo para 'celebrar' un plano que \"con cumpre\". A oposición non asistiu ao acto oficial organizado pola Xunta.", "text": "Unha representación da plataforma cidadá Queremos Galego fixo unha lectura pública do \"Manifesto por un compromiso real e efectivo co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega\" ás portas do Parlamento de Galiza, un acto co que quixeron denuncir o \"cinismo\" da Xunta, que organiza un acto oficial para \"celebrar\" o décimo aniversario do PXNLG poucos días despois de renegar no propio Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás. BNG, AGE e PSdeG non asistiron á recepción oficial en desacordo coa política lingüística da Xunta Para Marcos Maceira, presidente da MNL e portavoz de Queremos Galego, \"se a Xunta non respecta a lingua galega, non respecta o pobo galego\". A plataforma non estaba convidada á recepción oficial polos dez anos de PXNL, á que si estaban entidades como o Foro Peinador ou a Real Academia Galega. \"Covardía\" \"Que un goberno como o actual monte esta farsa para \"celebrar\", os incumprimentos e retrocesos do PXNLG é unha humillación e unha burla a todo o pobo galego, ás persoas que falan galego e a aquelas que sen o falaren queren que existan condicións para falalo e transmitilo.\" indicou Maceira. \"Escudarse tras o empresariado que si usa o galego malia as dificultades que impón a propia administración só demostra a covardía da SXPL\". Alonso Montero criticou ás institucións que converten o galego nunha lingua \"litúrxica\" A poeta Marta Dacosta en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a técnica de normalización Queca Carballo, en representación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, a actriz Isabel Risco, o músico Mini, integrante d'A Quenlla, Goretti Sanmartín do BNG, Anxo Louzao en representación da CIG-Ensino, Marián Muíño en representación de APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia), Lucía Veciño en representación de Galiza Nova, e Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, leron este manifesto antes de entregalo no Rexistro da Cámara galega dirixido a todos os grupos parlamentares. Coa entrega deste manifesto, Queremos Galego exixiu aos grupos parlamentares e especialmente ao Goberno da Xunta que retorne ao consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega e a Posta en marcha inmediata das medidas contempladas no PXNL, entre outras. 'Plantón' da oposición A oposición non asistiu á recepción oficial por entender BNG, AGE e PSdeG que é unha \"tomadura de pelo\" que o goberno presuma de potenciar e protexer o galego cando a súa práctica é a contraria. Quen si estivo nesa recepción foi o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen na súa intervención criticou duramente o papel das institucións, que fan do galego unha lingua \"litúrxica\"."}
{"ID": "NOS_34261", "summary": "O Tribunal Constitucional vén de suspender a aplicación do euro por receita en Madrid, após admitir o recurso de inconstitucuonalidade do goberno español contra o copago", "text": "O Tribunal Constitucional suspende o euro por receta tras admitir o recurso presentado polo Goberno contra este cobro que a Comunidade de Madrid ten en vigor desde o 1 de xaneiro. A decisión prodúcese días despois de que este mesmo órgano fixese o mesmo en Catalunya. A decisión obriga a non cobrar polas prescripcións médicas durante un periodo de cinco meses. O goberno central decideu presentar recurso de inconstitucionalidade por entender que a Comunidade de Madrid atribuíase competencias que non lle corresponden. Desde o executivo autonómico madrileño, o seu presidente, Ignacio González, xa afirmou que \"acatará de inmediato\" a decisión do TC, mais deixou caer que ao perder esta fonte de ingresos, a comunidade podería ter que facer fronte a novos recortes no eido da sanidade."}
{"ID": "PRAZA_5106", "summary": "As plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca presentan a iniciativa que pide modificar a lei de Vivenda e Solo e crear unha nova que paralice os desaloxos, instaure o aluguer social como alternativa e permita expropiar as vivendas baleiras dos bancos.", "text": "As diferentes plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca de Galicia presentarán este martes a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra os desaloxos. Logo de meses de contactos e xuntanzas, as organizacións levan á Cámara unha protesta que chega tras o éxito -e posterior rexeitamento por parte do PP- da ILP que aterrou no Congreso dos Deputados co apoio do millón e medio de sinaturas presentadas pola PAH. A ILP pide modificar a lei de Vivenda e Solo e crear unha nova que paralice os desaloxos, instaure o aluguer social e permita expropiar as vivendas baleiras aos bancos O propósito dos diferentes colectivos contra os desaloxos é proxectar a nivel autonómico o problema da vivenda e \"sobre todo e especialmente da vivenda desocupada e do aluguer social\", explican. O obxectivo: a modificación da actual lei de Vivenda e Solo de Galicia e a creación dunha nova norma que \"vaia na liña das actuais leis de Navarra e, sobre todo, de Andalucía\", ademais da \"paralización inmediata dos desafiuzamentos\", a instauración do \"aluguer social na vivenda habitual\" e a opción de embargar as vivendas que os bancos manteñen baleiras e pechadas. As plataformas lembran que, \"malia o silencio administrativo\", os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade en Galicia e recordan que o Consello Xeral do Poder Xudicial alertou dun incremento dos desaloxos, un \"grave problema habitacional\" que no país mínguase un chisco \"polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda\". As plataformas lembran que \"a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda\" A presentación desta ILP aposta por reabrir o debate en Galicia logo de que o Goberno do PP rexeitase no Congreso a proposta apoiada por máis de medio millón de sinaturas e a maioría da oposición e que solicitaba a \"dación en pagamento retroactiva e a fin dos desafiuzamentos\". Os impulsores traen agora a iniciativa ao Hórreo \"porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda\" e tamén porque os últimos datos indican que case o 20% das vivendas do país están baleiras e porque a vivenda é un dereito recoñecido na Constitución que na práctica só é considerada \"un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado\". Así, na ILP as plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca reclaman que se modifique actual Lei do Vivenda e Solo de Galicia do 2012 en tres puntos. Solicitan modificacións lexislativas que permitan embargar ás entidades bancarias as vivendas das persoas que están sendo desafiuzadas e que estas se oferten en réxime de aluguer social. Ao tempo, piden á Xunta \"a inmediata paralización dos desafiuzamentos en Galicia e o aluguer social na vivenda habitual\". Tamén reclaman a expropiación das vivendas baleiras en mans da entidades financeiras e da Sareb. \"Aínda que o artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa función social, a Constitución non tutela, xa que logo, usos antisociais do dereito de propiedade\". As PAHs e os grupos de Stop Desafiuzamentos piden o apoi da sociedade civil á ILP e convocan a unha concentración ante o Parlamento As PAHs e os grupos Stop Desafiuzamentos de Galicia fan un chamamento á sociedade civil, aos partidos de esquerda e nacionalistas, aos sindicatos e ás organizacións sociais para que apoien esta proposta de cambios lexislativos. Ademais, tamén chaman aos movementos sociais galegos e á cidadanía compostelá para que acuda mañá martes 18 ás 11.30 á entrada do Parlamento \"en apoio da ILP\". As diferentes plataformas son conscientes de que a maioría absoluta do PP en Galicia fai \"case imposible\" que a ILP sexa aceptada, pero a iniciativa vai moito máis aló dese resultado final. \"Queremos lanzar unha mensaxe, a de que non pode haber casas baleiras mentres se está a desafiuzar a xente e hai unha clara emerxencia social e habitacional\", explicaba a Praza Adolfo Telmo, voceiro da PAH de Vigo-Tui, que aclara que é \"unha carreira de fondo e de concienciación\". \"Queremos que o programa sexa asumido polos partidos da oposición, porque pensamos tamén no futuro e en promover un cambio e ofrecer, a partir da lei, unha saída a todas as familias en dificultades\", engade."}
{"ID": "NOS_44463", "summary": "A audiencia da TVG está a caír en picado. No mes de Marzo, e por vez primeira na historia, o seu share no total día baixou dos dous díxitos, até ficar no 9,8%. A oposición atribúe a queda ao endurecimento do control gubernamental sobre a liña editorial dos informativos.", "text": "A deputada do BNG Montse Prado inquiriu ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a respeito da perda de espectador@s da televisión pública galega rexistada nos primeiros 3 meses de 2013. A parlamentar do Bloque ligou a \"deserción da audiencia\" á \"redución orzamentaria\" que a Xunta de Galiza aprobou a respeito da entidade e á \"instrumentalización\" informativa que a dirección da compañía exerce sobre as novas emitidas na televisión pública. Os grupos da oposición ilustraron as denuncias con exemplos diversos en que a televisión de Galiza \"oculta\" informacións relevantes e emprega outras para transmitir \"información nesgada\". O deputado da Alternativa Galega, Juan Fajardo, denunciou en comisión parlamentar que a TVG non cobrise \"a masiva manifestación\" decorrida en Monforte en contra da área sanitaria única. Cuestión que para Alfonso Sánchez Izquierdo se debía a \"unha sucesión de erros profesionais\" mais non \"cos criterios\" da compañía. \"Seis días despois\", apuntou o parlamentar de AGE, a cadea pública tampouco recolleu a mobilización convocada en Pontevedra pola plataforma SOS Sanidade Pública. En troca, acrecentou Montse Prado, a entidade emite \"publirreportaxes\" sobre \"un médico antiabortista dos EUA\" ou recolle os peches organizados nos centros de ensino en Madrid e \"non se informa\" dos convocados \"pola Plataforma galega en defensa do ensino público\". \"Nunha tele pública non se pode facer o que están a facer\", denunciou Fajardo ao tempo que acusou Sánchez Izquierdo de actuar como \"un comisario político\". O director xeral da CRTVG rexeitou que a perda de cota de pantalla --no mes de Marzo por vez primeira baixou, no total día, do 10% de share, até se situar no 9,8%-- \"teña a ver directamente co enfoque informativo ou a redución orzamentaria\" e liga a queda de audiencia á existencia de novos soportes como a televisión online. \"A dirección xeral non interfire na liña informativa nin no enfoque deste ou doutro asunto\"As denuncias sobre a manipulación informativa na TVG sucédense día a día. Traballador@s da compañía e sindicatos veñen alertando das presións e interferencias do Partido Popular na fixación da liña informativa ou mesmo da escolla dos contidos que son emitidos na televisión pública. \"Os casos de corrupción en que os imputados son do PP siléncianse e se os imputados son do PSOE saliéntanse máis veces mesmo das necesarias\", afirmou Raquel Lema, presidenta do Comité interempresas da CRTVG en declaracións a Sermos Galiza. Desde o Bloque, a deputada Montse Prado criticou con dureza o tratamento informativo que a canle pública --a única en Galiza-- outorgou á comparecencia parlamentar do presidente da Xunta con motivo da súa relación co narco arousán Marcial Dorado. Para a nacionalista --que entendía necesaria a súa retransmisión en directo pola \"espectación lóxica\" xerada \"polo contido das fotos\" na imprensa nacional e internacional-- a presentación dos acontecementos na TVG \"poderá chamarse de todo menos imparcial\". Neste senso, a deputada do Bloque facía fincapé no uso \"partidista\" da televisión pública para atacar os portavoces da oposición mesmo se iso supuña achegar información falsa ou errada. \"Ao servizo de quen está a TVG?\" perguntoulle Prado a un director xeral que negou en todo momento a interferencia da dirección na \"liña informativa\" ou no \"enfoque\" dos asuntos de actualidade. Sánchez Izquierdo non perdeu a oportunidade de acusar os grupos da oposición --e nomeadamente ao BNG-- de seren @s que defenden \"unha visión claramente política da información\". \"Temos que concibir os medios doutra forma e afastalos do debate político\", teimou Sánchez Izquierdo perante as denuncias dos grupos da oposición que acusaron á dirección xeral de ocultar \"a metade da poboación\" e a \"realidade\" que se está a viver na Galiza. \"Teñen esquecida a encomenda de ser un servizo público\", sentenciou a parlamentar do BNG."}
{"ID": "NOS_38367", "summary": "Donetsk aposta en superar o actual marco ucraíno constituíndo un novo Estado, Malorrusia, que integraría as rexións que fan parte arestora de Ucraína e tamén as dúas repúblicas populares do Donbás, xurdidas pola ruptura co goberno golpista de Kiev.", "text": "Após tres anos da guerra civil na Ucraína, con máis de 10 mil mortes e provocada polo goberno golpista de Kiev que, apoiado en forzas de extrema dereita e co amparo das principais potencias occidentais, iniciou unha vaga de violencia e represión, desde a República Popular de Donetsk (RPD), na rexión do Donbás, vén de se proclamar a constitución dun novo Estado, Malorrusia. A \"pequena Rusia\" non tenciona fragmentar a actual Ucraína, senón que se presenta como a súa sucesora. Así o defendeu Alexandr Zajárchenko, líder da RPD, quen xustificou a decisión adoptada por unanimidade o pasado día 18 por representantes de todas as rexións ucraínas, diante da situación de caos provocada, na súa opinión, polo goberno de Kiev e que tería convertido Ucraína nun \"estado falido\". \"O réxime de Kiev non é quen de acabar coa guerra civil. Propoñemos estabelecer o Estado de Malorrusia, un Estado novo e independente para un período de transición de até tres anos\", proclamou Zajárchenko. Unha transición que decorrerá. de acordo coa declaración política da RPD, nun marco de 'estado de excepción', por causa do \"grave estado económico do país, o posíbel caos e desintegración e a posibilidade de que se desate unha guerra de todos contra todos\". \"Nós, representantes da antiga Ucraína, anunciamos a creación dun novo Estado, herdeiro legal de Ucraína. Concordamos en que o novo Estado se chamará Malorrusia, xa que a denominación de Ucraína está desacreditada. A capital de Malorrusia será a cidade de Donetsk\", recóllese na acta constitucional do novo Estado. Malorrusia, cuxa Constitución terá de ser ratificada a través de referendo popular, organizarase sob a fórmula dun \"ente federativo con ampla autonomía\". O novo Estado definirase como \"plurinacional\" e para alén dos dous idiomas oficiais –-o malorruso e o ruso-- respeitará as linguas rexionais. Para a posta en marcha da Asemblea Constitucional promoverase a elección de representantes en todas as rexións da actual Ucraína, agás Crimea, reincorporada desde marzo de 2014 na Federación Rusa por decisión popular. [Poder ler a información íntegra no número 256 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_46176", "summary": "David Coverdale deuse a coñecer como cantante alá por 1973 cando os Deep Purple o escolleran como vocalista da banda para substituír a Ian Guillian. Coverdale, só estivo cos Purple até a primeira separación da banda en 1976, malia iso deixou tres míticos traballos: \"Burn\", \"StormBringer\" e \"Come Taste The Band\". Agora volve a gravar coa súa banda, WhiteSnake, unha escolma de temas daqueles traballos.", "text": "O proxecto era arriscado, regravar grandes temas cos que triunfara hai 40 anos, demostrando que seguen a ser totalmente actuais sen que soaran a copia do orixinal e por outra banda melloralos. Coverdale non deixara WhiteSnake dende que fundara a banda en 1978 e aínda que sempre introduce algún tema daquela época nos directos, certo é que WhiteSnake non son Deep Purple e a voz de de agora non soa igual que hai 40 anos. Botándolle unha ollada á selección, atopamos que a maioría dos temas pertencen aos a \"Burn\" e \"StormBringer\" e somente 2 temas ao comercialísimo \"Come Taste The Band\", o que xa da unha idea do que imos atopar, cousa que se confirma nada máis comezar a soar\"Burn\", o tema elixido para abrir o disco. Non creo que ninguén a estas alturas dubidara de que se algo saben facer WhiteSnake é rock e nesa tónica vaise desenvolver o álbum. O traballo que fai a banda é absolutamente espectacular, se ben non deixa de ser curioso que algúns temas como o potente \"Lady Double Dealer\" soe practicamente como a orixinal, con ese recendo setenteiro, namentres que outros como \"Mistreated\" atopamos unha readaptación da canción. O que si se bota en falta nestas novas versións é o espírito de Blackmore, xa que que as veces un sinte como se fora tratado de borrar das cancións. O certo que é que Coverdale volve a emocionar con \"Soldier Of Fortune\", nunha versión totalmente básica para darlle todo o protagonismo á voz, do mesmo xeito que inxecta unha poderosa dose de adrenalina con \"Lay Down Stay Down\" e é quen de volver a a engaiolar con \"The Gispsy\" e volver a os Purple máis metaleiros con \"StormBringer\". Coverdale faise con este novo disco de WhiteSnake un tributo a si mesmo, e por que non dicilo, a unha das máis importantes bandas da historia do rock que, por certo, seguen e activo e en plena forma malia non contar xa na súa filas co finado John Lord nen con Ritchie Blackmore. Un disco que pode deixar opinións dispares entre os fans de Deep Purple, pero que contén algúnhas das mellores gravacións que fixo a banda nos últimos anos. WhiteSnake na rede Web: http://www.whitesnake.com/ Facebook: https://www.facebook.com/Whitesnake.official Twitter:@davidcoverdale Listaxe de Temas: 1. Burn 2. You Fool No One (interpolating Itchy Fingers) 3. Love Child 4. Sail Away 5. The Gypsy 6. Lady Double Dealer 7. Mistreated 8. Holy Man 9. Might Just Take Your Life 10. You Keep On Moving 11. Soldier Of Fortune 12. Lay Down Stay Down 13. Stormbringer"}
{"ID": "PRAZA_15601", "summary": "O gasto medio por estudante situouse no pasado curso en 822 euros para o alumnado da escola pública e en 1.549 para o da concertada. Nos colexios e institutos privados a cifra achégase aos 4.000 euros.", "text": "Non é o mesmo. A terminoloxía oficial adoita englobar na denominación \"centros sostidos con fondos públicos\" os colexios e institutos de titularidade pública xunto a aqueles privados pero que funcionan, total ou parcialmente, grazas ao erario, isto é, a escola concertada. Teoricamente, a concertada vén ser un complemento ao sistema público que garante a igualdade de dereitos e obrigas para o estudantado. No entanto, as cifras din outra cousa, cando menos no ámbito puramente económico. É o que vén de revelar o Instituto Nacional de Estadística (INE), que a partir dos datos do curso 2011-2012 vén de concluír que o ensino concertado lles sae ás familias un 88% máis caro que o público. Aínda que a asistencia ás aulas é de balde en ambos modelos de ensino existen outros \"bens e servizos\" que abranguen dende material escolar ata vestiario, transporte, comedor ou actividades de apoio que marcan a diferenza. Así, no conxunto do Estado o gasto neste ámbito foi no pasado curso de 13.142 millóns de euros. Dentro deste montante total, os fogares tiveron que desembolsar unha media de 822 euros por estudante das \"aulas de titularidade pública\", o 42,7% do total. Mentres, quen enviase o seu fillo ou filla a un colexio concertado tivo que facerlle fronte a un gasto medio de 1.549 euros por alumno. Nas aulas privadas sen concerto o gasto dispárase ata os 3.627 euros por estudante, de media. \"A maior nivel de ingresos, maior proporción de estudantes nas aulas privadas\" Dentro destas cifras globais o reparto tamén varía en función dos niveis educativos. Así, dentro do ensino privado concertado o INE reflicte que \"o nivel máis caro foi a Educación Infantil de segundo ciclo, con 1.765 euros por alumno\". Na banda contraria están as \"ensinanzas de réxime especial de grao elemental e medio\" en centros públicos, con 234 euros. Ademais do gasto, o estudo feito púbico pola institución estatística do Estado permite coñecer tamén as \"características sociodemográficas\" das familias do estudantado e do seu entorno. Así, o inquérito conclúe que \"a maior nivel de ingresos, maior proporción de estudantes nas aulas privadas, con e sen concerto\", unha tendencia \"máis acusada nos fogares que superaron os 3.000 euros de ingresos mensuais\". Así, nos fogares que ingresan ata 1.499 euros ao mes o 80,9% do alumnado acode á escola pública. Entre 1.500 e 2.999 a porcentaxe baixa ata o 75,1% e nos que pasan de 3.000 van á pública o 57,5%. Do mesmo xeito, tamén destaca que nos fogares cuxo \"sustentador principal naceu no estranxeiro\" o 77,2% dos estudantes estuda nun centro público. Se esta figura \"naceu en España\", a cifra baixa ata o 67%."}
{"ID": "NOS_12121", "summary": "Sensibilizar, visibilizar, concienciar e informar sobre a realidade LGBTi nos centros educativos é unha das materias pendentes do ensino no país. E non só. Tamén a formación de docentes, alumnado e ANPA en diversidade. Ollamos cara á realidade escolar na semana previa á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGBT+. Eis un extracto da reportaxe publica no Sermos Galiza 251.", "text": "O14 de abril de 2014 o DOG publicaba unha norma pioneira no Estado español, a lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais. Un texto con numerosas medidas contempladas, mais que ficou en papel mollado. De feito, tal e como recolle a disposición adicional, a Xunta ten o deber de remitir ao Parlamento, con carácter trianual, un informe sobre a aplicación da lei. Tres anos após, nin rastro do informe. \"A lei está sen desenvolver e é fundamental no ámbito do ensino, onde a Consellaría segue sen levar a cabo os protocolos e onde non hai formación para profesorado, o alumnado ou ANPA\", sinala Carme Adán, profesora do IES Politécnico de Vigo e deputada do BNG cando se aprobou a normativa. A catedrática de Filosofía advirte de que non se adoptou medida ningunha no ámbito sanitario, no da comunicación, ou no deporte, entre outros, \"o único que se fixo foi pasar a atención do colectivo LGBTi aos centros de información ás mulleres, pero sen dotalos de máis medios\". [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 251, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_47893", "summary": "Un pleno extraordinario e un acto público que se desenvolverá o vindeiro 6 de agosto restaurará a memoria das vítimas do franquismo da comarca de Monterrei.", "text": "A memoria volverá oficialmente ao concello de Verín cando o vindeiro día 6 de agosto se desenvolva un pleno extraordinario da corporación municipal para honrar ás vítimas da represión da comarca de Monterrei. Será ás 20.30 horas e, unha hora despois, terá lugar o acto público de homenaxe na praza do Concello con entrega das distincións aos familiares. A iniciativa é unha proposta da unión Local da CIG de Verín, presentada xa en xullo de 2014 e repetida neste mesmo ano na que se inclúe o recoñecemento de 22 persoas como fillos predilectos e adoptivos ademais da colocación dunha placa no concello e a imposición de nomes de represaliados en rúas e prazas. A homenaxe esténdese a todas as persoas que participaron na resistencia na defensa da democracia e a liberdade e foron represaliadas na Comarca de Monterrei, segundo se contabiliza, máis de 500 en total. A CIG quere facer un chamamento a toda a veciñanza para que participe neste acto de homenaxe e recoñecemento. Nomes ao descuberto Solicitouse a declaración de fillos predilectos da vila de Verín aos condenados pola Senteza Sentenza Militar de 22/05/1937 (Causa 1021/1936) que son Juan Antonio Álvarez Diéguez, Ernesto Ramos Méndez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cadavi García, Luís Álvarez Losada, Manuel Sola Pareja, Enrique J. Cardoso Purificación, Adolfo Iglesias Rodríguez, Constantino Gago Gago, Ramón Quintas González, Francisco Vaz Álvarez, Celso Blanco Castro, Manuel Cabido Rodríguez, Gregorio Barreiras Martínez, José Sola Pareja e Fernando Suárez Álvarez. Como adoptivos sinálase a Carlos Reino Caamaño, Lino García Vázquez, Ricardo González González, Gerardo Rodríguez Barja, José Pérez Delgado e Pedro Justo Castro. \"O concelho e o povo de Verín en lembranza dos fusilados o día 17 de Xunho de 1937: Carlos Reino Caamanho (Alcalde de Verín), Xoán Antonio Álvarez Diéguez (Tenente Alcalde), Ernesto Ramos Méndez (Concelheiro), Sixto Salgado Farinhas (Sindicalista) e Lino García Vázquez (Director do xornal -El Nuevo Támega-), así como de todos os homes e mulheres executados/as, paseados/as, asasinados/as, fuxidos/as, aldraxados/as, violadas, humilhadas e represaliados/as polo réxime franquista\", é o texto que se propón para a placa conmemorativa que se instalaría na fachada do concello, sinalización visíbel como o sería os nomes do Alcalde Carlos Reino Caamanho que daría nome a unha praza ou o de Lino García Vázquez e Ernesto Ramos Méndez que serían novas denominacións de rúas de Verín. En lugar visíbel queren que se coloquen as insignias de ouro que o concello concedería ás persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas durante o franquismo naturais da comarca de Monterrei, na mesma vontade de homenaxear e traer á memoria a súa loita pola democracia, a liberdade e o país."}
{"ID": "NOS_54296", "summary": "O líder opositor venezuelano Juan Guaidó será recibido na tarde deste sábado 25 de xaneiro pola ministra española de exteriores, Arancha González Laya. A ministra xa adiantou que desexa \"eleccións libres, democráticas e transparentes\" na República Bolivariana de Venezuela.", "text": "A ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno español, Arancha González Laya, reunirase este sábado, 25 de xaneiro, ás 16 horas con Juan Guaidó, líder da oposición venezuelana ao Executivo de Nicolás Maduro. González Laya sinalou ademais que o recibirá \"en nome dun Goberno -o español- que o recoñece como presidente encargado\" de Venezuela. En canto á polémica sobre un suposto encontro entre o ministro español José Luís Ábalos e a vicepresidenta da República Bolivariana de Venezuela, Delcy Rodríguez, González Laya asegurou no día de onte que \"a mandataria venezuelana non entrou na Unión Europea a través do Estado español\" ao asegurar que tan só fixo escala o pasado domingo no aeroporto de Madrid. Ademais, a ministra de Exteriores remitiuse ás explicacións de Ábalos, quen asegurou que non mantivo \"ningunha conversa nin debate\" con Delcy Rodríguez, e que só se achegou ao aeroporto para recibir ao responsábel de Turismo do Goberno de Nicolás Maduro porque mantén unha boa relación con el. Por mor do bloqueo aprobado pola Unión Europea contra Venezuela, a vicepresidenta do Goberno de Maduro non pode entrar no territorio comunitario. González Laya pide eleccións en Venezuela En canto á reunión de hoxe con Guaidó, Laya remarcou que o Goberno español quere \"que se realicen eleccións libres, transparentes e democráticas canto antes en Venezuela\" e \"un acordo entre venezuelanos\". O Goberno de Pedro Sánchez, dixo, \"está a traballar todos os días apoiando aos venezuelanos, moitos deles en situación crítica\". Ademais, afirmou que a súa reunión seguirá a pauta do alto representante da UE, Josep Borrell, que vén de recibir Guaidó en Bruxelas."}
{"ID": "PRAZA_9642", "summary": "A profesora e activista Koldobi Velasco participa nas xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, que comezan este xoves na Coruña. Aposta por repensar as políticas de benestar, introducindo a renda básica xunto con outros elementos para redistribuír a riqueza e o poder.", "text": "Este xoves comezan na Coruña as xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, que se desenvolverán atra o sábado no centro cívico do Mallos e no Paraninfo da UDC. As mesas redondas \"Renda Básica e feminismos\" e \"Experiencias municipalistas entorno á Renda Básica: dificultades e retos\" abrirán o evento esta tarde, para dar paso o venres a novos contidos, coma unha mesa centrada na \"Renda Básica e sostenibilidade ecolóxica\", \"Traballo, emprego e Renda Básica\" ou \"Novas miradas cara o benestar social\". Nesta última mesa intervirá a profesora e activista canaria Koldobi Velasco.Koldobi Velasco participa en diferentes colectivos sociais, como a Red Canaria en Defensa del Sistema Público de Servicios Sociales (REDESSCAN), e ademais é profesora de traballo social da Universidade das Palmas de Gran Canaria e é vogal de movementos sociais na Xunta de Goberno do Colexio de Diplomadas en Traballo Social. Falamos con ela.\"As olladas hexemónicas en relación do benestar social non analizan en profundidade as causas do que sucede\"Propós na túa intervención unha nova maneira de deseñar e aplicar as políticas de benestar social. Que críticas lle fas ao actual modelo?As olladas e os relatos hexemónicos do discurso dominante en relación do benestar social conteñen moitas perversións e nesgos. Son unhas olladas moi superficiais, que naturalizan a realidade de violencia que se vive, que non analizan en profundidade as causas do que sucede, son olladas moi desmemoriadas, que esquecen que as conquistas foron o resultado das loitas obreiras. Son tamén olladas que non teñen perspectiva feminista e que están moi despolitizadas, é dicir, que non entenden a política como unha redistribución do poder e da riqueza.A resposta que se dá é converter o Estado social e de dereito nun Estado penal e criminalizador, un Estado residual para a garantía de dereitos, un Estado que non se fai responsable da protección dos dereitos e que en cambio leva a cabo un adoutrinamento a través das políticas de benestar social. Fronte a ese relato dominante do benestar social, nós plantexamos que fai falla un cambio de proposta.\"A renda básica é unha ferramenta de tránsito que contribúe a acadar horizontes de emancipación que garantan dereitos e liberdades\"Que papel xoga a renda básica nesa proposta?A renda básica nós vémola como unha ferramenta de tránsito que contribúe a acadar horizontes de emancipación que por unha parte garantan dereitos e liberdades, que permitan unha mellora das condicións de vida e que á vez promovan un cambio de modelo de desenvolvemento, que non sexa capitalista e patriarcal e que poña a vida e o ben común no centro. Sería, polo tanto, un punto de partida para outro tipo de políticas?A renda básica é un elemento máis na redistribución da riqueza e do poder. É, no fondo, un mecanismo para expropiar aos que nos expropian e que introduce mecanismos de corrección á acumulación de capital. Esta ferramenta de transformación é necesario que vaia da man doutras ferramentas nunha verdadeira política de benestar, que ten que ver con fortalecer o público, desprivatizar, regular e xerar as condicións para que o Estado poida redistribuír a riqueza. A renda básica non é máis que unha fenda no sistema, pero unha fenda que pon en xaque algúns elementos clave do modelo no que vivimos. É como un gran de area no ollo de Goliat; é unha estratexia moi pequena que molesta o desenvolvemento do modelo imperante.\"É necesario que vaia da man doutras ferramentas nunha verdadeira política de benestar, que ten que ver con fortalecer o público, desprivatizar, regular e xerar as condicións para que o Estado poida redistribuír a riqueza\"Entre as críticas que recibe a renda básica, ademais da permanente pregunta de como se vai financiar, está a de que é un punto de chegada e non un punto de partida, que favorece a saída das persoas do mercado laboral...En realidade a renda básica é un elemento para que todas as persoas poidamos ter condicións de partida e de chegada xustas e que a partir de aí poidamos realmente camiñar cara a unha participación diferente na sociedade. Neste senso, pon en cuestión todo o ámbito do emprego en condicións de explotación. Cunha renda garantida teríamos os elementos para poder negociar. Pregúntase sempre de onde se sacarían os cartos? Podemos facer esa pregunta nun contexto no que cada día se invisten no Estado español 87 millóns de euros en gasto militar e pensar como sería investir todo ese diñeiro en renda básica ou en soberanía alimentaria. Ou que pasaría se acabásemos coa fraude fiscal ou coa economía sumerxida.\"O utópico é pensar que podemos seguir desta maneira, nun sistema que é ecocida e homicida\"Tamén se lle critica sempre o seu carácter utópico, ao non ter sido aplicada de xeito xeral en ningún país da nosa contorna. Non son utópicos todos os novos dereitos ata que se poñen en marcha?A min iso encántame como o conta Carlos Taibo, que di que o utópico é pensar que podemos seguir desta maneira, nun sistema que é ecocida, que está acabando co planeta, e que é homicida, pois está matando a xente polas condicións de desigualdade que existen. En cambio, hai alternativas, que pasan por poñer a vida e o ben común no centro. Temos que buscar un elemento estratéxico, como é a renda básica, que xunto con outros axude a rematar con esta situación inmoral e inxusta."}
{"ID": "NOS_30498", "summary": "En agosto de 1937, mentres Atila asolaba Galiza, 18 homes embarcaron no pesqueiro Novo Emden -13 metros de esolara- e fuxiron do Grove. Aquilo que aparentaba unha saída á costeira do bonito acabou nun extraordinario periplo. Recupérao o documental O Novo Emden. Unha vila desmemoriada á caza dos seus recordos, que se proxecta este 31 de xaneiro no Museo das Peregrinacións de Compostela.", "text": "O acto, organizado pola asociación cultural O Galo, será ás 19.45 e nel participará o director do filme Marcos Gallego, a súa guionista Comba Campoy e máis o membro do Galo Xesús Domínguez. \"Esta obra é un exemplo de recuperación da nosa memoria histórica ao visibilizar como un fato de mariñeiros do Grove chegou a Bretaña, logo a Inglaterra, Cuba e Estados Unidos\", sinala a asociación cultural. O traballo de Gallego data de 2007. Segundo os seus autores, a historia só a lembran no Grove \"polo testemuño de Juan Aguiño Picán\", recollido nas súas memorias. \"Mais nelas hai moitos cabos soltos que se procuran atar a través das preguntas que, para este documental, facemos a varios veciños da vila\", indican os autores da fita. Para O Galo, O Novo Emden -que dura uns 60 minutos- supón \"o rescate dun dos feitos da Longa Noite de Pedra que ate hai pouco permanecía agachado\"."}
{"ID": "NOS_41217", "summary": "A resposta galega aos manifestos presentados nos últimos días contra a liberdade democrática do pobo catalán a súa autodeterminación chegou hoxe da man dun texto titulado \"Polo dereito a decidir\"", "text": "O manifesto \"Polo dereito a decidir\" realizouno un grupo de persoas \"en solidariedade coa iniciativa catalá de someter a referendo a súa permanencia ou non no Estado español\". Nel entenden que despois do apoio cidadán expresado o pasado 11 de setembro e dos posteriores pronunciamentos a nivel español \"desde unha nación tamén enmarcada no referido estado como é Galiza\" e \"desde a esquerda consecuente\" queren expresar a súa postura \"favorábel ao devandito proceso soberano que o pobo catalán ten decidido poñer en marcha\". @s asinantes pensan que a postura económica e social de CiU \"non debe servir como desculpa por parte de ningunha persoa que se considere de esquerdas para opoñerse ao dereito a decidir de Catalunya\". Critican que \"unha esquerda que non botou man do federalismo após a queda da ditadura franquista para se opoñer a un sistema político unitario e centralista, non está lexitimada para facelo contra as arelas de independencia que poidan existir\". Salientan as \"lecturas\" que desde Catalunya se fixeron da Constitución para lle dar unha forma \"plurinacional\" e que \"foron cepilladas\". Por último cren que o \"negacionismo respecto da historia das agresións do Estado español contra Catalunya\" é unha postura que \"renxe coa tradición da esquerda que soubo ver as acometidas contra os dereitos colectivos\" chegando a alertar \"dunha involución democrática alentada por chamamentos como estes, lexitimando ao Estado español para reprimir a expresión da vontade da sociedade catalá\". Critican que \"unha esquerda que non botou man do federalismo após a queda da ditadura franquista para opoñerse a un sistema político unitario e centralista, non está lexitimada para facelo contra as arelas de independencia que poidan existir\" Manifestos Hai uns días o xornal español \"El País\" publicou un manifesto asinado, entre outr@s, por Almodovar, Vargas Llosa e Elvira Lindo. Nel realízase unha chamada ao federalismo e asegura que non hai \"espolio de España sobre Cataluña\" e que os soberanistas o que queren é \"violentar a lei democrática\". O texto afirma que as agresións de España contra Catalunya son \"manipulacións\" e agachan \"as consecuencias penosas para todos\" dun futuro Estado catalán independente. Con anterioridade a este manifesto publicouse outro de profesionais e xornalistas que no seu momento chegou a ter máis de cen sinaturas. Nel atácase a alianza CiU-PP e o \"apoio reiterado ás políticas laborais máis regresivas da democràcia\". Entre @s asinantes figuran Isabel Coixet, Antonio Franco, Carlos Jiménez Villarejo e Rosa Regàs. O vindeiro 8 de novembro presentarán en Barcelona un colectivo agrupado baixo o nome de \"Crida a la Catalunya federalista i d'esquerres\". O último texto público en contra do dereito a decidir de Catalunya apareceu hoxe mesmo no xornal \"El Mundo\" co nome de \"Con Cataluña, con España\". Nel @s asinantes, moit@s repetid@s noutros manifestos, aseguran \"estar preocupados polos últimos acontecementos que se produciron na vida política de Cataluña\" e sinalan que a Constitución foi \"un dos feitos políticos máis felices da nosa recente historia\" polo que \"a súa vixencia\" nestes 34 anos \"constitúe a garantía do período máis longo de convivencia democrática\"."}
{"ID": "NOS_35382", "summary": "Mato, directora de sutentabilidade de Greenalia e conselleira en Euskaltel, exercerá de vocal na directiva da patronal Asime", "text": "Asime, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza, defendía hai uns días a necesidade de apostar pola enerxía eólica mariña como motor da recuperación. Quizais esta aposta teña que ver coa designación da ex conselleira Beatriz Mato, en calidade de directora de sustentabilidade de Greenalia, como nova vocal da xunta directiva da patronal. O seu nomeamento, xunto cos de Ernesto Jesús Rodríguez (Mecanizados Rodríguez Fernández), que exercerá como secretario, e os de Pablo Alarcón (Borgwarner Emissions Systems) e Julio C. Arca (Genesal Energy) tamén como vocais, foi anunciado onte na Asemblea Xeral Anual celebrada na súa sede en Vigo. Durante o evento, ao que asistiron o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentáronse os resultados da organización do exercicio 2020 e abordáronse as previsións para o que resta deste ano 2021, con especial fincapé nos retos que se presentan para a industria para a recuperación. Justo Sierra, presidente de Asime, destacou que 2020 \"foi un ano duro, no que asistimos a caídas históricas do 12% en facturación e do 2% en emprego\". Porén, sinalou que a industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas soportou mellor que outras o impacto da pandemia. Neste senso, o presidente da patronal amosouse \"moderadamente optimista\" para este 2021, ano no que contan certificar o comezo da recuperación a partir do segundo semestre. Para facer posible esa recuperación, Sierra incidiu na necesidade da colaboración público-privada para buscar investimentos e favorecer unha transición enerxética xusta. \"O acceso ao solo industrial, a subministración enerxética estábel e competitiva, a dixitalización e a innovación van ser máis relevantes que nunca\", adiantou, ao igual que serán \"chave\" os fondos europeos, \"que deben ser xestionados de forma áxil e flexíbel da man do propio tecido produtivo\", indicou. Sobre os retos, o Presidente de Asime insistiu na necesidade de impulsar a automoción e atraer investimentos para a produción de compoñentes estratéxicos como os microchips, dotar de maior carga de traballo para os estaleiros de Navantia en Ferrol e impulsar nichos de negocio como a éolica mariña"}
{"ID": "NOS_47655", "summary": "A organización frontista exixe a Feijóo que \"dea a cara\" nunha comparecencia parlamentar e denuncia \"a estafa\" que supón para a cidadanía o argumento do aforro do Partido Popular en materia sanitaria.", "text": "O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, instou ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer en sesión parlamentar \"de inmediato\" para explicar a privatización \"sibilina\" que está a desenvolver o goberno galego na sanidade pública. Segundo o líder da organización frontista, a aplicación en Galiza dos re-pagamentos farmacolóxicos e sanitarios aprobados desde Madrid rachan coa tendenza doutros territorios do Estado nos que se están a rexeitar estas medidas e evidencian o \"empeño\" do líder do executivo galego por \"ser o campión da crueldade\". Neste senso, para a organización frontista é preciso iniciar un \"debate público\" arredor do modelo sanitario á fin de medir o grao de apoio social co que contarían as medidas aprobadas pola Xunta de Galiza, co único apoio do Partido Popular. Para a fronte nacionalista a \"estratexia\" que están a seguir é \"ir medida a medida\" para que \"cada árbore impida ver o bosque\" polo que urxiu un debate social no que \"se vexan as consecuencias da batería de medidas privatizadores adoptadas polo Goberno galego\". A \"estafa do aforro\" \"O que pretende Feijóo é un auténtico cambio de modelo sanitario, desmontando peza a peza un sistema público de saúde de calidade e universal no que, até o de agora, todos somos iguais ante a adversidade da enfermidade sen que importe o nivel de renda\", indicou Vence. Para o portavoz nacional do Bloque defendeu o presidente da Xunta debe \"dar a cara\" e explicar á cidadanía por que se está a producir un \"cambio de modelo\" sob o argumento do \"aforro\" pregoado polo Partido Popular. Unha redución do gasto público que para o BNG constitúe unha \"estafa\". \"Non é verdade que a sanidade privada supoña un aforro. EEUU é quen máis gasta en sanidade de todo o mundo, pero ten unha gran parte da súa poboación sen cobertura e xera pobreza sanitaria, porque ten apostado por un modelo privado\", denunciou Vence. Así, urxiu a Feijóo a \"ser quen explique\" as medidas aprobadas porque, dixo, \"a cidadanía ten dereito a saber cara onde imos\"."}
{"ID": "PRAZA_5885", "summary": "Agustín Hernández anunciou a composición definitiva da coporación, na que hai sete concelleiros e concelleiras non elixidos pola cidadanía, entre eles a senadora María Jesús Sainz ou a actual directora do IGVS, Teresa Gutiérrez. Ángel Currás tamén se mantén no grupo.", "text": "Sete dos 13 membros do grupo de goberno do Concello de Santiago de Compostela serán edís que non figuraban na lista electoral do PP nas últimas eleccións municipais e que, polo tanto, non foron escollidos pola cidadanía. Agustín Hernández, que tomará posesión ao redor do 1 de xullo, anunciou este sábado a composición da nova corporación, presidida por el e na que se mantén o aínda rexedor Ángel Currás, \"para facilitar o traspaso de poderes\". Hai sete concelleiros e concelleiras non elixidos pola cidadanía, entre eles a senadora María Jesús Sainz ou a actual directora do IGVS, Teresa Gutiérrez No equipo, ademais de Hernández (número 25 na lista electoral popular), figura a deputada no Congreso Marta González (número 24), e mantéñense ademais de Currás os edís Reyes Leis, Luis Meijide e José Manuel Rosende. Ademais, incorpóranse sete concelleiros non elixidos nos comicios: a senadora María Jesús Sainz, dirixente popular na cidade nos anos oitenta e noventa; Alejandro Sánchez Brunete, concelleiro tamén nos anos noventa; Teresa Guitiérrez, actual directora do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS); Ramón Quiroga Limia, subdirector xeral de Promoción da Igualdade; María José Corral López, colaboradora do gabinete de Agustín Hernández; Manuel Martínez Varela, secretario do Concello de Boiro; e María Antón, xerente do Consorcio de Santiago. Na presentación do seu novo equipo, Hernández afirmou que elaborou o grupo \"con total liberdade\" e que procurou \"o que considerei máis axeitado en defensa dos intereses de Santiago\". Hernández non desvelou en que momento abandonará a Consellaría de Medio Ambiente ou quen pode ser o seu substituto ou substituta. Nos últimos días as forzas da oposición censuraron a \"esperpéntica\" e \"disparatada\" situación que o PP provocou en Santiago e destacaron que o PP busca \"defender intereses electoralistas\" no canto de primar os \"intereses xerais\"."}
{"ID": "NOS_33834", "summary": "Véspera do Día da Patria", "text": "Organización xuvenís e estudantís soberanistas convocaron esta quinta feira a manifestación unitaria con motivo do Día da Patria Galega baixo o lema \"A república galega é o futuro\". Esta mobilización unitaria da mocidade, que decorre cada 24 de xullo desde 2013, partirá ás 20 horas da Alameda de Santiago para denunciar a precariedade laboral, a emigración xuvenil, a imposibilidade de acceder a unha vivenda digna e o desmantelamento do ensino público. Fronte a isto, destacan a necesidade de \"sumar forzas para construír un futuro digno\" na Galiza, o que, segundo consideran, pasa pola construción dunha República galega fronte \"a un Estado Español antidemocrático e o capitalismo\". \"Un estado español antidemocrático, marcado pola promesa dunha falsa transición, que continúa a manter no poder económico e social a quen hai máis de 80 anos deixaron as nosas familias nas cunetas. Un estado en que unha institución reaccionaria como a monarquía, aínda rodeada de escándalos de corrupción, continúa manténdose na xefatura do estado\", denuncian no manifesto. A mobilización está convocada por Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e Mocidade pola Independencia. As convocantes fixeron un chamamento á mocidade galega a sumarse a esta mobilización, así como a todas aquelas entidades que queiran sumarse á mesma."}
{"ID": "NOS_37259", "summary": "O prazo máximo para o desmantelamento parcial da planta será de catro anos a partir da clausura efectiva.", "text": "O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico autorizou o peche da central térmica de Naturgy en Meirama, en Cercedacanda as de Iberdrola en Lada (Asturias) e Viesgo en Puente Nuevo (Córdoba). O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica esta quinta feira as resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, con data do pasado 31 de xullo, polas que se dá o visto e prace a clausura das tres plantas. Nos casos de Lada e Meirama, autorízase a Iberdrola e a Naturgy o peche destas centrais térmicas, que deberá realizarse no prazo de doce meses (contados a partir da data de notificación da resolución). Así mesmo, terán que proceder ao desmantelamento parcial das plantas no prazo máximo de catro anos contados a partir da data en que o peche se faga efectivo. Se Naturgy non procedese ao peche da central térmica de Meirama no prazo establecido producirase a caducidade da autorización, segundo fixa o BOE. Ademais, o titular da instalación deberá cumprir para o desmantelamento as medidas e condicións establecidas no documento ambiental e na resolución de data 25 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formulouinforme de impacto ambiental do proxecto. No caso de Meirama, de 580 MW de potencia instalada, Naturgy traballa no desenvolvemento de dous parques eólicos, de 70 MW en total, na contorna da central, e avanzou no estudo de viabilidade para a construción dun centro de gas renovable, que podería implicar o investimento de até 20 millóns de euros adicionais. Ademais, a enerxética analiza, xunto coas administracións, outras posibilidades para impulsar a atracción de investimento, novas empresas e proxectos á contorna da central."}
{"ID": "NOS_24285", "summary": "A escritora ingresou esta cuarta feira na Academia.", "text": "A escritora María Rosa Lojo reivindicou esta cuarta feira, no seu acto de ingreso na Real Academia Galega (RAG) como académica da honra, a significación dos galegos na construción da identidade arxentina. María Rosa Lojo foi nomeda membro de honra da Real Academia Galega \"Son unha galega-filla. Unha exiliada-filla. As redes afectivas e intelectuais da emigración nunca se cortaron\", expresou Lojo, quen incidiu tamén en que a literatura require \"unha posición primaria de escoita\". \"Somos apenas unha canle\", dixo ao definir os escritores e escritoras como aqueles que trasladan a \"voz colectiva\". Sobre o seu ingreso na Academia, a escritora salientou que o asume co propósito de desenvolver \"unha función especialmente fermosa porque se desempeña ao entrelazar mundos e reunir horizontes\". A escritora María Rosa Lojo ingresará na RAG como membro de honra o vindeiro 28 de setembro Pola súa parte, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, destacou que \"unha parte moi importante da produción de María Rosa Lojo inspírase nas raíces familiares, a memoria do seu pai principalmente, que naceu nas terras de Boiro\". María Rosa Lojo María Rosa Lojo, doutora en Letras pola Universidade de Bos Aires, foi investigadora principal do Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas de Arxentina (Conicet) e actualmente é a directora académica do Centro de Estudios Críticos de Ediciones de Literatura Arxentina na Facultade de Filosofía, Letras e Estudos Orientais da Universidade de Salvador, na capital bonaerense. Desde 2015 é membro correspondente da Academia Norteamericana da Lingua Española e desde 2017 pertence á xunta directiva da Fundación Sur. A súa obra literaria foi traducida a diferentes idiomas e recibiu premios como o Premio de Poesía da Feira Internacional do Libro de Bos Aires (1984), o Instituto Literario e Cultural Hispánico de California (1999), o Premio a toda unha vida en Literatura da Arxentina. Asociación de Artistas Premiados ou o Gran Premio de Honra 2018 da Sociedade Arxentina de Escritores, que Jorge Luis Borges recibiu por primeira vez en 1944. A RAG tamén salientou que a autora recoñece a influencia que exerceron na súa literatura as lecturas de Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, pero \"antes de que isto ocorrese xa atopaba nos relatos orais do pai un elemento de identificación que compara a Na cultura. dos mapuches e dos ranqueles, pobos nativos do centro e sur da Arxentina, representa a chamada 'canción da liñaxe'\". A pegada galega aparece desde a súa primeira novela, Canción Perdida en Buenos Aires al Oeste (1987) até a súa última, Solo skip (2018), pasando por Finisterre, traducida ao galego como A fin da terra ( 2006). Outro exemplo é o álbum ilustrado 'O libro das Seniguais e do único Senigual', publicado orixinalmente en 2010 en galego e traducido ao castelán seis anos despois."}
{"ID": "NOS_47274", "summary": "Un dos servizos máis sensíbeis da Xunta da Galiza, as emerxencias do 061, consumaron unha folga parcial de dúas horas para denunciar a inestabilidade e incerteza do seu funcionamento.", "text": "O persoal do servizo de emerxencias que xestiona o centro de chamadas 061 realizou a pasada segunda feira, coincidindo co día festivo, unha folga parcial de dúas horas para denunciar a súa situación. André Chamadoira, membro do comité de empresa, explica a Nós Diario que o sistema que emprega a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está a crear precariedade nun departamento tan sensíbel. O persoal operador de emerxencia está formado por 95 traballadoras e traballadores, 25% do total que traballan no servizo. Denuncian que son mileuristas, traballan todas as noites do ano, mesmo festivos, e cunha gran presión. Desde o comité de empresa denuncian ameazas. Aseguran que non teñen ningún contacto coa empresa que ademais lles está a pagar mal as baixas laborais. Renato Núñez, asesor da CIG, afirma a Nós Diario que o persoal do 061 non cobrou decembro e non saben se cobrarán xaneiro. O artigo íntegro pode consultalo na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_18647", "summary": "ENTREVISTA Yolanda Castaño mestura poesía e banda deseñada en O puño e a letra, (Xerais), antoloxía dos seus 25 anos de traballo poético.", "text": "Yolanda Castaño mesturara xa, en distintos momentos da súa traxectoria creadora, a poesía coa plástica, a arquitectura, a música, a danza, a fotografía, o audiovisual e ata a cociña. Chegaba aos 25 anos de traballo poético e decidiu celebralo non coa clásica antoloxía, senón probando algo novo, non só na súa carreira literaria senón na literatura galega: o comic poetry. O resultado é o libro O puño e a letra (Xerais), no que 40 ilustradores e ilustradoras interpretan outros tantos dos seus poemas. O libro preséntase como o primeiro Comic Poetry en galego. Como xorde a idea? A fortuna de poder saír polo mundo da man do meu traballo literario ofréceme o privilexio de poder entrar en contacto, de primeira man, coas máis diversas prácticas poéticas contemporáneas. Algunhas delas son novas para min, todas enriquecedoras e estimulantes. \"Fascinoume ese diálogo interdisciplinar que trasladaba versos a viñetas\" Un deses casos veu a través do italiano Lello Voce –poeta, performer, gran dinamizador literario e un dos personaxes clave da contracultura italiana dende os 80– quen me descubriu un xénero híbrido con bastante máis rendemento no país da bota. Fascinoume ese diálogo interdisciplinar que trasladaba versos a viñetas. Cando me puxen a investigar un pouco, descubrín que as mostras de cómic poético na Península Ibérica se reducían basicamente a unha única autora, Laura Pérez-Vernetti, sen que houbese ningunha obra en galego. Abríase un espazo creativo moi xugoso no que traballar. O primeiro que me preguntei ao lelo foi polo traballo de produción que debeu supor: escoller 40 textos, contactar e coordinar 40 ilustradores... Como foi o proceso e canto tempo, máis ou menos, levou? Pois o proceso completo levou perto de ano e medio pero foi tremendamente estimulante. Supoño que proxectos anteriores coordinando dende eventos colectivos como o Festival PontePoética ata outros volumes corais como Cociñando ao pé da letra puideran terme dado parte da experiencia que o fixo todo tan fluído. O traballo nunca me asusta e menos se trae tan ilusionantes procesos e resultados. \"O traballo nunca me asusta e menos se trae tan ilusionantes procesos e resultados\" Ademais, contei co asesoramento dun dos maiores expertos na Historia do cómic galego, Xulio Carballo Dopico, e os seus consellos foron bo apoio. Claro que ten algo de laborioso coordinar tantas e tan distintas sensibilidades, as súas consultas e a mediación coa editorial, pero ir recibindo as deslumbrantes creacións das e dos artistas e ir vendo medrar o proxecto dábame toda a forza. Foi emocionante. O libro é, ao mesmo tempo, un repaso polos teus 25 anos de traballo literario. Polo que se converte nunha alternativa á clásica antoloxía poética. Foi pensado tamén así? Como escolliches os poemas? (Vese, claro, a evolución da túa poesía). Ideei o proxecto cando cumpría corenta anos e, despois de máis de media vida mantendo un compromiso tan forte e estreito coa poesía, apeteceume celebralo dun xeito fermoso e divertido. Ademais, notei que os meus libros tiveran unha distribución e difusión desigual. Como ben dis, facer a clásica antoloxía persoal creo que non tería representado nin o meu espíritu nin o afán interdisciplinar co que levo experimentado dende tan cedo (mesturei xa poesía e plástica, arquitectura, música, danza, fotografía, audiovisual e ata cociña). \"Facer a clásica antoloxía persoal creo que non tería representado nin o meu espíritu nin o afán interdisciplinar co que levo experimentado dende tan cedo\" Inaugurar ao mesmo tempo un novo xénero para a tradición galega e ofrecer o que, dalgún xeito, tamén pode funcionar coma un catálogo do noso cómic contemporáneo foron os ingredientes que terminaron de decidirme. Fun escollendo textos dos meus até agora seis libros de poesía, tratando de tirar polos –en principio– menos 'abstractos', máis plásticos ou cunha imaxinería que pensaba que podía dar máis pé; pero sen esquecer algúns dos textos máis significativos para min. Yolanda Castaño co libro 'O puño e a letra'. Foto: Alberto Pombo Algo que salienta o propio libro, no seu limiar, é que os ilustradores e as ilustradoras tiveron liberdade para traballar como quixesen, interpretando os poemas ao seu xeito. Por iso fan análises personais: ás veces clarificadoras dos textos, ás veces amplificadoras, matizadoras, acompañadoras... E outras escuredoras, escapistas ou mesmo contraditorias. Como foi para ti atoparte coa interpretación dos teus poemas que fai cada un deles? A escaseza de modelos previos facía que esta proposta fose todo un desafío creativo para os ilustradores e ilustradoras. O convite a explorar eses novos camiños no seu labor artístico era tan aberto que permitía moi distintos xeitos de abordalo: ilustrando algúns dos versos, glosando, enriquecendo, trasladando a debuxos, establecendo un diálogo... Tamén como lectores levamos o texto ao noso terreo, e tanto as traducións coma as intervencións interxenéricas non deixan de ser tipos de 'lecturas' moi especiais, cualificadas. \"Si que me chocou algunha interpretación dalgún dos textos, pero iría contra os meus principios de sempre opoñerme á deslumbrante polisemia do signo poético\" Hai que se dar enfrontado á distancia que medra entre ti e o teu poema unha vez que sae de ti e pasa a ser de outros/as. O vínculo que cada debuxante estableceu co seu poema tamén se explicitou no que crearon: hai quen pasou por enriba, hai quen se mergullou a fondo e hai ata quen deu un rodeo. Os froitos de cada unha destas posturas non teñen por que crear unha realidade máis interesante canto máis coincida cunha intención inicial que foi miña, e só miña. É dicir: si que me chocou algunha interpretación dalgún dos textos, pero iría contra os meus principios de sempre opoñerme á deslumbrante polisemia do signo poético. A idea era tamén \"soltar o lastre dos prexuízos críticos (sobre o xénero literario, sobre os propios contidos escritos, sobre a autora\". Algo diso pensei en canto á escolla dos poemas. Non dar unha imaxe tópica, ou superficial, da túa poesía. Supoño que tamén para sacudirte, precisamente, de enriba, algúns tópicos que afectaron á recepción da túa obra... Quen observe a liña de progresión deste libro, e tendo tamén en conta a desigual recepción que –por uns motivos ou outros– tiveron os meus títulos, constatará como, con moita frecuencia, os nosos comezos tenden a eclipsar evolucións posteriores. Sobre todo se aqueles comezos deron que falar, como foi o caso. Público e crítica precisan encadrar o máis axiña posible, para ter controlado o produto cultural e saber doadamente como manexalo. \"O feito de que non tratase moito a temática erótica dende o século pasado non fixo demasiado por que moitos me seguisen asociando a esa etiqueta, por moitos libros que escribise sobre a identidade ou a linguaxe\" O feito de que non tratase moito a temática erótica dende o século pasado (hai vinte anos) non fixo demasiado por que moitos me seguisen asociando indivisiblemente a esa etiqueta por moitos libros que escribise sobre a identidade ou a linguaxe. Aínda que levasen tempo publicados, os poemas dos noventa e os máis actuais están á par neste libro, un libro que me gustaría que permitise unha imaxe máis completa do que humildemente fago. Hai, tamén, continuidade, no sentido de buscar \"novas vidas\" para a poesía, como o foi a música, o audiovisual, a performance... En que sentido é este libro un chanzo máis nese proceso? Como ben adiviñas, fai parte desa inquedanza miña, máis experimental, de hibridar os textos para concederlles vidas novas. Despois do libro Poética da casa, do grupo Tender a man, de todos os videopoemas ou das múltiples colaboracións con escultores, fotógrafas, coreógrafas, músicos ou performers, son consciente de que unha das maiores innovacións na hora poética actual é a que hibrida os formatos e renova as canles. Sácanos, ademais, da soedade do oficio da escrita, das endogamias do sector, e sempre nos enriquece, abre a ollada e fai aprender ao poñernos en contacto con outro gremio e disciplina. Eu non quero unha poesía isolada e volta cara si senón unha poesía contaminada de vida, de mundo e doutros códigos, e este proxecto é consecuente con iso. \"Fai parte desa inquedanza miña, máis experimental, de hibridar os textos para concederlles vidas novas\" Dicías nas redes sociais que, xa que inauguraches o Simposio da Asociación de Editoras, \"o compromiso de todos estes anos obrígame a non facer reverencias ao poder nin dicir que todo está estupendo\". Que é o que non está tan estupendo? Pois a falta de recoñecemento dunha realidade que é a produción literaria. Descoñecer de onde sae un texto literario ou ser insensible ao traballo dos escritores e escritoras fai que non se trate con dignidade o seu labor tan privado, tan desprovisto de apoios públicos (ou das empresas, vaia). Nesa mesma liña, non existen circuítos ben aparellados para promover a proxección exterior, xa que –por parte das administracións– carecemos dunha política cultural e unha economía que camiñen xuntas cara ese obxectivo. Non cren nin apostan por un patrimonio literario que está a ser a admiración do noso contorno, mais só no estritamente creativo. \"Non cren nin apostan por un patrimonio literario que está a ser a admiración do noso contorno, mais só no estritamente creativo\" O mercado, o sistema editorial, as institucións culturais, as fundacións, ata as asociacións gremiais resultan deficitarias e non pechan filas para reforzar os pasos cara unha maior profesionalización dos escritores/as, que non deixan de ser un termómetro da normalidade dunha cultura. Os contados premios literarios son apenas palmadiñas nas costas logo de que o groso do esforzo estea feito pola nosa conta e risco. Practicamente todas as axudas públicas arredor do libro van dirixidas a empresas editoriais, distribuidoras, programadores, dinamizadores ou bibliotecas, pero non ao orixinal creador/a do propio libro. Cumpriría un cambio de paradigma que recoñecese e dignificase un oficio que supón moita entrega, escasa gratificación e que en cambio non redunda senón na comunidade."}
{"ID": "NOS_44482", "summary": "Ás veces teorizamos demasiado. Ou máis ben, ás veces confundimos a teoría coa realidade, o cal é algo así como confundir o mapa co territorio.", "text": "Lense demasiadas hipóteses sobre como será o teatro posterior á pandemia, sobre o papel dos medios electrónicos nas artes escénicas a partir da COVID-19, sobre o cambio na relación entre artistas e público na \"nova normalidade\". Nestes casos, un tende a concordar co filósofo Alain Badiou, que se sorprendía polos \"sospeitosos laios e estupideces revoltos nas redes sociais\". No caso da pandemia, o único sensato é seguir as pautas aconselladas polas autoridades sanitarias e esperar a que escampe. O cal non exclúe a posibilidade de quitar conclusións a partir do sucedido. E no campo das artes escénicas –e, en xeral, da cultura– esas conclusións apuntan ao extremadamente feble do tecido profesional, cun sistema de produción moi fragmentado, con ducias de compañías sen apenas capacidade de supervivencia, cuns circuítos de distribución sen obxectivos definidos, cunha proxección exterior nula e cuns centros institucionais (Centro Dramático Galego e Centro Coreográfico Galego) caídos na máis absoluta irrelevancia, cando non desaparecidos. Un sector abandonado e condenado á precariedade e, en definitiva, á desaparición. As causas habería que buscalas no esquecemento do dereito da cidadanía á cultura, que ten a súa orixe no adelgazamento de todo o que fose público a partir da actuación do famoso dúo cómico Reagan-Thatcher (aquilo si que foi dar paso a unha \"nova normalidade\"). No noso país, por razóns abondo estudadas, contamos co agravante duns gobernantes que non consideran que a cultura propia sexa merecedora dunha protección especial, como si ocorre no resto de Europa. Daquela, a única novidade con potencial transformador será a convicción sobre a necesidade do público e a reafirmación do acceso á cultura como un dereito fundamental. E como calquera outra esfera do público, o teatro precisa dunha planificación a medio e curto prazo, de obxectivos claros e avaliábeis e dun diálogo permanente coa sociedade á que vai dirixido. Quizais a cara positiva desta crise sexa a constatación de que é precisamente a sociedade a que reclama a volta do teatro e da danza, a ávida demanda de artes escénicas coa que se están atopando os teatros e festivais. Temos por diante un mes de xullo ateigado de programacións e festivais e a mellor forma de amosar o noso compromiso é xustamente coñecer de primeira man o que preocupa ás creadoras galegas. E si, tamén hai eleccións."}
{"ID": "NOS_51971", "summary": "Vilagarcía acolleu a presentación do encontro entre as seleccións absolutas de Galiza e Catalunya, que terá lugar o 22 no campo da Lomba. Entradas de balde para menores de 14 anos.", "text": "A 'Irmandiña' feminina enfrontarase á selección de Catalunya o 22 de decembro en Vilagarcía, \"cidade berce do fútbol galego\", en palabras de Louzán, da Federación galega de Fútbol, no que é o seu retorno aos campos de xogo após de anos de obrigado parón. A selección absoluta feminina de galiza contará con xogadoras de prestixio internacional, como Vero Boquete ou Mari Paz Vilas. A presentación serviu para dar a coñecer o cartel do encontro e o custo das entradas, que serán gratuítas para os menores de 14 anos e cun prezo único de cinco euros para o resto de asistentes. Rafael Louzán, presidente da FGF, destacou que a disputa deste encontro \"completa o regreso das seleccións galegas absolutas\" despois de que o combinado masculino se enfrontase a Venezuela o pasado mes de maio logo de oito anos de ausencia. \"Agardo que o público acuda ao campo de A Lomba no que será un día de festa\", dixo o presidente, que aproveitou a súa intervención para agradecer a colaboración de todos os organizadores e da selección de Cataluña, coa que a Federación subscribiu un acordo que levará Galiza a xogar en terras catalás a mediados do próximo ano."}
{"ID": "NOS_52269", "summary": "A Xunta presenta un plan para a lingua que non coñecen organizacións políticas nin entidades relacionadas co idioma. Diríxese só ao ámbito económico cando se reclaman actuacións no ensino. Incumpre o plan aprobado por unanimidade e confía no novo que só apoia o PP.", "text": "Só o Partido Popular mostrou o seu apoio ao \"Plan de dinamización da Lingua Galega no tecido Económico\" que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, apresentou esta terza feira no Parlamento. Os distintos grupos da oposición debullaron o ronsel de razóns polas que cuestionan o novo documento presentado pola Xunta, a primeira delas, que ningún dos grupos tivese na man o texto antes de se iniciar o seu debate na comisión. A deputada do BNG, Ana Pontón, reclamou mesmo a paralización da comisión para estudar un Plan que non chegara aínda ás mans dos grupos que tiñan que defender a súa posición na comparecencia de Valentín García. Lamentou que se \"furtara o debate\" aos grupos parlamentarios que descoñecían a tal altura o contido do plan que a Xunta remitiu tres días antes a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, segundo sinalou o propio secretario xeral que defendeu, malia iso, o carácter \"participativo\" da proposta. A presidenta da Mesa, María Soledad Piñeiro, considerou que o texto do Plan era \"complementario\" polo que desestimou a paralización da sesión. Ana Pontón critica que o goberno galego estea a manter \"o decreto da vergoña\" cando o galego desce de maneira alarmante entre as xeracións máis mozas O Plan encamiñado ao ámbito económico non chegou aos grupos parlamentares mais tampouco ás organizacións que traballan na defensa da lingua. Desta maneira, desde a Mesa pola Normalización, critican que, malia se dirixiren en repetidas ocasións ao secretario xeral de Política Lingüística para coñeceren o contido do Plan non tiveran resposta algunha até o momento. \"Descoñecemos o texto do Plan, mais non imos pasar por menos do que está acordado por unanimidade en 2004 no Plan de Normalización Lingüística que se está a incumprir. Sería dar un paso atrás no proceso de normalización que non podemos aceptar. O que o goberno ten que facer é aplicar o acordado e deixarse de propaganda\", sinalou Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Valentín García: \"Unha lingua entra en perigo cando baixa de 100.000 falantes, que o galego ten en Vigo e a súa area\" Á MNL referiuse tamén a deputada do grupo mixto, Carme Iglesias, ao lembras a iniciativa Abertos ao Galego dirixida ao mundo do comercio e a industria, ámbitos ao que se destina o plan presentado por un Valentín García que insistiu en que as medidas recollidas están indicadas xa no Plan de Normalización. Entre elas, citou o reforzo nos medios de comunicación, apoio á creación de redes de empresas polo galego, posta en valor da importancia da lingua no sector ou promoción do galego na etiquetaxe. 14 preguntas sen resposta \"O que ten que facer o goberno é derorgar o decreto do plurilingüísmo e logo falaremos do ámbito socioeconómico\", sentenciou Carme Iglesias que defendeu que é no ensino onde se xoga o futuro da lingua. Para Ana Pontón, o plan presentado por Valentín García, \"que ninguén coñece nin vai contar con orzamento\" é \"máis propaganda para tentar tapar o desastre que se está a producir no mundo da lingua\". Referiuse tamén a deputada nacionalista a que o goberno está a manter \"o decreto da vergoña\" cando o galego descende de forma alarmante na mocidade e entregoulle ao secretario xeral de Política Língüística 14 preguntas das que a Xunta non está a dar resposta e que se encamiñan á situación do galego en ámbitos como a xustiza, o ensino ou os medios de comunicación. Tamén Xesús Ron, de AGE, sinalou que en materia de normalización \"é moito o que hai que facer, mais xa estaba expresado no Plan de Normalización Lingüística\". De \"fuxida cara ningures\" cualificou Ricardo Docasar a política lingüística da Xunta que está a facer do galego, segundo dixo, \"un parque temático\". Non está en perigo Valentín García defendeuse das acusacións, en especial da de ter ocultado o texto aos grupos políticos, afirmando que o plan aínda vai dar moitas voltas e regresará ao Parlamento. \"A intención era explicalo antes de que vostedes o examinen\", díxolle ás voceiras e voceiros dos grupos na sesión na que comparecía en comisión. Rexeitou que se lle apoña a falta de uso do galego entre os 5 e os 14 anos ao decreto de plurilingüísmo e mostrouse avalado pola sentenza do Tribunal Supremo sobre o recurso presentado pola Academia. Negou ademais Valentín García que o galego estea en perigo de desaparición.\"Unha lingua entra en perigo cando baixa de 100.000 falantes, que o galego ten en Vigo e a súa area\", comentou."}
{"ID": "NOS_25689", "summary": "Após a entrada en prisión do compañeiro de Caridad Pérez o movemento feminista volve ás rúas.", "text": "As organizacións e colectivos feministas convocan concentracións nas cidades despois de que o xulgado de Ferrol enviase a prisión o compañeiro de Caridad Pérez, a muller asasinada en Narón o 29 de decembro en Narón, como presunto responsábel do asasinato machista que elevou a 8 a cifra oficial de feminicidios no noso país en 2015. O feminismo sae ás rúas dous días despois de se confirmar o asasinato machista, unha dinámica que se activa automaticamente A convocatoria prodúcese ao día seguinte de saír publicado na imprensa a confirmación xudicial de se tratar dun crime machista pois este é o protocolo estabelecido polo movemento feminista galego. O seu obxectivo, lembran, é \"visibilizar un asasinato machista e reclamar o fin da violencia contra as mulleres\". Neste senso, os lugares nos que decorren as concentracións tamén se repiten cada vez que unha muller é asasinada polo feito de o ser. As mobilizacións terán lugar na sexta feira, 15 de xaneiro, ás 20h VIGO, diante do marco, convoca Marcha Mundial das Mulleres OURENSE, Castañeira (subdelegación), convoca Marcha Mundial das Mulleres FERROL, diante do concello, convoca Marcha Mundial das Mulleres PONTEVEDRA, diante da Audiencia Provincial, convocan feministas de pontevedra LUGO, praza do concello, convocan feministas de Lugo A CORUÑA, Obelisco, convoca acción feminista da Coruña COMPOSTELA, na porta do camiño, convoca feminismos Compostela"}
{"ID": "NOS_40300", "summary": "Pasaron pola Consellaría de Mato cinco proxectos de Greenalia, entre eles parques eólicos", "text": "A compañía de enerxías renovábeis Greenalia anunciou na sexta feira que amplía o seu Consello de Administración, que pasa de catro a seis membros. Entre as novas incorporacións destaca a de Beatriz Mato, ex conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018) e de Traballo e Benestar (2009-2015) de distintas etapas de goberno de Alberto Núñez Feixoo. Greenalia fichara Mato, tamén ex candidata do PP á Alcaldía da Coruña nas últimas eleccións municipais, en febreiro de 2020. Un salto á empresa privada nun caso de portas xiratorias. De feito, o seu nomeamento dentro da cotizada supuxo as denuncias de entidades ecoloxistas como Adega, pois a Consellaría que dirixira Mato outorgou a Greenalia diversas autorizacións legais para pór en marcha a central de biomasa de Teixeiro (Curtis). Pasaron pola Consellaría de Mato cinco proxectos de Greenalia, entre eles parques eólicos O proxecto insignia da empresa librábase en xullo de 2017, con Mato á fronte da Consellaría, do proxecto de avaliación do impacto ambiental común, ao non consideralo necesario. Mais non só. Cando a ex candidata do PP á Alcaldía da Coruña exercía como conselleira de Medio Ambiente, pasaron polo seu departamento cinco proxectos de Greenalia, algúns deles parques eólicos. Aínda así, a Xunta da Galiza considerou que, malia acceder á empresa menos de dous anos despois de deixar o cargo, o de Mato non é un caso de incompatibilidade, ao entender que non contravén o que recolle a Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno da Xunta da Galiza por non resolver ela ningún expediente de Greenalia. Si os resolveu a directora xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira Costa, directamente nomeada por Mato e subordinada dela. Mato é partidaria de que se simplifiquen os trámites para a instalación de aeroxeradores Mato é desde xa novo membro do Consello de Administración da empresa de renovábeis e fai parte da Dirección da Asociación Eólica da Galiza desde o 8 de maio de 2020, representando, precisamente, Greenalia. Mato, que publicamente se amosou partidaria de simplificar a lexislación para a instalación de parques eólicos, tentou, sen éxito, conseguir a Presidencia da patronal e chegou a postularse mediante o envío de cartas ás socias da entidade para lles solicitar o voto. Mato é tamén é conselleira da telefónica Euskaltel (matriz da galega R), empresa na que recalou o pasado setembro. Aliás, desde marzo exerce como vogal da directiva da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime), a patronal do sector. Outras incorporacións a Greenalia Ademais de Mato, incorpórase ao Consello de Administración José María Castellano, o segundo maior accionista da empresa, por detrás de Manuel García Pardo, e Pablo Castellano, fillo do ex vicepresidente de Inditex."}
{"ID": "NOS_56875", "summary": "A Asociación de Recuperación da Memoria Histórica de Marín (Armhm) presentará o 20 de abril a publicación 'Galegos no exército de Euzkadi 1936-.1937' de Sergio Balchada Outeiral editada pola Deputación de Pontevedra.", "text": "A Deputación de Pontevedra, da man da Asociación de Recuperación da Memoria Histórica de Marín (Armhm), presentará o 20 de abril o libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-.1937 de Sergio Balchada Outeiral, unha publicación que pretende recoller e divulgar a presenza de milicianos galegos no 'Euskadiko Gudarostea'. No acto, que será ás sete da tarde no salón de actos da biblioteca pública municipal de Marín, participará a deputada de Memoria Histórica, María Ortega, o integrante da directiva da Armhm, Tino Igrexas e o propio autor. Un preso de Lavacolla: \"Alí cometéronse as canalladas máis grandes\" Máis de 2.000 efectivos Segundo explica Sergio Balchada, cando a primeiros de outubro de 1936 os milicianos do batallón CNT n.º 1 Bakunin se instalaron en Amurrio para ocupar posicións na fronte arabesa non pasaron desapercibidos entre a poboación local, entre outras cousas, polo acento galego de moitos dos seus compoñentes. A presenza de milicianos oriúndos da Galiza no Euskadiko Gudarostea, ou Exército de Euskadi, de feito, non foi anecdótica. Aristocracia e represión falanxista tras o 'comisionista' das máscaras en Madrid Segundo Balchada a cifra, aínda que non pode asegurar o número preciso, podería superar os 2.000 efectivos. Ademais deste batallón, o historiador apunta que a participación galega estivo presente noutros 75 batallóns que completan as forzas vascas, por exemplo, o Celta, que solicitara unha bandeira \"que leve como emblema algo que simbolice a rexión galega\", petición feita polo capitán Manuel Lampón Ríos (A Pobra do Caramiñal) e o tenente José Paz Davila (galego, mais sen confirmar o seu lugar de procedencia). O libro conta, entre outros, con capítulos dedicados a 'Trintxerpe. A quinta provincia galega', 'Bilbo. A formación dos batallóns'' ou 'José Echeverría Novoa. O galego que puido ser lehendakari'."}
{"ID": "NOS_56916", "summary": "Levar na lapela este obxecto convertiuse no protesto silencioso, após a vitoria de Trump, que se está a estender nunha parte da sociedade estadounidense contra o racismo e a homofobia", "text": "Un simple imperdíbel na lapela. É #safetypin, o protesto silencioso que se está a estender en sectores da sociedade estadounidense para protestar de forma silenciosa contra o racismo, a xenofobia e calquera discriminación contra minorías étnicas ou de diversidade sexual. A vitoria de Donald Trump provocou que EUA importase este singular protesto, que naceu no Reino Unido após o triunfo do Brexit e o aumento dos ataques e delitos racistas nese país. A vitoria do magnate xerou manifestacións e protestos nas rúas de varias cidades de Estados Unidos. O relevo cólleo agora este protesto (un imperdíbel na lapela) silencioso e individual \"contra o medo\", como o definen os seus valedores. O #safetypin xa se fixo viral nas redes e ao movemento xa se sumaron actores e músicos, así como miles de cidadáns de a pé. \"You are safe with me. I stand beside you\" é o lema que, manteñen os que levan o imperdíbel, queren transmitir ás minorías con este aceno."}
{"ID": "NOS_38845", "summary": "A riqueza das augas galegas é unha gran descoñecida. De feito, o océano como ecosistema é, sen dúbida, a parte máis ignorada do noso planeta. Isidro Mariño embarcouse en 2011 nunha empresa que pretende mitigar esa ignorancia e mostrar algúns dos tesouros da costa de Galiza. Mariño é o capitán e patrón do Chasula, un barco de pesca de 1959 que desde hai nove anos organiza diferentes rutas polo mar de Arousa para observar aves e mamíferos mariños, principalmente, pero tamén para coñecer a xeografía, a xeoloxía e outros moitos aspectos socioculturais e medioambientais das rías e do mar aberto.", "text": "O Chasula xa ten, de seu, unha historia que o converte nun magnífico expoñente da historia marítima galega das últimas décadas. Trátase dunha das últimas tarrafas –un tipo de embarcación dedicada ao cerco, característica da pesca galega durante os dous primeiros terzos do século pasado– que sufriu diferentes cambios ao longo da súa vida e que, da man de Isidro, recuperou en 2003 a súa tipoloxía construtiva orixinal. Baixo criterios de explotación sustentábel, o Chasula e Isidro Mariño –a través da empresa Intramar S.L.– ofrecen viaxes marítimas nas que descubrir o medio natural, así como unha boa parte do patrimonio marítimo relacionado coa pesca, o marisqueo e as distintas actividades de explotación máis ou menos artesanal que rodean a ría de Arousa. O biólogo Xabier Vázquez Pumariño, que exerce de guía en moitas destas saídas, cre que \"moi pouca xente vive en contacto co mar. O que nos chega do mar son imaxes moi concretas, imos á praia, imos á peixaría comprar peixes que non sabemos moi ben como se capturan… En xeral, vivimos moi de costas ao océano. O Chasula permite cambiar a perspectiva por unhas horas: mostra de onde veñen os produtos que compramos acotío, como é o ecosistema no que viven… E decatámonos de que é un ambiente complexo e de que pode chegar a ser moi duro, que manexarse nel require unhas capacidades moi especializadas que non coñecemos. Por outra banda, estamos moi afeitos a ver a diversidade biolóxica a través da televisión, unha realidade moi limitada e moitas veces exótica; mesmo a xente que ten máis contacto coa natureza está moi mediatizada polo uso que se fai do territorio. Neste sentido, tamén cambiamos a perspectiva: vemos aves mariñas que talvez non coñecemos, pero que nos dan a medida da cantidade e diversidade que existe; percibimos que están gobernadas por unhas forzas naturais que en xeral non coñecemos ben, desde a migración até o fenómeno dos afloramentos de augas profundas que posibilita que en determinados puntos haxa máis comida, por non falar do tema dos cetáceos, que sempre esperta unha gran curiosidade. Todo iso é fascinante. Mesmo para un biólogo é unha comprobación de moitas das cousas que estudamos e que pertencen a un mundo alleo ao noso\". As viaxes de avistamento de aves e cetáceos amplían a mirada sobre o patrimonio natural e permiten ligalo a eses modos de vida tradicionais que aínda manteñen certa vixencia na ría de Arousa: \"Hai 36.000 familias que viven da ría agora mesmo\", explica Isidro Mariño. Ás veces, ese descoñecemento do medio mariño vese agravado polo sensacionalismo que acompaña o tratamento das noticias relacionadas con el. O día que embarcamos no Chasula é o mesmo en que, supostamente, unhas candorcas \"comeron\" o temón dunha embarcación deportiva. O noso contacto cos mamíferos mariños, non obstante, é dunha natureza ben diferente. Nada máis saír do porto do Grove, onde o Chasula ten a súa base, avistamos varios grupos de arroaces que nadan tranquilos e pausadamente entre as bateas. As aletas anchas e escotadas delatan a súa presenza a poucos metros do barco. Algún salta deixándose ver por completo, outros mergúllanse até desaparecer. Saímos a mar aberto polo norte da ría, perto das illas de Sagres de Fóra e Sagres de Terra, completamente ateigadas de corvos mariños cristados, e comezan a verse algunhas das aves que dificilmente se observan desde terra: pardelas baleares –a ave máis ameazada da península ibérica–, palleiras grandes e parasitas e moitos mascatos que volven desde os seus lugares de cría no norte de Europa. O tesouro oculto: o paíño de Wilson Unha parella de ingleses toma nota de todo o que ve e compara nas súas guías as particularidades de tal ou cal ave. Isidro cóntanos que cada vez son máis os estranxeiros que acoden a Intramar para realizar avistamentos de aves: ingleses, franceses, finlandeses, suízos e mesmo norteamericanos. Moitos deles atraídos polo que se converteu nun dos maiores reclamos para ornitólogos do mundo enteiro: o paíño de Wilson, unha especie de paíño que se cría que só chegaba ao Atlántico Norte de forma episódica, mais que resultou ser unha ave moi abundante nas nosas costas e agora aparece en case todas as viaxes do Chasula. \"É un descubrimento que se debe en boa parte ao labor que fan empresas como Intramar\", explica Vázquez Pumariño, \"xa que son aves que non podes ver desde un cabo e moito menos desde a praia, tes que dar un paso máis alá e ese paso e embarcarte. Navegando unhas cantas millas mar a fóra vés que todo cambia, que hai unha realidade ambiental e ecolóxica completamente diferente e aí aparecen sorpresas coma a do paíño de Wilson, unha ave subantártica, do tamaño dun pardal, que ten uns movementos a través do océano absolutamente extraordinarios. Non só en días de calma, senón en días de temporal, con néboa, frío, chuvia… Todo iso fai que nos preguntemos polo seu modo de vida que, a todas luces, é abraiante\". A medida que nos afastamos da costa vai incrementándose o número de especies que avistamos. Os primeiros golfiños comúns achéganse ao barco e xogan co ronsel que vai deixando ao seu paso. Ao lonxe descubrimos un punto, fronte a Corrubedo, onde os mascatos se lanzan en picado para pescar entre máis golfiños. Achegámonos e, finalmente, aparecen os primeiros paíños europeos e de Wilson. E con eles, pardelas escuras e encapuchadas, palleiras parasitas e pomarinas, carráns e gaivotas de varias especies. O espectáculo é absolutamente asombroso. Vázquez Pumariño insiste en que o Chasula ofrece moitas actividades diferentes para públicos moi diversos. \"Hai unha parte máis especializada dirixida a xente que xa ten un coñecemento avanzado da vida mariña e das especies que habitan ou pasan polas costas galegas e un público máis xeralista que non coñece como se producen, por exemplo, os mexillóns e para o que achegarse a unha batea xa constitúe un espectáculo. Todo xunto permite entender procesos que son moi complexos e que están detrás de todo isto: a circulación das augas, os afloramentos, a importancia dos nutrientes de augas profundas que chegan á superficie e sofren unha forte insolación –o que fai pensar na fotosíntese como motor de moitos destes procesos. A experiencia sempre permite abrirse a novos coñecementos e crear novas inquietudes\". Momentos estelares Mentres tanto, a viaxe continúa e os descubrimentos sucédense: primeiro, un grupo de pentumeiros –un pato mariño– que migran cara ao sur; logo, un rorcual común, a balea máis habitual fronte ás nosas costas pero cuxo avistamento dista moito de estar garantido en ningunha viaxe. Semella que este vai ser un dos puntos álxidos da xornada, mais a navegación aínda nos reserva máis sorpresas. Máis adiante, descubrimos un grupo bastante numeroso de caldeiróns, uns delfínidos de gran tamaño (de catro a sete metros) que se avistan con relativa frecuencia nesta época do ano. Todos eles espertan exclamacións de contento e alegría na tripulación (un máximo de 12 pasaxeiros que se viron reducidos agora a dez pola pandemia). Aínda que nada se pode comparar co gran momento estelar da singradura: un xuvenil de mascato pardo (Sula leucogaster), unha especie subtropical da que tan só hai unha ducia de avistamentos na Galiza e que sobe a adrenalina de todos os participantes até puntos próximos ao infarto. A cara de satisfacción de Isidro é máis que evidente: desfruta tanto como os ornitólogos de encontros coma este. \"Estes son os detalles que fan de cada viaxe unha experiencia inigualábel. Ás veces é unha especie rara. Outras un soprido de balea perto do barco, un migrante co que non contas ou unha ave común que non esperas atopar en alta mar\". Coma se o escoitase, unha curuxa das xunqueiras aparece da nada e pérdese en dirección a terra. Lamentabelmente, hai outra cara do medio mariño que tamén se manifesta nas viaxes do Chasula. De cando en vez chega un aviso para que Isidro descenda a velocidade sen que haxa un ave nin un mamífero á vista. Plásticos: Lidia, a axudante de Isidro, toma o bicheiro e recolle unha bolsa de gran tamaño para retirala das augas. Son encontros que se repiten e que nos falan da falta de conciencia que segue rexendo a nosa relación co mar. \"As capacidades dos ecosistemas están moi superadas e no caso das pesqueiras isto compróbase moi ben pola diminución de capturas que se dá de forma case sistemática\", comenta Vázquez Pumariño. \"Nos sistemas litorais, ademais, hai un modelo de turismo masivo que tamén superou a capacidade de carga hai moito tempo e aquí existen datos moi concretos. Por exemplo, a península do Carreirón, na illa de Arousa, era un lugar excepcional para o descanso de aves acuáticas, especialmente limícolas, e a día de hoxe case non queda nada de todo aquilo porque está cheo de xente, de maneira masiva, durante moitísimos meses ao ano. Nos illotes Guidoiro Areoso e Guidoiro Pedregoso –que desde o meu punto de vista deberían estar incluídos no Parque Nacional das Illas Atlánticas pola súa importancia ecolóxica– hai unha constante presenza masiva de turistas realizando actividades moi lesivas: practicando deportes acuáticos con vehículos de motor, fondeando, ocupando as praias, producindo contaminación acústica, deixando lixo de forma sistemática… O mesmo sucede coa illa de Rúa. Sitios con importancia enorme como repousadoiros e lugares de cría de moitas especies mariñas que se ven completamente alteradas pola presenza humana. É preciso avaliar a capacidade de carga de cada sistema e dosificar a entrada de persoas de acordo con esa avaliación\". A viaxe continúa e aínda hai tempo para ver especies novas: varias gaivotas de Sabine –unha preciosa ave que habitualmente só se deixa ver mar a fóra– e, xa achegándonos á boca da ría, pardelas cincentas, quenllas, peixes roda ou unha parella de toniñas, un cetáceo de pequeno tamaño xa extinto no mediterráneo e en grave perigo de extinción na Galiza. Isidro comeza agora a \"pór en valor\" outra das riquezas da ría e ofrécelle á pasaxe mexillóns ao vapor, empanada de zamburiñas e de sardiñas… \"A degustación de produtos do mar forma parte do coñecemento do medio que tratamos de difundir, é un elemento máis que permite coñecer os modos de vida tradicionais que se cultivaban na ría de Arousa\", afirma. A volta faise a través dos polígonos de bateas onde se refuxian garzas, corvos mariños, gaivotas, e limícolas como píllaras, pilros ou virapedras. Un final tranquilo que compensa de todas as emocións vividas ao longo das últimas oito horas. E que dá ganas de repetir na primeira ocasión que se presente."}
{"ID": "PRAZA_18245", "summary": "Piketty segue a ser citado constantemente. Pero por que?", "text": "En 2013, cando publicou Le capital au XXIe siècle, é posíbel que Thomas Piketty non intuíse a forza con que o que sería o seu bestseller impactaría na opinión pública e na academia. Os seus críticos neoliberais axiña cuestionaron a metodoloxía e os datos que manexa, subliñaron o seu carácter marxista light e descualificaron a súa teoría como preocupante porque desacredita as políticas económicas dominantes, que ignoran por completo o problema da repartición da riqueza. Hoxe, porén, Piketty segue a ser citado constantemente. Pero por que? O mérito do economista francés está en converter inesperadamente nun asunto político a concentración, en poucas mans, dos ingresos e da riqueza. Piketty faino detectando con rigor científico como o sistema capitalista crea desigualdades que cuestionan o principio de xustiza social da democracia. En efecto, a gobernanza neoliberal trae consigo un crecemento espectacular das desigualdades salariais e mais un aumento gradual da desigualdade patrimonial. Como explicarmos que os titulares do capital, moitos dos cales xa naceron ricos, teñan unha parte significativa da riqueza producida? E cantos empresarios non acaban simplemente vivindo das rendas? Este desequilibrio entre o traballo e o capital é inxusto e arbitrario; e é socialmente irracional e perigoso, e non só para o capitalismo, senón tamén para a democracia. Debemos preguntarnos, en definitiva, se unha democracia, que postula a igualdade dos cidadáns e a meritocracia, é compatíbel coa desigualdade das condicións de vida; é dicir: se aínda podemos preservar o Estado social e mais regular e controlar o actual capitalismo patrimonial globalizado. Para Piketty, a política debe afrontar este desafío á democracia mediante (a) unha educación igualitaria e incluínte, que é, a longo prazo, o mellor instrumento para reducir as desigualdades salariais. Dado que aumenta a produtividade, a formación é o principal recurso corrector na distribución da riqueza. Tamén cómpre (b) recuperar a progresividade do imposto sobre a renda e (c) introducir un imposto progresivo sobre o capital a escala mundial ou polo menos rexional (por exemplo, na UE). Estas medidas fiscais constitúen, polo de agora, un virtuoso exercicio de wishful thinking. Coa análise de Piketty, os economistas socialdemócratas puideron reivindicar de novo o legado keynesiano das tres décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial, que foi o período durante o cal a distribución da renda e do capital foi máis igualitaria, as rendas do traballo constituíron a parte substancial da renda nacional, se aplicaron políticas fiscais progresivas, se desenvolveu o Estado do benestar e aumentou a taxa de crecemento. Pero que a socialdemocracia estea en condicións de saír á palestra a defender as políticas públicas propostas por Piketty e tamén a suba dos salarios e do gasto público social, o aumento da presión fiscal sobre as herdanzas, o reforzo das medidas antitrust, a reforma da gobernanza corporativa para limitar os ingresos dos executivos, etc., é algo que vai depender da intelixencia colectiva da esquerda. E desta intelixencia colectiva forma parte precisamente a achega de Piketty. (Unha versión ampliada deste texto pode lerse no artigo \"A desigualdade revisitada: Thomas Piketty\" [I, II, III e IV], publicado en Café Federal entre maio e xuño de 2015.) Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_7129", "summary": "Unha delegación de patróns e mariñeiros organizada polo BNG explica en Bruxelas por que a súa centenaria arte de pesca non debe ser incluída na prohibición das redes de deriva. O presidente da Comisión de Pesca da Eurocámara considera \"unha provocación\" o posible veto e compromete o seu apoio ao sector galego. Vídeo no interior", "text": "BRUXELAS - Enviado especial \"O xeito non me parece un problema\". Quen fala é Hubert Gambs, director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, un dos máximos responsables da proposta que o executivo comunitario lles fai aos estados membros da UE e mais á Eurocámara sobre o regulamento que prohibirá o uso de redes de deriva na pesca polo seu elevado impacto ambiental. Se esa proposta non muda apostará por que o xeito, a centenaria arte de pesca da que dependen 417 embarcacións e unhas 1.000 familias en Galicia, tamén sexa prohibida malia obter capturas moi reducidas e non ser agresiva para especies tan sensibles como os golfiños. Este mércores as autoridades comunitarias coñeceron, non sen certa sorpresa, que cando na primavera lanzaron o seu ditame fixérono sen toda a información necesaria. Entre outros aspectos, porque a Xunta e o Goberno de España as informaron demasiado tarde. Foi o propio sector do xeito, a través de patróns maiores e mariñeiros, o que lle transmitiu á Comisión e a membros do Parlamento que están a piques de cometer un grave erro que sería letal para o seu modo de vida porque o xeito non pode ser considerada unha arte que empregue redes á deriva. A través dunha delegación organizada pola representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, os xeiteiros ofreceron de primeira man unha información que, sinala Gambs, agora tamén lles chega a través dos gobernos español e galego, pero só cando o sector soubo que estaba en perigo de desaparecer definitivamente. \"Dependemos moito da información\" e \"cando preparabamos\" este informe, a Bruxelas non chegou \"ningunha sobre o xeito\" e a Xunta tampouco participou no trámite de alegacións. Esa falta de dilixencia dende Compostela e Madrid constátaa tamén outro dos altos cargos cos que se reuniu a delegación galega, o xefe da Unidade de Conservación e Control da Pesca, Fabrizio Donatella. \"Cando facemos a proposta e pedimos información e alguén esqueceu enviarnos a información\" sobre o xeito, un esquecemento que o representante comunitario prefire atribuír a \"un erro\" que \"non é a fin do mundo. Así e todo, indican os dous representantes do gabinete que agora dirixe Jean Claude Juncker, a Comisión agora di dispón da información que antes non tiña e \"vaina ter en conta\", é \"moi útil para nós\". Tocando as redes Este caudal de información chegado directamente dende a costa galega chegoulles ás autoridades comunitarias a través das testemuñas dos patróns e mariñeiros pero tamén fisicamente, cunha rede do xeito transportada por Miranda e que este mércores percorreu diversas dependencias da Eurocámara. Gambs e Donatella comprobaron coas súas propias mans a fraxilidade dunhas redes que, explicáronlles os profesionais, \"só collen sardiñas\" e que \"rachan\" se \"collen\" calquera outro obxecto. Máis aínda se topan cun golfiño ou unha tartaruga, que é \"imposible\" que sufran dano ningún cunha arte que ten \"cero descartes\", que traballa moi poucas horas cada día e que está sustentada en microempresas. É, ademais, a \"primeira actividade económica\" de concellos como Rianxo, expúxolles aos dirixentes da Comisión o alcalde da vila, Adolfo Muíños. A súa desaparición \"sería mortal\" para a vila arousá. \"Espero que atopemos unha solución\", concluíu o director xeral, quen lles explicou á delegación galega que dende a Comisión se tenta \"diferenciar\" entre artes de pesca pero \"non sempre é doado\". A súa intención, di, non é \"crear un problema\", senón \"protexer a pesca\" e o medio ambiente. Neste contexto, Donatella mesmo insta os xeiteiros a poñer o acento nas partes do seu argumentario que os poden beneficiar en maior medida: que a arte do xeito \"sexa histórica non é unha razón para protexela\", porque tamén o son outras tan agresivas como a caza de baleas. Pero si son motivos de peso que sexa \"económica e socialmente\" e mesmo \"turisticamente\" tan relevante para Galicia. O presidente da Comisión de Pesca considera \"unha provocación\" a proposta de prohibir o xeito por equiparala ás redes de deriva A rede estivo presente na xuntanza coa Comisión, percorreu os corredores e mesmo chegou ao hemiciclo e tamén á Comisión de Pesca, que xunto coa de Medio Ambiente é a responsable de votar un regulamento que, en calquera caso, xa non entrará en vigor o 1 de xaneiro, como estaba previsto, senón a mediados de 2015 por mor da mudanza de varios prazos. O presidente desa comisión, Alain Cadec, ofreceulles aos xeiteiros un apoio mesmo máis explícito que os do respresentantes do Executivo. Miranda: \"Estes apoios abren a porta para que o xeito sexa excluído da prohibición\" A mera proposta de prohibir o xeito, di Cadec, do Partido Popular Europeo, é xa \"unha provocación\" e por iso el mesmo e a comisión que representa tentarán que isto non aconteza, asegurou nun intre no que tamén se sumou á comitiva organizada polo BNG a través de Bildu o conservador Francisco Millán Mon. Previamente, nos corredores, o socialista José Blanco foi alén para afirmar ante os mariñeiros que \"o do xeito está arranxado\". Dadas as respostas obtidas Ana Miranda amosa un prudente optimismo. O BNG, di, está satisfeito por estes apoios porque \"abren a porta para que o xeito sexa excluído desa prohibición\". Este xoves completarase a axenda da delegación galega en Bruxelas cun encontro con Renata Briano, relatora no informe sobre as redes de deriva."}
{"ID": "NOS_4973", "summary": "O Delegado do Goberno avanza que o Ministerio de Transición Ecolóxica convocará nas próximas semanas unha mesa de traballo. A representación sindical esixe que Endesa se sente nesa mesa, explique os seus plans e dea alternativas á produción e ao emprego, \"porque a planta pode seguir producindo máis alá do carbón\".", "text": "O máis de medio millar de traballadoras e traballadores de Endesa As Pontes, moitos das empresas auxiliares e transportistas que se desprazaron nun cento de camións até A Coruña para manifestarse esta segunda feira diante da Delegación do Goberno, son conscientes de que o proceso de descarbonización é imparábel e mesmo se está acelerando noutros estados da Unión Europea. A central das Pontes leva cinco meses parada porque os custes pola emisión de dióxido de carbono e a baixada no prezo do gas fan que a produción de enerxía con carbón \"non entre prezo\". Endesa, nas Pontes, segue producindo o gas e \"parece que aposta polo gas\", explica Alberte Amado, sindicalista da CIG. Dos plans de Endesa para As Pontes e da capacidade do Goberno español para regular e ordenar a transición a unha produción sen carbón, dependen directa e indirectamente unhas 700 familias e boa parte da economía dunha comarca que durante as últimas catro décadas xirou arredor da térmica. \"É prioritario termos unha reunión con Endesa e implicar á Xunta\", dixo Javier Carreiro, de UXT, na concentración na Coruña. \"A Xunta ten moito que dicir e o Goberno central ten que mollarse\", engadiu José Furtado, de CC.OO. \"É preciso que Endesa estea nesa mesa, que diga se quere continuar nas Pontes, co gas ou con proxectos que teñan como base a biomasa, ou se vai esperar e pechar\", advirte Amado. No borrador do plan estatal para a loita contra o cambio climático o carbón ten data de caducidade: o ano 2030. \"Pero é un borrador, Europa fixou a data do 2035, e xa digo que moitos países están adiantando esa data… Endesa podería seguir operando con carbón, pero o que queremos esixirlle xa é que dea conta dos seus plans\". A alternativa pasa por unha adaptación da planta a outras materias primas, \"malia que Endesa xa dixo que con calquera alternativa os niveis de produción e de emprego serán máis baixos\", apunta o sindicalista. \"Se non pode ser a través da mesma planta, pois que se busquen outros proxectos de xeración de enerxía ou industriais para a comarca\". Na reunión coa ministra Teresa Ribeira, -avanzouna hoxe Javier Losada, o delegado do Goberno na Galiza- as traballadoras e traballadores de Endesa nas Pontes pedirán que o Goberno español ordene \"un transición tranquila e en tempo\". Outra cousa son os plans de Endesa que só Endesa coñece."}
{"ID": "NOS_41550", "summary": "O ex comisario da policía española, José M. Villarejo, lamenta na súa comparecencia na Cámara non ter participado nas operacións que fixeron desaparecer os militantes vascos 'Pertur' e a 'Naparra'.", "text": "O ex comisario da policía española José Manuel Villarejo compareceu no comité do Congreso sobre a Operación Kitchen, a trama de espionaxe do PP contra Luís Bárcenas. Nun momento da comparecencia, o deputado de EH Bildu, Jon Iñarritu, preguntou o ex-comisario se sabía algo sobre as desaparicións de Eduardo Moreno Bergareche 'Pertur', membro de ETA, José Miguel Etxeberria 'Naparra', dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, e outros vascos que desapareceron \"a mans do terrorismo de Estado\". Villarejo sinalou a ETA como a culpábel das desaparicións en primeira instancia, mais a seguir engadiu: \"Lamentabelmente, non participei. Igual me tería gustado\". Als palabras impresionaron o deputado independentista, que só puido articular automaticamente un \"carallo\". \"Sei que algunhas das miñas respostas son politicamente incorrectas\", dixo Villarejo, \"mais estou convencido de que, como xa dixen moitas veces, coa nai e coa patria, con razón ou sen ela, había que acabar cos terroristas. E creo que o fixeron moi ben os meus compañeiros\", engadiu o ex comisario. O rei emérito O ex comisario José Manuel Villarejo garante, na súa comparecencia do Congreso, que o feito de que o ex monarca fora \"tan ardente\" chegou a considerarse \"un tema de Estado\" nalgúns sectores. Sempre segundo a súa testemuña, mesmo se procuraron \"hormonas femininas\" para reducir ese grao de paixón. Sempre atendendo ás declaracións de Villarejo, o Estado chegou a \"fabricar hormonas femininas para baixar a libido\" do ex rei, que nestes momentos supostamente prepara o seu regreso a España. El suelo ético. Apología del terrorismo de Estado en el Congreso. Todo en orden. Impunidad. pic.twitter.com/4gWRgzCwjP— Arnaldo Otegi 🔻 (@ArnaldoOtegi) October 20, 2021"}
{"ID": "NOS_21256", "summary": "O informe da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) cifra en 474.000 euros o salario medio dun milleiro de directiv@s das firmas que cotizan en bolsa. O soldo medio do conselleiro educativo é dun millón de euros.", "text": "Un 1,6% de aumento medio no soldo. Ese foi o incremento salarial medio de perto dun milleiro de directiv@s das empresas cotizadas en bolsa no 2012. O dato figura no informe elaborado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) citado por Economía Digital. Os ingresos de media destes altos cargos supera nos 474.000 euros. Hai máis de 400 directiv@s no Estadoe spañol que teñen cláusulas blindadas Maiores emolumentos perciben as persoas desas empresas que ostentan o posto de conselleiras executivas, Aí os salarios anuais xa se moven en niveis do millón de euro. Iso si, en 2012 foron inferiores aos que levaban no exercicio anterior (un 10% máis). Un descenso que procede da redución dos 'emolumentos variábeis'. Os coñecidos como 'conselleiros externos' tamén viron en 2012 como aumentaban os seus ingresos, segundo Economía Digital, pois pasaron ser de perto de 140.000 euros, un 25% máis que no exercicio anterior. Contratos blindados No mesmo documento do CNMV informan que 83 empresas que cotizan na Bolsa española recoñeceron ter cláusulas blindadas a 408 directiv@s, 237 d@s cales son de firmas do Ibex 35."}
{"ID": "NOS_53149", "summary": "O agora comisario xubilado José Manuel Villarejo volverá sentar no banco dos acusados na vindeira cuarta feira mais nesta ocasión para someterse ao primeiro xuízo da macrocausa 'Tándem', ao redor dos seus negocios privados. O comisario pretende exercer como o seu propio avogado defensor durante a vista oral", "text": "O agora comisario xubilado José Manuel Villarejo volverá sentar no banco dos acusados na vindeira cuarta feira mais nesta ocasión para someterse ao primeiro xuízo da macrocausa 'Tándem', ao redor dos seus negocios privados. A Audiencia Nacional xulgará á vez as pezas separadas coñecidas como 'Pintor', 'Iron' e 'Land', polas que a Fiscalía pide que sexa condenado a máis de cen anos de cárcere. O xuízo arrincará este 13 de outubro e está previsto que se desenvolva en máis dunha vintena de sesións que se prolongarán até principios de 2022, de acordo co calendario inicial, aínda que podería variar. Villarejo comparece como principal imputado, aínda que este xuízo congregará a máis de 30 acusados entre os que destacan o seu socio, Rafael Redondo, e a súa muller, Xema Alcalá, así como o comisario Enrique García Castaño, que se enfrontan a penas de 115, 86 e 81 anos de cárcere, respectivamente. Con todo, algúns acusados chegaron a acordos de conformidade coa Fiscalía. Segundo as fontes xurídicas consultadas por Europa Press, Villarejo non se limitará a asumir o rol de acusado, senón que tentará facer valer o seu status de avogado codefensor, admitido durante a fase de instrución, o que lle permitirá interrogar outros imputados e a testemuñas xunto ao outro letrado do seu defensa, Antonio José García Cabrera. Este primeiro xuízo de 'Tándem' chega case catro anos despois de que o comisario Villarejo fose detido por unha causa que foi engordando até configurar un quebracabezas de máis dunha trintena de pezas separadas referidas aos numerosos e diversos encargos que recibiu a través de CENYT, o seu grupo empresarial, radicado na Torre Picasso de Madrid. De acordo coas pescudas dirixidas polo Xulgado Central de Instrución Número 6, o denominador común das pezas separadas, máis aló de quen lle contratase -desde grandes empresas do IBEX 35 a particulares- e para que, é que Villarejo asumiría estes traballos sendo comisario en activo e valeuse dos recursos policiais ao seu alcance para cumprir cos seus clientes. A Fiscalía Anticorrupción reclama para Villarejo unha pena de prisión de 109 anos de cárcere, multas que superarían os 950.000 euros -ás que habería que sumar as indemnizacións das que respondería solidariamente xunto ás outras persoas que resultasen condenadas-, así como inhabilitacións para exercer cargo e emprego público e para o sufraxio pasivo. Absolto no primeiro xuízo Cabe lembrar que este será o primeiro xuízo de Villarejo por 'Tándem' pero non o seu primeiro xuízo. Xa sentou no banco dos acusados o pasado mes de xaneiro polos delitos de inxurias e denuncia falsa dos que lle culpaba o ex director do Centro Nacional de Intelixencia Félix Sanz Roldán e polos que se enfrontaba a ata dous anos de cárcere. Nesa ocasión, o Xulgado do Penal Número 8 de Madrid decidiu absolver o comisario xubilado. Pouco despois, en marzo, Villarejo saíu do cárcere madrileño de Estremera con medidas cautelares destinadas a evitar a súa fuga que consisten en comparecencias diarias perante o xulgado correspondente ao seu domicilio (Boadilla del Monte, Madrid), a retirada do pasaporte e a prohibición de saída do territorio nacional. Con todo, o agora axente retirado ten por diante un longo percorrido xudicial a causa do universo 'Tándem', algunhas de cuxas pezas avanzan xa cara á fase de xuízo oral tras concluír anos de instrución."}
{"ID": "PRAZA_18891", "summary": "2018 seguramente será lembrado como «o ano do triángulo obtuso», porque a tríade da dereita española foi capaz de recuperar a súa esencia, de reunificar as teses tridentinas, de índole política. Iso é, o ano da renacenza do \"uno y trino\": tres zunados aparentemente distintos, Casado, Rivera e Abascal, e un único pai verdadeiro, Aznar.", "text": "\"Somos como un caballo sin memoria, / somos como un caballo / que, no se acuerda ya / de la última valla que ha saltado.\" (El Salto, Nueva Antología Rota, León Felipe).O ano que está a piques de tocar a chanca podería ser recordado como «o ano do tridente», porque nos confirmou que non hai dous sen tres. Ou «o ano do tricorne», porque as tres línguas aguzadas do tridente nos trouxeron á memoria aquel gorro negro de tres puntas, símbolo de 40 anos de negrura. Pero, 2018 seguramente será lembrado como «o ano do triángulo obtuso», porque a tríade da dereita española foi capaz de recuperar a súa esencia, de reunificar as teses tridentinas, de índole política. Iso é, o ano da renacenza do \"uno y trino\": tres zunados aparentemente distintos, Casado, Rivera e Abascal, e un único pai verdadeiro, Aznar. Así que, quen non estea libre de quintas que se vaia preparando para incorporarse a filas. Cando tomen o poder estes tres cazurros, emprenderán de novo a batalla de Covadonga, remontándonos nun santiamén ao ano 722. Pero, nesta ocasión, a proeza de don Paio non arrincará en Asturias. Non. Comezará xustiño –quen nolo ía dicir!– acolá onde os Reis Católicos remataron a heroicidade da Reconquista. Porque os centralistas actuais, os autodenominados bloque constitucional, cristiáns de entón, Susana Díaz incluída, descubriron que os andalusís de agora atópanse no Nordés peninsular.Nin TC, nin monarca, nin rabos de gaitas. Cando manden no Al-Ándalus eses paladíns da unidade patria, será o principio do fin dos actos de traizón a España, de Pedro Sánchez e Quim Torra. Catalunya será novamente constitucional –e española, por suposto– e nunca máis ninguén se atreverá a romper a soberanía nacional. O adiantado desta moderna contrarreforma, de inspiración aznariana, é Pablo Casado, ese amigo de Feijoo, disposto a entrar en Catalunya a cabalo dunha besta vermella e amarela, adiantando pola dereita ao buldócer Abascal, malia esa fronteira tan estreita que separa o Vox de Abascal do muro de contención de C´s de Rivera. Ah! O que lle fai doer os cadrís ao meu tío Lisardo é ter que deitarse cada noite sen ver a ninguén do partido da gaivota, fuxindo dese vendaval autoritario que lle inxectan ao partido os xerifaltes actuais, mentres locen no peto un master en retroceso social, outro en recentralización territorial e varios en chulería preconstitucional."}
{"ID": "NOS_58384", "summary": "En \"boa parte\" da Galiza abrirá a hostalaría a próxima semana. Será o Comité Clínico que asesora a Xunta da Galiza en materia de sanidade quen decida \"en que intensidade\". Así o explicou na mañá da sexta feira o presidente, Alberto Núñez Feixoo.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou na mañá da sexta feira que a próxima semana \"boa parte\" da Galiza poderá reabrir a hostalaría, que leva fechada desde o pasado 27 de xaneiro no marco das medidas para combater a pandemia da Covid-19. Matizou que o Comité Clínico que asesora o seu Goberno durante a crise sanitaria determinará \"con que intensidade e con que horario\". Nunha entrevista concedida a Cadena Cope, o mandatario galego reivindicou o labor deste comité con 35 profesionais \"con número de colexiado\" e recalcou que durante unha pandemia as opinións sanitarias son as \"prioritarias\". Nada sinalou a respecto de que 47% das persoas que integran o comité son cargos políticos. De feito, nas últimas semanas, este órgano quixo eludir o debate ao respecto, apuntando que \"a nosa cor son os pacientes\". Os datos \"están indo ben\" Neste contexto, Feixoo confirmou que os datos epidemiolóxicos da Galiza \"están indo ben\" e, posteriormente, asegurou: \"Eu creo que na segunda feira, que nos imos a reunir, boa parte da Galiza empezará a abrir a súa hostalaría\". Todo o territorio galego leva desde o 27 de xaneiro en restricións máximas e, aínda que o comercio volveu esta semana ao seu horario habitual e o sector cultural puido retomar, en parte, a súa actividade, os bares, restaurantes e ximnasios seguen fechados, todos os municipios continúan perimetrados e as reunións están aínda limitadas a persoas convivientes."}
{"ID": "NOS_29131", "summary": "O math-rock é un xénero complexo. E non só pola dificultade rítmica e instrumental que caracteriza a moitas das composicións que o compoñen, senón tamén polo seu habitual carácter instrumental e as súas longas duracións que o sitúan en certa medida no lado oposto á música pop.", "text": "Porén, cun pouco de paciencia, moitas das bandas que se atopan detrás desta etiqueta son capaces de ofrecer paisaxes musicais únicas e fascinantes con numerosas capas que permiten descubrir cousas novas con cada escoita. Parte Chão / Galgo / 2020 / 7 pezas / 10 euros É o caso de Parte Chão, o terceiro traballo de longa duración da banda portuguesa Galgo, xurdida en Oeiras no ano 2013 da man de Alexandre Moniz e Miguel Figueiredo nas guitarras, João Figueiras ao baixo e Joana Batista na batería. \"Muda\" abre o disco entre sons electrónicos de aires analóxicos e tons escuros, que lembran por momentos ás bandas sonoras de John Carpenter. A batería fai acto de presencia cun tempo pausado mentres as guitarras aparecen con sons agudos nun crescendo que estoupa nun ritmo caótico marcado polos inesperados punteos de guitarras con timbres metálicos, cheos de ferruxe que conducen a un clímax final no que tamén aparecen instrumentos de vento. Ao longo dos sete minutos desta peza que abre Parte Chão, Galgo introdúcennos de cheo no universo sonoro deste traballo, no que dominan os sons escuros, distorsionados e ás veces mesmo surrealistas, que encaixan tan ben coa ilustración da portada do disco. A segunda pista deste álbum, \"Panca Espalha\" vai aínda máis lonxe. Tras un comezo psicodélico e frenético, o baixo e a batería comezan a xogar ritmicamente cos punteos das guitarras de maneira perfectamente compenetrada a medida que a enerxía non deixa de ir en aumento. A sección central desta canción amosa as harmonías máis claras e fermosas no que vai de álbum, sostidas sobre unha batería máis pausada e sinxela, facendo a pista se cabe máis accesíbel, especialmente cos aires disco deconstruídos que toma a canción no tramo final. Se \"Panca Espalha\" tiña algúns dos momentos máis accesíbeis do disco, \"Giga Joga\" non queda moi lonxe, aínda que os imparábeis riffs de guitarra que abren a canción apunten ao contrario. A cuarta pista de Parte Chão conta con algúns dos momentos máis coloridos de todo o traballo, da man de \"Garras Dadas\", o único corte de todo o álbum no que Galgo fan uso da voz, case rapeada, sobre unha instrumentación marcadamente musical, no sentido máis tradicional da palabra. Ademais dos interludios \"Burbur\" e \"Murmur\", o disco fecha con \"Grande Roubo\", unha canción que supera os oito minutos e que supón toda unha viaxe sobre distintos tempos, timbres e sensacións que dan identidade ao disco."}
{"ID": "NOS_8676", "summary": "No documento organizativo que, con vistas a Vistalegre II, apresentou a candidatura oficial, a liderada por Pablo Iglesias, incorpórase o requisito de que calquera alianza sexa acordada no Consello Cidadán por dous terzos dos seus integrantes, unha demanda de Errejón.", "text": "Pablo Iglesias sabe que ten unha maioría precaria entre a nómina de persoas inscritas (gañou por apenas dous pontos o referendo sobre o sistema de votación de Vistalegre II) e, por tanto, está obxectivamente interesado en reducir os pontos de fricción con Errejón, nomeadamente porque en materia organizativa o secretario político tería o apoio da terceira corrente da organización, Anticapitalistas, interesada tamén en cortar competencias ao secretario xeral. Destarte, a corrente de Iglesias acabou por aceitar que as fusións con outras forzas políticas (Izquierda Unida, En Marea e o partido que prepara Ada Colau) teñan de pasar pola peneira dunha maioría cualificada no Consello Cidadán. Por exemplo, só prosperaría a constitución dun novo suxeito político con IU se fose aprobada por dous terzos das persoas integrantes deste órgao. Na práctica isto é darlle poder de veto a Errejón (a súa corrente vai ter máis dun terzo de votos na dirección), que se opón á fusión con IU e En Marea (prefire manter a forma de coligazón), o que constitúe unha indiscutíbel vitoria do secretario político fronte ao líder da formación morada. Iglesias surprende ao propor que @s moz@s podan acceder á condición de inscrit@s ao alcanzaren os 14 anos Hai outra cesión relevante: Iglesias renuncia á competencia de destitución de membros da Executiva (en uso desa faculdade cesou o secretario de Organización, o errejonista Sergio Pascual). En troca, continúa o disenso sobre quen debe ter a competencia de convocar as bases a un referendo. Iglesias tenciona manter esa competencia como secretario xeral, en tanto que Errejón (e Anticapitalistas) quer facer descansar esa prerrogativa no Consello Cidadán. Surprendeu outra proposta de Iglesias no documento organizativo da súa candidatura: a de que se podan inscribir no partido (e, portanto, ter plenos dereitos políticos) as persoas maiores de 14 anos. Neste momento para se inscribir en Podemos é requisito sine qua non ter maioría de idade. Nalgúns países está recoñecido o dereito de voto aos 16 anos."}
{"ID": "NOS_47498", "summary": "Este 25 de novembro as últimas estatísticas xudiciais amosan que a eliminación dun mal estrutural como é a violencia machista está aínda lonxe e que cada vez afecta a idades máis temperás. Na Galiza, as denuncias seguen un ritmo ascendente que dificilmente poderá reverterse desde os propios xulgados.", "text": "Na Galiza conviven, segundo os datos do IGE correspondentes a 2018, 2,7 millóns de persoas, das que 1.397.772 son mulleres. No mesmo ano, os xulgados galegos recibiron 6.537 denuncias por violencia contra as mulleres e tramitaron 2.021 ordes de protección por esta causa (das que foron concedidas dous terzos). Ditáronse ademais 984 sentenzas condenatorias por delitos desta natureza, o que non significa que o resto das denuncias quedase en nada, senón máis ben –admiten desde a Fiscalía Superior da Galiza– que a tramitación dos procedementos non sempre se fai no mesmo ano, aínda que tamén hai asuntos que non chegan a xuízo. De feito, en 2018 o Ministerio Fiscal emitiu 2.204 escritos de cualificación para xuízo. Máis datos. Na primeira metade deste 2019, a Delegación do Goberno ten contabilizadas 3.343 novas denuncias na Galiza, 957 ordes de protección e 1.902 chamadas ao 016, o número gratuíto de atención e asesoramento a vítimas de violencia machista. Unha ollada ás cifras da década, cun mínimo anual de 4.788 denuncias en 2012 e o máximo de 2018, no que se deu un incremento a respecto do ano anterior de 1,6%, apunta á conclusión que trasladaba a Fiscalía galega hai unha semana, durante a entrega da súa Memoria anual no Parlamento: a imposibilidade de constatar unha diminución, nin no número de vítimas –máis de 6.000 o ano pasado–, nin de denuncias, nin de ordes de protección, e mesmo un aumento «preocupante» dos casos de violencia machista protagonizados por menores de idade, que se duplicaron nun só ano, dos 20 de 2017 aos 40. No mesmo sentido, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza, José María Gómez y Díaz‑ Castroverde, na apertura do presente ano xudicial, en outubro, advertía tamén do aumento dos delitos en menores e apuntaba o camiño para acabar con este «grave problema social»: educación e traballo conxunto das institucións implicadas. Pero ese grave problema social, para a maquinaria xudicial, cínguese á violencia que sofren as mulleres no contexto dunha relación de parella, presente ou pretérita Pero ese grave problema social, para a maquinaria xudicial, cínguese á violencia que sofren as mulleres no contexto dunha relación de parella, presente ou pretérita. «É claro que hai que ampliar o concepto que engloba o que xudicialmente se considera violencia de xénero. Non é unicamente a que ten lugar no seo da relación de parella a ex parella, senón que existen outros, desde acoso laboral a violencia sexual, que tamén deben ter a mesma consideración», opina desde a Marcha Mundial das Mulleres Antía Pousa Pérez. A integrante na plataforma feminista alude ao triplo crime perpetrado en Valga o pasado 16 de setembro, no que as vítimas foron a ex muller do agresor confeso, a súa irmá e a súa nai. Por non ter as dúas últimas relación sentimental co atacante, as cifras oficiais non as consideran vítimas da violencia machista. Tipoloxías de delito Si collen, dentro das estatísticas xudiciais, delitos de consideración diversa, que van dos máis habituais, como son, segundo reflicte a Fiscalía no último informe anual, o maltrato ocasional –63,2% do total de delitos incoados, cun total de 3.642– aos máis graves, como foron en 2018 os asasinatos de María Magdalena Moreira Alonso, no Porriño, de María Judith Martins Alves, na Coruña, e de Ana Belén Varela Ordóñez en Cabana de Bergantiños. Sen nomes propios, as táboas numéricas dos delitos máis representativos en canto á súa tipoloxía falan tamén de 935 procedementos penais iniciados por maltrato habitual, ou dos 195 por ameazas ou 91 por lesións, e poñen de relevo as 660 incoacións por quebrantamento dunha medida de protección, xa sexa cautelar ou por condena. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_9736", "summary": "Os incendios forestais que asolaron no pasado mes de agosto a Amazonia e a resposta da comunidade internacional, encabezada polos membros do G7, puxeron ao descuberto os intereses económicos en xogo e a delicada conxuntura política de Sudamérica. A análise do ensaísta boliviano Rafael Bautista, do que hoxe achegamos a súa segunda parte, ofrécenos novos dados para unha visión alternativa da situación na zona. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "O último proceso electoral en Arxentina incidiu negativamente nos mercados, ao se estar configurando un novo equilibrio xeopolítico en Sudamérica. A tendencia crecente en Bolivia, Arxentina e Uruguai ameaza o propio Brasil, ao ficar rodeado de gobernos que influirían na súa propia situación política. Isto afecta os intereses dos poderes reais globais que se atopan en plena crise do seu proxecto histórico e deben enfrontarse ao fin da súa hexemonía centenaria. A expansión da nova da Rota da Seda que promove China ten Brasil e Bolivia como vértices da inclusión de Sudamérica nun proxecto de infraestruturas do comercio global que remataría por desprazar o dólar e o Atlántico como eixos do comercio mundial. Máis do 25% do osíxeno do planeta Se isto é así, unha crise ambiental estendida adía os plans de integración xeoestratéxica de Sudamérica cara ao pacífico. Curiosamente, non estamos diante de feitos casuais; aínda que os focos son illados, a sincronía destes e a configuración dunha mancha compacta entre Brasil e Bolivia conflúen en tres rexións estratéxicas: o Pantanal, a Amazonia, e a Chiquitanía, as cales deberían ser conectadas polo tren oceánico. As tres áreas achegan unha cantidade considerábel de osíxeno ao planeta, por riba do 25%, ademais dunha absorción importante de CO2. Unha catástrofe ambiental como a que se estaría producindo vénlle como anel ao dedo á proposta das potencias occidentais de \"facerse cargo\" da Amazonia, á marxe do Estado brasileiro; é dicir, a promoción dunha instancia supranacional que actúe de garda forestal global, reducindo as competencias estatais dos nosos países ao mínimo, conforme o plan imperial de acabar coa soberanía dos nosos pobos. As sospeitas duns incendios inducidos A potestade e a administración dos recursos hídricos, se finalmente perde o petróleo, é fundamental para a supervivencia do dólar; desde Bush xa é coñecida a importancia que o imperio lle dá aos acuíferos dos ríos Amazonas, Orinoco e Guaraní. Trátase da súa supervivencia. A guerra fría, de divisas e aranceis, que promove o dólar e que non resolve a súa decadencia estenderíase agora ao monopolio de áreas estratéxicas, e isto entra en concordancia coa nova colonización da diversidade biolóxica e da biomasa do planeta que propón a economía verde. Que o goberno brasileiro dispoña da loxística necesaria para conter a expansión do incendio, malia ter recortado nun 40% os orzamentos das forzas armadas, dá conta dunha complicidade que reafirma a hipótese dunha queima inducida. Bolsonaro xa anunciou en campaña o desaloxo das reservas indíxenas en beneficio do complexo agroindustrial. Mais se as cousas se complican, entón, como é costume na historia colonial, nin sequera as oligarquías locais sairían beneficiadas, senón os poderes foráneos, desprazando os capitais locais para, no momento axeitado, comezar un novo saqueo aínda máis perverso. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_32078", "summary": "É un dos símbolos máis representativos da Galiza e acolle os restos dos seus vultos máis ilustres, Castelao e Rosalía, mais o seu estado continúa a ser cuestionado. O Panteón de Galegos Ilustres permanece baixo a tutela da Igrexa e sen o recoñecemento institucional reclamado desde hai unha década.", "text": "Hai mañá 130 anos, o 25 de maio de 1891, os restos de Rosalía de Castro foron trasladados por un grupo de próceres, co apoio da Sociedade Económica de Amigos do País, desde o cemiterio de Adina, en Iria Flavia, Padrón, até o convento de San Domingos de Bonaval. Na capela lateral esquerda da igrexa, un mausoleo sufragado por emigrantes galegos en Cuba e esculpido por Jesús Landeira Iglesias acollía os restos de quen fora \"groria da súa patria\". Nacía así o xermolo do Panteón de Galegos Ilustres. Co tempo, foron trasladándose alí os restos Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Castelao e, finalmente, Domingo Fontán. A celebración do 130 aniversario podería ser festexada in situ pola cidadanía, mais as portas do Panteón permanecen fechadas desde que comezou a pandemia. O Arzobespado, propietario do lugar, alega cuestións de loxística para non abrir un espazo declarado Ben de Interese Cultural (BIC) que garda simbolicamente a memoria da historia e a identidade da Galiza. Unha proposta con máis de dez anos: un Panteón laico San Domingos de Bonaval pasou a ser propiedade do Concello de Santiago en 1837, grazas á Lei de Desamortización de Mendizábal, sen que durante máis dun século a Igrexa mostrase inconveniente ningún á nova titularidade. Mais á morte do ditador Francisco Franco iniciou un litixio que rematou, despois de tres décadas, cunha sentenza do Tribunal Supremo que lle permitía recuperar a propiedade do convento. O Museo do Pobo Galego xa se estabelecera alí e custodiaba as chaves do Panteón, ao que se accede a través do claustro. O primeiro que fixo o Arcebispado tras recobrar a titularidade do edificio foi fechar o Panteón durante semanas para forzar a Xunta de Galiza a asinar un pacto que regulase o seu uso. En xullo de 2010, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, asinaban un convenio que permitía incluír a visita ao Panteón dos Galegos Ilustres dentro do funcionamento do Museo do Pobo Galego e dáballe a potestade á Xunta de utilizar o espazo para a celebración de actos institucionais durante cinco días ao ano dentro \"do respecto á natureza da Igrexa\". Desde entón, colectivos culturais e civís e partidos políticos veñen reclamando periodicamente que o Panteón pase a ser de titularidade pública e de libre acceso. O Consello da Cultura mesmo chegou a presentar no Parlamento unha Proposta de Lei do Panteón da Galiza que o configuraba como \"unha Entidade de Dereito Público, parte do patrimonio inmaterial do pobo galego e elemento singular da súa identidade\", adscrita ao Parlamento e que foi elaborada xunto coa Real Academia Galega, o Museo do Pobo e as fundacións Rosalía de Castro, Castelao e Alfredo Brañas. A proposta foi ben acollida polos distintos grupos políticos e polo mesmo Goberno de Alberto Núñez Feixoo, que anunciou que promovería esa lei. Mais a realidade foi outra: o proceso nunca chegou a culminar. O BNG fixo súa a reivindicación e en 2011 elevou unha iniciativa parlamentar na que lle reclamaba ao Goberno galego que negociase coa Igrexa a cesión do Panteón. A petición non foi apoiada polo PP nin polo PSdeG, que recoñecían así os dereitos da Igrexa sobre o recinto. En 2015 presentou outra iniciativa na que se reclamaba \"adoptar as medidas necesarias para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de Galegos Ilustres\", por terse convertido nun espazo \"no que lembrar digna e colectivamente a aquelas persoas máis relevantes na historia do pobo galego\". Só recibiu o apoio de AGE. Sen solucións á vista Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, declaraba nun acto que celebrara o Día de Rosalía, en 2016, no Panteón: \"Aínda que poida ser desolador estar nun lugar onde os nosos símbolos nacionais están materialmente ocultados e que só é accesíbel co permiso eclesiástico, trátase dun exercicio de inmersión na realidade máis cruel que temos que transformar\". Esa cruel realidade permanece inmutábel: un dos símbolos máis representativos da nación permanece na escuridade e sen que se albisquen solucións pola determinación duns e a omisión doutros. O Panteón de Galegos Ilustres, escenario de momentos simbólicos na Historia da Galiza O traslado dos restos de Rosalía naquel mes de maio de 1891 adquiriu un carácter duplamente simbólico ao ser o primeiro acto coñecido en que a actual bandeira da Galiza ondeou por primeira vez. O simbolismo repetiuse máis de 90 anos despois, mais baixo outro signo radicalmente distinto, cando o traslado dos restos de Castelao desde o cemiterio bonaerense da Chacarita foi interpretado por moitos como unha operación política para lexitimar o novo réxime autonómico. Un sector do nacionalismo opúxose radicalmente a aquel regreso do rianxeiro -malia que a iniciativa partira do deputado, daquela de Esquerda Galega, Camilo Nogueira- e a cerimonia rematou cunha brutal carga das forzas da orde pública contra os manifestantes que protestaban pola utilización da súa figura."}
{"ID": "PRAZA_20339", "summary": "O pasado ano o saldo vexetativo foi de -12.683, os datos máis negativos de todo o Estado. É a terceira comunidade cunha menor taxa de natalidade, que continúa o seu descenso.", "text": "Galicia foi en 2016 a comunidade autónoma cunha maior diferenza negativa entre nacementos (19.049) e defuncións (31.732), o que a converteu no territorio do Estado español cun peor saldo vexetativo (-12.683), que se converte ademais no peor da historia. En 2015 a fenda entre nacementos e mortes acadara xa un máximo (-12.269). 1987 foi o derradeiro ano no que en Galicia naceron máis persoas das que faleceron. No 2016 descendeu o número de nacementos en Galicia (dos 19.427 de 2015 aos 19.049), a pesar das medidas postas en marcha polo Goberno galego, coma o moi publicitado cheque-bebé, que tivo un custe de 9,5 millóns de euros. Os nacementos levan descendendo de forma constante dende o ano 2008 (23.175), último ano do empurrón á natalidade que supuxeron os anos fértiles da xeración do baby-boom. A crise económica dos anos seguintes e a redución na chegada de inmigrantes levaron ao descenso ao que asistimos dende entón. No 2016, segundo as cifras publicadas este xoves polo INE, o conxunto de España rexistrou un lixeiro saldo vexetativo negativo (-259). Porén, en sete comunidades autónomas segue habendo máis nacementos que defuncións, sobre todo en Madrid e na maior parte dos territorios mediterráneos. Pola contra, o norte do Estado, comezando por Galicia e seguindo por Castela-León, Asturias, País Vasco e Aragón, presenta os peores datos Galicia é a terceira comunidade cunha taxa de natalidade máis baixa, con 7,02 nacementos por cada mil habitantes, superando unicamente a Castelá-León e Asturias e a case dous puntos da media española (8,75). A taxa de natalidade galega leva dende 2008 descendendo de forma constante; naquel ano acadaba un valor de 8.4. Por provincias Pontevedra (7,25) e A Coruña (7,43) presentan datos algo mellores, pero moi por debaixo da media española. En cambio, Lugo (6,28) e sobre todo Ourense (5,67) están entre os lugares con menos nacementos por habitante, por diante unicamente de Asturias e de Zamora, que pecha a lista."}
{"ID": "NOS_45331", "summary": "Após ser expulsada da tribuna do Parlamento di, \"por incomodar ao Partido Popular\" Ana Pontón denuncia a \"leitura partidaria\" que a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, fai do Regulamento.", "text": "A deputada do BNG asegura que \"a maioría absoluta\" que goza o PP na institución parlamentar non conta co apoio das maiorías sociais polo que chama a saír á rúa o 15 de setembro porque \"é unha oportunidade de ouro\" para \"reivindicar que existimos e que só desde Galiza poderemos pór solución aos múltiples problemas que temos\" A pasada terza feira foi expulsada da tribuna do plenario. Como valora o acontecido?É un síntoma anti-democrático dun Parlamento no que a maioría do PP quere vulnerar o dereito máis básico que é a liberdade de opinión. Poder dicer o que moitas persoas pensan na Galiza, e é que foi absolutamente vergoñento que, após o acontecido en Angroi,s o PP --neste caso coa cumplicidade do PSOE-- pretendan evitar que os galegos e as galegas coñezan a verdade. Coido que é un síntoma do medo que ten o PP, o medo que o leva a aplicar a censura no Parlamento. Mentres vostede falaba na tribuna o xulgado imputou a 5 directivos de Adif e mesmo pediu identificar a máis responsábeis. Como valoran o rexeitamento á creación de senllas comisións de investigación na Galiza e en Madrid?O xulgado está a pór de manifesto que existen responsabilidades políticas no accidente, que non poden ser agochadas. Creo que é unha fraude, primeiro ás vítimas e segundo ao conxunto da cidadanía deste país, que non se permita abrir unha investigación no ámbito político. Se algún sentido ten o Parlamento de Galiza ou calquera outra institución representativa é que aí se respondan ás interrogantes e preocupacións en relación co acontecido en Angrois. Entendemos que a decisión do PP é unha maneira máis de degradar o Parlamento e as institucións. \"A aplicación que está a facer Pilar Rojo do regulamento é unha leitura de parte\" Díxose mesmo que o Parlamento non é \"competente\" nen ten \"potestade\" para investigar...É un argumento absolutamente insolvente. O único que hai detrás son dúas forzas políticas [PP e PSOE] que non queren que se coñeza a verdade. O regulamento da Cámara di que se pode iniciar unha comisión de investigación sobre calquera asunto de interese público. Se coñecer a verdade sobre o accidente de Angrois non o é, que o PP nos explique que pode ser. Isto dá boa conta da actuación de dúas forzas de ámbito estatal que non queren recoñecer a lexitimidade do Parlamento do que toman parte. Estase a facer unha leitura partidaria do regulamento?A aplicación que está a facer a presidenta é unha leitura de parte dun regulamento que coido ten moitas carencias desde o punto de vista democrático. De feito, calquera persoa que siga de maneira habitual as sesións pode ver como de xeito continuado os conselleiros non se cinguen á cuestión e mesmo se permiten o luxo de non responder ás cuestións que se lles formulan e nunca son chamados á orde, tampouco se lles retira a palabra. En todo caso, para min é unha honra que o PP se incomode por escoitar as verdades, aínda que me pareza patético e triste que iso poida pasar nunha institución que representa aá cidadanía galega. O día seguinte á súa expulsión foi sancionada a parlamentar de AGE, Chelo Martínez, que non poderá asistir á vindeira sesión. Existe un ambiente de crispación?Existe unha tensión na Cámara que en todo caso reflicte a que existe na rúa. Mais é a propia presidenta da Cámara a que está promovendo que se incremente o nivel de tensión. Dáme a impresión que esta é unha estratexia que ten plantexada o PP. \"Sairemos á rúa para reivindicar que existimos e que só desde Galiza poderemos pór solución aos múltiples problemas que temos\" Este domingo o Bloque convoca unha manifestación a prol dos dereitos nacionais para Galiza...Para nós é moi importante que as mobilizacións que se convocan, non só como resposta á crise económica, senón na procura de alternativas, teñan éxito. Coido que este domingo temos unha oportunidade para pór de manifesto que Galiza non é un pobo submiso, que Galiza non acepta as actuais políticas. Coa mesma dignidade que a amosada polo pobo catalán, sairemos á rúa para reivindicar que existimos e que só desde Galiza poderemos pór solución aos múltiples problemas que temos. Se algo pon de manifesto a realidade actual é que ou temos capacidade real de decisión e rescatamos a democracia ou continuará avanzando este marco de regresión e de ataque aos dereitos sociais. O día 15 temos unha oportunidade para amosar esa Galiza viva, rebelde que está orgullosa do que é e que expresa con clareza que este réxime político no que vivimos non nos serve. Desde o BNG defendemos unha alternativa democrática, xusta. Perante dúas maiorías absolutas --na Galiza e en Madrid-- é unha urxencia amosar o rexeitamento a este estado de cousas na rúa?Hai unha realidade institucional que lle confire unha maioría absoluta ao PP, mais non creo que a maior parte da sociedade deste país concorde co que está a facer. Neste senso, unha parte importante da oposición que podemos facer é estar nas rúas, nos conflitos sociais. A manifestación é unha oportunidade de ouro para iniciar o curso con mobilizacións sociais, reivindicando os dereitos nacionais e sociais que son dúas caras dunha mesma moeda."}
{"ID": "NOS_22572", "summary": "No sector dos centros de chamada as mulleres son ampla maioría entre os seus 8.000 traballadores. Patricia Cordo traballa en Extel, na Coruña, e apoia o paro do 8 de marzo. Con ela encetamos unha serie de pezas protagonizadas por mulleres que secundarán a greve.", "text": "Patricia Cordo vai secundar a greve de mulleres do 8 de marzo… se lle toca traballar ese día. Operaria do sector do telemarketing, está pendente das quendas, polo que pode que non lle toque traballar o 8. \"Se me toca, vou\", afirma. Mais ese paro é tamén de consumo e coidados e ese vaise secundar tamén. \"Hai motivos máis que suficientes para secundar a protesta\", afirma Patricia con convencemento. Delegada sindical da CIG en Extel, sinala que o sector dos centros de chamada, ao ser maioritariamente feminino, ten que soportar \"salarios máis baixos, tendencia a xornadas paciais…\". Na Galiza son por volta de 8.000 persoas traballando nesta actividade, a inmensa maioría delas mulleres. E cunha gran capacidade de mobilización e loita polos seus dereitos, como demostraron nas greves e mobilizacións que protagonizaron en Galiza ao longo de 2017. \"Sufrimos a fenda salarial, a desigualdade de xénero, somos as encargadas dos coidados, padecemos a precariedade….sobran razóns para ir a esta greve\", sostén."}
{"ID": "NOS_7146", "summary": "Erlantz Ibarrondo (Madrid, 1977) é o avogado que representa os afeccionados deportivistas que estiveron nas inmediacións do estadio Vicente Calderón cando membros do Frente Atlético asasinaron a Javier Romero Taboada (Jimmy). No último mes, estas persoas recibiron sancións de 60.001 euros polas que o BNG vén de reclamar explicacións no Congreso.", "text": "Cantos afeccionados do Deportivo defende en relación aos feitos do Manzanares? Ao redor de 70 persoas, contando tamén as 54 que veñen de recibir sancións administrativas cuxas resolucións se están a ditar. Ten elementos de convición que lle fagan pensar nunha quedada ou máis ben foi unha emboscada planificada contra a afección do Deportivo? Quedada non foi seguro. De feito, dentro do procedemento xudicial, no que xa levamos 17 tomos estudados, non hai ningún documento que diga que houbo quedada. A propia policía así o di. Non sei como definir o que alí aconteceu: houbo persoas gravemente feridas e un asasinato. A estigmatización que sufriu Jimmy só lles pasa ás vítimas da violencia fascista Porén, os grandes medios de comunicación trataron de darlle a volta ao que alí aconteceu… Houbo quen falou antes de tempo e sen coñecemento de causa. Pasado o tempo demostrouse que a información era incerta. Tense falado de que había afeccionados dos Bukaneros do Rayo Vallecano metidos no ataque cando a propia Cifuentes (ex delegada do Goberno en Madrid) recoñeceu que non estaban. Tamén se evidenciou, como comentaba antes, que non houbo quedada. Como valora o papel dos medios? O peor dos medios foi a estigmatización da vítima (Jimmy). A estigmatización que sufriu Jimmy non se fai con calquera outra vítima dun proceso violento. Un día despois do asasinato, cando non se coñecían as causas, medios de comunicación publicaron a vida privada do asasinado, mesmo os seus antecedentes. Para min, foi unha das cuestións máis desagradábeis e, curiosamente, isto só lles pasa ás vítimas da violencia fascista. A actitude do club cos afeccionados exemplar non foi, pois seguiu a corrente mediática e enrareceu o ambiente Pódese dicir que houbo certo xuízo paralelo… Houbo quen provocou que houbera un xuízo paralelo desde o principio, o que provocou certas actitudes, como a do club. A actitude do club cos afeccionados exemplar non foi. Pasase o que pasase e cando aínda non se tiña coñecemento dos feitos, o club debía apoiar os afeccionados e debía transmitirlle as condolencias á familia de Jimmy, pero preferiu seguir a corrente mediática e enrareceu o ambiente. Que opina das filtracións aos medios de comunicación? Do máis desagradábel que pode pasar. Nin a familia tivera acceso á autopsia nin os avogados tiveramos acceso ao atestado policial cando saíron publicados en determinados medios. El Mundo chegou a publicar unha imaxe da autopsia de Jimmy. Con outro tipo de vítimas estas prácticas non terían lugar. Chegamos a denunciar os feitos por delito de revelación de secretos pero o xuíz dixo que non era competencia de seu. Como valora que o partido entre o Atlético de Madrid e o Deportivo daquel 30 de novembro non fose declarado de alto risco? A propia Subdelegación do Goberno na Coruña e o Sindicato Unificado de Policías chegaron a admitir que sabían do desprazamento de afeccionados a Madrid. Non sei de quen é a neglixencia, pero un erro é evidente que houbo. Non hai que ser erudito no mundo do fútbol para saber que por moito menos se declaran os partidos de alto risco. No atestado policial afírmase que os axentes chegan a posteriori e aínda así a propia policía permítese enxuizar e sancionar persoas por participar nuns feitos que non presenciou Que criterios seguiu a policía para identificar e arrestar os afeccionados? Porque a policía recoñece que chegou ao lugar dos feitos con posterioridade… É o máis sorprendente. É difícil de aceptar, non só desde o ámbito xurídico, senón tamén desde o persoal, a sanción a unha persoa cando a propia policía admite que chegou despois. No atestado policial afírmase que os axentes chegan a posteriori e aínda así a propia policía permítese enxuizar e sancionar persoas por participar nuns feitos que non presenciou. É terríbel. Veremos que determinación tomamos cando remate o procedemento tendo en conta que as persoas que represento son humildes. Como valora as multas de 60.001 euros que lles están chegando aos afeccionados? Carecen de sustento xurídico. A propia Administración tiña que telas arquivado. De feito, penso que rozan a prevaricación, pois a propia policía recoñece no atestado que chega despois. Sanciónase as persoas en base a elucubracións porque nos procedementos administrativos a policía ten presunción de veracidade. É máis, as persoas multadas foron identificadas a quilómetro e medio do lugar onde se produciron os feitos. Hai quen ve certo impulso político tanto no cuantioso das multas como na celeridade coa que se están a tramitar as alegacións ás sancións. Efectivamente, existe un criterio político evidente de cara á opinión pública. Sanciónanse persoas as que non se lles viu participar en episodios violentos só para lanzar a mensaxe publicamente de que se é moi duro coas persoas que participan neste tipo de actos. Se a Delegación do Goberno e a Secretaría de Estado seguen adiante coas multas é por dúas vías. A primeira, porque non leron o atestado no que a policía recoñece que non presenciou os feitos ou a segunda, que o leron e lles deu igual. De aquí en adiante, se non se lle pon couto, estamos falando de que se sanciona en base a un acta de incidencia. Que recollen as actas de incidencia? Neste caso as actas de incidencia (as 54 que dan lugar ás multas) son exactamente iguais e están asinadas por dous policías que, a súa vez, no atestado di que chegan ao lugar dos feitos despois de que tiveran lugar. É máis, na actas de incidencia acúsaselles aos afeccionados de participar activamente en incidentes violentos cuxa consecuencia foron varias persoas feridas e unha persoa morta. Curiosamente, non se di que as persoas feridas e o asasinado eran afeccionados do Deportivo. Fronte ás 54 multas de 60.001 euros a afeccionados do Depor, hai cero a afeccionados do Atlético Polo de agora, hai 54 multas a afeccionados do Deportivo fronte a cantas multas a afeccionados do Atlético? Multas con resolución a afeccionados do Atlético non me constan. Hai 54 multas fronte a cero. A policía o que fixo foi embolsar todos os afeccionados do Deportivo e sancionou a todos, mesmo cinco membros da Peña Centenariazo, que viven en Madrid e que non se desprazaron desde Galiza. A idea xeralizada de radicais violentos perde todo sentido. Precisamente, se os afeccionados do Deportivo se agruparon foi porque así llo indicou a policía municipal porque estaban sendo vítimas e para preservar a súa seguridade. Que opina das contradicións das investigacións policiais e das novas liñas de investigación sobre inicialmente arrestados polo asasinato de Jimmy e os menores que se vinculan agora? Non o sei. Hai dúas persoas que son arroxadas ao río e por cuestión de sorte unha sobrevive. As liñas de investigación diríxeas a policía. Non saben quen é Jimmy, se o primeiro que lanzan ao río ou o segundo. Oxalá dispuxésemos de capacidade económica para poder pedir máis probas. O que está claro é que as persoas acusadas non poden selo só por participación en liorta, senón por tentativa de homicidio."}
{"ID": "PRAZA_4500", "summary": "Feijóo mantén que \"cumprirá a lei\" que obriga a cobrar polos medicamentos dispensados nos hospitais mentres a número dous do PP anuncia que o Goberno de Castilla-La Mancha asumirá o custo da medida. Ao tempo, denuncian en Compostela e Burela falta de hixiene e carencias de material hospitalario.", "text": "O 1 de xaneiro foi a data fixada polo Ministerio de Sanidade para a entrada en vigor do novo repagamento, o que afecta a unhas 160 presentacións de case medio cento de medicamentos que os e as doentes recollen directamente no hospital e non nas oficinas de farmacia ordinarias. A medida, con moito máis impacto nos petos máis desfavorecidas que nas arcas públicas, foi rexeitada abertamente polas autonomías nas que non goberna o PP, como Andalucía, Euskadi ou Canarias, que se negan a aplicala, pero tamén foi recorrida por Castilla y León, que gobernan os conservadores. Tamén outras autonomías populares, como Extremadura, Balears ou La Rioja, se resisten a asumila alegando problemas de xestión. Ao contrario que os seus compañeiros de filas, o presidente da Xunta asumiu dende hai meses o repagamento, e agora disponse a cobralo aínda que non o fará nin a secretaria xeral do PP, a tamén presidenta de Castilla-La Mancha, Dolores de Cospedal. Nunha entrevista conxunta organizada polo seu gabinete, De Cospedal asegurou que o seu Goberno ten a \"obriga de cumprir as leis do Goberno de España, pero tamén a de coidar das persoas da miña rexión, e non hai ninguén máis vulnerable que aquel que ten unha enfermidade grave\". Por este motivo, explica, \"non lle vou pedir a ningún cidadán cunha enfermidade grave [estes medicamentos tratan doenzas como o cancro ou a hepatite] que axude ao pagamento, aínda que sexa con catro euros como moito, de ningún meidcamento para unha enfermidade como un cancro\". \"En Castilla-La Mancha o copagamento hospitalario pagarao exclusivamente a Junta de Castilla-La Mancha, en ningún caso o cidadán cunha enfermidade grave\", remachou. De Cospedal: \"teño a obriga de cumprir a lei, pero tamén a de coidar as persoas da miña rexión\" Mentres De Cospedal celebraba o seu encontro coa prensa, en Compostela Feijóo presidía a reunión semanal do Consello da Xunta. Ao seu remate, o presidente tamén foi cuestionado pola prensa, igual que a número dous do seu partido en Toledo. \"As leis dítanse para cumprirse, con independencia da opinión de cada responsable político\" e, dado que \"temos unha lei que regula unha competencia estatal de carácter exclusivo\", a política farmacéutica, \"o que imos facer é cumprir a lei\", isto é, cobrarlles aos doentes. Argumenta Feijóo que \"non cumprir a lei supón unha responsabilidade dun cidadań\", polo que cabe \"imaxinar\" o que acontecería \"se un político se declara en rebeldía no cumprimento dunha lei\" Feijóo insiste en que \"cumprirá a lei\" e reduce a \"discusión\" a cuestións técnicas Lonxe das reservas expresadas pola número dous de Mariano Rajoy no PP, Feijóo céntrase en \"lembrar\" que \"temos 6.000 presentacións farmacéuticas idénticas a estas 147, con prezo reducido\" e que \"o novo sistema non afecta aos parados, non afecta ás pensións non contributivas\" e, polo tanto, \"non afecta aos límites que se teñen que pagar polos pensionistas\", isto é, ao copagamento farmacéutico xeral que tamén implantou o actual Goberno de España. Ao seu xuízo, esta \"discusión\" pode \"zanxarse no ámbito da oportunidade\", cuestionando unicamente \"se é anticipado ou non facelo nos hospitais sen previo acondicionamento para a facturación\". A cuestión é, polo tanto, puramente técnica, vén dicir. O presidente \"non ten a cabeza en Galiza\" O entusiasmo de Feijóo na aplicación do novo repagamento foi acollido con duras críticas no seo da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade, a plataforma xurdida en Riotorto tras a decisión deste Concello, seguida por outros, de asumir o custe destes medicamentos para a veciñanza que o precise. Para o alcalde desta vila luguesa, Federico Gutiérrez (BNG), \"esta decisión dá mostra da catadura do Goberno galego, cuxo presidente non ten a cabeza en Galiza\". A xuízo de Gutiérrez, \"o presidente Feijóo está centrado no xogo da carreira sucesoria de Mariano Rajoy\" e por iso encabeza a aplicación desta medida, aínda que supoña \"un dobre castigo, unha dobre multa que está impoñendo o presidente, que opta por penalizar a enfermidade\" e \"incrementar as desigualdades entre o pobo\". A Iniciativa pola Gratuidade insta os grupos do Parlamento a \"impugnar\" o decreto do repago Neste contexto, a plataforma disponse a solicitarlles aos grupos do Parlamento de Galicia \"unha xuntanza para valorar as consecuencias\" da entrada en vigor do repagamento e pedirlles que \"impugnen\" o decreto que o susteneta. \"Nun país como Galiza, castigado polas rendas baixas, o avellentamento e a dispersión poboacional, o copagamento hospitalario supón que moitos pacientes se vexan na obriga de deixar tratamentos vitais por non poder pagalos\", advirte Gutiérrez. Segundo Feijóo, estas e outras críticas semellantes son \"unha demagoxia que non merece a sanidade pública\"."}
{"ID": "NOS_56578", "summary": "As residencias de maiores e de atención á diversidade da área da Coruña rexistran un aumento de casos após o surto na residencia pública de Oleiros, do que a Xunta non ofreceu información detallada.", "text": "Por segunda semana consecutiva, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), dependente da Consellaría de Sanidade, desbota ofrecer información detallada dos casos activos de Covid-19 nas residencias de maiores e de atención á diversidade, así como da situación nos centros escolares, limitándose a informar dos casos agrupados por áreas sanitarias. No que atinxe ás residencias de maiores e de atención á diversidade, o reporte do Sergas da cuarta feira revela que hai sete persoas máis coa doenza que hai sete días, até as 645 infectadas. A área sanitaria da Coruña e Cee sufriu o maior incremento, ao pasar de 181 doentes a 268, após o gromo na residencia pública de maiores en Oleiros, que afecta a arredor de 123 persoas, e que se fixo público grazas ás traballadoras e traballadores. Precisamente, na edición de onte, Nós Diario publicou, por erro, que a residencia Clece Vitam de Oleiros estaba sendo xestionada por DomusVi. Porén, a residencia na que se produciu o gromo é de xestión e titularidade pública. Unha traballadora da citada residencia incidiu en que \"temos dúas plantas case cheas\", definindo como \"desastre\" a xestión destas zonas. Aínda coa estimación de casos que transmite o persoal, 123 infeccións, a falta de información da Xunta impide saber a situación real nun centro con 284 prazas. Ao tempo, a CIG exixiu a comparecencia de Fabiola García, conselleira de Política Social. Tamén aumentou a Covid-19 nos centros da área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que contan con 116 contaxios, sete máis que no anterior reporte. O mesmo aconteceu na zona sanitaria de Compostela e A Barbanza, con 52 persoas infectadas, 14 máis que no anterior reporte. Asemade, a outra área na que se elevaron os casos activos foi a de Pontevedra e o Salnés, con 29 infeccións, catro máis que a semana pasada. Pola contra, diminuíron na de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, con 114 casos (52 menos), na de Vigo, con 60 casos (21 menos), e mais na de Ferrol, con 6 casos (32 menos). Centros de ensino Con respecto ás infeccións confirmadas hai unha semana, o número de casos activos reduciuse tanto na poboación vencellada a escolas infantís como na relacionada co resto de centros de ensino. Nas primeiras, Sanidade transmite que hai neste intre 431 persoas co virus, 99 menos que no anterior reporte, con dúas aulas fechadas (seis menos), mentres que no resto de centros a cifra de casos activos é de 6.470 persoas, 2.480 menos, con 97 aulas fechadas, 29 menos. O maior número de infeccións dáse nas áreas sanitarias da Coruña (1.433 casos e 35 aulas clausuradas), na de Compostela (1.433 casos e 30 aulas), e na de Vigo (1.648 casos e 25 aulas). A Galiza supera as 3.000 mortes por Covid A última actualización de datos da Consellaría desvela que desde o comezo da pandemia producíronse 3.008 defuncións con coronavirus na Galiza, nunha xornada na que se confirmou que os casos activos da doenza baixaron dos 50.000 por primeira vez desde comezos de xaneiro, sinala a Dirección Xeral de Saúde Pública. Ademais desta caída de arredor de 2.000 casos, até 49.376, tamén se rexistrou unha redución no número de contaxios, até 3.195, con datos recollidos entre as 18 horas da segunda feira e a mesma hora da terza feira. Outro dos valores que diminuíu é a presión hospitalaria, malia a repunta nas Unidades de Coidados Intensivos, nas que están sendo tratadas 48 persoas (tres máis que 24 horas antes), mentres que en unidades de hospitalización permanecen 646 persoas (dez menos)."}
{"ID": "NOS_54345", "summary": "O Concello das Pontes conta desde o pasado mes de novembro cun informe no que se analizan os recursos de xeración eléctrica para aproveitar os nodos de conexión á rede da central de Endesa. Soltec, autora do informe, destaca o potencial da enerxía solar flotante sobre a superficie do lago e os encoros do Eume.", "text": "O anuncio do fechamento da térmica das Pontes deixou a Xunta coa aposta pola queima de lodos de depuradoras e puríns xunto con combustíbeis fósiles como única alternativa industrial para As Pontes e a súa comarca. Porén o Concello xa se puxera a traballar noutras posíbeis alternativas para manter a actividade de xeración eléctrica. Un informe datado en novembro do ano pasado e ao que tivo acceso Nós Diario pon de manifesto o interese do Goberno local, presidido por Valentín González Formoso, de procurar o maior aproveitamento dos seus recursos. Como sinala o propio González Formoso, o obxectivo do informe, encargado á enxeñaría Soltec, \"é buscar potenciais recursos enerxéticos de orixe renovábel sobre os que este municipio poida acometer unha reconversión industrial cara a un modelo máis sustentábel. Unha oportunidade para seguir á cabeza do sector enerxético deste país\", engade o rexedor. O nodo de conexión eléctrica existente nas Pontes conta cunha capacidade de entre 1.160 e 1.180 megavatios (MW) dispoñíbeis. Á devandita capacidade habería que sumarlle os 1400 MW ocupados pola central térmica das Pontes, o que daría un total de aproximadamente 2.580 MW listos para aproveitar por distintas fontes de xeración. Alternativas analizadas O informe de Soltec contempla varias alternativas enerxéticas. Unha delas é potenciar a capacidade hidráulica existente, por exemplo aproveitando o caudal que agora se emprega para refrixerar a central térmica (2,6 m3/s) para elevar a 18,10 GWh/ano a capacidade de xeración eléctrica no encoro de Ribeira, no curso alto do Eume. Esta actuación, xunto coa creación de minicentrais en catro muíños en desuso no mesmo río e un bombeo forzado para derivar caudal do lago das Pontes ao encoro e aumentar a capacidade de xeración eléctrica levaría a aumentar de 26,68 MW a 44 MW a potencia instalada. Outras das alternativas analizadas é a produción de biogás, que permitiría ao Concello das Pontes o aproveitamento dos residuos agroalimentarios e dos lodos da EDAR e sumaría unha potencia de 0,87 MW. No caso da xeotermia, a explotación do gradiente xeotérmico do lago permitiría aumentar esa potencia en 1,51 MW. Pero o que máis chama a atención do estudo e a enorme capacidade de produción que ofrece a enerxía solar. Soltec avalía a súa implantación sobre a superficie do lago das Pontes, en solo na parte norte do mesmo, nos encoros de Eume e Ribeira e nas cubertas dos polígonos industriais, a zona de entullos, a Casa da Enerxía e outros edificios públicos das Pontes. Comezando por estas últimas, o potencial total de xeración mediante enerxía solar en cubertas de edificios é de 2,72 GWh/ano. Tendo en conta os terreos dispoñíbeis no vertedoiro e anexos á Casa da Enerxía, o potencial ascendería a 31,14 GWh/ano. No caso dos encoros, poderíase ocupar unha superficie de máis de 100.000 m2 (79.200 m2 no de Ribeira e 29.7300 m2 no do Eume). Cunha estimación de 1.500 horas equivalentes de irradiación solar ao ano, as instalacións fotovoltaicas nestes dous encoros posúen un potencial de xeración eléctrica de 5,94 GWh/ano no caso do encoro de Ribeira e 22,298 GWh/ano no encoro do Eume. Nada que ver cos 895,275 GWh/ ano que podería producir a solar na superficie do lago no caso de ocupar 90% da súa extensión. A mina volve estar no lago Con todo, a firma de enxeñaría recoñece que dita extensión é \"bastante improbábel\" por realizarse no lago, que cubre o oco da antiga mina de lignito (fechada en 2007), outro tipo de actividades complementarias. Empregando as mesmas constantes de partidas e o mesmo método de cálculo obtéñense 598,85 GWh/ano e 298,425 GWh/ano de enerxía eléctrica para unhas porcentaxes de cobertura de 60% e 30%, respectivamente, apunta o documento. No concello das Pontes, sen ter en conta os combustíbeis de orixe fósil, o consumo total de enerxía acada os 79,126 GWh/ano, unha cantidade que podería ser cuberta tan só con 5% da enerxía eléctrica xerada por un parque solar flotante que cubrise 30% da superficie do lago. Segundo o informe, a potencia instalada cunha cobertura solar de 30% do lago, incluíndo tamén a mesma porcentaxe en solo da superficie dispoñíbel ao norte do mesmo, sería de 575 MW e requiriría un investimento de 402 millóns de euros, cun retorno a 20 anos. Con 60% da superficie, o investimento elevaríase até os 686 millóns de euros e a potencia aos 980 MW. Se contamos ca dos encoros e cubertas, a potencia da solar instalada ascendería a 1.178 MW e 1.584 MW, respectivamente."}
{"ID": "NOS_27607", "summary": "A cerámica de Sargadelos cos seus debuxos xeométricos en azul cobalto e branco é un símbolo ineludíbel do deseño galego. Porén, a dimensión do proxecto de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane López escapa ao ámbito artístico e empresarial e lígase cun proxecto de restauración da Galiza soñado no desterro arxentino.", "text": "Ahistoria da cerámica en Sargadelos vén de vello. O propio Isaac Díaz Pardo recoñeceu que a idea de montar unha fábrica nesta parroquia do concello de Cervo xurdiu en 1946, lendo un libro do pintor Felipe Bello Piñeiro, La cerámica de Sargadelos, onde coñeceu o pasado da produción de louza nas terras mariñás e soubo da figura de Raimundo Ibáñez, natural dos Oscos, veciño de Ribadeo e moi influído polas ideas da Ilustración impulsou diversos proxectos empresariais, entre eles unha factoría para fabricación de cerámica que arrancou a súa actividade en 1806 e continuou o seu labor até 1832, 24 anos despois súa da morte, no contexto dunha revolta popular en Ribadeo no marco dos conflitos sociais vividos durante a guerra do francés. As seguintes etapas da cerámica de Sargadelos van continuar ligadas á familia de Ibáñez. A coñecida como segunda época de Sargadelos alongouse entre 1835 e 1842 baixo o impulso do fillo do fundador e do empresario sevillano Antonio de Tapia, cunhas pezas inspiradas nos deseños da fábrica Hartley Greens and Company de Leeds. A denominada terceira época, sen ningún membro da familia Ibáñez na xestión e co complexo dirixido polo empresario compostelán Luís de la Riva, desenvolveuse entre 1845 e 1862 con máis 1.000 traballadores e traballadoras na factoría, presentando a louza grandes semellanzas coas formas británicas. A cualificada como cuarta época, cun neto de Raimundo Ibáñez á fronte, limitouse ao quinquenio de 1870 á 1875, caracterizándose por recuperar deseños da primeira e da terceira etapas. Un proxecto de dúas vítimas do franquismo A proposta de recuperar a produción de louza en Sargadelos soñárona dúas vítimas do franquismo. Unha delas, Luís Seoane, definiuse a comezos dos anos 50, no seu exilio arxentino, como \"contemporáneo ao deseño industrial e ao Bauhaus\" e apostou por \"elaborar unha Sargadelos, máis que cerámica Panorámica da factoría de Sargadelos, en Cervo. / Europa Press. A cerámica de Sargadelos cos seus debuxos xeométricos en azul cobalto e branco é un símbolo ineludíbel do deseño galego. Porén, a dimensión do proxecto de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane López escapa ao ámbito artístico e empresarial e lígase cun proxecto de restauración da Galiza soñado no desterro arxentino. Texto Redacción cerámica coas ferramentas propias do tempo sen deixar de lado a identidade propia e a historia do lugar onde se realiza\". Na mesma liña, insistiu anos máis tarde que \"existen formas galegas inéditas que están na paisaxe, nas ferramentas, nos oficios e nos obxectos herdados\". O outro, Isaac Díaz Pardo, após abandonar a súa carreira como pintor, ergueu unha fábrica de louza no Castro de Samoedo en Sada, onde ensaiou coas mesmas materias primas que traballou Ibáñez e soubo das dificultades que impuxo o réxime aos disidentes. O reencontro destas dúas persoas por volta de 1955 en Arxentina abriu a porta a posta en marcha do complexo cerámico de Sargadelos. A iniciativa enmarcouse nun proxecto máis amplo de restauración da personalidade da Galiza, onde se situaron outras iniciativas que viron a luz na segunda metade do século XX, como Cerámicas do Castro, Edicións do Castro, Museo Carlos Maside, Instituto Galego da Información ou o recuperado Seminario de Estudos Galegos. O intelectual orgánico de todo este edificio foi o Laboratorio de Formas, presentado polos seus fundadores como un sistema arborescente cuxas raíces se fundiron nas xentes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos e formado por un conxunto de pólas que xurdiron do propio Laboratorio. A proposta programática e estética que guiou a cerámica de Sargadelos foi definida a comezos dos anos 60. A esa altura, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo iniciaron os traballos para pór en marcha a súa factoría nas terras da Mariña, sinalando que a \"orixe das formas non debe someterse ao cosmopolitismo por respecto ao home, analizando aquelas que distinguen de antigo a arte da Galiza, tendo en conta as experiencias anónimas que inventaron hai centos de anos formas aínda actuais e que adquiriron particularidade galega\". Nunha liña semellante, Luís Seoane na súa intervención durante a inauguración da fábrica, en maio de 1970, afirmou que \"nós propugnamos polo cultivo das características culturais constitutivas dun país ou dunha nación. Non se trata de repetir formas ou estilos do pasado nun país, senón da actualización para o presente daquelas formas características\". Unha fábrica de feitura moderna ligada á tradición As obras da actual factoría de Sargadelos comezaron en 1968, porén a inauguración da planta non se fixo efectiva até maio de 1970. O edificio foi o resultado dun longo proceso de reflexión entre Seoane, Díaz Pardo e o arquitecto da obra, Andrés Fernández-Alabalat, co obxectivo de que respondese ao proxecto que ía albergar. Así, o inmóbel separouse da arquetípica imaxe da fábrica fordista e converteuse nun conxunto de espazos con significado, ligada á tradición pero de feitura moderna, con volumes rotundos e encravados na paisaxe, dunha pegada construtivista. Neste sentido, o arquitecto Daniel Beiras sinalou que \"Sargadelos é efectivamente como un rueiro, unha estrutura espacial habitábel e produtiva organizada arredor dun camiño, cunha focalidade moi clara e ao mesmo tempo gran permeabilidade e apertura a paisaxe\". Sargadelos é hoxe un espazo que liga a modernidade e a tradición na liña da proposta formulada polos seus impulsores. Seoane e Díaz Pardo negáronse a edificar as novas instalacións sobre as vellas construcións das factorías de Ibáñez, co obxectivo de preservar o pasado industrial da zona e ligala ao novo proxecto que arrancaron. Así, nas terras mariñas de Cervo atopámonos cos restos daquelas vellas cerámicas e siderúrxicas do século XIX, das dotacións a elas asociadas, como a presa ou o Pase dos Namorados, canda os inmóbeis dun novo espertar industrial galego pensado por dous significados membros de dúas xeracións galegas derrotadas en 1936. Luís Seoane Foi un home do Renacemento trasladado ao século XX. Artista plástico na Galiza republicana, a súa militancia nacionalista obrigouno a exiliarse na Arxentina e a dedicarse profesionalmente ao que era a súa afección, mais tamén parte do seu compromiso político. Figura de referencia da pintura galega da súa época, creador dunha ampla obra muralística espallada fundamentalmente no continente americano, é o impulsor de toda unha liña de renovación da nosa arte. Seoane, recoñecido poeta e dramaturgo, promoveu proxectos do máis diverso a prol da Galiza, destacando os impulsados no ámbito editorial e da comunicación. Isaac Díaz Pardo Naceu rodeado de arte nunha casa taller onde seu pai, o artista mártir Camilo Díaz Baliño criou algúns dos deseños de máis relevo da historia da Galiza. Artista plástico desde os seus anos xuvenís, encarreirouse primeiramente á pintura, mais non tardou en dar o salto á cerámica. Á fronte da fábrica do Castro en Sada, da Madalena en Bos Aires ou de Sargadelos en Cervo, achegou formas para un tempo e para un país. O legado de Díaz Pardo fica para sempre asociado a ducias de iniciativas sociais e culturais que marcan a segunda metade do século XX na Galiza. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_50898", "summary": "O incendio declarouse ao mediodía desta quinta feira na parroquia de Cinsa e ás seis da tarde xa levaba arrasadas 350 hectáreas.", "text": "O conselleiro de Medio Rural, José González, viaxou até Monforte para seguir de cerca as labores de extinción do incendio máis grande da xornada. Pola mañá estivera en Porto do Son, onde se concentrou o operativo aéreo para frear un lume que ameazaba ás casas. Pola tarde, os alcaldes de Monforte e de Pantón informaban que se ordenara desocupar varias vivendas en aldeas das parroquias de A Vide e Mañente. \"É unha medida preventiva\", insistiron ambos para tranquilizar á poboación. A área na que se produciu o lume está ben comunicada pola súa proximidade á capital da comarca e hai moitas vías de acceso. Pola mañá desta quinta feira, os principais incendios estaban en Porto do Son e en Loberia. Os Foca con base en Lavacolla interviren xunto a outros medios aéreos, entre eles o helicóptero Kamov, e mesmo se desprazaron efectivos da UME á localidade costeira. A última estimación de Medio Rural era de 80 hectáreas perdidas. A BRIF de Laza combateu o lume de Lobeira, un incendio no Parque Natural do Xurés, que cada verán, malo ou bo, sofre polo seu abandono. Medio Rural informou que o incendio quedara estabilizado á unha da tarde e a estimación de danos era de 30 hectáreas. En Cenlle tamén quedou estabilizado un incendio activo desde a cuarta e que asolou unhas 40 hectáreas. A BRIF de Laza foi enviada a Monforte, que ao medio día xa se convertera no maior dos sinistros da xornada con 350 hectáreas queimadas e cunha fronte de varios quilómetros ao norte da capital da comarca avanzando en dirección sur-oeste cara Pantón. Este incendio concentrou xa pola tarde a maior parte do continxente de medios áreos -incluíndo, 4 focas das bases de Lavacolla, Matacán (Salamanca) e Torrejón (Madrid)- aos que se sumaron as unidades da BRIF de Tineo e Tabuyo, 51 homes a pé do lume entre as tres unidades, xunto ao resto de brigadas enviadas desde todos os distritos veciños."}
{"ID": "PRAZA_13701", "summary": "A campaña para que se poida usar esta rede social na lingua propia de Galicia colle un novo pulo despois de poñerse en marcha os servizos en catalán e euskera.", "text": "Hai algo máis dun ano Twitter comezou a traballar nas versións da súa páxina noutros idiomas distintos do inglés. Escolleu a mesma fórmula que xa adoptara Facebook, de xeito que son os propios usuarios da plataforma os encargados de realizar a tradución á lingua que queiran. Porén, isto non é tan automático; digamos que Twitter ten que darlles acceso ás linguas aspirantes, en función do seu número de usuarios entre outros factores, ao servizo de tradución para que aí si, os tuiteiros completen o proceso. Na actualidade Twitter está dispoñible en 33 linguas, despois de que hai unhas semanas se incorporasen seis máis, entre elas o catalán e o euskera (ademais de afrikaans, checo, grego e ucraíno). Para o catalán, a pesar da súa forza desmostrada en moitos eidos, non foi un proceso doado. Naceu dende abaixo, pola presión dos propios usuarios, nomeadamente do xornalista Albert Cuesta, que hai algo máis dun ano comezou a reclamar que o servizo estivese en catalán; entre outras cousas levou a cabo unha recollida de sinaturas, até 7.300, e outras accións máis virtuais, coma a chamada a elevar un determinado hashtag reivindicativo a TT. Finalmente, en maio o catalán foi aceptado no servizo de traducións de Twitter e un mes despois o proceso estaba concluído. Hoxe, xa se pode usar twitter en catalán. A propia empresa destaca que \"co apoio dos tradutores estamos cada vez máis cerca de facer Twitter accesible a máis cidadáns de todo o mundo\" O obxectivo é acadar un apoio semellante ao que conseguiu a iniciativa catalá, para así presionar á empresa para que admita o galego como lingua para o seu servizo de traducións No caso galego vén de poñerse en marcha unha iniciativa de recollida de sinaturas en change.org, para pedir Twitter en galego, xa. Comezou este martes e achégase xa ao milleiro de apoios. O obxectivo é acadar un apoio semellante ao que conseguiu a iniciativa catalá, para así presionar á empresa para que admita o galego como lingua para o seu servizo de traducións: \"se logramos supera-las 7.300 firmas acadadas a prol dun Twitter en catalán, esta empresa non poderá dicir que non a un Twitter en galego\". Unha vez conseguido iso, o resto do traballo dependería dos propios usuarios e se cadra estaría rematado en breve. A campaña por un twitter en galego, con todo, vén de máis atrás. Máis ou menos cando a empresa comezou a falar da posibilidade de abrir o seu servizo a outras linguas, un grupo de internautas puxeron en marcha a iniciativa Twitter en Galego, co obxectivo de \"activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema\". A campaña por un twitter en galego, con todo, vén de máis atrás Nestes meses, conseguiuse que #twitterengalego fose TT a nivel estatal, e forxouse unha certa sensación de comunidade, ademais de quedar claro que existían mans e cerebros dispostos a traballar nas traducións: o proxecto creado en GalegoLab reuniu moi rapidamente as 130 horas de traballo voluntario que se calcula que serían necesarias. A conta da iniciativa conta con case doce mil seguidores e seguidoras, e os seus impulsores salientan que \"Twitter en galego son todas aquelas persoas que reivindican unha rede social en galego, traballan día a día, aportando ideas e melloras e axudan a difusión da súa mensaxe na mesma lingua. Porque cada \"tuit\" que sexa en galego, contribúe un chisco máis, a crear unha normalización do galego nas redes sociais\"."}
{"ID": "PRAZA_11989", "summary": "'Gallaecia Petrea' inaugurarase en xuño e será sufragada ao 77% polas entidades que forman parte da Fundación Gaiás e nun 23% pola Xunta. Aprobouse o orzamento para a montaxe e desmontaxe da mostra, que supera os 800 mil euros.", "text": "O Museo de Galicia inaugurarase a finais de xuño coa exposición Gallaecia Petrea, que custará un millón e medio de euros, pagados ao 77% polas entidades que forman parte da Fundación Gaiás e nun 23% pola Xunta. Tan só o orzamento para a montaxe e desmontaxe da mostra, que vén de ser aprobado, supera os 800 mil euros. Gallaecia Petrea consta de duascentas pezas do patrimonio histórico galego, algunhas de gran tamaño, incorporando tamén mostras do norte de Portugal. A mostra ocupará unha superficie de seis mil metros cadrados e estará aberta ao público durante seis meses. A voceira do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, cualificou o feito de \"indecente\" e \"despilfarro\" e comparou a cantidade que se vai gastar na exposición, un millón e medio de euros, coa que se destinará ao longo de todo o ano para dotar de novidades a todas as bibliotecas públicas do país, a mesma. Pontón súmase ademais ás críticas que veñen sendo expresadas nos últimos meses por distintos colectivos políticos, culturais e sociais, que acusan á Xunta de Galicia de non ter un proxecto definido para a Cidade da Cultura, a pesar de que estas instalacións, cun orzamento de 24 millóns de euros para 2012, continúan detraendo unha parte importante dos fondos que manexa a antiga Consellaría de Cultura. O orzamento para a produción, montaxe e desmontaxe, que supera os 800 mil euros, inclúe, por exemplo, unha mesa valorada en máis de vinte mil euros, varios cubos de tres metros de lado cun custe cada un de entre 10 e 20 mil euros, varias tarimas de máis de seis mil euros por unidade ou lonas de case doce mil euros. Orzamento detallado da produción, montaxe e desmontaxe da exposición Folla de condicións para a contratación da obra Web da Cidade da Cultura"}
{"ID": "NOS_14757", "summary": "O ex concelleiro de Infraestruturas, que denunciou supostas irregularidades na financiación de Democracia Ourensá e perdeu \"a confianza\" do alcalde, sostén que o rexedor non negou as acusacións na súa comparecencia de hoxe. Así mesmo pensa que debe dimitir ou \"hai que botalo\".", "text": "Miguel Caride, o que até onte era concelleiro de Infraestruturas en Ourense e un dos críticos coa xestión económica de Gonzalo Pérez Jácome en Democracia Ourensá (DO), respondeu ás acusacións do alcalde nas que o acusa de ter sido \"comprado\" polo PP. Para o edil, ao que o rexedor retirou as competencias por \"falta de confianza\", pensa que a teoría que explicou hoxe este último é un \"conto chino\" de alguén ao que cualifica de \"personaxe deleznable\". O que era a man dereita de Jácome hai non moito tempo analizou o discurso comentando que \"non desmentiu nada, senón que até en tres momentos recoñeceu que o diñeiro que recibe DO desvíao á súa televisión privada (Auria TV)\", na mesma rcomparecencia na que acusou ao PP de terlle preparado \"un golpe de estado\" e de \"comprar\" ao propio Caride. Intentar a súa renuncia \"O que temos que facer é tratar de botalo\", insistiu o que tamén era voceiro do grupo municipal de Democracia Ourensá a semana pasada. De feito, ao falar das presuntas ilegalidades na xestión do diñeiro do partido, incidiu en que tamén agarda a que o alcalde se adiante e dimita do cargo. Caride insistiu debe ofrecer explicacións sobre \"se hai ou non desviación de fondos públicos á súa empresa privada\" e sobre \"cal é a situación cos asesores\" -após ser acusado de reclamarlle parte do salario a estes para financiar DO- porque o declarado esta mañá foi \"historia que parece 'As crónicas de Narnia' dentro do seu mundo onírico, non crible\". \"O tema é moi serio, isto non é ningún xogo de tronos, e eses discursos infantís, de barra de bar e de contos chineses supoño que haberá xente que os comprará, porque sempre a hai\", lamentou. A ameaza á Deputación Respecto da ameaza do rexedor ao Partido Popular sobre a posíbel votación en contra dos orzamentos na Deputación, o representante dos edís de DO críticos foi moi claro. \"O PP dixo que suspendía temporalmente o pacto mentres Jácome non aclarase o que ten que aclarar, como el non quere aclarar nin deixar o posto, quere dinamitar o pacto empezando pola Deputacion\", abundou. En medio deste cruce de acusacións, pensan que Jácome debe abandonar a Alcaldía, pois conta únicamente co apoio do concelleiro Armando Ojea logo da ruptura co PP e con cinco dos seus seis compañeiros. \"Nós o que non imos facer é irnos xa para que o noso posto sexa cuberto por outras persoas afíns a el e que no canto de ser dúas sexan sete en minoría, con xente que se siga encartando ás veleidades e ás excentricidades dun alcalde que ademais non é transparente\", destacou Caride."}
{"ID": "NOS_37252", "summary": "A deputada popular Paula Prado acusou a oposición de \"oportunismo político\" por pedir que se investigase o acontecido en maio, cando Isabel F.F foi acoitelada pola súa parella na habitación onde estaba convalecente.", "text": "O PP dixo 'non' a investigar os \"erros\" que se puidesen ter cometido e que tiveron como resultado o asasinato de Isabel F.F. pola súa parella durante o seu ingreso no Hospital de Ourense, tal e como solicitaba a deputada socialista Carmen Acuña, co apoio de toda a oposición. A parlamentar socialista defendeu unha moción que solicitaba á Xunta investigar o sucedido para \"tratar de determinar os erros cometidos\" en aspectos como os protocolos, ben como investigar todos os casos de violencia de xénero que acabaron en morte malia haber denuncia previa. Carme Adán (BNG) reclamou \"mecanismos para que as mulleres se sintan seguras\" e defendeu unha emenda para exixir o cumprimento e dotación orzamentaria da Lei de prevención e tratamento integral sobre violencia de xénero. Eva Solla (AGE) manifestou que hai que \"coordinar os servizos e formar os profesionais\" e que non abonda con poñer \"un laciño violeta\". Paula Prado, do PP, cualificou de \"oportunismo político\" a iniciativa do PSdeG e dixo que era \"desolador\" que presentasen iniciativas sobre violencia machista só cando hai mortas."}
{"ID": "NOS_53249", "summary": "A deputada de AGE, Eva Solla, exixe que o goberno galego investigue o acontecido e adopte \"medidas de xeito inmediato\".", "text": "Desde que foi posto en coñecemento da Secretaría Xeral de Igualdade, o 20 de novembro de 2014, a Xunta de Galiza só contactou nunha ocasión coas deportistas do Leis 16 de fútbol sala para lles informar do traslado da súa denuncia á Secretaría de Deportes. Segundo a área de Igualdade do goberno galego o caso que lle foi notificado escapa das súas competencias por poder ser constitutivo de delito. Desde a coligazón Alternativa Galega de Esquerda a deputada Eva Solla lembra ao executivo de Alberto Núñez Feijóo e a secretaria xeral de Igualdade que \"a Xunta ten competencias en materia de Igualdade e Deportes polo que está obrigada a investigar o acontecido e tomar as medidas que sexan precisas\". Segundo a área de Igualdade do goberno galego o caso que lle foi notificado escapa das súas competencias por poder ser constitutivo de delito Neste senso, a parlamentar rexistrou unha pregunta para a súa resposta en sesión plenaria na que inquire o goberno galego a respeito das medidas que ten pensado adoptar \"dende a súa responsabilidade\" no caso das denuncias de acoso sexual presentadas polas xogadoras do Leis 16 contra o presidente do clube, José Antonio Nieto San Juan. No documento rexistrado perante a mesa do Parlamento, Solla sinala que \"a Igualdade real entre mulleres e homes non se consigue simplemente con campañas publicitarias, consíguese educando e actuando con celeridade ante a mínima sospeita de violencia ou acoso por razón de sexo\" polo que amosa a súa \"preocupación\" en relación coa \"pasividade\" da Xunta. Vexacións Nieto San Juan \"buscaba escusas para quedar a soas coas xogadoras\", instábaas \"a probar camisolas\" e proferíalles comentarios sexistas sobre a súa aperencia física, explicou o avogado Javier Picallo Cumpre lembrar que tres xogadoras do clube de fútbol sala pontevedrés denunciaron en outubro de 2014 perante a Audiencia Provincial de Pontevedra teren sufrido un tratamento \"denigrante\" e \"vexatorio\" por parte do presidente do Leis 16. Na demanda presentada a defensa asegura que Nieto San Juan \"buscaba escusas para quedar a soas coas xogadoras\", instábaas \"a probar camisolas\" e proferíalles comentarios sexistas sobre a súa aperencia física, explicou o avogado Javier Picallo nunha reportaxe publicada por Sermos Galiza no mes de decembro. Estas situacións prolongáronse durante 15 meses e extendéronse ao ámbito privado, máis alá do clube. Neste senso, unha das mulleres, de 19 anos foi \"humillada\" nun local de copas pontevedrés onde o presidente do clube lle tirou \"un preservativo\" cando esta se atopaba de festa. Nieto San Juan acudira ao estabelecemento acompañado polos xogadores da equipa masculina e achegouse a ela con \"chulería\". Mais non só. A outra das xogadoras, menor de idade, \"pediulle fotos en bikini\" através do Whatsapp e mesmo partillou con ela \"imaxes pronográficas\" através da aplicación de telefonía móbil. Aliás, nunha viaxe deportiva a Canarias chegou a lles afirmar que \"no fútbol sala ou sodes todas putas ou lesbianas\"."}
{"ID": "NOS_10170", "summary": "O cantautor compostelán presenta este sábado no Salón Teatro (Santiago) o seu novo disco, 'Virada por avante', con toda a banda ao completo nun escenario que arrecenderá a mar e introducirá imaxes de Urbano Lugrís.", "text": "– 'Virada por avante' parece o teu disco máis redondo, máis maduro...– Si, tanto desde o punto de vista técnico, onde traballei cun profesional que ten unha traxectoria importante, como Fredi Marugán, como a nivel artístico, creo que o resultado que presento eu non diría que máis maduro, porque non quero perder ese matiz da ollada do infante, do neno, pero si que con máis distancia, con máis tempo, menos imprudente, se cadra. – Segue patente a influencia dos cantautores latinoamericanos, pero esta vez ábreste tamén a outras sonoridades.– Pois si, o produtor comentábame que dalgunha maneira a tradición latinoamericana de cantautores formaba parte da miña xenética musical. Era complicado desprenderse dela, pero nos últimos tempos estiven escoitando outras músicas, abríndome a outras olladas, máis achegadas se cadra ao folk e ao rock americano e anglosaxón. E creo que se nota. Esa era un pouco a idea, abrirse a sons máis acústicos, a uns ritmos que non son tan melancólicos, que chaman un pouco máis á animosidade, á acción. – Tal e como o contas a man de Fredi Marugán é moi potente no disco, e nótase tanto na gravación como no directo. É un gran guitarrista.– O que fixo Fredi coas miñas cancións nunca rematarei de agradecerllo, porque colocounas nun lugar que eu só imaxinaba pero que non podería facer sen el. É unha especie de alquimista da música, porque el é o artífice de todos os arranxos e ademais gravou todos os instrumentos do disco. É un traballo superartesanal. Ademais, teño o privilexio de que me acompañe en directo nalgunhas ocasións. E disfrutar e aprender del está a ser toda unha experiencia. Sería tremendamente irresponsable poñerse de canto coas cousas que están a acontecer – Imos coa mensaxe. Ademais de algúns temas intimistas, véseche vocación de dar testemuño das coitas da túa xeración. Emigración, corrupción...– Pois si, un cando fai cancións, creo que sería tremendamente irresponsable poñerse de canto coas cousas que están a acontecer, ou polo menos eu pénsoo así. Mesmo algunhas propostas musicais que din non ser comprometidas acaban séndoo, pero á inversa. E no meu caso, cando fago cancións, eu son permeable ao que está a acontecer na sociedade e intento denuncialo. Coas cancións non se poden cambiar grandes cousas, pero si que pode ser unha mensaxe de empatía, de poñerte no lugar do que está sufrindo, e dalgunha maneira que lle chegue a solidariedade feita poesía ou feita música. Esa é un pouco a vocación. – No concerto do sábado vas coa banda ao completo. É todo un luxo nestes tempos convulsos, tamén para a música. – Pois si, a verdade é que non vai ser o habitual, agás que as condicións materiais se dean, o que pasa é que cando un se dedica a un oficio como este, impera o entusiasmo e a insistencia. E claro, sacar un disco e non sacalo relucinte da fábrica digamos que quedas a medias. Por iso para este concerto, e espero que para algún outro, saír cunha banda potente é un agasallo que lle quero facer á xente que me vén escoitar. E non vai ser só banda, senón que será un espectáculo de escenografía, de atrezzo e tamén de historias contadas. – Conta algo máis, ho.– A xente que se achegue ao Salón Teatro vai ter a posibilidade de observar desde unha atalaia a vida dun peirao mariñeira. Se cadra alí non arriban buques trasatlánticos, pero si chega a frescura do mar a diario, dun mar que dalgunha maneira se resiste a ser aniquilado. É como facemos iso? Cunha serie de aparellos mariñeiros no palco, pero ademais a obra de Urbano Lugrís, co seu surrealismo e a súa fantasía, vai estar presente, xa que conseguimos a cesión da súa obra dixitalizada en alta resolución e cada unha das miñas cancións vai estar proxectada a obra de Lugrís. Por tanto, vai ter ese carácter atlántico e mariñeiro, esas historias de peirao van estar presentes. Esa é un pouco a sorpresa que temos preparada para os que se acheguen. 'Virada por avante\" está feito \"con máis distancia, con máis tempo, é menos imprudente\" – O mar está moi presente na túa obra...– Si, para min o mar é un berce próspero ao que retorno cando as cousas veñen mal ou ben dadas, e para min a teatralización na música é fundamental. Non se trata de botar alí as cancións, senón darlles un contexto e neste caso o contexto de 'Virada por Avante', desa manobra mariñeira que se non a fas con coidado podes saír mancado, creo que é importante poñela en primeira persoa, subliñala. – E, como navegante que es, como ves o estado do mar, referido ao mundo da música en Galiza?– O mar está sufrindo as consecuencias dunha sociedade que vive de costas a el. Aínda temos moi presente a protesta heroica das xentes do cerco, agora temos outra afrenta co de Ence, e a música afortunadamente si que recolle o sentir dos homes e mulleres do mar. E este disco é en boa medida un tributo a ese bálsamo de terra liberada que é o mar ás veces. - Preguntaba polo estado das cousas na música en Galiza…Precisamente con este proxecto queremos poñer en evidencia que a cultura que se fai en Galiza tamén á marxe de esforzos e axudas públicas ou privadas. Este é un proxecto que responde á xenerosidade de moitas persoas, e creo que hai que apoiar non só porque é o meu, senón porque hai centos de proxectos similares que non contan con ningún apoio de ningún tipo. – Que apoios botas de menos?– Eu creo que hai unha ausencia de industria musical no sentido de que non somos quen de coidar os nosos creadores, e iso non é só financialos, senón darlles acubillo, a importancia que merecen nunha sociedade madura. E, por outra banda, o gran reto de seguir creando un público crítico con conciencia que non sexa o cabeza de turco dunha proposta televisiva sen audacia, sen imaxinación, sen creatividade. Creo que a creación de públicos e o coidado polos creadores son dúas eivas moi evidentes a día de hoxe."}
{"ID": "NOS_4292", "summary": "O prazo para solicitalas abre esta segunda feira e ficará aberto até o vindeiro 30 de setembro.", "text": "A Xunta da Galiza abre esta segunda feira o prazo de solicitudes para as axudas á rehabilitación enerxética de vivendas en edificios situados en municipios de \"reto demográfico\", no marco do programa PREE 5.000. O prazo ficará aberto até o vindeiro 30 de setembro, e o plan conta cun orzamento total de 3,8 millóns de euros. Quen pode recibir as axudas? As actuacións subvencionábeis serán aquelas en edificacións localizadas en municipios de menos de 5.000 habitantes, ou concellos non rubanos de menos de 20.000, toda vez que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000 veciños e veciñas. Aliás, só se aceptan os inmóbeis construídos antes de 2007, e poderán ser vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva ou vivendas dun edificio consideradas de forma individual. Deste modo, as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada, así como as comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias que sexan titulares dos inmóbeis a subvencionar, poderán beneficiarse desta liña de incentivos. Que actuacións se subvencionan? Os traballos a executar, por outra parte, deberán pertencer a unha ou varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia e uso das enerxías renovábeis nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. Que obxectivos debe cumprir a rehabilitación? As actuacións que subvencione o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) deberán lograr unha redución do consumo de enerxía non renovábel de 30% a respecto da situación actual do edificio e, ademais, mellorar a cualificación enerxética total do inmóbel en, cando menos, unha letra, agás se xa posúe a cualificación, máis alta, A. Que porcentaxe das actuacións cobren as axudas? Estas subvencións non terán unha contía fixa e partirán dun mínimo equivalente a 20% dos custos elixíbeis, podendo alcanzar 100%. Así, o importe concreto variará segundo o tipo de actuación, o inmóbel obxecto da rehabilitación ou os obxectivos de eficiencia enerxética alcanzados após a reforma. Cales son os criterios que determinarán a contía? A subvención concedida será o resultado de sumar a axuda base, que oscilará entre 20% e 50% dos custos, e a axuda adicional que corrresponda en cada caso en función do cumprimento dunha serie de criterios sociais—valorarase, por exemplo, que o edificio estea baixo algún réxime de protección pública—, de eficiencia enerxética —cando o inmóbel obteña unha cualificación A ou B, ou incremente en dúas letras a súa situación inicial— e se é ou non unha actuación que inclúe obras correspondentes a dúas ou máis tipoloxías."}
{"ID": "NOS_18692", "summary": "A militancia do PSdeG vota este domingo as candidatas e candidatos ás alcaldías dos concellos de máis de 20.000 habitantes. A ollada está posta na Coruña –con catro aspirantes–, Ferrol e Ourense –con dous cada unha–.", "text": "É xornada electoral no PSdeG. A militancia socialdemócrata elixe este domingo as e os cabezas de lista nos municipios de máis de 20.000 habitantes. Todos os focos están centrados na Coruña, onde se presentaron catro aspirantes que reuniron o máximo número de avais permitidos, un total de 54. Mídense nestas eleccións primarias José Manuel García, o actual portavoz municipal e persoa de confianza da ex secretaria local Mar Barcón; a avogada Inés Rey; o avogado Rafael Arangüena, que é vicesecretario de Relacións Institucionais do PSOE coruñés, e Juan Ignacio Borrego, ex vicesecretario e ex portavoz do PSOE coruñés. En Ferrol, un acordo de última hora entre o senador Ángel Mato e Antonio Golpe provocou que de tres aspirantes fiquen dous, o propio Mato e Germán Costoya, concelleiro. Ourense contaba inicialmente con cinco aspirantes que se reduciron a dous: o actual portavoz municipal José Ángel Vázquez e a profesora Elena de Prada, que sumou á súa candidatura outro dos precandidatos, Antón Alonso. En Compostela só se presentou o ex alcalde Xosé Sánchez Bugallo logo dun acordo entre distintos sectores do partido, mentres que en Pontevedra fixo o propio o actual portavoz local, Agustín Fernández. En Lugo e Vigo repetirán como candidatos a actual alcaldesa, Lara Méndez, e o seu homólogo vigués Abel Caballero."}
{"ID": "NOS_12858", "summary": "O novo director do CGAC vén de presentar a súa primeira programación: mostras individuais de Antoni Socías, Marisa González, Berta Cáccamo e da austríaca Eva Lootz e dúas colectivas: unha de artistas galegos contemporáneos e outra de fondos do propio centro.", "text": "O programa expositivo do 2016 contará con mostras individuais e colectivas de distinta natureza. Durante o primeiro semestre presentará o centro acollerá a retrospectiva Antoni Socias. Teoría e práctica do deserto (31 de marzo - 26 de xuño, comisario: Santiago Olmo); Marisa González. Rexistros domesticados (15 de abril - 19 de xuño; comisaria: Rocío de la Villa) e Agrupar_ Desagrupar: rupturas da representación (22 de abril - 3 de xullo; comisarios: Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre), coa participación de seis artistas galegos: Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e María Ruido. A segunda parte do ano estará protagonizada por unha ambiciosa mostra con fondos de coleccións publicas e privadas de ámbito estatal (15 de xullo - outubro; comisario: Santiago Olmo), así como o universo creativo de dúas artistas: a austríaca Eva Lootz (28 de outubro - 12 de febreiro 2017; comisaria: Alicia Murría) e a galega Berta Cáccamo (4 de novembro - 15 de xaneiro de 2017; comisarios: David Barro e Santiago Olmo)."}
{"ID": "NOS_14628", "summary": "Lamentou que en moitos casos, ese acoso chega até as crianzas, descendentes de matrimonios entre persoas rusas e españolas, que viven episodios de odio por parte de compañeiros e docentes.", "text": "O cónsul honorario de Rusia na Galiza, Pedro Mouriño, afirmou amedios locais no día de onte ter recibido centenares de ameazas de morte desde o comezo da guerra en Ucraína. Pedro Mouriño: \"Todo obedece ao interese dos Estados Unidos por desgastar a Rusia\" A pesar de que a maioría tiveron lugar de forma anónima, lamentou que tres persoas de orixe ucraína presentáronse nunha das súas oficinas para asegurarlle que o ían matar. Unha das amezas que recibiu Pedro Mouriño. (Foto: Pedro Mouriño) O empresario explica que xa presentou unha denuncia ante a Policía española, dirixida a Fiscalía de Delitos de Odio, e que a Embaixada rusa tamén fixo traslado dos feitos ao Ministerio de Asuntos Exteriores español. Mouriño afirmou que todo comezou con chamadas nas que, despois duns segundos de silencio, colgaban. Porén, a violencia rapidamente escalou, até producirse o episodio dos tres homes que o ameazaron de morte. \"Rusofobia\" xeralizada Para o cónsul honorario, a guerra en Ucraína desatou un contexto de \"rusofobia\" xeralizada, non só contra el, senón que contra toda a colonia rusa residente no Estado español, a pesar de que, segundo el, \"na súa maioría están en contra do conflito\". Lamentou que en moitos casos, ese acoso chega até as crianzas, descendentes de matrimonios entre persoas rusas e españolas, que viven episodios de odio por parte de compañeiros e docentes. \"Pregúntanlle a estes menores a súa opinión sobre os bombardeos en Ucraína\", engade, para despois asegurar que instruíron os pais para que se poñan en contacto coa dirección dos centros educativos nos que ocorren estes feitos. \"Se non fan caso, acudiremos á inspección da Consellaría de Educación\". Mouriño sinalou que actualmente residen no Estado español unhas 90.000 persoas de nacionalidade rusa, \"e non son culpábeis (da guerra) e participaron na recollida de alimentos e na solidariedade\"."}
{"ID": "PRAZA_19343", "summary": "O orixinal conxunto de Betanzos sofre novos danos tras as chuvias dos últimos días, punto de inflexión para que partidos e administracións reclamen unha solución de vez para un espazo degradado polo desleixo e a falta de mantemento malia a súa importancia histórica e cultural.", "text": "As chuvias dos últimos días provocaron a pasada semana o grave derrubamento do muro dun estanque. Foi un golpe máis na continua degradación que desde hai tempo sofre o histórico Parque do Pasatempo de Betanzos. O último dano neste espazo parece ser o punto de inflexión que fixo agromar a un tempo voces sociais e políticas pedindo unha solución de vez a un lugar único en Galicia, precursor no seu tempo pero decadente desde hai anos. As últimas chuvias tiraron un muro, o último dano dun parque afectado polo desleixo, o vandalismo e a falta de mantemento A situación era sabida. Tamén desde hai meses, unha petición online dirixida ao Concello e á Xunta reclama con máis de 5.500 sinaturas que se \"poña fin ao incomprensible estado de abandono e á constante neglixencia que se comete continuamente no parque\". Á marxe do desleixo institucional, este conxunto único sofre o vandalismo a través de pintadas, vexetación que afecta muros e esculturas, acumulación de lixo ou oxidación en diferentes elementos. E o evidente reclamo turístico que é acaba por veces virando en rexeitamento. En Marea, logo da visita do seu voceiro e varios deputados á zona, anunciou que esixirá medidas no Parlamento para a protección dun parque \"que é patrimonio de todos os galegos e galegas e que garda a memoria colectiva de Betanzos\". O BNG da localidade pediu un pleno extraordinario para aprobar o proxecto e o financiamento para a rehabilitación do Pasatempo, mentres que o Concello anunciou medidas para arranxar os últimos danos provocados polas chuvias. Concello e Deputación piden a implicación da Xunta para que se ocupe do mantemento do Pasatempo logo da súa rehabilitación completa A administración local ten un proxecto de rehabilitación de todo o recinto histórico do Parque do Pasatempo valorado en 1,3 millóns para o que a Deputación da Coruña amosou xa a súa colaboración e futura achega. No entanto, tanto Concello como o organismo provincial piden á Xunta que se implique e lembran que, sen a súa axuda, será inviable. Queren que se faga cargo do seu mantemento no futuro. Desde o Executivo autonómico instan a Betanzos a que axilice a solicitude para que o espazo sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC), logo de que unha iniciativa anterior do pleno carecese dos informes técnicos correspondentes. \"O Pasatempo é propiedade do Concello pero aquí, como noutros muncipios e máis en tempos de crise, os medios son limitados e precísase axuda tanto da Deputación como da Xunta porque require un mantemento importante\", di Alfredo Erias, historiador, director do Museo das Mariñas e arquiveiro-bibliotecario de Betanzos. El, coma moitas outros, cre que \"o eco mediático provocado polos últimos danos, pola caída do muro, pode axudar a que as institucións fagan de vez o que teñen que facer con esta grande obra\". O Pasatempo, erguido sobre unha superficie total dunhas 9 hectáreas, foi construído inicialmente en 1893 e rematado en 1914, a instancias do benfeitor e emigrante na Arxentina Juan García Naveira. Falecido o impulsor antes da Guerra Civil, o Parque foise deteriorando e foi mesmo utilizado como campo de concentración para prisioneiros republicanos. Sufriu roubos, a construción dunha estrada polo medio e numerosos danos que estragaron varias pezas. En 1986, o Concello mercouno e levou a cabo obras de rehabilitacións durante anos. \"Hai un problema de raíz: non é suficiente con arranxar os seus problemas, senón garantir o seu mantemento día a día\" \"Antes de que o Concello o mercase estaba absolutamente abandonado, logo rehabilitouse e renaceu, pero hai un problema de raíz: non é suficiente só con arranxar os seus problemas, senón garantir o seu mantemento día a día; faltou desde o inicio un programa de actuación a medio e longo prazo onde se deberían ter implicado diferentes administracións\", insiste Erias, que destaca a relevancia dun parque único, peculiar e precursosr dos actuais parques temáticos. Xardíns, estanques, paseos, estatuas, construcións... Todo para reflectir lugares e feitos do mundo e da cultura universal que García Naveira e o seu irmán contemplaran nas súas múltiples viaxes. \"O obxectivo era ensinar aos nenos como era o mundo; nel actuaron os irmáns García Naveira e algúns mestres das escolas que eles crearan e querían amosar o que eles viran nun mundo no que non había televisión nin internet\", destaca Erias, que lembra que no Pasatempo \"púidose ver o primeiro dirixible antes de que ningún voase antes sobre Galicia\". Conta con relevos de gran tamaño representando elementos de Exipto, coa pirámide de Queops, a muralla chinesa e o canal de Panamá. E tiña ata un parque zoolóxico, ademais de reloxos con varios fusos horarios, estanques e labirintos vexetais. E os leóns que acabaron en Covadonga. \"É unha miscelánea pero harmonizada para que os nenos aprendesen\", insiste Erias, que lembra os \"ecos clásicos\" de numerosas representacións escultóricas, como os emperadores romanos que foron vendidos, pero tamén mesturadas con \"elementos naïf\". Como exemplo, as figuras que representan o mito da caridade de Roma, cunha muller dándolle de mamar a seu pai mentres, no Pasatempo, fala cun teléfono da época cos irmáns García Naveira que, pola outra liña. respóndenlle sinalando o que eles tamén consideraban caridade sinalando o asilo e as escolas construídas. É a estatua na que, agora na Praza do Campo, os irmáns García Naveira sinalan agora ao horizonte. \"Estou seguro de que se reaccionará, pero as administracións teñen os seus tempos e pasos; estou convencido de que o Concello vai recibir axuda para que o Pasatempo quede e funcione como é debido\", remata Alfredo Erias sobre un parque único e degradado."}
{"ID": "NOS_57136", "summary": "Nen o muro de Trump nen o encerrramento de fronteiras de Le Pen terían impedido un atentado como o de Londres desta terza feira. Cometeuno un nacional do país agredido. Un inglés de Kent, nado hai 52 anos como Adrian Russell. Convertido ao Islam mudou o seu nome para Khalid Masood.", "text": "Segundo a BBC, Khalid Masood vivía de dar aulas de inglés, mais non en centros oficiais, confirmou a televisión pública británica. Todo indica que, ao se converter ao Islam, Adrian Russell, pai de tres fillos, foi asumindo os principios básicos da jihad nun proceso progresivo de asunción da violencia que o levou finalmente á comisión do atentado. A información de que se dispón neste momento permite afirmar que Masood tiña antecedentes penais -estivera en cadea en dúas ocasións en 1983 e 2003 por delitos comúns- e hai algúns anos foi investigado polo MI5 -a axencia de intelixencia británica que opera no interior do país- como sospeitoso de \"violencia extremista\". Porén, neste momento non pertencía á listaxe de 3.000 potenciais terroristas que manexa quer a policía quer o MI5 (só unha pequena fracción dese número ten asignada unha vixilancia permanente). Nese sentido, un portavoz de Scotland Yard afirmou: \"Masood non era obxecto neste momento de nengunha investigación e non existía nengunha pesquisa previa de intelixencia sobre a súa intención de montar un ataque terrorista\". A maior parte dos analistas en materia anti-terrorista opinan que Masood non actuou en coordenación co Daesh, embora o Exército Islámico reclamase para si a acción contra Westminster. Unha vítima máis O balanzo de vítimas mortais continúa a aumentar co paso das horas. O atentado deixou un bon número de persoas feridas en estado crítico. Unha delas non puido sobrevivir. Era un londinense de 75 anos, Leslie Rhodes. O atentado custou por tanto a vida a cinco persoas (o agresor, o policía e tres persoas civís) sen que se desbote que a cifra poda vir a se incrementar nas próximas horas."}
{"ID": "PRAZA_3168", "summary": "Falamos cunha representante da plataforma Tren Digno, que dende hai máis de dous anos traballa na cidade a prol dunha estación intermodal que axude a solucionar os actuais problemas de conexión entre os barrios da Ponte e o Vinteún e que xestione de forma axeitada o crecente tráfico rodado na zona.", "text": "\"Se resolvemos mal a intermodal, Ourense sufrirá as consecuencias durante cen anos\". Así falaba no verán de 2017 Alberto de Paula, daquela presidente da delegación ourensá do Colexio de Arquitectos. A nova e custosa infraestrutura non só é fundamental para a conexión da cidade co resto de Galicia e coa Meseta, senón que a súa localización e as solucións escollidas serán fundamentais para modelar o urbanismo de varios barrios (nomeadamente A Ponte e o Vinteún) e a mobilidade en boa parte da urbe.A solución escollida é fundamental para modelar o urbanismo de varios barrios (nomeadamente A Ponte e o Vinteún) e a mobilidade en boa parte da urbeCualificada como \"a grande obra do século XXI\" na cidade, o proxecto depende do acordo entre tres administracións: Concello de Ourense, Xunta de Galicia (sobre todo no referido á estación de autobuses) e Goberno central (no que atinxe á propia entrada das vías ferroviarias e á construción da estación do tren). Unha das principais cuestións que o proxecto debe atender é a súa localización definitiva e a maneira en que una ou separe os barrios da Ponte e o Vinteún, na actualidade escindidos por unha gran barreira física. Tamén a xestión do crecente tráfico rodado que soportará esta zona, tanto cos usuarios das estacións de tren e bus como coas propias entradas e saídas de autocares (prevese un movemento de 261 ao día, tres por minuto).O Colexio de Arquitectos defende dende hai dous anos unha solución distinta ao proxecto escollidoDende a plataforma Tren Digno Ourense reclámase unha infraestrutura \"digna\" e que non supoña un maior illamento dos barrios nin incremente o actual tráfico, ruídos, contaminación e molestias na zona, na que se sitúa o Centro de Saúde da Ponte. A plataforma leva máis de dous anos mobilizándose e conta co apoio de numerosos colectivos veciñais, entidades sociais e tamén partidos políticos, ademais de persoas a título individual. Tamén do Colexio de Arquitectos, que hai tempo que se posicionou a prol dunha solución distinta ao proxecto escollido, ao que presentaron un gran número de alegacións. Xa en xuño do ano 2017, o COAG pediu \"a revisión total da proposta, que en absoluto acadaba os obxectivos de permeabilidade e mobilidade necesarios\". \"Sobrados exemplos temos na historia da nosa cidade de obras e infraestruturas mal planificadas ou mal executadas que o paso do tempo deixou obsoletas\", dicía nese momento Alberto de Paula en conversa con Praza.gal. Porén, as alegacións do COAG non foron tidas en conta.\"O proxecto inicial ubicaba as vías ao norte da actual estación, liberando espazo para a cidade e favorecendo a mobilidade e conexión entre os barrios\"A plataforma Tren Digno Ourense (que está a recoller sinaturas en change.org) explica que \"a actual mestura de tres proxectos distintos presentado por ADIF e a Xunta, condena ao barrio a permanecer dividido, e vai provocar un caos circulatorio na contorna da estación\". \"Está actuación propón grandes muros, escaleiras e circulación de autobuses ao redor dun centro de saúde\", critica e reclama que se volva ao proxecto inicialmente previsto: \"O proxecto inicial ubicaba as vías ao norte da actual estación, liberando espazo para a cidade e favorecendo a mobilidade e conexión entre os barrios\".\"Non favorece a mobilidade e lonxe de reverter os problemas de conexión que xa había entre A Ponte e o Vinteún, os consolida\"A plataforma levou a cabo unha concentración no barrio da Ponte o pasado 7 de xaneiro. Na protesta reclamouse que \"os ourensáns se poñan en pé por riba de ideoloxías e de cores políticas\" en defensa dunha solución \"digna\" e beneficiosa para os barrios afectados e para toda a cidade. Con todo, as maiores críticas refírense aos prexuízos que sufrirían rúas como Eulogio Gómez Franqueira, que vería moi incrementada a súa saturación de tráfico, ou a Avenida de Marín, que ficaría separada por un muro de oito metros, que se pretende salvar con elevadores e con ramplas cunha pendente moi elevada.\"O obxectivo da nosa mobilización é a intermodal digna que Ourense merece e non esa monstruosidade que queren facer, unha monstruosidade carísima, por certo. A solución que escolleron non supón aforro de cartos ningún, é un desastre e un ridículo. Non favorece a mobilidade e lonxe de reverter os problemas de conexión que xa había entre A Ponte e o Vinteún, os consolida\", explica Celia Pereira, unha das voceiras da plataforma.\"Non é unha cuestión partidista, é unha cuestión de cidade. A plataforma non vai contra ninguén; se alguén se sente atacado, ese é o seu problema\"Celia Pereira aclara: \"Non é unha cuestión partidista, é unha cuestión de cidade. Nós queremos que a cidade teña futuro. A plataforma leva dous anos constituída, formada por colectivos veciñais, sociais e persoas a título individual\". \"A plataforma non vai contra ninguén; se alguén se sente atacado, ese é o seu problema e terá que enfrontar cada un a responsabilidade que ten\", engade.Neste senso, lembra que a solución depende da acción conxunta de todas as partes: \"O PP goberna na Xunta e polo tanto é responsable da estación de autobuses. PSOE e Podemos gobernan en Madrid e son responsables de Fomento e de ADIF. O BNG, que facilitou a investidura, debería contarnos se a intermodal de Ourense forma parte da axenda galega. E o Concello de Ourense de Jácome é responsable do Urbanismo\".En relación ao avance das obras de construción da nova terminal de autobuses ao redor do Centro de Saúde da Ponte, chaman á \"cordura\" da Xunta de Galicia para \"replantexar\" o proxecto: \"Está fóra de toda lóxica ubicar unha dársena de autobuses ao redor dun Centro de Saúde\".Tren Digno convocou unha nova concentración o vindeiro 28 de xaneiro ás 20 horas fronte á estación do ferrocarrilTren Digno, que celebrou unha asemblea hai uns días, prepara novas mobilizacións. Convocou unha nova concentración o vindeiro 28 de xaneiro ás 20 horas fronte á estación do ferrocarril. Dende a entidade búscase que estas accións sirvan para mobilizar á cidadanía e para que a poboación da cidade estea máis informada sobre o que se pretende facer coa Intermodal. \"Hai moi pouca información. Na concentración do día 7 moita xente se achegou dicindo que non sabía nada do tema\", sinalan, subliñando que \"a información é o primeiro paso para a indignación e a mobilización, que é a clave para cambiar isto\".E conclúen: \"fálase moito das potencialidades de Ourense, coma o termalismo. Isto é certo, pero necesitamos unhas infraestruturas axeitadas que potencien as riquezas e as fortalezas da cidade. É a hora de que Ourense se mobilice polos seus intereses\"."}
{"ID": "NOS_45532", "summary": "Aciencia ficción é o primeiro que lle vén á mente ao lectorado galego ao mencionar a Ramón Caride.", "text": "E é certo que o seu papel na aparición dun xénero comercial contemporáneo, que até daquela só tivera expresións puntuais e un pouco desnortadas na nosa lingua, é indiscutíbel desde aquel Soños eléctricos de comezos dos anos 90. Porén, aínda que o autor ten destacado neses territorios que non acabou de abandonar nunca, é tamén inxusto non recoñecer a súa versatilidade noutro tipo de expresións. Ramón Caride tamén ten sido un fecundo autor realista, cunha perspectiva histórica orixinal e innegabelmente actual e cunha mestría na administración da tensión que brilla, dunha forma moi especial, no relato curto. Historias (in)certas | Ramón Caride | Embora | 2020 | 88 páxinas | 12 euros Trátase dunha virtude esta última que non deixa de ser problemática: o relato, que en tempos pasados foi a estrela dun panorama editorial que ás veces escondía tras el a súa precariedade, pasou nos últimos anos a un evidente segundo plano. A pesar diso son varias as coleccións de relatos que ten sacado este autor na última década, que confirman a súa aposta no xénero. Historias (in)certas é unha máis delas, composta nesta ocasión por varios relatos que formaron parte de coleccións xa descatalogadas e cuxo eixo, como o título nos evidencia, xira ao redor da perspectiva realista. É un ton que de sete contos de ambientacións moi diferentes e nos que é doado atopar pequenos elementos que poñen en dúbida a vinculación do autor a un realismo clásico. Sen grandes alardes máxicos ou tecnolóxicos, si que aparece nestes relatos o peso da casualidade, a marabilla das coincidencias, a presenza do estraño, o retorno do pasado baixo novas formas ou a reviravolta argumental. Trátase dun ton que, lonxe de desentoar, concede ás narracións unha perspectiva orixinal, se cadra porque o autor sempre mantén os ollos abertos á posibilidade da marabilla no cotián, aínda que non bote man de explicacións tecnolóxicas ou fantásticas como ten feito noutras das súas obras. Relatos eminentemente urbanos, só rotos pola ambientación nunha pampa arxentina de bandoleiros e facendas do relato South Star, cuxo desenvolvemento non deixa de evocarnos unha certa influencia borxiana. Unha influencia baseada nas ironías do azar vital e que non sería exaxerado estender á concepción do resto de pezas que conforman esta colección. Un libro para reatoparnos cos relatos curtos e longos de Ramón Caride, testemuño da fertilidade dun xénero que demostra que aínda pode seguir marabillándonos."}
{"ID": "PRAZA_9770", "summary": "Cine de non ficción nunha vila periférica son os arriscados ingredientes que consolidaron o festival como un referente internacional. Este ano o Festival Internacional de Cinema Play-Doc, chega á súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril en Tui.", "text": "Cine de non ficción nunha vila periférica son os arriscados ingredientes que consolidaron o Festival Internacional de Cinema Play-Doc como un referente internacional, extremadamente rigoroso na súa programación e atraente tanto para os creadores do celuloide como para o público. Arredor de 8.000 persoas adoitan asistir cada ano a esta cita co cine documental nunha localidade que roza os 17.000 habitantes. Para Ángel Sánchez, co-director do festival, un dos grandes éxitos deste certame, que celebra do 3 ao 7 de abril a súa XV edición, foi a capacidade para xerar un público crítico co que ve e que foi crecendo ao tempo que o propio evento.Quen foi tan ousado para apostar por un festival de cine documental nunha vila fronteiriza como Tui?O proxecto é unha idea orixinal de Sara García e mais eu. Alá polo ano 2004 xa se producira unha atención mundial en torno a este tipo de cine. Foi cando Michael Moore gañou a Palma de Ouro de Cannes, a canle Arte de Francia empezaba a xurdir e a apostar por este tipo de cinema de non ficción. Digamos que había unha corrente histórica que propiciou o nacemento. Por exemplo, Documenta Madrid naceu un ano antes que nós. Aproveitando esa corrente, ocorréusenos xerar un espazo que visibilizara este tipo de cine e logo demos o salto mortal de facelo nunha vila pequena, porque eu son de Tui, cos tremendos condicionantes que iso supuña porque había que xerar público, construílo, ese era o grande reto, como se despraza a xente a Tui para ver cinema de non ficción?, o que non deixa de ser unha tarefa complicada. Pouco a pouco fomos crecendo e desde o principio o público comezou a responder. E agora temos que encher unha sala de 500 butacas, o que é realmente complicado, incluso para os grandes festivais de España.Como é ese público creado polo festival?Temos un público heteroxéneo e moi numeroso que creceu ao tempo que o festival. Xeramos espectadores críticos e á fin e ao cabo ese é o gran obxectivo da cultura e de toda manifestación artística, xerar espectadores que teñan unha visión crítica do que ven e que se deixen sorprender. Temos moito militante de Play-Doc, xente que dalgunha maneira se enganchou ao festival, correu a voz e se foi contaxiando e cada ano recibimos en torno a 7.000 ou 8.000 espectadores.Son xa 15 anos de Play-DocSi, dise pronto...A nosa estrutura non variou moito. Somos un proxecto independente, pequeno, feito desde unha cidade da periferia pero moi ambiciosos no ámbito da nosa programación e no xeito de facer as cousas. O tempo pasa e os fitos están aí. Coas enerxías ao límite agora na previa ao festival pero con moitas ganas de seguir crecendo e seguir compartindo unha proposta cultural que aposta por cousas que non atopas nas ventás habituais.Agora, e pese a todas as dificultades, podemos dicir que o festival está plenamente consolidadoSi, para o público, os medios, o sector, é unha referencia. Pero nos gustaría poder consolidar esta estrutura fráxil que temos para sumar máis profesionais ao equipo de traballo do festival. Isto supón un pouco máis de orzamento. Pero ese era o risco que nós asumiamos desde o principio. O feito de facelo nunha localidade pequena supón que o concello conta cuns orzamentos pequenos, para chegar aos anunciantes privados hai que pelexarse máis por chamar a atención desde onde estamos... pero pasamos do discurso da queixa ao discurso da pelexa e de demostrar que facendo ben as cousas se poden trascender todas esas dificultades.\"Pasamos do discurso da queixa ao discurso da pelexa e de demostrar que facendo ben as cousas se poden trascender todas esas dificultades\"Cales foron os fitos principais que destacaría nestes anos?En canto ao cinema galego foi un festival que coicidiu cunha nova xeración de cineastas que o entenderon como un punto de encontro e de intercambio. Así como o festival ía crecendo tamén comezou a ter máis repercusión o novo cinema galego. Entón creouse unha irmandade entre un grupo que vai sumando cada ano novos autores e iso foi moi importante. Logo, en canto a figuras internacionais, para min, ademais de Bruce Weber que vén este ano, habería que destacar o grande realizador norteamericano Albert Maysles e o armenio Artavazd Artavazd Pelesjan. Probablemente estas dúas figuras representan o momento de consolidación do festival, que foi hai cinco ou seis anos. Que estas grandes figuras elixan o noso festival supón que estamos a facer ben as cousas.Sempre houbo un sitio para o cinema galegoA idea do festival era, nun formato reducido de cinco días, tratar de marcar tres liñas de traballo. Unha é rescatar a grandes figuras do cinema internacional, por un lado, con algunha retrospectiva; por outro lado, tomar o pulso ao cine de non ficción internacional no momento con esa sección competitiva que está chea de estreas de pelis que teñen pasado polos festivais máis importantes de Europa e do mundo e que están aquí; e outra líña fundamental é poñer en valor, compartir, e que dialoguen con estas grandes producións os autores e cineastas galegos. Ao longo destes anos houbo moitísima calidade na programación do cinema galego e cada ano tomamos o pulso a cineastas que ao mellor xa pasaron polo festival así como a outros que son novos realizadores, primeiras obras... dalgún xeito queremos ser un expoñente de difusión para compartir o enorme talento que temos aquí.Como se convence a un personaxe tan afamado como Bruce Weber para que veña a Tui?Hai dous motivos principais. Un é que o festival xa ten a súa traxectoria, durante este tempo xa pasaron cineastas importantes e pouco a pouco comezou a labrarse unha reputación no ámbito do cinema internacional. O feito de que viñeran figuras do eido cinematográfico americano como Albert Maysles, por exemplo, ou Peter Emanuel Goldman o ano pasado axudou a convencelo. E outro, que somos un festival atípico, fóra da norma, nunha cidade pequena e á xente que está acostumada a grandes festivais lle parece unha ocasión diferente. A estrea da súa última peli no Play-Doc pois vén un pouco polo prestixio e a traxectoria que o festival foi acadando durante todos estes anos. \"Somos un festival atípico, fóra da norma, nunha cidade pequena\"Que non nos podemos perder este ano en Play-Doc?Máis aló do impacto que xera Bruce Weber pola súa figura e polas grandes películas que fixo, para min unha figura que paga a pena coñecer é Kidlat Tahimik, cineasta filipino que ao longo da súa carreira se converteu en todo un referente do cine asiático. Ten unha mirada case naíf do cinema, con películas de baixo orzamento pero cunha carga moi poética. Un tipo moi poliédrico, arquitecto, escultor, economista, vive nunha casa museo increíble e ademais fai unhas películas como saídas dos soños dun neno. Paréceme que a súa visita ao festival é moi importante aínda que mediaticamente non sexa un home moi coñecido."}
{"ID": "PRAZA_12876", "summary": "Camilo Nogueira coida que, con \"certo sentido común\", PSdeG e BNG poderían \"gobernar de novo\" e \"con máis e entendemento que no bipartito\".", "text": "Camilo Nogueira observa con esperanza e certa preocupación o panorama político galego máis inmediato. Seguro de que, con \"sentido común\" PSdeG e BNG poderían volver gobernar e mesmo facelo con \"maior entendemento\" que no anterior bipartito, ve \"incomprensible\" a \"explosión\" producida tras unha Asemblea Nacional do BNG que para el \"foi un éxito total, porque as forzas políticas alternativas lograron case o mesmo resultado que a UPG e os seus aliados\". Dende o punto de vista do histórico nacionalista estas marchas foron \"inoportunas\" porque os esforzos terían que estar centrados en \"gañarlle ao PP\" dende dentro do propio BNG. \"Eu axudei a que houbese no BNG unha alternativa á forza política dominante\" pero \"vou traballar para que o BNG acade o mellor resultado posible\", afirma. O ex deputado reflexiona tamén, na conversa con Praza, no papel de Galicia en Europa. \"Un país coma o noso, co 90% da renda media da Unión Europea, non necesita a Madrid para nada\", afirma. Para o nacionalista \"temos que facer propios retos económicos apoiando as actividades produtivas, tendo unha visión de transformación da sociedade\". Todo isto, na súa opinión, debe estar baseado en algo fundamental: \"a autoestima\"."}
{"ID": "NOS_57429", "summary": "\"O BNG non parte de ningún apriorismo\" e o \"escenario está moi aberto en moitos concellos e deputacións\". Nestes termos expresouse esta sexta feira Rubén Cela, integrante da Executiva Nacional en conferencia de imprensa. Como era de agardar, o BNG desbota acordos coa \"dereita española\", mais ao tempo descarta un \"acordo nacional\" que vincule todos os concellos. As alianzas —que basicamente serán co PSdeG— vanse estudar \"caso por caso\".", "text": "\"Non damos nada por feito e ningunha decisión está claramente precondicionada\", afirmou Rubén Cela na súa comparencia perante os medios. O dirixente do BNG trasladou á prensa unha avaliación positiva dos resultados do 26M —\"somos unha forza á alza\"— e destacou que a formación nacionalista vai ter 24 alcaldías —sumando maiorías absolutas e relativas—, colleita que se incrementará unha vez que se selen pactos naqueles concellos nos que o Bloque sexa a forza máis votada entre aquelas que se sitúan como alternativas á dereita. A Executiva Nacional do BNG avaliou os resultados do 26M a pasada cuarta feira nunha reunión en que tracexou xa as liñas mestras que guiarán os seus pasos até o 15 de xuño, data en que se constitúen as novas corporacións municipais. Os movimentos a dar no taboleiro serán avaliados polas asembleas locais e ao debate vaille pór o ramo o Consello Nacional na súa convocatoria prevista para o sábado 8 de xuño. En todo caso, Rubén Cela xa avanzou un criterio básico: a política de alianzas será diversa, non única para todo o país. Haberá unha \"avaliación caso por caso\" e, por tanto, non haberá \"unha decisión nacional que vincule o conxunto dos concellos do país\". \"A opinión da militancia en cada unha das localidades será fundamental\", acotou o dirixente nacionalista. Cela precisou que calquera alianza terá de ser froito dun \"acordo programático\" e da asunción \"das políticas transformadoras do BNG\". O Bloque \"non entrará en ningún goberno a gobernar por gobernar\", isto é, a formación nacionalista só asumirá responsabilidades executivas se se deren as \"condicións\" que permitan materializar \"as políticas ás que nos comprometemos coas veciñas e veciños\"."}
{"ID": "QUEPASA_676", "summary": "Unha ara astronómica en Berdoias?", "text": "Berdoias é unha vila situada no concello de Vimianzo onde foron catalogados uns petroglifos polos veciños que Patrimonio de Galicia parece considerar a ben borrar do mapa para facer tragar con maior comodidade o parque eólico de Berdoias, non sendo nada recomendable a destrución continuada da paisaxe dun Pobo promovida polos seus poboadores. O megalitismo en Galiza, e particularmente na Costa da Morte, leva anos gozando dun abandono e desinterese da administración pública impulsado empresarialmente; non ten lóxica. Anteriormente acheguei a Patrimonio, Xunta, empresarios e Concellos, unha labor para por en valor o noso legado e non conseguín despertar o interese dos representantes públicos. Estiven na zona catalogada dos petroglifos de Berdoias un par de veces ata agora, no ano 2016, cando saquei as fotografías que aporto, todas pertencentes a ese punto en particular. Agardei a poder desprazarme ao lugar para analizar sobre o terreo recordos e hipóteses, como o da segunda área circular en dirección ao solsticio de verán, froito da análise tridimensional das fotografías aéreas do ano 1956, mais os perímetros municipais mantéñense pechados e o tempo apremia contra o proxecto do parque eólico de Berdoias, así pois editei o video que publicamente comparto co que espero se deteña o avance dos monstros asposos e co quizais comece a abrirme, de novo, a falar do Caminho, elixindo mellor a súa recepción. Nestes catro anos non voltei a esa zona de Berdoias, estaba moi entretido percorrendo o Caminho, sirva isto como referencia de todo o que queda por diante para quen alimente o interese. En Berdoias vin o que identifiquei como un Ara Astronómica, un altar de pedra que se utilizaría para o estudio da enerxía en movemento da cúpula celeste, é dicir, para a observación do movemento do Sol, da Lúa, dos astros e planetas, estudiando isto do mesmo modo que un reloxeiro estudia o movemento das diferentes pezas dun reloxo, neste caso a máquina a estudiar é a Vida. A unión do conxunto relacionanos directamente o ceo coa terra, o corpo coa alma, nun interese dos antigos no estudio e grafismo litolóxico de certos acontecementos astronómicos, que consideraban claves para a comprensión da realidade, partindo dos sucesos máis relevantes a nivel social e persoal para acceder ao coñecemento da maquinaria en xeral, da Vida no seu conxunto. Este legado en pedra posiblemente formara parte dun complexo no que a madeira, que supoño debería estar presente, desapareceu co tempo, unha erosión do coñecemento como fermosa metáfora da lóxica das forzas da materia pechando o seu ciclo na sedimentación que volta a amosar o material erosionado nunha nova forma de igual esencia. Rituais máxicos, druídicos ou como gustedes etiquetalos, dá o mesmo. Falo do Pobo Danú como últimas herdeiras dos coñecementos dos antigos, pero máis aló desas hipóteses abertas ao estudio e a narrativa pouco ou nada se pode coñecer realmente das súas intencións se un non se senta mirando dende onde elas describiron mirar e ollando a onde elas sinalaron ollar. Así se en Berdoias está a Casota de Freans orientada a ... a saída do sol no nádir enerxético solar co solsticio de inverno ou a elevación máis ao sur do ciclo luar? A revelación está na atención, partindo das lóxicas máis elementais, non é algo diseñado para catedráticas, está diseñado para o Ser Humano. Iniciada é aquela que comeza a búsqueda, que inicia a andar avanzando cos seus pasos, e non a cabalo de ninguén, na búsqueda interior do Caminho da Luz, vinculada a claridade, ao espíritu estelar da realidade do Ser. Asimilar a lóxica doutro crea dependencia de teorías antropocentristas, golosinas do Ego coas que alonxarte do teu despertar, poden axudar, pero tamén poden confundir nos primeiros pasos da busca do Caminho, creo mellor dispor dunha brúxula que non se volte tola levándote nada máis sair en dirección oposta. Ningún lugar máis seguro e verdadeiro que dentro dun, no teu corazón, para quen o Amor á Nai Terra é esencial. Dilles NON aos eólicos, e sae a andar con ela ao teu carón. Xabier García Lema. Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar. Outros artigos de Xabier García Lema. A Loba Brava. Prestige Eolico. GhostLego. SoliLaridade Gandeira: O remoLque. soliLaridade Gandeira: O tractor."}
{"ID": "NOS_10776", "summary": "Vera Jourová, comisaria europea de Xustiza, afirma en resposta á pregunta de BNG e EH Bildu en Bruxelas, que son os estados aos que lles compete garantir o respecto aos dereitos humanos e garantías legais.", "text": "A Comisión Europea, integrada por un colexio de comisarios -un de cada país membro- e presidida por Jean -Claude Juncker, lava as mans a respecto das detencións de 9 independentistas galegos na 'Operación Jaro' e a suspensión de actividades de Causa Galiza pola Audiencia Nacional. A checa Vera Jourová, comisaria europea de Xustiza, afirma que a Comisión \"non está ao corrente\" destes feitos. Responde así á pregunta formulada a finais de setembro por 'Os Pobos deiden', a coligazón europea da que fan parte BNG e EH Bildu, e na que se falaba de \"\"vulneración de dereitos\" no proceso contra os 9 independentistas galegos e posterior suspensión de CG. Jourová mantén que \"compete unicamente\" aos estados membros garantir a observancia das súas obrigas e compromisos en materia de dereitos fundamentais derivados de acordos internacionais e o seu propio dereito. Desde 'Os pobos deciden' expoñían que a ilegalización ou suspensión de organizacións políticas constituía unha vulneración da Carta dos dereitos fundamentais de Europa. Non o ve deste xeito a Comisión Europea, que indica que eses dereitos \"están dirixidos aos estados membros unicamente cando apliquen o dereito da Unión\". A pregunta en Bruxelas enmárcase na campaña de denuncia perante as institucións impulsada polas persoas encausadas na Operación Jaro. No marco da mesma, o operativo ordenado pola Audiencia Nacional e a suspensión de actividades da organización independentista tamén vai ser albo de debate no Parlamento de Galiza."}
{"ID": "NOS_34113", "summary": "Pola \"persistencia das agresións\" de Marrocos á poboación saharauí e a favor dun referendo de autodeterminación.", "text": "A delegación do Sáhara para a Galiza e mais a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí asinan un comunicado no que chaman a poboación a concentrarse nesta quinta fera nas sete urbes do país para amosar o seu apoio á poboación deste territorio. Tamén reclaman un referendo de autodeterminación como \"solución definitiva\". \"Vémonos na obriga de seguir mobilizando e facer un chamamento á solidariedade co pobo saharauí e co seu lexítimo representante, o Fronte Polisario\", afirman no chamamento. Así, piden o apoio da cidadanía \"diante da persistencia das agresións do Reino de Marrocos contra a soberanía do Sáhara Occidental, a súa intervención ilegal en Guerguerat e, en consecuencia, a ruptura do alto ao fogo asinado entre as dúas partes en 1991\". Os convocantes censurasn \"a pasividade para resolver o conflito por parte da Organización das Nacións Unidades e o silencio habitual do Goberno de España\". As concentracións terán lugar ás 19.20 horas en Vigo, diante do Museo do Marco; ante as sedes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo; en Compostela, na praza de Praterías e en Ferrol, ante a sede da Xunta da Galiza na cidade."}
{"ID": "NOS_580", "summary": "Case un cento de pacientes con coronavirus están en UCI.", "text": "A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos de coronavirus en Galiza ascende a 2211, deles 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 388 da de Santiago, e 60 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1557 no domicilio. Polo de agora, en Galiza rexistráronse 67 altas de pacientes e 47 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a un home de 50 anos na Coruña, a Dositeo Rodríguez, de 84 anos e ex conselleiro con Manuel Fraga; un home de 74 anos en Ferrol e un varón de 90 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tiña patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 10.520. Na xornada de onte, quinta feira, houbo 10 falecementos por coronavirus, sendo o día con máis vítimas mortais en Galiza por este virus. No Estado español o número de persoas mortas é de 4.858 e as contaxadas abeiran as 64.000."}
{"ID": "PRAZA_5933", "summary": "O Consello Consultivo apoia a nulidade de pleno dereito da prórroga contratual coa compañía, actualmente ditaminada Viaqua, cando o PP gobernaba o municipio. O goberno local busca vías para recuperar o control público do subministro de augas.", "text": "Na primavera de 2007, pouco antes das eleccións municipais, o daquela alcalde do Concello de Teo, Armando Blanco (PP), impulsaba xunto aos seus socios dun partido independente a prórroga da concesión do servizo municipal de augas coa empresa Aquagest, actualmente denominada Viaqua. O contrato pasaba de expirar en 2009 a facelo en 2029 a cambio, segundo o histriónico rexdor, de 1,7 millóns \"para obras\" e de \"cancelar os recibos que faltan por pagar\". En agosto dese ano, xa con Martiño Noriega como alcalde, o goberno local tentou sen éxito revisar o contrato -PP e InTeo votaron en contra e o PSOE abstívose- ao considerar que podía ser nulo de pleno dereito, nulidade que agora vén de avalar o Consello Consultivo. Tras seis anos asumindo, en verbas de Noriega, \"todas as obrigas e os poucos beneficios establecidos\" naquela prórroga, en maio de 2013, xa coa lupa informativa sobre si polas presuntas implicacións no caso Pokémon, a empresa propuxo unha nova modificación do contrato. Desta volta Viaqua reclamaba, entre outros aspectos, unha suba de tarifas. Os servizos xurídicos do consistorio teense consideraron que a nova modificación \"non se podía realizar\" pero, ademais, un dos informes incluídos no expediente considerou \"conveniente aludir á posible relevancia penal derivada da adopción do acordo plenario discutido\". \"A asesoría xurídica -explican dende o Concello- considera que as circunstancias observadas nesta ampliación poden levar a concluír que naquela decisión concorreron indicios de delito\". O Consultivo avala a nulidade da prórroga, que segundo a asesoría xurídica puido incorrer nun delito Convencido de que a \"modificación do contrato é nula porque non cumpría as condicións legais para facerse a través dunha modificación ou ampliación por variar substancialmente as condicións do contrato orixinal\" o pasado marzo o Concello iniciou un dobre movemento: a remisión do expedente á Fiscalía e, ao tempo, o seu envío ao Consello Consultivo para procurar un aval á anulación do contrato. O Consultivo vén de se pronunciar \"favorablemente a esta petición e na súa exposición de motivos avala a posición defendida polo Concello\", segundo a cal \"o procedemento tería que ter sido unha nova licitación do servizo que respectase os principios de libre concorrencia e igualdade de oportunidades\". Noriega: \"Queremos recuperar a xestión da auga\" Neste escenario, o goberno local disponse a \"pechar este proceso\" coa convocatoria dun pleno extraordinario para este xoves \"no que se acorde a resolución do contrato\" ao abeiro do ditame do Consultivo. O gabinete de Noriega agarda desta volta o apoio de BNG e PSdeG, que xa \"apoiaron o inicio do expediente de revisión en decembro de 2013\" e disponse a \"traballar no deseño da xestión da auga para os próximos anos\". \"Ante este novo escenario -sinala o alcalde- queremos recuperar a xestión da auga\", polo que \"traballaremos para poder municipalizar este servizo, dentro das posibilidades que nos dea o marco normativo actual\". Viaqua, pola súa banda, debe \"seguir prestando o servizo\" con \"normalidade\" ao ser \"un servizo esencial\"."}
{"ID": "NOS_50833", "summary": "Os movementos para reestruturar as entidades financeiras non só afectan a sucursais de BBVA, Banco Santander ou Caixabank. O banco galego tamén anunciou baixas na súa rede como é o caso de oficinas en Ferrol e na Coruña.", "text": "Ás mobilizacións e protestas contra os ERE e recortes nas redes de oficinas de distintas entidades bancarias, súmanse agora as veciñas e veciños dos barrios de Catabois (Ferrol) e Monelos (A Coruña) após saber do inminente feche das sucursais que Abanca ten alí. A clientela, que estivo apoiada pola sección sindical da CIG na entidade, quixo protestar diante das oficinas para rexeitar que estas desaparezan, mais tamén o recorte de servizos á clientela, aínda máis notábel desde este mes de xuño, cando polo menos nunha parte dos estabelecementos quedou reducido o horario de caixa. As usuarias lamentaron esta cuarta feira que o banco galego lles incremente \"as comisións ao tempo que son expulsadas das súas oficinas e se lles restrinxe o acceso aos servizos financeiros\". Precisamente, desde o sindicato critican tanto os fechamentos de negocios, obrigando a maiores desprazamentos ás clientas, como do horario de xestión, que muda para traballar na dixitalización \"posta en marcha conxuntamente polos bancos, atentando contra a competencia, sen que houbese actuación por parte da Xunta da Galiza ou do Ministerio de Economía\". Esta mudanza cara a \"dixitalización forzada, ademais, é o que están a utilizar as entidades para xustificar novos peches de oficinas (que afectan especialmente ás zonas rurais, semiurbanas e a aqueles barrios periféricos que consideran menos rendíbeis)\". Dende a CIG tamén sosteñen que con esta política afondan \"na destrución de postos de traballo e na precarización das condicións laborais do sector\", pois os cambios estanse a ver en Abanca, BBVA, Banco Santander, Caixabank... Aliás, defenden que como herdeira das Caixas de Aforros Galegas, Abanca debería ter en conta a realidade poboacional do país, con moitos núcleos rurais e unha poboación avellentada, \"antes de replicar as políticas bancarias deseñadas polos grandes grupos bancarios dende Madrid, unhas políticas impostas que buscan incrementar os beneficios a costa da destrución do emprego e da marxinación financeira\"."}
{"ID": "NOS_48532", "summary": "A oposición intensifica a ofensiva contra a política sanitaria da Xunta. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este sábado o cesamento do conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, e apuntou cara ao presidente Feixoo como \"máximo responsábel da crise da sanidade\".", "text": "Caballero falou após a Executiva Nacional dos socialistas galegos. \"De non existir unha rectificación profunda da política sanitaria, o presidente da Xunta ten que tomar todas as medidas sanitarias, incluíndo o cambio de conselleiro, porque Galiza precisa unha mudanza de política sanitaria\", afirmou. Vázquez Almuiña é o terceiro conselleiro do ramo dos gobernos de Feixoo. Nos últimos meses, os conflitos laborais e asistenciais na sanidade pública multiplícanse. \"Cómpre dotar a sanidade de maior orzamento\", sinalou Caballero, antes de solicitar unha investigación oficial a respecto dos dous pacientes mortos nas Urxencias do Hospital de Compostela e cuxa morte investiga a Fiscalía. \"A consellaría ten que esclarecer o que os profesionais declararon e puxeron a disposición da Fiscalía. Feixoo ten un problema, pero o problema témolo todas as galegas e galegos\", engadiu o líder do PSdeG."}
{"ID": "PRAZA_14107", "summary": "Ánxel Vila faleceu o pasado mes de decembro. O Concello de Ribeira acollerá o sábado 15 de setembro uns actos que incluirán unha mesa redonda sobre a historia dos vertidos nucleares na foxa atlántica coa participación de Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Amada Traba, Pili Pereiro ou Manuel Anxo Méndez.", "text": "O 15 de setembro de 1981 un grupo de militantes de Esquerda Galega (Paco García, Gonzalo Vázquez Pozo, Manuel Rivas, Manolo Méndez...) e xornalistas (Isabel Naya, Xosé Castro, Xurxo Lobato...) e ecoloxistas (Roxelio Pérez Moreira, Enrique Álvarez) viaxou nun pequeno pesqueiro en dirección á Fosa Atlántica, unha amplisima extensión de auga a 250 millas ao oeste de Fisterra na que barcos holandeses e alemáns levaban anos deixando os residuos das súas centrais nucleares. O pesqueiro tiña un nome tan inocente e tan sonoro como Xurelo (o que afianzaba a sensación de loita de David contra Goliat) e era guiado polo patrón de Ribeira Ánxel Vila. O barco non tiña permiso para saír do porto e ademais viaxou case a cegas, pola ausencía a últíma hora do barco de Greenpeace, que ía liderar a operación, buscando os buques que deitaban os residuos. Finalmente tivo éxito: atopou os barcos, fixolles fronte e conseguiu que a opinión pública galega e internacional tomase conciencia do que estaba sucedendo. Foi a primeira batalla dunha guerra que aínda durou un par de anos, até que finalmente as autoridades europeas decidiron a prohibición dos vertidos. Antes foi preciso que o Xurelo saíse nunha nova expedición o ano seguinte e que tamén o fixesen outros barcos. Os militantes ecoloxistas e de Esquerda Galega tamén viaxaron a Bélxica e Holanda, onde participaron en manifestacións e encadeáronse ás vías do tren para evítar que os vertidos fosen embarcados. Foi unha guerra gañada e foi sobre todo un dos actos orixinarios do movemento ecoloxista en Galicia. Se a loita contra os vertidos se pode personalizar nalgunha persoa é en Ánxel Vila, o patrón do Xurelo, que faleceu o pasado mes de decembro. Dende logo non era doado que un pequeno partido como Esquerda Galega, sen máis apoios que os dalgún grupo ecoloxista, como Natureza ou a SGHN, atopase un barco e un patrón dispostos a arriscarse así. Sobre todo despois de que as autoridades lle denegasen o permiso para navegar até a Fosa Atlántica. O 15 de setembro Ribeira acollerá unha serie de actos de homenaxe a Vila. A homenaxe comezará coa celebración dun xantar, para o que é preciso confirma asistencia. Ás sete da tarde colocarase unha placa relativa á persoa de Ánxel Vila na lonxa de Ribeira. Os actos pecharanse ás oito da tarde cunha mesa redonda sobre a historia dos vertidos nucleares na Fosa Atlántica, na que participarán Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Ánxeles Maira (participante na segunda viaxe do Xurelo e xornalista), Sebastián Losada (Greenpeace), Amada Traba (participante na expedición a Bélxica e Holanda) e Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira, nun acto presentado por Pili Pereiro e Manuel Anxo Méndez, que estiveron nas dúas primeiras viaxes do Xurelo. As palabras do Xurelo O Xurelo, despois de navegar durante dous dias a cegas en mar aberto, percorrendo as cartas náuticas en zigue-zague, atopou os barcos holandeses, que protexidos por buques militares, guindaban centos de bidóns con sustancias radiactivas. Os integrantes do Xurelo dirixironse aos holandeses cun altofalantes e léronlles un texto no que lles esixían a paralización dos verquidos e o nomeamento dunha comisión internacional para realizar un estudo sobre as condicións en que se atopan os bidóns xa tirados e que investigasen as consecuencias que podía ter a curto, medio e longo prazo. As peticións estiveron precedidas por outro texto, que dicía o seguinte: Camiñamos cara o lugar da agresión a protestar, a por de manifesto o noso máis rotundo non á contaminación e á morte. Queremos alertar a todos, avisar a berros que están a emporcar o noso mar e a matar o futuro, Queremos facer medrar a protesta até que lles seña imposible seguir xogando coa vida Queremos compartir a defensa da saúde e da vida de toda a humanidade Queremos que, cada vez máis, Galicia se faga ouvir na súa rexeita de todas agresión e na súa aposta polo benestar e a paz Pola saúde e a vida do pobo galego Pola saúde e a vida de todos os pobos, sedentos de paz."}
{"ID": "NOS_1712", "summary": "O deputado do BNG no Congreso empraza o Goberno estatal no debate no Congreso a \"escoitar o pobo galego\" en vez de Ciudadanos.", "text": "Néstor Rego expuxo esta cuarta feira desde a tribuna do Congreso as propostas que o BNG leva defendendo estes días na negociación sobre a prórroga do estado de alarma: reverter a centralización, mobilidade interprovincial na Galiza coa Fase 2 e que criterios como a dispersión ou o envellecemento teñan peso no reparto dos fondos de axuda ás autonomías. Rego xa expresara onte que o BNG \"facilitaría\" a prórroga, se ben que isto fose a través dunha abstención ou dun voto afirmativo dependería da resposta do Executivo español a esas demandas. Finalmente, a escolla foi a da abstención porque, aínda cando considera que os cambios que introduciu o Goberno nas condicións do estado de alarma \"van na boa dirección\", segue pensando que \"outro estado de alarma é posible\" e que os criterios de repartición das axudas \"non son xustos\". Ademais, outra das razóns é que non se inclúa a demanda de mobilidade entre as provincias galegas. O eputado nacionalista lamentou que Pedro Sánchez \"non asumise compromisos claros coas propostas do BNG, nin nos criterios de reparto do fondo de axuda, nin na mobilidade interprovincial e que o goberno de PSOE-Podemos preferise pactar coa dereita ultraespañolista de Ciudadanos e non con forzas políticas de esquerda e soberanistas que colaboraron na súa investidura\". Un Goberno estatal ao que emprazou a \"escoitar o pobo galego\" en vez da \"extrema dereita españolista\". Na súa intervención debullou as tres demandas claves das nacionalistas. \"Outro estado de alarma é posíbel, sen centralización, sen militarización, sen criterios máis políticos que sanitarios\". Así, demandou o retorno de competencias aos territorios e defendeu a libre mobilidade interprovincial para Galiza na Fase 2: \"Non hai ningún risco de contaxios, é algo que se pode facer, non é un capricho\", dixo. Incidiu en que a escolla da provincia como unidade básica do desconfinamento supuxo \"non ter en conta a realidade galega\". Rego solicitou, ademais, que nos criterios para o reparto dos fondos de axuda ás autonomías, o Goberno español dea peso a criterios como a dispersión ou avellentamento, importantes en casos como o de Galiza. Na súa resposta, Pedro Sánchez agradeceulle a abstención e desbotou autorizar a libre mobilidade dentro de Galiza apelendo a \"criterios científcos\"."}
{"ID": "PRAZA_13749", "summary": "Jorquera formaliza a petición dun referendo sobre as medidas do Goberno central por non estar contempladas no programa electoral do PP", "text": "Prevíase un outono quente pero semella que o verán tamén o será. O paquete de medidas aprobado polo Goberno para recortar máis de 58.000 millóns de euros -dos 65.000 anunciados faltan 8.000, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Economía á prensa internacional- xa propiciou a convocatoria de diversas protestas, que terán un dos seus puntos álxidos o vindeiro xoves 19 e que en Galicia estarán ademais avaladas pola unidade dos tres grandes sindicatos. Neste contexto as forzas da oposición parlamentaria chaman tamén á cidadanía a expresar o seu rexeitamento nas rúas mentres continúan as súas respectivas iniciativas políticas, aguilloados ademais pola proximidade das eleccións autonómicas e, máis conxunturalmente, pola ausencia do presidente da Xunta, que continúa de viaxe en Sudamérica. É neste contexto no que o candidato do BNG á presidencia da Xunta e voceiro da formación no Congreso, Francisco Jorquera, formalizou a que vén sendo unha das reivindicacións centrais do Bloque nas últimas semanas: a convocatoria dun referendo sobre os plans gobernamentais de recorte. Rexistrada na mañá deste luns, o nacionalista sustenta a súa reclamación en que \"o PP e o Goberno español carecen de lexitimidade\" e \"de aval democrático para levar a cabo este programa de recortes drásticos\" xa que \"son medidas que non estaban contempladas no programa co que concorreu ás eleccións\" e mesmo nalgúns casos \"contradín abertamente os compromisos adquiridos\" polos conservadores, como acontece por exemplo coa suba do IVE, que mesmo é \"moito máis dura\" do anunciada inicialmente por Mariano Rajoy. \"O IVe pasa a equipararse co dos países da UE cos salarios máis altos e con menos paro\", di. O BNG formalizou a petición de referendo sobre os recortes por ser medidas \"que non estaban contempladas no programa do PP\" A esixencia dun referendo únea Jorquera a unha apelación \"a que a cidadanía se mobilice para poñerlle freo a estas políticas totalmente inxustas e impopulares\" que \"van agravar a crise\" e supoñen un \"ataque\". Así, o Bloque anima a secundar non só as manifestación sindical do día 19, senón tamén a marcha que, como é tradicional, convoca a formación frontista para o 25 de xullo e que este ano, di o candidato nacionalista, pode ser \"o exemplo dunha sociedade\" que se rebela contra os recortes. Tamén dende o PSdeG o seu secretario xeral, Pachi Vázquez, animaba este luns dende Madrid, onde participou na Executiva Federal do PSOE, a amosar o rexeitamento aos recortes. \"En Galicia, en vésperas dunhas eleccións, eu espero que a cidadanía axude a dicirlle a Rajoy e a Feijóo que o camiño que temos que buscar\" non é \"o de masacrar as clases medias sen tocar os grandes patrimonios\" ou sen imporlle novos tributos á banca. Os conservadores, censura, \"escolleron, aparte de mentir\" o vieiro de \"romper a cadea polo elo máis feble\". Alternativas e a resposta do PP Pachi Vázquez: \"Galicia está sen presidente mentres hai mobilizacións nas rúas, no naval, no sector financeiro, no sanitario e no educativo\" Neste contexto Vázquez e Jorquera cargan especialmente as tintas contra a viaxe de Feijóo, da cal a única información dispoñible é a facilitada pola propia Xunta. \"Galicia está sen presidente, escapou para América\" mentres no país \"hai mobilizacións nas rúas, no naval, no sector financeiro, no sanitario, no educativo\" e cando habería, na súa opinión, que \"tomar decisións consensuadas que afronten o déficit\" recortando \"gastos, non democracia\". Tamén o BNG censura non só a \"fuxida\" do presidente, senón tamén a súa postura ante as medidas do Estado. \"El argumentaba que despois\" de ter aplicado os seus propios recortes, as \"medidas máis duras non terían que aplicarse en Galiza\", pero \"agora admite que todos os axustes van ter impacto\" e acontece, dende o seu punto de vista, porque \"antepón os ditados de Génova á defensa dos intereses de Galiza\". Mentres, dende o PP o seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, apoiábase na xa habitual apelación á herdanza recibida para explicar que o programa co que Rajoy accedeu a La Moncloa \"foi feito cunha infromación facilitada polo anterior goberno\", con \"cifras de déficit que non se correspondían nin de lonxe co que atopou\". \"É certo que algunhas das medidas contradín o que dixo o PP a curto prazo\" pero ese programa, xustifica, \"incluí atamén un compromiso tanto de pertenza ao euro como de solución dos problemas que se están tentanto atallar\", caso por exemplo \"do sistema financeiro\". Todo, asegura, está encamiñado a \"saír do círculo vicioso\" para \"xerar emprego e crecemento\"."}
{"ID": "NOS_46593", "summary": "Son as persoas que votaron e aquelas que, estando nos locais electorais, non puideron exercer o se dereito ao llo impedir a policía.", "text": "Tres millóns de persoas. Esa é unha primeira estimación da Generalitat da xente que se mobilizou este 1 de outubro. Un número que abranguería non só as persoas que votaron senón tamén aquelas que estando nos colexios electorais, non puideron exercer o seu dereito por impedimentos da policía. Jordi Turull, conseller de Presidencia, daba por feito esta tarde que a pesar da violencia policial, a participación no referendo deste domingo vaise contar \"por millóns\". Na comparecencia informativa Turull aseguraba tamén que o Estado terá que se explicar nos \"tribunais internacionais\" polo sucedido neste 1-O. Informou que a policía logrou fechar 319 colexios electorais e que a cifra de persoas feridas é de 465. \"Empregáronse gases lacrimóxenos. É unha salvaxada, un escándalo internacional. A actuación do Estado é de vergoña\". O portavoz do executivo anunciou que o reconto será \"longo\", polo que pediu \"compresión e paciencia\", engadindo que \"todo nos fai intuír que poderán contarse por millóns\"."}
{"ID": "NOS_53405", "summary": "A privatización dos servizos ferroviarios e o anuncio de peche de liñas non rendíbeis anunciado polo goberno de Rajoy pon en perigo a conexión por tren entre A Coruña e Ferrol. O BNG xa mostrou o seu rexeitamento.", "text": "A publicación no BOE do real decreto no que se anuncian novas medidas de recortes e privatización en materia ferroviaria pon en alerta ao BNG sobre as consecuencias que pode ter na Galiza. O propio texto inclúe a previsión de que Fomento leve antes de fin de ano ao Consello de Ministro un estudo de viabilidade das diferentes liñas para avaliar a súa continuidade. Para o BNG da Coruña, alén do encarecemento e a perda de calidade do servizo suporía a eliminación do itinerario da Coruña a Ferrol e pon en risco a que comunica a cidade con Monforte. Segundo denuncia a formación nacionalista \"estes recortes perxudicarán, sobre todo, a traballadores e traballadoras e ao estudantado, os colectivos que máis empregan este medio de transporte\"."}
{"ID": "PRAZA_5595", "summary": "O referente do PPdeG nas eleccións europeas opúxose en 2012 aos puntos do informe anual sobre a política da UE para os dereitos humanos que se referían a aspectos como saúde reprodutiva, liberdade de elección no ámbito sexual ou rexeitamento á mutilación xenital feminina.", "text": "A finais de 2012 o Parlamento Europeo debatía na súa sede de Estrasburgo o Informe anual sobre os dereitos humanos e a democracia no mundo e a política da UE ao respecto relativo ao ano 2011. O documento, de 80 páxinas de extensión e elaborado polo eurodeputado demócrata-liberal lituano Leonidas Donskis, realizaba un repaso polas accións comunitarias neste ámbito, partindo da necesidade de \"manter e respectar o papel da UE como primeira defensora dos dereitos humanos, cooperando estreitamente na aplicación no mundo dunha política coherente, ambiciosa e eficaz\". Este informe saíu adiante sen votos en contra, se ben algúns eurodeputados, entre eles o galego Francisco Millán Mon, referente do PPdeG nas eleccións europeas do 25 de maio, quixeron facer constar o seu desacordo cos puntos referentes aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Xunto ao madrileño José Ignacio Salafranca, Millán Mon utilizou a figura parlamentaria da \"explicación do voto\" para, \"no nome da delegación española do Partido Popular Europeo\", deixar claro que \"se ben apoiamos\" o informe \"na votación final, non estamos de acordo coas mencións da saúde e dos dereitos sexuais e reprodutivos\". A razón esgrimida para esta oposición foi que o relatorio utilizaba \"termos ambiguos\" que \"se adoitan utilizar para referirse a cuestións sensibles que pertencen á conciencia individual\" e sobre as que, \"ademais, as institucións da UE carecen de competencia\". \"Por todo isto pedimos votación por separado e votamos contra destes apartados\", aclararon. Millán Mon e un deputado madrileño alegaron no nome do PP español que estas son \"cuestións sensibles que pertencen á conciencia individual\" Pero, que rexeitaban exactamente Millán Mon e Salafranca no nome do PP español? Tratábase de catro puntos que, lonxe de caer en posicións de máximos, puñan o acento en asuntos que adoitan aglutinar consensos, como a garantía dunha saúde sexual e reprodutiva axeitadas para todas as mulleres ou a condena explícita da mutilación xenital feminina ou outras prácticas de submisión das mulleres no ámbito afectivo, sexual e reprodutivo. Así, por exemplo, o primeiro dos puntos criticados era o que instaba a UE a \"reforzar a súa acción para eliminar as prácticas de mutiliación xenital feminina, matrimonio precoz e forzoso, delitos de honra e aborto selectivo en función do sexo do feto\". Nese mesmo punto o informe destacaba a \"importancia do acceso axeitado aos medios médicos\" e da \"información e educación sobre a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos\" para o \"benestar das mulleres e das nenas en todos os países\". Contra o \"pleno disfrute dos dereitos sexuais e reprodutivos\" O segundo punto rexeitado por Millán Mon advertía de que se \"segue prestando unha atención insuficiente ás violacións dos dereitos sexuais e reprodutivos\", socavando os acordos internacionais que teñen como obxectivo \"abordar a discriminación, incluída a desigualdade por razón de xénero, nas estratexias de poboación e desenvolvemento\". \"Os avances en materia de saúde reprodutiva víronse limitados nalgúns ontextos por violacións como o matrimonio infantil, precoz e forzado\" ou pola \"negación da autonomía das mulleres e nenas para tomar decisións libres de discriminación, coerción e violencia sobre a súa saúde sexual e reprodutiva\". Por isto o informe pedía \"promover a igualdade de xénero\" nestes ámbitos. O informe, que foi aprobado, insta a protexer a \"autonomía das mulleres e nenas\", a protección fronte á violencia sexual e a asistencia xinecolóxica de calidade Mentres no Estado español o ministro Ruiz-Gallardón aínda non puxera sobre a mesa a súa contrarreforma do aborto en Estrasburgo os conservadores a través do seu deputado galego explicitaban tamén o seu desacordo coa inclusión nas políticas de desenvolvemento da UE dunha \"revisión exhaustiva de todos os aspectos relacionados co pleno disfrute dos dereitos sexuais e reprodutivos\". Tampouco consideraban oportuno que a Unión e os Estados membros \"velen\" por que esta reformulación de obxectivos se realizase coa participación \"das distintas partes interesadas, incluída a sociedade civil, así como mulleres, adolescentes e mozas, de participar dun xeito significativo\". Por último, as obxeccións asinadas por Millán Mon e Salafranca referíanse ao punto 125 do informe, no que se lle pide á UE \"que colabore estreitamente con ONU Mulleres\" para \"afianzar os dereitos das mulleres\" e, en particular, para \"promover a educación sanitaria e programas adecuados de saúde e dereitos sexuais e reprodutivos, que forman parte primordial da política da UE en materia de dereitos humanos e desenvolvemento\". Tampouco apoiaron que a Unión \"vele por que as mulleres gocen dun acceso equitativo aos sistemas públicos de asistencia sanitaria e uns sistemas de asistencia xinecolóxica e obstétrica axeitados, atendendo á definición da Organización Mundial da Saúde\". Informe íntegro votado na Eurocámara Explicación de voto de Millán Mon e Salafranca"}
{"ID": "NOS_16141", "summary": "O grupo municipal popular saíu ao paso das declaracións do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, contra Feixoo por non enviarlle unha carta de colaboración como ao resto de alcaldesas e alcaldes das grandes cidades do país.", "text": "O grupo municipal do PP en Ourense censurou este domingo o que entende por \"victimismo\" do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, após as críticas vertidas polo seu ex socio de goberno contra o presente da Xunta. As palabras contra Alberto Núñez Feixoo xurdiron tras saber que non enviou a Ourense unha carta similar ás remitidas ao resto de alcaldes e alcaldesas das grandes cidades galegas para ofrecerlles a colaboración da Administración do país na loita contra a pandemia. A través dun comunicado, os populares con Jesús Vázquez á fronte consideran as declaracións de Jácome \"unha manobra de distracción para evitar falar e aclarar\" as \"graves acusacións\" efectuadas polos críticos do alcalde dentro de Democracia Ourensá. Non hai que esquecer que esta semana o rexedor quedou só co apoio dun edil para manter o seu cargo. O PP viña de romper o pacto de Goberno e o propio Jácome de retirarlle competencias a edís do seu propio partido. \"Aínda que é urxente e perentorio que se aclare esta situación, o alcalde de Ourense prefire botar bombas de palenque para desviar a atención da opinión pública\", sinalan. Desde o punto de vista da organización política, houbo colaboración \"desde fai once anos\" da Xunta coa cidade, algo que, din, faise \"moi complicado\" ante a situación actual. \"Esperamos e confiamos en que axiña que as dúbidas se despexen, poderase retomar o diálogo coa cidade de Ourense\", afirma o PP, que considera que \"é responsabilidade do alcalde, única e exclusivamente, o feito de recuperar a confianza perdida na súa persona polas dúbidas que se nega sistematicamente a aclarar\"."}
{"ID": "NOS_24309", "summary": "Unha vitoria en tan só dúas décadas é o exiguo balance ligueiro como local do Celta ante o Real Madrid, o que dá mostra da magnitude do desafío que afrontan hoxe os celestes. Non queda atrás en dificultade o do Lugo na Segunda División, que visita o Valladolid, nin o do dun Dépor obrigado a gañar ao Raio Maxadahonda.", "text": "Cantaba Gardel en Volver, quizais a súa peza máis popular -polo menos a este lado do Atlántico- aquilo de \"20 anos non son nada\", e quizais nas lides do amor sexa así, pero non nas do fútbol. Nese período de tempo o Celta de Vigo só foi quen de sumar unha vitoria ligueira en Balaídos ante o Real Madrid, un xa afastado 11 de maio de 2014. Aquel 2-0 queda tan lonxe que, de entre todos os 14 xogadores que lograron aquel histórico dous a cero -ambos os tantos materializados por Charles, actualmente no Pontevedra-, tan só Manuel Agudo Durán, 'Nolito', continúa na escuadra celeste. Santi Mina, convocado contra prognóstico Non obstante, non se agarda que Nolito sexa titular, pois na súa posición xogará Cervi tras dos partidos ausente. Tamén serán novidades Kevin Vázquez no lateral dereito -substituto do mancado Hugo Mallo, baixa o que resta de tempada- e Galhardo na dianteira, pois aínda que Santi Mina está convocado -a pesar de non adestrar co grupo en toda a semana por atoparse en Almería co gallo do seu xuízo por unha presunta agresión sexual-, será suplente. A súa chamada para a lista sorprendeu a boa parte da afección celeste, e o técnico Eduardo Coudet xustificouna declarando que \"mentres a Xustiza non diga o contrario, todos somos inocentes\". A maiores, puxo a venda antes que a ferida, e considerou \"ridículo\" un \"xuízo paralelo\" ao dianteiro por parte das bancadas de Balaídos. Xunto a eles, o Chacho apostará polos habituais Dituro, Javi Galán, Aidoo, Araújo -ou Murillo, segundo o estado físico do mexicano-, Fran Beltrán, Brais Méndez e, por suposto, Iago Aspas. Enfronte, o Real Madrid, despois dunha semana de compromisos das seleccións, é unha incógnita, pero o máis probábel é que forme con Courtois; o galego Lucas Vázquez, Militao, Alaba, e Mendy en defensa; o tradicional tridente Casemiro, Modric e Kroos no medio; e Asensio, Vinicius e Benzema no ataque. Segundo duelo de altura consecutivo para o Lugo Na Segunda División, apenas unha semana despois de xogar ante o líder, o Club Deportivo Lugo viaxa a Valladolid para saltar ao terreo de xogo do Novo Zorrilla ás 16 horas de hoxe. Terceiros na clasificación, os pucelanos son especialmente fortes na súa casa, onde tan só encaixaron 10 tantos no que vai de campionato, realidade da que son perfectamente conscientes no seo do cadro albivermello. O atacante Chris Ramos, un dos habituais nos planes de Rubén Albés, recoñeceu ao Valladolid como \"un dos mellores equipos\" da competición, mais sen complexos manifestou a súa intención de \"facer o mellor partido posíbel para ir a por os puntos\". Última oportunidade para Borja Jiménez en Riazor A situación na Coruña non podería ser máis tensa. A derrota en Balaídos ante o filial do seu eterno rival, o Celta B, espertou vellos pantasmas e agora mesmo a afección ve perigar non só o ascenso directo, senón mesmo uns postos de play-off aos que tamén aspira o contrincante de hoxe do Dépor (16 horas), un Raio Maxadahonda que ocupa o quinto e último posto de promoción con tan só catro puntos menos que a escuadra branquiazul. De volver perder -o Dépor leva só oito puntos dos últimos 27 en liza-, a destitución de Borja Jiménez como técnico herculino sería practicamente un feito. Polo contrario, o seu verdugo da pasada fin de semana afronta con confianza a visita ao Dux Internacional de Madrid (mañá, 17 horas), coa esperanza de dar continuidade á vitoria ante o Dépor e así consolidarse nunha zona nobre á que aspira o Rácing Club de Ferrol, terceiro clasificado, que xoga tamén fóra da casa, no seu caso contra o Calahorra rioxano (mañá, 12 horas)."}
{"ID": "PRAZA_5839", "summary": "Na última década o número de persoas extranxeiras que visitaron Galicia creceu un 14,48%, moi por debaixo da media española (19,27%) e cun incremento baseado unicamente nos efectos dos anos xubilares de 2004 (+59%) e 2010 (+24%).", "text": "Cada vez son máis os e as turistas que chegan a Galicia. É unha afirmación certa, que dende a Xunta se repite decote cando se quere ofrecer unha visión optimista deste sector económico. Porén, o incremento global no número de visitantes (sobre todo dos e das que chegan de fóra de España) non oculta que este crecemento se produce no marco dunha mellora xeral (e máis importante aínda) no número de turistas que recibo o Estado no seu conxunto. E que, ademais, os incrementos rexistrados en Galicia na última década se basean unicamente nos efectos inmediatamente posteriores á celebración dos anos xacobeos. Non por casualidade, a intervención da represtación galega na xuntanza do Consello Executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), celebrada nos últimos días en Compostela, se centrou case en exclusiva nas referencias ao Camiño de Santiago como \"unha das motivacións fundamentais para atraer turistas a Galicia\", como destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Os datos son claros. Entre 2003 e 2013 a entrada de turistas extranxeiras en Galicia experimentou un crecemento do 14,48 por cento, pasando das 745.845 persoas ás 853.225. Nese mesmo período a evolución no conxunto do Estado foi dun incremento do 19,27%, dos 50 millóns aos 60 millóns de turistas. Os datos galegos, sen ser malos, están por debaixo dos ascensos rexistrados en varias comunidades do norte do Estado, coma Asturias (+66%), Cantabria (+30%) ou Euskadi (+52%), e tamén doutras, cun turismo máis asentado, coma Madrid ou Baleares. Nos anos seguintes á celebracións do Xacobeo de 2004 e 2010, a entrada de turismo extranxeiro en Galicia creceu cunha gran forza: 59% en 2005 e 24% en 2011 Na evolución dos datos galegos chama a atención, sobre todo, a súa ligazón á celebración dos anos xubileos, sobre todo aos seus efectos como chamado publicitario. De feito, nos anos seguintes á celebracións do Xacobeo de 2004 e 2010, a entrada de turismo extranxeiro en Galicia creceu cunha gran forza: 59% en 2005 e 24% en 2011. No resto dos anos a cifra de visitantes cae ou, como moito, estáncase. Crece de xeito constante, iso si, o gasto medio en Galicia dos e das turistas extranxeiras, pasando dos 736 euros de media en 2004 aos 864 en 2013, unha evolución semellante á experimentada do conxunto de España (dos 864 euros aos 976). A evolución xeral dos e das visitantes residentes en España amosa unhas características semellantes: estancamento xeral, e excesiva dependencia dos anos santos composteláns. O número total de viaxeiros e viaxeiras españolas a Galicia mesmo descende nos últimos anos, pasando dos 3.739.522 de 2007 aos 3.216.346 de 2012. Ademais, só coincidindo co Xacobeo de 2010 a tendencia cambia: nese ano o número de viaxeiros e viaxeiras creceu en 400 mil. O número total de viaxes a Galicia por parte de residentes en España tamén experimenta un claro descenso neste período. Das 10.115.768 viaxes de 2005 pásase ás 8.127.788 de 2012 O número total de viaxes a Galicia por parte de residentes en España tamén experimenta un claro descenso neste período, segundo os datos do INE. Das 10.115.768 viaxes de 2005 pásase ás 8.127.788 de 2012. Unha redución que se deixa sentir en todos os períodos vacacionais: Semana Santa (de 277.100 a 199.875), Verán (de 1.186.219 a 893.094), Nadal (de 295.060 a 211.143) e mesmo pontes (de 585.156 a 278.217). Tan só nas viaxes de fin de semana se observa un leve incremento (de 4.154.116 a 4.209.580). Descende tamén neste período o grao de ocupacións das prazas hoteleiras e das casas de turismo rural, e tamén a duración da estadía media neles. Se en 2007 o grao de ocupación dos establecementos hoteleiros era do 37 por cento, en 2012 caeu até o 28 por cento, completando cinco anos de descensos continuados. O mesmo sucedeu nos establecementos rurais (caeron do 17 ao 11 por cento), e coas estadías medias (pasaron de 2,2 días a 2,1 días nos hoteis e de 2,2 a 1,9 nas casas de turismo rural. Descende tamén neste período o grao de ocupacións das prazas hoteleiras e das casas de turismo rural, e tamén a duración da estadía media neles O descenso prodúcese en todos os destinos e comarcas, agás a Costa da Morte e a zona de Verín-Viana, cando menos á vista das estimacións realizadas polo IGE a partir dos datos de 2011 e 2012. Estes datos tamén permiten comprobar que a gran maioría das durmidas en establecementos hoteleiros galegos (de calquera tipo, dende hoteis a acampamentos turísticos) se concentran nas áreas de Arousa (1.540.807 noites en 2012), Compostela (1.431.453), A Coruña (1.084.510) e Vigo (1.033.361). Entre as catro suman máis de cinco millóns das 7,9 millóns de pernoctacións anuais en Galicia."}
{"ID": "NOS_15631", "summary": "A nova directiva europea tiña que adquirir rango de lei nos distintos países da Unión antes do pasado 19 de outubro de 2021.", "text": "O Goberno do Estado aprobará ao longo de 2022 un real decreto para traspoñer a directiva europea de telepeaxes á normativa estatal e facer así compatíbel o seu sistema co que se usa en cada un dos países da Unión Europea. Os dous principais obxectivos que persegue esta decisión son que os usuarios poidan viaxar por todo o continente cun único dispositivo electrónico e facilitar o intercambio de información sobre as peaxes impagadas nos distintos Estados membros. a súa intención é \"garantir a interoperabilidade dos sistemas de telepeaxe instalados nas estradas e autoestradas do Estado cos doutros países membros da Unión Europea\". O Executivo de coalición incluíu este real decreto no plan anual normativo de 2022 da Administración Xeral do Estado, no que se recollen todas as leis que prevé aprobar ao longo deste ano. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana propúxose dar luz verde a oito leis e 23 reais decretos, entre os que se inclúe o que regulará o bono aluguer novo de 250 euros. Respecto ao real decreto sobre telepeaxes, cuxa data de aprobación aínda está por definir, no documento publicado con motivo da súa posta a disposición dos cidadáns explícase que a súa intención é \"garantir a interoperabilidade dos sistemas de telepeaxe instalados nas estradas e autoestradas do Estado cos doutros países membros da Unión Europea\". No entanto, o servizo europeo de telepeaxe (SET) será un sistema complementar aos servizos nacionais de telepeaxe e non se aplicará aos sistemas non electrónicos. Xa en 2004, a Comisión tentou levar a cabo unha normativa parecida pero sen éxito. O Goberno do Estado xa traspuxo a directiva de 2004 por vía do real decreto en febreiro de 2006, pero, como argumenta o Ministerio, os avances tecnolóxicos \"han ir por diante da súa regulación a nivel europeo\", de maneira que se foron implantando polos diferentes países sen que fosen do todo compatíbeis entre si. Agora, a Comisión volveu a tentalo e para iso lanzou en 2019 unha nova directiva que tiña que adquirir rango de lei nos distintos países da Unión antes do pasado 19 de outubro de 2021."}
{"ID": "NOS_22776", "summary": "A Xunta de persoal da área sanitaria de Vigo convoca a mobilización.", "text": "Continúan as accións e mobilizacións en defensa da sanidade pública en Vigo. Xunto o encerramento d@s celadores --ao que se sumaron con posterioridade persoal doutras áreas-- esta terza feira terá lugar unha grave de 24 horas que comezará ás 08.00h do dia 13 e rematará á mesma hora da cuarta feira. As razóns, explica Araceli Loureiro, integrante do comité de folga e responsábel de CC.OO de Vigo, sitúanse na \"conflitividade\" que atinxe a área sanitaria viguesa froito da súa \"privatización\" e da \"problemática\" xurdida após o traslado, \"a calzador\", de doentes ao novo hospital, apunta. \"Temos cadros moi axustados\" e iso, denuncia, \"repercute nos tempos de dedicación aos doentes\" A listaxe de deficiencias é longa. Ao custe do aparcamento engádeselle a privatización de postos de traballo através de persoal contratado a unha Empresa de Traballo Temporal. \"Os Tiga, chámanlles\", sinala en relación ás persoas que están a desenvolver as tarefas propias d@s celadores. \"Persoal por baixo do requerido en enfermaría\" e \"corredores máis longos\" que no Xeral ou no Meixoeiro. \"Temos cadros moi axustados\" e iso, denuncia, \"repercute nos tempos de dedicación aos doentes\". Pacientes, insiste, \"que non son entes aos que pinchar\" senón \"persoas coas que hai que falar e ás que debemos dedicar un tempo mínimo\". Neste senso, desde a Xunta de persoal da área de Vigo denuncian os prexuízos que están a padecer doentes e familiares coa privatización do hospital Álvaro Cunqueiro. \"Vímolo denunciando desde hai 7 anos, mais agora é palpábel\", sinala Araceli Loureiro. Comida \"Un café custa 1,20€ na cafetería da concesionaria, un menú caso 10 euros\", afirma, \"un gasto\" que --denuncia-- \"se lle está a exixir a persoas en paro\". Así as cousas, a peor parte están a levala as persoas ingresadas. \"Temos problemas coa dieta dos pacientes como parte do seu tratamento\". \"Denunciamos por activa e por pasiva que non son de calidade\". Cea: Filete reseco pegado ó prato con coliflor. Sustituto: bocata d xamón (por conta da familia, claro) pic.twitter.com/CA3WlV9YoP— Estafa Cunqueiro (@EstafaCunqueiro) 3 outubro 2015 As imaxes partilladas através das redes sociais por familiares e profesionais reflicten o estado en que se atopan os menús eleborado pola empresa privada que conta coa concesión do servizo. Neste senso, para alén de teren \"reducido\" en número as dietas pois, \"no Xeral había máis de 60 e agora son 20 e poucas\", a comida \"chega conxelada ou queimada\". Cea de hoxe en: hamburguesa soa queimada e sopa con iceberg en superficie pic.twitter.com/Raj5IT2XNQ— Estafa Cunqueiro (@EstafaCunqueiro) 3 outubro 2015 Coa privatización da cociña os alimentos son preparados \"dous ou tres días antes\" e conservados \"conxelados\". Logo, \"pásase en carros\" por un proceso de desconxelación e quecemento antes de servir. Malia todo, @s profesionais perciben a \"solidariedade\" das persoas ingresadas e tamén das súas familias. \"Están connosco\", algo que puido verse durante o decorrer do encerramento na entrada do HAC. \"Chegan a levarnos auga ou bocatas\" como símbolo de apoio, sinala. Isto non se lle serve a ninguén!!! Tanta liña fría e tanto carallo!! Cociñando ó día coma foi sempre non pasa isto!! pic.twitter.com/9RfaA7WdRh— Estafa Cunqueiro (@EstafaCunqueiro) 3 outubro 2015 Tampouco a lavandería obtén mellores resultados. Igual que a cociña, foi un servizo privatizado, agora --denuncian-- \"é un completo caos\" no que \"non se gardan os protocolos que se nos exixían\" nos anteriores hospitais. Outro capítulo do Misterio da Roupa Perdida. pic.twitter.com/FVomeJJaFy— Estafa Cunqueiro (@EstafaCunqueiro) 30 setembro 2015 Esta terza feira, con motivo da greve, o persoal concentrarase ás portas do Meixoeiro e do Cunqueiro pola mañá. Aliás, pola tarde decorrerá unha pequena manifestación ás 18h. \"Após a mobilización\", advirten, \"isto non vai quedar aquí\"."}
{"ID": "PRAZA_13286", "summary": "\"Ter no país unha figura como a de Vidal Bolaño e mirar cara a outro lado é unha inxustiza\". Está é unha das conclusións que transmite Xosé Manuel Fernández Castro (Santiago, 1963). A finais do ano pasado este profesor publicou en Laiovento A Obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, libro que fura na traxectoria vital e profesional do dramaturgo. Praza aproveita a campaña que promove as Letras Galegas para Vidal Bolaño para recuperar o libro e falar con Fernández Castro.", "text": "\"Ter no país unha figura como a de Vidal Bolaño e mirar cara a outro lado é unha inxustiza\". Está é unha das conclusións que transmite Xosé Manuel Fernández Castro (Santiago, 1963). A finais do ano pasado este profesor publicou en Laiovento A Obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, libro que fura na traxectoria vital e profesional do dramaturgo. Praza aproveita a campaña que promove as Letras Galegas para Vidal Bolaño para recuperar o libro e falar con Fernández Castro. Cales son os motivos polos cales as Letras Galegas homenaxee a Vidal Bolaño? Pois é que algún ano haberá que lle dedicar o 17 de Maio a un autor dramático, porque non queda outra que recoñecer o importante papel do teatro na normalización da nosa cultura. Esa homenaxe ao teatro é necesaria e, seguramente, hai que recoñecer a súa relevancia a través dunha persoa moi significativa e, realmente, non hai ninguén máis significativo que Roberto Vidal Bolaño. Algunhas veces cométese un erro enorme ao deixar nun segundo termo formas de creación que vaian por outras canles que non sexan as estritamente editoriais. A experiencia literaria que hai detrás das obras dramáticas non teñan unha presenza tan clara nas librerías, mais non por iso son menos importantes ca outras formas literarias. Hai moito tempo que non vemos un dramaturgo homenaxeado coas Letras Galegas... Realmente nunca se lle dedicou esa celebración a un autor estritamente concibido como dramaturgo. Por exemplo, Cunqueiro escribiu teatro, mais todos pensamos nel primeiro como poeta ou como narrador antes que como dramaturgo... En moi poucas horas recibíronse unha morea de adhesións. Por que? Porque Vidal Bolaño é representación, símbolo e bandeira de enganche de centos de persoas Efectivamente. En calquera caso, resulta evidente que Roberto é un símbolo do teatro profesional. Recoñecer a Roberto Vidal Bolaño é recoñecer a importancia do teatro na normalización cultural do noso país. De feito, estudar a Roberto é estudar un fío condutor de toda a experiencia teatral do derradeiro cuarto do século XX. Temos agora esta campaña para promover as Letras Galegas para Vidal Bolaño. En moi poucas horas recibíronse unha morea de adhesións. Por que? Porque Vidal Bolaño é representación, símbolo e bandeira de enganche de centos de persoas. Dende actores e actrices até iluminadores, pasando por técnicos, compañías e, por supostos, espectadores. Merece Roberto as Letras Galegas? Pois mira, sen dúbida o teatro merece que se recoñeza o seu papel na normalización cultural e Roberto é a persoa indicada para canalizar ese tributo. Se falamos de Vidal Bolaño, falamos dunha peza clave da profesionalización do teatro. Pero tamén foi unha persoa que formou parte dos primeiros pasos dun audiovisual primitivo. É unha figura fundacional? Dende logo! Agora ben, hai que ter claro unha serie de cousas neste sentido. Moitas veces métense na mesma liña a Manuel Lourenzo, a Euloxio Ruibal e a Roberto. Aparecen como unha única unidade en moitas ocasións, pero coido que non forman parte do mesmo segmento xeracional. Roberto tivo unha estreita relación con Euloxio, que comezou co equipo Lupa. Ruibal coñeceuno, interesouse polo seu traballo e acabou entrando en Lupa, pero non era o fundador. Incorporouse despois... Simplemente porque era máis novo. Era un rapaz brillante e con moito interese polas artes escénicas, pero máis novo. El apareceu en escena primeiro como espectador. O seu interese levouno a conseguir un pase con El Ideal Gallego e fíxose crítico. Asistía a todo porque el, primeiramente, foi un espectador. É Vidal Bolaño un fundador? A verdade é que dentro da profesionalización é a persoa máis importante e relevante, pero forma parte dunha segunda xeración O seu papel no teatro foi collendo forma e gañou unha moi boa imaxe dentro da escena, mesmo antes de facer nada. E por iso ao crear Teatro de Antroido houbo moitísimas expectativas pero, insisto, o seu teatro estaba aínda por chegar. Roberto realmente aparece cando os outros xa brillaban en Abrente. E el chegou cando Abrente xa estaba a morrer. É Vidal Bolaño un fundador? A verdade é que dentro da profesionalización é a persoa máis importante e relevante, pero forma parte dunha segunda xeración. Na primeira estaba Lourenzo e na seguinte, Roberto. Realmente coincidiron nun determinado momento, pero as sensibilidades e os seus textos son moi diferentes. Camilo Franco, un dos promotores da campaña, dixérame hai unha semana que se Vidal Bolaño fose un narrador e as súas obras fosen novelas, sería un escritor moi considerado e que sería un imprescindible das nosas letras. Está de acordo? Roberto está perfectamente canonizado, outra cousa é o papel que ten a literatura dramática no canon literario Eu considero que, dende o punto de vista académico, está ben valorado. Hai un acordo total en recoñecerlle os seus méritos e a súa traxectoria, que comezou cando sendo un rapaz de 12 anos ten que deixar de estudar e poñerse a traballar. Foi un autodidacta que se converteu nun autor de referencia das nosas letras. Especular coa posibilidade de que se os textos fosen narrativos ou líricos terían outra repercusión... É algo que está fóra do meu interese. Roberto está perfectamente canonizado, outra cousa é o papel que ten a literatura dramática no canon literario. Probablemente non ten o papel merecido nos estudos literarios. Seguramente ten que ver coa situación do teatro na estrutura académica. É dicir... Quen estuda teatro no ensino secundario? Aquí ninguén, noutros países si. E neses países a escena goza doutro prestixio. Todo iso ten que ver con prexuízos da nosa contorna cultural. Revalorizouse ou prestixiouse a súa figura trala súa desaparición? A súa repercusión é evidente en moitos textos e autores. O caso máis claro é o de Rubén Ruibal e o seu premio nacional. Rubén é un discípulo declarado de Vidal Bolaño No momento en que morreu, os medios deron cumprida conta da súa desaparición e moita xente falou del moi positivamente. A tendencia que temos de revalorizar as persoas que xa non poden falar pois, a verdade, cumpriuse. E houbo un feixe de homenaxes nos meses seguintes. Imos ver, a súa pegada foi moi grande e a súa repercusión seguiu alí moito despois de morrer. Mónica Caamaño dixo por aquel entón que Roberto Vidal Bolaño fora a verdadeira escola do teatro en Galicia. Iso, por poñer un exemplo. Despois, a compañía Teatro do Aquí continuou adiante até 2006 co pulo de Vidal Bolaño despois da súa morte. E a súa repercusión é evidente en moitos textos e autores. O caso máis claro é o de Rubén Ruibal e o seu premio nacional. Rubén é un discípulo declarado de Vidal Bolaño. É dicir, deixounos moitas cousas e mesmo houbo un goteo constante de reposicións dos seus textos que culminou hai dous anos coa representación brillante d'As actas escuras, dirixida por Xúlio Lago. Deixou moitas cousas e, por iso, ao saír esta iniciativa, de forma unánime, a xente do teatro respondeu cos seus correos para sumarse... Lembro que Morris dixera en Praza non hai moito que botaba de menos a Vidal Bolaño. \"O sector bótao de menos\", insistía. Vidal Bolaño realmente era un medicamento contra a realidade, un tratamento... Tiña un valor terapéutico E non me estraña! Todo o que está sucedendo dende que el morreu, coa realidade política e os movementos sociais... É que botamos de menos aquela xenialidade súa para transformar a realidade nun espectáculo e permitirnos a todos ter unha visión nova do que sucedía. Normal que se note a ausencia, tanto profesional como humanamente. Vidal Bolaño realmente era un medicamento contra a realidade, un tratamento... Tiña un valor terapéutico."}
{"ID": "NOS_46893", "summary": "O cartaz desta edición é de Pruden Tatoo, o proxecto ourensán de deseño de Anxo Varela e Lúa Carballo.", "text": "A comisión do Festigal, promovida por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, anunciou que lanza a VI edición do concurso 'Novos Valores' para a promoción e divulgación de creadoras e creadores da Galiza no ámbito musical, como unha plataforma de coñecemento e de difusión de artistas emerxentes nun momento crítico para a produción musical do país. A banda gañadora actuará en concerto o 24 de xullo, na véspera do Día da Patria, no escenario do Festigal, en Santiago de Compostela. Desde a organización fan un chamamento a participar neste concurso após dous anos de pandemia en que o sector artístico e musical foi un dos máis afectados. Segundo explicou Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova, esta edición convócase poucos meses despois de saír á luz o resultado do proxecto socio-educativo 'O son da música', un estudo elaborado entre o estudantado de 10 a 18 anos na Galiza en que o 80% afirmaban non escoitar nunca ou case nunca música en galego. Gómez apuntou que \"nun momento en que se manteñen fechados os locais de ensaio de maneira que os novos grupos teñen menos facilidades para saír adiante, é necesario que existan propostas como este concurso que permitan dar a coñecer á sociedade galega as artistas emerxentes no noso país\". Cartaz de Pruden Tatoo Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre, informou que o deseño do cartaz deste ano é de Pruden Tatoo, \"o proxecto ourensán de deseño de Anxo Varela e Lúa Carballo, que tamén son novos valores nas artes do deseño e da tatuaxe que a abrir camiño cun estilo propio cunha temática reivindicativa e cun claro selo do país\", asegurou. Os prazos para presentar as maquetas desta vez van do 16 de febreiro ao 3 de abril e o resultado farase público o 11 de abril de 2022. O xurado nesta ocasión está constituído por Alberte García e Marta Gómez, de Galiza Nova; Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre; a banda gañadora dos Novos Valores na edición anterior (De Ningures); o músico Marcos Paino; a rexente da sala de concertos Malatesta, Catuxa Irago; a actriz Neves Rodríguez e os músicos Alberto Busto, de Arrhythmia; e Anxo Xermar, dos Festicultores Troupe e da Gramola Gominola."}
{"ID": "NOS_34585", "summary": "Aínda que a maior parte de mulleres galegas (67,9%) di estar moi ou bastante informada sobre ITS, 32,14% de enquisadas sinala que sabe pouco ou nada acerca delas.", "text": "41,1% das mulleres na Galiza cualifica como \"regular\" e 33,9% como \"moi mala\" a súa educación sexual, segundo datos do Observatorio de Saúde Feminina, realizado a partir dunha enquisa entre 2.021 mulleres e persoas non binarias de todas o Estado. En xuño de 2022, este observatorio revelara un aumento exponencial de infeccións de transmisión sexual (ITS) en mulleres no Estado español desde 2012. Por iso, Bloom, a plataforma dixital de saúde feminina que o impulsa, apostou por buscar as posíbeis causas, polo que saca agora á luz unha ampliación do estudo, centrado na análise da educación sexual. Información sobre as ITS Aínda que a maior parte de mulleres galegas (67,9%) di estar moi ou bastante informada sobre ITS, 32,14% de enquisadas sinala que sabe pouco ou nada acerca delas. Respecto diso, a Federación de Planificación Familiar SEDRA indica que os programas de educación sexual na Galiza son \"escasos e baséanse en talleres de curta duración\". Manuel Varela Salgado, uroandrólogo: \"A educación sexual ten que estar no currículo escolar\" Non obstante, segundo apunta o informe, Galiza sitúase no primeiro posto do ránking de uso de anticonceptivos por comunidades autónomas, de forma que o 97,32% de enquisadas usa un método anticonceptivo nas súas relacións sexuais. Percepción de riscos A pesar da declarada falta de educación sexual adecuada, a maior parte das consultadas ten unha alta percepción do risco de contaxio con respecto ás prácticas sexuais sen protección. Así, unha media de 71,73% cre que o contaxio dunha ITS é moi probábel durante prácticas como a penetración sen preservativo, o sexo sen penetración sen preservativo e o sexo oral sen protección. Lola Varela: \"Deixar en mans de internet a sexualidade da poboación adolescente é un perigo\" Por outra parte, os resultados do estudo mostran que a primeira vía a través da que as mulleres na Galiza reciben información sobre saúde sexual no caso das ITS é a escola (36,61%). As amizades constitúen a segunda vía de información máis sinalada (31,25%), seguida da internet (25,89%), mentres que os pais son para o 22,32% a súa primeira vía de coñecemento sobre ITS."}
{"ID": "NOS_11450", "summary": "Van dous anos do comezo da negociación do convenio de siderometalurxía da provincia da Coruña. As centrais critican o inmobilismo da patronal. Esta terza feira, 30 de maio, o sector provincial maniféstase na Coruña.", "text": "Unha manifestación sairá ás 20:30 horas desta terza feira, 30 de maio, da Praza da Palloza da Coruña para demandar a recuperación de dereitos e un convenio digno para o sector do metal da provincia coruñesa. É un paso máis no calendario de mobilizacións e protestos que os traballadores levan semanas realizando. A primeira delas, a concentración de delegados perante a Confederación de Empresarios. \"Ou ben hai un cambio de actitude e comezan a materializarse acordos ou do contrario a vontade do sector é continuar coas mobilizacións, sen descartar incluso a posibilidade dunha folga no metal\", indicaban naquel entón. Os sindicatos lembran que van dous anos desde o inicio da negociación do convenio e que a patronal mantén unha actitude de bloqueo. \"Non acepta practicamente ningunha das reivindicacións presentadas pola parte social, pretendendo liquidar a negociación sen ningunha mellora substancial para os traballadores do sector\", como apontan desde CIG-Industria. A negociación está estancada, recoñecen as centrais, que acusan a patronal de teimar na idea \"de eliminar dereitos xa conquistados, como a revisión salarial, e busca afondar aínda máis na distribución irregular da xornada\"."}
{"ID": "NOS_25706", "summary": "Fase de ascenso á Primeira de fútbol sala.", "text": "Todo por un soño. O Viaxes Amarelle FSF e o Cidade das Burgas xa contan as horas para a disputa das eliminatorias polo ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino estatal. O conxunto herculino está a 40 minutos de regresar á Primeira RFEF Futsal, mentres que o Cidade das Burgas deberá superar un camiño máis longo para alcanzar a gran meta. Así, o club herculino empeza os preparativos para poder gozar dun play-off onde as xogadoras laranxas pelexarán polo ascenso directo este sábado a partir das 18 horas no Pavillón Municipal da Sagrada Familia (A Coruña), recibindo o A Boca Te Lía Futsal Alcantarilla coa tranquilidade de saber que, aínda no caso de non lograr o triunfo, terá unha nova oportunidade de subir a Primeira nunha segunda eliminatoria. Para este partido, o técnico Jorge Basanta citou ás porteiras Sandra Rodríguez e Leti Rojo, así como ás xogadoras de pista Candela Soria, Patri Romaní, Cris Lourés, Èlia Gullí, Yaiza, Lau Doce, María Gómez, Carlita, Irune Santesteban, Carol Agulla, Marta Hermo e Daryna Tkachenko. O rival que terá en fronte destaca pola súa gran experiencia nesta clase de encontros, pois esta é o seu cuarto play-off consecutivo. Ademais, chegan nun bo momento, tras rematar na segunda posición do Grupo 3 da categoría de prata do fútbol sala feminino, logo de acumular 56 puntos en 24 xornadas nas que sumou 18 vitorias, dous empates e catro derrotas, marcando 87 goles a encaixando só 25, o que fai do murciano o conxunto menos goleado da Segunda RFEF. As Burgas comeza o seu camiño co Villanovense Esta fin de semana tamén arranca o camiño polo regreso á elite para o Cidade das Burgas GLS. Será, concretamente, ás 19.30 horas coa eliminatoria de cuartos de final -a partido único- que o medirá co estremeño do Unión Deportiva La Cruz Villanovense. A súa vía de regreso a unha Primeira RFEF que abandonaron hai xusto un ano será algo máis complexa que o do Viaxes Amarelle, pois terá que superar tres finais para alcanzar a súa meta, comezando polo choque co Villanovense. De conseguilo, na seguinte rolda agarda un campión de grupo como visitante, e na finalísima recibirá como local outro segundo de grupo."}
{"ID": "NOS_22318", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza sitúa Galiza como o terceiro territorio con menor taxa de violencia de xénero unha tendencia que se mantén desde 2018. Porén, outras fontes como a macroenquisa realizada polo Ministerio de Igualdade detectan que la violencia machista opera na mesma medida que no resto do Estado español.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) fixo públicas hoxe as últimas estatísticas sobre violencia machista que, atendendo ás denuncias e á taxa de vítimas por cada 10.000 habitantes, volven situar Galiza como un dos territorios do Estado español con menor incidencia deste tipo de criminalidade. Cos datos do segundo trimestre deste ano, marcados pola incidencia da pandemia na actividade xudicial, as 10,6 vítimas de delitos de violencia de xénero neses tres meses colocan o país como o terceiro territorio con menor taxa, por diante de Castela e León (8,1) e Estremadura (9,4) e lonxe da media española, que se fixa neste período nas 13,8. Oito de cada dez casos de violencia de xénero que chegaron aos xulgados galegos –foron 1.489 entre abril e xuño– procedían de atestados policiais con denuncia da afectada. As cifras manteñen a tendencia do último ano, xa que Galiza foi en 2019, e tamén no primeiro trimestre de 2020, o segundo territorio con menor taxa de mulleres vítimas. Porén, esta posición contrasta co recollido na macroenquisa de violencia sobre a muller de 2019 elaborada pola Delegación do Goberno español contra a Violencia de Xénero –e feita pública polo Ministerio de Igualdade en setembro– a partir das experiencias de 9.568 mulleres de máis de 16 anos de todo o Estado español. Unha de cada tres No estudo, a violencia padecida polas mulleres galegas a mans da parella ou ex parella sobrepasa a media española en varios parámetros (se ben hai que ter en conta –como o propio documento fai notar– que, sendo o que se amosa a \"prevalencia de violencia declarada\" polas participantes, as diferenzas territoriais resultantes poden responder a distintas causas, algunhas sociais e culturais). Así ocorre no referido á violencia \"total\" (física, sexual, emocional, control, económica, e medo) sufrida nalgún momento da vida a mans dalgunha parella, onde 33,9% das mulleres galegas participantes refiren ter pasado por esta situación, dous puntos por enriba da media española (31,8%). Tamén no caso da violencia económica exercida por algunha parella a media galega (14,1%) supera a estatal, onde 11,6% das mulleres que recoñece ter sido vítima desta clase de condutas ao longo da vida por parte dun compañeiro sentimental. E o mesmo sucede cando se cuestiona pola violencia psicolóxica e emocional padecida nalgunha relación de parella –na Galiza, 24,1% de respostas afirmativas, fronte a 22,4% da media– ou pola violencia psicolóxica de control, que sentiron 27,6% das galegas sondadas. Pola contra, Galiza queda por detrás da media no que ten a ver con violencia física ou sexual no ámbito da parella no curso da vida, que admiten ter soportado unha de cada seis galegas (16,2%), moi por detrás da media estatal (24,7%). Nas enquisas relativas aos últimos 12 meses, a violencia psicolóxica experimentada polas mulleres galegas neste tempo está próxima á media (6,2% fronte ao 6,5% de España) e o mesmo ocorre se se pregunta por violencia total: 9% das participantes galegas afirma tela padecido, algo por debaixo da media, de 10,7%. Nove de cada dez xuízos acaban en condena Segundo as cifras trasladadas polo TSXG, 89,8% das persoas axuizadas por delitos vinculados á violencia machista entre abril e xuño na Galiza (98 homes) acabaron condenadas. Isto supón un aumento de case dez puntos con respecto ao primeiro trimestres de ano e máis en relación ás condenas de 2019, que representaron, segundo datos da Fiscalía, 73% dos ditames neste tipo de casos. A análise do TSXG aprecia ademais un descenso no número de mulleres que se acollen á dispensa de non declarar contra a persoa denunciada –parella ou ex parella– e que representaron neste trimestre 8,6% do total, cun descenso de 21,8% respecto ao mesmo trimestre do ano pasado. Neses meses, estando vixente o estado de alarma, solicitáronse 489 ordes de protección nos xulgados galegos, que concederon 64% delas, 313."}
{"ID": "NOS_52307", "summary": "A sondaxe concede 60 deputad@s de 135 a 'Junts pel Si' e 13 a CUP, que sumarían 73 escanos, 5 por riba da metade máis un. Ciutadans, segunda forza (21) e 'Catalunya si que es pot' tería 16.", "text": "De se celebrar agora as eleccións cataláns o Parlamento resultante tería maioría absoluta de deputad@s independentistas. Son os resultados da enquisa do Observatorio permanente de JM&A para o diario español 'Público'. O inquérito sinala que as forzas independentistas atinxirían o 49% dos sufraxios. A coligazón 'Junts pel Si' (articulada sobre CDC, ERC e independentes) sería a que obtería un maior apoio nas urnas, obtendo 60 escanos. Na actualidade a suma de Convergència (50) e ERC (21) é de 71 escanos. Ciutadans sería a segunda forza no Parlament, con entre 20 e 21 deputad@s, duplicando a súa representación actual (9) e posicionándose como a principal foza unionista en Catalunya. A plataforma 'Catalunya si que es Pot' -nucleada en torno a Icv, Podemos e EuiA- obtería 16 escanos. Un resultado 'modesto' se temos en conta que na actual cámara Icv e EuiA -sen Podemos- ten 13 parlamentares. Outra das formacións que experimenta un aumento electoral considerábel é a CUP, que tería segundo esta sondaxe 13 deputad@s (agora ten 3) e desputaría ao PSC (13 escanos na enquisa, 20 na actualidade) a cuarta praza na Cámara catalá. O PP caería dos 19 que ten agora até 11/12; e a Unió de Durán i Lleida moveríase nun arco de entre 0 e 2 parlamentares. Este inquérito prevé que a participación supere o 71%, todo un récord nos comicios autonómicos en Catalunya. A alta participación non prexudica o independentismo, como se vén mantendo desde as formacións estatais e medios de comunicación."}
{"ID": "NOS_56245", "summary": "A lúa vai encuberta, Cigarreiras e Terceiro acto competirán polo María Casares ao mellor espectáculo mentres que Hugo, dos Náufragos Teatro; Quixote, de Pedras de Cartón, e Cubo, de Elefante Elegante, farán o propio no apartado de espectáculo infantil.", "text": "Shakespeare, Emilia Pardo Bazán e Manuel María son os responsábeis das obras favoritas para os Premios María Casares deste ano. Cigarreiras, unha adaptación de Cándido Pazó da novela de Pardo Bazán A tribuna, e o Othello de Shakespeare, na versión de Marta Pazos para Voadora, parten con oito candidaturas cada unha. E A lúa vai encuberta, de Manuel María, na versión de Vanesa Sotelo para a coprodución asinada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, ségueas de perto con sete candidaturas. Esta tarde, en Santiago, durante a xa tradicional Festa de Finalistas 2022 que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galiza, déronse a coñecer os catorce espectáculos que competirán en calidade de finalistas nos grandes premios do teatro galego, organizados desde a súa creación, en 1977, pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Cigarreiras, producida por Contraproducións e Teatre Romea, e dirixida e adaptada por Cándido Pazó, competirá nas categorías de maquillaxe, vestiario, escenografía, adaptación-tradución, actriz protagonista por partida dupla (Tamara Canosa e Susana Dans), dirección e espectáculo. O Othello de Voadora competirá nos apartados de maquillaxe, vestiario, escenografía, iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario (Hugo Torres) e dirección (Marta Pazos). Pola súa parte, A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, competirá por sete María Casares ao contar con finalistas para iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario (Tito Asorey), actor protagonista (Davide González), dirección (Tito Asorey) e espectáculo. Manuel María: teatro contra o esquecemento Mellor espectáculo Resulta rechamante que o Othello de Voadora, malia obter oito candidaturas, quede fóra da carreira polo premio ao mellor espectáculo. Nesta categoría, xunto con Cigarreiras e A lúa vai encuberta, compite a produción do Centro Dramático Galego (CDG) Terceiro Acto. A obra do CDG, ademais, rexistra outras cinco candidaturas finalistas nos apartados de escenografía, texto orixinal, actriz protagonista (Belén Constenla), e actor protagonista por partida dupla (Roberto Leal e Eduardo R. Cunha Tatán). Tamén do CDG, O charco de Ulises, con texto e dirección de Santiago Cortegoso, consegue dúas finalistas, ao aspirar por partida dupla ao premio de actriz secundaria (Mónica Camaño e Raquel Espada). Tamén con dúas candidaturas se presentan Comando Comadres, de Matrioshka Teatro -maquillaxe e actriz secundaria (Anabel Gago)-, e Quixote, da compañía Pedras de Cartón, que opta aos de vestiario e espectáculo infantil. Ademais, outros sete espectáculos acadaron un finalista: Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (actor secundario, Fernando Dacosta); A parábola do angazo, de Talía Teatro (texto orixinal); A cazola de Lola, de Tanxarina (música orixinal); Soga e cinsa, de Aporía Escénica (texto orixinal); Serva me Servabo te, do CDG (iluminación), Hugo, de Os Naúfragos Teatro (espectáculo infantil), e Cubo, de Elefante Elegante (espectáculo infantil). Os resultados finais dos Premios María Casares daranse a coñecer o vindeiro 2 de xuño, na gala que se realizará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Unha edición arredor do centenario de María Casares A edición deste ano coincide co centenario do nacemento da propia María Casares, a mítica actriz que dá nome aos galardóns, polo que a gala de entrega dos premios xirará arredor da súa figura. Ademais, durante o transcurso da cerimonia, o actor Fernando Dacosta dará lectura ao Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, no que enxalza a profesión escénica como \"facho que reporta sabedoría á sociedade\". No nacemento de María Casares"}
{"ID": "NOS_37029", "summary": "Era cuestión de tempo que, nas lóxicas de reinterpretación da tradición, os acordes da muiñeira chegasen sampleados e as coplas soasen tamén con autotune. Trap enxebre ou como for a etiqueta, Boyanka Kostova sorprendía, máis se cabe, coa orixinal achega de \"Muiñeira de Interior\", que tivo repercusión mesmo en medios internacionais. O tema anunciaba a saída, após outros dous sinxelos, do novo disco deste revolucionario dúo formado por Cibrán García (voz), quen responde as preguntas de Sermos Galiza, e o Chicho do Funk (produtor), que se ben foi inaugural dun estilo, ten vontade de transcender este mérito para deixar pegada na memoria. De momento, Os dous de sempre, o álbum que vén de saír á luz, marca outro paso na consolidación dos composteláns.", "text": "—O novo disco de Boyanka Kostova titúlase Os dous de sempre. Por que escolleron esta referencia, que pasa inevitabelmente por Castelao? Estabamos buscando un nome para o álbum cunha chuvia de ideas e ocorríansenos unha chea de cousas, até que nos fomos achegando un pouco máis ao tema tradicional da Galiza, sobre todo ligado a \"Muiñeira do Interior\" e á liña que adoitamos seguir sempre. \"Os dous de sempre\" pareceunos xenial porque levamos facendo música xuntos desde hai a hostia de tempo. Ademais, encaixaba na nosa vía continuísta dos nomes: Vella Canción Galega, Nova Canción Galega... Por outra banda, parecíanos que visualmente é fácil chegar até aí, así que dixemos: \"Para adiante con iso\". —Xa que fala de \"Muiñeira do Interior\", coido que é o tema que máis chama a atención do disco, polo menos en canto á diferenza que marca co resto. Como se chega a esa fusión coa música tradicional? Pois o certo é que levabamos xa bastante tempo considerando a posibilidade de facer unha muiñeira cun rollo máis actual, porque nos cadraba perfectamente o seu ritmo co do trap. Fixeramos algún intento, sen demasiado éxito, até que chegamos á \"Muiñeira de Cabana\" [de Milladoiro] e dixemos: \"aquí si que temos un bo filón para samplear\". Démoslle a tope e velaí o resultado. —Foi difícil de integrar, ou fluíu naturalmente xa que segundo di as métricas son semellantes? A cuestión realmente foi dar no cravo cos sons e os samplers. Iso era o que nos estaba custando máis traballo. Pero en si mesmo o concepto foi moi sinxelo polo que che digo, levabamos bastante pensando que era algo que pegaba perfectamente, e nese sentido saíu moi natural, unha vez nos puxemos en serio. —É unha mestura que lles gustaría seguir explorando no futuro, ou foi algo máis puntual? Tampouco che podo dicir, porque nós somos bastante de cu inquieto, gústanos tirar por onde imos vendo. Porén, si que é verdade que unha vez aberta esta porta non descartamos facer algo máis deste estilo, pero tampouco cho vou nin confirmar nin descartar, porque se verá en función do que nos vaia apetecendo nos próximos meses. —Son ouvintes habituais de música tradicional? Non especialmente. Non é o que máis escoitamos, mais si que está nas nosas vidas, como na de practicamente calquera galega. Quen máis ou quen menos vai a unha festa na que hai música tradicional. Ademais, eu estiven durante moitos anos nunha agrupación folclórica que se chama Follas Novas, polo que sentiamos que nos caía preto. —E seica barallan facer unha colaboración con PanSenFron? Creo que non... Porque agora mesmo non sei nin de quen me estás falando [ri]. —Vaia, pois estarei errada. Son un grupo de pandeireteiras que tocan polo mundo adiante... Ah, Paneireeiras Sen Fronteiras! É que non te entendía así pola abreviatura. Pensaba PanSenFron... Que carallo é iso? Si, falaramos con elas para unha cousa que agora mesmo tampouco podemos desvelar, pero se xorde, cando aconteza, xa todo o mundo estará enterado. —Adoita considerárselles dentro do trap, como primeiro grupo deste estilo en galego, algo que non deixaban de recordarlles. Mais nunha entrevista con Sermos Galiza hai cousa de ano e medio apuntaban que era unha etiqueta que preferirían deixar un pouco de lado. Cre que con este disco camiñaron nesa dirección, cando menos nalgúns temas que se afastan máis dese eixe? É un asunto un pouco complicado, porque foi unha etiqueta que en certo modo nos autoimpuxemos a nós mesmos nun primeiro momento. Vímolo como unha estratexia de marketing, ao sermos os primeiros. Porén, eu creo que agora estamos chegando a un punto de maior movemento na escena e tampouco queremos ser lembrados só por iso, senón como músicos bos que fan achegas orixinais. Ao final tamén hai que despegarse un pouco das etiquetas. —Como observan o éxito que están a ter en tan pouco tempo? Xusto agora estamos nun momento bastante doce, após a publicación deste disco. Agardemos que, logo dos anos que levamos a traballar, desta volta consigamos dar o pelotazo de verdade. Pero nunca se sabe, porque nestes días teriamos que estar dando unha serie de concertos e xa ves como está a cousa. Somos optimistas, mais sempre cun pouco de cautela. —Como influíu no lanzamento do disco o confinamento? Cambiouno por completo, porque xusto o día que decretaron o estado de alarma era cando nós tiñamos que comezar a xira das salas, que ao final concluiría na publicación do álbum. Aínda que mudou a estratexia, creo que dentro do que cabe, nesta nova normalidade, tampouco temos queixa. —Falando dos temas máis polo miúdo, seica lles custou moito sacar adiante \"Restaurantes\", até que conseguiron atopar os conceptos chave. Cales son? É un tema que se nos ocorreu falando, sen máis. Eu dixen \"non quedan restaurantes como os de antes\" e esa frase serviu de detonante. A partir diso, durante moitos meses estivemos facendo unha especie de improvisacións sobre ese concepto, das que saíron case todos os versos que hai na canción. Foi de maduración lenta. —Isto é representativo do seu proceso creativo? Ou adoitan enfrontalo doutro modo? O de \"Restaurantes\" foi unha rara avis. Normalmente ocórresenos unha idea e facémola in situ entre os dous, a pensámola e desenvolvémola mentres ensaiamos. Miramos a música e cando isto vai algo avanzado separámonos: Chicho encárgase máis dos arranxos mentres eu me centro na letra. A outra opción que temos é partir desa idea e facer eu unha letra na casa para traballala despois entre os dous. —Logo \"Ronaldinho\" é un tema que levaba gravado desde marzo do ano pasado. Como é iso? Si. Tanto Chicho coma min viñamos de tocar rap noutros grupos antes e queriamos volver facer algo máis clásico, máis noventeiro. Un día puxémonos co tema e a verdade é que saíu bastante ben. É unha canción un pouco friqui, a nivel de que os bombos e as caixas están desprazados, como un cuarto de tempo, non caen xusto no compás. Levabamos con ela feita moitos meses, mais non tiñamos onde encaixala, ía quedando un pouco descolgada, precisamente porque non nos cadraba moito cos estilos que estabamos a manexar, até que neste disco atopamos un oco. Levabamos xa bastante tempo considerando a posibilidade de facer unha muiñeira cun 'rollo' máis actual, porque nos cadraba perfectamente o seu ritmo co do trap —Menciona eses primeiros momentos xuntos. Como se coñeceron \"os dous de sempre\"? Nunhas xuntanzas que organizara o Concello de Santiago para músicos que estaban a comezar. Nese momento estabamos en formacións diferentes, pero empezamos a falar e levarnos guai. Pouco despois Chicho entrou nun grupo no que estaba o meu irmán, Vicky Polard. Máis tarde decidiriamos facer un rollo de rap con banda. E a partir de aí comezamos a traballar xuntos. —O disco tamén inclúe \"Abel The Knight\", dedicada ao alcalde de Vigo. É a resposta para que as da cidade olívica non se celen da Coruña por \"Diego Tristán\"? Era, si. Levabámolo falando un tempo, porque fixeramos algo moi coruñés. Rapidamente chegamos á conclusión de que Abel Caballero é a personaxe máis mainstream que podiamos atopar en Vigo. O tema fíxose só, buscando en Google referencias, sumadas ás que nós tiñamos, axiña atopamos anécdotas máis que de sobra para facermos unha canción. E até un disco, se nos poñemos. —Os vídeos semellan tamén unha parte importante do selo Boyanka. No caso do último, \"Muiñeira do Interior\", tiveron algunha influencia ou foi todo obra do realizador, Xaime Miranda? Nós, evidentemente, con ese nome queriamos ter referencias ao tradicional, tamén na estética. Pero o concepto xurdiu sobre todo en base ao que pensaron desde Mushroom Pillow [a súa produtora], que foi, como di Xaime Miranda, \"a arenga de Braveheart\". A partir de aí o director buscou as localizacións, con ese ambiente máis industrial. Fóra dese punto de partida, nós non nos metemos, porque é o seu traballo e sabemos que o fai ben. —Como perciben desde dentro a súa propia evolución, desde Nova Canción Galega a este novo Os dous de sempre? É un paso de xigante tanto a nivel de produción e das letras como da nosa forma de facer. Cada vez estamos máis abertos, ou menos fechados, a experimentar con calquera cousa que se nos poña por diante. Xa perdemos o medo e creo que iso se nota bastante, porque Os dous de sempre ten un pouco de todo. —Apuntaría entón ao que comentaba antes de transcender a etiqueta, até certo punto autoimposta, do trap, para facer unha música que perdure no tempo? Eu espero que si, aínda que loxicamente non podes saber o que vai ficar. Igual en dez anos ninguén lembra a Boyanka Kostova. Pero aspiramos a facer algo que poida permanecer na xente. Cada vez estamos máis abertos, ou menos fechados, a experimentar con calquera cousa que se nos poña por diante —Perciben hoxe mellor acollida cara ao seu estilo que nun primeiro momento? Non o digo polo trap en particular, mais penso que houbo un momento no que custaba entender este tipo de música, como aconteceu previamente de entrada con moitas outras. Como ben dis, ao principio sempre hai ese rexeitamento porque é algo novo, soa distinto e á xente cústalle recibir o cambio, en especial se muda rápido e non hai un tempo de adaptación. Eu creo que agora, sobre todo con este último traballo, no que nos abrimos a moito máis público, e tendo en conta que a escena da música urbana está máis madura, xa está todo bastante asentado. —Dentro deste xénero, que artistas destacarían no panorama galego? Pois a verdade é que Mercedes Peón está a facer cousas moi interesantes. En Baiuca tamén reparamos moito. E logo hai xente da nova onda das músicas urbanas á que estamos atentos, como Ola Perdida Squad ou FØ Records, que saíron hai pouco. —E coa presentación do disco feita, que toca agora? Pois agardamos que todo vaia para arriba e, xa que este verán non puidemos executar o plan que tiñamos, termos unha boa campaña, que xa estamos niso. Despois, para o vindeiro ano, a ver se facemos unha boa xira de salas e con festivais. Para vivir disto, que é o que buscamos ao final."}
{"ID": "NOS_58520", "summary": "O Valedor do Pobo dá a razón ao centro social Almuinha na queixa presentada contra o Goberno local (PP) por conceder axudas individuais sen resolver a convocatoria de subvencións de 2009, e sen abrila xa en 2010 e 2011. Non houbo explicacións aos colectivos que as solicitaron. O Valedor lembra ao Concello que \"os dereitos de participación e de información da cidadanía son esenciais\"", "text": "O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez, vén de dar a razón ao centro social A.C.Almuinha na súa queixa contra o Concello de Marín ante a súa negativa a recibir o colectivo e a non trasladar información referida ás subvencións. A alcaldesa, María Ramallo (PP) recoñeceu no informe remitido ao Valedor, ao que tivo acceso este xornal, todos os puntos da situación denunciada --falta de notificación, negativa a recibir e informar, a paralización de axudas--. Escúsanse en que \"esta corporación tomou posesión o 11.06.2011\", que ao non se resolver a convocatoria 2009 \"non se xerou dereito económico algún\" e que en 2012 as axudas xa non se convocaron. Tendo en conta o escrito remitido por Ramallo, o Valedor evita responsabilizar unha ou outra equipa de Goberno para sinalar que \"nin o derradeiro nin o actual teñen observado a normativa reguladora do dereito de participación dos veciños\". Así, José Julio Fernández Rodríguez lembra ao Concello marinense a súa obriga de informar ás asociacións sobre a paralización de expedientes, xustificar o problema orzamentario e explicar cal foi o destino dos fondos asignados á convocatoria de axudas que non foi executada. Alén de todo o anterior, recalca que o Goberno local debe respostar por escrito \"todas\" as solicitudes de información \"cursadas polas asociacións e polos veciños\". E engade que \"non é aceptábel que os dereitos de información e participación cidadá non sexan considerados como elementos esenciais\" para un Goberno local. Na liña, o Valedor remite ao Concello \"un recordatorio dos seus deberes legais\". Desde o centro social valoran de maneira positiva a resposta do Valedor: \"sentímonos satisfeitos\", din, confiando en que \"pronto\" se convocará unha reunión con responsábeis polític@s para coñecer por que o Goberno de Ramallo non resolve a convocatoria de subvencións de 2009, por que non se abriu convocatoria en 2010 e 2011 e a que entidades --e baixo que criterio-- se lles outorgaron axudas individuais."}
{"ID": "PRAZA_14070", "summary": "Nun texto asinado polo de agora por unha vintena de persoas avógase por un acordo para acudir unidos ás eleccións, en termos semellantes á proposta formal que este xoves realizou Compromiso por Galicia.", "text": "O texto, asinado polo de agora por unha vintena de persoas, avógase por un acordo entre Compromiso por Galicia e Anova para acudir unidos ás eleccións, en termos semellantes á proposta formal que este xoves realizou CxG. Os mozos e mozas asinantes afirman defender esta opción \"a título persoal e como un sentir estendido nas nosas respectivas organizacións\". Propoñen un programa común baseado na defensa do autogoberno, do Estado de benestar e a \"radicalidade democrática\" Defenden a construción dun \"referente electoral único e xenuinamente galego\" e cualifican a unidade de acción electoral entre ambos proxectos políticos \"total e absolutamente necesaria nun contexto como o que estamos a vivir, de recentralización no ámbito nacional e de agresión ao conxunto da cidadanía no ámbito social\". Así mesmo, propoñen a confección dun programa de mínimos con tres piares: \"o reforzamento da identidade nacional de Galiza e do seu autogoberno\", a \"blindaxe dun ensino e dunha sanidade públicas como piares da Sociedade do Benestar\" e a \"radicalidade democrática, concretada na defensa da democracia e nunha nova forma de facer e entender a política\". Finalmente, defenden que os candidatos se escollan \"de abaixo a arriba\" cun proceso de listas abertas \"no que poderán participar os militantes, simpatizantes e a cidadanía que así o desexe\". A mocidade, por unha coalición Compromiso-Anova (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_3387", "summary": "A cifra de violacións pasou de 57 casos en 2018 a 93 no 2019, mantendo a tendencia ascendente dos últimos anos (no 2017 rexistráranse 44). O número total de 'delitos contra a liberdade e indemnidade sexual', que inclúe abuso e acoso, pasou de 536 a 636, un incremento do 18%", "text": "O pasado ano disparouse o número de delitos sexuais en Galicia. A cifra total de 'Delitos contra a liberdade e indemnidade sexual' pasou de 536 a 636, un incremento do 18% que se suma ao de anos anteriores (en 2017 foron 459). Esta categoría delitiva inclúe non só as violacións, agresións sexuais e abusos sexuais, senón tamén a corrupción de menores ou a pprnografía de menores, aínda que o número de casos nestes dous apartados apartados é reducido.O delito que máis se incrementou foi a agresión sexual con penetración, que pasou de 57 casos en 2018 a 93 no ano 2019, un aumento do 63%. En 2017 a cifra de violacións fora de 44, o que significa que en dous anos o número multiplicouse por dous. O número de delitos creceu especialmente nas grandes cidades.Estes datos, publicados este xoves polo Ministerio do Interior, chegan a tres semanas da celebración da mobilización feminista do 8 de marzo que de novo terá a liberdade sexual e a loita contra as agresións como un dos seus puntos fundamentais.Os delitos contra a liberdade sexual son cometidos de forma maioritaria por homes e sufridos de forma maioritaria por mulleres. En 2017, no conxunto de delitos, o 96% dos agresores foron homes, fronte a un 4% de mulleres. O 84% das vítimas son mulleres, fronte a un 16% de varóns (o 70% das vítimas masculinas eran menores de idade).Os delitos contra a liberdade sexual medraron especialmente nas zonas urbanas, con incrementos que se moven entre o 32% da Coruña, o 40% de Vigo, o 83% de Santiago e o 93% de PontevedraPor territorios, o número de violacións incrementouse en todas as provincias, pero especialmente na Coruña (+65%) e Pontevedra (+80), con aumentos máis cativos en Lugo e Ourense.O Ministerio do Interior ofrece tamén datos segmentados por concello para todas aquelas localidades de máis de 30.000 habitantes. En practicamente todas as cidades e vilas galegas aumentou o pasado ano o número de delitos contra a violencia sexual, coa excepción de Ourense e Carballo.Vigo (86), A Coruña (77) e Compostela (42) foron as cidades nas que se rexistraron máis delitos, con importantes aumentos en todas elas, que se moven entre o 32% da Coruña, o 40% de Vigo e o 83% de Compostela. Compostela foi a cidade na que máis se incrementou o número de violacións con penetración, pasando de 4 a 12Pontevedra (+93%) foi a cidade na que máis creceu a cifra total de delitos, pero foi Santiago de Compostela o lugar no que máis se incrementou o número de violacións con penetración, pasando de 4 a 12. Iniciativas como Campus do Medo alertaron nos últimos meses sobre o aumento das agresións sexuais contra mulleres, como antes fixera o Mapa do Medo. En Vigo a cifra tamén pasou de 10 a 14 e en Ferrol multiplicouse por cinco (de 1 a 5). Na cidade da Coruña, en cambio, reduciuse de 5 a 2."}
{"ID": "NOS_49195", "summary": "As tres linguas seguen sen ser consideradas oficiais na Unión Europea (UE).", "text": "O Parlamento Europeo está \"a estudar todas as posibilidades\" en torno ao uso de galego, catalán e euskera durante as sesións plenarias, indicou a presidenta da institución, Roberta Metsola, nunha entrevista con Europa Press. Metsola confirmou que a petición, anunciada a finais de xullo polo Goberno español pero que non lle foi remitida até mediados de setembro, xa foi trasladada á Mesa do Parlamento Europeo, o órgano encargado de tomar a decisión. A dirixente comunitaria matizou que a cuestión segue pendente porque os servizos parlamentarios están a examinar \"cales son as posibilidades\". Lingua, profesión e constitución Reivindicou que desde o ano 2006 \"calquera cidadán español pode escribir ao Parlamento Europeo ou dirixirse a esta institución en calquera idioma oficial do Estado español\" e, neses casos, a resposta cúrsase \"no idioma escollido\". A presidenta do Parlamento Europeo explicou así que, aínda que a Eurocámara xa conta con procedementos claros para as comunicacións, no caso do uso de galego, catalán e euskera seguen a examinar \"que facer\". A lingua na Xustiza, unha materia pendente: \"Esta semana entrei na lista das agraviadas por usar o galego\" Estaba previsto inicialmente que a Mesa tratase o asunto na súa reunión do pasado 3 de outubro, pero finalmente non se incluíu na axenda. A próxima reunión da Mesa terá lugar o 21 de novembro, ao comezo do próximo pleno en Estrasburgo, mais aínda non existe unha data exacta para abordar a cuestión. Petición da Generalitat A proposta española chegou despois de que a Generalitat de Catalunya presentase unha petición neste sentido na mesa de diálogo que os Gobernos catalán e español manteñen para abordar as relacións bilaterais. Para que unha lingua poida ser utilizada durante o pleno da Eurocámara debe ser considerada oficial na UE. Un status que actualmente teñen concedido 24 idiomas, entre os que non se atopan galego, catalán e euskera. Un precedente similar é o do gaélico, que desde 2007 empezou a ser considerado lingua oficial e de traballo na Unión Europea, aínda que a adhesión de Irlanda tivese lugar en 1973. A Mesa denuncia en Frankfurt o \"lado escuro\" da realidade de galego, catalán e euskera no Estado español O Goberno español xa pedira que estas linguas fosen recoñecidas como oficiais na UE en decembro de 2004, aínda que entón non chegou a solicitar o cambio necesario nos Tratados, polo que non adquiriron tal consideración."}
{"ID": "NOS_52179", "summary": "A coordenadora da plataforma social enviou un comunicado aos medios de denuncia da represión que sofre o pobo catalán.", "text": "A plataforma para a defensa dos dereitos nacionais de Galiza, Vía Galega, manifestaba publicamente esta segunda feira a súa \"absoluta solidariedade co pobo catalán na súa loita en favor da autodeterminación\". A coordenadora da entidade fai tamén un chamamento ao pobo galego para pronunciarse publicamente en contra da \"vulneración de dereitos e liberdades que se está a producir\" en relación á aplicación do artigo 155 da Constitución. Esta mostra de solidariedade entre pobos ten lugar após as concentracións convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya en diversos puntos do país. Vía Galega censura a violencia e represión \"á maioría social\" catalá que ven a acontecer desde a celebración do referéndum, o pasado 1 de outubro. Alén disto, a plataforma tamén empatiza \"coas persoas que están a ser perseguidas polo seu ideario catalanista\", algunhas delas ingresadas en prisión. Por último, a plataforma social apunta como ditas prácticas represivas están a \"azoutar\" a maioría política de Catalunya e as súas institucións democráticas, parella a unha actuación xudicial de parte. A organización aproveitou tamén a ocasión para reafirmar o seu compromiso e defensa do dereito de autodeterminación de Catalunya, Euskadi e Galiza."}
{"ID": "PRAZA_2596", "summary": "Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán gañaron o IX Certame de Poesía IX Certame de Poesía Erótica de Malpica Illas Sisargas con 'A outra voz', un poemario sobre violencia obstétrica. O libro sitúase na liña de denuncia do maltrato que é un dos alicerces da obra de Martínez, na que o percurso pola dor, a xeito de catarse para liberarse dela, xoga un papel fundamental.", "text": "Ser tratada como unha cousa. Como se non existise a dor. Nin o dereito a expresala e, moito menos, a rebelarse contra ela. Anulada. Infantilizada. Como manda o canon patriarcal. Niso consiste a violencia obstétrica. E iso denuncian os escritores Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán en 'A outra voz' (A.C. Caldeirón), o libro co que gañaron o IX Certame de Poesía Erótica de Malpica Illas Sisargas. Falamos con ambos deste poemario e aproveitamos para facer un percorrido con Verónica por toda a súa obra. 'A outra voz' é un libro sobre violencia obstétrica. 'Judite', de Marcos Abalde, fala diso mesmo. Por que optades por este tema? Pola súa invisibilidade? Verónica: Efectivemente, optamos por este tema porque é silenciado, semidescoñecido e minimizado, como case todos os problemas que afectan ás mulleres en exclusiva. É outra variante máis da violencia machista. Alberte: Neste caso partimos do particular para camiñar cara o xeral. Dende un caso concreto, realizamos a denuncia sobre un problema do que é vítima o conxunto da sociedade e do que esa mesma sociedade chega a ser cómplice, como no caso da violencia machista. O libro fala de como unha exploración xinecolóxica pode ser sentida como unha agresión, unha violación. Cando o trato é inhumano. Cal é, para vós, a clave dese xeito de actuar? Se cadra unha cultura médica patriarcal, un sistema de atención ao paciente que se parece a unha cadea fordista, a obxectualización e infantilización da muller... Verónica: Non sempre, pero en demasiados casos e abondaría con un, as exploracións xinecolóxicas convértense -e non só se senten, aí entrariamos na subxectividade da muller- en verdadeiras violacións, senón sexuais, -ás veces tamén-, si dos dereitos fundamentais das mulleres. As causas do maltrato son as que apuntas e a mala-educación patriarcal en sentido amplo e moitas outras que poida se nos escapen. Edúcasenos para ter medo aos/as médicos/as e ás consecuencias dos seus actos, nunca para cuestionar a súa praxe profesional. A maiores ás mulleres compélesenos directa e indirectamente a calar porque ao final \"son cousas de mulleres\" e esas non importan a ninguén. E nin tan sequera temos o noso propio Nü Shu, ese idioma das mulleres, como as mulleres chinas tiveron durante séculos, para poder expresarnos con liberdade. Alberte: Na miña opinión, son todos os motivos que apuntas causas da violencia obstétrica. A tradición xudeocristiana na que a muller para realizarse na vida debía ser nai, convertendo a maternidade nun acto de sometemento, pasando por varias fases, nas que atopamos as inspección xinecolóxicas antes, durante e despois do parto, como un instrumento no que se humilla á muller e se conculcan dereitos que deberías ser fundamentais, tamén ligados á liberdade á hora de decidir o que facer co seu propio corpo. As devanditas inspeccións, seguindo protocolos nos que, en moitos casos, a información para unha escolla libre se ve profundamente cuestionada. Lendo sobre a violencia obstétrica e institucional, e analizando un pouco a historia máis recente, non resulta en absoluto casual que sexa até o presente século que a violencia obstétrica se mencione no corpo dunha lei que a define e a considera un delito. Sendo poucos, até o momento, os países que contemplan na súa normativa actos punitivos para tal tipo de agresións. Non resulta en absoluto casual que sexa até o presente século que a violencia obstétrica se mencione no corpo dunha lei que a define e a considera un delito Non hai metáfora nin reviravolta. Fálase, sen máis, de violencia. É unha opción escollida para reflectir, precisamente, a crueza desa violencia? Verónica: Non hai metáforas nin recursos poéticos cando un xinecólogo che introduce en menos de dous segundos un espéculo ata o útero, sen lubricante, sen pedir permiso, sen preguntarche o teu nome nin dicirche o seu, o extrae con manchas de sangue e aínda te increpa, que non te laies, que non che pode doer, como se o que sentimos as mulleres non nos pertencese. Se eles/as non teñen un mínimo tacto e coidado, nós non temos razón algunha para reaccionarmos con comprensión cara ao dano que nos fan. Como muller, o padecemento persoal é enorme e, en consecuencia, cómpre manifestalo de forma contundente. Con todo, dende Lusocuria modifiquei o meu xeito de escribir, sendo cada vez máis clara e directa na miña poesía, así A outra voz pertence a esta nova etapa. Alberte: A violencia non se filtra, para quen a padece, por ningunha peneira poética. Edulcorar, dalgunha maneira o discurso, sería deturpar a mensaxe. \"Se eles/as non teñen un mínimo tacto e coidado, nós non temos razón algunha para reaccionarmos con comprensión cara ao dano que nos fan\" A muller do libro tivo un aborto. E sente non só dor física, senón a dor da perda e da desilusión. O seu corpo prepárase para parir cando xa non hai feto. Despois, o sexo é un xeito de recuperar como a pertenza do seu corpo. É iso o que tentades transmitir? Verónica: A muller do libro ten que parir a un/ha fillo/a morto/a; iso é un aborto, hai feto evidentemente. A interrupción voluntaria do embarazo realízase doutro xeito. Na miña opinión non se deberían denominar igual, como se fosen o mesmo. Noutros idiomas, por exemplo en francés, diferéncianse, xa que son dous procesos diferentes: o aborto -que se produce de seu- e a interrupción voluntaria do embarazo -que resulta dunha decisión consciente e deliberada-. Esta muller expulsa o que os facultativos chaman \"os restos\" e non un fillo/a morto/a. Neste uso da linguaxe, neste caso en concreto, tamén percibimos o maltrato institucional. Tentamos transmitir a dor da perda dun/ha fillo/a. Tamén como este feito afecta inevitablemente ás relacións de parella, moitas veces polo desexo de pasar páxina moi cedo, sen vivir o tempo de dó necesaria, pola falta de empatía ou polo tabú do tema a nivel social e familiar. Alberte: Na miña opinión, incluso cando o aborto é unha decisión consciente e meditada, os vínculos que se establecen entre dous corpos en tan íntima unión deixan un sentimento de baleiro. Na elaboración deses vínculos existen dende motivos relacionados coa convención social, até a propia fisioloxía do corpo humano e os reguladores químicos que preparan ao individuo para os cambios que está a piques de experimentar. Dende o meu punto de vista, tamén a proximidade a eses procesos, sen experimentalos directamente, crean un sentimento de baleiro absoluto, polos propios vínculos que se crean entre as persoas implicadas. Vínculos incluso químicos, aínda que non pretendo reducir as relacións unha simple reacción química. En 'Ode á Madison Ivy', unha muller comeza a ver filmes pornográficos porque o seu amante os ve. Pero descobre o desexo: a través dunha actriz porno. E ten que descartar o propio sentimento de culpa: a moralidade. Por que? Non se pode ser feminista se che gusta iso, di, por exemplo. Verónica: Critico o mundo do consumo de pornografía máis comercial, ao que pertence a Madison, onde se obxectualiza as mulleres e, como resulta evidente, esa tipoloxía de consumo non é feminista. A protagonista usurpa ese espazo, eminentemente masculino, para o desfrute da voz que fala, un dos xestos salvables dentro do libro para o feminismo. Non existe unha ideoloxía única na que incluír todo o feminismo, do mesmo xeito que non existe unha única muller que escriba poesía, nin unha idea única que inclúa o pensamento de todas as mulleres. Fago poesía que fala dun contexto, no que o pensamento libre está a ser absolutamente aniquilado. A poesía debería facer pequenos buracos para permitir que entrase algo de luz neste mundo. A muller que desexa é, ademais, unha muller operada, seguramente segundo o canon de beleza heteropatriarcal. E polo que lemos os filmes nos que participa non pertencen ao xénero do porno pensado para mulleres, non heteropatriarcal, que tamén existe. É iso parte da contradición dela? Verónica: O verdadeiro problema da pornografía de consumo, ademais das cuestións estéticas, é a dominación que provén dunha mentalidade patriarcal. O mercado da pornografía foxe da consideración que ten o cinema como arte e representa os desexos perversos de dominación dunha grande maioría da sociedade. A pornografía é unha metáfora perfecta do papel que a sociedade lle asigna á muller. A submisión como máxima, a humillación, a posición subalterna que a incapacita para tomar decisións sobre a súa sexualidade, a negación para expresar dun xeito libre as súas necesidades sexuais e afectivas, para tomar a iniciativa, desexar libremente alén dos impulsos do outro, para todo. Nin os filmes pornográficos feitos por mulleres, como os que pode representar Érika Lust, toman a distancia suficiente do actual percorrido do mercado da pornografía. Non hai plan b para o porno, hai pequenos camiños secundarios que non gozan da visibilidade que deberían. \"Non hai plan b para o porno, hai pequenos camiños secundarios que non gozan da visibilidade que deberían\" Cara ao final pregúntase a voz poética se somos tan distintas a ela. Porque, quen non fodeu sen ganas ou finxiu un orgasmo? Podes afondar nesta idea? Verónica: Vivimos na era dos orgasmos finxidos, da subxugación ao home, da heterosexualidade imposta, etc., diante ou detrás da cámara, nunca debería ter acontecido, mais lamentablemente non é así. Esa é a nosa condena e a nosa correa de transmisión e de educación sexual para as novas xeracións. É necesario normalizar o sexo dentro dun contexto de cotián, amosando relacionamentos igualitarios, sen preconceptos, inseridos en situacións recoñecibles. Dalgunha maneira, a muller do poemario descobre a súa propia sexualidade a través da pantalla... É esa a historia que, ao final, nos conta o libro. Verónica: A muller do poemario xoga cos/as lectores/as, ten máis que descuberta a súa sexualidade!. Destaca e visibiliza todos os nosos preconceptos: a heteronormalidade, o consumo de pornografía comercial por parte do xénero masculino, o desexo e o amor, a fidelidade imposta socialmente e non consumada, coa conseguinte dobre moral, a prostitución, as relacións a través da rede, os canons de beleza patriarcais... A pornografía, do mesmo xeito que un poema pode tamén servir como elemento de denuncia, podería ser moito máis e mesmo cubrir un aspecto docente. O medo e a dor están moi presentes en 'A outra voz'. E xa o estaban en 'Refuxio'. O silencio asociado ao medo. O pasado abandonado no silencio. O maltrato de verse repudiada, rexeitada, violentada... É a dor das mulleres maltratadas? De que maneira? Verónica: En todos os meus libros denuncio todas as tipoloxías de maltrato, dende o particular ao social, que existe e perdura entre outros moitos motivos polo silencio cómplice: o terrorismo machista, o maltrato intrafamiliar, o maltrato infantil, o maltrato institucional, a neglixencia, o abandono… a dor de todas tamén é a miña dor. \"En todos os meus libros denuncio todas as tipoloxías de maltrato, dende o particular ao social\" E en Cartapedra? Por que ten, en xeral, tanta presenza a dor nos teus libros? Oponse a dor ao desexo? Verónica: A dor é un sentimento e o desexo unha emoción, son conceptos ben distintos, non sei se opostos, pero o que si sei é que nos meus libros non conviven no mesmo contexto, no mesmo plano. O desexo incita, promove o achegamento, convida á acción; a dor, en troques, afasta, arreda, é de natureza reactiva. Deste xeito, na miña escrita poden coexistir, pero nunca se tocan. Creo que fora 'Lusocuria' o libro polo que foras insultada. Por ser un poemario que ía máis alá do erótico. Nese sentido, se sempre exploraches o desexo desde o punto de vista da muller, parece que neses últimos libros se explora o porno. Por que? É como unha evolución lóxica, dicindo as cousas cada vez de xeito máis claro? Verónica: As persoas que me criticaron negativamente viron unha clara involución na miña escrita, na miña poesía, non unha evolución. Non sei se me corresponde a min dicir se evoluciono ou non. Sentín a necesidade de ser máis explícita, de denunciar dun xeito máis claro, para que non exista posibilidade á confusión ou á reinterpretación, para non ser cómplice tamén ou procuralo cando menos. Evidentemente os meus últimos libros foron vistos como un ataque aos presupostos asumidos. A sociedade, os homes e non só, tentarán afastar os meus libros do concepto tradicionalmente asumido de poesía, onde o amor ou o desamor se mostran como unha temática potente, a metáfora como gran recurso, e nunca se aceptarán libros que amosan tan alto, tan claro e directamente. A maiores calquera posicionamento que veña dunha muller vai ser catalogado de \"feminismo radical\", concepto ao que a sociedade actual nos ten tan afeitas. \"Calquera posicionamento que veña dunha muller vai ser catalogado de \"feminismo radical\", concepto ao que a sociedade actual nos ten tan afeitas\" 'Había tantos homes lilas' faime pensar na sorpresa, o medo. 'Deshabitada e sen verdugo' é como un paso adiante. E a dor tamén do desexo, asociada ao fracaso. Por que esa evolución? Verónica: En 'Había tantos homes lilas' comento o maltrato intrafamiliar onde a protagonista non ten moita opción a fuxir del. Como consecuencia deste, e polo efecto da revitimización, a voz que fala, cae no maltrato de parella a través do abandono emocional en 'Deshabitada e sen verdugo'. 'Desterrada do meu corpo' é como a dor da perda, da ausencia. E sae aquí xa, por certo, e xa saíra antes, a idea do parto. De que é aquí metáfora o parto? Verónica: O parto é a unha metáfora, e non tanto, da dor máxima física e emocional padecidas por calquera muller. \"O parto é a unha metáfora, e non tanto, da dor máxima física e emocional padecidas por calquera muller\" En 'O ladrón de almas', despois de ser desterrada do corpo, é desterrada da alma. Pide que lle leve a alma. Por que? Que relación ten este poemario co anterior? Verónica: Na verdade todos os meus poemarios están relacionados entre si, poderían lerse como unha soa historia, como un só libro, uns como consecuencia dos anteriores. É percurso pola dor, un xeito de combatela e de superara, como algo catártico. En 'Cara a un solpor de gatos' volve a dor. O gato morto. O neno abortado. A perda, outra vez. Que relación pode ter con 'A outra voz'? Tamén está o desamor e, se cadra, o medo á dependencia emocional. Por que? Verónica: Trátase o mesmo tema, a perda dun fillo, pero dende o punto de vista só da muller, a dor da perda en exclusivo, non se trata aínda o contexto como sucede en 'A outra voz'."}
{"ID": "NOS_54548", "summary": "O país perdeu 10.325 parados e paradas no último ano.", "text": "Información ampliada ás 11.21 horas* O número de persoas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego da Galiza baixou en 389 o pasado mes de outubro. O dato supón un descenso de 0,27% con respecto ao mes de setembro, até situar o total en 143.720 persoas desempregadas. A Galiza viu incrementado en 6,4% o paro no terceiro trimestre con respecto a 2021 A baixada de parados e paradas na Galiza e case catro veces menor que a rexistrada no conxunto do Estado español, cun descenso medio de 0,9%. En total, o paro perdeu 10.325 persoas a nivel estatal. Medra o paro na Galiza mentres 48% das familias teñen dificultade para chegar a fin de mes Atendendo á taxa de variación interanual na Galiza, o desemprego reduciuse en 10.325 persoas en comparación con outubro de 2021. Isto representa un descenso de 6,7%. Actividades económicas Por actividades, o paro caeu en agricultura (25 persoas menos), industria (32 menos), construción (74 menos) e, sobre todo, servizos (831 menos), pero subiu no colectivo sen emprego anterior (573 desempregados máis). A Galiza é a cuarta autonomía na que máis aumentou o número de persoas paradas no mes de setembro Pola súa parte, o paro afectou na Galiza 10.301 estranxeiros, 128 máis que en setembro (1,26%) pero 21 menos que no mesmo mes do ano anterior (-0,20%). Do total, 3.195 son comunitarios e 7.106 extracomunitarios. En canto aos demandantes de emprego, foron 208.914, deles 35.416 ocupados e 155.533 sen ocupación, que son (estes últimos) 1.032 menos que o mes anterior (-0,66%) e 10.410 menos que 12 meses atrás (-6,27%). Datos de contratación No que se refire á contratación, o país sumou 69.958 o pasado mes, 11.047 menos que en setembro (-13,64%) e tamén un descenso, en 19.251 contratos, respecto ao ocorrido hai un ano (-21,58%). O paro baixa en 5.188 persoas na Galiza, cunha alza dos contratos indefinidos A distribución de contratos foi a seguinte: 24.650 indefinidos (4.094 menos que en setembro pero 16.737 máis que en outubro de 2021) e 45.308 temporais (6.953 menos que en setembro e 35.988 menos que en outubro de 2021)."}
{"ID": "PRAZA_20929", "summary": "Dende hai anos Adega denuncia a \"permisividade\" da Xunta con estas instalacións, que máis aló dos novos perigos de contaxio do coronavirus, supuñan xa unha \"bomba biolóxica\" para a biodiversidade. En Galicia hai 25 granxas, o 80% das existentes en España, con máis de medio millón de exemplares", "text": "Este xoves a Xunta informou da detección dun foco de coronavirus SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns americanos no concello da Baña, o que obrigará ao sacrificio de todos os animais existentes nesta instalación, uns 3.100 exemplares. A explotación permanece inmobilizada e sometida a vixilancia e control oficial polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural. Estes animais actúan como reservorio natural do virus e existe a posibilidade de que llo contaxien a un ser humano ou que sirvan para o desenvolvemento de novas cepas, en ocasións máis perigosas.O virus, na forma en que é contaxiable a humanos, foi detectado en varias granxas destes animais en Europa, dende os Países Baixos ata DinamarcaNos últimos meses o virus, na forma en que é contaxiable a humanos, foi detectado en varias granxas destes animais en Europa, dende os Países Baixos ata Dinamarca, onde ante o risco de transmisión o Goberno decidiu o peche de todas as granxas e o sacrificio de millóns de animais. No Estado Español houbera tamén un episodio en Teruel, que fixo necesario o sacrificio de cen mil visóns e a clausura de varias granxas.Adega cualifica de \"bomba pandémica\" a estas granxas en Galicia e insta a Xunta e Goberno central a \"pechar este tipo de instalacións o antes posible\", co sacrificio dos animaisSon varias as entidades que alertan do risco que supón a actividade destas granxas en relación a unha posible transmisión do virus ao ser humano. Neste senso, Adega cualifica de \"bomba pandémica\" a existencia destas granxas en Galicia e insta a Xunta e Goberno central a \"pechar este tipo de instalacións o antes posible\", co sacrificio dos animais que conteñen. Anos de denuncias dunha \"bomba biolóxica\"Pero máis aló dos novos riscos asociados á Covid-19, estas granxas de visóns (unha especie invasora) supuñan xa unha \"bomba biolóxica\", cun grave risco para a biodiversidade no caso de fuga dalgún exemplar. Entidades ecoloxistas levan décadas esixindo a fin desta actividade que está na base da industria peleteira, con críticas á permisividade amosada polo Goberno galego. \"A Xunta sempre se amosou reacia a controlar e limitar a expansión das granxas de visón. Mesmo seguiu autorizando explotacións (as últimas en 2018 e 2019) cando en Europa estábanse a pechar\", lembra Adega. Máis aló dos novos riscos asociados á Covid-19, estas granxas de visóns supuñan xa unha \"bomba biolóxica\"A entidade subliña que a dende o ano 2014 a estratexia de xestión, control e erradicación do visón americano recomenda en España \"afortalar as medidas de contención e bioseguridade para as granxas\". Porén, a día de hoxe \"non son poucas as instalacións galegas que seguen sen actualizar as súas instalacións para incorporar estas medidas\". \"A Xunta sempre se amosou reacia a controlar e limitar a expansión gas granxas de visón. Mesmo seguiu autorizando explotacións (as últimas en 2018 e 2019) cando en Europa estaban a pechar\", lembra AdegaO visón americano é un predador que se pode reproducir en liberdade en Galicia, ocupa distintos hábitats e compite polos recursos con carnívoros autóctonos como a marta, a xeneta, a denociña ou a lontra. A permisividade co visón americano mesmo pon en risco algunhas especies autóctonas en perigo de extinción, como a auganeira (Galemys pyneraicus) ou o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). E o propio visón europeo, habitual en todo o continente até o século XIX, e hoxe en crítico risco de extinción, atopándose apenas algúns individuos en Rusia, Rumanía, Ucraína e España.No ano 2014 Adega alertou da chegada a Galicia de novas granxas de visóns, cunha maior permisividade da que contaban estas empresas noutros países de Europa. ADEGA subliñaba que Galicia \"non pode ser o vertedoiro biolóxico de Europa e o paraíso da impunidade ambiental para empresas sen escrúpulos\".25 granxas en Galicia, con medio millón de animaisGalicia conta co 80% das granxas de toda España, sobre todo en concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Carral ou A BañaGalicia é o territorio do Estado cun maior número de granxas de visón americano. Hai 25 instalacións (dun total de 37 en toda España), que acumulan centos de miles de exemplares, calcúlase que máis de medio millón de animais. Abegondo conta con seis destas granxas, Carral con catro, A Baña con tres, Santiago de Compostela con dúas e Brión, Curtis, Negreira, Rois, Sobrado, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Agolada, Lalín, Oia e Vilaboa acollen unha, segundo os datos de Adega. O seu número, iso si, veu descendendo nos últimos anos (en 1989 había 320 granxas en Galicia).Adega denuncia que \"en plena pandemia de COVID-19, a Xunta malia a ter competencias plenas en gandería, volve descargar no Estado a responsabilidade de tomar medidas nas granxas contra o coronavirus\"Adega denuncia que \"en plena pandemia de COVID-19, a Xunta malia a ter competencias plenas en gandería, volve descargar no Estado a responsabilidade de tomar medidas nas granxas contra o coronavirus\". E destaca que dende o pasado mes de setembro aplica un programa de prevención de COVID-19 nas granxas que \"só prescribe análises (control pasivo) se hai visóns con síntomas compatíbeis co COVID-19, ou algún dos operarios tivo un diagnóstico positivo\". Ata o mes de novembro, das 25 granxas de visón galegas só se fixeran controis en 4 (todos negativos), \"malia que dende xullo os casos de COVID-19 en visóns disparáronse por toda Europa\", sinala a asociación.En decembro Adega e WWF instaron publicamente a Xunta a decretar o \"peche definitivo\" das granxas de visón americano en Galicia, seguindo o exemplo dos Países Baixos ou Dinamarca. Agora, de novo, Adega reclama que a Xunta \"exerza as súas competencias en medio ambiente e sanidade animal\" decidindo o \"peche cautelar\" destas instalacións. De igual xeito, demándalle ao Goberno central que clausure as granxas de visón."}
{"ID": "NOS_32332", "summary": "A Revista Galega de Teatro - Erregueté anuncia que pasará de publicar catro números por ano a dous, por mor da falta de apoio económico institucional.", "text": "O editorial do novo número da Revista Galega de Teatro - Erregueté, asinado pola directora, Vanesa Sotelo, anuncia que o proxecto está \"como ente vivo, en risco de desaparición material\". Afogada pola retirada de apoios económicos institucionais, Sotelo denuncia que \"as axudas para facer posíbel a súa continuidade en papel diminúen en sentido inversamente proporcional aos proxectos que emprende e aos esforzos altruístas que diariamente inviste para desenvolvelos\". Neste contexto, a Erregueté declara verse na obriga de reducir o número de publicacións por ano, pasando das catro actuais a só dúas. Para alén da nova periodicidade, promete manter as seccións habituais, incluíndo dous textos de creación en cada número co obxecto de asegurar a saída de catro títulos cada ano e manter o compromiso na difusión da dramaturxia galega contemporánea e da tradución de novas pezas. A revista afronta así o que a directora define como unha \"etapa de resistencia de duración e consecuencias descoñecidas\". Ameaza unha iniciativa con 36 anos de historia A Erregueté é un proxecto que viu a luz en 1983, contanto a súa \"prehistoria\" no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega. A creación foi promovida, entre outras, pola sección de Vigo da Escola Dramática Galega, con sede na Coruña. A partir do número 11 adoptou o nome de Revista Galega de Teatro. Actualmente constitúe a única publicación periódica dedicada integramente ao teatro galego. Editada por Entre Bambalinas, conxuga información, creación, divulgación e investigación."}
{"ID": "NOS_18840", "summary": "Novo golpe de efeito da pirotecnia podemita. Menos de 24 horas despois de se confirmar o seu triunfo nas primarias, Pedro Sánchez coñecía esta segunda feira unha oferta política de Podemos: a formación liderada por Pablo Iglesias oferece retirar a súa moción de censura se o PSOE apresenta unha propia.", "text": "Foi o secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, o que se encarregou de trasladar ao PSOE, xusto o día seguinte das primarias socialistas, unha oferta política en relación á censura a Rajoy. Trataríase de que Podemos estaría disposto a retirar a súa moción sempre e cando o PSOE se animase a apresentar a súa propia. Con este movimento sobre o taboleiro, Podemos mostra a súa vontade de presionar politicamente Pedro Sánchez xa desde o minuto 0 do seu retorno á secretaría xeral do PSOE. Durante a campaña, e do mesmo xeito que Susana Díaz e Patxi López, Sánchez deixou claro que con el como líder o PSOE non apoiaría a moción de censura do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, rexistada a pasada sexta feira con Pablo Iglesias como candidato alternativo. O que non desbotaba Sánchez é que no meio prazo o PSOE se animase a apresentar a súa propia moción de censura. Podemos non quer que Sánchez xogue cos tempos e por iso quere marcarlle desde xa a axenda, para fixar a impresión na opinión pública de que o PSOE se move só porque se sente presionado pola organización liderada por Iglesias. Echenique revelou que esta oferta ao PSOE conta co apoio de En Marea e de En Comú Podem."}
{"ID": "NOS_11128", "summary": "Reivindican que se bote a aquelas empresas que incumpren as condicións mínimos deste servizo público e que se convoque un novo concurso que garanta condicións laborais e de calidade.", "text": "9 e 10 de maio, 6 e 7 de xuño, 4 e 5 de xullo. Son as xornadas de greve no sector de ambulancias de Galiza, uns paros que poden dar lugar a una greve indefinida de non se solucionar os problemas que motivan o protesto. Desde a CIG explícase que catro son as cuestións centrais da greve: botar as empresas que incumpran as condicións mínimas deste servizo público, convocar un novo concurso que garanta condicións laborais e de calidade, retirar os elementos de presión e precarización das condicións de traballo, e que se asine o convenio colectivo (caducado hai dous anos). O sindicato cualifica de \"abandono absoluto\" a situación do sector. Xunta, a Consellería de Sanidade e o 061 \"están mirando para outro lado\", critica a CIG, e nin sequera contestaron ás reiteradas solicitudes de reunión para tratar estes problemas. De aí que os traballadores e traballadoras avalaran en asembleas ir á greve ante un escenario dunha patronal unicamente preocupada polo seu rendemento económico e o desprezo da Xunta cara un servizo básico como este, \"maltratado durante anos\". As empresas recoñecen agora que levaron concursos optando por ofertas por baixo do prezo real e tentando que este custo sexa asumido polo persoal. Así, houbo un empeoramento das condicións laborais no que ten que ver co aumento de horas e o incremento, de entre 10 e 20%, da carga de traballo. A pesar deste incremento de servizos non se reforzaron os cadros de persoal. Expedientes Na rolda de prensa de Compostela, os delegados de Ambuibérica denunciaron que a empresa impuxo máis de 40 expedientes de sanción nos últimos días para, afirman, atemorizar o persoal \"e que non proteste diante deste desfeita\". Sancións que chegaron a recibir mesmo traballadores que nin estaban de servizo ou que xa levaban meses fóra da empresa. Este proceder por parte de Ambuibérica non é illado, prosegue a CIG, senón que tamén abriu arredor de 40 expedientes sancionadores a traballadores/as do 061 na comarca de Vigo. Doutra banda, o secretario da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón denunciou ademais que este conflito está sendo tratado como un problema de orde pública con chamadas aos cuarteis da Garda Civil da comarca. \"De xeito irregular someteuse aos traballadores a auténticos interrogatorios nos que entre outras cousas se preguntaba se estaban afiliados á CIG, se ían asistir á asemblea, que se ía falar e pretendendo que posteriormente se lles informara do falado. Algo absolutamente intolerábel e completamente ilegal que xa están estudando os servizos xurídicos da CIG\"."}
{"ID": "NOS_56182", "summary": "Poñemos a ollada na represión da Ribeira Sacra após o golpe de Estado de Francisco Franco. Como exemplo, a cantidade de reclusos do cárcere de Monforte, unha cifra que chegou a sorprender o fotógrafo Erich Andres, un alemán ligado aos servizos secretos nazis. As cifras recollidas nesta análise dan conta da dimensión desta represión. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 287.", "text": "Foi unha represión durísima. Segundo os dados fornecidos pola historiadora María Xesús Souto no seu estudo sobre a represión franquista na provincia de Lugo, a comarca da Ribeira Sacra situase á cabeza da represión paralegal nesta área. Outro tanto acontece cos encarceramentos ou os ingresos en prisión por motivos políticos no período 1936-1939, onde esta zona ocupa os primeiros lugares de Lugo. Só en Monforte rexistráronse 446 detencións para unha poboación de 22.000 persoas, aos que temos que sumar os 232 detidos do Saviñao para unha poboación de 12.000 persoas, os 179 de Quiroga para unha poboación de 8.000 persoas, os 114 de Ribas de Sil para unha poboación de 4.000 persoas, os 80 da Pobra do Brollón para unha poboación de 8.000 persoas ou os 253 detidos de Sober. A cantidade de reclusos do cárcere de Monforte chegaría a sorprender en 1936 o fotógrafo Erich Andres, un alemán ligado aos servizos secretos nazis que fotografou a retagarda franquista, deixando testemuño gráfico e escrito do suceso. A troica do terror, un operativo negro a cuxa cabeza se situaba a institución militar e do que facían parte sectores da igrexa católica, dirixentes patronais e as milicias paramilitares, formadas maiormente por falanxistas, traballaron arreo a partires de xullo de 1936. Sinaláronse dentro do exército os mandos da Garda Civil, algúns dos cales xa foran detidos en abril de 1936 por partillar conspiración cos falanxistas o capitán Xosé Logo e o sarxento Emilio Cabanas, destacando o comandante do posto de Pantón, Manuel Losada Estévez, primeiro alcalde franquista do concello; o brigada do destacamento de Quiroga, Xoán Gómez, e moi particularmente o tenente de Monforte, Xosé González Díaz. González Díaz, que non tardaría en ser nomeado delegado de orde pública na localidade, quebrou a folga convocada polas organizacións obreiras en colaboración cos paramilitares, declarou o estado de guerra na cidade do Cabe, dirixiu a toma de Sober, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil ou Quiroga, asinando sacas no cárcere de Monforte, e foi responsábel das primeiras execución e detencións na comarca. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 287, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_57254", "summary": "Impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD, o pacto compromete a manter un esforzo en axuda ao desenvolvemento que garanta que, antes do remate do 2017, cando menos o 0,7 por cento do orzamento consolidado da Xunta se adique á erradicación da pobreza", "text": "Alternativa Galega de Esquerda (AGE) asinou o Pacto Galego contra a Pobreza impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD. O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, denunciou \"actitude hipócrita\" do PP xa que, malia ter asinado hai xa case tres anos este pacto, \"na práctica o camiño que están a seguir desde entón vai na dirección radicalmente oposta ao que persegue\", aplicando políticas de recortes que, no caso da cooperación ao desenvolvemento, deixan case inexistentes as partidas orzamentarias destinadas a este fin, \"cunha redución dun 64 por cento desde 2009, chegando ao 2013 cun mísero 0,05 por cento de asignación orzamentaria\". \"Desde que chegou o señor Núñez Feijoo á Presidencia da Xunta non só non se están a cumprir os compromisos incluídos neste pacto senón que o descenso de fondos é cada vez máis grave\" destacou Xosé Manuel Beiras Nos últimos dous anos, o goberno do Partido Popular a nivel estatal logrou colocar o Estado española á cola de Europa cun 0,15 por cento destinado a cooperación para o desenvolvemento. AGE denuncia que co brutal recorte do 49 por cento respecto ao ano anterior \"situámonos a niveis de finais da década dos 80 co que se pode afirmar que o obxectivo do PP céntrase en facer efectivo o desmantelamento real da cooperación. Países cunha situación económica similar como Portugal ou Grecia os recortes son moito máis moderados cun 13 e 17 por cento respectivamente\"."}
{"ID": "PRAZA_8385", "summary": "O Colectivo Cultural A Nave das Ideas quere deste xeito homenaxear o editor e impresor de Cantares gallegos, obra da que se celebran os 150 anos da súa publicación.", "text": "O Colectivo Cultural A Nave das Ideas vén de entregar no rexistro do Concello de Vigo unha proposta para darlle o nome de Juan Compañel á biblioteca municipal da cidade. Quérese deste xeito recoñecer a tarefa de Juan Compañel como editor e impresor de Cantares gallegos, a obra de Rosalía da que celebramos os 150 anos da súa publicación. Ademais destacan que con este recoñecemento tamén se destaca a \"rica tradición editorial\" de Vigo que dende a asociación coidan necesario reivindicar. Juan Compañel foi unha \"persoa capital na configuración do Rexurdimento galego dende a prensa de tendencia galeguista e progresista\". En 1856 trasladouse a Vigo, onde publicou La Oliva con Alejandro Chao, José Ramón Fernánedz e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de El Miño volvendo á súa primeira denominación en 1868. Na súa imprenta publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro. En 1873 marchou a Cuba, foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu La Lealtad (1882) de Cienfuegos, Diario de Cárdenas (1883) e La Unión de Colón. Volveu a Vigo en 1891 para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde, onde morreu en 1897."}
{"ID": "NOS_18595", "summary": "Conversamos con Adolfo Araiz, portavoz de EH Bildu no Parlamento de Nafarroa, e asinante en nome da coligazón abertzale da declaración impulsada polo Bloque contra os tratados de libre comercio. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 253.", "text": "De que maneira son prexudiciais para os pobos de Europa os tratados de libre comercio? Hai dúas cuestións que son centrais. Unha específica que atinxe a todos os pobos con ou sen Estado, que é o tema da transparencia. Estes tratados negociáronse dun xeito secreto, como moitos dos tratados de libre comercio, e non sabemos cales son os termos exactos nalgunhas ocasións até que non se leva aos parlamentos a votar. Nese sentido, nós entendemos que a cidadanía debe ter o dereito a coñecer previamente á negociación e á sinatura destes tratados cal é o seu contido, en que lle vai modificar os seus dereitos, en que van modificar as regulacións vixentes, porque o que defendemos é que estamos diante da posibilidade dunha desregulación masiva da política ambiental, sanitaria, das relacións laborais, e para nós coñecer o que se está cocendo é fundamental. Por outra parte, a nós, en tanto que nacións sen Estado, aféctanos tamén no que atinxe a nosa capacidade de decisión. Mesmo os actuais Estados soberanos van ser ultrapasados na súa decisión polas cortes de arbitraxe que se van colocar por riba das lexislacións estatais. No caso das nacións sen Estado o risco é inda maior ao non termos instrumentos propios. Desgraciadamente no Estado español non se deu a situación que se deu en Valonia, no Estado federal belga, na que un Parlamento tivo a oportunidade de emitir unha valoración, de estudar o tratado. Isto non pasou nos parlamentos autonómicos, o máximo que puidemos facer foi emitir declaracións políticas de rexeitamento pero máis nada. O catedrático Ramón L. Suevos teorizaba recentemente que para Galiza, o ingreso do Estado español na UE supuxo que o noso país pasaba a ter, literalmente, \"dous amos\". Os TLC provocarán ese mesmo efecto para as nacións sen Estado? Estamos diante dunha ameaza maior para articular unha opción política de autogoberno que poña en cuestión a transferencia de soberanía. Calquera movemento político que aspire a articular maiorías para poder gobernar vaise atopar con que se transferiron competencias, por exemplo en materia de medio ambiente, sobre as que non se vai poder lexislar pola existencia das cortes de arbitraxe ás que poderán acudir os investidores para denunciar que unha normativa que se pretenda aprobar en Galiza ou en Nafarroa atenta contra os seus intereses, ameaza o seu dereito a comerciar e para pedir unha compensación con indemnizacións millonarias. Quen estamos nun estadio de conquistar cotas de soberanía vemos que cada vez se afastan máis os centros de decisión da cidadanía e esa imposibilidade de desenvolver políticas propias. O exemplo do medio ambiente, da soberanía alimentar, as patentes farmacéuticas, son evidentes. Cos TLC non imos ter instrumentos de decisión. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 253, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_4322", "summary": "Hai 22 anos que Xosé Manuel Budiño debutou en disco con aquela peza chave do novo folk galego, Paralaia. Seis discos despois ensaia un sorprendente e maduro xiro pop no seu novo traballo, Fulgor, que acaba de colocar na rúa e presentará o vindeiro 15 de marzo na Sala Capitol de Compostela.", "text": "Aquel gaiteiro superdotado é agora cantor acústico e de rexistro pop. \"Un universo ultramoderno cun pé na raíz e outro no abismo\", sinala nota promocional, \"o abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco\". Para este punto de inflexión da súa carreira, Budiño -natural de Moaña- decidiu rodearse de amigas e colegas. Para as letras e para a instrumentación. Aínda que Fulgor se compón de nove cancións orixinais, compostas e producidas e cantadas polo propio Budiño -e mais a versión de Bos amores, poema de Rosalía de Castro e música de Narf-, nos seus sucos aparecen Xoel López (guitarra e coros en Santiago) ou Jairo Zavala, de Depedro (guitarra na mexicanizante Frida). Ademais, a poeta Antía Otero escribe os versos de Pulso, e Xoel López os de Santiago. Tamén participa \"o sotaque lusoafricano\" do guitarrista Luiz Caracol, o galego Antonio Casado e o Cuarteto Quiroga, recente Premio Nacional de Música. Brais Morán ao baixo á guitarra e aos coros, Fran Sanz ao baixo e Budiño á voz, frauta, piano e guitarra completan o son da obra. \"Despois de seis anos de silencio, Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas\", explica na web do artista, \"chegou Fulgor porque todo brilla, todo resplandece. Un Fulgor para unha nova etapa que xa non soa a silencio\". Despois do concerto compostelán, Budiño actuará na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro, o 23 de marzo. Nota: cuberta de Fulgor, o último disco de Xosé Manuel Budiño."}
{"ID": "PRAZA_3999", "summary": "A Euro-Região, a casa de todos nós, será o farol de esperança na construção de um futuro melhor para todos. Porque juntos somos mais fortes.", "text": "[Artigo publicado orixinalmente na web do Eixo Atlántico]A Euro-Região, a casa de todos nós, será o farol de esperança na construção de um futuro melhor para todos. Porque juntos somos mais fortes.Julgo não exagerar, até porque conheço bem a realidade municipal e supramunicipal em Portugal e Espanha, ao afirmar que dificilmente se encontrarão regiões transfronteiriças com o dinamismo e a capacidade que aqui temos no noroeste peninsular.Somos uma das maiores, senão mesmo a maior comunidade transfronteiriça que une dois países em torno de um objetivo comum. E somos sobretudo aquela que o tem feito de forma mais exemplar de há mais de 25 anos a esta parte.Por estes dias, o nosso foco quotidiano coletivo e por consequências também os nossos desafios esbatem-se e somos obrigados a recentrar todas as nossas atenções e esforços em torno do que é primário e elementar para toda uma sociedade. Para os nossos países e nações. A sobrevivência.Vemo-nos repentinamente a braços com limitações que jamais equacionámos como possíveis. Somos obrigados a gerir coisas tão básicas e essenciais como o sair à rua, por onde caminhar, com quem estar, confinando os nossos passos e pensamentos em grande parte do tempo às quatro paredes do nosso escritório ou da nossa casa.Mais do que um País, mais do que a Península Ibérica, a Europa e o Mundo pararam. Algo impensável para quem, como nós, tentamos prever de antemão o futuro, tomar medidas e discutir caminhos para as gerações futuras, para o depois de amanhã.Uma certeza temos todos. Ninguém estava preparado para o que vivemos agora. Mas não podemos adiar respostas, nem esperar que outros tomem decisões que determinarão o nosso futuro.O desafio que partilho com todos os outros Autarcas do Eixo é imenso e de enorme responsabilidade para com todos aqueles que representamos.Também aqui, creio, o Eixo Atlântico e todos nós, com poderes e deveres políticos, e com a massa crítica e o trabalho intelectual que nos é exigido, deveremos olhar para esta ameaça como um desafio, transformando-a numa prova da nossa coesão.Deveremos ser os primeiros a dar o exemplo, aos nossos países, à União Europeia e ao Mundo, como uma união de políticos e decisores, que compõe este importante núcleo que é o Eixo AtlânticoDeveremos ser os primeiros a dar o exemplo, aos nossos países, à União Europeia e ao Mundo, como uma união de políticos e decisores, que compõe este importante núcleo que é o Eixo Atlântico.O desafio daqui para a frente é termos território em que os seus cidadãos se tornem de novo motores de crescimento dos respetivos países e que as nossas cidades se tornem também exemplos a seguir, de novo.Para recuperarmos rapidamente o cenário económico da euro-região, que se afunda a cada dia que passa, necessitamos implementar medidas concretas que influenciem diretamente e de forma rápida as nossas empresas e economias locais. A seu tempo, a reanimação da economia, com foco na retoma das exportações e do turismo devem ser o grande foco de atuação. Nunca esquecendo a criação de respostas para todas as carências sociais que esta pandemia vai necessariamente agravar.A Euro-Região, a casa de todos nós, será o farol de esperança na construção de um futuro melhor para todos. Porque juntos somos mais fortes."}
{"ID": "NOS_27570", "summary": "Estamos a vivir mudanzas que responden a un cambio paradigmático na industria musical do que aínda estamos a experimentar a día de hoxe os efectos. E ninguén está preparado: aínda tivemos que esperar até 2018 para que os prestixiosos Grammy recoñecesen que a música feita en plataformas como esta eran tamén dignas de prestixio.", "text": "Un dos meus acontecementos persoais de 2020 foi coñecer a Spleepy Spice. Xa desde a súa biografía nas redes sociais, créase un hipnotismo único: fago cancións co móbil. Simple. Directo. E que levanta tantas preguntas como ilusións. E a incógnita máis importante sería descubrir como algo tan bo pode facerse desde un teléfono. Sleepy Spice non é, con todo, unha excepción. A cantidade de artistas que fan música desde un móbil, ou desde o seu ordenador, é eterna mesmo na Galiza. As de hoxe son herdeiras daqueles artistas que publicaban a música en Soundcloud a principios da década pasada, como poderían ser Chance the Rapper, Lil Pump, Denzel Curry ou Yung Lean, hoxe artistas recoñecidos internacionalmente. Ninguén está preparado: aínda tivemos que esperar até 2018 para que os prestixiosos Grammy recoñecesen que a música feita en plataformas como esta eran tamén dignas de prestixio Todos responden a un cambio paradigmático na industria musical do que aínda estamos a experimentar a día de hoxe os efectos. E ninguén está preparado: aínda tivemos que esperar até 2018 para que os prestixiosos Grammy recoñecesen que a música feita en plataformas como esta eran tamén dignas de prestixio. A música cambiou. As produtoras musicais, polo tanto, precisaron adaptarse. Se antes a súa existencia era precisa para que o disco dun artista fose distribuído mundialmente, nun mundo no que se pode chegar á música con tan só un clic a súa función histórica é, como mínimo, posta en dúbida. Así, ante isto, non queda máis que achegarse a contratos diferentes dos tópicos como forma de manter a súa importancia: chegan así os famosos contratos 360, onde a produtora centraliza os servizos que require o artista para que a súa presenza estea xustificada. Así, estas tentan manter nas súas mans os labores de gravación, composición, xiras e concertos, comunicación, representación legal, publicidade e mercadotecnia. E aínda así, que isto sexa necesario é até dubidoso cando non tantas bandas requiren a elas para isto, e mais se falamos de artistas pequenos. Outra maneira de ver as produtoras vese moito por Galiza, e a súa existencia, á parte de todo isto, ten como chave principal que a súa existencia é ás veces incluso máis familiar que profesional. Nomes como La Melona, Matapadre, Todomedre e incluso, sen ser galega per se, Ernie Records ou Raso Estudios, aparecen firmando a meirande parte dos nosos artistas favoritos. E detrás deles non hai só representación, senón un sentimento de comunidade no que a amizade e as ganas de que as cousas lles saian ben aos nosos artistas é o máis importante. O que Soundcloud, Youtube, Spotify ou Bandcamp conseguiron non é máis que un primeiro paso dun cambio no que é asombroso cavilar. Hai quen ten que asumir un novo rol. Tentar crear, como moito, unha comunidade de amizade, conexións e apoio cando máis falta fai. E debe ser así, pois ante a democratización dos medios de produción musical non hai máis razón que esta para a súa existencia. As redes sociais, a viralización e a calidade son xa mellor carta de presentación que un disco en todas as tendas físicas do Estado."}
{"ID": "NOS_10808", "summary": "Desde 2009 a sanidade pública galega sufriu un tesoirazo de 2.200 millóns de euros. Un recorte que ten como principal consecuencia o deterioro da calidade asistencial. Ás listas de agarda súmanse médicas e médicos que atenden máis de 60 doentes á xornada; PAC desmantelados; feche de camas; abandono da Atención Primaria... analizámolo no número 333 do semanario Sermos Galiza, xa dispoñíbel na loxa.", "text": "Co solpor da cuarta feira chega un novo número do semanario Sermos Galiza, xa á venda na loxa e a partir desta quinta nos quiosques e nas casas. Abrimos o Sermos 333 cunha reportaxe que radiografía a sanidade pública con motivo da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo, día 10, en Compostela. Na sección de Sociedade recollemos outro tema relativo á sanidade: a investigación pioneira dun grupo de investigadoras e investigadores galegos sobre o uso de nanopartículas nos tumores cerebrais, cando vén de conmemorarse o Día Mundial contra o Cancro. Aliás, a próxima segunda feira, día 11, terá lugar o Día Mundial da Muller na Ciencia e con tal motivo entrevistamos a divulgadora científica Joana Magallaes. Non nos afastamos da sanidade na sección de Economía, que abrimos cunha información sobre o conflito laboral que padecen as traballadoras e traballadores do sector das ambulancias. Ademais, publicamos unha reportaxe sobre as galegas e galegos máis morosos con Facenda. Unha ollada ás eleccións municipais desde Vigo e unha análise sobre a situación que vive Podemos na Galiza son os temas que ocupan esta semana Política. En Internacional afondamos no contexto venezolano da man de Duarte Correa, licenciado en Xeografía e Historia e especialista en América Latina. O Fóra de Serie recupera a memoria das mestras galeguistas represaliadas, unha temática na que afondarán as xornadas da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a AS-PG, e lévanos a coñecer a cineasta Diana Touceda, que este domingo presentará en Numax (Compostela) o seu filme Trinta lumes. Neste número escriben, ademais, Míriam Ferradáns, Carme Adán e Vitor Vaqueiro. En canto á crítica, Mario Regueira afonda en Campo Aberto, de César Souto Vilanova e Andrés Castro fai o propio con Cold War. O colectivo XEA convídanos a visitar o miradoiro de Pedra Pinta e Merche Espiño ínstanos a probar a torta de chocolate branco e crema limón. Un novo capítulo da serie \"Dos campos do terror\", co centro de internamento de Padrón, os petiscos de letras e mais o selfie do chef Carlos J. González, de 'A Mázcara', completan o Fóra de Serie. A respeito de Opinión, neste número publican María Pilar García Negro e Xavier Queipo e asinan os cadriños Nacho Hortas e Tokio. En \"A ollo nu\", Xoán Costa escribe \"Um livro para dar a volta ao mundo\", sobre a exposición \"Em demanda da biblioteca de Fernão de Magalhães\". Acompaña o semanario o Comprendermos, suplemento da Fundación Moncho Reboiras. [Podes ler o semanario nesta ligazón ou adquirilo nos quiosques e puntos de venda habituais a partir da quinta feira, día 7]"}
{"ID": "NOS_43986", "summary": "Todos eles na reserva, asinan un manifesto titulado 'Declaración de respecto e desagravio ao xeneral Francisco Franco Bahamonde, soldado de España'.", "text": "Un total de 181 altos mandos do exército español na reserva asinan un manifesto no que se demanda respecto para o ditador Francisco Franco. Xenerais, almirantes, coroneis, tenentes coronéis… o documento que publica Diario OK detalla con nomes e apelidos os asinantes do manifesto que leva por título 'Declaración de respecto e desagravio ao xeneral Francisco Franco Bahamonde, soldado de España'. O escrito e os apoios aparecen nun momento político no que o debate sobre a exhumación dos restos do ditador e a súa retirada do 'Valle de los Caídos' volve estar en primeira liña. No documento hai una quincena de xenerais: José Sierra Rabuenca, Luis Gomez-Hortigüela Amillo, Carlos Blond Álvarez del Manzano, Javier Bohorquez López- Lóriga, José Miguel Aldea Marín, Jesús Alfredo Ruiz Fernandez, Francisco Martínez Esparza Valiente, José Fernando Abos Coto, José María Sanchez de Toca y Catalá, Enrique Cano de las Heras, Salvador Fontela Ballesta, Agustín Muñoz-Grandes Galilea, Juan Chicharro Ortega, Luis Casteleiro Villalba, Blas Piñar Lopez e Alberto Asarta Cuevas. Argumentan estes mandos que asinan o manifestó porque \"a homenaxe aos herois que forzan España e a todos os que deron a vida por ela é un deber de gratitude e un motivo de estímulo para continuar coa obra\" de Franco. Aliás, critican \"os permanentes ataques a persoa do xeneral Franco desde a súa morte\"."}
{"ID": "NOS_37402", "summary": "A Xunta non sacou o programa este curso, que adoita saír a comezos de setembro, mais asegura que continuará adiante. Con todo, o temor corre entre o profesorado ante a posibilidade de que se aproveite a escusa de falta de orzamentos para retirar o apoio á iniciativa", "text": "Entrado xa outubro deste curso escolar anómalo, marcado pola adaptación -por voltas improvisada- á pandemia, comeza a reinar a inquedanza entre o persoal docente, alén doutras múltiplas cuestións, polo silencio da convocatoria arredor dun programa fundamental como é o dos clubs de lectura. A alerta saltou ao non ter noticia desta iniciativa que, como acontece desde hai 13 anos, sae co inicio do ano lectivo. Esta periodización é importante para que o profesorado \"poida planificar o traballo de aquí a xuño\", explica Mercedes Queixas Zas, que alén de escritora e actualmente deputada polo BNG no Parlamento, foi coordinadora destes programas desde 2010. Segundo chegou a coñecemento de Nós Diario, parte do profesorado preguntou directamente á Consellaría de Educación e recibiu a información de que non pensaban sacar a convocatoria. Porén, desde o gabinete contestaron a consulta desta cabeceira \"a previsión é continuar\". Mais ante o silencio administrativo desta demora xa comezou a correr entre as responsábeis dos clubs unha carta dirixida a Jesús Manuel Álvarez Bértolo, director xeral de Centros e Recursos Humanos da consellaría de Cultura, Educación e Universidade, na que se solicita o mantemento do programa, destacando os seus beneficios. \"Para moitos rapaces son o único contacto coa lingua\", sinala Ledicia Costas Ledicia Costas, que observa todo isto desde a perspectiva simultánea de mestra e de escritora, mostra a súa preocupación e define os grupos como \"potentísimos dinamizadores\" da lectura e da normalización do galego, especialmente en idades nas que este labor resulta complexo por mor dos múltiplos estímulos que recibe a cativada. \"Para moitos rapaces son o único contacto coa lingua\", sinala, de aí tamén o indispensábel da súa función. Máis de 12.000 implicadas Segundo o informe da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Galiza do curso 2018/2019 (o último que viu a luz) estarían implicados 903 clubs de lectura, 717 docentes e máis de 12.000 alumnas de centros de ensino de secundaria, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. \"Estamos a falar dun proxecto de moita envergadura\", destaca Mercedes Queixas Zas. Por iso, rexistrou onte mesmo unha Iniciativa Non de Lei e varias preguntas no Parlamento galego en relación a isto. \"Estamos a falar dun proxecto de moita envergadura\", destaca Mercedes Queixas Zas. Por iso, rexistrou onte mesmo unha Iniciativa Non de Lei e varias preguntas no Parlamento galego en relación a isto. Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, tamén apela ao éxito do programa no \"coñecemento da lingua e da literatura galegas\", así como polo apoio, en especial, a novas escritoras, nun momento en que desapareceu boa parte da súa actividade. Os clubs son tamén \"elementos socializadores e inclusivos para alumnado con necesidades educativas especiais\", recolle a carta do profesorado. Adaptación á pandemia A misiva remitida a Educación refire a necesidade de que a lectura siga presente na realidade cotiá, mesmo nos tempos actuais nos que a adaptación exixe máis grupos \"cun número de compoñentes máis reducido\", así como \"encontros presenciais máis esporádicos (un ao mes), pero apoiados por contactos virtuais e un seguimento das lecturas en rede ou a localización das nosas actividades en lugares abertos\", explican. Do mesmo modo, a carta destaca que o formato do papel non pode desaparecer, pois os centros non dispoñen de libros dixitais nin de soportes electrónicos en número suficiente. Aliás, sinalan que en caso de darse un confinamento, esta fórmula permitiría o acompañamento nos fogares. É tamén por iso que a convocatoria se volve especialmente necesaria para facilitar a adquisición dos volumes nas librarías locais, o que serviría de fonte de ingresos a comercios afogados pola pandemia. \"É unha forma de apoio a todo o sector do libro\", asegura Queixas, sobre todo nun momento como o actual. Neste senso, Sánchez expresa a súa \"fonda preocupación\" ante unha posíbel retirada \"dunha das actividades centrais nun plan do libro e da lectura no ensino\". O risco de desartellamento baixo pretextos económicos preséntase así no horizonte. Neste contexto, Queixas chama a non \"renunciar a que as bibliotecas sexan epicentro da formación transversal\", construíndo un \"vínculo entre a lectura e a contemporaneidade\"."}
{"ID": "NOS_20470", "summary": "Os 2.900.000 do pasado ano quedan en 1.100.000 nesta convocatoria da AGADIC para o sector audiovisual. No teatro, produción, distribución e salas privadas reducen axudas públicas de 1.290.000 a 930.000. A AGADIC mete tesoira a fondo nas axudas públicas para as industrias culturais.", "text": "AGADIC continúa coa súa política de recortes nas convocatorias de subvencións e, despois do audiovisual, mete tamén a tesoira no apartado de industrias culturais que queda reducido case un terzo con respecto á convocatoria do pasado ano. De 1.290.000 a 930.000 euros é a redución que sofrirá o mundo do teatro na liña de axudas oficial da Xutna. Desta volta, AGADIC destinará 510.000 euros á actividade escénica en dúas anualidades, 70.000 a salas de teatro e artes escénicas privadas e 350.000 á distribución. A diminución de axudas ás producións e distribucións teatrais e espazos escénicos súmase á redución que vén de sufrir o audiovisual na convocatoria publicada pola AGADIC. Dos 2.900.000 euros que o sector recibiu en 2012 nunha única convocatoria pública, desta volta quedará en 1.100.000, repartidas en tres anualidades, unha merma que sitúa ao sector nunha posición crítica. Desta contía, 950.000 destínanse a longametraxes de ficción e 150.000 a documentais. A Agadic recuperou a liña de axudas ao talento, mais dotadas só por 66.000 euros máis a de desenvolvemento, por un total de 150.000 euros."}
{"ID": "NOS_39584", "summary": "Os eucaliptais nutrirán a planta de viscosa do grupo portugués Altri que a Xunta impulsa en Palas de Rei", "text": "A Xunta e Altri continuaron onte coa xira para dar a coñecer o proxecto da planta de viscosa para fibras téxtiles, nesta ocasión ao sector forestal, que será un dos grandes beneficiarios dun proxecto que, como alertan economistas e ecoloxistas, está chamado a perpetuar a presenza do eucalipto no país. De momento, o proxecto non iniciou a súa tramitación administrativa, mais a Xunta e Altri, co seu conselleiro delegado, Jose Soares, á cabeza, manteñen estes días unha intensa actividade para anunciar os beneficios da planta de viscosa que prevén levantar na localidade de Palas de Rei á calor dos fondos Next Generation. Onte foi ante o sector forestal, ao que o conselleiro de Economía, Francisco Conde, trasladou que a fábrica de fibras téxtiles será \"un revulsivo\" para a industria forestal\" e suporá un importante impulso para o medio rural e para conseguir unha \"xestión sostíbel\" dos bosques e da silvicultura da Galiza. Cantos postos de traballo reais creará a fábrica de Altri en Palas de Rei? Porén, son moitas as sombras do plan da pasteira lusa, desde o número de empregos reais que vai crear, até o impacto no medio polo consumo de auga, ou a afección a especies endémicas na localización elixida que, como denunciaron esta semana varios colectivos ecoloxistas, formaba parte do proxecto de ampliación da Rede Natura. Máis eucaliptización Neste senso, Fins Eirexas, secretario técnico da asociación ecoloxista Adega, non dubida en cualificar a planta \"dunha celulosa en B\", xa que o proceso industrial é moi semellante ao de Ence, como semellante é tamén o impacto na biodiversidade e nas masas forestais galegas, advirte. A este respecto, o representante de Adega recoñece a Nós Diario estar \"seriamente preocupado\" porque o proxecto \"vai supor si ou si máis eucaliptización\", independentemente do que aconteza con Ence, e pregúntase se o feito de que en Portugal haxa \"unha moratoria de verdade\" á plantación de eucalipto ten que ver coa elección da Galiza -onde a moratoria vence en 2025- para levantar a planta de fibras téxtiles. As plantacións de eucalipto da industria pasteria de Portugal na Galiza aumentan en 131% En canto ao impacto ambiental, considera que se Bruxelas accede a financiar o proxecto, sería \"pegarse un tiro no pé\", xa que atenta contra a preservación de hábitats e especies que promove. Pendentes da moratoria Pola súa parte, o economista Marcelino Fernández Mallo explica, en declaracións a este xornal, que se corre o perigo de caer \"na mesma trampa\" que con Ence, cando se trasladou a impresión ás persoas propietarias dos montes de que plantar eucalipto era a mellor opción, fechando así a porta a outros cultivos. Con todo, lembra que na Galiza hai unha moratoria até 2025 para novas plantacións, pero non para repoboación, o que, coa chegada de Altri, \"podería orixinar que non se cumpra, como xa acontece\", alerta, ou que, se segue a gobernar o PP, levante a moratoria. Sobre esta cuestión, Fernández Mallo indica que Altri vén á Galiza \"porque hai moito eucalipto\" e sospeita que poida haber un acordo coa Xunta para que polo menos se manteña a extensión existente. Porén, non discute que o proxecto ten \"efectos positivos\", como crear emprego, \"aínda que lonxe do manexa a Xunta\", pero insiste en que non debe de ningún modo \"condicionar\" a política forestal, agraria e paisaxística da Galiza."}
{"ID": "PRAZA_3087", "summary": "Fronte ao ano e medio que duraron as probas na última liña aberta, a de Granada, na Ourense-Santiago concentráronse en seis meses e os maquinistas non chegaron a circular pola vía na que ocorreu o accidente", "text": "Fronte ao ano e medio que duraron as probas na última liña aberta, a de Granada, na Ourense-Santiago concentráronse en seis meses e os maquinistas non chegaron a circular pola vía na que ocorreu o accidenteO AVE entre Galicia e a Meseta está un mes máis próximo do seu remate que hai un mes, cando se produciu o último debate a conta dos seus prazos. E dous meses máis próximo que hai dous meses, cando o penúltimo debate. Pero este xoves unha nota de prensa da Comisión Europea na que daba conta dun trámite repetido varias veces nestes anos, a decisión de destinar unha nova partida de fondos comunitarios ao AVE galego, reabría a cuestión ao sinalar que \"se espera que a liña de ferrocarril estea operativa a partir de xaneiro de 2022\", afirmación que o executivo comunitario acompaña en Twitter dun \"boas novas en Galicia!\". Adif contextualiza a data como un prazo administrativo amplo para non perder os fondos europeos, pero deslígaa da posta en servizo da liña, que supedita ás probas de seguridade. Nos algo máis de douscentos quilómetros que restan por rematar do AVE, entre Zamora e Ourense, na metade, ata Seabra, xa están circulando os trens en probas, mentres que na outra metade están ultimándose as instalacións técnicas. O groso do investimento, o que requiren os túneles e os viadutos, está rematado, en parte grazas ás decisións políticas de realizar eses grandes gastos tomadas no seu momento polos ministros galegos José Blanco e Ana Pastor. O que resta, asegura Adif, son cuestións técnicas duns meses, pero despois hai que facer as probas de seguridade da liña, que competen a un órgano independente, a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria (AESF). E esas probas, tras o accidente de Angrois de 2013, con 80 mortos, xa non son o mesmo. Se na liña Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente duraron seis meses, no AVE a Granada, o último en entrar en servizo, prolongáronse un ano e medio.Durante a instrución xudicial do accidente de Angrois e a comisión de investigación política celebrada no Congreso quedaron en evidencia as présas coas que se traballou naqueles seis meses nos que xa había unha data fixadaA data de inauguración do AVE Ourense-Santiago foi feita pública polo propio ministro daquela, José Blanco, o 23 de xuño de 2011, cando a anunciou para o 10 de decembro seguinte. O socialista sempre asegurou que se limitou a comunicar o que lle transmitían os técnicos, e pon como proba de que a data non tiña motivación política o feito de que o treito acabou sendo inaugurado despois de perder as eleccións xerais do 20 de novembro daquel ano, que non estaban fixadas cando en xuño fixo o anuncio. E o máximo responsable técnico da seguridade na liña, o daquela director da Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, imputado polo accidente, sempre negou recibir presións políticas. Pero o certo é que durante a instrución xudicial do accidente de Angrois e a comisión de investigación política celebrada no Congreso quedaron en evidencia as présas coas que se traballou naqueles seis meses nos que xa había unha data fixada.As viaxes de formación dos condutores no AVE Ourense-Santiago realizáronse apenas tres semanas antes da inauguración, entre o 16 e o 19 de novembro de 2011Durante aquelas probas os maquinistas non chegaron a circular polo punto da curva de Angrois no que despois ocorrería o accidente. As viaxes de formación dos condutores realizáronse apenas tres semanas antes da inauguración, entre o 16 e o 19 de novembro, e fixéronse só por unha das dúas vías paralelas da liña, a esquerda en sentido Santiago, mentres que o accidente ocorreu na dereita, que aínda non estaba rematada. As dúas vías tiñan sinalizacións e sistemas de seguridade distintos, ata o punto de que o accidente nunca tería ocorrido na vía esquerda.Despois, aos poucos días da inauguración da liña, xa co PP á fronte de Fomento, un maquinista xefe daríase conta do risco que existía en Angrois na vía na que ocorreu o accidente, pero a súa advertencia aos seus superiores sería arquivada e o maquinista accidentado nunca recibiría formación adicional sobre aquela cuestión.Nas probas dos Alvia entre Ourense e Santiago non se detectaron os erros que unha semana despois da súa posta en servizo en xuño 2012 levou a Renfe e Adif a desconectar o seu sistema de seguridadeTamén foi aos poucos días doutra posta en servizo, a dos Alvia como o finalmente sinistrado, cando se desactivou a bordo, porque daba fallos, o sistema de control constante da velocidade (ERTMS) que puido evitar o accidente. A posta en servizo dos trens, medio ano despois da inauguración da liña, foi anunciada pola daquela ministra Ana Pastor o 9 de xuño de 2012, fixándoa para o día 17 dese mes, apenas unha semana despois. Pero só unha semana máis tarde, o 23 de xuño, Renfe pediu a Adif a súa desconexión porque daba uns fallos que non se detectaran durante a fase previa de probas, na que non se realizara o movemento concreto do tren no que despois apareceron os problemas. A operadora non foi quen de arranxar o erro no máis dun ano que pasou ata que ocorreu o accidente.Durante os últimos anos as vítimas do sinistro tamén revelaron actas internas de Adif nas que se sinala como desde abril de 2011, antes de fixarse a data da inauguración da liña, o departamento de Cortabitarte reclamaba a outras áreas a necesidade de contar cunha avaliación externa da seguridade no treito da curva de Angrois, pero o 26 setembro, coa data da inauguración xa fixada e a menos de tres meses dela, esa reclamación deixa de aparecer e acéptase a cambio un informe de seguridade elaborado pola propia empresa construtora.Fomento autorizou a posta en servizo da liña de Angrois unha hora despois de que llo pedise Adif e o cargo que o fixo argumentou que xa a revisara antes dese formalismo pero non foi quen de detallar con que informesPosteriormente, na comisión de investigación no Congreso, a deputada de En Marea Alexandra Fernández revelaría que Fomento autorizou a posta en servizo da liña un día antes da súa inauguración e apenas unha hora despois de que Adif lla pedise formalmente. O responsable desa autorización, Eduardo Santiago, subdirector de Coordinación de Seguridade Ferroviaria de Fomento, argumentou que esa foi a última validación formal dos documentos de seguridade do AVE Ourense-Santiago que el e os seus colaboradores xa levaban supervisando desde días antes, pero non foi quen de detallar que informes lle entregara Adif para certificar a seguridade da liña.Malia os antecedentes de problemas de seguridade ocorridos unha vez que gobernos de PSOE ou PP xa puxeran data ás inauguracións ou da liña de Angrois ou dos Alvia, a Xunta reclama agora concreción na entrada en servizo do AVE cando aínda nin comezaron as probas de seguridade e malia que está a piques de rematar a construción física da liña, o que nas últimas dúas décadas provocou os sucesivos atrasos, eses si por decisións políticas."}
{"ID": "PRAZA_13142", "summary": "A Cidade da Cultura acolle este martes a presentación oficial da candidatura galega para acadar un dominio de internet de noso. Seguindo o ronsel aberto por Catalunya, que en 2003 acadou o .cat, a Asociación Puntogal completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos, e confían en que a ICANN aprobe a solicitude nun prazo de 12 a 18 meses.", "text": "A Cidade da Cultura acolle este martes a presentación oficial da candidatura galega para acadar un dominio de internet de noso. Seguindo o ronsel aberto por Catalunya, que en 2005 acadou o .cat, a Asociación puntoGAL completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos e antes de remitir a candidatura á ICANN, organiza unha presentación e unha mesa redonda. O acto será inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e nel participarán representantes da Fundació Puntcat, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello da Cultura de Galicia, EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero. O dominio .gal é o dominio de primeiro nivel proposto para a lingua e cultura galegas e dende 2006 vén sendo promovido pola Asociación Puntogal, apoiada por máis dun cento de entidades e por máis de doce mil persoas. A aprobación do dominio depende da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), que de xeito periódico abre convocatorias para a incorporación de novos dominios. Hai sete anos aprobou un grupo deles (eu, asia, travel, jobs, mobi e cat), e dende entón mantivo pechada a billa. Os procesos son longos e custosos (tamén economicamente, pois só o prezo da matrícula para o exame é de 185 mil dólares), os requisitos esixentes (a ICANN demanda un apoio unánime no caso dun dominio dunha comunidade, coma o .gal) e ademais a resposta adoita adiarse (os prazos cos que se contan atrasarían a resposta da ICANN até o segundo semestre de 2013). O reto é importante e os beneficios que tería para Galicia serían moitos, para todos, dende a cultura ás empresas pasando por calquera usuario de Internet. Nos seus primeiros cinco anos de existencia, o dominio .cat superou as 50 mil páxinas e converteuse nunha marca de país para todas as iniciativas, entidades e corporacións catalás. Como destacan na Asociación Puntogal, \"contar cun dominio propio situará o galego no máximo nivel entre as linguas no DNS, o que repercutirá no seu prestixio internacional. Para os efectos prácticos, atopar e ordenar información en galego resultará moito máis doado, por exemplo para os grandes buscadores\". A apertura desta convocatoria adiouse en varias ocasións, pero neste tempo Puntogal puido preparar a candidatura, acandando o apoio de entidades culturais, universidades, partidos políticos, centros galegos no exterior e empresas. Este apoio unánime é o que lles fai estar confiados no éxito da iniciativa, aínda que dúas de cada tres candidaturas son rexeitadas. Falamos con Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación Puntogal. Que probabilidades hai? Hai moitas probabilidades, porque cubrimos todos os requisitos que establece o regulamento. Non está asegurado ao 100%, pero estamos falando dunhas probabilidades moi altas. A xente que nos está asesorando formou parte do proceso do puntcat e é xente que está moi metida en todos os temas da ICANN. A aprobación do.cat hai case unha década favorece as nosas posibilidades? Puntcat entrou na anterior apertura do proceso, en 2003. Agora o proceso aberto é moi potente, por iso tardou tantos anos en abrirse. Os dominios culturais e lingüísticos están moi ben considerados en todo o mundo. Durante estes últimos anos fixemos un labor moi intenso de visibilizar diante da ICANN a importancia dos dominios comunitarios. \"Esforzámonos moito en facerlles ver a colectivos de todo tipo en Galicia que termos un dominio era moi importante para todos os sectores da sociedade galega, para a visibilidade de Galicia, para a lingua e a cultura, para as empresas, para o desenvolvemento das novas tecnoloxías\" En que centrou o seu traballo a Asociación Puntogal nestes últimos anos? Esforzámonos moito en facerlles ver a colectivos de todo tipo en Galicia que termos un dominio era moi importante para todos os sectores da sociedade galega, para a visibilidade de Galicia, para a lingua e a cultura, para as empresas, para o desenvolvemento das novas tecnoloxías. E era moi importante contar co apoio de toda a sociedade, que non houbese unha parte da sociedade que estivese en contra do proceso. A ICANN esixe que cando unha comunidade pide un dominio, esa petición teña o apoio completo desa comunidade. E iso conseguiuse: cóntase co apoio de todas as entidades do país, houbo un apoio total por parte do anterior goberno da Xunta e tamén do novo goberno da Xunta. A iniciativa conta tamén co apoio dos tres grupos políticos representados no parlamento. \"É fundamental que nós poidamos xestionar o noso propio dominio; cando ti adquires un .com, un .es ou un .org, parte dos cartos van para fóra; co .gal eses cartos quedarían aquí\" Que importancia tería que Galicia contase cun dominio de primeiro nivel? Ten unha importancia simbólica, dende logo, visibilízanos como comunidade e colectividade, interna e externamente. Tamén ten vantaxes técnicas, que van dende o posicionamento e a recuperación de resultados en buscadores até o software. E é fundamental que nós poidamos xestionar o noso propio dominio; cando ti adquires un .com, un .es, ou un .org, parte dos cartos van para fóra; co .gal eses cartos quedarían aquí. Iso vai ser xestionado por unha entidade sen ánimo de lucro que vai ter como obxectivo reinvestir eses cartos no ámbito das novas tecnoloxías e no ámbito da cultura e da lingua galega. Unha vez que se presenta a candidatura a sorte está botada ou é importante que nos medios e nas redes sociais se visibilice o apoio de Galicia á iniciativa? Ese tipo de apoio é importante. Cando a ICANN estude a candidatura e necesiten datos a maiores, un deles pode referirse a que grao de apoio ten na candidatura e que activismo hai para conseguilo. Asociación Puntogal"}
{"ID": "PRAZA_15527", "summary": "Os novos axustes aplicados aos empregados públicos agravarán a caída na súa capacidade adquisitiva, que sufriu un descenso do 33% na última década. Táboa no interior.", "text": "O novo recorte ao salario dos empregados públicos acentúa a perda de poder adquisitivo dos 90.000 traballadores afectados agora por unha nova tesoirada dos gobernos do PP. Neste caso, a Xunta rebaixa, de media, un 4% o soldo dos funcionarios a través da redución do 40% das súas pagas extras. O Executivo de Feijóo decidiu non reintegrar a totalidade destas pagas extras, malia que o Goberno central si a recuperou incluíndoa nos Orzamentos do Estado. Para curarse en saúde, o presidente galego xa advertiu de que se Rajoy cambia de opinión e decide suprimila totalmente de novo, el veríase obrigado a facer o mesmo. E non é nada descartable que así sexa. A conxelación salarial e a rebaixa constante do soldo baixan ano a ano o poder adquisitivo dos empregados públicos Nese caso, o recorte no salario dos empregados públicos vai do 2% para os que menos cobran até o 6% para os que máis e agravará aínda máis a situación dun sector fundamental na economía galega. E aínda que non fose así, o persoal das administracións seguirá tragando cos recortes, sometido á conxelación salarial, sen que haxa posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada dende o ano 2009, e vendo como o seu soldo segue baixando ao tempo que os prezos continúan subindo. Atendendo aos datos do INE e ás táboas da evolución do poder adquisitivo elaboradas por sindicatos como a CIG, no último ano, os empregados públicos perderon case o 10% da súa capacidade adquisitiva (-9,9%). Esta redución chega logo da supresión da paga extraordinaria, que supuxo unha baixada de algo máis do 7% no salario, unido á suba do IPC, que a remate de novembro se situou no 2,7%. A perda de capacidade adquisitiva dos funcionarios foi dun 10% nun ano e dun 32,5% na última década Se botamos a vista atrás, nos últimos dez anos a perda de poder adquisitivo dos traballadores públicos de Galicia foi do 32,5%, un descenso máis de dous puntos superior ao que sufriron os empregados das administracións públicas no conxunto do Estado, que chegou ao 30,4%. O soldo dos funcionarios galegos incrementouse pouco máis dun 5% na última década, pero o os prezos acumulan un aumento de máis do 37%. As contas son claras. Desde 2010, a perda é dun 23%. Perda de poder adquisitivo dos empregados públicos Ano IPC Galicia IPC Estado Suba salarial Diferenza Galicia Diferenza Estado 2002 3,8% 3,5% 2% -1,8% -1,5% 2003 3,1% 3,0% 2% -1,1% -1% 2004 3% 3,0% 2,7% -0,3% -0,3% 2005 3,4% 3,4% 2,6% -0,8% -0,8% 2006 3,5% 3,5% 2% -1,5% -1,5% 2007 5,3% 4,9% 2% -3,3% -2,9% 2008 2,1% 2,1% 2% -0,1% -0,1% 2009 2,6% 2,1% 2% -0,6% -0,1% 2010 4,5% 4% -5% -9,5% -9,% 2011 3,6% 3,1% 0% -3,6% -3,1% 2012 2,7% 2,9% -7,2% -9,9% -10,10% Total 37,6% 36,1% 5,1% -32,5% -30,40% Ademais, a todos estes recortes hai que engadirlles tamén a serie de medidas que a principios de ano aplicou a Xunta ao sector público. Rebiaxa na paga que cobran os empregados por baixa laboral, a redución voluntaria da xornada dos interinos, supresión dos dereitos de comedor ou os días libres por domingos ou festivos e o recorte dos días de asuntos propios, que pasaron de nove a tres. Daquela, xustificáronse as medidas para evitar reducir o salario logo da supresión da paga de Nadal levada a cabo por Rajoy e tras a anterior rebaixa do 5% no soldo que fora aplicada xa durante o Goberno de Zapatero."}
{"ID": "NOS_23489", "summary": "Defenden que \" o tesouro da literatura e da música medieval galega\", propiedade desde hai catro décadas da Morgan Library, permaneza \"no país e na cultura que o orixinaron\".", "text": "O Pergameo Vindel está exposto no Museo do Mar de Vigo durante un prazo de 20 semanas. Á cidade olívica chegou procedente de Nova Iorque, da Biblioteca Museo Morgan. A onde retornará, pois é propiedade desde hai 40 anos, da Morgan Library, entidade que o cedeu para a exposición en Galiza por un tempo limitado. Para a Federación Galiza Cultura, este \"tesouro da literatura e da música medieval galega\" debería ter a súa residencia permanente \"no país e na cultura que orixinaron\". Para alén da súa beleza e calidade intrínsecas, indica a Federación, as cantigas de Martin Codax \"fálannos aos galegos de hoxe con moita máis elocuencia da aparente. Falan dunha lingua milenaria, que foi pioneira no cultivo literario de alto valor entre todas as europeas; fálannos dunha historia de noso, de que nos queda aínda tanto por coñecer e por valorar; fálannos, en fin, dunha necesidade: a de reapropriarmos o que nos pertence, isto é, o noso pasado, o que explica e axuda a entender o noso presente\". Por iso, Galiza Cultura solicita ás administracións públicas atinxidas directamente -Xunta, Concello de Vigo, Universidade de Vigo- ben como a outras institucións públicas como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e as Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, a súa intervención positiva para trataren de xestionar que o Pergameo Vindel fique en Galiza. \"Co \"non\" xa se conta e o \"si\", debidamente explicado e documentado, está sobrado de razóns. O silencio e/ou a pasividade nada resolven. A cultura da efeméride, tampouco. Instamos, por tanto, ás institucións mencionadas, a se interesaren pola cesión ou doazón desta peza monumental da nosa arte-literatura, testemuño espléndido da antigüidade da nosa historia como pobo cunha lingua e unha cultura específicas\". A Federación Galiza Cultura está integrada por una ducia de asociación de diferentes partes do país, que apostan en \"un punto de encontrado asociacionismo cultural galego\"."}
{"ID": "PRAZA_15954", "summary": "Semella que arestora a única alternativa a unhas novas eleccións neste mesmo semestre é o chamado Goberno de progreso, seica presidido por Pedro Sánchez e vicepresidido por Pablo Iglesias.", "text": "Independentemente da aposta do establishment mediático pola gran coalición PSOE-PP (co ramo de Ciudadanos), semella que arestora a única alternativa a unhas novas eleccións neste mesmo semestre é o chamado Goberno de progreso, seica presidido por Pedro Sánchez e vicepresidido por Pablo Iglesias. A clave deste Goberno é a de enxergar a plurinacionalidade política do estado español. Porque a Sánchez non lle abonda co apoio de Podemos e IU. Nin sequera co de En Marea, Compromis ou En Comú Podem. Non, precisa ademais do voto a prol do PNV e do apoio a xeito de abstención ou ausencia dos independentistas cataláns de ERC e Democracia i Llibertat. Velaí o acerto de Pablo Iglesias ao considerar inviábel que Ciudadanos poida apoiar esta alternativa. Todas estas forzas teñen, por votos, lexitimidade abonda para formar unha base parlamentaria de apoio a un novo Goberno. Un Goberno ao que lle estará vedada a reforma constitucional, mais que terá amplas posibilidades de conformar unha axenda potente. Un tal Goberno, no territorial, podería tentar encaixar, malia que aos poucos e diluídamente, o dereito a decidir nas nacionalidades e, mentres, reverter a prol dos poderes territoriais a recentralización de Aznar e Rajoy e restaurar a autonomía local dos concellos. Podería tamén enfrontar un cobizoso programa de reformas legais cara a rexeneración democrática, para acadar unha gobernanza transparente e un sistema electoral máis xusto. Canto ás políticas económicas e a axenda social, si é verdade que a Unión Europea restrinxe bastante a mare de manobra dun tal Goberno. Mais tamén é verdade que unha fronte de gobernos progresistas europeos (Grecia, Italia, Francia, Portugal, o Estado español e quizais Irlanda) podería reaxustar as esixencias de déficit de Bruxelas e propiciar un xiro cara políticas máis asimilábeis ás desenvolvidas con bo suceso por Obama. Para máis, as marxes internas (política enerxética, reformas fiscais, etc.) permitirían deseñar políticas sociais e de reactivación económica mesmo no actual contexto europeo. Un Goberno de progreso desta caste non faría a revolución, nin falla que fai. Mais quizais fose unha posibilidade para ollar cara á cidadanía e non cara ás elites e ir desatoando os graves problemas colectivos, comezando polo social e polo territorial."}
{"ID": "NOS_45933", "summary": "Galiza será a invitada no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2022, que se celebrará entre o 30 de xuño e o 24 de xullo. Alí, catro compañías galegas presentarán espectáculos teatrais e un concerto, que mostrarán a \"visión galega do Século de Ouro\" neste evento, un dos máis reputados do xénero.", "text": "O Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, que terá lugar entre o 30 de xuño e o 24 de xullo, contará coa escena galega como invitada especial da súa 45ª edición. Onte o director do festival, Ignacio García, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron na Cidade da Cultura de Compostela a programación especial que se lle dedicará ao teatro galego no seo do encontro. O Festival de Almagro é considerado como un dos máis importantes do seu xénero, xa que está dedicado, principalmente, ao teatro dos séculos XVI e XVII tanto de occidente como de oriente. Malia que nun principio atendía exclusivamente ao teatro do Século de Ouro español, o festival foi ampliando a súa mirada cara a outras escenas, como o teatro isabelino inglés, o neoclásico francés ou certas formas teatrais de Oriente. Galiza, segundo o director do festival, segue a senda aberta por Almagro \"para descentralizar o canon\" do teatro clásico peninsular, habitualmente moi concentrado nos textos en lingua castelá e prestar atención a \"outras teatralidades clásicas\", como en anteriores edicións se fixo con Nafarroa e Valencia. O Entremés famoso sobre a pesca do río Miño en Almagro Compañías noveles e veteranas no programa A compañía Moving Compass presentará unha versión do Auto da Barca, de Gil Vicente, unha das obras fundamentais do teatro clásico portugués. A compañía constrúe a partir do texto vicentino unha proposta que recolle elementos do teatro de monicreques vietnamitas e o desexo de explorar a auga como escenario para a creación dramática. A partir de máscaras e marionetas a obra percorre a relación do ser humano coa auga ao longo da historia, desde a súa veneración como elemento sacro até a súa apropiación e destrución por mor da ambición humana, nun espectáculo que pretende estimular o compromiso coa natureza ao tempo que enxalza os valores da paisaxe. En Arte sen guión, da compañía Galeteatro, catro comediantes representan as pezas recollidas nun estraño códice da Idade Media. A través desta ficción, a obra pescuda sobre a posibilidade dun teatro clásico galego do que, polo de agora, apenas se coñecen textos escritos. Partindo do estudo das estruturas narrativas e dramáticas medievais e dos materiais en lingua galega previos ao Rexurdimento, e coas ferramentas da improvisación contemporánea, a comedia e a música, Arte sen guión propón unha nova lectura do patrimonio cultural galego. Estrela do día é a proposta que Producións Teatrais Excéntricas levará a Almagro. Escrita por Quico Cadaval a partir das Cantigas de Santa María de Afonso X e dirixida por Marcos PTT Carballido, a obra recrea un mundo que abaneaba entre \"o terror milenarista e a peste negra\", o que permite estabelecer. a través do humor, certos paralelismos coa sociedade contemporánea. Ademais, Almagro será o escenario da estrea absoluta de La Toffana, de Vanessa Montfort e con dirección de María Herrero, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa compañía da Coruña La Quintana Teatro e a madrileña Proyecto Barroco. A obra recrea o caso de Giulia Toffana, unha muller italiana famosa por elaborar e vender un veleno que non deixaba pegadas a mulleres que era vítimas da violencia dos seus esposos, co obxectivo de asasinalos. A programación especial completarase cun concerto de Xoán Curiel e Xosé Lois Romero centrado nas cantigas de amigo e textos galegos do Século de Ouro. Nel presentarase unha versión musicada das Décimas ao Apóstolo Santiago, escritas por Martín Torrado Mariño, un sacerdote de Santa María de Leiro, en Rianxo, en 1627. As cantigas de Santa María segundo Quico Cadaval"}
{"ID": "NOS_26873", "summary": "A dirixente neoliberal alemá amosa o seu apoio ás elites españolas e ao goberno de Rajoy e lanza unha mensaxe contra o dereito de autodeterminación porque \"non se pode permitir que un país se rompa\". Polo contrario, nunca se opuxo ao referendo en Escocia.", "text": "A presidente alemá e dirixente chave do neoliberalismo na Unión Europea, Angela Merkel, expresou o seu apoio ao Goberno de Rajoy e ao réxime do 78 en contra da consulta democrática de autodeterminación convocada en Cataluña para o próximo 9 de novembro. Merkel subliñou que existe unha diferenza entre conceder autonomía ás \"rexións\" e permitir que un país \"se rompa\". \"Estamos a favor da integridade territorial de todos os Estados, que é completamente distinto a que as rexións se convertan en independentes e se organicen elas\", dixo Merkel en rolda de prensa. Integridade A presidenta referiuse ao sistema federal alemán, recordando que outorgou aos 'lander' e corporacións locais \"unha gran marxe de autonomía\", aínda que precisou que isto é \"completamente distinto á integridade territorial total\". \"De modo que comparto a opinión do Goberno español\", reafirmou. Polo contrario, nas súas reunións con Cameron (primeiro ministro británico), Merkel nunca se opuxo ao referendo en Escocia"}
{"ID": "NOS_2374", "summary": "Defende as tres vacinas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento e urxe unha vacinación \"rápida e masiva\" e a prórroga do estado de alarma", "text": "O Consello Galego de Colexios Médicos considera \"inconveniente\" as reunións de non convivientes en domicilios no marco da relaxación das medidas en Galiza fronte á pandemia pola Covid-19 porque \"foi e é a maior fonte de contaxios\". Así o manifesta esta entidade que aglutina ao catro colexios oficiais de médicos da Galiza nun comunicado, no que explica que \"parece inconveniente que na relaxación das restricións, lóxica e desexábel se a incidencia e a súa repercusión asistencial son favorábeis, inclúase como unha das primeiras medidas a reunión de non conviventes en domicilios\". \"Sabemos que precisamente esa foi e é a maior fonte de contaxios\", subliña a entidade, que abunda que \"outras decisións, como a promoción de actividades ao ar libre, incluídas as vinculadas á hostalaría, parecen máis razoábeis e axustadas á actual situación\". \"Tras as erráticas decisións baseadas nun mal entendido, principio de prudencia dos responsables europeos, estatais e autonómicos sobre a estratexia de vacinación contra a Covid-1919\", que, aseguran, \"xeran confusión e dúbidas na cidadanía\", o Consello Galego de Colexios de Médicos considera \"necesario afirmar publicamente que as tres vacinas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento son eficientes e seguras en todos os tramos de idade e grupos de poboación convocados a vacinarse\". \"O tres demostraron que o balance risco/beneficio é enormemente favorábel á vacinación con calquera delas\", subliñan os médicos galegos, polo que \"non hai razón, por tanto, para restrinxir o seu uso en ningún grupo poboacional\", apostilan. Segunda dose \"Nin tampouco o hai, no caso de AstraZeneca, para non administrar a segunda dose aos que xa recibiron a primeira\", sosteñen. Respecto diso, indicado que os efectos secundarios, \"as tres vacinas téñenos e as que se aproben no futuro tamén as terán\", puntualizan, \"consubstanciais co uso de calquera fármaco, son moi infrecuentes e non xustifican nin a alarma xerada nin as decisións que se tomaron nas últimas semanas\", resaltan. Por tanto, para os médicos galegos, \"o risco individual e colectivo está precisamente no contrario, na retardación da campaña de vacinación, que debe ser todo o rápida e masiva que sexa posible\". \"Coñecemos, pola experiencia en países que están moi avanzados no proceso e pola diminución da enfermidade grave nas residencias de maiores da nosa contorna, que a vacinación está a salvar vidas e evitando secuelas\", aseguran, para insistir en \"ningún temor e ningunha dúbida con ningunha das tres vacinas\". Confusión Por iso, a entidade colexial realiza \"un chamamento ás autoridades sanitarias para evitar cerimonias da confusión\" como na actualidade e apela a \"tomar medidas para acelerar o proceso e alcanzar canto antes a inmunidade poboacional non só en Galiza, España ou Europa, senón tamén nos países pobres, onde seguro que esta polémica resulta pouco menos que ridícula\". Así mesmo, inciden os médicos galegos en \"desmentir algúns bulos propagados nas redes sociais\" e que os seus compañeiros farmacéuticos lles fixeron chegar. \"O uso de aspirina ou outros fármacos anticoagulantes non está indicado como prevención de nada no contexto da vacinación. E tampouco o está o paracetamol preventivo, é suficiente con tomalo se aparecen febre ou dor (non sempre ocorre)\", explican. Finalmente, afirman os médicos galegos que \"vaian como vaian as cifras nas próximas semanas, queda pandemia para algún tempo e é necesaria a unidade social e política para enfrontala con éxito\". \"As autoridades sanitarias deben ter ademais ferramentas para iso e o final do estado de alarma debería prorrogarse co apoio de todas as forzas políticas ou sociais ou ser substituído por outra opción legal equivalente, se iso é posibel\", reivindican. \"Poderiamos estar xa no tramo final deste pesadelo. Despois de tanta dor, non estraguemos tanto traballo ben feito, con erros de última hora. Ánimo e sentido común\", conclúe o comunicado do Consello Galego de Colexios Médicos."}
{"ID": "PRAZA_5954", "summary": "O autor foi homenaxeado pola AELG en Castro de Ribeiras de Lea, o lugar onde se criou. Un monolito, a plantación dunha árbore (unha cerdeira) e a atribución do seu nome a unha avenida centraron os actos, que finalizaron cun xantar.", "text": "Xabier P. DoCampo, coruñés de adopción, naceu \"chairego e fillo de chairegos\" o 5 de abril de 1946 en Rábade, pero aos poucos meses foi vivir a Castro de Ribeiras de Lea, onde residiu até a adolescencia. Mais Docampo nunca perdeu a relación coa Terra Cha, e alí, en Castro de Ribeiras de Lea, recibiu este sábado a homenaxe que lle tributou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). De feito, o propio Docampo ten escrito que \"Os meus primeiros recordos, aquelas lembranzas que se escribiron no meu corazón coma as gozosas cicatrices dun ferro quente, son dun pai muiñeiro, coa pucha enfariñada. Aquel muíño na beira do Lea que daba voltas mentres meu pai ía baleirando sacos de trigo subido ao alto\". A homenaxe de O Escritor na súa Terra, aprobada por unanimidade pola asemblea da AELG, quere ser unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental. Os actos comezaron co descubrimento dun Monólito conmemorativo e a plantación dunha árbore escollida polo autor (unha cerdeira), nun acto no que interviron Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), Mercedes Queixas (secretaria da Asociación), Mario Outeiro (en representación da Deputación de Lugo) e os alcaldes de Rábade e Castro de Rei. A seguir, procedeuse ao descubrimento da placa que atribúe o nome do homenaxeado a unha avenida (dende agora Avenida Xabier P. DoCampo). Finalmente, fíxoselle entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Silverio Rivas), acompañada dunha laudatio a cargo de Agustín Fernández Paz, que foi respondida polo homenaxeado. Os actos pecháronse cun Xantar de confraternidade. Xabier P. DoCampo Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa, sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica e Nova Escola Galega. Pertenceu tamén ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación e participou na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), pertencendo cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente. Ten recibido numerosos galardóns, coma o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995 ou o White Ravens 1997. Entre as súas obras destacan Cando petan na porta pola noite, Bolboretas, O libro das viaxes imaxinarias ou A illa de todas as illas."}
{"ID": "NOS_760", "summary": "A marcha, que conta co apoio de máis dun centenar de entidades (con representación política, sindical e de organizacións memorialistas), saíu da Praza de María Pita, cun cartaz co lema 'Que devolvan todo o roubado, despois do Pazo de Meirás, recuperación para o pobo da Casa Cornide'.", "text": "A entidade Defensa do Común organizou este sábado a III Marcha Cívica para reclamar que a Casa Cornide, na actualidade propiedade da familia do ditador Francisco Franco, siga os pasos do Pazo de Meirás e se incorpore ao patrimonio público. A marcha, que conta co apoio de máis dun centenar de entidades (con representación política, sindical e de organizacións memorialistas), saíu da Praza de María Pita, cun cartaz co lema 'Que devolvan todo o roubado, despois do Pazo de Meirás, recuperación para o pobo da Casa Cornide'. A manifestación tivo un marcado carácter reivindicativo, pero tamén lúdico, e foi encabezada polos actores Fernando Morán e Isabel Risco, caracterizados como o ditador Francisco Franco e a súa esposa, Carmen Polo. A III Marcha Cívica pola devolución da Casa Cornide recibe o apoio de 115 entidades Os promotores sosteñen que o Pazo de Meirás e a Casa Cornide \"son dúas caras dun mesmo espolio\" e lembran que o pleno da Corporación municipal coruñesa xa aprobou varias mocións para a recuperación deste inmóbel para o pobo da Coruña. \"Como dicía a moción aprobada o 1 de outubro de 2020: \"Significados franquistas que promoveron e participaron activamente nestes dous espolios aínda conservan na Coruña rúas, retratos en edificios públicos, placas e todo tipo de distincións, que non se pode admitir nunha sociedade democrática\", advirte Defensa do Común. Esta é a terceira ocasión na cal se organiza unha marcha deste tipo, aínda que os promotores advertiron de que están dispostos a organizar as que sexan precisas para lograr a incorporación ao patrimonio público da Casa Cornide. \"Operación de Estado\" Non en balde, consideran que a adquisición da Casa Cornide foi \"unha auténtica operación de Estado que se organizou durante varios anos\". \"Non podía aparecer como a transmisión dunha propiedade pública a unha persoa privada como Carmen Polo, esposa de Franco, e por iso a solución foi convocar unha poxa previamente amañada\", sinalaron. O pleno da Coruña reclama de novo a Casa Cornide e cualifica de \"non grata\" a presenza dos Franco A Casa Cornide foi comprada en 1948 pola Dirección Xeral de Belas Artes (Ministerio de Educación). Con Alfonso Molina como alcalde pasa a propiedade municipal, mediante un expediente incoado en 1958 e formalizado en xuño de 1962 a través dunha permuta co Ministerio de Educación Nacional, que recibe a cambio unha parcela municipal. Poucos días despois de dita permuta, Sergio Peñamaría (sucede a Alfonso Molina como alcalde o 19 de maio de 1959), tramita a venda e o pleno do 3 de xullo de 1962 acorda a venda do palacio e tamén as bases para unha poxa que decorre un mes despois. Barrié gaña, lembra Defensa do Común, \"poxa-farsa\" decorrida o 2 de agosto de 1962 e adquire a Casa Cornide por 305.000 pesetas. Esa mesma tarde o pleno da conta que Barrié solicita transmitir a propiedade a Carmen Polo. Tres días despois, lembran, vendeu a casa a Carmen Polo por 25.000 pesetas, como figura na escritura."}
{"ID": "NOS_30666", "summary": "Xulio Pardo de Neyra (Lugo, 1968) é o autor de Literatura galega e pornografía, un libro que vai publicar Edicións Positivas nos próximos días. Posicionado no grupo dos e das pornógrafas, algo do que se sente \"especialmente honrado\", este profesor titular de Lingua e Literatura galegas na UDC sacou anteriormente do prelo Intensa e quente é a túa humidade azul. Nesta longa conversa, fálanos sen pelos na lingua de pornografía.", "text": "Dis que es o autor da primeira novela pornográfica galega. Cales son os antecedentes da pornografía na nosa literatura? Dígoo, si; e non só o digo eu: mesmo algún \"crítico literario\" que se alporizou, escandalizado, pola miña aposta, apuntou este extremo. Con efecto, Intensa e quente é a túa humidade azul constitúe o primeiro exemplo de romance pornográfico na literatura galega, unha literatura incardinada nunha cultura especialmente atenta cara a todo tipo de manifestacións e novidades, mais por veces, e moitas, conscientemente tradicionalista e covarde debido á súa situación como espazo minorizado—e non só iso, senón que menoscabado, aldraxado e capado polo unitarismo, o centralismo e o imperialismo que, desde o españolismo, rexe non só fóra do que hoxe son as fronteiras da nosa casa—dentro do insistente proxecto, agora seica europeísta, que a sociedade galega ten aprendido dos ditados da ideoloxía española máis restritiva. Daquela, é certo—e ben rechamante contodo—queIntensa e quente sexa a primeira novela dunha literatura que, non en van e sobre todo no eido do acervo oral, conta con innúmeras probas de xorne pornográfico e que, ademais, se orientou atentamente cara á expresión do erotismo en chave literaria. Deste xeito, os antecedentes da literatura galega, como a maior parte dos nosos antecedentes culturais, áchanse na nosa traxectoria medieval: e non é nada curioso. E por que no Medievo? Naquela altura, a Galiza—e porén a súa cultura—estaba plenamente sa, pertencendo a unha unidade territorial definida no político en tanto que reino, e por conseguinte, a súa lingua e a súa cultura vivían cunha saúde perfectamente brillante. Trátase amais, o da Galiza daquel momento, dun espazo claramente cohesionado politicamente e produtor da primeira lingua romance da Europa, dun proxecto enormemente orixinal onde por caso, e está fóra de dúbidas que sucedeu na mesma altura, se ensaiou, e cun éxito notábel, co lirismo cortés medieval que logo se dirá que á galega non é máis que copia ou adaptación do provenzalismo literario amoroso. Secomasí, deste humus medieval provén e devén o noso interese pola pornografía. Nótese, por outro lado, como a Idade Media, época pletórica onde as haxa, por máis que ben atrasada no social, non se pode cualificar como un momento escuro e larvado dun cristianismo—embora xa catolicismo—capador e dominador da poboación: como, xa que logo, entenderiamos as tan explícitas probas que, no eido do sexual, percorren as manifestacións artísticas presentes nas igrexas? E como, en consecuencia, entendermos as así mesmo explícitas probas da nosa literatura medieval no canto da expresión do intercambio sexual entre as persoas? Penso, portanto, que só unha cultura sa e fértil, habelenciosa e desinhibida, sería capaz de expresalo dun modo tan ferozmente exquisito. \"Para efectuar o meu achegamento á literatura pornográfica galega decidín partir da Idade Media por considerar que nela reside o noso pasado máis esplendoroso\" Existían testemuñas previas á Idade Media? Evidentemente, existen na Galiza testemuñas estéticas anteriores alusivas á fecundidade e aos rituais que se articularon en redor do sexo. Penso, por ser un caso moi próximo a alguén de Lugo coma min, no ninfeo de Santalla de Bóveda, onde aínda reside parte dun erotismo relacionado co culto cara á reprodución humana. Por suposto, contamos con exemplos anteriores, agora xa fóra da Galiza, que nos reflicten como na prehistoria se representaban homes longos e mulleres que exhibían os seus atributos sexuais sen ningún tipo de remorsos. Con efecto, para efectuar o meu achegamento á literatura pornográfica galega—exigua por desgraza; non en van estamos a falar dunha comunidade que leva máis de mil anos adscrita á ideoloxía capadora do catolicismo, e máis de cincocentos submetida pola do imperialismo cercenador do castelanismo, logo españolismo— decidín partir da Idade Media por considerar que nela reside o noso pasado máis esplendoroso. Fumos, galegos e galegas, produtores da primeira e máis requintada escola lírica europea. E deste xeito, na época da intensa vixencia do imperio galego herdeiro da forza da monarquía sueva, foi cando, tal que empoleirada sobre todo cara ao cántico do amor entre as persoas, a lírica desenvolveu unha especial querenza pola expresión amorosa, na que, como é lóxico, o sexo ocupa un dos espazos máis senlleiros, por máis que deseguido se conseguise apartalo do amoroso: con efecto, unha posíbel supremacía da xenitalidade implicaría a desintegración da familia monogámica patriarcal, onde, e xa o dixo Marcuse, non collía o polimorfismo da actividade sexual. Contodo, e como os e as responsábeis das manifestacións artísticas son, antes que outra cousa, persoas—que gozan comendo, reflexionando, propondo e, por descontado, fodendo—, non é estraño que a orixinalidade medieval tamén se deixase levar pola expresión da actividade sexual. Deste modo, e son ben numerosos os exemplos galegos existentes, foi precisamente no lugar sacro dos edificios eclesiásticos onde os canteiros deitaron a súa pegada sobre desa actividade sexual que ocupaba a vida das persoas. \"Os nosos trobadores e xograres—neste sentido é ben elocuente o caso do noso rei Afonso IX—dedicáronlle sobranceiras pezas literarias ao acto de foder\" Na Idade Media galega, porén, a xente fodía e así o proclamaba, botáballe moita imaxinación ao acto sexual, facíase pallas e procuraba o gozo sexual dunha forma o máis plena posíbel; xa que logo, para eses e esas galegas, o sexo e os órganos implicados na foda constituíron uns elementos definitivos á hora de se manifestaren segundo unha expresión e vontade artísticas. Así, consonte este programa, os nosos trobadores e xograres—neste sentido é ben elocuente o caso do noso rei Afonso IX—dedicáronlle sobranceiras pezas literarias ao acto de foder, pezas nas que—semella que a nosa sociedade contemporánea non inventou nada—se aludía ao uso de dildos, nas que se retrataban sesións de sexo D/s, nas que os homes fodían \"a caralho cheo\" e nas que, por caso, tamén habitaban homes que non tiñan ningún remorso para foder con outros homes e mulleres obxectualizadas en tanto que xoguetes sexuais cheos de furados nos que cerriscar o leite masculino. Penso, deste xeito, que malia que non se rexistre unha gran cantidade delas, estas pezas medievais infórmannos dunha sociedade nada escura e pouco submetedora dos desexos sexuais humanos, unha sociedade na que a xente non só fodía como máis gozase, senón que mesmo o proclamaba dun punto de vista plástico e literario, artístico en definitiva. A que se debe o decaemento das expresións relacionadas coa pornografía? Tras toda treboada vén a calma, e de xeito contrario, tras o esplendoroso pasado medieval da nosa cultura sucedeu unha terríbel andaina de submisión cara á órbita unitarista que puxaría polo castelán, apoiándose nunha cultura da covardía, dos medos e da aceptación dun catolicismo aberrante que, como a nova ideoloxía precisaba, principalmente quería submeter e controlar. Aí, pois, comeza o desleixo literario cara á expresión do sexual e o camiñar dunhas manifestacións escritas—o eido da literatura de transmisión oral vai á parte—polos vieiros dos desexos e os ditados do pensamento castelanista. Desta maneira, e fundamentalmente producida pola enorme represión reaccionaria, comeza unha liña que non quer amosar e si se preza da suxestión, que non mostra e si apunta, e que no sexual tratará de se explicar através de imaxes suaves que chamaremos eróticas para diferencialas da pornografía, que ensina sen ambaxes. \"Non deixa de ser abraiante, por ridículo e cínico, o comportamento dunha sociedade que vive entre alusións constantes ao sexo e que se escandaliza cando o sexo explícito é levado a unha obra literaria\" Após a publicación de Intensa e quente é a túa humidade azul, non volveu saír obra ningunha pornográfica, aínda que si erótica. A que cres que se debe? Malia que un gran amante e consumidor de textos sociolóxicos, non son sociólogo; mais efectivamente, tras da saída da miña proposta literaria pornográfica non se volveu publicar nada deste xorne temático. Contodo, como me informou o editor Paco Macías, hai tempo que bon amigo ademais, semella que recibiu varias propostas de edición de textos literarios de carácter pornográfico, mais que por mor da forte desatención institucional dos poderes da Galiza cara á súa cultura propia—algo que non se viviu nin na tamén tristenta época de Fraga—non se puido facer carne. Cónstame, contodo, unha para min máis que honrosa recepción, agarimosa e celebrada ademais, por parte de boa parte da sociedade galega. Neste sentido, e sobre todo no eido feminino, Intensa e quente foi francamente ben acollida. Mais si, como ben apuntas, desde a súa publicación semella que ninguén decidiu xogar coa literatura pornográfica. A razón? Pois penso que poderiamos aludir a tres posíbeis causas desta desatención: por unha parte o referido desalento que rexe nunha cultura que, como é a da Galiza actual, cada vez conta con menos editoras, mesmo menos mecanismos e menos proxectos centrados no tratamento da realidade propiamente galega; por outra creo que o gran tradicionalismo que aquí impera e a noxenta covardía da nosa sociedade ante todo o que poida rachar con el, é un dos piares nos que asenta a ideoloxía actual da nosa casa—como se explica, daquela, que a maior parte da poboación dunha nación sen Estado como a nosa, comungue, acepte e proclame nas urnas a súa perenne afección e unha entrega fervente cara aos postulados dun partido político ideoloxicamente reaccionario, atentatorio coa realidade propia da Galiza, e amais pornograficamente corrupto?—; e finalmente xulgo que, especialmente a respecto da pornografía, o occidentalismo no que vivimos si permite a exhibición de xogos cara á actividade sexual das persoas sempre que non sexan obxecto dunha posíbel consideración antisistema, é dicir, sempre que proclamen que se desexa e que se fode dun punto de vista morno e suave. É, xa que logo, como o conto daquel home que acode a lle confesar a un cura o feito de ter fodido, mais agardando unha pequena penitencia porque, dicía, na fodida só metera a punta do pixote. De todas formas, como eu mesmo manifestei nalgunha das entrevistas que se me fixeron tras da saída de Intensa e quente, non deixa de ser abraiante, por ridículo e cínico, o comportamento dunha sociedade que vive entre alusións constantes ao sexo—ora cando se publicita un po de cacao, unha máquina de lavar roupa ou mesmo un xel de baño—e que se escandaliza cando o sexo explícito é levado a unha obra literaria: cousas da vida, que diría Castelao. Que diferenzas hai entre a literatura erótica e a pornográfica? Xa desde os seus mesmos comezos, aló polo século XVIII, o vocábulo 'pornografía' asociouse coa prostitución, sempre dunha perspectiva que trataba de retratar aspectos suxos, obscenos e sobre todo pecaminosos, todo o cal, e magnificamente ademais, deviría en termos de subversión. Tal que asunto emanado da ideoloxía occidentalista, en relación co erotismo, que pode habitar en calquera manifestación artística cos plácemes de calquera; a pornografía derivou no envés da mesma folla na que reside o erotismo, mais como irmá espuria porque, disque, retrata os instintos sexuais máis baixos da persoa. Vamos, como se o erotismo fose algo elegante e a pornografía algo vulgar; como se o primeiro fose decorativo e a segunda algo vinculado co pseudolismo. Embora, e xa que non existe moito consenso nunha sociedade que, contodo, vive preocupada pola consumición de imaxes e cintas pornográficas; opino que, fóra de consideracións moralistas, o erotismo centra o seu labor no apunte suxestionador, nun chisco de ollo cara ao sexual, sempre dunha vontade morna ou temerosa; mentres que a pornografía se vale das propias imaxes da actividade sexual, que apostan pola excitación e non entenden de 'penes' nin de 'vaxinas', senón que prefire apostar polo retrato dos rabos e das babecas, e canto máis empoleirados e húmidas mellor. Evidentemente, calquera obra pornográfica—e penso nas propostas de Bataille, Pauline Réage ou Marcial, por citar unicamente tres exemplos ben coñecidos—pode ser igual de exquisita e grandiosa que calquera aposta erótica; e non por amosar a actividade sexual tal e como é vai perder calidade ou rigor estéticos. Como desprender o sesgo machista do que é porno? Por desgraza, somos e habitamos unha cultura e nun espazo occidental e vehementemente occidentalista. Capitalista por máis sinais. Ergo formamos parte dun proxecto social falocéntrico. E isto onde talvez máis se manifeste é na industria cinematográfica que chamamos porno (eu gusto de diferenciar entre o porno e a pornografía, e sempre reservando a primeira palabra para as manifestacións pornográficas sen moito ou ningún criterio estético, sen calidade artística). Por suposto non falo de apostas cinematográficas como as de Lust, mais polo xeral, e moito máis que polo xeral, a nosa sociedade cualifica a pornografía en virtude ou en atención ao cine porno: nel é onde aprendemos imaxes sexistas e comportamentos altamente machistas a respecto dun home que sempre ten de estar longo, levar a iniciativa no sexo e gozar e facer gozar cunhascorridas capaces de cerriscar máis aló de medio metro de distancia, e que sexan o máis espesas e brancas posíbel. As cintas porno, ademais, preocúpanse por retratar mamadas de rabos, corridas nas tetas e nas bocas de mulleres, rabos zumegantes sempre cheos de leite que sae a xorros, mais mulleres submisas, adoito dispostas a dar pracer aos homes mais que semellan non gozar plenamente e que case nunca se corren. Por suposto, este tipo de cine non foi nin é nada amábel co xénero masculino, ao que insta decote a estar pronto para as fodidas e ao que esixe un nivel sexual moi alto. \"Nada ten a ver o porno coa pornografía, só que ambos partillan preocupación polo sexual, e non debemos aparellar unha cinta porno a unha pornográfica, unha revista porno a unha obra literaria pornográfica: é como se tratasemos de aparentar unha das apostas amorosas de Corín Tellado ou Bárbara Cartland cunha das propostas literarias de Pablo Neruda ou García Márquez\" Evidentemente, a incultura na que vivimos—e especialmente a relativa ao sexo—é tan grandiosa que hai persoas que cren ver maltrato nos xogos bedesemeiros, non sabendo, meus e miñas pobres, que, por caso, a máxima do BDSM non é outra que s.s.c, isto é, 'san, seguro e consensuado'. Sempre que conto este asunto venme ao pensamento a coñecida historia daquel xornalista de éxito, empresario agresivo como o cualificaría a nosa sociedade actual, esposo dunha así mesmo muller de éxito, Grande de España que lle dirían nos ambientes máis resesos da España na que ambos cren; que pagaba putas para que o submetesen sexualmente, mesmo mexándolle (é dicir, practicando o que coñecemos como pissing). Trátase esta dunha historia curiosamente coincidente coa doutro xornalista lucense de comezos do século XX, quen talvez porque na súa casa non llo facían, acudía ás putas da Rúa do Miño da cidade para que, así mesmo, lle mexasen enriba. Hai algún tipo de maltrato xenérico neste tipo de actividades? Evidentemente non, e véxase que falo de senllos casos nos que a práctica do pissing se produce por medio de mulleres que mexan en homes e que amais reciben cartos por facelo. Creo, porén, que cómpre atendermos a que nada ten a ver o porno coa pornografía, só que ambos partillan preocupación polo sexual, e non debemos aparellar unha cinta porno a unha pornográfica, unha revista porno a unha obra literaria pornográfica: é como se tratasemos de aparentar unha das apostas amorosas de Corín Tellado ou Bárbara Cartland cunha das propostas literarias de Pablo Neruda ou García Márquez. Temes que potenciais lectores e lectoras non accedan á túa obra por medo ao politicamente incorrecto? Non o temo, son plenamente consciente diso. Precisamente o noso Paco Macías contábame como nunha das pasadas feiras do libro, en Compostela, moitas persoas se achegaban ao seu posto e ollaban gulosamente, con curiosidade e medo, para Intensa e quente, mesmo preguntando polo seu argumento, mais nas súas facianas habitaba con claridade un rexeitamento producido pola máis simple e estúpida das vergoñas que provocaba que non só non a mercasen, senón que nin se atrevesen a tocala ou consultala: aínda así, teño de dicir que cara á miña novela, a resposta foi tan agarimosa por parte desa sociedade da quecontodo me laio, que en pouco tempo se produciu o esgotamento da súa primeira edición. Secomasí, noutro orde de aspectos é evidente que como ben sabemos, hai non moitos anos non se podía falar da sexualidade feminina, e moito menos escribir ou ler unha oba literaria na que se retratase o desexo plenamente sexual dunha muller. Xa que logo, algo temos evolucionado, mais non até o punto de admitir con plena normalidade o cántico, e moito menos en chave literaria, da actividade sexual tal e como se desenvolve. \"A nosa sociedade admite e asente ante a corrupción, a criminalidade, o machismo, a envexa, a maledicencia (...) mais ponse en alerta cando nunha proposta literaria se narra minuciosamente unha foda\" Por desgraza, a nosa sociedade admite e asente ante a corrupción, a criminalidade, o machismo, a envexa, a maledicencia e non se escandaliza por unha obra literaria na que se retraten os asasinos máis abxectos, os políticos ou as políticas máis corruptas, as persoas máis baixas moralmente falando; mais ponse en alerta cando nunha proposta literaria se narra minuciosamente unha foda. Mágoa, mais é así. Porén, nunha sociedade enferma que admite, consente e pouco di sobre da actuación delincuente das castes que controlan o poder, dos reis e raíñas e das princesas corruptas que a inundan, que vive deitada no lamigueiro do politicamente correcto, que comeza a admitir parcialmente a visibilización das relacións homosexuais e lésbicas e que, por pór outro exemplo, sabe moito dese mundo porno que adoita usar como vía habitual de escape ou gozo; o feito, por exemplo, de que existan persoas bisexuais—as que, por suposto, imaxinan sempre fodendo—ou o de que se publiquen obras literarias que retratan a actividade sexual tal cal é, segue a constituír unha especie de delito, un escándalo manifesto, facéndolles adquirirun moito de perversión (no senso negativo, claro) e tratándoas como un obxecto de rexeitamento. Da miña propia experiencia persoal teño de sinalar como no meu propio lugar de traballo, unha facultade pública á que se lle podería supor plena apertura de pensamento e unha ideoloxía respectuosa e democrática, logo da saída de Intensa e quente percibín olladas e comportamentos moi diferentes cara a un profesor ou compañeiro que, agora, amais de investigar arreo vén ser un pornógrafo declarado. \"Logo da saída de Intensa e quente percibín olladas e comportamentos moi diferentes cara a un profesor ou compañeiro que, agora, amais de investigar arreo vén ser un pornógrafo declarado\" Que persegues coa publicación de Literatura galega e pornografía? Perseguir non persigo nada. Gozo co meu traballo e, como crítico e analista literario, gozo con todos e cada un dos proxectos aos que me entrego, ben sexa o estudo da literatura infantil galega, o do vangardismo histórico da Galiza do novecentos, o da literatura barroca ou, por caso, o do tratamento da imaxe da muller acuática no espectro de literaturas europeas. Con este último ensaio, portanto, amais de encher una afección persoal—sempre dixen que son un grande amante da pornografía en case todas as súas direccións, canles e formatos—tratei de reflexionar sobre da liña temática pornográfica que habita na literatura da Galiza de todas as épocas. O que ocorre é que, tras terme eu posicionado publicamente no grupo dos e das pornógrafas—algo do que me sinto especialmente honrado—, este novo ensaio meu, que vén ser o trinta e tantos dunha serie iniciada aló por 1988 cando tan só era un adolescente; preocúpase dun tema proscrito na sociedade do noso Occidente—porque seica foder fódese, mais como que non se debe dicir cando, onde, con quen e como se fai—, o da esculca na dimensión literaria pornográfica galega. E se o considero como adoito xulgar todos os meus traballos, con Literatura galega e pornografía penso que podería contribuír á normalización da pornografía na nosa sociedade, en especial na literaria por suposto; a indicar outravolta a importancia de analizármonos nós mesmos e mesmas, a apostar de novo polo estudo do que ninguén antes afrontara e, en consecuencia, a dignificar o estudo da literatura galega, e facelo amais nuns especialísimos, por desgrazados, momentos. \"Seica foder fódese, mais como que non se debe dicir cando, onde, con quen e como se fai—, o da esculca na dimensión literaria pornográfica galega\" É Galiza un país diferente, ou con características propias, a respeito da pornografía? Penso que, malia estar incardinada desde hai tempo na órbita occidentalista máis atrasada culturalmente, a Galiza si se constitúe como un reduto especial en todos os aspectos, e a respecto da pornografía considero que tamén. Na Galiza habita unha sociedade retrógrada, en liñas xerais pouco formada e para min inquietante que decote está a apostar polo reaccionarismo político máis evidente. Unha sociedade que xa non esquece senón que adoita maltratar a súa propia cultura e o seu propio idioma, algo que en poucos lugares do planeta ocorre. Eu mesmo son testemuña diaria do desleixo, a falta de interese e de formación que, por caso, nun centro de ensino superior galego se vive cara ás nosas lingua e cultura. Por conseguinte, como ocorre en comunidades veciñas (España sobre todo), a pornografía causa, antes que outra cousa, medo, noxo e rexeitamento. Non deixa de ser triste que, tras a saída de Intensa e quente, un \"crítico literario\" que pretende vivir dos réditos dun pasado nacionalista logo emporcado polo afundimento dun interesante medio xornalístico se permitise apuntar, escandalizado, o que quizais puidesen opinar as feministas—as que, evidentemente, non debe tratar moito —levando en conta que na miña novela se retrataba unha historia de sexo D/s! É así, pois, como pensa parte da sociedade —e talvez unha boa parte dela— que transita polas rúas e corredoiras da nosa patria. Mais quero imaxinar que esa maior parte de galegos e galegas tamén foden, fanse pallas, consomen pornografía (o ideal—e penso que o máis formativo, porén—sería que o seu formato fose artístico) e talvez desenvolvan algunha predilección especial por determinadas prácticas sexuais seica non convencionais… Mais deixando a un lado esa realidade por todos nós coñecida, tamén existe unha Galiza diferente, unha nación consciente da posesión dunhas características propias que, no canto da pornografía, actúa consonte esa procedencia e débeda histórica case inveterada. \"Eu mesmo son testemuña diaria do desleixo, a falta de interese e de formación que, por caso, nun centro de ensino superior galego se vive cara ás nosas lingua e cultura\" Poucas familias hai na Galiza que non conten con algún devanceiro cura ou monxa—eu, desde logo, teño entre os meus trasavós varios curas e mesmo unha monxa de clausura—; e poucas familias hai aquí que non leven un apelido que teña atentado contra o costume castelán de se denominaren, as castes, segundo un programa autenticamente falocéntrico. Explícome: na Galiza, e xa desde a Idade Media, que é cando comezou o modo de designar os clans atendendo a un compromiso xenético—falo de cando se inicia a transmisión dos apelidos—o elemento feminino foi fundamental, contra ao que logo sucedería na Castela, onde polo xeral e con moi poucas excepcións, o apelido do home reproducía o que xa levara seu pai. Xa que logo, non é curioso que só levando en consideración o proceder designativo da maior parte das castes galegas—onde o peso e a proxección da muller foi algo especialmente definitivo (os casos de familias como a dos Neyras da casa da Olga en Terra de Meira, a dos Pardos de Zela de Viveiro, a dos Fernándeces da Corredoyra de Terra de Miranda, mesmo a dos baluros Montenegros ou a dos Pardos de Neyra de Terra de Cervantes, castes todas elas que estudei polo miúdo e que coñezo ben de preto), definitivo para a elección e a fixación de calquera apelido como alcume de familia—, ou a normalidade que implicaba o feito de que un sacerdote puidese procrear xeración—mesmo na nosa tradición oral existe o dito todos os fillos chámanlle aos seus pais señor pai, agás os dos curas, que lles chaman señor tío—; poidamos asegurar que a sociedade galega de tempos pasados era moito máis permisiva cos 'atentados' que se puidesen cometer contra os estabelecementos da igrexa católica ou contra os ditados da férrea agnación que semellaban implicarse tras da lexislación que rexía nas articulacións legais imperantes daquela. E xa non quero aludir ao enorme número de mulleres que, por razóns diversas, eran 'nais solteiras', como até hai pouco tempo se dicía, algo que non constituía impedimento ningún para que fosen aceptadas pola sociedade, ora rural ora campesiña, na que vivían. A Galiza, por suposto, era e é diferente, en boa lóxica, en relación á realidade das comunidades veciñas: non por acaso son moitos os séculos nos que os nosos e as nosas devanceiras viviron segundo os canons dunha cultura propia. E como sucede noutras culturas, na galega a vida interpretouse dunha forma especialmente particular e diferente; por veces—as máis—efectuando un achegamento ao sexual inzado de suxestións e apuntamentos temerosos cara á explicación dunha foda tal e como é (eróticas e eróticos), e por veces—as menos—tratando de reflectir a verdadeira realidade e esencia do acto sexual, claro que elevándoa ao plano artístico, onde non colle un vocabulario médico de máis e onde a palabra—e precisamente a palabra galega é ben hábil neste sentido, como en todos—tamén produce moita quentura, moita! Claro que estou a falar dunha Galiza libre e liberada, integral e integradora, que non entende de medos derivados dos actos humanos pracenteiros e que goza retratándoos. Falo, en definitiva, da Galiza que desexa e á que contribúen intelectuais como Paco Macías, alma pater de Edicións Positivas, que non en van leva a proxectala, construíndoa con dedicación, uns vinte e cinco anos."}
{"ID": "NOS_11992", "summary": "De positivo. Así cualificou esta sexta feira o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ames, onde forma parte do Goberno, o ecuador deste mandato \"despois de dous anos moi complexos\", que permitirán, aseguran, \"traballar con optimismo e estabelecer novos retos\".", "text": "O Grupo Municipal do BNG de Ames realizou na mañá da sexta feira un balance dos primeiros dous anos de Goberno municipal. Unha etapa marcada polo escenario aberto a causa da pandemia, que puido afrontarse, salientaron os nacionalistas, encabezados por David Santomil, grazas á \"capacidade de traballo e a solvencia dun Goberno estábel e cohesionado que xa contaba coa experiencia acumulada desde o ano 2015\". Sitúan como unha \"boa mostra da capacidade de adaptación á nova situación\" a modificación orzamentaria, \"para poder afrontar as necesidades máis urxentes e que permitiu dotar ao Concello de Ames do quinto orzamento municipal anual consecutivo que xa se aproxima aos 30 millóns de euros no ano 2021, para unha poboación que supera actualmente os 32.000 habitantes\". Os servizos sociais e os programadas de conciliación foron obxectivos do Goberno municipal, que tamén contribuíu, defende o BNG, a reactivar a actividade económica con plans como o Reactiva Ames, alén doutros emanados da colaboración institucional. A este respecto, tamén destacaron o novo centro de saúde do Milladoiro e a finalización do novo comedor escolar do CEIP A Maía. O BNG destacou ademais a \"exemplaridade\" coa que se realizou esta transición cunha nova Alcaldía e o traballo realizado no ámbito da cultura, mocidade e normalización lingüística. A reprogramación de actividades, o dinamismo das bibliotecas municipais cos Encontros Literarios ou os Dixicontos, a adaptación da Radio Municipal e a Escola de Música á nova situación e a creación do Consello Sectorial da Cultura como órgano de participación foron algúns dos exemplos expostos polos nacionalistas. Tamén citaron o impulso á oficina de información xuvenil OMIX, o novo festival SolporSon, a creación de espazos de lecer como os anfiteatros e os parques de calistenia, ou programas específicos de fomento do galego como Youtubeir@s, Galetiktokers, Apego, arte urbana e Trouleando, entre outros. Entre os retos pendentes salientaron o novo CEIP no Milladoiro, a cociña central en Bertamiráns, o proxecto de reurbanización da Avenida Rosalía de Castro na N-550, a mellora de equipamentos culturais e deportivos, a dotación de infraestruturas no rural, a recuperación ambiental do río Sar e a creación dunha empresa municipal de xestión do ciclo integral da auga."}
{"ID": "PRAZA_12067", "summary": "Un estudo de varios investigadores de Oxford apunta a que a taxa de suicidios medra un 0,79% por cada punto porcentual que aumenta a de desemprego. En Grecia e Irlanda a porcentaxe deste tipo de mortes violentas medrou un 17 e 13% desde 2008. Foron os dous primeiros países en ser rescatados pola troika", "text": "Vivir por riba das nosas posibilidades. Esta é unha das sentenzas das que máis se bota man hoxendía para facer referencia ao estilo de vida dos cidadáns europeos durante os chamados anos de bonanza económica. O excesivo apalancamento das familias, segundo esta frase, sería a causa principal do crecemento da desigualdade social, da pobreza e da cidadanía materially deprived. Xente con severas dificultades para facer fronte aos gastos e mesmo para sufragar cousas básicas como a calefacción ou o consumo de peixe fresco. Mais o endebedamento dos fogares, que si se incrementou na última década, está moi por debaixo da taxa de apalancamento do sector público e, sobre todo, das empresas privadas (financeiras ou non financeiras). Xa que logo, e cos datos na man, se cadra o incremento da pobreza e a disminución da capacidade adquisitiva das familias ten unha explicación máis complexa. Á marxe dos datos publicados polo Eurostat, e que falan dun 25% de españois en risco de exclusión social, hai outro indicador do que pouco se fala nos medios de comunicación. Un tabú agochado con silenzo: a taxa de suicidios por causa económica. Un estudo de David Stuckler, Sanjay Basu, Marc Suhrcke, Adam Coutts e Martin McKee de Oxford University, ao que tivo acceso Praza, constata que o crecemento do desemprego está directamente relacionado coa suba de mortes prematuras por causa violenta á vez que descenden as mortes en accidente de circulación. \"A posta en marcha de programas activos de emprego para recolocar os parados pode mitigar os efectos da recesión económica na saúde das persoas\", conclúe o estudo. Os países rescatados Grecia, Irlanda, Portugal e novamente Grecia (á espera de aprobación) foron, por este orde, os países rescatados na Unión Europea. Cómpre distinguir cales foron as causas que os levaron á creba e, tamén, que exposición tiña a cidadanía ao endebedamento exterior. Non para analizar culpabilidades, mais si para determinar que grao de apalancamento tiñan os fogares de cada un dos países. Non todas as débedas son iguais malia que, como constata o estudo de Oxford, as crises financeiras repercuten igualmente nun incremento xeneralizado da taxa de suicidios. Composición da débeda. % de PIB Q2 de 2011 Fogares Empresas non financeiras Empresas financeiras Goberno Total Irlanda 124 194 259 85 663 España 82 134 76 71 363 Portugal 94 128 55 79 356 Grecia 62 65 7 132 267 Italia 45 82 76 111 314 Como se observa na táboa, Grecia ten un problema severo de endebedamento público, cunha estrutura administrativa moi sobredimensionada, alimentada durante décadas de \"nepotismo\" e \"favores\", tal e como indica o economista Nikos Tsafos. Estrutura viciada tanto polo Pasok como polos gobernos conservadores, sempre segundo a opinión deste analista consultado. Tamén Italia ten unha débeda pública moi elevada. En Irlanda, pola contra, foi a caída do seu sector financeiro o que provocou a desfeita económica. En España e Portugal son as empresas privadas as que máis se apalancaron. O caso portugués é significativo xa que, malia que o Goberno de Passos Coelho puxo en marcha todas as esixencias que lle foron requeridas, a austeridade provocou a inactividade (e caída da actividade) en tanto puxo en evidencia os problemas do sector privado para desapalancarse. A consecuencia, nin o goberno nin as empresas privadas xeneran estímulo para a actividade. O Instituto de Estatística luso constatou este martes unha recesión do 2,7% no cuarto trimestre. O estudo do equipo de investigadores liderados por David Stuckler conclúe o seguinte: \"podemos observar que os países que afrontan os peores escenarios financeiros, como Grecia e Irlanda\", viron incrementada a súa ratio de suicidios nun 17 e 13%, respectivamente. Unhas taxas máis altas \"que as rexistradas nos demais países\" coa única excepción de Letonia, onde tamén medrou nun 17% entre 2007 e 2008."}
{"ID": "NOS_15412", "summary": "A proxección do documental \"A historia de Tomi Ungerer\" a 3 de outubro para adultos e unha sesión de contacontos o 10 para crianzas na libraría de Vigo \"Libros para soñar\" descobre o universo do irreverente ilustrador da man de Kalandraka.", "text": "Con Adelaida e Onde está o meu zapato? a editorial Kalandraka sumaba dous títulos máis do creador Tomi Ungerer aos xa publicados Crictor e Os tres bandidos, a súa obra máis coñecida. Provocador, iconoclasta, rebelde, o perfil de Tomi Ungere é irreverente mesmo co modelo que se agarda para un autor de libros para crianzas. O seu é un dos nomes máis recoñecidos da ilustración contemporánea, con museo aberto en Estrasburgo dedicado a súa obra, grandes exposicións -entre elas unha histórica en Berlín-, un documental sobre a súa figura e máis de 120 títulos publicados. A editorial Kalandraka trouxo para o galego catro deles, a comezar por Crictor, a historia dunha serpe que é mascota, Os tres bandidos, foraxidos que metían medo aos viaxeiros mais eran tenros cunha nena orfa ; Adelaida, o relato sobre a cangura con alas que voa e busca a felicidade e Onde está o meu zapato? para xogar a atopar un obxecto e promover a agudeza visual. Mestre de Sendak Que Maurice Sendak, o xenial creador de Onde habitan os monstros, tivera a Tomi Ungerer como mestre explícase ben á vista dunha filosofía que compartían. Fóra osiños rosas, fóra contos de fadas, fóra príncipes valentes e relatos edulcorados.Tomi Ungerer, aquel neno da Alsacia que era un fracaso no colexio e un xenio cando saía pola porta, sabía que se de algunha cor se pintaba a vida non era de rosa e foi esa a idea que traspasou aos seus libros. Ungerer naceu en 1932 en Alsacia nunha familia na que tanto nai como pai tiñan a escrita como afección e un mundo singular que traspasaron ao pequeno. Con só catro anos sufriu a morte do pai, un fabricante de reloxios inmensos, algúns para catedrais, e tamén ilustrador, bibliófilo e inventor. Coa nai comparte os duros anos da ocupación alemá e dese tempo quédalle para sempre o rexeitamento do fascismo e a violencia. Tamén o medo que viviu intensamente e que el dicía que o fixera valente para sempre. Os pensamentos son libres Con 83 anos, Ungerer xa non fai ilustración, prefire escribir e dedicarse a labores filantrópicos logo dunha vida na que recorreu boa parte do mundo, viaxando por unha banda, e residindo en Nova York, en Canadá, onde se instalou nunha granxa para ser autosuficiente, ou en Irlanda. Na súa axitada vida calcúlase que a súa produción creativa anda por volta de 30.000 ou 40.000 traballos ademais dos 120 libros e a súa sinatura expandiuse en carteis, proxectos publicitarios ou ilustracións en prestixiosas revistas e xornais. Non é habitual que un autor de libros para crianzas sexa tamén prestixioso creador de obra erótica. Pois no caso de Ungerer acontece, con esa vontade que el tiña de achegarse á vida tal e como é, non vestida de fantasía waltdisneynián. Subversivo desde neno, a polémica e o escándalo non quedou á marxe da súa traxectoria e, de feito, estivo prohibido durante tempo nos Estados Unidos e mesmo algún dos seus libros chegou a ser especialmente criticado. Mais, como titulou o seu libro de memorias, Ungerer sempre quixo seguir a máxima de que os pensamentos son libres\". A hipocresía tampouco viaxaba na súa maleta. Desde que publica Os Melops lánzanse a voar, o seu primeiro libro infantil que acadou premios e foi aplaudido pola crítica mais que o autor prefería esquecer, o seu traballo para o público de menor idade revolucionou o mundo do álbum infantil e converteuse nun referente de grandes autores como é o caso de Sendak quen nunca aforrou palabras de admiración para a súa obra. Ungerer gañou o Premio Hans Christian Andersen, e é un dos máis prestixiosos autores do mundo mais, mesmo así, como acontece agora cos títulos que publica Kalandraka, a súa obra edítase de novo, visita novas linguas e continúa descubríndose, malia o autor ter xa máis de oitenta anos e algúns dos seus libros máis de cincuenta."}
{"ID": "PRAZA_6954", "summary": "A Coruña celebra do 17 ao 22 de novembro o 20º aniversario do movemento que quixo \"reconfigurar a identidade cultural en Galicia\". Música, arte, letras e audiovisual serán protagonistas a partir do vindeiro luns.", "text": "A Coruña ulirá enteira a bravú na vindeira semana. Farao para conmemorar os vinte anos dun movemento nacido coa pretensión de \"reconfigurar a identidade cultural en Galicia e o seu reposicionamento no mundo\", tal e como afirma José Colmeiro no módulo que imparte sobre este movemento na Michigan State University. Será a Semana Bravú, cinco días de lembranza, festa e análise que foron presentados este xoves no \"quilómetro cero da bohemia coruñenta\", n'A Buserana, un bar entre a rúa San Andrés e a do Orzán. A 'Semana Bravú' celebra os vinte anos dun movemento que pretendeu \"reconfigurar a identidade cultural de Galicia\" Dous dos membros fundadores d'Os Diplomáticos de Monte Alto, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo, participaron nunha presentación á que se sumou Álex Cabanas, fillo de Xaime Cabanas, un dos ideólogos e pintor por excelencia do bravú, un movemento partido da música que se converteu nunha gran rede social que conectou nos noventa todo tipo de creadores, desde músicos até escritores, pintores, xornalistas, deseñadores, cineastas ou actores. Esa mesma vocación multidisciplinar enchoupa o programa desta Semana Bravú, no que 20 anos despois os protagonistas daquel tempo mirarán ao pasado para afrontar o futuro con forza e ilusión, conectando os referentes da cultura bravú cos novos valores da creatividade galega para difundir e compartir a creatividade e o talento. Música, arte, letras, audiovisual e reivindicación xuntaranse en cinco días para reivindicar e lembrar o bravú na Coruña Tal como explicaron Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo, a Semana Bravú abranguerá diversas actividades en diversos espazos da cidade tocando todos os paus, desde a música até a arte, a palabra, o audiovisual e, por suposto, a música. O programa iniciarase o luns, 17 de novembro, cunha sesión na que se presentará unha selección de documentais sobre o movemento bravú. O martes 18 estará dedicado á palabra, no Verbo Bravú, coa intervención de Manuel Rivas, Fran Alonso, Mercedes Peón e Carlos Blanco. O mércores 19 debaterase no espazo No culture, no future, sobre o presente e o futuro da nosa cultura e da industria cultural, con Vítor Belho (Womex 14), Xosé Paulo Rodríguez (Red Española de Teatros) e Xosé Aldea (Culturgal), nunha sesión presentada polo xornalista Iago Martínez. Logo, a historia do bravú tomará o xoves a Casa Museo Casares Quiroga para lembrar o rock daqueles anos nunha sesión na que participará Xurxo Souto xunto con Antón Díaz e Xan Xove, así como Rodri Suárez e Lydia Botana. Pero o gran prato forte do festival, que \"xustifica todo este traballo\", como lembrou Rómulo Sanjurjo, será a homenaxe a Xaime Cabanas, cunha charla e proxección sobre a figura do pintor do bravú. O acto Tod@s somos Cabanas, presentado polo xornalista Xosé Manuel Pereiro, celebrarase o venres no Museo de Belas Artes, coa participación de Álex Cabanas (fillo de Xaime), Xoan Piñón, Vari Caramés, Antón Patiño e Xavier Correa Corredoira. O sábado, Os Diplomáticos ofrecen un concerto xunto a Pinto D'Herbón, Os Papaqueixos ou As Garotas da Ribeira As citas da Semana Bravú pecharanse con música. Armando festa na Sala Garufa, cunha sesión bravú na que en torno ao grupo de referencia deste movemento, Os Diplomáticos de Monte Alto, subirán ao escenario outros músicos senlleiros deste bravú, como Os Papaqueixos, Pinto D'Herbón, As Garotas da Ribeira e Marisol Manfurada. En combinación coas actividades que se celebrararán na Coruña inaugurarase o luns 17 en Pontevedra a Exposición Bravú XX, na que se fai a través de textos e fotografías un completo percorrido polos vinte anos de historia do bravú."}
{"ID": "NOS_8649", "summary": "O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, opina que o Goberno de Pedro Sánchez deixa atrás a Galiza ao reducir máis dun 11% as contas respecto a 2018", "text": "O BNG insistiu esta cuarta feira na súa intención de presentar unha emenda á totalidade dos Orzamentos do Estado para 2021 por entender que hai unha clara discriminación da Galiza. O deputado Néstor Rego sostén que a proposta non concorda co que defende o Bloque Nacionalista Galego. \"Queda moi lonxe das políticas verdadeiramente transformadoras que defende o BNG, que aposten porque a saída da crise económica e social non recaia -unha vez máis- sobre as maiorías sociais e actúen como verdadeiro mecanismo de reequilibrio social\", explica Rego. Neste sentido, recordou que os investimentos no país caen, segundo as contas de Pedro Sánchez, en máis dun 11% con respecto a 2018, un ano que planificou o PP e no que as inversión xa lle parecían insuficientes. Unha das preocupacións do representante é que non haxa cartos para actuacións de certa urxencia como as infraestruturas ferroviarias. Por iso reclamará máis propostas de mellora para Galiza. \"É inaceptábel que, sufrindo a nosa nación un déficit histórico en investimentos en equipamentos e infraestruturas o proxecto de Orzamentos non só non compense ese déficit senón que non atenda a necesidades perentorias do noso país\" remarca. Rego recordou que o global sube pero non seguen a mesma liña as apostas polo país. Por exemplo, non só fala do que se precisa o AVE senón de liñas de tren de proximidade e da ampliación do Eixo Atlántico para cando Portugal complete a conexión. Por outra banda, o BNG rexeita un proxecto de orzamentos no que, en plena pandemia sanitaria, máis de 40% dos investimentos reais do Estado destínanse ao ámbito militar. Ou que o orzamento destinado á Casa Real ascenda nun 6,9%."}
{"ID": "PRAZA_2498", "summary": "Este inspector de traballo compostelán de tan só 35 anos dirixe a carteira de Treball, Comerç i Indústria nas Illas. O seu revolucionario Plan contra a Explotación Laboral logrou en seis semanas tranformar en indefinidos un de cada catro contratos revisados e que estaban en fraude de lei", "text": "Iago Negueruela (Santiago, 1980) chegou en 2008 ás Illes Balears. Opositou ao corpo de inspectores de traballo da Seguridade Social e conseguiu praza nas Illas. Sete anos despois, este galego leva cinco meses como conseller de Treball, Comerç i Indústria do novo Govern. Con tan só 35 anos, e tras presentarase como independente nas listas do PSIB-PSOE, o seu partido ofreceulle o posto malia non saír elixido como deputado nas eleccións. Menos de medio ano despois, a súa figura saltou ás portadas por un novidoso e revolucionario Plan de Loita contra a Explotación Laboral que puxo de acordo a patronal e sindicatos, contou co apoio do Goberno central e acadou resultados sorprendentes. Negueruela, inspector de traballo e conseller de Treball, leva sete anos vivindo nas Illes Balears Malia pisar a política institucional de alto nivel por primeira vez, Negueruela non é novo na cousa pública. \"Vivín sempre a política porque meu pai [Enrique Negueruela] sempre traballou nela e no sindicalismo\", lembra este mozo que \"desde os 16 anos\" estivo vinculado ao movemento estudantil e despos á loita contra a LOU ou co Nunca Máis. \"Sempre intentei cambiar as cousas que cría que se debían e podían cambiar\", explica quen colaborou cos socialistas baleares xa na oposición, facendo propostas no plano laboral e económico. Malia as coincidencias lóxicas de calquera sistema económico, o mercado laboral nas Balears \"é moi diferente ao galego\". \"O feito insular e as comunicacións xa afectan, pero ademais aquí a actividade produtiva baséase no turismo, no sector servizos e na restauración, cun peso da industria moito menor\", destaca. Ademais, tal e como destaca, a maioría dos contratos nas Illas \"son dunha percariedade brutal\", debida ao tipo de contratos que adoitan facerse na hostalería. \"Hai moita máis temporalidade e figuras como as dos fixos discontinuos que case non existen en Galicia\", insiste. Lanzou un plan contra a explotación laboral que logrou que un de cada catro contratos revisados en fraude de lei fosen transformado en indefinidos Precisamente, e atendendo a esta precariedade e temporalidade extrema e tendo en conta a súa experiencia no mundo da inspección, Iago Negueruela propuxera hai tempo un ambicioso plan contra a explotación que o Govern decidiu levar a cabo como unha das primeiras medidas nesta nova lexislatura. \"Se tes un instumento como a inspección, cunha importante función para revisar contratos e loitar contra os contratos precarios ou fraudulentes, tes que utilizalo. Prometimos esta medida na campaña e fixémolo\", aclara. Así, o Plan de Loita contra a Explotacion Laboral activouse como plan de choque. Contou coa colaboración de 31 novos inspectores que, durante seis semanas, puxéronse mans á obra. Dos 8.008 contratos investigados pola Inspección de Traballo, case 2.000 (practicamente o 25%) estaban en fraude de lei e transformáronse en indefinidos. Ao tempo, dos case 20.000 novos contratos creados no terceiro trimestre de 2012, o 97% son a xornada completa, algo que, aclara, \"ten que ver tamén co efecto disuasorio\" da iniciativa. Ademais, e segundo aclara o Govern, máis de 4.000 traballadores viron como as condicións eran melloradas grazas tamén a esta medida. Negueruela agarda que en Galicia \"haxa un cambio político en marzo\" \"Recibimos algunhas críticas polo nome, porque houbo quen consideraba que non se podía falar tan así de explotación, pero o que hai é que perseguir a aqueles que explotan porque a explotación existe\", asegura Negueruela, que agradece a colaboración do Executivo central e que insiste en que, malia algunha mínima reticencia, as cousas foron ben \"e non pasou absolutamente nada\". \"A presidenta do Govern asumiu o seu compromiso firme e levámolo adiante\", engade quen advirte que o Plan é \"extrapolable a calquera sitio, por suposto tamén a Galicia. \"É cuestión de vontade política, nada máis\". Precisamente, Negueruela di \"seguir moito\" a actividade política galega e agarda que \"en marzo se produza un cambio\" ante unha Xunta que \"mantén os recortes e se permite remodelacións a última hora no goberno\". Con todo, aclara que o seu sitio está nas Illes Balears e, polo momento, na súa consellería. \"Non penso no futuro, agora estou aquí e o meu compromiso é firme. Estou cómodo no meu traballo e encantado onde vivo\", remata quen, en galego, relata a súa experiencia no Govern."}
{"ID": "QUEPASA_87", "summary": "Menudo carrusel dominical cheo de emoción o que vivimos en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar, en todas as categorías menos no Gr.3 das féminas e nos Veteranos, que descansaron.", "text": "Xornada completita, que abría o Xallas cunha vitoria, o venres, en Laracha, a primeira da era Adrián Lema, e fóra de Fontenla, para comezar a remontada. Ademais, a Preferente vivía unha gran festa futbolística en Ara Solis, onde dúas das grandes afeccións do fútbol costeiro comprobaron como este Fisterra dá para soñar, como dicía na previa o adestrador fisterrán Ángel López. O 4-1 así o reflexa. Na 1ª Galicia tamén vivía outro importante derbi. O Baio, que levaba 3 partidos sen gañar, venceu ao Mazaricos, ao que mete en postos de descenso. Pola contra, a gran vitoria protagonizouna o Volantes, a segunda consecutiva, e desta vez con goleada, dando conta do que xa se viña vendo nos partidos o cadro de Sil. Ademais, o Soneira venceu, sufrindo, ante o Cordeiro, e mantén o liderato con 4 puntos de vantaxe. O Dumbría, pola súa parte, cortou a súa serie de 6 partidos sen coñecer a derrota na casa ante a visita do Flavia. A Liga da Costa viviu un episodio que demostra a igualdade da competición en San Andrés. O líder visitaba ao pechacancelas, e tivo que suar sangue para sacar a vitoria, pola mínima. Segue de preto un Corme que venceu a un Muros que viña sendo unha das sorpresas do inicio de Liga, que se descolga, como lle pasou ao Coristanco coa potente Esteirana. Completa o cadro de favoritos, que venceron de novo esta semana, o San Lorenzo.Pola parte baixa só puntuou o Buño de Mauro, aínda que segue sendo, xunto ao Zas, os únicos equipos que non coñecen a vitoria. O líder da 3ª da Costa, sufríu para vencer nas Fontiñas, e tivo que tirar de calidade para remontar o partido ante un moi bo Nantón.O Outes é o único que o segue dende a distancia, e a xornada foi malísima para o Porteño, que perdeu ante o propio cadro da Serra, e viu como o Comité lle arrebatou os 3 puntos que vencera no campo ante o Seaia pola aliñación indebida de Joseba, que viña do Camariñas pero ao que non lle chegara a tempo o \"transfer\"… Base En Xuvenís o Soneira non aproveitou o descanso do líder, o Outes, e caeu ante un renovado Sofán. Ademais o Cabana venceu ao Seaia e o supera nun segundo grupo no que ademais están,con 12 puntos, Zas, Miúdos e o propio Sofán. En Cadetes, Xallas e Cerqueda non perdoan, pero Fisterra, Sofán e Cee (a SD freou ao cadro ceense) seguen de preto. Ademais, en Infantís, Dumbría e Cee protagonizan un fermoso duelo no alto, cos Miúdos e Outes moi preto. Á primeira rolda das ligas de F8 quédalles unha xornada. As táboas en www.futboldacosta.com"}
{"ID": "NOS_40609", "summary": "Preocupación en goberno e produtores.", "text": "É inocua para os humanos mais acaba cos cultivos de pataca. A couza guatemalteca foi detectada no noso país vai para dous anos e xa afecta 31 concellos, situados nas comarcas da Mariña e Ferrolterra e contorna. Medio Rural apelou á responsabilidade dos agricultores para que non planten patacas nas áreas demarcadas, co fin de deter a expansión deste insecto (tecla solanivora). O Ministerio prepara un decreto cuxo borrador establece que durante dous anos non se vai poder plantar pataca nas zonas afectadas durante dous anos. Unha 'cuarentena' para delimitar a área onde hai couza, evitar que se estenda e poder erradicala. O borrador do decreto ministerial contempla a posibilidade de compensar aos agricultores polos danos causados pola couza. No goberno galego recoñecen que hai preocupación, pois se ben até o de agora o insecto afecta a zonas onde a produción é basicamente de autoconsumo, existe o risco de que, de non funcionar as medidas de contención, acabe afectando a áreas produtoras. Até o de agora destruíronse perto de sete toneladas de tubérculo infestado por esta praga. Os produtores afectados que se acolleron a axudas da Xunta cobraron, segundo a administración galega, 30 céntimos por quilo."}
{"ID": "NOS_43785", "summary": "O historiador Eliseo Fernández, referencia no estudo do franquismo en Galiza, é un dos coordinadores de 'Os nomes do terror' (Sermos Galiza), ademais de autor do artigo sobre a comarca de Ferrol, unha zona especialmente castigada pola represión. Fernández tamén estará na presentación desta obra pioneira que terá lugar o 25 de xullo ás 17 horas no Festigal.", "text": "-A comarca de Ferrolterra, que estudas no libro, tivo características diferentes na represión ao resto do país. Por que? -Hai diferenzas con outras zonas quizais polo grao de activismo político e sindical na bisbarra de Ferrol, e pola forza dos militares que había na cidade, con moita influencia do movemento do 34. Isto fai que sexa unha represión moi dirixida e controlada pola Dirección de Orden Público. -Foi unha das comarcas onde máis mortos houbo, non? -Polos traballos de Xosé Manuel Suárez, estamos falando de 700 mortos na bisbarra, e iso é unha cifra moi significativa, se temos en conta que a cifra total en Galiza é de 5.000 asesinatos. As minorías que detentaban o poder acoden á represión como a única solución que teñen para impoñerse -Era -e segue a ser- unha cidade moi polarizada... -Si, era unha comarca moi politizada, había un movemento sindical e político forte, mesmo chegando até Ortegal. As minorías que detentaban o poder até o momento e que vían que estaban sendo superadas socialmente por forzas emerxentes, procedentes do sindicalismo e do nacionalismo, acuden á represión como a única solución que teñen para impoñerse sobre unha maioría da poboación que ía por outro lado e que estaba acabando cos seus privilexios. -Sorprendeume o detalle de que o xornal local ferrolá -El Correo Gallego- puxese no escaparate os nomes dos mortos. -En Ferrol había unha vontade moi forte de darlle publicidade ás execucións e, sobre todo, ás execucións irregulares cun carácter exemplarizante, creo que é algo significativo. Eu sempre escoitei falar de que a xente ía mirar á pizarra do xornal El Correo Gallego, que estaba na rúa Real, a principal de Ferrol, e era o lugar onde se contaban as noticias. Pero claro, nese momento, a noticia eran os mortos. En Ferrol houbo unha política de captación de xente que era militante doutras organizacións políticas -Hai apelidos que hoxe nos soan coñecidos, como López-Sors, ao igual que en moitos outros lugares do país. Tamén falas de que un dos grandes logros dun dos maiores represores, Victoriano Suanzes, foi converter Torrente Ballester, que era galeguista antes da Guerra. -Si, é curioso e significativo que en Ferrol houbo unha política de captación de xente que era militante doutras organizacións políticas. De feito, algúns dos falanxistas de primeira hora viñan do PCE, por exemplo, e tamén no momento do golpe militar, mediante ameazas e a utilización da chantaxe, conséguese que algunha xente -como Quintana Pena, deputado socialista por Ourense, ou Florentino González Villamil, de Izquierda Republicana- sexan organizadores dos sindicatos fascistas e dean mítins a favor do novo réxime, aínda que algúns deles marcharon ao exilio, como Quintana Pena, que marchou e fixo borrón e conta nova. Sen embargo, Torrente, que militara no galeguismo, é un dos que se suma ao réxime e queda aí durante moitos anos até que nos 60 parece que racha de novo co réxime. Non hai constancia documental de que fora a través de Suanzes esa conversión, pero si que é probable, porque foino nos outros casos, porque ademais Victoriano Suanzes exerce en Ferrol durante eses meses unha política de control absoluto, é un auténtico dominador da vida da cidade en todos os aspectos. Torrente Ballester, que militara no galeguismo, é un dos que se suma ao réxime e queda aí durante moitos anos até que nos 60 parece que racha de novo -Como evolucionaron os represores no caso de Ferrol? Chegaron até a Transición? -Houbo de todo, porque outro personaxe importante na represión en Ferrol, Florentino González Vallés, xa morre no ano 38, e Suanzes continúa ascendendo na Garda Civil, ocupando as máximas responsabilidades até os 60, cando morre. Esta é xente metida no cerne do réxime. Ese grupo de xente foi parte importantísima do réxime a todos os niveis, mesmo con relación familiares. Por exemplo, Juan Antonio Suanzes, que foi ministro de Industria con Franco, era curmán de Victoriano. Eran familias que tiveron un relevo importantísimo no réxime. Outro caso é o fillo de Florentino González Vallés, Lorenzo González Vallés, que é gobernador civil de Guipúzcoa nos anos da Transición e foi asasinado por ETA. -Este libro, Os nomes do terror, é o primeiro que aborda a nivel nacional a represión do punto de vista dos vitimarios. Cres que haberá un efecto chamada aos historiadores para seguir traballando neste sentido? -Eu creo que si. Un dos obxectivos é rachar coa sensación de que hai un terreo vedado á investigación histórica, como é a dos vitimarios. No limiar falamos diso, como no cadro dos fusilamentos de Goya, onde vemos as caras das vítimas e os represores están de costas. E eu creo que a historia debe facer ese contraplano no cal os represaliados teñan a súa importancia, pero tamén saber quen estaba do outro lado, que mecanismos usaban, como funcionaba esa represión. Iso era algo que estaba por saber, en certa medida estaba vedado por problemas legais, porque ao non existir condenas xudiciais sobre os asasinos na historia parece que había unha certa impunidade, e o libro tenta rachar con iso e abrir unha porta. Se cadra queda un pouco fachendoso, pero creo que é así. Ao non existir condenas xudiciais sobre os asasinos na historia parece que había unha certa impunidade, e o libro tenta rachar con iso e abrir unha porta. -De todos os xeitos, fostes prudentes e só puxestes nomes en base a fontes documentais fundamentalmente. -Claro, pero pódense facer suposicións e traballar con hipóteses, pero os documentos son os que nos dan seguridade. Ademais, creo que tamén é importante dicir que no caso de Ferrol é moi significativo como os propios represores saían nomeados na prensa, onde se di: fulanito de tal tenta fuxir e mátanos. Están dando os nomes dos represores. Nós o que fixemos foi recoller esa documentación. Porque os nomes en parte xa estaban, mesmo a prensa da zona republicana xa daba nomes de represores, na prensa do exilio tamén. Suárez Picallo por exemplo publicou algúns artigos dando nomes, entón nós o que fixemos recompilar esa información e darlle forma de ofrecer esa mirada sobre eles."}
{"ID": "NOS_42747", "summary": "O concello da Coruña dispón dunha baza gañadora para evitar a privatización do complexo A Solana-Hotel Finisterre: unha das parcelas en que se asenta é da súa propiedade, segundo revelou esta segunda feira Radio Coruña.", "text": "Unha das parcelas do complexo formado por A Solana e o Hotel Finisterre é de titularidade municipal, segundo se pode comprobar no Rexisto da Propiedade. O solar ocúpao unha piscina, nos mesmos terrenos en que no pasado se erguía unha cadea, o chamado cárcere da Audiencia, prisión que desapareceu en 1928. A Autoridade Portuaria tenciona vender nunha poxa o complexo e dispón xa dunha oferta, por valor de 10 millóns de euros, por parte do actual concesionario, Inmobiliaria Río Mero. O concello chegara no seu momento a un acordo co porto para se facer co complexo de A Solana pagando o prezo de taxación dos solares, 1,4 millóns de euros. Agora trascende que un dos solares é propiedade do concello, o cal podería mudar por completo o asunto. A Autoridade Portuaria xa non podería vender o complexo na súa integridade, pois un dos solares non sería da súa propiedade. Surprende en todo caso que até o de agora o goberno local non teña revelado que o concello é propietario dun fragmento do complexo e que non teña feito valer ese argumento -tal vez si o fixo en conversas reservadas coa Autoridade Portuaria- á hora de defender a non privatización dos terrenos."}
{"ID": "PRAZA_12013", "summary": "Novagalicia Banco remitiu esta mañá á Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) o cálculo \"preliminar\" do saneamento que debe executar para dar cumprimento ás novas esixencias do Ministerio de Economía. En risco inmobiliario son 1.600 millóns de euros. Só en solo e promocións en curso, 740 millóns de euros", "text": "A Novagalicia Banco, entidade beneficiaria da segregación financeira de Novacaixagalicia, tampouco lle sentarán ben as novas esixencias de saneamento que aprobou o Ministerio de Economía. O responsable desta carteira, Luis de Guindos, cre que a banca española deberá acometer provisións por 52.000 millóns de euros, tal e como afirmou no Congreso dos deputados. Máis de 2.300 corresponden ao banco que preside José María Castellano. Malia este novo revés, a entidade asegura que estas necesidades adicionais de saneamento quedarán \"integramente cubertas\" ao longo de 2012. NGB mantén así, unha vez máis, que pode levar a cabo o seu proxecto en \"solitario\" malia que o propio De Guindos anunciou a saída do Goberno do capital da entidade para \"o antes posible\". José María Castellano e o seu equipo contan con ter de prazo ata setembro para lograr investidores que prorroguen a vida do banco máis alá dos doce meses. O reto, como insisten fontes financeiras, é hercúleo. \"Máis alá dos investidores que xa chegaron, chamados por un compromiso máis patriótico que de rendabilidade, é moi difícil captar capital estranxeiro, máis aínda para unha entidade nacionalizada\", apuntan en declaracións a Praza. Polo de agora o único que está claro é que a caixa única, resultado da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, desaparecerá para converterse nunha fundación tutelada por Madrid. Saneamento As provisións totais que deberá realizar Novagalicia Banco pola súa exposición ao risco inmobiliario ascenden a 1.600 millóns. Ata 395 millóns pola aplicación xenérica dunha provisión do 7% sobre os activos sans relacionados coa construción, 595 millóns por créditos dubidosos (ou debedores á vista) e outros 610 millóns para activos adxudicados. Sorprende a provisión que NGB debe realizar en solo ou promocións inmobiliarias en curso: 740 millóns de euros. A suma de ambas as dúas partidas sitúa NGB como unha das empresas crediticias que máis esforzo ten que realizar para sanear o seu balance. Para NGB a estratexia para dar cumprimento a estas esixencias pasa por tres pasos diferentes: a xeneración de beneficios (o saneamento ten que ir contra resultados, non contra fondos propios), a venda de inmobles e a captación de investidores."}
{"ID": "NOS_3167", "summary": "No marco das investigacións do ex comisario para o BBVA sobre presuntos vínculos políticos de Ausbanc.", "text": "O Ex comisario José Manuel Villarejo recompilou dados da vida privada de varios dirixentes do PP no marco das investigacións que lle encargara o BBVA sobre Ausbanc (Asociación de Usuarios de Servizos Bancarios) e o presidente da asociación, Luis Pineda. 'Voz Populi' tivo acceso a esta documentación do daquela comisario en activo, e na que figuran persoeiros como Núñez Feixoo ou Ana Pastor, entre outros 'Anexo 01-Vinculacións políticas' é o título dun ficheiro feito en outubro de 2014 e no que figuraban os enderezos das moradas destes dirixentes do PP, os nomes e datas de nacemento das súas parellas e unha información polo miúdo das súas carreiras profesionais. No que atinxe ao presidente da Xunta, nese documento, indica 'Voz Populi', alúdese a unha relación sentimental do pasado cunha xornalista. Tamén detalla que en outubro de 2012 Feixoo reuniuse con Pineda no seu despacho para \"tratar o tema das preferentes xa que Galiza é unha das comunidades con maior número de persoas afectadas por este produto\"."}
{"ID": "PRAZA_1756", "summary": "Syriza perdeu unha excelente oportunidade para lograr un cambio pacífico apoiado nun movemento de masas que xa non se acordaba en Europa.", "text": "Nun artigo meu do pasado mes de marzo acreditaba na esperanza de que Syriza dispoñía dun plan para afrontar a crise que afoga o seu país, congruente co programa político que lle ofertou aos gregos durante a campaña electoral. En liña con esta premisa valorei positivamente que os seus líderes negociaran con firmeza fronte ás demandas dunha Comisión intransixente. O seguinte paso que deron afianzou a miña confianza no seu proxecto cando, ante a inamovible posición da UE, decidiron convocar un referendo que, ao contrario de Papandreu en 2011, foron quen de realizar e demostrarlle ao mundo que a democracia é algo máis que unha palabra. A resposta popular á valentía de Syriza foi esmagadora: máis dun 60% de gregos proclamaron que non querían a política suicida europea outorgándolle un mandato claro a Tsipras. Coido que a clave para entender esta resposta, nun contexto criticamente adverso, de acoso e criminalización do seu país polos dirixentes europeos, non está na lectura superficial de que os gregos querían un acordo mellor dentro de Europa. Esa interpretación só tería sentido se o referendo se realizase nun contexto de normalidade económica e política. Realmente o que manifestaron, alto e claro, é reclamar o dereito a vivir con dignidade esixindo que lle deixasen a Grecia elixir o seu futuro. Calquera que tivese oídos puido escoitalo nas rúas de Atenas e do resto do país heleno. O referendo foi un auténtico exercicio de soberanía, en oposición á política uniforme da Europa neoliberal. Daquela aínda cría que Syriza estaba levando a cabo un proceso pedagóxico para que a cidadanía comprendese a esencia dos problemas aos que se enfrontaba: se Europa non atendía as súas peticións de permitirlles unha saída singular da crise —peticións, por certo, cada vez máis reducidas e afastadas da súa proposta inicial—, significaría que Grecia non tiña o seu destino dentro da eurozona e, incluso, na propia UE. Finalmente, ocorreu algo insólito. Cun apoio popular esmagador Tsipras cede e asina un acordo peor, na maioría dos aspectos, que todos os anteriores propostos pola UE e os acredores internacionais. Así o recoñeceu Jristos Kasimis, asesor do ministro Lafazanis. Como se pode explicar esta decisión? Acaso esteamos aínda no proceso de asimilación pedagóxica. Pero non, finalmente, o Parlamento grego aprobou o paquete de medidas, aínda que con rebelións notables nas filas de Syriza, entre elas Varoufakis, Lafazanis ou o viceministro de Exteriores. A proba da rendición de Syriza é que o seu pésimo acordo coa UE recibiu o apoio clamoroso de todo o bloque de oposición neoliberal. Os mesmos aos que antes toda Syriza acusaba de vende patrias. O propio Tsipras non cre no acordo alcanzado, o que resulta o colmo do absurdo, pero non ve alternativa á permanencia grega na UE. Esta idea de que non hai futuro fóra da eurozona é retratada de maneira moi lúcida pola articulista Diana Jhonstone, da revista norteamericana CounterPunch: \"É demasiado fácil esquecer que sen soberanía nacional non pode haber democracia. A medida que o desastre grego obriga a cada pouco aos europeos a ter serias dúbidas acerca da política da UE, o desexo de reafirmar a soberanía nacional enfróntase aos estereotipos de esquerda-dereita. Gran parte da esquerda europea encóntrase cada vez máis atrapada na contradición entre o seu antinacionalista \"soño europeo\" e a destrución da democracia pola burocracia financeira da UE\". Non o di un nacionalista galego, trátase dunha analista norteamericana de esquerdas, residente en París, que entende mellor que moitos europeos o que está pasando aquí. Neste sentido Syriza, e lamento ter que dicir isto, non é moi diferente do bloque neoliberal que controla Europa. Non vale proclamar que as forzas dominantes non queren negociar \"outra Europa\" e, en consecuencia, resignarse a esperar se veñen tempos mellores que permitan aplicar no futuro o ansiado New Deal grego. A crúa realidade revélanos, unha e outra vez, que non existe máis Europa que a que defende o capital financeiro e a Comisión Europea, entregada esta a unha deriva cada vez máis autoritaria e antidemocrática, situación que fai inviable unha reforma da UE \"desde dentro\", polo menos nesta altura. Os interminables sacrificios que se lle esixirán aos gregos con este último rescate, e os que veñan, cun país intervido e sen soberanía financeira, son moito peores —a curto, medio e longo prazo— que o famoso \"Grexit\". Coa saída do euro os gregos terían a oportunidade de controlar o seu destino (hai vida fóra da UE), despois dun período lóxico de axuste e sacrificios, e a xente podería soñar coa posibilidade dun punto de inflexión que posibilitase unha Europa dos Pobos. Pero a permanencia grega na eurozona implica a renuncia a ese soño e a calquera alternativa críbel dun futuro distinto do marcado polo capital financeiro internacional. Sen embargo, a idea de que todo está resolto en Europa non deixa de ser unha quimera. O proceso de aprendizaxe dos pobos é lento e cheo de fracasos, pero a crise grega está poñendo de manifesto curiosas contradicións, apenas veladas polos media. As tensións norte-sur europeas irán a máis porque as economías desas dúas zonas están separadas por un abismo de contradicións irreconciliables que acabarán volvendo inestable toda a UE. Sábeo ben Schaüble, o dereitista ministro de finanzas alemán, por iso avogaba por un \"Grexit\" que permitise disciplinar os estados máis reticentes coa política de austeridade alemá. Prescindir, de momento, de Grecia era o prezo para unificar con man de ferro Europa. O proxecto alemán consiste en construír unha Europa corporativa, con centro de gravidade en Berlín, dando lugar a un auténtico IV Reich —non é unha metáfora—, esta vez mediante a guerra económica e a rendición como única alternativa. Pero ocorre que este rexurdimento imperial alemán non concorda plenamente cos intereses da OTAN, ou se se prefire de Estados Unidos, decidido a manter na esfera occidental a Grecia, ante a ameaza de que os ortodoxos gregos escoren cara oriente e debiliten perigosamente ese flanco estratéxico. E os USA tampouco lle agrada unha hexemonía alemá en Europa. Por tanto, o precario equilibrio entre os intereses alemáns e os de América do Norte poderían romperse en calquera momento porque o excesivo número de variables da ecuación xeopolítica supera a capacidade de resolución do problema. Mais se esperamos a que este delicado equilibrio entre en crise o máis que podemos agardar é que o conseguinte terremoto nos leve a todos por diante. Syriza perdeu unha excelente oportunidade para lograr un cambio pacífico apoiado nun movemento de masas que xa non se acordaba en Europa. Por iso fago miña a frase de John Donne."}
{"ID": "NOS_54028", "summary": "Houbo centros de ensino en que ningún alumno acudiu a esta proba, informan, ao tempo que agradecen ás familias o compromiso e esforzo para, máis unha vez, rexeitar a Lomce.", "text": "A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cifra en 80% as familias que decidiron non enviar os seus fillos e fillas esta terza feira, 30 de maio, á reválida de 3º de Primaria. \"Incluso houbo centros nos que non foi ningún alumnado\", emgaden ao tempo que parabenizan e agradecen ás familias \"o esforzo realizado para volver a evidenciar a súa oposición á LOMCE\".. A Plataforma lembra que estas porcentaxes son moi similares ás que se deron nas reválidas de 6º Primaria e de 4º da ESO a semana pasada, e superan as do ano pasado. \"Agardamos que á vista dos datos a Consellaría de Educación non continúe coa mentira e acepte que estas aprobas o único que diagnostican, de maneira democrática e contundente, é a oposición das familias, da comunidade educativa e da sociedade no conxunto a que se siga aplicando a LOMCE\", explica Anxo Louzao, en nome da Plataforma Galega. Para a Plataforma Galega, \"se houbera unha mínima vontade de ter en conta a opinión da comunidade escolar no Pacto pola Educación\", paralizaríanse estas probas, derrogaríase a LOMCE e a partir de aí abriríase un debate para consensuar o futuro dunha Lei Galega de Educación."}
{"ID": "PRAZA_6975", "summary": "O primeiro congreso en que isto será plenamente oficial celebrarase en xaneiro de 2016 en Austin (Texas), pero o Galician Language, Literature and Culture Forum figura xa no novo organigrama da MLA", "text": "O pasado ano unhas trescentas sinaturas de profesores universitarios, alumnos e tamén reitores e decanos de centros de todo o planeta apoiaron unha proposta dirixida á Modern Language Association en demanda de que os estudos sobre lingua e literatura galegas contasen cunha sección propia permanente e un grupo de debate de seu no seo desta entidade. Esa proposta vén se acadar o seu obxectivo. Este xoves os seus impulsores recibiron unha comunicación oficial da directora executiva da Modern Language Association, Rosemary G. Feal, indicando que o Galician Language, Literature and Culture Forum fora aprobado, como lle confirmou o profesor Gabriel Rei-Doval ao xornalista Xesús Fraga. Gabriel Rei-Doval destaca que se trata \"dun éxito sen precedentes para a lingua, literatura e cultura galegas a nivel internacional\" O primeiro congreso en que isto será plenamente oficial celebrarase en xaneiro de 2016 en Austin (Texas), mais o Galician Language, Literature and Culture Forum figura xa no novo organigrama da MLA. Gabriel Rei-Doval destaca que se trata \"dun éxito sen precedentes para a lingua, literatura e cultura galegas a nivel internacional\". \"A nosa lingua, literatura e cultura pasan a formar parte da Champions League\", engade. De MLA formaban xa parte as principais linguas do mundo, e tamén un grupo selecto de linguas, culturas e literaturas minorizadas entre as que se encontran a catalá, a escocesa ou a yiddish, entre outras. O Comité Executivo proposto, e agora aceptado por MLA, constituído por socios da mesma e que foron tamén autores da proposta, está formado por: Kirsty Hooper (Univ. Warwick, UK), Eugenia Romero (Ohio State University, USA), Obdulia Castro (Regis College, USA) e Gabriel Rei-Doval (Universidade de Wisconsin-Milwaukee, USA). Na elaboración da proposta participou igualmente Benita Sampedro (Universidade Hofstra, USA), José María Rodríguez García (Duke University, USA) e Miguel González Abellás (Universidade Washburn, USA). A proposta tiña a súa orixe na lista de correo González-Millán Galician Studies, un foro creado en 2004 para debater asuntos relacionados con Galicia e os Estudos Galegos cunha perspectiva ampla e global. Destacábase que a creación desta sección propia permanente e dun grupo de debate achegaría \"a atención sobre os estudos galegos\" en todo o espazo académico anglosaxón e tamén elevaría \"o perfil\" da lingua, literatura e cultura galegas, conectadas cos estudos noutros campos A Modern Language Association Destacábase que a creación desta sección propia permanente e dun grupo de debate achegaría \"a atención sobre os estudos galegos\" en todo o espazo académico anglosaxón e tamén elevaría \"o perfil\" da lingua, literatura e cultura galegas A Modern Language Association é a máis importante asociación norteamericana para investigadores en lingua e literatura, con máis de 30 mil membros en máis de 100 países. Nos Estados Unidos e Canadá, MLA establece estándares para a investigación, organiza un congreso anual de tódalas disciplinas dentro do campo das linguas, literaturas e culturas, fornece os recursos para realizar entrevistas de traballo neses mesmos eidos e, en xeral, é aceptada como a corporación que valida e recoñece os estándares académicos neste país e en boa medida internacionalmente. Os promotores da demanda, inspirada e que reivindicaba o traballo pioneiro de dinamización da cultura galega nas universidades estranxeiras realizado por Xoán González-Millán nos Estados Unidos até a súa morte en accidente de tráfico en 2002, lembraban tamén a actividade doutros investigadores e intelectuais. No texto destacábase o labor de Ramón Martínez López, Ernesto Guerra da Cal, Xosé Rubia Barcia e Emilio González López, e tamén o traballo da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). O éxito é de todos eles. Salientábase igualmente a creación de centros de estudos galegos nas universidades de Birmingham, Oxford-Queen's College, Cork, Stirling, Bangor, California-Santa Barbara e La Trobe, en Australia. E tamén que o galego se estuda en Liverpool, Exeter, Southampton Warwick (Reino Unido), e en Wisconsin-Milwaukee, ou a súa presenza cada vez máis frecuente en congresos de primeiro nivel nos Estados Unidos."}
{"ID": "NOS_35122", "summary": "A organización xuvenil do BNG reúne en Bonaval, Compostela, a máis de 200 persoas na tradicional homenaxe a Rosalía e Castelao.", "text": "Na véspera do Día da Patria Galega, Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, reivindicou no Parque de Bonaval as figuras de Rosalía de Castro e Daniel Castelao, \"dous símbolos e exemplos para toda a mocidade que día a día loitamos polos dereitos que nos pertencen\", segundo indican desde a entidade nacionalista. Galiza Nova levará a cabo unha campaña sobre saúde mental Nesta edición, Galiza Nova xuntou a máis de 200 persoas que ateigaron un ano máis o parque de Bonaval e contou ademais coa presenza das organización xuvenís internacionais convidadas, que decidiron acompañar á mocidade nacionalista galega nestes días. O acto contou coas intervencións políticas de Uxía Pérez, militante de Bergantiños, Marta Gómez, Secretaria Xeral da organización, e Ana Pontón, voceira nacional do BNG. Ademais o público gozou ao remate coas actuacións musicais do Rabelo e de Los Jinetes del Trópico. \"Orgullo de militancia\" Uxía Pérez destacou o orgullo que supón para ela militar en Galiza Nova. \"Para min é un orgullo militar nesta organización e ver como todas escollemos esta loita, sabedoras de que é a única forma de conseguir os dereitos que nos negan.\" Marta Gómez, nova secretaria xeral de Galiza Nova: \"O reto é mobilizar a mocidade e porei todas as miñas forzas niso\" Marta Gómez, pola súa parte, fixo énfase na actual situación da mocidade galega e animou a todas as mozas e mozos deste país \"a manter vivo o legado de Rosalía e Castelao\". Indicou que \"sabemos que non virá de fóra nin remedio nin esperanza e que a Galiza que queremos debemos construíla desde aquí\" e rematou indicando que \"precisamos autogoberno, autoxestión e autoorganización para traballar en grandes solucións para os grandes problemas da mocidade galega, pois só o nacionalismo ten solución para eles.\" Pontón anima a seguir loitando A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, animou ás mozas e mozos de Galiza Nova a non baixar os brazos e a seguir loitando polos intereses da mocidade galega como levan facendo máis de 35 anos. Pontón chama a mocidade a ser o motor de cambio da Galiza e a impulsar a primeira Presidencia do BNG \"Sodes a Galiza viva e dinámica e tedes que contaxiar a confianza ás persoas descridas na política, que xa non acredita que podamos construír futuro\" destacou Pontón, \"somos unha nova Galiza en marcha e tamén confío en vós, a mocidade galega que quere cambiar o noso mundo, para gañarmos o futuro\" Para rematar o acto, tivo lugar a tradicional ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres, onde repousan os restos de Rosalía e de Castelao."}
{"ID": "NOS_40598", "summary": "Varias cidades galegas acollerán manifestacións e accións no marco dunha xornada global de rexeitamento a eses acordos. En Galiza son 18 os concellos que aprobaron mocións contra este tratado.", "text": "O 15 de outubro hai convocada unha xornada global de protesto a rexeitamento contra o TTIP e outros acordos que se están a negociar, como CETA e TISA, aos que se sinala como portas abertas a desregulación e perda de dereitos laborais e sociais. Galiza tamén vai estar presente nas mobilizacións do día 15. Hai unha manifestación unitaria en Vigo, que partirá ás 19:00 horas desde Vía Norte. Tamén se convocaron concentracións en diferentes cidades galegas por parte de diferentes organizacións e colectivos, como CIG ou a plataforma das Marchas da Dignidade, entre outras. En Galiza xa son 18 os concellos galegos que aprobaron mocións contra o tratado e se declararon \"territorios libres de TTIP\", a gran parte deles durante o presente 2016. En total estes municipios suman máis de 460.000 habitantes, o que supón o 17% da poboación galega. Hai concellos gobernados polo BNG (Pontevedra, Rianxo ou Allariz), polas candidaturas municipalistas ou marés (Compostela, Manzaneda...), o PSdeG (Lugo, O Barco..) ou mesmo o PP (Folgoso do Courel, onde goberna por maioría absoluta. A súa abstención permitiu aprobar a moción presentada por Courel Vivo). A decisión de se declarar contrarios ao TTIP deriva de mocións presentadas quer por grupos con representación ou tamén a través de iniciativas veciñais. En todas elas se incide na crítica do escurantismo co que se negocia un texto que vai afectar directamente á vida das persoas, así como sobre o impacto económico, social e ambiental das medidas que contempla e que saíron á luz pública a través de filtracións."}
{"ID": "NOS_40385", "summary": "A militancia da CUP e as organizacións que a acompañaron nas eleccións apoiaron o acordo cun 59% de votos.", "text": "A militancia da CUP avalou a proposta de acordo asinado polas direccións de ERC e CUP, polo que as súas nove deputadas votarán a favor de investir a Pere Aragonès como presidente de Catalunya.1.401 militantes tomaron a decisión de xeito telemático, ademais da afiliación da CUP, puideron votar as adscritas a outras dez organizacións coas que acudiu as eleccións. É dicir: Guanyem Catalunya, Pirates, Arran, Constituents per la Ruptura, Crida Constituent, Endavant OSAN, Lluita Internacionalista, Poble Lliure, Sindicat d'Estudiants dels Països Catalans e La Forja. O 59% apoiou a proposta de acordo, mais nunha segunda pregunta o 86% deixou claro que aínda validándoo para garantir a investidura o acordo non colma as súas aspiracións. Lonxe da maioría absoluta Co apoio da CUP, os apoios para investir a Pere Aragonès acadan os 42 votos. A maioría absoluta sitúase en 68 escanos, polo que as 32 deputadas de JxCat son imprescindíbeis para que o candidato de ERC sexa elixido na primeira votación. De non obter maioría absoluta tería que repetirse a votación, onde só precisaría maioría simple para conseguer a Presidencia. Nestes intres, os medios cataláns informan que a opción de voto máis probable de JxCat é a abstención, polo que faría falla unha segunda votación."}
{"ID": "NOS_39523", "summary": "Ningún territorio estaba preparado para facerlle fronte aos efectos do coronavirus. Porén, algunhas decisións políticas contribuíron a aumentar o problema. A redución de prazas hospitalarias no sistema sanitario público, a ausencia de material básico ou a súa cesión a outras comunidades e a negativa a fechar Madrid e a blindar Galiza axudaron a agravar a situación. Estes son os seis erros na xestión do Goberno galego.", "text": "Dez de febreiro de 2020. Mentres o coronavirus avanzaba sen tregua por todo o planeta e xa se deixaba notar no Estado español cos seus primeiros casos de contaxio, Alberto Núñez Feixoo poñía rumbo a unha nova cita coas urnas. Se nas semanas previas o presidente galego situaba o seu Executivo ao servizo da súa táctica electoral, unha vez confirmado o adianto dos comicios, lanzábase a campaña deixando a un lado as responsabilidades do Goberno. Os membros do Executivo, centrados no novo proceso electoral, perderon un tempo decisivo para preparar plans de continxencia contra a que por entón era aínda epidemia. O coronavirus chegou á Galiza cun Goberno en funcións e cuxa prioridade era reeditar a súa maioría parlamentaria para manterse outros catros anos máis. Malia as informacións que foron chegando por diversas canles ao Executivo galego sobre o alcance do problema sanitario, o equipo de Feixoo mantívose en campaña electoral e resistiuse a desconvocar as eleccións até o 16 de marzo, cando a doenza xa acadara a categoría de pandemia. A improvisación na resposta, denunciada polos sanitarios galegos desde o primeiro momento, non se pode disociar da situación de interinidade do Executivo galego, para quen a sanidade pública non fixo parte das súas urxencias. —1º— A negativa a blindar Galiza e a fechar Madrid 13 de marzo. Se días antes a veciñanza de localidades de carácter turístico denunciaba a presenza masiva de cidadás procedentes de Madrid, nesta ocasión as queixas multiplicábanse pola súa actitude irresponsábel, sumándose a elas representantes políticos de diversas formacións. Mentres a indignación percorría as vilas costeiras, o día 15 Feixoo expuña: \"Non se debe estigmatizar esta poboación porque non son responsábeis ao non limitárselle o dereito a circulación\". Concluía advertindo que \"poden volver á súa casa ou ficar entre nós, onde coma sempre serán ben acollidos\". Feixoo non solicitou en ningún momento o feche de Madrid nin a blindaxe da Galiza. A diferenza doutros presidentes, como o catalán Quim Torra, ou o seu compañeiro de partido, o murciano Fernando López Miras, Feixoo non demandou medidas para evitar a extensión á Galiza dunha pandemia que nun primeiro momento era basicamente madrileña. O 13 de marzo, Madrid, Euskadi, A Rioxa e Aragón concentraban 88,1% dos casos totais de coronavirus no conxunto estatal. Dez días máis tarde a porcentaxe xa mudaba, sumando só 65,9% das persoas infectadas. O presidente galego aínda tivo tempo a cambiar de opinión. A medida que se evidenciaba a conexión madrileña dos positivos por coronavirus na Galiza, sexa pola orixe de contaxio das primeiras afectadas, sexa polas propias investigacións científicas, Feixoo non dubidaba en culpar a Pedro Sánchez do éxodo masivo á Galiza de persoas procedentes de Madrid. Na súa primeira comparecencia no Parlamento da Galiza, após a desconvocatoria electoral, sinalaba que non era aceptábel \"deixar durante dous días miles de persoas de Madrid entrar na Galiza e encher as Rías Baixas e a Mariña\". —2º— A redución de prazas hospitalarias 7 de xuño de 2016. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nun pleno no Parlamento da Galiza afirmaba que \"as camas son importantes nos hoteis pero non tanto nos hospitais\" para explicar a redución de prazas hospitalarias no Servizo Galego de Saúde (Sergas), como consecuencia da política de retallos levada adiante polo Executivo. Segundo os datos ofrecidos pola Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, só entre 2010 e 2014 deixaron de funcionar na Galiza arredor de 800 camas nos complexos hospitalarios, diminuíndo a súa cobertura na última década nun 10%. As xestións das últimas semanas do Goberno galego para aumentar a dotación de camas hospitalarias e o número de prazas nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) amosan que eran insuficientes. Sumando as prazas da sanidade pública e da privada, Galiza contaba antes do comezo da epidemia con 333,1 camas por 100.000 habitantes, ficando moi lonxe da media comunitaria, 504,3 camas por 100.000 habitantes, pero tamén de países como Rusia, 820 camas por 100.000 habitantes, ou da China, 420 camas por 100.000 habitantes. Outro tanto acontecía coa cobertura das UCI, con 5,92 prazas por cada 100.000 habitantes na Galiza, fronte a 8,28 prazas por cada 100.000 habitantes no Estado español. —3º— O envío dos respiradores a Madrid 22 de marzo de 2020. O presidente galego salientaba que \"temos necesidades imperiosas de máis material sanitario, de todo: de protección, tests, respiradores, material UCI e material de hospitalización\" e demandaba medios ao Goberno do Estado. Catro días máis tarde, a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, agradecía a Feixoo terlle doado un lote de respiradores e comprometía a súa devolución unha vez que a pandemia remitise. Diante das críticas da oposición e da comunidade sanitaria, o presidente galego explicaba a cesión dos respiradores co argumento de que \"por agora Galiza non os precisa\" e afirmaba: \"Fixémolo e volveriamos facelo\". Un día máis tarde, Nós Diario facíase eco da falla de respiradores no Complexo Universitario de Ourense (CHUO) e como se viron na obriga de buscalos nas clínicas privadas para facer fronte á situación. Mentres 11 respiradores sufragados con diñeiro das galegas e galegos continuaban en Madrid, Feixoo víase incapaz de atopar novos equipos, chegando a recoñecer nunha comparecencia pública o 3 de abril que non tiña o control duns novos respiradores \"prepagados\" e comprados na China. Os respiradores son un instrumental imprescindíbel nas UCI para tratar as doentes con coronavirus. O aumento de prazas en UCI depende directamente de poder contar con ese instrumental. —4º— A xestión do material de protección 10 de marzo de 2020. O Consello de Ministros modifica a lexislación estatal en materia de saúde pública para centralizar a compra e a distribución dos equipos de protección básico de persoal sanitario, medida que vai favorecer o desabastecemento de material. O presidente galego non dubida en apoiar a decisión, afirmando que isto vai posibilitar dotarse con máis facilidade de medios \"nuns mercados cada vez máis complicados\" e critica aqueles responsábeis públicos que se opoñen á medida, acusándoos de moverse \"por razóns ideolóxicas\". Unha semana máis tarde, Feixoo muda de postura, denuncia a falla de medios e esixe que se devolva as competencias ás Administracións autonómicas. Mentres as traballadoras da sanidade ou dos centros de maiores deben enfrontarse á pandemia sen os medios de protección sanitarios, provocando unha porcentaxe moi importante de infectadas entre o colectivo, Feixoo presume do stock de material de protección que atesoura o Sergas. Sinala o 22 de marzo que dispón de 500.000 máscaras sanitarias almacenadas e sen empregar. Ao tempo, as xerencias de varios hospitais da rede pública racionan o material, prohibindo o uso de máscaras nalgunhas circunstancias, nunha actitude que unha parte do persoal vincula á campaña do Executivo galego contra o estatal a conta da falla de material. —5º— A privatización das residencias 22 de marzo de 2020. As responsábeis da residencia San Carlos de Celanova dan conta da aparición de 25 casos de coronavirus entre residentes e traballadoras. Os días seguintes aparecen situacións semellantes noutros centros de maiores da Galiza, significándose entre eles o DomusVi O Barreiro de Vigo e DomusVi Aldán de Cangas, propiedade do principal operador de residencias do Estado. A resposta do gabinete de Feixoo á emerxencia xerada nas residencias atende ao guión marcado pola patronal do sector, negándose primeiro a intervir os centros para evitar que a súa situación saíse ao descuberto e acudindo posteriormente ao seu rescate, dada a falla de medios sanitarios. O presidente da Xunta coñece o estado das residencias e o seu modelo asistencial. Alertado polas denuncias das familias das residentes e das traballadoras dos centros sobre a situación, durante anos olla cara a outro lado e cultiva relacións de moita proximidade con algunhas das principais xestoras, chegando a imporlle a medalla de ouro do Círculo de Empresarios de Vigo en 2016 á máxima executiva de DomusVi, Josefina Fernández. Avanzada a crise e cos ollos da opinión pública sobre os xeriátricos, non dubida en solicitar unha mudanza no modelo de atención á terceira idade e unha reformulación do sistema asistencial para as maiores. —6º— A oposición á paralización da actividade non esencial 30 de marzo. O Consello de Ministros aproba endurecer as medidas de confinamento, co fin de evitar a extensión da pandemia e ordena paralizar a actividade na totalidade dos sectores da produción considerados como non esenciais. A disposición, vixente desde 31 de marzo até 9 de abril, contou no seu momento co apoio da práctica totalidade dos presidentas das autonomías, das forzas parlamentarias e das organización sindicais. A oposición ao decreto procedeu da patronal agrupada na Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), de Vox e dos mandatarios vasco e galego. Feixoo oponse á paralización da actividade malia ser coñecedor de que se trata dunha medida chave para evitar a mortalidade. Así, por exemplo, organismos internacionais colaboradores da Organización Mundial da Saúde (OMS), como Imperial College de Londres, sinalaron que as propostas de confinamento salvaron máis de 16.000 vidas no conxunto do Estado. Neste caso, xustifica a súa alternativa, diferente ao do seu partido, argumentando que se deben ter conta as \"peculiaridades territoriais\". Porén, fontes consultadas por Nos Diario sinalan as presións de importantes sectores do capital galego."}
{"ID": "NOS_17448", "summary": "A oposición insta o conselleiro de Cultura a comparecer en sede parlamentaria para explicar \"que fallou\" na candidatura da Ribeira Sacra na Unesco e alerta da \"gravidade\" das consideracións expresadas no informe do organismo asesor, que recomenda a non inscrición da área na lista de Patrimonio Mundial. Aliás, lamenta a falta de \"transparencia\" en todo o proceso.", "text": "Desde que a Xunta anunciou o adiamento \"estratéxico\" da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial non deixaron de sucederse movementos contrarios entre Goberno e oposición. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Socialista (PSdeG) rexistraron durante esta semana peticións de comparecencia do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no pleno do Parlamento, interpelacións e preguntas sobre o expediente presentado á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), o Plan Ribeira Sacra (dotado con 34 millóns de euros e que se estende até 2023) e a liña de traballo que se desenvolverá a partir de agora. Á espera de que as solicitudes dos partidos da oposición sexan escoitadas e respondidas, o conselleiro de Cultura reuníase na sexta feira cos alcaldes da Ribeira Sacra para explicarlles que a candidatura \"sairá reforzada da actual situación\". E non só iso, na pasada terza feira, comparecía no Museo do Prado de Madrid para presentar a candidatura diante de 21 embaixadores da Unesco. Un acto que, se ben podía ter carácter protocolario e estar incluído no calendario da candidatura, chamou a atención das deputadas Mercedes Queixas (BNG) e Noa Díaz (PSdeG), coas que conversou Nós Diario, por producirse logo do adiamento do proxecto e tras coñecerse o \"contundente e demoledor\" informe do Comité internacional dos monumentos e dos sitios (Icomos) que, lonxe de achegar consideracións ou reformulacións recomenda que \"A Ribeira Sacra non se inscriba na Lista do Patrimonio Mundial\". \"Estamos ante unha situación moi grave\", di a deputada Mercedes Queixas. \"Falando con varios especialistas non recordan semellante contundencia, cunha recomendación de que non se inscriba na lista do Patrimonio Mundial, algo que en absoluto é habitual, que non se faga pasar por unha situación ordinaria e puntual\", engade. Un mal expediente rodeado dunha nula transparencia \"Cando se le o informe vese que o presentado non demostra que a Ribeira Sacra teña un valor universal excepcional\", recalca Mercedes Queixas. \"Fálase do valor sacro pero iso hoxe en día non existe, os mosteiros non teñen vida monacal\", di Queixas, con quen concide Díaz, que engade \"a Ribeira Sacra ten moitas máis potencialidades que vender que o tema da sacralización\". Outro \"grave problema\" no que coinciden ambas as deputadas é que o proxecto \"non se socializou coa contorna\", non se contou realmente \"cos concellos e co tecido asociativo do lugar\". \"Están a falar dun paso máis na estratexia, de que hai un ano máis... O que hai que facer é pórse a traballar en serio porque os alcaldes e as alcaldesas da zona comunícannos que non existen unha interlocución que permita a mellora...\", relata a deputada do Partido Socialista. Por estes erros, tanto desde o BNG como desde o PSdeG destácase a necesidade de coñecer o expediente que se presentou á Unesco, que persoal técnico o elaborou, canto custou ou como se executou o procedemento. \"Houbo falta de transparencia de principio a fin e agora hai que asumir responsabilidades políticas e técnicas e o conselleiro ten que explicar que foi o que fallou\", afirma Queixas. \"Esta candidatura non vai entrar nunca máis, non pode entrar, é un engano\", engade a nacionalista. \"O que teñen que explicar é por que desbotaron o proxecto de Ferrol cando podían presentar as dúas candidaturas, porque o Concello de Ferrol xa presentou en 2018 a súa candidatura á Xunta\", sentencia. Investimento de 34 millóns e fondos Next Generation En 2019 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, presentaba o Plan Ribeira Sacra, dotado con 34 millóns de euros e que estendía a súa duración até 2023. Unha cantidade da que se fala sen cesar desde o anuncio do adiamento da candidatura e sobre a que se indica que é \"unha ambiciosa folla de ruta que inclúe 35 accións de diversos departamentos da Xunta\". \"Mais os concellos non teñen idea de que hai nese plan\", comenta Noa Díaz, \"e tamén se creou unha comisión interdepartamental da Ribeira Sacra que se dixo que estaba pensada para impulsar esta candidatura e nós preguntámonos cantas reunións tiveron...\". Pola súa parte, Queixas pregúntase que se fixo \"con todo ese diñeiro xa investido? A onde foi? Para que? Con que criterios? E que vai pasar agora?\". Unha serie de cuestións que agardan poder presentarlle a Román Rodríguez en sede parlamentaria nas vindeiras semanas. Mentres, o conselleiro apunta a posibilidade de captar fondos europeos Next Generation, destinados a paliar os efectos económicos da pandemia da Covid-19."}
{"ID": "PRAZA_6947", "summary": "O Estado obvia as obrigas e tratados que implican a detención e extradición dos imputados pola xustiza arxentina, entre eles o galego Antonio Carro, último ministro da Presidencia da ditadura. As vítimas estudan presentar denuncias \"masivas\" nos xulgados españois.", "text": "Arxentina ordena a detención de vinte franquistas. Acúsaos de crimes contra a humanidade. Ao seu arresto seguiríalle a extradición e procesamento na única causa que no mundo xulga o franquismo, a denominada querela arxentina que impulsou o galego Darío Rivas desde Bos Aires. Todo, en aplicación de tratados internacionais que España, ao non dar curso á petición arxentina, incumpre. Que fixo entón e que non fixo, até o de agora, o Goberno español? Como sinalou o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, España denegará a entrega a Arxentina destes últimos vinte acusados pola xustiza deste país ao ampararse na Lei de Amnistía de 1977 e a prescrición dos delitos. Martín Villa, Utrera Molina e o resto de imputados serían detidos se saen de España por violacións dos dereitos humanos De cruzaren a fronteira, non obstante, ex ministros como Rodolfo Martín Vila ou José Utrera Molina e o resto dos imputados serían detidos por violacións de dereitos humanos. En calquera lugar do mundo. \"Son criminais coas mans manchadas de sangue que deben ser postos a disposición inmediata da xustiza\", apuntan desde a Coordinadora Estatal de apoio á Querela Arxentina (CeAQUA). España, segundo as mesmas fontes, incumpre \"as súas obrigas internacionais\". E Inés García Holgado, outra das promotoras da causa, preguntábase en Praza como a UE non tomaba medidas contra un dos seus membros, que incumpre sistematicamente as leis de xustiza internacional. Entre os buscados pola Interpol está o galego Antonio Carro, último minisro da Presidencia do franquismo Entre os imputados está tamén o galego Antonio Carro Martínez, último ministro da Presidencia do franquismo -entre 1974 e 1975- e deputado polo PP no Congreso dos Deputados durante catro lexislaturas. Acúsano de convalidar coa súa sinatura a sentenza de morte de Saslvador Puig Antich e dos últimois fisilamentos do réxime franquista en setembro de 1975, nos que foron executados José Humberto Baena Alonso, José Luís Sánchez Bravo Sollas, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui Echeverría. É fillo predilecto da provincia de Lugo e fillo adoptivo de Santiago de Compostela. Os pasos que España non dá Cales son os pasos a dar? Logo do auto de imputación do Xulgado Federal 1 de Bos Aires a cargo de María Servini, a sección arxentina de Interpol notifica á de Madrid a detención preventiva con fins de extradición. Son trámites xa consumados. A partir de aquí \"pasividade\", din en CeAQUA. Primeiro, xustiza e policía españolas, no marco da cooperación internacional, deben facilitar os datos de identificación persoal coñecidos. Os rexistros filiatorios que posúan para evitar posibles confusións por razóns de homonimia. O Goberno incumpre varias leis propias e o tratado bilateral de extradición con Arxentina Seguen os incumprimentos. Segundo: unha vez cursada e recibida orde de arresto, as autoridades competentes deben proceder á detención dos reclamados. Terceiro, segundo a Lei de Extradición Pasiva española, a vintena de imputados (menos o ex ministro Antonio Barrera de Irimo, falecido recentemente, o que extinguiu a acción penal) pasan a disposición do Xulgado Central de Instrución da Audiencia Nacional que estea de garda. Nun prazo non superior a 24 horas. Cuarto. O xulgado decreta prisión provisional para os acusados ou ben dispón a súa liberdade con medidas cautelares para evitar a súa fuga: retirada de pasaporte, vixilancia de domicilio, orde de non ausentarse dun lugar determinado sen autorización xudicial ou de presentarse periodicamente ante a autoridade designada e prestación de fianza. Quinto, España comunica a Arxentina que pode solicitar a extradición no prazo que determine. A detención preventiva non pode prolongarse máis aló de 40 días. \"Os últimos responsables vivos da represión\" As disposicións anteriores coinciden co Tratado Bilateral de Extradición e Asistencia Xurídica en materia penal subscrito en Bos Aires -o 3 de marzo de 1987- entre o Reino de España e a República Arxentina. \"Até a data, ningunha das medidas previstas legalmente foi adoptada\", sinalan fontes de CeAQUA. E trátase, continúan, \"dos últimos responsables vivos da represión franquista, algúns con penas previstas de cadea perpetua\". Que ocorreu a vez anterior? A Audiencia Nacional desestimou a extradición. O ex garda civil Jesús Muñecas e o ex policía e membro da Brigada Político Social Juan Antonio González Pacheco, alcumado Billy el Niño, chegaron a declarar ante a Sala do Penal. Pero saíron libres de culpa. A Audiencia Nacional estimou que os crimes que lles atribuían prescribiron había 35 e 30 anos, respectivamente. Segundo os querelantes, Muñecas e Billy el Niño eran torturadores durante o réxime franquista. Delitos de lesa humanidade, para a xuíza Servini. O rexeitamente á extradición visibilizou de novo a impunidade vixente do franquismo en España Que significan estes pasos para a querela arxentina? O rexeitamento ao pedido de extradición dos represores policiais supuxo un revés para as vítimas. E visibilizou, con todo, unha mostra palpable de que a impunidade do franquismo segue vixente. A Audiencia Nacional nin tan sequera se escudou na Lei de Amnistía, norma obxecto de numerosas críticas por organismos internacionais. A dificultade de xulgar os crimes do fascismo español ten un primeiro reflexo temporal que arrinca o 17 de xullo de 1936. Case nove décadas desde o alzamento militar e os represaliados estenden as súas reclamacións na busca, subliñan, de verdade, xustiza e reparación. Unha luva que recolle Arxentina e que, até o de agora, España non acaba de devolver. Vítimas do franquismo denuncian a \"artimaña\" do Goberno español Interpol España alega ante a súa xecretaría xeral, con sede en Lión (Francia), para non deter as vinte persoas reclamadas pola xustiza arxentina. A reclamación, aceptada, permite non aplicar o distintivo vermello que afecta á situación de persoas buscadas internacionalmente con orde de arresto. Unha \"artimaña\", denuncian vítimas do franquismo. As vítimas meditan presentar denuncias \"masivas\" nos xulgados españois e manterán encontros con varios grupos parlamentarios \"Parécenos vergoñento que de forma tan descarada se protexa estes criminais\", sinala o avogado Carlos Slepoy. A actuación da oficina Interpol España, incardinada na Dirección Xeral da Policía, significa a \"impunidade\" destes delitos. As vítimas non descartan presentar denuncias \"masivas\" ante xulgados españois e prevén manter encontros con varios grupos parlamentarios. O letrado, un dos impulsores da querela arxentina por crimes do franquismo, apunta a posibilidade de que a xuíza María Servini pida a extradición. Isto obrigaría a pronunciarse, a favor ou en contra e de maneira sucesiva, ao Consello de Ministros, a Audiencia Nacional e ao Executivo, que tería a decisión final."}
{"ID": "NOS_15604", "summary": "Empresas privadas que meten man nos ciclos de FP, a Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade, o conflito en Albada e os porqués da folga de fame de Velaluz centran un semanario, disponíbel na loxa, en que conversamos con Francisco Jorquera, Abe Rábade e Manuel Gago.", "text": "Cales son os contidos que vas atopar neste número? Encetamos coas opinións de Pilar García Negro sobre as mobilizacións que se están a desenvolver nas Illes Balears contra a imposición do español no ensino e de Xurxo Souto, que celebra os 20 anos do Castañazo. No tema da semana analizamos a présa que ten o Goberno español en vender Novagalicia Banco mesmo contra a opinión da dirección da entidade. As enquisas sinalan que por vez primeira sería posíbel que Catalunya e Euskadi puidesen liderar o xaque á Tansición. Contámoscho na nosa Crónica política. Os sindicatos alertan do camiño cara á privatización que emprenden os centros de FP a través de avaliacións externas nos institutos que se transformaron en Centros Integrados. Atoparás máis información nas páxinas de Galiza Son máis de 150 e están dispostos a se mobilizaren día si e día tamén namentres a Xunta non se comprometa a rexeitar a resolución do 10 de setembro que impón o repagamento farmacéutico. A recentemente creada Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade chamas ao protesto o 8 e o 17 de novembro. \"Se unha forza política preconiza que os escanos pertencen á organización terá que o aplicar en todos os casos\", di o voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera na entrevista que nos concedeu para este semanario. Cando a multinacional francesa Darty estaba a piques de fechar as tendas que tiña na Galiza, o antigo propietario decidiu recuperalas baixo a antiga denominación, San Luís, para manter os postos de traballo. Sabíalo? Pois achegámosche toda a información. Van aló máis de catro meses de folga en Albada e o conflito prosegue. Nas páxinas de Traballo viaxamos até a planta de tratamento de lixo de Nostián para coñecer de primeira man o que alí está a acontecer. Na Coruña, dez mulleres encetaron o 15 de outubro unha greve de fame para reclamar \"protección real\" para elas e as súas crianzas fronte á violencia machista. Fan parte da asociación Velaluz. En que se concretan as súas peticións? Debullámolas na páxina de Social. O consumo responsábel chega aos móbiles. Na páxina de Tecnoloxía presentámosche o Fairphone! \"O que podemos esperar da Europa é que seja tão débil e covarde como qualquer outro país\", di Glenn Greenwald, o xornalista que revelou as revelacións de Edward Snowden, nunha entrevista que difundimos a dupla páxina en Internacional. O 15 de novembro daranse a coñecer os finalistas da primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax. Presentáronse 523 iniciativas e falámosche delas na nosa sección de Cultura. \"É moi difícil conciliar calquera expresión artística de nivel con pensamentos reaccionarios\", cóntanos o músico de jazz Abe Rábade en máis unha entrevista que che ofrecemos neste semanario. A nosa Okapi no Courel enceta desta volta a leitura dos libros de 'Fabulando', a nova colección de Baía Edicións ilustrados e escritos por Mon Daporta onde o galo Ernesto ou o sapoconcho Andrés contan sorprendentes historias. Manuel Gago achéganos en Vento e Chuvia unha mitoloxía galega da Idade do Ferro. Conversamos con el na Contracapa. Unha axenda cultural, Crítica de cinema [Walk Hard, de Jake Kasdan], Crítica literaria [Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure], Crítica musical [Radio Cos, de Radio Cos] e unha viaxe ao Faial de Fonteformosa completan as 32 páxinas deste nº71 que xa están dispoñíbeis na nosa loxa e na quinta feira chegará aos puntos de venda habituais. Para lermos amodiño á calor da lareira!"}
{"ID": "NOS_49568", "summary": "As altas temperaturas alcanzadas puideron danar unha zona de alto interese xeolóxico que non goza da protección de monumento natural.", "text": "O lume que arrasou máis de 1.700 hectáreas nos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Quiroga afectou á parte sur do xeoparque Montañas do Courel. Neste enclave, unha das zonas de maior interese castigada polas lapas foi o sinclinal de Castro Dares, en Quiroga, onde se ardeu parte da vexetación. \"É unha zona cun grande interese xeolóxico, pero non ten o grao de protección de monumento natural\", puntualizou Martín Alemparte, coordinador do xeoparque. \"O impacto que ten un incendio sobre unha estrutura xeolóxica non vai afectar á estrutura en si, formada fai millóns de anos\", precisou. Posíbeis alteracións No entanto, non descarta que poida haber algunha dano \"a nivel micro\", xa que as rochas foron sometidas a \"altas temperaturas\". Neste sentido, advirten de posíbeis alteracións e degradación das rochas que poderían chegar a provocar desprendementos no lugar. Aínda así, a cuarcita é unha rocha \"moi dura\" que tamén está exposta á erosión \"noutras condicións climatolóxicas como a choiva ou a neve\", engadiu o coordinador do xeoparque, desde onde apuntaron outros cambios producidos na paisaxe. Ardeu parte do transcurso da Ruta do Ouro que percorre unha serie de miradoiros de Ribas de Sil e diferentes elementos patrimoniais catalogados en varias parroquias afectadas polo lume. Con todo, Martín Alemparte destacou como positivo as primeiras conclusións dos técnicos de Lourizán que visitaron a zona arrasada polo incendio unha vez controlado. \"Viron pouco risco de erosión. Hai piñeiros que polo tronco parece que non arderon dada a voracidade das lapas que ían saltando continuamente de copa en copa\", comentou. O sinclinal de Catro Dares O pregamento de Castro Dares no sinclinal do Sil é un lugar de interese xeolóxico formado por capas de cuarcita do do Ordovícico hai máis de 300 millóns de anos, integrado no xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel. Máis de 570 km cadrados de superficie repartidos entre os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, cunha extensa rede de sendeiros e miradoiros ademais de cinco centros de interpretación. Calidade das augas Antes do incendio, o xeoparque tiña previsto iniciar uns traballos técnicos co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) para analizar a composición química da auga. O lume obrigou a adiar as análises nalgún punto do río Lor como consecuencia do estado no que ficou a zona. Porén, confían en que sexa \"algo transitorio\" e que axiña poidan confirmar \"a boa calidade que se lle presupoñen a estas augas\", comentaron."}
{"ID": "NOS_46092", "summary": "O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, as músicas Caamaño & Ameixeiras presentan o seu primeiro disco, 'Aire!', no festival FestiLetras, que decorre na vila de Ponteceso. Sobre a chegada de 'Aire!', co verán no horizonte e coa expectativa de como serán os concertos poscovid, conversamos con Antía Ameixeiras.", "text": "O primeiro traballo discográfico do dúo Caamaño & Ameixeiras leva por nome Aire!, \"que vén do berro das foliadas, desa catarse colectiva\", explica Antía Ameixeiras en conversa con Nós Diario, que é de onde veñen estas dúas músicas, \"de tocar nos bares e nas foliadas, este é o espírito que queriamos plasmar no disco e tamén por iso o gravamos en directo\". Así pois, Aire! é unha festa do sensorial, que se compón por 11 temas que achegan a persoa que o escoita a un abano de músicas e bailes populares, \"que ten sempre a Galiza como punto de orixe e de retorno, como latido constante, e pondo en evidencia a irmandade entre tradicións\". Nestas once pistas, Caamaño & Ameixeiras son absolutas protagonistas mais tamén comparten a música con colaboracións doutras profesionais como é o caso de Silvia Pérez Cruz, Abraham Cupeiro ou o grupo Fetén Fetén, cuxo violinista, Diego Galán, é ademais o produtor de Aire! \"No disco quixemos que houbese un pouco de todo, catro ou cinco que son a dúo, gravados en directo, sen claqueta e sen retoques, e por outro lado temos outras cancións máis producidas, con máis colaboración\", explica Ameixeiras. Colaboracións especiais A participación de Silvia Pérez Cruz foi para Antía e Sabela particularmente especial. Levadas xa pola admiración cara a esta música, entraron en contacto \"no verán de 2019, nun curso de percusión ibérica en Catalunya, onde soubemos que tiña unha avoa galega\" e desde aí as músicas decidiron proporlle que colaborase nun dos temas do disco. \"Explicounos que se o tema a emocionaba, miraría de facer un oco para gravar, e gustoulle moito así que decidiu gravalo, e a nós encantounos como quedou... Sobra dicir que é unha maga!\", recalca Ameixeiras. Con Abraham Cupeiro a relación xa era máis próxima, \"é compañeiro de Sabela no Conservatorio da Coruña, pois compaxinan a vida artística coa docencia\". Así que, conta Antía Ameixeiras, esta relación previa, \"moi boa, moi próxima\" tamén levou a que Cupeiro asesorase a Caamaño & Ameixeiras en canto a concertos, festivais... \"É unha marabilla poder contar con el, e no disco toca a trompeta, as cornas mais introduce efectos particulares\", relata Ameixeiras. \"Queriamos que estivesen os dous modos de facer, Caamaño & Ameixeiras soas, sen claquetas, e as colaboracións porque tamén nos concertos nos gusta sempre convidar a amigos e amigas, compartir a música sen deixar de reivindicarnos como dúo e que nós soas temos o noso son particular\". De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear a súa propia linguaxe. A pesar do confinamento Logo de algo máis de dous anos tocando xuntas, cunha proxección que as leva a moverse e compartir escenario con outros músicos xa consolidados, e un ritmo de traballo veloz para estes tempos de pandemia, Antía Ameixeiras lembra como empezou a dar os primeiros pasos o dúo e como se puxo en marcha este primeiro disco. \"Coñecémonos nun festival de baile no que tiñamos unha amiga común, que nos comentou que deberíamos facer un dúo porque vía que podía funcionar moi ben. Comezamos a quedar e, efectivamente, hai unha conexión moi forte, tanto profesional como persoal. Empezamos tocando e fixémonos moi amigas. Pouco a pouco foise estabelecendo o dúo e agora tomamos a decisión de facer un disco en serio e con moitas ganas de que saia adiante, que saian concertos...\". \"Iamos gravar xusto cando empezou a pandemia, tiñamos máis ou menos preparado ese arranque, esa gravación\", explica Ameixeiras. \"Logo, coa pandemia, xurdiu un tema novo a raíz de todo o que estaba a pasar e decidimos incorporalo, xa que se alongou todo o proceso de gravación. A Covid-19 paralizouno e atrasouno, mais xa estaba indo para adiante\", asegura. Antía Ameixeiras tamén conta, esperanzada, que están \"optimistas porque van saíndo as cousas, nun ano normal sería todo máis sinxelo, mais temos a previsión dun verán bastante movido, aínda que quero reivindicar que se precisa máis apoio por parte das administracións porque o panorama cultural quedou abandonado, cancelado\". E por outra banda, \"a música que nós facemos é para bailar, e non se pode, aínda que a muiñeira é un baile sen contacto físico\", lamenta, \"mais tamén vemos que a xente se esforza para que nos sintamos igualmente cómodas\". A xira comeza en maio co Festiletras O 17 de maio o Festiletras acolle a presentación de Aire! e desde alí, o 22 é a quenda de A Arca da Noe. En xuño chegan a Catalunya e actúan o día 5 na Asemblea Cultural Galega de Barcelona e no Caixaforum. O 10 de xuño tornan e actúan en Ferrol, o 20 van até Riós e o 14 de agosto achéganse a Laxe."}
{"ID": "NOS_24247", "summary": "Honduras escolle novo presidente este domingo. A totalidade das enquisas difundidas na última semana sitúan como candidata máis votada Xiomara Castro, dirixente do Partido Libre, formación fundada por Manuel Zelaya, antigo presidente do país derrocado en 2009 por un golpe de Estado promovido polos Estados Unidos.", "text": "O domingo 28 de novembro máis de 5 millóns de hondureñas e hondureños están chamados a elixir o presidente da nación, 128 deputados, 298 alcaldes e máis 2.000 concelleiros. As eleccións decorren nunha conxuntura complicada, con perto de 40% da poboación en pobreza extrema e con máis de 73,6% en estado de pobreza. Segundo as cifras da Unidade Técnica de Seguridade Alimentaria e Nutricional (Utsan) 1,3 millóns de persoas enfrontan inseguridade alimentaria e case 350.000 unha \"situación crítica\". O país encabeza as taxas de desemprego da rexión centroamericana. 10% da poboación activa atópase no paro e a única opción para un número cada vez superior de persoas é a emigración irregular cara aos Estados Unidos, porén a inmensa maioría delas están a ser retidas nas fronteiras dese país. Ao tempo, a débeda pública supera no último ano 70% do Produto Interior Bruto (PIB) e os gastos militares consomen máis da metade do orzamento estatal. O economista do Foro Social de Débeda Externa e Desenvolvemento de Honduras (Fosdeh) Ismael Zepeda considera que \"nos últimos 10 anos Honduras tivo unha franco deterioro, non só no Estado de dereito en xeral, na institucionalidade democrática, no acceso da poboación aos servizos básicos ou na loita contra a pobreza, senón tamén no ámbito social e económico. Cando un mira todos estes indicadores, dáse conta que máis que de Estado fracasado debemos falar de Estado falecido\". Dezaseis candidatos aspiran á presidencia do país pero só tres deles teñen posibilidades reais de lograla. Á cabeza de todas enquisas sitúase Xiomara Castro do Partido Libre. Castro, dona do mandatario derrocado, Manuel Zelaya, preséntase por segunda vez á presidencia do país após ser derrotada en 2013 nuns comicios marcados pola fraude. A súa candidatura agrupa un amplo conglomerado de formacións nacionalistas e antiimperialistas, entra elas a liderada polo xornalista e candidato da oposición en 2017, Salvador Nasralla. A corrupción do oficialismo Nasry Asfura Zablah do Partido Nacional é o principal competidor de Castro. Empresario con máis de 30 anos ocupando responsabilidades gobernamentais e lexislativas, alcalde de Tegucigalpa, a capital do país, durante dous períodos entre 2014 e 2022 o seu nome estivo ligado a diversas sociedades offshore no Panamá e a diversos casos de corrupción polos que está sendo actualmente xulgado. O seu programa destaca polo seu conservadorismo no social e o neoliberalismo no económico. O terceiro candidato en disputa é o banqueiro Yani Rosenthal. Membro dunha das familias máis adiñeiradas da rexión, pasou tres anos no cárcere nos Estados Unidos tras ser condenado por participar en transaccións monetarias con bens de procedencia ilícita, regresando ao país en 2020. Recentemente, os coñecidos como Pandora Papers revelaron a conexión existente entre a familia Rosenthal e varias sociedades offshore empregadas para lavar diñeiro. As enquisas coinciden en confirmar Castro como a candidata con máis apoio, amosando unhas tendencias semellantes. Neste sentido, a sondaxe elaborada polo Centro de Estudos para a Democracia (Cespad) outorga a Castro 38% dos votos, a Asfura 21% e a Rosenthal 3%, porén tense rexistrado unha mellora deste candidato na última semana. A vitoria da oposición é xeral no conxunto do país, coa excepción de Tegucigalpa, onde os estudos de opinión sitúan como gañador a Asfura nas presidenciais e o seu partido nas locais."}
{"ID": "NOS_57358", "summary": "O Padroado da Fundación Penzol, que atesoura un dos máis valiosos arquivos e bibliotecas do país, vén de nomear novo presidente.", "text": "O Padroado da Fundación Penzol vén de dar a coñecer a elección dun novo presidente debido aos problemas de saúde de Afonso Zulueta de Haz que, segundo a institución, \"leva un tempo imposibilitado para desenvolver o seu cargo\" e que a partir de agora pasará a ser presidente de honra. Diante esta situación, o Padroado, por unanimidade, elixiu para o seu relevo a Manuel Puga Pereira (Redondela, 1951), cuxa vida profesional se desenvolveu nos primeiros anos na USC para despois incorporarse ao mundo industrial onde foi director xeral dos Laboratorios Farmacéuticos ICI-Farma e AstraZeneca. No ano 2006 é nomeado Presidente do Consello Social da USC, cargo que desempeñou ata 2014, e consecuentemente membro, entre outras entidades, do Consello Galego de Universidades, do Consello de Dirección da ACSUG ou do comité de honra da Fundación Camilo José Cela. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (2002-2007) e preside desde 2014 a Academia de Farmacia de Galicia e a Fundación Julian Francisco Suárez Freire. Dende 2014 forma parte como Vogal Profesional da Comisión Avaliadora da ACSUG no eido do coñecemento de Ciencias da Saúde. E tamén é conselleiro da Editorial Galaxia.Escribiu múltiples artigos e tamén os libros 'Ernestina Otero: pedagoga', 'Redondela' e 'Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José'. Tamén é autor da publicación das primeiras monografías de medicamentos en galego no Colexio Farmacéutico de Pontevedra. Chea de tesouros A Fundación Penzol, ligada á editorial Galaxia, creouse en 1963 en Vigo coa idea de dotar a cidade dunha biblioteca que entón non tiña. O seu benfeitor, Fermín Penzol, doou o seu arquivo e biblioteca que co tempo se foi enriquecendo con outras achegas. Neste momento a Fundación Penzol conta con 45.000 libros impresos desde o s.XV, 160 libros manuscritos, 287 diplomas en pergameo e papel, 80 documentos de cartografía histórica, 150 metros lineais de documentos de arquivos e uns 2.500 títulos de publicacións periódicas desde o s.XIX. Situada na Casa Galega da Cultura, é punto de encontro de investigadores, alumnado e persoas interesadas pola cultura galega, pois esa foi a idea coa que se fundou e coa se segue traballando desde hai máis de cincuenta anos, agora baixo a presidencia de Manuel Puga que conta con Francisco Domínguez que segue como director da institución."}
{"ID": "NOS_6482", "summary": "Acataron a prohibición do Goberno español de se manifestaren, mais acudiron á Foliada da vila para informaren a pé de rúa sobre as consecuencias das fumigacións aéreas cun pesticida prohibido, unha práctica que a Xunta avala e que está promovida pola patronal española do papel", "text": "Malia á prohibición expresa por parte do Goberno español da manifestación que Fumigacións non! tiña programada en Melide neste domingo, as organizacións que integran a plataforma achegáronse até a Foliada que celebraba este municipio para informaren a pé de rúa ás cidadás e cidadáns das consecuencias que terían as fumigacións aéreas contra o gorgullo do eucalipto con Flufexonuron, un pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade. Caracterizadas como abellas, apicultor@s e fumigador@s, varias persoas activistas pertencentes aos distintos colectivos que integran a plataforma puxeron en marcha unha alternativa á manifestación --acatando así a prohibición imposta pola Delegación do Goberno español na Galiza, que sinala na súa resolución que non entende a urxencia do evento-- e saíron ás rúas desta vila para dar conta dos perigos desta acción que se pretende practicar en todo o país promovida pola Aspapel --Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón-- \"en convivencia coa Xunta e con concellos coma o de Melide, que está a instar ás propietarias e propietarios de eucaliptais a conceder o permiso para ser fumigados\", segundo informan desde Fumigacións non!. Contra todo o anterior, repartíronse panfletos e fixéronse \"performance\" que serviron, a xuízo da plataforma, \"para constatarmos a falta de información existente entre a poboación que vai sofrer directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñeceren o que se lles vén enriba\". Sectores profesionais \"seriamente ameazados\", como son as produtoras e produtores de mel e hortalizas ou as e os titulares de explotacións ecolóxicas, recibiron datos sobre as consecuencias \"nefastas\" que fumigar con Flufexonuron tería para o medio ambiente e a saúde das persoas e dos animais, \"especialmente das abellas, que corren serio perigo de se extinguiren na Galiza se a Xunta autoriza\" esta práctica. Así, segundo alertan desde a plataforma, sectores coma o da horta ou o da froita, amais do apícola, veríanse privados do seu principal axente polinizador. \"A urxencia estaba e está máis que xustificada\" nun momento en que as fumigacións \"son inminentes\", cun pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade e que \"poría en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio ambiente\"."}
{"ID": "NOS_41134", "summary": "78 % de homes na dirección dos centros de Primaria no que o 81% de ensinantes son mulleres. Só 5,35% de directoras en Secundaria, nivel no que o 64% son profesoras. Un estudo da CIG-Ensino confirma que a desigualdade de xénero continúa nas direccións dos centros educativos.", "text": "En Primaria, segundo o informe do sindicato nacionalista, un 81% do profesorado son mulleres mais a situación muda nos cargos de dirección nos que o 78% son homes. En Secundaria, a desigualdade continúa e cando o 64% son profesoras mais o peso porcentual dos directores é de 71%. Á vista dos datos a CIG-Ensino reclama un Plan de Igualdade na Consellaría de Educación que xa solicitara con anterioridade. \"Un plan que, á vista dos resultados, non só é legalmente preceptivo, senón completamente necesario para evitar as diferenzas e que estas sigan aumentando. Un plan en que a propia Administración actúe de xeito responsable neste eido, establecendo os mecanismos necesarios para facilitar ao profesorado a conciliación da vida familiar e laboral e que esta non repercuta no acceso aos cargos de dirección\", defenden desde o sindicato nacionalista desde o que acusan de \"neglixencia\" o incumprimento mesmo da Lei de Prevención sobre a determinación de postos de risco para o embarazo. Esixen así á Consellaría que artelle mecanismos encamiñados á igualdade real \"entre quen forma o colectivo e quen toma as decisións\" e lembran o relevante papel do ensino para a \"eliminación dos condicionamentos sociais que prexudiquen a creación dunha sociedade igualitaria para todos e todas\"."}
{"ID": "NOS_34541", "summary": "A ONG Proactiva Open Arms lémbralle ao ministro español que \"facemos o que a administración non fai\" e \"podemos acabar no cárcere\" por salvar vidas no Mediterráneo.", "text": "José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE e ministro de Fomento en funcións, afirmou que o barco Open Arms, que leva máis de dez días con 160 inmigrantes a bordo, ten \"bandeira española\", se ben dixo que lle \"molestan\" os \"abandeirados da humanidade que non teñen que tomar nunca unha decisión, os que cren que só eles salvan vidas, desde o ámbito privado\". Así o manifestou nunha entrevista en El País na que nega que o goberno español estea inactivo a rspecto da situación das persoas inmigrantes a bordo do 'Open Arms'. \"Vai con nós porque é un drama humano, porque falamos de Europa e porque ese barco ten bandeira española\". Ábalos defendeu que o goberno tamén traballa para salvar vidas mediante salvamento Marítimo, \"que non pon un barco senón bastantes máis e que o ano pasado rescatou 50.000 persoas no mar\". Considera que estamos perante unha cuestión de política inmigratoria e que non se pode \"actuar unilateralmente\". \"España asume a súa responsabilidade mais non a doutros países\", dixo. O fundador da ONG Proactiva Open Arms respondeu xa ás declaracións do ministro: \"Señor Ábalos, non somos abandeirados da humanidade. Somos unha resposta popular, facemos o que as administracións non fan no Mediterráneo Central\". Engadiu, aliás, que \"nos arriscamos a multas inasumíbeis e podemos acabar no cárcere\"."}
{"ID": "NOS_5890", "summary": "Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, a portavoz en Bruxelas Ana Miranda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ou Carlos Callón son algunhas das persoas que asinan o manifesto 'Eu con Ana Pontón'.", "text": "Medio cento de militantes e cargos institucionais do BNG presentaron esta sexta feira (15 de abril) en Compostela a campaña 'Eu con Ana Pontón', un manifesto co que propoñen a voceira nacional da organización frontista como candidata á presidencia da Xunta no marco das eleccións ao Parlamento. Lanzan a iniciativa \"convencidas\", din, da \"solidez, a experiencia, a capacidade e a empatía\" de Ana Pontón \"Convencidas da necesidade de reforzar e renovar o nacionalismo galego\", sinalan, propoñen Pontón porque representa \"a solidez, a experiencia, a ilusión, a capacidade e a empatía que precisa a nosa organización\". \"Unha das persoas que mellor encarna o compromiso con Galiza\", dixo Anabel Gulías, militante e concelleira do Bloque en Pontevedra. Entre as persoas asinantes atópase o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o que foi candidato de Nós ao Congreso pola Coruña, Carlos Callón, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ou Xosé Luís Rivas, 'Mini'. Para alén da presentación pública e do manifesto pendurado na rede, explicaron que iniciarán unha campaña através das redes sociais baixo o lema 'Eu apoio Ana Pontón'."}
{"ID": "NOS_51321", "summary": "Non haberá aulas hoxe, 13, nin mañá, día 14, e non se desbota que se amplíe a duración.", "text": "O positivo dun profesor obrigou a suspender as aulas de ESO no CPI da Cañiza para esta terza e cuarta feira, días 13 e 14. Como sinala a dirección do centro nun comunicado, por mor dese positivo hai varios docentes que van faltar por se facer as probas e permanecer á espera dos resultados, de aí a suspensión das aulas. Unha medida, a suspensión de aulas os 2 días, que recomendou Inspección Educativa, indica a dirección. Esta quinta feira, día 15, é festivo na Cañiza, Santa Tareixa. Non se desbota, dependendo dos resultados das PCRs, que haxa que ampliar os días de suspensión de aulas. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aseguraba nunha entrevista concedida na mañá deste domingo na Radio Galega que o curso educativo na Galiza se iniciou \"cunha gran normalidade\". Os casos activos nos centros educativos galegos eran a pasada sexta feira de 421 positivos. A incidencia da pandemia da Covid-19 nas comarcas de Ourense obrigou ao fechamento da Escola Infantil María Ana de Celanova, tras un positivo. A clausura deste centro provocou que a cifra total de aulas en corentena en toda Galiza aumentase en dúas, até as 23, segundo os datos diarios achegados polas consellarías de Educación e Política Social, actualizados esta sexta feira."}
{"ID": "PRAZA_3912", "summary": "As administracións locais activan plans económicos para reducir o impacto da pandemia, ademais de desinfectar espazos, repartir comida e equipos de protección, atender da xente que vive soa ou dar cobertura as persoas máis vulnerables.", "text": "Nesta semana, o Concello de Carballo comezou a repartir porta por porta as 32.000 máscaras cirúrxicas adquiridas pola administración local, en Sada o goberno municipal aprobou unha moratoria de 90 días para recibos anteriores ao estado de alarma e o atraso da domiciliación das taxas. Noutras vilas, como en Moaña ou Laza, desde as oficinas municipais organizan como levarlles a compra e os medicamentos a algúns veciños e noutros, como Vilamartín, fanse visitas á xente que vive soa para axudala en calquera necesidade. Os concellos, a administración máis achegada á cidadanía, leva un mes aplicando medidas para reducir o impacto da crise e á sombra de Estado e autonomíaAs administracións locais, as máis achegadas á veciñanza, levan un mes aplicando medidas para reducir o impacto da crise social, económica e sanitaria provocada polo coronavirus e o confinamento, moitas veces afastadas dos focos que acaparan o Goberno central e a Xunta pero con axudas e plans que aminoran as consecuencias da pandemia. Entre todas estas, á marxe dos plans económicos, aprazamento de impostos ou mesmo axudas directas, inclúense tamén a achega de materiais didácticos para os máis pequenos, impresión de tarefas escolares, fomentos de actividades para os máis novos, servizos de apoio psicolóxico, fabricación masiva de máscaras e materiais de protección ou a desinfección de rúas e espazos públicos, levada a cabo por servizos municipais ou os bombeiros de cada municipio. Mesmo festas sorpresa de aniversario para a rapazada. As medidas son amplas e variadas. Desde os concellos máis pequenos ata as vilas e, por suposto, nas cidades. Así, en todas as urbes aplicáronse medidas tributarias consistentes na moratoria ou adiamento de impostos municipais, ademais de suspender recargos ou xuros de demora, co obxectivo de minimizar o impacto económico da crise. Lugo achega 600 euros por traballador a pequenas empresas que non fagan ERTE e Ourense anuncia que abonará sete cotas aos autónomos da cidadeNalgunhas, como en Lugo, o Concello foi pioneiro nun plan de activación económica, dotado de 5 millóns de euros, que, por exemplo, achega 600 euros por traballador a pequenas empresas que non fagan ERTE polo virus, ademais de achegas de entre 1.200 e 750 euros para aquelas firmas ou autónomos obrigados a pechar ou que reducisen nun 75% a súa facturación. En Ourense, pola súa banda, o Concello anunciou que abonará o pagamento de sete cotas aos autónomos da cidade, correspondentes aos meses de xuño a decembro de 2020, co obxectivo de \"mitigar os graves prexuízos polo cesamento da súa actividade\". Todo dentro dun plan dotado de 10 millóns de euros para apoiar estes profesionais, as pemes e o pequeno comercio da cidade. En Ferrol, ademais de preparar un plan para empregar os remanentes de tesourería na concesión de axudas directas ás persoas afectadas pola crise da Covid-19, tamén se propuxo a creación dun directorio de empresas para unha aplicación de venda on-line destinada aos comercios locais. En Compostela, pola súa banda, prepárase un plan de activación económica dotado de 3 millóns de euros, ao tempo que noutras cidades ultiman tamén medidas de axuda centradas nos pequenos negocios. Ademais, as persoas máis vulnerables foron outro dos obxectivos fundamentais nas grandes cidades. En Vigo, o Concello duplicou a asignación ao Banco de Alimentos e, nos primeiros días de confinamento, o alcalde Abel Caballero anunciou que o total das axudas de emerxencia entregadas polo goberno local superaba os 3.000 beneficiarios e os 300.000 euros, ademais de aclarar este martes que se ampliaron ata case 1.900 as bolsas de comedor para familias con menos recursos. Pola súa banda, en Santiago, 750 persoas beneficiáronse xa do uso do tícket especial de compra nos supermercados da cidade, mentres que na Coruña, Protección Civil leva repartidos máis de 2.000 menús durante o estado de alarma, ademais de anunciar o Concello que manterá todos os seus contratos en vigor para garantir o emprego nas empresas prestatarias dos servizos, unha medida semellante á que anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que asinou un decreto que garante que as compañías que prestan servizos á administración local non teñan que recorrer a despedimentos. A Coruña anunciou que mantiña en vigor todos os contratos de empresas de servizos municipais e Lugo garante que non despidan persoalAlén disto, foron tamén moitos os concellos que durante estes días priorizaron e adiantaron o pagamento a provedores municipais para inxectarlles liquidez, abonando por exemplo Lugo un total de 8,5 millóns desde o mes de marzo. A habilitación de espazos para xente sen fogar foi tamén común nas urbes, así como a desinfección de espazos, a suspensión do cobro da ORA ou o impulso de diferentes programas de voluntariado para a repartición de comida, axuda ás persoas maiores ou que viven soas,"}
{"ID": "NOS_18334", "summary": "O anuncio da creación deste novo partido chega un día despois de que Fernando Mayo renunciase a presentar candidatura para dirixir o PP de Santiago, nunha rolda de prensa na que cargou contra a formación pola falta de \"garantías de igualdade\".", "text": "Antigos afiliados do Partido Popular (PP) veñen de fundar un novo partido político en Santiago de Compostela, 'Por e para Santiago', con vistas ás eleccións municipais de maio de 2023. Nun comunicado remitido aos medios, a formación descríbese como un partido político de \"mulleres e homes independentes de Santiago de Compostela\", \"fondamente comprometidos coa situación actual\", para atender as preocupacións dos veciños e buscar solucións aos seus problemas. A pugna polos liderados divide o PP nas cidades Defínense como un \"partido moderado, de amplo espectro\" onde \"toda a veciñanza e ideoloxías teñen cabida\", excepto as \"posturas extremistas\" que \"imposibilitarían a convivencia\". \"Nunca hai que perder a perspectiva que deu orixe a este partido: Santiago de Compostela e a súa xestión, na procura do benestar dos seus veciños, tanto da zona urbana como do rural e a reivindicación real da Capitalidade de Santiago de Compostela\", apunta. Un día despois da renuncia de Mayo O anuncio da creación deste novo partido chega un día despois de que Fernando Mayo renunciase a presentar candidatura para dirixir o PP de Santiago, nunha rolda de prensa na que cargou contra a formación pola falta de \"garantías de igualdade\". Mayo era un dos dous candidatos para ocupar a dirección do partido de cara ás eleccións municipais. O outro candidato é Borja Verea. División no PP de Compostela: Verea logra 350 avais e Mayo, uns 30 Nunha rolda de prensa realizada esta segunda feira, o xa ex candidato acusou o \"aparato do partido\" de deseñar un \"congreso ad hoc\" cun candidato \"imposto\". O popular tamén lamentou que, dos máis de 2.000 afiliados cos que conta o PP de Santiago, só 360 poderán votar, ao ser os únicos que teñen \"as contas ao día\". Promotores do novo partido Entre os promotores de 'Por e para Santiago', destacan o presidente da Asociación Vista Alegre, David Ríos, antigo afiliado do Partido Popular; Anxo Jiménez, Ramón Fandiño e Juan Carlos Rodríguez. Espía na campaña: delirios a prol do PP de Compostela Outros integrantes do partido son Susana García, Raquel Rodríguez, Miguel Ángel Zas, Óscar Fraga, Roberto Güimil, Montserrat Pascual, Javier Caneda, Jacobo Varela, María Sende Darío Quinteiro e Manuel Anxo Martínez."}
{"ID": "NOS_31763", "summary": "\"Agora mesmo estou máis inclinado polo si que polo non\". Así manifestou Xaquín Leiceaga, portavoz parlamentar do PSdeG, a súa intención de concorrer á Secretaría Xeral da formación política. Porén, apelou á \"cautela\" e á reflexión.", "text": "O portavoz parlamentar do PSdeG, Xaquín Leiceaga, estaría disposto a se postular á Secretaria Xeral da formación política. Aínda que dixo non ter decidido se se presentará como candidato, amosouse convencido, nunha entrevista concedida a Radio Galicia-Cadena Ser, de que pode achegar máis capacidade de diálogo e máis experiencia aos outros dous aspirantes a liderar o PSdeG, Gonzalo Caballero e o outro posíbel candidato, Juan Díaz Villoslada. \"Nunha situación política complexa como esta ás veces precísase un pouco máis de experiencia política, de xestión de colectivos e, se se quere, de capacidade de interlocución na sociedade con outras forzas políticas. E eu creo que aí podo aportar máis eu\", sinalou na conversa. \"Eu teño un grao de coñecemento que os outros dous precandidatos ou outras persoas non teñen\", afirmou. Sobre a súa posíbel presentación como candidato a dirixir o PSOE na Galiza, apelou á cautela, \"a miña predisposición non é negativa pero manteñamos unha cautela\". \"Agora mesmo estou mais inclinado polo si que polo non, pero xa digo, en reflexión aínda. Primeiro hai que ver como son os tempos, o calendario aínda non é coñecido; eu calculo que até finais de agosto non haberá que tomar unha decisión definitiva, por tanto, temos un mes por diante, mes e pico, aínda para falar con xente\", apuntou. Por outra banda, defendeu que non se desligue o liderado orgánico e o social. E na Galiza iso pasa, dixo, pola presenza no Parlamento. Puxo de manifesto que o traballo realizado á fronte do grupo parlamentar é unha boa tarxeta de presentación."}
{"ID": "NOS_25142", "summary": "O 8 de xuño de 2012 publicábase o primeiro número de Sermos Galiza, o medio que supuxo o retorno semanal do galego aos quioscos. 300 números despois, o proxecto informativo continúa coa súa cita semanal con subscriptoras e lectoras,, medrando, atendendo a realidade dun país que tamén quer existir no papel.", "text": "\"No editorial do número un anunciábase o camiño que ía seguir o medio. Das varias ideas que alí se lanzaban eu salientaría dúas. A primeira, a que fai referencia á intención de contar a realidade cun ollar galego, crítico, meditado e honesto. A segunda sería a que manifesta a intención de contar a realidade libre dos intereses de grupo económico ningún. Seguindo estas liñas foi como medrou o proxecto. Nestes seis anos de vida, nestes 300 números, Sermos Galiza consolidouse como un semanario de intereses galego\". Así reflexiona Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., sobre estes seis anos de vida. Con este semanario van 300 desde que se publicou aquel primeiro número, 8 de xuño de 2012, no que se entrevistaba Agustín Fernández Paz; denunciábase o esfarelamento do sistema bancario galego ou radiografábase o primeiro ano de mandato dos concellos saídos das eleccións de 2011. Daquela, como agora, o compromiso era tomar o pulso da actualidade cunha perspectiva crítica e propia. María Obelleiro, directora do semanario, considera que \"o feito de que Sermos leve seis anos na rúa e de que a empresa estea facendo o esforzo de tratar de sacar adiante un diario evidencia a grande evolución ao longo deste tempo\". Isto é posíbel, engade, \"grazas a toda a Comunidade Sermos\". Comunidade Sermos Unha comunidade ampla, variada e heteroxénea, formada por accionistas, persoas colaboradoras, empresas e institucións que se publicitan... e subscritoras e lectoras, o elo fundamental. Diego Boquete foi o primeiro subscritor do semanario. \"Tan pronto me enterei de que ía saír un medio en galego e vin posibilidade de apoiar, fíxeno\", lembra. \"É importante ter un medio en galego, que conte e informe desde aquí\". Desexa maior proximidade á actualidade, de aí que aplauda a iniciativa de ter un diario: \"agardo que se consiga e que sexa unha realidade\". Henrique Monteagudo fíxose subscritor recentemente. \"Dei o paso porque creo que é imprescindíbel ter un medio como Sermos Galiza, con información en galego, crítica e variada. E que estea en papel é para moita xente algo importante\". Mira o futuro con optimismo: \"Estou convencido de que hai demanda dun medio galego\". Por iso acredita que Sermos O Diario Galego será unha realidade. Pousar os ollos Marta Sobradelo gosta atopar o Sermos Galiza. \"Non estou subscrita nin o compro\", explica, \"mais léoo na biblioteca ou se non, no bar onde tomo o café, que o teñen\". Gosta do semanario porque \"é diferente ao resto e non só por estar en galego, senón polo que conta e como o conta\". Unha afirmación que encadea coa reflexión que realiza Xoán Costa: \"A importancia de Sermos para a normalidade do idioma é total. Mais non só para a lingua, tamén para a cultura, a recuperación da memoria e para desvendar certos tópicos que negan as nosas capacidades como país, como sociedade con capacidade para se autovaler\". Liña na que afonda a directora do semanario: \"Somos a publicación actual das que hai en papel e en galego que máis números leva publicado: 50 cada ano, e sumamos xa 300, e a única opción de atopar a lingua nos quiosques cada semana. Na medida en que somos un medio de intereses galegos, contribuímos a facer país, a difundir unha axenda temática propia, centrada na Galiza, sobre temas que nos interesan a todas e todos e que se botan en falta nos medios de comunicación tradicionais: feminismo, lingua, cultura, traballo, ecoloxismo… Confianza Van aló 300 números desde aquel primeiro exemplar. Desde entón, centos de entrevistas, de reportaxes, de crónicas. Centos de opinións e colaboracións, de críticas literarias, musicais ou de cinema. En base a todos eles foi medrando a confianza de que é posíbel ter un diario en galego nos quiosques. \"Estaría ben\", recoñece Marta: \"ao fin e ao cabo Galiza non pode resumirse nunha vez á semana\". Ampliar e alargar Sermos O Diario Galego é a evolución natural do xérmolo que en 2012 prendeu en Sermos Galiza. Máis de 900 persoas accionistas, as persoas subscritoras e as empresas anunciantes afortalaron un proxecto que permite marcarse como obxectivo o de ter un diario galego. Enriquecer, alargar e ampliar o espazo comunicacional galego desde nós e para o mundo. En papel publicarase con 32 páxinas e a cor de terza a sábado, durante os cinco días consecutivos. A maiores, os sábados, levará encartado un suplemento de fin de semana, Sermos Galiza, con outras 32 páxinas. En total o diario sairá 258 días ao ano. \"Debe ter a capacidade para concitar vontades e integrar intereses arredor de Galiza\", considera Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega. \"É absolutamente necesario para coñecer o país\", mantén Carlos Mella, da Fundación Castelao. Para Antía Otero, poeta e editora, \"fai falta un diario en papel que nos dea unha contrainformación\". \"Precisamos un diario cunha sección cultural asentada no país\", defende Comba Campoi, actriz e xornalista. Estas voces son apenas uns poucos exemplos das esperanzas sobre o novo diario. 3.000 subscricións antes do 31 de xullo Para facelo viábel economicamente e unha realidade en 2019 son necesarias 3.000 subscricións antes do 31 de xullo deste 2018. Estamos na conta atrás!"}
{"ID": "PRAZA_14519", "summary": "Leva nas listas dende xullo de 2011. Dende entón pediu o traslado de centro hospitalario en varias ocasións pero ainda non conseguiu ser operado. Denuncia que \"non tenho futuro laboral na Galiza. Poderia atopar trabalho noutro pais porem isto agora mesmo não é possivel por eu figurar no Registo de Pacientes en espera do Sergas\".", "text": "Jesús Manuel da Torre Martins continúa coa carreira de obstáculos que iniciou hai uns 15 meses para operarse no Sergas. O 19 de xullo de 2011 inscribiuse nas listas de espera. Dende entón sufriu discriminación lingüistica en varias ocasións e só despois de denunciar a situación en público e en privado conseguiu ver recoñecido o seu dereito a contar con documentación en galego. Porén, segue sen ser operado e denuncia que \"non tenho futuro laboral na Galiza\" e que \"poderia atopar trabalho noutro pais, porem isto agora mesmo não é possivel por eu figurar no Registo de Pacientes en espera do Sergas\". O pasado 13 de marzo denunciou a través da Mesa a negativa tanto do Hospital de Fátima coma do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) a facilitarlle ningunha documentación na lingua propia de Galicia e que mesmo o chegaran a ameazar con non operalo se non asinaba o consentimento informado en castelán. Dias máis tarde viu por fin recoñecido o seu dereito a asinar o consentimento informado na súa lingua. Superado xa o preoperatorio, o 6 de setembro requeriu verbalmente ser operado, sexa nun centro concerto sexa no CHUVI, pero ainda non conseguiu. Adxuntamos a carta que nos vén de remitir denunciando a súa situación."}
{"ID": "NOS_33881", "summary": "Un ano despois da súa constitución, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua comeza a definir as liñas de traballo que vai desenvolver ao longo de 2020 co fin de ampliar o catálogo de recursos co que poderán contar, de momento os 17 concellos asociados á plataforma.", "text": "A Asociación de Entidades Locais pola Lingua naceu en febreiro de 2019 alentada por 15 concellos que xa viñan colaborando na defensa e posta en marcha de distintos proxectos relacionados coa lingua e coa cultura galegas. Santiago de Compostela, A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía e Rois foron os pioneiros. Acordaron constituír un espazo unitario e colaborativo \"desde o que impulsar o uso da lingua en todos os ámbitos da Administración local\", explica a Nós Diario Arximiro Fernández Cabanelas, técnico de Normalización Lingüística do Grove. En novembro uníronse os municipios de Redondela e Betanzos como novos socios. \"Agora, ademais de convidarmos a outros moitos municipios a sumarse a esta plataforma\", apunta o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, encargado de presidir a asociación nesta primeira fase, \"agradecemos o interese da Deputación de Pontevedra, con quen nos acabamos de reunir, e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde presentamos a iniciativa a finais de 2019\". As entidades locais interesadas en sumar sinerxías, tan só teñen que contar cun servizo de lingua ou normalización e pagar unha cota en función da súa poboación. A cambio, terán a oportunidade de contribuír á creación de proxectos \"máis ambiciosos\" comprometidos coa promoción da lingua. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_52935", "summary": "Adif sacou a licitación esta terza feira o contrato para implantar este sistema de seguridade nos tramos Vigo-Compostela e Compostela-A Coruña. O prazo de execución das obras é de 12 meses.", "text": "O ERTMS, o sistema de seguridade que epritos e expertos aseguran que tería evitado o sinistro de Angrois, tardará aínda un ano en se incorporar á liña do Eixo Atlántico (A Coruña-Vigo). O Boletín Oficial do Estado publica esta terza feira a licitación por Adif do contrato para dotar de ERTMS a esa liña. O prezo de licitación ronda os 69 millóns de euros. O prazo máximo das probas de validación e posta en servizo será de seis meses e o de execución das obras de 12 meses, contadas a partir da adxudicación. As empresas teñen até o 1 de xuño para presentar ofertas. O 19 de maio de 2006 comezaban a circular no Estado español as primeiras liñas de alta velocidade equipadas co sistema de seguridade ERTMS, recomendado pola Unión Europea xustamente desde ese mesmo ano. O mencionado sistema componse doutros dous: o GSM-R que permite a comunicación por radio cos comboios; e un segundo, o ETCS, que tería evitado o sinistro de Angrois ao non lle permitir rebasar a velocidade máxima, os 80km/h, no tramo sinistrado, segundo peritos e expertos."}
{"ID": "NOS_42406", "summary": "Segundo o presidente ucraíno, o seu país é un referente dos \"valores da comunidade euroatlántica\".", "text": "O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, demandou esta sexta feira e de maneira formal a petición de entrada na OTAN a través dun proceso \"acelerado\", despois de que o seu homólogo ruso, Vladimir Putin, asinase os tratados de adhesión de Donetsk, Luhansk, Zaporiyia e Kherson. \"Sabemos que é posíbel. Vemos como Finlandia e Suecia comezan a súa adhesión este ano sen un plan de acción\", sinalou o presidente, que pediu a mesma consideración para o seu país porque \"é o xusto\". [VÍDEO] Donetsk, Luhansk, Zaporiyia e Kherson pasan a formar parte do territorio ruso Neste sentido, Zelenski definiu a entrada de Ucraína na OTAN como un paso \"decisivo para a seguridade de toda a comunidade de nacións libres\", ao tempo que asegurou que \"Rusia non se tería detido nas nosas fronteiras se non a tivésemos detido nós\". Segundo o presidente ucraíno, o seu país é un referente dos \"valores da comunidade euroatlántica\" e salientou que Ucraína xa é un socio \"de facto\" da Alianza Atlántica, e que só lle falta pasar a formar parte de maneira oficial da organización militar. Zelenski recoñece o control ruso sobre 20% do territorio ucraíno Mentres os países que integran a OTAN debaten e votan a entrada de Ucraína no organismo, Zelenski exixiu que se apliquen unha serie de medidas para garantir a seguridade de Ucraína e do resto de Europa, aínda que non especificou cales. Adhesión dos óblast ucraínos O pazo do Kremlin, en Moscova, acolleu na mañá desta sexta feira a cerimonia na que o presidente Vladimir Putin e os actuais dirixentes dos territorios de Donetsk, Luhansk, Zaporiyia e Kherson asinaron a súa adhesión a Rusia. Putin asina a adhesión a Rusia de Donetsk, Luhansk, Zaporiyia e Kherson Durante o acto institucional, Putin asegurou que os \"habitantes das rexións das repúblicas populares de Luhansk e Donetsk, Zaporiyia e Kherson tomaron unha decisión inequívoca\". \"Os seus habitantes convértense nos nosos cidadáns para sempre\", engadiu."}
{"ID": "PRAZA_5282", "summary": "O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 é un engano que só servirá para repartir cromos e negociar cotas de poder. Porén, 2015 está ao virar a esquina e aqueles que pretenden atrincheirarse na Casa Consistorial, poderían levar un bo susto cando Vigo esperte, por fin, do seu letargo.", "text": "Os charlatáns de feira e aproveitados que anuncian a posibilidade de alcanzar o paraíso vigués. Esa seita localista de fanáticos do rexedor olívico están aferrados á institución como as moscas ao mel Os charlatáns de feira e aproveitados que anuncian a posibilidade de alcanzar o paraíso vigués; os distribuidores de estupefacientes mediáticos destinados a anestesiar o cerebro colectivo; os propagandistas do todo vai sobre rodas pero aínda irá mellor, esa seita localista de fanáticos do rexedor olívico están aferrados -ou suxeitos, nunca se sabe- á institución como as moscas ao mel. Encandeados á súa idea de cidade-estado intentan vendernos a moto nun pavoroso exercicio de cinismo; ávidos por divulgar as súas estrafalarias alfombras de lastras, lousas e azulexos; con gañas de largar as súas peroratas grandilocuentes, os seus discursos fachendosos e as súas carracas localistas; cativados por esa alleada obsesión por transformar Vigo nunha metrópole fantástica, nunha urbe de conto de fadas, nun espazo de lenda, nun lugar de fábula, nun municipio acicalado, coqueto e perfumado; un edén balsámico e moi doce no que os seus habitantes son felices e comen perdices, un verxel de xentes elegantes e cultivadas, prósperas, espléndidas, ansiosas de pasear polas súas marabillosas rúas prodixiosamente empedradas e axardinadas mentres contemplan o fabuloso ceo azul... Todo é sortilexio, todo lles serve na súa obstinación por vendernos a moto que xa ninguén lles compra Porfiados por ese éxtase, ese estado de bebedeira derivado da inhalación de durmideiras no cal todo é maxestoso e as rúas son unha sorte de pistas de patinaxe nas que os viandantes gozan deslizándose mentres soa unha melodía de Richard Clayderman. Todo é sortilexio, todo lles serve na súa obstinación por vendernos a moto que xa ninguén lles compra, porque sucede que a xente xa non acredita nas fantasías destes iluminados. Perderon toda a credibilidade. O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 é un engano que só servirá para repartir cromos e negociar cotas de poder O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 é un engano que só servirá para repartir cromos e negociar cotas de poder. Será malo porque os partidos inmiscidos e os seus líderes anteporán o interese propio aos seus matices ideolóxicos. Será malo porque este pacto ciméntase sobre unha filosofía argalleira, tramposa e trapalleira, na que uns e outros serán dúas caras da mesma moeda. Será malo porque será o comezo dunha nova política na que os matices e as sensibilidades e ideais contarán pouco, pero os «intereses dos aparellos» pesarán moito máis. Será malo porque os líderes do PSOE e do PP asumirán o mesmo discurso populista que asegura altos réditos electorais pero que só beneficia a uns poucos. Será malo porque Vigo quedará supeditada aos designios dunhas poucas camarillas e elites oportunistas, desdeñosas e narcisistas. E será malo porque continuará o desgoberno, o malgasto e o nepotismo, mentres os sufridos vigueses pasan un calvario. Porén, 2015 está ao virar a esquina Porén, 2015 está ao virar a esquina e aqueles que pretenden atrincheirarse na Casa Consistorial, poderían levar un bo susto cando Vigo esperte, por fin, do seu letargo."}
{"ID": "PRAZA_9647", "summary": "Entre la ola y la roca chega aos cinemas este venres tras pasar pola Seminci de Valladolid, o Môtif de Alaska ou Cineuropa. Manuel Lógar, o seu director, achégase ao labor dos percebeiros indo máis alá dos relatos sobre a dureza da loita entre o home-heroe e o océano. Falamos con el.", "text": "Non é nada difícil deixarse levar polo impacto da beleza da Costa da Morte nin polos discursos que converten o día a día dos oficios do mar nunha sorte de épica folclorizadora, negadora da realidade ao agochar tanto o conflito -e o cambio- social como as forzas -as políticas públicas- que arrasan coa tradición moito máis que as dificultades inherentes a traballos -certamente- perigosos e precarios. Manuel Lógar non caeu, porén, niso, no seu documental Entre la ola y la roca, que chega aos cinemas este venres 22 de marzo despois de pasar por festivais coma a Seminci de Valladolid, o Môtif de Alaska ou Cineuropa, en Compostela. Cunha cámara que se vai achegando progresivamente aos protagonistas, Lógar analiza o presente e o futuro do labor dos percebeiros sen esquecer as tensións internas. Indo máis alá dos relatos sobre a dureza da loita entre o \"home-heroe\" e o océano. Falamos con el. Entre la ola y la roca é un documental sobre os percebeiros de Muxía. Como xorde o proxecto? Cal era o seu obxectivo?A película nace como proxecto final de grao da ESCAC, en Barcelona. Especializado en dirección documental, decidín comezar a investigación dunha curtametraxe na Costa da Morte, coa idea básica de rodar por fin perto da Coruña e mergullarme nunha contorna descoñecida e á vez moi familiar para min.\"O descoñecemento da maioría dos compañeiros da figura do percebeiro, que dende rapaz resultábame hipnótica, acaba por facerme decidir centrar o punto de vista neles\"O descoñecemento da maioría dos compañeiros da figura do percebeiro, que dende rapaz resultábame hipnótica, acaba por facerme decidir centrar o punto de vista neles. A idea inicial de curta medrou moito, ata converterse nesta longametraxe.O documental está feito, basicamente, a partir de entrevistas cos percebeiros e de imaxes nas que podemos ver como traballan. No caso das segundas, é como a cámara se fose achegando máis, progresivamente, a eles: de planos máis xerais ata unha cámara que se amosa moi perto... Está así feito por algún motivo especial?Á metade do rodaxe, semanas despois da chegada do resto do equipo, un dos protagonistas, Félix, confesounos que fora a primeira vez que alguén viña rodar máis de dúas ou tres xornadas, e non só indo ás rochas, senón no seu día a día. Nas súas casas, no bar, no porto… Estamos convencidos de que vivir con eles durante mes e medio axudounos a captar a atmosfera que buscabamos e, día tras día, a comodidade deles connosco provocou que se abrisen á cámara dunha forma que nun comezo non esperabamos.\"Vivir con eles durante mes e medio axudounos a captar a atmosfera que buscabamos e, día tras día, a comodidade deles connosco provocou que se abrisen á cámara\"Esta idea de achegamento pode chegar a reflectirse na planificación, aínda que de forma orgánica, non intencionada, creándose este sentimento tamén no espectador, introducíndoo sutilmente nesta contorna sensitiva dos percebeiros. Aínda así, en todo momento buscamos crear esta loita de forzas entre o home e a natureza, e facer sentir no corpo o poderío do mar, un mar vivo, bravo, que case actúa como un entrevistado máis.Un documental sobre os percebeiros podería ser, facilmente, un relato épico (máis) sobre un oficio case heroico, que de tanto falar de idealizados heroes esquecese falar da realidade: dos conflitos internos entre os percebeiros, por exemplo. O teu documental non nega a realidade (a dureza, o perigo), pero tampouco idealiza nada. Ese enfoque foi algo consciente, parte do obxectivo?Exactamente esa era a intención dende o comezo. Que fose cru, que fose real. Comezar dende un punto obxectivo onde, nunha historia que todo puidese ser branco ou negro, poder xogar cos grises no medio e reformular a nosa idea da Costa da Morte e os seus habitantes. Poder ver os personaxes do documental coma persoas coma nós, cos seus erros e virtudes, creo que non fai máis que reforzar o impacto que ten velos xogar a vida nas rochas tódolos días.É un retrato coral dunha realidade, (realizado a varias voces). Con que criterios escolliches os principais entrevistados? Ou foi máis ben unha decisión que tomaches á hora de facer a montaxe?Na forma na que traballo existe unha investigación e achegamento previo, aínda que máis dirixido a facilitar a rodaxe por intuición. De feito chegamos a ter un guión de 50 páxinas. Pero ao segundo día de comezar, quizais pola maxia de rodar a realidade, ou porque como equipo desenvolvémonos mellor coa improvisación, seguir as pautas do guión perdeu todo o sentido, polo que acabou no lixo. Tiñamos claro o que queriamos contar, e durante esas semanas deixámonos guiar polas sensacións que nos levaran máis perto de cara a esa tese. Por así dicilo, rodar sabendo o que queres dicir, pero deixando que o como xurda na rodaxe.\"Seguir as pautas do guión perdeu todo o sentido, polo que acabou no lixo\"Non se agochan, ao gravar as reunións da agrupación, as tensións -ou discusións ben abertas-, que teñen que ver cos fallos na vixilancia contra os furtivos ou cos problemas causados pola burocracia, entre outras cuestións. Natxo, o encargado da Confraría de Muxía, é aí como a figura intermediaria entre o mundo dos percebeiros (ao que el tamén pertence) e unha Administración que parece afastada e allea aos seus problemas (representada tamén polos axentes que controlan o peso das capturas). Hai algún motivo polo que se fale da Administración dese xeito só indirecto e, en realidade, bastante pouco?Foi complicado tentar encontrar o equilibrio das forzas coas que, por un lado realizar un documental sensitivo, co que levar ao público a realidade dos percebeiros, non razoada senón física, pero por outro nunca esquecer o tratamento social da obra.\"Sendo unha película independente e autodistribuída, temos a liberdade de facer ver o abandono por parte das institucións, locais, nacionais e europeas\"Sendo unha película independente e autodistribuída, temos a liberdade de facer ver o abandono por parte das institucións, locais, nacionais e europeas, que non souberon, nin saben, tratar cunha contorna baseada en traballos artesáns. O cabo Touriñán de Muxía, o final de Europa, é o símbolo de como ata no último punto da UE estanse a aplicar políticas dirixidas a un modelo mecanizado, industrial e de sobreexplotación, que nun principio quixo acabar coa pesca artesanal, beneficiando os grandes arrastreiros, e á vez intentando acabar cos problemas ambientais que provoca este mesmo modelo, controlando a sobrepesca cunhas cotas que condicionan moitísimo máis aos pescadores de baixura que ás grandes embarcacións.\"O cabo Touriñán de Muxía é o símbolo de como ata no último punto da UE estanse a aplicar políticas dirixidas a un modelo mecanizado, industrial e de sobreexplotación\"É dicir, agora mesmo esta situación imposta non fai feliz nin aos pescadores, nin aos ecoloxistas, nin aos propios defensores do mesmo sistema. E, no caso dos percebeiros, vense atrapados nun traballo irregular e ambiguo, que intenta ser encaixado con forza nun modelo estandarizado, acabando por poñelos dos nervios. Encántame a frase de Benito no documental, onde define o percebeiro coma \"un toureiro mal pagado\". Os percebeiros forman parte do noso patrimonio, e como tal o seu modo de vida debería ser protexido.En relación con iso, a través de parte das entrevistas o espectador é trasladado un pouco ao que aconteceu no Prestige (a ausencia das \"autoridades\", a súa irresponsabilidade, as divisións internas entre a xente do mar), ademais de situalo un pouco nas políticas que levaron á situación de despoboamento e falta de emprego no lugar: axudas só para os grandes arrastreiros e dificultades para os pequenos… Poderíase botar en falta máis análise por este lado. (Consulta de expertos, por exemplo). Non se fixo así por algún motivo?O xa mencionado, tiñamos que pensar nesta balanza na que equilibrar a creación da atmosfera e sensacións desta realidade, e logo reflexionar sobre ela. De nada serviría facer un razoamento sisudo do estado económico dos percebeiros, se iso non vai acompañado da sensibilidade que caracteriza o seu traballo. Ao final, a beleza do cine é poder facer arte e tamén estudo. E pola nosa parte buscabamos iso, a reflexión na evasión.Non se renuncia, tampouco, a reivindicar un lugar (Muxía), un xeito de vida (ser percebeiro, mariscadora, patrón de barco de pesca…) e unha paisaxe. A terceira está moi presente. Impresionan, por exemplo, as imaxes que parecen tomadas desde o aire. Como se fixeron?A verdade que a Costa da Morte é unha contorna demasiada agradecida para isto. Mael, o director de foto, sorprendíase coa beleza case involuntaria das paisaxes, como se poñendo a cámara en calquera lugar, houbese algo co que quedar hipnotizado. Pola miña parte, e mantendo o equilibro que guiou o documental, renunciei á busca de paisaxes virxes, onde a beleza da natureza nos atrapase, para buscar nestes planos a constante da competencia entre o home e a súa contorna. Na película, o espectador goza de paisaxes belas e únicos, pero nelas sempre se mostra a pegada nosa. Tendidos eléctricos, grandes construcións, aeroxeneradores... Non retratar estas estruturas sería obviar que o noso impacto no medio xa forma parte do mesmo, e a simbiose que crea esta unión resúltame interesantísima. Galicia, entre eucaliptos (por desgraza) e aeroxeneradores. No caso dos planos dende o aire, foron tomados cun dron de Aeromedia, e grazas á destreza dos seus pilotos puidemos conseguir imaxes tan impactantes, aínda sufrindo o forte vento da costa.No documental fálase moito, como diciamos antes, de conflitos internos: da falta de unión e solidariedade e, sobre todo, do chamado furtivismo interno. (E xa non só externo). Que se explicaría polo contexto de crise: o prezo do produto baixa ao reducirse a demanda, e entón para compensar unha parte dos percebeiros collen máis do permitido (agochándoo de mil maneiras). Que conclusións podemos tirar do documental sobre este problema, o do furtivismo interno?Este problema é o mesmo que acontece na loita polo medio actual. O individual fronte ao común. Esta actitude dalgúns percebeiros, comprensible no sentido da súa inestabilidade económica, aplicámolo calquera de nós cando collemos o coche innecesariamente, ou asumimos que o cambio social non chegará porque, simplemente, se eu non me aproveito, farano os demais. É certo que o impacto individual pouco pode facer para arranxar un conflito tan grande como o cambio climático, pero no documental tamén sacamos a conclusión de que, xuntos, todo pode facerse. E o cambio, vistas as tan necesarias manifestacións do pasado 15M, chegará. Agardemos que non sexa demasiado tarde.\"No documental tamén sacamos a conclusión de que, xuntos, todo pode facerse\"Algo que queda claro no documental, tamén, é que, aínda que a situación das novas xeracións foi mudando (tiveron a oportunidade de estudar), o de percebeiro non é precisamente un oficio de clases altas. Moitos falan de que non puideron ir á escola, de que fixeron ese traballo toda a vida… E supoño que o documental, no fondo, o que reivindica é o dereito a vivir dignamente do seu traballo dunhas persoas que son iso, traballadores. Era un pouco a idea?Galicia sufriu penurias económicas durante moito tempo e isto cala na cultura dunha sociedade. O cine dos irmáns Dardenne mantén unha premisa invariable nas súas películas, a dignidade da clase obreira, como dis, o dereito a vivir dignamente. Pode ser que o noso rural estea nunha forte crise, pero non por iso se debe abandonar institucionalmente polo crecemento do urbano. Esta idea de vivir con dignidade, a pesar das complicacións, é a forza que mantén os percebeiros, os pescadores, as mariscadoras e a todos os traballadores que día a día loitan por sobrevivir. En relación con iso, e ao ser un oficio moi masculinizado, saen moi poucas mulleres no documental, e cando saen están case sempre nun plano secundario. (A muller que limpa o percebe detrás do marido que fala). A excepción son as mariscadoras e as (poucas) percebeiras (que aparecen máis perto da praia). Cal é, polo que puideches observar, o papel das mulleres nesa contorna, a do oficio dos percebeiros?As percebeiras, que ben merecen unha película só para elas, teñen unha dinámica distinta de traballo, sendo esta non tan arriscada (que tamén o é), pero si máis pausada e razoada, buscando con máis paciencia e coidado os lugares onde pode haber percebes.\"As percebeiras, que ben merecen unha película só para elas, teñen unha dinámica distinta de traballo\"É unha das espiñas cravadas dos erros que ten a película. No documental dependes por completo da realidade, e o noso punto de vista das mulleres percebeiras ía ser o testemuño de Mari Lista, gran percebeira de Corme. Por desgraza, pouco antes de comezar a rodaxe, Mari lesionouse traballando e tivo que coller unha baixa.Foi entón cando tomamos a decisión de non ir a Corme, manténdonos todo o tempo en Muxía. Para a estrutura narrativa e a tese documental, resultou a mellor opción, pero co prezo a pagar de non poder tratar a figura das percebeiras como nos gustaría. Facer unha película supón perder historias que queres polo ben de acadar a historia que amas. Por sorte, despois da rodaxe chegou a marabillosa curtametraxe de Álvaro Gago, Matria, que aínda sen falar directamente das percebeiras, fala dos conflitos da estendida idea dun falso matriarcado en Galicia, onde a muller remata facendo o dobre do traballo.\"Facer unha película supón perder historias que queres polo ben de acadar a historia que amas\"Hai algo que por veces resulta algo raro (e que se lle criticara por exemplo a Lois Patiño polo seu documental sobre a Costa da Morte, no que tamén saían os percebeiros), que é que algúns dos entrevistados parecen cambiar ao castelán cando se lles pon a cámara diante para entrevistalos (os mesmos aos que viramos falar en galego entre eles). Por que cres que acontece isto?Ao comezo das entrevistas pedíalle a quen estivese diante da cámara que falase como quixese, galego ou castelán, tomando cada un a decisión que consideraba máis cómoda. É certo que o noso equipo, a excepción de eu e Roi, segundo sonidista, era de fóra. Mael (Venezuela), Wayne (Inglaterra), Kiku (Cataluña), e David e Cris (Colombia), e entre nós falabamos castelán por obvios motivos. O bo trato dos percebeiros co equipo puido estenderse ata o punto de que algúns falasen máis castelán do normal, aínda que en pouco tempo ata Wayne entendía o galego muxián sen problema. Que entendese o meu coruño xa non foi tan sinxelo... Creo que esta mestura de galego e castelán, non impostar dende o comezo ningún, enriquece a película. E tamén ver a realidade do uso do castelán, ás veces considerado tristemente máis formal co galego, fala da nosa historia, e de como nas nosas palabras escóndese un triste pasado.Hai unha voz que poderiamos considerar especialmente importante no documental, que é a de Moncho, un dos percebeiros veteranos, se cadra o máis). Por veces é como se servise de fío condutor do relato: fala da falta de concienciación do gremio, da necesidade de organizarse mellor para frear o furtivismo e, sobre todo, do problema do furtivismo interno. Quen é esta persoa e por que, dalgún xeito, ten este papel no documental?Xa xubilado, Moncho aparece no documental como presidente dos percebeiros de Muxía. É a figura que representa ese pasado artesán, que ve como o modo de vida actual está a esnaquizar o futuro deste traballo, ao esquilmar a costa. Pero debe quedar claro que os percebeiros son as vítimas disto, que debido á súa precariedade económica, acaban no mesmo saco os que necesitan máis para sobrevivir, e os que necesitan máis por pura avaricia. Basicamente vólvese á idea da actitude nosa, como sociedade, co cambio climático. Como di Pablo nun momento, \"o mar é de todos\", e é certo, pero esta idea parece que mutou despois do Prestige e da crise. O mar era de todos, pero agora parece que non é de ninguén.\"Como di Pablo nun momento, \"o mar é de todos\", e é certo, pero esta idea parece que mutou despois do Prestige e da crise. O mar era de todos, pero agora parece que non é de ninguén\"É especialmente interesante tamén o testemuño do percebeiro que di que todos os traballos (albanel, condutor…) teñen o seu risco, que non hai tampouco que darlle tanta importancia. En xeral, no documental percíbese moito ese ton: a aceptación, con naturalidade, dos perigos do oficio. E o mesmo para a aceptación da morte. Xunto cunha reivindicación, tamén, do amor polo oficio e da especial relación que implica coa natureza, co mar. Era tamén parte do obxectivo? (Retratar a relación coa morte, co mar…)É unha das miñas escenas favoritas. Creo que nese testemuño, a primeira vista tan sinxelo, encóntrase a idea central desa resiliencia dos traballadores da Costa da Morte. Os percebeiros xogan a vida día a día, por un salario que os manteña a flote. E esta é a súa vida, e a partir desta aceptación, de que todos temos os nosos problemas, dificultades e conflitos, é cando se pode empezar a medrar. Comprender a realidade propia e ser conscientes do momento no que nos encontramos, que non é o máis positivo, é o primeiro paso para reformular as cousas, por un mellor futuro. Arríscome a dicir que ese \"éche o que hai\" de Ramón, é o \"éche o que hai\" máis poderoso que escoitei nun documental. Aínda que non sei se Herzog me discutiría esta afirmación…\"Nese testemuño, a primeira vista tan sinxelo, encóntrase a idea central desa resiliencia dos traballadores da Costa da Morte\"Algo máis que queiras salientar?Só agradecer aos habitantes da Costa da Morte que recibisen así un pequeno equipo de rodaxe coma nós. E dedicar esta película a tódolos percebeiros, mariscadores e pescadores que faleceron no mar. Agardo que a película guste, como homenaxe a eles."}
{"ID": "NOS_894", "summary": "Decorrerá este sábado, 23 de novembro, na Coruña, organizada pola AELG coa colaboración da AS-PG.", "text": "\"A Literatura Dramática é un filón de alto potencial, que en Galiza segue a manterse case no esquecemento\". Así se manifestan desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), responsábel da a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, que se vai realizar este sábado na Coruña, coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña. \"Cómpre facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para atopar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción\", sosteñen. A propia AELG explica que nesta xornada \"preténdese mostrar a presenza da literatura dramática galega na actualidade, tanto no ámbito do ensino como a través doutras canles de comunicación como a edición ou a programación teatral. E, por outra banda, facilitar os procesos de creación en curso, no marco galego, en relación co portugués, colaborando no seu impulso\". A inscrición é gratuíta. Está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional por 8 horas, e a matrícula é preferente para socios/as da AELG e da AS-PG (por orde de inscrición). O programa completo previsto é o seguinte: Sábado pola mañá 09:45 Apertura da III Xornada. 10:00 Mesa redonda A literatura dramática nas aulas. Presentación e moderación: Olivia Pena. Ponentes: María Vilariño e Manuel Vieites. 11:15 Mesa redonda A difusión da literatura dramática hoxe. Moderación: Carlos Labraña. Ponentes: Inma Doval e Manuel Xestoso. 12:30 Clase maxistral a cargo de Francisco Matos Oliveira. Sábado pola tarde 16:30 Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática. 16:30 h. A Feroz. Santa Inés. 17:10 h. Fernando Epelde. Mal Avenida. 17:50 h. Carlos Labraña. O rocho. 18:30 h. Marta Figueiredo. Grada Família. 19:10 h. Ernesto Is. Desertos ou A resaca dos profetas. 19:50 h. Laura Porto. O senso da floración."}
{"ID": "PRAZA_5148", "summary": "A policía prepara un dispositivo de 1.700 axentes da unidade de intervención para unha protesta na que os convocantes ven \"o xermolo do inicio dun proceso de cambio\" malia os intentos de \"invisibilización\". Uns 2.000 galegos chegarán a Madrid o sábado para esta \"rebelión popular\".", "text": "Coinciden todas as organizacións convocantes. As Marchas da Dignidade que o vindeiro sábado confluirán en Madrid desde diversos territorios do Estado están a ser \"silenciadas\" polos grandes medios, malia que as previsións apuntan a unha importante asistencia a esta masiva manifestación en protesta \"polas políticas antiobreiras da UE, da troika e do Goberno español\" e para reclamar \"pan, teito e traballo para todos\". Convocadas por sindicatos denominados \"alternativos\" e por unha morea de organizacións sociais, o certo é que as columnas que aterrarán desde numerosas autonomías -algunhas delas levan semanas camiñando- están a espertar o temor da Policía, que prepara un dispositivo de seguridade récord. Haberá un dispositivo policial récord, cuns 1.700 axentes antidisturbios despregados por Madrid Prepárase un gran dispositivo policial para recibir as Marchas. En total, serán mobilizados arredor de 1.700 axentes antidisturbios, unha cifra que supera enormes despregamentos como o activado para blindar o Congreso o 25 de setembro de 2012 ou en manifestacións posteriores, segundo fontes policiais. A causa da mobilización deste dispositivo policial, uns 33 grupos da Unidade de Intervención Policial (UIP) responde ao temor da Policía a que grupos violentos intenten dominar a protesta e provoquen disturbios durante ou ao final da marcha que percorrerá o centro de Madrid, despois de que se agrupen todas as columnas. Non obstante, e a diferenza doutras manifestacións, os convocantes xa comunicaron á Delegación do Goberno o percorrido, desde Atocha até a praza de Colón. O Goberno teme accións violentas e que manifestantes intenten continuar a protesta con acampadas en Madrid Axentes de información cren ter detectado incitacións á violencia en internet, malia que a protesta convocouse cunha vocación claramente pacífica, e temen tamén que haxa manifestantes que opten por acampar nas rúas de Madrid, a pesar de que os convocantes non o teñen previsto. Por iso, fontes da Delegación do Goberno advirten xa que a lei non permite acampada reivindicativa ningunha e que a Policía -que non se atreve a dar unha previsión de afluencia- \"non as vai permitir\". Desde Galicia, máis de 2.000 persoas, segundo os organizadores, formarán a columna galega das Marchas da Dignidade que chegará á capital de España en dous trens e uns dez autobuses, ademais de en numerosos coches particulares. Organizados ao redor da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, foron os sindicatos autodenominados \"alternativos\" -CUT, CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación, SLG e STEG- os que acordaron pór en marcha hai xa máis dun mes o colectivo de apoio á manifestación do 22-M e elaboraron un manifesto propio para o país. Coas prazas dos dous ferrocarrís -un que sae da Coruña e outro de Pontevedra e que fan paradas en diversas localidades e para os que xa hai horarios- esgotadas desde hai días, os impulsores da protesta seguen a encher autocares que sairán tamén desde diversos puntos da xeografía galega. Galicia achegará 2.000 manifestantes que chegarán a Madrid en dous trens, dez autocares e coches particulares A Marcha da Dignidade galega pide que se restitúa ao pobo \"dos millóns entregados ao poder financeiro, a derrogación da lexislación laboral e das pensións actuais e a reversión das medidas destrutoras dos servizos públicos\". Ademais, reclama \"contratos fixos e salarios suficientes, a redución da semana laboral a 30 horas para que todos e todas poidan traballar e a fixación de salarios e pensións mínimos suficientes\". Do mesmo xeito, solicitan \"a incautación das empresas de sectores esenciais para as vidas como a enerxía ou a auga\" e o dereito á vivenda digna e ao aborto libre e gratuíto. Por último, agardan a \"retirada\" da lei mordaza e a \"promulgación de políticas racionais para a agricultura e o medio ambiente\". Xina Vega, novelista, e profesora de Universidade no CUVI, será a voceira da columna galega no acto de peche, mentres que Miguel Quinteiro, coñecido activista social comprometido co 15M, a acompañaraa na cabeceira da pancarta en representación do país xunto a un representante da CUT como unha das nove organizacions pioneiras da protesta a nivel estatal. Os milleiros de galegos xuntaranse ás 14 do serán na praza de Castilla de Madrid. \"A rebelión popular non remata, senón que comeza este 22 de marzo en Madrid\" \"A rebelión comeza o 22-M\" \"A rebelión popular non remata, senón que comeza este 22 de marzo en Madrid\", aseguran desde a plataforma galega. Manuel Caamaño, secretario xeral da CUT e un dos organizadores das Marchas galegas, cre que a mobilización deste sábado \"abre unha liña divisoria entre os que apostamos por derrubar o estado das cousas e os que non\". \"Hai que pasar á acción e deixarse de discursos. Todos estamos en contra de moitas cousas pero non facemos nada\", di. El sairá desde o sur de Galicia. Desde o norte, entre outros moitos, farao Héctor Tejón, activista social e voceiro de Stop Desafiuzamentos da Coruña, que repara na \"invisibilización\" da protesta. \"A ameaza sempre adoita ocultarse e o que tratan é de facer invisible algo que está tocando temas sensíbeis deste sistema\", asegura mentres prepara a súa viaxe a Madrid. \"Agárdase moita xente e esperamos demostrar que se pode facer unha protesta coordinada e diferencial para protestar contra toda esta barbarie que nos afecta\", insiste quen confía en que as Marchas \"non queden en algo simbólico\". \"Deben ser o inicio de algo que vai máis aló; non sei se será o xermolo dun proceso revolucionario, pero si dun proceso de cambio\", insiste Teijón, que destaca que xente tan diversa e chegada de tan diversas zonas \"poida organizarse\" para loitar \"contra o que todos, por igual, padecemos\". \"O 22-M debe ser o incio de algo que vai máis aló, o xermolo dun proceso de cambio\" \"Ao final, a loita dun xornaleiro andaluz é a mesma cá dun labrego galego\", engade o activista, que cre tamén que a coordinación do 22-M entre diferentes e variados movementos sociais e sindicais galegos \"fortalecerá as dinámicas de grupo en Galicia para artellar algo máis\". \"É unha protesta que transcende o marco España-Galicia e moitos partidos ou colectivos arredistas do Estado están a apoiar este levantamento popular\", di en referencia ás CUP ou aos sindicatos vascos LAB e ELA, que tamén apoian a iniciativa. \"É unha mágoa que neste país non nos unamos todos por unhas minucias diferenciais\", engade en alusión á negativa da CIG ou do BNG a apoiar as Marchas. En Galicia, foron os sindicatos autodenominados \"alternativos\" -CUT, CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación, SLG e STEG- os que acordaron pór en marcha a columna galega do 22-M, que foi apoiada tamén por colectivos xurdidos do 15-M, Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico ou numerosos movementos sociais, ademais de Anova, EU, FPG ou Espazo Ecosocialista. No conxunto do Estado, entre os convocantes e apoios atópanse Izquierda Anticapitalista, Izquierda Castellana, Red Roja, varios colectivos do 15M, o SAT andaluz, a CUP, Endavant, LAB ou ELA."}
{"ID": "NOS_48996", "summary": "A CIG-Ensino denuncia que centros enteiros non abrirán o curso vindeiro. Os que queden chegarán a ter até 20 alumn@s por aula.", "text": "O goberno de Feijóo decidiu publicar no mes de agosto os recortes que realizará para o curso 2012-2013 en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. O mesmo día en que aseguraba aos medios de comunicación que a situación de Galiza non era a doutras zonas do Estado español e que a súa política económica era a ideal para non caer no rescate, o DOG publicaba a Orde do 20 de xullo de 2012 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial. As ratios de alumnado poderán chegar até 20 alumn@s por aula Supresión de 132 unidadesA CIG-Ensino xa denunciara hai uns días a supresión de profesorado en Secundaria. Agora informa de que a Consellaría de Educación agravou aínda máis a situación ao suprimir 132 unidades e 199 postos de traballo en educación infantil, primaria e educación especial. Como resultado deste brutal recorte modificarán as ratios máximas de alumnado por aula e obrigarán a realizar agrupamentos de alumnado de diferentes idades até 20 alumn@s por aula, como xa denunciara o sindicato nacionalista en xuño pasado. Agora son 113 as unidades que van escolarizar alumnado de diferentes idades por mor deses agrupamentos. Feijóo seguirá co apoio ao ensino privadoDesde a CIG-Ensino tamén denuncian que os recortes só afectan ao ensino público e o ensino privado, en boa parte en mans da Igrexa, continuará coas axudas. \"Mantenlles os concertos aos centros privados, entre eles centros que segregan o alumnado por sexo e son vinculados ao Opus Dei\", asegurou Anxo Louzao, Secretario nacional da CIG-Ensino. Para o lider sindical \"esta é a política do actual goberno: o deterioro e a privatización dos servizos públicos esenciais\". Unidades suprimidas Postos de traballo suprimidosA Coruña 26 37Lugo 40 54Ourense 38 68Pontevedra 28 40Galiza 132 199 Fonte: CIG-Ensino."}
{"ID": "NOS_7972", "summary": "As choivas dos últimos días están a arrastrar cinza e lodos contaminantes desde o Pindo. Desde o Concello e a asociación alertan das consecuencias ecolóxicas destes arrastres quer para o monte, quer para o sector pesqueiro e marisqueiro.", "text": "Denuncian \"a irresponsabilidade\" e \"neglixencia\" da Xunta de Galiza por non teren en conta as demandas expresada polo Concello de Carnota e a Asocición Monte Pindo. Neste senso, critican a actitude do conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, por non se reunir co movemento veciñal e as autoridades locais. \"Hai un mes a Asociación Monte Pindo pediulle a Hernández unha reunión de urxencia\", denuncian, mais o responsábel de Territorio aínda non se reuniu co el@s. \"Caso omiso\" ás alertas da veciñanza e o Concello Aliás, explican, \"a Asociación Monte Pindo levaba avisando desde o día cero da catástrofe que vivimos a partir do 11 de setembro\" dos riscos ecolóxicos das primeiras tormetas. \"O domingo o río e a enseada do Ézaro xa comezaba a adquirir un surrealista tono marrón chocolateado debido ao comezo de arrastres das cinzas e terras que a chuiva está xa a desprender das ladeiras\", indican desde a Asociación. Neste senso, urxen á Xunta a adoptar as medidas precisas para mitigar os danos tanto na perda de nutrientes do solo como das consecuencias que os lodos poidan ocasionar no sector pesqueiro e marisqueiro. Así mesmo, lamentan que o goberno galego fixese \"caso omiso\" das recomendacións achegadas para afrontar a chegada das chuvias agás \"o punto 4\" no que emprazaban a estabilizar o chan \"mediante a distribución de palla\". O procedemento coñecido como acolchoamento vexetal foi promovido pola Xunta de Galiza mais, denuncian desde a Asociación Monte Pindo, foi lanzado \"desde un helicóptero privado\" sobre \"4 das 2.500 hectáreas arrasadas polo lume, o 0,16% da superficie\". O \"paripé\" do acolchoado vexetal Para o concello e o movemento ecoloxista esta medida \"só se trataba dun espectacular paripé na busca do titular\" pola zona \"tratada\" non apareceu, din, \"ninguén para extender a palla\" e \"para colmo\", critican, \"non se lle avisou a ninguén, nin sequera ao concello e ás forzas de seguridade para que puidesen acordonar cando menos as zonas de carga e descarga e evitar o risco de que alguén resultara ferido\". Desde a asociación instan a Xunta a aceptar como interlocutor o Concello de Carnota e o cesamento do que entenden como \"unha actitude de desprezo aos veciños\". Aliás, denucian, o comportamento \"irresponsábel\" e \"neglixente\" está a ter unhas \"funestas consecuencias\" ecolóxicas."}
{"ID": "NOS_26532", "summary": "O Pleno do Concello de Outeiro de Rei reclamará á Igrexa un total de 46 bens inmatriculados en virtude da lei impulsada no seu día por José María Aznar (PP). A proposta partiu do Grupo Municipal do BNG e contou co apoio do Goberno, do Partido Popular.", "text": "O pleno do Concello de Outeiro de Rei, gobernado polo popular José Pardo, aprobou por unanimidade reclamarlle á Igrexa os 46 bens inmatriculados coa lei que impulsou no seu día José María Aznar no Goberno. A reclamación partiu do BNG, que logrou que esta moción fose aprobada nunha sesión na que o portavoz do grupo nacionalista, Xosé Ferreiro, avanzou que con esta acción tentan \" recuperar os bens públicos propiedade da Igrexa e que rexistrou sen ningún tipo de documentación acreditativa, que son de uso público pero non dedicados ao culto relixioso\". O nacionalista debullou que se trata, sobre todo, de \"aparcadoiros, campos da festa, mesmo camiños que a Igrexa ao amparo da lei de Aznar apropiouse indebidamente deles\". Tras a aprobación, o Consistorio \"deberá reclamar\" e recuperar \"pola vía precisa este tipo de bens para o que é o patrimonio público\" e dáse un prazo dun ano \"para que actúe en consecuencia e reclame eses bens\". Ademais, hai casas reitorais que, aínda que non son de uso público, \"foron construídas con achegas dos veciños e na época franquista eran de todo menos voluntarias\". \"Eses bens teñen que volver ao patrimonio público\", demandou Ferreiro, que puxo especial énfase na casa reitoral do municipio, que se vai destinar a un centro de día e pola que tivo que pagar o Concello de Outeiro de Rei. De Carballeiras a prazas de aparcadoiro Este mes de febreiro fíxose pública a listaxe de bens rexistrados pola Igrexa en virtude da lei de Aznar. Máis do 20% do total de bens rexistrados pola Igrexa en todo o Estado atópanse na Galiza. Trátase de 7.131, e destes, máis de 4.000 non están relacionados co culto. A publicación deu pé a propostas por parte da oposición. O BNG, a través do seu portavoz no Congreso, Néstor Rego, reclamou abrir unha investigación. En 2019, a formación nacionalista reclamara coñecer todos os bens inmatriculados desde 1946. O PSdeG pediulle ao Goberno galego que poña en marcha \"accións e medidas necesarias\" que permitan \"impedir a consolidación do dominio ou outros dereitos reais inmatriculados a favor da Igrexa católica na Galiza\"."}
{"ID": "NOS_48556", "summary": "Desde esta madrugada, Sermos Galiza xa é .gal, como unha das 93 entidades pioneiras que asumen a identidade do país no seu enderezo dixital.", "text": "Sermos Galiza incorpora desde este 25 de xullo, Día da Patria Galega 2014, o .gal, o identificador da cultura e da lingua galegas na rede. Canda el, fanno outras 92 entidades, apresentadas como \"pioneiras\" pola Asociación Punto Gal, a organización que se fundou co obxectivo de conseguir un espazo para Galiza na rede. Sermos Galiza manterá como correios electrónicos de contacto os seguintes: info@sermosgaliza.com, opinion@sermosgaliza.info e xerencia@sermosgaliza.com."}
{"ID": "NOS_40463", "summary": "Os portavoces do BNG, de Anova e de CxG apelaron á unidade nas súas intervencións con motivo do Día da Patria Galega.", "text": "En declaracións aos medios, Xavier Vence puxo de manifesto que a praza da Quintana ficou ateigada \"nunha expresión de vontade de que unidos teremos máis forza para mudar as cousas e facer valer os intereses da nación galega no Estado e en Europa\". Salientou, a continuación, a \"satisfacción\" do Bloque por poder participar nun acto político de todo o nacionalismo unido, \"de todos e todas as que confían nunha Galiza soberana\". En relación á manifestación unitaria que encheu as rúas de Compostela, o portavoz nacional do BNG, que fixo fincapé na soberanía, sinalou que \"cremos que é un chanzo para unir moita cidadanía e as formacións políticas que queren xuntar as súas forzas para que Galiza teña voz propia potente en todos os foros e, particularmente no Congreso\". Beiras aposta por concorrer ás eleccións xerais con Galiza \"como suxeito político soberano de seu\" Tamén aludiu ás eleccións xerais Beiras no acto político que, logo da manifestación unitaria na que participaron diversas organizacións, celebrou Anova en Bonaval. O portavoz da formación sinalou que Galiza debe concorrer ao Congreso \"como suxeito político soberano de seu\" e \"en clave de nación galega\". Nunha intervención que comezou co Retorno a Tagen Ata, de Xosé Luís Méndez Ferrín, o responsábel de Anova fixo un paralelismo entre o caso grego e o galego, \"o pobo grego perdeu a batalla pero gañará a guerra. Venceremos nós, todos unidos, pero non como un saco de area, senón artellados nas diversidades sociais e ideolóxicas\". Subliñou ao respecto que \"non me vale a soberanía nacional sen soberanía popular\". Ante unhas 500 persoas, entre as que se atopaban representantes de IU, con Yolanda Díaz á cabeza, e convidados das CUP, Beiras cominou a \"algúns que agora están pola unidade\" a \"facer un estudo da memoria\" e a \"lembrar\" o documento conxunto do Partido Socialista Galego e da UPG. Tamén apelou ao espírito da Xeración Nós, da que dixo que malia posuír como \"única razón de existir o pobo galego e a nación galega\", tiña as fiestras ben abertas ao que estaba a acontecer\". O portavoz de Anova reivindicou en Bonaval que \"o salto cara adiante prodúcese desde abaixo\". Apuntou que \"é no pobo onde se producen as mutacións profundas\" e \"esa é razón pola que este Día da Patria pasará á historia como o Día da Nación Galega\". \"Alí estivemos nós\", engadiu, para salientar que a manifestación unitaria á que viña de asistir \"foi convocada por xente do común e non pola burocracia do partido\". É importante, afirmou, \"poñermos a lealdade do pobo por riba das lealdades políticas\". Beiras finalizou o seu discurso co berro de \"Viva Galiza ceibe e popular\". Ao pé do estrado agardábao Martiño Noriega, alcalde de Santiago, co que se fundiu nunha aperta, e Méndez Ferrín, ao que tamén saudou de maneira agarimosa. No acto político de Anova, que continuaba cun xantar de confraternidade, tamén tomaron a palabra os representantes de Anova Sandra Pesqueiras (concelleira de Marín pola Marea), Alberte Lema, (concelleiro da Coruña pola Marea) e Dores Torrado (concelleira por Boiro en Común). Compromiso por Galicia quere unha \"Marea Galega\" con BNG, Anova, Podemos e IU Logo da manifestación unitaria, Compromiso por Galicia conmemorou o Día da Patria co seu propio acto no parque de Belvís, onde o seu secretario xeral, Xoán Bascuas, apostou por unha \"Marea Galega\" para as vindeiras eleccións xerais. \"Nesa Marea Galega, que non debe ser só de nacionalistas, non sobraría ninguén, e faría falta tamén toda a forza da xente de Podemos, BNG, Anova, IU e Compromiso\", destacou. Neste sentido, Bascuas anunciou o inicio dunha rolda de contactos cos actores políticos, \"máis sendo conscientes de que o verdadeiro protagonismo é da xente\"."}
{"ID": "NOS_54831", "summary": "No \"Día da Muller Rural\" pódense contar centos de experiencias. Nós Diario quixo achegarse até Cervantes para coñecer de primeira man algunhas delas relacionadas cunha zona que perde poboación cada ano. O despoboamento e a soidade deste territorio non son quen de minar a ilusión e o optimismo.", "text": "O Centro de Desenvolvemento Rural de Cervantes organizara para esta quinta feira unha actividade que co título de \"Conversa entre mulleres, a forza calada da montaña\", pretendía dar voz a este colectivo moitas veces silenciado. As restricións sanitarias da pandemia tamén chegaron a estas montañas e a actividade foi suspendida, mais Nós Diario contou con algunhas das súas protagonistas coas que manter esa parola adiada. \"O problema máis grande que temos é a soidade\", explica Amelia Amigo Santín, coordinadora da actividade, \"en Cervantes hai máis de 20 aldeas nas que vive unha soa muller e o resto son homes\". O despoboamento é o fío común da conversa e repítese en todas as voces desta zona oriental da Galiza. \"Temos sorte de contar co tecido asociativo e de quedar para tomar un café e falar entre nós\" relata ao tempo que sinala o dato de que \"hai 30 anos había 100 nenas e nenos nunha das tres escolas, hoxe hai 30 en todo o concello\". Non deixa de sorprenderlle a \"capacidade incríbel de traballo das mulleres de aquí que coidan dos fillos, dos avós, da explotación.. e aínda nunca deixan de botar unha man nas actividades do noso tecido asociativo\". Gando e cultura De asociacionismo sabe Noélia Rodríguez Pardo, presidenta da A.X. A Cambela. Estudou fisioterapia e exerce en Lugo polo que vive o seu Cervantes as fins de semana. \"Encantaríame vivir onde nacín mais a miña supervivencia económica téñoa na cidade\". Recoñece que a única alternativa sería montar unha consulta propia, algo que \"non o chegas a facer por medo\". Malia a falta de medios, nas actividades que organizan \"nótase a ilusión por ver medrar o rural\". En Cervantes a maior parte da poboación vive da explotación agrogandeira e as mulleres xogaron e xogan un papel importante. Un exemplo é Mónica Cerredo que casou con 17 anos e desde Navia de Suarna viu medrar unha pequena explotación familiar gandeira até chegar a ter 50 vacas e tres bois. \"No noso caso non foi moi difícil porque non comezabamos de cero\", relata. Iso si, \"dubido que sigan o proxecto as miñas duas fillas que estudan e viven en Lugo\". Como remate, a experiencia doutra muller, Tomasa Masa Díaz, que chegou a Cervantes hai 34 anos procedente de Barcelona. \"A vida é moi sacrificada, son 24 horas de traballo e sen fins de semana por coidar os animais\", explica. Recoñece como anécdota que sempre se sentiu libre \"por ter carné de conducir e coche\", algo que non podían dicir outras mulleres que dependían dos homes para todo. \"Foi o que eu decidín e foi a vida que había que levar\", sentencia."}
{"ID": "NOS_1987", "summary": "O colectivo ecoloxista salienta que estes proxectos \"afectan unha área proposta en 2008 e 2011 para ser incorporada á Rede Natura 2000\".", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) notificou esta terza feira que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de admitir a trámite os tres recursos contencioso-administrativos presentados xunto coa Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica (PDCC) contra tres parques eólicos de Greenalia en Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Trátase, en concreto, dos proxectos Bustelo, Campelo e Monte Toural, todos eles declarados \"de interese especial\" polo Consello da Xunta en maio de 2018, \"cando aínda exercía de conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, quen agora forma parte do Consello de Administración da empresa Greenalia\", salienta Adega nun comunicado. Con estes recursos, Adega e PDCC buscan que a Xustiza anule as autorizacións outorgadas polo Goberno galego en relación a estes tres proxectos eólicos, así como \"demostrar no TSXG que todos eles forman parte dun único macroproxecto industrial sometido a unha manobra de fragmentación fraudulenta\" coa fin de \"esquivar a axeitada avaliación ambiental dos efectos sinérxicos das tres instalacións sobre un mesmo territorio\". \"Ademais, a declaración destes tres parques como proxectos de 'interese especial' outorgoulle á empresa da ex-conselleira Beatriz Mato prioridade na tramitación fronte a outros proxectos, malia que todos eles constitúen un importante impacto sobre o medio natural\", salienta o colectivo ecoloxista. Estes tres parques eólicos, lembra Adega, \"afectan unha área proposta en 2008 e 2011 para ser incorporada á Rede Natura 2000 e poñen en risco un endemismo único no mundo, a Centaurea ultreiae, unha planta en perigo crítico de extinción e cuxa poboación se atopa nos dez quilómetros cadrados sobre os que a Xunta vén de autorizar estes tres proxectos\". O TSXG dá un prazo improrrogábel de vinte días para que a dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta remita a este órgano xudicial os expedientes administrativos relativos aos parques eólicos recorridos e empraza ás partes demandadas a persoarse no procedemento no prazo de nove días. \"Os custos derivados da interposición dos tres recursos contencioso-administrativos irán a cargo do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, campaña de recadación colectiva promovida o ano pasado para iniciar accións xurídicas na defensa do territorio fronte a invasión eólica\", conclúe Adega."}
{"ID": "NOS_33030", "summary": "A finais dos anos oitenta Bryan Stevenson, un mozo idealista recentemente licenciado en Dereito pola Universidade de Harvard, rexeita entrar a formar parte de prestixiosos bufetes de avogados para marchar a Alabama defender reos, a maioría afroamericanos que, pola falta de recursos económicos, acabaron no corredor da morte ao non poder custear unha defensa legal adecuada.", "text": "Topa co caso de Walter McMillian, un leñador acusado de asasinato con probas circunstanciais e unha única testemuña de sospeitosa credibilidade. O empeño de Stevenson por repetir o xuízo dará de fociños cos atrancos do sistema, as autoridades e o rexeitamento social xeneralizado nun dos Estados máis racistas dos EUA. Cuestión de xustiza 2019 | Estados Unidos | Destin Daniel Cretton |137 minutos Historia baseada nas memorias do propio Stevenson, fundador de Equal Justice Initiative, unha asociación sen ánimo de lucro dedicada, precisamente, á defensa de presos sen recursos que conseguiu reabrir e gañar centos de casos desde a súa fundación en 1989, dato que se encargan de constatar os pertinentes títulos de crédito finais, típicos das historias baseadas en feitos reais, onde se comparan as fotos dos actores e actrices do elenco coas personaxes reais que interpretan. Michael B. Jordan ponse na pel deste \"Atticus Finch\" dos noventa. Lonxe de acadar a gloriosa interpretación de Gregory Peck en Matar un reiseñor, aquí Jordan é o que menos brilla de todo o reparto. De feito, até a entrada en escena de Jamie Foxx, que interpreta o preso acusado inxustamente, o filme ben podería botarse ás tres da tarde dun domingo calquera. Rob Morgan está tamén a un gran nivel, pero o que leva a palma é, sen dúbida, o actor e director Tim Blake Nelson, unha razón de peso para quedar até o final do filme. Destin Daniel Cretton volve contar coa súa musa Brie Larson, que estivo desde os comezos do director hawaiano, moito antes de gañar o Óscar por A habitación. Cretton dirixe de maneira rutineira pero efectiva este drama xudicial con actor principal \"mellorábel\", mais cunha trama que vai aguantando grazas a uns xiros estratexicamente localizados e, sobre todo, a uns actores secundarios implicados na causa. Os enormes paralelismos con Matar un reiseñor non supoñen ningún hándicap para o filme de Cretton que, lonxe de tratar de ocultalos, recréase e xáctase deles para, en certa forma, evidenciar a cantidade de casos de persoas afroamericanas inocentes sentenciadas a cadea perpetua ou pena capital entre as épocas de ambos os dous filmes, sen que case mudase nada. Si, o racismo mata."}
{"ID": "NOS_43198", "summary": "O ex-presidente recoñecíao en 1995 nunha entrevista inédita feita por Victoria Prego e que vén de ser emitida por 'La Sexta'. Vídeo no interior.", "text": "Na transición avaliouse a posibilidade de facer un referendo sobre que forma de Estado debía ter España, monarquía ou república. Unha consulta que pedían gobernos estranxeiros a instancias de Felipe González, líder do PSOE. Mais non houbo tal referendo e a razón foi porque os inquéritos prognosticaban unha derrota da opción monárquica. Todo isto contouno Adolfo Suárez, ex-presidente español, a Victoria Prego nunha entrevista concedida en 1995 e que permaneceu inédita até o de agora, que vén de ser emitida en La Sexta. Suárez sobre referéndum Monarquía-República: \"Hacía encuestas y perdíamos, metí al Rey en la Ley y dije q se había sometido a referéndum ya\" pic.twitter.com/wtW4SzlWDE— laSexta columna (@laSextaColumna) 18 novembro 2016 Nesa entrevista Adolfo Suárez afirma que \"era Felipe González o que estaba pedindo a outros que o pedisen [o referendo]\". Unha confesión que Suárez fixo a Prego na entrevista para Antena 3 pensando que non estaba a ser gravado foi a de que se realizaron sondaxes e inquéritos e estes apontaban a que perdía a monarquía. O goberno optou por meter \"a palabra rei e a palabra monarquía\" na lei de Reforma Política de 1977. Con esta manobra, confesa Suárez, \"dixen que xa fora sometido a referendo\" ao se aprobar a lei e garantiu que a monarquía sobrevivise."}
{"ID": "NOS_11954", "summary": "Quince militantes de Ghjuventù Indipendentista iniciaron un protesto que non abandonarán até que París recoñeza as demandas respecto idioma e autonomía aprobadas pola Asemblea de Córsega en 2013.", "text": "Quince mozos e mozas corsas, militantes de Ghjuventù Indipendentista, iniciaron esta semana unha greve de fame indefinida, informa Nationalia. Un protesto que xorde para reclamar o cumprimento das decisións adoptadas en 2013 pola Asemblea de Córsega e que non foran aplicadas pola falla de poder lexislativo desta entidade e polos obstáculos de París. As demanas son a cooficialidade do corso, un réxime fiscal propio para a illa, e un estatuto que 'blinde' as e os corsos do aumento do prezo de vivenda en Córsega derivado das caras segundas residencias que os ricos franceses constrúen na illa. Outra das demandas destas quince grevistas é a amnistía para as e os presos políticos corsos. Estes mozos instaláronse para levar a cabo este protesto no Castelo de Corti, un lugar con significado para o nacionalismo corso, pois alí residiu a capital da República Corsa independente do século XVIII. Desde alí xa anunciaron que non van abandonar a greve até ser recibidos por un alto representante do Estado francés. Insisten en que as demandas que prantexan son apoiadas pola inmensa maioría dos habitantes da illa, e que foran democraticamente aprobadas pola Asemblea corsa. Apoio nacional e internacional A greve de fame ten o apoio de partidos e movementos sociais corsos. Do autonomista PNC (Partiu di a Nazione Corsa) ao independentista Corsica Libera. Estes piden que unha delegación de deputad@s da Asemblea formen unha delegación de apoio aos grevistas. Mais tamén teñen o apoio de colectivos e agrupacións sociais e culturais. A Ghjuventù Indipendentista mandou unha petición de apoio internacional a este protesto e ás demandas dos grevistas, que se pode asinar aquí."}
{"ID": "NOS_5801", "summary": "Sermos Galiza recibiu na súa redacción un vídeo cunha mensaxe supostamente de Antom Garcia Matos, persoa sobre a que pesa unha orde de busca e captura baixo a acusación de pertenza á \"organización terrorista\" Resistencia Galega.", "text": "Na gravación, que chegou á redacción de Sermos Galiza nun envío postal ordinario, a persoa que se identifica a si propia como Antom Garcia Matos, e que aparece co rosto semi-cuberto, reivindica e xustifica o uso da \"luita\" armada na Galiza. A gravación comeza cunha lenda sobre-impresionada en que se pode ler: \"Comunicaçom desde a clandestinidade de Antom Garcia Matos, guerilheiro da resistência galega\". No vídeo, afirma o seguinte: \"Deixemos de compadecernos-nos, atenhamo-nos aos factos: a luita da resistência galega é luita armada\". Sermos Galiza reitera a súa posición editorial de reprobación da violencia e reafirma a súa convicción de que a loita social e democrática do pobo galego debe sustanciarse sempre através de meios pacíficos e absolutamente respeitosos cos dereitos humanos."}
{"ID": "NOS_40596", "summary": "No acto participarán Francisco Jorquera, Joan Tardá e Onintza Enbeia. Terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol ás 20 horas organizada pola Sociedade cultural Medulio.", "text": "As forzas soberanistas e de esquerda con representación nas Cortes españolas debaterán esta quinta feira en Ferrol sobre o dereito a decidir. No acto tomarán a palabra o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, o deputado de ERC no Congreso d@s deputad@s, Joan Tardá e a xornalista, bertsolari e parlamentar de Amaiur, Onintza Enbeia. Baixo o lema 'O dereito das nacións a decidir por si mesmas', a Sociedade cultural Medulio leva a Ferrol o debate arredor do dereito de autodeterminación dos pobos na véspera do 35º aniversario da Constitución española e nunha semana que será chave para a configuración das candidaturas ás eleccións europeas. As tres forzas políticas que participarán no acto público atópanse inmersas nunha rolda de negociacións que podería devir nunha coligación das nacións sen Estado ao Parlamento europeo. Segundo afirmou o portavoz nacional do BNG esta mesma semana nun encontro con xornalistas na Coruña, antes de rematar o ano BNG, ERC e Amaiur poderían fechar unha proposta conxunta coa que se presentaren aos comicios do vindeiro mes de maio. Unha coligación á que están chamadas todas as forzas nacionalistas e de esquerda que pulen por \"unha voz propia\" para Galiza en Europa."}
{"ID": "NOS_18500", "summary": "Organizado polo Igadi e o Observatorio da Gobernanza G3, terá lugar o 18 e 19 de setembro e contará coa presenza de diversos analistas e expertos.", "text": "\"O II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, coincidindo cun novo aniversario da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (1933) pretende abrir un espazo de reflexión para pensar Europa desde aquí, a partires da nosa propia experiencia, necesidades e intereses\". A afirmación, incluída na presentación do Congreso, indica ás claras a intención e finalidades desta cita, que organizada por Igadi e Observatorio da Gobernanza G3, vai ter lugar o 18 e 19 de setembro na Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación. O Congreso divídese en catro sesións temáticas: Político-Institucional, Económica, Socio- Cultural, e Política exterior e Seguridade. Programa: Luns, 18 de Setembro 16.00 Sesión de apertura. 16.30 Conferencia Inaugural: Galeguismo e Europeísmo. Camilo Nogueira Román (Político, enxeñeiro e economista) Presenta: Daniel González Palau (Director do Igadi-Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia) 17.30 Descanso 18.00 Sesión Político-Institucional: Europa, de novo na encrucillada. Modera: Celso Cancela Outeda (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia) Participantes: Antonio C. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela), Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo), Ana Ramos Barbosa (Directora da Oficina Fundación Galicia-Europa en Bruxelas) 20.00 Final do primeiro día do Congreso Martes 19 de Setembro 10.00 Sesión Económica: Europa na mundialización. Modera: Lara Graña (Xornalista económica-financeira) Participantes: Anxo Calvo (Universidade da Coruña), Xavier Vence (Universidade de Santiago de Compostela) e Xavier M. Cobas (Universidade de Vigo) 12.00 Sesión Socio-Cultural: Días contados para a Europa do benestar? Modera: Álvaro Xosé López Mira (Universidade de Vigo, Dirección II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia) Participantes: Albino Prada (Universidade de Vigo), Celso Cancela (Universidade de Vigo) e Constantino Cordal (Universidade de Vigo) 16.00 Sesión Política Exterior e Seguridade: Europa, no mundo con voz propia. Modera: Roberto Mansilla (Analista do Igadi) Participantes: Rafael García Pérez (Universidade de Santiago de Compostela), Sandra Fernandes (Universidade do Minho), Cristina Manzano (Directora de Esglobal). 18.30 Clausura: A idea de Europa. Eduardo Olier (Director en España do Instituto Choiseul de xeoeconomía e intelixencia económica e Vicepresidente do European Think Tank Observatory) Presenta: Juan Manuel Corbacho Valencia (Vicerreitor do Campus de Pontevedra)"}
{"ID": "NOS_19836", "summary": "O entón concelleiro de Igualdade de Moraña chamou nas redes sociais \"furcia\", \"mala zorra\" e \"filla de puta\" á presidenta da Deputación de Pontevedra. A xuíz non vira delito.", "text": "A Audiencia provincial de Pontevedra ordena reabrir o caso polos graves insultos machistas que Jorge Caldas, un ex-concelleiro do PP e portavoz de Igualdade no Concello de Moraña, realizou nas redes sociais contra a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silv. \"Furcia\", \"Filla de puta\", \"mala zorra\" foron algúns dos insultos proferidos a través de Facebook. Nun auto ao que tivo acceso a Cadena Ser, a Audiencia pontevedresa revoga integramente a resolución do xulgado de Instrución nº3 de Pontevedra, que arquivara o caso por entender que estes insultos ofensivos entraban dentro da liberdade de expresión. Rexeitou a querela por inxurias que presentara a presidenta da entidade provincial. Porén, a Audiencia considera que si pode haber delito, de aí que ordene reabrir o caso. Entende que o feche do mesmo foi \"precipitado\" pois non se realizou \"dilixencia de investigación algunha\". Que realice esas dilixencias é o que a Audiencia de Pontevedra lle pide agora ao xulgado. Así, A Audiencia estima os recursos presentados contra o arquivo da causa polo Ministerio Fiscal e a Deputación pontevedresa, que entende que as expresións que realizou Jorge Caldas era \"ofensivas e difamatorias\" e excedían os límites da \"liberdade de expresión\"."}
{"ID": "NOS_51670", "summary": "A marcha, que se prolongou por máis de dúas horas, expresou o rexeite ao plan de axuste que está a aplicar a compañía, que inclúe 29 despedimentos e unha rebaixa substancial dos salarios", "text": "Traballadores e traballadoras do Grupo Einsa, acompañados por máis de cen veciños e veciñas das Pontes, protagonizaron a marcha en contra do plan de axuste que está a aplicar a compañía, que inclúe 29 despedimentos e unha rebaixa substancial dos salarios. A protesta rematou no centro da vila, onde se sumou un multitudinario número de persoas, coa lectura dun manifesto por parte dunha das traballadoras despedidas. Con esta protesta, o persoal de Einsa, que está en folga indefinida dende a tarde do martes, quere amosar o total rexeitamento ao plan de axustes ideado pola compañía para facer fronte ás débedas, baseado en cargar o custe do saneamento da empresa nos despedimentos e unha baixada dos salarios (que no caso dalgúns traballadores/as pode supor uns 4.000 euros anuais menos). A dirección, denuncian dende a Sección Sindical da CIG, logo de anos de mala xestión e malgasto recorre agora ás facilidades introducidas pola reforma laboral do PP para aplicar un programa de durísimos axustes. Entre outras cuestións, Einsa pretende despedir a 29 operarios/as, baixar tanto o salarios fixo, como o variábel, e eliminar, por exemplo, o plus polos días festivos. Cacerolada O persoal continuará co calendario de mobilizacións e teñen previsto realizar unha cacerolada nas rúas de Pontedeume, xa que neste concello o Grupo Einsa ten outras instalacións."}
{"ID": "NOS_6312", "summary": "A forza independentista di que unha candidatura galega debería nacer dun proceso asemblear e cun programa \"xenuinamente soberanista, antineoliberal e feminista\".", "text": "Agora Galiza, a organización independentista recén xurdida de sectores que formaron parte da extinta Nós-Unidade Popular, emitiu un comunicado no que expón o seu posicionamento a respeito do debate existente en Galiza sobre candidatura unitaria para as eleccións xerais. Considera que esta debe artellarse en torno a organizacións políticas, sociais e sindicais galegas, mediante un \"proceso asemblear\" no que tomen parte persoas non militantes. A defensa dun programa \"xenuinamente soberanista, antineoliberal e feminista\" é outro dos requisitos que debería de ter esa candidatura, así como que os seus representantes eleitos configuren un grupo parlamentar soberano . Agora Galiza apela o BNG a \"non ceder na defensa intransixente do princípio de auto-organizació\", e a Anova e às Marés \"a desprenderse das alianzas co españolismo\". Un terceiro apelo vai dirixido \"à totalidade do independentismo galego organizado\" para que \"abandone a apatia política eleitoral\". En base a isto,o \"conxunto das forzas patrióticas galegas\" deben tecer un \"amplo acordo\". Neste sentido, no comunicado da Dirección Nacional de AG insisten na necesidade do \"reagrupamento\" das forzas políticas e sociais galegas. Valoran como un \"éxito popular\" a afluencia ao Día da Patria mais lamentan que a mesma se convocase sen un \"mínimo\" exixíbel nas reivindicacións \"soberanistas e ruturistas\"."}
{"ID": "PRAZA_17846", "summary": "O proxecto de Mouriños, na Serra do Gontón, avanza tras acadar a declaración de impacto ambiental positiva do Executivo e malia os reparos pola súa afectación medioambiental, patrimonial e paisaxística. Prevé tres aeroxeradores que poderían alcanzar os 150 metros de altura.", "text": "Un conxunto de tres grandes aeroxeradores, cunha altura tope duns 150 metros, na Serra do Gontón --nos concellos de Zas e Cabana de Bergantiños-- e nas inmediacións da Rede Natura. Este é o proxecto que Renovables de Aragón SLU, filial de Naturgy, antiga Gas Natural Fenosa, proxecta ante o esteiro fluvial do río Anllóns e nunha das últimas serras virxes que queda na Costa da Morte. A magnitude e as afectacións denunciadas levaron a numerosos colectivos a presentar alegacións á instalación, que vén de recibir da Xunta o visto e prace á declaración de impacto ambiental (DIA) e superar así os primeiros atrancos e reparos, mesmo por parte do Executivo galego. O proxecto prevé tres grandes aeroxeradores, cunha altura de ata 150 metros, na Serra do Gontón e nas inmediacións da Rede Natura Deuno a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e xa foi publicado no DOG, pero logo de que a empresa modificase algúns aspectos do proxecto, como a tecnoloxía dos aeroxeradores e das turbinas para diminuír o impacto e logo das eivas e afectacións das que advertiran Sanidade, a Axencia de Turismo de Galicia ou o Instituto de Estudos do Territorio. Ademais, entidades como Adega, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Arco Iris, Salvemos Cabana, Equo ou En Marea amosaron o seu rexeitamento á iniciativa polo seu impacto ambiental, paisaxístico, arqueolóxico e patrimonial, neste último caso sobre lugares como a mámoa do Pico de Sinde ou ao Castelo de Borneiro. Tamén afecta unha serie de miradoiros, como o do Monte Branco e o do Alto da Fernandiña, este último dentro da área de aproveitamento do parque eólico. Segundo o Catálogo das Paisaxes, o parque eólico situáse nas comarcas paisaxisticas de Costa da Morte e Bergantiños, na grande área paisaxística das Chairas e Fosas Occidentais e perto dunha área de especial interese paisaxístico (AEIP), a do Dolmen de Dombate. Tamén supón afectación sobre a fauna, especialmente a unha especie en perigo de extinción como a escribenta das canaveiras, advertindo mesmo o promotor do efecto acumulativo e sinérxico por colisión e efectos barreira sobre a avifauna e quirópteros. O parque eólico prevía catro grandes aeroxeradores que quedarán en tres, o que permite que estea exento de pagar o canon eólico O proxecto tiña, no seu inicio, previstos catro grandes aeroxeradores, que quedaron finalmente en tres, o que, como denuncian Petón do Lobo ou En Marea, provocan que que os concellos sobre os que se sitúa \"non perciban diñeiro ningún en concepto de canon eólico\". \"Non deixará nin un euro nos municipios de Cabana de Bergantiños e Zas ao constar de tres aeroxeneradores, o que fai que estea exento de pagar o canon eólico\", insiste a formación política. Tal e como se destaca no expediente, o parque estará constituido por tres aeroxeradores modelo Vestas V126, cunha altura de buxa de 87 metros, polo que o muíño en total pode alcanzar entre os 117 e os 150 metros aproximadamente. O edificio máis alto de Galicia, a Torre Costa Rica na Coruña, alcanza os 119, mentres que a Torre de Hércules non pasa dos 57. Esteiro do Anllóns dende o miradoiro do Pico de Sinde / © Salvemos Cabana Para En Marea, o parque eólico de Mouriños \"é o exemplo perfecto dun modelo pensado para beneficio das grandes eléctricas, alleo ao desenvolvemento económico local, mesmo contraproducente, que non pagará nin un euro de canon eólico, dentro dun país que acaba pagando a factura da luz máis cara do Estado\". A formación alerta de que \"creará pouco emprego na zona, basicamente na fase de construcción e case nada ou nada na de explotación, con un ou dous traballadores como moito\". \"É o exemplo perfecto dun modelo pensado para beneficio das grandes eléctricas, alleo ao desenvolvemento económico local\", denuncia En Marea Ademais, destaca o \"enorme potencial turístico\" da zona, o que non impide \"que o proxecto pase por riba de todo iso e continúe a súa tramitación\" e lembra que a área podería ser parte da ampliación da Rede Natura e, xa que logo, \"vetada para a implantación de parques\". \"De acontecer isto algún día, o parque xa será unha realidade\". En Marea recorda tamén que, mentres os parques eólicos seguen coas súas tramitacións, continúa paralizada a aprobación das Directrices da Paisaxe, \"misteriosamente conxeladas e en trámite ambiental dende decembro de 2016, e cuxa aprobación prometeu Núñez Feijoo para 2017\". \"Séguese sen poder contar con esta figura de protección\" para casos como o relatado, din. \"Voan os beneficios producidos polo vento, non serve para dinamizar a economía do rural e prevalece o descoido ambiental e paisaxístico\" \"A declaración de utilidade pública outorgada sistemáticamente por riba doutros usos, como o agrario, forestal ou turístico, e a declaración de proxecto de especial interese, que acurta os prazos á metade, son dous instrumentos que favorecen as grandes empresas que se dedican á producción eólica, e impiden a defensa dos intereses da maioría\", denuncia En Marea, que considera o parque de Mouriños como un proxecto que \"insiste no modelo eólico desenvolvido nas últimas décadas en Galiza\". \"Voan os beneficios producidos polo vento, non serve para dinamizar a economía do rural e prevalece o descoido ambiental e paisaxístico. As empresas aproveitan a normativa aprobada polos gobernos autonómico e estatal para facer un gran negocio que pouco ou nada deixa na economía local\", remata."}
{"ID": "NOS_16054", "summary": "O Celta sabe que ten hoxe perante o Athletic de Bilbao a oportunidade de encadear tres vitorias consecutivas e avanzar así no reto da permanencia. Até oito canteiráns poderían formar hoxe na armada celeste", "text": "Balaídos vestirá hoxe o traxe de gala das grandes ocasións. A afección leva toda a semana conxurándose para encher o baluarte celeste e levar en volandas ao equipo cara a vitoria. #nonnosrendemos é moito máis que un HT nas redes sociais e é o sentimento que abrangue a toda a armada celtista galega. A cita é hoxe ás nove fronte o Athletic de Bilbao. A afección está convocada a unha 'quedada celeste' ás 19:00 na porta 0 de Balaídos para recibir o equipo Abel Resino convocou a 19 futbolistas para o partido, entre eles os xogadores do filial Rubén Blanco e Levy Madinda. Sergio e Hugo Mallo son baixa por lesión e Roberto Lago e Natxo Insa por sanción. Non entran na lista Samuel e Cabral. Así pois, o Celta poderá saltar hoxe ao campo até con oito canteiráns. Un motivo de orgullo, máis aínda perante o Athletic, o equipo da canteira por excelencia. Bater até vencer O Celta sabe que os tres puntos de hoxe son conquista obrigada para manter o ánimo celeste moi alto. Agárdanlle partidos contra o Atlético de Madrid (8 de maio) e Betis (12 de maio). O Celta ten agora mesmiño 30 puntos, e só 1 lle separa de saír dos postos de descenso. E non quere, nin equipo nin afección, deixar escapar nin un só."}
{"ID": "NOS_55297", "summary": "A Moncloa sostén que agardará á opinión dos expertos antes de tomar unha decisión.", "text": "O Goberno español detivo o plan para eliminar as axudas fiscais aos fogares que presentan unha declaración conxunta da renda despois da avalancha de críticas recibidas pola oposición. A medida incluíuse no plan de recuperación que a Moncloa enviou a Bruxelas na sexta feira, pero fontes executivas citadas por diversos medios sinalan que agardarán a opinión dos expertos e expertas sobre a reforma tributaria e tomarán unha decisión \"sen aumentar a carga do imposto ás familias\" . A medida que o Executivo estatal quería eliminar beneficia dous millóns de fogares e o seu custo supón por volta de 1.000 millóns de euros ao ano. O ano pasado, a Autoridade Tributaria (Airef) elaborou un informe sobre os beneficios fiscais do sistema tributario español, que revisou as vantaxes e desvantaxes desta redución do IRPF. Calculou que o custo para as arcas públicas desta iniciativa ascendeu a 2.293 millóns de euros e as beneficiarias foron preto de 4,2 millóns de persoas. Son 2,1 millóns de fogares, o 18% dos contribuíntes e o 17% das familias. O organismo sostén que o beneficio fiscal distribúese de modo uniforme e non altera a desigualdade. Segundo o plan do Goberno español, espérase unha \"desaparición gradual da redución por tributación conxunta mediante o establecemento dun réxime transitorio, porque xera un desincentivo á participación laboral do segundo beneficiario de ingresos, principalmente mulleres\". O plan fai unha análise do aspecto da igualdade de xénero e defende que un sistema tributario \"moderno\" non debería empregarse exclusivamente para obter ingresos que financien o gasto público, senón que \"debería contribuír directamente a mellorar o impacto das políticas públicas e servir de catalizador para transformacións en ámbitos como a igualdade de xénero, o coidado da discapacidade, a conservación do medio ambiente e a protección da saúde. \""}
{"ID": "PRAZA_2672", "summary": "No 2016 fará tamén 40 anos do inicio da súa primeira etapa (fundada por Carlos Varela en 1976). Ten en marcha dous proxectos: o filme Abril de lume e ferro (Xosé Luis Ledo Andión) e o documental Nación (Margarita Ledo)", "text": "O sete de febreiro de 1976 o cineasta Carlos Varela Veiga crea, xunto a outras persoas, Nós, Cinematográfica Galega. Desa produtora xorden iniciativas coma as xornadas de de cine de Ourense e un concurso de guións de ficción cinematográfica no que Manuel María gañou o primeiro premio con Abril de Lume e Ferro. A produtora disolveuse, e non foi ata novembro do 2000, hai 15 anos, cando a iniciativa foi retomada, da man da a catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo e do produtor Xosé Luís Ledo, xunto con outras persoas socias, coma o psiquiatra Cipriano Jiménez ou o avogado Nemésio Barxa. No 2016 celebrarase o 40 aniversario dende a primeira constitución da produtora, que nestes momentos ten dous grandes proxectos en marcha. Un é o filme Abril de lume e ferro, que desenvolve precisamente aquel guion premiado de Manuel María, homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas; a película trata a historia dos mártires de Carral e será dirixida por Xosé Luis Ledo Andión. Ademais, Margarita Ledo está a realizar o documental Nación. Así mesmo, ao longo de 2016 Nós presentará a súa nova páxina web (norcinema.gal) e tamén un vídeo resumo do traballo da produtora até o de agora, que destacará \"o seu compromiso pola cultura e lingua galega, un dos principios polos que se rexe\". Nos seus 15 anos de actividade, Nós produciu sete filmes documentais, un filme de ficción, reportaxes televisivas e tres series de programas para a TVG. Entre eles destacan Santa Liberdade (2004), CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005), Liste, pronunciado Líster (2007) e A cicatriz branca (2012)."}
{"ID": "NOS_6274", "summary": "A USC asegura estar a dialogar para \"acordar posturas\" e a de Vigo afirma que a maioría das demandas están \"liquidadas\".", "text": "A organización de estudantes Anega destacou a resposta á folga que, con carácter indefinido, convocou nas tres universidades galegas para reclamar o fin de curso, segundo aseguraron as súas representantes a Europa Press. Sobre o seguimento dun paro instando as e os alumnos a deixar de asistir a clases virtuais e de entregar traballos, (coa demanda de pedir a finalización do curso e a superación automática do cuadrimestre restante, pero sen contar para a nota media), admitiron non ter un \"seguimento preciso\" polo tipo de folga, ao ser a primeira vez que se fai de forma telemática. \"Sabemos que a apoia a maioría --de estudantes--\", aseguraron desde Anega, que lembra que na preparación do paro realizaron unha enquisa a nivel galego. \"Cunha mostra de máis de 5.000 alumnos, na que ao redor de dous terzos do estudiantado estaba a favor da finalización do curso\". \"A resposta está a ser parcialmente boa\", apuntaron no transcurso da mañá, pero convencidos de que no transcurso do día uniríase \"máis xente\". \"Hai unha maioría de estudantes que entende o motivo da folga porque están fartos da incerteza sobre o cadrimestre e a falta de respostas\". Con todo, denunciaron a existencia de \"sectores\" chamando a \"boicotear a folga\", aínda que aseguraron entender que haxa \"críticas ou outras visións\" sobre a mesma. Mentres, dixeron que por parte dos reitores recibiron resposta por parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nela, ofrecéuselles \"unha reunión para os próximos días\". \"Por parte da UDC e a Universidade de Vigo aínda non recibimos resposta, esperamos que chegue pronto\", apostilaron. \"Acordar posturas\" Pola súa banda, sobre esta folga, a UDC manifestou non ter datos sobre o seguimento, mentres que desde a USC admitiron que é \"díficil\" avalialo \"porque os horarios de actividade en teledocencia son menos monitorizables\" e pola organización distinta de cada grupo. No entanto, incidiron en que estes días se están realizando reunións \"con todos os colectivos\". \"Para acordar posturas a partir dun documento de propostas do equipo de goberno, remitido ao estudiantado\". Na mesma liña, explicaron que están \"a dialogar\" co alumnado, ademais de cos representantes deste colectivo no consello de goberno. \"Tamén cos das facultades e centros a través dos seus representantes\", recalcaron. En canto ao seguimento na Universidade de Vigo, desde o seu reitorado aseguraron que non é posíbel coñecer a repercusión da folga, pero manifestaron que se estivo \"en contacto constante co alumnado para atender as súas reivindicacións\". \"E a gran maioría están xa liquidadas ou en proceso de facelo\"."}
{"ID": "NOS_17619", "summary": "Sete anos despois de pechar o seu emblemático restaurante logo dun escuro episodio no que foi detida por mercar vieira ilegal, a cociñeira volve á capital.", "text": "O novo proxecto de Toñi Vicente verá a luz no espazo que agora ocupa a Casa de Xantar Silveira, sita na rúa Caldenal Payá, a carón da Praza de Mazarelos. Trátase dun local moi popular na cidade, aínda que de recente posta en marcha por parte de Josinho Silva, tamén propietario do Bar O Trece, coñecido recuncho de artistas na rúa Basquiños, que mesmo ten editora propia, Edicións do Trece, e publicou obras de varios autores, entre eles Carlos Santiago. Ademais, o local forma parte dun edificio modernista de tres andares que acolleu a comezos do século XX o famoso Hotel Suízo onde se aloxaron persoeiros como Ernest Hemingway, Torrente Ballester ou a fotógrafa Ruth Matilda Anderson. O 17 de xaneiro será o derradeiro día da Silveira en Mazarelos, que se reprega para deixarlle sitio ao novo proxecto de Toñi Vicente, pero que non abandonará a actividade hostaleira. \"Reformaremos o Trece para ofrecer un mellor servizo e andamos xa á procura doutro local para o Silveira\", cóntanos Josinho Silva. Lembramos que Toñi Vicente (Tomiño, 1953) foi a abandeirada da cociña galega e conseguiu a segunda estrela Michelín para un restaurante galego. Estudou en Francia co cociñeiro Michel Guérard e en 1982 abriu en Vigo o Síbaris, onde colleitou a súa primeira estrela. En 1992 abriu o restaurante Toñi Vicente, que deseguido conseguiu o prezado galardón, que perdeu en 2008 logo do 'affaire' das vieiras contaminadas, polo que foi detida no momento de mercar este produto no mercado negro xunto con outras persoas implicadas. Pecharía o emblemático restaurante, onde ía xantar Fraga e os conselleiros todos os xoves de Consello da Xunta, en xaneiro de 2009. Logo abriu restaurantes en Ribeira, en Vilaboa e en Vigo."}
{"ID": "NOS_57991", "summary": "Convocan Erguer e o Movemento Estudiantil Galego en todos os níveis educativos.", "text": "Marchas e concentracións constitúen as mobilizacións axendadas para este 19A, de acordo co seguinte programa: Manifestacións: A Coruña, 12:00, praza de Vigo. Compostela, 12:00, Alameda. Ourense, 12:00, Subdelegación do Goberno español. Pontevedra, 12:00, praza da Peregrina. Vigo, 12:00, praza América. Concentracións: A Pobra: 12:30, praza do Emigrante. Boiro: 12:00, praza do Concello. Bueu: 12:00, porta do Concello. Cangas: 12:00, porta do Concello. Ferrol: 12:00, praza da Constitución Española. Lalín: 12:00, praza do Concello. Lugo: 12:00, rúa da Soidade. Marín: 12:00, porta do Concello. Moaña: 12:00, porta do Concello. Monforte: 12:00, praza de España. Ribeira: 12:00, praza da Concello. Erguer convoca este greve sob o lema de \"Nin LOMCE nin pacto entre elites, por unha Lei Galega de Educación\", en tanto que o MEG chama á mobilización coa palabra de orde \"'Por un ensino feminista e democrático\". As organizacións estudiantís empregaron esta cuarta feira as súas redes para chamar á participación na greve. Mañá non vaias a clase nin quedes na casa, sae ás rúas por unha Lei Galega de Educación!! pic.twitter.com/o2oArMhxAZ— Erguer Galiza (@erguergaliza) 18 de abril de 2018 Este xoves 19 de abril, o estudantado galego saímos ás rúas por un ensino máis feminista e máis democrático. #Folga19A pic.twitter.com/FyeNoDOnKD— Movemento Estudantil Galego (@movementoestgal) 15 de abril de 2018"}
{"ID": "NOS_48022", "summary": "O \"European Roundtable 2012\" reúne na capital da Galiza a altos cargos do goberno alemán e español para falar da \"axenda de reformas\"", "text": "Un seminario organizado pola Fundación Konrad Adenauer que estes días se celebra en Compostela reúne a altos cargos do goberno español e xermano, así como representantes da dereita de diversos países europeos, para abordaren a \"axenda de reformas\" que se está a aplicar. Un seminario que se está a desenvolver nuns terreos privados ás aforas de Compostela e en que os relatorios e intervencións non son abertos non xa ao público, senón nin sequera á prensa. Unha metáfora de como se deciden e aplican políticas por parte de certos gobernos Neste marco, en que o goberno galego e Núñez Feijóo xogan un papel menor que non chega nin ao de anfitrións, a delegación española, encabezada por Soraya Sáenz de Santamaría e Luis de Guindos, explicará á delegación alemá, co ministro de Finanzas e o presidente do Parlamento xermano á fronte, as medidas que están a adoptar e adoptarán. Os executivos de ambos os dous países comparten a mesma receita neoliberal. E mesmo nestes días en que se está a filtrar que Alemaña debulla apoiar unha especie de \"Plan Marshall\" para reactivar a economía europea (fica por saber canto hai de movemento táctico ou de sinceridade nesa proposta), o presidente Español mantense no discurso de que \"non hai alternativa\" ás políticas aplicadas polo PP. De feito, e segundo as axencias, iso é o que o ministro de Economía español, De Guindos, vén de expoñer ante a delegación de Merkel en Compostela. Para o executivo, os recortes e medidas que está a levar adiante non son só as precisas senón que tamén contan co apoio da maioría da sociedade."}
{"ID": "NOS_15154", "summary": "O presidente do Parlamento pediu un informe aos servizos xurídicos da cámara do que dará traslado esta sexta feira, nunha convocatoria de urxencia, á Mesa e a Xunta de portavoces.", "text": "O rasgamento dunha fotografía de Felipe VI foi un acto simbólico realizado polo parlamentar do BNG Luís Bará esta cuarta feira desde a tribuna do Parlamento durante a defensa dunha iniciativa de defensa da derrogación da Lei Mordaza. Con ela o parlamentar pretendía enarborar a bandeira da liberdade de expresión, após o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos sentenciar que ese dereito fundamental ampara prácticas como a queima de instantáneas de membros da Casa Real. A resposta do PP foi a de rachar, tamén desde a tribuna do Parlamento, unha fotografía do BNG co líder da esquerda abertzale, Arnaldo Otegi, cualificado de terrorista desde as bancadas populares. Mais a cousa non ficou aí e o PP premeu na presidencia do Parlamento con vistas a que tomase cartas no asunto. Santalices pediu a seguir un informe aos servizos xurídicos da cámara para depurar as hipotéticas responsabilidades legais en que podería ter incorrido o deputado. Xa na fronte puramente política, Feixóo cargou con dureza contra o parlamentar do BNG. Cualificou o seu acto de \"puro integrismo\" e \"puro sectarismo\", do que poderían decorrer \"episodios de violencia nalgunha zona de Galiza\", dixo en alusión á queima de bandeiras españolas."}
{"ID": "PRAZA_1381", "summary": "PP e PSOE discuten sobre quen toma a iniciativa de suprimir o voto rogado que ambos pactaron hai catro anos. Os dous partidos din \"admitir o erro\" e Fernández Díaz chega a asegurar que \"toda a Cámara se equivocou\" co novo sistema. O BNG critica o \"cambio de criterio\" das dúas formacións.", "text": "PP e PSOE coinciden no fundamental: hai que suprimir o voto rogado e botar atrás a reforma electoral que ambos os dous partidos pactaron hai máis de catro anos co goberno Zapatero porque a participación agora da emigración é escasa. Pero enléanse en quen debe tomar a iniciativa para acabar co sistema que desde 2011 vetou a participación da diáspora nos comicios locais e que, basicamente, buscou evitar as continuas fraudes denunciadas no exterior obrigando a solicitar o sufraxio para poder exercelo. PP e PSOE discuten agora sobre quen toma a iniciativa para dar marcha atrás nunha lei electoral pactada por ambos hai catro anos A deputada galega do PSOE Carmela Silva foi quen preguntou este mércores no Congreso ao Goberno cando pensa botar atrás o voto rogado, ese que fixo descender a participación do máis do 30% no Censo de Residentes Ausentes (CERA) nas xerais de 2008 a menos do 5% en 2011 ou, nas autonómicas galegas, do 30,3% de 2009 ao 3,2% de 2012. Queren os socialistas, e tamén o presidente Feijóo tal e como prometeu hai tan só uns meses na Arxentina, que se faga xa de cara ás vindeiras xerais. Porque os dous grandes partidos coinciden en que non o deberan ter feito. \"Admitimos o erro daquela modificación electoral\", dixo a parlamentaria do PSdeG. \"Aí toda a Cámara se equivocou\", coincidiu o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz. \"Non valen evasivas nin subterfuxios; non hai desculpas para non facelo, é a hora da verdade\", expresou Silva, que asegura que \"case a unanimidade do Congreso está disposta á supresión do voto rogado\". \"Só depende do Goberno e do grupo do PP\", insistiu tras apremar a que a reforma se faga \"para as próximas xerais\", chegando mesmo a propoñer que o Executivo presente unha iniciativa lexislativa en quince días e que se tramite \"por vía urxente e de lectura única\" para facilitar o proceso. E foi máis alá aludindo ás promesas de Feijóo e outros dirixentes do PP ante a diáspora á que, segundo dixo, \"enganan dicindo que están dispostos á reforma, aínda que en realidade non a queren\". Carmela Silva (PSOE) pide unha reforma \"por vía urxente e en quince días\" para acabar co voto rogado xa de cara ás xerais \"Apoiámolos e deben presentar o proxecto de lei\", chegou a pedir Carmela Silva, que se topou coa resposta de Fernández Díaz, que tirou balóns fóra para, malia asumir o erro, deixar a iniciativa en mans dos grupos parlamentarios e non do Executivo. Así, lembrou que as reformas electorais fanse por consenso, polo que animou aos partidos a presentar a proposta na Cámara \"se realmente hai tanta unanimidade\". \"Se hai consenso, que se presente\", retouna tras lembrarlle que a reforma que rexe actualmente \"aprobouse gobernando o PSOE\". O ministro Fernández Díaz reclama que sexan os grupos os que presenten unha proposta de reforma electoral na Cámara Mentres, a proposición de lei do Parlamento galego que os dous grandes partidos quixeron usar de punto de apoio para darlle a volta á situación e pórlle fin ao sufraxio rogado vén de cumprir máis dun ano bloqueada na Cámara Baixa. É unha forma que o Congreso ten de impulsar a reforma dun sistema de voto para a emigración implantado polo último goberno de Zapatero logo dun acordo co PP e co apoio de CiU, PNV e BNG. Precisamente, o Bloque asiste agora ao \"cambio de criterio e á incoherencia\" dos dous grandes partidos. \"A nosa postura é a coñecida, a mesma que daquela\", lembra a deputada nacionalista Rosana Pérez. \"Pedimos que o voto dos emigrantes tiña as máximas garantías, as mesmas que os votos dos residentes aquí, independentemente da tradución numérica que en forma de participación se produza\", explica a deputada do BNG, que asegura que intentar facer crer que o sistema actual \"é unha conculcación de dereitos\" non é real. \"Se hai moita menos participación, que parece que é o que realmente lles preocupa aos dous grandes partidos, terá que ser o Estado o que poña os medios e facilite o voto, con transparencia e coas máximas garantías\", explica quen insiste en aclarar que para nada a súa formación, tal e como se asegura desde algúns colectivos emigrantes, intenta poñer atrancos. O BNG di que a súa postura non mudou, pide \"as máximas garantías\" no voto emigrante e critica o \"cambio de criterio\" de PP e PSOE \"Queremos que voten os emigrantes, coas máximas garantías e a poder ser que voten só os vivos\", di en clara alusión ás múltiples irregularidades demostradas e denunciadas durante anos nas eleccións na diáspora, con \"sacos de votos chegados desde sedes de partidos\" e \"papeletas de persoas falecidas\", entre outras incidencias. \"A sensación é que parece que só entre a emigración galega se daban esas deficiencias, cando non é certo; noutros territorios tamén se deron, aínda que fose nunha proporción menor\", insiste Rosana Pérez, que insiste en que \"mellorar a participación da diáspora non é cuestión de volver atrás, senón de ofrecer garantías e medios\". Ademais, ten claro que, cando menos no caso da socialista Carmela Silva, \"o coñecemento das irregularidades que se cometeron durante décadas é dabondo\". O Bloque insiste en que aumentar a participación depende de que o Estado \"poña os medios e facilite o voto\" e non de \"volver atrás\" O caso é que a necesidade de solicitar o voto cambiou a práctica habitual levada a cabo por milleiros de emigrantes ou descendentes de galegos (e españois) inscritos no CERA desde hai décadas, que lanzaron duras críticas ao novo sistema. É unha situación que nada ten que ver co caso da maioría de emigrantes novos e recentes que por mor da crise abandonaron España. Neste caso, son residentes temporais os que denunciaron xa as dificultades para poder votar nos comicios municipais, vetados para os integrantes do CERA, logo de apuntárense como transeúntes nos consulados e non ter recibido a documentación necesaria."}
{"ID": "PRAZA_10349", "summary": "O PSdeG xestionara a área de Benestar e o BNG, a de Cultura; ambas formacións aseguran estar \"priorizando os acordos programáticos\". Lara Méndez e Rubén Arroxo aseguran estar \"priorizando os acordos programáticos\" e agardan ter o groso do acordo pechado antes da sesión de constitución da corporación, na que a socialista será reelixida como alcaldesa", "text": "As negociacións para configurar un goberno de coalición de PSdeG e BNG no Concello de Lugo avanzan sen grandes sobresaltos e ambas forzas confían mesmo en chegar coa alianza practicamente pechada ao pleno de constitución da nova corporación, no que o vindeiro sábado a socialista Lara Méndez será reelixida como alcaldesa. Tras os dous primeiros encontros das comisións negociadoras tanto Méndez como o voceiro do Bloque, Rubén Arroxo, subliñaron que as conversas \"avanzan en positivo\" e mesmo xa descenderon ao concreto en dúas das áreas do goberno: Benestar e Cultura.O PSdeG xestionará a Concellería de Benestar e o Bloque, a de Cultura nun goberno de trece áreas, tantas como edís o sustentarán -8 socialistas e 5, nacionalistas-. Tras un mandato \"complexo\" e marcado, en boa medida, \"pola febleza numérica\" do grupo de goberno, tal e como admitira a rexedora durante a campaña, Méndez e Arroxo dispóñense a liderar un gabinete que contará con maioría absoluta no pleno e que implicará \"aquilatar as funcións e servizos que conformaba 8 áreas ás 13 futuras\", sinala a socialista. \"Niso -explica- é no que estivemos profundando\".O PSdeG xestionara a área de Benestar e o BNG, a de Cultura; ambas formacións aseguran estar \"priorizando os acordos programáticos\"O terceiro encontro, previsto para este martes, continuará coa redistribución de \"servizos\" entre as áreas municipais e \"ao final destas xuntanzas\" será cando cada concellería teñe nome do edil que a xestione. \"Esas cuestións son menores\", afirma Méndez, quen asegura que \"tanto o BNG como o PSdeG estamos priorizando a cidade, os acordos programáticos\". Por iso, aínda que a intención é chegar á sesión de investidura co goberno practicamente \"pechado\", as delegacións de ambas formacións non desbotan perfilar \"algunha cuestión\" que puidese \"quedar\" pendente nos días que transcorran ata o seguinte pleno, o de organización da nova corporación.PSdeG e BNG agardan ter o groso do acordo pechado antes da sesión de constitución da corporación, na que Lara Méndez será reelixida como alcaldesaTamén Arroxo ratifica que o \"traballo\" da terceira xuntanza se centrará no \"reparto de tarefas e áreas para os vindeiros catro anos\", concretamente, nas concellerías \"que aínda non deu tempo a tocar\" nos dous primeiros contactos. Entre os interrogantes que fican por dilucidar figura tamén se a nova estrutura terá unha ou varias tenencias de Alcaldía. En anteriores gobernos de coalición entre PSdeG e BNG a persoa á fronte do Bloque -Branca Rodríguez Pazos no período 1999-2003 e Antón Bao de 2011 a 2012- exerceu a primeira tenencia da Alcaldía alén da área de goberno que xestionaba. \"A idea é pechar a negociación antes do sábado\", ratifica Arroxo, nun contexto no que, afirma, o Bloque tamén procura \"un goberno estable\" porque \"de nada serviría que o BNG colla unha concellería e o PSOE outra se despois cadaquén colle un camiño distinto\". O Bloque prevé ratificar en Asemblea o acordo antes dese pleno. A suma dos trece votos de socialistas e nacionalista na constitución da corporación aseguran a elección de Lara Méndez como alcaldesa, toda vez que os 10 edís do PP sumados aos 2 de Ciudadanos non acadan a maioría absoluta."}
{"ID": "PRAZA_17832", "summary": "Hai meses rexeitou a posta en marcha dun trampeo masivo durante o inverno, como lle reclamaban labregos e apicultores. A AGA alerta de que debido ás chuvias desta primavera a avespa mudou o seu comportamento, construíndo niños máis pequenos pero máis próximos a casas e hortas, con maior perigo para quen traballa nestas zonas.", "text": "\"Esta especie veu para quedar, polo tanto hai que convivir con ela\". A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, afirmou este luns en Lugo que a sociedade galega terá que afacerse á presenza da avespa velutina e asegurou que a Xunta non conta con competencias para declarar este insecto como \"praga\". Vázquez foi crítica, ademais, coa xestión desenvolvida a este respecto por unha serie de localidades, que non especificou: \"Hai concellos colaboradores e outros non e hai una media guerra, entre aspas, coa que temos que convivir\". \"A Xunta segue botando balóns fora e non recoñece que estamos ante unha praga de grandes dimensións\", denuncia Xosé Luís Rivas En resposta, o portavoz de Agricultura, Gandería e Montes do BNG, Xosé Luís Rivas, acusou ás concellerías de Medio e Rural e Medio Ambiente de \"evadir as súas responsabilidades na praga da velutina\". \"A Xunta segue botando balóns fora e non recoñece que estamos ante unha praga de grandes dimensións\", sinalou o deputado, que engadiu que a velutina é \"un problema moi grave\". Rivas denunciou que son os propios agricultores os que deben utilizar trampas de maneira artesanal e criticou que a Xunta non ofreceu a información necesaria para loitar contra o insecto. \"Non hai unha aposta política clara á altura do problema\", concluíu, demandando tamén unha mellor coordinación entre as distintas administracións, sinalando que a comisión de seguimento \"non está a ofrecer datos nin solucións\" e que a comisión de agricultura no Parlamento galego \"non engloba as asociación de apicultores e afectados\". Cambios no comportamento da velutina este ano O deputado do BNG compareceu en rolda de prensa xunto co portavoz da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Xesús Asorey. Asorey explicou que -seguramente debido aos meses chuviosos do inverno e a primavera- este ano o insecto mostra un comportamento moi diferente a respecto doutros, nos que adoitaba fabricar niños moi grandes ao longo de vales, regatos e ríos. As condicións meteorolóxicas levaron á velutina a optar por construír moitos niños pequenos e máis próximos ás casas e hortas, buscando o abrigo nestes lugares. Isto diminuíu os efectos negativos sobre as colmeas e as abellas, pero incrementou o perigo para as persoas que fan traballos nas hortas e leiras próximas ás casas, sobre todo para aquelas que son alérxicas. A AGA alerta de que -debido ás chuvias desta primavera- a avespa mudou o seu comportamento, construíndo niños máis pequenos pero máis próximos a casas e hortas, con maior perigo para quen traballa nestas zonas A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) demandoulle ao SERGAS o envío aos centros de saúde de \"kits de adrenalina\" para tratar as picaduras de avespas. Este ano producíronse xa tres mortes por esta causa, unha delas por causa da avespa asiática e as outras dúas pola acción de avespas autóctonas, igualmente perigosas para as persoas alérxicas. Asorey pediu tratar a praga dende \"unha perspectiva medioambiental\" porque, na súa opinión, \"a praga está descontrolada\" e os apicultores e agricultores fican \"indefensos\" ante os seus efectos. A AGA iniciou en colaboración coa Universidade de Vigo unha investigación para mellores métodos para acabar coa vespa asiática sen danar outros insectos autóctonos, ademais de capturar máis raíñas. Tamén a Deputación da Coruña iniciou, xunto coa Universidade de Santiago, un proxecto multidisciplinar semellante para estudar estratexias baseadas na \"loita biolóxica\" contra a velutina. A investigación busca parasitos de avespas e abellas galegas que afecten a velutina sen prexudicar insectos autóctonos. \"A praga da velutina vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas\", denunciaba o pasado ano o propio Xesús Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultura (AGA). A expansión da velutina En xullo houbo 1.216 avisos ao 112 e en 13 días de agosto son xa 1.377, non lonxe dos máximos do pasado ano Nos últimos 12 meses o 112 recibiu case 25 mil avisos pola presenza de vespas velutinas en Galicia. O número de incidencias disparouse no verán e no outono de 2017, superando as catro mil chamadas en xullo e agosto, ou as tres mil en setembro, novembro e decembro. Posteriormente, a chegada do inverno e das chuvias fixo diminuír os avisos, pero en xullo foron un total de 1.216 e en tan só 13 días de agosto son xa 1.377, non lonxe dos máximos do pasado ano. No que levamos de 2018 foron detectados niños en boa parte do país, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra, sobre todo nas zonas costeiras. En Ames, Santa Comba, Pontevedra, Oleiros e Cambre localizáronse máis de 100 niños só no que levamos de 2018. Noutras 40 localidades atopáronse entre 26 e 100 niños desta avespa, nomeadamente Ferrolterra, as comarcas da Coruña e Compostela, Muros-Noia e Barbanza, as comarcas de Pontevedra e Vigo e o Baixo Miño. As demandas de apicultores e labregos e outros expertos Os partidos da oposición e entidades de apicultores e labregos (agrupados na Plataforma Stop Velutina) veñen reclamándolle á Xunta que incremente as accións para frear a extensión desta avespa, mediante a posta en marcha de trampeos masivos e dunha decidida aposta pola investigación e a colaboración coas universidades e outras administracións. O obxectivo deste trampeo masivo, consistente na colocación dunhas 50.000 trampas, era busca capturar futuras raíñas fundadoras durante o inverno e evitar así a aparición dos enormes niños secundarios no verán. A Plataforma Stop Velutina demandou a posta en marcha de trampeos masivos e dunha decidida aposta pola investigación e a colaboración coas universidades e outras administracións A Plataforma reclamaba igualmente que a Xunta asine convenios de colaboración coas universidades galegas para levar a cabo investigacións sobre a velutina de cara a atopar ferramentas de control biolóxico que permitan controlar a expansión a longo prazo. Así mesmo, a Plataforma demandaba un sistema de axudas directas mediante convocatoria, para compensar aqueles labregos e apicultores que sofren perdas nas súas froiteiras e colmeas por mor da vespa invasora. \"Os apicultores e apicultoras experimentan entre un 20-30% máis de custos asociados á velutina, e isto sen contar a perda de abellas e a perda correlativa nas colleitas de mel\", denunciaban. Outra das eivas que a Plataforma sinalaba na acción da Xunta nesta cuestión referíase a cuestións organizativas e de xestión. A entidade solicita a presenza dos sectores afectados nos organismos da administración que están a tratar o problema, por exemplo a chamada Comisión de seguimento. Porén, estas demandas foron rexeitadas polo Goberno galego, que tumbou no Parlamento as propostas presentadas por En Marea, PSdeG e BNG a este respecto. Varias destas medidas figuraban no propio Protocolo de vixilancia e control fronte a avespa asiática aprobado pola Xunta en xullo de 2016. \"No debate o PP demostrou que non ten coñecemento ningún a respecto da especie\", denunciou Laura García, voceira da Asociación Galega de Apicultura (AGA)."}
{"ID": "PRAZA_16094", "summary": "O sábado 18 de xaneiro de 2003 Fraga asinou o decreto co que nomeaba a Feijóo como substituto de Cuiña na Consellería de Política Territorial en plena crise política pola xestión do naufraxio do petroleiro HEMEROTECA | A maioría dos protagonistas políticos do Prestige seguiron ocupando cargos máis dunha década", "text": "O 18 de xaneiro de 2003 era un sábado de temporal en Galicia. Os fortes ventos fixeron imposible naquela xornada o traballo de recollida de chapapote do Prestige no mar e dificultara notablemente os labores en terra. Nos titulares da prensa de papel daquel día aínda ecoaba o cesamento como conselleiro de Política Territorial de Xosé Cuiña, oficializada como dimisión polo propio afectado nunha brevísima carta dirixida ao presidente, Manuel Fraga. \"Considero un deber presentar a miña dimisión e agardo poder aclarar que as empresas participadas pola miña familia non cometeron ningunha ilegalidade nin irregularidade, senón, simplemente, unha doazón e unha colaboración no caso do Prestige\".As acusacións contra Cuiña polos subministros de materiais para a recollida de chapapote permitiron ao aparello central do PP de José María Aznar forzar a caída de quen durante anos fora sinalado como sucesor de Fraga. E, na mesma operación, propiciar a entrada no Goberno galego dun home da máxima confianza do líder espiritual do sector do birrete do PPdeG, José Manuel Romay Beccaría. Aquel sábado de hai agora quince anos o titular da Xunta asinaba o decreto co que nomeaba conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a Alberto Núñez Feijóo, ata ese momento presidente de Correos, posto que chegara da man de Francisco Álvarez-Cascos procedente da presidencia do Insalud, cargo que exercera por encomenda de Romay como ministro de Sanidade.O sábado 18 de xaneiro de 2003 Fraga asinou o decreto co que nomeaba a Feijóo como substituto de Cuiña en Política TerritorialO que, tamén con Romay, fora secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, chegaba a un Goberno e a un país cun clima político radicalmente distinto ao que deixara en 1996. O PPdeG seguía a gobernar con maioría absoluta -revalidáraa en dúas ocasións máis-, pero estaba a sufrir unha enorme erosión pola xestión do naufraxio do petroleiro, crise política agudizada a nivel xeral polo apoio de Aznar á guerra de Iraq e a proximidade das eleccións municipais. Un cóctel explosivo que amosou e alargou as fendas internas do PPdeG.Pórtico da 'revolta do piso'A toma de posesión de Feijóo e do resto de conselleiros que chegaron naquela crise de goberno -tamén se incorporara José Manuel Barreiro como remuda en Medio Ambiente de Carlos del Álamo e Pilar Rojo e mais María José Cimadevila substituíran a Manuela López Besteiro e Corina Porro, candidatas nas municipais en Lugo e Vigo- non se produciu ata o luns, día 20. Antes, o domingo 19, Manuel Fraga interveu ante o plenario da convención que o PP estaba a celebrar en Madrid. Tras o defenestramento de Cuiña o presidente galego ofreceu á dirección do partido \"unha lealdade acrisolada e unha gratitude infinita\" pola xestión do naufraxio. El, proclamou, confiaba \"en que Santiago nos axudará\" para loitar por Galicia \"máis que nunca\", lema que na dirección do PPdeG se comezaba a espallar como pretendido contrapunto á plataforma Nunca Máis.A 'revolta do piso' protagonizada por deputados do PP de Ourense foi a resposta do sector 'da boina' á remuda de Cuiña por Feijóo, que ascendería a vicepresidente o ano seguintePero mentres Fraga interviña en Madrid, en Galicia xestábase o que pasaría á historia política do país como \"a revolta do piso\". O clan alcumado como \"da boina\", coa familia Baltar como máximo expoñente, traballaba na súa resposta ao cesamento de Cuiña coa participación do propio afectado. Ese mesmo día cinco deputados do PP de Ourense no Parlamento galego -José Manuel Baltar, Roberto Castro, María José Caldelas, Maximino Rodríguez e Miguel Santalices- escribían unha carta a Aznar e Fraga na que alertaban da perda de \"galeguismo\" do PPdeG e esixían cambios no partido. No albo estaba o secretario xeral galego, Jesús Palmou, a quen consideraban executor en Galicia da orde de remudar a Cuiña por Feijóo. E sobre a mesa, a ameaza de deixar a Fraga sen maioría absoluta no Parlamento -tiña 41 escanos e a ausencia de tres deles sería dabondo para facelo-.Un piso en Ourense era o centro de operacións daquela revolta, que ardía o día 20 mentres, en San Caetano, Feijóo tomaba posesión sen a presenza do seu antecesor. O novo conselleiro tiña entre as mans a carteira máis investidora da Xunta e a el lle correspondeu boa parte da promoción política do Plan Galicia, o paquete de obras que o Goberno Aznar anunciaría apenas catro días despois como compensación aos danos do petroleiro. Dende esa aprobación, precisamente, rematou a \"revolta do piso\", pero a guerra interna continuou e agudizouse apenas ano e medio despois, cando Feijóo ascendeu a vicepresidente primeiro da Xunta, primeiro chanzo dunha longa carreira sucesoria que culminaría no congreso do partido en xaneiro de 2006, tras perder o Goberno."}
{"ID": "PRAZA_6735", "summary": "Unha nova campaña, até novembro de 2015, buscará recoller apoios para que a riqueza cultural inmaterial común de ambas as dúas beiras do Miño obteña este recoñecemento internacional. Santiago Veloso (Ponte nas Ondas) chama á participación de escolas, cidadanía e institución.", "text": "En abril do ano 2004 presentábase oficialmente a campaña de promoción da candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués ante a Unesco para ser recoñecida como Obra mestra do Patrimonio Inmaterial. A iniciativa partira dous anos antes das escolas galegas e portuguesas que participaban na experiencia de radio interescolar Ponte...nas Ondas e pouco a pouco foi gañando apoios: autores e autoras (Suso de Toro, Manuel Rivas, Mário Claudio, José Saramago, Nélida Piñón), escolas, concellos, institucións e entidades culturais, e mesmo o Parlamento galego e o Congreso dos Deputados aprobaron por unanimidade senllas resolucións de apoio. Porén, a primeira proposta foi rexeitada en novembro de 2005. Intentouse de novo a partir de 2007, animados pola propia Unesco, pero unha serie de problemas técnicos e unha certa incomprensión institucional, sobre todo das autoridades portuguesas, bloquearon de novo a posibilidade. Pero a terceira é a boa. Este venres presentouse no Consello da Cultura o lanzamento dunha nova campaña para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa recoñecido pola Unesco. No acto, ademais de Ramón Villares (presidente do CCG), participaron Olinda de Sousa e Santiago Veloso (Ponte…nas ondas!), Xosé Manuel González Reboredo (membro do Padroado do Museo do Pobo Galego), José María Costa (presidente da Cámara de Viana do Castelo), Jesús Gamallo (director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea) e Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística da Xunta). O acto pechouse cunha actuación de Uxía Senlle e Augusto Canário. Este novo intento iníciase, ademais, cando fai unha década dende o comezo da primeira campaña que buscou este recoñecemento cultural transfronteirizo. En outubro de 2004 entregárase na Unesco a primeira proposta. Santiago Veloso reclamou que a tradición oral galego-portuguesa \"debe ser unha referencia no mundo e ter o seu recoñecemento internacional mediante a súa inscrición nesta lista representativa\" Santiago Veloso reclamou que a tradición oral galego-portuguesa \"debe ser unha referencia no mundo e ter o seu recoñecemento internacional mediante a súa inscrición nesta lista representativa\". Os representantes de Ponte nas Ondas presentaron a campaña, que traballará até o 25 de novembro de 2015 nunha mobilización de apoios para acadar o obxectivo ante a UNESCO. No marco desta campaña comezará a funcionar un novo portal web (patrimonio.org), que recollerá a riqueza do patrimomio inmaterial galego-portugués. Santiago Veloso quixo facer un chamamento especial á participación \"das escolas, que foron dende o inicio o motor desta locomotora que non parou\" pero tamén \"ás persoas, que son as portadoras deste patrimonio\" e \"ás institucións en todos os seus niveis, para que fagan parte da historia da eurorrexión\". Nas súas intervencións Santiago Veloso e Olinda de Sousa lembraron o traballo realizado, xa dende os anos noventa, por un grupo de escolas de ambas as dúas beiras do Miño, e os primeiros traballos que foron dando forma a esa candidatura, que reivindica que o patrimonio inmaterial galego portugués -un conxunto de saberes comúns, transmitidos oralmente de xeración en xeración e sobre o que pedura a ameaza da desaparición- representa unha riqueza para a humanidade. Nesta ocasión, ao igual que nos primeiros intentos, a candidatura non só busca conservar esta tradición, senón poñela en valor como unha riqueza para o futuro. Veloso enumerou algúns dos fitos dese percorrido, coma a moi rechamante e lembrada acción, en novembro de 2007, na que rapaces e rapazas das escolas miñotas dos dous países encheron as catro pontes sobre o río (Cerveira-Tomiño, Tui-Valença, Salvaterra-Monção e Arbo-Melgaço) para chamar a atención das institucións, até entón de costas ao proxecto. Xosé Manuel González Reboredo apelou a que \"as condutas coincidentes\" entre Galicia e Portugal \"sexan tamén condutas compartidas\" Pola súa banda, Xosé Manuel González Reboredo destacou que \"todo proxecto, ademais de ter entusiasmo e de ter razóns que o xustifiquen, ten que ter unha filosofía detrás. E eu entendo que este proxecto tena, pero non é unha filosofía de pasado, de recuperar tradicións que veñen da noite dos tempos, senón que é unha filosofía de futuro\". Engadiu que \"neste mundo globalizado, a carón da globalización faise máis forte o local\" e fixo fincapé na coherencia da candidatura co fortalecemento das eurorrexións promovidas dende hai décadas pola Unión Europea, para que \"as condutas coincidentes\" entre Galicia e Portugal \"sexan tamén condutas compartidas\". En representación do Goberno galego, Valentín García destacou a importancia da lingua como nexo entre Galicia e Portugal En representación do Goberno galego, Valentín García destacou a importancia da lingua como nexo entre Galicia e Portugal. Neste senso, fixo referencia á recente aprobación polo Parlamento galego da Lei Paz Andrade de aproveitamento dos vínculos coa lusofonía, e a como \"Portugal ábrenos a porta á internacionalización e á proxección exterior da nosa lingua\". \"Esa debe ser unha gran oportunidade para a lingua galega e para todo o pobo galego\", destacou. Valentín García amosouse confiado, para rematar, en que \"desta volta este intento terá un final feliz\". Ramón Villares destacou que o propósito de Ponte nas Ondas de retomar esta iniciativa é \"un combate contra aquilo que se nos achaca moitas veces aos galegos da saudade e de ficar derrotados\" De igual xeito, Jesús Gamallo fixo fincapé en que \"dende a Xunta imos acompañar este proceso\" e destacou que \"estamos nas mellores condicións para acadar o obxectivo\" tras \"aprendermos dos erros do pasado\". Tamén confirmou o apoio das autoridades do norte de Portugal, cos que mantivo un contacto este xoves. Gamallo incidiu na importancia do apoio social e do sentimento de pertenza a unha comunidade para consolidar as eurorrexións, uns aspectos aos que contribúen iniciativas coma o desta candidatura, sinalou. Finalmente, Ramón Villares destacou que o propósito de Ponte nas Ondas de retomar esta iniciativa é \"un combate contra aquilo que se nos achaca moitas veces aos galegos da saudade e de ficar derrotados\". \"Esta é unha manifestación de que queremos seguir adiante e de que a fraqueza non nos invade\", engadiu."}
{"ID": "NOS_17620", "summary": "BNG insta o goberno local do PP a asumir a lei de memoria histórica e modificar do nome desa rúa de Caión", "text": "Hai dous anos o goberno local de Laracha (Partido Popular) abrira a porta a tirar do rueiro nomes de personaxes ligados á ditadura franquista. Era necesario nomear diversas rúas nos núcleos urbanos de Caión, Paiosaco e A Laracha e aproveitando a oportunidade, podíase variar o nome daqueles espazos urbanos que aínda levaban nomes ligados ao rexime franquista. \"Naquel momento tanto os grupos políticos como algúns veciños achegaron propostas de nomes para esas rúas\", explican desde o BNG de Laracha De feito, mudouse o nome de Praza do Generalísimo por Praza do Concello. Mais o nome de Carrero Blanco continúa a presidir unha das rúas principais de Caión, levando o nome así do militar e político franquista. \"Desde o BNG levamos anos denunciando o feito de termos un goberno reticente a deixar de homenaxear os ditadores\". Lembran que se van cumprir dez anos da aprobación da lei de memoria histórica (o 26 de decembro de 2007), que especifica no seu artigo 15 que \"as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, adoptarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura\". Os nacionalistas inciden en que manterán a revivindicación de tirar \"do noso rueiro os nomes dos represores. Seguiremos defendendo que a quen hai que honrar é ás vítimas e non os verdugos\"."}
{"ID": "NOS_16687", "summary": "O secretario xeral, Paulo Carril, anuncia que o paro convocado para o 19X \"suspéndese uns meses\" para comprobar se a \"nova correlación de forzas\" a raíz da moción de censura se traduce nun \"cambio\" nas políticas laborais e sociais. \"Se non é así, retomaremos a convocatoria\".", "text": "CIG suspende a greve xeral do 19 de xuño. Non é unha desconvocatoria definitiva senón unha suspensión \"durante uns meses\", explicou o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, a raíz do novo escenaio creado após a caída do PP na moción de censura da pasada sexta feira. Hai un novo goberno e unha nova correlación de forzas e a CIG quer comprobar por onde 'respiran'. \"Somos conscientes de quen é o PSOE\", dixo Carril, que lembrou que os socialistas tamén teñen no seu debe reformas laborais e políticas contra a clase traballadora. De aí, anunciou, que a central sindical estará \"atenta\" nestes meses á dinámica de goberno e \"a nova correlación de forzas\". \"É unha suspensión da folga en espera de que o calendario vaia collendo forma\", di o secretario xeral da CIG. Por calendario Carril refírese, explica, a aquelas cuestións que se puxeron sobre a mesa como razóns que xustificaban a convocatoria dunha greve xeral: reforma laboral, ataques sistema público de pensións, precariedade, recortes, retrocesos en dereitos e liberdades… Toca agora vixiar, \"estar atentos\", a se hai vontade e pasos de cara a dar solución a esas cuestións. Xornada nacional de mobilización O 19 de xuño non haberá greve mais si unha xornada nacional de mobilización. Á espera de se concretar a hora definitiva, haberá manifestacións nas diferentes comarcas. Paulo Carril, que na comparecencia estivo acompañado de Susana Méndez, secretaria de Organización, defendeu a decisión o pasado 1 de maio de convocar unha greve xeral. \"Estabamos no certo cando chamamos á folga xeral para facer fronte á situación\", dixo, \"unha folga como moción de censura da clase traballadora\" contra as políticas \"dun goberno corrupto\" que empobrecía a maioría social. Defendeu que se deu ese paso perante a \"inacción das forzas de esquerda\" que permitían que un PP \"en minoría\" mantivese políticas e medidas lesivas para a clase traballadora e de recorte en dereitos e liberdades sociais e laborais. \"Somos conscientes de que coa nosa loita contribuímos a que o goberno do PP caera\", dixo, afirmando posteriormente que \"ninguén nos vai recoñecer ningún mérito\", e engadiu en referencia ás principais centrais que non apoiaron convocar un paro: \"Algúns ficaron retratados dun xeito moi vergoñento\". Mobilizacións: A Coruña: Praza de Vigo, 20h Cee: Praza 8 de marzo, 20h Ferrol: Praza de España, 20h Santiago: Praza Roxa, 20h Pontevedra: Praza da Ferreiría, 20h Vilagarcía: Casa do Mar, 20h A Estrada: Praza do Mercado, 20h Vigo: A Doblada, 20h Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h Monforte: Praza de España, 20h As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h"}
{"ID": "NOS_27279", "summary": "O Porto pide suspender a venta até resolver a concesión", "text": "Marina Meridional é xa oficialmente a propietaria do antigo estaleiro vigués factorías Vulcano, que a partir de agora cambiará o seu nome polo de Astilleros San Enrique. A idea da nova dirección, capitaneada por José María Soriano, é reiniciar a actividade \"de inmediato\". O director xeral de Mariña Meridional, Juan Moreno, e o que será director de Estaleiros San Enrique, José María Soriano. Ambos visitaron esta quinta feira as instalacións de Teis, horas despois de asinar a compravenda, unha operación de 7,8 millóns de euros dos que parte xa foron pagos, e o resto aboaranse até o 31 de marzo. Segundo explicou Moreno, Astilleros San Enrique reactivarase cun pequeno grupo de traballadores, entre 25 e 40, que aumentará até 200 a medio prazo. Ademais, precisou que contará coa industria auxiliar local para desenvolver os proxectos de construción e reparación naval. O primeiro paso, indicou Moreno, será analizar a situación das instalacións e reiniciar a actividade industrial. \"Empezaremos de inmediato, primeiro cun nivel de actividade baixo e, en paralelo, iremos reacondicionando o estaleiro e aumentando a produtividade\", sinalou. Con respecto á posibilidade de incorporar aos antigos traballadores do estaleiro, o director de Marina Meridional aclarou que non existe esa \"obriga\" debido a que a antiga Vulcano foi liquidada e \"non hai masa social\", por tanto contratará o persoal \"libremente\". Con todo, sinalou, os novos donos valorarán \"positivamente\" os antigos operarios pola súa \"experiencia\" e \"coñecemento das instalacións\". Aínda que non precisou que tipo de barcos se construirán na bancada de Teis, sinalou que se apostará por buques \"con valor engadido\" e por \"pequenas series\", en lugar de grandes unidades. Respecto diso, asegurou que Mariña Meridional xa iniciou a súa \"actividade comercial\" para a consecución de contratos, \"pero o primeiro era ter as instalacións\". A voltas coa concesión Cuestionado acerca da concesión administrativa na que se atopa o estaleiro, que corresponde ao Porto de Vigo, Moreno precisou que a compra de Vulcano se fixo con esa concesión incluída e mostrouse \"plenamente convencido\" de que se poderá manter e \"mesmo ampliar\". O Porto sostén que, ao desaparecer Vulcano, a concesión quedaba extinguida e debía retornar á Autoridade Portuaria; mentres que os administradores concursais defenderon que debía manterse (acábase en 2027) e formar parte do proceso de liquidación. Aínda que a Audiencia Provincial posicionouse a favor da administración concursal, aínda queda pendente de dirimirse a cuestión por parte do Tribunal de Conflitos Xurisdicionais. Precisamente, o Porto de Vigo vén de anunciar a presentación por parte dos servizos xurídicos do Estado español dun recurso de reposición contra a venda do antigo estaleiro e pide que dita operación se manteña \"en suspenso\" mentres non se dirime o conflito xurisdicional sobre a concesión das instalacións. O organismo portuario tamén remitiu un burofax á administración concursal lembrándolle \"a situación actual da concesión\", e engadiu que se o Tribunal de Conflitos Xurisdicionais autoriza a venda, o prazo da concesión vencería en 2027, debendo realizarse, chegada esa data, un concurso público."}
{"ID": "NOS_3643", "summary": "O sector postúlase como unha das \"cabezas\" para dirixir a recuperación despois da pandemia porque seguiu traballando con relativa normalidade durante todo o ano 2020. No entanto, representantes do mesmo tranquilizan á poboación avisando de que non queren ir cara un novo 'boom' senón traballar cunha carteira de encargos estábel, xa sexa no ámbito inmobiliario ou na obra pública.", "text": "O comercio, a hostalaría, os negocios vinculados ao turismo, os de organización de eventos, a produción industrial en diversos ámbitos e, mesmo a sanidade -entendendo como afección a sobrecarga de traballo-, son sectores que se viron afectados en maior ou menor medida pola crise derivada da chegada do coronavirus a Galiza. Porén, hai un ámbito de traballo que non só non sufriu tanto esta recesión económica senón que ten que procurar man de obra e pode converterse nun espazo que asuma a parte das e dos desempregados que deixou a Covid-19. Representantes de distintas vertentes da construción recoñecen e ofrecen o sector como posíbel maquinaria para arrancar de novo a economía do país unha vez se supere total ou parcialmente a pandemia ou, cando menos, os seus efectos máis negativos no mundo empresarial. O presidente da Federación Galega da Construción e da Fundación Laboral da Construción, Diego Vázquez Reino, recoñece que mentres \"toda a economía estaba sometida á Covid, se hai un sector que salvou os mobles e mesmo contratou máis persoal ese é a construción\". Lembra que estiveron parados \"menos de 15 días\" cando en abril se ordenou o paro completo, pero como a \"inversión pública se mantivo, se incentivou, e a vivenda seguiu tirando\" chegou un momento no que precisan máis que nunca man de obra cualificada. A necesidade non é nova, pero nesta pandemia quedou máis clara porque as empresas galegas precisaron contratar e non tiveron todas as opcións que lles gustaría. De feito, a Fundación Laboral que preside Vázquez Reino é un \"vehículo formador\" porque agora non se entra na obra da mesma maneira que antes, como aprendices. Un espazo no que facer carreira A construción mudou desde 2008 e tamén as necesidades pero, segundo interpretan, a xente ten desconfianza de buscar o sustento nesa profesión. \"Queremos que a xente moza saiba que é unha dedicación boa e das que teñen mellores soldos\", destaca o representante, que insiste en que poden absorber moitas paradas pero sempre con bases en \"riscos laborais\", coñecemento de cada posto en concreto... Pero calquera pode readaptar a súa carreira a este mundo. Non lle fechan as portas a ninguén. Non só fai falla lembrar que é un dos sectores que ofreceu (e segue a facelo) un emprego máis estábel nesta crise, fronte á desconfianza Vázquez Reino lembra que se fixo unha \"transformación\" do sector \"con moita consistencia\". En consecuencia, foi parecida nas firmas auxiliares que poden ir desde a electricidade á carpintería, pasando pola fontanería e a domótica. \"Queremos que a xente moza saiba que é unha dedicación boa e das que teñen mellores soldos\", destaca o representante Agora as compañías, sobre todo as pequenas e medianas, controlan moito máis a súa estrutura. Tampouco solicitan un gasto desmedido ás Administracións para subsistir: \"Non queremos unha inversión puntual, queremos unha que sexa regular e unha planificación\". Polo de agora contan que as e os traballadores do gremio son dos máis apreciados do Estado español polo seu bo facer. Carteira diversa Dado que hai obras activas e os confinamentos déronlle máis valor aos espazos públicos a ollos da cidadanía e que o regreso a vivir a zonas parcialmente rurais para ter un espazo de lecer aberto existen \"varios nichos de mercado polo que agardamos ser unha panca de recuperación en calquera proxecto\". Aliás, están a recuperar \"o peso dentro do PIB\" da Galiza e non son cifras \"artificiais senón consolidadas por esta industria\" case con imaxe de marca. O cambio inmobiliario Ao falar de subsectores ou dedicacións concretas, a parte inmobiliaria foi das ben paradas desta crise a pesar de que a xente puido quedar sen traballo. A corentena tamén lembrou ás galegas e galegos as bondades do rural ou de ter unha casa con outros espazos para o lecer. Precisamente fala dos efectos da corentena, que levaron á xente a pensar que \"ao mellor non estaban de todo contentos coa súa vivenda e querían máis niveles de confort\". Por exemplo, o secretario xeral da Asociación de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), Juan José Yáñez, recoñece que están \"favorablemente sorprendidos da resistencia\", tanto da \"construción como das vendas\". En todo momento, agás eses días de abril, estiveron edificando e ofertando casas na \"absoluta normalidade, sen problemas de subministro\" de materiais nin imprevistos doutro tipo. Yáñez revela que as vendas de \"xullo, agosto e, incluso, setembro foron mellores que as dos mesmos meses de 2019\". Precisamente fala dos efectos da corentena, que levaron á xente a pensar que \"ao mellor non estaban de todo contentos coa súa vivenda e querían máis niveles de confort\". Tanto é así que a tendencia é a trasladarse \"ao rural, a casas unifamiliares ou con zonas verdes próximas\", se ben non teñen claro se será un comportamento continuado ou puntual. Polo de agora, o que si se fixo é modificar planos que se podían mudar de empresas con promocións en marcha. O obxectivo? Ofrecer \"máis xardín ou balconadas\". Tanto ao Goberno do Estado como á Xunta lle informaron de que se ofrecen como \"actividade para a recuperación económica sen volver ao boom\". \"Nós non dependemos do turismo, temos autonomía económica e si temos relación con moitas fábricas e servizos\", destaca de cara ao futuro inmediato."}
{"ID": "PRAZA_8850", "summary": "El Diario Norte entrevista a Arcadi Oliveres presidente da ONG Justícia i Pau e que vén de propoñer creción dunha plataforma que reúna cidadáns indignados e movementos de esquerda: \"Deteriorouse tanto a situación que non hai outra alternativa que a desobediencia civil\".", "text": "Arcadi Oliveres (Barcelona, 1945) non pode reprimir a indignación cando fala do actual sistema político e económico, de como se \"dilapidan\" os cartos en axudar a salvar bancos mentres se permite que miles de familias afundan. Este profesor de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona e presidente da ONG Justícia i Pau participou nas xornadas sobre enerxía organizadas pola Plataforma Fracking Ez, en Vitoria. Ademais de falar sobre a situación e as desigualdades enerxéticas Norte-Sur, Oliveres concedeu unha entrevista ao Diario Norte na que avoga por \"perder o medo e rebelarse\" contra o sistema político actual, ao que considera enfermo e caldo de cultivo para a corrupción. \"Se o capitalismo non permite esta supervivencia, fagámolo desaparecer e dotémonos dun sistema que facilite a cobertura de necesidades básicas da cidadanía e o sostemento do planeta\" Parece que eliminar as disfuncións da crise pasa por basear a economía nunha menor rendibilidade e nunha repartición máis xusta da pobreza. Estes preceptos son compatibles co capitalismo? Non sei se son compatibles, pero si sei que é absolutamente necesario para a humanidade. Se non é compatible, será o capitalismo o que teña que desaparecer porque está en xogo a supervivencia da humanidade. Se o capitalismo non permite esta supervivencia, fagámolo desaparecer e dotémonos dun sistema que facilite a cobertura de necesidades básicas da cidadanía e o sostemento do planeta. E cal é a alternativa ao sistema capitalista? Nunca na historia houbo alternativas preparadas. Cando desapareceu o feudalismo e chegou o capitalismo non avisaron que ás doce terminaba un e ás doce e un minuto comezaba o outro. Foron cambiando as estruturas económicas, os señores feudais foron perdendo o seu poder, os burgueses das cidades fórono gañando. Naceu o capitalismo comercial, despois outro financeiro e industrial. E estamos nese proceso cara a un capitalismo máis humano que permita que a xente poida cubrir as súas necesidades. \"Os medios de comunicación metéronlle o medo aos cidadáns e a xente aínda ten o temor a perder as pequenas cousas que lle quedan\" Con máis de seis millóns de parados, como é posible que non se produza un estalido social? Os medios de comunicación metéronlle o medo aos cidadáns e a xente aínda ten o temor a perder as pequenas cousas que lle quedan. Se a historia da humanidade funcionase así, nunca se progresaría. Se os primeiros obxectores de conciencia ao servizo militar non asumiran a vontade de ir tres anos ao cárcere, o servizo militar seguiría vixente na actualidade. Se as persoas de cor en Estados Unidos non se rebelaran contra a discriminación racial, os negros aínda irían de pé nos autobuses. A nosa obriga moral é perder o medo e rebelarnos contra este sistema enfermo, caldo de cultivo para a corrupción e con políticos e bancos que tanto dano están a facer. A desobediencia civil pode ser unha forma de rebelión? Si, sempre que sexa pacífica e non violenta. Está preparada a sociedade para ese movemento? Si. Creo que agora as circunstancias son moi favorables para que isto se emprenda. Deteriorouse tanto a situación que non hai outra alternativa. Voulle contar un caso que ocorreu en Barcelona hai uns anos. Cando concluíu a guerra de Iraq formouse un consorcio de 24 bancos a nivel mundial para captar fondos para a súa reconstrución. Curioso, non si? Que os que máis axudaron a destruír Iraq agora tamén se queren lucrar coa súa reconstrución. La Caixa formaba parte do consorcio e en Barcelona non gustou nada esa idea. Así que organizamos unha campaña en tres fases. Na primeira, repartimos adhesivos coa lema \"A Caixa gaña diñeiro co sangue dos iraquís\". Nun segundo momento, un grupo de 80 voluntarios visitaron oficinas da Caixa para entrevistarse cos seus directores e preguntarlles por Iraq. E a terceira fase consistiu en que un grupo de 25 persoas se achegaban en horas punta ás oficinas da Caixa e se puñan a berrar que rompían as súas contas coa entidade pola súa actitude en Iraq. Ao cabo dunhas semanas, chamáronnos os responsables e pedíronnos que deixásemos a campaña. A cambio de que?, preguntámoslles. Uns días máis tarde abandonaron o consorcio. Sempre se pode conseguir que a sociedade secunde iniciativas organizadas de desobediencia civil, de resposta ao poder establecido. \"Dentro de dous anos celebraremos unhas primarias para formalizar unha candidatura. Así, quitámonos a mala conciencia de dicir que hai que cambiar as cousas e non tentalo\" Vostede xa buscou unha fórmula para Cataluña, unha plataforma que reúne cidadáns indignados e movementos de esquerda co que pretende participar nas próximas eleccións ao Parlamento catalán. Eu crin niso, pero podo equivocarme. Hai tanta xente que protesta que sería positivo que se unise. Á crítica fáltalle dimensión política para tirar cara a adiante. A esquerda debería aprender e preparar máis este tipo de actuacións, porque coa dereita é imposible, xa que só mira a carteira. Eu non pertenzo a ningún partido, por iso en Cataluña expuxen unha fórmula de coalición electoral: movementos sociais, persoas individuais e correntes de esquerda. Todos subsumidos nunha candidatura de protesta con vistas ás eleccións en Cataluña. Xa se adheriron máis de 30.000 persoas e empezamos por reunións en pequenos grupos locais. Dentro de dous anos celebraremos unhas primarias para formalizar unha candidatura. Así, quitámonos a mala conciencia de dicir que hai que cambiar as cousas e non tentalo."}
{"ID": "NOS_21847", "summary": "O concello de Ames acolle a mostra itinerante \"Nós somos Elas\", promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e pola área de Igualdade da Deputación da Coruña. Unha exposición que logo de Ames viaxará aos concellos de Zas, Laxe e San Sadurniño.", "text": "O concello de Ames acolle a mostra itinerante \"Nós somos Elas\", promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e pola área de Igualdade da Deputación da Coruña. Unha exposición que logo de Ames viaxará aos concellos de Zas, Laxe e San Sadurniño. \"Nós somos Elas\" recolle imaxes do Arquivo Vidal ás que acompañan textos de 24 poetas, entre elas: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Emma Pedreira, Eva Veiga, Lucía Aldao, Marica Campo, María do Cebreiro ou Yolanda Castaño. Coa mostra quérese pór \"o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes\", explican desde a organización. Unha serie protagonizada por mulleres acompañadas dos seus fillos e das súas fillas, que constitúen os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, e pertencentes á colección permanente do Museo de Mar de Laxe. Un arquivo composto por máis de 67.000 imaxes realizadas de finais do século XIX até finais do XX por José María Vidal e por seu pai, Plácido Vidal. Dous retratistas da vida cotiá de Laxe e da comarca, por cuxas cámaras pasaron todos os acontecementos sociais da época. \"Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae as mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas\", sinalou na apertura a deputada, María Muíño. A exposición instalouse na praza da Maía, en Bertamiráns, e contou na inauguración, ademais de coa deputada Muíño, co alcalde e co tenente alcalde de Ames, Blas García e David Santomil, e coas concelleiras de Cultura, Natividade González, de Igualdade, Luísa Feijóo, e de Mocidade, Escarlata Pampín."}
{"ID": "NOS_5483", "summary": "A asociación cultural A Pomba do Arco vai para as tres décadas de existencia. Case 30 anos de pular desde Foz polo idioma e a cultura do país. Esta quinta feira acollerán a presentación do libro 'As contas que nos contan', de Xosé Díaz, un acto a engadir á longa lista de actividades.", "text": "A asociación cultural A Pomba do Arco naceu en outubro de 1989, tomando o nome dun poema do surrealista francés Robert Desnos. (\"Maldito / sexa o pai da esposa do ferreiro...) Presentouse ao público co maxistrado Xoán Xosé Barreiro e a catedrática Pilar García Negro como 'padriños'. Desde entón, vai para 28 anos, A Pomba do Arco caracterizouse por impulsar múltiples actividades en eidos que abranguen desde a cultura até a historia, pasando por outras, como as viaxes ou a creación de clubes de xadrez ou lectura. Falamos con Xoán Fernández Palacios, presidente desde hai seis anos da asociación que esta quinta feira (20:30 horas, libraría Bahía) presentan o libro 'As contas que nos contan', de Xosé Díaz e editado por Sermos Galiza. - Máis unha presentación dun libro en Foz e máis unha vez da man de A pomba do Arco. A divulgación é un dos compromisos que mantedes desde a vosa constitución en 1989, non é? - Un dos nosos grandes intereses é a defensa e promoción da cultura galega, a súa difusión. Desde o principio apostamos en presentar libros en Foz, traendo os seus autores e facilitando así que a xente os coñeza e haxa diálogo, debate. Queremos divulgar de todos os estilos, de poesía, narrativa, ensaio... o único requisito é que estean en galego. Para esta voz escollemos este. Cando falamos na directiva pareceunos acaído porque fala de economía mais explicando moi ben como nos afecta no peto, e iso sempre interesa (ri). - Mais a presentación de libros non é ao que se limita as actividades que facerdes desde esta asociación, que tedes fama de bule bules... - Ao longo de todos estes anos puxemos en andamento diferentes iniciativas. Como a Festa da Palabra, na que nas últimas edicións tivemos xente como María lado ou Fran Amil. Editamos os libros 'Pedimos a palabra' na que alternan poetas focegos con outros máis consagrados... Outra das facetas que nos interesa e na que nos implicamos é a da recuperación, como a dos cantos e coplas de Carnaval, que era unha tradición moi vina en Foz e na Mariña e que se perdeu cando foi devalando o carnaval tradicional. A través de 'Touporroutou' deixamos unha caixa polos bares onde a xente pode deixar anonimamente as súas coplas, que despois nós cantamos chegado o día... - A historia, nomeadamente a local e a contorna, é outro dos campos nos que traballastes durante todos estes anos - As xornadas de historia local levan máis de 20 edicións... fanse no verán na Casa da Cultura e hai que dicir que o salón, de máis de 100 cadeiras, fica pequeno, tendo a xente que estar polos corredores. Son catro días adicados á historia de Foz e da contorna, na que veñen diferentes historiadores e expertos. A maiores, temos o programa 'Coñecendo Foz', no que procedemos a facer visitas guiadas a eses sitios que aquí todo o mundo coñece pero apenas ou nunca foi. Por exemplo, o Pazo de Fontao. Era para 25 prazas e fomos 40. Ademais ficou en lista de agarda 22 persoas polo que haberá que repetir no verán (ri). - Cambiaron moito as cousas nestas tres décadas? Nós procuramos non vivir das subvencións. Hai asociacións que dependían das axudas da Xunta ou Deputación e cando estas diminuíron non puideron seguir. Se mañá desde as administracións deciden non darnos un euro nós seguiriamos coas nosas actividades como até agora. Continuamos a usar aquilo que se usaba hai anos, o compromiso. - Como resumiría o que significa Pomba do Arco? Continuamos a gora a ser como cando nacemos, un grupo de rapaces e rapazas que lle poñen moitas horas e ilusión para facer todas estas cousas das que esivemos falando. E a mellor recompensa é a asistencia, é o mellor premio. Sen a xente que vén a eles todo isto non tería sentido."}
{"ID": "NOS_38528", "summary": "A milicia islamista Al Shabab, vinculada a Al Qaeda, mantém retidos perto de 30 reféns desde hai 24 horas no centro comercial Westgate, em Nairóbi, onde un ataque matou no mínimo 59 persoas e feriu 175. Soldados israelianos están a tomar parte na operación de resgate dos reféns.", "text": "O brutal ataque produciuse este sábado, cando 10 militantes de Al Shabab entraron no centro comercial, arrebolaron granadas e tirotearon as persoas que se achaban na local. O centro comercial foi parcialmente tomado polo Exército queniano que, segundo o Goberno, xa conseguiu resgatar máis de mil persoas. Mais ainda fican dentro do edificio milicianos de Al Shabab, que manteñen retidos arredor de 30 reféns. 50 vehículos blindados están a tomar parte nos labores de resgate, nos que tamén están a participar soldados israelianos. O Estado sionista xustifica esta intervención porque parte da propriedade do centro comercial pertence a empresarios israelianos."}
{"ID": "NOS_31795", "summary": "Óscar Carrete leva unha semana colaborando, como voluntario, nos labores de extinción de incendios no Courel. Narra, en primeira persoa, o \"caos\" que padeceron durante as peores xornadas. Exemplifícao co lume que arrasou a aldea de Vilar, onde ficaban dúas persoas tratando de conter as lapas e que carecían de auga suficiente, cando \"había unha carroceta parada, sen condutor, a escasos cinco quilómetros de alí\". Asegura que con máis medios \"a catástrofe nos sería tal\" e carga contra a xestión da Xunta da Galiza.", "text": "Hai unha semana rexistráronse os primeiros lumes no Courel, como explica que a día de hoxe continúen sen controlar? Que o Courel leve máis dunha semana ardendo é pola suma de diversas circunstancias: a climatoloxía; que houbese centos de hectáreas de plantación de piñeiros seguidas, desde Carballal-Mazo, Froxán-Vilar e Santa Eufemia; a falta de medios de extinción, que ademais estiveron mal organizados; que dirixan un lume e os desaloxos desde a explanada dunha gasolineira... Se o queren organizar peor, non son capaces. Moito posto de mando avanzado, onde centralizaron todo, e isto é un caos. Na aldea de Vilar, dúas persoas que quedaban alí non tiñan auga dabondo, cando sabemos que había unha carroceta parada sen condutor a escasos cinco quilómetros. Leva participando desde o día 15 de xullo como voluntario nos labores de extinción de incendios no Courel, que botou en falla en todos estes días? Estes días deime conta de que ante unha catástrofe deste tipo, hai que confiar na veciñanza porque ás Administracións, desde unha gasolineira ou desde Santiago, impórtaslles un \"nabo\". 25 veciños e un bombeiro forestal con motobomba evitan que o lume arrase a parroquia de Folgoso Cando ves que desaloxan unha aldea e que os veciños quedan para defendela, comezas a facerlle fronte o lume, e dáste de conta do que podemos chegar a facer estando unidos e traballando en equipo. Aí non che importa nin o risco que corres nin as posibilidades que hai de salvar a aldea; fas o posíbel para salvala... aínda que te deixes a pel nela. Unha das queixas é a falla de medios materiais e humanos para combater o lume, mesmo que o concello non contase con brigadas municipais de extinción. Cre que con máis persoas e equipos se podería evitar a magnitude da traxedia? Desde logo, con máis brigadas e con outros medios, a catástrofe non sería tal. Non pode ser que as 10 ou 15 brigadas dos concellos do distrito estivesen aínda sen contrato en vigor por burocracia, en plena vaga de calor en xullo. Aínda así, moitos que xa tiñan os EPI, estiveron de voluntarios toda a semana. Os incendios deixan tras súa importantes consecuencias no ámbito económico, social e medioambiental, que valoración fai diso? Todo o que se faga no Courel non servirá para reparar o causado. Haberá quen saque tallada das axudas, pero os que amamos o Courel de verdade, nin por todo o ouro do mundo quereríamos que iso ocorrese. As axudas creo que deberían ir encamiñadas nun primeiro momento aos prexudicados directos, propietarios, gandeiros e empresas locais afectadas, que dunha ou doutra maneira vivan do turismo, pero sen esquecerse de aprender para que non se repita. A prevención é clave, así como mellorar os plans forestais, que haxa pozos de carga de auga en cada aldea, bocas de incendios e mangueiras, accesos para poder cargar no río, etc. Cómpre facer cumprir a Lei de Montes de Galiza e a faixa de seguridade de 50 metros nas aldeas. Toda repoboación debería ser con árbores froiteiras, ou frondosas. As mimosas que rebroten deberíanse erradicar, as pistas forestais deberían anchearse e facelas transitábeis... Resumindo, todo o que tanto o Concello como a Xunta, que son os que teñen competencia nisto, non o fixeron até o de agora. Desde logo, non nos calarán, esixiremos responsabilidades, para que non se repita tal incompetencia. Penso que todo Folgoso debería considerarse zona catastrófica, xa que iso implicaría medidas medioambientais, sociais, laborais… Quería aproveitar para dar as grazas a tanta e tanta xente que axudou na extinción, aos equipos que dobraron quendas, aos veciños que voluntariamente percorreron aldeas en perigo... pois sen eles, Folgoso do Courel tería oito aldeas menos. E tamén agradecer a toda esa xente que colaborou con bocadillos e comida, mesmo tendo que estar desaloxada. Agardo que saibamos renacer dunha outra maneira, e evitando erros do pasado."}
{"ID": "PRAZA_1634", "summary": "A súa Conferencia Política sinala \"as mareas, a cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista\" como eixos dunha posible lista e desbota as fórmulas electorais que \"entenden unha candidatura galega como un apéndice dunha outra marca de ámbito estatal\"", "text": "A Conferencia Política Nacional de Anova, celebrada este sábado en Compostela, aprobou unha resolución sobre as vindeiras eleccións xerais e os posibles procesos de confluencia que se poidan dar. \"As mareas, xunto coa cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista constitúen os tres piares nos que debería cimentarse unha alternativa política e electoral de cara ás eleccións ás Cortes\", destaca. En canto ás fórmulas electorais concretas, Anova considera que \"existen algunhas fórmulas electorais que non responden aos obxectivos estratéxicos de creba democrática, protagonismo da cidadanía, proceso constituínte e libre decisión do pobo galego como suxeito soberano\". Por unha banda, desbota as propostas \"que entenden unha candidatura galega como un apéndice –electoral– dunha outra marca de ámbito estatal\". E, pola outra, salienta que aínda que Anova pulará \"por unha alternativa nacional galega, pois o suxeito debe ser a cidadanía galega\", descarta tamén \"unha candidatura exclusivamente formada polo nacionalismo organizado\". A formación considera que son \"as mareas, xunto coa cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista constitúen os tres piares nos que, ao entender de Anova, debería cimentarse unha alternativa política e electoral de cara ás eleccións ás Cortes\" No documento, Anova reclama \"diálogo político\" entre os distintos axentes sociais e políticos, priorizando \"procurar a onde imos e que queremos lograr\" antes ca \"un diálogo sobre fórmulas de confluencia baseadas na demoscopia e na submisión ao mercado electoral\". \"Falar antes de fórmulas electorais que de obxectivos políticos é poñer o carro diante dos bois\", engaden. \"Toda fórmula electoral será exitosa no noso país se existe unidade en base a obxectivos claros a favor da maioría social e respectando Galiza como suxeito soberano en todos os contextos, tamén no das eleccións ás Cortes do Estado\", subliña. A formación considera que son \"as mareas, xunto coa cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista constitúen os tres piares nos que, ao entender de Anova, debería cimentarse unha alternativa política e electoral de cara ás eleccións ás Cortes\" e reclámalles a súa participación nun proceso de configuración dunha alternativa a novel nacional: \"Estes procesos de confluencia local, ao noso xuízo, serían incompletos sen unha confluencia a nivel nacional, por canto o suxeito colectivo é a nación. As mareas teñen hoxe responsabilidades institucionais moi grandes no nivel local, mais tamén a responsabilidade de non ficar tan só en procesos locais ou localistas\". En canto aos debates ao redor da \"unidade do nacionalismo\", Anova salienta que \"a nación a constitúen todos os cidadáns e cidadás, e non só os militantes nacionalistas\". \"Isto é, non son as organizacións partidarias nacionalistas quen encarnan o suxeito político\", subliña. En consecuencia, engade, \"non está entre os obxectivos de Anova a unidade do nacionalismo, entre outras cousas porque o nacionalismo non é unha ideoloxía, senón que existen diversas ideoloxías nacionalistas que, pudendo confluír ás veces en obxectivos comúns, poden e de feito son diverxentes na forma de entender a supervivencia e benestar da nación\". \"Falar antes de fórmulas electorais que de obxectivos políticos é poñer o carro diante dos bois\" Anova mantén a súa aposta pola \"Fronte Ampla e a Unidade Popular\", como fórmulas \"para a axudar a construír ese espazo político de ruptura co actual réxime e camiñar, sempre co protagonismo cidadán como bandeira, cara a horizonte dun novo proceso constituínte que, para nós, deberíase cristalizar en: dereito a decidir, república, democracia radical e novo modelo económico e social\". Descarga a resolución aprobada na Conferencia Política Nacional de Anova (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_5934", "summary": "Puntúase se a muller non se presenta en disposición do seu ser. Se dispón del, entón é castigada. O corpo feminino está proscrito para adoptar, como tal, unha posición de suxeito.", "text": "Z non era sospeitosa de reproducir a feminidade mandada, todo xénero é mandado. Era ácrata en todo. Viña dunha casa na que, de feito, o menos home era o pai e algúns instrumentos da masculinidade eran cousa das mulleres Z non era sospeitosa de reproducir a feminidade mandada, todo xénero é mandado. Era ácrata en todo. Viña dunha casa na que, de feito, o menos home era o pai e algúns instrumentos da masculinidade eran cousa das mulleres. É común, din, que femias cuxa forza non se compón coa forma débil que, arraigada na cultura –e arraigada a cultura no inconsciente-, se lle presupón á muller, adopten comportamentos propios da masculinidade. Así que, claro, non todos os homes nin todas as mulleres son iguais, para iso están presentes todas as semióticas posibles do xénero, para irse modelando segundo o que se vaia podendo, con mecanismos de adherencia ou de resistencia aos modelos da santa familia e do resto da sociedade, que trata, victorianamente, segundo o corpo que ve. O obxectivo vital do individuo é que as forzas se manteñan en equilibrio, posiblemente fráxil. Pero, masculinizada ou non, dá igual: unha boca nun corpo de muller non pode exhibir o desexo alegremente. Z sabíao ben Fráxil xa non estaba Z, despois de longas peregrinacións cos xeonllos sangrando en torno á igrexa, agardando unha luz, que viu finalmente: a súa. Toda a enerxía antes dilapidada ocupaba agora o seu corpo e a través del quería ser expresada. Era unha ola express e o vapor ía pitando a súa lexítima necesidade. Pero, masculinizada ou non, dá igual: unha boca nun corpo de muller non pode exhibir o desexo alegremente. Z sabíao ben. Mesmo, ao principio, os amigos adoitaban retraerse fronte ao que non é propio de señoritas. Pero tamén sabía que dispor do desexo coincide coa disposición do ser. Así que acabaron por entender que non era unha señorita e xa podían tratala con camaradería: tras pasar tres ou catro rituais de iniciación xa pertencía ao que en antropoloxía se chama a comunidade dos iguais, iguais varóns, enténdese. Ela sabía ser o máis macho de todos, para, antes de nada, protexerse dela mesma, que, desgraciadamente, tamén estaba construída pola mirada social. Así que sabía dicir, con non imaxinades que sublime mestría e culpa (por non ser unha señorita?): espelliño, espelliño máxico, cal é o máis imbécil do barrio? E o imbécil aparecía, coa maxia do espello, na súa cama. E na cama, hai que ter conta, pois coas defensas baixas contáxianse todos os fungos... Tras pasar tres ou catro rituais de iniciación xa pertencía ao que en antropoloxía se chama a comunidade dos iguais, iguais varóns, enténdese -Queres colaborar cunha ONG, insistiu un itinerante, ditosa mobilidade laboral! -Non, pero queres colaborar ti comigo?, dixo transmitiu. -Marcho mañá. -Perfecto! O tempo preciso, emitiu Z en toda unha declaración de intencións. Unhas copas nas que el falou do seu corazón roto, do que era querer, a xente non sabe querer, non soporto que mo digan aos tres días, coma se nada!, laiábase, mentres ela loitaba por manterse impertérrita pero algo empática. Ora ben, a empatía non podía exceder o asentamento coa cabeza: o desencanto era propiedade exclusiva del. Así que se repetía: veña, aguanta un pouco, todo sexa polo pracer (?). Lembraba como lle explicara algún ex, dos que Z aprendera moitas leccións: -As tías podedes dicir dun tío: está bo, pero é un imbécil... Nós non, nós dicimos: está boa. É imbécil. E que?! E a partir da fragmentación do ser, toda a fragmentación posible dos corpos, pois somos os colofóns da sublime Modernidade. Ía ser un tío. No fondo, as mulleres emancipadas son as anarquistas no mundo do eterno feminino, I can do what I want, I'm in complete control, mesturaba a Etta con Nietzsche. Protexéndose, vingábase? -Vou un momento ao servizo, avisou, para descansar. E xa antes de subir as bragas leu no móbil con certo agobio, pois o polvo seguía en xogo: \"adórote\". Espelliño, mirábase, serei eu a idiota? Boh! Non somos iguais: ela tamén tivera outro mozo que só facía o amor, que dicía que el non fodía nunca, créndose puro ou algo así. Tivo que contestarlle outra rapaza, unha das varias coas que tamén se deitaba, mentres Z pechaba os ollos da intelixencia: home, eu non vexo nada de amor... Ah.... acaso non é esta a forma que teñen os débiles de captar o desexo do outro? -\"Eu son moi tía\", dixo el, pretendendo algo romántico. Era mentira, el era moi tío: cando unha femia expresa, anomicamente o seu desexo, o varón adoita desconcertarse. Outra cousa é como o xestione Con esta preparación saíu do bar coa clara intención de ter sexo inmediatamente e non ter que escoitalo máis, para ser así capaz de encadrar esa experiencia na campaña Podes foder sen humillarme?, que tivera que pór en marcha por causas que xa se explicarán noutra ocasión. Todo fluía como se flúe con alcol, ata que nalgún repregamento do fluxo ela cantou jump into my fire! Ah, non, entón non... -Eu son moi tía, dixo el, pretendendo algo romántico. Era mentira, el era moi tío: cando unha femia expresa, anomicamente o seu desexo, o varón adoita desconcertarse. Outra cousa é como o xestione. Algún confesáralle: \"se dis non, heite perseguir ata terte, se dis si, xa non me pon.\" Si, si. Ese era un caso extremo, pois as mulleres poden mostrarse sexualmente abertas, receptivas, pasivas grazas á liberación sexual, poden e deben ser, como en Alphaville, sedutoras de nivel 3, sedutoras de nivel 2,... esas mutacións xenéticas, pero xamais dicir: eu, eu quero. Así que a masturbou, con culpa e necesidade dalgunha pequena gratificación narcisista, pretendendo excitala coas súas fantasías de servo: quería ser dominado, punido e redimido. Curiosa civilización que nos dispón a ser sometidos ao poder do outro, porque así tamén se consegue poder, pero non a soportar a libre expresión da súa potencia. -Gústasme moito, gústasme moito como persoa, repetía el, interrompéndose, se ata tes as tetas que me gustan! -Pois ti tes unha pirola que non me entusiasma, non dixo Z, con compaixón, pois non quería punir a ninguén, tampouco a ese varón que, pobre na súa sensibilidade, non estaba, claro, acostumado a escoitar xuízos sobre as partes do seu corpo. Pois no noso caso vai a muller e unha tarxeta para que o público puntúe. Puntúase se a muller non se presenta en disposición do seu ser. Se dispón del, entón é castigada. O corpo feminino está proscrito para adoptar, como tal, unha posición de suxeito Puntúase se a muller non se presenta en disposición do seu ser. Se dispón del, entón é castigada. O corpo feminino está proscrito para adoptar, como tal, unha posición de suxeito. Deborah de Robertis, diante d'A orixe do mundo, de Courbet, no Museo de Orsay, en París, realizou unha performance: ela estaba ensinando, non a cona pechada, ela ensinaba a vulva abrindo o orificio vaxinal, a orixe do mundo, precisamente, nos mitos pre-patriarcais. Ela ensinaba a vulva enteira fronte a reacción histérica das gardas de seguridade, que intentaban coa torpeza do odio impedir a visión. Como os escravos son os maiores gardiáns da escravitude! Como as escravas son as súas mellores reprodutoras! Díxolle un grande amigo: non hai democracias puras nin xéneros puros, pero existen abismos. Iso si E Z? De Z namorou un gay que estaba canso de sexo, e ela parecía o tío perfecto para ter o amor casto que el estaba desexando desenvolver. Díxolle un grande amigo: non hai democracias puras nin xéneros puros, pero existen abismos. Iso si."}
{"ID": "NOS_27173", "summary": "O portavoz nacional pide \"non tapar\" as \"discrepancias con nomes propios\".", "text": "Primeiro foi Martiño Noriega, ex alcalde de Compostela, e agora é Antón Sánchez, deputado, quen desliga a configuración dunha alternativa da 'esquerda rupturista' para o 5-A do debate de nomes e sitio nas candidaturas. \"Non tapemos as discrepancias con nomes propios se o que queremos é construír o espazo común\", afirma nun tweet publicado nas redes sociais esta terza feira. Sánchez, portavoz de Anova, ao igual que Noriega hai uns días, está disposto a non ir nunha candidatura se iso facilita un acordo entre os diferentes actores políticos que negocian una candidatura unitaria. \"Se o prezo dun bo acordo para derrotar a dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto, porque para min non vale nada\", afirma. O debate dos nomes non está na mesa, pero se o prezo dun bo acordo para derrotar á dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto,pq para min non vale nada. Non tapemos as discrepancias con nomes propios se o que queremos é construír o espazo común.#HaiQueBotalos— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) February 18, 2020"}
{"ID": "NOS_39974", "summary": "Malia a forte chuvia mais coa protección dos soportais de Raxoi, as vacas volveron á Praza do Obradoiro para reclamaren a retirada da sanción ao gandeiro da Sionlla por ter suxado as pistas co seu gando. As persoas participantes na concentración, convocada por BNG e Fruga, mostraban carautas de vacas.", "text": "\"Vacas si, multas non! Producir non é delinquir!\", foron algunhas das lendas que se sentiron ás portas do Pazo de Raxoi antes de comezar o pleno ordinario do mes de xaneiro. Persoas con carautas de vacas, convocadas por BNG e Fruga reclamaban desta maneira a retirada da sanción ao gandeiro da Sionlla que foi denunciado por ter suxado as pistas do concello co seu gando. \"Santiago está declarada como Zona de Especial Interese Agrario, e estas vacas están no rural\", sinalou a concelleira nacionalista Elvira Cienfuegos a defensa do dereito á produción gandeira no concello. Tamén Manuel Dacal, da Fruga, avogou polo dereito do gandeiro de que as súas vacas \"transiten pola pista do prado á explotación agraria\". \"O problema non é que as vacas ensucien a pista, o problema é que non queren as vacas en Santiago\", explicou Jorge Piñeiro, o gandeiro da Sionlla sancionado cunha multa de 500 euros. O concello de Compostela segue sen responder ao recurso presentado polo gandeiro coa petición da retirada da sanción. Para o BNG trátase dun \"novo e inaudito ataque á produción agrogandeira, sector estratéxico no noso país\"."}
{"ID": "NOS_50473", "summary": "Galiza leva sen conseguir novas transferencias desde que hai 12 Alberto Núñez Feixoo chegou á Xunta. Porén, o Goberno galego estima que \"o ritmo\" de transferencias só se \"atrasou\".", "text": "A pesar de que a Galiza leva sen conseguir ningún novo traspaso de competencias do Estado durante os 12 anos que Alberto Núñez Feixoo leva á fronte do Goberno galego, a Xunta considera que \"o ritmo\" de transferencias \"retardouse\" nos últimos anos, e apostila que esta situación afectou \"todas\" as comunidades autónomas. Así se expresou a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta, Blanca García-Señoráns, en resposta a unha pregunta formulada en comisión parlamentaria polo deputado do BNG Luís Bará, que afeou ao Goberno galego o \"incumprimento\" dun acordo da Cámara en 2020 sobre reclamación de competencias. A directora xeral incidiu en que a Xunta ve \"claro\" que ten \"prioridades\" á hora de reclamar competencias ante o Estado, entre as que citou a transferencia da AP-9 (pendente de tramitación no Congreso) \"porque é de xustiza para os galegos cando se están transferindo outras e liberando das peaxes\", así como a xestión do dominio público marítimo terrestre. García-Señoráns volveu incidir en que \"o atraso de competencias\" afectou \"todas as comunidades\", mais o certo é que tan só hai catro meses que Euskadi logrou catro novas competencias relativas á xestión de institucións penitenciarias. Na pregunta parlamentaria, Bará instou a Xunta a reclamar a transferencia de competencias pendentes. Cualificou de \"cinismo e hipocrisía\" as palabras de Alberto Núñez Feixoo afirmando que a solución ao baleirado dos encoros sería a transferencia da competencia sobre as concas hidrográficas desde o Estado á Galiza. Neste sentido, o nacionalista preguntou que fixo o Goberno galego durante estes 12 anos, xa que Andalucía ten competencias sobre as súas concas desde o ano 2009. O deputado asegurou que o PP prefire \"pór paus nas rodas\" e non reclamar unha soa transferencia ao Estado, \"Galiza no furgón de cola\". Bará recordou que o BNG reclamou cumprir o acordo parlamentario para abrir o proceso de negociación das transferencias mais o PP, afirmou, \"deixouno en papel mollado\". Aliás, criticou o interese do PP por conseguir a transferencia de Costas, \"polos abrazos\" con Ence e agora mostran a súa faciana \"máis hipócrita\" ante o baleirado dos encoros pedindo a transferencia das concas despois de 12 anos de \"parálise e boicot\"."}
{"ID": "QUEPASA_467", "summary": "O Mazaricos é máis líder da categoría logo de golear ao Sporting Zas e aproveitar que o Corme non foi quen de pasar a un Baíñas que quere seguir enganchado á zona alta da clasificación e loitar ata o final por eses postos de privilexio.", "text": "Pola súa banda, o Muxía salvou un punto nos últimos minutos ante o Monte Louro e perdeu a oportunidade de recortar diferenzas con respecto aos cormeláns. Mentres tanto, o Ponteceso superou pola mínima a un Cee que lle dificultou e moito as cousas aos da vila de Pondal e o Volantes de Baño acumulou a súa terceira vitoria consecutiva logo de superar a un sempre difícil Cerqueda. O San Lorenzo e o Malpica poñen terra de por medio cos postos de perigo despois de acadar sendas goleadas ante o Lira e o Ameixenda respectivamente. No duelo de necesitados desta xornada, Buño e Muros firmaron táboas en Xaviña para sumar un punto que lle serve de pouco a ámbolos dous. UD Monte Louro 3 – 3 Muxía CF UD Monte Louro: Isma, Abel (Raúl m.75), David, Borja, Pablo, Adrián (Yeray m.61), Iker (Dani de Sahorta m.64), Gelo, Ivi (Geiko m.59), Juan de Celia e Miguel. Muxía CF: Hugo, Michael, Brais (Gerardo m.82), Congui, Toja (Mario m.46), Víctor Alcaina (Pereira m.61), Manu Nogueira, Maikel, Isma Pose, Tomás, Mauro (Julián m.46). Goles: 0-1 m.6: Víctor Alcaina; 1-1 m.14: Juan de Celia; 2-1 m.28: Juan de Celia (p); 3-1 m.39: Gelo; 3-2 m.89: Manu Nogueira; 3-3 m.92: Maikel (p). O Muxía realizou unha primeira parte horrible pero a pesares disto, adiantaríase cun libre directo transformado por Víctor Alcaina. A raíz dese gol, o dominio foi para os homes de Óscar Leis e estes daríanlle a volta ao resultado cos goles de Juan de Celia en dúas ocasións e un de Gelo para chegar ao descanso co 3-1 no luminoso. Na reanudación, o Muxía trocou a súa imaxe totalmente e buscou sacar algo positivo do partido, pero Manu Nogueira e Mario, este último en dúas ocasións, non lograrían materializar as súas oportunidades. E non sería ata o tramo final do encontro cando Manu Nogueira a pase de Isma e Maikel de penalti verían portería para facer o definitivo empate a tres. CD Baíñas 1 – 1 Corme CF CD Baíñas: Paulo, Rodri, Naya, Ramón, Luis, Mayor, Esteban Rodríguez (Cristian Canosa m.66), Pablo Muíño, Oreiro, Toño e Capote. Corme CF: Suso (Illote m.73), Jesús, Pandi, Eloy, Manu Bermúdez (Samu m.76), Adrián Doldán (Alejandro m.73), Alejo, Lucas, Brais, Toniño e Javi Peón. Goles: 0-1 m.15: Manu Bermúdez; 1-1 m.66: Pablo Muíño. Na primeira metade, o Corme estivo mellor e Manu Bermúdez adiantaría aos seus cando transcurriran quince minutos de partido. Tras isto, Alejo tería dous mans a man para aumentar a vantaxe dos da vila do Roncudo pero o dianteiro non acertaría. Antes do descanso, Pablo Muíño puxo a proba a un Suso que evitaría que o Baíñas empatase na que foi practicamente o seu único achegamento de perigo. Tralo descanso, os vimianceses deron un paso adiante e gozaron de máis ocasións. Na medianía desta segunda metade, Pablo Muíño empataría o encontro cun tiro cruzado co que superou a Suso. A raíz do empate, ambos conxuntos volcaríanse para conseguir o gol da vitoria pero o resultado non se movería. UC Cee 0 – 1 Ponteceso SD UC Cee: Maikel, Jorge, Pablo, Patera, Carlos Leis, Martín, Javi, Iván Figueroa, Chema, Luis Lojo (Leo m.46) e Brais. Ponteceso SD: Brais, Adrián Pose, Eloy Trigo, Matias, Iván Rodriguez (Luca m.63), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Iago (Aday m.70), Puente (Charro m.62), Nando, Eloy Álvarez (José Suárez m.84). Gol: 0-1 m.15: Eloy Álvarez. Expulsión: O ceense Patera no minuto 94. Encontro moi disputado e moi físico que o Ponteceso comezou tocando moi ben pero o Cee soubo frear ben as embestidas e que estivo moi ben ao contragolpe. A primeira ocasión sería para os locais nun erro defensivo pontecesán que acabaría resolvendo Eloy Trigo. E do posible 1-0 pasaríase ao definitivo 0-1 despois dun pase en longo que aproveitaría Eloy Álvarez para superar a Maikel no man a man. Tralo gol, habería tres chegadas perigosas por parte do Cee nas que Adrián Pose e Brais serían capaces de desbaratar. Mentres que o Ponteceso buscaría aumentar a súa vantaxe cun tiro perigoso lonxano de Recarey que sairía fóra por pouco. No comezo da segunda metade, o Cee daria entrada o veterán Leo, quen sería un incordio para a defensa visitante, con moitas oportunidades durante o primeiro cuarto de hora da reanudación e incluso se lle anularía un gol por fóra de xogo. O gardameta pontecesán Brais sería un auténtico muro facendo unha gran actuación durante esta segunda metade, que vería como nos minutos finais, as interrupcións serían constantes, privando de ocasións de gol a ambos equipos. E de aí que se chegase ao remate do encontro, co 0-1 no marcador. Buño SCD 1 – 1 CD Muros Buño SCD: Brais, Manoliño (Erik m.46), David, Jorge Calvete, Petís, Fran, Borja, Yamouhamed (Amadou m.80), Álex, Alberto (Cristian m.46) e Matías. CD Muros: Xandre, Varo, Juachy, Dani, Pedro (Yerai m.58), Xaco, Álex Siaba, Saúl, Xavi, Yanky, Suso Pata (Gael m.75). Goles: 1-0 m.32: Borja; 1-1 m.37: Juachy (p). O Muros dominou unha primeira metade na que os homes de Bibi contaron con dúas boas ocasións xa no treito inicial para adiantarse, pero Álex Siaba non lograría ver portería. Na primeira delas, polo acerto de Brais e na segunda, pola madeira. Pasada a media hora do encontro, Borja adiantaría ao Buño na súa primeiro achegamento de perigo. Tras isto, o debutante Yanky tratou de dar a resposta pero o seu remate sacaríao un defensa baixo paus. E pouco despois, Juachy aproveitaría un penalti sobre o propio Yanky para facer o 1-1 que resultaría definitivo. Antes do descanso, Suso Pata tería a última logo dun bo pase de Yanky pero o seu remate forzado atallaríao Brais sen problemas. A segunda metade sería un pouco de tolos e as ocasións sucederíanse para ambos conxuntos pero os gardametas gañaríanlle a partida aos ataques, polo que o marcador non se movería e habería reparto de puntos. SD San Lorenzo 5 – 0 Lira CF SD San Lorenzo: Benjamín (Rubén m.77), Fidalgo, Luciano, Kuki (David Lorenzo m.50), Jose (Alberto m.65), Fran (Styven m.65), Ures, Pablo Garrido, Juanjo (Rudi m.54) e Pablo Díaz. Lira CF: Baitir, Óscar, Cristian (Demetrio m.58), Josiño, Gabi da Anchoa, Óliver, Cristian Caamaño, Mamadou, Borja, Raúl e Toni. Goles: 1-0 m.13: Brais; 2-0 m.27: Pablo Garrido; 3-0 m.44: Ures; 4-0 m.58: Brais; 5-0 m.69: David Lorenzo. Expulsión: O liracho Josiño no minuto 30 por dobre amonestación. Primeiros dez minutos de tanteo, cun achegamento do Lira que daba de forma involuntaria na man de Fidalgo e trala cal, o colexiado decidía non sinalar nada. O Lira xogaba coa liña defensiva moi adiantada e nun balón ás costas da defensa, Brais definía ante o porteiro, poñendo o 1-0 no electrónico. Tras este gol inicial, chegarían os mellores momentos dun Lira que tería dúas boas oportunidades para devolver as táboas ao marcador pero Benjamín e Juanjo evitaríano sobre a mesma liña de gol. E do posible 1-1 pasaríase ao 2-0 despois dunha xogada por banda entre Kuki e Pablo Garrido que resolvería este último cun gol pola escadra. Tras isto, os visitantes arriscarían un pouco máis e Ures nunha gran cabalgada dende a esquerda iría desfacéndose de defensores para definir á perfección e poñer o 3-0 ao fío do descanso. Segundo tempo con pouca historia, xa que o Lira acusaría a expulsión sufrida no minuto 30 e vería como os verdilleses facían dous goles máis despois de que Brais materializase un man a man con Baitir e de que David Lorenzo cabecease un centro de Styven ao fondo da rede. Volantes de Baño FC 2 – 0 UD Cerqueda Volantes de Baño FC: Marcos, Juan do Sivil, Mou, Santi, Godo, Pesco, Berto (Rapante m.89), Rachón (Raúl m.52), Jano, Miguel (Tiko m.89), Álex Pri (Cajulo m.59). UD Cerqueda: Diego Dourado, Atu (Martín Castro m.60), Javi Souto, Javi Pazos (Bastón m.79), Gonzalo, Manu Guillamet, Lorenzo, Ceide, Dani, Molinos (David Dourado m.66), Míchel (Cholo m.53). Goles: 1-0 m.2: Berto; 2-0 m.41: Álex Pri. As cousas poñerianselle moi de cara nada máis comezar a un Volantes de Baño que aos dous minutos xa gañaba por 1-0, despois de que Berto non desaproveitase un servizo de Pesco para superar a Diego Dourado. Logo deste gol temperán, o Cerqueda tería máis balón ante un equipo que se repregaría e trataría de defender, practicamente en campo propio, para intentar saír á contra. Puido empatar o conxunto visitante pero o colexiado anularíalle o gol aos cerquedáns por unha protestada falta sobre o gardameta local. E a falta de catro minutos para o tempo de lecer, unha nova asistencia de Pesco aproveitaríaa Álex Pri para superar a Diego Dourado e poñer o 2-0 no electrónico. Na reanudación, o Cerqueda arriscou un pouco máis pero non encontrou premio nunha segunda metade na que ambos conxuntos tiveron as súas ocasións, que non souberon materializar. SCD Malpica 7 – 1 SD Ameixenda SCD Malpica: Lamas, Cristian (Dimitri m.46), Belar, Fuentes, Capelán (Marcos m.46), Laik, Gonzalo (Aitor m.61), Roberto, Mante, Andy (Martín m.57) e Jairo. SD Ameixenda: Bicho, Castrexe, Juanfran, Javichu, Bruno, Po, Cristian (Álex m.68), Bichiño (Yago Costa m.34), Susiño, Mataso e Saulo. Goles: 1-0 m.5: Mante; 2-0 m.9: Gonzalo; 3-0 m.11: Andy; 4-0 m.48: Marcos; 5-0 m.74: Martín; 5-1 m.77: Álex; 6-1 m.80: Marcos; 7-1 m.88: Martín. Expulsións: O adestrador visitante Julio Vila con cartón vermello directo no minuto 44 e tamén ao xogador do Ameixenda, Bichiño, por dobre amonestación no minuto 83 cando xa estaba no banquiño. Partido con pouca historia e que se resolveu nos primeiros once minutos, tramo de tempo no que os goles de Mante, Gonzalo e Andy poñía un 3-0 no marcador que deixaban o encontro practicamente visto para sentenza. Coa vantaxe de tres goles no marcador, o restante da primeira metade foi de dominio total duns malpicáns que puideron aumentar a súa vantaxe pero Andy e Jairo non convertirían as súas ocasións e chegaríase ao tempo de lecer co resultado coñecido de 3-0. Por se fose pouco para os ceenses, nada máis reanudarse o partido coa segunda metade, estes recibirían o cuarto despois de que Marcos lle gañase a espalda á defensa visitante e superase no man a man a un Bicho que tivo que poñerse de novo baixo paus. Este gol fixo que a intensidade do encontro baixase e que a igualdade fose a tónica predominante do mesmo, aínda que nos minutos finais, Martín faría o 5-0, o ceense Álex recortaría distancias cun bo gol dende a frontal da área e, Marcos e de novo Martín pecharían o partido con dous goles máis para poñer o definitivo 7-1, que reflexa o que aconteceu na Pedra Queimada. Mazaricos CF 4 – 0 Sporting Zas Mazaricos CF: Miguel, Cutu, Borja (Thiago m.66), Carreira, Mario (Martín m.75), Piki (Amoedo m.82), Estéfano, Capelo (Barbeira m.63), Pereiro, Yago Dosil (Roberto m.67) e Pose. Sporting Zas: Vázquez, Pablo Vidal (Amado m.46), Josito, Rubio, Dani Mato, Brais (Rubén m.46), Fabi, Juan (Lody m.46), Manu, Santi (Tefi m.73), Carra (Miguel m.64). Goles: 1-0 m.1: Capelo; 2-0 m.12: Mario; 3-0 m.18: Mario; 4-0 m.73: Barbeira. No primeiro minuto de partido, unha boa acción colectiva aproveitaríaa Capelo para poñer o 1-0 no marcador case sen tempo para que ambos equipos se asentasen sobre o terreo de xogo. Logo deste temperán gol, emerxería a figura de Mario para reflexar no marcador o bo facer do Mazaricos neste encontro no que foi moi superior e no que aos dezaoito minutos xa vencían por 3-0, despois de que o habilidoso xogador mazaricán non perdoase en sendos mans a man. O propio Mario puido completar o seu particular hattrick antes do intermedio pero non foi quen de materializar a ocasión coa que contou. Nesta primeira metade, o Sporting Zas tan só tería un achegamento de perigo e sería nun lanzamento de falta que solventaría Miguel en dous tempos. Na reanudación, o Mazaricos seguiría ao seu pero Estéfano e Capelo non acertarían para facer o cuarto dos seus. Quen non perdoaría sería Barbeira logo dunha boa acción individual de Carreira, para facer o 4-0 co que se chegou ao remate do encontro."}
{"ID": "NOS_30583", "summary": "O presidente da Xunta volveu negar que houbese precariedade de medios para combater os incendios e reiterou o argumentario do \"terrorismo\" incendiario. Aproveitou, de paso, para acusar algúns concellos de \"non querer\" brigadas municipais financiadas pola Xunta e dicir que a oposición empregaba \"politicamente\" a xente nas manifestacións.", "text": "Non figuraba a cuestión dos incendios na orde do día da sesión de control ao presidente da Xunta desta cuarta feira porque as perguntas rexístanse con anterioridade e porque a maioría do PP vetou unha alteración do pleno para axustar o seu desenvolvimento á análise da vaga de lumes. Mais a realidade sempre se abre paso e, como cabía agardar, a actualidade dictou a súa lei e as lapas apareceron no combate dialéctico entre presidente e oposición. Non sen polémica, certo. O presidente da Cámara, Miguel Santalices, a ollos das bancadas populares con falta de reflexos, tolerou que Ana Pontón dedicase a súa intervención a este asunto e non ao que figuraba orixinalmente na súa pergunta a Feijóo, a fuga de empresas da Galiza. Leiceaga, o portavoz do PSdeG, anunciou unha queixa formal: \"A alteración de facto na orde do día deixa a oposición na indefensión\". Santalices cortou a Luis Villares (En Marea) cando este iniciaba a súa exposición falando de lumes para instarlle a reconducir a pregunta á estipulada, Lei de Sanidade, mais as respostas de Feijóo si que versaron sobre os incendios. Por momentos, un 'guirigay' parlamentar. Ana Pontón instou o presidente a non se esconder detrás das existencia de tramas ou \"terroristas\" incendiarios e a apostar nun cambio real de políticas para o rural e o monte. Pediulle a nacionalista que recoñecesen os erros cometidos e que se comprometese nesa liña a unha comisión de estudo do fenómeno dos incendios, visando unha modificación da política forestal e de combate contra os fogos. Unha base sobre a que poder erguer pactos amplos que garantan \"enterrar o negocio do lume\" e cambiar a xestión forestal. Feijóo pasa Non recolleu a luva Feijóo. Para alén de reiterar un argumento que o goberno e PP multiplican estes días (nunca houbo un outubro con tantos medios como este), acusou o BNG de non ter palabras de condena para os incendiarios. \"Toda a condena é para a Xunta\". Esta mesma liña seguiu o presidente cando pasou a ler a carta dun asistente ás manifestacións desta segunda feira na que se queixaba de que as mobilizacións foran empregadas politicamente. Nen unha palabra, desde logo, sobre a posibilidade dunha comisión de investigación ou un pacto e acordo contra o lume. \"Que pasaría se non chega a chover?\" comezou preguntándose Luís Villares (En Marea), que dixo que a xente\" se sentira abandonada polo seu goberno no que define como \"Domingo negro\". Santalices instouno a centrar a súa pregunta na Lei de Sanidade, tal e como se fixara hai días –antes da vaga de lume- na xunta de portavoces. Villares defendeu o dereito a realizar unha intervención explicativa. Na súa resposta, e como xa é habitual en Feijóo cando se enfronta a Villares, o titular da Xunta recorreu a argumentos 'ad hominem' e voltou a repetir algo que xa lle dixera a Ana Pontón: hai concellos que non quixeron brigadas municipais \"financiadas pola Xunta\", mais sen dar nomes dos municipios. Compromiso Fernández Leiceaga (PSdeG), após lograr o compromiso verbal do presidente dun pleno extraordinario para falar dos incendios, perguntou sobre as quedas en produción e facturación marisqueira, cos prexuízos que iso xera a miles de familias na Galiza costeira. Hai perda de postos de traballo e de riqueza, incidiu o socialista. Núñez Feijóo apenas se inmutou ante os dados do portavoz socialista e contraatacou con outra fervenza de cifras para segurar o contrario: que nunca tanta produción e facturación houbera."}
{"ID": "PRAZA_6525", "summary": "A plataforma Alvia 04155 amosa a súa \"indignación\" polo \"indecente nomeamento\" do que fora secretario de Estado de Infraestruturas durante o sinistro ferroviario, ao que acusan de \"mentir e non depurar responsabilidades\". A ex deputada do PP ferida acusárao de presionala para non criticar a Renfe ou Adif.", "text": "Ás poucas horas de se coñecer a dimisión de Alberto Ruiz Gallardón como ministro de Xustiza tras a retirada da contrarreforma do aborto, o Goberno apurou a nomear o seu substituto. Trátase de Rafael Catalá, ex secretario de Estado de Infraestruturas, cargo que ocupou no momento do grave accidente ferroviario de Angrois e por cuxas actuacións é duramente criticado polas vítimas. O seu nomeamento provocou unha reacción inmediata. As vítimas amosan a súa \"indignación e rexeitamento polo indecente nomeamento de Catalá como ministro de Xustiza\" A plataforma Vítimas Alvia 04155 vén de emitir un comunicado na que mostra a súa \"indignación e rexeitamento polo indecente nomeamento de Catalá como ministro de Xustiza\". O colectivo considera que sendo secretario de Estado de Infraestruturas \"non fixo nada por depurar responsabilidades, nin asumiu para si ningunha; tan só mentiu e negou que fose un accidente de alta velocidade española para defender intereses económicos\". As acusacións son graves e duras e van máis aló da súa actitude. Acusan o xa ministro de Xustiza de autorizar a desconexión do sistema de control de velocidade ERTMS \"sen ningunha análise previa\", cando eles pensan que de estar activado o sinistro teríase evitado, tal e como sinalan tamén os peritos forenses. \"Tomáronse decisións que mermaron claramente a seguridade dos pasaxeiros, sendo un dos responsables políticos Rafael Catalá\", din desde a plataforma. \"Mentiu e negou que fose un accidente de alta velocidade para defender intereses económicos\" \"Alguén que mente ás vítimas e que está politicamente involucrado nun accidente con 80 falecidos e máis de 140 feridos, polo que hai aberta unha causa xudicial, non pode ser o máximo responsable do Goberno en materia de xustiza\". Ademais, a plataforma amosa a súa preocupación e din \"temer\" que o nomeamento \"poida interferir no proceso xudicial\". A ex deputada do PP ferida no accidente acusa a Catalá de \"presionala\" estando convalecente para que non pedise dimisións en Adif e Renfe E as dúbidas sobre Catalá tampouco acaban aí. A xa ex deputada do PP na Asemblea de Madrid, María Teresea Gómez-Limón -ferida no accidente de Angrois e que dimitiu hai pouco- acusou a Catalá de \"presionala\" logo de que solicitase a dimisión dos presidentes de Adif e de Renfe. Segundo asegurou hai dúas semanas, o agora ministro de Xustiza, Rafael Catalá, chamouna a casa durante a súa convalecencia para recriminarlle que reclamase a renuncia deses dous cargos e para advertirlle que coas súas declaracións sobre a alta velocidade \"poñía en tela de xuízo os negocios de España\"."}
{"ID": "NOS_28089", "summary": "De cativo lémbrome de ver na tele Barrio Sésamo, A cometa branca, Sabadabadá, O kiosko e, claro, A bola de cristal; pero nunca antes escoitara falar d'A veciñanza do Sr. Rogers. Algo obvio, pois aínda que estivo en antena máis de 30 anos (de 1968 a 2001) foi un programa infantil da televisión pública estadounidense só emitido alí.", "text": "Despois de ver o filme de Marielle Heller (Diario dunha moza adolescente) coido que si me tería gustado ver o programa durante a miña infancia. Un amigo extraordinario (A Beautiful Day in the Neighborhood) / 2019 / UA / 109 min /Marielle Heller Ao remate tamén procurei o artigo que Tom Junod escribiu, en 1998, para a revista Esquire (pódese atopar facilmente en internet) a partir dunha entrevista (ou mellor dito, \"entrevistas\") que mantivo con Fred Rogers, o presentador dese programa infantil. De feito, o filme inspírase xusto nesta conversa, que supuxo un punto de inflexión na vida de Junod, que no filme muda de nome polo de Lloyd Vogel, interpretado por Matthew Rhys (gañador dun Emmy pola serie The Americans) e que aquí é o verdadeiro protagonista da historia, aínda que non o pareza... Con todo, é Tom Hanks quen come a pantalla cada vez que sae. Unha interpretación pausada e mimética dunha personaxe única, tanto nas formas coma no fondo, que lle valeu o triunvirato de nomeamentos anglosaxóns (Óscar, Globo de Ouro e BAFTA) a Mellor Actor de Reparto. Non adoita haber filmes centrados nunha personaxe netamente boa e sen arestas. Case sempre teñen un lado escuro. Pero Fred Rogers era a bondade personificada. Un filántropo. Antes da entrevista, Vogel tamén pensaba que Rogers agochaba un dobre fondo. Nela comeza a decatarse de que Rogers ten unha notábel habilidade para darlle a volta á tortilla conseguindo que sexa o entrevistador quen fale de si mesmo. Un pouco como Hannibal Lecter con Clarice, pero todo o oposto ao psiquiatra psicópata. Iso si, como naquela, Vogel tamén sentirá unha fonda curiosidade cara ao \"entrevistado\". O primeiro que chama a atención son as transicións en exteriores feitas con maquetas no modo que o facía o propio programa, que logran un xogo de percepcións e espazos certamente orixinal. Salvo algunha que outra secuencia sentimentaloide, consegue que nos retrotraiamos á infancia e conectemos con ese pequeno \"eu\" que aínda vive en nós, aínda que nos fose esquecendo cos anos. Destaca concretamente a escena interactiva do bar na que verdadeiramente reflexionamos ao mesmo tempo que os protagonistas. Unha secuencia de emoción colectiva inesperada. Só por iso xa paga a pena."}
{"ID": "PRAZA_818", "summary": "O PP segue 20 puntos por baixo do resultado de 2011 e descende a respecto de marzo, aínda que mellora lixeiramente a estimación de escanos. Ciudadanos segue a crecer, pero ralentiza o seu medre e segue por baixo do que lle chegaron a outorgar algúns inquéritos.", "text": "Volatilidade. É a principal característica do panorama político estatal, máis aínda dende as recentes eleccións andaluzas. Despois de que o pasado marzo o PP recuperase a primeira posición en estimación de voto en detrimento de Podemos, que a viñera ostentando durante os meses anteriores, os de Mariano Rajoy mantéñense en cabeza pero á baixa e, por tras deles, o partido que lidera Pablo Iglesias e os socialistas móvense nun escenario de empate técnico na carreira por convertérense en alternativa de Goberno nas xerais previstas para o vindeiro outono, das que a única posibilidade de maioría absoluta sería a suma de populares e socialistas. Segundo a edición de abril d'O Mirante, o panorama electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego de celebrárense agora as eleccións xerais os populares lograrían un 26% dos votos, case 20 puntos menos que en 2011. Esta caída de máis de medio punto a respecto da estimación de marzo explícase polo trasvase cara a Ciudadanos de antigos votantes do PP nun contexto no que, non obstante, o novo reparto de sufraxios permitiría que o PP mellorase lixeiramente a súa expectativa de escanos no Congreso, situándose nun intervalo de entre 114 e 121, isto é, entre 60 e 70 menos que na actualidade. O PP segue 20 puntos por baixo do resultado de 2011 e descende a respecto de marzo, aínda que mellora lixeiramente a estimación de escanos O segundo posto torna nunha praza aínda máis disputada por mor da aceleración no descenso da estimación de voto para Podemos. O que resulta do método de análise house effects, consistente en abordar conxuntamente os resultados de todas as enquisas publicadas sen o nesgo de cadansúa cociña, é que a formación de Iglesias perde un de cada seis dos votos estimados hai só un mes e a metade dos gañados dende o pasado verán. Quedaría, polo tanto, co 24,6% dos votos e entre 75 e 86 escanos que lle permitirían ser segunda forza tamén no Congreso. Esta tendencia á baixa é a que facilita o empate técnico co PSOE que, como PP e Podemos, tamén baixa. Esta mingua, non obstante, mantén o partido que encabeza Pedro Sánchez no intervalo de entre o 20 e o 22% que ocupa dende as pasadas eleccións europeas, unha estabilidade que o ubica desta volta no 21% dos votos e entre 78 e 81 escanos, entre unha vintena e unha trintena menos dos obtidos por Alfredo Pérez Rubalcaba hai tres anos e medio. Ciudadanos ascende, pero ralentiza o seu crecemento e segue por baixo do que lle outorgaron algunhas enquisas A cuarta peza principal desta panorama é Ciudadanos, que seguen a ascender pero cun ritmo máis leve na segunda metade do mes de abril. O partido de Albert Rivera chegaría ao Congreso con 38 escanos derivados do 13,9% dos votos, un nivel que está por riba do 8,8% que lle outorgaba a estimación de marzo pero aínda por baixo ao que auguraban as enquisas publicadas polos medios do grupo PRISA, que chegaron a debuxar un empate a catro bandas que, á luz dos datos, era inexistente. Na banda máis baixa Esquerda Unida segue a caer, aínda que non tanto como UPyD, forza que segue a desplomarse mentres medra Ciudadanos. A formación maxenta marca un novo mínimo en toda a lexislatura e quedaría cun único escano, que coa actual configuración sería o de Rosa Díez por Madrid. Esta estimación implicaría, a efectos prácticos, a desaparición este partido como forza competitiva. O BNG mantense no intervalo de entre cero e dous escanos No ámbito do soberanismo e do nacionalismo CiU mantense e Esquerra repunta, se ben o avance de Ciudadanos ponos en risco de perderen un escano cada un. En Euskadi tanto PNV como Bildu avanzan e en Galicia o BNG gaña probabilidades de conservar o seu segundo escano, grazas principalmente ao retroceso de IU e Podemos, se ben a porcentaxe de votos segue no 0,5% e, poñendo polo tanto aínda en risco a súa representación na Cámara Baixa."}
{"ID": "NOS_12331", "summary": "Rexeitaron dar o seu apoio a unha proposición non de lei do BNG en que se pedía instar a Xunta a frear o concurso, que suporá un investimento de máis de 30 millóns para deixar este servizo en mans privadas.", "text": "O rodo da maioría absoluta do PP voltou pasar sobre unha proposición non de lei que apoiaron os catro grupos da oposición. Desta volta foi presentada pola voceira do BNG na comisión de Sanidade, Montse Prado, e pretendía instar a Xunta da Galiza a \"paralizar a privatización\" do servizo de mantemento e conservación dos edificios, instalacións e equipos dos centros públicos que fan parte da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Así as cousas, segundo sinalou Prado, concurso para a adxudicación deste servizo, por valor de 30,15 millóns de euros \"non hai prego de penalización por incumprimento e deixa en mans da empresa cuestións tan fundamentais como a decisión sobre o persoal necesario ou as melloras a realizar\". Para alén disto, non se definen tampouco os criterios de adxudicación nen os requerimentos que ten que cumprir a empresa adxudicataria. Dous meses a agardar pola documentación do concurso A formación frontista solicitou hai dous meses toda a documentación relativa ao concurso público e aínda non lles foi achegada polo Sergas. \"Algo terán que agochar\", vaticinou Prado, \"o que vén confirmar que estamos perante unha decisión que non está baseada en cuestións técnicas senón que é unha decisión política na liña de privatizar un servizo esencial como é a sanidade para llo entregar a empresas amigas. Na proposición de lei que o PP se negou a apoiar o BNG incluíu a relación de centros afectados: o hospital Teresa Herrera e o edificio anexo; o Hospital Marítimo de Oza e o edificio anexo; o Hospital Abrente y Lago; o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee; o centro de especialidades do Ventorrillo e a lavandeiría da Grela."}
{"ID": "NOS_44087", "summary": "O Tribunal admite a trámite a querela presentada pola Fiscalía por un suposto delito de \"prevaricación continuada\".", "text": "A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de admitir a trámite a querela presentada contra Pachi Vázquez, actualmente deputado no Parlamento galego. Vázquez será investigado por un suposto delito de \"prevaricación continuada\" durante o seu mandato como alcalde do Concello do Carballiño. Habida conta da súa condición de aforado os feitos serán estudados polo TSXG e reférense a unha \"presunta contratación irregular de persoal\", segundo comunicou esta segunda feira o gabinete de comunicación do Tribunal. María Soledad Piñeiro (PP) tamén será investigada por un presunto delito de prevaricación na contratación dunha empregada De acordo co comunicado, o maxistrado instrutor, José Antonio Ballestero Pascual, \"acordará as dilixencias de instrución precisas\". A decisión do Superior de Xustiza prodúcese após candidatarse Vázquez ás primarias do PSdeG á alcaldía de Ourense. De antemán, o que fora conselleiro de Medio Ambiente e secretario xeral d@s socialistas galegas parte como favorito pois conta co apoio da executiva provincial da organización. O TSXG tamén abrirá investigación a Mª Soledad Piñeiro, ex-tenente da Alcaldía de Carnota. A tamén parlamentar podería ter incorrido nun delito na contratación dunha empregada municipal."}
{"ID": "PRAZA_9378", "summary": "Colourise é unha aplicación desenvolvida en Singapur que colorea en segundos vellas imaxes en branco e negro. O instituto tecnolóxico que a desenvolveu empregou dous tipos de intelixencia artificial que manexan máis de 20 millóns de parámetros matemáticos e unha enorme base de datos de imaxes", "text": "Unha das múltiples aplicacións que trouxo consigo a expansión do uso das redes sociais entre todas as franxas de idade foi a tendencia de compartir antigas fotografías, tanto de acontecementos públicos como privadas e familiares. Unha nova vida para as vellas imaxes en torno ás que, en ocasións, xorde o interrogante: como serían, en realidade, as xentes e lugares que aparecen nesas fotografías en branco e negro?Colourise é unha aplicación na web desenvolvida en Singapur que colorea en segundos vellas imaxes en branco e negroO coloreado de fotografías e mesmo de imaxes en movemento non é unha técnica nova. Menos dende a a popularización de programas de deseño e retoque fotográfico como PhotoShop. O que é máis novidoso é poder colorear unha fotografía en branco e negro en poucos segundos e obter un resultado, cando menos, verosímil. É Isto é o que ofrece Colourise, unha aplicación na web aínda en fase de prototipo desenvolvida pola axencia tecnolóxica do Goberno de Singapur para recuperar vellas imaxes dese país, pero que nas últimas semanas xa foi empregada en múltiples puntos do mundo, tamén en Galicia. O instituto tecnolóxico que desenvolveu Colourise empregou dous tipos de intelixencia artificial que manexan máis de 20 millóns de parámetros matemáticos e unha enorme base de datos de imaxes fornecida dende Google\"Aínda que é imposible replicar as condicións exactas nas que foi tomada a fotografía orixinal, si que é posible agregar cores a unha fotografía para nos axudar a imaxinar o que puido ver o fotógrafo naquel instante\", explica o equipo que desenvolveu Colourise. Para facelo empregaron \"unha técnica de aprendizaxe profunda coñecida como Redes Adversarias Xeradoras (GANs, polas súas siglas en inglés)\". Baséase, inicialmente, nun tipo de intelixencia artificial que manexa máis de 20 millóns de parámetros matemáticos e outro que compara as cores xeradas sobre a vella fotografía cunha ampla base de datos de imaxes procedente de Google.Esta tecnoloxía funciona mellor con imaxes de alta resolución, especialmente coas que amosan figuras humanas e espazos naturaisA idea, resaltan, é \"xerar unha imaxe con cores que sexan plausibles\", o cal non garante que a imaxe coloreada represente exactamente as cores do momento en que foi tomada a fotografía. \"Funciona ben con algunhas imaxes, pero non con outra\" e os resultados son mellores \"en imaxes con alta resolución\" nas que, aparecen, sobre todo, figuras humanas ou espazos naturais. Cómpre ter en conta, ademais, que a tecnoloxía foi desenvolvida para imaxes tomadas en Singapur, coas cores e tipos humanos da zona.Mentres este servizo estea dispoñible para o público en xeral -os seus autores proxectaron mantelo durante o mes de febreiro, pero sen desbotar estendelo \"en función do uso\", é posible darlle nova vida a vellas imaxes con resultados máis que \"plausibles\". Abonda con acudir á web do proxecto e seleccionar do propio computador a imaxe que queiramos colorear, a cal -advirten- non queda almacenada nos seus servidores. Mostra disto, por exemplo, é o resultado que a tecnoloxía de Colourise ten sobre fotografías de diferentes momentos da historia de Galicia e de persoeiros fotografados en branco e negro como as que acompañan estas liñas."}
{"ID": "PRAZA_18728", "summary": "A AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) sinala que o gran problema é \"a falta de financiamento\" e di que \"a lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da falta de planificación da organización sanitaria\". \"Non estamos en tempos de comisións, estamos en tempo de decisións\", conclúen.", "text": "A AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) vén de difundir un comunicado no que alerta da situación de \"deterioro\" e de \"precariedade\" da Atención Primaria en Galicia. A Atención Primaria é a porta de entrada ao sistema sanitario, é alí onde se fai un seguimento continuado dos e das pacientes, onde se detectan as doenzas e o seu correcto funcionamento libera ademais ás urxencias de situacións de colapso. Se falla a Atención Primaria, falla todo o sistema sanitario. \"O gran problema da Atención Primaria é a falta de financiamento. A porcentaxe de gasto da AP en España é un paupérrimo 14% (cando os expertos defenden un 25%) e en Galicia estamos 2 puntos por debaixo: un 12%\" Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria subliña que \"o gran problema da Atención Primaria é a falta de financiamento\". \"A nosa administración sempre negou esa evidencia. Tivo que acudir unha catedrática de economía da saúde á comisión parlamentaria para poñelo de novo sobre a mesa: A porcentaxe de gasto da AP en España é un paupérrimo 14% (cando os expertos defenden un 25%) e en Galicia estamos 2 puntos por debaixo: un 12%\", explican, engadindo que \"nestes anos da crise aumentou o gasto hospitalario e diminuíu un 2% o de primaria\". Denuncia así mesmo a \"mentira repetida\" sobre a \"falta de médicos\". \"Como explican os nosos directivos que cando se convoca unha OPE para 200 prazas veñan 800 candidatos?\", pregúntase. \"O que queremos os médicos, como todo o mundo civilizado, son contratos dignos e estables. Non, como dicía a economista, seguir coa política de menos gasto pero máis contratos. Iso só significa precariedade e contratos-basura\", critica. \"O que queremos os médicos, como todo o mundo civilizado, son contratos dignos e estables. Non, como dicía a economista, seguir coa política de menos gasto pero máis contratos. Iso só significa precariedade e contratos-basura\" A AGAMFEC sinala que \"resulta desmoralizante escoitar ós nosos directivos as propostas para solucionar o colapso da AP. Pensan que todo se arranxa cun simple cambio nas axendas\". Porén, di que \"a evolución da poboación, a cronicidade e o envellecemento ten que facer ver que non podemos seguir co discurso de 1500 doentes por médico. Isto é unha visión simplista. O que debemos é estudar a carga de morbilidade e poñelos recursos en función desta\". A entidade engade que \"na situación actual de falta de cobertura de vacantes e ausencias fai, ademais, que estos datos sexan falsos: se no meu centro faltan permanentemente 3 compañeiros, a miña cota non é de 1500, senón de 2000, moitos meses ó ano\". \"A lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da falta de planificación da organización sanitaria\" Neste senso, alerta de que \"a lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da falta de planificación da organización sanitaria\". A entidade profesional lembra que, xunto cos colexios médicos, leva anos realizando propostas para tentar de solucionar a situación, \"mais a consellería non só non levou a cabo nada do aconsellado, perdéndose un tempo do que agora carecemos, senón que mesmo chegou á desconsideración cos médicos de familia\", di. E conclúe que \"non estamos en tempos de comisións, estamos en tempo de decisións\"."}
{"ID": "NOS_39951", "summary": "Un cento de produtoras marcharon pola muralla lucense ao se cumprir unha semana de mobilizacións. Continúan os bloqueos á distribución en varias vilas galegas.", "text": "Esta quinta feira cúmprese unha semana das novas mobilzacións do sector lácteo galego para exixir uns prezos xustos. En Lugo, máis dun cento de mulleres marcharon pola muralla detrás da faixa 'Gandeiras... por pouco tempo' para reivindicar perante a Delegación da Xunta un futuro digno para o sector. O acto estaba convocado por 'Agromuralla', a organización que mantén a tractorada en torno á muralla desde o pasado día 10. Mentres, seguen os bloqueos a diferentes centros de distribución en varias localidades galegas, protestos convocados pola Plataforma en defensa do sector lácteo galego. Son xa cinco áreas comerciais bloqueadas polos tractores dos gandeiros na comarca da Coruña, como lembra Campo Galego: o Alcampo de Palavea, o Carrefour de Alfonso Molina, o Lidl do polígono da Agrela e o DIA e o Lidl de Culleredo. \"Nas protestas participan uns 150 tractores e preto de 200 gandeiros de toda a provincia da Coruña, principalmente das comarcas de Ferrolterra, Arzúa, Ordes e do concello de Aranga\". A isto hai que engadir os bloqueos en Lalín, Sarria ou Vilalba, entre outras localidades. Os gandeiros lembran que, agás Mercadona, o resto de superficies non repercutiron nos produtores o aumento de prezo do leite que fixeron nos 'liñais'. O que denuncian con estas mobilizacións que teñen carácter indefinido. Por outra parte, esta cuarta feira aprobouse na Inlac (interprofesional láctea) o contrato homologado de compra venda de leite, coa oposición de varias organizacións, como o SLG. Imaxe: Revista Afriga"}
{"ID": "NOS_12362", "summary": "Os colectivos ecoloxistas levan meses advertindo do risco epidemiolóxico destas instalacións e pedindo o seu fechamento, mais de momento non houbo cambios na Galiza. Nos últimos meses transcenderon sete surtos.", "text": "A Xunta da Galiza vén de comunicar catro novos focos da Covid-19 en outras tantas explotacións de cría de visóns para a industria peleteira. Transcendeu que os episodios do virus foron detectados en dúas granxas de Bergondo, unha de Compostela e unha da Baña. O Goberno galego informou ao Ministerio de Agricultura de que nun dos negocios de Abegondo hai 5.555 animais, dos que de momento dez están contaxiados. Na outra instalación, de 5.310 visóns hai dous infectados, pero hai análises en marcha. En Compostela tamén se contabilizaron dous exemplares con coronavirus dun censo de preto de 20.000 e, no caso da Baña, houbo catro positivos entre 6.500 animais. Este novo foco implica que só nos últimos meses decorreran sete situacións de contaxio nestas macrogranxas -hai 25 con 71.479 reprodutoras no país, que é un dos territorios con máis sobrecarga desta industria no Estado español ao ter as tres cuartas partes do sector-, de cuxo perigo veñen alertando as asociacións ecoloxistas e animalistas desde hai varios meses. Antes foron A Baña, Compostela e Carral. Neste sentido, teñen sinalado o perigo de expansión da pandemia que hai a través desta especie, xa non só no caso de que escapen (suceso que se ten producido nalgunhas ocasións puntuais na Galiza). De feito, en casos anteriores como o da Baña, que fora o primeiro gromo, foi preciso sacrificar a 3.100 animais (a totalidade dos que había na granxa) para evitar a expansión incontrolada da enfermidade. Medio Rural non atopa relación Agora está previsto que expertas e expertos da Consellaría do Medio Rural analicen as cepas pero \"non existen evidencias de relación epidemiolóxica entre os catro focos, descartando\" desta maneira o paso \"do virus desde unhas granxas a outras por ningunha vía animal ou ambiental\". Aínda así, as entidades contrarias seguen demandando o fechamento destas empresas. A Fundación Franz Weber mesmo amosou a súa preocupación pola concentración de macrogranxas en Bergondo, xa que hai media ducia delas."}
{"ID": "NOS_8164", "summary": "O movemento contra a implantación de parques eólicos en Cantabria pon Galiza como un dos exemplos de territorios que están \"saturados\" de parques de explotación do aire.", "text": "Centenares de persoas de colectivos veciñais e representantes do sector primario, a hostalaría e o turismo de Cantabria participaron este sábado, a pesar da choiva, nunha manifestación que percorreu o centro de Santander para protestar contra a implantación de polígonos eólicos. Miguel Santamaría, representante de varios destes colectivos, explicou que a manifestación pretende explicar aos seus participantes que os argumentos dos Gobernos autonómico e central e das empresas promotoras para xustificar estes proxectos \"son moi diferentes á realidade\". Segundo Santamaría, \"quérennos asolagar de aeroxeradores e placas solares no sur de Cantabria para tentar un paliar un desastre enerxético que vén de moi atrás, antes da guerra de Ucraína e a pandemia\", e que \"non se soluciona metendo máis cemento\". Respecto diso, o portavoz subliñou que tanto os aeroxeradores como as placas solares \"dependen totalmente dos combustibles fósiles: é a base de queimar carbón e gas\". Tramítanse 40 parques eólicos Actualmente hai en tramitación en Cantabria ao redor de 40 parques eólicos -na Galiza, ao redor de 200-. A intención dos colectivos é que non suceda o mesmo que na Galiza, representada na manifestación de hoxe en Santander, \"porque xa saben o que é: que onde hai ocos, poñen máis. E aquí non queremos que entren\". Santamaría sinalou que a Galiza \"está saturada\", e \"mandando electricidade fóra porque non consome todo o que produce\". Os colectivos manifestantes, advertiu, \"non queren que Cantabria sexa outra colonia máis\". A Xunta permite a Greenalia instalar dous parques fóra das áreas eólicas Xunto á sede do Goberno de Cantabria leuse un comunicado no que denunciaron que o mapa de exclusión eólica presentado no Parlamento o pasado mes de abril mostra que só un 3% do territorio que se verá afectado pola industria eólica, \"ocultando vías de acceso, torres de alta tensión ou subestacións eléctricas\"."}
{"ID": "NOS_18207", "summary": "Dous milleiros de sinaturas acusan a \"grandes empresarios, banqueiros e poderosos medios de comunicación\" de trazar un plan polo cal buscan o triunfo de Aécio Neves para \"colocar Brasil de novo baixo o mando do capital financeiro\".", "text": "Intelectuais e políticos de esquerda denunciaron nun manifesto a \"fabricación dun escenario adverso e falso\" en Brasil para impedir a reelección da presidenta Dilma Rousseff do PT, nos comicios do próximo día 26. No texto, denuncian a \"existencia dunha grave ameaza á democracia por parte da dereita, a prensa e co apoio de forzas externas\" que se uniron \"para dar un golpe electoral e manipular a opinión pública\" para lograr a elección do candidato da Social Democracia (PSDB), Aécio Neves. Políticos, profesores, líderes de movementos sociais e intelectuais compoñen o amplo grupo que firmou o manifesto de apoio a Dilma Firmado por máis de 2.000 persoas, entre políticos, profesores, líderes de movementos sociais e intelectuais, o documento destaca que unha segunda vitoria de Rousseff nas urnas significaría defender ao país e a América Latina da inxerencia directa estadounidense. \"Non podemos colocar de novo a esta nación baixo o mando do capital financeiro e a administración norteamericana, como foi cando gobernou anteriormente aquí o PSDB\", destaca o texto. \"Estas eleccións presidenciais constitúen un campo de batalla no cal grandes empresarios, banqueiros e poderosos medios de comunicación, entre outros sectores, sumaron as súas forzas para apartar do poder á actual mandataria\", denuncia a nota."}
{"ID": "PRAZA_12709", "summary": "Lisabö actuarán este sábado na sala Karma de Pontevedra, na festa de aniversario de Desconcierto. Adorados pola crítica e envexados por músicos e bandas, o seu último álbum, Animalia Lotsatuen Putzua, foi escollido por Rockdelux como o mellor disco español do 2011.", "text": "Cada disco de de Lisabö é unha experiencia única, cada canción unha descarga, unha bomba sonora. Sorprenden e emocionan con temas de moitas capas, densos, pesados, duros, pero sutís ao mesmo tempo. Lisabö formouse en Irún en 1998, e a través de cinco álbumes foi forxando un estilo moi recoñecible dentro do campo do post-rock con claras influencias de Fugazi ou Shellac. Sempre preparando os seus traballos con coidado e dedicación, e dende o seu último disco, no seu propio selo, Bidehuts. Despois dalgúns cambios na súa formación, chegarán esta fin de semana a Pontevedra con seis integrantes: dous baterías, dous baixos e dous guitarras, con Karlos Osinaga, voz e guitarra, coma o músico máis recoñecible da banda, na que disco a disco van gañando peso tamén as letras de Martxel Mariskal. Adorados pola crítica e envexados por músicos e bandas, o seu último álbum, Animalia Lotsatuen Putzua, foi escollido por Rockdelux como o mellor disco español do 2011. Como escribiu sobre eles Roberto Herreros: \"Cada paso de Lisabö é un pequeno acontecemento. Son pouco prolíficos, os seus concertos son experiencias desarmantes e non existen grupos que se lles parezan\". \"Cada paso de Lisabö é un pequeno acontecemento. Son pouco prolíficos, os seus concertos son experiencias desarmantes e non existen grupos que se lles parezan\" Lisabö actuarán o sábado na Sala Karma, dentro da festa de aniversario de Desconcierto Cultural. Falamos con Eneko, batería da banda. Por que esta espera de catro anos? Como foi o proceso de creación deste álbum? Cando rematamos a xira de Ezlekuak decidimos tomar un descanso indefinido. Levábamos dos años xirando e necesitábamos algo de espazo e de tempo. Non é que canses das túas cancións, pero necesitas distanciarte un pouco para volver crear. Un día Ionyu comentou que quería deixar a banda, o que foi un golpe duro para todos, pero decidimos seguir adiante e atopar un substituto, que queríamos que fose alguén próximo, un amigo, e que lle gustase Lisabö, e entrou Xabi. Foi a época na que estabamos gravando o tema de Mikel Laboa, para o disco de homenaxe. \"Para nós Bidehuts é unha ferramenta para a autoedición\" Como é o traballo de Bidehuts. Definídelo como selo, casa de creación...? Non o definimos como un selo, aínda que boa parte do proceso é o mesmo que se leva a cabo nun selo. Para nós é unha ferramenta para a autoedición. Non deixar de ser unha marca, un label que se lle pon aos discos. E alí somos un grupo de amigos, en realidade, porque todos os artistas que se foron unindo foi por afinidade persoal. É unha necesidade ou é un modelo a imitar? Nos últimos anos están xurdindo cousas parecidas, de bandas que se autoproducen. Non creo que inventáramos nada. Trátase basicamente de que un grupo dea os pasos que cre que debe dar, e no momento no que quere facelo. Ten a súa parte mala, porque tes que estar pendente de todo o proceso, e seguramente cometemos erros, pero é o camiño que escollemos. \"Neste disco o que queríamos era ir ao local, comezar a tocar e recuperar sensacións\" As vosas cancións son moi complexas, con moitas dimensións e capas. Como é o proceso de creación de Lisabö? Traballades a partir dunha melodía, dun ritmo, das letras...? Neste disco en concreto o que queríamos era ir ao local, comezar a tocar e recuperar sensacións. A música de Lisabö trata diso, de sensacións. E estivemos meses tocando e gravando no local, durante moito tempo sen ter claro o que tiñamos nas mans. E ao final o disco fixémolo en pouco máis dun mes. Rara vez partimos dunha idea preconcibida. A Sigur Rós non lles preguntan por que cantan en islandés. A vós pregúntanvos menos que antes pola cuestión de cantar en euskera? Asúmese agora con máis normalidade no Estado Español? Que nós cantemos en euskera non debería ser noticia. Pero aínda hai xente que pregunta, e a min chegáronme a preguntar mesmo xornalistas de Euskadi. Afortunadamente noutros medios, como Rockdelux, nin se plantexan o tema de en que idioma cantamos. A Pontevedra ides traer o esquema de directo de dúas baterías? Si, agora somos seis. Joseba, o baixista de Dut, gravou con nós un tema, e finalmente incorporouse aos directos, polo que agora somos un dobre trío: dúas baterías, dúas guitarras e dous baixos. A ver se collemos no escenario (risas) Outro dos sinais que identifican a Lisabö son as letras, de Martxel Mariskal, aínda que os que non sabemos euskera teñamos que descubrilo lendo as traducións... Si, sobre todo neste disco, os textos de Martxel constrúen as cancións, son marabillosas. Ademais, neste álbum a relación con el foi máis estreita, porque antes incorporábamos as súas letras a cancións xa rematadas, e agora en cambio o traballo foi en paralelo. \"As cousas están cambiando e a xente está máis relaxada. Non sei se nos inflúe á hora de crear\" En Euskadi as cousas están cambiando, e supoño que o ambiente nas rúas, co fin da violencia e a apertura dun novo tempo político, é outro. A vós inflúevos? Si, as cousas están cambiando e a xente está máis relaxada. Non sei se nos inflúe á hora de crear. Estamos nunha época nova que a ver en que queda todo. Din que é o tempo da política, pero a política é algo no que moitos non cremos demasiado. Ademais, hai moitas feridas que pechar, e por moito que os políticos dean pasos, as feridas ten que pechalas a xente, e os políticos o único que teñen que facer é axudar. Eu teño esperanza. Que influencias tedes e que grupos che gustan máis ultimamente? A base de Lisabö foron Fugazi ou Shellac ou Slint, moitos grupos. Agora gústame moito Florence + The Machine, sobre todo o primeiro disco que sacaron. Hai pouco coñecín a Tinariwen, que creo que son tuaregs, e tamén me gustan moito, ou The old guys, que son franceses e se parecen un pouco a Shellac. E na furgoneta tamén soan moito Mulatu Astatke e cousas así."}
{"ID": "NOS_13754", "summary": "Debate no Pleno de María Pita sobre o futuro dos terrenos de A Solana e o Hotel Finisterre, que a Autoridade Portuaria da Coruña negocia vender á Inmobiliaria Río Mero -titular da concesión- por 10 millóns de euros. O PP votou a prol dunha moción do PSOE para instar Feijóo a que se posicione contra a subasta.", "text": "O Pleno do concello da Coruña votou esta segunda feira tres mocións sobre o futuro dun relevante fragmento da fachada marítima da cidade, ameazado de privatización. As tres foron aprobadas. A antiga praia do Parrote -sobre a que se asenta un complexo deportivo e un hotel- podería pasar a mans privadas de iren avante os planos da Autoridade Portuaria da Coruña, co aval do Estado. Este xustifica a privatización co argumento de que precisa diñeiro para enxugar a débeda xerada pola construción do porto exterior. Instalacións deste tipo fóra da Galiza, como a de Xixón, foron financiadas inteiramente a custa do Estado sen recorrer á privatización de espazos públicos locais. O debate foi ilustrativo porque situou a posición de cada un dos grupos políticos. A Marea Atlántica (o grupo que dá suporte ao alcalde, 10 escanos sobre 27 no Pazo de María Pita) mantén a súa aposta na compra dos terrenos de A Solana por 1,4 millóns de euros, o seu prezo de tasación. Combinara a operación no seu día coa Autoridade Portuaria, mais esta deu marcha atrás sobre os seus pasos e chegou a un acordo co concesionario das instalacións, Inmobiliaria Río Mera, por 10 millóns de euros. Marea Atlántica quer que se anule a poxa -á que en teoría só concorrería a inmobiliaria- e se retrotraia o proceso ao acordo coa Autoridade Portuaria. A moción da Marea Atlántica demandaba tamén o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, alegando a ineficiencia da súa xestión desde 2012 e a súa falta de lealdade institucional ao desrespeitar o acordo acadado no seu día co concello para a venda de A Solana. Esta proposta do goberno municipal foi aprobada polo Pleno após receber o apoio da concelleira do BNG Avia Veira e grazas á abstención dos 7 escanos do PSdeG-PSOE. A posición do BNG é a de que os terrenos deben ser revertidos ao patrimonio público sen ningún tipo de desembolso económico porque pertencen á cidade e foron espoliados polo Estado durante a ditadura. É exactamente o que pensa a Comisión en Defensa do Ben Común. De feito, a formación soberanista vehiculou no pleno unha proposta desta entidade cívica en que se demandaba aínda ao goberno local que chamase a unha mobilización social contra a privatización. A moción do BNG foi apoiada por Marea Atlántica, que así no mesmo pleno votou á vez a favor da devolución íntegra dos terrenos e a prol da súa compra por 1,4 millóns de euros. A terceira moción a debate levaba o selo do PSdeG. Demandaba o restabelecimento do diálogo entre a Autoridade Portuaria e o concello e pedía a paralización da poxa. Pedía algo máis: a intervención de Feijóo contra a subasta. Surpresivamente tivo o apoio do grupo parlamentar do PP."}
{"ID": "NOS_55296", "summary": "O ex-ministro de Fomento tivo -ou talvez finxiu- continuas lagoas de memoria e centrou as súas respostas en que as decisións que se tomaron viñan \"após os informes que entregaban os técnicos\".", "text": "Álvarez Cascos continuou coa estratexia de pasar a pelota a José Luis López-Sors, ex-director da Mariña Mercante, das decisións que se tomaron nos días decisivos que remataron co afundimento Prestige. Coa mesma actitude que outras das testemuñas políticas que pasaron polo xuízo que se está a desenvolver na Coruña, o ex-ministro de Fomento no goberno de Aznar remitiu a súa actuación \"ao que dicían os técnicos\" e na maior parte da súa declaración respondeu cun \"non me lembro\" ou \"non teño opinión\". A ratificación de López-Sors como único imputado \"político\" deixou fóra a Arsenio Fernández de Mesa, ex-Delegado do goberno en Galiza, e a Ángel del Real que era o Capitán Marítimo da Coruña mais tamén a Álvarez Cascos, ex-Ministro de Fomento. Por este motivo a presenza de Cascos como testemuña seguiu o guión do \"trámite\" a dicer dalgúns d@s letrad@s que participan no xuízo. \"Tiven sempre a tranquilidade baseada na confianza nos técnicos, as decisións foron as correctas, sobre a base dos informes\". Na súa declaración a preguntas do avogado da Plataforma Nunca Máis, asegurou que o seu ministerio tiña \"toda a información e o asesoramento necesario\" naquel intre e non lembra algunhas informacións das que se falaron aqueles días \"como a de bombardear o buque\". Para Cascos nin él nin López-Sors enviaron ao Prestige \"mar adentro até que afundira\" e asegurou que non foi á Coruña e seguiu coas súas actividades de lecer, en relación coa súa participación nunha polémica cazaría eses días, após pensar que \"a súa presenza en Galiza non era de utilidade e non axudaría a resolver nada\". O ex-ministro comezou a perder a memoria cando lle preguntaron polo \"posíbel interese económico\" da empresa de salvamento marítimo Remolcanosa, propiedade de Silverio Cañizares, amigo de Manuel Fraga segundo o avogado da Confraría de Pescadores. \"A miña memoria non é tan potente\", sinalou mesmo cando se lle preguntou pola razón de asinar o contrato desta empresa con sede en Vigo. Tampouco lembraba conversas con Francisco Vázquez, nese intre alcalde da Coruña, nin con Arsenio Fernández de Mesa, ex-delegado do goberno. \"Insisto, as decisións foron dos técnicos\" Os días cruciais As preguntas de María José Rodríguez e Santiago Zabaleta, avogad@s da empresa Mare Shipping, incidiron nos días posteriores ao SOS enviado polo buque capitaneado por Mangouras. Cascos repetiu que o obxectivo das actuacións que se derivaron eses días era \"salvar as vidas humanas\" e logo \"actuar segundo as informacións que enviaban os helicópteros\". Recoñeceu que no Plan Nacional de Continxencia non contaron con oceanógrafos, aínda que ratificou \"o acerto da Dirección Xeral da Mariña Mercante\" en afastar o petroleiro. \"É curioso que non aparezan os informes técnicos deses días polo xuízo\", afirmou o avogado de Mare Shippins após que todas as respostas de Ávarez Cascos remataban sinalando eses traballos de asesoramento como os que motivaron todas as actuacións. En relación coa posibilidade de transvasar o fuel para evitar a catástrofe medioambiental, Cascos dixo que era \"unha utopía posto que ningunhas das zonas de abrigo eran viábeis\". Imaxe: Transmisión do xuízo na Sala de Prensa"}
{"ID": "NOS_12745", "summary": "A comunicación confirma as sospeitas do comité de empresa. A dirección do hospital argüe mellorar na eficiencia para xustificar a decisión.", "text": "Esta sexta feira (27 de febreiro) a dirección de Povisa comunicou através dun comunicado público recollido pola axencia de noticias EFE que despide a 13 persoas do hospital vigués. Aliás, muda as quendas de 16 celador@s e 7 auxiliares. A decisión prodúcese semanas despois de anunciar a retirada do ERE polo que prevía o despedimento de medio cento de persoas e logo de asinar un novo convenio coa Xunta de Galiza polo que se lle conceden axudas de 75 millóns de euros públicos ao ano durante máis dunha década. O comité convocou unha asemblea de traballadoras/es ás 15.00 horas para abordar os despedimentos e determinar as accións que emprenderán. Desde que Povisa anunciou recortes de persoal, inicialmente através do ERE, o comité asegurou que eran \"inxustificados\". \"Eficiencia\" Povisa atribuíu os despedimentos aprobados a \"seguir mellorando a eficiencia\" do centro hospitalario. Para a dirección do hospital a supresión de traballadoras e traballadores na área de celadores, por exemplo, débese a que \"boa parte das súas tarefas\" fican \"sen contido\". Aliás, sinalan no comunicado, a supresión de persoal no arquivo clínico responde á incorporación a partir de 2009 dos expedientes electrónicos polo que, afirman, carecen de funcionalidade @s traballadoras e traballadores que ocupaban ese posto. A respeito das mudanzas que se introducirán nas quendas de 16 celadores e 7 auxiliares Povisa asegura que se deben á \"crecente demanda\" de xornadas reducidas entre o persoal. Nos últimos catro anos o cadro de persoal pasou de 1.470 a 1.350 persoas. Sospeitas no comité O anuncio remitido esta sexta feira vén dar cumprimento ás sospeitas expresadas a pasada semana polo comité de empresa e que foron trasladadas nunha xuntanza á Consellaría de Traballo do goberno galego. Segundo a presidenta do comité, Chus Neira, a retirada do ERE non supuña garantía algunha de se manteren os postos de traballo pois Povisa podería anunciar reducións de persoal argüíndo \"causas obxectivas\" ou \"de produtividade\". No entanto, sinalou, estas tampouco estarían xustificadas, ao entender do persoal."}
{"ID": "NOS_49753", "summary": "As nove estatuas da desparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago, atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu obradoiro veñen de ser declaradas Ben de Interese Cultural. Así o publicou este 4 de setembro a Consellaría de Cultura no Diario Oficial de Galiza. Entre as esculturas atópanse as dúas pezas en mans da familia Franco que reclama o Concello de Compostela.", "text": "A declaración non supón ningunha mudanza na propiedade, pero implica que os propietarios deberán habilitar visitas públicas aos bens catro días ao mes durante catro horas por xornada como mínimo. Estas obrigas non sempre se cumpren, como sucede co Pazo de Meirás, tamén Ben de Interese Cultural e para o que os Franco empregan todo tipo de estrataxemas de dificultación de entrada. En todo caso, os propietarios dos BIC tamén deberán comunicar ao Goberno galego traslado, calquera \"pretensión de transmisión onerosa da propiedade\" ou \"calquera dano ou prexuízo que altere de forma significativa o seu valor cultural\". Para soster a declaración, a Xunta apoiouse en informes da Real Academia de Belas Artes, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Máis alá das dúas pezas da familia Franco -que representan Abraham e Isaac ou Xeremías e Ezequiel, respectivamente: hai debate sobre as identidades-, o decreto afecta a outras sete esculturas do Mestre Mateo que se atopan no Museo da Catedral compostelá e no Museo de Pontevedra. Realizadas entre o século XII e XIII, figuraban na fachada exterior do Obradoiro que cubría o Pórtico da Gloria."}
{"ID": "NOS_26103", "summary": "Por problemas de tipo informático na tramitación nin Cans nin outros catro festivais de cinema puideran conseguir as axudas destinadas a esta cuestión. Pero agora veñen de acadar un acordo coa Administración.", "text": "A obriga da tramitación electrónica nas axudas públicas desde este ano provocou unha treboada no mundo dos festivais de cine. Tanto o de Cans, como Curtocircuíto, Primavera de Cine, Cineuropa e FKM quedaran sen apoio de AGADIC por problemas coa plataforma informática e o evento do Porriño capitaneou a protesta pública, chegando a falar de emprender accións legais. Un mes despois estes festivais veñen de chegar a un acordo coa Xunta grazas ao cal se repartirán o orzamento que quedou sen adxudicar na resolución das subvencións. Iso si, todos agás Cineuropa, dado que non poden levar subvención dous certames presentados por unha mesma entidade ou institución. Un mes despois estes festivais veñen de chegar a un acordo coa Xunta grazas ao cal se repartirán o orzamento que quedou sen adxudicar na resolución das subvencións. En virtude deste acordo, os devanditos festivais percibirán diferentes cantidades, proporcionais ás que ían ser solicitadas de seren admitidas as súas solicitudes e que procederán dos 33.439 euros non executados na resolución das subvencións da Agadic a festivais do sector audiovisual. A Consellaría de Cultura e a Coordinadora de Festivais de Cinema, que acubilla todos os certames do país, chegaron a esta solución conxunta que pon fin \"a unha situación excepcional, complexa, e non desexada por ningunha das partes\", tal e como afirma a Xunta no seu comunicado de prensa."}
{"ID": "NOS_18673", "summary": "Esta nova xornada de protestas deixou retencións nos accesos a Compostela e nas inmediacións de Vigo.", "text": "Arredor de 1.000 persoas participaron nunha marcha a pé entre o polígono das Gándaras e o centro de Lugo no undécimo día de paro no transporte, que volveu deixar retencións nos accesos a Compostela e as inmediacións da cidade de Vigo polas protestas de transportistas, agricultores, gandeiros e outros colectivos que se foron sumando ás mobilizacións. Escoltados por tres furgóns da Unidade de Intervención Policial (UIP) e axentes da Policía Local, as persoas manifestantes percorreron a distancia que separa o polígono industrial da sede da Subdelegación do Goberno estatal en Lugo. Ao berro de \"ministra, dimisión\" e con varias pancartas contra a responsábel de Transportes, Raquel Sánchez, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a marcha transcorreu por Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior até chegar a Armanyá. A folga do transporte impacta na industria: chegan os primeiros ERTE En declaracións aos medios, o presidente da Asociación Empresarial de Transporte Río Miño (AETRAM) —unha das asociacións convocantes—, Diego Arias, enxalzou o poder de convocatoria da protesta, que se produce dous días despois da marcha de vehículos que colapsou o centro da cidade. \"A ver se a ministra se decata dunha vez de que non somos unha minoría\", aseverou o transportista, que lamentou que o Goberno siga sen recoñecer como interlocutora á Plataforma de Transporte e se cinga a negociar co Comité Nacional do Transporte, co que sentan esta quinta feira. \"Somos 85% do transporte e realmente somos os que estamos na estrada todos os días. A ministra ten que negociar connosco, que somos quen realmente fai o transporte neste país\", reivindicou. Arias estimou que o sector ten unhas perdas \"de entre 3.000 e 4.000 euros por vehículo ao mes\". \"A ministra ofrecía o outro día 500 millóns a 250.000 empresas do transporte que hai no Estado español, co que tocariamos a 2.000 euros ao ano; 160 euros ao mes. Iso non nos chega a nada\", aseverou. \"Mentres non nos reciba [Raquel Sánchez], non imos ceder. Ten que negociar connosco, non pode estar a negociar en Madrid con quen non son transportistas\", exixiu finalmente o presidente de Aetram. Novas retencións en Compostela En Compostela houbo retencións a primeira hora da mañá no polígono do Tambre e o cruceiro da Coruña, provocadas por vehículos agrícolas que retardaron o tráfico no acceso norte da cidade. Pasadas as 10 horas, os tractores despexaron estas vías para dirixirse ao polígono da Sionlla, onde volveron concentrarse camións, tráileres e outro tipo de vehículos coa previsión de saíren outra vez en lenta marcha cara á cidade. Do parque industrial, pasadas as 12 horas, regresaron ás estradas cun percorrido similar ao da pasada cuarta feira. A lenta caravana entrou no polígono do Tambre para seguir en dirección ao Cruceiro da Coruña. O roteiro continúa por San Caetano, Rodríguez de Viguri, Avenida de Lugo e Rúa do Hórreo. As cervexas de Estrella Galicia soben ao tren Nesta ocasión, os manifestantes poderían dirixirse a Romero Donallo, avenida lindeira ao Ensanche e unha das máis transitadas da cidade. Trátase do segundo día consecutivo e o terceiro desta semana no que os vehículos profesionais taponan a circulación nas rúas da capital galega. Caravana entre Tui e Vigo En Vigo, esta quinta feira de novo chegou unha 'caravana' lenta procedente de Tui, cun centenar de camións que percorreron a A-55 e entraron na cidade ao mediodía pola Avenida de Madrid. Do mesmo modo que na última protesta, a da pasadasegunda feira, os vehículos chegaron á altura da estación de autobuses e deron volta para retornaren á autovía. Fontes da subdelegación do Goberno en Pontevedra confirmaron que non se rexistraron incidentes durante a protesta."}
{"ID": "PRAZA_3548", "summary": "Falamos con representantes de Azos Feministas (Lalín), de Mulleres en Padrón, de Polamiúda (Chantada) e Sonlilá (Carnota). Ademais, regresamos á aldea de Loureiro, que o 8 de marzo de 2019 viviu a primeira manifestación da súa historia", "text": "Este domingo 8 de marzo milleiros de mulleres saíron ás rúas. As manifestacións en Vigo, Compostela, A Coruña ou Ourense foron masivas, pero en toda Galicia había ducias de convocatorias, dende as grandes vilas ata concellos moito máis pequenos e rurais. Se as marchas celebradas nas zonas urbanas son dignas de recoñecemento, moito máis o son as accións feministas que se desenvolven en localidades moito menos poboadas e menos habituadas tamén á mobilización.Falamos con representantes de Azos Feministas (Lalín), de Mulleres en Padrón, de Polamiúda (Chantada) e Sonlilá (Carnota). Ademais, regresamos á aldea de Loureiro, que o 8 de marzo de 2019 viviu a primeira manifestación da súa historiaEstas manifestacións e concentracións son impulsadas maioritariamente por colectivos feministas locais, asociacións que traballan durante todo o ano coas mulleres da contorna, dinamizando social e culturalmente estas localidades e servido de espazo de encontro para elas. É o caso de Feminismos Viana (Viana do Bolo), co Colectivo Feminista Dez-Tabeirós ou de Feministas Terra Cha (Vilalba). Nas vilas e sobre todo nos concellos rurais as mulleres sofren, ademais, problemáticas distintas ás das mulleres das zonas urbanas, problemáticas engadidas, como a falta de servizos públicos, que fan aínda máis necesaria a mobilización feminista fóra das cidades. Tamén na manifestación de Verín do pasado 1 de marzo e no propio manifesto de Galegas8M se lembraron as problemáticas das mulleres rurais. E o mesmo fixo o Sindicato Labrego Galego, incidindo no \"fracaso na aplicación da Lei de Titularidade Compartida\". Falamos con representantes de Azos feministas (Lalín), de Mulleres en Padrón, de Polamiúda (Chantada) e Sonlilá (Carnota) para preguntarlles como foi o 8 de marzo nas súas zonas e como é a situación da muller os 365 días do ano. Ademais, regresamos á aldea de Loureiro, en Nogueira de Ramuín, que no 2019 viviu a primeira manifestación da súa historia, para saber como foi a convocatoria deste ano e o impacto que tivo no lugar a mobilización feminista do pasado ano.Carnota: unha cadea humana para tecer redesA mobilización feminista na Costa da Morte estivo caracterizada polo traballo conxunto de colectivos de varias localidades: Carnota (Asociación Sonlilá), Cee (Buserana), Vimianzo (Curandeiras) e Carballo (Círculo Feminista de Carballo). Entre o sábado e o domingo houbo actividades nos catro concellos e as integrantes dos catro colectivos desprazáronse de vila en vila para participar todas xuntas en todas as convocatorias.\"O traballo multiplícase para nós, porque as mulleres responsabilizámonos de toda a carga de coidados e non ter servizos é un problema moi grave\"En Carnota Sonlilá organizou unha cadea humana na praia, unha actividade na que participou xente de toda a comarca. \"Baixamos en manifestación dende a Praza da Pedra ata o areal, que hai uns dous quilómetros\", explica Marupe Armendáriz (Sonlilá) que destaca que \"nestas zonas é difícil mobilizar a poboación, por mor da dispersión e do envellecemento, e máis aínda ás mulleres\".\"Hai moitísima diferenza entre a vida da muller no rural e nas cidades\", subliña. \"Unha das cousas polas que máis reclamamos é pola falta de servizos públicos: a situación do servizo de pediatría da Costa da Morte é demencial, e despois está o tema da carga de coidados, que recae nas mulleres nun lugar tan envellecido coma este. Non temos centros de día e o que tiñamos en Carnota nolo pecharon, a pesar de que tiña unha demanda moi importante. Ou o peche das escolas, que nos obriga a desprazar os nenos moitos máis quilómetros\", denuncia. \"O traballo multiplícase para nós, porque as mulleres responsabilizámonos de toda a carga de coidados e non ter servizos é un problema moi grave, que nos deixa case sen tempo. A poboación está tan envellecida que quen non ten que coidar o seu pai ou o seu sogro, ten que coidar un veciño que está só\", di.\"Reunímonos todos os venres, por unha cuestión de sororidade, de tecer redes entre nós, por atoparnos nun espazo seguro no que falar libremente sen sentirnos xulgadas\"Marupe Armendáriz, destaca que \"o 8M dános visibilidade, pero nós traballamos todo o ano\". \"En Sonlilá reunímonos todos os venres e facémolo non só para preparar actividades, senón por unha cuestión de sororidade, de tecer redes entre nós, por atoparnos nun espazo seguro no que falar libremente sen sentirnos xulgadas. A realidade é que aquí os homes teñen moitas máis posibilidades para socializar: na taberna, nas asociacións ou no traballo, ocupan moito máis o espazo público. Para nós é moito máis difícil\", salienta. \"Moitas mulleres séntense cohibidas nos espazos mixtos porque non teñen costume de falar en público. Por iso é tan importante que nos xuntemos os venres, para dicir o que nos pete; é algo que nos fortalece moitísimo. Cada vez achéganse máis mulleres, e de todas as idades, dende os 18 ata os 70 anos. E créanse moitos vínculos entre unhas e outras\", di.Lalín: \"Ver outras mulleres pola rúa, mobilizadas, é un momento de conexión moi potente\"Lalín viviu este ano a súa primeira manifestación feminista, convocada polo colectivo Azos Feministas. \"Levabamos moito tempo preparándoa. Xa o ano pasado fixéramos unha concentración e quedamos con ganas de máis\", explica Raquel, unha das integrantes de Azos. \"O de onte foi un subidón. Houbo moita xente e moi bo ambiente, persoas de todas as idades, maiores, mozas e mozos e nenas e nenos. A prensa convencional fala de 500 persoas, pero nós pensamos que había moito máis, case o dobre, o que para unha vila para Lalín é unha cifra moi interesante\", di.\"Ver outras mulleres pola rúa, mobilizadas, é un momento de conexión moi potente. Onte na manifestación era moi emocionante mirar cara atrás e ver todas as caras, algunhas coñecidas e outras descoñecidas, pero todas xuntas\", salienta Raquel.Con todo, Azos Feministas amósase tamén crítica co Concello de Lalín, pola organización do Motococido (unha concentración moteira) coincidindo co 8M. \"Non tivemos o apoio que debería haber do Concello. Lamentablemente, nun día tan importante coma o 8 de marzo contraprogramouse outra actividade coma esta\", critica o colectivo, que sinala que \"iso si, houbo boa colaboración da organización do Motococido e conseguimos coordinarnos\".\"Adaptamos unha parte do manifesto á nosa realidade e fixemos unha homenaxe ás mulleres do rural, especialmente ás traballadoras do téxtil no rural, que durante anos estiveron completamente invisibilizadas\"Na mobilización do 8M en Lalín houbo un espazo para as reivindicacións das mulleres do rural. Raquel subliña que \"unha das teimas do noso colectivo é como chegar ás parroquias do rural, a esas mulleres que se xuntan nas parroquias de arredor da vila. Por iso foi interesante ver que había moitas mulleres maiores na manifestación\". \"Aínda que lemos o manifesto de Galegas8M, adaptamos unha parte á nosa realidade e fixemos unha homenaxe ás mulleres do rural, especialmente ás traballadoras do téxtil no rural, que durante anos estiveron completamente invisibilizadas\", explica. \"E tamén quixemos reivindicar a outras mulleres que tamén están moi ocultas, pero que están en Lalín coma nós, como son as mulleres migrantes. Pensamos que isto era moi importante e máis nunha xornada coma a de onte na que que falabamos de folga de coidados sabendo que moitas mulleres non podían facela\", conclúe.Chantada: poñer o foco nas mulleres migrantes e as mulleres do rural\"Nas vilas a presenza de mulleres migrantes é moi numerosa debido ao envellecemento da poboación. É un colectivo moi grande que sofre unha gran perda de dereitos\"Tamén se amosan críticas co Concello en Chantada, onde o 8M tamén coincidiu cun evento de grande importancia, como é a Feira do Viño de Chantada, que é unha das celebracións máis importantes do ano na vila. As críticas ao Concello chegan pola negativa deste a colaborar cos colectivos feministas na organización do 8 de marzo. \"Nun primeiro momento, entramos en contacto co Concello, propoñéndolle facer a lectura do manifesto no marco da programación da feira, pero non recibimos contestación oficial, así que ao final decidimos facer a convocatoria pola nosa conta\", explica Alba, do colectivo Polamiúda, que ademais de convocar unha concentración, organizou unha foliada feminista e un xantar de mulleres, xa integrada na festa.Polamiúda destaca que \"este ano implicamos a outros colectivos de mulleres da vila que teñen problemáticas particulares, de xeito que cada unha leu unha parte do manifesto: unha muller migrante, unha compañeira de enfermeiras en loita, unha muller rural e unha compañeira do servizo de atención a domicilio que está sendo privatizado nestes momentos polo Concello de Chantada\".Hai diferenzas entre os problemas que sofren as mulleres das cidades e das vilas? \"Si, hai diferenzas. Por exemplo hai diferenzas no ámbito das mulleres migrantes, que tamén as hai nas cidades, pero nas vilas a súa presenza é moi numerosa debido ao envellecemento da poboación. É un colectivo moi grande que sofre unha gran perda de dereitos\", relata Alba (Polamiúda). \"Tivemos moitas reunións con elas e as cousas que contaban son terribles, con horarios interminables e case sen días libres. Ademais, non se atreven a denunciar por medo a perder os seus traballos e tamén os papeis\", di. \"E despois a problemática da muller rural, que non son titulares das explotacións, reciben pensións non contributivas, todo isto unido á realidade dun sector en crise\", engade.\"Mulleres que ata agora nunca quixeran autodenominarse como feministas, porque pensaban que lles quedaba moi lonxe, comezan a participar\"Polamiúda, que salienta que \"somos unha asociación completamente independente e non recibimos axuda ningunha do Concello para a realización das nosas actividades\", subliña que a pesar das dificultades \"cada vez participa máis xente e se valora máis o noso traballo\". \"Mulleres que ata agora nunca quixeran autodenominarse como feministas, porque pensaban que lles quedaba moi lonxe, comezan a participar. E cada vez que facemos unha concentración cando hai un asasinato machista, veñen mulleres máis maiores e achéganse a ti, o mesmo que cando organizamos charlas ou seminarios sobre sexualidade, ou sobre temas de saúde que afectan máis ás mulleres\", sinalan.Padrón: \"Nos lugares pequenos sempre hai máis medos, sobre todo entre a xente máis maior\"\"Pode que nas vilas non haxa tanto ese hábito de saír a manifestarse, pero a xente ve o que fai o movemento feminista ao longo do ano e pouco a pouco vaise achegando\"A asociación feminista Mulleres en Padrón convocou este 8M unha manifestación á que acudiu moitísima xente, a pesar da chuvia que caeu durante boa parte do percorrido. \"Quedamos moi contentas coa participación da xente. Xuntamos un bo grupo e ademais un grupo participativo\", destaca Teresa Rey, unha das integrantes do colectivo. \"Pode que nas vilas non haxa tanto ese hábito de saír a manifestarse, pero a xente ve o que fai o movemento feminista, ve que se traballa día a día ao longo do ano e pouco a pouco vaise achegando. O domingo tivemos a proba\", di.\"Nos lugares pequenos sempre hai máis medos, sobre todo entre a xente máis maior, que lle custa máis expresar ese sentir feminista, teñen máis dificultades á hora de expresarse libremente. Pero pouco a pouco, a través das asociacións locais e vendo que a cidadanía vai saíndo á rúa, vanse animando\", explica.\"Sería importante que nos sitios pequenos as institucións se implicasen máis co feminismo e que non se limitasen a facelo uns determinados días do ano\"Teresa Rey reclama que \"sería importante que nos sitios pequenos as institucións se implicasen máis co feminismo e que non se limitasen a facelo uns determinados días do ano\". Critica ao Concello e lembra a polémica que xurdiu hai unhas semanas co premio que o Goberno local outorgou no Entroido a unha comparsa abertamente machista. \"Simulando unha residencia de anciáns, as coidadoras, cuns disfraces de enfermeira, entre aspas sexis, íanlles facendo felacións e demais\", sinala. \"A xente púxose en contacto con nós, buscando que nós canalizásemos esa indignación, e fixemos unha denuncia pública, pedindo que se retirase o premio que lles outorgaran\", di. \"Estamos canalizando o sentir da rúa e levándoo cara ás institucións mediante queixas e propostas\", remata.\"As mulleres de Loureiro tomaron moita conciencia da necesidade de estar unidas entre elas\"Unha das mobilizacións que máis chamou a atención o pasado ano foi a que levaron a cabo as mulleres da aldea de Loureiro, en Nogueira de Ramuín. O lugar viviu, grazas ao feminismo, a primeira manifestación da súa historia, na que participou unha parte importante das mulleres que alí viven, nun lugar que conta con 60 habitantes. Este domingo a aldea de Loureiro volveu mobilizarse polo 8M. \"As mulleres de Loureiro tomaron moita conciencia da necesidade de estar unidas entre elas. Ademais, comezaron a participar nas reunións da comunidade de montes, ás que ata agora ían sobre todo os homes\"A participación foi aínda máis importante, destaca Carla Souto, unha das impulsoras da mobilización do pasado ano. De novo asistiron mulleres de todas as idades, dende nenas ata as xeracións máis maiores, e nesta ocasión mesmo se incorporaron algúns homes. \"As mulleres de Loureiro, feminismo o ano enteiro\", \"O feminismo vai en aumento sen axuda do Ayuntamiento\" ou \"Non precisas cona para usar unha fregona\" foron algunhas das mensaxes que se puideron ler nos moitos carteis que levaban as persoas que participaron na mobilización.Carla Souto salienta, ademais, o impacto que tivo na aldea a manifestación do pasado ano. \"As mulleres de Loureiro tomaron moita conciencia da necesidade de estar unidas entre elas e nos últimos meses tivemos máis relación unhas coas outras\", salienta. \"Ademais, comezaron a participar nas reunións da comunidade de montes, ás que ata agora ían sobre todo os homes. Tamén comezaron a moverse para reivindicar a construción dun parque infantil, para que xoguen os netos\", di, concluíndo que \"en xeral, hai máis ganas de loitar polo noso e de que a aldea mellore e evolucione grazas a esta unión entre nós\"."}
{"ID": "NOS_41494", "summary": "Os análistas coinciden en que as hipotecas a tipo variábel seguirán subindo nos próximos meses.", "text": "O Euríbor continúa a súa escalada e chegou esta cuarta feira a 1,4% na súa taxa diaria, o que supón o seu maior nivel desde finais de marzo de 2012. O Banco Central Europeo encarece o acceso ao financiamento O índice de referencia para a maioría de préstamos hipotecarios a tipo variábel no Estado español encadeou seis subas consecutivas, desde que a semana pasada marcase un nivel de 1,146% até esta cuarta feira, cando se situou en 1,427%. Con estes ascensos, a media mensual provisional para agosto situaríase en 1,14%, o seu maior nivel desde xuño de 2012, cando fechou en 1,219%. Estas subas do Euríbor están a anticipar o aumento de tipos que o Banco Central Europeo (BCE) podería aplicar na súa próxima reunión de setembro. O mercado desconta un incremento de 0,5%, despois de que na súa reunión de xullo sorprendese cun primeiro aumento de 0,5%. No primeiro trimestre de 2022 rexistráronse 191 execucións hipotecarias De fechar así, esta alza do índice pode supor un aumento significativo para aqueles que lles toque a revisión da súa cota. Por exemplo, para unha hipoteca variábel de 150.000 euros a 30 anos e cun diferencial do valor do Euríbor máis 0,99%, o aumento mensual sería de algo máis de 110 euros ou, o que é o mesmo, de 1.300 euros ao ano. O Euríbor estabilizarase en 2024, segundo expertos A alza do Euríbor irase desacelerando durante 2023 até estabilizarse en torno a 2% en 2024, segundo as previsións de Tecnotramit, especializada en servizos para entidades financeiras e compañías inmobiliarias no Estado español e en Portugal. \"No último ano houbo un forte incremento no Euríbor que fixo reaccionar, primeiro, á Reserva Federal Alemá, e despois, con bastante contundencia, ao Banco Central Europeo que, tras o aumento de medio punto dos tipos en xullo, ten prevista unha nova revisión en setembro\", explicou o xerente de formalización hipotecaria de Tecnotramit, Carles Solé. A sinatura de hipotecas bate récords da última década no Estado español e só diminúe na Galiza O experto considera que a suba experimentada polo Euríbor nos últimos meses vaise ir desacelerando e que durante 2023, aínda que manterá a súa tendencia á alza, farao \"cunhas taxas inferiores\", para posteriormente en 2024, estabilizarse en torno ao 2%. Con todo, esta situación, tanto no Euríbor como no ámbito de políticas monetarias, provocará unha consecuente suba das hipotecas en sintonía cos tipos."}
{"ID": "PRAZA_12552", "summary": "Tiña que pasar, é duro pero desgraciadamente certo. Cando se poñen trabas e fan recurtes aos medios que tiñan a tarefa de garantir que as lapas non se estendan cando se declara un incendio, intencionado ou non, as crises ecolóxicas pasan. O caso das Fragas do Eume é unha demostración máis de que ao goberno non lles interesan unas cantas árbores e arbustos, por moita declaración de Parque Natural e por moita declaración de Lugar de Importancia Comunitaria que haxa detrás", "text": "Tiña que pasar, é duro pero desgraciadamente certo. Cando se poñen trabas e fan recurtes aos medios que tiñan a tarefa de garantir que as lapas non se estendan cando se declara un incendio, intencionado ou non, as crises ecolóxicas pasan. O caso das Fragas do Eume é unha demostración máis de que ao goberno non lles interesan unas cantas árbores e arbustos, por moita declaración de Parque Natural e por moita declaración de Lugar de Importancia Comunitaria que haxa detrás. Só importa a demagoxia, a ausencia da Xunta de Galicia non lugar do crime, as declaracións de conselleiros afirmando que os medios eran suficientes. Porque neste momento, coas fragas das terras abrasadas, pouco ou nada importa Que estas terras, agora queimadas, albergaron o fogar de centenares de animais, que agora morreron abrasados e intoxicados, fosen unha auténtica xoia biodiversa tampouco importa. Só importa a demagoxia, a ausencia da Xunta de Galicia non lugar do crime, as declaracións de conselleiros afirmando que os medios eran suficientes. Porque neste momento, coas fragas das terras abrasadas, pouco ou nada importa. É tempo de mobilización, despois de anos de advertencias o desastre xa está consumado e temos que traballar para que non se repita. Debemos apoiar iniciativas que promovan a penosa e longa restauración das Fragas do Eume, impedir que os animais que sobrevivan ou fuxisen do parque poidan ser abatidos delimitando novos espazos libres de caza e deixar de lamentarnos, para facer bandeira da protesta activa e dura contra aqueles que facilitaron que indesexables queimaran as nosas terras, o noso monte e o noso patrimonio ecolóxico. Debemos apoiar iniciativas que promovan a penosa e longa restauración das Fragas do Eume, impedir que os animais que sobrevivan ou fuxisen do parque poidan ser abatidos delimitando novos espazos libres de caza As fotos de Feijoo cunha mangueira son parte do pasado dos medios de comunicación, pero tamén do presente colectivo. E refliten a política da austeridade, porque este home podería aparecer cunha mangueira dunha brigada forestal, ou mesmo co casco das persoas que traballan extinguindo o lume. Pero non, apareceu cunha mangueira de Monte Pío. Ata cando permitiremos que se rían de nós?"}
{"ID": "NOS_17296", "summary": "O que está en xogo o 25 de maio é un dos temas deste semanario. Mais non o único. Entre outros: falamos con Atxaga e Sumai, entrevistamos ao capitán galego daquel 25 de abril de 1974, e contamos os números reais de desempregados.Podes adquirilo na nosa loxa.", "text": "'Votar Galiza ou votar Troika'. O tema central deste Sermos Galiza nº95 céntrase na campaña electoral para o Europarlamento, marcada pola hipótese dunha alta abstención. Achegámonos ás diferentes candidaturas e propostas. Outra cuestión é a violencia machista e as 37 mulleres asasinadas no Estado español en tres meses. Entrevistamos a Manuel Durán, capitán de abril galego, que nos fala da Revolución dos Caraveis como persoa que tomou parte nela. E falamos con Bernardo Atxaga e Anxos Sumai de litratura, idiomas e vida. Embarcámonos con Uxío Allo, un da Arousa que abe de dornas como ningún outro. O tren ao porto exterior de Ferrol, o que acontece coa Praia das Catedrais ou a realidade de cantas persoas hai no desemprego en Galiza son tamén cuestións que podes ler neste número do SG. De TDTs e Furnas Preguntámonos por que desaparecen as canles da TDT (e explicámolo) e percorremos a Furna dos Castros da man do colectivo Xea en Viaxes na Miña Terra. As galerías de arte galegas voltan ás trincheiras nun mercado que tamén tivo a súa burbulla. E gozamos co proxecto de 'Pitusa Semifusa' e 'O país dos ananos' de Chévere."}
{"ID": "NOS_11199", "summary": "D esde que Terrence Malick entrou en idade de xubilación, a súa cadencia facendo filmes acentuouse a case dous por ano, cando era coñecido por ser un cineasta pouco prolixo cun total de nove filmes en 50 anos de carreira, cunha regularidade quinquenal e, mesmo, con períodos de até 20 anos entre filme e filme, como foi o caso de Días do ceo (1978) e A delgada liña vermella (1998).", "text": "Na súa oitava longametraxe de ficción nútrese dun elenco cheo de estrelas, con tres nomeados aos Óscars nos papeis principais (Rooney Mara, Ryan Gosling e Michael Fassbender) e outros tantos en roles secundarios que si gañaron a prezada estatuíña dourada (Natalie Portman, Cate Blanchett e Holly Hunter). Amén que tamén sae Val Kilmer e uns cantos cameos de estrelas da música como Iggy Pop, Patti Smith ou os rapaces de Red Hot Chili Peppers. Song to song / Terrence Malick / EUA / 2017 / 129 minutos A trama comeza nun festival de música onde Faye (Mara) narra en off as súas inquedanzas existenciais sobre se seguir cun produtor musical (Fassbender), ao que admira e co que pode vivir a todo luxo, pero que é mala persoa, ou optar por un músico con cara de bo (Gosling). Como non se decide, segue a dúas bandas. Mentres, preocúpase poñendo cara de circunstancias ao tempo que o operador de cámara de Malick se achega a ela desde todos os ángulos posíbeis e en grande angular. E así todo o tempo... durante dúas horas, até un insulso clímax final onde se redime e queda co bo que abandonou o seu soño de músico para traballar nunha obra. Son felices, mais non comen perdices, senón que se refregan na herba porque non teñen un can... Fin. Malick é un xenio transmitindo sensacións. Se o que pretendía con Song to Song era transmitir o baleiro, o tedio e a banalidade dunha moza que a súa máxima na vida é encontrar parella, conseguiuno sobradamente. Iso si, desde unha perspectiva bastante paternalista e falocéntrica. Todo o que fai a moza na súa liberdade sexual semella ser pecado para Malick, e as escenas de sexo, ollo, son case sempre coa roupa posta e, cando están sen ela, son as mulleres as espidas mentres que o tipo non quita os pantalóns. Se incluso Malick provoca que Patti Smith lle diga á protagonista que \"non deixe escapar o seu namorado!\". Patti Smith! Malick randeouse con Song to Song. Certo que ten un par de escenas nas que consegue certa verosimilitude a flor de pel, pero en xeral é un filme pomposo, insulso e cunha realización tan rutineira (ao estilo Malick) como exasperante. En fin, todo gran cineasta pode permitirse ter unha película mediocre de cando en vez, non si?"}
{"ID": "PRAZA_16166", "summary": "Unha sucesión vertixinosa de enumeracións alicerza o novo poemario de Lucía Novas, Cervatos (Tambo), no que as palabras se arremuíñan para representar a velocidade e o efémero do mundo posmoderno. Mais tamén a súa beleza.", "text": "Unha crítica á sociedade actual, individualista, consumista, na que todo é relativo e non existe ningunha certeza, agás a do diñeiro. Mais tamén unha asunción dun guilty pleasure, un recoñecemento da beleza da estética dese mundo posmoderno que tanto nos inflúe. Así define a poeta Lucía Novas o seu novo libro, Cervatos, publicado polo selo Tambo, de Kalandraka. Nel, a autora leva á poesía a técnica do collage e a estética do videoclip. En imaxes que se suceden veloces, efémeras. Falamos con ela deste e dous seus anteriores poemarios. Na túa biografía en As escollas electivas relacionabas a poesía coas \"metáforas do cotiá e da marabilla\" que ían saíndo ao irnos \"enchoupando de vida\". Parece unha boa achega ao que pode ser para ti a poesía. Identifícaste hoxe con esta definición? Plenamente. E, a medida que o tempo pasa e que me vou coñecendo máis, aínda me sinto máis identificada con esa concepción da escrita poética. A poesía é para min unha necesidade, unha necesidade moi íntima. Todas as miñas experiencias, todo o que vou captando a través dos sentidos, todas as miñas lecturas, a arte que vas consumindo, a música, ese pequeno obxecto que capta a túa atención, todo pasa por unha peneira e transfórmase nunha especie de poesía rudimentaria, dun cúmulo de sensacións que van habitando en min e elaborándose a través do pensamento e das emocións, inevitablemente. \"Olga Novo falaba nun poema de tirar dun poema como quen tira dun becerro, e eu creo que é algo así\" Dentro de min vaise xerando unha estética que está moi ligada a un contido conceptual, pero que nas primeiras fases aínda está tan ligada ó subconsciente que eu mesma non atinxo ben o seu significado final. E chega un momento no que necesito tirar desa estética cara fóra. Olga Novo falaba nun poema de tirar dun poema como quen tira dun becerro, e eu creo que é algo así, aínda que no meu caso preciso extraer a estética no seu conxunto. En Epiderme de estío estaba a celebración da vida a través do amor, da sexualidade, do corpo. En Neve estaba a celebración da beleza e as ruínas, a ferida, a devastación do corpo. É como se os dous libros levasen, no aspecto temático, a Cervatos, que tamén é o corpo, o amor, a sensualidade, a beleza, e por outra banda a dor, a desolación, a decadencia… De que xeito os dous libros anteriores puideron levar a este? Levo tempo dándolle voltas ó fío condutor dos meus poemarios, que é moi claro visto con perspectiva. Este feito aínda o percibo con maior claridade se inclúo un poemario inédito -aínda que acabo de colgalo recentemente na rede- que se sitúa entre Epiderme de estío e Neve, que indaga nunha estética de final do verán e principios do outono. A miña obsesión polo ciclo das estacións, a natureza e o paso do tempo é clara e asumida, pero aínda así non atinxo a entender que parte hai de decisión real e que parte é o destino que me leva por ese fío. \"A miña obsesión polo ciclo das estacións, a natureza e o paso do tempo é clara e asumida\" Cando comecei a escribir Cervatos, pensei que estaba escribindo algo moi diferente ós meus libros anteriores, que pechara un ciclo e abrira un novo. Pero a medida que outras persoas que van lendo o libro vanmo comentando, estas explícanme que si ven unha continuidade co anterior... e xa empezo a reformular as cousas... Do que me comentas, si teño unha certeza: Cervatos é un libro que procura termos contrarios e os harmoniza, pois ó final así e a vida: territorio de contrastes. Tamén hai unha relación clara entre Neve e Cervatos no aspecto formal: a presenza das enumeracións, que en Cervatos xa artellan todo o poemario en sucesións de substantivos nas que o verbo queda moi relegado a segundo plano. Os poemas convértense, así, en sucesións de imaxes. Como instantáneas da realidade. De que xeito te levou a forma de Neve á de Cervatos? Na escrita, a miña parte racional inhíbese totalmente, e é o subconsciente, e á vez o lúdico e o xogo, o que toma as rendas... Non decido racionalmente \"vou escribir deste xeito ou doutro\". Inevitablemente, xorde. Neve é un libro inspirado en Última fuxida a Harar, de Avilés de Taramancos, e en xeral de sempre me fascinaron os poemas en prosa con enumeracións marabillosas deste poeta tan querido por min. Supoño que a miña indagación iría por aí. E logo seguín pescudando dese xeito noutros poemas soltos que fun escribindo nos últimos anos. \"En Cervatos dialogo coa obra de artistas que utilizan a collage como Natalia Umpiérrez ou Isabel Fernández ou con videoclips\" E en Cervatos xa me deixei ir totalmente, desta vez tamén moi claramente influída pola translación da técnica da collage e da estética do videoclip, con imaxes tan rápidas, á poesía. Pois en Cervatos dialogo coa obra de artistas que utilizan a collage como Natalia Umpiérrez ou Isabel Fernández ou con videoclips concretos de Summer Camp, Superhumanoids, White Denim, Grimes ou Desir Lines. Por outra banda, tamén é unha busca da expresión da velocidade do mundo posmoderno e do seu carácter efémero. E por último, interésame moitísimo o carácter simbólico, plurisignificativo e connotativo da palabra. A palabra como alfaia e como unha explosión de emocións e recordos. O campo semántico de Neve situábanos nunha paisaxe natural, no rural. O de Epiderme de estío, nunha paisaxe marítima. Cervatos lévanos por una sucesión de ambientes diferentes, nos que se alternan o rural -o lugar do cervato- e a cidade contemporánea. Mais máis que oposición, é como se houbese continuidade entre ambos mundos. Como é o mundo urbano que debuxa Cervatos? En Cervatos aparece un mundo híbrido, rural e urbano, que é o verdadeiro mundo de moitos galegos, e de moita xente da miña xeración. É unha continuidade real. Por exemplo, na miña vida. De onde son: do rural, dunha vila, dun mundo urbano, de cidade...? Eu son as tres. Onde son máis eu? É difícil contestar esa pregunta. E se fose que son todo á vez, se son un ser híbrido, un enxerto? En Cervatos aparece a cultura vilega dos meus avós paternos, coas súas plantas e o seu cuarto de costura. \"En Cervatos aparece un mundo híbrido, rural e urbano, que é o verdadeiro mundo de moitos galegos, e de moita xente da miña xeración\" En Cervatos amósase con forza un mundo urbano, de asfalto, de cidade... aparecen por exemplo referencias directas e indirectas a lugares de Pontevedra (o cine Gónviz, o Bouquet, as ruínas de Santo Domingo...), aparece dun xeito indirecto a cidade de Vigo... ou cidades de California produto dunha viaxe real (Los Ángeles, Las Vegas...)... e, por último, aparece tamén o mundo urbano retratado no audiovisual ou na música rock ou punk... \"En Cervatos agroma tamén a aldea da miña nai, a miña Aldea, Anceu, en Ponte-Caldelas, e aparecen microtopónimos dos meus lugares amados\" Pero en Cervatos agroma tamén a aldea da miña nai, a miña Aldea, Anceu, en Ponte-Caldelas, e aparecen microtopónimos dos meus lugares amados (A Rega, O Eirado...) e figuras da miña familia materna como a miña tía avoa Elvira ou Saldina, que simbolizan esa hibridación que xa aparece nas persoas máis novas da xeración dos meus avós, que sen deixar a cultura da aldea xa incluíron elementos do novo mundo moderno -os automóbiles, os vídeos...-, e á vez simbolizan esa marabillosa cultura da aldea que está morrendo e que imos perder para sempre, o que me causa unha tristeza tan profunda... Hai ideas, conceptos… palabras que actúan como símbolos que se van repetindo ao longo do poemario. Coma os cervatos, o anel, o azul, a chaqueta de la, as clemátides… Podes explicar por que as escolliches? Ocorre dos dous xeitos, como símbolo e como escenario á vez. A figura do cervato ten un significado moi simbólico: os protagonistas do libro son cervatos, absortos no mundo hedonista, inocentes, pendentes da diversión, do lúdico, do xogo, como eternos Peter Pans... pero sen decatarse de que a posmodernidade converteunos en seres fráxiles, sen posibilidade de defensa, sen capacidade para a frustración, algúns temendo as emocións, a vertixe do amor, e sen decatarse do paso do tempo, no que reparan dolorosamente de vez. Existe unha acronía no libro e á vez unha simultaneidade de tempos, porque os cervatos non atinxen a saber exactamente cal é o seu tempo, cal é a súa idade, son demasiado novos e demasiado vellos. Pero á vez tamén simbolizan a outra cara da moeda: o espírito inocente e ilusionante que deberiamos manter toda a vida. \"Os protagonistas do libro son cervatos, inocentes, pendentes da diversión, como eternos Peter Pans... sen decatarse de que a posmodernidade converteunos en seres fráxiles, sen posibilidade de defensa\" O anel simboliza os convencionalismos, a educación patriarcal, o nocivo amor romántico... pero na outra cara da moeda é unha alfaia que representa a beleza do efémero e dos pequenos obxectos, e incluso do kitsch. O azul é un elemento simbólico tomado da cultura anglosaxoa que simboliza a tristura profunda, pero que tamén ten a súa parte de beleza e de estrañeza... \"Toda esa imaxinería capitalista anglosaxoa que absorbemos dende a infancia a través de películas tamén posúe beleza estética\" O libro pretende asumir un guilty pleasure: toda esa imaxinería capitalista anglosaxoa que absorbemos dende a infancia a través de películas e que dende sempre racionalmente repudiei tamén posúe beleza estética e acaba conformando o meu imaxinario estético, inevitablemente. A chaqueta de la simboliza a mornura e a ternura no inhóspito, no desacougo, e as clemátides son unha planta que traslado ó interior, que representan a beleza, o kitsch, e á vez a natureza capturada nun lugar urbano, que xera máis descougo, aínda que nestes dous símbolos aparecen máis significados entrelazados... Por que se repite tanto, en especial, a idea de transgresión? (Xunto coa de marxes, bordos…) Por que tipo de transgresión chama o poemario? O poemario foxe do convencional, do considerado normal, das regras sen fundamento, do mundo das aparencias, do sistema establecido, do rutineiro, do aburrido, do tedioso, do mundo de mentira, de cartón pedra, das capas de po e de aborrecemento. O poemario chama pola transgresión, pola orixinalidade, por arriscar, por crear algo novo, por saírse do carreiro trillado e atopar novos camiños, sexan vitais, estéticos, filosóficos ou políticos. O poemario procura a beleza agochada nos bordos, nas marxes, nas periferias, nas fisterras... que á vez tamén non deixa de ser un concepto posmoderno, un dos elementos que si me fascinan da posmodernidade... \"O poemario chama pola transgresión, pola orixinalidade, por arriscar, por crear algo novo\" O poemario está zarrapicado de referencias e de expresións en inglés que remiten de xeito irónico á linguaxe dos medios de comunicación de masas e da publicidade. Podería entenderse como unha crítica á obxectualización do mundo. Todo se torna efémero, superficial… e kitsch. Mais é como se celebrase tamén, como dicías antes, a beleza do kitsch, dese mundo de ruído. Tiñas intención de que existise ese dobre sentido? Exactamente iso primeiro que explicas é o que pretendín co poemario. E engado que moitas desas expresións en inglés están directamente tiradas de letras de cancións, de feito existe unha play list concreta de cancións detrás da escrita, música coa que dialogo -cancións de Suede, Sonic Youth, Joy Division, The Doors, Wendy&Bonnie, Still Corners, Rowland, At the Drive In...-. Outras, son referencias ó audiovisual -Twin Peaks, Scissorhands....-. E encántame esa referencia que fas da ironía, pois o humor negro, a ironía e a parodia están moi presentes no poemario. E perfecta a segunda análise: o libro, como xa expliquei antes, está ateigado de termos e ideas contrapostas que se harmonizan. E tamén é a asunción dun guilty pleasure: o libro é unha crítica ó capitalismo e á posmodernidade pero á vez tamén recoñecer toda a beleza da súa estética e como esta inflúe na miña xeración. \"O libro é unha crítica ó capitalismo e á posmodernidade pero á vez tamén recoñecer toda a beleza da súa estética e como esta inflúe na miña xeración\" En relación con iso, en Neve estaba xa a celebración das cousas pequenas. Nese sentido, é como se Cervatos traspasase ese ollar atento ás cousas pequenas ao mundo urbano. Para dar conta do mesmo abraio. Case mareante. E, ao tempo que celebra as cousas, semella celebrar a palabra que as nomea. En que sentido é Cervatos tamén iso? Aínda hoxe, dando clase, concretamente explicando o léxico do noso idioma que pertence ó superestrato árabe, comenteille ó alumnado que a min, que me fascinan as palabras, parecíanme unhas palabras belísimas, e si que puiden ver como algúns deles me entendían e os seus ollos brillaban ante toda a capacidade connotativa daquelas palabras. No libro intentei que aparecese a palabra con toda a súa capacidade simbólica, connotativa e plurisignificativa, como se cada palabra puidese realizar un estoupido intensísimo de sensacións, emocións e imaxes. \"Intentei que aparecese a palabra con toda a súa capacidade simbólica, connotativa e plurisignificativa\" A crítica sinalou, deste libro, a presenza do fragmentario e, en relación con el, a crítica á posmodernidade, que xa citaches antes. Xa que somos, -dise na lapela interior-, tras a fin dos grandes relatos, seres ensarillados no amor, ou cervatos despistados ante o paso do tempo. En que sentido é o teu libro \"crítica\" á posmodernidade? É unha crítica a esta sociedade capitalista, ateigada de velocidade, onde todo é relativo e non existe ningunha certeza, agás a do diñeiro. Unha sociedade hedonista, individualista, consumista, onde todo se pode mercar e vender, co seu culto excesivo á mocidade -e que sobre todo sufrimos por machismo as mulleres-, unha sociedade do espéctaculo, do culto ó ego, das aparencias... e onde apenas ollamos ó noso interior... Un mundo no que fuximos do amor por temor á frustración... e no que á vez pensamos que podemos elixir cando e a quen amar, como se todo se puidese programar ou arranxar cun só clic... \"O libro é unha crítica a esta sociedade capitalista, ateigada de velocidade, onde todo é relativo e non existe ningunha certeza, agás a do diñeiro\" Por outra banda, intentei reflectir as relacións amorosas da miña xeración, loitando contra os convencionalismos herdados, influídos pola posmodernidade -cos nosos medos ó amor e á frustración-, intentando construír relacións igualitarias e libres e, á vez, aínda mediatizados por toda a imaxinería e educación patriarcal e do amor romántico, tema que trato dun xeito paródico e irónico. En canto ao tempo e o espazo, había viaxe e paso do tempo en Epiderme de estío e hai viaxe e desde logo paso do tempo en Cervatos, que nos leva, por exemplo, de Galiza a Hollywood, ou do pasado ao presente e deste ao futuro. É como se se fundisen tempos e lugares. Nun sarillo que nos arrastra -o libro fai pensar nas redes sociais, aínda que non as cita de xeito directo-. De que xeito está presente no libro esa idea de fusión de tempos e lugares? Que quizais remite ao pouco sentido que ten seguir a separar o \"local\" do \"global\" ou o \"local\" do \"internacional\". Encántame a lectura! Iso mesmo é o que pretendín expresar. Aparece unha acronía e á vez unha simultaneidade de tempos, somos eternamente novos e á vez prematuramente vellos... Aparece a noción do pastiche e do eterno regreso ás modas pasadas da posmodernidade... E á vez un fuxir do paso do tempo, un ensimesmamento no lúdico, ata que de repente a realidade fainos espertar e entrar de vez no mundo adulto. \"Aparece unha acronía e á vez unha simultaneidade de tempos, somos eternamente novos e á vez prematuramente vellos\" Aparece tamén esa mestura de espazos propio da globalización e das redes sociais, e exprésase dende o lado negativo, pero á vez tamén fala da riqueza da hibridación, e do enriquecemento a través da vivencia dos espazos: tan fermoso o meu Eirado como a miña estancia en Death Valley, e os dous convértense en espazos propios. \"Considero que si que debemos intentar cambiar o sistema, pero mentres o facemos, tamén debemos desdramatizar e divertirnos\" Podería dicirse que o libro, como síntoma da sociedade actual, apunta a cuestións sociais desacougantes: o exceso de ruído, a violencia (a dor), a confusión na que vivimos inmersos nun mundo de présa e constante bombardeo de imaxes, mais sen querer dramatizar demasiado. Como se os afectos (o amor), ou a propia calma do cervato, puidesen servir de contrapeso. Como se quixeras dicirnos que quedan cousas tanxibles, reais, nas que sustentarse, e que tampouco é para tanto. Percibo como unha vontade diso, de desdramatización. Que pensas sobre isto? Paréceme unha lectura moi acertada! Tan só un último apuntamento: considero que si que debemos intentar cambiar o sistema, pero mentres o facemos, tamén debemos desdramatizar e divertirnos, e utilizar, como ti dis, intelixentemente, os nosos contrapesos."}
{"ID": "NOS_30709", "summary": "Esculca, Avogados Novos e Xustiza e Solidariedade, entre outros colectivos, propoñen medidas para acabar con esa situación e denuncian o caso de Javier Guerrero, preso da Lama que acumula máis de 130 días en greve de fame contra os ''abusos''.", "text": "Nas cadeas do Estado español, tamén nas ubicadas en Galiza, hai malos tratos, torturas e outras vulneracións de dereitos humanos. Esta é a denuncia que varios colectivos - Esculca, Xustiza e Sociedade de Galicia, o Observatorí del Sistema penal i el Drets Humans e Avogados Novos- realizaron esta cuarta feira en Vigo nunha comparecencia para dar a coñecer a situación de Javier Guerrero Carvajal, preso na cadea da Lama que leva máis de 130 días en greve de fame. A tortura e os malos tratos non son casos isolados, aseguran, e lembran que nestes anos houbo varias denuncias ao respecto en prisións ubicadas en Galiza. Por iso urxen as administracións a adoptar actuacións para poñer fin a esas situacións e a \"facer efectivo o respecto aos dereitos das persoas privadas de liberdade\". Unha das denuncias realizadas é sobre as \"dificultades\" que deben enfrontar os avogados na defensa \"dos dereitos dos presos\": Propoñen quendas de avogados de oficio para o réxime penitenciario, ou que os xuíces investiguen as mortes que acontecen nas prisións. Estas peticións realizáronse durante a comparecencia na que deron a coñecer o caso de Javier Guerrero, de 33 anos e preso na cadea da Lama. Leva máis de 130 días de greve de fame para reivindicar \"a fin dos malos tratos e as torturas\" nas prisións. Unhas situacións que, afirman estes colectivos, o propio preso sufriu nas súas carnes. Este protestos non é un caso isolado, senón que hai outros protestos deste tipo no sistema carcelario español Javier Guerrero \"está moi mal de saúde\" e perdeu máis de 20 quilogramos de peso, se ben \"o estado anímico é bo\". Está desde hai tres meses no hospital mais iso non significa unha 'relaxación' nas súas condicións penitenciarias, lembran desde estes colectivos: non puido desde o seu ingreso ver nin falar por teléfono con ningún familiar ou achegado e as súas comunicacións reducíronse á correspondencia a través do seu avogado. O letrado explicou que Javier Guerrero entrou en prisión a finais de 2004 por delitos contra a saúde pública e a propiedade e a súa saída do cárcere está fixado para 2020, se ben coa redución de 3 anos por preventivas aplicábeis, a súa condena finalizaría a principios de 2017. Cumpriu logo, sinalou, 2/3 da condena (3/4 ao se aplicar as preventivas) polo que podería solicitar a liberdade condicional."}
{"ID": "NOS_52225", "summary": "A enerxía renovable é un invento marabilloso que existe desde os anos 70 e 80 e que permite producir enerxía coa luz do sol ou co vento. Entón, por que agora o boom eólico?", "text": "A enerxía renovable é un invento marabilloso que existe desde os anos 70 e 80 e que permite producir enerxía coa luz do sol ou co vento. Entón, por que agora o boom eólico? O detonante desta febre pola renovable do vento en Galicia, chamada transición enerxética, comezou xusto no momento en que queimar carbón deixou de ser rendible e as térmicas anunciaron o seu peche. É dicir, os mesmos que queimaban carbón e se enriqueceron emitindo grandes cantidades de CO2 agora vístense de verde e convértense nos promotores dos parques eólicos. Este é o lobo con pel de cordeiro. Pero cal é o punto de partida de Galicia? Galicia xa parte dunha situación como produtora de enerxía envexable: Galicia é a comunidade con máis produción eólica da península por KM21 (á excepción da illa de El Hierro). En Galicia, no 2020, máis do 75% da produción eléctrica xa era de orixe renovable2 (hidráulica e eólica), chegando xa ao 74% de enerxía renovable que se marcou no Plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-20303 dándolle cumprimento aos obxectivos da axenda 2030. E en lugar de baixar a factura da luz a todos os galegos e galegas que xa soportamos máis que ninguén (á excepción da illa de El Hierro) todas as infraestruturas e danos destas instalacións, temos, en cambio, centos de novos proxectos eólicos que ocuparían o 30% do territorio galego, incluídas Reservas da Biosfera, aldeas e zonas que levan máis de 10 anos agardando por ser incluídas na Rede Natura. Estamos a falar de que o tamaño dunha provincia sería un parque eólico!A gravidade da invasión eólica que ameaza Galicia é realmente enorme: De non a parar será o condena de morte de moitas aldeas que quedarán baleiras, da nosa cultura e paisaxes, e significará empobrecemento radical de toda Galiza, non só do rural! Por moito que a Asociación Eólica de Galicia intente sacarlle brillo aos seus datos para que parezan máis sociables e sostibles, a verdade é que non deslumbran a ninguén. Desmintamos o mito de que os eólicos deixan riqueza no rural. Cos parques eólicos, en realidade: Fincas e vivendas perden arredor dun 30% do seu valor só por estar no radio de 2 km dun parque eólico ou dunha liña de alta tensión segundo varios estudios realizados en EEUU e Reino Unido4. A maioría dos proxectados neste momento impactan en núcleos rurais. A renda per cápita dos concellos con máis parques eólicos é máis baixa que a media galega. É o caso de Muras, o concello con máis parques eólicos, e segundo os datos do Instituto Galego de Estadística ten un PIB catro veces máis alto que a media galega. Cando o PIB é moi alto e a renda per cápita é moi baixa, fálase de economía colonial. Onde vai entón toda esa riqueza que xeran os parques eólicos? O que está claro é que non queda para a xente que vive alí. Non crean emprego na localidade. O emprego que xera un parque eólico é temporal (no momento da construción). Os demais empregos son mínimos e non asentan poboación no rural. É dicir, para o rural, unha granxa, un taller ou unha panadería crean postos de máis valor, máis duradeiros e que apegan persoas ao rural. A paisaxe é un recurso de todos que ademais nos achega benestar. Pensa un momento en que lugar te sentes mellor e seguro que ese lugar non ten liñas de alta tensión, nin subestacións eléctricas, nin aeroxeradores. Así son as nosas aldeas. Se as nosas aldeas se converten en parques eólicos, ademais de valor patrimonial, perderemos benestar. O futuro será máis gris e o despoboamento acelerarase. Quen quere vivir nun parque eólico? Perderemos saúde: o ruído, o efecto discoteca, o risco de accidente por desprendemento, o aumento de depresións e, incluso, o aumento de suicidios, tal e como se comprobou que sucede nas vilas e aldeas próximas a parques eólicos en EEUU. Estes son só algúns dos puntos que considero máis relevantes, hai moitos máis. Máis só con isto, alguén pode xustificar tamaña invasión das eléctricas na nosa terra? Non se pode facer, desde logo, en nome das persoas, do ecoloxismo nin da sustentabilidade. Só en nome do interese duns poucos, que nin tan sequera viven aquí! A transición enerxética debería pasar por fomentar o autoconsumo e os edificios sostibles. Con eólica de tamaño máis humano e cooperativo, prescindido ao máximo da produción masiva de enerxía e do seu transporte a centos de quilómetros dos puntos de consumo agás para uso industrial. Os impactos serían moito menores e a factura da luz moitísimo máis económica. Este plan sería bo para todos, menos para unhas cantas grandes empresas multinacionais que perderían o control sobre un ben esencial hoxe en día como a enerxía."}
{"ID": "PRAZA_688", "summary": "O alcalde da localidade responde á concentración convocada pola Plataforma Sarriana polo Río ordenando retirar dúas pancartas. Os activistas acusan o rexedor de ter \"escasa consideración\" pola veciñanza da vila", "text": "Unha parte moi importante da cidadanía de Sarria leva máis dun ano mobilizada contra o proxecto de encanamento do río, un plan moi agresivo con efectos irreversibles para a paisaxe natural da ribeira ou para algunhas das súas pontes. Neste tempo a veciñanza organizada na Plataforma Sarriana polo Río mantivo unha presenza constante na rúa, nos medios e nas redes sociais. Esta mesma fin de semana unha nova concentración protestou contra o plan de derrubo da ponte da rúa Calvo Sotelo da localidade, unha infraestrutura con máis dun século de historia e que se quere substituír cunha nova, cun gasto superior ao medio millón de euros. Nos últimos meses, nos que asistimos a un continuo tirapuxa tamén no terreo legal, con constantes recursos e paralizacións das obras por orde xudicial, os defensores do proxecto, encabezados polo propio Goberno local, tamén estiveron moi activos, tanto nos despachos, coma a través de declaracións públicas. Porén, semella que a medida que se achegas as eleccións municipais de maio, a menos de dous meses xa, as posicións comezan a tensarse aínda máis. Esta mesma semana o Partido Popular de Sarria volveu poñer en funcionamento o seu perfil en Facebook, difundindo unha serie de proxeccións en 3D do aspecto que presentaría a ribeira, en concreto o espazo próximo á propia ponte da rúa Calvo Sotelo, unha vez rematadas as obras, unhas imaxes que a Plataforma Sarriana polo Río criticou, cualificánoas de \"propaganda\". De igual xeito, o Goberno municipal de Sarria ordenou este mesmo luns a retirada e confiscación de dúas das faixas que foran penduradas hai uns días pola Plataforma nas proximidades da ponte, previa solicitude de permiso no propio Concello, que -aseguran dende a Plataforma- non chegou a responder afirmativa nin negativamente á petición. Nas faixas podíase ler \"Grazas, Sarria\" e \"Sen medo ós gobernantes, sen medo ó caciquismo, sen medoá represión\". Segundo representantes da Plataforma, foi o propio rexedor José Antonio García quen deu a orde directa de retiraralas. Os activistas víronse obrigados a demandar a axuda da Policía Local e da Garda Civil, para evitar que as pancartas fosen retiradas. A Plataforma Sarriana polo Río sinala que o alcalde \"está amosando a escasa consideración que lle merecen os veciños de Sarria e as súas opinións, que sexan ou non coincidentes coas del, si deben ser repetadas nun estado de dereito\" e conclúen que \"coas súas actitudes o señor. García só está conseguindo manchar reiteradamente o cargo institucional que na actualidade ostenta e que debería respetar en todo momento\". Contra o derrubo da ponte \"A demolición desta ponte é un absurdo e un despilfarro, como xa foi a do finado Toleiro\" Ao redor de 200 veciños e veciñas concentráronse este domingo sobre a ponte ameazada de derrubo, sinalando que \"a demolición desta ponte é un absurdo e un despilfarro, como xa foi a do finado Toleiro\" e que \"os sarriaos non estamos dispostos a asumir ese custo\". Está previsto que as obras de eliminación desta infraestrutura e de construción dunha nova ponte comecen a vindeira semana, unha actuación que terá un custe de 510.584 euros e que obrigará a cortar o tráfico durante oito meses, ata novembro. Na concentración, representantes da Plataforma fixeron tamén balance da mobilización que manteñen dende hai 15 meses, destacando que as súas accións buscan \"preservar o patrimonio que nos legaron os nosos maiores para transmitilo aos sarriaos do futuro\", co obxectivo \"de salvagardar non só as pontes, as árbores e o río, senón tamén a idea e, sobre todo, a práctica, da cidadanía responsable\". \"Durante este longo ano, un grupo de persoas moi diferentes mobilizámonos e loitamos, forzadas a protexer o patrimonio de todos ante a escandalosa pasividade da Administración\", dixeron, salientando que \"nesta loita vímonos empurrados a demostrar o que Sarria é e non é\". Explican que \"Sarria non é un punto nun plano dun distante despacho oficial. Sarria non é só unha circunscrición electoral da que extraer votos cada catro anos. Sarria non é unha vila de xente conformista, resignada e medorenta\". \"Sarria é os seus ríos, as súas pontes, as súas árbores, e os sarriaos, os de aquí e os de todas partes, os do pasado e os do futuro, os que hoxe estamos reunidos neste acto e os que non\", engadiron. Outra das críticas da Plataforma ten que ver coa negativa do Concello de Sarria a responder ás solicitudes oficiais de información realizadas en marzo do pasado ano, como tampouco respondeu en primeiro termo ás solicitudes do propio Valedor do Pobo, algo que foi sinalado no seu recente informe polo alto comisionado, que criticou especialmente o Goberno local de Sarria como unha institución \"recalcitrante\" á hora de responder ás súas peticións de información. \"Sarria non é un punto nun plano dun distante despacho oficial. Sarria non é só unha circunscrición electoral da que extraer votos cada catro anos. Sarria non é unha vila de xente conformista, resignada e medorenta\" A Plataforma lembra que o Concello de Sarria está a incumprir a Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, Lei que lle impón a obriga de responder no prazo dun mes ás solicitudes de información ambiental. \"A día de hoxe o Concello de Sarria segue sen responder\", subliña a Plataforma, para quen \"ou eses informes conteñen información comprometedora para o Concello ou para as outras administracións implicadas no proxecto de encanamento ou o Concello de Sarria está dando mostras máis unha vez da escasa consideración que lle merecen os veciños de Sarria\"."}
{"ID": "NOS_44835", "summary": "A responsabilidade e o compromiso, a materia de Bretaña e a sociedade contemporánea. A novela de Begoña Caamaño que trata todos estes temas, Morgana en Esmelle, cobra agora unha nova vida na montaxe teatral de Sarabela Teatro, unha recreación do mito artúrico que apón a pregunta do compromiso ético.", "text": "A emancipación da muller como parte dunha loita más ampla que comprende o entendemento entre os pobos, a vontade popular por diante dos intereses das elites, a loita contra toda inxustiza. Morgana en Esmelle, a novela de Begoña Caamaño, mostraba un concepto de sororidade profundamente impregnado de ética e integrado no relato mítico da materia de Bretaña cunha lectura inequivocamente contemporánea. A compañía Sarabela Teatro, presenta agora a súa versión teatral da obra, incidindo neste compromiso co mundo no que vivimos nunha montaxe que depura narrativamente o relato de Caamaño, mostrando todas as súas capas. \"A novela de Caamaño é fascinante\", declara Ánxeles Cuña, directora da montaxe, a Nós Diario. \"Seduce desde o primeiro momento con ese compromiso que mostra no texto. Trátase dunha recreación única e absolutamente orixinal do mito pola que nos sentimos inmediatamente atraídas: compartimos as súas preocupacións pola liberdade, pola dignidade, pola loita contra a discriminación… e pensamos que era o momento de poñer en escena unha obra como esta. O reto foi darlle carne teatral, reestruturar a novela de forma que todas esas capas chegasen ao público dunha forma nidia\". \"Foi unha marabilla poder contar con este equipo, porque nos permitiu equilibrar contido e forma, narrar de novo o relato artúrico sen perder as pontes éticas e políticas que Caamaño estabeleceu na súa versión do mito\", di Ánxeles Cuña, directora do espectáculo Converter a materia de Bretaña en teatro Para trasladar a complexidade da novela en obra de teatro, Sarabela construíu un espazo case clásico, espido, que permite visualizar de forma simbólica todos os espazos e as franxas temporais polas que transita o relato. \"Si, houbo que estilizar moito para que o fío narrativo tivese continuidade\", di a directora, \"e para iso foi crucial a coordinación de todo equipo, o vestiario case escenográfico de Ruth D. Pereira, o espazo escénico de Pedro Fresneda, catro pezas de videoarte de Terser Home (Carlos Lago), a música de Guadi Galego, Mercedes Peón e Uxía... Foi unha marabilla poder contar con este equipo, porque nos permitiu equilibrar contido e forma, narrar de novo o relato artúrico sen perder as pontes éticas e políticas que Caamaño estabeleceu na súa versión do mito\". As interpretacións resultan importantes á hora de darlle vida a unha trama que se move no campo do mitolóxico pero que require dunha visión contemporánea que lle dea sentido. \"A complexidade da historia, que transcorre ao longo de moitos anos e que, polo tanto, contempla moitos cambios nas personaxes, esixía enfrontar as actuación con moita veteranía técnica. Se non, sería imposíbel levar ao escenario unha historia de realismo máxico como esta\". Á esa veteranía de catro membros da compañía únense a frescura de Laura Míguez, como Morgana, e a figura xa case venerábel de Quico Cadaval no papel de Merlín. \"Quico é un Merlín perfecto, é probabelmente o mellor contador de historias deste país e dá non só o físico, senón tamén a alma do personaxe\", comenta Cuña. \"O problema con el é que ten unha axenda tremendamente conxestionada, mais é unha persoa moi xenerosa e aceptou a nosa proposta. É unha festa poder contar con el no elenco\". A respecto de Laura Míguez, que carga coa responsabilidade de interpretar o papel protagonista, Cuña valora a súa personalidade. \"Interpreta a Morgana de nena, de adolescente, de moza e de muller madura, con todos os cambios de rexistro que se precisan para iso. Implicarse co futuro A montaxe de Sarabela -e a novela de Caaamaño- pon o acento nesa sororidade que pode chegar a unir a mulleres rivais, mais sobre todo afonda na necesidade de aceptar as consecuencias dos nosos actos e de abrazar compromisos. \"A obra, en realidade, preséntase como un gran flashback que mostra os erros cometidos polos personaxes e o proceso que os leva a recoñecer as súas equivocacións e perdoar. É unha recreación dun mundo pagán e matriarcal de mulleres fortes que buscan o ben común, enfrontado ás manobras de Merlin, nas que se confunden o proveito para a sociedade co mantemento dunha posición de poder. Mais non se trata dunha cuestión de pedir perdón ou perdoar, senón da necesidade de implicarse e comprometerse co futuro\", remata Cuña. \"Que podemos esperar dun goberno que reduciu á metade o orzamento para cultura nos últimos dez anos?\" A pandemia e a escena O futuro é algo que a escena galega non acaba de ver claro: á escaseza tradicional hai que sumar os danos causados pola pandemia. Nese sentido, Ánxeles Cuña cre que \"hai que facer un estudo que valore a repercusión real da pandemia no sector. Necesítanse compromisos que vaian máis alá das axudas con diñeiro europeo, plans de continxencia concretos que lle devolvan á cultura a importancia que ten como columna vertebral dun sistema verdadeiramente democrático. Pero que podemos esperar dun goberno que reduciu á metade o orzamento para cultura nos últimos dez anos?\", sentenza. Unha longa carreira de adaptacións Nos máis de corenta anos de traxectoria de Sarabela, as adaptacións literarias tiveron un peso importante: desde A esmorga de Blanco amor (da que fixeron dúas versións), até A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, o Ensaio sobre a cegueira de José Saramago ou A conxura dos necios, de John Kennedy Toole."}
{"ID": "PRAZA_17479", "summary": "Quen provoca o deterioro do Sistema Sanitario Público Galego? Por suposto...o propio sistema! Non o permitamos. Defendamos a Sanidade Pública Galega e impidamos que \"os bos xestores\" a sigan deteriorando e desmantelando.", "text": "Nos últimos anos de goberno do PP en Galicia e no Estado as persoas usuarias do Sistema Sanitario Público veñen confirmando a rebaixa na calidade da asistencia sanitaria. O Sr. Nuñez Feijoo e a Consellería de Sanidade toman medidas que só prexudican á parte máis débil da cadea, que son as persoas enfermas crónicas e as persoas pensionistas. Medidas como o copago farmacéutico, implantadas polo pp no estado español ou esas tremendas listas de agarda tanto en Galicia como no resto do estado están facendo que o deterioro do Sistema Sanitario Público sexa evidente. A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública afirma que \"o copago das persoas pensionistas supón unha barreira de acceso aos fármacos, de tal xeito que un 25% deste colectivo cas rendas máis baixas non retira os tratamentos prescritos, poñendo en risco a súa saúde\". A nível local, a Xerencia de Compostela (así como outras xerencias en Galiza), ven de confirmar esta semana aos sindicatos que prevé prescindir de ata 172 camas entre o 16 de xullo e o 16 de setembro. En moitos concellos de Galiza estanse \"reestruturando\" as consultas de Pediatría (termo eufemístico para dicir que \"se quitan Pediatras\" dos concellos periféricos a un Punto de Atención Continuada-PAC). As xerencias sanitarias insisten en que \"se usarán esos recursos si hay presión asistencial que lo aconseje y justifique\". Coma sempre, primeiro é o caos e despois tenta poñerse o remedio, cando xa é tarde. Para os sindicatos trátase dun desmantelamento e \"deterioro da Sanidade Pública». Afirman que o peche de servizos sanitarios carece de toda lóxica asistencial, porque xera un incremento das listas de agarda, tanto de cirurxía como de probas diagnósticas e consultas, e tamén das listas de desemprego, ao non contratar a máis persoas desempregadas para cubrilas vacacións do persoal\". A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública afirma que dende que comezou a crise privatizáronse prestacións de servizos médicos e asistenciais, pero agora a Xunta empezou a externalizar a intelixencia do sistema, poñendo en mans privadas a loxística, a investigación, a xestión, os historiais clínicos, a receita electrónica, o laboratorio central de Galicia... E puxéronse en marcha chiringuitos de colaboración público-privada onde é a iniciativa privada a que leva case todo o peso e os beneficios. Manuel Martín, Presidente da Asociación, pon como exemplo a privatización do Laboratorio Central de Galicia, que centraliza todas as analíticas que se realizan nos hospitais do Sergas, ou o acordo segredo cunha multinacional estadounidense que fabrica equipos cardiolóxicos (Medtronic), para que xestione os departamentos de cardioloxía de tres áreas sanitarias –A Coruña, Santiago e Lugo-, poñendo o seu persoal (privado) entre os servizos sanitarios públicos, avaliando custos e valorando as necesidades de material e equipamento que esa mesma empresa vende ao Sergas. O Sr. Feijoo trata de xustificar estas cuestións dicindo que \"fixo o que tiña que facer pola sustentabilidade do Sistema Sanitario Público Galego\"…pero nós dicímoslle que foi a costa dos e das máis débiles e vulnerables e que como consecuencia das súas políticas as grandes empresas adicadas á sanidade privada están obtendo enormes beneficios. A calidade do Sistema Sanitario Público Galego vese minguada de forma importante polas súas políticas. Outra razón que lle dicimos é que a saúde é o ben máis prezado que temos...se por decisións políticas se perde a calidade da mesma, a comorbilidade e incluso a mortalidade aumenta e recaerá sobre as súas conciencias o que fixeron. A aprobación (en solitario por parte do PP no Parlamento de Galicia e en contra de tod@s) da Lei Galega de Saúde foi un novo tiro na liña de flotación do Sistema Sanitario Público Galego. A aplicación da chamada, eufemísticamente, Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias (que o único que garantiza é que o Sistema Público lle vaia derivar \"clientes\" á empresa privada), fixo que moitas persoas non sexan atendidas en tempo e forma dentro do Sistema Sanitario Público: 45 días para unha proba diagnóstica e unha primeira consulta e 60 días para unha intervención cirúrxica. Isto implica a derivación masiva de pacientes á sanidade privada pois o Sistema Público non pon os medios para facer o que di a lei. …..E queren dar outra volta de porca, facendo (ca presión das grandes multinacionais da sanidade privada) unha Lei para Galiza, ad hoc, de Incompatibilidades Médicas (Lei que agora depende do estado español) e que consideran \"moi restritiva\" e \"aplicada por Talibáns\", co que poderán compaxinar a persoal sanitario da Sanidade Pública ca sanidade privada, co novo deterioro que suporá para a Sanidade Pública. Volvemos á pregunta do título deste artigo: Quen provoca o deterioro do Sistema Sanitario Público Galego? Por suposto...o propio sistema! Non o permitamos. Defendamos a Sanidade Pública Galega e impidamos que \"os bos xestores\" a sigan deteriorando e desmantelando."}
{"ID": "NOS_27214", "summary": "Morreu aos 81 anos unha figura moi relevante da historia da socialdemocracia na Galiza.", "text": "Rodríguez Pardo (1936-2018), avogado de profisión, fixo parte da equipa de dirixentes políticos que en agosto de 1963, na clandestinidade, fundaron o Partido Socialista Galego, a formación socialista á que se unirían mozos que logo serían protagonistas relevantes da vida política e tamén cultural do país, entre eles Xosé Manuel Beiras. Pardo foi dos políticos do PSG .-canda Ceferino Díaz e o que acabaría sendo presidente da Xunta, Fernando González Laxe- que tomaron a decisión de se integrar no PSOE, partido ao que se sumarían como colectivo en 1978. Xa no PSOE foi secretario xeral do PSdeG e deputado no Congreso. Aliás, tomou parte na asemblea de parlamentares que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galiza. Tamén foi senador e durante unha lexislatura (1989-1993) deputado no Pazo do Hórreo. Foi tamén un incansábel activista pola cultura -cofundador da Agrupación Cultural O Facho na Coruña- e polo debate público, sempre nunha liña de defensa do ideario socialdemócrata e galeguista. A morte de Rodríguez Pardo tivo impacto en twitter, con mensaxes de homenaxe e condolencia por parte dos seus compañeiros e compañeiras, entre eles o actual secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Os e as socialistas galeg@s sentimos hoxe a perda de José Luis Rguez Pardo, socialista e galeguista, quen foi secretario xeral do @PSdeG. A semana pasada dabame apoio para o partido. Hoxe o despedimos recoñecendo o seu compromiso vital. DEP.— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) 12 de xuño de 2018"}
{"ID": "PRAZA_9311", "summary": "O BOE publica que o Consello de Ministros aprobou o indulto que fora denegado polo Executivo de Rajoy para evitar o ingreso na cadea dos dous sindicalistas galegos, condenados a tres anos en 2011 tras a súa participación nun piquete informativo nunha folga de transnporte en 2011", "text": "O Goberno de Pedro Sánchez indulta a Carlos e Serafín, os dous sindicalistas galegos que foron condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante unha folga. O Consello de Ministros tomou a decisión este venres a proposta do Ministerio de Xustiza, aínda que non o fixo público ata este luns, cando publicou no BOE as respectivas medidas de graza para Carlos e Serafín.O perdón gobernamental de Serafín Rodríguez e Carlos Rivas chega máis de oito anos despois de que comezase o seu proceso xudicial e máis dunha década desde a mobilización tras a que empezou o seu calvario. En ambos casos o indulto consiste na \"conmutación\" da pena de cárcere por \"dezaoito meses de multa cunha cota diaria de seis euros\", isto é, uns 3.200 euros cuxas condicións debe determinar o tribunal que os condenou.O Goberno central indulta a Carlos e Serafín, condenados a tres anos de cadea tras participar nun piquete dunha folga de transporte en 2008Os principais sindicatos do país, CIG, CCOO e UGT, convocaran en 2008 unha folga no transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra durante a negociación do convenio do sector. No marco daquela folga, múltiples traballadores actuaron como piquetes informativos e algúns deles foron identificados pola Policía Nacional e posteriormente denunciados por axentes. Esas denuncias policiais derivaron en varios xuízos dos que practicamente todos remataron en absolución. Pero un xulgado de Vigo considerou que dous deses traballadores, Serafín Rodríguez, da CIG, e Carlos Rivas, de UGT, eran culpables dun delito contra os dereitos de traballadores e aplicoulles a condena máxima: 3 anos de prisión. A xuíza condenounos en 2011 ao considerar que incorreran nun delito contra os dereitos dos traballadores por paralizar varios camións e lanzarlles obxectos. A Audiencia Provincial de Pontevedra ratificou dous anos despois o ditame tras un recurso. Mentres, en toda Galicia, sobre todo no sur, sucedíanse as mobilizacións a prol do indulto que se desenvolverían durante anos e a cada pouco á espera dunha decisión do Consello de Ministros que non chegaba. O Goberno de Mariano Rajoy denegou ese indulto e volveron solicitar outro. Desde aquela a execución da sentenza estaba pendente e os dous sindicalistas á espera dunha decisión gobernamental, que chegou por fin este venres. Mesmo dous camioneiros cuxos vehículos sufriron danos desistiron do proceso e reclamaron o indulto para os dous traballadores. O Goberno de Rajoy denegou o indulto malia que mesmo os camioneiros cuxos vehículos terían sufrido danos reclamaron tamén a liberdade dos sindicalistasAdemais de recoller sinaturas, Carlos e Serafín contaban co apoio por unanimidade do Parlamento galego para recibir o indulto parcial e evitar así o seu ingreso no cárcere. CCOO e UGT entregaran unha queixa ante a Organización Internacional do Traballo (OIT) polos numerosos casos de piquetes imputados en España e organizacións de traballadores de todo o mundo solicitaran a Rajoy que deixase de perseguir o dereito á folga. Pero o Executivo do PP foi inflexible. \"Haberá unha posición do Goberno de España acorde ao que solicitou o Parlamento galego\", adiantou o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, xa este xoves. \"Estou condenado sen facer nada. Eu cheguei despois de que se lanzasen unhas pedras contra os camións. Estaba aí falando cun compañeiro e veu a policía a identificarnos. Dixéronme que se non fixera nada non tiña de que preocuparme, que había unha gravación. Pero esa gravación non apareceu en ningún momento\", explicaba Serafín en 2014, nun momento no que estaba de baixa por ansiedade: \"No indulto recoñecín cousas que non fixen, pero é a única saída que me queda para non ir ao cárcere\", afirmou como explicación á solicitude do perdón gobernamental."}
{"ID": "PRAZA_14499", "summary": "Un estudo analizou todos os traballos retractados na literatura científica de bioloxía e medicina recollidos pola base de datos Pubmed. Os autores atribúen o aumento deste problema á presión crecente que existe sobre os científicos para publicar en revistas de excelencia internacional a case calquera prezo.", "text": "Un estudo publicado por PNAS analizou todos os traballos retractados na literatura científica de bioloxía e medicina recollidos pola base de datos Pubmed. Deles, o 67% retirouse por malas prácticas, incluídas a fraude (43%), a publicación duplicada (14%) e o plaxio (10%). As conclusións do traballo sinalan que a porcentaxe de estudos retractados por fraude se multiplicou por 10 dende 1975. O traballo desvela un crecemento continuado da fraude científica, que repuntou sobre todo a partir de 2000. Os casos de plaxio e publicación duplicada (o mesmo estudo en revistas diferentes) só se comezan a observar a partir de 2005. O estudo tamén salienta que China e India plaxian máis que os EE.UU. A revista Nature aseguraba recentemente que as retractacións aumentaran un 1.200% na última década, mentres que o número total de publicacións crecera un 44%. The Guardian analizaba este fenómeno hai unhas semanas e aseguraba que a causa do aumento das fraudes e das correccións estaba na conectividade global, que facilitaba o coñecemento e análise de traballos publicados en todo o mundo, e tamén na mellora das ferramentas de investigación que permitia unha revisión máis certeira de todas as variables. Outro estudo recente aseguraba que o dous por cento dos investigadores admitía ter \"fabricado, falsificado ou modificado datos ou resultados cando menos unha vez e un 34% admitía outras prácticas \"cuestionables\" Outro estudo recente aseguraba que o dous por cento dos investigadores admitía ter \"fabricado, falsificado ou modificado datos ou resultados cando menos unha vez e un 34% admitía outras prácticas \"cuestionables\". Preguntados polos seus compañeiros as respostas crecían até o 14% de casos de falsificación e até o 72% de persoas que incorrían en mala praxe. Arturo Casadevall, inmunólogo da Universidade Yeshiva (EE.UU.) e coautor do estudo, atribúe o aumento deste problema á presión crecente que existe sobre os científicos para publicar en revistas de excelencia internacional a case calquera prezo: \"Os científicos son humanos e algúns sucumben á presión, especialmente cuando hai tanta competencia para conseguir fondos cos que financiar as súas investigacións\", explica. O seu estudo salienta que \"os casos de plaxio dispáranse a partir de 2005, o mesmo ano no que os institutos nacionais de saúde comenzaron a sufrir recortes\". \"Os casos de plaxio dispáranse a partir de 2005, o mesmo ano no que os institutos nacionais de saúde comenzaron a sufrir recortes\" Apenas 16 dos máis de dous mil casos analizados correspondesn a España. \"En España non hai datos do que sucedía até hai tan só uns anos\", explica o investigador do CSIC Pere Puigdomènech. Esa falta de rexistros fai difícil saber se o problema do engano e o plaxio seguiu en España un crecemento coma o que se observa nas cifras globais."}
{"ID": "NOS_39135", "summary": "O Consello de Contas atopou numerosas irregularidades en ducias de contratos durante o período en que o hoxe conselleiro de Política Social era alcalde de Ferrol. En declaracións a Sermos, o político defende o seu labor e deixa a porta aberta a presentarse de novo á alcaldía. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 282.", "text": "Estes días os partidos comezan a afinar maquinaria para as eleccións locais de 2019, sobre todo dándolle cancha a posíbeis candidatas e candidatos. En Ferrol, todo apunta a que o PP presentará de novo José Manuel Rey Varela, malia que o seu nome tamén soa como relevo de Alberto Núñez Feijóo. Sermos cuestionou ao conselleiro de Política Social pola súa candidatura a alcalde. \"A decisión do candidato adoptarase, no seu momento, polos militantes do PP de Ferrol; que agora estamos máis preocupados polo abandono, a paralización, a falta de goberno estábel e a inexistencia dun proxecto de cidade\", respondeu. De paso o conselleiro presume de ferrolán, destacando \"o orgullo e responsabilidade por ser conselleiro de Política Social e tamén polo feito de que Ferrol teña un conselleiro despois de 20 anos sen telo, unha situación que me permite seguir traballando por Ferrol e participar en decisións importantes para a miña cidade\". Da resposta do mandatario pode deducirse que mantén a porta aberta para encabezar as listas e aplicará a estratexia do PP, que leva meses acusando os gobernos municipais de esquerda de parálise e ineficacia. Agora ben, a Rey Varela xurdiulle un obstáculo nesta estratexia, a recente fiscalización a súa alcaldía (2011-2015) por parte do Consello de Contas. Os contábeis públicos din que \"a revisión dos informes de reparos efectuados pola Intervención do Concello evidenciou a existencia de gastos, por importe de 3.333.144 euros, adoptados fóra dos procedementos estabelecidos pola lexislación vixente en materia de contratos do sector público\". [Podes ler a reportaxe íntegra no semanario Sermos Galiza 282, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_12291", "summary": "Os sindicatos CCOO, UGT e CSICA logran un preacordo coa empresa para reducir a xornada de gran parte do cadro de persoal e pactan un programa de baixas incentivadas para 700 persoas. Tamén haberá unha redución salarial de ata o 14,6%", "text": "Hai acordo entre Novagalicia Banco e os sindicatos CCOO, CSICA e UGT para reducir o número de persoal en 700 traballadores máis. E, sobre todo, para aliviar o custo de explotación mediante a redución de xornada, salario e o peche de oficinas. E é un preacordo que se fai público o mesmo día en que, en Madrid, tivo lugar a presentación de EVO Banco. Esta é a nova marca comercial, que adiantou Praza en exclusiva, coa que NGB operará na rede exterior (agás en Castela e León e Asturias). Os sindicatos asintantes consideran que o acordo é positivo e non quixeron agardar ata o día da sinatura para dalo a coñecer. Novagalicia Banco adelgaza por dentro e por fóra cunha marca, EVO, que se cualifica de \"intelixente\" e destaca a sinxeleza do seu nome. Non aparece Galicia na nomenclatura. A fidelidade da clientela que non é galega esperan gañala e captala cun depósito especial que non cobra comisións na retirada de cartos en caixeiros de \"calquera rede\" do Estado. Non sucede o mesmo en Galicia coa tarxeta de débito dos clientes de NGB. A tarxeta MasterCard débito ten, a partir do segundo ano, un custo de mantemento de 18 euros. O acordo laboral A base do acordo, e o que máis destacan os empregados, é que non se aplica a reforma laboral. A norma estatal posibilita a unha empresa a presentar un ERE por causas económicas e organizativas e en previsión de caída de vendas e beneficios. Os traballadores terán ata o 31 de marzo para acollerse ao programa de baixas incentivadas acordado o 21 de xullo de 2011 para un total de 350 persoas. Este plan non foi ben acollido polos traballadores, se ben fontes internas da compañía aseguran que nas últimas semanas as solicitudes para acollerse ao mesmo medraron \"considerablemente\". A partir do 1 de abril esta medida será retirada. Será entón cando entre en vigor o novo programa de reestruturación e reorganización do cadro de traballadores. Con este acordo a entidade \"poderá suspender de maneira rotativa o contrato de traballo ou reducir a xornada de até o 75% dos empregados do seu persoal, a través de calquera das seguintes fórmulas\", reporta a circular dos sindicatos asinantes. 1. Suspensión do contrato de traballo de até seis meses consecutivos, que poderá comezar en calquera data comprendida entre o 1 de abril de 2012 e o 1 de outubro de 2014 2. Redución da xornada anual de até o 25% da mesma durante un período de dous anos, que poderá comezar entre o 1 de abril de 2012 e o 1 de outubro de 2012 3. No caso de traballadores afectados por peches ou restructuración da rede de oficinas, e cun límite de 450 traballadores afectados, a suspensión do contrato poderá ser de até un ano e a redución de xornada de até o 50% durante un período de dous anos Nos tres casos os traballadores deberán compatibilizar o correspondente salarial (nos de suspensión, unha doceava parte do 20% do salario anual) e o desemprego. Durante o período de suspensión, segundo os sindicatos, o traballador sumará ese tempo como antigüidade na empresa. Baixas incentivadas O programa de baixas incentivadas, para 700 persoas, estará dispoñible durante dous anos. Tendo en conta as medidas legais adoptadas recentemente para desincentivar e penalizar a saída do mercado de traballo dos traballadores de máis idade, \"a entidade poderá rexeitar a extinción do contrato dos traballadores con 50 ou máis anos de idade que manifesten a súa vontade de acollerse á medida de baixa indemnizada\", di a circular. A indemnización será de 45 días por ano traballado cun máximo de 42 mensualidades. Non excederá dos 200.000 euros. A partir de xaneiro, e agás no caso das persoas que cobren menos de 25.000 euros brutos ao ano, os salarios serán reducidos entre 2 e o 14,6%. A empresa presentara un plan segundo o cal os salarios máis elevados, especialmente para a alta dirección, se reducirían nun 30%."}
{"ID": "PRAZA_18133", "summary": "O COF e o Concello programan moreas de actividades ata decembro para reivindicar o labor na atención á saúde afectivo-sexual dun espazo que mantén o espírito \"de loita, innovador e feminista\" que marcou a súa creación. Falamos con María Xesús Díaz, psicóloga clínica da entidade.", "text": "O Centro de Planificación Familiar da Coruña cumpre 35 anos neste ano. O aínda coñecido como COF (polo seu antigo nome, Centro de Orientación Familiar) celebra da man do Concello este aniversario durante este último cuatrimestre cunha morea de actos que visibilizan e reivindican o importante labor dunha entidade pioneira en Galicia e practicamente no Estado e que mantén o seu espírito \"reivindicativo, innovador e feminista\". O mesmo co que foi fundado a finais de 1983. O Centro de Planificación Familiar da Coruña celebra o seu 35º aniversario con moreas de actos no último cuatrimestre do ano Foi o Concello da Coruña quen creou o centro ao pouco da volta da democracia, cando espazos coma este eran escasos ou cun enfoque ben diferente. Daba así cobertura á atención á saúde sexual e reprodutiva, que no seu día non estaba nin contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. En 1982 había un centro por cada provincia dependente das antigas delegacións de Sanidade. \"Foi pioneiro porque a rede que había era escasa e diferente. Os primeiros COF foron abertos por colectivos feministas nalgúns puntos do Estado, pero logo algúns dos primeiros concellos democráticos decidiron asumir este labor e o da Coruña foi un deles; cando abriu, apenas había nalgunha outra cidade do Estado\", lembra María Xesús Díaz, psicóloga clínica do Centro de Planificación desde hai 30 anos. \"O COF da Coruña naceu cunha filosofía distinta a outros centros, tiñamos unha dimesión máis educativa e máis flexible\" Desde sempre, foi diferente. \"Naceu con outra filosofía distinta ao resto que, ao depender de Sanidade, tiñan consulta pero non ían máis aló; aquí tiñamos máis posibilidades para darlle unha dimensión máis educativa, pedagóxica... Eramos máis flexibles\", explica Díaz, que aclara que o COF segue a manter ese espírito \"reivindicativo\" e de forte vencello aos movementos sociais, veciñais, feministas ou LGBTIQ. A explicación, para esta profesional, é clara: \"O centro creouse ao pouco da morte de Franco e a xente que comezou a traballar nel era moi reivindicativa e activa porque viñan da loita contra o franquismo; iso marca e marcou tamén o espazo\". A cidadanía coruñesa da súa área sempre tivo neste centro, xestionado pola administración local a través dun convenio co Sergas e a poucos metros da Torre de Hércules, unha referencia no que ten que ver coa educación e a información sobre saúde afectivo-sexual. \"Depender do Concello permítenos manexar orzamentos máis flexibles\", explica Díaz, que conta que a intención de Sanidade en canto á educación para a saúde e atención comunitaria \"quedou en nada\". \"A maioría dos dispositivos do Sergas fan consultas, pero nós coordinámonos con varias concellerías e iso dános a oportunidade de facer moitas cousas: atención, información, charlas, faladoiros, teatro, contacontos, conferencias...\". Concello e COF destacan o labor do centro \"malia os múltiples recortes\" que a Xunta aplicou a estes espazos Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade, destacou na presentación dos actos do 35º aniversario o importante labor do COF \"malia os múltiples recortes que veñen sufrindo todos os servizos vinculados á sanidade pública, en especial na saúde afectivo-sexual e reprodutiva e, en concreto, a das mulleres\". Ademais, lembrou que o centro coruñés vén denunciando desde 2012 \"unha importante sobrecarga nas atencións xinecolóxicas ante o peche deste servizo no centro de planeamento do Ventorrillo\". \"A Xunta está deixando morrer os centros de planificación familiar\", destaca María Xesús Díaz, psicóloga clínica do COF \"E seguimos igual\", conta Díaz, \"a pesar de que colectivos veciñais, feministas ou de defensa da sanidade pública se mobilizaron arreo\". Agora, o servizo xinecolóxico dáse só neste centro. \"Se unha muller ten que poñer un DUI, o Sergas mándanola aquí, é unha tolemia\", conta quen aclara que a Xunta \"está deixando morrer os COF\". \"Non cobren prazas cando hai xubilacións, rotan os profesionais, non os mandan todos os días... Aquí mantemos o equipo ao completo pero non pasa así en todos\", engade. Centro de Planeamento Familiar no barrio da Torre, na Coruña / © Google En 2009, ademais, a Xunta decidiu eliminar tamén o programa Tarde Xove, que agora será recuperado noutro formato polo Concello. \"Tiña un papel moi importante á hora da prestación de servizos de atención á poboación xuvenil da Coruña, nun momento, ademais, no que o 25% de todas as consultas contabilizadas no COF eran de menores de 20 anos\", explicaba Fraga. Agora, malia a imposibilidade de consultas ao non haber profesionais do Sergas, si haberá obradoiros os mércores e xoves á tarde, horario clave para achegar a mocidade. \"Desde que deixamos de abrir polas tardes os máis novos deixaron de vir pero agora coido que recuperaremos esa franxa de idade\", explica Díaz, que aclara que se ofrecerá información sobre o sexting ou a diversidade sexual, entre outros temas, ademais de sobre anticoncepción. O Concello da Coruña recupera o programa Tarde Xove, dirixido á mocidade, que foi eliminado polo Sergas en 2009 María Xesús Díaz leva 30 anos no Centro de Planificación Familiar e aprecia mudanzas nestas tres décadas. \"A xente atrévese máis a formular dúbidas ou dificultades sexuais. Antes viña con moita vergoña e nerviosa\", explica quen aclara que agora tamén \"hai moita poboación trans, lésbica ou bisexual que se achega para informarse ou recibir asesoramento\" cando antes non era tan habitual. Os actos polo 35º aniversario inclúen concertos, teatro, faladoiros ou obradoiros até o mes de decembro Todos, os de agora e os de antes, están chamados a celebrar un 35º aniversario que deu xa comezo aos numerosos actos que se estenderán até mediados de decembro. Neste xoves terá lugar o faladoiro inaugural da conmemoración sobre O papel do movemento feminista na defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos nos últimos 50 anos, que impartirá Lola Ferreiro Díaz e moderará María Xesús Díaz: \"O papel do feminismo foi, é e será importante, ao igual que a dos colectivos sociais que sempre tiveron importancia neste COF\". Xa o venres 28, o Campo da Leña acollerá, desde as 21 horas, o Concerto dos praceres seguros e diversos, que contará coas actuacións de Taller Naranja Imaginario, Ezetaerre, Tanxugueiras e Wöyza. Desde outubro e até decembro, obradorios para famililas nas bibliotecas ou contacontos dirixidos aos máis pequenos. Tamén faladoiros ou espectáculos teatrais para centros educativos, entre outras moitas actividades. Programación de actividades polo 35º aniversario do Centro de Planificación Familiar da Coruña"}
{"ID": "NOS_42082", "summary": "Os 28 non cumpren cos compromisos adquiridos en materia de acollemento. O Estado español, entre os que peores cifras amosa.", "text": "Desde que a crise de persoas refuxiadas petou ás portas de Europa, os Estados membros da UE asumiron unha serie de compromisos para atender as solicitudes de asilo político presentadas por milleiros de persoas que fuxen da guerra e da miseria. O primeiro destes foi en xullo de 2015 cando se comprometeron a acoller de maneira urxente 22 mil persoas procedentes de terceiros países, principalmente Xordania, Turquía e Líbano. A UE acolleu até o momento 5.677 persoas das 22 mil que dixo asumir en xullo de 2015 Segundo recoñeceu o comisario europeo de Inmigración e Interior, o grego Dimitris Avramopoulos, a UE acolleu até o momento 5.677 persoas como parte dese programa, maioritariamente por parte de Reino Unido (1.864), Austria (1.395) e Dinamarca (481). O Estado español non acolleu nen unha soa persoa solicitante de asilo como parte deste programa embora correspondérenlle 1.500. En setembro de 2015 o compromiso de reasentamento asumido pola UE era de 160 mil persoas procedentes de Grecia e Italia, os territorios que están a asumir, pola súa posición xeográfica, a presión das chegadas desde hai dous anos. No que vai de tempo, sete meses, foron reubicadas 1.145 persoas. Así o recolle o segundo informe de avaliación publicado pola Comisión europea. O Estado español apenas reasentou 18 persoas refuxiadas procedentes de Italia, ningunha de Grecia. O compromiso asinado era de 8.023 Neste senso, durante o último mes --cumpre lembrar que a primeira avaliación da Comisión foi en marzo-- só foron reubicadas 208 persoas. De novo, o Estado español continúa sen cumprir os seus. Das 8.023 persoas que lle correspondían só acolleu 18, todas procedentes de Italia, ningunha de Grecia. No último mes non asumiu ningunha. Entretanto, o número de persoas que chegan ás costas gregas e italianas non cesa, embora reducirse a respeito dos pasados meses. No que vai de ano chegaron a Grecia 153,156 persoas mentres que Italia recibiu 19, 930 de acordo coas cifras fornecidas pola Organización Internacional para as Migracións."}
{"ID": "NOS_7420", "summary": "\"O continuísmo da política de restricións cara a educación pública levará no ano 2022 a un total de docentes inferior que existía no país cando Feixoo accedeu á Xunta no 2009: 30.424 por 30.439\". É unha das conclusións recollidas pola CIG-Ensino nun informe en que analiza os orzamentos do Goberno galego para 2022 en materia de educación.", "text": "O sindicato maioritario no sector pon de manifesto que \"sobre o papel, a cifra de docentes mantense lixeiramente por riba da existente no ano previo á pandemia, algo que se produce parcialmente polo aumento de docentes provocado nas primeiras semanas deste curso tras as protestas de familias, profesorado e a CIG-Ensino\". A perda, explica a CIG, \"é enorme ao respecto dos orzamentos de 2021, con 868 docentes menos, o que representa un devalo do 2,78%\". \"Se comparamos as cifras co orzamento previo á pandemia vemos como as cifras só son superiores grazas ao aumento de docentes dos corpos de Ensino Secundario (PES) e de Formación Profesional (PTFP) manténdose estancadas as cifras de mestres de infantil e primaria\", recolle o sindicato nun comunicado. Fronte esta realidade, a CIG-Ensino salienta a do ensino privado: \"Partindo dun valor 100 para as contas de 2021, soben moito máis os fondos para o ensino concertado (nos orzamentos de 2021 suporían case 197,99) que as contas xerais da Consellaría (fican en 174,48), mais mesmo os orzamentos xerais da Xunta pasan por riba do investimento educativo (cun valor de 189,06)\". As cifras de incremento aínda se disparan máis atendendo a que, dentro do ensino concertado, o principal incremento destes 20 anos tivo lugar en educación infantil (cun valor no 2021 de 288,15). O financiamento do ensino concertado volve medrar por riba do investimento no ensino público Nas contas do 2020 o financiamento do ensino concertado volve medrar por riba do investimento no ensino público. Así, as transferencias correntes (concertos) e as de capital (axudas diversas ao ensino concertado) soben un 2,51% ao respecto do exercicio 2021, mentres que a suba xeral de Educación queda nun 2,03%. Por outra banda, a CIG advirte de que \"se comparamos as contas educativas coas do conxunto do Goberno galego nos orzamentos do 2022 advírtese un lixeiro incremento ao respecto do ano anterior mais fica moi lonxe da relevancia de Educación nas contas xerais producida nos exercicios 2006-2009 (no bipartito)\". Naqueles anos, lembra, superáronse porcentaxes do 26% no gasto educativo sobre o gasto total da Xunta, mais as contas de 2022 mantéñense nun peso de Educación moi inferior, \"tan só dun 20,71%\". A rebaixa nos actual dos centros, segundo o informe da CIG, chega ao 18,66% e afecta a todos os tipos. A respecto da lingua, indica que o seu fomento cae un 22,64% ao respecto do exercicio do 2021 e é na partida principal, de campañas de normalización lingüística, a que perde un de cada catro euros investidos no curso actual. \"Tamén chama a atención como as partidas que máis medran dentro deste programa [de lingua] son a que de destina a empresas privadas, que medra por riba do 30% por segundo ano consecutivo e a que vai a centros concertados que sobe máis dun 11%\", salienta a CIG. Congreso da CIG-Ensino Os datos a respecto do orzamento da Xunta foron presentados nunha rolda de prensa en que tamén se presentou o VIII Congreso da CIG-Ensino, que decorrerá o 13 de novembro no Auditorio da Galiza (Compostela). Unha xornada na que delegadas e delegados do Consello Federal do sindicato analizarán o traballo realizado no período que conclúe e onde marcarán os obxectivos para os próximos catro anos. \"Imos\" é o lema baixo o que se realizará o congreso, co norte posto na defensa \"dun ensino centrado no país, por un profesorado con dereitos e baixo a premisa da igualdade\". Na véspera da sesión do ccongreso terá lugar un encontro sindical coas delegacións internacionais convidadas na que se realizará unha análise sobre os retos que afrontan os respectivos sistemas educativos e da resposta sindical a eses retos. Tomarán parte do conclave 200 delegadas e delegados. A xornada comezará ás 10 horas e a apertura irá seguida do informe da Executiva Federal e votación deste para posteriormente, e xa baixo a dirección da Mesa Presidencial electa ao efecto, debater e votar os Estatutos, o relatorio de acción sindical e, finalmente as candidaturas que se presenten nos tres procesos abertos: a renovación da Secretaría Nacional, da Executiva Federal da CIG-Ensino e da representación da federación no Consello Confederal da CIG. No acto de clausura, que comezará aproximadamente ás 13:30 horas intervirán as delegacións convidadas, será a presentación das candidatas e candidatos electos, a votación das resolucións do Congreso e a intervención do secretario xeral da CIG. O feche final estará a cargo da persoas que sexa elixida secretaria ou secretario nacional de CIG-Ensino."}
{"ID": "PRAZA_18253", "summary": "ENTREVISTA Antía Yáñez analiza as continuidades na violencia de xénero ao longo da Historia en Senlleiras, a novela coa que gañou o premio Illa Nova.", "text": "Dúas mulleres, Alana e Alda, son manipuladas, illadas e sometidas polos seus maridos. Sepáraas case un século. Mais ambas foron socializadas de xeito semellante. Ensináronlles a tentar agradar. A calar. A asumir a súa suposta inferioridade. Inoculáronlles dependencia. Inseguridade. Alana e Alda son as protagonistas de Senlleiras (Galaxia), a última novela de Antía Yáñez, gañadora do premio Illa Nova de Narrativa. Dúas mulleres maltratadas que atopan, malia todo, a forza para rebelarse. Apoiándose noutras mulleres. A autora cóntanos a súa historia a través dunha narración que non deixa de revelar os paralelismos entre a sociedade patriarcal de antano e a de hoxe. Malia que algunhas cousas teñan mudado. Mais, nin de lonxe, as suficientes. Senlleiras é un libro sobre a violencia de xénero pasada e presente. Hai algunha razón especial polo que decidiras empezar a historia coa morte dunha influencer? A morte da influencer era o único que tiña claro desde o comezo. Sabía que quería partir dunha foto misteriosa e a morte posterior, para logo atrapar ao lector ou lectora co misterio de quen, como e por que a matara. Ía escribir unha novela de intriga e logo saíu o que saíu. Falar da violencia de xénero non foi algo planificado cando me puxen diante do ordenador. \"Falar da violencia de xénero non foi algo planificado cando me puxen diante do ordenador\" Simplemente, foi a evolución natural. Témolo todos os días na televisión e nos xornais, na sociedade. E eu busco inspiración, moitas veces, no meu día a día. A iso xuntouse unha pregunta para a que non tiña resposta: por que unha muller maltratada non é quen de rachar co home que a maltrata e lisca do seu lado? Se eu me preguntaba iso, era moi probable que máis xente tivese a mesma dúbida. Comecei a documentarme e saíu Senlleiras. No libro están presente varias mulleres escritoras que, tal como defende unha das protagonistas cos seus actos, merecían ser lembradas. Que relación ten o título Senlleiras con elas e por que escolliches ese título? Senlleiras é feminino intencionadamente. Senlleiras son elAs, porque a literatura (en realidade, poucas cousas) case nunca vai de nós. Cando lía libros de pequena, os mellores personaxes, os protagonistas, eran elEs. \"A miña novela vai de mulleres, mulleres senlleiras, porque as temos que lembrar a elas, e non a eles\" As mulleres eran as amigas de, as nais de, as curmás de. Na violencia de xénero pasa un pouco o mesmo: falamos do maltratador, pobre, que tivo un ataque de nervios, ou que estaba pasando por unha depresión, ou vai ti saber. E elas son mortas, cifras. A miña novela vai de mulleres, mulleres senlleiras, porque as temos que lembrar a elas, e non a eles. Nós somos as protagonistas. Na narración dos feitos teñen bastante importancia unha serie de recortes de prensa que tratan a violencia de xénero desde o punto de vista da crónica de sucesos e, normalmente, culpando as mulleres. Moitos deles son reais. Con que criterios os buscaches e por que decides contar, en boa medida, a historia a través deles? Non tiña pensado incluílos nun principio. Só quería documentarme sobre como era tratada a violencia machista na época, e quedei tan impactada polo que atopei, e máis aínda ao confrontalo co que acontece agora, que decidín que era importante que aparecesen. \"A min interesábame, dos recortes, as mulleres que saían. Os seus nomes. Deixar de tratalas coma cifras\" Con isto retomo un pouco a idea anterior: a min interesábame, dos recortes, as mulleres que saían. Os seus nomes. Deixar de tratalas coma cifras. Que elas fosen as protagonistas. Tamén son reais os artigos dunha das personaxes Corona González, publicados en A Nosa Terra, en defensa da igualdade -en favor da educación das mulleres e da súa independencia económica-. Por que escolles introducir este personaxe na novela? E O Barbeiro de Castelao? O artigo de Corona, Pros pais que tein fillas, pareceume moi valente: escrito por unha muller, falando de que había que mandar as mulleres a estudar, e aínda por riba en galego!. Incluílo foi unha especie de homenaxe, unha testemuña de que xa daquela as mulleres galegas cuestionaban o suposto sitio que lles correspondía. \"Corona González é unha testemuña de que xa daquela as mulleres galegas cuestionaban o suposto sitio que lles correspondía\" No relativo ao semanario El barbero municipal, non me parecía de todo xusto cos lectores e as lectoras que, tendo un dos homes principais da novela un pai tan mediático, a escritora non fixese ningunha referencia a el. Gústame xogar cos datos históricos e metelos polo medio da ficción. Seguindo coa técnica narrativa, hai unha narradora que nos conta a historia en terceira persoa, outra que se dirixe directamente en segunda persoa ás mulleres maltratadas...; vanse intercalando dúas historias acontecidas en distintos períodos de tempo, o tempo non é lineal… Como pensaches isto? Como foi xurdindo? O do narrador en segunda persoa sempre me chamara moito a atención, porque case nunca leo nada así nin escribira nada con esa técnica. Pareceume interesante incluílo para que quedase claro que se establecía un diálogo entre dúas mulleres do que os lectores e as lectoras só eran meros observadores. As importantes eran elas; unha fálalle á outra, intenta consolala. Despois, os narradores cambian segundo quen conta a historia ou en que parte da mesma nos atopamos. De Navia quería destacar os seus pensamentos, os seus sentimentos, así que a primeira persoa era necesaria. Despois, buscar o resto de puntos de vista foi case como un xogo, encaixar as pezas dun quebracabezas ata atopar o resultado buscado. Alana, na primeira metade do século XX, e Alda, na século XXII -na actualidade-, sofren un problema semellante. Ambas foran socializadas en certas ideas sobre o amor e sobre o papel dunha muller na sociedade. Mas as dúas reúnen, tamén, forzas para rebelarse. En que medida quixeches tamén poñer a atención sobre a educación emocional das mulleres e esa idea do amor que serve para sometelas? Iso é primordial, por iso a novela comeza falando de Disney. Adoraba esas películas de nena, pero nun momento da miña vida atopeime pensando: se algún día teño un fillo ou unha filla, poñeríallelas? Películas nas que ela sempre ten que ser salvada? Nas que ela ten que cambialo a el pola forza do amor? Nas que elas a única expectativa que teñen na vida é atopar o seu príncipe azul? E a resposta foi non. \"A medida que maduras e les cousas sobre o feminismo, decátaste de que regalarlle un coche a un neno e unha cociña a unha nena pode parecer unha parvada, pero non o é\" E pouco a pouco, a medida que maduras e les cousas sobre o feminismo, decátaste de que regalarlle un coche a un neno e unha cociña a unha nena pode parecer unha parvada, pero non o é, porque todo nos dirixe unha mensaxe oculta: el ten que ser valente, atrevido, aventureiro. Ela amable, tranquila, cariñosa. El, destacar. Ela, todo o contrario. E se destaca, só pode ser porque é guapa. \"Pasas da cociña de xoguete aos sets de maquillaxe, que xa non sabes se son de xoguete ou de verdade\" E pasas da cociña de xoguete aos sets de maquillaxe, que xa non sabes se son de xoguete ou de verdade. Todo suma gotas na construción patriarcal do home e da muller. Ata que rachemos cos roles de xénero, estaremos condicionados, en maior ou menor medida, polo que a sociedade lle presupón a un home por nacer home, e a unha muller por nacer muller. Así que si, poñer un pouquiño o foco sobre a educación emocional que se nos dá foi totalmente intencionado. Hai un paralelismo entre os personaxes de Bieito -o marido de Alda-, e Bernabé -o marido de Alana-. Ambos poderían ser o arquetipo do maltratador. Mais hai outros personaxes masculinos que contrastan con eles: Xosé, o amigo de Alana, ou André. Tamén Navia, a amiga de Alda, serve de contrapunto dela. En que sentido está a novela armada sobre estes paralelismos e contraposicións? Nalgunha crítica da novela dixéronme algo así como que os malos eran demasiado malos, que todo o mundo ten as súas luces e sombras. Non podo estar máis de acordo, pero eu non concibín a Bernabé e a Bieito como personaxes individuais: xunto con Xosé e André forman un todo, digamos, unha representación da masculinidade. Por iso hai homes maltratadores -malos, por suposto- e outros opostos: porque non todos son iguais. \"Eu non quería amosar o lado bo dun maltratador, que de seguro algunha cousa faría boa na vida -seguro que Hitler tamén-\" Pero hai que lembrar que na miña novela as protagonistas son elas, e que eles son meros instrumentos que explican a situación das súas esposas. Eu non quería amosar o lado bo dun maltratador, que de seguro algunha cousa faría boa na vida -seguro que Hitler tamén-, senón poñelas a elas no centro. Si, Bernabé e Bieito son malos malísimos, que diríamos, e por iso teñen o seu contrapunto en Xosé e André. Non hai que miralos como se fosen catro personaxes distintos, senón a representación do mesmo. O contraste entre Alda e Navia non ten ningún interese particular. Sempre me pareceu interesante poder meter dentro das miñas historias personaxes que se saen do típico canon -brancas e heterosexuais-, e poder xogar co moito que quería Navia a Alda serviume para explicar outras realidades. Hai outro tema importante na novela, que son os silencios. E, sobre todo, o xeito no que o silencio, a vergoña, a culpa… evita moitas veces que as mulleres se alíen, que se apoien entre si. De que xeito isto afecta á relación entre Alana e a súa nai? Para que o patriarcado funcione, o silencio é indispensable. Antes o maltrato machista era algo que se arranxaba de portas para dentro, non incumbía aos de fóra, dicían. Mentira. É cousa de todos, porque se ese home nos ve como obxectos a culpa é, en maior ou menor medida, tamén da sociedade na que medrou. E a sociedade construímola entre todos. \"Para que o patriarcado funcione, o silencio é indispensable\" A sororidade, rachar co silencio, é primordial. Por que sempre se nos di que as mulleres, entre nós, somos o peor? Porque o patriarcado non funciona se estamos unidas. Por que tivo tanto éxito o movemento Me Too? Porque, entre todas, fomos quen de denunciar que polo simple feito de nacer mulleres nos pasan cousas que a eles non. Sororidade. Unión. Son palabras que esgazan en mil anacos o patriarcado, o machismo. Sometemento é sinónimo de silencio. Mais hai tamén, na novela, un compoñente de reflexión, penso, sobre a alianza entre o clasismo e machismo. Bernabé xunta o seu machismo co seu desprezo de clase. Ou máis ben quixeches apuntar a que o machismo está presente en todas as clases sociais, só que pode reforzarse co clasismo en certas circunstancias? Máis ben isto último, si. O machismo ten a súa razón de ser en que un home ve ás mulleres como inferiores. No clasismo, un grupo de xente crese por riba doutra. En certa maneira, ambas cousas son moi parecidas. Ás veces converxen e outras non, pero a súa razón de ser é crerse superior. Cara ao final comezan a aparecer elementos que poden resultar menos \"cribles\" -elementos sobrenaturais, decisións con consecuencias fatais das dúas mulleres maltratadas...-. Por que resolver así a historia? En realidade non é que a resolva así, é que parto do sobrenatural: a man fantasma da foto. Parto desa idea para construír todo o demais, non é que se me ocorrese iso como resolución do conflito. Lembro cando no instituto estudamos o realismo máxico dos escritores como Gabriel García Márquez e o asombrada que ficara: sabía que había fantasía e logo tamén novelas realistas, pero mesturar ambas? Encantárame. \"A diario, a esperanza somos nós e os nosos actos. A diario, temos que loitar, porque ninguén o fará por nós\" Logo, con películas como El laberinto del fauno confirmei que, se podía, algún día incluiría iso en algo que eu crease. E aquí está. O feito de incluír unha pantasma é tamén unha chamada á concienciación: aquí, neste libro, hai esperanza grazas a un ente sobrenatural, pero con iso non contamos no noso día a dia. A diario, a esperanza somos nós e os nosos actos. A diario, temos que loitar, porque ninguén o fará por nós. Na literatura podemos permitirnos certas concesións. É unha novela de lectura fluída, con ritmo, con intriga. Como traballaches ese aspecto? (Tamén, supoño, con aspectos como contar o calvario de Alana a través dunha especie de diario, ou mesmo coa introdución de elementos propios da comunicación das redes sociais..) Escribo así porque eses eran os libros que me gustaba ler de nena: os que non podía soltar, nos que había un misterio que resolver, os que mesturaban tipos de textos e caligrafía... Eran os meus favoritos, e agora encántame cando me din que o meu libro \"engancha\". Non sabía se o conseguiría, e ver que foi así é moi satisfactorio. Como o traballei? Nin eu mesma sei moi ben como explicalo. Imaxinando que eu podería ser a lectora final, supoño. Odio as novelas nas que no terceiro capítulo xa se sabe como vai rematar. Eu sempre quero sorprender, darlle unha volta ao predeterminado e ao que parece que vai ser. Sempre estou pensando en posibles por ques e por que nons, como lles chamo. Por que a mataron? E por que non se suicidou? E por que a pantasma é importante? Así constrúo eu as miñas obras, facéndome preguntas a min mesma. Iso axúdame a detectar os fíos soltos que poida deixar. Ao final quedamos coa idea de que, en canto á consideración social -e mediática- da violencia de xénero, poucas cousas mudaron desde hai cen anos. Ti crelo así? Non, mudaron moitas, pero non son suficientes. Aínda queda moito por andar. Agora denúnciase (aínda que moitas veces non serve de nada), hai casas de acollida, hai máis concienciación. Pero o camiño é moi longo aínda. Cando alguén di que as feministas non temos de que queixarnos, que agora traballamos fóra da casa, por exemplo, sempre me dan ganas de berrar: faltaría máis! \"Os que pretenden que quedemos así como estamos, que xa melloramos moito, son os mesmos que non queren que as mulleres teñamos os mesmos dereitos que os homes\" E teño dereito a ter a miña propia conta no banco tamén, claro! Debería conformarme con iso? Por suposto que non. Supuxo un cambio moi grande na vida das mulleres? Por suposto que si. Os que pretenden que quedemos así como estamos, que xa melloramos moito, son os mesmos que non queren que as mulleres teñamos os mesmos dereitos que os homes."}
{"ID": "PRAZA_6356", "summary": "A muller asasinada pola súa parella este luns en Barro é a sexta vítima mortal da violencia de xénero en Galicia no que vai de ano. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos chaman a rexeitar as agresións de xénero na rúa con mobilizacións convocadas para a tarde deste martes.", "text": "Adela, María Luisa, Elena, Belén, Sara e Mónica. Son as mulleres que, no que vai de ano, foron asasinadas en Galicia polo feito de séreno. O asasinato de Mónica Lorenzo, veciña de Barro de 38 anos, é o sexto deste 2014 e, ademais de evidenciar unha vez máis os efectos mortais do machismo, dá lugar a unha preocupante cifra: no que vai de ano as vítimas mortais das agresións de xénero xa son o duplo que en todo o 2013, segundo datos oficiais. As bases de datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade amosan que, cando menos polo momento, non hai tendencia ningunha que convide a baixar a garda, máis ben ao contrario. Nos últimos cinco anos pasouse dun 2010 sen asasinatos machistas a 3 en 2011, 4 en 2012, outros 3 en 2013 e os 6 rexistrados ata este 25 de agosto. Os seis casos deste ano dan lugar a que haxa no país tantos casos como noutros territorios como Catalunya, con moita máis poboación, e un só caso máis que na Comunidade de Madrid, comunidade con máis do duplo de habitantes que Galicia. No conxunto do Estado os datos tampouco convidan, nin de lonxe, ao optimismo. Mentres sucesos como presuntas agresións sexuais dan lugar a saídas de ton de diversos dirixentes políticas a realidade indica que xa houbo cando menos 37 asasinados machistas, os mesmos que o pasado ano nestas datas, os cales poden chegar a 39 se as investigacións en curso en San Roque (Cádiz) e El Escorial (Madrid) conclúen que as mulleres que alí faleceron fixérono a causa da agresión das súas parellas ou ex parellas. Como resultado destes asasinatos 24 menores de idade ficaron orfos. No que vai de ano 24 menores ficaron orfos a causa de asasinatos machistas Todo isto sucede nun contexto no que os estudos máis recentes indican que unha parte considerable da sociedade aínda xustifica as agresións machistas ou os comportamentos que as alentan. Así, segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas, máis dun terzo da poboación do Estado aínda culpa as mulleres que sofren violencia de xénero e case un 30% considera que determinadas actitudes violentas, como as ameazas, non terían que ser castigadas pola lei. Neste contexto a Delegación do Goberno central en Galicia expresa a súa \"condena enérxica\" deste feito e fai \"un reiterado chamamento a todas as mulleres que sofren malos tratos e aos seus familiares e achegados para que denuncien os agresores\". \"Lémbrase tamén a necesaria implicación de toda a sociedade\" na loita contra esta violencia, sinala nun comunicado o que tamén recorda a \"importancia de usar o teléfono 016, que é de balde e garante a confidencialidade da chamada, xa que non fica rexistrado na factura telefónica\". Pola súa banda, a Marcha Mundial das Mulleres condena o sucedido e chama a amosar esa \"repulsa\" nas concentracións convocadas para este martes en diferentes puntos do país. Concentracións contra a violencia machista convocadas para este martes, 26 de agosto"}
{"ID": "PRAZA_17584", "summary": "O evento celebrarase co 21 ao 23 de xullo no IES de Rodeira, con competicións e premios en metálico, demostracións de Realidade Virtual, presentacións de empresas independentes de creación de videoxogos ou unha zona retro con torneos de varios títulos clásicos e unha mostra de consolas e ordenadores de distintas épocas.", "text": "Do 21 ao 23 de xullo Cangas acollerá un grande evento de gaming, con competicións de eSports, mesas de debate, unha sección retro e moitas outras actividades. Faneka Gaming, que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra, nace con vocación de continuidade e co obxectivo de converterse no referente galego do sector, ante a ausencia no noso país de competicións de eSports consolidadas. O Faneka Gaming celebrarase no IES de Rodeira e o custo da entrada é de 13 euros por día (ou 35 euros os tres días). Faneka Gaming \"é o proxecto duns fanekeiros aos que lles gustan os videoxogos e que tiñan ganas de ter en Galicia o seu propio evento Gaming sen ter que saír da praia no verán\" Faneka Gaming \"é o proxecto duns fanekeiros aos que lles gustan os videoxogos e que tiñan ganas de ter en Galicia o seu propio evento Gaming sen ter que saír da praia no verán. Con esa idea crearon un evento que mestura os eSports, as demos, obradoiros, cosplays e unha chea de cousas máis para xerar unha identidade propia dentro deste tipo de eventos\", explican. A diferenza do que é habitual nas party, os e as participantes non teñen que traer os seus equipo A Zona de eSports inclúe un escenario dedicado a torneos, con premios en metálico e con competicións de League of Legends, Counter-Strike: Global Offensive, ou Hearthstone, entre outros xogos. Noutra das seccións do evento haberá presentacións de empresas independentes de creación de videoxogos, onde as persoas interesadas por coñecer por dentro esta industria poderán afondar nos seus secretos e características. Na zona retro renderase \"tributo ás plataformas e xogos clásicos\", con torneos en consolas, arcades e ordenadores retro, exposicións temáticas e tendas de produtos retro; de feito, RetroGalaicos amosará un conxunto de 200 consolas dende os anos 70 á actualidade. A Zona VR amosará as últimas novidades no campo da Realidade Virtual e da Realidade Aumentada aplicadas ao ocio electrónico, con postos de HTC Vive, PlayStation VR ou Oculus Rift. Haberá, finalmente, espazos de práctica libre de videoxogos, de xogos de rol e obradoiros de maquillaxe e cosplay."}
{"ID": "NOS_14349", "summary": "O alumnado vén de sumarse ás protestas contra o parque eólico Pena do Corvo. Por outra parte, algunhas veciñas falan da falta de implicación do Concello na loita contra este polígono enerxético malia os anuncios do alcalde. Mentres, o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, sinala o Estado español como culpábel da proliferación de proxectos.", "text": "\"Eu non quero ser unha nena Iberdrola\". Con esa frase tan curiosa pronunciada por unha alumna o profesorado do CEIP Virxe da Cela do Xestal, en Monfero, deuse conta de que a mobilización cidadá polo parque eólico Pena do Corvo estaba a chegar ás crianzas. De feito, o persoal non coñecía o plan que ameaza o municipio nin a protesta da plataforma Monfero di non, pero esa preocupación da estudante e o temor doutro neno, que confesou á mestra que a eléctrica lle \"ía quedar coa casa\", animaron a dúas docentes a investigar máis sobre o proxecto do polígono de aeroxeradores. Á vista de que a iniciativa industrial da multinacional afecta a tres das parroquias con máis poboación de Monfero -Vilachá, San Fiz e Queixeiro- e un total de \"35 núcleos habitados\", as profesoras pediron permiso á dirección para sumarse á protesta social. De feito, confesan que foi a \"concienciación do alumnado\" a que as animou a seguir adiante, mesmo chegando a programar modelos de alegacións para que as crianzas leven á casa e as súas familias teñan información das implicacións do parque. Aliás, as e os estudantes xa claman por un futuro sen eólicos na zona, como demostran as palabras que trasladaron ao profesorado, así como a preparación de cartaces para realizar \"unha concentración simbólica diante do centro\". Unha carta a Yolanda Díaz e críticas ao Concello O acto, previsto para o día 22 de xuño, aproveitarase para recoller sinaturas en contra deste plan industrial. \"O tema das enerxías renovábeis traballouse nas aulas e son moi conscientes do que significa este proxecto\", destacou a profesora Carmen Espiñeira. De feito, as e os alumnos tamén escriben unha carta que farán chegar á ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Neste contexto de aumento da preocupación no municipio, algunhas veciñas que forman parte da plataforma Monfero di non denunciaron a Nós Diario a suposta \"falta de implicación do Concello coa presentación de alegacións e a loita contra o proxecto\". \"O prazo para as alegacións caduca en quince días e o tempo aprema, temos que pasar das palabras aos feitos\", instaron ao rexedor, co que xa falara este diario. A culpa do 'boom' é do Estado español Dáse a circunstancia de que hoxe mesmo o conselleiro de Economía e vicepresidente segundo da Xunta da Galiza, Francisco Conde, responsabilizou o Goberno do Estado español de alentar un \"efecto chamada no sector eólico\" ao aprobar o decreto 23/2020 en xullo do ano pasado, porque nel se aprobar medidas \"en materia de enerxía e reactivación económica\"."}
{"ID": "NOS_17107", "summary": "Con 475 millóns de euros.", "text": "O Goberno español aprobou rescatar Air Europa con 475 millóns de euros. O Consello de Ministros de hoxe acordou conceder dous préstamos, un por 240 millóns de euros e outro por 235 millóns. O período de amortización será de seis anos. Trátase de préstamos concedidos a través do fondo para apoiar a solvencia de empresas estratéxicas, dotadas con dez mil millóns de euros, e xestionadas pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). A portavoz do Goberno español, María Jesús Montero, explicou que se trata da primeira operación deste fondo e xustificou o carácter estratéxico' da compañía aérea. A decisión coñeceuse no meso día en que o comité de Alcoa cargou contra o Executivo español por se desentender e deixar \"en mans dos traballadores\" o futuro da planta de San Cibrao e que non dea pasos cara á intervención da factoría. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confesou que a \"espera\" dunha solución ante o peche que pretende a multinacional estadounidense está a facerse xa \"bastante longa\". \"De momento, cos únicos que temos contacto é coa Xunta. Co Goberno estatal hai máis dun mes que prometeron unha reunión e desde entón nin collen o teléfono\", afeou"}
{"ID": "NOS_16704", "summary": "O director xeral da CRTVG explica a eliminación de programas como Reporteiros da grella da televisión pública por requerir dun custe \"inadmisíbel do punto de vista económico e de recursos humanos\".", "text": "O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu a achega do 50% do financiamento que o ente público galego fixo a El Faro, un culebrón cuxa rodaxe se realizará en plena crise e onde as condicións laborais ofrecidas aos e ás traballadoras foron denunciadas pola Coordinadora de profesionais do audiovisual galego. Para alén de defender a partida destinada, permitiuse ironizar sobre as críticas que a deputada do PSdG Concepción Burgo López, autora da pregunta, realizou: \"non reflicte en ningún momento a identidade cultural galega e tamén fica afastado da nosa lingua\". Na súa quenda de resposta, Sánchez Izquierdo resumiu o argumento como un romance onde a filla e o fillo de dúas familias enfrontadas acaban por namorar. \"Non sei se lle soa galega ou allea esta problemática\", dixo entre risos. Aliás, afirmou que \"non vexo ningunha liña vermella que acoute os escenarios nin os argumentos a Galiza se o proxecto é bon\". Ao redor da polémica que agromou coa denuncia da Coordinadora, situando as rebaixas salariais entre o 30 e o 50%, o director do ente público dixo ter coñecemento unicamente \"das tensións propias de cada negociación entre traballadores e empresa\". 'Reporteiros' desaparece da grella por falta de orzamento Na mesma comisión de control, a deputada do Bloque, Montse Prado, preguntou a Sánchez Izquierdo pola caída da produción propia na televisión pública e acusouno de \"deixar o persoal sen carga de traballo para dar pasos aparentando que a CRTVG é inviábel\". Segundo os dados expostos pola nacionalista, no primeiro trimestre de 2007 emitíanse 40 programas de produción propia, mentres que na actualidade \"a cifra baixou a bastante menos da metade\" malia que, tal e como sinalou, a dirección do ente incha os dados cuantificando como produción da casa \"os programas informativos e a produción externa que se contrata\". Na súa quenda de réplica, Sánchez Izquierdo falou un a un de todos os programas que o Comité interempresas da CRTVG dixo que serían eliminados: Eirado \"non desaparece\"; A Revista Tarde abandonará as emisións \"pola má acollida de audiencia, polo que é lóxico que desapareza\"; Heiche cantar queridiña e No bico un cantar \"esgotaron o seu ciclo\"; e Reporteiros sairá da grella por ser \"moi intensivo en carga redaccional e imposíbel de manter ao ter un custe inasumíbel, dun punto de vista económico e de recursos humanos\". A respeito desta última explicación, cómpre sinalar dúas cuestións. Dunha banda, @s traballador@s quéixanse de que coa caída da produción propia ficarán sen carga de traballo. Da outra, que o ente público achegará o 50% do financiamento para El Faro, un culebrón en español que nada ten a ver coa realidade da Galiza e onde o outro 50% o achegan entre 16 televisións doutros tantos territorios."}
{"ID": "NOS_5015", "summary": "O número de casos activos sitúase na contorna dos 60.000. Ademais, Sanidade confirmou o falecemento de 11 persoas con Covid, polo que a cifra total de mortes é de 2.950.", "text": "Os contaxios de Covid na Galiza experimentaron unha repunta nas últimas horas e volven roldar os 6.000 casos novos, se ben tanto a presión hospitalaria como o número total de infeccións activas polo coronavirus SARS-CoV-2 descenderon. Así se reflicte no informe publicado esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade. Segundo o último balance con datos até as 18 horas desta terza, detectáronse 5.963 contaxios novos, o que supón 1.386 máis que os rexistrados a xornada anterior. As novas infeccións detectadas soben en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo e a da Coruña, onde se rexistraron, respectivamente, 1.590 e 1.275 contaxios novos. Na área sanitaria de Santiago notificáronse 1.065 contaxios novos; na área de Ourense son 608 as novas infeccións, na área de Pontevedra hai outras 583 persoas máis contaxiadas, na área de Lugo rexistráronse 582 novos contaxios e na área de Ferrol hai 260 novos infectados. Casos activos Con respecto ao cómputo global de casos activos, o Sergas confirmou que na Galiza 60.277 persoas con Covid, 443 menos que o último día. Os casos baixaron en todas as áreas sanitarias: en Vigo hai 15.610 casos activos (51 menos), na Coruña,13.275 infeccións (48 menos); na área de Santiago, 9.821 casos (118 menos); en Pontevedra, 6.564 casos (221 menos); en Lugo hai 6.148 persoas con Covid (57 menos), en Ourense son 6.015 (114) e en Ferrol baixaron a 2.844 (70 menos). Presión hospitalaria A ocupación hospitalaria derivada d pandemia baixa. Sanidade confirma que hai 681 persoas con Covid nos hospitais galegos (23 menos que hai un día), das que 40 están en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos) e 641 en camas convencionais (22 menos). Por áreas, a da Coruña e a Vigo rexistran o maior número de enfermos en coidados críticos, con 12 e sete respectivamente. Así, aínda que a primeira ten un paciente máis en UCI, na área de Vigo a ocupación reduciuse en dous. No resto de áreas sanitarias galegas non se produciron cambios na ocupación da UCI. Na área de Lugo hai seis pacientes, nas de Pontevedra e Santiago hai cinco doentes con Covid, na de Ourense hai tres e na de Ferrol, dous. Falecementos Desde o inicio da pandemia superaron a Covid na Galiza 367.209 persoas, das que 6.395 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Pola contra, faleceron co virus 2.950 persoas. Os últimos decesos comunicados polo Sergas son os de 11 persoas (seis homes e cinco mulleres), que morreron entre o sábado e a segunda feira, con idades comprendidas entre os 69 e os 95 anos."}
{"ID": "NOS_37882", "summary": "Vivemos na sociedade da apariência. Muitas das nossas decissões quotidianas são tomadas em função da contingência mental na que nos situam as mensagens prevalentes e difundidas desde os alto‑falantes mediáticos predominantes, sem aprofundar na realidade subjacente aos fenómenos sociais. Somos refens da superestrutura ideológica imperante que estabelece as normas do consenso social e até demarca os limites do disenso. Eis un extracto da análise publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza", "text": "Asolagando baixo essa maré de tendenciosidades informativas, chegamos a dar por bom qualquer boia salva‑vidas que se nos atire desde a mesma nau que nos lançou à deriva. Até acreditamos na ilussão de um capitalismo de \"rosto humano\", que renúncie a sua finalidade lucrativa e que permita conseguirmos a desaparição da pobreza e das desigualdades sociais. Grande erro. O celme do capitalismo é a acumulação continuada de capital. As crises são provocadas pela queda tendencial da taxa de lucro que paralisa o investimento produtivo, destrue emprego, desvaloriza a força de trabalho e impulsa um novo giro a porca da \"austeridade\", que sempre sofrimos exclussivamente deste lado do cenário. Qualquer medida que ouse impugnar o roteiro de acumulação ampliada bate de frente com a própria lógica do capital. Daí as rebaixas e concesões dos modestos programas da socialdemocracia, que remata por desmovilizar à classe trabalhadora, quando accede ao poder político. Desde os anos setenta do passado século diversas iniciativas financiadas por importantes grupos empresariais transnacionais recolheram e impulsaram as teorias hoje agrupadas baixo o que conhecemos como \"neoliberalismo\". Promovem‑se think‑tanks, financiam‑se instituições do ensino universitário e publicam‑se numerosos informes e estudos que recomendam implementar as políticas económicas que interessam o capital e criticam o modelo do estado do bem‑estar funcional desde os anos quarenta. \"Monetaristas\" e \"austriacos\" são encumiados, tambêm no ámbito das universidades privadas mais prestigiosas, para assentar não apenas mais um paradigma económico, senão o único supostamente válido hoje. O seu objetivo é a procura de novos espaços para obter mais‑valor reduzindo os custos laborais e minorando a despesa social. As privatizações e as reformas laboral e tributária tornam‑se em mecanismos que provocam o aumento da desigualdade social, uma distribuição mais regressiva da renda e aumentam o desemprego para presionar à baixa os salários. Reforçam assim a função do estado como garante do processo de acumulação capitalista, embora erodam a sua própria legitimação assentada nas políticas sociais, e reduzem a economia a uma disciplina de gestão, técnico‑engenheril, profusamente formalizada em modelizações matemáticas de escasso valor preditivo, que não ressistem o mais mínimo contraste empírico. Condenam a economia a um papel meramente propagandístico e apologético das bondades da \"liberdade\" económica. Tencionam justificar sua ideologia através de equações. Um verdadeiro asalto à mão armada Os serviços públicos não são nenhum presente, derivam do apoderamento popular resuldado do confronto social de classe e constituem salário indireto na sua condição de serviços essenciais de oferta pública. Ante a queda da rendibilidade do capital na validação dos seus produtos e serviços nos mercados, é que são percurados novos cenários de valorização antes inexplorados. Os activos e serviços públicos básicos, para viver dignamente e compensar a exploração laboral, são alvo a alcançar pelos capitalistas. Um ataque amparado pelo controle burguês das próprias instituições do estado e legitimado baixo o guarda‑chuvas da superestrutura ideológica. Mais uma vez torna‑se patente a coerção do estado para avalizar o acrêscimo de capital: do combate ideológico à repressão frontal das actividades do movimento trabalhista. Um verdadeiro asalto à mão armada ao património de todas e todos. [Podes ler a peza íntegra no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_47904", "summary": "Unha ILP reclama o retorno a Galiza do cadro A derradeira leición do mestre. Á venda xa na nosa loxa.", "text": "Máis un número do semanario que vai no prelo. Esta semana focamos a atención nun dos cadros centrais da obra de Castelao, A derradeira leición do mestre. Un óleo de dous metros de altura co que o de Rianxo homenaxeou Bóveda, que se atopa nas dependencias privadas do Centro Galicia en Bos Aires mentres o sector cultural no país reclama a súa volta e a diáspora defende o contrario. Acompañamos a reportaxe central cunha entrevista a Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra que acolle dúas exposicións do rianxeiro. Na sección de Social afondamos nas alternativas educacionais que están a agromar na Galiza. Proxectos centrados na autoaprendizaxe, o respeito aos ritmos das crianzas e no contacto coa natureza. Aliás, falamos da iniciativa posta en andamento pola Deputación de Pontevedra, a primeira entidade en impulsar un proxecto formativo para profesionais na xestión do lixo. En Política, entrevistamos o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane cuxo proxecto político, asegura, \"pode sacar 40 mil votos nas galegas\". Así mesmo, revisamos os acordos alcanzados pola militancia de Compromiso por Galicia na súa convención política apostando, entre outras cuestións, no mantemento dunha candidatura propia de cara aos comicios parlamentares de 2016. Nas páxinas de Internacional analizamos a situación na rexión do Donbass dous anos despois do golpe de Maidan e revisamos a outra face da maior filtración sobre o capitalismo offshore. Luces e sombras dos Panama Papers. Na sección de Traballo falamos das consecuencias que tiveron as reformas laborais de 2011 e 2012 na negociación colectiva, afastándoa da capacidade de decisión dos cadros de persoal e minguando a marxe para negociar convenios de sector na Galiza. Asemade, rematamos coa publicación da reflexión do economista Aleixo Vilas na Semana Galega de Filosofía arredor das consecuencias económicas da dependencia de Galiza. En Cultura falamos de Joam Faras, o galego na escuadra de Alvares Cabral e viaxamos ao Ecoespazo de Rexo onde arte e natureza se dan a man de maneira respectuosa. Todo isto e moito máis no número 192 do semanario. Á venda xa na nosa loxa e a partir da quinta feira nos puntos habituais."}
{"ID": "PRAZA_7224", "summary": "As traballadoras son maioría nas franxas salariais maís baixas e minoría nos soldos superiores aos 15.000 euros anuais. As mulleres que non poden cotizar o ano enteiro á Seguridade Social son máis que os seus compañeiros.", "text": "As mulleres galegas cobran, de media, un 23% menos que os homes nos seus postos de traballo por conta allea. Ademais, as novas empresas creadas no país teñen, no 70% dos casos, fundadores masculinos. Isto sucede nun contexto no que as cifras oficiais de poboación indican que en Galicia viven máis mulleres ca homes, no que o alumnado dos estudos superiores é maioritariamente feminino e no que as estudantes protagonizan os galardóns de excelencia académica. Malia estas circunstancias nos postos de traballo mellor pagados do país a presenza de homes practicamente duplica á de mulleres, mentres que nos postos de traballo máis precarios o persoal feminino é maioría. O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar un estudo que, baseado na mostra continua de vidas laborais da Seguridade Social, ofrece unha reveladora fotografía, correspondente ao ano 2012, da desigualdade de xénero no mercado laboral galego. As cifras indican que nese ano, en plena crise, a media de persoas afiliadas foron unhas 894.000 e, delas, apenas o 11% superaban os 30.000 euros de salario anual. Son, en total, unhas 97.000 persoas das que practicamente sete de cada dez son homes. Nomeadamente, situáronse nesta franxa salarial 63.550 homes e 33.535 mulleres, pouco máis da metade. As mulleres son maioría nas franxas salariais máis baixas e son minoría nos soldos superiores aos 15.000 euros anuais Fronte á preponderancia masculina nos soldos máis altos, as mulleres son maioría ao ollar á banda baixa das remuneracións. Así, no grupo salarial máis numeroso, o das 192.000 persoas que percibiron menos de 6.000 euros ao ano, atópanse uns 87.000 homes e algo máis de 105.000 mulleres. Tamén hai máis traballadoras que traballadores entre os grupos de poboación que nese ano percibiron entre 6.000 e 8.000 euros, entre 8.000 e 10.000, entre 10.000 e 12.000 ou entre 12.000 e 15.000. É xustamente a partir dos 15.000 euros ao ano cando a relación se invirte. Así, no segundo grupo de persoal afiliado máis numeroso, o de remuneracións de entre 15.000 e 20.000 euros ao ano, atopáronse 102.000 homes e pouco máis de 63.000 mulleres. No grupo de persoas afiliadas que cobraron entre 20.000 e 30.000 euros a proporción é semellante: 80.850 homes fronte a 49.700 mulleres. De 30.000 euros cara a arriba prodúcese o devandito desequilibrio, de case o duplo. As mulleres que non cotizaron o ano enteiro son máis que os homes que non o fixeron Ademais de nas cantidades percibidas, as mulleres tamén saen prexudicadas noutra das variables analizadas neste estudo: o tempo que puideron estar cotizando á Seguridade Social, un indicador que volve confirmar que a temporalidade afecta máis ás traballadoras que aos traballadores. Así, por exemplo, no conxunto do persoal afiliado un 38% dos homes non o estiveron durante todo o ano 2012, mentres que esta proporción é case catro puntos superior nas mulleres, cun 41,9%. Na franxa do persoal que cobra máis de 30.000 euros, pola contra, a relación prodúcese á inversa. Entre as persoas que cobran os salarios máis altos, onde as mulleres son minoría, as traballadoras que non cotizaron todo o ano foron o 4,4%, mentres que os homes que non o fixeron foron o 5,5% do total."}
{"ID": "QUEPASA_69", "summary": "Reclaman \"diálogo\" e \"altura de miras\" para que desde a administración local e autonómica atopen unha saida ao problema", "text": "O grupo municipal do Partido Popular de Carballo trasladou este xoves a súa preocupación logo de coñecer o peche temporal da escola infantil Os Pequerrechos, debido ás obras de reforma que a dirección ten que acometer para mellorar a calidade das instalacións. Segundo puideron constatar os populares, a actuación, que podería durar varios meses, deixará sen praza a máis de vinte nenos que a estas alturas do ano atoparanse con moitas dificultades para poder matricularse no centro. Por tal motivo, desde o Partido Popular de Carballo instan ao goberno local a que medie para tratar de buscar acomodo a estes nenos nalgunha das outras escolas infantís municipales ou de titularidade autonómica que hai no municipio carballés. \"Non se trata de buscar culpables ao peche, nin de alarmar á xente, o importante é tratar de encontrar unha solución para unhas familias que se ven cun problema a unhas alturas do ano no que as prazas son escasas\", indicaron os populares. Ante esta situación, e siendo conscientes de que o executivo local no é responsable desta situación, desde o PP carballés reclaman \"diálogo\" e \"altura de miras\" para que desde a administración local e autonómica atopen unha saida ao problema."}
{"ID": "PRAZA_1244", "summary": "As candidaturas de confluencia pegaron con forza nas cidades. Porén, tamén en concellos das áreas metropolitanas, moitas vilas e mesmo algúns concellos da zona rural, houbo listas enmarcables neste espazo político que conseguiron importantes resultados.", "text": "As mareas, candidaturas de confluencia, de unidade das esquerdas, ou como se poidan denominar pegaron con forza nas cidades. Porén, tamén en concellos das áreas metropolitanas, moitas vilas e mesmo algúns concellos pequenos e da zona rural, houbo candidaturas que representan este espazo político que conseguiron importantes resultados. A Pobra do Caramiñal, Ames, Cangas, Teo, Val do Dubra, Mugardos... son algúns exemplos. Noutros casos listas cidadás que nos últimos meses levaron a cabo un intenso traballo de organización, coma a Riada do Tea, a Riada Cidadá do Barco, GañaMOS, Xinzo Aberto, Rianxo en Común, Sadamaioría ou as listas do Carballiño, Marín O Carballiño, Ribadavia, A Estrada, Lalín, Neda ou Boqueixón, acadaron resultados máis modestos (ás veces en prazas moi difíciles, iso si), pero conseguiron representación e poden xogar un papel importante apoiando os respectivos gobernos municipais ou na oposición. Na Pobra do Caramiñal, por exemplo, onde o PP perde a maioría absoluta coa que contaba, pasando de 7 a 5 concelleiros, a alcaldía podería corresponder a Nós-Pobra, que acadou 4 edís Na Pobra do Caramiñal, por exemplo, onde o PP perde a maioría absoluta coa que contaba, pasando de 7 a 5 concelleiros, a alcaldía podería corresponder a Nós-Pobra, que acadou 4 edís, por diante de BNG (3) e PSdeG-PSOE (1). En Ames, tamén as listas cidadás e de confluencia obtiveron un bo resultado, nunha corporación caracterizada sobre todo pola fragmentación. Se en 2011 o PP acadara a maioría absoluta, con 11 concelleiros, fronte a 6 de PSdeG e 4 de BNG, nos vindeiros catro anos haberá sete forzas con representación. O PP volveu ser a lista máis votada, pero perdendo sete edís e a metade dos seus votos; PSOE (4), Ames Novo (4), Contigo Pódese (3) e BNG (2) aseguran unha maioría de esquerdas, na que Ames Novo confirmou as súas boas expectativas e Contigo Pódese, a lista impulsada polo círculo de Podemos, irrompeu con forza. Pacto por Ames (3) e Ciudadanos (1) completan a corporación. En Ames, tamén as listas cidadás e de confluencia obtiveron un bo resultado, aínda que o máis probable é que a alcaldía corresponda finalmente ao PSdeG-PSOE, nunha corporación caracterizada sobre todo pola fragmentación Na área metropolitana da Coruña atopamos varos casos de candidaturas independentes de signo progresista, como a Alternativa dos Veciños de Oleiros ou a Unión por Cambre (UxC). En Oleiros, a Alternativa dos Veciños retivo a maioría absoluta, con 14 concelleiros. Mentres, en Cambre, UxC poderá gobernar sumando os seus cinco edís aos cinco do PSdeG-PSOE e aos 2 de Son (que mantén a representación que en 2011 tiña EU). Tamén en Culleredo a Marea Veciñal obtivo tres concelleiros, nun concello no que o PSdeG-PSOE repetirá mandato, pero sen maioría absoluta. En Sada, o bo resultado de Sadamaioría (obtivo catro concelleiros e foi a segunda forza máis votada) foi insuficiente para gañar a alcaldía. Previsiblemente os 7 edís do PP e os 2 de P.D.S.P. serán suficientes para asegurar unha maioría conservadora. No Val do Dubra a candidatura de SON obtivo 5 dos 11 concelleiros, quedando a un dunha maioría absoluta que ata agora posuían os populares En Teo Anova-SON repetirá goberno, sendo a forza máis votada aínda que igualando con sete concelleiros os acadados polo PP. No Val do Dubra a candidatura de SON obtivo 5 dos 11 concelleiros, quedando a un dunha maioría absoluta que ata agora posuían os populares; PP (3), TEGA (2) e Independentes por Dubra (1) completan unha corporación que esixirá acordos. En Dodro a Unión Veciñal de Dodro foi a segunda forza máis votada, con 3 dos 11 edís, pero non puido evitar unha nova maioría absoluta do PP. En Mugardos, a alcaldía podería corresponder a EU-SON (3 concelleiros), que superou de fora axustada á Iniciativa Cidadá de Mugardos, tamén con tres edís En Mugardos, a alcaldía podería corresponder a EU-SON (3 concelleiros), que superou de fora axustada á Iniciativa Cidadá de Mugardos, tamén con tres edís. Os dous representantes de BNG e máis o acadado polo PSdeG-PSOE aseguran unha maioría de esquerdas. En Fene, Somos Maioría obtivo dous concelleiros, mentres que Esquerda Unida quedou con 1 e Avante (impulsada polo círculo de Podemos da localidade) ficou ás portas do 5%. Haberá maioría de esquerdas no Concello e, a través de pactos con estas forzas e co PSdeG-PSOE, o BNG podería regresar ao goberno. En Cangas, a candidatura de SON (anteriormente ACE) obtivo catro concelleiros nun concello moi fragmentado politicamente, no que o PP perdeu a maioría absoluta En Cangas, a candidatura de SON (anteriormente ACE) obtivo catro concelleiros nun concello moi fragmentado politicamente, no que o PP perdeu a maioría absoluta. Os 4 edís de SON, os 4 do BNG, os 3 de Asamblea pola Unidade e mesmo o obtido por Cangas Decide deberían darlle a Xosé Manuel Pazos a alcaldía. En Gondomar, moita fragmentación: o PSdeG-PSOE e o PP empatan con catro edís cada un e irrompen as listas cidadás de Manifesto Miñor (3) e Gondomar Concello Aberto (3), que terán a chave do goberno. En Mos o bo resultado acadado por GañaMOS-SON, que foi a segunda forza máis votada, con catro concelleiros, non puido evitar unha maioría absoluta do PP. En Arbo a Agrupación de Electores de Arbo, liderada polo anterior candidato do BNG, obtivo un excelente resultado, con 5 dos 11 concelleiros en xogo. Porén, quedou a 40 votos dun PP que acadou a maioría absoluta. De igual xeito, en Pazos de Borbén, a Alternativa Veciñal tamén quedou ás portas de facerse coa alcaldía: obtivo 4 concelleiros, insuficientes (mesmo co edil acadado polo PSdeG-PSOE) para superar os 6 conseguidos polo PP. En cambio, en Mondariz Alternativa por Mondariz (tamén liderada por un antigo militante do BNG) foi a forza máis votada, obtendo catro concelleiros que lle poderían permitir gobernar. Tamén en Salceda de Caselas, o Movemento Salceda, liderado polo ex-BNG Marcos Besada, se fixo coa vitoria, con 5 dos 11 concelleiros e, previsiblemente, poderá gobernar. Alternativa por Mondariz (liderada por un antigo militante do BNG) foi a forza máis votada, obtendo catro concelleiros que lle poderían permitir gobernar. En Redondela a Agrupación de Electores obtivo catro concelleiros, multiplicando a representación acadada en 2011. Eses votos, xunto co edil acadado por Poder e o conseguido polo BNG poderían conformar unha maioría de esquerdas, sumándose aos 6 concelleiros do PSdeG-PSOE. En Vilagarcía, EU-SON (3) e Somos Maioría (1) tamén obtiveron representación, nunha localidade que presumiblemente será gobernada polo PSdeG-PSOE. En Manzaneda, David Rodríguez (SON) mantén a alcaldía, ao sumar 5 dos sete concelleiros en xogo En Manzaneda, David Rodríguez (SON) mantén a alcaldía, ao sumar 5 dos sete concelleiros en xogo. En Monterrei a agrupación de electores Veciños de Monterrei converteuse na segunda forza máis votada, con 3 edís, pero lonxe dos 7 do PP, que mantén a maioría absoluta. Salientable foi tamén o resultado de Xinzo Adiante, en Xinzo de Limia, que obtivo tres edís; mesmo así os populares mantiveron a maioría absoluta. As listas de confluencia de esquerdas conseguen tamén representación en Marín (3), Boqueixón (3), Agolada (3), Cambados (3), Baiona (2), Betanzos (2), As Pontes (2), Ponteceso (2), Bergondo (2), Cedeira (2), Narón (2), Neda (2), O Grove (2), Nigrán (2), Noia (2), Rianxo (2), Veciñanza (2), Sober (2), Ponteareas (2), Piñor (2), Punxín (2), Boiro (1), Ares (1), Abegondo (1), Cabanas (1), Carral (1), Lousame (1), Oroso (1), Padrón (1), Rois (1), Valdoviño (1), A Estrada (1), Bueu (1), Lalín (1), Vilalba (1), Viveiro (1), O Porriño (1), Ribadumia (1), Sanxenxo (1), Tui (1), Vilanova de Arousa (1), Chantada (1), Folgoso do Courel (1), Monforte (1), A Pobra de Trives (1), Amoeiro (1), Beariz (1), Boborás (1), O Barco de Valdeorras (1), O Carballiño (1), O Irixo (1), Pereiro de Aguiar (1), Ribadavia (1), Taboadela (1), Toén (1)"}
{"ID": "NOS_44882", "summary": "Pódese coñecer a historia galega a través de viaxes pola xeografía? A Asociación Cultural A Pomba do Arco coida que se pode e por iso bota a andar o programa \"Descubre Galiza. Viaxa con nós pola historia, a cultura e a xeografía do país\", un singular proxecto para difundir a nosa historia de maneira lúdica.", "text": "Cada unha das etapas será visitada por medio dunha aula sobre cada período histórico, a lectura de textos sobre a época e unha excursión relacionada co tema tratado. Serán máis de 2000 anos de historia polos que se viaxará a través da Idade Antiga, a Alta Idade Media, a Baixa Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea visitando o mundo castrexo, a romanización, o Reino, o Priscilianismo, os Suevos, Os Irmandiños, Pardo de Cela, os século escuros, a colonización, os Provincialistas, Rosalía, Curros ou Manuel María, como figuras e fitos históricos relacionados de maneira especial cos territorios visitados. O programa comezará cun percorrido pola Idade Antiga con aulas de Marcos Loureiro e o historiador Anselmo López Carreira coa visita ao Castro de Vilalonga, a Santalla de Bóveda do século IV e á Casa Museo de Manuel María. A segunda visita dirixirase á Igrexa Sueva de Santa Comba de Bande (S VI), ao Mosteiro de Celanova coa vinculación con San Rosendo, Bispo que foi de San Martiño de Mondoñedo e ás orixes do reino de Galiza e rematará na Casa dos Poetas de Celanova, coa evocación de Curros. Unha viaxe a Betanzos, para coñecer a fidalguía e a figura de Antolín Faraldo que rematará en Pontedeume, terra dos Andrades e Roi Xordo para se atopar cos Irmandiños será o traxecto pola historia da terceira xornada do programa. Os séculos escuros serán motivo da cuarta xornada coa visita ao Mosteiro de Samos e ás terras de Fiz Vergara Vilariño en Loúzara. O programa rematara co achegamento á época contemporánea coa visita ao Padrón de Rosalía, berce tamén do primeiro camiño de ferro financiado polo capital inglés, o Rianxo de Castelao, Manuel Antonio e Dieste para finalizar no grande mirador de Galiza no monte da Curota. As viaxes comezarán en novembro e terán carácter mensual. Para participar é preciso reservar praza no 606630113. \"Trátase de seguir todo o proceso da nosa historia nacional desde o convencemento que só o coñecemento da mesma é esencial para querer e valorar o País\", defenden desde A Pomba do Arco."}
{"ID": "NOS_6299", "summary": "Publicáronse 17 fascículos e podcast sobre a monarquía galega.", "text": "O pasado 1 de setembro estreouse o proxecto Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu, promovido por Sermos Galiza S.A. ao abeiro do certame \"Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-22\" convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A empresa editora de Nós Diario pretende con esta iniciativa, coordinada polos investigadores Héitor Picallo Fontes, Xosé Ramón Ermida Meilán e Alexandre Peres Vigo, pór en valor un período da historia do país que non resulta o suficientemente coñecido para a poboación. Sermos Galiza S.A. dá a coñecer as figuras de 40 monarcas do antigo reino galego a través dunha proposta multidisciplinar, que percorre as dinastías rexias que gobernaron na Galiza entre o ano 409 e finais do século XV, mediante catro liñas de accións diferentes: un coleccionábel, un podcast, un banco de datos e oito rutas culturais. O coleccionábel chegou esta semana ao seu ecuador. Son xa 17 os números publicados entre as terzas e sextas feiras do mes de setembro. Neles repasouse a biografía dos primeiros reis e raíñas da Galiza, a comezar por Hermerico, fundador do reino. En total, serán 34 os fascículos que chegarán ás rúas até finais de outubro. Ao remate dos mesmos, as persoas interesadas poderán reunir nun cartafol as 136 páxinas. As subscritoras poderán obtelo de balde, enviando un correo a subscricion@nosdiario.gal antes do 30 de setembro. As persoas non subscritoras poderán encargalo, por 7 euros, nos quioscos até o 7 de outubro. 17 'podcast' publicados Ao tempo que os números do coleccionábel son publicados en papel e na versión dixital de Nós Diario para as persoas subscritoras, Sermos Galiza S.A. saca en formato podcast unha versión con información complementaria de cada fascículo, dispoñíbel tanto na páxina web do xornal como na plataforma de contidos iVoox. Ao igual que o coleccionábel, serán 34 os capítulos do podcast publicados ao remate de outubro. Grande acollida A iniciativa promovida por Sermos Galiza S.A. está a contar cunha gran acollida entre as persoas lectoras e subscritoras de Nós Diario, que agradecen o labor de difusión e promoción dunha etapa histórica do país.Outro dos aspectos destacado por subscritoras e lectoras do xornal é que Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu está a ser un proxecto desenvolto con perspectiva de xénero, un elemento transversal na totalidade dos contidos. Os 34 números do coleccionábel e os capítulos do podcast afondarán nas biografías de 17 raíñas galegas, estudando o seu papel no reino da Galiza. O proxecto contempla a elaboración dun banco de datos dixital con información complementaria á publicada nos cadernos e nos podcast, ademais de oito rutas culturais en Compostela, Cambre, A Coruña, Culleredo, Betanzos e Pontedeume."}
{"ID": "PRAZA_654", "summary": "A Asociación Cultural Chuza! anuncia ademais que, por mor dos atrancos impostos pola chamada Taxa Google, deixa de prestar servizo ao agregador de noticias, que pasa a ser xerido por unha persoa non residente no Estado español.", "text": "Chuza! cambia e amplía as súas actividades. Os atrancos impostos pola chamada Taxa Google, que o pasado ano introduciu a obriga para as páxinas web do pagamento dun canon por enlazar contidos protexidos por dereitos de propiedade intelectual, obríganlle a realizar certos cambios na xestión. E é que a pesar das moitas críticas recibidas, a reforma da Lei de Propiedade Intelectual segue adiante e dificulta moito a actividade dos agregadores de novas, moito máis no caso de Chuza!, xestionada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro, e que como sinalaba hai uns meses \"non podemos permitirnos taxación de ningún tipo, xa que todos os nosos esforzos tanto humanos como económicos están enfocados a actividades sen rendemento económico\". \"Unha vez aclarada a súa situación legal, a intención da Asociación é reintegrar Chuza con Menéame, mantendo as nosas características propias e a nosa marca\" Por este motivo a Asociación Cultural Chuza! anuncia que deixa de prestar servizo ao agregador de noticias, que pasa a ser xerido por unha persoa non residente no Estado español. Así mesmo, sinala que por este motivo desenvolvemento de Chuza! \"fica parado temporalmente\" e que \"unha vez aclarada a súa situación legal, a intención da Asociación é reintegrar Chuza con Menéame, mantendo as nosas características propias e a nosa marca, e ao mesmo tempo beneficiándonos do desenvolvemento de Menéame e incluso colaborando nese desenvolvemento\". \"Nestes momentos danse as condicións técnicas para lograrmos ese obxetivo, que sería o desexábel para asegurarmos o futuro da web\", engade. Aínda que a Asociación naceu co fin manter Chuza!, a entidade está en proceso de converterse nunha plataforma de apoio e difusión dos proxectos de código aberto galegos. Xa o pasado ano lanzou un certame de aplicacións de software libre e agora bota a andar outro proxecto: impulsa a posta en marcha dunha web colaborativa de preguntas e respostas, ao estilo de Quora ou StackOverflow e orientada ao público galego. Impulsa a posta en marcha dunha web colaborativa de preguntas e respostas, ao estilo de Quora ou StackOverflow e orientada ao público galego A asociación vén de abrir unha lista de correo para todo o mundo que queira colaborar nesta nova iniciativa. Tamén habilita un novo wiki para este propósito. \"A nosa idea é involucrar ao maior número de persoas posíbel. Todo tipo de contribucións son ben recibidas\", destaca. Sinala que a web de preguntas e respostas ten unha certa complexidade \"ainda que cremos que é moi interesante e que actualmente está tendo bastante éxito a nivel internacional\". \"O éxito do proxecto depende de todos vós\", conclúe."}
{"ID": "NOS_26811", "summary": "O Festival de Teatro Galego chega no 2014 ao seu 25 aniversario. Durante catro días poderanse ver no Carballiño os principais espectáculos teatrais das compañías galegas.", "text": "O Festival de Teatro Galego, que con carácter anual decorre no Carballiño, chega neste 2014 á súa 25ª edición e para celebralo reunirá entre o 2 e o 5 de setembro ás principais compañías das artes escénicas de toda Galiza. O Festival contará cunha programación nocturna, dirixida ao público adulto, na que cunha entrada de 8 euros os asistentes poderán desfrutar de montaxes de gran categoría como 'Bye, bye honey', da compañía Obras Públicas, galardonada con 2 premios María Casares este ano. Tamén pasarán polo Auditorio do Carballiño a compañía Lagarta Lagarta co seu espectáculo 'O país do Pato Donald'. E 'Misterio Cómico', de Teatro do Morcego, será outro dos espectáculos que forman parte desta 25ª edición precisamente no momento en que esta compañía teatral tamén cumpre un cuarto de século nos escenarios. O último día, 5 de setembro entregaranse ademais os Premios FETEGA 2014, nunha gala na que Pistacatro deleitará aos asistentes co seu espectáculo de malabares e teatro Impreuna. O Festival complétase ademais cunha detallada programación de carácter gratuito na súa maioría, diaria e diurna para o público máis novo. Así, Teatro Ghazafelhos, Fantoches Baj, Magín Blanco, Raquel Queizás, A Tropa de Trapo e Martín Camiña ofrecerán diferentes espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar, algún deles incluso específico para bebés, en horario de mañá e de tarde no Anfiteatro e na Casa da Cultura do Carballiño. Obradoiros de malabares e instrumentos do mundo na praza do Concello, magos e algunha que outra sorpresa máis redondearán a programación."}
{"ID": "NOS_57458", "summary": "O Supremo Tribunal Federal delibera sobre a propiedade das terras nun proceso histórico, mais adía a decisión até a vindeira cuarta feira.", "text": "\"A questão ideológica, que é muito forte, precisa ficar menor que os interesses da economia do Brasil\", sostiña na cuarta feira Neri Geller, vicepresidente da Frente Parlamentar da Agropecuária (FPA), nunha entrevista para o dixital Notícias Agrícolas. O representante do agronecocio a grande escala tamén recoñecía que se puxara por que o Supremo Tribunal Federal (STF) adiase a decisión acerca dos dereitos sobre as terras dos pobos ancestrais. Acerca do \"marco temporal\". Mais en que consiste este proceso xudicial que as organizacións indíxenas consideran \"o máis importante do século\"? Desde o pasado domingo máis de seis mil indíxenas de 170 etnias diferentes acampan no centro de Brasília, a capital. A mobilización busca que a xustiza recoñeza o dereito dos pobos orixinarios sobre as súas terras, algo que choca frontalmente cos intereses das grandes compañías do agronegocio, que contan ademais co amparo do Goberno de Jair Bolsonaro. A Constitución brasileira de 1988 asegurou o dereito dos indíxenas a habitar e preservar as súas terras ancestrais, mais os chamados \"ruralistas\" defenden que só se deben recoñecer como indíxenas as terras que ocupaban cando se promulgou a Carta Magna, o 5 de outubro daquel ano. Os defensores dos pobos orixinarios sosteñen que a Constitución non prevé ese \"marco temporal\" e que foron desprazados dos seus territorios ao longo da historia, especialmente durante a ditadura militar (1964-1985). Así é que un dos lemas da campaña da protesta, impulsada pola Articulação dos Povos Indígenas do Brasil (APIB), é \"Nossa história não começa em 1988\". Adiamento O STF debíase ter pronunciado esta semana. Nomeadamente, sobre unha reserva no Estado meridional de Santa Catarina, mais a decisión repercutirá noutros terreos en disputa. Tal é así, que Bolsonaro advertiu na cuarta feira que no caso de o STF rexeitar o argumento do \"marco temporal\", poderíase desatar un \"caos\". É por iso que o presidente e os seus aliados impulsan no Congreso a tramitación dun proxecto para instaurar o criterio do \"marco temporal\". É por iso que ─segundo denuncian desde as organizacións indíxenas─ o STF, supostamente presionado polo lobby do agronegocio, está a adiar a súa decisión sobre a reserva habitada polo pobo Xokleng, un dos poucos superviventes do brutal proceso de colonización desenvolvido a mediados do século pasado. Nas últimas horas o STF anunciaba que retomaría as deliberacións a vindeira cuarta feira. Os intereses económicos son xigantes. Tanto que malia ser a maior mobilización indíxena da historia do país apenas tivo cobertura nos principais medios brasileiros. Canles alternativas como Mídia Ninja si que están a facer un seguimento do que no campamento \"Luta pela Vida\" se debate. \"Ao sair de nossas aldeias, de nossos territórios, de nossas comunidades, todos nós indígenas temos em mente que Bolsonaro é pior que o vírus. Porque ele assassina não só os corpos indígenas, ele assassina também o espírito, a memória e a luta de quem quer continuar semeando vida sobre a terra\", relataba a este medio a antropóloga e arteducadora Tai Kariri. E sobre o \"marco temporal\", aseguraba: \"O Brasil inteiro é terra indígena. Nunca saímos dessa terra, sempre estivemos aqui\". Actualmente hai 310 terras indíxenas pendentes do proceso de demarcación. De se rexeitar o \"marco temporal\", serán protexidas; de se aprobar, abrirá a porta ao paseniño mais inexorábel exterminio dos que a ONU recoñece como os primeiros e mellores defensores do ambiente: os pobos orixinarios que nelas habitan. Ruralistas, evanxélicos ou monárquicos, na marcha proBolsonaro Coincidindo co Día da Independencia, o próximo 7 de setembro, está convocada no Brasil unha gran manifestación de apoio a Bolsonaro e en protesta contra o Parlamento e a xustiza. Evanxelistas, ruralistas, monárquicos, mais tamén policías e militares, estarán presentes na marcha, á que xa anunciou que acudirá o propio presidente. O que os une a todos: o apoio á reelección do ultradereitista e o repudio á volta da esquerda ao poder, representada polo expresidente Lula da Silva."}
{"ID": "NOS_29055", "summary": "A asociación destaca Galiza como o quinto territorio do Estado onde se dan, sempre segundo as súas afirmacións, estos supostos erros. O ano pasado terían chegado, din, aos 709 casos.", "text": "A Asociación do Defensor do Paciente vén de facer pública a súa memoria anual de presuntas neglixencias médico-sanitarias, segundo a cal este tipo de casos aumentan na Galiza. Sempre atendendo ás consideracións da entidade, o país sería o quinto territorio do Estado español onde máis se producen erros nun contexto sanitario. En concreto, falan de 709 presuntos casos decorridos o ano pasado, o que implicaría un incremento do 28% respecto das estatísticas do exercicio anterior. Ademais, engaden, que 44 deses episodios tiveron o resultado de morte da persoa doente. A Asociación do Defensor do Paciente traballa coas denuncias que lle chegan da cidadanía, que en todo o Estado español foron 13.156 pertencentes tanto ao contexto da sanidade privada como da pública. Isto implica, aseguran, que tamén se notase un aumento a nivel global do 20%. Por territorios, os primeiros serían a Comunidade de Madrid (3.226 supostos casos), Andalucía (2.420) e Catalunya (1.704). O colectivo tamén tramita queixas e reclamacións e indica que estas veñen dadas, sobre todo, polas listas de agarda. Así, alude aos servizos que provocan máis protestas entre a cidadanía: Cirurxía Xeral, Urxencias, Traumatoloxía, Xinecoloxía, Odontoloxía, Ambulancias, Cardioloxía, Oncoloxía e Anestesia e reanimación, por ese orde, son sobre as que abren máis expedientes. Os hospitais peor valorados Respecto as reclamacións polos servizos de Urxencias, o Hospital da Paz de Madrid é o peor parado, aínda que fai fincapé na \"caótica\" situación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), seguido do Complexo Hospitalario Universitario Insular en Las Palmas de Gran Canaria e o Hospital Virxe da Saúde en Toledo, dos que destaca unha \"xestión deficiente\". \"A escusa da Covid-19 xa non serve debido a que o sistema sanitario segue sen ser idílico pola falta de recursos persoais e materiais. A pandemia deixou ao descuberto as vergoñas do sistema nacional sanitario\", lamentou a presidenta da asociación, Carmen Flores."}
{"ID": "PRAZA_5440", "summary": "O premio organizado anualmente pola Deputación de Ourense distingue a primeira obra editada baixo o selo dos Libros de Praza & Meubook por ser un libro \"elaborado, crítico e moi documentado\" no que ademais destaca a \"calidade estilística e xornalística\".", "text": "Primeiro libro e primeiro premio. O xurado do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, decidiu este mércores que o galardón de 2014 sexa para David Reinero pola súa obra Angrois. O AVE en anacos, o volume que o pasado febreiro inaugurou a colección de Libros de Praza & Meubook, promovida por Praza Pública en colaboración co selo editorial. Para o xurado, o libro fíxose merecente de ser premiado pola \"fonda e pormenorizada análise da traxedia ferroviaria de Angrois, abordada dende todos os aspectos, cunha visión ampla, crítica e obxectiva\". Mentres o accidente acontecido o pasado 24 de xullo en Compostela segue a ser obxecto de investigación xudicial e as súas consecuencias seguen a ser múltiples a valoración do xurado analiza que o traballo de Reinero parte do propio sinistro para \"ir percorrendo as consecuencias e o futuro que se formula a partir do accidente\". A obra é \"elaborada, crítica, moi documentada e reflexiva\", di a acta do premio, na que tamén se resalta a \"calidade estilística e xornalística\" do texto. O libro, explican, permite que o público \"se informe e, á vez, tire as súas propias conclusións\". O xurado destaca que a obra é \"elaborada, crítica, moi documentada e reflexiva\" e resalta a súa \"calidade estilística e xornalística\" Tras coñecer a concesión do premio, que lle será entregado nun acto público o vindeiro día 3 de maio en Ourense, o autor amosou, en conversa con este diario, un triplo agradecemento. \"Ao xurado\", pola concesión do galardón, \"a Praza Pública, por apostar por este formato de información, en libro e en papel, no qu ese poden contar máis cousas e de xeito máis demorado que no día a día da información\" e ao diario El País, \"polo apoio nesoutro traballo diario sen o que o libro non sería posible\". Nas páxinas de Angrois. O AVE en anacos, Reinero explica que \"hai unha clara responsabilidade técnico\" no accidente do Alvia, que \"era evitable de varias maneiras\" e tras o cal \"os grandes partidos pretenderon taparse entre si\". Xunto a este volume tamén viu a luz baixo o selo dos Libros de Praza & Meubook a obra Dajla. Apuntes desde o Sáhara, de Héctor Juanatey, e nas vindeiras semanas incorporaranse novos títulos á colección."}
{"ID": "NOS_32248", "summary": "O arqueólogo e museólogo Felipe-Senén aproxímase á figura do arquitecto Domingo de Andrade (1639-1712) con motivo do Día das Artes Galegas, que se conmemora mañá, 1 de abril. É o artista escollido pola Academia Galega de Belas Artes para protagonizar unha xornada que empezou a celebrarse hai cinco anos.", "text": "Desde 2015 a Academia Galega de Belas Artes propuxo e vén celebrando cada 1 de abril como Día das Artes Galegas. Data escollida en memoria daquel día do ano 1188, cando o mestre Mateo ultima a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na catedral compostelá, tal como consta en epígrafe sobre os mesmos. Desde entón e nesa ansia de consolidar esta nova advocación no calendario civil, varios creadores das diferentes artes da Galiza tiveron a súa homenaxe: Mateo, Castelao, Maruxa Mallo, De la Sota, Seoane... e nesta longa coresma e confinada primavera de 2020, o celebrado será un arquitecto que entendeu a estética dun confín do mundo, de pedra, de bosques, de labirintos, mestre construtor capaz de erguer torres e escaleiras do caos ao cosmos, que abriu solemnes pórticos ao todo, fachadas e balcóns, enmarcadas entre sartas de froitos e volutas labrados nas súas pedras... Referímonos ao mestre de obras Domingo de Andrade, singular onde os haxa, cargado pois de esencias propias, comúns e do seu tempo, un estilo barroco con marca de terra, o barroco galego. \"Días\" non so para celebrar a eses outros \"santos\" terreais , artistas galegos, senón tamén para exemplarizalos. Cómpre pois afondar non só en aspectos da súa vida, na súa obra e milagres, senón tamén no estado da cuestión do seu legado e dos estudos sobre eles. Neste caso sobre Domingo de Andrade e o seu tempo. Sabemos que naceu en Cee nunha data arredor de 1639 e que si finou en Compostela en 1712. Persoeiro con inquietudes cultas en anos de virtuosismos artísticos, das primeiras bibliotecas e gabinetes de curiosidades, inquedanzas que abrirán a unha Ilustración de curiosos impertinentes, cando se levan, traen e se fan ver achados e ouro das colonias, das Américas, do oriente... Andrade inicia estudos en Compostela, ansioso de transmitir e facer ver o que sabe, teórico, autor do libro Excelencias, antiguedad y nobleza de la Arquitectura (1695), como un Vitrubio da preilustración: páxinas básicas que partindo do clasicismo introdúcennos no coñecemento das súas inquietudes e nas do seu tempo. Ensaio científico no que interacciona xeometría e número, como algo divino, áureo. Libro posto en relación coa literatura apoloxética do seu tempo, disertación sobre a nobreza da arquitectura analizada por estudosos da arte como Bonet Correa e máis modernamente por Leopoldo Fernández Gasalla (2007). Coñecemos que Andrade mesmo tentou escribir outro tratado, este sobre arquitectura e enxeñaría militar. A Berenguela O seu nacente prestixio levouno, desde 1662, a ser requirido polo cabido compostelán para complementar a sempre inacabada catedral. Fábrica onde se fai querido e imprescindíbel, para ser mecenado polo bispo mexicano Monroy. En 1676 é nomeado mestre de obras da catedral, a un tempo que se lle encarga a súa grande e primeira obra arquitectónica, erguida sobre o vello torreón medieval dos tempo do bispo Berenguel de Lendoire, a Torre da Berenguela, logo chamada do Reloxo, por incluír a entón novidade mecánica de dar as badaladas das horas. Torre rematada en 1680, caracterizada por esa exuberancia de ciprés, erguida ao ceo e ás horas do tempo, repartida en altura en catro corpos superpostos, en harmónica diminución, para rematar no octógono da lanterna, dar paso ao círculo, á esfera, culminado polo pináculo, a bóla e a cruz: do caos ao cosmos, da cuadratura ao círculo. Pétreos paramentos nos que alterna o liso coa característica decoración de herdos \"orien tais\", traídos e tamén levados ao alén mar crioulo que aumentan en medida que ascende: contraste de vans e cornixas, festóns, varandas con balaustres, volutas, miradoiros... Harmónica fermosura enxalzada na sobriedade rectangular da Quintana de Vivos e Mortos, a que obrigou a aplicar o termo berenguela para algo ben feito, \"pareces unha Berenguela\", que non pasou desapercibida a quen ten algo de poeta. Da pedra á madeira: os retablos A obra de Domingo de Andrade non só se reduce a proxectos arquitectónicos en pedra, senón que, como entallador de oficio que era, dedícase tamén a outros compositivos e á decoración en madeira, os retablos. E sempre na súa obra, a súa pegada, como unha marca que deixará influencias: as labras de sartas de froitas, as pomas entre follas atadas con lazos, as columnas salomónicas cargadas de acios de uvas, na madeira sobredouradas polos especialistas batioxas, cunha ansia de aproximar ao ceo. Velaí o modélico tabernáculo da catedral compostelá, co seu grande baldaquino sostido por catro xigantes anxos ou o da exuberante capela do Cristo de Ourense, o que nos remiten ao perdido -en dramáticas circunstancias nos acontecementos de abril de 1909 - do mosteiro de Oseira (Cea). Tamén se lle atribúen retablos como o que existiu en San Domingos de Bonaval, hoxe na parroquia de Santiago de Carril e o das Clarisas de Compostela, o mesmo órgano da catedral, o relicario da igrexa de San Paio na mesma Compostela. En 1695-1696 o bispo Monroy encoméndalle realizar unha vella teima súa en relación coa \"hispanidade\": converter a antiga sancristía da catedral compostelá en capela do Pilar, para compracer o promotor cargará a cúpula de símbolos xacobeos. Andrade proxectou tamén pazos e en Compostela mansións urbanas modélicas, como a Casa das Pomas da Rúa Nova ou a Casa das Parra, asomando á Quintana, a da paza de Feixoo, a casa da Conga pechando a Quintana... unha e outras destacando no interior solemnes escalinatas. Así mesmo deixou obra na catedral de Lugo: a sancristía e a sala capitular, así como a igrexa do convento das dominicas de santa María Nova. Trazas. En Melide da igrexa de San Antonio de Melide... As pegadas A pegada de Andrade bateu nos arquitectos que lle seguen, como Diego de Romay (1641- 1694), Fernando Casas Novoa (1670-1750), Simón Rodríguez (1679-1751), Lucas A. Ferro Caaveiro (1699-1770), Clemente Fernández Sarela (1716-1765)... marcando ese particular estilo na pedra e na cultura galega, denominado barroco compostelán ou galego, en contraste con nacentes presupostos academicismos neoclásicos metropolitanos. Sánchez Cantón, Chamoso, Filgueira, Fraguas, Socorro Ortega Romero, M. C Folgar de la Calle singularizaron a Andrade ao tratar o barroco. O ceense Francisco F. Mayán Fernández, Sebastián González-García adiantaron tamén pequenos monográficos que abrirán a máis amplos estudos. Andrade deixou abundantes documentos, fundamentalmente nos arquivos da catedral da Universidade e no municipal de López Ferreiro de Compostela: planos, proxectos, debuxos, monteas... estudadas polo profesor Miguel Taiz Guzmán, por Ana Goy, Vigo Trasancos... Un traballo sempre inacabado. Sabemos que o día 12 de novembro de 1712 , aínda co remol das fogueiras dos magostos, finou en Compostela, para ser enterrado cos honores de gran mestre construtor na capela da Concepción da catedral que el aínda singularizou máis... ao cabo dos anos os seus restos mortais quedaron confundidos entre outros anónimos defuntos... Agora, por iniciativa da Fundación da Catedral e da Academia Galega de Belas Artes porase un epitafio. Quedou en min, entre outras, nos anos de estudo na Facultade de Xeografía e Historia compostelán a pegada daquel retrato imaxinario de Domingo de Andrade feito polo pintor Felipe-Criado, recollendo o arquitecto, apoiado en si mesmo, mirando por unha xanela aos volumes verticais e horizontais de Compostela, como un novo pensador... e así o imaxinamos, como caviladora sombra, seña entre as luces do seu ouridourado Barroco, onde mellor pousar un eterno outono que diría Cunqueiro."}
{"ID": "NOS_36480", "summary": "O goberno ucraíno concentrou tropas das forzas armadas no leste de Ucraína. Deu até as 8:00 horas aos rebeldes pro-rusos para que deixen os edificios gobernamentais que ocuparon nestes días. De non facelo, advirten, intervirá o exército. Mais @s ocupantes non deixan as instalacións e din que alí seguirán.", "text": "Dous mortos e media ducia de feridos é o resultado dos intercambios de disparos en Salianks entre forzas ucraínas e rebeldes pro-rusos nesta fin de semana. Mais o que neses días foron escaramuzas, pode a partires desta segunda feira derivar en situacións moito máis graves. Kiev deu de prazo ate as 8:00 de hoxe aos activistas que ocupan edificios gobernamentais en Donetsk e outras zonas. De non facelo, advirte dará orde ás tropas das forzas armadas que nestas horas foi acumulando no leste de Ucraína de intervir. Moscú xa cualificou de \"criminal\" a decisión de Kiev \"de empregar o exército para sufocar protestas cidadás\". A petición de Rusia, esta madrugada houbo xuntanza do Consello de Seguridade da ONU (a décima sobre a crise ucraína). Estados Unidos acusou a Moscú de \"prefabricar\" a situación \"Escrita e coreografiada por Rusia\" A embaixadora estadounidense ante a ONU, Samantha Powll, acusou a Rusia de \"escribir e corografiar\" o que pasa en Donetsk. Unha acusación partillada por UE e OTAN. A OTAN mesmo advertiu que non vai permitir un \"despezamento\" de Ucraína de ningún xeito. O representante permanente de Rusia ante a ONU pediu a Ucraína, países europeos e EUA que \"eviten unha guerra civil, de vostedes depende\". Resistencia Os e as ocupantes de edificios gobernamentais, que piden ás autoridades que recoñeza a auto-determinación dos territorios do leste, manteñen desde hai días ocupadas as dependencias. Desde comisarías de policía até sedes de goberno rexional. Aos pés destes edificios foron concentrándose cidadáns para mostrarlles o apoio e facer de 'escudos humanos' ante unha eventual intervención do exército ucraíno. Paramilitares fascistas Desde medios de Donetsk e axencias rusas alertouse da presenza de 150 ultras da organización fascista ucraína 'Sector Dereito' fortemente armados. Denuncian que xa actuaron en determinados barrios de Slavianks contra manifestantes e activistas pro-rusos."}
{"ID": "NOS_11587", "summary": "A británica Liberty House presentaba esta segunda feira o seu plan industrial á Xunta e ao comité de empresa das factorias de San Cibrao. Desde Alcoa anunciaban alternativas sempre e cando se fechen as cubas, unha situación que eliminaría calquera oferta de compra. Os sindicatos seguen a pedir a intervención das Administracións.", "text": "Arnaud de Weert, responsábel de Operacións de Alvance Aluminium, grupo que pertence á multinacional británica Liberty House, mantivo onte dúas reunións en Compostela nas que ratificou o interese da compañia por adquirir Alcoa San Cibrao ao tempo que presentaba o plan industrial que faría realidade a continuidade do proceso produtivo de aluminio nas factorías situadas na Mariña. As xuntanzas comezaron pola mañá co responsábel de Industria da Xunta, Francisco Conde, e continuaron pola tarde cunha reunión co comité de empresa. Das reunións trascendeu, entre outros temas, que Liberty House aceptaría a compra dunha das factorías, tal e como quería Alcoa, e non das dúas como era su intención inicial. Liberty House non compra coas cubas paradas Segundo publica El Confidencial, Liberty House estaría disposta a chegar a un acordo con Alcoa nun prazo de \"entre catro e seis semanas\" e quedarse con todo o persoal que estea traballando agora. En todo caso non estarían interesados en mercar se as factorías non están en funcionamento. O fechamento das cubas, daquela, sería o impedimento máis serio entre as dúas multinacionais para chegar a un acordo. Na mesma carta sinalábase que, en relación ao prezo da enerxía, xa estaban en contacto co Goberno español para tratar ese tema. A multinacional británica pensa, ademais, empregar outros activos do grupo que agora mesmo están a traballar con fontes de enerxía limpa que poderían participar, tamén, no plan de Liberty House para San Cibrao. A Xunta pide frear o ERE unha vez coñecido o plan A primeira das reunións de Arnaud de Weert foi pola mañá na Consellaría de Economía, Emprego e Industria. Segundo o propio conselleiro a información recibida e o plan industrial presentado abondan para para permitir que a autoridade laboral volva a facer unha advertencia a Alcoa para que retire o expediente de regulación de emprego (ERE) e haxa unha \"solución ordenada que garanta o mantemento do emprego\", segundo afirmaba Conde. Co informe de Liberty House na man o conselleiro instaba ao Goberno español a convocar \"de maneira urxente\" unha mesa multilateral que revise as necesidades enerxéticas que ten o novo plan para darlle o visto e prace, ademais de avaliar a actual situación coa postura de Alcoa que continúa a insistir no feche das cubas e en rematar o ERE. Alcoa insiste en parar as cubas para poder vender Tamén onte, na penúltima reunión entre Alcoa e o comité de empresa con motivo da negociación do ERE, a multinacional norteamericana puxo enriba da mesa dúas novas propostas, ambas coincidentes na premisa de parar as cubas. Na primeira, \"prioritaria\" segundo explicaron aos sindicatos, sería executar o ERE coa parada inmediata das cubas e nun posterior proceso de venda exixirlle ao novo comprador que incorpore ao persoal despedido. Na segunda introduciría a posibilidade dun expediente de regulación de emprego (ERTE) até o 31 de xullo de 2022 e as cubas hibernarían \"nun período estimado de até 120 días\" cun proceso de venda da factoría de até nove meses. Alcoa, neste caso, comprometeríase o custo de re-arranque até 35 millóns de dólares. Desde o comité de empresa esa petición é \"unha liña vermella\" que \"o único que se busca é atacar á fábrica\". San Cibrao é rendíbel \"O plan que presentou Liberty House demostra que as factorías son rendíbeis\", aseguraba a Nós Diario Paulo Carril (CIG) á saída da reunión coa multinacional británica. Os sindicatos tomaron con precaución, aínda que de maneira positiva, o plan presentado por Liberty House que explicou que levaba dous meses negociando con Alcoa. Victor Ledo (CCOO) non ocultaba o seu disgusto a Nós Diario por constatar que a Alcoa \"agardou até última hora cando se está a rematar o período de consultas para facer propostas\". Desde o comité agardan que convencer a Alcoa de que non siga adiante co ERE e entre a negociar."}
{"ID": "NOS_24951", "summary": "O maxistrado mantén que non concorren outras causas no descarrilamento do tren en Angrois máis alá do exceso de velocidade", "text": "Lago Louro, titular do Xulagdo de Instrución nº3 de Compostela, desestimou todos os recursos presentados en contra do peche da instrución polo sinistro do tren Alvia que tivo lugar o 24 de xullo de 2013 en Angrois e no que faleceron 80 persoas. O pasado mes de outubro, no auto co que deu por pechada a investigación xudicial, o maxistrado estableceu o maquinista, Francisco Garzón Amo, como único imputado polo sinistro. Doce representacións legais interpuxeron recursos en contra deste auto e agora, noutro auto, Lago Louro, en 32 folios, rexeita, un por un, a ducia de recursos- E faino botando man de argumentos comoque \"o obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, senón exclusivamente aquelas que (...) permitan preparar o futuro xuízo oral\". Este é un dos preceptos máis repetidos polo xuíz, ao que as distintas partes posicionadas na causa demandan novas probas e testificales. \"O obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, e cantas máis mellor\", chega a apuntar. \"Senón o esclarecemento duns feitos que revisten aparencia penal de cara á preparación dun futuro xuízo oral\", agrega. Tanto o avogado do maquinista como asociacións de vítimas xa amosaron a súa disconformidade e malestar co auto do xuíz, do que discrepan abertamente."}
{"ID": "PRAZA_10322", "summary": "O Concello de Santiago presentou o seu primeiro Informe Anual da Cultura, un traballo pioneiro en España dirixido por Marcos Lorenzo que analiza indicadores estatísticos e que inclúe unha enquisa realizada a 300 traballadores, empresas ou artistas, que reclaman mellor coordinación e máis apoio.", "text": "O Concello de Santiago presentou o seu primeiro Informe Anual da Cultura, un traballo pioneiro en España de recompilación de datos municipais en relación ao sector cultural dirixido por Marcos Lorenzo. O documento, que inclúe unha completa análise de estatísticas e tamén os resultados dunha enquisa a 300 axentes culturais da localidade, senta as bases para a xeración de información periódica sobre o sector cultural da capital de Galicia.A cultura representa o 5,2% do PIB da cidade, fronte ao 3,1% de Pontevedra ou o 2,9% da CoruñaCompostela conta con 422 empresas do sector da cultura (a maior parte unipersoais ou cun máximo de dous traballadores) que conforman un peso do 5,2% no PIB da cidade, fronte ao 3,1% de Pontevedra ou o 2,9% da Coruña, por exemplo. Hai algo máis de 1.200 persoas afiliadas á Seguridade Social neste ámbito, que representan o 3'2% do total de empregos do municipio, e un 9,5% do total de afiliacións relacionadas coa cultura en Galicia. As 422 empresas culturais de Compostela representan o 11,7% das empresas culturais galegas, non lonxe do 13,9% que supoñen as de Vigo e o 15,3% das da Coruña. Así mesmo, o informe salienta que o gasto municipal en cultura sobre o gasto liquidado total, que en Compostela foi do 9,5% no ano 2016, só é superado nas cidades galegas polo da Coruña (11,1%) e sitúase por riba do de Pontevedra (7,1%) e Ferrol (6,8%) e moi por riba do de Vigo (4,4%), Lugo (4,2%) e Ourense (3,8%). Así mesmo, o indicador compostelán e coruñes sitúase no mesmo nivel que cidades que no Estado español destacan pola súa actividade cultural, como Oviedo, Alcobendas ou Donosti.O gasto municipal en cultura, que en Compostela foi do 9,5% no ano 2016, só é superado nas cidades galegas polo da Coruña (11,1%)O apartado que recolle as valoracións efectuadas por un amplo grupo de axentes da cidade permite tirar interesantes conclusións sobre a visión que o tecido cultural compostelán ten sobre o sector e o papel que nel cumpren as administracións. Destacan, en primeiro lugar, a grande importancia que a cultura ten na vida da cidade e sobre todo na súa proxección exterior, tanto a nivel galego como a nivel internacional e no turismo (é dicir, en termos de imaxe ou marca), ademais de servir como reforzo da identidade local.Os axentes destacan que se está a vivir un bo momento creativo na escena local, uns aceptables consumos, prácticas e hábitos culturais da poboación, pero na parte negativa sinalan as malas condicións laborais de artistas e creativos.Destácase a grande importancia que a cultura ten na vida da cidade e sobre todo na súa proxección exteriorA programación cultural do Concello de Santiago é mellor valorada que as súas liñas de apoio aos axentes, que reciben as puntuacións máis baixas, sobre todo por parte dos axentes privadas e algo mellores por parte do tecido asociativo. En canto á programación cultural do Concello, destácase sobre todo o bo facer na incorporación de artistas e creadores locais e tamén da muller e, igualmente, celébrase o esforzo en descentralizala. Sinalan tres debilidades: a escasa coordinación entre os axentes culturais, as deficiencias na comunicación da oferta e os impactos negativos derivados do turismo masivoTen unha puntuación algo máis baixa a coordinación e colaboración entre o Concello e outras institucións e entidades e neste senso destácanse tres principais debilidades da cultura en Santiago: a escasa coordinación entre os axentes culturais da cidade, as deficiencias na comunicación da oferta cultural e os impactos negativos derivados do turismo masivo.Finalmente, para os axentes entrevistados os acontecementos culturais máis destacados do último ano foron: o festival Cineuropa, a programación das Festas do Apóstolo–O Apóstolo das Mulleres, o festival Son do Camiño, o remate da restauración e a abertura ao público do Pórtico da Gloria, o WOS Festival, a feira SELIC (Semana do Libro de Compostela), o festival Curtocircuíto, a Festa do Banquete de Conxo, o festival Feito a Man e as Festas da Ascensión."}
{"ID": "PRAZA_6291", "summary": "Pedro Jesús López-Toribio completou o Camiño de Santiago, dende os Pireneos até Compostela sen deterse, como forma de promoción dos hábitos e valores veganos", "text": "O domingo, pasadas as nove da mañá, Pedro Jesús López-Toribio, ciclista vitoriano residente en Murcia, iniciou o Camiño de Santiago en bicicleta dende Roncesvalles. Isto non sería noticia se non fose porque o seu obxectivo era completar o percorrido até Compostela nunha soa etapa, sen deterse, un total de 784 quilómetros. E porque López-Toribio buscaba con este reto promover os hábitos e valores do veganismo, que rexeita o uso de animais para a alimentación ou o vestido. E para demostrar de igual xeito que mesmo para un esforzo deste calibre existen fontes proteicas alternativas ás procedentes dos animais. O ciclista partiu dos Pireneos con moito ánimo e bo tempo, que afortunadamente o acompañou até Galicia. Chegou sen incidentes (aínda que se trabucou nunha parte do Camiño á altura de Logroño) a Burgos, onde caeu a noite, pero el seguiu pedaleando na escuridade, até León, onde viu amenceu. A partir de aí comezaron os problemas: fallos no GPS (que deixou finalmente de funcionar) e, sobre todo, na súa roda traseira, ascendendo precisamente as montañas previas á entrada en Galicia. Ademais, o cansazo acumulado comezou a facer efecto, despois de máis de 30 horas de percorrido. Mesmo así López-Toribio puido continuar, superando o Cebreiro ás tres da tarde do luns. Ás oito da tarde chegaba a Portomarín, co convencemento de completar o seu reto, aínda que fose de madrugada. Nas redes sociais, onde os amigos que o acompañaban nun coche ían relatando o percorrido, os últimos quilómetros parecían unha conta atrás: 35 quilómetros a Compostela, 18 quilómetros, 10 quilómetros... O esgotamento e o habitual trazado rompepernas das estradas galegas dificultaban este último esforzo. Pero finalmente, case ás dúas da madrugada -despois de máis de 40 horas de pedalear sen descanso- o activista entraba na Praza do Obradoiro, onde agardaban por el algúns amigos e outras persoas, que foran seguindo o seu reto a través da rede. Hai uns días, nunha entrevista publicada no medio especializado Ciclosfera, López-Toribio destacaba que o seu obxectivo era \"derrubar o mito de que os veganos temos unha alimentación deficitaria, que nos faltan nutrientes, que nos faltan proteínas, cando é precisamente todo o contrario e ademais non adoitamos padecer enfermidades claramente aparelladas ás dietas baseadas en produtos animais, como enfermidades cardiovasculares, hipertensión, diabetes, osteoporose, arterioesclerose...\". Engadía que \"moitas persoas poden ter empatía e sentir compaixón polos animais que acaban no seu prato fisicamente ou en calquera caso sofren un inferno para a obtención de produtos como lácteos ou ovos, pero se seguen pensando que se deixan de comelos enfermarán e morrerán, será difícil que dean o paso. Para iso debemos traballar en derrubar eses mitos en diversos ámbitos, e o deporte ofrece unha fiestra marabillosa para amosalo\". \"Existe unha gran desinformación tanto na cantidade coma na calidade das proteínas que necesita o corpo humano. O mundo vexetal ten tanto en cantidade como en calidade o nivel de proteínas para nós\", engadía nesa conversa"}
{"ID": "NOS_28395", "summary": "Segundo publica hoxe El País, Esperanza Aguirre afirmou onte, na reunión da dirección do PP madrileño, que ela tería cesado xa a ministra de Sanidade, Ana Mato, por ter recibido regalos millonarios da trama Gürtel.", "text": "Fontes próximas a Mato informaron á Cadena SER que a ministra mentiu ao dicer que se divorciara do seu marido en 2000. En realidade, fíxoo en 2004. De 2000 a 2004 foi cando o matrimonio, que tiña rexime de gañanciais, recibiu as dádivas. Mato perde pé e intensifícase a presión sobre Rajoy para que a cese. Esperanza Aguirre deulle onte un empurrón na reunión da cúpula do PP madrileño. Alén de criticar a que cualificou de \"xestión horríbel\" de Cospedal, afirmou que ela tería cesado a Mato, en clara alusión crítica á inacción de Rajoy, que até agora veu protexendo á ministra de Sanidade. Pero hai máis: hoxe coñeceuse, de fontes próximas á ministra, que en realidade Mato estivo casada con Sepulveda, empregado do PP, até o ano 2004 e non até o 2000 como ela ten declarado. O dato é moi relevante, posto que os agasallos -viaxes, bolsos de luxo...- que tería recibido a parella da Gürtel fóronlles entregado precisamente entre os anos 2000 e 2004, cando o matrimonio, en réxime de gañanciais, aínda non rachara."}
{"ID": "NOS_15584", "summary": "Rivais de alto nivel para os representantes galegos.", "text": "A Liga ACB, máxima categoría do baloncesto Estatal -agora tamén coñecida por razóns comerciais como Liga Endesa- conta con dous galegos entre os seus 18 integrantes, logo do ascenso logrado polo Leite Río Breogán a pasada campaña, que se une así a un Monbús Obradoiro que disputará a súa décima tempada consecutiva na elite. O primeiro en saltar ás pistas será o conxunto lucense, pois abrirá a xornada ás 18 horas da tarde deste sábado ante o Lenovo Tenerife nun choque que se desenvolverá no Pazo. O rival non é en absoluto doado, pois como destacou o técnico do Breogán, Paco Olmos, \"o Tenerife ten un dos cinco mellores cadros de xogadores da Liga\". Con todo, e recoñecendo que os canarios \"son superiores\" a todas as escuadras coas que se prepararon durante este verán, o adestrador valenciano -que se estreará oficialmente logo de substituír no cargo Diego Epifanio, o heroe do ascenso- agarda que a \"ilusión\" e o factor diferencial que poidan representar as preto de 2.000 persoas que se congreguen no Pazo representen senllas \"armas secretas\" que poidan decantar ao seu favor unha balanza que aparentemente parece demasiado inclinada do lado do Lenovo Tenerife. Dura visita do Obradoiro ao Martín Carpena Un escenario non menos complicado que o do Breogán afrontará o Monbus Obradoiro xa o domingo -ás 20 horas da tarde- no Martín Carpena de Málaga ante un Unicaja que tamén é outro dos equipos destinados a finalizar a competición instalado na zona nobre. Tanto é así que o galego do Unicaja, Alberto Díaz, sinalou que aspiran a rematar \"quintos ou sextos\", polo que será vital que superen un Obradoiro que tratará de comezar con bo pé un proxecto con moitas caras novas."}
{"ID": "NOS_27036", "summary": "En Galiza hai máis de 250.000 persoas en situación de discapacidade \"e pagan os medicamentos\", denuncian desde o PSOE", "text": "Só o 0,25% das persoas que teñen recoñecida algunha discapacidade (por volta de 250.000 en Galiza, 4 millóns no conxunto do Estado español) están exentas do copagamento farmacéutico. Unha situación que foi denunciada pola deputada socialista Laura Seara no Congreso dos Deputados no transcurso da presentación dunha proposición non e lei. PNL que insta ao executivo a promover \"as reformas precisas\" para garantir que aquelas persoas cun grao igual ou superior o 33% estean exentas dese pagamento. \"Malia as mentiras do goberno e da ministra Ana Mato, a realidade é que só un 0,25% están exentas dese pagamento. Na Galiza hai 250.000 persoas dependentes que si que saben o que é o copago\"."}
{"ID": "NOS_26104", "summary": "A mobilización terá lugar o vindeiro venres. O día 7 de maio está prevista unha manifestación", "text": "A plataforma \"En Defensa do Común\" da Coruña ten programado para o vindeiro venres unha acampada diante da sede da Autoridade Portuaria herculina co obxectivo de paralizar a venda da Solana, un proxecto do ente que preside Enrique Losada e que ten por finalidade recadar cartos -calcúlanse uns dez millóns de euros- para reducir a débeda que supuxo a construción da dársena exterior de Punta Langosteira, valorada nuns 300 millóns de euros. A acampada principiará o vindeiro venres, día 21, ás 16,30 horas y rematará até as 12,30 horas do día seguinte. Non será esta a única acción de protesta da comisión aberta En Defensa do Común, integrada e apoiada por máis de 60 entidades, xa que para o domingo 7 de maio está convocada unha manifestación. A plataforma coruñesa defende a devolución de balde á cidade dos terreos da Solana e o Hotel Finisterre, dos peiraos interiores, do cárcere provincial e dos terreos do Campo da Estrada para o seu uso público. Para acadalo queren que o goberno local, en mans da Marea Atlántica, convoque unha consulta popular, opción que xa está a ser explorada polos servizos xurídicos do propio Concello. A Autoridade Portuaria da Coruña cifra en dez millóns os beneficios que lle reportaría a privatización dos terreos e equipamentos afectados."}
{"ID": "NOS_15051", "summary": "A Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipaisde Galicia reafirma que non pode facer fronte a ese custo e teme que o que se procure sexa unha privatización encuberta.", "text": "O goberno español inaugurou as vacacións de agosto publicando un decreto polo que se fixa unha taxa para as bibliotecas a pagar por cada libro que se preste e cada usuario que se teña. Unha decisión que impacta de cheo nas bibliotecas municipais. Segundo a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia, a medida é todo un \"mazazo\", segundo recolle La Voz de Galicia. En declaracións neste xornal, cifran en 113 as bibliotecas municpais que van estar en xaque con este decreto (a maioría delas nas provincias de Coruña e Pontevedra). Desde esta asociación lémbrase que as bibliotecas veñen sofrendo desde hai anos recortes nos orzamentos, polo que ter que pagar esas taxas ven ser unha nova volta de porca nas contas. Segundo contan en La Voz, pagar as cantidades que lles obriga o decreto suporía destinar até un terzo do seu orzamento para adquirir libros e facer actividades a esas taxas. Entre os e as bibliotecarias existe a sensación de que o goberno español está a procurar unha privatización encuberta desta servizo. Por mor da crise, nestes tres anos o servizo de empréstito de libros aumentou un 15%."}
{"ID": "NOS_52994", "summary": "Outra escolleu o euskara e 41 o catalán.", "text": "Un total de 6.417 aspirantes estaban rexistrados para realizar a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado, correspondente ao ano 2021, segundo informara o Ministerio español de Xustiza. Os candidatos poden realizar o exame en castelán ou calquera das lingua cooficiais do Estado, aínda que neste caso só unha persoa escolleu a opción de galego Dos máis de 6.400 aspirantes, só 43 (0,67%) solicitaron realizar o exame en euskara, galego ou catalán. Mentres que só unha persoa se examina en euskara e outra máis en galego, 41 candidatos optan polo catalán. En 2016, o entón ministro español de Xustiza español, Rafael Catalá, asinou un convenio de colaboración cos Gobernos de Euskadi, Catalunya, Galiza e País Valenciano no que os correspondentes departamentos de Xustiza comprometíanse a \"garantir que os servizos de tradución dependentes das devanditas administracións se despracen á sede do Ministerio de Xustiza para realizar a tradución da proba na correspondente lingua cooficial\" e \"asumir o custo económico relacionado coa tradución á correspondente lingua cooficial\". Dos máis de 6.400 aspirantes, só 43 (0,67%) solicitaron realizar o exame en euskara, galego ou catalán Nunha entrevista en 2020, Xoaquín Monteagudo, da Irmandade Xurídica Galega, afirmaba: \"Hai dificultades para usar o galego: a infraestrutura xudicial non se adaptou\". A Irmandade ten un papel de divulgación do galego na Xustiza e pretende que se normalice o seu uso. O exame serve para comprobar que os aspirantes contan coa formación suficiente e coñecen debidamente a normas deontolóxicas e profesionais. Os convocados realizan en 2021 a proba vía telemática, de forma sincronizada, a través da plataforma AvEX da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED/UNED). Trátase dunha proba obxectiva de contido teórico-práctico con respostas múltiples, na que se responde a un total de 75 preguntas, divididas en dúas partes. Na primeira parte haberá 50 preguntas relativas a materias comúns referidas á deontoloxía profesional, organización e exercicio da profesión; mentres que a segunda parte estará composta por 25 preguntas acerca de materias específicas dos ámbitos civil e mercantil, penal, administrativo e contencioso-administrativo e laboral."}
{"ID": "PRAZA_12425", "summary": "Os problemas non deixan de acumularse para o Consello Nacional de Transición (CNT) libio, que dista de ser considerado unanimemente a lexítima nova autoridade do país. Ás dificultades para pacificar o territorio inmediatamente despois da finalización do conflito armado, agora é a rexión da Cirenaica, no leste do territorio, a que se erixiu en rebeldía contra o novo poder, autoproclamando a súa semiautonomía. Esta resolución tomouse en Benghazi, no marco do Congreso do Pobo da Cirenaica, movemento que encabeza o case octoxenario Ahmed Zoubaïr o-Senoussi, emparentado co rei Idriss o-Senoussi, derrocado por Muamar Gadafi en 1969.", "text": "Os problemas non deixan de acumularse para o Consello Nacional de Transición (CNT) libio, que dista de ser considerado unanimemente a lexítima nova autoridade do país. Ás dificultades para pacificar o territorio inmediatamente despois da finalización do conflito armado, agora é a rexión da Cirenaica, no leste do territorio, a que se erixiu en rebeldía contra o novo poder, autoproclamando a súa semiautonomía. Esta resolución tomouse en Benghazi, no marco do Congreso do Pobo da Cirenaica, movemento que encabeza o case octoxenario Ahmed Zoubaïr o-Senoussi, emparentado co rei Idriss o-Senoussi, derrocado por Muamar Gadafi en 1969. A Cirenaica comprende a totalidade da franxa oriental do país, a zona máis rica en hidrocarburos, que vai desde Syrte até a fronteira con Exipto. A declaración unilateral de semiautonomía da Cirenaica fraxiliza a xa de por se precaria autoridade da CNT A declaración unilateral de semiautonomía da Cirenaica fraxiliza a xa de por se precaria autoridade da CNT. \"Non estamos preparados para unha división do país\", alerta Mustapha Abdeljalil, líder da instancia que pretende rexer o destino de Libia até a celebración de eleccións. Segundo Abdeljalil, a iniciativa non é inocente e ten que ver coa acción de \"infiltrados e restos do réxime de Gadafi, que tentan instrumentalizar esta xente para desestabilizarnos\". Así mesmo, Abdeljalil arremeteu contra algúns \"países árabes irmáns\", que cre que se atopan detrás da proclamación de semiautonomía da Cirenaica. E ante tal diagnóstico o presidente non parece disposto a escatimar medios na resposta. \"Estamos listos para disuadilos do seu empeño de sedición, mesmo a través da forza armada se fose preciso\". Libia federal Para o Consello Supremo da Cirenaica, a autoridade da CNT non é cuestionada e esta instancia encarna \"o símbolo da unidade do país, sendo o representante lexítimo de Libia nos cumes internacionais\". \"A nosa intención non é a de dividir ao país, senón o manter a unidade de Libia dirixindo nosa propia rexión, a través dun Goberno federal e outro local\", explicoulles Ahmed Zoubaïr o-Senoussi aos medios internacionais. Para el, Trípoli debe encargarse da defensa, as finanzas e a sanidade. \"A educación e as cuestións sociais, no entanto, deben quedar en mans dos poderes locais\", estima este. O Estado federal foi abolido en 1963 Despois da súa independencia de Italia, obtida en 1951, o Reino Unido de Libia era unha federación de tres provincias autónomas, a saber, a Cirenaica, a Tripolitania e o Fezzan. O Estado federal foi abolido en 1963. Desde a súa chegada ao poder en 1969 até a súa morte, o 20 de outubro de 2011, Gadafi non cesou de aumentar as prerrogativas do poder central, encarnado por Trípoli. Finalmente, Gadafi sería derrocado por unha rebelión cuxa faísca naceu en Benghazi a mesma localidade desde onde hoxe se reclama a autonomía para o leste do país. Correo Diplomático"}
{"ID": "QUEPASA_434", "summary": "Novo domingo de carrusel en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar.", "text": "As 4 ligas de arriba Por arriba, un pouco de todo para os nosos na Preferente. O Sofán vencía en Arteixo e se acomoda na zona media-alta. O Fisterra sumou un valioso punto na casa ante un rival directo da zona de arriba, como a Sarriana, mentres que o Xallas segue sen levantar cabeza, pero parece que comeza a competir cara a cara. Na 1ª, a derrota do Mazaricos contrapona as vitorias de Soneira (remontando ao Riveira), e do Baio na casa, ambos ben colocados. Volantes e Dumbría empataron e fican en situación complicada aínda. A xornada na Liga da Costa deixa ao Muxía como protagonista, ao frear a un San Lorenzo que chegaba embalado. Agora comparte liderato co Ponteceso, que vencía no último partido da tarde-noite dominical a un Baíñas de capa caída. E preto xa está o Corme. O segundo vagón está formado por Esteirana, Muros e Cee., aínda cun puntiño máis que o propio Muxía.Por abaixo, o Zas de Raúl Periscal sumou o seu primeiro punto ante o Cerqueda, e o Castriz de Miguel o segundo. FuteFem Mala xornada para as nosas. O Bergan descansaba e as Miúdas e Cee vían cortadas as súas boas xeiras de resultados. Base Segue o Seaia sendo a gran sorpresa desta Liga Xuvenil. Os malpicáns vencían de novo a un Camariñas con moitos problemas, e se manteñen como único equipo con 3 de 3, aproveitando que Outes (porque o Malpica non xuntaba xente) e Cabana descansaron. En Cadetes é o Fisterra o protagonista, mentres que en infantís a parte alta está moi igualada. Veteranos Non pasou do empate o Zas ante o Ponteceso, pero aínda mantense de líder, por diante do San Lorenzo. Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com"}
{"ID": "NOS_41450", "summary": "A coalición de esquerdas naufraga no eixo atlántico e é residual na Galiza interior e as comarcas máis poboadas", "text": "A desaparición do espazo político ' rupturista' do Parlamento galego tras as eleccións do pasado domingo explícase, en gran parte, pola perda de apoios na Galiza urbana, onde se asentou boa parte do proxecto que, baixo o paraugas do partido instrumental En Marea, logrou ser segunda forza hai catro anos movéndose en torno a 20% dos votos tanto nas sete grandes cidades galegas como nas catro circunscricións. Nas eleccións do pasado domingo 12 de xullo, Galicia En Común- Anova Mareas só pasou do 5% dos sufraxios en Ferrol (7,76%), Vigo (6,08%) e A Coruña (6,73%). No resto das grandes urbes, a ferramenta electoral do espazo político rupturista non alcanzou o limiar que marca a posibilidade de obter escano --5%--, incluída a cidade de Santiago (4,92%), que gobernou a Compostela Aberta de Martiño Noriega (número tres da lista pola Coruña) ata hai un ano. A caída é máis pronunciada nas cidades fora do eixo atlántico, sobre o que pivotou a campaña de Galicia En Común, pilotada por Ramón Luque, enviado desde Madrid pola dirección de Podemos para acompañar o seu candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino. Desta forma, en Lugo quedaron co 3% con 1.334 votos (en 2016, En Marea tivo 20,69% con 10.159 votos) e en Ourense, o 2,86% con 1.377 sufraxios (fai catro anos, En Marea chegou aos 10.072, o 18,21% do total). Así as cousas, o espazo político que en 2012 modificou o mapa político galego coa irrupción de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) na Cámara, que chegou a ser segunda forza nunhas eleccións estatais (a coalición En Marea en decembro de 2015), gobernou tres (Santiago, A Coruña e Ferrol) das sete cidades galegas e que liderou a oposición no Pazo do Hórreo tras as galegas de 2016, desaparece do Parlamento de Galiza. Nas últimas galegas, as de 2016, a candidatura encabezada polo maxistrado Luís Villares e na que estaban as forzas que integraron Galicia En Común- Anova Mareas alcanzou os 271.418 votos, 19,07% do total. O domingo, a lista de Gómez-Reino obtivo 220.000 sufraxios menos e, con 51.223 papeletas en toda Galiza, quedou a medio punto de chegar á barreira do 5 por cento nas circunscricións atlánticas, Pontevedra e A Coruña. Máis lonxe de obter representación estiveron en Lugo (3.678 votos) e Ourense (3.332), onde caeron a 2,26 e o 2,15%, respectivamente. Hai catro anos, En Marea logrou dous deputados por cada circunscrición co 15,37% dos sufraxios por Lugo (28.125 votos) e o 13,79% por Ourense (24.005 votos). A caída tamén é pronunciada se se toman como referencia os resultados das últimas xerais de novembro de 2019, nas que Galicia En Común estaba integrada exclusivamente por Podemos e Esquerda Unida. Anova e as mareas de Santiago e A Coruña, que nestas autonómicas viaxaban na coalición, non se presentaron aos devanditos comicios. Os resultados son peores se se sae da denominada 'Galiza urbana'. Na comarca de Terra de Lemos, con capital en Monforte e que ten uns 30.000 habitantes, Galicia En Común só obtivo 337 sufraxios, case 100 papeletas menos que Vox. Na comarca de Bergantiños tamén quedan na marxe do 2,25% con 730 votos nunha área de varios concellos con capital en Carballo que ten máis de 67.000 habitantes, mentres que na comarca do Carballiño (con máis de 26.000 habitantes) só chegaron ao 1,74%, por detrás da coalición Recortes Cero- Espazo Común. A desfeita tamén se produce en Cangas do Morrazo, un dos municipios galegos onde, desde o seu xurdimento, o espazo rupturista lograra mellores resultados, chegando a quedar a menos de 30 votos de ser a forza máis votada nas galegas de 2016 co 35,5% dos sufraxios totais. O domingo, Galicia En Común caeu ao cuarto lugar por detrás de PP, BNG e PSdeG, ao recibir pouco máis de 1.000 votos, 8,38% do total nun dos concellso nos que o espazo político mantén o poder, con Xosé Manuel Pazos de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) co bastón de mando desde 2015."}
{"ID": "NOS_49873", "summary": "\"Non entendemos que no centro de saúde de Cangas se estea a empregar material de fabricación caseira sen certificación, que provén tamén de doazóns anónimas que non pasaron o control de Preventiva, mentres nós estamos ameazados por traballar con material que si está homologado\", di unha traballadora do PAC do Morrazo.", "text": "Traballadoras e traballadores do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas e de Moaña denuncian que a dirección de atención primaria da área sanitaria de Vigo lles está a impedir o uso dos equipos de protección individual (EPI) doado polo futbolista do Celta Iago Aspas, natural de Moaña. Segundo trasladan a Nós Diario, os responsábeis do Servizo Galego de Saúde alegan que as características deste material non foron analizadas polo servizo de Medicina Preventiva do Sergas a través da súa \"Central de Doazóns\", creada pola xerencia de Vigo. Porén, o persoal sanitario dos PAC de Cangas-Moaña asegura que notificou á súa xerencia as características do material doado e as fichas técnicas dos produtos con información detallada sobre a certificación e o cumprimento da lexislación en materia de prevención de riscos laborais. \"Lamentamos profundamente que unha iniciativa tan fermosa e que tan só pretendía que o material chegase directamente ao persoal sanitario, tivese a mellor calidade posíbel e servise para atender á poboación do Morrazo, se ensucie polo egoísmo dos nosos xestores\", afirman as traballadoras, que prefiren ficar no anonimato. Ademais, contan que o persoal do 061, a través da empresa concesionaria, está autorizado a empregar estes mesmos equipos de protección facilitados polo futbolista ao considerar que cumpren coas normas ditadas polo Goberno español. Material caseiro si, homologado non \"Non entendemos que no centro de saúde de Cangas se estea a empregar material de fabricación caseira sen certificación, que provén tamén de doazóns anónimas que non pasaron o control de Preventiva, mentres nós estamos ameazados por traballar con material que si está homologado\", explica unha traballadora do PAC. Entre o material doado por Iago Aspas contan cunhas gafas e unhas pantallas que non se embafan, entre outras cousas, o que lles permitiría, segundo explican, ver con claridade á hora de realizar técnicas que impliquen precisión. \"As gafas e pantallas de protección que nos dan non teñen ficha técnica nin homologación. Algunhas están feitas a man con material de papelería e se embafan con tan só miralas. Hai veces que con tanto bafo queres coller unha vía e non distingues un brazo dunha perna. É un Horror\", lamenta unha das enfermeiras. Transfondo político Estas profesionais manifestan que o Sergas intentou \"confiscar\" o material de protección e apuntan a un transfondo político: \"Todo isto non é máis que unha represalia por non permitir que os directivos se luzan na foto en plena precampaña electoral\". Van tres semanas desde que a xerencia da área sanitaria de Vigo ten as fichas técnicas do material, segundo manifestan estas traballadoras, e aínda non teñen permiso para utilizalo. Non descartan realizar mobilizacións e estudan \"emprender accións legais por pór en risco a saúde e a vida dos traballadores\" contra a xerencia de atención primaria de Vigo a través da Xunta de persoal."}
{"ID": "NOS_19233", "summary": "No seu discurso de investidura como presidente da Xunta, Feixoo reivindica a estabilidade e a moderación política na Galiza mentres olla cara ao goberno do Estado para reclamar colaboración sanitaria. Na mesma liña, puntualiza que os desaxustes entre as administracións responden a unha \"concepción errónea\" do estado autonómico.", "text": "A investidura de Feixoo fíxose efectiva no Parlamento, nun acto que tivo lugar ás 12 desta mañá, e despois de que o presidente da cámara, Miguel Santalices, lese o decreto correspondente. O xa titular da Xunta prometeu \"ser fiel\" ao seu cargo e desempregalo con \"moderación\" e en colaboración co Estado, no referido á Covid-19. No seu discurso, Feixoo reivindicou que, \"a moderación non é debilidade, senón fortaleza\", e que \"a estabilidade non é inmobilismo, senón dinamismo asentado en bases firmes\". Considerou que o que demanda Galiza é \"un modo de gobernar afectivo e efectivo\" e iso, dixo Feixoo, é o que el considera \"galeguismo\". Ademais, aproveitou a presenza da ministra de Política Territorial, Carolina Darias, para erixirse en defensor do Estado das autonomías e apuntar que se producen \"desaxustes\" entre as distintas administracións e que \"algúns derivan da que, na miña opinión, é unha errónea concepción\" dese estado, explicou o político popular para recalcar que hai \"identidades que buscan a fricción\". O presidente da Xunta tamén quixo reivindicar que o \"co-goberno debera ser algo habitual e espontáneo, e non presentarse como unha concesión derivada dunha situación excepcional\", engadiu. Feixoo referiuse á Covid-19 ao describir a situación como \"tempos difíciles\" que segundo el \"piden que a proximidade democrática\" entre as administracións e as persoas sexa máis estreita e máis intensa\". Nesta dirección apuntou que se compromete a que Galiza \"non estea gobernada polos acontecementos\" e asegurou que \"máis cedo que tarde, Galiza coma España e coma o mundo, vivirá a normalidade sen adxectivos\". Coa toma de posesión de hoxe, á que asistiron os portavoces da oposición, Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG-PSOE), Feixoo inicia a súa cuarta lexislatura no goberno do noso país, a mesma cifra que Manuel Fraga. Pero a equiparación entre os dous líderes da dereita non fica aí, porque Alberte Núñez Feixoo tamén se fixo acompañar pola Real Banda de Gaitas da Deputación ourensá á súa chegada ao Parlamento. No evento, o líder do PPdeG, estivo acompañado por integrantes dos anteriores gobernos do Estado como o ex-presidente Mariano Rajoy ou a ex-ministra Ana Pastor; o actual presidente do seu partido, Pablo Casado; e os titulares dos gobernos de Andalucía, Juan Manuel Moreno, de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Tamén acudiron á toma de posesión os conselleiros e as conselleiras en funcións, así como o ex-presidente socialista Fernando González Laxe, os ex-presidentes do Parlamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado do Goberno, Javier Losada. O evento do Pazo do Hórreo pechouno a cantante Lucía Pérez, que interpretou o himno."}
{"ID": "NOS_50463", "summary": "Aínda son poucos, moi poucos, os produtos do sector agroalimentario que teñen a súa etiquetaxe en galego. É certo que se están a dar algúns pasos, mais ese dereito cidadán segue ser estar reflectido en normativa ningunha. Escribimos sobre unha mostra máis do abismo que hai entre a realidade actual e a normalización lingüística no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.", "text": "Ao longo dos últimos anos quedou demostrado que é a persoa consumidora ou usuaria a parte máis feble de toda relación comercial. As últimas sentenzas a respeito dos servizos bancarios, por exemplo, puxeron de manifesto a desprotección que sufriron milleiros de clientes na contratación de hipotecas ou produtos de aforro ao teren que asumir cláusulas que, á vista dos feitos, foron claramente abusivas. Esa relación desigual entre ambas as dúas partes ten diversas consecuencias e múltiples formas, incluída a que atinxe á ferramenta básica que a sustenta, a lingua. Nos territorios con idioma de seu, esa disparidade atinxiu un elemento que forma parte tamén dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Mais esa eiva non é a mesma en todos eles. En Catalunya, por exemplo, fóronse aprobando desde o remate da ditadura e o desenvolvemento do Estado das Autonomías unha serie de leis e normativas que promoveron o uso do catalán na etiquetaxe dos produtos que se venden nese país. As medidas, por suposto, provocaron a resposta de empresas e multinacionais que consideraron inapropiada esta política e mesmo nalgún caso recorreron ao Tribunal Constitucional para \"salvagardar\" o seu dereito a obviar a realidade lingüística dese territorio. Sostiñan, entre outras cuestións, que esa medida suporía un custo engadido, aínda que ínfimo. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_23710", "summary": "As autoridades sanitarias confirmaron na tarde desta segunda feira que os casos de coronavirus da variante ómicrom xa chegan a nove. Neste contexto, o comité clínico analiza opcións para frear unha alza dos contaxios polo Nadal.", "text": "A Covid-19 vén de causar outras sete mortes no conxunto da poboación galega polo que desde o comezo da pandemia xa houbo 1.706 vítimas. As últimas foron comunicadas na noite desta segunda feira, se ben decorreron nos últimos días. As autoridades sanitarias informaron de que na pasada sexta feira, 10 de decembro, finaron tres homes que eran atendidos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Tiñan 64, 75 e 87 anos. Un día despois producíase o deceso dun varón de 75 anos que era atendido no mesmo centro hospitalario. Tamén perdeu a vida unha usuaria de 85 anos da Residencia Hermanos Prieto do Carballiño que fora trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Neste último, os equipos sanitarios certificaron outro óbito, neste caso dun home de 72 anos, o domingo. Nesta segunda feira notificouse que non puido superar a enfermidade unha doente de 87 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Segundo a Consellaría de Sanidade, todas as persoas que morreron presentaban patoloxías previas. A mesma informou de que a estas alturas, están contabilizados nove casos de coronavirus, da variante ómicrom, en todo o país. Nas áreas da Coruña e Vigo Esta segunda feira, Sanidade sumaba dous casos máis na área sanitaria da Coruña-Cee, até chegar aos seis. Aliás, na demarcación de Vigo fican contaxiadas con esta cepa outras tres persoas. En calquera caso, a priori ningunha das nove pacientes precisou o ingreso hospitalario. Neste contexto, o Comité Clínico asesor da Xunta estuda distintas posibilidades para evitar máis contaxios, dunha ou outra variante, polo Nadal."}
{"ID": "NOS_15043", "summary": "Lémbralle que é un \"dos compromisos adquiridos\" no acordo de investidura cos nacionalistas galegos o pasado mes de xaneiro.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado que baixe \"de maneira inmediata\" as peaxes da AP-9, un \"dos compromisos adquiridos\" ao asinar o acordo de investidura cos nacionalistas galegos o pasado mes de xaneiro. Segundo recolle o BNG, esta medida ten, ademais, \"unha consignación orzamentaria a través de tres partidas que suman globalmente 55 millóns de euros\", dos que 50 \"son para bonificar as peaxes aos usuarios recorrentes\". Tendo en conta que os orzamentos quedaron aprobados no pasado 23 de decembro, para Néstor Rego \"resulta inexplicábel que o Goberno non fixese aínda as modificacións regulamentarias necesarias para poder aplicalos desde o 1 de xaneiro de 2021\", unha data na que, en contra de baixar, subirán as peaxes da autoestrada atlántica. \"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu porque, ademais, non é un compromiso só co BNG, senón co conxunto dos galegos e galegas, que están a esperar que se anuncien novas tarifas que por primeira vez baixen os custos de utilización da AP-9, o que é fundamental para o noso país\", explicou Rego."}
{"ID": "NOS_45906", "summary": "O BNG pregunta á Dirección Xeral de Patrimonio se ten localizada a actual ubicación das pezas da colección de Álvaro Gil, que os seus familiares retiraron do Museo de Lugo en outubro, e se está sendo controlado o seu estado de conservación.", "text": "O BNG presentou unha serie de preguntas dirixidas ao goberno galego coa finalidade de \"clarificar cales son as actuacións que se están seguindo despois da incoación do expedente de Ben de Interese Cultural dos depósitos de D. Alvaro Gil Varela levados do Museo Provincial de Lugo\". Estes depósitos foron levantados, tras sentencia xudicial, por herdeiros deste mecenas do museo de Lugo o pasado 24 de outubro. Entre as pezas levantadas inclúense bens mobles de importancia singular para a historia e o patrimonio cultural de Galiza. Os nacionalistas queren saber onde foi depositada a colección, de grande importancia para o patrimonio e historia de Galiza Desde a fronte nacionalista queren saber se xa se ten aplicado o réxime de protección previsto na Lei para os bens sometidos a esta protección. O deputado Cosme Pombo informou que esta protección non só debe ser notificada, de xeito oficial, á familia de D. Álvaro Gil Varela se non que tamén afecta ao concello correspondente onde se localizan, na actualidade, estes bens. Sobre o desenvolvemento do expediente os nacionalistas interesáronse por saber se a Xunta de Galicia ten previsto esgotar o máximo de 20 meses, a partir da incoación do expediente, que establece a lei para a declaración BIC e se a colección de ourivería de Gil Varela xa está inscrita no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. A colección de ourivería permaneceu exposta case corenta anos no Museo Provincial de Lugo converténdose nun referente fundamental para o patrimonio cultural galego e incluso en parte da propia imaxe da institución museística dependente da Deputación de Lugo. Onde vai? Cosme Pombo explicou que, unha vez iniciado o expedente de BIC, as pezas que forman parte do mesmo deben de estar sometidas ao control da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza. Outra das preguntas dos nacionalistas está dirixida a saber onde foi depositada a devandita colección despois do levantamento do Museo Provincial de Lugo e se segue no mesmo sitio neste intre."}
{"ID": "NOS_37353", "summary": "Existen argumentos xurídicos sólidos que certifican o direito de Otegi a ser candidato e a carencia de fundamento da sentenza da Audiencia Nacional referendada pola Xunta Eleitoral de Gipuzkoa.", "text": "O debate xurídico arredor da decisión da Xunta Eleitoral de Gipuzkoa que declara inelixíbel a Arnaldo Otegi está servido e manterase aberto no mínimo até o Tribunal Constitucional se pronunciar ao respeito. EH Bildu ten dous días, a contar desde onte, para apresentar alegacións á Xunta Eleitoral de Gipuzkoa perante o seu fallo. Todo indica que non serán aceitadas, co cal o caso pasaría en primeira instancia ao xulgado contencioso-administrativo e, na eventualidade de as teses da esquerda abertzale non prosperaren, só ficaría a vía do recurso perante o Tribunal Constitucional. Contra Otegi a Audiencia Nacional ditou unha condena en setembro de 2011 por pertenza a organización terrorista. A pena, 6 anos e 6 meses de prisión. Foi parcialmente revogada polo Supremo en maio de 2012. Mais a condena levaba aparellada dúas penas de inhabilitación especial por espazo de 10 anos (até 2021), unha como accesoria da privación de liberdade e referida ao direito de sufraxio pasivo e outra pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público. A pena de inelixibilidade tería expirado ao se ter cumprido o tempo da condena, afirman xuristas de tendencia progresista A primeira pena de inhabilitación especial -a que ten a ver co direito de sufraxio pasivo (isto é, co direito a ser votado, a ser candidato)- é precisamente a que se lle aplica agora a Otegi por parte da Xunta Eleitoral de Gipuzkoa. Este é o aspecto fulcral do asunto. Xuristas como Pilar Eirene, que publicou un artigo ao respeito en ElDiario.Es, entende que esa pena non é de aplicación, porque, ao ser accesaria á principal -a da privación de liberdade por 6 anos e 6 meses-, tería caducado canda ela, isto é, no momento, marzo deste ano, en que Otegi abandonou o cárcere. Esta é a mesma liña de defensa que emprega o avogado de Otegi, o prestixioso xurista Íñigo Irún. Tamén o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi, Juan Calparsoro, ten apuntado na mesma dirección: \"É unha pena accesoria á pena de prisión que, como todo o mundo coñece, xa se ten extinguido, xa se ten cumprido\". O problema para Otegi estaría na interpretación, restritiva, da norma que realiza a Audiencia Nacional: \"Alén da opinión que cada un teña, a Audiencia Nacional entende que a esta pena, embora ser accesoria, mantén a súa vixencia, e son eles os que teñen que interpretar esta accesoriedade\". As normas que afectan direitos fundamentais deben aplicarse de forma que os danen o menos posíbel, entende a letrada Pilar Eirene En direito enténdese que as normas, nomeadamente aquelas que atinxen a direitos fundamentais, como o de participación política, deben interpretarse \"no sentido do menor prexuízo ou afectación posíbel dos devanditos direitos\", afirma Pilar Eirene. O que tería acontecido, portanto, é que a Audiencia Nacional tería feito unha aplicación restritiva da lei sen salvagardar direitos fundamentais de Otegi. A Xunta Eleitoral de Gipuzkoa, pola súa parte, limítase a non entrar no fundo do asunto e a constatar que existe unha sentenza da AN nesa dirección. Canto á outra pena accesoria que se impón a Otegi -a inhabilitación para ocupar cargo público por espazo de 10 anos, portanto até 2021-, os xuristas máis progresistas entenden que existe xurisprudencia suficiente -o caso do agora parlamentar de EH Bildu Iker Casanova- para entender que non é de aplicación ao líder da esquerda independentista vasca. Aquí a cuestión radica en que na sentenza da Audiencia Nacional non se especifica cal é o alcance da inhabilitación, isto é, que cargos non podería ocupar Otegi. O Código Penal é taxativo ao respeito e prescrebe: \"Na sentenza terán de se especificar os empregos, cargos e honras sobre os que recai a inhabilitación\". PP e Cs apresentan alegacións para garantir que Otegi non sexa candidato Nótese que ser candidato non é formalmente ocupar un cargo público e que, alén do máis, non existe consenso xurídico arredor de se un parlamentar é \"un emprego, un cargo ou unha honra\" públicos, dada a súa especial natureza e función, froito da vontade popular expresada nunhas eleccións. Esta pena, con todo, non é á que apela a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa -talvez consciente da debilidade xurídica que apresenta- para declarar inelixíbel Otegi. De por parte, e como xa anunciaran, PP e Cs apresentaron esta quinta feira perante a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa as súas alegacións contra a hipótese de Otegi se candidatar nestas eleccións."}
{"ID": "PRAZA_10579", "summary": "Entre as primeiras probas, a consulta e a administración do tratamento adoitan transcorrer varias horas que a saturación do servizo contribúe a prolongar. O Sergas subliña que a separación de Oncoloxía e Hematoloxía supuxo unha \"diminución importante\" das demoras no hospital de día do CHUS", "text": "Os hospitais de día de Oncoloxía e Hematoloxía concibíronse como centros de \"asistencia integral\" onde os pacientes puidesen acudir a revisións e probas e mais recibir tratamentos nunha mesma xornada. Este sistema evita varios desprazamentos ao centro sanitario, pero tamén implica, necesariamente, tempo de espera entre unha e outra fase da atención. Dilatar o menos posible esas agardas é unha demanda reiterada de doentes e familiares en hospitais de día como o do Hospital Clínico de Santiago, referencia no país por estar ligado a unha das unidades oncolóxicas punteiras en atención e investigación do cancro, pero que en máis dunha ocasión destacou tamén polas súas longas demoras.Entre as primeiras probas, a consulta e a administración do tratamento adoitan transcorrer varias horas que a saturación do servizo contribúe a prolongar. O Sergas subliña que a separación de Oncoloxía e Hematoloxía supuxo unha \"diminución importante\" das demoras no hospital de día do CHUSCadrando coa posta en marcha dun servizo de mensaxes telefónicas para avisar os pacientes sobre as quendas de tratamento, a Consellería de Sanidade vén de responder unha pregunta formulada o pasado xuño polas deputadas Flora Miranda e Paula Vázquez Verao no nome do grupo de En Marea a respecto das demoras neste servizo e dos plans do Sergas para palialas. As parlamentarias lembraban que antes de recibir a atención máis habitual neste servizo, a quimioterapia, os pacientes procedentes da cidade de Santiago pero tamén da ampla contorna da área sanitaria deben pasar por analíticas e consultas, pasos preceptivos que dada a saturación do servizo poden demorarse \"varias horas\" antes de chegar, finalmente, á sala de tratamento cando a medicación estea preparada e haxa dispoñible un asento.Na súa resposta, datada no pasado 10 de xullo, Sanidade lembra que dende finais de 2017 \"foron separados os espazos dos hospitais de día de Hematoloxía e Oncoloxía\", o cal xa resaltara ante protestas de pacientes a mediados de 2018. Esa separación, subliña, supuxo que cada unidade conte cunha consulta de farmacia de seu, \"cunha diminución importante no tempo de preparación do tratamento\" e un maior número \"de cadeiras de brazos e camas\". Ademais, agrega, \"estase a potenciar a extracción da analítica no centro de saúde o día anterior\" para \"aforrar o período de extracción e espera do resultado\".As deputadas censuran que se ofrecese a doentes \"un bocadillo de salchichón\" mentres agardan polo tratamento oncolóxico e Sanidade matiza que só é \"un refrixerio\"O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña responde tamén ao que adoita ser un dos aspectos máis controvertidos nas longas horas de espera no hospital de día: a alimentación. \"O sustento ofrecido é, segundo o relato en primeira persoa de doentes e confirmado por profesionais, un bocadillo de salchichón que, como calquera sen nocións de nutrición coñece, non é o alimento máis aconsellable para un estado de saúde precario\", advertían as deputadas na súa pregunta. \"Proporciónase un refrixerio, non un menú hospitalario de paciente ingresado\", retruca Sanidade, quen agrega que nas salas de espera \"contamos coa inestimable colaboración das asociacións de pacientes que pasan un carriño con café ou infusións\".De agora en diante pacientes que o soliciten son avisados por SMS de que o tratamento está preparadoNeste contexto, dende a Consellería optan por salientar as \"melloras\" para que \"os pacientes dispoñan da maior confortabilidade posible e se axilicen os tempos de espera\". Entre elas resaltan o devandito sistema de avisos por mensaxes SMS, presentada a pasada semana e da que o Sergas subliña que permite aos pacientes \"non estar fisicamente na sala de espera mentres se preparan as doses\", aínda que si deben permanecen na contorna do hospital de día. O chamamento \"pode acudir á sala de tratamento\", enviado por persoal de enfermaría, substitúe para as persoas que o reciben ao aviso por megafonía, o que dende colectivos como a Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do CHUS é valorado tamén por ser un avance na privacidade dos pacientes.A Xunta volve desligarse do problema do aparcadoiroNa súa pregunta parlamentaria Miranda e Vázquez Verao cuestionaban tamén a Xunta polos recorrentes problemas de aparcadoiro nos arredores do hospital Clínico compostelán. \"A enfermidade é de seu unha limitación física e económica que se acrecenta pola carestía de infraestruturas tan básicas como o aparcadoiro\", resaltan, en referencia ao parking privado ao carón do recinto, que supera os dous euros por hora na súa tarifa xeral.Neste sentido Sanidade responde que \"o hospital dispón dunha zona de aparcamento gratuíto nas inmediacións do mesmo\", en referencia ás prazas dispoñibles no recinto hospitalario, especialmente saturadas durante as mañás e habitualmente incompatibles co respecto ao horario do propio hospital de día. Alén disto, a Xunta deslígase da cuestión do aparcamento \"de pago\" porque \"corresponde ao Concello\" de Santiago, ao cal, como xa fixera Feijóo o pasado outono co daquela alcalde da cidade, Martiño Noriega, desvía a responsabilidade da eventual \"habilitación de zonas de aparcamento en áreas límitrofes\"."}
{"ID": "NOS_29020", "summary": "Mato será tamén a responsábel de desenvolvemento corporativo e RSC na empresa galega de renovábeis.", "text": "Hai unhas semanas, a ex conselleira de Medio Ambiente e candidata a alcaldesa da Coruña polo Partido Popular nas pasadas eleccións, Beatriz Mato, anunciaba a súa retirada da vida política. Agora, a ex parlamentaria do PP decide dar o salto á empresa privada e faino da man da cotizada galega Greenalia. Unha porta xiratoria en toda regra. Segundo avanzou a compañía nun comunicado, Beatriz Mato incorpórase ao cadro de persoal de Greenalia para poñerse á fronte do departamento de Desenvolvemento Corporativo e RSC (Responsabilidade Social Corporativa) da firma de renovábeis, pero tamén encargarase da creación e posta en marcha da Fundación Greenalia, que contan con que estea en funcionamento no primeiro semestre do ano. Na súa nova etapa na empresa privada, a ex conselleira poderá facer usos dos coñecementos adquiridos ao seu paso polo departamento de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do Goberno galego para marcar as directrices nesta materia dentro da compañía. Greenalia, que vén de conectar á rede os seus primeiros desenvolvementos eólicos e que \"nos vindeiros días\" conta con facer o mesmo coa planta de biomasa de Curtis, cotiza no Mercado Alternativo Bursátil (MAB), onde xa destaca como unha das principais firmas por capitalización, con máis de 200 millóns de euros. Segunda etapa na privada Para Beatriz Mato, enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao, non será a súa primeira incursión no ámbito da empresa privada, xa que antes de dar o salto a política traballara como técnica de sistemas para a multinacional IBM e como enxeñeira de calidade para Norcontrol (actual Applus). En política, Mato traballou para o Igape, de delegada de Pesca na Coruña e voceira de Traballo do PPdeG. Parlamentaria pola provincia da Coruña desde 2005 até o presente exercicio, tamén foi conselleira de Traballo e Benestar."}
{"ID": "NOS_37595", "summary": "As eleccións galegas e vascas coinciden na data desde 2009. Núñez Feixoo xa sinalou que optaba porque os comicios tamén coincidisen nesta ocasión.", "text": "O presidente, Iñigo Urkullu, convocou un Consello extraordinario de Goberno vasco hoxe segunda feira ás 13 horas e, máis tarde, ás 15 horas, comparecerá publicamente, probabelmente para anunciar eleccións para o 12 de xullo. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Núñez Feijxoo, dixo este domingo que convocará eleccións \"máis cedo que tarde\" porque teñen que celebrarse \"de inmediato\" para evitar un rebrote da COVID-19. As eleccións en Galiza e Euskadi coincidiron sempre nesta última década, incluída a data do 5 de abril, as citas coas urnas que tiveron que pospoñerse por mor da pandemia. Ambas convocatorias (Consello e comparecencia do lehendakari) no País Vasco coñecéronse ás 9:30 desta mañá. Todo apunta a que Urkullu anunciará eleccións para o 12 de xullo, unha vez escoitados os partidos políticos nunha reunión do 14 de maio, un requisito establecido por Urkullu no decreto do 17 de marzo, que anulou as eleccións do 5 de abril."}
{"ID": "QUEPASA_1036", "summary": "Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com e a fase de Ascenso á Liga da Costa en www.copadacosta.com", "text": "Menuda fin de semana esta de fermoso sabor copeiro. Esta fermosa Copa da Costa a partido único deixou aos dous Preferentes, o que nos fai afrontar unha competición igualadísima. Ademais, de Xallas e Sofán, tamén quedaron fóra Baíñas, Ponteceso, Muxía ou San Lorenzo. Mañá traeremos as crónicas pero xa podedes ver como quedou o cadro, que podedes ver con todas as competicións copeiras en copadacosta.com. Unha Copa que se dispersou tamén en sábado pois a Primeira e a Preferente continúan vivas. O máis destacado é a vitoria dun Fisterra segue sen perdoar e está a un partido do título e do ascenso. Por abaixo, a xornada foi moi positiva para Xallas e Soneira pero moi negativa para unha Esteirana que se mete en descenso directo, provocando (se non o evita o Volantes) o descenso do Cee a 3ª. A Copa de F8 Traeremos tamén crónica completa da fermosa festa do F8 vivida o sábado nas Redondas. Unha completa xornada na que a SD Fisterra, con dous títulos, e o Outes, saíron triunfadores. Ao mesmo tempo, en Noia, o EFM Vimianzo e o Concello de Ponteceso xogaron a Fase Final Provincial de FS, coincidencia que os deixaron sen unha final de Copa que se gañaran no campo. Os pontecesán saíron campións alevíns mentres os vimianceses caeron na final. Fases de Ascenso Dos seis representantes costeiros nas Fases de Ascenso Ás Ligas Galegas Base, só o Dumbría infantil pasou de ronda. Fisterra Xuvenil e Outes Cadete, como segundos, quedan eliminados mentres que os tres campións dos grupos costeiros, Os Miúdos xuvenil e Zas Cadete, e o Cee infantil (que perdeu a penaltis), aínda teñen opcións volvendo a Cuartos. Máis Copa A fin de semana deixou tamén competicións copeiras en todas as categorías, Xuvenís, Cadetes, Infantís e Veteranos, que podedes ver en www.copadacosta.com."}
{"ID": "NOS_34961", "summary": "O Partido Popular tramita o aforamento do monarca por vía rápida para impedir que poida ser demandado, agás perante o Tribunal Supremo. Todo indica que a medida contará só co apoio do grupo popular.", "text": "Tres días. Só tres días lle farán falta ao Partido Popular para sacar adiante o aforamento de Juan Carlos de Borbón. As présas do grupo que apoia o Goberno por protexer o ex-monarca após perder a súa inviolabilidade lévano mesmo a rozar o incumprimento dos tempos e formas fixados polo Regulamento do Parlamento para garantir que esta mesma quinta feira (26 de xuño) o Borbón sexa un aforado máis. Algunhas fontes apuntan a que as présas resultan do temor a que finalmente se materialicen as demandas de parternidade que dese hai anos axexan a Juan Carlos. No concreto unha, a de Albert Solá que reclama por vía xudicial --até o momento sen froitos-- unha proba de paternidade que demostre a súa descendencia do Borbón. Solá naceu en 1956 en Barcelona, o que convertería de, se comprobar que as súas demandas son certas, no fillo varón máis vello de Juan Carlos e, polo tanto, no primeiro da liña sucesoria. Na súa carreira, o Partido Popular só contará cos votos favorábeis de Unión del Pueblo Navarro --a marca branca do PP en Nafarroa-- e Foro Asturias --a escisión que liderou Álvarez Cascos. Os demais grupos parlamentares con representación rexeitan o fondo e/ou a forma da reforma lexislativa acordada polo Partido Popular de maneira que se absterán ou votarán en contra. Mesmo o PSOE, en cuxas ringleiras continúa a tensión en pleno proceso para elixir a nova secretaría xeral do partido. Unha emenda para asegurar a vía rápidaE é que @s populares optaron por emendar un texto lexislativo en proceso de tramitación para regular o aforamento de Juan Carlos. Un texto que, así as cousas, non ten nada a ver coa abdicación e sucesión monárquicas. Será o proxecto de lei de reforma do Poder Xudicial o que finalmente inclúa a protección xudicial do que foi xefe de estado durante 39 anos. Unha nova norma que atinxe as condicións laborais de xuíces e maxistrados --regula xubilacións, oposicións á función pública e permisos por asuntos propios na xustiza. Agora, após a emenda que presentará o Partido Popular, rexerá tamén a condición de aforado do Borbón. Desta maneira o Partido Popular garante que en tan só 3 días o texto normativo sexa debatido e aprobado --grazas á súa maioría parlamentar-- polo Congreso d@s deputad@s e canea os tempos marcados para un proxecto de lei ou un decreto lexislativo, que se demorarían no mínimo un ano. Un procedemento que podería ser contrario á leiEsta terza feira, o PP convocará --en solitario-- un pleno extraordinario que decorrerá o 26 de xuño. Aí debaterase o proxecto de lei de reforma xa coa emenda sobre o aforamento real. Desde a Izquierda Plural, o deputado Gaspar Llamazares, presentou xa un recurso perante o que considera unha medida \"ilegal\". Tanto no fondo coma na forma. Pois segundo o parlamentar de IU a tramitación lexislativa que o PP outorgará ao aforamento incumpre o fixado polo Regulamento da Cámara que exixe un mínimo de 48 horas entre a ponencia e a Comisión na que se tratou a emenda. Aliás, segundo Llamazares existe unha incongruencia entre o texto orixinario do proxecto de lei de reforma do Poder Xudicial e o novo artigo incorporado para a ocasión. Cuestión que resultaría contraria a dereito, como sinalou o Tribunal Constitucional na sentenza 23/1990 na que sinala como necesario que as emendas \"versen sobre a materia á que se refire o proxecto de lei que tentan modificar\". En troca, o PP retruca que a emenda \"poderá non gostar, mais é legal\"."}
{"ID": "QUEPASA_416", "summary": "Non deixamos de sorprendernos co bo de Fran Martín, un dos membros da marabillosa familia de APEM. Aínda temos unha manchea de tesouros dos anos 99 e 2003 recuperados do faiado, que son auténticas xoias.", "text": "Hoxe, recuperamos esta homenaxe a unha das heroínas de Fran."}
{"ID": "NOS_6121", "summary": "A nova de que o PP galego achegou ás contas de Bárcenas uns 21 millóns de pesetas que non foron declarados a Facenda leva a toda a oposición a emprazar a Núñez Feijóo a que dea explicacións", "text": "A oposición colle o testemuño da cidadanía e quere explicacións. A nova de que o PP galego achegou ás contas de Bárcenas uns 21 millóns de pesetas que non foron declarados a Facenda, e que estarían relacionados coa trama Gürtel, pon os populares galegos nunha situación máis que complicada. Un escenario no que cómpren as explicacións e aclaracións, de habelas. Así, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou que Feijóo, presidente do PP galego, \"tente desentenderse deste asunto\". Para o nacionalista, o presidente da Xunta debe explicar á sociedade galega o significado desa \"Galiza connection\" e considerou que toda esta trama só é a punta do iceberg dun sistema \"corrompido\" porque existen corruptos e quen corrompe e a corrupción só pode ser eliminada cunha \"rexeneración democrática a fondo\". \"Luz e taquígrafos\" Pola súa banda, o portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, manifestou unha \"enorme preocupación\" dos socialistas por este \"descrédito procedente do Partido Popular tanto a nivel de España como de Galicia\" e esixiu ao Presidente Feijóo que \"dea a cara\". Losada pediu ao presidente galego que \"ese discurso de luz e taquígrafos que sempre fai, se materialice en explicarlle aos galegos e ás galegas o papel do PP nunhas actividades presuntamente delictivas\". Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), por boca do seu deputado Juan Fajardo, exixíu unha investigación \"a fondo\" e que se tomen as medidas oportunas porque á vista das últimas novas, aponta con ironía, \"hai que ver se o PP é legal\". Tamén desde Compromiso por Galicia se pronunciaron a este respeito. A formación galeguista insta a Feijóo a dar unha rolda de prensa con \"luz e taquígrafos\" e que aclare se el sabía algo \"deste método irregular de pago\", e, no caso de non facelo, fica claro, segundo Compromiso, \"que o PP é unha auténtica mafia\"."}
{"ID": "NOS_111", "summary": "A cita en Compostela evidenciou as diferenzas, tensas, entre ambos dous grupos, 'villaristas' e 'oficialistas'. O documento político da actual dirección foi derrotado e o grupo no Congreso negouse a render contas perante a asemblea. Agás Alexandra Fernández: \"\"Non pode ser que as decisións de En Marea se tomen como un satélite\" de Unidos Podemos, dixo.", "text": "\"Unidade\" foi a palabra que o portavoz de En Marea, Luis Villares, reiteraba ao inicio do Plenario de En Marea que este sábado decorreu en Compostela. \"Unidade\" repiteu tamén Xosé Manuel Beiras xa pola tarde e no mesmo escenario. Mais a concorrida asemblea, participaron 600 inscritos, non deixou precisamente unha imaxe de \"unidade\". Houbo tensións, reproches e, principalmente, a sensación de que no Plenario había dúas mareas diferentes. Non só no que atinxe a táctica ou estratexia senón tamén con diferenzas políticas e ideolóxicas de fondo entre ambas as dúas. Houbo toque de corneta e, a diferenza de citas anteriores,rexistrouse unha importante afluencia de persoas. As primeiras votacións foron gañadas polos 'críticos', como a referida á composición da mesa do plenario ou ao regulamento. Non todo foi vento en popa para a Mesa da Confluencia, pois a súa tese das 'listas abertas' para elixir os novos órganos de dirección non saíu adiante. Si que lograron importantes vitorias, entre elas ver como (por 271 votos a favor e 181 en contra) se aprobabaa súa emenda á totalidade ao documento político da dirección de Villares. Congreso Os deputados de En Marea no Congreso negáronse a render contas perante o Plenario. Un desplante que argumentaron dicindo que concorreron ás eleccións españolas baixo unha coligazón electoral antes de que En Marea se constituíse como espazo de seu. Houbo unha voz discordante, a de Alexandre Fernández, que si que quixo intervir perante as persoas inscritas Fernández falou claro desde o inicio: \"Hoxe tiña que estar aquí un portavoz [do grupo no Congreso]. Que non estea é unha mostra de que na organización hai dificultades\". A deputada advertiu que \"cada vez hai máis diverxencias entre os que queremos que En Marea siga cos pes e a cabeza en Galiza\" e os que se \"afastan\" do espazo de decisión galego. \"As relacións entre Unidos Podemos e En Marea é ada vez máis complicada. Faise exclusivamente a través de 2, 3 deputado, que non partillan a información\", criticou. \"Non pode ser que as decisións de En Marea se tomen como un satélite\" de Unidos Podemos, concluíu Fernández. Mais a fenda non se limita ao grupo de En Marea no Congreso. Tamén aniña en Galiza. Fica por diante un proceso para renovar os órganos directivos mais tamén ver como se clarifican unhas diferencias internas que ameazan con deixar o chamado de Villares e Beiras, \"unidade\", nunha simple palabra."}
{"ID": "NOS_6078", "summary": "A Asociación Galega de Editores non participará este ano nas dúas feiras máis importantes do sector en Europa e aínda non sabe se estará en Guadalajara e Boloña. A Consellaría de Educación e Cultura elimina o posto expositivo doutras edicións \"por motivos económicos\"", "text": "A promoción do libro galego no exterior está ferida de morte. Ou algo así, se atendemos á última decisión que tomou a Consellaría de Educación e Cultura de non participar nas feiras de libro de Barcelona e Frankfurt. Segundo fontes da Asociación Galega de Editores, AGE, aínda non saben se participarán ou non nas de Gualadalajara e Boloña. A nova colleu por sorpresa ao sector que contaba, como en todas as edicións anteriores, cun posto expositivo. A decisión de Xesús Vázquez Abad é outra mala nova para as empresas editoriais A Fira Internacional del Llibre de Barcelona, Liber, chega ao seu 30º aniversario e segue a ser un lugar que reúne editor@s, escritor@s e comprador@s internacionais. É un espazo imprescindíbel onde as empresas teñen a posibilidade de realizar contratos e acordos ao máis alto nivel. A de Frankfurt considérase como o maior encontro mundial do sector editorial desde o seu nacemento en 1949 con cifras que falan de 7.000 expositores e 280.000 visitantes A situación do sector editorial é crítica. A decisión de Xesús Vázquez Abad é outra mala nova para as empresas que xa viron como a Xunta quixo reducir nun 60% as adquisicións para as bibliotecas e baseou a promoción nun frouxo Ano da Lectura 2010."}
{"ID": "PRAZA_6985", "summary": "O director e guionista leva anos quitándolle ferro ao asunto vasco desde os pioneiros sketches de Vaya semanita ata o último gran éxito do cine español 8 apellidos vascos, onde asina o guión. Con todo, en Negociador dá un necesario paso máis ao mostrar as conversas de Eguiguren, Ternera e Thierry", "text": "Entre 2005 e 2006 tiveron lugar as negociacións de paz entre o goberno español e a banda terrorista ETA, o interlocutor do goberno era o presidente do PSE, Jesús Eguiguren e en fronte tivo a Josu Ternera primeiro e a Thierry despois. As negociacións non chegaron a bo porto e a final de 2006 ETA rompeu a tregua co atentado do aeroporto de Barajas. Ese mesmo ano, Cineuropa cumpría vinte anos e un descoñecido director vasco chamado Borja Cobeaga era nomeado ao Oscar á mellor curta de ficción por Éramos pocos, protagonizada por Ramón Barea. Pódese facer rir con este tema? Cobeaga demostra que non só se pode, senón que o resultado é terapéutico Pasaron apenas oito anos, e este cúmulo de feitos sen relación aparente confluíron nesta vixésimo oitava edición de Cineuropa onde Borja Cobeaga presenta Negociador, unha película protagonizada por Ramón Barea e baseada libremente no errado proceso de paz entre o goberno do PSOE e ETA. Nun primeiro termo, a proposta podería non ter máis interese que o histórico pero se aclaramos que Negociador é unha comedia, o asunto gaña interese e relevancia: Pódese facer rir con este tema? Cobeaga demostra que non só se pode, senón que o resultado é terapéutico. O director e guionista leva anos quitándolle ferro ao asunto vasco desde os pioneiros sketches de Vaya semanita ata o último gran éxito do cine español 8 apellidos vascos, onde asina o guión. Con todo, en Negociador dá un necesario paso máis ao mostrar as conversas de Eguiguren, Ternera e Thierry; desidealizando o ocorrido e quitándolle calquera halo de transcendencia, Cobeaga céntrase nos pequenos detalles dunha negociación deste tipo como quen paga as consumicións do mini-bar ou en como explicarlle a unha tradutora as diferenzas entre Pobo Vasco e Euskal Herría cando en inglés se din do mesmo xeito. Onde unha parte ve un \"diálogo\" para a fin \"da violencia\", o outro ve unha \"negociación\" para o fin \"do conflito\", unha loita terminolóxica que reduce ao absurdo esta negociación/diálogo dende o primeiro momento. A frialdade da austera posta en escena contrasta coa calor das interpretacións de Ramón Barea, Josean Bengoetxea ou Carlos Areces. O filme con todo, non é unha sucesión de gags ou unha comedia disparatada, como poderían ser os seus anteriores traballos, Negociador é puro posthumor, fai rir pola vía da traxedia, nin banaliza nin perde a magnitude do tema que trata, de feito logo do sorriso hai golpes duros que o conxelan e nese equilibrio imposible, entre traxedia e comedia, é onde reside a grandeza da película. Onde unha parte ve un \"diálogo\" para a fin \"da violencia\", o outro ve unha \"negociación\" para o fin \"do conflito\", unha loita terminolóxica que reduce ao absurdo esta negociación/diálogo dende o primeiro momento Algúns din que esta película chega demasiado pronto, que pasou moi pouco tempo para falar da fin de ETA e, a maiores, facelo en clave de comedia. A reacción do público demostra o contrario, non hai mellor xeito de romper o silencio da tensión que co son da risa. Ademais, xa nos ensinou o mestre Gila que, independentemente de quen sexa o inimigo, o mellor xeito de solucionar un problema é iniciando unha negociación: \"Está ETA? Que se poña!\""}
{"ID": "NOS_14426", "summary": "Baixo a escusa dunha homenaxe a Marcos Valcárcel, o gabinete de comunicación deste departamento convocou a prensa para \"presentar oficialmente\" o novo nome do centro de ensino da Carballeira. Ao acto, ademais do conselleiro, acudiron o delegado da Xunta en Ourense, o alcalde da cidade, a xefa territorial de Cultura e Educación, e o vicepresidente da Deputación", "text": "A cadea de recortes que o Goberno español vai sacando adiante --cuxo último elo foi a tesourada de 3.000 millóns na Educación-- deixaron en branco o calendario de inauguracións. Porén, o titular de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, convocou nestes días a prensa a través do seu gabinete de comunicación para inaugurar --\"presentar oficialmente\", segundo a nota-- o novo nome dun instituto de Secundaria. Argumentando que se trata dunha homenaxe ao xornalista e escritor Marcos Valcárcel, falecido en 2010, Educación anunciou que o IES A Carballeira, en Ourense, levaría o seu nome. Xa o levaba a biblioteca do centro, a cuxo acto de inauguración asistira Valcárcel. No acto, Jesús Vázquez estivo acompañado da equipa directiva do centro, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez --PSOE--, a xefa territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Mercedes Gallego, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. Houbo discursos, posado para os medios gráficos ao destapar a placa co novo nome e unha presentación tipo 'power-point'. Con este acto, a consellaría de Educación di que \"volve dar conta do seu recoñecemento para cos docentes e intelectuais galegos\". Vázquez aproveitou a ocasión para repetir que o RD 14/2012 terá \"unha incidencia mínima\" na Galiza --dando a entender que si será aplicado--, e rebaixou importancia á folga convocada no ensino o vindeiro martes \"porque só está amparada por un sindicato\", referíndose a Comisiones Obreras. Nada dixo da manifestación en defensa da Educación --e da Sanidade-- pública que hai convocada para o vindeiro 3 de xuño, apoiada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e que se prevé multitudinaria."}
{"ID": "NOS_6301", "summary": "Esta sexta unha folga mundial impulsada por un movemento de mozas e mozas volverá chamar a atención sobre a irresponsabilidade das persoas adultas dos países máis ricos que están ao mando do planeta e miran cara a outro lado cando escoitan falar de quecemento global. Para as sete e media da tarde está convocada unha manifestación en Compostela; e ás oito, ás da Coruña e Vigo, así como concentracións noutros puntos do país.", "text": "Na Galiza, un dos portavoces de Fridays For Future é Kai Lois Baltrusch Montero, 23 anos e natural de Ponteareas, estudante de Bioloxía en Compostela e \"agora fago tamén de co-voceiro no Movemento Galego Polo Clima\", a plataforma que conseguiu agrupar 78 organizacións e colectivos en defensa do planeta fronte a destrución que impón o modelo económico capitalista. Como facer que un escéptico das consecuencias inmediatas do quecemento global entenda a situación de alarma? A probabilidade dun cambio global abrupto, é dicir, de chegar a un escenario que pon en risco a continuidade da nosa civilización é dun 5%. Mais esa probabilidade está calculada en base aos gases de efecto invernadoiro emitidos até agora. E isto vai indo a máis. O cambio non é un proceso lineal; é un círculo vicioso. Parece pouco o 5%, pero é como subirse a un avión que ten 1 posibilidade entre 20 de que se vai espetar… quen subiría a ese avión? Ninguén subiría, pero estades enviando as vosas fillas e fillos a subir a ese avión. Hai máis escépticos entre aqueles que temen perder o traballo? Estámolo vendo no caso das Pontes e comprendémolo. O manifesto polo clima reclama que se feche a central… O que o movemento reivindica é unha transición ecolóxica xusta que asegure o traballo en sectores ambientalmente sostíbeis. Pero iso non quita que haxa que facer sacrificios para cambiar o sistema de crecemento ilimitado nun planeta con recursos finitos. O que está en xogo non son só postos de traballo, senón a continuidade da civilización humana. Se puidese elixir unha tribuna no país desde a que lanzar a voz de alerta, cal elixiría? Pois aquela na que tivese un maior impacto e chegase a máis xente. Se fose no Parlamento e emitido en directo pola TVG, pois por min, perfecto. Ten unha importancia tremenda transmitir esta situación de emerxencia. Os Gobernos teñen que comezar a dicir xa a verdade sobre a emerxencia climática. Cal sería a primeira frase desa mensaxe?Estades endebedando o noso futuro. Ninguén subiría a un avión que ten 1 posibilidade entre 20 de se espetar, pero estades enviando as vosas fillas e fillos a subir a ese avión. Cando tomou conciencia do problema e decidiu actuar?Pois desde que empecei a carreira… pero é certo que neste último verán movementos como Extinction Rebellion, do que tamén fago parte, ou Fridays For Future empezaron a coller forza na Galiza. Empecei a participar na construcións destes movementos aquí no país, e agora na organización da folga polo clima deste 27 de setembro. Como define Fridays For Future?Empezou pola iniciativa de Greta Thunberg de facer folga cada sexta feira, unha protesta para denunciar a inacción dos Gobernos diante dunha situación de emerxencia climática. O fundamental é que somos un movemento liderado pola mocidade e cuxa cara visíbel é a mocidade. Tócanos darlles un toque de atención aos Gobernos. Cal é a implantación de Fridays For Future na Galiza?Alá por febreiro apareceron os primeiros núcleos activos en Ferrol, en Vigo e na Coruña. O nodo de Santiago activouse contra finais do curso académico. Agora estamos no Movemento Galego polo Clima, unha plataforma que se construíu a partir de agosto ao redor dun manifesto. Na coordinación andaremos polas corenta persoas de distintas organizacións. Pero o papel central durante a xornada de folga é de Fridays For Future, como entidade que convoca. Que achega Fridays For Future ao movemento ecoloxista?Un sopro de ar fresco. Centrar o foco en quen vai sufrir as consecuencias do quecemento global, as xeracións máis mozas. E somos nós, mozas e mozos, quen debemos liderar agora a chamada de atención. Hai maior sensibilidade respecto do problema do quecemento global entre a mocidade que noutros segmentos de idade? Penso que si. Isto nótase en países nos que a educación ambiental asentou hai anos… non como aquí. Digamos que somos xeracións máis formadas na cuestión e por iso estamos máis concienciadas. E comprendemos que chegou a hora de actuar, pero o chamamento á folga está dirixido a todas as idades. Quen ou que son os culpábeis do quecemento global?Fridays For Future apunta directamente aos Gobernos pola súa inacción. Evidentemente podemos falar de actores concretos: de empresas que causan danos ambientais, ou dos nosos propios hábitos de consumo. Pero os grandes cambios estruturais, empezando pola transición enerxética, son decisións que atinxen os Gobernos. Hai cousas, como a creación de impostos ou a redución a cero das emisións, que pensamos que só se poden conseguir centrando a atención sobre os Gobernos. Desde a política pódese incidir tanto nas empresas como nos nosos impactos. Os problemas derivados do quecemento global afectan todo o planeta, pero segundo as áreas, uns inciden máis que outros. Muda tamén a estratexia de denuncia?A nosa estratexia non muda porque o que estamos é a solicitar dos Gobernos que actúen xa. As reivindicacións concretas son bastante xenéricas e son asumidas por todo o movemento. Tampouco corresponde a Fridays For Future levar á sociedade o debate sobre como facer a transición ecolóxica, se en base a un capitalismo verde, ao decrecemento ou a unha economía circular. De momento, a loita é a visibilización dos problemas e que os Gobernos presten atención. Cales son os problemas máis graves aos que podería enfrontarse Galiza?Hai problemas globais moi graves, entre eles, a subida do nivel do mar. No noso caso, se xuntamos a xestión do monte cun monocultivo de determinadas especies forestais co quecemento global os resultados poder ser nefastos. Despois están os bancos de pesca, que tamén se ven en perigo, como a seguridade alimentaria no que respecta á produción no rural, na horta, neste caso por pragas ou procesos de desertificación. Que aprenderon do movemento ecoloxista galego neste espazo que están a construír? Estamos aprendendo moito, claro. Somos inexpertas. Pero o que teño que dicir é que nos están dando espazo. Están cumprindo un papel de acompañante, que apoian con recursos e consellos, pero deixando que teñamos o noso propio espazo."}
{"ID": "NOS_41018", "summary": "O biólogo Roi Cuba (Lugo, 1987), presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) conversa con Sermos Galiza sobre as necesidades do país en termos de ecoloxía e os retos de futuro que enfronta. A invasión eólica, a eucaliptización ou o baleirado de encoros son problemáticas de transcendental importancia para o presente do país e para as futuras xeracións de galegas e galegos.", "text": "Un dos maiores retos que enfronta a humanidade é o cambio climático. Como afecta á Galiza en particular e que estratexias considera que se deben seguir para pórlle freo? Estamos a ver as consecuencias deste ritmo económico desenfreado que está a provocar unhas emisións moi grandes e catástrofes naturais en todos os lugares do mundo. A chave é actuar localmente; temos que tratar de aforrar enerxía mais tamén aforrar recursos, é dicir, reducir o consumo superfluo e centrarnos en cuestións que son fundamentais para os territorios, como poden ser a produción de alimentos ou de certos materiais que son necesarios para a nosa vida. Desde logo, o modelo colonial, xa sexa no eido enerxético ou na produción de pasta de papel utilizando unha especie invasora como é o eucalipto, loxicamente non é un bo negocio para a Galiza. Aquí o cambio climático pode afectar de moitas formas; un efecto a medio ou longo prazo pode ser a suba do nivel do mar. Se sobe a temperatura global, vai acabar derreténdose o xeo que hai nos polos e provocando unha suba que, aínda que sexa só duns pouco centímetros pode ser catastrófica para a nosa costa. Todo o relacionado coas secas que o cambio climático provoca tamén pode afectar especialmente na Galiza. Parece difícil de pensar, mais a Galiza pode chegar a ter déficit de auga, tanto para a poboación como para as nosas actividades de consumo ou a propia natureza que vería como mudan os seus hábitats. Todo isto está a acontecer xa e imos ver cada vez como ocorre con máis frecuencia. A respecto do cambio climático temos unha liña estratéxica que aprobamos na última asemblea de Adega e que imos reforzar. Nós levamos traballando sobre o cambio climático desde cando nin se falaba do tema. —O cambio climático afecta todo mundo e, por tanto, todos desempeñamos un papel en intentar frealo. Con todo, as responsabilidades dunha persoa de a pé non son as mesmas que as dunha multinacional ou unha Administración. Que nivel de responsabilidade ten cadaquén? Evidentemente as grandes empresas están nun sistema no que se senten cómodas, polo que nos opoñemos a este sistema. Non pensamos que haxa que facer pequenos cambios senón que apostamos por mudar o sistema directamente. En moitos casos, as Administracións deberían estar a pensar máis no conxunto da poboación e na natureza e non tanto en favorecer as grandes industrias. A Administración galega debería pensar máis en temas que está a deixar pasar como pode ser a protección das nosas especies en perigo de extinción. O mesmo acontece coas especies exóticas invasoras; na maioría dos casos a resposta da Administración adoita chegar demasiado tarde, cando xa non se pode facer nada ao respecto. A chave está en traballar na prevención e evitar plantar estas especies, porque cando xa están no territorio é case imposíbel eliminalas. Nós tratamos de facer divulgación para que a poboación se dea conta da importancia destes temas mais tamén cada persoa pode desempeñar un papel como saber recoñecer estas especies exóticas invasoras, localizalas e avisar de onde están. —Que consellos daría á xente para axudar o planeta? Unha cuestión realmente importante é a xestión de residuos. Nós sempre dicimos que o mellor residuo é aquel que non se xera mais unha vez que se xera, debemos saber que facer para xestionalo correctamente. Os residuos máis abundantes nos fogares son os orgánicos, polo que debemos coñecer as mellores ferramentas para compostalo, principalmente para non ter que estar transportando cara a Sogama desde todos os lugares da Galiza. Se comemos unha mazá, que é todo auga, e a teñen que levar en ocasións a centos de quilómetros para que sexa incinerada é algo que non ten ningún tipo de sentido. A solución que nós propomos é deixar de incinerar residuos para que, a nivel particular, se intente compostar, xa sexa na nosa casa ou compostorios comunitarios. Os outros residuos son máis fáciles de separar e, por tanto, de reciclar. Outras accións que podemos levar a cabo son a aposta por cultivos autóctonos, consumir produtos o máis próximos posíbeis ou mesmo, se podemos cultivar nós parte da nosa dieta sería o ideal, mais sendo conscientes do que lle estamos botando á terra evitando produtos sintéticos. Para alén diso, se temos unha finca na cal poidamos plantar árbores autóctonas e crear puntos que sexan interesantes para a fauna sería algo tremendamente bo para a natureza. —Un tema moi de actualidade no país é o incremento de parques eólicos. Do punto de vista ecolóxico, cales son os maiores retos que enfrontamos após a prevista instalación dos macroparques? Loxicamente cando se fala das enerxías renovábeis, choca un pouco que unha asociación ecoloxista como a nosa se opoña. Obviamente estamos a tratar un tema moi complexo mais nós percibimos que unha gran parte da poboación está a darse conta de que non é tan sinxelo como estar a favor ou en contra dun tipo de enerxía. Ao principio só se falaba de impacto paisaxístico ou de aves que morrían por impactar contra as aspas, mais estamos a ver que é unha problemática que vai máis alá. A nivel ecolóxico hai unha serie de efectos sobre a natureza e sobre os servizos ecosistémicos que é o que nos permite ter un ar limpo, ter auga abundante e de calidade. Nós non nos opoñemos á instalación de todos os aeroxeradores senón que nos opoñemos á intención de levar a cabo un espolio no noso país. Ademais, a instalación masiva de parques eólicos podería afectar zonas de alto valor ecolóxico e zonas de alto valor produtivo como son vales e zonas poboadas. Desde Adega escoitamos todas as posicións e intentamos actuar co que sexa o mellor para o país. A plataforma 'Eólica, así non' leva facendo un traballo moi interesante desde o ano pasado aglutinando até 75 colectivos para loitas pola defensa da Galiza. En definitiva, cremos que o plan eólico está totalmente desfasado con leis de xentrificación administrativa que nós chamamos lei de depredación. Deberiamos ter maneiras de protexer nós o noso. —Falando sobre as renovábeis. No caso galego, cal cre que son as enerxías renovábeis que se deberían promover e implantar? Non é tan simple como mudar un sistema de enerxías fósiles por un de renovábeis, porque todas as enerxías teñen o seu impacto. En moitas ocasións, os materiais que fan falla para instalar estas estruturas enormes poden traer certos problemas. Por iso cómpre apostar polo aforro, tentar reducir o consumo e mudar o sistema. Debemos tratar tamén de ser eficientes e aí é onde é preciso analizar cales son as enerxías máis lóxicas para implantar en cada territorio. Pode ser eólica con aeroxeradores, se cadra, máis pequenos e que estean situados perto dos núcleos de consumo. Pode ser enerxía solar tamén, aproveitando a cuberta de parques empresariais ou até xeotérmica e hidráulica nos lugares onde sexa necesario. A chave está en minimizar os transportes de enerxía. —Acerca da eucaliptización. É un dos grandes problemas que o país enfronte mais cal é a dimensión verdadeira da problemática e cales serían os pasos a dar para tentar solucionalo? Estamos falando dunha superficie de plantacións de eucalipto de aproximadamente entre 17 e 20% da superficie total galega, é dicir, entre 500.000 e 600.000 hectáreas desta especie invasora. Con isto xa podemos facernos unha idea do dramática que é a situación. A perda de biodiversidade é un dos principais problemas, tanto polos efectos que ten a planta como pola súa xestión. É vital que se mude a política forestal e apostar máis polas especies autóctonas e facer un mercado de madeiras de calidade. Mais isto é aínda máis grave se pensamos que aquí nin sequera se fecha o ciclo produtivo, producimos a pasta de papel que se exporta a outros países para facer papel hixiénico. É realmente descorazonador o que están a facer co noso territorio. —Sobre as prealertas de seca que se veñen dando nos últimos tempos. Hai un perigo real de que se impoñan restricións ao consumo de auga na Galiza? Se non a curto prazo, a medio ou longo prazo non podemos estar tranquilos a 100% en ningunha comarca do país. Unha das consecuencias do cambio climático é esa, períodos moi longo sen chuvias que provocan secas ou período de chuvias moi fortes pero máis concentradas. É moi necesario que coidemos moito a nosa auga, sermos moi precavidos á hora de botar, por exemplo, puríns antes de chuvias para non contaminar acuíferos e demais. —Para alguén que non coñeza a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, en que consiste o seu labor, que papel desempeña? Adega é a unha asociación aínda máis vella ca min, fundouse non anos 70 e nace da necesidade de protexer o medio ambiente galego como seu propio nome indica. Nós en Adega funcionamos como unha serie de socias e socios e unha directiva moi ampla na cal hai persoas expertas en distintas materias, normalmente todas teñen a ver co medio ambiente, mais tamén hai xente experta noutros ámbitos. Desde a directiva tentamos ter sempre pensamentos críticos e ben formados, polo que é fácil asesorarnos en case calquera tema. É un funcionamento práctico e eficaz mediante o cal podemos dar resposta ás problemáticas ambientais que temos na Galiza. Unha cuestión da que gusto moito de Adega é a parte activista de desempeño de actividades en contacto coa natureza como poden ser actividades de educación ambiental e outras divulgativas ou máis reivindicativas como as deseucaliptizacións. —Sinala que Adega botou a andar antes de que vostede nacera. Que loitas históricas destacaría da entidade que agora dirixe? As primeiras reivindicacións grandes de Adega foron contra as nucleares. Pretendíase instalar en Xove unha central nuclear o cal supuña moitos problemas, sobre todo no vertido dos residuos radioactivos. Naquel momento fixéronse moitos actos contra esa central, viaxouse a Bruxelas para dar visibilidade ao problema. Outra loita histórica da nosa asociación foi contra Ence e a súa instalación na ría de Pontevedra, unha batalla que hoxe continuamos. —Como é a cobertura do ecoloxismo no panorama mediático actual? En xeral, mal. É fundamental proporcionar información científica á poboación, sen informacións manipuladas por sectores económicos que acaban por ser moi perigosas para o clima en xeral. O papel dos medios é fundamental nesta batalla que nos afecta a todas e todos. —Como valora a existencia de 'Nós Diario' como xornal diario dixital e en papel íntegro en galego? A existencia de Nós Diario é tremendamente positiva. É importante que sexamos conscientes do que temos no noso territorio e traballar nel, pensar no país desde o país. Nós Diario achega información galega desde a Galiza e iso é fundamental. Son lector do Nós e a verdade e que me sinto privilexiado de que se conte con Adega para poder expresar os nosos puntos de vista sobre o clima e a defensa ecolóxica do país."}
{"ID": "PRAZA_9567", "summary": "A aseguradora ofrécelle ao persoal dos tres centros que pechará na Coruña, Pontevedra e Ourense manter os seus empregos se se trasladan a Oviedo. As traballadoras de Teleperformance fixeron folga este luns denunciando os máis de 100 despedimentos producidos no último ano", "text": "O pasado xoves, na véspera das mobilizacións do 8 de marzo, a empresa Accepta Soluciones Integrales, filial de atención telefónica da aseguradora Grupo Santa Lucía anuncioulle ao seu persoal o peche da maior parte das súas 53 oficinas en España, co obxectivo de \"centralizar\" os seus servizos en cinco sedes: Madrid, Oviedo, Sevilla, Valencia e Hospitalet. A medida implica o peche dos tres centros que a compañía tiña en Galicia (A Coruña, Pontevedra e Ourense) e, na práctica, o despedimento, de máis de 90 traballadoras.A compañía ofrécelle ao persoal manter os seus empregos se se trasladan a OviedoO Grupo Santa Lucía negociará este mércores cos sindicatos a forma en que se levará a cabo a \"reestruturación\" do cadro de persoal, ofrecéndolles a todas as operadoras o traslado a algún dos cinco centros que quedarán abertos. É dicir, as 90 empregadas galegas poderán manter os seus postos se se desprazan a Oviedo, algo que parece pouco probable para empregos con salarios inferiores aos 700 euros mensuais. Os sindicatos denuncian que na práctica esta operación constitúe un despedimento encuberto co que a empresa busca rescindir os seus contratos aboándolles unicamente 20 días por ano traballado.O anuncio do peche das tres centrais de Santa Lucía en Galicia engádese a unha longa lista de malas noticias para o sector do telemarketing no noso país. Ao ERE presentado en Bosch e que afecta a máis de 650 traballadoras (máis outras 200 contratadas por ETT e non renovadas) e aos 11 despedimentos que houbo en Atento dende comezos de ano, uníronse nas últimas semanas os problemas en Teleperformance e DxC.O ERE presentado en Bosch para 650 traballadoras en Vigo, ou os recentes despedimentos en Atento, únese a situación en Teleperformance en en DxC, todas na CoruñaAs traballadoras de Teleperformance, empresa que emprega a 500 persoas na Coruña, iniciaron mobilizacións en xaneiro, denunciando que que no último ano houbo máis de 100 despedimentos na central coruñesa e que tan só no mes de decembro a empresa botou á rúa a máis de 50 persoas. Este persoal formaba parte dunha nova campaña de Orange para a que Teleperformance colleu a 80 traballadoras, pero que tras realizar unha formación non remunerada durante cinco semanas, ao pouco de seren contratadas, a dirección comunicoulles o seu cese alegando que non superaran o período de proba. \"En realidade o que ocorreu é que Teleperformance calculou mal o persoal que precisaba e despediunos con esa escusa, intentando tapar así un despedimento colectivo e o que iso implica\", denuncia a CIG.Os sindicatos critican ademais que as últimas contratacións realizadas en Teleperformance foron todas de xornadas de 25 horas ou menos, incrementando así a precariedade laboral. Ademais, denuncian que a empresa retirou sen previo aviso as ampliacións de xornada até as 30 horas que estaba realizando nalgunha campaña, polo que hai traballadores e traballadoras que veñen de fóra da Coruña \"a quen o salario non lle chega nin para pagar os desprazamentos\", di a CIG. Este luns CIG, CC.OO. e UGT convocaron un paro dunha hora de duración en Teleperformance, que foi secundado polo 80% do cadro de persoal, que protestou contra os \"despedimentos inxustificados\", a precariedade laboral, a denegación das peticións de reducións de xornada, as \"presións constantes\" nas campañas ou a \"falta de control e transparencia\" ante os cambios constantes de persoal entre campañas.No último ano houbo máis de 100 despedimentos en Teleperformance, 50 só no pasado mes de decembroMentres, o persoal de DxC, tamén na Coruña, leva semanas mobilizándose en protesta contra \"o desmantelamento progresivo do centro de traballo\", no que chegaron as traballar máis de 300 operadoras. O Comité de Empresa, formado por CIG e CC.OO., denuncia que a compañía está presionando o seu persoal para que asine baixas voluntarias.A empresa vén de perder un dos servizos que prestaba para Servihabitat (inmobiliaria de CaixaBank) e no que estaban destinadas 33 persoas do cadro de persoal propio e 64 mediante subcontratacións. Dende o comité esixíuselle á empresa a recolocación do 100% dos traballadores e traballadoras afectadas, mais \"en todas as reunións a empresa deunos unha evasiva por resposta sen concretar en ningún momento as súas intencións\", denuncia a CIG."}
{"ID": "NOS_42833", "summary": "CCOO e UXT exixen subir o SMI até os 1.000 euros mensuais, un incremento que a CEOE ve \"complicado\" porque \"aínda hai moitas empresas que non se recuperaron da crise\".", "text": "O Ministerio de Traballo e Economía Social reúnese esta segunda feira con representantes de Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UXT), Confederación Española de Organizacións Empresariales (CEOE) e Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme) para tentar acordar a suba que debe experimentar este ano o salario mínimo interprofesional (SMI), actualmente situado en 965 euros ao mes por catorce pagas. O encontro, que arrinca ás 10 horas na sede ministerial, estará presidido polo secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey, e non será coas 'primeiras espadas' das organizacións sindicais e empresariais, xa que terá un carácter máis técnico. Todo apunta a que desta negociación sairá un novo acordo entre o Goberno estatal e os sindicatos, mais sen o apoio do empresariado, como xa ocorreu coa anterior suba do SMI. A ministra e vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, comparecerá contra as 13 horas xunto a Pérez Rey para informar do desenvolvemento da reunión. Sobre a mesa está a demanda de CCOO e UXT de subir o SMI en 2022 até os 1.000 euros mensuais, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro, en cumprimento do compromiso que subscribiron co Goberno para mediados de setembro do ano pasado, cando acordaron elevalo a 965 euros con efectos desde o 1 de setembro. Goberno e sindicatos estabeleceron tamén no devandito acordo o compromiso de que o SMI, mediante a súa \"progresiva revisión\" en 2022 e 2023, alcance 60% do salario medio antes da fin da lexislatura, tal e como determina a Carta Social Europea subscrita por España e como prometeu o Goberno de coalición. Do devandito acordo quedaron descolgadas as organizacións empresariais CEOE e Cepyme, que entendían que non era o \"momento\" de elevar o salario mínimo dado que a economía española estaba \"comezando a recuperarse\" e a creación de emprego podería verse \"danada\". A CEOE veo \"complicado\" Un argumento similar é o que está a esgrimir actualmente a CEOE para rexeitar esa posíbel suba do SMI até os 1.000 euros. O seu presidente, Antonio Garamendi, advertiu a semana pasada de que subilo até esta cantidade, como reclaman os sindicatos, podería provocar unha \"contracción importante do emprego\", pois aínda hai empresas que non se recuperaron da crise, sobre todo as máis pequenas. \"O dos 1.000 euros véxoo complicado [...] Hai un problema de solvencia nas empresas e as máis pequenas están bastante afogadas. Levamos dous anos moi complicados\", subliñaba Garamendi hai uns días. Ademais, lembraba que o SMI subiu 30% nos últimos tres anos, que oito territorios do Estado presentan xa un salario mínimo superior a 60% do salario medio e que estes incrementos deben tamén quedar recollidos nos contratos públicos. A vicepresidenta Díaz indicou que o obxectivo do Goberno para 2022 é seguir a senda recomendada polo comité de persoas expertas do SMI no camiño de situalo en 60% do salario medio a final de lexislatura. Este comité expuxo para 2022 unha suba de entre 24 e 40 euros ao mes, en función de varios escenarios. Para 2021 recomendou elevalo entre 12 e 19 euros, mais finalmente o Executivo estatal subiuno 15 euros, dentro do treito aconsellado."}
{"ID": "NOS_28000", "summary": "Falamos co secretario xeral de CxG ás portas da Convención Nacional que o partido realiza este domingo, 17 de abril, e no que está en xogo, dinos, \"moito máis que como concorremos ás eleccións\".", "text": "Xoán Bascuas (Rüsselsheim, Hessen, Alemaña, 1971) é secretario xeral de Compromiso por Galicia, un partido que este domingo, 17 de abril, realiza en Teo a Convención Nacional na que se debatirá e decidirá sobre a forma de concorrer ás eleccións galegas. Unha decisión, como manifesta o propio Bascuas, cuxas implicacións van \"máis alá\". Unha Convención Nacional para decidilo todo? Unha convención na que se vai poñer en xogo non tanto como concorremos a unhas eleccións, senón o camiño futuro de CXG, algo que vai estar presente nas propostas. É un punto de inflexión na curta vida de Compromiso por Galicia, porque o resultado que se dea vai ter efectos á hora de como este partido participa publicamente en política. É a confirmación de que hai, por dicilo así, dúas almas en CxG? Non afirmaría iso. O debate non é ideolóxico, é táctico, e se me apuras, até estratéxico. Non hai dúas almas diferentes sobre o que debe pensar CxG, mais si sobre que facer neste proceso electoral. E non só sobre este. Se Compromiso aposta por facer parte dese proceso de acumulación de forzas, despois non vexo que poida baixarse na seguinta cita. Mais a visibilidade de CxG como entidade propia desaparece? A día de hoxe non se sabe moi ben cal é a fórmula coa que se vai concorrer nese proceso de acumulación de forzas. Anova e as candidaturas municipalistas parece que están máis polo partido instrumental, mentres que Podemos e Esquerda Unida son máis reticentes. Nunha coligazón as forzas que a integran teñen máis visibilidade, é de lóxica. Houbo unha Convención en outubro para decidir sobre como concorrer o 20-D. Optouse por non facelo e deixar liberdade á filiación. Non concorrer é un escenario que semella que non se contempla agora. Pasou factura a decisión daquela? Daquela Compromiso fixera un esforzo para que houbese unha candidatura galega unitaria. Mais ningún dos dous bandos tivo xenerosidade para confluír e preferiron xogar, un e outro, á mantenta para deixar ao outro fóra de xogo. CxG cumpriu coa súa palabra, dixo que se non era nunha candidatura unitaria non concorrería, e así o fixemos. Fomos coherentes, a decisión pode ter custos, mais na política hai que cumprir o que se di."}
{"ID": "NOS_7508", "summary": "As referencias ao Comité Clínico do Sergas son unha constante de Alberto Núñez Feixoo desde o comezo da pandemia. Conformado practicamente a partes iguais por responsábeis políticos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e especialistas sanitarios, detallamos a súa composición, competencias e funcións prácticas.", "text": "O Comité Clínico do Servizo Galego de Saúde (Sergas) é o organismo da Administración galega encargado de dirixir e coordinar a estratexia contra a pandemia. Segundo a Xunta da Galiza, corresponde a este órgano analizar alternativas sanitarias diante da situación creada, suxerir propostas para paliar as consecuencias do coronavirus, fixar as medidas de restricións para facer fronte ao avance da pandemia e acordar os diversos niveis de confinamento en función da evolución da doenza. Así, por exemplo, foron membros deste comité os que elaboraron os informes empregados polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, para estabelecer a convocatoria das eleccións en xuño e para realizar os diversos plans de desconfinamento. A Consellaría de Sanidade salienta o carácter técnico do comité, conformado por expertos sanitarios e de carácter independente. Constituído en marzo de 2020, coincidindo coa aparición dos primeiros casos de coronavirus no país, nun primeiro momento estivo conformado por un grupo reducido de persoas, ampliando o seu número progresivamente até os 37 actuais. A súa composición ten sufrido numerosas mudanzas, como consecuencia dos cambios na Consellaría de Sanidade após as pasadas eleccións galegas e tras a saída do anterior conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, e da súa substitución por un novo equipo encabezado por Julio García Comesaña. Cargos políticos O 47% dos membros do Comité Clínico son cargos políticos. Entre eles atópanse o presidente da Xunta da Galiza; o conselleiro de Sanidade; o secretario xeral técnico da Consellaría de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; o xerente do Sergas, José Flores Arias; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo. Alberto Fuentes, xurista e funcionario de habilitación nacional que ten ocupado con anterioridade responsabilidades na Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, carece de formación sanitaria. Elonía Núñez, curmá de Feixoo, provocou malestar no persoal sanitario ao apuntar que se contaxiaban nas salas de café Jorge Aboal e Carmen Durán son dúas das caras máis recoñecidas do órgano. O primeiro, ligado de vello ao Partido Popular, xa ocupou cargos de responsabilidade política na Xunta da Galiza durante a etapa de Manuel Fraga, ao igual que o seu irmán, José Luís. Malia ser médico de formación, a práctica totalidade da súa carreira profesional desenvolveuna ocupando tarefas administrativas nas áreas de documentación e admisión clínica. A día de hoxe está considerado como unha das persoas con máis poder dentro da Consellaría de Sanidade. Carmen Durán ten exercido nos últimos tempos como portavoz do comité. Farmacéutica de formación, a maior parte da súa actividade profesional realizouna como directiva do Sergas na Xerencia da área sanitaria da Mariña ou na propia estrutura central da Consellaría, desenvolvendo labores clínicos no ámbito farmacéutico. Membro do órgano con anterioridade ao proceso electoral de xullo pasado, da súa dirección xeral depende a área de Epidemioloxía, especialidade chave nunha situación de pandemia e cuxo responsábel non fai parte do comité clínico, a diferenza do acontecido no anterior mandato de Feixoo con Xurxo Hervada. O responsábel do feche do paridoiro de Verín e a curmá de Feixoo A totalidade dos xerentes das sete áreas sanitarias nas que se organiza o Sergas tamén fan parte do comité. Trátase de cargos de libre elección designados pola Xunta da Galiza e cuxo perfil responde a directivos especializados na xestión sanitaria. A relación completa está formada por Luís Verde Remeseiro (A Coruña e Cee); Ángel Facio Villanueva (Ferrol), Eloína Núñez (Santiago e Barbanza), Ramón Ares Rico (Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos), Félix Rubial Bernárdez (Ourense, Verín e O Barco), José Ramón Gómez Fernández (Pontevedra e Salnés) e Javier Puente Prieto (Vigo). Rubial está detrás do fechamento do paridoiro de Verín e da dimisión dos xefes de servizo de Vigo Os nomes dalgúns deles están asociados aos conflitos máis polémicos vividos na sanidade galega nos últimos anos. Así, Rubial foi imputado en 2016 por atrasar o tratamento ás persoas doentes de Hepatite C, mais a causa foi posteriormente arquivada. Tamén, como responsábel da área sanitaria viguesa, foi quen se enfrontou aos facultativos de Vigo nunha lea que rematou coa dimisión da totalidade dos xefes de servizo de Atención Primaria e co traslado de Rubial a Ourense. Á fronte desta área executou en 2019 a decisión de fechar o paridoiro do Hospital de Verín. A presión popular levouno a recuar e foi acusado de impulsar o expediente ao xinecólogo Javier Castrillo, un dos referentes na defensa dos servizos sanitarios na comarca de Monterrei. Pola súa banda, Eloína Núñez é curmá de Feixoo. Concelleira do PP en Ourense na década dos 90, foi nomeada xerente da área sanitaria de Ourense en 2009, só 40 días despois da elección de Feixoo. Foi trasladada coa mesma responsabilidade a Compostela en 2017, após unha polémica xestión, con denuncias en 2012 por trato de favor ao seu marido. A comezos de xuño de 2020, nunha entrevista sinalou que o coronavirus expandiuse entre os sanitarios \"non polo traballo no hospital\" e que estes o transmitiron aos seus compañeiros nas salas de café dos centros de traballo. Onde están as persoas expertas en epidemioloxía? As profesionais especializadas en Saúde Pública e Medicina Preventiva adoitan ser as mellor formadas e con maiores coñecementos en Epidemioloxía, mais son un grupo moi reducido no Comité Clínico do Sergas. Entre estas atópanse a xefa do Servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria da Coruña e Cee, María José Pereira Rodríguez; a xefa do Servizo de Medicina Preventiva da área de Ourense, Verín e O Barco, María Sande Meixide, ou Pilar Farjas Abadía. Farjas foi directora xeral de Saúde Pública na etapa de Manuel Fraga na Xunta da Galiza, alto cargo do Ministerio de Sanidade na época de Ana Pastor, xefa de gabinete da Consellaría de Pesca en 2004, concelleira e deputada provincial do PP na Coruña, primeira conselleira de Sanidade de Alberto Núñez Feixoo e secretaria xeral de Sanidade con Mariano Raxoi. É unha das referencias máis significadas do Partido Popular en materia sanitaria. A polémica persegue algúns dos expertos do Comité Clínico. É o exemplo de José Manuel Vázquez Lima, coordinador de Urxencias Hospitalarias da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e cuxas críticas á xestión da pandemia por parte do Goberno do Estado teñen atopado acubillo en diversos medios de comunicación. Vázquez Lima, presidente da Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (Semes), realizou numerosas declaracións contra o recentemente dimitido ministro de Sanidade, Salvador Illa, e contra o director do centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón. A composición do comité reflexa un déficit en especialidades sensíbeis para enfrontar esta pandemia. Neste sentido, só fai parte do mesmo un experto en Pneumoloxía ou dous xeriatras, cando a súa relación cos cadros clínicos que presenta a Covid-19 son moi intensas."}
{"ID": "PRAZA_19920", "summary": "O Bloque lembra con varios actos o movemento de oposición á central, que sorteou a prohibición do gobernador civil de Lugo e tornou a marcha de Xove nunha multitudinaria mobilización", "text": "O 10 de abril de 1977 era un día chuviñento. Naquel Domingo de Resurreción polas rúas de Viveiro tamén ecoaba a nova que marcara a xornada anterior, a legalización do PCE por parte do Goberno de Adolfo Suárez, pero o fervedoiro político e sindical no que tornaran respondía a outro motivo. Ese domingo era a xornada elixida para canalizar a través dunha gran manifestación a oposición á construción dunha central nuclear nuclear no lugar de Regodela, en Xove, que xermolaba na contorna dende había catro anos antes. A convocatoria foi todo un éxito, milleiros de persoas -unhas 8.000, segundo a organización, e arredor de 5.000, atendendo á prensa da época- desafiaron a prohibición do gobernador civil de Lugo nunha mobilización que tornou en icónica e que o BNG vén de reivindicar no seu cuadraxésimo aniversario cun acto conmemorativo. A opinión das clandestinas formacións da esquerda galega non era unánime sobre a central cando chegaron as primeiras novas ao respecto, en 1973. No entanto, organizacións como a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e a Unión do Povo Galego (UPG) e asociacións culturais ligadas ou afíns a elas -como a Agrupación Cultural Sementeira, de Viveiro, ou o Club Cultural Valle Inclán, en Lugo-, así como ás Comisiós Labregas, desenvolveron un intenso labor informativo e mobilizador na zona. Conferencias de economistas e enxeñeiros sobre os perigos ecolóxicos e económicos e fitos como un debate sobre a enerxía nuclear na sala de festas Verxeles de Viveiro, coa asistencia dunhas 2.000 persoas, inclinaron o sentir popular contra os plans de Fenosa, Eléctrica del Viesgo e Hidroeléctrica del Cantábrico. As autorizacións outorgadas polo Goberno de Adolfo Suárez para dar luz verde ao proxecto que comezara a xestarse nos derradeiros anos da ditadura serviron para aguilloar definitivamente a mobilización. A prohibición gobernamental foi sorteada tornando a manifestación prevista nunha marcha a pé. Masiva, pero pola beira da estrada e cun servizo de orde que reiteraba a necesidade de non incorrer en provocacións cara á Garda Civil. A marcha contra a central nuclear durou unhas tres horas e rematou no adro da igrexa de Xove, con discursos contra o proxecto de Fenosa que a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, evocou este sábado, máis de 40 anos despois. O movemento de oposición á central sorteou a prohibición do gobernador civil de Lugo e tornou a marcha de Xove nunha multitudinaria mobilización Acompañada por participantes naquelas mobilizacións, como o na altura líder das Comisións Labregas, Emilio López Pérez (Milucho), Josefa Domínguez ou Antonio Oca, a portavoz do Bloque subliñou a \"vixencia\" das reivindicacións daqueles anos. A formación nacionalista, di, sente \"orgullo\" por facer parte dunha \"gran historia de defensa do interese xeral de Galiza\" e da loita \"contra o espolio dos recursos naturais de Galiza\" que, na súa opinión, se manifesta en 2017 coa oposición aos plans do Grupo Villar Mir para segregar e vender as centrais hidroeléctricas que explota Ferroglobe -antiga Ferroatlántica-nos ríos Xallas e Grande. Placa conmemorativa no lugar das mobilizacións colocada este sábado polo BNG \"A mobilización social volve ser imprescindible para gañar esta loita, hoxe en Cee e Dumbría, como hai 40 anos en Xove\", di Pontón, quen ve a Feijóo \"empeñado en usar Galiza para pagar favores do PP\". A colocación dunha placa conmemorativa das mobilizacións de 1977 contra a central nuclear, cancelada definitivamente en 1984, e a inauguración na biblioteca de Viveiro dunha exposición sobre aquel movemento completaron este sábado os actos de lembranza organizados polo Bloque."}
{"ID": "NOS_23678", "summary": "O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) inicia mañá sábado, 10 de setembro, a súa novena edición co relatorio 'De Sellier a Gil. Primeiros anos do cinema en Galicia', impartido polo profesor José Luis Castro de Paz. E, ademais, unha retrospectiva do portugués André Marques, que tamén estará presente. Haberá filmes até o 18 de setembro.", "text": "A palestra inaugural compleméntase co visionado de 'Miss Ledyia', primeiro filme de ficción galego, con música en directo interpretada polo pianista Severiano Casalderrey. A cinta muda, que chega en 2016 ao seu centenario, proxectarase no marco do Ano Castelao promovido pola Deputación de Pontevedra, xa que o orixinal, dirixido por Xosé Gil e que se atopa depositado no Museo Provincial, conta coa participación do escritor rianxeiro como intérprete. Xa pola tarde, ás 18 horas, darán comezo as sesións cinematográficas, cunha retrospectiva do realizador portugués André Marques, que estará presente no pase. O multipremiado director e guionista, membro tamén do xurado do FICBUEU 2016, conta con filmes seleccionados en festivais de renome internacional, coma os de Berlín e Venecia. Desta volta presentará as obras 'O lago', 'Yulya' e 'Luminita', esta última xa exhibida na sétima edición do FICBUEU. Proxectaranse máis de sesenta curtas, desenvolverase entre o 10 e o 18 de setembro e repartirá 5.000 euros en premios O certame, no que se proxectarán máis de sesenta curtas, desenvolverase entre o 10 e o 18 de setembro e repartirá 5.000 euros en premios. Todos os pases da fin de semana son de balde, xa que a única sección para a que se precisa entrada é a de Competición, que se desenvolverá de luns a xoves en sesión dobre, ás 20 e ás 22 horas. Sete seccións Tras a o acto de apertura, as curtametraxes estrutúranse en sete seccións que se proxectarán polas tardes entre o sábado 10 e o venres 16, en horarios de 18, 20 e 22 horas. A primeira será unha retrospectiva do director portugués André Marques, mentres que as de Comedia, Animación, Iberoamérica e Panorama poderán verse tanto na fin de semana coma de luns a xoves ás 18 horas. A invitación pode recollerse de balde no despacho de billetes o mesmo día. A sección Competición resérvase para os días 12 a 15 de setembro, nos que se desenvolverá a habitual sesión dobre ás 20 e ás 22 horas, cos mesmos cinco títulos en cada xornada. A entrada individual terá un custo de 2 euros mentres que o abono, que xa pode adquirirse na web, ten un prezo de 6 euros; tamén se poderán mercar presencialmente a partir deste sábado ás 11 horas. O venres, os pases das 20 e 22 horas resérvanse para a sección Galiza. A entrada é de balde agás a sección 'Competición' Doutra banda, as actividades paralelas inclúen tanto a conferencia de apertura como a que o profesor Xosé Nogueira impartirá o domingo 11 ás 12 horas, titulada 'Stanley Kubrick. O cine revisitado e a xeometría das imaxes'. Cara o final da semana, o xoves 15 ás 11 horas, alumnado dos colexios da vila asistirá ao visionado dunha selección de curtas. O venres 16 arrincará tamén ás 11 horas cunha masterclass sobre gravación de vídeo con cámara réflex e continuará ás 16.30 horas cun relatorio sobre a distribución internacional de curtas a cargo da Agencia Freak. O sábado 17 desenvolveranse dúas actividades pensadas para favorecer o intercambio entre os cineastas que nos visitarán e os espectadores do festival. Trátase dun roteiro por Cabo Udra, a partir das 11 horas, e a navegación pola ría a bordo das embarcacións tradicionais da asociación Os Galos, ás 16.30 horas, para as que é imprescindible reservar praza no mesmo enderezo electrónico. Ás 18 horas terá lugar o Encontro con Celso Bugallo, actor gañador dun Goya. A gala de entrega de premios dará comezo ás 21.30 horas e o público que acuda poderá achegarse logo á festa de clausura no café-bar El Balcón."}
{"ID": "NOS_45179", "summary": "O lehendakari Urkullu considera que a proposta presentada pola esquerda abertzale \"deosta a democracia representantiva mediante plataformas cuxo destino non se aclara\".", "text": "O lehendakari Iñigo Urkullu rexeita a proposta de 'Vía vasca' presentada por EH Bildu porque, ao seu xuízo, \"deosta a democracia representativa\" e pretende a \"desmontaxe\" das institucións actuais para \"chegar a algo que non aclaran\". Urkullu referiuse á proposta feita pública o pasado día 24 de xaneiro pola esquerda abertzale nunha entrevista que publica este domingo El Diario Vasco, na que, ademais de criticar esta formulación, non descarta alcanzar pactos após as eleccións de maio para garantir a gobernabilidade en territorios como Guipuscoa, aínda que o PNV non se sitúe como primeira forza. Sobre a 'Vía vasca', unha proposta que parte da realidade xurídico-política actual pero defende a \"desobediencia\" e a utilización das institucións ao servizo do \"dereito a decidir\", o lehendakari amósase moi crítico. Aínda que \"puidese parecer que hai un respecto ao ámbito institucional\", ao seu xuízo, a proposta é \"unha vía para que, baixo a escusa de procesos participativos, deostando a democracia representativa, se constrúan plataformas alternativas para chegar ás institucións\" e, despois, \"proceder á súa desmontaxe para chegar a algo que non aclaran\"."}
{"ID": "NOS_45965", "summary": "Cando menos 18 persoas refuxiadas afogaron a pasada noite logo do naufraxio dunha obsoleta embarcación na que viaxaban fronte ás costas turcas. En 2015 morreron máis de 600 persoas na ruta marítima entre Turquía e Grecia.", "text": "O mar Exeo foi testemuña dun naufraxio a dúas millas náuticas das costas turcas. Así, na pasada noite, faleceron afogadas 18 persoas, entre elas crianzas, mentres que outras 14, de nacionalidade siria, iraquí e paquistaní, foron resgatadas e hospitalizadas por hipotermia. O estado das persoas superviventes é grave. Trátase este dun novo naufraxio no que morren persoas refuxiadas que se dirixían a Grecia para poder entrar na UE. No que vai de ano, foron perto de 800.000 as persoas refuxiadas que chegaron a países membros da UE fuxindo dos conflitos ou da miseria. A meirande parte das persoas refuxiadas proceden de Siria, O Iraq e Afganistán, aínda que tamén hai persoas con nacionalidade africana. Faleceron na ruta marítima entre Turquía e Grecia máis de 600 persoas, segundo datos da ONU e da Organización Internacional para as Migracións (OIM)."}
{"ID": "NOS_26965", "summary": "A décima primeira edición da Mostra organizada polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, comporase de 20 filmes participantes na sección concurso, que este ano terá unha dotación económica para os mellores filmes etnográficos.", "text": "O vindeiro 13 de xuño botará a andar a XI Mostra de Cine Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. Nesta edición, que durará até o día 18 do mesmo mes, serán 20 os filmes participantes que serán proxectados en tres diferentes salas compostelás: O Salón Teatro, o Teatro Principal e o propio Museo do Pobo Galego. Esta mostra recolle produccións internacionais de todo tipo coa condición de que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais e os xeitos de vivir e de entender a vida no seo dunha comunidade. Os filmes deben ter como foco principal ás persoas, grupos sociais ou procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía. Entregarase o Premio a mellor producción galega e o Premio ao mellor filme etnográfico Por primeira vez na historia do festival cinematográfico, entregaranse dous premios, con dotación económica, ao mellor filme etnográfico e á mellor producción galega ou referida a Galiza. No primeiro caso, o premio será de 900 euros e no segundo, de 600. Ademais, existirá un premio entregado polo público que consistirá nun trofeo acreditativo e nun diploma. As películas participantes son: Baratometrajes - El futuro del cine hecho en España, Una carrera de fondo, Via Crucis migrante, Reveka, District Zero, Verengo, A Seara, Spés, Strana Udehe, 56, Espés, Alpuxarras, Muros, Extremos \"Viaje a Karukinka\", Bango, Fíos Fóra, Las lágrimas de África, Os días afogados, Los Pelotaris, Cantos y crónicas de una barriada olvidada e Tesouro de Corcoesto."}
{"ID": "NOS_36800", "summary": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou no mitin celebrado pola súa formación na capital galega, xunto a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, e a alcaldábel nacionalista Goretti Sanmartín. \"Non queremos retroceder, nin repetir catro anos de ineficacia e parálise\" afirmou Pontón, quen puxo como exemplo para Compostela o modelo transformador que fai o BNG onde goberna.", "text": "No ateigado mitin de Compostela organizado polo BNG, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, apuntou que a formación que lidera está a alza e destacou o modelo municipal nacionalista, do que afirmou que \"funciona\", que é transformador e capaz de \"construír concellos que se converten en referentes a favor das persoas, de calidade de vida, concellos feministas, sustentábeis e honestos\". E engadiu que alí onde o Bloque goberna xestiónase ben cada euro. Salientou ademais o exemplo dos concellos gobernados polo BNG por seren \"dinámicos no económico, no social e no cultural\". Pontón salientou o exemplo dos concellos BNG por seren \"dinámicos no económico, no social e no cultural\" Pontón sinalou que precisamente ese é o modelo que presenta o BNG para Compostela \"como alternativa á decepción destes catro anos e como alternativa a quen quere retroceder ao pasado\", afirmou. Nese sentido, a portavoz nacional do BNG convidou á veciñanza de Compostela a \"non resignarse a retroceder nin a conformarse con quen só trouxo decepción\" e engadiu que o proxecto do BNG \"ten a man a man tendida para avanzar cara a ese Santiago que nos merecemos, abrindo un tempo novo en Compostela con Goretti Sanmartín como alcaldesa\", proclamou. Ademais de presumir dun \"BNG a alza\" afirmou Pontón que van a por todas para darlle a Santiago o proxecto transformador que necesita Hai candidatos nerviosos, afirmou Pontón, \"porque son conscientes da decepción que provocaron, nerviosos polas enquisas e polo ascenso do BNG\" e dirixiuse a eles para pedirlles \"que non se equivoquen de inimigo\". Ademais de presumir dun \"BNG a alza\" afirmou que van a por todas para darlle a Santiago \"o proxecto transformador que necesita\". Goretti Sanamartín: O BNG é garantía de que haxa un verdadeiro goberno que aplique políticas de esquerda e nacionalistas A candidata á alcaldía polo BNG, Goretti Sanmartín, afirmou que quere \"aplicar o modelo de concellos BNG para botar a andar Santiago\" e para iso está a recoller \"a enerxía e as vibracións positivas\" que transmite a veciñanza. Sanmartín augurou que o Bloque será a sorpresa do 26 de maio, xa que nun previsíbel contexto sen maiorías absolutas o BNG será \"garantía de que haxa un verdadeiro goberno que aplique políticas de esquerda e nacionalistas\", afirmou. Sanmartín, afirmou que quere \"aplicar o modelo de concellos BNG para botar a andar Santiago\" A alcaldábel da capital galega sinalou a necesidade \"da vontade de diálogo e negociación coas administracións para recuperar peso político para a capital do país\", e entre as prioridades salientou humanizar o Ensanche, saldar a débeda histórica do rural e dinamizar o comercio de proximidade. Para iso, comprometeuse a aplicar o pacto polo rural proposto por Ferusa, o pacto polas infraestruturas e a reindustrialización proposto polo Foro cívico e tamén a abordar un diálogo coa Igrexa para conseguir, entre outras cuestións, que pague o IBI. Ademais, Sanmartín anunciou que converterán Compostela nun referente cun Consello de Memoria Histórica, cun proxecto de historia das mulleres e na loita contra a LGBTfobia. Outra prioridade que tamén enunciou é \"mediante o modelo BNG\" conseguir unha cidade histórica viva, \"con servizos, fibra óptica, con axilidade nas licenzas, con ascensores, mellora da accesibilidade e axudas para a insonorización; para que o comercio e o mercado teñan vida\". Mulleres libres Sanmartín afirmou que \"queremos mulleres libres, nunha cidade ben iluminada e libre de agresións machistas como a que acaba de sufrir Montse en Vimianzo\". Sinalou a urxencia de contar cun xulgado de violencia de xénero en Compostela e que o plan de Igualdade sexa de verdade transversal e estea dotado economicamente. \"Temos que pasar da necesaria sensibilización á actuación\", afirmou. Ana Miranda pulará como eurodeputada pola recuperación de dereitos democráticos e liberdades A candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, salientou o carácter \"feminista\" da candidatura nacionalista e afirmou que as mulleres non queren ser números nas estatísticas da violencia machista, \"senón que queremos ser libres e iguais, e non imos permitir nin un paso atrás na defensa dos nosos dereitos\". Ana Miranda, salientou o carácter \"feminista\" da candidatura nacionalista e afirmou que as mulleres non queren ser números nas estatísticas da violencia machista Nesa liña, Ana Miranda comprometeuse a seguir defendo desde Bruxelas os dereitos das persoas LGTBIQ, en particular nun momento de involución democrática e de liberdades. Anunciou tamén o seu compromiso coa loita por unha Europa social e dos pobos, \"fronte a Europa dos lobbies económicos e dos estados que prima os intereses do capital e da banca fronte a vida das persoas\". afirmou."}
{"ID": "NOS_14445", "summary": "O pazo de Meirás acolle esta mañá o acto de entrega da propiedade ao Estado por parte da familia Franco, dona do inmóbel mediante unha fraude e desposuída deste conxunto patrimonial, o pasado mes de setembro, en virtude dunha sentenza. Con ela féchanse oito décadas de impunidade para o ditador e a súa descendencia, que malia acceder á devolución provisional do pazo ten recorrida esa resolución xudicial no derradeiro intento de manter uns bens que foron espoliados ao pobo de Sada coa chegada da Ditadura e cuxa devolución ao público nunca deixou de ser unha reivindicación social.", "text": "Hoxe cúmprense 82 anos e cinco días desde que a denominada Xunta Pro Pazo do Caudillo facía entrega formal ao ditador Francisco Franco do pazo de Meirás como doazón \"ao Xeneralísimo dos Exércitos e Xefe do Estado Nacional\". Hoxe, 82 anos e cinco días despois, cúmprese tamén a data fixada pola Xustiza para devolver este conxunto histórico, proxectado case cinco décadas antes do \"agasallo\" pola escritora Emilia Pardo Bazán para facer del a súa residencia, como patrimonio público. Ás 11 horas está fixado o acto de entrega voluntaria –ou, no seu caso, forzosa, mediante desaloxo– do inmóbel por parte dos descendentes do xeneral golpista ao Estado español, en execución provisional da sentenza que o pasado mes de setembro anulaba aquela doazón, así como o contrato de compravenda da finca na que se asenta o pazo, subscrito en maio de 1941, e condenaba os Franco a devolver o terreo e as edificacións a mans públicas. Será, sen dúbida, unha imaxe simbólica dun momento histórico, que acaba con oito décadas de impunidade do ditador e mais a súa descendencia, herdeira duns bens que, segundo a maxistrada Marta Canales, asinante da resolución xudicial, foron espoliados mediante unha \"ficción\" de compravenda. Execución provisional Simbólica, mais non irreversíbel, posto que a sentenza sobre a propiedade do pazo non é firme e a familia Franco ten presentado xa un recurso para tratar de revertela, decisión que recaerá na Audiencia da Coruña. A execución prevista para hoxe é, pois, provisional, acordada polo xulgado coruñés a instancias da Avogacía do Estado, co apoio da Xunta e dos Concellos de Sada e da Coruña, así como da Deputación coruñesa. Con todo, o proceso xudicial ten suposto xa varios reveses para a comunidade herdeira de Franco, que desde setembro tivo que asumir, ademais do xuízo, a prohibición de retirada dos elementos que se achan no interior do pazo e a catalogación dos mesmos, ao terse designado ao Estado depositario de todos estes efectos, \"para preservar a integridade do ben, asegurar que non se vulneren as medidas e o nivel de protección do inmóbel\", declarado en 2008 como Ben de Interese Cultural (BIC), e ante os indicios de que a familia pretendía trasladar estas pertenzas en camións, xa contratados, antes da entrega do edificio. Esta mesma semana coñecíase o contido do inventario efectuado a petición da Administración estatal, que inclúe perto de 700 pezas – 81 no exterior e 616 no interior–, nas que se contan as estatuas de Isaac e Abraham do Mestre Mateo, mais tamén cadros, efectos e móbeis de carácter histórico de Patrimonio do Estado cuxa orixe vincúlase, nalgún caso, ás Coleccións Reais Españolas, e tamén a petición dos Franco de poder retirar a totalidade ou parte deles, baixo o argumento de que os bens \"non engaden significación do inmóbel\". O inventario inclúe tamén a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, sobre a que a Xunta acaba de iniciar o expediente para a declaración como BIC. Este é un estrato do tema que publicamos hoxe, día en que se producirá a entrega deste inmoble ao Estado. Se queres saber máis atoparás o contido completo no Nós Diario que agarda no quiosque ou na tenda online. Para futuros despistes, é mellor que te subscribas xa!"}
{"ID": "NOS_25791", "summary": "Un poeta, un compositor e un cantante. É o equipo de traballo responsable do décimo quinto disco de Xoán Eiriz, no que pon voz a algúns versos do poemario Amada Rosalía, do escritor Suso Díaz. Ai Rosiña, O triste son da campana, Como chove miudiño e Canta meniña son as catro pezas que conforman este traballo.", "text": "Como nace este novo traballo? Suso comentoume que tiña ese traballo feito e pareceume moi orixinal. Aínda que hai moitos poetas que escribiron poesías á nosa Rosalía, un poemario completo, como é este, coido que non existe. Trátanse de 85 poemas e o disco é homónimo, tamén se titula Amada Rosalía. Nun comezo ía levar un mínimo de oito ou dez temas, pero decidimos sacalo con catro. Comezamos a gravar en febreiro de 2021 e non avanzaba ao ritmo esperado por mor da pandemia, pero penso que estas cancións teñen unha autonomía total e absoluta, son completamente diferentes. É como se dentro de cada unha delas houbese un disco en si mesmo. Que estilo musical seguen entón as pezas? Estas poesías de Suso foron convertidas en música por un gran compositor, Nacho Varela, que escribiu tamén o meu anterior disco. Eu sempre me movo ou tento beber moito do pop e das súas variantes, ben sexa jazz, reggae, etc. O pop é o denominador común, cunha diferenza. Mentres no anterior disco todo se asenta neste estilo musical, nesta ocasión tratamos de crear, dalgunha forma, unha música que tivese reminiscencias xa non soamente da música tradicional galega, senón tamén da música celta. Hai instrumentación propia destas vertentes, como poden ser o acordeón, violíns, percusión... sobre todo na peza Como chove miudiño. Co obxectivo de facer, dalgunha maneira e se é posíbel, aínda máis nosa a Rosalía. Conta co pop, pero tamén con esa instrumentación propia da música popular tradicional galega e da música celta. Esa foi a idea, buscando tamén algo que para min é moi importante: que as cancións non só cheguen a un público determinado, senón tamén á mocidade. De aí a introducir o pop, pero con estas pequenas achegas. Como foi o proceso de realizar a escolma dos poemas a musicar? A selección non foi sinxela. Neste libro hai unha premisa fundamental, que é que son cancións en si mesmas, os poemas teñen moita musicalidade. Suso inspirouse moito en Cantares gallegos e a partir dese verso principal desenvolveu a súa poesía. Os poemas, como se menciona no libro, son para cantar, hai moita música dentro deles. Non foi doado seleccionalos, posto que son todos fermosos. O máis importante é que a xente se decate de que estas poesías teñen moita música dentro e musicalas é un acto creativo magnífico. Todo o poemario é aproveitábel. Que supuxo este achegamento á figura de Rosalía de Castro? Todos coincidimos en que Rosalía é a nosa cantora máis universal. Non é amada soamente polos galegos, senón que ten millóns de seguidores espallados por todo o mundo. Que, por exemplo, Federico García Lorca lle escribise Canzon de cuna pra Rosalía Castro, morta dá mostra diso. Rosalía é verso, lingua e a alma da Galiza. Para min é unha satisfacción que Suso se acordase de min para cantar estas poesías que escribiu na súa honra. Fíxome moita ilusión, porque quero moito a Rosalía e nunca fixera un traballo dedicado á súa figura. É un proxecto arriscado, cantar a Rosalía non é sinxelo. Tivemos que buscar uns arranxos musicais adaptados aos nosos tempos e foi un traballo intenso, todo moi coidado. Quedei moi contento cos resultados, tiven a sorte de poder participar deste traballo e tentei cantar as cancións desde as cordas do meu corazón e con moito amor e admiración por Rosalía. Ten algún proxecto pensado para o futuro? O certo é que quedou unha fiestra aberta para facer unha segunda parte. En principio, este disco vai ter unha continuación e xa temos practicamente seleccionados os versos, que non é tarefa doada. Ademais, este mes, se as condicións así o permiten, queremos facer a presentación oficial na Casa de Rosalía."}
{"ID": "NOS_26037", "summary": "A Candidatura Galega chama cun acto simbólico na praia de Riazor a superar o marco da actual Constitución española para blindar \"os dereitos das maiorías sociais e das nacións\".", "text": "Nós Candidatura Galega reclamou este domingo a apertura dun novo proceso democrático cun acto simbólico na praia coruñesa de Riazor. Cunha faixa humana lanzaron a mensaxe \"Agora NÓS\" para pedir que se supere o marco da actual Constitución española, co obxectivo de \"garantir os dereitos das maiorías sociais e das nacións\". \"Só NÓS aposta porque Galiza continúe a ser unha nación con todos os dereitos\", dixo Carlos Callón. \"Nesta eleccións os galegos e galegas temos que escoller se queremos seguir sendo unha nación ou que Galiza pase a ser unha provincia esquilmada e despoboada. O 20D hai moitas opcións pero só a papeleta de NÓS-Candidatura Galega aposta por que Galiza continúe a ser unha nación con todos os dereitos e con voz propia en Madrid \", declarou o cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, que lembrou que ningunha persoa con menos de 50 anos puido participar no proceso constituínte. O acto foi promovido polo BNG, como forza integradora da candidatura. Entre as ducias de persoas que participaron do acto, estivo presente o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, que subliñou a importancia da candidatura galega. \"Ante unha Constitución que nega a Galiza como nación, Nós está empeñada en afirmar o carácter nacional deste país, porque temos dereito a existir e a ter futuro\", asegurou segundo nota de prensa da formación."}
{"ID": "PRAZA_20331", "summary": "No primeiro trimestre de 2017 presentáronse en Galicia un total de 1574 denuncias, fronte ás 1.355 do mesmo período do pasado ano. A cifra é a máis elevada da última década.", "text": "No primeiro trimestre de 2017 presentáronse en Galicia un total de 1.574 denuncias por violencia de xénero, un 16,2 % máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaran 1.355. Observando os datos dos últimos anos, apréciase unha evidente evolución crecente, sobre todo no último ano. O número de denuncias presentadas cada trimestre en Galicia adoita moverse dende a pasada década ao redor das 1.300, aínda que en 2012 e 2013 chegou a descender ata as 1.100, como un efecto derivado da crise económica e dunha maior dependencia das súas parellas de parte das mulleres agredidas. Os datos do primeiro trimestre de 2017 son os máis elevados da última década. Galicia segue sendo unha das comunidades cunha taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10 000 mulleres) máis baixa do Estado, con 10.11 persoas, fronte ao 16.03 de media estatal. Con todo, nesta taxa máis reducida inflúe moito o feito de que en Galicia hai unha maior proporción de mulleres de máis de 65 anos, un grupo de idade cunha menor proporción de denuncias. Crece igualmente o número de ordes de protección incoadas e concedidas. No primeiro trimestre deste ano foron 356, sobre un total de 469 solicitudes, o que o que supón un incremento do 26,8%. Tamén este indicador se sitúa nos niveis máis elevados nos últimos anos."}
{"ID": "PRAZA_4320", "summary": "Boa parte do persoal da CRTVG mobilízase desde hai dous anos contra o \"uso partidista\" da TVG e da Radio Galega por parte do Goberno galego, que responde obviando, minimizando ou desprezando as protestas.", "text": "\"Por unhas televisións públicas independentes, en solidariedade cos compañeiros de TVE (as súas demandas son as nosas demandas) e por un Consello de Informativos para a CRTVG. Venres negro tamén na TVG\". Con esta mensaxe, profesionais dos medios públicos galegos empezaban hai dous anos a vestirse de loito para denunciar a \"manipulación\" e esixir o cumprimento da lei de Medios. Desde aquel 25 de maio de 2018, boa parte do persoal uniuse ás demandas de melora na calidade e nos recursos da radio e da televisión públicas e a fin do \"control político\" que din sufrir. Hai tan só uns días, foi o comité intercentros da Corporación quen denunciou outra vez o \"uso partidista\" dos servizos informativos a prol do PP, acentuado na cobertura da pandemia e na carreira preelectoral. Boa parte do persoal dos medios públicos leva dous anos mobilizándose contra a manipulación ante o desleixo dunha dirección que minimiza ou oculta as protestasA mobilización, na que ás poucas semanas xermolou o colectivo Defende a Galega, é inédita nos medios públicos galegos tanto pola súa duración como polo seu impacto interno e, sobre todo, externo -con fitos como a manifestación en Compostela, a dimisión de dous destacados presentadores do Telexornal ou o amplo seguimento da folga, convocada polos sindicatos e que secundou o colectivo, que recibiu o Premio José Couso á Liberdade de Prensa-. A transcendencia pública da protesta incomodou e incomoda especialmente na cúpula da compañía pública, que reacciona minimizando a súa relevancia ou recoñecendo que intenta ocultala. Molesta tamén na Xunta, que no entanto amosa o seu desleixo máis absoluto, co presidente Feijóo negando responder a preguntas sobre as protestas, advertindo que non sabe se o persoal continúa mobilizándose, respondendo ás denuncias de manipulación criticando a TVE ou obviando as protestas, que reciben unha ínfima cobertura mediática en Galicia comparada coas das que se erguen un milleiro de quilómetros cara ao leste. Defende A Galega di que o persoal segue mobilizado \"porque a CRTVG continúa a ser utilizada para defender intereses partidistas e non os da cidadanía\"\"Defendemos uns medios públicos libres, sen nesgo político. Non somos servos de ningún partido político\", dicía hai case dous anos o primeiro chío de Defende A Galega, colectivo que impulsa a mobilización. Dous anos despois, advirten de que seguen mobilizados \"porque a CRTVG continúa a ser utilizada para defender intereses partidistas e non os da cidadanía\". \"Empezamos uns centos pero xa somos milleiros\", din. O colectivo advertiu do previsible aumento da \"presión\" sobre os traballadores e do manexo informativo de cara ás eleccións, logo suspendidas, do 5 de abril. Adiados os comicios, o control parlamentario á CRTVG quedou tamén paralizado pola suspensión da actividade parlamentaria derivada da convocatoria electoral. Hai só uns días, a representación legal dos traballadores emitía un duro comunicado alertando da \"manipulación grotesta\" dos informativos na TVG e na Radio Galega a prol da Xunta e pedía ao PP que \"liberase\" os medios públicos do seu \"secuestro\". Unha reveladora e impactante demanda que non tivo apenas resposta do Goberno galego nin eco ningún, agás o dunha oposición que insiste no \"uso partidista\" e que mesmo pediu amparo á Xunta Electoral de cara ao 12X logo de, nun feito histórico, unirse para asinar un comunicado conxunto no que denuncia a \"manipulación\" dunha TVG \"ao servizo de Feijóo\" durante a crise sanitaria polo coronavirus. A protesta, advirte Defende A Galega, continúa e continuará. O colectivo insiste cara ao 12X no decálogo que difundiu de cara ás eleccións suspendidas de abril e no que piden a \"destitución inmediata do actual director xeral\", Alfonso Sánchez Izquierdo, e a súa sucesión mediante \"maioría de dous terzos\" do Parlamento. Tamén a posta en marcha, \"no prazo máximo dun mes desde a formación do novo goberno, do Consello de Informativos regulado na mesma Lei de Medios, dándolle a este órgano as máximas atribucións posibles para evitar as presións partidistas sobre os e as traballadoras que elaboran os contidos nos medios públicos e garantir que estes se fagan seguindo criterios profesionais\". Aprobada no Parlamento en novembro de 2011, hai máis de oito anos, a lei mantén artigos claves sen cumprir. Si se aprobou unha modificación puntual nunha das disposicións transitorias da norma. Como informou Praza.gal, aquela reforma permitiu que o director xeral continuase indefinidamente no seu posto, no que xa acumula máis dunha década. Polo camiño, o PP rexeitou no Parlamento en varias ocasións propostas da oposición que reclamaban cumprir xa integramente a lei. A CRTVG xustifica agora o seu atraso na necesidade de adoptar o texto ao uso das redes sociais. Feijóo, a CRTVG e o PP xustifican o bo facer dos medios públicos na audiencia: xa que \"a maioría dos galegos\" se informan neles, \"a súa información é veraz\"As demandas, polo momento, continúan sen resposta. O director xeral da CRTVG insiste cada vez que ten ocasión en destacar o exemplar comportamento profesional dos medios públicos, dos que gaba os seus niveis de audiencia, ao igual que o PP e a propia Xunta. O seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, asegurou o pasado venres que confiaba na profesionalidade de todo o persoal da CRTVG porque \"o máis importante que se pode medir nun medio de comunicación é a súa audiencia\". Xa que \"a maioría dos galegos\" se informan a través da televisión e da radio públicas, dixo, será que \"consideran que a súa información é veraz\". E pasou a outro tema."}
{"ID": "NOS_53298", "summary": "Transcenden os resultados do Barómetro de Economía da Galiza.", "text": "O Consello de Economistas da Galiza considera que a crise derivada da Covid-19 golpeou Galiza con menor intensidade que o conxunto de territorios do Estado español, se ben confía en que se recupere \"ao mesmo ritmo ou a un ritmo superior ao resto de España\". Esta é unha das conclusións que se extraen do Barómetro de Economía da Galiza correspondente ao primeiro semestre de 2021 e presentado onte telematicamente polo o director da publicación, Venancio Salcines, e o presidente do Consello Galego de Economistas ─organismo promotor do informe─, Miguel Vázquez Taín. Segundo sinalou Salcines durante a presentación, as e os economistas do Consello non ven \"a ameaza da choiva de concursos de acredores\". \"Falan de que hai problemas importantes, máis que en 2019, pero non ven a avalancha, o que é un punto para o optimismo\", destacou. Neste senso, indicou que Galiza, \"se cadra, vai resistir un pouquiño mellor do que se pensaba\" esta crise, en parte pola menor dependencia do sector turístico internacional, salientou Salcines. Con todo, recoñeceu un \"medo evidente á morosidade\" por parte das entidades financeiras, polo que \"é posíbel que haxa\" contracción do crédito a \"determinadas compañías\", advertiu. Fondos europeos Pola súa banda, Vázquez Taín incidiu na \"realidade económica distinta\" que debuxa esta crise e no \"novo escenario que abren os fondos europeos\", aínda con \"moitísimas dúbidas\" mais con \"elementos diferenciais que permiten ser optimistas respecto á recuperación en relación coa utilización\" dos mesmos. Aínda así, a maioría dos economistas do Consello é pesimista respecto ás perspectivas de recuperación económica a moi curto prazo: 64% opina que a recuperación económica se materializará durante 2022, fronte a 28% que cre que podería adiantarse ao último trimestre deste ano. Tan só un 8% considera que no terceiro trimestre de 2021 poderían empezar a verse signos positivos. No que coinciden os economistas do Consello é en apostar na redución da presión fiscal co obxectivo, din, de incentivar o investimento privado."}
{"ID": "NOS_46205", "summary": "O problema dos niveis de arsénico na rede de abastecemento do municipio vén de vello. Segundo o concelleiro nacionalista da localidade, Marcos Meléndez, a Administración local tería ocultado unhas analíticas realizadas no mes de xullo nas que se detectan niveis deste tóxico por enriba dos permitidos.", "text": "Nos meses máis secos, o arsénico concéntrase nas augas do concello de Ramirás. Unha problemática que o municipio arrastra desde que nunha medición puntual, hai cinco anos, foron detectados niveis por enriba dos límites aptos para o consumo humano. E que ten enfrontado ás tres forzas políticas que compoñen o arco municipal, PSdeG, PPdeG e BNG. O concelleiro do BNG na localidade, Marcos Meléndez, asegura en declaracións a Nós Diario que desde o Concello ocultaron datos dunhas analíticas realizadas o día 25 de xuño e analizadas no Laboratorio do Colexio de Farmacéuticos de Ourense. Nelas obsérvanse niveis de arsénico no pozo do Concello de 10,1 e 14,1 microgramos por litro, cando o límite fixado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) é de 10 microgramos. Meléndez Alonso explica que solicitou acceder ao expediente da xestión de augas deste ano tras ter coñecemento da factura da analítica, abonada pola Administración local. Entre a documentación, di, non atopou os resultados desas análises, polo que no pleno do 30 de xullo esixiu unha copia do expediente completo. Garanto que a auga que subministramos á veciñanza ten os parámetros correctos, asegura Isabel Gil A actual alcaldesa da localidade, a socialista Isabel Gil, confirma a este medio os niveis revelados nas analíticas. \"Detectámolos nunha billa en concreto e comezamos a facer estudos da rede de subministro e da Estación de Tratamento de Auga Potábel, mais garanto que a auga que subministramos á veciñanza ten os parámetros correctos\", matiza. A rexedora sinala que nos meses do verán os mananciais que mellor resisten a seca son os que maiores niveis de arsénico concentran. \"Ademais, temos o problema da captación no río Tuño, onde hai unha minicentral hidroeléctrica. No verán tamén diminúe o nivel da auga e aumentan os niveis de arsénico\", engade. Segundo Meléndez Alonso, durante a revisión dos expedientes nas oficinas do Concello puido comprobar a existencia dun informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e con data do 13 de xullo, sinala que nove dos dez puntos de control do río Tuño presentaban niveis superiores aos recomendados. Tamén doutro da concesionaria das presas do río Tuño, Aprovechamientos Hidráulicos Gallegos S. A., que recoñece concentracións de arsénico \"próximas aos límites legais para augas de abastecemento\". Nel, a compañía descarta que \"os aproveitamentos hidroeléctricos sexan a causa destes niveis de arsénico na auga\". Unha causalidade que si defende a alcaldesa de Ramirás. Isabel Gil advirte que a problemática do arsénico na localidade \"é moi complexa\" que desde o Goberno local están a estudar diferentes solucións, mentres Meléndez Alonso asegura que non coñece ningunha proposta \"a longo prazo\". Desde 2019 a alcaldesa non fixo anda, lamenta Marcos Meléndez O concelleiro nacionalista reprocha á rexedora que a problemática da contaminación por arsénico centrou a súa campaña electoral nos comicios municipais de 2019. \"Mais desde aquela non fixo nada\", lamenta. Pola súa banda, Gil manifesta que por mor da pandemia e dos meses de confinamento \"poucas cuestións puidemos arranxar\". En tanto, o Concello volveu mercar depósitos de auga potábel. Unha solución para diluír a concentración de arsénico na rede de abastecemento que xa foi aplicada nos meses estivais de anos pasados."}
{"ID": "NOS_25613", "summary": "As direccións dos Institutos de Ensino Secundario (IES) e dos centros de Formación Profesional (FP) de Pontevedra e dous da Coruña súmanse ao escrito dos directores dos IES de Compostela para lle comunicaren á Consellaría de Educación que non comezarán as clases o 16 de setembro.", "text": "Na tarde da cuarta feira facíase pública a carta enviada polos directores dos sete institutos de ensino secundario de Compostela ao inspector xefe de Educación da Coruña na que advertían da imposibilidade de comezar as aulas o 16 de setembro, día de inicio do curso escolar para Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional -xornada que tamén coincide coa folga convocada no sector pola CIG, CCOO, CSIF e STEG-. Os motivos: a falta de resposta da Consellaría de Educación aos problemas que teñen estes centros á hora de adaptárense ao protocolo de volta ás aulas. \"É imposíbel organizar os horarios do profesorado, asignar os espazos ao alumnado e, en consecuencia, abrir os centros o día 16 de setembro\", afirmaban na misiva, que onte referendaron máis equipos directivos. Pontevedra súmase a Compostela Os doce centros de ensino secundario e de Formación Profesional de Pontevedra, CIFP Carlos Oroza, EPAPU Río Lérez, IES Frei Martín Sarmiento, IES Luís Seoane, IES Montecelo, IES Monte da VIla, IES Sánchez Cantón, IES Torrente Ballester, IES Valle Inclán e IES Xunqueira I, Xunqueira II, enviáronlle no día de hoxe o mesmo escrito ao inspector xefe territorial de Pontevedra. Tamén se sumaron institutos doutras partes da Galiza, como o caso do IES Rodeira de Cangas, o de Ponte Caldelas, o de Poio, o de Sanxenxo e o de Meaño. Segundo puido saber Nós Diario, os directores e directoras dos institutos de Lugo tamén prevén enviar nas próximas horas unha carta á xefatura territorial para comunicar que necesitan \"un mínimo de sete días lectivos\" para poder organizar os centros. No caso da Coruña, as direccións atópanse en conversas para decidir se se unen para reclamarlle á Xunta da Galiza medidas. Xa enviaron a súa misiva, de maneira conxunta, o director e a directora do IES Salvador de Madariaga e do IES Eusebio da Guarda. No escrito enviado inicialmente polas direccións dos IES composteláns explicábase que \"se as vacantes e modificacións de horarios son publicadas e autorizadas o día 11, o comezo do curso non podería ser antes dos días 23, 24 e 25 de setembro. Cada día de atraso implicaría adiar un día o inicio do curso\"."}
{"ID": "NOS_2814", "summary": "O Entroido simboliza a crítica e a loita que, durante o resto do ano, andan ou ben reprimidas ou ben soterradas polas autoridades públicas. Desde os seus inicios até o presente, simboliza unha época de recuperación da primavera, da vida, e do renacer despois dos duros meses de invernía. Nesta reportaxe facemos un breve repaso dos seus primeiros días, entre os que se inclúen o fareleiro, o oleiro ou os de comadres e compadres, que son présa do esquecemento dunha festa, din as expertas e participantes, que vai disolvendo os seus valores tradicionais a medida que se vai internacionalizando e coñecendo alén da Galiza.", "text": "Aínda que o desastre climático non deixe case oco para as escalas de grises e azuis no ceo, o tempo, co seu frío pasaxeiro e a súa calor intermitente, aínda amosa no paso dos días a evolución dunha estación que ten como último colofón a festa da troula, da burla, do cuspir cara arriba e da crítica pagá. O Entroido, coa máscara, o traxe e os sons acompañantes, é data sinalada en numerosas vilas galegas desde o remate do Nadal. Trátase dunha esmorga anárquica -non tanto hoxe, dirían as fontes consultadas- en contido e en calendario, xa que vai vencellada á celebración da festa rotatoria e procesional da tradición cristiá, a Semana Santa, e cuxos inicios nunca están claros, nin consultando as fontes do pasado nin escoitando as voces do presente; máis aínda se queremos falar dunha presada de xornadas antes do primeiro día grande da festa, que sobreviven grazas a súa reconversión en grandes festas de masas, ao mesmo tempo que en celebracións turísticas. \"Este tipo de festa perdeu gran parte da crítica. As autoridades, sexan as de hoxe ou as do pasado, non gostan de que critiquen, precisamente, a súa posición de autoridade\", di Antonio Reigosa \"Lembro, aínda de pequeno, que este tipo de festa xa comezaba no propio mes de xaneiro, xa rematado o Nadal\", comenta Antón Reigosa, etnógrafo e escritor. \"É unha festa que cambiou moito. Perdeu gran parte da tradición do pasado debido a que a día de hoxe alcanzou unha forte turistificación. Antes o Entroido tiña unha forte carga crítica e de valores. Era a única ocasión do ano na que se podía protestar dunha maneira máis permitida grazas ao humor\", sostén Reigosa. O estudoso indica que era a través non só do humor, senón tamén dos disfraces e máscaras, como se sinalaba as autoridades ou figuras de poder. \"Este tipo de festa perdeu gran parte da crítica. As autoridades, sexan as de hoxe ou as do pasado, non gostan de que critiquen, precisamente, a súa posición de autoridade, polo que sempre foi unha festa máis ou menos coartada. A día de hoxe segue a selo, efectivamente\", comenta o etnógrafo. Reigosa remóntase até o franquismo para sinalar a decadencia do espírito orixinal desta festa: \"Foi xa na Guerra Civil cando se produce a separación entre un Entroido que podemos definir como clásico e o Entroido dos nosos días. A represión da época non convidaba á crítica, tampouco os tempos de posguerra… Moita xente maior, que viviu aqueles anos de comezos de século, dicíame que notaban alí a ruptura entre dúas maneiras de festexar\". A festa das máscaras é tamén algo hoxe indisociábel da Igrexa católica. \"Ela marca o rito\", di Reigosa, \"o que pode procurarse nun primeiro momento como unha festa pagá, vencellada á agricultura e ás colleitas, adquiriu desde hai séculos unha forte influencia cristiá\", engade, \"de algunha maneira ou doutra, sempre foi un xeito de voadura controlada da crítica\". Mais a mascarada segue a conservar o seu desfile de días, días como o fareleiro ou o oleiro que xa viñan sinalados pola tradición e que foron recollidos, tamén, por personaxes como Vicente Risco, coñecido ourensán e intelectual do século XX, que xa na \"Etnografía\" da Historia de Galicia de Ramón Otero Pedraio apuntaba certos días senlleiros da celebración, entre eles os menos coñecidos por aquelas e aqueles que non son habitantes de zonas con forte tradición de troula nestas datas. \"O tempo de Entroido comeza no Domingo Fareleiro mais ás veces xa antes se nota unha sorte de impaciencia, de formigueo ou de ganas de troula, precursores do Entroido. Toques de corno que se senten dun lugar a outro, de moi lonxe, o estrondo dunha 'lata de gas' empregada como tamboril, tocada con dous paus, anuncian na aldea, e antigamente na vila ou na cidade, que xa ven aí o Carnaval\", detallaba o escritor da Xeración das Irmandades por encargo de Otero Pedraio. \"Os estudantes das escolas, colexios, e institutos recortaban en pano a figura dun burro e levábana prendida cun fío a un dos dedos da man; pintábana con xiz e tirábanlla ás persoas no lombo; ao turrar polo fío, o burro quedaba pintado na roupa da vítima\", relataba Vicente Risco. En relación a ese primeiro día, contaba Risco, advertindo toda a improvisación que bulía no ar, que eran os rapaces quen, aínda vestidos de civís, agochaban nos seus petos materiais de po de todo tipo de orixe, desde fariña branca até cinza, pasando pola borralla e, incluso, os \"burros\": \"Os estudantes das escolas, colexios, e institutos recortaban en pano a figura dun burro e levábana prendida cun fío a un dos dedos da man; pintábana con xiz e tirábanlla ás persoas no lombo; ao turrar polo fío, o burro quedaba pintado na roupa da vítima\", relataba o escritor. Hoxe, a cousa vén actualizada, cóntanos Adriana Jiménez, membro da Comisión de Festas de Xinzo de Limia: \"Agora o día fareleiro é máis unha batalla de fariña. Antes non era así, era moito máis improvisado. A xente levaba fariña nos petos e tiraba a fariña a mantenta para facer a broma, por sorpresa. Hoxe está programado como unha gran batalla e imos xa vestidos para ela (ri), desde a mañá cedo, ás once, e dependendo de se fai sol, xa comeza a fariña na praza Maior\". A festa cambiou até o punto de que, se antes a Igrexa ou o poder de autoridade do estamento nobiliario marcaban o que se podía facer, cando facer e como facelo, hoxe ese lugar vén ocupado por administracións como, incluso, a Xunta de Galiza: \"Hai doce anos comezamos co sábado do petardazo: creouse porque Galicia Calidade, a Xunta, agasalla un reloxo que fai a conta atrás cos días que faltan para o seguinte Entroido; ese sábado ás doce ponse a cero, co que xa comeza o Entroido. O seguinte é o domingo fareleiro. É dos máis íntimos, xa que non hai aínda moita aglomeración nin tanto turista nin tanta participación, polo que é case o que máis queda para nós; é ben complicado despois da declaración de Interese Turístico Nacional\". Seguindo as palabras do intelectual de Nós, despois do fareleiro (tamén chamado \"Lambedoiro\", pola parte de Chantada) entra, deseguido, na axenda, o xoves de compadres. Segundo o conta Risco, reatopámonos cun dos ritos máis mantidos no Entroido, tamén hoxe, a pesar de que quen nolo conta fala das formas da festa na pre-guerra, das batallas entre homes e mulleres: \"as mozas facían con palla e farrapos uns bonecos, os compadres, paseábanos na punta dun pau, e logo queimábanos ou procuraban queimalos. Os mozos, con grande algueirada, querían quitalos, para que non lle poidan pór lume, e armábase grande pelexa na que interviñan a auga, a borralla, as chisnas, etc. Hoxe son os rapaces os que fan esto, e os compadres soen ser de papel de seda de cores ou de periódico\", explicaba Risco. No caso de Laza, Xinzo de Limia ou Verín, dependendo da localidade, seguen a ser ritos marcados os chamados \"domingo fareleiro\", \"domingo corredoiro\" ou \"oleiro\" e os xoves de comadres, así como o colgamento do Meco, Este \"xoves de compadres\" tradúcese nos nosos días nun \"sábado de comadres\" que unifica esta antiga quinta feira co domingo \"corredoiro\" no caso de Xinzo, explica Adriana Jiménez, membro da Comisión de Festas de Xinzo de Limia: \"Temos nos nosos días o sábado de corredoiros, o que vén sendo Comadres. Hai cuadrillas de mulleres que van cear en grupo, con charangas, e os homes vístense de mulleres. Logo está o domingo corredoiro, que é o primeiro día en que saen as pantallas, o noso disfrace típico, o máis especial, o que leva todo o ano gardado\". No caso de Laza, Xinzo de Limia ou Verín, dependendo da localidade, seguen a ser ritos marcados os chamados \"domingo fareleiro\", \"domingo corredoiro\" ou \"oleiro\" e os xoves de comadres, así como o colgamento do Meco, \"un bébedo que colgaron para facer mofa del; de aí nace a figura do Meco. Nós facemos unha procesión con el; vai nun carro acompañado de personaxes típicos como a vaca, as corozas, os gordos, o home da Aguillada... e vai nunha procesión cos fachós e provoca un corredor no que imos co meco e coida de nós todo o Entroido\", di Adriana Jiménez. A través de Adriana coñecemos algunhas singularidades do entroido de Xinzo, que aínda conserva tradicións desta \"primera parte\" das dúas semanas e media de festa que promete a carnavalada, como é a batalla de fariña que se dá no día fareleiro. \"Ese domingo xogamos ás olas. Estas hoxe son mercadas polo concello, encargadas a un artesán. Antigamente só o facían os mozos, hoxe son homes e mulleres, e lánzanse as olas os uns aos outros\", detalla Adriana, \"hai olas con fariña, confetti, caramelos…\", mais, di esta esmorgante en coincidencia con Reigosa, o peso das vellas tradicións vai atopando na modernidade outro tipo de ritos e xeitos. \"Antes, non hai moito, o que rompía a ola tiña que pagar o viño aos que xogaban con el. O xogo das olas é primeiro na praza Maior, trasládase á rúa dos viños e remata na praza de Oriente. A última ola adoitámola deixar para un xogador veterano, de hai moitos anos, que rompe a derradeira\", explica Jiménez. \"Aquí non é como en Verín, non temos xoves de Comadres ou Compadres, nós vivimos as tres sextas antes da semana grande, a semana antes do Entroido; son para os folións, os previos antes da semana grande\", remarca Jacobo García, participante do Entroido de Laza, que serve de mostra para apreciar a disparidade e variedade que o Entroido mostra, máis aló da uniformidade que lle outorgan a esta festa méritos como o de Interese Turístico Nacional. \"Son percorridos que se fan cos fachós e bombos. Vanse percorrendo as rúas de Laza, Souteliño e Cimadevila pola noite. Antes facíase máis tarde pero a pandemia obrigou a adiantar a hora. Imos quentando un pouco os motores, o que son os chocos adoitamos sacalos despois, xa logo das doce uvas hai veciños de Laza que están cos chocos postos. Para nós, en canto acaban as campanadas do Ano Novo, xa é o tempo de Entroido\", conta García. Logo, veñen os días grandes, sobradamente coñecidos, mais é Risco quen nos volve lembrar, outra vez, a necesidade de deportividade nunha festa da vida: \"As bromas do Entroido hainas que aturar, por pesadas que sexan, por máis que sexan procaces, ferintes, insultantes ou groseiras. A mala educación consiste xustamente en levalas a mal ou enrabecharse por elas. Non está permitido entre persoas ben criadas o desbotalas ou responder violentamente de palabra ou de obra\"."}
{"ID": "NOS_349", "summary": "\"Estamos creando un novo proxecto común. Convocamos á xente que ten ilusión para que se achegue ás asembleas, que achegue a súa opinión\", sinalan desde a plataforma pola autodeterminación", "text": "Causa Galiza fixo unha lectura do proceso final de constitución do novo movemento político, que terá o seu punto de concreción o vindeiro 14 de xullo, coa realización da Asemblea Nacional Constituinte, na que confluirán os debates e achegas procedentes das asembleas abertas nas diferentes comarcas. Aurélio Lopes recordou que \"desde o minuto cero, Causa Galiza estivo presente e alimentando este proceso. Fixémolo porque considerábamos positva a creación dunha frente plural, situada no nacionalismo e na esquerda\". Neste sentido apuntou que \"o elemento fulcral para nós era posicionarse ante o fin de ciclo histórico, situando o novo movemento político en posicións superadoras da vella estratexia autonomista, que nós sempre denunciamos\". A este respecto José Antom Maceiras valorou que \"son tempos de esperanza. Tempos nos que a política soberanista e independentista, a idea de crear un Estado galego, unha República Galega, avanzan\". A soberanía, no centro do debate Causa Galiza valorou que a idea da soberanía nacional de Galiza comeza a situarse no debate político. Aurélio Lopes considerou que para Causa Galiza \"era fundamental que o movemento político se situase tanto ideoloxicamente como organizativamente por un proxecto superador da estratexia e do modelo organizativo do BNG\". \"Cremos que os documentos que van a debate nas comarcas son claramente superadores da vella estratexia autonomista. Formulan sen nengún tipo de ambigüedade como obxectivo político a independencia deste País. Formulan sen nengún tipo de ambigüedade a necesidade de exercer a autodeterminación e formulan tamén, sen nengún tipo de ambigüedade, a necesidade de traballar para crear unha nova cultura política, un novo modelo organizativo que traballe no día a día para conquistar ese marco de soberanía, un Estado Galego\". José Antom Maceiras valorou que as demandas fundamentais de Causa Galiza están recollidas no novo movemento político. \"Fica perfilar e potenciar os documentos\", apuntou. Maceiras sinalou que \"o futuro está aberto. Hai que ir adiante. É o inicio\". Boa oportunidade \"O Estado é perfectamente consciente do proceso de acumulación de forzas en favor da soberanía que se está a dar en Euskal Herria e Catalunya. Temos que facer os deberes en Galiza para conectar con ese tren soberanista. A Asemblea Nacionalista do 14 de Xullo é unha boa oportunidade\". A plataforma tamén fixo un chamamento a participar no próximo Plenario Nacional de Causa Galiza do 8 de xullo."}
{"ID": "PRAZA_20924", "summary": "O venres pasado comezou a aplicarse un confinamento domiciliario moi semellante ao da primavera, que non semella estar contribuíndo a reducir a incidencia. O Goberno luso decidiu pechar durante 15 días os centros de ensino. A situación é moi grave en todo o país, incluídos os concellos na fronteira con Galicia", "text": "Portugal conseguira pasar a primavera e o verán cun número moi reducido de contaxios de Covid-19 e de mortes asociadas a esta enfermidade, moi lonxe dos niveis que se acadaron, especialmente entre marzo e abril, en España, Italia e noutros países europeos. A clave estivera na aplicación temperá de medidas de control, en paralelo coa súa adopción no Estado español, nun momento en que a pandemia aínda non chegara ao país luso.Este mércores notificouse a detección de 14.647 novos casos nas 24 horas anteriores e os datos deste xoves (13.544 casos e o récord de 219 mortes), foron moi semellantesPorén, todo mudou este outono. No mes de novembro as cifras de novos casos mantivéronse durante varias semanas por riba das 5.000 infeccións diarias. A pesar das restricións impostas en boa parte do país, a Incidencia Acumulada chegou ás festas de Nadal por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes e entón a mobilidade entre concellos e as reunións familiares contribuíron a multiplicar as infeccións. A propagación da enfermidade nesas datas está a provocar neste mes de xaneiro unha situación dramática. Este mércores notificouse a detección de 14.647 novos casos nas 24 horas anteriores e os datos deste xoves (13.544 casos e o récord de 219 mortes), foron moi semellantes. A incidencia acumulada, por riba de 1.300 casos, é das máis altas do mundo, nun nivel semellante á da República Checa ou Irlanda e moi por riba da que se rexistra no Estado español, tamén das máis elevadas do planeta.Estas cifras levan semanas poñendo o sistema sanitario portugués ao límite, especialmente na área de LisboaEstas cifras levan semanas poñendo o sistema sanitario portugués ao límite, especialmente na área de Lisboa. O número total de persoas ingresadas cun diagnóstico positivo de Covid-19 achégase ás seis mil, case o dobre que no peor momento do outono e cinco veces por riba do máximo da primavera. Dende hai días veñen adiándose as operacións cirúrxicas non urxentes e moitos doentes foron trasladados duns a outros hospitais pola falta de camas.Confunamento e peche de escolasEsta situación levou o venres pasado a impor un confinamento domiciliario en Portugal, semellante ao da primavera, pero mantendo abertos os colexiosEsta situación levou o venres pasado a impor un confinamento domiciliario en Portugal, obrigando á poboación a permanecer na casa, agás para realizar compras esenciais (toda a hostalaría e o comercio están pechados, agás tendas de alimentación, farmacias), acudir ao médico, facer deporte ao aire libre ou asistir a persoas maiores ou dependentes. Ademais, o teletraballo é obrigatorio. O confinamento ditado a semana pasada era moi semellante ao que se aplicou na primavera en Portugal (e tamén en España), pero cunha diferenza importante: os centros de ensino permanecían abertos. O Goberno portugués subliñara a importancia social de manter abertas estas instalacións e o prexuízo causado á parendizaxe de parte do alumnado durante o peche da pasada primavera.Nas últimas horas o Executivo mudou radicalmente o seu criterio nesta cuestión, decidindo o peche de todas as escolas e institutos durante un mínimo de 15 díasPorén, nas últimas horas o Executivo mudou radicalmente o seu criterio nesta cuestión, decidindo o peche de todas as escolas e institutos durante un mínimo de 15 días, sinalando que estas dúas semanas lectivas serán recuperadas no Carnaval, a Semana Santa ou ao remate do curso. Ademais, dende esta fin de semana todas as misas e outras actividades relixiosas fican suspendidas.O peche dos colexios está en parte motivado polo aumento da preocupación polo impacto que pode ter no país a propagación da variante do virus descuberta no Reino Unido, máis contaxiosa e cada vez máis prevalente no país. Calcúlase que xa representa ao redor do 13% das infeccións rexistradas nos últimos días, medrando un 70% cada semana. Expertos prevén que dentro de tres semanas podería representar o 60% de todos os casos.\"Só pedimos que fiquem em casa, senão não aguentamos\"O peche dos colexios está en parte motivado polo aumento da preocupación polo impacto que pode ter no país a propagación da variante do virus descuberta no Reino UnidoXa durante a fin de semana fíxose evidente que as medidas non eran suficientes e que, ademais, unha parte importante da poboación decidira incumprilas, obviando todas as recomendacións lanzadas polas autoridades sanitarias: o confinamento só reduciu nun 30% a mobilidade. Este luns o primeiro ministro, António Costa, anunciou a adopción de medidas máis duras, alertando de que \"estamos a viver o momento mais grave desta pandemia\". Costa advertiu de que \"não está só em causa a pressão sobre o Serviço Nacional de Saúde, sobre o esforço extraordinário que médicos enfermeiro, técnicos auxiliares, assistentes operacionais todos estão a fazer\" senón que \"o que está verdadeiramente em causa é a saúde e a vida de cada um de nós e das pessoas que nos rodeiam\".\"Estamos muito próximos do limite\", di a ministra de Saúde, alertando de que varios hospitais da rexión de Lisboa \"estão numa situação muitíssimo complexa\"E este mércores, perante o novo récord diario de casos diagnosticados no país e coa nova do falecemento de 200 persoas máis, a ministra de Saúde, Marta Temido, subliñou que \"a gravidade da situação está à vista\" e comentou que as estruturas do sistema de saúde \"estão num extremo de utilização\". \"Estamos muito próximos do limite\", engadiu, alertando de que varios hospitais da rexión de Lisboa \"estão numa situação muitíssimo complexa\".A cidadanía portuguesa está chamada ás urnas este domingo, nunhas eleccións presidenciais nas que Marcelo Rebelo de Sousa debe gañar con claridade, pero que poden rexistrar unha participación historicamente baixaNos últimos días, ademais, foron moitas as voces expertas, así como profesionais sanitarios de distintos lugares do país, que fixeron chamamentos ao Goberno para endurecer as medidas e, sobre todo, á poboación para que cumpra as normas e recomendacións. \"Já não sei como poderemos passar mais esta mensagem à população. Só pedimos que fiquem em casa, senão não aguentamos\", dicía este mércores unha médica lisboeta. E, de igual xeito, un dos asesores das autoridades sanitarias no norte do país alertou de que a pandemia de Covid-19 pode ser \"a maior tragédia\" da historia de Portugal, avogando por \"fechar tudo\" para combatela.Neste contexto, ademais, a cidadanía portuguesa está chamada ás urnas este domingo, nunhas eleccións presidenciais que non puideron ser adiadas legalmente. Aínda que en principio non debería haber grandes sorpresas (as sondaxes indican que o actual Presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, obterá máis do 50% dos votos na primeira volta), a pandemia podería reducir moito a participación nos comicios, dando lugar a resultados non esperados, sobre todo no que atinxe ao resto dos candidatos. Situación moi grave en todo o país, tamén nos concellos da fronteira con GaliciaDos concellos que se atopan na fronteira con Galicia tan só Valença, Monção e Vinhais baixan dunha incidencia acumulada de 1.000 casosSon moitos os concellos con incidencias acumuladas por riba dos dous mil casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días e a propia cidade de Lisboa supera unha IA de 1.000 casos (1.039), algo inferior na cidade do Porto (741). De feito, dos concellos que se atopan na fronteira con Galicia tan só Valença, Monção e Vinhais baixan desa incidencia acumulada de 1.000 casos, acandando niveis moi preocupantes en Vila Nova de Cerveira (1.347), Ponte da Barca (1.637) ou Chaves (1.380). Nos últimos días dende a Xunta advertiuse do risco que a situación que se está a vivir no Norte de Portugal ten para os concellos galegos da fronteira. De feito, boa parte das localidades do Baixo Miño presentan incidencias acumuladas que tamén roldan os 1.000 casos, como Tomiño, Tui, Arbo, Salvaterra do Miño, As Neves, Crecente. De igual xeito, nos concellos ourensáns da raia seca hai varios que tamén presentan un elevado número de contaxios; é o caso de Verín, Oímbra, Vilardevós, Monterrei, Calvos de Randín, Muíños e, en xeral, de toda a comarca da Limia, con moita relación co país veciño."}
{"ID": "NOS_44763", "summary": "O número de familias que se atopan nesta situación no noso país duplica as existentes hai cinco anos, segundo o estudo do Foro Económico de Galiza.", "text": "En Galiza hai no 2015 un total de 35.500 fogares que con contan con ningún tipo de ingresos. Nin por traballo, nin por prestación, nin axudas... É a cifra máis alta da serie histórica analizada co comezo da crise: 35.500 fogares, o duplo dos existentes en 2010. Naquel ano estaban sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. Durante 2011, 2012 e 2013 o número de familias nesa situación foi aumentando paulatinamente, chegando a 35.100 fogares en 2013. Comezou a descender en 2014 (34.300 familias), mais neste 2015 volveu haber incremento. A fin das prestacións por desemprego, o paro endémico en determinadas situacións... son algúns dos factores que poden axudar explicar o drama destes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Un dado positivo: por primeira vez desde 2009 o número de fogares onde todos os seus activos son ocupados aumenta en termos inter-anuais A isto hai que engadir que hai 94.900 vivendas onde todos os activos están no desemprego, un número que malia elevado, supón un descenso a respecto de comezos de 2014, cando nesta situación había por volta de 101.500 fogares. Porén, segue a ser un número moi, moi superior ao existente hai cinco anos, cando a crise xa comezaba a bater con nitidez en Galiza. Daquela había 61.600 familias nese estado -todos os activos no desemprego-, o que supón 30.000 fogares menos que na actualidade. Un dado positivo: por primeira vez desde 2009 o número de fogares onde todos os seus activos son ocupados aumenta en termos inter-anuais, situñandose neste ano en 517.800. Mais, outra vez, a comparativa con 2010 é demoledora: daquela había 567.400 familias con todos os membros ocupados, o que supón 50.000 fogares máis do que na actualidade."}
{"ID": "NOS_7208", "summary": "A partir deste domingo 8e abril volta a Silleda o Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Cinco citas culturais repartidas ao longo de catro fins de semana. Teatro, música, humor e unha andaina solidaria compoñen a programación desta sexta edición, cuxa recadación será destinada ao programa de familias acolledoras galegas Vacaciones en Paz.", "text": "O certame organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) volver poñer o foco de atención na situación de urxencia que vive a poboación do Sáhara Occidental, cunha parte do territorio baixo ocupación marroquina e sen recoñecemento por parte da ONU. Todo o recadado será destinado ao programa de acollida de nenas e nenas saharauís que, durante o verán, permite gozar a estes pequenos dunhas vacacións lonxe dos Campamentos de Refuxiados. A primeira cita terá lugar este domingo 8 de abril ás 18:30 horas no auditorio Manuel Dopazo coa obra \"Non máis muros\", protagonizada polas nenas e nenos do grupo Máis aló do Ulla, que presentarán esta orixinal proposta coa educación como protagonista. A entrada terá un custo de recadación de 3 euros. O domingo 22 de abril chega \"Mofa e Befa: Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira\", a exitosa e filosófica obra de Producións Excéntricas executada por Victor Mosqueira e Josito Porto. A entrada para este espectáculo custa 5 euros. A música tamén terá o seu oco nesta sexta edición. Será o 29 de abril coa 25 edición do Festival de Bandas de Música de Silleda. Vai ter lugar no auditorio da Semana Verde, ás 17:30 horas . Durante a cita, vaise proxectar un vídeo sobre a situación dos campamentos de refuxiados. A sexta feria día 4 de maio o actor e humorista Marcos Pereira presentará o seu monólogo \"Armarios Empotrados\". Cun donativo de 5 euros, a cita terá lugar ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Silleda. O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí rematará coa xa típica andaina solidaria, desta vez pola contorna da vila de Silleda. Será o domingo 20 de maio ás 09:30 e partirá da Casa da Cultura, cunha recadación solidaria de 5 euros."}
{"ID": "PRAZA_13491", "summary": "Isaac Xubín cóntantos en Melé a cinco, o blog de rugby de Praza, a historia dun rapaz de trece anos, grande de corpo pero máis grande aínda de espírito.", "text": "Isaac Xubin cóntantos en Melé a cinco, o blog de rugby de Praza, a historia dun rapaz de trece anos, grande de corpo pero máis grande aínda de espírito. Cathal ten menos de trece anos pero o seu corpo é o dun rapaz de dezaoito. O seu peito enche con toda a dignidade que cómpre a camiseta azul do Muskerry RFC, o equipo de Iniskarra. E cando sae da casa descalzo pero cos calcetíns subidos, coas botas nunha man e co capacete de rugbi enrugado e mol na outra, o Señor Fowler acariña o pelo castaño e mesto do mozo, herdanza da bravísima e teimuda cabeza de seu pai, para animalo con enerxía e paixón: \"Come on Muskerry! Come on boy!\" Cathal sube á parte de atrás do coche en silencio, concentrado, poñendo os enormes ollos verdes nun lugar concreto do infinito onde o rapaz se atopa en paz cos seus pensamentos. Ao chegar ao campo o pai átalle as botas e Cathal volta correndo daquel punto lonxincuo do infinito, arestora mira todo ao seu redor: os compañeiros, as porterías, a herba verde e o grupo de xogadores contrarios facendo grupo na outra beira do terreo de xogo. Hai un señor con botas de goma pintando as liñas de cal. O rapaz ponse un pouco nervioso e comeza a recitar unha ladaíña de preguntas que o pai, xa co termo de té nas mans, resposta con paciencia unha tras da outra até que o partido dá comezo e pode empatizar tranquilo cos outros pais mentres o Señor Fowler mantén o vigor do seu soporte: \"Come on! Come on Muskerry!\" E nas bocas dos pais, que naturalmente só desexan a vitoria, queixas marmuradas ao pé da banda, árbitro un pouco caseiro, inexperto, que prexudica clamorosamente a Muskerry Transcorren os primeiros minutos da segunda parte e Cathal recibe o balón, consegue evitar a primeira placaxe, rompe a liña defensiva, ségueo toda a dianteira do Muskerry RFC, o pai énchese de orgullo e o Señor Fowler tenta empurrar coa voz ao rapaz dende o valado metálico que o separa do campo: \"Come on Cathal! Come on boy!\" E o rapaz corre e corre movendo o seu grande corpo, percute contra a dianteira contraria, xírase e agarda o apoio dos compañeiros que chegan coa forza da inercia da carreira. Os contrarios vense desbordados no ruck, o pequeniño medio de melé de Muskerry abre o balón á liña e o primeiro centro pousa o balón na zona de ensaio. Os minutos pasan, o partido avanza, as ocasións sucédense, placaxes, agrupacións, ensaios e xogadas que os adestradores miran con atención e ollos reflexivos para percibir e gozar das leccións asumidas, a coraxe e o progreso dos pequenos discípulos. E nas bocas dos pais, que naturalmente só desexan a vitoria, queixas marmuradas ao pé da banda, árbitro un pouco caseiro, inexperto, que prexudica clamorosamente a Muskerry, o equipo de Iniskarra, que perde o partido por un triste punto de diferenza. ... Le o resto da historia en Melé a cinco"}
{"ID": "QUEPASA_777", "summary": "A historia das Misións Pegágóxicas en Malpica por Xurxo Alfeirán.", "text": "Un 20 de outubro de 1933 a praza principal de Malpica enchíase para recibir o teatro de títeres do Retablo dos Fantoches, no marco das coñecidas Misións Pedagóxicas. Era o día no que José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís, xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por todo o Estado.Unha historia digna de recuperar como fai cada ano o Concello de Malpica, que celebrará este domingo o seu LXXXVII Aniversario cunha programación cultural adaptada. Así, para este domingo, 25 de outubro e no Centro Cívico, está previsto ás 17:30 horas a visita á exposición fotográfica guiada por Xurxo Alfeirán. Ás 18:00 horas haberá unha sesión de títeres, con 'Novos lobos' e ás 19:00 horas a actuación de Xacarandaina, unha agrupación de baile tradicional. Contarase con estritas medidas de seguridade ante a incidencia da COVID-19 en Galicia, e o aforo será limitado. Máis información A historia das Misións Pegágóxicas en Malpica por Xurxo Alfeirán."}
{"ID": "NOS_49784", "summary": "Será este domingo, 20 de xullo, organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria. Unhas 300 persoas asistirán ao acto no que, entre outras cuestións, leranse as conclusións do Relator da ONU para a Verdade, a Xustiza, a Reparación tras a súa visita a Galiza.", "text": "San Simón, máis unha vez. A illa que foi presidio de milleiros de anti-franquistas acollerá outra vez a Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo, acto organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria (IGM). \"Alí iremos máis de 300 persoas, que é o número correspondente á pasaxe de tres viaxes do barco que a Xunta de Galiza e o concello de Redondela facilitan para a realización da devandita Homenaxe\", indican desde a organización. Os actos comezarán cunha intervención da historia da illa como penal franquista, \"onde estiveron varios miles de presxs políticos republicanxs, para actualmente estar nun estado de abandono por parte das autoridades, tanto estatais, como autonómicas\". \"Agora, nese lugar de memoria, celébranse festivais de música, un auténtico agravio á memoria das miles de persoas que estiveron nesa illa presas e das innumerabeis persoas que alí asasinaron\" A continuación procederase a ler as conclusións á visita que o Relator da ONU, Pablo de Greiff, fixo o pasado xaneiro a Galiza, \"para coñecer de primeira mán as impresións dos grupos memorialistas galegos sobre o grao de cumprimento no que atinxe ao respecto aos dereitos humanos que existe, tanto no estado español, como na Galiza\". En base ás xuntanzas mantidas en Galiza Greiff redactou unhas conclusións preliminares nas que, sinala a organización, \"dálle un tirón de orellas ao goberno español, porque non está cumprindo as diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos teñen asinado como estado, aínda manteñen a impunidade dos crimes do franquismo mediante a todavía hoxendía tristemente vixente Lei de Amnistía de 1977\". O acto pecharase coa lectura dun poema por parte de Manolo Rivas e a ceiba de pombas."}
{"ID": "NOS_25466", "summary": "Con esta información, 'Nós Diario' achégase aos criterios empregados por Gobernos con lingua propia para subvencionar os medios de comunicación. Nesta ocasión, abórdase o caso dos Países Cataláns, cunha aposta dos Executivos na prensa que comunica na lingua propia e na que ten edicións en catalán.", "text": "Os tres gobernos autonómicos dos Países Cataláns teñen estipulados métodos de axuda á prensa en catalán. No caso de Andorra, onde o catalán é a lingua do Estado, simplemente non existen medios noutra lingua que non sexa o catalán e no caso de Catalunya Norte non existen axudas aos medios en catalán, excepto algunhas locais. Pero os medios norcataláns pódense acoller tamén ás axudas ofrecidas pola Generalitat de Catalunya, xa que de feito calquera publicación en catalán ou en occitano, dous dos tres idiomas oficiais de Catalunya, pode acollerse ás mesmas. Estas axudas, as da Generalitat de Catalunya, son por iso as máis fortes en termos de financiamento. O montante varía anualmente dentro dunha franxa que chegou ao tope o ano 2010 con 22 millóns de euros a repartir e que tivo o seu momento máis baixo en 2013 con seis millóns. No caso concreto dos diarios hainas de dous tipos: subvencións estruturais, tanto a publicacións en papel como a publicacións dixitais, e subvencións a proxectos. As subvencións estruturais son de carácter anual e están moi regradas. O Goberno non pode decidir se as outorga ou non senón que calquera publicación que cumpre os requisitos recíbeas de forma automática en función dunha serie de parámetros. Hai uns parámetros básicos para acceder ás mesmas que son acreditar un mínimo de tres traballadores na empresa editora ou un 35% respecto dos gastos de redacción que se pretenden subvencionar a partir dun mínimo de 25.000 euros anuais. Calquera publicación que supere esta cualificación recibe un montante de diñeiro que se calcula de maneira automática, dependendo de se é un diario en papel ou dixital ou ambas as cousas, da periodicidade, do ámbito de difusión, etcétera. No caso dun diario de papel de distribución nacional, como sería Nós Diario, o método de cálculo da subvención tería en conta os seguintes parámetros: 1. A difusión acreditada cos datos dunha empresa auditora, por exemplo OJD. Neste caso o diario cobraría 400 euros por número e 0,060 euros por exemplar difundido, máis 100 euros por número se ten edicións rexionais. 2. No caso de que o diario non presentase datos da empresa auditora cobraría 375 euros por número máis 0,01 euros por exemplar, acreditados os exemplares por medio das facturas de impresión. O mesmo diario podería acceder tamén a subvencións como diario dixital e ademais podería pedir unha subvención de apoio á profesionalización que pode chegar a ser de até 12.000 euros en total se acredita ter máis de tres redactores con contrato profesional. Estas cifras, evidentemente, están suxeitas á cantidade total do diñeiro destinado ás subvencións. Se a suma de todas as cantidades a pagar supera a capacidade prevista, a cifra redúcese proporcionalmente a todas as publicacións até cadrar con ese importe. No ano 2020 as subvencións estruturais a diarios en papel, por exemplo, significaron 800.000 euros para La Vanguardia, pola súa edición en catalán, ou 600.000 para El Punt Avui, El Periódico ou Ara e perto de 200.000 euros para os diarios locais de cidades como Lleida, Manresa, Vic ou Girona. Alén das subvencións estruturais Ademais desta subvención estrutural existen subvencións a proxectos e a adxudicación da publicidade institucional, que teñen un carácter máis discrecional e que foron fonte de conflitos polas discriminacións de tipo político. Especialmente criticouse que cada vez a Generalitat inviste máis en publicidade que na subvención estrutural, para ter así unha maior marxe de discrecionalidade política. Con todo, a Generalitat está obrigada por lei a publicar as memorias de toda a publicidade contratada cada ano, ao máximo detalle, así que non pode haber favores que non sexan visíbeis. Segundo a memoria de 2020 o diario en papel que recibiu máis diñeiro en publicidade foi La Vanguardia (2.648.987 euros). Generalitat Valenciana e Govern Balear Polo que respecta á Generalitat Valenciana e ao Govern Balear as subvencións tamén existen baixo o mesmo criterio de apoio aos diarios en lingua catalá pero o montante é moito menor. No caso da Generalitat Valenciana as subvencións a medios de comunicación achéganse aos tres millóns de euros en total. Para a súa repartición intervén unha comisión valoradora que é a que toma a decisión dos importes a partir dunha serie de características, adxudicando puntos. No caso de prensa escrita diaria, por exemplo, conta o número de páxinas (20 puntos se son 32 páxinas, 60 puntos se son máis de 52, etcétera), a difusión diaria, que tamén xera unha escala de puntos e no caso de que o xornal sexa só parcialmente en catalán, o número de páxinas en lingua propia. A cifra da subvención resulta do cómputo final de puntos e ten carácter obrigatorio, non se pode discriminar politicamente. Finalmente no caso das Illas Baleares destínanse 635.000 euros a subvencionar os medios de comunicación en lingua catalá."}
{"ID": "NOS_47838", "summary": "Nas últimas horas, xusto cando golpeou o norte da maior das Antillas, o furacán Irma recobrou intensidade e voltou a se situar na categoría 5, a máxima da escala Saffir. É a primeira vez nun século que un furacán categoría 5 atinxe Cuba. Está previsto que alcance a costa de Florida esta noite. Un cuarto da populación dese estado norteamericano ten de ser evacuada.", "text": "As informacións disponíbeis até o momento indican que a pasaxe de Irma, un furacán con ventos de até 250 quilómetros por hora, non deixou nengunha vítima mortal en Cuba. O fenómeno alcanzou o norte do país, o arquipiélago de Camagüey. A temperá evacuación das populacións decretada polo goberno da Habana funcionou á perfección e voltou a mostrar o alto grao de organización dos servizos de emerxencia cubanos, moi afeitos a se despregar perante as inclemencias meteorolóxicas. Mais a historia aínda non concluíu. Irma vai chegar tamén á capital cubana e prevense ondas de 5 metros e inundacións costeiras que poderían adentrarse até medio quilómetro terra adentro. Cando abandone Cuba este domingo, o furacán rumará en dirección ao estado de Florida. A previsión é que atinxa territorio dos EUA pola mañá e cruce inteiro Florida ao longo de 30 horas de ventos devastadores. As autoridades ordenaron a evacuación de 5,6 millóns de persoas, un cuarto da populación deste estado que se acha a apenas 100 millas mariñas da maior das Antillas. Tamén no estado de Georgia por volta de 540.000 persoas terán de abandonar as súas casas para se poren a salvo do fenómeno. Na súa pasaxe polo Caribe -Barbados, Porto Rico, Illas Virxes Británicas...-, o Irma matou no mínimo 23 persoas."}
{"ID": "PRAZA_503", "summary": "Expertos xuristas amosan de maneira conxunta en varias universidades do Estado -tamén en Galicia- o seu \"rexeitamento\" ás reformas penais do PP por \"endurecer a resposta penal sen xustificación\" ou \"criminalizar a protesta cidadá\" e cargan tamén contra o pacto antiterrorista PP-PSOE.", "text": "A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acolleu este mércores un acto de protesta do Grupo de Estudos de Política Criminal (GEPC) contra a próxima reforma do Código Penal. Foi un acto que se repetiu simultaneamente en arredor de vinte universidades do Estado máis por parte desta asociación que xuta uns 150 xuristas -entre docentes, xuíces e fiscais- que impulsaron esta acción na que advirten de que as modificacións do Executivo suporán o \"endurecemento da resposta penal sen causa xustificada e unha criminalización da protesta cidadá\". O grupo de expertos xuristas amosa o seu \"rexeitamento ao contido e á forma\" do novo Código Penal que prepara o Goberno Na Coruña, foron os profesores Carlos Aymerich, José Antonio Ramos, Xulio Ferreiro e Santiago Roura os que deron lectura a un manifesto conxunto en todo o Estado no que o GEPC amosa o seu \"rexeitamento\" tanto \"ao contido como a forma\" do novo Código Penal. Para estes expertos, a reforma \"dá un salto cualitativo no endurecemento da resposta penal sen que exista estudo rigoroso ningún previo da situación do sistema penal español nin xustificación racional para facelo\". Así, lembran que as taxas de poboación penada e penitenciaria no Estado \"son extremadamente altas\" máis cando as taxas de delincuencia \"son inferiores á media europea\". Malia as afirmacións dalgúns, estes xuristas advirten de que o Código Penal vixente contempla penas \"de duración superior aos canons europeos\" que permiten ata unha estadía efectiva na cadea de \"ata corenta anos\". E van máis aló. \"A introdución da cadea perpetua como vértice do sistema de peas abandona drasticamente calquera finalidade de reinserción social e utilízase exclusivamente con fins propagandísticos\", din, tras recordar que \"penas de maior duración non supoñen maior seguridade pero si provocan, sen dúbida, supostos duha crueldade absolutamente innecesaria\". \"A introdución da cadea perpetua abandona calquera fin de reinserción social e só ten fins propagandísticos\", denuncia o GEPC Ao tempo, o GEPC destaca que o pacto PP-PSOE en materia terrorista deixa fóra \"medidas moito máis eficaces como a intelixencia, a cooperación ou a política internacional\" para \"fuxir ao dereito penal, tipificando condutas que xa eran consideradas delitivas cunha clara finalidade propagandística e esvaecendo o concepto de terrorismo, criminalizando a liberdade de pensamento, creando delitos de sospeita e condutas indeterminadas inaceptables nun Estado de Dereito\". Do mesmo xeito, censuran unha reforma penal que, \"en sintonía co Proxecto de Lei de Seguridade Cidadá, criminaliza a protesta co fin de disuadir os moitos colectivos de cidadáns indignados de expresar publicamente a súa rebeldía contra unha política que destrúe os alicerces do Estado do Benestar e aproveitan os que en boa medida provocaron a crise e seguen beneficiándose dela\". \"Un Estado democrático non pode asumir que o Dereito Penal se convirta nun instrumento de exclusión social, sanción da pobreza e control indeterminado da cidadanía en mans duns poucos\", insiste. Os xuristas censuran o pacto PP-PSOE en materia terrorista e \"a criminalización da protesta\" da cidadanía Por último, advirte dos \"múltiples e variados erros técnicos da reforma\", que foron postos de manifesto por altas institucións \"sen que as súas opinións foran atendidas\", e denuncia queu o Goberno saque \"a toda costa\" a reforma \"ignorando esas voces críticas e aso do resto de grupos parlamentarios\", obviando así \"o consenso que forma parte inescindible da lexitiminación en materia penal\". \"Non é un Código Penal de todos. E non hai dereito\", conclúen."}
{"ID": "PRAZA_2512", "summary": "O informe do Instituto Internacional de Prensa, publicado a pasada semana, alerta de numerosas eivas para a información en España, dende a Lei Mordaza ao funcionamento dos medios públicos. O documento únese ás críticas realizadas polo Colexio de Xornalistas e outras entidades.", "text": "A pasada semana o Instituto Internacional de Prensa fixo público un informe sobre a saúde da liberdade de prensa en España, un texto que alerta de determinadas cuestións, modificacións lexislativas e accións do Goberno que estarían poñendo en risco o correcto exercicio do dereito á información. O documento critica os efectos da Lei Mordaza, do pacto antiyihadista ou da reforma da Lei de Enxuizamento Criminal; alerta do funcionamento dos medios públicos ou da xestión da publicidade institucional, e critica o trato dado aos medios comunitarios. O documento critica os efectos da Lei Mordaza, do pacto antiyihadista ou da reforma da Lei de Enxuizamento Criminal; alerta do funcionamento dos medios públicos ou da xestión da publicidade institucional, e critica o trato dado aos medios comunitarios Cando a lexislatura está a piques de rematar, pódese facer balance, preguntándonos se despois de catro anos de goberno de Mariano Rajoy hai máis ou menos liberdade de prensa. En opinión de Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, \"retrocedemos a nivel normativo, debido á Lei Mordaza e porque a Lei de Transparencia -que debería ser un avance- da maneira que resultou, non creo que vaia servir para case nada\". En todo caso, Pereiro subliña que \"a liberdade de prensa non son soamente normas, senón que é o dereito efectivo a recibir información veraz\" e, sinala, aí si houbo un \"retroceso claro\". Sinala que \"a información contrastada e independente estase refuxiando en determinados medios dixitais de nova creación, mentres que os grandes medios e os periódicos de referencia son agora fabricantes de opinión, e neles a información pasou a un segundo plano\". \"Daquilo de que o xornalismo é contar o que alguén non quere que se saiba pasamos a todo o contrario\", denuncia. Pereiro subliña que \"a liberdade de prensa non son soamente normas, senón que é o dereito efectivo a recibir información veraz\" e, sinala que aí houbo un \"retroceso claro\" De igual xeito o informe, moi crítico, coas políticas seguidas nos últimos catro anos polo Partido Popular, sinala que \"os problemas de España deben valorarse comparándoos cos seus veciños europeos\" e afirma que \"sorprende escoitar aos funcionarios españois do Goberno negar categoricamente a existencia de problemas coa liberdade de expresión en España\". O texto alerta sobre as consecuencias da Lei de Seguridade Cidadá, lembrando o diagnóstico do Comité de Dereitos Humanos da ONU, que sostén que a Lei Mordaza \"restrinxe de forma innecesaria e desproporcionada liberdades básicas coma o exercicio colectivo do dereito á liberdade de opinión e expresión en España\". De igual xeito, en relación co pacto antiyihadista que modificou determinados artigos do Código Penal, o informe fai súa a valoración da Plataforma en Defensa da Liberdade de Información, que subliñou que \"a unificación de determinados delitos informáticos cos de terrorismo\" pode \"ter un efecto disuasorio no xornalismo de investigación\" e que \"a inclusión de provisións vagas, como as sancións por 'acceder de maneira habitual a páxinas web de contido terrorista' poden \"frear o traballo tanto de xornalistas como de académicos\"; así mesmo, advertiu do \"aumento dos poderes do Goberno á hora de levar a cabo tarefa de vixilancia en masa, en xeral, e de xornalistas, en particular\". O informe incidía igualmente en determinados asuntos relacionados coa regulación do sector audiovisual, o papel do Goberno na concesión de licenzas de emisión e a discriminación á que vén sometendo aos medios comunitarios, incumprindo o previsto na Lei do Audiovisual de 2010. O texto péchase cunha valoración de Stephen Whittle, ex Director de Política Editorial da BBC, que afirma que o Goberno español \"debería implementar un organismo regulador independente e específico para o sector audiovisual, de acordo ao propósito orixinal da Lei Xeral da Comunicación Audiovisual de 2010\". Whittle sinala que \"é inusual que o Goberno conceda licenzas de televisión\" e que \"a súa recente decisión de concedelas en datas tan próximas ás eleccións nacionais pode ser problemática\". Así mesmo, o documento pide \"implementar un marco legal para a concesión de licenzas de medios de comunicación comunitarios, como se dispón na Lei de Comunicación Audiovisual de 2010\". Entre as medidas para mellorar o actual estado do dereito á información que poden estar nas mans do Goberno que saia das eleccións do 20 de decembro, Pereiro fai fincapé no funcionamento dos medios de comunicación públicos. \"Hai medidas que xa sabemos que funcionan. \"n TVE hai uns anos, vimos que funcionaron\", destaca. O informe recolle as críticas do Consello de Informativos de RTVE, que denunciou que \"as guías éticas e profesionais de RTVE son habitualmente incumpridas no que se refire á imparcialidade, pluralidade, veracidade e obxectividade, converténdose pola contra nun instrumento de propaganda ao servizo de Goberno\". Tamén sinalaba \"unha purga de persoal de TVE de recoñecido prestixio e traxectoria profesional\", substituído por \"persoas que non foron formadas no espírito do servizo público dos medios de comunicación e que proveñen do mercado dos medios de comunicación, marcado por certa imparcialidade e claramente aliñados cunha persistente defensa das ideas do Goberno\". As entidades participantes no informe denuncian así mesmo que existe en España \"unha falta de información sobre os criterios usados polos organismos públicos á hora de conceder as campañas de publicidade aos medios de comunicación\" As entidades participantes no informe denuncian así mesmo que existe en España \"unha falta de información sobre os criterios usados polos organismos públicos á hora de conceder as campañas de publicidade aos medios de comunicación\", que podería derivar cara a unha posible \"censura branda\". A publicación faise eco neste senso das críticas á decisión do Goberno de centralizar a asignación de publicidade institucional a través dun grupo de máximo cinco axencias publicitarias, o que \"permitiría que detalles claves como a identidade dos medios de comunicación que reciben publicidade oficial, así como detalles sobre o obxectivo da campaña, custo total, medios de comunicación preferidos, etc., só se publicasen cando se estime oportuno\". Pola súa banda, a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) tamén se pronunciou nos últimos días sobre estes temas, e pídelles a todos os partidos políticos que inclúan nos seus programas e expliquen con claridade cales son as súas propostas para defender o dereito á información e a comunicación da cidadanía. A entidade considera necesario que todos eles leven nos seus programas a regulación por lei da profesión xornalística, como instrumento imprescindible para que ese dereito sexa unha realidade; a desgubernamentalización e despolitización dos medios de comunicación públicos; a obriga de que o Goberno central e os autonómicos teñan en conta aos medios comunitarios á hora de conceder licenzas de radio e televisión, entre outras cuestións. Para Xosé Manuel Pereiro, finalmente, hai un problema \"cando se confunde a defensa da profesión coa defensa de intereses das empresas\". \"Aí temos parte de culpa, permitimos que se confundise unha cousa e a outra, e cando ves a grandes corporacións mediáticas falar da liberdade de prensa, ás veces resulta pouco crible\", di. Descarga aquí o informe (.pdf)"}
{"ID": "NOS_1037", "summary": "Praias de Cannes, Villeneuve-Loubet, Le Tourquet e Sisco (Córsica) prohiben o uso desta prenda cunha medida que multou xa tres mulleres.", "text": "Até o momento tres mulleres foron multadas en praias de Cannes, a primeira localidade en prohibir o uso do burkini como foi acuñado o traxe de baño integral, e outras seis foron advertidas por iren aos areais \"demasiado cubertas\", segundo recolle o Nice Matin, ao tempo que as instaron a se espir ou abandonar a praia. A polémica norma que impide as mulleres musulmás vestir esta prenda foi adoptada tamén en Villeneuve-Loubet, Le Tourquet e en Sisco (Córsica). Neste último caso, após o conflito xurdido candro tres familias musulmás, entre as que se atopaban mulleres con traxe de baño integral, interpelaron un grupo de adolescentes que lles estaban a tirar fotografías. O que comezou como unha discusión na praia rematou en disturbios o que levou o goberno municipal de Sisco a prohibir o uso da prenda. A Ministra de Dereitos das Mulleres francesas dixo que aquelas que defenden o uso do burkini son como \"negros que apoian a escravitude\" A prohibición foi apoiada polo goberno central francés e tamén polos tribunais, após as denuncias presentadas polo Colectivo contra a islamofobia (CCIF) e a Liga dos dereitos humanos que tildan a medida de ilegal. Desde o Tribunal de Niza aseguraron nun auto que a norma non contravén o artigo primeiro da Constitución francesa que defende Franza como unha república laica e prohibe a calquera persoa \"facer prevalecer as súas crenzas relixiosas sobre o respeito das regras comúns\". Aliás, o xuíz responsábel da sentenza referenciou os recentes atentados que tiveron lugar no país, concretamente o de Niza a mediados do mes de xullo, para asegurar que no actual estado de emerxencia o traxe de baño integral constitúe \"algo máis que un simple signo relixioso\". Terrorismo e hixiene As normas municipais aprobadas, inspiradas unhas nas outras, baséanse na consideración de que esta prenda \"manifesta de maneira ostentosa unha pertenza relixiosa cando Franza e os lugares de culto son actualmente obxectivo de ataques terroristas\" o que coidan \"pode provocar disturbios de orde pública\" segundo recolle o decreto aprobado en Cannes. O director xeral de servizos municipal foi alén diso e declarou aos medios de comunicación, segundo recolle Francetv info que o \"burkini\" é \"un sinal de adhesión ao jihadismo\" e carrexa \"problemas de hixiene\". Este verán estamos a ser testemuñas dunha islamofobia política histérica que pon uns cidadáns contra outros Pola súa banda a Ministra dos dereitos das mulleres --o goberno francés amosou o seu apoio ás medidas adoptadas mais asegurou que non lexislará ao respeito no conxunto do territorio-- sinalou que o burkini reflicte unha \"visión profundamente arcaica do lugar da muller na sociedade\" ao tentar \"disimular\" o seu corpo para \"controlala mellor\". \"O burkini non é apenas unha nova liñaa de traxes de baño, é a versión de praia do burka e ten a mesma lóxica: esconder o corpo das mulleres para controlalas mellor\". Así as cousas, Laurence Rossignol, instou a non mesturar terrorismo e prendas de vestir. \"Confundir unha cousa con outra nunca é moi útil\", apuntou. Ora ben, comparou as mulleres que defenden o seu uso cos \"negros que defenden a escravitude\". Restrinxir liberdades e exclusión Desde o Colectivo contra a Islamofobia o seu portavoz Marwan Muhammad sinalou que a prohibición restrinxe liberdades individuais e discrimina as mulleres musulmás. \"Este verán estamos a ser testemuñas dunha islamofobia política histérica que pon uns cidadáns contra outros\". Pola súa banda, a Liga dos dereitos humanos preguntouse \"para cando unha milicia da moral como na terra dos mulás?\" após \"noso alcalde ten o catálogo de roupas permitidas nas praias de Cannes?\". A Liga asegura que medidas coma estas que teñen \"actitudes escluíntes e represivas\" son a razón de que \"algúns dos nosos compatriotas se sintan excluídos da cidade\"."}
{"ID": "NOS_45852", "summary": "Cinco persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña", "text": "A Consellería de Sanidade informa que até a mañá desta quinta feira confírmanse outros 21 casos activos de persoas afectadas por Covid-19 no brote da Mariña. Os novos casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas elevan a 165 o número de casos activos dentro deste brote. Sanidades salienta que se produciron 25 altas epidemiolóxicas de persoas que eran positivas e que xa están curadas. Así pois, os novos casos positivos na última xornada foron 36. \"Así mesmo, destacar que os novos positivos que se produciron están relacionados co brote, o que permite seguir a garantir a trazabilidade dos casos e continuar na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión e conter o brote\", indica nun comunicado. Dos 165 casos activos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Cinco persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorable."}
{"ID": "NOS_30773", "summary": "Consideran \"inxustificábel\" e \"impresentábel\" a resposta das Valedora do Pobo á queixa presentada por ambas antidades pola exclusión do galego no ensino.", "text": "CIG-Ensino e A Mesa consideran que a Valedora do Pobo erstá a actuar como \"apéndice\" do partido Popular. Unha acusación que realizan a raíz da resposta dada por esta á queixa presentada por ambas as dúas antidades sobre a \"exclusión e discriminación\" do galego no Ensino como consecuencia da aplicación da Lomce. Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, considera \"inaceptábel, impresentábel e inxustificábel\", a actitude da Valedora, que non entra no motivo da propia queixa nin fundamenta a resposta. Por iso denunciou a súa \"total complicidade cos posicionamentos da consellaría\". Unha actitude que considerou \"impropia\" dunha institución como a da Valedora do Pobo. \"É unha resolución prexuizosa co noso idioma. É incapaz de promover o uso da legalidade ante unha institución. Pedimos amparo e vémonos totalmente desamparados\". No mesmo sentido, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística asegurou que \"non sabemos se a Valedora nos está a tomar por parvos ou é a Consellería a que a toma por parva a ela e ela acepta de forma submisa\". Para Maceira, a resposta remitida á queixa da Mesa e da CIG-Ensino \"mostra unha falta de respecto por si mesma e a propia Valedora parece máis ben unha responsable dunha subsección de publicidade da Xunta\". O presidente da MNL lembra que \"unha vez máis, chove sobre mollado xa que isto pasou en casos anteriores como o da persecución a un centro de ensino por un cartaz; a petición de que a cartilla de vacinación infantil estivese en español ou a desatención dun usuario ao que lle denegaban a saída dun parking se non falaba castelán\". Queixa Anxo Louzao lembrou que coa aplicación da LOMCE a xa cativa presenza do galego como lingua vehicular no Ensino reduciuse, ao modificarse a carga horaria e mesmo ao cambiar algunhas das materias que había. Así, o galego pasa ter 13 horas menos no conxunto da ESO para as ensinanzas aplicadas e 10 horas menos para as ensinanzas académicas. Diante desta situación tanto a CIG-Ensino como a Mesa pola Normalización Lingüística dirixíronse en repetidas ocasións á consellaría de Educación, enviaron un escrito conxunto, a CIG-Ensino levou o tema á mesa sectorial denunciando a\"alarmante discriminación\" que sofre o galego no ensino en relación co español. Porén, sinalan, a consellaría non se deu por aludida non atendeu este tipo de advertencias embrora, indicou Louzao, que a mesma implicase estar \"ante unha situación de ilegalidade, atendendo ao cativo marco xurídico e os dereitos que ten a nosa lingua\". Ante esta situación a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino recorreron á Valedora do Pobo mediante unha queixa, co obxecto de que instara e requirira da consellaría de Educación o cumprimento da legalidade."}
{"ID": "NOS_904", "summary": "Bagdad leva a denuncia do caso ás instancias internacionais.", "text": "É imprescindíbel \"determinar as circunstancias que rodearon o ataque\", así como \"garantir que haxa rendición de contas\", vén de comunicar o vicevoceiro da Secretaría Xeral das Nacións Unidas, Farhan Haq, que amais condenou a agresión militar. Haq refírese ao ataque de artillería do Exército turco a cuarta feira contra unha zona hoteleira no distrito de Zajo, no Kurdistán iraquí, que matou nove persoas, entre elas dúas crianzas, deixando ademais 23 persoas feridas. Os falecidos eran turistas iraquís, que nesta época enchen esa zona montañosa na provincia de Duhok, coñecida polas boas temperaturas e os saltos de auga. Este ataque pon de manifesto a presenza militar de Turquía, que conta con varias bases, no territorio do Kurdistán no Iraq, e que se foi ampliando desde a incursión na rexión en 2008, catro anos despois da invasión liderada polos Estados Unidos para derrocar Sadam Hussein, presidente iraquí naquela altura. O argumento esgrimido por Turquía e o seu Parlamento, que actualiza ano tras ano o permiso para violar a soberanía iraquí, é loitar contra o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), que considera terrorista. Apuntan medios locais que un dos principais problemas do PKK na rexión é a alianza entre Ancara e o Partido Democrático do Kurdistán, que dirixe o Goberno Rexional do Kurdistán liderado por Masrour Barzani. No pasado a formación apoiou Turquía, un dos seus primeiros socios comerciais, noutras ofensivas contra o PKK, e conta co apoio dos Estados Unidos. Iraq di basta Malia que estas accións militares en territorio do Kurdistán e Iraq provocan choques diplomáticos constantes entre ambos os dous Estados, a consternación e as mobilizacións por este ataque levaron nesta ocasión a que o Consello de Seguridade Nacional iraquí ordenara ao Ministerio de Exteriores que \"presente unha queixa urxente perante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas\" que recompile \"os reiterados ataques turcos contra a soberanía de Iraq e a seguridade dos iraquís\". Ao tempo, exixiu que Ancara \"retire as súas forzas militares\" do territorio, rexeitando que \"Iraq sexa unha plataforma para atacar outros países ou un escenario para un axuste de contas\", facendo fincapé en que \"rexeitan firmemente a presenza de organizacións terroristas ou grupos armados no seu territorio\". A nivel diplomático, foi chamado a consultas o encargado de negocios de Iraq en Turquía e suspendido o nomeamento dun novo embaixador. Asemade, instaron as súas Forzas Armadas a \"adoptar todas as medidas necesarias para a autodefensa\". A pesar de que os medios internacionais e as autoridades iraquís atribúen o ataque ao Exército turco, Ancara nega a súa responsabilidade e acusa o PKK. Non obstante, a organización kurda apuntou cara a Turquía e desmentiu calquera vínculo co ataque. A agresión foi condenada por instancias internacionais e por países como Alemaña e os Estados Unidos (que lidera a Organización do Tratado do Atlántico Norte, á que pertence Turquía), mais sen sinalar responsábeis. O mesmo aconteceu con Barzani e o goberno autónomo kurdo, que se limitaron a criticar \"os continuos enfrontamentos entre o Exército turco e o PKK na zona\". Turquía comezou en abril unha ofensiva no norte de Iraq A mediados de abril deste ano, Ancara deu luz verde a unha campaña militar no Kurdistán iraquí, criticada por Bagdad como unha \"ameaza á seguridade nacional\". Esta operación súmase ás que ten en marcha en Siria, onde ocupa unha franxa no lado sirio da fronteira argüíndo que está a loitar contra as Unidades de Protección Popular, que agrupan as principais organizacións kurdas do Estado sirio."}
{"ID": "NOS_1343", "summary": "Catro décadas despois dun dos procesos revolucionarios que marcará a segunda metade do século XX, o A Fondo deste novo número do semanario Sermos Galiza achégase á revolta militar que se tornou unha revolución popular naquel 25 de abril do que se conmemora o corenta aniversario. Disponíbel por 0,50 euros na nosa loxa.", "text": "\"25 de abril, 40 anos dunha revolución inacabada\" é o título xenérico do A Fondo coordinado por Manuel Mera e X.P. Igrexas no que se analiza o proceso histórico máis relevante do pasado século en Portugal que se converteu nun dos episodios históricos que máis atención provocaron na esquerda mundial. O director da Fundación Moncho Reboiras e coordenador do A Fondo achégase ao proceso revolucionario desde a situación previa de Portugal, coa folga de máis de 100.000 operarios en outubro de 1973 até a encrucillada na que o país vive na actualidade. No entanto, Mera sostén que \"os efectos da revolución dos caraveis non foron doados de desmontar polas clases hexemónicas\", nun país nos que a caída da dituadura non se fixo como no Estado español ou Grecia por un proceso de transición senón por un revolucionario. O A Fondo reproduce tamén os principais fragmentos da derradeira entrevista concedida polo General Vasco Gonçalves, un dos máis destacados protagonistas do acotnecemento que fala da Revolução do 25 de Abril como \"a mairo ofensiva contra o capitalismo\". Xabier P. Igrexas pecha o especial defendendo unha das principais leccións de abril: \"o papel central que en todo proceso de transformacións ocial debe xogar directamente o próprio pobo, as clases populares e singularmente a traballadora\". A conclusión é, ao seu ver, que os seus valores \"continúan a se proxectar como aspiración de futuro para o pobo portugués\"."}
{"ID": "NOS_14471", "summary": "Segundo un estudo elaborado polo sindicato CIG-Ensino, do total de prazas que se ofertaban, 2.286. quedaron desertas 247, case un 11%. Destas, 67% corresponde a especialidades de FP. A cifra de prazas desertas na promoción interna, advirte, supera 80%.", "text": "Tras finalizaren os procesos selectivos dos diferentes corpos docentes, a CIG-Ensino vén de facer público un informe no que o sindicato analiza o resultado das oposicións e no que, sen contar as prazas de promoción interna \"nas que o habitual é que apenas se cubran\", sinalan un elevado número de prazas sen adxudicar. En total 247 das 2.286 que se ofertaban, un 10,8%. \"A cifra de persoas aprobadas sen praza é moi baixa, con respecto ás que se ofertaban, o que evidencia a carencia dun sistema que debería ser de concurso oposición mais non o é\", critica CIG-Ensino. Por corpos, apuntan grandes diferenzas, sendo o de Artes Plásticas e Deseño e o de Mestras onde se concentra o maior número de persoas aprobadas sen praza, e polo tanto, o menor número de prazas desertas. No corpo de Secundaria e no de Conservatorios a porcentaxe total de prazas desertas \"non é moi destacábel\", precisa. Agás na especialidade de Matemáticas, o resto de especialidades nas que máis prazas quedaron sen adxudicar corresponden ao ámbito da Formación Profesional. Prazas desertas Así, \"67% do total das prazas desertas, 166 de 247, corresponden ao corpo de Profesorado Técnico de Formación Profesional que viu como se incrementaban as prazas ofertadas cunha nova convocatoria que se sumou á de 2020 como solución da Consellaría á situación creada pola LOMLOE coa integración dunha parte do profesorado técnico no corpo de PES\". Mais á vista dos resultados, defende a CIG-Ensino \" pódese concluír que a solución da Consellaría de Educación non deu os froitos que os seus responsábeis buscaban, que era a de darlle estabilidade a un colectivo que levaba moitos anos sen poder acceder a unha praza fixa pola ausencia de convocatorias de oposicións\". Desde a CIG-Ensino consideran \"urxente\" unha reflexión para tratar de determinar a que se debe \"esta disparidade de datos e ver como se pode evitar de cara a futuras convocatorias\", co fin, engade de erradicar unha situación \"denigrante para moitos compañeiros e compañeiras que levan desempeñando favorabelmente o seu posto de traballo durante máis dunha década\". Axustes no profesorado Doutra banda, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou esta cuarta feira que \"a Xunta porá todos os profesores que sexan necesarios para garantir os protocolos sanitarios e a calidade educativa\", pero matizou que haberá \"axustes\" a preguntas dos xornalistas tras as demandas sindicais para manter todos docentes contratados pola pandemia da Covid. Román Rodríguez subliñou que o ano pasado fíxose \"un esforzo extraordinario por unha situación moi concreta\" para indicar que que toca \"axustar\" eses esforzos cando se tende a unha \"situación máis ordinaria\". Ademais, referiuse a \"axustes en base á demografía\" para lembrar que en Infantil e Primaria \"haberá 4.000 alumnos menos\"."}
{"ID": "NOS_30737", "summary": "O xurado escolleu a súa obra por tratar temas tan actuais como a crise económica e social e súa repercusión na mocidade. Ramos recoñece que escribiu \"o que lle pedia o corpo\".", "text": "O xornalista Alberto Ramos é o gañador da última edición do Premio Vicente Risco de Literatura que convoca anualmente esta entidade en colaboración co concello de Ourense. O galardón, dotado economicamente con 6.000 euros e a publicación da obra, engaiolou ao xurado polo excelente tratamento \"a crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria dos nosos días e en como esta falta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal\". Adelaida Vidal (gañadora da anterior edición), Xulio Golpe (Fundación Vicente Risco), Ánxela Gracían (Editorial Sotelo Blanco), Soedade do Muíño e Serafín Alonso Pintos, membros do xurado, tiveron en conta que no texto escrito por Alberto Ramos xurdían elementos tan actuais como \"o peche de medios de comunicación escritos, a rivalidade profesional e a falta de expectativas vitais\". É unha historia do paro, \"unha cuestión bélica hoxe\" para unha mocidade que busca o seu futuro. Vivencias persoais e ficticias \"Escribín o que me pedía o corpo\". Ramos, colaborador de Sermos Galiza, conta en \"Todos os días\" a historia dun xornalista que queda en paro despois de pechar o seu xornal. Recoñece que hai algo de \"autobiográfico\" até con algún acenso de complicidade cara un sector que coñece moi ben. \"Hai algunhas vivencias persoais e outras que non\". É unha historia do paro, \"unha cuestión bélica hoxe\" para unha mocidade que busca o seu futuro. \"Calquera parecido coa realidade e pura casualidade... ou causalidade\". O Premio Vicente Risco Os Premios Vicente Risco naceron no ano 2000 co obxectivo de promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria. En anteriores edicións levaron este galardón Xosé Carlos Caneiro (\"A rosa de Borges\", 2000), Xavier López López (\"O Caderno\", 2001), Xosé Luís Martínez Pereiro (\"A embaixada do vinagre\", 2002), Ramón Caride Ogando (\"O sangue dos camiños\", 2003), Isidro Novo (\"Un escuro rumor tralo silencio\", 2005), Zurzo Sierra Veloso (\"Os mércores de Fra\", 2006), Xosé Vázquez Pintor (\"Para dicir abril\", 2007), Hixinio Puentes (\"A do vinteún\", 2009), Fernando Méndez (\"Deus xogando aos dados\", 2010) e Adelaida Vidal (\"Olladas\", 2011)."}
{"ID": "NOS_25011", "summary": "Malia que a paciente padecía patoloxías previas que dificultaron a súa curación, este pasamento sucede cando a evolución dos contaxios é peor na xente máis nova, en pleno proceso de vacinación ou aínda sen cita.", "text": "Unha muller de 38 anos converteuse na cuarta feira na vítima 2.439 do coronavirus na Galiza. Malia que a vítima tiña patoloxías previas que dificultaron que superase a enfermidade, nun momento no que os contaxios entre a xente máis nova van en aumento refrenda as advertencias das autoridades sanitarias: a xente de menos idade tamén pode enfermar e morrer por esta pandemia. A finada, que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), é a quinta galega que de menos de 40 anos que perde a vida pola Covid-19 desde o mes de marzo de 2020, cando comezou a notarse a crise sanitaria. A Consellaría de Sanidade, que explicou que a moza tiña patoloxías previas, aclarou que o óbito tivo lugar nesta terza feira pero non se achegou a información até hoxe. As cifras falan xa de 2.349 falecidas no que vai de pandemia malia que nas últimas semanas tamén hai xornadas nas que non hai que lamentar ningún deceso. A última persoa que non conseguiu superar a infección tiña 38 anos -precisamente a campaña de vacinación está agora coa primeira dose dos tratamentos na franxa de idade de 30 a 39 anos e a segunda nas e nos galegos de 40 a 49 anos- pero xa houbo outras catro antes. Despois dun foco na residencia Doral de Mos finou un mozo de 28 anos e no mes de febreiro o virus custoulle a vida a outra doente, neste caso de 31 anos pero tamén con doenzas anteriores. Na primeira onda da pandemia faleceran unha embarazada e un actor ferrolán de 35 anos, que á súa vez sufría outra enfermidade antes de contraer a Covid-19. Malia ser casos puntuais, o feito de que transcendan neste momento de descontrol en parte da mocidade é significativo para que a poboación preste máis atención ás peticións de \"responsabilidade\" por parte das autoridades."}
{"ID": "NOS_50507", "summary": "O intento de golpe de Estado pon en dúbida o desenvolvemento dos comicios, que estaban previstos para o 24 de decembro.", "text": "A poucos días das eleccións presidenciais en Libia, coas que as autoridades pretenden recuperar a estabilidade que rachou en 2011 o golpe de Estado apoiado pola OTAN e a posterior execución de Muamar el Gadafi, varias das milicias que operan na capital, Trípoli, tomaron na madrugada da cuarta á quinta feira o control da sede do Consello Presidencial, e teñen rodeadas varias sedes ministeriais, como a de Defensa, e a oficina do primeiro ministro, Abdulhamid Dbeibah. O ataque chega poucas horas despois de que Abdel Basset Marwan fora relevado da xefatura da comandancia militar de Trípoli, sendo substituído por Abdel Qader Mansour. Medios locais reportan combates na capital entre as milicias que están a protagonizar o golpe de Estado -leais a Basser Marwan- e as forzas militares libias. Asemade, estradas como Shatt, Al-Sikka e Abu Sitta, que permiten acceder á sede da Presidencia e ao Concello da capital, foron cortadas. Non obstante, tanto o primeiro ministro como o presidente do Consello Presidencial, Mohamed Menfi, foron evacuados e atópanse nun lugar seguro, indica o xornal Al-Sharq. Unha das milicias enfrontadas co Goberno de unidade nacional, a brigada de Al Samoud, transmitiu por medio do seu líder, Salah al Badi, que as eleccións previstas para o 24 de decembro \"non se desenvolverán, fecharemos todas as institucións estatais\", informa Al Marsad. Ademais, activistas de Misurata, perto de Trípoli, difundiron un vídeo no que al Badi asevera que están traballando na coordinación con outros grupos armados para pór fin ás eleccións. A Organización das Nacións Unidas (ONU) impuxo sancións a al Badi polo asasinato de civís durante unha guerra civil que se estendeu unha década, amais, acusouno de \"socavar sistematicamente o logro dunha solución política en Libia apoiando a resistencia armada\". Menos dun ano de goberno O Goberno de unidade nacional iniciou a súa andadura en marzo e prevía entregar o poder a un presidente electo de maneira democrática após os comicios da vindeira semana. A creación deste Executivo, auspiciado pola ONU, permitiu acabar coa guerra civil que se intensificara en 2015 e reunificar os dous gabinetes paralelos, o chamado Goberno de acordo nacional e o da Cámara de Representantes, que intentou en 2019 tomar o resto do país cunha grande ofensiva militar que finalmente fracasou."}
{"ID": "NOS_48922", "summary": "Primeira avaliación de Podemos Galiza dos resultados das eleccións catalás.", "text": "O secretario xeral de Podemos Galiza, Bregoán Riobóo, atendeu os meios após tomar parte nun almorzo informativo do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. E nese marco deslizou a súa interpretación do 27S. Esforzouse en todo momento por enfatizar que os resultados cataláns non son extrapolábeis nen á política española nen á galega. O contexto galego \"é ben distinto do catalán\", afirmou en declaracións recollidas por Europa Press. O contexto sería distinto e tamén o serían as organizacións políticas e a cidadanía, \"que ten unha percepción distinta das eleccións\". Riobóo enfiou tamén un discurso segundo o cal o independentismo catalán medrou nos últimos en Catalunya pola \"irresponsabilidade\" do Partido Popular de Rajoy. \"Hai 10 anos o independentismo representaba un 20 por cento en Catalunya e hoxe está no 47,48%\", acrecentou. \"Sorprende a irresponsabilidade\" [de Rajoy] \"que o que fai é incentivar o independentismo\". \"Fica patente que o que levamos dicendo en Podemos desde hai moito tempo é certo: que o PP é a maior fábrica de independentismo do Estado\", salientou. Na mesma liña de Pablo Iglesias, o secretario xeral de Podemos Galiza concedeu que os resultados do seu partido en Catalunya foron \"decepcionantes, tendo en conta o que se esperaba\". E a razón diso? Aquí Riobóo alude tamén o contexto: \"As [eleccións] catalás estaban moi polarizadas polo vector do soberanismo\"."}
{"ID": "NOS_57795", "summary": "Conversamos con Karma Peiró, directora de Nació Digital, hai uns días, apenas comezada a campaña. Non foi unha entrevista en clave de agoirar cómo ían transcorrer estas semanas, mais adiantou feitos que xa se estaban a producir e que este tempo electoral non fixo máis que confirmar.", "text": "Esta mesma terza feira, que se apagarán os focos e as proclamas para entrar nesa xornada anacrónica chamada de \"Reflexión\", atopamos os seguintes titulares: -Unha denuncia da ANC polo número de contas independentistas de twitter que foron bloqueadas -Unha escolma das mellores faixas e cartaces cos que a sociedade civil sortea a prohibición da cor amarela en defensa dos presos políticos. Karma explicábanolo cando lle preguntamos polo papel dos medios dixitais durante o procés que, sobre todo no caso de Nació Digital, experimentaron un crecimiento exponencial de visitas e seguimento moi importante, chegando a ser líderes neste momento no caso de Nació. \"Todos gañamos audiencia –di- As redes sociais e mesmo o Whatsapp convertéronse en auténticos medios de comunicación porque a xente quer contrastar máis e iso fai, a viralidade, que acaben chegando máis a nós fronte aos medios tradicionais\". Recoñece que o cidadán ten interiorizado en certa maneira todo o que está a acontecer e que non se vive no estado de crispación que trasladan os medios do Estado, mais iso non quere dicir que a sociedade catalá non sexa consciente do que hai –asegura- ao tempo que nos explica que si se dan máis as conversas políticas, aínda que sobre todo nos traballos. \"Hai unha mobilización importante na rúa porque máis alá da política hai medidas que realmente non se entenden, como a prohibición da cor amarela ou o grao de intervención e persecución dos medios\". \"Acabará tendo que estudarse en clases de socioloxía\", ironiza a respecto da reacción que o goberno español ten provocado co asunto do groc [amarelo]. Neste sentido, semella que do mesmo xeito que se di que \"o PP é unha fábrica de independentistas\", co tema dos lazos e o amarelo está a acontecer algo parecido. Polo que nos conta, xente que non tiña nin unha prenda desa cor no armario, agora inclúea como acto de protesta, non tanto, ou só, como apoio aos presos, senón como reacción ao que aquí se vive como unha nova afrenta do Estado. Mais este xeito de identificación tamén ten riscos, pois o mesmo pagan xustos por pecadores. Karma exemplifícao coa seguinte anécdota: \"Nun debate recente no que estabamos directores e directoras de diferentes medios de comunicación, alguén dirixiuse a unha señora do público asumindo que era independentista\". E que pasou? Que a muller negou a maior, pero o que a interpelou concluiu tal feito da roupa que levaba, amarela, obviamente. Para Karma, non é o escenario máis difícil no que tivo que lidar até o de agora, pois chegou á dirección xusto após o 27S e aí están tamén os atentados do verán, que non foron doados e menos no actual contexto, mais si recoñece a \"excepcionalidade\" do momento e o \"surrealismo\" de moitas das cousas que están a pasar e das medidas que se están a adoptar. Non se molla nin no resultado, \"porque ninguén sabe que vai pasar\", nin nos plantexamentos de campaña de cada formación, aínda que coincide con nós en que as posturas equidistantes non as entende ninguén en Catalunya, restándolles importancia, iso si, \"porque sempre fan o mesmo, agardar\". Tampouco entra nas liñas editoriais de cada medio, nin siquera no posicionamento explícito que adoptou El Periódico, só critica, iso si, que alén da editorialización, que é respectable nun medio privado, non se deixe traballar e insiste nos 110 casos de persecución a medios denunciado polo Observatori de MediaCat ou o que está a acontecer con TV3, que leva xa acumuladas 10 denuncias da Xunta Electoral. É un enfrontamento, de todos os xeitos, máis entre os medios de Madrid e os de Catalunya do que entre os de aquí, condicionados, obviamente, polos intereses e o relato que mellor lles vén aos partidos estatais. Nas caravanas, de feito, e con independencia da ideoloxía do xornalista e do medio, así como da formación que toca seguir, a convivencia e o compañerismo é total. Ri porque, casualmente, acababa de deixar unha xornalista pouco antes de atender a Sermos Galiza, que lle contaba o bo rollo que había e o ben que o estaba a pasar cubrindo a campaña. Esta fractura da que nos fala entre Madrid-Cat puido comprobarse no distinto tratamento que deron os medios dun lado e doutro a respecto dos dous debates electorais que tiveron lugar o pasado domingo en La Sexta e esta segunda feira en TV3 cos 7 candidatos e candidatas. Mentres en Catalunya os titulares foron máis fieis ao acontencido e salientaron as diferenzas entre os dous blocos -pro e anti 155-, os que se trasladaron á maioría de España foron fieis ao relato \"do medo\" ante o separatismo ou a unha suposta fractura entre os partidos independentistas que fará definitivamente ingobernábel este país e obrigará a unhas novas eleccións. Certo que nos últimos días hai unha pequena pugna entre ERC e PdeCat por quen debe ostentar a presidencia do Govern en caso de gañar finalmente as eleccións, mais só hai que ver o último minuto de Marta Rovira no debate de TV3 –no que, por certo, deu unha lección a todos os que tentaron desautorizala logo do cara a cara con Arrimadas; lección non só de rigor e argumentos, senón de que tamén pode dominar o medio- e comprobar que son xogos electorais. O mesmo que a posición da CUP sobre a unilateralidade. Non hai que esquecer que os debates duraron dúas horas, un visionado íntegro dos mesmos, especialmente do de TV3, deixou ben en evidencia a boa disposición das tres forzas antimonárquicas a chegar ao entendemento necesario após 21D fronte a un outro bloque que está a dalo todo nestas últimas horas: con pílulas para desinfectar, chascarrillos sobre as Diplo-Cat en liquidació, publipropaganda de aumento do salario mínimo, oportunismo sobre a violencia machista ou desembarco de premios Nóbel con papeis en Panamá e líderes europeos a costa do Ibex 35. Como se pode ler nun dos chíos de Gabriel Rufián, punzantes pero atinados: \"As súas teles din unha cousa, as nosas rúas dirán outras\". Sexa como for, xa non queda nada para saír de dúbidas. Notas: As fotos 1 e 2 son de Nació Digital, en tanto que a 3 é de Catosfera.Cat"}
{"ID": "NOS_12408", "summary": "Único partido da xornada con presenza galega", "text": "Xornada atípica na Primeira División de Fútbol Sala mesmo para os estándares desta tempada, pois o coronavirus, por unha banda, e as consecuencias da borrasca Filomena, pola outra, provocaron que só se puidesen disputar catro dos oito partidos previstos. Dos cinco equipos galegos da categoría, só Viaxes Amarelle e Ourense Envialia tiveron a oportunidade de competir, mentres que Poio Pescamar, Pescados Rubén Burela e Cidade das Burgas viron como os seus encontros eran adiados. Herculinas e ourensás enfrontáronse no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da Coruña nun intenso derbi que caeu do lado visitante por 2-3, pois a pesar de que o Amarelle axiña se puxo por diante, Ourense Envialia conseguiu darlle a volta o partido nunha gran segunda metade. O choche comezaba cos dous equipos apostando por unha presión alta sobre o seu rival, e o primeiro en atopar o seu premio foi o conxunto herculino, logo de que Candela Soria roubase un balón en media cancha e saíse triunfante dun man a man coa gardameta Sandra xa no minuto e medio de xogo. O tanto non fixo que ningún dos equipos baixase o ritmo, e tan só tres minutos despois chegou o empate, transformado por Marta após un saque de banda que enviou directo ao fondo da rede da portaría laranxa. Coa igualada no marcador o cadro ourensán empezou a facerse co definitivo control do partido, mentres que as herculinas optaron por xogar máis atrasadas e tratar de sorprender á contra. Non obstante, o tanto do 1-2 para o Ourense Envialia chegaría, precisamente, nun contraataque, maxistralmente definido por Andrea Feijóo cun potente disparo ante o que nada puido facer Vane. Malia que as xogadoras do Viaxes Amarelle non baixaron os brazos, tratando intermitentemente de lograr a igualada, apenas dous minutos despois de volver do descanso Laura Uña anotaba un novo gol para o Envialia, que provocou a reacción coruñesa en forma de gol transformado por Patri Corral no minuto 32. Por momentos parecía que o empate estaba nas mans do Viaxes Amarelle, que chegou a optar polo xogo de cinco para tratar de igualar a contenda e conseguir puntuar, pero o Ourense foi quen aguantar e facerse co triunfo definitivo."}
{"ID": "NOS_36280", "summary": "Poucas horas despois de sufrir a súa segunda derrota nunha investidura (a primeira foi en 2016), Pedro Sánchez aproveitou unha entrevista para se desdicir do seu anuncio de que desta volta só o intentaría unha vez. O candidato socialista deixou claro que está disposto a volverse submeter a un debate parlamentar antes de que conclúa o fatídico prazo do 23 de setembro. En Tele5, Sánchez pediu a PP, Cs e Podemos \"explorar outros camiños\" para \"desbloquear a situación\".", "text": "Que outros camiños? En teoría hai tres escenarios. A saber: 1.-Reatar as negociacións con Podemos e alcanzar un acordo. O pacto podería substanciarse nun goberno de coalición —visto o visto, as posicións non están tan distantes, após Pablo Iglesias mostrar a súa disposición a renunciar ao Ministerio de Traballo a condición de se facer coas políticas activas de emprego—ou nunha alianza de lexislatura, con Podemos como esixente socio parlamentar dun goberno monocolor do PSOE. 2.-Chegar a un acordo coa dereita para esta se abster. Tería de ser quer con PP quer con Cs. Non valería só con PP, en principio máis disposto a falar con Ferraz. Unha abstención da escadra de Casado non viabilizaría a investidura de Sánchez se esta fose rexeitada por Unidas Podemos, independentistas, Cs e Vox. 3.-Deixar morrer o prazo para o Parlamento investir un candidato (caduca o 23 de setembro) e ir a novas eleccións xerais o 10N. A contraindicación deste movemento é clara: unha moi probábel desmobilización do electorado da esquerda podería resultar na aterraxe de Pablo Casado na Moncloa. Das tres hipótese a primeira é a máis probábel. Hai marxe para un acordo, tal e como, facendo abstracción da dureza oratoria duns e doutros, ficou patente na sesión plenaria desta quinta feira. O disenso non atinxe a cuestións programáticas —desde o estrado Pablo Iglesias deixou caer que xa non aspira a derrogar completamente a reforma laboral do PP, só os seus aspectos máis regresivos—, senón ao reparto de competencias e, por tanto, á capacidade orzamentaria. A clave sinalouna con acerto Aitor Esteban, o elocuente portavoz do PNV. Non é críbel que vaia naufragar a negociación dun goberno de coalición só polo control dunhas políticas activas de emprego que, aliás, en boa parte están en mans das comunidades autónomas. Hai marxe para un acordo, tal e como, facendo abstracción da dureza oratoria duns e doutros, ficou patente na sesión plenaria desta quinta feira Destarte, Sánchez ten perante si en realidade dous vieiros. O primeiro lévao a volvelo intentar con Iglesias. O segundo lévao a se confrontar máis unha vez coas urnas. O seu apelo á dereita conduce inevitabelmente á melancolía. Atrincheirado Rivera en posicións xa moi próximas a Vox, o acordo en solitario con Casado é politicamente inviábel: o líder do PP non pode facer presidente ao candidato socialista porque estaría a entregar ao patrón da formación laranxa o cetro de xefe da dereita española."}
{"ID": "NOS_54361", "summary": "A maioría \"popular\" no Parlamento conseguiu a pasada terza feira sacar adiante a proposición de lei presentada a comezos de agosto co título de Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais de Galiza, unha norma que vai ter importantes repercusións en practicamente todos os sectores vencellados á actividade industrial do país e, por suposto, tamén no marco lexislativo que regula a protección do patrimonio natural e os prazos de información e exposición públicas. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 268 de Sermos Galiza.", "text": "Deixando á marxe o feito, xa habitual, de que o Partido Popular elixise o mes de agosto para a presentación da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais, é indubidábel que o texto ten provocado fortes resistencias nun amplo grupo de colectivos vencellados ao ecoloxismo, ao mundo rural e á protección do patrimonio natural, até o punto de ter constituído unha plataforma e convocado unha manifestación para este domingo en Compostela –con saída ás 12h da Alameda–. Non é menos rechamante que, para evitar unha serie de controis que si tería que cumprir no caso de promovela como Goberno –a través dun proxecto de lei–, o PP acudise á figura da proposición de lei. Deste xeito \"aforra\" unha serie de trámites relacionados coa exposición pública, os prazos de alegacións, os ditames de organismos alleos ao Executivo, así como informes de control de legalidade ou de dotación económica, entre outros. A invocación á \"ampla participación da cidadanía na elaboración desta norma\" que figura na exposición de motivos non semella ser compatíbel cun trámite feito con estivalidade e pola vía da urxencia, e iso sen entrar a valorar as restricións aos prazos de información pública que recolle o articulado. É sintomático tamén que o PP opte polo trámite de urxencia que xustifica, di, na \"preocupación compartida por axentes sociais e grupos políticos\" sobre a necesidade de tomar medidas para que a implantación empresarial na Galiza resulte \"aínda máis atractiva para os investidores\". Así, asegura que \"as empresas de todos os sectores reclaman maiores facilidades tanto na adquisición de solo como na tramitación das autorizacións ou no apoio público\". Trátase, en definitiva, de \"incentivar a instalación de empresas, de xeito que ningunha traba administrativa poida obstaculizar o crecemento da Galiza nin minguar a súa capacidade de competir coas moi favorábeis condicións de implantación empresarial que ofrecen outras zonas limítrofes\" (en referencia, non explicitada, a Portugal). E para acadalo, o PP avoga por modificar unha serie de leis, algunhas de xeito substancial, mesmo as aprobadas polo propio Partido Popular. Esta auto-corrección, segundo nos afirma a CIG, é \"a constatación do seu fracaso, ao facer unha auténtica emenda á totalidade das súas propias políticas pasadas\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 268 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_15542", "summary": "Con até catro nominacións acode o filme de Oliver Laxe aos Premios Goya. Os actores galegos Luis Tosar e Santi Prego tamén están nominados.", "text": "A gala dos Premios Goya, que decorre na noite deste sábado 25 de xaneiro en Málaga, pode deparar ao filme 'O que arde' o premio a mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce). O filme de Laxe compite por facerse co Goya a mellor longametraxe con 'Dolor y gloria', 'Intemperie', 'La trinchera infinita' e 'Mientras dure la guerra'. No premio a mellor dirección, ademais Oliver Laxe están nominados Jon Garaño, Aitor Arregi e José Mari Goenaga; Pedro Almodóvar e Alejandro Amenábar. Benedicta Sánchez tamén está nominada pola obra de Laxe ao premio á mellor actriz revelación; mentres que o actor galego Santi Prego está nominado polos filmes 'Mientras dure la guerra' e 'Quen a ferro mata', coproducida por Vaca Films e ambientada na Galiza. Por esta película tamén opta a mellor actor principal Luis Tosar. Na nominación a mellor fotografía tamén se atopa 'O que arde', con Mauro Herce; mentres que 'Quen a ferro mata' leva nas súas nominacións mellor son cos nomes do galego David Machado, Yasmina Praderas e Gabriel Gutiérrez. O director lugués David Fidalgo tamén estará nos Goya pola súa obra 'Homomaquia', nominada a mellor curtametraxe de animación. 'O que arde' vén de ser premiado este mesmo mes como mellor filme europeo na XII edición dos Premios Gaudí da Academia del Cinema Català e é xa o filme galego con maior número de espectadoras ao superar a cifra da histórica 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro. En novembro de 2019, o filme de Laxe pasaba das 62.500 persoas que viron a longametraxe en salas."}
{"ID": "PRAZA_9189", "summary": "A dirección ordena reter persoas que querían denunciar outra nova situación de colapso e manda retirar carteis alusivos á folga para \"velar pola intimidade e respecto dos doentes\" e \"por cuestións de asepsia e limpeza\".", "text": "O persoal sanitario das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago vai camiño da súa duodécima semana de folga. Reivindica máis medios, máis persoal e máis espazo para mellorar unha asistencia que, segundo denuncian, está a ser afectada gravemente. Advirten dos continuos \"colapsos\", a \"saturación\" e as longas esperas de ducias de doentes nos corredores, circunstancia que levou a Fiscalía a investigar a morte de dous pacientes a principios deste ano. As imaxes dos corredores ateigados e das protestas do persoal saltaron aos medios nas últimas semanas; a xerencia prohibiu esta semana as gravacións en Urxencias e requisou carteleríaAs imaxes de corredores ateigados de padiolas, cadeiras de rodas e pacientes e familiares agardando saltaron a numerosos medios e deitaron luz sobre unha situación denunciada desde hai tempo polos usuarios. Xuntáronse aqueles vídeos e fotografías coas das mobilizacións e esta semana usuarios e profesionais denuncian que a xerencia da área sanitaria de Santiago prohibiu as gravacións nas Urxencias e retirou pancartas de protesta colocadas polo persoal en folga, unha medida que a dirección atribúe a unha normativa implantada desde hai anos.Foi persoal de seguridade do servizo de Urxencias quen retivo a principios desta semana persoas que pretendían denunciar publicamente un novo colapso e tamén quen retirou este venres pancartas que advertían aos pacientes dos motivos da folga. Así o denuncian os afectados. A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia que o persoal de seguridade actuou \"por orde da xerencia\" coa intención de \"impedir a denuncia pública da situación baixo a escusa de que non se poden sacar documentos gráficos dos corredores sen autorización dos pacientes\". Desde a xerencia advirten de que a súa intención é \"velar rigorosamente pola intimidade e respecto á imaxe dos pacientes que acoden\" aos seus centros. Por iso, di, non consente \"a toma de imaxes de pacientes sen o seu consentimento expreso e en ningún caso a entrada de cámaras en zonas de hospitalización e probas por respecto aos doentes\". A Asociación de Pacientes do CHUS acusa a xerencia de buscar \"escusas\" para \"impedir a denuncia pública\"; a dirección di que \"vela pola intimidade e respecto dos doentes\"A asociación de usuarios considera \"alarmante\" que \"para evitar a defensa de dereitos fundamentais das persoas se utilice a vulneración inexistente dun dereito que a asociación nunca transgrediu\". \"Sempre preservamos a identidade dos pacientes maltratados no servizo e utilizamos medios que impiden a súa identificación como destinatarios de servizos sanitarios\", explica a entidade, que adoita difundir imaxes cos rostros pixelados ou tras unha bandanegra que oculta a súa identidade. Para a asociación de pacientes, a conduta da xerencia é \"autoritaria e antisocial\" e só pretende \"silenciar\" as súas denuncias \"dunha realidade que os responsables sanitarios queren que se manteña oculta\". Da mesma opinión é Fátima Nercellas, médica de Urxencias e delegada sindical de persoal, que denunciou a retirada de pancartas reivindicativas na mañá deste venres, tamén por parte do persoal de seguridade, que xustificou a súa acción nas \"ordes da xerencia\". \"Non queren que se saiba o que pasa e a repercusión mediática da situación é o que lles amola\", explican fontes do persoal sanitario. A xerencia ordenou retirar carteis que advertían aos pacientes dos motivos da folga e que foron devoltos ao persoal ás poucas horas\"O que se pretende coas pancartas é explicarlles aos pacientes as cousas, aclararlles que non é a folga quen provoca saturacións ou colapsos no servizo, senón ao revés\", engade Nercellas, quen levou á Fiscalía o caso das dúas mortes tras longas esperas dos pacientes nos corredores. \"Non estás no pasillo porque estemos en folga; estamos en folga porque estás no pasillo\", reza un dos carteis retirados a primeira hora do venres. Pasado o mediodía, todos os que foran requisados foron devoltos ante as queixas dos profesionais mobilizados. Desde a xerencia aseguran que, \"por respecto aos doentes e por cuestións de asepsia e limpeza non está permitida a colocación sen permiso de cartelería nas paredes das zonas asitenciais en todo o complexo hospitalario\". Así, e en canto aos dous paros convocados en Urxencias —o que secunda o persoal sanitario e o secundado en exclusiva por médicos—, a dirección lembra que os comités de folga \"teñen carteis dispostos en zonas exteriores, nas salas de espera do propio servizo e noutras zonas do resto do hospital\"."}
{"ID": "NOS_26953", "summary": "A borrasca 'Bela', que deixou nas últimas horas refachos de vento de forza 7 e 8 no mar, e ondas de máis de 8 metros, obrigou unha vintena de buques mercantes e cargueiros a buscar refuxio nas rías galegas.", "text": "Así, ao abrigo das illas Cíes, na ría de Vigo, atópanse fondeados case unha decena de buques que se atopaban en tránsito, con destino a portos do norte de Europa. Entre eles hai varios cargueiros, un portacontedores e dous barcos de transporte de produtos químicos e combustíbel. Tamén na ría de Pontevedra, ao leste do arquipélago de Ons, buscaron refuxio catro cargueiros con bandeiras de diferentes países; e, ao leste de Fisterra, tamén fondearon cinco buques cargueiros para abrigarse do temporal. Por outra banda, no ría de Ares buscou refuxio outro barco, mentres que varios buques máis, que tiñan como destino os portos da Coruña e Ferrol, están tamén fondeados ao abrigo desta ría á espera de poder atracar nas terminais onde dirixíanse. As costas galegas atópanse baixo aviso vermello, na Mariña, a costa da Coruña norte e a Costa da Morte, por ventos de forza 7 a 8, e ondas de entre 8 e 10 metros. Tamén hai aviso laranxa nas Rías Baixas, por ventos de forza 7 e ondas de 5 metros."}
{"ID": "NOS_19853", "summary": "No Sermos217, xa na rúa, entrevistamos Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galiza. Fala dos resultados de En Marea, do debate sobre a natureza desta organización política e da lideranza de Luís Villares. Eis un avanzo da conversa.", "text": "Luís Villares é o líder de En Marea ou o seu estatus como dirixente tería de pasar por un congreso? Eu creo que, máis alá de que non exista unha secretaría xeral dentro do que En Marea, a día de hoxe a persoa que lidera este proxecto sen lugar a dúbidas é Luís Villares. Está lexitimado por unha votación democrática como candidato e a día de hoxe é, pois, a cara que mellor representa o proxecto. Penso que iso non está en cuestión. O formato ou a maneira en que vaia acabar de se consolidar En Marea pois xa o iremos vendo co tempo. Se houbese un congreso neste momento sería o teu candidato a secretario xeral? O meu, si. O meu e o de moitísima xente de Podemos. No caso hipotético de que houbese terceiras eleccións xerais, En Marea concorrería como partido instrumental? Pois habería que o ver nese momento tal e como estivera o escenario político e todo dependerá do que fose mellor para as galegas e os galegos, partindo de se facilitaría o grupo parlamentar [a súa constitución], aínda que parece que non, pero habería que sentarse e ver. A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos217, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_444", "summary": "Seguen rexistrándose incidencias polo paso da borrasca 'Béatrice' polo país.", "text": "O temporal non dá tregua na Galiza, que manterá esta cuarta feira e tamén a quinta a alerta amarela en distintas zonas do territorio debido a choivas fortes e ventos con refachos de máis de 80 quilómetros por hora. Tras os centenares de incidencias rexistradas a fin de semana a causa do paso da borrasca Béatrice, seguiron rexistrándose problemas puntuais no país, malia que en menor medida —por exemplo, o corte da Avenida de Oza, na Coruña, após a caída dunha árbore—. Na terza feira, no seu resumo de valores extremos, Meteogalicia concretou que en dúas estacións luguesas rexistráronse ventos que superan os 100 km/h. É o caso de Penedo do Galo, en Viveiro, que ás 13.40 horas medía ventos de 104,1 km/h, e da Pontenova, onde se rexistraban refachos de 102,6 km/h ás 13 horas. O vento deixa refachos de até 115 km/h en Viveiro e Muras nunha madrugada con ondas de case 4 metros en Baiona En Punta Candieira, Cedeira, ás 15 horas alcanzáronse xeiras de 93,8 quilómetros por hora. No que atinxe ás choivas, a estación de Fornelos de Montes chegou a medir 35,3 l/m2. Aviso para cuarta e quinta feira Meteogalicia mantén aviso amarelo para varias zonas da Galiza esta cuarta feira. En concreto, no Suroeste e o Oeste da provincia da Coruña, a partir das 18 horas, agárdanse choivas localmente moi fortes, acumulando máis de 40 l/m2. Outras zonas do país, como A Mariña, a Montaña de Ourense ou a de Lugo, veranse afectadas en diferentes franxas horarias por ventos con xeiras de máis de 80 km/h. Tamén haberá fortes ventos no mar nas Rías Baixas e Costa da Morte. Esta quinta feira entre as 00 e as 3 horas o Suroeste e o Oeste da Coruña estarán igualmente en alerta amarela por choivas fortes, mentres outras partes do territorio, noemadamente na Mariña e as zonas de montaña, veranse afectadas por ventos fortes."}
{"ID": "NOS_43", "summary": "O informe do Consello de Contas dese exercicio sitúa en 31% a temporalidade na Atención Primaria. \"Os índices continúan sendo altos\", advirte. O documento agrega que o gasto nos concertos incrementouse en 3% respecto a 2017, un total de 208 millons de euros.", "text": "A temporalidade do persoal do Servizo Galego de Saúde aumentou en 2018 respecto do ano anterior. Así o sinala o Consello de Contas na súa anáise da Conta Xeral do Sergas, un dos informes de fiscalización que o seu conselleiro maior, José Antonio Redondo, entregou esta sexta feira ao presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. No documento, o Consello de Contas advirte que \"os índices de temporalidade continúan sendo altos\" nese exercicio, situándoos en 43% no caso da atención especializada e 31% na atención primaria. Así mesmo, destaca que a temporalidade medrou respecto ao exercicio anterior, 3% en ambos os casos. En relación a 2017, Contas observa a diminución de 777 efectivos medios de persoal propietario e o aumento de 772 interinos. Ao tempo, \"as contratacións temporais de eventuais e substitutos aumentaron en 612 efectivos\", un incremento de 7%. Colectivos como Enfermeiras Eventuais en Loita ou Facultativos Eventuais en Loita veñen denunciando a inestabilidade laboral destes profesionais, que poden encadear ducias de contratos ao longo de anos. Máis gasto en concertos Contas tamén sinala que en 2018 o Sergas incrementou o gasto en concertos en 3% en comparación co ano anterior, un total de 208 millóns de euros destinados a esta cuestion. Así o detalla no informe, no que recomenda de novo regularizar concertos que \"se manteñen no tempo\" sen o \"soporte contractual axeitado\", así como sen xustificar a súa urxencia. O documento tamén apunta que a actividade concertada supón 5% do seu \"gasto real\" no exercicio de 2018 e destaca que hai determinados servizos \"nos que non se emprega ningunha fórmula contratual\". A entidade agrega que se recorre de maneira reiterada ás autorizacións de uso sen, na maior parte dos casos, \"acreditar as necesidades urxentes que se pretenden atender\". O Sergas limítase a enumerar os servizos necesarios. Dotacións insuficientes A maiores, o ente fiscalizador detecta desaxustes \"estruturais\" entre o presuposto inicial do Servizo Galego de Saúde e o seu gasto real posterior. Lígao a que dotacións iniciais que se marcan \"son insuficientes\" para atender eses gastos e salienta que parte deles, de \"carácter previsíbel\", son sufragados recorrendo ao fondo de continxencia, de natureza extraordinaria. Esta é unha eiva que Contas xa ten advertido en pasados exercicios. No exercicio de 2019, o ente fiscalizador sitúa a financiación adicional en 209 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_316", "summary": "Por cuarto día consecutivo as residencias da terceira idade e os centros de persoas con discapacidade non teñen ningún caso activo de Covid-19. Desde o mes de xullo non gozaban dunha situación igual. A inmunidade permítelles recuperar actividade e maior interacción, mais con prudencia.", "text": "Nun momento en que a evolución epidemiolóxica na Galiza volve anotar subas diarias nalgúns dos principais indicadores da pandemia, os rexistros nas residencias de maiores mantéñense a cero. A pasada sexta feira, 16 de abril, Sanidade confirmou que todos os centros quedaban libres de coronavirus tras a alta do único traballador que figuraba nos informes diarios da Administración galega como positivo. Por cuarto día consecutivo, as residencias non rexistran ningún caso de Covid-19, despois de alcanzar, no transcurso da terceira onda, un pico de 466 persoas usuarias infectadas. Foi o 24 de xaneiro, case un mes despois de que se iniciase a campaña de vacinación nos centros da terceira idade da Galiza -o 27 de decembro de 2020- e a piques de se completar a administración da segunda dose, un proceso que a Xunta deu por concluído a mediados de febreiro. O descenso de casos activos por coronavirus nas residencias foi progresivo desde entón. Foi, tamén, o primeiro escenario onde se empezou a observar o efecto das vacinas, até confirmar o que outros países comezaran a avanzar: a efectividade das vacinas sobre o terreo iguala a dos ensaios clínicos. Co paso dos días a inmunidade mudou a realidade dos centros da terceira idade. Os surtos foron a menos e a incidencia da Covid-19 nas residencias descendeu moi por baixo dos rexistros que a pandemia mantivo para o resto da poboación. Coa vacina caeu a virulencia das infeccións e a mortalidade das persoas anciás institucionalizas, un dos principais colectivos de risco e tamén un dos máis castigados polo coronavirus, con 790 persoas falecidas en residencias, residencias integradas e hospitais. Contornos seguros \"Hoxe os centros da terceira idade son contornos seguros\" afirma a Nós Diario Carlos Dosil Díaz, membro da xunta directiva da Asociación Galega do Sector da Dependencia (Agasede). \"Practicamente o cen por cento da persoas residentes e do colectivo traballador aceptaron vacinarse e están inmunizados fronte á Covid, pero o resto da sociedade non o está, polo que debemos actuar con cautela e volver á normalidade de forma responsábel\", sen présas, mentres a maior parte da poboación xeral non estea inoculada. \"Hai tres meses a situación era alarmante\", asegura Dosil, pero a vacina reduciu a taxa de propagación do virus \"de maneira sobresaínte\" e desterrou os casos de Covid-19 dos centros da terceira idade, \"o que levou a Administración a aprobar un novo réxime de visitas que, sen dúbida, marca a diferenza\". Maior interacción Para a poboación residente, a vacina supuxo unha gran \"tranquilidade\", asevera Sonia Jalda, voceira do colectivo Traballadoras de Residencias da Galiza (Trega). \"Unha tranquilidade enorme. Para poder saír, acompañar os seus familiares e recuperar certas actividades fronte á deterioración cognitiva\" que moitas persoas sufriron despois de tantos meses en condicións de confinamento ou semiillamento. Segundo explica, a vacina tamén trouxo de volta ás residencias usuarias que durante os meses máis duros da pandemia abandonaran estes centros, e incluso deu acceso a de novo a quen levaba anos agardando unha praza. \"As residencias volven estar cheas. Con listas de espera de máis de tres anos, os ocos dispoñíbeis a causa dos falecementos estanse ocupando de novo\", di. Nun escenario máis favorábel, as actividades que se viñan desenvolvendo de forma individual comezan a recuperar o formato grupal. A terapia ocupacional e as sesións de fisioterapia volven funcionar nos seus propios espazos. Mais cada centro estabelece as súas propias dinámicas. \"Aquí aínda non recuperamos os grupos de vello nos que podían participar até 20 persoas usuarias. Traballamos en grupos burbulla. Para comer, para ir ao ximnasio, para pasear polo entrada principal, cada residente vai coas da súa planta\", describen a Nós Diario desde unha residencia da contorna de Lugo. Este centro vén de ampliar as visitas, de abrir o espazo da cafetaría e de retomar as saídas ao centro da vila. \"Van felices. Por quendas, en grupos reducidos e sempre acompañadas. O primeiro día había nervios e emoción. Hai máis interacción, máis flexibilidade, pero o risco segue aí\", manteñen. Un modelo para o futuro A pandemia vai supor cambios na atención á terceira idade, afirma Carlos Dosil. \"As persoas maiores teñen que ser protagonistas. Hai que involucralas e escoitalas. A atención terá que ser personalizada e isto vainos obrigar a represar a arquitectura dos espazos, a necesidade de especialización e de recursos humanos. Exixirá máis investimento, pero é básico e crucial\". Lei de residencias e inspección eficaz O colectivo de Traballadoras Residencias da Galiza reclama un novo modelo de atención á dependencia e á terceira idade, dotado de instrumentos legais e de recursos suficientes. \"Estamos igual que antes da pandemia\", defende Sonia Jalda. \"Falta persoal, incúmprense as ratios, non se cobren licenzas nin baixas nin permisos retribuídos. Nada. E está claro que este modelo non funciona\". Jalda reivindica \"transparencia\" e unha lei de residencias que regule o sector. \"Ademais, a Administración debe garantir o cumprimento dunhas ratios adecuadas, e antes, dunhas valoracións de dependencia apropiadas, pendentes desde hai un ano\"."}
{"ID": "NOS_46369", "summary": "Os cinco capitáns do equipo coruñés compareceron para sinalar que, polo de agora, non hai expectativas de cobro. O prazo que dan finaliza o 31 deste mes,día no que deben enfrontarse ao Arouca nun amistoso.", "text": "Compareceron os cinco capitáns do Real Club Deportivo da Coruña: Manuel Pablo, Aranzubía, Laure, Juan Domínguez e Bergantiños. Unha imaxe de unidade en rolda de prensa para afirmar que se antes do 31 deste mes (a cuarta feira, mércores) non teñen garantía de que van cobrar o 100% do salario que se lles adebeda, non farán a xira por Portugal. Un mal menor ante outra ameaza maior: as denuncias por impago presentadas polos futbolistas sitúan o Depor ao bordo do descenso administrativo se non hai acordo. Manuel Pablo: \"É algo que vén de lonxe e deixouse para última hora. Non lle atopamos sentido a ir a Portugal se non se chegou a unha solución para o problema\" Os capitáns do equipo herculino insisten en que \"non aspiramos a cobrar agora\", senón a que se lles dean garantías de que van cobrar. Iso si, o 100% do que se lles adebeda. Unha cantidade de por volta dos 11 millóns de euros. \"Agora fican dous días...\" Manuel Pablo afirmou: \"Seguimos á expectativa. Pensabamos que cando nos fósemos de vacacións isto íase solucionar, mais non se tomaron decisións. Agora fican dous días e agardamos que se solucione. É algo que vén de lonxe e deixouse para última hora. Non lle atopamos sentido a ir a Portugal se non se chegou a unha solución para o problema. Imos adestrar pola mañá, mais non viaxaremos. Agardamos que haxa unha solución\""}
{"ID": "NOS_57260", "summary": "Como é tradición desde hai 40 anos, o concello da comarca pontevedresa celebra esta fin de semana unha nova edición da Festa do Viño. Uns festexos caracterizados pola súa forte aposta musical (actuará o grupo Treixadura), deportiva e cultural.", "text": "O concello de Barro celebra a 40º edición da súa Festa do Viño por todo o alto. Os festexos, que comezaron a pasada quinta feira, prolongaranse ao largo de toda a fin de semana e estarán cargados de ineludibéls citas gastronómicas e musicais. No ámbito vitivinícola, esta sexta feira día 14 inaugurarase o XIV Certame de Viños da D.O Rías Baixas. O grupo Galifunk será o encargado de amenizar a apertura dos stands que terá lugar ás 21 da noite. A cata de viños será máis madrugadora na xornada do domingo, as persoas asistentes poderán degustar desde as 10.30 da mañá, no recinto do pazo, este manxar. Ademais de gastronomía, a festividade dará oco a unha grande oferta musical caracterizada polo seu eclecticismo. O cartaz acolle tanto a diversidade de grupos de música tradicional como as orquestras máis recoñecidas do mundo da verbena. No referente a este primeiro ámbito melódico máis achegado á cultura popular galega, esta sexta feira ás 20.30 horas actuará o grupo de danza Amor Ruibal; o día 15, ás 19.30 horas, as Pandereteiras da Asociación Peñaflor darán un concerto no Pazo da Crega; e o domingo, ás 21.30 da noite, a recoñecida banda Treixadura porá feche á festividade. No que atinxe á verbena, este día 14 ás 22 horas actuarán o Combo Dominicano e Los Satélites e o sábado, á mesma hora, as orquestras Gran Parada e Ritmo Joven. Entre tanto viño e tanta música tamén haberá tempo para os deportes e a cultura. Durante os tres días de festexos restantes realizaranse dous torneos de fútbol e un de tenis, así como o VII Certame de Pintura Rápida e a VII Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas."}
{"ID": "NOS_41025", "summary": "Iván Puentes encabeza o proxecto Novo socialismo galego. Aínda que asegura non ter decidido se se candidatará ás eleccións primarias no PSdeG recoñece que botaron a andar colectivamente esta iniciativa perante a \"necesidade de democratizar\" o partido.", "text": "Iván Puentes foi alcalde de Fene e actualmente é a cabeza máis visíbel do proxecto 'Novo socialismo galego'. Após o acordo entre Ferraz e O Pino --que adía a consulta á militancia até o mes de setembro-- critica que \"unha diferenza de procedementos\" estea a servir de \"coartada\" para retrasar a celebración do Congreso nacional do que sairá a nova Secretaría xeral d@s socialistas de Galiza. El propio apunta que para daquela terán pasado \"11 meses\" desde o \"dramático retroceso electoral\" nas eleccións á Xunta de Galiza. Unha queda de apoios que entende se debe a que o PSdeG \"está desaparecido\" e a \"decisións\" adoptadas \"pola dirección do partido\" que mesmo eran \"difíciles de entender\" para a propia militancia. Finalmente non haberá consulta á militancia até setembro. Como valora o acordo entre Ferraz e o PsdeG? Estamos á espectativa de ver como se concreta finalmente. O acordo que adoptou o Comité nacional debe ser ratificado polo Comité federal do PSOE en xullo. Estamos espectantes por ver que pasa nese Comité federal e desexando que desta volta, por fin, despois de adialo tres veces, que sexa a definitiva e que o PsdeG en setembro poida realizar ese Congreso extraordinario e renovar o seu proxecto político mediante o procedemento que reclama a militancia do PsdeG que son as eleccións primarias. Ese tirapuxa entre Madrid e O Pino está a retrasar unha demanda da militancia que reclama maiores cotas de decisión. Como valoran as bases ese confronto?Os militantes o que non entenden ou o que non entendemos é que unha discusión de procedementos estea a servir sistematicamente para adiar indefinidamente a necesaria realización do Congreso nacional. Cando cheguemos ao mes de setembro levarán decorridos11 meses desde as eleccións e de que o PsdeG-PSOE experimentase ese dramático retroceso electoral. 11 meses agardando para adoptar no seo do partido as decisións que correspondan a ese novo tempo político. Creo que non se entende que esta diverxencia no procedemento sirva de coartada. En todo caso é unha pena que isto non se tivese resolto no último Congreso federal, o de Sevilla, onde si se debateu unha emenda para incorporar as primarias aos estatutos malia que foi rexeitada mesmo por delegadas e delegados de Galiza. \"Todos os militantes están convencidos da necesidade de democratizar máis o PSOE\" Cre que se modificarán finalmente os estatutos para incorporar de maneira ordinaria as primarias?A executiva federal así o manifestou publicamente. Dixo que habería dous procesos, primeiro esta discusión no Comité federal e despois a modificación de estatutos na Conferencia política do partido a realizar no mes de outubro e, a partir de aí, comezar a elixir os secretarios xerais a través dun procedemento de eleccións primarias. Se Galiza o fai e cumpre a data do mes de setembro debería aprobarse unha excepción para Galiza antes de se modificaren os estatutos. Non sei cando será o que si estou certo é de que eses estatutos se modificarán. Pois hoxe a demanda de primarias é un sentimento amplamente maioritario. Todos os militantes están convencidos da necesidade de democratizar máis o PSOE, de que a militancia teña moita máis capacidade de decisión. As primarias, nese senso, son un destes elementos, mais é certo que non é o único. Precisamos un partido moito máis moderno, adaptado aos tempos en que a sociedade está pedindo cada vez máis democracia. Lidera vostede o movemento 'Novo socialismo galego'. Pensa presentar formalmente a súa candidatura á Secretaría Xeral do PsdeG?Haberá que o ver. Non é que xa teñamos unha decisión adoptada e non a queiramos dicir. Para nada. É por unha cuestión de coherencia. Defendemos que o novo PSOE como eixo fundamental da esquerda deste país, como partido de referencia, pasa por ese maior protagonismo e capacidade de decisión da militancia. De nada serviría que dixeramos isto e comezaramos ese camiño facendo o de sempre. \"A solución pasa por construír ese novo proxecto e iso só configurándomos liderados colectivos, na direccón mais tamén nas localidades\" Ten falado da necesidade de se xeraren liderados colectivos, colexiados...O PSdeG foi sempre un partido de colectivos, de grupo, de traballadores... fronte á dereita que é un partido de elites. Nos últimos tempos isto tense desvirtuado, practicamente en todos os partidos políticos. Creo, sinceramente, que o problema do PSOE é un problema de liderado. Mais só nunha parte. Hai que mudar líderes e caras mais tamén a maneira de funcionar. Iso non se fai cunha soa persoa cambiándoa porque estea queimada. A solución pasa por construír ese novo proxecto e iso só se consegue configurándomos liderados colectivos, na direción mais tamén nas localidades. Que propón 'Novo socialismo galego' para este Congreso quer no eido ideolóxico, quer no orgánico?Politicamente o PSOE ten unha asignatura pendente que é a de ser alternativa ao Partido Popular. Creo que os cidadáns non nos viron como tal nas últimas eleccións. Non viron no PSOE a solución aos problemas do día a día. Precisamos un proxecto político que crea no público, en medidas diferentes con outras solucións para a crise. Que crea no poder das administracións para solucionar os problemas do día a día...Neste senso ese novo socialismo para nós ten que ter dous eixos básicos. Dunha banda o galeguismo pois ten que incorporar ao seu día a día ese sentimento --evidentemente de pertenza ao Estado español-- mais tamén de identificación con Galiza. Doutra a esquerda. \"Nos últimos tempos creo que a dirección do partido tense afastado da ideoloxía dos seus militantes\" O PSOE apoiou reformas que afectan directamente á cidadanía como a reforma das pensións. A reforma laboral ou da lei de caixas. Ideoloxicamente hai que reposicionar o PSdeG? O PSOE non ten que facerse máis de esquerdas. A súa militancia é clarisimamente de esquerdas e non precisa reposicionarse. Teñen clara a súa ideoloxía. Nos últimos tempos creo que a dirección do partido tense afastado da ideoloxía deses militantes e teñen adoptado decisión que evidentemente foron difíciles de comprender non só para a sociedade senón para os propios militantes que non entenderon que estaba a facer o PSOE."}
{"ID": "NOS_24831", "summary": "As persoas usuarias teñen a percepción de que o Estado ten na mente o desmantelamento dos camiños de ferro na Mariña.", "text": "Chegou tarde. Deseñado como unha infraestrutura de uso militar pensada para a comunicación da área cantábrica coa base militar de Ferrol, cuestión que aínda se observa con claridade no seu trazado e estrutura construtiva, os primeiros traballos iniciáronse á volta da primeira década do século XX. Sometido a diversas paralizacións, o que provocou unha intensa contestación nas comarcas da Ferrol, Ortegal e A Mariña, o seu impulso máis decisivo coincidiu cos anos finais da ditadura de Primo de Rivera e o primeiro bienio republicano, ficando de novo paralizado até finais dos anos corenta, pospoñéndose a abertura de todos os seus tramos a mediados dos anos sesenta, nunha viaxe que contou coa presenza do ditador Francisco Franco. Máis de 70 anos de retraso, unhas estacións e apeadoiros alonxadas dos núcleos urbanos, unha escasa oferta de liñas e fundamentalmente a falta de vontade política das administracións publicas por potenciar este tipo de transporte, agravaron a situación. A ausencia de interventores está provocando que as e os pasaxeiros viaxen gratis en diversos tramos do ferrocarril e mesmo na totalidade do percorrido A pasada semana, José María Elorza Rodríguez apresentaba unha reclamación contra Renfe após viaxar o xoves 14 de Setembro entre Ferrol e Ribadeo sen que ao longo do traxecto de máis de tres horas se presentará ningún interventor para proceder ao cobro da súa viaxe. Non foi un caso único, ese mesmo día, arredor doutros trinta pasaxeiros que fixeron o mesmo traxecto de José María ficaron sen pagar o seu billete diante da ausencia de persoal para proceder ao cobro dos billetes, ausencia que non é un novidade e que vén sendo denunciada con anterioridade por outras usuarias desde o mes de marzo. Segundo sinalan desde a Plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo, a supresión dos interventores era \"un feito nos trens de proximidades, pero agora tampouco van nos rexionais, cando é unha figura moi importante para a seguridade da viaxe e para a información do usuario. Pero é máis, a falla de interventores deixa o servizo sen estatísticas de viaxeiros, o que favorece a política do goberno de desmantelar o servizo\". O deterioro dos servizos ferroviarios de vía estreitan avanzan a un ritmo insostíbel na Mariña. A frecuencia dos retrasos, con anterioridade situados entre dez e quince minutos, superan xa a media hora, as cancelacións están a se converter na norma, nuns casos por fallo de material e noutros por avarías nas maquinas, o que obriga as viaxeiras a completaren a ruta noutro transporte público, mais tamén en taxi, o que dilata aínda máis a viaxe. Na mesma liña explícase os incidentes acontecidos neste tramo de vía nos últimos meses, sinalándose aqueles derivados da antigüedade tanto dos vagóns ou das maquinas, aparellos que chegan á zona con moitos anos e que son reutilizadas case sen mantemento. Segundo os dados que fornece a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo, desde xuño lévanse contabilizado arredor de noventa incidencias nos tramos correspondentes á Mariña; porén, os niveis de ocupación rexistrados nos meses de verán foron especialmente altos. Son moitas as persoas convencidas que detrás deste abandono agóchase un plan deliberado por parte do goberno central e autonómico para acabar co ferrocarril na Mariña Son moitas as persoas convencidas que detrás deste abandono agóchase un plan deliberado por parte do goberno central e autonómico para acabar co ferrocarril na Mariña. O propio José María Elorza, após presentar a reclamación contra Renfe, non dúbida en afirmar \"o que están facendo é desmantelar o servizo porque doutro xeito é inexplicábel que estea pasando isto\", nunha dirección que xa fora apuntada por diversas forzas sociais e políticas da comarca. Á volta do mes de xuño Ana Pontón, nunha visita á zona no mes de xuño, non dubidaba en sinalar o Estado como responsábel do deterioro no tren da zona, cuestión que xerou diversas iniciativas no parlamento e mesmo unha resolución unánime na que se esixía o traslado á Xunta das competencias sobre o mesmo, aspecto que os nacionalistas viñan demandando desde a primeira lexislatura de Francisco Rodríguez no Congreso des Deputado. O tren da costa, como é popularmente coñecido polos veciños da zona, agoniza e só unha acción urxente e decidida pode evitar o seu desmantelamento definitivo."}
{"ID": "NOS_21958", "summary": "Coa aplicación deste regulamento, a consellaría de Sanidade \"será incapaz\" de cumprir cos prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas, e de 45 días nas consultas, polo que CIG-Saúde recalca que o que se procura é dar \"maior participación\" á sanidade privada", "text": "O anteproxecto de lei de garantías de prestacións sanitarias agocha \"o fracaso das políticas levadas a cabo nestes catro anos\" e pón en cuestión o mantemento dunha sanidade pública e gratuita. Denúnciao a federación de Saúde do sindicato CIG, que considera \"unha desfeita\" a norma presentada polo PP, da cal subliñan que vén consolidar o Plan de ordenación de recursos humanos, que \"só pretende eliminar emprego público e desregularizar a normativa vixente de dereitos e obrigas\" do cadro de persoal. Acrecentan desde o departamento que encabeza María Xosé Abuín que a taxa de reposición do 10% --de cada dez prazas vacantes só se cubrirá unha-- \"pón en risco\" a prestación sanitaria e torna \"inviábel\" o mantemento do servizo público. Coa aplicación deste regulamento, a consellaría de Sanidade \"será incapaz\" de cumprir cos prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas, e de 45 días nas consultas, polo que recalcan que o que se procura é dar \"maior participación\" á sanidade privada. \"Con que criterios se decidirán as prioridades das persoas enfermas?\", pregúntanse en CIG-Saúde, reflexionando que se tal decisión fica en mans de empresas privadas terán acceso á sanidade \"por orde de rendabilidade económica\". Quéixanse desde a federación da central nacionalista de que o PP persegue con tal normativa \"o desmantelamento\" dos hospitais comarcais, deixar de prestar a atención sanitaria domiciliaria e \"limitar\" o acceso á sanidade a persoas con menos recursos ou que vivan no rural da Galiza."}
{"ID": "NOS_34674", "summary": "O xornalista e investigador en comunicación comentou, nunha nova sesión do programa Diálogos desde a periferia que organiza a Fundación Galiza Sempre, que a extrema dereita empregou \"discursos de ocio, racismo e xenofobia\" aproveitando o escándalo para gañar notoriedade.", "text": "O xornalista e investigador na área da Comunicación Jonathan Martínez explicou que malia que \"a represión é un precio moi alto a pagar, é a única forma de dar visibilidade a unha inxustiza\". Así se manifestou ao respecto dos procesos xudiciais que existen no país contra activistas que exixiron a devolución do pazo de Meirás ou a Casa Cornide ao pobo. O experto foi o protagonista na xornada \"A xustificación mediática da extrema dereita\" coa que a Fundación Galiza Sempre -en colaboración coa Deputación da Coruña- retomou a iniciativa Diálogos desde a periferia após o paro polo Nadal. Na sesión telemática, Martínez reflexionou da man de Lucía Veciño sobre a realidade galega e o panorama do fascismo a nivel mundial. Nunha pregunta, Veciño expuxo o tema da asunción por parte da sociedade dun goberno por parte dun ex ministro do ditador Franco e da loita por recuperar o patrimonio público que está en mans da familia deste, ante o que Martínez comentou que \"temos interiorizado un pensamento de libre mercado na que o votante é un consumidor que ve as opcións como unha máis\". \"Así é normal que o fascismo apareza\", engadiu, defendendo a labor que se ten feito e se está a facer por recuperar os bens. Camiño da desaparición? A nivel global, o investigador dixo confiar en que a extrema dereita camiñe cara unha desaparición ou, cando menos, unha rebaixa da súa repercusión actual. \"O caso grego foi paradigmático porque foi exemplo do que estaba por chegar co ascenso de grupos como Amencer Dourado; agora hai un repregue desa corrente e é posíbel que o sistema continúe nese camiño porque a extrema dereita xa tirou partido da situación\". Na súa opinión, nun futuro podería suceder o mesmo no Estado español, aínda que polo de agora \"Vox conseguiu que moita xente comezara a sentir orgullo de cousas que antes case daban vergoña\". En calquera caso, na súa intervención aludiu a algunhas das chaves polas que o fascismo -que mesmo deu en chamar \"novo comunismo de dereitas porque se articula en base a demandar cousas arredor da grandeza nacional\"- acadou posicións tan predominantes no mundo. \"As propostas máis escandalosas teñen máis atención nos medios porque o escándalo vende; por iso vimos discursos de odio, racistas e xenófobos ocupando espazo\", resumiu. No tocante ao asalto do Capitolio nos EUA, o tamén xornalista advertiu de que a xente non pode quedar só coa idea de que Trump forneceu unha plataforma para expresarse \"aos desherdados brancos\". \"É demasiado simplista e evita lembrar que a dereita e a extrema dereita alí están capitaneadas polas elites\", remarcou."}
{"ID": "NOS_16635", "summary": "Un 23% de desemprego, 33.000 fogares sen ingresos, 90.000 familias con todos os seus membros sen traballo e 22.000 moz@s emigrad@s entre 2009-2011. As forzas da oposición advirten que de non mudar as políticas Galiza vivirá \"unha hecatombe\". En troca, o PP gaba as 'bondades' do capitalismo do que, din, \"continúa a mellorar as condicións de vida da poboación mundial\".", "text": "Pedro Puy referíase esta segunda feira a unha \"brincadeira\" dos anos de Guerra Fría en que o marxismo concibía a caída do capitalismo como unha \"predición científica\". Para o voceiro popular, \"a historia deixou en evidencia a capacidade científica do marxismo\" ao asegurar que foi este o sistema que saiu triunfador da orde bipolar mentres o comunismo esmorecía. Entre 2009 e 2011 máis de 20.000 moz@s emigraron, isto é o 40% das persoas que naceron nese mesmo período Ao igual que naquela altura, continuaba Pedro Puy, os grupos da oposición (tal que a URSS) albiscan o fin do réxime após \"o estalido social\" que devirá dunha \"situación económica e social cada vez máis difícil\" e rematará cos gobernos do Partido Popular na Galiza e Madrid. O pronostico facíao o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras nunha entrevista concedida á Cadena Ser. Ao igual do que el, BNG e PSdeG aseguraron esta segunda feira en senllas comparecencias de imprensa que será preciso \"un xiro de 180º se non queremos esa hecatombe política e social\" --apuntou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera. Os últimos dados tiradas da Esquisa de Poboación Activa (EPA) reflicten \"unha situación verdadeiramente dramática\" e \"a constatación dun fracaso\". En troca, desde o Partido Popular aseguran que o sistema capitalista --trunfador da Guerra Fría, acrecentou Pedro Puy perante a imprensa-- \"continúa a mellorar as condicións de vida da poboación mundial\" como único garante de benestar social. PSdeG exixirá a comparecencia parlamentar de Núñez Feijóo para explicar a súa política de emprego Malia a fachenda do popular, os dados non din o mesmo para aquel@s que lles quedaran dúbidas da faciana máis crúa do sistema dominante. As estatísticas deixan 90.000 fogares con todos os seus membros en paro e 33.000 que carecen de ingresos a fin de mes. No que vai de goberno Feijóo máis de 22.000 moz@s abandonaron Galiza na procura dun posto de traballo e 23 de cada 100 persoas fican sen traballo contribuíndo á formación daquel exército industrial de reserva ao que se refería Karl Marx no século XIX."}
{"ID": "NOS_49390", "summary": "Se o Govern asina un decreto formal de convocatoria dunha nova consulta para o 9-N, e se esta nova consulta fose arredor da pergunta orixinaria do referendo, Madrid voltaría a recorrer ao TC e se inviabilizaría toda hipótese de a populación catalá exercer o seu direito a decidir.", "text": "O novo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, de talante aparentememente menos agresivo do que o seu antecesor, deixou claro, porén, que Madrid recorerrá a consulta alternativa do 9-N se o Govern teima en perguntar á populación catalá se quer que Catalunya se converta nun Estado independente. Madrid considera que unha pergunta desta caste está viciada de inconstitucionalidade e levaría con toda seguranza a consulta ao TC. O mero feito de apresentar o recurso envolvería a suspensión da convocatoria por espazo de no mínimo 5 meses. Na súa comparecencia desta mañá, Mas afirmou que a votación se fará \"dentro duns marcos legais preexistentes de participación cidadá\" e non sobre a lei de consultas que o Parlament aprobou en Setembro. En realidade, o presidente da Generalitat non quixo desvelar as claves da súa estratexia para non \"facilitar\" as cousas ao Estado. O presidente da Generalitat non quixo desvelar as claves da súa estratexia para non \"facilitar\" as cousas ao Estado Javier Pérez Royo, constitucionalista consultado pola SER, cualificou de \"pueril\" a estratexia de Mas -por non ter ningún recorrido legal- e mostrou-se certo de que unha nova convocatoria sería levada polo Goberno de Rajoy ao Constitucional. Así as cousas, Mas podería optar por non asinar un novo decreto de convocatoria formal da nova consulta, considerando que xa ten o paraugas legal dos artigos da Lei de Consultas non recorridos polo Estado español. Mas anunciou no seu discurso desta terza feira que o 9-N se poderá votar en locais oficiais -dependencias da Generalitat-, con urnas e con papeletas. Non será preciso utilizar censo ningún, pois as e os eleitores se poderán rexistar -usando o seu documento de identidade- no mesmo acto da votación. Se non hai convocatoria formal, o 9-N podería revestir un carácter basicamente simbólico, de convocatoria cidadá, previo a unhas eleccións que terían carácter de referendo plebiscitario. E as outras forzas políticas? Esta xogada política de Mas vén precedida da cimeira falida decorrida na tarde-noite da segunda feira. Nela as forzas pro-consulta non deron o seu apoio a esta nova proposta do president da Generalitat. Mas si é posíbel achar matices. Así, a CUP deixou entrever que si apoiará a consulta alternativa promovida por Mas se de deren unha serie de condicións -basicamente darlle a maior formalidade posíbel e que non deveña nun acto pre-eleitoral de CiU-, mentres que ERC voltaba a asinalar a súa aposta nunha declaración unilateral de independencia, mas sen fechar inteiramente a porta a apoiar que o 9-N se produza algún tipo de consulta. Podemos-BCN: \"A proposta de Mas é unha estratexia máis da casta\" Quen si se afasta claramente do Govern é ICV. A formación ecosocialista liderada por Joan Herrera non quer saber nada de consultas alternativas e propón un acto simbólico: formar colas o 9-N perante os colexios eleitorais fechados para visibilizar que o pobo catalán non pode exercer o seu dereito a decidir. Por súa parte, o círculo barcelonés de Podemos optou polo ataque directo ao president da Generalitat: \"A proposta de Mas é unha estratexia máis da casta\"."}
{"ID": "PRAZA_16648", "summary": "DOCUMENTO | O informe de expertos en Portugal advirte da tipoloxía de lume que asola o norte luso e o país pola mudanza no clima: incontrolable e capaz de crear focos secundarios a dous quilómetros de distancia, propagarse a 6 km/h ou provocar faíscas que son xa a principal causa de ignición Os incendios de outubro en Portugal xeraron unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia", "text": "Mentres en Galicia continúan as comparecencias na comisión creada no Parlamento tras a tráxica vaga de lume de outubro, o Parlamento portugués analiza xa o segundo informe de expertos que debulla a orixe, causas e circunstancias dos graves incendios que asolaron o noroeste da Península Ibérica nos últimos meses. Unha nova tipoloxía de fogo --máis incontrolable, máis perigoso, máis virulento e máis daniño-- que pon en alerta toda a área ao norte do río Texo polas novas condicións climatolóxicas derivadas do cambio climático, a deficiente xestión do monte, a elevadísima acumulación de combustible vexetal e o uso neglixente do lume, características todas elas comúns a esta área. O relatorio da comisión técnica independente encargada polo Executivo luso tras a traxedia de outono analiza con detalle como son estes novos incendios que afectan de maneira especial ao territorio galego e do norte luso e que obrigan a reformular as políticas para atallalos, máis aínda cando cada vez están más desestacionalizados. Os detalles arrepían.Tal e como relata o último informe dos expertos en Portugal, e como adiantou Praza.gal, a virulencia e a calor provocada por grandes focos no centro de Portugal chegou a crear condicións climáticas propias nesas zonas, xerando unha gran nube e ventos descontrolados que agravaron a situación nesas áreas pero impediron, paradoxalmente, que a catástrofe sufrida no norte do país veciño e en Galicia fose aínda maior. Con todo, o lume que asolou unhas 300.000 hectáreas entre ambos territorios entre o 14 e o 16 de outubro foi \"algo nunca visto\" na comunidade autónoma, tal e como lembro o director xeral de Política Forestal, Tomás Fernández-Couto. \"A formação de focos secundários por projeção de materiais em combustão constituiu um mecanismo importante para a expansão dos fogos\"E iso é o que relata o informe encargado polo Executivo portugués. Así, lembra que \"a formação de focos secundários por projeção de materiais em combustão constituiu um mecanismo importante para a expansão dos fogos\". Tanto que provocou que saltasen \"barreiras importantes\" e levasen o lume a \"territórios agroflorestais pouco habituados á súa presença\". É o que explica os focos independentes arrodeados de zonas intactas que se viron en lugares como Chandebrito ou outros da comarca de Vigo aquela fin de semana de outubro, na que mesmos pastizais ou xardíns arderon sen moita explicación. Pero haina. Incendios daquela fin de semana de outubro mesmo superaron encoros e crearon focos secundarios ata a dous quilómetros de distanciaHoubo faíscas ou follas e vexetación en combustión que saltaron dun incendio a outras zonas e provocaron novos focos secundarios. Mesmo a dous quilómetros de distancia. \"500-2.000 metros tipicamente separaram o perímetro principal dos incêndios dos focos secundários não absorvidos pelo seu crescimento\", explican os expertos. Iso provocou que incendios que se atopaban con encoros lograsen mesmo superalos, como ocorreu no caso das presas do Cabril e Aguieira, que \"foram superadas por projeções produzidas pelos incêndios da Sertã e da Lousã\", este último, xunto ao de Arganil na mesma data, situado xa entre os dous maiores incendios de sempre en Portugal. É esta virulencia e nova tipoloxía de incendios o que explica as proxeccións e \"chuva\" de charetas a unha considerable distancia desde a fronte das lapas, así como \"a facilidade de ignição do material projetado\". Foi esta chuvia de lume a que provocou a aparición de focos illados e repentinos que levaron mesmo a difundir bulos como a de motoristas prendendo lume na contorna de Vigo. A causa de ignición máis común neste tipo de incendios extremos xa non é o contacto coas lapas ou a calor de convección do lume, senón o transporte de faíscasMesmo, como advirte o relatorio portugués, a situación provoca que a causa de ignición máis común neste tipo de incendios xa non sexa o contacto coa fronte de lapas ou a calor de convección do lume, senón o transporte de faíscas. Como exemplo, só o 21,3% dos edificios danados no tráxico incendio de Pedrogão Grande foron afectados polo impacto directo do fogo. Iso permitiu \"observar casas e jardins ardidos que distavam 100-200 metros da vegetação florestal, da qual estavam separados por campos agrícolas razoavelmente mantidos\". \"Ardeu o monte xestionado e o que non, casas, zonas sen vexetación, pastizais... E houbo lapas que foron dando saltos ata chegar ás vivendas\", explicaba Fernández-Couto na comisión do Parlamento galego. Ademais, houbo inmobles arrasados que foron afectados por charetas que se coaban por furados nos tellados. A velocidade de propagación dos incendios superou en ocasións os 6 km/h; de non chover, teríanse queimado o dobre de hectáreasOs incendios propagáronse tamén \"frequentemente através da copa das árvores\" e as velocidades da propagación do lume alcanzou máximas superiores a 3km/h en todos os casos, \"por vezes superando 6 km/h\" (media dun camiñar normal dunha persoa)e intensidades da fronte de lapas de entre 30.000 e 90.000 kw/m, xa que logo, \"três a nove vezes acima da capacidade de extinção com meios aéreos pesados\". As prospeccións feitas polos expertos son concluíntes. De non terse producido as chuvias do 16 de outubro, \"a área ardida duplicaria\" en Portugal naquela fin de semana: teríanse superado as 504.000 hectáreas. A imposibilidade de controlar os novos incendiosE ái outra das claves: as condicións de moitos incendios provocaron que non houbese posibilidade ningunha de combatelos e que as tarefas se centrasen na protección dos bens e das persoas, como din os peritos. \"O comportamento do fogo na sua direção de propagação principal (cabeça), ultrapassava largamente a capacidade de extinção, não garantindo condições mínimas de segurança para os intervenientes nem de êxito para as operações\", din no documento.\"A intensidade dos incendios sobrepasa a capacidade de calquera dispositivo de extinción\" e obriga a priorizar a protección das persoasExplicábao tamén na comisión do Parlamento galego Edelmiro López, profesor da USC e un dos doce expertos que elaborou o informe técnico en Portugal. \"A grande intensidade dos incendios sobrepasa a capacidade de calquera dispositivo de extinción, xa que ningún dispositivo do mundo é capaz, pasado un punto, de combater o lume\", explicaba na comisión parlamentaria. Ademais, lembraba queu as estimacións feitas no estudo luso indican que \"as posibilidades de controlar\" frontes así son de entre tres e 17 minutos desde que se inicia. \"A partir de aí, só queda a estratexia defensa: protexer as persoas e agardar a que melloren as condicións climáticas\", advirte. Estas alteracións climáticas extremas influenciadas polo cambio climático, como advirte tamén López, \"aumentan e incrementan de forma notable, e vano facer máis, o risco de incendios de grande intensidade\". \"Esas condicións climáticas van ser máis frecuentes o que, unido á elevada acumulación de combustible nos montes, provocan que as posibilidades de controlar o lume se limiten só á súa situación inicial\", advirte. Por iso, os expertos en Portugal insisten na necesidade de \"encontrar soluções prévias de coordenação e prevenção\" ao haber información meteorolóxica que facía prever esas condicións adversas. \"Con aquelas previsões meteorológicas severas, justificar-se-ia uma chamada de atenção pública, com outros contornos, eventualmente semelhantes à situação vivida no mês de agosto, em que foi estabelecido o Estado de Calamidade Preventiva\", din. Os expertos insisten na necesidade de \"anticiparse\" aos grandes incendios por medio das previsions meteorolóxicasÉ unha das conclusións do informe, útil tamén para Galicia, e que recorda Edelmiro López: \"A solución non vai ser a acumulación de máis medios senón a capacidade de prever eses episodios climáticos extremos e incorporar estas previsións ao dispositivo de extinción para poder dar unha repsosta moi rápida tan pronto se xere un foco\". \"Non é unha cuestión de maís medios; en situacións extremas que saen de control, é necesario máis coñecemento, ser capaz de anticiparse a estas situacións\", explicou en comisión. Pero, \"dado que os factores climáticos son un dato\", di López, as administracións \"débense centrar\" no que depende delas. \"É o que depende de nós é reducir o combustible acumulado, algo que ten que ver coa xestión do territorio, diminuír o número de incendios e acabar con certas prácticas sociais que perviven no noso medio rural\", insiste. Porque, como lembra o informe de expertos de Portugal, \"verificou-se que a gestão do combustível terá tido influência na diminuição da intensidade do fogo nos flancos e retaguarda dos incêndios\". \"A acumulación de combustible en cantidades enormes é importante porque está na orixe de moitos incendios, favorece a expansión do lume\", di López, que esta situación de abandono \"é especialmente importante hoxe polo cambio climático\". \"Hai leccións de Galicia e de Portugal que debemos aprender e algunhas figuran no relatorio\", avisa o profesor da USC, que lanza outra advertencia clave: \"Que alguén me diga se hai algunha diferenza entre a vexetación do sur de Ourense e a do outro lado do Miño\". Edelmiro López apunta ao \"control da vexetación arbustiva\" que acaba sendo combustible para o lume como clave para evitar grandes incendiosDe aí que Edelmiro López insista en reparar na \"cantidade de superficie\" que se pode xestionar no monte ou que tipos de especies deben prevalecer. Pero sobre todo, no \"control da vexetación arbustiva, o que ten que ver cunha axeitada xestión da silvicultura\". Ademais, o tamén experto da comisión técnica de Portugal advirte da necesidade, sobre todo en períodos de máximo risco, de \"eliminar unha certa promiscuidade do uso do lume como mecanismo de control da vexetación\". \"Isto non é produto de desequilibrios individuais, hai factores que explican ese uso do lume e hai que tratar de actuar sobre iso\", di quen cre que, malia os riscos e a súa gravidade, a actual situación que se vive en Galicia \"é unha oportunidade\" e un \"debate aberto\" que se debe aproveitar. Xunta e Goberno de Portugal parecen asumir, ademais, que os métodos actuais xa non son dabondo."}
{"ID": "NOS_32472", "summary": "Un veciño de Santiago de Compostela encontrou escrito nun lateral do coche \"Viva España\" e o parabrisas traseiro roto en anacos, do que conservaron un fragmento que levaba un autocolante coa bandeira da Galiza.", "text": "Os feitos aconteceron durante a madrugada do 23 ao 24 de decembro, cando X.M.T.S. deixara o vehículo aparcado en Santiago de Compostela. Segundo explica, o domingo foi coller o coche e de primeiras non se decatou de que o cristal estaba roto até que arrincou o motor e sentiu o ruído ao caeren restos da fiestra traseira. Foi entón cando se detivo e comprobou que deixaran un anaco de vidro coa estreleira pousado na bandexa do maleteiro e mais a escrita no lateral do vehículo. Sinala tamén que descarta o móbil do roubo, pois tiña no interior diversos obxectos como un i-pod, unha colección de cd's e lentes de sol, entre outros, que non foron subtraídos. Para X.M.T.S. quen causou estes estragos fíxoo \"por motivos ideolóxicos, nun ataque de intolerancia enmarcado no ambiente actual aos límites á liberdade de expresión e ao pluralismo político\". Referiuse á intolerancia existente \"para quebrar un parabrisas por levar unha bandeira nun adhesivo\" ao tempo que cuestionou \"os discursos políticos que se fan dende certa esquerda española que falan de que o uso de símbolos a favor da independencia espertan o fascismo\". Tamén sinala que é \"paradoxal\" que o discurso do Rei \"permaneza na súa unilateralidade e chame a ser tolerantes aos cataláns que defenden ideas de independencia de xeito pacífico e non cuestione actitudes fascistas a favor da españolidade nas rúas con violencia contra persoas e, neste caso, contra bens como vehículos; por menos están dirixentes cataláns nas cadeas\". Este tipo de ataques á simboloxía galega repítense con certa frecuencia nos últimos anos Este tipo de ataques á simboloxía galega repítense con certa frecuencia nos últimos anos, tanto cando se dificulta no Día da Patria o acceso á praza do Obradoiro con bandeiras galegas, como os obstáculos por levalas a eventos deportivos e manifestacións sociais, retencións en controis cando se rexistran bolsos e mochilas en concertos ou as multas ás embarcacións de baixura por izaren a insignia do propio país cando faenan no litoral galego. Un emblema prohibido A colocación da estrela no centro da bandeira galega atribúese a Daniel Rodríguez Castelao antes de 1936, cando as Irmandades da Fala utilizaban este símbolo na correspondencia. Na década de 1940 tamén foi usada pola guerrilla comunista na Galiza. Vaga de recortes de liberdades e represión que se volve padecer na Galiza na actualidade e, concretamente, en Santiago de Compostela onde se organizan moitos dos actos reivindicativos de carácter nacional Nos anos 1960 e 1970 introduciuse a presenza da estrela vermella na bandeira en actos políticos e culturais impulsados pola UPG e estendeuse ás organizacións nacionalistas e independentistas de esquerda na Galiza, tanto para eventos reivindicativos como festivos. Porén, o seu uso estaba prohibido durante a ditadura franquista e motivou a persecución deste emblema. Xa na década de 1980, o BNG apostou por normalizar a súa presenza nas actividades públicas e por normativizar o seu deseño, ao facer coincidir os vértices tanto do ángulo superior da estrela como os dous inferiores coa faixa azul co obxectivo de manter as dimensións proporcionadas para que sempre tivese a mesma relación de tamaño. Coa vaga de recortes de liberdades e represión que se volve padecer na Galiza na actualidade e, concretamente, en Santiago de Compostela onde se organizan moitos dos actos reivindicativos de carácter nacional, están a experimentarse ataques ao dereito de usar esta simboloxía como o acontecido a pasada fin de semana. En todo caso, segundo describe X.M.T.S. non se trata dunha agresión á bandeira, senón \"á diferenza cultural, territorial e política que representa\". \"Galiza é un país tolerante e estrañan estas actitudes, máis nunha cidade tan aberta co turismo como Compostela e nestas datas\", explicou. \"Despois de 40 anos de ditadura franquista nada cambia no relativo á prepotencia, intolerancia e afán de superioridade española contra a simboloxía galega\", engadiu."}
{"ID": "NOS_2390", "summary": "As últimas tiveron lugar en 2002.", "text": "Fruga responsabiliza PP e PSOE da ausencia de elección no rural galego para escoller os seus representantesno Consello Agrario Galego. A Federación Rural Galega indica que o pasado día 4 o BNG reclamou no Parlamento galego a convocatoria de elección, as últimas foron hai 18 anos, \"obtendo como resposta o voto negativo tanto do PP como do PSOE\". En 2006 constituiuse o Consello Agrario Galego como órgano participativo e consultivo da Consellería do Medio Rural coa presencia, a partes iguais, das tres organizacións agrarias que obtiveran representación nas eleccións de 2002: Xóvenes Agricultores (XXAA), Unións Agrarias (UUAA) e Sindicato Labrego Galego (SLG). Para a Fruga, despois de 18 anos a realidade \"ten mudado, e moito, tanto no mundo rural como nas organizacións agrarias\". De feito, apunta, Xóvenes Agricultores, unha das organizacións que facía parte do Consello Agrario, desapareceu. \"Neste momento o goberno galego está incumprindo a lei 1/2006 do Consello Agrario Galego no que ten a ver co artigo 4 referido á composición, xa que das doce persoas en representación das organizacións agrarias soamente están presentes oito, como consecuencia da desaparición de unha das organizacións que tiñan presencia no mesmo\". Fruga reitera, logo, a necesidade de convocar elección. \" En definitiva estamos a pedir que a democracia chegue tamén ao ámbito das persoas que desenvolvemos a nosa actividade profesional no sector agropecuario\"."}
{"ID": "NOS_2660", "summary": "Partido Popular-Unión Europea, menos dereitos e máis pobreza é o lema con que a central nacionalista concorrerá ás mobilizacións convocadas en todas as cidades, cun protesto central que se desenvolverá en Vigo", "text": "\"Coller o noso propio camiño, porque nin o Goberno español nin o PP nin a UE nos representan\". É o chamado que, ás portas do 1 de Maio, fixo o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, nunha rolda de imprensa en que a central nacionalista presentou as mobilizacións convocadas en todas as cidades do País, cun protesto central en Vigo, para reivindicar os dereitos da clase obreira galega. \"A saída da crise hai que conquistala. Hai que tirar abaixo este goberno, forzar a súa dimisión, e levar ao poder en Galicia e no Estado a forzas que sexan sensibles aos intereses da clase traballadora\", avanzou Seixo. E para a conquistar, a CIG propúxose sinalar co dedo os culpábeis desta ofensiva en contra dos dereitos laborais e das condicións de vida cun lema taxativo: Partido Popular-Unión Europea, menos dereitos e máis pobreza. Por suposto, hai alternativas a esta dualidade PP-UE: un sistema fiscal, o incremento do investimento público en servizos e infraestruturas, unha banca pública de noso e empresas públicas que xestionen sectores estratéxicos como a enerxía, as telecomunicacións ou a vivenda, sen esquecer a mellora dos salarios e das condicións laborais. Políticas que reflicten \"o carácter elitista e burgués do PP\" \"O goberno están en mans da banca e do capital financeiro, sobre todo dos bancos alemáns\", denunciou o secretario xeral da CIG, arremetendo máis unha vez contra UE, PP e Goberno español porque \"seguen a insistir nas mesmas políticas desde o inicio da crise, dirixidas todas elas contra a clase traballadora e os sectores máis desfavorecidos da sociedade e deixando claro o carácter elitista e burgués do Partido Popular\". Fronte ao \"pesimismo\" que comeza a callar na Galiza, Seixo chamou á \"acumulación de forzas na esquerda\" para que a resposta sexa proporcional á agresión que se está a producir en contra da clase traballadora. \"Galiza non está mellor que o resto do Estado\", espetou, botando por terra o principal argumento do Goberno galego para xustificar as súas políticas. A cifra de desempregad@s no País camiña axiña cara ás 300.000 persoas e o tecido produtivo galego segue a se desmantelar en todos os sectores básicos da economía galega. Por todo isto, a CIG quere que nos vindeiros meses se convoque máis unha folga xeral. Porén, \"parece que outras centrais non están pola labor\", sinalou, en referencia aos sindicatos CC OO e UGT. Ao fío, Seixo concluíu taxativo: \"temos que deixar de facer folgas só cando nos veñen de recortar un dereito\". MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo Ferrol: ás 12:00 horas desde a Avda de Esteiro Lugo: ás 12:00 na Ronda da Muralla (a altura do Edificio Sindical) Ourense: dende o Pavillón dos Remedios ás 12.00 horas Pontevedra: dende a Praza da Ferrería ás 12.00 horas Santiago: 12:30 horas na Praza Roxa A Estrada: dende a Praza do Concello ás 12.00 horas A Mariña: ás 12:00 horas dende o local da CIG (Avda. Arcadio Pardiñas, 137) Vilagarcía: dende a Casa do Mar ás 11.00 horas Ribeira: 12:00 horas, da Praza do Peixe Manifestación central en Vigo: cruce da Doblada con Urzaiz ás 11.30 horas"}
{"ID": "NOS_28235", "summary": "O suplemento que acompaña o Sermos 250 abrangue nas súas 64 páxinas unha ampla selección de temas e focaxes, entre os que non podía faltar a economía.", "text": "Este 15 de xuño, o semanario sairá acompañado dun suplemento sen precedentes para celebrar o número 250 da publicación. Ao longo de 64 páxinas, o suplemento especial do V Aniversario do Sermos Galiza recollerá 15 entrevistas e 15 pezas analíticas que representan unha radiografía da situación do país e da súa evolución nos últimos cinco anos. E faino da man de 31 persoas representativas de todos os ámbitos. Entre os eidos que teñen cabida neste especial está o da economía. A través de entrevistas e análises tomamos o pulso ao estado actual da economía galega, para alén de debullar retos e necesidades, unha mirada ampla na que nos mergullar desde a viabilidade dunha fiscalidade propia até a innovación tecnolóxica en Galiza. Co economista Aleixo Vilas falamos do proceso de concentración e centralización bancaria que decorreu estes anos e que alterou notabelmente o mapa financeiro galego, con efectos en campos como o do aforro, onde miles de millóns de euros son destinados a créditos noutros territorios do Estado. A viabilidade dunha banca pública tamén se trata na conversa. Manuel da Cal, coordenador de Fruga, é outra das persoas que entrevistamos neste suplemento especial, onde falamos da situación do agro galego, con especial atención ao sector leiteiro, un dos seus alicerces. O empresario Eusebio Cachafeiro achega a súa visión desde o punto de vista empresarial. O editor de Mallando no Android analiza a innovación e tecnoloxía en Galiza, centrándose especialmente nas fortalezas dun campo imprescindíbel para a competitividade e desenvolvemento económico. O economista Luís Burgos aborda na súa análise os dereitos laborais dos traballadores e o sentido dun sindicalismo propio nun mundo. E María do Carme García Negro, ex-profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, analiza a alternativa do concerto económico como unha posibilidade real, a necesidade dunha fiscalidade propia. Nun número sen precedentes, Sermos Galiza sairá á rúa na próxima quinta feira cun total de 104 páxinas (as 40 habituais do semanario e as 64 do especial) e ao prezo habitual. Unha publicación documental indispensábel para coleccionistas que non deixará ninguén indiferente."}
{"ID": "NOS_55690", "summary": "Como acontece coas estudantes nas avaliacións continuas, todo o feito até o de agora, bo ou malo, non vale de nada ante o exame final que encaran esta fin de semana Deportivo da Coruña e Rácing de Ferrol, que disputan a primeira rolda da fase de ascenso ante o Linares e o Nàstic de Tarragona, respectivamente.", "text": "Hora decisiva, encontro a vida ou morte, o partido do século... poderíamos enumerar os tópicos das hipérboles básicas do xornalismo deportivo e nunca quedarían cortas para cualificar a importancia do primeiro partido do play-off que enfronta o Dépor co Linares (sábado, 21 horas) e o Rácing contra o Nàstic, dous equipos que non pisan a categoría de prata desde 2020, no caso coruñés, e 2008, no ferrolán. A última vez que se enfrontou a escuadra branquiazul co combinado xienense foi en 1984, con triunfo galego pola mínima (1-0). Este resultado, ou un empate, daríalle o pase a un Dépor que chega como absoluto favorito fronte un Linares que cede toda a presión ao \"equipo máis forte dos 40 da Primeira RFEF\", en palabras do seu técnico, Alberto González, quen criticou que a eliminatoria se vaia resolver a partido único. Pola súa parte, o Rácing de Ferrol terá que agardar até as 18 horas de mañá para entrar en acción. Contra toda lóxica, o encontro será en Balaídos e non na Malata, a causa dos criterios asignados pola Federación para a asignación dos estadios, o que non impedirá que o coliseo celeste se tinxa de verde por un día, como anticipan as enormes ringleiras de persoas que fixeron cola pacientemente para adquirir os seus boletos e os numerosos autobuses fretados para o desprazamento. A Xunta pide que o Rácing xogue o 'play-off' na Malata Sobre o céspede de Balaídos os homes de Cristóbal Parralo agardan estender a súa boa xeira de xogo e resultados -só perderon un partido dos últimos 18 que xogaron- ante un Nàstic de Tarragona que será un rival incómodo, tanto, que o seu adestrador, Raül Agné, define o seu equipo como unha \"mosca cojonera\", ou como diríamos en galego, \"como un quilo de merda nunha pestana\". Jota Peleteiro podería mercar a SD Compostela O fútbol galego sorprendeuse esta sexta feira cun posíbel cambio de propiedade na SD Compostela. A directiva informou a través dun comunicado que \"tras recibir durante os últimos oito anos non menos de 20 propostas de diferentes persoas físicas ou xurídicas para facerse cargo da xestión da entidade\", das que \"ningunha interesou\" por non \"preservar a identidade do club, os seus valores e a súa imaxe\", por fin unha oferta parece ser tida en conta. Esta chegaría, nin máis nin menos, que de Rammalloc Sports, sociedade coa que, recoñeceron, \"está moi preto a fecharse o acordo\". \"As partes agardan que, en menos dunha semana, se produza o acordo e se inicie un proceso de transición que finalizará co nomeamento dos novos directivos da entidade\". Detrás de Rammalloc Sports está o seu único socio e accionista, José Ignacio Peleteiro Ramallo, máis coñecido polo gran público como Jota Peleteiro. Como futbolista, este talentoso mediapunta da Pobra do Caramiñal formado na canteira do Celta e con experiencia en formacións do nivel de Eibar, Alavés ou os ingleses Brentford, Birmingham e Aston Villa, aparcou a súa carreira profesional o pasado verán, levando inactivo con apenas 30 anos desde que rematou a tempada 2020/21 a pesar de contar con ofertas de equipos punteiros de Segunda División e mesmo da Primeira, chegando o rumor desde a Cidade do Turia no seu momento de que o Valencia estaba interesado na súa incorporación. Agora, este \"compostelanista, da terra, que non representa fondo de inversión ningún, sin nada que que ver con axencias de representación e que leva tempo preocupándose e ocupándose do día a día do equipo\", como salienta a actual directiva da SD Compostela, está moi próximo a abandeirar un proxecto na Segunda RFEF, a cuarta categoría do fútbol estatal, nunha xogada que podería implicar o regreso aos terreos de xogo dun dos futbolistas tecnicamente máis talentosos que deu a Galiza na última década."}
{"ID": "NOS_44902", "summary": "Rexedores de candidaturas municipalistas participaron na mañá do sábado nunha concentración que tivo lugar na Coruña contra unha posíbel intervención do Estado español en Siria. Amais de alcaldes galegos participaron responsábeis doutros concellos estatais.", "text": "Ao redor de 200 persoas participaron na mañá deste sábado nunha concentración que tivo lugar na praza de María Pita (A Coruña) contra unha posíbel intervención militar do Estado español en Siria. Amais do rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o de Ferrol, Jorge Suárez ou o de Oleiros, Ángel García Seoane. Tamén se sumaron ao protesto responsábeis municipais doutros puntos do Estado como a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, o alcalde de Valencia, Joan Riobó, o alcalde de Zaragoza, Pedro Santisteve e outros cargos institucionais de Oviedo, Pamplona, Madrid ou Cádiz. Estes representantes de Concellos estatais estaban presentes na concentración contra a guerra porque na tarde do sábado participarán como convidados nun acto da Marea Atlántica.7 Entre as consignas coreadas puidéronse oír \"Non á guerra\" ou \"Nunca máis, non á guerra\". Foi Xulio Ferreiro o encargado de ler un manifesto contrario á violencia, á criminalización das persoas refuxiadas e ao recorte de dereitos, \"opoñémonos a unha resposta ao odio que supoña máis mortes inocentes\", proclamou o alcalde coruñés."}
{"ID": "NOS_31409", "summary": "Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., escribe sobre Nós Diario.", "text": "En todo proceso hai datas significativas. En Nós Diario, tamén. A primeira, o 24 de novembro de 2017. Nese día Sermos Galiza fai pública a intención de ofrecer máis contidos a través dun diario en papel durante cinco días á semana. A decisión susténtase en dúas ideias base: un diario en papel é necesario e é posíbel. Son moitas as razóns que apontan para esa necesidade. Unha delas é que hoxe en día a transmisión da información se dá en formato multisoporte. Convén aproveitar o sistema máis adecuado para chegar ao público e a combinación papel máis formato web, coa posibilidade de incluír audio e vídeo, parece unha boa opción. É posíbel. Concebimos este proxecto sob o marco da pluralidade e do diálogo entre Sermos Galiza S.A. e todas as asociacións e organizacións colectivas que confían nas capacidades dunha Galiza real, na certeza de que esta iniciativa ten que abranxer e ser participada por todas as persoas que conforman a nosa base leitora. É así como queremos construír este diario de intereses galegos, profesional e colaborativo para así ofrecer información e análise con rigor e perspectiva propia ao servizo, sempre, do pobo galego. O 27 de xaneiro de 2018 é outra data clave. Presentamos en público as características básicas do proxecto e a forma de o facer sostíbel economicamente, facendo fincapé en que só depende de nós. O obxectivo é lograr 3.000 subscricións, cantidade mínima para garantir a saída do proxecto. Máis de 50 presentacións por toda a Galiza en apenas dous meses e un traballo máis demorado no segundo semestre de 2018 permitiron alcanzar ese obxectivo. O 19 de xaneiro pasado, perante o mapa de Fontán que se acha no Parlamento de Galiza, simbolizabamos o noso compromiso de sermos un medio con acento galego. Chegamos así a este 4 de maio en que presentamos un avance de maqueta e unha cabeceira que trae ao presente os nosos mellores valores. Desde hoxe comeza a conta atrás para que no final deste ano poidamos ter nas mans un diario que servirá para facer normal o que agora é unha anomalía, para traer ao primeiro plano informativo todos os temas que agora non se ven reflectidos na prensa convencional, para botar unha ollada construtiva cara á realidade galega, para contribuír a conformar, como pobo, unha opinión obxectiva e contrastada sobre todo o que nos afecta."}
{"ID": "NOS_52767", "summary": "Unha cidade intelixente sustenta a súa planificación estratéxica na xestión das súas potencialidades mediante o uso de novas tecnoloxías, a racionalización aplicada á explotación e ao consumo dos seus recursos naturais e a eficiente xestión das infraestruturas urbanas e servizos públicos. Unha axeitada combinación destes ingredientes suporá o beneficio do conxunto da cidadanía: mellores servizos, redución do gasto, vantaxe á hora de afrontar novas necesidades…", "text": "Unha cidade intelixente é un espazo urbano que, grazas a millóns de sensores (incluídas as persoas), é capaz de escoitar e comprender o que está a suceder en todo o territorio urbano e de tomar en cada momento as mellores decisións, proporcionando a información e os servizos adecuados á cidadanía.Esta continua evolución das cidades cara a sistemas cada vez máis complexos require coñecer o que ocorre nela e os efectos das accións derivadas da súa xestión. Ambas as variábeis teñen unha importancia vital para tomar, cada vez, mellores decisións. Os desenvolvementos tecnolóxicos posibilitan a provisión dun gran volume de datos procedente de diversos ámbitos e fontes de información. Con todo, para que tal cantidade de información sexa realmente útil para a toma áxil de decisións, requírese un profundo proceso de transformación nos costumes que temos en xestión urbana. O cidadán como centro do modelo Sen dúbida, o obxecto último de calquera Smart City é mellorar a calidade de vida do cidadán, tanto a nivel individual como colectivo, e para iso, a tecnoloxía debe ser capaz de escoitalo, entendelo e dar respostas con solucións concretas e adaptadas ás súas necesidades. Isto pasa por crear unha canle de comunicación directa e bidireccional, un proceso participativo entre a Administración municipal e os seus cidadáns a través dunha plataforma tecnolóxica ao servizo das persoas, contribuíndo a crear unha cidade intelixente a partir dunha cidade dixital. Humanizar a tecnoloxía para o seu achegamento á cidadanía e fomentar a participación municipal nunha dobre vía: 1. Creando na cidadanía o hábito de participar na definición da cidade e a toma de decisións. 2. Empapando as persoas raballadoras no eido público da cultura Smart, provocando a súa proactividade. Un novo paradigma O obxectivo dunha cidade intelixente, vai máis aló de dispor de ferramentas tecnolóxicas que faciliten monitorizar e xestionar. Deben ser capaces de resolver algúns dos problemas que se dan a diario nela. Isto significa que non só vai permitir obter, dispor, utilizar e xestionar cantidades inxentes de información e datos que xera a cidade, senón o deseño e a creación dunha estratexia metodolóxica que permita desenvolver un novo paradigma de xestión urbana, que é onde realmente reside a fortaleza innovadora dun proxecto destas características. Dos datos ao coñecemento Conseguir a posta en valor da totalidade dos datos por parte de xestores e cidadáns, ao procesalos e trasladalos a unha escala humana de entendemento e comprensión, permitirá extraer novas relacións entre os conxuntos dos devanditos datos, non evidentes en análises illadas, pero que se manifestan ao analizalos de forma conxunta. Estas análises, resultado da integración e procesamento dos datos nas diversas plataformas tecnolóxicas utilizadas, permiten achegar novas conclusións ás que as análises verticais non poderían chegar, é dicir unha xestión holística e integral da cidade, e é aí onde entran en xogo os patróns ocultos, é dicir, indicadores de cidade que detectan e extraen información en moitos casos non buscada de forma voluntaria por parte dos distintos axentes que xestionan a actividade dunha cidade. Así, por exemplo, poderíase coñecer o impacto real dun determinado evento que se celebra na cidade desde todos os puntos de vista: na mobilidade, no turismo, no movemento de persoas, no comercio ou no uso dos servizos urbanos. Trátase, pois, non de almacenar datos, senón de almacenar coñecemento para que este sexa independente das persoas. O impacto do evento comentado anteriormente quedará rexistrado e almacenadoo que permitirá mellorar de forma continua a organización e coordinación dos servizos municipais cando teña lugar outro evento de similares características. Este xerador de escenarios de simulación por parte dos devanditos xestores, permitirá coñecer os resultados previstos, positivos e negativos, das súas decisións e entender, dunha forma que até o de agora era imposíbel, os efectos das mesmas de forma global. Por exemplo, antes de tomar a decisión de cambiar o sentido do tráfico dunha rúa vai ser posíbel coñecer os seus efectos sobre o fluxo de tráfico en rúas adxacentes, sobre a eficiencia e puntualidade das liñas de autobuses, sobre o ruído que se vai a xerar ou o impacto comercial que vai ter sobre as tendas desa rúa. A toma de decisións está baseada, entón, non na intuición ou coñecemento parcial, senón nas evidencias e resultados que apoian ou desaconsellan esa decisión."}
{"ID": "PRAZA_1819", "summary": "Case o 70% da redución do desemprego en xullo produciuse no sector servizos no país, onde hai 23.908 apuntados menos á listaxe de desempregados que hai un ano. O 94% dos contratos asinados no pasado mes foron temporais.", "text": "As vacacións, o verán, o turismo e os empregos na hostalería fan que o paro rexistrado baixase en Galicia en 12.691 persoas durante o pasado mes de xullo, segundo os datos feitos públicos polo Goberno central. O descenso, do 5,5% con respecto ao mes anterior, sitúa a cifra de desempregados apuntados nas oficinas de emprego en 216.371, 23.908 menos que hai un ano (-9,95%). Das case 13.000 persoas que abandonaron as listas do paro, o 68,5% fixérono para traballar no sector servizos Galicia sitúase como unha das comunidades onde máis descende o paro rexistrado, principalmente grazas á temporada estival. De feito, das case 13.000 persoas que abandonaron as listaxes do desemprego, o 68,5% fixérono para traballar no sector servizos. Un total de case 8.700 persoas, fronte ao descenso de 640 persoas na agricultura, as 1.601 na industria, as 1.528 na construción ou as 228 do colectivo sen emprego anterior. Desta vez, a baixada no número de persoas rexistradas no paro vai acompañada dun aumento da afiliación á Seguridade Social neste mes de xullo, xa que os contizantes aumentan en 13.948 persoas con respecto ao mes anterior, máis incluso que a cifra de cidadáns que deixou a lista de parados, o que consuma unha creación de emprego, aínda que se basea en contratos temporais e por horas vinculados ao verán. Non ocorre o mesmo de compararmos os datos interanuais. O número de cotizantes subiu no país un 2,3% respecto a hai un ano, quedando a cifra media en 957.879 e 21.791 persoas máis, un incremento que é inferior ao do Estado (+3,39%). En termos interanuais, o paro baixou máis do que aumentou o emprego no último ano Xa que logo, segue haber diferenza entre o dato de paro e de afiliación á Seguridade Social. Neste caso, na diferenza interanual, a media de cotizantes no mes de xullo supuxo un aumento de 21.791 persoas, unha cifra inferior ao descenso do número de desempregados rexistrados (-23.908). A diferenza entre aumento de cotizantes e diminución do número de parados rexistrados no último ano é de 2.117, polo que no último ano en Galicia o paro baixou máis do que aumentou o emprego, ao contrario que a a nivel estatal. O ritmo de creación de emprego é insuficiente para compensar todo o perdido durante a crise, aínda que a tendencia virou neste último dato mensual. De feito, unha ollada aos gráficos sitúa o número de cotizantes no país ao mesmo nivel que a comezos de 2012. En canto á condición do emprego, nada cambia no panorama. Máis ben a situación empeora. Así, dos 98.931 contratos asinados en Galicia no pasado mes de xullo, tan só 6.035 foron indefinidos, un 6,10% do total. Xa que logo, case o 94% deles (92.896) son temporais e a chegada do outono ameaza con volver mudar a tendencia á baixa do desemprego, máis aínda de ter en conta que o verán está supoñendo un ano récord no turismo tanto no Estado como no país. No último mes, ademais, asináronse 13.660 contratos máis, o que supón un incremento do 16% con respecto ao mes anterior. Por provincias, o paro rexistrado descendeu en todas as galegas. A Coruña conta con 4.637 desempregados menos; Lugo, con 1.658; Ourense, con 1.451 e Pontevedra ten 4.945 cidadáns menos demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Galego de Colocación. De cada 100 parados galegos, só 52 cobra algún tipo de prestación En canto á cobertura por desemprego, no mes de xuño de 2015 había 110.279 persoas a cobraren unha prestación por desemprego (son 19.916 prestacións menos que hai un ano) e o peor é que só o 39 % das prestacións son contributivas. A distribución das prestacións por desemprego é a seguinte: 42.840 contributivas, 52.361 xa son subsidios por desemprego, 12.762 da renda activa de inserción e 2.316 do programa de activación de emprego. A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de xuño de 2015 foi do 52,5 %, mentres que un ano antes era do 56,2 %. Polo tanto, en Galicia hai arredor de 100.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral mais non cobran prestacións por desemprego. O gasto total das prestacións por desemprego no mes de xuño foi de 86,21 millóns de euros en Galicia, cifra inferior nun 20 % á de hai un ano (107,8 millóns de euros en xuño de 2014). A contía media da prestación contributiva percibida por persoa beneficiaria neste mes de xuño foi de 763,9 euros ao mes (na media estatal sobe ata os 785,5 euros). >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_28268", "summary": "O impacto que a pandemia da COVID-19 está a ter a nivel global supera o marco da saúde. Os prognósticos económicos van desde os pesimistas aos catastróficos. A Organización Internacional do Traballo calcula perdas de até case 25 millóns de empregos.", "text": "A Organización Internacional do Traballo (OIT) estima que a pandemia da pneumonía COVID-19, provocada polo novo coronavirus SARS-CoV-2, podería provocar a perda de perto de 25 millóns de postos de traballo a nivel mundial se o seu impacto no mundo acaba por ser alto. Segundo un informe publicado onte por esta axencia das Nacións Unidas, as estimacións iniciais das consecuencias laborais da actual crise sanitaria apuntan a que a poboación mundial se verá arrastrada \"ao desemprego, ao subemprego e ao traballo en pobreza\". Para evitar estas situación, propón medidas que requiren dunha \"resposta decisiva, coordinada e inmediata\". \"Esta xa non é unicamente unha crise sanitaria global, é tamén unha grave crise económica e do mercado de traballo que está a ter un enorme impacto na xente\", afirmou Guy Ryder, director xeral da OIT. \"En 2008, o mundo fixo unha fronte común para encarreirar as consecuencias da crise financeira global, e evitouse o peor. Cómprenos ese tipo de liderado e resolución agora\", engadiu. Aquela crise financeira global, que se iniciou coa caída de Lehman Brothers, evolucionou cara a outra laboral, que aínda ten os seus ecos hoxe en día. As organizacións sindicais levan anos denunciando que aquela crise levou ao feche de negocios e a relocalización do tecido industrial en zonas de menores custos laborais, o que provocou o aumento do desemprego, así como a conxelación ou a diminución dos salarios reais por causa do aumento da forza de traballo excedentaria. Tres piares básicos O informe, titulado COVID-19 e o mundo laboral: Impactos e respostas, reclama medidas urxentes e a grande escala, alicerzadas en tres piares: protección das operarias e dos operarios no lugar de traballo, estimulación da economía e do emprego e financiamento para a conservación de empregos e de ingresos. Estas accións, di a OIT, débense dar no marco da cobertura social, da conservación dos postos de traballo (incluíndo redución de xornadas laborais, vacacións pagadas ou outro tipo de subsidios) e do alivio impositivo para pequenas e medianas empresas. Ademais, propón medidas fiscais e monetarias, así como liñas de crédito e apoio financeiro para sectores específicos da economía. O informe pode ser descargado, en inglés, na ligazón: bit.ly/3a68DCa Diálogo social \"En tempos de crise como a actual, temos dúas ferramentas chave que poden axudar a mitigar o dano e restaurar a confianza da cidadanía\", sinalou Guy Ryder. A primeira ─explicou─ é o diálogo social que se debe dar entre empresarios e representantes sindicais, \"vital\" para conseguir \"o apoio ás medidas que precisamos para superar esta crise\". A segunda, o dereito internacional do traballo, que \"é a base, de eficacia probada, para que as medidas de resposta que se tomen teñan en conta unha recuperación sustentábel e equitativa\". \"É necesario que todo o que se faga vaia no camiño de minimizar o dano as persoas nestes tempos difíciles\", concluíu o director xeral da OIT. Varios escenarios A OIT manexa, non obstante, dous escenarios segundo sexa o impacto da pandemia: de ser \"alto\", calcula que se perderían 24,7 millóns de empregos; de ser \"baixo\", serían 5,3 millóns. Entre estas dúas marxes é que, calculan, nos moveremos tendo en conta unha base de 188 millóns en 2019. En comparación, a crise de 2008 aumentou a cifra de desemprego en 22 millóns. Porén, o autoemprego ─especialmente nos países en vías de desenvolvemento─ non servirá como daquela para amortecer o impacto que se espera, debido ás restricións no movemento de bens e persoas, aclara o informe. Tamén calcula que as perdas económicas para as traballadoras e os traballadores serán de entre 860.000 millóns e 3,4 billóns de dólares (800.000 millóns e 3,15 billóns de euros) para finais de 2020, que \"se trasladarán en caídas no consumo de bens e servizos\". Traballo en pobreza A OIT prevé ademais que medre o traballo en pobreza. \"A falta de ingresos provocada polo declive da actividade económica arrastrará as traballadoras e os traballadores cerca ou debaixo do limiar da pobreza\". Segundo as súas estimacións, entre 8,8 e 35 millóns de persoas máis estarán nesta situación, en comparación coa estimación prevista para 2020 ─antes da pandemia─ dun descenso de 14 millóns. Ademais, a axencia das Nacións Unidas para o traballo alerta de que certos grupos se verán afectados desproporcionadamente pola crise laboral, o que levará a un incremento da desigualdade. Entre estes, a OIT cita as persoas en postos de traballo con salarios baixos con e pouca protección en dereitos laborais a nivel mundial, como a xente máis nova e a máis vella. Tamén as mulleres e as persoas migrantes: as primeiras, porque ocupan maioritariamente os empregos onde hai peores salarios; as segundas, polas carencias na protección social e dos seus dereitos básicos a nivel laboral."}
{"ID": "NOS_47063", "summary": "Baixo o título xenérico de Fagan Favor, Fagan Goberno unha iniciativa de intelectuais e referentes da cultura, lanzada esta cuarta feira no Facebook, pide ás forzas da oposición (PSdeG, En Marea, BNG) que se comprometan a facer un goberno \"de cambio progresista\" despois do 25S.", "text": "A diferenza do que acontece no Estado, non existe moita dúbida nos cenáculos políticos de que se a oposición tripartita suma 38 ou máis escanos, haberá goberno alternativo a Feijóo, mais, por se acaso, un grupo de intelectuais e referentes da cultura galega puxeron a súa asinatura a un texto baixo o apelo xeral de Fagan Favor, Fagan Goberno. No texto as persoas asinantes afirman que \"Feijóo reduciu a Xunta a ser unha empregada aquí que atende os recados e as ordes do señorito en Madrid\", o que trouxo consigo que \"a autonomía, xa un limitado autogoberno en por si, perdese toda utilidade e rebaixando a nosa dignidade como país, como nación histórica\". \"Pedimos ás candidaturas que están destinadas a formar un goberno de cambio progresista que se comprometan públicamente a abrir conversas inmediatamente tras as eleccións\", di o chamado cívico Conscientes de que Feijóo constrúe a súa campaña sobre o temor á mudanza, o chamado cívico manifesta: \"Non temos medo ao cambio, do que temos medo é desta asfixia que liquida o país, temos medo de que todo siga así, costa abaixo, e por iso pedimos ás candidaturas que están destinadas a formar un goberno de cambio progresista que se comprometan públicamente a abrir conversas inmediatamente tras as eleccións para pactar un goberno da Xunta que defenda os nosos intereses económicos e sociais e a nosa identidade cultural nacional\". A relación de asinantes deste chamado cívico é a seguinte: Suso de Toro, Ana Luísa Bouza, Encarna Otero, Lourenzo Fernández Prieto, Rosa Aneiros, Margarita Ledo Andión, Xurxo Souto, María Reimóndez, Mercedes Queixas, Xabier Queipo, Manuel Bragado, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Pereiro, Baldomero Iglesias (Mero), Valentín G. Bóveda, Ramón Máiz, Bernardo Máiz, Tareixa Navaza, Xoán López Facal, Ricardo Gurriarán, Antón Baamonde, María Yáñez, Aurora Marco, Idoia Camiruaga Oses, Antón Losada (prof. USC) e Mercedes Rosón."}
{"ID": "NOS_36988", "summary": "Endesa, unha vez desbotada a opción dos biocombustíbeis, continúa co seu plan para a implantación de novos proxectos industriais nas Pontes e de formación ao persoal interesado en participar nos traballos de derruba da central térmica, que terán unha duración aproximada de catro anos.", "text": "Esta semana, Endesa deu carpetazo ao seu plan para seguir producindo enerxía na central térmica das Pontes con biocombustíbeis. Esta vía, que a empresa explorara após a presión de Xunta, Goberno español e o propio Concello das Pontes, foi desbotada pola eléctrica pola súa inviabilidade técnica, económica e medioambiental. A decisión de seguir adiante co fechamento da central cerrou a porta a estas administracións de colgar a medalla de ter salvado a industria nunha comarca na que os plans industriais brillan pola súa ausencia. Ao contrario que a Xunta e o Goberno español, Endesa tiña un \"plan B\" para o suposto de que as probas con biocombustíbeis non prosperasen, como finalmente así foi, no que traballaba \"simultaneamente\", segundo indican desde a propia empresa. Ese plan baséase en dous eixos. O primeiro deles é a formación. Segundo explican a Nós Diario fontes da compañía, Endesa fará convocatorias de cursos específicos de demolición de centrais térmicas e de montaxe e operación de instalacións renovábeis. Eses cursos, que xa se están a pór en marcha na contorna de Compostilla (León), onde Endesa fechou hai un ano unha das súas centrais térmicas de carbón, serán de 50 prazas en cada convocatoria e abertos ao público en xeral, mais na inscrición terán preferencia os traballadores e traballadoras das empresas contratistas, as persoas residentes na contorna da central e as mulleres. Este mesmo sistema, que está a ter unha grande acollida (arredor de 200 solicitudes por curso nos catro que levan realizados) é o que Endesa pensa replicar nas Pontes. Ademais, apunta que as persoas que participen nesa formación, sempre que reúnan as condicións, adquirirán dereito preferente para participar nos traballos de demolición da central, cunha duración estimada de 4 anos e que xerarán uns 130 postos de traballo directos. Concurso internacional A outra das patas do \"plan B\" de Endesa é o aproveitamento da superficie industrial nas Pontes para o desenvolvemento de novos proxectos industriais, que poderían beneficiarse dos fondos europeos, a través dun concurso internacional para o que xa estivo na procura de candidatos na contorna da central. No caso de Compostilla, no que tamén se seguiu este procedemento, presentáronse un total de 31 proxectos dos que, ao final, Endesa seleccionou cinco. Entre eles, figuraban un proxecto ligado á automoción, outro á transformación de materiais e outro dun emprendedor que promovía unha planta de hidróxeno e no que finalmente Endesa decidiu \"implicarse directamente\". A adxudicación dos terreos para desenvolvelos realizarase o vindeiro mes de abril, apuntan desde a eléctrica. Á marxe destes proxectos, Endesa impulsa pola súa conta dous máis: unha planta de reciclaxe de pas eólicas e unha planta de reciclaxe de baterías de coches eléctricos para as que solicitaron fondos europeos. A idea da multinacional, como avanzou após anunciar que continuaba co proceso de fechamento da térmica das Pontes, é non prescindir de ningún traballador nin traballadora. Algúns foron recolocados noutras instalacións do grupo, pero o acordo asinado cos sindicatos contempla un dereito preferente para traballar nos novos proxectos que se desenvolvan nun futuro nas Pontes. Protesta na Coruña Pola súa banda, os traballadores da central térmica das Pontes e das empresas auxiliares, que onte se manifestaron na Coruña ante a Delegación do Goberno para exixir á Xunta e ao Estado español que garantan o futuro industrial nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, insisten no \"plan A\", de queimar biocombustíbeis na térmica. En declaracións a Nós Diario, o secretario nacional da Federación de Industria da CIG, Xoán Xosé Bouzas, sinalou que a aposta polo mantemento dos postos de traballo tanto na principal como nas auxiliares \"ten que levar a paralizar o proxecto de feche e desmantelamento. Non pode ser doutro modo até que teñamos eses proxectos enriba da mesa e saibamos cal vai ser o futuro\". \"Estamos na mentira e no futuríbel. Nós o que queremos son cousas concretas. Hai un montón de alternativas, pero nós a día de hoxe eses proxectos non os coñecemos. No momento en que as teñamos poderemos valoralas\", apuntou o representante sindical, que tamén pediu o \"compromiso\" das Administración de que non vai haber \"megavatios de futuro\" para aqueles proxectos de Endesa que non invistan nas Pontes. Pola súa banda, José Hurtado (CCOO) afirmou que \"o que non é de recibo é que Endesa emita un informe unilateralmente dicindo que non son viábeis as probas\", unha postura que comparte Nicasio Pena (UXT). Ambos apostan pola queima de lodos de depuradora e puríns con carbón ou gas natural para manter activos os grupos 1 e 2 da central. \"O 3 e o 4 sabemos que non van funcionar nunca máis. Por iso pedimos que se axilicen os prazos para o seu desmantelamento mentres seguen operando o 1 e 2, e así os traballadores das auxiliares non teñan que ir ao paro\". Polo pronto, na vindeira quinta feira vaise reunir a Mesa de Transición para avaliar e coordinar as actuacións ante a decisión de Endesa de fechar a térmica, e na terza feira fará o propio o comité técnico, segundo lles trasladou a subdelegada do Goberno aos representantes sindicais na xuntanza que mantiveron onte."}
{"ID": "PRAZA_6035", "summary": "Seguramente non darían coa pedra filosofal que lle dea unha nova orientación histórica á esquerda, se é que iso é posible, pero crearon unha forza política que, ademais de ser xa unha presenza ineludible, é un gran ben social.", "text": "Se algo testemuña os consensos do sistema político español é a unanimidade nos ataques destrutivos a Podemos. Débense a que é unha formulación política que cuestiona esta democracia limitada nada da Transición e sinala que chegou ao seu fin. Como ninguén quere perecer, os partidos, os intelectuais e todos os poderes establecidos reaccionan e defenden a súa existencia tal como chegaron até aquí. Se algo testemuña os consensos do sistema político español é a unanimidade nos ataques destrutivos a Podemos As infamias lanzadas desde o PP contra ese novo partido son ataques típicos de políticos sen escrúpulos en calquera país, pero nese caso teñen un fundamento na súa propia cultura política, fundada polo ministro da propaganda do Caudillo (lémbrense as súas actuacións respecto diso da folga mineira de Asturias do ano 1962 e da tortura e fusilamento de Julián Grimau no 63, por pór exemplos). E ese foi o seu modo de actuar no pasado recente, utilizaron os atentados de ETA e o atentado nos ferrocarrís de Madrid para atacar a Zapatero, utilizan sistematicamente o terrorismo para criminalizar a protesta social, hai un mes acusaban a Stop Desafiuzamentos e ao BNG de amparar o terrorismo, agora fano con Podemos. Non falla, o terrorismo foi a súa gran arma de ataque e o seu alimento político. Utilizan sistematicamente o terrorismo para criminalizar a protesta social, hai un mes acusaban a Stop Desafiuzamentos e ao BNG de amparar o terrorismo, agora fano con Podemos Pero tamén houbo críticas desde sectores receosos da esquerda que viron afectados os seus intereses e tamén de sectores do novo españolismo laico que ha ir cristalizando en torno de Rosa Díez en medios de comunicación madrileños. Hai críticas que merecen atención, unha das máis demoradas fíxoa Antonio Elorza en El País, pero xunto a observacións que piden ser tomadas en conta, mestúranse feridas por ofensas persoais apenas veladas con acusacións que non están fundadas e son inxustas. A crítica de conxunto que se lle fai a Podemos é ser a creación dun equipo de perversos manipuladores e basearse na sedución, a demagoxia, o autoritarismo e a violencia para imporse; a súa ideoloxía reduciríase ao populismo e o totalitarismo. Se miramos ao noso ao redor e vemos o que está a ocorrer na sociedade, se vemos a política que nos goberna, é posible que sexa Podemos quen mereza un ataque tan virulento? Paréceme que é ver o mundo ao revés e que ese discurso nace ben dun punto de vista interesado ou ben dun subxectivismo desesperado. A referencia ao chavismo é puramente sacudir un espantallo que foi creado previamente. Chávez e o seu movemento teñen compoñentes que nos resultan criticables ao europeos pero é inxusto valoralo sen ter en conta as circunstancias do seu país, sobre todo cando ninguén se molestou en criticar a Carlos Andrés Pérez e outros gobernantes anteriores que merecían unha reprobación absoluta. Doutra banda, retratar os promotores dese partido como taimados manipuladores carismáticos é un erro, leva un menosprezo de tantas persoas que o votaron. Imaxinalos como adolescentes facilmente seducibles (como é o caso da película que lle dá pé para Elorza para o seu artigo, A onda, de Dennis Gansel), cando ese votante precisamente ten un perfil de persoa ben informada e crítica. A política destes últimos anos, cun gran consenso dos dous principais partidos, está a ser verdadeira violencia instituída contra a maioría da poboación e as críticas desde o punto de vista social e democrático que se lle fagan son xustas A política destes últimos anos, cun gran consenso dos dous principais partidos, está a ser verdadeira violencia instituída contra a maioría da poboación e as críticas desde o punto de vista social e democrático que se lle fagan son xustas. Podemos está a obrigar de entrada aos demais partidos a revisar as súas políticas, está a limpar a vida política. Trátase dunha organización que se estrutura a partir dun movemento social, cal é a súa ideoloxía? É unha organización de esquerdas? A esquerda historicamente é un movemento moi amplo no que caben correntes contrarias, pero toda ela aséntase sobre a loita de clases e considera ao movemento obreiro como o seu suxeito e o seu motor. Podemos está a obrigar de entrada aos demais partidos a revisar as súas políticas, está a limpar a vida política Habería que situar o momento en que esa premisa obreira quedou nun mero pretexto ideolóxico sen base real. Hai moito tempo que a esquerda renunciou na práctica e tamén na teoría ao concepto de \"revolución\", entendida como substitución do dominio da burguesía polo da clase obreira. Cambios sociais nas sociedades industrializadas foron baleirando de sentido esas análises, pero desde hai décadas a esquerda non atopou outra forma alternativa de imaxinar un camiño verosímil para enfrontarse aos poderes financeiros e cambiar as relacións económicas e sociais. Nace nuns sectores sociais moi castigados pero que teñen información e orgullo cívico. Como evolucionarán eses sectores? Diluiranse politicamente se as cousas se van arranxando? O movemento do que nace Podemos xa non nace nin se asenta sobre os sindicatos, a expresión cabal da clase obreira, senón sobre outros sectores sociais. Por agora é unha referencia para unha xeración de pais e outra de fillos -ese aspecto interxeneracional é particularmente valioso- que pertencen fundamentalmente ao que se adoita chamar \"traballadores cualificados\" ou \"pequena burguesía\". Poida que no futuro chegue ás persoas que formarían o que se adoita chamar a \"clase obreira\" ou \"as clases traballadoras\"; polo de agora, non. Nace nuns sectores sociais moi castigados pero que teñen información e orgullo cívico. Como evolucionarán eses sectores? Diluiranse politicamente se as cousas se van arranxando? Crearán un verdadeiro suxeito político que arrastre a sociedade e impoña cambios políticos, económicos e sociais? Sen dúbida o que permitiu que nacese ese movemento foron as consecuencias da crise económica, que castigou esas familias empobrecendo os pais e privando de futuro aos fillos, pero a súa base ideolóxica é política e, quizais finalmente, moral. Aséntase sobre unha revisión crítica da Transición e os mitos sobre os que se asenta a democracia española e, en nome da democracia mesma, faille unha crítica elemental ao sistema político establecido e aos seus métodos, e tamén ao sistema económico causante dos danos sociais. É unha crítica demoledora e difícil de rebater porque, fronte a un sistema que evidencia a súa corrupción, apela á moral. Efectivamente a política vixente é inmoral e todos o sabiamos, pero Podemos verbalizouno e agora xa non é tabú para moitas persoas. Aséntase sobre unha revisión crítica da Transición e os mitos sobre os que se asenta a democracia española e, en nome da democracia mesma, faille unha crítica elemental ao sistema político establecido e aos seus métodos, e tamén ao sistema económico causante dos danos sociais A pesar dos ataques que os seus dirixentes van sufrir, é unha organización que crecerá. Quere isto dicir que hai sectores sociais amplos que apostan por unha revolución? Parece evidente que non, máis ben entenden que Podemos e outros movementos democráticos pode ser un instrumento para corrixir a política e rexenerar a democracia. E que pretenden os dirixentes de Podemos? Unha revolución? Desde logo non sería \"obreira\", como soñaban as esquerdas da primeira metade do século pasado. Sería unha revolución \"democrática\"? E iso como é posible no mundo económico dentro do que estamos? Seguramente non darían coa pedra filosofal que lle dea unha nova orientación histórica á esquerda, se é que iso é posible, pero crearon unha forza política que, ademais de ser xa unha presenza ineludible, é un gran ben social."}
{"ID": "NOS_6628", "summary": "Hai alerta amarela por fenómenos costeiros na costa noroeste do país.", "text": "A primeira vaga de calor \"extrema\" do ano chega estes días a boa parte da Península Ibérica con temperaturas de até 43 graos centígrados nalgúns lugares e unha trintena de provincias do Estado español en risco amarelo ou laranxa. Mais ese cálido ar apenas se notará na Galiza, que esquiva en boa parte, xunto aos territorios da cornixa cantábrica, esta vaga de calor que durará até a quinta feira. Na Galiza agárdanse intervalos de sol e nubes e bancos de néboa matinal no interior do país, así como fortes ventos do nordeste. De feito, hai alerta amarela esta segunda feira —até as 18 horas— por fenómenos costeiros, nomeadamente polos fortes refachos de vento, na costa noroeste do país. Temperaturas de até 36 graos As temperaturas serán moderadas en boa parte do país, oscilando entre os 15 e os 26 graos en cidades como Lugo, A Coruña ou Ferrol. Os termómetros superarán os 30 graos de máxima en Compostela (31º), Pontevedra (32º), Vigo (33º) e, sobre todo, Ourense, que marcará até 36 graos. Ao longo da semana as temperaturas moveranse nestes intervalos, con poucas variacións."}
{"ID": "NOS_33741", "summary": "Na entrada de Santiago de Compostela por San Lázaro lucía un indicador coa palabra \"Santiago\" coas cores da bandeira LGTBI, con motivo do Día do Orgullo. Aos poucos días, foi mudada por unha bandeira española.", "text": "Unha bandeira de España tapa agora o indicador de \"Santiago\", na entrada á capital da Galiza por San Lázaro, que até a tarde da terza feira lucía cunha bandeira LGTBI, coincidindo coas celebracións do Orgullo. Entidades como Alas A Coruña amosaron xa a súa \"firme condena\" ao \"acto vandálico\" contra a comunidade LGTBI de Compostela. A nosa máis firme condena a este acto vandálico contra a comunidade 🏳️🌈 de Compostela #StopLGTBIfobia Todo o noso apoio ao @PazodeRaxoi por visibilizar este símbolo dos dereitos Humanos. pic.twitter.com/q4DPoWIcu1— ALAS A Coruña (@alasacoruna) July 12, 2022 Unha mudanza censurada por persoas como a tenente de alcalde da cidade, Mercedes Rosón, ou o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela. Mais non só, pois son numerosos os comentarios que, a través das redes sociais, afean o cambio. Tamén denunciou o \"atentado\" ao indicador Goretti Sanmartín, portavoz do BNG no Concello, quen advirte da discriminación para un colectivo que \"está sufrindo nas súas propias persoas unha involución ideolóxica brutal e unha extrema dereita que quere recuperar as mensaxes das cavernas\". Nas últimas horas, multiplicáronse as reaccións nas redes sociais: \"Esa bandeira representa demasiadas cousas malas, este é un exemplo máis\"; \"non é o subconsciente, a ver se os entra na cabeza: españolismo é fascismo\"; \"vergoña\", \"lamentábel\"... replicaban usuarias e usuarios das redes. A iniciativa de facer dos indicadores de entrada á cidade un símbolo do Orgullo partira do Goberno municipal para darlle visibilidade ao colectivo LGTBI. O Concello restitúe o indicador A media mañá da terza feira, o Goberno local informou de que o sinal xa fora limpado para restauralo ao seu estado orixinal e puxo de manifesto que este tipo de actos \"non teñen cabida nunha cidade como Compostela, caracterizada polo respecto á diversidade e a igualdade\". A LGTBIfobia representa xa un de cada tres delitos de odio cometidos na Galiza Por outra parte, segundo os datos do Goberno español aos que tivo acceso Nós Diario, na Galiza rexistráronse máis de 400 delitos de odio entre 2013 e 2020. A metade destes, 230, foron por racismo e, principalmente, pola orientación sexual e identidade de xénero da vítima."}
{"ID": "NOS_32764", "summary": "Galicia en Común rexistra na Mesa do Congreso unha proposición non de lei para que o Goberno do Estado impulse un plan de acción polo reto demográfico na Galiza que remate co desmantelamento e despoboamento do rural.", "text": "Galicia en Común rexistrou na Mesa do Congreso unha proposición non de lei para que o Goberno do Estado impulse un plan de acción polo reto demográfico na Galiza que remate co desmantelamento e despoboamento do rural. \"Trátase dunha iniciativa\", explicou o deputado na Cámara Baixa e líder de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, \"que aposte por mellorar infraestruturas, equipamentos, servizos e prestacións públicas que fagan atractivo o noso rural; baixo criterios de eficiencia e cohesión territorial e que conte coas dotacións económicas adecuadas\". \"Non pode ser\", dixo o voceiro, \"que o rural transfira riqueza a zonas urbanas sen ser compensado de maneira suficiente nin adecuada, incidindo máis no desequilibrio territorial\". Na proposición non de lei presentada, Galicia en Común pon sobre a mesa algúns datos demográficos en relación ás zonas rurais do país: 36% da poboación galega vive nas sete grandes cidades, unha cifra que aumenta até 56% ao falar de comarcas que rodean esas localidades. O envellecemento poboacional é aínda máis evidente nos municipios de entre 500 e 1.000 habitantes, que aumenta até os 58 anos polos 49 do resto do Estado. \"As perspectivas de futuro semellan afondar nesta crise, xa que as proxeccións de poboación entre 2018 e 2033 indican que a Galiza perderá arredor de 5 puntos de poboación, ao contrario do que acontecerá no resto do Estado\", sinala En Común. Unha cifra que case se duplica en Ourense e Lugo. A coalición entende que \"o rural ofrece grandes posibilidades no marco dunha aposta por unha economía máis sustentábel. As potencialidades que existen están ligadas ao recoñecemento dos valores ambientais, sociais e culturais dunha actividade agraria e forestal máis vencellada ao territorio e aos seus recursos naturais\", indican."}
{"ID": "NOS_49279", "summary": "O Alto Tribunal recoñece a falla de transparencia na aplicación do índice IRPH nas hipotecas, mais non abusividade.", "text": "O Tribunal Supremo vén de recoñecer a falta de transparencia nas hipotecas ligadas ao Índice de Referencia dos Préstamos Hipotecarios (IRPH) por non informar da evolución do mesmo, mais non aprecia abusividade. Esta decisión fecha a porta a posíbeis reclamacións por parte das persoas usuarias, que albiscaban un raio de esperanza de cara a recuperar parte dos cartos destinados ao pagamento das súas letras hipotecarias. A Xustiza europea ditaminara o pasado 3 de marzo que o IRPH quedaba sometido ao control xudicial dos tribunais españois, que debían decidir se se trata de cláusulas abusivas incluídas nos contratos hipotecarios. A maioría de maxistrados coincide en que a sentenza de Luxemburgo non terminou de despexar as dúbidas, sobre todo porque despois de que se fixese pública ditáronse sentenzas contraditorias que anulan o índice en primeira instancia e logo acaba considerándose válido a escala máis local, ou mesmo procesos nos que a cláusula se declara abusiva e nula, decretando a subsistencia do contrato pero de forma gratuíta. Agora, a resolución do Supremo pode condicionar a admisibilidade dos novos casos, mais os xuíces non dan a batalla por perdida. De feito volveron solicitar ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea que aclare o seu veredicto, xa que este asunto afecta a máis dun millón de familias que afrontan unha media de 165 euros de máis ao mes con respecto a quen ten o Euribor como referencia, o que suma un prexuízo total duns 25.000 euros desde 2004, segundo Asufin. Afectadas na Galiza Entre as persoas afectadas hai centos de galegas. Segundo informan a Nós Diario desde a Asociación Galega de Consumidoras e Usuarias (Acouga), foron unhas 700 as que contactaron coa entidade sobre esta cuestión, mais creen que o espectro \"pode ser máis amplo\". Á espera de coñecerse o texto íntegro da sentenza, que se redactará nos próximos días, na organización afirman non estar contentos coa mesma. \"Está visto que no Estado español a división de poderes non funciona. O poder económico, o poder político e o poder xudicial van da man, e favorecer os consumidores non é o que pretenden\", critican. Desde Acouga admiten que a resolución do Supremo \"deixa moi complicado o poder reclamar\" por estas cláusulas, que se ben se fixeron máis \"en bancos de fóra\", tamén existen \"unhas cantas\" en entidades do país. Con todo, afirman que estudarán a sentenza e \"darémoslle unha volta\" para ver que medidas se poden artellar. O Tribunal Europeo é \"a baza\" que gardan, \"mais non a única\", advirten. Moras e moratorias Por outra banda, a crise derivada da pandemia do coronavirus levou o Estado español a adoptar unha serie de medidas para non comprometer a economía das familias. Unha delas foi estabelecer unha moratoria de tres meses para o pagamento de hipotecas e préstamos que, segundo os datos de Barclays, deixaron cativos preto de 100.000 millóns de euros que debían cobrar as principais entidades. A máis afectada por esta medida foi o Santander, con 17% da súa carteira de hipotecas e 13% da de préstamos afectada por esta moratoria, o que representa uns 64.000 millóns de euros. Detrás estarían Caixabank e Bankia, que fusionados terían unha porcentaxe similar, aínda que menor contía, BBVA e Sabadell. Moitas das persoas que solicitaron esta moratoria, que se aprobou o pasado mes de xullo, retomaron os pagamentos no último mes. No tempo que desfrutaron dela non tiveron que pagar intereses, nin se lles puido reclamar mora nin modificar ningunha das condicións que pactaran coa entidade. Podían accedera a elas persoas en situación de desemprego ou traballadores e traballadoras por conta propia cuxos ingresos diminuíran 40% ou familias nas que a letra e os gastos de subministracións fosen superiores a 35% dos ingresos netos da unidade familiar. Medra a morosidade Á marxe dos cobros que teñen paralizados pola Covid-19, e que non computan neste indicador, a banca está a ver como a morosidade vai en aumento. En agosto, segundo os datos do Banco de España, a falla de pagamento das obrigas financeiras aumentou por segundo mes consecutivo até situarse en 57.970 millóns de euros, 50 máis que en xullo, cunha taxa de 4,74%, en parte polas dificultades económicas que atravesa boa parte da poboación. Con todo, o volume de cartos en operacións de crédito segue á baixa por segundo mes consecutivo. En agosto, o crédito total diminuíu 0,36%, até 1,221 billóns de euros. O dato que contrasta co do mesmo período de 2019, no que aumentara un 1,92%, como adoita acontecer, polo incremento dos créditos ao consumo para pagar as vacacións. Respecto das provisións para facer fronte aos impagamentos, en agosto situáronse en 39.046 millóns de euros, 0,34% máis que en xullo e 0,83% por riba do cuberto no mesmo mes de 2019."}
{"ID": "NOS_12096", "summary": "O prezo da luz no mercado regulado experimentou subas na primeira quincena de xaneiro de até 75%, o que se traduce nun encarecemento de até 35% no recibo da luz. En comparación co resto de territorios da Unión Europea, o Estado español é dos que máis paga pola luz, en parte pola carga fiscal da factura eléctrica.", "text": "Moitas galegas e galegos están a recibir estes días con certa estupefacción o recibo da luz. A vaga de frío das últimas semanas pasou factura, nunca mellor dito, á clientela, especialmente a que opera con comercializadoras do mercado regulado. De nada serviu que boa parte da enerxía coa que se quentaron os fogares do Estado español saíse da Galiza. Todas as persoas pagaron igual, co conseguinte agravio territorial e social. Á marxe das vagas de frío, a estrutura do recibo da luz fai que este servizo sexa máis caro para as empresas e particulares do Estado español que para as de moitos dos territorios da Unión Europea como consecuencia do sistema de fixación de prezos e dos impostos asociados. Un deses impostos é o Imposto do Valor Engadido (IVE), que no caso español é 1,7 puntos porcentuais superior ao da media da Unión Europea, unha diferenza que no caso dos estados da Eurozona ascende a 2,6 puntos porcentuais. No caso do gas natural as diferenzas son de 2,3 puntos e 3,1 puntos, respectivamente. O colectivo de Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha), que non consideran \"decisivo\" este imposto para atenuar o prezo da electricidade en situacións excepcionais, indica que só seis países europeos teñen tipos reducidos sobre o consumo de electricidade: Irlanda, Grecia, Italia, Luxemburgo (que tamén os teñen para o gas natural), Croacia e Malta. O tipo que se aplica a este imposto no Estado español é de 21%, por riba tamén do de territorios como Francia (20%, con 5,5% na parte fixa da tarifa) e Alemaña (19%). Ao IVE hai que engadir o imposto especial á electricidade, que se carga pese a tratarse dun servizo básico, cun gravame de 5,11%, o que eleva a tributación total por riba de 25% (26,11%). Na factura inclúense tamén outros cargos, como o relativo ao transporte de enerxía (conxelado até abril), a prima polo fechamento da minaría do carbón, a das renovábeis ou o déficit tarifario (uns 20.000 millóns de euros), que encarecen aínda máis un recibo da luz, que só na primeira quincena de xaneiro disparouse máis de 30%. Regulación centralizada As eléctricas, pola súa banda, tamén pagan un imposto á produción, de 7%. Este imposto xa se suspendera a finais de 2018, tamén durante unha vaga de frío, por un período de seis meses para que as empresas rebaixasen ese importe da factura das súas clientas e clientes. Está por ver se o Ministerio para a Transición Ecolóxica repite esta medida ou opta por algún outro tipo de compensación para rebaixar a factura. En calquera caso, como explica o profesor da USC Adrián Dios, Galiza paga as consecuencias de ter unha regulación tan centralizada. \"Nós, aínda sendo unha potencia en produción de electricidade, non temos como país a máis mínima capacidade de incidir na fixación do prezo\". Na súa opinión, o mercado está mal pensado, ou mellor dito, \"pensado para primar os beneficios das empresas antes que o benestar da cidadanía\". Neste senso, considera que \"en situacións extraordinarias debería ser ao contrario, que as empresas leven menos beneficios pero que a xente poida acender a calefacción\". Respecto da factura, Dios sinala que os impostos \"fan que sexa cara permanentemente\" e critica que na fixación de prezos no mercado, o coñecido como pool, o prezo que se lle traslada ás persoas consumidoras é o da tecnoloxía máis cara que entra, xeralmente o gas natural, independentemente da porcentaxe que represente no total. Deste modo, o sistema é \"superfavorábel para quen produce a electricidade, non para quen a consome\". Quen a fai, págaa As eléctricas fan caixa á custa deste sistema grazas á xeración de electricidade renovábel, que tamén entra no mix, e que obteñen case sen custo dos recursos de territorios como Galiza que, pola contra, non obtén ningún tipo de contrapartida. É máis, como denuncia o profesor da USC, lonxe de gañar en competitividade, favorecendo a implantación de empresas dependentes da produción de enerxía no país con tarifas máis reducidas, tal e como podería acontecer no caso de contar cunha tarifa eléctrica galega, paga máis pola electricidade que produce polo imposto ás emisións contaminantes dalgúns dos sistemas que emprega para obtela. \"Aínda por riba de ser produtores, comemos as externalidades negativas, como é a contaminación, e temos que pagar máis na nosa factura? Madrid importa 95% da electricidade e nós pagamos máis. Non é xusto\", conclúe Dios."}
{"ID": "NOS_56326", "summary": "As guardesas consolídanse na zona alta da táboa", "text": "Resultados agridoces para as dúas escuadras galegas na máxima categoría do balonmán. Así, o Atlético Guardés logrou unha vitoria con resultado enganoso (20-26) ante o Lanzarote, mentres que O Porriño apañou unha dolorosa derrota (28-23) ante o Adesal Córdoba, que até ese momento non sabía o que era a vitoria. No caso das da Guarda, a renda de seis goles que reflicte o resultado final pouco fai intuír o esforzo e traballo do equipo de José Ignacio Prades para sentirse cómodo na pista e sobrepoñerse a unha desvantaxe mínima ao descanso (12-11). Aínda que Míriam Sempere estivo moi atinada baixo paus, Gabriela Pessoa (con seis tantos en trinta minutos) estivo incontrolábel. Baixo a batuta de Patrícia Lima o Guardés gozou dos seus mellores minutos no segundo acto, e un tempo morto de Prades ao fío do minuto 45 resultou chave antes do parcial de 0-3, con Paulina Pérez e Sandra Santiago como referentes ofensivos, que permitiu respirar tranquilo ao equipo (16-21) até os minutos finais. O Atlético Guardés, que finalmente non puido contar coa súa capitá, África Sempere -de baixa por motivos persoais- notou no choque unha certa falta de ritmo competitivo da que xa advertira o seu técnico na previa, e a pesar da destacada actuación de Miriam, as súas compañeiras mostráronse erráticas tanto no ataque como na defensa, especialmente na primeira metade de partido. Lamentabelmente, ese obxectivo de recuperar a dinámica de competición terá que seguir agardando a causa dunha Covid-19 que segue facendo das súas entre os equipos da Liga Guerreiras. O positivo detectado nunha xogadora do seu vindeiro rival, Rincón Fertilidad Málaga, fai que as andaluzas teñan que gardar corentena e que o partido da xornada 7 quede adiado indefinidamente. Non obstante, as da Guarda xa teñen data concreta para recuperar o choque da xornada 5 contra Aula Alimentos de Valladolid, tamén aprazado polo coronavirus, e que será o vindeiro sábado 21 de novembro ás 19 horas na Sangriña. A falta de gol, unha lousa para o Balonmán Porriño O outro representante galego na máxima categoría do balonmán feminino -encadrado no seu caso no Grupo B- non foi quen de gañar o seu compromiso ante un rival aparentemente inferior, como era o caso do Adesal Córdoba. As andaluzas, que aínda non sabían o que era a vitoria, aproveitáronse das numerosas imprecisións en ataque das galegas, chegando ao descanso cun resultado moi favorábel (17-11), mais con todo aínda por decidir. Non obstante, lonxe de producirse a reacción das do Porriño, continuou o bloqueo mental tanto en ataque como en defensa, e a grande efectividade á hora de lanzar de Gleinys Reyes, máxima goleadora do partido con oito tantos, axudou a ir sumando goles ao resultado das andaluzas. A falta de dez minutos para o final do encontro o marcador atopábase 23-17 a favor do Adesal Córdoba. O Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño tentou recortar distancias, pero as cordobesas puxéronlle as cousas moi difíciles e, finalmente, o Adesal impúxose cun resultado de 28-23, a pesar do esforzo por buscar o empate do Clube Balonmán Porriño, o cal non soubo recompoñerse logo dos múltiples fallos á hora de lanzar."}
{"ID": "NOS_41701", "summary": "Profesionais sanitarias avalan o risco de novos brotes e exixen reforzos.", "text": "Os informes sanitarios que manexa o Goberno galego para convocar as eleccións apuntan un aumento crecente do risco de rebrote na Galiza conforme avance o verán. Segundo recoñecen os documentos técnicos asinados por diferentes especialistas médicos, a chegada ao país de turistas procedentes doutras partes do Estado durante os meses de xullo e agosto podería multiplicar o número persoas afectadas pola pandemia. \"Un factor que pode alterar a situación de control da infección na comunidade é a entrada múltiple de persoas procedentes doutros territorios cun nivel de infección superior, que poden iniciar cadeas que pasen desapercibidas nun inicio\", sinala o informe asinado polo director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, e polo subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada. De acordo coas alertas sinaladas polos informes médicos, a mobilidade da poboación entre territorios chama a extremar as precaucións, xa que o incremento do número de viaxeiros podería provocar unha suba da transmisión do virus. E chama a controlar a evolución dos casos. Para Francisco Vázquez Vizoso, médico especialista en Medicina Preventiva e, durante moitos anos, xefe do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Montecelo de Pontevedra, \"o efecto do confinamento vai protexernos durante unhas semanas. Despois é posíbel que haxa pequenos rebrotes\". Neste sentido, mesmo defende que se o sistema de vixilancia epidemiolóxica funciona ben, detectaranse rápido os novos casos e illaranse de inmediato, \"até non descartaría que o virus e a transmisión comunitaria desaparecese na Galiza, mais hai territorios con tanta xente afectada que cortar a cadea epidemiolóxica é moi complicado\". O virus chegado de fóra Así, concorda cos informes que manexa a Administración galega. \"O maior risco está na entrada do virus desde fóra e acentuarase, primeiro, coa chegada masiva de veraneantes, e máis adiante, coa chegada do inverno\". Ante este escenario previsíbel, José Luís Jiménez, presidente do Colexio de Médicos de Ourense considera fundamental atender o presente e lograr que os servizos de saúde garantan a detección precoz de novos contaxios. \"É imprescindíbel que o sistema público estea capacitado para dar resposta a cada nova transmisión, con acceso a probas PCR no prazo de 24 horas, e o máis importante, o control dos contactos\". \"Sabemos que desde a Consellaría están traballando nisto cando xa debera estar operativo\", preparado para as exixencias que requira o futuro. É unha das chaves para evitar subas e contaxios múltiples, afirma Jiménez. \"Ten que haber un sistema áxil para que cada novo infectado sexa entrevistado de forma rápida e se faga un mapa completo dos seus contactos. E non é fácil. É unha estrutura complexa. Estímase que cada caso novo demanda unhas 14 horas de traballo e fai falta moita xente. A primeira enquisa epidemiolóxica faríaa un grupo de operadoras pero aínda descoñecemos como se artella o seguimento por parte de Atención Primaria e de Saúde Pública, cuxos servizos, na Galiza, son moi indelébeis\", advirte. Francisco Vázquez Vizoso coincide co presidente do colectivo médico de Ourense. O sistema sanitario está mellor preparado para responder futuros rebrotes, mais con eivas puntuais que cómpre atallar. \"O número de camas de hospitalización e de camas UCI é dos máis baixos do Estado, e iso é un punto débil do noso dispositivo. Hai que traballar para garantir esta dotación a medio prazo e a curto prazo hai que montar unha rede de alerta epidemiolóxica consistente e sólida, capaz de actuar e identificar decontado os casos sospeitosos e os seus contactos\". Neste sentido, apunta unha fraxilidade do sistema derivada da pobreza á que se viu sometido nos últimos anos. \"A precariedade, froito da privatización do sistema sanitario e a falta de investimento en Atención Primaria colócanos agora nunha situación de debilidade. As autoridades deberían entender que o incremento da poboación nas zonas costeiras será importante e debe ter preparado recursos humanos e técnicos para que o sistema de vixilancia e a capacidade asistencial funcionen\". Atención Primaria Tamén desde a Atención Primaria urxen maior capacidade asistencial e de recursos. \"Hai que dedicar todos os esforzos a organizar o sistema sanitario para dar unha resposta inmediata ante calquera sospeita de paciente COVID, mais seguir traballando a nivel social para que a poboación mude o seu comportamento e tamén para minimizar o risco de contaxio\", incide Manuel González Moreira, médico de familia e membro de SOS Sanidade Pública de Vigo. \"Hai que reforzar a Atención Primaria de verdade; con recursos, non con declaracións públicas\", recalca, para atender calquera necesidade de consulta e responder á identificación precoz mais ao estudo exhaustivo de novos casos e dos seus contactos. O problema é a rapidez con que diagnostican, localizan e illan, sinala González Moreira. \"Estanse estabelecendo os mecanismos para poder pedir as probas diagnósticas, mais tamén fan falla profesionais coa axenda dispoñíbel para atender as pacientes que cheguen nas condicións de protección ideais. E aí temos que mellorar\", advirte. \"O Sergas ten que facer previsións: de casos novos, do tempo que lle vai requirir identificar cada un e dos recursos humanos necesarios. \"E non temos información de como está facendo esas previsións\", afirma. Reforzo de costa De cara ao verán, explica Gozález Pereira, existía a figura do reforzo de costa. \"Permitía reforzar aquelas zonas que recibían máis turistas e incrementaban o número de pacientes durante o verán. Nos últimos anos, ante da falta de profesionais non se estaba facendo ese reforzo para dar unha resposta real ás necesidades de cada zona\". A esta ausencia, as profesionais sanitarias suman agora a dificultade de casar as vacacións nos meses estivais como lles pide o Sergas para garantir a súa presenza no outono. Se o rebrote se atrasa até o outono, imos ter un verán con dificultades de cobertura. Se vén en xullo e agosto, cunha estrutura organizativa debilitada pola precariedade podemos ter un problema mais grave, de suba de contaxios sen capacidade para controlalos\"."}
{"ID": "NOS_1246", "summary": "O IGADI, a través do seu Observatorio da Política China, e a Academia de Marxismo de Ciencias Sociais da China organizan un completo foro sobre a cooperación sino-europea no marco da Iniciativa da Franxa e a Ruta. Terá lugar en Compostela o 6 de outubro.", "text": "Concibido como unha proposta de diálogo entre a China e Europa, o foro \"A cooperación sino-europea no marco da Iniciativa da Franxa e a Ruta\", terá lugar o 6 de outubro no Hotel Celuisma Los Tilos, en Santiago de Compostela. Aliás, este ano tamén se celebrará en Roma e en París. No marco deste encontro, no que se tratarán, amais da cooperación sino-europea, os modelos de globalización, o diálogo de valores ou as oportunidades para Galiza no marco da revitalización da Ruta da Seda que promove a China, participarán perto de 60 especialistas chineses. Serán estes expertos quen abordarán o papel do marxismo na reforma en curso; o XIX Congreso do Partido Comunista que será inaugurado en Beijing o próximo 18 de outubro e o centenario da Revolución de Outubro, entre outros temas de interese. O foro evidencia o recoñecemento que existe na China do nivel acadado polo programa de estudos chineses que promove o IGADI desde hai máis de dúas décadas. Programa O encontro organizarase en catro mesas redondas, de 9h a 17h, e contará con servizo de intérprete. Para participar, é necesaria a inscrición previa a través do correo director@politica-china.org ou no teléfono 610445024. O foro abrirá coas intervencións do alcalde de Compostela, Martiño Noriega, do presidente de honra do IGADI, Xulio Ríos, e de Deng Chundong, presidente da Academia de Marxismo da Academia Chinesa de Ciencias Sociais. Néstor Rego, secretario xeral da UPG, e Eva Solla, secretaria xeral do PCG, moderarán dúas das catro mesas convidados pola súa condición de dirixentes de organizacións galegas que beben do marxismo. Entre os participantes nas mesas destacan a presenza dos galegos Xavier Vence e Antonio Carlos Pereira Menaut, profesores da USC; Carlos Aymerich, profesor da UDC, ou Celso Cancela, profesor da UVIGO."}
{"ID": "PRAZA_20682", "summary": "GALERÍA DE IMAXES | Máis dun milleiro de persoas participaron na marcha, celebrada o sábado, que pediu poñer fin á feira taurina da cidade, a única de Galicia. Tamén se demandou unha lei autonómica que protección animal que prohiba este tipo de espectáculos de maltrato", "text": "Máis dun milleiro de persoas participaron este sábado en Pontevedra na manifestación contra as touradas, apoiada por un cento de entidades. Dende a plataforma organizadora -Touradas fóra de Pontevedra- saliéntase que se trata da marcha máis numerosas das celebradas nos últimos anos. A manifestación pediu poñer fin á feira taurina da cidade, a única de Galicia e tamén demandou unha lei autonómica que protección animal que prohiba este tipo de espectáculos de maltrato, como en Canarias, Cataluña e Baleares. A xornalista Diana López Varela foi a encargada de ler o manifiesto final, que puxo o foco na responsabilidade do Partido Popular e que salientou que se trata dunha actividade \"ruinosa\" que non podería sobrevivir \"se non fose pola súa capacidade para succionar diñero público\". O manifesto tamén esixiu que o Concello de Pontevedra suprima o convenio económico que aínda mantén cos propietarios da Praza de Touros para poder facer uso do espazo para determinadas actividades -por exemplo durante a Feira Medieval-. \"O movemento demóstrase andando e é necesario dar novos pasos para evitar que o diñeiro de todos acabe nos petos do empresariado taurino\", dicía o manifesto a este respecto."}
{"ID": "NOS_2349", "summary": "As cidades galegas súmanse á xornada de loita internacional que pretende incidir no resultado das votacións que terán lugar nas próximas datas para ratificar o acordo económico entre a Unión Europea e o Canadá, que conta cunha ampla oposición social.", "text": "Centos de persoas mobilizáronse este sábado no país para amosar o seu rexeitamento á entrada en vigor do tratado de libre comercio CETA. Concentracións en Vigo, Ourense e Ferrol no marco dunha xornada internacional de loita contra o acordo entre a Unión Europea e o Canadá, que enceta nas próximas datas a fase final para a súa ratificación. Os actos foron convocados polas diferentes plataformas galegas contra os tratados de libre comercio, que agrupan nunha fronte común decenas de organizacións sindicais, políticas e sociais. Unha mobilización que pretende incidir no resultado da votación do próximo día 24 de xaneiro que se celebrará na Comisión de Comercio Internacional do Parlamento Europeo. E evitar, en último caso, a entrada en vigor do acordo económico e comercial, cuxa votación final está prevista para febreiro. \"O CETA foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como no Canadá, por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e dos dereitos fundamentais das persoas. Na Unión Europea, máis de 3,5 millóns de persoas asinaron unha petición en contra do CETA e o seu tratado xemelgo, o TTIP, que negocian os Estados Unidos e a Unión Europea\", sinalan desde as plataformas galegas. Concentración en Ourense (Imaxe: @PodemosRibSacra) En Galiza, unha vintena de concellos aprobaron mocións contra estes tratados e se declararon \"territorios libres\" fronte os opacos acordos que se están negocian. Concellos que representan a case medio millón de galegos e galegas. Desde Pontevedra, Rianxo a Allariz, gobernados polo BNG; pasando por Compostela e Manzaneda, coas candidaturas municipalistas ou mareas; chegando a Lugo e O Barco, liderados polo PSdeG, entre outras localidades. A decisión de se declarar contrarios aos tratados partiu de mocións presentada polos grupos con representación político e tamén a través de iniciativas veciñais."}
{"ID": "PRAZA_9821", "summary": "Trátase dunha actividade de exploración educativa pensada para que as familias con nenos e nenas realicen visitas autoguiadas, mentres descubren información e curiosidades. 'Muramiñae' presentarase este venres no Vello Cárcere", "text": "Marco Topo é un xogo de exploración educativo pensado para que as familias con nenos e nenas de Lugo e de fóra do concello realicen visitas autoguiadas, mentres descubren información e curiosidades. Leva 3 anos de andaina, formando parte da oferta turística de 40 destinos e museos de toda España, sendo o de Lugo o primeiro de Galicia.Este venres unha festa infantil que se celebrará no Vello Cárcere servirá para presentar o seu xogo Lugo Muramiñae. Este xogo está composto por un mapa, e xunto a un dispositivo con acceso a internet, dá a oportunidade de descubrir a cidade superando probas e preguntas que convidan a explorar Lugo e investigar a súa riqueza cultural, histórica e paisaxística. Trátase dunha nova acción que vén de incorporar a estratexia DUSI de Lugo, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).A aventura, en galego e castelán, inclúe un percorrido marcado cun itinerario que establece 12 paradas informativas en 12 puntos de interese: Parque Rosalía de Castro, Muralla de Lugo, Praza de Pío XXI, Catedral, Porta de Santiago, Porta Miñá, Sala de exposións Porta Miñá, Camiño Primitivo, zona verde do Pazo de Feiras e Exposicións, río Miño, Ponte Romana e Termas Romanas. Ademais, o xogo propón varias probas en lugares emblemáticos de Lugo, guiados polas personaxes de Marco Topo, caracterizado de romano, e a súa irmá Marta Topo. Para xogar a Marco Topo só fai falla conseguir, de xeito gratuíto, este mapa que repartirá o propio Marco Topo e introducir o código que figura nel na páxina web www.marcotopo.com.A festa de presentación no Vello Cárcere comezará ás 17.30 horas e nela haberá unha xincana, talleres de pintacaras de Flopis, unhas simpáticas criaturas amigas súas; reparto de globos e un photocall, entre outros. Tamén se realizará un taller de debuxo para inventar o Flopi propio de Lugo, Dusidín. Os creadores de Marco Topo elixirán ao gañador deste taller, que recibirá unha tablet de agasallo."}
{"ID": "NOS_54482", "summary": "Do 23 de marzo ao 3 de abril, Mercedes 'Chis' Oliveira, estivo na UCI do Álvaro Cunqueiro de Vigo. O \"bicho\", como ela chama o coronavirus, \"instalóuseme nos pulmóns e tiveron que inducirme o coma\". \"Estiven máis alá que aquí\", relátanos nesta entrevista, onde explica que durante \"cinco ou seis días\" sentiuse \"desconectada do mundo\". Catedrática de Filosofía, a profesora apela a romper o \"tabú da enfermidade\" e a comunicar a súa experiencia. Faino aínda desde o cuarto do hospital que comparte con Lucía, tamén coa COVID-19.", "text": "Entrevistámola en numerosas ocasións, sempre vinculadas co inxente esforzo desenvolvido en materia de igualdade e educación sexual. Catedrática de Filosofía e autora, con Amada Traba, do libro ám@me (Galaxia), Mercedes Oliveira, coñecida como Chis Oliveira, foi a impulsora do Comando Igualdade, unha experiencia do IES Alexandre Bóveda de Vigo que percorreu Galiza para sensibilizar a mocidade coa igualdade real entre homes e mulleres. Toda a súa bagaxe recoñeceuse en 2017 co premio Viguesa Distinguida. Porén, desta vez, non conversamos con ela de feminismo, senón por ser unha das galegas hospitalizadas a causa da COVID-19. Nesta entrevista explica o proceso que a levou do desfalecemento no seu piso a pasar pola UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde se sentiu \"máis perto da morte que da vida\". Fálanos, a través do teléfono, xa fóra dos coidados intensivos, desde un dos cuartos habilitados polo centro hospitalario para persoas con coronavirus. Como se sente após estes máis de vinte días no hospital? Xúntannos enfermas da COVID-19 e o bo é que podemos comunicarnos entre nós, mais estou desexando ir á miña casa e abrazar a miña filla, que tamén está \"coronada\", como eu digo. Ela tamén tivo coronavirus e xa desenvolvemos os anticorpos, así que poderemos estar xuntas. Levo tres días sen febre e sen osíxeno, co cal, posibelmente o domingo poida saír do hospital. Despois aínda terei que estar en illamento. Coa miña filla poderei compartir baño, salón... mais co meu home, que non tivo a COVID-19, non. Cando comeza a atoparse mal? Empecei a sentirme mal uns días despois dunha charla que demos o día 9 de marzo en Ribeira. Baixábame a tensión e non tiña vida. Daquela dicíase que os teléfonos habilitados polo Sergas estaban saturados, que non se chamase. Semellaba que se molestaba e non o fixen. Repriminme. Finalmente, chamou a miña filla. O día 12 estaba peor e fun ao centro de saúde. O médico de cabeceira non lle viu gravidade. Deume paracetamol e para a casa. Nese momento, con tanto frío, pensei que ía morrer. Mira de que parvada vou morrer, de frío! Foi moi desacougante Os días pasaban e non tiña folgos até que o 17 me desmaiei na casa e chamaron a ambulancia. Leváronme ás Urxencias do Cunqueiro. Notaba o persoal, por certo, 99,9% mulleres, nerviosísimo. Puxéronme unha máscara e lembro estar mareada, vomitando. Deitáronme e notei moito frío. Nese momento, con tanto frío, pensei que ía morrer: mira de que parvada vou morrer, de frío! Foi moi desacougante. Lembro a enfermeira, enfundada de plástico, con gafas, máscara, un protector de acetato. Tiña que poñerme unha vía e non daba coas veas. Despois souben que levan tres luvas por precaución. Traballan moi incómodas así. Despois de estar nas Urxencias, subíronme á planta e o segundo ou terceiro día xa non sei que pasou. Foi cando a ingresaron na UCI. Si, leváronme pitando. Non respiraba. O bicho instalárase nos pulmóns e tiveron que inducirme o coma. Estiven máis alá que aquí. Tiven unha pneumonía moi grave que me quitaba o aire. Non podía respirar. Entubáronme, puxéronme un respirador externo e estiven cinco ou seis días desconectada do mundo. Non lembro nada, aínda que si teño un recordo plácido dos pequenos momentos de conciencia que tiña. Eran como flashes. Nas publicacións das súas redes sociais insiste en valorizar o traballo das sanitarias. Son moi cariñosas. Á profesionalidade impecábel, hai que sumar o trato tan humano delas. É impresionante. Cunha das enfermeiras, coa que máis coincidía, falaba nos meus momentos de delirio. Cando abría os ollos, deliraba. Na UCI estaba nun box, unha especie de caixa de cristal. Enfronte podía ver o que eu chamaba unha sala de máquinas, que era onde estaban os ordenadores e todos os aparellos médicos. Preguntáballe á enfermeira como tiñan alí unha sala de xogos. Ela respondíame que había xente moi afeccionada que ao rematar o seu traballo laboral entraba na sala e xogaba. Pensaba que estaba ante cyborgs, legos grandes articulados, que bailaban con todos os aparatos. Eu alucinaba, mais en ningún momento sentín angustia. Foi consciente nalgún momento de que se atopaba na UCI? Si, penso que nos primeiros días me sedaron duramente, mais logo fun espertando. Eu estaba relaxada, ollando cara ao delirio que tiña ao redor. Sentíame tan ben querida e tan tratada... Cando me atopei mellor, aínda na UCI, facía análise sociolóxica do traballo de todas aquelas mulleres, porque se xogan a vida. Hai xente por mil euros xogándose a vida. Pensa que, cada vez que entraban no meu box para me tomar a temperatura, para traerme a medicación, para limparme... tiñan que mudar todo o equipo. Aínda que pasasen alí un minuto, ao saír tiñan que tiralo. Eu preguntaba: non se recicla? E dicíanme que non, que estaba todo infectado. Tan só salvaban a especie de escafandro que levaban na cabeza. Na UCI estiven do 23 de marzo ao 3 de abril. Quería premer un número e dáballe ao de arriba. Cando cheguei á planta, non me sostiña de pé, non tiña equilibrio. Custábame coller un bolígrafo e non era quen de facer letra ningunha Como está a ser a recuperación na planta? Ademais de afectar á respiración, ao olfacto e ao gusto, isto tamén afecta á psicomotricidade. Eu perdino todo. Cando collín o móbil nos últimos días que estiven na UCI non era quen de poñer a clave. Tiven que ditarlla a unha enfermeira para que ma puxese. Non era que a esquecese, só que non podía metela. Quería premer un número e dáballe ao de arriba. Cando cheguei á planta, non me sostiña de pé, non tiña equilibrio. Custábame coller un bolígrafo e non era quen de facer letra ningunha. Aí asusteime. Quedaríanme secuelas? Ese venres, día 3, tiña que ir ao baño acompañada de dúas auxiliares, que practicamente me levaban no aire porque non podía manterme ergueita. O sábado xa só fun con unha e o domingo pedinlles ir eu soa agarrada á cama. A recuperación, se a traballas, é brutal. Agora todos os días teño unha sesión de fisioterapia para ir gañando capacidade respiratoria. Escribía nas súas redes sociais que unha amiga médica súa lle explicou que o que vostede sentía era o que sentía alguén a quen lle pasa un camión por riba e sobrevive. Así, literal. Díxome que cando che pasa un camión por riba hai que recompoñelo todo. Os resultados das analíticas son un cadro: anemia, fígado feito po... a medicación afecta. Agora fago moito esforzo en ler libros de papel porque aínda non me dou concentrado. Co móbil uso unha aplicación para ditar, por iso aparecen as entradas en castelán no meu Facebook. Quixen desde o principio agradecer todo o que o persoal da sanidade pública está a facer por min. Síntome en débeda. Ademais, penso que a xente ten interese no relato persoal da enfermidade. Á vista da receptividade de cada entrada, considerei que debía seguir facéndoo, contando como me sentía. Onte mesmo escribía sobre Lucía, a miña compañeira de cuarto, que tamén ten a COVID-19. Descubrila a ela foi descubrir unha xoia. Unha xoia que está aniñada na cama do lado. Temos moita información técnica e médica, mais moi poucos relatos persoais. Sinto o compromiso de dar información Fai fincapé en romper o que considera o tabú da propia enfermidade. Eu penso que a xente ten moito medo, e como non vai telo? Mais ninguén fala e quen está mala, coma min, fala con medias palabras. Creo que se fai para que non te consideren algo así como unha \"apestada\". Eu dixen que tiña coronavirus desde o principio porque acredito en que o medo se perde co coñecemento doutras experiencias. Temos moita información técnica e médica, mais moi poucos relatos persoais e a min interésame moito o das demais persoas e penso que ás demais persoas acontécelles o mesmo. Sinto o compromiso de dar información. Síntoa do outro lado do teléfono con tanta forza que semella estar xa pensando en escribir un outro libro. Nunca perdín o optimismo. Debo ser un ferrote. Só tiña motivos para estar contenta. Como non ía estalo se me salvaran a vida? Isto foi como renacer. Mais non. De escribir, polo momento nada. Tan só ese tipo de relatos que dito no Facebook. Teño pendente de publicar, en Catro Ventos, un libro sobre o Comando Igualdade, no que me está axudando moito Priscila, unha ex alumna. De todas as maneiras, son consciente de que estiven máis morta que viva e sei que a miña filla estivo aquí, facendo probas no Cunqueiro, un par de veces. Non puiden vela. Coma min, moita máis xente. Non quero levar isto ao meu caso individual, mais creo que a cuestión do tratamento das emocións hai que mellorala. A cura emocional e afectiva é tan importante como a outra. A min chámanme dúas psicólogas do Sergas e falamos moito de como poder mellorar no aspecto emocional, pois non só é resistir. Isto vai deixar pegada en moitas das persoas enfermas. Faime moita gracia, porque un amigo da miña filla, di, a respecto de min, Re-Chis-Tencia. Como contribúe a tecnoloxía nestes días de hospitalización? É fundamental. Recoméndanme que pase o maior tempo posíbel de costas e é incómodo. Para facelo, penso que estou deitada na praia, poño música ou un podcast e nótome reconfortada. O coronavirus vai axudarnos a valorar a sanidade pública e vai incrementar a conciencia de que necesitamos poder abastecernos como país Vostede, como catedrática de Filosofía, que cre que vai mudar, no sociolóxico, coa pandemia? En primeiro lugar, penso que o coronavirus vai axudarnos a mudar a nosa relación coa sanidade, a apreciar a importancia da sanidade pública e a opoñérmonos aos recortes. Isto vai tocarlle a todo o mundo e é unha cuestión vital. Canto máis forte sexa a sanidade pública, menos medo vas ter. O despregue de mulleres sanitarias que hai aquí é insostíbel na sanidade privada e isto hai que resaltalo moitísimo! Tamén vai mudar o modelo de produción, a conciencia de deber abastecernos como país. Non é normal non ter máscaras. No hospital avísannos moito para que non as manchemos porque sinxelamente non hai. Amancio [Ortega, fundador de Inditex] podía poñer as fábricas a producir máscaras e inundalo todo nunha tarde, mais non, fanse na China e resulta que non temos. Por outro lado, chama a atención o papel da UE, onde cadaquén vai ao seu e tamén as críticas feroces ás medidas adoptadas polo Goberno estatal. Está ben que cadaquén expoña a súa ideoloxía e propostas, mais ante unha emerxencia como esta non ten sentido que se meta o dedo no ollo seguido e se traten de tombar todas as actuacións."}
{"ID": "NOS_51004", "summary": "O custo medio é de 227,45 €/MWh, o que supón o quinto maior rexistro da historia.", "text": "O prezo medio da electricidade no mercado maiorista sitúase nesta segunda feira nos 227,45 euros por megawatt hora (MWh), isto é, 0,227 euros por quilowatt hora (KWh). Deste modo, experimenta un incremento de 8,5% a respecto de onte, que xa batera todas as marcas ao se converter no domingo máis caro da historia (209,63 €/MWh). O de hoxe será o quinto prezo máis alto desde que existen rexistros. O mínimo, pola contra, darase entre as 14 e as 15 horas, 193,73 €/MWh. O prezo máximo, segundo o Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE), rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, cando alcanzará os 280 €/MWh. O mínimo, pola contra, darase entre as 14 e as 15 horas, 193,73 €/MWh. Con estas cifras, nesta segunda feira a luz será 26% máis cara que o mesmo día da semana anterior, mais é 21% máis barata qu o récord de 288,53 €/MWh do pasado 7 de outubro. O custo do megawatt hora non baixa dos 100 euros desde o 23 de agosto, cando deixou un rexistro de 99,76 €/MWh. Tamén é salientábel a suba do prezo en comparanza coas cifras de comezos de ano, xa que o 1 de xaneiro de 2021 o custo foi de 42,51 €/MWh (0,04 €/KWh)."}
{"ID": "NOS_50191", "summary": "O PSOE asegura que \"a dereita relega á muller\", o BNG denuncia que cobren menos que os homes e AGE considera \"insoportábel\" a súa situación laboral. Desde o Partido Popular presúmese da candidatura de Aguirre e Cifuentes en Madrid malia que nas cidades galegas só presenta unha muller en sete cidades.", "text": "As maioría das forzas políticas realizaron actos ou tomaron posición respecto ao 8 de marzo, a simbólica data do feminismo que a oposición aproveitou para criticar a marxinación que sofren as mulleres, en especial no traballo, onde as enquisas afirman que cobran bastante menos que os homes. Por parte do BNG, a deputada Carme Adán denunciou durante un acto en Vigo que \"dende o ano 2008 máis de 70.000 mozas abandonaron Galiza\". A formación nacionalista protestou, así mesmo, contra \"a precariedade laboral das mulleres, cobrando menos salario que os compañeiros varóns e ocupándose maioritariamente do coidado de fillos e persoas dependentes\". O Bloque calcula de que desde 2008 máis de 70.000 mozas abandonaron Galiza Pola súa parte, dentro de AGE Esquerda Unida cualificou a situación laboral da muller como \"insoportábel\". \"Existe unha situación límite, de absoluta supervivencia\", declarou o deputado Ramón Vázquez. O PSOE tamén falou desta cuestión, coa que aproveitou para atacar ao PP. \"A dereita provocou que un Día da Muller que debería ser de celebración se teña que volver a converter nun día de reivindicación, xa que o PP desfixo o camiño andado tras séculos de reivindicacións\", dixo o líder socialista, José Ramón Gómez Besteiro nun acto en Compostela. Por parte do PP galego, cunha nota pública expuxo \"o seu compromiso de seguir traballando pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes para acadar un modelo social avanzado sen barreiras nin discriminacións por razón de xénero\". Porén, as declaracións máis destacadas foron as da secretaria xeral da formación no Estado, Dolores de Cospedal, que amosou como proba da súa aposta pola igualdade o feito de que dúas mulleres como Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes sexan as cabezas de lista da formación en Madrid para a capital e a Comunidade. No entanto, en Galiza á fronte das candidaturas das cidades hai seis homes e unha soa muller."}
{"ID": "NOS_17148", "summary": "A sucesión de Núñez Feixoo condiciona os próximos congresos dos populares.", "text": "A pandemia ten alterado a vida orgánica das formacións políticas galegas. Se o BNG se viu obrigado a retrasar pola Covid-19 a súa asemblea nacional prevista para finais deste ano, os populares adiaron os seus congresos territoriais para a primavera de 2021 na busca dunha situación máis proclive. Mentres os nacionalistas agardan realizar o seu conclave nun contexto de tranquilidade interna favorecida polos resultados electorais, as augas baixan máis revoltas nas filas socialistas, tamén con congreso convocado para 2021 e para os populares, condicionados pola novo tempo que se abre co abandono da primeira liña política por parte de Núñez Feixoo. As direccións territoriais dos populares atópanse na interinidade. Segundo os estatutos da formación, a súa renovación debe realizarse cada catro anos polo que tiña que estar concluída en 2020, porén Núñez Feixoo a nivel galego e Alfonso Rueda, Diego Calvo, Elena Candia e Jose Manuel Baltar no ámbito provincial continúan á fronte do partido. A este respecto, os membros da formación consultados por Nós Diario dan por feito pelexa para facerse coas direccións provinciais, conscientes da súa importancia para o proceso de elección do sucesor de Núñez Feixoo. Nese sentido non dubidan da continuidade de Diego Calvo e José Manuel Baltar á fronte da Coruña e Ourense pero abren a posibilidade a mudanzas en Lugo e Pontevedra. A situación é máis complexa nas urbes galegas. Así, na Coruña, o partido está dirixido por unha xestora encabezada polo presidente da autoridade portuaria, Martín Fernández Prado, unha vez que Beatriz Mato abandona a primeira liña política para dar o salto á empresa privada. Outro tanto acontece en Santiago de Compostela, cunha xestora encabezada polo deputado Borja Verea, substituto do dimitido Agustín Hernández, após os seus sucesivos fracasos no asalto alcaldía. Máis do mesmo vívese en Vigo, cun partido roto pola metade é unha dirección provisional liderada por Corina Porro, quen tenta reconstruír a organización tras a desfeita provocada pola hoxe senadora, Elena Muñoz. O futuro das persoas máis asociadas á etapa de Feixoo está por ver. Nesta situación atópase o secretario xeral do partido na Galiza, Miguel Tellado, un dirixente sen poder territorial e cuxa continuidade no cargo se ve practicamente imposíbel. Outro caso diferente é o de Pedro Puy, cuxo papel nos vindeiros anos vai depender da súa disposición persoal."}
{"ID": "NOS_34097", "summary": "A veciñanza advirte de que o permiso non se adapta ás leis actuais.", "text": "A veciñanza das Somozas concentrouse onte ás portas do Consistorio para demandar ao Goberno local que loite pola paralización dos traballos previos á apertura da actividade na canteira a ceo aberto das Viñas. As persoas habitantes dos núcleos habitados máis próximos á explotación rexeitan que exista actividade nese punto do municipio polos ruídos, o risco para a seguridade viaria nunhas pistas reducidas polas que estarían circulando camións de gran tonelaxe e, sobre todo, a posíbel afección ao medio ambiente. Neste sentido, exixen a fin dunha concesión cuxos informes ambientais datan de hai 25 anos. A poboación do concello comenta que a empresa que quere explotar esta canteira, -que nunca chegou a estar activa porque a empresa que tramitou o permiso para extraer áridos desistiu, logo entrou en concurso de acredores e, finalmente, o proxecto quedou abandonado- conta co rexeitamento \"case unánime\" da poboación, que xa acudiu ao Parlamento para intentar parar a concesión da man do BNG. Un dos veciños, Adrián Martínez, afirma que non entenden que a compañía pretenda comezar coas mesmas condicións \"que nos anos 90 por todos os cambios lexislativos en relación a este tipo de explotacións\" decorridos desde entón, \"sobre todo medioambientais\". Ven con \"preocupación\" este posíbel desembarco dunha industria que vai deixar residuos no aire por ser a ceo aberto debido a que a situación mudou desde que se concedeu a autorización en 1996. Igualmente temen o tránsito de camións e maquinaria pesada \"por pistas pequenas\" e así o fixeron saber cunha acción na que impediron o paso destes vehículos. A veciñanza da zona afectada -que é a segunda con maior poboación das Somozas- reitera que non se pode basear o inicio da actividade industrial nuns estudos e permisos que teñen 25 anos porque as leis, as normativas e mesmo a situación da contorna mudou. Emisións 'turísticas' Respecto ás emisións que prexudican o medio e as persoas, tamén se deu a coñecer un estudo da Sociedade Estatal de Xestión da Información e as Tecnoloxías Turísticas segundo o cal máis do 37% das emisións de dióxido de carbono en Sanxenxo derivan do turismo. A entidade recomenda incrementar a sostenibilidade sistematizando datos como os consumos, a chegada de viaxeiras ou a súa mobilidade."}
{"ID": "NOS_34998", "summary": "O Auditorio compostelá acolle o 11 de novembro un acto de recoñecemento ao político galego. Promotores da iniciativa destacan a importancia de poñer en valor unha traxectoria de compromiso e que, non poucas veces, adiantouse ao seu tempo.", "text": "O 11 de novembro o Auditorio de Compostela acollerá a Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira, un acto que contará coa presenza de representantes da cultura, da sociedade civil e da política (estarán presentes os portavoces dos 4 grupos parlamentares); mais tamén de numerosos cidadáns que queren recoñecer unha figura que, como admiten os propios promotores do acto, non tivo o recoñecemento que merecía. Máis de 700 persoas se sumaron xa a esta iniciativa. \"A idea de facer esta homenaxe é que Camilo é unha referencia deste país, unha persoa que tivo moito a ver na construción da autonomía, en que hoxe teñamos un goberno galego\", declarou Fernández Prieto, un dos promotores da homenaxe, a Sermos Galiza. \"Un referente de honestidade, de integridade e de entrega\", engade. Para Lópes Facal, que partillou militancia e representación parlamentar con Nogueira nos tempos de PSG-EG, \"a cordialidade\" é o que destaca. Unha cordialidade que fai, explica, que esta homenaxe estea a recabar múltiples apoios e adhesións, de persoas individuais a sindicatos, pasando por músicos, artistas... \"Todo a súa vida estivo adicada a traballar por Galiza\", mantén. Unha traxectoria de coherencia Suso de Toro coincide en resaltar a \"cordialidade\" de Camilo Nogueira, que o escritor acompaña de adxectivos como \"coherencia e firmeza\" para se referir a unha persoa que consideran que foi unha honra ter na política galega. Pencha Santamarina lembra que a homenaxe no Auditorio vai ser aberta, de entrada libre e de balde, \"un acto aberto a todo o mundo porque Camilo meréceo\". Carlos Neira Suárez considera que Camilo foi, en certo xeito, un adiantado ao seu tempo en cuestións que hoxe en día están asumidas no debate e discurso político mais que hai tres décadas non tiñan apenas valedores. \"O ecoloxismo, a loita das mulleres, o que se deu en chamar 'alter-mundismo'... eran cuestións que Camilo defendía daquela, un pouco contracorrente\". Para Ana Miranda, representante do BNG en Bruxelas, o homenaxeado demostrou ser \"un antisistema que é quen de traballar nas institucións para mudalas\", un \"vangardista\" en moitos aspectos, que foi quen de facer unha política desinhibida\" que callou na xente. Aponta Lópes Facal como un exemplo a defensa do galego \"na súa dimensión internacional\" que Camilo Nogueira fixo na súa etapa nas institucións europeas. Compromiso As persoas promotoras destacan a súa coherencia, non só no discurso mais na práctica. Lembra Méndez cando foi despedido en 1972 como enxeñeiro de Citroën e destinou a indemnización (\"un millón de pesetas das de aquela\") aos traballadores do estaleiro Ascón, que protagonizaban unha dura loita nun ano no que decorreu unha histórica greve xeral na cidade. Ou cando a bordo do pesqueiro 'Xurelo' foron á Foxa Atlántica para protestar polos verquidos de bidóns radioactivos, un acto que abraiou en Europa. O acto do 11 de novembro vén ser un recoñecemento, indica, a un referente \"positivo\" que traballou ao longo da súa vida por Galiza."}
{"ID": "NOS_6105", "summary": "'Sempre en Galiza' é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza.", "text": "Para lermos Sempre en Galiza O Sempre en Galiza segue a ser a obra canónica imprescindíbel para coñecer a fondo o nacionalismo galego e a traxectoria política e ideolóxica do seu autor, Castelao. Nas súas páxinas recóllese e penéirase o mellor legado teórico deste movemento desde a fundación en 1916 das Irmandades da Fala, coas iniciais achegas da Teoría do nazonalismo galego (1920) de Risco e a Doctrina nazonalista (1921) de Ramón Vilar Ponte, mais superándoas coas decisivas experiencias do nacionalismo organizado en torno ao PG (1931), durante a II República. Nesta nova etapa, caracterizada polo seu activismo político, Castelao desempeña un papel de primeira orde na reorganización do nacionalismo arredor do novo partido como un dos referentes ideolóxicos máximos, reforzado polo seu papel de artista comprometido coa causa galega e mais polo seu traballo como voceiro do galeguismo nas Cortes Constituíntes (1931-33). Figura como cabeza visíbel da organización, desempeñando o cargo de Secretario Político do PG, a carón de Alexandre Bóveda, no cargo de Secretario de Organización. Precisamente, á memoria de Alexandre Bóveda, un dos principais artífices, xunto a Carvalho Calero, do Anteproxecto de Estatuto redactado polo Seminario de Estudos Galegos, vai dedicado o Sempre en Galiza. Para calquera lector e lectora actual o libro segue a conter claves e constantes de grande utilidade para comprendermos o que somos e representamos os galegos no Estado e no mundo. Loxicamente, ten que ser lido, á luz do contexto especialmente crítico en que tivo orixe e se redactou. A grandes trazos, unha etapa que vén definida polas grandes tensións xeradas polo auxe imperialista no mundo e o ascenso das ideoloxías fascistas. No nivel económico, pola crise de 1929 na esfera capitalista, que repercute, no caso galego, no fenómeno migratorio, cun parón inicial que posibilita o retorno de moitos emigrantes, e unha esperanzadora recuperación demográfica do país, acabando nun novo ciclo orientado a Europa e o propio Estado. No político e ideolóxico, os tempos da II República caracterízanse por unha crecente polarización entre as forzas republicanas antifascistas e as forzas reaccionarias, apoiadas na Igrexa e no Exército, que tampouco fai doado ser nacionalista ou selo sen debilidades e contradicións. Na mesma órbita do nacionalismo, é moi sintomática a existencia dunha gran diversidade e matización nos perfís ideolóxicos, non existindo un paradigma xeral e único. En calquera caso, esta polarización condiciona o PG desde a súa fundación case e arrástrao a unha toma de posicionamento e a unha evolución ideolóxica inconfundíbel, nas que se logran manter as coordenadas nacionalismo-patriotismo, internacionalismo-antiimperialismo, abríndose a un diálogo e entendemento coas forzas do chamado internacionalismo proletario. En segundo lugar, ademais de produto dunha época, o libro hai que lelo como produto dunhas necesidades e dunha interlocución cuns destinatarios. Non nos estamos a referir a cuestións estritamente individuais, pois a obra concíbese cunha vontade de servizo colectivo. Certo é que, ao longo do libro, nas páxinas dos episodios máis importantes, está presente o autobiográfico e o anímico. Latexan estados de ánimo diferentes, ás veces case antitéticos, que se corresponden co signo das circunstancias históricas. Nas primeiras partes do Sempre en Galiza encontramos un Castelao esperanzado na solución federal como saída democrática e racional a unha estruturación plurinacional do Estado ou, cando menos, a un entendemento que leve a bo porto o Estatuto de autonomía. Despois da Guerra Castelao mostra escepticismo e está convencido de que non hai que aceptar Estatutos rebaixados, radicalizándose nos seus postulados ideolóxicos. Libro I, a pedra angular Neste sentido, a introdución, chamada Adro, redáctase en \"clave interna\", vai dirixida especialmente aos galegos correlixionarios. Recolle os artigos enviados en 1935 desde o desterro en Badaxoz á sección Verbas de chumbo de A Nosa Terra. A intención é claramente aleccionadora de cara á unidade interna do partido e a aplicación da súa estratexia de avance na aprobación e tramitación do Estatuto, contando coa \"necesaria\" alianza coas chamadas forzas republicanas de esquerda, e desautorizando calquera deriva reaccionaria (escisión da Dereita galeguista auspiciada por Risco) provocada por debilidades relixiosas ou actitudes contemplativas. O Libro I ten matices diferenciados con relación aos Libros II e III; baséase na experiencia política inmediata e carece, por así dicilo, de certa perspectiva histórica. Aínda así, ben pode ser considerado a pedra angular do Sempre en Galiza e contén, en esencia, o que logo se desenvolve ou matiza. Ao igual que o resto da obra, pertence á prosa xornalística ou prosa ideolóxica, modalidades que poden ser englobadas dentro do ensaio, xénero de gran modernidade e adaptabilidade para transmitir o pensamento crítico. Anticipa tamén o despregamento de Castelao no oficio de \"animador de ilusións\", fedatario dun movemento organizado, teorizador e analista político, historiador ou sociolingüista, o que lle confire aos capítulos do libro variedade de rexistros e ausencia dun ton discursivo monocorde, máis notorio nas partes posteriores. Estas colaboracións teñen como principais destinatarios tanto os \"antifascistas galegos\" en xeral, como os antifascistas das organizacións afíns ao internacionalismo proletario. O libro circulou na clandestinidade pola Galiza en formato de peto reducido nunha edición do Centro Galego de Bos Aires A intención última do Sempre en Galiza é \"desmontar\" a lexitimidade do Estado español como construción histórica antidemocrática que é, baseada na opresión tiránica sobre as nacións, ao tempo que reafirmar a existencia de Galiza como nación e o seu dereito a gobernarse libremente, o dereito de autodeterminación. O Estado, valéndose de todo o seu aparello de poder (político, administrativo, militar) non só nega a existencia de Galiza como nación diferenciada e o seu dereito a decidir, senón que aplica políticas contrarias aos intereses da nación oprimida e das súas clases populares, pervertendo e degradando constantemente os seus trazos diferenciais, co afán de facelos desaparecer. O principio da soberanía como punto de partida A nivel xeral, constátase que a humanidade arrastra o problema histórico da perda de liberdade das nacións, dun grande e diverso conglomerado de nacións, cando o normal sería que todas elas contasen con liberdade e capacidade de decisión sobre o seu futuro. A solución para chegar a unha fraternidade universal, á concordia entre nacións, ten que partir do recoñecemento e respecto mutuos. O punto de partida é o principio da soberanía das nacións; teñen que ser libres para decidiren se queren ser independentes ou pactar con outras. Esta última, a vía federalista, como fórmula para chegar a unha convivencia e poder compartidos, só pode ser asumida baixo postulados como recoñecemento da existencia da nación e relación de igual a igual: \"Toda federación é a resultante dun pacto, que non pode celebrarse cando as partes non teñen personalidade e liberdade para pactaren\". (Sempre en Galiza, p. 57). Castelao non se considera un polemista nin un simple teorizador. En primeiro lugar, para definir a nación procura intencionadamente unha concordancia que considera \"venturosa\" coa teoría da nación marxista, expresada, neste caso, con meridiana claridade, por Stalin. Non hai mellor cuña que a da propia madeira, atinado proverbio aplicábel á teimosa incomprensión do feito nacional por parte das organizacións de obediencia estatal afíns ao marxismo. Así pois, en todos os seus trazos, como realidade obxectivada, Galiza é unha nación. Parafraseando literalmente a Castelao: é un feito, non unha idea; é unha entidade real, non problemática. Esta definición de nación non admite devaluacións nominais posíbeis: nin rexión nin comunidade nin autonomía nin minoría nacional. Precisamente, neste campo xógase á confusión e sempre obra en favor do Estado opresor a propaganda difundida por diversos medios. Grave é cando se asume polos propios medios esa terminoloxía errada e se equipara Galiza a unha minoría nacional europea, cando, en realidade, a nación, é unha comunidade asentada nun territorio e a minoría nacional carece del. Tampouco se aceptan adherencias que desvirtúan a definición de nación como a intervención do factor racial. Nin a recorrente teima de vincular a existencia da nación ao grao de desenvolvemento da conciencia nacional. Desde Bos Aires até a clandestinidade na Galiza Coa axuda económica de moitos emigrantes e exiliados publicouse en Bos Aires o 10 de marzo de 1944 a primeira edición do Sempre en Galiza, van alá case oitenta anos. Correu a cargo do selo Edición As Burgas do Centro Ourensán e o atento coidado do autor, que encomendou reservar uns centos de exemplares para enviar a Galiza cando houber ocasión. En 1961, coincidindo co plebiscito do Estatuto do 36, sae á luz a segunda edición, auspiciada polo mesmo Centro. Engade sete capítulos como Libro IV, dunha segunda parte inconclusa a raíz da morte do autor. En carta que dirixe a Irujo en 1947, expresa a vontade de continuar a obra, \"con la crónica exacta y documentada de todo cuanto ocurrió desde que mi tierra perdió su libertad, y si no llego a ver al pueblo gallego con los puños apretados espero que lo verán mis descendientes políticos\". O libro circulou na clandestinidade en Galiza en formato de peto reducido nunha edición do Centro Galego de Bos Aires; desta rexístrase unha cuarta edición en 1974. Posteriormente, unha de Akal, de 1976, como II tomo das Obras completas. En canto a edicións non venais, cabe salientar a facsimilar sobre a segunda edición, da Libraría Couceiro (1986) e as edicións críticas do Parlamento de Galiza (1992, reedición no 2000), cunha difusión reducida. En 1996, Laiovento tira do prelo unha edición crítica (Adro e Libro I) que, ante as ameazas de denuncia de Galaxia, é retirada. Co mesmo obxectivo de ampla difusión, en 1997, a AS-PG publica unha escolma do Sempre en Galiza. Galaxia publica a súa edición en 1999. Conta con traducións ao español, ao portugués (Através Editora, 2010) e ao inglés (2018), co título Forever in Galicia (sic!), editada por Francis Boutle Publishers. Escolma de textos Nación e dereito a decidirTen Galiza un idioma proprio? Ten territorio diferente? Ten unha vida económica peculiar? Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha cultura autóctona? Pois logo Galiza é unha nacionalidade e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodetermiñación; é decir, o dereito a gobernar a súa vida. Non esquezamos que todos nós somos antiimperialistas. (p. 40) Unha nación é soberana e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites que os derivados do respecto ao dereito igual das demais nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente.(p. 53) Cando un galego se decata das realidades do seu país e chega a sentirse fillo dunha nación privada de liberdade, debe defender a posición maisimalista que acabamos de esbozar, pois si Galiza é unha Terra diferente ten dereito a ser eisistente. E unha de dúas: ou negamos o caráiter nacional da nosa Terra ou temos que defender os seus dereitos.(p. 55) Non se trata de adoptar unha postura política basada no egoísmo picaresco, aínda que a política siga sendo un xogo de envite, porque queremos salvar os intreses de Galiza, sen desentendernos do intrés de Hespaña e do mundo; pero tampouco aceptariamos unha revolución que negase a dignidade do noso povo. Estamos fartos de ser unha colonia, e por moitas vantaxes que nos ofrecese unha nova colonización queremos ditar leis para gobernarnos por elas, sen inxerencias alleas. A liberdade é a única reserva con que contan os povos para crearen o seu futuro. E nós poderiamos hipotecar todo, menos o futuro. (p. 92) Eu dígovos que os galegos só impoñeremos respeto cando se nos considere capaces de tronzar os vencellos que nos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos deprendamos a vivir con absoluta independencia dos hespañois. Eu dígovos que os republicáns vitoriosos intentarían, dispois da guerra, negarnos o Estatuto autonómico, e teríamos que loitar duro para conquerilo. E teño moitas razóns para esta sospeita, fundadas, todas elas, no coñecimento dos homes da República e na súa teima unitaria e centralista. E conste que tal convicción non me causa ningún pracer, porque somentes ante un separador me podo eu sentir separatista. (p. 153) Non sendo posible negar a perduración dos atributos nacionaes de Galiza –xa esaminados, un a un, no Libro I— é doado estimar a súa soberanía natural, i esta xerarquía, anterior e superior ás formas políticas, non pode satisfacerse con atribucións precarias e restrinxidas, concedidas por gracia do Estado unitario, é decir, pola ineisistente Nación hespañola, representada nas Cortes de Madrid; porque Castela e as súas rexións satélites, son maoría no conxunto hespañol, e co seu peso manteñen o caráiter subordinado dos demais \"seres\" nacionaes, producindo unha antinomía antre a democracia e o liberalismo (o problema das nacións é liberal). Non; a gracia do Estado sóio enche as necesidades dunha simple rexión, particularizada en algúns atributos da nacionalidade a que perteñece. Así pois, o sistema de Estatutos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e vascos. Galiza, como Cataluña i Euzkadi, é unha nación, e, por consiguente, ten dereito a federarse con outros povos igoaes a ela; e non recoñecerlle a Galiza o dereito de autodeterminación —inclusive para vivir con absoluta independencia— será sempre un acto tiránico e antiliberal. (p. 322-323) ¿Serán os grandes Estados, unitarios e imperialistas, a forma definitiva das Sociedades humáns? Estes Estados formáronse por acumulación de vellas comunidades nacionaes, sistematicamente torturadas, para chegaren a unha aparente homoxeneidade. Os grandes Estados xogaron un papel necesario na evolución do mundo; pero serían, no futuro, a rémora do progreso, e a súa sobrevivencia sóio serviría para desviar o destiño ascendente dos homes. Así o home sinxelo cree que o mundo novo vai xurdir das ruínas dos grandes Estados unitarios. (p. 217) A linguaDe todol-os vencellos sociaes dunha nación, a fala é o primordial i esencial, porque aglutina e caracteriza ós elementos do grupo e mantén a potencialidade do feito nacional. O apagamento dunha língoa corresponde á dexeneración do povo que a fala e á rendición da súa nacionalidade, pois desprezar a língoa materna é renunciar a sacratísimos dereitos. (p. 286) E diríalles máis: Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xusticia e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados. (p. 42) Elementos que produciron a GuerraAdicarei este capíduo aos elementos que produciron a guerra civil, e para eso vou reproducir unha \"caricature\" que compuxen en Barcelona, mellorándoa no posible. Son tres elementos: o \"militarismo\", que se consideraba ferido nos seus sentimentos patrióticos e hipotecou a independencia da patria; o \"clericalismo\", que se consideraba ferido nos seus sentimentos relixiosos e xogou a Eirexa no xogo azaroso da guerra; o \"semifeudalismo\" que se consideraba ferido nos seus intreses e convirteu a súa riqueza en pólvora. Eles representaban o orgulo, a soberba e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre da Hespaña centralista. (p. 195)"}
{"ID": "NOS_57235", "summary": "O deputado popular cre que as dúas forzas tradicionais do bipartidismo pacten as \"normas institucionais\" e asegura que os movementos populistas \"son xogar con lume\".", "text": "O portavoz parlamentar do PP galego, Pedro Puy, súmase ás voces que desexan un achegamento entre o seu partido e o PSOE para as cuestións de Estado, agora que semella que poden ter que ser reformulados moitos consensos sistémicos que atravesan unha grave crise. Puy non cre que as dúas forzas tradicionais do bipartidismo vaian gobernar en coalición, pero si considera que PP e PSOE deben alcanzar \"grandes acordos en cuestións básicas relativas ás normas institucionais\". Así mesmo, o deputado popular -en declaracións á Radio Galega- criticou os \"movementos populistas\", dos que dixo que eran \"xogar con lume xa que minan a convivencia\". Nesta liña, tamén denunciou o ton das declaracións de Xosé Manuel Beiras, o líder de AGE, que asegura que forman parte dunha \"estratexia premeditada\"."}
{"ID": "NOS_7298", "summary": "Un total de 503.010 persoas contaxiáronse da Covid-19 na Galiza desde que se detectou o primeiro caso o 4 de marzo de 2020.", "text": "Nas últimas horas rexistrouse, por segundo día consecutivo, unha repunta dos novos contaxios no país, até os 1.794, cifra que motivou tamén un incremento dos casos activos, que se sitúan en 16.933 (568 infeccións máis que na última xornada). Así se desprende dos datos publicados esta sexta feira pola Consellaría de Sanidade, con información recollida até as 18 horas da quinta, que sinalan que, tendo en conta as novas infeccións, as altas epidemiolóxicas e falecementos, na Galiza hai actualmente un total de 16.933 persoas con Covid. O Ministerio de Sanidade acorda eliminar as corentenas de contactos estreitos en persoas non vacinadas Na área sanitaria de Vigo rexistráronse na última xornada 338 novos contaxios; na área sanitaria da Coruña-Cee notificáronse 303 infeccións máis; na área de Compostela-O Barbanza son 316 as novas infeccións; na área de Ourense-Verín-O Barco, 260; na de Pontevedra-O Salnés, 248; na área de Lugo-Monforte-A Mariña, 231; e na área de Ferrol, 87. Na área de Vigo hai 3.343 casos activos (+53); na área da Coruña hai 3.246 (+36); na de Compostela, 3.096 (146 máis); na de Lugo, 2.131 (90 máis); na de Ourense, 2.057 (122 máis); na de Pontevedra, 2.023 (128 máis), e na de Ferrol, 950 (2 menos). O pasaporte Covid restou até 11% de público nos campos de fútbol Presión hospitalaria A respecto da ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte un lixeiro descenso no número de enfermos ingresados en unidades convencionais, que baixa de 397 a 391, aínda que os pacientes incrasados en UCI son agora 29, un máis que hai un día. Desde o inicio da pandemia, máis de medio millón de persoas na Galiza contaxiáronse de Covid (503.010), e 483.012 superaron a enfermidade. Delas, 1.222 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas 24 horas. Juan Gestal: \"É necesario prepararse para a próxima pandemia\" Ademais, un total de 3.118 persoas faleceron desde o inicio da pandemia. Catro destas mortes, das que informou este venres o Sergas, tiveron lugar no últimos tres días. En concreto, o 28 de febreiro perdeu a vida un home de 87 anos na área sanitaria de Compostela e o día 1 de marzo morreu unha muller de 89 anos na área sanitaria de Ourense. Ademais, a cuarta feira faleceu un home de 91 anos na área sanitaria de Ourense e unha muller 85 a de Santiago. O primeiro caso Este 4 de marzo fanse dous anos do primeiro caso confirmado de Covid-19 no país, detectado nun home de 49 anos de idade que deu positivo por este coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). Este paciente foi atendido no servizo de Urxencias do Chuac, onde se activou o protocolo para coronavirus. O paciente, residente en Madrid, chegou a Galicia nun coche compartido para unha entrevista de traballo e, pola sintomatología que presentaba, acudiu ao servizo de Urxencias do Hospital A Coruña, onde foi ingresado. Pilar Rodríguez Ledo: \"O perfil maioritario da Covid persistente é o dunha muller de entre 36 e 50 anos\" Este paciente foi diagnosticado dunha pneumonía de orixe descoñecida, unha patoloxía ante a que o protocolo acordado naquel momento co Ministerio de Sanidade recomendaba facer as probas para coronavirus. Nun primeiro momento, as probas practicadas na Coruña non foron concluíntes, e remitíronse ao Centro Nacional de Microbiología en Madrid para a súa análise, onde confirmaron o positivo por este coronavirus."}
{"ID": "NOS_47111", "summary": "Diego Carou, profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense, da Universidade de Vigo, forma parte do grupo Rede en procesos de fabricación sostíbel e máis recentemente en temas relativos á industria 4.0 e á dixitalización. Sobre esta última temática aplicada ao sector aeroespacial trata a súa máis recente publicación. Nós Diario interesouse pola presenza da \"cuarta revolución industrial\" na vida cotiá.", "text": "-Cales son as principais características da industria 4.0 no sector aeroespacial? Xira arredor das denominadas tecnoloxías facilitadoras, como a fabricación aditiva, o Big Data, a intelixencia artificial e a computación na nube. Por exemplo, a fabricación aditiva permite traballar con xeometrías dificilmente obtidas por medio doutros procesos de fabricación e, daquela, obter importantes reducións en peso e emisións á atmosfera. No caso do Big Data, por medio das técnicas de intelixencia artificial pódense obter predicións que axudan na toma de decisións en asuntos como a fabricación, mantemento ou defensa. -E os últimos avances? O desenvolvemento de solucións de digital twins, os xemelgos dixitais, por parte de compañías como GE Aviation, resulta subliñábel. Este campo está amplamente identificado como unha das tendencias tecnolóxicas de máis interese nos últimos anos, como identifican as compañías Deloitte ou Gartner, entre outras. Ademais dos avances en fabricación aditiva, unha nova tendencia é o traballo con materiais intelixentes por medio da denominada impresión 4D, para xerar produtos que modifiquen as súas propiedades cando son estimulados externamente mediante, por exemplo, temperatura ou luz. A NASA tamén está a presentar importantes avances en robótica co obxectivo de dar soporte ás e aos astronautas no espazo. Cómpre destacar, así mesmo, os traballos de investigación académica que permiten testar tecnoloxías, idear novas aplicacións e avanzar, por exemplo, no control de procesos de fabricación, mais tamén resulta fundamental o rol das startups tecnolóxicas, moitas altamente especializadas. -Cal é a razón de que este sector sexa un dos que máis introduciu este tipo de tecnoloxías? Este é un sector de xa longa tradición e sempre con crecentes exixencias en termos de calidade, custo, reducións de emisións etc. Isto leva a xeración de grandes empresas con importantes niveis de investimentos en I+D+i e persoal altamente capacitado sostidos no tempo. Ademais, hai que salientar o pulo no desenvolvemento tecnolóxico exercido polas axencias espaciais. Historicamente, o sector estivo sempre na vangarda tecnolóxica. -Que aplicación práctica poden ter noutro tipo de sectores? Outros sectores como a automoción, electrónica, biomedicina etc. están a empregar moitas destas tecnoloxías. Así, pódese ver como Volkswagen Group emprega o Internet das Cousas da AWS de Amazon, J.P. Morgan ou Starbucks traballan cos servizos de blockchain de Microsoft Azure, ou Carrefour confía nos servizos na nube de Google. Non obstante, se cadra, o interesante é entender que esta transformación non é só exclusiva da industria, senón que é transversal, afectando a moitos ámbitos das nosas vidas. Por exemplo, no desenvolvemento das cidades intelixentes. Non fai falla máis que atender aos dispositivos electrónicos dispoñíbeis nos fogares, con nomes amplamente recoñecidos polo público como Alexa de Amazon, Siri de Apple ou Cortana de Microsoft, para facerse unha idea da importancia crecente de tecnoloxías como a intelixencia artificial. -Que impacto tivo a pandemia no sector? As medidas de restrición da mobilidade afectaron decisivamente ao tráfico aéreo. En abril de 2021, segundo a Asociación Internacional do Transporte Aéreo 9.500, avións, 34 do total, seguen parados. Compañías e fabricantes de avións víronse afectados nas ordes e entregas de avións, mesmo cancelacións de pedidos, tendo que reestruturar as súas estratexias."}
{"ID": "NOS_44751", "summary": "O lehendakari, Iñigo Urkullu, estuda convocar as eleccións vascas para o próximo mes xullo, cando se prevé que o risco de contaxio polo coronavirus estea nas súas taxas máis baixas. Nas últimas convocatorias, Feixoo optara por facr coincir os comicios galegos cos vascos. E agora?", "text": "Urkullu comparece esta mañá na Deputación Permanente do Parlamento Vasco, a petición propia, para dar conta da situación da pandemia en Euskadi. Na intervención, avanzou que convocará, a semana vindeira, unha Mesa de Partidos políticos para avaliar a Declaración de Emerxencia Sanitaria que decretou o pasado 13 de marzo e analizar a posibilidade de convocar as eleccións vascas no prazo de tres meses, antes de agosto. Un paso que ten importancia visto desde Galiza pois nas últimas convocatorias Feixoo optara por facer coincidir as eleccións galegas coas vascas. As eleccións vascas, como as galegas, foran adiantadas ao 5 de abril, mais a crise desatada pola pandemia de coronavirus obrigou a anular a convocatoria electoral, que até o momento permanece sen data en ambos os dous casos. As últimas citas electorais nos dous territorios coincidiron en data. Urkullu trasladará á Mesa de Partidos os argumentos que apoian a nova convocatoria electoral. Segundo alegou, \"todos os partidos políticos expresaron a súa solicitude de comparecencias ou de reunións, tanto no Parlamento como, por outra banda, con outros partidos en substitución dos grupos parlamentares\". Segundo anticipou, as hipóteses que manexan as Autoridades sanitarias sinalan que \"o risco de contaxio pode estar nas súas taxas máis baixas no mes de xullo\", mais o inicio do outono podería coincidir \"cun rebrote da epidemia\". Para o lehendakari, \"esta previsión aconsella estudar a opción dunha convocatoria electoral no mes de xullo\". \"A dimensión e profundidade da crise demanda contar, canto antes, cun Parlamento plenamente constituído e un Goberno en plenitude de funcións\", argumentou Urkullu. \"Sabemos que, tras a cita electoral, ábrese un período de semanas dedicadas á constitución do Parlamento e á conformación do novo Goberno. Facer coincidir este período co verán permitiría retomar canto antes a actividade nun momento fundamental para a execución do Orzamento deste ano e a aprobación das directrices económico orzamentarias do próximo\", remarcou o lehendakari."}
{"ID": "NOS_21119", "summary": "A andaina da comisión para a reactivación social, económica e cultural chegou á súa fin sen consensos. A comisión parlamentar foi articulada nesta lexislatura co obxectivo de sentar as bases da nova Galiza posCovid. Porén, o pleno do Parlamento deu luz verde ao ditame final da comisión cos votos do PP en solitario e coas críticas da oposición ao texto por ser \"de parte\" e optar polo \"continuísmo con vellas receitas fracasadas\".", "text": "O ditame da comisión de reactivación aprobado esta terrza feira, 13 de xullo, na Cámara servirá, segundo o PP, para a \"Galiza do futuro, a recuperación da pandemia e crear emprego de calidade para os mozos\". Así o afirmou o portavoz parlamentar dos populares, Pedro Puy, que defendeu un texto con 500 medidas para a recuperación fronte ao impacto da pandemia, e no que se inclúe medio cento de transaccións coa oposición, tras un \"longo\" traballo cunhas 50 comparecencias e máis de 150 informes. Só 1% do orzamento da Xunta para a reactivación O ditame conta cun anexo para investir nas conclusións da comisión de reactivacións uns 115 millóns de euros, apenas 1% do gasto non financeiro dos orzamentos da Xunta. 24% deste fondo dirixirase ás Administracións municipais. Fronte a Puy situouse a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que recriminou ao PP que limitara a negociación na comisión a un \"simulacro\" para dar lugar a un texto \"de parte\", \"autocompracente\" e sen respostas \"á altura do momento\". A nacionalista lamentou que o \"PP vetara todas as propostas do BNG para reforzar a sanidade pública, garantir o dereito a unha vellez digna, sentar as bases dun novo modelo económico sustentábel desde a ciencia e a investigación ou as iniciativas a favor da igualdade real\". Recordou Pontón as súas propostas para reforzar a Atención Primaria cun investimento de 25% do orzamento de Sanidade. No ámbito social, defendeu a xestión pública directa das sete residencias de maiores cuxa construción está prevista nas cidades, ademais do compromiso de remitir á Cámara una nova Lei de residencias que garanta o dereito a unha vellez digna. No económico, propuxo un novo modelo de desenvolvemento verde, un pacto galego pola ciencia e aumentar os fondos a esta materia até acadar o equivalente a 2,5% do PIB, así como a creación do instituto InnoGal. Aliás, defendeu unha banca pública a creación dun Instituto Galego de Crédito como entidade pública cun capital inicial de 10 millóns, para garantir liquidez ás pemes, ao tecido produtivo e a sectores estratéxicos de futuro. Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cargou contra un ditame \"insuficiente\" e cheo de \"políticas conservadoras que dan as costas á Galiza\". Debullou ademais a proposta socialista impulsada na comisión e vetada polo PP: a creación de 5.000 novas prazas estábeis na sanidade pública, aumentar os profesionais de servizos sociais e manter o próximo curso todo o profesorado de reforzo contratado este ano pola pandemia. \"O PP tamén di non\", proseguiu, a tomar medidas contra a pobreza e a desigualdade, a centrarse na reindustrialización da Galiza, a destinar a I+D+i até 1,5% do PIB galego, a contratar 2.000 investigadores ou a aumentar o investimento en cultura até 1% do orzamento\"."}
{"ID": "NOS_30163", "summary": "\"A novela constrúe a trama coa alternancia de voces pola que a historia se relata desde a nai ou desde o propio Manuel Antonio cunha eficaz construción de personaxes e unha escrita coidada\", di o xurado.", "text": "O escritor e profesor de Rianxo X. Ricardo Losada é o gañador do XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega coa súa obra O rosario e a buguina, na que recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos. O xurado destacou a creación das personaxes e a escrita coidada da obra. Foi a novela escollida polos gañadores da edición anterior, Álex Alonso e Antón Riveiro Coello; a xornalista Susana Pedreira; as escritoras Inma Otero e Beatriz Maceda e o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto (presidente), así como a xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat (secretaria). O premio está valorado en 6.500 euros máis a publicación da obra gañadora. O xurado destacou a potencia da historia que narra os últimos meses da vida de Manuel Antonio e o conflito suscitado coa súa nai na casa de Rianxo por motivos relixiosos e, de maneira especial, polo modo de se enfrontar á morte próxima. \"A novela constrúe a trama coa alternancia de voces pola que a historia se relata desde a nai ou desde o propio Manuel Antonio cunha eficaz construción de personaxes e unha escrita coidada\", destacaba a acta, que sinalou tamén que o texto leva a reflexionar sobre a incomprensión da figura do artista no ámbito familiar. Tras Manuel Antonio X.Ricardo Losada recrea na súa novela o final da biografía de Manuel Antonio cando, gravemente enfermo, regresa a Rianxo desde Cádiz para refuxiarse neste tempo final na casa familiar. \"Sempre tiveran unha relación moi tirante, con amor, si, mais tamén con enfrontamento, e neste caso o conflito relixioso acentúase de maneira especial pola vontade dela de que o poeta reciba a extremaunción e a negativa del a aceptalo\", explica o autor. Con anterioridade, o escritor asinou tamén unha obra, neste caso de ensaio e investigación, sobre a figura de Manuel Antonio que agora ficciona."}
{"ID": "NOS_49519", "summary": "1846 é para sempre. Abril, sempre! considera esa unidade territorial \"ineficaz\" para loitar contra a pandemia e aponta a que a súa escolla é un chanzo máis na centralización.", "text": "A elección por parte do Goberno español da provincia como unidade territorial de base para o desconfinamento supón traspasar unha \"liña vermella\" que Galiza non debería permitir. Así o consideran as persoas que impulsan '1846 é para sempre. Abril, sempre!', manifesto que considera esa aposta pola provincia \"unha medida allea á nosa idiosincrasia e organización territorial\", ao tempo que \"ineficaz na loita contra a pandemia\". Porén, indican, \"non convén tomala á lixeira, posto que é unha decisión política que, ademais de poñernos en perigo, semella ter a intención, asemade, de baleirar aínda máis de contido e minorizar o xa cativo sistema autonómico, con arelas recentralizadoras a cada máis manifestas\". Para as asinantes do documento, é hora de dar resposta a esa decisión do Goberno estatal, e indican que non acreditan en que a Xunta sexa sincera no seu rexeitamento á mesma, pois \"Feixoo e o PP\" só pretenden \" manobrar e tirar réditos na loita polo poder político en Madrid\". \"Arestora, precisamos que a nosa indignación persoal ou colectiva pete enriba da mesa co espírito libertario, irmandiño e insurxente dun Antolín Faraldo que, noutro Abril esperanzado, confrontou o oprobioso \"provincianismo\" centralista chamando á unidade galega, en especial \"a esa clase sinxela que traballa, a ese pobo oprimido\", a defender un \"provincialismo\" anticolonial, dende unha \"nacionalidade\" cun aquel arredista\". Convocan así a organziacións e \"sociedade civil organziada\" a que deixen de lado \"inútiles divisións e retesías\" para facer fronte á calquera tentativa de\"involución política ou territorial\" A primeira hora a tarde desta quinta feira o manifesto suma 50 persoas impulsoras, entre as que hai nomes como o dos historiadores Dionisio Pereira e Bernardo Máiz, labregas como Alba Rivas, cineastas como Alberte Pagán, músicos como Xurxo Souto, docentes como Lola Varela ou Emilio ïnsua, ou artesás como Cruz López."}
{"ID": "NOS_13130", "summary": "Os resultados electorais en Israel deixan ao partido de Netanyahu máis unha lexislatura no poder, porén reduce notabelmente a súa representación e exíxelle formar unha coalición de goberno.", "text": "D@s 42 representantes do Likud que tomaban parte desde 2009 do Parlamento israelí, só 31 permanecen após as eleccións que tiveron lugar esta terza feira (22 de xaneiro). O que será primeiro ministro durante 4 anos máis, Benjamin Netanyahu, agradeceu após o reconto \"a oportunidade para liderar o Estado de Israel\". Porén, o ultradereitista deberá apurar unha coalición de goberno fronte a un hemiciclo con maior representación do centro-esquerda. Nin esquerda nin dereita, a complexidade do pensamento sionista converte ao Parlamento israelí nunha amalgama de partidos que van desde a dereita máis tradicional e relixiosa até a social-democracia sionista do Partido dos Traballadores. Porén, a caída no número de escanos sufrida polo Likud de Netanyahu obrigará ao re-eleito primeiro ministro a procurar alianzas políticas se quere sacar adiante o seu programa de Goberno. A finais da pasada lexislatura, o seu compañeiro de viaxe, o daquela primeiro grupo da oposición --Kadima, fundado polo ex-presidente Ariel Sharon en 2005-- quitaba o seu apoio ao primeiro ministro argüíndo diferenzas na xestión dos \"asuntos palestinos\". No entanto, os resultados electorais para os liberais non resultaron moi froitosos pasando de 28 a 8 escanos. Posíbeis escenariosSegundo recolleron diversas fontes, o primeiro ministro israelí podería rematar a semana coa coalición formada. Neste senso, as posibilidades son diversas. Ou ben Netanyahu chega a un acordo gos grupos da ultra-dereita (como Kausa Xudaica) ou renova a coalición con Kadima e outras formacións máis \"de centro\" --mesmo o Partido dos Traballadores. Nin rastro da paz en Palestina Após a ofensiva lanzada en outubro do pasado ano, as formacións políticas que concorreron aos comicios non incorporaron a paz na súa axenda de prioridades. O sionismo non procura a paz senón máis ben a xestión dos conflitos --entre os que se atopan Siria e Irán. Neste senso, malia que os representantes de Palestina na ONU exixen que esta intermedie nunhas negociacións de paz paralizadas desde hai máis de dous anos, o certo é que o novo goberno non será --en ningún dos escenarios posíbeis-- proclive a rematar con 65 anos de ocupación e xenocidio."}
{"ID": "NOS_16485", "summary": "Actualmente ocupa un cargo no Consello de Contas de Galiza. Desde o PP din que non existe \"incompatibilidade\".", "text": "O que fora conselleiro de Presidencia con Manuel Fraga e candidato do Partido Popular á alcaldía de Compostela, Dositeo Rodríguez, foi imputado esta segunda feira (1 de xuño) pola súa vinculación co despedimento de Tomas Cavanna que foi director xerente da Funcación Camilo José Cela. A citación xudicial chámao a declarar o 22 de xullo, un día antes faráo Marina Castaño, ex-presidenta de honra da entidade. As súas imputacións enmárcanse no proceso aberto por suposta malveración, estafa e apropiación indebida que atinxe a fundación que leva o nome do Premio Nobel. Nun comunicado remitido por Dositeo Rodríguez e que recolle a axencia de noticias Europa Press o ex-conselleiro explcia que a súa imputación responde a un presunto despedimento que tería sido \"simulado e pagado con fondos públicos, sen consentimento das administracións que financiaban a entidade\". Rodríguez sinala que a saída de Cavanna \"foi validamente aprobado polo padroado da fundación\" co \"beneplácito\" da Xunta no marco dun proceso de recortes contemplado no plano de viabilidade económica da entidade. O PP non ve \"incompatibilidade\" na imputación de Rodríguez porque a atribúe a un período de tempo anterior ao seu cargo no Consello de Contas Desde a Xunta de Galiza tamén remitiron un comunicado no mesmo sentido que o ex-conselleiro, no que asegura que o cesamento do daquela director xerente era un \"requisito imprescindíbel para garantir a viabilidade da Fundación\". Pola súa banda, o portavoz parlamentar do Partido Popular, Predro Puy, asegurou en comparecencia de imprensa e en resposta aos medios que non existe \"incompatibilidade\" algunha entre a situación xudicial de Rodríguez e o cargo público que ostenta na actualidade como integrante do Consello de Contas de Galiza. Ora ben, acrecentou Puy, existen \"motivos\" para \"observar\" e facer un \"seguimento puntual\" da evolución do caso. Desde o PP sinalan que naquela altura Dositeo Rodríguez facía parte dunha entidade privada \"con carácter individual e fóra do que é unha representación institucional\"."}
{"ID": "NOS_27714", "summary": "As normas de mobilidade varían para Galiza desde esta segunda feira 11 de marzo. A mobilidade queda restrinxida á provincia salvo excepcións.", "text": "Galiza entrará esta vindeira segunda feira 11 de maio na Fase 1 e a poboación recuperará parte da súa mobilidade e algúns comercios a súa actividade con restricións. Dentro da provincia salvo excepcións O Goberno español, iso si, mantén a prohibición de moverse máis alá da provincia de residencia coa excepción de desprazamentos que xustifiquen esa mobilidade e que poden ser sanitarios, laborais, profesionais ou empresariais. Pódese mudar de provincia para volver ao lugar de residencia familiar, asistencia e coidado de persoas maiores, dependentes ou persoas con discapacidade. Tamén por causa de forza maior ou situación de necesidade ou calquera outra de análoga natureza. Desta maneira rexéitase que sexa a área sanitaria a referencia de mobilidade, tal e como propuña a Xunta da Galiza. Iso si, queda aberta a posibilidade a avaliar máis adiante mudanzas neste sentido. Horarios As franxas horarias deste Fase 1 continúan igual que na actual para pasear e facer deporte. Comezan coas de 6 a 10 e de 20 a 23 horas para persoas de idades entre 14 a 69 anos; de 12 a 19 horas para as nenas e nenos menores de 14 (neste caso poderán ir en grupos de até tres acompañadas dunha persoa adulta); e de 10 a 12 e de 19 a 20 horas para as persoas maiores de 69. Non haberá restricións horarias para ir mercar en alimentación e comercios mais non se poderá realizar estas accións ao tempo que as deportivas. Os núcleos de menos de 5.000 habitantes terán liberdade horaria. Visitas e reunións A partir deste 11 de maio quedarán permitidas as visitas a domicilios de familiares cos que non se conviva sempre e cando non teñan ningunha patoloxía previa. Caso contrario deberían agardar ás seguintes fases. Tamén estarás permitidas as reunións de até dez persoas en persoas ou espazos públicos como terrazas, sempre respectando as medidas de seguridade e hixiene. Nos traslados se se emprega o vehículo particular estará permitido que se ocupen todas as prazas sempre e cando as persoas que o utilicen convivan no mesmo domicilio. Caso contrario sería dous por liña e dotados dunha máscara. Locais e actos Os lugares de culto abrirán cunha restrición de aforo que non pode superar o seu terzo e respecten a distancia social. No caso de velorios e enterros o límite dos primeiros será de 15 persoas en espazos abertos e 10 nos fechados. A comitiva estará restrinxida a 15 persoas. En relación aos locais comerciais, poderán abrir aqueles que teñan menos de 400 metros e o seu aforo quedará reducido a 30% e poderá acudirse sen cita previa mais cun horario prioritario para persoas maiores de 65 anos. Nos comercios de consumo terán prioridade os envases monoconsumo e poderán recollerse pedidos sempre e cando non se acumule xente nas portas dos locais. Lecer Os hoteis poderán abrir mais non se poderán empregar as zonas comúns. Poderase realizar turismo de natureza dentro da mesma provincia. Poderá abrir os museos cun terzo do seu aforo e os actos culturais non poderán exceder de 200 persoas en espazos abertos e 30 se é en lugares fechados. Os centros de deporte e ximnasios terán posibilidade de realizar actividades individuais que non impliquen contacto físico."}
{"ID": "PRAZA_3433", "summary": "As principais vías de acceso ás cidades incrementaron as súas cifras dende o 2016. A Coruña é a urbe que recibe cada día máis coches chegados de fóra, seguida de Vigo e Compostela. A Avenida da Vedra, na cidade herculina, mantense por riba dos 120.000 vehículos por día, a pesar do aumento no tráfico da Terceira Rolda", "text": "A Coruña é a cidade que rexistra máis tráfico nos seus accesos, con ao redor de 200.000 vehículos diariosAo redor de 800.000 vehículos entran todos os días nas cidades galegas. Son as cifras que amosan os Mapas de Tráfico correspondentes ao ano 2018 que o Ministerio de Transportes publicou hai uns días. Uns números moi semellantes aos que se rexistraban no ano 2016 e que constitúen un reto para a súa xestión nos vindeiros anos. A Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética prevé que a partir do ano 2023 o acceso aos centros das cidades dos coches máis contaminantes fique restrinxido para limitar as emisións nocivas.A Coruña é a cidade que rexistra máis tráfico nos seus accesos, con ao redor de 200.000 vehículos diarios, moi por riba de Vigo e Compostela, que roldan os 130.000. Ferrol, Ourense e Pontevedra sitúanse lixeiramente por debaixo dos 100.000, mentres que Lugo é a urbe galega con menos accesos en coche.Esta estatística está moi relacionada co uso que os galegos realizan do vehículo privado, tamén nas grandes cidades e áreas metropolitanas, ben por hábito ou pola carencia ou deficiencias no transporte colectivo. Segundo a Enquisa de Mobilidade do IGE, cuxos últimos datos son do ano 2015, o 67% das persoas que traballan fóra da casa en Galicia empregan o coche para ir alí, unha porcentaxe que nas sete cidades vai dende o 70% de Ferrol e o 66% Lugo ata o 56% de Ourense e o 53% da Coruña. E iso a pesar de que a proporción de ocupados e ocupadas cuxa vivenda está no mesmo concello que o seu lugar de traballo supera o 74% en seis das sete urbes e só é algo menor en Pontevedra (64%).O 67% das persoas que traballan fóra da casa en Galicia empregan o coche para ir alíO último Informe sobre a calidade do aire no Estado español, elaborado por Ecoloxistas en Acción e correspondente ao ano 2018, alertaba de que nos núcleos urbanos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo se rexistraban \"superacións dos valores medios anuais e/ou diarios recomendados pola OMS\" das partículas PM10 e PM2,5, xeradas en parte polos motores de combustión, sobre todo os diésel. A Avenida da Vedra (Alfonso Molina) é a vía que soporta máis tráfico en toda Galicia, con máis de 120.000 coches diarios, a pesar da apertura da Terceira Rolda, que xa suma 30.000 vehículosAnalizando cidade a cidade, observamos como os principais accesos a cada urbe veñen incrementando a súa saturación nos últimos anos. O caso da Coruña é a excepción, debido á apertura da Terceira Rolda, pensada para desconxestionar o tráfico que entraba a través da Avenida da Vedra (Alfonso Molina), a estrada de acceso con máis tráfico de toda Galicia. Porén, a pesar que a Terceira Rolda aumenta cada ano o número de vehículos que circulan por ela (ao paso pola Zapateira pasou de 26.000 a 30.000 coches en dous anos), a cifra de accesos pola Vedra mantense por riba dos 120.000, só mil menos que no ano 2016.En Vigo tamén se está incrementando a cifra de usuarios que acceden á cidade pola principal entrada do norte: a saída da AP-9 que desemboca no centro na cidade. Eran pouco máis de 57.000 no ano 2014, 61.000 dous anos despois e no último dato oficial o número achégase xa aos 64.000 vehículos diarios. A eses hai que sumar os case 40.000 coches que entran na cidade pola A-55 ou os case 30.000 que o fan pola VG-20, no sur da cidade.Aumentan tamén os coches que circulan pola SC-20 en Santiago de Compostela. Á altura da Rocha, este acceso dende o sur á capital de Galicia sumou no ano 2018 case 54.000 vehículos diarios, case seis mil máis que os 48.000 que rexistraba no ano 2016. O principal acceso ao periférico polo norte da cidade mantivo entre 2016 e 2018 as súas cifras de tráfico, que roldan os 50 mil vehículos diarios.En Vigo entran todos os días 64.000 coches dende o norte a través da AP-9Nas restantes cidades hai menos variacións, pero tamén se rexistran aumentos. É o caso, por exemplo, da entrada a Ourense dende o sur, a través da N-525, que pasou de 28.619 coches a 30.862 en dous anos. Ou en Ferrol do acceso a través da AP-9, que no 2018 rexistrou unha media de 28.170 vehículos diarios, dous mil máis que dous anos antes. Tanto nunha cidade como na outra o tráfico repártese en varios accesos diferentes, que chegan como moito ao 30 mil coches ao día.Tamén en Pontevedra os accesos a través da N-550, que suman máis de 40 mil vehículos diarios sumando norte e sur, veñen incrementando lixeiramente as súas cifras nos últimos anos. Finalmente, Lugo é a cidade que rexistra menos accesos de vehículos dende o exterior. Destaca a entrada pola N-540 en Ponte Miño, que rolda os 15 mil coches diarios, e o acceso polo Polígono do Ceao, que supera os 12 mil. A vella N-VI, que funciona como circunvalación interna, supera os 26 mil vehículos diarios, un pouco máis que no ano 2016."}
{"ID": "PRAZA_8059", "summary": "Trátase da primeira acción aprobada pola asamblea ante o que consideran \"unha política de agresións constante contra os seus dereitos laborais\". As traballadoras recibiron este luns a visita da parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz.", "text": "As traballadoras e traballadores do CAMF, Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol, reunidas en asemblea decidiron realizar un peche no centro de traballo de 24 horas. Trátase da primeira acción aprobada pola asamblea ante o que consideran \"unha política de agresións constante contra os seus dereitos laborais, que estan repetidamente sendo negados pola política de recortes do Goberno de Mariano Rajoy\". Denuncian que \"non se cobren as vacantes para que as traballadoras poidan disfrutar das vacacións, ou de permisos por coidado de fillos\" ou outros dereitos que viñan exercendo desde que abriu o centro en Catabois, no concello de Ferrol. Segundo Ana López Bogo, representante da CIG, hai vacantes que se están a cubrir con contratos de produción de seis meses, \"e neste centro non hai produción, só hai servizos a persoas con grandes discapacidades. É un traballo duro, cun alto nivel de estres e afectación persoal, non poden facer recaer en nós a merma da calidade do servizo, porque ao final, auméntanche a xornada, aumentanche a carga de traballo, e nós cremos no servizo que prestamos, nos servizos públicos.\" As traballadoras recibiron este luns a visita da parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz, que denunciou que se trata dun intento máis de privatización e recorte dos servizos públicos e que son os servizos dirixidos ás persoas máis vulnerables os que están sufrindo os maiores recortes: \"Temos que tomar consciencia da forza que temos para cambiar esta situación, o Partido Popular precisa cada vez mais invisibilizarse para poder seguir aplicando as súas políticas. Nós temos que visibilizar as nosas loitas e conseguir truncarlles os seus plans de privatización dos servizos\". As traballadoras e traballadores do CAMF realizarán outra asemblea para decidir novas mobilizacións."}
{"ID": "NOS_38536", "summary": "O fracaso da primeira investidura do presidente do Goberno español parece cada día máis difícil de evitar. A quinta xuntanza entre o presidente en funcións Pedro Sánchez e o líder de Podemos Pablo Iglesias rematou no mediodía desta terza feira con ruptura. O PSOE adivirte á formación de esquerdas: ou investidura en xullo ou \"non haberá segunda oportunidade\".", "text": "Desde Podemos intepretan que os socialistas están dispostos a ir a novas eleccións en novembro. E desde o Partido Socialista, que a \"Podemos lle interesan máis os nomes do Consello de Ministros que as políticas a desenvolver\", segundo expuxo a vicesecretaria xeral Adriana Lastra. Así as cousas, a practicamente dúas semanas da sesión parlamentaria de investidura, as pontes entre as dúas principais forzas do bloque progresista paracen rotas. Sánchez non quere ministros de Podemos no seu Goberno e Podemos fantasea cun Goberno de coalición. Lastra engadiu que un segundo intento en setembro non entra nos plans do PSOE: \"Non hai segundas oportunidades\". Pablo Iglesias, porén, amosouse menos contundente e nunha breves declaracións aos medios de comunucación: \"Máis tarde ou máis cedo convenceremos o PSOE de que se mova e de que teñen que ser flexíbeis\". En Podemos, con todo, empeza a difundirse a opinión de que Pedro Sánchez non quere negociar."}
{"ID": "NOS_4556", "summary": "As sentenzas promulgadas polo Tribunal Supremo a respecto do ensino segregacionista por razón de xénero poñen en xaque unha Xunta de Galiza que avala a educación sexista a través da subvención a este tipo de escolas.", "text": "O goberno de Núñez Feijóo renovaba en 2009, coa súa chegada á Xunta de Galiza, os concertos públicos con escolas que desenvolven unha educación diferenciada e segregacionista entre mulleres e homes. Malia incorrer nunha ilegalidade, pois a Lei Orgánica de Educación (LOE) no seu artigo 84.3 dispón con clareza que \"en ningún caso haberá discrimación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición\", o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, aseveraba nunha intervención parlamentar en 2009, que a renovación dos concertos respectaba a legalidade. Así mesmo, a propia consellaría de Educación, en resposta escrita ao grupo parlamentar do BNG --ese mesmo 2009-- aseguraba que \"a educación diferenciada é legal e non se pode considerar discriminatoria\", facendo fincapé en que a LOE non se refería ao concepto da coeducación mais que como un \"elemento de priorización\". Após tres anos de incumprimento legal, o Tribunal Supremo vén de promulgar dúas sentenzas onde se recolle a importancia do artigo 84.3 e por ende, nas cales se introduce como criterio de non discriminación no proceso de adminsión de alumnado o sexo. Unha proposición non de lei a prol do ensino público coeducativo Neste sentido, o grupo parlamentar nacionalista vén de presentar no rexistro do Parlamento galego unha proposición non de lei en que exixen a parálise das subvencións a este tipo de escolas. Carme Adán, voceira de ensino do BNG, explica que o obxectivo da proposta é facer que a Xunta de Galiza cumpra coa normativa en materia educativa e polo tanto, que o goberno do Partido Popular rescinda para o vindeiro curso 2012-2013 os concertos educativos con centros de ensino privado que segregan o alumnado por razón de xénero. A máis de constituír un mandato legal após coñecer as sentenzas do Tribunal Supremo, @s nacionalistas subliñan que o mantemento deste tipo de ensino impide acadar unha sociedade igualitaria. Asemade, Adán lembrou que xa no ano 2009, o PP votara en contra dunha iniciativa d@s nacionalistas na cal se exixía a parálise destes convenios mais, en troques de suprimilos, \"a consellaría de Educación recortou fondos ao ensino público mentres incentivou os centros privados e sexistas\". A deputada nacionalista lembrou que na Galiza existen cinco centros privados onde se separa o alumnado por sexos e que percibirán \"perto de tres millóns de euros\" en subvencións públicas. Xa que logo, Adán demandou a \"retirada inmediata\" dos fondos destinados a estes centros, e ademais, instou a que este diñeiro sexa dirixido \"ao mantemento de 145 unidades educativas que serán suprimidas o vindeiro curso\". O ministro de educación Ignacio Wert propón modificar a LOE Segundo o ministro de Educación español, a segregación por xénero nos centros de ensino non é incompatíbel coa non disciminación, polo que estaría disposto a incorporar unha outra disposición na LOE, pola que se determine de maneira explícita, a posibilidade de recibiren fondos públicos os devanditos centros."}
{"ID": "NOS_58051", "summary": "A suspensión é cautelar, mais desde a dirección de En Marea non se descarta a expulsión dos tres integrantes do comité electoral que, segundo as auditorías encarregadas pola comisión de garantías, accederon sen autorización ao censo das primarias. A Comisión de Garantías, de maioría villarista, traslada agora ao Comité Electoral, controlado polo sector crítico, a xestión das decisións adoptadas este sábado polo Consello das Mareas.", "text": "\"Imos abrir expediente ás persoas que foron identificadas nas auditorías. Os feitos son moi graves, hai serios indicios de que sexan constitutivos de delito\", dixeron días atrás a Sermos fontes da dirección de En Marea. \"O proceso pode acabar na expulsión\", engadiron. Esta segunda feira, e por medio dun comunicado, a Comisión de Garantías avanzou que con efecto se ten suspendido cautelarmente os tres integrantes do comité electoral ao entender, alega este órgano,\"que non acataron o mandato do plenario sobre as atribucións propias do seu cargo\". Traducido, significa que se asomaron ao listado de persoas inscritas nas primarias após se facer coas claves informáticas ás costas do custodio do censo, o villarista Gonzalo Rodríguez. Unha vez dentro, terían mudado o password de acceso, o que durante 24 horas tería impedido a Rodríguez consultar o ficheiro. A mera intrusión no censo podería constituír delito segundo o código penal (penado entre 1 e 4 anos de prisión) ou no mínimo, unha infracción punida con sanción administrativa, á Lei de Protección de Datos. As tres persoas suspendidas son —segundo terían dito fontes da Comisión de Garantías a Europa Press— Martiño Ramos, Pablo Nieves e Raquel Bernárdez. Teñen tres días para \"achegar as declaracións, documentacións e probas que coiden oportunas\". \"Agardemos que no prazo de tres días presenten algún tipo de argumentación. E se é así, e teñen peso, morra o conto\", dixeron a ABC desde o órgano de maioría villarista. As persoas suspendidas terán de ser substituídas \"seguindo as disposicións regulamentarias\". O seu relevo terá que ser realizado polo Comité Electoral, de acordo coa Comisión de Garantías. O sábado, o Consello das Mareas adoptou unha serie de medidas destinadas a asegurar a realización das primarias con plenas garantías, entre elas a instauración do sistema de confirmación de voto por medio de SMS, un mecanismo que dificultaría a suplantación da identidade dos votantes (unha irregularidade deste tipo foi a que levou a que a dirección estatal de Podemos levase á Fiscalía as primarias realizadas polo partido morado en Leganés, proceso en que se impuxo unha candidata errejonista). En realidade, as mudanzas na infraestrutura e no sistema de votación acordadas pola cúpula da confluencia son de enorme envergadura e a súa materialización consumirá non pouco tempo, o que fai inviábel que as eleccións se realicen a próxima fin de semana, a pesar de que esta era a previsión que manexaban os próximos a Villares. Destarte, o Consello das Mareas resolveu prescindir de Agora Voting —a compañía á que Podemos confía as súas consultas internas— e contratar unha empresa distinta para a xestión das votacións e, ao tempo, decidiu recorrer a un servizo de autoridade de votación externo visando verificar a limpeza do proceso. As mudanzas na infraestrutura e no sistema de votación acordadas pola cúpula da confluencia son de enorme envergadura e a súa materialización consumirá non pouco tempo Todas estas cuestións técnicas teñen que ser solventadas polo comité electoral, esclareceu a Comisión de Garantías de En Marea no seu comunicado de onte en que o órgano villarista require ao crítico que \"informe sobre a data onde se efectuarán as simulacións de voto e probas de resistencia da nova plataforma\". Isto non significa que a Comisión de Garantías —composta por tres membros, dous villaristas e un crítico— se desentenda do proceso. Ao contrario: pide \"ser partícipe destas probas, así como información sobre o seu resultado\". Alén diso, \"reclama información sobre os locais da votación e a data en que as persoas inscritas poderán, tamén, acceder á información sobre estes espazos\". O timing a partir da realización destas probas sería o seguinte: cos seus resultados sobre a mesa, a Comisión de Garantías decidiría levantar a suspensión decretada o 1 de decembro sobre as primarias e, xa nese momento, o comité electoral tería que decidir a data \"en que finalmente transcorrerán as votacións\". A dirección villarista traslada así a presión sobre a fixación da data a un sector crítico que considera unha farsa a suspensión das primarias por entender que na fin de semana de 1 e 2 de decembro si existían garantías de que o proceso de votación se ía producir con limpeza. Para Anova, Podemos e Esquerda Unida —o núcleo que cos tres alcaldes urbanos constitúe a oposición interna á dirección villarista— en realidade o aparato do partido instrumental está a gañar tempo sen ter en realidade intencións reais de organizar unhas primarias que, afirman, vería perdidas. Todo indica que en ningún caso as votacións se realizarían no que resta de ano, sendo que, aliás, entramos nun período con varios días feriados."}
{"ID": "NOS_34757", "summary": "Esta segunda feira o eurogrupo debaterá sobre o futuro de Grecia e a posíbel aprobación dun segundo rescate á súa economía. Pola súa banda, o executivo de Antoni Samarás, aproba en domingo os Orzamentos de Estado para 2013 como mostra do seu cumprimento cos mandatos da Troika.", "text": "En domingo e a altas horas da noite, o Parlamento grego aprobaba os Orzamentos de Estado para 2013, de acordo co estabelecido pola Troika. Con menos dificultade que coa aprobación das medidas de axuste que se debateron na Cámara a pasada semana, o goberno de coalición entre os conservadores de Samarás (Nova Democracia) e a social-democracia do PASOK e a Esqueda Democrática, sacou adiante uns orzamentos en que se recollen un recorte do gasto público de máis de nove mil millóns de euros. A súa aprobación, era indispensábel para que o eurogrupo --que se reúne nesta segunda feira-- dese o visto bo a un segundo rescate para a economía helena. Samarás: \"Os sacrificios incluídos nos orzamentos xerais serán os últimos\" Redución do gasto público para pagar o déficit A maior parte do recorte recaerá nas pensións, que se reducen nun 15%, e dos soldos d@s empregad@s públicos que perderán 1.200 millóns de euros. Aliás, a débeda aumentará --após a entrega dos dous tramos de rescate concedidos pola Troika-- até os 346.000 millóns de euros (190% do PIB), ficando moi por riba das previsións da UE que agardaban poder reducila até o 120% do PIB grego. Aliás, a economía helena contraerase un 4,5 puntos en 2013, o que suporá o sexto ano consecutivo de recesión para Grecia. O primeiro ministro grego, Antoni Samarás, asegurou ao remate da sesión en conferencia de imprensa que \"os sacrificios incluídos nos orzamentos xerais serán os últimos\" pois dixo, comezarían a corrixir \"as inxustizas que conteñen\", após eliminaren o déficit. Milleiros de persoas --13.000 segundo fontes policiais helenas-- permaneceron durante a sesión parlamentar na praza Syntagma, situada fronte ao Parlamento grego, nunha convocatoria feita polos sinticatos e o KKE. \"As medidas fánnos retrocecer cincuenta anos\" aseguraba un dos manifestantes en declaracións a unha axencia de noticias internacional. \"Os pobre pagan e ninguén toca aos ricos nin aos evasores de impostos\", continuaba outra manifestante, que participaba da convocatoria. Xuntaza do eurogrupo As dezaséis economías do euro, reuniranse esta segunda feira para debateren sobre o futuro de Grecia, mais tamén sobre a situacións da economía española. O eurogrupo analizará se o Estado español está a cumprir coas súas obrigas, mais xa adiantou que non desbloquearían --polo de agora-- os 100.000 millóns de euros que a UE destinará a sanear a banca española. Canto á situación da economía grega, o eurogrupo non conta ter completo o informe enviado pola Troika, requisito fundamental para que se dea luz verde aos 31.500 millóns de euros que Grecia asegurou precisar de maneira urxente para facer fronte aos pagamentos da administración."}
{"ID": "NOS_3524", "summary": "Tras unha semana escoitando discos e algunhas novidades, cada vez estou máis a prol do lanzamento de traballos discográficos en formato EP, single ou maxi, de modo que chegue un traballo bo, sen pezas de recheo que te obriguen ao desgaste da tecla de saltar ao seguinte corte. Nesa vía o novo traballo discográfico de The Locos, un EP con tres temas sen desperdicio que será a primeira entrega dunha triloxía de EP na que están a traballar.", "text": "Se falo de The Locos, pode que a moitos non lles soe o nome desta banda de ska-punk, máis se digo que é a banda de Pipi, o showman e segundo vocalista de Ska-P, e que ademais contou con Kosta Vázquez, dos Boikot nas guitarras, os coros e a produción, cando menos a cousa fica algo máis clara amosando o camiño do ska-punk festeiro con letras combativas. La Realidad é o tema de apertura e o elixido como single. Composta con ritmos sincopados propios do Ska e do Reggae cun recendo moi claro tanto a Ska-P e que pretende ser un himno a que unha mañá se ergueron cansos de aturar todo e decidiron loitar contra o sistema. María Isabela comeza co sampler da voz do famoso vídeo da vella fascista, é un tema un pouco máis guitarreiro con toques latinos nos retrousos. A letra vai na máis pura tradición antifascista falando das verdadeiras ideas dos que o estado español chaman \"nostálxicos\", para agochar a realidade do que son. Finalmente, Hueso y Piel amosa unhas guitarra máis roqueiras que o converten no tema máis potente do disco cos metais perfectamente ensamblados e no que máis se nota a man de Kosta, dándolle un son moi Boikot. A letra volve a falar da loita e o de sentimento de desacougo de aquel que ve como a sociedade non fai nada para mudar as cousas máis que alberga unha raiola de esperanza e cre que algún día todo pode cambiar. The Locos apuntan na boa dirección con este traballo, se non perden o rumbo nas seguintes entregas, poden chegar a facer historia, cousa nada fácil. Listaxe de Temas1. La Realidad2. María Isabela3. Hueso y Piel The Locos Nas Redes WEB: http://www.the-locos.org/ Facebook: https://www.facebook.com/pages/The-Locos/24426698422 Twitter: @thelocos"}
{"ID": "NOS_2282", "summary": "Unha visita guiada ao mural que realizou na central hidroeléctrica do Eume devolve á actualidade o artista da Coruña José María Labra, inxustamente esquecido despois dunha carreira chea de éxitos.", "text": "Foi un artista recoñecido durante un tempo; logo, chegou o esquecemento. José María de Labra (A Coruña, 1925-Palma de Mallorca, 1994) é unha das figuras máis descoñecidas da arte galega do século XX, malia que no seu momento gozou dun prestixio que o situou na primeira liña da arte. Labra formouse na Escola de San Fernando de Madrid, onde entrou en contacto co Grupo Parpalló, co Equipo 57 e co Equipo Córdoba, colectivos todos eles que pretendían conectar a creación artística co panorama internacional tras a interrupción causada polo golpe de Estado, a guerra e a ditadura. Labra foi conseguindo recoñecementos desde unha idade moi temperá A súa arte foi evolucionando cara á abstracción xeométrica e o construtivismo. Nun panorama dominado pola irrupción do informalismo, el absorbía as teorías de Walter Gropius, un dos fundadores da Bauhaus, defendendo a transformación da sociedade a través da arte. Os postulados que seguía supuñan a renuncia á individualidade en favor do colectivo, polo que houbo que suavizar a teoría baixo a etiqueta de \"arte normativa\", un movemento que logrou organizar algunhas exposicións e que, dentro do Estado franquista, supuxo unha especie de excepción consentida. Labra foi conseguindo recoñecementos desde unha idade moi temperá: participou na Bienal de Sao Paulo e en exposicións no Grand Palais de Bruxelas, no Museo de Arte Moderna de Tokio ou na Tate Gallery de Londres e recibiu numerosos galardóns, entre outros, o premio Francesco Perotti da Bienal de Venecia, o Premio Uruguai na III Bienal Hispanoamericana de Barcelona ou o Gran Premio no III Festival Internacional de Cagnes-Sur-Mer. Unha obra mestra agochada Malia as prolongadas ausencias ás que o obrigaba esa continuada presenza na escena internacional, Labra aínda tivo tempo de levar a cabo algúns proxectos na Galiza. Sen dúbida, o máis coñecido é a posta en marcha, xunto con Urbano Lugrís e Mariano Tudela, da revista Atlántida, que se publicou desde 1954 na Coruña e na que participaron, entre outros moitos, Ramón Otero Pedraio, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luz Pozo Garza, Pura Vázquez, Antón Avilés de Taramancos ou, desde outras xeografías, Gómez de la Serna e Alfonso Sastre. Menos coñecida, mais dunha enorme importancia na súa traxectoria artística, é a dunha interesantísima actuación na Central Hidroeléctrica do Eume que supuña un proxecto pioneiro na integración das artes. A obra que situou no testeiro da nave de turbinas da central será o obxecto, o vindeiro día 23, dunha visita guiada polo arquitecto e profesor da Universidade da Coruña Antonio S. Río Vázquez. \"Simplemente pola dimensión que ten esta obra -probabelmente é a súa obra máis grande-, xa é destacábel\", explica Río Vázquez a Nós Diario, \"pero, ademais, é paradigmática no seu propósito de integrar as artes, de traballar conxuntamente con creadores doutras disciplinas, con arquitectos e enxeñeiros\". Seguindo as teorías do neoplasticismo de Gropius, efectivamente, Labra colaborou con numerosos arquitectos, entre outros, con Alejandro de la Sota. \"É curioso que sitúe unha obra desta envergadura e desta ambición intelectual nun lugar no que estaba practicamente condenada a non ser vista por ninguén\", continúa Río Vázquez, \"unha central de turbinas agochada no medio das Fragas do Eume. Iso tamén é indicativo do enorme compromiso ético do seu traballo\". O traballo conxunto de enxeñeiros, arquitectos e artistas plásticos transforma esta estrutura nunha expresión perfecta do ideal de integración das artes, que asumía as correntes estéticas más vangardistas do momento. A concepción da obra no entorno das Fragas do Eume, intentando a súa integración coa contorna, a fuxida dunha arte decorativa e a procura da destrución da composición tradicional eran uns principios que enfrontaban a Labra coa estética dominante na época. \"Pero por volta\", apunta Río Vázquez, \"déixanos unha obra que sitúa a Galiza no centro da arte europea do seu tempo\". A sorte deste mural é semellante á da propia obra artística de Labra. \"É unha obra mestra, mais case ninguén sabe que está aí, nin sequera hai unha placa que a recoñeza\", di Río Vázquez Un recoñecemento debido Labra non ten agora quen o reivindique, malia que a súa obra segue a ser merecente dunha revisión a fondo que a volva situar no lugar que lle corresponde. A sorte deste mural é semellante á da propia obra artística de Labra. \"É unha obra mestra, mais case ninguén sabe que está aí, nin sequera hai unha placa que a recoñeza\", di Río Vázquez. \"Labra é un autor fundamental para comprender a historia da arte durante a ditadura e, en xeral, no decorrer do século XX no Estado. Se con estas visitas logramos que haxa un certo recoñecemento, aínda que sexa pequeno, xa me dou por satisfeito\", conclúe. A colaboración con outro artista galego de primeira liña: Alejandro de la Sota Outro dato descoñecido, mais do máximo interese, é que na Galiza tamén existe unha obra que testemuña a colaboración de Labra con Alejandro de la Sota. A antiga Escola de Capataces Agrícolas de Bastiagueiro, actualmente incluída no complexo do INEF, construída por De la Sota en 1948, contou tamén coa colaboración de Labra, que realizou un mural para a capela do edificio. Ambos fixeron parte da SEDI (Sociedade de Estudos para o Deseño Industrial) que se fundou en Madrid en 1957, e colaboraron en varias obras en diferentes lugares do Estado."}
{"ID": "NOS_29779", "summary": "Desde o Goberno local inciden en que o fallo do Tribunal Superior \"non é unánime\", e din que estudarán a posibilidade de interpor un recurso de casación contra esta sentenza.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de emitir dúas sentenzas nas que considera que o mantemento do paseo das Avenidas de Vigo, parte do cal afundiu durante un concerto do festival O Marisquiño de 2018, era \"responsabilidade municipal\". Nunha nota de prensa remitida aos medios de comunicación, o TSXG sinala que \"existen causas\" para anular o convenio 'Abrir Vigo ao Mar', subscrito en 1992 entre Concello, Zona Franca e Autoridade Portuaria, \"debido a que se entende que o Concello incumpriu a súa obriga de manter e conservar parte da área afectada por ese documento\". O Marisquiño cancela a súa edición de 2021, di que \"non volverá realizarse en Vigo\" e avalía marchar da Galiza \"Necesariamente, o mantemento debe conectarse coa seguridade e co uso, e o Concello non o cumpriu, á vista dos documentos achegados, xa que diferentes cargas sobre os elementos cedidos poden ter consecuencias distintas\", sostén o fallo xudicial. Aliás, os maxistrados subliñan que o Concello, \"antes de autorizar un uso diferente ao simple paseo, que era o que tiña na concesión\", debeu \"valorar a seguridade da instalación\". \"Os usos víñanse xestionando polo Concello desde unha posición de control das instalacións cedidas, polo que necesariamente debería de controlar todas as medidas que afectasen ditas instalacións, non puidendo pretender que tivese liberdade de uso mais sen responsabilidade en canto ao mesmo\", prosegue a sentenza. 370 feridos, 5 deles graves, ao ceder parte parte do paseo marítimo de Vigo no Marisquiño Resposta do Concello Pola súa parte, o Goberno local, a través dun comunicado, evitou entrar a valorar o contido das resolucións, se ben salientou que \"ambas as dúas teñen un importante voto particular\" no que un dos xuíces indica que en 1992 esa dársena \"non podía incluírse no convenio 'Abrir Vigo ao mar'\", ao tempo que sinala que tampouco aparece mencionada \"na acta de entrega das obras por Zona Franca ao Concello\", formalizada en 2003. Neste senso, desde o Concello de Vigo inciden en que a decisión do TSXG \"non se toma por unanimidade\" e \"non se impoñen costas, o que constitúe un elemento procesal moi significativo\". TSXG conclúe que a aseguradora do Marisquiño debe pagar a asistencia ás feridas do accidente de 2018 Contra esta resolución cabe presentar recurso de casación, algo que os servizos xurídicos municipais \"están a estudar\"."}
{"ID": "NOS_42243", "summary": "As novas tecnoloxías están a remexelo todo. A forma en que concibimos a comunicación, mais tamén a maneira en que nos comunicamos nós propias. Neste senso, o audiovisual non escapa do furacán que supuxo a Internet e ten na rede un novo espazo para a creación, a difusión e mesmo a produción e distribución dos proxectos. Dhogs e Fame dan boa conta disto.", "text": "Galiza é un dos territorios máis prolíficos no eido audiovisual e numerosos filmes, curtametraxes ou documentarios feitos por autor@s galeg@s están a ter grande sona nos festivais internacionais. Algunhas, mesmo cos seus primeiros proxectos. Neste senso, quixemos abordar cal é o panorama das novas creadoras e creadores galeg@s da man de dous proxectos que, se ben están a comezar a súa andaina, dan boa conta do bo estado de saúde que presenta o audiovisual do país e das múltiples posibilidades que están a atopar malia a crise e a escaseza de axudas públicas. A longametraxe Dhogs e a webserie Fame son unha pequena mostra do que dan de si os miolos en Galiza. 20.000 euros e moitas gañas\"Dhogs é unha longametraxe de ficción e baixo presuposto\", mais que procura, din desde a Produtora GaitaFilmes, \"unha alta calidade técnica e artística\". Esta longametraxe que transcorre \"nunha realidade paralela á nosa\", afirman os seus creadores, está coproducida por Acanea Impulsión (Gaitafilmes) e Pixel Films, \"unha equipa chea de motivación e ilusión\" que visa botar a andar un proxecto que, aseguran, \"tiñamos en mente desde hai tempo\". Andrés Goteira, autor do guión, \"levaba máis dun ano traballando sobre a idea e cando rematou, dábanse as condicións acaídas para comezar\". Foi aí cando este grupo de amigos (Suso, Adrián, Andrés, Laura) comezou a desenvolver \"todo o que rodea unha longametraxe\". En primeiro lugar, recabando o orzamento preciso. \"Somos os primeiros en arriscarnos ao apostar polo filme\", desta maneira ambas as dúas produtoras investiron \"uns 20.000 euros\" que, din, \"constitúen o eixo principal do orzamento\" e a partir de aí, subliñan, \"intentamos facelo medrar, achegarllo ao público mediante o crowdfunding, buscar inversores e patrocinadores privados, e quizais algunha axuda pública\". O crowdfunding está a ser un recurso cada vez máis xeralizado para a obtención de axuda económica en todo tipo de proxectos --non só audiovisuais. Neste senso, moit@s nov@s creador@s ven nesta ferramenta on-line unha posibilidade para botar a andar as súas iniciativas, sobre todo, perante a escaseza de axudas públicas. \"Parécenos unha boa forma de axudar a financiar pequenos proxectos, sobre todo cando, como é o noso caso, as axudas públicas son máis reducidas\", afirman desde GaitaFilmes. Asemade, o crowdfunding \"serve en si propio como unha nova canle de difusión dos traballos\" pois, din, \"podes presentarlle á xente directamente o proxecto, sen artificios\" e despois \"eles deciden se queren investir\". Explorar novos formatos audiovisuaisAo igual que Dhogs, a webserie Fame nace do maxín dun grupo de estudantes que partillaron un curso de audiovisual en Celanova. Fame é para o público \"moitos quilómetros de exceso, noite e alcol\", sinala a súa directora, Anxos Fazáns. \"Tres capítulos protagonizados por dúas mozas cargadas de enerxía\", mais que para as súas autoras é \"moitas horas de traballo nun proxecto audiovisual arriscado\" que \"superou as espectativas\" iniciais e agora \"continúa medrando\", asegura Anxos. Esta webserie, que as autoras recoñecen constitúe un formato novidoso, contou na súa primeira tempada co apoio da Fundación Carlos Casares, da Universidade de Vigo e da propia Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra --onde estudaron-- mais, afirman, \"o mundo das webseries é un selva tan inexplorada que non hai un decálogo a seguir para conseguir financiar un proxecto\". Neste senso, para o segundo tramo da iniciativa, que titularán Sede, \"pretendemos voar fóra do niño\", explica Silvia Fuentes, produtora de Fame, para o que están á procura de \"financiación privada pola vía dos patrocinadores, por exemplo\". E a audiencia sérvelles de aval. \"Tivo moi boa acollida por parte do público, na plataforma Uvigo TV cada capítulo ten máis de 1000 visitas e a canle que a serie ten aberta en Youtube conta con máis de 2100 reproduccións\", indica Anxos Fazáns. Novas redes de distribución on-line Para @s nov@s creador@s, difundir os seus proxectos é un dos aspectos máis complexos, xunto coa obtención dos recursos económicos e materiais. \"Nós traballamos na Internet porque é difícil acceder ás canles convencionais como o cine ou a televisión\", aseguran desde Fame. Así, a rede \"danos folgos\" porque \"é doado subir os contidos\" e ao mesmo tempo \"é doado para o espectador acceder a eles\". De igual maneira, desde GaitaFilmes os seus creadores coidan que \"a maneira tradicional de dar a coñecer un proxecto humilde\" como Dhogs \"está bastante esgotado\", polo que \"as plataformas de visionado on-line\" supoñen \"unha alternativa\" na que din \"temos depositadas moitas esperanzas\". No entanto, webs \"como Filmin, Yomvi, Wuaki, Total Channel... non son moi coñecidas\" xa que, afirman, \"estamos nese tempo de transición cara á unha nova forma de ver cine, e proxectos como o noso quedan un pouco en terra de ninguén\". O apoio institucional mingua As axudas que as institucións públicas adican aos proxectos impulsados por nov@s creador@s é cada vez menor. Os recortes e a política de 'austeridade' deixan@s as máis das veces sen apoio institucional. \"Os fondos destinados para o audiovisual en xeral son ben escasos e partindo desa base os que traballamos no mundo da webserie atopámonos cun problema engadido que é a falta de presenza do formato\" á hora de solicitar as axudas ao \"non aparecermos tipificados na lista de formatos para os que van dirixidos as axudas\", indica Silvia Fuentes. Perante esta realidade \"a nosa experiencia até o momento é \"faino ti propia\", acrecenta Anxos. \"O apoio institucional existe, pero cremos que podería ser máis sinxelo acceder a el\", explican desde GaitaFilmes mais \"gostaríanos que as axudas estivesen repartidas e chegasen a un gran número de proxectos, premiando así a aqueles con presupostos máis racionalizados que non requiren inxeccións desorbitadas de diñeiro público\". No entanto, entrementres, \"hai que agudizar o enxeño\"."}
{"ID": "NOS_55100", "summary": "O proxecto Ágora procura valorizar o espazo público dos concellos", "text": "O proxecto Ágora da Deputación de Pontevedra -rede de acción institucional a prol de valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía- é susceptíbel de conseguir financiamento europeo. Así o indicaron fontes ministeriais do Estado español após o encontro en Madrid do titular de Mobilidade e Espazo Público da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, co director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Mobilidade, Iñaqui Carnicero. Benítez mantivo a reunión en Madrid, na que tamén estivo persoal técnico de ambas as Administracións, para presentar o proxecto Ágora, obtendo \"moi boa sintonía e receptividade\", xa que a Deputación \"está a ser unha das institucións que está traballando a nivel estatal para recuperar espazo público para as persoas fronte ao vehículo privado\", resaltou Benítez. Ademais lembrou que Ágora ten como obxectivo recuperar o espazo público nos concellos de forma cuantificábel e reverter a tendencia de \"invasión\" dos vehículos a motor para que en 2023 o espazo para as persoas sexa maioritario. No plazo para inscribirse, houbo unha gran acollida en comarcas como O Morrazo o o Baixo Miño. Unificar criterios na raia Que na beira portuguesa do río Miño as ecopistas están feitas de formigón e no lado galego só poidan ser de xabre, ou que nunha beira haxa control de aves protexidas e de especies invasoras e na outra non, ou mesmo que nun lado se permitan recheos e no outro estean prohibidos son cuestións que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (integrada pola Deputación de Pontevedra) quere abordar cos Gobernos galego, español e portugués. A idea é unificar os criterios de actuación e protección do Miño nun plan de xestión transfronteirizo común e coordinado que evite criterios diferentes e \"disfuncións\", resaltou o deputado Uxío Benítez."}
{"ID": "NOS_50834", "summary": "O comité de empresa remitiulle un escrito á dirección do ente público exixindo o cese desta actitude.", "text": "O comité de empresa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) entregoulle esta sexta feria, a proposta da CIG, un escrito á dirección da canle pública reclamando \"o cesamento das amezas de sanción dos responsábeis da nova empresa adxudicataria do servizo de estilismo, Acicala Estilismo, ás súas traballadoras por non poñer en lugar visíbel as identificacións facilitadas e que están escritas en castelán\". Segundo denuncian dende a representación dos traballadores, estas identificacións incumpren o artigo 6 da Lei dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galiza, que establece que a lingua da CRTVG é o galego e que as comunicacións efectuadas ao persoal dependente dela no exercicio das súas tarefas teñen que ser en lingua galega. As ameazas prodúcense, denuncia o comité, após as queixas que Acicala Estilismo di ter recibido por parte do coordinador de Seguridade e Saúde Laboral da CRTVG, que esixe a identificación no posto de traballo deste persoal, \"cando non existe o mesmo requirimento no caso dos empregados/as doutras contratas que prestan servizo no centro de traballo da CRTVG en San Marcos\". A empresa Acicala Estilismo fíxose recentemente co servizo de estilismo após un conflito laboral en protesta polas débedas salariais que acumulaba a anterior compañía concesionaria, New Model's."}
{"ID": "NOS_52012", "summary": "Estaban chamadas 42.000 ás \"vacinacións masivas\" e presentáronse 32.500.", "text": "A Xunta vacinou durante esta fin de semana contra a Covid-19 un total de 32.560 persoas pertencentes aos grupos poboacionais de entre 60-65 anos e 70-79 anos. Así, das máis de 42.000 persoas chamadas a vacinarse en grandes recintos, durante as xornadas do sábado e do domingo, o 75% acudiu a vacinarse contra o coronavirus. Un 25%, unha de cada catro, non acudiu á cita. Na xornada do domingo, nos recintos de vacinación masiva habilitados por Sanidade, vacináronse un total de 21.274 persoas pertencentes ao segmento de poboación comprendido entre os 70 e os 79 anos. Das 25.550 persoas que estaban citadas, vacináronse coa primeira dose o 83%. Atendendo ás diferentes áreas sanitarias, este domingo 4.336 persoas foron vacinadas na área de Coruña-Cee, 1.527 na área de Ferrol, 3.886 na de Santiago-Barbanza, 1.989 na de Pontevedra-O Salnés, 4.366 na de Vigo, 2.476 na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras e 2.694 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Cribado Durante esta fin de semana a Dirección Xeral de Saúde Pública intensificou a realización de cribados poboacionais en diferentes localidades galegas. Así, das preto de 25.000 persoas que estaban chamadas para realizar probas diagnósticas, 25 deron resultado positivo. En concreto, detectáronse 11 casos no conxunto de puntos de cribado habilitados na cidade da Coruña, 1 positivo no aeroporto de Alvedro; 4 no cribado realizado en Meira, 1 no do Barco de Valdeorras e 8 nas diferentes probas realizadas en Vilanova de Arousa."}
{"ID": "NOS_14150", "summary": "Apresentación do manifesto O Fim do Apartheid, en Compostela. Unha das promotoras, Teresa Moure, afirma que é complicado decidir o que é ou non é unha lingua.", "text": "Na quinta feira foi presentado o manifesto O Fim do Apartheid na libraría Pedreira, en Compostela. No acto interviron Teresa Moure, Suso de Toro e Verónica Martínez Delgado. Comeza Moure presentando o proxecto nun espazo acolledor en fronte dunha multitude de olladas. O manifesto nace por mor da iniciativa de Mario Herrero, quen sentiu a desigualdade que sofre a corrente reintegracionista. De aí que se plantexasen escreber unha serie de artigos e pedir sinaturas para o manifesto. \"Hoxe a cifra é inmensa\", comenta Moure. O segundo ponto do manifesto é a conciliación. Afástase do núcleo clásico do reintregracionismo para centrar o interese no día de hoxe. Na modernidade. Mais tamén é humilde. En canto a esta cuestión, afirma Moure que moitas persoas acusáronos de vitimistas. Ao que ela respondeu: \"denunciamos por iso, porque somos vítimas\". Por outra banda, non é proselitista, senón que procura crear unha cultura cooperativa. O cuarto ponto pretende apelar contra a discriminación que padecen as escritoras e escritores que escreben na forma internacional do galego. O obxectivo é rematar co Apartheid. As editoras e concursos rexeitan as obras escritas nesta forma. Iso implica que non se difunden, e sen coñecemento non hai recoñecemento. Suso de Toro esclareceu que estamos ante un asunto de xustiza: \"Néganselles dereitos como cidadáns\" Durante a apresentación do manifesto, interviu Suso de Toro, quen aclarou que estamos ante un asunto de xustiza. \"Néganselles dereitos como cidadáns\". Verónica Martínez Delgado fala desde a experiencia. Explicou sucesos persoais nos que sente a marxinación. Neste sentido, tamén Teresa Moure engade que desde que comezou a escreber de xeito \"non normativo\" pecháronlle as portas moitas editoras. Por agora asinaron o manifesto diputados, concelleiros, escritores, membros da Real Academia Galega e integrantes de editoras. Tamén persoal que conforma a Mesa de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Rematada a presentación abriuse o debate público. Moitas persoas alzaron a voz para reivindicar unha causa compartida. Amais, móstranse agradecidos pola iniciativa e fixeron cuestións tan interesantes como se teñen pensando presentar o manifesto no Consello da Cultura Galega, ou se contaremos con máis proxectos futuros. \"Unha vez iniciado o camiño non imos ficar quietos\", respondeu Moure."}
{"ID": "NOS_47641", "summary": "O presidente da Xunta mantivo un encontro esta terza feira co Ministerio de Transición Ecolóxica para exixir \"máxima flexibilidade\" na tramitación de novos proxectos.", "text": "A Comisión Europea ten previsto esta cuarta feira presentar un mecanismo para reducir os prazos de tramitación de proxectos de enerxías renovábeis. Esta redución de tempo pasaría polo recorte dos requisitos ambientais estabelecidos polos Estados membros da Unión Europea. Quen está detrás dos proxectos da eólica mariña na Galiza? Con este mecanismo, que Bruxelas agarda aprobar de urxencia, os informes de impacto ambiental requiridos polas Administracións ás promotoras deste tipo de proxectos veríanse reducidos, segundo desvela o medio francés Contexte, que tivo acceso ao borrador que a Comisión presenta hoxe. Neste sentido, a medida prevé desencallar e acelerar os proxectos fotovoltaicos e eólicos que actualmente están previstos na UE. Precisamente, o recorte de trámites ambientais aos proxectos de eólica afectaría notabelmente a Galiza, onde os colectivos e asociacións ecoloxistas exixen un maior control e restrición na instalación deste tipo de infraestruturas, debido ao seu impacto medioambiental no medio natural. A Xunta acóllese a unha excepción legal para autorizar tres parques eólicos na Mariña Unha vez sexa aprobado o mecanismo, que non será consultado coa cidadanía dos Estados membros nin será sometido a unha valoración de impacto, entrará en vixencia o día posterior a aparecer no Diario Oficial da Unión Europea, cunha vixencia inicial de doce meses. Aliás, durante a primeira metade de 2023 a Comisión Europea deberá avaliar os seus resultados, co pretexto de decidir a súa prolongación. Xunta e Goberno español, da man coa eólica mariña Horas antes de que Bruxelas dea a coñecer oficialmente este mecanismo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda -que a pasada semana aprobou recortar á metade os prazos de novos eólicos na Mariña-, mantivo unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, para abordar a cuestión da eólica mariña, entre outras. O delegado do Goberno estatal na Galiza urxe máis parques eólicos no país Na xuntanza, os Gobernos galego e español coincidiron na intención de impulsar unha plataforma experimental de eólica mariña, con sede no porto exterior da Coruña, de cara ao desenvolvemento posterior doutros proxectos eólicos na costa do país. É o caso de, por exemplo, Volanteiro, un proxecto impulsado por Capital Energy nas Rías Baixas, coa previsión de instalar 34 aeroxeradores a menos de 30 quilómetros do litoral galego. Na rolda de prensa posterior á reunión, Rueda exixiu ao Executivo de Pedro Sánchez \"máxima flexibilidade\" para a tramitación de parques eólicos, mediante e recorte os requisitos que actualmente exixe o Miteco. \"A Galiza está en disposición de converterse nun referente estatal na eólica mariña\", asegurou o presidente galego. 34 aeroxeradores mariños fan perigar a pesca no sur da Galiza Pola súa parte, Ribera manifestou que a Galiza \"non se entende sen o mar e a súa potencia, e sen o aproveitamento adecuado\", motivo polo cal, baixo o seu criterio, \"acelerar a plataforma de ensaio [da eólica mariña] é fundamental\"."}
{"ID": "NOS_21998", "summary": "O ex-adestrador de Eibar e Real Valladolid será o substituto de Víctor Sánchez del Amo no banco do Deportivo da Coruña. Gaizka Garitano destacou como adestrador na súa etapa no Eibar na que conseguiu levar o clube de Segunda B a Primeira División.", "text": "O novo adestrador do R.C. Deportivo chega cunha carta de presentación contraditoria. Capaz do mellor e do peor e cunha experiencia moi similar á de Víctor na última metade desta tempada. Gaizka Garitano conseguiu un fito case inacadábel para a Sociedade Deportiva Eibar, levándoos desde a categoría de bronce até enfrontarse cara a cara cos mellores equipos do mundo. Gañou a liga de Segunda División cun presuposto de tan só 4.000.000 de euros En menos de dous anos, pasou de ascender no Hospitalet de Llobregat a rematar oitavo a primeira volta na Primeira División, após ter dado unha maiúscula sorpresa en Segunda, ascendendo cun orzamento de tan só 4.000.000 de euros e facéndose co título. Mais as cousas torcéronse e, no segundo tramo do campionato, o seu Eibar caiu a postos de descenso, rematando a liga en décima oitava posición e salvándose grazas ao descenso administrativo do Elche C.F. Despois do final abrupto, Garitano decidiu apresentar a súa demisión e, posteriormente, iniciar unha nova etapa no Valladolid, onde ás 9 xornadas, con tan só 9 puntos no casilleiro e en postos de descenso, foi cesado pola xunta directiva. Vexamos que pode ofrecer este vasco na Coruña Da gloria ao esquecemento, Garitano vive nos extremos. Un auxe desbocado e efémero precedeu á caída en picado. Mais analicemos o auxe e vexamos que pode ofrecer este vasco na Coruña: Garitano propón un fútbol combinativo nos escenarios habituais. Busca o dominio do xogo, mais é consciente das limitacións dos seus equipos e súpleas con centros e xogo directo. A fortaleza do seu Eibar en Segunda División foron unha defensa férrea e o seu estadio, Ipurúa, cunhas dimensións reducidas que facían sufrir aos rivais na elaboración do xogo. Na tempada 2013-14, o Eibar gañou a liga, non en van por diante do Deportivo, con 71 puntos e só 28 goles na súa contra. Na seguinte tempada, en Primeira División, os de Garitano comezaron dun xeito excelente, aproveitando ao máximo as súas potencialidades, mais a falla de gol lastrou o conxunto levándoo a unha crise de resultados. O aporte ofensivo de Arruabarrena e Manu del Moral facíase escaso e a boa defensa formada por Raúl Navas e Albentosa viuse moi afectada coa marcha deste último no mercado de inverno. Con todo, Garitano non se afasta moito do estilo que luciu o Depor esta tempada. Un xogo combinativo, mais práctico que dependerá moito da plantilla que consigan formar os coruñeses este verán. Polémica No seo da afección coruñesa seguen a se recordar unhas declaracións de Garitano nunha entrevista nas que se referiu á lei concursal do Deportivo como unha trampa que situaba o seu equipo en desvantaxe e que iso adulteraba a competición. Garitano non se caracteriza por ser políticamente correcto e isto fixo que estivese, tamén, no punto de mira após de criticar o xogo duro do Atlético de Madrid nun entreno cos seus xogadores do Eibar. Para ben ou para mal, de seguro que Garitano dará que falar."}
{"ID": "PRAZA_7975", "summary": "Paralízase o desaloxo tras o acordo coa familia propietaria, que dá dous meses á muller de 85 anos para que busque unha nova vivenda. Uns trinta activistas permaneceron pechados nos Servizos Sociais da Coruña sete horas na procura dunha xuntanza co concelleiro que non chegou.", "text": "Uns trinta activistas de Stop Desafiuzamentos permaneceron pechados desde as 10 da mañá e ata arredor das cinco da tarde na Concellería de Servizos Sociais da Coruña á espera de poder ser recibidos por algún responsable do departamento. Agardaban unha xuntanza, que non chegou, co obxectivo de que o Concello lle garantise a Aurelia Rey \"unha vivenda digna\", logo de que o seu desaloxo fose paralizado este luns ao chegar a un acordo o avogado da anciá coruñesa coa familia propietaria. O avogado de Aurelia Rey cualifica de \"fito\" a paralización \"dun desaloxos forzoso con sentenza firme\" Porque a presión social funcionou desta vez. O avogado de Aurelia, Antonio Vázquez, anunciou pola mañá \"a solución amigable\" á que se chegara cos propietarios para \"poñer fin ao conflito de forma pactada\". Os donos do piso da Padre Feijoo no que a muller de 85 anos vive desde hai máis de 35 anos retiraron a denuncia, polo que se conseguiu deter un desafiuzamento que xa fora paralizado pola mobilización social en dúas ocasións. \"É un fito nesta loita para que unha lei manifestamente inxusta sexa modificada, un pacto que evita un desaloxo forzoso e a primeira vez que se logra frear un desaloxo forzoso con sentenza firme\", aclarou o letrado, que non aclarou os detalles do acordo, pero que si insistiu en que a saída da anciá da súa vivenda \"será voluntaria\" e nun prazo de dous meses. Segundo puido saber Praza, o acordo consiste en que Aurelia contará agora con oito semanas para abandonar a súa actual vivenda, período no que deberá buscar outra casa, ao tempo que a familia González-Pereira -a propietaria- compensará economicamente unha muller que cobra unha pensión de 375 euros e paga 125 polo aluguer do piso. \"Non remata aquí o traballo; loitamos por unha vivenda digna e a Administración ten moito que dicir\" \"Non remata aquí o traballo; seguiremos loitando por unha vivenda digna para Aurelia\", asegurou o seu avogado. Precisamente, esa é a intención de Stop Desahucios e do peche que varios activistas mantiveron na Concellería de Servizos Sociais. \"A Administración ten moito que dicir\", engade o letrado. Mentres, Héctor Tejón, un dos voceiros do colectivo concentrado desde hai unha semana fronte ao portal da vivenda, agradeceu visiblemente emocionado \"a implicación da cidadanía, dos manifestantes e dos bombeiros\" e insistiu en que \"non hai vontade política\" para axudar a muller afectada. No peche púidose ver o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento o pasado luns \"O poder político prefire salvar bancos a salvar persoas\", insistiu, tras engadir que a loita \"só acaba de comezar\". \"Exiximos unha vivenda digna para Aurelia\", asegurou, momento no que os trinta activistas alí concentrados decidiron trasladar a súa protesta ao gabinete da Concellería de Servizos Sociais, no que se pecharon logo dunha negociación cos axentes da Policía Local que alí chegaron. Pasadas dúas horas de peche, os congregados arrincaron o compromiso de fixar unha reunión do concelleiro Miguel Lorenzo ou dalgún responsable do seu departamento con dous representantes do colectivo. No entanto, e transcorridas cinco horas máis sen comer e sen que se lles permitise ir ao baño, abandonaron o peche solicitando \"a dimisión do concelleiro\" e insistindo nunha reunión á que se nega a administración local. Stop Desahucios pide a dimisión do concelleiro de Servizos Sociais \"por lavarse as mans\" no conflito da anciá coruñesa Ademais, Adolfo Naya, un dos voceiros de Stop Desafiuzamentos, explicou que a Policía Local lles comunicou que estaban incorrendo en tres delitos, entre eles o de desobediencia e ocupación de espazo público, tras ser identificados varios activistas e logo dun amplio despregamento policial. \"Non pode ser que laven as mans\", insistiu o portavoz, que teme que dous dos presentes no encerro poidan ser denunciadas tras o atestado aberto polos axentes locais. Aurelia Rey rexeitou a pasada semana dúas vivendas ofertadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) xa que os dous inmobles estaban situados ás aforas da Coruña, o que podería provocar, segundo o seu propio avogado, \"un forte desarrraigo social\". Tanto a afectada, como o seu representante legal e Stop Desafiuzamentos pídenlle ás administracións unha solución para que a muller poida residir nunha vivenda digna e na propia cidade, tal e como leva facendo desde hai máis de trinta anos. A residencia, opción que contempla o Concello da Coruña, sempre foi rexeitada pola anciá. Entre berros de \"Aurelia por ti, estamos aquí\", \"nin xente sen casa, nin casa sen xente\" ou \"onde están os Servizos Sociais?\", varias ducias de persoas mantiveron o peche no que tamén se encontraban os voceiros do BNG e Esquerda Unida no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril e César Santiso. No encerro tamén se puido ver ao bombeiro que no primeiro intento de desaloxo se negou a cortar a cadea que impedía o paso da comisión xudicial e que suxeitou un cartel de Stop Desafiuzamentos para mostrar o seu apoio ao movemento."}
{"ID": "NOS_36523", "summary": "Proposta entregue en dezembro às Nações Unidas abrange Ilhas Selvagens, que pertencem a portugueses e podem ter reservas de gás natural.", "text": "A Espanha entregou no último mês de dezembro uma proposta à ONU (Organização das Nações Unidas) para alargar sua plataforma continental e incluiu no projeto as Ilhas Selvagens, localizada no oceano Atlântico, que pertencem a Portugal e supostamente possuem reservas de gás natural. O governo português tenta minimizar qualquer conflito. Madrid reivindica a soberania de uma área de 296,5 quilômetros e dentro deste limite estão as Ilhas Selvagens (composta pela Selvagem Grande e Selvagem Pequena) – que possuem cerca de dez mil quilômetros quadrados e faz parte da Ilha da Madeira, apesar de estarem mais próximas das Ilhas Canárias. Os espanhóis argumentam que o território não é uma ilha, como alega Lisboa, mas apenas rochedos. As Ilhas Selvagens são um subarquipélago do arquipélago da Madeira localizado no Oceano Atlântico, a 165 quilómetros a norte da arquipélago espanhol das Canárias, a 250 quilómetros ao sul da cidade doFunchal (Madeira), a cerca de 250 quilómetros a oeste da costa africana. O arquipélago é um santuário para aves, é muito agreste e tem uma área total de 273 hectares. O Estado Espanhol tem insistido em que a delimitação da Zona Económica Exclusiva (200 milhas náuticas) se faça ignorando as Selvagens, ao considerá-las como rochas, enquanto que o Estado Português insiste na sua classificação como ilhas, ampliando assim a Zona Económica Exclusiva (ZEE) portuguesa. Tirado de Opera Mundi"}
{"ID": "NOS_39647", "summary": "Ana Mato presentou a súa renuncia como ministra de Sanidade após coñecerse que o xuíz Ruz a sinala como beneficiaria lucrativa da trama Gürtel.", "text": "A responsábel do Ministerio de Sanidade do goberno español emitiu esta cuarta feira un comunicado de imprensa co que anunciou a súa demisión. Trátase da primeira renuncia no executivo de Mariano Rajoy relacionada coa corrupción. Mato foi sinalada no decorrer da investigación xudicial que instrúe Pablo Ruz, como beneficiaria lucrativa da trama Gürtel. A decisión de Mato oficialízase horas antes de que o presidente español, Mariano Rajoy, compareza no Parlamento para explicar o seu plan de rexeneración democrática. No comunicado de imprensa, Ana Mato di non estar imputada na investigación mais o xuíz Ruz sinálaa no seu último auto como \"partícipe lucrativa\" da Gürtel e chámaa a prestar declaración en sede xudicial. Segundo as investigacións do instrutor, a xa ex-ministra de Sanidade tería percibido por volta de 31.500 euros procedentes da trama de corrupción, que gastou en agasallos, viaxes, paiasos e festas destinadas ás súas crianzas. Mato atribúe a decisión á súa \"situación familiar\" e á vontade de non \"prexudicar\" o presidente Rajoy nen o Partido Popular."}
{"ID": "NOS_3827", "summary": "A portavoz nacional do Bloque anunciou a súa decisión rodeada por un grupo de mulleres militantes. \"É hora de que rachemos conxuntamente cos teitos de vidro\", subliñou.", "text": "Ana Pontón compareceu esta segunda feira perante os medios de comunicación para anunciar que se postulará ao proceso aberto no BNG para elixir a persoa que optará á presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento. A portavoz nacional do BNG desde a XV Asemblea Nacional asegurou que adoptou a decisión após \"ter falado con moitas persoas\" e que outras se teñan dirixido a ela para dar o paso. Neste senso, amosou o seu agradecemento pola iniciativa impulsada por un grupo de militantes no que apoiaban a súa candidatura. \"As mulleres debemos rachar colectivamente cos teitos de vidro, situar no centro das políticas a defensa da igualdade, o feminismo\" Rodeada por unha vintena de mulleres militantes entre as que se atopaba a deputada Montse Prado, Ana Pontón asegurou que \"á hora de tomar a decisión di que \"foi importante o compromiso coa igualdade\" cre que as mulleres \"debemos rachar colectivamente cos teitos de vidro, situar no centro das políticas a defensa da igualdade, o feminismo\" un \"camiño\", di, \"que non só queren camiñar as mulleres\" senón \"tamén moitos homes\", enfatizou. A súa candidatura é até o momento a única feita pública á espera de que remate o prazo de presentación das mesmas na cuarta feira (20 de abril). Así as cousas, en resposta aos medios de comunicación, Pontón asegura que \"facilitamos que calquera persoa se poida presentar e coa convición de que iso é positivo, non sei cantas organizacións pode dicir que para se candidatar só precisan o aval de 50 persoas\" polo que a existencia de máis ou menos candidaturas, dixo, dependerá da militancia. \"Nesta casa [o BNG] favorecemos a democracia interna\", subliñou. O prazo habilitado polo Consello Nacional para presentar candidaturas remata o 20 de abril De cara aos comicios que terán lugar este ano Ana Pontón defendeu o BNG como \"unha alternativa clara e contundente\" ao Partido Popular e ao \"señor Núñez Feijóo\" de quen dixo \"é pasado\". Fronte a iso, dixo, o Bloque preséntase como \"un proxecto de futuro para a maioría social\", \"as persoas que están a sufrir a precariedade nos seus traballos\", a que \"tivo que emigrar e quere retornar\". \"Somos unha alternativa para acabar co espolio e promover o resgate da maioría social\" situando no centro, di, a \"capacidade para decidir\". \"Galiza é mellor que o goberno que temos\" e \"as galegas e galegos temos moito que dicir e ilusión, esperanza por poder cambiar esta realidade\", afirmou."}
{"ID": "NOS_24268", "summary": "O 9N, o decreto de especialidades, entrevista a Vari Caramés...e moito máis neste semanario. Xa o podes adquirir na nosa loxa.", "text": "Sermos Galiza chega ao número 122. O 9N e o ciclo que se abre agora en Catalunya centran o tema da semana. Falamos con organizacións políticas catalás, plataformas cívicas, galegos en Catalunya e cataláns en Galiza... para ter boa conta do que está a ferver nun país que está a construír o seu propio futuro. Tamén analizamos o decreto de especialidades que propón o Ministerio español para desenvolver a LOMCE, que desespecializa as aulas e atenta contra os dereitos laborais do profesorado. En deportes coñecemos o Universitario Ferrol, o soño daquelas nais do 97. O clube departamental é o único galego na máxima categoría do baloncesto español. En 'Uns tests para estresarse' falamos das necesidades de capital para o conxunto do sistema financeiro europeo poderían achegarse ao medio billón de euros. Cándido Pazó regresa ao teatro infantil 25 anos despois. Contamos todos os detalles neste número. E tamén falamos de Fran P. Lorenzo, gañador do Blanco Amor coa novela 'Cabalos e Lobos'. Entrevistamos a Vari Camarés, fotógrafo que fai unha exposición vintage nunha galería de Vigo. E outra entrevista é a J. Carretero, de San Martiño de Trebello (Cáceres), un estremeño namorado dunha fala diferente.En Viaxes na Miña Terra imos até a Serra do Xistral."}
{"ID": "NOS_11906", "summary": "As medidas de seguridade obrigan a institucións e asociacións a buscar alternativas imaxinativas para homenaxear o intelectual neste 17 de Maio.", "text": "A conmemoración das Letras Galegas mantense viva a través da acción da cidadanía, institucións e de asociacións que, botando man de imaxinación e das posibilidades tecnolóxicas dispoñíbeis na actualidade, elaboraron unha serie de alternativas para celebrar Ricardo Carvalho Calero a través das redes. Numerosos eventos foron suspendidos ou adiados con motivo da crise sanitaria provocada polo coronavirus, entre estes, o tradicional pleno da Real Academia Galega, que se desenvolverá o 31 de outubro, no teatro Jofre de Ferrol, ou o concerto que impulsa o Consello da Cultura Galega (que pasa ao día 30). No entanto, a Academia decidiu aproveitar a fase de desconfinamento en que se atopa a Galiza para renderlle tributo ao intelectual e polígrafo, cunha sinxela ofrenda floral ante a casa que tiña o escritor en Carreira do Conde, na capital do país, cumprindo coas medidas de seguridade decretadas polo Goberno. O acto contará coa presenza de Víctor Freixanes e Margarita Ledo; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e Antonio López, reitor da USC. Ferrol, municipio natal de Carvalho Calero, tamén apostará por un pequeno acto simbólico na praza de Armas, despregando unha lona coa imaxe do autor, sobre as 12.30 horas, seguida dunhas palabras do rexidor, Anxo Mato e a interpretación do himno nacional a cargo do cuarteto Toxos e Froles. Tamén neste domingo, 17 de maio, unha pequena representación da plataforma Queremos Galego realizará unha ofrenda floral ante a estatua de Ricardo Carvalho Calero en Compostela, onde lerán o manifesto dedicado ao homenaxeado e asinado pola escritora María Pilar García Negro. Todos eles levarán elementos de protección e manterán a distancia de seguridade. Versos nas redes A campaña A nosa lingua é a nosa identidade, da Deputación de Pontevedra, impulsou unha colaboración especial coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), en que autores da provincia protagonizan 24 pezas audiovisuais onde interpretan fragmentos de textos de Carvalho Calero e que se difundiron ao longo da semana. Entre os participantes atópanse Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro, Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lourenzo, Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Marta Dacosta ou Elena Gallego, entre outros. A Cidade da Cultura impulsou tamén unha lectura coral en liña de textos do profesor ferrolán, a través dunha recompilación de vídeos realizados por cidadás e cidadáns con textos seleccionados pola poeta Pilar Pallarés, amiga persoal de Carvalho Calero. Documentais e recursos Unha das iniciativas máis completas para conmemorar Carvalho Calero vén da man da colaboración entre AGAL e a Xunta. A web Carvalho2020.gal recolle a versión dixital da mostra A voz presente, que repasa a dimensión artística, humana e lingüística do intelectual. A exposición pódese visitar xunto a contidos de todo tipo que ofrecen unha completa panorámica sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho e que ademais esta dispoñíbel tanto adaptada á norma ILG-RAG como a de AGAL. Martinho Montero Santalha asina a biografía do autor, que se completa con fichas de todas as súas obras e traballos, da man de Marcos Saavedra. Tamén ofrece seis unidades didácticas adaptadas ás diferentes etapas educativas; un monográfico dedicado a Scórpio e outro desde unha lectura en clave feminista. E, ademais, o documental De Carballo a Carvalho. Mostras de todo tipo As bibliotecas públicas galegas ofrecen actividades, exposicións e alternativas que aproveitarán os medios dixitais e telemáticos para compensar as restricións da crise sanitaria. A Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña difundirá unha guía de lectura sobre o escritor e outra sobre a súa vida e obra, que será obxecto de concursos e accións nas redes. A Biblioteca Pública de Lugo mantén a mostra Carvalho Calero Lucense, unha exposición virtual que presenta unha liña do tempo coa súa obra poética, teatral, de prosa e ensaio escrita durante a súa estancia na cidade. A Biblioteca Pública de Ourense unirá esta conmemoración á festa dos maios, cunha creación floral dedicada a Carvalho Calero, unha mostra dixital sobre a súa obra e outra sobre outros autores. A Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra ten a iniciativa Letras con moito ritmo, onde o publico infantil é o protagonista, escribindo e recitando poesía, alén de ofrecer a exposición Ricardo Carvalho Calero: compromiso coa lingua. A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela tamén conta cunha exposición virtual nas súas redes sociais, con infografías, e a difusión de fondos da plataforma GaliciaLe. A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel conta coas mostras virtuais Carvalho Calero, Pretérito (im)Perfecto: traxectoria e obra e As Letras de grandes e pequenos, esta última pensada en chave infantil. A Biblioteca de Galiza, a biblioteca central do Sistema Galego, inclúe unha sección no seu portal con todos os artigos e poemas publicados por Carvalho Calero nas diferentes cabeceiras de prensa galega que se atopan dixitalizados, ademais dos recursos dispoñíbeis na rede. Obras para o 17M O Consello da Cultura Galega difundiu neste sábado a edición facsimilar de Farsa das zocas, unha pequena peza teatral de Carvalho Calero, xunto a unha lectura dramatizada a cargo Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez. E dará a coñecer a composición de Miguel Brotóns a partir dun poema de Carvalho Calero. Tamén neste sábado o proxecto Semente Trasancos fixo público o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego, A Galiza, que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube."}
{"ID": "NOS_39481", "summary": "Por outra parte, o pleno da Deputación de Lugo aproba por unanimidade tres mocións orientadas a defender os intereses do sector pesqueiro.", "text": "O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior do porto de Burela, Basilio Otero, avanzou esta terza feira a convocatoria de mobilizacións polo veto da Unión Europea á pesca de fondo. \"Temos que facer algunha acción social, isto non pode quedar só con papeis ou recursos\", advertiu Otero, quen defendeu que é preciso que se vexa \"realmente\" que o sector está preocupado. \"Témonos que mover, non podemos quedar na bonhomía de mandar un papel e reclamar. Temos que darlle unha volta a isto\", advertiu. Aliás, explicou que \"caben dous tipos de mobilizacións\", unha que pasaría por ir protestar a Bruxelas e outra por levar as súas queixas a Madrid \"ao Paseo da Castellana, onde se atopa a representación permanente\" que ten a UE no Estado español. A Comisión Europea desbota suspender o veto á pesca de fondo porque é \"a mellor decisión\" mais ábrese a \"revisalo\" en novembro Seguidamente, Basilio Otero aplaudiu a intervención do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, quen \"foi realmente duro, nun contexto dun Consello de Ministros da Unión Europea, apoiado por Francia e Irlanda\". \"Non podemos quedar na casa ante unha agravio de tal magnitude\", incidiu o patrón maior. Ao mesmo tempo, sinalou que se trata dunha comarca \"especialmente tocada\" polo veto, ao que hai que sumar que hai \"moitos [barcos] pincheiros que traballan\" en zonas onde se aplica a prohibición da pesca de fondo. \"Ao final afecta toda a Galiza. Isto vai facer que os barcos que traballaban aí teñan que desprazarse a outras zonas e iso vai influír noutras artes de pesca\", avisou. Só na Mariña, poderanse ver afectados perto dun centenar de embarcacións e uns mil empregos. Unanimidade na Deputación de Lugo Pola súa parte, o pleno da Deputación de Lugo aprobou esta terza feira, co voto favorábel de todas as forzas políticas —PSdeG e BNG, no goberno, e PP, na oposición—, tres mocións presentadas por cada un dos grupos na defensa da frota galega. A UE veta a pesca de arrastre en 87 zonas do Atlántico, incluído o Gran Sol \"Imos rexeitar esa política europea e estamos plenamente convencidos de que o que dixo o ministro vai saír adiante, vai pelexar xudicialmente e vai gañar contra esa normativa que sacou este comisario lituano [Virginijus Sinkevicius]\", esgrimiu o presidente da Deputación, José Tomé. A vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, lamentou que isto \"vén dado das políticas da Unión Europea que ningún Goberno central soubo defender, e desde logo a Xunta tamén se apartou da defensa dos intereses, neste caso, da pesca\". \"É un desmantelamento que non é novo e agora vemos a boca do lobo\", denunciou. E Javier Castiñeira, portavoz popular, argumentou que este é un tema que \"afecta a Mariña\", afeando que botaba en falta \"a presenza do presidente da Deputación\" neste debate. \"Non temos constancia dunha reunión de Tomé co sector\", sinalou."}
{"ID": "NOS_25623", "summary": "Em pelo menos dois estados dos Estados Unidos (Wyoming e Missouri) está a ser considerada a reintrodução da 'morte por fuzilamento' como método para executar cidadãos condenados à pena de morte. A motivação principal para voltar a usar este método é de ordem económica.", "text": "A maior potência do mundo está com sérias dificuldades em importar a droga contida na injeção letal, assim, os pelotões de fuzilamento seriam a alternativa mais prática e económica, para ultrapassar o \"problema\". Os estados de Wyoming e do Missouri já deram sinais nesse sentido e a \"solução\" poderá mesmo traduzir-se em projeto de lei. \"Um dos motivos pelos quais escolhi os pelotões de fuzilamento e não qualquer outra forma é porque, francamente, é a opção mais barata para o poder público\" Um deputado republicano do estado do Missouri, Paul Fitzwater, disse ter \"as vítimas em mente\", quando manifestou o seu apoio a esta alteração legislativa. \"As pessoas olham para os presos que vão ser executados como vítimas. Mas as verdadeiras vítimas não têm voz porque estão mortas\", disse a um jornal local. Um outro eleito, do Wyoming, também se manifestou publicamente favorável ao regresso dos pelotões de fuzilamento, sempre que não seja possível executar com recurso a injeção letal. \"Um dos motivos pelos quais escolhi os pelotões de fuzilamento e não qualquer outra forma é porque, francamente, é a opção mais barata para o poder público\", afirmou o republicano Bruce Burns e membro do Senado do Wyoming. \"Creio que os custos de construção de uma câmara de gás são proibitivos quando considerado o número de pessoas que seriam executadas, ou até o preço de guilhotinas\", argumentou. O estado do Utah é o único que já empregou este método de execução. Usou-o três vezes desde 1977, e, a última vez foi em 2010, quando o preso Ronnie Lee Gardner optou por esta via. Esquerda.net"}
{"ID": "PRAZA_16472", "summary": "A opera prima de Andrés Goteira convértese no filme con máis galardóns da historia dos premios, ao obter 13 galardóns nunha gala que reclamou máis espazo para as mulleres e máis uso e presenza da lingua propia no audiovisual galego.", "text": "O filme con máis galardóns na historia dos premios. Dhogs arrasou nos Mestre Mateo ao obter 13 figuras na gala celebrada na noite deste sábado no Pazo da Ópera da Coruña na que se xuntou reivindicación artística e feminista coa defensa da lingua e da cultura galega e mesmo proclamas contra o proxecto megamineiro de Touro. 'Dhogs' converteuse no filme con máis galardóns na historia dos Mestre Mateo: 13 Dhogs, opera prima de Andrés Goteira, emerxeu como o fenómeno que xa foi noutros certames internacionais e conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o de Meira, que comparte a última con Juan Galiñanes. Os académicos e académicas recoñeceron tamén a interpretación protagonista de Melania Cruz e de Iván Marcos e a interpretación de reparto de María Costas e Antonio Durán, Morris. O filme fixo pleno nas categorías interpretativas, pero gañou tamén os premios á mellor dirección de produción para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e son para David Machado e Javier Pato. A boa nova, ademais, chegou en forma de adianto por parte dos responsables da película: estrearase, por fin, nas salas de Galicia no vindeiro mes de maio. \"Algo pasa cando custa tanto distribuír unha fita en galego nos cines de Galicia\", reivindicaron, ademais de denunciar a \"precariedade\" e deixar claro que lograr o conseguido está \"ben para demostrar que se pode\", pero que é inviable manter traballos deste tipo na situación precaria na que o levaron a cabo. O premiado filme estrearase nas salas galegas o vindeiro mes de maio Outra ópera prima, A batalla descoñecida, neste caso dirixida por unha muller, Paula Cons, gañou o premio ao mellor documental. Moi novos tamén son os Porco Bravú, que gañaron o seu terceiro premio á mellor serie web con Peter Brandon. Pola súa banda, Matria, de Álvaro Gago, conquistou o de mellor curtametraxe, confirmando tamén as boas críticas que recibiu polo mundo adiante, e The neverending wall o de mellor curtametraxe de animación. Conserveiras do noso fixo o propio co de mellor anuncio e Troubled times (Green Day), de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip. Nieves Rodríguez, mellor comunicadora, reivindicou o uso do galego e pediu máis presenza da lingua propia no audiovisual Serramoura acadou por cuarto ano consecutivo o premio á mellor serie de televisión, mentres que A Revista Fin de Semana gañou o de mellor programa de televisión e Nieves Rodríguez o de mellor comunicadora polo seu traballo no Vaia Troula!. A presentadora da televisión pública reivindicou o traballo das mulleres, a potencia da cultura galega e, sobre todo, a lingua propia. \"Dicía Castelao que se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma... Pois se existe o audiovisual galego tamén é por obra e graza do idioma\", dixo entre os aplausos do público. E foi máis aló: \"Falade galego, diante das cámaras e tamén detrás, por favor\". Ao tempo, o abano vermello co lema Máis mulleres foi tamén protagonista tanto nas fotografías da gala coma nos discursos de moitas das premiadas, que reivindicaro o traballo feminino no audiovisual galego e reclamaron máis presenza de mulleres tanto entre os protagonistas das pezas como nos espazos de responsabilidade. A presentadora da gala, Iolanda Muíños, insistiu na mensaxe e presumiu dun cinema galego que \"triunfa fóra de Galicia\". O abano vermello co lema Máis mulleres foi tamén protagonista tanto nas fotografías da gala coma nos discursos de moitas das premiadas Os premios televisivios completáronos Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez pola realización de Tesouros no faiado. Ademais, Arantxa Domínguez gañou o premio ao mellor vestiario polo seu traballo en Juana de Vega, Vizcondesa do Arado e Chicha Blanco e Vicen Betí o de mellor maquillaxe e perruquería en Os fillos do sol. Os discursos contra a megamina prevista en Touro tamén foron protagonistas na gala A Academia Galega do Audiovisual (AGA) tamén recoñeceu a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra \"Fernando Rey\" e co Premio Especial \"José Sellier\". Este ano, as homenaxes foron para os Multicines Norte e para a actriz María Bouzas, que o recolleu na gala agradecendo o \"espazo de liberdade, de creación e de respecto\" que é a AGA e os premios e non dubidou en criticar o megaproxecto mineiro previsto en Touro e en reclamar ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que reclame á TVG \"que informe\" do conflito. Ela, e outras compañeiras e compañeiros, levaban o lema Mina Non no peito. Os premiados e premiadas na XVI edición dos Mestre Mateo / Óscar Corral / Rocío Cibes Ademais, no seu discurso, o presidente da AGA, Carlos Ares, lembrou a Pericles, \"o Primeiro Cidadán de Atenas\", e asegurou que seguro que \"non lle gustaría, hoxe en día, que se secuestrasen cautelarmente libros, se denunciasen pregóns de Entroido, se retirasen obras de feiras de arte por non ofender, non botaría das ondas radios comunitarias, ou non encausaría rapeiros\". \"As sociedades xustas, libres, honran a poetas e bufóns\", insistiu. O presidente da AGA denunciou o secuestro de libros, denuncias de pregóns, retirada de obras de arte, encarceramento de rapeiros ou veto ás radios comunitarias Tamén lembrou que \"o audiovisual é unha parte fundamental da cultura e a cultura é unha parte fundamental de Galicia, sen a cal non se pode entender o noso país\", para denunciar despois a \"precariedade\" que sofre o sector e a \"desigualdade\" que sofren as mulleres. \"É hora de que os homes pensemos colectivamente sobre a igualdade, aprendamos, abramos moito os ollos, adaptémonos, sexamos conscientes dos nosos privilexios, saibamos escoitar. E sobre todo, saibamos cando calar\", rematou Ares. RELACIÓN DE PREMIAD@S CATEGORÍAS DE PRODUCIÓN MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO: Conserveiras do noso (Miss Movies) MELLOR CURTAMETRAXE DE AMINACIÓN: The neverending wall (Abano Producións) MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL: Matria (Sombriza Films - Álvaro Gago, Alberto Gago e José Gago-) MELLOR DOCUMENTAL: A batalla descoñecida (Agallas Films) MELLOR LONGAMETRAXE: Dhogs (Gaitafilmes e Pixel Films) MELLOR PROGRAMA TV: A Revista Fin de Semana (Tempada 2017) (TVG) MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN: Serramoura (Capítulos 62-98) (Voz Audiovisual e CRTVG) MELLOR SERIE WEB: Peter Brandon. Unha vida pola comedia (Capítulos 1-3) (Porco Bravú coa colaboración de Dinamo) MELLOR VIDEOCLIP: Troubled times (Green Day) (Warner Bros Music e Manu Viqueira) CATEGORÍAS PROFESIONAIS MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN: Nieves Rodríguez (Vaia troula!, Programas 133-148) MELLOR DIRECCIÓN: Andrés Goteira (Dhogs) MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE: Noelia Vilaboa (Dhogs) MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: Lucía Catoira Pan (Dhogs) MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: Suso López (Dhogs) MELLOR GUIÓN: Andrés Goteira (Dhogs) MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO: María Costas (Dhogs) MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: Melania Cruz (Dhogs) MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO: Antonio Durán \"Morris\" (Dhogs) MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: Iván Marcos (Dhogs) MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: Chicha Blanco, Vicen Betí (Os fillos do sol) MELLOR MONTAXE: Juan Galiñanes e Andrés Goteira (Dhogs) MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Germán Díaz (Dhogs) MELLOR REALIZACIÓN: Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez (Tesouros no faiado, Tempada 1) MELLOR SON: David Machado e Javier Pato (Dhogs) MELLOR VESTIARIO: Arantxa Domínguez (Juana de Vega, vizcondesa do arado)"}
{"ID": "PRAZA_17741", "summary": "Casado, que di rexeitar o \"populismo\" coa inmigración, alerta da suposta chegada de \"millóns\" de migrantes sen aclarar de onde tira os datos e atribúea a unha visita de Pedro Sánchez que non existiu. Numerosos estudos demostran que a poboación estranxeira non pon en risco o Estado do Benestar e é minoría na recepción de axudas sociais HEMEROTECA | Como combater os discursos racistas? Alimentar o troll ou non?", "text": "HEMEROTECA | Como combater os discursos racistas? Alimentar o troll ou non? Pablo Casado leva apenas unha semana na presidencia do PP, á que chegou tras unha campaña interna na que prometeu defender o ideario do partido sen \"complexos\" con, entre outros obxectivos, o de \"recuperar\" electorado que, segundo as sondaxes, podería mudar os populares por Ciudadanos ou a formación de ultradereita Vox. Sete días despois Casado vén de amosar a que pretende que sexa unha das primeiras bandeiras do novo PP, a da alarma ante unha suposta avalancha de inmigración ilegal proveniente de África, na liña de formacións xenófobas doutros puntos de Europa e mesturando, coma estas, feitos puntuais con datos esaxerados ou directamente falsos. No marco dunhas declaracións nas que Casado se situou a si mesmo como \"politicamente incorrecto\", o substituto de Mariano Rajoy proclamou que \"non é posible que España poida absorber millóns de africanos que queiran vir buscando un futuro mellor\". Refírese a esa magnitude indeterminada porque, asegurou, hai \"estudos policiais que din que hai un millón de inmigrantes esperando as costas libias\". Casado non cita a fonte da súa suposta información, se ben nos últimos días un sindicato policial expresouse en termos semellantes, tamén sen citar fontes, e asegura que lanza esta alerta fronte a un suposto \"efecto chamada coa visita do presidente do Goberno para recibir os inmigrantes do barco Aquarius\", aínda que en realidade esa visita de Pedro Sánchez non existiu. Casado, que di rexeitar o \"populismo\" en materia de inmigración, apoia a súa alerta na suposta chegada de \"millóns\" de migrantes sen aclarar de onde tira os datos e atribúea a unha visita de Pedro Sánchez que non existiu \"En materia de inmigración non cabe a demagoxia; temos que ser responsables, non ser populistas\", culminou Casado unhas declaracións que rematou anunciando que acudirá a Algeciras e Ceuta para \"abrazar\" axentes da Garda Civil e da Policía que traballan no control das fronteiras. O presidente do PP coida que a chegada de migrantes debérase restrinxir ás \"necesidades de emprego\" como as derivadas das \"campañas agrícolas\" ou os \"picos de turismo\" e non estenderse a eses \"millóns\" que as cifras oficiais de migración non reflicten por ningures. Non en van, dende principios de século o ano con maior chegada de migrantes ás costas españolas foi 2006 e a cifra quedou algo por baixo das 40.000 persoas. En 2017, o de maior volume de chegadas dende o estourido da crise económica, superou un chisco as 22.000. Ademais, advirten especialistas en migracións e fontes do Ministerio do Interior consultadas por eldiario.es, as tendencias migratorias non mudan dunha semana a outra e, no caso español, os incrementos -evidentemente lonxe das cifras bosquexadas por Casado- prodúcense dende 2013 e responden a factores moi diversos como o acordo da Unión Europea con Turquía, que empurrou estas rutas cara a Libia, dende onde tentar chegar a Italia e cara a Marrocos como última parada antes de España. Contra a evidencia das cifras, tamén no impacto ecómico \"Os inmigrantes reciben menos do Estado do que achegan á Facenda pública\", concluíu en 2011 un estudo sobre o impacto da inmigración en España Alén das razóns humanitarias ou políticas, as proclamas coas que Pablo Casado achega o PP cara aos argumentarios de líderes da ultradereita continental como Matteo Salvini, Marine Le Pen ou Viktor Orbán tamén ignoran a evidencia das cifras no ámbito económico. Como debulla Íñigo Sáenz de Ugarte para eldiario.es, as alusións de Casado a respecto dun risco para o Estado de benestar por mor da chegada de migrantes non se sosteñen cos datos, senón o contrario. Así, por exemplo, un estudo elaborado no ano 2011 para La Caixa por Francisco Javier Moreno, investigador de políticas públicas do CSIC e María Bruquetas, politóloga da Universidade de Amsterdam, subliñaba que estes \"argumentos de sobreutilización do sistema de protección social\" están \"inxustificados\", xa que \"os inmigrantes reciben menos do Estado do que achegan á Facenda pública\". Segundo este traballo, a poboación estranxeira que se asenta no Estado español acaba achegando \"dúas ou tres veces máis do que custan\", adoitan facer menor uso do sistema sanitario que a poboación local e dinamizan sectores económicos como o da vivenda, advertía. A inmigración non compensa a crise demográfica galega No caso concreto de Galicia, onde non existe problemática ningunha coa inmigración irregular, estudos recentes apuntan a que o saldo migratorio do país terá unha tendencia positiva nos vindeiros anos, pero nin de lonxe compensará a perda de poboación que provoca a baixa natalidade. Así, as últimas proxeccións demográficas do Instituto Galego de Estatística indican que na contorna do ano 2030 en Galicia nacerán unhas 12.500 persoas ao ano e morrerán máis de 30.000. Isto dará lugar ao peor saldo vexetativo da historia dende que hai datos -case 20.000 mortes máis que nacementos- mentres o saldo migratorio -diferenza entre saídas e entradas- apenas supera as 3.000 persoas. Menos do 20% da poboación que recibiu a Risga en 2017 era estranxeira No caso galego tampouco se sostén a suposta preponderancia da poboación inmigrante no acceso ás diversas prestacións sociais. Así, por exemplo, o último informe da Xunta sobre a xestión da Renda de Inclusión Social (Risga) indica que apenas o 12,6% das persoas que a recibiron durante o pasado ano eran estranxeiras de países alleos á UE e pouco máis dun 3%, procedían de Estados da UE diferentes de España. Noutras prestacións como, por exempo, a renda social do Concello de Santiago, a poboación estranxeira apenas supón unha de cada catro solicitudes e os balances máis recentes de Cáritas indican, no caso galego, que máis de dous terzos das persoas ás que axudaron en 2017 non eran migrantes."}
{"ID": "PRAZA_1781", "summary": "O texto asinado por 150 persoas -algunha sen militancia e outras de diferentes partidos ou organizacións- pídelles ás \"forzas galegas de esquerda\" que \"dean un paso adiante\". CxG pon a Marea Atlántica como \"exemplo para construír unha Marea Galega\"", "text": "Un novo manifesto pide a confluencia das forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista de cara ás eleccións xerais. Desta vez, trátase de xente nova, algunha sen militancia partidaria e outra de diferentes partidos ou organizacións estudantís, a que asina un documento con 150 firmas iniciais. O manifesto de 150 sinaturas de mozos -sen militancia ou de diferentes organizacións- pide \"a unidade nacional galega ás xerais\" \"Mocidade pola unidade nacional galega ás Xerais\", di o manifesto Tempo de Unión que viu a luz un día despois da manifestación unitaria polo Día Nacional de Galicia. \"É o momento de dar un paso adiante. Ante esta crise de lexitimidade do sistema opoñemos o seguinte lema: a conquista do poder político. Estamos dispostas e dispostos a saír a gañar, queremos xogar ata o final, e queremos ocupar o noso propio espazo na partida\", di o texto, que \"reclama\" ao \"total das forzas galegas de esquerdas, de cara ás eleccións xerais, o mesmo compromiso de unidade de acción que amosa diariamente noutros eidos de acción social\". \"É o momento de dar un paso adiante. Ante esta crise de lexitimidade do sistema opoñemos o seguinte lema: a conquista do poder político\" O manifesto avoga por \"unha resposta propia aos nosos problemas\". \"Queremos participar con sentido do internacionalismo, mais tamén queremos a mellor solución aos nosos problemas. É por iso que reclamamos ás forzas galegas de esquerdas, así como a colectivos sociais e cidadanía non organizada, que actúen tamén de forma autónoma, con independencia doutros centros de decisión e defendendo sempre os nosos intereses\", asegura un documento que sinala que \"co tecido produtivo desfeito – estaleiros desarticulados, sector lácteo e sector pesqueiro desestruturados, falta de investimento, ausencia total de industrias relevantes – á mocidade galega só lle queda unha saída: a emigración\". Por iso, insisten na unión de forzas políticas, sociais e cidadás que \"ante un modelo esgotado\" aposten por unha confluencia da esquerda galega e desde Galicia. \"É o momento de dar un paso adiante\", insisten. CxG pon a Marea Atlántica como \"exemplo para construír unha Marea Galega\" Por outra banda, Compromiso por Galicia (CxG), formación que tamén aposta por unha lista unitaria da esquerda galega ás xerais, puxo a Marea Atlántica da Coruña como exemplo \"para construír unha gran Marea Galega\". Así, o secretario xeral do partido galeguista reuniuse co alcalde da cidade por esa formación e destacou o goberno local polo \"liderado municipal que están exercendo poñendo as persoas e as súas necesidades\" Ademais, Bascuas indicou que outro dos cometidos desta xuntanza era \"trasladarlle persoalmente a resolución do noso Consello Político Nacional\" de promover \"unha plataforma cidadá galega, unha Marea Galega\" para as vindeiras eleccións xerais que sirva para propiciar un cambio político, institucional, económico e social e para garantir que Galicia teña voz propia no novo escenario político que se abre no Estado. Bascuas cre que unha futura Marea Galega \"debería parecerse ao que foi a Marea Atlántica\" O líder galeguista cre que \"é a cidadanía quen ter que exercer esa responsabilidade, e que as organizacións políticas debemos ser simplemente instrumentos, dando cobertura e achegando o que se nos vaia solicitando de cara a chegar a esa ampla maioría social que quere un cambio político\". Este amplo movemento , \"que adoptando o nome que adopte, debería parecerse ao que foi a Marea Atlántica da Coruña, onde quen se puxo diante a liderar foi a cidadanía e detrás a empurrar as organizacións políticas, sen veto a ninguén\", debe cristalizar, \"nun lugar onte todos e todas nos sintamos cómodos e cómodas\"."}
{"ID": "PRAZA_5765", "summary": "Hai quen pensa que a insubordinación política que comeza a asomar o fuciño debería perdurar ata rebentar as cinchas que, para amansar á xente normal, seguen a tecer os dous partidos simbióticos que tanto se odian e tanto se aman. Velaí o primeiro remedio para conseguir que os do \"no sabe/no contesta\", os que pensan que a política só é boa para os que viven dela, se reduza a porcentaxes razoables.", "text": "\"Acho tão natural que não se pense/ Que me ponho a rir às vezes, sozinho,/ Não sei bem de quê, mas é de qualquer cousa/ Que tem que ver com haver gente que pensa...\" (\"O guardador de rebanhos\", Alberto Caeiro –heterónimo de F. Pessoa-). As eleccións do outro día - xa non lembro a data-, talvez foron convocadas para elixir o Parlamento europeo. Talvez haxa moitos que nin sequera se decataron de que houbo eleccións o outro día As eleccións do outro día - xa non lembro a data-, talvez foron convocadas para elixir o Parlamento europeo. Talvez haxa moitos que nin sequera se decataron de que houbo eleccións o outro día. Mais o que si parece certo é que estes comicios veñen de debuxar en tecnicolor, a tamaño natural e en papel timbrado, a grotesca estampa que representa fielmente o coiñal de artimañas, burradas e atropelos argallados polo \"Dúo Estático\" que hai tempo formaron PP e PSOE, obcecados en desbaldir o apoio maioritario e incondicional da cidadanía; empeñados en alterar a orde natural das cousas, coa única finalidade de causarlle gozo a unha trullada de revirados que gastan o tempo plantando toxos arnais nos espazos vitais da xente do común, a fin de non deixar medrar o pasto que lle permitiría exercer a súa condición de cidadáns. Unha vez máis, a actitude do Partido gañador de tan extravagantes eleccións, cuxos estrategos políticos empregan a astucia en fabricar maseiras para azacotar a desolación social, contou –como vén acontecendo nos últimos tempos- coa incondicional colaboración dos compadres que ocupan o segundo posto no podio da inopia, empeñados en bailar o arrimado cos anfitrións da festa, por mor desa obsesión inconfesable de ulirlle o pescozo, ata deixarse enfeitizar pola fedorenta fragrancia que obstrúe as pituitarias das liberdades e dereitos conquistados, para contribuír de balde a que o respectable público sexa cada vez máis súbdito e, consecuentemente, menos cidadán. Pois iso. Haberá que seguir apertándolle a gorxa á perversa teimosía das dúas principais formacións políticas, que tanto suan para domear á veciñanza e lle esmoucar os dereitos esenciais –sexan da xente ou dos pobos-, para tratar de converter a democracia nunha especie de rito no que, uns cantos devotos dos partidos maioritarios, se desprazan en procesión a depositar a papeleta que axuda a bendicir o que previamente determinaron os os donos do chintófano. Hai quen pensa que a insubordinación política que comeza a asomar o fuciño debería perdurar ata rebentar as cinchas que, para amansar á xente normal, seguen a tecer os dous partidos simbióticos que tanto se odian e tanto se aman Daquela, hai quen pensa que a insubordinación política que comeza a asomar o fuciño debería perdurar ata rebentar as cinchas que, para amansar á xente normal, seguen a tecer os dous partidos simbióticos que tanto se odian e tanto se aman. Velaí o primeiro remedio para conseguir que os do \"no sabe/no contesta\", os que pensan que a política só é boa para os que viven dela, se reduza a porcentaxes razoables. Ah! Recibín unha insólita carta do meu tío Lisardo que parecía un telegrama. Só dicía: A maioría de varios non saben o que traen entre as mans! Debería caerlle a cara coa vergonza! Deus nos libre dun \"xa foi\"!"}
{"ID": "NOS_55022", "summary": "A vista realizarase os días 25, 27 e 28 de febreiro após ficar adiada desde outubro de 2012. Están chamadas a declarar como testemuñas da acusación a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago; e a voceira de UPyD, Rosa Díez.", "text": "Os días 25, 27 e 28 de febreiro decorrerá no xulgado de instrución nº2 de Santiago de Compostela o xuízo contra 12 galeg@s imputad@s por participaren na contra-manifestación organizada o 8 de febreiro de 2009 en resposta a aqueloutra \"contra la imposición del gallego\" convocada por Galicia Bilingüe e apoiada, entre outras siglas, por UPyD e por caras coñecidas do PP como Alfonso Rueda (vicepresidente da Xunta), Ana Pastor (ministra de Fomento) ou Carlos Negreira (alcalde da Coruña) e outros non tan coñecidos mais dirixentes de colectivos como Falange. En conxunto, a fiscalía solicita 46 anos de cárcere e 34.000 euros de multa. O xulgamento ficara adiado 'sine die' en outubro de 2012, ao introducir o ministerio fiscal cargos adicionais para tres dos imputados que non aparecían contemplados no escrito da acusación. Segundo informa o avogado Alejandro Cortizas en conversa con Sermos Galiza, @s 12 están encausad@s por un delito de desordes públicas polo cal a fiscalía reclama 2 anos de prisión, 24 anos en total. De maneira individual imputáronse tamén delitos de danos, atentado contra a autoridade e lesións polos que tamén se piden dous anos de cadea. En total, as penas de cárcere solicitadas para cada unha das persoas que sentará no banco d@s acusad@s vai dos dous até os sete anos. Entre as testemuñas que están chamadas a declarar atópanse Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, e Rosa Díaz, voceira de UPyD no Congreso español. Na primeira xornada do xulgamento en 2012, cando ficou adiado, ningunha das dúas estaba presente na sala. Tal e como estaba previsto xa daquela, na segunda xornada tomaráselle declaración a máis de vinte axentes da policía española. Por derradeiro, na terceira xornada declararán as testemuñas da defensa. \"A fiscalía pretende que 12 galeg@s que defenden a nosa lingua pasen por verdugos\" O vídeo colocado corresponde á rolda de imprensa que tres dos imputados realizaron en días previos ao xulgamento de outubro de 2012 canda a representantes das organizacións políticas BNG, Anova e Causa Galiza. Explicaron que a contra-manifestación foi convocada en resposta \"á manifestación do odio contra a nosa lingua\", destacaron o carácter \"político\" do proceso xudicial e cualificaron o acto de Galicia Bilingüe de \"provocación que non podía ser normalizada\"."}
{"ID": "PRAZA_14147", "summary": "A maioría das asembleas comarcais, que se celebraron até última hora deste xoves, decidiron que a formación \"está en disposición de participar nunha coalición técnica\" cos partidos de Beiras e Yolanda Díaz.", "text": "Compromiso por Galicia aposta por formar parte da coalición electoral que teñen pechada xa Anova e Esquerda Unida de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Até última hora deste xoves celebráronse en varios puntos de Galicia diversas asembleas comarcais que, a falta dos datos definitivos das votacións, decidiron por maioría que CxG busque a fórmula de integrarse na fronte ampla. A falta dos datos definitivos, CxG confirma que o 'si' á coalición venceu nas asembleas comarcais Nun comunicado emitido a última hora deste xoves, CxG asegurou \"estar en disposición de participar nunha coalición técnica con Anova e Esquerda Unida\" que, segundo a formación, debería \"sustentarse sobre os piares do autogoberno, do Estado do Benestar e da defensa da democracia\", así como nunha confección de candidaturas \"plural e representativa\". Aínda que houbo reticencias nalgunhas zonas, como Valdeorras ou Ferrolterra, fontes consultadas por Praza aseguran que a aposta pola coalición foi maioritaria. Compromiso cre que a alianza \"debe sustentarse no autogoberno, o Estado do Benestar e a defensa da democracia\" Ademais, no mesmo comunicado, Compromiso \"insta\" a EU e Anova a que \"se pronuncien para pechar elementos de funcionamento e ofertarlle unha alternativa galega renovadora e transformadora á sociedade\". Do mesmo xeito, anuncia que os resultados definitivos das votacións nas diferentes agrupacións comarcais faranse públicas na tarde deste venres. Malia que Compromiso por Galicia asegurara desde un principio que a súa oferta consistía en intentar un acordo con Anova e non con forzas \"non centradas no país\" -en clara referencia a EU-, o Consello Nacional celebrado o pasado martes deu un xiro logo de que diversos sectores das tres formacións que forman parte do partido optasen por intentar unha inclusión na denominada Syriza galega e a expensas do que se decidise nas asembleas locais. Polo momento, CxG adiou a celebración das primarias ao día 15 para \"non condicionar posibles pactos\". Espazo Ecosocialista, un dos grupos de Compromiso, mantivo a súa aposta pola fronte ampla, mentres que tanto en Máis Galiza como en Acción Galega houbo división respecto da mellor opción. Pero o tempo esgotábase. Este venres era o límite co que conta CxG para decidir se se inclúe ou non nesa \"coalición técnica\" conformada por Anova e Esquerda Unida e foron numerosos os contactos que se manteñen entre os distintos partidos, incluídos entre CxG e EU. É agora cando chega o tempo das negociacións do programa, nas que se incluiría a Equo Galicia, que aceptou tamén negociar a súa entrada na fronte. Esta coalición técnica permitiría rachar calquera tipo de acordo ante das eleccións no caso de as formacións non fosen quen de artellar un programa conxunto ou de que, cousa improbable, as bases de EU rexeitasen a coalición. Yolanda Díaz abre a porta á inclusión de Compromiso na fronte, aínda que \"dubida\" que acepten o programa que negocia con Anova Respecto disto, a coordinadora xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, asegurou este xoves nunha entrevista en Radio Coruña que \"dubida\" que Compromiso comparta o programa electoral no que traballan Anova e a súa formación, aínda que aclarou que o partido que lidera Bascuas sería \"benvido\" na fronte ampla \"se entende que o ideario que defenden Anova e EU é o correcto\". Fontes de CxG aclaran que para saber se aceptan ou non o ideario programático da coalición, antes terían que coñecelo en profundidade. Por outra banda, Díaz asegurou tamén na mesma entrevista que as enquisas da súa formación danlle á denominada fronte ampla a posibilidade de acadar oito deputados no Parlamento galego nas vindeiras eleccións autonómicas."}
{"ID": "NOS_35266", "summary": "O rei estará hoxe na Comandancia Naval de Tui, mais as e os representantes dos tres concellos (gobernados polo BNG) rexeitaron formar parte da comitiva de autoridades.", "text": "Ante a visita de mañá de Felipe VI ao municipio de Tui, algunhas alcaldesas da comarca avanzaron esta terza feira a súa ausencia nos actos institucionais previstos. O rei, que vai visitar a Comandancia Naval de Tui, será recibido por numerosas autoridades pero entre elas non estarán as e os representantes dos concellos de As Neves, Tomiño e O Rosal. A decisión tomouse na Executiva Nacional do BNG, xa que os tres municipios teñen gobernos nacionalistas. Quer Xosé Manuel Rodríguez (As Neves) quer as súas compañeiras Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González (Tomiño) foron invitados aos actos pero rexeitaron acudir. A explicacición é que o partido do que son parte considera a monarquía \"unha figura anacrónica e asociada a presuntas irregularidades económicas\". \"O BNG reafirma o seu compromiso coa defensa da soberanía nacional e a liberdade da nazón galega para construírse nun Estado soberano, democrático, laico e republicano; a República da Galiza\", manifestou a través dun comunidado. Este rexeitamento á figura de Felipe VI prodúcese só unhas horas despois de que a formación Galiza Nova convocara para esta cuarta feira unha concentración en contra da visita na vila de Tui. A cita é ás 12 horas na praza dos Cabalos."}
{"ID": "PRAZA_3145", "summary": "Nais e pais convocan unha manifestación este venres e esixen \"concreción\" á Consellería de Educación. O alumnado será trasladado mentres duren os traballos. O informe técnico que analizou os problemas do inmoble non atopa \"riscos inmediatos\" pero recomenda \"actuacións de cara a rixidizar a estrutura\"", "text": "O alumnado do CEIP Frei Luis de Granada de Sarria será trasladado mentres duren as obras que buscan reforzar a estrutura, que sofre importantes eivas. As 16 aulas situadas na parte do inmoble na que se realizarán as actuacións deberán reacomodarse en espazos pertencentes a outra parte do complexo educativo, denominada Escola Fogar, que non presenta problemas.O alumnado do CEIP Frei Luis de Granada de Sarria será trasladado mentres duren as obras que buscan reforzar a estruturaPorén, as familias manteñen as súas cautelas e as súas críticas. De feito, a maior parte dos nenos e nenas (un total de 377) non acudiron ás clases durante os últimos cinco días e continúan sen facelo. Pais e nais critican a falta de concreción, pois aínda non foi aclarado cando se realizará este traslado nin as condicións en que se fará. O espazo da Escola Fogar conta unicamente con 12 aulas, insuficientes para acoller a actual distribución de cursos e grupos. Ademais, esa parte do edificio, que na súa maioría carece de actividade habitual, debe aínda ser acondicionado, e tampouco se concretaron os prazos ou a forma en que isto se fará. A isto hai que engadir outros problemas, como que os nenos e nenas non poderán usar o patio ou o ximnasio, situados na parte do inmoble no que se levarán a cabo as obras. As familias tamén demandan que dende a Consellería ou dende o Concello se acheguen solucións para facilitar a conciliación e o coidado dos nenos e nenas mentres non poden acudir ás clases.Pais e nais convocan unha manifestación este venres baixo os lemas \"esixamos unha solución integral para o novo colexio\" e \"queremos o noso colexio arranxado, non parcheado\"Pais e nais convocan unha manifestación polas rúas de Sarria este venres ás 20.30 horas, nunha marcha que sairá dende o propio CEIP. Na convocatoria da marcha sublíñase \"non permitamos que nos volvan enganar. Esixamos unha solución integral para o novo colexio\" e \"non queremos máis puntais, queremos o noso colexio arranxado, non parcheado\". A Xunta ten que dar unha solución\".A conselleira de Educación, Carmen Pomar, mantivo un encontro coas nais e pais dos alumnos e alumnas este xoves pola tarde. Nesta xuntanza, presentouse o informe técnico realizado nos últimos días para diagnosticar as causas dos fallos que vén presentando o edificio, e que obrigaron a apuntalalo a pasada fin de semana. No encontro deste xoves a conselleira destacou que \"o fundamental é a tranquilidade das familias\" e reiterou que o edificio non supón perigo ningún para os seus ocupantes. A Consellería ofreceu tamén unha solución alternativa ao traslado á 'Escola Fogar': a distribución do alumnado entre outros centros de ensino da comarca, de Oural a Paradela ou Samos. Porén, esta opción tería o problema da separación dos actuais grupos e, así mesmo, debería achegarse unha solución de trasporte escolar.O informe indica que \"aínda que non existe risco inmediato en canto á súa estabilidade, as deformacións das fiestras poderían producir a rotura dos cristais ou a caída de fragmentos da fachada\"O devandito informe técnico sinala que \"a estrutura do edificio, en xeral, non presenta falta de capacidade portante\" e que \"os danos observados son debidos aos movementos normais da estrutura por acción das cargas ás que está sometida\". O texto apunta, con todo, que \"se trata dunha estrutura mal deseñada con vigas que favorecen as deformacións\" e que \"as fisuras dos tabiques dos corredores reaparecen nos mesmos puntos que no ano 2011\". O documento conclúe que \"se está producindo un deterioro paulatino, e aínda que non existe risco inmediato en canto á súa estabilidade, as deformacións das fiestras poderían producir a rotura dos cristais ou a caída de fragmentos da fachada\". O informe recomenda neste senso manter \"o apuntalamento instalado baixo os voadizos para, posteriormente, proceder ao reforzo da súa estrutura\".O documento recomenda \"que se fagan actuacións de cara a rixidizar a estrutura, o que evitaría que esta sufrise movementos excesivos e as roturas periódicas dos tabiques\"O informe vai máis alá e remata dicindo que \"dadas as alarmas que se producen de forma recorrente nos usuarios do edificio polos defectos crónicos que este presenta, e a fin de evitar as mesmas, recoméndase que se fagan actuacións de cara a rixidizar a estrutura, o que evitaría que esta sufrise movementos excesivos e as roturas periódicas dos tabiques\".Polo tanto, semella probable que ademais dos traballos de reforzo que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, haberá que realizar unha obra máis complexa para tentar solucionar por completo os problemas estruturais que sofre o inmoble. Estas actuacións, que deben ser aínda deseñadas e licitadas, poderían alongarse moito máis no tempo."}
{"ID": "NOS_56307", "summary": "Animalistas chaman a unha \"maior conciencia\" nas forzas que procuran representación no Parlamento galego: piden actualizar a lei de protección animal do 93 e renovar o Espazo parlamentar pola defensa dos animais, creado nesta lexislatura e do que fixeron parte BNG e PSOE. Prohibir os espectáculos de tortura volve ser a principal prioridade", "text": "Co obxectivo de que os partidos políticos que se presentan ás eleccións do 21 de outubro se comprometan a actualizar a normativa de protección animal e fagan súas unha serie de propostas \"perfectamente asumíbeis\", as organizacións animalistas Libera, Fundación Franz Weber, Galicia mellor sen touradas e o Observatorio de fauna salvaxe en cautividade convocan BNG, PSOE e Alternativa galega de esquerdas a encontros bilaterais de debate e a se inseriren no Espazo parlamentar pola defensa dos animais, creado nesta lexislatura e do que fixeron parte tres deputad@s do BNG e catro do PSOE. Nesta liña, unha das prioridades destes colectivos xirou ao redor da presenza de crianzas nos festexos taurinos, que na Galiza fica prohibida para menores de 12 anos desde decembro de 2011, após saír adiante no Parlamento galego unha proposición non de lei do BNG neste sentido. Porén, non tranquilizou as súas demandas respecto deste espectáculos. \"Non imos pedir a súa supresión, pois sabemos da correlación de forzas aquí, mais non abdicamos desa reclamación porque non podemos soportar o sufrimento dos animais e porque hai unha motivación ideolóxico-política para españolizar o noso país\", enfatizou daquela o deputado Bieito Lobeira, autor da proposición. Conquerido tal logro, a idea d@s animalistas e seguir traballando nese vieiro, man a man coas e cos responsábeis políticos. Din as organizacións antes citadas que \"o benestar animal é unha preocupación crecente na cidadanía galega\", e lembra que as leis nacionais de protección son \"das máis desfasadas\" do estado, pois datan de 1993 e contemplan aínda excepcións como o tiro ao pombo. O abandono de animais acada na Galiza cifras de até 20 mil ao ano, polo que reclaman destas forzas políticas que concorren ao Parlamento galego \"unha maior conciencia\" para promover campañas de adopción en todo o territorio."}
{"ID": "PRAZA_14353", "summary": "O alcalde reafirma a súa inocencia. Pero ante o anuncio do Bloque, que o insta a \"abandonar a alcaldía para non causar prexuizo á institución\", afirma que \"se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente\". Sectores do PSdeG tamén estarían presionando para que abandone o seu posto e Rubalcaba afirma que o partido tomará este luns unha decisión.", "text": "Francisco Rodríguez reafirma a súa inocencia e di que non dimitirá. Nunha rolda de prensa convocada ás nove da noite do domingo, o alcalde de Ourense negou os cargos de tráfico de influencias e suborno e rexeitou os supostos tratos de favor a Vendex. Tan só recoñeceu ter contratado unha persoa desa empresa \"que se atopaba en situación crítica\" e tamén afirmou ter axudade de forma irregular a algún funcionario tras levarllr o coche o guindastre. Ademais, dixo estar disposto a facer públicos toda a información relacionada coas súas propiedades e as súas contas bancarias. Porén, pouco antes da rolda de prensa ofrecida polo alcalde ourensán, o Consello Local do BNG pediu a dimisión do alcalde, partindo do criterio de diferenciar as responsabilidades penais e as políticas e que \"no ámbito das responsabilidades penais calquera cidadán e tamén o alcalde de Ourense debe contar sempre coa presunción de inocencia\". Pero unha vez que Francisco Rodríguez foi imputado, o Bloque esíxelle que abandone o cargo \"para evitar o prexuízo á institución\". O BNG agarda \"que esta renuncia se materialice coa maior brevidade posíbel\" e anuncia que de non producirse \"o BNG obraría en consecuencia, xa que para nós é unha cuestión de principios a incompatibilidade da nosa presenza nun goberno dirixido por unha persoa cunha imputación grave\". O alcalde dixo non ter \"coñecemento oficial\" da petición do BNG pero recoñeceu que \"se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente\" Sobre esta petición o alcalde dixo non ter \"coñecemento oficial\" pero recoñeceu que \"se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente\". Oficialmente o PSdeG-PSOE declarou a través de Abel Losada que \"o partido analizará a situación e o que lle quero trasladar á cidadanía é que, coma sempre, o Partido Socialista estará a la altura de las circunstancias\". Porén, o desexo do entorno de Pachi Vázquez sería que o alcalde imputado presente a súa dimisión, para que o caso aberto non poida ser utilizado polo Partido Popular na campaña. O Faro de Vigo publica que o PSdeG-PSOE poderia pedirlle que dimitise se Francisco Rodriguez non o fai. E o xornal transcribe as declaracións dun cargo socialista: \"Paco é un bo home pero moi mal aconsellado e seguro que aínda que saia imputado con seis cargos, como ocorreu co rexedor de Boqueixón, determinadas persoas da súa contorna que dependen directamente del vanlle pedir que se aferre á alcaldía\"."}
{"ID": "PRAZA_13843", "summary": "A asociación de defensa da lingua censura que unha facultativa do Servizo Galego de Saúde advertise de que \"non tiña por que entender\" a lingua galega que empregaban os familiares dun home a piques de morrer ao que fora atender ao seu domicilio", "text": "Un ataque á \"liberdade lingüística máis esencial\". Así define a Mesa pola Normalización Lingüística o sucedido o pasado 29 de xuño nunha casa de Oleiros, cando unha familia atopou o conflito por razóns de lingua na máis insospeitada da situacións: a asistencia a unha persoa a piques de morrer. A organización de defensa da lingua vén de facer público que os familiares deste home, xa falecido, xa tramitan unha reclamación formal despois de que unha doutora do servizo de emerxencias do Sergas, \"ao observar que nese fogar utilizaban o galego\" lle espetou a \"un dos familiares\": \"No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano\". Nomeadamente, a presenza da doutora -que \"se negou a identificarse por nome ou número de empregada\", sinala a familia no seu escrito- foi requirida porque o avó de quen agora tramita a denunica \"estaba a convulsionar e todo indicaba que ía morrer en breve\". \"Con 89 anos, padecía un canco de páncreas con metástase en fígado e ril esquerdo\" e os doutores do hospital da Coruña \"xa nos informaran reiteradas veces de que estaba en fase terminal\". É neste punto no que se produce o incidente protagonizado pola médica que, \"segundo o parte\" de emerxencias \"se chama Isabel Álvarez\". A doutora esixiu que os familiares do paciente falasen en castelán mentres o paciente daba mostras de estar a morrer Foi nesta situación na que a doutora se desprazou á vivenda onde, nada máis chegar, constatou que \"sí, se está muriendo\". \"Eu fíxenlle xestos para que falase en voz baixa, posto que tan só uns minutos antes meu avó dera sinais de ser quen de entender o que se lle dicía\", relata o escrito de reclamación. \"Ela dixo 'no escucha' pero saíu fóra do cuarto e preguntou que medicación tomaba\". Neste diálogo fóra do cuarto \"cando comecei a respostar cortoume dicindo 'hábleme en castellano', ao que eu respostei 'como?', sinxelamente porque non o agardaba\", abonda este familiar. \"Que si me puede hablar en castellano\", reiterou a doutora. \"Non, e en todo caso sería eu quen lle podería pedir que me atendese en galego, pero non é o intre de falar diso\", retrucou. \"Ela reaccionou erguendo a voz e dicindo de xeito chulesco 'mira, es que no te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano porque no soy gallega\". Neste contexto, o familiar do home a piques de falecer evidenciou que \"falaba como me daba a gana\" e que, ademais se a doutora \"traballaba aquí tiña que saber galego\", dados os requisitos esixidos nas probas de acceso do Sergas. Así, reclamoulle á médica o seu \"número de identificación para pór unha queixa contra ela\". \"A súa resposta foi dirixirse aos meus tíos e dicirlles, case berrando, 'saquen a esta persona de aquí\". Dada a situación, o agora denunciante \"deulle as costas\" á doutora \"para evitar unha discusión absurda que puidese chegar a prexudicar ao meu avó\". Meus pais e tíos amosáronlle o listado de medicamentos que tomaba, mentres ela non lles facía caso e dicía 'Debe estar muy nervioso, ¿no?' e outras cousas semellantes en vez de atender a situación. En minutos, meu avó morreu, antes de que se lle subministrase nada\". Por todo isto A Mesa \"reclama que o Sergas responda a esta denuncia cunha investigación a fondo e as medidas disciplinarias correspondentes\", xa que \"se trata dunha discriminación moi grave, non só no plano lingüístico\", pois se produciu \"nunha sitaución de especial vulnerabilidade\". Do mesmo xeito, a asociación \"responsabiliza directamente ao presidente da Xunta\" de que \"haxa unha maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica\", froito \"das reiteradas mensaxes galegófobas do Goberno\"."}
{"ID": "NOS_16589", "summary": "O encerramento da factoría supón xa a día de hoxe un aumento dos custes que os gandeiros teñen ao longo do ano", "text": "O fechamento da planta de xurro no Concello de Sarreaus, Ourense, provoca que moitas granxas da zona teñan que deixar a actividade gandeira e encerrar as súas explotacións. A causa do fechamento da planta son os recortes das primas en enerxías renovábeis. Isto provocou o encerramento e afectou a economía dos granxeiros, aumentando os seus gastos anuais entre 40.000 e 50.000 euros. Corría o ano 2005 e con el nacía un proxecto de tal calibre como unha factoría dotada da máis nova tecnoloxía co obxectivo de producir enerxía eléctrica. A materia prima empregada para conseguila sería o xurro, o líquido que sae do esterco creado polos animais de granxa. Este proxecto tivo un investimento de 18 millóns de euros e era xestionado pola Sociedade Galega de Residuos Gandeiros, e converténdose así no centro tecnolóxico de Coren na localidade ourensá de Sarreaus. Calcúlase que a planta estaba preparada para tratar 110 millóns de kilos de residuos orgánicos de animais en cada ano de actividade para o seu secado e así convertelo en electricidade. A instalación tamén prestaba un servizo esencial na comarca posto que gran parte das casas dependen deste sector, pudendo compatibilizar a actividade gandeira e a agrícola coa protección do medio ambiente. Mais no 2014 as instalacións teñen que deixar a súa actividade oficialmente debido aos recortes que se deberon á aprobación, por parte do Partido Popular, do Real Decreto 413/2014. Este decreto regulaba a supresión dos incentivos ou primas que tiñan as instalacións que producían enerxía a partir do tratamento deste tipo de residuos. Ademais de afectar esta planta, atinxiu un total de 29 instaladas por todo o Estado Español que tiveron que pechar pola inviabiliade económica que supuña a implantación do decreto. Mais o fechamento das instalacións non só lles afectou ás doce persoas que traballaban nela, senón que a meirande parte das familias da comarca viven do sector da gandaría e a agricultura. Estes teñen que gastar arredor de 40.000-50.000 euros para se desfaceren de por volta de 700 millóns de quilos de esterco. O transporte dos residuos podería abaratarse se existise algún terreo no concello de Sarreaus para deixalo, mais a día de hoxe, os gandeiros vense na obriga de contratar camións para que transporten o xurro a fincas habilitadas para poder depositar os vertidos. Estes terreos atópanse a moitos quilómetros de distancia, sendo municipios como A Gudiña, que está perto, ou A Cañiza, cuxa distancia aproxímase aos cen quilómetros. Aliás, namentres colectivos instan a Xunta e a Deputación Provincial de Ourense a que adopten medidas para permitir a posta en marcha, outra vez, das instalacións, o alcalde do Partido Popular do concello ourensán de Sarreaus, Gumersindo Lamas, lamenta que \"este problema aínda non se teña solucionado\". Pola súa banda, Adegal, Asociación de empresarios gandeiros e agrícolas, ven \"dificultades para que a planta poida volver a iniciar a súa actividade\". A presidenta de Adegal, Maite Joga, asegura que a planta \"deixou sen este servizo imprescindíbel aos granxeiros e estes tiveron que xestionar eles mesmos os terreos para poder depositar o xurro como abono\". As ecoloxistas da Sociedade Galega de Historia Natural afirman que a degradación polo vertido masivo de xurro non tratado elévase a 700 millóns de quilogramos na comarca da Limia. A Xunta de Galiza aprobou unha nova normativa normativa sobre o uso, armacenamento e xestión do xurro agrícola, que entrou en vigor o ano pasado e que prohibe usar o esterco como abono para os terreos situados a menos de 50 metros das vivendas. Impón multas entre os 900 e os 45.000 euros en caso de vertidos ou abandono intencionado do xurro nos terreos devanditos. En resumo, novos atrancos para os traballadores da gandería e agricultura. Un dos sectores produtivos do país que está vendo reducida a súa actividade por leis que poñen trabas ao rural e o seu desenvolvemento, alén de deixar de obter enerxía renovábel fechando instalacións como a de Sarreaus."}
{"ID": "PRAZA_840", "summary": "Os edís dos dous partidos votaron en contra de que o Concello participe na causa aberta polo TSXG contra o anterior goberno municipal, como propoñía o BNG.", "text": "Os votos de PP e PSOE botaron a baixo este venres unha moción presentata polo BNG para que o Concello de Carnota exercese a acusación particular no proceso que o TSXG instrúe contra os máximos responsables do anterior goberno municipal, o ex alcalde José Oreiro e a ex-tenente de alcalde e actual deputada autonómica Marisol Piñeiro, ambos os dous do Partido Popular, xunto co secretario municipal Carlos Bousoño, todos eles imputados desde o 2013 por suposta prevaricación na contratación durante a anterior lexislatura, unhas actuacións polas que a fiscalía xa aprezaba hai un ano \"indicios racionais de criminalidade\". O Bloque critica especialmente a actitude dos dous concelleiros socialistas, cuxo voto foi decisivo para o resultado final, pois aínda que o PP conta con cinco edís dous deles (os propios Oreiro e Piñeiro) non podían votar por estar directamente implicados. \"En Carnota todos saben que desde o día seguinte das eleccións de 2011 comezaron os contactos entre PP e PSOE para un goberno conxunto. O verdadeiro escándalo é que se hai un pacto esté a fraguarse de espaldas á veciñanza e con nocturnidade e alevosía\", destaca a formación nacionalista nun comunicado. De igual xeito, o Goberno municipal da localidade, en poder do BNG, criticou que \"a dirección municipal do PSOE, en lugar de defender aos veciños de Carnota e perseguir un presunto delito de prevaricación, preferiu mirar para outro lado, coa vista posta nun posible pacto nas vindeiras eleccións municipais\". A votación impide que o Concello de Carnota exerza a acusación particular contra os imputados, para reclamarlles as responsabilidades económicas que correspondesen, a pesar de ser o principal prexudicado dos feitos denunciados A votación impide que o Concello de Carnota exerza a acusación particular contra os imputados, para reclamarlles as responsabilidades económicas que correspondesen, a pesar de ser o principal prexudicado dos feitos denunciados polas consecuencias que supuxo para a facenda municipal. O caso O procedemento penal comezou grazas a unha denuncia formulada en xaneiro de 2013 polo actual alcalde, Ramón Noceda. En 2007 o Concello de Carnota contratara unha muller como administrativa de apoio á alcaldía. Foi unha das varias contratacións que xa no seu momento denunciaran os nacionalistas polo seu elevado custe para as contas municipais, pois nos seus primeiros meses de xestión, Oreiro despediu 9 traballadores que por teren subvencións supoñían un gasto de só 10 mil euros anuais ao concello, para logo contratar para as mesmas funcións 8 traballadores por un custe de 150 mil euros. Pero, ademais, a contratación desta asesora fíxose, segundo o fiscal, saltando \"os preceptos legais de publicidade, libre competencia e obxetividade\". O ex alcalde José Oreiro e a ex-tenente de alcalde e actual deputada autonómica Marisol Piñeiro están imputados desde o 2013 por suposta prevaricación na contratación Ao longo da instrución, o fiscal sinalou que José Oreiro e Marisol Piñeiro mentiron ante o xuiz, ao asegurarlle que manexaron o currículum de varios aspirantes ao posto e que a persoa contratada era a de mellores aptitudes. Segundo o BNG, isto foi desmentido polo Secretario municipal, que negou que chegara ningun curriculum ao concello. Na instrución comprobouse, ademais, que quen asinou efectivamente o contrato desta persoa foi Marisol Piñeiro, pois José Oreiro estaba de baixa médica. Posteriormente a alcaldía asinou \"arbitrariamente prórrogas, cambios de posto e categoría, subidas de soldo, transformárona en indefinida e e lle aumentaron o soldo a uns 3.000 € brutos ao mes, todo iso sen mediar máis procedemento que sucesivos decretos de alcaldía asinados indistintamente por José Oreiro ou Marisol Piñeiro\", segundo os nacionalistas."}
{"ID": "NOS_55618", "summary": "O alto tribunal si que apoiara no seu día o indulto para Barronuevo e Vera, condenados en relación ao terrorismo de estado, ou golpistas do 23-F como Antonio Tejero.", "text": "O Tribunal Supremo trasladou esta cuarta feira ao Goberno español a súa posición sobre o indulto dos presos políticos cataláns. Como era de esperar, o alto tribunal español, que condenou aos líderes do 1-O a entre 9 e 13 anos de prisión polos delitos de sedición e prevaricación, oponse a concederlles o indulto. O informe do Tribunal Supremo é obrigatorio mais non vinculante e inclúe as opinións da Fiscalía, que estaba en contra, e da Avogacía do Estado, que non se pronunciou. O informe de once páxinas rexeita \"calquera forma de indulto - total ou parcial aos 12 condenados\" polo Tribunal Supremo e sostén que non mostraron ningún arrepentimento. Este elemento non é obrigatorio, segundo a lei do indulto. Os maxistrados consideran que non hai razóns de xustiza, equidade e utilidade pública que xustifiquen a concesión desta medida de indulto. Na mesma liña, din que a sentenza do Tribunal Supremo non vulnera os principios de proporcionalidade das penas impostas -entre nove e trece anos de prisión- aínda que algúns xuíces do Tribunal Constitucional (TC) non o ven igual e alertaron de posíbeis infraccións. O relator do informe foi o presidente da segunda cámara e tamén o presidente da sentenza do 1-O, Manuel Marchena. Di que os argumentos para pedir o indulto perden calquera xustificación cando os líderes independentistas \"preséntanse como presos políticos\" e non como autores dunha mobilización \"destinada a subverter unilateralmente a orde constitucional\". O Tribunal Supremo si que se pronunciara a prol do indulto en casos como os de Rafael Vera ( ex secretario de estado para a Seguridade) e José Barrionuevo (ex ministro de Interior) polo secuestro polos GAL do cidadán francés Segundo Marey. Tamén se pronunciou a prol do indulto a golpistas do 23-F como Antonio Tejero ou Alfonso Armada."}
{"ID": "NOS_4992", "summary": "O Ministerio de Defensa ruso anunciou a rendición das tropas ucraínas que permanecían en Azovstal. Gran parte dos soldados que se atopaban na zona industrial pertencían ao ultradereitista batallón Azov.", "text": "O Ministerio de Defensa ruso anunciou a rendición de combatentes do ultradereitista batallón Azov e militares ucraínos que se atopaban bloqueados na planta metalúrxica Azovstal, situada na cidade de Mariupol. A catastrófica situación na fábrica siderúrxica Azovstal, en Mariupol Segundo indicou, 265 combatentes deixaron as armas durante o último día, 51 deles feridos graves. Todas as persoas que necesitan axuda médica están a ser enviadas a un hospital da cidade de Novoazovsk, na República Popular de Donetsk, afirmou. A rendición dos combatentes motivou a instauración do réxime de cesamento do fogo nas inmediacións da planta e que se abrira un corredor humanitario, indicou o departamento ruso. Así é Azov, o batallón ao cal Zelenski cedeu a palabra no Parlamento grego O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, publicou un vídeo no que declarou: \"Grazas ás accións dos militares ucraínos das Forzas Armadas, da Intelixencia, así como do grupo de negociación, o Comité Internacional da Cruz Vermella e as Nacións Unidas, temos a esperanza de que se poidan salvar as vidas dos nosos mozos\". \"Quero subliñar: Ucraína necesita aos heroes ucraínos vivos. É o noso principio. Creo que cada persoa adecuada entenderá estas palabras\", destacou o presidente ucraíno. Pola súa parte, a viceprimeira ministra ucraína, Irina Vereschuk, manifestou a intención de intercambiar os feridos no Azovstal por soldados rusos. Rotas as conversas de paz O Goberno de Rusia recoñeceu que actualmente non hai ningún tipo de negociación coas autoridades de Ucraína para rebaixar as tensións bélicas, segundo Moscova pola falta de compromiso de Kíiv cun diálogo que practicamente non deu resultados prácticos. HRW alerta do uso de bombas de dispersión por parte de Rusia e Ucraína O viceministro de Exteriores ruso, Andrei Rudenko, confirmou que \"as conversacións non seguen\". \"De feito, Ucraína saíu deste proceso\", dixo. Os reproches son mutuos, xa que tamén o Goberno de Ucraína se pronunciou en termos similares contra o de Rusia."}
{"ID": "NOS_16399", "summary": "Relacionamos a seguir as 20 pezas máis vistas na web de Nós Diario durante 2021, no seu segundo ano como xornal diario.", "text": "20) DomusVi sacou proveito dos falecementos nas súas residencias ao facer de comisionista das funerarias. (15 de marzo) En 2020 morreron 2.100 ancians e anciás en centros de DomusVi no Estado español. A empresa asinou un contrato con Mémora, a principal compañía de servizos funerarios no Estado. Este contrato garante unha comisión de até 700 euros por cada familia dun residente falecido que contratase esta funeraria. DomusVi vén actuando como comisionista polo seu labor comercial en favor de Mémora polo menos desde outubro de 2015, cando entrou en vigor un \"acordo de colaboración e prestación de servizos\" entre ambas as compañías 19) Os porqués do 'non' da Unesco á Ribeira Sacra para ser Patrimonio Mundial (7 de xuño) O pasado 3 de xuño, a Xunta da Galiza, de acordo co Goberno do Estado español, anunciaba que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) se adiaba de modo \"estratéxico\" para fortalecer \"aínda máis\" a candidatura. Unha vez feito público o informe elaborado polo persoal técnico do Comité internacional dos monumentos e os sitios (Icomos), que visitou o lugar entre o 4 e o 11 de outubro de 2020, coñécese a recomendación final da entidade, \"non debería inscribirse na listaxe de Patrimonio Mundial\", conclúen desde a Unesco. 18) \"Cada vez q hablas gallego me pongo enfermo\" (16 de decembro) \"El gallego es un idioma aislado del mundo\", \"Tenían que ilegalizar idioma gallego, y sacarlo de las escuelas\" ou \"Sales de Galicia y ese idioma absurdo se queda ahí\", foron algunhas das mensaxes que recibiu Guido Álvarez, guía oficial de turismo e colaborador de Nós Diario. 17) Investigan tres posíbeis novos efectos secundarios das vacinas de Pfizer e Moderna (12 de agosto) O Comité de Seguridade da Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés) está a investigar tres posíbeis novos efectos adversos das vacinas ARNm contra a Covid-19, é dicir, as desenvolvidas por Pfizer e Moderna. En concreto, segundo detallou o organismo regulador europeo nuns documentos de actualización de seguridade das vacinas, trátase de eritema multiforme, glomerulonefrite e síndrome nefrótica. 16) A TVG contará cunha canle temática infantil e xuvenil (11 de maio) As forzas políticas con representación na Cámara galega expresaron o seu apoio a unha proposta impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística para pór en marcha unha canle audiovisual en galego dirixida ao público xuvenil. A iniciativa, avalada pola sinatura de máis de 33.000 persoas, defende que a Corporación de Radio Televisión da Galiza (CRTVG) aumente a oferta en galego destinada á infancia. 15) Roberto Vilar: \"Quero pedir desculpas, nunca tivo que chegar a pasar iso\" (9 de abril) \"Criamos que nos asegurabamos de que non había nada raro nesta relación e mirámolo por todos os sitios que podiamos mirar, pero aínda así equivocámonos. E despois cando sucedeu no plató, a relación non era tal como nos dixeron a nós, non era tal que así e quero pedir desculpas. Porque foi un erro do programa. Nunca tivo que chegar a pasar iso\". Así se expresa Roberto Vilar, presentador de 'Land Rober Tunai Show' da TVG após a polémica xerada pola denuncia dun episodio de violencia machista no programa. 14) O incremento de contaxios pode levar ao hospital ou á morte (5 de xullo) Os avances na campaña de vacinación non garantes a total inmunidade contra a Covid-19. Malia que esta cuestión xa era coñecida desde que apareceron os primeiros remedios contra o virus, os novos incrementos nos contaxios entre a poboación -sobre todo na mocidade- parecen levar aparellado un posíbel esquecemento de que o risco continúa existindo. 13) Denuncian comentarios machistas nun programa da TVG (1 de maio) \"Non pasaron nin dez horas desde que tratamos na comisión parlamentaria de control á CRTVG o caso Land Rober cando chega a nós un novo lamentábel e inaceptábel episodio sobre o tratamento da violencia de xénero e en xeral da igualdade e a muller na programación da TVG\", denunciou Noa Díaz, deputada polo PSdeG no Parlamento galego, na súa conta de Twitter, en referencia a un novo episodio de violencia machista no programa Quen anda aí? da CRTVG. 12) A Xunta limita as xuntanzas en terraza a máximo de 10 persoas e estende obriga PCR a locais de lecer nocturno de toda Galiza (14 de xullo) O nivel de contaxios mudou, sinalou o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, e atinxe sobre todo á xente nova. Por iso, anunciou esta cuarta feira, vaise limitar a 10 o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar un espazo nas terrazas de hostalaría. No interior da hostalaría ese número será de 6. 11) Denuncian que na franxa de 66 a 69 anos estase a vacinar con AstraZeneca ou Moderna e non coa Pfizer que prometera Feixoo (14 DE MAIO)Indignación e malestar entre persoas nesta franxa de idade convocadas a recibir a primeira dose da vacina contra a Covid ao comprobar que non se lles subministraba o vial que anunciara o presidente da Xunta. 10) XVII Asemblea Nacional do BNG (7 de novembro) Milleiros de militantes e simpatizantes do Bloque Nacionalista Galego desprazáronse até A Coruña para acudir á XVII Asemblea Nacional da formación política, que reelexiu Ana Pontón como portavazo nacional. 9) Galiza mobilízase no 8-M (8 de marzo) Con máscaras e distancia física, a Galiza viviu un 8 de marzo de mobilizacións e reivindicación feminista malia a pandemia. 8) O Comité Intercentros da CRTVG pide a retirada do programa Land Rober por un caso de violencia machista (9 de abril) Acrecéntanse as reaccións após o episodio de acoso machista no programa Land Rober da TVG, que na noite da quinta feira expuxo de maneira pública unha muller que \"acabara cunha relación na que xa sufrira agresións machistas\". O Comité Intercentros da CRTVG exixiu a retirada do programa Land Rober, após \"a espectacularización e tratamento morboso que se fixo dun caso de acoso\". 7) Abanca vese obrigada a retirar unha campaña após a vaga de críticas (23 de febreiro) \"Aínda vés á oficina para todo? Se podes ver os netos desde a tablet, podes sacar cartos desde o caixeiro\". A campaña de Abanca que pretendía animar as persoas maiores a se pasar á banca electrónica bateu cunha vaga de críticas e indignación que levou a entidade financeira a anunciar que retiraba esta publicidade. 6) Turistas de diferentes partes do Estado chegan a Galiza malia o feche perimetral (1 de abril) O procedemento de sanción aberto pola policía local de Cambados ao dirixente da oposición venezolana residente en Madrid, Leopoldo López, por atoparse irregularmente na localidade do Salnés, saca á luz pública os incumprimentos das restricións á mobilidade impostas polo Goberno estatal e evidencia que os feches perimetrais vixentes durante toda a Semana Santa non están impedindo á chegada masiva á Galiza de cidadáns do resto Estado. 5) \"É vergoñento\": malestar entre a audiencia de Master Chef polo que consideran \"burla\" do acento galego (5 de outubro) A Coruña foi o emprazamento elixido polo programa 'Masterchef celebrity' de TVE para o seu concurso en exteriores desta semana. Un concurso que rematou con malestar e irritación en parte da audiencia galega que seguía o programa polo que consideraron unha \"burla\" do sotaque galego por parte dos 3 xuíces do programa. 4) As parellas que non convivan poderán verse nestas semanas de restricións (27 de xaneiro) A Xunta crea a \"unidade de convivencia ampliada\", que lles permitirá saltarse a norma de que só están autorizadas interaccións sociais con convivintes baixo o mesmo teito. O DOG tamén establece que durante estas semanas de semiconfinamento pode irse a cultos relixiosos ou de caza de xabarín e lobo. 3) Denuncian un episodio de violencia machista no programa 'Land Rober Tunai Show' da TVG (9 de abril) A indignación percorre as redes sociais, as primeiras en advertir da emisión dun \"episodio de violencia\" machista no programa 'Land Rober Tunai Show' da TVG, no que unha muller \"que acabara cunha relación na que xa sufrira agresións machistas\" se viu exposta publicamente. 2) Nivel de restrición máxima para toda Galiza, peche perimetral en todos os concellos e as xuntanzas limítanse exclusivamente a conviventes (25 de xaneiro) Galiza fecha todos os seus municipios, suspende actividades non esenciais e limita a conviventes as reunións. Esta é a proposta saída da xuntanza do Comité sanitario do 25 de xaneiro. As medidas adoptadas até agora non foron suficientes. Núñez Feixoo recoñeceuno e. Por iso decidiuse que pasa toda Galiza a nivel de restrición máxima, que todos os concellos pasan ao feche perimetral e que as xuntanzas limítanse a conviventes. O toque de recoller mantense ás 22:00 horas, se ben Feixoo lamentou que o Goberno español non permita adiantalo. 1) A xefa de servizo do Cunqueiro destituída por usar máscaras cirúrxicas: \"Coidado, Feixoo, non vaian cesalo por pedir FFP2 obrigatorias\" (29 de xaneiro) Eva Maquieira, a xefa de servizo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo destituída polo entón Xerente da área sanitaria viguesa e hoxe conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, por reivindicar o uso de máscaras cirúrxicas no centro hospitalario en marzo de 2020, lanza unha advertencia a Feixoo: \"Coidado, non vaian cesalo por pedir máscaras obrigatorias\". É a reacción á intención do presidente da Xunta de declarar obrigatorias as FFP2 en determinados contextos."}
{"ID": "PRAZA_8508", "summary": "A dimisión do Sr. Núñez Feijoo non só se tiña que producir por este escándalo, que xa é dabondo, senón pola súa traxectoria o fronte da Xunta de Galicia e do PP galego.", "text": "As fotos do Sr. Núñez Feijoo, en contra do que di o PP, teñen moita importancia, pois se un Presidente como Nixon aparecera fotografado en diversas vacacións e viaxes con Al Capone, aínda que fora 18 anos antes, a sociedade americana esixiríalle a dimisión inmediata, simplemente por ética e dignidade. Marcial Dorado era un dos Al Capones galegos, e aínda que non fora condenado por narcotráfico, -agora está na cárcere por ese motivo-, xa fora detido e imputado en distintos anos por contrabandista, antes das fotos. E o peor, e que o Sr. Núñez Feijoo chegou a Xunta como Presidente por un deputado máis, despois de esixirlle, nunha campaña electoral moi sucia, a un dos seus adversarios, a dimisión, simplemente por unhas fotos sacadas cinco anos antes cun empresario que nunca tivo problemas coa xustiza, e cando el tiña xa constancia da existencia das súas fotos con Dorado, hai que ter cinismo! A dimisión do Sr. Núñez Feijoo non só se tiña que producir por este escándalo, que xa é dabondo, senón pola súa traxectoria o fronte da Xunta de Galicia e do PP galego De todas as maneiras a dimisión do Sr. Núñez Feijoo non só se tiña que producir por este escándalo, que xa é dabondo, senón pola súa traxectoria o fronte da Xunta de Galicia e do PP galego. Durante o seu mandato, o paro e a falta de actividade marcan límites históricos, e si o desemprego non é maior, é pola enorme emigración que se está a producir, sobre todo de xente preparada. A falla de ideas e iniciativas para promocionar o sector primario, o naval, o eólico, a pesca, o turismo, a cultura galega, etc, foi e é unha constante, e desta forma a maior parte das empresas están en apuros ou pechan, a Fábrica de Armas, Pescanova, Navantia, Alimentos Lacteos, empresas eólicas e multitude de empresas pequenas son un exemplo ilustrativo. Non é estraño, con este proceder, que o descenso da demografía e o despoboamento do rural sexan alarmantes. Durante o seu Goberno deixamos de ter influencia no sector financeiro: Caixanova e Caixa Galicia, Banco Pastor, Banco Gallego, Banco Etcheverria, pasaron a depender do FROB ou doutros bancos foráneos Durante o seu Goberno deixamos de ter influencia no sector financeiro: Caixanova e Caixa Galicia, Banco Pastor, Banco Gallego, Banco Etcheverria, pasaron a depender do FROB ou doutros bancos foráneos, isto trae como consecuencia que ó perder poder económico, Galicia perde poder político, imprescindible para poder amañar moitos problemas. Estando á fronte da Xunta non reclamou ningunha nova transferencia, ao revés, perdeuse autonomía política Estando á fronte da Xunta non reclamou ningunha nova transferencia, ao revés, perdeuse autonomía política. Realmente actuou como un Delegado do Goberno, iso si, preocupouse especialmente polos actos e tertulias madrileñas buscando proxección, que si a conseguiu, o que lle permitiu, xunto co enorme apoio dos poderes fácticos e falla de contundencia da oposición, gañar as últimas eleccións. Tampouco foi capaz de reducir a corrupción no PP. Os casos da Deputación de Ourense ou o Concello de Santiago son exemplos claros disto, tamén o é, que en tódolos procesos galegos de corrupción: Pokemón, Campeón, Muralla, Arena, Manga, etc , existan membros deste partido implicados. En resumen, neste período de tempo que estivo o fronte da Xunta, demostrou ser o peor Presidente galego, polo que canto antes dimita moito mellor para o noso país."}
{"ID": "NOS_31874", "summary": "Avoas e Nais da Praza de Maio, os colectivos de mulleres que saíron na busca de fill@s e net@s que a ditadura militar roubou ou fixo desaparecer non dan por finalizada a súa loita coa morte de Videla. Reclaman abrir arquivos e poñer fin á impunidade e lamentan que o ditador morrera sen se arrepentir e sen confesar onde están os seus seres queridos. Valoran, pola contra, que atopase o seu fin no cárcere, onde cumpría condena perpétua.", "text": "Nora Cortiñas, das Madres de Plaza de Mayo-Linea Fundadora, e moi relacionada con Galiza, reclamou, despois da morte de Videla, a apertura dos arquivos. \"Queremos que se abran, que saia á luz e que non morran levando o seu secreto aínda que morreu nun cárcere común, o que demostra que vai rematando a impunidade\" sinalou Cortiñas, horas despois de que Jorge Videla falecera no cárcere de Marcos Paz, cunha condena a prisión perpetua por crimes de lesa humanidade. \"Eles saben onde están, eles téñenos\" apuntou Nora Cortiñas que segue a traballar para que se celebren os xuízos e apoia ás testemuñas que esclarecen a dimensión da barbarie. Nais e avoas están a centrar boa parte do seu traballo na busca de bebés apropiados de nais desaparecidas, causa que orixinou unha condena particular contra Videla que consideraron histórica ao recoñecer o roubo de crianzas como parte da estratexia global de represión. Aproveitou as súas declaracións para denunciar que aínda hai moitos xenocidas sen condenar e, ao seu ver, é preciso buscar información que polo de agora se descoñece, en especial nas familias ás que lle foron entregados os bebés roubados. \"Non hai perdón, nin esquecemento, non hai reconciliación. Agora está morto, mais en vida nunca se arrepentiu nin tivo algún mínimo xesto que nos permitira chegar á verdade e a xustiza\" dixo, en declaracións recollidas por Clarín, un dos múltiples medios que nestas horas buscaron a opinión de Cortiñas. Pola parte das Abuelas de Plaza de Mayo, Estela de Carlotto, definiu a Videla como \"un xenocida, deshumanizado, que non tivo ningún escrúpulo, el e os seus compinches en ordenar un plan de exterminio\". En roda de prensa, Carlotto lamentou a ausencia dun \"xesto de humanidade\" en Videla, que, non só non se arrepentiu senón que reivindicou a súa brutal actuación, en referencia á súa intervención no xuízo da pasada semana na que se volveu declarar \"preso político\" e dixo de novo non recoñecer a xustiza. Asegurou Carlotto que as avoas seguirán reclamando \"memoria e xustiza inexorablemente, aquí non se pechan ciclos, ábrense portas para que non reine a impunidade\". \"O que se xulga non se repite\" concluíu."}
{"ID": "NOS_51373", "summary": "O Partido Popular continúa a súa caída na Galiza. Nas cidades só logra impoñerse en Ferrol e na Coruña -nesta cidade por unha estreita marxe de votos- mais non o suficiente como para se facer coas alcaldía. Soben o PSOE, que se sitúa a un pé de acadar o bastón de mando en seis das sete cidades e o BNG, que continúa como primeira forza en Pontevedra e que aumenta un 25% de apoios nas urbes. Caen as autodenominadas candidaturas de unidade popular, que fican sen A Coruña, sen Ferrol e sen Compostela.", "text": "O Partido Popular continúa cedendo terreo na Galiza e pasa das 149 maiorías absolutas que obtivera en 2015 ás 127 -perde unha das maiorías absolutas simbólicas, a de Vilalba, feudo do seu fundador, Manuel Fraga-. En canto ás maiorías relativas, logra 48 fronte ás 55 de 2015. O partido de Feixoo cae no conxunto da Galiza do 35,73% dos votos ao 33,35% das anteriores municipais. Nas urbes só logra impoñerse en Ferrol e na Coruña -nesta última por unha estreita marxe de votos-, mais non o suficiente como para ostentar o bastón de mando. O PSOE, a piques de gobernar seis cidades O PSOE, pola súa banda, atópase a un pé de acadar o bastón de mando en seis das sete cidades galegas. Consegue pasar do 26,26% dos apoios ao 32,77% e de 48 a 66 maiorías absolutas, entre as que destaca a de Vigo, onde Abel Caballero obtén tres actas máis, até chegar a 20. Asina tamén 27 maiorías relativas, fronte ás 30 das anteriores municipais. Destaca o resultado conseguido en Compostela, onde ascende dos catro aos dez edís e onde ten asegurada a súa volta á alcaldía despois de cederlla a Conde Roa en 2015. O Bloque sobe un 25% nas cidades O BNG certifica a súa recuperación e consolídase como terceira forza con máis apoios na Galiza. Logra aumentar o apoio un 25% nas cidades -en Pontevedra continúa como partido máis votado- e obtén representación en todas elas, ao recuperar unha acta en Vigo e dúas en Ourense. O maior ascenso dáse en Lugo, onde sobe dos dous aos cinco edís. No conxunto do país, a forza nacionalista pasou do 11,74% dos votos de 2015 aos 12,47% e consegue 15 maiorías absolutas -Allariz, A Mezquita, A Pobra do Brollón, Baños de Molgas, Barro, Carballo, Mazaricos, Moeche, O Rosal, Ribadeo, San Sadurniño, Santiso, Tomiño, Vilar de Barrio e Zas- fronte ás 13 de 2015, así como 9 relativas, fronte as 4 das anteriores municipais. As mareas ceden as alcaldías da Coruña, Compostela e Ferrol Os autodenominados espazos de unidade popular sufriron un duro revés na xornada electoral, pois perden as tres Alcaldías que posuían nas cidades: a da Coruña, a de Compostela e a de Ferrol. Na Coruña, a Marea Atlántica, capitaneada por Xulio Ferreiro, baixa de dez a seis representantes; a Compostela Aberta de Martiño Noriega cae até a terceira posición na Corporación municipal ao pasar de dez edís a cinco e Ferrol en Común, encabezada por Jorge Suárez, perde tres edís e cae a tres cadeiras, cedendo máis da metade dos apoios. Desaparece a Marea en Pontevedra e Ourense en Común tamén perde a súa representación, ao igual que Lugo Novo. En Vigo, a Marea caeu dos tres a dous representantes. Total de votos en Galiza Infogram"}
{"ID": "NOS_14334", "summary": "A decisión da esquerda soberanista galega, vasca e catalá impide a aprobación e lectura no Pleno da declaración institucional sobre Adolfo Suárez, pois requería unanimidade para ser aprobada. Néganse a aprobar un texto que presenta a Transición como 'sumum' da democracia e enxalza a monarquía.", "text": "Non haberá declaración institucional do Congreso español en memoria de Adolfo Suárez. A decisión de BNG, Amaiur e ERC de non apoiar un texto que, entenden, se converte nun \"relato ficticio da Transición\" e nun panexírico da monarquía, impide que a declaracións saia adiante. Non será, logo, aprobada nin lida en Pleno, como pretendían os grandes partidos, pois para iso facía falta o apoio unánime de todos os grupos parlamentares. Bosch lembrou que se ben Suárez legalizou o PCE, non fixo o propio coa esquerda nacionalista galega, vasca e catalá. \"ERC non puido presentarse ás eleccións\" O portavoz de ERC, Alfred Bosch, explicou nos corredores da Cámara baixa española que até o último momento se estivo a negociar un texto, Mais finalmente o acordo non foi posíbel porque a esquerda nacionalista de Galiza, Euskal Herria e Catalunya non apoian unha declaración que, recollen as axencias, \"enxalza a monarquía\" e fai un relato de Transición \"modélica\". E ese relato, apuntou Bosch, é falso. Puxo como exemplo que malia que a propaganda oficial salienta que o PCE foi legalizado, a esquerda nacionalista non puido concorrer ás eleccións de 1977. \"ERC non puido estar alí\", dixo. Desde Amaiur engadiron que a declaración sería lexitimar a negación ao pobo vasco, e ao resto de pobos do Estado, do dereito de autodeterminación, unha negativa feita \"coa conivencia do Exército español·\"."}
{"ID": "NOS_41619", "summary": "Recomendan clasificar territorios segundo o número de casos por cada 100.000 habitantes e aplicar medidas distintas segundo incidencia.", "text": "Un grupo de expertos en saúde e análise de datos publican na revista médica 'The Lancet' un manifesto no que urxen ao Goberno español a ir máis alá nas medidas de loita contra o coronavirus perante o risco dun colapso e saturación do sistema sanitario que se prolongaría até finais de abril. As persoas asinantes consideran que as medidas xa implementadas de confinamento e limitación da mobilidade \"van polo bo camiño\" mais non son suficientes. Así, e en base a unha serie de modelos matemáticos, consideran que hai risco no Estado español desa saturación, máxime, engaden, tendo en conta que hai unha porcentaxe de poboación envellecida bastante importante e que ten un índice de mortandade alto por coronavirus entre as persoas contaxiadas. Con eses datos na man, estes expertos insisten en que hai un risco \"moi alto\" de saturación do sistema sanitario até \"24 de abril\". Por iso, \"urximos o Goberno español a implementar medidas máis contundentes para minimizar o impacto da expansión da pandemia entre a poboación\". Clasificar segundo territorios No artigo aconsellan clasificar os territorios do Estado segundo a porcentaxe de casos de COVID-19 por cada 100.000 habitantes e que as intervencións e medidas que se realicen respondan ás características desa clasificación. Por exemplo, proseguen, na categoría A, na que houbo 100 ou máis casos por cada 10.0000 habitantes nos pasados sete días, recoméndase un confinamento total e o peche da rexión, exceptuando os servizos esenciais de hospitais, centros de investigación e centros de saúde, durante un período mínimo de entre 15 e 21 días. Nesta categoría estarían Madrid (155 casos por cada 100.000 habitantes), Catalunya, Euskal Herria, e ambas as dúas castelas. Na categoría B, menos de 100 casos por cada 100.000 habitantes, recoméndase permitir que 30% da poboación traballe e a mobilidade de 25%, un confinamento parcial ao tempo que se realiza un estrito seguimento do número de infeccións. Aquí estaría Galiza. Todos os desprazamentos non esenciais por terra mar e aire deben ser totalmente interrompidos polo menos durante 15 días, propoñen. As medidas que propoñen non implicarían que a enfermidade remitise nas vindeiras semanas, aclaran, senón que sería preciso un seguimento relizando probas a todas aquelas persoas susceptíbeis de contaxio. E poñen como exemplo para o seguimento a creación dunha aplicación para móbiles nas que as persoas avisen. Ou incrementar a capacidade para realizar test e proceder a un rápido illamento Tamén lle piden ao Goberno español acceso aos datos dos que dispónpara que a comunidade científica os poda empregar d reclaman medios abondo para o persoal sanitario."}
{"ID": "NOS_35825", "summary": "A portavoz nacional do BNG insiste en que se deben \"asumir responsabilidades políticas\" ante un feito \"gravísimo e intolerábel\".", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou esta segunda feira de feitos \"gravísimos\" a suposta espionaxe a líderes independentistas co programa Pegasus, ao tempo que reclamou ao Goberno de Pedro Sánchez que \"non os minimice nin mire para outro lado\". \"É un ataque ao corazón da democracia, non se pode mirar para outro lado\", apuntou, nunha rolda de prensa na que tamén falou dunha \"vulneración de dereitos\". Por iso, pediu \"chegar até o fondo\", cunha investigación independente e unha comisión de investigación no Congreso, como xa solicitou o BNG a través do seu deputado Néstor Rego. As cinco cuestións que descoñeces do 'Catalunyagate' \"Non se pode permitir que se espíe outros cidadáns\", advertiu Pontón, quen insistiu en que se teñen que \"asumir responsabilidades políticas\" ante un \"feito gravísimo e intolerábel\". \"Para todos nós é unha ameaza\", concluíu. Estas declaracións chegan logo de que na pasada sexta feira o ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurase que o seu Ministerio \"non comprou\" o software Pegasus, que supostamente se utilizou por parte do Executivo estatal para espiar máis de 60 dirixentes independentistas. Dixo, aliás, que tampouco mantiveron nunca negociacións coa empresa responsábel deste programa informático. Na mesma liña apuntara días atrás a ministra de Defensa, Margarita Robles, que na cuarta feira reivindicou o traballo do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) e garantiu que todas as súas actuacións serán sempre \"sometidas á lexislación vixente\", ao tempo que afeou que se fagan acusacións \"sen probas\". Estes son os independentistas espiados co programa israelí 'Pegasus' Segundo un informe de Citizen Lab, catro presidentes da Generalitat, entre eles o actual, Pere Aragonès, foron espiados con Pegasus. Os outros son Quim Torra, Artur Mas e Carles Puigdemont."}
{"ID": "NOS_12860", "summary": "A caída de Guiomar toma ao pé da letra o rótulo de \"fantasía épica galega\" que acompaña a súa capa para construír unha historia que, sen deixar de evocarnos os mundos que autores como Tolkien fixeron posíbeis, tamén lanza unha aposta inesperada cara á propia tradición mítica galega.", "text": "A que coñecemos como fantasía épica ten unha dupla interpretación para o público galego. Dunha parte, resulta difícil deslindala da literatura de posguerra e dos camiños trazados por autores como Álvaro Cunqueiro, ou Xosé Luís Méndez Ferrín. Da outra, hai unha tendencia que fixo deste xénero un dos preferidos polo público infantil e xuvenil, especialmente durante os anos oitenta e noventa, aínda que nunha tendencia con profundas raíces previas e afoutadas persistencias posteriores. A proposta que nos achega Contos Estraños parece encaixar máis ben nesa última liña, e por iso destaca na colección \"A miña primeira novela de...\". A caída de Guiomar / Alba Rozas / Contos Estraños / 2021 / 132 páxinas / 12 euros Os que enchen esta colección son xéneros populares, entendidos nun sentido amplo e entre os que esta referencia fantástica de ecos medievais ten un papel importante e inaugural. Non podería ser doutra maneira cando falamos de Alba Rozas, unha autora pouco coñecida na creación literaria pero cunha dimensión académica relacionada con este mesmo ámbito que converte esta primeira novela nunha peza ben interesante. Desta forma, non resultaría xusto agardar da autora unha vulneración vangardista das fronteiras do xénero, pero si que é coherente pensar nunha certa innovación. E nese sentido, non vemos os nosos anhelos defraudados. A caída de Guiomar toma ao pé da letra o rótulo de \"fantasía épica galega\" que acompaña a súa capa para construír unha historia que, sen deixar de evocarnos os mundos que autores como Tolkien fixeron posíbeis, tamén lanza unha aposta inesperada cara á propia tradición mítica galega. Referencias aos seres fantásticos da nosa cultura, así como aos instrumentos da música popular galega, fan desta peza narrativa algo especial e a medio camiño entre as ansias dun público novo e o peso dunha tradición cultural que non deberamos deixar de lado. Aima é unha nena da raza da xente cativa que ve como os seus pais son levados polo cabalo da fiaña. Soa e desamparada, dá con Tegra, unha guerreira que, ademais de comprometerse a axudala a recuperar a súa familia, está involucrada nunha tarefa moito máis transcendente que implica todo o futuro do reino de Eabaca. Máis alá do desenvolvemento clásico da trama, o retrato da solidariedade feminina, a aposta pola unión das distintas culturas do reino e o valor da amizade e a valentía acaban por dar unha dimensión especial a unha historia que nos mergulla nun xénero que tantas veces foi deixado de lado, mesmo despois de construír mundos que son para quedar neles."}
{"ID": "PRAZA_4060", "summary": "O proceso de desescalada rexerase no seu ritmo de avance por unha serie de criterios epidemiolóxicos, de capacidade do sistema sanitario, socioeconómicos e de mobilidade. O Goberno central detallounos nun documento aprobado polo Consello de Ministros. Explicámolos aquí.", "text": "O proceso de desescalada, cuxos detalles foron debullados este martes por Pedro Sánchez, rexerase no seu ritmo de avance por unha serie de criterios epidemiolóxicos, de capacidade do sistema sanitario, socioeconómicos e de mobilidade. Estes criterios veñen definidos por un conxunto de indicadores que o Goberno central detalla nun dos documentos aprobados polo Consello de Ministros.En virtude de que un determinado territorio (provincia ou área sanitaria, no caso de Galicia) cumpra con estes criterios poderá ir avanzando en cada unha das catro fases definidas polo Executivo, ata chegar ao que xa se definiu como \"nova normalidade\". En termos xerais, como xa apuntabamos este luns, Galicia cumpre cos criterios de capacidade hospitalaria, pero debe aínda reducir o ritmo de transmisión e a incidencia do virus. Pero, ademais, as autoridades sanitarias avaliarán outros criterios para os que, de momento, non se fixeron públicos uns niveis concretos.Indicadores epidemiolóxicos: Número de casos con síntomas compatibles con covid19 e confirmados por laboratorio. Ademais dos datos de incidencia xeral, teranse en conta outros indicadores relacionados, como o número de casos hospitalizados e en UCI, o número de falecementos, o número de casos e mortes en residencias ou o número de profesionais sanitarios infectados. Tamén se observará o número de probas PCR realizadas e o seu resultado (a porcentaxe de probas positivas)Detección temperá: Terase en conta en cada territorio a porcentaxe dos casos con síntomas compatibles de COVID-19 nos que se realizou unha proba diagnóstica, o tempo entre a data de inicio de síntomas e a data de consulta en casos confirmados, o tempo entre a data de inicio de síntomas e data de diagnóstico e tamén a porcentaxe de casos novos que non son contacto de casos confirmados coñecidos.Illamento precoz: Observarase en cada territorio o tempo entre a data de inicio de síntomas e a data de illamento e o tempo entre a data de primeira consulta e a data de illamento.Control dos contactos dos casos confirmados: Avaliarase o número de contactos estreitos identificados por caso e a porcentaxe de contactos estreitos que desenvolven síntomas durante o seguimento e son confirmados.Indicadores de capacidade do sistema sanitario: Analizarase en cada territorio o grao de ocupación das UCIs, das camas de agudos e o stock de materiais de prevención. Tamén dependerá do número de respiradores de reserva e da capacidade diagnóstica dos laboratorios e da existencia de \"centros non sanitarios en disposición de medicalizar\".Indicadores de mobilidade: Teranse en conta os datos de mobilidade obtidos a partir do posicionamento dos teléfonos móbiles e que diariamente analiza o Ministerios de Transportes, tanto no que atinxe á mobilidade no interior das provincias, á comunicación entre unhas e outras provincias e tamén no interior das grandes cidades (en Galicia só existen datos para Vigo). Ademais, observaranse os datos de utilización do transporte público nas grandes cidades e os datos xerais de transporte de pasaxeiros e mercancías. Igualmente, analizaranse os datos de mobilidade nas áreas de residencia, e que diariamente vai publicando o INE.Indicadores económicos e sociais: Finalmente, o Executivo observará unha serie de indicadores socioeconómicos en cada territorio, como os datos laborais de afiliación á Seguridade Social, os ERE presentados ou o consumo de enerxía eléctrica."}
{"ID": "PRAZA_18609", "summary": "As famílias dos trabalhadores e trabalhadoras de ALCOA vão descobrir que a crise do 2008 viu para quedar e que o colapso do capitalismo e do mundo ocidental não é como o representam no cinema de Hollywood mais que existe de verdade.", "text": "O mundo esta cheio de cunhados com muita preparação mas com poucas luzes. Como bons cunhados repetem o discurso dos problemas de ALCOA e das grandes empresas energéticas com total seguridade de conhecer como nenhuma outra pessoa as possíveis soluções. Estou a referir aos cunhados que acreditam no progresso e na modernidade por acima de qualquer dato que poda fazer acanear o mito do crescimento continuo. Não conheço se os trabalhadores e trabalhadoras de ALCOA ouvirem falar do pico do petróleo mas do que estou seguro é que se alguma vez o \"cunhadisimo\" estivo numa conversa na qual saiu este tema seguro que argumentou que ainda quedava petróleo para um século ou mais e que estava seguro do que dizia porque lhe tinha perguntado sobre o assunto a um amigo que trabalha nas oficinas de REPSOL da Corunha no departamento de nóminas e que este lhe respondeu que trás ter uma conversa com um engenheiro madrileno tive como resposta que o petróleo não se ia acabar nunca. É certo que fica petróleo para 200 anos, incluso para mais, porque o petróleo não vai se consumido na sua totalidade. Nem sequer os poços dos que atualmente se extrai são esgotados na sua totalidade. É impossível tecnicamente. O que devia intentar entender o empregado/a de ALCOA, ao igual que qualquer outra pessoa, são as consequências derivadas de passar dum mundo desenhado e estruturado, nos últimos 250, na base de contar cada ano com mais energia a outro que inicia o processo inverso. Uma sociedade que se articula na base de contar cada vez com mais energia descobre que é possível fazer processos e atividades que no passado não se podiam fazer, como por exemplo sucedeu nos inícios da revolução industrial coa aparição da alta fundição; mais tarde com o uso massivo dos carros dotados de motor de combustão interna ou a produção de alumínio a grão escala que começa a finais do século XIX. Pela contra um mundo que cada vez conta com menos energia neta vai encontrar com o colapso de processos e atividades que requerem grandes quantidades de energia. É não é só preciso entender a mudança de passar dum mundo que se baseada no incremento de disponibilidade energética ao inverso, senão que também é preciso entender o conceito de TRE (Taxa de Retorno Energético). O principal problema não são os cunhados tecno-optimistas; senão que o são os governos e as instituições oficiais publicas e privadas que nos mentem com total descaro, desde os médios de comunicação, coa intenção de ganhar tempo e favorecer uma posição de vantagem para o grão capital. Um bom exemplo das mentiras e da manipulação a que nos vemos submetidos, dia trás dia, e o debate sobre o transporte individual que se provocou nas últimas semanas desde o governo e os médios de comunicação. A este respeito compre dizer que os atuais carros diesel são menos contaminantes que os carros de gasolina pelo que é mentira que se pretenda eliminar os carros diesel por contaminantes. A verdadeira razão para eliminar os carros diesel é o desabastecemento mundial de gasóleo. Este desabastecemento é devido a que os petróleos não convencionais não permitem em todos os casos a obtenção de gasóleo. O gasóleo produz se, principalmente, do petróleo convencional que acadou o seu cúmio de extração no ano 2008 (69,5 Mb/dia) . Desde este ano a sua extração anoal descende a um ritmo de 2,5 Mb/dia ate o 2017 e as previsões falam de descensos de 3 Mb/dia desde o presente ano. Sobre a proposta de permitir só a compra de carros elétricos depois do ano 2040 , para reduzir a contaminação há que dizer quatro coisas fundamentais: Primeira: Antes do 2040 o colapso energético do mundo ocidental vai ser uma realidade que nenhuma pessoa vai negar já que a caída de extração de petróleo a nível mundial vai provocar a paralisação de todos os processos altamente dependentes da energia incluído o transporte individual. Para está data o preço energético (TRE) dum litro de combustível será tão elevada que só uma elite muito minoritária o poderá adquirir. O informe da AIE do ano 2018 já assome, em boa medida, como certa está hipótese. Segundo: A proposta dum futuro baseado em carros elétricos e tão falsa como no seu dia o foi a ideia, hoje desbotada, dos biocombustíveis. Há menos duma década a solução à contaminação e o encarecimento da energia eram os biocombustíveis o que carreou que se instalassem plantas para a sua produçã, mesmo em Ferrol. Quando se falava desta solução muitos peakolieres dizia mos que a TRE de produzir aceite ou álcool era 1 ou inferior e que pelo tanto a proposta carecia de percorrido algum. Terceira: Não existem no nosso planeta os recursos de terras raras e outros elementos primários que permitam a produção de suficientes baterias para substituir os carros de combustão interna por carros de motores elétricos. Quarta: A redução de contaminação pelo emprego de carros elétricos em vez de carros diesel, gasolina ou gás é falso, já que a eletricidade se produz case exclusivamente (aproximadamente o 87%) com estas energias primarias e as perigosas fontes nucleares. Ao feito de que a eletricidade se produza case exclusivamente com energias primarias contaminantes somasse a perda de energia neta que se dá no processo de transformação (produção) e no de armazenar (baterias) a eletricidade. Há estudos que indicam que os processos de transformação e acumulação somam perdas de até o 50% da energia neta final disponível. Outro dado a ter em conta a hora de falar da problemática de ALCOA e a sua deslocalização duma parte muito importante da produção a Arabia Saudita (o principal produtor do petróleo -energia- mundial) a princípios do presente século. Esta deslocalização tem como objetivo recortar os custes que a multinacional tem pelo pago da energia. E bom, também, saber que o preço da eletricidade que a multinacional paga no Estado Espanhol não esta só por debaixo do preço de mercado senão que também está -com case total seguridade- por debaixo do preço de produção. De não estar por debaixo do preço de produção a multinacional há tempo que teria apostado por produzir a sua própria eletricidade já que é um dos principais consumidores deste recurso a nível estatal. Não faz falta ser um estudado para reparar que os salários que paga ALCOA aos seus trabalhadores, saem na sua totalidade das arcas do estado por médio das puxas elétricas. Compre dizer que uma tarifa elétrica galega (por muito justa que esta seja) não resolveria o problema de ALCOA, por que o problema é a deslocalização da empresa (no curto prazo) e a crise mundial -que se avezinha- das empresas fortemente dependentes da energia por mor do peak oil. Se para a sociedade galega resulta realmente grave a perda dos postos de trabalho diretos e indiretos da multinacional ALCOA, mais grave o é para as famílias afetadas; não só pela perda do seu trabalho senão também pela falta de alternativas numa sociedade em crise permanente desde o 2008. E grave o feche de ALCOA, mas ainda vão ser mais graves as consequências laborais da destruição da maior parte dos postos de trabalho do sector industrial que se avizinha; por mor do colapso dos processos sociais e industrias altamente dependentes da energia abundante e barata. As famílias dos trabalhadores e trabalhadoras de ALCOA vão descobrir que a crise do 2008 viu para quedar e que o colapso do capitalismo e do mundo ocidental não é como o representam no cinema de Hollywood mais que existe de verdade. O mundo esta chamado a um novo paradigma a uma nova sociedade e o Decrescimento faz um chamamento alto, firme e tranquilo para que para todos as pessoas articulemos um plano B de vida pessoal e coletiva que nos permita não cair na desesperação e seguir sonhando com um futuro melhor para nós e os nossos filhos. Publicidade"}
{"ID": "NOS_15185", "summary": "A candidata presentou un decálogo sobre o galego acompañada do escritor Antón Dobao, o deputado Xabier Ron e xentes da cultura. Conciben o galego como \"unha língua para a unión\".", "text": "\"A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é un punto de partida para que haxa unha carta de dereitos lingüísticos de obrigado cumprimento en Europa\". Esa é a ferramenta que Lidia Senra propuxo para defender os dereitos das falantes de galego en Europa, no Estado e mais na propia Galiza. \"É fundamental traballar no marco comunitario para que haxa un recoñecemento oficial da nosa lingua\", engadiu. Senra, acompañada polo escritor Antón Dobao e mais polo deputado de AGE no Parlamento de Galicia Xabier Ron, presentou o decálogo Unha Lingua para a Unión!, manifesto programático que se marca como obxectivos \"a igualdade real de dereitos\" para os e as utentes de galego. \"Non quero que ningunha nena nin neno teña que sufrir nunca máis o que eu sufrín aos dez anos, cando marchei da aldea para a vila e eramos alcumados de paletos por falar en galego\", expuxo. Para Antón Dobao explicou que Unha Lingua para a Unión! tamén procura celebrar o Día das Letras \"de xeito reivindicativo\". \"Queremos unha lingua normalizada en todos os ámbitos e para a relación de todas e todos nós co mundo\", afirmou. Entre os e as presentes no acto, o escritor Xosé Sánchez Abella, o músico Abe Rábade, o politólogo Xaime Subiela, o filólogo e académico Xosé Luís Regueira e o profesor Xosé María Dobarro."}
{"ID": "NOS_11443", "summary": "A paisaxe despois da batalla é desoladora. A dez anos do inicio da última crise do neoliberalismo, a condición precaria esténdese no mundo galego do traballo. A estabilidade convértese en utopía, os contratos temporais abranxen case a metade da masa laboral e o tan debatido inverno demográfico está directamente relacionado con este deterioro, a dicir de economistas. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 360 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "A turbulenta última década non pasou en balde. O que certos economistas e algúns políticos consideran superación da crise contradí os datos en frío. Así o recolle o Anuario 2019 do Foro Económico de Galiza no ensaio Retos para o emprego de calidade, redactado por Manuel Lago. Dez anos despois de Lehman Brothers, a poboación activa é de 78.000 persoas menos: 1.242.000 fronte a un 1.320.000. Mais ao parar na letra pequena desta cifra é cando se enxerga a dimensión exacta do sucedido. 182.000 galegas e galegos cobraron en 2017 menos da metade do salario mínimo; 139.000, menos do salario mínimo; 166.000, 1,5 veces o salario mínimo. É dicir, 487.000 persoas asalariadas na Galiza ingresaron menos de 800 euros netos ao mes. Velaí o significado de precariedade no mundo do traballo. O propio Lago, ademais de economista deputado polo grupo de En Marea no Parlamento galego, define o concepto para Sermos: \"A precariedade é unha característica estrutural do mercado laboral en Galiza. É, sobre todo, a ruptura do vínculo estábel e permanente dun traballador coa empresa\". En números actuais implica que \"a metade da masa traballadora galega xa está en situación de precariedade\". Porque inclúe, explica Lago, os contratos a tempo parcial non desexados, os fixos discontinuos, os fixos a tempo parcial ou a morea de persoas \"que rota entre o traballo temporal e o desemprego\". O resultado? Pobreza laboral –xente que non dá vivido do seu traballo– e desigualdade, que, no ensaio citado, Lago resume nunha fotografía correspondente a 2017: 4000 individuos ingresan 660 millóns de euros, case o dobre que os 368 que ingresan 182.000. \"A precariedade resulta cada vez máis estrutural\", coincide Fran Cartelle, secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, \"o aumento da temporalidade e da rotación dos contratos así o indica\". Cartelle manexa datos segundo os que o asalariado na Galiza padece unha media de dez contratos anuais. E acentúa as consecuencias da condición precaria: baixan os salarios, as mulleres –\"inaceptábel fenda salarial\", en palabras de Lago– e a mocidade son as máis afectadas, medra a sinistralidade laboral. Mais a precariedade non é unha maldición caída do ceo sobre o mundo galego do traballo. O sindicalista fala de \"resultado\" de leis e normas e da \"falta de recursos\" para a inspección. Nas grandes empresas, a subcontratación e o \"novo fenómeno\" das compañías multiservizos contribúen á desestruturación e ao aumento da explotación. \"Nada disto sucede só na Galiza ou no Estado, son elementos habituais en todo o capitalismo\", anota. Manuel Lago afonda na cuestión e entende que Galiza \"non ten un ciclo económico diferente ao do Estado\", mais si que \"lle foi peor\". A súa análise localiza ademais o intre en que a cousa comezou a se torcer. E dátaa moito antes da última e profunda crise do neoliberalismo. [Podes ler a información íntegra no número 360 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_20308", "summary": "Faranlle a entrega da \"Letra E\" da AELG", "text": "Concha Blanco será a homenaxeada na XXVII edición de \"A escritora na súa Terra\", impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Este sábado, no concello de Cee, terá lugar esta iniciativa anual \"que recoñece a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos\", explican desde a asociación. Concha Blanco foi profesora de Lingua Galega e Literatura, correspondente de prensa e unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino galego. Blanco realizou numerosos traballos de diferentes especialidades: literatura infantil-xuvenil, onde se atopan títulos como A ventura das cores, Macedonia de versos ou Feminino singular, en plural; narrativa, Nano ou O balcón do meu universo; material didáctico e libros de texto para alumnado de primaria e secundaria. Tamén participou nun gran número de obras colectivas como Catro contos para unha data, Lecturas de aquí e acolá ou Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro. Entre os seus traballos, atópanse obras como A vaca titiriteira, A pantufla de Celia ou A min que me importa!, que foron traducidos a outros idiomas. Acadou numerosos premios, entre eles, o Premio Lecturas de Gálix en 2002 e o Premio Frei Martín Sarmiento en 2020 polo seu libro Macedonia de versos. Na súa autobiografía publicada na páxina web de AELG, Blanco explica que ademais de ler e escribir gústalle \"desordenar e ordenar, escoitar a radio desde a cama, ter encontros con nenas e nenos, falar por teléfono, observar a natureza, comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar, ver programas de entrevistas, imaxinar por dentro as persoas, escribir dentro do coche, deitarme e erguerme tarde, pasear pola praia da Langosteira á beira do mar, pero sobre todo, o que máis me gusta é soñar\", escribe a homenaxeada. Entrega do galardón \"Letra E\" A homenaxe comezará o sábado ás 11.15 horas na Praza Concha Blanco de Cee, descubrindo un monólito conmemorativo e a plantación do pradairo/acer, árbore simbólica elixida por Blanco. A continuación diso haberá unha actuación da Banda de Música de Cee e a seguir, inaugurarase oficialmente a praza co nome da autora. Xa na Casa da Cultura, ás 12.30 horas, farase acto da entrega do galardón \"Letra E\". A xornada rematará cun xantar de confraternidade no Restaurante Hotel Oca Insua Costa da Morte."}
{"ID": "PRAZA_3791", "summary": "A evolución de positivos detectados modérase e medra por baixo do 8%, ata os 4.379; o número de altas son xa 333 e a área de Ourense sitúase como terceira en número total de casos por tras das de Vigo e da Coruña", "text": "A evolución de positivos detectados modérase e medra por baixo do 8%, ata os 4.379; o número de altas son xa 333O ritmo de expansión da pandemia do coronavirus e o seu impacto no sistema sanitario semella moderarse en Galicia. É o que cabe tirar dos datos actualizados este xoves, 2 de abril, polo Servizo Galego de Saúde. Os positivos activos pola covid-19 no país son xa 4.379, un crecemento diario do 7,91% de casos detectados que é o menor incremento porcentual nun día -por segunda xornada consecutiva- dende o primeiro caso diagnosticado no país nun contexto de desaceleración das entradas na UCI por esta causa.A peor cifra segue a ser a de falecementos. Son xa 130 os que o Sergas liga ao coronavirus, aínda que o seu crecemento tamén se modera. Son, nesta ocasión, un 13% máis que no día previo, e a cifra rexístrase mentres as altas aumentan a maior ritmo; son xa 333, case un 30% máis que no día anterior.Por segunda xornada consecutiva, Sanidade fai especial fincapé en que a taxa de letalidade do coronavirus en Galicia é, atendendo aos casos detectados, a \"máis baixa de todas as comunidades autónomas\". Así, fronte á media estatal do 8,86%, o dato galego está no 2,32% de falecementos sobre o total de contaxios detectados. Esta taxa está intimamente relacionada co número total de test realizados: segundo o Sergas, as probas PCR xa chegan a Galicia a 21.360 -o mércores, 1 de abril, eran 19.332-.O 22% dos positivos activos, no hospitalO crecemento diario da asistencia en UCI é o menor dende o inicio da pandemiaO balance diario do Sergas apunta tamén a un novo descenso do ritmo de entrada de pacientes nas unidades de coidados intensivos a causa do coronavirus. Son xa 165 persoas as que precisan desta asistencia, un 5,1% máis que no día previo, o que supón o menor crecemento diario dende o comezo da pandemia e implica, ademais, encadear unha semana de baixada do ritmo de incremento. O 25 de marzo, por exemplo, este ritmo era superior ao 27% en vinte e catro horas.Tras o levísimo descenso rexistrado o pasado mércores, este xoves o número de persoas ingresadas en unidades hospitalarias ordinarias a causa da covid-19 volve aumentar, pero tamén lixeiramente. Son un total de 819 persoas hospitalizadas 'en planta', un 1,49% máis que o día anterior. Isto supón que en torno ao 22% das persoas con positivos detectados están ingresadas en centros hospitalarios galegos, mentres que o 78% restante, 3.395 persoas -un 9,73% máis en vinte e catro horas- están illadas nos seus domicilios.A área de Vigo supera o milleiro de positivos activosOs datos deste 2 de abril indican ademais que, por primeira vez, unha das áreas sanitarias galegas supera o milleiro de positivos por coronavirus activos. É a de Vigo, con 1.018, seguida de preto pola da Coruña, con mái sde 950. Este xoves a área de Ourense supera á de Santiago e convértese na terceira con máis positivos detectados. Esta área vén sendo, ademais, a que presenta unha maior incidencia da doenza en Galicia -maior número de casos por cada 100.000 habitantes- [9 gráficos para coñecer a evolución da epidemia e a situación dos hospitais en Galicia]"}
{"ID": "NOS_21133", "summary": "Na actualidade existen 51 proxectos con ensaios clínicos en humanos.", "text": "Das 51 vacinas experimentais contra a Covid que, a día de hoxe, se encontran en ensaios clínicos en humanos, só 10 entraron na fase 3. As máis avanzadas utilizan unha tecnoloxía innovadora, que consiste en inxectar nas células humanas fragmentos de instrucións xenéticas chamadas ARN mensaxeiro, para que o corpo fabrique proteínas ou \"antíxenos\" específicos do novo coronavirus. Estas proteínas serán entregadas ao sistema inmunitario, que producirá entón anticorpos. Pfizer/BioNTech O xigante estadounidense e o seu socio alemán prepáranse para solicitar á Axencia estadounidense do Medicamento unha autorización de utilización de urxencia da vacina que podería estar lista antes de fin de ano. Na cuarta feira, presentáronse os resultados completos da fase 3, cunha eficacia de 95% nos participantes. Moderna A sociedade de biotecnoloxía estadounidense anunciou a comezos desta semana que a súa vacina tiña unha eficacia de 94,5%. Planea producir 20 millóns de doses antes de fin de ano, mais a súa comercialización non chegará até o primeiro trimestre de 2021. Conta co apoio do Goberno dos EUA. Sinovac A biotecnolóxica chinesa iniciou un ensaio de fase 3 para a CoronaVac, con miles de voluntarios, principalmente no Brasil. A semana pasada as probas foron retomadas tras unha pausa polo suicidio dun dos voluntarios. Sinopharm Outro laboratorio chinés que lanzou dous proxectos con institutos de investigación do país. Prevese que poida producir 610 millóns de doses por ano de varias vacinas contra a Covid-19, e xa autorizou un uso urxente dalgunhas delas. Bharat Biotech A empresa india comezou en novembro a recrutar 26.000 persoas para a súa Covaxin, desenvolvida co apoio do Goberno, e aposta por unha vacina dispoñíbel no primeiro semestre de 2021. AstraZeneca/Oxford A vacina do grupo anglosueco e da universidade inglesa usa como vector viral un adenovirus. É da que máis doses comprou a UE. Johnson&Johnson A firma estadounidense lanzou dous ensaios clínicos da súa candidata, composta dun adenovirus modificado: unha dunha soa dose e a outra de dúas. En todo o mundo, participan 90.000 voluntarios. Os resultados espéranse para o primeiro trimestre de 2021. CanSino Biological A empresa chinesa desenvolveu Ad5-nCoV, vacina baseada en adenovirus, conxuntamente co Exército. México, Rusia e o Paquistán albergan os ensaios. Gamaleya O Centro de Investigacións en Epidemioloxía ruso, en colaboración co ministerio de Defensa, creou a Sputnik V, baséase na utilización de dous adenovirus. Os rusos anunciaron hai uns días unha eficacia de 92%. Que se rexistrase a principios de agosto provocou o esceptismo da comunidade científica dos EUA. Novavax A empresa de biotecnoloxía estadounidense traballa nunha vacina chamada \"subunitaria\" recombinante. Novavax lanzou en setembro o seu ensaio clínico de fase 3 no Reino Unido e a finais de novembro debe comezar un ensaio nos Estados Unidos. O Goberno do país norteamericano fixo un investimento multimillonario neste proxecto."}
{"ID": "NOS_56496", "summary": "A igualdade de xénero na televisión e as radios públicas ou a \"vulneración dos dereitos\" que padece o cadro de persoal tamén saíron á palestra.", "text": "A Casa Obreira, espazo de encontro, formación e debate en Santiago, vén de acoller na súa nave do barrio compostelán do Sar unha xornada organizada polo sindicato CUT na que voces relevantes do ámbito profesional, sindical e social galego analizaron o estado da liberdade de expresión e os discursos públicos da Compañía de Radio e Televisión da Galiza (CRTVG). O evento estivo dividido en catro mesas que falaron sobre a garantía da liberdade de expresión, medios públicos feministas, control da manipulación informativa e fiscalización sindical e social dos medios públicos. Coordinadas por xornalistas, participaron representantes de diversos medios de comunicación -caso do subdirector de Nós Diario, Alberte Mera- e cos dereitos e liberdades -Xornalistas Galegas, Colexio de Xornalistas, Defende A Galega, Consello de Informativos de CRTVE e Esculca-, así como representantes parlamentarias da Comisión de Control da CRTVG. María G. Albert: \"A televisión e as radios públicas do país son, a día de hoxe, un instrumento de propaganda do Goberno da Xunta\" Entre outras reflexións, cuestionaron o \"compromiso da CRTVG coa igualdade cando non se toman medidas contra as violencias machistas e hai sentenzas por discriminación de sexo\". Ademais, evidenciaron que \"o Consello de Informativos ten autoridade, pero non poder\", e fixeron un chamamento a desenvolver \"outras ferramentas e espazos\" ante a \"falta de percorrido\" da comisión parlamentar da CRTVG, algo sobre o que a xornalista e deputada do BNG María G. Albert apostilou engadindo que a televisión e as radios públicas do país son, a día de hoxe, \"un instrumento de propaganda do Goberno da Xunta\". Nunha liña similar, Alberte Mera botou luz sobre a \"instrumentalización da CRTVG por parte da Xunta\", poñendo o foco tamén na \"vulneración demostrada de dereitos fundamentais\" que sofre o cadro de persoal."}
{"ID": "NOS_45583", "summary": "A formación política comunicou ás direccións de CiU e ERC, segundo recolle El País, o seu desacordo con que a consulta pregunte tan só pola independencia. ICV advogaría por preguntar ao pobo catalán se quer mudar ou non o actual modelo de relacións.", "text": "Segundo o diario El País, tan só ERC --e as CUP-- apostaría de maneira clara en que a pregunta sexa dicotómica e inquira ao pobo catalán a respeito da independencia. \"Está a favor da independencia de Catalunya si ou non?\", chegou a formular o portavoz de ERC no Congreso español, Alfred Bosch como unha posíbel pregunta. Para @s republican@s, non caben ambigüidades. \"A consulta\", asegurou Oriol Junqueras, \"debe ser clara e a resposta directa\". No entanto, algunhas das formacións con representación parlamentar non ven con bos ollos que o referendo inste @s catalás a se posicionaren a favor ou en contra dunha Catalunya independente. Para Iniciativa, a independencia é só \"unha posibilidade\" Neste senso, ICV tería amosado ás direccións políticas de CiU e ERC o seu desacordo con tal formulación. A formación asegura --de acordo coa información feita pública por El País-- que non aceptará unha pregunta que contemple unicamente a independencia se non se inquire tamén por outras fórmulas, entre elas, a posibilidade de Catalunya continuar a facer parte do Estado español. ICV aposta en que a consulta contemple todas as posíbeis fórmulas de relación entre Catalunya e o Estado \"O PP quere levarnos ao unilateralismo e non debemos caer niso\", din desde ICV que, aliás, tampouco tería présa por que o referendo se convoque --como exixe ERC-- o vindeiro 2014. Iniciativa, que ao longo deste tempo apoiou a convocatoria dunha consulta popular, xa se amosou refractaria á independencia no Congreso español. No debate dunha PNL presentada conxuntamente por BNG, ERC e Amaiur, o seu portavoz, Joan Coscubiela --integrado no grupo da Izquierda Plural-- declinou apoiar a proposta das devanditas formacións ao interpretar que identificaba mecanicamente o dereito de autodeterminación coa independencia como única fórmula en que ese dereito se poda materializar. Unió quer que a consulta recolla a 'terceira vía' Así, ICV pularía por unha pregunta que contemple outras posíbeis formulacións nas relacións entre Catalunya e o Estado. Unió defende que a pregunta recolla a 'terceira vía' defendida por Duran i Lleida Ao igual que Iniciativa, Unió tampouco estaría a favor da pregunta proposta por ERC e mesmo procuraría --di El País-- presionar Convergència para que a redacción final da consulta pregunte por unha Catalunya \"con soberanía plena\". Esta ambigüidade visaría recoller a terceira vía defendida por Duran i Lleida se ben CDC aínda non se pronunciou ao respeito. Porén, Artur Mas mantén a súa aposta na configuración \"dun novo estado en Europa\". A formación liderada por Duran i Lleida estase a constituír nun aliado da estratexia do Goberno español que procura abrir unha fenda entre as formacións independentistas e mesmo insta a que Unió persuada o presidente da Generalitat a prol dun cambio de rumo na política soberanista."}
{"ID": "NOS_42443", "summary": "Desde o inicio da crise no sector teatral desapareceron 54 compañías, o número de representacións reduciuse á metade, caendo a recadación nunha cuarta parte. Semellante panorama dáse na danza.", "text": "Coa crise a cultura é das primeiras en sufrir as consecuencias, e sufrilas até o final. É o sector que axiña nota os recortes e tesoiradas da administración, así como dos primeiros nos que os fogares deciden tamén prescindir' cando se ven na obriga de facer contas e adoptar unha 'economía de contención'. Os dados do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte indican que a galerna da crise bateu e bate forte no sector galego do teatro e a danza, mais tamén hai certas fendas para a esperanza. Sempre en base a este informe, desde o 2009 e até o inicio de 2014 en Galiza desapareceron 54 compañías teatrais, ao pasar de 267 a 213. Tamén se reduciu, se ben en menor medida, a cifra de espazos escenarios estábeis teatrais: nestes cinco anos pecharon 3. De 89 a 86. No que si houbo unha queda significativa neste lustro foi no número de representacións tradicionais que se fixeron en Galiza. Se en 2009 foron 2.944, en 2013 foron 1.495, 1.449 menos. E iso tamén se notou na queda en espectadores. Perto de 550.000 espectadores gozaron en Galiza de representacións teatrais en 2009, unha cifra que en 2013 ficou reducida a 355.000, o que supón un desplome do 35%. A recadación é, claro, afectada e foi en 2013 un 25% inferior á que o teatro tiña en 2009 -fora de tres millóns douscentos mil euros-. Ingresou en 2013 un total de 836.000 euros menos. Por contra, aumentou o número de espectadores por función (unha media de 237, cando en 2009 esa media era de 186). E o gasto medio por galego pasou de ser de 5,8 euros en 2009 a ser de 6,7 en 2013. Danza E na danza? Pois malia que hai menos actuacións, menos recadación e menos espectadores, aumenta o número de compañías e a fidelidade dos amantes deste xénero. En 2009 había 75 compañías de danza e cinco anos despois eran 85. Nese período, porén, pasouse dos 169 representacións que se fixeron en 2009 ás 77 de 2013. 64.000 persoas asistiron a espectáculos de danza en 2009, un ano no que este sector recadou nese concepto 376.000 euros. Cinco anos despois: 35.000 espectadores e 205.000 euros. Mais tamén aquí, como no teatro, aumentan os asistentes por función. Por cada representación en 2009 había 381 espectadores, e cinco anos despois foi de 452 persoas. Non aumentou, iso si, o gasto por galego e ano nestes espectáculos: 5,9 euros en 2009 e 5,9 euros en 2013."}
{"ID": "NOS_5572", "summary": "María Pilar García Negro publicará nos próximos días o volume Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán na editora Alvarellos. No ano en que se celebra o centenario da morte da autora coruñesa, varias cuestións controvertidas arrodean a súa figura. O seu posicionamento feminista, así como a súa significación política e social dentro do contexto galego son temas de debate. Por outra banda, a súa actitude ante a lingua e a literatura galegas e, en concreto, o tratamento que lle dispensou a Rosalía de Castro son asuntos da máxima actualidade que García Negro aborda no seu libro. Sermos Galiza adianta, en exclusiva, o prólogo dunha obra que ofrece un perfil sobre unha figura que aínda está pendente dunha valoración libre de lugares comúns e, sobre todo, dunha ollada deitada desde a Galiza.", "text": "O 8 de Xuño de 1908, Emilia Pardo Bazán publica en La Ilustración Artística –revista en que colaborou con centos de artigos e periodicidade admirabelmente sostida, desde 1895 até 1916– a colaboración quincenal que levaba por epígrafe permanente \"La vida contemporánea\". O artigo desta data principia cunha importante novidade, que reza así: Mis lectores encontrarán al pie de esta crónica alguna variación en mi firma. No les extrañará, si se enteraron por la prensa de que me ha sido concedido por el rey un título nobiliario. Las consideraciones á que obedeció la concesión y que verdaderamente son honrosas y halagüeñas para mí, me obligan por ley de gratitud á alterar una firma que ya ostenta pátina. El caso es que hace muchos años tengo derecho al título de condesa palatina –creo que así se dice– heredado de mi padre, y que no lo uso, sencillamente por lo habituada que me encontraba á mi nombre literario, al cual está unida la obra de mi vida entera. Hoy llega el momento de usar otro título de Castilla, que en la regia intención debe perpetuar un apellido llamado á extinguirse por ser de mujer é hija única. Mi labor ha hecho conocido ese apellido y el título lo transmitirá á mis descendientes. He aquí como estaba escrito en las estrellas que condesa había de ser, más tarde o más temprano. Y vengo á serlo porque los altos poderes de mi patria estiman la literatura en función de valor social. ¿No es mejor que si la mirasen con indiferencia ó desdén? Cualquiera opinión que profesen los lectores acerca de estos asuntos, no les impedirá reconocer que no es un paso atrás la deferencia y consideración manifestada á las letras, y á las letras cultivadas por una mujer. Por ser tan personal el asunto no insisto: mi objeto se concreta á explicar al público constante y benévolo de estas crónicas de LA ILUSTRACIÓN ARTÍSTICA el cambio en la firma del cronista (Pardo Bazán 2005: 366). A partir desta data, pois, a asinatura \"Emilia Pardo Bazán\" será substituída por \"La Condesa de Pardo Bazán\" (a súa nai xa utilizara o título como viúva de D. José Pardo Bazán). É un novo triunfo para a escritora, após anos de solicitude deste título rexio, unha vez que xa era herdeira do título pontificio que lle fora concedido a seu pai, en 1871, por Pio IX, en recoñecemento da defensa que fixera, como deputado nas Cortes, da relixión católica e dos seus privilexios. O ascenso aristocrático non finará aquí, pois tamén conseguirá o condado da Torre de Cela para o seu fillo Jaime e os seus descendentes. O rexio outorgante é Alfonso XIII, con quen EPB terá relación directa, ao igual que a tivera coa raíña rexente, Dª Cristina de Habsburgo, e con outros membros da familia real. O título ansiado culmina un proceso de ascenso social iniciado xa no século anterior e que realza aínda máis a presenza asidua da escritora nos palacios e tertulias da marquesa de la Laguna, a marquesa de Montalvo, a marquesa de Squilache, a condesa de Pinohermoso, a duquesa de Cánovas, o conde de Andrade-duque de Alba, a marquesa de Camarasa, a duquesa de Canalejas, a marquesa Rattazzi (en París), o duque do Porto, a marquesa de Alcañices... ou tantos máis. A España pode e debe ser sostida coas armas e coas letras e ela declárase servidora das segundas. Este é o mundo en que se move a escritora como muller de mundo, cortesá ou salonnière. Faino, conforme a súa personalidade, pisando forte, facéndose ver e ouvir, ligando amizades e influencias que teñen o seu vértice na corte alfonsina. Un dos seus obxectivos vitais ficou competentemente cumprido, e este novo selfie –dos moitos que prodigou ao longo da súa vida– así o reflicte. Mais a novidade realmente fascinante non reside aquí, nen sequer no inexorábel que xulga tal título (escrito estaba nas estrelas, nada menos...), senón na ligazón unívoca que estabelece a respeito do seu oficio, da súa profisión como escritora. Que os máis altos poderes de España recoñezan nela a literatura, e concretamente a feita por unha muller como ela, é signo nobilitante deses mesmos poderes, porque están a premiar un traballo continuado que ela encarece que presta un servizo social. É a súa unha literatura útil. A España pode e debe ser sostida coas armas e coas letras e ela declárase servidora das segundas. Velaquí temos expresado, sen a menor ambigüidade, a definición avant la lettre como intelectual orgánica ao servizo instrumental da monarquía felizmente restaurada e de todas as súas axencias. Ela traballou toda a vida para consolidar un sistema de ideas, valores, normas e pautas sociais e políticas que desen lexitimidade, legalidade e reforzo á clase social que (talvez por estar escrito nas estrelas tamén) debía asumir con toda a consciencia a dirección da sociedade. Non é a Condesa unha aristócrata máis, por moito que figure, como dixemos, nos círculos de maior alcurnia de Madrid. É unha muller moderna, que xulga que a aristocracia debe ser cultivada e intelixente para exercer de verdade o seu papel reitor. Admira, por isto, en Franza, os Rothschild, pois, aínda sendo de ascendencia xudea, son mecenas e altruístas protectores das artes e poñen o seu rico patrimonio ao servizo do público. Non procura só alternar cos seus pares senón ser recoñecida (a excepción naquel público) como a escritora por antonomasia. O mérito, pois, que se autoatribúe, é duplo. Ela traballou toda a vida para consolidar un sistema de ideas, valores, normas e pautas sociais e políticas que desen lexitimidade, legalidade e reforzo á clase social que (talvez por estar escrito nas estrelas tamén) debía asumir con toda a consciencia a dirección da sociedade. De onde é a escritora? A escritora é galega, para máis señas, e por moito que viva, se relacione e estabeleza en Madrid o seu centro biográfico e profisional, na Galiza é onde está a fonte da riqueza familiar, onde se debe voltar non só para a vixilar senón para descansar dos trafegos capitalinos, repoñer forzas nos balnearios, acopiar do natural abundante materia prima convertíbel en literatura e erguer, en fin, un soberbo monumento a ela mesma e a súa familia, ao converter a Granxa de Meirás nunha mansión con pretensión e trazas de castelo (nunca foi nen pareceu pazo) que rubricase o brillo da súa xinea, agora felizmente ratificada. A este afán dedicou anos até que estabeleceu nela o seu palacio particular, onde acudiron e foron convidados todos cantos persoeiros españois visitaban a Galiza e dela foron hóspedes. Misión cumprida: obxectivo Madrid, realizado; imprescindíbel na súa terra natal, como monarca intelectual en exercicio. Aquela Coruña que a comprimía e afogaba, por provinciana e sen aspiracións, rende, porén, axiña as honras que a filla tan elevada correspondían. Da rúa Tabernas a Madrid, pasando por media Europa, e cerrando o círculo no emblema maior da súa estirpe, feito pedra monumental, onde, contravindo o seu desexo, non foi soterrada. ¿O feminismo de que fai gala, como defensa racional de muller independente, como necesidade individual e como apoio instrumental da súa propria carreira, verase afectado pola ríxida estamentación social que predicou sen fisuras como modelo de organización política? ¿El terá algo a ver este percurso vital coa súa mentalidade social, coa súa visión da Galiza? Por esa Galiza do XIX transitan e traballan personalidades como as de Rosalía de Castro ou Murguía. Non vou caír na tentación de, aproveitando que o Miño pasa por Lugo, me estender no estudo de Rosalía de Castro. Teño escritos e publicados uns cantos centos de páxinas sobre a nosa escritora fundacional, e quen quixer poderá lelas, se o xulgar útil. Si é forzoso analisar que retrato biobibliográfico compuxo EPB da inauguradora da literatura galega contemporánea, porque el é semente que deitou abondosos froitos manipulados e empequenecedores. ¿O feminismo de que fai gala, como defensa racional de muller independente, como necesidade individual e como apoio instrumental da súa propria carreira, verase afectado pola ríxida estamentación social que predicou sen fisuras como modelo de organización política? Mais non adiantemos acontecementos. A grande avantaxe do estudo da personalidade e da obra inmensa e heteroxénea de EPB é, sen dúbida, a súa elocuencia, a naturalidade con que, segura de si e dos seus ditames, prodigou sentenzas, opinións, valoracións e castigos. Unha preclara intelixencia, unha vontade indesmaiábel de traballo e de intervención pública, un afán por se personar en todos os espazos marcados polo monopolio masculino... farán dela unha empresaria de si mesma, ao servizo da súa carreira e, como finalmente lle é recoñecido, porque nas estrelas estaba escrito, co carimbo nobiliar merecido por berce, por familia e por traballo cultural. Non coñeceu a España do seu tempo, desde logo, servidora letrada máis entregada e leal. *** Nas páxinas que seguen tentamos responder a dúas constantes na súa personalidade e obra sen as cais ambas son inintelixíbeis: a Galiza e as mulleres. Coidamos que é unha necesidade que tantas veces botamos en falta na crítica pardobazaniana: coñecer o XIX galego na súa especificidade, na súa historia, antes de considerar que a Galiza recollida na obra de EPB é un documento notarial. Non resistimos a tentación de nos facer eco dunha advertencia repetida nestes tempos por parte de estudiosos-as ou simples encomiastas da escritora. Hai que ler a Dª Emilia, dísenos. Sabio consello, abofé. Se fose unha compositora musical, cumpriría ouvila e interpretala. Se fose unha artista plástica, contemplala e estudala. Como se trata dunha escritora, cómpre lela. Por suposto. É o que fixemos hai moitos anos e voltamos a facer agora. O caso é que se admitan, en boa lei, leituras diversas e variadas e algunha que outra feita desde unha óptica galega diverxente da que Dª Emilia usou. Razóns de formato editorial deixan fóra das nosas posibilidades de análise moitos aspectos que poderían e merecerían ser tratados. Os dous núcleos de atención son, non obstante, dabondo relevantes como para oferecelos a quen ler na procura de utilidade e contraste, algo necesario de seu en toda empresa ou debate cultural. O meu máis vivo agradecemento ás seguintes persoas que me acompañaron nesta viaxe polo noso pasado, tan distante e, ao tempo, tan determinante, aínda, no noso presente. Por orde alfabética: Marica Campo, Manuel Castelao Mexuto, Manuel Fernández Blanco, Manuel Ferreiro, Xosé Antonio Fraga, María do Carme García Negro, Manuel Platero, Francisco Rodríguez, Olivia Rodríguez González, Elvira Sanz Gómez. A todas elas e eles, obrigada de corazón. E grazas, igualmente, ao excelente editor Henrique Alvarellos por se somar desde o primeiro momento ao proxecto e edición deste libro."}
{"ID": "PRAZA_10273", "summary": "A ex-conselleira de Facenda, aposta persoal de Feijóo xa en 2015 e que contou cunha intensa campaña de apoio desde a Xunta, deixa novamente descabezado o PP de Vigo, do que era a súa presidenta", "text": "A ex-conselleira de Facenda, aposta persoal de Feijóo xa en 2015 e que contou cunha intensa campaña de apoio desde a Xunta, deixa novamente descabezado o PP de Vigo, do que era a súa presidentaElena Muñoz, candidata do PP ás municipais en Vigo o pasado domingo e hai catro anos, vén de presentar a súa dimisión dos seus cargos no partido e non recollerá a acta de concelleira tras non ser quen de superar o 14% nos últimos comicios. Así llo comunicou este sábado aos seus compañeiros en Vigo, cidade na que esta foi a segunda ocasión en que empeorou os resultados dos populares, tras ser en 2015 a aposta persoal de Feijóo para intentar socavar o poder do socialista Abel Caballero, que vén de facerse co 67% dos votos.Funcionaria de carreira, Muñoz foi nomeada conselleira de Facenda en xaneiro de 2012 en substitución da primeira titular desa área con Feijóo, Marta Fernández Currás, que viña de asumir o cargo de secretaria de Estado de Facenda no Goberno de Rajoy. Tres anos despois, en febreiro de 2015, Feijóo elixiu a Muñoz como a súa aposta persoal para enfrontarse a un Caballero que daquela aínda non contaba con maioría absoluta. Tanto en 2007, cando Caballero chegou á alcaldía de Vigo, como en 2011, o PP, con Corina Porro, foi o máis votado con 13 concelleiros, pero con Muñoz baixou primeiro a 7 e agora a 4Nas municipais de 2007, as primeiras tras as que gobernou Caballero, o PP, coa ata daquela alcaldesa Corina Porro á cabeza, mantívose como primeira forza, con 13 concelleiros fronte a 9 de Caballero, obrigado a pactar co BNG. Tras catro anos de goberno do socialista, en 2011, tamén con Corina Porro, o PP mantívose cos mesmos 13 concelleiros fronte a 11 do PSOE, novamente obrigado a pactar. Porén, en 2015, co partido en Vigo en mans do histórico número 2 Chema Figueroa, a candidata Muñoz non foi quen de manter aquela situación e o PP foi amplamente superado por Caballero, que subiu a 17 edís deixando os populares en 7. A segunda oportunidade que tivo Muñoz o pasado domingo afundiu aínda máis o PP en Vigo, ata os 4 concelleiros. E iso malia contar, tanto en 2015 como agora, co apoio da Xunta, que despregou unha intensa campaña de respaldo á candidata popular desde as institucións. Agora, Muñoz deixa novamente descabezado o PP de Vigo, do que era a súa presidenta desde 2016. Naquel momento loitaron por facerse co control do partido Muñoz, co respaldo de Feijóo, e o tamén ex-conselleiro Javier Guerra, gañando a primeira por 420 a 320 votos, resultado que reflectiu a división existente no PP a nivel local. O segundo acabou coqueteando con Ciudadanos mentres que mesmo no bando gañador hai voces veteranas críticas co intervencionismo desde Santiago, que presumiblemente volverá tomar o control da formación a través dunha xestora ata que se celebre un novo congreso."}
{"ID": "NOS_44131", "summary": "A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública incide en que unha universidade privada \"entra a romper un Sistema Universitario Galego (SUG) totalmente público\".", "text": "A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública emitiu un comunicado para facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades \"de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega\". O informe do Ministerio, afirma, \"favorece a vontade da Xunta de entregarlle a Abanca un novo agasallo en forma de universidade privada que entra a romper un Sistema Universitario Galego (SUG) totalmente público\". \"A decisión do Ministerio dirixido por Castells implicou o ditame favorábel da Conferencia Xeral de Política Universitaria, reunido na tarde do día 25; un ditame que ten carácter preceptivo antes de que o Parlamento Galego continúe coa tramitación da Lei que daría lugar, coa maioría absoluta do Partido Popular, á autorización definitiva desta nova universidade privada\". As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que fan parte da Plataforma Galega reiteran o rexeitamento e crítica \"ao proceso iniciado polo goberno Feixoo, en contra das tres universidade públicas que conxuntamente se pronunciaron na defensa do carácter público dos estudos superiores\". Sostén a Plataforma na visión desta iniciativa privada da educación, \"e especialmente nos estudos superiores\", coma \"un nicho de mercado, un negocio, para as empresas que nas últimas décadas se foron instalando por todo o Estado, aproveitando as limitacións e os recortes nas universidades públicas impostos por diferentes gobernos\". Sosteñen desde a Plataforma que \"a ampla oferta académica do SUG, cunha importante especialización nos diferentes campus, responde perfectamente a demanda existente e onde non chega é simplemente polas limitacións fixadas pola Xunta\". A día de hoxe, apontan, xa existe colaboración do tecido empresarial galego con proxectos de investigación das universidade públicas. \"A irrupción dunha universidade privada é un paso que pode romper moitas destas iniciativas. A proposta presentada por Abanca, centrada nunha oferta de titulacións en ámbitos como o xurídico-social ou de enxeñaría-arquitectura, teñen xa unha cumprida oferta no campus públicos do país\"."}
{"ID": "PRAZA_9724", "summary": "Os éxitos das mobilizacións do 8-M colocaron enriba da mesa unha vella polémica: cal debe ser a relación entre as organizacións feministas e os partidos políticos?", "text": "O sucedido no recente 8 de Marzo foi a confirmación da extraordinaria vitalidade demostrada un ano antes nas masivas mobilizacións convocadas polas organizacións feministas. Tal circunstancia provocou o nerviosismo e a máxima belixerancia nos grupos políticos e nos opinadores mais conservadores.Por iso, conviría rescatar algunhas evidencias. Máis alá das diferentes orientacións que habitan no seu interior, feminismo é un termo que se identifica coa loita das mulleres por conseguir os seus dereitos. No ámbito do Estado español, o movemento feminista naceu e colleu forza na década dos 70 do pasado século. O feminismo é, en primeiro lugar, un movemento reivindicativo e de denuncia. Dende esta perspectiva, expresouse de xeito inequívoco e claro: no século XX, as mulleres non gozaron dos mesmos dereitos nin da mesma consideración social que os homes. O seu papel estivo restrinxido, en liñas xerais, ao de esposa (subordinada) e nai, coidadora do fogar, e a súa implicación na vida pública, na actividade produtiva e na actividade cultural estivo limitado polo seu rol principal de esposa e nai e escurecido por unha visión masculina da historia. E todo iso nun marco no que a heterosexualidade é norma, apenas cuestionada, que define os límites nos que as mulleres – e os homes– verán transcorrer as súas vidas. Esta situación implica, ademais dunha violación flagrante de dereitos humanos, a imposibilidade de que as mulleres acaden unha plena realización persoal e unha verdadeira autonomía e, ademais, sométeas ao risco de sufrir a violencia por parte de quen teñen unha posición de dominio sobre elas (pais, maridos, xefes...).Na nosa contorna xeográfica mais próxima é constatábel que a posición das mulleres experimentou significativos avances, froito da loita feminista, do desenvolvemento das ideas democráticas, da mellora das condicións de vida dun número importante de persoas, da reflexión e dos cambios de actitude rexistrados no universo masculino, da irrupción na vida social, cultural, produtiva e política de moitas mulleres, da súa meirande independencia económica e autonomía persoal... Porén, resulta indiscutíbel que aínda hai un longo camiño pendente para ser percorrido. Son moitas as mulleres que non acadaron estes avances ou que lles chegaron de xeito insuficiente. Aí están o desemprego feminino endémico, a precariedade do traballo, a fenda salarial, a feminización da pobreza. Estamos aínda lonxe da autonomía económica das mulleres e da equiparación salarial.O medre de grandes bolsas de marxinación social, como as das inmigrantes ou as das mulleres que exercen a prostitución, amosan que os máis elementais dereitos humanos son alleos a moitas delas. Se ben o acceso das mulleres a postos relevantes no mundo profesional, económico e político mellorou, as cifras son teimosas e a desigualdade é moi contundente aínda nos campos de meirande peso social e económico. As ideas conservadoras sobre o lugar que deben ocupar na familia e a resistencia masculina a adoptar un papel máis activo no traballo doméstico, así como a atención a nenos e anciáns, seguen a supoñer un imporante atranco para a realización das mulleres. A violencia é unha manifestación extrema da opresión e o menosprezo que sofren tantas mulleres de xeito cotiá no noso mundo. A norma heterosexual imposta e, xa que logo, a homofobia, seguen marxinando e negando dereitos lexítimos ás persoas que manifestan unha opción sexual diferente.Os movementos sociais expresan as ideas, as reivindicacións ou os desexos de cambio dunha parte da sociedade, asentándose fóra das institucións políticas. Os movementos sociais actuaron repetidamente como unha fonte promotora da mudanza social e política. Até os anos sesenta do século XX o movemento sindical foi o máis masivo e estábel. A partir de entón, apareceron con forza os chamados novos movementos sociais, que foron ampliando o seu campo de actuación a esferas distintas das que abranguía até ese momento o movemento sindical (a produción, a organización do traballo, a seguridade social, as remuneracións salariais,... ). Os novos movementos viñeron ocupándose dos dereitos das mulleres, da paz mundial, da defensa dos recursos naturais, da solidariedade cos países menos desenvolvidos, da loita contra a pobreza...Os éxitos das mobilizacións do 8-M colocaron enriba da mesa unha vella polémica: cal debe ser a relación entre as organizacións feministas e os partidos políticos? As primeiras están condenadas a ser apéndices dos segundos? Deben aceitar un papel subalterno nos procesos de confrontación que se desenvolven no espazo da política? O comezo inmediato dun novo ciclo electoral multiplicou o interese ou o desacougo entre os dirixentes das formacións partidarias por mor do posíbel impacto nas urnas das masivas manifestacións rexistradas nas rúas.Despois do 28 de Abril e do 26 de Maio poderemos facer consideracións mais concretas sobre o \"efecto feminista\" nesas citas. Mentres, os partidos poden clarexar o alcance concreto dos seus compromisos coas demandas formuladas polas organizacións que foron quen de convocar a millóns de persoas nos últimos meses en defensa da igualdade e da dignidade das mulleres."}
{"ID": "NOS_16516", "summary": "O catedrático emérito da USC Francisco Díaz-Fierros (Vilagarcía, 1941) ten coordinado múltiples volumes sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais na Galiza, o máis recente, 'Unha nova xeración de lumes? Actas do coloquio galaico-portugués sobre incendios forestais', editado polo Consello da Cultura Galega en 2021 coa participación de persoas expertas da Galiza e Portugal.", "text": "—Nas súas publicacións ten sinalado o factor humano como a principal causa dos incendios, algo que vai máis aló da piromanía e se centra, sobre todo, no desartellamento do sector agroforestal galego. Que consecuencias tivo este abandono?A desarticulación do sistema tradicional comezou nos anos 60 coa emigración. O campo non tiña capacidade para soster toda a poboación que vivía alí e o nivel de vida das cidades tamén achegaba expectativas que alí non se producían. Moitos camiños desapareceron por mor da vexetación, por exemplo o mato, que na zona atlántica ten unha capacidade de crecemento impresionante debido ao clima. Todo isto no seu conxunto fai que o monte se converta nun hábitat coa máxima combustibilidade que arde cando hai un descoido ou un fenómeno natural como a tormenta deste verán; é un perigo latente. 598.322 hectáreas de monte están a mato —Menciona tamén o antigo debate sobre a pertinencia das especies pirófitas —con esencia ou resinas inflamábeis que axudan a propagar o lume— nos montes galegos.Hai moitas visións do monte e unha delas é naturalmente a do propietario, que quere tirarlle un rendemento económico. Para iso búscalle unha produtividade, a capacidade de xerar cartos non a moi longo prazo. Primeiro veu o piñeiro, hai uns 200 anos, e logo o eucalipto, no século pasado, cun único fin produtivista, que está ben, mais obviamente hai que limitar e ordenar para buscar tamén outros usos do monte non necesariamente produtivistas. Hai rendibilidades a medio prazo e outras a longo que cómpre compaxinar. —Como podemos, pois, compaxinar eses usos do monte?Non todas as terras teñen a mesma capacidade, unhas son máis axeitadas para especies de medre rápido, como o eucalipto, e outras son para especies tradicionais, como carballo e castiñeiro, que teñen máis exixencias de auga e outros elementos que o eucalipto ou o piñeiro. Hai que delimitar claramente cales son as potencialidades e os problemas derivados que poden vir. Non se pode illar, que é un erro que se comete moitas veces, a masa forestal do sotobosque, como o mato que medra baixo as árbores. O conxunto pirófito é o ecosistema, e neste senso cómpre lembrar que a gran maioría dos incendios comezan no mato. Existe esta primeira fonte de combustibilidade e logo prodúcese unha transmisión vertical, que vai do mato ás copas, e outra horizontal, cara adiante. Un estudo que fixo un equipo internacional após os tráxicos sucesos de Pedrógão (Portugal) concluíu que a especie que menos arde cando o mato está ben xestionado é a tradicional, o carballo. Pero nun escenario co mato mal xestionado con carballo ardería máis que o eucalipto co mato ben xestionado. Por iso cómpre traballar co conxunto pirófito. O fogo de Verín puido ser provocado por artefactos lanzados desde un dron —Que pasos deben dar as administracións para avanzar na ordenación dos montes e contribuír á prevención de incendios?Desde logo, a iniciativa privada non vai ir por aí, polo que é a Administración a que ten que actuar con decisión, algo que non é sinxelo. Hai moitos estudos que apuntan á concentración de terras, por aí deberiamos tirar. As comunidades de montes poderían ser un núcleo importante; se ben é certo que a maioría funcionan ben, outras non, así que habería que 'revitalizalas' e que o espazo que xestionasen do monte servise de exemplo. E a Administración ten que buscar un ordenamento racional e con bastante perspectiva de futuro, porque tampouco podemos ordenar a catro anos vista. Hai especies que necesitan centos de anos para desenvolverse e iso obriga a organizar e artellar a estratexia no medio e longo prazo, non podemos facer políticas curtopracistas porque no monte iso non vale para nada. As consecuencias da desorde urbanística A voracidade das chamas calcinou o pasado xullo a aldea de Vilar, en Folgoso do Courel. As vivendas achábanse a escasos metros da masa forestal ao non contar coa faixa de 50 metros de cortalumes que exixe a lexislación vixente. A norma, precisa Díaz-Fierros, quedou \"nas mans dos concellos\" e \"non se lle deu a axilidade que debía ter unha medida tan importante\", o que provocou que en moitos casos non se cumprise. O lume arrasa todas as vivendas do núcleo do Vilar, no Courel \"Houbo unha desorde urbanística enorme, hai estudos que din que case a metade das edificacións galegas dos últimos dez anos fixéronse na interfase urbano forestal [espazo no que o bosque conecta coas zonas edificadas] e iso aumenta o risco. Tradicionalmente moitos lugares tiñan un espazo dedicado á agricultura arredor das casas que facía de cortalumes, e iso practicamente desapareceu. Mais o principal factor foi esa desorde urbanística\", sostén."}
{"ID": "NOS_6769", "summary": "Oito de cada dezconcellos beneficiados polos convenios de Presidencia son do PP, así como sete de cada dez que recibiron os convenios de Augas de Galicia; denuncian as socialistas no Parlamento da Galiza.", "text": "A Xunta deixou sen executar 100 millóns de euros dos convenios e subvencións previstos nos orzamentos para so concellos galegos. Denunciouno no parlamento a portavoz de Facenda e de Política Municipal do PSdeG, Begoña Rodríguez. A parlamentar puxo en dúbida o reparto das axudas que si se executan, indicando que a inmenda mayoría dos concellos beneficiarios, oito de cada dez, son do PP. En 2018, o último co exercicio contable pechado, a Xunta deixou sen executar 54,5 millóns de euros destinados ás corporacións locais, que se suman aos 43 millóns de euros do ano 2017. Un total de 100 millóns, indica a deputada, que a Xunta deixa de entregarlle a uns concellos nos que \"o seu problema máis grande é o financiamento, e que durante a crise foron os que evitaron a exclusión económica e social da cidadanía\". Afirmou Rodríguez que 9 de cada 10 concellos que recibiron os 2,7 millóns do Plan de Infraestruturas Rurais foran do PP. E que o mesmo sucede cos 13 millóns do Plan Hurbe, onde 94% dos concellos receptores eran do PP; ou cos 2,5 millóns de subvencións de Presidencia en réxime de concorrencia non competitiva e onde 8 de cada 10 concellos beneficiarios eran tamén do PP. Engadiu que 8 de cada 10 concellos beneficiados polos convenios de Presidencia durante todo 2018 eran do PP, así como 7 de cada 10 concellos que recibiron os convenios de Augas de Galicia."}
{"ID": "PRAZA_7661", "summary": "O Regulamento da Cámara establece que os plenos serán \"públicos\" como norma xeral e non especifica os criterios para autorizar o acceso de persoas convidadas", "text": "\"As sesións do pleno serán públicas\". É o principio xeral que establece o Regulamento do Parlamento de Galicia, norma xeral da institución, para regular o acceso ás xuntanzas do lexislativo galego. Redactado a comezos dos anos 80, este principio referíase, obviamente, á posibilidade de que a cidadanía accedese ás sesións plenarias e non a que puidesen ser seguidas por Internet, como é posible facer na actualidade. No mesmo artigo o Regulamento presenta unha serie de \"excepcións\" vinculadas cos temas a tratar en cada pleno, pero nunca coa posibilidade de que se produzan incidentes, na que a actual presidenta da Cámara, Pilar Rojo, xustifica o seu veto a que os grupos políticos conviden a quen consideren oportuno. Nos supostos excepcionais o Regulamento explica que non serán públicas as sesións do pleno nas que \"se traten cuestións que atinxan ao decoro da Cámara ou dos seus membros, ou da suspensión dun deputado\" ou \"cando se debatan propostas, ditames, informes ou conclusións elaborados no seo da Comisión do Estatuto dos Deputados\", órgano que pode tratar datos persoais dos parlamentarios e parlamentarias. Aínda existe un terceiro suposto, \"cando o acorde o pleno por maioría absoluta dos seus membros, por iniciativa da Mesa do Parlamento, da Xunta, de dous grupos parlamentarios ou da quinta parte dos membros da Cámara. En calquera caso, ese carácter \"secreto\" sería só para unha sesión concreta, e non para os plenos en xeral. A normativa dálle á presidenta a posibilidade de actuar no caso de incidentes, pero non estipula a aplicación de medidas 'preventivas' de carácter subxectivo Tampouco hai referencia ningunha á guerra preventiva contra eventuais incidentes nos artigos do Regulamento dedicados á \"orde dentro do recinto parlamentario\", nos que si se lle confire á persoa titular da Presidencia a autoridade de \"velar polo mantemento da orde dentro de todas as dependencias do Parlamento\", se ben este precepto se desenvolve para explicar que quen ocupe o cargo que agora ostenta Pilar Rojo pode poñer en marcha \"as medidas que considere pertinentes\" no caso de que se produzan altercados, \"incluída a de poñer á disposición xudicial as persoas responsables\". Así as cousas, a normativa detalla que \"calquera persoa que no recinto parlamentario, en sesión ou fóra dela, promover desorde grave coa súa conduta de obra ou palabra será inmediatamente expulsada\". No caso \"das sesións públicas\", isto é, dos plenos, á presidenta correspóndelle \"velar polo mantemento da orde nas tribunas\" e \"os que nestas desen mostras de aprobación ou desaporibación, perturbasen a orde ou faltasen á debida compostura serán inmediatamente expulsados do pazo por indicación da Presidencia, ordenando, cando o estime conveniente, que os servizos de seguridade da Cámara levanten as oportunas dilixencias por se os actos producidos puidesen ser constitutivos de delito ou de falta\". Neste contexto, todo semella o indicar que no espírito da norma elaborada polos primeiros lexisladores e lexisladoras da autonomía estaba dotar á Presidencia da capacidade para procurar a orde en caso de desorde e para promover sancións contra as persoas responsables. O que non parece que estivese presente na base regulamentaria é a aposta por regular o acceso ao Parlamento baseándose na posibilidade subxectiva de que as persoas convidadas poidan provocar incidentes, toda vez que quen os provoca unha vez xa non pode ser obxecto dun novo convite. Regulamento do Parlamento de Galicia"}
{"ID": "NOS_16736", "summary": "O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, lembrou que a nova norma da DGT, a aplicar a partir de maio, xa contempla ese límite nos cascos urbanos.", "text": "Os considerados 'Concellos Ágora' van seguir de maneira inmediata as mesmas normas que as chamadas 'Cidades 30' no que ao tráfico se refire. A Deputación de Pontevedra lembrou hoxe nun encontro con representantes destes municipios que deben limitar a velocidade a 30 quilómetros por hora. O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, explicou que esta restrición vai ser nos núcleos urbanos. A iniciativa foi ben acollida pola representación dos 43 municipios (dos 49 que forman a Rede Ágora) que participaron na reunión de traballo telemática. De feito, esta norma de tráfico xa vai ser de uso obrigado polo novo Regulamento de Circulación da Dirección Xeral de Tráfico, que entra en vigor o próximo mes de maio, e así hai unha adaptación previa sen que os prazos se boten encima das administracións locais. \"Nós queremos ir por diante e cambiar de inmediato\", comentou Benítez. Ademais, incidiu en que hai un compromiso de todos para que nas plataformas únicas de convivencia de vehículos e peóns se fixe unha velocidade máxima de 10 km/hora. Unha vez se estabelezca esta última idea cumprirase o principio número 6 do 'Decálogo Ágora' sobre os espazos seguros. Desde o punto de vista do deputado, é fundamental que haxa máis sensibilidade nas contornas dos centros escolares. Para iso instou ás e aos representantes municipais a modificar as súas ordenanzas de mobilidade e incluír as zonas a 10 por hora dunha maneira explícita. \"A nova lei di 20 km/h para zonas de convivencia, pero nós defendemos os 10 km/h e aspiramos a que a futuro se recolla tamén así na norma. Queremos que nas nosas vilas só teñan 30 e 10 de velocidades máximas\", rematou. Para a implantación destes cambios, a Deputación ofreceu aos municipios a axuda do persoal técnico da Rede Ágora e o da Rede de Cidades que Camiñan, á que está adherida a institución provincial."}
{"ID": "PRAZA_18211", "summary": "CRÓNICA DENDE O BRASIL O candidato da ultradereita celebrou o seu achegamento á vitoria en primeira quenda entre insinuacións de fraude electoral. Haddad, do PT, asegura sentirse \"desafiado pelos resultados, que nos fazem atentar para os riscos que a democracia corre\" Eleccións no Brasil: ultradereita, esquerda doente e mulleres combativas", "text": "Eleccións no Brasil: ultradereita, esquerda doente e mulleres combativas CRÓNICA DENDE O BRASIL A escasos minutos das nove da noite o Tribunal Superior Electoral (TSE) anunciaba, cun 95,57% dos votos escrutados, que Brasil tería segunda volta na contenda electoral para presidente da república entre o candidato ultradereitista, Jair Bolsonaro, cun 46,21% dos votos, e o petista, Fernando Haddad, cun 28,97%. Con 147.302.357 electores chamados ás urnas, nun país onde votar é obrigatorio para as persoas que teñen entre 18 e 70 anos, a grande sorpresa da xornada foi a brusca mudanza na intención de voto nos últimos momentos que favoreceu a Bolsonaro e que case resolve as eleccións na primeira volta. As enquisas das últimas semanas non se enganaron en sinalar a tendencia: un Bolsonaro de ascenso meteórico que polarizaría o escenario político e só deixaría espazo para o PT nun segundo lugar. Tras prometer ao seu electorado que ganaría en primeira volta –isto é obter o 50% do total dos votos máis un-, o ex-militar reformado puxo en apuros aos partidos e ao electorado de esquerdas. A piques de cumprir a súa promesa e cun 53,49% de votos escrutados, o líder do PSL, rozou a maioría, durante varios minutos, situándose cun 49,02% dos votos totais. A tensión podíase sentir nas caras do equipo de campaña de Haddad, que xunto co candidato, seguiron os resultados nun hotel en São Paulo. O alivio só chegou cando os petistas coñeceron que os datos eran fundamentalmente dos estados do sur -rexións onde o PT saca peores resultados- e aínda quedaban por contabilizar os votos do Nordeste -que representa case un cuarto da poboación e é tradicionalmente petista-. Nun dos peores escenarios posibles, aínda había espazo para a esperanza. A grande sorpresa da xornada foi a brusca mudanza na intención de voto nos últimos momentos que favoreceu a Bolsonaro e que case resolve as eleccións na primeira volta Tras coñecer os datos oficiais, o controvertido candidato do PSL rexeitou realizar unha comparecencia pública que tiña comprometida ante os medios de comunicación, para se conectar ao Facebook Live e agradecerlle ao vivo aos seus numerosos seguidores os votos recibidos. Tamén lles pediu que se continuaran a mobilizar até a segunda quenda. \"Nós temos como mudar o destino dessa nação, mas todos vocês que estiveram comigo nesse momento vão ter de continuar mobilizados até o dia 28 de outubro\", afirmou. Suscitando dúbidas novamente sobre o sistema de urnas electrónicas e vinculando os supostos fallos de dita tecnoloxía á súa non elección na primeira volta, asegurou que \"vamos juntos ao TSE exigir soluções para isso que aconteceu agora e não foi pouca coisa\" e engadiu que \"se tivesse confiança já teríamos o nome do futuro presidente da República.\" Posteriormente unhas 50 persoas presentáronse diante das dependencias do TSJ para protestar contra o que consideraron \"fraude electoral\". Non se esqueceu de facer mención á diminución do estado e á privatización de empresas públicas, promesas electorais que nas últimas semanas lle fixeron ganar numerosos adeptos. O ultraconservador quixo rematar a súa intervención agradecéndolle a deus o resultado. \"Acredito em Deus, acredito em vocês e acredito no nosso Brasil. Meus quase 50 milhões -número de votos recibidos-, muito obrigado mais uma vez. Estamos juntos. Até a vitória, se Deus quiser\". Acto do PT tras ser publicados os resultados da primeira volta / PT O candidato do PT chama á unión das demais forzas para combater a ultradereita e di sentirse \"desafiado pelos resultados, que nos fazem atentar para os riscos que a democracia corre\" Pola súa banda Haddad, nun claro chamamento á unión das demais forzas políticas para combater o asombroso aumento da ultradereita asegurou sentirse \"desafiado pelos resultados, que nos fazem atentar para os riscos que a democracia corre\" e asegurou que mesmo ve perigar \"o pacto da constituição de 1988\". Ademais, en alusión ás medidas que pretende desenvolver o ex-militar, asegurou que \"nossas armas na campanha do segundo turno são os argumentos: nós não portamos armas\". O petista tentará agora contar cos apoios de Ciro Gomes (PDT), que quedou en terceira posición cun 12,47% dos votos, Marina Silva (Rede) cun 1% e Gulherme Boulos (PSOL) cun 0,58%. Tras ser derrotado, Ciro fixo alusións ao risco que supón Bolsonaro para a democracia pero non confirmou aínda o seu apoio a Haddad, en boa medida polo seu anterior desencontro con expresidente Lula. \"Não posso demorar uma semana, não. Costumo decidir as coisas assim, mas agora eu represento um conjunto muito grande de forças. Então, quero anunciar por mim. O meu espírito é fazer o que fiz a vida inteira: lutar em defesa da democracia e contra o fascismo\" afirmou. Destas afirmacións extráse unha declaración de intención que moi probablemente leve ao pedetista a apoiar ao PT na segunda volta. Marina Silva pola súa parte, evitou posicionarse sobre a segunda quenda asegurando que \"independente de quem seja o vencedor, nós estaremos na oposição\" e deixando á asemblea do partido tomar a decisión. As próximas horas serán decisivas para mobilizar a un electorado que mira aos políticos baixo lupa despois dos numerosos casos de corrupción. As receitas tradicionais xa non son benvidas nun país que, despois da crise económica, perdeu a esperanza e volveuse descreída. Moitos brasileiros xa non buscan un político ao que seguir. Prefiren ter un mesías no que crer. Como dogma de fe. Sen cuestionamentos. Ese home é Bolsonaro. Para todos os demais, queda a defensa da razón, dos instrumentos democráticos ou dos dereitos adquiridos na historia. Pero en momentos de crise existencial, a psicoloxía política e a atracción soen ser máis poderosos. Sexa como for, o vindeiro 28 de outubro decidirase o final da contenda. Xornada de longas colas e Fake News A maioría das informacións falsas da xornada electoral pretendían fomentar a confusión entorno as urnas electrónicas para xerar sensación de fraude En numerosos estados a xornada electoral transcorreu entre longas colas debido á instalación de sistemas biométricos de verificación da identidade e a redución das zonas electorais que relentizaron o procedemento. En Salvador de Bahía, Paulo Linhares, queixábase da nova metodoloxía asegurando que levaba case dúas hora agardando.\"Tem que fazer ajustes para a próxima eleição\" aseguraba. No mesmo colexio electoral, unha familia tivo que subir no aire á avoa en cadeira de rodas por non existir infraestruturas axeitadas para as persoas co mobilidade reducida. Esta situación repetiuse en numerosos puntos da xeografía brasileira. Outra das novas da xornada, foi a irrupción de numerosas fake news que comezaron a espallarse polas redes sociais e Whatsapp e que principalmente beneficiaban a Bolsonaro. Xa ao longo da campaña, as noticias falseadas e os perfís falsos tiveron unha gran relevancia provocando unha situación de infoxicación entre o electorado. Facebook chegou a pechar unhas 300 contas. A maioría das informacións falsas da xornada electoral pretendían fomentar a confusión entorno as urnas electrónicas para xerar sensación de fraude, ou cambiar a dirección do voto do electorado. A presidenta TSE, Rosa Weber declaraba hoxe que \"essas notícias falsas se dirigem contra a credibilidade da Justiça Eleitoral e, consequentemente, se voltam contra a democracia e as instituições. Temos de identificar quem as está propagando com a maior serenidade possível\". Para a ministra a propagación destas informacións son unha \"total irresponsabilidade\"."}
{"ID": "NOS_40879", "summary": "As dúas primeiras semanas de Joe Biden na Casa Branca trouxeron importantes cambios no eido diplomático a respecto do seu predecesor, que se resumen no desexo expresado polo novo presidente de recuperar o liderado mundial dos EUA. Pau e cenoria, multilareralismo e Exército, serán as súas ferramentas.", "text": "Tres grandes tradicións de pensamento engloban as múltiples correntes na política internacional. Diferéncianse unhas das outras na forma en que conciben a sociedade en termos de soberanía, diplomacia, guerra e lei. O británico Martin Wight (1913-1972) chamounas realismo, racionalismo e revolucionismo, mais tamén son coñecidas polos filósofos que as inspiran: hobbesiana (ou maquiaveliana), grociana e kantiana. Mentres que o revolucionismo aspira a unha auténtica sociedade internacional, de cooperación entre individuos e pobos, para as outras dúas correntes o Estado é a unidade chave e céntranse no aquí e agora. O fin dos realistas é maximizar o poder e ven o resto de Estados como competidores, polo que a seguridade é un concepto central, e o interese nacional guía as políticas. Donald Trump e os seus \"America First\" e \"Make America Great Again\" entrarían neste paradigma, onde ademais a moral é líquida, depende do momento e do lugar e, como recolle O Príncipe de Maquiavelo, \"a prudencia é o único límite moral\". Joe Biden non é hobbesiano. Porén, tampouco é kantiano. As súas medidas en política internacional nos primeiros 15 días como presidente dos EUA van na liña do debuxado polos seus antecesores do Partido Demócrata no cargo, principalmente Barack Obama, con quen foi vicepresidente. A nova Casa Branca responde á tradición inspirada en Hugo de Groot, a racionalista, que o propio Wight identificaba como \"a visión do establishment internacional\". O racionalismo considera que a humanidade comparte uns mínimos intereses comúns, polo que a negociación é a dinámica predominante e ponse énfase nos tratados, nas normas e nas institucións internacionais. Acredítase no multilateralismo do que se arredou Trump. Biden, no primeiro día no cargo, asinou dúas decisións simbólicas neste sentido: o reingreso na OMS, onde EUA se comprometeu a colaborar coa iniciativa Covax para levar vacinas da Covid aos países menos desenvolvidos; e o regreso ao Acordo de París ─tamén no marco da ONU─ contra o cambio climático. A crenza na negociación levouno o 26 de xaneiro a anunciar o restabelecemento dos programas de asistencia a Palestina así como retomar os contactos diplomáticos, algo que se concretou esta mesma semana cunha xuntanza dun alto cargo do Goberno palestino con Hady Amr, responsábel do Goberno dos EUA para asuntos palestinos e israelís. Case ao mesmo tempo, o Goberno israelí de Benjamin Netanyahu ─que ten unha concepción hobbesiana da política─ respondía coa demolición dunha aldea en Cisxordania que daba vivenda a 61 palestinos. Rusia, vello inimigo Porque o intervencionismo é característico da tradición racionalista que encarnan os Gobernos demócratas. Moeda, porén, de dúas caras: diplomática e militar. \"EUA está de volta\", sinalaba na quinta feira Biden nun discurso á comunidade internacional. Alí remarcou o desexo de liderar a diplomacia global, que no caso dos EUA esténdese a través do maior Exército do mundo. Así foi que mandou un duro mensaxe a Rusia. Tras felicitarse pola prórroga do tratado Start, sinalou: \"Deixei claro ao presidente [de Rusia, Vladimir] Putin, dunha forma moi diferente ao meu predecesor, que os días en que os EUA pasaban por alto as accións agresivas de Rusia, interferindo coas nosas eleccións, con ciberataques, envelenando cidadáns [en referencia ao caso do opositor ruso, Aleksei Navalni], acabáronse\". Os mandatarios falaron a semana pasada. As duras palabras foron acompañadas de feitos. Biden paralizou a retirada dos 12.000 militares estadounidenses despregados en Alemaña, un dos principais continxentes canda ao do Xapón, estratéxico desde o final da II Guerra Mundial no enfrontamento coa URSS. A decisión é tamén unha declaración de intencións de cara ao reforzamento da OTAN que Trump cualificou de \"obsoleta\". Un Trump que chegou á Casa Branca prometendo acabar \"coas guerras sen fin\" de Obama non foi, porén, menos belixerante. Segundo un recente estudo do proxecto \"Os Custos da Guerra\" da Universidade Brown, \"o número de civís asasinados en ataques aéreos internacionais incrementouse arredor de 330% desde 2016, o derradeiro ano do Goberno Obama, a 2019\". Trump tamén bateu récords de bombardeos e mortes en Siria e no Iraq, de acordo cos datos recollidos por Los Angeles Times. Biden anunciou a retirada do apoio a Arabia Saudí na guerra do Iemen, onde durante os catro anos de Trump morreron bombardeados 154 civís, incluídos polo menos 28 crianzas, nun total de 230 ataques (o dobre que nos oito anos de Obama), segundo un informe recollido por The Washington Post entre outros medios. Nunha reportaxe de maio pasado, The New York Times argumentaba que Trump ─na máis pura liña hobbesiana─ vía nestes conflitos bélicos unha forma de xerar postos de traballos na industria armamentística dentro dos EUA. Con Biden a maquinaria militar non parará, mais de acordo coas súas primeiras medidas haberá un maior balance entre os chamados poder duro (a coerción) e poder brando (a atracción). Latinoamérica seguirá como 'patio traseiro' Onde Joe Biden si que se manterá a liña de Donald Trump é noutras importantes frontes, a principal China. O novo presidente manifestou en diversas ocasións que manterá a firmeza coa potencia asiática, que demócratas e republicanos ven como ameaza nunha nova Guerra Fría. Tamén a respecto de Latinoamérica parece que pouco mudará. No seu discurso da quinta feira, Biden apenas fixo referencia á rexión, tradicionalmente considerada o 'patio traseiro' dos EUA desde que en 1823 se enunciou a Doutrina Monroe (o principio da política exterior dos EUA de non permitir a intervención das potencias europeas nos asuntos internos dos países do hemisferio americano). En Cuba agardan movementos que dean marcha atrás a catro anos de duras relacións, e a respecto de Venezuela, o Goberno Biden mantén que o presidente Nicolás Maduro é un \"ditador\"."}
{"ID": "NOS_46529", "summary": "Nunha tarde solleira e diante dun café, Guadi Galego (Cedeira, 1974) afronta a fin de xira de O mundo está parado (2016), que fechou na pasada terza feira en Madrid. O seu EP \"A bóla de cristal\" pon fin ao ciclo de temática continuísta que xa comezara con Lúas de outubro e agosto (2014). No seu último traballo, a autora ofrece cinco temas de creación propia nos que ollar a través da bóla e reflexionar sobre o futuro.", "text": "Entre os concertos, visitou lugares que van alén de Galiza, como Madrid. Como valora a música que viaxa fóra das nosas fronteiras, unha que ademais escapa dese trazo 'folclorista' que acostuma funcionar como estereotipo da música galega? Creo que é fácil para algúns xéneros. Por exemplo, a música de raíz fóra de aquí é moi potente porque, ademais, e está mal que o digamos nós, estamos a moito nivel dentro das músicas do mundo. Aquí temos unha calidade alucinante. Despois, está a xente máis específica de rock en galego, que ten cabida nos festivais dese xénero. Logo, está outro tipo de xéneros que nos custa máis porque aínda non nos chegou o momento, ao mellor, de chegar aos sitios ou que se normalice. Nun país normalizado, cantos máis xéneros existan na súa lingua propia, mellor saúde significará para o país a todos os niveis, sobre todo lingüístico e artístico. Custa un pouco, mais son apostas que ás veces hai que facer. Empezou a súa carreira artística con Berrogüetto, para logo pasar xa a levar unha carreira en solitario. Como valora a traxectoria desde que comezou a voar soa? Lembro que o meu primeiro concerto con Berrogüetto foi en decembro de 1997. Foi o punto de inicio da miña profesionalidade na música. Estiven exactamente dez anos, polo que son dez anos máis en solitario, que non foi así exactamente. En 2009 fago Benzón, que é o meu disco de tránsito entre Berrogüetto e a vida seguinte. É un álbum que tiña claro como quería que fose e fíxeno con moitas ganas, mais non o toco en directo porque precisaba descansar. Esa foi a miña grande premisa para deixar Berrogüetto: a necesidade de descanso. Non foi para tocar un disco en solitario, porque despois tamén foi a CadaCanto, que era un proxecto coral, antes de Lúas de outubro e agosto. O balanzo que fago é moi positivo a nivel de público e crítica musical, porque foron discos importantes para min. Non hai tampouco un disco menor, son todos importantes polo que representaron na miña vida. Lúas foi un disco do que a xente gostou moito, quizais porque non había moito así, e era un aire fresco. O mundo está parado tamén tivo boa crítica e o público gostou. Agora con A bola de cristal tamén estou moi contenta. Os EP son considerados moitas veces obras menores. Non obstante, eu vendín moitas bólas de cristal porque a xente, cando é fan, quere ter todo. Aínda que o consumo agora mudou moito. A xente máis moza consome moito en redes: Youtube, videoclips, Spotify… [Podes ler a entrevista íntegra no número 314 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "QUEPASA_691", "summary": "A nova parada do forno 13 e o retraso do Estatuto da Industria Electrointensiva obrigan ao Comité a recuperar as mobilizacións", "text": "A pasada semana acodía unha representación de traballadores das fábricas de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH á manifestación da industria electrointensiva en Madrid. E este venres 31 de xaneiro, volverán concentrarse, ás 19:30h, diante do Concello de Cee. Así o acordou, por unanimidade, o Comité de Empresa, que tamén solicitou reunión co conselleiro de Industria para abordar a parada de unidades produtivas e instar á elaboración dun plan de viabilidade. A concentración coincidirá co debate e votación no Pleno municipal dunha moción, presentada polo BNG de Cee, para instar o Goberno español á aprobación inmediata do estatuto do consumidor electrointensivo e o Goberno galego a que esixa o preceptivo plan de viabilidade á nova xerencia da empresa de ferroaliaxes. Así mesmo, o comité acaba de solicitar unha reunión, á maior brevidade, co conselleiro de Economía, Emprego e Industria para trasladar a preocupación que existe entre os traballadores e as traballadoras, tras a decisión de Ferroatlántica de parar unidades produtivas na fábrica de Cee. Pedirán a elaboración conxunta dun Plan de viabilidade. Parada do forno 13 O Comité denuncia que Ferroatlántica SAU anunciou a parada do forno 13, alegando a baixa demanda e o alto prezo de produción, mentres se anticipa o arranque doutras unidades produtivas de similares características noutros plantas do estado. Para o comité \"esta decisión é consecuencia directa da venda do complexo industrial e das centrais, que deixou as fábricas da Costa da Morte fóra do Grupo FerroGlobe pero supeditadas ás súas directrices, xa que é a compañía de Villar Mir quen establece o custe e a calidade da materia prima e quen marca a cantidade e o custe da produción a mercar\". Ante as consecuencias sobre o emprego que poida ter a parada de unidades produtivas e \"a incerteza que provoca a falta dunha tarifa industrial estable, predicible e competitiva\" (argumento este que utiliza a empresa para xustificar recortes, a pesar de ser tamén produtora de enerxía), o comité \"reclama, unha vez máis, á Xunta de Galiza que exerza as súas competencias e obrigue a Ferroatlántica a presentar un plan de viabilidade para garantir a continuidade da produción de ferroaliaxes, o mantemento dos postos de traballo e que se respecte a cláusula esencial de vinculación da actividade das fábricas e da produción de electricidade\". NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs. Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción. Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas. Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH. 17-10-19: A Xunta recoñece que Ferroatlántica si ten que presentar un plan de viabilidade como lle viña esixindo a CIG. 09-10-19: Ferroatlántica: Un novo martes ás portas do Concello de Cee. 02-10-19: A Xunta sobre Ferroatlántica: \"O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións\"."}
{"ID": "PRAZA_6475", "summary": "Seguimos a preguntarnos como poden acontecer as cousas que acontecen porque a teoría témola máis que clara. Pero non damos relacionado a teoría e a práctica, non damos estabelecido tampouco a relación causa-efecto entre os modelos e referentes nas relacións privadas e os acontecementos que rematan ocupando as páxinas de sucesos dos xornais.", "text": "Unha noite que sentei moi tarde a cear, acabei vendo na tele a única peli que atopei que comezaba a esas horas, que viña sendo Tres metros sobre el cielo, adaptación da primeira novela de Federico Moccia, ese iluminado ao que se lle ocorreu comparar as relacións amorosas con fechos e as vontades con chaves que se tiran ao río. Non me decepcionou en absoluto. Agardaba todo tipo de estereotipos sexistas e deume aínda máis. Agardaba todo tipo de estereotipos sexistas e deume aínda máis. Machos alfa, rapazas submisas, frases lapidarias de control e dominación, obxectualización das mulleres, ruptura das mozas cos seus contornos, maltrato ás nais, violencia en xeral Machos alfa, rapazas submisas, frases lapidarias de control e dominación, obxectualización das mulleres, ruptura das mozas cos seus contornos, maltrato ás nais, violencia en xeral... era un contínuum de estímulos visuais e auditivos para crear imaxes e símbolos que despois se reflicten perfectamente nas enquisas que mostran que os adolescentes non detectan as actitudes da violencia de xénero. E logo mostramos sorpresa porque as rapazas digan que ven os celos como un acto de amor, que non falen dunha situación de violencia de xénero senón de problemas sentimentais co seu mozo, que identifiquen os malos tratos grazas ás campañas, pero que non é iso o que lles acontece a elas. Como vai ser iso, se elas só queren ser como as protagonistas de 3MSC?! Esta película, en 2010, foi a de maior recadación do ano, con máis de 1,3 millóns de espectadores, e se xuntamos os espectadores de 2011 falamos de máis de millón e medio de persoas que foron vela aos cines. Non se me ocorre maior normalización da dominación e submisión das mulleres que esta. E con perspectiva de futuro, dirixida ás rapazas novas e con segunda parte, Tengo ganas de ti. Non damos relacionado a teoría e a práctica, non damos estabelecido tampouco a relación causa-efecto entre os modelos e referentes nas relacións privadas e os acontecementos que rematan ocupando as páxinas de sucesos dos xornais Oxalá só fosen estas películas! Son as cancións, son as series de televisión, son os anuncios, son os xoguetes, son as parellas reais, de carne e oso, que seguen a manter e mesmo reforzan os roles de xénero... E seguimos a preguntarnos como poden acontecer as cousas que acontecen porque a teoría témola máis que clara. Pero non damos relacionado a teoría e a práctica, non damos estabelecido tampouco a relación causa-efecto entre os modelos e referentes nas relacións privadas e os acontecementos que rematan ocupando as páxinas de sucesos dos xornais. Os asasinatos de mulleres, as violacións que son non só xustificadas senón aplaudidas, as nenas encerradas na casa para que non as secuestren pederastas nos parques e as normas de bo comportamento no espazo público para non gañarse unha violación son sucesos, contos, que nos deixan en estado de shock ata a seguinte noticia. Teño unha filla de 6 anos e ás veces dime cousas que me deixan pensando de onde as sacaría, está claro que teño que estar máis atenta"}
{"ID": "NOS_47696", "summary": "A mostra \"Galiza, nun tempo de seu\" achega ao público ao esplandor da Galiza Medieval e aos acontecementos que definiron a nosa historia nos séculos XIV e XV no Museo de Lugo.", "text": "\"Galiza, nun tempo de seu\" percorre a Galiza medieval a través fundamentalmente de tres momentos cruciais para a nosa historia. Na primeira parte da mostra, o público achégase á liñaxe dos Castro á fronte do Reino de Galiza, na segunda, nos movementos irmandiños do século XV e, finalmente, a exposición explica a resistencia á monarquía dos Reis Católicos, con destaque para a figura de Pardo de Cela. Estas tres partes exporanse logo no Pazo de Tor, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e no Museo do Mar de San Cibrao. \"Estamos aquí – continuou o delegado- impugnando tamén aquelas versións eurocéntricas das correntes progresistas que deron en dividir aos pobos entres aqueles que tiñan e non tiñan historia para rescatar eses mil anos nos que por diante nosa, nos paneis, pasa, percorre de Idacio, o Bispo de Chaves, Paulo Osorio, San Martiño de Dumio, os Traba, con Don Pedro Froilaz á cabeza, Xelmírez, Alfonso VIII \"O Emperador\", Martín Códax e os autores daquela grandísima literatura, os resistentes como Inés ou Pedro de Castro, os Lemos auténticos, ao fin o que importa as galegas e os galegos do común de onte\", sinalou na inauguración da mostra o Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro que participou do acto xunto con Carme Vilariño, membro da ASPG responsábal da mostra e os coordinadores Marcos Maceira e Fran Rei. Ciclo de conferencias \"Porque temos historia, temos futuro e sobre esa historia de pobo ceibe que viviu libremente ao longo da Idade Media restauraremos un día a soberanía que tivemos e que volveremos a ter co exemplo dos nosos rebeldes como o Mariscal Pardo de Cela, Pedro de Madruga, o vello conde de Lemos, Rodrigo Álvarez Osorio,o novo Conde de Lemos, que toma Ponferrada en contra da vontade rexia, Constanza de Castro, filla de Pardo de Cela, sublevada e despois morta envelenada no castelo de Caldaloba, Beatriz de Castro, a outra filla do grande mariscal que litigaría pola memoria do seu pai contra o poder rexio, Alonso de Cabarcos ou Pedro de Bolaño, xenro do Mariscal, Señor de Torés e Burela, un dos tres grandes pedros de Galiza, que dixo Murguía con Pardo de Cela e Pedro Madruga\", defendeu Mario Outeiro no fin da súa intervención no acto de inauguración. A mostra compléase cun ciclo de conferencias arredor da idade media que se desenvolverán no propio Museo de Lugo ás 20 horas os días 9, 10 e 11 de decembro \"O Reino necesario\" será o título da conferencia de Camilo Nogueira o 9, \"Galiza, un país con clase dirixente: a perspectiva e alternativa galega na crise peninsular e Europa na segunda metade do século XIV\", o 10 e \"O periodo de normalidade da lingua galega\" pechará o ciclo o 11 con Xosé Ramón Freixeiro Mato."}
{"ID": "PRAZA_20736", "summary": "En xuño un obreiro sufriu queimaduras nun 85% do seu corpo e a consecuencia do sinistro un empregado foi despedido e outro amoestado. O Comité de Empresa denuncia as eivas de seguridade na factoría, das que responsabiliza a compañía", "text": "O pasado 20 de xuño un traballador dunha das empresas auxiliares da factoría de Alcoa en San Cibrao (Reymogasa) sufriu feridas de gravidade, tendo que ser ingresado na Unidade de Queimados del Hospital Universitario da Coruña, onde tivo que permanecer dous meses, quedando afectado o 85% do seu corpo. O operario queimouse con condensado de vapor procedente dunha válvula \"pantasma\", que o Comité de Empresa asegura que non figuraba nos planos, sendo instalada hai cinco anos unicamente para a realización dunhas probas. A válvula -que sempre permanece pechada- abrírase 15 días antes para facer novamente probas e quedou aberta, provocando o accidente. \"Priorízase a produtividade por riba de calquera outra consideración, en especial da seguridade\", denuncia o Comité de Empresa Nos días seguintes ao sinistro, o persoal da factoría convocou varias mobilizacións para esixir maior seguridade no desenvolvemento do seu traballo. Ás graves queimaduras sufridas polo devandito empregado, uniuse outro accidente no que outro traballador rompera varias costelas. \"Nos dous accidentes a causa raíz está en que se prioriza a produtividade (máis produción con menos horas de traballo), por riba de calquera outra consideración, en especial da seguridade\", afirmou o Comité de Empresa nun comunicado. \"O que antes facían quince traballadores en dez días, hoxe téñeno que facer dez homes en tres días\", engadían. As varias concentracións e unha manifestación que tivo lugar a comezos de xullo lembraron tamén o compañeiro (tamén de Reymogasa) falecido en abril, un home de 55 anos que quedou atrapado por unha pesada máquina. Nos últimos días a situación deu un importante xiro cando a empresa anunciou o despedimento dun traballador ao que responsabiliza do accidente que tivo lugar en xuño e que provocou as duras queimaduras a outro dos obreiros. Outro empregado, ao que tamén se lle abriu expediente tralo sinistro, foi finalmente amoestado. O pasado 17 de agosto o Comité de Empresa convocou unha manifestación en protesta polo despedimento, acusando a compañía de empregar este traballador como \"cabeza de turco\". Este martes o persoal da factoría, reunido en asemblea, acordou por unanimidade convocar dous días de folga, o 1 e 2 de outubro. O Comité acusa a empresa de non ter en conta as súas reclamacións para incrementar as medidas de seguridade e de usar o traballador despedido como \"cabeza de turco\" O Comité acusa a empresa de non ter en conta as súas reclamacións para incrementar as medidas de seguridade, unhas propostas que estaban contidas nun informe que hai varias semanas remitiron a Inspección de Traballo, ao presidente de Alúmina e ao de Alcoa España. Ademais das dúas xornadas de paros, o Comité de Empresa tomou outras decisións, coma a apertura dunha caixa de resistencia para apoiar o seu compañeiro despedido, non realizar horas extraordinarias ou non levar a cabo cambios de quenda a petición da empresa."}
{"ID": "NOS_18895", "summary": "Oito de cada dez habitantes do Reino Unido suspenden a aínda primeira ministra.", "text": "A BBC informou esta cuarta feira da dimisión da ministra de Interior do Reino Unido, Suella Braverman, após levar un mes e medio no cargo. Truss perto da renuncia após o enterro do seu programa neoliberal no Reino Unido A dimisión de Braverman, que chega días despois da do titular de Economía, Kwasi Kwarteng, supón un paso máis na escalada de tensión existente no seo do equipo de goberno de Truss, que semella estar a vivir os seus últimos días como dirixente británica. A política económica de Truss, que levou os propios deputados e deputadas do Partido Conservador a reverter as medidas de corte neoliberal que o Goberno británico anunciara a finais de setembro, está a ser a principal causa da súa perda de apoios. Así é Liz Truss, a nova primeira ministra do Reino Unido: de republicana e 'anti-Brexit' a \"herdeira\" de Thatcher Os 'tories' levan días a premer para que primeira ministra británica dimita xa que, de non facelo, as normas internas do Partido Conservador impiden que até a metade de 2023 se poida producir unha moción de censura interna. Na busca dun novo liderado Os medios británicos trasladan distintos nomes para substituír Liz Truss, enunciados polos deputados conservadores. O máis repetido é o de Rishi Sunak, que podería liderar a organización xunto a Penny Mordaunt. Eleccións xerais no Reino Unido: Brexit e Escocia pesan nas papeletas Porén, o maior consenso é o de tratar de evitar un adianto electoral (os comicios están previstos en 2024), tendo en conta que as últimas enquisas apuntan a unha maioría absoluta laborista, co Partido Nacional Escocés en segunda posición. Neste sentido, o dirixente do Partido Laborista, Keir Starmer, conta cunha aprobación de 41% entre a poboación británica, segundo unha enquisa de YouGov. No extremo contrario atópase Truss, cunha desaprobación de perto de 80% da sociedade do Reino Unido."}
{"ID": "NOS_2623", "summary": "Sen apenas tempo para asimilar o gran triunfo logrado na casa do terceiro clasificado o pasado domingo, a escuadra olívica regresa á acción nesta cuarta feira (20 horas) para tratar de seguir avanzando na Copa á custa do Atlético Baleares.", "text": "O torneo do KO é unha competición moi especial para o Chacho Coudet, responsábel técnico do Celta, que xa manifestou en máis dunha ocasión o seu anhelo por conquistar un título, e a Copa é a opción máis plausíbel. Iso non é óbice para que, e máis tendo en conta a parada de Nadal e todos os problemas causados pola Covid-19 no cadro de xogadores, no Estadio Balear de Palma de Mallorca, forme cun once moi distinto do que conseguiu os tres puntos no Benito Villamarín. Un cambio seguro será na portaría, pois Rubén Blanco xa foi o escollido polo arxentino para defender a meta celeste ante o Andorra na rolda anterior e nada fai pensar que vaia optar polo seu compatriota Dituro, titular na Liga. Tamén resulta plausíbel a titularidade do lateral Kevin Vázquez, xa recuperado da indisposición estomacal que sufriu antes do choque co Betis. Acompañándoo na liña defensiva Coudet podería repetir a improvisada pero eficaz parella defensiva Okay Yokuslu-Carlos Domínguez, e no carril esquerdo non é descartábel a presenza do capitán Hugo Mallo, que xa deixou atrás o coronavirus. O centro do campo estaría ocupado por outro home que acaba de superar a Covid, Renato Tapia, mentres que na liña de tres cuartos e na punta do ataque as incógnitas multiplícanse a causa do seguro descanso de Iago Aspas e Denis Suárez, pero o que si semella seguro é que, como en Andorra, Nolito e Gabri Veiga serán da partida. O equipo máis veterano da terceira categoría O Atlético Baleares ocupa a cuarta posición no grupo 2 da Primeira RFEF, o que o confirma como un claro aspirante a lograr o ascenso á Segunda División. O rival do Celta destaca pola súa experiencia -non por nada é o equipo máis veterano da súa categoría, con 29,2 anos de media-, e os defensas celestes deberán preocuparse dos seus 'homes-gol', o ex deportivista Dioni e o brasileiro Vinicius Tanque."}
{"ID": "PRAZA_2706", "summary": "O partido de Albert Rivera equipara os asasinatos machistas coas \"mortes de homes a mans das súas parellas\", das que non ofrece datos, e atribúelle á lei vixente \"asimetría penal por cuestións de sexo\", polo que promete modificala.", "text": "Existe un consenso notablemente estendido a respecto do que é violencia de xénero: a que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo, diferente da violencia doméstica ou da violencia intrafamiliar. Así, por exemplo, a lei galega para o tratamento integral desta violencia defínea como \"calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres\". Nun sentido semellante, a lei estatal preséntaa como \"manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres\". Tras unha década de regulación legal e moitas máis de activismo feminista ao respecto, o programa de Ciudadanos para as eleccións do 20D sentencia que esta violencia afecta tanto a homes como a mulleres. A partir da súa páxina 204 a proposta programática do partido de Albert Rivera debulla as súas propostas en materia de \"igualdade e violencia de xénero e intrafamiliar\". Despois de \"defender a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos\" ou apelar á educación para \"combater a violencia de xénero en xeral\", explica que a violencia de xénero é \"inflinxida máis frecuentemente por homes contra mulleres\". E \"a sociedade española -enfatizan- non debe permitir ningunha violencia, especialmente a dirixida contra unha persoa a causa do seu sexo, identidade ou expresión de xénero\". As leis vixentes definen a violencia de xénero como a baseada \"na desigualdade (...) e relacións de dominación dos homes sobre as mulleres\" Neste contexto é onde Ciudadanos realiza a controvertida equiparación e se separa tanto das definicións legais como dos amplos estudos de xénero desenvolvidos durante anos. \"Se ben a violencia de xénero afecta tanto a homes como a mulleres, a maior porcentaxe corresponde á violencia exercida de homes cara a mulleres\", indica, para despois engadir que non é posible \"tolerar\" as \"máis de 800 mortes de mulleres a mans das súas parellas dende 2003 e as 41 vítimas só en 2015\". No entanto, a continuación, existe unha engádega: \"Tampouco se pode permitir, aínda que sexan moitas menos, as mortes de homes a mans das súas parellas\", di, sen achegar cifra ningunha nin explicar por que dan en considerar os casos aos que se refiren como agresións de xénero. O partido de Rivera promete modificar a lei contra a violencia machista para acabar coa \"asimetría penal por cuestións de sexo\" Tras realizar esta definición, o partido laranxa lanza un paquete de medidas que inclúe a modificación da vixente lei contra a violencia machista -adxectivo que non figura neste apartado-. Así, sinala que \"en canto á actual lei contra a violencia de xénero, en Ciudadanos pensamos que debe ser modificada para acabar\" co que definen como \"asimetría penal por cuestións de sexo e a ineficacia da propia lei\". Estas posicións a respecto da violencia machista chegan despois de que, en programas electorais anteriores -como o das recentes eleccións catalás-, incluísen entre as súas prioridades neste ámbito a loita contra as \"denuncias falsas\", as cales, segundo datos da Fiscalía Xeral do Estado, apenas supoñen un residual 0,018% dentro do total de demandas contra a violencia de xénero. Neste sentido, o propio Rivera rexeitou, nunha entrevista recente en laSexta, aclarar se defende unha suposta abundancia de denuncias falsas: \"non vou discutir se é o 0,2%, o 3% ou o 5%\", retrucou. Programa electoral de Ciudadanos"}
{"ID": "NOS_40402", "summary": "Ante a alza de contaxios do coronavirus, a Xunta da Galiza e catro Gobernos máis (Andalucía, Euskadi, Castela-A Mancha e País Valencià) pedirán na Conferencia de Presidentes volver ao uso obrigatorio da máscara ao ar libre. A máscara deixou de ser obrigatoria en xuño en exteriores, sempre que se manteña a distancia física.", "text": "Cinco Gobernos (A Galiza, Andalucía, Castela-A Mancha, País Valencià e Euskadi) adiantaron que trasladarán ao xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, na Conferencia de Presidentes desta cuarta feira, 23 de decembro, a necesidade de retomar a obrigatoriedade do uso da máscara en exteriores como unha das medidas de prevención ante o aumento explosivo de casos de coronavirus nos últimos días. O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, apostou por que, entre as novas medidas que se determinen para o Estado, figure a obriga xeral de usar máscara ao ar libre, fronte á normativa actual que permite quitala en caso de que haxa distancia de seguridade entre viandantes e non haxa aglomeracións. A Xunta é partidaria desta medida \"dada a actual evolución da pandemia e especialmente ante as aglomeracións que se producen nesta época do Nadal\". Aliás, o mandatario galego pedirá acelerar o ritmo de vacinación, sen necesidade agardar aos seis meses para inxectar a dose de reforzo ou terceira dose. A Galiza, perto xa dos 16.000 casos activos Mentres, os casos activos seguen á alza. A Galiza comezou esta a semana de Nadal con 15.856 persoas contaxiadas da Covid-19, que supoñen medio milleiro máis que no día anterior, tras rexistrárense 1.331 novos contaxios. As e os pacientes ingresados polo coronavirus aumentan a 292 -10 máis que o día antes- e a taxa de positividade dispárase a 18,74%. Segundo os datos publicados este 20 de decmebro por Sanidade, con rexistros até as 18 horas do domingo, mantéñense en 51 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 e aumentan a 241 as hospitalizadas noutras unidades -1o máis que o día antes-. As persoas falecidas na Galiza con Covid-19 desde o inicio da pandemia aumentan a 2.722, ao notificárense no domingo dúas novas mortes: un home de 78 anos no Complexo Hospitalario de Vigo e outro, de 77 anos, no hospital de Ourense. En canto aos datos de vacinación, segundo o reconto de Sanidade, administráronse na última xornada 25.477 vacinas. Delas, 1.107 foron para completar pautas, polo que ascenden a 2.336.134 as persoas con pauta completa, que supoñen 86,52% da poboación total da Galiza. En canto á poboación infantil, 121.030 menores de 15 anos recibiron polo menos unha dose, 160 no último día. Farmacias galegas esgotan os tests gratis para crianzas As farmacias galegas adheridas a unha iniciativa da Consellaría de Sanidade comezaron a dispensar tests gratuítos de antíxenos de fluído oral para nenas e nenos de 5 a 11 anos. Varias farmacias esgotaron os tests onte, 19 de decembro. O subministro está limitado a tan só 20 tests ao día por estabelecemento farmacéutico."}
{"ID": "NOS_22928", "summary": "Cando se vén de iniciar o noveno ano da guerra, Siria ve máis próximo o seu final. A derrota militar do terrorismo salafista e a recuperación do control sobre a práctica totalidade do territorio por parte do Goberno de Bashar Al Assad, abren a porta á fin do conflito e ao inicio dunha tarefa inda maior: a reconstrución dun país devastado. Eis un extracto da análise, publicada no número 340 de Sermos Galiza.", "text": "O conflito armado na Siria encara o seu noveno ano con visos de atinxir unha resolución definitiva após as forzas gobernamentais e as milicias curdas teren logrado recuperar o territorio de Baghouz, no noroeste, que ficaba sob o control de Daesh. A guerra iniciada tras as revoltas desatadas a mediados de marzo de 2011 nunha falida extensión das chamadas primaveras árabes, acabou por se tornar nun conflito de alcance internacional. A proclamación do chamado \"Califato Islámico\" por parte do Daesh traduciríase na toma, pola forza, dun terzo do territorio sirio. Aliás, a intervención militar por parte dos EUA e as súas potencias satélite en contra do Goberno de Bashar Al Assad, á que se engadiu a interferencia interesada de Turquía, dimensionaron a escala mundial o conflito no que Rusia e O Irán se debruzaron como principais aliados e parceiros da Siria. A guerra en curso ten, xa que logo, un evidente alcance xeopolítico e xeoestratéxico, na medida en que o seu desenlace incidirá na correlación de forzas nunha rexión chave. O final do conflito pasará por resolver cuestións tan importantes como complexas, a respeito do futuro do pobo curdo na Siria, os equilibrios na rexión ou como se acometerá a billonaria reconstrución dun país practicamente destruído por case unha década de combates. O conflito saldouse con 5,7 millóns de persoas refuxiadas desprazadas por todo o mundo, dos que case a metade son menores. A meirande parte fuxiu até Turquía, Líbano, Xordania, Iraq e o Exipto. A estas engádense 6,2 millóns de desprazadas e desprazados no propio interior do país. Até o momento xa retornaron un millón e medio mais o proceso será inda demorado. As Nacións Unidas estiman que este 2019 volverán ao país 250.000 sirios e sirias, o que presenta importantes retos para un país que ten dous terzos das súas principais infraestruturas destruídas. [Podes ler a análise íntegra no número 340 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_47194", "summary": "A candidatura para a Declaración de Patrimonio da Humanidade que a Xunta está a impulsar para o Parque Nacional das Illas Atlánticas suscitou gran resposta entre a veciñanza de Ons, as súas familias e persoas achegadas. A todas elas a Xunta pretende limitar o acceso á illa por medio da Declaración, mentres o concello de Bueu reivindica o seu libre acceso. O alcalde Félix Juncal sinalou a Sermos Galiza a necesidade de compatibilizar a Declaración cos dereitos da veciñanza. O concello de Vigo sumouse tamén á reivindicación das e dos illáns.", "text": "Veciñas e veciños da Illa de Ons estanse a mobilizar contra a proposta para a Declaración de Patrimonio da Humanidade que a Xunta de Galiza promove para o Parque Nacional das Illas Atlánticas. A candidatura da Xunta implica a limitación do acceso ás Ons das persoas residentes, coñecidas historicamente como as e os \"illáns\", así como das súas familias e das persoas achegadas. O Goberno galego vén de pór sobre a mesa un novo criterio, tentando dar marcha atrás ante as queixas da poboación. Desta maneira, anunciou a expedición de carnés para as persoas residentes en Ons que terán que amosar para poderen acceder ás súas vivendas á hora de coller o barco. Porén, a principal reivindicación da veciñanza e do concello de Bueu é lograr o libre acceso para as veciñas e veciños, sen teren que amosar carnés como acontece coas persoas residentes e propietarias nas Illas Cíes. Tamén reivindican o libre acceso para as súas familias e as súas persoas achegadas. \"É absolutamente compatíbel e imprescindíbel unha Declaración de Patrimonio da Humanidade co acceso libre para a veciñanza e as súas familias\", reivindica Félix Juncal \"É absolutamente compatíbel e imprescindíbel unha Declaración de Patrimonio da Humanidade co acceso libre para a veciñanza e as súas familias\", reivindica Félix Juncal (BNG), alcalde de Bueu. A ese respecto, o rexedor afirma en declaracións a Sermos Galiza que \"Ons conservouse grazas ás persoas que a habitaron, traballaron e coidaron\". Agora, en cambio, teñen que pagar cánones á Xunta, impostos de IBI ao concello como concesionario, así como pagar polas terras. A consecuencia, lamenta Juncal, é que \"todo está a monte, sen coidar, e non hai unha conservación adecuada do entorno natural\". Lembra ademais que no caso das illas Cíes as persoas con propiedades non precisan ningún carné. \"Como calquera recurso natural cun valor ambiental moi elevado ten que haber un control, un cupo de visitantes mais non para as e os illáns e as súas familias\". \" Ons conservouse grazas ás persoas que a habitaron e a traballaron\", sinala o alcalde de Bueu O cerne do conflito está en 2001 cando a Xunta de Galiza, a través da Lei 5/2001, estabeleceu o réxime de concesión sobre as vivendas como un ben de dominio público, ao igual que en Cíes e Sálvora. Mais a diferenza radica en que naquel momento si se recoñeceron as propiedades existentes en Cíes, mentres que a Illa de Ons optouse por adquirila mediante expropiación, declarando como ben de dominio público a totalidade da illa, incluídas as casas que nunca antes estiveran adscritas a ningún uso público, \"xa que sempre tiveran un uso particular\", remarca Juncal. Juncal reivindica Ons como \"un recurso natural extraordinario cun inmenso valor humano e etnográfico. Debemos garantir a pervivencia cara ao futuro do patrimonio inmaterial\" Desde o Concello de Bueu aseguran que están a defender o dereito de propiedade das familias que historicamente habitaron a illa, cuxas casas foron construídas polos seus antepasados. Así é que desde o consistorio elaboraron xa en 2011 un informe xurídico que se levou ao Parlamento galego daquela a través dos grupos do PSdeG e BNG, mais que non saíu adiante pola oposición do PP. \"Agora, dentro do que é a tramitación da declaración de Patrimonio da Humanidade preténdese alterar a relación histórica das persoas co seu territorio, costumes, cultura e tradición\", lamenta Juncal, quen reivindica Ons como \"un recurso natural extraordinario cun inmenso valor humano e etnográfico. Debemos garantir a pervivencia cara ao futuro do patrimonio inmaterial\". Caballero reivindica a candidatura que impulsa o concello de Vigo para declarar as Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, e que deixa fóra Ons O Concello de Vigo apoia a veciñanza de Ons e reivindica a súa candidatura a Declaración de Patrimonio frente a da Xunta Cuarta feira 21 de agosto, máis de 70 residentes na illa de Ons desprazáronse ao concello de Vigo para reunirse co alcalde Abel Caballero (PSdeG), quen expresou o seu apoio na loita para accederen libremente ás súas vivendas. Desta maneira, Caballero reivindicou a candidatura que impulsa o concello de Vigo para declarar as Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, e que deixa fóra Ons, fronte a candidatura impulsada pola Xunta de Galiza que si a inclúe. A veciñanza tachou de \"chapuza\" a proposta promovida pola Xunta e Caballero prognosticou que non haberá \"candidatura da Xunta porque as e os habitantes de Ons non a queren\". O alcalde de Vigo asegurou ademais que enviará cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e aos ministerios de Cultura e Medio Ambiente solicitando o apoio das institución públicas ás reivindicacións da veciñanza de Ons."}
{"ID": "NOS_42751", "summary": "As autoridades golpistas bolivianas veñen de adiar por terceira vez a celebración dos comicios presidenciais para a elección da xefatura do Estado. Mentres as enquisas dan como gañador o Movimiento al Socialismo de Evo Morales, o Executivo bota man do coronavirus para non comparecer diante as urnas.", "text": "O Tribunal Supremo Electoral de Bolivia (TSE), controlado polas autoridades golpistas que derrocaron o Goberno constitucional de Evo Morales, volveu a suspender as eleccións presidencias previstas para 6 de setembro. Segundo o presidente do organismo de control electoral, Salvador Romero as \"eleccións postérganse para domingo 18 de outubro de 2020 a causa da propagación do coronavirus\", sinalando que \"a saúde da poboación é unha prioridade do TSE\" e destacando que \" a data definitiva da elección xera maiores condicións para a protección da saúde, facilidades para a votación e chegada de misións de observación internacional\". As eleccións xa foron retrasadas en tres ocasións co mesmo argumento ao longo deste ano. A primeira convocatoria estaba prevista para 3 de maio, pospoñéndose para 2 de agosto e posteriormente para 6 de setembro, como resultado dun acordo de todas as formacións políticas na Cámara lexislativa, algo que non aconteceu desta vez malia o disposto na lexislación electoral boliviana. A este respecto, o presidente do TSE, Salvador Romero negou esta suposto, asegurando que \" a resolución do TSE non require a aprobación da Asemblea Lexislativa\" a pesar que a o texto constitucional e a normativa electoral así o establecen. A decisión de adiar de novo os comicios prodúcese nun momento no que a totalidade das enquisas dan como claro gañador Movimiento al Socialismo (MAS), do anterior presidente Evo Morales, actualmente exiliado en Arxentina. Malia a persecución que están a sufrir os seus dirixentes, a formación de esquerdas mantense con claridade como primeira opción electoral dos bolivianos, por enriba de 40% dos sufraxios, sumando as tres candidaturas nas que concorre a extrema dereita 20% dos votos e aspirando a pasar a segunda volta o antigo presidente liberal, Carlos Mesa, que nos pasados comicios acada o segundo posto após Evo Morales. Morales non dubidou en criticar duramente a suspensión electoral. Así, nas súas redes sociais, cualifica a decisión como \"un novo golpe contra a democracia\" e sinala que \"o Goberno de facto quere gañar máis tempo para continuar coa persecución contra os dirixentes sociais e contra os candidatos do MAS-ISP(Instrumento Político pola Soberanía dos Pobos. Esa é outra forma de proscrición. Por iso non quere eleccións en 6 de setembro\". Ao tempo, cuestiona a legalidade do acordo porque \"o único órgano do Estado que pode modificar ese prazo é a Asemblea Lexislativa\" e considera que \"o obxectivo e prorrogar o Goberno de facto\". As principais organizacións sindicais e sociais de Bolivia téñense manifestado nunha dirección semellante. Así por exemplo, a federación das organizacións populares de Cochabamba ven de \"esixir ao Tribunal Supremo Electoral respecto á democracia do pobo boliviano\", \"cumprimento dos acordos das organizacións políticas e ao calendario electoral definido entre eles\", dando un prazo de 72 horas ao TSE e advertindo \"de mobilizacións indefinidas no caso de non cumprir o que marcan as leis\". Nun sentido semellante, a principal organización sindical do pais, a Central Obrera Boliviana (COB) adianta protestas para as próximas horas e a posíbel convocatoria dunha folga xeral. O centro de gravidade política en América do Sur trasládase definitivamente nas próximas semanas a Bolivia. Porén, a principal incógnita é si finalmente as eleccións se realizan nunhas condicións libres e transparentes, algo que cuestionan un boa parte dos observadores e analistas, convencidos que a dereita vai facer todo o posíbel para non perder o Goberno."}
{"ID": "NOS_20305", "summary": "O Movemento galego de Saúde Mental reclama un plan de prevención e a consideración do suicidio como unha cuestión de saúde pública.", "text": "Desde o 3 de maio o Movemento galego de Saúde Mental (MGSM) iniciou unha campaña de sensibilización e concienciación social arredor do suicidio. Unha problemática que atinxiu o pasado ano 324 persoas o que duplica o número de mortes por accidentes de tráfico. Unha cifra que, para alén do máis, non deixou de medrar desde 2010 pasando de 275 a 371 en apenas catro anos. A taxa de suicidios na Galiza sitúase en 11,85 por cada 100 mil habitantes. En Lugo elévase até 17,08 Por territorios, os dados fornecidos polo IMELGA e o propio Movemento sitúan Lugo á cabeza do ránking de suicidios cunha taxa en 2015 de 17,08 por cada 100 mil habitantes, fronte aos 11,85 da media galega. Neste senso, desde o MGSM advirten que \"as políticas desenvolvidas polo Goberno Central e a Xunta de Galiza fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerábeis incrementando o risco de suicidio na sociedade\" e destacan como \"especialmente importantes: a carencia de políticas activas de emprego e un elevadísimo paro prolongado, a redución da protección social, o deterioro da sanidade pública e en particular o debilitamento da Atención Primaria de Saúde, a tolerancia gobernamental coa banca e a súa agresividade respecto ao cobro dos préstamos hipotecarios coa conseguinte vaga de desafiuzamentos\". Plan de prevención Así as cousas, aclaran, \"Galiza padeceu desde sempre elevadas taxas de suicidio\" o que sitúa o noso país no marco dun \"grave problema de saúde pública\". Vilas e cidades galegas acolleron concentracións nas que o MGSM reclamou un plan de prevención galega para o suicidio Eis a razón pola que o MGSM decidiu sensibilizar a poboación dando visibilidade ás persoas mortas por suicidio através da campaña Badaladas pola prevención coa que reclaman a elaboración dun Plan galego de prevención do suicidio através da creación dunha comisión técnica \"capaz e críbel, cun carácter multisectorial, articulado co necesario Plan Galego de Saúde Mental, e dotado suficientemente\" de recursos. Badaladas pola prevención do suicidio concluíu esta quinta feira con concentracións simultáneas en Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Ribeira, Pontevedra, Cangas, Vigo e Ourense onde se escoitou unha badalada coa que lembrar as persoas mortas."}
{"ID": "NOS_5610", "summary": "Considera que o grave impacto que suporía o acordo transatlántico en Galiza, o estado e Europa obriga a que as formacións que concorren o 26X expresen publicamente o seu posicionamento.", "text": "O Sindicato Labrego Galego quer que as forzas políticas que concorren ás eleccións do 26 de xuño se posicionen publicamente a respecto do TTIP. \"Que expresen claramente cal é a súa postura con respecto ao TTIP, pois de saír para adiante non só corren perigo os postos de traballo e o medio de vida de miles de familias na Galiza e na UE que viven da agricultura e da gandería, senón tamén a saúde das persoas\", explica o SLG para emprazar os partidos a un posicionamento público. Non é a primeira vez que este sindicato fai esta petición ás forzas que concorren a uns comicios, pois xa nas europeas de 2014 fixera un chamamento netse sentido. A agricultura galega e europea está seriamente ameazada polo TTIP. Unha advertencia que realizaron recentamente nun informe Amigos da Terra e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego. Conclúen que o tratado comercial aumentará enormemente as importacións de produtos de EUA, mentres que os produtores da UE apenas se verán beneficiados polas exportacións. Diagnostica que a contribución da agricultura ao PIB europeo diminuiría un 0.8%. Con todo, a agricultura estadounidense verá aumentada a súa achega nun 1.9%, o que supón un beneficio neto de 4.000 millóns de euros para os intereses estadounidenses. Prexuízos Segundo este estudo, mentres as exportacións estadounidenses aumentan en practicamente todas as categorías alimentarias,en Europa cae a produción de arroz, trigo, cereais secundarios (como o millo), a froita, as noces, remolacha, bovino, porcino, etc. A supervivencia dalgúns sectores agrarios na súa totalidade está en xogo, como o da carne de vacún. A isto engádese que desde certas entidades e organizacións dan por feito de que de se aprobar o TTIP, este poría na picota as perto de trinta denominacións de orixe de Galiza."}
{"ID": "QUEPASA_281", "summary": "A Comunidade de Montes de Louro denuncia a tala vandálica dunha vintena de carballos e castiñeiros repoboados", "text": "Un Día da Árbore de luto en LouroHoxe, 21 de marzo é o Día da Árbore, o Día Internacional dos Bosques. E se por Carballo o celebran cun par de fermosas actividades escolares, por Louro o conmemoran de luto. De luto pola poda salvaxe que veñen de sufrir algúns dos castiñeiros que a Comunidade de Montes prantou hai agora 2-3 anos. Castiñeiros que xa tiñan unha altura de case 2 metros, e que algún descebrado quixo cortar esta semana. As árbores tronzadas unha vintena de castiñeiros prantados na zona de Fontejaliña, en Monte Meán, pegados á estrada. \"Co traballo que dá sacalos adiante, e agora que vías que estaban estupendos…\", reflexiona o presidente da Comunidade de Montes Miguel Prado. Pon exemplos do que leva esa repoboación. \"Hai ue limpar o monte, rasurar xestas e outras prantas, facer os furados, comprar e prantar as plantas, vir regar cada semana durante o verán… E que che fagan esta putada…\"Un Prado que lamenta que \"foron polos mellores\", e que se pregunta \"que tipo de beneficio se lle pode sacar a unha acción así?\". Dende logo, non hai resposta, ou a única redúcese á palabra maldade, \"porque se aínda fora dalguén que non quere gastar o tempo e os cartos para prantalos el na súa terra, aínda tería un sentido, pero este xeito de esnaquizalos non ten sentido\". Peor saben que \"foron exactamente por eles, e non romperon as xestas do arredor, que esas si que temos que rozar cada certo tempo\". \"Estamos jodidos, e que che fagan esta putada achícache un pouco, pero esperamos, coa repercusión que está tendo o asunto, porque ademais de nas redes estase falando nos bares e en todas partes do pueblo, que o van pensar dúas veces antes de volver facer o gilipollas\", sinala despois de tomar a decisión de denunciar o asunto publicamente nas redes socias. O desecebrado que fixo iso polo menos que lle caia a cara de vergonza, porque sabemos que temos o apoio dos veciños\". Unha Comunidade viva \"Os que me dan medo son os máis 1.000 castiñeiros e carballos que levamos prantados este ano por todo o monte\", sinala Prado. Porque a Comunidade loureá está moi viva. Cunha directiva curta pero ilusionada, levan facendo accións medioambientais varios anos. \"No verán fumos ao rapaces do cole de Louro a prantar especies autóctonas, e levamos estes anos intentando repoboar o monte porque nos gusta o monte e queremos coidalo e darlle para adiante\". \"Manexamos un orzamento 6.000 € ao ano, e conseguimos unha subvención para as prantas, pero aínda tivemos que poñer 3.000€ do orzamento para repoboar a zona. Uns dedícanlle máis tempo que outros, todos, por suposto, no noso tempo libre, que aquí non cobra ninguén, así que coidar 500 hectáreas é complicado\"."}
{"ID": "NOS_48376", "summary": "Alemaña e Holanda queren acaparar o mercado do sector naval diante a inoperancia da Xunta. O voceiro do BNG, Xavier Vence, acusou o goberno de Feijóo de deixar abandonado o sector nun momento crítico nun acto que tivo lugar en Vigo. Defendeu a non devolución do Tax Lease e a posta en marcha de medidas para financiar os estaleiros.", "text": "Nunha cidade que está especialmente afectadas polas decisións que se tomen con respecto á penalización europea polo Tax Lease como é Vigo, o portavoz do BNG, Xavier Vence, esixiu do goberno da Xunta compromiso á hora de defender o sector e acusou ao executivo de Feijóo de non respostar con contundencia á situación contra o que están a facer os gobernos de Alemaña e Holanda. \"Hai países que aproveitan a súa posición na UE para defender con resultados os seus intereses mentres que para Galiza nin Feijóo nin Rajoy ofrecen solucións nin futuro\", sinalou Vence. Segundo explicou, a situación pola que atravesa o sector galego responde á estratexia dalgúns países para quedar co mercado da construción naval e tamén ás políticas de competencia da Unión Europea que, ao seu ver, non son neutrais. \"Detrás están as estratexias nacionais de Alemaña e Holanda para acaparar o mercado en Europa coa escusa da competencia. A teor disto, debemos esixir que Galiza e o Estado Español definan a súa posición política dentro da UE xa que outros países están utilizando o seu peso para quedar co sector naval\". Non só Almunia Esixiu Vence unha \"actuación seria\" por parte do goberno da Xunta con medidas para a solucionar a situación na que se atopa o sector e os problemas de financiamento dos estaleiros. \"O problema non é só Almunia, senón os criterios de política europea, que priman a defensa da competencia por riba de políticas industriais activas e xeradoras de emprego e a capacidade de influencia e decisión de Galiza para pelexar para que os seus estaleiros produzan en condicións de igualdade\" sinalou A posición política defendida polo BNG pasa pola non devolución do Tax Lease, que consideran abusivo e inxusto , máis a posta en marcha de medidas que financien a actividade dos estaleiros por medio de \"programas de estímulo fiscal e medidas que garantan e avalen as necesidades financieiras dos estaleiros\" comentou o portavoz nacional. No acto, que se enmarca na campaña \"Non é unha crise, é un roubo\", ademais de Xavier Vence, interviñeron a deputada Carme Adán, o responsábel comarcal de Vigo, Manuel Caride, unha persoa traballadora do naval, unha moza desempregada e unha afectada polas preferentes."}
{"ID": "NOS_21070", "summary": "María Alonso Seisdedos, filóloga e tradutora, fala do Premio Plácido Castro -da fundación homónima-, no que foi recoñecida pola tradución do catalán ao galego da obra Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá, e que lle será outorgado o día 30 de setembro. Alonso fala dos procesos internos no seu labor e dun panorama no que, como ela di, \"as novidades literarias duran menos de tres meses\".", "text": "—Como foi saber que gañara o Premio Plácido Castro?Estou moi agradecida, sobre todo tendo en conta que é o único premio de tradución que ten dotación económica. Non deixa de ser curioso e non podo deixar de dicilo, e de agradecer, que esta dotación veña do cociñeiro Paco Feixó. Desde logo non o esperaba, nunca agardo recibir premios: podo desexalo, mais non esperalo porque a min gústame traducir. Fágoo o mellor que podo, como todos os outros tradutores, esforzándonos e dándoo todo. Alén, no caso da tradución literaria, se a fas é porque che gusta moito, porque economicamente non se pode dicir que compense. Neste caso eu nin sequera me presentara ao premio, o xurado decidiu presentar Canto eu e a montaña baila como supoño que farían con outras das miñas compañeiras. O resto das obras eran boas traducións e non quero quitar méritos ao xurado nin moito menos, mais por que a min? Que ten a miña tradución que non teñan as outras? Supoño que hai que escoller unha e tocoume. O mesmo pasou cando me deron o Follas Novas por esta mesma obra, podía saír calquera das outras finalistas. Eu nin sequera levaba un discurso preparado. De feito, a chamada polo Plácido Castro recibina o outro día pola tarde: vin un número descoñecido e pensei que era unha eléctrica, por iso contestei dunha forma bastante seca. En canto escoitei unha voz evidentemente galega xa me dei de conta de que non era Naturgy, porque os comerciais xa non están na Coruña, mais eu nin sabía que o premio se resolvía ese día. —O xurado destacou o respecto á puntuación orixinal. Cal foi a parte más complicada da tradución?Non o sei. Nestes días estaba falando sobre o Ulises e precisamente para min están Ulises por unha banda e pola outra todo o resto. Todo ten dificultades, tamén a literatura infantil. Eu métome no libro, mergúllome. Ao principio cústame todo e até a metade de calquera libro non acabo de entrar nel, é como subir unha pendente, mais despois é como se a mente se habituase a ese estilo. Neste caso falamos de textos moi diferentes entre si, independentes mais cun nexo común que é a montaña. Non sei explicalo, eu traduzo e déixome levar. O da puntuación sorprendeume un pouco porque en moitas traducións non é o que máis respecto. Hai pouco traducín Léxico familiar de Natalia Ginzburg e desde logo non a respectei para nada porque non me parecía correcta en galego para unha lectura fluída. Entón, non sei canto respectei a puntuación orixinal neste caso, a tradución fíxena xa hai máis dun ano e, como eu si que vivo da tradución literaria, paso dun libro a outro e acabo esquecendo o anterior. Diso tamén ten moita culpa a miña desmemoria. —Para vivir da tradución, como está o sector en xeral?Na Galiza mellorou moito en todos os eidos. Ten un recoñecemento que antes non tiña porque só había un par de persoas que se dedicaran en exclusiva. Podo dicir que vivo dela, mais implica moitas horas de traballo. O panorama véxoo espléndido, temos excelentes profesionais. Podería ser mellor claro, mais estamos nun momento no que as novidades literarias duran menos de tres meses. Para os tradutores é estupendo porque nos dá traballo, non sei se é tan bo para a literatura. Con todo, doe que haxa escritores que se gaban das súas traducións a outros idiomas e que non citen a persoa que fixo ese traballo. Tanto eles coma nós somos autores, non todos somos creadores claro, iso ten un mérito incuestionábel, eu sería incapaz de crear unha historia, mais se as len noutros idiomas é grazas a nós. Parece que hai escritores que non o ven e a min dóeme. Queremos que se nos cite porque iso repercutiría nas nosas condicións de traballo."}
{"ID": "PRAZA_9417", "summary": "Isto, amigos e amigas das periferias, é o que está detrás das bambolinas e que se expresa con toda crueldade co silencio e a complicidade do progresismo español diante as aberracións cometidas en nome da unidade de España.", "text": "Hai certo acordo en asignar ao PCE un papel ben relevante na construción do orde constitucional español trala morte do ditador. Á luz aínda do caso portugués, a súa legalización pechaba definitivamente a deriva revolucionaria e reforzaba a imaxe de \"partido de orde\". O que é significativo e destacábel aquí é que este proceso se fixo mediante a asunción \"de la bandera bicolor, la monarquía y la unidad de España\". Non o digo eu: explícao con detalle todo un Gregorio Morán no seu libro Miseria y grandeza del partido comunista en España (1939-1985). O PSOE experimentou un proceso semellante entre o Congreso de Suresnes (1974) e o Congreso extraordinario de setembro de 1979. Con Felipe González prodúcese unha reorientación do partido que pivotou, no ideolóxico, entorno á renuncia do socialismo marxista e das teses autodeterministas. Hai que lembrar, así mesmo, que en Suresnes se definiu, en conexión con propostas existentes na II República, un \"dereito á autodeterminación das nacionalidades de España\". Esta reminiscencia do pasado republicano no que concirne á cuestión nacional non é allea ao PCE, polo menos até que entra no consenso do 78. Atópanse discursos e documentos que avalan isto. Como remarcou Dolores Ibárruti no setembro de 1970 ante o Comité Central do partido, \"(...) los comunistas nos pronunciamos por el reconocimiento, sin ninguna limitación y con todas las consecuencias, del derecho de las nacionalidades a la autodeterminación\". Pero todo isto desapareceu das coordenadas políticas da chamada esquerda española, tanto da que se propulsa a partires do postfranquismo como da nova esquerda parlamentaria que xurde coa crise de 2008.A cuestión nacional deixa de ser abordada dende o \"dereito á autodeterminación das nacionalidades\" de xeito definitivo e nunca máis se volveu atrás nisto. O peor de todo é que este terreo baleiro pasa a ser ocupado por unha nova forma de nacionalismo español que se amosa como inocuo, a miúdo coma simple constitucionalismo. Trátase dun nacionalismo que non se admite con facilidade polos mesmos que o protagonizan, e que se adoita naturalizar até facerse invisible, segundo dixo algunha vez Nuñes Seixas. Porén, pode que haxa un certo progresismo español que o viva con contrariedade, por que en ocasións houberon trazos vagos e difusos de ideas federalizantes nas súas propostas. O concepto de \"España plural\" que proxectou Zapatero viu a ser, seguramente, unha das últimas veleidades ao respecto. Sexa coma sexa, xamais foi máis alá da retórica.O que é tan verídico como punzante son os feitos. Lémbrense da LOAPA, daquel pacto da UCD co PSOE que non deixaba de ser unha intromisión aos autogobernos autonómicos e ao proceso de transferencia de competencias. Lémbrense tamén da guerra bruta contra ETA: a vergoña que representa empregar recursos e medios do estado para cometer crimes. Felipe González era Presidente do Goberno español e Barrionuevo era Ministro de Interior. Nada disto é comprensible se non é a razón de que no Estado español se gobernou e se goberna cunha visión militante ou nacionalista. Incluso nas pequeneces está o xesto nacionalista. Adoptouse como festa nacional española, no ano 1987 e da man do PSOE, o día 12 de outubro en vez do día 6 de decembro. É dicir, optouse pola conmemoración da hispanidade en lugar do \"día da constitución democrática\", como se acostumou facer na maioría de estados democráticos europeos.Dicíamos que a derradeira foi a \"España plural\" de Zapatero. Pois esta, vexámola coma impostura ou como pretensión real, non só atopou, xa de inicio, o muro de contención do PP, senón que tamén fixo colisión cos espadachíns do mesmo PSOE: cos varóns territoriais máis reaccionarios e cos Felipe González, Alfonso Guerra, Solana, entre outros. As formas federalizantes, simuladas ou reais, insisto, duraron ben pouco. Dinamitouse dende a oposición política e fixo implosión polo nacionalismo rampante no seno do PSOE. E daquela retórica federalizante so quedou vivo un proceso de descentralización que en Catalunya coñecemos sobradamente e que colleu forma coa reforma do Estatuto de autonomía no 2006. Dende entón, é público e notorio o desenvolvemento dos acontecementos. Recortouse en dúas ocasión o Estatuto de autonomía, unha cos Pactos da Moncloa entre Mas e Zapatero, e a outra coa sentencia do TC en xuño de 2010. Aínda recordo a Alfonso Guerra en rolda de prensa, fanfurriñando, \"nos cepillamos el Estatut de Catalunya (...)\". Ao final, no setembro de 2011, e en sede parlamentaria, Zapatero volveu a poñer de relevo cal é a súa visión territorial sobre o Estado español e xa se apreciaba unha diferencia de peso en relación á retórica que empregaba antes: \"España plural, pero España\", dixo. Mensaxe recibida. Será isto, España, ao fin e ao cabo. Como se se tratara do mito de Sísifo, todo acaba retornando, no fundamental, á idea dominante de nación española. A decimonónica, a que foi forxada á forza, a que mira altiva e se expón unívoca e inalterable. A que non acepta validación democrática algunha. Isto, amigos e amigas das periferias, é o que está detrás das bambolinas e que se expresa con toda crueldade co silencio e a complicidade do progresismo español diante as aberracións cometidas en nome da unidade de España. Golpeáronnos o día do referendo, cesaron o Goberno catalán coa aplicación do artigo 155 CE, destituíron a traballadores/as da Generalitat, impuxeron unhas eleccións ad hoc, xulgan líderes sociais e representantes electos, impiden o retorno dos exiliados/as. Menten, censuran, prohiben e difaman até o infinito e máis alá. Esta é a mesma España á que se aliñou Pedro Sánchez, e é a mesma que o fulminou, impertérrita, a unhas escasas 24 horas de marxe tras pronunciar a palabra \"relator\". Éche o que hai. Cando entras no xogo do nacionalismo español, hai que seren moi ultra, por que corres o risco de que che de na cara co efecto boomerang. *Agradezo, dende a amizade, os suxerimentos que me fixo Roger Fusté arredor do artigo."}
{"ID": "PRAZA_14168", "summary": "O candidato popular pide incluso desculpas aos seus militantes \"se non se ven reflectidos\" na folla de ruta electoral. \"O único que lles pido é que lean ben o programa, para que entendan que é o programa da maioría\", asegura, logo de asegurar que \"non hai nada gañado\".", "text": "Di Núñez Feijóo que el mesmo solicitou \"formalmente\" que o programa da súa formación de cara ás vindeiras eleccións autonómicas \"non sexa do PP, senón que sexa un programa de goberno\", e \"que non sexa para buscar votos, senón para saír da crise económica\". Na presentación dos eixos da súa folla de ruta e no transcurso dunha reunión co equipo redactor, o candidato da dereita asegura que o devandito programa \"non é de partido\", senón \"de goberno\". Feijóo pide desculpas aos seus militantes \"se non se ven reflectidos\" no programa porque é \"para a maioría\" \"É un programa para gobernar e non para un partido\", asegura Feijóo sobre un texto co que, segundo di, os populares non buscan \"o aplauso sinxelo\" e fronte a aqueles programas \"que se presentan para facer outro programa se o PP non ten maioría\". \"Este programa é para maiorías\", insistiu. O presidente da Xunta incluso pediu desculpas aos \"militantes e votantes\" da súa formación se \"non se ven reflectidos absolutamente\" no texto. \"O único que lles pido é que lean ben o programa, para que entendan que é o programa da maioría\", dixo. \"O importante é facer un programa para a rúa\", chegou a asegurar Feijóo, que incluso acalra que pretende que a xente se identifique co texto \"independentemente da ideoloxía ou da cor política\". \"Que se entenda en Teis ou en Fene e nas ría ou nos Ancares\", engadiu. O presidente da Xunta insiste en que \"Galicia cumpriu o seu deber\" e \"incrementou os servizos públicos\" Xunto a Pedro Puy, coordinador do texto programático, Feijóo volveu insistir no \"rigor\" como a base da folla de ruta e como clave para comezar o crecemento e para un investimento público que \"dirixida ao emprego que crea emprego\" e non \"para subvencionar un emprego que despois se destrúe cando finalizan os cartos da subvención\". Como sempre, o presidente da Xunta defendeu que \"Galicia cumpriu o seu deber\" ao \"manter as contas saneadas e incrementar os servizos públicos\" e que conta cun proxecto económico pensado \"até o ano 2020\". \"Galicia anticipouse e agora é máis forte para afrontar a próxima lexislatura que será a lexislatura do crecemento económico\", finalizou Feijóo, que di que quere \"un programa humilde porque non hai nada gañado\". Así, e en canto ás enquisas que lle dan a maioría absoluta, o candidato popular advertiu de que o resultado \"segue sendo 0-0\". \"Só hai dúas opcións: a do PP ou a dun pentapartito\", rematou."}
{"ID": "NOS_42681", "summary": "O conselleiro de Educación recoñece que este plan, previsto para 3º de Primaria en diante, servirá tamén para un confinamento xeral.", "text": "Os centros educativos públicos e concertados terán unha semana, a partir dunha resolución que se publicará no Diario Oficial de Galiza (DOG) de forma \"inminente\", para adaptar os seus horarios a un plan de docencia non presencial. Este activarase para 3º de Primaria e os cursos seguintes no caso de que se decrete a corentena dunha aula, un colexio completo ou da poboación en xeral pola pandemia do coronavirus. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa para presentar a folla de ruta de ensino virtual ante a Covid-19 elaborado pola Xunta. Trátase, en palabras do conselleiro, dun documento que pretende \"regularizar, ordenar e estruturar o ensino a distancia\" destinada para aquelas aulas e centros que teñan que confinarse. \"O obxectivo principal é que a crise sanitaria non derive, en ningún caso, nunha crise educativa\", resumiu. \"Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, as familias deben saber que, no caso de que os seus fillos deban quedar en casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menor duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se suma ás medidas xa en marcha\", continuou Rodríguez. \"Horario espello\" Una das principais novidades que introduce o plan é a elaboración do que o conselleiro denominou \"horarios espello\": unha programación adaptada ao modelo telemático que deberá seguir un esquema o máis \"semellante\" posíbel ao ensino presencial. \"Aínda que obviamente será diferente\", recoñeceu. De feito, este horario terá que respectar os descansos dos alumnos e as cargas lectivas de cada materia, cunha distribución que terá un mínimo do 60% de docencia virtual e o 40% restante para tarefas e actividades por parte do estudante. Tamén se establecerá unha sesión de titoría para os alumnos e outra para as familias. O horario adaptado deberá estar preparado e enviado tanto ás familias como á Xunta nun prazo dunha semana a partir da publicación dunha resolución no DOG, o cal será de forma \"inminente. Para impartir as clases, o profesorado -desde o seu domicilio ou desde o propio centro- contará coa plataforma de videoconferencia institucional xa dispoñíbel, que permite unha interacción \"a tempo real\", segundo lembrou o conselleiro; e disporá da tradicional aula virtual, que se configura como \"un espazo dixital de traballo\" para organizar os contidos. Ademais, Román Rodríguez explicou que o plan da Xunta contén instrucións a seguir para que os profesores poidan controlar a asistencia diariamente e avaliar ao alumnado en base a \"uns contidos concretos\". Neste sentido, o secretario xeral de Educación lembrou que os centros xa teñen \"un plan de continxencia\" no que \"teñen que contemplarse a programación de cada unha das materias\". \"Practicamente nada vai cambiar, máis que a metodoloxía\", que será 'online', afirmou José Luís Mira. Así, tal e como establece o plan, será a dirección do centro -a través da xefatura de estudos- a que requirirá ao final de cada semana unha relación daquelas actividades que realizou o profesorado en base a ese 'horario espello'. Mentres tanto, o orientador velará polo cumprimento do plan de atención á diversidade e coordinará a vixilancia do alumnado con necesidades educativas especiais."}
{"ID": "NOS_54027", "summary": "Burela é, desde mañá, o único concello galego en confinamento pola Covid-19. O Sergas decidiu onte levantar as restricións que rexían noutros seis municipios da costa da Mariña ante a \"boa evolución\" do foco, ao tempo que ten en estudo un posíbel brote con seis casos confirmados en Betanzos.", "text": "Con 116 dos 151 casos activos da Mariña, Burela é o único municipio da comarca onde continúan vixentes as restricións de desprazamento ordenadas pola Xunta dez días atrás, segundo comunicou onte o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que dá por \"controlado\" o brote. Desta maneira, Barreiros, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove, como xa fixeran a semana pasada Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, recuperan esta medianoite a liberdade de movementos que rexe no resto da Galiza após dez días de confinamento, mentres que Burela, con 77% do total de contaxios, terá que esperar unha semana máis illada dos municipios limítrofes. Nos 14 que conforman o distrito sanitario mantéñense aínda as medidas que limitan a dez persoas as reunións familiares e sociais e a redución de horarios para os estabelecementos de hostalaría até a medianoite, con diminución tamén da súa capacidade até 50%, entre outras. Na comparecencia de onte, expertos do comité clínico incidiron tamén en que a práctica do botellón \"está prohibida\", recordando que a idade media das persoas afectadas por este foco e os seus contactos sitúase nos 25 anos. Evolución favorábel A revisión das actuacións aplicadas na Mariña para conter o abrollo chegan na mesma xornada na que o xulgado contencioso-administrativo número 1 de Lugo ratificou as decisións adoptadas pola Consellaría o pasado día 10, cando se acordou estender as restricións nos seis concellos costeiros e endurecelas en Burela, que inicialmente a Xunta só prescribira por cinco días, coincidindo co final da campaña electoral que lle volveu dar a vitoria ao PP, á vista da evolución dos contaxios. Tal e como se recolle no auto xudicial, Burela tiña hai unha semana 157 casos e era, \"con diferenza\", o concello máis afectado polo coronavirus, seguido de Foz, con 22 casos, e Xove, con 12. A resolución xudicial fai constar que, nesa data, a porcentaxe de probas PCR positivas –16% desde o 3 de xullo– e o \"elevado\" número de contactos detectados, 1.103, que a Xunta refería no informe remitido ao xulgado, \"parecen indicar que a extensión do virus pode ir en aumento\". Por contra, os datos actualizados onte polo Sergas apuntan a unha baixada de positivos na Mariña, despois das 21 altas rexistradas na pasada terza, con 13 novas persoas curadas e un único positivo en toda a comarca, das 80 PCR realizadas nas últimas horas. Seguindo esta fonte, hai tamén 534 persoas en seguimento domiciliario. A este respecto, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, destacou que \"fóra de Burela non houbo ningún positivo\" nos municipios do cinto e que todos os novos detectados concéntranse na mesma localidade. Con todo, e segundo as informacións da Xunta, tamén alí os casos se reduciron en nove na pasada xornada. Seis positivos en Betanzos Fóra da Mariña, Sanidade confirmou onte seis casos de Covid-19 en Betanzos. Trátase de catro persoas con relación de parentesco e outras dúas sen esa conexión, e que están en illamento ao tempo que se está a realizar o estudo de contactos. \"O caso xurdiu por unha persoa que fixo o estudo e tres positivos que saíron hoxe –por onte– son do seu ámbito familiar\", indicou Vázquez Almuíña. Outras fontes vinculan algunha destas persoas que deron positivo con outras dúas procedentes de Lleida, onde está localizado o brote máis importante do territorio estatal. Preguntado polo caso, o responsábel de Sanidade indicou, xenericamente, que a \"incidencia maior adoita darse por casos importados\", se ben no contacto con Lleida, as probas aínda non teñen resultados. Ademais deste foco, Sanidade está facendo seguimento dos contactos dunha moza que deu positivo tras viaxar en tren desde Barcelona até Vigo e, igualmente, ten en estudo o caso dun home da Coruña que viaxou en avión desde Madrid a Vigo na fin de semana, que tamén está afectado pola enfermidade, e que obrigou someter a illamento unha ducia de persoas do voo. O cómputo na Galiza, á baixa Malia os abrollos, a cifra de casos activos –sen o acumulado de persoas afectadas– mantense á baixa na Galiza, que onte restaba sete positivos até os 238, con sete hospitalizacións. Por áreas sanitarias, a de maior incidencia continúa a ser a de Lugo, influída polo alto número que aínda rexistran os concellos da Mariña, e que acumula 171 casos, o que representa 71,8% do total. Séguelle a área da Coruña e Cee, con 26, tres máis que na xornada previa e á espera de engadir os tres novos confirmados nas últimas horas en Betanzos. Compostela e O Barbanza, con 15 positivos, mantense nas cifras dos últimos días, mentres que Vigo, con 14, suma dous novos casos. As áreas de Pontevedra, Ourense-Verín-O Barco e Ferrol, con 7, 4 e 1 casos, non rexistran modificacións."}
{"ID": "NOS_8330", "summary": "A maiores, a xornada estará de novo marcada polas elevadas temperaturas.", "text": "A chegada de po sahariano afectará esta cuarta feira á metade oriental da Galiza, onde se prevé que boa parte das comarcas ourensás e luguesas, así como as zonas máis ao leste das comarcas coruñesas e pontevedresas, conten cunha mala calidade do aire. Así figura no Índice de Calidade do Aire (ICA), que elabora Meteogalicia, para o 15 de xuño, no que se observa o impacto previsto pola entrada de aire cálido norteafricano. A calixe provoca niveis \"de emerxencia\" na calidade do aire de varios concellos galegos Ademais, Meteogalicia realiza un aviso amarelo por tormentas en boa parte desa metade oriental. A partir das 18 horas, prevense chuvascos intensos e probabilidade de sarabiada. A maiores, a xornada estará de novo marcada polas elevadas temperaturas. Hai aviso amarelo por temperaturas superiores a 36 graos nas comarcas ourensás, ademais de temperaturas por enribaa de 34 graos na zona do Miño ao seu paso polas comarcas pontevedresas. A Galiza esquiva as temperaturas máis extremas da vaga de calor pero alcanzará nalgúns puntos os 36 graos Na terza feira, o concello de Vilamartín de Valdeorras alcanzou a máxima da Galiza, con 38,3 graos, ás 18.10 horas. Seguíronlle Ribas de Sil, con 36,6 graos, e Verín, con 36 graos. Segunda calixe do ano A mediados de marzo deste ano O temporal Celia, que arrastrou area do deserto do Sahara até a Galiza, provocou un empeoramento xeralizado da calidade do aire nos concellos galegos, que nalgúns puntos chegou incluso a rexistrar niveis \"de emerxencia\". Imaxe da calixe de po sahariano na cidade de Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press) Segundo as estacións de medición da calidade do aire instaladas por Meteogaliza, a calidade do aire foi '\"regular\" en 16,7% do país e \"mala\" en 9,5%. A estación de Lalín e a de Cementos Cosmos en Sarria miden unha calidade \"moi mala\", pero é na de Laza na que se rexistra a peor situación, cunha calidade do aire \"pésima\" que recomenda medidas \"de emerxencia\"."}
{"ID": "NOS_31743", "summary": "O restaurante Parque Náutico de Castrelo de Miño viuse na obriga de botar unha familia da súa terraza o pasado sábado pola noite por proferir \"comentarios xenófobos\" cara a un dos traballadores do restaurante.", "text": "O restaurante Parque Náutico de Castrelo de Miño viuse na obriga de botar unha familia da súa terraza o pasado sábado pola noite por proferir \"comentarios xenófobos\" por parte dun membro da propia familia cara a un dos traballadores do restaurante. \"Botamos unha familia da terraza por comentarios xenófobos cara a un compañeiro? Botamos!\". Así o relata en Twitter o propio perfil do negocio, que insiste en que o seu empregado, de nacionalidade marroquí, \"merece todo o respecto, como os demais\". Este restantante, que colgou en redes sociais a factura que deixaron a deber estes comensais, recoñece que non se arrepinte de perder os 13,70 euros que custaron as súas consumicións. Ademais, nesta publicación, que xa acumula máis de 5.000 'gústames' e case 900 'rechouchíos', contan que, cando o xefe acudiu a recoller as bebidas desta mesa \"sen levantar a voz nin unha vez\", a clientela que estaba ao redor \"aplaudiulle\" pola súa actitude exemplar. \"Debería ser o máis normal do mundo\", asegura en declaracións o xerente do restaurante, Dosi Veiga, quen decidiu actuar despois de que unha das súas empregadas o advertise da actitude deste cliente. \"Quero que me atenda un español\" O responsábel do local acudiu a esta mesa e preguntoulle \"en voz baixa\" se había algún inconveniente cos seus traballadores. \"Ningún problema\", respondeu o home, aínda que seguidamente engadiu que lle gustaría que o atendese \"un español\" e non M. (o xerente prefire ocultar o nome do empregado porque se trata dun menor de 17 anos). Veiga volveu ao interior do restaurante, mais minutos despois os clientes doutra mesa advertíronlle de tería que botar a este home porque continuaba cos seus comentarios xenófobos. Entón, decidiu ir de novo á mesa e recollerlles as bebidas para que a familia marchase, tras o que o resto de conmensais comezaron a aplaudir. Dosi teno claro: \"Parece que en hostalería hai que aguantar calquera cousa, pero non\". A pesar da súa actitude exemplar, o xerente prefire restarlle importancia á repercusión xerada en Twitter, onde decidiu contar a anécdota xa o domingo pola tarde."}
{"ID": "NOS_42825", "summary": "O presidente do executivo español cae nos tópicos cando intenta gabar a súa xestión de goberno nunha entrevista concedida ao Financial Times.", "text": "\"Cantos non galegos terían tomados estas decisións?\" asegurou nunha entrevista ao diario británico, Financial Times, o presidente do goberno español. Mariano Rajoy apelou a un dos principais tópicos arredor do carácter d@s galeg@s para se gabar das decisións adoptadas ao longo deste ano de lexislatura. Neste senso, Rajoy quixo deixar claro @s británic@s que é capaz de \"tomar decisións\" en firme, fronte á actual realidade económica. Así pois, o presidente español louvou as principais reformas levadas a cabo polo seu goberno, como as sucesivas reformas bancarias ou a reforma laboral. Aliás --acrecentou o líder d@s populares-- asegurou que onde outr@s ven \"indecisión e dilación\" el ve \"calma e prudencia\". No entanto, Mariano Rajoy dixo, ao longo da entrevista, sentirse \"moi orgulloso das súas orixes\", cuestión que para o diario británico fica claro ao observar a imprensa de cabeceira do presidente, entre a que se atopa, o diario de maior tirada neste país."}
{"ID": "PRAZA_13110", "summary": "O Movemento Galego ao Socialismo celebra este sábado a súa primeira Asemblea Nacional coa aposta de fortalecer un \"polo soberanista e de esquerda transformadora\" no Bloque ao que ven como \"referente inequívoco do nacionalismo\" no país", "text": "Seis anos despois de que botase a andar o Movemento pola Base e cando xa pasaron tres anos dende que o Movemento Galego ao Socialismo nacese como tal, a formación integrada no BNG celebra este sábado a súa primeira asemblea nacional e faino cunha dupla intención: \"reforzarnos nós mesmos e reforzar tamén o BNG\". Un dos principais referentes públicos do MGS, o tamén concelleiro do Bloque en Santiago e membro da Executiva frontista Rafa Vilar, explica para Praza Pública que, despois duns primeiros tempos de andaina, salferidos tanto \"por procesos internos\" da organización frontista como por eleccións, apostaron por aproveitar o actual \"período de certa calma\" para, apoiándose na \"maior dimensión\" que están a adquirir, \"afrontar unha fase de reforzamento organizativo e asentamento de estruturas\". O camiño cara á cita asemblearia do MGS veu marcado pola celebración en diversas localidades do país de \"asembleas abertas\", encontros nos que participaron militantes da formación con outras persoas que non fan parte dela. \"Para reforzar o BNG -sinala Vilar- é tamén interesante incorporar xente que por diversas razóns está fóra\" pero que pode \"dar un paso adiante\", \"na medida en que poidamos tenderlles as mans e abrirlles as portas\" tendo en conta que moitas destas persoas pertenen a \"sectores que teñen conciencia política e participan en movementos sociais\" como o sindicalismo nacionalista, o feminismo ou o activismo a prol da lingua galega. Rafa Vilar valora o \"xiro perceptible cara á esquerda e o soberanismo\" no BNG e aposta pola incorporación á fronte de persoas implicadas en movementos sociais Sobre esta base o MGS desenvolverá o seu cónclave baixo o lema Fortalecer o soberanismo e a esquerda, uns principios que , coidan, están máis presentes na praxe política diaria do BNG dende a súa pasada Asemblea Nacional. \"Por primeira vez na nosa curta andaina apoiamos os textos maioritarios da Asemblea Nacional\" e isto aconteceu, di Rafa Vilar, polo \"xiro perceptible cara á esquerda e cara a posicións máis soberanistas\", tamén \"porque se recolleu parte do noso discurso\". \"Entendemos que iso hai que consolidalo\" e é precisamente por iso, salienta, polo que o MGS \"fai un chamamento a reforzar un polo soberanista\" dentro da fronte \"que vai alén de nós mesmos\", para que ese \"espazo claramente soberanista e de esquerda transformadora\" teña \"peso específico\" na toma de decisións e no deseño de idearios e estratexias políticas. Ao tempo, a asemblea do 26 de maio non perderá de vista as xa próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, admite Vilar, quen explica que isto será así \"na medida en que traballamos dentro do BNG, como referente inequívoco do nacionalismo\". De cara a eses comicios \"hai que enfrontar as políticas neoliberais do Goberno de Feijóo\" pero, di, o MGS tampouco \"perde de vista que houbo un proceso interno que provocou que sectores da fronte política decidisen emprender unha aventura en solitario\". Neste contexto, a súa aposta é \"reforzar o BNG como opción electoral\", porque \"entendemos que é o referente que deben ter os sectores populares\" nun contexto de crise que \"esixe clarificación e unha alternativa clara a nivel político e institucional\". Ao seu xuízo, esa alternativa pasa por \"transcender o marco estatutario\" e \"combater o neoliberalismo, dando respostas e tamén propoñendo cousas diferentes no plano económico\". O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, participará na clausura do encontro."}
{"ID": "QUEPASA_441", "summary": "Xuño 19: A Xunta confirma o peche de dúas novas Escolas Unitarias en Carnota. Maio 19: A fusión de concellos comeza polas escolas de Coristanco e Santa Comba.", "text": "Xa coñecimos polo miúdo o peche de dúas Escolas Unitarias de Carnota, pola falta de matrículas. E mesmo asistimos á integración dunha escola de Santa Comba nun CRA coristanqués. A política de desmantelamento do ensino no rural galego continúa amparada, iso si, na perda poboacional. As escolas carnotás non chegaban ás 6 matrículas, o tope mínimo imposto pola Xunta para manter abertas as Escolas de Educación Infantil, por iso son 2 das 7 EEI que pechan en Galicia. Outras non pechan oficialmente, pero si se integran noutras. Son un total de 67 as unidades escolares que a Xunta reagrupa, sendo a Costa da Morte unha das zonas que máis sofren estes recortes. Ademais desa chamada fusión CRA de Coristanco - Santa Comba (a última en \"fundirse\" é a EEI As Lañas de Santa Comba, e pasa a ter 6 unidades, coa de Busto, Mallón, Ova, Rabadeira, San Paio e Xaviña), tamén hai novidades en Cabana. A EEI de Neaño (tamén de Cabana) pasa a integrarse no CRA Nosa Señora do Faro, do Concello de Ponteceso. Un Colexio Rural Agrupado que pasa xa a contar con 8 unidades (Brantuas de Arriba, Campara, o Campelo, Froxán, O Souto, Neaño, Mens, Pazos). Deste xeito, desaparece definitivamente o CRA Os Remuíños, do Concello de Cabana, outro dos concellos máis afectados de Galicia. Hai dous anos pechara a Escola de Anos, este pasado xa non abriu a de Cundíns, e este ano a de Anos (as tres forman o CRA) pasa a depender do centro pontecesán. Agora, as familias cabanesas poden ir ao CEIP de Cabana ou ao centro rural agrupado do concello veciño. Críticas do PSOE Os primeiros en alzar a voz ante a publicación no DOG destes movementos, son os membros do PSOE; que denuncian \"o novo castigo ao rural e ao conxunto do ensino público\" do mapa de centros educativos da Xunta. \"Un curso máis, chegan os recortes, que afectan ademais a zonas con risco de despoboación\", critica Antonio Álvarez, secretario de Ensino na Executiva Provincial do PSdeG. \"Reducindo os servizos, é difícil atraer xente aos municipios pequenos\", advirte.\"Con menos centros, menos profesores e menos recursos cada ano, o resultado é unha menor calidade no ensino para os nosos fillos\", afirmou Antonio Álvarez."}
{"ID": "NOS_8996", "summary": "As historias de Celia da Ferraría e daquelas mulleres mariñás que subiron ao monte para loitar contra o franquismo, como A Lúa ou Antoñita, mantivéronse durante décadas no ámbito familiar, como un legado case clandestino a transmitir de xeración en xeración. As primeiras referencias escritas apareceron naqueles traballos pioneiros, como A guerrilla antifranquista en Galicia, de Harmunt Heine, e naquela iniciática publicación titulada \"O 36 na Galiza\", editada como especial de A Nosa Terra en 1986, onde apareceu unha foto da guerrilleira asasinada. Eis a causa, a loita e a morte de Celia.", "text": "A historia de Celia González Pernas está marcada polo seu tráxico final nun enfrontamento armado coas forzas da ditadura franquista. O 21 de xuño de 1949, un numeroso operativo policial conformado por membros da contrapartida e axentes da Garda Civil cercaron na bouza do Forcón, na Pena Grande de Silán, no concello de Muras, un campamento do Exército Guerrilleiro da Galiza e déronlle morte aos loitadores antifascistas Juan Gallego Abeledo 'O Comandante', Juan Pérez Dopico 'Xan de Xenaro', Manuel Clavero de la Iglesia, Josefa Escourido Cobo 'Xosefa da Lúa' e Celia González Pernas 'Celia da Ferraría'. As causas da caída, as circunstancias do combate e o significado das mortes ficaron documentadas nos testemuños dalgúns dirixentes guerrilleiros e dos mandos das forzas de seguridade franquista. Segundo un informe dirixido á dirección do Partido Comunista de España (PCE) en Francia en 1952 -con case total seguridade elaborado polo máximo responsábel da guerrilla galega, Francisco Rei Balbís 'Moncho'-, un veciño de Ourol, discapacitado psíquico, mentres paseaba pola zona deu coa base guerrilleira e informou de seguido na parroquia do que acaba de ver, chegando a información ás forzas represivas. O informe do dirixente guerrilleiro, utilizando para este caso como fonte a José Temblas, dirixinte da III Agrupación e parella de Celia González Pernas, recolle que \"pola mañá cedo, Celia, que se atopaba de garda, deu a voz de alarma e fixo fronte á Garda Civil. Os gardas xa tiñan todo cercado, a operación realizouse de noite. Celia morreu no seu posto, Gallego e Dopico puideron saír. O inimigo lanzou algunhas bombas incendiarias, unha das cales caeu na furada, prendeu a gasolina e os camaradas do interior morreron. Gallego e Dopico continuaron combatendo pero tiñan malas armas e poucas municións, só cando esgotaron todas as posibilidades puxeron fin ás súas vidas cunha bomba\". A versión do xefe da contrapartida que dirixiu o operativo presenta semellanzas. Así, Antonio Morado Rico sinalou, nunha declaración recollida na causa militar 221/49, que \"divisou perfectamente oculta pola maleza unha chabola e nas inmediacións da mesma a bandoleira Celia González Pernas, quen ao divisar á brigadilla deu a voz de alarma, polo que ordenou o asalto á mesma lanzando sobre ela varias bombas de man que produciron a explosión no interior da citada chabola dunha garrafa de gasolina que ao inflamarse produciu un incendio e a morte de dous guerrilleiros. Os outros tres restantes que responderon ás voces da Celia defendéronse tenazmente durante dúas horas emboscados no terreo, polo que foi moi difícil darlles morte\". Unha vida na guerrilla A valentía de Celia no enfrontamento ficou gravada na memoria dos membros da contrapartida que participaron no operativo. Así, un deles, co nome suposto de Manuel Sada Terceiro, en declaracións á revista Interviú, afirmou en 1986 que \"dous deles morreron abrasados\" e \"os outros membros da partida, 'A Celia' (amante do Temblás), 'O Crisanto', Juan de Genaro e Carabana morreron despois dun intenso tiroteo que durou até o mediodía. O 'Temblás' e o resto da partida non se atopaban nese momento no refuxio\". A continuación, destacou que \"Celia, embarazada de oito meses, foi a máis dura na resistencia, cando foi abatida, empezoulle a inchar a cara dun xeito alarmante\". A morte de Celia da Ferraría e dos seus camaradas representa o final da guerrilla na Mariña Celia finou moi preto do seu lugar de nacemento. Nada en 1918, na parroquia de Silán (Muras), vivía coa súa nai e un tío, todos eles enlaces da guerrilla, véndose obrigada a fuxir ao monte a finais de agosto de 1947. Segundo se recolle nun informe elaborado en novembro de 1947 polo guerrilleiro de Riotorto Venancio Seoane Bouso, 'Pasoslargos', a represión cebouse contra a familia \"da moza que se chama Celia, de 28 anos de idade. A casa con todos os seus apeiros de labranza foi incendiada por uns individuos vestidos de paisano, despois comprobouse que eran esbirros, que se achegaron ao lugar ao anoitecer do 28 de agosto\". A documentación aprendida polas forzas da orde após a acción de Silán de 1949 e recollida na causa militar 55/50 permiten reconstruír con certo grao de precisión a participación de Celia na actividade guerrilleira. A este respecto, merecen especial relevo toda unha serie de actas das xuntanzas dos militantes do Partido Comunista da III Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza, onde fica testemuño das preocupacións políticas e ideolóxicas da antifascista da Ferraría e do seu papel activo na última tentativa de reorganización da actividade armada contra o franquismo no norte lugués. Un crime cometido pola contrapartida do garda civil Antonio Morado Rico As contrapartidas foron unha ferramenta chave do réxime franquista para loitar contra a resistencia armada. Dirixidas normalmente por algúns mando da Garda Civil, da que procedían a maior parte dos seus membros, vestidos de paisano, estas estruturas paramilitares caracterizáronse pola brutalidade dos seus métodos, superiores á do resto dos corpos represivos, ficando na memoria o terror empregado contra a poboación civil e a dureza contra a guerrilla e a súa rede de apoios. O operativo represivo contra os membros do Exército Guerrilleiro da Galiza asasinados en Silán foi dirixido pola contrapartida do cabo da Garda Civil Antonio Morado Rico. Nado en 1919 en Abeledo (Abadín), foi un profesional do terror cun longo historial de loita contra a resistencia armada en diferentes puntos de Estado e da Galiza. A este respecto, hai constancia da súa presenza en diversas accións represivas no País Valenciá, no Bierzo ou en Valdeorras. Trasladado á Mariña como \"Xefe da Brigadilla\" da Garda Civil de Viveiro, mandou un operativo especial do que fixeron parte os axentes da benemérita Serapio Rodríguez Alvite, Víctor Fernández Sanmartín, José Iglesias Campo e Antonio Nogueiras Fernández. A memoria da contrapartida de Morado Rico ficou gravada a lume nas terras da Mariña. A mesma participou, entre outras, na acción que rematou en xuño de 1948 coa morte en Lourenzá dos guerrilleiros socialistas Luís Trigo Chao e Antonia Díaz Pérez ou na execución en setembro de 1948 do veciño de Ourol Jesús María Campos López. Mundo Obrero, voceiro do Partido Comunista de España, afirmou en setembro de 1948 que \"o xefe dunhas contrapartidas que operan entre as zonas de Pereira e Horta (Lugo), Morado Rico, cabo da Garda Civil, disparou contra o labrego Leonardo González, matándoo no acto\" ."}
{"ID": "NOS_38463", "summary": "Mari Luz leva un mes sen saber nada das crianzas, de 7 e 14 anos, a quen o seu ex-compañeiro tería levado canda el para Londres. Denuncia máis unha forma de violencia machista", "text": "Coa faciana oculta detrás dunha máscara e cun pano tapándolle a cabeza, Mari Luz compareceu esta segunda feira en rolda de imprensa acompañada de activistas da asociación Ve-la Luz e do avogado José Manuel Segura para denunciar o secuestro das súas fillas de 7 e 14 anos por parte do seu compañeiro sentimental, con quen conviviu durante 17 anos e contra quen presentou unha denuncia por violencia machista, no concreto, por malos tratos psicolóxicos continuados. \"Hai máis dun mes que non vexo as miñas fillas\", denunciou Mari Luz, veciña de Sada, quen informou de que nese tempo unicamente puido falar dúas veces con elas. O seu compañeiro aseguroulle que as levara canda el ao Londres e ela está convencida de que é máis unha forma de maltrato psicolóxico que só procura \"vinganza\". \"Amistosamente intentaron amañar a situación, mais el optou por irse coas crianzas\", informou o avogado, e Gloria Vázquez, presidenta de Ve-la Luz, acrecentou que o secuestro das pequenas se produciu cando a muller comunicou a súa intención de se separar. O letrado insistiu en que \"a xustiza vai moi lenta\", que a denuncia pola desaparición das menores, presentada o 8 de setembro, non entrou en rexistro até o día 13. Así as cousas, concluíu que Mari Luz segue a agardar unha chamada do xulgado de instrución nº3 de Betanzos \"para prestar declaración e achegar probas\"."}
{"ID": "NOS_25946", "summary": "A tesourada ao ensino público no rural cebouse hoxe co centro educativo deste municipio ourensán. No curso que arrinca en setembro unha persoa docente atenderá alumn@s que están a aprender a ler con outr@s que se preparan para a ESO. Seica cómpren 20 matrículad@s para manter os dous mestres. Co prazo aínda aberto van 18, mais a consellaría de Educación non tivo paciencia", "text": "Suprimir a única praza que hai de profesor de Infantil, xuntar na mesma aula @s 16 alumn@s que ten o centro, cuxas idades van desde os 3 até os 12 anos e deixar como única alternativa posíbel que as familias que o estimen oportuno envíen @s fill@s a Viana, percorrendo ao redor de 30 quilómetros --os 10 que hai desde a cabeceira municipal sumados aos que separan esta dalgunhas aldeas-- nunha bisbarra cuxa metereoloxía nos meses do inverno a escriben a neve e as arroiadas. É a folla de ruta que a Consellaría de Educación redactou para o colexio de Vilariño de Conso, en Ourense, un municipio que segundo os datos de 2011 ten 673 habitantes. \"Hai trinta anos neste centro tiñamos 150 nenos\", explicou Carlos Rodríguez, o mestre cuxa praza vén de ser eliminada, segundo lle confirmou a Inspección educativa mentres falaba con este diario. O alumnado foi baixando nos últimos anos até o punto de que a Rodríguez, que ocupaba o cargo de director, é agora o responsábel da Dirección, \"coas mesmas funcións, as mesmas responsabilidades e o mesmo traballo, mais cobrando menos\". Nen@s que se tornan meros númerosNo departamento que dirixe Jesús Vázquez os números seguían sen cadrar, e baixo esta escusa, adobada co argumento da crise, xa se puxo riba da mesa a posibilidade de pechar o centro dentro de dous cursos. Neste primeiro, que se inaugurará en setembro, experimentarán a idea do reagrupamento de alumn@s de tres anos, \"que están aprendendo a ler\", con outr@s de doce, \"que están a prepararse para a ESO\". Rodríguez soubo desta situación, que esta quinta se confirmou, \"por un rumor\" e, alén do seu propio posto de traballo, recalcou a súa preocupación pola morte anunciada desta escola cuxo primeiro paso, a supresión da única praza de Infantil, confirmara xa o rexedor do Concello ourensán nunha reunión que mantivo co profesorado e as nais e pais d@s alumn@s o 13 deste mes, seis días despois de que o plan da Xunta chegase aos ouvidos do mestre. Aprendendo a ler e preparando a ESO no mesmo pupitreAo respecto das informacións que están a saír na prensa dando conta do panorama que as tesouradas ao ensino público están a debuxar nos centros do rural, nomeadamente en Ourense, cuxa situación ficaría resolta se se destinasen a estas escolas os 17 millóns de euros que Jesús Vázquez enviou ás contas bancarias de centros privados, Carlos Rodríguez indicou que o de Vilariño de Conso \"é un caso punteiro, no sentido de que o agrupamento sería de 3 a 12 anos\". Así as cousas, contou que até o de agora @s 16 persoas que estudan neste centro recibían aulas en dous grupos e con dous profesores: un para Infantil e o primeiro ciclo da Primaria --de 3 a 8 anos-- e outro para o segundo ciclo da Primaria --de 9 a 12 anos--. \"Esta división funcionaba perfectamente\", fronte ao que agora se pretende. Alén do reagrupamento, a Xunta prevé a supresión da materia de Música e manter unha ou un docente de Inglés itinerante. \"Pintáronnos un panorama negro, sen saída posíbel\", que desembocou na recollida de sinaturas \"para evitarmos ir a Viana\". Rodríguez recalcou que as nais e pais do alumnado manifestaron a súa disposición \"a pelexar con unllas e dentes\" para retornar ao modelo que até hoxe funcionou, de dúas persoas docentes, e que a Xunta botou abaixo \"porque non temos 20 alumnos\". E é certo: a día de hoxe teñen 18 e Educación non quixo ter paciencia. Negou o tempo que profesorado e alumnado pediron para confirmar esas dúas matriculacións que faltan."}
{"ID": "PRAZA_1501", "summary": "Metidas como están as esquerdas do estado español na voráxine de imaxinar o mellor modo de asaltar o pazo (como se a Moncloa fose aínda o Pazo de Inverno do poder soberano), sorprende a falta de alusións á cuestión UE en todos eses plans fantásticos que se están a desenvolver", "text": "Un capítulo da traxedia/farsa grega vén de rematar co principio de acordo entre o goberno grego e as Institucións eufemismo inventado recentemente para non dicir Troika -que á súa vez era un eufemismo para disfrazar o feito de que, canda o FMI, dous órganos antidemocráticos da bendita Unión Europea (Comisión Europea e o BCE) integraban esa banda mafiosa. Segundo Sthatis Kouvelakis, membro do Comité Central de Syriza e líder da Plataforma de Esquerdas desa coalición, co preacordo de onte o goberno grego sobrepasou todas as liñas vermellas Segundo Sthatis Kouvelakis, membro do Comité Central de Syriza e líder da Plataforma de Esquerdas desa coalición, co preacordo de onte o goberno grego sobrepasou todas as liñas vermellas. Kouvelakis cualifica de \"absolutamente deprimente\" o pacote de medidas proposto polo goberno grego para chegar a un acordo coa Troika: incremento do menos progresivo dos impostos como é o IVE; reforma das pensións a través de restricións á xubilación anticipada e do aumento das contribucións dos asalariados; aumento de impostos; continuación coas privatizacións previstas por anteriores gobernos; recorte mínimo no orzamento militar (cabería preguntarse a quen compra Grecia ese armamento para que non interese recortar por aí). O goberno grego agarda recadar 8 mil millóns durante os próximos dous anos, cartos que, naturalmente, non serán investidos no país senón que servirán para continuar alimentando o saco sen fondo dunha débeda impagable que unha comisión nomeada polo propio parlamento grego vén de cualificar de débeda odiosa (a disonancia entre o que di o Parlamento e o que ordena facer a troika e a prevalencia desta última é absolutamente clarificadora do contexto antidemocrático no que estamos). Unha auténtica sangría para un país que xa reduciu nun 25% o seu PIB e que só significará máis recesión, máis pobreza e máis desemprego. O programa de Tesalónica, aquel polo que Syriza foi escollida nas eleccións de xaneiro está, a dicir de Kouvelakis, enterrado. Pódese dicir xa sen ningún tipo de rodeo que a estratexia do \"euro bo\", a crenza idealista de que era posible outro tipo de políticas dentro do estrito corsé da eurozona, fracasou estrepitosamente Nos termos de Costas Lapavitsas, pódese dicir xa sen ningún tipo de rodeo que a estratexia do \"euro bo\", a crenza idealista de que era posible outro tipo de políticas dentro do estrito corsé da eurozona, fracasou estrepitosamente. Así parece entendelo tamén Kouvelakis quen, á vista do acordo de onte, chamou a que os \"movementos sociais e a que esquerda máis combativa se levante e loite\"; cuestión que rápido terá a súa proba de lume cando o acordo troika-goberno grego sexa votado nun parlamento grego no que moitos deputados de Syriza dificilmente poderán xustificar un voto positivo. Francisco Louçã, o líder do Bloco de Esquerdas, expuña nun artigo recente de xeito soberbio como a actitude timorata e europánfila da esquerda europea conduciu a un camiño de sucesiva renuncia: Quase toda a esquerda está a recuar perante a crise grega. Os que defendiam um acordo internacional para a mutualização da dívida dão a causa por perdida, os que esperavam os sensatos eurobonds desistiram e ainda há espectaculares renúncias à luta pela reestruturação da dívida. A esquerda tem medo. Percebeu agora que o Tratado Orçamental não tem margem para evitar a austeridade e que a única solução estrutural para reestruturar a dívida é emitir moeda própria e reorganizar a economia dependente. Percebeu também que o protectorado é uma regra europeia e não se dispõe a enfrentá-la, sente que o caminho é demasiadamente difícil e que não sabe percorrê-lo. O pequeno país heleno pagou nas súas carnes ser utilizado coma mensaxe para outros estados do sur de Europa cuxo volume económico os converte en potenciais desestabilizadores da Unión Europea Que ensinanzas deixa, ou debería deixar, a experiencia grega desde a óptica dos países que integran o estado español? A primeira é que o pequeno país heleno pagou nas súas carnes ser utilizado coma mensaxe para outros estados do sur de Europa cuxo volume económico os converte en potenciais desestabilizadores da Unión Europea. A dureza das elites europeas cun país que non supuña unha verdadeira ameaza para a UE (outra cousa sería o papel xeopolítico que podería xogar unha Grecia dentro da órbita rusa) quixeron enviar unha dura carta, a través do buzón grego, aos estados máis grandes do sur europeo. Metidas como están as esquerdas do estado español na voráxine de imaxinar o mellor modo de asaltar o pazo, sorprende a falta de alusións á cuestión UE en todos eses plans fantásticos que se están a desenvolver A segunda é que o dogma do There is no alternative thatcheriano campa ás súas anchas nos corredores de Eurolandia. Metidas como están as esquerdas do estado español na voráxine de imaxinar o mellor modo de asaltar o pazo (como se a Moncloa fose aínda o Pazo de Inverno do poder soberano), sorprende a falta de alusións á cuestión UE en todos eses plans fantásticos que se están a desenvolver. Se, como di Louçã, o Tratado Orzamental non ten marxe para evitar a austeridade, que pensan facer as esquerdas do estado español cando se trate de crear o seu propio Programa de Tesalónica? Van vender ilusións que serán defraudadas cando as Institucións chamen á orde? Proporán un programa que encaixe na estreita idea do posible imperante na Eurozona? Apelarán ao rexeneracionismo (modernización, centralidade do discurso anticorrupción, cidadanismo, sistema electoral, reforma das administracións…) e á lectura ensimismada dos problemas do estado español (o estado español como lugar intrinsecamente negado para o progreso, ítems propios da \"casta intelectual\", en feliz expresión de Ignacio Sánchez Cuenca), como se as transformacións institucionais antidemocráticas que está a levar a cabo o capitalismo globalizado (da Unión Europea ao TTIP, da OTAN ao FMI), nada tivesen que ver con nós? Que encaixe se imaxina para un país autodeterminado do estado español no contexto da Unión Europea? Máis aínda, entre aqueles que non sigan a estratexia da Unidade Popular para acadar o poder do Estado, refírome concretamente a vía catalá independentista, e máis en concreto aínda, ás forzas de esquerdas que apoian esa vía, que lectura se fai do acontecido con Grecia? Que encaixe se imaxina para un país autodeterminado do estado español no contexto da Unión Europea? A coincidencia na falta de reflexión sobre estas cuestións tanto en quen avoga pola estratexia de propiciar un proceso constituínte no estado como en quen avoga pola secesión como método para comezar de cero indican que a repetición do modelo traxicómico grego é un horizonte máis que probable."}
{"ID": "NOS_57668", "summary": "A banda foi galardoada polo seu último traballo, A Muerte.", "text": "Os Terbutalina foron os gañadores do premio ao mellor álbum en galego nos galardóns da música independente. Na gala, desenvolvida no Teatro Goya de Madrid, os galegos recolleron o recoñecemento polo seu último traballo, A Muerte, logo de seren os máis votados. Na mesma categoría competían con Guadi Galego, Xoán Curiel, Sub Rosa, e Why Go. Terbutalina agadeceu \"a toda a xente que nos votou. E, por suposto, tamén queremos agradecerllo a toda a xente que escoitou, descargou, compartiu e bailou co disco, que é para o que realmente nos rompemos a cabeza, os pulmóns e os brazos día si e día tamén\", sinalan nun comunicado pendurado na súa páxina web. Pola súa banda, Berri Txarrak fíxose co premio Etxepare ao mellor álbum en euskera polo seu último traballo, Denbora da poligrafo bakarra, e os cataláns Els amics de les arts co de lingua catalá. Os grandes triunfadores da noite foron os madrileños Vetusta Morla que recolleron 7 galardóns."}
{"ID": "PRAZA_3646", "summary": "O decreto sinala que o novo proceso electoral comezará \"no prazo máis breve posible\" cando estea \"levantada a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria\". Todos os principais partidos apoiaron o adiamento e sinalan como \"prioriade\" a loita contra a crise sanitaria; non obstante, a actual oposición cre imprescindible que o Goberno teña control parlamentario neste transo inédito", "text": "A edición extraordinaria do Diario Oficial de Galicia publicada na tarde deste 18 de marzo de 2020 é histórica tanto dende o punto de vista legal como político. Nunca antes na historia da autonomía -nin na historia democrática do Estado dende a fin da ditadura- se cancelaran unhas eleccións xa convocadas. Entre outras cousas, porque non existe normativa ningunha que dea aos gobernos, nin sequera aos parlamentos, a competencia explícita de frear uns comicios. Pero baixo o estado de alarma decretado para tentar frear os contaxios do coronavirus si foi posible. As eleccións do 5 de abril xa non existen e ábrese un período institucionalmente tan inédito como a propia desconvocatoria. Tras o amplo consenso político sobre a cancelación da cita electoral e o aval da Xunta Electoral para facelo efectivo, o Goberno galego continúa en plenas funcións por tempo indeterminado e as competencias de fixar a nova data continúan onde están en momentos ordinarios, na Presidencia da Xunta.O decreto sinala que o novo proceso electoral comezará \"no prazo máis breve posible\" cando estea \"levantada a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria\"Alén de debullar a situación sanitaria e xurídica na que se apoia a cancelación e \"deixar sen efecto a celebración das eleccións ao Parlamento galego\" que o propio presidente convocou anticipadamente o pasado febreiro, o decreto dedica outro breve artigo a bosquexar o que sucederá. Non hai datas concretas nin tampouco referencias temporais máis ou menos difusas. O novo proceso comezará dende cero -incluíndo o censo para, por exemplo, evitar que queden fóra as persoas que fagan 18 anos neste intervalo- \"unha vez levantada a declaración do estado de alarma\", decisión que depende do Goberno de España, e mais \"a situación de emerxencia sanitaria\", esta decretada pola propia Xunta.Terán que ser \"ouvidos\" os partidos, pero a competencia da convocatoria mantense na Presidencia da XuntaO decreto tampouco sinala prazos mínimos ou máximos para reactivar o proceso tras a emerxencia. \"Realizarase no prazo máis breve posible\" e a principal diferenza a respecto dunhas eleccións normais é que será formalizada \"ouvidos os partidos políticos\", isto é, despois de contactar Feijóo cos líderes das forzas máis representativas. Estes contactos serán semanais por videoconferencia nos vindeiros tempos para compartiren información sobre a crise sanitaria. Unha vez \"ouvidos\", en calquera caso, a decisión segue recaendo na Presidencia da Xunta, que a formalizará nun novo decreto.Este é o escenario institucional no que o único horizonte certo é o do remate da lexislatura, toda vez que as do 5A eran eleccións anticipadas. Dado que o Parlamento da décima lexislatura se constituíu o 21 de outubro de 2016, o seu mandato expira aos catro anos -como fixa o Estatuto de Autonomía- e, en virtude da lei de eleccións ao Parlamento de Galicia, o límite para convocar novos comicios sitúase en 25 días antes desa data límite.Daquela, Feijóo pode decretar a súa decisión, a máis tardar, nos últimos días de setembro deste 2020. En ningunha instancia se manexou a posibilidade, cando menos de momento, de abordar un escenario aínda máis inédito e politicamente comprometido, o dunha eventual extensión da lexislatura alén da súa duración legal.Todos os principais partidos apoiaron o adiamento e sinalan como \"prioriade\" a loita contra a crise sanitaria; non obstante, a actual oposición cre imprescindible que o Goberno teña control parlamentario neste transo inéditoCon todos estes elementos sobre a mesa, o conxunto de forzas políticas reiteran o seu apoio ao adiamento e repiten en todas as súas intervencións públicas que a \"prioridade\" e a loita contra a pandemia e o reforzo dos servizos públicos para facelo. Non obstante, dende as formacións da actual oposición reiteran tamén a necesidade de que no período que agora se abre, a Deputación Permanente do Parlamento poida ter competencias de control do Executivo máis amplas do que é habitual. Coas regras ordinarias, depende da maioría absoluta -neste caso, do PP- que calquera membro do Goberno compareza ou responda preguntas ante este órgano. Na esquerda agardan que o \"consenso\" que presidiu o adiamento se manteña para permitir que os grupos do lexislativo conserven a súa función de control nesta situación. Caso contrario, advirten, daríase un escenario non contemplado pola lei: o dun Goberno en plenas funcións sen control parlamentario."}
{"ID": "NOS_22453", "summary": "A plataforma Que Voltem para a Casa organizou unha participativa XIII marcha às cadeias baixo o lema Tempo de retornar, coa que fretaron autobuses até a prisión de Teixeiro. Foi a primeira que se realizou unicamente en territorio galego.", "text": "A XIII Marcha às Cadeias, organizada pola plataforma Que Voltem para a Casa, concluíu este un de xuño. Baixo o lema Tempo de retornar, desenvolveuse esta acción para a que se fretaron dous autocarros, un desde Ourense e outro desde Vigo, até a prisión de Teixeiro, lugar en que foron trasladados recentemente Roberto Fialhega 'Teto' e Eduardo Vigo 'Edu'. Ambos pasaron varios anos de dispersión en prisións españolas. É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego debido a que, desde hai máis de dez anos, persoas presas independentistas se atopan en cadeas do territorio galego. Así, após anos de dispersión das presas e presos e de percorrer quilómetros e quilómetros para velas, este ano a marcha foi dentro da Galiza. Acadouse un dos obxectivos do movemento galego de solidariedade para con este colectivo de persoas presas. Mais, lembran, fica traballo por facer como é a rebaixa de grao penitenciario, a fin do réxime FIES, a revisión da condena ou a denuncia de irregularidades e abusos nos cárceres. Desde o colectivo celebraron tamén a liberación no pasado ano da independentista Maria Ossório e Diego Santim, após anos de pasaren por diversas cadeas do Estado español."}
{"ID": "NOS_36475", "summary": "O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, rexistrou unha emenda á totalidade do proxecto de orzamentos para 2021 presentado polo Executivo de Pedro Sánchez co obxectivo de conseguir que \"se trate con xustiza a Galiza\".", "text": "\"A proposta de orzamentos recolle para o conxunto do Estado unha suba nos investimentos de 20%\". Porén, \"na Galiza caen un 11% en relación a 2018, unha contía que xa era moi baixa e que representaba a metade de 2009\". Así explicaba na mañá da sexta feira Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, o motivo principal que levou a formación nacionalista a presentar unha emenda á totalidade ao proxecto de orzamentos xerais do Estado do Goberno encabezado por Pedro Sánchez. Nunha rolda de prensa, o deputado do BNG criticou que os \"distintos Gobernos españois comparten a idea que se poden aprobar uns orzamentos sen atender aos intereses galegos\" e denunciou que nas contas estatais de 2021 \"non se contemplan partidas para executar obras que faciliten a chegada da alta velocidade ferroviaria\" ao país. Nesta liña, puxo de manifesto que resulta \"imprescindíbel\" incrementar \"de forma substancial\" os investimentos para dar resposta ás necesidades perentorias en materia de infraestruturas da Galiza e para compensar os déficits históricos nesta materia\". Citou a \"ausencia de compromisos\" coas coas proximidades ferroviarias, coa liña de camiño de ferro entre Ribadeo e Ferrol ou coa da Coruña a Ferrol, onde o tempo de viaxe chega á hora e cuarto, practicamente o que leva viaxar de Madrid a Valencia en AVE. Urxencias sanitarias e económicas A resposta ás urxencias sanitarias e económicas provocadas pola pandemia así como o compromiso cunha axenda social máis ambiciosa ocupa un lugar central nas propostas dos nacionalistas. Neste sentido, a emenda do BNG propón a supresión da taxa de reposición de efectivos sanitarios que impide ás administracións contratar máis persoal para os servizos de saúde e mellorar as súas condicións de traballo. Ao tempo, demanda unha solución para a problemática fiscal das e dos emigrantes retornados, a nacionalización da factoría de Alcoa de San Cibrao (en Cervo), novos criterios de reparto do diñeiro procedente dos fondos de rescate europeo co obxectivo de que non discriminen a Galiza e un plan de apoio a pequena empresa, con especial atención ao comercio e a hostalaría, sectores particularmente afectados polo coronavirus. \"O Goberno non está disposto\" Rego apostou por negociar co Executivo unha mellora no trato a Galiza e lamentou que \"o Goberno non quere negociar nin cambiar as previsións da Galiza nos orzamentos\". \"Nós temos toda a disposición para chegar a acordos\", sinalou o portavoz nacionalista, quen expresou que o BNG \"non pretende votar negativamente\", mais considerou que as contas presentadas non son asumíbeis para a formación. Así e todo, as fontes da organización consultadas por Nós Diario agardan que na fase de tramitación dos orzamentos os socialistas asuman algunhas das propostas presentadas."}
{"ID": "NOS_24176", "summary": "Exixíronlle responsabilidades políticas pola denuncia de acoso sexual que atinxe o presidente da Deputación de Ourense mais Feijóo falou de desemprego.", "text": "Esta cuarta feira a práctica totalidade dos escanos da oposición ficaron baleiros durante a sesión de control ao presidente. Todos os grupos --agás o BNG que non puido formular ningunha cuestión-- preguntaron a Alberto Núñez Feijóo pola denuncia presentada contra José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, a respeito do ofrecemento dun posto de traballo a cambio de sexo. De maneira acumulada, Carmen Iglesias (Grupo Mixto), José Luís Méndez Romeu (PSOE) e Yolanda Díaz (AGE) exixiron \"responsabilidades políticas\" polo que definiron como un caso de \"violencia machista\". Porén, Feijóo preferíu porse a falar de desemprego e do \"Estado das autonomías\" pois, dixo, \"ese é para min o principal problema\" de Galiza. Os apupos nas bancadas da oposición foron unha constante desde que o presidente da Xunta comezou a respostar de maneira conxunta ás tres portavocías. \"Semella que a oposición cre que este é o principal problema de Galiza\", dixo Feijóo amosando menosprezo polas acusacións que se estaban a lanzar desde o Grupo Mixto, AGE e o PSdeG sobre el e o seu partido. Feijóo: \"Semella que a oposición cre que este é o principal problema de Galiza\" \"Vostede recreouse no peor estereotipo machista\", espetou o voceiro socialista, Méndez Romeu, en relación ás declaracións de Feijóo nas que aseguraba que a denunciante non conseguira o seu obxectivo. \"Criminaliza a vítima é acúsaa de incitar ao delito\", acrecentou. \"U-la ética?\". Afirmacións, as de Feijóo, \"gravísimas\" para a vice-portavoz de AGE, Yolanda Díaz quen coidou as afirmacións do presidente da Xunta unha mensaxe dirixida ás \"mulleres\" e ás \"nenas deste país\" de que \"é normal\" seren \"tratadas como obxectos\" ou que \"troquen a súa sexualidade\" por un posto de traballo. Mais Alberto Núñez Feijóo optou por pór a funcionar o ventilador, lanzar acusacións contra o PSdeG polos casos de corrupción e denuncias que o atinxen e falar das \"220 mil persoas que non teñen traballo\" na Galiza. Díaz (AGE): \"Coas súas declaracións está a dicirlle ás mulleres que é normal que as traten como obxectos\" Unha actitude que foi rexeitada polo conxunto da oposición abandonando o hemiciclo no que só quedaron o voceiro do PSdeG e un parlamentar socialista de Lugo. Feijóo só se referiu ao caso, iso si, sen mencionar o presidente da Deputación, para apelar á \"prudencia\" e acusar as forzas da oposición de \"xulgar\", \"sentenciar\" e ter \"veredicto\" ao respeito. \"Calquera pronunciamento é precipitado\" até non se coñecer a decisión da Fiscalía. \"Corremos o risco de ser inxustos\", dixo, para se \"escaquear\" --en verbas da deputada Carmen Iglesias-- de respostar. Iglesias: \"Son uns machistas sen escrúpulos\" Así as cousas, asegurou que actuará \"con firmeza\". Ora ben, cando sexa imputado en todo caso formalmente. Polo de agora, dixo, \"non hai indicios\". Polo Grupo Mixto, Carmen Iglesias, exixiulle que sexan asumidas \"responsabilidades políticas\" por un presunto delito de \"acoso sexual\" de acordo coa definición recollida na Lei para o tratamento integral de violencia machista aprobada en Galiza en 2005. \"De responsabilidades penais xa se encargará a xustiza\", dixo Iglesias. \"Non se escaquee\". O Baltargate á UE A vice-voceira de AGE, Yolanda Díaz avanzou que a eurodeputada de Izquierda Unida, Marina Albiol, levará perante as institucións europeas o caso ao abeiro da Directiva 78/2000 relativa á igualdade de tratamento no emprego e na actividade profesional. Díaz instou a Feijóo, aliás, a deixar de \"facer o ridículo\" e botar a Baltar do PP."}
{"ID": "PRAZA_1496", "summary": "Xosé Veiras analiza no blog Un Claro no Bosque os resultados do informe La calidad del aire en el Estado español, elaborado por Ecoloxistas en Acción, que revela un empeoramento da calidade do aire. A Coruña e Arteixo sofren os niveis máis preocupantes.", "text": "Xosé Veiras analiza no blog Un Claro no Bosque os resultados do informe La calidad del aire en el Estado español, elaborado por Ecoloxistas en Acción, que revela un empeoramento da calidade do aire. A Coruña e Arteixo sofren os niveis máis preocupantes, e tamén se sinala o impacto de industrias concretas, coma as centrais de carbón das Pontes e Meirama, a factoría de alúmina-aluminio de Alcoa en San Cibrao ou Cementos Cosmos (Sarria) Canto máis sabemos da contaminación do aire, dos seus efectos e da súa incidencia, máis razóns temos para nos preocupar. O informe La calidad del aire en el Estado español durante 2014, elaborado por Ecoloxistas en Acción, conclúe que practicamente toda a poboación galega estivo exposta a niveis de contaminación superiores aos considerados aceptábeis pola Organización Mundial da Saúde (OMS) ao longo de 2014. Constátase así un aumento da poboación afectada pola contaminación do aire en Galicia nos últimos anos, desde o 70% en 2012 até o 100% en 2014, pasando polo 90% en 2013. A razón está na consideración dun novo contaminante, o benzo(a)pireno, na avaliación que fai anualmente Ecoloxistas en Acción, baseada nos datos oficiais, que seguen a ser manifestamente insuficientes. Os datos chocan coa crenza de que en Galicia hai moitos lugares onde é posíbel respirarmos aire puro. Hai moito tempo que deixou de ser así A dispoñiblidade de maior número de medicións, particularmente dalgúns contaminantes pouco avaliados, como as partículas finas (PM2,5), os metais pesados ou o devandito benzo(a)pireno, confirmaría un diagnóstico que choca coa crenza de que en Galicia hai moitos lugares onde é posíbel respirarmos aire puro. Hai moito tempo que deixou de ser así. Os focos de contaminación propios e o transporte de contaminantes a longas distancias, que fai que importemos (e exportemos) contaminación atmosférica, ensucian o aire até tornalo prexudicial para a nosa saúde, non segundo a normativa vixente, mais si de acordo coas recomendacións da OMS, máis estritas. Ben é certo que no conxunto de España a situación é aínda peor, pois ademais de case toda a poboación respirar aire contaminado de acordo cos estándares da OMS, un terzo respira un aire tan sucio que mesmo incumpre os estándares legais vixentes hoxe nunha UE cuxo compromiso coa mellora da calidade do aire deixa bastante que desexar. Ademais dos contaminantes máis habituais considerados en anos anteriores, no informe deste ano Ecoloxistas en Acción incluiu o canceríxeno benzo(a)pireno, indicador da contaminación por hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP), presente nas partículas finas procedentes dunha combustión incompleta. As fontes principais de HAP en Galicia son industrias como a da produción de aluminio e as calefaccións, sendo tamén significativa a achega do transporte, das queimas agrarias e dos incendios forestais. Rexistros da concentración no aire deste contaminante efectuados na Coruña e na contorna da fábrica de alúmina-aluminio de Alcoa en San Cibrao superaron amplamente o valor recomendado pola OMS, aínda que ficaron lonxe do obxectivo legal. Coa incerteza propia da escasa cobertura das medicións dispoñíbeis, o informe ecoloxista coida que o benzo(a)pireno afectaría ao conxunto da poboación galega. Persisten os principais focos de contaminación Ademais dos contaminantes máis habituais considerados en anos anteriores, no informe deste ano Ecoloxistas en Acción incluiu o canceríxeno benzo(a)pireno Ano tras ano, repítense os focos de contaminación en Galicia destacados nos informes sobre a calidade do aire no Estado español de Ecoloxistas en Acción. O tráfico rodado nas cidades e as súas áreas de influencia (ao que se suma o marítimo nas cidades portuarias) e máis algunhas grandes industrias son as maiores responsábeis de que os galegos e galegas respiremos aire nocivo para a nosa saúde. As industrias sinaladas son poucas pero moi contaminantes. As centrais de carbón das Pontes (ENDESA) e Meirama (Gas Natural Fenosa) -que ademais son enormes fábricas de cambio climático polas súas emisións de CO2, non incluídas neste informe por non ser un contaminante local-, a factoría de alúmina-aluminio de Alcoa en San Cibrao (Mariña luguesa), Cementos Cosmos (Sarria) e a área industrial de Arteixo-A Coruña, na que se localizan industrias sucias como a refinaría de Repsol, Ferroatlántica, unha fábrica de aluminio de Alcoa ou a central de ciclo combinado a gas natural de Sabón (Gas Natural Fenosa), se ben esta última a penas está a ser utilizada. Non se inclúe na listaxe deste ano o complexo industrial ENCE-ELNOSA, mais iso débese seguramente a que o informe deixa fóra do seu alcance algúns contaminantes menos habituais emitidos por esta industria. As industrias sinaladas son poucas pero moi contaminantes: As centrais de carbón das Pontes e Meirama, a factoría de alúmina-aluminio de Alcoa en San Cibrao, Cementos Cosmos e a área industrial de Arteixo-A Coruña Perante a ausencia de políticas máis ambiciosas para a mellora da calidade do aire é a conxuntura o que determina maiormente a incidencia da contaminación. Se aumenta o prezo do petróleo e decae a actividade económica, o tráfico e a produción industrial diminúen e conseguintemente as súas emisións contaminantes. En anos chuviosos e ventosos respiramos mellor, porque se dispersa máis a contaminación e porque máis produción hidroeléctrica e eólica despraza a xerada con carbón. E se ademais o verán é fresco e húmido, minimízase a contaminación procedente dos incendios forestais e fórmase menos ozono troposférico. Concellos e Xunta restan importancia ao problema da contaminación do aire no noso país, ignorando os incumprimentos das recomendacións da OMS e comparando a nosa situación coa doutros territorios aínda máis contaminados Concellos e Xunta restan importancia ao problema da contaminación do aire no noso país, ignorando os incumprimentos das recomendacións da OMS e comparando a nosa situación coa doutros territorios aínda máis contaminados. E cando algún incumprimento legal obriga a redactar un Plan para a Mellora da Calidade do Aire, apróbase un para cubrir o expediente. Perante o incumprimento nunha das estacións de medición da Coruña da normativa para as partículas grosas (PM10), a Xunta aprobou un Plan de Mellora da Calidade do Aire na Coruña que non restrinxe máis o tráfico e se limita a recoller as melloras previstas no transporte colectivo metropolitano. Este plan, aprobado en 2011, non evitou que durante 2014 se volvese incumprir a normativa para este contaminante. O aire máis sucio respirouse na Coruña e en Arteixo Os galegos e galegas que peor aire respiraron durante 2014 foron os residentes na Coruña e en Arteixo. As razóns xa as apuntamos un pouco máis arriba. Na cidade da Coruña superáronse as recomendacións da OMS para as concentracións no aire de partículas (PM10 e PM2,5) e de dióxido de xofre (SO2), ademais de benzo(a)pireno. No municipio limítrofe de Arteixo ultrapasáronse os niveis máximos aceptábeis para as partículas finas (PM2,5), o SO2 e o ozono troposférico (O3). Convén destacar que A Coruña e Arteixo son os municipios galegos nos que máis se mide a contaminación atmosférica, o que no caso da capital coruñesa ten a ver co feito de o concello contar cunha rede propia de estacións de medición que se suma á xestionada pola Xunta. En Vigo, a contaminación por partículas foi similar á da Coruña, pero non se superaron os niveis recomendados para outros contaminantes En Vigo, a contaminación por partículas foi similar á da Coruña, pero non se superaron os niveis recomendados para outros contaminantes. No resto das principais cidades galegas respirouse aire limpo durante 2014 segundo as recomendacións da OMS. Porén, cómpre salientar que a situación sería seguramente distinta se nelas se tivesen medido as concentracións de partículas finas (PM2,5). A pesar de seren as partículas máis nocivas para a saúde humana, nas cidades só se mediron na Coruña e en Vigo. Nin tan sequera se obtiveron datos en Santiago, onde se mediron entre 2009 e 2013, superándose as recomendacións da OMS algúns anos. Como acontece no conxunto do Estado español, e se excluímos o benzo(a)pireno, o ozono troposférico (O3) é o contaminante que afecta a máis poboación e tamén o de maior presenza no noso territorio. A metade da poboación galega respirou aire contaminado por ozono troposférico durante 2014. Este contaminante fórmase a partir doutros emitidos polo transporte ou as térmicas, espallando a contaminación por zonas rurais durante a primavera e o verán, a época do ano na que se dan as condicións necesarias para a súa xeración. A metade da poboación galega respirou aire contaminado por ozono troposférico durante 2014 Afortunadamente para nós, o noso clima fai que a formación de ozono sexa moderada en comparación co sur da Península Ibérica, por causa da menor radiación solar, das temperaturas inferiores e das maiores intensidades de vento. Pero é un contaminante que se pode transportar a longas distancias e, de feito, como descobriu o investigador da USC Santiago Saavedra, na maioría dos episodios de contaminación por ozono en Galicia inflúe o transporte deste contaminante desde outras zonas, especialmente desde Portugal e desde Castela e León, onde se sitúan varias centrais de carbón. A contaminación do aire prexudica cultivos, plantacións forestais e bosques Por primeira vez, este ano o informe de Ecoloxistas en Acción avalía os niveis de contaminación atmosférica desde o punto non só da saúde humana senón tamén da protección da vexetación. E neste aspecto os datos non son menos preocupantes, en concreto no que se refire ao posíbel impacto dos niveis de ozono troposférico que, entre outros efectos negativos, e \"ao baixar a capacidade fotosintética, diminúe o crecemento vexetal e a produtividade da planta\". O que cómpre facer para tornar máis saudábel o aire que respiramos contribúe tamén en grande medida a reducir o ruído, a responder á crise enerxética, a construír cidades máis seguras e habitábeis En Galicia non se incumpren os estándares legais vixentes para protexer os cultivos agrícolas e forestais e os ecosistemas naturais dos efectos nocivos da contaminación atmosférica, pero si o obxectivo a longo prazo de protección da vexetación estabelecido tamén pola Unión Europea, incumprido no 57% do territorio galego, o que nos indica que a situación actual debe ser mellorada. Aquí non está de máis apuntarmos que o cambio climático tende a favorecer a formación de ozono e, polo tanto, a dificultar a consecución do obxectivo legal de protección a longo prazo. Un exemplo do ligados que están o cambio climático e a calidade do aire. Mellorar a calidade do aire equivale a loitar contra o cambio climático, porque as fontes de gases de invernadoiro e tóxicos son as mesmas. E non só, porque o que cómpre facer para tornar máis saudábel o aire que respiramos contribúe tamén en grande medida a reducir o ruído (outra forma de contaminación moi prexudicial para a nosa saúde), a responder á crise enerxética, a construír cidades máis seguras e habitábeis, a facer innecesaria a construción de máis infraestruturas de transporte por estrada que artificializan o territorio e restan grandes sumas de diñeiro público á protección social e ambiental… \"As principais vías de actuación para reducir a contaminación do aire en Galicia son a diminución do tráfico motorizado, a redución da necesidade de mobilidade e o potenciamento do transporte público\" Ecoloxistas en Acción, no seu comunicado sobre os resultados do informe para Galicia, salienta que \"as principais vías de actuación para reducir a contaminación do aire en Galicia son a diminución do tráfico motorizado, a redución da necesidade de mobilidade e o potenciamento do transporte público. Así como a adopción xeralizada das mellores técnicas industriais dispoñíbeis e a substitución da electricidade xerada nas térmicas de carbón de Meirama e As Pontes\". Agardemos que os novos tempos traian a vontade social e política necesarias para iso."}
{"ID": "PRAZA_17307", "summary": "Lamento que despois de La ciudad y los perros, Conversaciones en la catedral e tantas boas novelas, envelleza tan mal. Non anda moi ben relacionado, e neses saraos só vai desenvolver o cerebro límbico.", "text": "Penso eu que na literatura, maiormente na novela, é onde a escrita reproduce a mentalidade da persoa creadora, e non só polo tema, ou os protagonistas, que tamén, senón polo discurso, as palabras que utiliza, as persoas que salva ou condena nos conflitos, as reflexións nas conversas, no que cisman e non comunican, ou si, nos actos, comportamentos, proxectos, e un longo etcétera. É moi difícil falsear ou perverter a ideoloxía. Incluso con pretensión de facelo, unha crítica intelixente facilmente o descobre. Quen é Vargas Llosa? O escritor comprometido nalgunhas das súas novelas, ou o que fai comentarios absurdos coma este do feminismo ou defende unha política económica de dereitas porque non comparte a ideoloxía do réxime cubano? Penso, pola contra, que é relativamente doado, participar nun partido de signo diferente, ou mesmo contrario, facer declaracións, incluso no ámbito público, escribir un panfleto, reenviar un WhatsApp que nega os propios criterios. Tamén sucede que escritores que teñen actuacións políticas consideradas da esquerda ou da dereita, xa son lidas coa certeza da súa pertenza a esas ideas. Este simple preámbulo serve para mostrar a estrañeza ante os comentarios que fai Vargas Llosa sobre o feminismo como antídoto da literatura, comparándoa coa relixión ou os gobernos fascistas. Que incongruencia!! A relixión si é incompatible co feminismo como causa da desigualdade entre os sexos e da inxustiza social. Pero a literatura…! De onde lle vén esa teima antifeminista ao autor de a magnífica novela A festa do Chivo, onde denuncia o abuso sexual sen disimulo. O seu antifeminismo está instalado a ferro nunha engurra do seu cerebro emocional, tan fondamente que pode razoar en ocasións coma se non o fose. Non é único Quen é Vargas Llosa? O escritor comprometido nalgunhas das súas novelas, ou o que fai comentarios absurdos coma este do feminismo ou defende unha política económica de dereitas porque non comparte a ideoloxía do réxime cubano? Cal é o auténtico? Estamos ante un falsario ou un cismático contumaz? O seu antifeminismo está instalado a ferro nunha engurra do seu cerebro emocional, tan fondamente que pode razoar en ocasións coma se non o fose. Non é único. Este comportamento é propio de moitos homes que reaccionan negativamente ante certos aldraxes e violencias contra as mulleres, sen que lles deixe de saír o machismo en ocasións polos poros como puños. De non ser así, como escribiría Pantaleón y las visitadoras, coma se fose o máis divertido do mundo? Seguramente non se decata o escritor de algo evidente. A literatura foi asunto de homes durante séculos Volvendo á literatura. Seguramente non se decata o escritor de algo evidente. A literatura foi asunto de homes durante séculos. Poucas mulleres souberon ler e menos escribir, até o s.XIX. Dúas mulleres galegas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, foron grandes escritoras que fan nas súas obras críticas á sociedade patriarcal e ao maltrato e abuso sexual das mulleres, xa na súa época. Recoméndolle o ensaio As Literatas de Rosalía de Castro para irse informando sobre mulleres na literatura, uns seres raros que se metían nun rol masculino e escandalizaban á sociedade. Eran cualificadas como tolas, inmorais viriloides e todo tipo de ofensas e insultos. Non deberon ser lidas por Vargas Llosa estas primeiras autoras, nin tampouco a escritora modernista inglesa do grupo Bloomsbury, que escribiu o ensaio feminista Un cuarto propio, iso do que carecían as mulleres para poder escribir, ou a Mary Shelley que neste ano fixo dous séculos o seu Frankenstein, o novo Prometeo, a novela máis importante e progresista da época. As escritoras foron proliferando durante o S.XX. Tamén se introduciron en todos os campos do saber, e na política, sendo así como a feminista e avogada Clara Campoamor, conseguiu o voto para as mulleres españolas no ano 1931 no goberno da República. Tamén o famoso escritor debe consideralo nefasto para a literatura. Cando aínda non pasou un século xa temos gobernos paritarios no país. Un desastre para a creación! Pódese afirmar que a medida que se difunde o feminismo, medra a escrita feminina, en calidade e cantidade. Escritoras premios Nobel e de todos os países, e incluso algunha entra en redutos masculinos tan exclusivos como as Academias. Na actualidade, coa incorporación de mulleres nacidas nos 80 e 90 o número de escritoras incrementouse. Cando o señor Vargas di literatura quere dicir pornografía, e teme que xa non se poidan escribir Lolitas con incitación á pederastia Hai moito que predominaban as lectoras sobre os lectores. Ademais, as mulleres len a escritoras e escritores, mentres os homes, non. A súa cultura é cada vez máis reducida. Mágoa. Parece que Vargas Llosa ten razón cando relaciona o feminismo coa literatura. Está demostrado que canto máis feminismo, máis literatura. Lamento que despois de La ciudad y los perros, Conversaciones en la catedral e tantas boas novelas, envelleza tan mal. Non anda moi ben relacionado, e neses saraos só vai desenvolver o cerebro límbico Pero, vaiamos ao miolo da cuestión. Cando o señor Vargas di literatura quere dicir pornografía, e teme que xa non se poidan escribir Lolitas con incitación á pederastia. O cal non quere dicir que a literatura vaia ser sosa, que non haxa crimes ou sexo. Quere dicir que non se debe facer apoloxía de normas ou comportamentos que cómpre desterrar. Como a pena de morte, ou a prostitución, por exemplo. E isto non é algo que afecte ás escritoras. Vargas non podería publicar agora a súa novela Pantaleón y las visitadoras. Xa hai moitos anos que o Goberno en Xapón se desculpou coas mulleres que levaran para uso sexual dos soldados. Lamento que despois de La ciudad y los perros, Conversaciones en la catedral e tantas boas novelas, envelleza tan mal. Non anda moi ben relacionado, e neses saraos só vai desenvolver o cerebro límbico. Publicidade"}
{"ID": "NOS_28186", "summary": "A equipa ferrolá afirma recorrer a esta medida para \"garantir a viabilidade nestes difíciles momentos\"", "text": "O Parrulo Ferrol recibiu nas últimas horas por parte da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta da Galiza a aceptación da solicitude do ERTE por causa de forza maior para os traballadores e traballadores do clube. Desta forma, O Parrulo Ferrol \"quere garantir os dereitos profesionais dos xogadores e corpo técnico do primeiro equipo, como tamén garantir a viabilidade do club\", despois do estado de alarma e a posterior suspensión indefinida de todas as competicións, ante a incerteza dunha posible continuación. É unha das medidas que se están a facer no mundo do deporte, en diferentes campos, non só o de fútbol, senón que tamén afectaoutras discplinas. O Parrulo funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga na Primeira División. Entre 1998 e 2003, xogou na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, a División de Honra, chegando a xogar na tempada 1999-2000 o play-off polo título como sexto clasificado. Non foi até 2017 cando o equipo conseguiu de novo o ascenso á elite."}
{"ID": "PRAZA_12342", "summary": "O Goberno galego segue coa súa teima de autorizar a instalación de parques eólicos na zona protexida do Lugar de Interese Comunitario Ancares-Courel e na contorna do Camiño Francés da Ruta Xacobea que conduce cara a Compostela. Distintas asociacións alertan sobre o danos no patrimonio, natural e artístico destas zonas", "text": "O Goberno galego segue coa súa teima de autorizar a instalación de parques eólicos na zona protexida do Lugar de Interese Comunitario Ancares-Courel e na contorna do Camiño Francés da Ruta Xacobea que conduce cara a Compostela. Distintas asociacións alertan sobre o danos no patrimonio, natural e artístico destas zonas. Segundo puido saber Praza a concesión da licenza para un parque eólico no Monte da Meda, tamén coñecido como Monte Albela, no concello de Triacastela, atópase nunha fase administrativa avanzada, tras superar os trámites de sometemento a información pública a declaración de impacto ambiental. A intención do Goberno galego é conceder a licenza a pesar de que os muíños provocarán un forte impacto visual no Camiño Francés, xa que segundo distintas organizacións da zona, a instalación industrial será visible dende unha distancia de vinte quilómetros. A propia Xunta, consciente deste impacto sobre a ruta xacobea, modificou a principios de ano a zona de protección da ruta compostelá e estableceu unha nova delimitación a escasos metros do camiño para evitar problemas legais. Distintas asociacións, entre as que se atopa a Asociación Cultural do Iribio, denunciaron esta estratexia e alertan das consecuencias irreparables que terá para a zona este novo parque Distintas asociacións, entre as que se atopa a Asociación Cultural do Iribio, denunciaron esta estratexia e alertan das consecuencias irreparables que terá para a zona este novo parque. O portavoz dunha das asociacións do Iribio, Marcos Celeiro, explicou a Praza que \"xa se destruíron mámoas e seguírase polo mesmo camiño cando se autorice definitivamente o parque eólico\". Ademais Celeiro aclara que \"as argucias da Xunta leváronlle a cambiarlle o nome ao monte, que pasou de Albela a Abella, para sortear os posibles obstáculos derivados da presenza de restos arqueolóxicos\". Este novo recinto industrial, nunha zona de especial protección, súmase ao parque concedido a Fergo Vento Galicia o 28 de maio de 2009 no Iribio. Aínda que non comezaron as obras por mor dos recursos xudiciais en curso, o Goberno galego non deixa de dar pasos para ver a instalación funcionando. No Consello da Xunta do 2 de febreiro de 2011 aprobouse a liña eléctrica aérea de evacuación dende o monte do Iribio ata a subestación de Triacastela. Nesta caso a declaración de impacto ambiental do proxecto de electrificación non se someteu a información pública. Recursos Xudiciais O proxecto de parque eólico no Iribio está recorrido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao igual que as licencias de obra concedidas polos concellos de Samos e Triacastela. Ata o de agora só se produciu un pronunciamento xudicial referido á licenza outorgada polo concello de Triacastela. Porén, a sentencia do TSXG de 2 de setembro de 2011 non entra o valorar o fondo do asunto e limítase a constatar a obriga de Triacastela a dar o permiso por tratarse dun proxecto de incidencia supramunicipal. O proxecto de parque eólico no Iribio está recorrido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao igual que as licencias de obra concedidas polos concellos de Samos e Triacastela Asociacións como SOS Courel e a propia Asociación Cultural do Iribio teñen a esperanza de que a xustiza poña fin as aspiracións da Xunta. Marcos Celeiro entende que as medidas recollidas na declaración de impacto ambiental son \"ridículas\" e en ningún caso protexen ao Camiño de Santiago. Entre esas as medidas de protección esixidas á empresa figuran a colocación de pantallas para evitar a visión das instalacións eólicas, un rexistro co número de paxaros mortos ao bater coas aspas a decoración dos muíños con motivos alegóricos da ruta xacobea. En parecidos termos se manifestaron vogais da UNESCO. Os técnicos, que se desprazaron o pasado ano á zona en visita privada, advertiron de que de executarse o proxecto do Iribio a declaración da ruta como patrimonio da humanidade corre serio perigo."}
{"ID": "PRAZA_1334", "summary": "O dato de espera máis baixo da serie histórica rexistrouse a comezos de 2009, con 67 días. Dos dez trimestres con menos doentes en lista de espera un corresponde ao actual Goberno da Xunta e nove, ao mandato do bipartito", "text": "A Xunta recorta pola metade a información das listas das súas listas de espera. Faino, como informou este diario, en aplicación da denominada lei de garantías de prestacións sanitarias, a norma que lle facilita ao Servizo Galego de Saúde traspasar pacientes á sanidade privada para, precisamente, axustarse a un máximo de 60 días de espera. Esa norma, que habilita o Goberno para difundir os datos de agarda só dúas veces ao ano e non cada trimestre, como facía ata agora, leva en vigor dende marzo de 2014 pero comeza a aplicarse agora no que atinxe á limitación da información. O Sergas toma esta decisión tras anos de recortes e convulsión entre o seu persoal, uns anos nos que as listas de espera volveron a niveis semellantes aos de hai dez anos, xusto cando estes datos comezaron a ser públicos. Cando a Xunta iniciou a publicación trimestral das listas de espera, xusto no remate do fraguismo, a espera media para acceder a unha operación cirúrxica no Sergas superaba os 100 días. Ese foi escenario no que comezou a xestionar a sanidade pública o Goberno de coalición de PSdeG e BNG, que durante os anos seguintes logrou encamiñar o sistema nunha senda de descenso da demora que culminou nos últimos trimestres que o xestionou. Así, no segundo trimestre de 2009, o derradeiro con socialistas e nacionalistas en San Caetano, logrouse o valor máis baixo da serie histórica, cunha espera cirúrxica media de 67 días. O dato máis baixo da serie rexistrouse no segundo trimestre de 2009, cunha espera media de 67 días Tras o retorno do PP ao poder as listas de espera seguiron oscilando en función dos trimestres e aumentando especialmente durante o verán -dato que coa nova regulamentación non será público-. Se ben o debuxo de cada ano non variou si o fixo a tendencia, que pasou de descendente a ascendente ata tocar teito no remate do terceiro trimestre de 2012, cunha espera media de case 99 días, valor que fixo retroceder o sistema ata a década pasada, cando en 2007, co bipartito no poder, se acadaron os 106 días de espera media, máximo que foi inicio da senda de descenso que rematou cos devanditos 67 días de comezos de 2009. Isto sucede nun contexto no que a evolución dos últimos anos tampouco foi a mellor das posibles noutro dos valores fundamentais do sistema, aínda que menos comentado que o tempo de espera media: o número de persoas que están a agardar por unha intervención cirúrxica. O dato máis recente dispoñible, o do cuarto trimestre de 2014, indica que estaban a agardar 36.469 pacientes, uns 200 máis que a finais de 2009 e 4.000 máis que no remate de 2008, cando se acadou o menor valor dos rexistros con pouco máis de 32.000 persoas esperando. Dos dez trimestres con menos doentes en lista de espera un corresponde ao actual Goberno da Xunta e nove, ao mandato do bipartito Se, no canto de observar este indicador de maneira liñal se ordenan os trimestres polo número de persoas a agardar en cada un deles cabe concluír que, dos 39 trimestres nos que hai datos, o que presentou un maior número de doentes a agardar para seren operados foi o terceiro de 2005, xusto cando o bipartito colleu o relevo do gabinete Fraga. Dos dez trimestres con máis persoas a agardar dous corresponden á xestión do bipartito, outros dous ao Goberno de Manuel Fraga e os seis restantes, ao de Alberto Núñez Feijoo, que a comezos de 2012 acadou o terceiro valor máis alto da serie con 39.614 pacientes. Pola banda baixa, nove dos dez trimestres con menos pacientes agardando correspóndense coa lexislatura da coalición de PSdeG e BNG e un, co Goberno de Feijóo, que no cuarto trimestre de 2010 acadou o seu mellor resultado neste ámbito ao situar a lista na contorna dos 34.300 pacientes pendentes dunha operación. No entanto, dende ese mínimo a lista de espera estructural sempre veu incluíndo máis de 35.000 persoas e a maior parte do tempo superou as 36.000, segundo datos do propio Sergas. O empeoramento das listas de espera nos últimos anos prodúcese nun contexto no que a mensaxe política do Goberno galego en materia sanitaria está centrada, precisamente, en asegurar que mingua as listas de espera. Deste xeito, o Sergas adoita presentar os datos non globalmente, senón centrándose a redución de tempos nas patoloxías graves. Ademais, a propia lei de garantías permite amortecer as listas de espera mediante o traspaso á sanidade privada de todas as persoas que superen os 60 días de agarda, precepto que, cando menos polo momento, non impediu que a agarda global baixe dos 80 días."}
{"ID": "NOS_42042", "summary": "O xuíz decretou o pasado 1 de xuño o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para o agresor.", "text": "A muller de 43 anos de idade agredida o pasado 30 de maio pola súa parella en Carballo evoluciona favorabelmente e xa pasou a planta logo de ficar durante nove días na UCI do Hospital Universitario da Coruña, segundo notificaron esta cuarta feira fontes sanitarias á axencia Europa Press. O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o pasado 1 de xuño o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para a parella da agredida. Prisión sen fianza para o home investigado por agredir a súa muller en Carballo, acusado de tentativa de homicidio O home foi detido após entregarse á Garda Civil despois de fuxir do lugar dos feitos. Permanece investigado por homicidio en grao de tentativa, sen prexuízo de posteriores cualificacións conforme avance a instrución do caso. A xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, que é o competente para asuntos de violencia sobre a muller no partido xudicial, tamén acordou unha orde de protección para a vítima e para os fillos da parella, o que implica que o home non pode aproximarse nin comunicarse con eles. Do mesmo modo, suspendeulle o exercicio da patria potestade e a custodia dos menores, que será asumida en exclusiva pola nai. Evoluciona favorabelmente na UCI a muller agredida a pasada semana en Carballo Os feitos polos que se lle investiga sucederon contra as 2.45 horas do pasado 30 de maio no lugar de Fonte Caldeira, no municipio de Carballo, onde unha testemuña atopou a muller na rúa tras ser agredida e alertou a Garda Civil. Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico, persoal sanitario do PAC de Carballo e unha ambulancia de soporte vital avanzado, que, logo dunha primeira asistencia no lugar, trasladou a muller ferida, duns 43 anos de idade, ao hospital coruñés. Pola súa parte, os dous fillos menores de idade da parella permanecen baixo custodia dun familiar directo da vítima."}
{"ID": "NOS_16207", "summary": "O comité clínico que asesora a Xunta na pandemia estuda un fechamento xeneralizado da hostalaría e outras actividades non esenciais nos concellos máis afectados co obxectivo de \"limitar a mobilidade\".", "text": "O comité clínico que asesora a Xunta da Galiza durante a pandemia estuda volver aplicar o chamado 'modelo O Carballiño' ou \"algunha variante\" nos municipios máis afectados pola pandemia do coronavirus. É dicir, estuda un fechamento xeneralizado da hostalaría e outras actividades non esenciais co obxectivo de \"limitar a mobilidade\" e que as galegas e os galegos \"teñan menos interaccións\" sociais. Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha entrevista concedida este domingo, 10 de xaneiro, á Radio Galega, en que recoñeceu que o ascenso dos contaxios de Covid-19 no país é \"preocupante\", aínda que non sexa \"exponencial\", despois do récord de positivos diarios alcanzado onte, con 914. Neste contexto, Comesaña vinculou o empeoramento da situación coas reunións de Nadal e Noitevella, xa que o incremento obsérvase \"desde o día 5 ou 6 de xaneiro\", pero avisou que aínda hai tempo para que afloren máis casos derivados destas datas. Por iso, após unha fin de semana en que as cidades de Santiago, A Coruña e Ourense pasaron aos niveis máximos de restricións -fechamento da hostalaría ás 18 horas-, o conselleiro incidiu en que o comité clínico ten encima da mesa \"unha batería de medidas\", entre as que estaría o 'modelo O Carballiño'. Este modelo, que implicou o fechamento de toda actividade non esencial nese concello, estendeuse logo a outras áreas da zona de Ourense e mesmo ás sete grandes cidades. Agora, o comité clínico, que volverá reunirse na terza feira, estuda utilizalo de novo \"ou algunha variante\". \"A idea é pór medidas para limitar a mobilidade e que a cidadanía teña menos interaccións\", xustificou Comesaña. Aínda así, dixo que \"non é descartábel unha medida conxunta da hostalaría\" para toda a Galiza e que teña que fechar ás 18 horas da tarde. \"Analizamos todas as posibilidades e valorámolo coas consellarías asociadas ao sector\", engadiu. Fechamento de zonas urbanas Ademais, o conselleiro recoñeceu que \"é unha posibilidade\" que se volva confinar perimetralmente a Galiza urbana con carácter xeral, aínda que o comité clínico prefire \"traballar de forma cirúrxica, vendo ao detalle cada situación\". Neste contexto, tamén admitiu que \"está encima da mesa\" abandonar o concepto de 'améndoas' -grupos de municipios fechados de forma conxunta, como Santiago, Ames e Teo-, porque \"manter eses confinamentos tan grandes ás veces non é fácil\". \"Estamos a ver as cuestións a favor e os contras e a decisión tomarase nos próximos días\", avanzou, coa vista posta na próxima reunión do comité, en que tamén se prevé adoptar \"algunha outra medida\" para Ferrol pola suba da incidencia.Sexan cales sexan as medidas, Comesaña apelou a \"dar un tempo prudencial\" a que produzan efecto, xa que os resultados non son palpábeis \"até que non pasan 15 días\", como mínimo, no que respecta á capacidade asistencial. Preguntado sobre unha eventual limitación de mobilidade por franxas de idade, o conselleiro de Sanidade insistiu en que o comité clínico \"nunca\" descarta \"ningunha posibilidade\", pero non é das solucións que se estuden \"en primeira instancia\". Non se contempla o confinamento obrigatorio O conselleiro volveu suxerir á poboación un \"autoconfinamento\", xa que unha vez pasadas as festas do Nadal \"a idea é que diminúan\" as interaccións sociais, especialmente porque hai persoas \"que non saben se están contaxiadas\". Segundo as súas palabras, a terceira onda da pandemia \"é difícil de predicir\" nestes momentos, pero si parte dunha incidencia que xa é \"alta\" tras o Nadal e fin de ano e dun clima invernal que favorece que as relacións sociais se manteñan \"máis en interiores\". Vacinación O conselleiro afirmou sobre a campaña de vacinación que \"o resultado está a ser francamente bo\" e o ritmo permitirá que \"esta semana\" todas as residencias de maiores reciban xa a primeira dose de Pzifer. A previsión do Sergas, explicou o conselleiro, é que ao longo do mes de xaneiro \"todos os residentes e traballadores\" de xeriátricos reciban as dúas doses. Con todo, a pesar da porcentaxe \"moi alta\" da xente que se está vacinando, o titular de Sanidade recoñeceu que houbo \"algún caso, sobre todo de traballadores\" das residencias máis que dos anciáns, que \"non quixeron\" recibila. \"Que o respectamos, pero preocúpanos\", engadiu. Preguntado sobre centros de maiores que nos últimos días detectaron positivos aínda que xa se lles administrara a vacina, Comesaña respondeu que \"por desgraza\" é \"inevitábel\" que algún usuario ou empregado xa estivese contaxiado antes ou que contraxese o virus \"nos días seguintes\", antes de que producise efecto."}
{"ID": "NOS_55072", "summary": "Natural de Sandiás, onde naceu en 1932, faleceu aos 87 anos de idade. Integrouse na guerrilla antifranquista con 15 anos. \"O meu soño sigue sendo a república, a liberdade, a igualdade e a democracia\", recoñecía nunha entrevista en Sermos Galiza.", "text": "Faleceu Camilo de Dios aos 87 anos de idade. Era o derradeiro guerilleiro antifranquista galego que fica vivo de entre os centos de homes e mulleres que combateron coas armas na man un réxime, o franquista, que os perseguiu con saña e crueldade. Camilo era o guerrilleiro que non choraba. Non chorou cando foi salvaxemente torturado nun cuartel, nin cando a súa nai foi detida e condenada a prisión por ser enlace da guerrila.Tampouco chorou cando se enterou, estando preso, do asasinato do seu irmán, Perfecto, en Ávila. Fillos ambos os dous do fundador do Partido Comunista en Sandiás. Tampouco chorou cando, en 2014, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica grazas á axuda económica dun sindicato noruegués, localizou a foxa onde esta enterrado o seu irmán e exhumou o corpo para lle dar un enterro digno, a loita de Camilo durante as últimas décadas. Mais, recoñecía, choraba vendo unha película. Mais non polo que lle tocou sufrir. \"Pasei moitas. Se tivera que me emocionar e chorar por cada unha... Pasei tantas...\", afirmaba. Camilo de Dios (Sandiás, 1933) é fillo de Jesús de Dios e de Carmen Fernández Seguín, tamén guerrilleira. Segundo conta Bernardo Máiz, comezou como enlace da guerrilla desde novo, ás veces como tapadeira da súa nai, viúva desde 1945. A súa primeira acción foi en 1947, cando con outros catro adolescentes lles \"expropiaron\" fusís e pistolas aos falanxistas de Vilar de Santos. Logo entrou na clandestinidade armada e alí continuou até a batalla do 18 de marzo de 1949, cando logo dun combate no que morreron dous gardas civís e tres guerrilleiros, detivérono e logo conmutáronlle a pena de morte por 30 anos na cadea, xa que tiña aínda 17 anos."}
{"ID": "PRAZA_3601", "summary": "A taxa de hospitalizacións para o coronavirus é 20 veces maior que a gripe. Os hospitais e centros médicos poderían verse facilmente desbordados. Se isto ocorre, as persoas que necesitan hospitalización non serán atendidas e, polo tanto, a taxa de mortalidade aumentaría. E isto pódese evitar, a sociedade precisa ser responsable, hai que protexer ós grupos máis vulnerables.", "text": "O que está acontecer nos últimos días e a capacidade de reacción da sociedade pode determinar en grande medida o futuro dun pobo. A crise causada polo coronavirus fixo poñer a todo o país nun estado de emerxencia hai que reaccionar rápido, non temos tempo para reflexionar. O que está acontecer nos últimos días e a capacidade de reacción da sociedade pode determinar en grande medida o futuro dun pobo. A crise causada polo coronavirus fixo poñer a todo o país nun estado de emerxencia hai que reaccionar rápido, non temos tempo para reflexionarHai que atacar o COVID-19 coas armas que cada un poida, coma sociedade informada, responsable, e disciplinada nestes casos. Non é unha broma, hai que para a expansión monstruosa da infección do virus e XA. A 15 de marzo estamos case a 7 mil infectados no territorio español e 200 mortos segundo o Centro de análise dos sistemas científicos da universidade Johns Hopkins de EUA. Poden ser máis. Hai que mirar ó impacto que esta crise está pode causar a longo prazo, ademais da saúde, estamos falando das escolas, dos despidos, ... da economía. Pero sobre de todo, en momentos de crise, as leccións que os expertos nos dan é que sexamos RÁPIDOS, actuar e XA. Hai que evitar que o virus se propague, hai que evitar o contacto. A mensaxe que a Organización Mundial da Saúde está mandando é esta: -\"Segue as directrices, non te paralices, tes que estar preparado, o meirande error e non actuar\". #quedaNaCasaO virus COVID-19 non é como a gripe ou como calquera dos outros virus relacionados con enfermidades respiratorias. Non podemos tratar o coronavirus exactamente do mesmo xeito que o facemos coa gripe. Hai que facer unha contención da pandemia do coronavirus. Sabemos moi pouco do novo coronavirus, e levamos décadas investigado o virus da influenza ou da gripe. A maioría dos datos dos que dispoñemos están baseados no informe realizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre o impacto que tivo o brote do COVID-19 en China.Tanto COVID-19 coma o virus da gripe esténdense do mesmo xeito, a través de gotas de fluído do nariz ou da boca dunha persoa infectada. Os grupos de persoas máis vulnerables aos efectos do coronavirus (ou tamén da gripe), ou grupos de risco, son as persoas maiores, especialmente o sector da poboación que ten máis de 60 anos e ten problemas de saúde asociados. A susceptibilidade de enfermar reside nun sistema inmunitario debilitado, problemas cardíacos, hipertensión, diabetes, enfermidades cardiovasculares, enfermidades respiratorias crónicas ou cancro. Os síntomas do COVID-19 poden variar desde a pneumonía asintomática ata a grave. Aínda que o 80 por cento dos infectados con coronavirus xeralmente presentan síntomas leves e recupéranse. Tanto coa gripe como co coronavirus, as persoas infectadas poden difundila a outros, aínda que non teñan síntomas ou sexan moi leves. Non temos inmunidade fronte ao COVID-19, o que significa que máis persoas son susceptibles á infección e as consecuencias serán agravadas. A boa nova é que os nenos que reciben o coronavirus non parecen estar gravemente afectados ou que os síntomas son leves ou nulos. A diferenza da gripe. O coronavirus pode ser transmitido por unha persoa infectada, pero sen síntomas, máis de 1 de cada 10 infeccións proveñen de persoas que tiñan o virus pero non se sentiron enfermos. Estes números son moi perigosos e este é un dos motivos polos que debemos de evitar o contacto durante este período de corentena. Os hospitais e centros médicos poderían verse facilmente desbordados. Se isto ocorre, as persoas que necesitan hospitalización non serán atendidas e, polo tanto, a taxa de mortalidade aumentaría. E isto pódese evitar, a sociedade precisa ser responsable, hai que protexer ós grupos máis vulnerablesOs datos publicados no informe da OMS-China o pasado mes de febreiro indicaban coronavirus é fatal no 3,4 por cento dos casos confirmados por media, fronte ao 0,05 ao 0,1 por cento da gripe. Aínda que estes valores representan a media, e os datos varían segundo o grupo de idade. A maioría das mortes foron entre os anciáns, cun 14,8 por cento nos maiores de 80 anos, o 8 por cento entre 70 e 79 anos, e o 3.6 por cento no rango de idade dos 60 ós 69 anos. Esta é unha diferenza maior, o COVID-19 é de 10 a 30 veces máis mortal que a gripe.O verdadeiro perigo da crise do brote de coronavirus reside no número de hospitalizacións. A taxa de hospitalizacións para o coronavirus é 20 veces maior que a gripe. Os hospitais e centros médicos poderían verse facilmente desbordados. Se isto ocorre, as persoas que necesitan hospitalización non serán atendidas e, polo tanto, a taxa de mortalidade aumentaría. E isto pódese evitar, a sociedade precisa ser responsable, hai que protexer ós grupos máis vulnerables. Os síntomas son problemas respiratorios e a febre se desenvolvería nun 2,5 por cento das persoas infectadas en 2,2 días e nun 97,5 por cento de persoas infectadas en 11,5 días. O período de incubación mediano neste estudo foi de 5,1 días.FontesOrganización Mundial de la Salud, Centros para el Control de Enfermedades y Prevención, Centro MRC para el Análisis Global de Enfermedades Infecciosas, e PudMed."}
{"ID": "NOS_5621", "summary": "Unha manifestación histórica percorreu esta mañá a distancia que afasta San Marcos -o lugar de Compostela onde teñen a sede os medios públicos de comunicación de Galiza- do corazón da capital do país. Os comités de empresa da CRTVG e da RTVE en Galiza convocaron a cidadanía a defender a comunicación pública baixo o lema Pola dignidade dos medios públicos. Esta respondeu por centos.", "text": "A protesta, concibida como unha marcha á que a xente se ía sumando en diferentes etapas, partiu ás once da mañá. Detrás dunha pancarta coa palabra de orde #DefendeAGalega. Sen medo a loitar, traballadoras e traballadores dos entes -cuxa convocatoria conxunta foi pioneira a través dos comités-, políticos das tres forzas da oposición parlamentaria, cidadanía solidaria, percorreron os case cinco quilómetros para amosar o seu rexeitamento á manipulación informativa, os ataques á liberade de expresión e as represalias aos xornalistas disidentes. #SábadoNegroCRTVG foi a etiqueta que circulou -aínda circula- polas redes sociais en apoio á manifestación. A referencia é aos #VenresNegros, a acción que desenvolven, cada semana desde hai máis de tres meses, as profesionais da Compañía de Radio Televisión Galega: visten de negro e así demostran a súa oposición á manipulación informativa. A manifestación transcorreu ao día seguinte da emisión do derradeiro Diario Cultural, o emblemático programa cultural -28 anos en antena- que a dirección da Radio Galega decidiu unilateralmente suprimir -só conserva a marca. A defensa da súa permanencia xuntou, pouco antes do verán, un manifesto coa sinatura de centos de artistas e intelectuais e remexeu nas augas do mundo cultural galego. Da marcha tamén fixeron parte os líderes da oposición parlamentaria. Para o portavoz de En Marea, Luís Villares, os medios \"deben ser libres para contar a verdade, toda a verdade e sóa a verdade do que sucede no país\". Ana Pontón, líder do BNG, esixiu a dimisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo. Este é acusado por profesionais da compañía de responsábel da deriva maniupuladora da casa e de tomar represalias contra as traballadoras e traballadores que se arrepoñen á situación. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén asistiu á manifestación, que rematou na Praza de Praterías, ao pé da catedral compostelá. \"O PP non pode falar de liberdade nin de independencia dos medios con Feixóo como referente\", afirmou. A actuación musical de Uxía, Guadi Galego e Xabier Díaz puxo o ramo a unha xornada que as centrais sindicais da CRTVG -enfrontadas á dirección de Sánchez Izquierdo- e da RTVE en Galiza cualificaron de \"histórica\". Xornalistas dos medios públicos denunciaron nas redes que a CRTVG non cubriu informativamente a protesta. A compañía non se pronuniciou sobre a mesma. Nota: imaxe da cabeceira marcha ao seu paso pola rúa San Pedro de Compostela."}
{"ID": "NOS_22895", "summary": "As cartas xa están sobre a mesa. Catro candidatos cumpren os requisitos para seren os protagonistas do Día das Letras Galegas 2014. Canda eles, dous máis poden ser aceptados polo plenario. O nome estará entre Ricardo Carvalho Calero, Díaz Castro, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Filgueira Valverde, Ramón de Valenzuela e Francisco Vales. Non hai ningunha muller.", "text": "O próximo día 21 celébrase no edificio da Rúa Tabernas un dos plenos do ano máis relevantes para a Academia. Del sairá o nome de quen vai ser homenaxeado o Día das Letras Galegas do 2014 e sobre a mesa xa hai seis candidatos, todos homes. De se cumprir formalmente as condicións que a RAG estipula para escoller o nome do Día das Letras Galegas, o plenario tería que elixir entre Ricardo Carvalho Calero, Díaz Castro, Fiz Vergara Vilariño e Xosé Filgueira Valverde, os catro que cumpren as tres condicións que a nova executiva quere que, a partir de agora se teñan en conta na elección: levar máis de dez anos morto, estar avalado por tres membros da Academia e estar presentado con tempo abondo como para que se adxunten na propia convocatoria da xuntanza. \"O nome estará entre Ricardo Carvalho Calero, Díaz Castro, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Filgueira Valverde, Ramón de Valenzuela e Francisco Vales\". De todas maneiras, e dado que esta sería a primeira edición na que se teñan en conta estas reglas, desde a executiva teñen vontade de ser \"brandos\" á respecto do seu cumprimento, é dicir, deixarán á vontade do propio pleno aceptar outras candidaturas que non se adaptan ás tres regras sinaladas. De ser así e do pleno aceptar as propostas xa presentadas mais non cos requisitos anteriores, dous nomes máis entrarían na elección. Trataríase do narrador Ramón de Valenzuela e do historiador Francisco Vales. En todo caso, as posíbeis candidatas Luísa Villalta e Xela Arias non parece que teñan oportunidade nesta ocasión de seren lembradas no Día das Letras Galegas. Até o de agora podíanse engadir nomes no propio plenario, mais todo parece apuntar que nesta ocasión esa posibilidade non se vai dar, co cal a listaxe está xa pechada, como máximo, cun total de seis nomes. En principio, tamén, e a diferenza do que acontecía en anteriores edicións, parece ser que a executiva non quere ter parte activa na elección e os seus membros votarán a título persoal polo candidato que estimen oportuno mais sen vontade de condicionar o resultado."}
{"ID": "NOS_41989", "summary": "É un de cada dez infectados pola COVID-19.", "text": "Son a primeira liña no combate contra o coronavirus. Unha batalla na que, sobre todo nos primeiros días, carecían do material básico para se protexer fronte un virus que no Estado español matou xa máis de 13.700 persoas, máis de 250 na Galiza. Houbo quen se queixou publicamente desa falla de material e pagou por iso. Foi o caso da xefa de servizo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cesada polo Sergas por esas críticas. Sindicatos, organizacións profesionais, colectivos sociais... todas coincidiron en sinalar esa ausencia de material e tamén a carencia de protocolos acaídos nos primeiros compases sobre como actuar ou intervir Tres semanas despois de se detectar as primeiras persoas contaxiadas na Galiza, o número de persoal sanitario infectado pola COVID-19 elévase a perto de 630. Representan así 10% do total de persoas con coronavirus na Galiza. Desde a Consellaría de Sanidade inciden en que é menos de 2% de todo o persoal sanitario que hai no noso país. A nivel do conxunto do Estado español, a cifra de contaxiadas entre o persoal sanitario era a principios de semana de perto de 20.000, segundo María José Sierra, xefa de área do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias."}
{"ID": "NOS_30956", "summary": "Abortar na sanidade pública resulta unha gran complicación para a gran maioría das mulleres galegas. Malia que a Lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo recoñece o dereito ao aborto libre nas primeiras 14 semanas de xestación e incorpórao como un servizo incluído na carteira de prestacións do sistema sanitario, a actual regulamentación da obxección de conciencia e a falla de vontade política por parte das autoridades públicas impide o seu exercicio real.", "text": "A despenalización do aborto data de 1985 pero a súa incorporación á carteira de servizos do sistema sanitario público non se produce até xullo de 2010. A efectos prácticos, a lexislación aprobada polo primeiro Goberno de Felipe González non pasou de ser máis que unha modificación do Código Penal, que deixou de considerar a práctica do aborto como un delito en tres supostos, mais que non estabeleceu ningunha regulamentación do dereito que posibilitase o seu exercicio. De feito, só unha porcentaxe moi pequena de interrupcións voluntarias de embarazo foron practicadas no sistema público nese período. A Lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo fixou unha nova regulamentación na materia. No seu artigo 4, a lei orgánica impulsada polo Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero estabelece que \"o Estado velará por que se garanta a igualdade no acceso ás prestacións e servizos estabelecidos polo sistema nacional de saúde que inciden no ámbito de aplicación desta lei\", obrigando a incorporar o aborto na carteira de prestacións dos diversos servizos públicos de saúde do Estado. Malia o evidente avance recollido na nova lexislación, os impedimentos para o exercicio efectivo do dereito aborto no sistema público continúan a ser moitos. A gran maioría das interrupcións voluntarias do embarazo na Galiza realízanse en clínicas privadas concertadas co Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Sanidade, os últimos dos cales son de 2018, naquela anualidade o 19,57% dos abortos practicados na Galiza leváronse a cabo na rede pública e o 80,43% restante en clínicas privadas. Ao tempo, o panorama varía en función das áreas sanitarias galegas, presentando as cifras máis negativas a de Lugo, onde non se ten practicado ningún aborto entre 1991 e 2012, repetíndose a situación en 2014 e 2015. Pola contra, os centros sanitarios da Coruña e Pontevedra veñen notificando a realización de interrupcións voluntarias do embarazo de maneira ininterrompida desde 1990 e as clínicas ourensás do Sergas desde 2002. A lexislación actual permite a libre interrupción do embarazo até as 14 semanas, practicándose o denominado aborto farmacolóxico nas primeiras oito e por aspiración nas seguintes seis. Autorízase o aborto por malformación fetal até as 22 semanas, prolongábeis até as 26, previo ditame do comité de ética do Sergas, non fixándose prazo ningún para a interrupción do embarazo no caso de risco para a vida da muller. Segundo os datos recollidos por Nós Diario, a xestión do proceso muda en función das áreas sanitarias e dos profesionais de cada un dos centros hospitalarios. A excepción do CHUVI A totalidade dos abortos farmacolóxicos na Galiza realízanse dentro da rede pública, dispensándose a medicación precisa nos Centros de Orientación Familiar (COF) dos hospitais de referencia ou nalgún outro COF da área sanitaria. As interrupcións voluntarias do embarazo entre as 8 e 14 semanas practícanse maioritariamente en clínicas privadas concertadas con Sergas. O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) é o único centro sanitario público da Galiza que efectúa este tipo de abortos, ofrecendo cobertura ás mulleres da comarca e ás trasladadas do hospital do Salnés. Os abortos por malformación fetal nas áreas sanitarias da Coruña, Ferrol, Compostela, Ourense e Vigo practícanse en todos os centros comprendidos nas mesmas. Pola súa banda, os hospitais de Lugo, Monforte e A Mariña, incluídos na área sanitaria de Lugo, non os realizan, derivando as demandantes do servizo ao CHUVI. Outro tanto acontece cos hospitais de Pontevedra e O Salnés, na área sanitaria de Pontevedra, onde as mulleres son desprazadas ao CHUVI. A situación é máis complexa naqueles supostos de risco para a vida da nai, practicándose para a área sanitaria de Vigo, Lugo e Pontevedra no CHUVI e variando a alternativa en función da complexidade do caso na Coruña, Ferrol, Compostela e Ourense. A xefa de servizo de Traballo Social da área sanitaria de Ourense, Celsa Perdiz, sinala en declaracións a Nós Diario que \"existen peculiaridades diferentes en función das diversas áreas sanitarias\". Perdiz considera necesario para mellorar a prestación do servizo \"unha nova lexislación do dereito aborto para resolver os problemas que se xeran entre as mulleres menores de 18 anos coa necesidade da autorización paterna, algo que resulta moi complicado para aquelas persoas que carecen de vencellos cos mesmos e cuxas familias se atopan a moitos quilómetros de distancia ou mesmo noutros países\". A obxección de conciencia Perdiz aposta pola \"simplificación dos trámites para poder acceder á interrupción voluntaria do embarazo\". Por último, apunta aos \"problemas que se xeran pola falla de regulamentación da obxección de conciencia e as distintas casuísticas que se producen en relación coa mesma\". A médica e activista feminista Lola Ferreiro destaca, en conversa con Nós Diario, que \"unha porcentaxe altísima de xinecólogas e xinecólogos e anestesistas declaráronse obxectores, o que obstaculizou seriamente que se puideran realizar as interrupción voluntaria do embarazo nos hospitais públicos. As clínicas autorizadas foron obxecto de auténtico acoso durante os Gobernos da dereita e non poucas profesionais foron imputadas por realizaren intervencións presuntamente fóra dos supostos\". \"Unha porcentaxe altísima de xinecólogos e anestesistas declaráronse obxectores\", sinala Lola Ferreiro Ferreiro denuncia que a lexislación \"incúmprense de maneira sistemática, ben pola referida obxección de conciencia, non vixiada nin normativizada, ben pola falla de recursos humanos, e sempre pola non implementación da educación afectivo-sexual\". Ao tempo, amósase preocupada polo \"desmantelamento dos COF, paulatina pero imparábel\". \"A falta dun modelo de intervención e de coordinación entre estes dispositivos e os escasos recursos orzamentarios e de persoal que se atribúen a estas cuestións configuran unha situación de deterioro absolutamente inaceptábel\", advirte ao respecto. Os límites da obxección de conciencia A obxección de conciencia dos profesionais sanitarios é a causa central que explica as dificultades para abortar no sistema público. A Lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo recolle no seu articulado que \"os profesionais sanitarios implicados directamente na interrupción terán o dereito de exercer obxección de conciencia sen que o acceso e a calidade e función da prestación poidan resultar menoscabados\" e que esta é \"unha decisión individual do persoal sanitario directamente implicado\" que \"debe manifestarse anticipadamente e por escrito\". O xurista Xoán Antón Pérez Lema lembra, en declaracións a Nós Diario, que \"o dereito á obxección de conciencia é persoalísimo; é dicir, a facultade de obxectar é persoal do facultativo, pero este non se pode practicar en conxunto, por un grupo de médicos ou unha unidade dun hospital\". \"Sempre que hai dereitos fundamentais en conflito, como neste caso, o dunha usuaria á que se lle practica o aborto e o dun profesional á obxección da conciencia, correspóndelles ás autoridades sanitarias facer posíbel o exercicio de ambos. A Xunta ten que prover os medios, os equipos de apoio, a mobilidade xeográfica ou a activación de recursos para que o dereito da muller ao aborto sexa efectivo\", conclúe. Lola Ferreiro destaca que \"a obxección de conciencia, nunca regulada nin monitorizada con seriedade polos poderes públicos, foi e segue a ser un dos atrancos\". Neste sentido, lembra como a primeira lexislación abortiva do Estado, a aprobada pola Generalitat de Catalunya entre decembro de 1936 e marzo de 1937, estabelecía no seu artigo catro que \"todos os médicos da especialidade de toco-xinecoloxía de Catalunya que residan en poboacións nas que existisen un ou máis Hospitais Xerais, Comarcais ou Municipais nos que estea organizado este servizo estarán obrigados a prestalo\"."}
{"ID": "PRAZA_20296", "summary": "Galicia Escena Pro pechou catro días de feira profesional de artes escénicas coa presentación de dez proxectos teatrais que se estrearán nos vindeiros meses", "text": "A quinta edición do Galicia Escena Pro, a marca que inventou a Agadic fai xa un lustro para substituír a anterior Feira das Artes Escénicas, celebrouse esta semana en Compostela coa participación de 17 compañías que exhibiron os seus espectáculos máis recentes -todos eles estreados xa ao longo da temporada- e outras dez que aproveitaron a ocasión para presentar os seus vindeiros proxectos. Deste xeito, Galicia Escena Pro serve -ademais de poñer en contacto os programadores co sector escénico- para facerse unha idea xeral do teatro que esta a xirar e que vai xirar por Galicia nos vindeiros meses. Como novidade nesta edición, a organización de Galicia Escena Pro preferiu eliminar os showcase, as sesións nas que as compañías podían amosar fragmentos da súa futura produción, e decantouse por reservar os proxectos en marcha á sesión de pitching, que malia a sonoridade do anglicismo, o conto non deixa de ser a presentación de toda a vida, cos seus discursos, as súas imaxes, os seus vídeos e os power point. Iso si, todo concentrado en tan só seis minutos nos que as compañías, con maior ou menos habelencia, han defender os seus proxectos coa intención de que, chegado o momento, os programadores dos auditorios de Galicia se lembren das súas propostas e acaben por contratalas. Das dez compañías participantes desta sesión, presentada polo xornalista e crítico Camilo Franco, Contraproducións será a primeira en estrear a súa nova montaxe: Nacidas libres. A súa estrea producirase o vindeiro 30 de xuño no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que coproducirá a montaxe desta compañía encabezada por Belén Pichel, presidenta de Escena Galega. Susana Dans, Casilda Alfaro, Rocío González e Mónica Camaño volverán poñerse ás ordes de Cristina Domínguez para erguer un texto asinado por Cándido Pazó A montaxe repetirá a fórmula de As do peixe, ao contar co mesmo elenco, a mesma directora e o mesmo autor da obra. Deste xeito, Susana Dans, Casilda Alfaro, Rocío González e Mónica Camaño volverán poñerse ás ordes de Cristina Domínguez para erguer un texto asinado por Cándido Pazó. \"Se en As do peixe, traballamos un teatro documento-memoria, nesta ocasión centrarémonos nun teatro documento-reflexión\", resumiu Pazó sobre un texto que xira ao redor dun grupo de actrices que ao entrar na madurez viven en carne propia as dificultades que atopan as intérpretes no mundo laboral ao chegar a unha determinada idade. Para sortear a situación, as actrices deciden crear a súa propia montaxe a partir dunha noticia dos xornais: a liberación de varias monxas de clausura no Convento das Mercedarias de Santiago de Compostela. Deste xeito, Pazó traballará unha vez máis \"o teatro dentro do teatro\" e afondará na situación laboral das mulleres no sector. Mais esta non será a única montaxe que dará Contraproducións neste 2017, xa que como adiantou Belén Pichel a compañía está a preparar unha nova coprodución co FIOT de Carballo, repetindo así a fórmula de O tolleito de Inishmaan. Esa nova peza xirará ao redor de Eduardo Pondal e contará no elenco con César Cambeiro. Ademais, Contraproducións colaborará coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago na produción dunha ópera de pequeno formato. Pola súa banda, A Panadaría presentou Elisa e Marcela, que será a súa terceira montaxe tras a lembrada Pan! Pan!, Premio da Crítica en 2015, e Panamericana. A compañía, encabezada por Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, realizarán a primeira aproximación teatral á historia de Elisa e Marcela, que en 1901 casaron polo rito católico na Igrexa de San Xurxo da Coruña, converténdose así en pioneiras do matrimonio homosexual. \"Esta é unha historia galega real de dúas figuras transgresoras que, coa súa valentía, se converteron en referencia internacional\", sinalou Bolado antes de lembrar que A Panadaría seguirá coa súa liña de traballo e repetirán cun equipo integramente formado por mulleres. Deste xeito, nesta coprodución do Centro Dramático Galego implicaranse Esther Carrodeguas na dramaturxia ou Gena Bamonde na dirección. Ibuprofeno Teatro, compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, presentou Casa O'Rei, montaxe que se estreará en marzo de 2018 e que o seu director define como \"un xogo dramatúrxico\" a partir do texto shakespiriano de O Rei Lear. Na obra, trasládase o drama a \"unha típica casa de xantar galega\" na que o dono do negocio, vello e enfermo, decide repartir entre as súas fillas o restaurante. A obra contará con Miguel Borines, Marián Bañobre, Xosé Manuel Esperante, Victoria Teijeiro, Víctor Mosqueira e Teté García como intérpretes. O groso do elenco xa participara nunha primeira achega escénica a este texto de Cortegoso a finais do ano pasado, dentro do programa de Lectura Dramatizadas, organizado pola Fundación SGAE en colaboración coa AAAG. Con esta futura peza, Ibuprofeno pechará a súa triloxía gastronómica, que tamén inclúe a Raclette e O furancho. A obra, que se estreará no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), fará que Mofa e Befa \"se sometan a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo\" Producións Teatráis Excéntricas volverá reunir en escena a Mofa & Befa na montaxe Cranios Privilexiados (Ou a crítica da Razón Perralleira), unha montaxe na que Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo contarán con textos de Quico Cadaval, Manolo Cortés, Pepe Sendón e Carlos Santiago, que tamén se encargará da dirección. A obra, que se estreará no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), fará que Mofa e Befa \"se sometan a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo\", unha filosofía baseada no principio de que \"todo problema ten solución e, se non a ten, non queda outra que invental\". Público familiar Na sesión de pitching de Galicia Escena Pro, tamén se presentaron dous proxectos destinados ao público familiar. O primeiro deles foi Aguaratrat!, da compañía Pérez&Fernández, fundada o ano pasado por Victoria Pérez e Manu Fernández tras a creación do seu primeiro espectáculo: O poder de Amabel, baseado no libro de Erika Esmorís. Na súa nova montaxe, a compañía fará unha adaptación do libro Esio Trot, de Roald Dalh, autor fundamental da literatura infantoxuvenil universal. A peza xirará ao redor dunha fermosa historia de amor e aventuras protagonizadas por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista será unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza. A segunda obra presentada destinada para público infantil chegou da man de Fantoches Baj, que estreará próximamente unha montaxe de monicreques co texto Os golfiños e o xigante, obra de Inacio Vilariño premiada co Barriga Verde para público infantil. O texto xira ao redor da historia de Bao Si Shun, considerado o home máis alto do mundo polo Libro Guiness. Este home conseguiu a fama non só pola súa altura, senón por unha fazaña curiosa na que, grazas o seu longuísimo brazo, foi quen de extraer dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvándoos así da morte. A partir desta historia, Fantoches Baj crea unha fábula para Monicreques. A partir do texto Marcha Fúnebre para un Monicreque, de Roi Vidal Ponte, que gañou o Barriga Verde para adultos, a compañía de Kukas e Isabel Rey producirán Requiem por un monicreque O outro espectáculo de monicreques da sesión presentouno Kukas, aínda que nesta ocasión a peza estará destinada ao público adulto. A partir do texto Marcha Fúnebre para un Monicreque, de Roi Vidal Ponte, que gañou o Barriga Verde para adultos, a compañía de Kukas e Isabel Rey producirán Requiem por un monicreque, obra que homenaxea os oficios técnicos das artes escénicas. Kukas, ademais, aproveitou a ocasión para lembrar a futura creación da Casa do Monicreque en Santiago. Kokoharuka presentou o seu proxecto, Este es de aire el otro de agua, unha creación que, tal e como explica Masako Hattoroi, é unha mestura entre o teatro-danza e a performance, que se centra nunha reflexión sobre o noso corpo de hoxe e a transformación que se está a producir na actualidade: de homo sapiens a Homo dixital. E con moito que ver con esa transformación, ArtesaCía, compañía creada en 2009, anunciou a súa vindeira montaxe: Chola; A It Girl. A peza tratará sobre unha blogueira rural creada pola propia compañía e que conta coa súa propia webserie e a súa liña de camisetas Chola&Lola. Deste xeito, ArtesaCía mestura a escena coas linguaxes que están a xurdir na rede. Por último, na sesión de pitching tamén participou Nelson Quinteiro Producións, compañía que aproveitou os seus minutos para presentar o seu traballo no burlesque e en diferentes espectáculos e festivais ao longo da súa traxectoria."}
{"ID": "NOS_56914", "summary": "@s organizador@s cifran en 5.000 @s participantes na manifestación que decorreu nesta vila do sur da Galiza", "text": "No Estado español, desde hai case sete anos, o actual partido gobernante (PP) ten recorrida ante o Tribunal Constitucional a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexoTamén son indignad@s, mais non teñen a mesma cobertura mediática nin interese institucional. Son entre 70.000 e 100.000 só na Galiza e levan meses protagonizando diferentes accións e iniciativas para denunciar o que se ten definido como \"todo un roubo dos bancos\", en palabras das plataformas de afectados, ou mesmo \"un corralito\", segundo Francisco Jorquera do BNG. Nestes días Moaña acolleu unha manifestación, convocada pola Plataforma de Afectados do Morrazo, e na que participaron en torno a 5.000 persoas, segundo a entidade. Os e as participantes denunciaron a actitude de NGB e reclamaron a devolución dos cartos. A entidade financeira optou por pechar as súas sucursais en Moaña nesa xornada aludindo a perigos para os seus empregados, nunha actitude que foi duramente criticada non só polo@s manifestantes, senón pola veciñanza en xeral. Esta manifestación vense engadir ás que se están celebrando a cotío en vilas e cidades da Galiza para denunciar o que acontece coas peferentes, así como a desida da Xunta neste caso e a impunidade\" das entidades financeiras, nomeadamente NovaGalicia Banco."}
{"ID": "NOS_16071", "summary": "Malia que todo indica que as europeas poden converterse nun castigo ao bipartidismo, o representante galego na lista socialista, José Blanco, pide publicamente un debate xunto a Millán Mon, d@s populares, no que non estarían outras forzas como BNG ou AGE. A candidata nacionalista, Ana Miranda, afirma que \"son as dúas caras da mesma moeda\".", "text": "A crise das dúas principais forzas políticas do Estado español, PP e PSOE, é tamén a dun dos piares do modelo constitucional, o bipartidismo. Pasan por un mal momento ambos partidos, ao punto de que o seu voto sumado pode alcanzar mínimos históricos nas eleccións europeas do próximo 25 de maio. Así o indican a maioría das enquisas. Se cadra por iso ambas formacións buscan fórmulas para manter o seu status quo, que en Galiza pasan por apropiarse do debate electoral, segundo proposta do candidato galego na lista do PSOE, José Blanco. O ex-ministro de Fomento -ao que se lle atribúen responsabilidades políticas na traxedia de Angrois- segue de campaña e a súa última proposta foi a de pedir un cara a cara con Francisco Millán Mon, o cuñado de Rajoy que cumpre coa cota galega na candidatura do PP. Así, e malia que nin sequera é seguro que PP e PSOE sexan as dúas forzas máis votadas na Galiza, Blanco intenta deixar fóra a outras opcións, como por exemplo as de BNG e AGE. A pesar de que xa se traballa na celebración dalgún debate a varias bandas, non se contemplou aínda a posibilidade dun que só reúna a PP e PSOE, sen participación doutras siglas, que sería algo inédito en Galiza, xa que este tipo de encontros nunca foron bipartidistas e cando reunían a dúas persoas, como nas últimas autonómicas, celebrábanse varios, até completar o arco parlamentario. Agora, Blanco quere reducir as eleccións a un combate formal entre populares e socialistas nos seus peores momentos. Que talvez por iso se defenden mutuamente. Hai dous días, o candidato asturiano do PP, Salvador Garriga, pediu que se vote \"só a PP e PSOE, non a partidos pequenos\". A proposta de Blanco xerou malestar noutras forzas. A candidata do BNG, Ana Miranda, contestou que \"PSOE e PP son as dúas caras da mesma moeda\". \"Homologados na aplicación de políticas e recortes, reformas laborais aquí e votos semellantes unha e outra vez no Parlamento Europeo, sobre todo nos temas económicos, estes dous partidos non poden ocultar o resentimiento cara o feito nacional de opcións como o Bloque\", dixo. Tamén pediu que os medios públicos non se presten a tal amaño."}
{"ID": "NOS_39259", "summary": "17.500 persoas, entre alas máis de 2.500 escolares, pasaron pola exposición Alba de Gloria. Unha experiencia, organizada polo Consello da Cultura. O seu peche oficial era o pasado 3 de marzo, mais o éxito de publico mudou os plans. A mostra permanecerá aberta até o 17 de marzo en San Domingos de Bonaval.", "text": "É a segunda prórroga de Alba de Gloria, \"a proposta que recrea e contextualiza o discurso de Castelao en que cita as grandes personalidades da cultura galega\". O rianxeiro pronunciou a súa intervención o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires. Unha estadea de persoeiros históricos do galeguismo toma corpo: de Alfredo Brañas a Concepción Arenal, de Diego Xelmírez a Benito Vicetto. \"A mostra foi concibida cun marcado carácter participativo\", explican desde o Consello da Cultura. Entre as actividades que reforzaron esta idea atópase a proposta de que a visitante indique quen falta entre os 65 personaxes que cita Castelao. 9.335 votos despois, \"o ránking está liderado por Castelao (co 14% dos votos), seguido de Maruxa Mallo (8,1%) e María Pita (6,8%). Séguenlle Álvaro Cunqueiro, Xosé Neiras Vilas, Manuel María e Isaac Díaz Pardo\"."}
{"ID": "NOS_42395", "summary": "A Asociación de Consumidores da Galiza chama a crear unha fronte común para defenderse ante o aumento das estafas bancarias mediante a técnica do 'phishing'.", "text": "A crecente dixitalización dos servizos bancarios trae consigo novos riscos para a clientela. Un deles é a suplantación da identidade por medio da técnica coñecida como 'phishing', que consiste en obter os contrasinais de acceso á banca electrónica por medio de mensaxes nas que as estafadoras fanse pasar pola propia entidade bancaria. O equipo técnico da Unión de Consumidores da Galiza (Ucgal) confirma o aumento deste tipo de prácticas no país. De feito, só neste mes de setembro atendeu dez casos de persoas que foron vítimas deste tipo de estafas, aos que hai que sumar os de outras persoas que se están a agrupar pola súa conta e que, segundo as estimacións das propias afectadas, superan as 40 familias. Co gallo de coñecer mellor as distintas casuísticas, a Ucgal ten previsto celebrar a vindeira quinta feira ás 18 horas unha xuntanza coas persoas afectadas que queiran dar conta de primeira man o alcance destas fraudes, a metodoloxía utilizada polos delincuentes e as respostas recibidas por parte das entidades financeiras e as distintas autoridades ante o acontecido. A cita será en Compostela, nas instalacións do edificio Cersia, na rúa Alcalde Raimundo López Pol. Por razóns de seguridade recoméndase contactar previamente coa organización para avaliar o aforo máximo, apuntan desde a organización. Segundo explican nun comunicado, a propia Ucgal xa tería contactado con distintas persoas afectadas de cara a armar unha fronte común contra este tipo de condutas delitivas. Con todo, a Unión de Consumidores considera que antes de poñer en marcha actuacións de natureza xudicial, cómpre esgotar calquera outra vía de acción, en especial o contacto directo coas entidades financeiras, para estudar as vías que permitan a recuperación do diñeiro, e analizar aspectos como a seguridade dos sistemas, aplicacións e protocolos, así como a formación das persoas usuarias da banca electrónica e móbil. Ucgal solicita que as persoas que desexen acudir leven consigo un breve informe da súa situación persoal (detalle dos feitos, importes subtraídos, reclamacións e denuncias presentadas, así como as respostas obtidas ás mesmas) para avaliar o alcance das fraudes á hora de dirixirse a bancos e autoridades. De cara a evitar novos casos, recomendan non responder a mensaxes alarmantes que poidan chegar da nosa entidade bancaria e, no caso de recibilos, contactar coa mesma polos canais convencionais para comprobar a información antes de facer calquera acción."}
{"ID": "PRAZA_15821", "summary": "PODEMOS colocou o PSOE nunha situación complexa, a de quedar ante o electorado como único responsable da ingobernabilidade.", "text": "No medio do enorme ruído e confusión ós que asistimos nos últimos días acerca dos achegamentos que puideran propiciar un pacto de investidura, unha vez máis Podemos toma a iniciativa. Ante a inactividade e a ausencia de ideas duns e doutros, semella que estes días o partido morado traballou arreo para, como fixo dende a súa irrupción na política española, orientar e centrar a axenda política e de paso facerse coas portadas de todos os xornais. Cómpre recordar a manida frase de Oscar Wilde \"Hai soamente unha cousa no mundo peor que falen de ti, e é que non falen de ti\" e nisto o que está claro é que Podemos leva vantaxe. Poñendo as cartas sobre a mesa, Pablo Iglesias obriga os demais actores deste proceso a facer xogo. Aínda que non puidemos ver as caras de sorpresa entre os responsables dos outros partidos, as rápidas reaccións nas redes sociais dannos idea da sorpresa xeneralizada. Pacto de perdedores, Irán e Maduro, faltou ETA e xa teríamos ós protagonistas habituais dos argumentos populares. Xa levaban días movendo as cloacas do estado intentando presionar o PSOE para que aceptara a Gran Coalición, porque ó máis puro estilo Esperanza Aguirre, só foi necesario que houbera eleccións para escoitarlles que populares e socialistas son case o mesmo e que polo ben de España deberían xuntarse. Ou nosoutros ou o caos. Liña semellante á que quere aferrase Ciudadanos. Unidade de España e reparto de sillóns critica un cada vez máis irrelevante Rivera que se esforza por interpretar o frustrado papel de árbitro entre o PP e o PSOE. Tampouco puidemos ver a cara de sorpresa de Sánchez, que, ironías da vida, semella que tivo coñecemento de que podía ser presidente por boca de Felipe VI. Alén do seu entendible desexo de ver a Rajoy queimarse no lume dunha truncada sesión de investidura, falta por ver se a súa insistencia nos tempos (que todo indica van con atraso) non intenta ocultar o estupor que a proposta dun goberno de cambio provocou nas filas socialistas. En todo caso PODEMOS colocou o PSOE nunha situación complexa, a de quedar ante o electorado como único responsable da ingobernabilidade. A quen seguro que desconcertou menos a proposta sería a Alberto Garzón, que dende o primeiro momento apostou polo diálogo necesario que fixera posible un goberno progresista alternativo ó Partido Popular. Que acabara sendo ministro dun gran goberno de coalición sería un enorme motivo de alegría para os que vimos con tristeza que a unidade da esquerda non se tivera materializado para o 20D. Dende o establishment e numerosos medios de comunicación había días que sinalaban a necesidade de abandonar o infantilismo que presupoñían a un partido inexperto nas artes da política. A pesares das sorpresas que nos deparen os artigos de opinión que vamos ler estes días, será difícil ocultar a brillante escenografía do partido morado presentándose ante a cidadanía como o único capaz de antepoñer o interese xeral ós intereses partidistas. Aínda que é evidente que a posibilidade de pactar un goberno co Partido Socialista causará división de opinións tamén entre os propios votantes de Podemos (non podería ser doutro xeito entre unha base social tan ampla e heteroxénea coma a que lle deu o seu apoio) cómpre ter presente que \"a política é a arte do posible\". Sen importar demasiado se foi Aristóteles, Maquiavelo ou Bismarck quen enunciou a frase, resulta indicativa das enormes dificultades que implican as negociacións políticas, onde sempre, para gañar, haberá que estar disposto a renunciar. Programa e políticas por diante, por suposto, pero haberá que aceptar que para poder garantir a xustiza e os dereitos sociais, a igualdade, unha verdadeira xustiza independente, un sistema electoral proporcional e o encaixe plurinacional do estado, será preciso negociar e pactar con voces e sensibilidades diferentes. Está por ver se este movemento é o primeiro paso para un goberno de cambio ou a primeira parada dunha nova campaña electoral. En todo caso, é o tempo das apostas: Recollerá Sánchez este guante?"}
{"ID": "PRAZA_3054", "summary": "Os concellos, gobernados dous deles polo PP e outro polo PSdeG, repártense 77.500 euros polas súas iniciativas para manter poboación e reactivar economicamente as zonas rurais", "text": "Os concellos, gobernados dous deles polo PP e outro polo PSdeG, repártense 77.500 euros polas súas iniciativas para manter poboación e reactivar economicamente as zonas ruraisA Xunta vén de facer públicos este luns os nomes dos tres concellos galardoados na primeira edición dos Premios á Dinamización Demográfica, que o Goberno galego puxo en marcha para \"recoñecer as boas prácticas das entidades locais de menos de 20.000 habitantes para afrontar o reto demográfico que poidan aplicarse noutros municipios da nosa comunidade\". Os 77.500 euros que a Xunta destina aos galardóns foron parar aos concellos da Veiga (gobernado polo PP, que recibe 40.000 euros), Parada de Sil (gobernado polo PSdeG, que recibe 25.000 euros) e Cervo (gobernado polo PP, que recibe 12.500 euros). Os tres concellos veñen perdendo poboación nos útimos anos, de xeito menos alarmante no caso de Cervo, no litoral, que no último ano mesmo estabilizou a poboación, pero tamén A Veiga conseguiu ralentizar algo o declive demográfico.O Goberno galego salienta que \"o xurado tivo en conta que as iniciativas ou proxectos piloto incluísen medidas de apoio ás familias, á mocidade, á conciliación familiar, ao retorno e á atracción de nova poboación, á promoción do envellecemento activo e saudable ou á creación do marco necesario para o asentamento da poboación no medio rural\".Novas producións no monte, recuperación de vivendas baleiras ou turismo de observación de estrelas son algunhas das iniciativas da VeigaNo caso da Veiga, a Xunta salienta que \"incide en eidos como o emprego, poñendo en valor produtos da zona como o mel, as fabas e os cogomelos das Montañas de Trevinca ou o fomento da plantación de novos soutos\". Ademais, a rehabilitación de vivendas baleiras en desuso e de antigas casas-escola para alugueiro permitiu o traslado de varias familias ao municipio e o concello creou en 2017 o Centro de Visitantes ZEC Pena Trevinca e conta desde 2015 coa certificación como destino turístico Starlight pola excelente calidade do ceo. No ámbito de benestar social, habilitáronse axudas á natalidade e ao transporte, así como programas de conciliación e actividades de envellecemento activo, salienta a Xunta.Parada de Sil e Cervo son recoñecidos polas súas iniciativas para o asentamento de novas familias e xente nova No caso do segundo premio, o concello de Parada de Sil é recoñecido pola súa iniciativa para o asentamento de novas familias e xente nova a través da rehabilitación dun grupo de casas en ruínas no núcleo de Fondevila para emprazar cinco vivendas unifamiliares. \"Para fomentar a conciliación laboral e familiar, o concello propón a reforma dunha antiga construción para albergar un espazo de coidado e casa de lecer para nenos menores de 10 anos en períodos vacacionais e tamén na época escolar para os nenos en idade previa á escolarización obrigatoria\", salienta a Xunta.Por último, o terceiro premiado, o concello de Cervo, foi recoñecido por medidas que contribúen ao asentamento das familias no municipio como \"a rehabilitación de inmobles para crear espazos de traballo destinados aos novos emprendedores; a organización de encontros de dinamización empresarial que fomenten o espírito emprendedor entre a mocidade, como o programa Revívate dirixido aos mozos de Sargadelos; a posta en marcha de axudas á escolarización ou de becas de formación remuneradas a titulados universitarios ou de Formación Profesional; a ampliación do programa de conciliación da vida persoal, familiar e laboral; ou actividades de voluntariado cultural tanto para a xuventude como para os maiores de 55 anos\"."}
{"ID": "NOS_9093", "summary": "Un percorrido duns 27 quilómetros que combina tramos en coche (ou en bicicleta) con pequenas camiñadas permítenos coñecer o litoral de Rianxo", "text": "Rianxo atópase na banda norte da ría de Arousa e a súa costa abrangue una parte do litoral do interior da ría e un tramo do esteiro do Ulla. É unha costa pouco exposta, con numerosos abrigos, seos e esteiros que alterna pequenas praias e rochedos de pouca altura nas que se forman hábitats de grande interese biolóxico. Unha pequena parte está incluída no LIC/ZEC Río Ulla (a zona do esteiro até a punta das Tres Cruces). Paraxe: Barbanza / Concello: Rianxo / Percorrido: 27 km (lineais en coche + camiñadas) / Dificultade: Baixa O litoral de Rianxo ten un grande interese natural (formas e hábitats), histórico-artístico (mámoas, petróglifos, castelos, castros, igrexas, cruceiros...) e etnográfico (conxuntos urbanos, peiraos tradicionais, embarcacións...). Un percorrido lineal duns 27 quilómetros que combina tramos en coche (ou en bicicleta) con pequenas camiñadas permítenos achegarnos aos puntos de maior interese. Recomendamos facelo coa marea baixa para poder apreciar a amplitude das praias, os espazos marisqueiros e os rochedos. Comezamos na Ponte Beluso (no fondo da ría de Beluso), no linde con Boiro, e seguimos a estrada xeral en dirección a Padrón para desviarnos a Taragoña, onde podemos achegarnos ao porto e á punta de Iñobre. Volvemos atrás e collemos a estrada de Rianxo desde a que nos desviamos no lugar de O Pazo para visitar, a praia da Torre, a desembocadura do río Te, a punta da Torre, o Castelo da Lúa e a praia do Pazo. Desde a praia da Torre hai un paseo acondicionado até o centro de Rianxo. A seguinte parada é a vila de Rianxo, lugar de nacemento de importantes persoeiros galegos: Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, capital do concello e centro de importante actividade na pesca de baixura (sobre todo sardiña), o marisqueo (berberecho, ameixa...) e o cultivo do mexillón. A vila conta con dous museos de interese: o Museo do Mar e a casa Museo de Manuel Antonio, que podemos visitar, ademais do porto, as igrexas… Seguimos a estrada cara a Catoira pola beira da Ría e desviámonos en Cortes para coñecer a praia de Quenxo, o pequeno porto de Cortes e a praia de Tanxil. Volvemos á estrada e desviámonos en Brión para ir á punta do Salto do Ladrón, a praia do Porrón, a punta do Castro, a praia das Cunchas e á punta Sebeira. Volvemos de novo á estrada principal e continuamos até Quintáns desde onde podemos achegarnos, por unha pista de terra, até a punta das Tres Cruces que marca o remate do esteiro do Ulla e indica o camiño fluvial Xacobeo. Volvemos atrás e seguimos pola estrada, pola beira do esteiro do Ulla, até a ponte que cruza a Catoira, desde onde hai unha boa vista do esteiro. Un pouco máis adiante, no río, atópase a illa de Bexo, compartida con Dodro, onde remata o concello de Rianxo."}
{"ID": "PRAZA_7588", "summary": "A asociación cultural denuncia que os programas foron \"desaparecendo progresivamente\" nos últimos meses até quedar a grella \"limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día\"", "text": "A Asociación Desconcierto Cultural alerta de que a programación musical da emisora Radio Galega Música está a desaparecer progresivamente nos últimos meses, caendo pouco a pouco os seus programa até quedar a grella \"limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día\". Na actualidade Radio Galega Música, de luns a venres, emite unicamente Planeta Furancho de once a doce da noite e, efectivamente, as restantes 23 horas de programación están ocupadas por un fío musical automatizado. Os sábados emítese Lume na Palleira de catro a seis da tarde. E os domingos é a quenda de Estudio 3, de tres a catro da tarde, e de Allegro Moderato, de once da noite a doce e media. Desconcierto salienta que esta situación sorprende \"tendo en conta que outras emisoras intentan desenvolver, non sen dificultades e trabas administrativas, unha programación estable deste tipo\". A asociación cre que \"a segunda canle da Radio Galega debería ser a plataforma natural dos músicos e profesionais de Galicia\" e afirma que \"de seguiren así, ao sector (músicos, promotores, salas de concertos, estudios...) causaráselles un prexuízo irreparable por parte da que debería ser a súa principal voz radiofónica\"."}
{"ID": "NOS_25266", "summary": "Á beira do río, coa fronte virada para Portugal, o Espazo Fortaleza de Goián acolle os días 6 e 7 de setembro o Minho Reggae Splash, un festival xa referencia nos ritmos xamaicanos que ten lugar por primeira vez na beira galega. Nas anteriores edicións, o escenario estaba en Vila Nova da Cerveira.", "text": "O Minho Reggae Splash atravesa o río e instálase na beira galega. Á cuarta edición chega o Minho Reggae Splash organizado polo Concello de Tomiño a través da Asociación Minho Reggae. Desta volta, o Espazo Fortaleza de Goián é o novo emprazamento dun programa no que a música vén acompañada de actividades deportivas e artísticas, espectáculos de rúa, obradoiros e feiras, xusto na beira dun río que dá a man coa portuguesa Vila Nova da Cerveira, vila na que se celebraron as anteriores edicións do festival. Praia fluvial e máis de 60.000 metros cadrados de espazo natural con zona de acampada é o escenario dunha cita que é xa referencia para quen goza cos ritmos xamaicanos. A programación ábrese tamén para todas as idades e un público amplo con grupos musicais chegados de Londres, Brasil ou Noruega con citas como a do londinense Alpheus que moverá o público a ritmo de reggae, ska e rocksteady. O santanderino Roberto Sánchez, os brasileiros Ukiemana, o Chakras, banda de Noruega, os madrileños Goymamba, Organic Roots Crew e Tasty Groove ou Enki Sutta Dub, de Francia son os músicos convidados ao programa de Tomiño. Zamaramandi, Dandy Fever e Chek Selectah & Genbeat serán as que mostren o reggae que se está a facer no país."}
{"ID": "PRAZA_11110", "summary": "A Fiscalía do Estado conclúe que Florentino Delgado cometeu abuso de autoridade contra a ex-concelleira do PSdeG Áurea Soto, denunciante das presuntas irregularidades urbanísticas do goberno do PP que dirixía Manuel Cabezas", "text": "O pasado abril a Fiscalía Xeral do Estado decidiu suspender cautelarmente das súas funcións a Florentino Delgado, fiscal xefe de Ourense, no marco do expediente disciplinario que lle abrira para dilucidar a situación da vivenda cuxo alugueiro lle pagara a Xunta dende 2004 e ata 2016, momento no que o fiscal seguiu no piso sen pagar o arrendamento. Pouco despois, en maio, Delgado obtiña praza en Madrid. A Fiscalía do Estado conclúe que Florentino Delgado cometeu abuso de autoridade contra a ex-concelleira do PSdeG Áurea Soto, denunciante das presuntas irregularidades urbanísticas do goberno do PP que dirixía Manuel CabezasO fiscal abandonaba Ourense levando consigo a investigación polo piso, pero tamén outro expediente disciplinario por abuso de autoridade e deixación de funcións en prexuízo de Áurea Soto, ex-concelleira do PSdeG ourensán que denunciara un caso de presuntas irregularidades urbanísticas de Manuel Cabezas, antigo alcalde do PP na cidade. Este é o caso polo que a Fiscalía Xeral do Estado vén de decidir sancionar con dez meses de suspensión e unha multa a Delgado e, colateralmente, apercibir ao actual fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.Fontes da Fiscalía consultadas por Praza.gal ratifican que a Fiscalía do Estado sanciona a Florentino Delgado por cometer catro faltas, dúas moi graves e outras tantas graves. As moi graves son \"inobservancia do deber de abstención\" e \"ignorancia inescusable no cumprimento dos seus deberes\". As graves, confirman as mesmas fontes, teñen que ver co devandito \"abuso de autoridade ou falta grave de consideración\" contra a ex-edil do PSdeG na persoa da súa avogada e o seu equipo.A instrución do 'caso 10%' vén de concluír co ex-alcalde Cabezas e un antigo concelleiro acusados de delitos de malversación e prevaricaciónComo informou este diario, as queixas de Áurea Soto pola actuación do ex-fiscal xefe tiñan dúas vertentes. Unha foi por adiar o proceso no que a socialista acusaba o ex-alcalde do PP e outros membros do seu goberno por non esixir a varios promotores urbanísticos as cesións urbanísticas do 10% que legalmente correspondían ao Concello o cal, segundo o Consello de Contas, supuxo unha perda duns 1,7 millóns de euros para as arcas municipais. A instrución do caso rematou este mesmo mes de outubro. A xuíza que finalmente acabou sendo instrutora, Eva Armesto, considera que o ex-alcalde Cabezas e outro ex-concelleiro deben ser xulgados por malversación e prevaricación.Florentino Delgado é suspendido dez meses do seu cargo e multado con 2.500 euros; o fiscal superior de Galicia é apercibido por falta de dilixencia na atención das denuncias dos avogados da ex-edil socialistaDiante do que consideraba evidentes atrancos da Fiscalía de Ourense no coñecido como caso do 10%, a avogada da ex-concelleira socialista reclamou formalmente ante a Fiscalía Superior de Galicia. Pouco despois, o Fiscal Xefe citou a avogada como testemuña, un proceder que a letrada considerou \"insólito\", que a puña ás portas de ser detida e fronte a unha ameaza de accións penais e que supuña, ao seu xuízo, un \"abuso de poder\" que agora ratifica a Fiscalía do Estado, á que se viron abocados a acudir.Así, a máxima responsable do Ministerio Público do Estado impón a Delgado os devanditos dez meses de suspensión do cargo, cinco por cada falta moi grave, e 2.500 euros de multa polas graves, sempre segundo as fontes da Fiscalía consultadas por este diario. Aínda ten, non obstante, a posibilidade de recorrer.Mentres, o actual fiscal superior galego é apercibido por \"desatención\". A razón é que encomendou ao propio Florentino Delgado investigar as queixas dos avogados de Áurea Soto pola obstrución do caso que estes atribuían ao propio fiscal xefe; a Fiscalía do Estado cre que Suanzes non actuou coa dilixencia debida ao ignorar que os letrados estaban a denunciar ao mesmo Delgado e non a outro representante do Ministerio Público."}
{"ID": "NOS_24749", "summary": "Xosé Abilleira é licenciado en Filoloxía Clásica e imparte aulas de latín e de grego no ensino secundario. A raíz das súas colaboracións en diversas publicacións, ligadas ao asociacionismo cultural de base, edita agora con Morgante-Rinoceronte O legado clásico na nosa cultura. Unha mirada desde Pontevedra.", "text": "Cóntenos en que consiste este \"legado\" acabado de chegar ás librarías. É unha escolma, das moitas posíbeis. Neste caso o que recollo non é tanto o aspecto lingüístico ou artístico, que podería facerse tamén, senón máis ben unha especie de ecos, evocacións ou fíos que nos conectan con elementos da cultura clásica. Algúns deles moitas veces están explícitos e son claros pero outras veces están un pouco máis agochados. Desde o meu punto de vista este aspecto está algo deixado de man ou nun lugar secundario, e creo que ten unha importancia grande, maiúscula, para a nosa cultura e para a nosa identidade, para entender o mundo e interpretar a realidade. E tento comunicalo desde a perspectiva galega, non supeditada a ningunha outra. Cales son eses elementos explícitos e cales os que permanecen agochados? Cando digo explícita non estou a dicir que non estea posta en valor, senón moi tapada ou desconsiderada. Por exemplo, as traducións do mundo clásico galego. As que fai de Homero, da Ilíada e da Odisea, Evaristo de Sela, por exemplo, son algo explícito pero penso que até hai pouco non se empezou a percibir a súa valía... Para nós, como galegos, ter as nosas traducións supón a nosa propia mirada sobre o mundo clásico. Tamén están as traducións de Avelino Gómez Ledo, que sendo crego e tendo mentalidade conservadora traduciu ao galego moitos autores e mesmo algún poema de Safo. E despois hai elementos que son máis de ámbito local ou menos coñecidos pero que existen. Aí o que fago é rastrexar aspectos da cultura clásica que están en determinados textos e documentos. Un poeta pontevedrés interesantísimo era o padre Amoedo Carballo, aínda que non me interesa o aspecto relixioso, si como quedan algunhas chaves do mundo clásico na nosa cultura. Mitos como o de Penélope ou o de Prometeo están presentes. Sobre Penélope fago alusión na introdución a como pasa por ser o tópico da muller fiel, pero desde a nosa cultura reinterprétase e incluso se lle dá un novo paradigma e se destrúe o patriarcal, como en \"Tecín soa a miña tea\" de Rosalía. A figura de Prometeo igual, tan querida pola perspectiva marxista. Ese titán que rouba o lume aos deuses para dárllelo aos seres humanos, identificado polas ideas de liberación, de luz e de progreso. Curros, Pondal, Celso Emilio, Avilés de Taramancos... achéganse a el. A que se refire \"Unha mirada desde Pontevedra\"? A certa perspectiva local. Desde tópicos literarios, como o locus amoenus (o lugar idílico) a través do retiro do bispo Xelmírez no mosteiro de Lérez. Cousas menos explícitas pero que están aí e entroncan co mundo clásico. Aquí en Pontevedra estase a dar un proceso de transformación urbana e que integra tamén aspectos como a feira franca... ou Teucro, fundador mítico de Pontevedra. E tamén hai un autor moi interesante que é Juan de Guzmán, ao que contribuín a rescatar. Un sevillano que estivo en América e que pasou tempo en Ourense e en Pontevedra, onde ten unha cátedra de latinidade, e que avanzou na tradución das Xeórxicas de Virxilio no século XVI. En que outros proxectos está a traballar agora mesmo? Hai un tema que me gusta moito, que é o concepto de cidade. No libro falo xa dese concepto en relación co seu valor de servizo social, de espazo público, e relaciónoo coa transformación urbana que viviu Pontevedra nas últimas décadas. Quero facer un achegamento a como vían a cidade os autores clásicos, como ben común, coa perspectiva de cada época."}
{"ID": "QUEPASA_900", "summary": "Continuamos da man da \"Asociación Parroquial de Berdoias\" e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.", "text": "MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XXII):CONSTRUCIÓNS DO TERRITORIO:OS PASOS: PORTELAS, PORTAIS, PASADOIROS, PORTELOS, POXADOS Basicamente, nos valados de pedra podemos distinguir tipos de aberturas de acceso permanente para persoas, animais e carros, coma son as PORTELAS e os PORTAIS. Para pasar só persoas e ou animais están os PORTELOS. Ás veces estes portelos sustitúense por outros tipos de PASADOIROS coma os de escalón, que son os máis comúns, e os pasadoiros de escada. A estes habería que engadir pasos temporais, chamados PORTAIROS nalgúns lugares, que consisten na falla do muro nun treito de case 2 m. Nese treito o muro sería sustituído por unha parediña de pedra máis miúda, fácil de desfacer. O Portairo estaría pechado todo o ano e só se abriría para pasar o carro nos tempos da sementeira e da colleita. No caso das correntes fluviais, a parte das solucións de paso nas que se fai obra (pontes, pontellas) hai outra solución de paso , hoxe case desaparecida en moitos lugares, que son os POXADOS, para pasar a xente, constituìdos por pedras que se colocan en ringleira chantadas no leito do río , a distancia entre elas dun paso dunha persoa. Velaquí algunhas mostras destes tipos de PASOS na parroquia de Berdoias. AS PORTELAS, que son as solucións de paso permanente máis comúns para a xente, animais e carros. Na parroquia de Berdoias aínda hai exemplares de portelas con cancelas que utilizan o couzón de pedra para facer o xiro, un vello mecanisco casi desaparecido. Aínda se conserva tamèn , o exemplo de portela temporal, pechada con pedras e que se abre nalgún momento do ano (nalgunhas zonas, este tipo de portelas reciben o nome de portairos). PORTAIS en Boallo e Berdoias, de entrada e saída do lugar ou de fincas, son accesos de importantes dimensións., moitas veces asociados a pazos e casas fortes. Lugares de paso para a xente, os animais e os carros. En Berdoias e Boallo houbo e aínda hai varios exemplares. O PASADOIRO DE ESCADA no Va Pedroso. A carón do camiño que vai de Berdoias a Boallo, polo que discorre hoxe a Vía Mariana, moi pretiño da ponte do Va Pedroso e das alvarizas de Francisco, atopamos un singular en enxeñoso pasadoiro que, pola parte do camiño, tén unha estrutura de pedra á que se lle acoplan dous banzos de madeira a xeito dunha escada. E por dentro do valado, o mesmo pasadoiro ten habilitados dous ocos na parede para colocar os pés. UN PASADOIRO DE ESCALÓNS na Pedra do Frade, do tipo máis común, só para pasar a xente, e que se compón duns escalóns feitos con pedras que sobresaen do muro, e polo que soben en diagonal. Muro con pasadoiro, na Pedra do Frade OS PORTELOS no camiño da misa de Grixoa a Berdoias, tamén chamado camiño da agra. Era un camiño de a pé, con ata sete PORTELOS como lugares de paso, só para as personas. Hoxe, este camiño abandonado aínda conserva algún en bo estado. Por exemplo, o portelo do Cubeliño, na agra de Baixo, cunhas medidas axeitadas para o o paso da xente: mide 0,80 m de alto, e de ancho: 0,27 m na parte baixa e 0,36 m na súa parte alta. Hai algún dos portelos que xa teñen algunhas pedras desprazadas, como lle pasa ó 2º portelo, indo de Grixoa cara Berdoias. OS POXADOS POLO RÍO CASTRO, en Boallo: É o único exemplo deste tipo de solución de paso que aínda continúa en pé. O feito de que nos mapas do entorno destes Poxados apareza o nome de \"Pesqueira\" pode indicarnos que noutros tempos estes Poxados tamén foron utilizados como punto de instalacón de sistemas de pesca fluvial. Poxados no río Castro, por Boallo TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros de Berdoias (XXII): Os camiños, os cercados, as pontes. Tesouros de Berdoias (XXI): Ermidas, Capelas, Cruces e cruceiros. Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I). Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros…. Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña. Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais. Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas. Tesouros de Berdoias (XV): As Lacenas de abellas (e II). Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas. Tesouros de Berdoias (XIII): Cabazos vellos, cabazos novos. Cabazos pequenos, cabazos longos…. Tesouros de Berdoias (XII): Os 99 cabazos da parroquia (I). Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda. Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos. Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos: Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia. Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata"}
{"ID": "PRAZA_18293", "summary": "Vigo acolleu este xoves a VII Xornada da Rede Galega contra a Trata, titulada \"Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual\". A activista Amelia Tiganus ofreceu a súa visión e a súa experiencia como supervivente da trata. Outras intervencións afondaron na responsabilidade dos homes como explotadores sexuais da muller.", "text": "Vigo acolleu este xoves a VII Xornada da Rede Galega contra a Trata, titulada este ano \"Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual\". No programa combinábanse achegas máis teóricas sobre os mecanismos que levan aos homes a perpetuar o sistema prostitucional e a explotación sexual das mulleres (a cargo, por exemplo, de Lola Ferreiro: \"A construción da sexualidade masculina. Como se fabrica un putero\" e de Iván Sambade), coa intervención da activista feminista Amelia Tiganus (Feminicidio.net), que ofreceu a súa visión e a súa experiencia como supervivente da trata, prostituída durante cinco anos. \"Conseguen esa demostración de masculinidade a través de usar os nosos corpos e as nosas vidas\" Ademais, unha mesa redonda analizou o tratamento da prostitución dende a industria cultural e mediática, a cargo da directora de cine Isabel de Ocampo e de Ana Sanmartín, voceira de Xornalistas Galegas. E a xuíza Paz Filgueira, que durante anos foi titular da sala de Violencia sobre a Muller de Vigo, falou sobre \"A resposta xudicial nos delitos de trata sexual e prostitución: Que papel xogan os homes que pagan por sexo?\". A xornada celebrouse na sede do MARCO, nun auditorio que ficou pequeno e cuxas inscricións pecháronse este mércores pola mañá. Con todo, as sesións puideron seguirse en directo a través da canle online da Universidade de Vigo, que colaboraba na organización, xunto con Concello e Xunta. A intervención máis agardada era sen dúbida a de Amelia Tiganus, que exerceu a prostitución durante cinco anos, despois de ter sido violada por un grupo de homes na súa Romanía natal cando apenas tiña 13 anos. Vendida por 300 euros a un proxeneta español, pasou con 40 prostíbulos de todo o Estado antes de conseguiu escapar desta explotación. Dende hai anos reside en Euskadi e participa moi activamente no movemento feminista a través de Feminicidio.net, loitando contra a trata de mulleres e traballando a prol da abolición da prostitución. Antes de pasar por Vigo, ofreceu nas últimas semanas conferencias en Lugo ou Pontevedra. Tiganus alertou de que o funcionamento da prostitución \"está a cambiar\", desaparecendo os tradicionais clubs que antes enchían as estradas ou algúns barrios das cidades, e sendo cada vez máis habituais os pisos Tiganus pediu unidade ao movemento feminista para loitar contra a prostitución: \"No movemento feminista ás veces esquécese a situación de todas esas irmás que están sendo prostituídas. Esquécese cuestionar a todas esas manadas de homes que van todas as fins de semana penetrar por todos os buracos do corpo a mulleres que son vulnerables, que están dispostas a facelo porque non lles queda outro remedio que ser ultraxadas e convertidas en obxectos de uso e abuso\". \"Conseguen esa demostración de masculinidade a través de usar os nosos corpos e as nosas vidas\", denunciou. Clamou contra o \"sistema prostitucional\", do que \"forma parte o Estado Español, culpable de que existan eses campos de concentración que son os prostíbulos, culpable de que haxa mulleres na rúa e nos pisos... Un sistema do que forman parte tamén os proxenetas, chamados 'empresarios de alterne'\", dixo. Alertou, así mesmo, de que o funcionamento da prostitución \"está a cambiar\", desaparecendo os tradicionais clubs que antes enchían as estradas ou algúns barrios das cidades, e sendo cada vez máis habituais os pisos. \"Os puteiros agora queren discreción e aos proxenetas vénlles moi ben esa procura de discreción. Os negocios están sendo trasladados a pisos, pechando os clubs e o que vai ser cada vez máis común son as supostas traballadoras sexuais, como se denominan, creando cooperativas. É todo un circo, é así como os proxenetas queren seguir vendendo a moto\", dixo. \"Non é o mesmo fregar escaleiras que chupar o pene dun home que non coñeces\", subliñou Tiganus \"Non é o mesmo fregar escaleiras que chupar o pene dun home que non coñeces\", subliñou Tiganus, poñendo en dúbida o argumento do \"libre consentimento\" á hora de exercer a prostitución. \"Estamos falando dun sistema que nos prostitúe. A loita por rematar coa explotación sexual das mulleres é máis importante que un suposto 'dereito a ser prostituída'\", denunciou Tiganus, que concluíu que \"Dentro do feminismo o único debate sobre a prostitución é como a abolimos\". \"Non estamos dispostas a ser putas nin a ser santas, só queremos ser suxeitos activos e donas dos nosos desexos, do noso pracer e sobre todo dos nosos dereitos humanos\", engadiu. Por que os homes prostitúen? \"Non estamos dispostas a ser putas nin a ser santas, só queremos ser suxeitos activos e donas dos nosos desexos, do noso pracer e sobre todo dos nosos dereitos humanos\" Varias das intervencións centráronse na figura do puteiro, dos homes que pagan por explotar sexualmente a mulleres. Na mesa redonda \"Masculinidades prostituíntes e activismo feminista\", Iván Sambade, doutor en Filosofía, preguntouse \"Por que hai homes que deciden utilizar mulleres que non os desexan para satisfacer os seus desexos sexuais?\". Sambade lembrou que \"os homes estamos socializados nun determinado modelo de masculinidade hexemónica e a sexualidade vívese como 'dominación sexual' e como unha forma de confirmar a masculinidade\" e que \"estamos socializados pola cultural patriarcal para considerar as mulleres como obxectos e consideralas como seres 'para nós'\". Alertou así mesmo da existencia dun \"sistema de complicidade masculina\" a través do cal \"os homes sostemos conxuntamente o modelo hexemónico de masculinidade\". \"En tempos de crise da masculinidade, o modo fundamental a través do cal os homes poden confirmar a súa masculinidade é a través da dominación sexual das mulleres\" Sambade sinalou que, a pesar de que as elites seguen a estar formadas primordialmente por homes ou de que o traballo doméstico continúa a ser realizado maioritariamente polas mulleres, a masculinidade vive unha \"crise\", ao ser contestado o seu dominio. \"En tempos de crise da masculinidade, o modo fundamental a través do cal os homes poden confirmar a súa masculinidade é a través da dominación sexual das mulleres. Xa non poden identificarse como provedores, xa non poden exercer tanta violencia como antes. Pero poden manter a dominación sexual a través do sistema prostitucional\", destacou. O filósofo destacou tamén a importancia da educación patriarcal, que dende nenos adoita reprimir a expresión das emocións nos nenos, mozos e homes. \"Se eu reprimo a miña propia emotividade, se non son capaz de recoñecer os meus propios sentimentos, como vou ser capaz de recoñecer os sentimentos doutras persoas? A educación na masculinidade o que fai é anular o sentimento de empatía cara a outras persoas, sobre todo cara ás mulleres\", dixo. Sambade pediu \"cambiar o foco\" e \"deixar de centrarse nas mulleres como vítimas da prostitución e centrarnos nos homes prostituíntes\", como culpables desta situación Para rematar, Sambade pediu \"cambiar o foco\", é dicir, \"deixar de centrarse nas mulleres como vítimas da prostitución e centrarnos nos homes prostituíntes\", como culpables desta situación. Concluíu, ademais, que na prostitución \"non hai consentimento\", e cualificou esta figura como unha \"falacia produto da alianza entre o patriarcado e o mercado neoliberal\". \"Hai mulleres que poden elixir prostituírse sen ser directamente obrigadas, pero non o fan libremente\", dixo, sinalando que \"a trata e a prostitución son incompatibles coa igualdade entre homes e mulleres\"."}
{"ID": "NOS_27145", "summary": "Pasaba dos 90 anos e seguía frecuentando os escenarios. Compuxo case un milleiro de cancións e entre elas numerosos himnos oficiosos da Francia do século XX. Tamén traballou no cinema. Fillo de inmigrantes armenos, Charles Aznavour morreu esta segunda feira na súa casa da serra das Alpilles, no sur do Hexágono.", "text": "A Wikipedia asegura que Aznavour vendeu ao longo da súa carreira 200 millóns de discos. Tivo tempo. Visitou os palcos desde practicamente os 12 anos. A partir dos anos 40, a súa presenza en clubes, teatros e salas de concertos foi habitual. Foi tamén en 1948 cando se publicou o seu primeiro rexistro sonoro, un 78 revolucións canda Pierre Roche: Voyez c'est le printemps / J'ai bu. O traballo de Aznavour trascendeu fronteiras. O propio Bob Dylan, premio Nobel de Literatura, declarou á revista Rolling Stone en 1987 que un concerto do franco armenio nos anos 60 o impresionara. Cancións como La Bohéme, Venecia sen ti ou Le Temps conformaron a memoria sentimental de xeracións e xeracións de europeos. Porque Aznavour chegou a gravar en francés, inglés, español, italiano, armenio, alemán ou napolitano. Figura da envergadura dun Frank Sinatra -con quen asoito o comparou a crítica anglocéntrica- ou dun Lili Boniche -que chegou a gravar unha versión de La Mamma-, o xigante da chanson ofreceu as súas últimas actuacións o pasado decembro en Bercy, París. En 2009 fora nomeado embaixador armenio en Suíza e delegado permanente do país de procedencia dos seus país nas Nacións Unidas de Xenebra."}
{"ID": "PRAZA_1474", "summary": "Estar a prol da educación da coeducación de nenos e nenas ou non reprimir os \"impulsos primarios\" do alumnado foron algunhas das acusacións coas que os franquistas afastaron a mestra María Barbeiro do seu posto na escola pública. Ana Romero vén de publicar a biografía desta pioneira da renovación pedagóxica.", "text": "Ser \"de ideas políticas de avanzado izquierdismo republicano\". Ou \"decidida partidaria de la coeducación\". Ou \"prohibir que se enseñase a las niñas las grandes gestas bélicas de nuestra historia\" ou non reprimir os seus \"impulsos primarios de la naturaleza\" para evitar que tivesen \"conversaciones obscenas\". Con estas e outras semellantes acusacións, a mestra María Barbeito foi apartada do seu posto nas Escolas Nacionais da Guarda no ano 1936. Os golpistas decidían, así, prescindir da que fora unha das grandes pioneiras da renovación pedagóxica en Galicia e no Estado para abrir paso a un retroceso de décadas no sistema educativo. E é que Barbeito non era só defensora dun ensino público e laico no que se mesturasen todas as clases sociais. A súa propia traxectoria profesional desafiaba o confinamento nas \"labores del hogar\" que o franquismo decretara para as mulleres. Ana Romero Masiá vén de publicar a súa biografía: María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), (Baía edicións). Sabiamos de María Barbeito por As precursoras de Aurora Marco ou polo álbum das mulleres do Consello da Cultura… mais non tiñamos unha biografía completa. Como foi o traballo de documentación? Ela era unha muller moi organizada e a familia cedeu, ademais, a súa documentación ao Arquivo do Reino de Galicia. O problema era máis ben seleccionar, dar forma de biografía a tanto documento. Na prensa tamén hai moita información sobre ela. María Barbeito tiña claro que tiña que dignificar o ensino público. Por iso, cada vez que organizaba algo, chamaba a prensa. Tamén se movía nun ambiente culto: pertencía a unha familia acomodada e iso facilitáballe o acceso aos medios. Non é unha muller descoñecida: na Coruña hai unha rúa e un colexio que levan o seu nome… Pero faltaba unha biografía un pouco ampla. Ese foi o meu obxectivo ao escribir este libro. Acababa, ademais, de rematar a biografía de Xaime Quintanilla, que escribín con Carlos Pereira. Comecei a traballar na de María Barbeito e era tan sorprendente todo o que facía… Se cadra tamén é unha maneira de reivindicar as mestras republicanas. Das que sabemos menos que dos mestres. Ela está feliz cando chega a República porque, claro, os seus proxectos educativos son moi ben acollidos. Pero nunca estivo afiliada a ningunha organización política. Como directora que era, pensaba que non debía decantarse politicamente. Aínda que é evidente que participaba do espírito republicano, que era o da Institución Libre de Enseñanza. No 33, ademais, convocouse un concurso-oposición para cubrir dez prazas de mestre-inspector en toda España. E ela gañou unha desas prazas. A partir diso está pletórica: é aínda máis activa. No ano 35 consegue unha bolsa para viaxar por Europa e ao retornar dá conferencias para difundir o que aprendera: a derradeira delas, o 15 de xullo do 36. Uns días despois estaba separada do seu traballo na escola e de todos os seus cargos. Non ten nin chave para entrar. A María Barbeito non a fusilaron, pero afastala da escola foi como matala en vida. Tiña tantos proxectos, tantas ideas… E tivo que ver o brutal retroceso imposto no ensino polo franquismo. En que sentido foi unha renovadora desde o punto de vista pedagóxico? Aplicaba, por exemplo, o método de ensino por proxectos de Kilpatrick ou os centros de interese de Decroly, que aínda se explican hoxe como parte da pedagoxía \"moderna\", fronte á concepción tradicional da mesma. \"Saía hai pouco na prensa que un colexio da Coruña ía renovar o ensino co método por proxectos. E eu pensaba: pois que vaian aos arquivos de María Barbeito, que está todo alí moi ben explicado…\" Saía hai pouco na prensa que un colexio da Coruña ía renovar o ensino co método por proxectos. E eu pensaba: pois que vaian aos arquivos de María Barbeito, que está todo alí moi ben explicado… Ela foi unha renovadora en todos os aspectos. A segunda experiencia de aplicación do método Montessori que houbo en España púxoa en marcha ela, só uns meses despois de Barcelona, e eu creo que non foi antes porque por motivos burocráticos os materiais, que viñan de Italia, quedaron retidos no porto por un tempo. María Barbeito coñece a todos os renovadores da pedagoxía do momento. Pon en práctica os seus métodos e adáptaos á realidade galega. Había excursións de mestres que ían ver como ela traballaba. Era unha persoa moi valorada socialmente. Aplicaba xa o método por proxectos, deseñou un método de lectura global… É incrible a capacidade de traballo que ten. Multiplicábase, realmente. Tamén tivo moita actividade benéfica… Organizou, por exemplo, a Festa da Flor, precedente da actual \"bandeiriña\"... Escolleu destino na Escola Nacional da Guarda, que dirixiu. Que cambios introduciu nela? Antes de que se introducise o ensino por graos por lei, ela xa estaba pelexando por iso, por organizar o alumando por niveis. Tamén lle daba moita importancia á música ou á educación física, por exemplo. Ela mesma debuxaba as táboas de exercicios. Cada cousa que facía era novidosa. E iso xeraba apoios e tamén críticas. Cando organizou a Festa da Flor, por exemplo, a prensa ultracatólica criticouna moito por poñer a \"señoritas\" a \"molestar\" os viandantes… Ela defendía, de feito, unha escola laica. E iso amolaba a Igrexa. Tamén defendía a mestura de clases sociais. Dúas cuestións que aínda hoxe non están resoltas: o debate sobre se subvencionar a escola privada, ou a reticencia de moitos pais e nais a que os seus fillos se mesturen cos fillos dos pobres. \"Ela defende unha escola laica e pública, para todas as clases sociais. Se resucitase quedaría abraiada de que aínda haxa que loitar por certas cousas…\" Ela defende unha escola laica e pública, para todas as clases sociais. Se resucitase quedaría abraiada de que aínda haxa que loitar por certas cousas… Acusárona de quitar os crucifixos da escola, pero ela o único que facía era cumprir a lei. Non é anticlerical, non está en contra da Igrexa. Pero é laica. E non lle interesa nada crear conflitos: só facer o seu traballo. E o seu traballo e os seus cargos xerarían algunhas envexas… Houbo inspectores que tentaron boicoteala. Tivo que pelexar pola zona na que quería traballar: reclamar… Pero ela tiña do seu lado a lei e a razón. Mais claro, as envexas seguiron e, de feito, de onde procederon as denuncias no 36 foi da inspección e dunha mestra que fora compañeira súa. Foi apartada do seu traballo pero non totalmente esquecida. Fixéronlle homenaxes en vida. \"Pasaran polas súas mans moitas xeracións e era unha persoa moi respectada. Eu creo que por iso non a fusilaron\" Cando cumpriu 80 anos foi felicitada pola prensa e na súa casa pola corporación da Real Academia Galega e por unha representación da Reunión de Artesáns. E o mesmo cando cumpriu 90. Tamén recibiu a Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española como iniciadora das colectas nas rúas coa Festa da Flor. Faleceu en 1970. Pasaran polas súas mans moitas xeracións e era unha persoa moi respectada. Eu creo que por iso non a fusilaron. Na RAG foi membro correspondente. A súa posición sobre o galego non é moi adiantada desde a perspectiva de hoxe, pero quizais si para a época… Pensa cantos defenderon o galego en castelán… Non é que se poida dicir que fose unha comprometidísima galeguista, aínda que está, por exemplo, no proxecto de Estatuto que redactou o Instituto de Estudos Coruñeses. Pero si defende que os mestres falen galego cos nenos na escola e sobre todo no rural. Entende as linguas como instrumentos de comunicación e quere que os alumnos aprendan galego e castelán. Xa no ano 12 defende o sufraxio feminino… Si que era unha muller adiantada para o seu tempo. E dicía que era feminista pero non \"revolucionaria\"... Defendía que a muller tiña os mesmos dereitos que o home. Era moi reivindicativa nese aspecto, coa palabra mais, sobre todo, cos feitos. Porque era directora, mestra, escritora… Demostraba día a día que a muller podía e debía estar. En canto ao seu labor social, desde hoxe pode verse como caridade, beneficencia dunha muller burguesa. Mais faltaba tempo para que se pasase da mentalidade da caridade á dos dereitos sociais. E que había nenos ían con fame á escola era unha realidade… que agora volve repetirse, ademais. \"A beneficencia é o que queda cando non hai un Estado que protexa\" E que pase agora é moito máis grave porque a sociedade ten outros recursos. Ela ten claro que o primeiro é dar de comer aos nenos, vestilos e calzalos. Ademais, era unha maneira de atraelos para que fosen á escola. A beneficencia é o que queda cando non hai un Estado que protexa. E defendía a coeducación. Nenos e nenas xuntos. Ela era directora de párvulos e da escola de nenas. Defendía a coeducación pero non puido poñela en práctica. Animou a outros mestres a facelo, pero o goberno do 34 paralizou o proxecto. Por iso cando falamos dela como republicana temos que ter isto en conta: non é igual o primeiro que o segundo bienio. Era admiradora de Concepción Arenal e creou unha asociación para axudar os presos… Xa seu pai era admirador de Concepción Arenal. Ou o alcalde Manuel Casás, co que tivo moi boa relación. Hai cartas moi emotivas de presos que lle piden axuda ou que lle agradecen as súas xestións. Ela pedía a quen fixese falta: un billete para volver á casa, uns zapatos… Como era unha muller de boa posición e non pedía para ela… Outro detalle importante é que nunca asinou co nome do marido. Como \"señora de\". O seu marido era un home como tiña que ser, que sempre a apoiou. Pero ela era ela. Unha muller cun prestixio social, que nunca está de florón. Sempre traballa. Non está para figurar. E colabora coas asociacións republicanas máis importantes. A Agrupación Republicana Femenina, por exemplo. E mestras republicanas coma ela houbo máis... Como dicía antes, non está afiliada pero si colabora: presenta conferenciantes, dá conferencias… Si que houbo máis mestras, pero temos que rescatalas. As mulleres eran moito máis invisibles na prensa. María Barbeito si sae na prensa, e non porque lle guste saír nas fotos. Ela cando organizaba algo convidaba a prensa para que se coñecesen os seus proxectos. E convidaba as autoridades para pedirlles que os financiasen. O prego de cargos contra ela é delirante. Acúsana, por exemplo, de non conter os impulsos sexuais das nenas ou de prohibir que se lles ensinen as xestas bélicas españolas. Acúsana de \"comunistoide\"... Mais que molestou máis, que fose de esquerdas, ou muller que contraviña o rol tradicional feminino? \"Ela chocou con todo o que o franquismo representaba. Estaba claro que estaba condenada desde o primeiro minuto do golpe do 36\" Non é só o dela. Ese tipo de discursos era o habitual nos escritos de acusación do franquismo. Ela chocou con todo o que o franquismo representaba. Estaba claro que estaba condenada desde o primeiro minuto do golpe do 36. Pero querer educar as nenas en igualdade e liberdade debeu ser un punto fundamental do proceso contra ela. Despois de ser apartada da escola refuxiouse na tradución. A prensa fixo críticas eloxiosas do seu traballo de tradutora. Fora unha muller tan activa… é difícil imaxinala na casa. Cando falei coas súas netas, non sabían o importante que fora a avoa. Foi ese silencio terrible que se impuxeron moitas persoas represaliadas polo franquismo… Xa dis no libro que non foi unha grande teórica, pero si unha mestra con moito sentido pedagóxico. Que se preocupou moito de formarse… Era moi lectora. Parte da súa biblioteca persoal está na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña. Antón Costa, que escribiu o prólogo da miña biografía, quedou abraiado ao vela: tiña as primeiras edicións dos libros de pedagoxía máis importantes da súa época. Estaba ao tanto do que se editaba en Europa, estaba subscrita ás mellores revistas… e logo adaptaba á realidade galega todo o que lía."}
{"ID": "PRAZA_20615", "summary": "En Galiza, tócanos a todas e todos facer de conciencia colectiva para evitar o esquecemento de que os poderes públicos induciron e forzaron, durante varios decenios, o éxodo rural, que agoran tratan de agachar coa cortina da campaña \"Ruralízate\". É, polo tanto, momento de estar atentas/os ós resultados da millonarias campaña e tócanos a todas/os non esquecer, aínda que só sexa por aquilo de non quedar condenadas/os a repetir a historia.", "text": "\"O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortales\" A.D. Rodríguez Castelao É unha evidencia histórica que a dereita española nunca soubo moi ben que facer co territorio en Galiza. No ámbito temporal máis achegado ós nosos días cómpre salientar que a mediados dos anos noventa, o propio Manuel Fraga vaticinaba que das 42.000 explotacións lácteas galegas \"en dez anos non quedarán nin 15.000\". No ano 2000, pechaban ó día 42 explotacións agrarias e hai sete anos, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, aínda defendía que \"parte das explotacións deberían pechar, para beneficiar ó conxunto\". Diante destes feitos non é esaxerado afirmar que a dereita encarnada no Partido Popular nunca tivo clara cal é a función estratéxica do noso rural. Os incentivos para o abandono das explotacións agrarias inzaron como unha flor de veleno por todo o campo galego no albor do novo milenio: xubilacións anticipadas, cesión de cotas ou directamente entrega das mesmas ó Estado. Estes foron os bisturís dunha amputación perversa Os incentivos para o abandono das explotacións agrarias inzaron como unha flor de veleno por todo o campo galego no albor do novo milenio: xubilacións anticipadas, cesión de cotas ou directamente entrega das mesmas ó Estado. Estes foron os bisturís dunha amputación perversa baseada no sofista \"temos que ser como Alemaña, que só emprega ó 2% da poboación no sector primario\". Deste xeito, os votantes do Partido Popular – consciente ou inconscientemente- sostiveron e animaron coas maiorías absolutas que outorgaron ó invernal \"león de Vilalba\" un novo xeito de exterminio: pagábase por deixar as granxas, subvencionouse durante décadas o traspaso da cota leiteira, incentivouse con miles de millóns das antigas pesetas primeiro, e logo cos recén acuñados euros, todo tipo de políticas de despoboación do mundo rural galego. Un territorio caracterizado pola poboación dispersa dende hai 2000 anos e que nada tiña a ver na súa relación co entono coa expansión e contracción de determinados parámetros económicos. E con toda esta errada meta nunca fixeron caso das voces que alarmaban e advertían da política autoxenocida que levaba a Galiza cara a extinción. Voces como as que elevou o BNG en reiteradas ocasións en todos os foros posibles: no Parlamento, nas rúas nas Asembleas de agricultores, nos escritos e nas campañas electorais. Agora, tres lustros despois -concretamente o pasado 22 de marzo- o primoxénito herdeiro da casa Fraguista, Alberto Núñez Feijóo, apresurado pola sangría demográfica galega, anunciou unha mudanza nas políticas públicas respeto ó campo galego e a inversión de 230 millóns de euros en \"23 políticas activas\" – dixo- que entre outras cousas procuran a \"industrialización do agro galego\" (sic) é dicir: reforzar o proceso histórico que, precisamente, foi reducindo cada vez máis a despoboación. Na derradeira escena do filme \"Amadeus\" un demente Antonio Salieri pronunciaba aquela inesquecíbel frase de \"mediocres do mundo, eu absólvovos!\". A campaña \"Ruralízate\" da sucursal da dereita española quere ser a absolución dos frouxos, a venda na ferida de décadas de incentivo do abandono, do exterminio A cara visíbel deste xiro copernicano de timón é a campaña \"Ruralízate\". Na mesma, con sinxelo grafismo (\" - din que temos unha terra rica coma ningunha. - Home, a terra non a probei, pero vendo as patacas que saen dela....\") a Xunta de todas as galegas e galegos animas, presuntamente, a voltar á terra as/ós milleiros de fillas/os que se esforzou durante anos en botar dela. Na derradeira escena do filme \"Amadeus\" un demente Antonio Salieri pronunciaba aquela inesquecíbel frase de \"mediocres do mundo, eu absólvovos!\". A campaña \"Ruralízate\" da sucursal da dereita española quere ser a absolución dos frouxos, a venda na ferida de décadas de incentivo do abandono, do exterminio; que representa a ausencia absoluta de coñecemento do medio, Galiza, e do seu destino e posibilidades de que fixo, fai e fará o pensamento do Partido Popular. O mesmo pensamento e o mesmo caso foi o derradeiro galo do monte de Galiza, abatido por Fraga nos Ancares a principios dos oitenta. Este feito, lonxe de ser agachado con vergoña foi cacarexados polos autofalantes da dereita como unha fazaña digna do grande lider, ao que todo se lle ensalzaba e ó que todo se lle perdoaba. En Galiza, tócanos a todas e todos facer de conciencia colectiva para evitar o esquecemento de que os poderes públicos induciron e forzaron, durante varios decenios, o éxodo rural, que agoran tratan de agachar coa cortina da campaña \"Ruralízate\". É, polo tanto, momento de estar atentas/os ós resultados da millonarias campaña e tócanos a todas/os non esquecer, aínda que só sexa por aquilo de non quedar condenadas/os a repetir a historia."}
{"ID": "NOS_22688", "summary": "En nivel 2 de alarma están 23 municipios.", "text": "O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia de coronavirus na última semana aumentou hoxe até os 39, dous máis que a xornada anterior. En concreto, súmanse a este nivel vermello o municipio de Pontedeume e os pontevedreses de Ribadumia, Gondomar, Salceda de Caselas e Ponteareas. Así mesmo, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia 34 localidades: as cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo; así como os concellos de Cambre, Muros, Silleda, Soutomaior, Ribadavia, Carballo, Vimianzo, O Porriño, Lalín, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Poio, Cangas, Salvaterra do Miño, Tui, Monforte, Fene, Marín, Redondela e Barbadás. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-. Mentres, en situación 2 -na cor laranxa do mapa- sitúanse 23 concellos, un máis que onte, aínda que só repiten 13: Ordes, Neda, Malpica, Culleredo, Oroso, Cuntis, Nigrán, Brión, Monterrei, Cerceda, Viana do Bolo, Viveiro e Boiro. Así mesmo, súmanse a este nivel as localidades de Xinzo de Limia, O Barco e A Laracha, que estaban en nivel vermello, e A Fonsagrada, San Cristovo de Cea, Mos, Baiona, Ares, Valdoviño e Cerdedo-Cotobade, desde o amarelo. Bóveda, Boqueixón, Mesía, Noia e Cambados, que estaban o martes en nivel laranxa, rebaixan a súa alerta, mentres que Gondomar, Ponteareas, Salceda de Caselas e Pontedeume elévana até o vermello. En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos."}
{"ID": "PRAZA_14355", "summary": "Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, analiza con detemento a proba en ruta do Campionato do Mundo de Ciclismo, celebrada este domingo e na que se impuxo o potente corredor belga. Alejandro Valverde deulle a España a medalla de bronce.", "text": "Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, analiza con detemento a proba en ruta do Campionato do Mundo de Ciclismo, celebrada este domingo. Non houbo grandes sorpresas. Por moito que o Cauberg estivese máis lonxe de meta do que estamos afeitos, por moito que a proba de Sub23 rematase en sprint (case) masivo -en palabras de @fopeiro- e por moito que se queira reprochar agora ao gran Alejandro Valverde que non estivo atento ou que non axudou a Freire, a superioridade do campión valón no tramo máis duro do Cauberg e a súa resistencia nos escasos dous quilómetros seguintes demostraron que estamos ante a próxima lenda do ciclismo belga. Un ciclismo que non para de darnos xestas e heroes. Aínda non se adiviña a decadencia de Tom Boonen e xa podemos confirmar a Philippe Gilbert como un dos grandes ciclistas de todos os tempos. Aínda non se adiviña a decadencia de Tom Boonen e xa podemos confirmar a Philippe Gilbert como un dos grandes ciclistas de todos os tempos É posible que o actual campión do mundo tivese claro que a cita en Limburg era a máis importante do ano e que se despistase durante a primavera e durante o Tour, pero na Vuelta xa o vimos demostrando a súa calidade, nomeadamente na etapa segoviana. Era sen dúbida a principal baza belga, a principal garantía de vitoria e o máximo favorito indiscutible, polo que a selección estivo á altura do que se esperaba dela. Fíxoo movendo o prato grande e deixando atrás a Boasson-Hagen e a un dubitativo Valverde. O resto ficaron claramente por detrás, non estaban a ese nivel Ten moito mérito o seleccionador, pois son moitos os galos no poleiro belga, e non só porque teña que xestionar a presenza da estrela de BMC e a do gran Tom Boonen senón tamén porque outros corredores como Van Summeren, Leukemans, Van Avermaet, Roelandts ou Meersman son superclases capaces de gañar, nalgúns casos con palmarés envexable. Pero é que ademais hai unha cuestión política de fondo que non debemos esquecer. É tal a calidade de Gilbert que vimos de ver como un equipo plagado de flamengos traballou arreo para un líder valón. A segunda bala na recámara, Tom Boonen, serviu incluso para despistar os Valverde e compañía: pódese aprezar como Tommeke parece aguantar en principio o Cauberg pero que xusto no momento en que quedaba absolutamente cravado nese tramo do 12%, o vencedor do día lanzou o seu demoledor ataque. E fíxoo movendo o prato grande e deixando atrás a Boasson-Hagen e a un dubitativo Valverde. O resto ficaron claramente por detrás, non estaban a ese nivel. Literalmente coa lingua de fóra coronou o Cauberg e non mirou atrás ata trescentos metros de meta, cando apertou o puño e celebrou a vitoria con tempo de recrearse. Alzou os brazos varias veces. Parece ser que en meta afloraron disensións no equipo español, que a opción máis clara que tiñan era Freire e hai quen di que Valverde debeu agardar por el, pero non parece ter moito sentido esta interpretación dada a machada final de Gilbert O mundial estivo á altura do que del se esperaba. As seleccións, coas súas distintas estratexias, e sen pinganillos, pareceron compactas e non houbo grandes erros. Todos o intentaron, pero a superioridade do gañador e do seu equipo foi tal que non había nada que facer. O traballo de Francia e España dando pulo ao grupo dianteiro e dificultando o labor belga son incuestionables. Parece ser que en meta afloraron disensións no equipo español, que a opción máis clara que tiñan era Freire e hai quen di que Valverde debeu agardar por el, pero non parece ter moito sentido esta interpretación dada a machada final de Gilbert. ... Podes ler o resto do post no blog Elos e Canelas"}
{"ID": "PRAZA_18578", "summary": "Manuel Pereira, curmán de José Manuel Brey: \"Estou moi agradecido aos grupos da oposición por iren da man nun caso tan grave coma este\". Os populares deron en escoller 20 nomes de entre todas as comparecencias propostas por En Marea, PSdeG e BNG e despois, só 13; en ambos casos excluíu a representación da familia do doente falecido sen atención médica HEMEROTECA | A oposición presenta unida un plan de traballo para salvar a comisión de investigación dos recortes sanitarios", "text": "HEMEROTECA | A oposición presenta unida un plan de traballo para salvar a comisión de investigación dos recortes sanitariosA mediados de setembro os tres grupos da oposición galega uníronse para activar o mecanismo parlamentario que permite, unha vez por lexislatura, abrir unha comisión de investigación aínda que non a apoie a maioría absoluta do Parlamento. O falecemento dun paciente no PAC da Estrada sen atención médica fora o punto de inflexión para que En Marea, PSdeG e BNG acordasen investigar o acontecido e, en xeral, o impacto dos recortes aplicados durante os anos da crise ao Servizo Galego de Saúde.O PP deu en escoller 20 nomes de todos os propostos pola oposición e despois, 13 no seu lugar; en ambos casos excluíu a representación da familia do doente falecido sen atención médicaNo entanto, este mecanismo non altera o xogo de maiorías e o PP fixo valer a súa absoluta no inicio dos traballos. Os grupos da oposición formularan uns 200 nomes de posibles comparecentes que despois reduciron a uns 80, pero os populares só deran en escoller 20 deses nomes e en vetar todos os demais. Quedaban fóra da lista comparecencias que as formacións da esquerda consideraban clave e por iso abandonaron a comisión, se ben días despois pactaron unha nova lista de 44 comparecentes como último intento de salvar a investigación. Neste caso o PP deu en acceder a incluír xa só 13, mentres desbota todos os demais.Unha das comparecencias que non pasou ningún dos filtros impostos polo PP é a da familia do doente falecido na Estrada na persoa do seu curmán, Manuel Pereira, que vén actuando como voceiro dos familiares de José Manuel Brey. Tras constatar que o PP volveu vetar a súa comparecencia, Pereira lamenta o que considera \"unha vergoña\". En conversa con Praza.gal o familiar de Jose Manuel Brey interpreta en clave netamente \"política\" ese \"veto\". \"Non queren que na comparecencia haxa algo emocional que os poida afectar políticamente a eles, paréceme unha falta de respecto cara á familia\", lamenta dende a consideración de que \"a familia, que padeceu todo isto, tamén ten algo que dicir\".Manuel Pereira, curmán de José Manuel Brey: \"Estou moi agradecido aos grupos da oposición por iren da man nun caso tan grave coma este; o único que fallou nisto foi o PP\"Así e todo, a xuízo de Manuel Pereira esta é unha \"demostración da actitude que teñen cos cidadáns\". \"Non queren -coida- que as persoas poidan falar en primeira persoa\" se \"isto lles supón un prexuízo político\". No seu caso, como xa fixo tras o falecemento do seu curmán sen atención médica, subliña, a súa visión dos feitos é que o feito de \"non haber dous médicos cando ten que habelos é consecuencia dun recorte, indiscutiblemente\" e así o ía expresar na Cámara galega. Por iso \"a actitude do PP, pasando o rodete, non nos gusta como familia nin como cidadáns\". \"E á sociedade -reflexiona- tampouco debera gustarlle que o partido que ten maioría absoluta no Parlamento teña esa actiude.A familia do falecido no PAC da Estrada amósase disposta a acudir ás sesións á marxe da comisión que poidan organizar En Marea, PSdeG e BNGPereira contrasta o veto do PP, \"que nin tivo o decoro de poñerse en contacto coa familia\", co trato dispensado por En Marea, PSdeG e BNG. \"Eu, concretamente, estou moi agradecido aos grupos da oposición, porque se uniron e van da man nun caso tan grave coma este\". As tres formacións da esquerda parlamentaria contactaron coa familia e \"con independencia da ideoloxía, todos se comportaron de maneira excelente\", asegura. \"O único que fallou nisto foi o PP\", a quen atribúe \"prepotencia\". É por iso que Manuel Pereira confirma a disposición da familia a comparecer á marxe da comisión de investigación se o PP mantén o veto e a oposición, como leva semanas a valorar, decide organizar sesións á marxe do órgano oficial nas que sexan escoitadas algunhas das persoas cuxas comparecencias foron impedidas polos populares.En calquera caso, Manuel Pereira resalta que a familia ten claro que, dado o plan de traballo formulado polo PP, non existirán \"responsabilidades políticas\" polo acontecido no falecemento do seu curmán José Manuel. \"Non se van dirimir responsabilidades no político porque non queren asumilas, aínda que as hai\". Así e todo, advirte, \"no ámbito xudicial está todo en marcha, todo enfocado\" tras a denuncia da familia. \"Terémonos que conformar co que diga a Xustiza\", conclúe.Plan de traballo aprobado polo PPPlan de traballo pactado por En Marea, PSdeG e BNGNomes adicionais aceptados polo PP"}
{"ID": "NOS_46276", "summary": "A Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos (CL-AEG) lanza gratuitamente o Dicionário Galego do Basquetebol, un novo traballo de divulgación lexical xa dispoñíbel en liña", "text": "O Dicionário Galego do Basquetebol é o segundo dicionario terminolóxico de deporte que publica a Comissom Lingüística da AEG, despois de ter lanzado en xaneiro do presente ano a segunda edición do Dicionário Galego do Futebol, revisada e aumentada con vocabulario de fútbol gaélico, recurso tamén dispoñíbel en liña. O Dicionário Galego do Basquetebol comprende o vocabulario esencial da linguaxe asociada a este deporte, incluíndo aquelas nocións de \"basquetebol que dim respeito aos/às participantes no jogo, ao campo, à técnica e às regras do jogo, ao equipamento de jogadores/as e árbitros/as, às instalaçons desportivas e à organizaçom de competiçons\". Un novo recurso que axuda a enriquecer a lingua galega con cerca de 500 conceptos e aproximadamente 1.000 termos galego-portugueses Afirma a Comissom no prefacio do Dicionário que na Galiza \"a linguagem do basquetebol veiculada na nossa língua autóctone acusa hoje, na esmagadora maioria dos casos, a presença de um sem-número de ilegítimos castelhanismos, que tornam este galego um código descaraterizado, incoerente, disfuncional e antieconómico\". Perante esta situación propoñen, a través desta achega lingüística, configurar a linguaxe galega deste deporte \"com o desejo de que o seu lançamento constitua um estímulo para o público galego utilizar cada vez mais e melhor a língua autóctone da Galiza, também no ámbito do basquetebol.\" Un novo traballo de divulgación lexical, un novo recurso que axuda a enriquecer a lingua galega con cerca de 500 conceptos e aproximadamente 1.000 termos galego-portugueses asociados a este campo semántico, complementados polos seus equivalentes en castelán e en inglés. O Dicionário Galego do Basquetebol está xa dispoñíbel en liña para descargar de balde en formato pdf desde a páxina web da AEG."}
{"ID": "NOS_10274", "summary": "\"Non imos dar declaracións nin facer ningunha valoración ao respeito\". Así se pronunciou a Consellaría de Sanidade a respeito da presentación, por parte da compañía aseguradora, dun recurso contra a sentenza que condena o Sergas a pagar 273.139,82 euros logo de derivar un aborto a Madrid.", "text": "A Consellaría de Sanidade nin impediu que a súa aseguradora, a compañía Zurich, presentase un recurso contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo que condena o Sergas a aboar 273.139,82 euros a unha paciente que enviou a abortar a Madrid nin ofrece ningún tipo de explicación. En reiteradas ocasións, Sermos Galiza púxose en contacto coa Consellaría de Sanidade para tratar de coñecer cal é a súa valoración sobre a presentación do recurso, mais o único que apuntou, a través do gabinete de comunicación, foi que \"non imos dar declaracións nin facer ningunha valoración ao respeito\". Quen se pronunciara tras coñecer a sentenza os medios de comunicación foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen ofreceu as súas \"desculpas\" e admitiu que \"temos que dar cunha solución e buscar a fórmula para que os abortos se produzan nos hospitais de Galiza con carácter xeral\". Porén, pasou case un mes desde que se coñecera a sentenza e a Consellaría de Sanidade aínda non encetou os pasos para modificar o protocolo de actuación arredor dos abortos. O obxectivo: aforrar cartos O porqué do recurso da compañía aseguradora Zurich contra a sentenza só ten un obxectivo: o aforro de recursos económicos con independencia das consecuencias físicas e psicolóxicas que sufriu a muller. Segundo a avogada da paciente, Francisca Fernández Guillén, Zurich querería pagar arredor de 100.000 euros (a sentenza imponlle ao Sergas 273.139,82 euros) e para conseguilo solicita no recurso que se contemplen os criterios de dano corporal que se empregan nos casos de accidentes de tráfico. A letrada admitira en declaracións a Sermos Galiza que lle parecía \"ridículo\" que a aseguradora queira pagar uns 100.000 euros dados os danos que padeceu a muller de 32 anos que perdeu o útero e que case perde a vida após a demora na autorización para abortar. Como consecuencia da actuación do Sergas, Paula (nome ficticio) tivo que se desprazar a Madrid para poder abortar o seu feto con graves danos nunha clínica privada e, dada a hemorraxia uterina que presentou e que case lle custa a vida, foi atendida finalmente no Hospital La Paz. Foi neste centro público madrileño onde naceu viva a súa filla (morreu á hora e media) e onde se lle practicou unha histerectomía."}
{"ID": "PRAZA_2173", "summary": "\"Álvaro Cunqueiro, hospital chafalleiro\", advirten os traballadores, que intensifican as protestas pola falta de material, persoal e camas no novo centro. Feijóo insiste en ter que \"rescatar a sanidade pública das mentiras da oposición\"", "text": "As protestas no novo hospital de Vigo e nan área sanitaria da cidade intensifícanse. Traballadores de distintos departamento sumáronse este mércores ao peche que desde o luns manteñen celadores no interior do Álvaro Cunqueiro para denunciar as numerosas deficiencias que, segundo din, se están a detectar no centro, ademais de para apoiar o rexeitamento á privatización duns celadores que protestan logo de que unha empresa externa asumise boa parte dos seus traballos. Así, foron varios os traballadores de varios departamentos do Sergas os que se uniron á loita dos celadores nun peche que se trasladará da entrada das consultas á entrada principal do novo hospital. Ademais, unha pequena manifestación polo exterior do Álvaro Cunqueiro pedir \"un hospital e non unha sucursal\" e volveu reclamar a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. \"Álvaro Cunqueiro, hospital chafalleiro\", berraron traballadores que instaron a \"defender\" a sanidade pública que \"non se vende\". Entre as denuncias, como lembra CIG-Saúde, as dunha usuaria do centro en cadeira de rodas que denunciaba que o edificio non respectase a normativa para evitar barreiras arquitectónicas. E mentres, longas colas -como as de case todos os días- volvían producirse para pedir cita para consultas. \"Este hospital é unha estafa, porque naceu con menos capacidade da proxectada\" Ademais, a xunta de persoal explicou en rolda de prensa todas as deficiencias que se levan rexistrado no Álvaro Cunqueiro desde a súa posta en marcha e lembraron a falta de persoal, de recursos materiais e de camas, que tería obrigado xa a suspender algunha operación. \"Este hospital é unha estafa, porque naceu con menos capacidade da proxectada\", insistiron, tras recordar tamén en que están a remitir a diario escritos á Xerencia na que se enumeran todas estas eivas, tales como as queixas pola comida dos pacientes, polo aparcadoiro ou a escaseza de roupa. \"Xa advertimos disto cando se anunciou a privatización da lavandeiría e da cociña\", sosteñen desde a xunta de persoal, que pediu tamén a dimisión da conselleira e do xerente da área sanitaria. \"Non lles importan nada nin os pacientes nin os traballadores, xa que o único que pretenden é facilitarlle o negocio ás empresas\", remataron. Mentres, na sesión de control levada a cabo no Parlamento e ante as preguntas da deputada de AGE, Yolanda Díaz, Núñez Feijóo dixo estar \"satisfeito da sanidade pública porque temos excelentes profesionais\". Ademais, recoñeceu un \"conflito\" cos celadores e advertiu que haberá que ver \"que é o que propoñen\", pero asegurou que no novo hospital hai \"sesenta celadores máis que no anterior\". Feijóo insiste en ter que \"rescatar a sanidade pública das mentiras da oposición\" O presidente da Xunta acusou a Yolanda Díaz de \"manipular\" tras acusar a Xunta da \"privatización\" da sanidade e advertir das múltiples deficiencias no novo hospital de Vigo. \"Cancélanse cirurxías e a falta de persoal obriga a desviar os transplantes de médula\", dixo a vicevoceira de AGE, que lle preguntou a Feijóo se cre que \"todos os medios están mentindo\". Mentres, o xefe do Executivo insiste en ter que \"rescatar a sanidade pública das mentiras da oposición\"."}
{"ID": "NOS_3556", "summary": "O Concello recupera para a xestión pública o servizo, privatizado en 2010.", "text": "O día 1 de xaneiro de 2010 a empresa Espina e Delfín iniciaba a xestión do servizo de augas e saneamento de Verín. Doce anos e cinco meses despois, o Goberno local verinés anunciou a remunicipalización do servizo, nunha decisión \"moi meditada e documentada\", afirma o propio Executivo municipal. O paso de recuperar para o público un servizo xestionado por unha empresa privada non é a primeira vez que se dá por parte deste Goberno de coalición entre o PSdeG e BNG. Desde o Concello atende Nós Diario o tenente alcalde Diego Lourenzo (BNG), que explica como \"desde 2015 levamos recuperados oito servizos, nove con este da auga, que antes eran privados\". Da Axuda no Fogar e a recollida de lixo até a limpeza viaria ou o aparcamento soterrado, as remunicipalizacións responden a un convencemento \"de que os servizos públicos deben de ser de xestión pública e ao servizo da veciñanza, non para se xestionar en base a intereses privados\", apunta Lourenzo. O servizo de auga e abastecemento vai ser o último, polo de agora, en seguir ese camiño. Compostela: a batalla das remunicipalizacións A decisión parte tanto desa aposta do Executivo municipal pola xestión pública dos servizos, como pola obriga de intervir perante unha \"xestión deficiente\" ao longo destes anos por parte da concesionaria que leva mesmo a un \"risco medioambiental\" sobre o río Támega. Deficiencias e custos A orixe do problema, que ten entre as súas consecuencias que o Támega —río que baña concellos galegos e portugueses—reciba auga sen depurar, está na depuradora. Estas instalacións reciben máis augas das que poden procesar, consecuencia da infiltración de augas subterráneas nas tuberías en mal estado da rede que atravesa Verín. A empresa concesionaria, que debería acometer as obras da mantemento e mellora, \"non parece disposta a isto\", segundo o Concello de Verín, que entende que se dá un \"incumprimento contractual\" polo que este decidiu iniciar o proceso de recuperación do servizo. De feito, a Confederación Hidrográfica do Douro revisou a autorización de vertedura de augas de Verín —de 3.000.000 metros cúbicos— aumentando a súa taxa de 40.000 a 200.000 euros anuais debido á dilución dos residuos. Catro vías cara á remunicipalización \"Fixemos os deberes, non é unha decisión improvisada\", salienta o tenente alcalde, apuntando a que a recuperación non vai implicar \"en absoluto\" aumento de taxas ou canon á veciñanza. \"Hai servizos que teñen que ser municipalizados\" Ante unha situación de incumprimento ábrense catro vías posíbeis para recuperar o servizo: rescisión, rescate definitivo, intervención ou secuestro. Esta última vía legal, que faculta o Concello para asumir ingresos e gastos —incluído o do persoal—, e incluso prorrogar a concesión dous anos máis, é pola que opta o Goberno local mentres se concreta o rescate do servizo. Secuestro Esta mesma fórmula, o secuestro, foi a adoptada para recuperar a xestión en 2015 do aparcamento subterráneo do Concello, tamén xestionada por unha empresa privada."}
{"ID": "NOS_13077", "summary": "Responsábeis políticos dos distintos territorios terán esta terza feira, 4 de xaneiro, un encontro cos ministerios de Sanidade, Educación e Universidades para analizar a realidade dos contaxios da Covid-19 para ver se é viábel o regreso aos centros educativos. A priori, as autoridades rexeitan un atraso.", "text": "Responsábeis dos distintos territorios do Estado español reúnense esta terza feira, 4 de xaneiro, cos Ministerios de Educación, Sanidade e Universidades para analizar o contexto pandémico no que se atopa España e se este fai posíbel que as persoas estudantes regresen ás aulas unha vez rematadas as vacacións de Nadal. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciaba a pasada semana que a intención era apostar na normalidade para a volta aos centros educativos, se ben deixou aberta a porta a estudar a evolución dos contaxios da Covid-19 por se estes obrigan a cambiar a estratexia. En xeral, as autoridades educativas e sanitarias prefiren non retrasar o reinicio do curso, pero tamén é preciso ter en conta os datos para tomar unha decisión consciente. Debate a tres bandas Estes serán expostos esta terza feira, 4 de xaneiro, no marco dun encontro extraordinario do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Porén, haberá unha xuntanza tripla, pois coincidirá coa Conferencia Sectorial de Educativo e a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Á espera do que se fale na terza feira, os presidentes de Castela e León e de Castela-A Mancha descartaron o adiamento da \"volta ao cole\", e executivos como os de Catalunya, Asturies, Baleares, A Rioxa, Nafarroa ou Galiza, entre outros, garantiron non se atrasará o regreso ás clases máis aló da data xa fixada. Aliás, malia estar en plena sexta onda do coronavirus, fálase dunha volta real co alumnado fisicamente nas clases e non a distancia. No entanto, na última semana lectiva de 2021 foi preciso pór en corentena máis de 5.400 grupos en todo o Estado e esa realidade é algo a debater. Respecto destas informacións, a equipa de Pedro Sánchez pediu evitar a \"alarma\" porque os contaxios chegan doutros lugares, dado que segundo insisten as escolas e universidades seguen a ser \"espazos seguros\". Os estudantes, a favor do regreso \"Se se está volvendo á normalidade laboral e estanse vacinando xa moitos estudantes, non hai por que atrasar a volta dos estudantes\", destacou esta segunda feira a presidenta da Confederación Estatal de Asociacións de Estudantes (CANAE), Andrea Henry. Pola súa parte, a Confederación de Anpas Galegas destacou que a data de regreso é \"intrascendente\" e que o \"realmente importante\" son as \"condicións\" para que as estudantes volvan á rutina. Neste sentido, lamentou que non se mudara o modelo. \"Se alguén cre que por crear un montón de aulas virtuais, que non son máis que un depósito de exercicios en pdf, xa se dixitalizou o sistema, é rematadamente imbécil\", afirmou o presidente da entidade, Fernando Lacaci."}
{"ID": "NOS_11657", "summary": "Veciñ@s de Cambados manifestarán o seu rexeitamento á instalación dunha estatua en homenaxe ao ministro franquista e ex-presidente da Xunta de Galiza Manuel Fraga.", "text": "A veciñanza deste concello pontevedrés leva dende maio rexeitando a instalación dunha homenaxe permanente a modo de estatua no Concello de Cambados. Inda que @s organizadores da concentración que terá lugar o vindeiro día 1 de agosto co gallo da Festa do Albariño, din non saber moi ben quen impulsou a idea, orixinariamente foi concibida pola administración local, tal e como publicou un xornal da comarca. Segundo Óscar Pardo-Planas,un dos convocantes, \"o Concello quixo botar balóns fóra cando a noticia saiu na prensa, e dixo que a idea proviña do sector do viño\", mais das moitas adegas que se atopan na vila, só unha delas afirmou participar da homenaxe, as demais cooperativas --entre elas as máis grandes-- negárono, asegura Óscar. O custo total da estatua, segundo a administración local, sería duns 18.000€ mais Óscar di que a peza é semellante a unha instalada o pasado ano cuxo custo superaba os 25.000 euros. \"Nós si merecemos unha estatua\" Baixo este lema, veciñ@s desta vila das Rías Baixas, oporanse de maneira pacífica e simbólica á instalación da figura do ministro franquista e ex-presidente da Xunta de Galiza, Manuel Fraga Iribarne, pois como explican no vídeo que promociona o acto non cren que @s represente nin teña méritos para ser homenaxeado.\"Que se homenaxee a un ministro de Franco e a un asasino da cultura galega, é a gota que colma o vaso\" di un dos participantes da manifestación que están a organizar. Para amosar o seu rexeitamento a devandita homenaxe, @s convocantes chaman á veciñanza de Cambados a participar dunha performance na que semellen estatuas humanas durante a inauguración da Festa do Albariño --acto ao que tradicionalmente asisten membros da Xunta de Galiza e da corporación municipal--. \"Trátase de non quedar quietos ante a falta de consenso e transparencia que ocasiona a actitude do Partido Popular\", afirman dende a organización, para o que se manifestarán de xeito \"pacífico e até pasivo\" contra a homenaxe dun dirixente fascista."}
{"ID": "PRAZA_3341", "summary": "Medran as protestas por falta de pediatras na contorna de Ferrolterra. A plataforma das familias afectadas en Cedeira explica que a falta de cobertura da baixa deixou sen atención pediátrica na vila a arredor dun milleiro de menores", "text": "San Sadurniño, Moeche, Cerdido, As Somozas... E tamén, Cedeira. Mentres aínda ecoan as mobilizacións coas que a veciñanza mobilizada en Verín logrou que o Servizo Galego de Saúde repuxese o servizo de paridoiro no seu hospital comarcal, centos de persoas botáronse este domingo á rúa na vila de Cedeira -de algo máis de 6.600 habitantes- para esixir á Xunta que cubra a baixa da pediatra do seu centro de saúde. A reclamación non é nova, prolóngase dende, cando menos, finais do pasado verán. Pero a ausencia de respostas levou as familias a constituírense en plataforma e botárense este domingo á rúa.A plataforma das familias afectadas explica que a falta de cobertura da baixa deixou sen atención pediátrica no centro de Cedeira a arredor dun milleiro de menoresCo pano de fondo das carencias dos servizos de pediatría en toda a contorna que, como noutras comarcas, o Sergas vén achacando á escaseza de profesionais, dende Cedeira, pediatra xa! explican que xa cansaron de agardar. Na vila, detallaron ao iniciaren unha recollida de sinaturas apoiada tamén dende o Concello, residen arredor de 700 menores de 15 anos aos que se engaden nenas e nenos \"doutras vilas próximas, como Ortigueira ou Cariño\". En total, arredor dun milleiro de menores sen pediatra por mor da \"baixa de longa duración\" da súa pediatra, que non foi cuberta.En ausencia de pediatra, lamentan, a solución que Sanidade lles vén ofrecendo é recibiren atención da pediatra que atende en días alternos en Valdoviño, a mesma profesional que, segundo a Xunta, prevén desprazar ao centro de Cedeira un día á semana. Isto é o que provoca, din dende a plataforma, que a solución máis recorrente ante problemas de saúde da infancia da vila acabe sendo \"desprazarnos ás urxencias de Ferrol, a 35 quilómetors\". Noutras ocasións, \"derivan os nenos a médicos de cabeceira, que non son especialistas\" o cal ademais \"afecta xa ao resto da poboación\".A plataforma de familias conta co apoio do Concello, que atribúe a carencia de persoal facultativo á \"política de recortes da Xunta\" en anos previos\"Necesitamos que nos poñan un pediatra xa\" para contar con atención para a infancia da vial pero tamén pra non \"colapsar as urxencias de Ferrol\", subliña a plataforma, que nas últimas semanas recibiu o apoio do goberno local que encabeza o socialista Pablo Moreda. Este, cre o rexedor, é en última instancia \"un problema transversal, xerado pola política de recortes da Xunta\" en anos previos. \"É urxente -agrega nun comunicado- acabar coa situación de precariedade que obriga á facultativa de Valdoviño a desprazarse tres días á semana para pasar consulta en Cedeira\".A protesta cedeirense chega pouco despois de que noutros concellos de Ferrolterra lanzasen tamén unha campaña con peticións moi semellantes. Ata comezos de 2019, os concellos de Moeche, San Sadurniño, Cerdido e As Somozas estaban cubertos por unha pediatra con base en San Sadurniño, pero que deixou de exercer alí tras aprobar as oposicións. Dende ese momento, o Sergas \"cubriu posto con tres médicos distintos non especializados\", lamentan. Os concellos da contorna calculaban o pasado decembro que os nenos e nenas afectados por esta carencia son máis de 3.000.\"A Verín arranxáronlle o problema, pero deixando Cee sen pediatra; desvisten un santo para vestir outro e xeran liortas: se non hai unión, eles gañan\"O feito de que mobilizacións semellantes estean espalladas por toda Galicia é tamén motivo de reflexión no seo da plataforma Cedeira, pediatra xa!. En declaracións á Cadena SER un dos pais que a conforman, Paulo Vicente, lamentaba que estas loitas queden, as máis das veces, no eido local. \"A Verín arranxáronlle o problema, pero deixando a Cee sen pediatra; desvisten un santo para vestir outro\" e xeran \"liortas entre localidades\". \"Se non hai unión, eles gañan\", conclúe.Neste sentido e ante o \"apoio popular acadado hoxe\", a plataforma explica que xa prepara \"novas mobilizacións\" cadrando coas celebracións do Entroido na vila. \"Advertimos de que se non se nos ofrece unha solución, intensificaremos as nosas accións, que serán máis contundentes\", din. Porque o que definen como \"revolta dos chupetes\" non fixo \"máis ca comezar\".Ante demandas coma esta, a Xunta vén esgrimindo unha escaseza de profesionais da que culpa tamén ao Goberno de España. O Ministerio de Sanidade, din, non atende as súas demandas para poder formar máis pediatras en Galicia."}
{"ID": "PRAZA_18852", "summary": "Os servizos mínimos da folga son do 100%, polo que só se traduce en mobilizacións puntuais do persoal no hospital. Os xefes piden a fin da folga \"con independencia das causas que a motivasen\" e reprochan que o persoal mobilizado non vote de inmediato as \"propostas\" da dirección", "text": "O persoal do servizo de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago está en folga indefinida. Cuns servizos mínimos fixados no 100% -o que, para o persoal mobilizado, é unha mostra máis da necesidade de máis efectivos- esta mobilización ten como maior tradución práctica o desenvolvemento de concentracións e outras accións de protesta en instalacións do propio hospital. A seguinte está convocada para as 12 da mañá deste 24 de decembro.Os servizos mínimos da folga son do 100%, polo que só se traduce en mobilizacións puntuais do persoal no hospitalÁs portas desta sétima semana de folga, máis mediática que efectiva polos devanditos servizos mínimos, os xefes do hospital veñen de reclamar a fin da mobilización. Fano nun comunicado remitido este 23 de decembro á prensa no que din querer \"manifestar maioritariamente a nosa preocupación e desazón pola innecesaria prolongación do conflito laboral de urxencias\". Fano, afirman, \"con independencia das causas que o motivasen\".Os xefes piden a fin da folga \"con independencia das causas que a motivasen\" e reprochan que o persoal mobilizado non vote de inmediato as \"propostas\" da direcciónAínda que aseguran non ter \"ningún ánimo de interferir no lexítimo dereito á folga\", cren que \"o diálogo e a negociación deben ser a base necesaria que axude a solucionar o conflito\". \"É público -afirman- que a dirección do centro está realizando un esforzo na busca de solucións\" e \"cónstanos que realizou algunhas propostas para solucionar o conflito\" dunha folga que é \"anómala\" e \"traumática para os enfermos e o persoal sanitario\", aseguran.Neste sentido, lamentan os \"atrasos innecesarios na valoración e votación das mencionadas propostas\", fixada para o 14 de xaneiro\". \"O novo obxectivo -manteñen- é que o centro recupere a normalidade de forma inmediata\", din, nun contexto no que aseguran advertir \"presións innecesarias nos enfermos e os seus familiares\"."}
{"ID": "NOS_10350", "summary": "O voto antecipado da comunidade latina está a experimentar un importante incremento nas vésperas do 8N. En Florida, o Estado chave, o aumento alcanza o 75 por cento a respeito de 2012. Nos EUA existe a posibilidade de emitir o sufraxio antes do día das eleccións, por correo, mais tamén en urna.", "text": "Até o domingo votaron 6,2 millóns de persoas de forma antecipada no Estado de Florida, 1 millón dos cales son latinos. Esta mobilización, que tamén se está a dar no resto de Estados dubidosos entre Clinton e Trump, podería acabar por desequilibrar a carreira a prol da candidata demócrata. O 8N teñen direito de voto 27 millóns de hispanos, unha cifra que representa un forte incremento do 26 por cento a respeito de 2012. A grande maioría do voto latino irá a Clinton non tanto por simpatía pola líder demócrata, senón por rexeitamento das posicións xenófobas do candidato republicano. En 2012 só o 48 por cento da comunidade latina inscrita para votar foi finalmente ás urnas, face o 64 por cento das persoas brancas. Se a percentaxe de sufraxio hispano se incrementa substancialmente como indicaría o voto antecipado, as opcións de Trump de dar a surpresa serían case nulas. A incógnita reside no grao de mobilización final da comunidade afro-americana, que dificilmente poderá rexistar as cifras de participación de 2008 e 2012, con Obama como grande reclamo do Partido Demócrata."}
{"ID": "NOS_12569", "summary": "A proposta foi aprobada con 260 votos favorábeis.", "text": "BNG informa que no marco dos debates da Comisión de Reconstrución no Congreso o o deputado nacionalista Néstor Rego defendeu na Grupo de Traballo de Sanidade unha emenda para eliminar a taxa de reposición de efectivos, \"para así terminar coa precariedade laboral\". A emenda saíu aprobada con 260 votos favorábeis, indican desde o Bloque. \"É un paso moi importante -sinala Rego- porque implica eliminar un dos principais obstáculos para poder ampliar o persoal da Sanidade após moitos anos de redución de efectivos, o que deteriorou de forma importante o servizo; e iso é así en todos os servizos públicos. Agora esperamos que o Goberno faga caso deste criterio incorporado ás conclusións e acabe aplicándoo canto antes\". O Bloque Nacionalista Galego informa que presentou diversas emendas \"orientadas a favorecer unha saída social e xusta da crise; a defender a capacidade da Galiza para decidir sobre os seus asuntos, fortalecendo o autogoberno, e a apostar por servizos públicos fortes e de calidade, fronte ao proceso de precarización que viñeron sufrindo nos últimos anos\". Neste sentido, Rego lamentou que PSOE e Unidas Podemos \"votasen en contra de propostas do BNG como nacionalizar empresas dos sectores estratéxicos -co exemplo de Alcoa-, implantar un imposto ás grandes fortunas, reducir o gasto militar ou recuperar o fondo de rescate bancario\"."}
{"ID": "NOS_29066", "summary": "Amigos da Terra presentou unha denuncia pola pola construción dun miradoiro en Penedos do Castro por \"carecer de calquera tipo de autorización\".", "text": "A asociación Amigos da Terra presentou unha denuncia contra o Concello de Negueira de Ramuín denuncia \"pola construción dun miradoiro en Penedos do Castro, Pombar-Santo Estevo de Ribas do Sil por ditas obras presumibelmente carecer de calquera tipo de autorización\". Esa actuación, apuntan, afecta a conservación de dito patrimonio e supoñen \"un atentado contra un dos valores arqueolóxicos e históricos da Ribeira Sacra\". \"Penedos de Castro xa é por se mesmo un miradoiro natural privilexiado da Ribeira Sacra, grazas a unha das mellores vistas do mosteiro de Santo Estevo e tamén dende onde se pode observar as unións do val do Río Sil co do Río Cabe, e non é necesario facer ningún tipo de intervención artificial\", di Amigos da Terra. Estas construcións, indican, afectan o mencionado patrimonio cultural do castro na zona da muralla e nunha inscrición medieval, \"tratándose ademais dun espazo protexido e de interese histórico e non se respectan as distancias mínima de perímetro de protección segundo a lei de protección do patrimonio da Galiza\". Amigos da Terra informa que recibiu un escrito do Servizo de Coordinación Cultural da provincia de Ourense no que comunican que o Concello de Nogueira de Ramuín ten aberto expediente por infracción administrativa por falta grave en virtude do artigo 130d da lei 5/2006, do 4 de maio, de Patrimonio Cultural a Galiza: \"A realización de calquera intervención nun ben declarado de interese cultural ou catalogado ou no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento sen a autorización previa da Consellaría competente en materia de patrimonio cultural, cando esta sexa preceptiva, ou contravindo os termos da autorización concedida, e cando ocasione un dano a este ben\". Considera Amigos da Terra, \"que xa son horas de que as administración públicas da Galiza compatibilicen o desenvolvemento das innecesarias infraestruturas coa protección do patrimonio cultural e natural e non se pode seguir atentando contra o \"patrimonio da humanidade\" da Riberia Sacra mentres sofre toda clase de agresións aos seus valores naturais\". A implicación veciñal é imprescindíbel para pór en evidencia o deterioro do patrimonio galego. Cada vez son máis as denuncias que chegan de particulares sobre elementos que contan, no papel, coa protección das Administracións e que están en perigo de desaparición."}
{"ID": "NOS_42335", "summary": "A presidenta da Cámara baixa, Nancy Pelosi, deu a orde de que os representantes 'demócratas' redacten os cargos, dentro do proceso de impeachment ou destitución polo caso da Ucraína.", "text": "A presidenta da Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, anunciou esta quinta feira, 5 de decembro, que dera a orde aos deputados do Partido Demócrata para redactaren os cargos de acusación contra Donald Trump, dentro do proceso de impeachment ou destitución do mandatario estadounidense polo escándalo da Ucraína. O obxectivo é estabelecer un rápido calendario que culmine cunha votación antes do Nadal para determinar se o presidente estadounidense é finalmente acusado. \"Os seus [por Trump] delitos son un golpe ao corazón da nosa Constitución\", sinalou Pelosi nunha breve comparecencia de pouco máis de cinco minutos, recollida polos medios locais. The President is a continuing threat to our democracy and leaves us no choice but to act. I am asking our Chairmen to proceed with articles of impeachment. #DefendOurDemocracy— Nancy Pelosi (@SpeakerPelosi) December 5, 2019 \"A nosa democracia é o que está en xogo. O presidente non nos deixa outra opción que actuar porque está a tratar de corromper, máis unha vez, as eleccións para o seu beneficio propio\", declarou, e asegurou que no transcurso destes dous últimos de investigación \"quedou claro\" que Trump ─\"un perigo para a nosa República\"─ violara o seu xuramento no cargo ao presionar un país estranxeiro para conseguir axuda para as vindeiras eleccións de 2020."}
{"ID": "NOS_28546", "summary": "Os votos a favor de PSOE, Unidas Podemos, PNV, EH Bildu, PDeCAT, BNG, Más País, Compromís, Teruel Existe, PRC e Nueva Canarias, garantiron o mínimo necesario para asegurar a viabilidade do plan.", "text": "O Congreso aprobou nesta quinta feira o decreto do plan anticrise deseñado polo Executivo de Pedro Sánchez con 176 votos a favor, 172 en contra e unha abstención. A votación, marcada pola crise política aberta pola espionaxe a líderes e persoeiros do independentismo catalán, saíu adiante co voto favorábel de EH Bildu, que, sumado ao dos deputados de PSOE, Unidas Podemos, PNV, PDeCAT, BNG, Más País, Compromís, Teruel Existe, PRC e Nueva Canarias, garantiu o mínimo necesario para asegurar a viabilidade do plan. O BNG apoiará o decreto 'anticrise' a cambio de \"reactivar\" as medidas pactadas no acordo de investidura Precisamente, a portavoz parlamentaria de Bildu, Mertxe Aizpurua, afirmou durante a súa intervención no pleno que \"unha vez máis, actuaremos coa responsabilidade que debemos á cidadanía e hoxe aprobaremos este decreto\". \"A cidadanía necesita de moitas destas medidas que contén este decreto para aliviar a situación pola escalada de prezos en xeral e das enerxías en particular\", engadiu. ERC e Junts votan \"non\" Do outro lado, Esquerra Republicana (ERC) e Junts decidiron votar que non, xunto con PP, Vox e C's, ao entender que a resposta do Goberno español polo uso do programa Pegasus para espiar o independentismo non era suficiente. ERC anunciou nun comunicado a súa decisión de votar en contra do decreto. \"O voto de Esquerra Republicana é un voto pola defensa dos dereitos e liberdades máis fundamentais\", asegura o escrito. Robles xustifica na Cámara a espionaxe e forzas nacionalistas reclaman a súa dimisión \"É un primeiro aviso ao Goberno español, que debe asumir responsabilidades e garantir toda a transparencia no caso Pegasus\". No caso de Junts, a súa portavoz parlamentaria, Miriam Nogueras, asegurou que \"o independentismo non pode dar estabilidade a un Goberno nos espía\". O BNG considera \"insuficiente\" o decreto, pero vota a favor Antes da votación, o BNG xa anunciara que votaría a favor da convalidación do real decreto-lei 6/2022, que finalmente se tramitará como proxecto de lei, tal e como reclamaban o propio Bloque e máis outras forzas políticas con representación no Congreso. A cambio deste apoio que facilita a aprobación do denominado decreto 'anticrise', a formación nacionalista consegue o compromiso do Goberno de \"reactivar as medidas recollidas no acordo de investidura\" asinado por BNG e PSOE en xaneiro de 2020, un pacto que permitiu a Pedro Sánchez continuar na Moncloa. Aliás, realizarase unha \"reunión de seguimento\" entre representantes de BNG e PSOE para \"avanzar na 'Axenda Galega'\". PSOE-BNG, as chaves dunha negociación discreta Outra das cuestións que logrou o Bloque, segundo avanzou nun comunicado, ten que ver coas garantías nos procedementos de participación pública en materia enerxética. Así, a formación nacionalista consegue a recuperación do procedemento de exposición pública e alegacións na totalidade dos proxectos eólicos, \"que desaparecía neste decreto\", salientan. \"Estas mudanzas deberán verificarse no proceso de tramitación do actual decreto como proxecto de lei, que esperamos que se faga canto antes. No BNG somos conscientes de que non resolven todas as dificultades engadidas no proceso de implantación de parques eólicos, mais, sen dúbida, supoñen unha mellora en relación co previsto no decreto\", precisou o deputado e portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen considerou \"insuficiente\" o decreto."}
{"ID": "NOS_4598", "summary": "B.R foi trasladado á Audiencia Nacional acusado de 'encubremento' de María Osorio, a veciña de Becerreá arrestada esta fin de semana en Ponferrada.", "text": "Diferentes colectivos e entidades de Santiago de Compostela están a mostrar publicamente a súa solidariedade para con Bruno V.R, o veciño do barrio de San Lázaro detido esta terza feira nun operativo ordenado pola Audiencia Nacional. Este independentista ten unha ampla traxectoria de compromiso e traballo en eidos como o de asociacionismo de base, na defensa do idioma ou no sindical. O consello xeral da Gentalha do Pichel, centro social compostelá, emitiu un comunicado no que expresaba a súa \"inmensa preocupación\" polo tratamento \"mediático e policial\" da detención.\"A pessoa detida é umha pessoa activa na Gentalha desde a sua assembleia fundacional (...) É um companheiro no sentido mais fundo da palavra. Agora estará na Audiência Nacional sem contacto nenhum com o exterior. Sem atendimento de tipo legal, sem poder ver a sua família\". No comunicado, este local social acrescenta que son \"um colectivo cultural e nom é competência nossa emitir juízos. Mas isto nom pode servir de argumentaçom para deixar de denunciar este tipo de comportamentos das autoridades. Nunca deixaremos de denunciar a vulneraçom dos mais elementais direitos individuais\". \"Vulnerar dereitos fundamentais\" Tamén desde o periódico mensal Novas da Galiza emitiuse un comunicado en solidariedade para con Bruno, \"colabora na ediçom deste jornal sempre que precisamos da sua ajuda\" Este xornal quer denunciar tamén \"a excecionalidade da legislaçom anti-terrorista que costuma aplicar-se nestes operativos, a qual vulnera direitos fundamentais e apenas pretende afondar no sofrimento das pessoas detidas e os seus círculos próximos\". Audiencia Nacional Bruno R. Foi xa trasladado a Madrid para ser posto ante o xuíz Eloy Velasco, titular do Xulgado de Instrución nº6 da Audiencia Nacional, que ordenou o operativo policial no que tomaron parte máis dunha vintena de axentes. Segundo as axencias a este independentista está acusado de \"encubremento terrorista\" en relación a María Osorio, a veciña de Becerreá detida esta fin de semana en Ponferrada e que o pasado día anunciaba o 7 de xuño mediante video-conferencia seu paso á clandestinidade."}
{"ID": "NOS_52024", "summary": "Cando non hai memoria non pode haber revolución. Dalgunha maneira, Terceiro acto ten a ver con iso: coa memoria e o teatro, ou coa desmemoria e a revolución. Ou coa desrevolución á que nos conduce o esquecemento. A obra é un manifesto, mais tamén un memorial de agravios, unha reconstrución da circunstancia que nos levou até onde estamos.", "text": "Terceiro acto conta como cinco actores e actrices pioneiras do teatro galego ocupan un Centro Dramático Galego que non os ten en conta nos seus proxectos para protestar contra ese esquecemento, e esa circunstancia tamén hai que tela en conta: o agravio é real, e o xogo entre a ficción e a realidade esténdese á posición concreta de estar na butaca dun centro dramático que obvia os seus fundadores. Podería dicirse que é pór a venda antes da ferida, mais a ferida xa estaba aí e agora precisaría dunha intervención cirúrxica: a venda xa só serve para ocultala, non para sandala. A función opera con audacia formal, mostrando a ductilidade do elenco, sondando elementos simbólicos que expliquen o porqué dalgunhas cousas que ocorreron nas últimas décadas. Deixa lugar a reflexión, mais sen afastarse dunha liña que busca o lado humano do relato, a emoción por riba de calquera outra consideración. Lonxe do que poida parecer, a engrenaxe metateatral móvese sempre cerca do público, cunha sentimentalidade que quere explicar os labirintos anímicos aos que conduce unha ditadura. Sobre todo iso, claro, están as compoñentes dunha xeración que piden recuperar protagonismo. E teñen razón: foron eles os que entregaron as súas vidas para que hoxe exista o teatro galego, cos seus defectos e as súas virtudes. E reivindícanse coa inxenuidade e o rancor que se precisan para non caer nos grandes discursos sobre a existencia, para que a audiencia se fixe máis no punto iconoclasta da profesión que nas decepcións que sementaron o camiño. En certo sentido, responde a unha forma contemporánea de entender a realidade: partir do individuo, situalo no centro. Se cadra, xusto o contrario do que aquela xeración buscaba cando proxectaba un teatro nacional e, talvez, unha nación. A función avanza sorteando esas contradicións e descubrindo outras que seguen a marcar un destino, unha actualidade. Se cadra, porque os actores están sendo máis actores que nunca, porque as actrices exercen máis de actrices que en ningunha outra ocasión. Se cadra, porque era preciso pór en escena unha catarse que permitise que algúns demos saísen fóra. Aínda que o final da historia se entregue á emoción e elixa a conciliación, no canto de levar a catarse ás súas últimas consecuencias."}
{"ID": "PRAZA_6538", "summary": "Ben por necesidade -ante o custe ou a limitación doutras canles- ben por fe no soporte, cada vez son máis as series realizadas para a rede en Galicia, con algunhas producións pioneiras no Estado e mesmo un festival específico, celebrado en abril en Carballo.", "text": "As webseries están aquí para quedar. Internet (e sobre todo youtube) abriu unha fiestra na que amosar un feixe de historias pasando por riba de calquera obstáculo económico e de canles de distribución. En esencia unha webserie é un produto audiovisual seriado realizado para ser distribuído a través da rede (e nesa definición entraría mesmo House of Cards ou Orange is the new black), aínda que as máis delas son producións máis modestas, cun amplo abano que vai dende as creación amateur até outras historias que si contan cunha produción profesional e que escolleron (ás veces de forma obrigada) esta vía de difusión. 2012 e sobre todo 2013 foron os anos de explosión do fenómeno, aínda que houbo moitos exemplos previos, antes da palabra, mesmo en Galicia (por exemplo a telenovela Felisinda, realizada entre 2005 e 2006 por Superputa). Para mariñeiros nós (2009), Non saímos do lixo (2010) ou No te vuelvas portar mal (2011) tamén foron pioneiras. E no campo das webseries Galicia é unha potencia. Angelica & Roberta, El viudo quiere mimos ou Joke Business levan xa máis dun ano na rede, con cifras de espectadores realmente notables: só en youtube o primeiro capítulo de Angelica & Roberta supera as 14 mil reproducións, e o de El viudo quiere mimos rolda as sete mil. Pero hai máis: sobre todo entre os últimos meses de 2013 e o presente ano 2014 xurdiron moitas máis series galegas: P.I.B., Vigópolis, De volta ó rural, El Quid, Fame, Entre Pipas, Conversas con Cunqueiro, Litost/Catarsis, Te Quiero Pero, Mírame cuando te hablo, Clases de lo Social ou Artemia. E o movemento non para. Cada mes xorden novos títulos e, aínda que moitas destas obras teñen unha existencia fugaz, outras xa estrearon ou van estrear unha segunda tempada. \"O complicado das webseries e mantelas no tempo. Sacar adiante unha primeira temporada é difícil, unha segunda un logro, e unha terceira unha fazaña\" Para Pablo Cacheda (director de Clases de lo Social, que estrea a súa segunda tempada o vindeiro 10 de outubro), \"o complicado das webseries e mantelas no tempo. Sacar adiante unha primeira temporada é difícil, unha segunda un logro, e unha terceira unha fazaña. Non penso que haxa teito, pero hai un dato curioso que é que en normalmente as webseries a partir da terceira temporada, alcanzan máis fans. A clave é a constancia e non ter presa\". Máis aló de facer virtude da necesidade de aproveitar a liberdade e a gratuidade de Internet para a distribución, Cacheda defende que \"as webserie son un xénero en si mesmo, xa que hai grandes proxectos de diferentes tipos, animación, comedia, drama, terror... con resultados moi bos\". Porén, recoñece que no seu caso o paso á webserie foi a forma de darlle continuidade a unha curtametraxe realizada previamente e, a nivel persoal, \"a oportunidade de empezar a dirixir ficción de forma máis seria nun proxecto con saida real e moito feedback de público para poder aprender dos erros, algo impensable de poder facer en formatos convencionais\". Para Anxos Fazáns, guionista e directora de Fame, aínda que moitas webseries \"nacen da necesidade\", co paso do tempo as webseries \"van gañando forma, afianzándose como un novo formato con características propias\". Fazáns destaca, sobre todo, \"a liberdade\" pois \"non hai limitacións temáticas, de tempo, estéticas... os límites márcaos cada un\" Os creadores de El Viudo quiere Mimos explican que \"o boom das series que chegou aquí grazas ás canles de TV por cable de EE.UU fixo que moitos, que quizáis antes contaban as súas historias en fanzines ou curtas, pensasen no formato seriado e na distribución por internet\" e defenden que o fenómeno seguirá medrando, pois \"o consumo de cultura pasa por internet (xa sexa de series, de películas, de música e ata de libros e cómics)\". Ademais, reivindican a utilidade das webseries en si mesmas, máis aló das facilidades que ofrece o soporte: \"sempre quixemos facer ficción seriada e un tipo de humor moi determinado. A ficción seriada tiña cabida noutros soportes máis tradicionais (a TV) pero o tipo de humor non\". Conclúen que \"o que conta é contar historias dunha determinada maneira. O soporte é circunstancial\". \"Sempre quixemos facer ficción seriada e un tipo de humor moi determinado. A ficción seriada tiña cabida noutros soportes máis tradicionais (a TV) pero o tipo de humor non\" Galicia foi tamén pioneira na organización dun festival dedicado en exclusiva ás webseries, como foi o pasado mes de abril o Carballo Interplay, que foi sucedido por outros certames, coma o Festival Español de Webseries (FEW), celebrado en xuño en Madrid. Tamén os Premios Mestre Mateo, dende hai xa dúas edicións, incorporan o galardón á mellor webserie, gañado en 2013 por Angelica&Roberta (en competición con Entre Pipas, Joke Business e Te Quiero, Pero) e en 2014 por Entre Pipas (superando a Joke Business, El Quid e Canillejas). Financiamento e difusión \"Ao non haber unha fórmula nin un camiño marcado para ter éxito, unha vez máis a clave está na constancia e en observar, aprender e adaptarse\" E como se financia unha webserie que se distribúe de balde en Internet? Ou os seus autores e equipos só buscan visibilidade e distribución? Algúns si, pero na mente de moitos outros e outras está facer da súa webserie un modelo viable de negocio. Hai axudas das administracións, pero moi cativas. Moitos recorren ao crowdfunding, o financiamento en función das achegas particulares de todas aquelas persoas que queiran apoiar o proxecto. Outros ao merchandising, coma o equipo de Angelica&Roberta. E outros fan chamamentos á inserción de publicidade, baixo fórmulas de patrocinio ou product placement, por exemplo en Entre Pipas. E outros contan con algún apoio insitucional máis forte, como é o caso de Vigópolis e o Concello de Vigo. Pablo Cacheda explica que \"o problema principal das webseries é a falta dun cliente final, como son as canles autonómicas no caso de Galicia ou as canles privadas. Isto fai que arrancar os proxectos sexa difícil\". No caso de Clases de lo Social, relata, \"conseguimos implicar en forma de micromecenado a moito comercio e hostalería local de varias cidades galegas e conseguimos ademáis implicar aos concellos de Pontevedra e Santiago. Todo isto co fin de cubrir gastos e poder pagar máximo posible aos equipos\". Ademais, engade, \"cando tes a webserie en internet ábrense varios campos como son a obtención de recursos económicos coa publicidade de Youtube, ou diferentes plataformas e canles online que envían ofertas para ter a túa webserie a cambio de opcións interesantes\". \"Ao non haber unha fórmula nin un camiño marcado para ter éxito, unha vez máis a clave está na constancia e en observar, aprender e adaptarse\", conclúe. Para os creadores de El viudo quiere mimos, a mellor fórmula de financiamento pasa polos \"patrocinios ou branded content, incorporando imaxes e marcas aos seus produtos\". Porén, sinalan que \"o que leva a parte máis grande da tarta é o exhibidor, Youtube\" e que \"vivir da porcentaxe que Youtube lle dá ao creador é impensable se tes un mínimo de equipo detrás dunha webserie\". No seu caso buscan cubrir os gastos \"montando unhas festas na estrea dos capítulos, uns cartos que por desgraza non cubren nin de lonxe os soldos dos que participan na webserie. E iso nunca é agradable\". Anxos Fazáns, destaca que hai moitas vías para obter cartos que poidan cubrir os gastos inmediatos da produción, pero \"o que é moito máis complexo é sacar beneficio económico\", polo que \"a maior parte de creadores de webseries teñen outros traballos e proxectos que desenvolven paralelamente e que son o que lles dá de comer\". \"Estar presentes e activos nas redes é básico e pode supoñer o éxito ou o fracaso dunha webserie\" O gran espazo de difusión e promoción das webseries son as redes sociais e o boca-orella (aínda que como ben lembran dende El viudo quiere mimos, a meirande parte do boca-orella actual faise a través das redes sociais). \"Estar presentes e activos nas redes é básico e pode supoñer o éxito ou o fracaso dunha webserie\", destacan a este respecto. Durante un tempo funcionou Petitsodios, un portal de weseries galegas, que periodicamente ía actualizando os últimos capítulos das distintas producións. Porén, está inactivo dende maio do pasado ano. Para Anxos Fazáns, \"sería moi interesante que existise un portal que recollese a produción de webseries en Galicia, xa que é unha das comunidades onde máis proxectos están a nacer\". E tamén Pablo Cacheda cre que unha plataforma dese tipo, que organizase e dese visibilidade ás series galegas axudaría moito á súa difusión, aínda que sobre todo fai fincapé na necesidade de que a propia televisión convencional dedicase un espazo ás webseries: \"non co fin de dar salto ningún á TV, senón para achegar os nosos productos a consumidores habituáis de TV aos que lles poida gustar o que facemos\", sinala. Revisa de novo a ducia de webseries galegas escollida por Ozo Perozo o pasado ano"}
{"ID": "NOS_41501", "summary": "Trinta anos de activismo e promoción cultural son os que celebrará a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz o vindeiro 26 de outubro. Homenaxe un dos seus impulsores, o focego Xoán Carlos González Basanta, cea e un concerto conforman os actos da agrupación.", "text": "O programa comezará ás oito do serán no salón de actos do colexio Martínez Otero. Touporroutou Teatro escenificará textos de González Basanta, acompañado do músico Felipe Sánchez. Continuará no restaurante Racimo da localidade mariñá ás dez da noite, que culminará cun concerto do grupo musical Vudú. As persoas interesadas en asistir á cea conmemorativa dos 30 anos da Pomba do Arco deberán retirar a súa tarxeta antes dos 23 de outubro no restaurante Barrilete, na ferraxaría Fuente ou na cafetaría Mayros, ou ben no teléfono 608555010."}
{"ID": "NOS_12463", "summary": "\"Libro cinema\", a nova colección de Galaxia, bota a andar con A cicatriz branca, a terceira película de Margarita Ledo que chega ás librarías en DVD e libro con distintos materiais.", "text": "A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión, é o primeiro título da nova colección Libro Cinema de Galaxia, unha liña que inclúe a publicación da película en DVD -no que se inclúen diversos extras- canda un conxunto de textos arredor da produción. \"Por que o cinema\" é o título do texto da directora Margarita Ledo que abre un libro que inclúe as impresións escritas doutras participantes no filme como as actrices Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero e Xoana Pintos. O músico Abe Rábade e Ramiro Ledo, responsábel da montaxe, aportan tamén a súa visión do filme ao que se achegarán tamén o crítico José Manuel Sande e a historiadora Pilar Cagiao na súa reflexión sobre as mulleres da emigración Margarita Ledo achégase en A cicatriz branca á memoria das mulleres que chegaron a Arxentina por volta dos anos vinte e trinta. Despois das longametraxes Santa Liberdade e Liste, pronunciado Líster Margarita Ledo volve á memoria cun filme producido de novo por Nós, Produtora cinematográfica Galega. O libro-DVD é o primeiro que nace coa colección Libro cinema mais, con anterioridade, Galaxia xa tiña experimentado no formato coa publicación de Dúas Letras de Eloi Varela e Fina Casalderrey."}
{"ID": "NOS_49733", "summary": "Afirma que Gómez-Reino e Ángela Rodríguez non contestaron as súas peticións de manter reunións para subsanar as diferenzas internas no partido. Insiste en que serán as bases quen decidan a fórmula de concorrencia ás eleccións galegas.", "text": "Breogán Riobóo mantén a posición. Seguirá na secretaría xeral de Podemos Galiza porque foi \"elexido pola xente\" e desbota primarias para renovar o cargo. Así o manifestou Riobóo nunha comparecencia de imprensa na Coruña horas despois da dirección estatal anunciar que fica disolta a dirección galega e que nomeará unha \"equipa técnica\". Para Riobóo esa decisión da cúpula estatal afecta o consello cidadán galego e a comisión de garnatías, mais non a secretaría xeral. \"Teño a firme convicción de seguir nas miñas funcións e responsabilidades e defender estes principios, e farei todo o que estea na miña man para que nas eleccións galegas sexa a xente de Podemos Galiza a que decida como concorrer\", afirmou. Riobóo mantén así o pulso sobre a fórmula para a cita autonómica, un tema que está no alicerce da crise que vive a formación galega. Pablo Iglesias e o sector representado polos parlamentares de Podemos Galiza (os deputados Gómez Reino e Ángeles Rodríguez, e o senador García Buitrón) son defensores de manter a aposta en En Marea, algo que Breogán Riobóo cuestionou. Volveu, na comparencia de imprensa desta cuarta feira, a decidir que ese tema decidirano as bases. Teño a firme convicción de seguir nas miñas funcións e responsabilidades. Farei todo o que estea na miña man para que nas eleccións galegas sexa a xente de Podemos Galiza a que decida como concorrer\" Tampouco entende, dixo, \"a necesidade dun equipo técnico – como denomina á xestora a dirección estatal- cando xa o hai elexido pola xente de Podemos Galiza\". Reprochou os demisionarios que \"procuren en último caso saltarse os estatutos de Podemos\" e \"crear estruturas paralelas aos órganos que forman\" o partido en Galiza para \"baleirar de funcións\" o consello cidadán galego. Riobóo recoñece que hai diferenzas cos parlamentares de Podemos Galiza, mais asegurou que embora lles remitiu varios escritos para manter xuntanzas e intentar resolver esas diverxencias, non recibiu resposta."}
{"ID": "PRAZA_12678", "summary": "Só foi coa chegada ao poder de gobernos de esquerda de moi diversa índole na década de 2000, hoxe maioritarios no continente, que estes diagnosticaron ben os seus problemas, detectaron o cancro das institucións financeiras internacionais e actuaron soberanamente auditando as súas débedas. Este feito, xunto a unha mellor redistribución da riqueza aumentando o gasto público e a recuperación do control sobre os seus recursos sacaron da miseria a millóns de persoas nestes países na última década. Moito queda por facer, pero cando menos fan. Quen di que non hai alternativas?", "text": "Segundo Alberto Garzón, en 2010 Repsol –con YPF no bandullo– pagou ao Estado español a abraiante cifra de 949 millóns de euros en impostos. A este ritmo, en pouco máis de 10 anos a exemplar compañía estaría en disposición, por exemplo, de financiar os 10.000 millóns de euros que o goberno de Rajoy acaba de acernar da educación e da sanidade públicas. Ou podería, por si mesma, deixar sen efecto os 900 millóns que se calcula reducirá o Estado en Axuda ao Desenvolvemento neste ano. Velaí a súa vital importancia para o futuro do Reino. É por isto que o presidente, de xira polos dous países máis neoliberais e violentos de América latina –México e Colombia–, non tivo máis remedio que, notoriamente nervioso pola grande intre histórico no que estaba mergullado, enviar unha mensaxe de gran estadista dende a cadeira que lle cedeu Felipe Calderón no estrado do Foro Económico Mundial de Davos-Puerto Vallarta: \"Yo trabajaré para que eso no suceda porque eso no sería justo. O dicho de otra manera, eso sería sumamente injusto\". Tal contundencia e dominio dos xiros lingüísticos espertaron un entusiasmado aplauso de admiración na platea. Aclarar que \"eso\" son os investimentos de empresas procedentes de terceiros países en América latina, e non as ganancias que a explotación de servizos e recursos naturais lles reportan a estas empresas. Foros como o de Davos están financiados por un cento de empresas membros Igualmente indignado nesa praza de elite se mostrou o presidente Calderón, por canto México tamén sae prexudicado ao ter Petróleos Mexicanos (Pemex) o 9,5% de Repsol. Non aclarou se entre as previsións do seu goberno, por iso de dar exemplo, está a de abrir Pemex ao investimento estranxeiro, por exemplo privatizándoa no contexto do TLCAN –ou NAFTA– para instalar maquiladoras petroleiras en Oaxaca, Chiapas e Guerrero. Todo é posíbel. O affaire YPF entre Repsol e Arxentina, que non entre España e Arxentina, corrobora o feito de que existen unha serie de países, especialmente no cono Sur, que fronte o fracaso neoliberal decidiron exercer a súa soberanía como solución. Por certo, é importante dicir que foros como o de Davos están financiados por un cento de empresas membros que, en xeral, teñen máis de 5.000 millóns de dólares de facturación e entre as que non está Repsol. Estas empresas pagaban en 2005 unha taxa de entrada duns 35.000 euros, amais dunha anual duns 15.000. No entanto, o foro está aberto a asociados industriais pola módica cifra –aproximada– de 210.000 euros e a asociados \"estratéxicos\" por só 415.000 euros. A que dá dereito a entrada exactamente non o sabemos, mais é intuíbel. Xa fóra retrancas, o affaire YPF entre Repsol e Arxentina, que non entre España e Arxentina, corrobora o feito de que existen unha serie de países, especialmente no cono Sur, que fronte o fracaso neoliberal decidiron exercer a súa soberanía como solución. O que contrasta sen dúbida algunha coa estratexia totalmente contraria emprendida polos países do clube da eurozona, sometidos hoxe aos ditados –de ditadura– dun Fondo Monetario Internacional (FMI) que emprega aquí as nocivas tácticas doutrora en América latina. Aos primeiros parece irlle mellor que aos segundos. Ou cando menos nos primeiros as persoas que os habitan –e cando digo persoas non inclúo membros de oligarquías– viven mellor que hai dez anos, cousa que non acontece no segundo dos casos. De feito, a meirande parte destes países latinoamericanos na década de 1990 caeron baixo o control do FMI –en parceira co Banco Mundial– e os seus plans de axustamento estrutural –hoxe de austeridade–, que só crearon miseria baixo a lousa da débeda, os recortes sociais para reducir o déficit, a invasión de multinacionais e galaxias financeiras e a privatización masiva dos seus recursos naturais, empresas públicas e servizos básicos. Sóavos? Só foi coa chegada ao poder de gobernos de esquerda de moi diversa índole na década de 2000, hoxe maioritarios no continente, que estes diagnosticaron ben os seus problemas, detectaron o cancro das institucións financeiras internacionais e actuaron soberanamente auditando as súas débedas Só foi coa chegada ao poder de gobernos de esquerda de moi diversa índole na década de 2000, hoxe maioritarios no continente, que estes diagnosticaron ben os seus problemas, detectaron o cancro das institucións financeiras internacionais e actuaron soberanamente auditando as súas débedas –unha grande parte eran ilexítimas e mesmo odiosas, xeradas por ditaduras– e en moitos casos, como Ecuador, Venezuela, Brasil ou Arxentina, liquidando definitivamente as contas cos prestamistas do FMI. Este feito, xunto a unha mellor redistribución da riqueza aumentando o gasto público e a recuperación do control sobre os seus recursos sacaron da miseria a millóns de persoas nestes países na última década. Moito queda por facer, pero cando menos fan. Quen di que non hai alternativas?"}
{"ID": "PRAZA_20963", "summary": "A Comisión Europea mantén aberta as pescudas sobre os \"abusos\" da temporalidade, recoñece as \"impactantes cifras\" de suma de contratos e insta a acabar coas \"prácticas abusivas\". Millán Mon, eurodeputado galego do PP, defende a Xunta e desmárcase do seu partido no apoio ás demandas das Eventuais en Loita.", "text": "A Comisión Europea (CE) recoñece a situación de precariedade da enfermaría eventual do Sergas, advirte das \"impactantes cifras\" de sucesión de contratos que sofren estas profesionais en Galicia e mantén aberta a investigación sobre os \"abusos\" denunciados na contratación temporal por parte da Xunta, que insta a solucionar de vez. A Comisión Europea mantén aberta a investigación sobre a precariedade e os \"abusos\" da temporalidade na enfermaría eventual do SergasXa que logo, Bruxelas mantén o foco na eventualidade e precariedade das enfermeiras en Galicia tras ergueren estas a voz no Parlamento Europeo para advertir da \"terrorífica xestión\" que o Sergas fai da contratación temporal. Logo da denuncia presentada a través da portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, hai máis dun ano --e pola que a CE comezou a investigación-- a Comisión de Peticións da Eurocámara asistiu este martes ao relato de Catuxa Lagarón, portavoz de Eventuais en Loita, que deitou luz sobre a situación de \"fraude de lei\" e \"abuso\" que sofren arredor de 7.000 profesionais. \"Foi unha exposición clara e contundente\", recoñeceu o responsable de Condicións Laborais da Dirección Xeral de Emprego da Comisión Europea, Adam Kopornyo, que advertiu de \"cifras impactantes\" tras a denuncia que Lagarón fixo da suma de ata \"500 contratos nunha vida laboral\" que acumulan algunhas das súas compañeiras \"con só seis anos cotizados\". \"É un exemplo moi elocuente dunha situación que xa foi condenada polo Tribunal de Xustiza da UE\", lembrou a CE, que asegurou que mantén \"estreito contacto\" coas autoridades españolas para que revisen a lexislación e \"eliminen cláusulas que poidan desembocar nestas prácticas abusivas\". Bruxelas recoñece as \"impactantes cifras\" sobre a suma de contratos nas enfermeiras e insta as autoridades españolas a acabar coas \"prácticas abusivas\"\"Non existen medidas suficientes en vigor para previr o recurso excesivo da contratación temporal sucesiva\", insistiu a Comisión, que confirmou que manterá a investigación sobre os abusos denunciados, aínda aberta e pendente das \"conclusións definitivas\", e que segue en contacto coas administracións españolas para evitar que prácticas como as relatadas polas Eventuais en Loita continúen, por incumpriren ademais varias directivas europeas. \"Que a Comisión Europea recoñeza o abuso da contratación temporal significa que Europa pon en cuestión o modelo de contratación da Xunta\", di Ana MirandaO apoio a que a denuncia contra a precariedade laboral no Sergas se mantivese aberta non só chegou da propia Comisión, senón dun total de seis grupos políticos da Eurocámara, un \"feito histórico\", segundo asegurou Ana Miranda, que cre que \"que a propia CE recoñeza o abuso da contratación temporal significa que desde Europa se pon en cuestión o modelo de contratación da Xunta na sanidade pública\".Varias eurodeputadas e eurodeputados, entre eles o galego e socialista Nicolás González Casares, recoñeceron que esta utilización abusiva dos contratos temporais e outras situacións de precariedade na enfermería incumpren varias directivas europeas, ademais dunha resolución da Eurocámara de maio de 2018. Seis grupos políticos apoiaron que se continúe a investigación sobre estas prácticas do Sergas, incluído o Partido Popular Europeo, que advertiu dunha situación \"moi clara\" na que \"converxen moitos tipos de abuso por parte de autoridades públicas dos estados membros\". Seis grupos políticos apoiaron que se continúe coa investigación, incluído o Partido Popular Europeo, do que se desmarcou Millán Mon, do PPdeGNo entanto, Francisco Millán Mon, eurodeputado galego do PP, desmarcouse da súa propia formación para defender a xestión do Sergas e asegurar que a porcentaxe de traballadoras fixas na enfermería da sanidade pública galega \"ascende a un 73%\", contradicindo así os datos de Eventuais en Loita. \"O Sergas fixo un importante esforzo nos últimos anos para contratar 2.134 enfermeiros fixos\", engadiu. Na súa quenda de réplica, Catuxa Lagarón, portavoz do colectivo de enfermeiras, acusou a Xunta de non dar os datos reais e lembrou a Millán Mon que \"o 75% do persoal fixo do Sergas non é tal\" ao sumar a Xunta a estes profesionais fixos \"os interinos\". \"O contrato de interinidade é persoal eventual\", asegurou, logo de que durante a súa primeira intervención sinalase tamén que nin a pandemia mudou a forma de contratación da Consellería de Sanidade, que \"seguiu facendo contratos dun día\", mesmo provocando que persoal pasase dunha xornada a outra de tratar pacientes COVID a atender outros doentes. Millán Mon, eurodeputado galego do PP, defende o Sergas e asegura que o 73% do persoal de enfermería do Sergas é fixo, cifra que desmente Eventuais en LoitaTamén reparou Lagarón no feito de que as enfermeiras encadeen \"20 ou 25 días traballando sen descanso\" ou que sexan avisadas con \"horas\" de antelación para incorporarse ao traballo por mor dun novo contrato, a risco de ser penalizadas de non aceptalo. Ante estas denuncias, o representante da Comisión Europea alertou que hai unha nova directiva europea que prohíbe estas prácticas e obriga a \"un preaviso razonable mínimo\" para evitar \"situacións como as denunciadas\", polo que pediu máis información ás Eventuais en Loita sobre este tipo de contratación exprés, documentación que o colectivo anunciou que achegará nos vindeiros días. \"Queremos evitar que estas traballadoras teñan que estar dispoñibles 24 horas ao día e todos os días da semana\", rematou a CE."}
{"ID": "NOS_13082", "summary": "O SLG pide que as indemnizacións aos produtores afectados por esta praga cubran o lucro cesante.", "text": "Na área afectada pola prohibición de cultivar e vender patacas pola couza guatemalteca, a produción media nas explotacións que cultivan este tubérculo para a súa venda é de 25.000 quilogramos por hectárea. Unha cantidade cuxa venda reportaría uns ingresos de perto de 12.000 euros, aos que restados os custos de produción deixaría uns 8.000 euros por hectárea. Ese é o cálculo do lucro cesante por hectárea que fai o Sindicato Labrego galego (SLG) en base á información dos produtores afectados. A organización insta a Consellaría de Medio Rural a que á hora de fixar as indemnizacións teña en conta tamén este aspecto do lucro cesante para estas explotacións \"Trátase de explotacións de horta ou mixtas que dedican unha considerable superficie cada ano á plantación de pataca para a súa venda directa ou a almacenistas que, por mor das restricións impostas pola Consellaría de Medio Rural, terán cuantiosas perdas este ano ao non poder cultivar\". O Sindicato Labrego Galego aponta que que a prohibición de plantar fíxose \"dunha maneira precipitada e a última hora\", pois afirma que a Consellaría de Medio Rural tivo toda a información e datos precisos para tomar a decisión \"entre outubro e novembro\". Porén, impuxo as restricións \" en plena época de plantación, polo que agora case non hai marxe de manobra para substituír os cultivos por outros e planificar unha nova campaña\". O Real Decreto 197/2017, aprobado polo goberno español a comezos de marzo e polo que se estabelece o programa estatal de control e erradicación da 'Tacia solanivora', ou praga guatemalteca da pataca, que afecta 31 concellos da Galiza, non convenceu a moitos, entre eles a Fruga. A Federación rural galega advertía entón que da norma desprendíase que as persoas que aínda non plantaron as patacas van ficar sen indemnización durante os 2 anos da prohibición e aquelas que si plantaron (e que agora teñen a obriga de as destruír) só van recibir unha compensación polo tubérculo destruído. Ou sexa, explicaba a organización, as axudas non contemplan o lucro cesante."}
{"ID": "NOS_34328", "summary": "O 25 de Xullo a música das Habelas Hainas resoará en Compostela a partir das cinco da tarde, no café concerto do Festigal. Conversamos con elas", "text": "Penduradas as catro nunha corda da roupa. Así aparecen na contracapa da súa maqueta. Que nos queren dicir? Que son boas pezas? [risos] Si, váisenos a pinza… estamos colgadas! Gostabamos da idea de saír de costas, ao ser a contracapa do disco. Alén disto, pensamos na posibilidade de aparecermos unidas pola corda umbilical, pois alimentámonos as unhas das outras, e polas mans, amosando a nosa incondicional solidariedade en momentos vitais, como o pretendido nesa imaxe, onde aparecemos en actitude de sermos axustizadas. Ou esa era a nosa intención. É unha homenaxe a todas esas mulleres que foron e son xulgadas, condenadas, executadas, torturadas, colgadas, queimadas, fusiladas, lapidadas ao longo da historia, unha lembranza tamén á caza de bruxas, un verdadeiro holocausto feminino, unha cruzada misóxina que deixou sen vida a mulleres habilidosas, histéricas, independentes, adiantadas ao seu tempo, solteiras ou viúvas, libres e loucas. Unha homenaxe, en fin, a todas esas mulleres anónimas, mulleres que se atreveron a ser como quixeron ser. E despois as pinzas, icono multifuncional do cotián e símbolo da unión, represéntannos a cada unha de nós na portada, conformando as dúas H do noso nome a toda cor. Cóntenme os seus primeiros pasiños. Como non podía ser doutra maneira, coñecémonos tocando nos bares! Jara e Arantza xa levabamos traballando un tempiño con outras formacións. Logo aparecemos Patri e Sandra e o crebacabezas de catro pezas encaixou á perfección. Admirabámonos mutuamente e gozabamos moito tocando xuntas. Por iso decidimos crear o noso proxecto... e seguímonos admirando! Fomos medrando nas foliadas compostelás e nas pedras da Quintana e comezamos a percorrer os mellores cenarios do mundo: as rúas! \"Fomos medrando nas foliadas compostelás e nas pedras da Quintana e comezamos a percorrer os mellores cenarios do mundo: as rúas!\" Letras feministas combinadas con ritmos tradicionais e festeiros, aderezado todo na nosa lingua. É esta a receita da súa música ou falta algún ingrediente? Máis que aderezado, construído na nosa lingua. O noso punto de partida é a música tradicional e de raíz, da que todas mamamos e da que nos sentimos parte. Unha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresarmos, sempre desde unha ollada feminista e plural, por iso tamén facemos criba, pois non estamos dispostas a seguir reproducindo e perpetuando certos contravalores cos que non nos sentimos identificadas, como os centos de coplas ofensivas e agresivas cara ás mulleres. A tradición está viva en nós e en constante transformación, por iso hai moitos ingredientes que aínda non temos, nin sabemos cales van ser, mais que, afortunadamente chegarán, como foron chegando outros na nosa curta andaina. Estamos abertas a moitas cousas que nos poidan enriquecer. Non nos gustan as etiquetas, así que os ingredientes han ser moitos. \"Meigas somos todas as mulleres silenciadas e invisibilizadas. Astrónomas, filósofas, científicas, labregas, parteiras, compositoras, médicas, músicas… e gaiteiras! Que Habelas Hóuboas!\" E son moi rosalianas... para cando máis música cos seus textos? No noso repertorio temos un tema ao que nós chamamos 'Festiña por dentro', que son unhas coplas escollidas do poema 'Has de cantar', un poema moi positivo, cheo de vitalismo, reivindicativo coa lingua e coa cultura; un excelente deseño da idiosincrasia do noso pobo. Rosalía era unha artista polifacética: escritora, actriz de teatro, multiinstrumentista, pintora... É para nós unha fonte de inspiración inesgotábel. Por iso non descartamos a idea de seguir traballando cos seus textos, ou beber dela dalgún outro xeito, como naquela mullerenaxe na que lle demos vida a Rosalía e Curros nun casamento poético, cumprindo o soño da nosa poeta nacional Luz Fandiño, rosaliana até o cerne, muller que nos adeprende sempre. Vostedes tamén teñen actuado con bata de faena. Bata por fóra, muller por dentro? A nosa indumentaria base é de cor branca. Mais igual que a nosa creación musical está en permanente transformación, a nosa indumentaria tamén e dentro do noso espectáculo podemos cambiar até tres veces de roupa. As batas usámolas para o oito de marzo do ano pasado, para a mani e o concerto. Logo incluímos no noso repertorio o 'Bella Ciao', coa súa probábel letra orixinal, un canto do século XIX das traballadoras dos arrozais padanos, e tamén empregamos a bata para a performance deste tema. Cando as condicións nolo permiten acrecentamos un tendedeiro, que ademais de ser o soporte físico para a indumentaria, penduran del outras cousas e palabras que nos dan forza, todas elas con H… Mulleres somos, mulleres seremos, por dentro, por fóra, porque temos conciencia de selo, até travestíndonos ás veces de gaiteiros. Recoméndenme unha canción súa. Sería, quizais, un canto ao amor.... propio? [risos] Non nos deixas moita opción! Finnish Terra é unha unión de tres culturas, a nosa, a cubana e a finesa, con dúas partes ben revoltas. A primeira é unha das tantas rumbas que chegaron a Galiza a través da emigración e da radio, desde Cuba á Terra. Recollémola en Laroá, na Limia. \"O apoio da televisión pública á música do País é insuficiente para abranguer a gran riqueza de estilos musicais e grupos que temos\" A outra parte é un tema tradicional finés, e tamén sueco, por iso o de Finnish, de finés e de final, de despedida do noso espectáculo. Gustounos a idea de misturar a música finesa con coplas tradicionais, que falan da superación do desamor a través do amor propio. Voarei, sen ti eu voarei! Da primeira maqueta gravaron algúns temas nos estudos da Radio Galega. É dabondo o apoio que desde a radio e a televisión pública se lle está a dar á música galega e en galego? Gravamos alí os tres últimos temas, en análoxico, un directo sen trampa nin cartón, porque é un servizo público e pareceunos en principio unha boa oportunidade para facermos esta pequena entrega. Porén, o apoio dos medios á música do País é insuficiente para abranguer a gran riqueza de estilos musicais e grupos que temos na nosa terra de artistas, sobre todo na televisión pública. Na radio atopamos aínda programas como Lume na Palleira, Tres peixes voando, Planeta Furancho e os que 'pecharon por reformas', que si apoiaron e apoian a música galega. E cren nas meigas? Cremos, porque Habelas Hainas! [rin] Cremos que existe unha comunicación enerxética entre nós a través da intuición que crea a maxia musical, ou iso é o que nós experimentamos, entón si, somos meigas! Aínda que non precisamos vasoiras para voar. \"Rosalía é para nós unha fonte de inspiración inesgotábel\" Meigas somos todas as mulleres silenciadas e invisibilizadas. Astrónomas, filósofas, científicas, labregas, parteiras, compositoras, médicas, músicas… e gaiteiras! Que Habelas Hóuboas! Habelas Hainas tamén somos as mulleres coidadoras, cociñeiras, costureiras, planchadoras, economistas, lavandeiras… que, para alén de todo iso, traballamos fóra. Se iso non é maxia… E somos todas as que a día de hoxe seguimos loitando polos nosos dereitos, que moito traballo queda por facer. Meighas dentro! ABUR to Livre!"}
{"ID": "PRAZA_10039", "summary": "Repasamos algunhas das últimas sentenzas por delito electoral contra cidadáns que non cumpriron coa súa obriga como presidentes, vogais ou suplentes en comicios como os do pasado domingo ou os do 26 de maio", "text": "Repasamos algunhas das últimas sentenzas por delito electoral contra cidadáns que non cumpriron coa súa obriga como presidentes, vogais ou suplentes en comicios como os do pasado domingo ou os do 26 de maioO pasado venres a Xunta Electoral de Zona de Pontevedra informou da súa decisión de comunicar á Fiscalía que tres presidentes de mesas electorais non se presentaran nelas o 28A. Eses cidadáns enfróntanse a ser condenados por delito electoral a penas de prisión de tres meses a un ano ou multas de 6 a 24 meses. Un repaso ás últimas sentenzas emitidas en Galicia permite comprobar como a condena máis habitual é a de multa, duns mil euros, pero a existencia de antecedentes penais previos podería complicar a situación de quen non cumpra coa súa obriga. Porque, como lembra a Audiencia Provincial da Coruña nunha sentenza de xuño de 2015 sobre un caso das xerais de 2011, \"a participación nunha mesa electoral é un deber cívico legalmente establecido e reforzado ata o punto de conter a Lei Electoral preceptos de carácter penal para castigar condutas como a que aquí concorre\". Estes son algúns exemplos:O que non foi nin á mesa nin ao xuízo que o condenouO segundo vogal dunha mesa de Lugo nas autonómicas de 2009 foi multado con 1.250 euros pola súa incomparecencia e tampouco asistiu ao xuízoEn abril de 2011 a Audiencia Provincial de Lugo condenou un cidadán que non acudiu a unha mesa electoral da rúa Espadela desa cidade tras ser citado como segundo vogal nas eleccións autonómicas de marzo de 2009. Foi sentenciado á pena de 14 días de cadea, a substituír por 28 días de multa cunha cota diaria de seis euros e outros 3 meses de multa coa mesma cota diaria, o que lle supuxo uns 1.250 euros de sanción.A sentenza relata como o presidente da mesa electoral, que declarou no xuízo como testemuña, ratificou no mesmo que o implicado non se presentara no colexio electoral \"ata ben entrada a mañá, cando non se dirixiu en ningún momento a eles, senón a un dos representantes dos partidos políticos en liza\". O tribunal salienta que o implicado non só non compareceu á constitución da mesa electoral, senón que tampouco o fixo durante a instrución do caso nin sequera ao xuízo \"polo que a Sala carece de argumentos que puidesen xustificar de algunha forma tal incomparecencia\" e condénao por delito electoral.O que se puxo nervioso e tomou un opiáceo O primeiro vogal dunha mesa das municipais de 2015 multado cuns mil euros argumentou que non recibira contestación ás súas alegacións, pero no xuízo admitiu que se puxera nervioso cando soubo que llas denegaran e tomou un opiáceoEn decembro de 2016 a Audiencia de Lugo emitiu unha sentenza coa que condenou a un cidadán a seis meses de multa con cota diaria de seis euros (uns mil euros), e inhabilitación para o sufraxio pasivo durante ese tempo, por non presentarse como primeiro vogal nunha mesa das eleccións municipais de 2015. Non apareceu malia que a Xunta Electoral denegara por dúas veces as escusas que formulara para non acudir.A sentenza relata como o implicado intentou argumentar que non se lle comunicaran as resolucións denegatorias das súas escusas para non asistir á mesa. Porén, o tribunal desbota esa argumentación salientando que no propio xuízo o acusado declarou que cando lle chegou a denegación se puxera nervioso. A sentenza reflicte como o cidadán relatou tanto na instrución do caso como no xuízo que se desprazara a xogar un torneo de golf a Mondariz, onde sufriu un ataque de nervios e tomou un opiáceo que lle impediu coller o vehículo, o que fixo ao día seguinte coa intención de ir á mesa ás oito da mañá, pero que \"non puido acudir polo exposto\". O xulgado entendeu que esas declaracións ratificaban que o implicado era coñecedor da desestimación das súas alegacións e da súa obriga de acudir á mesa electoral, polo que o condenou. Mil euros, multa adecuada para un mileuristaO segundo suplente do presidente dunha mesa de Ribeira nas xerais de 2011 argumentou que era mileurista para que lle rebaixaran a multa e o tribunal considerou \"proporcional\" multalo con mil eurosEn xuño de 2015 a Audiencia da Coruña con sede en Santiago ratificou unha condena previa dun xulgado do Penal de Santiago de outubro de 2014 contra un cidadán que non acudiu nas eleccións xerais de novembro de 2011 a unha mesa en Ribeira na que estaba citado como segundo suplente do presidente. Entre outras cuestións, no seu recurso o cidadán alegaba contra a sanción imposta, de seis euros por día durante seis meses, un total duns mil euros. A Audiencia ratificou a contía argumentando que a multa se establecera \"no seu límite mínimo\", que considera proporcionado \"á capacidade económica media\" e do implicado, que declarara que \"presta servizos remunerados e que gaña uns 1.000 euros, cantidade esta que fai posible establecer unha cantidade de 6 euros por día como cantidade proporcional á súa capacidade económica\".O condenado e despois absolto por estar embarcadoUn cidadán de Noia segundo suplente de presidente dunha mesa nas xerais de 2011 foi condenado inicialmente a un mes e 15 días de cadea e finalmente absolto por demostrar que estaba embarcado como mariñeiroNo extremo contrario, a mesma Audiencia da Coruña con sede en Santiago rectificou, nunha sentenza de marzo de 2017, unha condena previa de setembro de 2016 dun xulgado do Penal contra un cidadán de Noia que non acudira, como no anterior caso, como segundo suplente de presidente a unha mesa tamén de Ribeira e tamén nas xerais de 2011. O primeiro xulgado condenara o implicado a un mes e 15 días de cadea, pero recorreu e a Audiencia estimou o seu recurso porque \"o apelante atopábase embarcado en alta mar, en augas do Extremo Oriente, durante o proceso electoral\". A Audiencia relata como a súa muller, cando chegara ao seu domicilio a comunicación informándoo de que tiña que acudir á mesa electoral, presentara as súas alegacións de xeito erróneo, \"pero iso non resulta imputable penalmente ao acusado, pois o seu afastamento xeográfico e as súas limitadas capacidades de comunicación, ao estar embarcado, considéranse causa xustificada á hora de excluír a sanción\" prevista na lei electoral. O que negocia co fiscal e acepta unha multa rebaixadaUn veciño de Muxía que non acudiu á mesa das xerais de 2008 que tiña que presidir logrou rebaixar a súa pena tras negociar coa FiscalíaPero ademais de condenas e absolucións, as sentenzas emitidas nos últimos anos por delito electoral polos xulgados galegos tamén recolle o caso dun acordo entre a Fiscalía e o acusado. A Audiencia Provincial da Coruña emitiu en outubro de 2009 unha sentenza contra un veciño de Muxía que non acudira á mesa desa vila na que tiña que ser presidente nas eleccións xerais de marzo de 2008. Nela reflíctese como o fiscal solicitara inicialmente contra el pena de multa de 3 meses con cota diaria de 6 euros (uns 500 euros) e 14 días de prisión, substituídos por 28 días de multa con cota diaria de 6 euros (168 euros) ou por 14 días de traballo en beneficio da comunidade, ademais das costas procesais. Porén, acusación e defensa, coa conformidade do acusado, chegaron a un acordo e o tribunal ditou finalmente unha condena de multa de só 28 días con cota de 6 euros (168 euros) e o pagamento das costas procesais."}
{"ID": "NOS_43278", "summary": "A dirixente nacionalista lamentou que non se abordaron cuestións concretas para a Galiza, máis alá de pór enriba da mesa asuntos para dirixir ao Goberno central.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntouse \"despois de 90 minutos de reunión, para que\" os convocou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a un encontro no que, lamentou, \"non quixo chegar a acordos en materias que son asuntos directamente da súa competencia\". \"Non sei se quería esa foto, xa a ten, pero os galegos e galegas non van ter alternativas\", recriminou Pontón en declaracións aos medios posteriores ao encontro. O financiamento centrará a reunión de Rueda coa oposición A xuntanza entre a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego e o novo presidente do Goberno galego prolongouse durante unha hora e media, e comezou despois de que tivese lugar a reunión entre Rueda e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. A dirixente nacionalista lamentou que non se abordaron cuestións concretas para a Galiza, máis alá de pór enriba da mesa asuntos para dirixir ao Goberno central. Reunión de \"xeneralidades\" Entre os asuntos tratados na reunión que mantiveron ambos dirixentes, abordouse a reclamación das competencias de costas ou unha convocatoria extraordinaria de MIR, así como a descentralización dos Fondos Next Generation. Aínda que Pontón sinalou que Rueda puxo enriba da mesa \"xeneralidades\", a líder do BNG asegurou que a formación nacionalista \"sempre vai estar en defensa dos intereses da Galiza, goberne quen goberne en Madrid\". Pontón e Formoso preparan o primeiro encontro con Rueda En canto á cuestión concreta das competencias de costas, Pontón expuxo que está de acordo pero tamén demandou \"unha axenda máis ambiciosa\", xa que a formación nacionalista detectou que co actual Estatuto de Autonomía existen, cando menos \"71 ámbitos\" para reclamar competencias. Neste sentido, a portavoz nacional do Bloque manifestou a posibilidade de \"abrir\" a reforma do marco estatutario, co fin de \"blindar\" a Galiza fronte á \"centralización\" e acadar un \"financiamento\" galego."}
{"ID": "NOS_3175", "summary": "Martiño Ferreiro Álvarez (Quireza, 1892) foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais), no sueste de Francia, após combater o exército franquista, para morrer en Mauthausen. Eis un estrato da peza publicada no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "O 5 de maio de 1945, a Undécima División Acoirazada do exército estadounidense, ao mando do xeneral Dager, liberou os prisioneiros do campo de exterminio de Mauthausen (Austria). As tropas norteamericanas devolvéronlles a liberdade, entre outros prisioneiros superviventes, a 2.400 republicanos españois, moitos dos cales eran galegos. Os libertadores foron recibidos, xaora, con vítores e albízaras. Os reclusos galegos que denantes participaran na penosa construción, pedra a pedra, do seu presidio, colaboraron após na derruba da aguia imperial que coroaba o portón de acceso ao campo e, así mesmo, na confección da pancarta de benvida: \"Los españoles antifascistas saludan a las fuerzas liberadoras\". Desgrazadamente, a gozosa xornada do 5 de maio de 1945 aconteceu tarde para o republicano cerdedense Martiño Ferreiro Álvarez que, vítima do suplicio, morrera catro anos antes, o 23 de novembro de 1941. Martiño Ferreiro Álvarez naceu na freguesía de Quireza o 13 de setembro de 1892. Ferreiro Álvarez, vencellado ao ramo da construción, trasladou a súa residencia á cidade da Coruña onde, durante a República e adscrito ao partido Izquierda Republicana, desenvolveu os cargos de concelleiro de Obras e tenente de alcalde no Concello herculino. Tras a sublevación fascista de xullo de 1936, procurou agocho en Quireza, despois en Portugal e Francia, combatendo o exército franquista nas frontes do Levante e Cataluña. Nos primeiros meses de 1939, derrotado o bando republicano polas hostes de Franco, medio millón de españois leais á República cruzan a fronteira francesa agardando a solidariedade do país veciño. Porén, as autoridades galas, mesmo antes da ocupación alemá, ofrecéronlles aos heroicos refuxiados un tratamento inxusto, vexatorio e inhumano. Os seus corpos maltreitos, acoutados como animalias, amoreáronse en campos de internamento. Martiño Ferreiro Álvarez foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais), no sueste de Francia. Martiño Ferreiro Álvarez foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais), no sueste de Francia. Aínda así, loitador inquebrantábel, enxergando a inminente chegada dos invasores alemáns, o de Cerdedo integrouse como voluntario nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, desenvolvendo a súa profesión no reforzamento da Liña Maginot. Consumada a invasión, sumouse ao exército francés para seguir combatendo o fascismo. Capturado pola Wehrmacht (maio-xuño de 1940), foi confinado no stalag V-D, preto de Estrasburgo, (asignándoselle o nº 2618) e posteriormente deportado a Mauthausen, canda outros 848 prisioneiros, o 13 de decembro de 1940. Tras a subxugación de Francia, a situación dos exiliados republicanos empeorou. O mariscal Petain, Xefe de Estado do réxime de Vichy, entregóullelos ás autoridades alemás. Os alemáns ofrecéronllelos a Franco e a Stalin que declinaron o seu acollemento. O ministro de Asuntos Exteriores e cuñado de Franco, Ramón Serrano Suñer, responsábel da sorte dos prisioneiros, desentendeuse do asunto, dando a calada por resposta e conferíndolles aos nazis as chaves do seu destino. Daquela, aos rotspanier (os roxos españois) só lles deparaba a incerteza do triángulo azul cosido á súa vestimenta: o distintivo dos apátridas. No xélido inverno de 1940, Martiño Ferreiro Álvarez chega ao pé das cincentas murallas de Mauthausen. Durante a longa viaxe nun escuro, ateigado e fedorento vagón de mercadorías, Ferreiro foi consciente de que aquela era unha viaxe sen retorno. A locomotora detivo a marcha, a vintena de vagóns do convoi renxeu estrondosamente; abríronse as portas e, ás tentas, Martiño Ferreiro albiscou unha gran cruz gammada baixo as poutas dunha aguia estarrecedora. Polas súas ventás coábase até a náusea un cheiro inconfundíbel a carne queimada. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_3592", "summary": "A Xunta paralizou a negociación do convenio coas traballadoras e traballadores de até tres fundacións adicadas aos avances científicos na Galiza.", "text": "Os traballadores da Fundación Biomédica Galiza Sur (FBGS), da Fundación Profesor Nóvoa Santos (FPNS) e da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), que engloban gran parte do colectivo investigador e de xestión a nivel hospitalario na Galiza veñen de solicitar ao Goberno galego que retome as negociacións para a aprobación do convenio colectivo do persoal das fundacións de investigación sanitaria da Galiza e denuncian a negativa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a reunirse con eles. O diálogo para aprobar o marco regulador das condicións laborais do persoal investigador arrancou formalmente en maio do pasado ano, porén foi suspendido como consecuencia do inicio da pandemia e posteriormente por causa das mudanzas no Goberno galego tras os últimos comicios. A elección como conselleiro de Julio García Comesaña alterou a composición da mesa de negociación, xa que o actual responsábel de Sanidade formou parte, no seu momento, do equipo negociador como representante dunha das fundacións. A este respecto, os traballadores sinalan que \"xa pasou tempo de abondo para que isto non sirva de escusa\" para non retomar as conversas. O pasado 5 de novembro unha representación do colectivo investigador concentrouse no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, aproveitando unha visita ao centro do ministro de Sanidade, Salvador Illa, e de García Comesaña e conseguiu forzar unha entrevista. Segundo afirman nun comunicado os traballadores das fundación sanitarias, o titular de Sanidade asegurou que nos próximos días terían a data da seguinte xuntanza. A día de hoxe seguen sen resposta ningunha para seguir negociando o convenio e para \"dignificar a profesión\". O persoal recorda que \"sen investigadoras e investigadores non hai avances científicos\" e que \"sen ciencia, non hai futuro\". A Confederación Intersindical Galega (CIG), sindicato do que fan parte traballadoras e traballadores destes tres centros, entende que \"os temas pendentes agora na negociación son cruciais: estabilidade laboral, réxime retributivo e a garantía de que o ámbito de aplicación atinxa a totalidade das persoas contratadas a través das fundacións\". Na mesma liña, afirma que \"os comités de empresa atópanse así pois á espera dunha data de reunión para a reactivación da mesa\" e manifesta que \"o máximo interese\" do persoal \"é reiniciar con novas forzas e completar o ciclo de negociacións necesario para acadar o mellor convenio colectivo posíbel\"."}
{"ID": "NOS_43953", "summary": "O clube coruñés afirma que toma a decisión agora que aínda \"é posíbel reconducir a situación\" para xerar \"confianza\" no plantel e na \"estrutura profesional\". O Consello de administración do RC Deportivo notificoulle a noticia a Vázquez esta mañá", "text": "O RC Deportivo da Coruña destitúe a Fernando Vázquez, o adestrador que levou o equipo de volta a Primeira. A decisión do Consello de Administración foi comunicada a Vázquez esta mesma mañá na sede social da Praza de Pontevedra. O clube xustifica esta medida na \"falla de confianza hacia o adestrador\". A dirección afirma que adopta esta decisión \"nun momento en que é posíbel reconducir a situación\" pois aínda non comezou a pretemporada. Nun comunicado, o RC Deportivo considera que agora hai que \"xerar, no plantel e na estrutura profesional do Clube, o ambiente de confianza necesario para poder desenvolver o proxecto deportivo e empresarial que ten que permitir ao Deportivo ser un equipo competitivo\". O clube di que, \"malia o ambiente destes días\" agradece a Vázquez o seu traballo. Ampliarase"}
{"ID": "NOS_9758", "summary": "Mália estar en suspensión temporal, o PP mantén o plus de altos cargos no anteproxecto de Lei de Emprego Público que vén de presentar o que permitiría que se recuperara en calquera momento.", "text": "A Confederación Intersindical Galega (CIG) demanda que o plus de altos cargos desapareza de vez da lexislación para que non se recupere no futuro, o que pode suceder segundo o texto lexislativo elaborado polo PP. A CIG denuncia que o anteproxecto evidencia a perocupación do PP pola carreira profesional do persoal directivo, \"que se elixe a dedo entre persoas de confianza\" e que se beneficiará de \"complementos retributivos pouco claros\". Para a central sindical, a suspensión temporal non abonda xa que o feito de o PP mantelo na lexislación evidencia a vontade de recuperalo no futuro. En decembro de 2009 se apresentara unha Iniciativa Lexislativa Popular para a eliminación do plus de altos cargos que contou coa oposición dos votos do PP e máis do PSOE. A CIG está a estudar polo miúdo o Anteproxecto de Lei de Emprego Público mais temem que signifique unha merma de dereitos para as persoas empregadas nas administracións en canto favorecemento da mobilidade xeográfica, amortizacións e redución de persoal e servizos públicos. O Anteproxecto de Lei de Emprego Público foi elaborado por un grupo de traballo de Función Pública sen contar coa participación coa representación de traballadores e traballadoras,o que provocou o primeiro malestar nas centrais sindicais que coñeceron a súa existencia a través dos medios de comunicación. O Anteproxecto uniformaría todas as administracións, a excepción de xustiza, incluído o persoal docente e do SERGAS. Quedaría fóra o persoal de entes e consorcios, precisamente onde a arbitrariedade é maior. Impediría, de igual maneira, que os Concellos tomen decisións propias en materia de persoal."}
{"ID": "NOS_51300", "summary": "\"O accidente non sucedería se Adif e Cortabitarte tivesen xestionado o risco de exceso de velocidade no tramo\", sostén", "text": "O fiscal Mario Piñeiro pide que se dite auto de apertura de xuízo oral fronte ao maquinista Francisco Garzón Amo e o exdirector de seguridade na circulación de Adif Andrés Cortabitarte López como acusados pola traxedia do tren Alvia, accidente que ocasionou 80 mortes e 145 feridos hai case oito anos en Angrois. No seu escrito de acusación, con data de entrada do pasado 5 de maio e ao que tivo acceso Europa Press, o representante do Ministerio Público pide catro anos de prisión para cada un deles, ao atribuírlles 80 delitos de homicidio e 145 de lesións por imprudencia profesional grave. O competente para o seu enjuiciamiento é o xulgado do penal e recentemente o TSXG sinalou o primeiro trimestre de 2022 como o momento en que poderá empezar o procedemento. Neste contexto, Fiscalía atribúe ao maquinista unha \"conversación extensa e relativa a unha circunstancia que non implicaba urxencia\", motivo polo que iniciou tarde o freado antes da curva. Pero pon o foco en Adif e no que era o seu responsábel de seguridade na circulación, hoxe en día aínda nun posto de libre designación na empresa pública dependente do Ministerio de Transportes. \"Tiña que garantir que a liña era segura\" e \"non o era\", sostén. A xuízo de Fiscalía, \"procede impor a cada un dos acusados as penas de catro anos de prisión coas accesorias de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condea\". Ademais, para Garzón Amo expón a inhabilitación especial para a profesión de maquinista de ferrocarrís por tempo da condea e para Cortabitarte López a inhabilitación especial para o exercicio de \"calquera profesión que implique xestión, seguridade ou responsabilidade en infraestruturas ferroviarias polo tempo da condena\". En concepto de responsables civís cita a aseguradora QBE e Allianz (responsabilidade directa) e as entidades Renfe e Adif (subsidiaria) e enumera unha a unha as cantidades con que deberán indemnizar aos prexudicados. O fiscal, no seu escrito, relata as responsabilidades de ambos os dous e os feitos ocorridos o 24 de xullo de 2013. \"O tráxico accidente non sucedería se Adif, máis concretamente a Dirección de Seguridade na Circulación e o acusado Cortabitarte López, avaliasen e xestionasen o risco de exceso de velocidade no tramo do accidente\", asevera. \"A fonte do risco existente no punto do accidente, a fronteira da LAV082, a súa integración coa liña convencional, o cambio significativo de velocidade, a curva, o exceso de velocidade e o erro humano forman un conxunto de risco único nesta curva, que a fan alternativamente vulnerábel e perigosa ante o fallo humano\", engade. Así, Mario Piñeiro entende que \"esta fonte de risco debeu ser evitada polo imputado cun deber positivo de actuación, tal e como se fixo con posterioridade ao accidente\"."}
{"ID": "NOS_6174", "summary": "Videoclip do grupo Mardefora, do Morrazo, para reivindicar o feminismo.", "text": "'A loita é a razón' é o tema de Mardefora, grupo de Sabarigo (O Morrazo) que veñen de presentar en videoclip. \"Fala da loita feminista como único camiño para a igualdade\", indican, ao tempo que sinalan que neste traballo participaron mulleres como a escritora Montse Fajardo, Queta Molas, presidenta da Asociación da Memoria Histórica de Marín ou compañeiras do Colectivo Feminista Zeiva, entre outras."}
{"ID": "NOS_44036", "summary": "Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) confirman o empobrecemento a pasos de xigante da cidadanía. Milleiros de fogares sobreviven xa só cos cartos de pensións d@s maiores", "text": "Non son datos dunha ONG ou entidade de loita contra a pobreza. Son os datos manexados polo Instituto Galego de Estadística (IGE) procedentes da súa Enquisa de Condicións de Vida. E son unhas cifras nas que se evidencia o empobrecemento a pasos de xigante da cidadanía galega. Segundo estes datos, no 28% dos fogares de Galiza só entran ingresos procedentes de prestacións (desemprego, xubilación, viuvez,...).Ningún outro ingreso para estas familias. E, aliás, nun escenario no que a tendencia é recortar e restrinxir cada vez máis as prestacións. A provincia de Ourense (cun 35%) é a que máis fogares ten nesta situación. Na de Lugo é o 29%, na de Pontevedra o 27,5 e na Coruña o 26,15. Un de cada tres O IGE salienta que nun de cada tres fogares do país os ingresos procedentes de prestacións supoñen o 75% dos ingresos. E nun 42% é a metade (o cincuenta por cento) dos cartos que entran nese fogar. Así pois, cuestións como as pensións (que na Galiza son as máis baixas do Estado) están a termar de non poucas familias. Igual acontece cos ingresos por desemprego. Segundo a recente enquisa do Instituto Galego de Estatística do primeiro trimestre de 2013 perto do dez por cen das familias galegas teñen que botar man desta vía para poder 'saír para adiante': pagar facturas, comprar comida, facer fronte a hipoteca, cumprir cos custos do día a día... De feito, e segundo os propios datos do IGE, as familias nesta situación aumentaron nun 100% nestes tres anos de crise aguda. Se no primeiro trimestre de 2013 era un 5 por cento os fogares galegos que tiñan que optar por esta vía; nos tres primeiros meses do presente exercicio, esa porcentaxe ronda o 10%."}
{"ID": "PRAZA_1777", "summary": "O número de desempregados desprotexidos aumentou no país en case un 30% desde a chegada do PP á Moncloa. A taxa de protección en Galicia sitúase por baixo do 30%, case tres puntos menos que no trimestre anterior e oito menos que hai catro anos.", "text": "Desde que o PP chegou ao Goberno de España en 2011, o paro medrou en máis de 33.000 persoas en Galicia. Non obstante, o número de persoas sen protección absorbeu todo o crecemento. E non só o absorbeu todo, senón que hai 7.075 persoas máis que estaban protexidas hai catro anos e que agora non o están. Así se tira dun novo estudo da Fundación 1º de Maio, elaborado por Enrique Negueruela, membro do Consello de Emprego, Economía Social e Relacións Laborais deste organismo. Nel, debulla as cifras para determinar a protección real da cidadanía sen traballo contrapoñéndoa á denominada taxa de cobertura -que basea a súa porcentaxe só nos parados rexistrados nas oficinas de emprego pero non na EPA nin en todas as persoas sen emprego- e que se situaría nuns vinte puntos máis. O número de parados desprotexidos aumentou en Galicia case un 30% desde a chegada do PP á Moncloa O número de persoas paradas desprotexidas aumentou en Galicia desde que Rajoy chegou ao poder en case un 30%, nove puntos máis que o incremento no conxunto do Estado, de ter en conta as últimas cifras da EPA do segundo trimestre do ano. Xa que logo, o número de perceptores de prestacións sitúase nas 33.475 persoas, máis de 7.000 menos dos que había cando o PP accedeu á Moncloa, pero con 33.000 desempregados máis. Así, a taxa de protección no país sitúase no 29,8%%, case tres puntos menos que no trimestre anterior, case oito menos que no mesmo trimestre de 2011 e tan só dous puntos superior á media estatal, un diferencial positivo que continúa a reducirse a cada estatística. A taxa de protección en Galicia é menor ao 30%, case tres puntos menos que no trimestre anterior e oito menos que hai catro anos En Galicia, menos de un de cada tres parados percibe prestacións. A taxa de protección do 29,8% é de 7,8 puntos menos que no mesmo trimestre de 2011, polo que de terse matido a mesma taxa, agora habería case 20.000 persoas protexidas máis. Hai, en definitiva, case 180.000 parados que non percibe prestación ningunha (177.071), unha situación que é moito peor para as mulleres, que teñen unha taxa de protección 10,5 puntos menor cós homes. Pero peor caso é o dos mozos galegos menores de 30 anos: tan só un de cada dez percibe prestación, menos do 10% (9,8%). O que é o mesmo: nove de cada dez mozos e mozas desempregados non reciben achega ningunha. Hai, xa que logo, case 55.000 novos sen prestacións e menos de 6.000 con elas. As mulleres novas teñen unha taxa de protección 5 puntos superior aos homes. Nove de cada dez mozos galegos parados non percibe prestación ningunha Por outra banda, as persoas entre 30 e 44 anos teñen unha taxa de protección do 27,6%, polo que unha de cada cartro percibe unha prestación, mentres que case 80.000 persoas desta franxa de idade non percibe axuda ningunha. A taxa feminina, neste caso, é inferior á dos homes en seis puntos e, desde 2011, a taxa de protección caeu en 11 puntos. É entre os maiores de 45 anos onde a taxa de protección é maior en Galicia. Algo menos de un de cada dous está protexido, aínda que a porcentaxe de mulleres con prestación é 27 puntos inferior á dos homes. Taxa de protección de parados en Galicia 2º trimestre 2014 2º trimestre 2015 Homes 38,9% 35% Mulleres 27,1% 24,5% Total 33,2% 29,8% Ante estes datos, Enrique Negueruela considera no seu informe que son \"claramente reveladores da situación do emprego\" no Estado. \"O grao de precariedade no que está o mercado de traballo é tal que nin tan sequera se xeran prestacións\", aclara o economista, que lembra que o feito de ter \"parcializado\" os subsidios leva a que estes \"adoiten non solicitarse despois dun contrato a tempo parcial, permaneendo á espera doutro tempo completo que moitas veces tarda en chegar\". \"O grao de precariedade no que está o mercado de traballo é tal que nin tan sequera se xeran prestacións\", advirte Negueruela Negueruela advirte que en 2016, \"de non modificarse a normativa elaborada por este Goberno en relación cos maiores de 55 anos, asistiremos a un forte aumento da desprotección dos parados de moi longa duración, os que levan máis de dous anos\". O economista urxe por unha \"modificación legal das prestacións no sentido contrario ao realizado polo PP\". \"É preciso facer valer o artigo 41 da Constitución e que as persoas paradas estean protexidas\", remata."}
{"ID": "NOS_12571", "summary": "Derrotas do comunista Daniel Jadue e do ultraconservador Joaquín Lavín. Por outra banda, 50% da poboación chilena estaría a favor de declarar Chile un Estado multicultural, segundo unha enquisa.", "text": "Sebastián Sichel, de Chile Vamos (dereita), e Gabriel Boric, de Aprobo Dignidade (esquerda), foron elixidos no proceso de primarias abertas como candidatos para os comicios presidenciais do 21 de novembro en Chile. Sichel e Boric derrotaron contra todo prognóstico a Joaquín Lavín, da ultraconservadora Unión Demócrata Independiente (UDI), e a Daniel Jadue, do Partido Comunista, que durante meses lideraron as enquisas de intención de voto. Tanto Sichel, exministro independente, como Boric, exlíder estudantil, representan posturas máis moderadas. Sichel, de 43 anos, foi ministro de Desenvolvemento Social co actual presidente, Sebastián Piñera, e presidente do Banco do Estado até decembro de 2020. Tras pasar por varios partidos do espectro político, incluída a Democracia Cristiá (DC), e presentarse a estas primarias sen o apoio de ningunha formación en concreto, Sichel defínese como o único candidato de \"centro\". Boric, deputado da esquerdista Fronte Ampla (FA) de 35 anos, impúxose pola súa banda a Jadue, alcalde do barrio santiagués de Recoleta. Cun ton máis conciliador e unha proposta máis transversal que a comunista para mudar o actual modelo neoliberal, Boric ─deputado desde 2014─ irrompeu no panorama político nas grandes manifestacións estudantís de hai unha década. Dúbida no centroesquerda O centroesquerda non conseguiu presentar unha candidatura común polo momento. A presidenta do Senado, a demócratacristiá Yasna Provoste, podería dar o paso antes da data límite de 23 de agosto. Porén, o triunfo de dous moderados tanto á súa esquerda como á súa dereita poderían retraela de facelo, segundo analizaban onte os medios do país. Ademais, podería non ter o apoio do Partido Socialista (PS), que a priori se decanta por Paula Narváez, portavoz no segundo mandato de Michelle Bachelet (2014-2018). O bloque da dereita, Chile Vamos, fórmano a UDI, Renovación Nacional (RN), Partido Rexionalista Independente (PRI) e Evolución Política (Evópoli). Sichel logrou 49,08% dos votos; Lavín, exalcalde do barrio santiagués das Condes, 31,3%; o exministro de Defensa, Mario Desbordes (9,8%); e o exministro de Facenda, Ignacio Briones (9,82%). O bloque da esquerda, Aprobo Dignidade, está composto polo Partido Comunista (PCCh), Revolución Democrática (RD), Converxencia Social (CS, membro da FA), Partido Comúns e a Federación Rexionalista Verde Social (FRVS). Boric, líder de CS logrou 60,43% dos votos. Un total de 14.627.477 chilenos estaban habilitados para votar nas primarias. Por Chile Vamos votaron 1.341.925 persoas e por Aprobo Dignidade, 1.747.691, un indicio de quen podería gañar as presidenciais de novembro. Estado pluricultural Por outra banda, 50% da poboación chilena estaría a favor de declarar Chile un Estado multicultural, segundo revelou onte a enquisa Praza Pública Cadem recollida por El Mercurio. Ademais, 23% móstrase a favor de declaralo Estado plurinacional, e 25% sinala que prefire un só Estado nación, sen distincións. Esta edición da enquisa, estivo marcada polo recruar do conflito mapuche nos últimos tempos. Neste contexto, 98% pensa que é \"importante\" que o pobo mapuche conserve as súas tradicións e cultura; 77% opina que Chile ten unha \"débeda histórica con eles\"; 73% que teñen dereitos de propiedade sobre as terras que consideran ancestrais; e 65% que teñen dereito a escoller as súas propias autoridades políticas."}
{"ID": "NOS_15919", "summary": "\"Lira, reserva de vida na costa da morte\" participa no Green Up Festival de Bruxelas en que os filmes se poden ver e votar a través da rede. A película pódese ver on-line en galego con subtítulos en francés ou ingles. A produtora Saga convida a ver o filme e votar no concurso internacional.", "text": "Producida e dirixida por Marcos Gallego, \"Lira, reserva de vida na Costa da morte\" entra en concurso na primeira edición do Green Up Festival na sección dedicada á auga. Pódese votar até o día 23 de outubro na ligazón do festival, unha plataforma que permite tamén ver a película on-line en galego, podendo escoller a versión subtitulada en inglés ou francés. A produtora Saga, responsábel do film, convida a participar no concurso e ver e votar a película galega.O film recolle a historia da primeira Reserva mariña de interese pesqueiro, Os Miñarzos, unha iniciativa pioneira nacida despois de que o Prestige enchese o mar de Lira de chapapote. Mariñeiros e mariscadoras son as protagonistas do documental que foi xa proxectado en numerosos festivais de cine ecolóxico, o Cidade de Zaragoza, o Internacional de Films Pêcheurs du Monde de Lorient ou no Film Festival in the Nation´s Capital de Washington. http://www.greenupfilmfestival.com/en/theme/get/water/lira_reserve_of_life"}
{"ID": "PRAZA_14089", "summary": "No Consello Nacional de CxG, celebrado o sábado, o partido ecosocialista presentou unha proposta (rexeitada por 34 votos fronte a 12) para que unha coalición nacional e progresista entre Compromiso e Anova non se pechase a outras forzas.", "text": "Non hai unanimidade en Compromiso por Galicia á hora de rexeitar a participación nunha fronte ampla, en clave progresista e nacional, xunto con EU e Anova. Espazo Ecosocialista presentou no Consello Nacional da formación, celebrado este sábado, unha proposta de mínimos para un acordo entre CxG e Anova que non excluiría a incorporación doutras forzas políticas, por exemplo Esquerda Unida. A proposta foi rexeitada por unha maioría clara (34 votos a 12), pero atopou un bo número de apoios. Os ecogaleguistas defenden a necesidade da \"máxima unidade posible diante da situación de emerxencia nacional\", e cren que sería un grave erro que CxG se presentase ás eleccións en solitario. Os Ecogaleguistas cren \"que aínda hai tempo\" para que Anova e CxG cheguen a un acordo entre eles e con outras forzas, para así asegurar \"o carácter nacional\" do acordo e aseguran que van traballar para que Compromiso se incorpore ao acordo de fronte ampla. Consideran imprescindible esta unidade política, tendo en conta \"a gravidade da situación actual de Galicia, no marco dunha profunda crise económica e financieira que se pretende solventar cunha agresión sen precedentes sobre a maioría social\". E poñen como referencia o éxito social acadado polas manifestacións do 19 de xullo, sustentado na súa opinión na unidade sindical e na xenerosidade de todos os actores tradicionais para traballar unidos sobre as súas coincidencias. A oferta de coalición finalmente aprobada (que exclúe a incorporación doutras forzas) non só lle pechaba as portas a EU, senón que facía practicamente imposible o acordo con Anova Na proposta formal presentada polos Ecogaleguistas para acadar un acordo entre Compromiso e Anova faise unha defensa \"da ética pública e dos valores cívicos e democráticos, que impulsarán unha nova cultura política, fronte do bipartidismo e a corrupción, en defensa do Ben Común, do autogoberno galego e do noso dereito a decidir, salvagardando os intereses da maioría da nosa sociedade, priorizando a creación de emprego e a de defensa do Estado do Benestar, dos servizos públicos de Ensino, Sanidade e das prestacións sociais, así como no impulso da radicalidade democrática e a participación cidadá\". E sinálase que \"este preacordo político está aberto á participación doutras organizacións que compartan estes obxectivos\". Porén, a proposta foi rexeitada, polo que a oferta de coalición finalmente aprobada (que exclúe a incorporación doutras forzas) non só lle pechaba as portas a EU, senón que facía practicamente imposible o acordo con Anova, que xa anunciara a súa intención de apostar por unha coalición máis ampla. Era, pódese dicir, unha proposta para non. Critican que CxG \"perde o seu carácter renovador se non é capaz de liderar as demandas políticas e sociais da cidadanía\" e entenden que a demanda fundamental dun amplo sector da sociedade galega é neste momento a da \"unidade\" Os Ecogaleguistas critican que Compromiso \"perde o seu carácter renovador\", que consideran fundamental, \"se non é capaz de liderar as demandas políticas e sociais da cidadanía\" e entenden que a demanda fundamental dun amplo sector da sociedade galega é neste momento a da \"unidade\". Así mesmo, alertan de que \"a percepción que ten a sociedade é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara a dereita\" e consideran moi negativo que no seo da formación se recorrese durante o debate a \"formulacións sectarias e excluíntes que xa entendiamos superadas: españolismo, deslealdade...\". Proposta de Espazo Ecosocialista para un acordo amplo"}
{"ID": "NOS_15754", "summary": "Ao defender unha proposición non de lei debatida en Comisión, o deputado de AGE Ramón Vázquez recordou aos e ás homólogas do PP --única formación que votou contra a supresión deses concertos-- que a consellaría está a cometer \"unha dupla ilegalidade\" ao os manter.", "text": "\"O que vostedes pretenden e pór a súa ideoloxía por riba da decisión das familias\" namentres o Goberno galego aposta na \"liberdade das familias\" e no \"ideario dos centros\". Así, atacando á oposición por se posicionaren contra o financiamento con diñeiro público dos colexios privados que separan o alumnado en función do sexo. Foi como o deputado do PP Román Rodríguez escusou o apoio d@s conservador@s aos devanditos concertos, rexeitando non só o seu carácter ilegal senón tamén a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que exixe a súa cancelación, pois entende Rodríguez que \"as sentenzas evolucionan en función das maiorías sociais\". Un \"apartheid educativo\" pagado con cartos públicos A resposta de Román Rodríguez, defendendo o ideario de centros privados de corte abertamente relixioso ao estaren vinculados ao Opus Dei, chegou durante o debate en Comisión dunha proposición non de lei presentada polo grupo parlamentar de AGE e defendida polo deputado Ramón Vázquez. Cualificou os concertos de \"apartheid educativo\" e definiunos como \"unha práctica enfermiza superada hai máis de 40 anos\", enfatizando que \"a liberdade de escolla non pode nunca incluír a vulneración de dereitos individuais\". Con todo, o posicionamento por parte do PP e do Parlamento galego non era o que adoptou Román Rodríguez. Na súa proposición non de lei, Vázquez explicou a \"ilegalidade por partida dupla\" que está a cometer a Xunta ao destinar diñeiro público --3 millóns ao ano-- a eses cinco centros privados: dunha banda porque se vulnera a sentenza do TSXG que os declarou ilegais e, da outra, porque a maneira en que a consellaría de Educación quixo esquivar a resolución xudicial \"tamén é ilegal\". Así, o departamento de Jesús Vázquez suprimiu os concertos no primeiro ciclo e mantívoos no resto de níveis educativos, cando as unidades concertadas deben ser \"ou todas ou ningunha\". Após espetar ás bancadas do PP que \"as sentenzas non din que non poida haber un centro que segregue nin que as familias non poidan enviar alí os fillos, o que din é que non poden recibir diñeiro público\", sinalou que a intención da proposición era instar a Xunta a non renovar ningunha unidade concertada. A achega de AGE contou cos votos a favor de PSdG e BNG. A deputada da formación frontista Carme Adán aproveitou a súa quenda de intervención para ironizar sobre \"a coherencia do PP\" ao apoiar o financiamento público de colexios do Opus porque \"no PP entenden que hai persoas superiores e inferiores en función do seu sexo ou do seu poder adquisitivo\" e continuou explicando que \"cando din liberdade aproban leis mordaza e cando din igualdade pagan colexios que segregan\". Os sete votos en contra @s deputad@s conservador@s con representación na Comisión de Educación vetaron a proposición e blindaron os concertos."}
{"ID": "PRAZA_15133", "summary": "A unha semana do debate de investidura o grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda non dispón aínda de instalacións no Pazo do Hórreo para desenvolver o seu traballo ordinario", "text": "\"Non sería porque non soubesen que ía haber un grupo máis\". Quen fala é un veterano traballador do Parlamento de Galicia, sorprendido pola situación que se está a vivir no Pazo do Hórreo coa chegada dun novo grupo parlamentario, Alternativa Galega de Esquerda (AGE). A unha semana do primeiro gran debate, o de investidura, o grupo liderado por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz aínda non ten espazo físico para traballar na sede do lexislativo galego. Non o tiveron antes do inicio formal formal da IX Lexislatura e aínda non o teñen este martes, despois de cumplimentar os trámites que os constitúen a todos os efectos como grupo parlamentario. Aínda que o edificio foi obxecto de varias reformas nos últimos meses -houbo reparacións e melloras na sala da Xunta de Portavoces, na sala de prensa e na enfermaría e habilitouse un comedor para deputados e persoal da Cámara, ademais doutros arranxos- estes traballos non contemplaron a habilitación dun cuarto grupo parlamentario, labor que cómpre desenvolver agora a marchas forzadas. Mentres, en AGE aumenta o malestar por non dispoñer de, por exemplo, un lugar fixo para manter xuntanzas. No Pazo do Hórreo acometéronse varias reformas nos últimos meses, pero non incluíron a habilitación dun novo grupo Neste escenario, este martes os primeiros membros de AGE en chegar ao Hórreo foron a súa vicevoceira, Yolanda Díaz, e o deputado Xabier Ron, que foron convidados a ocupar a coñecida como Sala do Estatuto -onde se negociou a fallida reforma de 2007-. \"Despois mudáronos a outra sala\" que, como a primeira, tampouco dispón de equipamentos que si hai no resto de grupos, tales como espazo para o persoal de prensa, conexión a internet ou ordenadores -o Parlamento recibirá, a máis tardar o día 23, 85 novos ordenadores portátiles-, e alí agardaron os seus compañeiros. Así as cousas, dende AGE prevían que unha delegación do grupo se entrevistase este propio martes coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, para procurar solucións. \"Xa saben que existimos\" e \"as cousas que lles interesas póñenas rapidamente\", explican dende Alternativa, ademais de recoñecer o labor dos \"amabilísimos\" traballadores da Cámara, os primeiros en admitir \"que isto non é normal, porque non temos nin onde escribir\". Malia estas dificultades os parlamentarios de AGE si mantiveron a xuntanza que tiñan prevista para, entre outros asuntos, distribuír responsabilidades dentro do grupo, como as portavocías de área e as comisións das que se ocupará cada deputado ou deputada. Mentres se producían estas queixas no seo do grupo de AGE fontes parlamentarias aclaraban este martes a Praza Pública que a non asignación de espazos non foi debida a unha \"falta de previsión\", senón ao feito de que Alternativa aínda non se constituíra como grupo parlamentario. Non obstante, especifican, en días pasados puideron empregar diversas salas do edificio e, unha vez cumplimentados os trámites, xa poderán acceder ás oficinas que está previsto que ocupen. Se os novos deputados e deputadas non consideran necesario ningún \"axuste\" xa poderían instalarse \"mañá\", explican. Ademais, sinalan, xa hai \"un ordenador\" á disposición de AGE dende este mesmo martes."}
{"ID": "NOS_16777", "summary": "Iniciativa Galega pola Memoria Histórica apela ao \"consenso\" das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Esta formación tenta, desde o ano 2007, políticas reais de recuperación da Memoria Histórica e de condena do franquismo.", "text": "O Grupo Común da Esquerda, o Bloque Nacionalista Galego e En Marea participaron esta sexta feira, 27 de decembro, nunha xuntanza coa plataforma Iniciativa Galega pola Memoria Histórica. Matías Rodríguez, voz representante de Iniciativa Galega, plataforma que aglutina un centenar de colectivos, na reunión cos deputados Ánxeles Cuña (Común da Esquerda), Xosé Luís Rivas 'Mini' (BNG) e Paula Vázquez Verao (Mixto), apelou ao \"consenso\" das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Neste sentido, denunciou que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de \"lugares simbólicos\" como a Illa de San Simón. O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Xosé Luís Rivas amosou o apoio do BNG ás demandas da entidade que desde o ano 2007 desenvolve unha intensa actividade para a recuperación das vítimas do franquismo e contra a \"impunidade\" da lei de amnistía. Matías Rodríguez denunciou que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de \"lugares simbólicos\" como a Illa de San Simón. Así mesmo, o parlamentario Xosé luís Rivas lembrou que o BNG rexistrou diversas iniciativas no Parlamento galego para que a Illa de San Simón sexa un lugar de \"recoñecemento e homenaxe das vítimas da represión franquista\" e non utilizado para actividades de carácter lucrativo que oculten o que realmente aconteceu na Illa durante o período franquista. É necesario, dixo, que se coñeza a verdade e se repare a memoria das vítimas polo que volveu a reiterar o apoio do BNG ás demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria. Iniciativa Galega pola Memoria Histórica Iniciativa Galega pola Memoria Histórica é unha plataforma plural que aglutina diversas entidades co afán de coordinarse, como \"punto de encontro permanente do movemento memorialístico galego\", \"espazo de debate e acción común\" das múltiples entidades que a conforman e que están a traballar na loita pola memoria histórica, desde 2007, perante a \"Lei da memoria\". Xa en 2010, logo do cambio de goberno en 2009 e do \"desmantelamento das políticas públicas da memoria\" é aprobada a declaración de principios da IGM e feita pública na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que cada ano se celebra en San Simón."}
{"ID": "NOS_16180", "summary": "Os vascos afunden aínda máis o equipo da Coruña cun 5-0.", "text": "A chuvia que dominou o partido entre a Real Sociedad e o Deportivo da Coruña pareceu transformarse en goles. Mais dos vascos contra os galegos. O contundente, inequívoco 5-0 deixa os coruñeses no fondo da táboa e, sobre todo, coa sensación de que a desfeita é cada vez menos reconducíbel. O adestrador do Dépor púxoo claro após o encontro: \"Imposíbel facelo peor\". Nin sequera o debut da última, e discutida, fichaxe, a de Michael Krohn-Dehli, axudou. O seu labor foi intranscendente. Durante o primeiro tempo, a Real pareceu ser a única equipa sobre o terreo de xogo. Só marcou un dos cinco goles, pero o dominio resultou absoluto. O Dépor apenas se achegou a zona de perigo. E esta tónica acabaría por estenderese a todo o partido. Transcorridos pouco máis de dez minutos da segunda metade, e malia que eses foron os mellores momentos dos coruñeses, Illarramendi marcou o segundo gol. A partir de aí, o dioivo. Aínda que Lucas Pérez e Schar o intentaron un par de veces, a equipa de Cristóbal Parralo borrouse do partido. O Deportivo da Coruña atópase en postos de descenso á espera de que conclúa a xornada. Cincuenta e un goles en contra en 22 partidos son cifras propias dunha escuadra cun pé en segunda división. Como un pé fóra de Riazor parece ter o adestrador. Ficha técnica Real Sociedad, 5: Rulli; Odriozola, Aritz,Navas, De la Bella; Illarramendi, Zubeldia, Xabi Prieto (Guridi, m. 83); Oyarzabal, Juanmi (Canales,m.69) e Willian José (Agirretxe, m. 84). Deportivo, 0: Rubén; Bóveda, Albentosa, Schar, Luisinho; Guilherme, Krohn-Dehli (Valverde, m. 80), Cartabia (Bakkali, m. 73), Gil (Çolak, m. 53), Adrián e Lucas Pérez. Goles: 1-0: Willian José (m. 32). 2-0:Illarramendi (m. 61). 3-0: Canales (m. 74). 4-0: Aritz Elustondo (m.82); 5-0: Illarramendi (m. 88)Árbitro: Undiano Mallenco (Comité Navarro). Amoestou Schar."}
{"ID": "PRAZA_16919", "summary": "O Santander asina a fin definitiva da entidade galega, que queda sen ficha bancaria propia e sen sede social na Coruña e tan só mantén a marca de maneira provisional. O proceso suporá máis despedimentos entre o milleiro de traballadores que ten en Galicia. INTERACTIVO | O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión", "text": "O punto final a case 250 anos de historia e o golpe de graza ao sistema financeiro galego, esfarelado na última década, sen unha soa entidade bancaria con capital galego e con tan só unha, a cooperativa de crédito Caixa Rural Galega, con raizame galega entre o conxunto das entidades financeiras. O Banco Santander vén de absorber definitivamente o Banco Popular e, ao tempo, o histórico Banco Pastor, que mantiña aínda a súa propia ficha bancaria e a súa sede social na Coruña, ademais dun consello de administración. Nada diso existe xa, tan só unha marca comercial á que lle queda pouco tempo. O Santander absorbe definitivamente o Popular e, ao tempo, o Pastor, que porá punto final a case 250 anos de historia O Santander era, desde o pasado 7 de xuño de 2017, o propietario do Pastor logo de que o Estado, a través do seu brazo financeiro, o Fondo de Resolución Bancaria (FROB), anunciara a decisión de vender o Grupo Popular, onde se integraba a entidade galega, á presidida por Ana Botín polo prezo de un euro. Agora, complétase a absorción definitiva que diluirá ata á desaparición o banco con sede na Coruña, que comunicou a decisión á CNMV, á que explica que o seu consello de administración, ademais do do Popular, acordaron a \"fusión por absorción do Banco Pastor e Popular Banca Privada por Banco Popular\". \"As sociedades absorbidas están directamente participadas ao 100% polo Banco Santander\", aclara. \"Banco Popular e Banco Santander acordaron a fusión mediante a absorción de Banco Popular por Banco Santander [...]. No momento no que se execute a referida fusión, o Santander adquirirá, por sucesión universal, a totalidade dos dereitos e obrigas do Popular, e que incluirá, en consecuencia, os de Banco Pastor e Popular Banca Privada\", engade. \"O Santander adquirirá, por sucesión universal, a totalidade dos dereitos e obrigas do Popular, e que incluirá, en consecuencia, os de Banco Pastor\" O certificado de defunción do Pastor suporá, agás sorpresa, a integración total das súas oficinas --unhas 200-- no Santander, momento no que tamén desaparecería a súa marca, que se manterá aínda uns meses. Con todo, o proceso de absorción total levará tamén algún tempo e irase desenvolvendo ata que se complete a absorción xurídica no vindeiro outono e a definitiva xa no vindeiro ano. O Banco Pastor mantén aínda un milleiro de empregados en Galicia e o Santander xa empezou as conversas cos sindicatos para igualar as condicións dos cadros de persoal das tres marcas que agora serán unha única. Ademais, queda pendente a redución de traballadores que xa empezara coa marcha dun cento no país. No momento no que se integren as oficinas e se eviten as duplicidades, serán moitos máis os afectados por un ERE inevitable. Os sindicatos amosan xa a súa \"preocupación\" pola perda de postos de traballo Os sindicatos xa amosaron a súa \"preocupación\" pola afectación que a desaparición do Pastor poida ter para o emprego en Galicia e, por exemplo desde a CIG, lembran as súas críticas á \"inacción e pasividade\" da Xunta ante a desaparición doutro banco galego e a fin dos sistema financeiro propio. Aos poucos días de coñecerse a compra do Popular por parte do Santander, Feijóo presentou como un éxito que a presidenta da entidade bancaria, Ana Patricia Botín, lle asegurara que \"estudará\" a súa petición transmitida por carta de \"manter a marca do Banco Pastor\" en Galicia. Era un suposto logro que o xefe do Executivo galego salientou despois de asegurar que \"hai seis anos que o Pastor non existe\" tras a súa compra polo Popular."}
{"ID": "PRAZA_14916", "summary": "Os valores republicanos que se foron filtrando na construción da democracia baixo a monarquía parlamentaria española, esváense nun contexto reaccionario que aproveita a recesión económica. Porque de orixe republicana era o sistema público e universal da sanidade que está desaparecendo; tamén o era a educación pública e de calidade.", "text": "Ramón, un avogado galego afincado en Bos Aires, ten que ir a Xenebra por motivos de traballo e, á volta, decide pasar por Compostela para visitar a Camilo, deseñador gráfico e pintor. Ramón sente unha profunda emoción ao pisar as pedras do casco histórico santiagués ata chegar a casa do seu amigo. Cruzar a Praza do Obradoiro enche a súa alma segreda de lembrazas gravadas a lume. Camilo recíbeo agarimoso, hospitalario, coa súa bata branca de creador infatigable. Ofrécelle a calor da amizade e da súa casa chea de tesouros que gardan intensas historias deste país. E comezan a falar, un pouco de todo, da vida e da non vida, das cousas que están a pasar e que pasarán, que son moitas. – Como che vai Camilo? – Son un galego novo, resúltame tan antipática a Galiza de pandeireta como a Galiza humillada ante os seus verdugos. Quero un país que goce plenamente na Liberdade e no Traballo. Hoxe, para considerarme verdadeiramente artista galego, teño que ser nacionalista galego, porque non entendo a arte sen ideas de redención de Galiza. – E a política galega? – Precisamos un nacionalismo sen fronteiras, capaz de contemplar todos os grandes problemas sociais, políticos e económicos e resolvelos a través dos postulados máis atrevidos da esquerda. Que cada pobo desenvolva as súas actividades de acordo coas súas características históricas é algo que non pode ser combatido por ningunha ideoloxía. E calquera movemento tendente á implantación da República, contará cos nacionalistas galegos porque temos unha gloriosa tradición revolucionaria nos vellos Irmandiños que non eran, como alguén dixo, instrumentos duns nobres contra outros, senón organizacións populares gardadoras dos dereitos do pobo e dos foros da vella Nación Galega e dun espírito admirablemente revolucionario. Esta conversa ten lugar en 1926 e sairía do prelo en forma de entrevista en El Despertar Gallego, un xornal editado en Bos Aires. A Camilo Díaz Baliño asasinaríano o 14 de agosto de 1936 e Ramón Suárez Picallo morrería no exilio sen poder cumprir o devezo de ser enterrado na súa terra ata o ano 2008… e o noso tempo segue sen restaurar a súa memoria na altura que merecen. – Camilo, como está a situación no Estado español? – Pero Ramón, é que non o ves? É unha tranquilidade ficticia. Estamos sobre un volcán próximo a unha erupción terrible. Vivimos aplastados baixo unha mole que nos aniquila o corpo e a alma. Os valores republicanos que se foron filtrando na construción da democracia baixo a monarquía parlamentaria española, esváense nun contexto reaccionario que aproveita a recesión económica Os valores republicanos que se foron filtrando na construción da democracia baixo a monarquía parlamentaria española, esváense nun contexto reaccionario que aproveita a recesión económica. Porque de orixe republicana era o sistema público e universal da sanidade que está desaparecendo; tamén o era a educación pública e de calidade, na que agora soportamos cuestións como a segregación por sexos; as iniciativas destinadas a difundir a cultura eran de berce republicano, e hoxe brillan pola súa ausencia; de selo republicano era o pulo á investigación científica, e que lle pregunten á USC que tal vai a cousa nesta materia; as políticas de igualdade eran radicalmente republicanas e hoxe quérennos quitar o dereito a abortar libremente; o debate intelectual, nun senso moderno, era de semente republicana e eu bótoo moitísimo de menos. Que difícil honrar así a memoria de Camilo e de Ramón e de tantos outros. Baste con recordalos e facerlles algo de caso."}
{"ID": "NOS_51383", "summary": "Sindicatos, colectivos feministas e de mulleres manteñen perto dun cento de convocatorias na Galiza que chaman á mobilización con motivo do 8 de marzo. A resposta das Subdelegacións do Goberno español foi unánime: un escrito de Saúde Pública no que non aclara se permite ou non a mobilización e no que se limita a pedir que se cumpran as normas. O compromiso do movemento feminista é anterior e busca contestar na rúa o intento de criminalización que sufriu nas últimas datas.", "text": "Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, sindicatos e colectivos feministas chaman á mobilización e participación de todas as mulleres na xornada de folga convocada para esta segunda feira. O movemento feminista galego reivindica o seu dereito a saír do ámbito doméstico e a ocupar o espazo público para evitar, con todas as medidas de seguridade, que os problemas das mulleres fiquen confinados tras as portas. \"Queremos que en 2021 Galiza volva ser un referente na mobilización das mulleres a nivel global\". Máis unha vez, aseguran desde Galegas 8-M, coordinadora desde hai catro anos dun 8 de marzo en chave galega, diversa, inclusiva e horizontal, \"faremos tremer o país co berro do feminismo, tinxindo as rúas de lila\". Outro modo de organizar As cores non van mudar, mais a pandemia obrigou os colectivos feministas e de mulleres a repensar as súas accións e o modo de ocupar o espazo público co obxectivo de garantir as medidas de seguridade e o coidado da saúde. \"Se alguén sabe coidar, esas somos nós\", afirman, para salientar o cumprimento dos protocolos sanitarios, guía fundamental para o acordo de novas recomendacións á hora de organizar marchas, concentracións e mobilizacións polas rúas da Galiza. Máis citas máis diversas Neste sentido, o movemento feminista avogou por ampliar o número de convocatorias e trasladar algunhas delas a localidades máis pequenas, co fin de sortear desprazamentos innecesarios. Os percorridos multiplícanse, aínda dentro dunha mesma cidade. Increméntase a oferta horaria. Os itinerarios foxen das rúas estreitas. E todas as concentracións, estáticas ou en movemento, aseguran os dous metros de distancia ademais de obrigar ao uso da máscara. Mobilizacións As Subdelegacións do Goberno recibiron comunicación de perto dun cento de concentracións e manifestacións en máis de medio cento de localidades galegas, convocadas fundamentalmente pola CIG e polo colectivo Galegas 8M, do que a central sindical fai parte. A Secretaría das Mulleres do sindicato nacionalista convoca 31 mobilizacións previstas para o mediodía desta segunda feira, 8 de marzo, en cidades e vilas das comarcas da Coruña, Carballo, Cee, Ferrol, As Pontes, Ribeira, Compostela, Lugo, A Mariña, Ourense, Verín, Pontevedra, Vilagarcía, O Grove, Cambados, Lalín, A Estrada, Bueu, Cangas, Moaña, Redondela, O Porriño e A Guarda son algunhas vilas escollidas ás que a plataforma feminista suma, xa en horario de tarde, máis dunha trintena de convites. Columnas de mulleres As asembleas locais propón desde treboadas a marchas en bicicleta, ademais de concentracións e manifestacións nas principais vilas e cidades. Oleiros, Boiro, Catoira, Vila de Cruces, Vilaboa, Cervo, Xove, Viveiro, Xermade, Chantada, Monforte, Vilalba... figuran tamén na axenda de mobilizacións, que mudarán os berros e cánticos por ruído, e as aglomeracións por columnas de mulleres Folga de 24 horas A xornada de mobilizacións prevista para o 8-M volve coincidir cunha xornada de folga de mulleres de 24 horas convocada polos sindicatos CIG e CUT, mais por Erguer, Sindicato de Estudantes. Un chamamento ao que fai seu a plataforma Galegas 8M, promovendo unha folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil. Contra un sistema capitalista e patriarcal, contra a privatización dos servizos esenciais para o coidado, contra a invisibilidade das profesións feminizadas e a precariedade das pensións das galegas. Polo dereito a maternar de forma digna e o reparto corresponsábel dos tempos e dos traballos. Boicot e desprestixio O 8-M chega cargado de razóns para a mobilización, defende o movemento feminista, firme fronte a campaña de desprestixio e criminalización da que vén sendo obxecto. Agora máis que nunca, \"os nosos dereitos non poden ficar confinados\", aseguran desde a Secretaría das Mulleres da CIG. \"Urxe saír á rúa para exixir medidas reais contra a precarización das condicións de vida das mulleres, mais visibilizar e frear o detrimento das nosas condicións laborais, de saúde, económicas e sociais derivadas desta crise\". Os coidados, no centro A pandemia devolveu as mulleres ao ámbito doméstico e volve situar os coidados no foco. Coidados que piden colocar no centro e que son, de novo, motor de todas as reivindicacións. Visíbeis, remunerados, públicos, humanizados. Que non leven as mulleres a renunciar aos seus dereitos laborais ou de conciliación real. O peso da Covid na vida das mulleres A pandemia deu a razón ao movemento feminista ao situar a vida no centro e remarcar o valor dos coidados ao mesmo tempo que empeorou as condicións de vida das mulleres. De aí a necesidade de porfiar: \"Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas\"."}
{"ID": "PRAZA_17649", "summary": "Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas", "text": "...até que sorriram e acenaram-se de leve... (Konstantinos Kaváfis) Que castiguen a violadores con penas menores, como a de abuso, debe denunciarse con firmeza. Ademais cómpre modificar a lei para que esa atenuación non se produza. Tamén é necesario defender a liberdade absoluta dos adultos para relacionarse sexualmente. A vicepresidenta invade o ámbito particular das cidadás cando declara que se unha muller non di expresamente si, todo o demais é non. Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas O erotismo flúe por máis canles que o da expresión oral. Segundo Roland Barthes consiste nunha intermitencia, que oscila entre a exhibición e a ocultación. Esa marabilla, esencial e diversa, non pode comprimirse dentro dun contrato gris, nin timbrado nin de palabra. As mulleres deciden segundo o seu gusto. Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas, como sería a obriga de facer constar que si. Aínda non saíron pola porta as opresivas imposicións tradicionais e xa pretenden entrar as dun novo puritanismo."}
{"ID": "NOS_24865", "summary": "A secretaria de Comunicación da organización frontista asegurou en comparecencia de imprensa que \"mentres outros partidos se financian de maneira opaca\" o BNG conta \"co esforzo da súa militancia\" para continuar \"defendendo os intereses de Galiza\".", "text": "A responsábel de comunicación d@s nacionalistas, Carme Adán, amosou esta sexta feira \"o agradecemento do BNG\" á súa militancia polo esforzo económico que están a desenvolver para garantir, dixo, \"a súa viabilidade\". Adán asegurou que entrmentres outras formacións se financian de \"maneira opaca\" e a través de \"sobres\" --nunha clara referencia ao escándalo que asolaga a contabilidade do Partido Popular, a organización frontista solicitará das súas bases unha \"contribución extraordinaria\" como forma \"lexítima de autofinanciamento\". Os recortes aprobados nas partidas orzamentarias destinadas a financiar as formacións políticas, mais tamén outros colectivos, supoñen unha importante redución no financiamento das organizacións. Neste senso, Adán indicou que o Consello Nacional do BNG solicitará á súa militancia unha \"contribución económica voluntaria\" encamiñada a financiar \"a actividade política e así garantir a viabilidade económica\" da formación."}
{"ID": "NOS_52327", "summary": "\"Se existise a oportunidade de ir a Portugal, estudiariámola detidamente\".", "text": "A decisión da Federación Española de Patinaxe de dar por finalizada a tempada e dar o título de campión ao Barcelona caeu como unha bomba no Liceo Hóckey da Coruña, que estuda mesmo a posibilidade de xogar en Portugal se hai posibilidade para iso, abandonando a Liga española. O HC Liceo é o única equipa non catalá que compite na máxima categoría do hóckey no Estado español. A decisión da Federación, entenden, é \"precipìtada\" e vai contra o acordado na Asociación de Clubs. Segundo o directivo do Liceo Antón Baldomir explicou a EFE, están a estudar como competir na vindeira tempada. Lembra que o club coruñés parte con desventaxe de ter que desprazarse a Catalunya para xogar todos os partidos a domicilio. Liceo é partidario de, no caso de se organizar 2 grupos de 8 equipas na máxima categoría, un cos que teoricamente son os mellores, dos que 6 accederían ao play off do título, e outro do que procederían 2 equipas para desputar a final. En paralelo, o Liceo incluso está disposto a marchar da Liga española e xogar en Portugal se existe posibilidade. \"Se hai esa oportunidade,estudiariámolo moi detidamente\", dixo o directivo."}
{"ID": "NOS_14387", "summary": "\"Cómete o mar\" é o lema da nova campaña publicitaria que presentaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a directora de Turismo, Nava Castro. As queixas pola desfeita lingüística arrecian e demandan do goberno galego un maior coidado no uso do idioma.", "text": "\"O mar cómete a ti ou é que traduciron directamente do castelán cómete el mar?\" . Este, de César Galdo, é un dos moitos comentarios que se repetiron nas redes sociais entre o abraio e o enfado pola desfeita lingüística que avala a propia Xunta de Galicia. A campaña que ten como fin promocionar o turismo da costa, en especial bares e restaurantes, contou co aval máximo do goberno galego e estivo presentada pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana máis a directora de Turismo, Nava Castro. \"Tras o éxito de 'leite galega' chega 'cómete o mar'. Non hai en toda a Xunta alguén que saiba falar e escribir en galego?\" reza outro dos comentarios, vía a lingüista Dores S. Alegre, que fai fincapé na repetición do maltrato a lingua en campañas que, en principio, están pensadas para a promoción do país. O próximo? Cómeteo \"Ata cando imos permitir estas aldraxes á nosa lingua?\" apunta Iría Mariño para, a seguir, o presidente da CTNL, Nel Vidal esixir da Xunta e en especial da Secretaría Xeral de Política Lingüística a corrección inmediata do lema da campaña. \"O desleixo lingüístico da Xunta na comunicación é publicidade é tremendo. Supoño que Valentín García Gómez e Política Lingüística xa están ao tanto para paralizala e para que lle cambien o lema\" defende Nel Vidal. \"Cómete o mar. En serio? E que será o próximo? Substituír \"o mar\" por un pronome e poñer \"Cómeteo\"?\" sinala Navia Rivas que non oculta no twitter un malestar que está a ser compartido nas redes sociais. O xornalista César Lorenzo Gil, que mantén un blog de dúbidas do galego sentenza que \"o desleixo nace da estratexia de devolver o galego ao ámbito familiar, silencioso, cómodo para o poder\"."}
{"ID": "NOS_47991", "summary": "\"Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia\" é o artigo que leva por vez primeira o nome da nación ao título dun artigo de investigación das revistas Nature ou Nature Communications. Jorge Mira é un dos seus autores.", "text": "Por vez primeira, Galiza aparece nun título dun artigo de investigación das revistas Nature ou Nature Communications grazas ao traballo \"Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia\", do que é coautor Jorge Mira, do departamento de Física Aplicada e da agrupación AeMAT da USC. Polo que respecta á revista Science e á súa cabeceira en acceso aberto Science Advances, informa a USC, a denominación 'Galicia' figura nunha ocasión, en 1884, nunha descrición xeolóxica de Asturias e Galiza. O artigo, que tamén asinan Mariamo Mussa e Alberto Pérez Muñuzuri, da área de Física da Materia Condensada e da agrupación estratéxica CRETUS da USC; Luís F. Seoane, da Universitat Pompeu Fabra e do IFISC-CSIC de Mallorca, conclúe que os espazos urbanos galegos preservan mellor que os rurais o equilibrio no número de falantes de dúas linguas. Os catro físicos, que desvelan que a complexidade urbana pode manter a diversidade fronte á globalización, analizaron a velocidade coa que varía o número de persoas falantes de galego e castelán na Galiza desde hai case un século, de aí os resultados."}
{"ID": "PRAZA_16810", "summary": "Luís Bará rachou as fotos do monarca como mostra de rexeitamento á 'lei mordaza' e o vicepresidente Diego Calvo, que dirixía o pleno, non o apercibiu de ningún xeito. Horas despois a Presidencia da Cámara anunciou o encargo dun informe xurídico sobre \"os feitos\", que Feijóo cualifica como \"integrismo\" e liga á \"violencia\" VÍDEO | O deputado do BNG Luís Bará racha unha foto do rei como protesta contra a 'lei mordaza VÍDEO | Bará: \"Pretendín reivindicar algo en perigo: a liberdade de expresión e o dereito á discrepancia\"", "text": "VÍDEO | O deputado do BNG Luís Bará racha unha foto do rei como protesta contra a 'lei mordaza VÍDEO | Bará: \"Pretendín reivindicar algo en perigo: a liberdade de expresión e o dereito á discrepancia\" O pasado mércores o BNG defendeu no Parlamento unha iniciativa coa que buscaba que a Cámara galega defendese a derrogación da vixente Lei de Seguridade Cidadá, a coñecida como 'lei mordaza', e mais a modificación dos tipos penais que permiten \"unha interpretación represiva dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo\". Procuraba, ademais, que a Cámara \"expresase o apoio aos integrantes do colectivo musical La Insurgencia\", recentemente condenados pola Audiencia Nacional a dous anos de prisión baixo a acusación de terrorismo. Durante a súa intervención Bará rachou dúas fotografías do rei de España para simbolizar a necesidade de \"respectar estes actos de discrepancia, como afirma o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos\". Agora o PPdeG valora se promover que esta intervención teña \"consecuencias legais\" para o nacionalista. \"Non o podo queimar porque estamos nun recinto pechado, pero faríao non porque crea que haxa que facer estes actos, senón porque creo que hai que permitilos\", expresou Bará no pleno. O deputado do Bloque foi increpado por membros do PP como os vicevoceiros Paula Prado e Miguel Tellado, pero quen presidía nese momento a sesión en ausencia do presidente da Cámara, o vicepresidente Diego Calvo, non o apercibiu. Tampouco o advertiu coa chamada á orde que contempla o Regulamento para ocasións en que os membros do lexislativo \"vertan conceptos ofensivos ao decoro da Cámra ou dos seus membros, das institucións do Estado e de Galicia ou de calquera outra persoa ou entidade\". Nese suposto quen dirixe o pleno debe \"requirir o deputado para que retire as ofensas proferidas\" e, se non o fai, pode derivar en sanción. Bará rachou as fotos do monarca como mostra de rexeitamento á 'lei mordaza' e o vicepresidente Diego Calvo, que dirixía o pleno, non o apercibiu de ningún xeito Dada a ausencia de apercibimento Bará continuou a súa intervención con normalidade, subliñando a necesidade de que o Estado Español \"acate\" a sentenza na que o TEDH o condenou por castigar xudicialmente a queima de fotos do monarca, acción que o ditame do tribunal encadrou no dereito á liberdade de expresión. O resto de grupos fixaron posición ao respecto -En Marea a prol do texto do Bloque e PSdeG e PP, en contra- e a única mención específica ás fotografías chegou pola banda dos conservadores, representados no debate por Alberto Pazos. O popular respondeu ao xesto de Bará rachando outra fotografía, na que aparecían varios cargos do Bloque co líder abertzale Arnaldo Otegi. Segundo Pazos, Bará é \"un rebelde sen causa\", o \"James Dean do nacionalismo\". Horas despois do debate a Presidencia da Cámara anunciou o encargo dun informe xurídico e o traslado \"dos feitos\" á Mesa e á Xunta de Portavoces invocando o artigo que Calvo non aplicou O asunto semellara quedar no tirapuxa do debate, pero non foi así. Horas despois de que Calvo non actuase de ningún xeito cando Bará rachou as fotos, o voceiro popular, Pedro Puy, reclamaba que dende a Cámara se estudase a posibilidade de lle aplicar as devanditas \"consecuencias legais\". Xa contra o serán do xoves a Presidencia do Parlamento emitía un comunicado no que o seu titular, Miguel Santalices, anunciaba que \"tras consultar os Servizos Xurídicos da Cámara\" se dispuña a \"trasladar á Mesa e á Xunta de Portavoces do Parlamento os feitos protagonizados polo deputado do BNG Luís Bará\". No escrito remitido aos medios o Parlamento citaba os artigos do Regulamento sobre as chamadas á orde, os que Calvo non aplicou, e consideraba \"a destrución da imaxe fotográfica do xefe do Estado\" como \"unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria e impropia dun membro desta Cámara\". Ambos órganos reuniranse este venres. Feijóo acusa o deputado do Bloque de cometer un \"acto de puro integrismo\" e relaciónao con \"repercusións de violencia\" Fontes parlamentarias consultadas por Praza.gal afirman que no seo dos conservadores existiu debate sobre a conveniencia ou non de actuar contra Bará. Sinalan as mesmas fontes que o episodio e a ausencia de reproche contra o nacionalista molestou especialmente na contorna do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cuxa intervención contribuíu a activar a maquinaria das posibles sancións. Este xoves, ao ser preguntado ao respecto, Feijóo asegurou que \"o Parlamento actúa de forma absolutamente independente da Xunta\" neste caso, se ben deu en considerarse \"avergoñado\" con esta \"provocación\", que acabou por ligar coa violencia. Luís Bará, afirma o presidente do Goberno galego, cometeu \"un acto de puro integrismo, puro sectarismo, que posteriormente ten unha serie de actuacións e de repercusións de violencia, illada, pero de episodios de violencia nalgunhas zonas de Galicia\". O titular da Xunta foi cuestionado sobre os episodios violentos aos que se referira, tras o que se referiu a \"queimas de bandeiras nalgunhas prazas\" ou \"actos reivindicativos reivindicando a independencia de Galicia, actos violentos que se producen en rúas galegas\" de xeito \"minoritario\", a quen volveu atrbuír unha \"actitude integrista\". O acontecido, segundo o presidente, ten \"impacto\" na sociedade e por iso \"os deputados deben reflexionar e propoñer as actuacións que correspondan de acordo co Regulamento e o resto do ordenamento xurídico\"."}
{"ID": "NOS_12370", "summary": "O Bloque Nacionalista Galego desenvolveu na mañá deste sábado unha xornada de traballo para perfilar as súas alternativas sobre o rural. O encontro contou coa presenza de diversos especialistas e cadros da formación con traballo neste ámbito. A voceira nacional organización, Ana Pontón abriu a reunión.", "text": "Ana Pontón marcou como prioridade dunha acción de Goberno nacionalista \"rescatar o rural\" do abandono no que o deixan as políticas do PP. Neste sentido, defendeu que \"todos os países avanzados teñen un rural forte e produtivo que garante a soberanía alimentaria, crea riqueza, é sustentábel no ambiental e ofrece servizos de calidade\" \"Ese é o rural que defende o BNG, porque temos clarísimo que é parte estratéxica e imprescindíbel para unha Galiza con futuro\", asegurou Pontón, quen afirmou que \"temos que rescatar o rural da morte lenta que significan as políticas do PP\" A dirixente nacionalista preguntouse \"se alguén se imaxina unha Galiza de futuro sen o 90% do seu territorio\", tras indicar que \"a Galiza rural está conformada por 263 concellos e ocupa 90% do territorio\". Nesa dirección, reclamou que \"temos que rescatar o rural do abandono, da improdutividade e da despoboación, temos que rescatar o rural da morte lenta que significan as políticas do PP. A superficie agraria Pontón esixiu aumentar en 100.000 hectáreas en dez anos a superficie agraria útil da Galiza. A este respecto, lamentou que a superficie agraria destinada a produtos de consumo humano é de 3,9%, mentres que no conxunto do Estado é 25,5%. A líder do BNG demandou impulsar a produción hortifrutícola e a agroecoloxía, \"superando a reducionista visión do monocultivo de eucalipto\" e lembrou que \"Galiza ten 20% do seu territorio ocupado por eucaliptos\". \"Estamos falando de superficie agraria destinada a produción de cereais, hortalizas, froitas, legumes, oleaxinosas ou aceite, malia a que temos unhas condicións extraordinarias para os cultivos agrarios. Pero nos últimos anos, baixou a produción de trigo, de millo, de pataca, de tomate, de pemento, de uva para o viño. Hai que darlle a volta a esta tendencia e apostar pola produción\", argumentou Pontón. O sector láceo Un dos eixos de actuación do BNG inclúe a creación dunha empresa láctea público-privada con participación de pequenas produtoras e cooperativas para a transformación do leite en produtos de alto valor engadido. \"O cambio climático, a pandemia, a crise de prezos avisan da importancia de ter un rural vivo porque significa soberanía alimentaria, rendas dignas, biodiversidade e loita contra os lumes, significa frear o abandono, aproveitamento multifuncional do monte, significa emprego, servizos e infraestruturas de calidade\", sintetizou a voceira nacionalista. Pontón amosouse convencida das fortalezas do rural galego. \"Galiza ten un rural cun potencial inmenso, pero necesita un Goberno que poña en valor toda esa riqueza, un Goberno que traballe a favor do rural\", rematou a voceira do BNG, quen lembrou o PP \"deixa 102.000 habitantes perdidos en 10 anos, a maior parte no rural, e case 4.000 núcleos abandonados\""}
{"ID": "PRAZA_19366", "summary": "O teléfono indicado na web da Xunta para concertar as visitas permanece inactivo desde hai semanas malia as queixas do Concello de Sada, que pide \"solucións a un espolio que dura 80 anos\" e advirte do \"brutal prexuízo económico e turístico\" para a localidade.", "text": "Sada fartouse. O enésimo atranco da familia Franco ás visitas ao pazo de Meirás, incumprindo a normativa que obriga á súa apertura polo menos catro días ao mes, acaba de vez coa paciencia do Concello. O último incidente xorde ao comprobar as persoas interesadas en visitar este Ben de Interese Cultural (BIC) a inutilidade das chamadas ao teléfono que se ofrece na web de Turismo da Xunta. \"El número que usted ha marcado no corresponde a ningún cliente\", repítese desde hai semanas cando alguén intenta concertar unha cita. O caso únese aos continuos atrancos que os herdeiros do ditador poñen ás visitas no mes de agosto, cando ocupan o recinto por vacacións, ou durante todo o ano. A familia Franco pon o enésimo atranco ás visitas ao Pazo de Meirás: agora o teléfono para concertar citas xa nin existe \"Incúmprese a normativa derivada da categoría BIC do inmoble desde o primeiro día. Nunca houbo normalidade nas visitas ao pazo de Meirás\", aclara Liss Suárez Becerra, concelleiro de Turismo en Sada, que pediu explicacións por este novo problema á Xunta, que espera unha resposta da familia Franco e que promete tomar medidas. O goberno local aclara que leva ducias de queixas pola inactividade do teléfono, que se unen ás moreas delas recibidas desde hai anos polas dificultades para concertar unha visita: ou non hai resposta ou advírtese de que as prazas están esgotadas. \"É mentira\". Fontes do Concello aclaran que eles mesmos comprobaron como, en moitas ocasións nas que se dicía ter o cupo cheo, no pazo non había ninguén ese día. A familia do ditador ten a obriga de abrir o pazo ao público un mínimo de catro veces ao mes, pero case nunca cumpre coa normativa \"Sentímonos atracados por esta entente que nos impide un réxime de visitas normalizado\", engade Liss Suárez, que solicitou á Xunta en varias ocasións que o Concello asumise a xestión deste proceso. A resposta sempre foi negativa. Ademais, as múltiples queixas levaron a que o Goberno galego abrise un expediente á familia Franco hai xa un ano. Foi arquivado e a empresa encargada de xestionar a entrada ao pazo escusouse en problemas co correo electrónico. Esta outra vía para informarse polo acceso ao inmoble tampouco é eficaz. Ou non hai contestación ou tarda de máis. \"É un prexuízo económico e turístico brutal\", di o concelleiro de Turismo, que pide \"unha solución a este espolio que dura 80 anos\" \"É un prexuízo económico e turístico brutal nun pazo que é BIC e que supón uns gastos públicos cos que cargan todos os galegos e todos os cidadáns de Sada\", insiste o concelleiro de Turismo, que advirte dos \"cartos que se están a perder\" por mor do desleixo dos proxenitores do ditador. Liss Suárez nótase amolado e pide inmediatas \"solucións a este espolio que dura 80 anos\". \"Xa está ben, que senten Estado, Comunidade Autónoma, Concello e familia Franco e que se arranxe isto dunha vez\", insiste quen lembra que \"o Pazo era dos sadenses e ten que volver ser dos sadenses\". E desde a Concellería de Promoción Económica van máis aló, fartos como están dos continuos atrancos. Proporán que toda aquela persoa que queira visitar o Pazo de Meirás e non logre contactar coa empresa privada -vinculada moi directamente á familia Franco- que o xestiona acuda directamente ao Concello ou á Oficina de Turismo a apuntarse. Desde alí elaborarán unha listaxe. \"Faremos grupos e enviaremos a documentación á Xunta\", asegura Suárez. O problema vén de lonxe. Malia ser declarado BIC e tras determinarse a súa apertura ao público hai xa máis de catro anos, a familia Franco sempre puxo atrancos a cumprir coa Lei de Patrimonio Cultural que a obriga a abrir o inmoble cando menos catro días ao mes. Foi hai máis de tres anos cando os herdeiros do ditador facilitaron un calendario de visitas e logo de que reclamasen á Xunta que sufragase os gastos de seguridade, como así fixo durante ben tempo, e de organización. Malia ser declarado BIC e determinarse a súa apertura hai máis de catro anos, a familia Franco sempre puxo atrancos para cumprir a lei Desde que o pazo se declarou BIC, os convenios non só se limitaron a \"regular as condicións para o desenvolvemento das visitas\", tal e como afirmaba a Xunta. Ademais disto, tres acordos entre o Goberno galego e a familia do ditador tiveron un impacto de máis de 50.000 euros nas arcas públicas. Con todo, cada verán, os atrancos increméntanse e a visita estival da familia do ditador provoca que se peche durante agosto, incumprindo a obriga legal de abrilo aos visitantes. Hai dous anos, a revista Hola! publicara unha portada onde a neta do xeneral fascista, Carmen Martínez-Bordíu, posaba na entrada da que fora residencia de Emilia Pardo-Bazán -posteriormente roubada ao pobo polo réxime franquista- para \"anunciar a súa ruptura\" nunha \"exclusiva\" na que o medio destacaba a súa entrada \"por primeira vez\" na \"histórica casa familiar\"."}
{"ID": "PRAZA_20549", "summary": "\"O que estamos facendo é cumprir aquilo ao que nos comprometemos coa plataforma de vítimas\", di Pilar Cancela tras ratificar o cambio de postura. En Marea admite que preferiría unha proposta conxunta, pero resalta que \"imos cooperar para chegar ao que piden as vítimas\" As vítimas piden unha nova análise técnica e a dimisión dos investigadores actuais", "text": "As vítimas piden unha nova análise técnica e a dimisión dos investigadores actuais O PSOE consuma a súa rectificación sobre a investigación de Angrois. Fíxoo este mércores no Rexistro do Congreso e a apenas cinco días do cuarto aniversario do sinistro que o 24 de xullo de 2013 provocou a morte de 80 persoas e feridas a outras 144 que viaxaban nun tren Alvia. A coordinadora dos deputados do PSdeG no Congreso, Pilar Cancela, e o voceiro socialista en materia de Fomento, César Ramos, foron os encargados de formalizaren as peticións que xa confirmaran ás vítimas e que a Executiva Federal do partido ratificou no inicio desta semana: unha solicitude de creación de comisión de investigación no Congreso para depurar \"responsabilidades políticas\" e unha proposición non de lei para instar o Ministerio de Fomento a reabrir as pescudas técnicas a través da CIAF, tal e como reclamou recentemente a Comisión Europea, organismo que como a Audiencia da Coruña ratificou que o primeiro informe oficial sobre o sucedido careceu de toda independencia. O ditame do tribunal coruñés que ordenou a reapertura da instrución xudicial e o duro informe comunitario son os que obrigaron hai agora un ano a PP e PSOE a mudaren o seu discurso sobre Angrois para admitiren a necesidade dunha nova investigación técnica e en ambos documentos apoian agora os socialsitas o que admiten como unha mudanza de posición. \"O PSOE -di Ramos- non vai ter problema en cambiar de opinión se hai elementos que así o piden\". \"O que estamos facendo -agrega Cancela- é cumprir aquilo ao que nos comprometemos coa plataforma de vítimas\", que veñen reclamando a investigación política sobre o accidente dende escasos meses despois do descarrilamento. Pilar Cancela: \"O que estamos facendo é cumprir aquilo ao que nos comprometemos coa plataforma de vítimas\" Neste contexto, Cancela réstalle importancia ao feito de que a solicitude tramitada en vésperas do aniversario do accidente a realice o PSOE en solitario e non da man do grupo de Unidos Podemos-En Comú-En Marea, na liña do suxerido esta mesma semana tras a xuntanza das direccións parlamentarias de ambas formacións. \"Non imos utilizar nin imos permitir crear un debate político artificial sobre o consenso ou a falta de consenso neste tema\", sinala a tamén presidenta da xestora do PSdeG. \"Mantivemos conversas con En Marea e estamos absolutamente de acordo; imos traballar conxuntamente para responder ás peticións das vítimas\" e \"isto non vai ser motivo para non buscarmos puntos de encontro\". Se non houbo acordo en 2016, cando o PSOE votou en contra da proposta defendida daquela por En Marea, di, foi por apenas \" unha frase\" na que se \"achacaban responsabilidades políticas\" ao PSOE antes de abordar a propia investigación. \"Superamos esa etapa, concordamos\", resume. En Marea admite que preferiría unha proposta conxunta, pero resalta que \"imos cooperar para chegar ao que piden as vítimas\" Dende En Marea admítese que a súa opción preferida sería que a solicitude fose conxunta, se ben a nova voceira rotatoria da formación no Congreso, Yolanda Díaz, asegura tamén que a forma non primará sobre o fondo e aposta por resaltar a \"satisfacción\" polo \"cambio de posición do PSOE\". \"É certo -di Díaz- que En Marea tentou que esta iniciativa fose presentada de maneira conxunta\", pero \"finalmente comunicóuseme que decidían presentala sós\" e \"respectámolo\". \"Estou segura de que, de aquí en diante, imos cooperar e traballar xuntos sobre o fundamental, que é depurar as responsabilidades\" para chegar \"ao que pide\" a plataforma de vítimas: \"transparencia, reparación e xustiza\", asegura. O BNG ve \"vergoñento\" que o Parlamento galego siga sen poder investigar o sucedido e o PPdeG advirte de que non vai \"aceptar\" que a esquerda o acuse de \"non apoiar\" as reclamacións das vítimas, que reclaman a apertura da comisión dende 2013 Tras esta mudanza definitiva por parte do PSOE desaparece definitivamente un veto que ata agora frustrou os diversos intentos para investigar o accidente dende o ámbito político tanto no Congreso como tamén no Parlamento de Galicia, formulados sen éxito en ambos lexislativos polo BNG, AGE, IU e, na presente lexislatura, por En Marea e o propio Bloque. Dende a formación soberanista, precisamente, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou este mércores que saúda a rectificación socialista, pero lamenta que non se estenda tamén ao Pazo do Hórreo. Dende o seu punto de vista vai resultar \"vergoñento\" que o Congreso poida finalmente investigar o sucedido en Angrois e o Parlamento galego, non, máis aínda tendo en conta que a oposición ten agora a posibilidade de activar unha comisión de investigación por lexislatura aínda que a maioría absoluta que ostenta o PP se opoña. A posición dos populares, en calquera caso, segue sendo a que reiterou tamén na mesma xornada o seu secretario xeral, Miguel Tellado. Como xa fixera Feijóo nas últimas semanas o número dous do PPdeG obvia que é a plataforma de vítimas a que reclama senllas investigacións, a política e a técnica, e considera que a comisión parlamentaria sobre o accidente só servirá para \"interferir no proceso xudicial\". Se o PSOE, di en clave de descualificación, decide agora apoiar a investigació política é por motivos \"ideolóxicos\". Mentres, advirte, os conservadores galegos non van \"aceptar\" que ningunha formación os acuse de \"non apoiar\" as vítimas, porque o fixeron \"dende o minuto un\"."}
{"ID": "PRAZA_8543", "summary": "Un grupo de veciños e veciñas de Combarro denuncian o \"estado de abandono do lugar\" e a ausencia de planeamentos por parte do Concello de Poio e da Xunta \"para outorgarlle o destino que se merece\".", "text": "\"Hoxe, 14 de Abril de 2013, ás 12,00 horas, reunidas varias persoas da Freguesía de Combarro, deciden de mutuo acordo declarar o territorio denominado Illa de Tambo, sito na Ría de Pontevedra, fronte aos Concellos de Marín e de Poio, como República Independente de Tambo\". Deste xeito comeza a declaración de independencia deste espazo realizado por un grupo de veciños e veciñas. Denuncian o \"estado de abandono do lugar\" e a ausencia de planeamentos por parte do Concello de Poio e da Xunta \"para outorgarlle o destino que se merece\". Denuncian o \"estado de abandono do lugar\" e a ausencia de planeamentos por parte do Concello de Poio e da Xunta \"para outorgarlle o destino que se merece\" Na declaración saliéntase que \"non existe tutela algunha por parte das administracións públicas, sendo manifestamente visible o estado de abandono dende a última intervención dos veciños de Combarro, no verán de 2011\" e que \"nin o Concello de Poio, nin a Xunta de Galiza teñen elaborado planeamento algún para outorgarlle o destino que se merece\". Ademais, lémbrase que \"como acto de sabotaxe, unha vez derrubada unha parte do porto de acceso, ninguén acadou resolución algunha para súa reparación\". Conclúen que \"non podemos permitir por máis tempo que un recurso socio-cultural, paisaxístico e con particularidades ambientais, continue na desidia, impedindo con elo poder contar cun importante complemento para o desenvolvemento local e comarcal\". Como resolución final, acordaron que \"unha vez desaparezan os motivos da situación actual, negociaremos unha saída pactada, sen renunciar a súa desaparición e integración na República Galega\". \"Unha vez desaparezan os motivos da situación actual, negociaremos unha saída pactada\" Veñen de constituír ademais \"un goberno provisorio, ata a celebración de eleccións\". Por ese motivo fan un chamamento a que \"todas as persoas interesadas en formar parte do mesmo\", se inscriban a través do corre eléctronico cmontescombarro@gmail.com. E recomendan seguir a súa conta de twitter e a páxina de facebook."}
{"ID": "PRAZA_2263", "summary": "O rapaz de Malpica, de once anos, sofre unha leucemia e tan só ten garantidas catro horas semanais de clases na súa casa, xa que non pode asistir á escola. A súa familia pide máis clases e a Confederación de Anpas pide unha \"solución\" ao considerar que está \"mal atendido\"", "text": "O caso de Hadrián Antelo salta ás portadas. Este rapaz de tan só once anos sofre leucemia -un dos tipos máis graves- e atura as difíciles consecuencias da súa grave enfermidade. Sometido a sesións de quimioterapia, o cativo de Malpica recibirá clases na súa casa os martes e xoves, dúas horas cada día, ata que finalice o curso, pero a súa nai pide que a Xunta lle amplíe cando menos as titorías a inglés e música, algo que a administración educativa non atende. Hadrián, que sofre unha grave leucemia, recibirá tan só dúas horas en dous días de clase como atención domiciaria \"Dous días á semana parécelles que é moita clase pero se un neno ten 25 horas lectivas non entendo por que un neno nesta situación ten que ter 4 horas á semana, nin ten mestre de ingles, nin de música...\", declarou Neves, a nai do rapaz, á TVG. Hadrián cursa sexto de primaria e aínda lle quedan sete meses de tratamento, tempo no que non pode ir á escola. O curso pasado, cando estivo catro meses illado nun cuarto do hospital, a familia contratou clases particulares nas que investía case 300 euros ao mes pero entende que a educación debe ser garantida en condicións de igualdade pola Administración. A familia pide máis horas porque entende que a educación debe ser garantida en condicións de igualdade pola Administración \"A súa familia négase, con toda a razón, a aceptar unha atención insuficiente\", di a Confederación de Anpas Galegas, que reclama unha \"solución\" para este rapaz enfermo de cancro que, segundo considera o colectivo, está \"mal atendido\" por parte da Xunta. Este pasado sábado, a plataforma enviou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no que se denuncia que a Hadrián \"se lle está impedindo o seu dereito a ter atención (educativa) no seu domicilio\". Así o advirten nun escrito, no que a Confederación de Anpas asegura que ademais da dureza do cancro que sofre o rapaz, resulta tamén duro \"a necesidade de ter que reclamar aquilo que constitúe un dereito e, máis aínda, cando o suxeito deste dereito é un neno\". Segundo aclara o colectivo, a propia normativa da Xunta establece que \"a atención educativa domiciliaria terá como finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en centros sostidos con fondos públicos e que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo\". A Confederación de Anpas piden unha \"solución\" para un neno que consideran que está \"mal atendido\" pola Xunta Ante a situación de Hadrián, a Confederación de Anpas pregúntase \"como se garante esta continuidade cunha atención de catro horas á semana\" e que continuidade terá ese proceso formativo \"cando o neno se incorpore novamente ao ritmo normal da súa idade con esa exigua formación\". Ademais, consideran que xa \"abonda\" coa \"dificultade de readaptación á vida ordinaria\" logo dunha experiencia tan dura como a enfermidade \"como para por riba incrementala con problemas formativos que poderían ter sido resoltos doadamente pola administración educativa\". A Confederación lembra que a atención educativa domiciliaria \"é unha conquista da demanda social, cunha moi marcada participación da Federación Olívica de Anpas\", que deberiamos dar por consolidada\". No entanto, din, \"é necesario sistematicamente xerar unha alarma social para que exista unha reacción da administración educativa\". O colectivo denuncia que os afectados teñan mostrar a súa cara máis \"íntima\" ao público para que Educación responda -se o fai- e pide que se establezan \"protocolos de obrigado cumprimento que outorguen seguridade xurídica\". As anpas advirten ao conselleiro que \"a cobertura das necesidades educativas\" non pode ser \"obxecto de propaganda\" e piden un tratamento \"serio, reservado e eficaz\" para circunstancias como as de Hadrián e a \"salvagarda de todos os dereitos que posúen estas familias e estes escolares\". A Confederación insiste en que a resposta á demanda deste cativo de Malpica non quede só en el, senón que se dea un tratamento normalizado a todos os casos semellantes. \"Que exista, e se demostre, unha vontade real por parte da Administración para que estas circunstancias se resolvan administrativamente\" \"Que exista, e se demostre, unha vontade real por parte da Administración para que estas circunstancias se resolvan administrativamente, no xogo normalizado da esixencia e a satisfacción dos dereitos que todos posuímos, e non a través da exposición pública; exposición á que nós tampouco renunciamos nas actuais circunstancias, pero que desexariamos que desaparecera da xestión da educación pública galega\", finaliza a Confederación. Desde a Consellería de Educación, segundo aclara a TVG, recoñecen que non poden chegar cun colexio a domicilio para cada neno enfermo de Galicia. Pero Hadrián mantén a ilusión. Quere ser médico. \"Eu pasei a leucemia e gustaríame que fose máis leve para os rapaces a partir de agora\" di o cativo, que non entende que ademais da doenza teña que superar os atrancos que se lle poñen para poder estudar coma o resto de rapaces."}
{"ID": "NOS_27529", "summary": "O incendio en Dodro-Rianxo arrasou máis de 1.120 hectáreas en apenas 40 horas, sendo o lume máis devastador no último ano e medio que padeceu Galiza. \"É necesario un servizo de loita contra os incendios que estea operativo todo o ano iso de que o lume só é no verán acabou\", dinos o rexedor rianxeiro.", "text": "Desde as 22:45 da cuarta feira o incendio que afectou os concellos de Dodro e Rianxo está controlado. Segundo as últimas estimacións provisionais, ata que se parametrice afectou unha superficie de 1.120 hectáreas, das que 900 son de monte arborado e as 220 restantes de raso. Porén, o temor, a preocupación e o medo que se viviu nesas 40 horas en Rianxo non poden medirse. \"Foi devastador\", resume Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Supoño que estará intentado recuperarse agora de 40 horas moi duras, como viviu eses momentos? Foi moi duro. A principal preocupación era que non afectase nin persoas nin vivendas, céntraste en garantir que alí onde haxa algún perigo dese tipo estean os medios para actuar. Estiven percorrendo eses lugares, os que puideran verse máis afectados, para tentar que houbese medios abondo. Son momentos en que loxicamente hai moitos nervios, moita tensión. \"Hai que ir cara á unha nova política forestal, apostando en especies que non favorezan tanto os incendios\" Aínda é cedo para facer balance de danos mais xa se pode supoñer que estes poden ser considerábeis... Son cuantiosos. Comunidades de Montes que renovaron masa forestal, que fixeron plantacións novas, que investiron aí traballo e cartos... Ademais tamén hai parcelas particulares afectadas. A principal hipótese coa que se traballa en canto á orixe deste incendio é a dunha faísca dun cable de alta tensión... É a que se baralla desde un principio e hai bos técnicos e profesionais que saben investigar estas cousas, serán eles quen determinen se finalmente esa é a orixe ou non. Agora ben, non perdamos de vista que máis de 90% dos incendios teñen a orixe na man humana, a maioría dos incendios que tivermos en Rianxo no pasado foron intencionados. De se confirmar finalmente que a orixe é unha faísca dun cable de alta tensión, pedirá responsabilidades o Concello á empresa propietaria? Falaremos cos avogados e cos técnicos. Evidentemente, se a orixe do lume está aí haberá que reclamarlle á empresa. Non é normal que haxa esas faíscas así por así. Hai que estudar o caso e ver se se pode reclamar algún tipo de compensación por parte da empresa pois nunhas instalacións súas estivo a orixe desta devastación. Non é o primeiro incendio grande que sofre Rianxo durante estes anos. Que se debe facer para non padecer máis? Hai que falar de varias cousas. Unha delas, o labor de prevención, as parcelas teñen que estar limpas e rozadas, ben ordenadas. Hai que ir cara á unha nova política forestal, apostando en especies que non favorezan tanto os incendios, como fan as pirófitas, ten que haber un cambio de paradigma na política galega para o bosque. E, por último, hai que empezar a falar sobre a necesidade de que o sistema de prevención e extinción de incendios ten que estar todo o ano preparado e en activo, con persoal contratado. Acabouse iso de que só arde no verán. Arde tamén en primavera, en outono, e coas consecuencias devastadoras que podemos ver."}
{"ID": "NOS_56601", "summary": "O 9 de agosto actuará no festival que se realiza na praia de Riazor. É o primeiro cabeza de cartel anunciado para a edición deste ano. \"Empezamos forte\", recoñecen desde o propio Festival: Patti Smith, catro décadas de rock sen domesticar.", "text": "Patricia Lee Smith actuará en Galiza. Vai ser o 9 de agosto e no Festival Noroeste Estrella Galicia, un evento que neste 2019 reunirá máis de 90 bandas e no que o anuncio do primeiro cabeza de cartel é da poeta, compositora e música de Chicago. Patti Smith chega á Coruña catro décadas despois de 'Horses', o seu album debut - producido por John Cale– e co que ascendeu de inmediato aos altares do rock. Entre ese e o seu último traballo por agora, Banga (2012) hai medio século de sons crús e vehementes acoirazando unhas letras que a levaron a ser alcumada como \"a poetisa do punk\". Chega con 72 anos e unha paixón que reborda. A idade non perdoa, certo. Aí están os olvidos ao interpretar \"A Hard Rain's A-Gonna Fall\" de Bob Dylan cando en nome deste foi recoller o premio Nobel que en 2016 lle concederon ao de Minnesota, ou os olvidos cando cantou en 2015 no Auditori Rockdelux o 'Perfect Day' de Lou Reed. Mais nada diso empaña o enérxico deslumbre que Patti Smith imprime sobre as táboas ao seu cancioneiro eterno para o rock´n´roll nuns directos catárticos. Foi ela quen ensanchou as avenidas do punk, quen axitou de novo un rock sobrado de espectáculo e quen fundiu poesía cunha música nova, áspera e impactante que durante anos ferveu deambulando por Nova Iork. Un legado que fuxe de ser encapsulado pola nostalxia e que revive en cada directo a través da voz de Patti Smith."}
{"ID": "PRAZA_20770", "summary": "Entrementes a igualdade de género é um papel molhado, inabilitado, uma pantomima. O conto adequado para calmar às massas de vítimas que morrem, que morremos nas ruas anelando um auxílio que não chega.", "text": "Despertar com a notícia horrível do ultimatum duma mulher a outra mulher, a uma mãe que está a viver um drama atroz, que teme pela vida dos seus filhos e só luta para que não lhes aconteça nenhum mal. A pesar de que o homem foi condenado por maltrato e que há precedentes de progenitores que assassinaram aos filhos com a intenção de fazer-lhes dano às suas ex, ainda assim, as leis seguem a ser arcaicas e não contemplam as situações e pessoas pelo miúdo e os casos concretos nos que existe violência de género são ignorados. O poder judicial por desgraça segue a ser machista e semelha que nesta altura, juridicamente segue a ser impossível interpor um recurso de amparo, ainda que a vida dumas crianças possa estar em perigo. Eu considero que teria que haver mais opções, outras alternativas menos arriscadas, mas assombrosamente \"A justiça\" insiste em levar a cabo uma sentença demolidora. E o faz com plena consciência dos feitos. Com aleivosia, precipitando talvez a umas vítimas ao cadafalso de execução. Com grande espanto escutamos nos Meios a sentencia da iminente entrega das crianças ao maltratador. Resulta inaudito a total carência de empatia para com uma mãe, que unicamente pretende ter aos seus filhos a salvo do terror. Mas o direito o que faz é condenar, investigar à mulher e achegados. Mas ao pai não. Porque não o investigam? Qual é a razão da sua inescrutabilidade? Como podem ter a certeza, saber, ter a seguridade de que não lhes fará mal aos filhos?. Realmente podem acreditar a inocência desse senhor?. A consternação é enorme, respira-se uma impotência generalizada e a possibilidade de agressão permanece de cotio nos arredores. As leis patriarcais seguem ditando sentencias e como esta situação não mude: estamos bem aviados!. E a mim ante semelhante ausência de justiça surdem-me infinidade de interrogantes sem resposta: E se finalmente, os meninos são entregados ao pai e acontece o pior dos nossos presságios. Qual deveria ser a reação dum povo frustrado, ignorado, emudecido? Quiçá, ademais dum criminal executor, seria também apropriado sentar no banquinho de acusados aos magistrados causantes, por cúmplices e instigadores do delito?... Mas não existe nenhuma pessoa ou entidade que tenha em consideração os direitos e o ótimo estado psicológico da infância? Entrementes a igualdade de género é um papel molhado, inabilitado, uma pantomima. O conto adequado para calmar às massas de vítimas que morrem, que morremos nas ruas anelando um auxílio que não chega."}
{"ID": "NOS_9350", "summary": "O portavoz municipal do BNG de Vigo, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, demandaron a comparecencia do goberno galego para que dea explicacións da \"brutal redución\" no novo hospital de Vigo, cifrada en 70.000 metros cadrados.", "text": "Anunciaron a presentación de iniciativas no Concello de Vigo e no Parlamento. Pedirán tamén que a Corporación municipal se pronuncie, e que se remita o novo proxecto construtivo a todos os grupos con representación municipal. Amais da privatización do novo hospital, Santi Domínguez denunciou \"a redución bestial da asistencia\". Tomando como referencia o prezo de mercado de cada metro cadrado construído (1.000 euros), \"estamos falando de que a Xunta vaille aforrar a unhas empresas privadas 70 millóns de euros\". Criticou que ese aforro ás concesionarias será a costa da asistencia, o número de camas, quirófanos e a atención de urxencias do novo hospital de Vigo, e sinalou que non se trata só dun escándalo sanitario, senón tamén financeiro. Os recortes Carme Adán, pola súa banda, explicou polo miúdo en que consisten os recortes: os bloques de quirófanos e ambulatorios reduciranse en 70.000 metros cadrados; o bloque de urxencias, no 50%; as consultas para adult@s, no 35%; as pediátricas, no 18%; en canto á exploración, a redución na de adult@s será do 57%, e en pediatría, do 17%. Tamén haberá oito quirófanos menos dos contemplados no proxecto inicial, o que supón unha redución do 24%. O recorte que se fai nas salas de observación e de consultas, cifrado no 18% a respecto do proxecto inicial, e do 7% nas cabinas de exploración. Se o anterior proxecto incluía 224 camas individuais, agora quedan en 56, \"o mínimo obrigatorio, o cal supón unha redución do 75%\". Outro dato alarmante é a redución do número de camas no hospital de día, nun 94%: no proxecto básico incluíanse 102 camas, mentres que no actual se contemplan 6 camas e 64 sillóns. Por último, Adán destacou que o servizo de diálise reduce tamén nun 41% o número de camas. Tamén salientou a incerteza a respecto do laboratorio, que o proxecto inicial sitúa no hospital, mentres que na actualidade Sanidade baralla que continúe no Meixoeiro. Adán lembrou que xa non será centro oncolóxico, como estaba previsto inicialmente, mentres que a torre do Xeral tampouco será un centro de alta resolución. Por todo isto, reclamou a comparecencia da conselleira de Sanidade e o goberno galego, e que a Xunta explique se as achegas á empresa concesionaria tamén van ser menores."}
{"ID": "NOS_42458", "summary": "O sete veces Campión do Mundo de Triatlón recibiu na mañá desta cuarta feira o galardón que recoñece a súa grande labor como deportista que ven acompañada da transmisión duns valores positivos para a sociedade.", "text": "Javier Gómez Noya foi nomeado esta mañá como novo Premio Princesa de Asturias dos Deportes. Este recoñecemento chega cando o galego suma cinco campionatos mundiais ITU de triatlón, tres campionatos de europa e unha medalla de plata nos xogos olímpicos, con Rio 2016 no punto de mira. Este galardon recoñece a grande traxectoria e palmarés de Noya á que se lle suma unha constancia abrumadora, sendo podium mundial durante 8 anos consecutivos. Ademais, Gómez Noya é un exemplo de superación, pois tivo que sobreporse a unha anomalía cardíaca detectada no ano 1999, pola que se lle remataría por impedir competir a nivel profesional, no ano 2003. Dende aquela, Noya loitou por recuperar a licencia internacional e tres anos despois voltou á competición oficial gañando tres probas do Mundial. A partir de aí a figura de Noya foi a máis e convertíuse nun dos deportistas galegos máis importantes da historia. No ano 2013, Javier Gómez Noya xa fora nominado como finalista deste premio, que finalmente fora para José María Olazábal. Nesta edición impúxose á esquiadora estadounidense, Lindsey Vonn; á selección de rugby neozelandesa, os All Blacks e ao piloto de rally, Sebastién Loeb. O xurado reunido en Oviedo argumentou a entrega do galardón a Gómez Noya pol seu \"Incontestable e brillante palmarés\" e pola súa \"perseverancia ante a adversidade, demostrando unha enorme fortaleza e un encomiábel espírito de superación en toda a súa carreira\"."}
{"ID": "NOS_4446", "summary": "O historiador Dionisio Pereira e o escritor Xurxo Borrazás, entre os asinantes.", "text": "'Nós con Puigdemont e a democracia' é o título do manifesto de apoio á candidatura nas eleccións europeas que lidera o ex president da Generalitat, actualmente exiliado en Bélxica, por parte de cidadáns de fóra de Catalunya. Entre as persoas asinantes, nomes galegos como o do historiador Dionisio Pereira, o escritor Xurxo Borrazás, o xornalista Gustavo Luca de Tena ou os profesores Henrique del Bosque, Dolores Varela e Ánxeles Pereira, entre outras. \"As eleccións europeas son circunscrición única, calquera cidadán do Estado, viva onde viva, pode votar a lista do President Puigdemont, a candidatura Lliures per Europa (Junts). Estas eleccións convertéronse nun plebiscito entre a democracia ou o autoritarismo. Por isto defendemos e apoiamos a candidatura do presidente Puigdemont, é quen máis medo lles dá. Nós, os cidadáns, podemos dar voz ao presidente Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí cos nosos votos\", recóllese no manifesto."}
{"ID": "NOS_32697", "summary": "O Fondo de Garantía de Depósitos anunciará o vindeiro día 10 de xuño a porcentaxe de perdas que asumirán @s afectad@s polo calote das preferentes se queren acudir á canxe por accións. Imaxes: GZVideos", "text": "Por riba de burra, apaleada. Di o proverbio popular. Após a aprobación da quita imposta polo goberno español @s estafad@s polo calote das preferentes o executivo de Mariano Rajoy asegurou que recuperarían os seus aforros a través dun Fondo de Garantía de Depósitos --un órgano creado en 2011 para \"garantir os depósitos\" das entidades financeiras a través de diñeiro líquido, valores ou outros instrumentos financeiros. Neste senso, @s estafad@s deberían facer fronte a un canxe inicial que trocaría os seus aforros por accións da entidade. Porén, esta cuarta feira o FGD deu a coñecer que as persoas que se acollan a esta ferramenta deberán afrontar unha (outra) quita do 15%. As afectad@s asumirán perdas por volta do 60% \"Poñémonos nunha perda media do 60%\", asegura Xesús Domínguez, da Plataforma de Afectad@s de Compostela. \"Esta do que tiñamos falado\", di con seguridade e sen demasiada sorpresa perante a noticia. \"Na práctica\", di, \"se se quere ter liquidez hai que solicitala\" --en referencia á canxe-- e, polo tanto asumir máis unha perda que vén a se sumar á aprobada polo Goberno español e o FROB en febreiro deste ano. \"Dubido moito que quede aí\", apunta Xesús Domínguez mais \"é unha incógnita\" mesmo como se vai producir esa canxe que de facto, converte @s afectad@s en don@s de boa parte do capital da entidade financeira que @s estafou e da que agora, asumen as perdas. Procurarán a anulación dos contratos \"Seguiremos loitando\". Esa é a proclama das Plataformas comarcais que a día de hoxe se continúan a constituír por todo o país. Unha das últimas a de Vilalba, en pleno corazón da Terra Chá. Após o anuncio da quita --que aínda está por se formalizar-- son moit@s as que están a coñecer que son vítimas desta fraude que atinxe a máis de 80.000 persoas na Galiza. Neste senso, advirten que non cesarán na súa loita cuxo obxectivo se centra agora en seguir \"presionando\" para \"anular os contratos\" pola vía xudicial e conseguir que a solución sexa \"unha decisión política\" e colectiva."}
{"ID": "NOS_46824", "summary": "A investigación foi aberta a raíz de denuncias formuladas no interior do SNP. Salmond tíldaas de \"pateticamente ridículas\", mais deixa o SNP co argumento de que non quer afondar na división do partido.", "text": "Nicola Sturgeon, primeira ministra de Escocia e sucesora de Salmond á fronte do SNP, estaba a ser submetida a unha forte presión da oposición para suspender de militancia o antigo líder do partido. Non o terá que facer, dado que este tomou a decisión de abandonar a formación. \"Non vin á política para facilitar os ataques da oposición ao SNP e, sendo que o Parlamento volta a se reunir a próxima semana, oferezo a miña demisión para desactivar esta liña de ataque da oposición\", afirma Salmond. \"Antes que nada, son consciente de que se o partido se sente forzado a me suspender de militancia, iso causaría unha substancial división interna\", alegou. Salmond foino todo no SNP, partido no que militou durante 45 anos, 20 deles como líder e 7 como primeiro ministro. Foi quen levou Escocia ao referendo de independencia, en setembro de 2014. Na consulta o si obtivo 44,7 por cento dos votos, face 55,3 por cento dos sufraxios a prol da permanencia do país no Reino Unido. O resultado foi o factor que desencadeou a súa renuncia como chefe do executivo, cargo no que foi reemprazado por Sturgeon. Mais o feito de abandonar o partido para non o prexudicar, non impediu a Salmond apresentar unha denuncia contra o executivo escocés, por entender que as acusacións ás que este dá crédito non teñen fundamento. Por súa parte, Nicola Sturgeon afirma en twitter que sente unha \"enorme tristeza\" por esta situación, mais a seguir engade que entende a decisión de Salmond coa que este pretendería separar \"as cuestións que el enfrenta [a denuncia por abusos sexuais] do día a día do SNG e da campaña en curso pola independencia\". Sturgeon aduce que o goberno escocés recebeu dúas denuncias contra Salmond e que \"non podían ser ignoradas nen varridas debaixo da alfombra\"."}
{"ID": "NOS_40026", "summary": "\"Que a xente quede na casa, que non saia, que non se expoña. É súper contaxioso, e a xente nova tamén cae\", advirte esta muller que superou a COVID-19 após o seu ingreso no hospital de Vigo.", "text": "A historia de Verónica Fernández é a dunha nai nova, de 43 anos, que superou a enfermidade por coronavirus após estar ingresada varios días no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde o persoal mantivo un trato \"súper agradábel\". A súa sogra, de 75 anos e con dependencia, loitou á vez que ela contra o virus, pero non logrou vencelo. \"Non a chegaron a intubar\", sinalou en declaracións a Europa Press esta paciente residente en Redondela que, aínda que defendeu que o persoal \"se desvive pola xente maior, para que non lles falte de nada\", apuntou que asúa familiar non chegaron a tratala na UCI. No seu relato, Verónica Fernández afirmou que o persoal sempre contou con equipos de protección e considerou que o protocolo para preservar a seguridade das persoas que se segue neste centro hospitalario é \"unha pasada\". Ela sentiuse segura en todo momento, lembra, e puido comunicarse cos seus fillos de 9 e 6 anos por videoconferencia. Pero mentres ela loitaba contra o seu principio de pneumonía, a súa sogra faleceu no mesmo hospital. A muller, de 75 anos, era unha persona \"moi dependente\" á que Verónica, coa axuda doutra persona contratada no fogar, coidaba a diario na súa casa. Tíñaa que levar da man ao cuarto de baño e a aseaba e cambiaba a diario, polo que o contacto era moi estreito. \"A primeira en notar síntomas (propios do coronavirus) fun eu\", manifestou a Europa Press. Foi en torno ao sábado 21 de marzo, unha semana despois de que se decretase o estado de alarma, e o primeiro que notou foi unha \"dor de cabeza horrible\" e \"febre\". En cando á súa sogra, percibiu cambios, como que lle custaba camiñar. O día 25, a nai do seu marido foi ingresada e, dous días despois, Verónica Fernández acabou indo a urxencias, onde lle fixeron a proba para saber se tiña COVID-19 e deixárona internada por principio de pneumonía. Verónica Fernández chamara antes ao teléfono de atención e dixéronlle que \"como era nova\" e aínda que os seus síntomas \"entraban dentro\" da clínica por coronavirus, tiña que esperar pola proba. \"E dixéronme que daba igual, aínda que vivise cunha persona dependente\", manifestou a Europa Press. De feito, afirmou que o seu sogro, tamén de 75 anos, está agora illado na planta de abaixo da súa vivenda para evitar posibles contaxios, pero a pesar de ser grupo de risco non lle fixeron o test. \"Agora mesmo estamos a esperar e non se lle fan a proba. Estamos cansos. E non hai maneira. Non veñen\", aseverou. Un día despois do ingreso da súa sogra, Verónica Fernández púxose \"moi mal\". Tiña \"febre\" e perdeu \"o coñecemento\", así como tamén presentaba \"tose\". Chamou e informou de que o seu parente estaba no hospital con covid-19 e dixéronlle que a deixaban en espera para facerlle a proba: \"non me chamaron\". Finalmente, o sábado 28 foise \"directamente a urxencias\" e após facerlle as probas, internárona no hospital, onde permaneceu catro días. A semana anterior a ter os primeiros síntomas, segundo o testemuño que trasladou a Europa Press, a empregada de fogar que traballaba na súa casa notara malestar. \"Déronlle algo, antibióticos, e estivo en casa, pero á semana (de fornecerlle ese tratamento) dixéronlle que podía traballar e non lle fixeron a proba\", explicou. \"Límite de idade\" \"A miña sogra era unha persona moi dependente, non a chegaron a intubar. No Cunqueiro teñen un límite de idade, tes que ser (o enfermo) autónomo. E iso que tiña unha familiar que traballa dentro. Pero non houbo maneira (de que a intubasen)\", revelou respecto diso de que, segundo dixo, á súa sogra non a chegaron a levar á UCI pola súa situación de saúde previa. Ademais, preguntouse a quen fan os test. \"Non se fan as probas. Non sabemos a quen llas fan\", avisou Verónica Fernández. Ao meu marido, que estivo coa miña sogra en urxencias antes de que a ingresasen, dixéronlle \"da noite para o día\", após o positivo da señora maior, que \"fose traballar, que podía\". No entanto, engadiu, o médico de cabeceira recomendoulle que quedase en casa, onde tamén manteñen a vixilancia sobre dous menores. \"Emocionalmente eu estiven ben no hospital, facía videochamadas cos nenos, aínda que non é o mesmo que velos. Coa miña sogra deino todo e máis\", manifestou esta paciente recuperada, para a que a enfermidade non foi \"moi dura\" con ela. \"Eu non fumo, saturei ben sempre e non necesitei máscara\", relatou Fernández, quen explicou que a ela a trataron con medicamentos para \"malaria e lupus\". \"Que a xente quede na súa casa\" Verónica Fernández recomenda á xente que \"quede na súa casa\" e considera que cada un se coñece a si mesmo e \"sabe cando ten que ir\" a urxencias. Cando ela acudiu, dixo, eran o seis da mañá \"e non había ninguén\". Agora tócalle recuperarse na súa casa e fanlle seguimento médico telemático. No seu domicilio está \"illada\" do resto da familia e así ten que permanecer 15 días, desde o pasado mércores que recibiu o alta. \"Que a xente quede en casa, que non salga, que non se expoña. É súper contaxioso, e xente nova, tamén cae\", sentenciou."}
{"ID": "NOS_43362", "summary": "Galiza, un relato no mundo é a exposición que as autoridades autonómicas inauguraron este 14 de novembro e que estará aberta ao público a partir da sexta feira, 15, na Cidade da Cultura de Compostela. E é unha mostra sobre as achegas da nación galega ao mundo e sobre as achegas do mundo á nación galega e a súa identidade.", "text": "Comisariada polo escritor, xornalista e divulgador Manuel Gago e organizada pola Xunta, a súa descrición oficial é a da \"premeira das tres grandes exposicións con motivo do Xacobeo 21, centrada nas relacións internacionais da Galiza e a súa presenza no mundo\". Gago explica que a iniciativa pretende entender a nación galega como \"unha entidade dinámica en relación coa súa contorna\". Para cumprir ese obxectivo, o discurso expositivo comeza na Prehistoria e chega á actualidade. E párase, eis a circunstancia máis vistosa da mostra, en numerosos obxectos emblemáticos, simbólicos, algúns dos cales estarán por primeira vez na Galiza. É o caso da Biblia Kennicott, alfaia da ilustración medieval facturada no século XV na Coruña e expulsada polo decreto antixudeu dos Reis Católicos. Ou da impresionante escultura A Santa, de Francisco Asorei, chegada do Uruguai. Máis de 300 pezas organizadas en dous sectores fan parte de Galiza, un relato no mundo. O primeiro contén \"as entradas\", é dicir, as achegas e inetraccións doutras culturas coa Galiza. O segundo, \"as saídas\", as contribucións do país ao mundo. O Libro das Invasións -o relato de como Breogán chegou a Irlanda-, que por primeira vez sae de Dublín; ou a bandeira do Terzo de Galegos na Arxentina -un batallón que combateu as chamadas Invasións Inglesas que axiña habían derivar na Revolución de Maio e a independencia arxentina. As reflexións de Galiza, un relato do mundo, que estará aberta até o 21 de abril de 2020, non só se realizan a partir destes obxectos históricos. Tamén se poñen en custión ideas preconcibidas sobre Galiza e elabóranse xenaloxías doutras, como a de fin do mundo. \"A mostra quere fuxir do esencialismo e comprender a conformación da identidade nacional galega como algo dinámico e en relación coa súa contorna\", explicou ao semanario Sermos Galiza Manuel Gago nunha reportaxe que recolle o seu último número, o 372, desde o 14 de novembro nos quioscos."}
{"ID": "NOS_23465", "summary": "O barco afundiu na costa do país africano, en ruta ás Canarias. A Organización Internacional para as Migracións alertou dun aumento \"significativo\" das embarcacións que parten desde a zona occidental de África rumbo ao arquipélago", "text": "Polo menos 140 persoas migrantes e refuxiadas perderon a vida logo de que a embarcación en que viaxaban se afundise fronte ás costas do Senegal, no naufraxio máis mortífero rexistrado no que vai de 2020, segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM). O barco en cuestión partiu do Senegal o 24 de outubro, desde a localidade de Mbour, rumbo ás illas Canarias. Segundo dirixentes locais citados pola OIM, a embarcación incendiouse só unhas horas despois de partir e afundiuse perto de Saint-Louis, na costa noroeste do país. A embarcación naufragada transportaba unhas 200 persoas, mais só 59 foron rescatadas con vida tras a intervención de barcos oficiais senegaleses e españois e de pesqueiros que traballaban na zona. Localizáronse polo menos 20 cadáveres. O xefe da OIM no Senegal, Bakary Doumbia, expresou a súa consternación por estes feitos e chamou á \"unidade\" da comunidade internacional para pór fin ao tráfico de persoas, \"que se aproveita de mozos desesperados\" que buscan un futuro mellor en Europa. \"Tamén é importante avogar por canles legais que prexudiquen o modelo de negocio dos traficantes e impidan que continúe a morrer xente\", engadiu Doumbia nun comunicado. 14 barcos en setembro A organización alertou dun aumento \"significativo\" das embarcacións que parten desde a zona occidental de África rumbo ao arquipélago canario. Só en setembro, partiron 14 barcos cun total de 663 migrantes e nun de cada catro casos informouse dalgún tipo de incidente. A OIM calcula que este ano chegaron a Canarias unhas 11.000 persoas, lonxe das 2.557 rexistradas no mesmo período de 2019 mais aínda por baixo da crise dos caiucos de 2006, cando a cifra chegou aos 32.000. A axencia estima que só en 2020 perderon a vida 414 persoas nesta ruta."}
{"ID": "NOS_15495", "summary": "Ante un novo cambio na Presidencia de Navantia, a CIG lamenta que esta sexa utilizada como \"unha empresa de recolocacións de cargos para a ocupación de afíns á ministra ou o ministro que toque\".", "text": "A CIG criticou, ante un novo cambio na Presidencia, que Navantia sexa utilizada como \"unha empresa de recolocacións de cargos para a ocupación de afíns á ministra ou o ministro que toque\", o que \"diminúe a súa capacidade de desenvolvemento\" e afecta á súa \"credibilidade, seriedade e seguridade\" ante potenciais clientes. Así se pronunciou, nun comunicado, despois de que o Goberno nomease a presidenta de Navantia, Belén Gualda González, como nova responsábel da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), cargo que levaba vacante desde outubro de 2019. A este respecto, a central sindical nacionalista advertiu de que, independentemente da persoa escollida para asumir a Presidencia do estaleiro, \"non é serio nin responsábel\" que este cargo fose ocupado por catro responsábeis en catro anos. Así, criticou que teña lugar esta situación nun período no que se aborda \"un plan que pretende marcar o futuro de Navantia\" e preguntouse como afectará á \"credibilidade, seriedade e seguridade\" mostradas ante potenciais clientes para a adxudicación de contratos. Ademais, a CIG lembrou que non confiou no anuncio da última presidenta ao asumir o cargo, que asegurou que buscaba \"deixar a compañía nunha mellor situación da que estaba\" e achegarlle \"estabilidade\". Así, resaltou que a súa etapa na Presidencia foi \"tan breve\" como a súa presentación. Tamén sinalou as substitucións que implica no organigrama da empresa o cambio de presidente e reprobou que os cargos de responsábeis de departamentos como Prensa e Protocolo sexan asumidos por \"persoas de fóra\" pese ao \"sobrado coñecemento\" das pertencentes á empresa. Críticas ao Goberno A CIG denuncia que o Goberno \"non toma a serio a súa empresa\" ao \"xogar co seu futuro\". De feito, remarcou que a ría de Ferrol permanece \"sen carga de traballo\" e sen un plan de investimentos para as novas instalacións. Tamén chama a aclarar se se cumprirá o cronograma da fragata F-110, o que resulta \"irrenunciábel\" para a comarca e a industria auxiliar. En todo caso, sinalan que se esperan \"malos agoiros\" dado que a presidenta que rexeitou a construción das novas instalacións co dique agora é a responsábel do accionista da empresa, e dado que o nomeamento do novo presidente causará un \"parón\" nas \"poucas actividades da factoría\". Así mesmo, a central sindical critica que os cargos institucionais da comarca \"miren para outro lado\", \"eludindo responsabilidades\" coa zona."}
{"ID": "PRAZA_7245", "summary": "Os recentes casos de Alcoa e Megasa, empresas que pretenden despedir 400 e 47 traballadores -respectivamente- a pesar de gañar cartos en 2013, non son os únicos. Ao longo da crise foron moitas as compañías galegas que propuxeron ou executaron despedimentos nestas condicións.", "text": "Alcoa proxecta o despedimento de 400 dos seus traballadores na Coruña, pechando a planta. Megasa vén de anunciar a súa intención de desfacerse de máis da cuarta parte do seu cadro de persoal en Narón (47 dun total de 169). As dúas empresas metalúrxicas teñen unha cousa en común, ademais da súa localización e actividade, as dúas tiveron beneficios en 2013 e a pesar diso queren levar a cabo esta medida. No caso de Alcoa, as plantas da Coruña, San Cibrao e Avilés obtiveron en 2013 110 millóns de euros de beneficio neto. Esta cifra convertería a Alcoa na empresa que obtivo máis beneficios este ano en Galicia, só por detrás de Inditex. A planta de San Cibrao (Aluminio Español S.A.) tivo en 2013 un beneficio de 54,7 millóns de euros, fronte aos 32,1 millóns de 2012. Mentres, as plantas de A Coruña e Avilés (Alcoa Inespal S.A.) gañaron 53 millóns de euros en 2013, tras perder 72,7 millóns. En Narón, Megasa (Megasa Siderúrgica) pechou o 2013 cun beneficio de 506.659 euros, cunha grande actividade, producindo 500.000 toneladas, vendidas maioritariamente no exterior (un 65%). En total, a súa cifra de negocio foi de 254'3 millóns, reducíndose -iso si- dende os 282,7 de 2012. Tamén se reduciu a súa cifra de beneficio, que en 2012 foi de 1,8 millóns. Cómpre sinalar, no entanto, que a matriz do grupo (Metalúrgica Galicia S.A.) tivo en 2013 perdas de 593.511 euros, pero en 2012 obtivera un beneficio de 4,5 millóns. O principal argumento empregado polas direccións de ambas as dúas empresas para xustificar os despedimentos é a perda das bonificacións por interrumpibilidade eléctrica. A fin do incentivo eléctrico supón para a planta de Alcoa na Coruña un incremento do 61% nos custes enerxéticos. Pola súa banda, Megasa pasará de pagar 37 euros por megavatio e hora a ter que aboar 57 euros por megavatio e hora. Empresas que gañan cartos e despiden Noutros conflitos laborais recentes, as empresas non podían acollerse a xustificacións deste tipo. Hai un par de meses vimos como Povisa despedía 12 traballadores (e dous máis unhas semanas despois) a pesar de ter obtido no 2013 un beneficio de 11 millóns de euros e de recibir anualmente 75 millóns de euros da Xunta a través dun concerto. Hai un par de meses vimos como Povisa despedía 12 traballadores (e dous máis unhas semanas despois) a pesar de ter obtido no 2013 un beneficio de 11 millóns de euros Atopamos casos semellantes e tamén moi recentes en Lantero, a empresa de Vilagarcía que quere botar 32 traballadores e reducir nun 30% o salario dos restantes, malia obter 1,5 millóns de euros de beneficios en 2013, 3,5 millóns en 2012 e 3,6 millóns en 2011. Os sindicatos sinalan que as medidas non se xustifican pola carga de traballo, sempre crecente, que mesmo obrigou a Lantero a contratar persoal suplementario de forma temporal. A empresa, ademais, foi beneficiada nos últimos anos por fondos FEDER, entre outras axudas. En outubro, a Audiencia Nacional declarou nulo o ERE do Grupo Freiremar que acabara con 322 contratos, 101 en Vigo. Na planta viguesa traballan un total de 114 persoas. A sentenza sinalou a \"posible inexistencia de causa ou falta de acreditación da invocada para despedir\". Segundo a CIG, Freiremar utilizaba un entramado de sociedades para \"desviar beneficios\" dunhas a outras, \"deixando outras na bancarrota, que foron as que despois executaron os despedimentos\". Tamén houbo un conflito laboral neste 2014 nas tendas FNAC, con especial incidencia na da Coruña. En 2012 foran despedidas ao redor de 200 persoas e a empresa ameazaba con recortar os salarios noutro 15%. Todo iso a pesar de que o grupo no seu conxunto, e as tendas de forma individual volveran ter beneficios no 2013. Este ano, igualmente, a folga dos traballadores de recollida do lixo en Lugo lembrounos a constante conflitividade laboral neste sector, no que se adoita abrir unha gran contradición entre as cicateiras condicións económicas e os beneficios globais das empresas concesionarias, controladas polas grandes construtoras, coma FCC, ACS ou Ferrovial. En decembro de 2013 Coca-Cola anunciaba un plan para pechar catro das súas plantas en España, entre elas a da Coruña, o que levaría ao despedimento de 1.200 traballadores e traballadoras, 360 en Galicia. Finalmente, a planta coruñesa librouse do peche, unha ameaza que chegaba a pesar de que Coca-Cola Iberian Partners, a embotelladora dos produtos da multinacional para España e Portugal, obtivera en 2012 23 millóns de euros de beneficio. En 2013 o conxunto das empresas cotizadas no Ibex 35 rexistraron un beneficio de 19.075 millóns de euros. A pesar diso, remataron o ano con 110 mil traballadores e traballadoras menos que doce meses antes De igual xeito, hai apenas un mes a Audiencia Nacional declaraba nulo o despedimento de 672 traballadores e traballadoras de Atento, empresa de atención ao cliente e antiga filial de Telefónica, 179 delas na Coruña. Aínda que en 2013 a empresa entrara en perdas, nos cinco primeiros meses de 2014 Atento obtivo un beneficio de dous millóns de euros. Para explicar este ERE hai que remontarse a 2012, cando Telefónica lle vendeu Atento por 1.051 millóns de euros ao fondo de capital risco Bain Capital. A dinámica de despedimentos con beneficios é xeral. En 2013 o conxunto das empresas cotizadas no Ibex 35 rexistraron un beneficio de 19.075 millóns de euros. A pesar diso, remataron o ano con 110 mil traballadores e traballadoras menos que doce meses antes. O sector bancario gañou un total de 8.398 millóns de euros, e reduciu os seus cadros de persoal en 13.645 empregados e empregadas."}
{"ID": "NOS_13793", "summary": "A Mesa da Comisión de Industria da Cámara española, en mans do PP, vén de alegar 'in extremis' un erro nas datas para pospoñer as explicacións do representante do SEPI", "text": "Horas despois dunha nova mobilización masiva do Naval polasi rúas de Ferrol a Comisión de Industria do Congreso tiña prevista na súa orde do día a comparecencia do responsábel da SEPI (Sociedad Estatal de Participaciones Industriales) para falar da situación e futuro deste sector. Mais esa comparecencia non se produciu, tal e como denuncian desde o BNG e desde Esqueda Unida (EU) de Ferrol, que consideran esa ausencia \"un descarado desplante ao cadro de persoal de Navantia en concreto e en xeral ao conxunto da nosa cidadanía\". E non se produciu a comparecencia porque a Mesa da Comisión de Industria do Congreso, en mans do PP, vén de alegar 'in extremis un erro nas datas para pospoñer unha comparecencia `\"necesaria para despexar dúbidas e clarexar que hai de certo e que de campaña electoral no anuncio dos encargos de Pemex\", indican desde EU. A comparecencia estaba prevista xa desde o pasado mes de xaneiro. Para o BNG a non comparecencia responde a que a SEPI \"non ten nada novo que dicir\" e EU fala de \"desplante á cidadanía\" Desde o BNG, pola súa parte, Manuel Doval, da formación nacionalista en Ferrolterra, considera que \"este señor non compareceu porque non tiña nada que dicir. É como a visita a semana pasada a Ferrol da cúpula da SEPI, unha visita que non serviu para nada\". Cómpre lembrar que desde o Bloque Nacionalista Galego pediuse na tramitación dos Orzamentos do Estado a aprobación dunha partida de 125 millóns de euros para a construción dun dique flotante, unha actuación imprescindíbel porque posibilitaría dotar de carga de traballo aos estaleiros\". O BNG, alén diso, insiste en que se levante o veto que pesa sobre Navantia Fene para construir buques civís. Novas mobilizacións Tras a multitudinaria manifestación na que participaron 4.000 operari@s, xa se está traballando en novas mobilizacións. Unha delas será o vindeiro 10 de xuño e será convocada a nivel comarcal. A CIG denuncia novamente ás responsabilidades políticas dos diferentes gobernos coa actual crise do sector, e criticaba con dureza as actuacións do Partido Popular, que agora ocupa os gobernos español e galego. \"A pelota está no tellado do PP e aí están os responsábeis de verdade. Enganan por todo, pero neste tema do naval nos enganaron vilmente, porque en campaña electoral aseguraron que habería dique, mesmo o conselleiro de Industria nos presentou un proxecto que era válido tecnica e economicamente, e agora resulta que teñen que estudalo todo de novo\", sinalou Manel Grandal, da Sección Sindical da CIG en Navantia."}
{"ID": "NOS_54632", "summary": "Este 11 de decembro, Día das Montañas, máis de 170 colectivos de toda a Galiza uniranse nunha marcha simultánea e descentralizada en máis dunha vintena de localidades contra o boom dos eólicos e a avaricia do sector eléctrico.", "text": "A moratoria actual \"non vale\", advirte a coordinadora 'Eólica así non' que integra máis de 170 colectivos, entre asociacións ecoloxistas, plataformas veciñais e entidades socioculturais de todo o territorio galego e que este sábado convoca concentracións en máis dunha vintena de para esixir á Xunta unha moratoria \"real e efectiva\" que free os máis de 300 proxectos eólicos que a día de hoxe, calculan, que están en tramitación na comunidade galega. A medida que foron transcendendo novos proxectos de parques eólicos ao longo e ancho do país, numerosos colectivos comezaron a organizarse para dar resposta ás iniciativas eléctricas e defender os intereses da veciñanza mais da conotrna natural. Coincidindo co Día Munidal das Montañas, este movemento social e ecoloxista camiñará da man contra o mediodía para sinalar a moratoria que introduciu a Xunta a través da lei de acompañamento aos orzamentos de 2022. \"Non vale\", afirma, xa que afecta a iniciativas a partir do próximo 1 de xaneiro \"e con excepcións\". Plan desfasado Así, dende a coordinadora fan fincapé \"na necesidade cada vez máis urxente de paralizar todos os proxectos eólicos que están en tramitación\", tanto por parte Xunta como do Estado, \"até que non se derrogue o desfasado Plan sectorial eólico da Galiza e as Leis de depredación\". Os colectivos reclaman unha planificación eólica \"máis xusta coa sociedade galega, o noso rural e a contorna ambiental\", pois entenden que \"estamos deixando en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio\". Segundo calculan, hai máis 300 \"megaproxectos eólicos\" na Galiza en tramitación, que proxectan 10.000 MW de potencia, equivalentes a 43% do obxectivo en potencia eólica para 2030 en todo o Estado español. \"Lembramos ademais, que a Galiza exporta máis de 30% da electricidade que produce\". Mobilización descentralizada A coordinadora 'Eólica así non' mantén convocatorias de norte a sur da Galiza. Concentracións, andainas, manifestacións e subidas ao monte que comezarán contra as 12 horas na Lama, Becerreá, Val do Dubra, Cerdedo, Chantada, Coristanco, Foz, Lugo, Mazaricos, Ferrol, Pontevedra, Castro Caldelas, Seoane do Courel, Vila de Cruces, Laza, Antas de Ulla, Carral, Meira, Vilalba, Gondomar, Marín e Bueu. Ocuparán o espazo público 'na defensa das montañas' e de \"ecosistemas chave\" para o futuro do territorio e en contra dun modelo que tachan de \"desordenado\"."}
{"ID": "NOS_4440", "summary": "ContraMINAcción considera que a Dirección Xeral de Minas pretendería así evitar que sexa a concesionaria mineira, do Grupo Sacyr, quen asuma a restauración da zona contaminada.", "text": "A rede ContraMINAcción afirma que a Dirección Xeral de minas insinúa que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50 metros de cumprimento e 14 metros de altura, \"fose para mover un pequeno muíño negral no que moía millo a veciñanza\". Unha explicación que considera \"esperpéntica e demostrativa da corrupción rampante na Xunta\"O informe no que se vincula a presa maior de residuos e o pequeno muíño de millo foi encargado por \"orde verbal\", afirma ContreaMINAcción do Xefe Territorial da Consellería de Industria na Coruña, co propósito de remitilo a Augas de Galiza, \"que xa determinara o ano pasado que se trataba de presas de residuos mineiros e pretendía obrigar á empresa ao seu desmantelamento e restauración da zona.\" Segundo os colectivos integrantes de ContraMINAcción, trátase dunha tentativa \"desesperada\" de evitar tanto a responsabilidade da concesionaria mineira, unha filial de Valoriza Minería (Grupo Sacyr), como \"unha escapada cara adiante por parte dos propios funcionarios e autoridades agora imputados por mentir reiteradamente en documentos públicos relativos ás presas mineiras\". Os colectivos indican que é \"sobradamente coñecido\" que o maior dos depósitos mineiros fora construído pola mina en 1939 e que protagonizou o chamado \"Desastre de 1960\" trás a rotura das súas comportas (como recolle o documental \"San Finx 1960\"). Nun informe de 2017, engade ContraMINAcción, Augas de Galiza afirmaba que no caso dunha eventual rotura desta presa de maiores dimensións \"o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental\" mentres que nunha visita de inspección realizada en 2019 polo hidrólogo especialista en presas mineiras Steven H. Emerman concluíu que a mesma presa presentaba signos evidentes de licuefacción interna o que levaría más cedo ou máis tarde á súa falla crítica, co impacto que iso causaría sobre a ría de Muros e Noia e o LIC Esteiro do Tambre."}
{"ID": "NOS_36319", "summary": "Na xornada de hoxe remata o prazo para rexistrar coalicións de cara ás eleccións galegas do 5 de abril. Anova, Podemos Galiza, En Marea e as mareas locais apuran os minutos que quedan. De fallar esta vía, En Marea é a única forza que dubida de se concorrer en solitario aos comicios.", "text": "23:59 horas. É o límite que teñen Podemos Galiza, Anova, En Marea e as mareas municipalistas de rexistrar unha coalición de cara as eleccións galegas do 5 de abril. Ao longo do día de hoxe medrará a expectativa e botarán fume os teléfonos tratando de alcanzar un acordo que de chegar, farao no último minuto. Nada novo que engadir foi a resposta xeral dos distintos partidos onte cando foron cuestionados polo avance das negociacións, antes de que cada un se reunise para limar as posturas que defenderán hoxe. Onte, ás 20 horas, rematou o proceso participativo aberto por Podemos Galiza para que as súas inscritas votasen a fórmula para concorrer ás eleccións do 5 de abril: en solitario ou baixo o paraugas dunha coalición. Un procedemento obrigatorio recollido nos seus estatutos. Fontes do partido morado explicaron a Nós Diario que na pregunta non se nomeaban explicitamente os partidos cos que artellar o espazo de Galiza en Común, mais que se comprende que englobarían Anova, En Marea, Esquerda Unida ou as mareas municipalistas. Nos últimos días, os contactos entre Anova, a través do ex alcalde de Compostela e Teo Martiño Noriega, e Antón Gómez-Reino intensificáronse. O voceiro de Anova, Antón Sánchez, xa avanzou nunha publicación nas súas redes sociais a súa disposición a facerse a un lado. \"Se o prezo dun bo acordo para derrotar a dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto\", afirmou. A diferenza do que aconteceu nas últimas eleccións estatais, nas que Anova decidiu non presentarse e ceder o seu capital de votos a outras forzas, o partido asegurou a súa presenza nas galegas e asegurou que non se van \"silenciar\". Pola banda de En Marea, tras a marcha de Luís Villares, aseguran que continúan tendendo a man a unha posíbel coalición e que \"esgotarán os tempos\" até a mesma fin de hoxe, data límite para rexistrala. En caso de que a vía da confluencia remate truncada, o consello das mareas, que se reunirá hoxe ou mañá, deberá tomar a decisión de se concorre en solitario e a posíbel configuración das súas listas. As mareas locais fixeron un chamamento á \"unidade\" da esquerda galega. Fica comprobar, co cronómetro en mínimos, se os partidos logran o consenso."}
{"ID": "PRAZA_640", "summary": "O equipo lucense vence de forma moi axustada (75-73) nun enfrontamento de rivalidade clave marcado polo ambiente de harmonía fomentado durante toda a semana por ambos os dous clubs, que empregaron as súas contas nas redes sociais para dar unha lección de confraternización", "text": "O Breogán levou finalmente #oderbidomiño... Ou o #oderbidopolbo, como se queira. Os lucenses gañaron o partido no Pazo Paco Paz da cidade das Burgas nun final moi axustado (73-75) ante un COB Ourense que foi por diante durante todo o encontro. Só a tres minutos para o final o Breogán tomou a dianteira no marcador. Nos últimos segundos, un tapón de Samb impediu o empate do Ourense e a prórroga. con esta vitoria, o Breogán segue colíder da Adecco Ouro, empatado co Ford Burgos, cando só quedan catro xornadas para rematar a liga regular. O COB é terceiro. Foi un derbi exemplar. As contas de Twitter de ambos os dous equipos botaron fume durante a semana previa a este partido histórico no que dous dos grandes do baloncesto galego se enfrontaron no máis alto da táboa da LEB e loitando por ocupar os postos que dan acceso ao ascendo á Liga ACB. E non botaron fume para quentar o ambiente ou excederse coas súas palabras, senón para usar a retranca máis galega e o saber estar para promover un enfrontamento en harmonía. Responderon os clubs e responderon as afeccións, con actos de irmandade entre as peñas que incluíron partidos de baloncesto no que os xogadores dos equipos cambiaron de rol. Da cancha á bancada para animar aos seus. Aos seus que desta vez non estaban berrando nas bancadas, senón sentíndose xogadores por un día. \"Con ter contentas ás afeccións e que o derbi sexa a festa que debe ser, creo que o Breogán e máis nós nos damos por satisfeitos\", dicía o COB Ourense na súa rede social poucas horas antes do partido deste sábado, que comezou co himno galego. \"Boas noites dende Lucus Augusti. Aquí tamén soñaremos co #derbidomiño e con repetilo moi pronto en ACB\", desexoulle o equipo lucense ao ourensán na véspera do enfrontamento. Un exemplo de convivencia e de derbi que -quen sabe- se cadra volve para o ano na ACB e xunto ao Obradoiro."}
{"ID": "NOS_38592", "summary": "A CIG chama á mobilización este 19 de setembro en 20 vilas galegas. As concentracións reivindicarán \"a garantía no acceso e un prezo xusto da enerxía eléctrica\". Para iso reclámase que as administracións recuperen as centrais hidroeléctricas para que revertan na sociedade e insisten na demanda dunha Tarifa Eléctrica Galega máis vantaxosa para o país.", "text": "Ferrol, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Ribeira, Compostela, Betanzos, Carballo, A Coruña, Cangas, A Guarda, O Porriño, Vigo, Verín, Ourense, Foz, Monforte, Lugo e As Pontes acollen este domingo 19 de setembro cadansúa concentración en demanda da xestión pública dos encoros galegos e para protestar pola \"estafa da luz\", cuxa subida semella non ter fin. Baixo o lema \"Pola garantía no acceso e un prezo xusto da enerxía eléctrica, recuperación das centrais hidroeléctricas e Tarifa Eléctrica Galega\", a CIG chama a galegas e galegos á mobilización masiva contra os últimos acontecementos relacionados co servizo da electricidade, entre eles o baleirado excesivo de varios encoros na conca Miño-Sil. A central sindical declara que esta medida, esta contestación social, é precisa \"ante a escalada imparábel do prezo da luz e ante a impunidade na que actúan as eléctricas e o nulo papel que tanto o Goberno galego como o español están a ter para frear a suba da factura\". Camiño dunha posíbel pobreza enerxética cada vez máis estendida, o sindicato baséase nas súas demandas do pasado para reivindicar unha solución o que considera unha \"estafa\". Ademais, esta chega \"cando Galiza se atopa diante dun novo proceso de colonización enerxética a través dos macroparques eólicos que ameazan os nosos montes e terras\". Isto sucede, critican, en paralelo á crise en \"comarcas enteiras\" que van \"camiño da desertización social e industrial, sen plans alternativos\". Horarios e puntos de encontro Por iso queren que a Galiza saía ás rúas este domingo. Ás 11 horas comezarán as protestas en Ferrol, en concreto na praza de Armas. A Coruña (Obelisco); Cee (diante do Concello); Carballo (diante do Concello); Betanzos (praza García Irmáns); Compostela (praza Roxa); Ribeira (praza do Concello); Foz (diante da Delegación de Facenda); e Ourense (praza do Ferro) compartirán convocatoria ás 11. 30 horas. Así mesmo, ás 12 horas está citada a cidadanía de Pontevedra (praza da Peregrina); Vilagarcía (praza da Galiza); A Estrada (praza do Mercado); As Pontes (diante do Concello); Lugo (subdelegación do Goberno español); Monforte (diante do Concello); Verín (praza do Concello); Vigo (farola de Urzaiz); O Porriño (praza do Concello); A Guarda (praza de Avelino Vicente); e Cangas (praza do Concello). Un plan de 8 puntos Mais a acción non se limita a unha protesta cívica, senón que a impulsora das concentracións ten a súa proposta de oito medidas que garantirían \"un prezo xusto\". Estas son: O recoñecemento da enerxía como dereito fundamental e tamén a reversión ao público das centrais hidroeléctricas que rematen a concesión, algo que polo de agora a Xunta descartou. Tamén se demanda a creación dunha empresa pública galega de electricidade para controlar esas presas e a fiscalización do resto das concesións hidroeléctricas. Igualmente propón que mude o sistema tarifario eliminando peaxes que \"non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico\". Aliás, o manifesto feito público coa convocatoria incide na necesidade de que se retiren as centrais, quer nucleares, quer hidroeléctricas, do \"pool do mercado maiorista para fixar o prezo da electricidade\". Igualmente exixe a modificación transitoria dos impostos e o estabelecemento da Tarifa Eléctrica Galega, unha demanda que vén de vello."}
{"ID": "NOS_33426", "summary": "O Consello de Ministros e Ministras aprobou no mediodía da sexta feira a declaración do estado de alarma para fechar perimetralmente Madrid.", "text": "Luz verde ao estado de alarma para fechar Madrid. Aprobouno no mediodía da sexta feira o Consello de Ministras e Ministros, tal e como avanzara na noite da quinta feira o presidente español, Pedro Sánchez. Foi esta a fórmula elixida polo Goberno estatal despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid tombase o fechamento imposto polo Ministerio de Sanidade como medida principal para conter a escalada de coronavirus na capital de España. Sánchez comunicoullo a Isabel Díaz Ayuso, a súa homóloga rexional, nunha chamada telefónica que se produciu cando expiraba o prazo que lle deu esta noite para chegar a un acordo que pasaba por tres opcións: que o Goberno rexional ditase unha nova orde, que se decretase a alarma conxuntamente ou que o fixese directamente o Goberno. O decreto do estado de alarma ten unha vixencia de quince días e é efectivo desde hoxe mesmo, de maneira que están prohibidos os desprazamentos durante esta ponte do 12 de outubro. Reaccións A presidenta da Comunidad de Madrid rexeitou o fechamento perimetral das dez cidades e apostou por volver ao confinamento por zonas básicas de saúde, unha medida que, a ollos do Goberno estatal, é \"insuficiente\". O alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, puxo de manifesto que coa declaración do estado de alarma, \"triunfa a imposición\" e acusou a Moncloa de pór en marcha \"un 155 sanitario\". O fechamento de Madrid desembocou nun caos institucional e nunha picaresca batalla xudicial entre o Executivo estatal e o rexional. Finalmente, o TSXM decidiu que as medidas decretadas polo ministro Salvador Illa eran incongruentes coa lexislación vixente e que significaban o recorte dos dereitos e liberdades dos madrileños. A diferenza do fechamento anterior, o Goberno madrileño non ten a opción de presentar recurso ningún diante dos tribunais. O decreto do estado de alarma contén as mesmas restricións que entraron en vigor a semana pasada. O Goberno español ten a potestade de recorrer a esa ferramenta excepcional en virtude do artigo 116 da Constitución en todo o territorio estatal ou unha parte do mesmo por un período máximo de quince días. O Executivo terá que dar conta no Congreso desa medida adoptada, aínda que non é necesario o seu aval para esta primeira quincena. No caso de que o Goberno pretendese prolongalo, si necesitaría a autorización do Congreso. As cifras A provincia de Madrid ten unha incidencia acumulada de 563,86 casos de Covid-19 por cada 100.000 habitantes nos últimos catorce días segundo os últimos datos, aínda que chega aos 882 no caso de Parla ou a 611 no da capital. O criterio do Goberno estatal é que incidencias por riba dos 500 casos en cidades de máis de 100.000 habitantes deben atallarse cun fechamento perimetral completo que impida entrar e saír salvo unha serie de excepcións xustificadas. A este criterio debe unirse unha taxa de positividade das PCR superior ao 10% (no municipio) e ocupación de UCI por encima do 35% (na comunidade). A rexión de Madrid estaba esta quinta feira no 39,81% neste último indicador."}
{"ID": "PRAZA_11793", "summary": "A Xunta recorta os fondos do ente que xestiona servizos como escolas infantís e centros de día mentres ultima a súa disolución na futura Axencia de Servizos Sociais", "text": "Foi un dos cabalos de batalla do PPdeG dende a oposición e, aínda que nun prazo sensiblemente máis dilatado que o inicialmente previsto, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, creado pola antiga Vicepresidencia da Xunta, encamíñase cara á súa disolución na futura Axencia de Servizos Sociais. Non obstante, os últimos compases do ente que aglutina ao Goberno galego e a case 300 concellos non están a ser de mero trámite. Ben ao contrario, nas últimas semanas o Consorcio comezou os trámites dunha das súas decisións máis controvertidas, a privatización de cinco escolas infantís. Ao tempo, estrea o que con toda probabilidade é o seu derradeiro orzamento, unhas contas que volven estar marcadas polos recortes, con catro millóns de euros menos. A xestión privada de cinco Galiñas Azuis, as antigas galescolas, compromente fondos públicos ata 2014 -a externalización do servizo prevé estenderse ata o 31 de agosto dese ano- a través doutros tantos contratos en dous concellos gobernados polo PP, outros dous polo BNG e outro polo PSdeG. Así, o Consorcio prevé gastar ata 1,2 millóns en pór en mans privadas a xestión da escola infantil de Carballo, licitou por 910.782 euros a privatización da de Betanzos, fixo o propio en Pontevedra por 763.805 euros e reservou 566.807 para Coristanco, a mesma cantidade que para O Pino. Máis custoso para os concellos e os usuarios, menos para a Xunta Os montantes económicos para privatizar as escolas sairán en 2012 dun orzamento polo que pasou a tesoira, especialmente dende a banda da Xunta. Así, segundo as contas aprobadas o pasado decembro no Parlamento, as transferencias do Goberno galego ao Consorcio pasan de 39,8 millóns de euros en 2011 a 26,3 en 2012. Mentres que algunhas partidas soben levemente -por exemplo, increméntanse en 200.000 os fondos para \"promoción social\"-, outras directamente desaparecen, como a de 17,7 millóns que en 2011 transferiu a Consellería de Benestar para a \"atención a persoas dependentes\". Benestar prevé recadar 1,8 millóns máis en taxas aos usuarios Pero mentres a achega da Xunta diminúe, a achega dos seus socios no Consorcio, os concellos, incrementará notablemente. Do mesmo xeito, o orzamento da entidade prevé tamén unha importante subida na recadación de taxas e prezos públicos, isto é, do pagamento dos servizos sociais por parte dos cidadáns. Segundo o recollido nos Orzamentos Xerais para 2012, os concellos pasan de achegar 1,6 millóns en 2011 a inxectar 8,4 neste ano. Do mesmo xeito, estímase que a inxección económica en concepto de taxas e prezos públicos converta os 6,6 millóns do pasado ano en 8,4 en 2012. Sen noticias da Axencia de Servizos Sociais Aínda que nos propios Orzamentos Xerais o departamento que dirixe Beatriz Mato salienta que a xerencia do Consorcio está \"facultada\" dende o 2 de xullo de 2010 para realizar \"todos aqueles trámites\" necesarios para a \"disolución\" do Consorcio e a súa \"integración\" na futura Axencia Galega de Servizos Sociais\", o xeito en que se realizará esta operación é a día de hoxe unha incógnita. Un ano e medio despois do anuncio da súa creación, fontes sindicais consultadas por Praza Pública aseguran que Benestar ten a posta en marcha da Axencia \"practicamente paralizado\", coa incerteza que isto supón para usuarios e traballadores, explican. Con todo, as mesmas fontes prevén ser convocados a unha xuntanza no presente mes de febreiro para, en principio, coñecer detalles da Axencia. Nese encontro os representantes do persoal non só manifestarán a súa oposición á privatización de escolas infantís e á propia desaparición do Consorcio, senón que lembrarán ademais a necesidade, din, de que os traballadores do ente conten cun convenio colectivo."}
{"ID": "NOS_25588", "summary": "Após Manuel Baltar, Elena Candia e Diego Calvo mostráronse a favor de que Alfonso Rueda suceda Alberto Núñez Feixoo na Xunta e no PP galego.", "text": "O presidente do PP da Coruña, Diego Calvo, vén de emitir un comunicado no que afirma que considera que o seu homólogo pontevedrés e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, \"debe asumir a Presidencia\" do Goberno galego e do PP galego, e asegurou que contará co seu apoio. Calvo foi o último dos dirixentes territoriais en facer público o seu apoio a Rueda para que este encabece unha lista unitaria nun congreso extraordinario. A Xunta Directiva do PP galego reunirase o 18 de abril para convocar un congreso a finais de maio Precisamente, o dirixente popular defendera a necesidade de que a sucesión do presidente galego tivese lugar nun conclave extraordinario convocado canto antes e non pola vía da ratificación interna nun Comité Executivo, No seu comunicado, Calvo tamén mostrou a súa ledicia porque \"se traballe por lograr unha lista de unidade\", na liña do que manifestou o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na terza feira. Postura de Elena Candia A presidenta do Partido Popular (PP) de Lugo, Elena Candia, adiantouse a Calvo e confirmou a primeira hora da tarde desta cuarta feira o seu apoio ao vicepresidente primeiro da Xunta e líder dos populares en Pontevedra, Alfonso Rueda, para suceder Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta e do PP galego. Rueda sucederá Feixoo na Xunta antes de converterse no novo presidente do PP galego \"Creo na súa experiencia de xestión e na súa experiencia orgánica\", asegurou Candia. Até o de agora, a dirixente popular fora a única que non se manifestara publicamente en relación a cuestión de quen sucederá Feixoo nin de como se abordará esa sucesión. Agora, após manter conversas durante os últimos días para chegar a un acordo, apoiou expresamente Rueda un día despois de que o fixese o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar. A dirixente lucense asegurou que trasladou a súa opinión tanto a Feixoo como ao propio Alfonso Rueda. \"Se decide dar o paso, eu estarei ao seu lado e tamén o votarei na sesión de investidura cando chegue o momento\", sentenciou Candia. Baltar reafirma o seu apoio a Rueda Pola súa banda, Manuel Baltar reafirmou nesta cuarta feira o seu apoio Alfonso Rueda, por ser o \"mellor sucesor\" e o \"mellor deputado dos que ten o Grupo Parlamentario do PP\". Ademais, pediu celebrar \"canto antes\" o congreso extraordinario que poña fin á situación de interinidade no PP galego. Así se pronunciou o líder dos populares ourensáns nun acto da Deputación de Ourense, após de ser o primeiro dirixente provincial que explicitase o seu apoio a Alfonso Rueda para suceder a Alberto Núñez Feijóo na presidencia da Xunta e dos populares galegos. Baltar di que non intentará suceder Feixoo e sinala Rueda como vía de \"unidade\" Baltar lembrou que xa antes da celebración do congreso estatal do PP en Sevilla sinalou que o \"previsíbel\" era que Feixoo fose substituído polo vicepresidente primeiro da Xunta."}
{"ID": "NOS_49319", "summary": "Desde hoxe, contarán cun punto de distribución, tanto para doazóns como para recollida, situado no local Interprof, na rúa Irmáns Rei Alvite número 1, en Compostela.", "text": "A asociación pola protección animal Abeiro é una entidade compostelá que ten como fin principal o de rescatar cans e gatos da rúa, buscándolles mellores fogares, así como a xestión de diversas colonias felinas da cidade compostelá. Perante a actual situación social de crise sanitaria, desde Abeiro detectaron que \"moitas familias teñan dificultades para afrontar as súas necesidades máis básicas\". \"Moitas das persoas que perderon os seus traballos ou viron diminuídos os seus ingresos conviven con animais, que forman parte do seu núcleo familiar\", explican en nota de prensa. \"Estamos vendo que moitas familias non poden adquirir pensos para alimentalos nin pagar gastos veterinarios básicos\", engaden. Por todo isto, decidiron botar adiante unha campaña de recollida de penso para a súa distribución entre aquelas persoas con dificultades económicas, co afán de axudar \"a levar este momento tan duro para tanta xente, e evitando que aumente o número de abandonos\", sempre crecente en épocas de verán. \"Somos unha asociación moi modesta\", afirman, \"sen apenas recursos e sen subvencións públicas\", polo que sobreviven con base no traballo voluntario e grazas ás achegas por parte de socios e socias, simpatizantes e \"de nós mesmos\". Punto de distribución Desde onte, contan cun punto de distribución, tanto para doazóns como para recollida, situado no local Interprof, na rúa Irmáns Rei Alvite número 1. Deste modo, todas aquelas persoas que precisen comida para os animais cos que conviven poden pasar a retirala desde xa mesmo, e, igualmente, aquelas persoas que queiran colaborar e doar algún saco de penso, latas etc, poderán facelo no mesmo punto. Para máis información, podes consultar a súa web en http://asociacionabeiro.org/"}
{"ID": "NOS_123", "summary": "A CIG concentrouse diante de Mobilidade da Xunta en protesta pola situación do transporte público.", "text": "Unha concentración de traballadoras e traballadores do sector do transporte por estrada hoxe diante da Secretaría Xeral de Mobilidade, en Compostela, serviu para denunciar, segundo a CIG, \"os abusos das empresas e a permisividade da Xunta da Galiza que é a titular dos contratos diante desta situación\". Na mobilización participou Xesús Pastoriza, responsábel do sector de Transportes da Fgamt-CIG, que explica que \"agora mesmo hai un auténtico caos neste servizo de viaxeiros en toda Galiza\". Este sindicalista, con máis de 25 anos no sector, afirma que \"non lembra algo semellante, é unha tolemia\". Asegura a Nós Diario que boa parte dos problemas de funcionamento deste tipo transporte vén como consecuencia do \"monocultivo\" por parte do Grupo Monbus, que \"conta cun 75% dos contratos de mobilidade\". Esta circunstancia provoca, para este sindicalista, que \"que haxa despedimentos, persoal non subrogado e moitas protestas de viaxeiras e viaxeiros por non cumprir os horarios\". Desde a central nacionalista aseguran que pediron varias xuntanzas aos responsábeis de Mobilidade da Xunta, mais que, polo de agora, non tiveron resposta. Pastoriza valora como \"estraño\" que se cree unha comisión de seguimento do contrato cando o propio departamento público encargado \"rexeita as xuntanzas e opta por non dialogar\". Monbus non contesta Desde a CIG informan que presentaron denuncias polo incremento dos despedimentos e pon algúns exemplos, \"oito en Compostela, oito na comarca de Ferrol e varias acompañantes que non foron subrogadas nalgunhas zonas\". Asegura que unha das \"estratexias\" de Monbus é \"non respectar os dereitos laborais, en cuestión de xornadas ou salariais, que están aprobados por enriba do convenio\". Na central sindical afirman que aínda non tiveron contestación a ningunha destas reclamacións \"e cando contestan non é respondendo ao que se lles cuestiona\". Pastoriza engade, como tema fundamental na realidade do que acontece no transporte de viaxeiras e viaxeiros, que as empresas incumpren reiteradamente as súas ofertas á licitación para conseguir os contratos. \"Poñen como oferta algunhas melloras que puntuaban mais non implementaron nada\". Dá como exemplos o anuncio de que teñen unha cocheira ou unha oficina de atención ao público cando en realidade non existe\". Con estas \"falsas\" ofertas, o que perde, para este sindicalista, \"é o emprego\". Diante destas irregularidades a CIG non entende que \"a Xunta non actúe de inmediato\". Precariedade no transporte escolar Raúl Rodríguez, delegado do sector de estradas e loxística de CCOO, alerta que onde máis problemas hai é no transporte escolar. \"Teñen moitos contratos a través de empresas de traballo temporal (ETT), nalgunhas ocasións en fraude de lei\", conta a Nós Diario, \"con xornadas que non se corresponden ao horario que realizan\", engade. Segundo este sindicalista, ao final do día o persoal que presta este servizo pode chegar a realizar entre 12 e 14 horas de traballo. Reclamacións sobre a nova intermodal de Compostela As redes sociais deron conta o pasado 22 de maio da inauguración da nova estación intermodal de Compostela e tamén das queixas de usuarias e usuarios pola eliminación das paradas habituais, que o persoal dos vehículos non soubo até o mesmo día, polo que non houbo posibilidade de información previa. Esta semana xa se presentaron denuncias e mesmo unha recollida de sinaturas para que a Xunta interveña."}
{"ID": "NOS_47056", "summary": "A Unidade Popular valora o \"golpe ao sistema bipartidista\" neste proceso electoral e incide en que a alta abstención mostra as \"dificultades\" para o \"proxecto Europea\".", "text": "Nós-Unidade Popular entende que tras o resultado destas eleccións do 25M faise \"máis urxente\" a aposta por \"reforzar os aínda pequenos pasos dados na unidade de acción\" da esquerda soberanista\". Esta, a unidade de acción, é un camiño no que a formación reafirma a vontade de percorrer. Nós-UP, que pediu a a 'abstención activa', considera que o escenario resultante dos comicios europeos permite facer varias achegas e interpretacións, que recolle nun comunicado. Así, parten de sinalar que a alta abstención mostra a \"dificultade\" para facer callar \"o proxecto da Europa das burguesías e dos Estados\" entre as clases populares. A isto engádese que o resultado das urnas supón \"un golpe ao sistema bipartidista configurado por PP e PSOE\". Mais, interpretan desde Nós-UP, a ausencia de \"alternativas verdadeiramente rupturistas\" fan que non sexa un \"golpe definitivo\" ao réxime español. Cadro de loita español A irrupción de Podemos e os resultados de AGE tamén son albo de valoración pola DN de Nós. Critica que estas 2 formacións que se \"presentan como esquerda alternativa\" coinciden en \"apostar por un marco de loita español, pola ausencia de reivindicación nacional e por un programa rexeneracionista e reformista\". Que estas opcións sumen en Galiza case o 19% dos votos e concentren sufraxios de protesta é algo que é \"motivo da preocupación\" polo que implica de \"consolidación da esquerda españolista na nosa patria\" Resistir A respeto dos resultados do BNG, desde Nós-UP considera que concentrou \"boa parte dos votos dos sectores do pobo traballador que pensan á vez en chaves nacionais e da esquerda\". Eses 80.000 votos supoñen \"resistir\" nun marco con moitos elementos en contra. Mais que AGE e Podemos o superen debe levar á reflexión. E é aí onde Nós-UP aponta a ir avanzando e reforzando a \"unidade de acción\" entre os axentes da esquerda soberanista de cara a \"acumular forza social\" na \"construción nacional\"."}
{"ID": "NOS_52351", "summary": "72.964 galegos e galegas votarán por primeira vez nunhas eleccións para o Parlamento da Galiza.", "text": "Un total de 2.699.876 persoas están convocadas para votar nas próximas eleccións ao Parlamento da Galiza, que terán lugar en 5 de abril. Destas, 72.964 poderán facelo por primeira vez nas eleccións galegas. Estes son os datos que saen do censo electoral actualizado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), dos que tamén se recolle que 2.237.062 persoas son electoras e electores residentes na Galiza e 462.443 no estranxeiro. Os electores e electoras residentes no estranxeiro que desexen votar deberán solicitar o seu voto á delegación provincial da Oficina de Censo Electoral (OCE) correspondente ao seu rexistro até o 7 de marzo. Arxentina é o país con maior número de electoras que poden votar o 5 de abril (165.334 persoas), seguida de Brasil (42.963), Cuba (41.756) Uruguai (36.859) e Suiza (33.421)."}
{"ID": "NOS_56827", "summary": "A presión hospitalaria segue en aumento na Galiza, cuxos hospitais contan con 1.331 pacientes coa Covid ingresados, 210 deles en UCI e 1.121 noutras unidades. Ademais, volven repuntar os contaxios diarios, con 1.643.", "text": "Así se desprende dos datos publicados na mañá desta sexta feira pola Consellaría de Sanidade con cifras de até as 18 horas de onte, nas que se constata un aumento de 17 pacientes con coronavirus en UCI -esta semana superouse o pico máximo da primeira onda de 177 ingresados con Covid en unidades críticos notificados o 4 de abril- e de 35 máis noutras unidades con respecto á xornada anterior. Por áreas sanitarias, os ingresos descenderon lixeiramente na de Vigo, que conta con 164 en unidades convencionais -oito menos- e 23 mantéñense en UCI -sen cambios con respecto á xornada anterior-; mentres que na de Lugo hai un máis en UCI (16) e un menos noutras unidades (56); así como na de Ourense, onde baixan en dúas os hospitalizados en UCI (12) e aumenta nun noutras unidades (178). O distrito sanitario da Coruña e Cee segue á cabeza en ingresos, con 69 pacientes con coronavirus en UCI -10 máis- e 321 noutras unidades -11 máis-; mentres que no de Santiago e Barbanza aumentan a 40 -cinco máis- e 133 -14 máis-, respectivamente. Na área de Pontevedra e O Salnés as persoas coa Covid en unidade de críticos aumentan en oito até os 25 e os que se atopan noutras unidades, a 119 -tres máis-, mentres que na de Ferrol baixan os de UCI a 25 -cinco menos- e soben a 150 os doutras unidades -15 máis-. Máis contaxios e máis casos Tamén aumentan os casos activos de Covid-19 até os 22.124 na Galiza, o que supón 511 máis que a xornada anterior. Por áreas sanitarias, 5.912 corresponden á da Coruña e Cee; 3.799 á de Vigo; 3.373 á de Santiago e Barbanza; 2.989 á de Ourense; 2.246 á de Pontevedra e O Salnés; 2.009 á de Lugo e 1.796 á de Ferrol. Os contaxios diarios -detectados cos diferentes tipos de probas- volveron repuntar, con case 200 máis que a xornada anterior, até os 1.643, fronte aos 1.468 do día anterior. Do total, 1.390 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Realizáronse 13.653 PCR, case un milleiro máis que a xornada anterior. Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee rexistra 21.646 contaxiados; a de Vigo, 18.104; a de Santiago e Barbanza, 15.433; a de Ourense ten 12.877; a de Pontevedra e O Salnés conta con 9.917; a de Lugo, con 9.937; e a de Ferrol, 6.375. En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizadas- mantense por baixo do 10%, como a xornada pasada, nun 9,8%, mais segue por encima do estabelecido pola OMS para dar por controlada a pandemia, un 5% do que a Galiza non baixa desde o 24 de decembro. Vítimas mortais Os falecidos coa Covid increméntanse a 1.718 após informar o Sergas de 30 novos falecementos que se rexistraron desde o pasado 18 de xaneiro. Esta cifra é a segunda máis elevada comunicada en toda a pandemia, despois de que o día 3 de abril Sanidade informase de 27 falecementos, un dato que se igualou esta mesma semana con 27 casos comunicados esta segunda feira e superado na cuarta, cando transcenderon 29 novas vítimas. O pasado 1 de abril Sanidade informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días após corroborar que se trataban de casos de persoas con Covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria."}
{"ID": "NOS_27577", "summary": "A cineasta, escritora, académica e catedrática Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) converteuse onte na primeira muller en obter o Premio Otero Pedrayo outorgado polas deputacións galegas. \"A lingua salva a Otero e sálvanos a nós. Por iso estamos acó hoxe\", rematou Ledo Andión o seu discurso de agradecemento no pazo provincial pontevedrés.", "text": "A autora da novela Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985) repasou a súa estreita relación coa figura e as ideas de Otero Pedrayo. Que comezou nunha familia republicana, a súa, e a memoria de como o intelectual galeguista \"con Castelao, dixo si ao dereito das mulleres a votar, a seren cidadás plenas\". Foi nas Cortes en que ambos os dous eran deputados do Partido Galeguista. \"Hoxe entrecrúzanse sinais múltiplas\", engadiu, \"os 130 anos do nacemento de don Ramón e, singularmente, os 60 anos da 'derradeira lección de Otero\". Esta foi a primeira aula en galego impartida na universidade galega despois da Guerra Civil. E, na semana en que sucederá a histórica folga feminista do 8M, Ledo non esqueceu amosar o seu compromiso coa mesma: \"Terán lugar unha restra de accións para chamarmos a atención sobre un devalo -termo tan oteriano- que intensifica os mecanismos, visíbeis e latentes de control, submisión e desprezo de nós\". A glosa sobre a vida e a obra da galardoada correspondeu á súa colega escritora e académica Fina Casalderrey. A muller dos zapatos andantes, titulouna. De \"fervenza de militancia e inconformismo, de entusiasmo resistente\", cualificouna, \"unha insubmisa, comprometida co país dende moi nova\". A transgresión e o seu carácter pioneiro en non poucos ámbitos da cultura tamén foron sinalados por Casalderrey. A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o responsábel da área de cultura da institución, Xosé Leal, salientaron Ledo Andión como \"un expoñente de cultura de excelencia do país\" e o seu papel \"na defensa do galego e da cultura galega\"."}
{"ID": "PRAZA_13424", "summary": "Vimos de coñecer que o PP de Quiroga está a festexar 25 anos consecutivos no poder de Julio Álvarez como alcalde, unha faixa preside dende hai días a rúa principal da vila para lembrarnos que Quiroga é terra dominavit da dereita. Pero tamén o celebra Quiroga? Como é posíbel que se chegase a tanto tempo de poder cunha xestión tan cuestionábel?", "text": "Vimos de coñecer que o PP de Quiroga está a festexar 25 anos consecutivos no poder de Julio Álvarez como alcalde, unha faixa preside dende hai días a rúa principal da vila para lembrarnos que Quiroga é terra dominavit da dereita. Pero tamén o celebra Quiroga? Como é posíbel que se chegase a tanto tempo de poder cunha xestión tan cuestionábel? Como é posíbel que se chegase a tanto tempo de poder cunha xestión tan cuestionábel? Sinxelamente estamos ante un dos casos máis flagrantes de fracaso do sistema político español, na súa vertente electoral e de calidade da democracia, un sistema cuestionado ultimamente por movementos sociais como o 15-M. Aos problemas do bipartidismo e a Lei D'hont denunciados pola cidadanía na Porta do Sol de Madrid, en Galiza temos que engadirlle o clientelismo, caciquismo e carretaxe. Así, nos municipios pequenos os acordos laborais ou de negocio que manteñen certas persoas co poder político local poden conseguir milagres electorais desta exponencia, mobilizando a unha poboación moi maior que supoñen a maioría dos votos do rural galego. Ningúen se sorprende xa en Galiza co desfile de vehículos que se moven nas eleccións. Unha vez acadado os obxectivos electorais atopámonos con gobernos locais que nunca exerceron con rigor as súas responsabilidades en materias básicas como traballo ou vivenda Unha vez acadado os obxectivos electorais atopámonos con gobernos locais que nunca exerceron con rigor as súas responsabilidades en materias básicas como traballo ou vivenda; en Quiroga sucede que aínda gobernan os mesmos que propiciaran a especulación urbanística xerada hai anos nas inmediacións do o irrecuperable pazo de San Martiño de abaixo (ou dos Caruxo); un goberno local artífice de que a metade dos orzamentos vaian para persoal (eis a clave), no canto de abastecer de servizos de calidade á poboación; cunha tele municipal demasiado cara, inútil e con fins meramente propagandisticos; un goberno que consentiu o espolio de Augasmestas; culpable de sacar proveito político no desmantelamento do sector da louxa a través do Plan Laxa; culpable de ter aldeas completamente abandonadas, da perda de veciños, de ter a débeda per capita máis alta da provincia; culpable por suposto da descarada carretaxe de votos; cun alcalde faltón nos plenos que pon trabas á oposición para que non desenvolva a súa tarefa ou recabe a información, despilfarrador do erario público, inimigo da cultura e que trae a Quiroga pregoeiros como Kiko Matamoros e outros así, con impostos elevados (como o do asfixiante IBI); culpable de que despois de 25 anos un problema tan básico como o da auga aínda estea sen solucionar; culpable en definitiva, de converter o que puido ser unha prospera vila produtiva cabeceira de comarca, nunha \"pequena cidade\" sen futuro e mesmo cun excesivo feismo que choca co seu entorno; temos un goberno local que se limita a xustificar as súas accións erráticas no amplo apoio electoral que consegue obter cada 4 anos. O que verdadeiramente falla é o sistema en si mesmo, por non ser realmente democrático como deixaron claro os movementos de indignados, porque se viciou o sistema co paso do tempo e xa hai quen lle coñece todas as trampas e debilidades (e se aproveita) En definitiva e chegado este punto, mesmo resulta nimio insistir na crítica da xestión do PP de Quiroga, pois moito hai escrito xa sobre iso e se actúan así é porque a lei llelo permíte, ética aparte. O que verdadeiramente falla é o sistema en si mesmo, por non ser realmente democrático como deixaron claro os movementos de indignados, porque se viciou o sistema co paso do tempo e xa hai quen lle coñece todas as trampas e debilidades (e se aproveita), porque en zoas rurais moita xente non pode votar con liberdade, porque moitísimas decisións que toman os gobernantes non as tomaría endexamais unha asemblea de cidadáns, precisamente a quen eles representan. Por todo isto, faise moi necesario hoxe rexenerar o sistema democrático e dotarnos doutro máis lóxico, útil e solidario. É o momento."}
{"ID": "NOS_13889", "summary": "O secretario de Estado, John Kerry, afirma que o ataque químico foi desde bases do Exército sirio, mais sen achegar probas da acusación. Di que se EUA non responde, \"Irán, Corea do Norte e Hezbolah\" sairán reforzados e mesmo engadiu que \"se non actuamos, o mundo estará en perigo\". Iso si, Kerry anuncia que a operación será distinta ás de Iraq e Afganistán", "text": "O secretario de Estado de Estados Unidos, John Kerry, compareceu esta sexta feira nunha rolda de imprensa convocada para presentar as 'evidencias' de que o ataque tóxico do pasado día 21 na contorna de Damasco era responsabilidade do exército sirio. Non houbo proba algunha e si moita insistencia en chamar a confiar no que di EUA. Así, Kerry afirmou textualmente que \"a investigación da ONU non desvelará quen lanzou o ataque\". \"Obama e eu cremos na ONU e respectamos o seu traballo, mais a investigación da ONU non establecerá quen usou as armas químicas e dado o veto de Rusia, a ONU non vai poder liderar a resposta como debera\" Mais se a ONU non pode determinar responsabilidades, apuntaba Kerry, Estados Unidos, si. E sinalou o goberno sirio. O secretario de Estado e veterano do Vietnam afirmou: \"sabemos que todos os misís foron disparados desde bases do réxime\", desde zonas \"a onde os rebeldes non tiñan acceso\". Mais non achegou probas. Probas que non poden ensinarse \"por seguridade\" O secretario insistiu en que, a través dos servizos de intelixencia, teñen probas de abondo desa responsabilidade de Al Assad, mais que non podían expoñerse ante a opinión pública por ser alto secreto. \"O ataque químico matou a 1.429 persoas, 426 crianzas\", afirmou. E reiterou en culpar a Al Assad nesas mortes John Kerry sinalou que de non actuar contra Siria, estados como Irán ou Corea do Norte e organizacións como a libanesa Hizbulah habíanse envalentonar e que mesmo de non actuar \"o mundo estaría en perigo\". Iso si, sería unha intervención, aclarou Kerry, diferente ás de Iraq e Afganistán."}
{"ID": "NOS_20982", "summary": "A derrota do Celta, única mácula do básket galego", "text": "Xornada atípica para os equipos de baloncesto galego da Primeira e a Segunda División femininas. Co Arxil, o Cortegada e o Ulla Oil Rosalía fóra do calendario a causa da Covid-19, os únicos conxuntos galegos da Liga Feminina 2 que puideron competir foron Baxi Ferrol e Celta Zorka Recalvi, que ocupan o primeiro e o segundo posto na clasificación. A escuadra da cidade departamental asinou unha sólida vitoria, a quinta en cinco partidos, ante un Azkoitia Azpeitia que non tivo nin unha soa opción desde o mesmo inicio do encontro, cun parcial de 0-8 favorábel ás galegas. Facendo constante alarde dunha solidez defensiva sen comparación na categoría, así como dunha presión na saída de balón sen competencia, o Baxi Ferrol non tivo maior dificultade para chegar ao descanso cun contundente 28-59. Logo da reanudación o guión foi moi similar, co Baxi presionando a toda a pista e impedindo que o seu rival anotase con facilidade, o que levou a que a diferenza se incrementase sen que o conxunto vasco fose capaz de seguir o ritmo que impoñían as pupilas de Lino López. A intensidade, outra das principais sinais de identidade deste equipo, levou a que as xogadoras non se relaxasen nin coa cómoda vantaxe da que gozaban no marcador, provocando que o resultado ao final do partido fose un case escandaloso 52-99. Pola súa banda, o Celta Zorka Recalvi fallou en Plasencia, caendo por 65-57 na que foi a súa primeira derrota da tempada, e totalmente merecida, pois o equipo dirixido por Cristina Cantero non atopou o ritmo do partido en ningunha fase do mesmo, estando sempre en mans dun conxunto que acaba de ascender a categoría nacional e que xogou excelentemente as súas bazas. O Ensino gaña un partido que tiña perdido 70-65 foi o resultado co que o Durán Maquinaria Ensino conseguiu ante Embutidos Pajariel Bembibre a cuarta vitoria da tempada, logrando rachar cunha xeira de dúas derrotas consecutivas. Non obstante, o conxunto lucense deberá facer unha lectura crítica desta vitoria, pois a escuadra leonesa, por xogo, fixo méritos para facerse cun triunfo que se lle escapou nos últimos intres do encontro."}
{"ID": "NOS_18643", "summary": "A Garda Civil acusa esta traballadora de poñer en perigo a seguridade despois de que un axente lle recriminase ao pasar o control que \"á autoridade fálaselle en castelán\".", "text": "Unha empregada dunha empresa de servizos do aeroporto de Palma de Mallorca enfróntase a unha multa que pode ser de até 200.000 euros por falar catalán ao pasar polo control de seguridade. Unha noticia que publica o Diario de Mallorca, que informa que a Garda Civil acusa esta traballadora de poñer en perigo a seguridade aérea ao se dirixir en catalán a un dos axentes. Segundo a denuncia interposta pola empregada, Paula Rotger, o garda civil recriminouna por falar catalán: \"Á autoridade fálaselle en castelán\". Os feitos, informa o xornal mallorquín, tiveron lugar hai unha semana cando esta muller foi traballar e ao pasar o control de seguridade o detector deu sinal. Após ser cacheada pola seguridade privada marchou traballar. Pouco despois, cando estaba nunha xuntanza de traballo, personáronse no seu posto laboral dous garda civís e pedíronlle que volvese pasar o control. Ela accedeu e pasou sen problema. A empregada despediuse dos axentes en catalán, dando grazas pola atención. Foi entón, segundo a denunciante, cando un dos axentes anoxouse e díxolle \"ou falas español ou non entras\". Paula contestoulle que tiña dereito a falar en catalán mais o garda civil, segundo ela, negouse a que entrase e acusouna de non pasar o control. Imputóuselle entón unha presunta infracción por poñer en perigo a seguridade do aeroporto. A denuncia da Garda Civil contra a empregada trámitase ante Navegación Aérea."}
{"ID": "NOS_28898", "summary": "A Audiencia Nacional mantiña até agora a prohibición sobre os 9 independentistas de saír do estado español.", "text": "A Audiencia Nacional retira a medida cautelar imposta aos 9 independentistas detidos no marco da 'Operación Jaro' e pola que se lles prohibía abandonar o estado español. A decisión ten lugar apenas unhas semanas despois de que este órgano xudicial decidise devolver a condición legal a Causa Galiza, após máis dun ano de 'ilegalización' de facto da organización. Porén, mantense sobre as persoas encausadas as acusacións de enaltecemento do terrorismo e integración en banda armada. De aí que se anunciasen accións e iniciativas nos vindeiros meses para demandar que se arquiven estas causas. Entre elas, a presentación dunha denuncia contra o Reino de España perante a comisión de detencións arbitrarias da ONU, o impulso dunha iniciativa popular integrada por persoas de diferentes sectores para exixir que se arquive o proceso; e a convocatoria en abril dunha manifestación nacional con esa mesma demanda. Perto de 80 axentes políticos e sociais denunciaron ao longo destes meses o proceso contra Causa Galiza."}
{"ID": "NOS_38177", "summary": "A Plataforma inicia no Xallas unha rolda de xuntanzas para as mobilizacións. @s gandeir@s deberán pagar 10,5 millóns de euros por superar a produción asignada na anteriorcampaña.", "text": "A situación do sector lácteo galego leva tempo en estado de \"asfixia\", como o definira Xosé L. Rivera 'Mini', alcalde de Boimorto. Mais agora estanse a dar pasos para reaxir de forma constante e contundente. Após a masiva mobilización do 17 de xullo en Compostela, con máis de 15.000 persoas a exixir unha solución, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ten previstas novas mobilizacións e protestas. A situación nas granxas segue a ser \"intolerábel\" e as propostas feitas desde a administración son insuficientes e ineficaces, consideran os sindicatos. Esta segunda feira na comarca do Xallas houbo unha ampla xuntanza de representantes de concellos, organizacións sindicais, sector, comercio... para tratar das próximas mobilizacións. O 1 de agosto Santa Comba acollerá unha tratorada, que irá acompañada dun encerramento solidario en comercios e locais. Unha dinámica esta que ao longo de agosto se quere ir transladando nas diferentes comarcas leiteiras. O 1 de agosto Santa Comba acollerá unha tratorada, que irá acompañada dun encerramento solidario en comercios e locais O leite estase a pagar a milleiros de explotacións galegas por baixo dos custos de produción, non se recolle o leite en centos delas... son dúas das expresións máis graves da crise que atravesa o sector e perante a cal o rural galego está a dar un paso adiante para exixir solución da mesma. Desde AGE pediuse esta segunda feira a demisión da conselleira de Medio-Rural, Rosa Quintana, por ser incapaz de dar solución ao problema e pola súa \"falla de sensibilidade\" perante unha crise tan grave. \"Non ten ningún modelo para o rural galego\", sostivo o deputado Ramón Vázquez, que recriminou a Núñez Feijóo quee stivera máis preocupado por criticar o alcalde de Compostela por non ir á Catedral que polo futuro das milleiros de explotacións galegas. Por outra parte, Bruxelas impuxo unha multa de 10,5 millóns de euros por superar en 37.500 toneladas a produción asignada na campaña anterior, unha sanción que deberán pagar perto de 140 gandeir@s en todo o Estado."}
{"ID": "NOS_8044", "summary": "A plataforma lamenta que nin BNG nin Nos-Up partillasen o convite para esa unidade no Día da Patria. CG considera que a fórmula unitaria era a acaida á actual situación de \"emerxencia nacional e social\"", "text": "Causa Galiza afirma que \"foi imposíbel\" lograr un compromiso para que haxa un Día da Patria \"unitario\" e \"supra-partidaria\". Afirmación que realiza nun comunicado no cal explica que, \"procurando a unidade de acción\" do soberanismo ante un escenario de \"emerxencia nacional e social\", propuxo ao BNG artellar un formato de convocatoria que posibilitase \"unha ampla mobilización soberanista e supra-partidária\". A resposta, sinalan, foi negativa. A mesma, engaden, que recibiron desde Nos-Up. A plataforma entende que esa imposibilidade dun 25 de Xullo unitario evidencia que \" os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisan tempo para madurar\" Causa Galiza entende que \"este escenario de división evidencia desde a nosa ótica que os procesos de unidade de acción entre forzas soberanistas abertos nestes meses ainda precisa tempo para madurar, consolidarse e estar á altura\". Aliás, falan de traballar para superar esta situación\"transitoria\" nun \"futuro próximo\". Esta organización tamén apunta que, malia as negativas de BNG e Nós-Up, vai impulsar unha serie de contactos e xuntanzas con colectivos e asociacións para tentar erguer este 25 de xullo unha convocatoria \"o máis ampla posíbel\"."}
{"ID": "PRAZA_6612", "summary": "Un de cada catro galegos e galegas (25,9%) mercou a través de Internet nalgún momento nos últimos tres meses, segundo os datos do INE", "text": "O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicou este xoves a súa Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación nos Fogares, corresondente ao 2014, que cada ano analiza distintos indicadores de acceso e uso da teconoloxía e de Internet. Segundo os seus datos, sete de cada dez galegos e galegas (69,3%) é usuaria de Internet, é dicir, usouno nalgún momento nos últimos tres meses. Esta porcentaxe crece catro puntos dende o 2013 (65,6%) e vinte dende o 2009 (49,3%). Segue existindo unha fenda con respecto aos datos do conxunto de España (76,2%), pero esta diferenza, de sete puntos, vaise reducindo. Iso si, moi de vagar, pois hai cinco anos a fenda era de dez puntos. A gran maioría dos internautas galegos (un 78,9%) navega a diario (ou cando menos cinco días á semana), moi por riba dos que afirmaban facelo hai cinco anos (o 61%). 06 07 08 09 10 11 12 13 14 España 47,3 51,5 55,9 59 63,5 66,5 69,5 71,6 76,2 Galicia 42,1 42,5 46,5 49,3 52,5 58 63,5 65,6 69,3 % de persoas que usaron Internet nos últimos tres meses Os galegos e galegas utilizan Internet, sobre todo, para buscar información (89,3%), recibir ou enviar correos electrónicos (84,3%) e ler noticias e medios de comunicación (87,3%). A consulta de xornais dixitais é un dos usos nos que os e as galegas superan a media española, como tamén o fan no uso da banca electrónica, na fixación de citas co médico ou na descarga de películas ou música. Pola contra, Galicia está por debaixo da media do Estado na realización de videochamadas ou na escoita de radio online. A fenda de uso de Internet con respecto á media española vaise reducindo moi de vagar, pois hai cinco anos a fenda era de dez puntos Sete de cada dez vivendas galegas dispoñen de acceso a Internet (69,6%) e practicamente todas teñen conexión de banda larga (69,1% sobre o total). Segue habendo unha pequena fenda coa media estatal (74,4%) pero esta xa se reduce a menos de cinco puntos. Botando a vista atrás, aos datos de hai cinco anos, observamos que en 2009 só o 41,8% das vivendas galegas tiñan acceso a Internet (e só o 37,8% de banda larga), cunha diferenza de once puntos con respecto á media estatal (52,9%). Entre as vivendas que teñen conexión, o 26,8% realízase por cable ou fibra óptica (por riba da media estatal: 20,9%), aínda que a forma de conexión máis habitual segue sendo por ADSL (58,1%) O acceso a Internet nas vivendas realízase principalmente dende ordenadores portátiles ou tabletas (72,9%), por riba dos equipos de sobremesa (53,3%) e outros dispositivos, como televisións con acceso a Internet (15,6%) ou videoconsolas (17%). No 16,5% das vivendas galegas hai algún e-reader, por debaixo da media española (20%) e moi por debaixo dos datos de comunidades autónomas como Madrid (33%) ou Euskadi (27,5%). Un de cada catro galegos e galegas (25,9%) mercou a través de Internet nalgún momento nos últimos tres meses Un de cada catro galegos e galegas (25,9%) mercou a través de Internet nalgún momento nos últimos tres meses. Isto supón un crecemento de catro puntos con respecto ao pasado ano (21,3%) e o dato duplica ao que se rexistraba en 2009 (13,7%). Ademais, deixa Galicia moi cerca da media estatal (27,5%). Os produtos e servizos adquiridos máis habitualmente a través da rede polos e polas internautas galegas son reservas de hoteis (57,8%), roupa (56,6%) e billetes de transporte (47,9%). Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de fallar os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2014, que serán entregados no transcurso da XIX Gala das Telecomunicacións de Galicia, que se celebrará o vindeiro 24 de outubro, as 20 horas, no Gran Hotel da Toxa. O premio Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Torus Software Solutions, polo seu alto grao de innovación, a creación de emprego, a súa tecnoloxía e a súa aplicación a mercados amplos. O premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2014 recaeu en Francisco Alberto Varela García, por Análise xeoespacial para a caracterización funcional das infraestruturas viarias en modelos de accesibilidade territorial utilizando sistemas de información xeográfica. O premio INEO ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2014 foille concedido a UTE Everis-Coremain polo seu proxecto InnovaSIS, Sistema integral de xestión de pacientes. O premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais recaeu en InfoJC S.L., polo proxecto Dixesta: Tecnoloxías innovadoras para a vida saudable. O galardón recoñece unha proposta transversal e colaborativa, que mellora a calidade de vida, diminuíndo a fenda dixital, e orientada ás necesidades do cliente. O premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións concedéuselle a compañía R, polo seu esforzo e dedicación en pechar a fenda dixital en Galicia. O premio Socio de Honra 2014, da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia foi para a Cruz Vermella de Galicia O premio Enxeñeiro do Ano 2014 recaeu en Gil Carlos Bernárdez Matovelle, pola súa carreira profesional como enxeñeiro de telecomunicacións"}
{"ID": "PRAZA_18276", "summary": "A multinacional anuncia a fin da planta coruñesa e da de Avilés, que xustifica pola \"menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos\", ademais de pola \"sobrecapacidade de produción de China\" O Estado aprobou a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998 2012 | Persoal de Alcoa reivindican os seus traballos cunha doazón masiva de sangue 2014 | Alcoa anula os despidos e manterá a planta da Coruña", "text": "O Estado aprobou a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998 2012 | Persoal de Alcoa reivindican os seus traballos cunha doazón masiva de sangue 2014 | Alcoa anula os despidos e manterá a planta da Coruña O temor estaba xustificado. Alcoa convocou para a mañá deste mércores aos comités de empresa das tres plantas que ten no Estado. Sen orde do día, os sindicatos temían malas novas. Finalmente, a compañía comunicoulles que pechará dúas das súas instalacións: a da Coruña e a de Avilés. Un duro golpe laboral e industrial para a comarca coruñesa e para Galicia, co punto e final para unha factoría que viviu ameazada nos últimos anos e que foi defendida pola cidadanía e uns traballadores en importantes mobilizacións. Alcoa anuncia o peche da factoría da Coruña, que xera 400 empregos directos O argumento de Alcoa para xustificar o peche é o elevado prezo da electricidade. O seu notable incremento nos últimos meses impide, di, a competitividade do negocio, supoñendo a factura enerxética preto do 50% dos seus custos de produción. Desde que se suprimira a tarifa especial para os grandes consumidores, a empresa reclama constantemente un marco e regulación estable dos seus custos eléctricos. Xa en 2014, a compañía advertira da posibilidade do peche se non había cambios, pero daquela as masivas mobilizacións paralizaron a mala nova que agora chega. Antes, en 2012, tamén houbera ameazas que tamén foron respondidas con masivas protestas. Ao elevado prezo da factura da luz uniuse nas últimas semanas o incremento no importe da alúmina, a materia prima empregada para fabricar o aluminio e que nos últimos meses dobrou ou mesmo triplicou o sue custo habitual nos últimos anos. A decisión de Alcoa foi contundente e afecta directamente os arredor de 400 traballadores que ten nesta planta, unha das que ten en Galicia xunto á de San Cibrao. En total, xunto cos afectados na fábrica asturiana, o despico colectivo abranguería 686 empregados. Alcoa, nun comunicado, indica que as plantas afectadas son as menos produtivas do grupo por mor de \"problemas estruturais intrínsecos\" e anuncia que iniciará un período de consultas o 31 de outubro cos representantes dos trabalaldores cunha duración máxima de 30 días naturais. Tamén asegura ser \"consciente\" da repercusión humana dos seus despedimentos e di prestarse a reducir o impacto negociando un plan social. Alcoa resume as causas do peche na \"menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos\", ao que se unen factores externos de mercado como a \"sobrecapacidade de produción de China\", así como o elevado prezo das materias primas e o custo enerxético. Ademais, asegura que as perdas dos últimos anos continuarán no futuro e aclara que os \"esforzos\" dos últimos tempos non foron dabondo pola \"tecnoloxía más antiga e menos eficiente, economía de escala e outros factores\". A multinacional anuncia que manterá a produción do Estado nunha única planta, a de San Cibrao, onde se produce aluminio e alúmina. Segundo os seus propios datos, as vendas en España da empresa superaron o pasado ano os 2.800 millóns de euros, case un 30% do total do seu negocio mundial. Alcoa xustifica o peche pola \"menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos\", ademais de pola \"sobrecapacidade de produción de China\" Desde os sindicatos e o propio comité de empresa advírtese desde hai tempo do difícil estado financeiro das fábricas de aluminio, pero tamén de que a situación non pode \"xustificar ningunha acción da compañía sobre as plantas\", ao ser Alcoa unha produtora a nivel mundial. Segundo din, as ganancias que historicamente tivo o sector do aluminio primario en España trasládanse agora á refinería de alúmina de San Cibrao, o que permite ao grupo manter os beneficios. O comité de empresa anuncia a súa \"resposta inmediata\" ao despido colectivo anunciado por Alcoa O presidente do comité de empresa da planta da Coruña Juan Carlos López Corbacho, anunciou a \"resposta inmediata\" dos traballadores ante o anuncio do \"despido colecivo\" por parte da empresa. A primeira medida, aos poucos minutos de coñecerse a noticia, foi bloquear a fábrica para que non puidese saír material; á tarde, tras unha asemblea, cortaron o tráfico ante a sede. \"Estamos con este problema desde 2011 e estamos un pouco cansos; o cadro de persoal permaneceu paciente e con tranquilidade buscando unha solución pero tócanos falar a nós agora\", dixo, ademais de advertir de que non permitirán que \"coas subvencións cobradas nos últimos anos paguen agora as indemnizacións\". Manifestación de traballadores de Alcoa na Coruña / CC-BY-SA CIG Ademais, aclarou que o persoal non comparte os motivos dados pola compañía para dar o paso. \"Son causas creadas mesmo por eles mesmos e pola inacción do Goberno central e da Xunta de Galicia\", lembrou López Corbacho. Durante a asemblea celebrada na factoría, o cadro de persoal deixou claro que só negociará coa empresa o futuro e a viabilidade da empresa, ademais de instar a Xunta e Executivo central a que poñan todos os medios para garantir a continuidade da actividade. Os primeiros actos de protesta, bloqueo da saída de metal da fábrica e corte de estrada, leváronse a cabo, pero o comité de empresa prepara xa un calendario de mobilizacións que será comunicado este xoves. Feijóo confirmou a \"mala noticia\" e anuncia a coordinación co Goberno de Asturias na defensa das factorías Ao pouco tempo de coñecerse a noticia, o Goberno de Asturias expresou publicamente o seu rexeitamento á factoría de Alcoa en Avilés e o presidente do Principado, Javier Fernández, dixo estar en comunicación co seu homólogo na Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Ambos reuniranse esta semana. Pouco despois, o presidente da Xunta confirmou a \"mala noticia\" que xa lle fora comunicada por parte de Alcoa ao conselleiro de Industria. Ademais, anunciou que buscará coordinarse co Goberno de Asturias na defensa das fábricas e advertiu de que \"sempre\" se atopou \"unha solución nos últimos dez anos\". Tamén aproveitou para verter algunha crítica ao Executivo central de Pedro Sánchez. \"Hai un cambio de goberno e cartos no orzamento para empresas como Alcoa e aínda non se repartiu; aínda non temos fluidez co Ministerio para falar deste asunto aínda\", dixo. Concentración dos traballadores de Alcoa, cortando a estrada ao pé da factoría da Coruña, ao pouco de coñecer o anuncio do peche / CC-BY-SA CCOO O Ministerio de Industria, pola súa banda, manifestou a súa \"sorpresa e preocupación\" e aclarou que \"durante os contactos mantidos nos últimos tres meses, a empresa nunca informou de que podía tomar unha decisión nese sentido\". O departamento anuncia que xa pediu á multinacional máis información para \"buscar unha solución motivada pola falta de investimentos e problemas estruturais herdados desde 2014 e insiste en que a súa decisión foi \"unilateral\". Ademais, pediu unha negociación na busca de \"alternativas co obxectivo de manter a capacidade produtiva das plantas de Aviles e A Coruña\". Desde o Concello da Coruña, o seu alcalde, Xulio Ferreiro, dixo poñerse \"a disposición do cadro de persoal de Alcoa para facer fronte común en defensa do emprego e pola continuidade da actividade da planta\". ademais, anunciou a convocatoria dun pleno extraordinario axiña e pediu \"un posicionamento unánime\" tanto na cidade como \"no Estado e na Xunta\". \"Cómpre actuar e estarmos unidas para poder reverter este tipo de decisións. É moito o que nos xogamos\", dixo. Ademais, o BNG pediu a Feijóo que \"se poña á fronte dunha negociación con Alcoa para evitar o peche e garnatir o 100% do emprego na factoría da Coruña\". \"É un disparate que se vete a tarifa eléctrica galega mentres hai empresas nas que perigan centos de postos de traballo polo prezo da electricidade\", di a súa voceira nacional, Ana Pontón. En Marea, pola súa bada, esixe \"traballo conxunto entre a Xunta, Estado e UE para dar solución a fábrica\". O deputado Francisco Casal lembrou que o anuncio de peche por parte da empresa \"era previsible\" e que a súa formación leva anos \"alertando e propoñendo alternativas para non chegar a esta situación\". Ademais, a deputada no Congreso, Yolanda Díaz, trasladará nunha xuntanza este mércores coa ministra de Industria, Reyes Maroto, a situación de Alcoa para esixir intermediación."}
{"ID": "NOS_48710", "summary": "A infanta española prestou declaración durante máis de 6 horas nos Xulgados de Mallorca en relación co caso 'Noos' e 'Aizoon', deitando as responsabilidades sobre Urdangarin. O avogado de Cristina dixo sobre a comparecencia xudicial que \"non podía ir mellor\".", "text": "Centos de xornalistas de todo o mundo acreditados para ver a Cristina de Borbón (sétima na liña de opción á xefatura do Estado no Reino de España) entrar nos Xulgados de Mallorca, imputada por blanqueo de diñeiro e fraude fiscal. A infanta chegou en coche ás portas do Xulgado e marchou do mesmo xeito, esquivando así os centos de persoas (desde manifestantes anti-corrupción a simples curiosos) que se deran cita na contorna do edificio xudicial. A filla menor do Borbón contestou con evasivas e negando calquera participación ou responsabilidade en 'Nóos' ou 'Aizonn', Evasivas, silencios ou ignorancia eran as súas cartas ante as probas ou indicios que o xuíz lle presentaba. \"Eu confío no meu marido\" foi a súa resposta en máis dunha ocasión. Fontes xudiciais citadas polos medios españois sinalan que \"o 95% das respostas eran non sei, non me consta ou que confiaba no seu marido\". Na pregunta sobre o préstamo de 1,2 millóns de euros que lle fixo o Borbón para mercar o palacete en Barcelona, Cristina sinalou que \"o meu pai confía en min\". A infanta respondeu ás preguntas do xuíz Castro, do fiscal Anticorrupción e ás da avogacía do Estado, mais non ás acusacións. Indicou que soubo da advertencia que lle fixo o seu pai a Urdangarín en 2006, mediante o conde de Fontao, para que deixase as actividades no Instituto Nóos, mais atribuíunas a unha cuestión estética e de imaxe da Casa Real e por iso non lle deu importancia."}
{"ID": "NOS_24197", "summary": "A sexta feira 25 de outubro o grupo valencià de moda, Zoo Posse, visita Galiza unha vez máis para despedirse por unha tempada. Sermos Galiza conversa co vocalista Toni Sánchez (Panxo) sobre a traxectoria pasada e futura dun proxecto que colocou con forza a música valencià fóra das súas fronteiras.", "text": "A tempestade chegaba do sur, como anunciaba o título do seu primeiro álbum, da man dos ritmos electrónicos mesturados co rap arraigado e socialmente comprometido do grupo de Gandía Zoo Posse. As boas vibracións consolidábanse co seu segundo traballo, Raval, un disco sobre as periferias na súa polisemia que, cun balance máis maduro, deixaba no ar un pouso de loita se cabe máis profunda. Após cinco anos de intenso traballo, os músicos anuncian a xira deste verán como unha despedida, pois irá seguida dunha pausa. Sermos Galiza aproveita a súa visita a Santiago para conversar con Toni Sánchez (Panxo) sobre o frenesí que axiña os colocou como referente da música valencià fóra do país. A explosión desde o seu primeiro disco até hoxe marcou un ritmo frenético. Que balance fan dos cinco anos de percurso do grupo? Un balance super bo, porque somos conscientes de que tivemos unha traxectoria un pouco máis rápida que a maioría de grupos, no que ao noso circuíto respecta, cando menos. O noso primeiro disco, Tempestes vénen del sud, empurrounos moito. Estamos moi contentos porque en cinco anos nos paramos e cumprimos con todo o que nos fomos propoñendo. Mais, sobre todo, porque transcendemos o espazo do noso ámbito lingüístico, que é unha cousa que sendo un grupo dun lugar como o noso e cantando nunha lingua como a nosa é como unha quimera, é algo que todos os grupos que comezamos aquí sempre soñamos, e nos conseguímolo, polo que estamos moi felices. Transcendemos o espazo do noso ámbito lingüístico, que é unha cousa que sendo un grupo dun lugar como o noso e cantando nunha lingua como a nosa é como unha quimera Agora toca un parón indefinido, que non definitivo. Exacto, aínda que tampouco moi indefinido en realidade. É un parón até 2021, que volveremos aos escenarios, non sabemos cando exactamente. É un parón dun ano sen xirar, o que sería un ano sen coller a furgoneta. Como tivemos estes veráns tan longos, pois agora cada vez comezan antes os festivais e rematan máis tarde... precisabamos un ano sen saír á estrada. Será un retorno con temas novos? Ese é o propósito. Volver con cancións novas e renovar un pouco o repertorio. E renovarnos un pouco nós tamén. O País Valencià viviu nos últimos anos a consolidación da súa escena musical, tamén cara a fóra. Se Zoo ocupou o espazo que deixaron Obrint Pas e La Gossa Sorda, agora o panorama acusa o seu oco e o de Aspencat, que se retiraba hai dous anos. Quen ocupará ese baleiro? Gozamos dunha saúde musical boa desde hai moitos anos e iso aínda vai durar. Creo que de cara ao próximo ano, se hai que elixir un referente en música cantada en valencià, quedaríame con Smoking Souls, que é un grupo que vai sacar disco en breve e ten unha moi boa previsión a nivel estatal, a nivel catalanoparlante están xa consolidados, e o seu próximo paso penso que será un salto estatal. É un grupo diferente, que racha un pouco coas sonoridades que viñemos facendo todos os grupos da zona, máis rockeiro, e penso que van ser un pouco a referencia. Recordounos un pouco ao País Valencià, no senso de que é un sitio pequeno e a xente que sigue este tipo de concertos e o circuíto de festivais é como unha pequena familia Un dos últimos concertos desta xira de despedida será na Galiza, após pasar por outros territorios. Denota isto unha relación especial co noso público? Galiza foi a nosa terra predilecta desde que comezamos, dos territorios que non son casa nosa. Nunca soubemos explicar ben por que razón, pero desde que comezamos a ir alí houbo unha conexión moi bonita coa xente, unha resposta moito mellor do que agardabamos. Recordounos un pouco ao País Valencià, no senso de que é un sitio pequeno e a xente que sigue este tipo de concertos e o circuíto de festivais é como unha pequena familia e sempre que imos responden e medra. A través do boca a boca foise estendendo a cousa, foi vindo cada vez máis xente, e a verdade é que estamos moi contentos. Que significa saír fóra e ver milleiros de persoas a cantar en valenciá? É moi emocionante. É algo co que non contabamos moito nun principio e realmente é o que máis nos gusta. Xustamente o outro día fomos a Madrid e comentabamos isto. Tamén por unha circunstancia especial, que é que nós non cantamos en inglés. Se o fixésemos, non sería tan emocionante. O emocionante é que a xente cante en valenciá lonxe da nosa terra. Algúns artistas galegos están cansos de que lles pregunten por que cantan na súa lingua. Pásalles o mesmo? Nós non cantamos en inglés. Se o fixésemos, non sería tan emocionante. O emocionante é que a xente cante en valenciá lonxe da nosa terra. Si, pregúntannos, pero a resposta é ben doada: porque é a nosa lingua. É certo que adoitan preguntalo e probabelmente nesa pregunta hai un pouco de menosprezo, ás veces involuntario, pero haino. Raval é un disco moi coral que se traduce con moitas colaboracións sobre escenario. Haberá algunha sorpresa no concerto de Compostela? Non, xustamente a Santiago imos cun repertorio especial para estes concertos de despedida pero non levamos colaboracións porque non foi posíbel facer coincidir á xente e collía tamén un pouco lonxe e foi complicado."}
{"ID": "NOS_17211", "summary": "O goberno español aprobou a Declaración de Impacto Ambiental para que Gas Natural constrúa un gaseoduto de 18 quilómetros no subsolo de Doñana, parque nacional de cuxo consello foi presidente Felipe González. González é conselleiro desta multinacional española", "text": "O goberno español vén de conceder a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ao proxecto de Petrolium Oil Gas, filial de Gas Natural-Fenosa, para construir un gaseoduto de 18 quilómetros no subsolo de Doñana. Se xa de por si unha actuación destas características nun dos parques nacionais emplemáticos do Estado español está a xerar máis que controversia, a polémica acrecéntase polo feito de que o expresidente español Felipe González sexa conselleiro desta xaneiro de 2011 desta multinacional. González, até hai ben pouquiño (13 de decembro), presideu o Consello Rector de Doñana. Desde diferentes colectivos ambientalistas (Ecologistas en Acción, WWF, Equo) para alén de denunciar o impacto desta obra e a agresión ao medio que suporía, fan fincapé na coincidencia de que o expresidente socialista estivese á vez no Consello de Doñana e como conselleiro de Gas Natural (onde cobra pola volta de 127.000 euros ao ano). Coincidencias? O investimento de Gas Natural nese gaseoducto ronda os 200 millóns de euros. Apenas un mes antes de que Felipe González demetise do Consello de Doñana, este organismo considerou compatíbel ese proxecto co parque e autorizaba a súa execución. Nesa xuntanza non estivo presente Felipe González. Mais os e as ambientalistas indican que non debería ser compatíbel que o expresidente español estivese \"en ambos bandos\"."}
{"ID": "NOS_40312", "summary": "CIG, CC OO e UGT advirten á Xunta das \"consecuencias negativas\" sobre o emprego e a economía de Ferrolterra e Galiza derivadas do paro produtivo que, desde hai catro meses, afecta á central térmica de Endesa As Pontes. Así llo trasladaron ás conselleiras de Industria e Infraestruturas nunha xuntanza este 9 de agosto.", "text": "\"Ao suspenderse o transporte de carbón, Endesa vai reducir os contratos con empresas auxiliares. Isto supón unha ameaza directa a centos de postos de traballo\", avisaron, \"a compañía está a eliminar custos malia se tratar dun paro temporal\". A reunión cos altos cargos da xunta realizouse a petición da representación dos traballadores e traballadoras. Esta esixiu da Xunta que se vexa coa dirección da compañía e que ás xuntanzas asistan os tres sindicatos \"para reclamar que paralice calquera medida contra o emprego\". CIG, Comisións e UGT tamén queren que o Goberno galego fale co Ministerio de Transición Ecolóxica, dirixido por Teresa Ribera. Para as centrais sindicais, cómpre modificar o chamado céntimo verde e que \"haxa un trato igualitario co resto de tecnoloxías de combustión\". A terceira xestión que piden á Xunta consiste en verse co comisario europeo de enerxía, Miguel Arias Cañete, para que actúe sobre o mercado de emisións de CO2 \"no sentido de aplicar os mecanismos previstos de estabilización de prezos do mercado, xa que nos dous últimos anos esa bolsa especulativa medrou un 500%\"."}
{"ID": "PRAZA_10878", "summary": "Que a Xunta é responsable do xenocidio é un dato obxectivo; que non sexa posible desligar esa responsabilidade do feito de que para ese labor de acabación lenta os vote a maioría, tamén o é", "text": "Aló van agosto e a enésima xeración de nós que estacionalmente volve á vila na que vivo. Ourense, por concretar na cidade na que recibimos a República (a nosa), parece morrer. Mais igual ca o malo dun filme con proxección de rendibilidade, da morea de cascallo que pisan os títulos de crédito resucita sempre unha man lacerada pola xenreira. Por suposto, nada ten que ver a xenreira coas tamén estacionais boutades de Baltar Sr. Na seguinte entrega o vilán eterno cae derrotado de novo. Que por aquí imos quedando cada vez menos é unha obviedade. Desde o último terzo do XX non houbo concello lugués ou ourensán, fóra as capitais diso que chaman provincias, que gañase poboación. A culpa, para quen mandan nisto da política, non foi do viño que nos prohibiron facer, nin das vacas que mandaron matar, nin das granxas abandonadas, nin sequera do gas radn que tornou a paisaxe en matriz do mal (aquí hai pedra, que lle imos facer, e ata hai pouco ata era bo). Certas escollas conlevan taxas que eles nunca pagarán. A precariedade que escollemos ao quedar, a emigración ou as fillas que nos obrigaron a non ter non quedan rexistradas en formato ningún. Todo en nome dun progreso que viña de lonxe e nunca atopou o camiño de nosoutros.Cui prodest?, a quen beneficia esta extinción programada? A razón adoita xuntar na mesma persoa culpable e quen tira máis beneficio da transacción. Na orxía do libre mercado, aquí, en Alemaña ou no Afganistán, a vida e o seu antípoda natural (ben máis doado de gobernar) son decisións políticas. A extinción logo -outros dixéronlle Solución Final- segue o plan de quen sempre gaña. Na chamada Galicia interior evidénciase que a decesión adiada é unha boa teta, mesmo cando nos sitúa directamente no gueto. Que a Xunta é responsable do xenocidio é un dato obxectivo; que non sexa posible desligar esa responsabilidade do feito de que para ese labor de acabación lenta os vote a maioría, tamén o é (digo lenta porque podían votar a versión impaciente do españolismo -si, españolismo é morte-, e só é significativamente forte nos arrabaldes das cidades e nalgunha vila). Con todo sigo crendo que nin a forza dunha institución é suficiente nin un proceso de recuperación se limita ao brazo executivo, senón á complexa corrente social, económica e política que borbulla no fondo.Esta exclusión da vida non escandaliza a dereita galega, nin a Igrexa, nin os colectivos provida: eles viven da nosa morte."}
{"ID": "NOS_53310", "summary": "\"Os parques terían unha extensión equivalente a 29 campos de fútbol\", advirte Adega.", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) alertou nesta sexta feira das \"dimensións delirantes\" que está a alcanzar o que cualifica como \"burbulla eólica\" nas montañas de Trevinca, O Eixe e A Cabrera. O colectivo ambientalista fai alusión, deste modo, aos parques eólicos que a Xunta e o Goberno estatal proxectan construír na zona, e cuxas dimensións roldarían o tamaño de \"29 campos de fútbol\". \"Os impactos sobre o territorio serían catastróficos, porque serían eliminados milleiros de hábitats de interese europeo\", explicou Adega, que salientou que estes proxectos son incompatíbeis \"cos compromisos internacionais asinados polo Estado para a protección da paisaxe\". Unha normativa que, con todo, considera caduca na Galiza: \"O Plan sectorial eólico, aprobado en 1997 e reformado en 2002, está tan desfasado que non considera a Rede Natura 2000\". As e os ecoloxistas lamentaron tamén que as administracións, \"coa escusa da enerxía verde\", deixen a loita contra o cambio climático \"en mans das mesmas corporacións que o provocaron e que só buscan o seu beneficio\". Románico no interior dun parque eólico na Baña Por outra banda, Carme Varela, desde O Sorriso de Daniel, colectivo que ten por obxectivo difundir a arte románica da Galiza, censurou na sexta feira que o parque eólico proxectado no concello da Baña se construiría arredor dunha igrexa do período románico. \"Boa parte do parque non é terreo rústico forestal, senón que dentro do recinto hai 15 aldeas e, entre outras edificacións, atópase este templo\", expuxo, a través dun vídeo publicado nas redes sociais. O parque, asegura, \"abriría a porta a un inferno que, de seguro, chegará, porque vai permitir facer uns estragos que hoxe non imaxinamos\"."}
{"ID": "PRAZA_14336", "summary": "Terá que indemnizar tres presos aos que se impediu acceder aos cursos de rehabilitación. O sistema británico é moi semellate ao adoptado por España despois da reforma do código penal anunciada por Gallardón.", "text": "O Reino Unido puxo en marcha en 2005 un sistema de condenas indefinidas que sempre contou coas criticas dos grupos de esquerda e os colectivos de defensa dos dereitos civis. O sistema británico é moi semellate ao adoptado por España despois da reforma do código penal anunciada por Gallardón. Agora o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos vén de darlle un duro golpe ao fallar en favor de tres presos aos que se impedira acceder aos cursos de rehabilitación. O tribunal determina que estas persoas \"non tiveron unha opción realista de reducir o seu risco de reincidencia mediante a rehabilitación\", e acusa o goberno británico de incumprir os artigos 1 e 5 da Convención Europea de Dereitos Humanos que se refiren a que \"toda persoa ten dereito á liberdade e á seguridade\" e a que ninguén pode ser privado da súa liberdade\". O tribunal condena o Gobero británico a indemnizar economicamente os tres demandantes, con cantidades que van dos 3.000 aos 8.000 euros. Esta sentenza coincide e dálles a razón aos críticos coa prisión permanente aprobada polo Partido Popular."}
{"ID": "PRAZA_14408", "summary": "A proposta de resolución votarase este xoves e prevé a convocatoria dun plebiscito ao longo da vindeira lexislatura. ERC pedía que o texto fixase xa unha data -previsiblemente en 2014- pero finalmente CiU impuxo o seu criterio de non acoutar os ritmos do proceso.", "text": "CiU, ERC, SI e ICV-EUiA votarán este xoves a favor da proposta de resolución conxunta que asume o compromiso de \"consultar\" durante a vindeira lexislatura ao pobo catalán a posibilidade de que Catalunya se constitúa como Estado propio. A declaración foi redactada e asinada polo presidente do grupo de CiU no Parlament, Oriol Pujol, e polo líder de ERC, Oriol Junqueras. ERC pedía que o texto fixase xa unha data -previsiblemente en 2014- pero finalmente CiU impuxo o seu criterio de non acoutar os ritmos do proceso. ERC pedía que o texto fixase xa unha data -previsiblemente en 2014- pero finalmente CiU impuxo o seu criterio de non acoutar os ritmos do proceso ICV-EUiA vén de reafirmar que votará a favor desta proposta, aínda que presentará a súa propia na que chama a partidos políticos, axentes sociais e entidades a chegar a un \"Acordo Nacional para o Exercicio do Dereito a Decidir o máis amplo posible\" a fin de que os cataláns poidan expresar \"durante a próxima lexislatura, a través dun referendo ou dunha consulta, a súa vontade\". Joan Herrera criticou, así e todo, o \"intento de Mas de vincular o dereito a decidir coa súa persoa\". A coalición conservadora viviu nas últimas horas un debate interno sobre as palabra de Artur Mas de que o referendo se convocaría \"co aval do Estado español ou sen el\". O líder de Unió Democràtica de Catalunya, Josep Antoni Durán Lleida, afirmou que CiU se cinxirá á lei á hora de convocar unha consulta. Durán, que dixo non ser \"independentista\" afirmou que CiU \"non fará disparates\". Pola súa banda o PSC non votará esta resolución pero a través do responsable do seu grupo, Xavier Sabaté, apoiará un referendo \"por vías legais para que os cataláns decidan libremente o seu futuro. PP e Ciutadans votarán en contra. Os recortes sociais efectuados polo goberno de Artur Mas ficaron relegados a un segundo plano Este será o tema clave nun debate de política xeral no que os recortes sociais efectuados polo goberno de Artur Mas ficaron relegados a un segundo plano. Porén, ERC, ICV-EUiA e PSC puxeron sobre a mesa as denuncias que dende distintos colectivos se vén facendo á politica de CiU. Proposta de resolución (.pdf)"}
{"ID": "NOS_19275", "summary": "CIG advirte da \"trampa\" de comparar os datos de emprego cos de 2020 e incide en que se perderon postos de traballo na maioría de sectores en relación a 2019.", "text": "O mercado laboral galego foi un dos poucos que rematou 2021 sen alcanzar os valores previos á pandemia, os de 2019, tanto en ocupación ─persoas en idade de traballar con un emprego─ como en poboación activa ─persoas empregadas ou en disposición de traballar─. Por iso a CIG, que a cuarta feira presentou un informe sobre a situación do mercado de traballo na Galiza en 2021, considera \"unha trampa\" comparar os datos cos de 2020. \"É imposíbel que os datos de 2021 fosen peores aos de 2020\", recoñeceu o secretario de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Francisco Sío, que incidiu en que a maioría de sectores non se dan recuperado, en especial a industria, que segue sumida nunha \"crise\", e a hostalaría e o comercio, moi prexudicados polas restricións sanitarias derivadas da Covid. Outro dos aspectos sobre os que chamou a atención o responsábel sindical é que, \"por primeira vez\", a poboación ocupada menor de 45 anos é inferior á metade do total, o que dá conta da \"febleza\" dun mercado laboral \"precarizado\" que fai que ás persoas máis cualificadas \"non lles quede máis remedio que buscar a emigración como saída\", denunciou Sío. Cae a poboación activa Pola súa parte, a técnica do gabinete de Economía da central sindical, Natividad López, recoñeceu a súa \"preocupación\" pola realidade laboral galega que, como apuntou, en 2019 \"aínda non se recuperara da anterior crise en termos de poboación activa e ocupación\". A este respecto, sinalou que na Galiza había a feche do pasado ano máis de 90.000 persoas activas menos e 30.000 se falamos das ocupadas en comparación coas cifras de 2009. En relación co ano anterior á pandemia, a Galiza foi un dos seis territorios que non logrou en 2021 os valores dese ano. De feito, como apuntou, no país había a 31 de decembro pasado 10.000 persoas ocupadas menos (-0,9%), pero \"o que máis preocupa\" é que na poboación activa ese descenso é de 1%, con 12.900 persoas menos que en 2019. Como explicou no transcurso da rolda de prensa decorrida en Compostela, 70% dese descenso na ocupación corresponde a mulleres, e a práctica totalidade a persoas menores de 45 anos, que pasaron de 52% do total de ocupadas a 48,9% en 2021. Salarios precarios Sobre a cuestión salarial, con datos da Axencia Tributaria de 2020, a técnica da CIG advertiu de que catro de cada dez asalariadas galegas (39,8%) cobraron por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) ─porcentaxe que en 2019 se situaba en 34%─, e 19,9% menos incluso de 3.000 euros brutos anuais. Isto provocou, segundo Natividad López, que aumentasen \"moitísimo\" as desigualdades entre a clase traballadora, sobre todo como consecuencia dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), nos que se viron inmersas un total de 196.619 persoas no país. Curiosamente, algunhas delas, destaca a técnica da CIG, en especial as de ingresos inferiores á metade do SMI (menos 3.000 euros anuais), saíron beneficiadas polo feito de que as empresas acollidas aos ERTE tiñan restrinxidos os despedimentos. Temporalidade en aumento Un aspecto no que incide o estudo da CIG sobre o mercado laboral en 2021 é na duración dos contratos. Catro de cada dez foron temporais, cunha duración inferior aos tres meses, e 30% deles cunha duración inferior incluso a unha semana. Parte desa temporalidade corresponde ás contratacións no sector público, onde a taxa pasou de 25% a 29,2%. \"Nunca no sector público tivéramos unha taxa de temporalidade desta magnitude, sempre fora menor que a do sector privado, o que nos fai sospeitar que é algo conxuntural\", indican desde a CIG. Xunto coa temporalidade, as xornadas parciais, \"outro dos factores que precarizan o mercado\", afectaron 14,5% dos asalariados, sendo as mulleres (23% do total fronte 6% dos homes) novamente as máis prexudicadas."}
{"ID": "PRAZA_2574", "summary": "A semana pasada recollía o Premio Cineuropa o cineasta Miguel Gomes, un director capaz de retratar a realidade e denunciar o austericidio do seu país cun cinema evocador, cheo de fábula e fantasía", "text": "A semana pasada recollía o Premio Cineuropa o cineasta Miguel Gomes e no seu discurso de agradecemento aduciu á súa mocidade e curta traxectoria para declarar que non era merecedor de tal premio, á vez que prometía que ía seguir realizando filmes para algún día ser digno del. O certo é que con só catro longametraxes poucos dubidan que o portugués é xa unha das voces máis destacadas da cinematografía europea e para confirmalo aí está a súa última película: As mil e uma noites, un traballo monumental en tres volumes baseada na clásica colección de contos árabes. Como indican os títulos ao comezo de cada volume, o filme utiliza a estrutura d'As mil e unha noites pero non é unha adaptación, é unha escusa formal para contarnos unha serie de historias sobre a Portugal de 2013 e 2014, cando o país sufría baixo a austeridade da troika. Entre protestas de estaleiros, galos que falan, banqueiros a camelo ou criadores de paxaros, discorren os relatos entre a ficción e o documental, a fantasía e a realidade sen solución de continuidade. Un equipo de xornalistas, encabezado por María José Oliveira, foi o encargado de recompilar durante un ano todas esas pequenas historias de cidadáns anónimos que non adoitan ocupar grandes titulares na prensa pero que unidas serven para crear un relato de sociedade, un relato de país. Estas noticias serviron ao equipo de guionistas para inspirar os contos de Xerezade que debe entreter, noite tras noite, ao seu Rei para que non a decapite ao alba. Así cando cae o sol comeza a narrar: \"Oh venturoso Rei, fui sabedora de que num triste país entre os países…\" A premisa é tan singular como ambiciosa, facer unha radiografía da sociedade portuguesa de hoxe a través dunha serie de fábulas. Aquí Miguel Gomes reivindica o poder do cinema, con todas as súas armas -ficción e documental-, para mostrarnos que é posible conseguir un obxectivo histórico-político cun artefacto narrativamente fascinante de seis horas de duración. Facendo uso de distintas estruturas, obxectivos e ata recursos formais cada un dos volumes emprende un camiño narrativo distinto, xustificando a súa independencia. O primeiro dos volumes O inquieto, é o máis barroco dos tres, serve de introdución e expón a estrutura episódica; o segundo, O desolado, é quizá o máis accesible e convencional sen perder por iso nin un pouco de faísca; e o terceiro, O encantado, vólvese máis radical partindo a película en dúas: entre o conto máis hedonista e o documental máis contemplativo. Estamos ante un director capaz de retratar a realidade e denunciar o austericidio do seu país cun cinema evocador, cheo de fábula e fantasía Vistos os tres volumes en conxunto a sensación que deixa As mil e uma noites non pode ser máis satisfactoria. Estamos ante un director capaz de retratar a realidade e denunciar o austericidio do seu país cun cinema evocador, cheo de fábula e fantasía. As mil e uma noites é a historia de Portugal, pero ben podería ser a de España, Grecia ou calquera país do sur de Europa; só fai falta alimentar a Xerazade con realidades crúas para que ela as transforme en belísimos relatos. Pero iso, desgraciadamente, vai quedar fóra do filme de Miguel Gomes. De feito cando todo acaba, ao final do volume tres, Xerazade apenas pasou o ecuador das súas noites, centos quedan por diante para seguir entretendo o rei e disuadilo do seu sanguinario costume. Se cadra, en seguintes noites Xerazade contoulle que \"nese país triste entre os países\" xa non mandan os mesmos e que nun volume catro as súas xentes poderían esquecer o austericidio, se cadra, pero o certo é que \"...vendo despontar a manhã, Xerazade calou-se.\" Cineuropa 2015"}
{"ID": "PRAZA_13469", "summary": "Carlos Aymerich presentou unha proposición non de lei para remover a directiva anterior e para manter os postos de traballo e a obra social, peticións compartidas polos traballadores da Obra Social representados por CCOO, UGT, FSIE, ASCA e Independentes.", "text": "O BNG presentou no Parlamento, a través de Carlos Aymerich, unha proposición non de lei que solicita \"promover con carácter inmediato os cambios legais presisos para remover os vellos directivos de Caixanova e Caixagalicia da dirección de NCG\". Así mesmo, pide \"promover a conversión de NCG nunha fundación especial dirixida por unha equipa profesional e completamente allea á vella dirección das caixas e da obra social\". Finalmente insta a \"asegurar o mantemento do plantel e da obra social de NCG, centrándoa nas necesidades sociais e culturais reais de Galicia\". Aymerich salienta que a conversión en Fundación Especial non depende dunha petición do Consello de NCG Na súa proposición, Aymerich salienta que a conversión en Fundación Especial non depende dunha petición do Consello de NCG, como afirmou a conselleira de Facenda. Pola contra, o único que é preciso é unha reforma da lexislación galega de fundacións. A petición do BNG coincide coa realizada polos dos representantes do persoal (de CCOO, UGT, FSIE, ASCA e Independentes) de Novacaixagalicia á Asemblea Xeral A petición do BNG coincide coa realizada polos dos representantes do persoal (de CCOO, UGT, FSIE, ASCA e Independentes) de Novacaixagalicia á Asemblea Xeral, nun documento titulado Transformación para adaptarnos aos novos cambios e renovación para afrontar un futuro viable. Os representantes sindicais. Os sindicatos solicitan que se cree unha mesa de traballo coa Xunta de Galicia para promover a transformación da Caixa nunha Fundación especial, \"polo custo inasumible dos órganos de goberno nas actuais circunstancias económicas de Novacaixagalicia\", e explican que en 2012 cada reunión mensual do Consello de Administración tivo un custo aproximado aos 20 mil euros, e o custo anual dos órganos de goberno equivale ao custo aproximado de 20 postos de traballo ou axudas a máis de 20 ONGs. De igual xeito, lembran que \"hai máis membros nesta asemblea de 320 persoas que traballadores, somos 257\". De igual xeito, solicitan a saída dos actuais directivo e a súa substitución \"por un padroado formado por profesionais independentes e de recoñecido prestixio no sector social, cultural e empresarial que contribúan a orientar a misión da futura Fundación\". Finalmente, piden \"o mantemento dos postos de traballo e a supervivencia da obra social ao servizo de Galicia\"."}
{"ID": "NOS_20035", "summary": "Outros 90 concellos entran no nivel 1 de alerta.", "text": "A Xunta da Galiza, a través do seu Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posíbeis efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de declarar a situación de alerta por episodio de calor nivel 3 (máximo) en varias zonas que abranguen un total de 48 concellos galegos. Na zona das Rías Baixas, os concellos afectados son Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Nas comarcas pontevedresas do interior, os termos municipais en alerta máxima son Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Alerta nivel 1 en 90 concellos Por outra parte, o Goberno galego declarou a situación de alerta nivel 1 por episodios de calor noutros noventa concellos. No noroeste coruñés, os municipios afectados son Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior. Nas comarcas coruñesas do interior os concellos son Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar. No caso da comarca do Valdeorras, os municipios en alerta nivel 1 son O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. Por último, Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui, tamén na zona do Miño, quedan neste nivel de alerta. Situación de nordés até o domingo Segundo os datos que recolle Meteogaliza, nos vindeiros días continuaremos baixo a influencia das altas presións estacionarias ao norte da Península, xerando unha circulación do nordés que se irá debilitando progresivamente. A Galiza esquiva as temperaturas máis extremas da vaga de calor pero alcanzará nalgúns puntos os 36 graos Esta situación favorece a entrada de aire moi cálido africano. Agárdase así un episodio de calor, especialmente ao suroeste da do país. Unhas condicións climatolóxicas que se estenderán o sábado a todo o oeste da Galiza. O domingo, a posíbel formación de brétemas costeiras nas Rías Baixas reducirá a intensidade do episodio de calor nesta zona."}
{"ID": "PRAZA_19533", "summary": "De seguir por este camiño Galiza pronto acompañará a Grecia e outros estados e comunidades europeas onde o austericidio está esnaquizando a atención sanitaria pública e deteriorando o estado de saúde dos seus cidadáns, moi especialmente os mais vulnerables e/ou os con menores recursos.", "text": "Hai unhas semanas -22 de febreiro- os recortes no sistema sanitario público foron obxecto de debate no Parlamento de Galiza. Debate no que o goberno da Xunta de Galiza (PP) e a oposición (En Marea, PSdG-PSOE e BNG) mantiveron posturas claramente enfrontadas. O dogma neoliberal –no que se aliña o PP de Galiza- subliña que a atención sanitaria é un nicho máis para a iniciativa privada, para o negocio. Así os partidarios deste dogma consideran que os enfermos non son pacientes senón clientes que compran un produto tal como si foran consumidores e a atención sanitaria un mercado. Neste pensamento o coidado da saúde é unha mercancía mais que debe someterse ao libre xogo da oferta e a demanda. Un pensamento que parece esquecer que neste caso a demanda non é libre pois o paciente non escolle libremente a doenza senón que lle ven dada para a súa desgraza. Un pensamento, xa que logo, que oculta deliberada e conscientemente que non hai libre concorrencia, que esta non é posible na atención sanitaria. Non so non hai libre concorrencia senón que a privatización e a mercantilización da atención sanitaria leva, como sucede con tódolos mercados, a separar a demanda –aos pacientes- en grupos, segundo a súa capacidade adquisitiva –ricos e pobres- e segundo o lugar de residencia –urbana, rural-, independentemente do doenza que padezan. Velaí por caso o que sucede nos Estados Unidos -cuxo sistema sanitario está financiado maioritariamente por capital privado- onde máis do 15% da poboación non ten cobertura médica, o que converte a atención sanitaria no principal problema domestico. Algo que xa empeza a pasar en Galiza e en España, e pasa en todos aqueles estados alí onde se aplican os criterios neoliberais. Uns criterios políticos no que o Goberno de torno –como sucede coa actual Xunta de Galiza- aposta por potenciar a oferta privada. Unha oferta privada de servizos e produtos sanitarios que controla o grande capital –multinacionais, capital financeiro e construtoras maiormente-. Unha oferta, xa que logo, que anda a procura da máxima ganancia e que, por iso mesmo, non se axusta as necesidades da demanda, nin moito menos ten un carácter universal senón que se guía polos criterios anteriormente citados. Uns criterios que supoñen que o capital privado nin está interesado en moitos dos servizos e produtos sanitarios que precisa a poboación demandante nin na atención a pacientes con determinadas patoloxías. De feito esta demostrado que a sanidade privada transfire a sanidade pública os pacientes graves con tratamentos mais custosos quedándose cos mais rendibles, como por caso as operacións de pequena cirurxía ambulatoria. Crease así un sistema sanitario no que a administración pública so lle vai quedando o papel de subsidiaria o que significa cubrir aquela demanda de infraestruturas e servizos sanitarios que a iniciativa privada non quere cubrir por non permitirlle a máxima ganancia. A xustificación é sempre a mesma: a iniciativa privada é mais eficaz que a iniciativa pública. Algo que tódalas evidencias negan con rotundidade unha vez si e outra tamén: velaí, de novo, a realidade da atención sanitaria en Europa segundo o modelo sexa público ou privado. Un planteamento deste tipo supón que os xestores neoliberais da sanidade pública apostan por: 1. Reducir custos fixos para liberar gasto público que poda destinarse a concertar co capital privado e, xa que logo, a incrementar a presenza do capital privado na atención sanitaria pública. Velaí que unha das primeiras medidas que se toma é a redución de persoal –sanitario e non sanitario: 1.800 prazas menos en Galiza, unha redución do 14%-. Unha redución do persoal que se acompaña dunha crecente precarización das condicións laborais dos traballadores sanitarios –un de cada tres profesionais sanitarios do SERGAS teñen un emprego precario: proliferan os contratos de un día tales que, por caso, baixas de un mes cóbrense cada día de traballo cunha persoa distinta- o que, indiscutiblemente afecta moi negativamente –como moi ben veñen denunciando repetidamente as centrais sindicais e así o ditaminou o propio Tribunal Superior de Xustiza da UE- tanto a atención os pacientes como a propia saúde dos traballadores. Precarización que se estende a importantes servizos -como por caso os de enfermería que teñen, en moitos casos, que realizar tamén labores administrativas- e que moitas veces impídelles aos profesionais realizala atención sanitaria como quixeran, o que produce entre eles situacións de estrés e de doenzas nerviosas. O mesmo sucede na atención primaria -1.150 profesionais menos- que foi obxecto dos maiores recortes (17%): que coñecemento dos seus pacientes e, xa que logo, que atención poden prestarlles os médicos de cabeceira con contratos por un día, unha semana? Alguén pode pensar que nunha sanidade pública como a galega na que o déficit de persoal xa era moi relevante, logo de que as plántellas se reduciran en 1.150 prazas sanitarias na atención primaria e 650 na atención hospitalaria, non se resinte o sistema de atención? 2. Privatizar servizos estratéxicos tanto de carácter xeral -comedores, lavanderías, mantemento, telecomunicacións- como centrais -historiais clínicos, citas, radioloxía, laboratorio- e incluso, servizos médicos -hemodiálises, oncoloxía,-. Na práctica esta decisión supón que hai tanto un indiscutible deterioro na calidade dos servizos sanitarios, coa conseguinte repercusión na atención e coidado dos pacientes, como un incremento real dos custos que se oculta mediante enxeñería contable 3. Incrementar os concertos con empresas sanitarias privadas, o que supón unha nova transferencia de capital público ao sector privado. Ai está o caso paradigmático do concerto singular co hospital POVISA, cun contrato renovado por dez anos –ampliables cada dous- a pesar da opinión en contra tanto do Consello de contas como do Valedor do Pobo. Concertos que non teñen unha xustificación sanitaria senón política e que supoñen que se dispare o custo da asistencia hospitalaria e que desaparezan servizos públicos de referencia. 4. Primar os grandes investimentos en infraestruturas –grandes hospitais -, instalacións e maquinaria para negocio das grandes empresas é ruína das arcas públicas. Velaí o caso do novo Hospital de Vigo –que dun custo inicial de 450 millóns de euros pasarase a 1.880 millóns: catro veces mais- 5. Deixar que se deterioren áreas e servizos que non se consideran rendibles como moi especialmente a atención primaria –paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria do bipartito (PSdeG/BNG) que supuxo a paralización de construción de novos centros e a conxelación de novas prazas de persoal previstas, redución no gasto (17%) que repercutiu negativamente na mellora dos equipamentos, conversión dos centros de saúde en centros dispensadores de recitas o que dispara o gasto farmacéutico e colapsa as urxencias-. Tamén servizos asistenciais como o de saúde mental –cando se coñecen determinadas realidades relacionadas coa saúde mental entendese que resulta dunha enorme irresponsabilidade que este servizo sanitario estea en tal situación de abandono-, planificación familiar (COF), drogodependencia, etc. Deterioro global que, en non poucos casos, produce desánimo en moitos excelentes profesionais sanitarios que decepcionados por non poder desempeñar nas condicións debidas a súa profesión optan finalmente por irse a privada por ver de facer o seu traballo en condicións profesionais mais dignas. 6. Abrir a porta ao capital privado –con moi fortes vínculos co PP- tanto en actividades moi proclives a grande ganancia que solen coincidir coa alta especialización –tecnoloxía diagnóstica, oncoloxía, rehabilitación, cirurxía plástica, etc.- como en servizos, infraestruturas e investigación. 7. Potenciar a industria farmacéutica: Galiza está entre as comunidades españolas con maior gasto farmacéutico por habitante (257 euros fronte aos 212 de media estatal). Resulta indiscutible que estes recortes e privatizacións teñen un obxectivo político, un obxectivo de clase: desprestixiar a atención sanitaria pública, expulsar xente do sistema para que os pacientes acudan final e masivamente a atención sanitaria privada –\"por que é mellor\"- ou a farmacia. Un deterioro que estes mesmos políticos neoliberais provocan cando, consciente ou inconscientemente, eles ou os seus familiares, elixen a atención sanitaria privada se precisan de atención médica. Velaí, por caso, que nos territorios onde se aplican estes criterios en política sanitaria a presenza do capital privado na mesma sexa moi elevada (https://www.fundacionidis.com/.../sanidad-privada-aportando-valor-análisis-de-situaci) en detrimento do gasto público: Galiza é, hoxe por hoxe, unha das comunidades europeas con maior presenza do capital privado na atención sanitaria (32% do gasto sanitario total para unha media do 28,5% en España que é un dos mais elevados de Europa). Presenza que é debida a precariedade do gasto público sanitario (6,6% do PIB, valor que está lonxe da media europea do 7,2% e mesmo de comunidades españolas como Estremadura (9,4%), Asturias (7,3%), Murcia (7,7%)) (https://www.msssi.gob.es/estadEstudios/estadisticas/.../egspPrincipalesResultados.pdf). Non resulta estraño, xa que logo, que en todas e cada unha das comunidades nas que os gobernos priman a atención sanitaria privada empecen a aparecer ben doenzas que se crían superadas, ben doenzas novas que non reciben a atención precisa e que, en consecuencia, se deteriore a saúde dos seus cidadáns –maiormente das clases populares e os cidadáns mais vulnerables- e incluso se chegue a que descenda a idade media de vida. En Europa temos hoxe como caso mas paradigmático que non único, por ser o mais castigado polos axustes, a Grecia. De seguir por este camiño Galiza pronto acompañará a Grecia e outros estados e comunidades europeas onde o austericidio está esnaquizando a atención sanitaria pública e deteriorando o estado de saúde dos seus cidadáns, moi especialmente os mais vulnerables e/ou os con menores recursos. Deterioro que levanta cada vez mais protestas cidadáns en toda Europa. P.D.: Moita da información recollida neste texto procede de artigos e textos publicados pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Publica (AGDSP) que se poden consultar na súa magnífica páxina web: www.fadsp.org/index.php/comunidades/galicia. Nembargantes, as avaliacións e conclusións aquí expresadas son da miña exclusiva responsabilidade"}
{"ID": "NOS_51221", "summary": "A central nacionalista fixo esta sexta en Vigo un acto público para presentar a súa iniciativa na que recollen cen medidas para combater o paro.", "text": "No marco da campaña axitativa que está a desenvolver a CIG para promover a súa ILP polo emprego, onte tiña lugar en Vigo un acto público para explicar socialmente a iniciativa. O mesmo contou coa participación do Secretario Xeral da central nacionalista Xesús Seixo. A CIG acadou xa 20.000 sinaturas para a ILP polo emprego Seixo explicou por máis de trinta minutos, diante dun auditorio ateigado, os propósitos da ILP e debullou as principais das cen medidas que a vertebran. Na súa explicación afirmou que o desemprego no noso país \"ten a ver co actual modelo produtivo, e máis tamén co carácter colonial e a carencia de soberanía\". A difícil situación económica e social que atravesa Galiza resumiuna facendo referencia á \"maior precariedade, emigración e empobrecemento\" que padece a clase traballadora. Situación que na súa opinión está moi relacionada co \"profundo deterioro dos nosos sectores produtivos\" que ameazan con facer desaparecer o que cualificou como \"base material\" do país. Hai un \"profundo deterioro\" dos sistemas produtivos galegos que ameaza mesmo con facer desaparecer a \"base material\" do país A respecto das políticas que está a desenvolver o Goberno galego, Seixo amosouse moi crítico denunciando que \"o PP e a Xunta límitanse a tentar enganarnos e a executar políticas da Unión Europea que só benefician ao grande capital foráneo\". É por iso que o máximo dirixente da CIG visou a ILP como \"un instrumento que permita dar o debate social para visibilizar que existen alternativas a estas políticas tan negativas para o noso pobo\". Unha mudanza que segundo explicou tería que resolver a disxuntiva de \"perpetuar o capitalismo neoliberal, como quer o PP, ou apostarmos por un cambio de modelo a favor da maioría social\", sinalando que a última opción exixe non só de mobilización social senón dunha outra correlación de forzas tamén no ámbito institucional, cunha maior presenza da esquerda nacionalista. Cen medidas para un cambio de rumo Seixo centrou a súa intervención en debullar os principais eixos nos que se artellan as cen medidas integradas na ILP. Así referenciou a necesidade dunha tarifa eléctrica galega, o apoio ao sector primario ou a aposta decidida por unha maior intervención pública na economía, mesmo a través de empresas públicas nos sectores estratéxicos, como factores chave para promover o desenvolvemento de Galiza. No tocante ás condicións salariais a ILP pulará pola derrogación das últimas reformas laborais, para alén de recoller históricas reivindicacións do movemento sindical como a redución da xornada semanal a 35h, o aumento dos salarios e a implementación dun salario de inserción laboral para todas as persoas desempregadas. A iniciativa da CIG tamén inclúe medidas referidas á reforma fiscal, na que apostan por aumentar os impostos a quen máis ten, \"sobre todo ás rendas do capital que hoxe tributan menos que os e as asalariadas\" e o combate da fraude fiscal. Lembrando a aposta da central nacionalista por manter NovaCaixaGalicia como entidade pública, sobre todo logo da inxección de 9 mil millóns de euros públicos no seu \"rescate\", Seixo criticou con dureza a súa privatización e venda a Banesco asegurando que supuxo a \"malvenda ao capital privado dunha entidade apuntalada con cartos públicos para que especule con ela\". Por derradeiro substanciou o necesario reforzo dos servizos públicos como un elemento que para alén de poder xerar postos de traballo asegure unha maior xustiza social. Sen brotes verdes en Vigo O secretario comarcal da CIG de Vigo foi o encarregado de apresentar o acto. Serafín Otero expuxo a moi difícil situación da bisbarra, onde o desemprego atinxe por volta de 80 mil persoas, e na que se padece unha crecente queda produtiva en sectores estratéxicos e nomeadamente na industria. \"Con certeza en Vigo non se ven brotes verdes por ningures\" aseverou Otero, retrucando o discurso do Goberno español que fala de recuperación a pesar de non se verificar na economía real. O responsábel da CIG en Vigo aproveitou o acto para reiterar un chamamento á participación masiva na manifestación que mañá, domingo, terá lugar na cidade olívica a partir das 11:30h (desde a Praza dos Cabalos) para exixir o indulto para dous traballadores do transporte condenados a 3 anos de prisión por participaren nun piquete na folga dese sector en 2008. Foto: CC BY-NC-SA CIG-AvantarVídeo: CC BY-NC-ND AvantarVideos"}
{"ID": "NOS_16201", "summary": "44.500 tituladas están no desemprego na Galiza.", "text": "Na Galiza había no segundo trimestre deste ano 44.500 persoas no paro con estudos superiores, o que representa 31,9% do total de persoas no desemprego. Un colectivo que aumentou desde 2019, ano anterior á pandemia, en 8.700 persoas. No segundo trimestre daquel exercicio eran 35.800 as persoas con titulación superior que se atopaban no desemprego. Daquela representaban 25% do total de parados e parados na Galiza, sete puntos menos que na actualidade. O peso de persoas no paro con estudos superiores é, ademais, moito máis notábel na Galiza que no conxunto do Estado español: a porcentaxe de 31,9% de aquí contrasta coa media estatal de 24,4%, unha fenda de máis de sete puntos. O paro sobe en 2.062 persoas na Galiza Tamén entre as persoas con estudos superiores no desemprego hai fenda de xénero. Ese 31,9% na Galiza non se reparte a partes iguais, pois o peso das mulleres é de 35,2% mentres que o dos homes fica en pouco máis de 28%. Estas cifras, porén, e malia o empeoramento nestes tres anos, son notabelmente mellores que as de hai unha década, en 2012, cando en plena crise económica o número de persoas no paro con estudios superiores superaba as 75.000 na Galiza. Mais mantense como a mesma porcentaxe agora que daquela, 32%, sobre o total de desempregados. \"Fuga de cerebros\" Por outra parte, non só o paro é motivo de preocupación, pois a emigración da mocidade galega con estudios tamén é importante. Así o corrobora o estudo Emigración e fuga de cerebros na Galiza. 2001-2019, dos investigadores da Universidade Santiago de Compostela (USC) Jose Blanco e Manuel González, publicado este verán. A mocidade dobra as taxas de desemprego e temporalidade da poboación galega total No caso da migración cara a fóra do Estado español, \"a Galiza sería a comunidade con maior taxa\" de fuga de persoas con alta cualificación. Con respecto á mobilidade dentro do Estado español, o estudo pon o énfase na crecente importancia do \"efecto capitalidade\" de Madrid."}
{"ID": "NOS_20961", "summary": "Fraga deixa de ser Fillo Adoptivo de Ferrol grazas á moción aprobada polo pleno do concello e que contou cos votos en contra do PP e dúas abstencións.", "text": "Triunfa en Ferrol a primeira moción pola que unha institución, tanto en Galiza como no Estado, retira a Manuel Fraga o título de Fillo Adoptivo. A moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego contou co soporte do grupo de historiadores e historiadoras de Galiza que fixo público o seu apoio ao manifesto impulsado por ex presos políticos no franquismo. Este manifesto esixe que se retiren a Manuel Fraga os títulos de Fillo Adoptivo que aínda mantén en diversos concellos galegos. A moción contou co apoio de 12 concelleiras e concelleiros,1 abstención e cos 11 votos en contra do Partido Popular, que aludiron que \"Fraga foi presidente da Xunta moitos anos con maioría absoluta\". Votaron a prol de retirar o título honorífico a Fraga o BNG (que presentou a moción), Ferrol en Común máis a concelleira que se desvinculou desta formación e o PSdeG, a excepción de Beatriz Sestaio que non acudiu ao pleno. Segundo informou a Sermos Galiza Manuel Monge, representante do colectivo de presas, leu xunto Nicanor Acosta, tamén membro do grupo, o manifesto en que se promovera a retirada dos honores a Manuel Fraga Monge amósase satisfeito do grande avance que a aprobación desta moción representa porque, afirma, agora vai ser a quenda de moitos outros concellos como o da Coruña e Santiago, e anuncian que isto só é o inicio. Manuel Monge cualifica de inconcibíbel que Fraga aínda teña títulos honoríficos xa que el mesmo se describira \"como servidor do franquismo\" e foi ministro dunha ditadura criminal, polo que Monge afirma que Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo Adoptivo. Entre as persosas asinantes do manifesto ao que deron lectura no pleno están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau..."}
{"ID": "PRAZA_18160", "summary": "ENTREVISTA | Dous anos despois das eleccións galegas o voceiro de En Marea admite como \"evidente\" que as tensións internas na formación dificultaron o desenvolvemento e difusión das súas \"propostas políticas\", pero di agardar que a inminente nova votación de órganos internos \"valla para deixar iso atrás\" \"Estou ilusionado co traballo que fago e mentres as persoas inscritas de En Marea queiran, seguirei adiante\"", "text": "\"Estou ilusionado co traballo que fago e mentres as persoas inscritas de En Marea queiran, seguirei adiante\" Dous anos despois das eleccións galegas ou, o que é o mesmo, dous anos despois de saltar da xudicatura á política partidaria, Luís Villares asegura continuar \"moi ilusionado\". O voceiro de En Marea admite como \"evidente\" que as tensións internas na formación que os comicios de 2016 situaron como primeira da oposición dificultaron o desenvolvemento e difusión das súas \"propostas políticas\", pero di agardar que a inminente nova votación de órganos internos \"valla para deixar iso atrás\". Tras participar xunto a PSdeG e BNG no pacto para investigar os recortes sanitarios dos últimos anos, Villares apela a non caer no \"erro\" de pensar que unha soa persoa pode capitalizar a alternativa política en Galicia: \"Unha alternativa plural é mellor que o monolitismo de Feijóo\", mantén. Dous anos despois das eleccións, o país está mellor ou peor? Está peor. Peor de saúde, para comezar. Na anterior lexislatura houbo varias mortes a consecuencia dos recortes e acabamos de vivir outra. Con Feijóo vivimos peor e temos peor saúde, polo que a situación é peor. Antes que calquera outra cousa, os recortes significan vivir peor. Antes había unha recesión coa que xustificaban os recortes, agora estamos nunha fase expansiva da economía e seguen os recortes. Daquela, era unha escusa: esta é unha aposta ideolóxica do PP por desmantelar un país que implosiona, que ten que emigrar e ve ante si mesmo unha expectativa sen futuro e vive peor. Houbo xente que confiou lexitimamente en Feijóo, pero durante estes dous anos decepcionou pola incapacidade de xestionar mentres tivo un Goberno en Madrid do que poder presumir e que, no canto de aproveitalo en positivo, penalizou a Galicia. El ollaba cara a si mesmo para facer unha carreira política que finalmente se lle truncou e pagámolo todos. O presidente vén de remodelar o Goberno. Como o valora, alén da evidencia de que a causa das mudanzas é que dous conselleiros van ser candidatos ás municipais? En Marea denunciou hai máis dun ano o uso partidario e sectario das consellerías de Rey Varela e Beatriz Mato e isto non fai máis que certificar que durante este ano tivemos propaganda pagada por todos. E iso é corrupción institucional. Sacar a Ángeles Vázquez de Medio Rural é sancionala pola xestión catastrófica dos incendios de outubro de 2017. E ademais, Fernández Couto [director xeral de Ordenación Forestal] dixo varias veces encargándose de ser escoitado que antes de marchar el, iría a conselleira. Pois aí o temos, segue no seu sitio un corrupto en termos institucionais. Temos, ao mesmo tempo, unha sanción a Román Rodríguez e á súa política educativa co profesorado, os comedores ou o transporte escolar. Así e todo, para nós o máis preocupante é a remodelación que non se fixo na Consellería de Sanidade. Almuíña tiña que ser cesado fulminantemente tras a morte no PAC da Estrada; non pode ser que un sistema sanitario dun país avanzado non teña persoal nun servizo de urxencias incumprindo a lei. Feijóo consiste con isto ter un parapeto intermedio entre el e os recortes que causan a morte, precisa un cabeza de turco. \"O máis preocupante da remodelación do Goberno foi o que non se fixo: o cesamento fulminante do conselleiro de Sanidade tras a morte no PAC da Estrada\" E En Marea, como diría que está dous anos despois? Moito máis forte que nas propias eleccións. A forma na que eclosionou foi ilusionante, pero con certas doses de desconcerto e escepticismo. Agora pasaron dous anos e demostramos que somos un proxecto nacional de longo prazo, que non vive dous días. Creo que se nos vai coñecendo e se sabe quen somos non só na crítica, senón tamén na proposta. Non só na oposición, senón tamén na proposición, na alternativa. E iso creo que é visto positivamente pola xente. Se tivese que sinalar un acerto de En Marea nestes dous anos e un ámbito no que teñan que mellorar, cales serían? Para nós foi capital a loita pola xustiza social en todos os ámbitos e aí levamos feito un bo traballo que nalgúns casos mesmo se saldou con correccións do Goberno aínda que non o recoñecese, o cal tamén foi froito de mobilizacións na rúa que nós acompañamos. É o caso da pobreza enerxética ou do discurso territorial tras os incendios. Para nós isto foi do máis positivo. Pero sempre hai moito que mellorar, unha formación sen autocrítica tería pouco futuro; tentamos estar ao lado dos colectivos que sofren e loitan, que non se resignan, pero é certo que existen loitas pendentes, tamén o apoio a sectores produtivos fronte aos ataques que sofren. Tamén hai un esforzo colectivo que nos segue a parecer insuficiente, que é a loita contra a violencia de xénero; temos que seguir arrimando o ombro e a responsabilidade é compartida fronte a unha desigualdade na que a violencia machista é só a punta do iceberg. Cre que os procesos internos e as tensións que trouxeron consigo atrancaron ou lastraron o traballo político de En Marea? Tiveron varios episodios de cuestións internas que concentraron moitas das súas enerxías... Si, evidentemente. Na medida en que se fala das nosas cuestións internas non se fala das nosas propostas políticas. É evidente que ese é un campo no que temos que mellorar. Somos unha organización democrática e hai debates, pero eses debates teñen que quedar no ámbito interno porque hai espazos para debater. Se non os tivésemos sería diferente, pero esta non é unha coalición de partidos sen espazos de diálogo e decisión, é unha organización asemblearia onde si os hai. Hai que sacalos do debate público, porque aí o único que fan é ocupar o espazo das alternativas. Villares, voceiro de En Marea, durante a entrevista con Praza.gal / Praza Pública \"Na medida en que se fala das nosas cuestións internas non se fala de propostas políticas; é evidente que ese é un campo no que temos que mellorar\" Inician agora un novo proceso interno que culminará a finais de novembro. Cre que servirá para pacificar En Marea internamente? Durante os últimos meses houbo voces que sinalaban que a actual coordinadora non é representativa de todo o espazo. Este proceso de renovación dos órganos internos ten que valer para deixar iso atrás. Se alguén non estaba conforme coa representación que había terá a ocasión de formular alternativas e despois as inscritas e inscritos de En Marea decidirán. Sen tutelas externas, porque En Marea é un espazo político soberano e todo se decide dentro. Aínda que foron dous anos complexos temos que temos que ter orgullo do espazo colectivo que estamos construíndo, porque estamos logrando normalizar un espazo de traballo moi heteroxéneo pero no que hai un ben común que é necesario aloumiñar e promover. Ese sector tamén foi crítico no xeito en que xestionaron o episodio da deputada Paula Quinteiro. Visto coa distancia dalgúns meses, que conclusións tira do acontecido e desa tensión dentro do propio grupo parlamentario? Foi un episodio desagradable, sen dúbida. E entre compañeiros que temos trato habitual, máis delicada aínda. Pero creo que serviu tamén para madurar como espazo político. Puxemos a proba o noso código ético e os mecanismos de verificación de cumprimento estatutario e a última palabra tívoa a militancia, que deixou moi claro é o seu parecer e o que nos queda aos demais é respectar esa opinión. Creo que foi un exercicio de democracia impecable e dentro da complexidade creo que saímos reforzados na medida en que non se cociñou unha solución de costas á xente, con independencia de cales fosen as consecuencias. \"Coa comisión de investigación sobre os recortes na sanidade transmitimos a mensaxe clara de que naquilo que de verdade importa estamos dispostos a poñernos de acordo\" Unha das críticas máis recorrentes á oposición galega xa non só nestes dous anos, senón nos últimos nove, é esa de que \"enfronte de Feijóo non hai nada\". Cre que contribuíron a mudar esa percepción? A oposición durante estes anos cometeu o erro de pensar que só debería haber un fronte a Feijóo. E é bo que se acepte que pode haber unha alternativa plural a Feijóo. Aquí o importante non debe ser a lista máis votada, senón as ideas máis votadas. E esas son compartidas por varios espazos políticos. Como non nos imos encontrar as organizacións políticas que temos puntos en común para mellorar a calidade de vida da xente fronte ás políticas dunha maioría absoluta se pasa a ser maioría minoritaria? Creo que esa é a clave para superar a era Feijóo: a cooperación construtiva dunha alternativa e que a sociedade vexa que podemos construíla en común. Eu estou particularmente satisfeito de que nos atopásemos á hora de abrir a comisión de investigación sobre os recortes na sanidade pública. Transmitimos unha mensaxe moi clara: naquilo que de verdade importe, a vida e a saúde, estamos dispostos a poñernos de acordo. Tamén en paralelo estamos dando un exemplo de cooperación no Estado para garantir a calidade de vida dos nosos maiores, dos pensionistas. Comprender que esa alternativa é cooperativa é un paso adiante. Comentaba na presentación desa comisión de investigación que hai xente que lles pide que nas cousas importantes as forzas da esquerda parlamentaria se poidan poñer de acordo, é así? A pasada fin de semana houbo moita xente que pola rúa e tamén a través das redes nos dixo que ese era o camiño: \"menos mal; por aí, si\". Con independencia de que votasen a uns ou a outros. A xente creo que empezou a enxergar que existe esperanza neste país. Cre que hai espazo para que cheguen a acordos noutros ámbitos? Estou convencido. No debate sobre o estado da nación o ano pasado En Marea xa lanzara ofertas de pacto ao resto da oposición sobre territorio, educación e sanidade. Eses pactos significan renunciar á política partidaria para facer política de país, a favor das maiorías sociais. E iso significa que seguramente ninguén se poida apuntar grandes tantos, pero a cambio todos nos anotaremos o tanto de mellorar a vida da xente. Non é que exista marxe, é que é un imperativo de ética política chegar a acordos sobre o esencial. A sanidade foi primeiro porque a vida é o primeiro, a educación pode ser outro bo lugar. \"Estou ilusionado co traballo que fago e mentres as persoas inscritas de En Marea queiran, seguirei adiante\" DOUS ANOS DE LEXISLATURA Neste espazo Praza.gal conversa, durante varias semanas, con líderes de diversas forzas políticas a respecto da situación do país dous anos despois das eleccións galegas de 2016 e ás portas dun novo ciclo electoral"}
{"ID": "NOS_13149", "summary": "O presidente español, en ton cordial, chegou a dicirlle ao interlocutor que lle chamaría para fixar un encontro porque prevía que ía ter \"a axenda moi libre\". Audio no interior", "text": "Un imitador do president catalán, Carles Puigdemont, puido falar na mañá desta quinta feira por teléfono co presidente español, Mariano Rajoy, a través da emisora Ràdio Flaixbac. Un membro do programa 'El matí i la mare que el va parir' fíxose pasar por Puigdemont e telefonou A Moncloa para pedir se lle podían pasar con Rajoy. Para a súa sorpresa, a secretaria informáballe que nuns minutos podería pasarlle a chamada e así foi, dando lugar a unha conversa entre o presidente español e o imitador do president catalán. O diálogo foi en ton cordial e Rajoy mesmo comentou ao seu interlocutor que se coñeceran na inauguración do AVE en Girona cando era alcalde. Mesmo, na conversa, Rajoy chegou a dicir que chamaría a segunda feira, 25 de xaneiro, ao seu interlocutor para fixar unha data para se reunir porque cría que ía ter a \"axenda moi libre\". Cando os membros do programa revelaron en antena a Rajoy que todo era unha brincadeira o presidente español en funcións respondeu: \"Isto non é serio\", mais non colgou."}
{"ID": "PRAZA_8243", "summary": "A popular triloxía de Elena Gallego Abad, publicada por Xerais, convértese nun proxecto multimedia de distribución internacional a través de Ficción Producciones. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo.", "text": "É habitual que se compare a triloxía de Dragal coa serie de libros de Harry Potter. Tanto polo éxito das novelas -entre o público xuvenil e o que non o é tanto, coma pola temática fantástica ou pola capacidade de un e outro de crear un universo completo ao redor das súas historias. Agora van ter outra semellanza: Dragal salta ao cinema, ao cómic e aos videoxogos, convértese nun proxecto multimedia de distribución internacional a través de Ficción Producciones. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo Elena Gallego decidiu escribir o primeiro libro para animar a ler ao seu fillo, un adolescente ao que lle encantan os dragóns. Dragal foi medrando aos poucos. Hai xa algúns anos foi finalista dun premio literario. Non gañou pero Manuel Bragado, director de Xerais, amosouse interesado por publicar a novela e moito máis cando soubo que formaba parte dunha triloxía. Dragal I: A herdanza do dragón foi un éxito de vendas e obtivo o Premio Frei Martin Sarmiento. Dragal II: A metamorfose do dragón e Dragal III: A fraternidade do dragón confirmaron que estabamos ante un fenómeno de masas. O proxecto de Ficción Producciones ten un orzamento inicial estimado de catro ou cinco millóns de euros e permitirá espallar este fenómeno por todo o mundo. As novelas tamén veñen de publicarse en breve en castelán. Cando a Elena Gallego lle preguntan por estas similitudes coas novelas de Harry Potter, ela responde que Rowling \"tivo que inventar Hogwarts, para Dragal só necesitei Galicia\". Eses referentes presentes na realidade -por exemplo na gótica sala do Hostal dos Reis Católicos que acolleu a presentación- foros salientados por Manuel Bragado, que gabou a habilidade da autora para \"contextualizar este proceso na tradicion galega, de tarasacas e cocas e do romanico\". E tamén por Julio Casal, máximo responsable de Ficción Producciones, que destacou que estamos ante \"historias de Galicia con capacidade de ser universais\". Cando a Elena Gallego lle preguntan por estas similitudes coas novelas de Harry Potter, ela responde que Rowling \"tivo que inventar Hogwarts, para Dragal só necesitei Galicia\" Esa dobre dimensión, local e universal, fantástica pero cunha base real, permitirá que no proxecto se inclúan elementos coma rotas guiadas por Galicia polos \"escenarios do dragón\", un proxecto multimedia de xeoposicionamento no que o patrimonio cultural galego terá unha importancia clave, comezando polo propio Códice Calixtino, ou que no videoxogo -un shooter 3D- se inclúan escenarios reais do Camiño de Santiago. E tamén merchandising ou a creación dunha comunidade virtual. Un ambicioso proxecto que aínda non conta con apoio da administración galega pero que estivo respaldado na súa presentación pola presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Ese apoio da Xunta e da CRTVG será fundamental para que o proxecto manteña a súa matriz galega, de xeito que se asegure que o filme se rode en galego e con profesionais galegos. Elena Gallego fixo unha defensa destes profesionais, coma os que xa están traballando no proxecto en Ficción Producciones, ou o propio creador da parte visual de Dragal, un ilustrador -o seu irmán ademais- que por falta de traballo en Galicia tivo que marchar a Taiwan. \"O camiño do dragón comeza hoxe\", dixo Elena Gallego ao remate da presentación Dragal conta a historia de Hadrián, un adolescente que vén de mudarse a Galicia despois dunha traxedia familiar. A través dun estrano medallón que pertenceu a seu pai, descobre a existencia do Dragal, un animal mitolóxico que viviu na zona séculos atrás. Coa axuda dunha compañeira de clase, Mónica, investiga a historia da igrexa de San Pedro, un templo que agocha a verdade sobre o dragón, o Camiño de Santiago e o Códice Calixtino. Os libros relatan tanto o paso da infancia á madurez cun pouso histórico real. \"O camiño do dragón comeza hoxe\", dixo Elena Gallego ao remate da presentación."}
{"ID": "NOS_17462", "summary": "Segundo o equipo de investigadores, o factor máis importante da propagación da pandemia foi o gran número de visitantes que acudiron a Madrid ou ben desprazáronse desde ela ao resto do territorio do Estado.", "text": "Mattia Mazzoli, David Mateo, Alberto Hernando, Sandro Meloni e Jose Javier Ramasco acaban de publicar un estudo que cuantifica a relación entre as viaxes dentro do Estado español e a pandemia do coronavirus. Un estudo, que recolle Vilaweb, do que resulta que 76% do pico da pandemia no Estado ten a súa orixe nas viaxes desde ou a Madrid. Mazzoli, Meloni e Ramasco son investigadores do Instituto de Física Interdisciplinar e Sistemas Complexos do CSIC e da Universidade das Illas Baleares, mentres que Mateo e Hernando traballan en Kido Dynamics, unha compañía de datos en masa con sede en Lausana que fixo un traballo sobre a dinámica das viaxes no Estado. Os resultados do estudo publicáronse esta fin de semana nun artigo en Naukas, unha web de contidos científicos. Os autores explican que mediron a relación entre o desprazamento e a propagación da pandemia: \"En particular, comparamos o número de visitantes entre o foco principal de España (Madrid) coas outras provincias, tanto residentes en Madrid que as visitaron como os veciños das outras provincias que visitaron Madrid, porque ambos os dous sentidos son importantes na transmisión '. E o resultado é que \"se comparamos o pico da mortaldade Covid-19 en cada provincia co número de visitantes per cápita unha semana antes (do estado de alarma) cruzado con Madrid, atoparemos unha correlación directa : Unha análise multivariante dinos que 76% do pico de mortalidade explícase pola mobilidade entre cada provincia con Madrid e a súa ratio coa poboación local. Non é a única causa, pero é a máis grande con moita diferencia. Segundo o estudo \"unha vez que Madrid foi o foco, a propagación da epidemia desde a capital ao resto do territorio seguiu nin máis nin menos que se esperaba á vista dos patróns de movemento no interior. país. Se comparamos o patrón de Madrid co de Barcelona, as diferenzas son visíbeis a simple vista. Sen un peche preventivo nos primeiros días, este patrón de expansión era inevitábel\" Segundo os investigadores, \"o factor máis virulento en España foi o gran número de visitantes que se dirixiron ao foco [de Madrid] ou marcharon en relación á poboación local doutras cidades, o que provocou o efecto multi-semente. En lugar do modelo clásico paciente-cero, temos varios focos independentes entre si nun curto período de tempo. Neste caso, a mesma rede de contactos pode xerar embotellamentos naturais que limitan a propagación do virus e aforran tempo para reaccionar antes de que se active o número de casos. Nestas situacións pódense tomar medidas como en Corea do Sur, onde os individuos poden ser vixiados de preto e en corentena por algún tempo. Porén, nun escenario multi-semente, o seguimento individual é difícil de dimensionar ou práctico porque non hai bloqueos na difusión, polo que as únicas medidas realistas son as de carácter xeralista, pechar as localizacións e reducir os movementos\". Sen culpábeis Este equipo de investigación indica que as viaxes ás que se refire foron\"ANTES do Estado de Alarma\". Por iso, indica, \"non hai nada fóra do común nestes patróns de movemento, nin nada para botar as mans na cabeza. Non hai culpábeis, fomos toos nós facendo as nosas vidas como cada día como se agardaba que fixésemos nesa época do ano dun principios de marzo calquera\"."}
{"ID": "PRAZA_4106", "summary": "PSdeG, Galicia en Común e BNG fan evidente o seu malestar polo que consideran outro \"incumprimento do compromiso\" de diálogos semanais do presidente e líder do PP coas forzas políticas sobre a crise do coronavirus", "text": "Os grupos da actual oposición galega daban por feito que este domingo, tras a videoconferencia de Alberto Núñez Feijóo con Pedro Sánchez e o resto de presidencias autonómicas, se desenvolvería unha nova conversa a través de internet entre os seus líderes e o propio titular da Xunta. Pero, tras retomar estes contactos os pasados días 19 e 26 de abril, este domingo o contacto volveuse interromper e regresaron ás filas das formacións da esquerda os receos dos que xa advertiran na anterior interrupción, a mediados de abril.\"Pola mañá pide diálogo a Sánchez, pola tarde cancela o diálogo en Galiza\"Dende o PSdeG, Galicia en Común e BNG manifestan abertamente o seu descontento e os seus líderes así o manifestarán en comparecencias públicas este luns. Pola banda do Bloque, Ana Pontón lamenta que Feijóo \"incumpra a súa palabra suspendendo por terceira vez\" un destes encontros. \"Pola mañá, pide diálogo a Sánchez e pola tarde, cancela ese diálogo en Galiza\", lamenta a portavoz nacional do Bloque, que ve a Feijóo \"máis cómodo na crítica ao Goberno central que facéndose cargo do país\".Pola banda de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino reprocha tamén o que considera outra \"vulneración do compromiso de reunir semanalmente aos responsables das forzas políticas para informar sobre a evolución da crise da covid-19\". \"Silencia novamente á oposición\" e iso supón \"actuar con deslealdade cara á cidadaía\", reprocha Gómez-Reino, quen ve ao tamén líder do PPdeG \"dedicado a defender intereses electorais, criticando sistematicamente as medidas de confinamento\".No PSdeG, fontes do partido confirman tamén o malestar na contorna do seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, que este domingo constituía un \"comité de expertos\" en materia económica para perfilar a súa proposta de \"reconstrución\" da economía do país tras a pandemia. Nese comité sentan, entre outros, os ex-presidentes Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe."}
{"ID": "PRAZA_1316", "summary": "Máis dun milleiro de camas hospitalarias permanecerán pechadas en Galicia este verán. Rocío Mosquera responsabiliza do peche de camas ás vacacións do persoal. Os sindicatos critican que a Xunta agardase ao remate das eleccións para concretar a medida", "text": "Máis dun milleiro de camas hospitalarias permanecerán pechadas en Galicia este verán. Unha situación que se repite todos os anos e da que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, responsabiliza ás vacacións do persoal sanitario, que fai imposible manter o nivel de actividade do resto ano. O anuncio foi respondido de inmediatos polos sindicatos. CIG-Saúde sinalou que \"o peche de camas é unha medida política que afonda no desmantelamento da sanidade pública\" e que \"o único que se consegue é paralizar, durante catro meses, a asistencia sanitaria pública, que é o seu obxectivo, facilitando a derivación de doentes á sanidade privada\". De igual xeito, CC.OO. criticou que a Xunta agardase a despois das municipais para concretar o peche e lembrou que 20.000 persoas que sairían das listas de espera se se mantivese a actividade durante o verán e non se pechasen camas. Mosquera respondeu a isto afirmando que \"para operar estes pacientes fan falla profesionais especializados e con alta cualificación profesional e neste momento nas listas do paro, afortunadamente, no están eses profesionais\". CC.OO. criticou que a Xunta agardase a despois das municipais para concretar o peche e lembrou que 20.000 persoas que sairían das listas de espera se se mantivese a actividade durante o verán e non se pechasen camas Neste senso CIG-Saúde denunciou que a Xunta opte por reducir servizos no canto de contratar máis persoal, entre os milleiros de persoas que se atopan nas listas de substitución. O sindicato lembra que neste momento hai máis de 7.000 enfermeiras e enfermeiros inscritos nas listaxes de contratación e que no pico máis alto de contratación traballan un 23,27%. Ademais, hai case 6.000 auxiliares de enfermería dos que só traballan o 21,45%; máis de máis 5.300 celadoras e celadores anotados e só traballan o 11,72%; máis de 3.000 de persoal de servizos xerais, dos que traballa o 3,80%, e máis de 1.000 técnicas e técnicos de laboratorio dos que só traballa o 9%. Os traballadores denuncian que esta situación provoca \"malestar\" entre o persoal, pois \"cada ano o parón estival axuda a que o sistema se retarde co conseguinte incremento en listas de espera e a sobrecarga de traballo no servizo de urxencias, así, como o acumulo de pacientes en salas e corredores esperando que se lles asigne unha cama para poder ingresar\". Tamén o PSdeG-PSOE esixiu a comparacencia no Parlamento da conselleira Rocío Mosquera, considerando \"temeraria\" a medida e unha \"burla\" á cidadanía, e destacando que \"os profesionais sanitarios teñen dereito a vacacións e as infraestrutura teñen que ser melloradas, pero iso non pode ir en contra do dereito á atención sanitaria de calidade da cidadanía\". CIG-Saúde denunciou que a Xunta opte por reducir servizos no canto de contratar máis persoal, entre os milleiros de persoas que se atopan nas listas de substitución En resposta ao peche de camas anunciado están sendo convocadas concentracións de protesta en varias cidades e vilas galegas. Por exemplo, en Vigo Sanitarios Galegos Públicos mobilizarase este mércores ás 12 horas no Hospital Nicolás Peña de Vigo. E as centrais sindicais con representación na Área Sanitaria de Ferrol faán o mesmo este xoves no vestíbulo do Hospital Arquitecto Marcide."}
{"ID": "PRAZA_3306", "summary": "Eventuais en Loita achega testemuños de persoal emigrado a lugares \"onde si valoran a formación, o interese e a implicación e respectan os dereitos laborais\" e contraponos á xestión dunha Xunta á que acusan de \"vulnerar a liberdade de expresión\" por vetar carteis críticos.", "text": "Nunha nova protesta, a enfermería galega volveu erguer a voz contra a súa precariedade e contra a xestión do Sergas. Desta vez, na súa campaña #12Meses12Loitas, o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita concentrouse ante os hospitais e centros de saúde denunciando a \"fuga de persoal\" que desde hai unha década se produce no país cara a outras comunidades e Estados \"pola falta de contratación, inestabilidade e precarias condicións\" que ofrece Galicia. Eventuais en Loita amosa o seu \"rexeitamento\" ás \"medidas de censura\" impostas polo Sergas, en referencia ao veto aos carteis críticosCon esa denuncia como eixo, Eventuais en Loita engadiu outra. O persoal mobilizado luciu cintas adhesiva na boca porque \"o Sergas nunca deixa de sorprendernos\". \"Desta volta agásallanos coa coa vulneración dun dos nosos bens máis prezados, a liberdade de expresión\", en referencia á circular coa que a Xunta impón un veto aos carteis críticos desde hai dúas semanas. \"O señor Feijóo anunciou que se prohibe a colocación de anuncios, carteis e publicidade que poden resultar inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións\", lembra Eventuais en Loita no manifesto lido este martes na protesta. E advirte do seu \"rexeitamento\" cara a unhas \"medidas de censura\" que, consideran, \"vulneran\" o seu \"dereito como profesionais e como cidadáns a mostrar a disconformidade coa xestión da Administración Pública\".Ademais, a enfermería eventual destaca a constante emigración do seu colectivo desde Galicia malia ser \"un dos máis numerosos do Estado\" e ter o Sergas \"cada vez máis dificultades para cubrir o persoal\". A enfermería eventual denuncia as \"precarias condicións laborais\" que obrigan a emigrar a lugares \"onde si valoran a formación, o interese e a implicación\"\"Por mor das condicións laborais e da inestabilidade, sen traza de mellora, que nos ofrecen, moitas das nosas compañeiras víronse na necesidade de probar sorte noutras comunidades ou noutros países onde si valoran a formación, o interese, a implicación... Onde respectan os dereitos dos traballadores, onde se preocupan de formar academicamente porque saben que un profesional ben estudado é un investimento de futuro\", explicaron no comunicado lido este martes. Ademais, e durante os últimos días, difundiron varios vídeos de testemuños de profesionais emigradas que explican os seus motivos para a marcha e as diferenzas de trato nos seus lugares de traballo. \"Que non nos enganen máis. Temos unha das mellores sanidades do mundo e os profesionais mellores formados, pero é o sistema o que non funciona\", di Alicia, emigrada en Noruega desde hai seis anos. Acumula seis anos de traballo, seis anos cotizados, asinou só dous contratos e ten cinco semanas de vacacións ao ano. O que pode parecer normal ou lóxico, é unha quimera en Galicia. \"Traballei nove anos no Sergas, teño cinco anos cotizados, innumerables contratos --entre 150 e 200-- e cero vacacións desfrutadas. Decidín cambiar de vida e buscar solucións e marchei\", relata. \"Que non nos enganen máis. Temos unha das mellores sanidades do mundo e os profesionais mellores formados, pero é o sistema o que non funciona\"No mesmo sentido exprésanse Mely e Alexander desde o Reino Unido, Carla tamén desde Noruega ou Noemí e José Ramón desde Cantabria nos testemuños que difunde o colectivo. Porque a emigración cara a outras autonomías tamén é masiva neste sector. \"Sen estar tampouco nunhas condicións inmellorables, noutras comunidades hai máis estabilidade porque salvan dalgunha maneira a taxa de reposición ou idean contratos máis estables; sabemos que a eventualidade ten que existir, pero hai maneiras e maneiras e non se pode estar cada día nun sitio ou un mesmo día en diferentes postos\", explica Hugo Bermúdez, un dos portavoces de Eventuais en Loita, que explica que o obxectivo desta nova campaña é \"poñer caras diversas á precariedade, ás razóns dela e da emigración porque o Sergas segue a queixarse de que non hai enfermeiras mentres estas marchan de Galicia buscando as condicións que non teñen na súa terra\", explica. \"Volvería a Galicia se me desen as mesmas condicións\", conta Noemí, que leva máis de tres anos en Cantabria, onde lle ofreceron \"estabilidade en canto ás quendas e á economía\". \"O do Sergas era un estrés que non estaba disposta a soportar\", explica noutro vídeo. \"No Reino Unido tiven un contrato estable, traballei sempre no mesmo servizo, tiven sete semanas de vacacións ao ano e a posibilidade de formarme inmensamente en cursos e na universidade e todo pagado polo hospital público; sentíame moi valorada\", contrapón tamén Mely á situación vivida en Galicia. \"O do Sergas era un estrés que non estaba disposta a soportar\", di unha enfermeira obrigada. \"Déronme a posibilidade de formarme inmensamente\", conta outraTodo os testemuños coinciden en agradecer a Eventuais en Loita, colectivo que chega mobilizar máis de 6.000 profesionais da enfermería en Galicia, por dar visibilidade a unha problemática tan sabida como invisible e por \"seguir loitando malia todo\". Desde o colectivo, Bermúdez advirte de que manterán \"a presión na rúa\", máis aínda de cara ás eleccións autonómicas. \"Os nosos destinos márcaos a Xunta\", lembra, antes de enviar por correo a todos os grupos políticos as súas demandas. Antes dos comicios volverán ás protestas ante hospitais e centros de saúde. Será o 12 de marzo e xa avisan: \"Será potente\"."}
{"ID": "NOS_26453", "summary": "Nalgunhas estacións as viaxeiras teñen que avisar coa man para que o convoi se deteña.", "text": "Segundo informou un usuario frecuente do servizo de ferrocarril a Nós Diario onte, unha viaxeira que tratou de descender na parada de Ordes, facultativa na liña rexional que une ás 10 horas A Coruña con Compostela, topou con que a porta do convoi non abría. O ferrocarril aminorou a súa velocidade e freou, mais o botón das comportas non funcionou, polo que mentres chamaba infrutuosamente o interventor que atendía a liña comprobou como o tren se afastaba da súa parada. Unha vez en Compostela, continúa este usuario, a viaxeira demandou unha solución. Paradas a demanda A rede ferroviaria galega conta co servizo de parada facultativa nalgúns dos seus traxectos rexionais. As estacións de Ordes; no municipio homónimo; Uxes, no concello de Arteixo; Osebe, no de Teo; Cesantes, no de Redondela ou O Irixo, nese municipio, son algunhas delas. Para baixar nunha destas paradas as usuarias destes traxectos deben mercar o seu billete ao persoal de Renfe, nas billeteiras automáticas habilitadas para tal efecto ou a través da rede. As interventoras reciben o aviso cando se compra este tipo de boletos. Porén, nunha das ventás da estación de tren de Compostela recomendan avisar a interventora persoalmente para que esta dea aviso á condutora do tren. Para subir, de non poder empregar ningunha destas vías, fica a opción de levantar a man cando o convoi se aproxima, aminorando a súa marcha, pola vía e facer sinais á maquinista ou interventora. A modalidade da parada facultativa foi deseñada para aquelas estacións cunha afluencia baixa de pasaxeiras. O sistema foi defendido en 2013, cando o Goberno central presidido polo popular Mariano Raxoi levou a cabo unha reestruturación dos servizos ferroviarios suprimindo paradas ou minimizando traxectos. Entón demandaron a aplicación das paradas opcionais en troques da supresión."}
{"ID": "NOS_28036", "summary": "Nove Gobernos diferentes en só dez anos, desde o triunfo da primeira das chamadas Revolucións Árabes. A inestabilidade política foi constante en Tunisia, un país cun grave problema de desemprego e de descrédito da poboación nas institucións do Estado. Situación que a pandemia da Covid-19 veu agravar.", "text": "Tunisia enfronta a súa peor crise democrática desde hai unha década, cando en 2011 se produciu a primeira das chamadas Primaveras Árabes. O presidente Kais Saied disolveu o Goberno no domingo e paralizou a actividade do Parlamento por 30 días coa axuda do Exército. Unha acción cualificada onte de \"golpe de Estado\" polos principais partidos da oposición, informan as axencias internacionais sobre o terreo. O movemento chega tras meses de bloqueos e enfrontamentos entre Saied e o primeiro ministro, Hichem Mechichi, cun Parlamento fragmentado e co país sumido nunha fonda crise económica, exacerbada pola pandemia da Covid-19. Precisamente foron as violentas protestas nas rúas do domingo os que alegou o presidente para dar o paso. O presidente do Parlamento, Rached Ghannouchi, é tamén líder do Ennahda, unha formación islamista moderada inspirada nos Irmáns Musulmáns, maioritaria na Cámara e cun importante papel nas sucesivas coalicións de Goberno. Ghannouchi afirmou que se producira un \"ataque á democracia\" e chamou á sociedade a manifestarse nas rúas da capital, Tunes, e do resto do país. \"Isto é claramente un golpe de Estado constitucional. Un golpe contra a revolución, contra as liberdades xerais e persoais. O Parlamento elixido democraticamente, o Goberno e todo o demais aínda están en funcións\", dixo en declaracións á axencia Anadolu. Seguidores e opoñentes do presidente enfrontáronse onte nos arredores dunha Cámara lexislativa blindada polo Exército, recolleu Al Jazeera. O lanzamento de pedras entre os dous bandos deixou numerosos feridos. Segundo comunicou esta canle de TV árabe, a Policía accedeu ás súas instalacións e expulsou os traballadores. Tamén a TV estatal foi tomada por forzas policiais. Ademais, os militares impediron o acceso dun grupo de persoas ao pazo de Goberno, no kasbah, e o de Ghannouchi ao Parlamento. Ameaza de resposta severa Saied invocou a Constitución de Tunisia para xustificar a disolución do Goberno e a paralización do Parlamento, e asegurou que gobernará coa axuda dun novo primeiro ministro. Con todo, non comunicou cando será designado. En concreto, apelou ao artigo 80 da Constitución, que permite ao presidente tomar medidas excepcionais baixo serias ameazas co fin de protexer o país. O artigo, porén, condiciónao á consulta cos presidentes do Goberno e do Parlamento. \"Estou en contra da acumulación de todos os poderes nas mans dunha soa persoa\", afirmou ás portas do Parlamento Ghannouchi, que nos últimos tempos tentou distanciar a súa formación da influencia dos Irmáns Musulmáns. Pola súa banda, Saied ─que chegou á Presidencia en 2019 prometendo acabar coa corrupción e coa incompetencia das elites─ rexeitou as acusacións de \"golpe de Estado\" expresadas tamén polas outras dúas formacións maioritarias na Cámara, as conservadoras Qalb Tounes ─cuxo candidato en 2019 chegou á segunda volta contra Saied─ e Karama. Saied tamén suspendeu o aforamento dos deputados e tomou control da Fiscalía xeral. \"A calquera que dispare unha bala, as forzas armadas responderán con balas\", sinalou Saied, que conta con diversos apoios, desde o islamismo até forzas da esquerda. \"Regreso á orde constitucional\", pide a comunidade internacional A inestabilidade en Tunisia é constante desde a revolución de 2011, cun total de nove Gobernos desde entón, incapaces de acabar coas altas taxas de desemprego. Ademais, ten problemas orzamentarios e para pagar a débeda, que levou o Goberno de Mechichi a tentar a negociación dun novo préstamo co Fondo Monetario Internacional (FMI). Ante os acontecementos de onte, a UE pediu \"respecto á Constitución, ás súas institucións e ao Estado de Dereito. O Goberno turco manifestou a súa \"fonda preocupación\" e avogou pola restauración da \"lexitimidade democrática\". Tamén desde Alemaña, o Goberno desexou que Tunisia regrese \"o máis axiña posíbel á orde constitucional\". E desde Rusia, o Kremlin pediu que \"nada ameace a estabilidade e a seguridade\" da poboación tunesina."}
{"ID": "NOS_46153", "summary": "Mulleres e nenas e nenos de Coronel Suárez (Bos Aires) en comunicación con Lugo na acción \"O Voo das bolboretas\", unha iniciativa deseñada pola artista Luz Darriba contra a violencia de xénero.", "text": "Encontro entre Arxentina e Galiza contra a violencia de xénero. A acción \"O Voo das bolboretas\", unha iniciativa da artista Luz Darriba, intégrase no proxecto \"Culturas en Diálogo\" que desenvolve a Rede Museística da Deputación de Lugo. Esta sexta feira, de maneira interactiva, ten lugar o encontro de mulleres, nenos e nenas de Coronel Suárez (provincia de Bos Aires) que preparan a acción \"O Voo das bolboretas\" e a comunidade da Rede Museística de Lugo co fin de intercambiar experiencias arredor desta acción. Tanto en Lugo como en Arxentina construíronse bolboretas como metáfora contra a violencia machista e neste encontro con milleiros de quilómetros de distancia reflexionarase sobre as posibilidades da arte tanto á hora de concienciar á sociedade como contribuír á \"fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato\". Creada pola artista Luz Darriba, \"O Voo das Bolboretas\" conseguiu a participación dun amplo grupo de persoas na Arxentina que produciron milleiros de bolboretas. A creadora ideou unha réplica en Lugo coa colaboración de asociacións locais, participantes de actividades dos Museos e persoas que a título particular se sumaron á iniciativa. A acción entra no programa da Rede Museística \"Plántalle cara ao maltrato\". As bolboretas son escollidas na acción como símbolo porque ese era o nome coa que se coñecían a Patria, Minerva e María Teresa, as irmás Mirabal asasinadas en 1960. A iniciativa inclúe a inauguración dun monumento estábel na memoria das tres mulleres e para denunciar a violencia machista."}
{"ID": "NOS_41212", "summary": "Aconteceu en 1964. O 7 de Febreiro aterraron no aeroporto John F. Kennedy de Nova Iorque. Nada voltaría a ser o mesmo no mundo da música popular. Ao retorno da aventura estadounidense produciron un disco revolucionario, Rubber Soul (1965). Médio século despois, esta segunda feira vanse reeditar os álbums norteamericanos de The Beatles.", "text": "En 1964, The Beatles revolucionara xa a música en Europa, mais os Estados Unidos eran aínda unha materia pendente para os Fab Four. A viaxe foi chegar e encher. A banda de Liverpool arrasou nos EUA. O fascinio foi mutuo: John, Paul, George e Ringo produciron un impacto sen precedentes nos círculos musicais norteamericanos e, en troca, se enchouparon das tendencias máis vangardistas da música popular estadounidense. Coñeceron, sobre todo, Bob Dylan. A impresión que o bardo de Minessota marcou en Lennon foi decisiva no rumo posterior da banda británica (Dylan é quen lle puxo cerebro ao rock, afírmase que dixo Lennon). 74 millóns de espectadores! O debú de The Beatles perante a audiencia estadounidense foi no popular programa de TV The Ed Sullivan Show. 74 millóns de espectadores asistiron esa noite a un show en que os de Liverpool interpretaron cinco cancións, entre elas She loves you e I want to hold your hand. O suceso foi extraordinario. Deviron imediatamente un fenómeno de masas. Entre 1964 e 1966, The Beatles voltaron en varias ocasións aos EUA para actuar ao vivo. Toda esa experiencia estadounidense está recollida nunha caixa con 13 Cds, intitulada The U.S. Albuns, que recupera os discos lanzados nos Estados Unidos pola banda, con diferentes aliñamentos, mesturas, títulos e capas, en relación ás edicións británicas. Eses 13 Cds -acompañados por un libro de 64 páginas- vai ser posto á venda en todo o planeta esta segunda feira. Dan conta dun momento fulcral no devir dun grupo que mudou a historia da música popular."}
{"ID": "NOS_39726", "summary": "O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que un médico ou médica de Atención Primaria do Sergas cobra 65.000 euros anuais máis gardas. Unha cifra que causou o enfado e as críticas en gran parte do sector, que acusa o xefe do Executivo de mentir.", "text": "Cobra ou non cobra un médico ou unha médica de Atención Primaria do Sergas 65.000 euros anuais máis gardas? Rueda asegura que é así, son datos, di, que lle traslada a Consellaría de Sanidade, \"por tanto, son obxectivos, e remítome a eles para acreditar que iso é así\". O Goberno galego, o único do Estado que recorta en Atención Primaria En declaracións aos medios na tarde da segunda feira, insistiu en que non mente, fronte ao que aseguran os sindicatos. \"Non creo que sexa un mal soldo\", acrecentou o presidente da Xunta, consciente do malestar e da precariedade que denuncian médicas e médicos galegos. \"Isto é mentira. El sábeo. Non se trabuca, mente a propósito co fin de que o pobo se bote enriba das médicas para acusalas de privilexiadas\", lamenta un médico nas redes sociais. \"Eu non recibo nin a metade do que di Rueda\", advirte outra facultativa. A Atención Primaria galega en risco real de colapso \"A min, sen gardas, sáeme ao redor dos 50.000 euros, podo demostralo, con nóminas, non cos 'disque' do Sergas\", sinala unha médica que conta con trienios acumulados. Segundo puido saber Nós Diario, as retribucións fixas dun médico ou médica de Atención Primaria atópanse ao redor dos 3.000 euros mensuais, con dúas pagas extra, é dicir, 42.000 euros. Contan cunha produtividade variábel de pagamento único de aproximadamente 2.700 euros ao ano, e un complemento derivado do número de tarxetas sanitarias que ten adscritas de entre 6.000 e 10.000 euros. A Galiza fica á cola do Estado en investimento en Atención Primaria Ademais, un médico ou médica, recibe un nivel de complemento de destino, o 24, que pode ser o mesmo que o dun administrativo ou administrativa da Xunta da Galiza. SOS Sanidade ten denunciado as altas taxas de emigración entre as persoas profesionais sanitarias derivadas da falta de estabilidade laboral. \"Pensa alguén que por igual salario e estabilidade a xente marcharía a traballar a sitios afastados?\", advirten fontes da plataforma, que engaden que a \"falta de médicos\" é \"unha falacia\", \"ao MIR preséntanse 14.000 persoas e convocan 6.000 prazas\". Atención Primaria: 262 millóns por baixo da media de investimento no Estado e 976 médicos menos desde 2009 Os recortes, advirten os colectivos en defensa da sanidade pública, son os causantes de situacións que viven a diario as médicas e médicos e outro persoal de Atención Primaria, con axendas desbordadas e quendas de traballo que exceden o tempo ordinario. Manifestacións pola Atención Primaria Recentemente, veciñanza do Baixo Miño manifestouse para denunciar casos como o do Rosal, onde só unha médica atende as 6.450 persoas censadas neste municipio, que carece de pediatra. SOS Sanidade Pública mobilizarase durante \"todo o verán\" para \"iniciar a recuperación\" da Atención Primaria SOS Sanidade Pública advirte de que a situación empeorará nas próximas semanas, en época vacacional, pois non se substituirán as vacacións do persoal facultativo cando as vilas costeiras chegan a multiplicar de maneira exponencial os seus habitantes durante o verán."}
{"ID": "NOS_12540", "summary": "Poderás acceder a el de maneira gratuíta até rematar novembro. Faite con el na nosa loxa.", "text": "Perante a inminente reforma das pensións, Sermos Galiza, re-edita o AFondo 'O asalto ás pensións' publicado ao que poderás acceder de balde durante o mes de novembro. Coordenado por Xabier P. Igrexas este carderno debrúzase arredor das mudanzas que o Goberno español pretende introdicir no sistema de pensións e que moit@s estudos@s alertan pode supor un empurrón cara aos grandes plans de pensións privados. Para coñecermos mellor cal é a realidade desta reforma disponibilizamos na nosa loxa este AFondo que visa achegar algunhas chaves arredor do debate sobre a sostibilidade ou falencia do sistema de pensións e as súas causas. E é que neste asunto hai moitas luces e sombras a comezar, asegura o catedrático de economía política, Juan Torres, pola idea de que é unha cuestión demográfica a que pon en risco o mantemento das pensións. Torres está certo de que son \"as políticas de austeridade que crean paro\" as responsábeis do perigo."}
{"ID": "NOS_24234", "summary": "Os máximos responsábeis dos populares galegos non aforraron eloxios ao discurso de Felipe VI. Mentres o seu presidente, Alberto Núñez Feixoo cualificábao de \"exemplar\", o secretario xeral, Miguel Tellado definiuno como \"inspirador e profundo\".", "text": "Alberto Núñez Feixoo foi o primeiro dirixente do Partido Popular da Galiza en achegar a súa valoración sobre a intervención de Felipe VI. Nun chío colocado nas redes sociais, o mandatario galego celebrou que \"de novo\" o monarca dera un discurso de Nadal \"exemplar\". \"Maxestade, conte con Galiza\", afirmou Feixoo, quen significou \"a proximidade cos españois ante a pandemia\" do rei e destacou o seu \"compromiso coa Constitución e os seus valores integradores\". Feixoo cualificou a intervención de Felipe VI \"de exemplaridade institucional e de confianza no país para a reconstrución\" após a crise sanitaria e económica provocada pola Covid. \"O país precisa máis discursos como o de Felipe VI\" O secretario xeral dos populares galegos Miguel Tellado tampouco aforrou gabanzas as palabras do monarca. Neste sentido, cualificou \"de inspiradora a intervención pronunciada\" polo rei e apuntou que \"o país precisa máis discursos como o de Felipe VI e menos como os que pronuncia Pedro Sánchez\". \"As verbas do monarca combinaron o optimismo e a confianza ante as potencialidades dunha gran nación como España co rexeitamento daqueles partidos que fan da confrontación un xeito de vida e mesmo de supervivencia política\", adiantou o dirixente popular. Tellado lembrou que \"durante 40 anos de democracia os Gobernos sempre estiveron ao carón da monarquía\" e instou ao \"Goberno en tomar nota do modelo de convivencia reivindicado por don Felipe\" \"Zarzuela entende mellor a sociedade\" \"Na defensa dunha sociedade que avanza unida e sen rancor estará sempre o Partido Popular da Galiza\", asegurou Tellado, quen afirmou que \"Zarzuela entende mellor a sociedade e está máis preto da rúa que o Palacio da Moncloa\". Os populares destacaron a sensibilidade social da intervención de Felipe VI e significaron que \"a Coroa estea máis sensibilizada con esta cuestión que un suposto Goberno de progreso debería facer reflexionar aos ministros de PSOE e de Podemos\". \"As verbas do monarca combinaron o optimismo e a confianza ante as potencialidades dunha gran nación como España co rexeitamento daqueles partidos que fan da confrontación un xeito de vida e mesmo de supervivencia política\", aseverou Tellado."}
{"ID": "NOS_31553", "summary": "A piques de se conmemorar a Al-Nakba dedicamos o noso caderno de análise ás políticas xenocidas do Estado de Israel. Mais tamén ás iniciativas sociais que loitan contra a impunidade 65 anos após a ocupación", "text": "En parcería coa Plataforma BDS-Galiza conmemoramos os 65 anos da traxedia palestina (Al-Nakba) coa edición dun A Fondo sobre a ocupación. O 15 de maio de 1948 Israel implantouse e iniciou a súa expansión nos territorios palestinos. Milleiros de cidadás e cidadáns foron expulsad@s pola forza ds seus lares e obrigad@s a viviren en campos de refuxiad@s. Desde 2005 púxose en marcha --emanada da sociedade civil palestina-- a campaña global Boicote, Desinvestiment e Sancións a Israel (BDS). Unha iniciativa que desde 2010 botou a andar na Galiza. Con el@s abordamos o aparheit, o racismo e a limpeza étnica de Israel contra o pobo palestiniano. Mais tamén, recabamos a opinión de cidadás e cidadáns israelitas que rexeitan mesmo a existencia do propio Estado de Israel como o músico e activista político Gilad Atzmon (Tel-Aviv). \"Asediar o asedio\", en verbas do poeta Mahmoud Darvish. Ese é o chamado que lanzan desde BDS para loitar contra a impunidade de Israel e contra a inacción dos organismos internacionais, a comezar polas propias Nacións Unidas. A realidade é clara, conta nas primeiras páxinas o activista palestino residente na Galiza, Mohamed Safa: \"O 70% da sociedade palestina está formada por refuxiados e a metade do pobo vive baixo a ocupación militar\". O mantemento desta realidade que cumpre xa máis de medio século, non puido manterse no tempo sen a cumpricidade da propia comunidade internacional. Países, mais tamén organizacións, que colaboran directa ou indirectamente coa ocupación militar, as violacións dos dereitos humanos e a represión política e social. Unicef é un dos cómplices. Sobre a súa colaboración co réxime sionista fala Julia Jabary, escritora, xornalista e tradutora. Desde a Galiza, érguen a voz algunhas das persoas que toman parte da Plataforma BDS, con elas salientamos a forza das iniciativas postas a andar pola sociedade civil que procuran no noso país o apoio directo do pobo na loita contra a impunidade."}
{"ID": "NOS_10442", "summary": "Demandan a Administración galega que implante medidas urxentes, como diminuír a cota de pacientes por profesional sanitaria ou facer máis atractivos os novos contratos de continuidade.", "text": "O Consello Galego de Colexios Médicos e sociedades científicas urxiu onte o Servizo Galego de Saúde e a Consellaría de Sanidade a \"poñerse as pilas\" para mellorar a Atención Primaria. Reclaman limitar o número de pacientes por profesional, que en ocasións atenden até \"55 ou 60\" consultas diarias, para mellorar a calidade na asistencia. Tamén que os contratos ofrecidos sexan máis \"atractivos\", para combater a falta de facultativos na Atención Primaria, coa que o Sergas xustifica non cubrir as baixas ou vacacións das profesionais en activo. A agrupación de profesionais reclama solucións para a súa \"sobrecarga\". O presidente do Consello, José Luís Jiménez, asegura que \"están machacando os médicos de familia\". Antes do Nadal, representantes do organismo mantiveron unha reunión coa Consellaría de Sanidade, na que abordaron un documento elaborado por expertas para mellorar o nivel asistencial da Atención Primaria. Posteriormente, o presidente do Consello remitiu un correo electrónico á Administración no que comparte a postura de colexios médicos e sociedades científicas sobre a súa situación. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_4249", "summary": "Gonzalo Caballero, Antón Gómez-Reino e Ana Pontón reiteran o seu desacordo coa convocatoria electoral mentres permanece a emerxencia sanitaria polo coronavirus e ven o actual presidente e líder do PPdeG guiado só por interese partidario", "text": "Gonzalo Caballero, Antón Gómez-Reino e Ana Pontón reiteraron a pasada semana ante o presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, a súa oposición a que as eleccións se celebrasen en xullo. PSdeG, Galicia en Común e BNG considérano imprudente, unha \"temeridade\" que impedirá unha participación normal da cidadanía nos comicios. Tamén ven no actual presidente a vontade de tirar vantaxe electoral da súa omnipresencia na crítica ao Goberno de España en todo o vinculado á pandemia do coronavirus.Despois de que Feijóo ratificase a convocatoria para o vindeiro 12 de xullo, as tres formacións reiteraron o seu rexeitamento. Pero tamén procuraron facer ver que seguen crendo posible un cambio político en Galicia nun escenario que xa nada ten que ver co dos cancelados comicios do 5 de abril, no que a campaña que comezará o 26 de xuño estará limitada de facto polas restricións derivadas da covid-19 e no que será moi difícil desenvolver unha discusión política pública en condicións ordinarias.Gonzalo Caballero: \"Feijóo está escribindo as súas últimas páxinas á fronte do Goberno da Xunta\"O secretario xeral e candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, censura que Feijóo optase por \"impoñer un calendario electoral que os galegos non compartimos\" no canto de consensualo. Pero tamén di estar convencido de que o líder do PP galego está \"escribindo as súas últimas páxinas á fronte do Goberno da Xunta\" mentres toma decisións coma esta. \"Os socialistas estamos preparados para darlle a Galicia un proxecto de compromiso coa sanidade pública e coa reconstrución\" tras a pandemia \"para que ninguén quede na cuneta\" a causa da covid-19, afirmou nunha primeira reacción.Ana Pontón: \"Se antes era necesario, despois da covid-19 é imprescindible o cambio galego\"En termos de \"reconstrución\" fala tamén a portavoz nacional e candidata do BNG. Dende o desexo de que \"non teñamos que lamentar esta decisión\" en termos sanitarios e dunha repunta de contaxios do coronavirus, Ana Pontón, quen evidencia que \"en todo caso, a decisión esta tomada e ante este feito que non podemos cambiar\", o Bloque \"vai traballar para trasladar á sociedade as súas alternativas\". O roteiro da formación soberanista será \"a reconstrución económica e social de Galiza, sacar adiante o país ante a crise brutal que nos afecta\" pola pandemia e procurar facer ver que \"se antes era necesario, despois da covid-19 é imprescindible un cambio galego\".Antón Gómez-Reino: \"Feijóo mentía cando dicía que as eleccións non estaban na súa axenda; estremece a súa absoluta falta de responsabilidade\"Por parte de Galicia en Común o seu candidato e voceiro, Antón Gómez-Reino, reitera que a coalición considera \"unha enorme imprudencia e irresponsabilidade\" que Feijóo \"empurre o país a unha convocatoria electoral no medio desta situación sanitaria\". Cre Gómez-Reino que o actual presdiente \"falta ao respecto ás familias dos que perderon os seus seres queridos, a quen teñen aínda persoas ingresadas pola covid-19 e as súas derivadas\" ou \"ás familias que precisan medidas de apoio da Xunta para paliar as consecuencias da crise e non unhas eleccións\". \"Feijóo mentía cando dicía que as eleccións non estaban na súa axenda, estremece a súa absoluta falta de responsabilidade\", conclúe o tamén líder de Podemos Galicia, para quen chamar ás urnas \"nun estado de alarma e de crise sanitaria\" vai \"contra os mínimos democráticos\".Dende En Marea, que sinala que \"nestes días\" convocará \"un plenario telemático\" no que a súa militancia decidirá se concorre ou non aos comicios, o seu novo voceiro, Pancho Casal, concorda coa convocatoria en xullo -malia preferir o día 10- pero discrepa de que a campaña sexa \"máis curta\", como suxire Feijóo, xa que sería \"un atentado democrático\". En Ciudadanos, a súa candidata, Beatriz Pino, cre \"fundamental que as eleccións se desenvolvan coas máximas garantías necesarias\" partindo da base de que \"xullo non era a data ideal\", pero \"tampouco hai un escenario perfecto ao que acollernos\"."}
{"ID": "PRAZA_20019", "summary": "A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu o \"Día das Redes Galegas\", unha xornada de debate sobre a situación do galego nas redes sociais. Falamos con María Pérez Justo, client account manager en Twitter España", "text": "A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu este xoves o \"Día das Redes Galegas\", unha xornada de debate sobre a situación do galego nas redes sociais, buscando afondar na importancia destas plataformas e nos cambios que están a provocar no sector da comunicación e, igualmente, co obxectiv ode \"dignificar as redes sociais, as redes en galego e a figura do community manager\", como salientou o seu organizador, o profesor Xabier Martínez Rolán. No coloquio participaron catro novos e novas profesionais, expertos e expertas no manexo e xestión de plataformas dixitais e que, ademais, licenciáronse nesa mesma facultade apenas uns anos antes. Tratábase de María Pérez Justo, client account manager en Twitter España; Marcos Gómez, responsable de outbound márketing de Elogia; Arancha Vilas, coordinadora de márketing e comunicación de Elephone Spain, e Cristina Rey, responsable de Comunicación Dixital en Mekkdes. Pérez Justo subliñou que \"por suposto que o galego ten cabida nas redes\", salientando que \"a era dixital vai supoñer un plus para o galego\" Na actualidade a importancia social e o peso comunicativo das redes sociais é innegable. O 86% dos e das internautas de entre 16 e 65 anos, preto de 19 millóns en España, son usuarios e usuarias de redes sociais, segundo o informe publicado por IAB Spain neste 2017. \"A comunicación hoxe en día non se entende sen a relación coas redes sociais\", destaca María Pérez Justo, que engade que \"non podemos vivir alleos ao que se discute nas redes sociais. Están aí, forman parte da nosa vida\". Esta importancia dáse no caso das empresas e marcas comerciais (\"Twitter é hoxe fundamental para todo tipo de comunicación corporativa. Son canles de atención ao cliente e ofrecen unha gran capacidade de segmentación, de poder chegar directamente aos teus usuarios\", dixo), das institucións e tamén das linguas, por exemplo. \"Do penso, logo existo, pasamos ao se estou nas redes sociais existo, e se non estou non existo\", dixo. En canto á situación do galego, Pérez Justo subliñou que \"por suposto que o galego ten cabida nas redes\", salientando que \"a era dixital vai supoñer un plus para o galego\". \"As plataformas comunicativas dixitais permítenme estar informada tanto a nivel global coma do que pasa ao lado da miña casa\" , engadiu. Paulo Cabral destacou que \"nas redes sociais hai moita vida e afastarse delas implica perder opcións\", facendo fincapé na oportunidade que estas plataformas supoñen á hora de \"estender o uso da lingua a todos os ámbitos\" O mesmo afirmou Paulo Cabral, director da Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo, que subliñou que \"nas redes sociais hai moita vida e afastarse delas implica perder opcións\", facendo fincapé na oportunidade que estas plataformas supoñen á hora de \"estender o uso da lingua a todos os ámbitos\", así como de \"configurar a imaxe que os demais teñan de nós, sexa individualmente, sexa como pobo\". Nese mesmo senso, o decano da Facultade, Xosé Baamonde, salientou que \"temos a responsabilidade de decidir que queremos facer co galego, se queremos unha lingua ritual ou unha lingua viva\". O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, pola súa banda, salientou que se ben o galego \"e outras linguas minoritarias en Europa chegaron tarde a moitas citas, hai unha á que chegou en igualdade de condicións, internet, onde está desde o primeiro dia\" e onde, non obstante, \"ten que competir con grandes sistemas de comunicación\". Malia a todo, García amosouse igualmente optimista. Arancha Vilas lamentou que \"semella que na actualidade calquera pode levar a cabo tarefas de xestión das redes sociais\" Finalmente, na xornada tamén se fixo incidencia na \"importancia de contar con profesionais formados neste eido\". Arancha Vilas lamentou que \"semella que na actualidade calquera pode levar a cabo tarefas de xestión das redes sociais\", chamando a atención sobre os efectos negativos dunha mala presenza ou actuación nas redes sociais. \"Requírese de profesionais con perfís polifacéticos, cunha visión estratéxica dun sector no que \"cada día pode haber unha xestión de crise que hai que non só que solucionar senón tratar de que remate en positivo para a marca ou institución que se xestiona\", destacou."}
{"ID": "NOS_22064", "summary": "Na abertura da vista oral, as defensas consideraron esta terza feira que o xuízo ao independentismo catalán non se debería nin ter realizado: non hai causa nin probas e, alén do máis, téñense vulnerado os dereitos fundamentais das 12 persoas acusadas. Na sesión desta cuarta feira, os fiscais —o seu xefe no estado español é designado a dedo polo poder executivo— tentaron desacreditar os argumentos dos avogados. E foron alén diso, perfilaron o relato dos seus cargos contra Junqueras e compañía: si houbo rebelión porque si houbo \"métodos violentos\".", "text": "Tribunais europeos rexeitaron as euro-ordes ditadas polo xuíz Pablo Llarena contra Puigdemont por considerar que na acción do president da Generalitat non había rebelión ao non haber violencia. Quen si a ve é o Ministerio Público español e así ficou claro na sesión desta mañá no xuízo contra as e os dirixentes soberanistas catalás. \"Os independentistas trazaron un plano criminal de grande alcance e complexidade\", dixo na súa intervención na vista oral o fiscal de sala Javier Zaragoza. Non ficou aí: segundo a súa interpretación —carente polo de agora de material probatorio— as forzas independentistas catalás \"quixeron facer claudicar o estado\" e para iso non dubidaron en empregar \"métodos violentos\". Onde está a violencia? Non foi demostrado. En realidade, a violencia que se puido constatar é a empregada pola policía contra as persoas que quixeron depositar o seu voto nas urnas o 1 de outubro. O fiscal responsabilizou directamente desa violencia —ou sexa das cargas policiais a electores ás e aos dirixentes independentistas. \"Non está xustificado axitar miles de cidadáns que protexeron as urnas abocándoos a enfrontamentos violentos\", dixo Zaragoza. Unha peza clave na suposta rebelión serían, de acordo co alegato do tamén fiscal Fidel Cadena, os Mossos d'Esquadra que se terían posto \"completamente ao lado da rebelión\". Cadena falou tamén da lexislación promovida polo Parlament de Catalunya —as leis de transitoriedade cara á criación dun estado catalán— que tildou de \"cóctel explosivo de unilateralidade\"."}
{"ID": "PRAZA_10443", "summary": "A Sociedade Galega de Ornitoloxía alerta sobre a caída na poboación desta especie e esixe da Xunta \"unha urxente actuación\" para determinar as causas desta diminución, \"independentemente da maior ou menor simpatía que a cidadanía poida ter polas gaivotas\".", "text": "A Sociedade Galega de Ornitoloxía alerta sobre a caída na poboación desta especie e esixe da Xunta \"unha urxente actuación\" para determinar as causas desta diminución, \"independentemente da maior ou menor simpatía que a cidadanía poida ter polas gaivotas\"A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) alerta dun \"espectacular descenso\" no número de gaivotas en Galicia. A entidade sinala que a caída da poboación de gaivota patiamarela (Larus michahellis) nas principais colonias de cría do país supera o 30% nos últimos ano. E subliña que unha perda deste calibre, segundo os criterios científicos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), \"implica que a poboación galega de gaivota patiamarela se atopa a día de hoxe ameazada e debería estar catalogada como vulnerable\".A SGO esixe \"unha urxente actuación\" da Xunta de Galicia e demais administracións con competencias na materia para determinar con claridade as causas deste descenso \"independentemente da maior ou menor simpatía que a cidadanía poida ter polas gaivotas\", afirma a entidadePor zonas, en tan só catro anos (de 2011 a 2015) as colonias do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que inclúe as principais colonias da especie nas Rías Baixas, perderon o 36% das súas parellas reprodutoras. Esta tendencia mantívose nos últimos anos, descendendo outro 7% entre 2017 e 2018. No caso da Costa da Morte, a súa principal colonia, instalada nas Illas Sisargas, perdeu o 40% da súa poboación en tan só sete anos, entre 2009 e 2016. E no Concello de Oleiros a diminución nos últimos anos rolda tamén o 36%.A poboación diminuíu un 36% no Parque Nacional das Illas Atlánticas e un 40% nas SisargasA entidade explica que a situación que se dá nas grandes áreas urbanas e en vilas mariñeiras é \"difícil de determinar pola falta dunha serie longa de datos obtidos cunha metodoloxía estandarizada\". Porén, sinala que na cidade de Vigo, onde si se vén realizando un seguimento da poboación desde hai trinta anos, o número de chamadas ao Concello por parte dos veciños solicitando a retirada de niños dos tellados descendeu de maneira moi importante nos últimos anos, \"o que estaría indicando tamén un claro descenso da poboación\", di a SGO. As causasCales son as causas deste descenso tan importante? A Sociedade Galega de Ornitoloxía afirma que posiblemente non exista unha única razón e que a explicación podería estar nunha conxunción de causas. Por exemplo, explica que a desaparición de fontes de alimentación facilitadas polo ser humano, como a clausura de moitos vertedoiros de lixo e unha menor dispoñibilidade de alimento en forma de descartes pesqueiros como consecuencia de cambios estruturais e funcionais na flota pesqueira galega, poderían ser responsables dunha parte do descenso.A SGO leva anos detectando unha gran mortaldade de gaivotas nas súas zonas de nidificación con \"claros síntomas de padecer algún tipo de enfermidade\"Porén, a SGO sinala que levan anos detectando unha gran mortaldade de gaivotas nas súas zonas de nidificación con \"claros síntomas de padecer algún tipo de enfermidade\". E alertan de que nas últimas tempadas nas colonias de Cíes, Ons, Sálvora e Sisargas foron detectadas moitas aves adultas que en plena época de reprodución \"parecen verse afectadas por algún tipo de intoxicación que en poucos días as van debilitando ata que finalmente paraliza por completo os seus corpos e morren\".A SGO esixe \"unha urxente actuación\" da Xunta de GaliciaA SGO afirma que \"carece dos medios materiais para coñecer as causas deste síndrome\" e reclámalle ás distintas administracións, e en especial ao Goberno galego, que se fagan cargo da súa responsabilidade nesta materia e analicen \"un número suficiente de mostras que acheguen luz sobre o mal que está a afectar ás nosas gaivotas\". \"Máis aínda tendo en conta que, en caso de tratarse dunha enfermidade contaxiosa, podería chegar a afectar tamén a outras especies de aves mariñas ameazadas que crían en Galicia\", engade.A Sociedade Galega de Ornitoloxía explica que a presenza de gaivotas en vilas e cidades, coas molestias que ocasionan, \"é un motivo polo que moitas persoas senten xenreira cara estas aves\" e que por este motivo \"a súa diminución podería ser recibida como unha boa nova, ou como o froito dunha boa xestión\". Porén, sinala que o feito de que se deba, cando menos en parte, a un proceso de mortaldade por causa dunha enfermidade descoñecida \"debería disparar todas as alarmas\" pois \"as gaivotas comparten con nós moitos espazos, e o que lles suceda pode ser sintomático do estado no que se atopan aqueles lugares nos que vivimos\".Denuncia como \"especialmente grave e inescusable\" que non se teña actuado desde a dirección do Parque das Illas AtlánticasDenuncia igualmente como \"especialmente grave e inescusable\" que non se teñan emprendido xa accións desde a dirección do Parque Nacional das Illas Atlánticas \"para saber que mal está afectando tan drasticamente a unha parte importante das súas poboacións de aves mariñas que son, por certo, un dos motivos fundamentais da súa existencia como tal\"."}
{"ID": "NOS_21059", "summary": "A tradución do Ulises de James Joyce ao galego de María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle e publicada por Galaxia consegue o Premio Nacional de Traducción do Ministerio de Cultura.", "text": "O Premio do Ministerio de Cultura para a tradución ao galego do Ulises de Joyce súmase aos outros galardóns que o traballo de anos da equipa formada por María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle recibiu desde que o libro saíu publicado na editorial Galaxia. A totalidade dos premios para traducións publicadas en libro no 2013 caeron na magna obra, un esforzo inmenso nun momento no que o mundo editorial está a recuar na publicación de tradución tamén pola redución do apoio institucional. O Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Traducido de 2013, o Premio da Asociación de Editores como Mellor Tradución do ano 2013, o Premio Irmandade do Libro 2013 á Tradución e o Premio AELG 2014 á Mellor Tradución situaron ao Ulises de Joyce nun lugar cimeiro das obras do ano que agora vese tamén recoñecido co Premio de Traducción que cada ano concede o Ministerio de Cultura Español. O editor literario de Galaxia, Carlos Lema, estivo á fronte do traballo de edición do libro. Número de Grial A Editorial Galaxia informa tamén de que está a piques de saír publicado o número 203 da revista Grial que leva como título \"Ulises, Joyce e Galicia\" e que inclúe traballos de Antonio R. de Toro, César Domínguez, X. M. Giráldez, Marilar Aleixandre ademais do equipo de tradución do clásico irlandés. Nunha entrevista publicada no Sermos Galiza arredor do traballo de traer ao galego o Ulises, o escritor e tradutor Xavier Queipo, colaborador habitual de Sermos Galiza, recoñecía que o proxecto era \"unha homenaxe á xeración Nós\"."}
{"ID": "NOS_44985", "summary": "O xornalista salienta que \"desde a Segunda Guerra Mundial non houbera un acontecemento bélico tan importante como este\".", "text": "O sociólogo e xornalista Ignacio Ramonet vén de impartir unha conferencia, recollida polo xornal Prensa Latina, a dirixentes da Central Nacional de Traballadores de Panamá (CNTP) e líderes de organizacións e de partidos políticos do país centroamericano a raíz da guerra desatada en Ucraína. Ramonet precisou que \"é a primeira vez desde 1945 que dous estados entran nunha guerra que inclúe un membro do Consello de Seguridade da ONU e unha potencia nuclear como Rusia\". \"Non se trata dun incidente nin dun evento menor, cuxas consecuencias, xa palpábeis nas economías, aínda están por verse\", afirmou. Rusia confirma que os seus soldados entraron en Kiev Aliás, o xornalista foi entrevistado esta quinta feira por Telesur, nunha intervención na que asegurou que a actual situación era \"evitábel\". \"O que Putin reclamou con insistencia é que se lle garanta a Rusia que Ucraína non vai ser parte da OTAN. Noutras palabras, que se lle garanta á Federación Rusa que non van chegar ao territorio de Ucraína, á fronteira con Rusia, armas nucleares que porían en perigo a seguridade de Rusia\", apuntou. Ramonet comentou que a invasión de Ucraína por parte do Exército ruso \"marca a entrada do mundo nunha nova idade xeopolítica\", xa que \"estamos nunha situación absolutamente nova; desde a Segunda Guerra Mundial non houbera un acontecemento bélico tan importante como este\". EDITORIAL | Non á guerra Por outra parte, explicou que a OTAN expuxo a instalación de armamento en diferentes nacións para \"garantir\" a súa seguridade, mais \"iso pon en perigo a seguridade doutros países, en particular a de Rusia. Isto era evitábel, Putin repetiuno e díxollo aos diferentes xefes de Estado e primeiros ministros: 'Si, sentemos arredor dunha mesa'\". \"Na resposta que a diplomacia rusa lle deu á OTAN estaba claramente especificado, 'asinemos un documento no que a OTAN se compromete a non estenderse a Ucraína nin instalar armas, especialmente nucleares, que poidan poñer en perigo a seguridade rusa'. Por que non se fixo? É un misterio. Moitos observadores no mundo consideran que era unha opción, a diplomacia tiña a posibilidade de imporse\", asegurou Ramonet."}
{"ID": "PRAZA_18592", "summary": "En Marea e BNG piden maior compromiso da Xunta e o presidente asegura que \"non hai ningún goberno máis progresista coas mulleres e a conciliación laboral que este\" En plena protesta da TVG a Feijóo pregúntalle o PSdeG pola sanidade e contesta coa folga da televisión andaluza", "text": "En plena protesta da TVG a Feijóo pregúntalle o PSdeG pola sanidade e contesta coa folga da televisión andaluza En Marea e BNG piden maior compromiso da Xunta e o presidente asegura que \"non hai ningún goberno máis progresista coas mulleres e a conciliación laboral que este\" A catro días do 25-N, o día internacional pola eliminación das violencias machistas, a sesión de control ao Goberno galego deste mércores no Parlamento de Galicia foi centrada por En Marea e BNG en cuestións relacionadas coa muller e a igualdade. Porén, as respostas do presidente Feijóo a esa segunda cuestión xiraron arredor dos investimentos destinados pola Xunta a garderías e prestacións para a conciliación, identificando de xeito implícito esas cuestións coas mulleres e non tamén cos homes. Foi en resposta a preguntas do portavoz de En Marea, Luís Villares, sobre a desigualdade económica das mulleres e as políticas orzamentarias da Xunta para reducir a súa fenda salarial cos homes cando Feijóo comezou indicando que a mellor medida para ese problema é a mellora do emprego feminino. Pero a continuación comezou a enumerar os investimentos do seu goberno en escolas infantís, casas niño ou bono concilia. \"Non hai ningún goberno máis progresista coas mulleres e a conciliación laboral que este\", dixo o presidente. Luís Villares e Ana Pontón, portavoces de En Marea e BNG \"Hai manadas na xustiza e na institución, demostre que vostede non forma parte de ningunha delas\", inquiriu Pontón a Feijóo Previamente a portavoz do BNG, Ana Pontón, lembrou que no que vai de ano en Galicia foron asasinadas tres mulleres e 45 no que vai de década, e preguntouse cal sería a reacción do Goberno galego se os mortos fosen futbolistas ou deputados. A resposta de Feijóo foi acusar a Pontón de ocultar a existencia de mulleres futbolistas ou mulleres deputadas. \"Que insinuacións trae a este Parlamento envolta na inmunidade parlamentaria\", chegou a dicirlle o presidente á nacionalista. Pontón, pola súa banda, puxo sobre a mesa catro propostas concretas do seu grupo: que a Xunta destine cen millóns de euros á loita contra a violencia de xénero, que dea asistencia psicolóxica ás afectadas en atención primaria, que se cree unha unidade específica dentro da Dirección Xeral de Xustiza e que aumente un 30% a prestación que reciben as vítimas. \"Hai manadas na xustiza e na institución, demostre que vostede non forma parte de ningunha delas\", inquiriu Pontón a Feijóo, que respondeu indignándose por esa identificación e asegurando que dos 16 programas vixentes de atención ás mulleres só dous estaban activos hai unha década durante o bipartito."}
{"ID": "NOS_40207", "summary": "Luis Zahera, Marta Pérez e Manolo Rivas defenden o galego como lingua de uso nos trámites institucionais. Secundan a campaña da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística que comezou o pasado mes de marzo polo galego na declaración da renda.", "text": "O gañador do Goya Luis Zahera e o escritor Manolo Rivas únense ó movemento pola declaración da renda en galego. Así o expuxeron as fotografías compartidas pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. Nelas pódese ver a ambos os dous suxeitando un cartaz ca lenda A declaración [da renda] en galego. É lóxico. Por dereito. Estas achegas non son as únicas en sumarse á campaña. A actriz e directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, tamén apoia o movemento. Nun comunicado escrito no seu facebook declara que \"como galegofalante estou farta da desigualdade lingüística que existe nos órganos da Administración Xeral do Estado. [...] Quero exercer o meu dereito, quero declarar na miña lingua\". A mobilización por redes é un dos puntos claves dunha campaña que comezou o pasado 12 de marzo co obxectivo de enxalzar a lingua galega como idioma de uso dentro das institucións. Dende a AFNL buscan a implicación de toda a cidadanía. Ademais da difusión en redes, os impulsores da iniciativa tamén contactarán con sindicatos e partidos políticos para que se sumen e apoien o movemento. A Asociación de Funcionarias pola Normalización Lingüística explica que, na altura de hoxe, os órganos da Administración Xeral do Estado \"teñen como única lingua oficial o castelán. Calquera trámite de oficio sae en castelán aínda que se produza dentro de Galiza. Seguridade Social, Tráfico ou Axencia Tributaria carecen de medops e persoal abondo para ofrecer un servizo de calidade en lingua galega\". As aplicacións informáticas, ademais, non presentan esa opción. \"Ao optar pola lingua galega na declaración da renda estamos enviando unha mensaxe á Administración para que tome en consideración a comunidade que usa o galego e non permita situacións discriminatorias\", sinala."}
{"ID": "NOS_44287", "summary": "O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un documento inédito do Cunqueiro mozo e arredista. Trátase dun manuscrito datado en 1924 que mostra as arelas nacionalistas do escritor no seu tempo de Mondoñedo.", "text": "O semanario Sermos Galiza vai facer público esta quinta feira un singular documento manuscrito do escritor Álvaro Cunqueiro no que manifesta o seu sentimento arredista. Datado en Mondoñedo en xaneiro de 1924, cando o escritor contaba con pouco máis de trece anos de idade. No inédito móstrase o sentir do escritor de novo e o seu anceio dunha \"Galiza libre\", termos que deixa manuscrito. Sermos Galiza adiantará a existencia doutros escritos inéditos da mocidade do escritor."}
{"ID": "NOS_29144", "summary": "A manifestación, convocada pola asociación Monte Pindo, exixe un cambio na \"nefasta\" política forestal e ambiental da Xunta e fai un chamamento a apostar polo desenvolvemento sustentábel do rural.", "text": "A catástrofe do Monte Pindo, con milleiros de hectáreas arrasadas polo lume, puxo en evidencia a unha Xunta que renunciara había tempo a ter algo que ofrecer ao rural que non fose cemento. A Asociación Monte Pindo lanzaba entón unha chamada a se manifestar contra os incendios e por un rural con futuro. Máis de 80 entidades e colectivos colleron esa testemuña e deron o seu apoio á mobilización que hoxe, 6 de outubro, percorrerá Compostela a partir das 12:00. Os roganizadores denuncian que \"a catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención do lume nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto e de paso estragou a Ría de Pontevedra, impedindo o desenvolvemento forestal e marisqueiro substentábel\". Este tipo de políticas, afirman, causa \"vítimas\": Monte Pindo, as Fragas do Eume, o Xistral, o Macizo Central, Xurés, Courel, A Limia, Corcoesto... Unha Xunta que se agocha detrás dos pirómanos Para as entidades convocantes, \"a Xunta parapétase agora detrás dos pirómanos, para agochar as súas miserias e negar que unha neglixente xestión do monte ten grande parte da culpa de que o lume se convirta nun perpetuo elemento da nosa paisaxe xeográfica e vital\". No manifesto que se lerá ao final da manifestación hai seis peticións á Xunta. Que tome en serio os incendios e o medio rural e que aposte por outro modelo sustentábel económica e socialmente."}
{"ID": "NOS_39520", "summary": "Un empresario sufragou a súa viaxe de voda con 269.000 dólares, segundo a prensa británica.", "text": "Mentres os poderes do Estado tecen un cinto de seguridade arredor da monarquía española co apoio das súas terminais mediáticas, a xustiza e a prensa internacional destripan a corrupción da Casa Real. O xornal británico The Telegraph ven de publicar o seu último escándalo, con Felipe VI como protagonista. O conxunto da familia real sabía e beneficiábase dos negocios do rei emérito. Así, por exemplo, os contactos do rei Juan Carlos abriron a porta á súa filla Cristina de Borbón e ao seu xenro Iñaqui Urdangarín, actualmente en prisión, do negocio dos patrocinios, unha actividade empresarial con importantes beneficios que rematou coa descuberta da trama organizada arredor da Fundación Nóos. Segundo sinalaron daquelas algúns xornalistas coñecedores da Casa Real, como Pilar Eyre, Urdagarín limitouse a explicar o seu papel sinalando que el \"só fixo o que aprendeu no Palacio da Zarzuela\". Urdangarín rematou por converterse naquela altura na vítima propiciatoria para librar de responsabilidades a Casa Real. Nestes momentos, algúns analistas estabelecen un paralelismo entre o trato ofrecido a Urdangarín e ao rei emérito, situado como unha sorte de escudo de protección para evitar que as pegadas da corrupción non cheguen a Felipe VI e a imaxe da monarquía non se deteriore máis, na liña do anunciado polas diversas sondaxes. Aínda así, resulta difícil que o actual rei sexa quen de saír limpo de todo o conglomerado de negocios e prácticas empresariais dubidosas ligadas á familia real española. A nova recollida polo diario británico The Telegraph apunta precisamente nesa dirección. Así, o xornal sinala que a lúa de mel secreta dos actuais reis Felipe e Letizia custou 467.500 dólares, 269.000 dos cales foron pagados polo empresario catalán, Josep Cusí. A viaxe de noivos comezou no mes de maio de 2004 e alongouse até agosto con visitas a Camboxa, as illas Fiyi, Samoa, California ou México. Na mesma liña, o rotativo destaca que por unha estadía de cinco días nun complexo hostaleiro das illas Fiyi, que conta con clientela exclusiva como Bill Gates, os monarcas españois abonaron 33.000 dólares. O empresario que pagou máis da metade da lúa de mel dos reis de España, Josep Cusí é un vello amigo de Juan Carlos de Borbón. The Telegraph presenta a Cusí como \"armador e tripulante\" do barco do rei emérito, \"compañeiro de confidencias, xornadas de caza e viaxes privados\", sendo o seu acompañante cando \"se sometía a revisións e intervencións cirúrxicas\" na clínica Planas de Barcelona, fronte ao palacio da súa filla Cristina e Iñaqui Urdangarín en Barcelona. O diario británico recolle que \"en 2015, o señor Cusí e outros asociados presentaron a Juan Carlos un iate clásico, traído de Finlandia e chamado Bribón XVI que permite navegar mentres está sentado\". As dúbidas sobre as relacións empresariais entre Cusí e o rei emérito veñen de vello. Así, por volta de 1983, o seu nome acaparou a atención informativa após serlle adxudicada a firma peleteira valenciana Inmapiel polo Goberno de Felipe González pola cantidade de 100 millóns de pesetas, tras ser sometida a un proceso de saneamento a conta das arcas públicas que algunhas fontes cifraron en máis de 500 millóns de pesetas. Na mesma liña, algúns medios non dubidaron en presentalo como \"testaferro\" de Juan Carlos de Borbón, cualificativo que gañou forza após coñecerse a cantidade de diñeiro achegada para a lúa de mel de Felipe VI. A Casa Real xa anunciou que non ten intención de valorar oficialmente a achega de Josep Cusí á viaxe de voda de Felipe VI e Leticia. A versión de Zarzuela é que o caso non afecta aos monarcas actuais, senón ao rei emérito. Porén, The Telegraph pregúntase se os primeiros non deben pensar en devolver o diñeiro. As forzas nacionalistas no Congreso dos Deputados estudan diversas iniciativas para clarificar a cuestión, se ben dan por feito que outra vez a maioría parlamentaria da dereita e do PSOE van impedir calquera investigación."}
{"ID": "NOS_21031", "summary": "O crítico, editor e comisario David Barro será o novo director da Fundación Luís Seoane, en substitución da anterior directora, Silvia Longueira, que fora destituída polo padroado hai catro meses. Barro chega á dirección da Seoane despois dun concurso ao que se presentaron 36 candidaturas.", "text": "Por unanimidade decidiu o padroado da Fundación Luís Seoane seleccionar a David Barro como director entre as 36 candidaturas que concorreran ao posto. O de Barro era, de todas maneiras, un dos nomes que máis soaba para ocupar o cargo que quedara vacante despois da destitución de Silvia Longueira debido á súa presenza no panorama artístico dos centros expositivos da cidade nos últimos tempos. Editor da revista DARDO, crítico de arte e comisario de exposicións, desde a propia empresa que dirixe emitiuse un comunicado no que se explica que decidiu presentarse \"polas moitas posibilidades que abre un artista universal como Luís Seoane, figura clave da arte española e arxentina do século XX\". Valora tamén Barro o ter sido elixido a través dun concurso e un xurado \"que cumpría cos principios de Boas Prácticas reclamados polos profesionais da arte\". Cun 40% menos de orzamento O novo director da Fundación Luís Seoane posúe unha ampla traxectoria no panorama da arte contemporánea tanto en calidade de crítico e investigador como comisario ou editor. Asesor da Fundación Barrié e responsábel de adquisicións, comisario de exposicións de artistas como Jessica Stockholder, Axel Hütte, Julian Opie, Alex Katz, Caio Reisewitz, Aitor Ortiz, José Pedro Croft ou Rui Chafes cunha mirada e unha presencia especialmente intensa en Portugal e Brasil; profesor da Escola das Artes da Universidade do Porto, ou director da revista Arte y Parte son algunhas das facetas que compoñen o seu currículo. David Barro chega a unha Fundación Luís Seoane que o PP afogou diminuíndo nun 40% o orzamento no último exercizo, pasando de 370.000 a 223.000 euros, a menor cantidade desde o ano 2.000. Nos orzamentos da Consellaría, desapareceron os 100.000 euros destinados por convenio á Fundación con sede na Coruña e, desta maneira, só recibiu do goberno galego 8.000 euros en calidade de subvención na convocatoria destinada a asociacións culturais. O PP alegara para a substitución da súa directora -que estivera en excedencia o tempo de ocupar unha concellaría do PSOE no anterior goberno municipal- que tiña vontade de imprimir outra \"velocidade\" no centro que ten como referencia a obra de Seoane."}
{"ID": "NOS_52620", "summary": "O edil nacionalista e voceiro do grupo municipal do Bloque no Concello de Lugo presentou a súa demisión esta sexta feira por motivos persoais e familiares.", "text": "Antón Bao deixou esta sexta feira a portavocía do grupo municipal do BNG no Concello de Lugo e o seu escano como edil. A decisión, anunciada en comparecencia de imprensa xunto coa dirección do BNG de Lugo, débese a razóns de índole \"persoal\" e \"familiar\" asegurou o nacionalista, claramente emocionado. Bao, amosou o seu agradecemento á militancia da organización frontista por ter confiado nel como candidato á alcaldía de Lugo e posteriormente como portavoz do grupo municipal. Antón Bao asegurou que continuará como \"militante de base\" no BNG Asemade, lembrou que a súa decisión non o afastará do \"compromiso\" político \"co BNG\" nen \"co país\" se ben, razóns ulteriores exixiron que adoptara esta decisión. Neste senso, salientou que continuará como \"militante de base\" apoiando o que considerou como \" o mellor proxecto político para o país\". O nacionalista comezou a súa traxectoria política hai 15 anos como concelleiro en Becerrerá. Ao longo destes anos asumiu distintos postos de responsabilidade, quer no seo da organización frentista, quer no ámbito institucional."}
{"ID": "NOS_14354", "summary": "As persoas que se definen como unionistas (partidarias de manter os 6 condados en Gran Bretaña) pasaron do 38% en 2003 a 29% en 2013 segundo un estudo da entidade de ciencias sociais de Irlanda do Norte. Por contra, aumentan as que se cualifican como 'nacionalistas' (a prol de se unir á República de Irlanda).", "text": "Hai pouco máis de dez anos, en 2003, o 38% d@s habitantes de Irlanda do Norte definíase como 'unionista', partidario de que estes seis condados da illa estivesen baixo soberanía do Reino Unido. Unha década despois, ese sentimento caeu até o 29% da poboación, case un 10 por cento menos. Son os dados dos estudos que realiza anualmente a Economic & Social Research Council sobre múltiples aspectos, entre eles os 'posicionamentos políticos'. Un 38% da poboación dos 6 condados antepón a súa identidade como 'irlandesa' ao de seren británicos E mentres a definición de unionista caía a mínimos históricos, nese mesmo período aumentaba, se ben moi lixeiramente, a porcentaxe de persoas que se cualifican a si propias como nacionalistas, é dicir, partidarias de que os seis condados se unan á República de Irlanda. Eran o 24% da poboación en 2003 e son o 25 por cento en 2013. Mais o grupo que maior aumento tivo nesta década foron os que rexeitaban se identificar como unionistas ou nacionalistas, o 43 por cento d@s nor-irlandes@s en 2013 fronte o 35% de 2003. Na sondaxe do 2013, tamén se preguntou polo sentimento nacional. Un 24% definíronse como 'irlandeses, non británicos' e un 14% como 'máis irlandeses que británicos'. No outro extremo, un 25% das persoas enquisadas dixeron sentirse 'británicos non irlandeses' e un 16% 'máis británicos que irlandeses'. Un 15% din se sentir tanto irlandeses como británicos."}
{"ID": "PRAZA_12706", "summary": "A mensaxe é clara, ante os maiores recortes no Estado de Benestar que recordamos neste país, o Goberno pretende infundir medo na cidadanía. O seu obxectivo é frear as protesta e controlar aos colectivos sociais para que, permanezamos cómodamente sentados no sofá mentras eles destrozan todo o que tantos anos e esforzo nos costou construir. Agora só queda por saber cal vai ser a nosa resposta.", "text": "Dende o comenzo da crise, calcúlase que se celebran en España en torno a sesenta actos de protesta diarios. Na gran maioría deles non ten lugar ningún tipo de altercado, e aqueles nos que se producen, moitas veces magnificados por algúns medios de comunicación, son sempre xerados por unha minoría que coa lexislación vixente \"na man\" son castigados pola Xustiza. A última ocorrencia de Rajoy e \"a súa tropa\", é reformar o Código Penal para que se considere delito de atentado a resistencia pasiva, e delito de pertenza a organización criminal a convocatoria a través de calquera medio, incluída a rede, de actos que alteren a orde pública Pois ben, a última ocorrencia de Rajoy e \"a súa tropa\", é reformar o Código Penal para que se considere delito de atentado a resistencia pasiva, e delito de pertenza a organización criminal a convocatoria a través de calquera medio, incluída a rede, de actos que alteren a orde pública. Pero, que entendemos por resistencia pasiva? É unha forma de protesta que ten detrás toda a teoría do movemento pacifista, base da filosofía de Gandhi e seguida por históricos na loita dos dereitos humanos como Marthin Luther King. Consiste basicamente na desobediencia civil dentro dos límites da non-violencia, por exemplo, permanecer sentados nunha praza ou facer cadenas humanas. Fagamos agora un exercicio de reflexión botando a vista atrás, e recordemos algunhas concentracións pacíficas que tiveron lugar de maneira espontánea, sen convocatoria previa: vixilias nas prazas reclamando a liberación dos secuestrados polos terroristas, traballadores/as de Sintel en Madrid ocupando a Castellana en Madrid durante meses, cadenas humanas para pedir o 0.7% para os países máis pobres, peches nas Universidades, as acampadas do movemento do 15-M… Considerámolos a tod@s el@s e a Gandhi e a Marthin Luther King delincuentes?, merecen o mesmo trato que aquel@s que se comportan de maneira violenta nas protestas? Entonces, considerámolos a tod@s el@s e a Gandhi e a Marthin Luther King delincuentes?, merecen o mesmo trato que aquel@s que se comportan de maneira violenta nas protestas? A mensaxe é clara, ante os maiores recortes no Estado de Benestar que recordamos neste país, o Goberno pretende infundir medo na cidadanía. O seu obxectivo é frear as protesta e controlar aos colectivos sociais para que, permanezamos cómodamente sentados no sofá mentras eles destrozan todo o que tantos anos e esforzo nos costou construir. Agora só queda por saber cal vai ser a nosa resposta."}
{"ID": "PRAZA_11119", "summary": "Advirte de \"responsabilidades repartidas\" dunha transición, tras o peche da central térmica, que será \"brusca e acelerada\". \"Durante vinte anos, partidos, sindicatos e administracións negaron a necesidade de que cerrase\", di", "text": "Xosé Veiras (Santiago de Compostela, 1970) é biólogo e ecoloxista e un dos portavoces da plataforma Galiza, un futuro sen carbón. Desde hai anos leva reivindicando o peche das centrais das Pontes e de Meirama en Galicia, por ser importantísimos produtores de gases de efecto invernadoiro, e explicando os riscos que as súas emisións supoñen para o clima e o futuro do planeta. O tamén autor do blog Un claro no bosque analiza o anuncio feito por Endesa e as consecuencias da fin da actividade da instalación pontesa. Agardaba o anuncio de Endesa sobre o futuro peche da súa central térmica nas Pontes?Ninguén esperaba que fose tan rápido nin a decisión tan súbita. Si é certo que ao longo deste ano fóronse estreitando as perspectivas de futuro da central ao comprobarse que a suba do prezo da tonelada de CO2 no mercado europeo tiña moito de estrutural e non tanto de conxuntural. Aquela pretensión de prorrogar a vida da central máis aló de 2030, que xa fora un recorte previo coa data de 2045, foise rebaixando, e xa nas últimas semanas Endesa comezara a falar mesmo de 2025. Malia todo, a decisión non era agardada agora.\"A decisión do peche é empresarial e non do Goberno de España, que é o único Estado de Europa occidental sen calendario de peche das centrais de carbón\"Que lle parecen as declaracións de membros da Xunta ou do propio Feijóo culpando da decisión de peche ao Goberno central? A decisión é empresarial e non vén imposta, polo menos con esta celeridade, por unha decisión do Goberno do Estado. A propia Endesa explica as causas na información que enviou á CNMV e en ningún momento fala de decisión do Executivo. Ademais, hai que ter en conta que España é o único Estado de Europa occidental que carece dun calendario oficial de peche das centrais de carbón e o único que fai son previsións moi conservadoras. É certo que o mercado de emisións de CO2, evidentemente, é unha decisión política adoptada a nivel europeo que condiciona a decisión de Endesa, ao igual que a Directiva Europea de Emisións Industriais (DEI), coa que hai unha enorme confusión.Que confusión?Unha cousa é a calidade do aire e outra o problema da crise climática, dous problemas diferentes aínda que relacionados. A contaminación tóxica, sobre a que actúa a DEI, forzou que as centrais de carbón se tivesen que adaptar para reducir contaminantes como dióxido de xofre ou óxidos de nitróxeno, o que evidentemente aumenta os custos de produción. Esta foi a clave para que se pechase a central de Meirama. Pero outra cousa é o CO2, que non é tóxico agás en ambientes pechados. No aire, o CO2 nunca acada concentracións nocivas para a nosa saúde, pero é un gas de efecto invernadoiro que provoca quecemento global. A central de carbón, despois de aplicar a DEI, ía seguir sendo igual de nociva para o clima. O investimento de máis de 200 millóns de Endesa nos últimos anos foi basicamente para adaptarse a esa DEI?Viña imposto pola DEI, que entrará en vigor en xullo do ano que vén, con catro anos e pico de atraso por unha exención para as centrais españolas para que tivesen máis tempo para tomar unha decisión sobre o que facían. Pero eses investimentos non inflúen na emisión de CO2, que é intrínseca a calquera proceso de combustión. Non hai filtros nin técnicas que a impidan agás soterralo no chan, outra ilusión tecnolóxica que se foi desinchando co paso do tempo. \"Non hai ningunha alternativa aceptable que pase polo mantemento da central térmica, ben sexa con carbón ou con biomasa\"Que alternativa hai para a central das Pontes que sexa asumible desde o punto de vista climático?Non hai ningunha alternativa aceptable que pase polo mantemento da central térmica, sexa con carbón ou sexa con biomasa. O da biomasa é unha nova ilusión que nos queren vender. Pasaríamos de ter unha central de carbón que nos venderon como eficiente e de emisións mínimas, que non é, a que nos vendan o conto dunha central ecolóxica queimando residuos orgánicos. Converter a central nunha macroincineradora ou nunha gran central de biomasa, que non fai outra cousa que promover aínda máis a eucaliptización, é un disparate propio de empresas como Endesa ou de políticos como Valentín García Formoso. Pero temos que asumir que se perdan tantos empregos? Ese impacto económico para a comarca e toda a zona?É moi difícil substituír nunha comarca como a do Eume, a do Ortegal ou a da Terra Cha unha industria das dimensións da central térmica das Pontes, a maior de todo o Estado. De todos os xeitos, non hai que esquecer que hai outra central térmica nas Pontes que xa se construíu no seu día como alternativa á central de carbón e que agora parece que non chega. Esta central de ciclo combinado a gas natural, un dos motivos que se aduciu para construír a regasificadora en Mugardos, vendeuse como alternativa pero parece que era complementaria. Ten 800 megavatios, non é pequena precisamente, é máis eficiente e menos contaminante que a de carbón e está operativa desde 2008, pero foi moi infrautilizada ata este mesmo ano. Ademais, teñamos en conta todos os parques eólicos da zona. Aínda con todo iso, haberá unha perda de emprego que terá que ser compensada ou indemnizada, pero esa mesma comarca pasou por un proceso de reconversión con maior impacto en postos de traballo como foi o peche da mina. \"É moi difícil substituír nunha comarca como a do Eume, a do Ortegal ou a da Terra Cha unha industria das dimensións da central térmica das Pontes\"Maior impacto?Na mina, no seu momento de maior actividade, traballaba moita máis xente que na central, mesmo tendo en conta as auxiliares, unhas auxiliares que haberá que ver en que medida dependen de Endesa ao 100%. Eu non me fío das cifras que nos dan nese sentido. Logo está o problema dos camioneiros, claro, falsos autónomos que foron explotados pola empresa, que preferiu contratalos a eles que dotarse dunha frota propia de camións e contratar xente. Agora parece ser que se desentende completamente deles, algo que é totalmente inaceptable, xa que debería preocuparse igual que dos traballadores da central. Que cre que acabará pasando coa central das Pontes?Eu non sei o que pasará, pero si sei o que pasou. Nos últimos vinte anos, as institucións galegas, Xunta, Parlamento, concellos da zona, todos os partidos políticos, os principais sindicatos... Todos estiveron negando a necesidade de pechar a central térmica das Pontes e a de Meirama. Non consideraban que a crise climática era un problema grave ou que esas centrais fosen o que son, importantes produtores de emisións que provocan esa crise climática. Estiveron facendo todo o posible e imposible para manter indefinidamente a actividade das centrais e, ao mesmo tempo e ilusamente, creron que as centrais poderían alongar a súa vida ata ben entrado o século XXI... E hai que ser ben iluso e irresponsable climaticamente. Aquí as responsabilidades están moi repartidas. Ata onte mesmo estábase pedindo que as centrais mantivesen indefinidamente as súas actividades. E ata hai uns meses pedían que alongasen a súa vida ata 2045... E hai resolucións varias de diversas administracións sen ningún voto en contra. \"Nos últimos vinte anos, partidos, sindicatos, Xunta e concellos negaron a necesidade de pechar a central; o negacionismo levouno ao escenario actual\"Cre que esa actitude contribuíu ao problema que agora se presenta?Negacionismo e actitudes ilusas leváronnos ao escenario no que estamos agora, unha situación para a que os axentes institucionais e sociais non quixeron nin souberon prepararse. O que pasa agora é que unha transición que se debeu facer con tempo e planificada vai ter que ser de forma brusca e acelerada. Haberá que facer todo o posible para o que de negativo poida ter o peche da central sexa limitado e compensado. Aquí practicamente todo o mundo quixo, ata o último momento, que as centrais se mantivesen. É así de triste. Ninguén moveu unha palla para demandar un calendario de peche e unha transición ordenada de verdade, non o que entende a Xunta, que é unha transición interminable. Aprenderíase a lección?Isto mesmo, no futuro, poderíase repetir porque non vai ser a última industria nin o último sector económico que vai ter que sufrir axustes ou reconversións por causas, en boa medida, da crise climática ou da crise enerxética. Instalarse no negacionismo climático de forma tan perniciosa... De que serve que non negues o cambio climático se logo negas a necesidade das medidas que cómpren para solucionar os efectos do cambio climático? Esa forma de negacionismo existe e en Galicia está moi instalada. Co tema das centrais térmicas estivo moi instalado ata estes mesmos días. Cre que non se tivo en conta o suficiente o problema climático?Esta decisión de Endesa, entre outras cousas, veu dada polo aumento do prezo do CO2 no mercado de emisións... Pois en Galicia, a comezos do século XXI, houbo certa polémica por parte de todos os partidos e todos os sindicatos para opoñerse a ese mercado europeo de emisións. Pouca xente se lembrará pero eu si que me acordo. Houbo oposición porque se estaban a defender as centrais térmicas de carbón e porque xa se sabía que aquilo que viña da UE era un risco para a viabilidade destas centrais. Cre que a situación pode complicar a coherencia no discurso dalgunha formación política?Saberán navegar porque son moi hábiles, saben adaptarse ben ás circunstancias. Desde logo, ninguén se terá equivocado nada, pero tamén se van ver forzados pola nova realidade social. Hai que ter en conta o que pasou hai pouco nese venres que foi unha xornada histórica na defensa do clima desde Galicia. Terán que ir revisando as súas peticións e, de feito, ante a decisión de Endesa, é significativo ver como partidos que ata hai dous días pedían que se mantivese indefinidamente a vida da central das Pontes non piden xa que continúe queimando carbón, senón que piden unha transición xusta. Xa non defenden que a empresa dea marcha atrás e iso, se cadra hai un ano, non tería pasado. Daquela igual terían pedido que si dese marcha atrás. \"Os partidos saberán navegar coa situación porqueu son moi hábiles, pero tamén se verán forzados a cambiar pola nova realidade social\"Ten Galicia capacidade para autoabastecerse con enerxías renovables?Hoxe mesmo non, pero si ten capacidade, co labor de apoio ás renovables que poderían exercer as centrais de ciclo combinado a gas natural, para poder facelo. Dependería da produción renovable, pero para atender niveis como os actuais, Galcia está en moi boas condicións de abastecerse só con renovables nun prazo de tempo relativamente curto. Instaláronse moitos parques eólicos en pouco tempo, de forma mal planificada, con custos para a biodiversidade excesivos e con escasos beneficios para o rural ou para a cidadanía, pero cando tivemos unha capacidade que nos permitiría ir apagando as centrais de carbón, tampouco se fixo porque había que producir máis electricidade e exportala. Semella que se non a exportas, a economía galega afunde. Con todo, toda a capacidade renovable instalada e prevista en Galicia tamén inflúe na decisión que as empresas toman á hora de pechar centrais de carbón.Como imaxina ou como lle gustaría ver Galicia, a nivel enerxético, no futuro?Gustaríame unha Galicia que fose capaz de ter no 2030 un sector eléctrico totalmente descarbonizado, que nos puidésemos autoabastecer de fontes renovables e que xa non fose nin tan sequera necesario o labor de apoio que terían que facer as centrais de ciclo combinado a gas natural, que poderían pechar cara a 2030 ou antes se é posible. Por suposto, gustaríame atoparme nun escenario de redución do consumo enerxético para que, aínda tendendo á electrificación, iso non supuxese un incremento á hora de consumir que fose inasumible e insustentable. Na medida que teñamos que prescindir dos combustibles fósiles e abastecernos con renovables, hai que ter en conta que iso aumentará os custos territoriais de sustentabilidade."}
{"ID": "NOS_11336", "summary": "Os historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, acompañados de asinantes e colectivos, entregaron os apoios na Delegación do Goberno español na Galiza.", "text": "Máis de 3.000 sinaturas reuniron os historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, para instar o Goberno español a recorrer o fallo sobre o Pazo de Meirás que obriga a compensar aos herdeiros de Franco e recoñece o seu dereito a unha indemnización. Acompañados de representantes de entidades e colectivos de memoria histórica, presentaron este sábado os apoios na Delegación do Goberno español na Galiza. Ambos os historiadores, promotores do manifesto Volver pagar polo roubado, que afonda no paso atrás que indican que representa para a defensa da democracia e a memoria a sentenza emitida o pasado 12 de febreiro, e as persoas que o apoiaron reclaman ao Estado que interpoña recursos ante o Tribunal Supremo para defender o interese público e os valores democrático que debe representar á sociedade, ademais de \"como débeda histórica ás vítimas do Franquismo\". Na petición participaron, ademais de persoas a título individual, máis de 100 entidades, asociacións e colectivos de toda Galiza. As persoas e colectivos asinantes lamentan que \"no momento en que avanzabamos na ruptura co relato sobre a historia do Pazo de Meirás creado e difundido pola ditadura, unha sentenza colabora na consolidación de elementos dese relato e resolve que hai que indemnizar a familia Franco por un ben do que gozou sen que lle correspondese. Da mesma maneira, solicitan o apoio da Xunta, a Deputación coruñesa e os concellos implicados para instar o Goberno español a reconsiderar a súa postura e a usar todas as ferramentas na súa man para evitar esta \"distorsión da realidade\", como é que a familia do ditador era posuidor do Pazo \"de boa fe\". \"Proxecta unha imaxe de Franco allea ao relato historiográfico para volver pagar polo que foi roubado, insultando, máis dunha vez, a memoria de tantas persoas que tiveron que padecer décadas de insultos e de complicidades do Estado cos herdeiros do ditador\", engaden ."}
{"ID": "NOS_48278", "summary": "O PP está a piques de ficar fóra das alcaldías das sete cidades. Acordos de PSdeG e BNG con diferente intensidade simbolizan o xiro cara ao centro esquerda e o nacionalismo en que desembocaron as pasadas eleccións municipais. O crebacabezas ourensán resolveuse coa alcaldía para Díaz Jácome e a Deputación para Baltar.", "text": "O PP non terá alcaldías en seis das sete cidades da Galiza. Na sétima, Ourense, as estrañas e opacas conversas con Democracia Ourensana desembocaron na alcadía de Díaz Jácome e a perpetuación da dinastía Baltar na Deputación. Mais no aire percíbese un fin de ciclo. A Alberto Núñez Feixoo abríuselle unha enorme vía de auga nas bisbarras máis poboadas do país. Queda pouco máis dun ano para as eleccións galegas e o seu partido apenas dispón de poder urbano e quedou fóra de tres deputacións. O regreso ás zonas nobres dos consistorios de PSdeG e BNG non só é produto da caída da dereita. As mareas –alianzas de partidos de esquerda e nacionalistas– que, en 2015, conquistaran A Coruña, Compostela e Ferrol xa apenas son decisivas. Non o son desde logo en Vigo, onde a esmagadora maioría absoluta de Abel Caballero non precisa de diálogo ningún coa oposición. Nin en Pontevedra, onde despareceron, Fernández Lores quedou a dous concelleiros da metade máis un (obtivo once cadeiras) e negociou un bipartito co PSdeG. Posicionamentos \"O Bloque non vai asinar ningún acordo nacional con outra forza política, ningún pacto mecánico que implique apoiar candidatos\", explica o secretario de Organización dos nacionalistas Bieito Lobeira, \"mais si temos un criterio político xeral: evitar que o PP manteña o poder alí onde sexa posíbel. Entendemos que é o positivo para o país. Desde ese punto, cada asemblea local decide\". A posición socialista é semellante. \"Queremos liderar gobernos de progreso fronte a un PP que segue optando por pactos con Vox. O PP perdeu a credibilidade para representar a maioría\", afirmou Gonzalo Caballero na primeira reunión da Executiva Nacional do PSdeG após o 26M. A partir deste marco xeral, as casuísticas difiren. Lobeira fala de tres maneiras de facer ver a nova situación: acordos de investidura, de lexislatura ou de goberno. Esta última modalidade é sobre a que traballaron PSdeG e BNG en Lugo, que deseñaron unha estrutura bipartita. Oito edís socialistas e cinco nacionalistas permiten asegurar a maioría absoluta fronte á ducia que suman PP (10) e Ciudadanos. Da corporación saíron Lugo Novo, marea afín a Luís Villares, e Alternativa Cidadá de Esquerdas, marca local de Esquerda Unida. Mais alá de Pontevedra e Lugo non parece que se vaian constituír gobernos compartidos. Polo menos de momento. Na Coruña, os dous concelleiros do BNG xa anunciaron o seu apoio á investidura da socialista Inés Rey, que ademais contará co dos seis da Marea Atlántica. As forzas de esquerda e nacionalistas suman 17 asentos, contra dez da dereita: nove do PP e un de Ciudadanos. Nin a Compostela Aberta de Martiño Noriega, que perdeu a alcaldía e cinco dos dez edís que acadara en 2015, nin o Bloque, encabezado por Goretti Sanmartín, que conservou dous, entrarán no executivo de Bugallo. A confrontación entre a confluencia e o PSdeG nos últimos catro anos, campaña incluída, explica o primeiro e mesmo unha posíbel abstención na investidura. O segundo expúxoo Sanmartín: \"Non se dan as condicións, sen pechar ningunha porta para retomar esta cuestión\". Os socialistas composteláns contan con dez concelleiros e o PP, con oito. Ferrol foi a terceira praza urbana na que o experimento das mareas perdeu o 26 de maio. A formación do alcalde en funcións Jorge Suárez, Ferrol en Común, pasou de seis a tres cadeiras no pleno, mentres os socialistas subiron de cinco a oito e formarán goberno. É probábel que os de Suárez acaben por se integrar no executivo. Non o fará o BNG que, con dous concelleiros, si votará a prol da investidura de Ángel Mato. [Podes ler a peza íntegra no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_18003", "summary": "O PEPP é un novo elemento na guerra prolongada de posicións para substituír as pensións públicas de reparto por fondos privados de capitalización. O día 17 de setembro MODEPEN convoca concentracións nas cidades e vilas galegas para lles pedir ás europarlamentarias e europarlamentarios galegos que, cando o regulamento de PEPP chegue ao pleno do Parlamento, voten pola súa retirada", "text": "En xuño de 2017, a Comisión Europea (CE) remitiu ao Parlamento europeo (PE) un regulamento de produto paneuropeo de pensións privadas (PEPP). O PEPP facilitará a transferencia de fondos privados de capitalización entre os países membros da Unión Europea (UE). O pasado 3 de setembro, o regulamento debateuse na Comisión de Economía do PE. A europarlamentaria Lidia Senra, da Alternativa Galega de Esquerda, e o europarlamentario Miguel Viegas, do Partido Comunista Portugués, presentaron unha emenda esixindo que, primeiro, a CE retire o regulamento de produto paneuropeo de pensións individuais e, segundo, elabore propostas para fortalecer os sistemas públicos de pensións e garantir pensións públicas suficientes. A emenda é froito da colaboración entre Lidia Senra e o Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN). Nos meses anteriores presentáranse mocións en decenas de concellos galegos pedindo aos plenos se dirixiren á Comisión de Economía do PE reclamando a retirada do PEPP. Aprobárona entre outros, os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Bueu, Tomiño, Ribadeo e O Grove. A mesma moción foi presentada e aprobada en numerosos concellos das outras nacións do Estado español por iniciativa da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións (COESPE). O PEPP é un novo elemento na guerra prolongada de posicións para substituír as pensións públicas de reparto por fondos privados de capitalización. Velaquí os argumentos da CE (reproduzo entre aspas fragmentos do regulamento proposto pola CE, e, entre parénteses, a páxina do documento do que proceden): 1. Renuncia a esixir dos Estados membros a existencia de pensións públicas suficientes e propón complementar/substituír as pensións públicas por fondos privados de capitalización, \"o aumento dos aforros adicionais ... destinados á xubilación podería ... mitigar as repercusións dunhas pensións máis baixas dos réximes públicos nalgúns Estados membros ... as pensións complementarias poderían desempeñar un papel chave nos ingresos por xubilación, en particular cando as pensións públicas poidan ser inadecuadas\" (p.5). 2. Suxire que os fondos invistan en instrumentos derivados de alto risco semellantes aos que orixinaron a crise financeira que estoupou en 2007, \"promover unha contorna que estimule a innovación no sector de produtos financeiros\" (p.3); \"o investimento en instrumentos derivados será posíbel\" (p.49). 3. Para promover a subscrición do PEPP, propón aos Estados membros aprobaren xenerosas desgravacións fiscais, que benefician as rendas máis altas, as que poden realizar importantes achegas aos fondos de pensións. Estas desgravacións reducen os ingresos da facenda pública e aumentan o carácter regresivo dos sistemas fiscais, \"A fin de animar os Estados membros a concederen unha desgravación fiscal aos PEPP, a Comisión adoptou, xunto coa presente proposta, unha Recomendación sobre o tratamento fiscal dos produtos de pensións individuais, incluído o produto paneuropeo de pensións individuais\" (p.4). 4. Recoñece que o verdadeiro obxectivo do PEPP non é mellorar a protección social, senón alimentar os mercados financeiros e ofrecer un novo espazo de valoración aos capitais financeiros, \"canalizar ... cara aos mercados de capitais, máis aforros dos fogares\" (p.4). No texto da CE a expresión mercado de capitais aparece 24 veces, o adxectivo financeiro, 60 veces, e UMC, Unión de mercado de capitais, 11 veces. En escandaloso contraste o substantivo pobreza, non se cita nunca. Segundo Eurostat, na UE-28, a poboación maior de 65 anos en risco de pobreza ou exclusión social supera o 18%. O día 17 de setembro MODEPEN convoca concentracións nas cidades e vilas galegas para lles pedir ás europarlamentarias e europarlamentarios galegos que, cando o regulamento de PEPP chegue ao pleno do Parlamento, voten pola súa retirada. Deberán decidir onde se sitúan, ou do lado do capital financeiro morto, ou en defensa dos dereitos dos seres humanos vivos, as persoas que as elixiron cos seus votos. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_4281", "summary": "Os datos do estudo de seroprevalencia da Xunta estima que máis de 30.000 persoas foron contaxiadas e o Sergas informa duns 11.000 positivos acumulados. A taxa de letalidade situaríase no 1,74%.", "text": "O Sergas detecta algo máis dun terzo dos casos de coronavirus que se dan en Galicia, onde case dúas de cada cen persoas falecen por mor desta enfermidade. Son algunhas das conclusión que se tiran do estudo de seroprevalencia levado a cabo pola Consellería de Sanidade e cuxo resultados foron feitos públicos este mércores. Galicia detecta algo máis dun terzo (36,5%) dos casos totais de coronavirus que estima o seu estudo: uns 11.000 positivos dun total duns 30.000Tendo en conta as estimacións derivadas das máis de 44.000 probas feitas en centos de centros de saúde do país, en Galicia a circulación do virus foi escasa e teríase contaxiado o 1,15% da poboación, algo máis de 30.000 persoas. Segundo os datos que cada día transmite o Sergas, nesta altura --a data do mércores 20 de maio-- son algo máis de 11.000 os positivos acumulados e detectados no país, algo máis dun terzo (36,5%) dos que apunta o estudo de seroprevalencia. A porcentaxe de diagnosticados, con todo, sería elevada en Galicia en comparación coas cifras que se dan noutras comunidades autónomas e sempre tendo en conta as estimacións do estudo elaborado polo Sergas. De feito, de ter en conta os datos do que levou a cabo o Ministerio de Sanidade, esa detección sería algo menor. De ter en conta o estudo do Ministerio, a porcentaxe de casos detectados polo Sergas situaríase en arredor do 20%No informe estatal, a estimación do número de contaxiados en Galicia elévase a case 57.000, polo que, respecto dos últimos datos de positivos acumulados, teríanse detectado algo menos do 20% dos casos (19,5%). As diferenzas entre os resultados dos dous estudos explícanse tanto polos diferentes obxectivos de cada un deles --o do Sergas céntranse na transmisión territorial e o do Estado na familiar-- como nos tipos de tests utilizados. Os empregados polo Ministerio de Sanidade son máis fiables, de dobre banda e con extracción sanguínea, mentres que os usados en Galicia --criticados por profesionais pola súa escasa fiabilidade-- empregan a punción nun dedo. O propio Feijóo advertira de que ía \"cruzar\" ambos estudos para comprobar se hai \"disfuncións\" entre os datos de ambos. A taxa de letalidade en Galicia elevaríase ao 1,74% segundo as cifras derivadas do estudo da Xunta: falecen case dúas persoas por cada cen infectadasComo é lóxico, as diferenzas entre os resultados de ambos estudos implican tamén diferentes taxas de letalidade. As cifras publicadas polo Goberno central supoñen que esa taxa sería do 1% en Galicia, unha porcentaxe case idéntica á que se dá no conxunto do Estado. Xa que logo, falecería unha de cada cen persoas contaxiadas polo coronavirus. A letalidade é maior segundo o estudo do Sergas. Se tal e como sinala, contraeu o coronavirus un 1,15% da poboación galega --unhas 30.300 persoas-- e o número de persoas falecidas acumuladas durante a etapa na que se realizaron os tests --entre o 23 de abril e o 8 de maio-- situábase nunhas 528, a taxa elévase ao 1,74%, case dúas mortes por cada cen infectados pola Covid-19. As cifras son importantes, tendo en conta que estimacións anteriores falaban dunha mortalidade de entre o 0,5% e o 1% de infectados pola Covid-19. Ademais, e ao contrario do que defende Feijóo, Galicia non estaría entre as comunidades con menor taxa de letalidade, senón nun nivel semellante ao do resto de autonomías e case idéntico á media estatal segundo o estudo estatal, aínda que por baixo de Andalucía, Cantabria, Balears, Murcia ou Canarias, con menor porcentaxe de persoas falecidas de entre as contaxiadas. De ter como referencia o estudo do Sergas, o país afastaríase algo máis da media do Estado. \"Galicia ten a taxa de letalidade máis baixa de todas as comunidades autónomas de España\", advertiu varias veces Feijóo a principios de abril e hai poucos días, tirando dos datos que reflectían a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados, pero non tendo en conta as estimacións dun estudo a nivel estatal e homologable en todos os territorios, pero tampouco as cifras derivadas do encargado polo seu goberno. Ourense, a provincia con máis afectaciónSexa como for, os datos feitos públicos polo Sergas insisten na escasa circulación do coronavirus en Galicia e na \"baixa inmunidade\" creada entre a poboación, cunha seroprevalencia escasa (0,56%) na franxa de entre 0 e 18 anos (algo máis de 2.000 persoas terían pasado o virus), dun 1,09% entre os 19 e os 64 (sobre 17.000) e algo máis alta, 1,64%, entre os maiores de 65 (unhas 11.000 persoas contaxiadas), unha afectación neste último colectivo tres veces superior á que sofren os menores de idade. Por territorios, a provincia coa maior prevalencia é Ourense, cun 1,88% da poboación afectada, seguida de Pontevedra, co 1,49%; Lugo, co 0,79%; e A Coruña, co 0,77%. Ademais, e en canto ás áreas sanitarias, a de Ourense-Verín-O Barco sería a máis afectada pola pandemia, cun 1,88% de cidadanía afectada, seguida pola de Vigo (1,64), Pontevedra-O Salnés (1,35), Santiago-Barbanza (1,02), Lugo-A Mariña-Monforte (0,79), Ferrol (0,65) e A Coruña-Cee (0,62). Xa que logo, o impacto do coronavirus non alcanzou nin o 2% en ningunha das áreas sanitarias e quedou por baixo do 1% en tres delas. De ter en conta os grandes concellos, destaca o maior impacto que tería a doenza en Vigo, cun 2,08% de afectados, unhas cifras que o Sergas atribúe á \"maior densidade de poboación\" e a unha \"circulación intensa\" do virus no inicio da pandemia \"facilitada pola mobilidade laboral antes do confinamento\". Para o Sergas, a \"sorpresa\", xa que logo, é A Coruña, a segunda cidade de Galicia e cunha altísima densidade poboacional, con só o 0,83% de prevalencia, unicamente por riba de Ferrol (0,4%) e Lugo (0,61%). Ademais, Ourense alcanza o 1,79%, Pontevedra o 1,24% e Santiago o 1,11%."}
{"ID": "NOS_19536", "summary": "O paro afecta aos sistemas 1 e 2 da factoría, cuxa produción non se retomará, cando menos, até o 14 de marzo.", "text": "A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar a totalidade das súas liñas de produción a partir da próxima segunda feira, día 7 de marzo, debido á falta de determinadas subministracións, en concreto dos microchips necesarios para os seus vehículos. Así, tal como informou a empresa, o Sistema 1 da fábrica de Vigo, onde se ensamblan os Peugeot 301 e 2008 e o Citroën C-Elysée, parará as súas quendas de mañá, tarde e noite desde ese día. Stellantis anuncia a parada indefinida da produción na súa factoría de Vigo A previsión é volver ao traballo a partir da seguinte segunda feira, 14 de marzo, ás 6 horas. Pola súa parte, ao longo da semana informarase de se a quenda da fin de semana está operativa ou non. No tocante ao Sistema 2 da factoría, que monta as furgonetas das diferentes marcas do grupo, tamén anula a actividade de todas as súas quendas desde esta segunda feira até o día 14. Stellantis gaña 13.354 millóns a pesar da crise dos microchips Stellantis explicou que segue a sufrir a falta de aprovisionamento de determinados compoñentes. A crise dos microchips, que afecta todo o sector automobilístico, obrigou á fábrica a deter a súa produción en reiteradas ocasións nos últimos meses. Ademais, esta semana foron moitos os rumores que prevían este novo paro de Stellantis Vigo. Esta mesma quinta feira, a compañía asegurara aos sindicatos que había unha \"alta posibilidade\" de que houbese unha diminución da produción a vindeira semana, mais até esta sexta non confirmaron a forma na que afectaría. Miles de persoas afectadas A medida afectará a todas as quendas e todos os sistemas, co que as máis de 7.000 persoas que traballan na factoría viguesa sufrirán as consecuencias de esta nova parada."}
{"ID": "PRAZA_6765", "summary": "O Festival de Cinema Fantástico Freakmazine (FKM) aséntase como unha cita imprescindible para os amantes do xénero de terror e de ciencia ficción con cinco días cunha morea de actos.", "text": "O Festival de Cinema Fantástico Freakmazine (FKM) volve á Coruña. O que comezou como unha mostra pequena de cine de culto de xénero fantástico, de terror e de ciencia ficción aséntase xa como unha cita imprescindible, que gaña en participantes, público, figuras convidadas e unha morea de actos e actividades paralelas. Desde este mércores e ata o domingo, a cidade énchese de propostas, algunha tan \"impactante\" como o paseo que varios zombis dan pola cidade para sorpresa de moitos cidadáns. O FKM aséntase como unha cita clave do cine fantástico e de terror na súa sexta edición \"É un festival especializado cunha chea de eventos que abranguen todo tipo de perfís e de público. Temos desde obradoiros para nenos, ata obradoiros, masterclass e homenaxes a clásicos, ademais de estreas e, claro, moito cinema\", resume Tonecho Otero, codirector dun evento que procura \"ofrecer unha programación que poida chegar a toda a xente\". Nesta sexta edición, o FKM semella máis asentado ca nunca, gañando unha importancia que aumenta a cada ano grazas \"a moito traballo e a moito esforzo\". \"Cada vez hai máis patrocinadores que apostan por nós e iso axuda a consolidarnos\", insiste un codirector que destaca o feito de que o festival abranga varias zonas da cidade, con pases en diferentes espazos e unha marcha zombi que é o evento público \"máis importante\". Desde cinco euros, os interesados poden ser maquillados por profesionais e percorrer as rúas da cidade nunha especie de procesión de mortos moi vivos. É, tamén, unha publicidade impagable para un certame que moitos descobren grazas a esa especie de Santa Compaña. A marcha zombi do sábado volve ser un dos mellores e máis \"impactantes\" reclamos do festival Moitos dos directores de curtas premiados no FKM pasan logo a facer longametraxes, xérase unha publicidade e o festival pasa a ser coñecido en todo o mundo. Os últimos galardóns recaeron en cineastas irlandeses ou australianos e neste ano hai filmes de case todos os continentes, desde Cuba ata Noruega pasando por Turquía. Co tempo, as distribuidoras coñecen o certame e a intención é que cada vez se animen a presentar na Coruña as súas obras, un escaparate para películas que é difícil inserir no circuíto habitual. O FKM iníciase este mércores na Fundación Luís Seoane coa exposición de Reflejos del Abismo, de Luís Sendón, e rematará o vindeiro domingo coa entrega de premios das curtametraxes. Pero hai moito máis. Haberá pases -de entrada libre e sen previa inscrición- nos Cantóns, no CGAI -con protagonismo para o Marqués de Sade- e unha morea de actividades como a sesión vermú que o sábado chegará á praza de España nunha xoranda na que os mortos viventes percorrerán as rúas máis céntricas. A partir das 18 horas, na sede da fundación Abanca, comezará a maquillaxe que rematará coa procesión de zombis cara a María Pita. E os premiados recibirán o percebe mutante, unha figura que xa se converteu en referente, unha especie de monstro enxebre xurdido dos mares galegos e que varía un pouco o seu aspecto cada ano. Colin Arthur, que traballou con Kubrick ou Amenábar, será un dos convidados estrela E tamén haberá convidados ilustres, como Colin Arthur, coñecido por traballar con directores como Standley Kubrick, Ray Harryhausen ou Alejandro Amenábar ou en filmes como La historia interminable ou Alien. Un mestre dos efectos especiais que dará unha masterclass onde ensinará as súas técnicas de modelado e maquillaxe. \"É unha estrela da historia do cinema\", destaca Otero, que insiste en que a idea que o FKM \"siga medrando\" e que para iso tamén é importante \"contar con figuras\" coma esta."}
{"ID": "NOS_15084", "summary": "No político a súa relación non é boa. Eva Solla, coordenadora de EU, pon freo ás aspiracións dunha Yolanda Díaz que este domingo non se desbotaba como eventual candidata da confluencia nas eleccións galegas de 2020. A ollos do aparato de Izquierda Unida, a organización estatal e tamén a galega, a principal lealdade de Yolanda Díaz non é co seu partido, senón con Pablo Iglesias.", "text": "Yolanda Díaz, veterana referente de Esquerda Unida, aspiraba a ser ministra de Traballo nun goberno presidido por Pedro Sánchez. Non puido ser, dado o interese do PSOE en reter esa carteira. O desenlace da investidura falida deixa a política ferrolá sen aparentes opcións a dar un salto ao executivo estatal, daí que aparentemente, e tal e como deu a entender nunha entrevista en Radio Galicia-SER, agora poña o foco outravolta na política galega. Todo indica que nesa nova aventura non vai contar co apoio do aparato de Esquerda Unida. \"Sobre a compañeira [en relación a Yolanda Díaz], o seu traballo non está en entredito. A organización fixo un esforzo importante para que estivera durante esta lexislatura no Congreso e esperemos que cumpra con ese traballo\", dixo Solla esta segunda feira após participar na comisión de peticións do Parlamento galego que votou, coa oposición de En Marea e BNG, o nomeamento de María Xosé Porteiro como vicevaledora. \"Evidentemente ese esforzo [o feito por Esquerda Unida para levar Yolanda Díaz a Madrid] merece que o seu traballo continúe o resto da lexislatura\", enfatizou a líder de EU na Galiza. Cuestións de química persoal á marxe, os desencontros entre o aparato de EU/IU e Yolanda Díaz teñen a ver coa extrema cercanía que esta mantén con Pablo Iglesias, proximidade que nos últimas a ten levado a se posicionar co líder de Podemos e en contra do seu partido a respeito da conveniencia ou non de ligar inescusabelmente o apoio á investidura de Sánchez a que a confluencia entre nun goberno de coalición. Se non fose posíbel ese executivo, IU optaría por viabilizar a continuidade do socialista na Moncloa antes de ir a eleccións. Iglesias e Díaz, en troca, mantéñense na dialéctica de que ou hai coalición ou non haberá ningún tipo de acordo co PSOE."}
{"ID": "NOS_16167", "summary": "Empatou co Espanyol nun partido no que mereceu a vitoria. Tivo coraxe, intensidade e valentía. Mais falloulle a sorte.", "text": "O Dépor quere crer. O partido desta sexta feira en Riazor fronte ao Espanyol demostra que pode crer. Foi outro Dépor, diferente ao que acumulaba xa 10 partidos sen gañar. Un cambio que se veu no céspede e que se percibiu na bancada. Dous tiros ao pau e un penalti marrado mostraron que faltou ese pouco de fortuna necesario para que o punto logrado fosen tres. Na primeira parte o Deportivo puxo máis gañas que fútbol mentres que na segunda ambas as dúas estiveron sobre a mesa. O Dépor mellorou en defensa se ben aínda lle falla vertebrar o xogo. Na primeira metade houbo erros por parte das dúas equipas, mais foi o Dépor quen quixo ir polo partido. Algo que se notou claramente na segunda parte, onde os coruñeses gañaron visión, con Çolak xa no campo, O penalti fallado de Lucas non derrubou o Dépor, que non se permitiu o luxo de virse abaixo e continuou procurando a vitoria até o final. Non foi desta mais o Deportivo foi outra cousa neste encontro. Agora cre. Ficha técnica: RC Deportivo (0): Rubén, Juanfran, Schär, Bóveda, Luisinho, Guilherme, Pedro Mosquera (Muntari, min. 82), Lucas, Adrián, Fede Cartabia (Emre Çolak, min. 65) e Andone (Borja Valle, min. 89). RCD Espanyol (0): Diego López, Víctor Sánchez, David López, Óscar Duarte, Aarón, Darder, Carlos Sánchez, Granero (Marc Navarro, min. 80), Léo Baptistão (Sergio García, min. 69), Gerard Moreno e Piatti (Jurado, min. 74). Árbitro: Fernández Borbalán. Amoestou (min. 17), Pedro Mosquera (min. 33), Víctor Sánchez (min. 42), Schär (min. 60), Fede Cartabia (min. 62) e Bóveda (min. 83)."}
{"ID": "NOS_34969", "summary": "Valentín García Gómez é o secretario xeral de Política Lingüística, área da Xunta de Galicia que impulsou, en colaboración co Parlamento e co Foro Enrique Peinador, os XXIV Premios de Publicidade en Galego, uns galardóns que se sustentan no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico e que foron entregados o pasado mes de novembro. Conversamos con el ao respeito.", "text": "Con que finalidade nacen os premios? Nacen porque detectamos unha certa eiva en toda a cadea de produción e comercialización dos produtos á hora de etiquetalos en galego. Observamos que moitas veces hai produtores que queren etiquetar en galego, pero as cadeas de distribución ou as empresas de mercadotecnia e publicidade son quen lles quitan a idea da cabeza. Facer unha campaña publicitaria sempre é unha aventura, nunca hai unha campaña igual a outra, trátase de innovar, de impresionar… pero por moi caras que sexan ningunha ten garantía de éxito. Entón hai que asegurar o éxito, alicerzalo da mellor forma posible. Así é como pensa a xente da mercadotecnia. Por iso, cando alguén di que quere promoverse en galego, respondéselle en moitas ocasións que iso supón introducir unha incógnita máis e que hai que irse ao castelán, que é o seguro. Isto frea moitas iniciativas que poderían saír en galego. De aí que pensásemos en facer algo que non só implicase a quen etiqueta en galego, senón ás persoas encargadas de que saia esa etiqueta en galego, de pensala, de deseñala… Foi así como creamos uns premios en que aparecen a persoa produtora, mais tamén a persoa encargada de mercadotecnia e a cadea distribuidora. Desta maneira, o éxito é compartido e é unha forma de visibilizar que marcas que todas e todos coñecemos se apoien en empresas de publicidade que lle fan ese traballo en galego. Que marca o galego na publicidade? Marca proximidade, denominación de orixe, confianza, procedencia… conta con moitos valores que etiquetando en castelán non se conseguen. Temos os típicos exemplos do vodka e do viño do Porto, desconfiariamos dun vodka etiquetado en portugués –quérelo en ruso aínda que non saibas ruso– e dun Porto etiquetado en ruso –quérelo en portugués aínda que non saibas portugués–. A lingua é marca de autenticidade e de calidade dese produto. Funcionou isto moi ben co viño. Hoxe o 70% dos viños que se producen en Galicia está etiquetado en galego, e moito non o vemos porque vai destinado directamente á exportación. Hai marcas que case non venden en Galicia e etiquetan en galego porque no viño a denominación de orixe é moi importante. Pola contra, o ámbito da conserva, onde levamos intentándoo mil e unha veces e onde tamén é moi importante a denominación de orixe e a procedencia, é unha das grandes materias pendentes. Probablemente, porque son empresas cunha procedencia distinta. O viño sufriu nos últimos anos unha renovación xeracional impresionante e as conservas son empresas de tradición familiar ás que lles custa máis cambiar. E isto tendo en conta a importancia, insisto, da orixe, debido aos problemas de intrusismo que sofre o sector. Eu sempre lles digo, que haberá mellor que etiquetar en galego para que saiban que estas conservas son galegas? Estes premios teñen unha estreita relación co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico. Unha das cuestións que establece o plan de dinamización, que foi aprobado en consenso por todas as forzas políticas, é visibilizar o emprego do galego por parte de todos os sectores da produción e comercialización. É nese eixo no que incardinamos os premios. Despois tamén en implicar as empresas interesadas en facer este traballo. É un premio co Parlamento de Galicia, no que están representadas todas as forzas políticas, que ten un prestixio e é a casa da palabra, o lugar onde se impulsan boas iniciativas, e o Foro Enrique Peinador, de ámbito civil e pioneiro en traballar coas empresas, autónomos, comerciantes… para impulsar medidas de galeguización. Que lles diría ás empresas que teñen certas reticencias a empregar o galego na comercialización dos seus produtos e servizos? O uso do galego supón unha implicación e un compromiso coa cultura do país, con todo o que nos sexa propio, e marca, como dicía, unha orixe específica. Galicia, nos últimos anos, ten moi bo cartel no mundo comercial e económico. Os produtos de Galicia están prestixiados e non só falo no ámbito do Estado español, senón fóra del. A produción galega é sinó- nimo de calidade. Se iso o revestimos dunha etiqueta auténtica que temos nós e cun valor cultural potentísimo, un idioma propio que non te- ñen outros países máis grandes, é algo impresionante. Posuír unha lingua propia é un dos maiores valores cos que podes contar. É certo que non é igual de fácil en todos os sectores, é dicir, non é igual de fácil para unha empresa que se dedica a embotellar viño Ribeiro en Ribadavia que para unha farmacéutica que envía antibióticos a Costa Rica. De todos os xeitos, temos que ir convencendo. Sobre todo, no mundo económico, funciona moito a campaña de prestixio social, poñendo como exemplo as empresas ás que lles foi ben co uso do galego e que gañan diñeiro. Sempre se refire á lusofonía como unha grande oportunidade. É unha oportunidade que practicamente non ten unha lingua cooficial de aquí nin do resto de Europa. Que a lusofonía estea nas economías máis emerxentes do mundo, como Brasil, Angola, Mozambique, é unha fortuna e non somos conscientes da importancia que implica. Téñenme manifestado altos executivos de multinacionais españolas que á hora de mandar traballadoras ou traballadores ao Brasil, as galegas e galegos teñen prioridade absoluta. Todo isto hai que explicalo, porque, por sermos xenerosos, o 70% das galegas e galegos non somos conscientes da importancia da relación coa lusofonía. Por que a Secretaría Xeral de Política Lingüística insiste tanto en implementar medidas no ámbito da empresa? Na sociedade en que vivimos, o mundo económico é fundamental, quizais sexa o máis importante no día a día. Todas e todos nos erguemos para ir traballar, para ir estudar, para comerciar, comprar, vender… o ámbito económico impregna toda a nosa vida. Unha lingua que está inserida nos fluxos económicos e comunicativos da sociedade é unha lingua viva e útil, unha lingua que só estea no ámbito cultural, no político, no ritual… será unha lingua de postín, non será unha lingua útil. Unha lingua útil é aquela coa que nos comunicamos, coa que se compra, coa que se oferta, coa que se relea. Isto forma parte da vida da inmensa maioría da poboación. Está moi ben que sexa a lingua da literatura, do ensino, dos medios de comunicación, do Parlamento… mais tamén debe selo da economía. Non se nos escapa que este é un dos ámbitos nos que máis estaba vetado o galego. Temos moito que avanzar para gañar terreo. Aínda que sexa de maneira tímida, o galego foi introducíndose en máis empresas nos últimos anos. Hai empresas que naceron xa co seu ADN galego: Feiraco, Deleite, R… e tamén, máis recentemente, os vermús. Hai vinte anos víase imposíbel ter vermús bos galegos, os vermús bos viñan de Italia. En cambio, desde hai uns anos temos Petroni e Nordés, que están en todas as partes, dentro e fóra de Galicia, e etiquetados en galego, nunca utilizaron outra lingua. É un fenómeno novo. Despois tamén están empresas como Gadisa ou Eroski, cuxa lingua vehicular é o castelán, mais que incorporan o galego nas súas campañas e rotulacións. Afortunadamente, cada vez son máis as que se suman ao uso do galego. Como acollen as empresas iniciativas como os premios ao uso do galego na publicidade? A acollida é moi boa. Elas e eles din que nunca esperan ser premiados por utilizar o galego. Tamén moitas veces lle preguntas a un empresario por que non usa o galego e diche, \"pois a verdade, non o pensei\". Aínda hoxe non temos a conciencia social de que o galego é un capital e de que na nosa sociedade contamos cun estatus cultural e comunicativo moi especial con respecto a outra xente. Non somos conscientes, en definitiva, da utilización da lingua. Esta entrevista aparece no número 186 do A Fondo, o caderno de análise do Sermos Galiza, disponíbel conxuntamente co número 276 do semanario. Telo aquí na nosa loxa ou nos pontos de venda habituais."}
{"ID": "NOS_543", "summary": "A administración Biden móstrase partidaria de suspender temporalmente as patentes. Após o anuncio estadounidense, os líderes da UE abordarán o asunto na cimeira de Porto", "text": "Estados Unidos apoia suspender temporalmente as patentes das vacinas contra a Covid-19. Así o anunciou a representante de Comercio do Executivo presidido por Joe Biden, Katherine Tai, nun comunicado. \"Esta é unha crise global, e as circunstancias extraordinarias da pandemia de Covid-19 esixen medidas extraordinarias. A administración cre firmemente na protección dos dereitos de propiedade intelectual, mais para terminar a pandemia, apoia que se elimine esa protección para as vacinas\", indica o comunicado. Con esta fin, Estados Unidos apoiará a proposta que fixeron varios países na Organización Mundial do Comercio (OMC) e participará \"activamente\" nas negociacións que requirirán \"tempo\" e \"consenso\". \"O obxectivo é dar tantas vacinas seguras e efectivas a tanta xente como sexa posíbel, e tan rápido como sexa posíbel\", continúa o comunicado. A India e Sudáfrica, apoiados por outros países en desenvolvemento, piden desde outubro do ano pasado que se suspendan as patentes de vacinas, tests e tratamentos contra a Covid-19 coa fin de que estes fármacos poidan producirse máis e en máis países e iso facilite o combate á pandemia. En fronte atópanse os produtores destes fármacos, como a Unión Europea, o Reino Unido, Suíza e, até hoxe, os Estados Unidos. Os produtores temen que a suspensión de patentes e o cesamento de beneficios económicos que implica free a investigación. UE A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, asegurou esta quinta feira, e após o anuncio de EUA, que a Unión Europea está \"disposta a discutir\" a idea de levantar de maneira temporal a protección que ofrecen as patentes sobre as vacinas desenvolvidas contra o coronavirus, unha iniciativa á que os 27 se resistiron até o de agora . \"A Unión Europea está disposta a discutir toda proposta dirixida a afrontar a crise de maneira efectiva e pragmática\", indicou a xefa do Executivo comunitario. A cuestión estará inevitabelmente na cimeira informal que reunirá esta sexta feira e sábado os xefes de Estado e de Goberno da UE en Porto (Portugal) para discutir, entre outros, sobre a xestión da pandemia."}
{"ID": "NOS_25850", "summary": "Trátase dunha versión do 'Paraulògic' catalán.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística (AMNL) presentou 'Pensatermos', un xogo gratuíto para móbil e ordenador que ten como inspiración o 'Pauralògic' catalán e que segue coa tendencia de xogos sobre palabras como o Wordle, que tamén conta cunha versión en galego. No 'Pensatermos', o xogador ou xogadora conta con sete letras coas que debe formar palabras, que lle servirán para sumar puntos. Das sete letras, unha delas aparece marcada en vermello, o que significa que esta letra debe estar presente de forma obrigatoria en calquera das palabras que a persoa queira formar. As palabras deben contar con, como mínimo, tres letras, e en ningún caso poden ser formas verbais conxugadas nin termos en plural. En canto ao sistema de puntuación do xogo, estabelécese da maneira: as palabras de tres letras suman un punto, as de catro dous. As palabras de cinco e seis letras suman tantos puntos como letras, mentres que empregando as sete letras da quenda obtéñense 18 puntos. Adaptación do 'Paraulògic' O xogo chega á Galiza despois de que varios socios da Mesa, residentes en Catalunya, instasen a asociación a desenvolver unha versión adaptada ao galego do xogo 'Paraulògic'. Este xogo foi deseñado por Jordi Palau, e desenvolto por Pere Orga para RodaMots. Os propios creadores cederon os dereitos do xogo á Mesa para que puidese desenvolver a súa propia versión na nosa lingua. En canto á base de datos que emprega o 'Pensatermos', trátase dunha contribución conxunta da Real Academia Galega (RAG) e do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo (UVigo). Ambas institucións facilitaron toda a terminoloxía recollida nos seus dicionarios para poder desenvolver o xogo."}
{"ID": "NOS_49481", "summary": "A nova instalación cultural será un espazo de vida e para o encontro interxeracional, dende bebés até maiores.", "text": "\"Hoxe sinto que gañei o día\". Así concluía Manolo Rivas a súa intervención na inauguración da nova biblioteca pública de Carballo, feliz por ser brindeiro dun espazo concibido para o encontro de persoas de diferentes xeracións, dende bebés e adolescentes até xente maior, de formatos diversos (dende libros, até música ou vídeo) e para funcionalidades tamén varias: dende ler un libro até xogar, asistir a unha actuación ou ir a unha conferencia. Un auténtico almeiro, nas súas verbas, en referencia a aquel lugar dos fondos oceánicos que as xentes de mar recoñecen por ser espazo de vida, de cría e de fertilidade. Foi un momento especial nunha xornada xa de por si tamén especial, o Día Internacional das Bibliotecas. Nela estiveron presentes persoeiros diversos da vida política, cultural e económica da comarca e tamén do país, dende o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, que definiu as bibliotecas como antigos casais gardiáns da memoria e das grandes verdades universais, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, até o alcalde da vila, Evencio Ferrero, e diversos representantes do goberno local, da corporación e dos grupos municipais. A cidadanía como protagonista Mais a verdadeira protagonista foi a cidadanía carballesa, que encheu as instalacións do edificio, e á que se lle dedica a placa conmemorativa. Nela faise constar que son as xentes que habitan Carballo as que o inauguraron este 24 de outubro de 2014. Na tardiña desta segunda feira, os bebés enchían a bebeteca; @s nen@s remexían entre os libros e @s maiores parolaban e curioseaban entre os andeis e os recunchos do novo edificio. Na propia inauguración, unha moza veciña do barrio do que a nova biblioteca fai parte, Eva Cameán, animaba a vecindario a aproveitar as instalacións e facía memoria desta antiga braña, preto do centro da vila pero á súa vez á marxe da vila, na que antano xogaban e se aventuraban @s nenos nos seus xogos infantís, e aprendían dos seus maiores. A do Rego da Balsa será máis mediateca que biblioteca, máis espazo de encontro onde se poida interaccionar cos libros e cos diversos soportes da cultura, que eses vellos templos do saber ao que acudir en actitude de recollemento. A biblioteca, que está xa integrada na Rede Galega de Bibliotecas, conta cun fondo de 5.000 libros As novas instalacións foron financiadas con fondos do Ministerio de Cultura grazas ás xestións do nacionalista Francisco Jorquera, tamén presente no acto de inauguración, nos anos en que foi deputado no Congreso do Estado. É mostra da aposta por políticas culturais como dinamización da vila en tempos de crise que está a facer o executivo local. A biblioteca, que está xa integrada na Rede Galega de Bibliotecas, conta cun fondo de 5.000 libros, ademais de prensa diaria, revistas, e material audiovisual e musical e dará acceso a tablets e dispositivos portátiles para poder gozar deles no propio edificio. Dispón, ademais, dun auditorio con capacidade para unhas 80 persoas. O edificio, do arquitecto Óscar Pedrós, simboliza na súa luminosidade, conseguida con amplas cristaleiras e un patio interior no que medra a árbore que dá nome a vila, un Carballo, a súa concepción como espazo aberto ao encontro e ao futuro."}
{"ID": "PRAZA_10530", "summary": "Cada verán dende hai 28 anos, nenas e nenos saharauís pasan o verán acollidos en familias galegas ao abeiro do colectivo SOGAPS; este domingo chegou o primeiro grupo. Durante a súa estancia en Galicia a rapazada saharauí participa en actividades formativas e de lecer e recibe asistencia sanitaria cuberta polo Servizo Galego de Saúde", "text": "Cada verán dende hai xa 28 anos nenas e nenos saharauís pasan \"vacacións en paz\" en Galicia. Ao abeiro do colectivo Sociedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración coa República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e co apoio dos sucesivos gobernos galegos e de múltiples concellos, familias galegas acollen a rapazada nacida nos campamentos de persoas refuxiadas na Hamada, preto da fronteira entre Alxeria e o Sáhara. O primeiro grupo de 2019 chegou este domingo a Galicia para comezar un verán no que serán un total de 330 os acollidos por familias galegas.Cada verán dende hai 28 anos, nenas e nenos saharauís pasan o verán acollidos en familias galegas ao abeiro do colectivo SOGAPS; este domingo chegou o primeiro grupoSon \"fillos e fillas dos saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975\", explican dende SOGAPS para contextualizar \"a vida destes nenos no exilio\". Habitan campos de persoas refuxiadas e, \"viven como o resto da poboación saharauí, privada do máis elemental\" e \"sobrevivindo dificilmente grazas á axuda internacional\". Reivindicar os dereitos destas nenas e nenos e as dúas familias, pero tamén \"evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto\", cando chegan a superarse os 50 graos de temperatura é parte das \"vacacións en paz\" que agora inician.Membros de SOGAPS, o conselleiro de Sanidade e familias acolledoras recibiron a primeiras horas deste domingo no aeroporto compostelán de Lavacolla o primeiro grupo de nenas e nenos, co que viaxaron tamén integrantes do Intergrupo Paz co Sáhara do Parlamento de Galicia -Alberto Pazos (PP), Eva Solla (EM) e Montse Prado (BNG)-, que visitaron nos últimos días os territorios ocupados. Ata o 9 de setembro os rapaces acollidos desenvolverán diversas actividades de lecer, pero tamén recibirán atención médica cuberta polo Servizo Galego de Saúde, que inclúe vacinación, exames de saúde e outras \"medidas de prevención e rehabilitación\", ademais da atención a posibles urxencias.\"As vacacións en paz -sinala SOGAPS- preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica\", afastados durante un tempo do \"clima de guerra\" dos territorios ocupados. Ao tempo, este colectivo proponse \"contribuír á súas formación\", facilitarlles a devandita asistencia médica, \"perfeccionar a aprendizaxe das linguas castelá e galega, que estudan nos seus programas escolares\" e, alén disto, \"promover entre a sociedade galega os valores de tolerancia e solidariedade\".Durante a súa estancia en Galicia a rapazada saharauí participa en actividades formativas e de lecer e recibe asistencia sanitaria cuberta polo Servizo Galego de SaúdeSOGAPS lembra que as familias que queiran participar como acolledoras das nenas e nenos saharauís nas vindeiras edicións do programa deben comezar por asistir ás xornadas formativas que organiza cada ano o propio colectivo. Nelas explícase a necesidade de contar cunha \"sensibilización especial cara á causa do Sáhara Occidental\" e, ao mesmo tempo, detállase a documentación e trámites necesarios a realizar, como unha entrevista cunha traballadora social ou o compromiso de colaborar coas actividades do programa.A actividade de apoio aos nenos e nenas saharauís e ás súas familias por parte de SOGAPS non se limita ao porgrama Vacacións en Paz, senón que inclúe actividades solidarias e divulgativas durante todo o ano. Así, por exemplo, a organización facilita o envío de paquetes con diverso material ao Sáhara con roupa, libros ou material escolar. O envío deste material tamén é realizado cando rematan os períodos de estancia de Vacacións en Paz."}
{"ID": "NOS_52626", "summary": "A Unión de Consumidores de Galiza (UCGAL) vén de anunciar que comparece como acusación popular no proceso xudicial no que foron imputados dous altos cargos do Goberno de Feijóo polos supostos atrasos na prescrición de medicamentos a persoas con hepatite C.", "text": "Nun comunicado de prensa, a UCGAL sinala que decidiu sumarse ao proceso xudicial porque os feitos que están a ser investigados \"afectan a un dereito tan fundamental como é o dereito á saúde e o acceso aos tratamentos axeitados\". Neste contexto, confirma que a decisión \"está plenamente xustificada, ao se tratar dun caso no que se verían afectados os dereitos das persoas usuarias do servizo público de saúde\". Como asociación de consumidores representativa en Galiza, a UCGAL di posuír \"a lexitimación necesaria para o inicio de accións legais para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias\", máxime, advirte, \"nun eido tan relevante como o da saúde e en relación cuns feitos de tanta transcendencia\". De aí que considere que resulta \"obrigado\" se sumar ao proceso. A reacción da Unión de Persoas Consumidoras xorde após coñecerse a denuncia presentada polo Ministerio Fiscal, que acusou a Xunta dun delito de \"homicidio por imprudencia grave\" ao sérenlles negados ou atrasado o acceso ao tratamento."}
{"ID": "NOS_52501", "summary": "O autor de 'Que se Lixe a Troika' presenta o seu libro na Coruña, onde destaca as boas relacións que agora existen entre os movementos sociais xurdidos contra o rescate e as organizacións políticas, tras uns comezos dificultosos.", "text": "O activista portugués Joao Camargo estivo esta sexta feira na Coruña, onde participou nun encontro con movimentos sociais e presentou o seu libro 'Que se Lixe a Troika', considerado texto de referencia para as mobilizacións que están a ter lugar no seu país contra as políticas impostas polas elites neoliberais. Camargo, que estivo acompañado dun cento de persoas, relatou o éxito das mobilizacións das que el foi un d@s voceir@s e convocantes, que se converteron nas máis grandes dos últimos anos en Portugal. \"Em coincidência com a visita dos avaliadores da Troika, juntamo-nos várias organizações e apostamos em uma palavra de ordem clara, que foi \"Que se lixe a Troika, Queremos as Nossas Vidas\". Reunimos a um milhão de pessoas entre várias cidades. Ao dia seguinte, o Governo quis mudar o sentido da mobilização e manipular os seus fins. Continuamos a trabalhar, realizamos atos culturais de resistência que foram silenciados pelos meios e após um período de aterragem, das 27 iniciais passamos a ser 120 as organizações que fizeram parte da segunda convocatória, ainda mais grande e com uma definição clara no político\". \"Desde esse momento, começaram as grandoladas e muitos mais atos de protesta que fazem que agora mesmo os capatazes da Troika que são os ministros do Governo já não possam falar em público\", engadiu. \"PSD e PS ali, como PP e PSOE aqui, são os herdeiros de Thatcher\" O profesor e xornalista portugués tamén destacou a boa relación que existe na actualidade entre os movementos sociais como o de Precários Inflexíveis ao que el pertence e partidos políticos de esquerda como o Bloco e o PCP logo duns inicios con certas dificultades, evolución que tamén se produciu co sindicato CGTP. Durante a súa intervención, Camargo foi especialmente crítico coas forzas política sistémicas de Portugal e o estado español. \"PSD e PS ali, como PP e PSOE aqui, são os herdeiros de Thatcher, seguem sua doutrina segundo a cal não há alternativa e a austeridade é o único caminho, mesmo afirmando que são problemas técnicos o que na realidade são problemas políticos\". Tamén o Fondo Monetario Internacional foi motivo de crítica: \"O FMI mata, esse é um dado objetivo, onde age diretamente baixa a esperança de vida\". Así mesmo, o activista portugués lembrou que \"o 41 por cento do PIB de Europa foi para salvar os bancos. E por cima, depois inventam que as grandes despesas são em Educação e Sanidade\". Camargo foi presentado polo voceiro local do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril, que destacou que a data do encontro non era casual, xa que coincidía co aniversario do Estatuto de 1936, intencionalidade que tamén trasladou ao recinto elixido, o colexio Curros Enríquez, \"agora que o Ensino público está en perigo\". Carril dixo de 'Que se Lixe a Troika\" que é \"un libro para ler e levar á práctica\". O acto foi convocado por varias organizacións, entre elas a CIG, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Asemblea de Desempregad@s, Ve-la Luz, BNG, Comités, Adega ou a Asociación de Veciñ@s de Monte Alto."}
{"ID": "NOS_18620", "summary": "Anxo Moure é o Apalpador. Cando menos, nos espectáculos que leva anos oferecendo para dar a coñecer entre as crianzas de todo o país esta personaxe da serra do Courel, recuperada como unha forma propia de celebrarmos o Nadal. Escritor e contacontos, enfoca o seu traballo de divulgación cara aos valores do ecoloxismo e o ecopacifismo, aproveitando a figura do carboeiro de maneira pedagóxica.", "text": "Como comezou a interpretar o Apalpador?Chamáronme das terras dos Ancares porque coñecían o meu traballo de Carballo con botas. Querían recuperar a figura do carboeiro e convidáronme a unha feira que facían para a que construín esta personaxe da montaña de Lugo vinculándoa ao mundo da natureza e da ecoloxía. Construín esta personaxe da montaña de Lugo vinculándoa ao mundo da natureza e da ecoloxía Como se constrúe a personalidade deste Apalpador?O elemento fundamental penso que é a barba. Constrúoa tamén a través do traxe tradicional, a vestimenta popular que levaba a xente con pantalón de pana, chaleco, camisa, a pucha ou boina, os zocos e o caxato. Busco algo que sexa moi plástico e ao mesmo tempo moi naturalista, que sería a antítese dese Papá Noel que se viste nas tendas de todo a cen ou nos comercios que oferecen todo procedente da explotación laboral dos pequenos doutros países. O meu Apalpador vístese na feira que se vai apoiando despois nun burro de madeira de bidueiro tamén coa reciclaxe dun bocoi de viño. Plasticamente queda moi gravada na cabeza e as crianzas fana como propia. Percebe un incremento de demanda do espectáculo?Sempre poño énfase no labor das mestras de educación primaria, que xa teñen creado, reivindicado e recuperado espazos de festexo propios como o Samaín. Grazas a elas, a recuperación do Apalpador, sobre todo a nivel escolar, é absolutamente impresionante. Neste momento, eu teño tres proxectos distintos con esta figura. Desde Contos Solidarios oferecemos unha Apalpadora —Antía Vázquez—, un Apalpador —que son eu— e un mozo Apalpador —o meu propio fillo. Este ano cubrimos datas desde 5 de decembro até 4 de xaneiro. Está desbordado completamente. Que unha personaxe procedente da montaña de Lugo, descoñecida até hai tan pouco, ocupe as escolas, os concellos, mesmo a Deputación de Pontevedra... É impresionante. Especialmente se o comparamos, por exemplo, coa recuperación do Olentzero en Euskadi, que vén dos anos 50, mais aquí hai quince anos pouca xente celebraba o Apalpador. Este ano cubrimos datas desde 5 de decembro até 4 de xaneiro. Está desbordado completamente Por que deciden introducir a Apalpadora? Hai testemuños desta figura feminina?Eu non coñezo moito sobre se hai testemuños. Porén, fronte á masculinización das personaxes de Nadal, é necesario. Porque realmente a grande protagonista da montaña con respecto á educación das nenas e dos nenos era a muller. Por iso nós sempre levamos unha Apalpadora. No espectáculo masculino poñemos unha cativa que fai de Apalpadora. Porque sempre dicimos que quen mellor apalpaba barrigas era mamá. Antía traballa no noso espectáculo, pero hai moitas outras mulleres que exercen o papel, comezando polas propias mestras de primaria, que son as grandes recuperadoras. Cal é a necesidade de recuperar esta festa?Eu vexo unha necesidade de cara á posta en valor desde uns contos que sempre son pedagóxicos. Poñemos no foco a aldea, a natureza e a vinculación do ser humano con ela, o castiñeiro, espazos de gran diversidade biolóxica como son os Ancares, o Courel ou a montaña ourensá, onde colle o nome de Pandigueiro. Eu cando menos, como ecoloxista, penso que reivindica tamén o anticonsumo a través dos agasallos alternativos, xoguetes de madeira e tradicionais. É tamén unha personaxe que aproveito para contar a historia da fame na Galiza e das desigualdades sociais. É unha figura que ten un contido moi pedagóxico. Papá Noel é un Apalpador emigrado da serra do Courel Serve para desenvolver moitos puntos tocantes coa nosa identidade.Si, sobre todo nunha Galiza que está baleirada no interior. Eu vexo esa realidade, pois levo 31 anos de contacontos e pasei por moitos colexios. É importante tamén que non se perda esa raíz. Ademais, é unha personaxe ao mesmo tempo universal. De feito, eu sempre digo ás crianzas que Papá Noel é un Apalpador emigrado da serra do Courel."}
{"ID": "NOS_18608", "summary": "A Mesa, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais deseñan de forma conxunta un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe", "text": "A compostelá Praza de Mazarelos, \"onde Carvalho Calero impartiu aulas como primeiro catedrático de lingua galega da universidade galega\", foi o simbólico escenario escollido para a presentación da 'Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza'. Un documento conxunto da Mesa pola Normalización Lingüística e movementos de renovación pedagóxica (AS-PG, Nova Escola Galega), Ampas (Confederaciónde Ampas galegas) e organizacións sindicais (CIG, STEG, CSIF). O documento propón un modelo de sistema educativo no que o galego sexa a lingua vehicular e de aprendizaxe, dentro do máximo que estabelece o marco legal. Ten en conta aspectos básicos como a formación do profesorado e do persoal do centro e a implicación de familias e alumnado no proceso normalizador. Esta implicación concrétase na participación da comunidade educativa tanto nas equipas de normalización como na súa actividade. Suxírese tamén, tendo en conta o contexto sociolingüístico, un período de transición durante o cal se partirá dun mínimo de 50% para ir incrementando a presenza da lingua galega como vehicular e de aprendizaxe. O documento, que recolle achegas de todas as organizacións asinantes \"e que conta cun amplo acordo\", será presentado nos próximos días ás organizacións políticas e organizacións sociais, \"para extender o apoio a unha proposta de extrema necesidade para o futuro de Galiza e do galego\".\"O 1 de agosto de 2020 remata o prazo indicado polo Consello de Europa para que a Xunta de Galiza informe de que medidas se van tomar para garantir o cumprimento da Carta Europea das linguas\", recordou na presentación o presidente da Mesa, Marcos Maceira. \"Este aviso chega despois dunha década de mobilizacións da sociedade galega contra o mal chamado decreto de plurilingüísmo, que impide garantir a capacidade de uso do galego, como mostran todos os estudos sociolóxicos\", sentenciou. O último estudo do IGE indicaba que 1 de cada 4 menores de 15 anos son incapaces de falaren galego. \"O ensino só non serve para contrarrestar a limitada presenza do galego na sociedade\", lamenta Maceira, \"e mesmo reproduce a situación, como se puido comprobar na crise sanitaria coa moi reducida existencia de materiais didácticos en galego\"."}
{"ID": "PRAZA_4837", "summary": "Esther Cuadrado, a nai do neno con autismo que denunciou o trato recibido no CEIP Salgado Torres da Coruña, vén de remitirlle unha carta a Núñez Feijoo pedíndolle que a Xunta actúe. Hai uns días coñeceuse unha sentenza do Tribunal Constitucional que dificulta aínda máis a escolarización de nenos con algún tipo de transtorno.", "text": "\"Bos días, señor Presidente. Non sei se escribir esta carta entre indignada ou sorprendida de que se poida xogar así coa saúde dun neno\", deste xeito comeza o texto que Esther Cuadrado vén de remitirlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, esixíndolle que o Goberno galego actúe para facer cumprir a normativa e os protocolos previstos para a escolarización de nenos e nenas co trastorno do espectro autista, como é o caso do seu fillo Arturo. Esther Cuadrado, membro da Plataforma Galega pola Educación Inclusiva, denunciou hai uns días o trato recibido no CEIP Salgado Torres da Coruña, un centro de escolarización preferente para nenos con TGD e que, polo tanto, debería estar perfectamente dotado para atender adecuadamente estes nenos. Na carta que lle envía ao presidente da Xunta, describe os problemas que Arturo vén sufrindo dende comezos do curso escolar, xusto no momento en que se produciu un cambio de titora, e lembrando que a situación do neno no curso pasado era boa, tanto no que respecta ao seu comportamento e desenvolvemento nas clases coma na relación cos seus compañeiros. Porén, nos últimos meses o centro modificou o sistema de ensino de forma unilateral e sen informar os pais, e ao neno retiráronlle os apoios visuais da aula, onde tamén se alterara a disposición espacial dos seus elementos, e a localización dos materiais de traballo. Tamén denuncia que a titora adoitaba berrarlle a Arturo, creando unha situación de medo e tensión, e que polo xeral o centro non lles facilitaba aos pais do neno a información ou o rexistro de condutas ao que está obrigado. Despois de varias protestas, a nai recibiu do centro a resposta verbal de que \"en realidade non teñen formación para facer eses rexistros de conduta\". A nai denuncia que \"o colexio non está seguindo ningunha das indicacións do citado informe\" e que \"o neno está nunha situación clínica na que nin sequera se pode controlar a medicación\" Na carta, Esther Cuadrado destaca que hai unhas semanas Pilar Barreiro, que ocupa o posto de especialista en TGD do Equipo de Orientación específico da Consellería de Educación, emitiu un informe con indicacións \"para reverter o actual estado de saúde\" de Arturo. Porén, a nai denuncia que \"o colexio non está seguindo ningunha das indicacións do citado informe\" e que \"o neno está nunha situación clínica na que nin sequera se pode controlar a medicación\". Nunha demorada exposición das varias deficiencias detectadas no funcionamento dun centro que por lei debe contar con recursos e coñecemento para asegurar a escolarización e o benestar de nenos como Arturo, Esther Cuadrado destaca que só en febreiro se elaborou \"un plan de intervención individualizada para un neno cun trastorno de conduta xerado a primeira semana do curso escolar\", e no que ademais non se planifica un apoio condutual positivo, mantéñense uns desrexistros de conduta dignos de exposición e ademais desmóntase o sistema de comunicación alternativo do neno\". Sinala que é inaceptable que \"tendo un neno que funciona moi ben nun entorno e nun sistema, que estivo funcionando moi ben durante un ano\" esa situación mude \"por incompetencia\", provocando \"un estrés continuo\" e \"un ambiente humillante para el\" Esther Cuadrado destaca a \"situación de estrés continuo\" xerada pola actuación do centro, e cre que \"se non toma medidas é porque non lle dá a gana\". Sinala que é inaceptable que \"tendo un neno que funciona moi ben nun entorno e nun sistema, que estivo funcionando moi ben durante un ano\" esa situación mude \"por incompetencia\", provocando \"un estrés continuo\" e \"un ambiente humillante para el\". \"Non digo que o maltrataran, pero tiña síntomas que ter sentido un maltrato, e ese entorno intimidante para el mantívose ao longo do tempo e segue manténdose\", engade. Conclúe que neste caso \"o problema non é que o neno teña unha discapacidade, é un problema de terrorismo educativo\". Sentenza do TC, máis dificultades A sentenza, polo tanto, dificulta o obxectivo de que os nenos e nenas que sofren algún tipo de transtorno poidan ser escolarizados á par que outros nenos e nenas Hai uns días coñeceuse unha sentenza do Tribunal Constitucional que desestimaba o recurso de amparo formulado polos pais dun menor contra a resolución da Consejería de Educación de Castilla y León, que decidira impoñer a continuación da escolarización do neno nun centro público de educación especial en lugar de nun centro ordinario, como solicitaban os demandantes. A sentenza, polo tanto, dificulta o obxectivo de que os nenos e nenas que sofren algún tipo de transtorno poidan ser escolarizados á par que outros nenos e nenas, nun ambiente que favoreza a súa integración, no canto de ser enviados a centros especiais. A sentenza tamén discute a liberdade de elección de centro por parte dos pais, que polo que parece só se respecta cando está relacionada con algunha escolla relixiosa, moral ou lingüística. Aínda que a sentenza recoñece que o dereito á educación \"comprende a facultade de elixir o centro docente, incluíndo a de escoller un centro distinto dos creados polos poderes públicos\", o texto afirma que este dereito \"non inclúe o dereito dos pais a escolarizar o seu fillo nun centro ordinario de educación, en lugar de nun centro de educación especial, pues iso virá condicionado á acreditación por parte das autoridades competentes das necesidades educativas específicas do menor\". Federación Autismo Madrid afirma que \"seguirá traballando para que a escolarización nun centro de educación especial non poida considerarse unha opción válida cando a decisión repouse nunha falta de recursos\" Sa sentenza xa foi duramente criticada por colectivos coma o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), que lamentou a decisión \"de non amparar un alumno con discapacidade, que ignora a Convención da ONU\" e que \"atrasará o proceso de adecuación do sistema educativo español ás esixencias internacionais\". De igual xeito, Down España sinalou que \"ao desestimar o recurso para impedir que sexa escolarizado á fuerza en educación especial, o Constitucional actúa en contra da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Finalmente, a Federación Autismo Madrid afirma que \"seguirá traballando para que a escolarización nun centro de educación especial non poida considerarse unha opción válida cando a decisión repouse nunha falta de adaptación dos centros ordinarios, por unha ausencia dos axustes razoables e do diseño universal nos espazos e nos procesos, en definitiva, nunha falta de recursos e de adopción de medidas que facilitarían a educación dende un centro ordinario\"."}
{"ID": "NOS_20817", "summary": "Mentres a líder da oposición demandaba un modelo para \"humanizar os coidados das persoas maiores\" durante a sesión de control ao Goberno, o voceiro do PSdeG apuntaba cara ao sector eólico, criticando a moratoria impulsada pola Xunta.", "text": "O modelo de residencias privadas e o desenvolvemento estratéxico do sector eólico centraron onte a sesión de control ao Goberno que decorreu no Parlamento, ao ser inquirido Alberte Núñez Feixoo, presidente da Galiza, por parte da oposición polas carencias nestes ámbitos. A Galiza conta coa menor cifra de prazas públicas de todo o Estado, cun 85% de prazas privatizadas e con cero residencias públicas construídas durante os 12 anos de goberno do Partido Popular (PP), afeoulle a líder da oposición e voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón. Criticando o modelo privado de residencias de maiores imposto polo PP, Pontón recriminou a Feixoo por un sistema que facilita ás \"empresas amigas do PP como DomusVi seguir facendo negocio coa vellez\", resolveu, facendo énfase en que isto proba como a formación \"non entende a política como servizo público, senón como servirse do público\". A voceira nacionalista defendeu \"un modelo de residencias no que a prioridade sexan as persoas\", na liña da Proposición non de lei presentada pola fronte, que busca impulsar as residencias públicas de menor tamaño, que permitan \"humanizar os coidados das persoas maiores\". \"Obriga ética e moral\" \"Temos a obriga ética e moral de tomar nota do que pasou na pandemia, onde un colectivo de 22.000 persoas chegou a representar o 45% dos falecementos\", subliñou.Na súa resposta, Feixoo reiterou que a Galiza padeceu \"o número máis baixo de falecementos con respecto ao total de prazas\", e salientou o tempo récord no proceso de vacinación das persoas maiores. Ao tempo, sostivo que após os efectos da pandemia de SARS-CoV-2, o seu gabinete impulsa un novo modelo de residencias, sen facer mención ao carácter público ou privado das mesmas. Modelo eólico \"Un novo modelo eólico para a Galiza que desenvolva un plan de crecemento ordenado, respectuoso co medio ambiente e socialmente xusto do sector\", reclamou durante o pleno o voceiro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), Luis Álvarez, cuestionando as liñas estratéxicas do Executivo. Álvarez incidiu na \"falla de planificación, falla de eficacia e falla de transparencia\" por parte do Goberno que preside Feixoo no ámbito eólico. Este desleixo, subliñou, \"provoca inseguridade xurídica para todos os axentes implicados\". Pedindo un novo plan eólico que \"nos sitúe nunha posición de vangarda na utilización das enerxías renovábeis\", o parlamentar cuestionou a moratoria de novos proxectos eólicos imposta pola Xunta, apuntando que \"despois de tanta desidia durante anos, aínda se permiten prohibir por Lei novos proxectos durante ano e medio\". Pola súa banda, o presidente puxo en dúbida que se aborde esta cuestión \"perante unha crise enerxética\", e arremeteu en contra do Estado polos parques eólicos de responsabilidade estatal que tramitou."}
{"ID": "PRAZA_17110", "summary": "Nunha das reviravoltas argumentais e falaces tan do gusto dalgúns cadros dirixentes, que levan media vida neste tipo de prácticas, pretenden facer ver que trasladar o dereito de revogación da cidadanía a un pequeno grupo de persoas inscritas ten valor democrático, ético e mesmo dalgunha clase de ruptura. E non é así.", "text": "O réxime de representación sostense sobre o alicerce dun baleirado absoluto da soberanía popular. Unha transferencia total, ou unha expropiación, máis ben, de capacidades de decisión. Desposuír a multitude e o pobo desa capacidade de decidilo todo e derivala a órganos e institucións aristocráticas controladas por un reducido grupo de persoas. Nunha das reviravoltas argumentais e falaces tan do gusto dalgúns cadros dirixentes, que levan media vida neste tipo de prácticas, pretenden facer ver que trasladar o dereito de revogación da cidadanía a un pequeno grupo de persoas inscritas ten valor democrático, ético e mesmo dalgunha clase de ruptura Cando Marx reivindicaba con toda firmeza o dereito á revogación dos cargos electos aludía, así de simplemente, ao feito de que quen ten dereito a elixir tamén debe ter dereito a revogar. E esa é a única maneira de que quede garantido realmente o dereito ao sufraxio universal. O réxime de representación burguesa, como sabemos, xoga á aparencia co sufraxio universal, matízao e négao de facto cando impide e anula o dereito á revogación dos cargos electos. Ou cando o restrinxe e o deriva de facto a diversas institucións da sociedade política. Se non hai revogación, a democracia é unha farsa con galas de coro eclesiástico. Algunhas organizacións que naceron ou se reencontraron nunha crítica radical do réxime de representación, e que dunha maneira ou outra beberon da explosión do 15 M de hai sete anos, entenderon a revogación como un dereito fundamental. Pero nunca propuxeron transferir ese dereito desde o corpo electoral ao corpo militante da propia organización. Non caeron nesa trampa. Dicíao Antón Sánchez hai uns días, poñendo sentido común democrático e radical no medio do barullo de impostura: a acta dunha deputada é da cidadanía. Con todo, aqueles espazos orgánicos que se dotaron de fórmulas de revogación, porque defenden que, efectivamente, as actas de representantes non se deben aos individuos senón á cidadanía, estableceron mecanismos extremadamente garantistas. Non só se trata de que a representante só pode responder ante as votantes; tamén se trata de impedir que a organización elimine de maneira arbitraria a delegación con que as votantes confiaron nas súas representantes. Todo o dereito á revogación e por tanto ao sufraxio universal é o que a dirección de En Marea, que teima en minorizar o espazo e reducilo á organización conservadora que algúns soñaron e deseñaron mais non puideron facer cristalizar, fai saltar polos aires dun golpe. Non só non acode ao revogatorio que se establece, coas súas normas, nos textos aprobados polas persoas inscritas en Vigo no ano 2016, senón que inventa unha consulta para un reducido grupo de persoas ás que se lles pide que decidan se unha deputada debe seguir representando as súas e os seus electores. É dicir, nunha das reviravoltas argumentais e falaces tan do gusto dalgúns cadros dirixentes, que levan media vida neste tipo de prácticas, pretenden facer ver que trasladar o dereito de revogación da cidadanía a un pequeno grupo de persoas inscritas ten valor democrático, ético e mesmo dalgunha clase de ruptura. E non é así. O que pretenden non é máis ca unha expropiación groseira do dereito de revogación, cuxa propiedade pasaría arbitrariamente ao poder duns poucos. Independentemente mesmo dos propios documentos de En Marea e dos mecanismos que establecen para unha revogación, que son moi claros e esixen moita seriedade e rotundidade, unha organización non ten dereito a expropiar a capacidade real de elección da cidadanía. E iso, e non outra cousa, é un atentado sen reparo contra o dereito ao sufraxio universal, que xa o propio réxime ten reducido a unha aparencia sen substancia. No canto de reforzalo, de intervir no poder lexislativo, por exemplo, para instaurar o dereito efectivo á revogación, o grupúsculo dirixente de En Marea pretende reducilo a unha consulta sen garantías na que só tería dereito a participar unha porcentaxe minúscula, microscópica, ridícula, das persoas que elixiron a Paula Quinteiro deputada. Ese é o verdadeiro alcance deste esperpento. Un esperpento que non fai máis que medrar con cada nova xustificación desta destrución de toda lóxica democrática. Mesmo que se ampare nunha filibusteira apelación a unha ética abstracta baseada no principio de autoridade do réxime e nunha colección vil das mentiras máis cínicas. O grupúsculo dirixente de En Marea pretende reducilo a unha consulta sen garantías na que só tería dereito a participar unha porcentaxe minúscula, microscópica, ridícula, das persoas que elixiron a Paula Quinteiro deputada Que Paula Quinteiro perda a súa condición de deputada electa só depende da súa propia vontade, dunha revogación da cidadanía (prohibida por lei) ou dunha revogación da organización en cuxas listas foi elixida. E esta revogación pasa por mecanismos moi claramente establecidos nos documentos aprobados en xullo de 2016 en Vigo. O revogatorio ten sentido precisamente só, única e exclusivamente, porque a lexislación vixente non o admite. É unha maneira que a organización ten de advertir da necesidade de protexer o dereito ao sufraxio universal mediante a institución do dereito á revogación de cargos electos. Por esa razón se dota de fórmulas extremadamente garantistas, para evitar arbitrariedades e interpretacións perversas de grupúsculos temporalmente dirixentes. Para evitar que un reducido grupo de persoas asuman en exclusiva un dereito fundamental de cidadanía. De ningunha maneira un revogatorio pode converterse nun procedemento sancionador nin reducirse a unha consulta informal, con normas funcionais e creadas ad hoc, sen garantía de ningunha clase. A consulta que se quere poñer en funcionamento en En Marea será ignorada por todas aquelas persoas que dunha maneira ou outra entendan que se está a dar un uso fraudulento dunha ferramenta que naceu coas olladas postas noutros lugares e noutros horizontes. A consulta é ilexítima, por moito que os xornais e os aparellos do réxime teimen en lexitimala como o réxime se lexitima, cos mesmos argumentos, coas mesmas ferramentas, tamén coa da representación e a do cinismo. O seu resultado non compromete a ninguén, empezando porque ninguén pode ter garantías da súa limpeza desde o momento mesmo en que se evitan os procedementos estatutarios que realmente as ofrecerían. Restrinxir este dereito e derivalo a un reducido grupo de persoas é unha maneira perversa de baleirar en beneficio de corporacións e agrupamentos privados os dereitos e capacidades colectivas da cidadanía. Nesa farsa non paga a pena participar Revogar e elixir fan parte do mesmo proceso democrático. Quen ten dereito a elixir ten dereito a revogar. Restrinxir este dereito e derivalo a un reducido grupo de persoas é unha maneira perversa de baleirar en beneficio de corporacións e agrupamentos privados os dereitos e capacidades colectivas da cidadanía. Nesa farsa non paga a pena participar. Publicidade"}
{"ID": "NOS_5161", "summary": "Hai varias razóns para visitar Burela: coñecer a vida dun importante porto pesqueiro e gozar da súa rica gastronomía, contemplar paisaxes que combinan cantís agrestes -nos que abondan as formas curiosas (furnas, illotes, pregues...)- con praias acolledoras, ou achegarnos ás mostras da súa historia e arte.", "text": "O concello de Burela (creado en 1994) está situado na Mariña luguesa, entre o final da Rasa Cantábrica e as últimas estribacións da serra dos Cabaleiros. É un concello pequeno en superficie, pero grande en valores naturais, económicos e culturais. Paraxe: A Mariña Central / Concello: Burela / Percorrido: 6,5 km + camiñadas / Dificultade: Baixa A actividade máis destacada é a pesca e a comercialización dos seus produtos, cun importante porto onde conviven embarcacións de pesca de altura coas de pesca artesanal, e unha importante lonxa onde se venden ata cento once especies diferentes de peixes e mariscos, entre as que destacan a pescada do pincho e o bonito e, en menor medida, a xarda, o xurelo, a sardiña, o polbo... A lonxa comercializa unha media de 24.500 toneladas ao ano. Hai varias razóns para visitar Burela: coñecer a vida dun importante porto pesqueiro e gozar da súa rica gastronomía, contemplar paisaxes que combinan cantís agrestes -nos que abondan as formas curiosas (furnas, illotes, pregues...)- con praias acolledoras, ou achegarnos ás mostras da súa historia e arte -visitando o \"Reina del Carmen\", un antigo barco boniteiro convertido en museo etnográfico da Cultura Mariñeira, e o Museo de Arte ao Aire Libre do espigón, conformado por obras do Concurso Internacional de Pinturas Murais Amarte que se celebra desde o 2017 coincidindo coa Feira do Bonito. A singularidade da costa de Burela, de xeito especial a súa xeoloxía, fai que estea catalogada como Xeosite (Lugar Xeolóxico de Interese Internacional), formando parte da \"Zona de Cizalla Basal Ddo Manto De Mondoñedo\", e LIX (Lugar de Interese Xeolóxico do Estado). Para achegarnos a coñecer Burela, propoñemos un traxecto en coche, con paradas, e curtas camiñadas, a non ser na contorna da praia do Cantiño, onde comezamos o percorrido e temos o tramo de costa máis recortada e irregular. Aquí, facendo aproximadamente 1 km a pé, podemos achegarnos a todos os lugares de máis interese: praia e punta do Cantiño, Pasada da Ronca, Punta e Río de Ancares, Portiño e Castelo das Pombas, e ver desde alí a Pena Doncela, O Bolar e a Igrexa de Coeda. A segunda parada farémola no porto ao pé dos pregues, a onde chegamos polo desvío ao porto e collendo na rotonda do final á dereita para circular ao pé do cantil. A seguinte, continuando pola beira do mar, nas praias do Pedrouro e O Portelo, e logo seguindo os sinais que levan á praia da Marosa imos circulando case á beira do mar e a estrada ten zonas de estacionamento preto de todos os lugares de interese (o cabo Burela, a praia do Ril, a punta da Laxe e a praia da Marosa). Como remate, podemos achegarnos ao monte Castelo, miradoiro e área de lecer, para gozar dunha panorámica xeral da vila e do concello."}
{"ID": "NOS_14965", "summary": "Un Sánchez debilitado após se visualizar a súa fraxilidade parlamentar no debate do teito de gasto terá de lidar, á volta do verán, coa corrente soberanista catalá liderada por Puigdemont en actitude claramente de combate. \"O período de graza remata\", dixo este sábado, xa en Bélxica, após a paréntese alemá, o president no exilio, respaldado pola visita do president en exercicio, Quim Torra. Para Torra, o obxectivo desta lexislatura volta a chamarse referendo.", "text": "Voltou Puigdemont á súa residencia belga de Waterloo. Voltou a se reunir co resto de soberanistas no exilio, Toni Comín, Clara Ponsatí, Meritxell Serret e Lluís Puig. Voltou a se ver con Quim Torra. Ambos debruzáronse sobre o balcón da chamada Casa da República para saudar os seus simpatizantes, entre eles o rapeiro, tamén no exilio, Valtonyc. E voltou en plena forma, após conseguir o control do PDeCAT no recente congreso da antiga Convergència. Puigdemont prepara unha axenda política moi intensa para despois do verán. O propósito é o de incrementar a presión sobre Sánchez. A idea é que os votos independentistas que viabilizaron a moción de censura a Raxoi —operación que non contou co beneplácito do president no exilio— teñan algún tipo de contrapartida. Puigdemont e Torra queren que Sánchez pase \"dos xestos aos feitos\". O certo é que o calendario político en Catalunya após as ferias de verán é de vertixe. Primeiro, a Diada. Segundo, a comemoración do 1-O (o referendo que pasará á historia polas cargas policiais contra as e os eleitores cataláns) e do 3-O (a greve xeral de denuncia da represión policial). Terceiro, o xuízo aos dirixentes soberanistas procesados por rebelión, a comezar por Oriol Junqueras, o máximo referente de ERC. E cuarto, o lanzamento da Crida Nacional pola República, o movimento que vai liderar Puigdemont e no que se vai integrar a militancia do PDeCAT. O ambiente que se vai criar en Catalunya con estes eventos liberará novas enerxías no campo independentista, calculan Puigdemont e Torra, e empurrarán Sánchez a negociar quer co Palau de Sant Jaume -sede da Generalitat- quer con Waterloo -sede do embrión da República catalá no exilio. O problema para esta corrente do independentismo catalán (ERC ten a súa propia estratexia, máis proclive a chegar a ententes cos comúns e refractaria á formación de frentes nacionalistas) é que o Goberno Sánchez ten delimitada unha clarísima liña vermella: o referendo que demandan Pugidemont e Torra non é negociábel. Si calquera outra cousa, desde máis investimentos até un novo estatuto que deixe en nada o cepillado do Tribunal Constitucional. Mais o referendo non está nen estará sobre a mesa. Os dirixentes do PDeCAT ven o fechamento de Sánchez a negociar o referendo como algo natural nun dirixente unionista e non agardaban nada diferente a iso. Confían, no entanto, en que unha nova vaga de mobilizacións en Catalunya poda criar o caldo de cultivo para que A Moncloa vaia alterando a súa posición. E basean parte da súa confianza no depósito de lexitimidade que para a causa independentista catalá ten suposto a derrota xudicial española na persecución de Puigdemont. Que o Tribunal Supremo tivese que retirar a euro-orde internacional contra o president no exilio indica até que punto a posición do estado español ten debilidades no escenario da Unión Europea. Puigdemont continúa a acreditar en que Bruxelas podería acabar mediando no conflito catalán a prol dunha solución negociada. Unha solución negociada que dunha forma ou doutra tería de ser submetida a referendo."}
{"ID": "NOS_33694", "summary": "A Fundación Galiza Sempre, en colaboración co Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes, organiza este sábado, 14 de novembro, o encontro telemático \"Pobos e solidariedade. Chile após o plebiscito\".", "text": "\"Pobos e solidariedade. Chile após o plebiscito\" e nome do novo encontro telemático que organiza a Fundación Galiza Sempre, en colaboración co Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes. Decorrerá este sábado, día 14, a partir das 20 horas a través da canle de Facebook da Fundación Galiza Sempre e do BNG e enmárcase no ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia. Desta volta, a Fundación Galiza Sempre convida Pablo Sepúlveda Allende, activista chileno e neto do presidente Salvador Allende, a dar un repaso dos acontecementos que tiveron lugar en Chile no último ano e a falar da vixencia da Vía Chilena ao Socialismo cando se fan 50 anos da vitoria de Unidad Popular. Pablo Sepúlveda naceu en México durante o exilio da súa familia após o golpe de Estado de Pinochet. Nos anos 90 regresou a Chile e anos máis tarde marchou a Cuba para iniciar os seus estudos en Medicina. Desde hai uns anos reside en Venezuela onde exerce de médico sen abandonar o compromiso co seu país. Este mesmo ano, Allende foi detido pola policía chilena xunto a outros compañeiros do movemento Salud en Resisitencia mentras atendía a varias persoas feridas nunha carga policial durante unha manifestación nas rúas de Santiago de Chile. Ciclo de conferencias Este é o sexto encontro telemático que organiza a Fundación Galiza Sempre no marco do citado ciclo desde o comezo da pandemia co fin de achegar ás casas referencias no eido social, do soberanismo, da esquerda e dos movementos emancipatorios tanto da Galiza como do panorama internacional. Esta mesma semana tiña lugar en Diálogos desde a periferia a conferencia \"Un urbanismo alternativo\", no que tomaron a palabra a tenente de alcalde de Pontevedra, Carme da Silva, e os sociólogos Antonia Luciani e Francesco Tonucci. Un dos encontros máis seguidos xuntou, vía internet, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, co ex presidente de Bolivia Evo Morales."}
{"ID": "NOS_20685", "summary": "A pesar de que ao longo dos seus 12 anos na Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo non lograse nin unha soa nova transferencia de competencias para a Galiza, o PP considera agora que moitos dos problemas que se achacan ao actual Estatuto de Autonomía poden solucionarse conseguindo novas competencias. Así xustifican a súa negativa a reformar a carta estatutaria.", "text": "O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, destacou esta terza feira, 6 de abril, cando se fan 40 anos da promulgación do Estatuto de Autonomía de 1981, que o marco do que se dotou Galiza foi de \"enorme utilidade ao país\", aínda que teña \"carencias\", e permitiu \"mellorar\" sobre a posición inicial. Puy, que se escudou no actual \"clima\" política para postularse en contra de reformar o Estatuto, destacou que o texto \"é certamente un motivo de unión e celebración conxunta\" e lamentou que \"este acto de unión non sexa entendido así por todas as forzas do país\" e que \"no día en que se conmemora a máis brillante páxina da Galiza\" haxa quen mesmo \"propoña un Estado confederal\". \"Sendo como toda obra humana perfeccinábel, o ambiente político non aconsella, visto o visto noutras comunidades autónomas, que sexa o momento de abrir o debate\", manifestou Puy. O político popular tamén se referiu á \"visión\" de \"fracaso\" da reforma estatutaria durante a época do Goberno de coalición na Xunta entre o PSdeG e o BNG, unha proposta que non puido saír adiante polo bloqueo dos populares. \"Non é un fracaso propio da Galiza\", indicou, para argumentar que o conxunto do centro dereita e centro esquerda tampouco foi capaz de acordar ao mesmo tempo que os nacionalistas noutros territorios do Estado, salvo o exemplo de Valencia, no que \"non participou ningún movemento soberanista, sostivo. Ademais, o dirixente popular afirmou que a situación da Galiza \"é diferente porque partía dun teito competencial moi inferior\", pero advertiu de que \"moitos dos problemas que se queren atallar\" coa reforma do estatuto, pódense facer co actual texto. Así, puxo como exemplo a transferencia da AP-9 ou que \"nada impide\" que a Galiza teña unha axencia tributaria. E, a pesar que nos seus 12 anos de Goberno na Xunta, Alberto Núñez Feixoo non lograrse nin unha soa transferencia de competencias para a Galiza, Puy chegou a afirmar que a Galiza pode tamén asumir as competencias do dominio público terrestre. \"O que fai falta é vontade política\", apostilou. Así mesmo, afirmou que \"a historia do autogoberno é a historia dun éxito\", \"parello\" ao estado do benestar, e remarcou que \"hoxe é o día de destacar as virtudes e non os seus defectos\". \"É moito o que nos deu o estatuto\", rematou."}
{"ID": "PRAZA_8114", "summary": "O presidente da RAG abre a posibilidade de dar marcha atrás na súa anunciada dimisión. Manuel Rivas aclara que solicitará que \"reconsidere a súa posición\" e felicítao por presentar un recurso contra o decreto do plurilingüismo.", "text": "O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, segue deitando dúbidas sobre a súa marcha da institución logo de admitir este sábado que \"sempre se pode cambiar de opinión\", ao ser preguntado polos xornalistas sobre a posibilidade de que dea marcha atrás na súa anunciada intención de dimitir. Ademais, e preguntado sobre o apoio recibido por académicos como Manuel Rivas ou Darío Xohán Cabana e por varias institucións para que reconsidere a súa postura, Méndez Ferrín limitouse a dicir que \"pode ser\". \"Quizais, maybe ou perhaps, estamos nun país plurilingüe, ou non?\", asegurou con retranca ante os xornalistas. O aínda presidente da RAG non aclarou se o acto de hoxe sería o último como máximo dirixente da Academia, pero si asegurou que era un día \"dificilmente olvidable\" ao \"entrar un amigo\" na institución, o escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, que se converteu en académico numerario. Manuel Rivas reitera a súa confianza en Ferrín porque \"sen el a Academia non sería o mesmo\" Ademais, Manuel Rivas, escritor e tamén membro da RAG, retirerou este sábado a súa confianza en que Ferrín \"reconsidere a súa dimisión\". \"Sen el a Academia non sería o mesmo\", manifestou, logo de defender a súa \"actividade\" á fronte da institución. Rivas louva \"a valiente postura de presentar un recurso contra o decreto do plurilingüismo\" Así, Manuel Rivas xa adiantou que no plenario do vindeiro mércores, onde se agarda que Ferrín comunique a súa decisión definitiva, pedirá a palabra para que \"reconsidere a súa posición\". \"O fundamental é que exista vontade de que a Academia sexa o que debe ser, a institución de refrencia en defensa da lingua de Galicia e que sexa coñecido por ese traballo, e estes anos foi así\", engadiu, tras louvar a \"valiente postura de presentar un recurso contra o decreto do plurilingüismo da Xunta\". Precisamente, a RAG anunciou que vindeiro luns ofrecerá unha rolda de prensa para dar detalles sobre o recurso de casación presentado ao Supremo tras a sentenza do TSXG sobre a norma."}
{"ID": "NOS_22651", "summary": "O sindicato reclama do goberno que habilite un fondo especial para enfrontar os custos económicos, sociais e laborais", "text": "O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, manifestou que \"a declaración de estado de alarma e de emerxencia sanitaria non pode recaer na clase traballadora, como tampouco nas empresas\" e denunciou que \"a lentitude na adopción de medidas está provocando que as empresas estean repercutindo nas traballadoras e traballadores o custe real de toda esta situación\". Denunciou que xa están chegando, desde a declaración de estado de alarma, \"toda unha serie de suspensións temporais, a través da utilización dos ERTES, ou da imposición de vacacións, no mellor dos casos… Medidas que considerou \"moi inxustas\" e que \"non resolven a situación, senón que están creando novos problemas\". Carril advertiu que a declaración de estado de alarma, por parte do Estado español, ou de emerxencia sanitaria, por parte da Xunta, non pode ser \"un cheque en branco para aproveitar a situación para recortar dereitos e liberdades fundamentais ou invadir competencias das comunidades autónomas\". O sindicato nacionalista considera que \"non é de recibo\" que a estas alturas, \"e despois dos días transcorridos\", non se tiveran adoptado polo goberno, \"ao tempo que a declaración do estado de alarma, as medidas urxentes que no ámbito laboral son tamén urxentes e necesarias\". Reformas laborais O secretario xeral da CIG alertou de que, ao non se adoptaren medidas no plano laboral, o que se está utilizando é o articulado das reformas laborais de 2010 e 2012, como a \"barra libre\" de \"invocar a chamada forza maior\".l Para a CIG entre as medidas urxentes cómpre primeiro \"declarar o dereito a un permiso retribuído por cumprir un deber inescusábel como é o coidado de menores e persoas dependentes diante da declaración de estado de alarma, mais tamén o deber social de quedar na casa para evitar a propagación da pandemia\". Permisos que, lembrou, están sendo denegados, malia estar contemplados no Estatuto das Traballadoras e Traballadores, en concreto, no artigo 37.3. Xunto a isto demandou que se dean as garantías suficientes para as traballadoras e traballadores que están obrigadas a traballar porque non teñen outra posibilidade, garantindo que as forzas de orde público confirmen que se adoptan as medidas suficientes en materia de saúde laboral\". Ademais defendeu a necesidade de que o goberno supervise e clausure aqueles centros de traballo no que non se garantan as medidas de prevención, para que se poida facer o traballo con seguridade. Persoal necesario Xunto a isto considerou necesaria \"a adopción de medidas especiais que abaraten ou mesmo faciliten o non pago de enerxía, ante os grandes consumos que se están realizando ao estar na casa\" e demandou \"compensacións especiais para o conxunto de traballadores e traballadoras que están traballando nestas condicións, persoal sanitario, persoal do comercio, persoal da axuda ao fogar, persoal de atención a maiores en residencias públicas ou privadas, e de todas aquelas traballadoras e traballadores que están obrigados a desempeñar o seu traballo, en moitas ocasións sen dispor das medidas de protección necesarias e soportando unha tremenda presión como ocorreu estes últimos días nos supermercados\". O secretario xeral da CIG exixiu tamén do goberno que se habilite un fondo especial que compense esta situación, entendendo que non pode recaer nas empresas, e \"sabedores de que a UE ten acordado que todo este gasto non está limitado polas restricións de gasto público. É un problema de vontade política\"."}
{"ID": "PRAZA_4683", "summary": "Isabel Lema, coordinadora da entidade coruñesa, representou a Asociación Europea de Radios Comunitarias AMARC-Europa e as emisoras en linguas minorizadas. Falamos con ela sobre os obstáculos que aínda se manteñen para o desenvolvemento destas iniciativas comunicativas.", "text": "Os obstáculos para o desenvolvemento das emisoras comunitarias en Europa seguen sendo moi grandes, e a situación en Galicia é máis negativa aínda. Porén, aí seguen traballando un feixe de proxectos, facendo moito polo fomento da radio local, polo libre acceso da cidadanía á emisión radiofónica e, como consecuencia do anterior, pola potenciación da lingua galega. E, entre todos, pelexan por ver recoñecido o seu estatus legal, a súa función social e por ter a posibilidade de competir en igualdade de condicións coas emisoras comerciais. O pasado 16 de xaneiro unha representación da Asociación Europea de Radios Comunitarias (AMARC-Europa) interveu no Parlamento europeo, no marco dunha xuntanza do Intergrupo para as minorías tradicionais, comunidades nacionais e línguísticas, para presentar as recomendacións das radios comunitarias para a defensa da pluralidade e diversidade cultural nos medios de comunicación. A reunión foi facilitada polo eurodeputado vasco Iñaki Irazabalbeitia, da Alianza Libre Europea. Na comparecencia ante os parlamentarios europeos interviron Davyth Hicks (secretario xeral da Rede de Europea as Linguas Rede de Igualdade-ELEN, CEO Eurolang), Sally Galiana (presidenta de AMARC-Europa) e Isabel Lema, coordinadora de Cuac FM, que ademais achegou a visión do grupo de traballo creado en AMARC-Europa sobre as linguas minorizadas. Sally Galiana explicou a situación actual do terceiro sector da comunicación en Europa e destacou que a pesar da resolución 2008 do Parlamento Europeo e da Declaración do Consello de Europa de 2009 (titulada Promover a cohesión social. O papel das radios comunitarias), que apostaban por promover as radios comunitarias, a situación destes medios deteriorouse nos últimos anos. Galiana sinalou que \"os membros da comisión parecen ignorar as súas propias recomendacións e rexeitaron en dous anos consecutivos, a proposta dun proxecto piloto para os medios comunitarios que garantiría os recursos e o crecemento do Terceiro Sector da Comunicación\" Galiana sinalou que \"os membros da comisión parecen ignorar as súas propias recomendacións e rexeitaron en dous anos consecutivos, a proposta dun proxecto piloto para os medios comunitarios que garantiría os recursos e o crecemento do Terceiro Sector da Comunicación\". Na súa declaración de rexeitamento, o Consello afirmou que as radios comunitarias son \"microestacións\" con moi pouco impacto na sociedade, o que para Galiana \"non reflicte a realidade do sector, pois as radios comunitarias contan co 70% do persoal (laboral e voluntario) de todas as emisoras do territorio da UE\". Galiana concluíu que \"houbo moi poucos avances no recoñecemento do sector nos estados membros da UE, e a pesar dalgúns avances en España, Polonia e República Checa, estes non se materializaron na concesión de licenzas ou frecuencias a emisoras comunitarias\". \"En teoría temos dereito a, cando unha comunidade autónoma saque un concurso de licencias de emisión, solicitar que tamén se presente un concurso para radios comunitarias. Porén, isto non está sucedendo\" En España até a última reforma da Lei Xeral de Telecomunicacións, destaca Isabel Lema, \"as radios comunitarias non estabamos contempladas, e agora si que o estamos, somos un suxeito de dereito. En teoría temos dereito a, cando unha comunidade autónoma saque un concurso de licencias de emisión, solicitar que tamén se presente un concurso para radios comunitarias\". Porén, isto non está sucedendo e, por suposto, non sucedeu co último concurso de frecuencias de FM da Xunta, ante o que Cuac FM presentou un recurso contencioso-administrativo, aceptado polo TSXG. Lema destaca que na reunión \"houbo unha boa receptividade\" por parte dos parlamentarios, que se comprometeron a mediar ante o Consello de Europa e a Comisións Europea. \"Temos confianza\", di Isabel Lema, \"somos conscientes de que dende o Parlamento europeo non se pode intervir nas lexislacións estatais, pero si que se fan recomendacións e directivas. As radios comunitarias temos unha importancia social innegable e deberíamos ter cando menos os mesmos dereitos que as outras emisoras\". As radios comunitarias e as linguas minorizadas Na xuntanza, Isabel Lema presentou as recomendacións e reivindicacións do terceiro sector para apoiar as linguas minoritarias e as culturas locais a través dos medios comunitarios Na xuntanza, Isabel Lema presentou as recomendacións e reivindicacións do terceiro sector para apoiar as linguas minoritarias e as culturas locais a través dos medios comunitarios. Estas recomendacións céntranse na creación dun marco europeo común que garanta o desenvolvemento, crecemento e a sustentabilidade dos proxectos comunitarios, unha reserva de frecuencia de 33 % do espectro para as radios comunitarias que transmiten en linguas minoritarias e que o acceso ás frecuencias teña lugar en condicións de igualdade cos outros medios de comunicación locais (públicos ou privados). Ademais, destacou que para garantir a sustentabilidade das radios comunitarias é preciso a eliminación das restricións técnicas e financeiras que non se aplican ás emisoras locais públicas ou comerciais, como a limitación de potencia e alcance de emisión, restricións no acceso ás licenzas ou a imposición dun orzamento máximo anual que pon en risco a súa existencia. Esta situación, dixo, vese agravada pola falta de mecanismos de financiamento público que garantan a sustentabilidade do Terceiro Sector da Comunicación, así como os requisitos financeiros que lles impiden ás radios sen ánimo de lucro acceder a fondos europeos. Lema sinalou ademais que as radios comunitarias son a \"única voz e fontes de noticias e información local\" en moitas áreas. Coa tendencia das radios comerciais a reducir o seu contido local e ante a concentración dos medios en poucas empresas, \"as radios comunitarias constitúen unha ferramenta fundamental para garantir o pluralismo e a diversidade nos medios de comunicación\". E isto afecta de forma directa á presenza da lingua galega na radio. Se as emisoras teñen cada vez menos emisións locais, reducida a unha ventás de cada vez menor duración, os contidos en galego tamén se ven afectados. En cambio, as radios comunitarias si están garantindo na actualidade unha utilización da lingua galega moi superior. Lema sinalou ademais que as radios comunitarias son a \"única voz e fontes de noticias e información local\" en moitas áreas Esta representación tamén fixo fincapé, a través de Davyth Hicks, secretario xeral da ELEN (European Language Equality Network), antiga Oficina Europea de Linguas Minoritarias, en que o Convenio Marco para a Protección das Minorías Nacionais (CMMN) \"recoñece que o dereito á liberdade de expresión de toda persoa pertencente a unha minoría nacional inclúe a liberdade de soster opinións e recibir e impartir información e ideas na lingua minoritaria\" e propón \"a concesión de licenzas, sen discriminación e en base a criterios obxectivos, de radiodifusión sonora e televisión\", mentres que a protección das persoas pertencentes a minorías nacionais lles outorga o dereito á creación e uso dos seus propios medios de comunicación."}
{"ID": "NOS_52268", "summary": "O país helvético destapa a principios do mes de marzo un escándalo que atribúe unha suposta conta bancaria en Suíza a Juan Carlos I. Unha investigación que evidencia os sinais de corrupción na Coroa española.", "text": "A Fiscalía suíza investiga se existen vínculos entre as viaxes de Juan Carlos I a Arabia Saudita, Kuwait e Baréin e as transferencias a contas bancarias ligadas a el e a súa amiga Corinna zu Sayn-Wittgenstein. As cábalas da Fiscalía apuntan que tanto o rei emérito como a súa amiga terían recibido diñeiro de monarquías persas. As pescudas de Suíza teñen relación co escándalo destapado a principio do mes e que pon a Casa Real española contra as cordas. A magnitude da suposta corrupción levou Felipe VI a tratar de salvar a imaxe da Coroa anunciando que renuncia á herdanza do pai. Unha estratexia que non é máis que un xesto, posto que non se pode renunciar a unha herdanza até que non falece a persoa. A Fiscalía de Xenebra busca a orixe dunha conta bancaria de 100 millóns de dólares que sería propiedade do rei emérito de España. Unha suma que procedería, supostamente, dunha doazón do rei saudita, en 2008, a unha conta a nome dunha fundación panameña, Lucum, da cal Juan Carlos I é beneficiario. Desde a citada conta, que se creou poucos días antes do movemento, coincidindo cunha viaxe por países persoas do rei emérito, faríase anos despois unha transferencia de 64 millóns a Corinna. En 2012 fecharon a conta. Suíza trata de aclarar se máis que un agasallo o diñeiro era unha comisión que pagaría Juan Carlos I á súa amiga por facer de mediadora no contrato das obras do AVE na Meca. Os últimos datos coñecidos ao redor deste suposto caso de corrupción levou ao soberanismo a solicitar no Congreso, novamente, a investigación da Casa Real. Entre outras iniciativas, o BNG de Vigo propuxo retirar o busto do rei emérito da praza do concello."}
{"ID": "NOS_37197", "summary": "O festival Cantos na Maré atinxe a súa 15ª edición. E para celebralo porá a venda esta segunda feira, 26 de agosto, entradas ao prezo especial de 30 euros. A singularidade? Que aínda non anunciou o cartel.", "text": "Mais a xulgar pola historia e os obxectivos confesos do certame pontevedrés -a conexión de Galiza coa Lusofonía-, os 15 espectáculos incluirán nomes maiores das músicas de lingua galego portuguesa. \"Cantos na Maré dá un paso máis e toma unha nova reorientación\", avisa, con todo, a organización. \"O Festival quere atravesar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos\", di, \"coa música como gran nexo, desde a música de raíz ás músicas urbanas pasando polas voces corais e a polifonía, mais sen renunciar a outros contidos como a gastronomía, a narración oral ou a danza\". Os novos contidos requeiren novos escenarios. Ademais do epicentro habitual no Pazo da Cultura, os concertos chegarán ao Teatro Pirincipal, o Museo de Pontevedra e diferentes espazos do casco vello. \"Tamén queremos contribuír á revalorización do patrimonio da cidade\", conclúen os promotores."}
{"ID": "NOS_7583", "summary": "A Administración galega achega máis datos sobre o coronavirus aos medios que á poboación. Mais estes tamén atopan trabas por parte da Xunta para acceder á información. Profesionais que traballan con datos recomendan avanzar na liña oposta. Aseguran que a transparencia axuda á cidadanía a avaliar a situación actual, a xestión das autoridades ou a tomar mellores decisións.", "text": "Tras a primeira onda da pandemia do coronavirus na Galiza, Daniel González Peña decidiu pór en marcha unha base de datos aberta con distintos indicadores sobre a Covid-19 na Galiza. A maiores, desenvolveu a iniciativa Semáforo Covid, coa que fai unha lectura deses datos e da evolución da enfermidade. Un xornalista explicoume que os datos da Xunta non son suficientes, explica González Peña O comezo corresponde a unha anécdota. Nun xornal estatal leu un artigo acompañado cun mapa coa incidencia do coronavirus por territorios. Galiza mantíñase na cor gris da ausencia de información. \"Preguntei a un xornalista o motivo a través das redes sociais e explicoume que os datos da Xunta non son suficientes ao non ofrecer os novos casos por área sanitaria nin a incidencia\", aclara González Peña en conversa con este medio. O servizo de comunicación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense interveu na conversa dixital e ofreceu as cifras a este investigador informático da Universidade de Vigo. \"Dixeron que comprendían que a información debe ser pública\", apunta el. \"A Xunta da Galiza dá os datos en notas de prensa, así non é doado calcular a evolución, cómpren datos en aberto\", especifica. A Xunta da Galiza dá os datos en notas de prensa, así non é doado calcular a evolución, resalta o investigador Repositorios abertos Daquela comezou a traballar nun repositorio accesíbel ao público que a súa vez emprega EsCovidData, un proxecto voluntario para conformar unha base de datos a nivel estatal. Tamén docente, e consciente da importancia do contexto que arrodea as cifras, González Peña decidiu interpretar as galegas. A día de hoxe ofrece desde a súa canle de mensaxería unha análise diaria. Co \"semáforo\" sinala en que estado se atopan tres indicadores en cada área sanitaria: a incidencia acumulada, a súa evolución e mais a porcentaxe de probas PCR do coronavirus positivas a respecto do total realizadas. Os datos son escasos e, ademais, confusos, valora o doutor Luís Vázquez Uns motivos similares levaron o doutor Luís Vázquez a publicar cada día os datos sobre a evolución do coronavirus na Galiza nas súas redes sociais. \"Decidín facelo porque os datos son escasos e, ademais, confusos. Os do Ministerio de Sanidade non coincidían cos da Xunta xa que os transmiten de maneira diferente\", explica. Para Vázquez, nun contexto como o actual, cobra aínda maior importancia que a poboación estea informada. \"Os da Xunta, a diferenza doutras comunidades, están limitados a notas de prensa cunha serie de datos xerais que non axudan moito\", engade. Barreiras na información Tanto Vázquez como González Peña fan alusión a que moita da información sobre a pandemia é accesíbel á poboación unicamente a través dos medios de comunicación. \"A cidadanía depende de que os xornais fagan unha análise cos datos que reciben\", apunta o segundo. Mentres, as e os profesionais atopan trabas para acceder a esa información. Galiza é neste momento, xunto a Estremadura, a autonomía máis opaca do Estado, escribiu o decano do Colexio de Xornalistas \"Galiza é neste momento, xunto a Estremadura, a autonomía máis opaca do Estado na comunicación de datos sobre a Covid-19\". Nunha misiva, o Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza (CPXG) dirixiuse esta semana ao recentemente nomeado conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Nela, o decano do Colexio, Paco González Sarria, compartiu a súa preocupación \"polas dificultades que están a ter os e as xornalistas para acceder á información no cadro da crise sanitaria\". \"A libre disposición dos datos sobre a pandemia para os medios e a cidadanía en xeral permitiría ás e aos profesionais da información analizar toda unha serie de elementos epidemiolóxicos, socioeconómicos e demográficos que poden contribuír a entender mellor o desenvolvemento da pandemia\", escribiu Sarria. Sen respostas da Xunta A súa publicación coincidiu co pleno parlamentar que decorreu na cuarta feira. Nel, o responsábel de Sanidade eludiu aclarar o dato dos rastrexadores que operan na Galiza. Comesaña comezou solicitando ao deputado socialista Julio Torrado \"unha definición do que é para vostede e un rastrexador\". A continuación, escudouse na cifra de 6.108 profesionais que colaboran no \"proceso\" do rastrexo e que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ofrecera en xuño. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da sexta feira, día 25, nos quiosques ou na nube]"}
{"ID": "NOS_32523", "summary": "Desde mañá 31 de marzo até maio a AS-PG e a A.C. Cultural Alexandre Bóveda organizan varias conversas sobre os protagonistas das Irmandades da Fala. Sete conversas con testemuñas e especialistas para saber máis sobre este movemento.", "text": "As Conversas en Irmandade botan a andar o 31 de marzo con Elvira Varela Bao, a memoria viva dun século de historia. \"Tiña dez anos e rompéronme a vida\" di a filla de Bernardino Varela, editor dos primeiros contos infantís en galego, tradutor ao galego de pezas dramáticas en francés e inglés, asistente en nome da Irmandade da Fala da Coruña á Asemblea Nacionalista de Lugo. Tamén participará Elvira Bao Maceiras, mestra no Lazareto de tuberculosos de Oza, pertencente ás Irmandades, presidenta da Agrupación Republicana Feminina, impulsora das Escolas de Ensiño galego. Pasou varios meses no cárcere e foi inhabilitada para exercer como mestra. O ciclo continuará o 7 de abril con Xosé Luís Axeitos, académico, veciño e estudoso de Manuel Antonio, un dos grandes poetas europeos do século XX. Militante desde os 18 anos das Irmandades da Fala a través das Mocedades Nazonalistas, para Manuel Antonio a nación non era só un sentimento de pertenza a un pobo, era tamén unha conquista propia e un achado sempre novidoso, tal como lle di a Risco con entusiasmo xuvenil: \"Xa temos un estímulo fondo e nobre para estudar a Galiza, e cultivarnos e ser bos soldados e escultores ao servizo do porvir de Galiza\". O 14 de abril será a quenda de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, actor, formador de intérpretes e investigador do sistema teatral galego, que disertará sobre \"E o teatro fixo país. A actividade dramática das Irmandades da Fala\". O 21 de abril Xesús Torres acompañará a Alfonso Posse, cuñado e albacea de Álvaro Cebreiro, o artista precoz que aos 16 anos comezou a colaborar n'A Nosa Terra e aos 17 facía a súa primeira exposición na sede da Irmandade da Fala e foi coautor do Manifesto Máis Alá. Alfonso é fiel gardador da súa memoria e vén contribuíndo desde hai anos a recuperar e divulgar a obra e personalidade do artista coruñés, facilitando aos investigadores a consulta do arquivo e biblioteca familiar que organizou e que custodia. O 28 de abril Pablo González Mariñas e Xosé María Monterroso lembrarán ao Jenaro Mariñas del Valle de \"E nom escarmento. E nom quero escarmentar\". O 5 de maio Manuel Lugrís, neto de Lugrís Freire, lembrará ao galeguista que primeiro utilizou a lingua nun mitin e que escribiu a primeira Gramática en lingua galega. E, para rematar, o 12 de maio, Goretti Sanmartín, investigadora, profesora da UDC e actualmente vicepresidenta da Deputación da Coruña, falaranos de Antón e Ramón Vilar Ponte, un binomio fraterno imprescindible na historia política e cultural de Galiza. Todas as Conversas en Irmandade terán lugar ás 20 horas no local da asociación cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16, 1º A Coruña)."}
{"ID": "PRAZA_7424", "summary": "Non somos nin parecidos ao que eramos antes. Pode que iso explique o desconcerto e a parálise de moitos de nós. Como boxeadores noqueados, a piques de caer á lona, cambaleámonos no ring sen saber de onde veñen os golpes, cegados polo suor e o sangue, incapaces de escoitar ao noso adestrador ou os berros do público, e non vemos máis que borróns luminosos en forma de adiantos da paga extra.", "text": "Explicábame un amigo o significado do termo decotar. Un, que é urbanita de nacemento, descoñecíao. Dicíame que e unha palabra que se usa cando se podan completamente as árbores, e teñen que retoñar todo de novo. Quizá sexa a definición perfecta para o que somos a día de hoxe os empregados públicos. Non somos nin parecidos ao que eramos antes. Pode que iso explique o desconcerto e a parálise de moitos de nós. Como boxeadores noqueados, a piques de caer á lona, cambaleámonos no ring sen saber de onde veñen os golpes, cegados polo suor e o sangue, incapaces de escoitar ao noso adestrador ou os berros do público, e non vemos máis que borróns luminosos en forma de adiantos da paga extra. Non somos nin parecidos ao que eramos antes. Pode que iso explique o desconcerto e a parálise de moitos de nós. Como boxeadores noqueados, a piques de caer á lona, cambaleámonos no ring sen saber de onde veñen os golpes Sensación parecida deberon ter os indios americanos, cando desembarcaban as goletas españolas e respondían ás bolas de canón con frechas febles. Saqueados, violadas as súas mulleres e obrigados a renegar das súas crenzas, baixo ameaza de tortura ou morte, abdicaban á fe católica e pregábanse ante o crucifixo redentor. Co neoliberalismo, esa violencia física e atroz, múdase en violencia financeira, vémonos estrangulados polas hipotecas, a ansiedade de chegar a fin de mes, a constante suba dos prezos correlativa coa diminución dos nosos ingresos. Os mass media ameazan coa hecatombe total se non nos pregamos ao crucifixo neocon, non hai outro remedio, vivistes por enriba das vosas posibilidades, ou isto ou o despedimento de moitos de vós, etc. Co neoliberalismo, esa violencia física e atroz, múdase en violencia financeira, vémonos estrangulados polas hipotecas, a ansiedade de chegar a fin de mes, a constante suba dos prezos correlativa coa diminución dos nosos ingresos Algúns aínda cremos na rebelión cívica, loitamos contra a resignación e tratamos de adaptarnos ao novo mundo cunha resistencia constante, non estamos dispostos a acomodarnos ao novo establishment imposto sen contar con nós, a que se inxecten cantidades inxentes de diñeiro público nos mesmos bancos que participan das organizacións empresariais que piden máis axustes na función pública. Certo é que as nosas armas son como as febles frechas dos indíxenas americanos, tan só contamos coa nosa voz e as rúas, pero non queremos ser a vergoña das xeracións vindeiras, non estamos dispostos a que o futuro nos tache de ser a xeración atenazada polo medo. A gran maioría dos empregados públicos pasamos a nosa vida laboral vendo conquistas sociais e económicas, case sempre insuficientes, pero, dende a transición, paso a paso, íanse gañando pequenas batallas A gran maioría dos empregados públicos pasamos a nosa vida laboral vendo conquistas sociais e económicas, case sempre insuficientes, pero, dende a transición, paso a paso, íanse gañando pequenas batallas que facían as nosas condicións laborais non todo o dignas que deberían ser, pero si tiñamos unha sensación de vitorias conseguidas en forma de aumento de días, melloras en control da saúde laboral, prestacións das mutualidades, melloras económicas nos complementos, nas pagas extras, mellor distribución do traballo, horario digno, etc. Agora todo iso non existe, non hai esperanza, derrota tras derrota imos cedendo posicións, retrocedemos décadas en apenas semanas, e non hai expectativas de cambio, nin tan sequera de ser oídos. Que e o neoliberalismo? Precisamente iso, a derrota da clase traballadora, a depreciación dos soldos para incrementar o beneficio das grandes empresas e os bancos, que mestúranse e confúndense co poder político, retroaliméntanse o un ao outro, fagocitan ao Estado, deixándoo nun exoesqueleto sen competencias para gasto social, todo envolto en papel de celofán a través dos medios de comunicación, cunha simbiose de única vía posible e política do medo á desintegración do estado. Estas ameazas mediáticas calan fondo nos funcionarios, así se viu na folga xeral do 14-N, onde por vergoñento que pareza, máis traballadores do sector privado, cun presente e futuro incertos, secundaron a folga que empregados públicos, cunha suposta fixeza no posto da que aqueles carecen. O 14-N, por vergoñento que pareza, máis traballadores do sector privado, cun presente e futuro incertos, secundaron a folga Neste novo mundo cómpre espertar, por orgullo e dignidade, en volver á vista atrás, nada menos que a finais do século XVIII, cando xa a Constitución francesa inspirada por Robespierre de 1793 falaba do dereito á asistencia social aos máis necesitados, á educación gratuíta e ao traballo. Hai que parar a senda do cangrexo, a senda que nos leva ao feudalismo, ao absolutismo e á evanxelización da sociedade na doutrina neoliberal a golpe de canón."}
{"ID": "NOS_14710", "summary": "As galego-belgas están a preparar o lanzamento de 'Camiño de Bruxelas a Santiago', o seu quinto e novo disco logo dun parón de cinco anos. \"É a historia da nosa emigración e dos nosos pais\", cóntanos Marisol Palomo, unha das catro pandereteiras.", "text": "'Camiño de Bruxelas a Santiago' xa está listo para ser lanzado. Gravado, editado e listo para presentar. Será despois do verán, cando iniciarán unha xira que as levará por varios países. Desta volta, a diferencia do disco anterior ('Simbiose', 2011), farán presentación e concertos en Galiza: \"Gustaríanos ir polo que representa e para facer unha homenaxe aos galegos da emigración\". \"Levamos dous anos preparándoo, é un disco no que contamos a nosa historia. Fixemos concertos e evolucionou moitíisimo o proxecto antes de gravalo. E penso que que é o disco onde máis o pasamos ben e máis o disfrutamos porque estivo ben preparado, puidemos facer moitos concertos nos que o público puido sentir as diferentes historias. É un disco de plena actualidade, pero que estivo escrito antes de todos os eventos que están a pasar\", afirma Palomo. 'Camiño de Bruxelas a Santiago' é a historia da nosa emigración e dos nosos pais. É a nosa historia, enlazada coa historia deles, pero que sigue evolucionando, porque un camiño nunca se para. \"'Camiño de Bruxelas a Santiago' é a historia da nosa emigración e dos nosos pais. É a nosa historia, enlazada coa historia deles, pero que sigue evolucionando, porque un camiño nunca se para. É un camiño de loita, cultural, de diversidade, de descubrir e de contactar co público e coa xente doutras culturas. É un camiño que levamos percorrendo moitos anos e que cantamos a través das nosas cantigas\". O traballo inclúe 13 temas, algúns tradicionais e outros de feitura 'trad' con letras contemporáneas, de autor. \"As letras fáinolas un amigo chamado Brais Fernández xunto con nós. Nós contámoslle o que queremos expresar e el escribe a letra\", explica a cantora. Bélxica estase a dar conta de que teñen que dar valor ás diversidades culturais Tamén inclúen un tema en italiano. \"Nun deses camiños atopamos unha cantante que se chama Lucilla Galeazzi, que é unha defensora e do canto tradicional italiano, e escribiu unha letra que falaba da auga, da terra, do aire, e son temas que tamén forman parte de nós. Gustounos moito e os ritmos parécense aos galegos e como tamén cantamos con ela en varias ocasións, decidimos neste disco poñer un tema en italiano\". Emigrados/refuxiados O compromiso social é unha constante en moitos dos temas do traballo. Un deles está dedicado aos refuxiados \"porque o tema dos refuxiados é o mesma que a historia dos nosos pais. A miña avoa veu cunha maleta metida no tren con tres fillos. É exactamente a mesma imaxe que vemos hoxe. Eu cando vexo as imaxes dos refuxiados vexo as historias que nos contaban os nosos avós. Esa é a historia das catro de Ialma. Uns viñeron como mineiros, outros fuxiron da Guerra, outros foron fusilados, é como unha homenaxe á nosa historia e chamando a intentar cambiar o futuro. Temos que ser conscientes de que a memoria está aí e aínda existe. É a mesma historia que a dos nosos pais e avós\". Penso que non hai un belga hoxe que non saiba que é Galiza \"Non hai un pobo en Bélxica no que non coñezan Galiza\", afirma con afouteza Marisol. \"Polo Camiño, por Ialma e por varios grupos, e artistas que están aquí. Hai escritores, como Xavier Queipo, hai pintores. Penso que se fala moito de Galiza, a música galega chega a Bélxica, este ano estivo Xabier Díaz, o ano pasado Radio Cos, penso que os grupos galegos máis importantes estiveron aquí algunha vez, cando fixemos todo o de Nunca Máis, Ialma fixo unha manifestación con Manu Chao, que di que é galego no escenario. Toda esta xente leva Galiza por diante. Penso que non hai un belga hoxe que non saiba que é Galiza\". Respecto da diversidade cultural no seu país natal, Palomo considera que Bélxica \"estase a dar conta de que teñen que dar valor ás diversidades culturais, ás diferentes linguas que se falan alí. E o galego é unha das linguas importantes que se falan en Bélxica, porque non é só o galego, hai moitos portugueses, angolanos… nós cando imos ás tendas a mercar, atopámonos con moita xente que fala galego ou portugués. Entón eles escoitan o disco e para eles somos as galegas-belgas, tanto unha cousa como outra. E para eles é importante demostrar que Bélxica está aberto á diversidade\"."}
{"ID": "NOS_3915", "summary": "A ampla delegación galega está conformada por 16 representantes", "text": "Apenas dúas semanas despois de que o Estadio Olímpico de Toquio acollese o emotivo acto de clausura dos Xogos Olímpicos máis atípicos das últimas décadas tivo lugar a cerimonia inaugural dos Xogos Paralímpicos, unha cita na que se darán cita 16 deportistas galegas, como Chano Rodríguez, Desi Vila ou Juan Antonio Saavedra. Toquio deu por inaugurada na xornada de onte a XVI edición dos Xogos Paralímpicos de verán, que se desenvolverán na capital xaponesa até o vindeiro 5 de setembro, cunha cerimonia de inauguración que convidou a \"voar sen complexos nin medos nun mundo necesitado de diversidade e solidariedade para seguir mirando cara adiante\", tal e como resaltaron desde o Comité Organizador. Este optou por desenvolver unha apertura baixo o concepto da \"apertura das alas\", coa idea de transmitir o que supón para a cidade nipoa acoller esta cita e converterse na primeira en celebrar en dúas ocasións o maior evento deportivo do mundo no eido da diversidade funcional. Deste modo, interpretaron \"un conto de esperanza\", cun punto de encontro tan común na vida de calquera cidadá como pode ser un aeroporto\", e coa mensaxe de fondo de que \"hai que mirar cara adiente con unidade\", a pesar dos difíciles momentos que se están a vivir por todo o planeta a causa da pandemia. Afganistán, presente de modo simbólico Alén do espectáculo, tamén tivo lugar o tradicional desfile das diferentes delegacións participantes, encabezada polo equipo de refuxiados e refuxiadas, que tivo á fronte á atleta siria Alia Issa e ao nadador Abbas Karimi, único deportista na cita de Afganistán. A bandeira do país asiático tamén desfilou, portada por un voluntario en sinal de solidariedade cos momentos que está a padecer logo da chegada ao poder dos talibáns. Unha vez finalizado tivo lugar o acto de fechamento da cerimonia inaugural co acendido do piveteiro. Realizado ao unísono por tres destacados atletas locais -a tenista Yui Kamiji, o xogador de boccia Shunsuke Uchida e a haltera Karin Morisaki-, agora a chama xa arde para todas, incluídas as deportistas 16 galegas. Galiza debuta na natación A delegación galega nos Xogos Paralímpicos de Toquio non tardou en saír á escena, pois antes de que este periódico chegue ás súas mans xa debutaron dous dos 16 representantes galegos: os nadadores Jacobo Garrido e Chano Rodríguez. O primeiro competía ás 2 horas da noite nas eliminatorias dos 400 metros libres S9, mentres que o veteranísimo deportistas vigués estreábase nos seus sextos Xogos coa idea de dar o primeiro paso na procura da súa sexta medalla olímpica ás 3.55 horas da madrugada na primeira fase dos 200 metros libres S5. Ademais a afección galega terá a oportunidade de seguir as evolucións de Agustín Alejos, Manuel Lorenzo e David Mouriz no España-Corea do Sur de baloncesto en cadeira de rodas ás 13.30 horas da tarde. Alejos xa sabe o que é saborear o éxito, pois en Río 2016 logrou unha medalla de prata que agarda ser quen de repetir na cita nipoa, e aínda que pensa que \"o grupo é o máis sinxelo\", sinala que hai que ir \"partido a partido\"."}
{"ID": "PRAZA_20084", "summary": "Rexedores da Costa da Morte manteñen unha xuntanza con Feijóo e o conselleiro de Economía e insisten en que a segregación das actividades poría moi en risco o futuro industrial da zona. \"A empresa non é nada crible\", aseguran varios.", "text": "Os alcaldes da Costa da Morte manteñen a súa desconfianza en Ferroatlántica e nas decisións que tome para o futuro das súas factorías na zona logo de que a Xunta decida se accede á súa petición de segregar as súas actividades para poder vender as centrais hidroelécricas de Xallas e Grande. Os rexedores mantiveron este venres unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, da que saíron esperanzados pero tamén preocupados pola posibilidade de que esa posible desagregación implique fiarse unicamente das promesas da compañía para manter o emprego e a produción na comarca. Non se fían. O conselleiro de Economía lembra que no plan industrial de Ferroatlántica \"non hai ningún tipo de garantía\" O propio conselleiro, en declaracións aos medios tras a xuntanza, lembrou que Ferroatlántica presentou un plan industrial \"como elemento que permitiría a continuidade da actividade\" no caso de separarse a actividade da ferroaliaxe da produción das centrais, pero recoñeceu que \"aí é onde non hai ningún tipo de garantía\". Con todo, tanto el como Feijóo insistíronlles aos rexedores que o Goberno galego actuará \"conforme a dereito\" e que \"salvagardará o interese público\" e que \"non dará ningún paso ata ter ese ditame xurídico e ese posicionamento dos técnicos desde o punto puramente xurídico\". Xa o advertira o presidente da Xunta, que descargou toda a responsabilidade da decisión na Asesoría Xurídica. E non parece que se vaia mollar máis. Esa foi a impresión coa que saíron varios dos alcaldes que asitiron á reunión. Participaron na xuntanza o alcalde de Cee, Ramón Vigo; o de Carnota, Ramón Noceda; o de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León; o de Muxía, Felix Porto; o de Vimianzo, Manuel Antelo; o de Fisterra, José Marcote; o de Mazaricos, Juan José Blanco; o de Corcubión, Manuel Insua; o de Zas, Manuel Muíño; ademais do tenente de alcalde de Dumbría, José Antonio Casais. \"Semella que estamos abocados a unha negociación\", di Ramón Noceda, alcalde de Carnota, que considera \"non cribles\" as promesas da compañía Noceda, rexedor carnotán, dixo saír da xuntanza coa \"impresión\" de que \"na Xunta xa coñecen o resultado do informe xurídico\", que podería estar listo en quince días. \"Semella que estamos abocados a unha negociación\", engade quen lembra que a reunión \"é un pouco buscada e un pouco ficticia\". O alcalde deixou claro tamén que Feijóo asegurou a aceptación da decisión dos funcionarios, pero sospeita \"que non haberá informe negativa nin positivo, senón que deixará a porta aberta ás interpretacións políticas\". É aí onde Noceda, no caso de que se acepte a segregación, desconfía dos \"investimentos e melloras\" que Ferroatlántica promete e que, di, \"non son moi cribles\". \"Non hai garantía de que se vaia facer nada diso e temos as nosas reservos respecto da credibilidade da empresa, que non é moita nestes tempos\", di en referencia aos casos de corrupción que salpican o presidente do grupo empresarial, Juan Miguel Villar Mir. O rexedor lembra que Feijóo \"alude moito á salvagarda do interese público e á defensa do emprego\", pero lémbralle que \"non se poden poñer os recursos económicos da Costa da Morte como moeda de cambio\". \"Os encoros e as centrais están aquí e non poden ser recursos para futuros investimentos noutras zonas\", insiste quen aclara queu os rexedores \"deben estar cos traballadores\" e \"ser partícipes\" das decisións futuras que se tomen. Os alcaldes, tal e como manifestou o de Cee, Ramón Vigo, á saída da xuntanza, aseguran que Feijóo lles trasladou que a petición de Ferroatlántica \"non presenta garantías para que se poida cambiar a concesión actual\". Esa é a esperanza que manteñen á espera da resolución xurídica. O rexedor de Vimianzo, Manuel Antelo, dise algo \"satisfeito\" por \"non estar acreditado no expediente o interese público\" que xustifique a anulación do veto á segregación, pero tamén \"preocupado\" por que a posible segregación das actividades \"se intente compensar garantindo uns postos de traballo na Costa da Morte\", unha promesa da que non se fía tampouco. \"Queremos que Ferroatlántica siga aquí, pero non podemos darlle un cheque en branco\", di Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo \"A empresa non fai nin o mantemento mínimo\", lembra respecto da posición das factorías na Costa da Morte. Para Antelo, a posición de Ferroatlántica \"non é nada crible\" e acúsaa \"de non poñer todos os datos enriba da mesa\" á hora de defender a súa postura. \"Non se pode falar dos beneficios coa ferroaliaxe e duns resultados non tan prósperos coas centrais e ao tempo queixarse dunha enorme débeda\", insiste quen lembra que \"Villar Mir e o seu xenro están imputados por presuntas prácticas fraudulentas\". \"Queremos que a firma siga aquí e leve a cabo os seus proxectos industriais, pero non podemos dar un cheque en branco cando agora temos unha garantía sen a cal perdemos calquera posición de forza\", engade. \"Se as actividades non estivesen vinculadas, agora mesmo non teriamos garantido que a produción vai estar aquí\", remata. Á saída da reunión, e ante os medios, o alcalde de Cee, Ramón Vigo, asegurou que a Xunta mantén unha posición de telos \"completamente informados da realidade\" e asume que hai \"dificultades\" de que de permitirse a segregación se poida manter a actividade industrial na empresa. Pola súa banda, o tenente de alcalde de Dumbría, José Antonio Casais, destacou que, na reunión, o Goberno galego explicou \"con moita transparencia\" cal era a situación sobre a solicitude de segregación e que \"a partir de aí, os servizos xurídicos estaban a estudalo\". \"As centrais son un seguro de vida para as fábricas\", sinalou o tenente de alcalde, que recoñeceu que \"o presidente foi moi explícito\" e que asegurou que \"en ningún caso ía tomar ningún tipo de decisión sen ningún informe xurídico potente\" e que \"en ningún caso ía prevaricar\". Con todo, avanzou que unha vez teña a resolución a Xunta e en función do que se decida, os rexedores da zona \"tomarán decisións\" xa que \"a súa función é defender os traballadores e a permanencia da empresa\". \"A decisión tamén ten que ver coa política\" Ademais, o viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, criticou este venres a posición do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, \"a favor\" da empresa Ferroatlántica. \"Esa posición do señor Feijóo é unha posición a favor da empresa e do señor Villar Mir. A equidistancia aquí non existe\", asegurou en relación ás declaracións do presidente nas que descargou toda a responsabilidade nos funcionarios da Asesoría Xurídica, unha actitude que pediu que non tivese. \"A posición de Feijóo é unha posición a favor de Villar Mir; a equidistancia aquí non existe\", di Antón Sánchez \"Non é só unha decisión que teña que ver co xurídico, senón tamén política\", insistiu. \"Estamos fartos dos privilexios do señor Villar Mir, que fixo millóns e millóns á conta dos recursos naturais deste país. E aínda por riba agora quere facer caixa para retirarse\", denunciou o político de En Marea, xusto antes de advertirlle que \"non pode facer negocio nin especular co que é de todos os galegos e galegas\". Por outra banda, o PSdeG esixiu \"transparencia e legalidade\" á Xunta na xestión da petición de venda das centrais de Ferroatlántica. As deputadas socialistas da Costa da Morte, Loli Toja e Margot Lamela, reclamaron a continuidade da empresa logo dun encontro co comité de empresa da factoría. Alí lembraron que o futuro de moitas persoas está \"en xogo pola operación de venda dunha empresa\", que utiliza a milleiros de familias \"como moeda de cambio para tapar as súas débedas\"."}
{"ID": "PRAZA_7125", "summary": "O peche \"provisional\" da bancada onde se sitúan os Riazor Blues por parte do Deportivo tan só é unha medida inicial á espera de que remate a investigación policial e se aclaren os feitos. O grupo ultra medita a súa disolución definitiva tras os graves incidentes do pasado domingo.", "text": "O asasinato do seguidor do Deportivo o pasado domingo tras unha brutal liorta entre membros de Riazor Blues e Frente Atlético parece que será o impulso definitivo a un punto e a parte no tratamento destes grupos radicais por parte, cando menos, dalgúns clubs. A entidade branquiazul decidiu pechar de maneira \"simbólica\" e temporal a bancada onde se sitúan os ultras branquiazuis. Por dous partidos, o primeiro esta noite, e ambos os dous ante o Málaga. Será tan só unha das primeiras medidas da directiva, á espera de que remate a investigación policial, de que se aclaren os feitos e de poder dispor da listaxe de implicados, detidos e afeccionados con delitos ás súas costas. O peche \"provisional\" da bancada dos Riazor Blues é unha medida temporal á que seguirán outras máis contundentes A medida \"provisional\" tomada polo Deportivo, que se une á expulsión dos membros tamén implicados do Frente Atlético do fondo do Vicente Calderón e ao veto a esta peña como tal entre as organizacións rexistradas polo club madrileño, é xusto iso: provisional e destinada tamén a gañar tempo e evitar posibles altercados nestes dous vindeiros partidos en Riazor, tal e como recoñecen fontes do club. Saben que na cúpula dos Riazor Blues hai debate sobre a posibilidade de disolver definitivamente a peña, que non está rexistrada como tal nin é oficialmente organización ningunha, dato que impide ao club coruñés actuar nese sentido. Pero as opcións de que o grupo ultra desapareza como tal son moitas. Xa en 2003, tras a morte dun seareiro branquiazul en Compostela, tomaran esa decisión, que logo quedou en nada ao reaparecer no fondo de Maratón Inferior ao pouco tempo. O grupo ultra coruñés medita a súa disolución definitiva tras os altercados do pasado domingo en Madrid Pero algo se move agora. Non obstante, hai dificultades tamén. A retórica ultra apareceu desde a pasada noite na Coruña en forma de pancartas. Varias que lembran o falecido en diversas pontes da cidade ou mesmo á entrada da bancada onde adoitan colocarse os ultras. Jimmy con nós, Jimmy presente ou Jimmy vive son algunhas das mensaxes dun grupo que foi apoiado por outras peñas denominadas antifascistas en todo o Estado. O risco de converter o asasinado nun mártir e de que se clame vinganza por unha morte que atribúen a unha \"emboscada\" neonazi é evidente. E trátase de evitar que o grave suceso que fixo reflexionar a moitos nese mundo poida ser tamén un novo impulso para máis violencia ou reagrupación arredor dunha traxedia. Os Riazor Blues seguen mantendo que non houbo quedada ningunha co Frente Atlético para a pelexa e, malia que fontes policiais advirten que si foi así, o único atestado oficial non achega probas sobre esa posibilidade. O que si cobra forza é a opción de que as incitacións, desafíos e mensaxes cruzadas en foros ou mesmo por teléfono acabase nunha liorta que, quizais, non todos sabían que se podía producir. Non obstante, ninguén pode negar que noutras ocasións estes pactos para o combate se producisen antes con outros grupos ultras, tal e como aconteceu non hai moito coa peña deportivista. Ao tempo, a descoordinación das forzas de seguridade e a neglixencia entre as autoridades parece evidente. O Deportivo, a policía nacional na Coruña e a propia Delegación do Goberno en Galicia insisten en que advertiron sobre a posibilidade da viaxe de cando menos un grupo de Riazor Blues nun autocar a Madrid. Desde a capital do Estado, a Delegación do Goberno e as propias forzas de seguridade négano e o que está claro é que a Comisión Antiviolencia ou non tivo en conta ou non se enterou da advertencia. De ser así, o partido sería declarado de alto risco, o dispositivo policial sería moito máis amplo (dez veces máis aproximadamente) e os axentes antidisturbios estarían preparados moito antes do que o estiveron para intervir. O propio Ministerio do Interior volveu negar este mércores que se coñecese a presenza de ultras do Depor, pero diversas fontes policiais aseguran que si se advertiu e mesmo que se sabía da quedada de radicais do Atlético ás sete da mañá. Ademais, o ministro anunciou para o futuro \"listas negras\" de ultras violentos para impedirlles a entrada aos estadios. A pregunta na Coruña é como non había policía na zona se axentes sabían dun posible enfrontamento entre ultras A pregunta que se fan moitos na Coruña é como, se a policía sabía da quedada dos ultras do Frente Atlético ás sete da mañá para almorzar ou mesmo da posible chegada dos Riazor Blues desde Galicia, non había nin un só axente preto do lugar nin controlando os ultras do equipo madrileño. De ser así, é moi probable que nada do acontecido sucedese e de que as ansias violentas destes colectivos fosen paralizadas a tempo. Sexa como for, parece evidente que nada será igual desde esta pasada fin de semana. Habituais do fondo dos Riazor Blues, malia non ter afiliación ningunha, son conscientes de que o xoguete se lles foi das mans a moitos, algo que xa manifestara o propio grupo ultra naquel manifesto de disolución de 2003. A animación, colorido e cánticos que esta peña achega a Riazor non compensa en nada a situación que se creou nos últimos anos, con altercados variados con grupos violentos doutros equipos e liortas que non acabaron de milagre en desgraza anteriormente. Clubs e autoridades parecen decididos a vetar os violentos nas bancadas. De todas. Se o estadio do Deportivo será o pulo a iniciativas semellantes noutros campos do Estado, está aínda por ver."}
{"ID": "PRAZA_16011", "summary": "A localidade continúa co proxecto iniciado o pasado ano, que xa chantou un milleiro de árbores bombeiras -castiñeiros, abeleiras, nogueiras e cerdeiras-. O Concello remitiulle o plan á FEGAMP e ao Parlamento Galego \"para que se teña en conta de cara ao estudio dunha nova política municipal forestal\"", "text": "O Concello de Ames plantará nos vindeiros meses ao redor de 4.200 árbores caducifolias -castiñeiros, abeleiras, nogueiras e cerdeiras- para loitar contra o lume. A actuación, que ocupa un total de 14 hectáreas e 235 parcelas de todo o termo municipal, ten un custo de 51.000 euros, busca \"crear unha barreira natural contra o lume\" e tamén \"mellorar a calidade do chan\" e darlle \"un forte impulso ao aumento da biodiversidade que sofre unha forte merma nos terreos de monocultivo de coníferas e eucaliptais\". O pleno municipal aprobou a pasada semana esta medida, que dá continuidade ao proxecto piloto iniciado o pasado ano, no que xa se plantaran un milleiro de árbores en 37 leiras da parroquia de Piñeiro. O plan foille tamén enviado á FEGAMP e ao Parlamento Galego \"para que se teña en conta de cara ao estudio dunha nova política municipal forestal\", destaca o Goberno municipal amesán O plan foille tamén enviado á FEGAMP e ao Parlamento Galego \"para que se teña en conta de cara ao estudio dunha nova política municipal forestal\", destaca o Goberno municipal amesán. O alcalde, José Miñones, salienta \"a importancia da aposta que realiza o Concello de Ames con este plan de prevención, priorizando estes traballos sobre as labores de extinción\" e criticou que \"a Consellería de Medio Rural non participase na consecución desta iniciativa para estendela a outros concellos galegos\". De igual xeito, o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, destacou que o plan permitirá obter \"aproveitamentos non madeireiros como os cogomelos ou a froita\" e, igualmente, \"beneficios medioambientais como o incremento da diversidade, equilibrio de hábitat; protección do solo, fixación do carbono atmosférico, protección fronte a especies invasoras\". García explica que tamén se pretende \"reverter a percepción negativa que adoita ter a execución das obrigas legais de medidas preventivas relacionadas coa propiedade de terreos de carácter forestal\" e \"facilitar a mobilización de condutas que incidan na xestión sostible do medio, incidindo en recuperar actitudes motivadas en relación co entorno máis inmediato\". O alcalde, José Miñones, criticou que \"a Consellería de Medio Rural non participase na consecución desta iniciativa para estendela a outros concellos galegos\" Ames é un concello cada vez máis habitado (30.835 persoas no Padrón de 2017), pero cunha poboación moi dispersa e, ademais, moi afectado polos incendios nas últimas décadas. Como detallou a investigación España en Llamas da Fundación Civio, entre os anos 2001 e 2014 Ames sufriu 389 incendios de máis dunha hectárea, que arrasaron 1.110 hectáreas de terreo, sendo o 67º concello galego con máis incendios importantes e o 94º no conxunto de España. No ano 2016, a revisión do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais estruturou o termo municipal en 59 ámbitos de protección de núcleos de poboación e 45 ámbitos de protección a vivendas, edificacións e infraestruturas illadas. Estes ámbitos están protexidos por unha faixa que os circunda de 50 metros onde a biomasa debe ser xestionada. O novo plan pretende levar a cabo a plantación de frondosas caducifolias en toda a rede de faixas de protección contra os incendios forestais en todo o Concello. Dos 59 ámbitos que figuran no devandito Plan seleccionáronse 10 ámbitos nos que se prioriza o fomento de plantación de frondosas caducifolias, parcelas tipificadas como de perigo alto o moi alto así como a distancia ou distancias onde segundo a lexislación vixente sexa preciso a eliminación de arborado. O pasado inverno plantáronse un total de 815 árbores na parroquia de Piñeiro, grazas aos 37 convenios asinados entre 33 propietarios implicados e o Concello de Ames, cun financiamento do 80% por parte da Administración local nas actuacións de limpeza, tala e plantación, cunha porcentaxe de éxito no crecemento das árbores do 97,2%. As plantacións desenvolveranse ao longo dos meses de xaneiro e febreiro, tal e como aconteceu o ano pasado. O concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, destacou que o plan permitirá obter \"aproveitamentos non madeireiros como os cogomelos ou a froita\" e, igualmente, \"beneficios medioambientais\" A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece as redes de faixas secundarias de xestión de biomasa como unha das medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume. Con posterioridade, a lei 7/2012 de Montes de Galicia reduciu a anchura das faixas de protección, pero mantívose o concepto de faixa secundaria e os criterios de xestión de biomasa xa establecidos. O plan de medidas preventivas mediante a repoboación con frondosas caducifolias do Concello de Ames nace \"coa finalidade de poñer en mans dos veciños, unha vez cumprida a lei, unha ferramenta que lles permita repoboar a súas fincas colaborando ao tempo ca prevención de incendios e evitando a diminución drástica da superficie arborada do concello e a conseguinte perdida de diversidade\", destaca o Goberno local. Despois dos terribles incendios sufridos en Galicia o pasado outono, a Xunta comezou a barallar a posibilidade de desfacer o cambio lexislativo que levou a cabo en 2012, recuperando as barreiras de protección que foran aprobadas en 2007. O Concello de Ames adianta que no caso de que se modifique a lei e aumenten os metros de xestión de biomasa, \"iso implicaría un incremento do número de árbores plantados co conseguinte aumento en 10.000 euros a contía que tería que achega o Concello\". \"Neste caso ampliaríase en 8,3 o número de hectáreas a traballar e en 2.490 o número de árbores a plantar\", aclara. Descarga aquí o Plan de medidas preventivas do Concello de Ames (.pdf)"}
{"ID": "NOS_42344", "summary": "A oposición a uns orzamentos 'antisociais' fíxose escoitar ás portas do Parlamento por boca de centos de concentrad@s na Rúa do Hórreo, tomada pola Policía a xeito da mellor tradición de cidade ocupada. Cantouse o 'Grandola' de Zeca e o 'Uah' de Suso Vaamonde. Houbo momentos de tensión, cos antidisturbios amagando con cargar contra manifestantes que lembraban que \"o Parlamento é do pobo\". Vídeo no interior", "text": "Desde primeiras horas da mañá, as carriñas da Policía Nacional e a Rúa do Hórreo (onde está o Parlamento) cortada ao tránsito rodado e limitada ao peonil amosaban que hai quen entende o Parlamento como un bunker. Acantonado e aillado fronte ás protestas cidadáns que ese día ían ter como punto de encontro a Cámara autonómica. Diferentes colectivos e distintas reivindicacións, mais cun denominador común: O rexeitamento duns orzamentos 'antisociais' que estaban a se debatir no Parlamento e que implicaban tesoira, tesoira, tesoira para servizos públicos. A primeira concentración era a convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos. Denunciaban que estes orzamentos son o \"toque de graza\" para a destrución de servizos como sanidade e educación e afondan no proceso de privatización. O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, mesmo falaba dunhas contas que supuñan unha aposta pro \"destruir o país\" e \"a clase traballadora\". Zeca, Suso e LPR Durante tres horas, os centos de concentrados non perderon folgos en consignas, cánticos e palabras de orde nas que se misturaba a denuncia dos recurtes sociais, coas críticas á corrupción do PP ou á presenza policial. Iso si, non faltaron gorxas poderosas para entonar o Grandola Vila Morena de Zeca Afonso ou o Uah de Suso Vaamonde. E por megafonía, mesmo sonou El Congreso de los Ratones, de La Polla Records. O ambiente misturaba reivindicación cun ton festivo. Unha maré de centos de estudantes e profesores da Universidade de Compostela, que partiu en manifestación da Praza do Toural, sumouse á concentración. Foi o momento máis tenso. Non polos manifestantes, claro, senón porque ducias de policias comezaron cos preparativos do que moitos entenderon que ía ser unha carga: Colocaron o casco, taparon o rostro e achegáronse até estar face con face coa liña de concentrad@s. Case todos eles, Unidade da Intervención Policial (UIMP) non lucian a obrigatoria praca identificativa. E negáronse a ensinala a quen llo pedía. Do aguilucho á gaivota \"Primeiro un aguilucho, despois unha gaivota, sempre un paxariño, a tocarnos as pelotas\". Foi un dos lemas da concentración, cun rápido éxito entre os e as presentes, como o de \"os que privatizas, teen contas en Suiza\". Non foi o único, claro. Houbo palabras de orde a prol da soberanía, contra a corrupción e na defensa dunha democracia real. Na defensa do ensino e sanidade pública e de rexeitamento duns orzamentos \"que non, que non, que non nos representan\"."}
{"ID": "PRAZA_9301", "summary": "O xulgado número 41 de Madrid desestima \"integramente\" a demanda do Concello de Compostela, que recorrerá unha sentenza na que a maxistrada di que non de demostrou a identidade, a entrega efectiva ou o carácter de ben de dominio público das estatuas.", "text": "O xulgado número 41 de Madrid vén de dar a razón, en primeira instancia, á familia Franco no xuízo no que ao Concello de Santiago reclamaba a propiedade das estatuas do Mestre Mateo. No ditame deste venres, a xuíza Adelaida Medrano desestima \"integramente\" a demanda da corporación compostelá.Contra a sentenza, á que tivo acceso Praza.gal, cabe interpoñer recurso de apelación nos vindeiros 20 días, unha medida que será levada a cabo polo Concello. O ditame chega poucos días despois dun xuízo, celebrado hai unha semana, no que a familia do ditador teimou en reclamar a propiedade das esculturas malia non achegar documento ningún. Pero nin iso pareceu relevante para a maxistrada. O Concello amosa a súa \"fonda insatisfacción\" por unha sentenza que desestima \"integramente\" a súa demanda e que será recorridaA sentenza, segundo aclaran fontes municipais, deixa no Concello unha \"fonda insatisfacción\". Ademais, outras fontes xurídicas destacan a \"sorpresa\" que lles provocou comprobar que o ditame fose emitido tan só cinco días hábiles despois da vista oral. \"Nun asunto de tal complexidade, semella pouco tempo\", insisten. A xuíza basea a súa desestimación da demanda en diferentes aspectos e tira do principio de usucapión, xa que logo, da posesión pacífica, pública, continuada e non interrompida dun ben. E os Franco pasaron de longo dos seis anos de posesión que se especifican neste caso, ao ter pasados xa 63 desde que se fixeran coas esculturas. A maxistrada é contundente cando di que \"non concorren os requisitos necesarios para a viabilidade da acción reivindicatoria dado que a parte actora non identificou os bens cuxa titularidade reclama, como tampouco o seu carácter de bens demaniais\". Ademais, engade o feito de que, aínda nunha suposta identificación, \"a titularidade dos bens tería sido adquirida pola demandada conforme ao dereito por medio do instituto da usucapión\", polo que \"a acción reivindicatoria tería quedado prescrita ao consumarse esta última\". A xuíza aclara que o Concello non identificou os bens nin o seu carácter demanial, polo que as pezas son dos Franco por \"usucapión\" e \"a acción reivindicatoria\" queda así \"prescrita\" Un dos argumentos de Adelaida Medrano, esperado polos servizos xurídicos do Concello, foi precisamente a \"pasividade\" da corporación municipal á hora de reclamar as estatuas ao facelo \"63 anos despois\" de que pasasen a mans dos Franco.Tamén cuestiona a maxistrada que o Concello identificase correctamente as pezas e que se correspondesen as que teñen os Franco coas compradas pola administración local. Todo malia que a documentación e probas achegadas nese aspecto foron obra dun catedrático de Arte especialista na Catedral de Santiago. Ademais, tamén asegura que o Concello non deu demostrado que as esculturas foran efectivamente entregadas polo Conde de Ximonde ao Concello e cuestiona que poidan ser consideradas un ben de dominio público. No ditame, a maxistrada considera que, logo de examinar os documentos achegados, as estatuas \"nunca tiveron o carácter de bens de dominio público por adscrición a un determinado uso ou servizo público\", como defendía o Concello, xa que non se puido acreditar que as pezas \"tivesen estado no seu poder\". \"A simple compra non as fai de dominio público, senón a adquisición unida a un destino de uso ou de servizos públicos\", di a xuíza, que considera que \"ese extremo non quedou probado nin tan sequera de forma indiciaria\". A xuíza entende que o Concello non puido demostrar nin a entrega efectiva das esculturas, nin a súa identificación, nin tan sequera que fosen un ben de dominio público imprescriptibleAlude tamén á \"pasividade do propio Concello\" á hora de reclamar as estatuas e que durou, destaca, \"63 anos\", en referencia ao período de tempo no que terían estado en propiedade dos Franco tras seren espoliadas. \"O argumento da súa natureza como bens de dominio público imprescriptibles é o único dos posibles para soster xuridicamente esta acción reivindicatoria\", di, así como de \"tratar de evitar as consecuencias que o transcurso do tempo causa na adquisición dos dereitos\".O xulgado entende que o Concello non achega documentación suficiente máis aló do expediente administrativo nin nada que probe \"a entrega efectiva das estatuas ao Concello tras a adquisición e a decisión municipal sobre o seu emprazamenteo para dar inicio á súa condición de bens de uso ou servizo público\". \"Preocúpanos que a sentenza sexa a escusa para non reclamar o Pazo de Meirás\"Desde o BNG, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, denuncia que a sentenza é unha mostra de que \"a xustiza defende os privilexios do franquismo\". \"O risco que temos é o dunha xustiza entregada á defensa dos privilexios do franquismo, é o que nós preocupa e hai que denunciar un proceso xudicial que nunha semana intenta pechar unha reivindicación que ten tras de si unha reivindicación democrática tan forte e que está fundamentada desde o punto de vista legal\", destacou.\"Non pode ser que a xustiza defenda os privilexios do franquismo, e preocúpanos que isto poida ser utilizado como escusa para non reclamar a propiedade do Pazo deMeirás\", insistiu Pontón. Nada máis coñecerse a sentenza, Compostela Aberta advertía nas redes sociais que chegarán \"ata onde haxa que chegar para recuperar as estatuas e memoria e a dignidade\". \"Sabemos que o inimigo é poderoso. Décadas de impunidade e silencio non caerán dun día para o outro, menos cando a ultradereita se rearma nas rúas e nas institucións\", dixo."}
{"ID": "NOS_26507", "summary": "Elvira Cienfuegos, Manuel García e Senda Nova foron galardoados co premio Oxíxeno polo seu labor na defensa do medio. Pola contra, Ánxel Bernardo Tahoces e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levaron o Dioxina, que denuncia a peor actuación en materia ambiental e patrimonial.", "text": "A asociación ecoloxista Adega entregou na noite de onte os premios Osíxeno e Dioxina, na que esta suma a edición número 19 duns galardóns que pretender subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. O acto tivo lugar durante a Cea de Confraternización da 44ª Asemblea Xeral da entidade, no Hostal Río Sil de Carballo. Osíxeno, o bo facer O premio Osíxeno de Honra, concedido como recoñecemento da traxectoria vital en defensa do ambiente e do patrimonio do país, recaeu desta volta en Elvira Cienfuegos, catedrática de Ciencias Naturais, bióloga, docente, política e ex secretaria xeral da propia Adega Pola súa banda, os premios Osíxeno 2019 galardoan as mellores actitudes ou actuacións ambientais do ano. Na categoría individual salientouse o labor de Manuel García, un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia e da plataforma Auga Limpa Xa!, ademais de pioneiro na produción e comercialización de horta ecolóxica na Galiza. A organización fixo fincapé na súa acción durante 2019 a prol da defensa ambiental da comarca da Limia fronte á contaminación de terras e mananciais procedente da industria cárnica intensiva, así como á loita por un modelo agrogandeiro máis sustentábel. Actualmente, Coren ameaza con reclamarlle máis de 1 millóns de euros por presuntas \"difamacións\" contra a empresa. No apartado colectivo, Adega outorgou o galardón á Asociación Ambiental Senda Nova, para poñer en valor o seu traballo durante 2019 e na última década a prol da educación ambiental nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes. Así, converteuse nun referente na zona no que atende á organización de actividades de interpretación da Natureza. Dioxina, as malas prácticas Porén, Adega tamén sinala, cun claro afán reivindicativo, aquelas a persoas e colectivos que teñen protagonizado as accións ou actitudes do ano máis nefastas para o medio ambiente galego. Así, o premio Dioxina individual foi, por unanimidade, para ao actual Director Xeral Enerxía e Minas, Ánxel Bernardo Tahoces. As principais razóns son ter avalado a \"autorización de proxectos altamente agresivos co medio natural (co rural e co mar) e con forte oposición social como a mina de Touro-O Pino, o parque eólico Serra do Iribio ou a mina de San Finx (Lousame)\". A causa desta última, continúa, de facto, imputado por presunta prevaricación ambiental. Ao mesmo tempo, Tahoces foi un dos principais promotores da coñecida como \"Lei de Depredación\", deseñada para reducir o control público de actuacións agresivas como minas e instalacións enerxéticas. Na categoría colectiva, pola súa banda, Adega denunciou o desleixo dos responsábeis da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A súa actitude pasiva fronte aos ataques da industria forestal ou mineira (Castro de Trinidade, Cova Eirós, Camiño de Santiago...) fan que para a organización ecoloxista semelle \"actuar máis como un servizo forense que certifica as desfeitas do noso acervo arqueolóxico e histórico que como o organismo responsábel de velar pola súa conservación e recuperación\"."}
{"ID": "NOS_32820", "summary": "Rússia, Irã, Nigéria e Venezuela são principais atingidos por política de uma Opep liderada pela Arábia Saudita que não vê problemas com a queda dos preços", "text": "A Opep (Organização dos Países Exportadores de Petróleo) não vai interferir no preço do petróleo mesmo que atinja US$ 40 o barril e esperará ao menos três meses antes de considerar uma reunião de emergência do órgão, declarou o 15 de decembro o ministro da Energia dos Emirados Árabes Unidos, Suhail Al-Mazrouei, à Bloomberg. Após quase cinco anos de estabilidade, o preço do petróleo caiu mais de 40%, quando foi de US$ 115 por barril a um preço abaixo de US$ 70 em seis meses. No fim de novembro, a Opep, que controla quase 40% do mercado mundial, se reuniu em Viena para tentar chegar a um acordo a respeito das restrições de produção, mas a crise não foi resolvida e o petróleo continuou a cair. Em meio a um cenário de incertezas, países exportadores da commodity – como Rússia, Nigéria, Irã e Venezuela – foram duramente atingidos. Mas por que o preço do petróleo permanece em queda? Em geral, o preço do petróleo é parcialmente determinado pelas leis da oferta e da demanda, e – por outro lado – pela expectativa e especulação. No entanto, a demanda por energia também acaba sendo alterada a partir de fatores como atividade econômica, questões sazonais (necessidade de ar condicionado no verão e aquecimento no inverno), turbulências geopolíticas e, claro, decisões tomadas pelos membros da Opep – que produziu muito mais do que o mercado internacional esperava em 2014. O papel da Arábia Saudita neste contexto é fundamental para compreender a atual crise no petróleo: o país produz cerca de 10 milhões de barris por dia, um terço do total da Opep No atual panorama de queda de quase 40% no preço do petróleo, observa-se que esses fatores foram alterados nos últimos meses. Em virtude da fraca atividade econômica, a demanda energética é baixa. Somado a isso, crises em países com significativa participação na produção de petróleo, como Líbia e Iraque, também afetam o cenário. No caso de Iraque, particularmente, estima-se que o Estado Islâmico tenha conseguido controlar importantes refinarias, obtendo o lucro de até US$ 2 milhões por dia o grupo extremista com a venda no mercado negro. Mas é preciso levar outras questões em consideração. Neste ano, os Estados Unidos se tornaram o principal produtor de petróleo no mundo. Embora não exporte petróleo bruto, hoje o país importa muito menos, o que gera muito mais estoque e desequilíbrio no mercado internacional. Finalmente, o papel da Arábia Saudita neste contexto é fundamental para compreender a atual crise no petróleo: o país produz cerca de 10 milhões de barris por dia, um terço do total da Opep, e pode tolerar baixos preços da commodity, já que o petróleo saudita apresenta o custo mais baixo mundial: de US$ 5 a US$ 6 o barril. Fissuras geopolíticas Com US$ 900.000 milhões em reservas e forte influência nas reuniões da Opep, a Arábia Saudita optou por não sacrificar a própria quota de mercado para restaurar o preço. Eles poderiam reduzir fortemente a produção, mas os principais benefícios iriam para países que eles detestam, como Irã e Rússia, e é aí que entram as fissuras geopolíticas. Teerã e Moscou são exemplos de governos dependentes de um alto preço no petróleo para pagar gastos com investimento bélico internacional custoso. No caso russo, ainda, as sanções ocidentais impostas em meio à crise na Ucrânia e a constante desvalorização do rublo em relação ao dólar apontam para um cenário ainda mais pessimista. Em manobra semelhante, a Nigéria teve que aumentar as taxas de juros e desvalorizar o naira. E como se comportaram os países latino-americanos nesse panorama? A Venezuela é dona das maiores reservas de energia do mundo e o petróleo é responsável por 95% das suas exportações. Como o país depende exclusivamente do \"ouro negro\" para garantir as exportações, uma queda nas cotações do petróleo pode ameaçar futuramente a economia – já frágil – da Venezuela. No início de outubro, Caracas chegou a pedir que a Opep realizasse uma reunião de emergência para frear a queda nos preços internacionais do petróleo, mas sua baixa influência no órgão favoreceu que seu pedido não fosse levado em conta. Devido aos baixos preços de venda no mercado interno, a PDVSA (companhia estatal Petróleos de Venezuela) trabalha com perdas Como resposta à decisão da Opep de manter a produção de 30 milhões de barris diários mesmo diante da queda internacional no preço do petróleo, o presidente venezuelano, Nicolás Maduro, anunciou no fim de novembro medidas de redução orçamentária e cortes nos gastos públicos, que incluem ainda a revisão salarial de altos funcionários governamentais. Devido aos baixos preços de venda no mercado interno, a PDVSA (companhia estatal Petróleos de Venezuela) trabalha com perdas, já que uma gasolina chega a ser vendida a um valor quase 30 vezes menor que o custo de produção. A Venezuela vende internamente um litro de gasolina de alta octanagem a 0,097 bolívares (equivalente a R$ 0,03). No Brasil, por exemplo, cobra-se, em média, R$ 2,90 por litro de gasolina (o que tende a aumentar). Esse rombo é, em certa medida, semelhante ao que passa Petrobras atualmente. No caso do Brasil, tal queda no preço da commodity pode ser nociva à Petrobrás em longo prazo, e a exploração do petróleo passaria a atrapalhar os negócios da companhia se a queda for duradoura e se chegar a um preço inferior a US$ 45, segundo analistas. Por isso, é preciso considerar o panorama internacional e analisar consequências diretas e futuras do impacto do preço do barril em território nacional. O governo mexicano anunciou a licitação de 14 blocos petroleiros no Golfo do México às empresas nacionais e estrangeiras, uma decisão inédita que abre a indústria ao capital privado após 76 anos de monopólio estatal Além de Venezuela e Brasil, outro país latino-americano que vê a queda do preço da commodity com cautela é o México. O 12 de decembro, o governo mexicano anunciou a licitação de 14 blocos petroleiros no Golfo do México às empresas nacionais e estrangeiras, uma decisão inédita que abre a indústria ao capital privado após 76 anos de monopólio estatal. Em meio à instabilidade no mercado energético, a proposta foi elaborada com o intuito de ajudar o Estado Mexicano a não concentrar todos os riscos no setor. Em coletiva de imprensa, o ministro da Energia, Pedro Joaquín Coldwell, ressaltou que a medida foi tomada \"em um entorno de volatilidade dos preços do mercado internacional de petróleo que obrigarão as empresas a serem mais seletivas quanto aos países e as áreas onde investirão\". Trata-se da primeira licitação pública de jazidas de petróleo no México para que companhias explorem sob o esquema de contratos de produção compartilhada por um período de 25 anos. Com essa chamada \"reforma petrolífera\", Coldwell acredita que o México freará a queda de suas reservas de petróleo e gás e \"poderá reincorporar com maior força e certeza ao mercado energético mundial\"."}
{"ID": "NOS_19679", "summary": "O coronavirus está a golpear España e Italia por igual. Inicialmente, a postura que mantiñan era coincidente, mais nos últimos 15 días foise diversificando: mentres que Madrid sostén un perfil máis baixo no seo da UE e da OTAN, Roma enfrontouse aos dous organismos, manténdose firme cos \"coronabonos\" e pedindo axuda a Rusia, China e Cuba.", "text": "As imaxes publicadas hai dúas semanas polo Ministerio de Defensa de Rusia non teñen precedentes. Unha columna de vehículos militares rusos atravesaba o 25 de marzo ─data que pasará aos libros de historia─ a fronteira austríaca e entraba en Italia en dirección a Bérgamo. Portaban pancartas onde se podía ler, en italiano, ruso e inglés: \"Desde Rusia con amor\". Os temores que principalmente o Reino Unido e os Estados Unidos albergaban nos estertores da Segunda Guerra Mundial ─é dicir, que o Exército Vermello avanzase cara ao occidente até alcanzar a Fisterra de Europa─ parecían coller forma 75 anos despois. Os últimos compases do conflito bélico, co nazismo esmorecendo, convertéronse nunha carreira entre a URSS e os aliados occidentais por ver quen ocupaba maior espazo de influencia no Vello Continente: era o inicio da Guerra Fría. As tropas soviéticas pararon en Viena de camiño a Italia, país liberado do xugo de Hitler polos Estados Unidos e co que garda desde entón unha estreita relación cultural e política. Mais en tempos de \"viruspolitik\", como os define The Washington Post, todo pode cambiar. O taboleiro de xogo da política internacional estase a reestruturar nestes días de crise e, así finalice, pode deixar novas e inéditas alianzas. Este mesmo xornal estadounidense xa o alertaba hai menos dun mes: \"A China e, en menor medida, Rusia, deron un paso adiante para axudar as nacións afectadas. Un papel desempeñado polos EUA desde os tempos da Segunda Guerra Mundial\". Así é que, o Goberno de Italia, superado pola situación e ante a incomparecencia de Washington e de Bruxelas, pediu axuda a Rusia, Cuba e China nun claro xesto de rebeldía e chamada de atención. O xigante asiático, que xa lograra a adhesión de Roma ao seu proxecto da Nova Ruta da Seda ─ou por iso─ respondeu enviando varios avións con respiradores e máscaras. Tamén equipos médicos, como os que enviou Cuba. Na sede da OTAN, en Bruxelas, os nomes de Cuba, China e Rusia fan renxer os dentes, conscientes de que no convoi ruso que viaxou a Bérgamo non só viaxaba persoal sanitario. O diario italiano La Stampa recollía entón as declaracións do ex comandante do Batallón de Defensa Química, Biolóxica, Radiolóxica e Nuclear da Alianza Atlántica, Hamish De Bretton-Gordon: \"En calquera outra situación, sería inimaxinábel a presenza destas tropas rusas altamente especializadas nun país da OTAN. Con toda seguridade, nese destacamento hai oficiais da GRU [servizo de intelixencia militar ruso] que non perderán o tempo\". E o 2 de abril, o diario español El País publicaba unha entrevista co secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg: \"Que Rusia non se equivoque; a OTAN mantén intactas as súas capacidades\". Facía referencia a posíbeis movementos en Moldavia, no leste de Ucraína ou Libia, mais había unha ameaza implícita a Italia. E a España. Sen resposta da OTAN Mais Madrid xa viña cumprindo coas normas. O 24 de marzo, un día antes da chegada do convoi ruso a Italia, a OTAN informaba nun comunicado que o Goberno español se dirixira ao Centro Euroatlántico de Coordinación de Respostas a Desastres, dependente da Alianza Atlántica, solicitando o envío de material médico. A OTAN, que carece del, trasladou a petición aos restantes 29 membros. Esta foi atendida pola República Checa, Luxemburgo, Turquía e Letonia, mais non polos Estados Unidos ou Francia, tradicionais e máis estreitos aliados de España. Neste sentido, Luis Gonzalo Segura, ex tenente do Exército de Terra español, criticaba esta semana nunha columna de opinión publicada na web de Russia Today, a cadea de televisión internacional financiada polo Goberno ruso, que dos Estados Unidos \"o mesmo país que leva seis anos obrigando os países europeos a aumentar o gasto en defensa até alcanzar inicialmente 2% do PIB, mais co obxectivo de chegar a 4%, ninguén sabe nada\". \"A OTAN non é solidariedade, é armamento e guerra\", reflexionaba o militar. Tamén no económico os camiños de Italia e de España diverxeron. Nese mesmo 24 de marzo, o Eurogrupo debatía as medidas económicas a adoptar para paliar a crise polo coronavirus. Daquela, os Gobernos italiano e español ─que pedía un \"Plan Marshall\"─ facían fronte común ante os Países Baixos e Alemaña para pedir que os Estados da eurozona compartisen o pago da débeda xerada en forma de \"coronabonos\". Onte os ministros de Economía volvíanse reunir por terceira vez tras o fracaso desta semana. España descolgábase da exixencia da emisión dos eurobonos e abría as portas a outras posibilidades. Italia mantense firme. Nunha entrevista no diario alemán Bild, esta cuarta feira, o seu primeiro ministro, Giusseppe Conte, insistía en que se deben suavizar as regras orzamentarias: \"Se non, farémolo sen Europa e cada un pola súa conta\"."}
{"ID": "NOS_10069", "summary": "O proceso polo que o PSdeG elexirá o seu novo secretario xeral achégase ao desenlace. A dez días das eleccións primarias, ningún dos aspirantes -dous deputados no Parlamento galego e un profesor universitario- entende unha alternativa a Feijóo sen alianzas con outras forzas. E todos falan de reiniciar o partido para, dunha vez, superar a interinidade en que se instalou logo da estrepitosa caída de Gómez Besteiro.", "text": "Gonzalo Caballero foi o candidato que máis apoios recadou entre a militancia. Polo menos, de medilos mediante as sinaturas coas que os afiliados o avalaron: máis de 2.600, fronte ás 2.323 que reuniu o portavoz no Horreo Xaquín Fernández Leiceaga e as 2.100 de Juan Díaz Villoslada, parlamentario e o home que conta coa bendición da xestora que dirixe o partido. \"Eu agardo ao día 8 de outubro\", sinala Villoslada, \"cando cada militante é un voto, ese é o día decisivo\". Para el, a correlación entre avais e votos \"non é automática\". Remítese ao acontecido no PSOE, cando Pedro Sánchez e Susana Díaz disputaron a cara de can o liderado orgánico. Sánchez impúxose á presidenta de Andalucía aínda que esta obtivera máis avais de militantes. O propio Gonzalo Caballero, profesor de economía, tamén parece tomar o dato con prudencia, malia os resultados ao seu favor: \"Superamos as nosas expectativas, pero asumímolo con humildade\". É a terceira lexislatura da historia en que o PSdeG non é a primeira forza da oposición no Parlamento de Galiza. O BNG superárao en 1997 e en 2001. O pasado ano fíxoo En Marea. Para Xaquín Fernández Leiceaga, as primarias deben servir para \"arrincar o motor do partido\". E cómpre \"unidade\". \"Temos que ser un partido forte, referente da esquerda\", engade. Leiceaga alerta da complexidade da fase en curso do proceso interno porque, ao non haber unha segunda volta, o secretario xeral escollido non disporá do \"apoio intenso necesario\". Hai uns días, o portavoz parlamentario mesmo pedía a retirada da candidatura de Villoslada. A sombra dun pacto entre candidatos, con posterior reparto de responsabilidades -a secretaría xeral e a portavocía parlamentaria-, sobrevoa a contenda. \"Eu vexo que os outros candidatos buscan máis a confrontación comigo que a exposición das súas propostas\", considera Díaz Villoslada, \"imaxino que será unha estratexia de campaña, lexítima, pero indica que ven a miña candidatura con posibilidades de gañar\". Máis alá dos datos sobre avais, o horizonte das eleccións primarias do PSdeG non aparece despexado. Coas determinantes agrupacións de Vigo dominadas por Abel Caballero -frontalmente contrario ao seu sobriño Gonzalo Caballero- sen pronunciarse en voz alta, os tres aspirantes insisten na súa dedicación a percorrer as bases. \"Nós seguimos visitando agrupacións e percibimos que hai vontade de cambio\", afirma, precisamente, Gonzalo Caballero. Leiceaga apónlle ás primarias virtudes de sutura. \"Como pasou despois do proceso entre Pedro Sánchez e Susana Díaz, serven para aplacar divisións\", considera. E, no PSOE galego, \"teñen que contribuír a pechar unha etapa e abrir unha nova, en que as divisións queden atrás\". O recurso á idea de novidade tamén aparece nas palabras de Villoslada. Para o deputado pola Coruña, próximo a Pedro Sánchez, a súa opción achega \"unha nova forma de ver o partido e proxectalo cara ao futuro\". \"Novo proxecto, novas políticas, novos referentes\", di Caballero. As eleccións primarias provocan certa viraxe cara adentro das organizacións políticas. Villoslada afirma que esa circunstancia se agrava nos seus competidores: \"Véxoos demasiado centrados nos debates internos. Eu non teño esa carga\". En todo caso, os matices ideolóxicos entre os aspirantes non resultan evidentes. A diferenza doutros partidos enmarcados na socialdemocracia europea -os laboristas ingleses, o socialismo francés, mesmo as últimas primarias do PSOE-, o debate no PSdeG non se substancia no eixe (relativo) esquerda-dereita, non existen disidencias estrondosas. Tampouco sobre a cuestión nacional. \"España está abrindo un período de reconfiguración\", alerta Fernández Leiceaga, co proceso de autodeterminación catalán ao fondo, \"e Galiza ten que estar aí cunha posición forte\". Gonzalo Caballero, igual ca Leicega, é economista, e salienta \"a especial realidade económica do país, que languidece despois de tres lexislaturas de Feijóo\". A tradicional querenza do PSdeG por integrar economistas na súa dirección, e certa tendencia ao discurso tecnocrático, mantense. Tamén a continua referencia á súa \"capacidade de goberno e xestión\". A Villoslada, licenciado en dereito, preocúpalle especialmente o desequilibrio territorial, \"a desertización do que non é a fachada atlántica\". Pero hai algo inédito na mensaxe que emiten os tres candidatos a encabezar o PSdeG. Ningún deles obvia que calquera alternativa política e institucional pasa por tecer alianzas con En Marea e o BNG. \"Sabemos dialogar e chegar a acordos con outras forzas\", afirma Villoslada, \"pero queremos ser a primeira forza e disputar o goberno ao PP\". \"Tendemos a man a outras forza para xerar unha alternativa gañadora progresista\", opina Leiceaga. Con todo, este é máis crítico, e acusa o Bloque de soster posicións \"divisivas e contrarias aos intereses do país\" no que respecta ao financiamento autonómico. Os nacionalistas reclaman un concerto análogo ao do País Vasco. En Marea apoiouno no Parlamento. O actual portavoz parlamentario tamén menciona as dificultades de entendemento entre as forzas opostas ao Partido Popular \"alí onde é máis importante\". Refírese aos concellos, e cualifica os desencontros no Hórreo de \"anécdotas que se magnifican\". Porén, os tres aspirantes á secretaría xeral volven coincidir na necesidade de rematar coa provisionalidade que, ao seu xuízo, reforza a Feijóo. E \"reactivar\" a maquinaria dunha organización que, en Galiza, conta 14 deputados no Parlamento, seis no Congreso, 94 alcaldías e 1.039 concelleiros dos 3.766 que se escollen no país."}
{"ID": "NOS_42540", "summary": "Para que \"Galiza tome conta de si propia\" ese é o obxectivo da iniciativa social que desenvolveu o seu primeiro acto público en Bueu con máis dun cento de asistentes.", "text": "Galiza pola Soberanía conta xa con máis unha asemblea. A comarca do Morrazo desenvolveu o seu acto de presentación no CS Mar de Bueu onde 150 persoas escoitaron as intervencións da escritora Teresa Moure e do profesor e historiador Xerardo Dasairas. A presentación pública da GpS do Morrazo foi o resultado de diversas asembleas abertas decorridas pola comarca ao longo das últimas semanas. No acto, abordáronse os obxectivos da iniciativa social resumidos por Teresa Moure como unha iniciativa encamiñada a procurar que \"Galiza tome conta de si propia\". O acto contou tamén coa proxección do documentario editado pola Fundación Moncho Reboiras \"A proclamaçom da República Galega em junho de 1931\". Un peza audiovisual que foi comentada por un dos seus autores, o historiador Xerardo Dasairas. Finalmente o acto rematou cun acto musical a cargo de Mini, Mero e María Quintilláns (A Quenlla) @s que se sumou Guillerme Inacio, de Quempallou."}
{"ID": "NOS_502", "summary": "Tras coñecer a prohibición, por parte da Subdelegación do Goberno, da concentración convocada por A Mesa, o BNG rexistra iniciativas de urxencia exixindo que se garanta o exercicio de dereitos fundamentais como o de manifestación ou expresión", "text": "O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar de urxencia iniciativas sobre a prohibición para realizar a concentración solicitada por A Mesa pola Normalización Lingüística o vindeiro 29 de setembro na ponte da Toxa, no Concello do Grove. A organización nacionalista demanda explicacións tras o veto da Subdelegación do Goberno que impide exercer o dereito de manifestación da cidadanía galega e urxe a rectificación do executivo para que se poida celebrar a mobilización en defensa dos dereitos lingüísticos. De non rectificar, o deputado nacionalista alerta de que o Goberno do Estado estaría empregando argumentos políticos para impedir a presenza de movementos sociais durante a celebración do Congreso-Foro Atlántico. Despois de que A Mesa Pola Normalización Lingüística comunicara, tal e como marca a lexislación vixente, a convocatoria dunha concentración na Ponte da Toxa, no Concello do Grove, para o vindeiro 29 de setembro, e modificase a hora da mobilización tras a petición remitida pola Subdelegación do Goberno, ven de recibir no día de onte un comunicado prohibindo a súa realización. A mobilización solicitada ten como obxectivo defender a normalización da lingua galega, posto que o Congreso-Foro Atlántico emprega o nome deturpado da illa en lugar do oficial e legal en galego: A Toxa. O Goberno español veta a concentración da Mesa contra a deturpación da Toxa no foro económico \"A prohibición máis parece fundada en argumentos políticos que xurídicos, e no interese de impedir a presenza de movementos sociais en defensa da normalización da lingua galega\" afirma o deputado nacionalista após coñecer o veto da Subdelegación do Goberno. De facto, a institución alega no seu segundo comunicado que a concentración se situaría polo lugar de acceso á illa, o que dificultaría o acceso. \"Mais este argumento non se sostén cando a propia Subdelegación solicitou o cambio de hora e cando podería propoñer tamén un cambio de itinerario, por exemplo marcar a ocupación de só un carril, para garantir o acceso ao evento e á illa para o resto de residentes\" sinala Rego. \"Parece sorprendente que o Goberno español en vez de preocuparse porque se respecte a legalidade, neste caso, da toponimia galega, o que faga sexa atacar e vulnerar dereitos fundamentais como o de manifestación ou expresión\" destaca o deputado do BNG. Para Néstor Rego, o que está claro é que \"detrás desta prohibición hai un interese político de que este evento –en que participan autoridades destacadas- non teña unha protesta social por esta vulneración da legalidade lingüística e deturpación da toponimia galega\". Por último, a organización nacionalista lembra que o ano pasado produciuse unha concentración polo mesmo motivo durante a celebración do Congreso mais, aínda que foi pacífica por parte da organización que a convocaba, supuxo a identificación de catro persoas pola policía e aplicóuselles a Lei Mordaza. \"Estamos diante dunha continuidade, por parte do Goberno español, dunha política represiva que coarta dereitos fundamentais. O BNG reclama que o executivo rectifique canto antes e permita a realización desta concentración\" resume Rego. A Mesa impulsa un manifesto para exixir a fin da deturpación do topónimo A Toxa no foro económico"}
{"ID": "PRAZA_8964", "summary": "A concesión do Príncipe de Asturias de ciencias sociais por vez primeira a unha muller trae á actualidade á esta socióloga holandesa e aos seus estudos sobre a globalización. As TIC, a dixitalización dos procesos, non eliminan a necesidade de espazos físicos -dende as fábricas aos centros de negocios- só permite que se instalen cunha nova distribución no mapa global. A industria non se desmaterializa coa tecnoloxía: deslocalízase, relocalízase. A terciarización é unha ilusión óptica occidental, hai hoxe mais actividade industrial no mundo que nunca na historia", "text": "A concesión do Príncipe de Asturias de ciencias sociais por vez primeira a unha muller trae á actualidade á esta socióloga holandesa e aos seus estudos sobre a globalización. Di Sassen que os procesos de globalización conteñen unha dinámica centralizadora. Ao tempo que se dispersan as actividades de produción, centralízanse o control, a propiedade e o beneficio, en lugares físicos que contan cos recursos especializados para \"crear\" globalización. As TIC, a dixitalización dos procesos, non eliminan a necesidade de espazos físicos -dende as fábricas aos centros de negocios- só permite que se instalen cunha nova distribución no mapa global. A industria non se desmaterializa coa tecnoloxía: deslocalízase, relocalízase. A terciarización é unha ilusión óptica occidental, hai hoxe mais actividade industrial no mundo que nunca na historia, noutros lugares e noutras condicións mais precarias para uns e mais beneficiosas para outros. A industria non se desmaterializa coa tecnoloxía: deslocalízase, relocalízase. A terciarización é unha ilusión óptica occidental, hai hoxe mais actividade industrial no mundo que nunca na historia Tampouco se desmaterializa a vida cotián nos lugares, cidades globais, onde se concentra o poder. Prodúcense servizos especializados de alto valor de mercado: finanzas, consultoras, tecnoloxía... que xeran traballos moi valorizados nun mercado de traballo global. Créase tamén un mercado de traballo global para labores moi desvalorizadas: traballos manuais mal pagados, moitas veces na economía informal (servizo doméstico, coidado das criaturas, hostalería ...), traballador@s e traballos nunca representad@s na nova economía global pero que forman parte imprescindible da súa infraestrutura. Unha segmentación global do mercado de traballo con marcas de xénero e etnia, que mobiliza enormes continxentes de emigrantes. A nova xeografía da centralidade e a marxinalidade mantén anteriores desigualdades e xera outras novas e maiores: unha nova periferia excluída do crecemento económico A nova xeografía da centralidade e a marxinalidade mantén anteriores desigualdades e xera outras novas e maiores: unha nova periferia excluída do crecemento económico. As cidades globais acumulan inmenso poder, recursos e investimentos mentres antigos centros industriais, no mesmo pais, na mesma comarca, esmorecen. Medra a desigualdade entre os centros de negocios e o seu entorno metropolitano. Os salarios dos executivos e do persoal mais cualificado increméntanse mentres se deterioran os ingresos da clase media e @s traballador@s con menos formación, que engrosan a economía informal de supervivencia. O incremento da fenda salarial, afecta á estrutura do consumo que á vez modula a oferta laboral. A decadencia da clase media, aínda maioritaria en occidente, coincide coa perda do seu valor na economía global post-fordista e post-keynesiana para a produción e o consumo masivo. Son sobre todo as mulleres no traballo informal as que demandan a visibilidade e a regulación deste mercado oculto, constitúen a maioría desa nova clase obreira, desempoderada e invisible, ao servizo dos sectores estratéxicos da economía global A socióloga alerta sobre as dinámicas non tan visibles da globalización. A mobilización de mulleres e inmigrantes (ou mulleres inmigrantes) para atender ese mercado de traballo informal urbano, a recuperación dos fogares como espazos informais de produción, anuncian unha nova transición demográfica e mostran a inutilidade dos sistemas clásicos de control da economía ante estas novas situacións. O acceso a un salario por baixo que sexa, xunto cunha nova onda de feminización do emprego e o emprendemento, pode forzar un cambio e alterar as xerarquías de xénero das que partiron Son sobre todo as mulleres no traballo informal as que demandan a visibilidade e a regulación deste mercado oculto, constitúen a maioría desa nova clase obreira, desempoderada e invisible, ao servizo dos sectores estratéxicos da economía global. O acceso a un salario por baixo que sexa, xunto cunha nova onda de feminización do emprego e o emprendemento, pode forzar un cambio e alterar as xerarquías de xénero das que partiron. Para mulleres de baixos ingresos ábrese unha oportunidade de mellorar a autonomía persoal como traballadoras ou produtoras domésticas: gañar control sobre a súa vida fronte a un mercado laboral que historicamente as excluíu e discriminou; gañar acceso ao espazo público, sobre todo ás inmigrantes dentro das súas comunidades étnicas. Saskia Sassen investiga dinámicas da globalización que se producen nos espazos de nova urbanización, axúdanos a entender o derrube da fábrica téxtil de Bangladesh, a situación de Pescanova, a compra de Barreras por Pemex Saskia Sassen investiga dinámicas da globalización que se producen nos espazos de nova urbanización, axúdanos a entender o derrube da fábrica téxtil de Bangladesh, a situación de Pescanova, a compra de Barreras por Pemex. Ao incorporar a perspectiva de xénero ao estudo das novas dinámicas sociais, axúdanos tamén a comprender as dinámicas cotiáns da crise que vivimos: os roles das mulleres na nova economía de subsistencia. Axúdanos a comprender o noso presente. Engade valor á súa obra que Sassen definira estes procesos nos anos 90; cando nos sentíamos a salvo porque formabamos parte do norte, ela xa falaba da nova xeografía da marxinalidade na globalización, e advertíanos da construción dos novos sur que agora habitamos. Agardo que o merecido premio supoña a divulgación da obra desta socióloga con tanto que aportar ao deseño de estratexias que eviten ou compensen as consecuencias da globalización."}
{"ID": "NOS_23208", "summary": "A Iniciativa Galega pola Gratuidade realizou un encerramento na sede da Xunta en Lugo e anunciou \"movilizacións permanentes\" até que @s enferm@s non teñan que re-pagar os medicamentos.", "text": "\"Apoiar o PP implica apoiar o copagamento para doentes de cancro\". Así de taxativo mostrouse esta quinta feira o voceiro da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade, Federico Gutiérrez Estoa, alcalde de Riotorto. Fíxoo no decorrer dunha acción reivindicativa en contra do decreto 212/2012 --que fixou o repagamento do transporte médico e das próteses-- e contra a resolución ditada o 10 de setembro de 2013 que impón o repagamento dos fármacos prescritos para doentes crónic@s. O protesto, un encerramento na delegación da Xunta en Lugo, servirá de preámbulo para unha \"mobilización permanente\" que encetará na semana que vén, após as dúas xornadas de folga xeral en contra da privatización da sanidade, 9 e 10 de decembro, convocadas polos sindicatos CIG, CC.OO., CEMS e Omega e apoiadas pola Plataforma Galega en Defensa da Sanidade Pública. \"Volvemos á loita, unha loita que vai tomar nos vindeiros días máis intensidade e contundencia\", recalcou Gutiérrez Estoa, quen reclamou que Feijóo reciba á Iniciativa Galega \"non para lle regatear miseria ningunha, pois as nosas demandas nin se negocian nin se transacionan\". O que demanda o colectivo é a retirada das dúas normas antes sinaladas, ditadas ambas as dúas polo Goberno español mais que a Xunta acatou sen dicir ren. E continuou Estoa: \"Feijóo converteuse nun auténtico pesadelo para os enfermos de cancro, de sida ou de hepatite mais se persiste na súa teima vai atopar enfronte outro auténtico pesadelo, o pobo galego\" porque Galiza, dixo, non vai dar por boa \"resolución ningunha que deixe fóra do dereito á sanidade homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo\"."}
{"ID": "NOS_37407", "summary": "Todos os vídeos desta nova edición están xa dispoñíbeis na canle de YouTube da CTNL.", "text": "A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) vén de publicar na súa canle de YouTube as intervencións da última edición do evento LGx15. Ideas para o futuro da lingua, que decorreu o pasado 16 de outubro en Compostela. Trátase de seis intervencións de entre 12 e 16 minutos de duración que, segundo informa a CTNL, \"compilan ideas, experiencias e recomendacións que poden mellorar o futuro da lingua\". O evento contou coa colaboración do Concello de Santiago e a secretaría xeral de Política Lingüística, e estivo conducido por Carlos Meixide. A primeira quenda foi para a actriz María Vázquez, que na peza 'Crianza en galego... Volver ás orixes' falou das súas decisións lingüísticas, que repercutiron na educación das súas crianzas e na súa actividade laboral, segundo sostivo. Xosé Luís Reza, especialista en márketing, abordou o valor de mercado da lingua propia do país no vídeo 'O galego como elemento diferenciador', mentres a xornalista italiana afincada na Galiza Alice Piccardi narrou a súa experiencia e relación coa lingua após 20 anos vivindo aquí, no relatorio 'Alice no país da diglosia'. Tamén houbo espazo para as novas tecnoloxías: Agos Reigosa, promotor de Twitch en Galego, ofreceu a charla 'Internet non é lugar para o galego'. E a docente e coordinadora de Olloboi Ana Moreiras analizou \"como un festival audiovisual escolar axuda a prestixiar a lingua entre a mocidade. A súa intervención foi 'Olloboi: normalización do galego no audiovisual que usa a mocidade'. Aliás, o músico, compositor e produtor Paco Cerdeira Pakolas relatou o seu percorrido lingüístico entre México e a Galiza con 'Nin de eiquí nin de acolá'. Evento completo"}
{"ID": "NOS_33171", "summary": "Profundamente atado á experiencia nos campos de refuxiados de Grecia, este libro de Irene Pin ten, ademais desa intensa relación co eido do documental, unha afiliación que o entronca coa poesía comprometida.", "text": "Como outras veces que falamos da editorial galego-brasileira Urutau, temos que destacar a amplitude do seu catálogo, unha verdadeira máquina de producir poesía que amplía as edicións na nosa lingua e incorpora tamén novas voces a ese gran discurso da cultura galega que continúa a ser a lírica. Irene Pin, cunha traxectoria na escrita literaria que se resume na participación ocasional en revistas, debuta con este libro grazas a Urutau. Porén, falamos dunha autora cunha dimensión particular que matiza e mesmo completa esta calidade de principiante. Con fortes ligazóns no ámbito do xornalismo, moita da participación cultural da poeta xogou sobre todo no ámbito do documental, pisando tamén nalgunhas ocasións o formato da videopoesía. A ollada de ειρήνη / Irene Pin / Urutau / 2021 / 138 páxinas / 14 euros A ollada de ειρήνη é unha boa mostra desta perspectiva mestiza. Estamos ante un poemario desbordante e desbordado, e pode que esa sexa unha das súas características principais, a percepción de que hai unha enorme cantidade de elementos e que mesmo esta miríade chega a dar un certo ton de ansiedade na voz autorial. Trátase dun punto de vista completado coa referencia transmedial que incorpora o libro. Varios códigos QR convídannos a dar un novo paso alén dos versos, a completalos e a xogar a asistir ás imaxes e sons que envolven a poesía. Elementos que falan desde a perspectiva do discurso artístico, ofrecéndonos cancións, recitados e imaxes, pero que tamén dan o paso ao elemento documental, deixándonos escoitar conversas ou colocándonos ante imaxes do conflito e o desarraigo. Profundamente atado á experiencia nos campos de refuxiados de Grecia, este libro de Irene Pin ten, ademais desa intensa relación co eido do documental, unha afiliación que o entronca coa poesía comprometida. Trátase dunha relación innovadora, non só por esa aposta de hipertexto que inclúe, senón tamén polo lugar do discurso. Os poemas d'A ollada de ειρήνη vagan sobre todo polo ámbito da descrición, tratan de describir elementos case fotográficos e que con frecuencia aluden a persoas individuais desde a consciencia de que as súas vivencias forman parte dunha enorme catástrofe colectiva. Como é frecuente en moita da poesía social, en ocasións o verso acaba por ser explicativo de máis, roza o obvio na súa mensaxe, pero tamén, e como destaca o prólogo de Daniel Salgado, acaba por ser un reflexo evidente da crise da conciencia. Do difícil que é seguir escribindo despois do cíclico Auschwitz da historia."}
{"ID": "NOS_45678", "summary": "Longa noite é a terceira longametraxe de Eloy Enciso (Meira, 1975), unha obra ao redor da posguerra na Galiza que vén de ser recoñecida no último festival de Locarno (Suíza) co premio Boccalino D'Oro ao mellor director outorgado pola Asociación da Crítica de Cinema Independente. Con el falamos do filme e das súas circunstancias. Eis un extracto da entrevista publicada no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Longa noite é un filme de sombras e arcanos. Sobre Atila e as resistencias en voz baixa. É un filme sobre a treboada de ruínas que arrasou Galiza en 1936. Pero é tamén unha máquina de pensar sobre a devastación e as súas consecuencias, sobre como o pasado respira no presente e condiciona o futuro. Non é un monumento. Non celebra nada. Non sentimentaliza. Obra política no sentido profundo da expresión, a terceira longametraxe de Eloy Enciso (Meira, 1975) produciuna Filmika Galaika, protagonízaa o artista plástico Misha Bies Golas –cuxo personaxe retorna ao país na primeira posguerra– e un elenco de actrices e actores amadores, e o seu guión está construído con textos de Luís Seoane, Max Aub, cartas de presas políticas e Ramón de Valenzuela. No último festival de Locarno (Suíza) obtivo o premio Boccalino D'Oro ao mellor director outorgado pola Asociación da Crítica de Cinema Independente. Por que estrear en 2019 un filme sobre este tema? Non espertei un día e dixen: \"Vou facer un filme sobre a posguerra\". O proxecto ten catro ou cinco anos, o tempo que levou sacalo adiante. En 2014 o Estado español estaba en crise e eu mesmo pasaba unha crise económica. Era parte da miña vida, pero tamén da miña contorna inmediata: familiares que perdían o traballo, amigos que emigraban… Social e mediaticamente estaba moi presente. Sen traballo e con tempo, por un interese máis persoal que profesional, comecei a ler, a investigar cales podían ser as orixes e os fundamentos daquela crise, económica pero tamén social e política. Primeiro lin sobre a Transición, o intre que sempre nos contaron que era fundacional do Estado español moderno. Pero axiña me decatei de que tiña que ir máis atrás para entender por que pasaban as cousas que pasaban. Por que o poder político se pechaba ante unha realidade evidente na rúa? Por que os medios de comunicación facían unha lectura tendenciosa? De maneira natural e intuitiva, cando cheguei ás lecturas sobre a primeira década do franquismo, sorprendentemente comezaban a resoar: os diálogos das obras de teatro, as memorias, tamén algunhas cartas… Materiais cos que construíu o guión. Si, son os materiais que conforman o texto. Por exemplo, o diálogo da señora na estación de buses que está agardando o seu fillo e ten esa especie de resignación coa realidade política arredor: \"Que máis dá que manden uns que os outros, se son os mesmos\". Estes diálogos comezaron a resoar. Entendín que seguramente non foi tanto a Transición. Esta foi unha consecuencia do que viña de antes, un movemento socialmente aceptado pero continuísta. Aí xurdiu a idea máis clara do filme. Quería facer un filme que falase do presente que me estaba tocando e pareceume unha forma interesante. Xustamente en Longa noite hai unha demanda de xustiza a respecto do pasado, pero tamén certo diálogo co presente. Non é tanto un monumento á memoria, senón que respira na actualidade. A min non me interesaba facer un filme histórico no sentido de \"imos contar como foron os anos 40 e 50 na Galiza\". Interesábame non tanto o que, senón o como. Non os feitos, senón o como pasou. Como no machismo, por exemplo. Non é dicir \"este é machista\", senón elaborar unha análise autocrítica sobre como funciona o machismo. Ou o fascismo. O fascismo non é un señor baixo, gordo, con bigote e feo. Se o fascismo fose iso tería desaparecido coa morte do señor. O fascismo é toda unha ideoloxía que vén filtrada nunha serie de condutas insertadas na sociedade, tamén en nós. Iso era o que me interesaba. Ver esta actitude de resignación, a relación cos pobres –os personaxes dos esmoleiros na porta da igrexa–, o populismo fascista –un candidato a alcalde nunha vila calquera de Galiza. Os escenarios, as localizacións, están descontextualizados. Que procuraba con esta decisión? Non se trata tanto de falar do pasado, nin de facer ciencia histórica a través do cinema, senón de ver as posíbeis relacións. Detectar que cousas, malia que pase o tempo e mude un home, que condutas, que mecanismos aínda están aí a latexar. Non me interesaba contar uns feitos nun lugar concreto. Interesábame a partir do local facer unha pequena abstracción un pouco máis universal. Máis alá da narración, o cinema como ferramenta de pensamento. Si, mais sempre hai unha historia. O cinema sempre é narrativo. O que sucede é que hai unha forma de narrar canónica, hexemónica. E nós como espectadores somos ás veces preguiceiros. Xa en Arraianos (2012), a súa anterior longametraxe, empregou actrices e actores non profesionais. Por que? Teñen diferentes procedencias, pero basicamente veñen de grupos de teatro amador. Hai razóns puramente prácticas, económicas. É un filme de baixo orzamento, e os procesos que eu sigo cos actores levan tempo, de ensaios, de interiorización dos diálogos e dos textos, de traballo co ritmo e a musicalidade. Pagar ou mercar ese tempo é complicado. Despois hai outras razóns. Cando fago un filme intento que o equipo veña sen ideas preconcibidas do que é o cinema e de como se debe facer. Eu teño un método non moi convencional. Ás veces si que teño certos conflitos con persoas que levan moito tempo facendo cinema como normalmente se fai e non están, por costume, tan abertos a certa exploración. E tamén hai unha razón relacionada coa propia execución do texto. Un actor profesional ten toda unha serie de recursos dramáticos, de control da voz, do corpo, e a min sempre me gusta esa especie de substrato documental das interpretacións de actores non profesionais. Pódese chegar tamén con actores profesionais, pero na miña metodoloxía de traballo ten máis sentido traballar así. Ás veces pode ser unha interpretación un pouco máis fráxil, pero ten unha forza, non sei como dicilo, telúrica… [Podes ler a entrevista íntegra no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_13664", "summary": "Cinco persoas feridas leves. A Policía aponta a un encontro casual, sen 'quedada' previa. O caso está en mans do Xulagdo de instrución nº6.", "text": "Seareiros antifascistas do Celta de Vigo e afeccionados de extrema dereita do Real Madrid enfrontáronse en Vigo, segundo informa o diario Atlántico, nunha pelexa que se saldou con cinco persoas feridas leves. O medio, citando fonte policiais, indica que os afeccionados celtistas serían membros de Celtarras (malia que esta peña independentistas e de esquerdas disolveuse en marzo tras 30 anos de vida) e os madridistas de Ultra-Sur, colectivo de extrema dereita española. Sempre segundo a información do xornal vigués, recollida por diferentes medios deportivos, a liorta non sería froito dunha 'quedada' previa senón que se debeu a que celtistas recoñeceron na zona da Laxe os ultras madridistas, orixinándose un enfrontamento. Até a zona desprazáronse efectivos da Policía española, que procederon a identificar dous seareiros celtistas. Ningunha persoa presentou denuncia mais o xulgado de garda abreu dilixencias para determinar a natureza do acontecido. Segundo fontes policiais citadas por Atlántico, os ultras madridistas desprazáronse a Vigo para pasar o día desde Sanxenxo, onde estarían de vacacións."}
{"ID": "NOS_56911", "summary": "Mentres Marrocos celebraba esta sexta feira, 6 de novembro, o 40 aniversario da Marcha Verde, a invasión do Sáhara Occidental.", "text": "Milleiros de bandeiras marroquís ondean estes días nas rúas principais do Aaiún, no Sáhara ocupado, a onde se desprazou Mohammed VI, rei de Marrocos, cuxa cara figura en numerosas fotografías que visten edificios da cidade. Para conmemorar o 40 aniversario da Marcha Verde, a invasión do Sáhara Occidental, Marrocos non escatimou gastos e, no seu afán propagandístico e populista, mesmo fichou Maradona para participar nun partido de fútbol organizado pola Federación marroquí, un evento que causou unha forte contestación nas redes sociais contra a estrela arxentina, á que acusan de prestarse a celebrar a opresión ao pobo saharauí. Mentres Marrocos festexa os 40 anos da ocupación, o pobo saharauí, abandonado na hamada da Alxeria, non esquece. Estes días, lembra como tivo que fuxir dos bombardeos, co xusto entre as mans, para salvar a súa vida. Uns ficaron no camiño. Outros aínda teñen cicatrices das feridas. As que máis doen son as feridas do corazón. Aínda así, os e as saharauís levan 40 anos resistindo nos campamentos de refuxiados perante a indiferenza da comunidade internacional e da complicidade dos países aliñados con Marrocos. \"Para nós, o 6 de novembro non é unha data de celebración. É a data dun masacre\", sinala en declaracións a Sermos Galiza Keltum Larossi, activista saharauí. \"O único bo deste 40 aniversario da invasión de Marrocos é o anuncio de Mohamed VI, que accedería a un indulto aos 23 presos do campamento de Agdaym Izik, onde tiveron lugar os protestos de 2010. Algún deles está condenado a cadea perpetua\", apunta. Keltum, activista saharauí: \"Pecharon a fronteira de Tánger e non permiten entrar ninguén con carné de identidade que indique que naceu no Sáhara Occidental, por moita nacionalidade española que teña\" Segundo fontes independentistas do Sáhara ocupado, o rei de Marrocos pasou a sexta feira, 6 de novembro, no Aaiún. \"A estas horas do sábado, os medios aínda non informan de que estivo no Aaiún porque hai un secretismo absoluto. Tratan de garantir ao máximo a súa seguridade e, de feito, cando visita o Aaiún faino sen anuncios previos e nunca pasa a noite alí\", afirma Keltum Laroussi, quen denuncia que estes días \"está todo fechado a cal e canto\". \"Pecharon a fronteira de Tánger e non permiten entrar ninguén con carné de identidade que indique que naceu no Sáhara Occidental, por moita nacionalidade española que teña\", afirma. Cóntanos seu pai, Laroussi, viaxou até Algeciras para se desprazar ao Sáhara ocupado co fin de asistir á voda do seu fillo mais non puido entrar en territorio marroquí. Máis un inimigo contra o pobo saharauí: as chuvias de outubro Se non chegaba con sobrevivir no deserto da Alxeria, o pobo saharauí atopou máis un inimigo a mediados do mes de outubro: as chuvias torrenciais. \"Nunca, en 40 anos víramos chover así\", repiten os e as saharauís estas semanas entre os milleiros de haimas e casas de adobe feitas barro. Boa parte dos 168.000 persoas que sobreviven no deserto de Tindouf perderon as súas poucas pertenzas. A Media Lúa Vermella (que chama a facer doazóns na conta ES84-0081-0655-63-000135140) aínda non puido cuantificar as perdas. Así, mentres Marrocos celebra os 40 anos da invasión, o pobo saharauí, axudado pola comisión de emerxencia formada polas ONGD, trata de facerlle fronte á desfeita provocada polo temporal, que azoutou de maneira significativa os campamentos de Dajla e Auserd. Un referendo que non chega A ONU tratou de mediar no conflito en 1991, cando a República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e Marrocos declararon o alto o fogo. Desde entón, as Nacións Unidas comprometéronse a convocar un referendo no que se decidiría se o Sáhara proclamaba a súa independencia ou se se incorporaba a Marrocos. A ONU prevía ter o censo nunhas poucas semanas, mais as continuas trabas de Marrocos ao proceso provocou que o censo concluíra 8 anos após. Unha vez publicado pola ONU, Marrocos non recoñeceu os datos recollidos. Mohamed VI incentiva a mudanza de persoas ao Sáhara ocupado para tratar de rexistrar unha vitoria no caso do hipotético referendo Na última década, Mohamed VI incentiva a mudanza de persoas ao Sáhara ocupado para tratar de rexistrar unha vitoria no caso do hipotético referendo. De feito, o Estado marroquí axuda os sectores máis desfavorecidos da sociedade para que se despracen ao Aaiún cun subsidio e con bonificacións fiscais. A intención de Marrocos pasa por que vote toda a cidadanía que nacera e se criara no Sáhara ocupado e o Fronte Polisario quere que voten as persoas realmente orixinarias do Sáhara Occidental. O papel das Nacións Unidas, segundo lamentan activistas saharauís, segue a ser de simple espectadora, pois denuncian que exclúe o control para que Marrocos respecte os dereitos humanos no territorio ocupado. \"A ONU recoñece o noso dereito de autodeterminación, pero non fai nada. É un cero á esquerda, nin controla nin observa nada\", sinalan. As cifras do conflito 168.000 saharauís viven nos campamentos de refuxiados, chamados Smara, Auserd, Dajla e o Aaiún. Entre os campamentos ou wilayas hai entre uns 20-60 km de distancia, agás Dajla, que fica a 200 km do resto. Cada wilaya divídase nas dahiras, pequenos grupos de poboación que tamén reciben o nome dos municipios dos territorios ocupados. Unhas 150.000 persoas saharauís viven na parte do Sáhara Occidental baixo ocupación marroquí. Centos de activistas foron detidos e torturados por autoridades marroquís. Agora viven no Aaiún 240.000 persoas, segundo datos do Goberno marroquí. De estas, tan só 80.000 naceron no Sáhara Ocupado, segundo as organizacións independentistas. O muro que protexe Marrocos para evitar a volta das persoas refuxiadas ao Sáhara ocupado ten unha lonxitude superior aos 2.720 km. Posúe búnkeres, valados de espiños e campos de minas antipersoa. [No número 168 de Sermos Galiza, publicamos o A Fondo \"Sáhara, 40 anos de invasión e espolio. Á venda na nosa loxa]"}
{"ID": "NOS_52848", "summary": "O Seaga segue a loitar contra esta avespa.", "text": "A Consellaría de Medio Rural, a través de Seaga, vén de retirar máis de 3.500 niños de vespa velutina, a especie invasora que chegou á Galiza hai algúns anos e que preocupa especialmente ao sector da apicultora. As e os operarios expertos nesta tarefa tiveron que acudir a chamadas de alerta en 300 concellos do país, o 96% do total. O Seaga ocúpase dunha encomenda da Xunta, renovada o pasado 1 de marzo coa suma doutras 15 localidades, para esta función. A directora da Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron esta segunda feira un encontro de coordinación e de reforzo do Plan de loita contra a vespa velutina. Os máis de 3.500 niños que se eliminaron ou neutralizaron repártense entre eses 300 concellos nos que actúa a empresa concesionaria. Prieto explicou que, nesta resposta \"homoxénea\" para as zonas afectadas, buscando \"unha maior eficacia na retirada e neutralización de niños\", recibiron perto de 7.000 avisos de cidadáns, a maioría desde as comarcas atlánticas da Galiza. No noroeste foi necesario eliminar 1.311 niños, mentres que no suroeste da Galiza suprimiron 1.835 en case sete meses. Os números foron moito máis baixos no conxunto do interior galego, ao superar por pouco os 400. Reforzo da atención no teléfono 012 Para estas próximas semanas os servizos de emerxencia e retirada agardan un maior volume de chamadas porque o incremento de localización das colmeas acostuma a ser maior. En consecuencia, hai un reforzo na atención do teléfono 012, co que se pode contactar todos os días da semana de 8 a 20 horas. Ese horario ampliado estará vixente até outubro. Cómpre recordar que o ano pasado o número de chamadas máis elevado recibiuse no verán, acadando o máximo no mes de agosto, con case 7.000 avisos tan só nun mes, a mesma cifra que se computou entre xaneiro e xullo. Estas variacións habituais nos anos anteriores fixeron que, o ano pasado e malia o confinamento estrito, fora preciso actuar en case 17.000 puntos do país para eliminar a ameaza que supoñen as velutinas, que prexudican industrias coma a do mel."}
{"ID": "PRAZA_8470", "summary": "A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca en Carballo unha marcha que pretende masiva e que xa apoian colectivos ecoloxistas, a CIG ou o BNG.", "text": "Continúan as mobilizacións contra a mina. Logo da tractorada celebrada a pasada fin de semana, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra o proxecto de Edgewater para o vindeiro domingo en Carballo, unha marcha que pretende ser a convocatoria \"central\" do conxunto de protestas que se están a realizar na comarca durante os últimos meses. A manifestación do domingo pretende ser a marcha \"central\" do conxunto de protestas que se están a realizar contra a mina \"Temos que ser unha morea de xente!\", pide a plataforma, que advirte da necesidade de implicar a cidadanía, non só da comarca afectada, senón doutras zonas. \"Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui\", asegura en referencia ás múltiples ameazas mineiras que pesan sobre Galicia desde hai xa meses. \"Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente\", insiste o colectivo, que xa conta co apoio de organizacións ecoloxistas e formacións políticas, ao igual que sucedeu coa tractorada do pasado domingo. Así, Verdegaia vén de \"animar as persoas socias e a toda a sociedade en xeral a secundar a manifestación\", mostrando así \"a oposición a un proxecto que, ademais do enorme impacto medioambiental que xeraría, suporía un impacto socioeconómico moi negativo para Corcoesto e para toda a comarca de Bergantiños, tal como alertan especialistas de distintos campos\". O colectivo ecoloxistas pide o apoio a unha marcha que sairá ás 12 da mañá do vindeiro domingo 14 do aparcamento do Haley baixo o lema Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: Non a mina de Corcoesto. \"Só a través da mobilización cidadá será posible parar este proxecto apoiado polo PP\", di o BNG, que estará presente na marcha O BNG xa deixou claro tamén o seu apoio á manifestación, á que asistirá o seu portavoz nacional, Xavier Vence, acompañado de cargos institucionais e militantes. \"Só a través da mobilización cidadá será posible parar un proxecto de explotación mineira, apoiado polo PP, que contempla a instalación dun deposito de substancias e residuos situado a escasos 150 metros do esteiro do río Anllóns cun alto risco para as persoas e o medioambiente\", asegura o Bloque, que fai \"un chamamento\" á cidadanía galega para que participe na marcha do domingo. Tamén o fixo a CIG, que pide o apoio a esta convocatoria \"nacional\" contra o proxecto de Edgewater."}
{"ID": "NOS_56138", "summary": "Critican que a AXEGA non proporcionou máscaras nin información ao persoal, e cualifican de \"insultante\" e \"improcedente\" o comentario do Presidente da Xunta, Núñez Feixoo, cando estivo, xunto co vicepresidente, paseando pola central, por afirmar \"tranquilas que nos imos contaxiar todas\".", "text": "O comité de empresa do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galiza, denuncia a \"falta de responsabilidade con este servizo por parte da Xunta\" que, ao seu entender, \"deixa patente a indiferenza da Axencia Galega de Emerxencias da Galiza (AXEGA) coas persoas que todos os días vimos traballar para sacar adiante as emerxencias do país\". Critican, ademais, que \"nin sequera se atenderon\" as súas propostas preventivas, \"que permitirían garantir, en caso de contaxio, que o servizo continuase funcionando para atender todas as chamadas das e dos usuarios\". Segundo explican, na central onde se atopan o 112 e o 061 traballan arredor de 50 persoas por quenda entre os dous servizos, \"nun lugar onde non hai fiestras e compartindo todo o espazo\". Para o comité, debería ser \"prioritaria a máxima precaución para evitar o contaxio que se puidera dar entre o persoal, en caso de haber algún positivo no Covid-19\". Proposta de medidas preventivas Porén, ante a \"inacción\" por parte da Xunta da Galiza, propoñen varias medidas preventivas, \"xa que unha situación extraordinaria require solucións tamén extraordinarias\". A súa primeira proposta é restrinxir o acceso á central só as persoas que se vexan na obriga de traballar presencialmente, fomentando o teletraballo para o resto do cadro de persoal -administración, prensa, formación...-, evitando así \"riscos innecesarios\". Xunto a isto, propoñen dividir o persoal que traballa en cada quenda en dous grupos independentes entre si, entre as salas de San Marcos e A Estrada, para reducir á metade o risco de contaxio. En todo caso, ante a información de que habería unha terceira sala na Estrada, demandan que se acondicione de inmediato para poder garantir a separación neses dous grupos. Falta de información O comité asegura que descoñece se está feita a avaliación de riscos. Isabel Moares, presidenta do comité de empresa, declara que tampouco saben \"como está de avanzada a posibilidade de teletraballar en caso de que a situación así o requirira\" e, no caso de haber un positivo, tampouco saben como \"actuar, nin que prevé facer a AXEGA de se producir esta situación\". A sensación que hai, segundo Moares, é que \"semella que a administración se está deixando levar polos acontecemento e tomando as decisións en función disto, cando o que tiñan que facer era tomar as medidas precisas nunha situación tan delicada\". A presidenta do comité asegura que levan días \"reclamando información e todas as medidas preventivas necesarias para evitar contaxios e corentenas que mermarían o servizo\". Lembra, ademais, que \"estamos a falar dun traballo especializado que non podería desenvolver ningunha persoa sen preparación previa, algo imposible de facer neste intre. Aínda así, recibimos o silencio por resposta\". Conclúen cualificando de \"insultante\" e \"improcedente\" o comentario do Presidente da Xunta, Núñez Feixoo, cando estivo, xunto co vicepresidente da Xunta, paseando pola central, por afirmar \"tranquilas que nos imos contaxiar todas\"."}
{"ID": "NOS_18781", "summary": "María Reimóndez, presidenta de Implicadas no desenvolvemento (www.implicadas.com), atópase en Tamil Nadu (India) realizando o seguimento dos proxectos que a organizacion ten en marcha no país con activistas tamiles. A través dunha serie de crónicas achegaranos as súas experiencias persoais no decorrer da súa estadía. Neste espazo, iremos pendurando cada unha delas.", "text": "Motivos de orgullo As mulleres aparecen vestidas co seu uniforme e nas súas caras pódese ler o orgullo. Non é para menos pois o seu grupo de axuda mutua nos cinco anos que leva en funcionamento, conseguiu xa non só que todas as mulleres teñan os seus propios negocios (unha delas ten un centro de costura propio, co seu local e todo) senón o respecto de toda a comunidade. As veciñas achéganse a elas para que lles ensinen a formar un grupo de aforro novo. O seu orgullo queda claro no cartel que colocaron na rúa onde viven para que todo o mundo saiba da súa existencia. Mais se cadra o indicador máis importante do seu éxito fique lonxe de todas estas cousas. Cando alguén lles fixo saber que se precisaba comida nun orfanato da cidade o grupo reuniu cartos e aprovisionou o centro. Este tipo de accións implican un cambio de mentalidade que está na cerna dos grupos de axuda mutua e que se resume en cambiar dun papel pasivo a un papel activo, xusto o que promove a nosa campaña Cambia de papel (www.cambiadepapel.org). Crer que podemos cambiar o que nos rodea e que non somos só vítimas das circunstancias. Cando as circunstancias son tan duras como aquelas das que partiron as mulleres do grupo Om Shakti, o orgullo é tamén moito maior."}
{"ID": "NOS_10344", "summary": "Máis de medio cento de obras de Paula Rego, un das nomes máis relevantes da pintura contemporánea, expóñense no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña. Pintura figurativa, por veces fantástica e onírica e por veces crítica e dramática que nos achega á gran creadora á obra da grande creadora portuguesa.", "text": "Cun discurso propio que ten no debuxo o seu eixo e na creación de imaxes narrativas nunha liña que desenvolveu desde a súa mocidade, a obra de Paula Rego pasou a ser considerada un dos expoñentes principais da pintura contemporánea. A súa traxectoria foi acollida con mostras retrospectivas nos máis prestixiosos centros de arte, desde a Tate Liverpool ao Centro Cultural de Belém ou o Reina Sofía de Madrid. Creadora dunha linguaxe particular, na obra de Rego toma especial relevancia as etapas nas que a través da pintura reelaborou unha relectura en clave feminista dos relatos infantís ou a crítica serie na que a autora se atreveu a denunciar as consecuencias do aborto clandestino. En \"Fábulas Reais\", o seu figurativismo queda á vista en máis de cincuenta obras que percorren a súa traxectoria desde os anos setenta con algunhas pezas moi pouco expostas como \"A vella república\", \"O Oratorio\" ou \"Os músicos\". Por vez primeira móstranse obras como \"The Servant\" ou \"The Cigarette\". A mostra estará aberta ate o 14 de setembro na Coruña. Feminismo no pincel Desde os anos setenta, o relato que plasma a través da pintura evoluiu desde unha primeira etapa máis apegada a un discurso informalista e mesmo dadá para pasar á obra dos anos setenta onde a psicoanálise semella agromar na reinterpretación de traumas da infancia a través de obras nas que os contos toman protagonismo. Adentraríase a autora posteriormente nunha liña creativa na que os temas sociais, en especial o aborto e a imposición autoritaria do poder, impóñense en obras especialmente dramáticas e na que o seu feminismo invade os lenzos con valentía. Acrílicos de grande formato, pasteis ou obra sobre papel compoñen esta exposición que, baixo a denominación de \"Fábulas Reais\", acaída á obra da artista, vén de se inaugurar na Coruña. Nada en Lisboa en 1935, Paula Rego pasou boa parte da súa vida en Londres onde reside desde os dezasete anos e a súa obra forma parte das máis importantes coleccións privadas e públicas do mundo, desde o British Museum, o Metropolitan Museum of Art ou a Serralves."}
{"ID": "NOS_47414", "summary": "Os días 8, 9 e 10 de marzo terá lugar a Festa do Queixo, unha feira referente na gastronomía galega. As persoas asistentes poderán desfrutar dun queixo cunha denonimación de orixe única e de diversos obradoiros e exposicións, así como de animacións de rúa e músicos no Festival do Queixo.", "text": "Nos últimos anos, a Festa do Queixo converteuse nunha cita imprescindíbel para as galegas e galegos. A uns días de comezar a 44ª edición dunha festa que xa se converteu nunha das máis paradigmáticas no mundo do queixo, damos a coñecer un programa que recolle actividades para todos os gustos. Aínda que xa se confirmaran as actuacións de balde de diversos músicos no Festival do Queixo, as persoas asistentes tamén terán acceso a varios obradoiros de elaboración de queixo e obradoiros infantís os días 8, 9 e 10 de marzo. Un queixo singular O queixo amparado pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa elabórase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas rubia galega, frisona, pardo-alpina e os seus cruces. A zona de produción tanto do leite como dos queixos comprende os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada, de xeito que a área delimitada está no corazón da Galiza. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa ampara tres tipos diferentes de queixos que, desde 1989, contan coa denominación de Produto Galego de Calidade. O Arzúa-Ulloa é un queixo de pasta branda cun período de maduración mínimo de seis días. As características son similares ao Arzúa-Ulloa de Granxa, que ten a particularidade de que o leite co que se fai procede na súa totalidade das vacas da propia explotación. Ambos os queixos teñen un sabor lixeiramente salgado cun punto de acidez e aroma inicial a leite fresco mentres que a medida que madura vai desenvolvendo aroma a manteiga e matices de vainilla, nata e noces. Por outra banda, o queixo Arzúa-Ulloa curado ten un período de maduración mínimo de seis meses. É o queixo coñecido como \"queixo da nabiza\" ou \"queixo do ano\". O seu sabor é semellante ao da manteiga e está caracterizado pola súa dureza e por un aroma picante. Estes queixos van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de xeito destacado a denominación de orixe e unha contraetiqueta expedida e controlada polo Consello Regulador. Programación Sexta feira: 18 – 23 h. 13º Concurso de tapas e petiscos 'Festa do Queixo': nos estabelecementos de hostalaría de Arzúa. Sábado: 11 h. Apertura de portas do recinto feiral 'Terra do Queixo': no recinto feiral, con fotocol e food trucks todo o día. 11 – 13 h. Exposición do concurso de carteis 44ª edición: na Capela da Madalena. 11 – 13 h. Grupo de música e baile tradicional O Bringuelo: no recinto feiral. 11 – 12 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web. 12 h. Inauguración oficial, pregón e entrega de premios: no campo da feira. 17 – 18 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web. 18 h. 3º Festival 'Pequequeixo': na Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela). 19 – 21 h. Animación de rúa Sanama Bloko Samba Galego. 20.30 h. Peche recinto feiral. 21.30 h. Festival do Queixo: no Campo da feira da man de Inerttes, Los secretos, Herdeiros da Crus, Rafa Morcego DJ. Domingo: 10 h. Apertura recinto feiral 'Terra do Queixo': fotocol todo o día no recinto feiral. 11 – 12 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web. 11 – 13 h. Animación de rúa grupo de gaitas Castro Curbín. 12 – 14 h. Animación de rúa Festicultores Troupe. 11 – 13 h. Exposición concurso de carteis 44ª edición: na Capela da Madalena. 11.30 h. 3º Festival 'Pequequeixo': na Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela). 12.15 h. Sesión Vermú Festival do Queixo: no campo da feira con Broken Peach. 16 – 17.30 h. Obradoiro infantil de cociña creativa: inscrición previa na páxina web. 18 h. Festival do Queixo: no campo da feira da man de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Sés. 18.30 h. Peche do recinto feiral."}
{"ID": "NOS_14489", "summary": "O líder popular, que podería dimitir nas próximas horas, convocará finalmente a vindeira terza feira a Xunta Directiva Nacional do PP para pór data a un congreso extraordinario.", "text": "Fontes da cúpula do Partido Popular veñen de informar da dimisión que o secretario xeral Teodoro García Egea, tería comunicado esta mesma tarde por mor da presión dos 'baróns' populares, malia resistirse a dar o paso na mañá desta terza feira. Namentres, o líder do PP, Pablo Casado, medita o seu futuro tras as múltiples desercións de cargos do seu equipo e colaboradores máis próximos no medio da profunda crise interna que vive o partido, e non oculta a súa \"aflición e abatemento\" polo que está a suceder e que \"non merece\", segundo indicaron a Europa Press fontes da súa contorna. Casado convocou esta cuarta feira aos baróns territoriais a unha reunión na sede do PP —prevista ás 20 horas-—para tentar buscar unha saída á crise e achegar posicións sobre a convocatoria dun congreso estatal do partido. Previamente, acudirá á primeira hora da mañá á sesión de control ao Goberno no Pleno do Congreso, onde ten previsto formular unha pregunta ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, como fai cada cuarta feira. Nas últimas horas foron en aumento os cargos que piden a marcha de Casado e a convocatoria urxente dun congreso extraordinario. Case todos eles miran ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para que tome as rendas do PP e abra unha nova etapa. Casado, só Paralelamente, empezáronse a producir dimisións no comité de dirección do PP e numerosos cargos afíns que o abandonaron. Nesta situación de soidade, rodeado xa só do seu equipo máis fiel, fontes próximas a Casado non ocultan a súa indignación polo \"escarnio\" que está a sufrir o presidente do partido. \"É un trato inxusto, que non merece\", aseguran estas fontes. Ademais, subliñan que a Casado \"sempre o guiou a procura da exemplaridade\" na súa actuación coa presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, tras chegar ás súas mans datos sobre o contrato sanitario de máscaras en plena pandemia. Con ese obxectivo, engaden, reclamoulle unha aclaración de \"forma discreta\" e lamentan que o equipo da presidenta madrileña fixese público este asunto e acusase á cúpula do PP de presunta espionaxe, algo que, segundo estas fontes, \"nunca\" se produciu. Congreso extraordinario Finalmente, Casado convocou a vindeira terza feira a reunión da Xunta Directiva Nacional do PP para organizar o XX congreso nacional do partido, que terá carácter extraordinario, segundo informaron fontes do partido. Nas últimas horas, numerosos cargos do núcleo duro de Pablo Casado pediron publicamente a convocatoria dese conclave extraordinario, como Cuca Gamarra, Javier Maroto, Ana Pastor ou Andrea Levy, e sinalaron que esa petición xa a trasladaron este martes na reunión do comité de dirección, que se prolongou máis de dúas horas. A reunión da Xunta Directiva será finalmente o próximo 1 de marzo. Seguen chegando apoios a Feixoo Namentres, cada vez máis voces súmanse en público e en privado ao proxecto de Alberto Núñez Feixoo. Algúns deles cren que o mellor sería ir a un congreso extraordinario cunha candidatura única encabezada polo 'barón' galego para evitar máis fracturas internas e coser o partido. Feixoo xa ten apoios seguros en Andalucía, Madrid, Castela e León e Cantabria. O portavoz do Goberno madrileño que dirixe Isabel Díaz Ayuso, Enrique Osorio, sinalou que o presidente da Xunta é a \"mellor\" opción para liderar o PP e criticou que a actual dirección estatal busque gañar tempo cando \"o xuízo dos militantes\" está ditado. Tamén expresou publicamente ese apoio a Núñez Feixoo a presidenta do PP de Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, que cre que Casado debe dar un \"paso ao lado\", ou o alcalde de Málaga, Francisco de la Torre, que ve o barón galego como \"un gran activo\". Pola súa parte, o presidente do PP de Aragón, Jorge Azcón, moi próximo até o de agora a Casado, afirmou que Feixoo \"é o dirixente territorial en Europa que mellor pode acreditar o éxito\" polas súas \"catro maiorías absolutas\" á fronte da Xunta. O PP aragonés reclamou tamén un congreso extraordinario para acabar \"con esta etapa\" e abrir \"unha nova\". Ese apoio a Feixoo tamén veu da exportavoz do Grupo Popular no Congreso Cayetana Álvarez de Toledo, quen ve no presidente da Xunta a opción parar pilotar a transición no PP até a celebración dun congreso. Iso si, animou a concorrer a ese conclave a Isabel Díaz Ayuso, aínda que ela mesma se autodescartou esta segunda feira mesmo asegurando que o seu \"sitio\" é Madrid. Tamén fontes do PP andaluz apuntaron esta terza feira que avogan por convocar o congreso nos vindeiros 30 días para obter un proxecto \"a longo prazo\" liderado por Núñez Feixoo."}
{"ID": "PRAZA_10324", "summary": "\"Quedou claro que o PP en Ourense é Manuel Baltar\", afirma o propio Baltar, evidenciando ademais que as negociacións non pasan pola dirección do PPdeG. O barón popular ourensán advirte de que \"todo pode cambiar en cuestión de minutos\" mentres seguen pairando na provincia outras posibles combinacións que permitan á saga reter o poder", "text": "Entrar no goberno e que non estea presidido por José Manuel Baltar. Son os marcos nos que, segundo aprobou por \"unanimidade\" o comité negociador de Ciudadanos, este partido estaría disposto a que o seu voto na Deputación de Ourense permita ao PP reter o goberno na institución na que, por primeira vez en tres décadas, os populares non teñen unha maioría absoluta encabezada polo apelido Baltar. Tras un primeiro momento no que o seu responsable de organización en Galicia e previsible futuro deputado provincial en Ourense, Laureano Bermejo, afirmou que o panorama negociador non estaba \"claro\", tanto el mesmo como outros responsables da formación de Albert Rivera en Galicia interpelan directamente á dirección galega do PPdeG coa súa condición principal. Que caia Baltar para procurar a \"rexeneración\" na Deputación tras trinta anos dirixida pola mesma familia, ilustrou Bermejo en declaracións á Cadena SER.\"Quedou claro que o PP en Ourense é Manuel Baltar\", afirma o propio Baltar, evidenciando ademais que as negociacións non pasan pola dirección do PPdeGEn caso de que isto non suceda, advirten, Ciudadanos estaría disposto a explorar outras posibilidades, dende presentaren unha candidatura de seu á presidencia ata apoiar outra formación, se ben unha maioría alternativa pasa tamén necesariamente polo BNG e a cúpula estatal do partido fixou tamén como liña vermella evitar calquera tipo de acordo con forzas soberanistas. A esa eventual confluencia dos votos de C's e do Bloque aférrase precisamente o propio Baltar, que se presenta a si mesmo como \"innegociable\" e tamén como sinónimo do PP na provincia, evidenciando que as negociacións non pasan pola dirección que encabeza Alberto Núñez Feijóo.Os contactos con Ciudadanos en Ourense son cousa do PP de Ourense e xa lles \"quedou claro que o PP en Ourense é Manuel Baltar, iso é unha cuestión innegociable\", zanxou o propio Baltar en declaracións que recolle La Región. \"Eu son o candidato a presidir a Deputación\", agrega o barón provincial dos populares, quen reitera que é o único que ten un \"programa\" para reter o bastón de mando que herdou do seu pai en 2012 e que volveu elevar tras as eleccións municipais de 2015.Baltar advirte de que \"todo pode cambiar en cuestión de minutos\" mentres seguen pairando na provincia outras posibles combinacións que permitan á saga reter o poderA dirección do PP en Ourense, agrega, non entende \"a política\" baseada en \"vetos de carácter persoal\". Non obstante, afirma non dar por descarriladas as conversas. \"Quedan moitos días\" e \"todo pode cambiar en cuestión de minutos\", asegura mentres seguen pairando na provincia outras posibles combinacións, como o eventual pacto entre o PP e Democracia Ourensana a dúas bandas, no Concello e na Deputación, ao que aludiu o socialista Rafael Rodríguez Villarino. Con Villarino, precisamente, reuníase o xoves tamén no nome de Ciudadanos o propio Bermejo, quen advertiu de que no caso dun eventual acordo cos socialistas, a súa esixencia sería tamén entrar no goberno.Mentres isto sucede en Ourense, a dirección galega do PPdeG garda silencio. O único pronunciamento ao respecto foi o de Alberto Núñez Feijóo que, tras o Consello da Xunta do pasado xoves, sinalou como o pacto máis \"normal\" un intercambio entre PP e PSOE, segundo o cal os socialistas permitisen a Baltar continuar dirixindo a Deputación e, a cambio, o PPdeG favorecese a investidura de Villarino no Concello por ser alí o PSdeG a forza máis votada. Mentres, como pano de fondo, unha convocatoria espallada a través das redes sociais anima a participar nunha concentración ante a sede da Deputación, no serán deste venres, baixo o lema Botemos aos Baltar."}
{"ID": "PRAZA_16042", "summary": "A Biblioteca Nacional de España levou a cabo, por encargo da Biblioteca de Galicia, a primera recolección do dominio galego, obtendo os datos contidos en 4.261 direccións, das que a metade están activas. Nunha de cada catro gardouse un máximo de 150 Mb, a xeito de mostra. A información pasa a formar parte da colección web de Galicia", "text": "Nos últimos días do ano 2017, a Biblioteca Nacional de España levou a cabo, por encargo da Biblioteca de Galicia, a primeira recolección do dominio .gal, o que supuxo a descarga de máis de 140 GB de información. A operación realizouse sobre a lista de 4.261 dominios fornecidos pola Asociación PuntoGal. Ao redor da metade non teñen contido, a maioría por ser só dominios reservados. Da outra metade, un 26% colleitouse na súa totalidade, mentres que o resto acadou o límite de tamaño de 150 MB por dominio, o mesmo que se estableceu para a última recolección masiva do dominio .es. O Arquivo da Web é a colección formada porlos sitios web (incluídos blogs, foros, documentos, imaxes, vídeos, etc.) que se recolectan co obxectivo de preservar o patrimonio documental en Internet e asegurar o acceso ao mesmo. O Real Decreto 635/2015 regula o depósito legal das publicacións en liña. De acordo con el, os centros de conservación das comunidades autónomas e a Biblioteca Nacional de España colaboran para a construción e xestión dun depósito legal colaborativo. Esta primeira recolección masiva do dominio .gal pasa a formar parte da colección web de Galicia e do seu depósito legal electrónico, cuxa xestión é responsabilidade da Biblioteca de Galicia. Dende xullo de 2017 estes contidos están accesibles a través de terminais seguros nos centros de conservación das comunidades autónomas que o solicitaron, a propia Biblioteca de Galicia entre eles, e na Biblioteca Nacional de España. A primera recolección do dominio galego obtivo os datos contidos en 4.261 direccións, a metade activas Para arquivar a web utilízase NAS (NetarchiveSuite), unha ferramenta de código aberto deseñada pola Biblioteca de Dinamarca. Para rastrexar incorpora o robot Heritrix, creado por Internet Arquive, primeira organización que empezou a rastrexar e arquivar a web en 1996. As recoleccións buscan reproducir con detalle o aspecto do sitio e as funcionalidades do mesmo dispoñibles durante a captura, de tal forma que a réplica do sitio web sexa tan navegable como a súa versión viva. Unha vez completado o rastrexo, as webs arquivadas son visualizadas na OpenWayback, unha aplicación que lle ofrece ao usuario a posibilidade de seleccionar que versión concreta dunha web determinada desexa consultar."}
{"ID": "PRAZA_15129", "summary": "O capitán do Prestige volve criticar no xuízo a xestión da catástrofe e o trato recibido polas autoridades tras ser detido. \"Foi o peor día da miña vida\", asegurou.", "text": "Por terceira vez, o capitán do Prestige, Apostolos mangouras, denunciou a xestión do Goberno español na xestión da catástrofe, así como o trato recibido polas autoridades logo da súa detención. \"Tratáronme como un criminal; foi o peor día da miña vida\", asegurou este martes na terceira sesión do seu interrogatorio e a preguntas do letrado da compañia propietaria do buque, Mare Shipping. \"Tratáronme como un criminal; foi o peor día da miña vida\" Xa que logo, Mangouras insistiu en que o afastamento do Prestige, logo de que estivese estabilizado o 14 de novembro de 2002, foi \"a peor decisión posible\", xa que había un aviso de temporal para o día seguinte e que provocou os danos posteriores e o afundimento do petroleiro. O capitán culpou o Goberno español de levar o barco \"a ningures\" e insistiu en que lle resultou estraño que o Executivo non lle facilitase á embarcación un porto refuxio. \"Se fose levado a unha enseada, non perdería máis carga e teríase salvado\", aclarou. \"Sen a orde\" que as autoridades españolas deron sobre o rumbo do Prestige, \"a contaminación nunca tería afectado ao Cantábrico nin á costa francesa\", engadiu Mangouras."}
{"ID": "NOS_10802", "summary": "BNG, En Marea e PSdeG consideran que os feitos merecen unha explicación dos responsábeis políticos. O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, xa advertiu que non se modificará a orde do día.", "text": "O PP non está polo labor de que o conselleiro de Sanidade explique no Parlamento a ampliación a un suposto delito de homicidio imprudente a investigación contra 2 altos cargos do Sergas polo retraso no subministro de tratamentos a doentes de hepatite C. Os populares non van tomar nota das peticións da oposición, que consideran que esa comparecencia é o mínimo a facer após a decisión da Audiencia. Esta segunda feira a portavoz parlamentar do BNG, Ana Pontón, solicitou esa comparecencia para alén de pedir a demisión dos dous altos carhos investigados, o xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria; e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado. \"Estase a poñer riba da mesa como os recortes en materia sanitaria poden ter ou tiveron efectos sobre a saúde das persoas e que incluso poden provocar mortes\", afirmou Pontón, que considera que \"ante unha cuestión como esta deberían asumirse responsabilidades políticas\". \"Por respecto aos propios afectados, á sociedade e ao Parlamento, o lóxico sería que o goberno comparecese\". A petición de comparecencia do BNG non é a única. En Marea e PSdeG tamén cren que a unta ten que dar explicacións públicas pois estamos perante uns feitos graves. Non o ve así o PP, que asegurou que esta cuestión non está na orde do día do pleno que comeza esta terza feira. O seu portavoz, Pedro Puy, entende que alterar o que foi \"acordado na Xunta de Portavoces\" sería \"un mal precedente\"."}
{"ID": "NOS_45812", "summary": "Sofía de Grecia fixo a proposta nunha xuntanza en Palma de Mallorca con responsábeis do Banco de Alimentos", "text": "A raiña de España, Sofía de Grecia, propuxo este martes que se aproveitase o aumento do tráfico de buques e transatlánticos de pasaxeiros para recoller os seus excedentes de alimentos a prol do Banco de Alimentos e que estas chegasen ás persoas \"desfavorecidas\". Segundo informa EP; a raíña de España e a ministra de Sanidade, Ana Mato, mantiveron unha xuntanza co Banco de Alimentos, que desde 1995 distribúe de forma gratuita alimentos a entidades benéficas."}
{"ID": "NOS_18574", "summary": "Hai un par de semanas botou a andar a \"Xira Xuntos e Revoltos\", do dúo poético-musical Non Somos Nós, formado polo poeta Manuel L. Rodrigues e o músico Manuel Mariño Reino (entre eles chámanse Manuel e Manolo).", "text": "O primeiro é membro do Colectivo Literario Sacou e responsábel de Acha Escrava Editora; recita versos do seu libro Antítese nativa. O segundo, antigo baixista da banda noiesa 7 LVVAS (unha das pioneiras do rock galego), pon guitarra, harmónica e voz. O resultado desta simbiose, hora e media de actuación, poderá comprobarse en diversos lugares do territorio galego (pode consultarse o calendario no blog www.nonsomosnos.blogspot.com.es). Falamos con eles poucas horas antes da segunda posta en escena, que tivo lugar en Noia, na antiga igrexa de Santa María a Nova. Na primeira actuación, entendín mal ou xa foron vostedes capaces de manter a atención do público durante hora e media? Manuel Mariño. Si… Mais ímolo baixar a unha hora. Manuel L. Rodrigues. A primeira vez quixemos que a actuación fose íntegra... para saber que temas funcionaban mellor. Ademais pretendiamos premiar o público que se achegou a vernos. En posteriores ocasións iremos alternando as cancións e poemas, de xeito que non haberá dous recitais iguais. Ademais de acurtar o tempo, teñen previstos máis cambios? Algún elemento escénico, por exemplo?M. L. En cada ocasión faremos algunhas modificacións. Quitamos algunha canción, engadimos un par de poemas… Sobre a escenificación podo asegurar que haberá sorpresas. M. M. Temos unha estatua dun moucho que estará sempre con nós no escenario. (Ri.) Como foron tecendo a combinación de poemas e cancións? M. M. Digamos que foi Manuel quen se encargou de seleccionar os poemas afíns a cada canción, sen orde ningunha. O xeito de mesturalas coa música procuramos varialo para que non lle sexa monótono ao público (nin a nós, claro). M. L. Si, e buscamos que teñan puntos temáticos comúns os poemas e as pezas musicais. Entón é posíbel que nun concerto un poema vaia cunha canción distinta á que levaba no anterior?M. M. Non, non. M. L. Mais é posíbel que tal poema ou canción non soe... e soe outra. Estiven na estrea do espectáculo e daba a impresión de querían amosar todo o repertorio de 7 LVVAS.M. M. (Ri.) Que va!… Se só foron quince cancións, creo. Hoxe van ser catro menos. (Volve rir.) Por que xurdiu esta unión? Por que casan tan ben as cancións cos poemas?M. M. Foi idea de Manuel. Casan ben as cancións e os poemas pola influencia que tiveron a música dos LVVAS no poemario de Manuel... M. L. Quizais esta unión xurdiu por amizade ou afinidades. Eu coñezo a Manolo desde hai moito tempo. Un día ocorréusenos a idea e botámola a andar. O máis sorprendente é a facilidade para traballar con el. No primeiro ensaio improvisado decatámonos de que o proxecto podía callar. Non sempre intercalamos poemas con cancións. Ás veces eu recito só, e el canta só. Depende das circunstancias. Como dixen, non facemos dous espectáculos iguais. Manuel Mariño, que tamén é pintor (asina como m. m. reino), fixera as ilustracións para un libro de Acha Escrava e agora dá o salto a pórlle cancións a outro poemario da mesma editora…M. M. Non vexo moita diferenza entre ilustrar un poema cun bolígrafo ou cunha guitarra. O fin é o mesmo: aportar un pouco de luz. \"Será porque Galiza non dá cambiado? Ou somos nós os inmutábeis? Who knows!!\" Que lle transmite a vostede a poesía de Manuel L. Rodrigues?M. M. É algo estraño… Sobre todo imaxes... É como se fose vendo fotos... unha tras outra... Ao principio totalmente inconexas... Pouco a pouco van aparecendo fíos condutores, mesmo dentro dun poema, mesmo co resto do poemario. Todo un descubrimento para min, que son un profano total no tema. Manuel L. podería ser letrista de 7 LVVAS?M. M. Sen dúbida! (Ri.) Non sei que pensará Fredi (letrista e cantante de 7 LVVAS) pero algo parecido a 7 LVVAS sairía de aí. Desde logo este poeta é un gran afeccionado ao rock (mesmo fixo unha letra para un grupo de trash metal) e sei que os dous comparten o gusto inmenso por Neil Young…M. M. Si, míster Neil, si… Co trash creo que vou maior. Quítasme os acordes menores e non conecto, son como o meu interruptor. (Volve rir.) Pero o certo é que se nota a man de Fredi Barreiro en que as cancións son case todas versións de Bob Dylan!!M. M. A presenza de Fredi é evidente. É o autor das letras dos 7 LVVAS. Nós aportámoslle os poemas e a interpretación. As letras son as versións de Fredi en exclusiva. É verdade que no repertorio pesaba moito Dylan, claro (o mellor letrista de cancións de longo, seguido moi cerca por Leonard Cohen) pero tamén estaban Van, Springsteen, Buffet, Cohen, Hank, etc. E o nome do dúo, Non Somos Nós, non será tamén por aquel \"It ain´t me, babe\" de Dylan?M. L. A idea do nome foi de Manolo. Que responda el. M. M. Si, é unha canción onde lle canta ao público (non a unha parella, como dá a entender nunha primeira escoita), e como somos dous pois vai en plural. De todos os xeitos foi elixido polo público nunha enquisa en Facebook. Que opinan Fredi e os ex-LVVAS do proxecto?M. M. Con Fredi tiven unha conversa sobre o proxecto antes da súa presentación e pareceulle boa idea. Temos pendente compartir as impresións despois de ver o espetáculo. Como lle afectou a reciclaxe de baixista dos LVVAS en cantante e guitarrista?M. M. Como guitarrista foi algo natural porque antes de baixista xa tocaba a guitarra desde moi pequeno. Como cantante solista estou en proceso de aprendizaxe. É certo que cantaba na rondalla na miña infancia e facía coros cos LVVAS… mais enfrontarse só a unha canción é totalmente distinto. Non sabía se a miña voz ía afinar; parece que si pero aínda estou en proceso de aprendizaxe. Á miña idade!! (Ri.) Din vostedes que os temas interpretados se adaptan á realidade galega. Que hai no ambiente que fai que esas letras dos primeiros noventa aínda nos sigan falando da Galiza actual?M. M. Será porque Galiza non dá cambiado? Ou somos nós os inmutábeis? Who knows!! Había versos de Fredi, daqueles máis sociais, que falaban da problemática laboral, das novas directrices europeas... M. L. En realidade, Galiza non mudou tanto nos últimos anos. Sexa como for, os poemas de Antítese nativa adáptanse ás cancións desde un punto de vista \"non social\", agás algún caso contado. Digamos que é unha aportación mutua. De como facer algo novo sobre algo xa creado. Será que a crise dos noventa tamén se fixo notar naquel grupo, e iso influíu á vez no adolescente Manuel?M. L. É innegábel que os 7 LVVAS influíron na miña adolescencia. Xusto no intre no que comezaba a escribir. É curioso, mais eu coñecín a Neil Young e a Bob Dylan polos LVVAS. As letras dos temas de Fredi eran un feito co que identificarse naqueles anos e a influencia dos LVVAS na poesía primeiriza daquel intre é obvia. Entón para vostede é un soño cumprido recitar cos LVVAS...M. M. Será máis ben un pesadelo! (Ri.) M. L. (Tamén ri.) A min faime moita ilusión poder recitar con Manolo. E se é con temas dos 7 LVVAS aínda máis. Eles foron a banda sonora da miña adolescencia."}
{"ID": "NOS_57961", "summary": "Un total de 157 fichas de científicas de renome, coas que se pretende visibilizar o traballo destas mulleres nos seus respectivos campos de investigación.", "text": "A Universidade da Coruña (UDC) e o Concello da Coruña veñen de pór en marcha UDCientíficas,un directorio de mulleres científicas que ten por obxectivo \"avanzar na loita contra as desigualdades de xénero\" e \"visibilizar\" o seu talento e traballo nos medios de comunicación. Polo de agora, o portal web recolle o perfil de 157 profesoras con datos do seu labor científico e de contacto, pero a previsión da universidade é de \"duplicar\" esa cifra ao longo de 2022. \"Nos medios españois as mulleres apenas supoñen tres de cada dez fontes expertas e só 13% das fontes académicas\" A iniciativa nace como resposta da UDC á última edición do informe 'Quen figura nas noticias', do proxecto Monitoreo Mundial de Medios 2020. Unha das conclusións que achega este informe é que \"nos medios españois as mulleres apenas supoñen tres de cada dez fontes expertas e só 13% das fontes académicas\". Estrutura do directorio O directorio estruturarase arredor de áreas de coñecemento, especialidades e liñas de investigación. As interesadas poderán facer unha busca a partir dunha palabra clave que as conecte cun tema concreto e as investigadoras vencelladas. Cada unha das fichas destas investigadoras e expertas recolle un enlace a súa páxina de persoal docente e investigador da Universidade da Coruña e ao seu Google Scholar. Ademais, poderase acceder ao seu perfil na plataforma Orcid, un sistema que dota dun identificador dixital único e persistente a persoas do ámbito científico e académico. Permite integrar publicacións e outros datos da traxectoria académica das persoas investigadoras."}
{"ID": "NOS_49681", "summary": "O BNG considera que esta mesma semana será posible presentar \"de xeito detallado\" un programa marco de consenso co PSOE para as entidades provinciais.", "text": "Esta semana poderá presentarse o programa marco co PSOE para as deputacións após o avance logrado polas comisións negociadoras de nacionalistas e socialistas, afirmou Xavier Vence, portavoz nacional do BNG. Un documento, explicou, que \"\"recolle os obxectivos esenciais\" postulados polo Bloque de \"adelgazar\" os entes provinciais e \"democratizar\" o seu funcionamento, mentres se camiña cara a súa desaparición. Así, o documento pactado postula a transferencia de competencias cara á Xunta e cara aos concellos mentres que, a segunda cuestión, se traduce sobre todo \"na redución do presidencialismo a favor da toma de decisión desde os órganos colexiados e limitar ao máximo o uso discrecional de fondos vinculada á figura do presidente\". O portavoz nacionalista destacou a importancia de \"visualizar\" un goberno \"máis transparente\" que para o BNG pasa por reducir \"o protagonismo\" da Presidencia a favor do conxunto das diferentes áreas das deputacións. E insistiu en que no caso da Deputación da Coruña as outras forzas políticas alternativas ao PP, -Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños (AV)-, \"deben formar parte da negociación do organigrama da Deputación e compartir con eles o programa de goberno\". O dirixente nacionalista fixo fincapé en que a posición que adopten estas formacións será \"importante\" no deseño final do organigrama, \"que ten que amosar a pluralidade\". \"Deben intervir e manifestar as súas preferencias sobre cal debe ser a composición final dese organigrama da Deputación da Coruña e deben terciar na propia Presidencia da Coruña e expresar cal é o perfil do presidente/a que prefiren\". Pablo Iglesias Preguntado pola visita do secretario xeral de Pablo Iglesias, dixo que a proposta de Iglesias \"está pensada para reforzar o proxecto estatal de Podemos, mais non para defender os intereses de Galiza\". Neste sentido, pediu \"rigor\" cando se fala de ter grupo parlamentario propio galego en Madrid, e lembrou que a única maneira, co regulamento do Congreso na man, é a través dunha candidatura con personalidade xurídica propia desde Galiza, o que non sería posíbel coa proposta de Iglesias de concorrer baixo a marca Podemos-outra cousa."}
{"ID": "PRAZA_10886", "summary": "As sete localidades que recibiron máis cartos por habitante tiñan alcalde do PP. Hai que baixar ata a oitava posición para atopar un concello gobernado polo PSdeG, o de Castrelo do Val. A pasada semana socialistas e nacionalistas presentaron unha moción para aplicar en Ourense un sistema obxectivo de reparto.", "text": "O financiamento dos concellos por parte das deputacións provinciais estivo nas últimas décadas no centro da polémica. Poñíase en dúbida a xusta asignación de fondos para unha e outra localidade, o seu carácter discrecional e a posibilidade de que os gobernos municipais dunha ou doutra cor política fosen máis beneficiados. A pasada semana PSdeG-PSOE e BNG levaron ao pleno da Deputación unha proposta para aplicar un sistema de reparto semellante ao que funciona nas outras tres provincias galegasNos últimos anos as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra puxeron en marcha mecanismos para conseguir que o reparto de fondose se realizase en base a criterios obxectivos, como poboación, superficie, envellecemento ou dispersión dos seus núcleos de poboación. Nalgún caso, este plan único aprobouse por unanimidade de todos os grupos, como en Lugo, mentres que noutro contou coa oposición do PP, como na Coruña.A pasada semana PSdeG-PSOE e BNG levaron ao pleno da Deputación de Ourense unha proposta para aplicar no ente provincial un sistema de reparto semellante ao que funciona nas outras tres provincias galegas. As dúas formacións pedían \"a supresión das subvencións de carácter nominativo\" e o establecemento dun sistema de financiamento ás entidades locais \"mediante un programa anual e universal, baseado en criterios obxectivos, equitativos e democráticos\", atendendo a parámetros como a poboación ou a súa dispersión, \"e non mediante a dedocracia dos favores políticos\". Porén, a proposta foi rexeitada por PP e Democracia Ourensana (coa abstención de Ciudadanos), a pesar de que Democracia Ourensana votara a favor dunha moción moi semellante no ano 2017.As dúas formacións pedían \"a supresión das subvencións de carácter nominativo\" e o establecemento dun sistema de financiamento \"mediante un programa anual baseado en criterios obxectivos\"No pleno, socialistas e nacionalistas denunciaron as grandes diferenzas existentes entre os fondos por habitante recibididos por un e outro concello, mesmo por localidades de poboación semellante. Ademais, criticaron que a maior parte das achegas corresponden a subvencións nominativas directas, agás unha parte moi pequena que se realiza a través dalgún plan xeral, con distribución lineal. O voceiro do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino alertou da existencia dun \"sistema de esmola, no que os alcaldes teñen que pasar revista ante a presidencia da Deputación, co fin de que, se ten a ben, atenda as necesidades das entidades locais en base a criterios nunca publicitados\". Os datos públicos sobre os pagamentos realizados pola Deputación de Ourense aos concellos da provincia, que o ente provincial debe declarar ante a Axencia Tributaria, permiten comprobar as grandes diferenzas existentes entre unhas e outras localidade, no que á asignación por habitante se refire.18 das 20 localidades máis beneficiadas no reparto tiñan gobernos do Partido Popular. Hai que baixar ata a oitava posición para atopar un concello gobernado polo PSdeG-PSOE, o de Castrelo do ValA listaxe amosa, igualmente, que a maior parte dos concellos que máis euros por persoa recibiron no ano 2018 estaban gobernados polo PP. En concreto, 18 das 20 localidades máis beneficiadas no reparto tiñan gobernos do Partido Popular, e 16 das 17 primeiras. O concello que máis recibiu foi o de Muíños, con 379 euros por habitante, por diante de Baltar (265) e Porqueira (217). Como referencia, a media provincial situouse nos 31,2 euros por habitante. Xunqueira de Ambía, A Veiga, Teixeira e Gomesende son as seguintes na lista, todas con alcalde ou alcaldesa popular.Hai que baixar ata a oitava posición para atopar un concello gobernado polo PSdeG-PSOE, o de Castrelo do Val. Na lista seguen Riós, Chandrexa de Queixa, Larouco, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Nogueira de Ramuín, Beade e Toén, todos gobernados polo PP no anterior mandato. Só no posto 18ª volve aparecer un concello socialista, Parada de Sil.Pola contra, entre os concellos que recibiron menos cartos por habitante hai un gran número de localidades gobernadas por PSdeG-PSOE e BNG. Entre os 17 concellos menos beneficiados no reparto, cinco eran socialistas (Barbadás, O Barco, O Carballiño, Carballeda de Avia e Ribadavia), catro nacionalistas (Viana do Bolo, Allariz, A Rúa e Baños de Molgas) e outros seis populares. Cómpre ter en conta que no mandato anterior o BNG dó gobernaba en 6 localidades e o PSdeG en 17.Pola contra, entre os concellos que recibiron menos cartos por habitante hai un gran número de localidades gobernadas por PSdeG-PSOE e BNGAs urbes e grandes vilas son habitualmente as localidades que menos cartos por habitantes reciben das deputacións. É por isto que a cidade de Ourense foi o concello con menos fondos per cápita (0,91 euros por persoa) e que na listaxe aparecen tamén Celanova, Barbadás, O Barco, Xinzo de Limia ou O Carballiño. É certo que PSdeG-PSOE e BNG dominan neste tipo de localidades vilegas, mentres que unha parte importante do concellos que gobernaba o PP tiñan escasa poboación. Con todo, pódese comparar concellos con poboación semellante, atopando igualmente grandes diferenzas entre o financiamento que reciben.Os presidentes das outras tres deputacións, este xoves en OurenseValentín González Formoso, José Tomé e Carmela Silva explicarán o funcionamento dos planos únicos en marcha nas súas provinciasEste xoves os presidentes e presidenta das deputacións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra, Valentín González Formoso, José Tomé e Carmela Silva intervirán en Ourense nun acto organizado polo PSdeG para debullar o funcionamento dos planos únicos en marcha nas súas provincias. O obxectivo, segundo os socialistas, é \"explicar polo miúdo como son os sistemas, equitativos e xustos, de distribucións de fondos públicos entre os municipios\".A xornada, baixo o título \"Democracia e boas prácticas na gobernanza provincial\", comezará as 10 da mañá no Hotel Barceló (Rúa Curros Enríquez, 1) e contará tamén coa intervención do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e alcalde do Barco, Alfredo García; e do presidente do PSdeG-PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga. A xornada, que estará aberta ó público e ós medios, será introducida polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero e polo secretario provincial dos socialistas ourensáns, Rafa Villarino."}
{"ID": "NOS_2030", "summary": "Desde os albores daquel transversal e revolucionario Projeto ['trépja] en 2008, o colectivo traballou na construción do tecido de base, desde a asociación Trépia e a súa escola. Como resultado desde tempo de aparente silencio, este ano viu a luz 'Suán', un álbum que constitúe a primeira fase dunha iniciativa máis ampla que tenta implicar alumnado e profesorado, sempre coa idea de levar o tradicional cara ao futuro e facelo máis accesíbel a novos públicos.", "text": "Antes do boom de Baiuca, existiron outros grupos que exploraron o fértil territorio das mesturas de electrónica e tradicional. Un dos navegantes máis recoñecidos foi aquel Projeto [`trepja], coa súa orixinal e multipremiada proposta integrada de danza, música e videocreación.Aínda que semellaban desaparecidas desde 2010, non tal. Porén, aquel formato artístico colectivo transformouse nunha asociación cultural con sede en Pontevedra, a través da que se encarreira unha escola de música e baile tradicional. \"Decidimos dedicarnos a crear tecido de base\", explica Xandre Outeiro \"Decidimos dedicarnos a crear tecido de base\", explica Xandre Outeiro, un dos integrantes, que desenvolveu o labor de produtor artístico en Suán, o disco que saíu a luz este ano como un dos derivados de todo este longo período de traballo baixo a superficie, menos visíbel pero igualmente necesario. Desde a asociación Trépia hai un par de anos decidiron comezar a traballar por proxectos para ampliar a actividade que estaban a realizar, máis orientada cara ao ensino, e un deles incluía a gravación deste Suán, se ben esta é unha aresta dunha iniciativa máis transversal. Gravación e aprendizaxe O proceso de composición e gravación foi en si unha das partes máis destacábeis, porque naceu coa idea de desenvolver un traballo discográfico no que participase a maior cantidade posíbel de alumnado e profesorado da escola, así como outras persoas vencelladas á asociación. \"Foi didacticamente moi interesante, porque á parte de ir a unhas aulas ao longo do curso, as asistentes puideron experimentar o que implica meterse nun estudio, un traballo diferente do que é tocar e aprender\", sinala Outeiro. \"Hai moita xente que non se puxera diante dun micrófono nunca\", di Outeiro Resultou un procedemento longo, de case un ano de duración, pola complexidade de coordinación das implicadas, así como pola inexperiencia de se enfrontar a esta situación. \"Hai moita xente que non se puxera diante dun micrófono nunca\", di Outeiro, mais ao contar cun espazo de gravación propio isto non ocasionou problemas de tempo. Comezaron por escoller o as cantigas e levar a cabo os arranxos, que no seu caso foxen das lóxicas convencionais máis do tradicional para explorar outros sendeiros. Logo distribuíron as pezas entre os diferentes grupos ou niveis, sempre en contacto co profesorado, que traballou os temas nas aulas, primeiro por separado e logo con ensaios en conxunto. Por último viría a gravación, que resultou \"bastante salvaxe\", comenta Outeiro, \"porque ao final eran en total preto de 60 persoas as participantes\". E entre elas atópase tamén a cativada da aula de infantil. A creación de repertorio Suán é un disco que bebe do arquivo, cunha boa parte do repertorio arranxado sobre recollidas quer da asociación quer do profesorado. Moitas veces trátase de temas que se traballan habitualmente nas aulas, cos que algúns dos grupos participaron directamente. Mais tamén hai \"composicións propias feitas ao estilo tradicional\", algo que, segundo Outeiro, non é frecuente. Neste caso foi un labor desenvolvido principalmente por aqueles grupos máis estábeis que tenden a ensaiar de maneira regular vencellados á entidade. \"Para nós ten máis sentido se ademais achegamos repertorio novo\", explica o músico a respecto desta decisión, \"se logo pasa ou non ao tradicional terá que dicilo o tempo\". Pois as pezas \"nunha cultura musical viva como a que temos tamén van evolucionando e asentando, ou desaparecendo\". \"Para nós ten máis sentido se ademais achegamos repertorio novo\", explica o músico a respecto desta decisión, \"se logo pasa ou non ao tradicional terá que dicilo o tempo\". Así, por exemplo, a faixa \"Ribeirana para Angudes\" elaborouse ao estilo dunha zona concreta, pero creada de cero. \"Simplemente ficamos cos instrumentos da zona e compuxemos unha melodía para o tema\", sinala Outeiro. Noutros casos, constrúese mesturando ambas as vertentes. \"A Silveira\" funciona como unha \"suite onde hai melodías tradicionais de canto que se levaron aos instrumentos -zanfona, violíns e acordeón diatónico-, mesturados con partes cantadas compostas e outras tradicionais\". Segundo resume o produtor artístico, en cada tema quixeron experimentar cuestións diferentes, cun traballo xeral máis homoxéneo. \"Falando coloquialmente, uns son máis metaleiros\", explica, con guitarras eléctricas ou batería, mentres outros tenden de maneira evidente cara á electrónica con sintetizadores, ou están gravados en acústico e o dixital incorpórase nunha base discreta, como en \"Pardalongas\". O que latexa por detrás desta proposta é o lema que rexe a propia Trépia: \"Fornecer a nosa tradición cultural de novas ferramentas e mecanismos que permitan a súa pervivencia no futuro\". Esta máxima alude un debate entre tradición e vangarda que fica aínda sobre a mesa e esperta polémicas. \"Nós somos grandes admiradores e admiradoras da nosa tradición. Estudámola, ensinámola... Pero detectamos que hai cousas que non nos interesa que transcendan ao futuro. Cada música tradicional pasa o filtro da sociedade do momento\", afirma. Refírese en especial con isto a cuestións que non resultan hoxe aceptábeis, como o contido machista de certas cantigas. Con todo, é posíbel buscar no acervo popular aquelas \"que digan cousas relevantes para a sociedade de hoxe en día\", ao tempo que se pon o esforzo en \"tratar a música dunha maneira que poida achegar o repertorio tradicional ou feito con ese estilo a públicos aos que non chega habitualmente\". Era, nese senso, unha pretensión contribuír a \"desencasillar a música tradicional do ámbito no que está\", aínda que Outeiro admite que se cadra hoxe o público xa comeza a estar máis diversificado. Proxecto transversal A gravación é só a primeira parte dun proxecto que ten outras dúas etapas, aínda por chegar. Unha delas consiste xustamente en adaptar a proposta para o directo, reducindo a formación a sete voces e unha representación de cada instrumento. O ano pasado traballaron nesta liña, pero coa chegada da Covid-19 tiveron que parar. Estes últimos meses fixeron algunha pequena intervención co que tiñan preparado e co comezo de novo do curso contan con retomar os ensaios. A gravación é só a primeira parte dun proxecto que ten outras dúas etapas, aínda por chegar A terceira parte do proxecto enlaza con outra das vías exploradas desde o comezo: a integración de danza e audiovisual no espectáculo. Desta volta, a idea é a elaboración dunha serie de videoclips nos que poida participar a xente da escola de baile, que na primeira fase \"quedou un pouco descolgada\". Contarían para a vertente audiovisual con Diego Pintos e Marta Verde Baqueiro, videocreadoras vencelladas á asociación que \"teñen moi clara a idiosincrasia do noso proxecto\", comenta, e os \"bancos de imaxes moi traballados\". A respecto disto, Outeiro destaca que o traballo coa imaxe en movemento continuou, se cadra de maneira menos visíbel, con pequenas intervencións."}
{"ID": "PRAZA_2035", "summary": "O 16 de setembro o teatro coruñés acolle unha nova edición de 'Lúas de outono', protagonizado nesta ocasión por Pepe Vaamonde Grupo.", "text": "Pórtico para o ano de Manuel María. O vindeiro mércores o espectáculo Lúas de Outono, que anualmente se converte na Coruña nunha homenaxe ao poeta da Terra Chá, retorna ao seu escenario orixinal, o teatro Rosalía de Castro. Despois de que a negativa do goberno do PP a ceder o emblemático espazo provocase o seu traslado nos últimos anos, o novo gabinete municipal da Marea Atlántica vén de tramitar a cesión e de presentar xunto á Fundación Manuel María unha montaxe á que este ano lle porá banda sonora Pepe Vaamonde Grupo. O retorno ao Rosalía, explica o Concello, era \"o desexado pola fundación\" e o goberno municipal, indica o edil de Culturas, José Manuel Sande, apoia a homenaxe á \"emblemática figura de Manuel María, poeta, procurador, intelectual e home comprometido\". A promoción das Lúas de outono, di Sande, enmárcase na aposta do consistorio pola \"necesaria recuperación das figuras do noso pasado e non tan pasado\", máis aínda ao cadrar coa designación do poeta como \"eixo central do Día das Letras\". Saleta Goi: \"Poderemos retomar unha relación de normalidade co Concello\" A presidenta da Fundación e viúva do poeta, Saleta Goi, coida que abrir \"as portas do Rosalía para este acto\" é unha mostra de que \"poderemos retomar unha relación de normalidade co Concello\" da Coruña, cidade na que o poeta viviu no derradeiro treito da súa vida. A relación, salienta, \"rompeu cando chegou o Goberno municipal que acaba de saír\". Nesta ocasión a banda sonora do espectáculo vai a cargo de Pepe Vaamonde Grupo Nesta liña, destaca o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, \"as tres primeiras celebracións deste espectáculo tiveron lugar no Rosalía, pero posteriormente o PP non nos deu acceso ao teatro\". Se ben é certo que \"a Deputación nos cedeu o teatro Colón\", a Fundación quixo \"volver ao anterior escenario\" por \"unha cuestión simbólica\". No ano do regreso as Lúas de outono servirán para presentar o último disco de Pepe Vaamonde Grupo, Nas pedras do lar. A palabra poética achegarana Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello e Xulio Valcárcel."}
{"ID": "PRAZA_3850", "summary": "A OMS segue sen recomendar o seu uso por parte das persoas sen síntomas, pero o Goberno central está estudando propoñer a súa utilización xeneralizada, aínda que non será obrigatorio mentres non se poida garantir que toda a poboación accede a elas. Ademais, hai unha serie de recomendacións para o seu correcto uso que se deben seguir.", "text": "Ao longo da crise do coronavirus as autoridades sanitarias foron mudando as súas recomendacións sobre o uso das máscaras de protección para as persoas sen síntomas. Dende o mes de febreiro a OMS vén sinalando que \"estudos científicos demostraron que o uso de máscaras faciais só é efectivo para protexer aos traballadores da saúde e reducir o risco de que pacientes enfermos diseminen a enfermidade\". E, en consecuencia, esa foi tamén a recomendación lanzada polo Ministerio de Sanidade.O Goberno prevé xeneralizar a recomendación do uso de máscaras faciais a toda a poboación. Porén, a medida non será obrigatoria ata que se poida garantir que todo o mundo ten acceso a elasPorén, novas investigacións alertaron recentemente sobre a capacidade das persoas sen síntomas para propagar o coronavirus, o que fixo mudar un chisco as recomendacións oficiais. Tamén contribuíu a isto o éxito de Xapón ou Corea do Sur na contención da enfermidade, países que dende o inicio recomendaron o uso de mascarillas.O pasado venres o ministro de Sanidade, Salvador Illa, adiantou que o Goberno prevé xeneralizar a recomendación do uso de máscaras de protección a toda a poboación. Porén, aclarou que a decisión aínda non está tomada e que a medida non será obrigatoria ata que se poida garantir que toda a cidadanía pode acceder a un subministro continuado de máscaras de protección, algo que está aínda lonxe de cumprirse.A propia Organización Mundial da Saúde vén de subliñar que mantén o criterio oficial de que o uso de mascarillas unicamente se recomenda nas persoas enfermas e os seus coidadores e coidadoras, pero a organización sinala está aberta a un cambio de criterio se novas investigacións o fixesen conveniente. A OMS afirma así mesmo que as mascarillas poden provocar unha falsa sensación de seguridade, facendo esquecer outras medidas de protección máis importantes, coma a distancia social ou o lavado de mans.A OMS mantén o criterio oficial de que o uso de máscaras faciais unicamente se recomenda nas persoas enfermas e os seus coidadores e coidadorasAdemais, a OMS advirte de que o seu uso xeneralizado pola poboación podería provocar a escaseza de material para os profesionais sanitarios e para outros colectivos que si necesitan as máscaras faciais. A organización advirte de que en moitos países os profesionais sanitarios practicamente carecen destes equipos de protección. Finalmente, a OMS desaconsella o uso de máscaras faciais de algodón por ser unha \"fonte potencial de infección, xa que non son resistentes aos fluídos e, polo tanto, poden reter a humidade e contaminarse\".Na mesma liña, Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, salientaba hai uns días en conversa con Praza.gal, que \"a mascarilla non fai mal, pero a medida máis importante segue sendo a distancia social\" e engadía que \"hai que ter en conta dúas cousas: as mascarillas son un elemento escaso neste momento e polo tanto a prioridade é que chegue primeiro aos colectivos que teñen máis risco, dende o persoal sanitario ás persoas inmunodeprimidas. E, segundo, que a mascarilla hai que saber usala\".Como se usa unha máscara facial?Na páxina web da OMS inclúense unha serie de recomendacións para o correcto uso das máscaras de protección, lembrando en primeiro lugar que \"só son eficaces se se combinan co lavado frecuente de mans cunha solución hidroalcohólica ou con auga e xabón\". Antes de por unha máscara, cómpre lavar as mans cun desinfectante a base de alcol ou con auga e xabón.Debe comprobarse que a máscara está en boas condicións, observándoa a contraluz na procura de rascaduras ou buracos.A boca e o nariz deben quedar cubertos coa máscara, asegurándose de que non haxa espazos entre a súa cara e a máscara.A persoa que a leva debe evitar tocar a máscara mentres a usa; se o fai, debe lavar as mans cun desinfectante a base de alcol ou con auga e xabón.A máscara debe ser cambiada regularmente, no momento en que se note húmida. A máscaras dun só uso non deben ser reutilizadas.As máscaras non deben ser retiradas de calquera maneira. Hai que quitala por detrás (sen tocar nunca a parte dianteira da máscara), retirando as gomas laterais dende as orellas cara adiante, e botala inmediatamente nun recipiente pechado. Posteriormente, hai que lavar as mans cun desinfectante a base de alcol ou con auga e xabón.Que tipos de máscaras faciais hai?O Ministerio e Sanidade recomenda que o persoal sanitario que atenda posibles casos de coronavirus empregue as máscaras FFP2 ou FFP3Non todas as máscaras faciais son iguais e, esencialmente, hai dous tipos. Por unha banda estás as máscaras cirúrxicas, que protexen máis ao resto de persoas que a quen a leva posta, pois exercen basicamente de barreira ao esbirrar ou tusir, para evitar a emisión de gotículas respiratorias. E, pola outra, están as máscaras filtrantes, que conteñen un filtro de micropartículas grazas ao que poden protexer \"de fóra cara dentro\" en distintos graos.En función do seu rendemento, as máscaras filtrantes clasifícanse en FFP1 (cunha eficacia de filtración mínima do 78% e unha porcentaxe de fuga cara ao interior máximo do 22%), FFP2 (92% e 8%) e FFP3 (98% e 2%). O Ministerio e Sanidade recomenda que o persoal sanitario que atenda a posibles casos de coronavirus empregue as máscaras FFP2 ou FFP3.Como usar as luvas?Do mesmo xeito que coas máscaras faciais, cómpre seguir unha serie de recomendacións para un correcto uso das luvas nestes momentos. A primeira é que o uso de luvas non debe facer esquecer que a principal medida de protección debe seguir sendo o lavado frecuente das mans con auga e xabón. A segunda é que, se se levan luvas, debemos evitar tocar a cara, especialmente as mucosas. Os guantes poden provocar, neste senso, unha falsa sensación de seguridade. As luvas non se deben sacar de calquera maneiraAdemais, é conveniente evitar nas mans e pulsos o uso de aneis, reloxos e outros obxectos que poderían rachar os guantes. Cómpre lembrar que as luvas desbotables non están pensadas para un uso continuado ao longo de varios días, polo que poden acabar rompendo con facilidadePero, ademais, as luvas non se deben poñer e sobre todo sacar de calquera maneira. Así, para quitalas, débese beliscar cos dedos polgar e índice o guante na zona da palma da outra man e tirar con forza, retirando completamente a luva e gardándoa no puño da man aínda cuberta. Para retirar o segundo guante, introdúcese o polgar no interior, sen tocar a parte exterior, retirando así a luva completamente."}
{"ID": "NOS_12203", "summary": "A Fundación Otero Pedrayo salienta a súa entrega á causa de Galiza, da súa identidade nacional e cultural, salientando de xeito especial a vocación e compromiso europeísta de Camilo Nogueira, na mellor tradición dos homes da xeración Nós e, máis en concreto, de Ramón Otero Pedrayo.", "text": "O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. O escritor Suso de Toro, que en 1991 publicou o libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces, será o encargado de pronunciar a correspondente laudatio, e a Fundación, como vén sendo habitual, publicará un libro-homenaxe ao premiado. A Fundación valora a personalidade de toda unha vida entregada á causa de Galiza, da súa identidade nacional e cultural, salientando de xeito especial a vocación e compromiso europeísta de Camilo Nogueira, na mellor tradición dos homes da xeración Nós e, máis en concreto, de Ramón Otero Pedrayo. A xeración Nós comprometeuse moi decididamente na dimensión europea e europeísta de Galicia como nación. Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, entre outros, pronunciáronse moi conscientemente por este vencello histórico, que enmarca Galiza na construción do grande universo europeo mesmo desde as primeiras concepcións da Europa moderna. Como ensaísta, ademais de como político, Camilo Nogueira desenvolveu e desenvolve unha intensa actividade nesta dirección, con libros como Europa, o continente pensado (2008) e Galicia na Unión (2008). Camilo Nogueira Román naceu en 1936 no concello de Lavadores, cando este aínda non fora absorbido polo concello de Vigo. Fillo do escultor Camilo Nogueira Martínez, estudou primeiro Enxeñería Industrial e, posteriormente, Ciencias Económicas. Desde moi novo participou no movemento nacionalista da posteguerra, promovendo formacións como Galicia Socialista, A Asemblea Nacional Popular Galega, o Partido Obreiro Galego, Esquerda Galega e Unidade Galega, ata incorporarse ao Bloque Nacionalista Galego. Participou nos movementos obreiros do 72 en Vigo e salientou como dirixente socialista no ámbito do galeguismo, avivando os procesos de integración no marco constitucional democrático para a actuación política. Foi parlamentario en Galiza e no Parlamento Europeo. Como economista traballou en SODIGA e publicou numerosos ensaios de análise e proxección estratéxica da economía galega. Entre outros títulos, máis de carácter histórico, salientan: A memoria da nación. O reino da Gallaecia (2001), A Terra cantada (2006), A rota do sol, Santiago (2011) e Para unha crítica do españolismo (2012)."}
{"ID": "NOS_50729", "summary": "O feito non foi tratado nos telexornais da TVG do 28 de xaneiro, a pesar de si informarse de vacinacións irregulares no Estado", "text": "O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, xustificou na comisión de control que a vacinación irregular da alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, non figurou entre as novas dos informativos da TVG o día en que a noticia da súa vacinación saltou á prensa debido \"aos tempos dos procesos informativos\". Novo mantense na Alcaldía aínda que pediu baixa no PP logo do sucedido e de que o partido lle abrise expediente. A deputada do BNG María Albert reprochou na Comisión a Izquierdo que, pese ao interese informativo, o feito non foi tratado nos telexornais da TVG do 28 de xaneiro, a pesar de si informarse de vacinacións irregulares no Estado. Outras televisións, porén, s que recolleron a nova da vacinación irregular da alcaldesa. Albert tamén lembrou que no telexornal do día 29 foi emitida unha información sobre a apertura de expediente á alcaldesa por parte do PP sen dar cabida aos postulados das demais forzas políticas. O director xeral da @crtvg di que a nova da vacinación irregular da alcaldesa de Boimorto non se deu por falta de tempo para extraer imaxes do arquivo. @mariagalbert, de @obloque, ve no caso un exemplo da \"sistemática utilización\" do medio ao servizo do poder.#DefendeAGalega pic.twitter.com/vvKdUQjOXE— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) March 2, 2021"}
{"ID": "NOS_20109", "summary": "A lei aprobada polo Congreso dos Deputados o 28 de xuño foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE)", "text": "A lei da reforma laboral aprobada polo Congreso dos Deputados o 28 de xuño xa está en vigor, tras a súa publicación no BOE do sábado 7 de xullo. O Goberno de Rajoy aprobou no seu momento (10 de febreiro) un real decreto no Consello de Ministros, que entrou en vigor pouco despois e que foi modificado no seu paso por Congreso e Senado, ao introducir 85 enmendas. A nova lei establece que poderán acollerse a despidos obxectivos por causas económicas (20 días por ano traballado) as empresas cando dos seus resultados económicos se desprenda \"unha situación económica negativa\". na que se enmarcan circunstancias como a diminución persistente das vendas. Tamén establece a norma que a indemnización por despido improcedente (nos contratos indefinidos) é de 33 días por ano traballado e un máximo de 24 mensualidades. No caso de despido procedente, será 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades. Condicións laborais Na lei hai diversas normas que faciliten on descolgue dos convenios colectivos ou ben a modificación das condicións laborais. Tamén se abre a porta a despidos no sector público."}
{"ID": "PRAZA_6635", "summary": "O Parlamento celebra dende este martes un novo debate de política xeral mentres o Goberno está a aplicar apenas 20 iniciativas das aprobadas na sesión do pasado ano.", "text": "O Parlamento de Galicia acolle dende este martes o segundo debate de política xeral da segunda lexislatura de Alberto Núñez Feijóo como presidente. No do pasado ano, o primeiro tras as eleccións autonómicas de 2012, o xefe do Goberno galego despregou todo un abano de chamamentos ao \"diálogo\". \"Colaboren en algo\", \"o diálogo é posible\", proclamou ante as bancadas da oposición. Este convite durou algo menos que o propio debate: no momento de discutir as propostas de resolución, isto é, as medidas máis ou menos concretas que xorden desta sesión anual, os conservadores tombaron o 98% das propostas do resto de grupos, aos que lles achacaron unha \"estratexia premeditada\" por incluíren \"coletillas\" en forma de \"prazos e cantidades imposibles de cumprir\". Así, daquela só saíran adiante as 50 propostas do PP e dúas da oposición. Case un ano despois, arredor do 60% permanecen incumpridas. Non todas as resolucións aprobadas incluían un mandato explícito para o goberno que permita incluír o seu cumprimento. Así, cómpre excluír deste cálculo as resolucións de contido puramente político ou declarativo, como as condenas ás declaracións a prol do franquismo ou aos actos violentos. Tamén cabe incluír neste grupo iniciativas máis ben inconcretas cuxo cumprimento ou incumprimento é difícil de medir, como as encamiñadas a promover a \"sustentabilidade\" do Sergas ou a \"potenciar\" a actividade da Axencia Tributaria de Galicia. Unha vez excluídas, quedarían 42 iniciativas cuxa realización é máis ou menos medible. Se fosen incluídas no cálculo, as propostas cumpridas apenas chegarían ao 40%. < Os incumprimentos Entre as resolucións incumpridas figuran varias que incluían, precisamente, a concreción de prazos que criticaba o PP, así como iniciativas que acumulan meses e mesmo anos na axenda do partido do Goberno. Este é o caso, por exemplo, da reforma electoral para recortar o número de escanos do Parlamento, que segue en tramitación pero que aínda non foi aprobada. O mesmo acontece coa lei de control de calidade dos servizos públicos, que xa viu a luz en forma de anteproxecto pero que nin sequera iniciou a tramitación parlamentaria e, polo tanto, aínda non foi aprobada. Tampouco hai grandes novidades a respecto do financiamento autonómico, aínda que o PP se comprometeu a que o Goberno fixase posición clara cara a un debate que o Estado mantén conxelado. No capítulo de medidas anunciadas pero non aprobadas está tamén a nova Lei de Finanzas, o canon da minaría, a nova lei de economía social ou a Estratexia Galega de Atención á Cronicidade. A Xunta non aprobou varias leis prometidas nin logrou o consenso lingüístico; o dique flotante de Ferrol está descartado Entre as medidas aprobadas hai un ano hai incumprimentos que son, se cabe, máis claros que os anteriores. Os populares aprobaron sacar adiante o novo Plan Director de Cooperación avalado polo \"consenso\" e foi aprobado entre duras críticas das organizacións do sector. Tamén lle deron luz verde a \"actualizar e simplificar\" o Plan Estratéxico da Economía, pero este, cando menos no seu portal oficial, permanece inalterado. Asemade, o grupo que sustenta o goberno comprometeuse a lograr unha coordenación entre os aeroportos que segue sen chegar, a reforzar o desenvolvemento dunhas enerxías renovables que seguen en caída libre, a construír o dique flotante de Ferrol ou a consolidar máis persoal investigador nas universidades galegas. Ademais, votaron tamén retornar ao \"consenso\" en materia lingüística. Os acordos cumpridos Na banda contraria dos incumprimentos están os acordos que o Goberno cumpriu ou, cando menos, dá por cumpridos. Neste último caso está, por exemplo, o despregamento dun \"plan de promoción de Galicia\" entre as comunidades galegas do exterior, que o Executivo asegura que cumpriu cun espazo expositivo que está a rotar por diversos centros da diáspora galega. Tamén culminou, como se aprobou naquela sesión parlamentaria, a apertura do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e está a primar nas convocatorias de subvencións aos concellos que se unan entre si para optar a esas axudas. Do mesmo xeito, o Executivo xa impulsou as modificacións legais para dotar a coñecida como Policía Autonómica de máis capacidade sancionadora ante os incendiarios. O Goberno cumpriu acordos como lanzar un plan para a marca Galicia Calidade ou seguir a difusión do plan demográfico O Goberno galego tamén pode incluír no apartado de acordos cumpridos a aprobación da Estratexia de Especialización RIS3, a consecución do obxectivo de déficit para o pasado ano ou a aplicación dunha redución parcial no imposto sobre a renda. O gabinete de Feijóo tamén continuou erradicando puntos de vertidos de residuos, como marcaba un plan previo, seguiu desenvolvendo o coñecido como pacto local da auga coa Fegamp e remitiulles aos grupos en prazo a súa proposta de reforma de lei do solo. Tamén está en marcha o que o Goberno presentou como \"relanzamento\" da marca Galicia Calidade e o plan para a xestión da biomasa, e aplícase, como se aprobou, a difusión de determinados contidos dixitais nas aulas. Igualmente, continúa a difusión publicitaria do plan demográfico e déronse os primeiros pasos para unha futura lei de estrutura agraria. O debate de 2013, en Praza Pública Documentación e gravacións do debate de 2013"}
{"ID": "NOS_2771", "summary": "Confírmanse como a tríade de obras máis premiadas do ano. A Gala das Letras da AELG contribúe a consolidalos cos seus galardóns.", "text": "Se hai apenas sete días Sermos Galiza titulaba coa marca de Begoña Caamaño, \"tres premios en dous meses para Morgana en Esmelle\", desta volta a segunda novela da escritora vén de engadir un galardón máis ao seu xa amplo ronsel. Aos recoñecementos da Asociación Galega de Editores, Premio da Crítica Española e Losada Díeguez súmase agora o da AELG para a que é, sen dúbida, a novela máis recoñecida do pasado ano. En todas estas convocatorias, Caamaño cadra con un ou outro dos seus compañeiros que comparten en poesía e ensaio os premios entregados o sábado no Centro Ágora. Con Torneiro partillou os premios da Asociación Galega de Editores e da Crítica Española mentres que con Nicolás coincidiu a pasada semana nos Losada Diéguez. O ensaio de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro estalle a dar ao investigador e crítico moi boas novas desde a súa publicación mais, desta volta, o trunfo non lle chegou só polo monumental ensaio. O de Nicolás foi sen dúbida un dos nomes da noite, ao ser premiado por partida dobre a serlle recoñecido tamén na Gala das Letras o seu blogue \"Caderno de crítica\", un continuado, imaxinativo, sólido e variado traballo na rede. Torneiro con Francisco Salinas Canda Álvarez Torneiro, o premio de poesía foi entregado ex-aequo a Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal. En Literatura infanto-xuvenil, O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas resultou gañadora mentres que Banqueiros, un volume de varios autores coordinado `por Francisco Pillado foi o escollido no apartado de teatro. O traballo de Darío Xoán Cabana cos textos de Petrarca servíronlle para ser gañador do premio á tradución. Para Ana Romaní foi o premio de xornalismo cultural, en recoñecemento dunha traxectoria única de información cultural na radio desde o Diario Cultural da RG que leva en antena desde outubro de 1990. Premios sen sorpresa Foron as sorpresas da noite literaria no centro Ágora da Coruña, unha vez os outros premios entregados tiñan xa nome con anterioridade ao acto de entrega. A AELG dedicou o premio Mestres e Mestras da Memoria a Manuela Cortizo e Ángel Rivas \"por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional\"; ás asociacións culturais que naceron nos anos 60 e 70 e que continúan vivas foron merecedoras do Premio Institucións por contribuír á divulgación da lingua e a cultura mentres a distinción \"Bos e Xenerosos\" recaeu nos humoristas gráficos Siro López, Xosé Lois González \"Carabouxo\", Xosé Angel Rodríguez \"Gogue\", Pepe Carreiro e Xaquín Marín. A escritora portuguesa, Lídia Jorge recibiu o Escritora Galega Universal 2013."}
{"ID": "NOS_43236", "summary": "Adega subliña, con estes premios que fan xa 18 edicións, o mellor e peor do ano ambientalmente. A bióloga e escritora Adela Figueroa recibirá un premio Osíxeno de Honra.", "text": "Adega, máis un ano, entrega os seus premios Osíxeno e Dioxina, uns galardóns cos que subliña as que considera ás mellores e peores actuacións ambientais do ano, neste caso de 2018. Así, o premio Osíxeno 2018 en categoría individual é para Paloma Fernández, voceira da Coordenadora Anti-Encoro do Umia, por representar \"a vontade irrenunciábel dunha veciñanza de recuperar o seu río, nunha loita que abrangue xa 25 anos e continúa na actualidade\". Na categoría colectiva, o Osíxeno 2018 recae nas Brigadas Deseucaliptizadoras, colectivo que abrangue ecoloxistas e veciñanza comuneira, \"pola seu compromiso coa sustentabilidade dos nosos montes fronte á ditadura do eucalipto, efeitivizado mediante a intervención directa\". O Premio Dioxina 2018, categoría individual é para o profesor da USC e catedrático de Edafoloxía Felipe Macías, \"polo seu apoio (un máis) a proxectos tan delirantes e agresivos como a Mina de Touro-O Pino\". No apartado de Dioxina colectiva, este vai para a Dirección Xeral de Industria da Xunta, \"por terse constituído, con leis como a de Depredación e coa súa entrega ao lobby da minaría contaminante, nunha das principais ameazas para o ambiente e a saúde da cidadanía\" Concedido para subliñar unha traxectoria vital en defensa do ambiente e do patrimonio do país. Desta volta o premio Osíxeno de Honra recoñece o traballo e o compromiso coa natureza e a cultura de Galiza de Adela Figueroa, bióloga, escritora, histórica ecoloxista, fundadora e ex-presidenta de Adega. Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro domingo 31 de marzo nas dependencias do Centro Social do Mar de Bueu."}
{"ID": "NOS_30888", "summary": "A Xunta anunciou a incoación dun expediente sancionador á enerxética por desatender os requirimentos de Augas da Galiza sobre a xestión da presa. Endesa, que formará parte da comisión de seguimento do río, alude a un informe de investigadores da UDC e asegura que o aumento de sedimentos no río \"non entraña un incremento do risco sanitario\".", "text": "A veciñanza do concello de Pontedeume suma dez días sen poder beber auga da billa. O Eume continúa a fluír con turbidez na semana na que se pon en marcha unha comisión de seguimento formada pola Xunta da Galiza, as Administracións locais de Pontedeume e Cabanas; Viaqua, concesionaria das augas, e mais Endesa, xestora do encoro do Eume e á que a Xunta incoou un expediente sancionador. Esta última publicou nesta segunda feira, 19 de outubro, un comunicado no que argumenta que a turbidez do río é \"un fenómeno natural\". A compañía alude a un informe elaborado pola Cátedra de Enxeñería do Terreo da Universidade da Coruña. No informe inclúese que a enerxética \"realiza de forma sistemática o seguimento da calidade da auga, o que facilita o estudo\". E que o cambio de cor das augas \"obedece ao incremento do número de partículas de arxila que é transportada en suspensión\". A explicación da Cátedra de Enxeñaría do Terreo coincide en parte coas sospeitas das organizacións ecoloxistas Colectivo Terra de Pontedeume e Adega. A finais de setembro chamaron a atención polo baixo nivel das augas do encoro do Eume, que deixaron ao descuberto as lamas do fondo. Os investigadores da UDC sosteñen que o nivel baixo combinado cunha \"chuvia intensa concentrada\" deu pé a \"unha importante suspensión e arrastre de sedimentos\". O informe estima que \"o aumento da turbidez non entraña (ou entrañou) un incremento do risco sanitario\". As medicións de Aguas da Galiza, dependente da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, devolveron parámetros normais de acidez ou osíxeno. As asociacións ecoloxistas reclaman tamén un estudo da presenza de metais pesados, pola proximidade do encoro á antiga mina de lignito das Pontes."}
{"ID": "NOS_57081", "summary": "O xulgado afasta Fernández de Sousa da presidencia da pesqueira e pon a CNMV á fronte. A comisión ten así todas as bazas para investigar unha xestión e uns usos de información privilexiada que van alén do anterior presidente. Non só el vendeu títulos da multinacional ás portas do estoupido da crise. A Fiscalía investiga posíbeis delitos.", "text": "O Xulgado de Pontevedra declara oficialmente Pescanova en suspensión de pagamentos e afasta Fernández de Sousa da dirección da empresa, dando as súas rendas á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) mediante administrador concursal. Este é, polo de agora, o último movemento no taboleiro da crise dunha empresa en que, entre moitas outras cousas, están en xogo 1.500 empregos directos na Galiza. A decisión do xulgado do mercantil número 1 de Pontevedra favorece, tamén, que o supervisor teña marxe de manobra para afondar nas investigacións que están en marcha sobre esta multinacional, como a da fiscalía xeral do estado sobre información privilexiada. Algo tipificado como delito no artigo 285 do código penal. O albo desas investigacións non se cinxirían só a Fernández de Sousa e á venda semanas antes de estourar a crise de dous millóns de títulos. Nin na mesma xogada feita tamén, aínda que meses antes do preconcurso, por Paz-Andrade. O uso da información privilexiada é un delito tipificado no código penal até con catro anos de prisión Sabadell vendeu títulos horas antes Así, Fontes do consello da multinacional apuntan que o broker do Banco Sabadell vendeu títulos de Pescanova nas sesións do 26 e 28 de febreiro. Isto é, horas antes de que a compañía pedise o pre-concurso (o 1 de marzo), medida que sorprendeu, por inesperada. É máis, sinalan que esas accións se venderon cando subiran na Bolsa de Madrid 4%. \"Algo que, visto o visto, xera preguntas. A principal: sabían algo?\". O Sabadell é o principal acredor de Pescanova, con 220 millóns de euros só na matriz. Xa que logo, as investigacións, ben as desenvolvidas pola CNMV ben pola fiscalía, \"poden dar máis dunha sorpresa\", indican fon- tes sindicais, que insisten en que o principal nestes momentos é evitar a toda costa a liquidación da firma, para alén de garantir os empregos e a viabilidade da empresa\". Nos últimos días, o xa ex-presidente blindou bens, propiedades e empresas ao poñer a familiares como socios principais Outras fontes, de avogados de accionistas, inciden en que o feito de que se afaste Sousa de Pescanova non significa, \"nin de lonxe\", que o papel deste empresario vigués até non hai tanto mimado e aplaudido polo tecido empresarial e político, estea acabado na multinacional. Así, lembran que nestas semanas o propio Fernández de Sousa era consciente de que tiña que se blindar, de aí que pasase propiedades e titularidade de empresas, bens e propiedades a mans de familiares. Poñer a salvo de posíveis embargos o seu patrimonio non é unha manobra que indique precisamente tranquilidade por parte do até o de agora presidente de Pescanova. Mais, iso si, é un \"movemento de libro\", como indican na prensa económica ante o temor a sofrer un embargo. Os cambios xa constan no rexistro mercantil e a muller de Sousa pasa a ser titular de fincas, inmobles, propiedades e bens. Unha soa chamada a Feijóo que prexudicou o marisqueo galego \"Agora mesmo está cuestionado, en horas baixas, mais eu esperaría antes de dalo por enterrado\", indican no mencionado bufete. Lembran que foron moitos anos de estreita relación co poder económico (entidades financeiras, organismos empresariais) e político (PP). Un directivo dunha organización bateeira con centos de socios lembra: \"Agosto de 2011, a Consellaría decide instalar en augas de Xove unha batea para depurar moluscos afectados pola toxina. Un punto acordado por profesionais e técnicos. Mais alí había unha planta de Pescanova. Sousa chamou a Feijóo e dixo que non quería aquela batea alí. En días, e contra o criterio do sector e de técnicos, a batea levouse para Oleiros\". Borrar pegadas no padroado do CGAC O goberno galego meteuse nunha (nova) lameira el soíño. Unha lameira da cal semella que non vai saír moi limpo. Nomeou a través do diario oficial a Fernández de Sousa en febreiro de 2011 como presidente do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O grande empresario como gran fichaxe do gran presidente para un gran centro, dicían daquela. Estoupou a crise de Pescanova, Sermos Galiza lembrou que Sousa seguía de presidente do padroado, e a Xunta apresurouse a dicir que non, que demitira había xa 5 meses. Demisión da cal ninguén tiña constancia, nin sequera @s membros do padroado. Foi por carta ao conselleiro, engadiron entón na Xunta. Mais a renuncia nin se publicou no DOG nin se fixo oficial de xeito ningún. De aí que haxa quen apunte a unha renuncia pactada entre a Xunta e Fernández de Sousa. Un pacto, tamén, con vontade de pasar desapercebido. Mais iso non foi posíbel. A preguntas de Sermos, o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, recoñeceu esta semana que o coñecemento que tiña desa renuncia era porque llo dixo o conselleiro. Evitou, aliás, relacionar dita demisión de Fernández de Sousa coa profunda crise de Pescanova. Este texto apareceu no Sermos44, publicado a 26 de abril de 2013."}
{"ID": "NOS_54132", "summary": "Para levar a cabo esta andaina polos lugares do noso país que deron nome ou apelido a moitas familias consideramos oportuno facelo por rigorosa orde alfabética. Os seis primeiros, de variada difusión, serán Abade (coa flexión de número Abades), Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo. Traeremos até estas liñas referencias e extractos documentais de épocas ben diversas (de 1199 a 1861) que nos han servir para testemuñar quer a toponimia quer os apelidos que son obxecto de \"estudo\" nesta entrega. Complétase a mesma cunha entrevista a Iria Aboi, na que explica por que restituíu o seu primeiro paterno á forma lexítima.", "text": "Os primeiros vimbios cos que tecemos este recipiente que ha conter anacos de historia e etimoloxía da nosa onomástica comezan co topónimo Abade e a súa flexión en plural. Evidentemente, este termo (que xorde do acusativo da palabra abbas), podería proceder ben dun alcuño ben dun topónimo, sendo ambas opcións non excluíntes. Alén diso, alúdese ao superior dunha comunidade relixiosa e, nalgunha ocasión, ao crego párroco da freguesía. No que atinxe ás entidades de poboación que levan este nome, sen termos en conta as diversas variantes, queremos mencionar os lugares de Abade en San Martiño de Arroxo (A Fonsagrada), Sebe de Abades en Santo Isidro de Seixosmil (Meira), Vilar de Abade en San Tomé de Sorribas (Rois), Lamas de Abade no Castiñeiriño (Compostela), a parroquia de Santa María de Abades (en Silleda), o Casal de Abade en San Salvador de Sanguñedo (Verea) e outro lugar homónimo sito en Zamáns (Vigo). No que afecta á antroponimia sinalaremos que na actualidade aparece maioritariamente na forma castelanizada Abad, ou ben no plural Abades. Esta última vincúlase fundamentalmente con aquela freguesía silledense. En singular aparecen sobre todo en ocorrencias coa forma castelanizada (Abad), se ben antigamente o seu uso era en galego. Porén, na Idade Moderna o amanuense –como redactor no idioma da corte– podía, ora si ora non, transfiguralo á forma non lexítima. Velaquí un texto que confirma o emprego en galego, datado a 23 de agosto de 1546: \"En el lugar e aldea de Guimaraás, feleglesýa de San Mamede de Ribadulla (...) ante el noble señor Frutuoso Gallos, vezino e regidor de la çibdad de Santiago, juez e meriño de la merindad de la fortaleza de Monte Sagro, y en presençia de mý, escrivano e notario público e testigos de yuso escriptos, paresçió presente Ysabel d'Abade, muger de Domyngo Abade, vezinos de la feliglisýa de San Mamede de Ribadulla (...)\". Abeixón concentra o maior número de individuos pola contorna de Noia e Lousame, Muros, Boiro e Porto do Son Da variante plural do apelido (estendida por Silleda, Vila de Cruces, Lalín, Pontevedra, Compostela, A Coruña e Vigo) recollemos un texto do 14 de xuño de 1519, polo cal \"Juan d'Avades, vecino de la felegresía de San Giao de Pineyro\" entrega en doazón ao Hospital Real de Santiago \"los tres quartos del lugar d'Abades, sito en (...) Santa María d'Abades\", coa intención de saldar a débeda que tiña con esa institución polos coidados alí recibidos. O apelido Abeixón, por outra banda, procede seguramente do nome de lugar homónimo localizado en San Pedro de Tállara (Lousame), cuxa orixe etimolóxica, segundo Bascuas, estaría na raíz prerromana aba (auga). Esta entidade de poboación aparece documentada no testamento de Xoán Goséndiz, crego daquela freguesía, que leva data do 13 de abril de 1199: \"(...) dono (...) quanta hereditate ibi habeo de auolencia et de ganancia in uoce de Sancto Petro de Pascal et de Auexom ex Riuulo Malo\". Dúas son as variantes castelanizadas máis estendidas, Abeijón e Abeigón, concentrándose o maior número de individuos pola contorna de Noia e Lousame, Muros, Boiro e Porto do Son. Lamentabelmente, até o de hoxe non hai moitas persoas co apelido na forma restaurada (segundo a información facilitada polo ILG na súa Cartografía dos apelidos de Galicia). Menos coñecido é o apelido Ación. Unha pequena manchea de persoas aparecen pola cidade da Coruña Por outra banda, varios son os textos antigos que recollen a forma galega, mais queremos traer até esta liñas un documento do 27 de xullo de 1569 polo que \"Domyngos Fernandes d'Abeyxón\" dá testemuño contra o tesoureiro do arcebispo. A razón non é outra que emitir a súa versión sobre un conflito rendeiro que tiñan na meirindade de Posmarcos. Entre as persoas destacadas que usan ou usaron este apelido, queremos recordar aquí a Áurea Lorenzo Abeijón, escritora galega (nada en Porto do Son e falecida na Arxentina) autora do libro de poemas titulado Queixas (Bos Aires 1943). Porén, Guillermo Abeixón –que o empregaría na forma correcta– foi autor do libro Choio e o Rei Talento, que ve a luz dende Ediciós do Castro en 1971. O topónimo Aboi procede, segundo P. Martínez Lema, do xenitivo da voz Auiolus, ou sexa, Auioli, aínda que X. Méndez Ferrín opta por ligado co nome persoal Abolus. Na actualidade poucas son as persoas –que saibamos– que empreguen esta forma en galego, pois a deturpada esténdese polas terras do Umia (Caldas de Reis, Cuntis e Valga, principalmente) e incluso na cidade de Pontevedra. Obviamente as persoas da xeografía do Umia absorben esa denominación do topónimo A Aboi, localizado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis), malia que tamén existen entidades de poboación con ese nome en Santa María de Casa de Naia (Antas de Ulla), San Xiao de Céltigos (Frades) e San Cibrán da Vila de Abade (Tordoia). Coñecida é a marinense Iria Aboi, compoñente outrora dos Comités Abertos de Estudantes (CAE), dos Comités Abertos de Facultade (CAF) exsecretaria de Galiza Nova e filóloga. Ela, ao igual que o seu pai –sindicalista da CIG Xabier Aboi–, restauraron o apelido á forma correcta xa hai anos. Forma, esta mesma, que se certifica en moitos documentos. Sirva de exemplo aquel do ano 1532 polo que \"Roy López d'Aboi, vezino de la çibdad de Lugo\" se di procurador de Gabriel Rodríguez de Casal de Raros, palafreneiro do Papa León X e, por aquela altura, deán da catedral luguesa (como ben sabe o historiador Damián Porto Rico). Áurea Lorenzo Abeijón publica na Arxentina, en 1943, o libro de poemas titulado \"Queixas\" Menos coñecido é o apelido Ación. Unha pequena manchea de persoas aparecen pola cidade da Coruña coa forma correcta, mais co grupo consonántico –cc– (forma castelanizada) ascenden a pouco máis dun par de centos. Deste xeito a área de influencia fica por Ferrol Terra e a bisbarra de Guitiriz. Concretamente neste último municipio existe a entidade de poboación dese mesmo nome, localizada en San Vicenzo dos Vilares. Segundo a información que se pode extraer dos fondos do Hospital Real de Compostela coñecemos que por 1861 exerce de enfermeiro Andrés Ación. Ademais, nese centro asistencial nace un neno de nome Manuel Aurelio Brenlla Ación, fillo de Ventura e Francisca, esta filla á súa vez de Andrés Ación (natural de San Pedro do Buriz – Guitiriz). Xa pola sonoridade, Agrafoxo preséntase como un apelido ben galego, aínda que abundan as persoas coa denominación non restaurada, asentadas maioritariamente por Noia, Outes e as súas contornas. Dentro da toponimia maior queremos resaltar o lugar Agrafoxo, sito en Santa María de Urdilde, no concello de Rois. Das terras noiesas é o profesor Xerardo Agrafoxo Pérez, autor de interesantes obras vinculadas coa Memoria Histórica. Pescudando nos arquivos galegos, observamos que con \"j\" é a forma xeralizada na diplomática moderna. Mais parémonos un chisco na etimoloxía da palabra. Esta fórmase pola unión do termo latino agra (plural do neutro agrum), que viría a significar terreo cultivado, e o tamén latino foveu (que forma foxo) e indica a presenza dunha concavidade no terreo, quer natural quer elaborada polo ser humano. Mergullados nos fondos do AHUS, localizamos un arrendamento polo cal o cóengo \"Diego Feiyxó (...) Thenençiero de la Tença de Don Nuño (...)\" arrenda a \"Pero d'Agrafojo, vezino de la felegresía de Santa María d'Ordilde (...), el lugar e casal d'Agrafojo\". O beneficiario debe pagar por tal concesión \"quatro cargas de çenteno, linpio e seco de polbo y de paja (...), una marrana çebada por cada día de Nabidad y dos cabritos por Pascoa, o por Entroydo, como yo los quisiere\". Entrevista a Iria Aboi: \"Quixen restituír a memoria\" -Unhas 750 persoas levan o teu mesmo apelido Aboi, mais a maioría na forma con \"y\". Cales foron as razóns que te moveron a restaurar a forma lexítima? Os meus apelidos e o meu nome son como a miña carta de presentación e eu son galega e quero que se me note, tamén, niso. O meu apelido pasouse a escribir con \"y\" por prexuízos contra o galego, esa forma deturpada é froito de violentar o meu pasado familiar. Eu non podía admitir esa violencia simbólica e quixen restituír a memoria das miñas antepasadas e ser coherente comigo mesma. -Coñeces algunha persoa máis que o teña feito? Si, meu pai fíxoo canda min. Co noso mesmo apelido non coñezo máis ninguén, pero teño amizades que o fixeron con outros. -Cando aconteceu? Foron moitos os trámites? Fíxeno cando cumprín a maioría de idade, nos xulgados de Marín, a miña vila natal. Tanto meu pai coma min acompañámonos dun documento da Univ. da Coruña elaborado por M. Pilar García Negro que xustificaba a restitución da forma galega lexítima. Teño entendido que agora o proceso é máis áxil, salvo excepcións vergoñosas, pero no meu caso complicouse porque o documento no que se facía efectivo o cambio para restituír o meu apelido á forma galega estaba en castelán. Era ofensivo que ese documento que restauraba os meus dereitos lingüísticos fose redixido en castelán. Cando llo dixen á funcionaria non me contestou ben e non mo quería dar no momento, como si acontecería de estar en castelán. Solicitei a folla de reclamacións e comezou a mudar a actitude. Non tiñan un modelo en galego e acabeillo ditando. Conseguín o meu certificado para mudar a documentación pero deixei a reclamación igualmente para que non volvese acontecer. Agora, a forma galega está presente, viva, e serve para cuestionar e non dar como normal a anormalidade que nos foi imposta. -Podemos considerar que a onomástica e a toponimia galegas son parte do noso patrimonio inmaterial? Por suposto e, tamén, do material. Os nosos apelidos vincúlannos ao territorio e á comunidade, é curioso que todos os topónimos Aboi estean na forma galega e que a maioría dos apelidos non, o que amosa a profundidade do proceso de castelanización no ámbito familiar e persoal. Recentemente, un tío meu descubriu que o seu pai figuraba como Ferradanes, en vez de Ferradás, e que ese cambio produciuse durante o franquismo, porque no resto da familia había o Ferradás que superou a censura e chegou a min. Hoxe, seguen moitas deturpacións nacidas do odio ao galego e deberiamos ser quen de romper os complexos ou inercias para que non perduren nas seguintes xeracións."}
{"ID": "NOS_41727", "summary": "O período de cálculo adaptarase progresivamente ás novas carreiras laborais desde 2023 e o novo RETA despregarase a mediados de 2022.", "text": "O Goberno español proponse aprobar a elevación gradual da base máxima de cotización, compasada dunha adaptación á mesma da pensión máxima, antes de finalizar 2022, aínda que a súa implementación abarcará o próximas tres décadas, segundo consta no compoñente 30 do Plan de Recuperación, o referido ás reformas de pensións, remitido polo Executivo a Bruxelas. Esta medida, especifica o documento, discutirase no marco do diálogo social, afectará a todos os traballadores e traballadoras e pensionistas do sistema, e \"non se prevén impedimentos relevantes\" para sacala adiante. \"A adaptación do sistema require dunha adecuación gradual das bases de cotización máxima que deberá ser concorrente cunha modificación da pensión máxima para non alterar a natureza contributiva do sistema. Que a evolución das bases máximas se acomode a unha senda moi gradual e coñecida de antemán permite ademais adaptarse aos axentes económicos adecuadamente\", expón o Goberno. En xeral, as liñas das distintas reformas previstas en materia de pensións dentro do Plan de Recuperación son xa coñecidas, pois foinas adiantando o propio ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, en distintas comparecencias. O Goberno estatal explica no Plan enviado á Comisión que as distintas reformas contempladas neste compoñente 30 non implicarán custos e investimentos con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. No documento especifícase o calendario das devanditas reformas e debúllanse os seus principais obxectivos. As máis inmediatas, que levarán a cabo antes de finalizar este ano, consisten na revalorización das pensións co IPC; o achegamento da idade efectiva de xubilación (actualmente en 64,6 anos) á idade legal, e a separación de fontes de financiamento da Seguridade Social, descargando ao sistema de gastos que lle son impropios e trasladándoos ao Estado. Esta última medida xa se empezou a aplicar nos Orzamentos Xerais de 2021 e seguirase despregando ata 2023. Sobre a revalorización das pensións co IPC, o Goberno recoñece que implicará un gasto importante para o sistema, que cifra en 2,5 puntos do PIB en 2050 para logo caer \"de forma intensa\", aínda que o considera \"asumíbel\" no conxunto das reformas expostas, xa que se poñerán en marcha outras medidas de contención do gasto. En canto ao resto das reformas expostas polo Goberno español no compoñente de pensións, son varias as que se queren aprobar antes de finalizar 2022, a maioría con despregamentos progresivos no tempo. En primeiro lugar, a adaptación do período de cálculo da pensión ás novas carreiras laborais, que se pretende aplicar de maneira progresiva a partir de 2023. \"Exponse adecuar á realidade actual das carreiras profesionais o período de cómputo para o cálculo da base reguladora da pensión de xubilación, contemplando a posibilidade de elección dos anos para integrar na base reguladora nas carreiras máis longas, xunto cunha revisión do procedemento de integración de lagoas na carreira profesional\", explica o Goberno. En segundo lugar, tamén se pretende aprobar antes de finalizar o próximo ano a substitución do factor de sustentabilidade por outro mecanismo de solidariedade interxeracional. En concreto, prevese introducir un novo instrumento en virtude do cal os parámetros fundamentais do sistema sexan obxecto de revisión periódica no marco do Pacto de Toledo en función do equilibrio entre a poboación ocupada e a poboación pensionista e do nivel de gasto agregado. Para o primeiro semestre de 2022 o Goberno quere ter listas outras dúas reformas: o novo sistema de cotización de autónomos en función de ingresos reais, que empezará a despregarse gradualmente a partir da segunda metade do próximo ano, e o impulso aos plans de pensións de emprego no ámbito da negociación colectiva, preferentemente sectorial."}
{"ID": "NOS_26770", "summary": "A Aula Castelao e o Concello de Pontevedra presentan a programación da edición de 2021 da Semana Galega da Filosofía, que decorrerá do 5 ao 9 de abril.", "text": "A XXXVII Semana Galega da Filosofía vén de facer pública a súa programación de 2021, que retoma a temática do ano pasado ao non poderse realizar daquela por mor da Covid-19, \"A civilización dixital\". O Teatro Principal de Pontevedra será o escenario, entre o 5 e o 9 de abril, desta semana de debate e relatorios filosóficos dos que tomarán parte o catalán Santiago López Petit e o vasco Andoni Alonso. O presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, foi o encargado de presentar esta sexta feira a programación, cuxa conferencia inaugural, a mañá da segunda feira 5 de abril, correrá a cargo do doutor da Universidade de Vigo Albino Prada. O economista realizará unha análise crítica do desenvolvemento económico e do aumento da exclusión social. A tesoureira da Aula Castelao, Montse Fernández, quixo avanzar o programa matinal da Semana da Filosofía, cando intervirán, o 6 de abril, o profesor da Universidade de Barcelona Santiago López Petit, quen relatará arredor de \"O algoritmo da vida\". Mais na mañá do 7, está pendente o nomeamento da persoa que intervirá, posto que a intervención da xornalista Marta Peirano tivo que cancelarse. O traballador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio Lafuente, tratará na quinta feira dos \"Laboratorios de deseño, humanidades dixitais e sonambulismo tecnolóxico\", arredor da relación entre a ciencia e os movementos sociais. A última mañá, correrá a cargo de Andoni Alonso, da Universidade de Navarra, con \"Decadencia do progreso\", onde aposta por recuperar o ludismo para a crítica actual da tecnoloxía. O vicepresidente da Aula, Xoán Carlos Garrido, anunciou que as conferencias vespertinas, de 18 a 20 horas, as inicia a editora Iolanda Gomis, quen falará de \"Tecnoloxía e sociedade na Galiza\" e de como afectou a globalización ás culturas minorizadas. Iolanda Mato exporá \"Galiza (non) é unha mina\", e o escritor e blogueiro David Rodríguez tomará a palabra para falar do \"Capitalismo total na Galiza\". Antonio Rial Boubeta, da USC (Universidade de Compostela) falará en \"Chaves e desafíos para unha verdadeira integración dixital\" do impacto das novas tecnoloxías na adolescencia. Por último, será Sabela Fraga quen feche a Semana da Filosofía co relatorio \"A irrupción da imaxe\"."}
{"ID": "NOS_58305", "summary": "Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.", "text": "2019 representará un punto de inflexión no panorama mediático coa saída, a finais de ano, dun diario en papel en galego, como acordou na mañá do sábado o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., que celebrou simbolicamente a decisión cunha fotografía no Parlamento galego ante o mapa de Fontán, quen permitiu descubrir Galiza no debuxo exacto do país. \"Para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val (...). Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán\", deixou escrito Castelao a respecto da célebre Carta Xeométrica. Adiantándose ás imaxes dos satélites, Domingo Fontán logrou fotografar Galiza e situala na vangarda científica. E Galiza é o norte do compás do diario en galego, que camiñará de maneira construtiva cara ao desenvolvemento e a transformación económica e social da realidade galega. Unha realidade esquecida nas páxinas dos xornais e que nos levarán a reflectir unha cartografía completa de Galiza onde teñan cabida temáticas como o traballo, a cultura, a ecoloxía, os feminismos, a lingua, a diáspora, a economía, a memoria, a historia ou os dereitos e liberdades civís. As máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento supoñen o pasaporte para que a lingua galega e a defensa dos intereses galegos sexan protagonistas dun xornal aberto a todo o pobo e que tratará cantos asuntos repercutan sobre o benestar económico, social e cultural de Galiza. O proxecto, presentado publicamente o 29 de xaneiro de 2018 en Compostela, perante unha nutrida representación da sociedade galega, nacía vinculado a conseguir o obxectivo de 3.000 subscricións, o mínimo que garantiría a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos de edición do diario en papel e do diario dixital. Subscricións abertas para sermos máis fortes Unha vez acadada a cifra, o Consello de Administración de Sermos Galiza afanarase en ampliar apoios para dotar dunha maior fortaleza o diario. De aí que se manteña aberto o formulario de subscricións, que pode facerse chegar a través desta ligazón ou por correo postal. \"Queremos ir a máis. Por iso nos diriximos a quen dubidaba do proxecto: coñeceremos as páxinas do xornal a finais de 2019\", salienta Xoán Costa, presidente e conselleiro delegado do Consello de Administración, que apela a xuntar máis apoio económico daquelas persoas cun pensamento e comportamento aberto, actual e implicado que non ven satisfeitas na prensa convencional as súas ideas de avanzo social. Cantas máis sexamos, de maior calidade será un xornal nacional, profesional e colaborativo que ofrecerá información de terzas feiras a sábado, nun total de 260 edicións en papel ao ano, e todos os días na súa versión dixital. O futuro, expón Costa, pasa polo xornalismo multiplataforma e polas sinerxias entre a edición impresa –que segue a ser o soporte que maior credibilidade comporta– coas posibilidades audiovisuais que ofrece a rede. Acompañará o diario en papel – que constará de 32 páxinas a cor– Sermos Galiza que deixará de editarse de maneira autónoma como semanario para se converter no suplemento do novo xornal. Agradecemento do Consello de Administración O presidente do Consello de Administración lembra que \"cando anunciamos o proxecto eramos conscientes de que partiamos coas limitacións de quen comeza sen apoios de ningunha grande empresa ou grupo de presión detrás, mais tiñamos o convencemento de lograrmos que as galegas e galegos non aforrarían esforzos para facer do soño unha realidade\". \"Diciamos no final da campaña: se ti estás, chegamos. E así foi. De aí que o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A. queira expresar o seu agradecemento máis sincero a todas cantas persoas que procuran un cambio de seu no país e que acreditan nun diario imprescindíbel para que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada\", conclúe Xoán Costa, que chama a seguir sumando mans baixo a convición de que para nos erixir nunha sociedade libre, necesitamos unha prensa incorruptíbel e independente dos grandes poderes. Podes subscribirte ao diario en galego nesta ligazón. [As imaxes que acompañan esta información son autoría de Xan Muras]"}
{"ID": "NOS_29396", "summary": "As e os visitantes, e mesmo a poboación galega, poden pasar unha noite nunha casa feita de palla, no alto dunha árbore, nunha burbulla illada ou nun niño. Son só algunhas das propostas hoteleiras máis innovadoras do empresariado", "text": "Un dos grandes atractivos que ten a Galiza é que os empresarios non paran de buscar novas iniciativas para sorprender e atraer as e os consumidores. Esa filosofía de innovación esténdese tamén aos hoteis. Así é como as persoas visitantes poden acabar cumprindo o soño de infancia de durmir nunha casa da árbore, dentro dunha burbulla ou sentirse paxaro por unha fin de semana. Ao tempo que chegan á Galiza cadeas de prestixio mundial como DoubleTree by Hilton, as propostas de turismo perdidas ou con maior liberdade e intimidade seguen a conquistar. Non necesariamente todas son acabadas de chegar porque xa se sabe que 2020 está a ser un ano raro. Malia todo, as cabanas construídas sobre árbores na Serra de Outes suman reservas. Outro dos aloxamentos inesperados é, sen dúbida, unha casa rural máis ao uso en Ordes. A gran diferenza está cando investigas un pouco a súa composición. Intentando dar un paso adiante na construción sostíbel, por exemplo, hai paredes elevadas coas balas de palla, que son protectoras térmicas. Para aloxarse no país, tamén vai gañando terreo o glamping, un cámping con glamour como xa di o nome. Expoñentes desta filosofía de conexión coa terra pero con todas as comodidades son os cuartos burbulla creados en Sanxenxo e Oleiros. Outro dos negocios que máis está a triunfar esta tempada é durmir nunha casiña de paxaros. Pode confirmalo Miguel Fernández Sar, propietario do estabelecemento Niños de Carnota. \"Nós saímos máis favorecidos da situación actual porque a clientela procura lugares illados e tranquilos\", subliña, e a súa opinión podería facerse extensiva a boa parte do turismo rural. Salvo imprevistos, fan unha tempada ao 100% desde xuño até finais de setembro. O complexo, que construíu nunha finca herdada do seu pai, abriu as súas portas hai pouco máis dun ano, conta con sete niños aptos para parellas ou familias, pois dispoñen dun altiño. \"Quería facer algo diferente e ocorréuseme ter os cuartos en alto para que haxa vistas á natureza e ás aves\", afirma Fernández. Non se deixou nada á improvisación e mesmo lanzaron rutas ornitolóxicas para a clientela."}
{"ID": "NOS_37931", "summary": "Repasamos algúns dos nomes que fixeron carreira fóra das nosas fronteiras", "text": "O do fútbol é un sector cunha gran mobilidade. Conscientes de que hoxe poden estar aquí e mañá alí, os e as xogadoras viven cunha maleta ás costas. Estes son cinco dos exemplos galegos máis paradigmáticos: Vero Boquete A trotamundos por excelencia do fútbol galego é esta compostelá que abandonou o Xuventude de Aguiño con 18 anos para iniciar unha traxectoria que a levou a xogar en España, os Estados Unidos, Rusia, Suecia, Alemaña, Francia, China e Italia, onde a día de hoxe defende as cores do AC Milán. Gerardo Seoane Nado en Suíza, este fillo de emigrantes tivo unha carreira como xogador que, na súa meirande parte, desenvolveuse no país helvético, coa excepcións duns anos no Deportivo de finais dos 90 e principios dos 2000 nos que non contou con minutos a causa da importante competencia. Unha vez retirado, tornou nun exitoso adestrador, e tras dirixir exitosamente ao Lucerna e o Young Boys suízo acaba de asinar polo prestixioso Bayern Leverkusen da primeira división alemá. Angeliño José Ángel Esmorís Tasende é, xunto con Iago Aspas, o xogador galego de máis nivel na actualidade. Coñecido deportivamente como Angeliño, logo de formarse en Abegondo deu o salto ao Manchester City inglés, entidade que o fogueou cedéndoo ao New York City da liga estadounidense, ao Mallorca e ao Girona da española, e ao NAC Breda holandés. O seu rendemento alí espertou o interese do PSV Eindhoven, un dos mellores equipos dos Países Baixos, onde explotou por completo, e logo dun fugaz regreso ao Manchester City asinou polo Red Bull Liepzig da Bundesliga, onde actualmente é unha das grandes estrelas da competición. Iago Falque O mediocampista vigués pasou gran parte da súa infancia na Masía do Barcelona, que abandonou despois de sete anos rumbo á Juventus de Turín, onde complementou a súa formación, previo paso por equipos como Bari (Italia), Vilarrreal B, Almería, Raio Vaiecano (España) e Tottenham e Southampton (Inglaterra). Alcanzou o seu mellor nivel de novo no Calcio, concretamente no Genoa, que o catapultou ao Roma primeiro e ao Torino despois. Xa nesta última tempada, xogou en calidade de cedido noutra escuadra italiana, o Benevento. David Rochela O veterano defensa pontés formouse na canteira do Real Club Deportivo, co que debutou en Primeira División en abril de 2010, pouco antes do primeiro descenso do conxunto herculino en 25 anos. Tras non consolidarse no primeiro equipo, saíu cedido ao Rácing de Santander e logo iniciou un periplo internacional que o levou a xogar no Hapoel de Tel Aviv de Israel, no Buriram de Tailandia e no Port, do mesmo país, no que leva desde 2014 e onde está considerado como un ídolo."}
{"ID": "NOS_23584", "summary": "Como combater os abusos e agresións sexuais? Adavas, unha asociación que vén de se constituír no Baixo Miño, insiste na necesidade de educar e concienciar para previr. A clave, sinala a asociación, pasa por transmitir que a liberdade sexual non só é dos homes, senón que é dos homes e das mulleres.", "text": "Adavas leva apenas catro meses rexistrada como asociación no Baixo Miño. Ana Vicente, axente de igualdade, é a súa presidenta e anteriormente ocupou o posto de responsábel de Prevención en Adavas-León. Explícanos, para comezar, que Adavas Baixo Miño non é delegación de ningunha asociación, senón que se constituíu con entidade propia na Galiza. \"Puxemos en marcha a asociación no Baixo Miño para poñer en marcha a prevención dos abusos sexuais e para poder prestar asistencia xurídica e psicolóxica, aínda que teremos que encetar estes dous servizos máis adiante por falta de recursos\", sinala en declaracións a Sermos Galiza. \"Por que a sociedade ensina ás mulleres a previr as agresións e non ensina aos homes a non agredir?, preguntou un mozo nunha das charlas en institutos Co inicio do curso escolar, Adavas volverá aos centros de ensino da comarca para tratar de traballar na concienciación de crianzas e adolescentes. \"Cando damos as charlas non só abordamos os abusos sexuais, senón que tamén falamos de malos tratos\", afirma. \"Hai unha cuestión clave que puxo de manifesto un rapaz nun dos institutos que visitamos: por que a sociedade ensina ás mulleres a previr as agresións e non ensina aos homes a non agredir? Esta é a chave do que acontece\", asegura. O fundamental para a concienciación pasa por ensinarlles aos mozos e ás mozas que as mulleres son suxeitos activos e non pasivos, expón. Porén, a sociedade patriarcal non o pon nada doado, \"hai algo que me escandaliza a respeito de como os nenos adquiren coñecementos sobre sexualidade: meten en Google a palabra sexo e o que sae é porno\". \"O porno normaliza certas agresións e reproduce actitudes extraordinariamente estereotipadas que se reconducen a que o home é o suxeito activo e a muller o pasivo\" As crianzas e o porno \"En vez de estarmos formando en sexualidade e afectividade e darlles claves sobre como evitar os abusos sexuais, vemos como as crianzas pensan que o porno é o habitual. E o porno normaliza certas agresións –hai que facer fincapé en que cando se fala de agresión non se fala de desexo, senón de exercicio de poder- e reproduce actitudes extraordinariamente estereotipadas que se reconducen a que o home é o suxeito activo e a muller o pasivo\", pon de manifesto. Nos obradoiros que Adavas organiza en centros de ensino, Ana Vicente trata de desmontar os mitos arredor das agresións sexuais e fornece recursos para evitar situacións de risco, como \"levar sempre cartos por se hai que coller un taxi e outros detalles que procurar redundar na autonomía\". Insiste en que, \"que deamos chaves para evitar situacións de risco non significa que a responsabilidade recaia sobre a vítima, pois a responsabilidade recae única e exclusivamente sobre o agresor\". Abusos en menores Outra das tarefas de prevención nas que traballa Adavas ten a ver cos abusos a menores. \"Hai que lembrar que a relación entre unha cría de 12 anos e un señor de 25 anos é delito. E iso é porque unha nena de 12 anos é facilmente manipulábel. Ás veces, a sociedade esquece estas cousas\", explica. O Consello de Europa afirma que un de cada cinco menores sufriu algún tipo de abuso sexual –leves ou graves- na súa infancia Para evitar abusos en menores, que \"son están máis presentes do que pensamos\", Ana Vicente tira de \"habilidades básicas\". Os dados son alarmantes e aínda que non existen cifras que se circunscriban a Galiza, o Consello de Europa afirma que un de cada cinco menores sufriu algún tipo de abuso sexual –leves ou graves- na súa infancia. \"Entre os recursos que lles fornecemos ás crianzas atópanse o recoñecemento de secretos bos e malos, porque unha persoa que comete un abuso adoita empregar cuestións como este é o noso secreto. Tamén aprendemos entre querer ben ou mal e como actuar en casos de que alguén toque baixo a súa roupa interior\", conclúe."}
{"ID": "NOS_39830", "summary": "En chave nacional, os resultados deste domingo configuran o Parlamento máis abertzale, o que abre unha porta a liderar importantes cambios en Euskadi. No ámbito da gobernabilidade, a repartición saíulle redonda a Iñigo Urkullu para ter as mans libres. E no terreo interno, o presidente do EBB non conseguiu superar ningunha cifra da era Ibarretxe", "text": "Madrid pode xa ir botando contas: de cada tres parlamentares de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, dúas son abertzales. Case a metade dest@s, abertamente independentistas. O resto leva a independencia no seu programa. En palabras do PP, \"Sr. Rajoy, 'eles' gañaron por goleada\". E o factor desequilibrante deste resultado é a histórica aparición de EH Bildu no Parlamento de Gasteiz con nada menos que 21 escanos. Máis dos previstos antes de que entrasen en xogo as enquisas, como se pode comprobar se se fai unha análise da composición das candidaturas da coalición. Porque o PNV, o gran triunfador da noite, mantén os seus votos por baixo dos resultados de hai catro anos. En canto ao partido que ostentou --detentou, deberíase dicir con maior precisión-- o goberno de Lakua durante os últimos anos, levou unha costalada tremenda. O PSE perdeu practicamente unha terceira parte dos seus apoios de 2003. Probabelmente pagou o traizoar a súa palabra de non pactar co PP, o que o levou a gobernar cunha suma artificial, trucada polo apartheid, e en contra do sentir da maioría da cidadanía vasca. A intención de última hora de se presentar como o freo aos recortes de Rajoy non lle funcionou, porque quedaba na memoria o permeábel que foi aos recortes de Zapatero. O PP non leva gobernando no Estado español desde que empezou a crise. Foi o PSOE o primeiro que sacou a gadaña e quen cambiou a Constitución para que o rescate dos bancos sexa máis importante que a saúde, a educación e o benestar das persoas. A estratexia do medo fracasa e EH Bildu dá a badaladaA estratexia do medo que, con escasa elegancia e menor sutileza, centrou a campaña do PP, non lle deu froitos. Perdeu votos e posicións con respecto a 2009, mais tamén, e moitísimos, se se atende aos 210.797 que sumou hai once meses nos comicios que levaron a Rajoy á Moncloa. O que non cambiou é que daquela foron a cuarta forza e agora tamén. A entrada de EH Bildu con 21 escanos no Parlamento de Gasteiz é un feito que, visto con imparcialidade e frialdade --poñamos que estivesemos a analizar resultados noruegueses--, resulta extraordinario. Unha coalición formada por un partido que tiña catro escanos e outro que tiña un, aliados cunha forza que nunca se mediu nas urnas, e cunha formación que durante os últimos dez anos estivo ilegalizada, perseguida, os seus dirixentes encarcerados, as súas contas bloqueadas, as súas sedes pechadas... Obtén case a terceira parte de todos os escanos. Porén hai máis. EH Bildu é unha forza cunha traxectoria ascendente en Araba e en Bizkaia, onde superou os históricos resultados obtidos por Amaiur hai once meses. En Gipuzkoa, precisamente alí onde goberna, afinará a súa estratexia. Mantén a confianza do 88% de quen votaron a Amaiur, mais o PNV písalle os talóns recuperando neste herrialde o voto que tivo nas anteriores autonómicas. Un estudo posterior determinará cales foron os corrementos de voto entre candidaturas, para que o voto independentista de esquerdas medre no herrialde con respecto a 2009, que o PNV se manteña, que o PSE caia polo precipicio e que o PP case iguale os seus anteriores números. O equipo que lidera Laura Mintegi ten moito que dicir no próximo Parlamento de Gasteiz, onde nunca se viu un grupo tan amplo de independentistas de esquerda. Vía libre para UrkulluTamén Iñigo Urkullu tiña onte motivos para estar contento, non só pola súa vitoria, senón porque a repartición de escanos lle deixa todo o campo de xogo aberto. Unha das cuestións que se dilucidaban nas eleccións deste 21-O era ver se as forzas teoricamente de esquerdas, as que están a defender, por exemplo, cambiar o modelo fiscal, conseguían sumar máis escanos que PNV e PP, o que obrigase @s jeltzales a tentar a roupa antes de optar por gobernar en solitario, porque podía atoparse cunha maioría social que obrigase a ir por onde non quixese. O suicidio das distintas faccións de Esquerda Unida, chámense como se chamen, e os números de EH Bildu e o PSE deixaron este polo en 37 escanos. Os mesmos que teñen PNV e PP. O outsider UPyD conta pouco en todo isto. Con esta repartición de escanos, Iñigo Urkullu vai obter, en primeiro lugar, unha investidura sen problemas. Ninguén o pode impedir, nin no hipotético caso de que a tolemia se apoderase definitivamente das mentes do PSE e tratasen de reeditar o pacto co PP e engadir o voto de UPyD. Entre os tres, teñen os mesmos escanos que a formación gañadora. Desta forma, con Ajuria Enea asegurada, Urkullu pode, sen dúbida, xogar á \"xeometría variábel\" canto á gobernabilidade, pactando os orzamentos e as leis cuns e con outros partidos, en función dos seus contidos e intencións. 2 de cada 3 parlamentares son abertzalesMais coa mirada posta en Euskal Herria e o seu futuro, e a pesar das urxencias da crise, non pode deixar de ver esa histórica maioría abertzale, con case dúas de cada tres parlamentares. Agora haberá que ver que garda Iñigo Urkullu no caderno que ten escondido no seu domicilio e que di non ensinar a ninguén, e en que ten apuntados os nomes das persoas ás que lles vai ofrecer acompañalo no goberno. Os membros do executivo de Patxi López que nos últimos días estiveron transmitindo que continuarían en cargos de goberno deberán repensar o seu futuro, porque non parece que o PNV teña ningunha necesidade de buscar apoio neles para formar unha coalición. Quere isto dicir que o PSE, coa perda de practicamente a terceira parte dos seus votos, terá que reformular o seu futuro, do mesmo xeito que o fará Patxi López. Non parece probábel que o aínda lehendakari vaia quedar en Gasteiz a liderar o terceiro grupo parlamentar. López é o secretario de Relacións Políticas do PSOE, un posto creado no último congreso para o ter na Executiva Federal do partido. Patxi con tx ou Pachi con chObsérvese a diferenza de chamarse Patxi con tx ou Pachi con ch. Patxi López perdeu a terceira parte dos seus votos. Pachi Vázquez tamén pasou de ter o 30% dos votos nas eleccións galegas ao 20%. Pois ben, Pachi Vázquez puxo o seu cargo a disposición do partido, que é o que se fai cando se sofre un pau desta magnitude. Por contra, Patxi López non fixo nada diso, senón que, o que é peor, incomprensibelmente hai integrantes do PSOE que o postulan para as máis altas responsabilidades no partido, na convicción de que pode ser o salvador do naufraxio. En todo caso, parece darse por seguro que o futuro de Patxi López estará en Madrid, o que obrigará ao PSE a redefinir a súa estrutura interna, probabelmente nun congreso extraordinario. Resulta evidente que gobernar en contra da vontade maioritaria da cidadanía vasca non lle sentou nada ben. E ao seu socio de aventura tampouco lle ha ir moito mellor. É certo que a súa hemorraxia non é tan forte, mais ninguén debe esquecer que o partido que goberna no Estado español é a cuarta forza na CAV. De feito, os dous grandes partidos españois que se alternan en Madrid ocupan aquí a terceira e cuarta posición. É máis, sumando os dous, teñen menos escanos que o PNV en solitario. Ao PP pesoulle moito a xestión da crise que está a facer Mariano Rajoy, mais tamén a súa incapacidade de conectar co sentir da cidadanía vasca. Non basta dicir \"somos máis do 51%\" da sociedade cando ao final quedas no 7,55% do censo. Despois de que ETA declarase hai un ano o fin da loita armada, o PP paralizouse e ancorou nas receitas da dereita máis extrema, o que non resulta nada rendíbel nesta terra. Neste sentido, os medos que mostraba por UPyD resultaron infundados. O partido de Rosa Díez e Gorka Maneiro foi incapaz de rendibilizar os problemas que o PP puido ter cun sector das vítimas de ETA, nin sequera o descontento d@s afectad@s polos recortes. UPyD revalida o seu escano por Araba, mais faino con menos votos e menor porcentaxe que en 2009. Unha tendencia que se repite no conxunto da Comunidade. O suicidio político de Ezker BatuaA Gorka Maneiro quedoulle a curiosidade numérica de ser o parlamentar que pode romper o empate que se dá entre as dereitas e as esquerdas. Con todo, o extravagante de moitas das súas posicións políticas fai que UPyD sexa case sempre irrelevante como fiel da balanza. Entre tanto, Ezker Batua-Esquerda Unida escenificou a perfección o seu suicidio político. A escisión, o xogo sucio, a confusión de siglas e as decisións da Xunta Electoral levárona á súa desaparición dun Parlamento en que chegaron a ter seis escanos. Ezker Anitza poderá ter o pruído de ser a máis apoiada de ambas as partes. Mais, ao final, o resultado foi cero. Entrementres unhas esquerdas xogaban ao cainismo dos '80, outras tiveron visión e repiten a badalada electoral."}
{"ID": "NOS_32717", "summary": "O último balance da Consellaría de Sanidade indica que houbo outros tres falecementos, dous deles vinculados aos gromos nos centros residencias. A boa nova, dentro da preocupación, é que houbo dúas áreas sanitarias que non rexistraron un aumento no número de casos activos. En vilas como O Incio loitan por recobrar a normalidade.", "text": "As novas sobre a expansión do coronavirus na Galiza seguen sen ser boas dado que nas últimas 24 horas houbo 214 novos contaxios malia que tamén se contabilizou máis dun cento de xente curada desta enfermidade. Ademais, entre onte e esta segunda feira déronse tres novos falecementos, deixando o número total en 662 desde que a pandemia chegou ao país. Se ben é certo que aínda queda para chegar ás 700 vítimas, o ritmo de mortes diarias é bastante elevado. Polo menos dous dos tres enfermos finados na última xornada estaban vinculados a residencias de maiores. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, o último doente que perdeu a vida foi un varón de 90 anos que estaba sendo atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Advirten de que padecía outras patoloxías previas. Até o momento, o Sergas di ter practicado 367.340 probas PCR para detectar os positivos e descartar máis casos. Se se fala de casos activos, estes quedan hoxe nos 4.243. A maioría das e dos afectados teñen seguimento domiciliario, pero tamén quen está nas UCI (21) ou en unidades especiais de hospitalización (194). Nestes últimos casos nótanse pequenas subidas. Por áreas sanitarias Dentro deste contexto negativo, hai que salientar que entre onte e hoxe non se contabilizaron novos casos positivos nas áreas sanitarias de Vigo (344) e Compostela (688). O maior ascenso tivo lugar na zona de Ourense, onde se sumaron 30 persoas afectadas até quedar en 459. En Pontevedra o crecemento foi de 20 doentes (343) e na demarcación da Coruña e Cee de 10, o que fai que a cifra chegue xa a 1.424 cidadás e cidadáns, sendo o entorno máis afectado con moita diferencia. En Lugo xa son 816 pacientes (seis máis que onte) e na área de Ferrol chegan a 159 (dous a maiores). Un caso especial A situación da localidade do Incio foi e é unha das que máis preocupa pola afección do virus que houbo no seu centro residencial. No entanto, semella que agora a vila \"vai recuperando a normalidade\" tras facerse un cribado entre a veciñanza hai só uns días. As probas deron negativo, non como sucede na residencia, onde segue a haber moita xente contaxiada. Ademais, a instalación xa tivo que lamentar a morte de 15 usuarias e usuarios. O alcalde, Héctor Corujo, recoñeceu hoxe que \"a preocupación se ten desde o primeiro día\" e que \"a circunstancia é moi dolorosa\"."}
{"ID": "NOS_52342", "summary": "O desembarco de grandes fondos de investimento e capital desembarcaron en sectores estratéxicos galegos. Poñemos o foco neles no número 339 do semanario Sermos Galiza en papel.", "text": "Como en cada cuarta feira sae un novo número do semanario Sermos Galiza en papel. E xa van 339. Abrimos, nesta ocasión, cunha reportaxe sobre os fondos de investimentos e capital que \"pescan\" en sectores estratéxicos para Galiza como son as infraestruturas (entre elas a AP-9), a enerxía ou a alimentación. Sociedade comeza cunha análise da xornalista María Xosé Porteiro sobre a prostitución, con datos que revelan que na Galiza funcionaban en 2014 un total de 240 clubs de alterne e 323 pisos de contactos. A loita social contra a mina que Atalaya Mining pretende abrir en Touro e no Pino é outro dos temas que tratamos neste número. Os 25 anos da CIG e as experiencias de mozas e mozos que decidiron centrar as súas vidas no rural son as cuestións que debullamos en Economía, mentres que en Política coñecemos as perspectivas electorais de Vilagarcía de Arousa e os nomes que representarán as distintas forzas políticas na Galiza. Internacional dedicámolo a Venezuela, cunha análise do estudoso Xurxo Martiz. Fóra de Serie abre cunha nova entrega de \"A Galiza ignorada\", que nesta ocasión protagoniza Orosio, o grande historiador do século V. Ademais, entrevistamos Domingo Villar en relación ao seu esperado libro O último barco. Mario Regueira dedícalle a crítica literaria a As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorei, e Andrés Castro fai o propio co filme Blade Runner. Neste número recollemos unha nova crítica teatral de Manuel Xestoso, que debulla as principais obras que se presentan aos premios María Casares. Da man do colectivo Xea coñeceremos un roteiro da Pobra a Boiro pola beira do mar e Mercedes Espiño proponnos como receita unha crema de froitas vermellas. O viño, Señor Cuco. Aliás, \"Galiza no mapa\" é protagonizado pola cartografía de Pirrus de Noha. A respecto das columnas, Iolanda Gomis escribe sobre feminismo galego, mentres que Iria Veiga analiza a relación entre saúde e xénero. En Opinión publicamos as seccións de Marilar Aleixandre e Guillerme Vázquez e, como cada semana, Xoán Costa ofrécenos un novo \"A ollo nu\", sobre Proezas de Galicia. O humor gráfico chega da man de Nacho Hortas e de Tokio. Completa este número o Somos Galego, o suplemento bimensual da Mesa pola Normalización Lingüística. Podes mercar o semanario na loxa ou nos quiosques."}
{"ID": "NOS_16534", "summary": "A xustiza deste pequeno país de pouco máis de 300.000 habitantes condena a Larus Welding, ex-conselleiro delegado do banco Glitnir, e Gudmundur Hjaltason, un colaborador seu, a nove meses de cárcere por estaren implicados na mala situación do seu banco, un dos causantes do afundimento económico de Islandia en 2008.", "text": "A xustiza de Islandia continúa a poñer nomes e apelidos aos responsábeis da crise financeira do seu país. Os préstamos sen garantías por un valor de 102 millóns de euros a unha sociedade para que pagase unha débeda con Morgan Stanley foi proba abonda para que Larus Welding, ex-conselleiro delegado do banco Glitnir, e Gudmundur Hjaltason, un colaborador seu, teñan que pasar nove meses en cadea. Os feitos aconteceron en 2008 cando tres das catro entidades bancarias dese país quebraron e provocaron un desastre económico do cal aínda se está a recuperar. As malas prácticas destes directivos, como proba a sentenza, causaron o afundimento da entidade ao vulnerar as propias regras da entidade financeira. É a primeira vez na historia dese país que se toman medidas deste tipo. As malas prácticas destes directivos, como proba a sentenza, causaron o afundimento da entidade ao vulnerar as propias regras da entidade financeira. A investigación da crise económica de Islandia afectou tamén ao daquela primeiro ministro, Geir Haarde, que reaccionara nacionalizando a banca. O seu caso resolveuse no mes de abril coa declaración da súa inocencia en tres das catro acusacións que se lle imputaban. A situación económica deste país provocou, no seu momento, un movemento de protesta e a celebración de dúas consultas populares sobre cal sería a solución para a importante débeda externa dos bancos islandeses. A diferenza do que acontece no Estado español, o modelo islandés deixou crebar as entidades e renegociou a débeda cos acredores sen ingresar cartos públicos. Tamén decidiron levar aos tribunais políticos e banqueiros. A resolución do tribunal con estes banqueiros aínda rebaixou a solicitude do Fiscal que pedía cinco anos e medio de prisión para Welding, e cinco anos para Hjaltason."}
{"ID": "PRAZA_19896", "summary": "Declarou como testemuña no caso que investiga dous altos cargos, ao igual que dous responsables económicos do CHUS e do CHUAC, que tamén lexitimaron a actuación da Administración e seguiron a argumentación da Xunta. \"Non se colabora a que se faga xustiza\", din os denunciantes", "text": "Actuación \"correcta\" e baseada en \"criterios médicos\". Esta é a versión que deron as testemuñas que este mércores compareceron nos xulgados polo caso dos tratamentos contra a hepatite C pola que se investiga dous altos cargos da Xunta. Os declarantes adheríronse á versión do Sergas nunha declaración que os denunciantes cren \"orientada\" pola Administración sanitaria e \"lexitimadora da súa política restritiva\". As testemuñas, incluída un membro da subcomisió, cualificaron de \"correcta\" e baseada en \"criterios médicos\" a actuación do Sergas En sede xudicial declarou este mércores o primeiro dos membros da subcomisión de farmacia que decidía sobre a subministración dos tratamentos contra a hepatite C, así como os xestores que ocupaban, respectivamente, a dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Foi un novo paso na causa na que instrúe o xuíz Andrés Lago e na que se investiga o daquela director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial; e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado, aos que se lles atribúen delitos de homicidio por imprudencia profesional grave e prevaricación administrativa. Trátase de aclarar se houbo un atraso ilícito na avaliación de doentes con hepatite C e, xa que logo, na subministración de medicamentos que poderían terlles salvado a vida. A Fiscalía acusara a Xunta de demorar a administración dos fármacos \"por razóns orzamentarias\". As testemuñas seguiron a liña argumental da Xunta e que xa amosaran os dous investigados, así como o propio presidente do Goberno galego ou o conselleiro de Sanidade. En hora e media de declaración -desde as 10.30 até as 12-, \"avalaron toda a actuación da subcomisión e as accións posteriores administrativas\", tal e como destacou a este diario Quique Costas, voceiro da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C. \"Son testemuñas de parte\", engadiu sobre os declarantes, que chegaron ao xulgado acompañados dos letrados do Executivo. \"Son testemuñas de parte; avalaron toda a actuación da subcomisión\", din os denunciantes O director xeral da Asesoría Xurídica da Xunta, Manuel Pillado, insistiu tras a declaración que as testemuñas \"foron tallantes\" en soster que \"só se tiveron en conta criterios médicos\" á hora de conceder estes tratamentos e que \"en ningún caso se restrinxiron por razóns orzamentarias ou doutro tipo\". Ademais, segundo o representante da Administración, \"aclararon que nunca o orzamento foi un factor limitativo no gasto deste tipo de medicamentos\" e que \"se cursaron todas as peticións\". Ademais, o médico que formaba parte da subcomisión asegurou que se tiveron en conta \"os protocolos sanitarios establecidos\" e que \"en ningún caso se tentou restrinxir\", senón que \"se intentou a interpretación máis favorable para o tratamento dos pacientes\". O letrado da Xunta declarouse \"moi satisfeito\" coas declaracións e lembrou que os feitos sucederon \"nunha época na que estes medicamentos nin tan sequera estaban autorizados nin comercializados en España\" e que, \"malia iso, sempre se tramitaron as solicitudes, actuouse sen demora e déronse os tratamentos que os facultativos consideraron necesarios\". Para Pillado, son tan \"ilustrativas\" as declaracións que non será necesario que declaren como testemuñas máis integrantes da subcomisión. \"Nunca o orzamento foi un factor limitativo no gasto deste tipo de medicamentos\", dixeron as testemuñas segundo o letrado da Xunta Pola contra, Quique Costas asegura que pasou \"o esperado\" e insistiu en que as declaracións foron \"claramente orientadas\" desde o Sergas e que \"non achegaron nada substancial\". \"Perdeuse unha oportunidade de deitar luz sobre este asunto\", insistiu o voceiro da plataforma, que cre que hai \"unha especie de pacto de silencio\" para que nada se aclare. \"Non se está a colaborar en absoluto a que se faga xustiza e a reparar as vítimas\", insistiu. \"Din que todo se fixo ben, pero está claro que aquí alguén fixo algo mal\", declara Costas, que advirte que os responsables económicos declararon que \"a súa posición no organigrama non levaba responsabilidade ningunha\" e que o membro da subcomisión \"mantivo que a actuación do Sergas foi sempre correcta\" e que \"as actuacións dos dous altos cargos eran actuacións orientadas ao ben dos pacientes\". \"Non se está a colaborar en absoluto a que se faga xustiza e a reparar as vítimas\", di o portavoz da plataforma de afectados \"Hai uns feitos acreditados na denuncia e na investigación da Fiscalía e, con todo, cada vez que comparece alguén do Sergas, ben directivos ben persoal da subcomisión, a sensación que nos queda é a de que ninguén ten ningunha responsabilidade\", rematou Costas, que espera que o xuíz cite a declarar o resto de integrantes da subcomisión de farmacia. Ademais, as forzas de orde público contactaron xa coas familias das seis vítimas polas que se abriu a causa xudicial para ofertarlles o exercicio das accións legais que lles corresponden."}
{"ID": "PRAZA_377", "summary": "O Valedor do Pobo \"reitéralle\" formalmente ao Sergas a obriga de remitirlle un informe sobre as queixas da plataforma que reclama os servizos pendentes no HULA, polo que agarda dende finais de 2014. As protestas \"van arreciar\", advirte o colectivo cidadán.", "text": "\"A súa prepotencia é denigrante\". A Xunta en xeral e a Consellería de Sanidade en particular están logrando indignar aínda máis, se cabe, a plataforma cidadá que dende hai máis de dous anos reclama a instalación e funcionamento no Hospital Lucus Augusti dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear, esenciais para atender infartos e cancro e prometidos polo propio Alberto Núñez Feijóo en 2011. O colectivo que aglutina organizacións veciñais, sociais e políticas e cidadanía a título individual, o mesmo que impulsou a iniciativa lexislativa para tentar lograr eses servizos e que o PP recortou no Parlamento, tenta dende hai meses coñecer as cifras de mortalidade por infarto na provincia derivadas dos traslados á Coruña, toda vez que a unidade atende só en horario de oficina. A Xunta négallelos non só á plataforma, senón tamén ao Valedor do Pobo. \"Queremos saber cantas persoas morreron, cantas foran desprazadas ou cantas morreron no desprazamento\", explica en conversa con Praza o coordinador da plataforma, José Manuel Carballo. Á vista de que a Xerencia da Área de Xestión Integrada de Lugo \"non nos fai caso\", o colectivo recorreu ao Valedor, pero \"ata ante o Valedor fai ouvidos xordos\", lamenta. Efectivamente, dende a oficina do alto comisionado do Parlamento confírmase a este diario que a finais de 2014 representantes da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo denunciaron na institución que, \"como membros das Comisións de Participación Sanitaria, non teñen acceso a datos de listas de espera\" ou \"falecementos durante traslados a pesar de telos solicitado\". \"Sinalan ademais -explican as mesmas fontes- que estas comisións levan cinco anos sen reunirse\". O Valedor pedíulle ao Sergas un informe sobre as queixas cidadás a finais de 2014 e o 2 de febreiro tivo que \"reiterar\" a petición A queixa veciñal foi admitida a trámite e o Valedor dirixiuse a Sanidade para pedir \"un informe sobre os aspectos denunciados polos cidadáns\". \"Este informe aínda non chegou\" e o pasado día 2 a petición foi \"reiterada\". O Valedor, aclaran, non reclama polo momento \"eses datos concretos de listas de espera ou falecementos\", senón que a actuación está aínda nunha \"primeira fase\", na que \"agarda polo informe\" que a Xunta debe facilitar sobre \"a situación enunciada\". Unha vez que ese informe chegue o Valedor estará \"en condicións de facer a análise correspondente sobre a práctica da administración sanitaria\" para \"resolver se existe ou non mala praxe\", indican. A protesta \"vai arreciar\" Neste contexto, a plataforma advirte de que os vindeiros meses van ser calquera cousa menos tranquilos para os responsables da Xunta e do PP neste ámbito. \"A protesta vai arreciar, imos por todas\", asegura. \"Non pode morrer xente porque ao Goberno se lle antolle, non o podemos tolerar\" e, por iso, \"a cousa vai a máis\" e non se vai limitar á celebración da xa anunciada manifestación en Lugo para tres días antes das eleccións municipais. A plataforma prepara cartelaría para balcóns, fiestras e automóbiles e agarda que a reclamación chegue á Eurocámara Carteis \"nas entradas da cidade\", \"cartelaría nos balcóns e fiestras dos veciños\" ou \"pasquíns para levar nos coches\" son algúns dos materiais que a plataforma prepara mentres tenta contactar con medios de comunicación a nivel estatal \"para que isto teña repercusión en toda España\". \"Estamos contactando tamén -adianta Carballo- con outras provincias que sofren situacións similares\" e, nesta liña, \"é probable que fagamos unha xuntanza de casteláns-leoneses e galegos en Lugo para aunar esforzos e para que isto non aconteza en ningún sitio\". Asemade, no ámbito político, as organizacións veciñais están a contactar tamén cos grupos políticos da oposición no Congreso dos Deputados para forzar debates e votacións ao respecto, \"aínda que está dominado polo PP, así que non podemos agardar moito\". Do mesmo xeito, agardan que a problemática do HULA chegue ao Parlamento Europeo. \"Estamos preparando os contactos cos eurodeputados\" para que, \"tamén en Bruxelas\", se coñeza que a carencia de servizos no hospital lucense é \"de suma gravidade\"."}
{"ID": "QUEPASA_298", "summary": "Doble cita deportiva de alto nivel este verán en Carnallo. Por un lado Razo, xa coas pistas de volei praia instaladas, acollerá o Trofeo Luis Calvo Sanz, mentres que o circuito de Bértoa prepárase xa para o 13º Autocross do Campionato de España en Carballo.", "text": "AUTOCROSS Esta fin de semana dispútase o 13º Autocross do Campionato de España en Carballo. Haberá récord de participaciñón con 117 vehículos, tanto na historia do circuito como no circuíto estatal neste 2021. A organización recae nesta ocasión no Club Rally Coruña, que conta coa colaboración do Concello de Carballo. En cumprimento das medidas de prevención da COVID-19, haberá límite de aforo. Reserva as túas entradas no teléfono 689844185. Toda a información de horarios e demais en carballo.gal. Volei Praia A ADC Volei Praia Costa da Morte coa colaboración do Concello de Carballo organiza actividades arredor deste deporte nas 3 pistas habilitadas na zona da explanada de Razo dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000. As pistas están dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas, pero tamén existe a opción de practicar deporte nas escolas de volei para todas as idades, a partir de 9 anos, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00 horas. E, ademais, o día 25 de xullo celebrarase o Torneo Fundación Luis Calvo Sanz.Toda a info e inscricións, no teléfono 606 400 858."}
{"ID": "NOS_53602", "summary": "Conversamos con Anxo Cabada, fotógrafo e presidente do Ateneo Atlántico de Vigo, que vén de publicar a revista Ateneo na casa 2020. Cabada pon de manifesto que a cultura é un dos sectores máis afectados pola pandemia e que se deixou moi abandonada por parte das institucións. Afirma que a capacidade de diálogo se está a perder e engade que \"desde o Ateneo intentamos manter ese foro de debate e de coñecemento\".", "text": "Avante Pouca Hai un par de semanas publicouse a revista Ateneo na casa 2020, en que consiste?Cando comezou a pandemia, consideramos que había que seguir funcionando, que non podiamos perder o contacto coas persoas que apoian a cultura en Vigo. Por iso sentimos a necesidade de continuar presentando proxectos, e así xurdiu a idea de publicar a revista. O seu obxectivo é impulsar a cultura nesta situación. As institucións, tanto autonómicas como estatais, parece que a deixaron de lado. Os que formamos parte do Ateneo cremos que a aposta pola cultura debe ser unha aposta social e de compromiso, non podemos deixarnos levar. Debemos facer unha resistencia activa, por iso tratamos de intervir en todos os foros e actividades que teñan que ver co proceso de acadar coñecemento. Quen participa na revista?Invitamos os socios e socias do Ateneo para participar mediante traballos literarios. As historias que se foron creando eran tan interesantes que consideramos que tiñan suficiente valor como para darlle unha maior visibilidade e apostamos pola revista. Vivimos en tempos nos que as pantallas nos invaden e consideramos que a escrita, e a cultura en xeral, debe ter vida. A revista presenta diferentes seccións resultantes dunha serie de exercicios literarios, como a creación de haikus, que levamos a cabo en reunións organizadas polo Ateneo. Quedamos realmente sorprendidos pola capacidade de resposta e a calidade que demostrou a xente que participou. No que se refire á temática dos textos, céntrase no confinamento e na situación de pandemia que vivimos, nesa sensación de sentírmonos prisioneiros nas nosas propias casas. Avante Media Como levou, e está levando, o Ateneo a situación dada pola Covid?Pois con moitos plans alternativos. Non queriamos esvaecer polo tema da pandemia, por iso seguimos propoñendo temas a través das redes. Seguímonos movendo. Agora baixamos o nivel de actividades de atención ao público pero estamos activos noutros medios. Intentamos que non esmoreza a nosa presenza na cidade. Non podemos facer plans a longo prazo pero si temos novos proxectos que desenvolvemos en relación a diferentes temas de actualidade. De feito, vimos de comezar un ciclo referido á historia da cidade de Vigo. Como ultimamente non nos podemos xuntar nin discutir, a capacidade de diálogo estase a perder. Por este motivo, nós seguimos achegando temas para que non deixemos de intervir na nosa historia. Todos os cidadáns e cidadás intentamos ser activos e que se teña en conta a nosa opinión. Temos que entender a cidade como unha ágora de discusión e non deixar que nos dean todo o traballo empaquetado e feito. Debemos ser críticos. Desde o Ateneo, intentamos manter ese foro de debate e de coñecemento. Avante Toda Como de importantes son este tipo de proxectos para impulsar a cultura? Penso que todas as persoas que participamos na cultura nos sentimos moi soas. Existe un enorme abandono, como se a cultura xa non tivese vida. Pero claro que a ten, xa o vemos cos premios que están recibindo moitos compañeiros e compañeiras do sector. Isto demostra que realmente temos un potencial creativo moi grande. Nós intentamos achegar o noso gran de area para que o éxodo creativo que se está a vivir se cuestione e se teña máis en conta o valor da xente que traballa activamente nos eidos da cultura. É unha tristeza que todo ese potencial marche fóra. Debemos acoller estas persoas, defendelas e visibilizalas. Por iso intentamos pór en valor este tipo de problemas que afectan á vida diaria da cidade e ao seu futuro, que se presenta moi difícil."}
{"ID": "NOS_37072", "summary": "As 63 confrarías galegas renovarán os seus órganos de goberno tras anos sen se convocar eleccions.", "text": "Non foi sen tempo. Tras anos de espera, as 63 confrarías de pescadores existentes en Galiza renovarán os seus órganos de goberno. Será nas eleccións deste 28 de xaneiro. Uns comicios que levaban anos paralisados (antes realizábanse cada catro anos) mentres a Xunta preparaba unha nova norma que os regulase e 'unificase'. Xa está a norma e xa se pode votar. Por primeira vez, votarase nestes 63 pósitos ao unísono. Perto de 13.000 persoas teñen dereito a participar para elexir o que popularmente se ten chamado 'alcaldías do mar'. Son 12.859 persoas as que figuran nos censos e con dereito a votar. Delas, 8.308 son mariñeiros e mariscadoras. As 4.551 restantes son armadores. O alto número de 'armadores' galegos devén de que son os propietarios das embarcacións. E na flota de baixura de Galiza hai miles de pequenas embarcacións artesanais para faenar ao día. Nada que ver, logo, coa imaxe de 'armador' que se poida ter. Os comicios desenvolveranse en 3 partes, tal e como establece a normativa de convocatoria de eleccións que regula todo este proceso electoral e detalla todos os pasos a seguir en cada momento para elixir o patrón maior e os membros do cabido. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia. Noia, con 1335 socios, A Illa (895), Rianxo (740) e Cambados (606) son as confrarías máis grandes en canto a número de persoas asociadas."}
{"ID": "NOS_52473", "summary": "Feijóo anunciou o acordo acadado coa petroleira mexicana Pemex para a realización de 7 destes buques na Galiza e os outros 7 en colaboración co sector naval mexicano", "text": "O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, vén de anunciar que se acadou un acordo coa petroleira mexicana Pemex para estaleiros galegos participaren na construción de 14 remolcadores para a frota desta multinacional. En virtude deste acordo, os estalerios galegos construirán 7 destes buques, alén de colaborar na construción doutros sete co sector naval mexicano. Para Feijóo, este acordo ten unha gran importancia, ademáis de sinalar que Pemex está a valorar a posibilidade de empregar o porto exterior da Coruña como base loxística internacional"}
{"ID": "PRAZA_10112", "summary": "A segunda edición da iniciativa coordinada por Cousa de Raíces terá lugar o sábado 8 de xuño. As Brigadas Deseucaliptizadoras preparan xa catro accións en Ferrol, Lousame, Cenlle e Cotobade.", "text": "Os días 21 e 23 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Bosques, Cousas de Raíces lanzou a primeira campaña de Deseucaliptización Simultánea de Galicia. Ao redor de 360 persoas voluntarias participaron nun total de 11 accións en Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, A Coruña, Mondariz, Ponteareas, Agolada, Caldas de Reis, Melón, Ponte Caldelas, Vigo e Lousame.A organización da segunda Deseucaliptización Simultánea, que terá lugar o sábado 8 de xuño, xa está en marcha cunha chamada á participación de voluntarios e voluntarias. As Brigadas Deseucaliptizadoras impulsadas por Verdegaia están a organizar catro accións en Ferrol, Lousame, Cenlle e Cotobade, en colaboración con entidades veciñais e comuneiras, como a CMVMC de Froxán, Montescola, Asociación Veciñal de Lentille, CMVMC de Rebordelo.Todas as intervencións realizaranse pola mañá e as organizacións e persoas anfitrioas ofrecerán un xantar de albaroque a todas as voluntarias participantes. O límite para anotarse en cada unha das intervencións é o mércores 5 de xuño, sendo imprescindible para planificar a loxística das accións e comidas.As catro acciónsO Calexón en Valón (Ferrol). É unha área moi castigada polas repoboacións de eucaliptos, o abandono das actividades tradicionais e as obras de acceso ó porto exterior de Ferrol. Á vez trátase dun lugar moi visible por atravesalo a estrada que conduce ás praias de Doniños e san Xurxo, o que pode darlle máis repercusión e visibilidade á actuación das brigadas. A zona de intervención é unha parcela de titularidade privada de case 1 hectárea, na que se queren recuperar os valores ambientais e paisaxísticos.Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). Os traballos na Comunidades de Montes de Froxán, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente, centraranse desta volta en consolidar a eliminación de rebrotes de eucalipto e arrincado de novos eucaliptos nacidos de semente nun hábitat de bosque de ribeira.Montes de Lentille (Cenlle). O obxectivo é frear a a invasión de mimosa (Acacia dealbata) que sofre a comarca. A intervención manual terá como obxectivo eliminar os pés de acacia mantendo as árbores autóctonas que conseguiron sobrevivir (carballos, érbedos, etc.).Montes de Rebordelo (Cotobade). Os traballos centraranse nunha zona que sufriu o desastre ambiental da vaga de lumes de outubro de 2017"}
{"ID": "NOS_1858", "summary": "As eleccións internas da confluencia pospóñense por decisión da súa comisión de garantías. Este órgao apreciou irregularidades no proceso, arredor dun censo que experimentou un incremento moi significativo de altas, máis de 1.500 persoas, desde o plenario de finais de outubro, a cimeira en que o sector crítico derrotou en votacións sensíbeis a equipa dirixida por Luís Villares.", "text": "Mentres non se resolver as pretensas irregularidades por medio dunha auditoría fica en suspenso o proceso de elección do Consello da Marea, o máximo órgao da confluencia entre plenarios. Así o comunicou, nunha conferencia de imprensa de urxencia este mesmo serán, a comisión de garantías do partido instrumental. As primarias estaban axendadas entre o 1 e o 3 de decembro —ou sexa, son suspendidas a escasas horas de que as persoas inscritas puidesen, este mesmo sábado, comezar a votar— e no censo figuraban por volta de 4.500 persoas, 1.500 máis que as que tiveron dereito de voto no plenario do pasado 27 de outubro. Precisamente o pasado 27 de outubro a comisión de garantíasl xa decretou unha suspensión cautelar ante a existencia de deficiencias no proceso. Ao non teren sido subsanadas, a decisión agora é a de desconvocar as votacións á espera da realización dunha auditoría. As irregularidades terían a ver co feito de que durante 24 horas o responsábel legal do censo perante a Axencia Española de Protección de Datos, Gonzalo Rodríguez, non puido acceder ao listado das persoas inscritas, xestionado pola empresa Agora Voting. O que aprecia agora a Comisión de Garantías é que a poucas horas do comezo da votación non se informara correctamente ás persoas inscritas dos locais de votación, sen existir xa tempo material para o facer. Na conferencia de imprensa, os integrantes da comisión de garantías manifestaron non teren sospeitas sobre ningunha persoa concreta da organización. \"Eu non dubido de ningún compañeiro nin dos responsábeis que tiveron acceso ao censo nin da propia empresa. Non dubido da súa transparencia\", afirmou Manuel Nogueira, integrante tamén da Comisión de Garantías."}
{"ID": "NOS_8240", "summary": "Falamos con Roberto Varela, de CIG-Autonómica, da denuncia que o sindicato interpuxo en 2012 e pola que acaban de ser imputados tres altos cargos da Xunta, entre eles o máximo responsábel da loita contra os incendios, Fernández Couto.", "text": "- Tres altos cargos da Xunta, entre eles o máximo responsábel forestal, investigados (antes imputado) por presuntas contratacións irregulares nos helicópteros contra-incendios. Unha imputación que deriva da denuncia presentada perante o xulgado de Compostela en 2012 pola CIG por un presunto delito de prevaricación, van xa alá cinco anos. Que vos levou a dar ese paso? - Traballadores da loita contra o lume informáronos daquela que nas bases de helicópteros operaban uns aparatos da empresa Inaer e traballadores da empresa Natutecnia. Nós diriximos entón un escrito á conselleira de Medio Rural dicindo que xa sabiamos quen ía levar o concurso dos helicópteros para ese ano, Inaer e Natutecnia. Non tivemos resposta. E ao pouco vimos como, efectivamente, estas empresas foron as adxudicatarias e non a través dun concurso, senón a dedo, directamente. A administración escusouse alegando que a tempada de incendios estaba enriba polo que tiveran que actuar así. A propia conselleira chegou a dicir que fora a través dunha encomenda de xestión, mais esta escusa non val: estas encomendas só se poden facer entre administracións públicas e non con empresas privadas. - Daquela a consellería de Medio Rural e Mar estaban unidas e era conselleira Rosa Quintana... - A denuncia foi posta contra Tomás Fernández Couto, que daquela era director xeral de Montes. Unha persoa que leva moitos anos en postos desta responsabilidade. Desde 1996 e agás no período do bipartito Fernández Couto leva na administración a responsabilidade na cuestión dos incendios. A denuncia tamén ía contra o secretario xeral técnico naqueles momentos, Vidal Pardo, que ao pouco temo dimitiu alegando motivos persoais. E a denuncia tamén ía contra Rosa Quintana, a conselleira. Agora imputan Fernández Couto e dous altos cargos máis. Nós denunciamos aqueles feitos por coñecemento dos traballadores. O concurso negociado sen publicidade pode facerse, si, mais cun importe de até 100.000 euros e nós estamos a falar aquí de 6.600.000 euros. Tiña que ir a concurso público si ou si e ser publicado no DOG, no boletín da Unión Europea, etc... E non se fixo, foi a dedo. - Volvestes detectar situacións deste tipo? - En abril 2016 presentamos unha denuncia na Fiscalía tamén en relacións aos medios aéreos para esa campaña, mais nesta ocasión a denuncia foi arquivada ao non ver Fiscalía motivos. Estas imputacións veñen da de 2012 e o propio Consello de Contas recolleu este caso. Entre a denuncia, o informe do consello de contas, reactivouse o tema. -A denuncia da 'privatización' do servizo de loita contra incendios, o recurso a empresas privadas, é unha política que desde a CIG vindes denunciando de vello, unha política que produce situacións como estas, de contratos de millóns de euros presuntamente irregulares a empresas... - Inaer é case un monopolio no tema dos helicópteros, é case a única que hai a nivel estatal de aparatos para este tipo de tarefas. As brigadas de traballadores de Natutecnia seguiron traballando. Son pasos que se dan na privatización do servizo, iso é obvio. Cando meteron brigadas de empresas privadas contra o lume en 2012 fora unha novidade mais agora xa é unha normalidade. - Os principais responsábeis da Xunta, co presidente á cabeza, saíu ao pouco de se coñecer as imputacións a defender os investigados... - Feijóo mesmo mencionou as familias dos altos cargos, que deben de estar orgullosas porque cumpriron coa súa labor. Ou sexa, que de aí se desprende que para eles [PP] o que fixeron está ben feito. Iso cara fóra, outra cousa é cara dentro, como estarán as cousas. A presión é importante. Porque de Fernández-Couto xa se solicita desde grupos parlamentares e desde sindicatos como a CIG a súa dimisión pola xestión da vaga de incendios de outubro."}
{"ID": "NOS_8524", "summary": "En Santalla de Lóuzara, a súa terra, LugoPatrimonio rendeu homenaxe o pasado 8 de agosto a Irene Vergara Vilariño, falecida o pasado 11 de abril aos 53 anos de idade.", "text": "Cando a Fiz Vergara Vilariño lle faltou a voz, foi a súa irmá Irene quen lla cedeu. Albacea da memoria do poeta, Irene Vergara Vilariño finou o pasado mes de abril e catro meses despois, a asociación LugoPatrimonio rendeulle homenaxe en Santalla de Lóuzara cun acto ao que tamén asistiu a súa familia. Unha ofrenda floral e lecturas sobre Irene ademais de poemas relacionados de Fiz Vergara compuxeron a parte literaria e máis emotiva do acto no que interviñeron a súa filla María Celeiro Vergara e o presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez. \"Batalladora incansábel polo noso idioma, cultura e nación, sen descanso e desde a grandiosa humildade que sempre a caracterizou. O seu sorriso e sosego ficarán connosco para sempre\", sinalan desde LugoPatrimonio."}
{"ID": "NOS_23249", "summary": "O piragüismo galego triunfa nas augas portuguesas de Ponte de Lima.", "text": "O Campionato do Mundo de Maratón que acolleu durante catro días a localidade portuguesa de Ponte de Lima foi unha festa para o piragüismo galego. Dezanove padeeiras e padeeiros do país participaban nunha competición na que estaba presente o mellor deste deporte a nivel internacional. Se o evento comezou o primeiro día no maratón curto en C1 coa medalla de ouro de Diego Romero (Breogán do Grove) e a prata de Jaime Duro (Cidade de Pontevedra) xunto ao bronce de Iván Alonso (Piragüismo Olívico) en K1, continuou na segunda xornada na proba de C1, Sub-23, co ouro de Jaime Duro e o bronce de Diego Piñeiro (ambos do E.P. Cidade de Pontevedra). O piragüismo galego buscará medallas no Mundial de 2022 Primeiro mundial para Manuel Garrido A seguinte medalla caeu coa pa de Manuel Garrido en C1 e foi nada menos que a medalla de ouro. O padeeiro de Tui proclamouse campión do mundo cun crono de 02:04:52.36, mentres que o grovense Tono Campos facíase co bronce. A regata contou cun incidente entre varias embarcacións. Cando Garrido ocupaba os postos de cabeza, un grupo de seis embarcacións no que estaba situado chocábanse varios dos integrantes. O galego aproveitou para irse xunto ao húngaro Marton Kover, ao cabo medalla de prata. A partir dese momento, o bo entendemento entre o galego e o húngaro fixo que aumentase a vantaxe que Garrido aproveitou ao final. A última xornada continuaron as vitorias. Os padeeiros do Breogán, Manuel Antonio Campos e Diego Romero, revalidaron o título de campións do mundo de maratón na categoría C2. Valeulles a experiencia de levar tres títulos consecutivos formando parella. Ademais, Tono Campos suma o metal número 23 entre europeos e mundiais. Nesta ocasión, subcampións foron a dupla do Club Piragüismo As Torres, de Fernando Busto e Diego Migéns. Galiza segue a arrasar en piragüismo: Pleno de clasificacións no primeiro día do Mundial Junior e Sub-23 As 'Tanias' campioas As últimas triunfadoras galegas do Mundial foron as piragüistas Tania Fernández e Tania Álvarez finalizaron en primeira posición a proba de K2 no campionato do mundo, por diante das húngaras Renata Csay e Zsofia Czellai. A parella marcou un tempo de 1:58:09.5 , superando ás húngaras en nove segundos. Despois dun bronce en 2018 e dúas pratas en 2019 e 2021, as galegas conságranse na distancia, cun metal dourado que engrandece máis se cabe a súa traxectoria deportiva. As suecas Melina Andersson e Johanna Johansson gañaron o bronce, a 23 segundos das galegas."}
{"ID": "NOS_51914", "summary": "'Que nom te silenciem' é o lema escollido para a 32ª edición do evento, que será apresentado esta sexta-feira na Arca de Noe, en Vilar de Santos", "text": "Concertos, poesía, exposicións, audiovisuais, palestras, artesanía e desporto encherán Salvaterra de Miño o próximo 1 de setembro nun Festival da Poesía do Condado que concentrará todo o seu programa nunha soa xornada. Esta sexta-feira 15 de xuño, a Arca de Noé de Vilar de Santos acollerá a apresentación da trixésimo segunda edición da festa. Será ás 22 horase o acto contará cun concerto de K-Neves do Autoblues Chicago-Fornelos. \"Embora este ano reducimos a un só dia o festival, compensarémolo cunha ampla e variada programación que, como sempre, terá a música e a poesía como o seu eixo central\", indican desde a organización do festival, que este ano escolleu 'Que nom te silenciem' como lema. O Festival da Poesía do Condado, cunha longa traxectoria ás costas, volve reafirmar a súa consciencia política a través da reivindicación na que centra cada edición. \"É un festival que leva 32 edicións, e as xeracións anteriores xa usaban estes lemas para que os poetas creasen poesía en torno a estes temas\", explica Xocas Lorenzo, membro da SDC Condado -entidade organizadora-. Lorenzo xustifica esta declaración de intencións como unha reacción ante os ataques á liberdade de expresión \"que están chegando a uns límites inaceptábeis\". \"É unha frase que resume o 155, o secuestro dun libro, as penas de prisión por cantar, que uns rapaces se vaian comer 13 anos na prisión por unha pelexa nun bar…\", conclúe."}
{"ID": "NOS_51974", "summary": "Francisco Correa recoñece a veracidade do escrito da Fiscalía", "text": "O xefe da trama Gürtel, Francisco Correa, condenado a 51 anos de cadea pola Audiencia Nacional no xuízo da etapa entre 1999 e 2005 por prevaricación, fraude, suborno, falsidade en documento público, malversación e branqueo de capitais; enviou dous escritos á Fiscalía Anticorrupción onde detalla a corrupción en Boadilla del Monte, naquela altura gobernado polo PP con maioría absoluta. Correa explica como actuaba de intermediario entre as empresas e o Concello e negociaba o porcentaxe de suborno por cada adxudicación, cando se facía efectivo o contrato \"os empresarios entregábanme o diñeiro en efectivo e eu sempre llo entregaba a Arturo (González Panero, alcalde naquel intre) ou a Tomás (Martín Morales, Conselleiro Delegado da Empresa do Chan e a Vivenda de Boadilla), dependendo que órgano licitaba o concurso\". En todo caso, aclara Correa que ademais o alcalde recibía suborno en todos os casos \"en especie, viaxes, sastrería, zapatería, etc\". Nos escritos tamén se recoñece a viaxe de 3 ou 4 días a Miami de Arturo González con Correa, que pagou os gastos, no que lle presentou a empresa Fortune, coa cal mantiña relacións comerciais, para que o ex alcalde \"investira, obviamente co diñeiro obtido polos subornos que lle entreguei\" afirma Correa. A Fiscalía ten razón Correa asume en primeira instancia que os feitos presentados no escrito da Fiscalía para o xuízo da Gürtel entre 2006 até 2009 son certos, nese proceso -que comezará o vindeiro setembro- investíganse os presuntos subornos a autoridades de Boadilla del Monte, na Comunidade de Madrid. A Fiscalía Anticorrupción pide 76 anos de prisión para Francisco Correa, 40 para o ex alcalde Arturo González Panero, e 64 anos para Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PP galego. Neste segundo xuízo tamén se apuntou ao PP como partícipe a título lucrativo dos delitos cometidos pola trama. No primeiro xuízo fora condenado a pagar 245.000 euros das comisión ilícitas, unha vez confirmada a sentencia polo Supremo, levou a que se puxera en marcha a moción de censura que rematou co goberno de Mariano Rajoy."}
{"ID": "NOS_11091", "summary": "@s de Meira impuxéronse nas categorías de absoluto masculino e feminino desta modalidade do remo en banco fixo. Agora poñen proa a Cantabria, onde na fin de semana vai decorrer o campionato estatal.", "text": "Samertolameu de Meira fixo 'doblete' esta fin de semana no Campionato galego de bateis o atinxir a vitoria nas categorías absoluta masculina e feminina. Recuncan así no resultado deste campionato en 2013, no que @s remeir@s de Meira triunfaran tamén en esas dúas categorías. Mais no campionato, que decorreu na Pobra do Caramiñal, en augas da Ría de Arousa, houbo máis vencedores pois no campionato competiron as cinco tripulacións clasificadas en cada unha das diferentes categorías. Así, as vogadoras de Vilaxoán impuxéronse nas promesas femininas e Cabo da Cruz en xuvenil feminino. Mecos triunfou en xuvenil masculino, o batel de Cabana-Ferrol gañou en cadete masculino e o Náutico de Vigo foi quen se impuxo en infantil. Coa proa posta en Cantabria Na vindeira fin de semana Camargo acollerá o Campionato estatal de bateis, unha cita que tradicionalmente dáselle ben ás tripulacións galegas. Na de 2013 Samertolameu de Meira gañou en absoluto masculino e feminino e Cabana-Ferrol en infantil masculino."}
{"ID": "NOS_45441", "summary": "Desde a madrugada desta segunda @s gandeir@s comezarán unha folga de entrega do leite para denunciaren o insostíbel da súa situación e exixiren uns prezos xustos para o seu produto. Nas últimas horas, a administración convocou os sindicatos a unha xuntanza para abordar o problema e intentar chegar a un acordo que evite a protesta. Un movemento da Xunta tras meses e meses de desleixo", "text": "Os baixos prezos do leite están a situar milleiros de explotacións galegas ao borde do peche. A insostíbel situación fai que sindicatos e organizacións de productor@s convoquen unha folga na distribución do leite que dará comezo a madrugada desta segunda. A administración convou os sindicatos a unha xuntanza, tras meses de desleixo, para tentar acadar un acordo. @s gandeir@s din estar fart@s da situación, con prezos moi por baixo do propio custo de producción do leite. Na Galiza, o prezo do leite é o máis baixo do estado e da UE. Prezos de miseria: o leite págase na Galiza aos e ás produtoras a unha media de 28 céntimos, dos prezos máis baixos da Unión Europea e do estado. Producir ese litro de leite custa, só en penso para manter as vacas, 36 céntimos. Xa que logo, @s gandeir@s galegos perden cartos por cada litro que producen. Queda de ingresos dun 43% nestes anos: Desde 2005, entrementres os ingresos d@s gandeir@s galeg@s pola venda de leite medraron un 0,9%, os custos de explotación fixérono nun 29,6%, co cal a súa renda caeu nun 43%. Isto está provocado en boa medida porque o prezo que reciben é dos máis baixos da Unión europea e o máis baixo do Estado español: un 5,5% menos que a media estatal, un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda. Perto de 5.000 explotacións pechadas na Galiza: Entre 2005 e 2010, segundo datos oficiais, perdéronse na Galiza máis de 4.500 explotacións leiteiras. E desde entón o panorama non fixo senón empeorar. As 11.000 restantes están na corda frouxa, recoñece o sector. E pola volta de 3.000 explotación lácteas acollidas ao plan de modernización nos últimos anos están a piques de suspender pagos. Unha Xunta que mira para outro lado: a persar de convocar para esta segunda unha xunta cos sindicatos para abordar o problema, tod@s coinciden en que a actitude da administración autonómica ten responsabilidade na crise do sector. Lembran que na lexislatura anterior de Feijóo se liquidaron mecanismos existentes como a mesa do leite, o observatorio de prezos, o banco de terras... Para alén de apoiar proxectos (Alimentos Lácteos) cunha responsabilidade grande en tirar os prezos. Desregulación interesada: máis dunha vez nos sindicatos como Fruga ou SLG sinalaron as políticas de desregulación europeas como responsábeis tamén do escenario actual. Estas políticas propiciaron que Alemaña e Francia aumentasen a súa produción de leite, apostando por colocar noutros mercados (como o español) o seu excedente con prezos moi baixos. Para iso botaron e botan man das súas potentes cadeas de comercialización (grandes superficies como Alcampo ou Carrefour). Aliás, o 80% do leite galego comercialízano empresas de fóra. Contra o esmorecemento do rural galego: A defensa do sector lácteo galego é a defensa do medio rural galego, lembran os convocantes. Un sector que xera pola volta de 66.000 empregos e en torno ao que pivota gran parte da economía directa e indirecta de non poucas comarcas galegas. Os sindicatos chaman á folga As organizacións sindicais encargadas da convocatoria fixeron un chamamento esta segunda feira a que @s gandeir@s secunden a convocatoria de folga e non entreguen o leite a partir das 0.00h desta terza feira. En conferencia de imprensa, representantes de UU.AA, SLG e XX.AA, aseguraron, asemade, que poderían iniciar unha folga de impagos pois \"se non nos pagan non podemos pagar\", indicou Xan Pérez (UU.AA). Aliás, aseveraron que se as administracións públicas non toman nota das exixencias do sector lácteo, o paro das entregas podería facerse indefinido, malia a que agardan non ter que chegar até ese extremo."}
{"ID": "NOS_6913", "summary": "Arnaldo Otegi saiu da prisión de Logroño 6 anos e 4 meses após a súa entrada na cadea, acusado de intentar reorganizar a entón ilegalizada esquerda abertzale. Reafirmou, máis unha vez, a aposta da esquerda abertzale na paz.", "text": "Otegi xa está libre. Seis anos e catro meses após o seu encarceramento, o secretario xeral de Sortu e líder da esquerda abertzale saiu esta mañá da prisión de Logroño para ser recibidas por máis de 300 persoas que o agardaban ás portas do recinto. Saudos, apertas, bicos, palabras de ánimo e benvida, e o obrigado 'aurresku' de honra para o de Elgoibar, que vén de pasar 2.330 dias na cadea acusado de intentar organizar a esquerda abertzale (cuxas organizacións estaban ilegalizadas naquela altura). Otegi lembrou que no Estado español hai presos políticos -e tivo unha lembranbza para os presos sociais-, e afirmou que a el e os outros acusados no caso 'Bateragune' \"encarceráronnos como vascos, cidadáns de Euskal Herria, independentistas e socialistas, e como tal saimos\". Lembrou que foron a prisión por apostar na paz, e que durante a súa estancia en prisión \"reforzamos a nosa aposta\". Tamén se referiu ás espectativas sobre a súa candidatura ou non como Lehendakari. \"Hai moito morbo\", dixo, e remarcou: \"O mellor lehendakari para o pobo, o pobo\". Após a intervención e novos saúdos, marchou cara Elgoibar, a súa localidade, en compañía de familiares e amigos. Nos vindeiros días decorrerán diferentes actos políticos en uskal Herria para celbrear a liberación de Otegi."}
{"ID": "PRAZA_18448", "summary": "A academia incorpora ao termo a acepción \"proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais\" e pon como exemplo \"apoderamento feminino\"", "text": "\"Proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais\". Esa é a terceira acepción que vén de incorporar o dicionario da Real Academia Galega baixo o termo apoderamento, á que acompaña co exemplo de uso \"apoderamento feminino\". A academia incorpora ao termo a acepción \"proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais\" e pon como exemplo \"apoderamento feminino\" A RAG explica que o termo inglés empowerment \"irrompeu desde o feminismo no vocabulario cotián para referirse a un dos elementos do avance cara á igualdade de xénero\", polo que tras recibir o pasado maio unha petición ao respecto, a institución vén de incorporar esa acepción ao termo galego apoderamento. Manuel González, catedrático de Filoloxía Románica e coordinador do Seminario de Lexicografía da RAG, explica que, fronte ao que acontece en linguas como o portugués ou o italiano, en galego o préstamo íntegro do inglés, empowerment, apenas tivo uso, nin se rexistrou unha posible adaptación fonética como podería ser empovermento. Pola contra, pola influencia do castelán, veuse empregando con frecuencia empoderamento. Fronte a esas opcións, a RAG optou por tirar do termo apoderamento. Así o explica González: \"O galego tradicional non coñece un verbo empoderar, que si existe en castelán, aínda que con pouco uso, desde a época medieval. Pero posúe o verbo apoderar, da mesma familia ca o inglés empower, e con practicamente os mesmos significados tradicionais ca este ('autorizar' ou 'dar poderes', 'capacitar' e 'superar en forza ou intensidade'), e posúe igualmente un substantivo derivado apoderamento, cos mesmos significados tradicionais do inglés empowerment. Por iso parece máis axeitado para a lingua galega adoptarmos para esta nova acepción aparecida no inglés to empower e empowerment as denominacións tradicionais galegas apoderar e apoderamento\" Xunto con esa acepción ligada ao feminismo, a RAG tamén incorporou a apoderamento outra acepción máis derivada do mundo empresarial para referirse á delegación de poder de decisión nas persoas colaboradoras e subalternas para que se sintan máis implicadas e responsables nunha organización ou nunha empresa."}
{"ID": "NOS_21451", "summary": "A deputada Rosana Pérez considera que a suba do imposto non atinxiu o obxectivo de aumentar a recadación e, por contra, \"encareceu de xeito desmesurado os prezos e está a destruir empresas e postos de traballo\"", "text": "A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou na Cámara unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que insta ao Goberno a reconsiderar o IVE do 21% fixado en setembro para o ámbito cultural (onde era do 8%) e para o material escolar (era o 4%). \"As subas do IVE aplicadas desde setembro de 2012, que ademáis do efecto pernicioso de provocar un considerábel aumento dos prezos, non \"está a xerar as recadacións que o Goberno presumía\". Pón de manifesto que \"está demostrado que se produce unha contención no consumo da actividade cultural debido precisamente a ese encarecemento que, unido ás rebaixas salariais e ao aumento desmesurado do paro, fan que á cidadanía lle resulte moi difícil poder consumir produtos culturais como ir ao cinema, ao teatro ou a concertos\". O Goberno de Rajoy incrementou o IVE que pasou na cultura do 8% ao 21%. \"Están a facer da cultura algo sço ao alcance das elítes\", Gastos de cara un novo curso escolar Rosana considera, aliás, que \"Dado o grave contexto económico polo que atravesa o Estado español e ás portas de que se inicie un novo curso escolar, tamén é preciso ter moi presente o aumento do IVE no material escolar, co impacto que iso ten en milleiros de familias."}
{"ID": "PRAZA_15881", "summary": "Amigos da Terra alerta a Medio Rural e Patrimonio da desaparición do centenario carballo de Vilar de Astrés, en Ourense, na contorna do Camiño de Santiago.", "text": "Un carballo centenario menos por mor da acción humana. Amigos da Terra vén de denunciar ante a Consellería de Medio Rural e mais a Dirección Xeral de Patrimonio a desaparición do centenario carballo que ata hai poucas semanas era protagonista na paisaxe de Vilar de Astrés, unha parroquia do rural do concello de Ourense situada, ademais, na contorna do Camiño de Santiago. A árbore, afirman, seguiría en pé se non fose pola imprudencia na realización nos traballos de canalización dunha liña eléctrica de Gas Natural-Fenosa. A explicación 'oficial' do sucedido indica que as raíces do carballo estaban podres. Pero isto, afirman dende Amigos da Terra, non é exacto. \"Polas evidencias que se observan nas raíces que quedaron ao aire\" fica claro que \"as que estaban orientadas cara ao Camiño \"tiñan signos evidentes de podremia\", se ben as que apuntaban cara á outra banda, a dunha capela próxima, \"estaban en bo estado e fixaban a árbore ao solo\". Así, lamentan, as obras da compañía eléctrica \"arrincaron as raíces que sostiñan árbore en pé\", unha \"actuación sen medidas de precaución\" que \"provocou a caída do carballo\". O toco da árbore -parte máis próxima á raíz tras o corte-, explican, \"amosa que non había ningún signo de podremia\", xa que a súa madeira está \"en moi bo estado\". Se non se arrincasen as raíces sás, \"a árbore seguiría en pé\". \"Tanto o tronco principal como as pólas estaban en perfectas condicións\", acrecentan. Amigos da Terra asegura que a obra arrincou as raíces que \"fixaban a árbore ao solo\" e denuncian a corta ante Medio Rural e Patrimonio Tras as medicións realizadas nunha visita á zona o pasado 22 de xaneiro Amigos da Terra conclúe que o diámetro do tronco da árbore desaparecida era de entre 126 e 133 centímetros e a súa idade era de, aproximadamente, 160 anos. Os datos recollidos na semana forestal de Ourense en 2015, detallaban que a coñecida como 'Carballa do San Bieito' medía 25 metros de alto e cubría un perímetro superior aos 4 metros. \"Este tipo de actuacións poderían evitarse\", evidencia o colectivo ecoloxista, que subliña ademais que non é menor a proximidade do Camiño de Santiago. Os camiños \"están protexidos por lei e o seu coidado e protección debe ser prioridade tanto das administracións como da cidadanía\". E os valores naturais, salientan, están incluídos nesa protección."}
{"ID": "NOS_20160", "summary": "Critican a inacción das institucións á hora de ofrecer un porto seguro a un navío que se acha á deriva após ter resgatado 121 inmigrantes o pasado 1 de agosto.", "text": "\"A axuda humanitaria e solidaria entre seres humanos non pode ser ilegal\", razoa o partido En Marea através dun comunicado de imprensa. A formación liderada por Luís Villares critica a UE por \"se pór de perfil\" e ao Goberno Sánchez por tampouco ofrecer ningunha solución. Para En Marea, estamos perante unha \"emerxencia\" humana e non se pode agardar máís á hora de actuar. \"O Sáhara e o Mediterráneo son as auténticas cámaras de gas do século XXI\", opinan, a facer a súa a frase do fundador de Proactiva Open Arms, o catalán Òscar Camps. O navío áchase a 24 millas da costa da Illa de Lampedusa, sen ningunha esperanza de obter autorización para poder atracar nun porto italiano. É máis, o ministro de Interior, Mateo Salvini, ameazou a ONG promotora da expedición cunha multa se o Open Arms se dirixe a algunha dársena do país transalpino."}
{"ID": "NOS_51161", "summary": "A UE pagará 3 mil millóns de euros a Ankara para que free a entrada de persoas refuxiadas e acelerarán a súa adhesión á comunidade.", "text": "Turquía e a UE reuníronse en Bruxelas nunha cimeira bilateral na que se abordou a hipotética adhesión do país á Unión e demais contra-prestacións que os 28 lle ofrecen a cambio de que se torne nun tapón para a entrada de persoas refuxiadas. \"Somos unha nación europea. O futuro do continente perténcenos\", dixo Ahmet Davutoglu, primeiro ministro turco antes do encontro. Neste senso, a UE ofrécelle acelerar a súa incorporación --conxelada desde 2004-- se Ankara se compromete a frear a maré de persoas que están a cruzar as súas fronteiras fuxindo das guerras --procedentes de Siria, Afganistán e Iraq, principalmente. No que vai de ano as autoridades comunitarias cifran en 700 mil as chegadas. \"Turquía ten todo o dereito de agardar o seu ingreso na UE (...) sempre que contribúa a solucionar a crise de refuxiados\", dixo Angela Merkel. Así mesmo, Alexis Tsipras, fiou o futuro político turco nunha Unión ampliada á certeza de que as súas \"autoridades\" fan \"o posíbel por frear eses fluxos\", dixo. Ankara pide libre circulación na UE para a súa cidadanía A cambio tamén recibiría 3 mil millóns de euros. Unha cifra que xa avanzara a chanceler alemá na súa visita a Turquía hai un mes para abordar esta mesma cuestión. Para alén disto, o goberno turco exixe a libre circulación da poboación turca dentro do espazo Schengen. Algo que os socios comunitarios non ven, cando menos non sen o compromiso de que Ankara acollerá todas as persoas que, embora accederen a algún dos territorios da Unión, non contan con asilo. Até o momento, Turquía conta con 2 millóns de refuxiad@s. Porén, outros son os puntos de conflito nas negociacións. Chipre exixe a retirada de Turquía da parte norte da súa illa. Asemade, a xefa de diplomacia comunitaria, advertiu que a adhesión do país non será posíbel se non cumpre cos criterios de Dereitos Humanos, liberdade de imprensa e se non retoma o proceso de paz co pobo curdo. Algo que desde Turquía non está entre as súas prioridades."}
{"ID": "NOS_1432", "summary": "Centos de mozas e mozos participaron esta terza feira en Compostela nas dúas marchas xuvenís pola independencia, limiar dos actos políticos convocados para este 25X.", "text": "Un estado galego independente para acadar a liberdade. Con esa palabra de orde Galiza Nova —que esta terza feira estaba de aniversario, 30 exactamente— realizou a súa #IIRuadaPolaIndependencia, nun día en que a organización xuvenil do BNG realizou tamén o seu tradicional tributo a Rosalía e Castelao. \"Galegos somos galegos seremos por españois nunca pasaremos\" e \"independencia, independencia\" foron algúns dos cánticos coreados durante a ruada, un evento que xa se está a consolidar no calendario político de Galiza Nova. Centos tamén acudiron á chamada dos diversos colectivos independentistas —Briga, Erguer, Isca que marcharon polo centro de Compostela precedidos por unha faixa en que se lía \"A mocidade independentista a construir a República\", com os sub-lemas \"Rachar a precariedade, rematar com a emigraçom\". Houbo dúas manifestacións, si, mais os cánticos eran perfeitamente intercambiábeis, con especial destaque para a palabra de orde que as emparenta, \"independencia, independencia!\"."}
{"ID": "NOS_26354", "summary": "Unha gran acción de Emre Çolak e de Andone puxo as táboas nun encontro que se complicara para o equipo coruñés. Nos últimos minutos, cun xogador máis, buscou sen éxito a vitoria.", "text": "O Deportivo conseguiu un traballado empate na difícil visita a Las Palmas. O conxunto galego igualou o marcador na segunda parte grazas ao talento do turco Emre Çolak, que imaxinou un pase en profundidade para que Andone definira con precisión na meta canaria. Terceiro empate consecutivo dos coruñeses en Liga contra un rival que non coñece a derrota no seu estadio. O conxunto local dominou a primeira parte, onde o Dépor foi incapaz de xerar perigo malia a aposta de Gaizka Garitano, que saíu con dous puntas, e pese as numerosas baixas dos insulares. Nun erro defensivo dos galegos chegou o gol de Mateo García, no minuto 13. O equipo canario dispuxo de ocasións para aumentar a vantaxe pero chegou o descanso cunha vitoria pola mínima. Foi na segunda cando o Deportivo espertou. O cambio de posición de Emre Çolak, que pasou a súa posición natural no centro, non tardou en facer efecto. Unha recuperación en campo propio acabou nos pés do xogador turco que conectou maxistralmente con Florin Andone, para que este sumara o seu sétimo gol no que vai de temporada e puxera as táboas no marcador. A falta de poucos minutos para o remate do encontro, a expulsión do canario Aythami Artiles animou o Dépor a buscar os tres puntos. Mais os coruñeses non conseguiron sacar rédito da súa vantaxe numérica. Garitano recoñecía en rolda de prensa posterior que no primeiro tempo saíran \"durmidos\" pero que a reacción da segunda facía \"xusto\" o empate \"nun campo difícil onde non gañou ninguén\". Ficha técnica UD Las Palmas (1): Javi Varas, Michel Macedo, Lemos, Aythami Artiles, Hélder Lopes, Montoro, Roque Mesa, Vicente Gómez, Momo (Tana, min. 80), Livaja (El Zhar, min. 85) e Mateo García (Benito, min. 89). RC Deportivo (1): Tytoń, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Emre Çolak, Guilherme, Borges, Luisinho (Marlos Moreno, min. 80), Joselu (Óscar Pinchi, min. 90+2) e Andone. Goles: 1-0 Mateo García (min. 13); 1-1 Andone (min. 69). Goles: Fernández Borbalán (c. andaluz). Expulsou Aythami Artiles, por dobre amonestación (min. 77). Cartón amarelo para Aythami Artiles (min. 72) e Joselu (min. 90+1)."}
{"ID": "NOS_26471", "summary": "O relato colectivo dunha singular comunidade humana, a que producía a fronteira entre Galiza e Portugal á altura de Salvaterra do Miño, poderá observarse esta fin de semana na localidade arraiana. A asociación cultural Lazoiro reuniu máis de 60 fotografías, achegadas por veciñanza de ambas as dúas ribeiras do río, que amosan o gran paradoxo do Miño: a mellora das comunicacións foi paralela ao arrefriamento das relacións humanas.", "text": "\"Para nós é imprescindíbel saber como era o contacto entre Salvaterra e Monção\", explica Alberto Grandal, de Lazoiro, \"e descubrimos que, dalgunha maneira, había máis comercio antes, as xentes coñecíanse máis\". Xentes da Raia é, xustamente, o título da exposición que acollerán, entre esta sexta feira e o domingo 22 de outubro, as Covas de Dona Urraca, na fortaleza de Salvaterra de Miño. O proxecto de Lazoiro, documentar graficamente a historia da Raia, iniciouse hai catro anos. \"É un proxecto que non ten fin\", indica Grandal. As dúas anteriores edicións da mostra centráronse na \"memoria gráfica xenérica\" de Salvaterra de Miño, \"con imaxes de todas as parroquias dos últimos cen anos\", e mais na recuperación do rastro do 36 e a represión brutal contra os demócratas que arrasou a bisbarra. \"Mais agora queriamos entender como eran os vínculos entre as poboacións de Salvaterra e Monção antes da construción da ponte internacional\", di. A infraestrutura púxose en funcionamento en 1995. Con ela e a supresión das alfándegas, extinguiuse o paso en barco e lanchas, do que aínda quedan vestixios nos embarcadoiros, e tamén a lóxica do estraperlo. \"O paradoxo é que, coa ponte, melloraron as comunicacións, a mobilidade, pero non as relacións. Ao contrario\". O activista cultural percibe que a posibilidade de atravesar o río en coche, a calquera hora, e sen depender das variábeis climáticas -o Miño, nesa zona, é ancho e caudaloso, as correntes poden ser perigosas- facilitou que \"moita xente cruza desde Portugal pero vai directamente cara a Vigo ou outros lugares\". A comunidade compartida de antano, en que os da parroquia de Cortes, en Monção, non faltaban nunca á festa en Salvaterra, e viceversa, desapareceu. \"Na investigación para a expo comprobámolo\", recorda. Os veciños portugueses máis maiores sempre lles preguntaban por paisanos da beira galega. \"A mocidade, en troques, non se coñece. Hai boas comunicacións, pero non unha relación pausada\". Desa ruptura dá conta Zé Galego, o barqueiro de Cortes de 82 anos que aparece na curtametraxe coa que, o domingo, se clausurará Xentes da Raia. Nado en Salvaterra como José Núñez de Rivero, mudouse á ribeira portuguesa e traballou décadas transportando xente sobre o río. Do seu mundo apenas queda xa máis que os seus recordos. E as sombras que recollen as fotografías, a máis antiga das cales data de 1910."}
{"ID": "NOS_56807", "summary": "A imprensa amiga analisa as mudanzas operadas no goberno galego como un elo na cadea que o levaría finalmente a se apresentar como candidato á reelección en 2016. Esa análise desconsidera un factor moito relevante: os cambios son produto da presión social: cae unha conselleira moi deteriorada, a de Sanidade, e a de Meio Rural é afastada desta responsabilidade.", "text": "Feijóo optou por disfrazar nunha remodelación de grande envergadura a destitución da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, chamuscada pola nefasta xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e a separación de Rosa Quintana do departamento de Meio Rural, após a rebelión das tractoradas. Ao ceder estas dúas pezas no taboleiro, o titular da Xunta e presidente do PPdeGaliza revela que o partido que dirixe se acha á defensiva e que, agora si, é moi sensíbel á presión social. Non é de estrañar: é practicamente imposíbel gañar a maioría absoluta na Galiza sen a provincia de Pontevedra (ao alleamento de Vigo para o PP súmase a circunstancia inédita de que non preside a Deputación) e o PP non tería ningunha opción a recuncar se no meio rural se consolidar unha demanda de cambio político en Monte Pío. O cadro político actual é moi desfavorábel para o Partido Popular, após a súa desfeita en Catalunya (apenas supera en 10 mil votos o score da CUP) e a emerxencia de Cidadáns. Neste contexto, Feijóo tiña dúas opcións. Ou emular o estilo dolce far niente de Rajoy ou aparecer hiper-activo e con capacidade para se arrepoñer á situación. No temperamento de Feijóo non está a calma zen do líder pontevedrés, así que o político de Os Peares optou por pasar á acción. Feijóo transmite a mensaxe de que el si ten capacidade de reacción, cousa que Rajoy non Supón isto indefectibelmente que Feijóo renuncia xa a toda opción a dar o salto a Madrid? Sería un erro interpretar a operación en termos de xogada fechada. Feijóo transmite a mensaxe de que el si ten capacidade de reacción, cousa que Rajoy non. En realidade, a día de hoxe o que si se dá por descontado, salvo surpresa monumental, é que Feijóo non será candidato nas xerais e que, consecuentemente, non será deputado no Congreso. Esta circunstancia debilitaría moito as súas opcións a relevar a Rajoy en caso de que unha derrota do PP descabalgase o seu actual líder. Certo, mais tampouco as eliminaría totalmente. Hai voces que sinalan que o Parlamento xa non é o centro da vida política e que Feijóo podería exercer de líder do partido sen ter un escano na Carrera de San Jerónimo. Outras, en troca, discrepan e apuntan que, descartada Soraya polo escaso predicamento orgánico do que dispón, na Cámara si estaría Pablo Casado, un perfil estilo Albert Rivera que podería funcionar como recambio. Feijóo mete a sexta marcha e aproveita a remodelación para facer chiscadelas aos sectores sociais que agardan algo de respiro e de relaxación nas políticas de austeridade implementadas até o de agora En todo caso, Feijóo mete a sexta marcha e aproveita a remodelación para facer chiscadelas aos sectores sociais que agardan algo de respiro e de relaxación nas políticas de austeridade implementadas até o de agora. Non é menor nese sentido a decisión de criar unha Consellaría de Política Social -fronte á cal coloca un dirixente con peso político, o ex alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela- e de aumentar o número de carteiras no seu goberno, que pasan de 8 a 10. Únase a isto a decisión de abonar parte da paga extra adebedada ás funcionarias e aos funcionarios para completar o debuxo dun PP que, vía incremento da débeda pública, é consciente de que a Administración debe gastar máis se quere darlle un empurrón á economía galega -que medra, mais a un ritmo moito menor do que a española- e con iso situarse en condicións de voltar a disputar a maioría absoluta. Menos mal que nos queda Portugal? Ollando para Portugal, o PP galego ten un sabor agridoce. Pode argumentar que con efeito a direita alí gaña as eleccións e está en condicións de facer goberno, mas ao tempo sabe que ese cadro político non é extrapolábel a Galiza. Aquí o PP ou ten maioría absoluta ou non vai gobernar. E aquí o PP, a diferenza do PSD, non ten un CDS-PP co que pactar unha coligazón eleitoral. Cidadáns -unha formación política que a estas alturas non ten nin candidato á presidencia da Xunta- en principio nen está nen se agarda por el."}
{"ID": "PRAZA_7509", "summary": "Afirmo categoricamente que os dirixentes da Banca Mudial, da Política Global, os Señores e Señoras que toman as Grandes Decisións, en realidade, están mortos. Porque o que fan, a idea do mundo que teñen, son propias de xente morta, ou viva pero morta, ou sexa, de zombis.", "text": "Os zombies existen, claro que si. E non só coma entes de ficción na tele ou nos pesadelos incontrolados producidos polas sobredoses de licor café esas noites nas que non me controlo. Existen en realidade e andan por entre nós, ao noso carón, disfrazados de normais. Pertiño, pertiño, disimulando a súa condición de zombis con total e profesional naturalidade. Non teño a máis mínima dúbida de que son reais. E afirmo isto non porque agora estean de moda na literatura e, sobre todo, nas series de televisión. Nin sequera o afirmo porque tolease ou por friquismo, que non serían, dende logo, malos motivos para afirmar calquera cousa, visto o visto. Afírmoo porque os vexo, zombis desastrados descarados desvergoñados, cando falan pola tele nas roldas de prensa anunciando a expansión do seu imperio e a globalización da súa podredume, da súa tristura e do seu malfado. Os zombies existen, claro que si. Existen en realidade e andan por entre nós, ao noso carón, disfrazados de normais Tecnicamente, un zombi é un morto que revive. Leva un tempo apodrecendo así que está como que un pouco maliño de aspecto. Xa tivo días mellores. E ponnos medo porque o que lle pedimos a un morto é que non toque o carallo e que se quede morto na súa tomba, sen amolar aos que aínda andamos por aquí, cotizando para a pensión esa que non nos van deixar cobrar. Por iso, cando hai que representalos en imaxes, póñenlles a roupa medio descomposta e unhas pístulas pola face que, iso, lles pon cara indubidable de zombis... O que me importa destacar aquí, para que se entenda o que vou dicir, é que están mortos. Porque os zombies, a pesar de que se movan cara nós extendendo os brazos para tocarnos (véxase vídeo de Michael Jackson por se hai dúbidas), o certo é que están mortos. Nunha estraña forma da morte pero mortos están. E cunhas pintas horrorosas. Pero mortos. Eu digo que os que nos gobernan son zombies. Porque están mortos. Non teñen, dende logo, un aspecto lamentable de zombies parralleiros, pero están mortos. Mais ben todo o contrario. Usan traxes de Armani e viven en chalets de moito luxo separados do resto dos que, ironicamente, nos chamamos mortais. Afirmo categoricamente que os dirixentes da Banca Mudial, da Política Global, os Señores e Señoras que toman as Grandes Decisións, en realidade, están mortos Non pretendo facer un superficial xogo retórico. Afirmo categoricamente que os dirixentes da Banca Mudial, da Política Global, os Señores e Señoras que toman as Grandes Decisións, en realidade, están mortos. Porque o que fan, a idea do mundo que teñen, son propias de xente morta, ou viva pero morta, ou sexa, de zombis. E as decisións que toman, as medidas que botan a andar, o mundo que deseñan, que esnaquizan, que apodrecen co seu recendo a mortos provoca morte e só morte de puro cheiro zombi de primeira clase. Actúan e levan á morte ou a unha pseudovida ou mala vida, por exemplo, a de milleiros e milleiros de nenos e nenas ao ano no mundo por causas doadas de evitar. Facer algo así, puidendo facer o contrario, é un labor de zombies, de mortos vivintes que nos queren mellor a todos mortos. Ou como cando deciden retirarlle aos velliños e velliñas os aparellos de teleasistencia. Esa decisión causa a morte. Ou cando deciden suprimir servizos de urxencias ou non substitúen médicos ou poñen de pago medicamentos indispensables para a vida e que con eses prezos ás veces se volven inasumibles. Goberna xente sen corazón. Xente morta. Zombis Todo iso provoca morte. A que lles gusta aos zombis que queren un mundo de zombis, de xentes con aparencia de vivos pero que non o están porque a vida que lles deixan vivir está moi lonxe do que a vida digna debería ser. Goberna xente sen corazón. Xente morta. Zombis."}
{"ID": "PRAZA_10598", "summary": "Unha das diferenzas tradicionais entre o Mediterráneo e o Atlántico, especialmente no que se refire a Galicia, é a inmensa e permanente capacidade que os galegos temos de dividirnos en polémicas estériles co resultado final de acabar pegándonos un tiro na punta do pé", "text": "Unha das diferenzas tradicionais entre o Mediterráneo e o Atlántico, especialmente no que se refire a Galicia, é a inmensa e permanente capacidade que os galegos temos de dividirnos en polémicas estériles co resultado final de acabar pegándonos un tiro na punta do péUnha das diferenzas tradicionais entre o Mediterráneo e o Atlántico, especialmente no que se refire a Galicia, é a inmensa e permanente capacidade que os galegos temos de dividirnos en polémicas estériles co resultado final de acabar pegándonos un tiro na punta do pé. Mentres o plan director do Corredor do Atlántico segue sen pasar da fase de PowerPoint pre electoral, presentado polo ministro de Fomento, o Corredor do Mediterráneo continúa o seu desenvolvemento apoiándose nunha campaña mediática impulsada entre outros polo patrón de Mercadona. É dicir, mentres os empresarios do Mediterráneo apostan e invisten no Corredor do Mediterráneo, os empresarios galegos non desperdician ocasión de alimentar os seus patéticos conflitos case persoais e a súa, xa coñecida e tradicional división, que acaban salpicando a dirixentes políticos, tan inexpertos como ben intencionado. Así que imos deixar as cousas claras.Primeiro: que o Corredor do Atlántico no seu trazado galego discorra desde A Coruña até a Vigo, Ourense e Monforte, non implica a obrigatoriedade de que os trens do norte teñan que seguir ese trazado, senón que se trata exclusivamente dun deseño estrutural que permite modernizar ao mesmo tempo tres eixos diferentes: o eixo Ferrol/A Coruña - Lisboa/Sines, o eixo Vigo-Ourense-Madrid, e o eixo do interior Ourense-Monforte-O Barco de Valdeorras. Segundo: os trens procedentes dos portos do norte, obviamente en ningún momento exponse que teñan que dar un rodeo de 200 quilómetros, porque iso non é competitivo dígao quen o diga. Por conseguinte, eses trens, terán que ir necesariamente por Lugo a Monforte. Tanto é así que o Eixo Atlántico hai meses que encargou ao Profesor Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático de ferrocarrís da Universidade de A Coruña, un informe que estará finalizado en setembro, sobre a modernización da liña ferroviaria A Coruña-Lugo-Monforte. Informe que foi solicitado por iniciativa do anterior alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e da Deputación de Lugo, da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o alcalde de Monforte, Jose Tomé, xunto co Alcalde do Barco de Valdeorras e presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García. Dirixentes todos eles preocupados polo desenvolvemento de Galicia no seu conxunto, que discutían estas cuestións nas reunións do Eixo Atlántico ás que acudían e nas que se buscaban solucións e non se alimentaban polémicas estériles nos medios de comunicación. Algunhas persoas e algúns sectores, especialmente do ámbito empresarial e da Xunta de Galicia, alimentan a idea, falsa, de que todo depende da inclusión no Corredor do Atlántico como anteriormente alimentaron polémicas falsas sobre os portos nodaisAlgunhas persoas e algúns sectores, especialmente do ámbito empresarial e da Xunta de Galicia, alimentan a idea, falsa, de que todo depende da inclusión no Corredor do Atlántico como anteriormente alimentaron polémicas falsas sobre os portos nodais. E iso, na miña opinión, é unha táctica para camuflar a absoluta incapacidade duns e doutros de xerar auténticas estratexias de lobby en defensa dos intereses de Galicia, máis aló de postas en escena preelectorais, baleiras de contido e sen continuidade como a dos \"tres tenores\". A integración no Corredor do Atlántico, aínda que é determinante para conseguir o co-financiamento europeo do 50%, non implica en absoluto que o resto das infraestruturas non poidan ser financiadas por outros fondos europeos, máis concretamente polos fondos estruturais. Da mesma maneira que a Saída Sur de Vigo, determinante para constituír un eixo ferroviario Ferrol/A Coruña-Lisboa, non precisa ser integrada no Corredor do Atlántico xa que pode acceder inmediatamente ao mesmo financiamento pola súa consideración de tramo transfronteirizo. Pero claro, buscar escusas culpando a terceiros é un bo mecanismo para desviar a atención da incapacidade de construír proxectos conxuntos de país. A procura de culpables externos sempre foi unha boa coartada para ocultar os erros internos. Terceiro: se me permiten un consello, creo que sería boa unha acción conxunta de todas as institucións galegas, desde a Xunta até o delegado do Goberno, desde os empresarios até os sindicatos, e desde a FEGAMP até o Eixo Atlántico, para comprometer catro puntos básicos e indivisibles sen os cales Galicia e os seus portos están condenados ao desastre: inmediata presentación do plan director do Corredor do Atlántico por parte do ministro de Fomento; saída a exposición pública do estudo informativo previo da Saída Sur de Vigo antes de que finalice o ano por parte do ministro de Fomento; desbloqueo e impulso do porto seco de Monforte por parte da Xunta de Galicia e modernización da liña Ferrol/A Coruña-Lugo-Monforte, por parte do ministro de Fomento nunha acción que pode ser concertada coa Xunta de Galicia. Todo o demais, e perdoen que llo diga, non son máis que desculpas de mal pagador e serpes de verán para distraer a atención do auténtico problema: o tribalismo, a división e os problemas de orixe persoal que dividen permanentemente a sociedade galega e afástana dos seus auténticos obxectivos."}
{"ID": "NOS_19241", "summary": "Womex xa ten programa oficial e nel participan 300 artistas das máis diversas procedencias. A feira internacional das músicas do mundo xa ten á venda ás entradas para os concertos abertos ao público.", "text": "Do 22 ao 26 de outubro daranse cita en Compostela arredor de 300 artistas de distintas partes do mundo, desde Brasil a Arxelia, Cabo Verde ou Rusia, Polonia ou Cuba. Uxía, Davide Salvado e Germán Díaz serán os representantes da música galega presentes en Womex. Fóra do recinto profesional no Museo Centro Gaiás serán 45 os concertos que presentarán en distintos espazos da cidade de Compostela as músicas do mundo presentes en Womex. Por 55 euros está á venda un bono para asistir a todo o programa público que se desenvolve na Praza da Quintana, no Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia ou a Sala Capital. 18 concertos en 3 noites Só nas noites do 23, 24 e 25 de outubro a Praza da Quintana de Compostela acollerá 18 concertos abertos ao público, con entradas de venda anticipada a 20 euros.Raúl Rodríguez - Razón de Son, desde España, Guayo Cedeño & Coco Bar de Honduras, a agrupación china Ajinai ademais dos rusos Otava Yo, Spiro, desde o Reino Unido, e Mayito Rivera & The Sons of Cuba protagonizarán o programa da primeira xornada, a quinta feira 23. Para a noite do 24 está preparada unha xornada con A Sekouba Bambino (Guinea-Conakry/Francia), Baloji (República Democrática del Congo / Bélgica), Kuenta i Tambu (Curação/Países Bajos), Džambo Aguševi Orchestra, de Macedonia, Ethiocolor (Etiopía), e Batida (Angola/Portugal). Pecharán tres noites seguidas de música na Quintana o sábado 25 a estadounidense Orkesta Mendoza, o galego Davide Salvado e a israelí Ester Rada, ademais dos mexicanos Troker, os colombianos Tribu Baharu os tamén mexicanos Bostich + Fussible from Nortec Collective. E moitos máis Co bono poderase asistir tamén a concertos de Cesária Évora Orchestra, Ed Motta, El Gusto Orchestra, Custódio Castelo, Germán Díaz, La Chiva Gantiva, Lleuwen, Rura, Volosi, Maru Tarang, Noreum Machi, Oum, Korrontzi, Uxía, os Zoobazar, Abavuki, Geng Wak Long, Paulo Flores, Isa GT, Rebel Up! Soundclash, Kareyce Fotso, Lula Pena, Söndörgo, Calima, La Yegros, Sertanília, Dreamers' Circus, Gjermund Larsen Trio, Tarabband, Den Sorte Skole, DJ Marfox w Greg de Villanova. Nos vinte anos de historia da música galega só Mercedes Peón participou da sección oficial de Womex que este ano conta coa actuación de Davide Salvado."}
{"ID": "PRAZA_9791", "summary": "Ana Pontón defende que Galicia só recuperará \"voz propia en Madrid o 28 de abril\" se o BNG obtén escanos porque \"PP, PSOE e tamén Podemos e En Marea vetan continuamente propostas beneficiosas para Galiza\"", "text": "Regresar ao Congreso tras non dar obtido representación en 2015 e 2016 é a gran meta do BNG nas elección xerais do 28 de abril. E, nesa aposta, a circunscrición de Pontevedra preséntase como un dos escenarios electorais con, potencialmente, máis posibilidades de logralo. Así o apuntaron algúns indicadores demoscópicos nas últimas semanas e, nese contexto, o Bloque apela a un dos sectores nos que noutrora chegou a ser primeira forza, segundo o CIS: a mocidade.Nun encontro con membros de Galiza Nova celebrado en Pontevedra tanto a portavoz nacional do BNG como a cabeza de lista da formación por Pontevedra, Carme da Silva, amosaron a súa confianza nas posibilidades de obter representación. \"Cada vez son máis as persoas que nos fan sentir que estamos lanzadas, que desta vai, que a partir do 28 de abril o BNG vai ter representación no Congreso dos Deputados\", afirma Da Silva.Ana Pontón defende que Galicia só recuperará \"voz propia en Madrid o 28 de abril\" se o BNG obtén escanosA xuízo de Pontón, se \"Galiza recupera a voz propia en Madrid o vindeiro 28 de abril\" será no caso de que o BNG obteña escanos. \"Iso significará unha aposta de futuro para cambiar un guión que outros están a escribir\" tamén para a mocidade. \"Ver como a mocidade mira con desesperanza ao futuro é o peor balance de calquera goberno\", considera a líder nacionalista, máis aínda se existen \"paus nas rodas\" por mor de medidas \"centralistas\".\"PP, PSOE e tamén Podemos e En Marea vetan continuamente propostas beneficiosas para Galiza\", acusa PontónPontón exemplifica a necesidade de que o Bloque regrese ao Congreso en conflitos como os vinculados á industria, caso do de Alcoa. Neste contexto, di, o BNG tamén defendería nas Cortes a aprobación dunha tarifa eléctrica galega como \"incentivo para a instalación de empresas\" que sería \"máis importante que calquera rebaixa fiscal\". Pero \"dende Madrid PP, PSOE e tamén Podemos e En Marea vetan continuamente propostas beneficiosas para Galiza\", acusa.Ambas dirixentes avanzan que ata o 28A seguirán a amosar o que implica que regrese ao Congreso \"a única forza que ten demostrado defender a Galiza en Madrid\" á procura de \"solucións\" para o país. \"Ten solución poder pescar, ten solución a transferencia da AP-9, ten solución a seguranza viaria\" ou a propia tarifa eléctrica. \"Pero para iso cómpre que Galiza teña capacidade de decisión\" con escanos do Bloque, conclúe a candidata por Pontevedra ao Congreso."}
{"ID": "NOS_25968", "summary": "A Academia Valenciana da Lingua remitiu unha declaración institucional ás Cortes Valencianas para manifestar a súa oposición á Proposición non de lei do PP na que se demandaba que a Real Academia da Lingua Española deixase de considerar a valenciá como parte da lingua catalá.", "text": "A Academia Valenciana da Lingua desautoriza o PP a través da súa declaración institucional e acúsao de vulnerar o ordenamento xurídico ao desatender tanto o \"Dictame sobre els principis i criteris per a la defensa de la denominació i l´entitat del valencià\" como a normativa lingüística oficial. A institución responsábel da normativa insta á mesa das Cortes a comunicarlle ao grupo parlamentario popular, ao igual que ao resto das formacións políticas, a vulneración do ordenamento xurídico no que incorre a proposición do PP e lembra o ditame aprobado pola entidade con competencia en materia lingüística en 2005. Lamenta tamén que o PP non respecte na redacción do texto a normativa de aplicación obrigatoria nas administracións públicas da Comunidade Valenciana. A proposición non de lei do PP foi presentada o pasado día 13 de xuño e nela ínstase ao goberno valenciano a se dirixir á Real Academia Española para que recoñecese no seu dicionario que o valenciano é a lingua propia da comunidade, diferente do catalán. A Academia Valenciana da Lingua critica que mesmo nese texto de carácter oficial, o PP empregue fórmulas propias de entidades que reclaman a diferenciación lingüística. A AVL está presidida por Ramón Ferrer que chegou á máxima representación coa maioría de votos do plenario que apostaron no seu espírito \"secesionista\" fronte outro candidato de carácter unionista. Tamén en Aragón Recentemente, o PP de Luisa Fernanda Rudi ideou en Aragón o LAPAO (Lingua aragonesa propia da área oriental). Trátase da nova denominación coa que tenciona diferenciar e eliminar o catalán de Aragón a través da lei que vén de ser aprobada nas Cortes de Aragón. Coa nova lei prevese tamén a creación dunha academia propia, a Academia Aragonés da Lingua, que terá competencia á hora de establecer a toponimia e os nomes oficiais da comunidade, co que o catalán deixará de ser a lingua oficial dos topónimos da Franxa aragonesa. A nova lei contempla tamén que o catalán deixará de ser a lingua empregada nos documentos dos concellos da Franxa. O Institut d'Estudis Catalans (IEC) pronunciouse ao respecto, cualificando de impropia a decisión aprobada polas Cortes aragonesas para a nova denominación do catalán que se fala na franxa. Para o Institut, o Lapao non é nome de ningunha lingua, como tampouco o é a Lingua Aragonesa Oficial do Estado (Laoe) nin Lingua Aragonesa Propia das Áreas Pirenaica e Prepirenaica (Lapapyp), denominacións que tamén aparecen na lei."}
{"ID": "NOS_40012", "summary": "Máis dun cento de persoas exixiron que a Xunta defenda o seu dereito a percibiren as pensións.", "text": "Esta segunda feira (20 de abril) os mariñeiros galegos embarcados en buques con bandeira norueguesa aos que o país nórdico se nega a pagar as súas pensións, manifestáronse na capital galega para reclamar que os gobernos galego e español se impliquen na resolución do conflito. Neste senso, exixen que se presente unha demanda contra Noruega perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH). Cuestión que foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego en senllas iniciativas presentadas por BNG e AGE. \"Noruega non é ese país maravilloso que se di\", sinalou o presidente da asociación Long Hope, Alberto Paz, en relación coa situación que atinxe arredor de 10 mil mariñeiros galegos cotizantes durante décadas no país escandinavo. Os mariñeiros galegos pagaron entre 1952 e 1994 impostos por valor de 520 millóns de euros \"Nós fomos alí residentes obrigatorios fiscais e nunca residimos no país, e que alguén me explique que razón tiña que nós tivésemos que pagar o IRPF\", sinalou. \"Non estou falando de impostos indirectos, senón de impostos directos\" cos que contribuíron a financiar \"estradas, sanidade, educación e non recibimos nada a cambio, nen as graza, unha patada\", denunciou Paz. Cotizantes sen prestación Os mariñeiros galegos pagaron entre 1952 e 1994 impostos por valor de 520 millóns de euros. Porén, Oslo non recoñece o dereito a pensión ou prestación argumentando que non residían no territorio, pois estaban embarcados. Segundo os mariños a decisión vulneraría os convenios de Dereitos Humanos ao \"discriminar por nacionalidade\" (artigo 14 da Convención europea de 1950). Destarte, instan o goberno de Alberto Núñez Feijóo a ter \"a decencia suficiente\" para \"axudar\" os traballadores do mar e apuntan que non cesarán nas súas demandas até acadaren unha solución. Polo de agora xa teñen previstas 34 manifestacións en 2015. No número 140 do semanario en papel Sermos Galiza explica o conflito polo miúdo nunha reportaxe intitulada Os 'galisisk': dez mil galegos contra o Reino de Noruega. Podes adquirilo na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_34675", "summary": "Do caldo á broa, pasando polas sardiñas salpresas, as 'torrexas' con mel ou as papas, a gastronomía está máis presente do que a primeira vista poida parecer na obra de Rosalía de Castro. Así o demostra Xavier Rodríguez Baixeras no seu último libro Rosalía e a cociña, que vén de publicar a fundación que salvagarda o legado da poeta e que pode atoparse xa nas librarías.", "text": "Son moitas as arestas que fican por coñecer e explorar da obra da sempre emblemática Rosalía de Castro. Xavier Rodríguez Baixeras achéganos unha nova vertente, a da cociña nos seus textos, especialmente nos seus dous principais poemarios en lingua galega, que sen dúbida vai resultar abondo orixinal. E é que a gastronomía, como un elemento cultural máis, atópase presente mesmo cando non reparamos nela. Deste modo, o autor do Dicionario da Comida Galega (Aira/Engaiolarte, 2018), investiga e divulga esta dimensión culinaria na produción literaria de Rosalía, que Baixeras coñece ben. Diversidade A autora dedica quer en Cantares Gallegos quer en Follas Novas páxinas importantes á cociña popular, que queda así retratada na súa ampla diversidade. \"Trátase dunha alimentación [...] de carácter popular, mais que, ademais, dado o seu primitivismo, atinxe o que poderíamos chamar a esencia da cociña máis elemental, máis simple e, xa que logo, máis identitaria\", escribe Baixeras. O autor diferencia deste modo entre dous tipos de relacións estabelecidas pola autora: a que ten que ver coa infancia, coas sensacións idealizadas derivadas da cociña, e a que se efectúa en condicións de escaseza, como consecuencia da pobreza. A comida, en Rosalía, adoita ser tratada dentro dun ámbito popular En Cantares Gallegos Baixeras divide en dous blocos a achega gastronómica. O primeiro corresponde á enumeración de manxares, prometidos a maioría á rapaza gaiteira. Aparecen así desde o comezo, na copla que abre o poemario e que na altura debeu ser ben coñecida: \"Has de cantar / que che hei de dar zonchos / has de cantar / que che hei de dar moitos\". Os zonchos, tamén chamados mamotas, manelas, marmotas ou zamelos, son castañas cocidas coa casca, que logo se pelan e adoitan repartírense en cuncas, botando nelas leite frío. \"Canta meniña / na beira da fonte / canta dareiche / boliños do pote\", podemos ler tamén noutro exemplo, nos textos analizados que aparecen compilados contra o final do libro. Esta referencia, hoxe xa non tan popular, remite a unha masa arredondada de fariña de centeo ou millo, repolo e unto ou carne de porco que se botaba no caldo. Xunto a ela atoparemos as populares papas, sopiñas con viño ou torrexas con mel. A matanza Xunto a esta serie de comidas citadas, comparece en Cantares Gallegos un tema máis elaborado que entronca coa matanza do porco. Esta aparece nas oitavas da historia de Vidal, na que a lírica rosaliana desprega o seu dominio narrativo para trasladar un relato do labrego pobre, privado da proba da matanza polos seus veciños e veciñas. Até que, nunha segunda parte do poema, fai fortuna e decide ser el quen celebra unha gran matanza privada, sen que os que outrora o desprezaron poidan partillar os froitos. Como derivados desta liña, aparece non só unha descrición dos procesos da matanza, senón da elaboración daqueles produtos que saen dela, entre os que atoparemos receitas como o \"Fígado de porco á antiga\", a \"Zorza\" ou os \"Chourizos ceboleiros\". Comida e inxustiza Seguindo esta consideración do xantar, en Follas Novas Baixeras pon o foco en dous poemas narrativos: \"Miña casiña, meu lar\" e \"A pobriña que está xorda...!\". \"A comida, en Rosalía, adoita ser tratada dentro dun ámbito popular e maniféstase formando parte da realidade de privacións e carestía que adoitaban aflixir esa clase social, coa cal se sente solidaria\", escribe. O primeiro céntrase nunha muller moi necesitada, que após unha longa camiñada consegue preparar un caldo elemental, malia a insolidariedade da veciñanza coa que vai topando. A este manxar chamaralle \"de groria\", cando como sinala Baixeras o cualificativo que lle acaería mellor sería se cadra \"de probe\". Igualmente, atopamos aquí un dos puntos fundamentais da cociña na obra da autora. \"A Fundación Rosalía de Castro reparou nestas dimensións do texto para levar adiante a celebración do Día de Rosalía precisamente co 'Caldo de gloria'\", sinala na introdución Anxo Angueira. Baixeras esboza a continuación, na mesma liña, as andainas da vella Xuana, que sobe a costa do Mar de Ovellas, no Camiño Real de Compostela a Fisterra, co gallo de comer e albergarse nunha casa montañesa, principalmente nunha das que fumegan -síntoma da presenza de comida. Esta muller dará finalmente cun lar ateigado de persoas de carácter popular, mesmo marxinal, a quen a dona se dispón a agasallar. Por medio de artimañas, facéndose a xorda, a vella Xuana consegue comer e gorecerse. Un menú rosaliano Ademais, Baixeras conclúe con algunhas apreciacións sobre a cociña galega noutros textos de Rosalía e coa proposta dun completo menú rosaliano, compilando os diferentes pratos que se foron debullando nos seus versos. Ao caldo súmanse a empanada de xoubas, o carneiro asado ou a frixolada de riles con castañas ao viño con mel. E para brindar, albariño ou un tostado!"}
{"ID": "PRAZA_13297", "summary": "O neoliberalismo considera á propiedade privada como un dereito natural inalienable, como se a mesma natureza fose a que lles da o privilexio de reservarse en exclusiva para eles unha parte do que existe. Sen embargo, a propiedade privada é o resultado de interaccións sociais e ninguén ten nada se non é en parte como consecuencia do que recibiu dos demais. Bill Gates non sería o dono de Microsoft sen os coñecementos que recibiu da sociedade ou se as leis mercantís non favorecesen a posibilidade do seu negocio.", "text": "1.- O neoliberalismo considera á propiedade privada como un dereito natural inalienable, como se a mesma natureza fose a que lles da o privilexio de reservarse en exclusiva para eles unha parte do que existe. Sen embargo, a propiedade privada é o resultado de interaccións sociais e ninguén ten nada se non é en parte como consecuencia do que recibiu dos demais. Bill Gates non sería o dono de Microsoft sen os coñecementos que recibiu da sociedade ou se as leis mercantís non favorecesen a posibilidade do seu negocio. Non existe o dereito natural senón que só hai dereito positivo, o que redactan os parlamentos baseándose na racionalidade das cousas. A propiedade privada non é un dereito absoluto senón só un dereito suxeito a limitacións. 2.- Pero non fai falla ser un marxista ortodoxo para poñer en cuestión o carácter absoluto da propiedade privada; a propia Constitución Española no seu artigo 33 expresa claramente a función social que debe ter a propiedade privada e a posibilidade de expropiacións legais: \"1) Recoñécese o dereito á propiedade privada e á herdanza. 2) A función social destes dereitos delimitará o seu contido, de acordo coas leis\". O que non se pode permitir é un proceso irracional no que a propiedade non se adquire pola súa propia utilidade senón só como soporte especulativo 3.- Tanto Cataluña como o País Vasco estudan penalizar os pisos baleiros, fomentando así que se aluguen e teñan algún tipo de utilidade. O que non se pode permitir é un proceso irracional no que a propiedade non se adquire pola súa propia utilidade senón só como soporte especulativo para acaparar uns bens e revendelos despois con inxentes beneficios. E isto que se di dos pisos a nivel de particulares rexe tamén para tódalas materias primas que as multinacionais adquiren no mercado de futuros, como os cereais, monopolizando o seu control para subir os prezos, condenando así á fame a millóns de persoas no terceiro mundo. Este tipo de cousas teñen que ser prohibidas radicalmente. 4.- Os labregos andaluces piden reiteradamente que os latifundios improdutivos dos terratenentes sexan obrigados a poñerse en uso para dar traballo ó inmenso colectivo de parados do campo. Temos en Galicia unha infinidade de pequenas fincas e montes sen ningún tipo de uso e os seus donos non saben, moitas veces, nin onde se atopan os seus terreos. Isto, ademais de ser unha fonte de combustible incontrolado para os incendios, é un desperdicio de recursos naturais. Tendo en conta o paro que hai, non se entende que non se aproveiten eses terreos para que alguén os poida traballar. Deberíase polo tanto crear un banco de terras e seguro que os donos que non os utilizan agora estarían encantados de telos limpos e de recibir un aluguer pola súa utilización. As empresas están para cumprir unha función social e non para enriquecerse creando necesidades ficticias ou un consumismo suicida 5.- Pero, se falamos de propiedade privada, non estamos a pensar só en pisos e en terras senón tamén na propiedade dos medios de produción. As empresas están para cumprir unha función social (a de satisfacer algunha necesidade pública) e non para enriquecerse creando necesidades ficticias ou un consumismo suicida. Trátase de que as empresas dean un servizo social, gañando algo a cambio, e non de que fomenten o produtivismo incrementando os residuos; tampouco se trata de que cren necesidades falsas ó utilizar insistentemente a publicidade para meternos na cabeza que non podemos ser felices sen a última xeración de móbil. Tampouco deberían as empresas acaparar un sector da economía para xestionalo de forma abusiva en réxime de cuasi-monopolio. No caso dos bancos, a súa finalidade é facilitar o crédito ós particulares e ás empresas e non espremer á poboación permanentemente, privatizando os beneficios cando as cousas van ben e socializando ás perdas cando toca rescatalos. 6.- Esta esixencia de utilidade á propiedade empresarial tamén apunta os seus produtos: estes deben ser apoiados ou penalizados en función tanto da súa utilidade social como do contaminantes que sexan eles ou o seu proceso de produción. Estase a falar a nivel internacional de poñer un imposto contra a comida basura polos seus efectos nocivos. Isto pode ampliarse a tódolos produtos rebaixando os impostos dos socialmente beneficiosos e aumentando os dos prexudiciais. 7.- Para rematar: o que compre é esixir á propiedade privada que teña unha utilidade social e deixe de servir ben de ferramenta de explotación ben de parasitismo social ben de acaparamento improdutivo de recursos. Hai que acabar coa manipulación empresarial dos medios de comunicación que nos inculcan que o único sagrado nesta sociedade é a propiedade privada e non a satisfacción das necesidades humanas básicas: a función da economía é a de estar ó servizo das persoas e non, como sucede agora, que son as persoas as que están ó servizo da economía Hai alternativas, o único que precisamos é intelixencia para concretalas e vontade política para poñelas en marcha."}
{"ID": "PRAZA_20861", "summary": "Demostraremos algún día a suficiente racionalidade colectiva e empatía na mentalidade eurocéntrica para organizar ordenadamente as posibilidades e capacidades humanas e do planeta de xeito cooperativo e ao servizo de nós mesmos?", "text": "\"Estabamos desexando\" que comezara a camiñar 2021 coma se a pandemia, a/s crise/s recorrentes e permanentes, o declive espasmódico do imperio norteamericano ou o neofascismo entenderan de almanaques...O materialismo histórico ensínanos que non funciona así, a golpe de voluntarismo ou actos de fe, e recórdanos que os tempos de aceleración \"son chegados\" desde hai xa algúns anos. Moi especialmente nestes últimos, ata o momento. A sensación aproxímase á de estar asistindo coma espectadores a un maratón de títulos distópicos.No mes de marzo e abril do 2020, publiquei algunhas reflexións neste medio sobre o cúmulo de complexidades que se presentaban ante nós diante da declaración de pandemia global: \"Shock, e final dunha era\" que, ao fío dos acontecementos que se precipitaban, incidía na consideración de que a nova realidade serviría para que os procesos e tendencias que viñan manifestándose nos campos das sociedades, a economía e a xeopolítica internacional se intensificaran nos vindeiros meses e anos e isto abrise novas problemáticas, riscos e fiestras de oportunidade; \"Res publica ou darwinismo social\" , que presentaba a nova era aberta coma unha salvaxe contradición dilemática de modelos potencialmente antagónicos e, cada vez, máis tensamente polarizados entre os que antepoñen os privilexios das minorías ao benestar das maiorías sociais e dos ecosistemas nesta fase histórica de encrucillada, que algúns describen coma un momento-bisagra na historia da humanidade polas implicacións duradeiras que marcarán o devir do século que encetamos hai dúas décadas; e \"Contra a piratería e a barbarie global\" que, facendo seguimento dos acontecementos coa perspectiva de pouco máis dun mes desde marzo, marcaba unha postura de oposición frontal á deriva que algúns centros de poder e teses radicalizadas estaban determinados a percorrer, sen propósito de emenda.Coa perspectiva do transcurso dos últimos meses até hoxe, podemos sacar xa algunhas conclusións. No meu caso particular este balance cadra coa experiencia dunha viaxe a Cuba da que, nestas semanas, se cumpre un ano exacto da mesma. Unha visita turística de quince días que non serve, en absoluto, para comprender a fondo a vida dun país. Soamente invítame a reflexionar sobre as distintas realidades que habitan o mundo, ou as loitas e lóxicas que moveron aos homes e mulleres que se opuxeron á barbarie antes e soñaron un mundo mellor, sen idealizar ningunha delas por máis que un teña simpatías definidas e vencellos ideolóxicos ou emocionais claros. Propóñome simplemente describir para, de seguido, barruntar reflexións sobre anotacións propias que me presta compartir coma un comentario aberto, e non demasiado elaborado. Que poden servir para contrastar co que vivimos na Galiza, no estado español e no continente.Algunhas curiosidades ao fío desta introdución: por alá por Cuba levan no cómputo total ¡148 mortes por COVID! e preto de 89.000 infectadas desde o comezo (as illes Balears andan polos 40.000 positivos e 469 falecementos con 11 veces menos habitantes) e teñen previsto inmunizar completamente á poboación en 24 semanas con algunha das catro vacinas de produción nacional -SOBERANA- en distintas fases de evolución, que será administrada integramente polo poder público. Tamén usan unha variedade de fármacos de probada eficacia coma o Nasalferón, que fortalece o sistema inmune e evita que \"o bicho\" se replique. Cuba é hoxe unha potencia bio-tecnolóxica, e as súas boas relacións con Rusia ou China permítenlle dispor de tecnoloxía punteira para saltar o bloqueo e seguir investigando e avanzando neste terreo. A vida civil, educativa, comercial, cultural...continúan adiante con relativa normalidade, de xeito similar á tranquila e \"vella normalidade cubana\"...nas súas carencias, letanías e dificultades, mais sen grandísimas alteracións nin limitacións alén do uso masivo das máscaras (nasobuco lle chaman), a toma da temperatura, a importancia fulcral da hixiene e a desinfección en vías públicas e centros oficiais, etc. En La Habana están, nestes días, valorando novas medidas de contención a través de regulacións nos horarios do transporte público por mor dun pequeno rebrote das infeccións...e, noutras provincias, estudan limitar a mobilidade e os horarios dos espazos comúns, considerando a posibilidade tamén de retroceder nas fases do operativo excepcional coma en Europa, mais cun control da epidemia infinitamente superior e, polo tanto, unha maior flexibilidade e relaxamento das medidas de distanciamento social. As expectativas de erradicación da epidemia no seu territorio son moito mellores que as desta beira do Atlántico, onde se presupón que serán máis lentas do anunciado.Condicións naturais e armas anti-virus, diante diste ou da posibilidade de que aparezan outros novos intimamente ligados á destrución imparable dos ecosistemas, como apunta a comunidade científica: illa tropical pouco industrializada (mais si moi turística: o 80% dos casos son importados. Recentemente pídese PCR negativa pra entrar)poboación pouco avellentada (importante pero tanto o factor climático coma o tipo de pirámide poboacional tamén se presentan así no Brasil, cuns resultados terribles)alta dispersión e núcleos urbanos pequenos (excepto La Habana e outras coma Santiago, Camagüey ou Holguín)baixísimos niveis de polución atmosférica e produción de residuos.sanidade pública universal e gratuíta, considerada un ben común central e esencial (xoia da coroa da Revolución xunto á educación pública a todos os niveis, a erradicación da fame ou as taxas de criminalidade máis baixas de toda América e das máis baixas do mundo)niveis da administración e conxunto do poder público (tamén as organizadas pola tépeda rede do \"poder popular\" e do Partido Comunista de Cuba) que orientou directrices unificadas, claras e coherentes desde marzo sen deixarse dobregar por intereses corporativos ou especulativos e si guiándose por criterios sanitarios. O tenso equilibrio entre forzas económicas e saúde pública soluciónase alí coa mediación ao servizo do interese xeral, tendo en conta os recursos limitados e a situación histórica de bloqueo endurecido na etapa trumpista. A vida é o primeiro ben a preservar. Sen vida non hai economía. A economía está ao servizo da vida. decidida promoción da investigación e da cultura científica e unha educación baseada na co-responsabilidade cívica, a autonomía individual e o sentido de pertenza á comunidade en relación co medio. É lexendaria tamén, por exemplo, a fortaleza e preparación consciente e colectiva contra inclemencias coma os furacáns, en comparación a outras realidades da contorna (mesmo no sur dos USA = 'Katrina', 2005)Poucos quilómetros ao norte, en yankeelandia, contan 365.000 falecidas e falecidos por COVID-19 no comezo deste inverno xélido. Catro mil mortes cada día, e en ascenso. Ao seu remate superarán, posiblemente, o medio millón. E iso, se van termando no sucesivo de non \"andar a paus\" entre si nun país que conta con 300 millóns de armas de fogo en mans dunha poboación moi polarizada politicamente, moi desigual, con graves problemas de racismo, convivencia ou inseguridade e con sectores neurotizados e paranoicos perdidos debido a unhas regras e costumes socio-laborais violentas e alienantes, vítimas dun bombardeo dos media que favorece o hiper-consumo; en pleno e tumultuoso tránsito de poder, amago de insurrección fascista e ridículo internacional co consecuente desmoronamento da 'auctoritas' mundial que inda podía manter o imperio máis criminal e inmoral da historia da humanidade, e que ao longo do século XX invadiu, saqueou e promoveu golpes de estado e ditaduras militares en decenas de países arredor dos cinco continentes deixando un regueiro incontable de vítimas e múltiples conflitos abertos para protexer os intereses das oligarquías capitalistas e da industria da guerra permanente. Conta cunha maquinaria bélica infernal que adoita estender \"paz, liberdade e democracia\" a bombazos polo mundo adiante. Sociedades, \"as nosas\" (occidentais) nun momento de stress e encrucillada como hai moito que non se vía, e cada vez máis caóticas: exaltadas, des ou sobre informadas, crecentemente inseguras, que padecen movementos irracionais anti-científicos e conspiranoicos influíntes e simbioticamente relacionados e manipulados pola extrema dereita como xa fixeran os nazis a comezos dos anos 30 do século XX, medosas...pandémicas...(e tamén algunhas cousas boas)...o destes días en Washington foi a condensada teatralización de todo isto no epicentro mesmo da Besta, noutro síntoma da podremia sistémica e da versión ultra-liberal do capitalismo senil (e que ás veces cheira a colapso civilizatorio que apetrena) na súa fuxida cara a ningures...algúns autores chámanlle a isto \"Capitalismo pandémico\", logo doutras definicións máis manidas e ben coñecidas, coma as do \"Capitalismo do desastre\". O Capitalismo coma unha Sindemia na que a mal-nutrición e a obesidade (a seguridade alimentaria), as epidemias víricas, o sistema económico e o cambio climático estarían inter-relacionados e atrapados nun nó gordiano de traumática resolución: Decrecemento ou Colapso.Nestes días vemos como no Mar de Kara (norte de Siberia) as temperaturas das augas soben +24 graos Cº de xeito anómalo e repentino, mentres na Península Ibérica chegamos a sensacións térmicas descoñecidas e absurdas. E hai quen nega os efectos do quecemento global e as mudanzas climáticas, así como hai quen nega a epidemia. Mesmo hai xa quen nega que a neve sexa neve, e non plástico artificial lanzado desde a atmosfera nunha conspiración de determinadas elites globalistas. Este discurso, ou algo aproximado que se nutre daquel, ten no Congreso dos Deputados 53 deputadas e deputados. Pouca broma.E isto, nun estado español con máis de 40.000 persoas vivindo na rúa mentres ten 3,4 millóns de vivendas baleiras. Con 12 millóns de persoas en risco de pobreza e 2,5 sumidos nela. O que, nalgún momento, pode representar unha bomba social.O futuro do futuro \"debería\" ser un chisco \"máis cubano\"...e máis humano, menos raro...como dicía aquela canción de La Cabra Mecánica. Ou, polo menos, sería bo aprender do exemplo constante que ensina desde fai 61 anos a xente daquela illa caribeña. Mais tamén hai onde apañar noutros modelos diferentes coma, por exemplo, Costa Rica, que conta cun moi sólido sistema de saúde pública e políticas avanzadas no eido medioambiental. Ou tamén nalgúns puntos de Asia. Demostraremos algún día a suficiente racionalidade colectiva e empatía na mentalidade eurocéntrica para organizar ordenadamente as posibilidades e capacidades humanas e do planeta de xeito cooperativo e ao servizo de nós mesmos? Seguiremos acreditando nun modelo onde o lucro in-cesante e acumulativo dunha minoría disposta agora a arrombar ata a democracia liberal e ensaiar solucións totalitarias como se demostrou, como farsa, no corazón do imperio hai pouco nese neboento acto que deixa aroma ao putsch de Münich levado a cabo por Hitler en 1923 antes de acceder ao poder?Imaxino que farán falta máis curas de humildade catárticas. Sexan pandémicas, medioambientais ou de novas crises enerxéticas e de acaparamento de recursos. Se é que non forman todas parte, coma anteriormente se apuntou, dunha mesma problemática e tarefa bio-política que xa houbo quen advertiu e intentou relacionar con todo en contra hai xa sesenta anos, enviando unha mensaxe aos pobos do mundo: humanismo e preservación da naturaleza, soberanía, independencia e socialismo...na defensa da felicidade e da vida."}
{"ID": "NOS_40894", "summary": "Syriza celebra como un triunfo a inminente convocatoria de comicios após non obter os apoios necesarios para ser investido presidente Stavros Dimas, o candidato preferido pola Troika.", "text": "Grecia deberá convocar eleccións anticipadas tras non saír elixido o candidato á Presidencia, Stavros Dimas, na terceira e decisiva votación parlamentar. Os comicios vanse realizar o 28 de Xaneiro. O ex comisario europeo e varias veces ministro, de 73 anos, obtivo o respaldo de 168 dos 300 deputados da cámara lexislativa, doce menos dos 180 votos que necesitaba, e o mesmo número que na votación precedente, o que se considerou un triunfo da esquerdista Syriza, que aspira agora a alcanzar o poder no país, o máis golpeado pola crise e as decisións da Troika de todos os de Europa. Ao anunciarse o resultado da votación, @s deputad@s que non apoiaron a Dimas irromperon en aplausos e celebracións. Nas primeiras dúas roldas, nas que se requiría o respaldo de dous terzos da cámara, é dicir de 200 deputados, Dimas obtivera 160 e 168 votos, respectivamente. O sábado pasado, o primeiro ministro, Andonis Samarás, fixo un último chamamento para pedir o apoio ao seu candidato. Samarás afirmou que todo o que non o apoiase, automaticamente aliábase con Syriza, cuxo líder, Alexis Tsipras, deixou claro desde un principio que non apoiaría a ningún candidato, para forzar eleccións. O primeiro ministro mesmo que unha eventual vitoria electoral de Syriza levaría forzosamente a creba do país, teoría que defenden tamén desde Bruxelas altos cargos da UE. Syriza lidera todas as enquisas electorais, aínda que a distancia fronte aos conservadores de Nova Democracia de Samarás é cada vez máis curta."}
{"ID": "NOS_46144", "summary": "Organizacións sindicais e estudantís informaron das manifestacións previstas nas sete cidades e do paro convocada para o vindeiro día 24 de marzo contra o 'Decreto 3+2'. ''Queren desmantelar e privatizar o sistema público\".", "text": "Sindicatos e organizacións estudiantís compareceron para explicar os motivos da greve do vindeiro 24 de marzo na universidade galega e as accións previstas para un protesto que se ergue contra as políticas educativas que \"afondan na privatización do ensino, desmantelan o sistema público e limitan o acceso ao ensino superior\", en palabras de Anxo Louzao, de CIG-Ensino. O secretario nacional do sindicato nacionalista alertou, neste sentido, sobre o Decreto 3+2, do que dixo \"é letal para as universidades públicas\" e denunciou que persegue limitar o acceso ás clases populares e favorecer a súa mercantilización e privatización. Un decreto que contextualizou na política educativa do PP, que se traslada ao goberno galego, coa que se pretende acabar co público. Universidade elitista Este decreto é para sindicatos e organizacións estudiantís un chanzo máis de todo un bloque de medidas orientadas a crear unha universidade elitista e ao servizo da empresa privada. \"Teñen previsto modificar o acceso á función docente cun sistema de acreditación menos transparente, menos imparcial e menos obxectivo que vai supor unha menor calidade\", dixo Anxo Louzao. A isto engadiu que tamén se pretenden flexibilizar os criterios para a creación de universidades privadas. O sistema universitario galego viu reducidos os seus orzamentos nos últimos 5 anos en 86 millóns de euros, perdeu 350 profesor@s e 1.287 investigadores. Advertiu que a pretensión do PP é desviar os mestrados á privada, que hoxe xa ten un peso máis alto na oferta de mestrados que as universidades públicas e que isto provocará que haxa menos profesorado, menos calidade e menos investigación. O sistema universitario galego que ten un precario financiamento, afirmou, moi lonxe do 1% do PIB que sería necesario para ter un ensino da máxima calidade. E viu reducidos os seus orzamentos, nos últimos 5 anos en 86 millóns de euros, incrementáonse as taxas tanto de matrícula dos graos como dos mestrados, destruíuse emprego, \"con máis de 350 profesor@s menos, o que se corresponde con aproximadamente o 8% menos nos cadros de persoal e en 1.287 investigadores\". Unidade O secretario nacional da CIG-Ensino subliñou ante isto que hai máis que razóns suficientes e salientou que, de feito, a gravidade destas medidas fixo que todas as organizacións sindicais convocantes desta folga, CIG, CCOO,UGT e CSIF, uniran criterios nunha plataforma na que están todos representados e representadas. En representación das organizacións estudantís -Comités, Liga, AGIR, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes- falou Mónica Martínez que tamén fixo un chamamento a todo o estudantado universitario e non universitario a secundar esta folga e as mobilizacións convocadas nas sete cidades. \"Temos que demostrar que o estudantado galego está en contra, que queremos unha universidade pública e de calidade\"."}
{"ID": "PRAZA_15066", "summary": "Esta fin de semana celebrarase a IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa e, a pesar de que por por vez primeira non conta co apoio da Deputación da Coruña, farao co maior número de solicitudes de participación da súa historia.", "text": "Esta fin de semana celebrarase a IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa e farao co maior número de solicitudes de participación da súa historia. Ademais, o recoñecemento ao labor das e dos produtores locais e a responsabilidade de seguir afortalando o evento no almanaque galego e estatal da ecoloxía marcan unha edición que, por vez primeira, non conta co apoio da Deputación da Coruña. O alcalde de Arzúa, José Luís García, destacou que a meirande feira ecolóxica de Galicia se celebra \"para seguir apoiando as produtoras e produtores locais\" e o seu \"sistema de traballo ecolóxico\". Esta edición da Feira Ecolóxica de Arzúa converterase nun novo viveiro no que evidenciar un outro xeito de estar no mundo no que, ademais das máis de cincuenta expositoras e expositores, haberá teatro, música, conferencias, obradoiros e exposicións no Recinto Feiral Terra do Queixo durante o sábado e o domingo. O mesmo día que abre o Centro Comercial As Cancelas O representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o \"valor engadido\"que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa \"real e máis sostible\" ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado e transporte Pola súa banda e desde a entidade xestora da Feira, Culturactiva SCG, Manuel Vicente remarcou que a Feira \"con máis solicitudes de stand que nunca\" -a pesar da crise- se presentase o mesmo día que o Centro Comercial As Cancelas abría as súas portas. A este respecto, fixo fincapé no \"valor seguro e estratéxico\" da ecoloxía para o futuro e evidenciou que as propostas sostibles e respectuosas coa contorna cada vez están máis implantadas na sociedade. Por último, o representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o \"valor engadido\"que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa \"real e máis sostible\" ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado, transporte e outras que revirten nunha grande pegada negativa sobre a Terra que nos sustenta."}
{"ID": "PRAZA_8546", "summary": "O Consello Galego advirte dos \"desequilibrios e claras anomalías\" dun mercado no que os gandeiros son vítimas da industria e pide nun informe medidas contra as \"prácticas abusivas\".", "text": "A intervención da Administración está xustificada ante a existencia de \"desequilibrios inherentes\" nun mercado lácteo galego no que \"algo falla\" e onde os gandeiros \"poderían estar sendo vítimas dun abuso da súa situación de dependencia económica respecto a industria tranformadora\". Así de contundente se manifestou este martes Francisco Hernández, presidente do Consello Galego da Competencia, tras presentar un informe sobre o sector no país, que que representa sobre o 40% do conxunto do Estado. O Consello Galego da Competencia constata as \"disfuncionalidades\" dun mercado onde os gandeiros son os máis prexudicados O informe chega logo de constatar a \"evidencia empírica\" de que existen \"certas disfuncionalidades\" nun mercado \"con claras anomalías\". Así, Hernández pon o foco nos longos períodos nos que os produtores reciben polo leite un importe inferior ao custo de produción, algo especialmente grave de ter en conta que hai un déficit deste produto no Estado, que Galicia é quen máis produce e que as granxas levan anos modernizándose. Por iso, Hernández xustifica a intervención estatal, algo que cre que xa ten un \"éxito razonable\" con medidas ocmo o paquete lácteo, que permitiu reducir o diferencial galego con outras comunidades nun 40%. Pero queda moito por facer. Así, aludiu ao impulso dos contratos-tipo, pero tamén á necesidade da creación de organizacións de produtores para que os gandeiros conten con máis forza negociadora e evitar así os abusos. No mesmo informe, destácase como o procesado e o envasado de leite está \"bastante concentrado\", mentres a produción segue a ser \"moi atomizada\". \"Isto provoca que os gandeiros teñan un poder de negociación moi baixo ou inexistente en relación coas procesadoras que adquiren o seu leite cru\", destaca. O informe avoga pola creación de organizacións de produtores para aumentar o seu \"poder de negociación\" Con estes desequilibrios e asimetrías, as consecuencias son \"especialmente graves para os integrantes máis débiles da cadea\". O informe tamén denuncia a \"posición de privilexio\" das industrias, así como \"unha asimetría informativa\" que implica que os produtores non coñezan as condicións comerciais ata que cobran polo leite. Ante a posibilidade de incluír unha referencia ao custo de produción para determinar o precio na futura Lei de Calidade Alimentaria -e tan reclamado polos sindicatos agrarios-, Hernández considéraa unha \"medida importante\", pero \"complexa\" e incluso con dificultades de aplicación. \"Non sabemos o caso que lle van facer\" a esa reivindicación que chega de Galicia e coa que se chegou a comprometer a Xunta. Competencia cre \"importante\" incluír a referencia ao custo de produción na nova lei, pero ve \"complexo\" que se aplique Por outra banda, o Consello Galego da Competencia denuncia varias prácticas abusivas, como a de venda a perdas de marcas brancas empregadas como produto reclamo. Hernández entende que esta situación se produza de maneira \"puntual\", pero engade que \"non pode ser que as perdas que se asumen con estas promocións as grandes superfices acaben sendo pagadas polos gandeiros\". \"Que vendan ao prezo que queiran, pero que asuman elas o custo\", reivindicou. \"Que as grandes superficies vendan ao prezo que queiran, pero que asuman elas o custo\" Ademais, o informe tamén recolle as denuncias de gandeiros e sindicatos, que alertan \"dun reparto do mercado de recompra de leite cru entre as empresas que recolle en envasan, ocasionado polas dificutlades dos gandeiros de cambiar de comprador\". Ante esta situación, engádese que tamén se poderían \"dar acordos de prezos de compra de leite cru entre as empresas transformadoras\", unha estratexia \"baseada no seguimento dun líder que impón os prezos de compra á baixa, pero de forma rotatoria para dificultar que se coñeza esta práctica\". Tamén se fai eco o informe da denuncia dos produtores, que advirten de que \"algunhas empresas transformadoras importan leite cru desde Francia cun prezo inferior ao que reciben os gandeiros franceses e que este prezo, que é moi baixo, inflúe nos prezos que reciben os produtores galegos\"."}
{"ID": "NOS_14644", "summary": "En Venhan Máis Cinco conversamos con Encarna Otero, historiadora e ex directora xeral de Vivenda durante o bipartito, sobre a situación da cultura galega e a súa posíbel evolución.", "text": "-Como avalías o estado actual da cultura galega?-Eu teño tendencia a ser optimista e polo tanto coido que, a pesar do que se diga, a cultura galega goza de moi boa saúde. Moi boa saúde por parte da iniciativa privada porque no mundo da música, no mundo do cinema, no mundo da animación, mesmo no mundo do libro hai unha vitalidade, a pesar do abandono en que está a cultura por parte das administracións, sobre todo por parte do goberno galego, nalgúns concellos e deputacións xa hai outra política a favor da cultura. Pero creo que hai moita iniciativa por chamarlle \"da xente\" tanto coa súa capacidade de formación e de creación como pola súa capacidade de levar esta cultura ao mundo enteiro. Creo que falta unha asignatura pendente que é que temos a enorme vantaxe e sorte deses irmáns, de ter un idioma que nos permite comunicarnos con 250.000.000 de persoas no mundo e si que vexo que isto non está suficientemente aproveitado. Espero de Sermos que as informacións de tipo positivo, aquilo que facemos ben como país, se poña moito máis en valor -Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista?-Se a cultura está vinculada á capacidade demográfica, evidentemente, a evolución non vai ser boa porque Galiza é un país que está caendo. Si que quen ten máis vitalidade na cultura é a xente nova, nese sentido si. Pero tamén é verdade que somos un país lonxevo, un país no que a xente vive moito. Se esa xente con tempo libre e de vagar se incorpora á cultura porque ten máis capacidade de desfrutala pois efectivamente ese futuro é un pouquiño esperanzador. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Eu espero que siga sendo un medio de comunicación galego, en galego, coa cabeza, o corazón e os pés no país. Cun ollar posto no mundo desde Galiza. Agardo que as informacións de tipo positivo, é dicir, aquilo que facemos ben como país, se poñan moito máis en valor. E, enlazando co que dixen antes, hai que pór tamén máis en destaque as nosas relacións internacionais, non só con todo o universo da emigración galega e con aquelas e aqueles que como nós aspiran a ser un país libre de homes e mulleres, senón tamén con ese mundo da lusofonía. Como digo é a nosa irmandade. Hai que informar moito máis deses mundos e aproximalos a nós, en todos os planos, nas noticias, nas reportaxes..."}
{"ID": "NOS_28850", "summary": "O presidente do Goberno galego é o último representante político do Partido Popular en posicionarse en contra da creación dunha comisión de investigación sobre os denuncias de abusos sexuais a menores vencelladas con membros da Igrexa española.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sumouse á postura contraria do PP estatal no referente á creación dunha comisión de investigación que traballe para esclarecer os casos de abusos sexuais denunciados no seo da Igrexa española. O popular afirmou se debe investigar \"calquera tipo de abuso, afecte a quen afecte\", mais matizou que non entende porque esta comisión só se cinxirá aos casos vencellados con bispos e cregos españois. \"Facer só unha comisión de investigación para unha organización seméllame bastante incompleto\", declarou o presidente. Feixoo tamén saiu na defensa dos bispos españois, despois de que o cura de Momán, no concello de Xermade, chamase \"terroristas\" a aqueles relixiosos que decidiron obviar estes abusos, aínda téndoos en coñecemento. Non en tanto, o presidente da Xunta opinou que \"non é de recibo que un membro da Igrexa chame terroristas aos bispos\", e afirmou que \"se ten algunha información\" debe denunciala. Oposición de PP e Vox As palabras de Feixoo seguen o discurso marcado pola dirección estatal do Partido Popular con respecto a este tema. Antes de que se vote no Congreso a creación desta comisión de investigación, o PP presentou un escrito ante a Mesa do Congreso para pedir que que se ampliasen estas investigacións aos abusos de menores na Administración, algo que a maioría da Mesa non aprobou. O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Montesinos, manifestou que a formación política non estaba a favor desta medida porque \"non lle compete\" as Cortes españolas. Segundo Montesinos, as investigacións deben facerse \"no marco xudicial\". Ao \"non\" do PP á creación desta comisisón de investigación, sumouse tamén a postura contraria a ultradereita de Vox. O seu voceiro no Congreso, Iván Espinosa de los Monteros, chegou a definir de \"aberración\" esta comisión, \"digan o que digan os servizos xurídicos\" do Congreso."}
{"ID": "PRAZA_5486", "summary": "Un estudo da Fundación Alternativas conclúe que o comportamento electoral das persoas sen emprego non é diferente do dos ocupados, descartando que castiguen co seu voto os partidos gobernantes, e só detecta unha menor participación. Falamos cun dos seus autores, Miguel Caínzos, profesor da USC.", "text": "Quen votan os parados e paradas? Pois, esencialmente, votan o mesmo que os ocupados e ocupadas. É a conclusión dunha investigación publicada pola Fundación Alternativas, realizado polos profesores Miguel Caínzos (USC) e Carmen Voces (Uned), e que analiza a través dos estudos postelectorais do CIS o comportamento electoral de desempregados e traballadores nos comicios xerais celebrados en España dende 1979. O estudo conclúe que estar en paro non modifica o sentido do voto, de xeito que as preferencias electorais dos desempregados son indistinguibles das dos ocupados, descartando a hipótese de que os parados poidan realizar habitualmente un certo voto de castigo aos partidos gobernantes. O que si detectou a investigación foi unha menor participación electoral das persoas sen emprego, próxima aos dez puntos inferior á media, e que si podería ocultar unha desafección activa. \"O feito de que haxa un paro tan elevado preocupa tanto a todo o mundo que inflúe no voto de todos\" \"Parece bastante plausible esperar que os parados utilicen o seu voto para castigar ao partido ou partidos que están no goberno, pero non é tanto que o voto dos parados non se vexa afectado polo feito de estar en paro, senón que o feito de que haxa un paro tan elevado preocupa tanto a todo o mundo que inflúe no voto de todos\", destaca o profesor Miguel Caínzos. \"Polo tanto\" -continúa- \"a peculiaridade que poderían presentar os parados queda difuminada. Algo que é razoable, tendo en conta que hai moita xente que non está en paro, pero que ten membros da súa familia ou amigos no paro, ou que estivo en paro recentemente, ou que ten medo de estalo\". O voto económico retrospectivo pode ser egocéntrico, cando os votantes responsabilizan ao goberno da súa propia situación persoal e votan en consecuencia, ou sociotrópico, cando teñen en conta a situación económica do país. Polo que parece, en España a meirande parte dos cidadáns votan valorando a situación xeral do país, e non tanto as súas circunstancias persoais. \"É razoable, tendo en conta que hai moita xente que non está en paro, pero que ten membros da súa familia ou amigos no paro, ou que estivo en paro recentemente, ou que ten medo de estalo\" Os autores do estudo sinalan que \"en momentos en que o nivel de paro é relativamente baixo, este tema podería ser irrelevante electoralmente debido a que quen o padecen non perciben a súa situación como reflexo dun problema colectivo, senón que a explican apelando a factores individuais\". Pola contra, cando o desemprego aumenta por encima de certo limiar \"podería ser politizado non só polos parados, senón tamén por moitos electores a quen non afecta de maneira directa\". O estudo descarta algunhas outras hipóteses que tamén se podían presupoñer, ou que se podían dar por feitas en análises políticas. Por exemplo, que os parados de esquerda son máis críticos cos gobernos de esquerda que os parados de dereitas cos gobernos de dereitas. Nun e noutro caso o seu comportamento é semellante ao que en cada elección tiveron os ocupados de esquerda ou de dereita, agás nas eleccións de 1986, nas que si se detecta un certo voto de castigo ao PSOE por parte dos desempregados de esquerda. Tamén se descartou a idea preconcibida de que os parados e paradas voten máis ou menos a un partido en función de que se pense que esa forza política é máis eficaz á hora de loitas contra o desemprego. En España produciuse un cambio a principios da década do noventa, momento no cal o desemprego deixou de ser un tema forte do PSOE para pasar a mans do Partido Popular Os datos de enquisa acerca da percepción que os cidadáns teñen dos puntos fortes e débiles de cada partido, fan pensar que en España se produciu un cambio a principios da década do noventa, momento no cal o desemprego deixou de ser un tema forte do PSOE para pasar a mans do Partido Popular. De ser así, o modelo de voto económico baseado na atribución de sensibilidade e competencia en relación co tema do paro levaría a esperar que os parados apoiasen en maior medida que os ocupados ao PSOE nas eleccións celebradas nos anos oitenta e ao PP nas eleccións posteriores. Pero non é así. Os parados e paradas votan menos Os parados teñen unha probabilidade de absterse significativamente maior que os ocupados, cunha diferenza que rolda os dez puntos con respecto á porcentaxe xeral de abstención O estudo si detecta unha diferenza importante no que respecta á participación electoral. O texto asegura que \"os parados teñen unha probabilidade de absterse significativamente maior que os ocupados\", cunha diferenza que rolda os dez puntos con respecto á porcentaxe xeral de abstención; ocorre así en sete do dez eleccións, todas salvo as celebradas entre 1993 e 2000, nas que a diferenza é inferior. Isto pode suceder por varios motivos, comezando pola \"retirada do espazo público, en particular do político\", que se dá en moitos parados. A baixa participación tamén se pode explicar por unha falta de confianza en que as institucións e na política, cando menos na súa capacidade para resolver o problema do paro Porén, a baixa participación tamén se pode explicar por unha falta de confianza en que as institucións e na política, cando menos na súa capacidade para resolver o problema do paro. É dicir, o feito de estar no paro levaría a unha rebaixa das expectativas, á diminución das perspectivas de cambio e, en definitiva, ao fatalismo. Segundo o estudo, en termos políticos, \"isto conducirá facilmente aos parados ao sentimento de que o sistema político no seu conxunto (non o goberno ou este ou aquel partido) é insensible ou incapaz de dar resposta aos seus problemas máis perentorios, o cal, loxicamente, fará que a opción de utilizar o voto para castigar ao goberno ou para buscar unha solución política a aqueles problemas sexa pouco atractiva\". Polo tanto, en certa medida é esa baixa participación a que, en ocasións, limita a posibilidade de que exista un voto de castigo. En palabras de Miguel Caínzos, a pesar de que España é un país no que a xente espera moito dos seus gobernos, \"a xente é escéptica con respecto á capacidade dos gobernos de facer fronte ao problema do paro. Este é un factor que podería ir en aumento, na medida de que a marxe de actuación dos gobernos en política económica é moi limitada, sobre todo na UE\". Para Caínzos, ademais, \"o feito de que non haxa participación pode estar contribuíndo a que non haxa castigo\", pois \"aqueles que poderían ser máis propensos a facer un voto de castigo, adoptan unha posición fatalista, asumen que non paga a pena, que non se vai conseguir nada e non votan\". \"A xente é escéptica con respecto á capacidade dos gobernos de facer fronte ao problema do paro. Este é un factor que podería ir en aumento, na medida de que a marxe de actuación dos gobernos en política económica é moi limitada, sobre todo na UE\" Sobre a posibilidade de que estas tendencias muden no futuro, por mor do endurecemento da crise e do debilitamento do bipartidismo e que si se comece a detectar un significativo voto de castigo ao partido de Goberno, cun trasvase de apoios dirixidos a terceiras ou cuartas forzas políticas, Caínzos lembra que \"o momento de máis forza do bipartidismo deuse no 2008, e o voto conxunto a PP e PSOE descende xa en 2012\". \"Non é que o debilitamento do bipartidismo abra unha oportunidade para un maior castigo, senón que é unha consecuencia dun castigo que xa se estaría producindo\", sinala. De igual xeito, deixa unha porta aberta a que este voto de castigo por mor da crise económica se produza nas eleccións europeas do 25 de maio: \"Parece razoable que nunhas eleccións como as europeas si haxa un compoñente de voto de castigo moito maior, pola percepción que teñen os votantes de que son unha eleccións que se poden usar máis para castigar en clave interna, máis que para facer eleccións a nivel europeo\". Que votan os parados e paradas galegas? En Galicia nos dous últimos comicios as persoas desempregadas votaron máis a forzas de esquerda e centroesquerda, independetemente de que estivesen no goberno ou non Analizando os datos dos estudos postelectorais do CIS relativos ás dúas últimas eleccións ao Parlamento galego, atopamos un comportamento moi semellante ao descrito na investigación de Caínzos e Voces. É dicir, a participación das persoas sen emprego é menor e non se detecta un voto de castigo ao Goberno, cando menos en 2009; as diferenzas, tanto nunhas eleccións coma nas seguintes parecen estar máis ben na ideoloxía: en Galicia nos dous últimos comicios as persoas desempregadas votaron máis a forzas de esquerda e centroesquerda, independetemente de que estivesen no goberno ou non. Nas eleccións de 2009, segundo o estudo postelectoral do CIS votaron o 79% dos parados, fronte a unha media de case o 85% (todo segundo as respostas dadas á enquisa, non en relación cos datos reais de participación). En 2012 a diferenza foi mesmo maior: o 70% dos parados entrevistados dixo ter votado, fronte ao 79% do total. En 2009 non só non fixeron un voto de castigo cara ás forzas do goberno bipartito (PSdeG e BNG) ou do Goberno central (PSOE), senón que os apoiaron en maior medida que ao PP En canto ás forzas políticas a quen foron dirixidos os votos, en 2009 os parados e paradas non só non fixeron un voto de castigo cara ás forzas do goberno bipartito (PSdeG e BNG) ou do Goberno central (PSOE), senón que os apoiaron en maior medida que ao PP. O 27,5% dixo ter votado ao PSdeG-PSOE, case tantos coma ao PP (28,3%), e un bo número afirmou ter apoiado ao BNG (19,3%). Porén, os datos do estudo postelectoral (semellantes aos reais), amosan unha clara vantaxe dos populares (37,5%) sobre o PSdeG (24,9%) e BNG (12,2%). En 2012, de novo os parados apoiaron menos ao PP (no poder en Santiago e Madrid), cun 28,4% fronte ao 37,8% que lle outorgaba o total de enquisados. En cambio, os votos para as forzas de esquerda foron maiores: 16,6% para o PSdeG-PSOE (13,8% no global da enquisa), 13,6% para AGE (12,3%) e 9,5% para o BNG (7,2%). Descarga aquí as conclusión do informe (.pdf)"}
{"ID": "NOS_36297", "summary": "Pontón pide a Feixóo acertar no desconfinamento para non perder o grande esforzo realizado por todas as galegas e galegos durante estas semanas.", "text": "Quedando poucas horas para o inicio do proceso de desconfinamento, a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, \"acertar\" para non tirar pola borda todo o esforzo realizado polas galegas e galegos \"ao longo destas durísimas semanas\", dixo. \"Acertar no desconfinamento é vital\", subliñou esta sexta feira, 8 de maio, a líder nacionalista. \"Non podemos arriscarnos a perdelo todo porque o Goberno de Núñez Feixoo non fixera os deberes, pese a que hai moito en xogo\", recalcou. Nese sentido, Ana Pontón propuxo tres medidas que considerou urxentes para un desconfinamento seguro. A primeira consistiría na distribución \"masiva e gratuíta de máscaras entre a poboación porque está demostrado que é un elemento que protexe do contaxio\", remarcou a portavoz nacional do BNG. Un plan para o rastrexo do coronavirus A segunda medida formulada polo Bloque sería a posta en marcha dun \"plan de rastrexo\" do coronavirus co obxectivo de \"controlar a evolución do virus, con persoal sanitario específico\". A este respecto, Pontón remarcou que \"non se trataría de sobrecargar aínda máis o persoal da Atención Primaria, senón de anticiparse a posíbeis rebrotes\". Precisamente sobre a Atención Primaria vai a terceira medida defendida polos BNG para o desconfinamento. Pontón exixiu reforzar con 200 millóns de euros a Atención Primaria, pois considerou que \"vai ser a punta de lanza para loitar contra o virus nesta fase do desconfinamento\". A portavoz do Bloque Nacionalista Galego insistiu en que, para non botar por terra o logrado co distanciamento social e físico de todos estes días, Alberto Núñez Feixoo \"ten que facer a parte do traballo que lle corresponde como presidente da Xunta da Galiza porque non é o momento de situarse de perfil, nin de botar balóns fóra\", sinalou Pontón. A líder nacionalista instou, de feito, ao mandatario galego a \"achegar solucións\" e pór en marcha medidas como as expostas polo Bloque que permitan afrontar \"coas máximas garantías posíbeis\" as etapas que veñen por diante."}
{"ID": "NOS_12920", "summary": "O xornalista Cristian López e o fotógrafo Felipe Carnotto desprazaranse até Grecia, Macedonia e Serbia para abordaren no terreo o éxodo migratorio que percorre Europa e cubriren as eleccións gregas do próximo 20 de setembro. As súas reportaxes verán á luz nas páxinas do semanario Sermos Galiza e tamén na súa edición dixital.", "text": "Conversamos con eles dous cando fican a poucas horas de iniciaren unha viaxe que ten moito de reto. Por diante teñen unha semana de xornalismo de campo, nunha das áreas informativamente máis quentes do planeta. Nesta entrevista abordan o propósito desta cobertura, mais deitan tamén reflexións arredor de como entenden o xornalismo. Cal é a rota que ides facer e que aspectos pretendendes cubrir informativamente? A rota arranca en Idomeni, unha vila grega próxima a Macedonia. Ali hai un campo de persoas refuxiadas chegadas das illas gregas. O seguinte punto será Gevgelija (Macedonia), onde buscan transporte cara a fronteira con Serbia, que será o seguinte destino no camiño, previo paso por Skopje (Macedonia), colapsada pola chegada de persoas refuxiadas. En Serbia achegarémonos o centro de refuxiadas en Presevo. E para rematar, estaremos o día 20 en Tesalónica, segunda cidade grega, para os comicios helenos. Como xorde este proxecto? Que vos anima? \"Malia a precariedade na que nos movemos en ocasións os freelance, decidimos converter a frustración nun revulsivo\" Xorde nas primeiras semanas de agosto. Debatíamos posíbeis temas para traballar, e xa roldaba a idea de facer algún proxecto internacional. Ao fío das primeiras alertas foi gañando peso esta posibilidade. Primeiro, pola magnitude informativa. Nós traballamos habitualmente temas sociais e, nese sentido, tiñamos motivos abondo. Despois está o reto persoal, de dar o salto, de afrontar novas etapas profesionais. Malia a precariedade na que nos movemos en ocasións os freelance, decidimos facer unha aposta: converter a frustración nun revulsivo. Que expectativas tedes xornalisticamente? Que resultado agardades obter? \"Agardamos ofrecer información propia, de primeira man e elaborada desde unha óptica humana, lonxe de imaxes fixas\" Afrontamos esta experiencia con respecto e humildade. Traballamos as últimas semanas para ir o mellor documentados e preparados, mais partimos coas mesmas expectativas que traballamos sempre. Escoitar e contar con honestidade o que pasa. Neste caso as historias do éxodo masivo que percorre Europa, sabendo das dificultades que iso terá no terreo. Agardamos ofrecer información propia, de primeira man e elaborada desde unha óptica humana, lonxe de imaxes fixas. Non esperamos obter certezas, mais si esperamos estimular moitas dúbidas. Un xornalista e un fotógrafo. Que importancia vai ter a imaxe no voso relato informativo? Queremos que a imaxe sexa un elemento importante na narración, dotando o texto dun sentido máis amplo e completando emocionalmente a descrición dos lugares, feitos e persoas que encontremos no camiño. Que pode achegar un traballo de campo destas características a diferenza das coberturas convencionais? Proximidade, precisión e un chisco do noso acento persoal. Imos coa convicción de que, alén do enorme fluxo informativo, do control que exercen un número reducido de axencias internacionais, existen fendas para informar. Sermos Galiza vai realizar unha cobertura especial a partir do voso traballo, que nos podedes adiantar sobre ela? No próximo número do semanario sairá unha ampla reportaxe sobre a crise das persoas refuxiadas, e na edición dixital ofreceremos información e material audiovisual complementario. No seguinte Sermos en papel daremos conta do acontecido nos comicios gregos desde dentro."}
{"ID": "NOS_26554", "summary": "Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) é o gañador da décimo segunda edición do premio Repsol de Narrativa Breve. Extraordinario titúlase a obra premiada, que se centra na exploración das relacións familiares.", "text": "De \"obra sólida, atractiva e ben narrada\" cualificouna o xurado. A trama desenvolve a historia dun home que, separado do círculo familiar durante anos, regresa para coidar da nai enferma. \"A través da súa mirada iremos intepretando a personalidade de cada un dos membros da familia, desde o presente a épocas pasadas\", sinala a nota do fallo do galardón, que salienta, ademais, \"a particular riqueza léxica, os valores estilísticos da sintaxe e o ritmo narrativo\". O Repsol, dotado con 12.000 euros, implica a publicación do texto gañador pola Editorial Galaxia. A profesora Dolores Vilavedra e as escritoras Eli Ríos, Xosé Antón Neira Cruz -gañador da pasada convocatoria- e Xoán Babarro formaron o xurado. A última peza na ampla traxectoria literaria de Lopo é o libro de poemas Corpo (Xerais, 2018). Entre os seus traballos narrativos atópanse Ganga (2001) e Obediencia (2010)."}
{"ID": "NOS_41105", "summary": "A través dunha plataforma na rede estanse xa a recoller apoios co fin de instar á Xunta a declarar o 2016 como Ano das Irmandades da Fala.", "text": "No ano no que se conmemora o centenario do nacemento das Irmandades da Fala, a campaña de captación de apoios para instar á Xunta á declaración oficial do 2016 como Ano das Irmandades da Fala está xa en marcha. Pódese asinar neste enlace."}
{"ID": "QUEPASA_31", "summary": "Esta fin de semana Carballo prepárase para o festival de contidos dixitais máis importantes do estado", "text": "Agora si. O VI Festival de contidos audiovisuais Carballo Interplay 2019, o máis importante do estado, xa está en marcha. Despois da presentación desta a súa edición máis ambiciosa, o festival comeza con tres días de Campamento Kamikaze. O Raz Surf Camp acolle esta convivencia creativa durante 3 días, como previa a esta fin de semana de vertixe cultural na que a capital de Bergantiños fará unha completa panorámica da innovación na rede a nivel galego, estatal e internacional. Así, as dúas ducias de kamikazes que se aventuran neste singular campamento enfróntanse ao reto de idear, gravar e postproducir en dous días e medio un nvo Dinosaurio, un pequeno vídeo de menos de 10 minutos a partir da premisa da fin de Internet. Despois de gañar un Mestre Mateo á mellor Webserie, cómpre seguir coa liña. Aprender creando é a idea deste formato, no que hai todo tipo de xentes con gañas de vivir da farándula, dende actores e actrices, a cámaras, guionistas, produtoras, músicos e estudantes que aínda non teñen claro que aspectos da profesión lles gustan máis. De mestres están xentes como Andrés Goteira (Dhogs); Sandra Sánchez (A nena azul que tamén levou un Mestre Mateo), Dani Viqueira (Limbo), ou Lucía Estévez, ademais dos especialistas en produción Suso López (Doghs) e Nati Juncal (Antes de Perder). O resultado proxectarase o mércores 3, ás 20h30, no Auditorio do Pazo de Cultura de Carballo como apertura do festival. Tormenta de ideas no Kamikaze O Festival O xoves comezará a completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e un programa de actividades completísimo, con encontros, obradoiros, relatorios e espectáculos nos que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet compoñen esta nova entrega do Interplay, cita de referencia para o sector dixital global. Como vén sendo habitual, todas as actividades do Carballo Interplay son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo, menos a formación e a programación profesional, para as que hai que inscribirse previamente."}
{"ID": "PRAZA_17617", "summary": "O pasado 1 de xullo cumpríronse 10 anos das últimas transferencias de competencias do Goberno de España á Xunta. \"Puxemos as nosas cinco actas para botar o PP do Goberno, é o momento de falar de Galicia\", din HEMEROTECA | O veto a transferir a AP-9 culmina o maior período sen novas competencias da historia da autonomía", "text": "HEMEROTECA | O veto a transferir a AP-9 culmina o maior período sen novas competencias da historia da autonomía O pasado 1 de xullo cumpriuse o décimo aniversario dos, ata agora, últimos traspasos de competencias do Goberno de España a Galicia, aínda co PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero no Executivo central e coa coalición de PSdeG e BNG na Xunta. Abríase así o que xa é o período máis prolongado da historia da autonomía sen novas competencias malia existir daquela un amplo consenso entre as forzas políticas galegas a respecto da reclamación dunhas 70 competencias que encaixaban no actual Estatuto. Entre elas figuraba a transferencia da AP-9, que o Goberno de Rajoy vetou ata tres veces en apenas ano e medio e que agora, tras a moción de censura que levou á presidencia da Pedro Sánchez, volve estar en marcha no Congreso mentres o Parlamento galego ultima tamén o seu terceiro intento. Este é o pano de fondo co que a representante de En Marea na comisión de Política Territorial do lexislativo español, a deputada Yolanda Díaz, se vén de dirixir por carta á responsable deste eido no Executivo de Sánchez, a ministra Meritxell Batet, para lle solicitar unha xuntanza para, \"coa maior brevidade posible\" abordar o \"avance do autogoberno galego\". Segundo sinalou este xoves Díaz en rolda de prensa xunto ao tamén deputado Antón Gómez-Reino, \"En Marea puxo as súas cinco actas no Congreso\" no seo do grupo de Unidos Podemos para \"botar o PP do Goberno\". \"Agora -din- é o momento de falar de Galicia\" e que o Executivo socialista demostre que \"rematou\" o tempo \"do Goberno que se negaba a falar de e con Galicia\". O pasado 1 de xullo cumpríronse 10 anos das últimas transferencias de competencias do Goberno de España á Xunta Segundo a misiva, o obxectivo desta xuntanza é \"coñecer a axenda política\" do Ministerio de Política Territorial \"para Galicia\". \"Somos conscientes da situación de Cataluña -resalta Díaz-, pero non pode opacar a axenda galega, que ten que entrar no novo tempo político\", no que \"o financiamento autonómico conxugue os avances en autogoberno con criterios de xustiza e igualdade\" e atendendo a aspectos que atinxen especialmente a Galicia, como a crise demográfica ou a cooperación con Portugal. \"Saudamos positivamente\" algunhas das primeiras propostas do Ministerio, como \"a revitalización do Consello das Linguas Oficiais\", paralizado dende 2010, pero alén destas liñas xerais existen asuntos \"especificamente galegos\" que cómpre \"retomar\" para \"avanzar no autogoberno de Galicia como nación\". \"Puxemos as nosas cinco actas para botar o PP do Goberno, é o momento de falar de Galicia\", din \"Son diversas -contiúa a carta- as materias pendentes\" do Goberno central con Galicia, dende a devandita transferencia da AP-9, \"solicitada de forma unánime polo Parlamento de Galicia e vetada polo anterior goberno\", a \"outras materias pendentes como a transferencia de competencias de Salvamento Marítimo ou de tráfico\", a xestión pola Xunta dos centros de atención a persoas con discapacidade ou da sanidade penitenciaria. É \"transcendental\", coidan, \"coñecer cal é a axenda política\" do Ministerio nestes eidos e saber \"se existen previsións por parte do Goberno\" do PSOE \"de abordar de forma integral e bilateral\" estes asuntos coa Xunta. Xuntanza de Feijóo con Sánchez coa polémica do AVE sobre a mesa Antes da xuntanza na Moncloa a Xunta e o PPdeG axitan un suposto atraso do AVE Madrid-Galicia por culpa de Sánchez e dos soberanistas cataláns A solicitude de En Marea para abordar coa ministra Batet novos traspasos de competencias a Galicia prodúcese en vésperas do primeiro encontro de Sánchez co presidente da Xunta, o vindeiro día 17 na Moncloa. Alén da petición xenérica dun novo modelo de financiamento autonómico -a lei que o regula incúmprese dende 2014-, a idea forza que Goberno e PP galego trasladan dende hai semanas é o dun suposto atraso no remate das obras do AVE Madrid-Galicia do que serían culpables Sánchez e as súas eventuais \"concesións\" ao soberanismo catalán e tamén a Podemos. Neste sentido, este mesmo mércores o PP sacaba adiante no Parlamento galego, como anunciara, unha proposición non de lei -declaración política non vinculante- na que esixe que \"o AVE a Galicia\" estea \"funcionando en probas no ano 2019\", un prazo inviable segundo o cronograma fixado xa na etapa do Goberno de Rajoy. Os conservadores reclaman ademais que o novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, viaxe a Galicia cada tres meses \"con información dos avances das obras\"."}
{"ID": "PRAZA_6207", "summary": "O BNG enche a praza da Quintana tras unha multitudinaria manifestación pola \"soberanía\". Xavier Vence e Francisco Jorquera chaman a \"sumar forzas\" para conformar \"un gran proxecto\" nacionalista e de esquerdas.", "text": "O Bloque volveu amosar neste Día da Patria a súa forza na rúa enchendo as rúas de Compostela e a praza da Quintana nun novo 25 de xullo reivindicando \"a soberanía\" de Galicia e situando o nacionalismo como \"esperanza de futuro\". Co lema En pé por Galiza. Soberanía, democracia, dereitos, milleiros de persoas acompañaron unha manifestación festiva do Bloque no que as proclamas pola independencia e maior autogoberno para o país mesturáronse co apoio ao pobo palestino ou aos procesos soberanistas de Cataluña ou Escocia. Vence chama a \"sumar forzas\" para crear \"un gran proxecto\" nacionalista de esquerdas Representantes de ducias de colectivos sociais, como os preferentistas, emigrantes retornados ou plataformas feministas, acompañaron a multitudinaria marcha da Alameda. Antes de partir, o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, volveu chamar a \"sumar forzas\" para conformar \"un gran proxecto\" nacionalista e de esquerdas, en clara referencia a Anova ou Compromiso por Galicia. O portavoz do BNG instou a conseguir que todas as forzas soberanistas estean \"unidas\" arredor das \"reivindicacións de país e nación\". Tamén o portavoz parlamentario do Bloque, Francisco Jorquera, amosou a \"plena disposición\" da súa formación a \"tender pontes\" para lograr a recomposición do nacionalismo. En declaracións á Cadena Ser durante a marcha, o voceiro deixou clara a intención da forza nacionalista de \"dar pasos adiantes de cara á unión\" do soberanismo galego, pero advertindo sempre da necesidade de que esta hipotética unión sexa conformada por organizacións coa súa base de decisión no país. Vence insistiu tamén na necesidade de que \"cada un desde a singularidade\" contribúa \"con xenerosidade\" a construír \"un gran polo nacionalista\". Entre proclamas pola \"independencia\" ou berros de \"Galiza ceibe, poder popular\", \"Galiza mañá, república será\" e \"Palestina vencerá\", milleiros de persoas encheron a praza da Quintana á espera de escoitar os discursos políticos. Foi unha manifestación multitudinaria na que o Bloque puxo todo logo do descenso de apoio electoral nas últimas convocatorias. Xa nos discursos, e acompañados por representantes do Frente Popular para a Liberación de Palestina, o SNP escocés, CUP ou Bildu, os nacionalistas cargaron contra as políticas económicas do PP. Alberte Mera, líder de Galiza Nova, denunciou a emigración dos mozos galegos. \"Faltan máis de 100.000 mozos por culpa do Partido Popular\", dixo. \"Galiza está ao límite, pero non está rendida; non nos resignamos, os nacionalistas estamos en pé\", di Vence Ademais, Vence, que empezou denunciando o \"xenocidio\" e o \"apartheid\" que sofre o pobo palestino pola agresión \"sionista\" de Israel, cargou contra a \"recentralización\" que deixa \"contra as cordas\" a Galicia, tras censurar os recortes do PP na Xunta e no Estado. \"Galiza está ao límite, pero non está rendida; non nos resignamos, os nacionalistas estamos en pé\", asegurou, logo de insistir na necesidade de \"ampla unidade arredor dun proxecto nacionalista\". Por iso, dixo, o Bloque \"tende a man\" a \"todos os que queiran sachar na agra aberta do nacionalismo\". Pero tamén deixou claro que \"é necesario galeguizar o debate\" e \"rachar toda clase de supeditación a forzas estatais\". Ante iso, avanzou que o BNG aposta por \"abrir as portas\" mediante un proceso de asembleas abertas de cara ás eleccións municipais, pero baixo a máxima de \"ruptura co españolismo\". Tamén aclarou que o Bloque non é partidario dun modelo de \"espontanidade cidadá desorganizada\", xa que cre que iso non chega para derrotar un PP \"cun exército\" disciplinado\". \"Este país faise desde a autoestima, pero tamén nas urnas\", dixo, tras teimar na \"unidade de acción\" do soberanismo. O Bloque \"tende a man\" para lograr unir o nacionalismo pero baixo a máxima de \"ruptura co españolismo\" Tamén quixo censurar Vence a situación que vive Galicia co alto nivel de desemprego, a emigración, os recortes no ensino e na sanidade, o desmantelamento de sectores claves, o \"acurralamento\" do idioma galego o o feito de que haxa 18.000 nenos galegos \"sufrindo infralimentación\". Todo por culpa, segundo o Bloque, polas políticas levadas a cabo polo PP. Vence tamén tivo un recordo para as vítimas do accidente de Angrois e reclamo unha comisión de investigación como \"o mellor homenaxe\", ademais de que \"se establezan dunha vez\" as medidas de seguridade axeitadas. Por último, cargou contra a visita dos reis de España a Compostela. \"Non somos súbditos, xa vai sendo hora de que entremos no século XXI\", finalizou. Pola súa banda, Anova levou a cabo tamén o seu acto político na praza 8 de marzo de Compostela. O seu voceiro, Xosé Manuel Beiras, lamentou que todas as forzas políticas nacionalistas non se puidesen poñer de acordo para celebrar unha manifestación conxunta. Na convocatoria da formación nacionalista tamén tiveron presenza numerosos representantes de colectivos sociais, como Stop Desafiuzamentos. Compromiso por Galicia levou a cabo o seu acto no Panteón dos Galegos Ilustres, mentres que as organizacións independentistas Causa Galiza e Nós-UP saíron tamén ás rúas reivindicando a soberanía plena de Galicia. HABERÁ AMPLIACIÓN E MÁIS INFORMACIÓN ESTA TARDE"}
{"ID": "PRAZA_8347", "summary": "Non auguramos ningún futuro. Tampouco somos catastrofistas. Botamos as contas que outros non queren botar, e dicimos que o presente é branco, pero o futuro será negro. O monstro extermina cando ve ameazado o seu imperio. Mais, algún día conseguiremos facelo parar -- Insha'Allah.", "text": "Voyez noir! Non que tous vos soleils soient tombées --ils sont déjà revenus, un peu plus pâles--, mais Noir est la «couleur» qui tombe éternellement de l'Univers sur votre Terre1. François Laurelle, Du noir univers Imposible predicir o futuro. Moi doado contestar esta pregunta: como vai a rematar a crise? Con sangue, masacres, en guerra. Alguén o dubida? É unha cuestión numérica, o número de corpos mortos, o que fará cadrar as contas da débeda. Ao final do reconto, centos e máis centos de miles. Millóns, aínda que xamais saberemos exactamente cantos. Botamos as contas que outros non queren botar, e dicimos que o presente é branco, pero o futuro será negro. O monstro extermina cando ve ameazado o seu imperio. Mais, algún día conseguiremos facelo parar Non auguramos ningún futuro. Tampouco somos catastrofistas. Botamos as contas que outros non queren botar, e dicimos que o presente é branco, pero o futuro será negro. O monstro extermina cando ve ameazado o seu imperio. Mais, algún día conseguiremos facelo parar -- Insha'Allah. I O declive do poderío económico dos USA, que non militar e simbólico, empezou nos anos setenta do século pasado. Só a implosión da URSS suavizou a caída ao longo dos noventa Trátase de algo coñecido. O declive do poderío económico dos USA, que non militar e simbólico, empezou nos anos setenta do século pasado. Só a implosión da URSS suavizou a caída ao longo dos noventa. BRICS é outro xeito de poñer un nome ao final do sono estadounidense; a imposibilidade, dito con Negri e Hardt, dunha monarquía global nun mundo tan interconectado e multipolar. PIGS, o insulto, o porco, ao que se lle dá morte abríndoo en canle, do que se aproveitan todas as partes, é a imaxe que mellor caracteriza o bicho do Plan Marshall coñecido como a Unión Europea. A criatura chegou a superar ao seu mecenas postbélico converténdose na primeira zona económica do planeta, pero tivo que axeonllarse cando este llo esixiu no 2009. E entón, que pasou? Europa non é inocente. Que se boten atrás os sentimentais! Soaban os violíns de Beethoven cando foi convidado o Club Med a integrar a súa unión. Os incautos amolecíanse confundindo o reino do Norte coa pax europaea. Pero no azul estrelado non resoa himno ningún á alegría. É máis ben como o conto dos irmáns Grimm. Hansel e Gretel. Animais repoludos a sacrificar sen ritual mortuorio, cintos de graxa, periferias a adelgazar; o San Martiño que comeza en Atenas e avanza polo Mediterráneo en dirección ao Finis Terrae, pola vía do Chipre encorralado. Europa non é inocente. Que se boten atrás os sentimentais! Soaban os violíns de Beethoven cando foi convidado o Club Med a integrar a súa unión Os caciques locais do Sur levan adiante o espolio, ao tempo que suplican que non os aparten do Eixe Branco do Mal. Os seus cidadáns descóbrense como o que sempre foron virtualmente, dende que o Norte os subsumiu no seu proxecto: de Europa para fora, imperiais de Clase B, e cara dentro, a colonia interior, primeiro engordada para facer circular os capitais e mercadorías setentrionais, agora saqueada. Provinciano o populista, Aznar é o epítome da elite de paifocos de Madrí, imitados en cada un dos pequenos Madriz dos arredores peninsulares. Todos eles soñan con falar no mundo sen acento. Do erro ao horror. Grazas a un video filtrado fomos testemuñas dunha perla da que é capaz o soldadiño español en Iraq. Como na parodia dos Nikis, hai a quen lle gustaría repetir a barbarie da que foron capaces os seus antepasados vai cincocentos anos. Pero, por máis sen-escrúpulos que envíe o Sur, por máis asasinatos e torturas, por máis violacións ás que se entreguen os seus militares, xamais poderán competir cos netos de Hitler e as hostes de Bush e de Obama. Os enxames sen tripulación bombardean Somalia no medio dunha fame. Persiguen as súas propias pantasmas, e caen a decenas os obxetivos e os que pasan por ahí perto. Aconteceu vai dous anos, vai un ano, e agora. Abomination ou Obama Nation, ti elixes. Difícil ser tan democrático, branco e civilizado, competir nestes parámetros con quen reside na Casa Branca. Black is Black e os drones inclementes. Os seus brancos tamén son os negros. Sen enganos: Obama é branco. Para Merkel, eu son negro, e como tal trátame. Como o poeta que pasou unha tempada no inferno: \"de raza inferior por toda a eternidade\". Culturalmente racializado, separado da razón polo menos dende Montesquieu, sacrificable, sacrificado polo Norte continental, o Sur é para el tan negro como Rimbaud para a historia francesa. Todo o Sur é como Grecia: Africano! De dúas maneiras moi distintas, a de Martin Bernal e a de Wall Street. En calquera caso, Atenea Negra. Bernal di: Grecia foi imaxinada durante séculos como unha parte da área cultural exipcia e semítica, e só a partir do XVIII impúxose a visión aria de Europa e do seu berce grego, tan funcional á nacente bipartición continental entre o Norte e o Sur. Grecia segue sendo negra, ao seu pesar, como o foron os escravos e sómolo nós, por máis cas políticas migratorias deste ou aquel país queiran expulsar do seu territorio as pigmentacións que lles desagradan Por case tres séculos así escindida Europa de África e volto o Norte a esencia da europeidade, Grecia segue sendo negra, ao seu pesar, como o foron os escravos e sómolo nós, por máis cas políticas migratorias deste ou aquel país queiran expulsar do seu territorio as pigmentacións que lles desagradan. Dos neo-nazis á cutre-dereita. Amañecer Dourado, Partido Popular, expulsando aos últimos queredes entrar no reino dos primeiros. Paifocos! Palidecemos ante os vosos sonos provincianos con peles branquexadas. II Provincia Europa, cal é o plan dos teus cacicatos locais? Como esperan saír da crise? Noutra ocasión argumentamos co pensamento económico fora abandoado, trocado por unha mera práctica contable --a dos recortes-- que por si mesma non poderá sacarnos desta situación. Chega con botar un repaso á páxina de publicacións da FAES. Ideas novas? Ningunha. Entón, como esperan saír da crise? O inicio das políticas da austeridade significou unha cousa: os USA facíanlle pagar solidariamente os pratos rotos ao seu principal aliado. Foi unha declaración de guerra (económica) Contestemos con outra pregunta: por que aquí, neste país, nin sequera o follonero se atreve a formular o problema máis aló da súa dimensión europea? Talvez porque atoparía algo demasiado feo. O inicio das políticas da austeridade significou unha cousa: os USA facíanlle pagar solidariamente os pratos rotos ao seu principal aliado. Foi unha declaración de guerra (económica). Como desposta, golpeada no talón de Aquiles, a bruxa xermana fixo calar os violíns para comezar a devorar os seus nenos. Graxa ó caldeiro. Sacrificar o Sur para salvarse o Norte. E non faltaron os insultos: eses vagos do Siesta South queren quedar cos nosos cartos. Pero esta crueldade ao Grimm, ou se se prefire, esta metafórica antropofaxia goyesca, non é nada en comparación coa que se dá na outra cara da mesma moeda. A crise non ten a súa orixe no crack do 2008, coa quebra de Lehman Brothers, etcétera. Hai que comprendela como un episodio dunha trama maior: a do relativo declive do Eixe Branco do Mal dende os anos setenta A crise non ten a súa orixe no crack do 2008, coa quebra de Lehman Brothers, etcétera. Hai que comprendela como un episodio dunha trama maior: a do relativo declive do Eixe Branco do Mal dende os anos setenta. As poboacións de moitas das antigas colonias, especialmente con gasodutos ou depósitos petroleiros, tiveron que sufrir o indicible. Quen botará as contas da dor debida? A crise enerxética, a desindustrialización con deslocalización dos anos setenta e oitenta, o proceso de financiarización da economía… Como comprender todo isto alleos á historia colonial? Yann Moulier Boutang descifrou o boom do ladrillo no inxente fluxo de petrodólares que viaxaron de Oriente Medio a Occidente, tralos conflitos coa OPEP a comezos dos setenta. A crise, esta crise, non é outra cousa co máis recente dos avatares da historia postcolonial. Un episodio, o seu episodio. E rematará tal e como este comezou vai xa máis dunha década, no ocaso do milenio. Nos USA acelerouse todo no 1999 co clash da new economy e as súas dot.com, e un ano despois coa crise do petróleo californiano. Dende entón o estado de Hollywood e do Silicon Valley encóntrase en virtual bancarrota. Velaquí un elemento na xénese, unha inflexión dentro da trama crítica das últimas catro décadas. Logo veu o 11-S e a insubordinación de quen en América latina se opuxo aos mecanismos da débeda branca, botando ao traste o Consenso de Washington. O rei contestado. Os pesadelos desatados. Nos USA acelerouse todo no 1999 co clash da new economy e as súas dot.com, e un ano despois coa crise do petróleo californiano. Dende entón o estado de Hollywood e do Silicon Valley encóntrase en virtual bancarrota As guerras de G.W. Bush, continuadas por Obama, encontraron frutífero o terreo discursivo preparado para xustificar a guerra da liñaxe petroleira, do primeiro Bush, á volta da Perestroika. O socialismo real derrubárase. Moi perto quedaba Castro, pero desarmado. O Islam converteuse nos noventa no grande inimigo. O cal, por certo, non era de todo novo. Salvo os especialistas, nos USA nunca tiveron moi claro que era o Islam. Todos caían no mesmo saco. Os palestinos, por exemplo, e Sadam, e Al Qaeda, todos para dentro e ben xuntiños, aínda que Al Qaeda rexeitase con vehemencia o goberno secular de Hussein, e a altamente secularizada política palestina dificilmente poida considerarse islámica. Como fora, o Islam sempre estivo aí, nos pesadelos, como imaxinario orientalista, máis ficticio que real, máis racista que outra cousa, e no 1973 o desafío da OPEP fixo que se activasen todas as alarmas. Agora ben, se para os Estados Unidos o Islam é o maior dos seus temores, o é porque significa moito máis. Non vive acazapado nas covas afgás. O Islam é o inimigo interior reactivado como pesadelo ao golpear nas Torres Xemelgas, é dicir, outra vez no espazo doméstico. Patoloxía WASP. A súa irrupción como ameaza e protagonista das paranoias brancas data dos anos sesenta. Foi o Islam panafricano o que reclamou o nacionalismo negro, unindo con el as historias do imperialismo, a escravitude e o racismo institucional. We The People quixo dicir sempre We The White Men e non We the Wo/men, e por suposto, de ningún xeito We the Black People. Tampouco estivo o crisol da Nation Under God de todo aberto á variedade de crenzas. No 1965, a existencia dun nacionalista negro, islámico e marxista resultou intolerable. Por iso fixeron matar en New York a El-Hajj Malik El-Shabazz, tamén coñecido como Malcolm X. X, a incógnita. Malcolm fixéraa súa porque os Murphy, Jones ou Smith non eran máis cos apelidos marcados no corpo negro para que lembrasen os seus amos. Historia negra. Ao saír dos barcos, negábaselles a voz, prohibíaselles a palabra, desposuíaselles dos seus corpos e a capacidade de nomear, obrigándoos a levar como un estigma o título da propiedade. Nos primeiros momentos do black power, no medio de todas as loitas coloniais pola independencia, El-Hajj Malik El-Shabazz encontrou no Islam aquilo que lle permitía referirse a si mesmo sen falar a linguaxe do amo. Ao negro que repudia o negreiro, se as cousas se poñen feas, hai que matalo. Máis aínda se di falar por si mesmo e está armado. George Jackson, Fred Hampton, Huey Newton... Enténdase ben. O posterior clash of civilizations é realmente, na feliz expresión de Tariq Ali, un clash of fundamentalisms: dereita contra dereita relixioso-estatal. Bush falaba das Santas Cruzadas. Aznar evocaba a Reconquista. O auxe da dereita islámica é en boa medida o froito envelenado, financiado e armado por Occidente. Xa se sabe, Bin Laden e os Talibáns. Pero tamén, por poñer outro exemplo, o renacemento islámico en Indonesia. Floreceu tras exterminar Suharto --con apoio occidental-- varios centos de miles de independentistas timorenses e disidentes da oposición de esquerdas e secular. Varios centos de miles, aínda que xamais saberemos cantos. Tampouco o número dos asasinados como efecto colateral das políticas anti-crise en marcha. Escenario inevitable para situar a crise actual, antes de que a guerra cobrase en Iraq ao redor dun millón de almas, Madeleine Albright calculaba co bloqueo económico custara a vida de medio millón de nenos. Que axencia de cualificación botará as contas da dor? Na Industria da Morte, Estados Unidos e Europa manteñen o seu Triplo A. Remplazada queda o K K K. Repetir agora, outra vez máis, co demonizado Chávez non era democrático. Matar negros é o que mellor saben facer os que secuestraron o nome da democracia. III Hai que darse a democracia e aprender a falar dela sen empregar a linguaxe branca dos asasinos. Democracia e punto? Non. Máis ben, punto e aparte, e agora democracia O-Hajj Malik El-Shabazz. A incógnita. Como Malcolm, hai que reinventar o idioma e darse nomes novos. Hai que darse a democracia e aprender a falar dela sen empregar a linguaxe branca dos asasinos. Democracia e punto? Non. Máis ben, punto e aparte, e agora democracia. Nós aprendemos a pronunciar as palabras verdadeiras: a democracia é negra. Xa o dixemos noutro lugar, doutro xeito. A democracia na súa versión moderna non é unha forma de estado. Como forma estatal foi por igual descartada e condeada por Montesquieu, Rousseau, Kant, Jefferson e Madison. Cando se chegou a algo tan quimérico como a democracia representativa uníronse nunha mesma fórmula o que para todos aqueles pensadores eran termos opostos: ou había democracia ou había representación --aseguraban-- e a representación era precisamente o que debía ensamblarse institucionalmente para evitar que se dese a democracia. Cando se chegou a algo tan quimérico como a democracia representativa uníronse nunha mesma fórmula o que para todos aqueles pensadores eran termos opostos: ou había democracia ou había representación Os caciques locais, confundíndoo todo, din democracia pero queren dicir representación. De aí que sexa doado explicar porque cando ven o rostro democrático, intentan esmagalo por todos os medios. Sobre todo nesta bancarrota da representación na que, pola contra, a democracia se mostra en todo o seu esplendor, na figura dos e das indignados. Para falar a linguaxe negra da democracia hai que negar que exista cousa tal como a democracia representativa; dicir que a representación é unha cousa, a democracia outra, que o que diferencia a versión moderna da antiga é algo tan importante como sinxelo. De novo reixeitada no século XVIII como forma do poder constituído, a democracia converteuse por primeira vez na historia nunha modalidade do poder constituínte. Onde e cando por primeira vez? En Haití, no 1791. Tamén cos sans culottes e coas primeiras mulleres que cuestionaron a Declaración Universal escrita por e para os homes. Hai que denunciar a historia branca da democracia por ser unha farsa e unha traxedia. Ningunha liña recta vai da polis ateniense á revolución francesa. A historia da democracia moderna é negra Hai que denunciar a historia branca da democracia por ser unha farsa e unha traxedia. Ningunha liña recta vai da polis ateniense á revolución francesa. A historia da democracia moderna é negra. Dende hai douscentos anos, democracia quere dicir que o impolítico pode reclamar en nome dun demos inconstituido a súa politicidade. Velaquí a diferenza coa democracia grega. Democracia é, pois, a capacidade que ten o negro de converterse en demos. Así, nun sentido distinto ao de Lefort, a democracia dáse nun espazo baleiro de fundamento. Si, democracia é o contrario do fundamentalismo. Fundamentalista —por canto pecha o demos, como Santiago Matamoros pechaba Hispania— é o Artigo 2 da Constitución do Reino español, imposto polos militares. Insistimos: a negritud política non é senón que devén. De onde? Con e contra François Laurelle sostemos que ao comezo si que está o negro, e que logo cae eternamente, políticamente, do Universo a cada Terra. Sendo co primeiro que ha de constituír o poder constituínte é a si mesmo en tanto que potencia, sendo que, como a potencia inoperante aristotélica, toda potencia subxectiva pasa sempre ao acto sen esgotar as súas posibilidades, a negritude endexamáis está dada de antemán nin resolta na súa actualización. Neste punto nos afastamos os do vello nacionalismo negro, co que compartimos, no entanto, unha das súas respostas. Que é un negro? O-Hajj Malik El-Shabazz, por cuxas veas corría o remoto sangue dun escravista, dun branco que como tantos outros violara a súa escrava, responde: o negro é todo o non-branco. Na Inglaterra dos anos setenta o poder negro facía mención ao movemento político dentro do cal se recoñecían por igual os afro-caribeños e os asiáticos: todos negros, con independencia da cor da pel, sitos nas marxes, senón apartados fóra da britanidade. Xa o advertiu Paul Gilroy: There Ain't no Black in the Union Jack. Negro, o non-branco, pero constitutivo dunha nova Atlántida, todo un continente marítimo —The Black Atlantic— e moito máis, ata chegar a súa Terra á India. Sería interesante pensa-la resposta de Malcolm, tamén de Fanon, combinándoa coa nosa definición democrática do negro como poder constituínte. Sazonado todo cuns chiscos de Laurelle. Debemos contentarnos con deixar anotada a idea. Todo un reto que traducimos dende a reflexión do anti-filósofo a propósito da cor: \"apprendre à penser à partir de Noir comme ce qui détermine en dernière instance les couleurs plutôt que comme ce qui les limite\" (aprender a pensar dende o punto de vista do negro como aquilo que en última instancia determina a cor en lugar de limitalo). A potencia e non a forma, sen dúbida; o constituínte en lugar de ser o constituído en tanto que reverso, coma se fose unha segunda raza, como en Beauvoir o segundo sexo. Non. O poder constituínte é negro. Calquera sexa o caso, ser negro non remite a unha mera cuestión biolóxica. Calquera sexa o caso, é certo co negro é a parte prexudicada nunha relación racista: a vosa crise, os nosos mortos. Agora que na perspectiva do poder e da democracia nos sabemos negros, comprendemos que esta crise é branca. De aí que reivindiquemos a Europa do Sur para desbaratar o racismo setentrional Agora que na perspectiva do poder e da democracia nos sabemos negros, comprendemos que esta crise é branca. De aí que reivindiquemos a Europa do Sur para desbaratar o racismo setentrional e constituír, dende todas as negritudes, unha Europa que non se preste ao exterminio dos non-brancos. Agora podemos contestar o noso interrogante constatando os feitos. Racismo avivado por intereses económicos: para saír da crise non foi o enxeño, o saber, o espírito emprendedor, a eficiencia no traballo e a creatividade o que puxeron en valor as pretenciosamente autodeclaradas knowledge societies occidentais, senón a brutalidade das armas: asegurar os suministros a baixo prezo, advertir aos emerxentes que non se pasen da raia. Iraq, Afganistán e moito máis. Nestes últimos anos houbo varios golpes de estado avalados polo Eixe Branco do Mal. Non o esquezamos. En Ecuador, en Venezuela, por exemplo. Para saír da crise matarán tantos negros como sexa necesario. IV Unha vez máis: a crise non comezou no 2008. Midámola polos seus efectos. Que é a crise? O maior xenocidio dende os tempos de Hitler foi xa consumado e segue o seu curso. Un Holocausto con vítimas maioritariamente musulmás. Nunha ducia de anos, cantos? Un millón e medio. Quizais esteamos xa máis perto dos dous. Agora este masacre comeza a cobrarse tamén as vidas dos ennegrecidos sureuropeos, que se suicidan ao ser desafiuzados. Un grande exterminio. E todo en nome da democracia branca. A Sexta xamais o dirá así. A televisión dos progreses non falará da crise na súa dimensión global, a non ser cos obriguemos, pois está demasiado comprometida no branqueo. Non dubidan, por exemplo, en descualificar o chavismo e denunciar como inmoral os acordos ou alianzas económicas que tecen con outros países enfrontados ao Eixe Branco do Mal. Non importa cos observadores da ONU cualificasen os seus procesos electorais como transparentes e tecnicamente os máis avanzados, moito máis cos españois. A súa representación endexamais será lexítima. Tanto ten que, erguido polos movementos, o partido empregase parte do petróleo para combater a pobreza extrema e reforzar a educación e a sanidade pública. Ante todo, serán populistas. Non perdoarán a Venezuela terse subtraído dos lazos cos ataban á débeda branca, buscando auxilio --como tantos outros países latinoamericanos e africanos-- no talonario BRIC dos chineses. Os progres non quererán sacar as conclusións evidentes. Nin somos chavistas nin temos porque selo para escribir cousas como estas. Si que é necesario sair do mundo mental branco para preguntarse por que non se botan as contas? Por que é descontextualiza a crisis, extraída da súa dimensión planetaria? Quen romperá co Eixo Branco e dará nome aos mortos? Sabemos ca revolución non será televisada. Os grandes media odian os negros. O que toca agora é poñer fin ao proxecto branco da Unión Europea. Levantarse nós os seus negros. Instituír o Sur para reconstruír unha Europa arruinada pola división latitudinal Unhas palabras duras para rematar sen nostalxia: o que toca agora é poñer fin ao proxecto branco da Unión Europea. Levantarse nós os seus negros. Instituír o Sur para reconstruír unha Europa arruinada pola división latitudinal (e, entre a súa vertente Occidental e do Leste, tamén lonxitudinal). Nós non somos anti-Europa. Esta Europa é anti-nós. Un desafío e unha provocación para os que, repetindo a cantilena da Europa dos Pobos ou da Europa dos Movementos, seguen soñando cos violíns de Beethoven. Facede de Europa o que nunca foi: un proxecto oposto á lóxica imperial. Unha Europa decolonial, condición sine qua non para a Europa democrática que desexamos. Ou global, ou a democracia non será, e será, e ergueranse os indignados e as indignadas, e caerá a túa ira --oh, democracia!-- sobre quen mancilla o teu nome negro De todas as cores, pero nunca máis branca. Europa Negra. Ou global, ou a democracia non será, e será, e ergueranse os indignados e as indignadas, e caerá a túa ira --oh, democracia!-- sobre quen mancilla o teu nome negro. Insha'Allah. 1- Mirar negro! Non é que todos os teus soles caesen —pois reaparecen entón, só un pouco máis tenues— é que o Negro é a \"cor\" que cae eternamente do Universo na túa Terra."}
{"ID": "NOS_49035", "summary": "A decisión de Torrent de adiar o pleno de investidura evidencia diferenzas no independentismo sobre a estratexia a seguir.", "text": "Actualizar 19:00 Sergi Sabrià, portavoz de ERC no Parlament insistiu esta cuarta feira en que o único candidato que consideran que pode aspirar á presidencia da Generalitat é Carles Puigdemont. 18:24 A Fiscalía prevé actuar pola mobilización desta terza feira perante o Parlamentconvocada pola ANC e os denominados Comités de Defensa da República (CDR), que acabou con tensión cos Mossos d'Esquadra, que procederon a deter dúas persoas. 12:31 \"Non me acovardarei nin retrocederei\" afirma Carles Puigdemont nunha mensaxe nas redes sociais. \"Son periodista e sempre entendín que hai límitess, coa privacidade, que nunca se han de violar. Son humano e hai momentos que tamén dubido. Tamén son o president e non me acovardarei nin retrocederei, por respecto e compromiso coa cidadanía e co meu país. Seguimos\". 11:40 O avogado de Comín, sobre as mensaxe de Puigdemont: \"Son conversas fóra de contexto e obtidas de forma ilegal\".O ex-conseller de Sanitat estuda presentar unha querela contra Telecinco por difundir as mensaxes Puigdemont. 11:00 Puigdemont, nunha suposta mensaxe a Toni Comín (deputado de ERC exiliado en Bruxelas): \"Isto rematou. Os nosos sacrifícanme\". El Programa de Ana Rosa (Tele 5) fai pública o contido dunha suposta fotografía do móbil de Comín mentres escribía con Puigdemont. \"O plan de Moncloa triunfa. Só espero que grazas a isto podan saír todos do cárcere\".Laméntase o candidato de JxCat, supostamente, que \"volvemos vivir os últimos días da Catalunya republicana\". 10:40 Albert Rivera (Cs): \"Os independentistas teñen maioría para gobernar catalunya, non para destrozar España\". O líder de Ciutadans critica nunha entrevista radiofónica o ministro de Interior porque os Mossos non evitaron que se \"asaltase\" o Parlament. 10:00 Carles Riera (CUP), advirte que o seu grupo sentarase a negociar con Junts per catalunya e ERC só \"se están as tres partes e se hai unha convocatoria firme de pleno sobre a mesa\", após que o president do Parlament adiase o pleno. Unha decisión que Riera cualifica como \"tomadura de pelo\". 09:50 \"A democracia non se adía nin se suspende\". O líder de Junts per Catalunya, Carles Puigdemont, publicou na noite desta terza feira un vídeo nas súas redes sociais no que critica contundentemente a decisión do president do Parlament, Roger Torrent, de retrasar o pleno de investidura até coñecer a decisión do Constitucional sobre admitir ou non a trámite o recurso do goberno español contra o nomeamento do candidato. Na súa mensaxe, Puigdemont demanda unidade ao independentismo e insiste que \"non hai outro andidato posíbel\"."}
{"ID": "NOS_40855", "summary": "Un estudo internacional publicado na prestixiosa revista Science.", "text": "O Aplidin, o antiviral da biotecnolóxica PharmaMar (fundada como subsidiaria da galega Zeltia, á que acabou absorbendo), recibe un importante pulo cos primeiros resultados dun estudo internacional publicado na prestixiosa revista Science. O estudo indica que este fármaco, concibido inicialmente para tratar o cancro, é cen veces máis potente que o remdisivir, o tratamento que se está usando actualmente contra a Covid-19. Segundo este estudo, o Aplidin bloquea o virus independientemente de cal sexa a súa cepa. As accións de PharmaMar disparábanse en Bolsa máis dun 15% nos primeiros compases da sesión de hoxe despois do informe publicado na revista científica Science. En concreto, os títulos da compañía anotábanse unha suba do 15,1% pasadas as 10:00 horas, até intercambiarse a un prezo de 100,9 euros. O articulo relata que \"a actividade antiviral de plitidepsina contra o SARS- CoV-2 prodúcese mediante a inhibición da coñecida diana eEF1A\" e engade que plitidepsina 'in vitro' demostrou unha \"forte\" potencia antiviral, en comparación con outros antivirais contra o SARS- CoV-2, cunha toxicidade limitada. Así, en dous modelos animais diferentes de infección por SARS- CoV-2 o ensaio demostrou a redución da replicación viral, o que resultou nunha diminución do 99% das cargas virais no pulmón dos animais tratados con plitidepsina. O estudo tamén afirma que, aínda que a toxicidade é unha preocupación en calquera antiviral dirixido a unha proteína da célula humana, o perfil de seguridade de plitidepsina está ben establecido en humanos e, que as doses ben toleradas de plitidepsina utilizadas no ensaio clínico Covid-19, son \"significativamente máis baixas\" que as utilizadas nestes experimentos. Esta publicación foi froito da colaboración entre PharmaMar e os laboratorios de Kris White, Adolfo García-Sastre e Thomas Zwaka, nos Departamentos de Microbioloxía e de Bioloxía Celular, Rexenerativa e do Desenvolvemento, na Icahn School of Medicine; de Kevan Shokat e Nevan Krogan, no Instituto de Biociencias Cuantitativas da Universidade de California San Francisco, e de Marco Vignuzzi no Instituto Pasteur de París."}
{"ID": "NOS_41760", "summary": "Xa é tópico falar da banda sonora dunha época, mais resulta doado imaxinar as evocacións que traen a moita xente as cancións de Fuxan os Ventos (Sementeira, O Carro, A Carolina, Cantiga de berce, Muller, Irmaus e tantas outras). Celebran as cinco décadas e Tereixa Novo, que estaba no núcleo fundador, sitúanos naquel tempo de transformación que avanzaba como unha alta marea.", "text": "—Fuxan os Ventos fúndanse en 1972 e vostede está no grupo desde primeira hora. Estaba integrada nun fato de rapazas do coro menor do Santísimo Sacramento en Lugo –onde estudabamos internas–, dirixido polo padre Xesús Mato. Gustábanos cantar e nada máis. No outono de 1971, Mato, que era asesor relixioso de Radio Popular de Lugo, coñeceu un grupo de rapaces da cidade que cantaban xuntos, e animounos a cantar desde a casa diocesana desde onde se emitía na radio os domingos. A idea dos rapaces era facer un grupo folk e que se incorporasen mulleres. Foi Mato quen elixiu, co seu criterio, tres voces agudas e tres graves femininas. Alí quedamos ensaiando con eles e algunhas aínda seguimos cantando. —O papel de Mato é azaroso, pero fai coincidir as persoas. Non ten a idea de fundar o grupo, pero nos comezos tivo un papel importante. Na fundación quen están son os rapaces: Mini, Mero e Xoán Fortes entre outros que despois xa marcharon. Os ensaios do grupo faciámolos ao rematar os do Coro. Nin nome tíñamos! Daquela convócase o concurso das San Lucas de Mondoñedo e Mato proponos participar, pero había que levar unha canción inédita e el escribiu música e letra da canción \"Fuxan os ventos\". Como non tiñamos nome, puxémonos, que orixinais! [risas], Folk 72. Nas San Lucas, actuamos o 22 de outubro de 1972, gañamos o primeiro premio, e ese mesmo día voltando a Lugo, decidimos mudar o nome polo da canción que acababa de gañar 50.000 pesetas da época, que non sei canto sería hoxe… —Un diario custaba 5 pesetas. Aínda lles deu para gastar… Aínda lembrei hai pouco que a metade dos cartos doáronselle a Auxilia [organización dos anos 70 dedicada á atención de persoas con discapacidade] e o resto foi para instrumentos musicais. Pero hai algo que pasou máis veces: as seis mulleres do grupo non fomos a Mondoñedo, eramos rapazas do rural que nas vacacións do verán volviamos para a casa. Tiñamos 15, 16 e 17 anos, e nese verán dos ensaios fortes, non participamos, e aínda que estabamos en Mondoñedo non cantamos, e dúas amigas dos rapaces, Esther e Matuquín, foron as que subiron ao palco. Coa lóxica da idade, e das decisións, varias delas xa non seguiron no grupo en anos sucesivos, outras entraron… chegamos a ser 14 persoas en Fuxan. —O horizonte era formar un grupo que tivese continuidade? Imaxinaban a repercusión social que terían as cancións do grupo, que son unha importante banda sonora dunha época de cambio social e político? Era a máis nova do grupo e Mini, o maior, levábame cinco anos. Eles querían facer algo e aos demais gustábanos cantar e pasei das rifas dos meus pais. Non gravamos o primeiro disco até 1976, pero gañar as San Lucas foi un impacto enorme e neses catro anos multiplicámonos. Mato entraría na categoría do que se entendía como cregos progresistas, e propúxonos recuperar un espectáculo de Nadal na tradición galega. Montouse \"Galicia canto o neno\", un espectáculo que representaba catro estampas do Nadal: encontro no camiño para facer unha foliada, celebración dunha cea de noiteboa nunha casa de aldea, visita a un nacemento nunha igrexa e a derradeira era a despedida de ano e entrada no Aninovo con cantos de Reis. Ese proxecto involucrou Fuxan, con outros coros, un grupo de gaitas… e de 1973 a 1978 botamos todos os nadais –de primeiros de decembro a pasado Reis– percorrendo Galiza. No resto dos meses, fomos a canto festival había polo país, e eran xa moitos, e deunos moito a coñecer. En 1974 participamos nun Festival dos Pobos Ibéricos, que presentaba Miguel de los Santos, e lembramos esa actuación porque no camiño soubemos do inicio da revolución dos cravos en Portugal. —Fuxan nesa altura xa era un grupo con compromiso político? Ademais de ter unha decisión sobre o repertorio e o idioma, comezamos axiña a cantar pezas tradicionais ás que lles mudabamos a letra e despois tiñamos a Mini, que era un crac na produción artística, e tiña facilidade como letrista e tamén para musicar outras pezas de poetas, algunhas non se chegarían a gravar pola censura. Nós nunca quixemos ser un grupo musical \"partidario\", aínda que eu xa neses anos de primeiro éxito era militante nacionalista. En 1977, marchamos tres persoas de Fuxan porque nunha actuación en Sindrán (Monforte), nun acto da campaña electoral do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) das primeiras eleccións despois da morte de Franco, chamáronnos a cantar no mitin, e ás tres que estabamos militando ocorréusenos poñer unha pegatina. A algúns do grupo non lles gustou e marchamos. Ao cabo dun ano, só volvín eu… porque gustábame moito cantar. —Se non volve, teríase perdido a súa voz, porque non tomou parte de ningún outro grupo. Xa graváramos \"Fuxan os ventos\" e \"O Tequeletequele\", e chamáronme porque íase gravar \"Sementeira\" e querían a miña voz. —E \"Sementeira\" foi a canción de máis impacto. A peza en si e o disco en conxunto. \"A Carolina\" tamén pero xa era popular. —A pesar de todo isto, nunca foi Fuxan un grupo profesional, quizais iso é metáfora dunha maneira de estar na sociedade? Chegamos a discutilo cando empezamos a gravar. A Philips propúñao, pero nós queríamos ser os que decidiamos todo. A compañía procuraba intervir no repertorio, no xeito de actuar, en tentarnos co castelán \"porque tendríais más éxito\"… Tiñamos claro o que facíamos e aceptárono pero baixáronnos os royalties ao 4% en contrato das vendas, unha vez retirados os gastos de produción. Finalmente recoñeceron que \"Sementeira\", xunto a Paco de Lucía, foi quen máis discos vendeu na Philips da época. Para nós nunca foi o grupo a actividade preferencial. Nós somos produto dunha situación política e social determinada, sen ese caldo de cultivo Fuxan os Ventos ou non existiría ou sería algo ben diferente. Pero estaba o circuíto das asociacións culturais organizando, a rede cristiá galeguista que tiña Mato, moito máis no ámbito rural e nos teleclubes, e despois de \"Sementeira\", que rompeu muros, xa estivemos en festas, discotecas,… Aínda así, nunca pensamos en facernos profesionais en exclusiva e simultaneamente xa en 1979 entro a traballar de mestra. —E cando entra no ensino as posibilidades legais do galego, fóra da proscrición total da ditadura, ábrense paso. Teño a sorte de iniciar a miña primeira etapa educativa no ámbito rural. A primeira escola é en Vilela, unha aldeiña do Courel, en outubro de 1979. A normativa aínda impuña o castelán, pero daba as clases en galego. A demanda dunha escola en galego viña medrando desde había anos e neses anos producíronse represalias e castigos contra mestres e mestras por esa mesma actitude de usar o galego nas súas escolas [os casos da Estrada e de Dices-Rois son dese tempo]. Aínda en 1982, nun programa de televisión que presentaba un médico galego [Manuel Torre Iglesias-Voces sin voz] levaron a Fuxan a cantar e estaban no debate Filgueira Valverde, Alonso Montero, Carlos Casares e Cacharro Pardo. Lembro que nós puidemos intervir, e falaramos Mini, Mero e mais eu, que os tres eramos mestres exercendo. Acórdome de polemizar con Alonso Montero, que xa sacara o seu Informe dramático sobre a lingua galega, a quen citei cando afirmaba que Galiza non era un país bilingüe, senón que era un país diglósico, e paroume Torre Iglesias: \"Fálenos en cristiano\", e endoseille a explicación a Alonso Montero, que xa falou sobre diglosia bailando entre dúas augas. Naquela altura, estaba o debate en auxe, e era a decisión e o voluntarismo de mestres e mestras, nacionalistas fundamentalmente, que nos bregabamos no que fixese falta para impartir as clases en galego. Naquel primeiro destino, vivía nunha casa da familia en Vilela, botaba o día con aquela xente, ía chegar á escola e poñerme a falarlles en castelán? E todo isto é anterior á propia aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) ou a Lei de Normalización Lingüística (1984). —Nese período preautonómico ese activismo de mestres e mestras foi importante? Creo que decisivo. Non o lembro como traumático, pero xa vivira de cativa a experiencia de ser galegofalante e ir a unha escola na que a mestra que era da miña aldea [Doncos, nas Nogais] dabas as clases en castelán, e no recreo ou cando nos atopábamos polos camiños usaba o galego con normalidade. É o que contaba Fuxan na canción de \"O Lelo\". Esa disociación foi vivida así sempre até que chegaron as xentes da miña xeración. —Coincidía no tempo cunha proposta na pedagoxía moderna da época. A idea de entender o mundo a partir da experiencia do próximo. E se as crianzas falaban, vivían, sabían os nomes do paxaros e das árbores e cantaban en galego, pero os libros e como se ensinaba desde a palestra era en castelán, que tiñamos que facer? Nós chegamos para reivindicar e mudar iso e creo que deixamos unha boa semente."}
{"ID": "NOS_16063", "summary": "Ningún representante da Consellaría de Cultura e Educación asistiu o sábado á Gala das Letras, o acto central anual da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Por vez primeira, o departamento da Xunta responsábel de temas culturais ausentábase da celebración na que, entre outros premios, se recoñecía a Lidia Jorge como Escritora Galega Universal.", "text": "O sábado desenvolveuse no centro Ágora da Coruña o acto central anual da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na Gala das Letras, entregáronse os premios en todas as categorías e, entre outras recoñeceuse á narradora Lidia Jorge como Escritora Galega Universal, un nomeamento que tivo moita repercusión nos medios de comunicación portugueses. Entre o público asistente, comentouse durante toda a gala a ausencia de representantes da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, por vez primeira na súa historia, non enviou a ninguén á celebración da literatura por parte da asociación representativa de creadores e creadoras galegas. Nin o conselleiro, nin o secretario xeral nin ningún representante participou no acto de entrega no que, sen embargo, houbo unha destacada presenza de cargos políticos. Francisco Caamaño, do PSdeG-PSOE; Francisco Jorquera, Ana Pontón e Carme Adán, do BNG; Martiño Noriega, de Anova; e Yolanda Díaz, de EU, foron algúns dos representantes políticos que asistiron á Gala da Literatura na Ágora. Xa na entrega de Premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galiza fora criticada a ausencia da Consellaría de Cultura mais daquela, enviaran o novo xerente da AGADIC en representación. Desta volta, o departamento dirixido por Xesús Vázquez deixou baleiro o lugar reservado para a Consellaría de Cultura sen facer que fose ocupado por ningún cargo do seu organigrama, un xesto que algúns escritores e escritoras consideran un \"novo desprezo para o mundo da creación galego\"."}
{"ID": "NOS_23192", "summary": "A pesar de que Anova concorre en varios concellos da Galiza baixo o paraugas de Son En Común, xunto Podemos e Esquerda Unida, Xosé Manuel Beiras cargou na tarde da quinta feira contra \"cadros políticos\" de Unidas Podemos que \"están configurando unha nova casta\".", "text": "Durante a presentación do seu último libro na Coruña, Xosé Manuel Beiras criticou dirixentes de Unidas Podemos, coalición da que forman parte Podemos e Esquerda Unida, por configuraren, ao ser ver, \"unha nova casta\". O economista puxo de manifesto que \"hai cadros políticos que predicaban aquilo da casta e que había que acabar coa casta e que están a configurar unha nova casta\". Beiras, que foi portavoz da extinta AGE –coalición de Anova e Esquerda Unida– no Parlamento de Galiza con Yolanda Díaz, unha das máximas referentes de Unidas Podemos, como vicepresidenta, xa cargara após as eleccións xerais e logo da reunión en que o grupo parlamentar de En Marea acordou iniciar os trámites para relevar Luís Villares como portavoz único contra os \"dirixentes de UP\", cun chío na súa conta de Twitter: \"a avaricia rompe o saco e polo buraco vaise, ademais do diñeiro, o valor da dignidade\". Señoras e señores dirixentes de UP: a cobiza fura as faltriqueiras, e polo furado vaise, ademáis dos cartos, o valor da dignidade.— Xosé Manuel Beiras (@xmBEIRAS) 30 de abril de 2019 Non é a primeira vez que o ex portavoz nacional de Anova se amosa crítico co partido de Pablo Iglesias, quen publicamente ten declarado que \"sen Beiras seguramente non tería sido posíbel Podemos\". O propio Iglesias fora asesor de AGE na campaña de outubro de 2012 e de AGE bebeu directamente Podemos até chegar ao Hórreo da man da propia Anova e de Esquerda Unida. Por outra banda, o veterano político asegurou que tanto Anova coma el dialogaron \"até última hora\" para que se garantise a coalición que no seu momento deu lugar a En Marea. \"Non son nada responsábel de que se fixese todo o contrario en certo momento\", sinalou a respecto. En relación ao contexto que vive En Marea, Beiras destacou que \"non se pode predicar fraternidade e exercer o fraticidio\". Anova concorre con Podemos e EU ás municipais Nas citadas declaracións sobre dirixentes de Podemos e Esquerda Unida, Beiras distinguiu entre as organizacións e \"os cadros políticos\". De feito, Anova concorre nunha trintena de concellos ás eleccións municipais con Son En Común, o paraugas baixo o que se presenta con Podemos e EU."}
{"ID": "NOS_51049", "summary": "Carlos Rivas e Serafín Rodríguez foron condenados á tres anos de prisión por integrar un piquete informativo durante a folga de transporte de mercadurías de 2008. CIG, CCOO e UGT solicitan o indulto e unha manifestación percorrerá o domingo as rúas de Vigo en solidariedade cos traballadores.", "text": "Carlos Rivas e Serafín Rodríguez están a piques de entrar na prisión de A Lama por participar nun piquete informativo durante a folga do transporte de mercadurías de abril de 2008 na provincia de Pontevedra.. Foron condenados a tres anos de prisión cada un por entender a xustiza que eran responsábeis \"dun delito contra o dereito dos traballadores\". O xulgado de Vigo aplicoulles a pena máxima posíbel e en 2011 a Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo. O goberno español denegoulles o indulto malia non ter antecedentes, estar traballando e ter fillos menores CIG, CCOO e UGT convocaron para este domingo unha manifestación en Vigo en apoio e solidariedade para con estes dous traballadores. Unha mobilización (11:30. Praza dos Cabalos) para pedir a anulación da sentenza e que se enmarca nunha campaña máis ampla, con recollida de sinaturas incluída. En decembro pasado o goberno español deu a súa negativa á petición de indulto para estas dúas persoas. Os sindicatos volveron solicitar esta 'medida de gracia' para evitar que Serafín e Carlos, con emprego e fillas menores, entren no cárcere. Ambos os dous volveron proclamar a súa inocencia. Lembran que en abril de 2008 formaban parte dun piquete con 80 persoas máis que estaba na zona da rotonda de Bouzas. A policía española identificounos e advertiulles que nos vindeiros días recibirían unha denuncia. Carlos e Serafín aclaran que neste día non houbo incidente algún, nin danos nin enfrontamentos. No piquete había 80 persoas. A policía identificounos e advertiulles que xa recibirían unha denuncia \"Sentenzas políticas e de carácter ideolóxico\" Para o secretario comarcal da CIG, Serafín Otero, este tipo de sentenzas teñen que ser cualificadas como \"políticas\" e teñen un claro \"carácter ideolóxico\". Non son, lembran, un caso illado senón que fan parte dunha estratexia de \"criminalización dos movementos sociais e sindicais\". Amelia Pérez, de CCOO, tildou de \"vergoñenta\", \"desproporcionada\" e \"inxusta\" a sentenza, mentres que Domingo Barros (UGT) considera que o \"único delito\" destes dous traballadores foi \"pelexar polos dereitos laborais\"."}
{"ID": "PRAZA_17804", "summary": "ENTREVISTA | Do 9 ao 14 de agosto Vilagarcía de Arousa acolle a edición 2018 do Festiclown, que neste ano celebra o seu 20 aniversario, con outras cinco sedes: Móstoles, El Prat de Llobregat, Rivas Vaciamadrid, Palestina e Brasil. Falamos con Iván Prado, director do festival", "text": "Este xoves comeza en Vilagarcía de Arousa a edición 2018 do Festiclown, que dende o 2015 desenvolve a súa actividade nesta vila e que chegará ata o martes 14. O Festival Internacional de Clown e circo celebra este ano o seu 20 aniversario e faino multiplicándose por seis, pois contará tamén con festivais en Móstoles, Rivas Vaciamadrid, El Prat de Llobregat, Brasil e Palestina. Foi en 1999 cando o evento botou a andar, en Caldas de Reis, dentro da programación do Cultura Quente. Nos anos seguintes pasou por Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Lugo, uns anos de nomadismo sen sede estable en Galicia que tamén os levaron a México, ao Sahara, ao Líbano, a Melilla ou aos campos de refuxiados de Grecia ou Calais. En Vilagarcía o Festiclown componse de media ducia de actividades cada xornada, tanto no centro da vila como nas distintas parroquias do concello. Trapu Zaharra, Amontonados por azar, Pulpiño Viascón, Trío Refugallos, Cirk About It, Vol'e Temps, Catropés, Dani García, Mundomandarina, Fran Rei, Passabarret, La Bandita Alegre, Pablo Cool & Dimitry, Kanbahiota ou Pallasos en Rebeldía están nunha programación que se pechará o martes con Alberto San Juan e o seu monólogo Autorretrato de un joven capitalista español, que o PP pediu censurar nalgunha localidade. Falamos con Iván Prado, director do Festiclown. \"Despois de tantos anos, falar de 'sede estable' no Festiclown é algo contraditorio, é case como cando se di 'intelixencia militar', con conceptos que non casan. Non sabemos se o festival vai ter algunha vez sede oficial\" Como vai ser esta edición de 20 aniversario en Vilagarcía? É unha edición que tomamos con moito cariño porque despois de tantos festivais e tantos lugares, apetécenos facer unha pequena celebración destes 20 anos. Pechamos un festival cun gran nome do teatro comprometido no Estado Español como é Alberto San Juan, cun monólogo incrible que foi censurado por algún concello do PP, Autorretrato de un joven capitalista español. E tamén con moito circo, que é unha tendencia que vimos consolidando nos últimos tempos no Festiclown. Vilagarcía consolídade como sede estable do Festiclown? Despois de tantos anos, falar de 'sede estable' no Festiclown é algo contraditorio, é case como cando se di 'intelixencia militar', con conceptos que non casan. Non sabemos se o festival vai ter algunha vez sede oficial. Foi un festival que conseguiu moito recoñecemento por parte do teatro galego cando estivemos en Pontevedra, pegou un salto impresionante cando estaba en Compostela, chegando a números únicos nas artes escénicas no Estado Español, superando os 50.000 espectadores anuais. E cando chegamos a Vigo internacionalizouse. Nunca duramos máis de catro anos nunha mesma cidade e en cada lugar o festival foi mutando. \"O cambio en Vilagarcía está a ser unha grande implicación de colectivos locais dentro do propio festival\" En que cambiou o Festiclown estando en Vilagarcía? Penso que o cambio en Vilagarcía está a ser unha grande implicación de colectivos locais dentro do propio festival. En Pontevedra tivemos un grande investimento no tecido social, pero non construímos un vínculo concreto con entidades. E en cambio en Vilagarcía si que se está dando esta posibilidade, que en realidade foi sempre un dos nosos obxectivos: crear empatías e sinerxías co tecido social da cidade. O festival multiplícase por seis nesta edición, nunca organizárades eventos en tantos lugares... Ao igual que xa pasou no 2016, volvemos estar en tres continentes e agora, ademais, con seis sedes distintas. Isto ten moito que ver coas distintas fases do Festiclown. Xa estando en Vigo demos o salto a Palestina, en 2011, porque tiñamos moitas ganas de construír esta ponte entre Galicia e Palestina. No 2012 puidémolo levar a México. Era xa un obxectivo, pero a propia crise económica e os recortes obrigáronnos a repartir a programación entre varias cidades. O feito de ter multisede procede polo tanto da mestura dun impulso consciente e dunha necesidade. Nun dos espectáculos que pecha o Festiclown en Vilagarcía traedes Palestina ata Galicia. Como é ese Checkpoint Clown que se poderá ver o martes? A denuncia da situación en Palestina e en xeral do que sucede en moitas fronteiras sempre estivo no noso ADN. Checkpoint Clown é espectáculo que ridiculiza un destes postos de control israelís e que amosa que os uniformes, os exércitos e as fronteiras non teñen sentido. \"O lugar dos pallasos e do Festiclown é reforzar esas loitas e o esforzo das persoas que están tentando chegar a un lugar no que poder ter unha vida digna. E tamén reforzar a confianza no ser humano\" A inmigración, os refuxiados ou o peche de fronteiras son temas que levades 20 anos tratando, e que neste momento con protagonistas na axenda do medios. Ademais, cunha serie de discursos xenófobos en España que cada vez gañan en intensidade. Es optimista neste senso ou cres que estes discursos van seguir radicalizándose e estendéndose? Creo que era Gramsci que dicía que hai que ser pesimista na análise e optimista na proxección do futuro. Obviamente provócanos moita dor a existencia deses políticos xenófobos a distintos niveis, porque somos pallasos e polo tanto amamos a liberdade, e porque vimos dunha tradición nomadista e internacionalista como circo. Pero son totalmente optimista, porque despois de estar en campos de refuxiados en Idomeni, en Calais, en Serbia, en Melilla, no Sáhara, no Líbano, en Palestina... vexo que no ser humano hai unha capacidade de resistencia, de creatividade, de xenerosidade e de esperanza extraordinaria. E non hai muro, valado ou exército que poidan impedir que florezan. Polo tanto, sinto que o lugar dos pallasos e do Festiclown é reforzar esas loitas e o esforzo das persoas que están tentando chegar a un lugar no que poder ter unha vida digna. E tamén reforzar a confianza no ser humano. \"Nacemos coa vontade de difundir o clown como unha linguaxe artística no noso país e iso creo que o conseguimos. Agora mesmo Galicia é unha potencia en circo e en clown dentro do Estado Español e o Festiclown é unha referencia a nivel internacional\" Que valoración fas destes 20 anos? Conseguistes os vosos obxectivos? Hai cousas que quedan pendentes ou que vos gustaría ter feito de forma diferente? Estes 20 anos dannos para reflexionar bastante. Por unha banda, nacemos coa vontade de difundir o clown como unha linguaxe artística no noso país e iso creo que o conseguimos. Agora mesmo Galicia é unha potencia en circo e en clown dentro do Estado Español e o Festiclown é unha referencia a nivel internacional. Naceu tamén cunha lóxica de transformación social, de procura de sinerxías con entidades locais e para xerar un tecido democrático nas cidades que non foi posible levar a cabo no nivel que nós queriamos. Pasamos por Caldas, Pontevedra, Santiago, Vigo, Lugo, agora Vilagarcía... Pero ese nomadismo tamén nos deu moitas boas raíces e tamén serviu para catapultarnos a nivel internacional. Somos o único festival que se fai no mundo árabe, e somos o único festival que une campos de refuxiados, favelas, comunidades indíxenas e prazas europeas. Con todos os erros que puidemos cometer, en xeral estamos felices. Web do Festiclown Vilagarcía 2018"}
{"ID": "NOS_1148", "summary": "Os candidatos da formación expuxeron os eixos principais dun programa electoral para \"rematar coa situación de emerxencia nacional e social\" e garantir que Galiza teña \"voz e veto\" en todas as cuestións que lle afecten. Vídeo no interior", "text": "As catro persoas candidatas do BNG-Nós Candidatura Galega nas eleccións do 26 de xuño presentaron esta quinta feira en Compostela os rasgos principais do programa co que a fronte nacionalista concorre a esta cita coas urnas, unhas propostas, en palabras de Carlos Callón, cabeza de lista pola Coruña; \"claras e concretas\". Os nacionalistas lembraron que as enquisas apontan a un escenario post-26X no que a suma das forzas estatais \"non chegue\" para formar goberno. Situación na que van facer falla os nacionalistas, dixo. \"Catalunya e Euskadi van estar [nas Cortes españolas]. Se non está o BNG, Galiza non estará\", afirmou Callón. E \"o BNG non dá cheques en blanco\", engadiu, indicando que Galiza precisa \"voz e veto\" en todas aquelas cuestións que lle atinxan e que a candidatura é a única que pode garantir iso. \"Os recursos de Galiza non poden ser un botín para pseudo-panameños\" (Carlos Callón) Reverter os recortes A candidata do BNG-Nós Candidatura galega por Lugo, Olalla Rodil, defendeu a necesidade dunha \"economía posta ao servizo\" da sociedade, defendendo unha reforma fiscal progresiva que grave máis ás rendas máis altas, para alén de avogar porque as empresas que operen en Galiza tributen aquí. Medidas coas que sentar as bases sobre as que reverter os recortes en ensino, educación e avanzar en ámbitos sociais. \"As empresas que operan aquí teñen que tributar aquí. Boa parte das que explotan os nosos recursos non o fan\" (Olalla Rodil) \"Defendemos un cambio profundo do modelo político-económico\", explicou Luis Bará, cabeza de lista por Pontevedra, incidindo en que só a presenza do nacionalismo nas Cortes garante que \"Galiza estea\". Puxo o programa electoral como un exemplo de propostas e compromisos cos que facer fronte \"á emerxencia nacional e social\" que atravesa o país. Propostas para os sectores produtivos, para que o aforro galego non emigre como investimento a outros territorios, pola retirada de ENCE ou polo incremento do investimento en I+D+i até o 2% do PIB foron algunhas das cuestións que debullou Bará. \"Resumiría este programa en 2 palabras: crer e querer. Crer neste país e no seu potencial, e querer sacalo adiante\" (Luis Bará) \"É unha oportunidade\" O 26 de xuño os galegos teñen nas urnas unha nova oportunidade para que Galiza \"obteña representación\", insistiu Noa Presas, unha oportunidade para \"rematar coa situación de emerxencia\" na que está o país. A candidata por Ourense considera que os meses transcorridos desde as pasadas eleccións do 20D amosan quen \"perdeu o tempo en platós de televisión\" no canto de se preocupar por resolver os problemas reais das persoas. \"Nestes meses, mentres uns estaban perdidos en platos de televisión, a maioría seguía sufrindo\" (Noa Presas) Defendeu a derrogación das reformas laborais, a prohibición das ETTs e o ámbito galego de negociación laboral, para alén da tarifa eléctrica galega ou a xornada de 35 horas. Cuestións que son chaves, afirmou, para beneficiar \"as maiorías sociais\"."}
{"ID": "PRAZA_4097", "summary": "Reactivar a economía e a sociedade galega esixirá un reforzamento do público con unha política fiscal moi potente. De non facelo e seguir confiando en que o mercado e a iniciativa privada por si sos nos devolverán a normalidade terá consecuencias catastróficas.", "text": "Nun artigo anterior neste medio (https://praza.gal/opinion/coroavirus-e-recesion-economica-que-non-nos-enganen) subliñaba que o coroavirus veu a acelerar, e tamén en certa medida a ampliar, unha nova recesión económica provocada por unha crise de oferta. Malia que as manifestacións da nova recesión son cada vez mais evidentes (contracción económica histórica en China cunha forte caída da demanda interna, importantes turbulencias no mercado mundial do petróleo debidas as guerras de prezos, riscos dunha nova crise financeira provocada esta vez polo frenesí das bolsas que dou lugar a unha nova burbulla, sobreprodución de sectores manufactureiros estratéxicos como o da automación e a química...) moitas das autoridades internacionais, nacionais e autonómicas non parecen tomar en serio esta situación aparentando crer que unha vez superada a pandemia seremos quen de recuperar a situación anterior en materia, por caso, de crecemento económico e emprego. Non será así. No horizonte se debuxa un panorama a curto e medio prazo que para España e Galicia se presenta moi, moi preocupante dada a xa precaria situación de partida tanto no mercado laboral (o desemprego camiña a índices próximos ao 20%) coma no estado de benestar (basta con veren tanto as enormes dificultades con que os sistemas públicos sanitarios castigados polas políticas austericidas atopan para atender a pandemia como a terrible situación nos centros de atención aos maiores), no equilibrio social (cunhas desigualdades que se dispararon na derradeira década con índices de pobreza superlativos) e na ocupación do territorio (medran en España e Galicia os pobos abandonados). Os efectos da pandemia, e da conseguinte corentena, sobre a produción e a distribución non deberían tapar a evidencia de que cabalgamos nunha recesión económica polo que xunto a medidas, como as que está tomando actualmente o goberno español que intentan paliar, especialmente a nivel de ingresos e pagos, os efectos da pandemia son necesarias medidas a medio e longo alcance para conseguir recuperar a senda do crecemento económico, o emprego e o benestar social. Medidas que si pola súa dimensión e relevancia esixen un esforzo financeiro a nivel europeo obrigan especialmente as administracións públicas de cada pais (nacionais, autonómicas e locais) polas diferentes formas de manifestarse tanto da pandemia como da recesiónClaro está que o primeiro a afrontar debe seren o garantir a saúde e a vida das persoas pero non so agora senón tamén no futuro xa que todo apunta a que as pandemias se repetirán polo que resulta imprescindible reforzar os sistemas públicos de saúde e de atención as persoas mais vulnerables. Algo que en Galicia, como en outras comunidades españolas como sucede con Madrid e Cataluña, resulta prioritario e urxente. Coido que poucas veces, como agora, resultou tan evidente a importancia de contar con fortes sistemas públicos de benestar, velaí como os estados escandinavos soportan mellor o impacto da pandemia con, por caso, índices de contaxio e mortalidade claramente por baixo da media europea. Unha das experiencias do confinamento é o efecto enormemente positivo que ten sobre o medio ambiente: basta con ver agora as fotos que nos chegan do ceo nas grandes cidades. Non cabe dúbidas que logo da pandemia teremos aínda mais claros os negativos efectos que tanto o elevado uso do transporte por carreteira e aire como a actividade de determinadas industriais teñen sobre o medio ambiente e, xa que logo, a nosa saúde. Evidencias que deberan levar a que os partidos e organizacións das esquerdas galegas puxeran no centro do debate tanto o reforzamento do sistema de benestar como a protección e mellora do medio ambiente.Esta pandemia está tamén poñendo en evidencia as vantaxes de contar, por caso, cunha agroindustria próxima e accesible que sexa quen de garantir a alimentación básica. Si o coroavirus demostrou que para unha segura e mellor alimentación é moi importante contar con mercados locais e comarcais de produtos agrogandeiros, que compensen a especulación das grandes cadeas, tamén evidenciou os perigos de non contar cun sistema agroindustrial potente que evite os riscos de cortes na cadea alimentaria e free o crecente abandono do rural. Un sector que en Galicia va a seren moi castigado polos efectos da pandemia e a recesión será a industria na que son maioría as pequenas e medianas empresas. A política a aplicar debe buscar tanto que o tecido industrial galego saia o menos danado posible da pandemia, para o que será necesario fiscalizar que tódalas empresas que se acolleron a un ERTE na volta a normalidade cumpren en materia de mantemento do emprego, como sentalas base para un tecido industrial que, en base a pemes, aposte polo emprego e a innovación selectiva (a nivel sectorial, tecnolóxico e crediticio). Todo apunta a que actividades industriais relacionadas coas novas tecnoloxías e a robótica, a telecomunicación, as enerxías limpas e o medio ambiente así coma as infraestruturas básicas serán centrais nos sistemas industriais postcoroavirus. O comercio polo miúdo pode ser unha das grandes vítimas da pandemia: a parálise dos circuítos de subministro e de venda vai facer estragos neste sector xa ferido e cheo de débedas pola recesión anterior. Logo de que pase a pandemia e se retiren as medidas de confinamento serán necesarios plans de estímulo e de reactivación deste sector minorista de enorme importancia económica e social en Galicia.Unha estratexia deste tipo supón que antes de nada haberá que coñecer o auténtico estado en que queda a estrutura económica e social (familias, empresas, comercios,...) logo da pandemia. Unha vez coñecidos os danos causados hai que ser conscientes de que o esforzo que se vai esixir será de tal magnitude que requirirá da participación do tódolos axentes públicos e privados galegos: un grande acordo a nivel galego resulta, xa que logo, imprescindible. Acordo que so será posible si algunhas das partes como, por caso, os empresarios galegos cambian de actitude, a Xunta de Galicia entende que ela soa non será quen de atender a tódolos problemas xurdidos e o movemento sindical galego participa. Un acordo que precisará, xa que logo, que tódalas administracións públicas galegas (Xunta, Deputacións, Concellos) traballen coordinadamente deixando a un lado as loitas partidistas e os afáns protagonistas. Estes tempos esixen unidade e solidariedade.Velaí algunhas das ensinanzas que se poden sacar do dobre impacto da pandemia e a recesión económica. Leccións que deberan guiar aos gobernantes galegos actuais e futuros. Dirixentes que deberan entender que reactivala economía e a sociedade galega esixirá un reforzamento do público con unha política fiscal moi potente. De non facelo e seguir confiando en que o mercado e a iniciativa privada por si sos nos devolverán a normalidade terá consecuencias catastróficas."}
{"ID": "NOS_16388", "summary": "O alcalde de Pontevedra ve \"contradicións absolutamente flagrantes\" nos discursos do presidente da Xunta.", "text": "O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, subliñou publicamente esta segunda feira as \"contradicións absolutamente flagrantes\" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ao abrir a porta a unha segunda industria pasteira na Galiza ao tempo que asegura \"que non hai alternativa de localización ao traslado\" da factoría de Ence en Lourizán. Feixoo aludía ao interese nunha segunda industria após o Consello da Xunta da semana pasada, pero ao ver esa posibilidade de instalar outra factoría ao tempo que se insiste en que Ence non pode someterse a un traslado porque non hai outra localización que se adecúe as necesidades o malestar chegou desde distintos ámbitos. Para o alcalde de Pontevedra resulta \"absolutamente alucinante\" que \"ao mesmo tempo, diga unha cousa e a outra\" e preguntou \"se queren tomar por parvos os cidadáns\". Neste sentido, insistiu en que \"non é serio nin responsábel\" por parte de Feixoo, ao que acusou de \"manipular a cidadanía cunhas declaracións que son absolutamente fraudulentas\". O rexedor nacionalista lembrou que o Goberno galego \"ten todas as competencias para buscar alternativas\" para un emprazamento á fábrica de celulosas da ría e acusouno de facer \"abandono de funcións, sabendo que se tiña que ir no 2018\". Lores destacou que, se o concello tivese as competencias en industria e ordenación do territorio, sería capaz \"non de manter os cincocentos postos de traballo da empresa, senón de crear eses 5.000\" no Concello \"que di Ence que ten\". \"O PP está a defender os intereses da empresa e non os intereses xerais da cidadanía, como debería facer unha forza política que está no goberno\", afirmou. O pasado mes de xullo, a Audiencia Nacional declarou ilegal a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Raxoi en funcións a Ence."}
{"ID": "NOS_48290", "summary": "A Unión da Mocidade Galega desenvolveu o seu XVIII Congreso de maneira telemática e elixiu como nova Secretaria Xeral a Iria Carreira, que substitúe a Paulo Ríos á fronte das mocidades da UPG.", "text": "Nunha cita telemática, a Unión da Mocidade Galega (UMG) desenvolveu este sábado o seu XVIII Congreso. A organización xuvenil da UPG vén de renovar a súa dirección política. Após a reunión, escolleu a Iria Carreira Pazos como Secretaria Xeral, substituíndo a Paulo Ríos Santomé. Aos seus 29 anos Iria Carreira é médica residente en medicina de familia e comunitaria e deputada do BNG no Parlamento Galego. Após moitos anos desenvolvendo o seu labor político, tanto no eido estudantil como no xuvenil, agora toma o relevo á fronte da Unión da Mocidade Galega. No seu discurso de proclamación destacou a ilusión coa que afronta este novo reto e fixo fincapé na necesidade de seguir construíndo unha UMG máis forte no camiño da loita pola liberación nacional e social. Considerou ademais que a UMG enfronta \"grandes retos de futuro nos que a mocidade estamos chamadas a ter un papel decisivo\". Analizando a situación de crise social e económica actual e sinalando que estamos \"as portas dunha importante crise económica\", remarcou a necesidade de loitar desde a mobilización social contra \"a precariedade laboral, o desemprego e a falta de expectativas de futuro neste País\". Segundo considera, isto require que \"a Unión da Mocidade Galega teña unha posición de denuncia da situación, mais tamén combate e de loita contra este sistema capitalista que nos afoga.\". Como integrante do colectivo sanitario, puxo tamén o foco na necesidade de garantir uns servizos públicos de calidade. Alén disto, destacou tamén a importancia de contar cun ensino galego público e unhas administracións ao servizo das necesidades do pobo galego. Reafirmou ademais o compromiso da Unión da Mocidade Galega na suma de forzas para \"tecer alternativas de futuro\" e para \"a construción dunha República Galega, socialista e popular na que o noso povo sexa libre\". Ao remate, lembrou a importancia de \"continuar o traballo que iniciaron camaradas coma Moncho Reboiras ou Bautista Álvarez\", a quen considera que \" deben estar sempre na memoria\"."}
{"ID": "NOS_21569", "summary": "Falamos das aves no Día Mundial da Biodiversidade.", "text": "Hoxe é o día internacional da biodiversidade, data que tenta alertar sobre a necesidade da conservación da diversidade biolóxica. A data acordouse polas Nacións Unidas porque o 22 de maio de 1992 foi cando se adoptou o texto final da Convención da Diversidade Biolóxica. O seu obxectivo é crear conciencia da importancia que ten a biodiversidade para os seres humanos e a obriga de coidala e preservala para as xeracións vindeiras. A diversidade biolóxica ou biodiversidade refírese á variedade de animais, plantas e microorganismos nas que tamén se inclúen as diferenzas xenéticas dentro de cada especie, como poden ser as variedades de cultivos ou razas de gando, así como a diversidade de ecosistemas e as interaccións entre animais, plantas e humanos co seu contorno. A contribución das aves á biodiversidade As aves aportan á biodiversidade do planeta unhas once mil especies, se ben considérase que poderían existir en torno as dezaoito mil especies atendendo a un estudo publicado na revista científica PLoS ONE. Na súa análise sobre a taxonomía das aves apuntan que no futuro o uso de métodos morfolóxicos e xenéticos podería dar como resultado un aumento considerábel no número de especies. Porén, alén do número e da cantidade de especies, habería que pensar na contribución e na calidade que aporta a avifauna. Ademais do goce estético polas súas diferentes formas e cores, os seus cantos ou comportamentos extraordinarios de moitas delas, non deberiamos esquecer que son unha peza chave para manter o equilibrio ecolóxico. Os voitres, por exemplo, \"limpan\" o monte de animais mortos, evitando problemas de salubridade e propagación de enfermidades. Outras especies contribúen á polinización e á dispersión de sementes, algo primordial na natureza. A Galiza conta con máis de catrocentas especies de aves entre as sedentarias, estivais, as que veñen en inverno e raras ou accidentais. Das que crían no noso país cada vez son máis as que teñen problemas de conservación, como está a suceder coas asociadas aos ecosistemas agrarios. O sisón está a piques de extinguirse debido a un desenvolvemento agro-industrial descontrolado, sen planificar e unha Administración inoperante que non vela polos intereses do patrimonio natural que debería conservar. Lamentabelmente xa perdemos a pita do monte, as colonias do arao dos cons e de gaivota tridáctila, abundantes noutros tempos. Especies como o corvo mariño cristado ou a tartaraña cincenta van polo mesmo camiño de non tomarse medidas urxentes. O Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA), publicado no Diario Oficial de Galiza o 19 de abril de 2007, contén 193 taxóns, de fauna e flora, dos cales se consideran \"En perigo de extinción\" a 74 e \"Vulnerábeis\" a 119. Incomprensibelmente nos catorce anos desde a publicación do citado CGEA, só catro contan con plan de conservación das cales dúas son aves, a píllara das dunas e a escribenta das canaveiras. Cómpre unha revisión e actualización deste catálogo e unha aposta real e decidida para evitar a perda de especies. A desaparición de especies non implica só unha catástrofe desde o punto de vista natural e patrimonial. A extinción de fauna e flora, e nomeadamente das aves, estanos alertando de que o actual modelo de desenvolvemento vai por un camiño que non é compatíbel coa vida. E non deberiamos esquecer que se o ambiente non é propicio para as aves tampouco o é para as persoas. Aves bioindicadoras O uso dun paxaro como especie que alerta dun perigo, seguramente o máis coñecido é dos canarios nas minas. Antes de existir aparellos para medir escapes de gas grisú, gas inoloro e incoloro, para evitar as mortes producidas por este, usábanse canarios. Estes cantaban continuamente e cando deixaban de facelo ou perdían o sentido, alertaban que algo ía mal e había que evacuar a zona inmediatamente. A sensibilidade do canario ao gas era maior que a do humano e polo tanto \"avisaban\" do perigo. Algo semellante sucede co merlo rieiro (Cinclus cinclus). Neste caso unha ave indicadora da calidade das augas dos ríos. Se por algún episodio de contaminación, a calidade físico-química da auga muda, desaparecerá xunto con outras especies tamén sensíbeis como son certos macro-invertebrados dos que se alimentan. Por este motivo, así como por ser doado de identificar e censar, en países como Alemaña ou Inglaterra, empréganse como especie indicadora da calidade das augas. As aves son polo tanto un excelente termómetro para avaliar a calidade dos ecosistemas. Aínda que se require dunha análise previa, xa que debido á súa posición na escala trófica os cambios poden atender a varios factores, certas especies de aves cumpren os criterios básicos para ser consideradas especies bioindicadoras. Están presentes en todos os ecosistemas, teñen unha ampla distribución xeográfica, unha boa parte son fáciles de identificar por observación ou escoita e responden aos cambios e alteracións do medio. Das minas e dos ríos á calidade de vida Porén, non só se poden empregar algunhas especies de aves para alertar dun escape de gas nunha mina ou avaliar os ecosistemas fluviais. O seguimento das poboacións de aves e a evolución nas súas tendencias, xunto coa análise doutras variábeis ambientais, pódese levar a outros ámbitos e a escenarios maiores. Tanto é así que a Oficina Estatística Europea, Eurosat, inclúe o seguimento das poboacións de aves entre os seus índices para avaliar a sustentabilidade e o benestar social. As aves pasan a ser indicadores xunto con outros parámetros como son o nivel de emprego, a esperanza de vida ou o consumo de enerxía. A máis aves, máis calidade de vida. Pero parece que as aves van a menos. Un exemplo é o do coñecido paporroibo (Erithacus rubecula) tamén chamado pisco ou peizoque. En Galiza, alén das aves residentes, acollemos en inverno unha boa cantidade de exemplares que proceden de Europa. Pois ben, estímase que aproximadamente un oitenta por cento dos paporrubios do norte xa non emigran en inverno ao sur de Europa, por causa da subida das temperaturas provocadas polo cambio climático. Este mesmo suceso estase a dar cunha boa cantidade de especies acuáticas. Varias especies de patos que se veñen censando nas zonas húmidas galegas desde os anos oitenta, cada vez contan con menos exemplares, parecendo indicar de novo que as temperaturas máis levadeiras do norte de Europa evita que teñan que emigrar. Somos parte da solución: temos multitude de opcións \"Son parte da solución\" é o lema escollido para o día mundial da biodiversidade este ano. Como apuntan desde o Convenio pola Diversidade Biolóxica, a pesar de todos os avances tecnolóxicos, dependemos totalmente de ecosistemas naturais saudábeis. Se algo nos aprendeu a pandemia (ou debería ter feito) é a estreita relación que hai entre os seres humanos, o medio e as consecuencias que o seu deterioro, tarde ou cedo acabará afectándonos.Conservar a diversidade natural non é un capricho. Manter a maior cantidade de especies é a mellor maneira de coidarnos. Dispoñemos de multitude de opcións. Podemos asociarnos a entidades ecoloxistas, denunciar, demandar e reivindicar. Participar en programas de ciencia cidadá e ao tempo que gozamos e aprendemos, mentres observamos aves, por exemplo, podemos aportar datos de interese. Na actualidade hai tamén numerosas entidades naturalistas e ecoloxistas da Galiza que están a desenvolver programas divulgativos e de voluntariado para a conservación da nosa diversidade natural. Participemos, sexamos parte da solución."}
{"ID": "NOS_41123", "summary": "A CPLP é um grande instrumento para se posicionar a nível internacional mas precisa redefinir objetivos servindo-se da língua para as pessoas se entenderem e irem em frente. Nesta redefinição qual o lugar da Galiza?", "text": "Murade Murargy é o secretário executivo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) desde a IX Conferência de Chefes de Estado e de Governo, realizada a 20 de Julho de 2012 em Maputo. A próxima, a XI, vai decorrer nos dias 31 de outubro e 1 de novembro de 2016, em Brasília. Para o secretário, a CPLP está cada vez mais visível no contexto internacional com uma série de países, como a Índia e a Austrália, que se candidatam, inclusive, para serem observadores da Comunidade e é por isso que a organização deve traçar, para a próxima década, políticas de cooperação entre os países nas áreas de educação, agricultura, energia e turismo. Na opinião do moçambicano, seguir à risca a aplicação do acordo ortográfico não é prioridade. Entender-se as pessoas para ir em frente Em entrevista concedida a Marieta Cazarré para a Agência Brasil, falou da necessidade de internacionalizar a língua com independência de seguir ou não o acordo ortográfico .\"A língua é muito importante, não há dúvida nenhuma, e é nossa obrigação difundi-la, promovê-la, internacionalizá-la. Mas não podemos ficar apenas agarrados à nostalgia da língua. A língua é um meio de transmissão de conhecimento, de negócios, do comércio, do investimento. Eu, por exemplo, não me preocupo se estou a aplicar [o acordo ortográfico] ou não. Se as pessoas me entendem, vamos em frente\". \"Nós, os países-membros, não nos olhamos ao espelho para ver quão interessantes somos. Os outros é que olham para nós e veem a importância que temos no cenário internacional. O potencial económico, os recursos naturais que nós temos... Eles [os países observadores] querem ter acesso a nossas negociações sobre comércio e investimento. Todo mundo quer aprender português, sobretudo por causa dos países africanos. Hoje a Turquia está na África. A China e a Índia estão na África. Estão todos a correr para a África para desenvolver negócios\". Redefinir objectivos Murargy está convencido que é preciso que os países-membros da CPLP redefinam os objetivos da organização, tendo em conta seu potencial económico e seus recursos naturais. \"Todos os países da CPLP têm uma capacidade energética muito forte. É preciso traçar políticas para exploração desses recursos em benefício dos nossos próprios povos. Na agricultura é a mesma coisa. A larga experiência do Brasil, através dos conhecimentos que a Embrapa [Empresa Brasileira de Pesquisa Agropecuária] possui, pode ser transmitida a outros países que também têm capacidade para produzir alimentos\". A próxima guerra vai ser por alimentos. E nós temos a capacidade de minimizar os grandes deficits de alimentos no mundo A respeito do Brasil, Murargy serviu como embaixador de Moçambique no Brasil por seis anos e meio, disse que o país está buscando o equilíbrio entre as prioridades internas e o compromisso que tem com as comunidades, como a CPLP e as Nações Unidas. \"É preciso ter em conta que o Brasil é um vasto continente e, apesar de ter muitos recursos, é um país em desenvolvimento. Um país que luta para resolver seus problemas de base, como pobreza, educação, saúde, habitação. Então o Brasil interessa-se [pela CPLP] na medida do que é possível. Assim como outros países, como Angola e Moçambique, dá prioridade, obviamente, à resolução dos problemas internos. Os problemas da Comunidade ficam sempre em segundo ou terceiro plano.\" Educação e Acordo Ortográfico Para Murargy, o maior dos desafios que a Comunidade enfrenta é na área da educação e do desenvolvimento humano. \"Os países, sobretudo da África, ainda têm um grande deficit na área de educação, inclusive na educação de base, e é preciso eliminar o analfabetismo para que não haja um cidadão que não saiba ler, escrever, fazer contas\". \"Quanto ao acordo ortográfico, muita gente não está de acordo, há muitos intelectuais, jornalistas, que não aplicam, pois acham que não traz vantagens. Não há uma unanimidade sobre se valeu a pena, ou não, o tanto de dinheiro que se gastou\". \"As implicações financeiras da aplicação do acordo são grandes\", disse Murargy. Ele deu como exemplo a alteração dos manuais escolares, sobretudo nos países africanos, que não têm capacidade financeira para mandar alterar tudo. \"Acredito que devemos concentrar-nos no que é fundamental para permitir que os outros [países-membros] possam se desenvolver\". Futuro da CPLP \"Eu gostaria que a CPLP resolvesse um grande problema, que é a questão da mobilidade do cidadão no espaço da Comunidade. Sobretudo em grupos identificados, que são os empresários, jornalistas, artistas, desportistas, estudantes, investigadores, pesquisadores. A este grupo podíamos começar a dar uma porta de saída para circular no espaço, enquanto os países se organizam, para que a abertura seja total para os outros cidadãos. Isso seria um grande avanço nos próximos dez anos. E isso tem implicações na questão da educação, dos intercâmbios de conhecimento entre estudantes de Portugal, Brasil, Moçambique...\". São os cidadãos que vão transmitir a imagem do que é a CPLP, deste sentimento de pertença à CPLP\" \"Eu vejo que, se houver vontade política, e espero que em Brasília os chefes de estado reafirmem a sua decisão de que a CPLP é uma organização para todos os nossos povos, é possível dar um impulso para que continue a crescer cada vez mais. Eu acredito que é um grande instrumento que temos para nos posicionarmos a nível internacional. Hoje já somos incontornáveis, mas podemos ser mais se mostrarmos um empenho em que essa organização cresça\", afirmou Murargy. Dum tempo a esta parte os movimentos na CPLP apontam para o aproveitamento da unidade linguística como o fator de estabelecimento de laços comerciais e desenvolvimento económico. Mas o tempo passa e a Galiza continua ausente. Entrar de vez na CPLP deveria ser tarefa prioritária do novo parlamento que agora se constitui e do Governo que dele sair."}
{"ID": "NOS_6829", "summary": "A Fiscalía responsabilízaos de desordes públicas e enfrontamentos coa policía durante unha manifestación na defensa dun reparto xusto para a frota galega das cotas de xarda e xurelo", "text": "O 2014 foi un ano de continuas mobilizacións dos cerqueiros galegos (por volta de 120 barcos e mil tripulantes), un sector que saiu á rúa en manifestacións e mobilizacións para protestar por un reparto de cota da xarda e xurelo que consideraban inxusto e discriminatorio para coa frota galega. Por unha desas mobilizacións, que decorreu en Vigo en marzo de 2014, a Fiscalía pide para 16 mariñeiros 3 anos de prisión para cada un, o que supón un total de 48 anos. As citacións recibíronas a finais de 2014 e o xulgado vén agora, segundo informa La Voz de Galicia, de aprazar o xuízo até o mes de xullo. A Fiscalía acusa os mariñeiros de protagonizar desordes públicas durante esa mobilización, que comezou no Berbés para ir até a sede da Xunta en Vigo. Alí producíronse diversos enfrontamentos e incidentes, que o ministerio público achaca aos cerqueiros, aos que acusa de guindar todo tipo de obxectos contra axentes e edificio, así de queimar unha bandeira da Unión Europea após baixala do mástil onde penduraba. Para a Fiscalía, os acusados tiñan \"clara finalidade de atentar contra a convivencia\" e responsabilízaos de causar diversos danos no mobilizario urbano e en vehículos da policía española durante os enfrontamentos que posteriormente tiveron lugar na zona do Berbés. Multas e detencións Non son estes os primeiros procesos nos que se ven os mariñeiros do cerco polas mobilizacións na defensa dun reparto xusto da cota da xarda. Até 150 euros de multa por unha falta catalogada como \"grave\". Esas foron as sancións que impuxo a Subdelegación do goberno español a mariñeiros e armadores do cerco que participaron na manifestación do 6 de marzo en Vigo. En abril de 2014 a policía española desenvolvía un operativo para deter media ducia de persoas ás que acusaba de tomar parte nos incidentes que decorreron en Compostela en marzo dese mesmo ano nunha mobilización dos mariñeiros do cerco diante do Parlamento de Galiza."}
{"ID": "NOS_30244", "summary": "300.000 accidentes de traballo fican anualmente sen investigar, sen que iso implique ningún tipo de sanción para a maioría das empresas que incumpren a legalidade neste campo. O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG analiza esta situación no seu último boletín.", "text": "Máis da metade das empresas incumpren coa obriga de investigar os accidentes laborais embora ser esta unha obriga. O artigo 16.3 da Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) estabelece a obriga do empresariado de \"investigar os feitos que teñan producido un dano para a saúde das e dos traballadores, co obxectivo de detectar as causas deses feitos\". Mais, denuncia o último boletín de saúde laboral elaborado pola CIG, isto é papel mollado para a maioría das compañías. O sindicato toma datos da Enquisa Anual Laboral (EAL) realizada polo Ministerio de Traballo, no ano 2016, que revelou que só 34,4% das empresas españolas investigaba os accidentes laborais. \"Isto é, que 65,6% das empresas non cumpren coa súa obriga legal de investigar os accidentes. Se temos en conta que os accidentes non investigados rondan 60%, isto supón que uns 300.000 accidentes de traballo quedan anualmente sen investigar, sen que isto implique ningún tipo de sanción para a infinita maioría das empresas que non cumpren coa legalidade nesta materia\", indica. A investigación dos accidentes/incidentes de traballo é un instrumento necesario e imprescindíbel para coñecer as causas que os provocaron, así como para que se poidan adoptar as medidas preventivas necesarias para eliminar esas causas e reducir a posibilidade de que se poidan repetir ese tipo de accidentes. No boletín recóllense unha serie de propostas para mudar a situación. Así, proponse esixir que a contratación da investigación de accidentes forme parte obrigatoria do contrato de prestación dos servizos a realizar polos Servizos de Prevención Alleos (SPA), ou ben que cando a Inspección de Traballo reciba unha comunicación de accidente a través do sistema Delt@, este emita automaticamente un requirimento para que a empresa lle presente o Informe de Investigación do Accidente (IIA). Galiza lidera a mortalidade por sinistralidade laboral no Estado. O país está á cabeza do Estado español en índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores) en sinistros laborais mortais. Duplicamos a media estatal no que é unha constatación máis do preocupante panorama que nos accidentes laborais rexistra Galiza. No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6,05."}
{"ID": "NOS_35749", "summary": "Saíu do prelo Galiza 1968. A consciencia avivada. O volume incluído nas monografías De Nós, impulsadas por Sermos Galiza S.A., chegaralles nos vindeiros días ás e aos asinantes do semanario. Tamén se distribuirá polos quiosques e as librarías de todo o país. Ao fin, o caderno responde á vontade de restaurar un período chave do noso pasado recente dándolle voz á loita dunha xeración que aspiraba a devolver Galiza á historia.", "text": "A publicación promovida por Sermos Galiza S.A. e coordinada polo investigador Xosé Ramón Ermida Meilán propón unha viaxe pola Galiza da década dos sesenta guiada por algunhas das mulleres e homes que viviron en primeira persoa os feitos que agora nos contan. Segundo os editores, \"os traballos pretenden revivir da man dalgúns dos seus protagonistas os días e feitos que abonaron a conformación dunha nova consciencia galega\", sinalando que neste período fanse presentes \"algúns dos síntomas dun novo tempo na sociedade galega, que acadará o seu momento cumio no segundo quinquenio da década dos setenta xa convertido nun amplo movemento de masas de orientación democrática e galeguizadora\". Nesta liña, considérase que o 68 galego \"foi un movemento orixinal que responde á dialéctica endóxena da formación social galega\" e saliéntase que \"as demandas da sociedade respondían a reivindicacións concretas moi ligadas á problemática específica do país nunha xeral orientación antifranquista e de recuperación da identidade galega\". As clases populares serían un suxeito decisivo na conformación dunha alternativa ao franquismo. Así, neste monográfico Nemésio Barxa, na altura un avogado galeguista que traballaba no despacho de Amadeo Varela, militante da UPG que asumiu a defensa xurídica dos labregos afectados polo encoro de Castrelo de Miño, recupera a loita das veciñas e veciños contra Fenosa e o movemento social de solidariedade xurdido na sociedade galega. As protestas da veciñanza do val de Castrelo, o xantar de despedida a Celso Emilio Ferreiro en 1966, convertido no primeiro mitin organizado na Galiza após 1936 contra o franquismo, as follas voandeiras clandestinas e tamén dirixentes como Luís Soto dan corpo á crónica sobre \"a primeira revolta autenticamente popular contra Franco\". Pola súa banda, Camilo Nogueira, ao tempo un mozo enxeñeiro da Citroën que presidía a Asociación Cultural de Vigo, resgata nunha entrevista a construción do colectivo Galiza Socialista, os intentos de vincular a clase obreira á loita nacionalista, a vontade de articular sindicatos de dirección galega e a xénese da organización operaria en Vigo, que demostraría a súa madurez nas grandes loitas de 1972. A eclosión da cultura A década dos sesenta significa unha auténtica eclosión da cultura galega. Henrique Harguindey e Manuel Romero, fundadores e directivos da agrupación O Facho, debrúzanse no asociacionismo cultural xurdido para a defensa da identidade galega. A aparición de entidades como O Galo en Compostela, O Facho na Coruña, a Agrupación Cultural de Vigo, o Clube Cultural Valle-Inclán en Lugo, a Auriense, o Ateneo de Moaña, Amigos da Cultura en Pontevedra ou Abrente en Ribadavia serviu para pór en marcha centos de iniciativas de dignificación da cultura do país e da súa lingua, favorecendo o compromiso co propio dunha nova xeración galega. A carón do impulso ao tecido asociativo, sinalouse no tempo o impulso da actividade teatral, das artes plásticas, coa aparición da Estampa Popular Galega, e da canción no noso idioma. Precisamente, Vicente Araguas, un dos fundadores e membros senlleiros de Voces Ceibes, ocúpase nesta publicación do nacemento e desenvolvemento da nova canción na Galiza, reparando no labor deste colectivo, así como no papel das primeiras iniciativas discográficas. A loita estudantil Os protestos estudantís ficaron na memoria como imaxe case icónica do patrimonio rebelde de toda unha década. Xesús Sanxoás Formoso, á volta de 1968 estudante de dereito en Compostela, repasa os conflitos vividos na universidade galega que estouparan con toda a súa forza no mes de marzo cunha folga que paralizaría durante meses a actividade académica. A lembranza das reivindicacións concretas e a incardinación destas no marco xeral da loita contra o franquismo, a aparición de novas formulacións partidarias, as dificultades na configuración da alternativa nacionalista pero tamén o recordo da represión do réxime a unha xeración que aspiraba a volver a poñer en marcha a Galiza son eixos deste artigo. Ao tempo, Pilar Allegue Aguete, entón unha estudante na universidade madrileña, recupera a participación na loita das e dos escolares galegos residentes na capital do Estado, significando a actividade dos Comités de Nacionalidades, unha plataforma impulsada por patriotas galegos e vascos que xogarán un papel chave na orientación e dirección do movemento estudantil en Madrid. A aparición do estudantado como actor político de primeira orde introduciría toda unha serie de mudanzas que cuestionaría os roles tradicionais e abriría novos aspectos na axenda do cambio. María do Carme García Negro, recentemente chegada a Santiago de Compostela no curso 1967/1968 e parte da primeira promoción da Facultade de Económicas, fixa un panorama social da capital de Galiza, afirmando que \"Compostela era en 1967 pouco máis que unha vila grande con dous representantes de peso social: a Igrexa e a Universidade\" e afirma que \"a convivencia dos estudantes cos santiagueses era moi cativa, compartíase espazo urbano pero non vidas\". A cuestión de xénero Camiño Noia, entón presidenta da Xuventude de Estudantes Católicos e destacada activista do marzo compostelán, reflexiona sobre o papel das mulleres e da problemática de xénero naquela mocidade politizada que combatía o franquismo, destacando que \"os grandes cambios no pensamento en 1968 non foron acompañados de mudanzas importantes respecto ao papel das mulleres\" e exemplificado que \"malia o compromiso político dun amplo grupo de universitarias, os dirixentes da revolta foron só homes\". A monografía é unha obra continuadora doutras sobre a temática editadas nos últimos anos e agarda por novas investigacións que permitan achegar unha visión de conxunto sobre a época. Son moitos os temas de relevo que ficaron, por diversos motivos, fóra da publicación e que terían contribuído a unha mellor compresión do período. Porén merece destacar a achega de Xaquín Campo Freire, un daqueles cregos antifascistas da comarca de Ferrol comprometido até hoxe cunha igrexa galeguizada e coa súa sociedade. O seu traballo fornécenos a perspectiva dun sector da igrexa heterodoxa que, ao abeiro do proceso iniciado co Vaticano II, aposta decididamente na introdución do noso idioma na liturxia e no movemento que prestou colaboración á loita nacionalista clandestina, como aconteceu en 1975 canda \"o Domus Ecclesiae foi saqueada pola policía cando o asasinato de Moncho Reboiras, xunto coas casas doutros seis curas\". Presentacións Estamos diante dunha publicación con vontade divulgativa que aspira a achegar un relato anovado sobre a historia contemporánea de Galiza. Sermos Galiza S.A. indica que \"os debates que se pretenden organizar nas cidades e vilas de Galiza responderán ao obxectivo de botar luz arredor dun novo rexurdimento que vai inaugurar un ciclo político no país que arranca coa fundación das organizacións nacionalistas clandestinas a mediados da década dos sesenta e que se fechará após o golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 tras a consolidación do réxime da II Restauración\"."}
{"ID": "NOS_58194", "summary": "Os contaxios pola Covid volven superar un día máis o medio millar mentres aumenta a presión hospitalaria.", "text": "Os casos activos de coronavirus na Galiza continúan á alza e alcanzan as 4.779 infeccións ─383 máis nas últimas 24 horas─, mentres que os contaxios volven superar o medio milleiro, 514 ─59 menos─. A presión hospitalaria tamén se incrementa até as 114 hospitalizadas ─dez máis─, así como a taxa de positividade, que marca un 6,98%. Segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas deste sábado, aumentan a 21 os pacientes ingresados en UCI pola covid na Galiza ─seis máis─, e a 93 os hospitalizados noutras unidades ─catro máis─. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete, e só se estanca na de Lugo. Así, a de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente covid en UCI, pero aumentan até os 12 (dous máis) os hospitalizados noutras unidades; e a de Ferrol conta con dous ingresados en críticos (un máis), pero continúa con 10 pacientes en planta, sen cambios. Pola súa banda, a carga asistencial aumenta lixeiramente na área de Ourense, que rexistra 27 pacientes en planta (dúas máis), aínda que mantén a tres en críticos (sen cambios), e na da Coruña, onde non se notifican cambios en UCI, con catro pacientes, pero onde aumentan os hospitalizados en unidades convencionais até o 16 (un máis). A presión hospitalaria increméntase tamén na de Santiago, con cinco hospitalizados en unidades convencionais (un máis) e catro en críticos (un máis). O maior incremento en hospitalizados en UCI rexístrao a área de Vigo, onde hai seis pacientes en críticos (catro máis), aínda que 20 en unidades convencionais (dúas menos). Por último, o distrito lucense é o único que non rexistra cambios, e continúa con tres ingresados en unidades convencionais e un en UCI. Camiño das 5.000 infeccións Galicia continúa por encima dos 4.000 casos activos de Covid após rexistrar un novo ascenso por vixésimo oitava xornada consecutiva até os 4.779, que constitúen 383 máis, ao haber máis contagios (514) que altas (131). As infeccións activas ascenden de novo no sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+129), seguida pola de Vigo (+123), Pontevedra e O Salnés (+40), A Coruña-Cee (+38), Ferrol (+23), Santiago e Barbanza (+17) e Lugo (+13). Deste xeito, con máis casos colócase a de Vigo, con 1.325; seguida da de Ourense, con 1.263; A Coruña e Cee, con 674; Lugo, con 448; Santiago e Barbanza, con 402; Pontevedra e O Salnés, con 420; e á cola continúa a de Ferrol, con 247. Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 171,68."}
{"ID": "PRAZA_4893", "summary": "A investigación da presunta trama corrupta constata as presións dos dirixentes de Aquagest para incrementar a factura en Compostela e o \"desvío evidente de fondos\" da empresa para financiar equipos deportivos e festas da cidade. Os investigadores sospeitan do uso de \"facturas falsas\" nunha sociedade na que participa o Concello.", "text": "Aos presuntos líderes dunha das pólas da Pokémon non lles saían as contas. Se o sumario da causa instruída pola xuíza Pilar de Lara fose unha novela unha das tramas máis recorrentes sería a teimosía dos responsables da empresa Aquagest por renovar a concesión do servizo de augas de Compostela, unha prórroga que non lles daba chegado malia á eliminación de obstáculos como as persoas titulares da secretaría e da intervención municipal no Concello e que se complicou coa definitiva caída en desgraza de Gerardo Conde Roa. Ademais de para lograr esa renovación, proceso no que tentaban utilizar todas as súas influencias, a presión tiña outro obxectivo fundamental, segundo a investigación: incrementar a recadación do recibo da auga. Segundo consta nos informes de Vixilancia Aduaneira incluídos na parte do sumario que sobre a que xa non pesa o segredo, un dos dirixentes composteláns de Aquagest, José Luis Míguez, expresa nunha chamada telefónica a súa contrariedade pola reticencia do Concello a aplicar un incremento na factura equivalente á suba do IPC. Así, nunha conversa cun home identificado como Luis \"pregúntalle se no seu contrato teñen a revisión automática das tarifas pola suba do IPC\". \"Luis dille que si, pero que en 2011 a interventora cargouno polo morro, eles reclamaron e vanllo pagar\". Míguez \"ameazou con meter unha factura de 200.000 euros de suba das tarifas\" Neste contexto, Míguez \"interésase pola forma da reclamación\" mentres segue a \"queixarse polo maltrato que lle está dando o Concello\", que lle \"devolveu as facturas do incremento do IPC\" malia ao \"compromiso do anterior alcalde\", Gerardo Conde Roa. Dado que todo parecía indicar que non ía haber incremento da recadación Míguez transmítelle a Luis o que xa lle advertira a algúns membros do Goberno municipal: que como non hai máis cartos, \"a partir de agora non van participar en nada\", aínda que nos últimos anos \"participaron en moitas cousas e grazas a Aquagest hai un equipo na cidade que está na ACB\", en referencia ao Obradoiro. \"Míguez -recolle outro informe- ameazounos [ao Concello] con meter unha factura de 200.000 euros de suba das tarifas que non está aprobado\" e por iso \"están deixando de poñer cartos para actos cívicos relacionados co Concello como facían antes\". Segundo Míguez \"ao final a pelota vai ascender a un millón de euros\". \"Desvío de fondos\" para equipos deportivos e festas O financiamento de equipos deportivos composteláns a través de empresas da presunta trama é, precisamente, outra das liñas de investigación da xuíza. Indaga nisto despois de que os investigadores incluísen como feitos \"destacados\" nos seus informes a \"entrega de cartos por parte da empresa Aquagest ao Obradoiro\" pero non por altruísmo ou por amor ao deporte, senón \"para conseguir a prórroga do contrato\" co Concello. \"Míguez -detalla un informe- recoñece\" esa entrega de cartos, que se concretaría nun \"desvío evidente de fondos a outros fins que non son os do contrato que ten Aquagest\". A empresa ameazaría con deixar de financiar actos e equipos se non recadaba máis \"Realízanse achegas de cartos por Aquagest para empresas suxeridas por autoridades de Santiago\", algunhas delas \"moi relevantes pola súa contía\", relata Vixilancia Aduaneira antes de salientar que a compañía de augas \"entregoulle 60.000 euros ao Obradoiro como acordo para renovar a concesión en Santiago\", entrega que se produciría \"a iniciativa de Ángel Espadas\", alcumado Puñales, para \"pagar nóminas e xogadores\". Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, \"pide 70.000 euros para o equipo Lobelle de fútbol sala\". Noutro punto da investigación Vixilancia Aduaneira intervén unha conversa na que Míguez lle explica a outro dirixente da empresa, Casimiro González, que \"vén de estar co concelleiro de Auga e Saneamento, ao que lle rehabilitara as oficinas por 32.000 pola cara\" e lle dixo \"que a empresa xa non pode achegar máis, que xa puxo 180.000 euros para as festas e para o Obradoiro\". Preguntas da xuíza a Adrián Varela As achegas aos equipos da cidade, as contrapartidas por estas e a influencia do Concello no proceso foron unha parte fundamental do interrogatorio da xuíza ao edil Adrián Varela, imputado no caso. Ante a pregunta de se Aquagest \"entregou cartos ao Concello\" Varela asegura que a empresa achegou \"60.000 euros\" pero \"directamente\" ao club. El só admite que \"o club se reúne comigo\", porque \"comigo se reúne ata o apuntador\", para explicarlle que \"necesitan cartos\". \"Tentas buscar fórmulas, sempre dentro da legalidade para axudar a entidades deportivas\". En todo caso, afirma, \"eu non participei na xestión\" porque \"foi Gerardo quen levou o tema\". Non obstante, a sospeita da maxistrada é que eses cartos se entregaron como \"anticipo pola renovación do servizo de augas\". A xuíza sospeita do financiamento de entidades deportivas e pregunta polo uso de facturas falsas De Lara dubida de que o Concello non influíse nestas axudas ao club e tamén de que este recibise só os 60.000 euros de Aquagest. Faino porque os investigadores advírtena de que \"se estaría entregando diñeiro dende o Concello ao club de baloncesto Obradoiro e, para que non quede constancia deste feito, estaríase realizando a través de facturas, polo que podemos deducir que se trataría de facturas ficticias que pagaría Xade\", unha sociedade mixta na que participa o Concello, e por \"un montante de, cando menos, 200.000 euros\". Nunha gravación telefónica Varela \"admite que o autorizou el\" e \"espera que non se entere a prensa\". En conversas posteriores o propio Varela e Espadas admiten que \"se fixo por tras, con facturas\". Con estes datos sobre a mesa a xuíza pregúntalle ao concelleiro \"que quere dicir que iso se fixo por tras, a través de facturas\" e el mantén que o financiamento se realizou \"en concepto de patrocinios\" por importe de \"50.000 ou 60.000 euros\". \"E 200.000?\", repregunta a xuíza. \"Si, pode ser\", admite o edil, que tras explicar a composición accionarial de Xade -nela participa o Concello minoritariamente e empresas propiedade do presidente do Obradoiro- detalla os motivos polos que non quería que os feitos chegasen a ouvidos dos medios de comunicación: \"porque politicamente estamos vendendo que imos colaborar cos clubs de base\". En calquera caso, resalta, \"non son 200.000 euros do Concello\", senón \"da sociedade, dos que o 33% son do Concello\"."}
{"ID": "PRAZA_2121", "summary": "Hai máis de media década Pontevedra implantou o seu primeiro roteiro para que nenos e nenas fosen á escola sen adultos, a pé e con seguridade. Varias localidades desenvolven xa iniciativas semellantes cunha aposta á que agora se incorpora Santiago.", "text": "\"Eu propóñolle ao alcalde de Pontevedra que ao entrar na cidade poida haber un cartaz que poña: Coidado, os nenos desta cidade van á escola sós e xogan na rúa\". Así chanceaba o pasado marzo o prestixioso psicopedagogo e educador Francesco Tonucci durante unha conferencia na que, ao debullar a versión galega da súa obra A cidade dos nenos (Kalandraka), lembraba a súa colaboración co Concello pontevedrés no seu proceso de \"cambio\" urbano, no que pasou de priorizar os coches a \"convidar os nenos a iren á escola sen adultos\". Esa filosofía plasmouse nos Camiños Escolares, unha iniciativa xa plenamente implantada en Pontevedra e que nos últimos anos se veu estendendo por diversas localidades de Galicia, con Santiago como última incorporación ata o momento. A xuízo de Tonucci, que nais e pais \"non lles deixen saír aos nenos porque a rúa é perigosa\" é todo un \"paradoxo\". \"Eu creo que a rúa é perigosa porque non hai nenos nela, está abandonada\", afirmaba. \"Se os nenos non poden saír sós da casa non poden ser bos cidadáns, non contribúen a facer a cidade mellor\", e se as vías urbanas \"só serven para que pasen os coches, os coches non coidan a ninguén\", mentres que os peóns \"comunícanse, míranse, e se hai nenos na rúa, cóidanos\". Con estes principios lanzouse hai xa máis de media década o primeiro Camiño Escolar de Pontevedra, que comezou experimentalmente no colexio Álvarez Limeses. Os postulados do psicopedagogo Francesco Tonucci inspiraron o lanzamento do proxecto en Pontevedra A aposta por que o alumnado volvese ir andando ao colexio particu dunha apelación á \"confianza\" das familias na responsabilidade de nenas e nenos, pero tamén na cidade como \"espazo basicamente seguro\", lembran dende o consistorio. Por este motivo, os camiños escolares baseáronse na \"pacificación\" do tráfico mediante peonalizacións e a xeralización do límite de 30 quilómetros por hora na zona urbana, pero tamén no establecemento de varios dispositivos adicionais sobre o papel e sobre o terreo. \"É no seo de cada familia onde cada neno e nena ten que aprender o camiño á escola e á casa\", evidencia o goberno local, se ben persoal municipal \"de apoio\" ubícase en varios puntos dos percorridos para \"axudar\" a que os escolares \"estean atentos a semáforos e vehículos\" e indicar a quen vaian en coche \"a necesidade de extremar o coidado pola presenza de nenas e nenos sós na rúa\". Implicación da cidadanía e do tecido comercial Distintivo dos locais colaboradores en Pontevedra e \"multa cívica\" en Santiago Ademais de intervir no tráfico, trazar rutas seguras e implantar persoal de apoio, os camiños escolares apelan á colaboración do conxunto da cidadanía e, moi especialmente, dos establecementos comerciais e hostaleiros que desenvolven a súa actividade nos itinerarios polos que pasan nenos e nenas ao iren ao colexio. \"Falamos con encargados dos locais comerciais e hostaleiros para que axudasen en caso de problemas, de tal xeito que o neno ou nena pode entrar nos locais\" que teñan o distintivo distribuído dende o Concello para \"recibir a axuda que precisen\", que en caso de problemas adoita ser, \"basicamente, chamar ao colexio ou á Policía Local\". Os camiños escolares inclúen unha rede de establecementos comerciais aos que o alumnado poden acudir se ten algún problema durante o percorrido A colaboración dos comercios é tamén unha das pezas do proxecto da que, ata o momento, é a última localidade galega en poñer en marcha estes roteiros á escola, Compostela, onde reciben o nome de Colecamiños. No caso da capital galega o primeiro destino experimental do plan é o colexio Pío XII, ao que chegan catro itinerarios deseñados pola Policía Local que se \"poden percorrer nuns 10 minutos\", partindo de puntos nos que \"os pais e nais poden parar uns minutos cos seus coches para deixar os nenos\", no caso de que os seus fogares estean máis afastados. Os Colecamiños, resalta o Concello compostelán, segue a estela de \"experiencias que xa funcionan con éxito en moitos países europeos e en cidades máis próximas como Pontevedra\" e \"abrangue todas as áreas de xestión municipal\", porque implica dende charlas de sensibilización a \"modificacións urbanísticas\", pasando pola implantación de novos sinais de tráfico ou campañas específicas como a denominada \"multa cívica\", coa que nenas e nenos poden sinalar condutas de persoas adultas que, ao seu xuízo, poden obstaculizar ou impedir estes percorridos seguros. Os Colecamiños de Santiago inclúen a campaña da \"multa cívica\", para sinalar condutas de persoas adultas que poñen en risco a seguridade Como en Pontevedra, o proxecto de futuro en Santiago é estender os Colecamiños para, paulatinamente, ir substituíndo \"o hábito de levar os cativos en coche ata a mesma porta da escola\", que \"os priva de momentos compartidos coas súas amizades, pero tamén pon trabas ao desenvolvemento da súa autonomía\". Cómpre ter en conta, di a oficial da Policía Local Diana Parente, que \"hai estudos que xa apuntan a que aos oito anos os cativos xa teñen as capacidades psicolóxicas e psicomotrices necesarias para seren autónomos\". \"Levar os cativos en coche ata a porta da escola pon trabas á súa autonomía\" A \"recuperación da cidade para as persoas que viven nela, tamén para as máis novas\" e, asemade, a mellora na \"fluidez do tráfico\" serán dous dos obxectivos dos Colecamiños composteláns. Coa súa posta marcha Santiago súmase a Pontevedra, pero tamén a iniciativas semellantes que, nos últimos anos, xurdiron en cidades e vilas como A Coruña, Ourense e Lugo, e, máis recentemente, en Carballo e Barbadás."}
{"ID": "NOS_18779", "summary": "O BNG celebrou este 6 de decembro en Pontevedra un acto de homenaxe e conmemoración do 90 aniversario da fundación do Partido Galeguista, nacemento do nacionalismo político organizado.", "text": "\"O BNG é o Partido Galeguista do século XXI, vimos de lonxe e imos chegar aínda máis lonxe\", proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras remarcar que se ben o mundo cambiou de forma notábel ao longo destas nove décadas, hai algo que non mudou: \"A necesidade do nacionalismo para Galiza, que precisa máis que nunca forzas políticas coas mans libres para defender os seus intereses\". A líder do BNG foi a encargada de clausurar o acto 'Galiza, unha nación viva' no que tamén participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mais a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez Martín. A cerimonia deu comezo co himno do antigo Reino da Galiza e serviu para reivindicar unha Galiza con futuro mai o \"legado vangardista\", dixo Lores, de persoas como Castelao e Bóveda, e con eles, engadiu Ana pontón, unha \"equipa de primeira\" como os irmás Vilar Ponte e Suárez Picallo, Victor Casas, Johan Carballeira, Ánxel Casal ou Otero Pedraio. Pasado e futuro feminista Mais tamén ilustres mulleres, que a portavoz nacional do BNG quixo reivindicar de forma expresa, como Amparo López, María Miramontes, Elvira Bao, Micaela Chao, Antonia Pardo, Virxinia Pereira, Antonia Pardo, Amalia Álvarez, Ernestina Otero e tantas outras. \"Porque elas foron, somos. E porque somos, o futuro de Galiza será feminista, ou non será\", proclamou a líder nacionalista. Pontón salientou a necesidade dunha forza \"coa cabeza e co corazón\" no país, capaz de frear un centralismo \"que se estende como mancha de chapapote, viscosa e contaminante, para tapar a realidade dun Estado que é plurinacional, pluricultural e plurilingüe\", destacou. Pontón destacou o proxecto transformador e modernizador do Partido Galeguista co Estatuto do 36 como punto de partida que incluía o recoñecemento nacional da Galiza ao mesmo nivel que Euskadi e Catalunya. \"Galiza é unha nación viva e o BNG un nacionalismo liberador\", subliñou Pontón, e iso, dixo, é o que conmemorou o BNG no acto de Pontevedra, \"non a Constitución que blinda a impunidade dunha casa real corrupta, nin a que nega a plurinacionalidade e impón un centralismo letal, nin a que apuntala unha democracia de baixa calidade trufada de portas xiratorias, de corrupción institucionalizada e de control partidista dos órganos xudiciais\", argumentou. Disputarlle a hexemonía ao PP Como contrapunto, sinalou o BNG herdeiro do Partido Galeguista, que encara un novo ciclo político co reto de liderar a Presidencia da Xunta, \"porque somos un proxecto gañador e imos disputarlle a hexemonía ao PP como xa fixemos en Pontevedra, indicou Pontón, un reto que require, de toda a humildade, intelixencia colectiva e de toda a ambición\". \"O nacionalismo é a esperanza do pobo galego para termos futuro\", recalcou. \"Imos construír unha Galiza en grande que deixe atrás a Galiza en pequeno que nos lega o PP de Feixoo, porque o BNG ten confianza no país, no seu potencial e sabemos cara onde queremos camiñar\". Referiuse Pontón a unha Galiza \"máis xusta\", con servizos públicos fortes, á vangarda na loita contra a emerxencia climática, con base na ciencia e na innovación, con oportunidades para a mocidade, feminista, internacionalista e solidaria. Ademais, reiterou a demanda dun novo \"status político de nación\" e autonomía financeira para Galiza, que pasa por ter aquí a chave dos nosos cartos."}
{"ID": "NOS_39024", "summary": "O Día da Candeloria, 2 de febreiro, ese en que casan os paxaros, ten un simbolismo que se remonta no tempo. A festividade de Santa Bríxida, un día antes que a Candeloria, enxalza a fertilidade e a fecundidade, presentes na tradición do pobo que con máis intensidade conservou as diversas manifestacións do mito, Irlanda.", "text": "O mapa do occidente Atlántico está cuberto por pobos de brétemas, entre enguedelladas topografías, labirintos históricos nos que se perden mitos e ancestrais ritos. Entre eles tamén o da Atlántida, illa con canles e circos de augas, arredor dun gran templo erguido ao deus dos océanos... que se a lenda do país, das Hespérides, dos hiperbóreos, paraíso centrado polo horto da árbore das mazás de ouro. Pomas buscadas por Hércules, como tamén era buscado por Jackson e os Argonautas o pelexo do Castrón de ouro, símbolo dos imperios. Illas máis aló dos mares navegados por fenicios, gregos e romanos, noutra banda dos agudos montes das Columnas de Hércules ou do deus Briareo, quizais o mesmo e mítico Vero Breo, adorado nos altares do Facho de Donón, mirando ás Cíes... Parte mítica dos \"máxicos\" pobos do extremo occidente, aos que os cronistas e xeógrafos latinos catalogaban como \"outros\", \"keltoi\"; para os gregos eran os \"keleto\", veloces xinetes... Pobos nomeados coa raíz \"gal\", \"kal\", como os romanos coñecían os celtas, quizais pola cute branca, como coida Isidoro de Sevilla, ou por habitar entre as pedras, señores dos coios. Entre tantas \"gallaecias\", en Polonia, Romanía, en Macedonia, a Galiza... Xentilidades, grupos familiares cunha firme relixión animista. Adoradores dos astros, das árbores, das fontes, intérpretes do vento e das estrelas... Celtas, pobo nacido da encrucillada, do camiño, do encontro entre diferentes etnias procedentes de Asia, de Anatolia, coñecedores do ferro: Escitas, Hititas... introducidos no que hoxe é Europa por todos os camiños, seguindo o Danubio e o Rhin. Para facerse co territorio e mesmo con gustos e costumes dos etruscos, dos Íberos e doutro indíxenas impregnados das influencias mediterráneas, exipcias, cretenses, micénicas e mesmo coas que topaban no seu lento camiño difusor. Turín, Bérgamo, Milán, Maguncia, Bohemía, París, Coimbra e tantas \"brigas\" ou \"brigantias\", nas illas británicas, a Braganza trasmontana, a nosa Brigantia do Mar dos Ártabros, e outros como Friburgo... son algúns topónimos coa orixe frixia \"frig\" ou \"brig\". Núcleos que compartiron ritos semellantes aos orientais, cultos zoroastristas ás dualidades, centrados polo lume, á natureza, aos astros, aos catro elementos que rexen o agro e a vida: luz e lume, auga, terra e pedra, o aire, celebrados por magos oficiantes, druídas, entre sagas e nostalxias cantadas polos poetas bardos. \"Soamente cun medo: que o ceo lle caese derriba... e as tebras\", como lle confesou un druída a Alexandro e segundo conta Ptolomeo... Don Vicente Risco daría conferencias interminábeis sobre este tema no que teimaba. Bríxida e a Candeloria: da Luz ás Tebras, do Inverno á primavera Nas crenzas célticas todo está en devalar, desde o caos ao cosmos, na procura da perfección, para logo renacer de xeito diferente... a Teixido irá de morto o que non vai de vivo... e farao baixo a forma de réptil... na busca da harmonía cósmica. Celtas, tidos como valentes, aínda que bebedores e indisciplinados, especialistas ourives e delicados nos traballos do metal, das telas de lá e do liño. Entre os seus xamáns estaba Lug, sobranceiro nas sagas irlandesas: militar, mago, músico, domesticador de corvos mensaxeiros, heroe-deus, precedente do xermano Wotan ou Odín. Brigida é a deusa do lume, da luz, en relación coas brigantias, significa acoiraza , forte, madroeira pois da fortaleza física, dos ferreiros, dos curandeiros, da fecundidade... Cristianizada pola Santa Brígida. Da que na metade do século V, Cogitosus, na súa Vita Brigitae, conta obra e milagres da irlandesa, seguramente coa faciana pencada e roxa. Filla dun druída, sabedora das ciencias sacras da natureza, alumna de San Patricio. Monxa do mosteiro irlandés de Kildare e que pon nome a tantas Brigites nórdicas. Matriarcado patente na Bretaña na que tamén no século VI ten sitio Dahud-Ahés, filla do rei de Cornubia, meiga endiañada que combate o cristianismo e que castiga e asolaga a illa de Ys pola avaricia dos seus habitantes, tema que inspiraría a Allan Stivell para unha das súas composicións de arpa celta... unha de tantas lendas que se repite en lagoas da Galiza, disfrazando a virxe de pobre peregrina, mendigando pan que non lle dan... e que, cos poderes dunha meiga, como Ana Manana, envolve en auga cidades e panadeiros avarentos. Non podía ser doutra maneira, pois a Santa Brigida asóciase coas candeas, coa luz que brota entre a brétema da invernía, celebrada cada día 1 de febreiro, na véspera da Candeloria cristiá, cando tamén nos preparamos para honrar o armenio mago San Brais. Cultos traídos e levados entre Oriente e Occidente. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube"}
{"ID": "PRAZA_12096", "summary": "O día de Rosalía celébrase en todo o país impulsado pola AELG, que conseguiu que máis de trinta concellos aprobasen mocións declarando o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. Durante toda a xornada organízanse ducias de actos nas rúas e prazas de todo o país", "text": "Este venres cúmprense exactamente 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro e para celebralo a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou un feixe de actividades de todo tipo e en todas as direccións, animando ademais á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor. Dende hai semanas, ademais, foilles remitindo aos concellos de todo o país solicitudes para que os plenos municipais aprobasen mocións declarando este 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. Até agora máis de trinta xa o fixeron ou están en proceso de facelo, comezando pola Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pontenova, Arteixo, Arteixo, Betanzos, Cangas, Ferrol, Laracha, Muros, Narón, O Rosal, Ponteareas, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Santiago, Teo, Tui, Valdoviño, Viana do Bolo, listaxe que irá aumentando nos próximos días segundo se vaian celebrando os plenos. Como salienta Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, \"o recibimento foi moi bo. A proxección que ten Rosalía é tal, que segue estando en nós case sen dármonos conta\". \"O obxectivo é achegar a obra de Rosalía todos os galegos, que hoxe coñecen unha Rosalía que non foi a que estudamos durante moitos anos\" Como salienta Queixas, os actos organizados nacen con vocación de ser moi \"sociais\" pois \"a obra de Rosalía está concibida para o pobo, para a sociedade galega\". O obxectivo é \"achegar a obra de Rosalía todos os galegos, sobre todo os máis novos, que hoxe coñecen unha Rosalía que non foi a que estudamos durante moitos anos. Os estudos de diferentes investigadores nos últimos anos fóronnos colocando ante unha Rosalía moito máis auténtica, con maior personalidade, unha muller culta, loitadora, vangardista..., algo moi diferente a aquela Rosalía simple, chorona, populista..., que outras xeracións estudamos\". Queixas afirma que \"Rosalía tiña un país na cabeza que non era a que daquela había e ela ergueuse convencida como a voz do pobo, dende unha posición consciente de certo prestixio ou con maior facilidade para chegar á sociedade. Era a voz dos oprimidos, dos silenciados, das maltratadas, das nunca valoradas, das invisibilizadas, das mulleres, da lingua, era a voz que falaba por todos\". E conclúe: \"precisamos voces que nos recorden que non existe aínda o equilibrio para a sociedade, nin para o xénero, nin para as linguas, que hai unha lingua propia e oficial que segue sendo invisibilizada e marxinada\". Actos públicos Durante toda a xornada haberá actos nos centros de ensino, pero tamén nas rúas e prazas máis significativas das principais vilas e cidades galegas. Estes son: Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00 A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30 Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30 Ourense, Liceo, 19:00 Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00 Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO) A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18:30 Pontevedra, Casa das Campás, 18:00 A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19:00 Monforte, Centro de interpretación do viño, 21:00 \"Rosalía como berro\" En cada un destes actos o coordinador/a, socio ou socia da AELG, lerá unha Declaración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 175 anos despois do seu nacemento, do que este xoves se adiantou o primeiro parágrafo: \"Hoxe Rosalía como berro que reclama e revive en presente atemporal a reivindicar a presenza de lingua e identidade en todos os recunchos do noso país\". En opinión de Mercedes Queixas, \"estamos escribindo un capítulo máis dunha historia que non sempre é lineal, non se nos permite sempre avanzar con paso firme, senón que temos que dar eses pasos adiante e atrás da Penélope que nos recordaba Díaz Castro. Nós estamos escribindo un capítulo o mesmo que outras xeracións escribiron outros. Non hai nada rematado, hai moito por facer, moito por recuperar, e o importante é que teñamos esa vontade e esa firmeza que nos caracteriza ao longo da historia, para chegar a ese coñecemento, e unha vez que cheguemos ao coñecemento chegaremos ao recoñecemento e ao orgullo e a posta en valor do que somos, dentro dun mundo moi amplo pero dende a nosa individualidade\". Blog dedicado ao Día de Rosalía"}
{"ID": "NOS_27834", "summary": "Clasifícase por primeira vez na súa historia para unhas semifinais europeas após un sufrido empate co Genk. Enfrontarase co Manchester United de Mourinho. O primeiro partido, en Vigo, o 4 de maio. A volta en Old Traffor, o 11.", "text": "O Celta clasificouse para semifinais da Europa League, un paso de xigante na historia celeste, onde nunca se lograra pasar de cuartos finais nunha competición europea. Logrouno da man de Berizzo, nunha competida eliminatoria co Genk e con catro canteiráns sobre o céspede belga. O Celta chegaba con vantaxe ao Luminus Arena (3-2 en Balaídos), mais consciente de que ese resultado non permitía nin especulacións nin opcións conservadoras. Había que saír a polo partido. Enfronte, os belgas non tiñan outra que facer o mesmo, polo que o partido xa se prevía electrizante. O Genk enchufou os primeiros minutos de encontro, con decisión e perigo. Mais o Celta axiña deu resposta nun remate de Pione Sisto que marchou desviado por pouco. Os celestes sufrían cando tiñan que defender sen balón e os belgas centraban a súa aposta nas xogadas a balón parado. O Celta nunca desesperou. Tentaba manter a bola e tecer xogadas de ataque. O premio chegou xa na segunda parte, cun golazo de Sisto que estendeu a tolería entre o celtismo e acalou os seareiros belgas. Mais o Genk non é óso doado de roer e amosouno. Catro minutos despois empataba grazas a unha perda de balón na defensa celeste. A partir de aí o Celta sufriu. Foron os seus peores momentos, cun Genk atacando e sen acabar os celestes de aproveitar para armar as contras. Sufriu mais non se rendeu. O premio, o paso por primeira vez na súa historia a semifinais europeas. Ficha técnica 1 (3)-Genk: Ryan, Brabec (Dewaest, min.81), Colley, Trossard, Malinovskyi (Boëtius, min.72), Buffel (Schrijvers, min.72), Uronen, Pozuelo, Berge, Castagne, Samatta. 1 (4)-Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.80), Iago Aspas, Sisto, Guidetti (Beauvue, min.42; Roncaglia, min.90). Goles: Sisto, 0-1, min.63; Trossard, 1-1, min.67. Árbitro: William Collum, de Escocia. Amoestou a Dewaest (Genk); Pablo Hdez., Jozabed, Hugo Mallo (Celta)."}
{"ID": "PRAZA_14360", "summary": "Comeza a moverse polas redes sociais unha convocatoria para realizar unha cazolada en Santiago de Compostelá que marchará dende a Praza Roxa até o Hórreo para rematar na Praza do Obradoiro.", "text": "Este martes 25 de setembro un gran número de colectivos -organizados ao redor da Coordinadora 25S- chaman a concentrarse en Madrid diante do Congreso en protesta polo \"secuestro da democracia\" por parte \"dos grandes poderes económicos\". Será unha gran mobilización que, máis ou menos masiva, leva semanas espertando a preocupación do Goberno central e da policia, sobre todo ante a posibilidade de que se consolide unha acampada permanente nos arredores da cámara baixa. Seguindo o ronsel aberto por esta convocatoria, en Galicia tamén haberá mobilizacións este martes e que terán como obxectivo dous dos centros de poder da comunidade: o Parlamento e a sede do Goberno galego. 25S Compostela chama a concentrarse ás sete e media da tarde na Praza Roxa da capital galega con potas, tixolas e instrumentos musicais para dende aí iniciar unha marcha até o Parlamento e a Presidencia da Xunta na Praza do Obradoiro e levar a cabo unha cazolada polas rúas de Santiago. A organización fíxose dende a Asemblea Aberta de Compostela e nos últimos dias contactouse con outras asembleas de Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra ou Vigo, para que tamén acudisen á protesta. Porén, é posible que nesas cidades tamén se leven a cabo mobilizacións semellantes. Os organizadores denuncian que \"o noso sistema político resultou ser unha fraude na cal os distintos gobernos nos traizoan facendo exactamente o contrario aos seus compromisos electorais, e no que a xustiza non actúa contra os banqueiros, políticos e empresarios culpábeis da situación\". As demandas ao igual que as da gran convocatoria do 25S en Madrid inscribense na reivindicación xeral do inicio dun proceso constituinte."}
{"ID": "NOS_9384", "summary": "A familia Mouriño, que en México sitúan como artífices da consecución dos contratos de Pemex para a construción dos floteis nos estaleiros galegos, ten tamén conexións cun dos conselleiros de Feixoo nun negocio totalmente diferente: o do viño.", "text": "Cando regresou de México, onde estivo emigrado, Carlos Mouriño decidiu investir na Galiza parte do que gañara no país azteca cos seus negocios no sector petroleiro. Ademais de facerse co control do Real Clube Celta de Vigo, do que é presidente, cumprindo así un dos seus sonos de xuventude, o empresario tamén apostou polos sectores inmobiliario, promotor, da automoción e o vitivinícola. En relación a este último, o empresario vigués fundou en 2013 con outros dous socios a firma Grandes Pagos Gallegos de Viticultura Tradicional, unha sociedade especializada no cultivo das vides a partir de métodos e producións artesanais. Esta mercantil emerxe na declaración de bens que o actual conselleiro de Medio Rural, o popular Xosé González Vázquez, presentou no Parlamento galego en 2016. En concreto, no apartado 'Sociedades participadas en máis de 5% por outras sociedades ou entidades que sexan propiedade, en todo ou en parte, do parlamentario ou parlamentaria declarante', o deputado do Partido Popular declaraba en outubro de 2016 controlar 32% de Grandes Pagos Gallegos de Viticultura Tradicional mediante a sociedade Mirador de Banga S.L. e atribuíalle un valor á mesma de 403.243,71 euros a 31 de decembro de 2015. Pero esa participación desaparece no modificativo de dita declaración presentado en marzo de 2019, na que dito apartado figura en branco. Tamén presenta modificacións a súa participación noutra sociedade, a empresa Mirador de Banga SL, con sede en Ribadavia, dedicada ao sector vitivinícola e comanda polo seu irmán Xavier González Vázquez. A participación do conselleiro de Medio Rural nesta sociedade, a mesma coa que declaraba controlar 32% da empresa fundada por Carlos Mouriño, pasou de 78% en 2016 a 36% algo máis de dous anos despois. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_8613", "summary": "Actuarán o día 27 na sala Dilema 95 (Silleda) nun concerto organizado por Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.", "text": "Durante o mes de abril, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui vén realizando en Silleda un Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui. Dada a difícil situación que hoxe vive a cooperación, como todo, estanse a realizar diferentes actividades en todo o territorio galego co fin de financiar diferentes proxectos como o programa Vacacións en Paz, onde nenos e nenas saharauis, que viven nos campamentos de refuxiados de Tindouf, veñen a pasar os meses de verán con familias galegas, ademais da axuda humanitaria que se lles proporciona aos campamentos de refuxiados. Esta situación xa se prolonga no tempo 38 anos, producida pola ocupación de Marrocos do Sáhara Occidental donde a poboación saharaui vive entre os campamentos de refuxiados e os territorios ocupados. Por iso, para poñer voz a esta situación e para poñer o peche ao Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui, o día 27 ás 22.00 actuarán na sala Dilema 95 (Silleda) os grupos Ruxe Ruxe, Zënzar, Kambotes, Tiro na Testa e Skarmento. As reservas de entradas anticipadas -8 euros- pódense facer no mail concertoporunsaharalibre@gmail.com e tamén se poden mercar en Silleda (Salón do té, A lareira de Cuiña, Serinter, Bar Mistic, Pub Moe´s, Cafetería MariPepa), Bandeira (Bar Arume), Lalin (Café Cantigas, O Café de Mili, O Circo do Mundo, Rodeiro Pub Quirós) e Vila de Cruces (Cafetería Galicia, Bar Coyote)."}
{"ID": "NOS_34693", "summary": "A plataforma cidadá Auga limpa xa! vén de denunciar as coaccións e insultos que sufriron varios dos seus membros en Xinzo por parte dun cento veciños supostamente alentados por entidades e empresas cárnicas. Os feitos producíronse debido a que cinco persoas de Auga limpa xa! estaban a recoller firmas no marco dunha campaña informativa e de suma de apoios contra a contaminación das augas por mor dos residuos da industria cárnica.", "text": "Con motivo do día da feira membros da plataforma cidadá Auga limpa xa! instalaron en Xinzo unha mesa informativa sobre a problemática da contaminación das augas debido aos residuos da industria cárnica da zona. Ao redor desa mesa recolleron sinaturas para solicitar unha moratoria co obxectivo de frear a instalación de novas granxas de carácter industrial que agraven a polución das augas e solicitar aí mesmo que as explotación de porcino que hai na actualidade xestionen correctamente o xurro que producen. \"Só pedimos auga potábel\", afirman desde a plataforma \"Até a mesa achegáronse unha chea de persoas preocupadas polo problema que estamos a sufrir na Limia, pois todas sabemos que en moitos concellos desta comarca, especialmente en Xinzo, case ninguén se atreve a beber auga da billa\", sinalan desde a plataforma. Engaden ademais que tampouco se atreven a empregar a auga corrente para cociñar \"e menos aínda a dos pozos, pois a inmensa maioría dela supera os 50 miligramos de nitratros, que é o límite permitido pola Unión Europea\", afirman. Cuarta feira 14 de agosto, pasadas as doce e media, segundo afirman nun comunicado feito público pola plataforma, perto dun cento de persoas achegouse ás e aos membros de Auga limpa xa! \"con insultos, ameazas e coaccións, acurralándonos contra a parede a empurróns cos cóbados e obrigándonos a recoller todo e a marchar, protexidos en todo momento por axentes da policía local da garda civil\". Perto dun cento de persoas achegouse ás e aos membros de Auga limpa xa! \"con insultos, ameazas e coaccións\" A este respecto, engaden que non van \"consentir ameazas e insultos de conveciños alentados por Adegal, asociación coa que a plataforma viña mantendo conversas sobre a problemática das augas, así como coa empresa Coren. \"Despois do acontecido hoxe, estamos estudando rachar esas negociacións\", afirman. \"Só pedimos auga potábel\", afirman desde Auga limpa xa!. A este respecto, a plataforma sinala que o último informe do Ministerio para a Trasición Ecolóxica inclúe o Encoro das Conchas (río Limia, auga superficial) e dous puntos subterráneos de Xinzo de Limia, un de Trasmiras e outro de Sandiás no listado de \"augas continentais afectadas pola contaminación, ou en risco de estalo, pola achega de nitratos de orixe agraria\". A Limia e a Baixa Limia son as únicas zonas da Galiza que padecen augas contaminadas con nitratos de orixe agraria A Limia e a Baixa Limia son as únicas zonas da Galiza que padecen augas contaminadas con nitratos de orixe agraria, afirman desde a plataforma, e sinalan que a procedencia atópase nos residuos que verten as máis de 400 explotacións cárnicas industriais que se sitúan na zona. \"Queremos permanecer nun territorio saudábel e traballamos por un rural vivo, rico e con futuro\" conclúen desde a plataforma o seu comunicado, sinalando que defenden o labor das e dos gandeiros e agricultores e a loita por uns prezos xustos e unha produción sustentábel."}
{"ID": "NOS_41258", "summary": "Uralita preséntanos varios retos. O primeiro ten que ver co xénero. É este un texto lírico? Segundo a editorial e María Lado, si.", "text": "O título do epílogo é unha declaración de intencións: \"Así se fixo a poesía\". Nada máis que dicir ao respecto. Ou si. Que tivese antes unha existencia teatral, que inclúa algún fragmento en prosa que se aproxima ás Cousas de Castelao ou que se coen textos documentais non lle quita o poético. Ademais hai versos, hai ritmo, hai a fluidez propia do recitado. E sobre todo hai ludismo: a linguaxe xoga cos conceptos para que brillen doutro xeito. Incluso nas sombras. Uralita / Iria Pinheiro e María Lado / Cuarto de inverno / 2020 / 15 euros / 88 páxinas O segundo desafío ten que ver coa composición. A catro mans, dúas de alguén que vén do mundo do espectáculo e outras dúas dunha escritora, tamén moi acostumada ao contacto co público. Parece que é un costume á moda. Nos últimos meses viron a luz Partituras, de Xoán Carlos Domínguez e Mercedes Queixas e a recente Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga. Mais é certo que ten o seu aquel. No caso de Uralita a mestura de dúas autorías pertencentes a eidos distintos agradécese especialmente. A propia elaboración do libro, coa estada á vista, é xa unha performance. As referencias a un auditorio que ten que participar, non só ler, tamén. O mundo da uralita énos ben coñecido, aínda que sosteña a contradición da tella. As autoras podían poñerse tremendas para falar de ecoloxismo, de autoodio ou da integración da cidade e a aldea. Pero mentres as netas roen a rabia, os cascallos pavimentan o territorio da avoa cherokee que anda firme co equilibrio das colonizadas. O tema non é novo, mais é mellor reciclar a carraxe á galega, a través do humor. Velaí unha forza. Outra é a técnica construtiva. Igual que se amorean anacos de refugallo, nunha acumulación acapitalista, a enumeración repetitiva de elementos vólvese útil na progresión. Líganse uns textos con outros a través dun motivo e as súas variacións nun desenvolvemento conceptual e estilístico que se podería chamar dedutivo. Así, tanto se pasa nun mesmo poema do foguete á frecha do indio e despois ao pau polo que sobe a tomateira, como se encadean tres textos aparentemente inconexos a través da aseveración nihilista do \"non entendo nada\". Deste xeito os fragmentos teñen sentido na súa orde, se nos acorda volver utilizar as cousas. Aínda que só sexa para entender o caos que se acubilla debaixo da \"Tella do país, pura publicidade. O ceo do país está podre do amianto\". A heterodoxia non quita o poético nin o crítico. Aproveitemos, como se aconsella, para berrar."}
{"ID": "NOS_26874", "summary": "Novo récord histórico no custe medio da electricidade no mercado almacenista que supera a barreira dos 300 euros. Decembro supera xa os 200 euros/MWh de media e a factura de novembro confirmouse como a segunda máis cara da historia.", "text": "O prezo medio da electricidade segue a súa carreira ascendente no mercado almacenista. Esta quinta feira marcará outro récord superando a barreira dos 300 euros para situarse en 302,48 euros o magavatio hora (MWh). Após certa estabilidade a pasada semana ao redor dos 200 euros a semana pasada, o prezo da luz volveu a desbocarse nos últimos días e a tendencia das últimas xornadas xa advertía da posibilidade de volver encadear unha nova marca após outro, como xa sucedeu en setembro, pero nesta ocasión superando a barreira dos 300 euros. Suba de 7,3% nun mes volátil Con este novo dato, a luz subirá esta quinta un 7,3% en só unha xornada, mentres que a suba chega ao 178,2% se se compara co mesmo día de hai unha semana. En comparación co 16 de decembro de 2020, o aumento é do 518%, é dicir, seis veces máis. O prezo máximo da luz darase entre as 20 e as 21 horas, con 345 euros/MWh, mentres que o prezo mínimo será de 251,78 euros entre as 4 e as 5 horas, segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Decembro está a ser un mes marcado por unha gran volatilidade, con caídas na media dalgúns días até a contorna dos 100 euros/MWh e con certos picos que superan amplamente a cota dos 200 euros/MWh. De feito, no que vai de mes a media xa se sitúa nos 221,8 euros/MWh, co que, de seguir así, superaría o rexistro do pasado outubro, que foi o mes máis caro da historia. O mes anterior, novembro, xa tivo a segunda factura máis cara da historia ao situarse en 115,18 euros, un 68,1% por encima dos 68,50 euros do mesmo mes do ano pasado segundo datos de Facua-Consumidores en Acción."}
{"ID": "NOS_11234", "summary": "Galiza mantén os prezos máis baixos de todo o estado. \"Todas as partes que asinaron están incumprindo\", aseguran.", "text": "Esta segunda feira (30 de novembro) a Plataforma en defensa do sector lácteo deu comezo á campaña de mobilizacións após cumprírense 2 meses da sinatura do acordo promovido polo Ministerio de Agricultura. Segundo os dados do propio goberno español Galiza é o único territorio do estado no que o leite en orixe se sitúa por baixo dos 30 céntimos. Neste senso, embora terse incrementado o prezo de venda ao público, as explotacións gandeiras aseguran non saber \"onde van parar eses cartos\", asegurou Óscar Pose (UPA) porque \"ao produtor non chegaron\". Por esta razón representantes da plataforma concentráronse hoxe diante da área comercial As Cancelas en Compostela onde distribuíron material informativo entre a veciñanza na que explican a grave situación que atinxe as granxas. \"Cando hai cartos polo medio, saltarse un acordo de boas vontades é moi fácil\" \"Cando se asinou o acordo xa advertimos de que non había unha normativa reguladora que obrigase o seu cumprimento e cando hai cartos polo medio, saltarse un acordo de boas vontades é moi fácil\", explicou Anxo Escariz, da OPL. \"Todas as partes que asinaron están incumprindo\", acrecentou Pose, nunha comparecencia de prensa conxunta co alcalde da cidade, Martiño Noriega. Neste senso, recoñecen que o desánimo paira entre os produtores logo dunha intensa mobilización durante o mes de setembro da que semella non conseguiron tirar resultados. Por esta razón continuarán coas concentracións e repartos informativos ao longo da semana nas cidades galegas. 1 de decembro. A Coruña. Diante do Alcampo da avenida Alfonso Molina ás 12h. 2 de decembro. Lugo Diante do centro comercial As Termas (12 horas). 3 de decembro. Pontevedra. Rolda de imprensa na Casa do Concello, xunto ao rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores ás 12h. e reparto de información perante o Dia da rúa Santa Clara. 4 de decembro. Ferrol. Polígono das Gándaras ás 12h. 5 de decembro. Vigo. Centro comercial Gran Vía ás 12h."}
{"ID": "NOS_31623", "summary": "A Troika xa ten o documento que recolle as condicións que ten que cumprir esta illa por ser 'rescatada'. Contempla unha manchea de exixencias, desde unha liberalización do mercado laboral até botar á rúa a 4.500 empegad@s públic@s, pasando por tesoirada ás pensións e o aumento en dous anos da idade de xubilación. Mesmo se fixa un imposto para orfos e viúvas", "text": "Cinco capítulos con minuciosas explicacións das condicións a cumprir. É o memorando de entendemento que os homes da Troika veñen de elaborar, e ao que tivo acceso El País, para que Chipre siga ao 'dedillo' e poder así recibir o diñeiro do rescate. Un documento no que se obriga a Nicosia a adoptar medidas en reforma financeira, mercado laboral, servizos, política fiscal...Mesmo se establece un imposto do 3% sobe os ingresos procedentes do sector público de viúvas e orfos. A illa mediterránea deixa,de facto, de ter calquer marxe de manobra sobre si propia. \"Xa non é que pasemos ser un protectorado de Bruxelas. Colonia, iso é o que somos\", denuncian desde sindicatos e movementos sociais. \"Somos o länder número 17 de Alemaña, ao sevizo do que ordene Merkel\", ironizan desde as filas comunistas. Entre as condicións que debe de cumprir Chipre está o despedimento de 4.500 empregad@s públic@s, para alén de recorte de salarios dos funcionarios. Mais non só do funcionariado, tamén se fixa no documento que haberá recortes para as e os pensionistas. Aliás, aumentarase en dous anos a idade de xubilación E fíxase que se proceda por parte de Nicosia a facer reformas na lexislación laboral para flexibilizar o mercado, procurando, e así se detalla, unha redución de salarios dos traballadores. Repagamento ou humillación? Outra pata das exixencias da Troika pasa por fixar novas taxas ou incrementa as existentes en referencia a servizos públicos, desde a sanidade até o transporte. Aliás, suben as cotas á Seguridade Social nun punto (medio punto a pagar polos traballadores) e o IVE incrementarase en todos os seus segmentos. Mesmo se fixa un imposto do 3% sobre os ingresos de orfos e viúvas procedentes do sector público. Nicosia recoñece que Chipre pecisa por volta de 23.000 millóns de euros. Dez mil virán da Troika. O resto, de medidas de recadación do Estado a través de políticas de 'austeridade' e 'recortes'."}
{"ID": "NOS_18561", "summary": "BNG pide abrir unha investigación a respecto do acontecido co Renato Núñez, da executiva nacional da CIG, que foi \"retido, reducido e cacheado\" pola policía española baixo a escusa dunha sanción de tráfico.", "text": "A comezos de agosto o sindicato CIG denunciaba publicamente o acoso por parte de axentes da policía española a un membro da súa Executiva Confederal, Renato Núñez. Agora, o BNG vén de anunciar que leva ao parlamento de Galiza este caso, para alén de reclama abrir unha investigación sobre os feitos que cualifica de \"auténtica persecución\" contra o sindicalista. Os deputados Montse Prado e Luís Bará criticaron a persecución á que se ve sometido o sindicalista Renato Núñez por \"defender os dereitos e liberdades civís do pobo galego\". A deputada nacionalista explicou que recentemente Núñez, \"foi retido, reducido e cacheado\" pola policía baixo a escusa dunha denuncia de tráfico. Durante esta retención, a policía fixo lectura de documentación relativa á central sindical depositada no interior do vehículo. Para a deputada, estamos perante a aplicación da Lei Mordaza a Renato Núñez e salientou que non é a primeira vez que o sindicalista é acosado por axentes das Forzas e Corpos de Seguridade polo que demanda da Subdelegación do Goberno \"abrir unha investigación para depurar as responsabilidades pertinentes\". Luís Bará recalcou que o caso de Renato é unha pequena mostra do que está acontecendo coa \"conculcación dos dereitos fundamentais\" polo que reclamou abrir unha investigación dos feitos e derrogar a Lei Mordaza. Pola súa parte, Renato Núñez cualificou \"fóra de lugar\" a actuación da policía nacional da Comisaria de Santiago de Compostela. \"Non me montes ningún numerito que te coñezo\", sinalou que lle dixo un dos axentes que o interrogou, o mesmo axente que durante a folga do metal foi interpelado polo sindicalista por impedir o paso dun piquete informativo nunha empresa do sector. O sindicalista fixo un chamamento a denunciar este tipo de accións contra as persoas que participan das reivindicacións sociais e defensa dos dereitos e liberdades para rematar con \"este abuso de poder\", concluíu."}
{"ID": "PRAZA_14703", "summary": "A Confapa cifra o seguimento do paro en Galicia nun 74%, cifra que no Estado a Ceapa eleva ao 80% e Educación rebaixa a menos do 20%.", "text": "\"Éxito rotundo\". Así cualifica a Confapa, confederación que agrupa as asociacións de pais e nais galegas, o seguimento dunha folga estudantil en todos os niveis educativos que, por primeira vez, apoiaron as familias ao non enviar os rapaces ao colexio nunha xornada de protesta contra a reforma educativa e os recortes aplicados polas administracións no ensino. O seguimento do paro en Galicia, segundo a Confapa, sería dun 74% Así, a confederación cifra nun 74% o seguimento medio do paro en Galicia, un dato que segundo a Ceapa se eleva ao 80% no conxunto do Estado, aínda que o Ministerio de Educación rebaixa a cifra a menos do 20% tendo en conta \"os datos recompilados polas comunidades autónomas\". O caso é que esta folga xeral, inédita polo apoio dos pais, conseguiu chamar a atención sobre o fastío das familias ante \"os continuos recortes e a reforma educativa\" do Goberno central. \"Temos moi claro que ata aquí chegamos; xa estamos cansos e isto ten que dar marcha atrás\", dicía o pasado mércores Helena Gómez, presidenta da Confapa, que neste xoves se amosaba \"moi satisfeita\" da resposta dos pais. \"A media de participación na folga en Galicia foi dun 74%, aínda que foi desigual porque houbo colexios totalmente baleiros e outros nos que o seguimento superou por pouco o 20%\", aclara Gómez, que destacou o \"éxito rotundo\" da convocatoria na provincia de Ourense, \"incluído nas zonas rurais máis remotas\", o que incluso levou a nenos e familias a improvisar unha manifestación para a tarde que se celebrará espontaneamente logo das convocadas tamén en Vigo e na Coruña. \"A folga tivo moito impacto polo feito de que os pais tamén amosasen o seu enfado coas medidas do Goberno\" \"A folga tivo moito impacto polo feito de que os pais amosasen o seu enfado coas medidas do Goberno e se comprometesen na loita contra os recortes que lles afectan a eles e aos seus fillos\", resume a presidenta da Confapa, que destaca tamén que houbo pais que se viron na obriga de levar os seus fillos a clase, \"malia estar de acordo coa protesta\", por non poder deixalos con ninguén. A Ceapa, organización estatal que agrupa ás confederacións de asociacións de pais e nais, cualifica tamén de \"éxito rotundo e sen precedentes\" a xornada de folga e amósase \"moi satisfeita\" pola masiva participación e polo desenvolvemento do paro sen incidentes, malia as numerosas manifestacións convocadas polo Sindicato de Estudantes e apoiadas polas anpas así como por diversos colectivos. A máis numerosa, celebrouse en Madrid durante a tarde. Segundo os convocantes, máis de 100.000 persoas percorreron a capital do Estado."}
{"ID": "QUEPASA_390", "summary": "Manuel de Talelo: As secuelas da falta de vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos.", "text": "Este sábado 13 de abril, ás 17:00h, a sociedade de Carnota mobilízase por un dos seus homes de mar. Unha historia truculenta acontecida en 2013 pode acabar, de xeito inminente, con Manuel Martínez Lustres en prisión. Por isto, toda a cidadanía únese nesta concentración para trasladar a petición de indulto ao goberno estatal. A premura da execución da sentenza de 3 anos de cárcere por agresión a un dos furtivos que o viñan ameazando, fixo que o club de fútbol Lira C.F. comezase unha mobilización que incluía unha colleita de 2.000 sinaturas. O BNG tamén se comprometeu a levar o caso ao Parlamento Galego, é hoxe son os seus compañeiros da Confraría os que animan á veciñanza a participar do acto de apoio á familia. \"Manuel Martínez é un home apreciado e querido pola xente do mar e por toda a veciñanza en xeral por ser un home traballador, honrado e pai de familia exemplar, con fillos menores ao seu cargo\", quere resaltar o patrón maior, José Mariano Lago Louro no escrito. \"O seu ingreso en prisión non repara ningún daño, e si supón unha grave situación de desamparo para a súa familia, e a indiganción de todo o pobo, polo que múltiples colectivos, asociacións, confrarías, o propio Concello de Carnota e a veciñanza en xeral convocan a concentración de apoio\", expoñen."}
{"ID": "NOS_8296", "summary": "O paro comezará o vindeiro 28 de agosto e supón unha ferramenta de loita contra \"a impunidade\", denuncian, coa que as empresas concesionarias pretenden mudar as condicións laborais d@s traballador@s", "text": "Bombeiros de 23 parques comarcais iniciarán unha folga indefinida o vindeiro 28 de agosto. Unha marcha a pé desde o aparcadoiro de San Lázaro (Compostela) dará comezo á folga. Ese mesmo día, @s bombeir@s concentraranse en fronte da Dirección Xeral de Emerxencias situada na capital da Galiza. \"Impunidade\" empresarial O colectivo de profesionais denuncian \"a impunidade\" coa que as empresas concesionarias tentan mudar as condicións laborais ao tempo que critican a Lei de emerxencias aprobada pola Xunta de Galiza --a proposta do grupo parlamentar do PP-- na que din, \"non inclúe ningunha das suxestións realizadas polo persoal do ámbito ou as organizacións sindicais\" representadas na mesa interprofesional. Bombeir@s denuncian que a Lei de emerxencias aprobada pola Xunta é \"pobre e deficiente\" O marco normativo aprobado polo goberno galego é, ao entender do colectivo de bombeiros privados, \"pobre\" e \"deficiente\" e non fixo senón pular pola creación de novos parques de xestión privada na Galiza. Na actualidade 31 en todo o país. Desde CCOO denuncian que a Lei de emerxencias aprobada polo PP está guiada \"unicamente\" por \"intereses económicos\" e apuntan cara ao vice-presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como un dos \"máximos responsábeis\" do \"caos nas emerxencias do noso país\". O \"disparate\" das privatizaciónsDesde o colectivo de bombeiros denuncian, asemade, o proceso de privatizacións iniciado polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Segundo CCOO estas supoñen \"un disparate\" ao deixan na xestión de entidades privadas os servizos provinciais de emerxencias e mesmo o dispositivo do 112. Denuncian a privatización do servizo promovida polo goberno de Núñez Feijóo e exixen unha \"xestión profesional e de calidade\" nas emerxencias O sindicato denuncia que este modelo de xestión privada deixa o servizo \"con persoal escaso, mal remunerado, sen dereitos e sen formación específica e continua, alén da inicial\". Polo que coa folga tamén exixirán \"unha regulación que garanta unha xestión profesional e de calidade, cuns recursos humanos suficientes, preparados e profesionalizados\". Cumpre lembrar que a pasada segunda feira Bombeiros de Santiago denunciaban publicamente a \"xestión ineficaz\" que a Axencia galega de emerxencias fixera do sinistro de Angrois responsabilizando directamente á Xunta de Galiza do \"caos\" que se viviu no operativo despregado o pasado 24 de xullo."}
{"ID": "PRAZA_3298", "summary": "Un día despois de adiantar as eleccións confirma que volverá ser o candidato do PP por cuarta vez, cuestión que todo o partido daba por feito pero que el deixaba no aire centrando así toda a atención na súa propia figura", "text": "Un día despois de adiantar as eleccións confirma que volverá ser o candidato do PP por cuarta vez, cuestión que todo o partido daba por feito pero que el deixaba no aire centrando así toda a atención na súa propia figuraNo mesmo hotel no que hai 20 meses Feijóo renunciou a intentar suceder a Mariano Rajoy á fronte do maltreito PP estatal, aos pés da catedral de Santiago, este martes o presidente da Xunta anunciou que aspirará a repetir no cargou outros catro anos máis, o que o igualaría a Manuel Fraga. Tanto o seu partido como a oposición xa daban por feito que así sería, pero o propio Feijóo insistiu en demorar os prazos para confirmalo, ata o punto de que o adianto electoral para o 5 de abril decidido en Euskadi ao que se sumou na tarde deste luns deixou durante varias horas ao PP galego cuns comicios convocados e sen candidato oficial, que xa teñen PSdeG e BNG. Os focos, novamente, postos nel.Hai agora 20 meses, cando Feijóo anunciou entre bágoas e cunhas cantas televisións emitindo en directo que non aspiraría a suceder a Mariano Rajoy na loita interna que acabou facendo gañador a Pablo Casado fronte a Dolores de Cospedal e Soraya Sáenz de Santamaría, a súa decisión foi acollida con euforia polos seus en Galicia, que confían en que é o único que pode manter o poder popular na Xunta. Este martes, no mesmo hotel, pero en vez de no xardín no que comunicou que non iría a Madrid, na sala interior na que xa anunciara en 2016 que se volvía presentar ás galegas por terceira vez, ou na que en 2005 presentou a súa candidatura para suceder a Fraga á fronte do PP galego, Feijóo asegurou que como nesas ocasións anteriores \"o invariable é o meu compromiso político e persoal con Galicia\". \"Se o meu partido quere, eu quero ser candidato á presidencia da Xunta; si los gallegos y las gallegas quieren, yo seré el presidente de todos los gallegos y todas las gallegas sin excepción\", dixo, empregando primeiro o galego e despois o castelán. \"Se o meu partido quere, eu quero ser candidato á presidencia da Xunta; 'si los gallegos y las gallegas quieren, yo seré el presidente de todos los gallegos y todas las gallegas sin excepción'\"Recibido cun longo aplauso polos seus mentres soaba a todo volume a canción \"People have the power\" de Patti Smith, Feijóo fixo repaso a medidas dos seus gobernos e asegurou que \"Galicia está mellor que en 2009\". Foi un discurso, baixo unha imaxe da Anunciación, no que demorou ata o final o que todos os presentes xa daban por descontado, un anuncio de que volve presentarse ás eleccións que realizou novamente emocionado, como hai 20 meses. Un discurso que rematou co \"Galicia é todo\" que xa empregou nas pasadas mensaxes de fin de ano tanto como presidente da Xunta como líder do PP galego coas que lanzou a precampaña que agora se acelerará. Se Feijóo logra outra maioría absoluta o 5 de abril, sumadas ás de 2009, 2012 e 2016, igualaría as catro que obtivo Fraga en 1989, 1993, 1997 e 2001, antes de gañar novamente as de 2005 pero quedar a un escano da maioría absoluta. Foi á metade daquel último mandato do vilalbés, logo do afundimento do Prestige, cando Feijóo volveu a Galicia como conselleiro tras oito anos como alto cargo dos gobernos de Aznar. Xa non volvería marchar á política estatal, pero alentaría en varias ocasións esa posibilidade, a máis clara hai agora 20 meses.Hai 20 meses a negativa a intentar suceder a Rajoy, no mesmo lugar que este martes, produciuse en plena crise estatal do PP tras a sentenza da Gürtel e ao tempo que volvía debaterse sobre a amizade de Feijóo con Marcial DoradoAquela negativa a intentar suceder a Rajoy, no mesmo lugar no que este martes se propuxo igualar a Fraga, produciuse en plena crise estatal do PP tras a sentenza condenatoria do caso Gürtel e ao tempo que nos medios de comunicación e nos debates políticos madrileños se volvía falar do custo que naquela praza podería ter a amizade de Feijóo nos anos 90 con Marcial Dorado, xa daquela coñecido contrabandista e condenado posteriormente por narcotráfico. Agora, en clave de partido, unha cuarta maioría absoluta de Feijóo volvería reforzar a súa figura de principal barón popular mentres que unha derrota acabaría afectando tamén á dirección estatal de Pablo Casado. Pola contra, a cuestión da amizade con Dorado parece amortizada despois de que, unha vez revelada aquela relación en 2013 por El País, Feijóo fose quen de obter igualmente maioría absoluta en 2016.Nestes anos a fortaleza do PP de Baltar foi un dos principais sustentos das vitorias de Feijóo, como o fora Baltar pai de FragaUnha vitoria a última lograda con 41 deputados, tres máis que os 38 que garanten a maioría absoluta pero dous menos que os 43 do récord logrado por Fraga en 1993. A diferenza de hai catro anos, algúns dos daquela presuntos casos de corrupción do PP comezaron a confirmarse neste tempo, a nivel estatal coa condena da trama Gürtel en maio de 2018 e a nivel galego coa condena do caso Campeón en novembro de 2017. Pola contra, en maio de 2017 arquivábase a imputación por prevaricación e suborno que pesaba sobre o líder da Deputación e do PP ourensáns, Manuel Baltar, o que non lle impedira ser nas últimas autonómicas, con 9 dos 14 deputados que se elixen nesa provincia, un máis que catro anos antes, un dos principais sustentos da vitoria de Feijóo, como o seu pai o foi das de Fraga. Hai poucas semanas que Baltar aínda fixo ver que o PP de Ourense vai por libre amosando o seu rexeitamento ao peche do paridoiro de Verín, unha demostración de independencia que se produce malia que hai un ano os populares ourensáns viron como o seu poder se debilitaba polo ascenso da Democracia Ourensana de Gonzalo Pérez Jácome coa que cogobernan a capital. Jácome chegou a ameazar mesmo coa posibilidade de presentarse ás autonómicas para intentar superar o 5% do voto provincial que dá acceso a escano, pero esta mesma semana, ás portas do adianto dos comicios, Baltar abría a porta a integrar nas súas listas a dirixentes de Democracia Ourensana. E este martes, Jácome avanzaba que pensa votar a Feijóo. A maquinaria electoral do PP xa está en marcha."}
{"ID": "NOS_42611", "summary": "Agir, Anova, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, Esquerda Unida, Fruga, Gentalha do Pichel, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP son os colectivos sociais, culturais, estudantís, sindicais e políticos que se moverán pola disolución da corporación e novas eleccións. Uniranse Comités e Galiza Nova.", "text": "Compostela non merece este goberno, leva por título o manifesto conxunto que editaron as organizacións Agir, Anova, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, Esquerda Unida, Fruga, Gentalha do Pichel, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP --ás que se unirán tamén Comités e Galiza Nova-- para exixir nas rúas a demisión do goberno de Santiago, a disolución da corporación municipal e a convocatoria de eleccións anticipadas. Malia que a práctica totalidade destes colectivos reclamara xa que o executivo que encabeza Ángel Currás (PP) deixase as súas responsabilidades no concello compostelán por mor da vaga de imputacións de concelleir@s na operación Pokemon contra a corrupción, foron as últimas sete imputacións a pingueira que fixo rebordar o vaso. Así as cousas, o manifesto alerta de que a cidade fica \"submetida a unha permanente inestabilidade institucional\" desde maio de 2011, cando o PP gañou os comicios municipais por maioría absoluta e Gerardo Conde Roa sentou na alcaldía en Raxoi. Conde Roa \"foi forzado a demitir\" en abril de 2012 ao ser imputado nun delito de fraude fiscal por defraudar a Facenda máis de 200.000 euros, delito polo que foi xulgado e condenado para alén de ser imputado tamén, en febreiro de 2013, na operación Pokemon. Substituíuno no cargo o número catro da candidatura con que gañou as eleccións, o ex-tenente de alcalde Ángel Currás, quen \"continuou a aplicar as mesmas políticas antipopulares e contrarias aos intereses da maioría. Currás está tamén imputado na Pokemon e negouse a demitir. Porén, imputada está tamén Rebeca Domínguez, a edil que ocupou a vaga que Conde Roa deixara vacante nas filas conservadoras. E Albino Vázquez Aldrey, concelleiro de Seguridade Cidadá, que demitiu do seu posto após eludir a prisión pagando unha fianza de 15.000 euros. Cal é a situación actual? Dez d@s trece concelleir@s que gobernan Compostela teñen unha causa aberta na súa contra. As últimas imputacións chegaron nas últimas semanas. Foron sete @s edís contra as que a titular do xulgado de instrución nº1 de Santiago, Ana López-Suevos, abriu un procedemento pola súa participación na xunta de goberno do 30 de maio en que se aprobou o financiamento con diñeiro público da defensa legal de Adrián Varela, concelleiro de Deportes imputado, tamén, na Pokemon. Da onda de imputacións, que foi cualificada pola voceira do Concello de Santiago, María Pardo, como \"unha persecución política\", só se libraron Currás --alcalde-- e Reyes Leis --tenente da alcaldía--. Malia faceren parte dese órgano de goberno, non asistiron á xunta do 30 de maio. Así é todo, son só tres @s edís que non están imputad@s --Reyes Leis, Luis Meijide e José M. Rosende--, acumulando varias causas abertas algúns concelleiros como o de Obras, Juan de la Fuente, imputado tamén no caso das facturas falsificadas para beneficiar asociacións veciñais próximas ao PP. \"Quen vai ser o seguinte dos 3 que faltan?\" Di o manifesto conxunto destas 12 organizacións que é esta a pregunta que se están a facer \"todos os composteláns. \"Seguimos gobernados por un grupo de presumidos delincuentes con nomes e apelidos\", subliña o texto difundido, reproducindo a continuación as identidades d@s imputad@s: Ángel Currás, María Pardo, Rebeca Domínguez, Adrián Varela, Francisco Noya, Juan de la Fuente, María Castelao, Cecilia Sierra, Luís García Bello e Amelia González. \"Todo indica que non se van ir voluntariamente, polo que cómpre exixir a súa saída\". Por isto, anuncian mobilizacións populares para reclamar a demisión do alcalde e a disolución da corporación para que se convoquen novos comicios \"e o pobo decida quen debe gobernar a capital da Galiza\". O manifesto está aberto a novas incorporacións e a organización estudantil Comités confirmou, en conversa con Sermos Galiza, que apoian os motivos desta campaña de accións \"porque nos están a afectar a todos\" e que, malia subliñar que polo de agora preferiron centrarse na folga deste 24 de outubro contra a LOMCE, uniranse nos vindeiros días. O propio fará tamén Galiza Nova."}
{"ID": "NOS_6927", "summary": "Segundo o Observatorio da Cultura Galega ese é o peso da industria cultural no conxunto da economía do país, iso si, do ano 2011, cando xerou un total de 1103 millóns de euros. Este sector está conformado por 5747 empresas culturais que empregan 30828 persoas e son maioritariamente PEMEs.", "text": "Esta radiografía do sistema cultural e empresarial galego así como do seu impacto no conxunto da economía galega conforma o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega, e titúlase O sistema produtivo da cultura. A recuperación das exportacións e un incremento nun 84,7 % das importacións completan o balance deste sector. Segundo as cifras que contabiliza o Instituto Galego de Estatística, fonte que emprega o Observatorio para a elaboración deste Documento de Traballo, a cultura achega 1103 millóns de euros, un 2 % do PIB. Ademais, a cultura empregou 30.828 persoas, o que supón o 3 % da forza laboral galega. Dentro da produción do ámbito cultural, son as artes visuais (fotografía, publicidade, arquitectura, pintura e escultura…) as que xeran un maior valor, un 35,1 % do Valor Engadido Bruto (VEB), seguidas pola edición de libros e da prensa (26,8 %) e do audiovisual e multimedia (16,85 %). O estudo tamén achega cifras sobre as diferentes fases dun produto cultural, onde a creación e produción ocupan o lugar máis destacado (cun 70,6 %) do valor engadido xerado. Séguelle a difusión, distribución e comercialización cun 12,6 %, a fabricación cun 10,9 % e a promoción cun 4,2 %. Pequenas empresas En canto á dimensión empresarial do sector, está conformado por 5.747 empresas, que representan o 5,3 % do total español e se sitúan en quinta posición. Con todo, esta realidade amosa unha tendencia á baixa, logo de que en 2011 acadase teito con 5957 unidades. Desde entón, foron as empresas relacionadas co cine, vídeo, radio e televisión así como a edición musical as que rexistraron maiores caídas. Nunha análise desas empresas tendo en conta o número de asalariados, a lectura é ben diferente: o 58,2% das empresas rexistradas en 2015 non tiñan ningún empregado e o 99,5% delas son PEMEs, é dicir, teñen menos de 50 traballadores. Importacións/exportacións As empresas culturais galegas en 2015 exportaron 4,8 millóns de euros, 200.000 euros máis que en 2014, por mor do aumento no sector das actividades de creación artística e espectáculos. Con todo, a cifra segue por debaixo do total acadado no ano 2011, cando se rexistraron os volumes máis altos ao superar os cinco millóns de euros en exportacións. Se miramos cara ao outro lado da balanza, o que ten que ver coas importacións, en 2015 rexistrouse un incremento dun 84,7 % con respecto ao ano anterior e situouse en 6089,6 millóns de euros. Ese aumento débese, principalmente ao peso do sector das artes gráficas e reprodución de soportes gravados."}
{"ID": "NOS_57781", "summary": "Con 'Filmando o tempo' e 'A Vida'.", "text": "Catarina Cortizas Leira gañou o concurso de micro-relatos OZOCOgz, que este ano celebraba a súa 9º edición. Un premio que logra co relato 'Filmando o tempo'. Lito Vila Baleato foi finalista nesta edición, co relato 'A vida', obtendo o segundo premio A esta edición presentáronse unha trintena de propostas. Ao 1º premio e relato gañador faráselle entrega dun xogo de mesa Ti non es de aquí? Xúnior, de OZOCOgz e dun vale, obsequio do restaurante Casa Gazpara do Carballiño por un Menú degustación (xantar ou cea) para dúas persoas. Ao 2º premio e relato finalista faráselle entrega dun agasallo de OZOCOgz e dun lote de libros. A seguir reproducimos o relato gañador, 'Filmando o tempo': \"Soa a claquete e assistimos à estreia da nossa presença. O tempo, implacável, passa pela pele até deixar a carne viva. Aparecem rugas daquelas olhadas, sorrisos, medos e palavras que escrevem o guião da nossa existência. Esforçámo-nos para que cada ensaio seja perfeito. Rebobinámo-la película fotográfica para reviver aquele segundo no que o tempo deixou baleira mais uma butaca do nosso teatro. Imaginámo-la banda sonora do minuto desse primeiro beijo tímido com a pessoa protagonista da nossa história. Vemos fotogramas desse outro tempo, a distância que nos separa das pessoas que amamos, passando a câmara lenta o instante onde nos vimos por última vez. Gravamos no cinematógrafo da memória o filme das nossas vivências. A voz em off anuncia os créditos que apagarão o ecrã para sempre. A vida é esse tempo que dói, mas também cura\"."}
{"ID": "NOS_16360", "summary": "A acción reivindicativa en contra da reforma da lei do aborto realizouse de maneira simultánea nas dúas cidades. Arrincou ás 15.30h e durou por volta de dúas horas.", "text": "Empezaron 30 no rexistro de Vilagarcía e continuaron centos nos de Compostela e A Coruña, convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. A vaga de rexistros da propiedade dos corpos das mulleres como acción simbólica contra a reforma da lei do aborto que, á maneira dun globo-sonda, lanzou o Goberno español espállase por toda a Galiza. A repercusión da convocatoria foi tal que a afluencia de mulleres que non teñen unha participación activa nos movementos feministas e que decidiron sumarse a esta iniciativa sorprendeu en ambas as dúas cidades. Desempregadas, con traballos remunerados, con crianzas, sen elas, que abortaran xa nalgunha ocasión, que non abortaron nunca e mesmo que non abortarían mais que están dispostas a dar a batalla para que quen se atope nunha gravidez non desexada e queira interrompela poida facelo sen riscos para a súa saúde e dentro do sistema sanitario público. En total, por volta de 500. Tamén nas dúas cidades explicaron que o tratamento dispensado polo persoal funcionario foi receptivo. Con todo, en Compostela, namentres un dos traballadores recollía os formularios e mesmo aproveitaba para animar as mulleres, outro deixaba claro que \"xa vos dixemos que non aceptabamos os impresos e máis seguides aquí..\", namentres colaboraba nas tramitacións iniciadas polo compañeiro. Sorprendeu a afluencia de mulleres que non teñen unha participación activa nos movementos feministas e que decidiron sumarse a esta iniciativa Cal é o ben rexistrado? Os seus corpos: os seus pés, as súas mans, os seus peitos, os seus ovarios, os seus peitos, o seu clítoris, a súa boca, a súa barriga, as súas orellas, os seus brazos e até a súa capacidade de sentiren e decidiren. Quen son as titulares? Elas propias. Todas as solicitudes presentadas foron adminitas a trámite e, segundo lles explicaron ás mulleres, nun prazo de 15 días poranse en contacto con elas para lles indicar se finalmente poden completar o rexistro e canto teñen que pagar en concepto de taxas. Cada expediente ao que lle colocaban o selo era recibido cun aplauso e aturuxos. Imaxe da capa: Rocío Fraga"}
{"ID": "NOS_24997", "summary": "Sete asociacións das artes escénicas galegas fixeron público hoxe cuarta feira un comunicado conxunto en solidariedade cos dous \"compañeiros\" da compañía Títeres desde Abajo. E a CNT mantén a convocatoria tamén para hoxe dunha concentración na Praza de Cervantes compostelá.", "text": "Logo de múltiples manifestacións de repulsa a nivel individual de personaxes destacados das artes escénicas galegas, como Cándido Pazó ou Ana Vallés, ou da propia asociación Morreu o Demo, varias entidades do sector veñen de manifestarse conxuntamente contra estas detencións. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE), Crea (Asociación de directores realizadores de Galicia) e a Unión Internacional de Marionetistas-Galicia (UNIMA Galicia) emitiron hoxe un comunicado no que amosan \"a nosa solidaridade con estes dous compañeiros, condenamos a súa detención e pedimos a súa liberación inmediata e a retirada dos cargos\". Segundo afirman no texto, os feitos supoñen \"unha agresión á liberdade de expresión non só dos/as creadores/as e artistas, senón do conxunto da nosa sociedade\". A gravidade dos feitos radica, na súa opinión, \"no intento de vulnerar a liberdade de expresión xeral, así como o acoutamento do feito artístico nas súas principais funcións: a de reflectir o estado das cousas, o respirar da sociedade, cuestionar os mecanismos de poder e poñer o foco sobre as principais problemáticas dunha sociedade\". Concentración en Compostela A CNT mantén a convocatoria dunha concentración para hoxe na compostelá Praza de Cervantes ás 20 horas, a pesar da súa posta en liberdade, \"até que os compañeiros fiquen sen medidas cautelares (comparecencia diaria, pasaporte e domicilio localizábel), retiren os cargos e devolvan os títeres incautados\"."}
{"ID": "NOS_7939", "summary": "As asociacións das razas autóctonas detectan un incremento nas cabanas como consecuencia da continuidade xeracional e a incorporación de persoas que apostan polo rural. Demandan matadoiros móbiles para a comercialización e o acceso a terras para aproveitar esa tendencia.", "text": "Dúas das razas autóctonas galegas que están a ter máis saída nos últimos anos son as de ovella e cabra. A súa protección e promoción están a cargo da Asociación de Criadoras e Criadores da raza Ovella Galega (Asovega) e da Asociación de Gandeiros da raza Cabra Galega (Capriga), ambas amparadas pola Federación de Razas autóctonas da Galiza (Boaga). A recuperación da ovella comezou en 2000, cando quedaban poucos exemplares, para logo iniciar o restabelecemento da cabra anos despois. Na actualidade a cabana das primeiras supera as 4.500 cabezas e da segunda as 1.000. \"Estamos en fase de expansión coa incorporación de moita xente nova, algo que é moi importante\", asegura a responsábel veterinaria de Asovega, Silvia Adán, \"non hai que esquecer que tamén están en perigo de extinción as gandeiras e os gandeiros\", engade a Nós Diario. Novas incorporacións A vía de entrada neste tipo de explotacións gandeiras realízase por relevo xeracional ao continuar coa cabana familiar e tamén hai un novo interese por volver ao rural. \"Hai casos de novas incorporacións por ter terras e querer montar gandarías\", explica Adán. As propias asociacións contan cunha listaxe de criadoras e criadores para que poidan adquirir animais da raza, co seu libro xenealóxico e control de consanguinidade, ademais de asesorar no que se precise para comezar. As mesmas organizacións axudan ao fomento e promoción a través de feiras e eventos que organizan directamente ou asisten como convidadas. Dificultades de acceso ás terras \"O principal problema que temos, como acontece noutro tipo de gandarías, é a base territorial, fanse moitos mecanismos mais seguimos sen poder acceder a terras, malia haber moitas\", sinala esta técnica. A particularidade deste tipo de explotacións é que todas traballan en extensivo. Para abaratar custos e aproveitar os recursos naturais precisan de grandes extensións. No caso das ovellas e as cabras a media, segundo o estado do monte, é de contar con 1 hectárea para cada 10 animais. \"Con ese tamaño minimizas engadir herba seca e algo de cereal en determinadas épocas do ano\", indica Adán. A comercialización depende dos matadoiros A diferenza doutros sectores gandeiros, os custos de produción non son elevados mais dependen, ao final do proceso, da situación xeográfica dos matadoiros, que encarece a súa comercialización. \"Os encargos son menores, non piden 50, piden un ou dous animais, polo que ter que transportalos até o lugar onde se obtén a carne para o consumo é o que fai que se incremente o prezo para vendelo\", apunta esta técnica. Unha das solucións viría co aumento de matadoiros móbiles con algunha experiencia piloto en marcha. As asociacións empregan as xornadas gastronómicas como saída máis viábel para estas explotacións estacionais. \"Tampouco temos un número tan importante de cabezas como para abastecer o país todo o ano e con estes eventos benefícianse as explotacións e a propia hostalaría\", conclúe Adán. A presenza das cabanas é superior na Galiza oriental O aproveitamento do monte galego a través da incorporación de ovellas e cabras autóctonas pode ser unha saída económica. Na actualidade a maior parte da cabana galega figura nas comarcas de montaña de Lugo e Ourense ademais das situadas na zona oriental das comarcas da Coruña. Nos últimos anos xurdiron algunhas novas tamén na zona da costa atlántica ligadas, na súa maior parte, aos montes comunais. Segundo Asovega e Capriga, na actualidade contabilizan un total de 225 granxas. O valor engadido destas explotacións gandeiras vén dado pola propia alimentación dos animais que rozan os montes e facilitan a prevención de incendios. Ademais, axudan a manter vivo un rural nas zonas onde máis se notou o despoboamento, como son as altas zonas de montaña."}
{"ID": "PRAZA_16649", "summary": "Non hai moita narrativa galega que trate o tema da loita armada, onte e hoxe. Lionel Rexes publicou hai xa algún tempo A raíña das velutinas, que trata esta cuestión a través relato dun narrador que nin agocha as contradicións da mesma nin as continuidades entre o fascismo pasado e presente que, tamén, lle dan orixe.", "text": "Lionel Rexes foi convidado, no 2016, a unhas xornadas sobre a guerrilla antifranquista celebradas, sen sabelo a prensa e só para convidados, nunha parroquia de Mondoñedo. O que alí aprendeu foi a orixe de A raíña das velutinas, (Xerais), unha novela que reflexiona sobre a actitude maioritaria da sociedade galega cara á memoria da guerrilla e sobre as situacións que obrigan a certas persoas, en distintos tempos históricos, a \"botarse ao monte\". Todo parte da celebración das Xornadas para a memoria e as restitucións democráticas na rexión dos Tres Vales, que parecen inspiradas en xornadas reais que se fixeron non hai tanto sobre a memoria dos guerrilleiros. Quico, que sae mencionado ao principio, non é un personaxe inventado... En que sentido pode estar a novela baseada, así, nalgún congreso real e no ambiente nel creado? En setembro de 2016 fun convidado a un encontro con Francisco Martínez \"Quico\" -un dos últimos guerrilleiros republicanos vivos- na Casa da Penela, unha casa de turismo rural de Vilamor, Mondoñedo. Alí estaba tamén, Fernanda Cedrón Trigo, a neta do \"Gardarríos\", un célebre guerrilleiro da Mariña que morreu nunha emboscada da Garda Civil en Lourenzá, no ano 1948. \"Fun convidado a un encontro con Francisco Martínez 'Quico' -un dos últimos guerrilleiros republicanos vivos- na Casa da Penela\" Estaban presentes outras persoas que sufriran represión, nas súas carnes ou na dos seus familiares. Todos achegaron o seu testemuño e aquela xornada que durou unhas nove horas, que para min supuxo un auténtico mestrado sobre as repercusións actuais da guerra e a ditadura. Tras os relatorios, realizamos uns desprazamentos pola comarca mindoniense, visitamos lugares vinculados á guerrilla e continuamos a aprender, a percibir a fame de xustiza duns combatentes que aínda hoxe son considerados bandoleiros. Considerei que aquela xornada podía novelarse, mais para a ficción precisei convertela nun simposio. \"Continuamos a aprender, a percibir a fame de xustiza duns combatentes que aínda hoxe son considerados bandoleiros\" Non é unha novela histórica, mais si fala de feitos históricos, como a represión que a actividade guerrilleira trouxo para a poboación. Nese sentido, parte dos personaxes adoptan unha posición que toma bastante distancia respecto da guerrilla. É un xeito de reflectir as distintas actitudes cara a esa parte da memoria histórica , a que corresponde á guerrilla, que non é tan unánime coma outras? O encontro que deu orixe á novela gozou dunha carga histórica que non se podía obviar de ningunha maneira. Eu adoito destacar que non pretendín redactar un texto histórico, mais tentei reflectir os datos que recibín durante aquelas horas enriquecedoras na Casa da Penela. A sociedade galega, en xeral, pretende manterse allea ás reivindicacións vinculadas aos mortos das gabias, aos fusilados, aos exiliados… Pretendín retratar ese desleigamento, mesmo cando falaba o narrador. \"A sociedade galega, en xeral, pretende manterse allea ás reivindicacións vinculadas aos mortos das gabias, aos fusilados, aos exiliados\" Unha lectora díxome que o republicanismo saía mal parado; nunca houbo tal intención, o que desexaba é que a sociedade se vise no espello e que se avergoñase un chisco. A guerrilla, hoxe en día, supón unha aresta nas conversas dos que recordan a guerra ou a posguerra. \"Desde heroes até foraxidos, pasando por desertores ou delincuentes que aproveitaron o río revolto, os fuxidos aínda non son considerados parte principal do conflito bélico\" Desde heroes até foraxidos, pasando por desertores ou delincuentes que aproveitaron o río revolto, os fuxidos aínda non son considerados parte principal do conflito bélico. Di Fernanda Cedrón que en toda Europa se reivindican e honran as resistencias, agás no Estado español, onde conservan o \"título\" de partidas de bandoleiros. Ás veces, o propio narrador é duro coa guerrilla, -ou polo menos coas personas que hoxe tentan manter a súa memoria-: fala de ambiente ideoloxizado, viciado... Por que ese narrador tan crítico e distanciado? O narrador debe facer de árbitro entre un personaxe de 91 anos e outro de 27, ambos os dous profundamente ideoloxizados, ambos os dous partidarios de premer o percutor para se defenderen das agresións do poder, e ambos os dous encadrados na esquerda política; mais acreditan en países distintos. Malia compartiren nacionalidade, afástaos unha noción fundamental, a patria. \"O narrador está máis próximo, no tempo, do personaxe que considera que os republicanos de hoxe deben dar o paso cara á actualización do seu ideario\" O narrador está máis próximo, no tempo, do personaxe que considera que os republicanos de hoxe deben dar o paso cara á actualización do seu ideario, tomando en consideración os procesos autodeterministas que abrollaron no Estado español. Falando do xeito de narrar, os capítulos mesturan, sen transicións, cambios de escenario, de personaxes, conteñen moitas elipses... Pensaches esa estrutura dalgún xeito consciente? Quizais, os novelistas de hoxe estamos influídos pola linguaxe cinematográfica. Sempre que escribo emprego elipses e trato de introducir o maior grao de dinamismo posíbel. Coido que un argumento liñal non entra en contradición coa axilidade narrativa. Hai, nas xornadas, un Garda civil, o Sise, que discute por exemplo sobre a pertinencia da loita armada en estados democráticos. Que papel cumpre este personaxe? E o do neto de Vera? Os dous son, desde distinta perspectiva, contrapunto aos personaxes máis entregados á causa dos guerrilleiros. Sise nace da realidade. Durante o xantar na Casa da Penela, a neta do \"Gardarríos\" comentoume algo que desencadeou o chispazo literario: \"Acabo de saber que aquí, entre todos nós, hai un garda civil\"; nese instante eu pensei: o que hai aquí é unha novela. Sise existe, é un republicano demócrata que viste o uniforme dos verdugos doutrora. \"Sise existe, é un republicano demócrata que viste o uniforme dos verdugos doutrora\" O neto de Vera é un personaxe totalmente ficticio; precisábao para retratar esa parte da sociedade que asume todas as intoxicacións que o poder estabelecido nos administra a través dos medios e dos medos. Pedro é un produto social elaborado á mantenta polo réxime do '78. \"Pedro é un produto social elaborado á mantenta polo réxime do '78\" Realmente, a novela vai máis sobre os encontros e desencontros entre os personaxes, na atmosfera creada polas xornadas, que sobre a memoria guerrilleira. As tensións son moitas, e un exemplo é a que hai entre Algaria e Marta. Que representa cada unha? Algaria parece máis inconsciente, pero polo menos é quen de non seguir sempre as normas... Marta é unha militante, unha persoa de adhesións inquebrantábeis, mais non sabe xestionar a súa afectividade; é quen de comandar un exército e non de facerse querer por unha parella. Algaria, en cambio, é a voluptuosidade en estado puro, alí onde vai encontra alguén con quen durmir, no entanto, non é fiel a ningún ideal concreto; se se enrolou no que se enrolou, non foi por motivos ideolóxicos. Nalgún momento, xorde unha conversa entre os personaxes que establece un paralelismo entre os crimes da ditatura e da democracia: a represión, os colectivos perseguidos... Unha \"guerra sucia\", a da actualidade, coa \"democracia\", que logrou \"avir a dereita e esquerda\", -di unha personaxe-. En que sentido o libro quere remarcar ese paralelismo? Cítase, por exemplo, unha montaxe policial contra unha manifestación xuvenil. Existe un episodio da \"democracia española\" que moitos cidadáns aínda non coñecen. Nos anos 80, dous mozos vascos vinculados á loita armada foron secuestrados, obrigados a cavar as súas propias tumbas e a seguir, tras horas de torturas, foron asasinados. \"Nos anos 80, dous mozos vascos vinculados á loita armada foron secuestrados, obrigados a cavar as súas propias tumbas e a seguir, tras horas de torturas, foron asasinados\" Na Europa contemporánea, acontecementos deste teor soamente puidemos observalos na Guerra dos Balcáns, nun escenario bélico, mais no Estado español sucedeu nun período de paz e cun goberno socialista. Quen executaba estas accións era unha organización creada desde o propio goberno e nutrida por funcionarios da seguridade; isto xa nos di moito do concepto de democracia que posúen algúns mandatarios. \"A algúns non nos sorprendeu o escoramento dos corpos policiais españois cara a determinadas posicións, obviando calquera equidistancia no cumprimento da súa función\" Cando se escribiu esta novela aínda non vivíramos todo o relacionado co referendo catalán, mais a algúns non nos sorprendeu o escoramento dos corpos policiais españois cara a determinadas posicións, obviando calquera equidistancia no cumprimento da súa función -as agresións contra mossos d'esquadra, a arrogancia e as actitudes desafiantes mostradas ante os manifestantes pro-referendo, a organización de motíns espontános baixo o lema \"que nos dejen actuar\"…-. Todo isto demostra que o neofascismo mora nos sectores que sempre sospeitamos e non unicamente nos grupos de hooligans. A inhibición mostrada pola policía ante as agresións de elementos neonazis contra unha mobilización valencianista hai uns meses, resulta moi sintomática. \"A inhibición mostrada pola policía ante as agresións de elementos neonazis contra unha mobilización valencianista hai uns meses, resulta moi sintomática\" O libro crea un espazo ficticio -supoño-, con base en espazos reais: Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo... Como creaches ese espazo a partir do real? Seguramente moitos dos lugares de memoria concretos que cita existirán tamén. Todos os lugares son reais e obedecen a escenarios vinculados a episodios verídicos. A rexión dos Tres Vales é unha realidade socioxeográfica que carece dun topónimo de seu, por iso exercín como padriño e a denominei desa maneira. \"Todos os lugares son reais e obedecen a escenarios vinculados a episodios verídicos\" O Valadouro é unha comarca natural formada polo concello homónimo xunto co de Alfoz e varias parroquias do de Foz; este val, xunto co Val de Brea -Mondoñedo- e o Val de Lourenzá, forman unha rexión que non ten nada que ver coa comarca da Mariña, á que pertencen administrativamente. Considero que esta entidade cultural e social debería obter un status institucional. O libro acaba tendo bastante de reflexión sobre a loita armada -en distintos tempos históricos-, e salienta contradicións coma as depuracións da disidencia interna para crear mártires, o mesianismo... Era en parte o obxectivo sinalar esas contradicións, fronte ao discurso da heroicidade sen fisuras? A loita armada é un fenómeno moi atractivo desde o punto de vista literario. Ademais, no Estado español é unha cuestión recorrente. Vivín en Madrid até os 23 anos e tocoume escoitar o estourido de varias bombas… Se en Irlanda o conflito armado parece resolto, no Estado español o ambiente é desalentador. Semella que, tal como escribiu Fernando Fernán Gómez en Las bicicletas son para el verano: \"No ha llegado la paz, ha llegado la victoria\". \"Se en Irlanda o conflito armado parece resolto, no Estado español o ambiente é desalentador\" O Estado español considera que a solución é esmagar, non resolver. Verbo do tratamento dos grupos armados na novela, non quixen crear heroes nin mártires, senón reflectir a febleza -e tamén a vontade- de quen se embarcan en misións case suicidas. De todas formas, a intención primeira era reflexionar sobre as situacións que obrigan a certas persoas a \"botarse ao monte\". Hai algo tamén, na novela, sobre as relacións de xénero, ás veces expresado de xeito abrupto por algún personaxe. De que xeito quixeches que estivese presente iso? Logo hai tamén desenlaces que poden resultar chocantes como a relación de Marta con Simón... Máis que sobre as relacións de xénero, pretendín chamar á atención sobre as relacións entre persoas de idades distantes. Vivo no rural, onde a poboación maior supón unha porcentaxe altísima. Este desequilibrio orixina unhas curiosas -e ás veces rechamantes- relacións coa porcentaxe minoritaria -os novos-. Resúltame moi literario este contraste. Na novela, estabelécese unha distancia de seis décadas entre dous personaxes principais. Aí vinme obrigado a introducir factores de onte e de hoxe. A cuestión de xénero aparece de esguello para incidir no nivel de tolerancia dos diferentes personaxes, dependendo da súa idade e segmento ideolóxico. \"Non lonxe de onde resido, existe un antigo prostíbulo. Souben que un reputado escritor da denominada Escola Poética do Seminario de Mondoñedo frecuentara aquel lugar\" Tes algunha outra novela a piques de publicar? Podes adiantarnos algo? Teño unha acabada de rematar, aínda non coñezo o seu destino inmediato. Trátase dunha historia que tamén mestura o pasado e o presente. Non lonxe de onde resido, existe un antigo prostíbulo. Souben que un reputado escritor da denominada Escola Poética do Seminario de Mondoñedo frecuentara aquel lugar e mesmo se preocupara do futuro dalgunhas prostitutas, e xaora, dixen para min, aí tamén hai unha novela."}
{"ID": "NOS_2438", "summary": "O xuízo polo accidente do tren Alvia, ocorrido en Angrois (Santiago de Compostela) en xullo de 2013, retómase esta quinta feira coa declaración dunha testemuña crave: Alfonso Ochoa", "text": "O xuízo polo accidente do tren Alvia, ocorrido en Angrois (Santiago de Compostela) en xullo de 2013, retómase esta quinta feira coa declaración dunha testemuña crave: Alfonso Ochoa, ex director xeral de Operacións e Enxeñería e ex responsábel da Dirección Xeral de Explotación e Desenvolvemento de Infraestrutura de Adif. Ochoa era director xeneral de Operacións e Enxeñería de Adif na época na que a liña se puxo en servizo e na que se produciu o accidente, polo que tiña responsabilidades cando se adoptaron decisións como o cambio de proxecto (que eliminou o 'ERTMS' dos últimos quilómetros da vía) e a desconexión deste sistema na súa modalidade embarcada no tren. Testemuña en 2018 Un experto en seguranza ferroviaria ve \"evidente\" que Adif aumentou o risco do accidente \"nun millón de veces\" No seu día compareceu como testemuña ante o xuíz Luís Aláez, que foi o primeiro en instruír a causa e chegou a citar en calidade de investigados a toda a cúpula de Adif. En novembro de 2018, Alfonso Ochoa declarou na comisión de investigación sobre o sinistro creada no Congreso dos Deputados, onde afirmou que o informe da CIAF (comisión de investigación de accidentes ferroviarios) é \"exhaustivo\" e achega \"bastante luz sobre as cuestións que puideron fallar e as que fallaron realmente\" na liña. O exceso de velocidade Devandito informe apunta unicamente como causa da traxedia ao maquinista e o exceso de velocidade co que circulaba, despistado por unha chamada do interventor que o fixo desubicarse. Adif sabía do risco da curva de Angrois desde o ano 2011 \"As causas inmediatas son obvias e é un exceso de velocidade, iso está claro, pero máis aló diso creo que non se pode profundar sen unha análise detallada e contrastada, mesmo cunha instrución xudicial por medio\", afirmou no seu día Ochoa na Cámara Baixa."}
{"ID": "NOS_44956", "summary": "Aumentan nun 22,9% as mortes entre as mulleres.", "text": "O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) analizou o informe do Instituto de Medicina Legal da Galiza (Imelga) publicado esta semana no que se recollen os datos sobre a mortalidade por suicidio no país en 2021. Segundo indica o MGSM, este informe é a única fonte de datos que proporciona información sobre os falecementos por suicidio, porén, \"do número e características das tentativas autolíticas nada se sabe\". O documento evidencia que a tendencia da mortalidade por suicidio mantense en ascenso desde o ano 2018. Só en 2021 suicidáronse un total de 331 persoas na Galiza, case o equivalente a unha persoa por día; un 7,8% máis que en 2020. Esta é a cifra máis alta desde 2016, ano no que se produciron 349 suicidios. Só en 2021 suicidáronse un total de 331 persoas na Galiza, un 7,8% máis que en 2020 A voceira do Movemento Galego da Saúde Mental e psicóloga clínica, Rosa Cerqueiro, expón a Nós Diario a súa preocupación ante os datos do informe. \"Desde 2018 continúan subindo as mortes por suicidio, só se experimentou unha pequena baixada en 2020 polo confinamento, pero o ano pasado volveu ter unha subida importante\". A Galiza supera as taxas de suicidio do Estado e a UE Se ben os falecementos por suicidio en varóns se manteñen en 227 casos, no caso das mulleres aumentou de 91 mortes en 2019, descendeu a 87 en 2020, e en 2021 volveu ascender a 107 suicidios. Así, o suicidio entre mulleres incrementouse en case 23% entre 2020 e 2021. O suicidio entre mulleres incrementouse en case 23% entre 2020 e 2021 \"Tamén é preocupante a franxa de idade\", alerta a psicóloga, \"a cifra ascendeu nas idades menores de 20 anos\" cunha maior incidencia nas rapazas, pois do total de nove persoas que morreron por suicidio, sete eran mozas. Colectivos máis afectados Cerqueiro explica que sen investigacións en profundidade resulta complicado identificar as causas dos suicidios. Con todo, \"xa coñecemos resultados de estudos rigorosos nos que se mostra que os colectivos máis afectados pola pandemia foron a mocidade e as mulleres\", un fenómeno \"que coincide cos datos de mortalidade por suicidios\". Isto débese a que o confinamento provocou que as novas xeracións \"rachasen coas súas tarefas, coa educación presencial e coas relacións sociais\" e que experimentasen un aumento na \"incerteza polo futuro\", explica Cerqueiro. Máis de 3.000 suicidios nunha década, ao tempo que a Xunta \"ignora\" a situación Por outra parte, \"as mulleres son un colectivo que, de forma clásica, contan cunha maior sobrecarga de tarefas\" e, durante a pandemia, \"a necesidade de coidados\" aumentou de maneira considerábel, así como a precarización no traballo, que tamén lles afecta máis a elas. Ante esta desagregación por xénero e idade, a psicóloga insiste na necesidade de realizar \"valoracións de profundidade e multidimensionais\" que contemplen \"variábeis que se entrecruzan e se acumulan nas persoas en momentos determinados\". Máis investigacións Así, Cerqueiro reclama unha maior investigación da problemática e a elaboración de máis informes, \"non podemos esperar máis dun ano en obter os datos; se non coñecemos unha realidade dificilmente poderemos atallala\". Ademais, a psicóloga insiste en que o Goberno español debe traballar nesta cuestión \"con moito rigor e seriedade, e cunha grande inversión de esforzo, tempo e orzamento\". Aprobado \"por práctica unanimidade\" o Plan de Acción Estatal de Saúde Mental 2022-2024 Segundo indica o MGSM, á espera da publicación dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) para o conxunto do Estado español, \"con toda probabilidade a Galiza seguirá estando por enriba da media estatal\" en canto á mortalidade por suicidio. Pois, denuncian, o balance do Plan galego de prevención do suicidio conseguido por presión cidadá en 2017 \"tamén é negativo\"."}
{"ID": "PRAZA_778", "summary": "\"Vén a España neofeudal\", afirma no libro, no cal explica como os ricos converteron a crise nunha oportunidade para desmontar o Estado de benestar que se logrou construír no mundo occidental nas últimas décadas.", "text": "\"Hai unha guerra de clases, e estámola gañando os ricos\" afirmou o inversionista e multimillonario americano Warren Buffett. Os ricos imos gañando (Deusto) é o título que elixiu o profesor Antón Losada para o seu último libro, no que nos advirte de que estamos camiñando, a toda velocidade, cara un novo feudalismo. \"Vén a España neofeudal\", afirma no libro, no cal explica como os ricos converteron a crise nunha oportunidade para desmontar o Estado de benestar que se logrou construír no mundo occidental nas últimas décadas. Non é o primeiro autor que fala do retorno ao feudalismo. O pensador francés Alain Minc publicou en 1993 un texto profético. No seu libro A nova Idade Media (Temas de hoy) xa advertía sobre o crecemento de \"zonas grises\", que se multiplican á marxe de toda autoridade, desde a desorde rusa ata o deterioro das sociedades ricas polas mafias e a corrupción, que nos devolven a unha nova Idade Media.. E preguntábase: Canto tempo ten que pasar aínda para que os europeos comprendan que cambiaron un mundo cunha ameaza, pero sen riscos, por un universo sen ameaza, pero con riscos\". Anunciaba esa nova Idade Media, co mundo \"inmerso na confusión, a desorde e o retorno ao tribalismo\". Esta obra centrábase, sobre todo, na análise histórica e ideolóxica, pero Joaquín Estefania, nun libro do ano 2000, O poder no mundo (Plaza y Janés) incidía no mesmo tema desde a óptica económica. Afirmaba que a economía financeira substitúe á economía real, que os donos da mundialización teñen un inmenso poderío, de tal forma que o poder dos intermediarios privados eclipsa ao dos políticos electos. Entre eses intermediarios privados figuran as mafias, infiltradas no empresariado con moita intensidade. Advertía tamén este autor sobre a existencia dunha verdade mediática enfrontada á verdade real, e sobre a crecente tendencia dos medios de comunicación para poñerse ao servizo de intereses mercantís fronte ao dos seus propios clientes (lectores, oíntes, telespectadores). Nesta liña argumental incide Antón Losada no seu libro Os ricos imos gañando, no que, desde unha visión circular da historia, analiza \"a evolución das sociedades capitalistas modernas cara unha orientación neomedieval\". Volvemos a un tempo antigo de criados e servos, de señores e vasallos; a un mundo dominado por élites poderosas que expropian dos seus dereitos a todos os demais converténdoos en súbditos. Advírtenos, tamén, que hoxe o pensamento está patrocinado, e que os donos do mundo son tamén os donos do relato. Eles constrúen e divulgan a súa propia versión dos feitos. \"O diñeiro, nos países ricos, patrocina ideas\" afirma Losada. Neste tempo de crise só se permite propagar a verdade patrocinada: todo o demais, din os poderosos, é populismo ou demagoxia. Este texto valente e oportuno débenos animar para construír un relato alternativo que nos permita recuperar a forza colectiva, o espazo da política como terreo de defensa da cidadanía. Temos que ser capaces de axuntar forzas para facer fronte a este capitalismo salvaxe que ameaza con devolvernos á época feudal."}
{"ID": "NOS_14652", "summary": "Esixe ao partido político que deixe de usalo e engade que repudia a ideoloxía da extrema dereita.", "text": "A Companyia Elèctrica Dharma, banda barcelonesa con case 50 anos ás costas e que fusiona pop, jazz, psicodelia, rock e músicas do mundo; denunciou e condenou o uso da canción\"Flamarada nun acto de Vox esta fin de semana no pavillón Ifema de Madrid. Nun comunicado publicado este domingo nas redes sociais, a banda catalá esixiu ao partido político que deixase de usar esa canción e engadiu que repudiaba a ideoloxía da extrema dereita. COMUNICAT pic.twitter.com/bHBaQeMg6p— Elèctrica Dharma (@ElectricaDharma) October 10, 2021 \"Dende o principio loitamos contra as ideas que defenden os grupos de extrema dereita que representa Vox e que atacan os dereitos das persoas e as liberdades máis básicas\", sinalan. Dharma pon como exemplo un dos seus lemas: un verso dunha das cancións, que di: \"De fascistas e cabróns estamos até os collóns\". \"Unha frase suficientemente explícita que nos separa de calquera sintonía con Vox\", manifestan desde este banda catalá con perto de medio século de historia ás costas."}
{"ID": "NOS_41668", "summary": "A opción pola independencia pasa de 41,1 por cento do barómetro de xuño ao 48,7, un incremento moi significativo que é imposíbel non asociar á resposta social á escalada represiva desatada polo Estado español por volta do referendo do 1 de outubro. Esta é a principal conclusión que se tira do último inquérito do Centro d'Estudis d'Opinió da Generalitat. O non á independencia tería neste momento 43,6 por cento dos apoios, fortísima queda desde o 49,4 por cento de xuño.", "text": "Apenas catro meses separan o barómetro de xuño do de outubro, mais a fotografía que deita o último inquérito do CEO rexista un auténtico terremoto demoscópico. A principios de verán, o non á independencia superaba en máis de 8 pontos ao si (49,4 por cento face 41,1). O xiro foi de cuase 180 graos: 48,7 por cento de apoiarían neste momento un Estado catalán independente -como o proclamado polo Parlament 27 de outubro pasado- face un 43,6 contrarios ao nacimento da república. Entre unha e outra onda sitúanse os acontecimentos de finais de setembro e principios de outubro, coa actuación represiva dos corpos e forzas de seguridade do Estado en procura de inviabilizar o referendo os días previos á consulta e coas cargas policiais contra cidadás indefensas o propio 1-O. Hai unha correlación directa entre a indignación cidadá perante a represión estatal -moi significativa nas bases independentistas, mais tamén en sectores que non tiñan a fundación da República catalá como prioridade- e o crecimento da opción a prol dun Estado propio para Catalunya. O resultado é moi alentador para as opcións soberanistas -JxSí e CUP- con vistas ás eleccións de 21-D, ao ser o índice máis alto de apoio á independencia desde que o CEO fai inquéritos binarios, isto é, en termos de si ou non. O Estado catalán independente é tamén a opción número un entre as persoas inquiridas cando perguntadas sobre que estrutura política queren para Catalunya. Ten 40,2 por cento (10,8 máis que en xuño), en tanto que o respaldo ao mantimento do actual statu quo -o Principat como comunidade autónoma- só recollería 27,4 por cento dos apoios. A prol dunha solución federal estarían 21,9 por cento das cidadás inqueridas e só 4,6 por cento desexarían para Catalunya o rol dunha rexión nun Estado centralista. Este traballo fíxose entre os días 16 e 29, isto é, após o 1-O. O tramo final do inquérito realizouse a seguir a declaración de independencia e a activación do 155, feitos producidos a sexta feira 27-O. 30,4 por cento do eleitorado de Catalunya sí que es Pot apoia a independencia O inquérito radiografía tamén o eleitorado das distintas forzas políticas catalás. As bases de JxSí e ERC están masivamente pola independencia, en tanto que as persoas apoiantes do bloco constitucionalista (PP, PSC e Cs) adiren a vía autonomista, mesmo aquelas que se identifican co partido de MIquel Iceta, embora neste caso unha percentaxe non pequena dos seus aderentes -35 por cento- manifestan preferencia polo federalismo. Canto a Catalunya sí que es Pot, o seu eleitorado é maioritariamente contrario á independencia (55,7 por cento), embora un nada desprezábel 30,4 das súas bases si estarían a prol da República catalá. Na indecisión estarían 13,3 por cento das e dos votantes da confluencia en Catalunya."}
{"ID": "NOS_54314", "summary": "Pioneira no xornalismo peninsular, esta coruñesa dirixiu 'La Vanguardia' de 1936 a 1937, e mantivo o compromiso galeguista coa súa terra embora vivir desde nova en Barcelona.", "text": "María Luz Morales cumpriría tal día como hoxe, 1 de xaneiro, 118 anos. Naceu na Coruña o aninovo de 1898. Moi nova, en 2010, marchou para Barcelona, cidade onde foi destinado seu pai, funcionario de Facenda. Mais Luz Morales nunca se desvinculou do país que a veu nacer e que asumiu para sempre como o seu. Foi xornalista, editora, crítica cinematográfica, muller comprometida co seu tempo... Pasa a historia como a primeira muller en dirixir un xornal no Estado español, unha 'fazaña' que non debe ocultar o resto da súa extensa obra e vida, na que Galiza tivo un papel de importancia. Con apenas 20 anos, María Luz comeza a súa carreira xornalística en revistas como 'El hogar y la moda'. Axiña dá o salto a 'La Vanguardia', compaxinando o traballo no diario catalán con escritos en diferentes revistas, xornais e publicacións, como 'Imatges', 'Lecturas' ou o periódico madrileño 'El Sol', que pasaba por ser o voceiro da intelectualidade da capital do Estado. Elexida polo comité de traballadores O golpe de Estado franquista é derrotado en Barcelona pola clase traballadora, nomeadamente as milicias da CNT. A Generalitat decide incautar 'La Vanguardia' e o 19 de xullo o diario catalán fica baixo control dun comité obreiro da CNT e a UGT. Gustín Calvet, 'Gaziel', director do xornal, opta por exiliarse. O comité elixe entón como directora de 'La Vanguardia' á única traballadora da redacción, María Luz Morales. Ela acepta o cargo, que exercerá até febreiro de 1937, mais poñendo como condición que a súa dirección será puramente profesional e non 'política'. O triunfo do franquismo en 1939 vai pasar factura á xornalista coruñesa: expulsa do traballo, acusada de pertenza ao Partido Galeguista, é encarcarada durante 40 días e sofre despois unha 'travesía polo deserto' dunha década para poder volver exercer a profesión. Unha vez recuperado o traballo, mantivo a paixón polo oficio -principalmente no 'Diario de Barcelona'- até a súa morte, en 1980. Moito máis que xornalismo Morales non se adicou só ao xornalismo, se ben este foi o alicerce da súa vida, como ela mesma afirmaba. Tamén se adicou á literatura ou tomou parte en proxectos cinematográficos. Premio Nacional de Teatro ou o galardón Palmas Académicas de Francia foron algúns dos recoñecementos que recibiu. As súas críticas cinematográficas en 'La Vanguardia' chamaron a atención da todopoderosa produtora 'Paramount Pictures', que a quixo como asesora literaria nos seus filmes. A súa experiencia no cinema tivo un momento de ouro en 1938, cando colabora no guión de L'Espoir (Serra de Teruel), o filme documental de André Malraux. Galiza En Barcelona Morales exerce como representante da Asociación de Escritores Galegos e participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galiza. Non perde contacto coa súa Terra. En 1933, en Galiza, toma parte en actos con Blanco Amor, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Risco, entre outros. Rosaliana confesa, afirma que \"De todas as galegas ilustres, é por iso a máis grande Rosalía: porque na súa voz salouca a dor de todas estas esquecidas\". A historiadora Josefina Cornejo califica María Luz Rosales de \"vehemente feminista, galleguista y republicana\", asegurando que durante a Guerra Civil ocupou responsabilidades na secretaría das Mulleres Galeguistas. No documental 'A gran señora da prensa', Óscar Losada desprázase a Barcelona para recoller opinións e recordos de amigos, compañeiros e estudosos de María Luz Rosales. \"Era unha intelectual moi recoñecida en Barcelona\", recoñece un dos intervintes, mentres que unha das participanteas aponta: \"Ela estaba moi vencellada, tiña moita relación con xentes do Partido Galeguista\". En 2014 o Concello da Coruña inauguraba en Labañou unha rúa adicada a María Luz Rosales. O alcalde naquela altura, Carlos Negreira, louvou no discurso de inauguración a obra e traxectoria da coruñesa, e mesmo destacou a militancia de Morales no PG."}
{"ID": "PRAZA_1611", "summary": "A dirección dos socialistas admite que a imputación \"cambia o escenario político\" cara ao futuro do secretario xeral e esixe \"celeridade\" á xuíza. Mentres, Susana Díaz reclama que se aplique sobre Besteiro a \"vara de medir\" aplicada a Chaves e Griñán", "text": "O PSdeG segue procurando abordar a complexísima situación aberta polo auto co que a xuíza Pilar de Lara citou o seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, a declarar en calidade de imputado polas obras do Garañón, autorizadas polo Concello de Lugo en 2005, cando o líder socialista exercía como concelleiro de Urbanismo. Estes mércores diversos cargos dos socialistas galegos explicitaron o seu \"apoio\" a Besteiro e, ao tempo, dende a dirección do partido admitiuse que o seu xefe de filas non pecha a porta a ningún escenario partindo da base de que vai \"antepoñer os intereses do partido aos seus\". Menos dunha semana despois de que transcendese a imputación, acordada a raíz da reclamación dunha empresa construtora un día despois de que Besteiro deixase de ser presidente da Deputación de Lugo, dende a dirección socialista non se oculta a dificultade do panorama. \"Evidentemente, como os tempos da xustiza parece que van ben acompasados cos da política e condicionan a política, isto tamén ten que ter consecuencias e decisións\", sinalou este martes a secretaria de organización do partido, Pilar Cancela. Nese marco de eventuais tomas de decisións hai, cando menos, dúas datas clave. A primeira é a do 18 de xullo, na que se reunirá o Comité Nacional do partido -máximo órgano do PSdeG entre congresos-, que fora convocado previamente para trazar a estratexia política cara aos vindeiros meses. A segunda é a do 31 deste mesmo mes, día no que Besteiro está citado a declarar nos xulgados lucenses. \"De aquí\" a finais de mes \"poden pasar cousas\", admite Cancela, a cuxo xuízo Besteiro \"era e é o mellor candidato para presidir a Xunta\" e por iso el mesmo manifestara a súa opción de optar ao cartel electoral. No entanto, lamenta, \"neste momento hai unha situación que cambia o escenario político\". A dirección dos socialistas admite que a imputación \"cambia o escenario político\" e esixe \"celeridade\" á xuíza Neste contexto, ao longo da xornada varios cargos do partido explicitaron o seu \"apoio\" a Besteiro, nomeadamente dende a provincia de Lugo. É o caso da deputada Concepción Burgo, quen asemade \"de forma persoal\" manifesta a súa \"extrañeza\" polos \"tempos que se están a manexar\". \"Sabemos que todo isto vai quedar en nada\", afirma, mentres reclama que \"se tomen xa decisións rápidas\", xa que se a xustiza \"non é rápida, non é xusta\". Nun sentido semellante a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recalma \"celeridade\" por ser \"tremendamente inxusto que unha persoa teña que enterarse da imputación polos medios\", máis aínda cando o propio Besteiro xa achegara ao xulgado documentación ao respecto. Ela mesma, lembra, tivo que \"pasar por unha imputación\" que se prolongou cinco anos e que finalmente foi arquivada. Susana Díaz reclama que se aplique sobre Besteiro a \"vara de medir\" aplicada a Chaves e Griñán Mentres dende o seo do PSdeG se asume a complexidade do escenario, mesmo contemplando a posibilidade de que o propio Besteiro opte por retirarse da secretaría xeral -a pasada semana recibiu apoio da dirección federal do PSOE-, a principal nota discordante da xornada chegou dende a líder do PSOE andaluz e presidenta da Junta, Susana Díaz. Despois de que os pactos con Ciudadanos nesa comunidade levasen o partido a forzar a saída de Manuel Chaves e José Antonio Griñán de cadanseus escanos no Congreso e no Senado pola súa presunta implicación no caso dos ERE Díaz admite non coñecer os \"pormenores\" do caso que atinxe a Besteiro pero, no entanto, apela a que se aplique a \"mesma vara de medir\" porque, afirma, \"é o que agarda a xente de nós\"."}
{"ID": "NOS_35879", "summary": "Renovará a fórmula gañadora das eleccións de 2015 na Coruña, Santiago e Ferrol. No resto dos concellos abre a man a distintos escenarios de concorrencia, sen desbotar apresentarse en solitario.", "text": "O Consello Cidadán Estatal de Podemos realizou este sábado unha reunión para avaliar o momento político, botar un ollo á ferida deixada polos resultados do 21-D en Catalunya e avanzar a estratexia da formación morada para as eleccións municipais de 2019. Todo nun ambiente marcado por certo pesimismo -os inquéritos apontan a que a marca liderada por Pablo Iglesias vai ser sorpassada por Ciudadanos- e pola presión de Izquierda Unida -este mesmo sábado Alberto Garzón voltou a defender un maior peso das teses e dos cadros da súa organización dentro da confluencia. No que atinxe a Galiza, o Consello Cidadán Estatal teríalle dado luz verde á repetición da fórmula coa que Podemos concorreu ás eleccións locais de 2015 na Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, segundo informa Faro de Vigo. Isto é, participación sen siglas propias nas marcas lideradas por Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez. A xeometría pola que aposta Podemos é variábel, así que o resto dos concellos admiten distintos tratamentos. Cabe desde a coligazón co resto de parceiros das confluencias (basicamente Anova e EU) até a hipótese de se apresentar en solitario. O proceso en todo caso será controlado pola dirección galega, embora a actual secretaria xeral, Carmen Santos, estea fortemente cuestionada dentro da organización, con Antón Gómez-Reino, un home próximo a Iglesias, como referente alternativo. O Consello Cidadán Estatal tomou nota, aliás, os resultados de Catalunya. Iglesias non fuxiu da autocrítica. Cualificou os resultados de \"maos\" e admitiu que a formación morada atravesa un momento \"difícil\". Mais ao tempo garantiu que Podemos mantén a moral de vitoria e que non pensan en \"tirar a toalla\". E sobre a pretensión de IU de ter máis peso, Iglesias reafirmou sen complexos a vocación hexemónica da súa organización. Podemos, veu dicer, fará todo o posíbel por manter a alianza, mais a partir da constatación de ser ela propia \"a forza máis importante do cambio\"."}
{"ID": "NOS_34112", "summary": "Nese mesmo período a empresa obtivo beneficios que abeiraron os 500 millóns de euros.", "text": "Ir de Compostela a Madrid por vías de alta capacidade (A-8, despois A-6 e Ap-6) permite percorrer máis de 500 quilómetros cun custo en peaxes para o peto do conductor de menos de 13 euros (portaxe de Adanero, na entrada a Madrid). Porén, percorrer os 200 quilómetros entre Ferrol e Tui pola AP-9 vai supor perto de 21 euros en peaxes após a nova suba de 1,9% aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros. En 2010 apenas era de 14,5 euros. Suba de máis de 40%. Neste mesmo período, entre 2010 e 2018, os beneficios obtidos pola concesionaria da Autopista do Atlántico abeiraron os 500millóns de euros. O novo incremento aprobado polo Consello de Ministros farase efectivo en breve. O ano arrancou cunha suba de Audasa nas peaxes da AP9 (en xaneiro, suba de 1,9%) e vai finalizar do mesmo xeito, cunha alfombras vermellas para unha nova alza nas tarifas para a concesionaria da Autopista do Atlántico. Un 1% para compensar polas obras en Rande e circunvalación de Compostela e outro tanto, 1%, polas bonificacións nos traxectos entre Pontevedra e Vigo. Este aumento na AP-9 contrasta coa decisión do goberno español de ir eliminando progresivamente peaxes en diversas autoestradas no Estado español. Un plan que afecta a tres vías: AP-1 entre Burgos e Armiñón, AP-7 entre Alicante e Tarragona e AP-4 entre Sevilla e Cádiz; cuxas concesións acaban en 2018 e 2019."}
{"ID": "PRAZA_11416", "summary": "A consellería obstaculizou o acceso ao convenio que asinou coa multinacional polo que se compromete a \"difundir\" nas aulas o \"respecto\" ao software privativo", "text": "A consellería obstaculizou o acceso ao convenio que asinou coa multinacional polo que se compromete a \"difundir\" nas aulas o \"respecto\" ao software privativoHai un mes Praza.gal desvelou o convenio asinado pola Xunta con Microsoft para o uso nas aulas galegas da plataforma de traballo en liña Office 365, un acordo no que o Goberno galego se compromete, entre outras cuestións, a \"difundir\" entre o alumnado o \"respecto\" ao software privativo. O texto, que cinco meses despois a Xunta aínda non fixo público na base de datos de convenios na que debe colgar ese tipo de acordos, foi obtido a través dunha petición expresa de transparencia só despois de ter que recorrer ao Comisionado da Transparencia de Galicia, a instancia galega de supervisión da transparencia que exerce a Valedora do Pobo. Agora a propia Valedora informa de como foi aquel proceso e censura que a Consellería de Educación intentase desentenderse da petición que se lle formulara.O convenio con Microsoft para o uso nas aulas galegas da súa plataforma de traballo en liña Office 365 foi asinado o pasado 10 de xuño pola empresa coa Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O 17 de xullo Praza.gal formulou unha petición de transparencia para ter acceso ao mesmo, pero superado o prazo dun mes que establece a lei sen recibir contestación formulou un recurso á Valedora do Pobo como Comisionada da Transparencia. Tras aquel paso, a Consellería de Educación acabou facilitando o convenio o 19 de outubro, tres meses despois da solicitude orixinal, pero agora a Valedora, Dolores Fernández Galiño, vén de resolver a cuestión de fondo estimando a reclamación deste diario.Na súa resolución, a Valedora relata agora como a Consellería de Educación, segundo a súa propia versión, remitiu a solicitude que se lle formulara a ela como asinante do convenio á Amtega, que nada fixo para facilitar a información. Argumenta Educación que así o fixo por ser ese ente público o que tramitara o expediente administrativo previo para xustificar o convenio. Educación chegou a remitir á Valedora dito expediente cando esta lle pediu explicacións pola demora en contestar a petición de transparencia. Porén, a Valedora censura que Educación posuía a información que se lle solicitaba a ela expresamente como asinante do convenio, polo que \"debería ter dado acceso ao solicitante, en vez de remitilo á entidade que tramitara administrativamente o convenio (neste caso a Amtega), dado que o interesado solicitou ter acceso ao convenio, non ter acceso ao expediente administrativo da súa tramitación\".A Valedora salienta o silencio administrativo da Consellería de Educación, o intento de desviar o asunto a outro departamento e a demora en facilitar acceso ao convenioNa súa resolución a Valedora censura tamén a Educación que, se entendía que a competente para facer pública a información era Amtega, debía informar ao interesado da remisión da solicitude a ese órgano. Igualmente, Fernández Galiño tamén critica que Educación non resolveu sobre a petición de transparencia orixinal de xeito expreso senón por silencio administrativo e que despois da súa intervención facilitou o convenio \"fóra do prazo establecido\" pola Lei de Transparencia. Esta nova resolución da Valedora como Comisionada da Transparencia de Galicia volve poñer en evidencia os obstáculos da Xunta nese eido. O propio Goberno galego, segundo os seus datos, di responder co silencio administrativo o 4,5% das peticións de transparencia que recibe."}
{"ID": "PRAZA_16569", "summary": "Diante da resposta cidadá á crise e á precarización da vida a criminalización da protesta. Non haberá peticións da Fiscalía nin condenas que nos fagan abandonar as rúas.", "text": "\"Debajo de las multiplicaciones hay una gota de sangre de pato\" Federico García Lorca O medo estase a converter nunha traba mestra desta época. E no fío da navalla da represión e do autoritarismo, o noso compañeiro Emilio Cao A esperanza mingua de maneira inversamente proporcional ao crecemento do medo e o medo é unha ferramenta poderosísima para o sometemento dunha sociedade. O medo estase a converter nunha traba mestra desta época. E no fío da navalla da represión e do autoritarismo, o noso compañeiro Emilio Cao. Denunciamos o medo a non chegar a fin de mes, a perder a casa por non pagar a hipoteca, a non ter cartos para pagar a calefacción en inverno ou encher a neveira. Conseguimos que ese medo individual, ese sufrimento privado, saíse do padecemento íntimo e tornase en resposta. Por iso enchéronse as rúas e as prazas. Por iso o «non nos representan» e o «non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros». A reacción ante a dor e o medo tórnase en política, non en política do caneo curto e miope, en política que quere transformalo todo. Así foi na folga feminista do 8-M. A reacción ante a dor e o medo tórnase en política, non en política do caneo curto e miope, en política que quere transformalo todo. Así foi na folga feminista do 8-M Pero o medo pode volver impoñerse. Algúns pretenden enterrar á política profana antes de que constrúa pobo. Enfrotámonos á súa democracia de baixa intensidade e a súa medocracia. Porque o medo é o 135, o 155, a lei mordaza, o intento de acalar a Carlos Santiago, o secuestro de libros, de portadas, de obras de arte, de cancións, de chíos e rechíos, detencións de chiadores, rapeiros, activistas, políticos e titiriteiros. Aínda así, non perdemos a esperanza. Aínda que as nosas mans estean espidas fronte a súa violencia. Nós estamos cos sindicalistas Carlos e Serafín, con Valtonyc, co 1 de Outubro, con Pablo Hasel, Alfon, Cassandra, Fariña, El Jueves e Santiago Sierra, co 8 de Marzo, coas Marchas da Dignidade, con Emilio Cao fronte a cadea. Motivos para a protesta. Palabras e arte contra a represión e a violencia. Temos o deber de rebelarnos contra a proporcionalidade porque a desproporción do sistema é xigantesca. O vindeiro luns 19 de marzo nos Xulgados do Penal de Julián Carariñas Emilio Cao, un rapaz que saca adiante os seus estudos universitarios mentres participa no activismo xuvenil, enfronta unha petición da fiscalía de 5 anos e 8 meses de cadea. Foi hai catro anos, catro anos de longa espera, cando o Emilio apenas tiña 18 anos. É doado lembrar esa data. Nese 23 de marzo de 2014 tiñan lugar os funerais de Adolfo Suárez, ao tempo que unha marea de xente ocupaba Madrid esixindo pan, traballo e teito. Eran as Marchas da Dignidade, unha mobilización que partía dos movementos, que procuraba unir loitas. Poucas coincidencias, poucas imaxes entre o novo que chega e o vello que marcha, describen mellor os últimos anos. En política existen momentos de avance e de refluxo. No momento no que as de abaixo conseguimos activar a tecla da mobilización e da politización do descontento cidadán, o Réxime do 78 activou todos os seus resortes publicitarios e represivos para frear ese proceso de cambio. As imaxes en branco e negro regresan nun momento no que a política se fai nos xulgados. No que se pretende limitar o pluralismo criminalizando a aqueles e aquelas que cuestionamos a Sacrosanta Constitución e que queremos recuperar o protagonismo das cidadás para poder decidilo todo, para termos unha democracia real. Diante da resposta cidadá á crise e á precarización da vida a criminalización da protesta. Non haberá peticións da Fiscalía nin condenas que nos fagan abandonar as rúas. Diante da resposta cidadá á crise e á precarización da vida a criminalización da protesta. Non haberá peticións da Fiscalía nin condenas que nos fagan abandonar as rúas A nosa esperanza nunca se tornará en submisión, non se engurra coas matemáticas, pode máis porque somos ás máis. Esa esperanza é un elemento crucial da Galicia que se move, da que forma parte Emilio, a que demanda pan, traballo e teito. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a446f6ab&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a446f6ab&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=388&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a446f6ab' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=388&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a446f6ab' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_12367", "summary": "Máis de catro décadas dedicada ao comercio do libro chegaron o pasado domingo, 7 de xullo, á súa fin. Unha festa na rúa Galerías Santa Margarida da Coruña foi a maneira en que a emblemática libraría Queixume despediu amizades e clientes. Música, teatro e palabras puxeron o colofón á aventura libreira no popular barrio da Sagrada Familia.", "text": "A xubilación de Eduardo Seijas García foi o motivo. Este home foi quen de termar do neocio durante máis de corenta anos. Resistiu áreas comerciais, a crise, o libro electrónico... e o desalento. Seijas xubílase agora por todo o alto, orgulloso do conseguido e de quen é, e, moi especialmente, do cariño recibido ao longo de tantos anos. A seguir, Sermos Galiza reproduce as palabras de agredecemento que dirixiron ás persoas presentes na celebración do 7 de xullo o propio Seijas, protagonista da xornada, e mais a súa vella amiga Lourdes Fernández Lameiro. \"A piques de xubilarme, síntome orgulloso de acadar dúas metas: manter vivo o negocio que me mantivo a min toda a vida\", dixo o libreiro, \"e conseguir o respecto e o cariño de todos vós\". As intervencións de Seijas e Fernández Lameiro ofrecen testemuño da heoricidade vital precisa para manter vivo, por tanto tempo, ese espazo de referencia de liberdade e cultura que foi na Coruña a libraría Queixume. Palabras de despedida e gratitude, por Eduardo Seijas Son Eduardo, teño 66 anos. Destes 66, levo 55 vivindo na barrio da Sagrada Familia. Son moitos anos, case todos. Aos 22 anos, cando rematei os meus estudos (e a mili, si, antes faciamos a mili), empezou a miña integración real no barrio axudando a miña nai a levar unha pequena libraría que ela rexentaba. Alí comezou todo. Aos 25 abrín a miña propia libraría co nome de Queixume e, desde esa idade, vivín os meus días atrapado e arroupado, a un tempo, polo negocio e a estreita relación que fun establecendo con todos vós. Loxicamente houbo de todo, luces e sombras. A través da libraría fun coñecendo a Sagrada Familia mais teño que dicir que comprendín realmente a súa verdadeira entidade e identidade cando, con dous amigos máis, abrimos un pub que tivemos que pechar ao pouco tempo porque a delincuencia e as drogas fixeron invivible aquela experiencia empresarial. Foron anos angustiosos e difíciles para moitas familias. Neste barrio, nestas condicións tan duras, na década dos setenta, cos primeiros gromos de liberdade que nos deixou ver a transición, tres \"maricóns\" saíron do armario con todas as consecuencias. Dous deles tiveron un final tráxico polas drogas e a delincuencia. O terceiro son eu. Salveime da queima porque tiña un proxecto: conseguir o respecto do barrio e sacar adiante unha libraría que tería que ser o meu único medio de vida. Hoxe, a piques de xubilarme, síntome orgulloso de alcanzar ambas metas: manter vivo o negocio que me mantivo a min toda a vida e conseguir o respecto e o cariño de todos vós. Nos anos 90 chegou aire fresco ao barrio coa inauguración da Biblioteca Municipal. Un lugar de encontro, de cultura e de progreso que foi e segue sendo un motor de transformación e de convivencia co que a miña libraría e eu, no persoal, tivemos unha grande colaboración e sintonía. Quero agradecerlles ás traballadoras e aos traballadores o seu magnifico e entusiasta labor. Tanto a libraría como a Sagrada Familia estiveron en constante evolución. Actualmente convivimos parte daqueles primeiros habitantes con moitas outras familias procedentes de diversos países e culturas que se asentaron con nós no intento de mellorar as súas vidas e as das súas fillas e fillos. Queda moito que mellorar no barrio. É unha tarefa colectiva, tanto da veciñanza como das institucións. Levades días vendo como moitos dos vosos nomes ateigan esa fachada e ese escaparate; é o meu xeito de vos dar as grazas e o lugar protagonista que vos corresponde na historia de Queixume. Máis de corenta anos no barrio ao fronte da libraría darían moito que contar e, por iso, pedinlle á miña amiga Lourdes que resuma, ao seu xeito, historias e vivencias que compartimos, ela e mais eu, co resto de amizades e clientes. A Sagrada Familia, Queixume, Eduardo, por Lourdes Fernández Lameiro Coñecín Queixume nos primeiros anos da década dos 80. Era un fervedoiro de xente, de ideas e de ilusións no corazón dun barrio de familias traballadoras, moitas delas chegadas do rural nas décadas dos sesenta e setenta, a unha Coruña que espertaba, tamén vigorosa, á democracia, á liberdade, á participación política, asociativa, cultural… Intentarei transmitirvos a idea de Queixume, como me pide Eduardo, ao meu xeito, a través dalgunhas anécdotas e sensacións, aínda que a tarefa de exercer de memoria allea me pareza ben complicada. Deses primeiros anos lembro unha señora de loito, miudiña e lixeira, que agardaba ansiosa cada semana a chegada do periódico de sucesos El Caso e, tamén, os ollos inmensos dun neno de Friol que bebía con fruición as historias do Carrabouxo, nas que se percibía representado. Lembro torres e torres de novelas de vaqueiros, fotonovelas e tebeos usados que percorrían, de man en man, os domicilios dos lectores e das lectoras do barrio. Particularmente significativo era o sistema de reparto a domicilio pactado cun veciño da rúa. Cada domingo, ben cediño pola mañá, chamaba por teléfono, deixaba soar tres veces e colgaba. Era o contrasinal para coller unha Voz de Galicia, saír á rúa e atala a un cordel que o enxeñoso lector sacaba pola súa xanela desde un terceiro piso (as noticias chegábanlle frescas, seguro). Queixume é unha libraría de barrio, mais non só unha libraría . Foi un punto de encontro, un espazo de liberdade e de relación en que eran habituais outras actividades paralelas á puramente comercial. Dábanse recados, gardábanse bolsas da compra, recollíanse bombonas, tíñanse chaves en depósito, pagábanse alugueiros, recibos de Santa Lucía… Os éxitos de Queixume foron vividos como propios polos clientes. Nas caseta das feiras do libro de agosto, percibíamos o orgullo da xente por ter a libraría do seu barrio no centro da cidade, de igual a igual, coas mellores da Galiza. Cando Queixume estaba de feira do libro, dalgunha maneira, o barrio tamén. Ao longo dos anos, sempre activa, ofreceu diferentes actividades: Contacontos, exposicións, actuacións e festas con motivo das letras galegas, do día do libro, de San Valentín e, sobre todo, do Nadal. Os escaparates de Queixume, nos que o amigo Luís puxo ao longo dos anos grandes doses de delicadeza e enxeño, así como un puntiño de transgresión, foron moi festexados e ben acollidos pola veciñanza. Este último ano, o escaparate converteuse nun espazo aberto que convidaba a quen o desexase a entrar nel e lerlles algún texto aos viandantes. Outra destacable fortaleza de Queixume foi o seu selo particular á hora de envolver os libros. Ano a ano Eduardo foi evolucionando e superándose a si mesmo. Moita xente dicía agradecer máis a beleza do envoltorio que o propio agasallo. Aínda que por veces poida non parecelo, as persoas aprecian e valoran as cousas feitas con agarimo. Empecei contando a historia do cordel. Canta non sería a evolución, tanto da libraría como da sociedade, para que hoxe en día Queixume sexa punto de entrega de Amazon! As vendas por Internet están poñendo en perigo de extinción a escasa actividade comercial de proximidade que foi capaz de resistir o embate que supuxo, hai anos xa, a apertura das grandes áreas comerciais da cidade. E despois están os nenos e nenas de tantas xeracións fortemente atraídos polo universo Queixume. Chuches, contos, xoguetes, libros do cole… e, sobre todo, un libreiro que lles falaba. Sempre houbo nenos e nenas que non podían pasar por diante da libraría sen entrar a saudar a Eduardo. Aproxímase o peche de Queixume. A xente non deixa de lamentar a perda. É unha mostra de cariño e apego que fai que o inminente xubilado se sinta emocionado e afectado, tamén, de vertixe ante a falta do contacto diario coa súa xente. Como non botar de menos un lugar do que cada día marchamos cun sorriso! Eduardo sempre ten unha picardía, unha palabra, unha chispa que fai brotar a alegría. A identificación entre Queixume e Eduardo chegou a ser total. Así dicides: \"Queixume! Gárdame o periódico\" ou \"Vou a Eduardo recoller o libro\". Eduardo é Queixume e Queixume é Eduardo. Despois estamos todos os demais. Veciñanza, clientela, familia, amizades… Todos puxemos tamén algo de nós en Queixume e, a cambio, Queixume foi e seguirá sendo, para nós, un refuxio, un espazo de convivencia, un universo plural e cheo de vida. Para rematar, devólvolle a palabra ao voso libreiro porque ten aínda unha última cousa que vos dicir: \"Estou feliz de compartir con todos vós esta xornada de alegría así que… festa rachada e... LUUUUME NA PALLEIRAAAA!!!\". Nota: imaxes da festa de despedida da libraría o pasado 7 de xullo na Coruña."}
{"ID": "NOS_44", "summary": "Deputad@s e portavoces do Parlamento Galego remitiron cartas o Ministro de Exteriores do goberno español para que apoie a ampliación das funcións da Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental para o ano 2014. Amnistía Internacional faise eco da demanda galega.", "text": "Amnistía Internacional faise eco da proposta de varios deputad@s e portavoces do Parlamento galego que remitiron cartas ao Ministro de Exteriores reclamando que o goberno español apoie a incorporación á Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental a persoas que investiguen as violacións dos dereitos humanos, \"garantindo a observación independente, imparcial e constante da situación dos dereitos humanos no territorio e nos campos de refuxiados saharauis\". O Intergrupo Parlamentario Paz no Sáhara, que está integrado por membros do PP, PsdeG, AGE e BNG, segundo informa Amnistía Internacional, inclúe tamén esta demanda no informe que remitirán ao Ministerio de Asuntos Exteriores. \"Esta participación ven a confirmar que a MINURSO é un tema que preocupa tanto á cidadanía como aos partidos políticos, sen distinción de ideoloxías, e que lonxe de xerar controversias hai unha clara unanimidade a favor da súa ampliación\", defenden desde Amnistía Internacional. . O Parlamento galego aprobou en xuño de 2013 unha declaración institucional que reclamaba o traballo activo por parte do Goberno español na UE a favor da ampliación das funcións da MINURSO para o ano 2014, incluíndo o control do cumprimento dos dereitos humanos no Sáhara Occidental. Visita en febreiro a El Aiún O pasado 28 de febreiro unha delegación do Parlamento galego viaxou até El Aaiún con motivo do debate sobre a Operación MINURSO. A delegación interparlamentar galega estaba composta por por representantes das catro forzas da Cámara, Montse Prado (BNG), Xabier Ron (AGE), Carmen Gallego (PSdeG-PSOE) e Gonzalo Trenor (PP) así como por integrantes da asociación Solidariedade galega co pobo sahariano. O seu obxectivo era tamén desenvolver unha campaña de solidariedade que inste as Nacións Unidas e as autoridades marroquinas a respectaren e garantiren o cumprimento do dereito de autodeterminación para o pobo sahariano. A visita significou a primeira ocasión na que unha delegación tan ampla -composta por 9 persoas, 4 representantes do Parlamento e 5 membros de asociacións de solidariedade- conseguía entrar en El Aaiún o que, para o Frente Polisario supuxo un logro na súa loita e na liña de dar a coñecer a situación do pobo sahariano. Este mes faise un ano da renovación do mandato da MINURSO, que cada ano se discute no Consello de Seguridade da ONU. Neste tempo, as autoridades de Marrocos continuaron reprimindo a disidencia, impoñendo restricións á liberdade de expresión e ás manifestacións pacíficas da sociedade civil\", denuncian desde Amnistía que documenta malos tratos da policía despois de protestas que reclamaban que a MINURSO adopte un mandato de dereitos humanos en 2014. AI defende a urxencia de que a ONU amplíe o mandato das súas forzas para manter a paz no Sáhara Occidental incluíndo a observación dos dereitos humanos."}
{"ID": "NOS_13879", "summary": "Responsábeis de Compostela Aberta, Marea Atlántica, Ferrol en Común, Marea de Vigo e Ribeiro en Común opinan sobre o proxecto político que está a artellar a ministra de Traballo, Sumar.", "text": "As 'mareas' municipalistas enfrontan o vindeiro ano o seu primeiro exame 'en solitario', especialmente en cidades como Compostela, Ferrol ou A Coruña que aspiran a recuperar após pasaren a mans do PSdeG nos comicios de 2019. Algunhas destas candidaturas, en declaracións a Europa Press este sábado, móstranse reticentes a construír un novo espazo común como foi no seu día En Marea. Outras, porén, avogan por achegarse ao proxecto de Yolanda Díaz, Sumar. Rubén Pérez (Marea de Vigo) O concelleiro da Marea de Vigo e dirixente de Esquerda Unida, Rubén Pérez, ve con \"expectiva\" unha plataforma política \"que dea continuidade\" á idea exposta por Díaz. \"Hai que recuperar o que se falou na orixe da Marea\", logo do \"fracaso do partido instrumental\". Jorge Suárez (Ferrol en Común) O ex alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), defende que as mareas \"non son unha especie en perigo de extinción\", ao tempo que traslada \"todo\" o seu apoio á ministra de Traballo, tamén ferrolá. \"Temos que sumar a maior cantidade de apoios e os partidos teñen que ser acompañantes; non é máis que unha continuación do que se fixo na Galiza\", apuntou. Marta Lois (Compostela Aberta) A portavoz de Compostela Aberta, Marta Lois, subliñou que a súa é unha formación \"consolidada\" na capital galega e centrada no plano local. \"E vai seguir traballando e escoitando de maneira activa\" para 2023, asegurou. Sobre a posibilidade de artellar un novo espazo colectivo, dixo que \"aínda é cedo\" para falar diso, se ben tamén salientou que CA \"é un suxeito claramente local, pero busca construír un espazo colectivo en relación doutros proxectos máis de corte estatal\". María García (Marea Atlántica) A portavoz da Marea Atlántica coruñesa, María García, fixo énfase nas \"boas relacións\" entre as candidaturas municipalistas, emprazadas a \"facelo máis\". No que atinxe ao proxecto de Yolanda Díaz, opinou que \"soa ben e coñecido\", se ben matizou que non se determinou aínda posición ninguna ao respecto. Brais Fidalgo (Ribeiro en Común) Brais Fidalgo, responsábel de Ribeiro en Común e vinculado a Anova, defendeu \"colaborar\" en todos os foros e en \"compartir experiencias\", mais sen aventurar posicións sobre proxectos futuros, porque \"todo vai a unha velocidade moi grande e o que agora pacería unha seguridade, logo non\"."}
{"ID": "PRAZA_19680", "summary": "O bipartito adxudicoullos a Remolcanosa, do grupo tamén propietario de Povisa argumentando que carecía de persoal para operalos e o PP nada fixo para formar funcionariado ou convocar novas oposicións Buques rematriculados en Canarias, onde Xunta e traballadores privados obteñen vantaxes fiscais", "text": "Buques rematriculados en Canarias, onde Xunta e traballadores privados obteñen vantaxes fiscais Os catro barcos que ten en propiedade Gardacostas de Galicia, o corpo dependente da Consellería do Mar encargado da vixilancia pesqueira, o salvamento e a loita contra a contaminación en augas da comunidade, son xestionados desde 2006 pola empresa privada Remolcanosa. O Goberno galego venlle prorrogando desde entón sen convocar un novo concurso público un contrato cun custo para as arcas públicas duns 6 millóns de euros ao ano que a Xunta xustificou no seu momento argumentando que non dispuña de funcionarios para operar os seus propios barcos. Porén, máis de unha década despois de privatizar ese servizo, nada fixeron ningún dos sucesivos gobernos galegos para formar o seu persoal propio ou convocar oposicións específicas para recuperar a operación directa deses buques. O bipartito adxudicoullos ao grupo tamén propietario de Povisa argumentando que carecía de persoal para operalos e o PP nada fixo para formar funcionarios ou convocar novas oposicións Logo da catástrofe do Prestige, na que quedou en evidencia a escaseza de recursos da Xunta para afrontar unha emerxencia dese calibre, o Goberno galego encargou a construción dun remolcador de altura, o Sebastián de Ocampo, e dun buque de salvamento, o Irmáns García Nodal. Botáronse a principios de 2005 e, sumados ao preexistente buque de ensinanza pesqueira Valentín Paz Andrade e á patrulleira Paio Gómez Chariño, cedida polo Estado, os catro barcos pasaron a conformar a flota maior de Gardacostas de Galicia, que conta tamén con unha vintena de lanchas. Porén, mentres as lanchas son tripuladas exclusivamente por persoal de Gardacostas, que teñen a consideración de axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, os catro barcos maiores son operados por traballadores da empresa privada Remolcanosa, mentres que os gardacostas viaxan neles como pasaxeiros, o que limita a súa capacidade de libre disposición dos buques. En 2005, ao recibir os dous novos barcos, e malia que a súa titularidade é pública, o daquela conselleiro, o popular Enrique López Veiga, decidiu privatizar a xestión dos catro buques maiores e convocou un concurso. O bipartito PSdeG-BNG que comezou a gobernar na Xunta aquel verán modificou parcialmente as condicións do concurso, pero mantivo a privatización do servizo por, daquela, 5,3 millóns ao ano. Os dous gobernos argumentaron o mesmo nos expedientes de contratación: \"A Administración non dispón dos medios necesarios para o seu mantemento e operatividade, ademais de que non existe nos seus cadros de persoal traballadores cualificados para o desenvolvemento das actuacións\". A adxudicación do bipartito tiña un prazo de validez de dous anos, pero permitía ampliacións por períodos similares sen convocar un novo concurso ata un máximo de 25 anos, e así o vén facendo o actual goberno O concurso acabouno gañando en 2006 a viguesa Remolcanosa, unha das principais empresas de remolcadores de Europa e orixe Grupo Nosa Terra XXI, presidido por José Silveira, propietario tamén da naviera Elcano e do Hospital Povisa -concertado co Sergas, o principal do Estado nesta modalidade-, e designado recentemente polo Concello de Vigo como vigués distinguido cos votos a prol de PP e PSOE Aquel contrato tiña un prazo de validez de dous anos, pero permitía que fose ampliado por períodos similares pola Xunta sen convocar un novo concurso ata un máximo de 25 anos. E así o vén facendo o Goberno galego desde entón, con diversas prórrogas nas que tamén se foron modificando lixeiramente as condicións do contrato, que ascende agora a uns 6 millóns de euros ao ano. A cantidade é similar ao que custan os salarios dos aproximadamente douscentos membros do departamento de Gardacostas. Malia que o argumento que permitiu a privatización do servizo foi que a Xunta non dispuña de persoal preparado para operar os barcos, neste tempo os sucesivos gobernos galegos nada fixeron para dotarse del. Nin convocaron oposicións coas cualificacións necesarias, nin formaron o persoal do que xa dispón Gardacostas para que puidese asumir a operación dos barcos. Por outra banda, traballadores consultados por este diario aseguran que entre as arredor de duascentas persoas que forman o corpo de Gardacostas xa existe persoal coa titulación necesaria para operar os barcos. E salientan que boa parte do custo do contrato de xestión dos buques vai destinado ao pago de salarios dos traballadores de Remolcanosa, xa que os barcos navegan pouco. En ausencia de emerxencias, Gardacostas centra a súa actividade na inspección pesqueira. Nesas tarefas, os barcos maiores permanecen amarrados durante varias semanas a un mesmo porto e os axentes desenrolan as súas funcións nas súas proximidades desprazándose a bordo das embarcacións auxiliares de menor tamaño deses buques en vez de facelo na vintena de lanchas de xestión directa de Gardacostas, que non sempre teñen persoal suficiente para operar. A Consellería argumenta que \"se trata duns postos que requiren dunha especialización de difícil cobertura a través do sistema de contratación pública no caso de vacantes por enfermidade, por exemplo\" O Goberno galego argumenta que \"durante os anos de crise a prioridade da Xunta foi manter estable o emprego público, por iso na actualidade o número de empregados públicos da Xunta é practicamente o mesmo que había a comezos de 2008\". En materia de Gardacostas, a Consellería do Mar salienta que vén de convocar oposicións \"con 20 novas prazas de axentes\" e que é \"a única comunidade autónoma que convoca oposición deste tipo, dado que é tamén a única comunidade con este servizo [de Gardacostas]\". Porén, ningunha desas 20 prazas irá destinada a operar os buques privatizados do servizo senón a outras tarefas. De feito, segundo sinalan fontes sindicais, son prazas xa ocupadas por interinos, polo que as oposicións non suporán incrementar o cadro do persoal de Gardacostas. Sobre as prazas concretas precisas para operar os seus barcos de Gardacostas, a Consellería argumenta que \"se trata duns postos que requiren dunha especialización de difícil cobertura a través do sistema de contratación pública no caso de vacantes por enfermidade, por exemplo\", argumento que estende tamén ao caso dos pilotos dos helicópteros do mesmo servizo de Gardacostas."}
{"ID": "NOS_53403", "summary": "O obxectivo desta medida é \"asegurar a prestación dos servizos esenciais de empresas e provedores necesarios para o abastecemento da poboación e do mantemento dos propios servizos esenciais\".", "text": "O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a Orde TMA/277/2020, do 23 de marzo, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, pola que se declaran servizos esenciais a determinados aloxamentos turísticos e adóptanse disposicións complementarias. A Orde recolle unha listaxe de aloxamentos turísticos que se manterán pechados ao público en xeral, pero deben permitir o aloxamento daquelas traballadoras que realicen labores de mantemento, asistencia sanitaria, reparación e obras, subministración e transporte de servizos esenciais. Entre as traballadoras cuxo aloxamento se posibilita atópase as de mantemento, asistencia sanitaria, reparación e execución de obras de interese xeral, abastecemento de produtos agrarios e pesqueiros, e tripulacións dos buques pesqueiros, así como servizos complementarios ás mesmas, no ámbito sanitario, portuario, aeroportuario, viario e ferroviario, alimentario, salvamento e seguridade marítimo. Devandita listaxe comprende un total de 370 aloxamentos turísticos repartidos por todo o territorio do Estado español, mais na Galiza son exactamente 37, repartidos do seguinte modo: -4 en Compostela, Vigo e Sanxenxo. -3 na Coruña -2 en Ordes (denominado \"Orbes\" no BOE), Ferrol, Boiro e Poio-Pontevedra -1 en Xinzo, Verín, Ourense, Muíños, Manzaneda, Viveiro, Foz e Oleiros. O obxectivo desta medida é \"asegurar a prestación dos servizos esenciais de empresas e provedores necesarios para o abastecemento da poboación e do mantemento dos propios servizos esenciais\". Ademais, preténdese \"evitar os efectos negativos sobre o emprego e a viabilidade empresarial derivados da suspensión de contratos públicos, e o seu impacto estrutural negativo sobre esta parte do tecido produtivo\"."}
{"ID": "NOS_29778", "summary": "O despacho Pérez-Lema Avogados e Consultores realizou unha xuntanza para presentar unha demanda. Calculan que son 200 as persoas afectadas pola fraude a través da banca electrónica.", "text": "O número das vítimas na Galiza por 'phishing' a clientes de entidades bancarias segue aumentando. A maioría dos casos deste tipo de calote fóronse coñecendo durante este verán, e procedían de clientes da entidade Abanca, aínda que o problema tamén está presente noutras como Caixabank, Santander, BBVA, OpenBank, ou ING, entre outros, con oficinas en toda a xeografía galega. Diante desta situación o despacho PérezLema Avogados e Consultores realizou unha xuntanza esta terza feira en Compostela coa idea de agrupar baixo unha única dirección letrada a maior parte das e dos afectados, de forma que ninguén se vexa privado de presentar unha reclamación xudicial por este problema por carecer de fondos. Até 160.000 euros e superando o límite \"Sabemos que na Galiza este problema afectou unhas duascentas persoas aínda que seguro haberá máis\", asegura a Nós Diario a avogada Ana González, que tomou parte na reunión xunto ao tamén avogado Xoán Antón Pérez-Lema. Coa práctica de suplantar a entidade bancaria as perdas económicas foron enormes, con casos que van desde os 2.000 euros \"até 160.000 euros en varias retiradas\", sinala a letrada. A demanda que presentarán terá en conta o real decreto que prevé a posibilidade de reclamar o diñeiro ás entidades bancarias. \"Aquí procede tamén porque deberían contar cun sistema de seguridade que evite que se retire diñeiro mesmo superando o límite indicado pola persoa cliente\", aclara González, \"entendemos que os bancos terían que bloquear a conta nese momento e quedar co importe até saber se a transferencia era correcta ou non\", engade. Reclamación xudicial de cantidades Tal e como argumenta esta avogada, as persoas afectadas deben realizar unha reclamación extraxudicial á entidade bancaria, \"algo que fixo a maioría coa contestación, polo menos no caso de Abanca, negativa\". Por este motivo a alternativa, entende González, agora toca unha reclamación xudicial que non será colectiva \"por ser consentimentos de cada unha das persoas afectadas por causas distintas\" mais coa posibilidade de facer \"unha acumulación na mesma demanda\" aínda que veñan de puntos distantes da Galiza. Malia que polo de agora a maior parte das persoas enganadas tiñan os seus aforros en Abanca, tamén contan con realizar demandas a outros bancos \"que acumularán por entidades\". Un engano nada novo A suplantación da entidade bancaria con fins ilícitos non é nova no panorama de calotes galego. \"Coñecemos este tipo de casos desde hai anos, mais agora aumentaron\" e unha gran parte relacionados \"con Abanca\", indica esta avogada. Non sempre se reclamaron pola mesma vía e hai denuncias que empregan a penal. \"Cremos que o mellor é a civil, coa idea de poder recuperar o diñeiro\", conta González, \"no outro caso moitas veces arquívase e remata por ser sobresido, non hai responsabilidade civil ou ao atopar ao culpábel xa non teñen a cantidade subtraída\", conclúe. A Audiencia de Pontevedra abre a porta ás afectadas A principios de outubro coñeceuse a primeira sentenza favorábel a unha persoa enganada polo método do 'phishing' na Galiza. A Audiencia de Pontevedra condenaba a Abanca a devolver o diñeiro que lle retiraron a unha clienta que foi vítima da suplantación da identidade do banco para obter datos de acceso e dispoñer de seu saldo, 19.632 euros, sen o seu consentimento. Abanca negábase a devolverlle o diñeiro ao entender que non adoptara todas as medidas de seguridade e un xulgado de Vigo fallara ao seu favor. Mais a Audiencia revogou esta sentenza ao considerar que o banco non demostrou un comportamento \"dilixente\" tras coñecer a estafa nin que a clienta fora neglixente. Pola contra, o banco, segundo o fallo xudicial, era \"coñecedor\" de que se iniciara dita operación."}
{"ID": "NOS_37647", "summary": "O colectivo de extrema dereita afirma que trae axuda \"para quen o perdeu todo\" na vaga de lumes.", "text": "\"Hogar Social Madrid acudirá a Galiza con axuda humanitaria para aqueles que o perderon todo por mor dos incendios. Axúdanos a axudar!\". Con este chío o colectivo de extrema dereita anunciaba nas redes sociais a súa intención de facer acto de presenza no noso país. Adxuntaban un número de conta e de 'paypal'. O anunciou axiña xerou unha vaga de reaccións nas redes sociais, denunciando o carácter xenófobo e neonazi deste colectivo, que hai meses ocupou espazos nos grandes medios a raíz da súa iniciativa de repartir en Madrid axuda para aquelas persoas afectadas pola crise, mais \"só para españois\". Desde entón, ten protagonizado diferentes accións contra colectivos de inmigrantes e, ultimamente, fixo parte de mobilizacións en Catalunya de extrema dereita unionista contra o proceso de autodeterminación catalá. \"Somos máis de Mencer Dourado [partido neonazi grego] que de Le Pen\", afirmaba nunha entrevista en Público a que é sinalada como unha das líderes deste colectivo, Melisa. Hogar Social Madrid é o rostro do que se coñece como a nova extrema dereita española, que ten no neofascismo italiano un dos seus referentes, nomeadamente o que se nuclea en torno a 'Casa Pound'."}
{"ID": "NOS_29552", "summary": "A Comunidade de Montes de Cabral pronunciarase hoxe sobre esta iniciativa empresarial que suporía a expropiación de monte en man común.", "text": "Como anticipara Sermos Galiza as tres principais centrais sindicais da comarca de Vigo expresaron esta sexta o seu rexeitamento á instalación do centro comercial \"Porto Cabral\". A través dun comunicado conxunto, asinado pola secretaria e os secretarios comarcais de CCOO, CIG e UXT, os sindicatos argumentan a súa oposición ao polémico proxecto asegurando que a cidade olívica \"xa está actualmente saturada deste tipo de oferta comercial\" lembrando que ás 9 grandes áreas existentes sumaranse a medio prazo outros dous centros, o Bandeira no barrio do Calvario e máis o da nova estación do AVE. Os sindicatos aseguran que este tipo de investimentos non crea emprego neto e denuncian que as contratacións que se fagan serán maioritariamente precarias Os tres sindicatos cadran en expresaren a súa discrepancia a respecto de que este tipo de investimentos creen realmente postos de traballo. \"O único que producen estes macroinvestimentos é o deslocamento de estabelecementos desde os centros xa existentes aos de nova creación sen dar lugar a unha creación neta ou sostida de emprego\" denuncian, facendo referencia ás experiencias de Marineda City e As Cancelas respectivamente. \"Ademais as contratacións que se fagan serán maioritariamente precarias, que non garanten un salario que permita vivir dignamente\" engaden. Desta maneira as tres organizacións desmontan o principal argumento do que se valeu o alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero, para abandeirar un proxecto que conta xa coa oposición da veciñanza, do BNG, Esquerda Unida e diversos colectivos ambientais. Demanda de apoio ao tecido industrial Na declaración conxunta as centrais sindicais sinalan tamén que as grandes áreas comerciais \"colidan co desenvolvemento do pequeno e mediano comercio\" ao que poñen en valor pola súa achega ao emprego e ao desenvolvemento económico e por ser \"un sector local fronte ao capital transnacional das grandes cadeas e franquicias\". A respecto do necesario impulso económico dunha comarca, a viguesa, que xa ten arredor de 80.000 persoas sen emprego, a aposta sindical é ben clara: desenvolver a industria.\"É urxente unha resposta real por parte do conxunto das administracións públicas, quer estatal, quer autonómica, quer tamén municipal, para poñer en marcha todas as medidas precisas para frear o brutal esmorecemento do sector industrial da nosa cidade e bisbarra\" sinalan para concluíren que \"o futuro de Vigo e da súa comarca pasa ineludibelmente por desenvolvermos as súas inxentes capacidades produtivas\" Asemblea da Comunidade de Montes Este domingo realizarase unha nova asemblea xeral da Comunidade de Montes de Cabral. O cerne da orde do día é precisamente o debate arredor do proxecto \"Porto Cabral\". 800 comuneiros deberán expresarse a favor ou en contra dun proxecto que suporá a expropiación de arredor de 300.000 m2 de monte comunal. A pasada semana un colectivo de afectados e comuneiros que se opoñen á instalación do centro comercial organizaban unha andaina veciñal, na que na que participaron centos de persoas reclamando máis información e o voto en urna. Unha hora antes do inicio da asemblea teñen convocada unha nova protesta ás portas do recinto na que terá lugar."}
{"ID": "NOS_15216", "summary": "Sete meses despois da súa morte, o Museo do Pobo Galego rende homenaxe ao que foi un dos seus fundadores e director do mesmo ao longo das dúas últimas décadas, Carlos García Martínez. Será este sábado, 27 de outubro, no auditorio da emblemática institución.", "text": "No acto, ás 12.00 horas, participarán \"persoas vinculadas profesional e afectivamente\" a García Martínez: Francisco Calo, Teresa Soeiro, Xosé Ramón Fandiño ou Encarna Otero. En representación da familia falará Carlos A. García Pose, e o historiador Justo Beramendi farao como membro do padroado do museo. Ademais, haberá música a cargo do cantautor Miro Casabella, \"un viño de honor\" e María Xosé Fernández encargarase de conducir a xornada. García Martínez naceu en Compostela en 19745. Foi un dos tres artífices, canda Beramendi e Rafael Baltar, da constitución do Museo do Pobo Galego en 1976, fomentada desde o Colexio de Arquitectos de Galiza. A institución abriu as portas o 29 de outubro de 1977. Ao mesmo tempo, traballou en importantes achegas aos estudos arqueolóxicos -aínda que licenciado en dereito, \"os seus intereses e devocións levárono polo camiño da prehistoria\"- sobre a arte rupestre en Campo Lameiro ou sobre a \"morfoloxía castrexa\" das terras de Compostela. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e, en 1999, premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo \"polo seu traballo a favor da cultura galega\"."}
{"ID": "NOS_10279", "summary": "A borrasca tamén mantén en alerta amarela a zona das montañas orientais e todas as comarcas interiores do sur do país.", "text": "Toda a costa galega continuará este sábado, 23 de xaneiro, en aviso laranxa por un temporal que tamén manterá en alerta a zona das montañas orientais e todas as comarcas interiores do sur do país. Nestas zonas do interior o aviso será amarelo e estará activado tamén en terra da Mariña ante a previsión de ventos de máis de 70 quilómetros por hora. Nas comarcas de Deza, Tabeirós-Terra de Montes e A Paradanta a alerta fai referencia ás precipitacións, que poderían superar os 40 litros por metro cadrado. Na costa o aviso será laranxa por ventos de forza 8 e mar combinada con ondas que eran de máis de 5 metros até as 9 horas deste sábado. Segundo a última información facilitada por Meteogalicia, agárdase que o temporal amaine, aínda que o aviso non pasará de laranxa a amarelo até as 18 horas, cando se estima que a borrasca deixaría de afectar o territorio galego. Ademais, a cota de neve foi ascendendo desde os 1.400 metros das primeiras horas do día, tendencia que se agarda que continúe. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas, e os ventos soprarán fortes de compoñente oeste."}
{"ID": "NOS_15217", "summary": "O suplemento de 32 páxinas que se publica os sábados con Nós Diario mantén nestes tempos de confinamento e pandemia a súa cita coas lectoras e lectores. Neste número percorremos as Ons máis literarias, falamos con Andrea Vázquez, produtora de 'O que arde'; e gozamos cos cartaces de galegos e galegas que deseñan a súa pegada no mundo.", "text": "A illa de Ons conquista autoras e autores que crean historias nas que esta terra é protagonista. Coincidindo co confinamento domiciliario por mor da COVID-19, destacamos títulos como A bordo das Ons, de Marta Lemos, Ons no meu corazón, de Julio Santos, Ons, ondas do mar riso, de Emilio Araúxo, Ons, de Carlos Meixide, e Namoreime en Ons, de Staffan Mörling. Todos eles propoñen olladas sobre a fermosura deste lugar e o seu acubillo, mais tamén da complexidade de habitalo. Pois como recoñece a veciñanza, vivir en Ons supón estar illadas todo o ano. Tensi Xesteira fálanos nesta reportaxe de como nos últimos anos, a literatura deu bos títulos que nacen desta illa, tanto desde a ficción como desde as lembranzas das autoras e autores. Cinema A produción cinematográfica é unha desas profesións que adoitan permanecer ocultas de cara ao gran público, ou asociadas a cuestións meramente económicas. Porén, Andrea Vázquez descóbrenos a súa face máis creativa, así como a importancia das decisións que dependen deste eido e, no seu caso, falan doutras formas de facer filmes fóra da industria. Só grazas á súa capacidade para \"facer medrar a película\" foi posíbel 'O que arde' tal como é, co engaiolante poder do seu elenco ou a natureza como unha personaxe máis. Con ela conversa Irene Pin neste número de Sermos Galiza. \"Amador e benedicta son un dos logros do filme. A mestura das personaxes que tiña na cabeza Oliver co encontro real das persoas que as interpretaron é unha bomba\", confesa. Desde o inicio do cartel como disciplina estivo en discusión unha tensión entre a estética e a transmisión da mensaxe. Algunhas das creadoras consideradas como grandes talentos actuais galegos teñen moito que dicir ao respecto, cada unha coa súa voz, sobre a reivindicación dun deseño gráfico moitas veces esquecido. Cómpre igualmente facer un percorrido polo pasado e botar unha ollada ao presente para poder tentar construír o futuro. De todo isto fálanos Brais Nogueira, de Balea Cultural, en 'Espellos gráficos, as galegas e galegos deseñan a súa pegada no mundo\". O foxo de Entrecabezas As terras de Viana posúen mil marabillas para coñecer. Entre elas, esta que nos descubre o Colectivo Xea, ,s foxos de lobos. Construcións para atrapar e matar estes animais, que son relativamente comúns nas montañas galegas, norte de Portugal e zonas limítrofes. A súa construción adoita remontarse centos de anos, pois xa desde o medievo está documentado o seu uso. Porén, son un dos elementos da nosa etnografía menos coñecidos, debido ao moito tempo pasado desde que deixaron de empregarse. O seu estado de conservación, en xeral, é de total ruína e abandono, e os seus restos fican invisíbeis na paisaxe dos nosos montes. Porén, nos últimos anos algúns volveron aparecer entre a vexetación, mesmo se reconstruíron parcialmente e sinalizaron. É o caso do foxo de Entrecabezas, en Viana do Bolo. Mais Sermos Galiza non remata aquí. Oito paxinas para coñecer, debulla, gozar e sorprendernos con propostas e proxectos literarios,musicais, auidiovisuais e de escena da man de Mario Regueira, Susana Sánchez Aríns, Andrés Castro, Belem Tajes, César Morán e Manuel Xestoso."}
{"ID": "NOS_31807", "summary": "Gómez supervisa centros de acollida para mulleres en situación de violencia de xénero en todo o estado. É testemuña directa dos recortes na atención ás superviventes. A súa entrevista aparece na última entrega do A Fondo, nos quiosques e na nosa loxa.", "text": "Lydia Gómez Valverde é socióloga, psicóloga social e psicanalista. Ten unha longa traxectoria no eido da saúde mental, nomeadamente con mulleres. Coordena o Punto do Observatorio Rexional sobre Violencia de Xénero da Mancomunidade Las Vegas, da Comunidade de Madrid. -Lydia, estamos encantadas de contar contigo para esta entrevista, sobre un tema que ti, sen dúbida, dominas teórica e practicamente, así que imos entrar no tema polo miúdo. Nos últimos 10 años producíronse no estado cambios importantes nas políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, para mellor ou para peor? -Pois, a verdade é que á alegría inicial sucedeulle o escepticismo e, nos últimos tempos, a indignación. A maioría das denominadas 'políticas de igualdade' quedaron en declaracións de principios, que raramente se concretan en regulacións que impliquen o tecido social e laboral. A pobreza, o desamparo, o desemprego e a discriminación laboral seguen tendo face de muller, así como as persoas encargadas de atender as e os dependentes. As axentes de igualdade, son cada vez máis difíciles de atopar. Non é, tamén isto, violencia de xénero? -E canto á responsabilidade dos poderes públicos na habilitación de recursos de axuda ás mulleres, mesmo no mantemento dos existentes? -A Lei Integral de hai 10 anos supuxo a posibilidade de dotar de mellores recursos o traballo coas mulleres. A día de hoxe, os recortes orzamentarios dificultan enormemente o labor. Proponse unha atención integral que exclúe as profesionais (salarios precarios, inestabilidade laboral...). A saúde das mulleres, das profesionais e da propia intervención non se teñen en conta. Mesmo, ás veces, se dificulta a comunicación, o intercambio e a coordinación entre profesionais e, desde logo, non se establecen recursos de apoio aos equipos (supervisión, formación continuada...). Semella que o feito de que a maioría das profesionais sexan mulleres, co rol que o patriarcado lles atribúe como coidadoras abnegadas e sacrificadas, ten que ver no trato discriminatorio que reciben. Por último, redúcense drasticamente os servizos de atención e privatízanse os que quedan, saíndo a concurso cun único criterio de selección: a baixa económica, como se os proxectos que sosteñen un traballo deste tipo non importasen. \"Semella que o feito de que a maioría das profesionais sexan mulleres, co rol que o patriarcado lles atribúe como coidadoras abnegadas e sacrificadas, ten que ver no trato discriminatorio que reciben.\" -O termo 'vítima', referido ás mulleres en situación de violencia de xénero, está sendo cuestionado desde algúns sectores do feminismo, cal é a túa opinión ao respecto? -Recoñecer que na violencia de xénero hai unha vítima e que esta é muller é importante, porque supón a aceptación da existencia dun delito contra ela. Porén, a palabra vítima ten un contido de pasividade, que é un dos trazos atribuídos ao estereotipo de xénero feminino. Asemade, obvia unha realidade cotiá das mulleres: a cantidade de estratexias de supervivencia que poñen en xogo cada día, tanto para elas como para as súas fillas e fillos. En suma, eu prefiro chamarlles sobreviventes, porque isto resalta a súa posición activa e pon de manifesto a cantidade de recursos e capacidades que teñen, aínda que elas mesmas non sexan conscientes de telos. Podelos visibilizar con elas é un traballo de empoderamento e de recuperación da estima propia. \"As axentes de igualdade son cada vez máis difíciles de atopar. Non é, tamén isto, violencia de xénero?\" -Desde o teu punto de vista, na intervención con mulleres, protocolización ou construción de modelos integrais (e radicais) para a abordaxe do problema? -Os protocolos valen, na intervención interinstitucional, porque axudan a evitar a 'vitimización secundaria'. Por exemplo, o traxecto dunha muller dunha instancia a outra, tendo que dar conta da súa situación en cada unha delas, repetindo unha e outra vez a súa historia e a súa realidade, resulta extenuante e é propiamente un maltrato, que xera desesperanza e sentimento de estar a ser xulgada. Os recursos deben estar ao servizo das mulleres e non á inversa. Porén, a proliferación de protocolos vai xerando unha rede que se enreda, que semella pretender cubrir todas as incidencias e supostos con respostas anticipadas, que remata por anular a singularidade de cada caso. Prefiro, como ti dis, un modelo de intervención integral, un acompañamento a cada muller na súa traxectoria singular e ao ritmo do seu proceso. Con profesionais de referencia que se coordinen con todos os recursos. \"Prefiro un modelo de intervención integral, un acompañamento a cada muller na súa traxectoria singular e ao ritmo do seu proceso.\" -Cales son as claves dunha boa práctica profesional na intervención coas mulleres? -Sen dúbida, o respecto pola súa subxectividade, pola súa historia e polo ritmo do seu proceso. Se a muller se sente suxeito activo da súa historia, ten a posibilidade de intervir nela e coller as rendas da propia vida. Se abordamos a intervención de que a muller precisa guía e de que somos nós (as profesionais) quen sabemos, colocámola (aínda sen querelo) na posición de violencia na que viviu ou vive: a de quen se debe someter a unha tutela para chegar a ser 'o que debe ser'. Con isto apunto a que todos os recursos sociais, psicolóxicos, legais, de seguridade, etc., deben ter como obxectivo: asemade da súa recuperación emocional e de garantir o seu acceso aos medios económicos, de vivenda, laborais e legais que lle permitan levar unha vida autónoma e segura, lograr que ela se considere a si mesma coma un recurso fundamental e como suxeito de dereito. -Gustaríache engadir algunha outra cousa? Siiiiii! Pero mataríasme e con razón! A ilustración que acompaña esta entrevista é a reprodución da páxina 5 do A Fondo \"As outras violencias de xénero\" que apareceu publicado a quinta feira 20 de novembro e que tedes a voso dispor nos quiosques do país ou na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_10990", "summary": "O Movemento Galego polo Clima convoca manifestacións en seis cidades e fai un chamamento particular á comunidade educativa. Reclama medidas decididas aos Gobernos para loitar contra o quencemento global e as emisións nocivas. Aposta pola produción agraria de proximidade, o peche \"urxente\" da central das Pontes e o cambio na política forestal.", "text": "O vindeiro 27 de setembro está convocada en todo o planeta unha folga polo clima, impulsada polo movemento 'Fridays for future' e a mocidade de ducias de países, que reclaman a adopción de medidas decididas ante a emerxencia climática e o quencemento global. En Galicia máis de medio cento de entidades e colectivos sociais veñen de constituír o Movemento Galego polo Clima, xurdido ao abeiro dun manifesto que se pecha cunha serie de dez esixencias a Concellos, Xunta e Goberno central.O día 27 haberá manifestacións na Coruña, Vigo, Ferrol, Compostela, Lugo e OurenseO venres 27 haberá folgas estudantís e de consumo, ademais de concentracións ante os concellos e manifestacións na Coruña, Vigo, Ferrol, Compostela, Lugo e Ourense. Ademais, nos días anteriores levaranse a cabo actividades informativas, de debate e divulgación.O Movemento Galego polo Clima está conformado por Fridays For Future, Extinction Rebellion, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Adega, Verdegaia, Avante LGBT, MMM, CEMMA ou o Sindicato Labrego Galego, ademais de entidades locais coma a APDR, o Colectivo ecoloxista do Salnés, a Plataforma veciñal mina Touro- O Pino Non, a Asociación Petón do Lobo, entre outras.No manifesto apóstase por un cambio na política forestal e unha política agraria \"que favoreza a soberanía alimentaria con base a produtos de proximidade\"A plataforma quere que \"o debate sobre a mudanza climática xere conciencia da necesidade de actuar e premer para mudar os hábitos individuais, da sociedade, da economía, das empresas e sobre todo da necesidade de mudar as políticas necesarias para non superar os 1,5 graos a nivel global\".No manifesto apóstase por un cambio na política forestal como medida para previr os incendios, \"que serán mais graves polo cambio climático\". Pídense tamén \"medidas para unha maior eficiencia no uso da auga, que será máis escasa cando máis necesaria\". E, igualmente, unha política agraria \"que favoreza a soberanía alimentaria con base a produtos de proximidade e sustentábeis, particularmente vexetais e de horta\". Así mesmo, apóstase pola \"construción e rehabilitación de vivendas con conceptos bioclimáticas e de consumo nulo para adaptación no só ao cambio climático senón tamén escaseza de enerxía\".O Movemento Galego polo Clima reclama o peche \"urxente\" da central térmica de As Pontes, que produce o 25% das emisións totais galegas, pero tamén medidas de apoio para os traballadores afectadosO Movemento Galego polo Clima reclama o peche \"urxente\" da central térmica de As Pontes, que produce o 25% das emisións totais galegas. Porén, sinala que \"o peche non pode supoñer, unha vez máis, que sexa a clase traballadora a que pague as consecuencias, e polo tanto, reclamamos aos gobernos a creación de planos sociais para facer a necesaria transición enerxética de xeito xusto\".Así mesmo, defende \"a necesidade de abandonar os combustibles fósiles camiñando cara a unha redución do consumo da enerxía e pasando a usar fontes renovables de produción da mesma\", mais \"sen que isto signifique a destrución do territorio mediante a implantación de monocultivos ou outras prácticas lesivas co entorno natural\".A plataforma fai un chamamento particular á comunidade educativaA plataforma fai un chamamento particular á comunidade educativa, pois é aquí \"onde se concentran as distintas xeracións que van sufrir as consecuencias da mudanza climática dun xeito máis negativo\". \"É por isto que convidamos aos pais e nais, profesorado e sobre todo ao alumnado a que desde o día 18 de setembro até o 27 realicen todo tipo de actividades para deixar patente a súa preocupación e axudar a sensibilizar e a crear conciencia social dos graves riscos aos que nos enfrontamos\", sinalan. Nos días previos á convocatoria do día 27 haberá asembleas de estudantado e tamén xuntanzas de nais e pais para preparar as actividades e mobilizacións."}
{"ID": "NOS_31741", "summary": "A presidenta da Comisión Europea propón \"redefinir\" as zonas de risco epidemiolóxico para crear unha nova categoría nos mapas que sinale en \"vermello escuro\" as áreas nas que o risco de contaxio ou de propagación de novas cepas sexa \"moi alto\".", "text": "Os Estados da Unión Europea seguirán discutindo nos próximos días como restrinxir aínda máis as viaxes consideradas \"non esenciais\" dentro da UE para atallar a propagación de novas variantes do coronavirus, pero farano co compromiso de non fechar as fronteiras interiores para non danar o mercado interior e protexer a economía, segundo acordaron as e os líderes da UE nun cumio por videoconferencia. Segundo dixo o presidente do Consello europeo, Charles Michel, tras dirixir desde Bruxelas case catro horas de reunión telemática, as e os mandatarios están \"totalmente convencidos de que se deben garantir as fronteiras abertas\", pero sendo conscientes de que ao mesmo tempo se deben poder tomar medidas para facer máis difíciles as viaxes que non sexan imprescindíbeis. Para iso, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, propuxo aos 27 \"redefinir\" as zonas de risco epidemiolóxico para crear unha nova categoría nos mapas que sinale en \"vermello escuro\" as áreas nas que o risco de contaxio ou de propagación de novas cepas sexa \"moi alto\". Neses lugares sinalados como de maior risco na nova clasificación, os desprazamentos deberán estar \"fortemente desaconsellados\" e deberanse aplicar medidas \"adaptadas\" á situación, e non \"prohibicións xeneralizadas que danarán a nosa economía pero non frearán a pandemia\", dixo Von der Leyen. A xefa do Executivo comunitario ha adiantado xa que espera que os seus servizos presenten propostas concretas o vindeiro luns para que poidan ser discutidas a nivel técnico polos Vinte e sete antes de tomar decisións concretas. Desta forma, Von der Leyen admitiu que as medidas que afectan as fronteiras e as viaxes son decisións de competencia estatal sobre as que os Gobernos terán a última palabra para cada territorio, pero instou á máxima coordinación entre os Estados membro. As e os líderes tamén salientaron a necesidade \"esencial\" de acelerar as campañas de vacinación ante unha situación que preocupa cada vez máis ás e aos dirixentes da UE. A este respecto, Michel subliñou que as compañías coas que a UE asinou acordos para a compra das súas vacinas deben \"respectar\" os seus compromisos de entrega de dose. \"As empresas deben cumprir escrupulosamente cos contratos\", exixiu o primeiro ministro de Portugal e presidente de turno da UE este semestre, António Costa, que dixo que non se debe repetir a situación da última semana, na que Pfizer retardou as entregas da súa vacina. Vacinación Pola súa banda, Von der Leyen remarcou que a Comisión está a traballar \"da man\" cos grupos farmacéuticos e coa Axencia Europea do Medicamento (EMA), á vez que garantiu que Bruxelas está \"determinada\" a dar \"máis estabilidade\" ao proceso de entrega de doses. \"Están previstas máis vacinas pronto\", dixo. Precisamente, foron varios os líderes que avogaron por axilizar o proceso de aprobación de vacinas a nivel europeo. Entre eles, os primeiros ministros de Austria, Sebastian Kurz, Dinamarca, Mette Frederiksen, e Grecia, Kyriakos Mitsotakis, quen pediu á EMA que acelere o máximo posíbel a autorización da vacina de Oxford e AstraZeneca, prevista para o día 29. Bruxelas suxeriu aos 27 que se comprometan a vacinar 80% do persoal sanitario e das persoas maiores de 80 anos de aquí a marzo e a inmunizar 70% do conxunto da poboación adulta na UE como moi tarde este verán, un reto que Michel considerou \"difícil\" pero posíbel. No marco da discusión sobre vacinas, os líderes tamén escoitaron a proposta de Mitsotakis de crear un certificado común de vacinación que puidese facilitar as viaxes de quen estea inmunizado, aínda que non houbo resultados sobre este asunto que a maioría de Estados membro non ven como prioridade. Von der Leyen explicou que non hai dúbida sobre a conveniencia dun certificado \"médico\" que permita rexistrar e facer o seguimento do tratamento, pero considerou prematuro pronunciarse sobre os usos que se podería dar a un documento harmonizado deste tipo a falta de estudar cuestións legais e avanzar na reflexión política. Os Vinte e sete ven as vantaxes de contar cun certificado común que recolla os elementos médicos, en liña con cartillas de vacinación recoñecidas pola Organización Mundial da Saúde. Con todo, non ven urxencia en tomar decisións cando apenas se iniciaron as campañas de vacinación nos países da Unión Europea e quedan cuestións médicas fundamentais por aclarar, como por canto tempo inmunizan o paciente as distintas vacinas ou se se segue sendo vector de contaxio tras a vacinación."}
{"ID": "NOS_32251", "summary": "Mes e medio despois de chegar á alcaldía de Boimorto, Xosé Lois Rivas, Mini, (BNG) enfróntase a unha moción de censura rexistrada grazas a un concelleiro que se presentou pola lista do PSOE se sumar aos votos do PP. O alcalde non dubida en falar de \"transfuguismo\" e cuestiona a legalidade dunha moción que, para el, é \"unha operación de altura\" que responde á vontade do PP de gobernar a toda costa.", "text": "-A moción de censura é xa oficial? A moción non é efectiva até que a secretaria a recepcione. Até agora foi entregada no rexistro mais xa é pública. -Polo que se sabe, a moción é grazas ao cambio de voto dun concelleiro que se presentou polo PSOE, partido que forma parte do goberno e apoiou a súa investidura como alcalde. Trátase dun caso claro de transfuguismo mais moi premeditado. É unha operación e gran calado. Nun momento no que aínda nin se constituíra o grupo municipal do PSOE un deles forma grupo independente. Aquí estamos a falar de mafia pura e dura. Unha operación de altura, propiciada polo PP, que tira a pedra e agocha a man, ese PP que sabemos como funciona, que mantén o caciquismo e segue a facer da política unha nube de esterco. \"Boimorto é un pastel apetitoso para quen quere facer negocio\" -E no PSOE que opinan? O grupo como tal aínda non existía, temos unha Xunta de goberno, neste caso pensamos dar a segunda feira unha rolda de prensa conxunta. Opinamos o mesmo. -Coida que a súa postura abandeirando a loita polo prezo do leite influíu á hora de acelerar a presentación da moción? A loita polo leite é unha historia que lles estoupou nas mans mais non creo que fora a causa. Vén propiciado isto desde trinta e pico anos de desgobernos, de non administrar este país. No PP tamén hai alcaldes que teñen sensibilidade cando ven que os seus viciños sofren e se retorcen. Que Boimorto abandeire en certa medida a toma de postura dos alcaldes non creo que tivera moito a ver coa moción de censura. Os veciños láianse, ves chorar xente nas cortes e hai que responder. Este non é o motivo. A operación é de máis alto calado. -A que responde entón? Este é un concello pequeno de 2.150 habitantes mais os servizos están municipalizados e o orzamento total é de 2.400.000 euros. Hai moito que dilapidar e é ambicioso para eles. Temos residencia, gardería infantil, servizo de auga municipalizado... É un pastel apetitoso para quen quere facer negocio. -Sospeitan que os cartos están detrás da moción de censura? Non é unha moción normal ou corrente. O 99% da poboación presupón que hai cartos por detrás, que é unha operación mafiosa. Do que se fala en Boimorto é disto e a xente ten que pasarlle factura ao PP polo que está a facer. Debería supor a morte do PP en Boimorto mais, infelizmente, ao mellor non é así. O PP responde investindo. \"Se foran reais as promesas de traballo que o PP fixo en campaña, o concello tería que ter mil e pico postos\". -Que vostede fora alcalde foi, en certa medida, unha sorpresa, con dous concelleiros na corporación. Coida que podía haber medo da súa acción de goberno? En absoluto. O cambio non ía ser tan drástico. Vimos dun goberno de coalición de 2003 a 2007, logo PSOE-Independentes-PSOE até 2012, e finalmente minoría do PSOE co BNG de chave até 2015. O BNG aporta sensatez e un traballo firme e tranquilo e a poboación sabe que non se ían facer tonterías e as promesas electorais eran firmes, con propostas interesantes. Era unha política de gran transparencia e continuidade co que se estaba a facer. A moción é motivada porque a dereita deste país, o PP, quere mandar e se non é polas boas é polas malas, por cartos. Neste concello mataron por este tempo once persoas por seren leais á República, ao goberno lexitimamente constituído. Non quero facer similitudes mais esa é a historia. -Que vai pasar agora en Boimorto? Aínda non teño claro porque necesita unha interpretación xurídica por parte da Xunta Electoral Central. Non é unha moción de censura dun grupo. Preséntase antes de que se faga nada, un individuo sae e monta un grupo aparte e posibilita a moción. O argumento que poñen é a inestabilidade mais non hai ningunha inestabilidade no Concello. O PP é transfuguismo puro e agora teño liberdade para dicir o que me peta. Está disposto a conseguir o poder a toda costa. \"O PP é transfuguismo puro e está disposto a conseguir o poder a toda costa\" -Vostede ten denunciado ás maneiras de actuar o PP no rural, responde esta moción a esas prácticas? E tanto. Sigue a haber ameazas. Se foran reais as promesas de traballo que o PP fixo en campaña, o concello tería que ter mil e pico postos. -Despois de dez anos á fronte do BNG de Boimorto, seguro que tiña moitos proxectos para desenvolver como alcalde... As miñas apetencias persoais non teñen a ver. Non son eu o que importa. Detrás está unha asemblea do BNG e uns compañeiros do PSOE mais o que conta de verdade son os proxectos e é unha mágoa que vaian ao garete. -Que lle diría ao PP de Feijóo, que pode frear a moción favorecida por un tránsfuga... Ao PP galego non teño nada que dicirlle. Aos de aquí, teño, que son veciños. O PP é culpábel da desertización do meu concello, de non facer e non deixar facer. O que me temo é que é o partido desde arriba o que promove. Non é un capricho de aquí, dos concelleiros de Boimorto."}
{"ID": "PRAZA_9915", "summary": "Brais Arribas é o autor de Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital, un dos libros da colección Alicerces de Através Editora", "text": "Brais Arribas é o autor de Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital, un dos libros da colección Alicerces de Através EditoraNada é simple -ou polo menos non tanto como ás veces se presenta- no debate sobre a eutanasia. E para formulalo nos termos axeitados cómpre, en primeiro lugar, distinguir, precisamente, os conceptos. Non é o mesmo eutanasia ca suicidio asistido, nin ca sedación terminal, nin ca limitación do esforzo terapéutico. Todos estes xeitos de \"boa morte\" esixen, ademais, os seus propios requisitos. E aínda así non deixan de manterse algunhas críticas que, alén de posicións ideolóxicas e/ou relixiosas, non son doadas de resolver. Brais Arribas analiza, en poucas páxinas, todas estas cuestións en Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital, un dos libros da colección Alicerces de Através Editora.\"Descubrín na preparación do volume que non se trata dun asunto tan simple como ás veces aparenta\"Como xorde o proxecto de facer un pequeno ensaio sobre o tema da eutanasia? Era un tema sobre o que tiñas reflexionado moito anteriormente?A idea provén de Teresa Moure, quen se pon en contacto comigo para participar na colección Alicerces- da cal o volume \"Sobre a eutanásia\" acaba sendo inaugural- que está pensada como unha serie de ensaios breves e divulgativos sobre unha ampla diversidade de temas entre as que se atopan cuestións filosóficas e bioéticas. A problemática, como a calquera que estea interesado na filosofía moral, non me era allea; porén, si descubrín na preparación do volume que non se trata dun asunto tan simple como ás veces aparenta e que non se deixa resolver cos tres ou catro prexuízos que sobre ela habitualmente manexamos.A eutanasia non era concibida orixinalmente coma unha práctica médica, senón coma un xeito de morrer: morrer ben, oposto a \"distanasia\", que sería morrer de maneira cruel, dolorosa ou indigna. Podes explicar -moi resumidamente- como se comeza a falar do tema (refírome á Grecia da antigüidade)?Existen multitude de textos na literatura grega que se formulan a cuestión acerca do que significa \"morrer ben\" e incluso, dada a variedade nas respostas que se ofrecen, algún investigador contemporáneo, como Caamaño, propón que a noción de eutanasia nesta época se lle denomine como \"equívoca\". Como sinalas, a orixe do termo ten que ver ca oposición a morrer mal: dun modo cruel, penoso, doloroso ou indigno.\"A orixe do termo ten que ver ca oposición a morrer mal: dun modo cruel, penoso, doloroso ou indigno\"En cambio, Cratino, un poeta cómico do século V antes de Cristo sinala que unha morte boa é aquela que se produce desfrutando das cousas boas da vida, tales como comer ben, rindo, cos amigos, etc. Menandro fala de que o mellor é ter unha morte doce (podemos presupor que quere dicir \"sen dor\"), mentres que Polibio refire á eutanasia como unha forma nobre, digna e incluso valente de morrer. Crisipo sostén, ampliando esta noción, que a eutanasia ocorre cando se morre dun xeito perfecto, a morte digna tras unha vida plenamente realizada. Deste tipo de morte sería exemplar a de Sócrates.Xa que eutanasia é bo morrer, comezas falando da necesidade de \"aprender a morrer\" nunha sociedade que refuga de aceptar a morte como parte da vida. Xa que na sociedade rural tradicional non era así (ou iso explicaron antropólogos coma Gondar), que foi o que fixo cambiar ese xeito de concibir a morte? A verdade é que é difícil dar unha resposta obxectiva a esta cuestión. É certo que no mundo tradicional, rural, a morte non era negada e apartada da experiencia vital da persoa e da aprendizaxe social como o é hoxe, ou polo menos esa ausencia non era tan acentuada. Probablemente teña que ver coa propia proximidade da morte que existía na sociedade tradicional; as condicións de vida: alimentación deficitaria, menor hixiene, ausencia de vacinas e medicamentos, etc, tiña como consecuencia que houbese unha alta mortalidade infantil e unha baixa esperanza de vida, co que todos os membros da familia tiñan unha experiencia de morte \"real\" en varias etapas da súa vida.\"Non estamos adecuadamente preparados a nivel emocional para encarar a morte, e a desinformación esténdese aos nenos\"Iso é posible que producise unha mellor asimilación da certeza da precariedade da vida. A mellora xeral nas condicións de existencia e o progresivo aumento da esperanza de vida, unido a outras estratexias civilizatorias, como a sobrevaloración da xuventude, a extensión dun modelo de vida \"saudable\" e a evolución de tecnoloxías que prometen adiar a morte, producen que pouco a pouco nos despreocupemos da cuestión, polo menos no ámbito público, o cal evita que esteamos adecuadamente preparados a nivel emocional para encarala, desinformación que se estende aos nenos, cos que parece de mal gusto ou inadecuado reflexionar de xeito crítico sobre o tema.Mais o \"morrer ben\" esixe superar unha visión bioloxicista e cientificista da medicina para adquirir unha perspectiva moito máis ampla en relación co coidado integral do paciente, explicas. En que consiste esa mudanza de paradigma que citas? Cres que é o dominante agora?Este novo paradigma, que non teño claro que estea plenamente vixente, aínda que se estean facendo importantes progresos, implica tanto a praxe sanitaria como a aqueles que acompañan ao paciente na súa enfermidade –en xeral, familiares e amigos-. Por unha banda, requírese que a acción sanitaria, fundamentalmente a médica, se abaixe da posición de preeminencia que ocupaba no modelo tradicional asumindo que o enfermo ten unha serie de dereitos que lle permiten manter un certo control sobre a súa enfermidade.\"Requírese que a acción sanitaria, fundamentalmente a médica, se abaixe da posición de preeminencia que ocupaba no modelo tradicional\"Para que isto se produza debe serlle facilitada toda a información necesaria para comprender a súa doenza e os diversos tratamentos que lle poden ser aplicados, dando o seu consentimento (un consentimento informado polo tanto) para os mesmos. O ideal sería que os sanitarios estivesen educados ademais no trato requirido para enfermos que se atopan nunha situación próxima a morrer, de modo que a relación fose o máis próxima e comprensiva posible.En calquera caso, este papel, máis empático, sincero e afectivo, correspóndelle sobre todo ao entorno máis próximo. O recomendable é que se respecte ao enfermo como persoa, que se lle faga ver que se o ten en conta, interesarse polas súas vivencias, polas súas emocións. A intensidade da experiencia ou o medo a sentir, pode levar a que o paciente se sinta só, ou incomprendido, ou peor aínda enganado por unha impostada perspectiva de esperanza.\"O ideal sería que os sanitarios estivesen educados ademais no trato requirido para enfermos que se atopan nunha situación próxima a morrer\"Ás veces o contexto -familiar, médico- fan que o sufrimento se prolongue inutilmente ao atrasar o máis posible unha morte inevitable. Que relación pode ter isto coa ideoloxía neoliberal de \"loitar\" -individualmente- \"ata o final\" e custe o que custe?Por unha banda, como comentas, explícase pola dificultade para asumir que chegado a un certo punto o máis adecuado é deter o tratamento curativo e comezar outro paliativo ou de coidados. Dominados pola idea de que \"a esperanza é o último que se perde\" demasiadas veces os enfermos sofren tratamentos que só poden atrasar o inevitable, causando máis dor que beneficios. Esta idea, neoliberal, de que pelexando ata o final cabe un fío de esperanza, ou tradicional, e fortemente ligada á relixión cristiá, de que se debe aguantar ata o final, a pesar do sufrimento que iso poida causar, leva a situacións agónicas, onde o que máis padece é o enfermo que vive o seus últimos momentos no medio dun tormento cruel e, o que é case peor, innecesario.\"Dominados pola idea de que \"a esperanza é o último que se perde\" demasiadas veces os enfermos sofren tratamentos que só poden atrasar o inevitable, causando máis dor que beneficios\"Tamén cómpre, segundo indicas, clarificar o termo eutanasia, que sería unha práctica activa que esixe a intervención dun terceiro -normalmente, un médico- e que comprende un elemento obxectivo -unha enfermidade incurable e/ou terminal- e outro subxectivo -que o sufrimento, físico e/ou psicolóxico, sexa considerado insoportable polo paciente que, de xeito reiterado e voluntario, sen presións, pide acabar coa súa vida. Xa que a percepción do sufrimento é algo en boa medida subxectivo, social -e cultural- e condicionado polas emocións propias dunha enfermidade incurable, como minimizar o risco desa subxectividade?É decisivo que a eventual regulación da eutanasia vaia acompañada doutra, que xa está vixente en varias comunidades autónomas españolas, entre elas Galicia, que favoreza a correcta aplicación dos coidados paliativos. A través dos mesmos o paciente cunha enfermidade incurable, dexenerativa ou que causa un gran sufrimento, debera ser tratado precisamente no seu padecer, pero dende unha dimensión íntegra: non só física, senón tamén emocional e, se se quere, espiritual, a cal debe dirixirse tamén ao seu entorno.\"É decisivo que a eventual regulación da eutanasia vaia acompañada doutra que favoreza a correcta aplicación dos coidados paliativos\"Coido que existe un gran consenso na comunidade médica ao respecto do valor dos servizos de coidados paliativos, o problema é que adoitan estar infradotados, tanto a nivel de persoal coma no relativo aos medios materiais, co que a súa actividade non resulta todo o eficiente que podería, deixando de atender a moitos enfermos que os necesitarían. Unha adecuada atención paliativa axudaría a que a dor se minimizase e sería un elemento esencial para determinar que enfermo continúa experimentando un sufrimento extremo.Eutanasia e suicidio asistido, indicas, non é o mesmo. No segundo, é o propio paciente -e non un médico- o que executa a acción que lle vai causar a morte, aínda que os requisitos son os mesmos que para a eutanasia. Jack Kevorkian creara unha máquina que axudou a morrer sen dor a máis dun cento de persoas. Cales son as dúbidas que mostraba este caso desde a perspectiva dos requisitos que deben cumprir eutanasia e suicidio asistido?O caso de Kevorkian foi moi popular e o seu descrédito, como médico e como persoa -lémbrese que recibiu o alcume de Doutor Morte- foi usada para desacreditar na súa totalidade o movemento a prol da regulación da morte asistida. A pesar de que é difícil dubidar de que a súa intención fose axudar a persoas desafiuzadas ou cun forte sufrimento, o maior elemento crítico consiste na súa discrecionalidade á hora de aplicar a súa \"máquina de morte\".O feito de asistir a persoas das cales non tiña un coñecemento fundo, pois non lles realizara un seguimento no tempo que lle permitise coñecer en profundidade a súa historia clínica e biográfica, incapacitábao para discriminar aqueles pacientes cuxo tratamento máis adecuado fose efectivamente poñer fin á vida, de outros desesperados, mal tratados ou deprimidos, que puidesen ter sido asistidos con outras terapias alternativas que evitasen a súa morte.\"A sedación terminal, que está regulada e que polo tanto é legal actualmente, forma parte, como sinalas, dos coidados paliativos, e considérase hoxe unha boa práctica médica\"De aí que un dos criterios irrenunciables para a aplicación da morte asistida sexa a acreditación de varios profesionais médicos (o número exacto é obxecto de discusión), entre os que se debe atopar aquel que seguir ao paciente durante un tempo suficiente como para asegurar que a súa morte é unha opción asumible.Debemos distinguir tamén, explicas, a eutanasia da sedación terminal, que forma parte dos coidados paliativos. Cales serían os requisitos neste caso? En que se diferencia da eutanasia?A liña que as separa na súa concreación práctica en segundo que contextos é moi fina; de feito, a sedación terminal consiste nun procedemento clínico que axuda o acaecemento da morte. Non obstante, as súas diferenzas a nivel teórico son moi evidentes. A sedación terminal, que está regulada e que polo tanto é legal actualmente, forma parte, como sinalas, dos coidados paliativos, e considérase hoxe unha boa práctica médica.Consiste na aplicación no paciente terminal e agonizante dun sedante cuxa intención non é provocar directamente a morte senón facilitar que a inminente agonía, causada pola propia enfermidade, non sexa dolorosa. No caso da eutanasia, a cal pode ser solicitada por alguén que non estea nun proceso de agonía inminente, a intención é provocar a morte dun enfermo, como dicíamos antes, que padece unha enfermidade obxectivamente incurable e degradante e que ademais lle causa un sufrimento insoportable.Un terceiro concepto a distinguir tamén da eutanasia -aínda que ás veces se lle chame, erroneamente, eutanasia pasiva- é a limitación do esforzo terapéutico -deixar de tentar curar o enfermo- ou o rexeitamento por parte do paciente do tratamento. O maior problema preséntase, aquí, cando o paciente está inconsciente ou non se atopa en condicións de tomar decisións. Cal é, neste caso, o papel do testamento vital?Si, é obvio que algúns dos problemas máis evidentes en relación á aplicación das técnicas de morte asistida, xunto con aqueles que afectan a menores de idade, reside nos casos onde a persoa non se pode valer intelectualmente por si mesma polas razóns que sexan. Nestes casos, para que a vontade do paciente sexa respectada, é imprescindible a realización dun testamento vital.\"O testamento vital é útil para orientar as decisións dos médicos e dos familiares responsables\"Nel deben quedar acreditados os desexos do paciente en relación á xestión da súa enfermidade, no caso de perder a conciencia ou o dominio de si: os límites dos tratamentos que está disposto a aceptar, o grao de dependencia que desexaría asumir, as instrucións sobre a aceptación ou recusa de certas prácticas sanitarias ou mesmo o tratamento que desexa para o seu cadáver. O testamento vital é útil ademais para orientar as decisións dos médicos e dos familiares responsables, sendo importante que quede constancia do representante que substitúa ao paciente na toma de decisións, que deben usalo como guía para adoptar segundo que decisións.A eutanasia foi legalizada en Holanda e Bélxica. Con que requisitos e en que circunstancias?Holanda foi o primeiro estado que legalizou tanto a eutanasia como o suicidio asistido, sendo aprobada como lei no ano 2000 e entrando en vigor no 2002, converténdose na lexislación de referencia para os moi poucos estados que xa a regularizaron, caso de Bélxica tamén no 2002, ou que pretenden nun futuro facelo. Moi sinteticamente, en Holanda establécese que son legais aquelas medidas de axuda ao suicidio ou a asistencia a este, se o paciente non pode valerse por si mesmo, como unha praxe extrema, adoptada por un médico -e tras a confirmación de polo menos outro especialista- dado o sufrimento intolerable dun paciente cunha afección incurable, que non mellorase con ningunha outra medida curativa ou paliativa, que fose informado adecuadamente da súa situación e das súas perspectivas futuras, e que tivese declarado dun modo libre e persistente a súa vontade de morrer.\"Rrealízase un informe anual recollendo os datos de todas as solicitudes de eutanasia e do proceso polo que se decide aceptala ou rexeitala\"Para ter certeza de que non se levan a cabo malas prácticas e se cumpren as condicións requiridas, realízase un informe anual recollendo os datos de todas as solicitudes de eutanasia e do proceso polo que se decide aceptala ou rexeitala. En Bélxica, dun modo moi semellante, estipúlase que os pacientes maiores de idade, capaces e conscientes, teñen dereito a solicitar a eutanasia, se a súa petición, que debe constar por escrito, é voluntaria, reflexionada e repetida, e se padecen unha enfermidade incurable e irreversible que lles causa un sufrimento físico ou psíquico insoportable. En 2014 abriuse a posibilidade de que a eutanasia lle fose practicada tamén a menores, sen límite de idade, se a súa demanda contaba cunha autorización escrita polos pais.Unha enquisa revela no 2017 que o 84% da cidadanía española se amosa a favor da eutanasia para enfermos incurables. Mais o PP rexeitou a proposta de lei presentada por Podemos neste sentido, e PSOE e Ciudadanos abstivéronse. Como interpretas ti a negativa destes tres partidos a sacar adiante esta lei?No caso do PSOE, se debemos crer a súa posición actual, que parece que se atopa disposta a regularizar a eutanasia na próxima lexislatura se teñen posibilidade de goberno -aínda que non é a primeira vez que o levan no seu programa electoral e o incumpren-, semella que a razón principal sería o cálculo político de non deixar que Podemos se colgase o éxito de ter tomado a iniciativa na consecución dun dereito civil tan importante como é a regulación da morte asistida.Tamén pode ser que nesas \"dúas almas\" que semella que conviven no seu interior se tivesen imposto aquelas perspectivas máis tradicionalistas e reaccionarias. O caso de Ciudadanos podería estrañarnos se acreditásemos no seu carácter supostamente \"liberal\". Semella que o dereito a un morte digna debe considerarse básico dentro das liberdades de autoposesión ou que dotan ao individuo de plena autonomía. Observando o seu escoramento a posicións conservadoras explícase a actitude adoptada no pasado.\"O desgraciado caso de María José Carrasco ten servido novamente para amosar, por unha banda a sensibilidade social ante esta cuestión, e por outra para incitar un debate no propio interior dos partidos\"Finalmente, non pode asombrar a posición do PP (nin en xeral dos partidos conservadores nacionalistas, que dicir dos emerxentes de ultradereita), quen historicamente ten sido unha rémora para todo avance social en materia de dereitos bioéticos, de feito aínda non teñen resolta a súa posición ante o aborto. A súa vinculación ideolóxica co cristianismo máis conservador tamén explica a súa oposición frontal á regulación da eutanasia. Non obstante, o desgraciado caso de María José Carrasco ten servido novamente para amosar, por unha banda a sensibilidade social ante esta cuestión, e por outra para incitar un debate no propio interior dos partidos.Unha das críticas á legalización da eutanasia céntrase en que a atención debe poñerse nos coidados paliativos, de xeito que, desenvolvidos estes de xeito adecuado, reduciríanse moito ou case se eliminaría a petición de eutanasia. Que opinas ti desta crítica? (Curiosamente, ás veces vén dos mesmos que trataron a sedación terminal aplicada polo Doutor Montes como asasinato). Que ten un punto de razón, compre dicilo ben claro: é necesario dotar os servizos de coidados paliativos dos medios profesionais e materiais para que poidan desenvolver eficazmente a súa tarefa, que é imprescindible para un dos obxectivos básicos da medicina: reducir a dor. Non obstante, a importancia dos coidados paliativos non evita que sexa necesario regularizar a morte asistida. Como comprobamos, e basta prestar unha mínima atención a casos concretos, hai situacións que non se deixan resolver facendo uso dos coidados paliativos e que requiren outros tipo de medidas máis extremas.\"A importancia dos coidados paliativos non evita que sexa necesario regularizar a morte asistida\"Outra crítica que consideras importante é a de Etienne Moreno, que di que a principal razón para legalizar a eutanasia pode ser económica: desfacerse de persoas terminais, vellas, incurables... que son improdutivas e cústanlle moito ao Estado. Poderían engadirse enfermos crónicos, persoas con trastornos mentais… Que pensas ti desta crítica?Que igualmente debemos ser sensibles a ela, debendo ser un punto de referencia para que a eventual futura lexislación sobre a eutanasia dispoña dos mecanismos preventivos necesarios como para que prácticas tan crueis como as expostas non rematen producíndose.\"É responsabilidade do lexislador, dos sanitarios e da cidadanía evitar que se caia non que comunmente se denomina a \"pendente escorregadiza\", é dicir, un uso inadecuado da eutanasia\"É responsabilidade do lexislador, quen debe prever as medidas de inspección pertinentes, dos sanitarios que a practiquen, que deben ser escrupulosos no respecto á norma, e da cidadanía, a primeira interesada en que funcione adecuadamente, evitar que se caia non que comunmente se denomina a \"pendente escorregadiza\", é dicir un uso inadecuado da eutanasia. En todo caso, nos casos concretos, os citados de Holanda e Bélxica, permiten saber que esta pendente non está tendo lugar na actualidade."}
{"ID": "NOS_11505", "summary": "Primeiras reaccións políticas ás revelacións de Diego Torres que salfiren directamente o Rei. A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, suxire o Borbón que asuma as súas responsabilidades e tome exemplo do Papa.", "text": "En declaracións á axencia Europa Press, Davila afirmou que \"nun momento en que a Coroa está a ser vinculada aos comportamentos de Urdangarín\" a Zarzuela, dixo, en referencia a Juan Carlos I, \"debe asumir as súas responsabilidades\". Davila dixo que en momentos críticos até o Vaticano é quen de \"tomar decisións\". Os momentos críticos aos que se refere a parlamentar nacionalista teñen a ver co feito de hoxe ter trascendido que os correos electrónicos achegados por Torres ao xuíz deixan ver con toda clareza que Juan Carlos I tería feito xestións para favorecer os negocios do seu xenro."}
{"ID": "PRAZA_17662", "summary": "Poucas horas despois de que Feijóo considerase unha \"falta de respecto\" usar a súa posición \"preeminente\" no proceso, diversos dirixentes da contorna do presidente expresaron o seu apoio a Casado. O apoio a Sáenz de Santamaría por parte do baltarismo e de dirixentes próximos a Rajoy fai obvia a división da delegación galega no Congreso Feijóo necesita unha \"coalición de perdedores\" no PP. Por Anxo Lugilde", "text": "Feijóo necesita unha \"coalición de perdedores\" no PP. Por Anxo Lugilde O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xogou a carta da neutralidade aparente na primeira votación para decidir a remuda de Mariano Rajoy á fronte do PP, se ben deuse por feito o seu apoio a María Dolores de Cospedal, aspirante máis votada en Galicia aínda que por unha marxe non especialmente folgada. Na contenda final, que esta fin de semana determinará se os conservadores pasan a estar liderados por Pablo Casado ou Soraya Sáenez de Santamaría, Feijóo di crer que sería unha \"falta de respecto\" utilizar a súa posición \"preeminente\" para orientar o voto da delegación galega e por iso se ía limitar a \"escoitar\" a opinión dos compromisarios a través das catro presidencias provinciais da formación. Así e todo, escasas horas despois destas declaracións diversos membros do núcleo dirixente do PPdeG máis próximo ao xefe do Goberno galego comezaron a facer público a través das redes sociais o seu apoio a Pablo Casado. O primeiro en facelo foi o presidente do PP da Coruña, Diego Calvo, e pouco despois chegaron publicacións en termos semellantes doutros cargos como a voceira do partido no Concello coruñés, Rosa Gallego, ou a vicevoceira no Parlamento, Paula Prado. Outros dirixentes con actividade habitual nas redes, como o deputado no Congreso por Lugo Jaime de Olano, evidenciaron igualmente ese apoio e, xunto a eles, outros membros de órganos provinciais e locais da organización. Poucas horas despois de que Feijóo considerase unha \"falta de respecto\" usar a súa posición \"preeminente\" no proceso, diversos dirixentes da contorna do presidente expresaron o seu apoio a Casado Estes pronunciamentos, á espera de que chegue tamén o da dirección pontevedresa que encabeza Alfonso Rueda e de que suceda o propio en Lugo, evidenciaron o apoio a Casado da contorna de Feijóo e deixaron por escrito unha división no seo do PPdeG cara á sucesión de Rajoy que era patente dende hai semanas e que o PP de Ourense se encargou de ratificar en público co seu aberto apoio a Soraya Sáenz de Santamaría. Despois de que a ex-vicepresidenta do Goberno central xa fose a máis apoiada na primeira votación cara ao Congreso, José Manuel Baltar deixou claro o seu voto cara a Sáenz de Santamaría e tras el outros dirixentes do PP ourensán como Rosendo Fernández. Tamén o fixo a ex-senadora ourensá Edelmira Barreira, que fora unha das colaboradoras máis próximas a Sáenz de Santamaría no Goberno de España. Estes azos foron difundidos tamén pola conta oficial do PP de Ourense en Twitter. O apoio a Sáenz de Santamaría por parte do baltarismo e de dirixentes próximos a Rajoy fai obvia a división da delegación galega no Congreso O temor no seo do baltarismo a que unha vitoria de Casado faga retroceder o clima interno do partido aos tempos de José María Aznar dá lugar a que o voto de Baltar conflúa co doutra dirixente a priori afastada do PP de Ourense, pero moi próxima a Mariano Rajoy: Pilar Rojo, ex-presidenta do Parlamento e actual deputada no Congreso. Rojo, amiga do ex-titular do Goberno de España, xa manifestou a súa preferencia por Sáenz de Santamaría. Neste contexto é xa obvio que os 279 compromisarios electos do PPdeG acudirán ao plenario do congreso do PP en Madrid co seu voto dividido e o mesmo sucederá cos votos dos 48 compromisarios natos -titulares de presidencias provinciais da formación, o presidente do Parlamento, o alcalde de Ourense, membros das Cortes ou integrantes do Comité Executivo do partido-. Ante a ausencia dunha concentración do voto galego nunha única candidatura xa non se desbota a posibilidade de que Feijóo dea en non revelar a súa postura persoal malia ás evidencias internas que o sitúan á beira de Casado, candidato que na recta final da campaña interna elevou o presidente da Xunta á categoría de \"patrimonio nacional\"."}
{"ID": "NOS_53960", "summary": "No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 31 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Lois Alcayde Dans entrevista o pintor, ilustrador, escultor, cartelista e debuxante Manuel Quintana Martelo. Tamén poderás aprender máis sobre o nome co que deberíamos chamar a noite do 31 de outubro: o comercial Halloween, o celta Samaín, Defuntos ou noite dos mortos? Cóntanolo Uxía Castro. Tamén atoparás una reportaxe de Montse Dopico sobre a posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país, un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega.", "text": "Pintor, ilustrador, escultor, cartelista debuxante e elixido por segunda vez presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Manuel Quintana Martelo é un dos pintores galegos máis internacionais da nosa época, con obra exposta por toda a península, os Estados Unidos de América e en varios países europeos. Traballa coa luz urbana e os recursos orgánicos, a vida coa textura na cor e no inerte industrial, nunha mestura que, defende, escapa do bodegón clásico ou a impostura. Formado en Barcelona e inspirado nos materiais da terra que pisa e as cores que transforma, recíbenos no estudio da súa vivenda ao carón de Compostela para falar de traxectoria, reformas -da casa e da obra- e unha \"case obsesión\" co amarelo, os limóns e os marmelos. —Ten unha casa magnífica. É unha casa de pedra antiga, levo anos tentando descifrar a data que aparece no dintel dianteiro pero non sei aínda de que ano exacto é nin de que século, pero ten máis de 300 anos seguro. Alberguei sempre o capricho de vivir no rural, nunha casa de pedra. Un capricho que non volverei repetir (ri)... Restaurar unha casa coma esta, de pedra, é un traballo complicado. —Mais gañou un estudio interesante. Si, é pequeno ás veces para o que quero, a obra grande trabálloa en Madrid. —Agora está a medio camiño entre as dúas cidades? Si, agora estou aquí porque a situación en Madrid con isto do virus está descontrolada. —Cantas horas pasa traballando? Non me preocupo nunca das horas, érgome e comezo a traballar. Hai días que non fago nada porque estou na \"pensa\", sedimentando. Mais case sempre que remato algo entro nun baleiro, sempre teño o medo de non ser capaz de voltar a facer outra cousa. Pero é temporal, sempre vai aparecer algo, por unha beira ou por outra. —Vostede non é un pintor realista. Non. O que pasa é que normalmente hai unha información, ou desinformación, entre esta tendencia hiperrealista e o realismo. Traballo un contexto figurativo, emprego o obxecto como elemento cotiá de uso e manipulación. Interésame o plano de traballo, non tanto a perspectiva ou a profundidade do obxecto. Ás veces dinme que fago hiperrealismo, pero non. Dalgunha maneira traballo a mestura entre abstracción e simulación. Non me formulo que tipo de pintor vou ser, sae como sae. —É un aprendiz diario, entón. Si, traballo moito sobre a aprendizaxe dos erros e sobre os esquecementos. Hai cousas que resolves e ao día seguinte non as ves igual, pregúntaste como fixeches iso. Cada día no meu ámbito de traballo é un renacer. Estás nunha posición de encontro de novas cousas. Interésame moito o camiño, os camiños que pode ter un traballo, non sempre é o mesmo. —Comezou copiando o que lle gustaba. Si, nese sentido creo que foi debido á época na que fun á escola, ao colexio público de Roxos, unha aldea ao carón de Santiago, estiven alí até os dez anos, tiñamos daquela un mestre que era o demo, era o terror. Creo que non odiei alguén tanto na miña vida. Todos os rapaces daquela escola tiñamos unha excelente caligrafía, por aquilo de \"a letra con sangue entra\" (ri). Era un tipo baixiño, con aire de mestre franquista, de poder vivo da aldea: curas, mestres… faltaba o boticario. En fin, que non tiña unha infancia favorábel para as artes. Na miña nenez non lembro ter feito debuxos propios, pero si copiaba cousas que vía nos libros, as ilustracións. Nunca fun un neno artista ao uso. A miña visión era a de entender cousas distintas, probar o que me interesaba. Na miña familia non tiñamos ningún artista ou artesán. —Descubriuse indo para perito, como tardou tanto? Ía para perito porque non quería facer carreira, quería pintar e debuxar, polo que me metín alí, xa que era o que me parecía menos complicado. Estudando peritaxe descubrín en Vigo unha cidade que na miña xuventude contaba coa actividade artística máis importante da Galiza, andaban por alí Urbano Lugrís, Laxeiro, Colmeiro… Descubrín unha exposición de Juan Luís, pintor de Cuntis, e pensei que eu tamén podía facer aquilo, impactoume o uso que tiña da cor, esa liberdade, o contexto que tiña… alí rematou a peritaxe. Cheguei a Barcelona sen coñecemento previo de arte. Aló, como en todas as escolas de Belas Artes españolas, estaban dentro do estándar clásico da figuración, a estatua, as modelos, a paisaxe, a anatomía, a perspectiva… Todo estaba dividido por seccións. Cheguei aló sen puñetera idea de arte. Non coñecía nin a existencia de Picasso, no Bacharelato o máis lonxe que cheguei foi Goya. Hai cousas que boto en falta hoxe. Lembra que podes ler todos estes contidos no Sermos Galiza que acompaña todos sábados Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques, na tenda ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón."}
{"ID": "NOS_49329", "summary": "A deputada Ana Pontón acusou a Valentín García de \"persecución contra persoas que reclamaron os seus dereitos laborais\". O secretario xeral afirma que a este goberno tocoulle lidiar cun 'problema' que vén de hai anos.", "text": "O BNG pediu formalmente a demisión do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, polos despedimentos do Celga. A parlamentar Ana Pontón dirixiuse o secretario xeral no transcurso do ebate na Comisión de Educación para recriminarlle que \"non é digno de ocupar ese posto\". Fíxoo despois de que emprazase a Valentín García a \"rectificar\" e a poñer fin a intolerábel represión\" das medio cento de persoas que impartiron estes cursos de galego para adultos e foron despedidos por \"reclamar os seus dereitos\". \"Ten vostede a oportunidade de rectificar\" A deputada nacionalista afirmou que \"é grave que unha administración pública persiga traballadores por defender dereitos laborais básicos\", en referencia ao profesorado en desemprego que, a través de listaxes públicas e abertas, accedía a dar estes cursos. A denuncia ante Inspección de Traballo (pois non tiñan contrato) deriva nunha resolución recoñecendo que este profesorado tiña relación laboral clara coa Consellería e a Xunta tiña que dalos de alta con efectos retroactivos. A consellería opta por prescindir deles e que os cursos os impartan docentes en activo. Pontón dirixiuse a García e reiteroulle: \"Ten vostede a oportunidade de rectificar\". \"Podiamos externalizar e non o fixemos\" O secretario xeral de Política Lingüística defendeuse sinalando que o actual goberno ten que apandar cunha situación que vén de moi atrás. \"En 2006 cambiouse todo o sistema Celga menos o de contratación de persoal. O problema medrou e nós tivemos que arranxalo agora\". Valentín García mesmo apelou á responsabilidade e manifestou que \"Podiamos suspender os cursos. Pero por responsabilidade, non o fixemos. Podiamos externalizar toda a formación, como o goberno vasco\"."}
{"ID": "PRAZA_8155", "summary": "O líder de Abrente repetiu en varias ocasións nas últimas semanas as súas críticas á \"a viraxe\" do BNG que, segundo el, \"fai que retroceda a posicións de hai 30 anos\".", "text": "Carlos Aymerich abandonará o seu escano no Parlamento a vindeira semana, segundo lle comunicou este martes á dirección do BNG. O líder de Abrente, que fora portavoz parlamentario até XIII Asemblea do Bloque, a comezos de 2012, vén amosando publicamente nas últimas semanas as súas críticas á \"a viraxe\" do BNG nos últimos tempos que, segundo el, \"fai que retroceda a posicións de hai 30 anos\", como afirmaba este sábado na Cadena Ser. É ese tamén o motivo de que Abrente non se integre na lista única que liderará Xavier Vence na Asemblea Nacional. Agora, \"non vou molestar máis\", di. O aínda parlamentario -oficializará a súa renuncia o vindeiro martes- non prevía comunicar a súa renuncia ata despois da asemblea, pero esta foi \"filtrada\", di. Este foi o motivo que o levou a convocar á prensa nos corredores do Parlamento para confirmar \"unha decisión que xa tiña tomada hai moito tempo\" e que \"no persoal\" tamén lle supón \"unha certa liberación\". Agora, afirma, \"seguirei como militante de base\" e dende esa posición continuará a defender \"un Bloque ambicioso, situado na esquerda, consecuentemente nacionalista e que se dirixe a toda á sociedade, que quere gobernar este país\". \"Non me vexo en Compromiso nin en Anova-Esquerda Unida\" Á espera das valoracións \"políticas\", que realizará o vindeiro luns, Aymerich avanza que na súa mente non está deixar a formación frontista, entre outras cousas porque \"non me vexo en ningunha das organizacións\" que se crearon tras as escisións do Bloque. \"Non me vexo en Compromiso\" e tampouco \"en Anova-Esquerda Unida\", di. \"Eu son do Bloque\", para o que \"só podo ter palabras de agradecemento\", as cales estende ao grupo parlamentario, \"en especial para Francisco Jorquera\" con quen \" sempre, a pesar das diferenzas, soubemos manter a amizade\". \"O BNG xa non é a casa común\" Aymerich defendeu nas últimas semanas \"un achegamento\" a Anova e Compromiso por Galicia, pero \"sobre todo a moita xente que quere unha alternativa real, nacionalista e de esquerdas ao PP\". \"Dóeme, pero o BNG xa non é a casa común do nacionalismo e non o é desde Amio\", dixo. \"Apostamos polo Bloque en momentos difíciles, pero se hai unha viraxe que, desde o noso punto de vista, fai que retroceda a posicións de hai trinta anos, eu creo que non se nos pode pedir que o compartamos\", explicou Aymerich. Tamén este martes o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, cualificou de erro \"estratéxico\" o xiro \"soberanista\" do BNG. Segundo declarou Suárez Barcia a Europa Press \"máis aló de quen entre, das persoas, o erro estratéxico que está a dar o BNG é o de intentar ir a unha postura de marxinalidade ou unha postura soberanista, que nunca se puxo en trinta anos\" e que \"dificilmente poderemos ter responsabilidades de goberno para transformar esta sociedade e contribuír a resolver os problemas que crean as políticas neoliberais do PP\". O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, centrou as súas críticas na ausencia de alcaldes e outros cargos institucionais na nova dirección do BNG."}
{"ID": "PRAZA_2543", "summary": "ENTREVISTA Hai unhas semanas estreouse o documental Prohibida la apertura forzada de la puerta, que se engade á exposición que co mesmo nome César Toimil inaugurou en 2011 e que chegou a ser exhibida en Kiev, no museo dedicado á catástrofe.", "text": "O 26 de abril de 1986 tivo lugar o accidente nuclear de Chernóbil, que provocou milleiros de mortes e a evacuación de 350 mil persoas dunha zona (a central e a cidade de Pripyat) que hoxe continúa abandonada, coma se o tempo se detivera alí hai case trinta anos. O fotoxornalista ferrolán César Toimil viaxou en 2009 por primeira vez ao lugar da catástrofe co obxectivo de tirar algunhas imaxes para a edición dun pequeno caderno. Foi a primeira das súas oito visitas, que o levaron a coñecer con detalle o lugar e os seus habitantes. O resultado dese traballo foi a exposición Prohibida la apertura forzada de la puerta, realizada en colaboración con Álex Piñeiro, e que se inaugurou en 2011 no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Tras pasar por varias cidades de toda España, a exposición chegou o 26 de abril de 2013 ao National Museum of Chernobyl de Kiev. Varias das imaxes hoxe forman parte da colección permanente deste museo. O ano que vén, coincidindo co 30 aniversario da catástrofe, Toimil participará nun proxecto colectivo organizado polo Ministerio de Cultura de Ucraína, realizando unha serie de retratos na zona. \"Con isto darei por concluído este proxecto. Gústame pechalo así, colaborando man a man con eles, síntome moi honrado de que conten comigo\", sinala. Estas imaxes completarán a edición en libro das moitas fotografías que nestes últimos anos foi facendo no lugar. Ademais, hai unhas semanas vén de estrearse o documental Prohibida la apertura forzada de la puerta, no que Toimil conversa co propio Piñeiro e co xornalista Luis Llera sobre Chernóbil e a súa experiencia. En 2016, canda á difusión do documental e do libro, tentarán exhibir de novo a mostra fotográfica. O interese de Toimil por Chernobil naceu no momento do accidente, que coincidiu co seu paso pola mili, destinado no Hospital Militar de Ferrol, en concreto no servizo de Raios X. \"A dualidade da radioactividade, que por un lado pode curar á xente, pero que polo outro pode tamén facer tanto dano, chamoume a atención\". O outro motivo era máis persoal; o pai de Toimil, traballador de Bazán, foi un dos afectados pola asbestose producida polo amianto. De seguida ligou a historia persoal de seu pai, que en certa forma \"deu a súa vida polo seu traballo\", coas historias dos traballadores da central de Chernóbil e os liquidadores, os milleiros de persoas (bombeiros, científicos...) que nos anos seguintes ao accidente minimizaron os seus efectos e desmantelaron o lugar. \"Creo que a xente en Ucraína valorou que eu, a diferenza de moitos dos xornalistas que nestes anos pasaron por aí, algúns verdadeiros turistas de catástrofes, non buscaba o morbo, as imaxes apocalíticas. Creo que as miñas fotografías achegan unha visión máis positiva, máis poética, poñen en valor o seu sacrificio\". Nas imaxes de Toimil percíbese \"a omnipresenza do home a través da súa ausencia\" nos escenarios abandonados nos que se detivo o tempo. Pero tamén se ve como a vida se foi abrindo paso, \"como a natureza reclamou o seu terreo\". A árbore que crece sobre o cemento, nun andar dun edificio en ruínas, converteuse nun dos símbolos da exposición e, de feito, en cada cidade na que se puido ver a mostra Toimil e Piñeiro plantaron unha árbore. Nas fotografías tamén hai personaxes, como Hanna, unha anciá que decidiu volver á casa da que fora evacuada. Ou varios dos liquidadores que durante anos arriscaron a súa saúde para frear os efectos do desastre e que hoxe son considerados heroes. Como lembra a xente o que pasou? Cal é o seu relato, trinta anos despois? \"A xente nova nin se acorda nin se interesa, veno como algo do pasado. A xente maior si, pero non o viven como unha lousa, non o lembran con horror. Mesmo fan moitas bromas co sucedido. Hai outros que están aínda tentando asimilar todo e pelexan para que o Goberno compense algunha enfermidade ou minusvalía provocada pola catástrofe. Hai tamén neles unha certa nostalxia do comunismo\". \"A xente nova nin se acorda nin se interesa, veno como algo do pasado. A xente maior si, pero non o viven como unha lousa, non o lembran con horror\" \"Este é un tema fundamental na historia de Europa e do Mundo. Estou seguro de que a URSS non tería caído tan rápido de non ser por esta catástrofe\", destaca, ao tempo que critica os \"moitos mitos que existen ao redor de Chernóbil: Non era unha central atrasada e, de feito, un dos reactores que non estoupou continuou funcionando ata o ano 2000\". \"Non fai falla marchar moi lonxe ou ser reporteiro de guerra. Os fotógrafos locais seguen durante anos os acontecementos dun lugar, son testemuñas do paso do tempo dunha cidade, e iso é moi importante\" \"Moita xente pregúntame se estou a favor ou en contra da enerxía nuclear, como se por ter visto en persoa o que pasou tivese que ter unha posición moi definida. Pero é unha pregunta difícil de contestar\", destaca. \"Os residuos que xera son máis controlables que, por exemplo, os dunha central térmica de carbón. Pero a única enerxía limpa é a que non se consome, a mellor maneira de ser anti nuclear é non consumir tanta enerxía\", di. O de Chernóbil foi o maior accidente nuclear da historia, só igualado en perigosidade en 2011 polo de Fukushima (tamén de escala 7 de eventos nucleares). \"A conclusión que saco vendo o de Fukushima é que moitas das cousas que se lles criticaron aos soviéticos no seu momento (improvisación, ocultación...) repetíronse en Xapón 25 anos despois\", sinala. A primeira visita de Toimil a Ucraína foi en tren, levándolle seis días cruzar todo o continente europeo. En 2016, sete anos e nove viaxes despois, pechará un proxecto que realizou de vagar e con agarimo: \"Nunca tiven présa. Creo que é importante nun tema coma este\". Toimil reivindica tamén o fotoxornalismo de proximidade, do día a día: \"Non fai falla marchar moi lonxe ou ser reporteiro de guerra. Os fotógrafos locais seguen durante anos os acontecementos dun lugar, son testemuñas do paso do tempo dunha cidade, e iso é moi importante. Tanto se pasa algo grande, coma nas pequenas cousas de cada día, están aí. É un privilexio\". Web de César Toimil e do proxecto"}
{"ID": "NOS_26174", "summary": "A presidenta da Cámara encargou sendos informes aos servizos xurídicos e de seguridade. Pola súa banda, Feijóo considerou \"graves\" os reproches lanzados polas persoas que se manifestaron e arremeteu contra PSOE, BNG e AGE polo apoio que lles mostraron", "text": "A protesta que afectad@s pola estafa das participacións preferentes protagonizaron no Parlamento galego esta cuarta feira, aproveitando a sesión plenaria da Cámara, provocou un fondo rexeitamento nas filas do PP. Namentres o presidente da formación conservadora e do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, arremeteu contra @s manifestantes polos \"insultos e ameazas graves\" e contra os tres partidos da oposición --PSOE, AGE e BNG-- polo \"inxustificábel\" apoio que lles mostraron, estafad@s refusan falar coa imprensa porque alguén @s informou de que \"buscarán os nosos papeis para que non vaiamos á arbitraxe\", sinalou L.S., unha das afectadas que fixo parte da protesta no Hórreo. Pola súa banda, segundo informa esta sexta feira a prensa española, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, encargou aos servizos xurídicos e de seguridade sendos informes sobre o acontecido. As protestas obrigaron a suspender o pleno, polo que Rojo propúxose evitar que feitos coma este, \"sen precedentes na historia da institución, se volvan repetir. Após seren expulsad@s da Cámara, @s manifestantes foron identificad@s pola policía, tal e como el@s propi@s explicaron a este xornal. \"Os deputados estamos para representar o pobo, non para aproveitarnos da súa dor\", dixo Feijóo, quen se valeu do acontecido para advertirlles ás persoas estafadas que non deberan \"esquecer onde están os seus aliados, que non son os que permitiron a comercialización cando gobernaban, senon os que xa resolveron máis de 10 mil casos\", en referencia ás arbitraxes tramitadas. Porén, o argumento do PP non convence, pois @s afectad@s quéixanse de que antes das eleccións do 21-O entrasen pola volta de vinte casos e agora se reducisen a tres. Cómpre lembrar que aínda con 10 mil familias que recuperaron o invertido, quedan outras 90 mil que terían que renunciar ao 40% do diñeiro e mercar accións non cotizantes da entidade que lles vendeu as participacións. Máis da metade d@s afectad@s na Galiza foron estafad@s por Novagalicia Banco."}
{"ID": "PRAZA_4625", "summary": "A Asociación Cultural O Facho celebra este venres na Coruña o seu medio século de vida cunha conferencia de Ricardo Gurriarán e unha cea de irmanamento.", "text": "O 23 de decembro de 1963 naceu na Coruña a Asociación Cultural O Facho, nunha primeira xuntanza de socios celebrada na cafetaría Linar, pero foi realmente en xaneiro de 1964 cando a asociación comezou a desenvolver as súas primeiras actividades. Este venres 24 O Facho celebra o seu 50 aniversario, cunha palestra sobre o nacemento nos anos sesenta e setenta de esta e outras agrupacións culturais en toda Galicia, a cargo do profesor Ricardo Gurriarán (salón de actos da ONCE, ás 19.30 horas) e unha cea de irmandade, a partir das nove da noite no Hotel Riazor. A actividade do Facho, xunto coa do Galo en Compostela ou a Asociación Cultural de Vigo, foi a terra na que creceu e se fortaleceu un movemento opositor á ditadura e unha renovada conciencia de defensa da lingua e cultura galegas. O Facho era un lugar de debate nun tempo no que o debate non estaba permitido, e converteuse así nun punto de encontro de moita xente que quería ollar fóra, cara a outras realidades No caso do Facho, todo partiu dun chamamento na prensa realizado no verán de 1963 por dous estudantes coruñeses, Henrique Harguindey Banet e Andrés Salgueiro, solicitando a participación de todos aqueles interesados na creación dunha \"agrupación de cultura gallega\". Na súa popular sección Pluma de Medioanoche o xornalista Luis Caparrós escribía que \"La idea, aún sin ser nueva, es buena. Todo lo que huela a gallego, como todo lo que huela a cultura, es siempre conveniente y admirable\". Este e outros documentos poden ser consultados na web da Real Academia Galega, institución á que O Facho doou o seu arquivo en 2012. Esta chamada atraeu un grupo de persoas que xa en outubro comezaron a deseñar a estrutura, estatutos e actividade da asociación. A primeira directiva do Facho estivo constituída por Xose Miguel Harguindey Banet, presidente; Leopoldo Rodríguez Regueira, secretario; Xermán Muñiz Castro, tesoureiro; Enrique Iglesias Conde e Elena Rosa López Meneses, vogais. Traballaba e construía en terreo hostil, quedaban aínda moitos anos de ditadura por diante, e O Facho tivo que enfrontarse á presión do réxime e a sancións. En 1973, por exemplo, recibiu unha multa de 5.000 pesetas, imposta polo Gobernador Civil da Coruña, pola lectura dun poema de Xosé Luís Franco Grande e doutro de Arcadio López Casanova. A pesar dos contidos esencialmente culturais das actividades do Facho, a súa soa existencia era sospeitosa e xeraba malestar no réxime. O Facho era un lugar de debate nun tempo no que o debate non estaba permitido, e converteuse así nun punto de encontro de moita xente que quería ollar fóra, cara a outras realidades. Como sinala J. Alberte Corral Iglesias, o actual secretario da asociación, O Facho \"foi unha ferramenta fulcral na resistencia cultural do pobo galego contra o etnocidio que estaba a levar contra nós a tiranía\". \"Foi unha mágoa que co xurdimento do novo réxime político se abandonara a actividade cívico cultural pensando que ocupando postos políticos chegaba para reconstruír o país\" Corral Iglesias destaca que \"O Facho é a primeira agrupación cultural nunha cidade galega creada por cidadáns da mesma. Ademais nace levando en si mesma persoas de diferente extración social e ideolóxica\". Porén, subliña que \"foi unha mágoa que co xurdimento do novo réxime político se abandonara a actividade cívico cultural pensando que ocupando postos políticos chegaba para reconstruír o país, e isto dígoo non sendo malicioso senón ben pensado\". Engade que \"sen un tecido cívico e cultural é imposible artellar un proceso emancipador, e para acadar o mesmo é preciso non unha senón centos de asociacións culturais que incen Galiza de preguntas e de reflexión sobre nós mesmos, pois somos en tanto que facemos e no que facemos\". Teatro e lingua \"Sen un tecido cívico e cultural é imposible artellar un proceso emancipador, e para acadar o mesmo é preciso non unha senón centos de asociacións culturais que incen Galiza de preguntas e de reflexión sobre nós mesmos\" O Facho comezou a desenvolver unha intensa actividade cultural, con conferencias, concertos e exposicións, pero nas súas primeiras décadas de historia destacou, sobre todo, en dous eidos, no que construíu estruturas moi importantes e moi populares onde case non había nada: o teatro e o ensino da lingua galega. En 1965 créase o Grupo Teatral O Facho, no que participaron Manuel Lourenzo o Francisco Pillado. O grupo levou a escena un bo número de obras de autores, tanto galegos como estranxeiros, cuxos textos eran traducidos, en moitas ocasións, polos propios compoñentes da agrupación, como por exemplo A feira dos criados, de Bertolt Brecht, en 1966 ou Antígona, de Jean Anouilh no 70. A este respecto J. Alberte Corral Iglesias, sinala que \"non podemos entender a existencia do teatro galego nin da literatura infantil sen os concursos do Facho e a constitución dos primeiros grupos de teatro amador estables\". En 1965 créase o Grupo Teatral O Facho, no que participaron Manuel Lourenzo o Francisco Pillado Xa en 1964 a asociación organizou o primeiro dos seus cursos de lingua galega, en cuxo deseño colaborou Leandro Carré Alvarellos. Unha das súas grandes preocupacións era que estes cursos chegasen á maior cantidade de xente posible, polo que puxeron unha especial énfase en que tivesen presenza a través dos medios de comunicación. Nos anos setenta e oitenta mantiveron as seccións en galego \"Arco da vella\" en El Ideal Gallego e \"Contos de nenos galegos\" en La Voz de Galicia. Tamén destaca, neste senso, a edición do libro O galego hoxe: curso de lingua, realizado polo equipo de lingua da asociación e aditado por La Voz de Galicia en 1978 e que tivo unha difusión masiva en todo o país, sendo ademais \"o primeiro libro de ensino do galego editado despois da República\", como destaca J. Alberte Corral Iglesias. E tamén na radio, realizando entre 1973 e 1978 o programa radiofónico en galego \"Da terra e dos tempos\", emitido por RNE. Unhas emisións, aparentemente inocuas e que non deberían molestar a ninguén, pero que de feito si o facían, como o demostra un escrito remitido á dirección de RNE na Coruña, que pedía a supresión \"de esta vergonzosa propaganda del veneno galleguista antiespañol\". Como lembra Corral Iglesias, O Facho representou o mellor daquela Coruña \"na que naceron as Irmandades da Fala, constituise a Academia Galega como realidade fáctica e nos tempos mais crueis da tiranía foi unha das cernas do renacer do Movemento Obreiro galego, de organizacións políticas para a loita contra a barbarie do clerical-fascismo\". O Facho convocou igualmente un bo número de certames literarios, de contos infantís, poemas e teatro infantil en galego, e mesmo algún de banda deseñada ou de redacción na nosa lingua. Abonda con repasar a lista de gañadores e gañadoras para decatarse da importancia que estes premios, naqueles anos, tiñan para unha cultura galega en absoluto normalizada: Carlos Casares (gañador do certame de Conto para nenos, 1968 e Teatro infantil, 1973), Bernardino Graña (Conto para nenos, 1969), Dora Vázquez (Contos para nenos, 1976), Manuel Lourenzo (Teatro infantil, 1975 e 1981), Manuel Rivas (Poesía, 1978), Pilar Pallarés (Poesía, 1979), Jaraba (Banda deseñada, 1980) ou Miguel A. Fernán Vello (Poesía, 1981). O futuro da asociación \"É bo lembrar que xente modesta e aguerrida en tempos moi duros tiña este saúdo ao se encontrar: Saudiña e canta o melro! Existe algo mellor para nos definir?\" O Facho pasou por épocas mellores e peores que, como sinala o actual secretario da asociación, se cadra foron \"os anos anteriores a nos facer cargo a actual Xunta Directiva\". \"De certo\" -engade- \"O Facho estaba em situación de extinción\". De cara ao futuro, di, \"tentaremos aumentar o número de asociados, pois iso significaría non só máis recursos financeiros para as actividades, senón sería unha mostra do crecemento da concienciación nacional de nós, como pobo e nación\". Conclúe que \"a pesar dos infernos creados pola reacción actual e pasada, somos um pobo que paremos bos e xenerosos que teñen os humildes como eixo existencial do seu quefacer. É bo lembrar que xente modesta e aguerrida en tempos moi duros tiña este saúdo ao se encontrar: Saudiña e canta o melro! Existe algo mellor para nos definir?\""}
{"ID": "NOS_55768", "summary": "Sonda Norte é un novo modelo de rede cultural. Desde Ribadeo, con aire mariñán, expórtase un novo xeito de facer cultura desde a mocidade. Rede, cooperación, proxectos colectivos son as palabras claves.", "text": "Arredor de 60 mozos e mozas toman parte na rede cultural Sonda Norte, promovida desde o concello de Ribadeo. Suman forzas para producir cultura pero non é o resultado o que se pon sobre a mesa de forma prioritaria. É o proceso, o novo xeito de actuar en resposta a outros conceptos os que queren afastar do vocabulario da Sonda do Norte como o individualismo, a crise de ideas ou a demolición de iniciativas culturais. \"Interésanos a cultura cando achega valor no ámbito social, no ámbito local, na autoestima das persoas, no desenvolvemento das capacidades creativas de todas e todos\" apuntan nas bases da proposta. Creouse, para lle dar corpo á idea, unha asemblea aberta e unha coordinadora organizativa e no camiño xa se fura en varios proxectos cooperativos. Quen sabe de audiovisual botará unha man á quen faga música para que teñan os seus videoclips promocionais, as que escriben cadrarán coas ilustradoras e así, construíndo rede, formaranse todas as combinacións posíbeis. Esta mocidade creativa da comarca é tamén a que lle dá corpo ao propio programa ao teren a autoría de fotografías, vídeos promocionais, logotipos ou a propia web da iniciativa. Como unha iniciativa colectiva que busca estabelecer vencellos de colaboración entre a xente nova do ámbito da cultura e a creatividade nace esta Sonda Norte, promovida polo Concelleiro de Mocidade de Ribadeo, Xavier Campos. \"Sonda Norte nace da constatación do grande dinamismo creativo que a xente moza tivo e ten en Ribadeo. Tiñamos vontade de crear algunha ferramenta, asociativa ou doutro tipo, para sumar forzas e conseguirmos máis visibilidade e posibilidades para o desenvolvemento das ideas da mocidade\" anota o concelleiro que ten ademais unha longa experiencia na xestión cultural. Sonda Norte, a través da Concellería de Mocidade, mantén colaboración con outras áreas do concello como igualdade, cultura ou desenvolvemento local. Para Xavier Campos, Sonda Norte é un modelo que se pode exportar fóra de Ribadeo. \"De feito nós bebemos á hora de crear Sonda Norte do que foi Leña Verde en Boiro. Chega con estar esperto á realidade na que vives e apostar polo talento e a capacidade creativa da mocidade do teu lugar, sen paternalismos, con fórmulas que vaian máis alá da subvención ou o concurso. Interésanme as propostas que son capaces de crear vínculos reais entre as persoas e favoreceren, a partir dese contacto, o nacemento de novas ideas e novas realidades\" defende Xavier Campos."}
{"ID": "NOS_22436", "summary": "Salvemos Cabana tilda de \"lamentábel\" a actuación do rexedor e lémbralle que foi defensor do proxecto mineiro que mesmo incorporou ao programa electoral das municipais de 2011.", "text": "O alcalde de Cabana, José Muíño (PP), confirmou ao xornal dixital Que pasa na costa, as sospeitas denunciadas pola Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños que apuntaban á participación na demanda presentada pola empresa canadense Edgewater contra a Xunta de Galiza após ficar sen dereitos de explotación de ouro na comarca de Bergantiños. José Muíños (PP), alcalde de Cabana: \"Metémonos nisto por se cae algunha indemnización\" O rexedor asegurou que \"o proxecto está finiquitado e rematado, o proxecto xa morreu,\" e que a personación da administración local, con fondos públicos e sen que esta fose aprobada en sesión plenaria, visa conseguir algunha indeminación se finalmente a demanda sae adiante como agarda a transnacional que reclama compensacións económicas por supostos prexuízos patrimoniais. O alcalde, o grande defensor da mineira \"Metémonos nisto por se cae algunha indemnización. Por exemplo, en Touriñán, a Xunta tivo que pagar un millón de euros á empresa por varios erros. Aquí, se a Xunta fixo todo ben, pero se a Xunta cometeu algún erro, que nos indemnicen\", dixo Muíño. Segundo o alcalde \"o meu criterio, a pesar das presións dende arriba e as ameazas dende abaixo, estivo moi claro. Estamos mandando á nosa xente emigrar. Dixen que se viñeran outras empresas como Apple ou unha automobilística estaría encantado. Mais aquí chegou un proxecto mineiro, nun sector que cambiou moitísimo e que eu xa traballara de perto, e crin que era o mellor para a zona. Agora teremos que traballar por outro proxecto que equilibre traballo e medio ambiente, que evite o abandono do medio rural, porque é a pesacada que morde a cola.\" Salvemos Cabana cre que a actuación do alcalde é \"lamentábel\" e exixe a saída do concello do proceso xudicial Neste senso, Salvemos Cabana coida \"lamentábel\" a actitude do rexedor e lémbralle que foi \"o principal impulsor do proxecto mineiro dende instancias municipais, chegando a incluír a proposta no seu programa electoral de 2011\". Así mesmo, exixen a \"saída do Concello de Cabana do procedemento xudicial ante o elevado custo de avogados, procuradores e taxas que terán que ser sufragados cos impostos do contribuínte\"."}
{"ID": "NOS_5204", "summary": "O conflito do aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro chegou ao Congreso dos Deputados a través dunha serie de preguntas parlamentarias do deputado de Bildu, Jon Iñarritu.", "text": "Aena non senta a falar coas traballadoras e traballadores mais mantén a súa postura: non licitará o servizo de cantina en Lavacolla no próximo concurso, porque, segundo argumenta nas respostas ao Congreso, mantivo \"contactos con diversas empresas de restauración e catering\" pero ningunha amosou \"interese na súa xestión\". A representación das traballadores e traballadores, que ten convocadas tres xornadas de folga para os próximos días 13, 20 e 27, pon en dúbida a vontade da empresa de licitar o servizo e lembra que a lei esixe que cando se tiveran realizado consultas, farase constar nun informe no que se \"relacionarán os estudos realizados e os seus autores, as entidades consultadas, as cuestións que se lles formularon e as respostas ás mesmas\". Os sindicatos din que tal informe non se atopa no expediente e que \"en todo caso, non entenderíamos que unha empresa pública deixara ás empresas que pretenden concorrer á concesión dos negocios de restauración do aeroporto de Santiago decidir se a cantina entra no lote ou non\", segundo un comunicado feito público esta mañá pola coordinadora de comités. As traballadoras e traballadores, subliña o comunicado, estarían dispostas a utilizar como alternativa á cantina de persoal os servizos de restauración do aeroporto, pero cos prezos que viña tendo o persoal nos últimos 64 anos e non só aos de Aena. A coordinadora de comités tamén lamenta \"a total falta de consideración da dirección do aeroporto porque volveu denegar a sala de prensa, desta volta para realizar unha asemblea de traballadoras e traballadores\"."}
{"ID": "NOS_7382", "summary": "Máis de 500 quilos de polbo foron precisos para que unha trintena de polbeiros e polbeiras fixesen historia.", "text": "O Concello do Carballiño superou esta terza feira a súa propia marca á hora de elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo: nesta ocasión foron 515 quilos cortados en menos de 11 minutos, grazas a 30 polbeiros e polbeiras, sobre un prato de 5,37 metros de diámetro. \"Vós sodes os auténticos protagonistas\", eran as palabras que lles dedicaba o rexedor municipal, Francisco Fumega, aos polbeiros durante unha homenaxe esta mesma semana lembrando que \"sen eles non sería posíbel conseguir a declaración de Interese Turístico Internacional\" que levaban anos perseguindo e que aprobou recentemente o Goberno estatal. A Festa do Polbo do Carballiño, declarada de interese turístico internacional Pois \"os auténticos protagonistas\" encargáronse de que a auga estivese no seu punto, que non faltase o aderezo de aceite de oliva, sal e pemento e de cortar o cefalópodo polo que é coñecida a vila para ofrecer perto de 2.000 racións. A cita estaba convocada ás 19 horas, pero comezou unha hora máis tarde porque entre medias os polbeiros tiñan que prepararse para desenfundar as tesoiras con gran rapidez. E conseguírono. Na praza do Concello, a trintena de picadores e picadoras comezaron a trocear o animal coas badaladas das oito da tarde, e co reto de baixar dos 11 minutos 7 segundos o tempo empregado, demostraron un xogo de boneca áxil para terminar ás 20.11 horas. Once minutos exactos. A cocción dos exemplares de polbo foi o paso previo á 'competición'. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) \"Vamos, aí está amontoado\" Entre centenares de persoas que se achegaron o máximo posíbel para poder albiscar a obra o único son era o das tesoiras, aínda que a ritmo de gaita e bombo, porque a banda de gaitas tampouco perdeu o convite. Algunha exclamación dos propios polbeiros e polbeiras exixindo celeridade para tapar a madeira era o outro ruído. \"Vamos, vamos, aí está amontoado\", berraba un dos cortadores segundos antes de que a ovación do público marcase o final do evento. Récord Guines de la tapa de pulpo más grande. 515 Kgr de cefalópodo.Carballiño - OURENSE pic.twitter.com/3XmeoGMkio— Armando Doval (@Spunik3) August 9, 2022 O polbo do Carballiño, único Brazos en alto e o momento máis interesante para as persoas asistentes, o de probar o polbo do Carballiño. \"Hai moita diferenza entre este e outros, co agarimo co que tratamos aquí o polbo non se trata noutros lados\", aseguraba unha das polbeiras antes de mudar o papel e pasar de cortar a repartir o polbo entre os que se ían achegando co pequeno prato conmemorativo. O apetitoso resultado final. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) As colas chegaban varias rúas máis arriba, todo para conseguir unha ración de polbo, pan, viño, sobremesa e o emblemático prato de recordo por sete euros, para levar á casa un pedazo da 60ª edición da Festa do Polbo, a primeira coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. \"Agora o reto é mantela\", prevé o edil de turismo da vila, Manuel Dacal, quen lembrou que a tapa de polbo é o preludio \"do día grande, o domingo, no parque municipal do Carballiño coa 'Festa do Polbo' que por fin regresa após a pandemia\"."}
{"ID": "PRAZA_13898", "summary": "O DOG publica este venres a redución de 132 unidades e 199 postos de traballo logo de anunciar a supresión de 1.000 en Secundaria e de 49 postos máis nas escolas infantís. A CIG denuncia o peche de \"centros enteiros\" e cualifica a Feijóo de \"campión do desemprego na ensinanza pública\".", "text": "Máis alumnos, menos profesores. Máis recortes, menos calidade. A Xunta teima en reducir docentes no ensino público. Se nesta mesma semana coñecíase que a adxudicación de prazas en Secundaria para o vindeiros curso traducíase en máis de 1.000 mestres menos, o DOG volveu dar este venres unha mala nova á ensinanza pública co anuncio de máis recortes. E, como non, as noticias volven chegar en vacacións e en pleno mes de agosto. A Xunta elimina 200 postos de traballo en Infantil e Primaria tras prescindir de cando menos 1.000 docentes en Secundaria Así o denuncia tamén CIG-Ensino, que acusa a Consellería de Educación de \"continuar coa súa política de ataque permanente ao ensino público\". Desta vez, os datos que se tiran do documento publicado no DOG equivalen á redución de 132 unidades e 199 postos de traballo en Educación Infantil e Primaria. Hai tan só dous días a CIG-Ensino denunciaba que a adxudicación de Secundaria se traducía nunha redución de 993 profesores e profesoras menos, \"993 persoas que, se non se corrixe a situación na adxudicación definitiva, van deixar de traballar no curso que vén\". Un día despois, a central nacionalista denunciou tamén a supresión de 49 postos máis nas Escolas Infantís da Galiña Azul e xusto o mesmo día no que El País destacaba que Galicia era a comunidade que máis docentes suprimira nos dous últimos anos. A CIG denuncia que incluso se pechan \"centros enteiros\", doce en todo o país A CIG destaca que nesta nova decisión da consellería anúnciase incluso \"o peche de centros enteiros, maioritariamente de Infantil, exactamente 12 (2 na Coruña, 3 en Lugo, 1 en Ourense e 6 en Pontevedra)\". A publicación no DOG desta Orde do 20 de xullo de 2012 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial volve dar un golpe ao ensino público. Ademais, destaca tamén que a Xunta impón nestes recortes as ratios máximoas de alumnado por aula e obrigan a realizar agrupamentos de rapaces de diferentes idades. \"Feijóo é o campión do desemprego no ensino público mentres mantén os concertos cos centros privados\" Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino asegura que \"o presidente Núñez Feijoo, que alardea de que o seu goberno é un exemplo de austeridade, é o campión do desemprego\". \"A súa lexislatura pasará á historia como a do presidente que destruíu máis unidades de ensino público e canda a elas máis postos de traballo\", denuncia, tras lembrar a redución de unidades, a imposición de ratios elevadas que dan lugar á masificación das aulas, a ampliación do horario lectivo do profesorado, o incremento dos agrupamentos de alumnado de diferentes idades, a redución dos departamentos de orientación e dos seus responsábeis ou a redución do profesorado de atención ao alumnado con necesidades educativas... Todo isto mentres, como aseguran desde a central nacionalista, \"se lle manteñen os concertos aos centros privados, entre eles centros que segregan o alumnado por sexo e son vinculados ao Opus Dei\". \"Esta é a política do actual goberno: o deterioro e a privatización dos servizos públicos esenciais\", remata."}
{"ID": "NOS_31474", "summary": "Canda as centrais ELA e LAB, fan o chamamento ao paro -previsto para a segunda quincena de xaneiro- as asociacións de pensionistas e o resto de axentes sociais que conforman a Carta de Dereitos Sociais. O obxectivo, protestar contra \"a precariedade\" e reclamar \"un traballo, pensións e vida digna\".", "text": "Os sindicatos nacionalistas vascos, ELA e LAB, as asociacións de pensionistas e o resto de axentes sociais que conforman a Carta de Dereitos Sociais de Euskal Herria convocaron unha folga xeral para a segunda quincena de xaneiro \"sen data concreta aínda\" contra \"a precariedade\" e para reclamar \"un traballo, pensións e vida digna\". Os secretario xeral do ELA (sindicato maioritario), Mikel Lakuntza, e a súa homóloga no LAB, Garbiñe Aranburu, xunto a asociacións de pensionistas e doutros colectivos anunciaron a convocatoria nunha conferencia de prensa en Bilbo esta terza feira, 23 de outubro. Aramburu sinalou que \"coa escusa da crise\" foise dando \"maior poder ao capital e á patronal\" e estes \"foron recortando dereitos laborais e sociais\". \"A crise de 2008 aproveitouse para continuar a afondar nesas políticas neoliberais\", engadiu. Lakuntza, pola súa banda, considerou que a folga é \"unha gran ocasión\" para \"recuperar o que nos quitaron nesta última década e para pasar á ofensiva\". Neste sentido, esfarelou as reivindicacións: \"pensión mínima de 1080 euros, idade máxima de xubilación aos 65 anos, soldo mínimo de 1.200 euros, xornada de 35 horas semanais, deixar sen efecto as reformas laborais e de negociación colectiva aprobadas nos últimos anos, garantir os dereitos sociais\". Ao respecto de se contarán con outros sindicatos para a folga, o secretario xeral do ELA dixo que se alguén se quere sumar, \"é a súa decisión\", aínda que salientou as diferenzas \"moi notorias\" que teñen coas centrais de ámbito estatal UGT e CC.OO., os que acusan, entre outras cousas, de permitir a xubilación aos 67 anos."}
{"ID": "PRAZA_14255", "summary": "Organizacións como Forga, encargadas de realizar cursos de formación para persoas en situación de desemprego, denuncian que Traballo \"non pagou nin un euro\" dos fondos para pagar as bolsas que lle corresponden ao alumnado, obrigando a ter que recorrer ao endebedamento", "text": "\"Nin un euro\". É o que recibiron ou, en sentido estrito, o que deixaron de recibir as organizacións encargadas de impartir en Galicia os cursos para persoas desempregadas que promove a Administración e nos que o alumnado ten dereito a recibir \"unha serie de bolsa e axudas de até o 75%\" do salario mínimo, uns fondos que o Goberno galego abona ás entidades para que estas lles acheguen aos beneficiarios. Entidades adxudicatarias como Forga atópanse nestes días cun serio problema de liquidez. A razón é que, aínda que a Consellería de Traballo legalmente ten que \"anticipar un 25% da subvención\" para \"que poidamos atender, como mínimo, o pagamento das axudas do alumnado\", dende a Xunta aínda non se pagou nada. \"A Forga e o resto de centros adxudicatarios de formación para desempregados e desempregadas atopámonos con que o Goberno de Feijóo, que tanto se gaba de ser serio e austero fronte a outras Administracións autonómicas solicitantes de rescate, non ten pagado nin un euro do anticipo\". Isto, detallan, provoca que \"non dispoñamos de liquidez para poder afrontar o pagamento das axudas\", ademais de xerar unha débeda que, no caso de Forga, \"é duns 700.000 euros\". En total, \"un cálculo aproximado\" leva a Forga a calcular que \"as débedas que manten a Xunta cos centros de formación\" en concepto de anticipos é de 11,2 millóns\", isto é, o 25% dos 45 millóns de euros adxudicados. O impagamento xera unha débeda mensual de 95.000 euros Así as cousas e co obxectivo de que as 404 persoas que asisten a cursos de Forga poidan cobrar, a dirección da entidade tentará \"subscribir unha póliza de crédito para poder facer fronte ao pagamento\" dunhas axudas que xeran unha débeda mensual de 95.000 euros. Ademais, a entidade entregaralle ao seu alumnado un recoñecemento formal da débeda e unha explicación das súas causas, así como información a respecto das vías polas que poden reclamar ante a Consellería de Traballo. De xeito paralelo Forga disponse a emprender \"accións xudiciais de responsabilidade patrimonial contra a Xunta, en reclamación dos danos e prexuízos causados\" á entidade e ao alumnado. Ademais, esta débeda chegará ao Valedor do Pobo. \"Estamos ante un xeito de xestionar totalmente demagóxico e fraudulento que aboca as e os desempregados e a quen impartimos a formación a termos que discutir entre nós sobre os impagamentos\", cando \"os responsábeis directso son os señores que nos gobernan e que, por riba -din- se permiten o luxo de darnos leccións públicas, contándonos contos de formigas e cigarras\", reprochan, en referencia ás verbas pronunciadas por Alberto Núñez Feijóo, nun almorzo informativo celebrado hai poucos días."}
{"ID": "NOS_48090", "summary": "Ataques rusos provocan apagadas en varias rexións. Pola súa banda, Zeleski informa de que un terzo das centrais eléctricas están fóra de servizo.", "text": "Desde o comezo da ofensiva aérea que Rusia atribúe á resposta ao \"atentado terrorista\" de Ucraína na ponte que une Crimea con Rusia, \"30% das centrais eléctricas quedaron destruídas, o que provocou apagadas masivas en todo o país\", asegurou onte o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, que nos últimos días encabezou os chamamentos á poboación para reducir o consumo, amais de acabar coa exportación de electricidade á Unión Europea. Pola súa parte, o mandatario definiu como \"ataques terroristas\" os bombardeos das Forzas Armadas rusas \"dirixidos ás infraestruturas enerxéticas e críticas de Ucraína\". Ao longo da mañá, até cinco rexións ucraínas foron alcanzadas polos mísiles e drons rusos, provocando dúas mortes e cortes de auga ou electricidade en Dnipro, Nikolaev, Zhitomir ou Kíiv, apuntan as autoridades locais, mentres o voceiro de Defensa do Kremlin, Igor Konashenkov, sinalou que os obxectivos da xornada foron \"sistemas de mando militar e de enerxía en Ucraína, así como arsenais con armamento de produción estranxeira\". Seguridade nuclear O director do Organismo Internacional de Enerxía Atómica, Rafael Grossi, considerou \"un obxectivo factíbel\" que Kíiv e Moscova cheguen a un acordo coa entidade para estabelecer unha zona de protección arredor da central nuclear de Zaporijia. Grossi desvelou que tanto Zelenski como Vladimir Putin, presidente de Rusia, manifestáronlle a súa disposición para un pacto que acabe cunha \"situación tan precaria\", advertindo do risco que supón \"un incremento dos intercambios armados na zona\". Nord Stream Amais, a Policía dinamarquesa fixo públicas as conclusións da súa investigación sobre a sabotaxe a finais de setembro dos gasodutos Nord Stream, que unen Rusia con Alemaña, ratificando que \"potentes explosións\" foron as responsábeis, mais non aborda quen son os culpábeis do ataque. Nese sentido, o voceiro do Kremlin, Dimitri Peskov, reiterou as críticas polo feito de que os expertos rusos non tiveran permitido participar nas pescudas -o que consideran encubrimento- e cualificou de \"absurdo\" acusar Moscova da sabotaxe, como apuxo a varios países do bloque comunitario. No plano político, o Parlamento estoniano aprobou unha declaración na que define Rusia como Estado \"terrorista\" e \"patrocinador do terrorismo\"."}
{"ID": "NOS_30770", "summary": "Argumenta que os feitos denunciados non constitúen un delito contra a intimidade ou o dereito á propia imaxe porque as imaxes se obtiveron na vía pública.", "text": "O xuíz que instrúe o caso das gravacións da festa da Maruxaina de Cervo volveu desestimar a denuncia ao considerar que non existe delito nos vídeos gravados con cámara oculta a 87 mulleres ouriñando na rúa e que foron subidos a páxinas web pornográficas, algunhas delas de pagamento. Nun auto emitido a comezos de setembro, xa foi recorrido pola asociación Mulleres En Igualdade Burela (Bumei) ante a Audiencia Provincial de Lugo, o xuíz Pablo Muñoz desestima o recurso presentado polo colectivo ao primeiro arquivo da causa, ditado por el mesmo a mediados de marzo. As vítimas destes feitos, ocorridos durante A Maruxaina de 2019, denunciáronos no seu día ante a xustiza contando co apoio da asociación Mulleres en Igualdade de Burela, Bumei. Con todo, o titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Viveiro ditou daquela un auto no que sobreseía provisionalmente o caso ao non considerar \"suficientemente acreditado que se cometeu un delito\". O maxistrado chegara a argumentar que \"non se vulneraba a intimidade\" das mulleres que aparecían ouriñando no vídeo, xa que o fan \"nun lugar público no que lles podería ver calquera persoa que pasase pola zona\". Agora, o xuíz desestima o recurso presentado contra ese sobreseimento. Argumenta que os feitos denunciados non constitúen un delito contra a intimidade ou o dereito á propia imaxe porque as imaxes se obtiveron na vía pública, polo que deberían ser tratados pola vía civil e non a penal. O criterio do xuíz instrutor difire do que ten a Fiscalía, que considera que hai un delito contra a intimidade e estima que \"alternativamente\" pode existir tamén outro contra a integridade moral das vítimas."}
{"ID": "NOS_12448", "summary": "Unha vitoria hoxe ante o Fútbol Club Cartaxena podería ser decisiva", "text": "A pesar de que só conseguiu un triunfo nos últimos nove partidos, o Club Deportivo Lugo aínda ten na súa man vivir un final de tempada do máis tranquilo, e unha vitoria hoxe na casa ante o Cartaxena (21 horas) podería ser decisiva de cara á consecución do obxectivo final, que non é outro que a permanencia. \"Despois duns partidos difíciles, queremos sumar os puntos necesarios para salvarnos e estar máis tranquilos\". Son verbas de José Ángel Carrillo, o máximo goleador albivermello (9), quen agarda que \"co apoio da afección\" o equipo sexa quen de demostrar que pode acabar a tempada 2021/22 \"coa tranquilidade que non tivo noutros anos\". Non obstante, diante terá un rival tan irregular como perigoso, o Fútbol Club Cartaxena do segundo máximo goleador da categoría de prata, o veteranísimo Rubén Castro, que a pasada fin de semana ante o Real Oviedo rachou coa súa peor xeira anotadora en cinco anos, pois estivo oito partidos e 667 minutos sen marcar. Instalados na décima posición con só catro puntos máis que un Lugo que é décimo sexto, a teórica igualdade fai prever un compromiso a cara de can, tal e como explicou Carrillo: \"O Cartaxena ten xogadores suficientemente cualificados como para estar loitando por estar na zona alta da clasificación, así que teremos que competir de modo ambicioso para facerlles dano, facendo o mellor xogo posíbel para contrarrestar o seu fútbol\". Afortunadamente para o Lugo, o seu rival de hoxe, un conxunto deseñado para cotas máis altas, como apuntaba Carrillo -a prensa deportiva local aínda apunta a un play-off do que está a cinco puntos de distancia-, conta con sete baixas importantes entre lesións e sancións -Dauda, Silva, Luna, De la Bella...-, que obrigarán ao seu técnico, Luís Carrión, a realizar numerosos cambios con respecto aos seus onces máis recentes, e mesmo a introducir variantes tácticas ante as baixas de todos os seus laterais esquerdos, polo que o máis posíbel é que ocupe esa posición o novísimo xogador do Cartaxena B Juanpe, oportunidade da que podería sacar petróleo a liña ofensiva do Club Deportivo Lugo. 400 boletos para o 'derbi dos Ancares' O Club Deportivo Lugo informou de que xa están á venda os boletos para o seu seguinte encontro ligueiro tras o do Cartaxena, o coñecido como \"derbi dos Ancares\" coa Sociedade Deportiva Ponferradina, previsto para o domingo, 17 de abril ás 14 horas no Estadio do Toralín da capital berciana. En total, a afección albivermella ten ao seu dispor 400 boletos a un prezo unitario de 25 euros cada unha, situadas nun dos sectores do fondo sur do feudo branquiazul. A venda, limitada a catro por comprador, realizarase unicamente no estadio Ángel Carro, no seu horario habitual de atención ao público até o día 13 como data límite de compra. A Ponferradina non é un rival que historicamente se lle dea ben ao Club Deportivo Lugo, pois nos últimos cinco anos tan só conseguiu levar os tres puntos do Toralín na tempada 2019/20, cando se impuxo por 0-1. O precedente máis inmediato é o Lugo-Ponferradina do pasado mes de novembro, no que a escuadra visitante obtivo unha vitoria (1-2) tras desfacer o empate Sergi Enrich cun tanto no minuto 93."}
{"ID": "NOS_25738", "summary": "A Xunta procederá en 2013 a un novo recorte dos salarios d@s empregad@s públicos, recorte que podería ser do 7%. Unha tesoirada a sumar ás rebaixas nas nóminas aprobadas no seu momento polos gobernos de Rajoy e Zapatero e que fan que nestes tres anos o persoal público pedera unha cuarta parte do seu soldo.", "text": "Os recortes sobre as nóminas dos e das empregadas públicas non ten fin. Por moito que desde os gobernos, central e autonómico, anuncien, coa visión no curto prazo, que os sacrificios do funcionariado axiña han rematar. Agora, vense de coñecer que en 2013 haberá unha nova tesoirada nos salarios do persoal das administracións públicas. Pola volta dun 7%, procentaxe que a Xunta nin confirma nin desminte á spera de que esta sexta manteña unha xuntanza cos sindicatos sobre o tema. As centrais xa anunciaron o seu rexeitamento e oposición frontal a calquera novo recorte, alertando da precarización salarial dos traballadores e traballadoras da área pública, alén dos efectos desta medida sobre o consumo e, xa que logo, na reactivación económica. De confirmarse finalmente que este recorte será do 7%, as nóminas do funcionariado terán recibido unha boa machetada nestes tres anos: a eliminación da paga extra de Nadal decidida por Rajoy xa supuxo un recorte do 7%, que se viña engadir á rebaixa na nómina dun 5% aprobada no seu día polo goberno Zapataero. Así pois, e como lembran as centrais, un 23% de rebaixa nos soldos nestes tres anos. Os sindicatos lembran que Feijóo afirmara desde a precampaña electoral do 21-O que non ía haber máis recortes nas nóminas. Mais agora sae con esta tesoirada, que trá un efecto directo en máis de 90.000 empregad@s. As centrais consideran que si vai haber recorte (\"tras estes ruxes ruxes sempre hai un proxecto de lei\") mais non se aventuran a dicir cal será a envergadura do mesmo. Impacto A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais cortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo vén sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só ese sector mais tamén outros como o do comercio. Institucións como o concello de Pontevedra mostraron a súa \"insubmisión\" á eliminación da paga extra decretada desde Madrid."}
{"ID": "NOS_12658", "summary": "A pasada cuarta feira, avións do exército israelí atacaron máis unha vez a Faixa de Gaza. Após catro bombardeos e sete disparos de artillería, catro palestinos morreron e dez persoas resultaron feridas.", "text": "As autoridades israelís, a través do presidente do país, Simón Peres, aseguran que o ataque tiña como obxecto derrubar \"un túnel terrorista e un lugar de lanzamento de cohetes ao norte de Gaza\". O goberno sionista apuntou que se empregara, asemade, \"proxectís de tanques para bater obxectivos terroristas en Gaza\". Coma nas demais ocasións, o executivo israelí asegura ter sido atacado previamente e que as súas operacións militares respondían a fogo inimigo. No entanto, as mortes só se contabilizan do outro lado do muro. Catro persoas falecidas --que o goberno de Hamás recoñece como milicianos-- e dez feridas son o resultado dos ataques sionistas. Pola súa banda, Saeb Erekat, xefe negociador palestino, fixo un chamamento á comunidade internacional para que \"impida unha nova masacre\" perante os ataques e ameazas recibidas por Israel. Neste senso, o titular de defensa israelí Ehud Barak asegurou que non desbotaban ningunha opción para frear os supostos ataques dirixidos desde a Faixa e que, asemade, os lanzadores pagarían \"un alto prezo que lles faga reconsiderar atacar aos cidadáns civís israelís\". Porén, no que vai de mes, contabilizáronse catorce mortes entre a cidadanís palestina froito de ataques sionistas."}
{"ID": "NOS_14204", "summary": "Susana Díaz comunicou por teléfone ao seu socio de goberno, IU,que daba por roto o pacto de goberno.", "text": "Andalucía irá ás urnas o 22 de marzo para elixir goberno. Os ruxes-ruxes destas semanas que apuntaban a unha convocatoria electoral adiantada confirmáronse na noite deste domingo coa chamada da presidente andaluza, Susana Díaz, ao seu socio de goberno para anunciarlle o adianto. Unha chamada de teléfono puxo fin a 16 meses de co-goberno PSOE e IU en Andalucía. Nos últimos meses os desencontros entre ambas as dúas formacións foron evidenciándose cada vez máis. IU, a través da súa conta de twitter, cualificou o adianto electoral de \"deslealdade\" e considera que esa medida non era \"necesaria\". Os comicios veñen dous meses antes que a cita coas municipais. E van ser un 'test' para PSOE, PP, IU e Podemos nun ano moi electoral, con citas tamén a nivel estatal e catalán. Nas filas socialistas a fenda existente entre Susana Díaz e o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, foi medrando a medida que se ía barallando a posibilidade dun adianto electoral. Sánchez pasou do apoio total no seu nomeamento como secretario xeral a ser cuestionado como candidato á presidencia do Goberno. Nunha enquisa feita polo grupo Joly a principios do pasado mes de decembro o PSOE sería o máis votado nuns comicios andaluces, co 30,9% dos apoios en urna, seguido do PP con 24,9% e Podemos cun 17,4. Izquierda Unida obtería o 12,8%. En intención de voto directa o principal partido sería Podemos co 13,2%."}
{"ID": "NOS_22046", "summary": "Será en catro niveis con aumento progresivo de capacidade, grupos e horarios.", "text": "A Xunta presentou hoxe, segunda feira, ao sector hostaleiro galego un plan de desconfinamento que propón unha reapertura progresiva dos establecementos en catro niveis -vinculados á situación epidemiolóxica de cada territorio nun momento dado- e que implica aumento de capacidades, horarios e grupos. Así o anunciou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha intervención posterior á reunión que mantivo con representantes do sector e cos conselleiros de Emprego, María Jesús Lorenzana, e Sanidade, Julio García Comesaña. Neste encontro, a Xunta presentou o seu plan para a hostalaría, un documento que vinculará a situación epidemiolóxica de cada área coas capacidades, horarios e grupos permitidos nos establecementos. Os límites de cada unha das catro fases, con todo, fixaraos o comité clínico, que esta terza feira analizará o texto. De forma global, proponse unha fase un, como a que viven agora os territorios con peche perimetral, sen actividade na hostalaría. A partir de aí, naquelas áreas que melloren, os establecementos poderán abrir inicialmente até as 17:00 horas, cunha capacidade restrinxida ao 30% en interiores e 50% en terrazas e, en principio, só para conviventes -nivel dous-. A continuación, en canto os parámetros de cada área vaian mellorando, a capacidade incrementarase ao 50% en interiores e 75% en terrazas -nivel tres- e ao 100% -nivel catro-, mentres que os horarios ampliaranse até as 23:00 horas e os grupos estarán limitados a seis persoas non conviventes."}
{"ID": "NOS_53681", "summary": "Fíxoo através dunha carta enviada ao ex-futbolista Diego Armando Maradona con data do 11 de xaneiro.", "text": "O líder revolucionario cubano, Fidel Castro, enviou unha misiva ao ex-futbolista da que non trascendeu até o momento o contido. O que si foron difundidas foron unhas imaxes da carta e un pequeno vídeo no que Maradona se amosa agradecido polas letras que lle escribiu Castro. Coa carta, que data do 11 de xaneiro, disípanse os rumores que nos últimos días apuntaban a unha hipotética morte de Fidel Castro e que mesmo foi publicada por xornais como Corrieri della Sera. Esa información foi finalmente retirada após ser desmentida polo goberno cubano."}
{"ID": "NOS_26299", "summary": "Entre o 18 de marzo e o 27 de setembro os helicópteros só funcionan durante 12h.", "text": "Os recortes volven situar o conflito na atención sanitaria aérea. A Xunta de persoal do 061, da que depende desde hai un ano a xestión dos helicópteros medicalizados, denuncia que entre o 18 de marzo e o 27 de setembro o servizo só estará operativo durante 12 horas, embora no período estival o horario de luz sexa superior. En Lugo e Ourense só funcionan de 9,30h a 21,30h mentres que na Costa da Morte deixa de estar operativo ás 19,30h Esta decisión provocará que en Lugo e Ourense non poidan contar cun helicóptero até as 9,30h. e que na Costa da Morte as urxencias a partir das 19,30h. non poderán ser atendidas malia que a ambulancia medicalizada máis próxima, en Compostela ou A Coruña, estexa a \"máis dunha hora\" de distancia, denuncian. Neste senso, aseguran que a decisión visa reducir os custes, nomeadamente en salarios das persoas que pilotan e copilotan os helicópteros e que supoñen \"menos de 100 mil euros\" para cubrir todas as horas de luz. Heliportos da Coruña e Vigo sen uso Desde a Xunta de persoal do 061 lembran o acontecido no accidente do rally de Carral no que a redución horaria dos helicópteros impediu contar co apoio do servizo aéreo. Naquel sinistro faleceron 7 persoas e 11 resultaron feridas. Neste senso, as organizacións sindicais lembran que \"poderían ter sido atendidos dentro duns estándares de tempo mellores dos que recibiron\". Así mesmo, denuncian a situación que atinxe os heliportos dos hospitais da Coruña e Vigo. En ambos os dous casos as deficiencias na súa construción impediron usalos e, embora no caso do CHUAC estaren subsabadas, \"continúan sen dar orde de que se use\". A respeito do Álvaro Cunqueiro (Vigo) \"hai máis de sete meses que se inaugurou mais a día de hoxe\" tampouco poden usar o heliporto tendo mesmo que desprazar doentes desde o aeroporto de Peinador."}
{"ID": "NOS_8067", "summary": "O Festival Internacional de Cinema e Banda deseñada Curtas terá lugar en Vilagarcía de Arousa até o 3 de novembro, onde máis dun cento de obras repartidas entre curtametraxes, documentais, videocreacións e longametraxes poderanse ver nos dez días do festival.", "text": "O Festival Internacional de Cinema e Banda deseñada Curtas bebe do Festival de Cinema Amador de Vilagarcía, que naceu no 1973, celebrándose 46 anos seguidos. Dúas liñas vertebran a programación da 44 edición: os 50 anos da chegada da humanidade á lúa e a maxia e as lendas, cunha homenaxe á creación de J.K. Rowling. Hai seis longametraxes a concurso: Nubes de Cartón (Sergio Fernández), Hous3 (Manolo Munguia), Dos Veces Tú (Salomón Askenazi), Sea Beasts (Felipe González), Planet Horror Presenta: Bliss (Joe Begos) e Amor en polvo (Suso Imbernón e Juanjo Moscardó). A competición internacional de curtametraxes inclúe máis de 60 pezas de todo o mundo, cunha categoría específica para a videocreación. Ademais, o concurso inclúe 14 documentais. Máis que cinema Alén dos filmes, a programación complétase con varias exposicións, entre elas unha dedicada ao universo de J.K. Rowling e outra que propón un percorrido pola historia da ciencia ficción a través de modelos a escala das naves más emblemáticas do xénero. Entre as actividades promovidas ao abeiro do festival atópase obradoiros e faladoiros, así como un concurso de ilustracións e contos de fantasía en galego. Seres Máxicos de Galicia e onde atopalos, homenaxeando o spin-off da escritora de Harry Potter, recolle tanto traballos de escrita como de debuxo dedicados ás criaturas que habitaron o noso maxín popular: Mouras, Urcos, Serpes, Cocas, Nubeiros, Ondiñas, Demos, Xacias, Tardos ou Meigas."}
{"ID": "NOS_3629", "summary": "O cadro de persoal ratifica en asemblea a convocatoria de protestas se non hai acordo antes de fin de mes.", "text": "Distintos colectivos socias de Chapela están a promover a convocatoria dunha manifestación en solidariedade cos traballadores de Pescanova, en loita para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. A asemblea de traballadores celebrada este sábado en Redondela ratificou a convocatoria de novas mobilizacións no caso de que non haxa acordo entre as partes antes de fin de mes. CIG, CUT, UGT e USO explicaron o contido das catro xornadas de negociacións realizadas a semana pasada por iniciativa da mediación laboral. O martes, a representación maioritaria dos empregados -CCOO negocia nunha mesa aparte tras o veto do resto de centrais pola súa \"actitude desleal\"- terá que achegar a súa última proposta de convenio, ao igual que a empresa."}
{"ID": "NOS_26022", "summary": "Este espía manéxase polos quiosques. Na súa condición de gacetosauro, é aí, entre papel acumulado, onde se sente máis cómodo.", "text": "Este espía manéxase polos quiosques. Na súa condición de gacetosauro, é aí, entre papel acumulado, onde se sente máis cómodo. A súa pouca ou moita perspicacia está afeita a buscar entre páxinas físicas, pero tampouco estan a ler vostedes ao home de Cromagnon. Así mesmo, navego polas edicións dixitais dos periódicos, e até mesmo vou comezando a comprender tamén os seus trucos. Por exemplo, esta mesma mañá detívenme un anaco na web de La Voz de Galicia. Buscaba coa miña ansiedade enfermiza información electoral, por exemplo, andaba moi interesado en saber como explican o intento -seica fracasado- de Rosa Díez para estender a idea de que Ana Miranda non existe. Iso e o demais, como ao Arias Cañete e o Felipe González pulando pola gran coalición PP-PSOE, que a mesma son, díxose sempre. O caso é que pensei que sería abrir a páxina e aí estaría a información electoral, non debe haber moito máis relevante que contar. Pero... Tiven que ir, abaixo, abaixo, abaixo. Unhas 25 novas estaban en postos máis altos da xerarquía do medio dixital que a primeira delas sobre as eleccións... das tres que meteron. Unha sobre Rubalcaba, outra sobre un socialdemócrata alemán -ou sexa, un socio de Merkel- e outra sobre fondos da UE. Do BNG ou as forzas galegas? Na capa, nada. Iso si, na web, moi alto, arriba de todo si había sitio para o champán. Seica @s grandes empresari@s galegos xa dán por feita a recuperación. Bravo. As persoas, como as eleccións, debemos ser cousa menor. Por iso o manto de silencio, para que os primeiros non acudan ás segundas. E volvan gañar @s de sempre."}
{"ID": "PRAZA_5295", "summary": "Monólogos e concertos durante este abril nos que se recadarán fondos para que 300 nenos do Sáhara pasen as súas vacacións en Galicia.", "text": "Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza en Silleda a segunda edición do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Co obxectivo de \"poder difundir a xusta causa do pobo saharauí e poder recadar fondos para o Programa Vacacións en Paz\", esta iniciativa mantén o propósito de que máis de 300 nenos e nenas dos campamentos de refuxiados poidan gozar dunhas \"vacacións en pazo xunto coas familias de acollida galegas\". O Mes Cultural recada fondos para que máis de 300 nenos saharauís poidan gozar das súas vacacións en Galicia Este mes solidario, cheo de actividades culturais, comeza este mesmo sábado coa actuación de Mofa e Befa na Casa da Cultura de Silleda a partir das 21.30 horas, unha actuación á que se pode acceder polo módico prezo de cinco euros. Xa o día 13 de abril, tocaralle a Cándido Pazó, que actuará no mesmo lugar a partir das 20 horas, mentres que o 16, serán Factoría de Subsistencia, Josito Porto e Sabela Dacal os que ofrecerán o seu espectáculo no bar Púkara. Tamén o 30 de abril, Isabel Risco deleitará os asistentes co seu monólogo. Para todos os monólogos, a organización pon á venda un bono a doce euros. Ademais, o prato forte será o día 26, cando se celebre o Concerto por un Sáhara Libre. Presentado por Xurxo Souto, o auditorio Manuel Dopazo de Bandeira, tamén en Silleda, acollerá a actuación das Pandereteiras da Carballeira de Cercio, Linho do Cuco Ensemble e Leilía. As entradas anticipadas custan 8 euros, mentres que na billeteira o prezo será de dez euros. Á marxe dos monólogos, o día 26 celébrase o Concerto por un Sáhara Libre Os fondos recadados irán destinados ao programa Vacacións en Paz polo cal nenos e nenas dos campamentos de refuxiados saharauís veñen pasar os meses de verán con familias galegas de acollida e que lles permite alonxarse das altas temperaturas de ata 50º que se sofren no verán nos campamentos de refuxiados así como tamén lles permite facer revisións médicas e coñecer unha cultura diferente á súa. Os bonos e as entradas pódense adquirir en diversos puntos de venda repartidos por Silleda Salón do Té, A Lareira de Cuiña, Cafetería Maripepa, Pudará, Moe's), A Bandeira (Arume), Lalín (Barriga Verde, Cantigas, O circo do Mundo, Suso Donramiro), Rodeiro (Quirós), Vila de Cruces (Café Bar Galicia) e Agolada (Bar Central)."}
{"ID": "PRAZA_18009", "summary": "PP, PSdeG-PSOE e BNG apoian a moción presentada por En Marea, que tamén insta ao Goberno central a revisar os convenios de 2004 e aposta por conformar un consorcio que garanta a titularidade pública dos terreos que sexan desafectados. O texto é semellante ao aprobado este luns no pleno municipal da Coruña por Marea Atlántica e PP.", "text": "O Parlamento galego aprobou este mércores por unanimidade unha moción presentada por En Marea que reclama a condonación da débeda que a Autoridade Portuaria da Coruña ten con Puertos del Estado, un préstamo de 200 millóns de euros concedido para a construción do Porto Exterior de Punta Langosteira. PP, En Marea, PSdeG-PSOE e BNG apoiaron un texto que tamén insta ao Goberno central a revisar os convenios de 2004 e aposta por conformar un consorcio que garanta a titularidade pública dos terreos que sexan desafectados. A proposta é semellante ao aprobado este luns no pleno municipal da Coruña por Marea Atlántica e PP, e que contou coa abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG-PSOE. A moción aposta por garantir a titularidade e xestión pública dos terreos, e por potenciar neles os equipamentos dotacionais, espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios A moción pide a revisión dos convenios de 2004 e do PXOM do 2013 a través dun protocolo para a definición do futuro da fronte litoral da cidade que se basee en tres grandes criterios: titularidade e xestión pública dos terreos, equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios. A iniciativa insta ao Ministerio de Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, ao Concello da Coruña e a propia Xunta de Galicia a constituir un ente público como forma de participación e xestión dese novo horizonte litoral. Unha proposta, polo tanto, moi semellante á defendida polo Concello da Coruña nos últimos dous anos. Os catro grupos tamén foron unánimes ao pedir que Ministerio de Fomento e Portos do Estado impulsen e financien de forma inmediata a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira sen achega económica por parte da Autoridade Portuaria da Coruña, de xeito que poida ser licitada no primeiro semestre do ano 2019. O Concello da Coruña celebrou que o Parlamento \"respalde o goberno municipal da Coruña e pida de maneira unánime a condonación da débeda do Porto e a constitución dun ente público para a xestión do bordo litoral da cidade\". O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, destacou que \"pouco a pouco, todos os partidos e administracións se vaian sumando á postura defendida polo Goberno local da cidade\". \"Os catro grupos parlamentarios coinciden en apoiar a reclamación do Goberno local, que defende que a cidadanía da Coruña reciba un trato similar ao que o Estado dá a Valencia mediante a aprobación dunha medida análoga que elimine a débeda da Autoridade Portuaria da ecuación e permita que non se utilice esa situación para especular cos terreos da fachada atlántica da cidade que quedarán liberados co traslado do porto a Punta Langosteira\", salientou Varela. Na derradeira semana de agosto o Goberno central anunciou a condonación dunha débeda de 350 millóns nos peiraos de Valencia, que rexeitou facer o mesmo co da Coruña. Nos días seguintes, o PP mudou a posición que ata ese momento defendera, uníndose á demanda de que o Estado perdoa a débeda da Autoridade Portuaria coruñesa, pero quen comezou a amosar dúbidas foi o PSdeG-PSOE, rexeitando posicionarse fronte ao Goberno central, que defende que os casos da Coruña e Valencia non son \"comparables\"."}
{"ID": "NOS_22244", "summary": "A meteoróloga Bea Hervella achéganos a predición para este outono despois dun verán que, recoñece, \"temos a impresión de que foi raro\".", "text": "A meteoróloga de 4gotas, Bea Hervella, avánzanos que o tempo se tornará inestábel nos vindeiros días mais asegura que as predicións apuntan cara á unha estación \"típica\" de outono. Aliás, advirte, estes dados deban ser recollidos \"con reservas\". Comezou xa o outono?Oficialmente comezou a terza feira (23 de setembro) mais desde o punto de vista meteorolóxico aínda se resiste. Seguiremos véndonos influídos polas borrascas e a partir de xa comezará a inestabilidade. Teremos unhas temperaturas agradábeis nas vindeiras semanas mais con presenza de treboadas. Foi este un verán atípico?A impresión que temos como cidadáns é que foi un verán raro. Eu mesma como persoa, e non como meteoróloga [ri] tamén a teño. Porén, as temperaturas non foron anormais. Iso si, foi un verán chuvioso. Non tanto en agosto mais si nos meses de xuño e xullo. Asemade, este ano non conseguimos acadar temperaturas extremas nen nos puntos máis altos nen nos máis baixos. De feito, Ourense --que está considerado o caldeiro de Galiza-- non chegou a superar, nen en agosto, os 37 graos de media. Hai estudos científicos que apuntan cara ao cambio climático como un dos feitos que poderían estar detrás destes veráns atípicos ao facer menos frecuente o vento de nordés. Será entón este un outono raro? Ter un verán bon ou malo non inflúe noutras estacións. A atmosfera non ten memoria. Asemade, as predicións meteorolóxicas que se poidan facer polo de agora non son tampouco moi fiábeis. No entanto, desde o Estado español dise que este outono vai ser típico, con temperaturas dentro da media. Desde os EUA coinciden en que será normal mais que pode ser chuvioso, sobre todo cara ao final, no mes de decembro. Iso si, hai que coller estes dados con reservas. \"Eu mesma teño a impresión de que este foi un verán raro\" Cando é o mellor momento para fiarse das predicións? Depende da situación meteorolóxica. De feito, vimos dunha etapa moi difícil para nós por mor da borrasca que se situou en Galiza durante as últimas semanas. A miña recomendación é seguir as predicións meteorolóxicas --que son bastante fiábeis a cinco días vista-- e despois preguntarnos a nós. Facía falla un servizo como o que ofrecedes desde 4gotas?Cremos que si, por iso o creamos [ri]. Tamén os usuarios o cren pois temos moitísimas preguntas que nos fan chegar através das redes sociais, Facebook e Twitter, onde contamos xa con máis de 8 mil seguidores. Coido que responde á necesidade que temos de obter información. Achégase unha data importante coas Festas de San Froilán, que tempo nos acompañará na primeira semana de outubro?Fican varios días [as festas son do 4 ao 12 de outubro] aínda mais a tendencia polo de agora é a unhas noites e madrugadas frías con temperaturas bastante altas durante o día, aínda que poderán combinarse con algunha treboada."}
{"ID": "NOS_13311", "summary": "No primeiro trimestre 11% das familias mudou os seus hábitos de compra para reducir gastos.", "text": "Dous de cada dez fogares galegos ten que aplicar a \"economía de guerra\": non pode permitirse gastar un céntimo máis do previsto. No primeiro trimestre de ano case 20% das familias non se permitiu ningún extra. Por extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas. De feito, 11,37% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a mercar marcas brancas, produtos en oferta, etc., no primeiro trimestre de 2019. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, 10,87% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, etc. No primeiro trimestre de 2019 mentres 56,43% dos fogares galegos afirma chegra con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, 43,5%% restante afirma que o fai con dificultade ou moita dificultade. Catro de cada dez fogares galegos teñen como principal fonte de ingresos as prestacións. Se analizamos estas porcentaxes para os anos 2007 e 2017 en Galiza a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis de 50% dos seus ingresos totais diminúe 4,89 puntos en todo o período, mentres que a porcentaxe de fogares nos que as prestacións son máis da metade dos seus ingresos aumenta 6,04 puntos porcentuais."}
{"ID": "NOS_26743", "summary": "Responsabiliza o goberno local da construción ilegal dun dique no parque das Saamasas construído pola empresa INCA.", "text": "Adega e a Plataforma Lugo, cara ao Miño compareceron publicamente esta sexta feira (3 de xuño) para se pronunciar a respeito da proposta de resolución presentada ao Ministerio de Medio Ambiente pola construción dun dique na bacía do parque das Saamasas, o treito \"máis protexido e sensible polos seus valores naturais\" do río ao seu paso pola cidade amurallada, como denunciaban en decembro de 2015. A Confederación Hidrográfica exime de responsabilidades a empresa executora da obra Malia as denuncias, o dique foi construído pola empresa INCA Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.A., a entidade concesionaria da Fábrica da Luz. Porén, na súa proposta de resolución na que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil reclama a supresión da infraestrutura, responsabiliza unicamente o Concello de Lugo para o que pide unha sanción de 180.287,28€. E é que a Conferencia Hidrográfica entende que \"é o Concello de Lugo o que está obrigado a que, se a execución da concesión se realiza por un terceiro, teña que vixiar que aquel cumpre\" coa legalidade, segundo relata o instrutor da proposta. A bóla está agora no tellado do Ministerio de Medio Ambiente que debe decidir se obriga o concello a retirar o dique e se unicamente coida a institución responsábel. Neste senso, desde Adega e Lugo, cara ao Miño, aseguran que é \"inxusto e reprobable que de novo teña que ser a veciñanza de Lugo a que pague, a través das arcas municipais e do sacrificio dos nosos bens públicos patrimoniais ou naturais, as infraccións ou ilegalidades acometidas por outros, ben sexa polo goberno municipal ou pola empresa executora\". A decisión da Confederación prodúcese após as denuncias de Adega e a plataforma Lugo, cara ao Miño Mobilización popular \"Hai que ter en conta que foi a protesta das veciñas e veciños de Lugo e a condena pública dos feitos as que obrigaron á Confederación Hidrográfica a actuar na comprobación da legalidade das obras. De non térmonos mobilizado, probablemente estas obras ilegais pasarían desapercibidas para a Confederación Hidrográfica e xa estarían consumadas\", sinalan desde Adega e a plataforma. Neste senso, exixen que a empresa executora das obras asuma a súa responsabilidade. Así pois, instan o Ministerio a emitir unha resolución con \"celeridade\" para que a retirada da obra se produza \"antes de que remate a época de estiaxe do río\" co obxectivo de \"reparar o dano\". O Concello de Lugo di que retirará o dique mais que recorrerá a decisión se non se responsabiliza a empresa Desde o Concello de Lugo, o responsábel de Medio Ambiente, Daniel Piñeiro, avanzou que se o Ministerio o require o goberno local retirará as obras mais anunciou que recorrerán a resolución se este exime a empresa INCA de responder perante a infracción. O treito no que foi construído o dique fai parte Zona de Especial Conservación, Rede Natura 2000 e zona núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño, alén de acoller 60 especies de aves, 5 hábitats de interese comunitario e diversas especies protexidas a nivel europeo, estatal e galego, das que dúas están en perigo de extinción (fento de río e mexillón de río)."}
{"ID": "NOS_36264", "summary": "Oito dos 21 ingresados en UCI en Galiza son menores de 40 e un 80% de contaxiados ten menos deses anos", "text": "Oito dos 21 pacientes ingresados pola Covid-19 en hospitais de Galiza ten menos de 40 anos e un 80% dos contaxiados é menor desa idade. Así o destacou Núñez Feixoo na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico, na que incidiu en que \"tamén as persoas mozas sofren consecuencias dramáticas\" por este virus. Feixoo incidiu que a quinta vaga está \"centrada en menores de 40 anos\" e \"con máis intensidade\" en mozas de menos de 30, que están \"sen vacinar\" até a data. No entanto, puntualizou que os datos epidemiolóxicos de Galicia, con case 13.000 casos activos e 178 hospitalizados, atópanse \"lonxe dos niveis de xaneiro\", cunha taxa de mortalidade \"menor\" que os meses anteriores. Admitiu que se trata de datos \"realmente preocupantes\", pero concretou que os 21 ingresados en UCI en Galicia constitúen \"un 91% menos do pico máximo\" alcanzado na Galiza. Sobre a taxa de incidencia a sete días, o presidente resaltou que se sitúa en 300 casos por 100.000 habitantes, fronte á media estatal de 327; mentres que a 14 días está en 466 e a media no Estado español ascende a 622. O contaxio de persoas vacinadas triplicouse nestas semanas, advirte Núñez Feixoo En canto aos hospitalizados,asegurou que Galiza está \"claramente mellor\", cun 2,8% de ocupación de camas UCI, \"cinco veces menos\" que a media española (12%); e en canto aos hospitalizados en unidades convencionais sitúase nun 2% fronte ao 5,73% da media estatal. O titular da Xunta afirmou que a situación \"empeorou\" en Galiza \"de forma notábel e intensa\", con máis de mil contaxios en 24 horas en varias xornadas seguidas, a causa, sostivo, da \"profunda interacción social\", en especial entre persoas de grupos \"non vacinados\". En concreto, apuntou que os maiores de 80 anos presentan unha taxa de 36 casos por 100.000 habitantes, mentres que o grupo de 12 a 30 anos \"supera o mil\". Así, incidiu en que no últimos sete días o 80% dos contaxios corresponden a menores de 40 anos, o que reflicte unha situación diferente á de ondas anteriores cun \"incremento exponencial\" no número de infeccións. Sinalou que as previsións do comité clínico para os próximos 15 días, de manterse a tendencia actual, avisan de que se poden superar os 400 hospitalizados e cen pacientes en UCI por este coronavirus Por iso, o presidente da Xunta apelou a \"non baixar a garda\" e advertiu de que a xente nova \"pode estender os contaxios ás persoas vacinadas\". \"Hai netos que contaxian a pais e avós\", afirmou. Respecto diso, Feixoo comentou que \"se triplicou\" o número de contaxiados de persoas vacinadas e apuntou un incremento tamén de hospitalizados xa inmunizados. Por todo, iso trasladou a \"preocupación\", xa que do 11 ao 17 de xullo \"duplicouse\" a cifra de ingresados en UCI a 21; e triplicouse a de hospitalizados noutras unidades \"de 52 a 153\", abundou. Nesta liña, sinalou que as previsións do comité clínico para os próximos 15 días, de manterse a tendencia actual, avisan de que se poden superar os 400 hospitalizados e cen pacientes en UCI por este coronavirus. A iso engade que na segunda semana de agosto póidase alcanzar un pico de mil persoas hospitalizadas en planta pola Covid e 200 en UCI de manterse a tendencia actual. Por todo iso, apelou os cidadáns galegos a participar nos cribados para detectar casos entre asintomáticos e lamentou que \"só acuda un 40%\" da poboación menor de 40 anos chamada a someterse ás probas."}
{"ID": "NOS_974", "summary": "O esquerdista continúa a supera o ultradereitista nunha nova enquisa.", "text": "Lula da Silva continúa a superar, cunha gran diferenza, a Bolsonaro nas enquisas. O ex presidente do Brasil sumaría 44% dos votos por 26% do actual mandatario nunha hipotética primeira volta das eleccións previstas para 2022. E nun previsíbel cara a cara en segunda volta, o resultado sería de 56% para o esquerdista por 31% do ultradereitista. Son datos da sondaxe elaborada por Datafolha, o instituto de estatística da Folha de São Paulo, e publicada esta sexta feira. Na véspera, outra enquisa da mesma empresa demoscópica apuntaba que 53% dos brasileiros considera que a xestión de Bolsonaro é \"ruim ou péssima\", por 24% que a considera \"regular\" e 22%, \"boa ou ótima\". A alta taxa de desemprego, a crecente inflación e o manexo da segunda máis mortífera epidemia de Covid do mundo explican este novo récord na desaprobación do presidente. Nin Jair Bolsonaro nin Luiz Inácio Lula da Silva anunciaron oficialmente polo momento a intención de se presentaren ás presidenciais de outubro 2022. No espectro do centro, entre un e outro, só catro posíbeis candidatos chegaron a puntuar na sondaxe publicada na sexta feira, mais sen chegaren aos dous díxitos. Son: José Luiz Datena, do Partido Social Liberal (PSL, dereita), que sumaría 4% dos votos; a senadora Simone Tebet, do Movimento Democrático Brasileiro (MDB, centro-dereita), 2%; o presidente do Senado, Rodrigo Pacheco, de Democratas (DEM, centro-dereita) e o ex ministro Aldo Rebelo (independente), 1%. O Movimento Brasil Livre, da dereita liberal, convocou o pasado domingo unha marcha baixo o lema \"Nem Lula, nem Bolsonaro\" en varias localidades, mais apenas reuniu xente, segundo informou O Globo. A enquisa de Datafolha sinala que as grandes manifestacións en apoio a Bolsonaro do pasado 7 de setembro non variaron o panorama electoral excesivamente (en xullo, daba 46% a Lula e 25% ao presidente). Tampouco o enfrontamento institucional co poder xudicial aparece entre as principais preocupacións dos consultados. A alza dos prezos e a falta de traballo é o que máis inqueda. Marco temporal Por outra banda, o Supremo Tribunal Federal suspendeu de novo esta semana, e por tempo indefinido, o xuízo sobre o \"marco temporal\". Na sesión da cuarta feira, o maxistrado Nunes Marques votou a favor da tese defendida polo agronegocio e igualou a sentenza 1-1 polo momento. É a sétima vez que o proceso que definirá a titularidade das terras indíxenas se adía."}
{"ID": "NOS_11750", "summary": "A liberdade de información na Galiza está lastrada polo peso abrumador do gasto público nos ingresos de case toda a prensa.", "text": "As subvencións aos medios en galego -para as que si hai normas e criterios- non son nin faragullas comparadas co reparto sistemático e discrecional de convenios, que favorece por sistema as cabeceiras acríticas con Alberto Núñez Feixoo. A liberdade de información na Galiza está lastrada polo peso abrumador do gasto público nos ingresos de case toda a prensa. O país carece dun sector privado forte e cada vez quedan menos empresas importantes en mans galegas que sirvan de contrapeso publicitario aos cartos públicos. Por exemplo, R Cable. Cando era galega, facía campañas na prensa do país, algunhas só nas cabeceiras na lingua propia. Iso acabouse ao pouco de tomaren o leme de Euskaltel investidores non vascos. Todas as administracións gastan moito nos medios, pero a Xunta é de lonxe a que máis. Ás veces, pagando campañas de utilidade cuestionábel, como a actual de promover o Camiño de Santiago dentro da Galiza. O motivo real desas campañas é manter a frote a economía dalgúns medios, especialmente da prensa. Sobrevirían tantos xornais na Galiza sen o investimento da Xunta? Non, hai anos que varios terían fechado. A crise do ladrillo levouse por diante a práctica totalidade da prensa escrita non aliñada co PPdeG. De Vieiros a A Nosa Terra, pasando por A Peneira ou a edición galega de El País. Polo contrario, non fechou ningún dos xornais tradicionais, aínda que case todos soportaron ERE e mesmo a algún Facenda lle embargou a sede. Máis de 20 millóns ao ano, a maioría a dedo Realmente tanto gasta Alberto Nuñez Feixoo en untar algúns medios? Si. Por exemplo, en 2017 a Xunta pagoulle aos empresarios dos medios de comunicación 20,3 millóns de euros. Hai quen argumenta que non son moitos cartos para axudar a manter a frote o debate público na prensa. Todo depende co que se compare, claro. O orzamento da vixente liña de subvencións para libros en galego, 200.000 euros. Menos da décima parte para o libro en galego do que apaña certa prensa. O problema para a liberdade de expresión non é só o peso do investimento público, tamén a forma de repartir o pastel. O 90% deses 20,3 millóns da Xunta deuse sen unha convocatoria no DOG. É dicir, sen garantías de transparencia e concorrencia. Só o 10% se distribúe a través de dúas convocatorias públicas anuais para, respectivamente, empresas xornalísticas e para medios escritos en galego. A segunda destas convocatorias está deseñada de tal forma -incorporando un límite mínimo de cadro de persoal- que exclúe a práctica totalidade dos dixitais, reduto da prensa crítica con San Caetano. En todo caso, esas convocatorias son faragullas. Os dous anacos grandes do pastel repártense a dedo, os convenios de colaboración ou, de maneira opaca, a publicidade. Os convenios son acordos polos que a Administración pode entregar unha subvención directamente -sen concurso ou competencia- ao ente que escolla a cambio de facer xuntos unha actividade de interese público. A prensa con liña editorial crítica co PPdeG non recibe convenios da Xunta, o resto si. No 90% dos acordos, a colaboración dos medios consiste en publicar contidos dos temas que lle marca a Xunta, que é quen paga. O Rexistro de Convenios da Xunta recolle que en 2020 as consellarías e La Voz de Galicia asinaron sete convenios. O importe do aportado polas arcas públicas suma máis de 933.000 euros. É dicir, só La Voz recibiu mediante convenios cinco veces máis que todo o que gasta a Xunta en apoiar a edición de libros en galego. Coa diferenza, ademais, de que mentres as editoriais teñen que competir entre si de acordo a unhas regras coñecidas, o xornal recibe estes cartos segundo o criterio do mandatario desta ou outra conselleira, baixo a supervisión da Secretaría Xeral de Medios. Por que La Voz recibe todos os anos ao redor de 149.000 euros para que as escolas dispoñan de xornais para fomentar a lectura e non os recibiu Nós Diario ou El País? Porque así o decide todos os anos o conselleiro de Educación. Conselleiro de Educación que, por certo, tamén seleccionou La Voz para recibir 141.000 euros mediante convenio para potenciar o uso do idioma galego nesa cabeceira, que está practicamente toda en español. Desde que goberna Feixoo, ningún medio de comunicación 100% en galego recibiu xamais un peso da Xunta en convenios por fomentar o galego. San Caetano pode defenderse alegando que hai unha convocatoria específica de subvencións para medios en galego. É certo, haina. O importe total do concedido na última convocatoria foi de 197.000 euros. Sermos Galiza, a editora de Nós Diario, foi a más beneficiada, porque foi a que máis puntos sacou de acordo ás normas dun concurso público. Canto recibiu Sermos Galiza? 26.000 euros. Todo o que recibe este xornal supón o 18% do que recibe a dedo La Voz só polo seu labor a prol do galego. É dicir, faragullas. Se o comporamos cos 933.000 euros que apañou La Voz só en convenios, son as faragullas de faragullas. Se a eses 933.000 en convenios lle sumamos os outros 832.453 euros que a Xunta lle adxudicou a La Voz na convocatoria de subvencións de empresas xornalísticas, resulta que a maior subvención a un medio 100% en galego foi o 4,8% dos 1.765.450 euros que levou La Voz. Son as faragullas das faragullas das faragullas. E nin iso. Porque a maiores hai que sumar a publicidade. É imposíbel saber canto cobra cada medio en anuncios da Xunta porque as consellarías adxudican as campañas a axencias, que á súa vez subcontratan os anuncios en certas cabeceiras de acordo ás normas que lles marca a Xunta. O ano pasado non foi un excepcional. É un capítulo máis nunha práctica caciquil que comezou con Fraga, o bipartito alimentou e Feixoo perfeccionou. En 2017, por exemplo, La Voz e a Xunta asinaron nove convenios por valor de 977.000 euros públicos. La Voz é a máis beneficiada do reparto sistemático de diñeiro público sen concorrencia. En 2017, a Xunta repartiu 1,9 millóns en convenios discrecionais cos medios de sempre. Deses cartos, o 51% foron para a empresa de Santiago Rey Fernández Latorre."}
{"ID": "NOS_40136", "summary": "Gure Esku Dago anuncia a súa próxima grande acción en apoio dunha vía propia cara á autodeterminación, que terá lugar a finais de primavera nas catro principais cidades vascas. \"Queremos que sexa unha suma de vontades\", din @s promotores.", "text": "A plataforma vasca Gure Esku Dago, que organizou o 8 de xuño de 2014 a cadea humana entre Iruña e Durango, construirá catro urnas xigantes que exhibirá o 21 de xuño en Iruña, Bilbo, Gasteiz e Donostia co obxectivo de reivindicar \"o dereito a decidir\". Así o anunciaron este sábado en rolda de prensa os membros de Gure Esku Dago Ángel Oiarbide e Mirentxu Purroy, que compareceron no café Zentral de Pamplona para presentar a iniciativa da plataforma soberanista. Gure Esku Dago convidou \"todos os cidadáns de Navarra\" a \"construír unha urna xigante tecida con todas as diversas vontades e identidades que queiran facer posíbel o exercicio do dereito a decidir\" en chamando a unha vía vasca cara á independencia. En pobos e barrios xa se está traballando para crear catro urnas xigantes que o 21 de Xuño se farán visíbeis para pedir simbólicamente o dereito de autodeterminación."}
{"ID": "NOS_43883", "summary": "As pequenas e pequenos galegos tamén poderían experimentar reaccións após a dose do fármaco contra a Covid-19. O cansanzo ou a dor de cabeza son algúns dos riscos a padecer na casa. Por iso, non está de máis a previsión nos fogares.", "text": "As vacinas, segundo as persoas expertas, teñen máis vantaxes que prexuízos, pero ao igual que as maiores, as crianzas non están exentas de poder padecer algún efecto adverso após a inoculación dos fármacos fronte á Covid-19. Ante calquera eventualidade, é mellor que as familias estean preparadas para as reaccións que están a ter algunhas pequenas e outras que poderían chegar nas próximas semanas, a medida que avance a campaña pediátrica na Galiza. Segundo especialistas na materia, téñense detectado resultados similares no grupo de idade entre os 5 e os 11 anos e o de maiores de 12. En calquera caso, o malestar despois da picada pode derivar nas crianzas en dor no brazo, ao igual que as persoas adultas, que vaia aparellado dunha inchazón e mesmo molestias na axila. Tamén podería detectarse unha mancha vermella na zona da picada. As nenas e nenos tamén poden experimentar cansazo ou astenia nos días seguintes a recibir a vacinación, tal e como ten advertido a Axencia Española do Medicamento. Os fogares tamén deberían estar preparados por se se queixan de dores de cabeza, molestias musculares ou mesmo teñen calafríos. Para iso, un paracetamol infantil pode ser útil. Nalgúns casos, como nos ensaios clínicos destes tratamentos para frear o dano do coronavirus, notificáronse de forma puntual febre, inflamación dos ganglios linfáticos ou náuseas e desgana pola comida. As sanitarias aseguran que a maioría dos casos que aparecen son leves ou moderados e pasan en cuestións duns días. Aliás, a eficacia está comprobada nun 91% polo que son maioría as doutoras e doutores que teñen recomendado vacinas ás crianzas."}
{"ID": "PRAZA_3650", "summary": "Dende o pasado venres funcionan na Coruña 12 grupos de apoio mutuo nos distintos barrios, que agrupan a máis de 1.100 persoas. O obxectivo é detectar necesidades e axudar as persoas máis vulnerables. En cidades como Vigo, Ourense ou Pontevedra existen grupos semellantes", "text": "O pasado venres, no momento en que se anunciou o confinamento da poboación para frear as infeccións por Covid-19, comezaron a crearse en varios barrios da Coruña grupos de apoio mutuo para dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas máis vulnerables, moitas veces persoas de idade avanzada a quen se lle aconsellou limitar ao máximo o risco de contaxio. Esta rede comunitaria componse xa de 12 grupos, nos que están inscritas máis de 1.100 persoas. E noutras cidades galegas, como Vigo, Ourense e Pontevedra puxéronse en marcha grupos de apoio mutuo semellantes.Esta rede comunitaria componse xa de 12 grupos, nos que están inscritas máis de 1.100 persoas\"Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos desde os barrios para poñernos ao lado da xente máis vulnerable, as nosas veciñas e veciños, neste momentos complicados. Unha resposta autoxestionada que busca activar a solidariedade xusto cando máis o precisamos\", pódese ler na web dos GAM coruñeses, dende onde calquera persoa pode inscribirse nun grupo ou alertar dalgunha necesidade que detecte no seu barrio, e que tamén ofrece recursos para a creación de grupos semellantes noutros lugares.O primeiro deses grupos foi o de Monte Alto, estendido posteriormente para abranguer os barrios da Pescaría e a Cidade Vella, e no que nestes momentos hai máis de 200 persoas inscritas. É un dos máis activos, en boa medida porque partía das redes creadas ao redor do comedor social do barrio e de diversas entidades sociais e veciñais. Noutras cidades galegas, como Vigo, Ourense e Pontevedra puxéronse en marcha grupos de apoio mutuo semellantesPilar Pato, responsable do comedor social e activista noutros colectivos, como Oasis Monte Alto, explica que \"o venres comezou a formarse un grupo de voluntariado dende o Concello, pero había xente que xa necesitaba esa axuda de inmediato. En ocasións as administracións son como dinosauros, van lentas aínda que teñan moi boa vontade\". \"Por iso, un grupo de xente decidímonos a poñer en marcha este grupo de apoio mutuo. Hai un grupo de xente no barrio que habitualmente colaboramos en iniciativas como esta e coñecémonos e foise xuntando máis xente, que era consciente das necesidades dos seus veciños\", indica.\"O comedor social do que eu son responsable estaba dando diariamente 80 comidas. Estabamos moi preocupados porque esta xente quedase na casa: comen mal, desespéranse...\"Algúns dos problemas e necesidades que había que resolver eran os das persoas que habitualmente empregan este comedor social. \"O comedor social do que eu son responsable estaba dando diariamente 80 comidas. Estabamos moi preocupados porque esta xente quedase na casa: comen mal, desespéranse...\", destaca Pilar Pato. \"É xente que realmente necesita este comedor, e non tanto porque non teña diñeiro, porque isto non é a cociña económica: aquí pagan 2,80 euros por menú. Pero hai máis problemas ademais da falta de diñeiro, e un deles é a soidade tremendísima de moita xente que está na súa casa: persoas de 90 anos que viven soas, ou matrimonios nos que unha das persoas ten alzhéimer. Hai moita xente que vén ao comedor social para non sentirse soa, hai algúns que nos din ao marchar: \"pois xa rematou o día\", porque para eles o día remata unha vez que marchan de aquí e volven ás súas casas\", conta.\"As primeiras accións que se difundiron en todos os grupos eran falar cos nosos veciños, facerlles saber a existencia destes grupos a través de carteis nos portais ou de deixar volantes debaixo das portas\"Na maior parte dos barrios o difícil non é atopar voluntarios e voluntarias que queiran axudar, senón á hora de detectar as necesidades, sobre todo se temos en conta de boa parte dos e das posibles beneficiarias son persoas de idade avanzada, cun menos acceso ás tecnoloxías. \"No boca a boca xorden casos\", destaca Pilar Pato, o mesmo que Diego Jiménez, outro dos impulsores dos grupos, que salienta que \"isto foi prioritario dende o comezo: as primeiras accións que se difundiron en todos os grupos eran falar cos nosos veciños, e máis que falar -polas recomendacións de distancia social- facerlles saber a existencia destes grupos a través de carteis nos portais ou de deixar volantes debaixo das portas\". \"Tratábase de comunicarnos coa xente máis próxima para saber da súa situación e para comprobar que todo vai ben\", engade.\"Cada persoa que participa nun grupo de apoio é unha antena, cada un de nós temos a nosa rede de contactos e podemos coñecer casos de xente que ten necesidades, no noso edificio, na nosa rúa e no noso barrio. Trátase de poñer en común todas estas redes persoais\", sinala, engadindo que os grupos \"permiten poñer en contacto á xente, detectar necesidade e prestar axuda\".\"Unha das primeiras accións cando detectamos algunha necesidade é poñela en coñecemento dos servizos sociais do Concello\"\"Necesidades hai moitas e moi diversas, tantas como persoas\", explica Diego. Dende o máis básico: facer a compra ou ir á farmacia, ata axudar nunha mudanza a unha persoa con mobilidade reducida ou levar a alimentos a unha persoa maior que está confinada nun hotel e que non podía abandonar a habitación. \"É moita a xente maior que non pode baixar á compra e que polas características desta enfermidade mesmo é desaconsellable que baixe, porque son as persoas para quen o virus é máis perigoso\", destaca. \"Hoxe alertáronos de que hai usuarias da cociña económica que o están pasando mal, sobre todo aquelas persoas sen fogar e que teñen redes comunitarias escasas. Tamén xente que necesitan máscaras de seguridade para coidar a familiares ou a outras persoas dependentes e que non está tendo acceso a elas\", comenta.Se a situación o require, os grupos de apoio mutuo informan de inmediato dos problemas ao Concello, a través do teléfono de información municipal (010). \"Unha das primeiras accións cando detectamos algunha necesidade é poñela en coñecemento dos servizos sociais do Concello. Os grupos están cumprindo moitas veces unha función de axuda inmediata, ata que o Concello pode encargarse da situación\", sinala Diego Jiménez.\"É moi importante o sentimento de comunidade, de non estar soas, de non quedar desconectadas do resto das persoas\"En ocasións, a axuda que empresan os grupos é máis simbólica, un apoio moral, a seguridade de saber que hai alguén aí por se pasa algo. \"Nestes momentos, vemos que á marxe dos problemas materiais ou de saúde, o confinamento está aumentando a situación de soidade que sofren habitualmente moitas persoas. Hai xente que pode que antes non tivese moito contacto cos seus veciños e veciñas pero que agora ve que se están movendo, que van estar dispoñibles se nalgún momento necesita unha axuda. Isto é unha seguridade e axúdaa a non sentirse soa. Pensamos que o efecto emocional disto tamén é importante\", di\"É moi importante o sentimento de comunidade, de non estar soas, de non quedar desconectadas do resto das persoas\", resume Diego. Unha idea que reafirma Pilar: \"a rede é como ter un amigo. Pasas de estar só a ter unha pandilla, un grupo de amigos que coidan de ti, que te chaman e se preocupan polo que che pasa\".\"A crise non vai quedar nin moito menos no tema sanitario, por iso é fundamental que sigamos tecendo redes comunitarias desde os barrios, pensando tamén no momento en que deixemos atrás a enfermidade\"Diego Jiménez estende a importancia dos grupos máis aló da situación de confinamento e da loita contra o coronavirus, incidindo na necesidade de reforzar o tecido comunitario nos nosos barrios, sobre todo pensando nos colectivos máis precarizados e vulnerables. \"A crise non vai quedar nin moito menos no tema sanitario, por iso é fundamental que sigamos tecendo redes comunitarias desde os barrios, pensando tamén no momento en que deixemos atrás a enfermidade\", di.\"Nese día despois serán igual de importantes os lazos e as redes comunitarias para dar respostas colectivas a problemas que tamén son colectivos, elevando a mensaxe aos poderes públicos de que a crise vai afectar sobre todo ás clases populares e de que somos os primeiros que estamos loitando contra o virus, pero tamén os primeiros que debemos recibir a axuda e a atención das institucións\", conclúe. Pide un mensaxeiroNa rede van uníndose iniciativas persoais ou de diversos colectivos. Unha delas é a lanzada por dous traballadores da compañía 'Pide un Mensajero', que \"vendo que o traballo baixaría moito e quedariamos libres, decidimos organizarnos para sacarlle partido aos recursos da empresa traballando polos maiores e doentes que o precisaran\". \"Decidimos organizar un servizo de voluntariado. Falamos coa operadora telefónica, que nos habilitou unha liña para a xestión do voluntariado e a emrpesa cedeu equipos informáticos, centraliña e unha aplicación de follas de cálculo en Google Drive, coa que somos capaces de xestionar unha ampla demanda de accións cun numeroso equipo de voluntarios\", explican."}
{"ID": "PRAZA_5850", "summary": "Para AGE, o documento demostra que \"as políticas do Partido Popular están as poñer en risco a vida das persoas\". O PSdeG-PSOE critica o \"absoluto e lamentable desinterese do PP\" por nomear un novo Valedor, posto vacante e ocupado por un dos vogais dende hai ano e medio", "text": "O pleno do Parlamento debateu esta mañá o informe do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2013. Un amplo texto, de máis de mil páxinas, que recolle moitas das queixas que os cidadáns e cidadás lle fixeron chegar a esta institución, e nas que a sanidade ocupa un papel moi destacado. Este ámbito foi obxecto de 11 mil denuncias e a Consellería de Sanidade é a protagonista de case o 70% das reclamacións que teñen o Goberno galego como destinatario. A propia oficina do Valedor destacaba hai dous meses, na presentación do documento, que o número de queixas en sanidade era \"rechamantemente máis elevado que o rexistrado no ano anterior\", nomeadamente por temas relacionados co hospital vigués Povisa e co servizo de cirurxía pediátrica do complexo hospitalario de Ourense. A Sanidade foi obxecto de 11 mil denuncias e a Consellería é a protagonista de case o 70% das reclamacións que teñen o Goberno galego como destinatario Ademais da Sanidade, tamén os asuntos sociais ou a probreza ocupan lugares destacados no informe. Este martes, no debate parlamentario a respecto do informe, a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, sinalou que \"o Valedor afirma belixerante o que dende Alternativa Galega de Esquerda vén denunciando: as políticas do Partido Popular están as poñer en risco a vida das persoas. Son políticas criminais\". Para Díaz, o Valedor \"corrixe no seu documento a actitude soberbia e clasista de Alberto Núñez Feijóo cando, nunha recente sesión de control, desprezou os informes sobre pobreza infantil de Cáritas\". O documento destaca que entidades como Cáritas, Cruz Vermella ou os bancos de alimentos \"realizan labores imprescindíbeis para solucionar as carencias das políticas públicas\", en palabras de Yolanda Díaz, que engadiu que \"esta Xunta presa de poderes non democráticos é a mesma que atrasa de xeito indecente a concesión da rendas de inserción (Risga) até un mínimo de sete meses\". O Valedor esixe a este respecto que se outorgue provisionalmente mentres non se resolven os expedientes. De igual xeito, a portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Valedor do Pobo, Patricia Vilán, alertou da crecente preocupación amosada pola cidadanía fronte ao Valedor sobre as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade, Educación e Cultura e Medio Ambiente. A deputada socialista sinalou neste senso que o drástico recorte nos programas de política social desenvolvidos pola Consellería de Traballo e Benestar, un 25 por cento dende 2009, provoca o empeoramento na calidade dos servizos sociais prestados ás persoas que mais o necesitan. Para Yolanda Díaz, o Valedor do Pobo \"non gusta á actual maioría gobernante\" porque é \"a única institución que di que o rei vai espido. E o rei vai espido porque declarou a guerra ao pobo\" A deputada socialista fixo tamén un chamamento á renovación do Valedor para nomear un novo titular, logo de que o actual, orixinalmente vicevaledor nomeado polo PP, leve ano e medio en situación de interinidade sen vicevaledores. Tras salientar, con todo, o traballo do actual titular e do seu equipo, dixo que a institución \"está en precario e necesita un cambio\". A deputada socialista censurou, logo da comparecencia, que o PP \"non ten ningún desexo de cubrir a vacante\" no Valedor do Pobo, en contra do que afirmou o portavoz deste partido. Tamén AGE fixo fincapé en que a institución se atopa \"en situación de interinidade dende que o anterior Valedor Benigno López fose apartado por defender as políticas da dereita parlamentaria e atacar a lingua galega\". Para Yolanda Díaz, o Valedor do Pobo \"non gusta á actual maioría gobernante\" porque é \"a única institución que di que o rei vai espido. E o rei vai espido porque declarou a guerra ao pobo\"."}
{"ID": "PRAZA_2551", "summary": "Non ten sentido que durante o horario lectivo se traballen aspectos tan persoais como as crenzas relixiosas, as cales precisamente polo feito de ser crenzas teñen un marcado carácter privado", "text": "Nas últimas semanas a proposta do Partido Socialista de suprimir a materia de relixión do currículo escolar dos centros educativos públicos reabriu un debate de considerable interese tanto no eido educativo como na sociedade en xeral. Seguindo o principio de acción-reacción os sectores máis conservadores da nosa sociedade non tardaron en mostrar o seu nerviosismo a través de numerosas declaracións. Así, organismos como a Concapa amosaron xa a súa oposición a esta medida alegando que a proposta do grupo presidido por Pedro Sánchez \"atenta contra dereitos constitucionais dos pais\". Por outra banda Rafael Hernando, portavoz do PP no congreso, defende o sistema actual alegando que \"a relixión católica forma parte da nosa cultura e a nosa historia e creo que non hai que avergonzarse disto\". O argumento do señor Hernando non deixa de ser un discurso trivial, unha reflexión pobre para unha cuestión que require fiar moito máis fino. Obviamente ninguén ten por que avergonzarse dos vínculos que as relixións (non só a católica) gardan co desenvolvemento da cultura europea. España non sería o que é de non ser polo legado dos oito séculos de Al-Andalus ou pola importante presenza que o cristianismo tivo e aínda conserva na nosa cultura. Dende o Apóstolo Santiago, figura esencial na expansión do cristianismo a través da Hispania romana e do nacemento de Compostela, ata o carismático Juan Pablo II pasando polo tribunal do Santo Oficio; as luces e sombras do cristianismo deixaron unha profunda pegada na nosa sociedade que é interesante coñecer para comprender mellor as orixes e evolución da nosa cultura. Por este motivo os centros educativos deben ter presente o estudo do feito relixioso integrándoo dentro do currículo ordinario. Pero unha cousa é o estudo das relixións dende un punto de vista cultural que permita apreciar a súa significación histórica e outra ben diferente é o adoutrinamento relixioso, as prácticas educativas encamiñadas a inculcar un determinado tipo de valores ou formas de pensar nas persoas ás que van dirixidas. Este tipo de prácticas, sendo totalmente respectables, non teñen cabida na escola pública polo simple feito de instruír á persoa no coñecemento dunha doutrina coa que non todos temos por que comungar. A escola privada pode acoller ese tipo de prácticas pero a ensinanza pública é, ou debería ser, outra cousa. Aínda que a administración educativa se empeñe en maltratala con recortes, políticas antipedagóxicas e outras lindezas, a escola pública é a escola de todos e como tal ten a obriga de ofrecer respostas educativas que resulten de utilidade para todo o alumnado, non só para unha porcentaxe deste. Non ten sentido que durante o horario lectivo se traballen aspectos tan persoais como as crenzas relixiosas, as cales precisamente polo feito de ser crenzas teñen un marcado carácter privado e polo tanto terían un mellor encaixe na educación non formal (tal e como acontece en países como a República Francesa ou os Estados Unidos, países laicos referentes no que a separación Igrexa-Estado se refire). Para ter unha visión máis ampla desta cuestión é importante contextualizar o debate dentro do sistema educativo actual de xeito que poidamos comprender mellor o terreo no que estamos a pisar. Autores de prestixio como Eduard Punset veñen sinalando dende fai tempo unha desas realidades incómodas que os nosos dirixentes políticos se esforzan en ocultar: contamos cun sistema educativo anacrónico que precisa dunha verdadeira revolución. É certo que a presenza da relixión nas aulas non é a única culpable desta circunstancia pero sen dúbida contribúe a acentuala polo feito de afastarnos dos principios que deben caracterizar á educación pública de calidade. Un deses principios é a consideración da relixión como un área de interese dende un punto de vista histórico-cultural pero nunca dende o enfoque do adoutrinamento relixioso. Por esta razón quizais sexa un bo momento para suprimir do horario lectivo unha materia que ten mellor cabida no ámbito extraescolar e introducir no seu lugar materias como a intelixencia emocional, as cales axudarán verdadeiramente ás novas xeracións a desenvolverse de forma moito máis eficaz na complexa sociedade actual."}
{"ID": "PRAZA_8726", "summary": "CC.OO., CIG, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores posicionáronse en defensa do postos de traballo asociados ao sector primario e turístico nas comarcas próximas á mina e que se verían ameazados.", "text": "A plataforma Salvemos Cabana vén de facer público un posicionamento con motivo do 1º de maio no que valora \"moi positivamente\" o \"compromiso e solidariedade demostrados polas principais organizacións sindicais\" con respecto ao proxecto mineiro de Edgewater. En concreto, refírese á actuación de Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores \"na defensa dos miles de postos de traballo que están asociados ao sector primario e turístico na nosa bisbarra\". Para Salvemos Cabana, \"todo o que os principais sindicatos declararon publicamente non fai máis que referendar a maioritaria oposición social que obtivo o proxecto de Edgewater dende a súa presentación, fronte ao que xa se reuniron máis de 22.500 firmas e a loita de numerosas organizacións sociais, políticas e ecoloxistas de toda Galicia\". O único sindicato que manifestou o seu apoio ao proxecto da multinacional foi USO. Para Salvemos Cabana, \"todo o que os principais sindicatos declararon publicamente non fai máis que referendar a maioritaria oposición social que obtivo o proxecto de Edgewater dende a súa presentación\" Por exemplo, cita a declaración de repulsa ao proxecto mineiro aprobada recentemente polo Consello Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, ao considerar \"que son máis os riscos que os posibles beneficios\", e que \"Corcoesto podería converterse nun novo Aznalcóllar\". No plano laboral, ademais, sinalan que o proxecto mineiro refíerese a 271 empregos directos, dos que 133 serían a través de subcontratas, pero en ningún caso chega a indicarse a duración destes. Non obstante -remarcan-, en minas auríferas do resto do mundo o que se coñece é que \"unha vez finaliza o período de desmonte do terreo e construción das infraestruturas, a mecanización e a chegada de man de obra especializada provoca un descenso dramático das contratacións, especialmente no ámbito local\". Pola súa banda, dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) tamén se esixiu a inmediata paralización do proxecto, sinalando que \"Edgewater pode facer a aposta especulativa que considere, pero a Xunta de Galicia non pode ser cómplice de permitir a evasión de grandes capitais, a destrución do noso ámbito natural e a merma da saúde das persoas, só para beneficio destes que provocaron que moitas familias xa non teñan nin para comer cada día\". Dende o mundo agrario tamén se manifestou unha rotunda oposición á mina de Corcoesto. O Sindicato Labrego Galego (SLG), considera que o proxecto supón \"unha seria ameaza\" para a pervivencia do sector primario na Bisbarra de Bergantiños, e que os 271 postos de traballo temporais que oferta a empresa, non xustifican \"poñer en perigo miles de empregos relacionados cunha actividade permanente como a agrogandeira, clave da articulación económica e social de todo o territorio afectado\". Na mesma liña, os dous sindicatos agrarios maioritarios, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores, sinalaron que as 1.452 explotacións agrarias de Bergantiños, que dan traballo a 2.714 persoas, veranse \"gravemente afectadas\" pola mina de Corcoesto, e que non poden sacrificarse os miles de postos de traballo actuais a cambio de 133 empregos directos durante un período de oito anos"}
{"ID": "PRAZA_20074", "summary": "A instrutora do caso Pokémon cita como investigados o ex-alcalde de Santiago e un ex-edil do goberno popular da capital galega para instalos a aclararen a orixe de 17 ingresos nas contas do partido no ano 2011, cando gañaron as eleccións", "text": "A xuíza Pilar de Lara volve poñer a lupa sobre o PP de Santiago e, nomeadamente, sobre o primeiro dos tres alcaldes que os conservadores acumularon na capital galega no pasado mandato municipal, Gerardo Conde Roa. Cando xa transcorreron seis anos dende o seu estourido a instrución da Operación Pokémon continúa a estenderse e vólveo facer a respecto do presunto financiamento irregular dos populares composteláns no ano 2011, cando lograron a Alcaldía. O ex-rexedor e o que fora o seu edil de Seguridade, Albino Vázquez, terán que comparecer como investigados -antiga imputación- o vindeiro 20 de xuño para \"explicaren\", no marco da operación na que foran imputados en 2013, a orixe de case 27.000 euros ingresados en dúas contas do partido, case todos durante a campaña das eleccións municipais de aquel ano. De Lara non lles atribúe, non obstante, ningún delito en concreto. Como informou Praza.gal a maxistrada indaga dende hai máis de tres anos nas finanzas do partido a partir da coñecida pola investigación como \"ruta del bacalao\", o percorrido dun dos presuntos líderes da trama corrupta polas cidades galegas no último día da campaña electoral para repartir, segundo Vixilancia Aduaneira -corpo empregado- pola xuíza como policía xudicial-, cartos a membros de diferentes partidos. Ao fío destas pescudas De Lara reclamou ao PP de Santiago información sobre as súas contas e nela os axentes sospeitaron de 17 ingresos que sumaron un total de 26.970 euros e dos que non consta quen os efectuou, xa que figuran ao nome de \"Partido Popular\". A xuíza investiga o antigo alcalde e o ex-edil Albino Vázquez para que \"expliquen\" a orixe de 17 ingresos nas contas do partido que suman case 27.000 euros Neste contexto en xullo do ano pasado De Lara dirixiuse ao Banco Santander para pedir información sobre as contas investigadas, se ben a documentación que lle remitiu a entidade \"non achega\", segundo Aduanas, \"nada novo\" a respecto da \"orixe dos dezasete ingresos\". Este foi o motivo polo que o pasado febreiro un dos investigadores foi fisicamente á sucursal do centro de Santiago en que foron realizados os ingresos. Segundo consta nun informe agora integrado no caso e ao que tivo acceso Praza.gal un axente de Vixilancia Aduaneira entrevistouse coa directora da sucursal quen, dado que non traballaba na oficina no momento dos feitos, o remitiu a outro traballador que si desenvolvía as súas funcións na mesma oficina en 2011. Aduanas coida que \"puideron estar fraccionando os ingresos\" para \"evitar o control e a identificación esixida pola normativa vixente\" Sempre segundo ese informe o persoal do banco admitiu que quen efectuara os ingresos fora \"un señor do PP que despois saíu elixido concelleiro con Conde Roa\" cuxo nome descoñece. Tras sérenlle amosadas \"dúas fotografías\" identificou a Albino Vázquez como o autor dos depósitos, se ben agregou que \"houbo outras persoas\" que tamén realizaron ingresos, \"pero non as coñece\". Na documentación manexada polos investigadores figuran, xunto aos 17 ingresos non identificados, outros depósitos de 1.500 ou 2.500 euros efectuados en concepto de \"doazóns\" pola maioría dos edís que ocupaban os primeiros postos da lista de Conde Roa, pero estes identificados con nome e apelidos. A maxistrada tamén cita como testemuñas o os antigos secretario e tesoureiro locais do partido Neste contexto, Vixilancia Aduaneira e a propia xuíza manteñen as sospeitas sobre a orixe deste case 27.000 euros, así como pola razón pola que moitos dos ingresos foron realizados \"no mesmo día e en operacións sucesivas, case no mesmo acto\" e \"sen que conste identificación física do ordenante\". Como xa indicaran o pasado ano, os axentes \"deducen\" que \"poderían estar fraccionando tales ingresos\" para \"evitar o control e a identificación esixida pola normativa vixente nese momento\". Así, por exemplo, o 4 de maio de 2011 figuran tres ingresos por cadanseus 2.000 euros separados por apenas un minuto entre si. O día 5 dese mes, tamén nun intervalo dun minuto, foron achegados a unha das contas do partido 3.500 euros repartidos en tres ingresos. Así, en virtude da providencia ditada por De Lara o pasado día 15, a maxistrada atende ás suxestións de Aduanas e imputa a Albino Vázquez para que \"explique a orixe do diñeiro ingresado en efectivo\" e a razón pola que foron efectuados \"varios ingresos\" sucesivos. Explicacións semellantes será as que lle pida ao ex-alcalde, que xa fora imputado neste caso en 2013. Tamén terán que pasar polos xulgados, pero en calidades de testemuñas, os antigos secretario e tesoureiro do PP de Santiago, así como os empregados do banco que foron cuestionados por Vixilancia Aduaneira na propia sucursal da entidade."}
{"ID": "NOS_27899", "summary": "\"Gustaríame ir canda eles, observar ese intre íntimo e maduro. A facilidade, esa que en min escasea, de ver a morte con tenrura, con honestidade, sen medo\". É un fragmento do artigo Dalias, de Miriam Ferradáns. Publicado o 10 de novembro de 2020 no Nós Diario, que vén de ser galardoado co XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego.", "text": "Como recibiu este recoñecemento? O certo é que tiña unha espiña cravada do ano pasado, que fora finalista mais fixérase con el Cristina Pato. Quedárame esa sensación agridoce de estar entre os tres finalistas, que é moi bonito, mais non gañar. Este ano tiña esa necesidade de sacarme esa espiña. Aínda así, tampouco pensaba que o fose gañar, a verdade. Ía bastante tranquila e a vivir a experiencia outra vez. Estou moi contenta. Pódese dicir que agardei por el, o ano pasado non puido ser e este acabou por chegar. En que momento sentiu a necesidade de escribir o artigo? Era algo que tiña na cabeza dende hai anos. En Bueu, todos os anos o día de Todos os santos hai un barco -un servizo especial-, para que a xente poida ir á illa levar flores aos mortos. A min era algo que me chamaba moito a atención, pero que tamén me perturbaba. Necesitaba pensar e escribir sobre ese suceso. Está escrito en novembro, xusto despois de que pasase ese día. Sempre acababa recibindo unha foto ou do barco ou do cemiterio e ese ano non me chegou, pola pandemia e demais. De feito, non sei se houbo o ano pasado, pero sentín que necesitaba contarlle aos demais que iso acontecía onde eu vivo. Logo, reflexionaba tamén un pouco máis sobre a vida na illa de Ons, pero esa vida do rural que esmorece. A illa que coñecemos non é a mesma que coñecen todas as persoas que viviron alí durante moitos anos ou toda a súa vida. Esa illa practicamente xa está desaparecida. Parecíame tamén interesante mencionar algunha pista sobre iso. Ao comezo do artigo, menciona en varias ocasións a figura de Cesáreo. De quen se trata? Cesáreo é un dos últimos habitantes permanentes da illa de Ons. É un home moi coñecido en Bueu, en todo o Morrazo, e tamén entre aquelas persoas que visitan habitualmente a illa. Escritores, fotógrafos, xornalistas... fálaslle de Cesáreo e coñéceno. Trátase unha figura emblemática da illa de Ons. Dos últimos colonos que quedan alí todo o ano, con todo o que iso supón e coa maxia que implica ser un habitante permanente dunha illa na que non teñen luz todo o día, servizos médicos, servizo de transporte, nin regular nin irregular... Eles durante o outono e o inverno están alí e sérvense grazas aos pescadores, que en calquera caso poden facerlle un favor ou mesmo levalos a terra firme se o precisan. Eu falo de Cesáreo porque é como a representación dese grupiño de persoas que aínda queda aí, que son moi poucos, tres ou catro. Precisamente introduce a peza co incendio ocorrido na illa de Ons ese ano. O do incendio tamén foi un detonante. Houbo un incendio por mor dun raio e claro, quen salva a terra? Os que viven nela, non había outra posibilidade. Na illa hai gardacostas e persoal de parques que se vai alternando, pero eran eles contra o lume nesa situación. Acabas por decatarte de que son eles contra o mar cando hai temporal e, ao final, son eles contra eles mesmos, por iso eu dicía o de \"o home e o mar; o home e o lume; o home e o home\". Prodúcese esa loita continua. Hai unha imaxe de Cesáreo moi bonita tentando apagar o lume e reflectía esa loita do home contra todos eses elementos. As tres finalistas deste ano foron tres mulleres. Comentábao cando recollín o premio. O ano pasado gañouno Cristina Pato e este ano eramos tres mulleres finalistas e para min iso xa era motivo de orgullo. Gañara a que gañara, gañaba unha muller. As mulleres tomamos a palabra e agora non a imos soltar. Temos que reivindicarnos e creo que os premios son un bo método para facernos oír e notar, para que se saiba que estamos aí. Que xa se sabe que estamos aí, pero para que sexa máis difícil invisibilizarnos."}
{"ID": "PRAZA_15478", "summary": "AS Computer abre este martes unha nova tenda Apple Premium Reseller na cidade das Burgas. Os dez primeiros clientes recibirán un iPod shuffle e os 500 primeiros terán un presente conmemorativo ademais de participar en varios sorteos.", "text": "AS Computer abre este martes ás sete da tarde unha nova tenda Apple Premium Reseller na cidade das Burgas. A nova tenda, situada na rúa Curros Enríquez 16, ofrecerá a gama completa de ordenadores Mac, iPad, iPhone e iPod, xunto con una amplia selección de accesorios. Na actualidade hai tendas Apple Premium Reseller en Vigo en Compostela. Ademais, neste primeiro dia a tenda ofrecerá importantes agasallos para os seus primeiros clientes e a posibilidade de participar en varios sorteos. Deste xeito os 10 primeiros en entrar gañarán un iPod shuffle e os primeiros 500 recibirán un regalo conmemorativo. Ademais haberá sorteos de cheques regalo por valor de 20€ de desconto de 16:00 a 18:00. E un sorteo de iPod shuffle, nano e touch entre os asistentes a partir das 19:30."}
{"ID": "PRAZA_17883", "summary": "O gran tamaño do escenario da orquestra obrigou a mover o valado metálico que protexe o monumento, do século XIV, ata pegalo á súa estrutura. A Policía Local tivo que separar esta cerca, para evitar danos na peza, e levantou acta do sucedido.", "text": "Castelao escribiu que o Cruceiro de Melide, do século XIV, é o máis antigo de Galicia. Situado a carón da Igrexa de San Roque e catalogado como Ben de Interese Cultural, só conserva a súa parte superior, xa que a súa base e columna son máis recentes. O monumento estivo en risco este martes pola noite, durante o concerto que a orquestra Panorama ofreceu na localidade, no marco das festas de San Roque. A confluencia da estrada Lugo-Compostela coa avenida da Habana e a rúa Galicia é o lugar escollido todos os anos para a realización de grandes espectáculos durante os festexos. En consecuencia, o cruceiro adoita ficar a escasos metros dos escenarios, altofalantes e do lugar no que se sitúa o público asistente, polo que todos os anos é proxido cun valado metálico, para evitar que sofra algún desperfecto. De feito, o Museo Terra de Melide leva anos demandando que o monumento sexa protexido de forma permanente con algún tipo de cerca, para asegurar a súa correcta conservación. O gran tamaño do escenario empregado pola Panorama fixo que este valado fose movido varios metros, ata pegalo coa estrutura do cruceiro, segundo destaca La Voz de Galicia. A Policía Local, advertida do perigo que isto supuña para o monumento, desprazou de novo o valado todo o que puido, levantando acta do sucedido. Ademais, unha das pezas que compuñan o soporte do escenario tamén ocupou un dos escalóns do cruceiro e tamén tivo que ser trasladada. O risco para o cruceiro máis antigo de Galicia foi denunciado nun primeiro momento polo museo comarcal e difundido posteriormente pola Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), que advirte de que a instalación do escenario da orquestra Panorama nese lugar incumpriu a lei. Apatrigal lembra que a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia establece como espazo protexido un radio de 20 metros ao redor de elementos singulares do patrimonio etnolóxico (artigo 38). E que o artigo 92 indica que \"non se poderá autorizar a construción de instalacións acaroadas a eles que afecten os seus valores culturais\". Apatrigal lembra que en todo caso a instalación dun escenario nese espazo de protección de 20 metros debería contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Patrimonio. A entidade anuncia que demandará explicacións tanto do Concello de Melide como do Goberno galego sobre o sucedido. O risco que para o cruceiro supoñen os concertos e outras actividades das festas vén sendo denunciado nos últimos anos polo Museo Terra de Melide e outras entidades. O tema foi posto en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que hai un tempo abriu unha investigación e púxose en contacto co Concello para establecer unhas condicións de seguridade mínimas. Porén, a conclusión foi que non se producira dano material concreto ningún."}
{"ID": "NOS_31784", "summary": "A visita na sexta feira da ministra de Infraestruturas, Raquel Sánchez, ao tramo caído da A-6 veu confirmar que a recuperación do tráfico nesta vía vai para longo e que o Estado paraliza as investigacións sobre as causas do sinistro. Porén, cada día son maiores as dúbidas sobre o acontecido neste treito da Autovía do Noroeste e da conivencia do Executivo coas empresas que ergueron o viaduto.", "text": "A historia do tramo da A-6 que discorre de Castro Lamas, no concello berciano de Veiga de Valcarce; a Noceda, no concello galego de Pedrafita do Cebreiro arranca de 1997. O 26 de xuño dese ano, o Boletín Oficial do Estado (BOE) recolleu a adxudicación polo Goberno de José María Aznar do treito da \"Autovía do Noroeste na CN-VI de Madrid á Coruña, puntos quilométricos 428 a 438. Tramo Castro Lamas Noceda\". Unha baixa de 25% na adxudicación A obra foi adxudicada a unha unión temporal de empresas (UTE) conformada por \"Fomento de Construcciones y Contratas, Sociedad Anónima (FCC)\", \"OCP Construcciones, Sociedad Anónima\" e \"FCC Construcción, Sociedad Anónima\" cunha rebaixa sobre o prezo inicial de, practicamente, 25%. A construción liderada por FCC ascendeu a 15.253.581.695 pesetas, sendo un dos tramos máis caros de toda a A-6, cuxos treitos foron maioritariamente adxudicados as grandes empresas madrileñas da obra civil como ACS, Sacyr, Acciona ou FCC. O traxecto, de arredor de 10 quilómetros, obrigou a furar dous túneles que no seu conxunto sumaron practicamente 1.000 metros lineais e a erguer cinco viadutos para salvar os desniveis dos terreos de entrada á Galiza administrativa, sendo considerado como un dos treitos máis complexos tecnicamente da A-6. Tanto é así, que no ano 2002 recibiu o prestixioso Premio Internacional Puente Alcántara. As relacións de FCC co PP e co rei emérito A empresa adxudicataria da obra atopábase naquela altura cun grande volume de negocio. A compañía dirixida por Esther Koplowitz, -persoa do círculo íntimo do rei emérito- e presidida José Mayor Oreja -irmán de Jaime Mayor Oreja, ministro de Interior de Aznar e candidato do PP vasco- destacaba pola súa boa relación co Partido Popular e cos poderes do Estado. FCC é unha compañía que apareceu en diversas ocasións relacionada coas tramas de financiamento irregular do PP. Sen ir máis lonxe, José Mayor Oreja apareceu citado en diversos apuntamentos nos papeis de Luis Bárcenas recoñeceu diante do xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz, ter realizado diversas doazóns ao Partido Popular. A empresa construtora foi sinalada tamén na contabilidade 'B' do PP galego. Segundo un informe elaborado en 2006 polo xerente do PP na Galiza, Modesto Fernández, FCC achegou á caixa dos populares galegos 108.000 euros, probabelmente para sufragar a campaña das eleccións galegas de 2005. Os problemas construtivos O ano pasado o Ministerio de Infraestruturas detectou problemas no viaduto do Castro, ordenou o seu feche e adxudicou pola vía de urxencia os traballos de reparación. Malia que este tipo de obras están pensadas para unha vida útil de 100 anos, a Dirección Xeral de Estradas detectou nunha supervisión corrosión dos cables de aceiro empregados na construción do viaduto. Os técnicos consultados por Nós Diario sinalan que \"non é normal que en viadutos tan novos e concretamente nos cables de aceiro prensados aparezan estes problemas porque adoitan ir moi protexidos e extrémanse as medidas de vixilancia para evitar a corrosión\". Na mesma liña, significan que \"por un único fallo non se produce un sinistro desta magnitude, sendo o motivo máis normal unha acumulación de fallos\". As versións máis estendidas nos últimos días entre o persoal do Ministerio de Infraestruturas apuntan a erros na construción como motivo da caída do viaduto. Neste sentido, poñen como posíbeis causas do accidente ao proxecto, aos seus modificados, á construción e aos materiais empregados nesta\". O Goberno do Estado aínda non se puxo en contacto con FCC malia os indicios que apuntan a posíbeis erros na construción como consecuencia do sinistro. Preguntada Raquel Sánchez por este suposto recoñeceu que non se puxera aínda en contacto coa empresa construtora da obra pero que pensaban facelo nas semanas vindeiras co obxectivo de aclarar as causas da caída da ponte"}
{"ID": "NOS_51532", "summary": "O prazo para a apresentación de listas conclúe esta sexta feira ás 14 horas. A hipótese de que cristalice unha candidatura de consenso, pola que pelexa Antón Sánchez (número 1 da lista oficial), é neste momento moi improbábel.", "text": "A militancia de Anova elexerá este sábado entre dúas candidaturas distintas na súa III Asemblea Nacional, a se realizar en Pontevedra, salvo que fructifique a última hora a tentativa de formar unha candidatura de consenso. A hipótese dun acordo in extremis non se desbota, mais, segundo puido saber Sermos, é \"moi improbábel\". Quen competirá no conclave? Pois dun lado a candidatura que lideraría Antón Sánchez, até agora coordenador da formación, e na que figuran nomes como o líder histórico Xosé Manuel Beiras e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Doutro, a lista que promovería Davide Rodríguez, parlamentar no Pazo do Hórreo e que xa se desmarcou do sector oficial nas primarias de En Marea ao promover a lista Somos Quen. A Asemblea Nacional elexerá este sábado o máximo órgao da formación entre conclaves, a Coordenadora Nacional, con 50 integrantes. Posteriormente, a Coordenadora sumará outros 25 membros, en representación dos distintos territorios en que Anova está organizada. Será esa Coordenadora Nacional, e non a Asemblea directamente, a que elexa portavoz nacional. O sector nucleado arredor de Davide Rodríguez apresentou no debate dos textos unha emenda de eliminación de parágrafos do documento en que se enfatizaba o carácter estratéxico da confluencia de Anova con forzas non nacionalistas. Isto non significa que Somos Quen poña en dúbida a existencia de En Marea como proxecto (de feito participou activamente na asemblea da confluencia propondo Luís Villares como portavoz). Mais ben estaríamos perante unha diferenza táctica, sobre onde debe pór o acento Anova neste momento (se no eixo nacional ou no da esquerda-direita), antes do que perante unha controversia sobre a orientación estratéxica."}
{"ID": "PRAZA_2449", "summary": "Esta historia que che pido que imaxines é a historia real dun dos moitos presos políticos saharauís que sofren condena sometidos a un trato inhumano culpables do único delito de querer vivir en liberdade", "text": "Imaxina que es un mozo saharauí, naciches hai 41 anos no Sáhara Occidental, nese momento provincia española. Ao pouco de nacer España abandona o Sáhara e a túa terra é invadida por Marrocos e Mauritania. Imaxina que es un mozo saharauí, naciches hai 41 anos no Sáhara Occidental, nese momento provincia española Imaxina que ata que cumpres os 17 anos vives no medio dunha guerra que te arrebata ao teu propio pai e moitos dos teus familiares. Gran parte da túa familia nin a coñeces xa que tiveron que fuxir centos de quilómetros a pé escapando do exército marroquí que os bombardea con napalm e fósforo branco, tendo que refuxiarse no interior do deserto alxerino. Alí, na hamada, constrúen campamentos onde refuxiarse dos ataques do exercito marroquí e sobreviven grazas á axuda de países amigos. En 1991 a Fronte Polisaria negocia un alto o fogo baixo os auspicio da ONU que debería culminar coa celebración dun referendo de autodeterminación na que os saharauís deberían decidir o seu futuro. Pasan os anos e Marrocos non cumpre o seu parte do acordo, as forzas de ocupación marroquís continúan desprezando os dereitos e a dignidade dos saharauís. Homes, mulleres e nenos son torturados e violados pola policía e militares marroquís. Imaxina que es obrigado a emigrar ilegalmente para poder gañar a vida. Non tes estudos xa que odiabas a escola, onde eras discriminado e obrigado a cantar o himno marroquí. As escolas parecen cuarteis militares, rodeados de vehículos de intervención da policía marroquí. Imaxina que chegas a España, país que te vendeu e abandonou, e agora te explota como man de obra barata Imaxina que chegas a España, país que te vendeu e abandonou, e agora te explota como man de obra barata. Traballas no campo, na construción, hostalaría, sempre co soño de volver á túa terra. Tes que mendigar o dereito aos papeis de residencia ao mesmo país que durante anos obrigo aos teus a ser españois e agora négache a nacionalidade. Pasados os anos decides volver á túa casa, tes trinta anos, sen muller, sen fillos, sen futuro. En outubro de 2010, ti e 30.000 saharauís máis iniciades o campamento protesta de Gdeim Izik nos arredores do Aaiun, formando parte deste campamento pacífico é a primeira vez na túa vida que te sente realmente libre. Na mañá do 8 de novembro as forzas de ocupación marroquís desmantelan violentamente o campamento. Estás entre os responsables da organización. Ese día es secuestrados pola policía marroquí. Ese día empeza o teu calvario. Esta historia que che pido que imaxines é a historia real dun dos moitos presos políticos saharauís que sofren condena sometidos a un trato inhumano culpables do único delito de querer vivir en liberdade Es torturado, sen roupa, sen comida nin auga. Es sometido a torturas físicas e psicolóxicas durante meses. Es un dos 21 detidos do chamado grupo de Gdeim Izik, xulgados por un tribunal militar, todas as acusacións están baseadas en confesións obtidas baixo tortura. As condenas varían entre os 20 anos e cadea perpetua. Ti tes unha cadea perpetua por un crime nunca cometiches. Esta historia que che pido que imaxines é a historia real dun dos moitos presos políticos saharauís que sofren condena sometidos a un trato inhumano culpables do único delito de querer vivir en liberdade."}
{"ID": "PRAZA_16049", "summary": "Non temos medo a volver, iso sería o doado. Temos talento, sabemos pedir financiamento, publicar, e xa demostramos que sabemos sobrevivir en sistemas moi competitivos, o que nos preocupa e vernos obrigados a marchar outra vez ó descubrir que estas promesas non existen en Galicia, porque daquela as portas no estranxeiro non serían tan doadas de abrir de novo.", "text": "Coma calquera emigrante, os/as científicos/as tamén marchamos na búsqueda de oportunidades, que na nosa terra non atopamos polo escaso investimento en I+D, que os últimos datos sitúan no 0.87% do PIB en Galicia, comparado co 1,19% español e o 2.3% da media comunitaria. Coma calquera emigrante, os/as científicos/as tamén marchamos na búsqueda de oportunidades, que na nosa terra non atopamos polo escaso investimento en I+D, que os últimos datos sitúan no 0.87% do PIB en Galicia Pero o peor e que aínda así estes datos só existiron nos papeis, xa que o goberno español no 2016 non gastou o 62% de todo o orzamento destinado a investigación, ó redor de 3.150 millóns de euros. O que xa se converten nunhas cifras ridículas. A investigación científica é importante, os novos descubrimentos científicos poden erradicar enfermidades e garantir a sociedade do benestar. Nembargantes, os/as investigadores/as galegos/as nunca ocupamos moito espazo nos medios públicos, pouco se fala do noso traballo, o que reflexa unha aparente falta de interese. Pero por riba, os/as científicos/as que emigramos somos aínda máis esquecidos. Fomos formados en Universidades Galegas ou do territorio español, estamos capacitados para ocupar prazas que nunca se crearon, nin teñen perspectiva de existir. Non existe ningún censo da \"fuga\" de investigadores, nin sequera estamos nas listas do paro, coma se desaparecésemos das estatísticas. Ás veces si que se lembran de nós, cando os nosos traballos teñen repercusión nos nosos países de acollida, e mira ti que ben cando se descobre que os autores somos galegos/as. Sacan rédito do noso traballo, cólgannos medallas, entrégannos diplomas e dinos o orgullosos que están de nós, da nosa gran traxectoria profesional, unha palmada nas costas e entre paréntese ó final do discurso, - Parabéns pola vosa investigación feita no estranxeiro. Os/as investigadores/as galegos/as nunca ocupamos moito espazo nos medios públicos, pouco se fala do noso traballo, o que reflexa unha aparente falta de interese Cansa a propaganda política que se enche a boca falando do noso traballo realizado e financiado noutros países, meténdonos a todos no saco da Marca España. Cando buscamos oportunidades, só as atopamos fóra. Firmamos contratos laborais en institucións académicas pagadas polos gobernos estadounidense, alemán, inglés, francés, ou mesmo xaponés. E temos que aclarar unha vez máis que a investigación que se fai fóra do noso país, aínda feita por galegos/as, non é galega, senón dos países que a financian, por moito que nos pese. O pasado día 28 de Decembro celebrouse no MUNCYT na Coruña a VIII Reunión de Xoves Investigadores no Estranxeiro, organizada polo Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC). Nesta xuntanza retornamos á casa (só polo Nadal), para debater as opcións existentes de incorporación ó sistema de investigación na actualidade e as que se prometen para un futuro. Dende fóra contémplanse as opcións de incorporarse ó sistema de investigación de Galicia practicamente nulas ou canto menos precarias, sen oportunidades realistas polo escaso orzamento en I+D. Por parte dos responsables políticos non existe unha aposta seria por captar investigadores que poidan crear os seus grupos en Universidades galegas, sen paquetes de financiamento que permitan mercar os equipos necesarios para os laboratorios, ou para contratar a persoal investigador a todos os niveis, técnicos, postdoutorais, ou contratos de traballo durante a fase doutoral. E estes son os requisitos mínimos para poder desenrolar unha investigación competitiva a nivel internacional. E non quero dicir que non existan laboratorios en Galicia competitivos, con excelentes investigadores que ocupan os primeiros postos en moitas disciplinas a nivel mundial, o problema e son poucos e non cobren a demanda que o país merece. As posibilidades están moi lonxe de atraer ós investigadores e da resolución do problema, que é facer de Galicia un lugar interesante para facer ciencia. Cansa a propaganda política que se enche a boca falando do noso traballo realizado e financiado noutros países, meténdonos a todos no saco da Marca España. Cando buscamos oportunidades, só as atopamos fóra Ó rematar esta xuntanza, saíron unha serie de conclusións da mesa de debate formada por investigadores galegos/as que traballamos fóra ou dentro do país, e que quedaron plasmadas nun manifesto que se difundiu ós medios de comunicación. Nel chégase á conclusión que as propostas para crear centros de excelencia e a existencia de recursos que atraian ós científicos que estamos fóra son insuficientes. Unha das apostas máis atractivas que existe na actualidade é o financiamento europeo por medio das Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) e o programa Oportunius, que veñen a representar a mellor das opcións para convencer ós investigadores no estranxeiro de ariscarse ó retorno. Pero cando votamos unha ollada ós números, vemos que estas bolsas ERC premiaron dende o ano 2007 tan só a 152 investigadores españois (deles soamente 10 viñeron para Galicia). Se temos en conta que ó redor de 12.000 investigadores españois emigramos dende o 2010 ata o 2015, pensar en que as subvencións do ERC son unha opción loable para o retorno, convértese nunha alternativa un tanto ridícula. O mesmo cas propostas de contratación de Investigadores dos programas activos do goberno español, que incrementaron o nivel de existencia dunha maneira desorbitada por motivo da drástica redución das prazas ofertadas. Quédanos cara de perplexidade cando escoitamos ós/as voceiros/as das administracións presentar datos terxiversados, seguidos das absurdas propostas destinadas a atraer o talento científico, e sempre co mesmo conto: - Ben, vamos crear/facer bla, bla, .. hai que ter paciencia, estamos niso, non podedes exixir moito, o país está en crise ... ¿que máis queredes?! E realmente temos moi claro o que queremos. Desexaría para Galicia algo semellante ó modelo norteamericano, que das Universidades Galegas saísen as prazas de carreira investigadora que realmente se precisan, cunha aposta seria e inmediata pola investigación que convenza e capte ós mellores, cun paquete de financiamento competitivo a nivel internacional, cunha boa xestión dos fondos que evite a excesiva burocracia, e en definitiva consolidar e estabilizar o futuro dos investigadores. Con condicións laboral dignas, con e equipos e infraestruturas que posibiliten o traballo, e cunha aposta firme pola ciencia básica e aplicada de calidade e competitiva. Temos talento, sabemos pedir financiamento, publicar, e xa demostramos que sabemos sobrevivir en sistemas moi competitivos, o que nos preocupa e vernos obrigados a marchar outra vez ó descubrir que estas promesas non existen en Galicia Non temos medo a volver, iso sería o doado. Temos talento, sabemos pedir financiamento, publicar, e xa demostramos que sabemos sobrevivir en sistemas moi competitivos, o que nos preocupa e vernos obrigados a marchar outra vez ó descubrir que estas promesas non existen en Galicia, porque daquela as portas no estranxeiro non serían tan doadas de abrir de novo. Non somos un gasto, somos un investimento, imos traer diñeiro ás universidades, crearemos potencial competitivo no mundo académico, e produciremos riqueza e benestar. Do noso traballo ten que beneficiarse a universidade, os hospitais públicos ou os centros de investigación. Non estamos pedindo prazas de funcionarios para apousentarnos en cómodas cadeiras, gústanos competir e gañar, e non temos medo a ser avaliados. Non somos un gasto, somos un investimento, imos traer diñeiro ás universidades, crearemos potencial competitivo no mundo académico, e produciremos riqueza e benestar A pesares de todo, son moi optimista. Creo que en Galicia existe unha formación académica de primeira liña e excelentes investigadores/as que a pesares das trabas son capaces de sobrevivir e triunfar en ambientes non moi favorables, e será cuestión de tempo que a situación mellore, e estes poucos sexan moitos máis. Oxalá nun futuro non sexa necesario emigrar para investigar."}
{"ID": "NOS_34476", "summary": "O grupo parlamentar da formación conservadora presenta unha proposición non de lei contra un proxecto urbanístico que mereceu ducias de premios internacionais por considerar que \"dificulta o avance cara a un modelo de cidade urbana\". O Concello di que o PP \"quere cidades para os carros\"", "text": "A política urbanística do Concello de Pontevedra será debatida esta quinta feira no Parlamento galego. Unha proposición non de lei presentada polo grupo parlamentario do PP porá en cuestión un modelo de desenvolvemento alternativo que fixo a cidade do Lérez merecedora de ducias de premios. O último, o Intermodes 2013, Premio europeo á mobilidade outorgado por unha entidade colaboradora da UE. Considera a formación conservadora que está baseado nun planeamento de 1989 \"xa obsoleto\" e que \"dificulta o avance da cidade cara a un modelo urbano\". \"Temos unha Lei de ordenación do territorio que é allea á realidade de Galiza e está concebida para facer cidades motorizadas\", queixouse o concelleiro pontevedrés con competencias na materia, César Mosquera, quen considerou que a proposición do PP para o seu debate en Comisión vai orientada \"a impor que se ordenen as cidades para os carros\". Di o PP no documento que presentou na Cámara galega que o PXOM fica sen rematar aínda \"polo desinterese do goberno municipal\". Porén, Mosquera informou de que \"nós queremos facer un plan que inaugure un modelo alternativo e os choques --coa Xunta-- son brutais\". O Concello di non estar disposto \"a que se destrúa outro monte para construír un hospital\", en referencia ao proxecto do Goberno bipartito de ampliar o hospital de Montecelo que foi desbotado pola Xunta do PP para pór riba da mesa a proposta de máis un hospital en Monte Carrasco, en Marcón, proposta rexeitada pola veciñanza porque non cubrirá as súas necesidades, mais tamén pol@s comuneir@s e por profesionais da sanidade. A defensa do territorio emprendida desde o goberno municipal é cualificada polo PP na súa proposición non de lei como \"unha actitude obstrucionista\", polo que insta a Xunta a que se dirixa ao Concello para lle lembrar a obriga de tramitar o PXOM e \"de o adaptar á legalidade vixente\"."}
{"ID": "PRAZA_7134", "summary": "Os relatores do informe sobre o futuro regulamento comunitario sobre redes de deriva constatan que os gobernos galego e español informaron mal e tarde á Comisión Europea, expoñendo esta centenaria arte á súa prohibición total. Ven \"clarísimo\" que o xeito \"é sostible\" e amosan a súa confianza en que non será vetado. Vídeo no interior", "text": "BRUXELAS - Enviado especial Constátase a neglixencia ou, cando menos, o \"erro\" ou ausencia de comunicación entre os gobernos galego e español e as autoridades comunitarias que elaboran o regulamento para prohibir as redes de deriva, unha arte da pesca especialmente agresiva para o medio ambiente e diversas especies mariñas. Os eurodeputados que exercen como relatores deste informe ratificaron este xoves o que xa avanzaran vinte e catro horas antes o director xeral de Asuntos Marítimos do executivo comunitario e mais o presidente da Comisión de Pesca da Eurocámara: a centenaria pesca artesanal do xeito foi inicialmente incluída nesta tipoloxía de redes por unha ausencia case total de información. No caso do Goberno de España, nomeadamente, o escaso fluxo de información levounos a compoñer un panorama tan distorsionado no que os 427 barcos xeiteiros eran só 25. Esa evidente disparidade de cifras foi revelada por Marco Affronte, eurodeputado italiano do Movemento Cinco Estrelas e relator do informe na Comisión de Medio Ambiente. Nun encontro coa delegación do xeito convidada á Eurocámara pola representante do BNG, Ana Miranda, Affronte amosouse convencido de que se a información da Xunta e o Goberno central fose axeitada este problema non estaría sobre a mesa, porque \"non se chegaría a facer esta proposta\". \"Cando se estaba preparando a proposta a Comisión Europea non recibiu ningunha información sobre o xeito\", afirma. Non houbo \"ningún dato ata que se fixo a proposta\" e chegou a ouvidos do sector e este se decatou de que podía estar a piques de ser prohibido para sempre. Neste contexto, \"se a comisión di que son 25 barcos\" é porque \"son datos do Estado\", do Estado español, coa conseguinte repercusión a respecto do impacto social e económico desta arte. A Comisión elaborou a proposta sen contar con \"ningunha información sobre o xeito\", asegura o relator Unha vez coñecidas as causas do conflito, Affronte, como a propia Miranda, é partidario de emendar a proposta inicial para que non se chegue a ese \"veto total\" e, pola contra, só se prohíban as artes de pesca realmente agresivas para o medio ambiente -redes de maiores dimensións e doutros materiais- e que arrasan especies diversas sen control ningún. Trátase, di, de \"facer confluír as esixencias medioambientais\" e a supervivencia dos sectores que \"se son sostibles\", como neste caso, \"non teñen que ter medo\". Neste sentido, garante, a súa proposta será que as redes coas características das do xeito non sexan prohibidas e se esta iniciativa \"vai adiante, o xeito vai quedar excluído da prohibición\", exclusión para a que hai un amplo consenso político na Eurocámara. Miranda: \"Imos gañar a batalla do xeito porque o sector se moveu mentres a Xunta non facía os deberes\" Nun sentido semellante pronunciouse, nun encontro previo cos xeiteiros, a relatora do informe na Comisión de Pesca, a tamén italiana Renata Briano. Como o presidente deste organismo, Alain Cadec, Briano taén ve a posible prohibición do xeito como unha \"provocación\". \"A miña proposta será prohibir as redes ilegais\" pero non estas, subliña. Por iso, informan dende o seu equipo, está \"tranquila\" a respecto da continuidade deste sector pesqueiro. \"Xa nos gustaría que o Goberno galego nos atendese coma vostedes\", retrucou un dos mariñeiros ante un panorama no que, explican os patróns maiores integrantes da delegación, xa valoran posicionarse publicamente para censurar a dilación exercida ao inicio do proceso pola Xunta e o Goberno central. Así as cousas, no remate dos encontros co executivo e o lexislativo da Unión Ana Miranda amósase relativamente tranquila sobre a resolución do proceso. \"Hai receptividade\", sinalou en declaracións á prensa galega nos corredores da Eurocámara onde, a poucos metros, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, participaban nun acto do Comité das Rexións. \"A batalla do xeito ímola gañar\", di a representante do Bloque e futura eurodeputada, pero \"porque o sector se moveu\" mentres \"o Goberno galego non facía os seus deberes\"."}
{"ID": "NOS_14656", "summary": "\"O sector cultural galego está a vivir un ERE invisíbel\", denunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ante os efectos da crise e ausencia de medidas por parte da Xunta para o sector. A nacionalista exixiu ao Goberno a posta en marcha medidas urxentes que pasarían por unha \"liña de axudas\" para o sector, a implicación da CRTVG e reprogramar o Xacobeo 2021 para dar peso á creación cultural do país.", "text": "Ante os efectos da crise sobre o sector cultural galego, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou a Xunta da Galiza nesta terza feira, 7 de abril, a pór en marcha unha serie de medidas destinadas a protexer e impulsar a creación e as industrias culturais do país. Pontón, após manter un encontro con representantes de diversos sectores da cultura galega, pediu ao Goberno galego \"a activación urxente de liñas de axudas que ficaron pendentes\" e pór en marcha unha \"liña específica para compensar as perdas do sector cultural\" pola crise do coronavirus. \"Urxe crear\", dixo a líder nacionalista, \"liñas de liquidez especificas para as empresas culturais , que sexan complementarias aos prestamos ICO e avaladas polo IGAPE\". O terceiro punto das medidas urxentes que desde o Bloque propoñen ten que ver co papel dos medios públicos, en concreto coa CRTVG. \"Debe pórse en marcha un paquete urxente de impulso á cultura que inclúa a compra de material audiovisual que estea xa realizado e impulsar a creación de novas obras\", exixiu Pontón. Así mesmo, a nacionalista instou a que na CRTVG se contrate e se poña en marcha programación cultural específica que permita que \"a través da televisión e da radio poidamos escoitar en vivo música, teatro ou outras disciplinas artísticas\". \"É preciso que a CRTVG teña un papel importante á hora de promover a cultura\", reivindicou. Nun terceiro punto, e con motivo do ano Xacobeo 2021, Ana Pontón propuxo reprogramalo para dar \"peso importante ás creacións culturais propias\" e instou ao Goberno a traballar xa nese camiño. A portavoz nacional do BNG denunciou a falta dun plan da Xunta para facer fronte aos efectos da crise sanitaria no sector cultural galego. \"O sector está vendo como se cancelou toda a actividade e mais o investimento público\", dixo Pontón, \"o que fai que se agrave a situación de precariedade porque a maioría das persoas deste sector non se poden acoller a ningún tipo de compensación\", denunciou. Nese sentido, Pontón aseverou que \"o sector da cultura está a sufrir un ERE invisíbel\", polo que incidiu na necesidade de desenvolver \"medidas extraordinarias\". \"Vemos con preocupación que até o momento a Xunta non teña activado ningún plan nin medida específica para facer fronte a esta situación no sector cultural\", dixo Pontón, que considerou principal atender a emerxencia sanitaria mais evitar, ao tempo, \"que o noso sector cultural se desplome\". \"Se algo nos recordou esta crise\", precisou a líder do Bloque, \"é que precisamos a cultura para crear cohesión social, non podemos esquecer que é un sector básico da nosa economía, non a podemos descoidar nesta crise e o BNG vai traballar para que o sector saia fortalecido\"."}
{"ID": "NOS_32702", "summary": "\"Mamá morrerá mañá\". Así, directa e brutal, comeza As fauces feroces, a última novela de Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Nova mostra de narrativa fragmentada, expresión reducida e apertura poética, o libro, di a editorial, \"entre a ficción e a realidade histórica, enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma\".", "text": "As fauces feroces (Baía Edicións, 2019) transcorre, de entrada, en primeira persoa. A filla escritora desa nai tamén escritora leva adiante o relato. \"A través dos séculos que as afastan\", explica a contracuberta, \"catro mulleres -e unha quinta e sexta que se intúen- compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libro albedrío\". Esta \"composición feroz e íntima\" conta cun limiar a cargo de Eli Ríos. \"Veño de ler unha novela que me interpela. A todas nós, ás que nos roubaron a historia de noso e nos fixeron crer que somos bruxas, herexes ou histéricas por sentir\", escribe, antes de sinalar o \"sensorial\" como estratexia preferida de Pedreira para prender a lectora. Responsábel dunha ampla e influínte obra poética, que xunta máis de dez títulos -como Diario bautismal dunha anarquista morta (Espiral Maior, 1999), Velenarias (Espiral Maior, 2001) ou Casa de orfas (Espiral Maior, 2006)-, a súa anterior novela, Besta do seu sangue (Xerais, 2018) reconstrúe unha historia de licantropía con perspectiva feminista. Obtivo gran recoñecemento de lectorado e crítica. O pasado ano, Emma Pedreira gañou o Fiz Vergara Vilariño de poesía por As voces ágrafas, pendente de publicación."}
{"ID": "NOS_47088", "summary": "O festexo terá lugar este sábado 20 de novembro contra o mediodía", "text": "A plataforma Vía Galega convida a participar nun acto público conmemorativo da I Asemblea Nacionalista este 20 de novembro ás 11.30 horas na rúa da Raíña de Lugo. A cita quere lembrar no 103 aniversario da I Asemblea Nacionalista o labor das Irmandades da Fala e o primeiro manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego, un documento no que se define a Galiza como nación. Ademias, salienta Vía Galega, o mesmo escrito convida a mocidade a sumarse a esta iniciativa porque \"son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento da Galiza e, sobre todo, a súa soberanía, completa e sen cativeces. Nisto non caben discusións: Galiza ten dereito, un dereito fundamental a ser dona de si mesma\". I Asemblea Nacionalista O 17 e 18 de novembro de 1918, reuníanse en Lugo as Irmandades na I Asemblea Nacionalista. Nesta 'Asembleia Nazonalista de Lugo' aprobouse o 'Manifesto Nazonalista' no que se declaraban explicitamente nacionalistas. \"Nós nomeámonos desde hoxe para sempre nacionalistas\", coa necesidade de procurar para Galiza a soberanía plena e declarando que: \"Son chegadol-os tempos d'erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sen cativeces. N-isto non caben discusiós: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d'amore con outras soberanías, contr'as que non vai nin quér ire a soberanía nosa\". Son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento da Galiza O manifesto asinábano os máis relevantes cadros do nacionalismo daquel momento e foi un paso adiante de grande importancia na formulación dun proxecto político soberano con vixencia na actualidade. A conmemoración da I Asemblea Nacionalista de Lugo contará coas intervencións de María Pilar García Negro, profesora da UdC e escritora, e de Cosme Pombo Rodríguez, coordenador de Vía Galega en Lugo, ademais da actuación musical de Airiños do Fiouco."}
{"ID": "NOS_9932", "summary": "Por volta de 900 multas impostas nos 10 meses seguintes ao veto.", "text": "A moratoria a novas plantacións de eucalipto foi incluída na Lei de Recuperación de Terras que entrou en vigor en 2021. Desde o 2 de xullo dese ano suspendéronse temporalmente até 2025 os novos cultivos desa especie, mais a prohibición non afecta os terreos onde xa había eucaliptais antes de aprobarse a moratoria. Colectivos ecoloxistas, de protección do territorio ou veciñais alertaron entón de que a norma chegaba tarde ou que mesmo ía derivar nun aumento das plantacións ilegais. Ao tempo, estas entidades procederon a un traballo activo de denuncia destas plantacións perante a Administración. Así, entre o mes de entrada en vigor a moratoria, xullo, e finais de 2021 abríronse máis de 600 expedientes a propietarios forestais por plantar eucaliptos \"ilegalmente\". E a cifra aumentou até 900 en base aos datos entre xullo de 2021 e abril de 2022, o que supón máis do duplo que no exercicio anterior (250 expedientes en 2021). O propio director xeral de planificación e ordenación forestal da Consellaría de Medio Rural, José Luís Chan, recoñecía no Parlamento que as infraccións, apercibimentos e sancións tiñan a súa orixe en denuncias procedentes de corpos dos axentes forestais, do Seprona ou da unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta, así como tamén das denuncias realizadas desde grupos de defensa do medio ambiente e patrimonio ou entidades forestais. A industria portuguesa do eucalipto sitúa na Galiza tres plataformas loxísticas Infraccións Medio Rural rexistrou nos tres últimos anos 6.000 infraccións forestais denunciadas. A maioría delas referidas a plantacións ilegais ou cambios de terras agrarias a forestais sen autorización, entre outras cuestións. No mencionado trienio —2019, 2020 e 2021— tamén se tramitaron 2.243 expedientes sancionadores. En 2019 foron 730 os expedientes, en 2020 foron 615 e en 2021 un total de 898. Nos tres primeiros meses deste ano xa se tramitaron 53 procedementos sancionadores, segundo os datos da Consellaría de Medio Rural da Xunta. Concellos como o de Palas de Rei con 80 expedientes ou A Estrada, con 64, son algúns dos que máis sancións acumulan nestes anos. Unha batalla vía satélite A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) é un dos colectivos máis implicados no combate ás plantacións ilegais. Xa en outubro, apenas tres meses despois de entrar en vigor a moratoria, denunciaba a \"ocupación ilegal\" con eucalipto nese tempo dunha superficie equivalente a 200 campos de fútbol. Neses meses, Adega presentou 100 denuncias por plantacións ilegais desa especie. O eucalipto e a biomasa unen os negocios de Altri e Greenalia Tamén colectivos como Mariña Patrimonio están nesta batalla, centrados máis ben na afección desas plantacións ao patrimonio desta comarca do norte da Galiza. Manuel Miranda, membro deste colectivo mariñao, explica en conversa con Nós Diario como os mapas vía satélite permiten detectar este tipo de cultivos e o seu impacto en castros ou mámoas. \"O último ano presentamos catro ou cinco denuncias ao respecto, e no mínimo dúas deron lugar a un expediente sancionador\". A Xunta \"agochou\" información sobre as plantacións O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) declaraba hai un ano, en xullo de 2021, ilegal unha resolución da Consellaría de Medio Rural que impidía acceder a información sobre diversas plantacións ilegais de eucaliptos no término municipal de Cospeito, na comarca da Terra Cha. O auto obrigaba a Xunta a facilitar á Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) a documentación recollida en dous expedientes de sanción incoados por corta de árbores autóctonas e posterior plantación ilegal con eucaliptos. A resolución do TSXG estabelecía así a lexitimidade das entidades e colectivos ecoloxistas para poder participar como parte interesada en todos os expedientes de sanción por plantacións ilegais e \"feitos que comprometan directa ou indirectamente o medio\"."}
{"ID": "NOS_55737", "summary": "Jesús Méndez (Lugo, 1972) é desde 2008 director xeral da Caixa Rural Galega, entidade na que desenvolve a súa carreira profesional desde 1994 e na que, ao longo destes anos, asumiu diversas responsabilidades. A entidade presentou recentemente as contas de 2018, ano en que a Caixa bateu récord de beneficios. Méndez aponta unha explicación aos bos resultados: \"Ser quen nestes anos de manternos independentes e próximos aos clientes e, ao tempo, dar todos os servizos innovadores e de primeira liña\".", "text": "A asemblea anual de Caixa Rural Galega aprobou recentemente as contas de 2018, ano que fechou cun beneficio récord de 5,4 millóns de euros e con activos que superan os mil millóns. Satisfeitos? A verdade é que si porque as marxes non paran de medrar e puidemos bater o noso récord grazas, fundamentalmente, a que fomos quen de aumentar os volumes. O mercado non medra moito, mais a caixa está gañando cota de mercado, o que nos permitiu ter máis marxe en 2018 e obter eses beneficios. Os beneficios non son o fin último desta caixa pero si que son un medio para conseguir os nosos obxectivos Os beneficios non son o fin último desta caixa pero si que son un medio para conseguir os nosos obxectivos. Nós ano a ano incorporamos ás nosas reservas o 90% do que conseguimos; deste xeito temos unha caixa máis solvente e con capacidade para asumir novos riscos, conceder novos empréstitos, etc. Para nós é importante ter beneficios para poder ser máis solventes e ser máis rendíbeis. Naceron en 1966 como unha entidade cooperativa. En que lles fortalece esta característica? Agora somos 17.000 socios e socias. A Caixa Rural Galega exixe a cada un dos clientes que teñen operacións de activo, é dicir, empréstitos ou créditos coa entidade, subscribir unha cantidade moi pequena de capital, 60,10 euros para persoas físicas e o duplo para as xurídicas. Esa achega, que é unha achega ao capital social da caixa, dálles dereito a participar nas xuntas, actividades, etc., e unha participación nos beneficios. Agora somos 17.000 socios e socias A base, logo, é cooperativa. Os estatutos recollen que unha parte dos beneficios teñen que dedicarse a fins sociais. Ao tempo, somos unha sociedade privada porque se xestiona co que deciden os seus 17.000 socios e socias. Son a única entidade que fica con centro de decisión na Galiza após a treboada de centralización e concentración financeira que acabou coa \"galeguidade\" das caixas, do Banco Popular, etc... Temos sede na Galiza. Somos unha entidade completamente independente e os nosos servizos centrais están en Lugo. Todas as decisións tómanse aquí. Que ocorre? Que compartimos con outras 29 caixas uns servizos comúns que nos dan flexibilidade e achégannos unhas economías de escala moi grandes. De feito, compartimos con esoutras caixas unha compañía de seguros, un banco e unha central informática. Esas tres ferramentas son propiedade de todas estas caixas. Temos sede na Galiza. Somos unha entidade completamente independente e os nosos servizos centrais están en Lugo. Todas as decisións tómanse aquí Ademais, en 2018 obtivemos do Banco de España un recoñecemento regulatorio, un mecanismo institucional de protección que temos entre todas as caixas. Tradicionalmente, cando algún dos membros do grupo tiña un problema, o resto das caixas axudaban. Que fixemos en 2018? Constituír un fondo xa preparado para poder intervir en caso de que algunha das entidades tivese algún problema. Isto é moi ben visto polo organismo regulador, xa que afasta as posibilidades, no caso de que algunha caixa tivese problemas, de que houbese que resgatala con cartos públicos. Isto foi un esforzo moi grande mais, a cambio, o Banco de España deunos unhas vantaxes regulatorias importantes, que nomeadamente van dirixidas a un menor consumo de recursos propios entre as entidades. Cal foi a política da Caixa Rural Galega nestes anos para non acabar sendo devorada nese proceso de centralización e concentración bancaria da que falabamos antes? Os nosos órganos de decisión nunca quixeron entrar nesa dinámica. A maioría deses procesos de concentración foron derivados da crise dalgunha entidade. Na caixa tivemos os nosos problemas e dificultades, mais nada que non puideramos resolver. Non tivemos problemas para cumprir cos requerimentos que os reguladores nos puxeron. Pensamos que a nosa proximidade ao cliente, o feito de ter os centros de decisión o máis perto posíbel da realidade económica na que nos desenvolvemos, é unha vantaxe competitiva moi grande. Todo isto hai que poñelo en consonancia cunha eficiencia e unha innovación continua. Os nosos clientes valoran moito ter unha caixa próxima e cos centros de decisión aquí, mais ao tempo temos que ser quen de poderlles ofrecer os produtos financeiros máis novidosos e todos os servizos que unha entidade financeira ten que dar Os nosos clientes valoran moito ter unha caixa próxima e cos centros de decisión aquí, mais ao tempo temos que ser quen de poderlles ofrecer os produtos financeiros máis novidosos e todos os servizos que unha entidade financeira ten que dar. Isto é un pouco parte do noso segredo: ser quen nestes anos de nos manter independentes e próximos aos clientes e, ao mesmo tempo e a través das economías de escala das que falabamos anteriormente, poder dar todos os servizos innovadores e de primeira liña. [Podes ler a información íntegra no número 355 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_30671", "summary": "Conversamos coa poeta e xornalista Ana Romaní (Noia, 1962) cando vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural. \"Foi unha sorpresa moi emocionante\", admite. Ademais chegaba nun intre difícil para a súa carreira xornalística: antes do verán, a dirección da Radio Galega decidía suprimir o formato do Diario Cultural, o espazo que, durante 28 anos, se ocupou da materia na emisora pública. \"Non comparto nin o criterio nin os obxectivos nin a fórmula actual\", di, en referencia á partición e reparto da información cultural ao longo da grella radiofónica. Eis un extracto da entrevista publicada no número 316 de Sermos Galiza.", "text": "Que significa obter o Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Ministerio de Cultura? Foi unha sorpresa moi emocionante, realmente. Sobre todo polo momento en que chega. Dalgún xeito este premio ten un certo efecto reparador. Ás veces os premios teñen unha dimensión diferente en función do momento en que chegan. Neste sentido é para min reparador e gratificante, e ao mesmo tempo toma unha dimensión colectiva que me parece moi interesante e que me resulta moi grata. Coincide coa desaparición do Diario Cultural tal e como existía. É un contraste gráfico: a emisora pública de radio rebaixa o seu traballo e, ao tempo, vostede é recoñecida profesionalmente no exterior. Non sei que considerou o xurado á hora de valorar e de decidir o premio. Non sei se entrou esta cuestión no debate ou é casual. Pero a lectura que eu fago si ten esa dimensión colectiva. A situación actual, con toda a mobilización de #DefendeAGalega ou os Venres Negros, coloca no centro o debate sobre a función social do xornalismo. E é moi importante que traballadoras e traballadores da CRTVG formulen neste momento a necesidade de considerar e valorar a función social do seu labor e dos medios públicos. Os xornalistas ou o xornalismo non debe esquecer nunca esa dimensión social do seu traballo. Esa reflexión sobre a función social tamén atinxe os medios privados? Claro. Creo que nós como profesionais temos que estar sempre moi vixiantes. Que facemos? Para quen o facemos? Que función social está a cumprir? De quen é cómplice ou non o que facemos? Cómpre unha análise continua do propio labor. Dalgunha maneira esa función social da CRTVG está detrás destas mobilizacións e é, na miña opinión, moi relevante non só para os medios públicos, senón para os medios en xeral e para a sociedade. Que papel deben cumprir os medios públicos de comunicación respecto da cultura? Os medios públicos galegos teñen aínda pendente ser os medios galegos. É dicir, ir máis alá de ser medios en galego para se converteren en medios galegos. Con modelos propios, paradigmas propios, sobre o que significa a información e a comunicación nun país. Axendas propias, modelos propios e diferentes. E isto tamén é necesario na información cultural. [Podes ler a entrevista íntegra no número 316 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_40849", "summary": "A central sindical cre que é unha comunicación propagandística e lembra que no sistema sanitario público galego hai máis de 5.000 prazas con contratos eventuais e precarios", "text": "CIG-Saúde vén de denunciar que a comunicación do Sergas de crear 407 prazas nos orzamentos de 2020 ten unha intencionalidade propagandística. \"Son prazas que na actualidade xa existen amortizadas coa taxa de reposición e que agora estaban cubertas con contratos eventuais\", sinala a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, \"o que fan é recuperalas para que computen no cadro de persoal\". A secretaria nacional de CIG-Saúde lembra que no sistema sanitario público galego hai máis de 5.000 prazas cubertas por persoal con contratos eventuais e precarios que deberían ser as que estes orzamentos recollesen como persoal interino para rematar coa precariedade laboral existente. Con este anuncio o Sergas \"segue a condenar ao persoal á precariedade laboral, obrigando a presentarse ás distintas ofertas de emprego por non poder acceder a un posto de traballo de carácter fixo\", explica Abuín. CIG-Saúde estudou as cifras anunciadas polo Sergas e sinalan que das 407 prazas, 133 son, segundo se anuncia, para persoal facultativo. \"Se dividimos o número de prazas entre as diversas especialidades estamos falando de 3 prazas por especialidade médica para todo o sistema sanitario público de Galiza\", explica a secretaria nacional de CIG-Saúde. Abuín indica ademais que as 274 prazas restantes \"se as dividimos entre o número de categorías profesionais, todas elas con persoal contratado en precario, non chegan nin a 5 en todo o Sergas\"."}
{"ID": "NOS_23513", "summary": "Con A batalla por Avalon (Urco) o escritor Fernando M. Cimadevila atravesa o ecuador da súa pentaloxía O mundo secreto de Basilius Hoffman, un universo literario que conseguiu o aplauso do público e está a traducirse a outras linguas. Apaixonado da literatura fantástica, Cimadevila explícanos as claves da súa obra e dun xénero do que é autor e tamén editor, co selo Contos Estraños que se vén de fusionar con Urco.", "text": "-A batalla por Avalon é o terceiro dos cinco libros d'O mundo secreto de Basilius Hoffman. Que leva a un escritor a decidir que un proxecto literario será unha pentaloxía? A serie básica son cinco libros, mais o proxecto tería outros tres de relatos, que teñen como protagonistas personaxes secundarios. Algúns deles gustan máis aos lectores ca os principais. Quería tamén escribir un libro sobre a mocidade de Basilius Hoffman, co cal, na fin, rebordaremos esa cifra. Desde hai moito tempo son afeccionado da literatura fantástica e, con 33 anos, decidín escribir. Cando me puxen, xa con bastante bagaxe, decateime de que non era un libro, senón moito máis. Fixen unha sinopse e deseñei a pentaloxía: cinco puntos ata a resolución final. Ou facía un libro inmenso ou capítulos moi longos, que son as cinco novelas, aínda que cada unha delas é autoconclusiva. -Significa que xa ten fin? Sei como vai rematar a historia principal. Cando me enfronto a unha historia, teño que ter claro o remate, porque o argumento vai focado cara ao final. -A literatura fantástica, en certa maneira, ten o seu propio circuíto, mais vostede está a conseguir atravesar as fronteiras e os seus libros están a entrar nos centros de ensino. Acontece coma con outros xéneros. Hai lectores só de novela negra, de novela histórica... Non me defino como escritor só de fantasía, aínda que se queres dedicarte, tes que traballala. Sempre digo que un xénero non determina a calidade nin o trasfondo das historias. O soño dunha noite de verán, de Shakespeare, é fantasía. O mundo secreto de Basilius Hoffman é a historia dun rapaz que non ten fogar fixo e un tío que o acolle. Son historias humanas, só que o marco no que se sitúan é diferente. O que lle interesa á xente son as historias dos personaxes. O marco é o atrezzo. -Condición da fantasía é permitir a creación de mundos novos? Tanto na fantasía coma na ciencia ficción, que son xéneros diferentes, pódese contar o mesmo ca nunha historia real, os mesmos conflitos, mais podes imaxinar o mundo que queiras. O que busca unha persoa lectora de fantasía é a evasión. A historia real reflicte o noso mundo e a fantástica é coma os espellos da feira, que distorsionan a imaxe, mais continúa a ser a realidade con outra perspectiva. -De feito o libro iníciase cunha cita do Diario do Cartógrafo -da propia trama- na que di \"En ocasións precisamos abandonar a nosa realidade, mergullarnos nos primitivos reinos da imaxinación.\" De que materia se constrúe entón a literatura fantástica? Esa cita é representativa do que quero nesta obra. Teño a miña propia concepción da fantasía. Gústame pensar que serve para nos evadirmos do mundo real para, logo de que volvamos, nos axude no mundo real. É coma un sopa, á que imos para relaxarmos. Na vida real, tamén na da mocidade, ás veces temos demasiadas esixencias e precisamos un repouso, e a nosa mente precisa, por así dicilo, camiñar por bosques máxicos. -Fuxir para volver de maneira distinta? Non é unha fuxida. Fuxir é quen busca outras cousas; renderse. Isto é ao revés: é unha busca do que este mundo non che dá. Mergúllaste nunha historia para dares con respostas que non tes. É unha procura, e as procuras sempre son positivas. \"Ler literatura fantástica é coma ir a un spa\" -Que claves manexa para se facer co aplauso do público? Hai varios puntos clave. Un deles é a promoción, mais ese é un punto no que non podemos competir con grandes editoriais. As outras partes son as que ti mesmo controlas. A primeira, para o meu ver, saber do que estás a falar. Lin moito de fantasía e sei o que buscan os lectores do xénero. Quero tamén ser honesto co que fago; escribo o que me gusta, o que me apetece, a historia da que estou namorado, e iso reflíctese no libro. Iso transmítese, nótase, e logo os lectores son os que fan a promoción co seu boca a boca. -Tamén tivo que ter esa afinidade cun personaxe singular, como Basilius Hoffman, para o facer protagonista dunha obra tan longa, coa que convive tantos anos... Precisaba unha certa identificación e Basilius conségueo. Aínda tendo máis de cincuenta anos, non esqueceu o que é ser un neno; loitar polos soños, as inquedanzas. Sabe que esa busca, esa mocidade que tenta manter, custoulle un prezo que é, por exemplo, non ter familia ou unha vida máis asentada. Ademais de ser unha persoa divertida -o típico arqueólogo-, comparte coa xente da miña xeración que seguimos sentíndonos novos para a idade que temos, e dámonos conta de que a xeración anterior medrou demasiado pronto, ao mellor tamén porque comezou a traballar moito antes. -A que público se dirixe? Eu son moi admirador de Momo ou A historia interminábel, de Michael Ende. Cando os lin de maior, quedei anonadado coa súa carga psicolóxica. Decateime de que tiña dúas lecturas, e iso é o que quero para os meus libros: que teña unha lectura cando un é novo e outra de maior, cando te transporte de novo á mocidade. -Ademais de escritor, vostede creou unha editorial especializada, Contos Estraños. Que o levou a botar a andar este proxecto? Son emprendedor. Tiven dúas librarías e o proceso da editorial veu dado. Vimos que o primeiro libro de Basilius Hoffman funcionaba e decidimos crear un selo independente. Neste momento temos arredor de cincuenta autores; xente que estaba na súa casa e non arrincaba está agora a escribir nos xéneros de fantasía, terror ou ciencia ficción. \"En breve publicaremos a primeira antoloxía de ciencia ficción erótica\" -Contos Estraños vén de anunciar a fusión con Urco. Como fica agora o panorama da edición de literatura fantástica? Os lectores apenas notarán a diferencia. O selo de Contos Estraños seguirá aparecendo e Urco encargarase do tema de loxística, a produción e a distribución. A formulación legal muda, mais non a liña da editorial. Haberá, se cadra, unha maior coordinación que, en todo caso xa había xa que Tomás é editor das dúas. Contos Estraños escolleu a opción de publicar autores e autoras novos mentres Urco ía a máis consagrados. Só agora imos traballar con autores xa coñecidos e, de cara ao 5 de agosto, para a súa presentación na Feira do Libro da Coruña teremos na rúa a primeira antoloxía de ciencia ficción erótica, con autores como Manuel Lourenzo, Ramón Caride ou Xesús Constenla. -Na lectura das súas novelas é fácil imaxinar a posibilidade de levalas ao cine. Sería un dos seus desexos como autor? Unha crítica á tradución ao español do primeiro libro dicía que se o autor, no canto de ser galego, fose norteamericano, estaríase a falar xa da adaptación cinematográfica. O libro é cinematográfico porque teño coñecemento de guión e, cando estruturo unha obra, procuro facela visual. Vivimos nun mundo audiovisual e, se consegues facer que o libro se vexa, xa tes un logro."}
{"ID": "PRAZA_17045", "summary": "A 15ª edición do certame celebrarase do 23 ao 26 de maio, convertendo esta parroquia do Porriño \"nun escaparate da creación audiovisual galega, a que se produce aquí e a que está espallada polo mundo\", en palabras de Alfonso Pato. Triángulo de Amor Bizarro, Burning ou Depedro porán a música.", "text": "Do 23 ao 26 de maio Cans acollerá a 15ª edición do seu festival, polo que pasarán máis dun cento de directores e directoras, convertendo esta parroquia do Porriño \"nun escaparate da creación audiovisual galega, a que se produce aquí e a que está espallada polo mundo\", en palabras de Alfonso Pato, director da cita. Entre eles e elas destaca a presenza de Fernando Trueba e Gracia Querejeta, que participarán dos Coloquios no Espazo Mahou da Leira de Alicia. Manuel Lourenzo e as actrices Pilar Pereira, Berta Ojea, Mariana Fernández, Tamara Canosa, Isabel Blanco e Nieves Rodríguez estarán tamén nos coloquios. Na presentación da programación Pato subliñou o \"equilibrio\" presente na sección oficial e na programación paralela entre cineastas debutantes e persoas que chegan a Cans avaladas polos seus éxitos noutros festivais. Cans convértese un ano máis \"nun escaparate da creación audiovisual galega, a que se produce aquí e a que está espallada polo mundo\" Entre as novidades do programa, Pato fixo fincapé nas seccións A que andas?, na que se descubrirán os guións en proceso de Borja Cobeaga, Ángeles Huerta ou Ignacio Vilar entre outros e outras cineastas, e o habitual seguimento dos Fillos e fillas de Cans, nos que o público do festival poderá ver imaxes inéditas de filmes tan esperados como La sombra de la ley, de Dani de la Torre; Arima, de Jaione Camborda, ou Nación de muchachos, de Javi Camino. Tamén destacou a atención ás conexións literarias do cinema, coa primeira proxección nun festival galego de Versogramas, documental de Belén Montero e Juan Lesta sobre o fenómeno das videopoesías; e o concurso de booktrailers Ollo de vidro. Isabel Naveira, Anxos Fazáns, Felipe Lage, Nieve de Medina e Borja Cobeaga compoñen o Xurado de Ficción e Animación. Haberá tamén, como é tradición, un Xurado dos Veciños e Veciñas integrado por cinco habitantes de Cans. A presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, debullou a parte máis comunitaria da programación, atendendo a públicos de todas as idades e fomentando a súa implicación e creatividade, xa que a actividade Cans do Futuro traerá cada día a 200 escolares ao Festival, e tanto a rapazada como a xente maior participarán cos seus deseños en Debuxa Cans e Cans Senior. Dentro desa diversidade, o público infantil poderá desfrutar dunha programación para nenas e nenos máis ampla que nunca: MiniCans incluirá música, proxeccións, maxia e toda unha serie de obradoiros no entorno do Parque do Río. O Festival de Cans recoñecerá este ano a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018 O Festival de Cans recoñecerá este ano a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018. A Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, quere premiar a súa aposta polos novos creadores, o seu traballo continuo no desenvolvemento do cine de animación e a súa voz crítica na loita pola visibilidade das mulleres no audiovisual Os Chimpíns de Prata \"Premio Pepe Puime\" deste ano serán para a actriz Isabel Blanco e os veciños Chelo Casalmorto e Constante Romero, propietarios do \"Cuberto de Chelo\". A música correrá da man de Triángulo de Amor Bizarro, Burning, Depedro, Pardo, MounQup, Tanxugueiras ou Familia Caamagno A música correrá da man de Triángulo de Amor Bizarro, Burning, Depedro, Pardo, MounQup, Tanxugueiras ou Familia Caamagno. Os videoclips tamén serán protagonistas un ano máis, con 18 pezas finalistas que se proxectarán nunha sesión conducida polo xornalista da TVG Eduardo Herrero, que tamén forma parte dun xurado que completan Paloma Zapata e Fernando F. Rego. A programación do festival complétana a sección especial Contra o lume, con pezas que convidan á reflexión crítica sobre os incendios e o territorio, ou os roteiros conducidos por Xurxo Souto e Carlos Meixide, o primeiro centrado na música e o segundo de carácter cinéfilo-literario. Web do Festival de Cans"}
{"ID": "NOS_44966", "summary": "Revisamos unha práctica que se remonta aos tempos da guerra civil española.", "text": "A prensa en papel volveu ser a gran ausente nos quioscos de todo o Estado este Sábado Santo, 16 de abril, xa que os xornais, incluído Nós Diario, non estarán á venda nestes estabelecementos, por segunda vez este ano. O motivo é un descanso estabelecido pola Lei de Prensa do século pasado, promulgada en tempos da guerra civil española, o 22 de abril de 1938, e que supón a segunda ocasión no ano en que se dá esta situación, ademais do 1 de xaneiro (Aninovo) e o 25 de decembro (Nadal). Ao ser o 15 de abril (Venres Santo) festa en case todo o territorio estatal, as distintas cabeceiras en papel non saen á rúa o día seguinte. As excepcións atópanse en Cataluña, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana. O día no que os cataláns e baleares non terán prensa impresa será o Venres Santo, mentres que, no caso da Comunidade Valenciana, a prensa do grupo EPI, Levante- EMV (Valencia) e Mediterráneo (Castelló) non sairá aos quioscos o Venres Santo, e a diario Información (Alacante) o Sábado Santo. Esta situación foi concibida para o descanso dos e das traballadores da información no marco dun Estado nacional-católico moi marcado tradicións relixiosas. A isto sumaríase o principal escollo ao que se enfrontan as publicacións en tempada vacacional: a apertura de quioscos neste período redúcese drasticamente, e o Sábado Santo a media de estabelecementos abertos é inferior ao habitual en días festivos. Con todo, xa houbo ocasións en que os editores rompen coa tradición establecida e cambiar os costumes do sector da información. É o caso de Diario 16 (1976-2001), unha cabeceira entón vespertina -publicada pola tarde de luns a sábado-, que decidiu cambiar o seu formato e saír nos quioscos os luns pola mañá e todos os días. Desta maneira desapareceron os diarios vespertinos (e os matutinos na súa edición de outrora, de martes a domingo), xa que a rendibilidade desa decisión levou ao resto de competidores a adoptar este modelo de publicación -é dicir, todos os días da semana, tal e como se fai agora-. Os xornais en papel manteñen a día de hoxe a tradición de seguir sen saír á rúa en Sábado Santo. Con todo, o uso masivo da internet fixo que moitos deles, como é o caso de Nós Diario, ofrezan as súas edicións expresas para os medios dixitais 'en liña'."}
{"ID": "PRAZA_9069", "summary": "O intercambio de investigacións será o inicio da colaboración entre as institucións galega e brasileira, que o presidente da RAG encadra no \"territorio cheo de posibilidades para o galego\" que é \"a familia na que están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique...\"", "text": "\"O galego non é unha lingua local, é unha lingua que forma parte dun proxecto internacional\". O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, resume deste xeito o \"acordo de amizade e colaboración\" que a institución académica galega vén de asinar coa Academia Brasileira de Letras, a entidade fundada en 1897 co obxectivo para impulsar \"o cultivo da língua e da literatura nacionais\".Freixanes: \"A lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique... Un territorio cheo de posibilidades para o galego\"Menos dun mes despois da súa chegada ao cargo o novo director da ABL, Marco Lucchesi, viaxou a Galicia para asinar un protocolo con \"vocación de iniciar un camiño de colaboración\", subliña Freixanes. Ten como horizonte \"estreitar a relación entre a área cultural lingüística brasileira e a galega\". Porque na RAG, asegura, existe a \"conciencia\" de que \"a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique... Un territorio cheo de posibilidades tamén para o galego\". Os primeiros chanzos, avanza, pasan por \"potenciar o intercambio de investigacións\" entre as dúas academias e desenvolver \"proxectos de colaboración en distintos eidos\".\"Gustaríanos -di Freixanes- que este fose o principio dunha colaboración estreita\" coa Academia Brasileira quen, lembra, tivo como máxima responsable \"a unha das nosas académicas de honra, Nélida Piñón\". A procura de \"proxectos compartidos\" tamén é aplaudida por Lucchesi, cuxa orixe familiar é Italia. \"Toda a minha família é italiana, mas eu conheci a Galiza dende a infância\" a través \"dos trabalhadores que construíram esta república de étnias\" que, mantén, segue a ser o Brasil.Marco Lucchesi: \"A cultura é o último bastião da República do Brasil e da democracia\"A Academia Brasileira, explica Lucchesi, aposta por acordos como o asinado coa RAG porque \"não podemos perder a raiz\". \"Se a perdemos, perderemos a tentativa\" de ser parte dunha \"comunidade de destino\" que \"não é uma comunidade imperial\", senón asentada \"nas línguas que nos pronunciaram\". \"Nós -ilustrou- só existimos porque somos pronunciados para as línguas que falamos\".O presidente da ABL realizou estas reflexións na Coruña sen obviar a situación política brasileira, marcada pola chegada ao poder do ultradereitista Bolsonaro. Neste sentido, Lucchesi coida que a cultura é \"o último bastião da República do Brasil e da democracia\"."}
{"ID": "QUEPASA_906", "summary": "A Costa da Morte en Fitur (I): O ciclismo como motor turístico. A Costa da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña. A Costa da Morte en Fitur (III): 4 formas de vivir intensamente. Fitur (IV): Muxía une lazos con Paradores.", "text": "Faltábanos varias aparicións singulares da Costa da Morte na FITUR, comon son as do Concello de Mazaricos e a da Asociación Solpor. O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e os concelleiros de Cultura e Turismo, Sandra Alvite e Jorge Sanmartín promocionaron os recursos paisaxísticos de Mazaricos a través da ruta do Xallas. Nesta edición tamén aproveitaron para coñecer recursos tecnolóxicos que poderían aportan valor e comodidade ao rural.Para Blanco é \"moi importante\" aproveitar a \"plataforma que é FITUR\" para \"difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos\". Por iso, rexedor e concelleiros mantiveron xuntanzas con turoperadores para expoñerlles o ambicioso proxecto da Ruta do Xallas, que comezará este 2020. Para esta tarefa contaron cunha presentación audiovisual que desenvolvía a ruta con voz en off e imaxes dos lugares emblemáticos da ruta: a área do Fieiro, Arcos, a fervenza da Noveira, o miradoiro de Enxilde, a devesa de Anllares, Colúns, o miradoido de Corzón, a necrópole de Pedras Miúdas, o encoro da Fervenza, a Ponteolveira, etc. As reunións con Touroperadores son unha das patas máis improtantes da FITUR Solpor co Camiño Tampouco faltou Asociación Solpor, promocionando o Camiño Fisterra-Muxía: View this post on Instagram Solpor está presente en Fitur 2020 #asociacionsolpor #costadamorte #caminofisterra #caminomuxia #credencialsolpor A post shared by Asociacion Solpor (@asociacion_solpor) on Jan 24, 2020 at 3:22am PST FITUR 2020 Fitur (IV): Muxía une lazos con Paradores. A Costa da Morte en Fitur (I): O ciclismo como motor turístico. A Costa da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña. A Costa da Morte en Fitur (III): 4 formas de vivir intensamente. Máis crónicas da FITUR FITUR 2019: A Costa da Morte volca esforzos na FITUR. FITUR 2018: A Costa da Morte promociona en Fitur a súa parte máis deportiva e natural. FITUR 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur. FITUR 2016: As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016"}
{"ID": "PRAZA_6319", "summary": "Hai indicios de que, no caso do virus Ébola, tamén hai intereses económicos potentes que tentan sacar beneficio do medo global", "text": "O virus do Ébola provoca unha enfermidade hemorráxica grave e potencialmente mortal. Este mes de agosto os medios de comunicación non falan doutra cousa. Semella que fose unha doenza nova mais non é así. O primeiro caso coñecido data de 1976 (Zaire) e desde a década dos noventa varios países africanos (Guinea, Congo, Nixeria, Liberia) veñen declarando todos os anos casos de morte provocados por este virus. Este verán a dimensión da epidemia foi superior á de anos anteriores. Preto de mil persoas morreron por esta causa e a OMS declarou a situación, a primeiros de agosto, como unha \"emerxencia sanitaria internacional\". Non cómpre menosprezar a gravidade da situación, pero hai que lembrar que este non é o principal problema de saúde dese continente. As principais causas de mortalidade en África son a SIDA, a malaria, as enfermidades diarreicas, a tuberculose. Os africanos sofren, enferman e morren prematuramente pola pobreza e a desnutrición, polas deficientes condicións de vida e a falta de auga potable, pola violencia social e a falta de horizonte para as súas vidas. Por iso cruzan desertos durante meses e expoñen as súas vidas no mar e tentan saltar as barreiras que lles coloca o mundo occidental. Virán máis, moitos máis, para fuxir do inferno sen saída que teñen nos seus países de orixe. Mais habitamos un mundo dominado polo medo. Vivimos nunha sociedade do risco (Ulrich Beck) e cada certo tempo xorde un perigo, unha ameaza ou unha doenza descoñecida que ocupa as portadas dos xornais e provoca o pánico xeral. Existe unha auténtica maquinaria para fabricar medos colectivos como mecanismo de dominación social. El Roto ten unha viñeta maxistral na que un executivo di: \"Tivemos que asustar á poboación para tranquilizar aos mercados\". Naomi Klein (A doutrina do shock) explicou moi ben como os temores globais son contaxiados desde o poder para xustificar o recorte de dereitos, as actuacións xenófobas, a limitación das liberdades. O pánico provocado por certas doenzas (gripe aviaria, gripe A, que resultaron non ser tan perigosas como dicían) foi utilizado tamén para favorecer certos negocios multimillonarios. As doenzas que causan maior mortaldade en África non teñen grande interese para as empresas farmacéuticas; o mundo occidental tampouco fai gran cousa para aliviar a pobreza extrema, a fame endémica e as guerras crónicas que provocan miles e miles de mortos. Pero hai indicios de que, no caso do virus Ébola, tamén hai intereses económicos potentes que tentan sacar beneficio do medo global. Vexamos. -O negocio. Polo momento non se produciu ningún caso de contaxio do Ébola fóra de África. Pero neste brote de 2014 houbo dous estadounidenses infectados, que foron trasladados a EEUU para ser tratados cun preparado experimental (ZMapp). Trátase dun cóctel de tres anticorpos monoclonais que está na primeira fase de ensaio clínico e só foi probado con simios. Os seus resultados son totalmente incertos e, por iso, o tratamento estándar para o Ébola segue a ser a terapia de apoio. Este foi o \"soro milagroso\" aplicado ao misioneiro español Miguel Pajares (repatriado de forma tardía e nunha peripecia rocambolesca) que morreu aos cinco días de chegar a Madrid. Mais, mesmo no caso de que este remedio chegase a demostrar a súa eficacia, non sería posible atallar a epidemia en África con este tipo de fármacos, polo seu elevado custe e pola extraordinaria dificultade para a elaboración. Habería que empregar estratexias de prevención e detección precoz, que son factibles pero non ofrecen espazo de negocio para as empresas farmacéuticas. -O marketing. A empresa Mapp Bio leva varios anos buscando un tratamento para este virus en colaboración co Departamento de Defensa dos EEUU. O soro agora utilizado está fabricado con plantas do xénero nicotiana, que tamén se utiliza para o tabaco. Por esa razón a produción corre a cargo da empresa Kentucky Bioprocessing (filial da empresa tabacalera americana Reynolds). O tratamento administrado a estas tres persoas podería representar, de ser exitoso, a mellor campaña de marketing deste produto. O falecemento do misioneiro español pode provocar certa desconfianza. Pero o certo é que a curación do Ébola cotiza no Nasdaq: as acción de Tekmira, empresa de Vancouver que está ensaiando unha vacina para este virus, aumentaron case un 40% nunha semana. Tamén resulta interesante observar como a industria farmacéutica aparece de novo aliada co Departamento de Defensa dos EEUU e coas empresas tabaqueras. -A repatriación. Miguel Pajares, misioneiro infectado polo Ébola, foi repatriado desde Liberia, o sete de agosto, para ser tratado en Madrid. Faleceu cinco días despois. O centro designado para o seu tratamento, o Hospital Carlos III, foi unha referencia estatal e internacional para a investigación e o tratamento de doenzas infecciosas e tropicais e para afrontar situacións sanitarias de gravidade. Os seus profesionais teñen un gran prestixio e cualificación. En 2013 o goberno madrileño converteu este centro especializado nun hospital de media estancia, dedicado a atender pacientes derivados doutros hospitais da Comunidade e pechou o Servizo de Urxencias. A repatriación do relixioso español obrigou a evacuar o Hospital, a reabrir a porta de Urxencias e a recuperar os dispositivos de atención para emerxencias que foran desmontados oito meses antes. Tiveron que reabrir a sexta planta do Hospital (con habitáculos de \"presión negativa\" imprescindibles para atender este tipo de pacientes) e montar a toda presa medidas e equipos de illamento. Toda esta montaxe mediática da repatriación e o tratamento co \"soro milagroso\" (mentres a ministra Mato estaba agochada), tentou demostrar unha situación de normalidade, mais non hai tal: o Hospital Carlos III xa non está en condicións para atender unha situación de emerxencia ou facer fronte a unha epidemia. Pretenden que esta intervención sexa vista pola poboación como unha actuación humanitaria. Non se nega. Pero tamén podemos preguntarnos, como fan os responsables da Marea Branca de Madrid (MEDSAP), por qué se denega diariamente atención sanitaria a numerosos colectivos neste país e por qué se abandona á súa sorte a persoas, da mesma Orde San Xoán de Deus, tamén infectados polo virus (a relixiosa Chantal Pascaline morreu en Liberia). Tamén cómpre lembrar que este virus non comezou neste mes de agosto. A OMS só decretou a emerxencia internacional cando houbo vítimas occidentais. Pero ninguén fai nada para axudar aos africanos que sofren, padecen e morren no máis absoluto abandono."}
{"ID": "NOS_5160", "summary": "Piden máis medios e orzamentos.", "text": "A Asociación en Defensa da Sanidade Pública denuncia que o peche de camas hospitalarias no verán \"provocará aínda máis a derivación\" a centros privados da Galiza. Así o manifestou esta asociación nun comunicado, no que insiste en que a decisión de pechar camas no verán \"supón un novo paso no camiño cara á privatización sanitaria, aproveitando a pandemia\". Neste sentido, subliñou que o \"peche das camas públicas durante o verán, en hospitais parcialmente paralizados durante a pandemia, provocará un maior aumento das demoras na atención das pacientes que están a recibir tratamento\". \"Este aumento, xunto coa chamada Lei de Garantías de prestacións sanitarias, provocará aínda máis a derivación dos pacientes a centros privados\", advertiu esta asociación. Por este motivo, defendeu a \"necesidade de aumentar significativamente a actividade dos servizos hospitalarios públicos, en lugar de pechalos\", concluíu. En definitiva, esta asociación esixe que \"non se pechen as camas nesta tempada estival\" e que \"se incremente o orzamento para diminuír notablemente as listas de espera no sistema sanitario público galego\"."}
{"ID": "NOS_51168", "summary": "Demandan un Plan de Desenvolvemento Rural Propio que atenda as especificidades do país e unha mudanza nos criterios de asignación das axudas das que Galiza percibe tan só o 3,5%.", "text": "Dos 4.800 millóns de euros que o Estado español recibe en forma de axudas na Política Agraria Común, Galiza é receptora tan só de 168 millóns de euros. Este reparto que atribúe ao país o 3,5% dos fondos, responde aos criterios de asignación fixados polas institucións europeas e o Ministerio de Agricultura e que vinculan a distribución das axudas á dimensión da superficie agraria. Así, embora o sector lácteo galego represente o 40% da produción total do Estado, Galiza ve reducidos os fondos que percibe por mor dunha estrutura da terra caracterizada por pequenas explotacións que confrontan cos grandes terratenentes doutras zonas como Andalucía. Novos criterios baseados na agricultura activa Neste senso, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a deputada nacionalista no Parlamento galego, Tereixa Paz, e o presidente da FRUGA, Manuel Dacal, demandaron esta segunda feira (20 de xaneiro) unha mudanza nos criterios de asignación das axudas pois o actual sistema, aseguran, \"marxina\" o sector agrogandeiro galego. Un sector, lembran, que perdeu durante o último ano 1.500 empregos. Exixen que prime a definición de agricultura activa na asignación dos fondos para as dirixir @s agricultor@s e non @s terratenentes Xavier Vence, reclamou que sexa a definición de \"agricultor activo\" --aquel que dedica o 50% do seu tempo á actividade agraria que representa a metade, cando menos, dos seus ingresos-- a que fixe a distribución dos fondos europeos en troca da superficie das explotacións na procura, din, dunha \"distribución máis equitativa\". Asemade, sinalou o líder nacionalista, a organización frontista demanda que \"primen as 30 primeiras hectáreas para protexer ás pequenas explotacións fronte aos latifundistas cun tope máximo de 100.000 euros\". Con estas propostas desde a fronte nacionalista aseguran que se facilitaría unha \"ampliación de hectáreas para que os sectores do viño e a horta poidan ser beneficiarios das axudas\". Aliás, Vence emprazou ás institucións españolas a outorgar un \"tratamento específico\" para o sector lácteo que está a viver unha das \"maiores crises\" por mor, apuntou, \"das políticas erráticas do Partido Popular\". O \"silenzo de Feijóo\"Para o BNG a \"marxinación\" que vive Galiza na distribución das axudas procedentes da PAC débese en grande medida á \"ausencia do Goberno galego\" nos procesos de negociación, denunciou a parlamentar Tereixa Paz. Unha actitude, a do Partido popular na Xunta de Galiza que beneficia os intereses dos \"lobbies lácteos e dos terratenentes\". \"A Consellería de Medio rural mantén unha postura de submisión total ás propostas do Ministerio de Arias Cañete\" nas que os labregos e labregas galegos \"saen perdendo\", acrecentou pola Fruga Manuel Dacal. Neste senso, exixiron un Plan de Desenvolvemento Rural \"baixo unha perspectiva de país\" que atenda ás especificidades do sector agrario galego e defenda os intereses d@s traballador@s do campo."}
{"ID": "NOS_15807", "summary": "Unha comedia. Efeitos Especiais. Extraterrestres. E moitas cervexas. Iso é Benvidos á fin do Mundo (The World´s End). E isto é a crítica das sextas feiras de Andrés Castro.", "text": "BENVIDOS Á FIN DO MUNDOAno: 2013Duración: 109 min.País: Reino UnidoDirector: Edgar WrightGuión: Edgar WrightFotografía: Bill PopeMúsica: Steven PriceReparto: Simon Pegg, Nick Frost, Paddy Considine, Martin Freeman, Eddie Marsan, Rosamund Pike, Pierce Brosnan SINOPSECinco amigos da infancia reúnense tras 20 anos sen verse para tratar de acabar unha maratón de cervexas que non foron capaces de rematar cando eran adolescentes. A idea é tomar unha pinta en cada un dos 12 pubs que hai ao longo da \"Milla de Ouro\" do seu pobo natal Newton Haven. A iniciativa deste reencontro é idea do que fora líder da cuadrilla Gary King (Simon Pegg), un home de 40 anos que segue ancorado nos 90 e que se impón o reto persoal de chegar en pé ao último pub do recorrido: \"The Worlds End\". Mais no pobo hai algo que non é coma recordaban e non precisamente por mor do paso do tempo. Terán que descubrir que propiciou ese cambio, ao mesmo tempo que tratan de cumprir o seu bébedo obxectivo. CRÍTICAComedia fantástica que completa (de momento) a triloxía do triunvirato formado por Wright, Pegg e Frost. Repite a mesma fórmula das outras anteriores. Se en \"Zombies Party\" parodiaban con moito tino e orixinalidade as películas de zombies e con \"Arma fatal\" facíano coas buddy movies, en \"Benvidos á fin do mundo\" van a polas películas de invasión extraterrestre. En concreto é unha parodia máis que evidente da \"A invasión dos ultracorpos\". E unha vez máis co dúo Simon Pegg-Nick Frost, unha sorte de o gordo e o fraco pero en plan british-destroyer. A trama vai dun rapaz que era o guay da universidade e que segue indo de guay, pero que xa supera os 40 anos. Segue mantendo o vello coche con radiocasette daquela, a mesma forma de vestir e, como non, as mesmas gañas de xolda. Isto contrasta coa vida asentada, e asumida, que teñen os outros catro membros da cuadrilla e que o protagonista se nega a aceptar. Agárrase coma a un cravo ardendo ao desafío de completar a Milla de Ouro: tomar unha pinta en cada un dos 12 pubs do pobo, coma se iso fose a última oportunidade de facer algo que paga a pena na vida. Son coma os últimos estertores dun peixe ao que sacan do seu medio natural. A cousa complícase cando descobren que o pobo foi invadido por unhas criaturas extraterrestres que posúen as persoas facendo que sexan incluso mellores que antes, co fin de que todo cambie para seguir sendo igual. No apartado artístico atopamos que no guión colabora o propio Simon Pegg; na música temos a Steven Price, que acaba de compoñer a de \"Gravity\", de Alfonso Cuarón; e na fotografía a Bill Pope, un especialista en películas fantásticas e de ciencia ficción que xa traballara con Edgar Wright en \"Scott Pilgrim contra o mundo\", outra orixinal e recomendable película deste director que amosa o seu nivel de frikismo. Ao igual que en \"Zombies Party\" e \"Arma fatal\", en \"Benvidos á fin do mundo\" segue habendo bos efectos especiais mesturados con humor. Todas ademais teñen o mesmo mcguffin: uns tipos que se atopan nunha situación inesperada e teñen que superala. A mesma escusa para afondar, cun toque retranqueiro, temas algo máis profundos. Neste caso trata da crise dos 40, da amizade e da nostalxia polos tempos pasados, e para recalcar isto utiliza banda sonora da época dos 90 (Blur, Primal Scream, The Stone Roses, Pulp…). Repítense tamén esquemas ao contar no casting con facianas consagradas da escena británica. Se nas primeiras contaron con Bill Nighy e Timothy Dalton respectivamente, nesta temos a Pierce Brosnan apoiando a causa. Entre os secundarios temos tamén a Martin Freeman, o Bilbo Bolsón da actual saga de \" O Hobbit\". Aínda que hai que recoñecer que a fórmula funciona bastante ben e que película segue estando á altura das dúas predecesoras, cara ao final decae un pouco. Remata a historia dunha forma un tanto precipitada e bastante parecida a un episodio dos Simpsons. Isto pode facer que nos esquezamos da hora e cuarto de esmendrelle que acabamos de pasar. Pero non deberíamos porque o filme é toda unha oda á exaltación da amizade, servida con litros e máis litros de cervexa para un público con gañas de botar unhas risas. Saúde!"}
{"ID": "NOS_49196", "summary": "Diversas fontes da formación gobernante en Madrid e Santiago consideran que está en claro perigo o resultado electoral nas municipais e nas xerais, e piden unha maior implicación do líder estatal.", "text": "Os últimos casos de corrupción que afectan ao PP estenderon o desánimo entre numerosos dirixentes do partido por todo o Estado, mesmo tamén en Galiza, que consideran que é necesario que Mariano Rajoy tome a iniciativa cun \"xesto interno\" para recuperar o pulso e reforzar a imaxe da formación. A menos de sete meses para as eleccións municipais e autonómicas, cargos do PP consultados pola axencia Europa Press coincidiron en expresar a súa preocupación polos de casos de corrupción que afectan ao partido. Así, á reaparición xudicial da trama Gürtel ou aos 'papeis de Bárcenas', sumouse o caso das tarxetas negras de Caja Madrid ou a operación contra o ex-conselleiro da comunidade de Madrid Francisco Granados. En Galiza, a operación Zeta de fraude en cursos de formación tamén toca moi de preto a un PP xa manchado coa Pokémon. Neste escenario, fontes populares consideran que non é suficiente con pedir perdón e apuntan á necesidade de impulsar o partido para insuflar alento nas filas do PP e presentalo como unha formación \"renovada\" que concorre aos comicios coa mensaxe de ser un partido \"limpo\". Fartos A análise destes cargos é que si seguen de brazos cruzados, os votantes do PP, \"fartos\" de escándalos e contrarios a algunhas medidas do Goberno, van quedar en casa nas municipais e autonómicas de 2015, o que abrirá tendencia de cara ás posteriores xerais. \"Ou facemos algo xa, ou temos aos nosos votantes tan desmotivados, que non irán votar\", escoitase no PP, onde crece o pánico."}
{"ID": "NOS_25547", "summary": "O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou este sábado que trasladou no consello interterritorial a súa \"preocupación\" pola posibilidade das viaxes entre comunidades autónomas cunha situación epidemiolóxica distinta co fin do estado de alarma e pediu pactar \"fórmulas\" neste ámbito.", "text": "Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, Vázquez Almuiña considera que este é un punto para \"revisar\". \"Temos esta semana para falar entre comunidades autónomas e co ministerio e buscar alternativas\", expresou, en resposta a unha pregunta sobre se cre necesario estabelecer restricións. En calquera caso, insistiu en que a formulación da Xunta da Galiza é facer \"un especial seguimento\" e ofrecer unha vía de comunicación aos visitantes, tanto doutros puntos de España como do estranxeiro, para que se poidan pór en contacto coas autoridades sanitarias galegas \"ante o mínimo síntoma\" de padecer COVID-19. A vixilancia estará \"activa\" todo o verán, dixo. O fundamental é, ao seu xuízo, que exista información actualizada sobre a situación nos diferentes territorios e, respecto a os visitantes foráneos, cre que no futuro \"máis que falar de fronteiras, hai que falar de situación epidemiolóxica\" para analizar as posíbeis restricións. Respecto a as visitas de turistas alemáns a Baleares previstas para a próxima semana, o conselleiro destacou que Alemaña ten \"unha moi boa situación\". Vázquez Almuiña referiuse tamén á posibilidade de que a corentena, ante a sospeita de enfermidade, pase de 14 a 10 días e sinalou que para a cuarta feira está prevista unha reunión na que o Goberno estatal abordará esta posibilidade. Existen datos, agregou, que indican que a capacidade de infección do virus para partir do \"sétimo ou oitavo día\" é \"moi baixa\", polo que diminuír o tempo de illamento sería \"fenomenal\". Os protocolos, defendeu, vanse axustando á evidencia científica e ao que as persoas expertas aprenden \"día a día\". A entrada na nova normalidade O responsábel de Sanidade felicitouse pola entrada da Galiza na 'nova normalidade' desde a segunda feira, pero lembrou que é necesario manter o uso de máscara, as medidas de hixiene e o distanciamento social para evitar que volva aumentar a transmisión do virus. Estes novos costumes, insistiu, van acompañar os cidadáns nos próximos meses. \"Mesmo podemos falar dun ano\", agregou e sinalou que non cre que a vacina ou un tratamento específico estean dispoñíbeis antes. Galiza cambia de fase e, aínda que cre que no territorio a circulación do virus \"é mínima\", Sanidade revisará os datos \"día a día\" para verificar se se poden seguir ampliando capacidades e retomando actividades que seguen suspendidas. O 1 de xullo, proseguiu, \"pode ser un bo momento\" para revisar as actividades que están en marcha e as que poderían volver estalo. Vázquez Almuiña pediu \"ter claro\" que se detectarán casos no verán e nos meses seguintes, mais destacou que a Galiza ten \"os medios\" para facerlles fronte e insistiu na necesidade de comunicar os síntomas porque se pode facer unha proba PCR en 24 horas e a persoa afectada pode illarse para evitar contaxiar outras súa contorna. Galiza, con menos presión A Comunidade galega, agregou, non sufriu \"a presión\" á que chegaron os sistemas de saúde doutras zonas e isto, xunto coa ausencia de grandes cidades e medios de transporte que canalizan o virus rapidamente, favoreceu un menor impacto da enfermidade. Das semanas coas peores cifras dixo lembrar \"o especial esforzo dos profesionais sanitarios\" e o seu afán de \"aprender diariamente\" das informacións que ían chegando sobre o virus. O conselleiro indicou tamén que a segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas terminará previsibelemente a próxima semana e chegará a 50.000 persoas. Este estudo, xunto co estatal, dará unha imaxe \"moi precisa\" da situación en todos os concellos. Nuns meses, \"seguramente\" haberá outra análise similar para comprobar como evolucionou o virus no verán. Con respecto aos actos en memoria dos falecidos celebrados este sábado, considerou que son \"moi merecidos\" porque a situación para os familiares de quen morreu illados foi \"moi dura\" e estas iniciativas permiten darlles \"un abrazo virtual\" para apoialos no seu duelo."}
{"ID": "NOS_12041", "summary": "Outra das efemérides importantes deste 2016 é o centenario do nacemento do poeta, narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (1916-1990), a quen se lle dedica en Pontevedra a exposición 'Camiño aberto. 100 anos de Manuel Lueiro Rey' que comisariou Ramón Rozas, con quen falamos sobre o escritor.", "text": "A exposición, que pecha o 19 de xuño no Pazo da Cultura pontevedrés e contou co asesoramento de Ramón Nicolás, súmase aos múltiples actos que se están a celebrar neste centenario na súa vila natal, Fornelos de Montes, promovidos por unha asociación local liderada por Carme Carreiro, peza fundamental no traballo a prol da difusión da figura de Lueiro. -A mostra 'Camiño aberto. 100 anos de Manuel Lueiro Rey' quere reivindicar a súa figura no centenario do seu nacemento. Mágoa que este ano coincidiran tantas outras efemérides.- O que está detrás desta celebración ao cumprirse o centenario é un claro espírito reivindicativo. Poñer en valor a vida e, sobre todo, a obra dun poeta, dun narrador, dun xornalista, que tanto eu coma outras moitas persoas coidamos que ten a calidade suficiente como para ter un respaldo deste tipo. - Lueiro segue a ser un gran descoñecido para o común da cidadanía galega. - Si, para a galea e mesmo para o propio cidadán de Pontevedra, que foi onde levou a cabo a súa vida profesional, e un pouco máis na súa vila natal, Fornelos de Montes, ou no Grove, onde viviu. Si, eu mesmo cheguei a Lueiro hai poucos anos, aínda estando dentro do mundo da creación e do xornalismo, e traballando no Diario de Pontevedra, que é o medio no que el colaborou con moitos artigos, tamén é un descoñecido. De aí o empeño nos últimos anos de recuperar a súa figura. \"A viaxe a Bos Aires, cando entrou en contacto cos exiliados galegos, foi un momento crucial na súa vida, porque alí colleu unha maior conciencia do que era Galiza. E a partir desa viaxe vai escribir xa por completo en galego\" - Lueiro tivo unha vida ben intensa, e para un xornalista coma ti supoño que atopaches unha grande historia ao afondar nela. Cal foi para ti a época máis interesante da súa vida?- A vida que lle tocou foi complicada para unha persoa da súa sensibilidade e dos seus ideais. Nun vídeo que proxectamos na expo, el considerábase -xunto con celso Emilio Ferreiro, que era moi amigo seu- un exiliado interior. Durante os anos 40 e 50 foi un personaxe que estivo absolutamente asoballado e sometido polo tempo que lle tocou vivir. Logo nos anos 60 foron anos de máis apertura e aproveitouse diso, sobre todo nos artigos en prensa, de tentar facer o que lle pedía o corpo, de reivindicar o ser humano, a liberdade, o compromiso cos traballadores. Pero tamén nas súas novelas tamén está presente, como 'Manso', que gañou o Cidade de Oviedo e que logo á hora de ser publicada tivo problemas coa censura, ao igual que en artigos en prensa, lembro un que publicou no Diario de Pontevedra, no que gababa a obra de Bertolt Brecht, el tiña o valor de falar diso, aínda que logo para el tivera certas consecuencias. Eu creo que a súa época máis feliz foi cando foi concelleiro de Cultura no Grove polo PCE, no tempo da Transición. Alí tivo oportunidade de reivindicar a moitas persoas como Rafael Alberti ou Luís Seoane a través de homenaxes que tiñan lugar no Grove. E a súa poesía medrou motísimo nese tempo, era moito máis libre, con moitas máis posibilidades. Eu creo que esa época foi a mellor, xunto cun momento moi especial da súa vida, a viaxe que fixo no 68 ou 69 a Bos Aires, cando entrou en contacto cos exiliados galegos, con Arturo Cuadrado, Luís Seoane, Lorenzo Varela... Iso foi un momento crucial na súa vida, porque alí colleu unha maior conciencia do que era Galiza, da lingua, e entón el a partir desa viaxe vai escribir xa por completo en galego. Esa viaxe é fundamental, el mesmo é consciente diso e fala dela como unha especie de revelación. Chegar alí e ver a comunidade galega, os creadores, que estaban alí facendo patria, para el foi un impacto e, de feito, á volta empeza a escribir poesía en galego. - E o Lueiro xornalista?- Para min foi unha descuberta. Cada artigo que atopo del paréceme fantástico. Era capaz de nun xornal facer artigos cunha carga moi literaria e moi poética e, ao tempo, vencellalos coa realidade, amosando unha sensibilidade que está presente en todos os artigos. Estou falando dos anos 60 no Diario de Pontevedra. Anos despois, en A Nosa Terra, aí xa é máis libre e fala desde unha visceralidade, sobre todo ao ver que esa Transición, que el vía que se estaban a cometer erros que xa se cometeran anos atrás. Ese espazo que había para a esperanza, el era quen de ver que non era tal. E os artigos desa época teñen unha actualidade tremenda, porque falan de bancos que roubaban, de políticos corruptos... é sorprendente a vixencia que aínda teñen hoxe. \"Ten moitos aspectos que respaldan unha posible candidatura para o Día das Letras\" - En galego publicou sete obras -catro poemarios, dúas de narrativa e un ensaio-. Pregúntome se se iniciou algún proceso para reivindicar que se lle dedique o Día das Letras. Eu creo que iso é o que está detras de toda esta reivindicación, que se lle considere para esa dedicación, que sería fantástico para seguir mergullándonos na súa obra e para dalo a coñecer. Méritos tenos máis que suficientes, sobre todo, a min persoalmente paréceme un poeta maiúsculo. Tamén ten obras dedicadas a nenos, o mundo da infancia preocupáballe moito. Ten un libro, 'Non debían medrar', que non lle ten nada que envexar a 'Memorias dun neno labrego'. E logo os seus poemarios son fantásticos. 'Escolma ferida' é unha obra capital, 'Memoria de la raíz de las cosas' tamén é un poemario cheo de forza. Eu creo que ten moitos aspectos que respaldan unha posible candidatura para o Día das Letras. Evidentemente non quero comparalo con ninguén, pero creo que el de por si ten méritos suficientes. - Cal cres que é a razón de que sexa tan pouco coñecido?- Eu creo que aí é evidente que durante moito tempo a súa ideoloxía foi en contra del. Moita xente desde as institucións, á parte do descoñecemento, pois deixouno de lado. E logo tamén se comentaba estes días que estamos tendo estes días arrredor da expo, é que aínda non entrou a súa obra no discurso académico, no ensino. Quizais lle falta aí un pouco. Sobre todo é o coñecemento dunha obra que puido ter sido afastada dun certo discurso oficial, e iso é o que estamos pelexando. - El militou sempre no PCE, non?- Si, el foi comunista de pura cepa desde o principio até o final. Entón, por un lado, o mundo da dereita vaino deixar de lado, e el non era nacionalista, entón o nacionalismo pódeo ver como un pouco alleo. E ese espazo de indefinición prexudícao un pouco de cara a este tipo de reivindicacións. \"Por un lado, o mundo da dereita vaino deixar de lado, e el non era nacionalista, entón o nacionalismo pódeo ver como un pouco alleo. E ese espazo de indefinición prexudícao un pouco de cara a este tipo de reivindicacións\" - Volvendo á exposición, complétase con actividades paralelas e con obras de 22 artistas plásticos. - Un espazo tan grande permitiunos facer algo moi amplo. Temos unha serie de pintores de Pontevedra maioritariamente, e xogamos coa súa pintura e con fragmentos de poemas da obra de Lueiro, porque tivo tamén moita relación co mundo da pintura. Foi moi amigo de Luís Seoane, na expo hai moitas pezas dedicadas por Seoane a Lueiro. E logo da parte pictórica entramos en catro salas que xa é unha exposición puramente biográfica e arredor da súa obra. Imos seguindo o seu percorrido creativo e nun recunchiño máis persoal metemos imaxes que el mesmo tiña no seu estudo con Alberti, Seoane, Cuadrado, xunto con recortes de xornais. El adoitaba gardar todo o que ía saíndo en prensa sobre a súa obra. - Na súa vila natal tamén están a facer múltiples actos, alén do que se está a facer en Pontevedra. Neste centenario botas en falta algo?- A idea é xogar con ese triángulo vital seu: Fornelos, que ten un premio de poesía co seu nome; O Grove que leva aínda máis anos cun premio de novela; e faltaba un pouco Pontevedra para visibilizalo na súa cidade. Aquí temos o apoio do Concello, a propia Academia Galega a través do seu presidente, que ademais foi amigo del... Tamén a Deputación de Pontevedra está colaborando cunha futura publicación. E nós estamos contentos co que se fixo e facémolo desde esa ilusión por reivindicar a Manuel Lueiro, porque cremos que o merece"}
{"ID": "NOS_31056", "summary": "O plantel considera que \"se abre unha esperanza\" e piden a Nuñez Feijóo que \"se implique\" ante este novo escenario", "text": "Se aparece un proxecto alternativo para a factoría de Santa Barbara da Coruña, General Dynamics está disposta a manter a tecnoloxía, cedéndoa a custo cero. Para os representantes dos traballadores, ábrese así un novo escenario que escorrenta a pantasma do peche e desemprego. De feiyo, os traballadores puxeron fin ao peche indefinido que nas instalacións da factoríamantiñan desde o pasado mes de febreiro.A empresa ampliou até 30 de xuño o prazo para presentar un proxecto alternativo e paralizou os despidos. O voceiro do cadro de persoal, Roberto Teixido, considera que é tempo de que a Xunta se molle e achegue o seu grao de area para evitar a fin desta factoría e que ducias de persoas teñan que ir ao paro. Teixido, aliás, empraza a Núñez Feijóo a que se implique: \"Se este proxecto non vai adiante é que a Feijóo lle importan un pepino os problemas desta cidade\""}
{"ID": "QUEPASA_769", "summary": "O veciño muradán Manuel Lago Álvarez envíanos este artigo arredor dun dos eternos problemas da vila: o aparcamento.", "text": "Pasou a tempada de verán na que Muros recibiu unha cantidade de visitantes moito maior que a de anos anteriores. Dos habituais e perennes problemas que ten Muros, o da falta de aparcamentos na Vila veuse aínda máis desbordado. Si durante o resto do ano, aparcar en Muros non resulta fácil, en tempada de verán as dificultades multi- plícanse por moito. Ao problema da Vila hai que sumarlle tamén a falta de aparca- mentos, nas zonas turísticas de Esteiro e Louro, que tamén son incapaces de asumir máis visitantes, pola falta de lugares de aparcamento. O turismo é unha fonte de riqueza para os pobos. No caso de Muros, máis do 50 % do seu produto interior bruto proven do turismo: das xentes foráneas que nos visitan, e que consumen e gastan. Argumentar de contrario, non sería máis que pór en valor que a autarquía económica é a solución aos nosos males... Nada máis lonxe da realidade. E seguen pasando os anos, e as \"pensantes cabezas\", seguen e seguen pensando... pero solucións, o común dos mortais, non as vemos. Pero solucións que minoren o problema hainas., e hai varias posibles solucións. Unha delas, foi presentada no ano 2016 como proxecto de fin de carreira, polo muradán Diego Vázquez González. Este mozo muradano nunca foi alleo ás diferentes problemáticas e carencias que ten o noso municipio. El, como Técnico Superior en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, pola Universidade da Coruña, sabe, -como poucos-, ofrecer solucións e neste particular as da con un pro- xecto de construción dun aparcamento subterráneo na rúa Rosalía de Castro de Muros; moi concretamente na coñecida como \"horta de Comesaña\". Neste proxecto de fin de carreira, o muradán ofrece tres solucións construtivas, decan- tándose pola segunda, que contempla a creación de 176 prazas de aparcamento, dispos- tas en dous andares; o primeiro con 3066,40 m2 e 78 prazas e o segundo de 3435,70 m2, con 108 prazas, que suman un total de 6502 m2. Folga dicir que o proxecto entra moi ao detalle, e contempla todas as medidas de seguri- dade requiridas, amais de crear en superficie unha gran zona de lecer, na que tería espe- cial protagonismo a muralla medieval que aínda se conserva, amais, que ao derrubar o vello e inservible edificio de vivendas que alí esmorece, abriríase á vista o magnífico edi- ficio da ex-Colexiata de Santa María do Campo, un dos poucos edificios relixiosos que existen en España do chamado estilo \"Gótico Mariñeiro\". Na memoria de obra destacase con todo detalle e precisión tódolos aspectos relaciona- dos coa súa execución, entre outros: Estructura: • 65 pilares de diferentes tipoloxías• Forxado de casetón recuperable• Capa de compresión de 10 cm para cada sótano• 2 rampas de acceso entre plantas• Cimentación superficial mediante zapatas ailladas• Disponse dunha xunta de dilatación• 2 ocos reservados para escaleiras e ascensor• Muros pantalla Arquitectura e detalles: • Pavimentación e señalización con pintura epoxi sobre o propio forxado ou lousa de cimentación fratasados• Enfoscado sobre muros pantalla e tabiquería• Instalación de luminarias LED• Instalación contra incendios, CCTV, iluminación de seguridade, fonta- nería, saneamento, etc. En porcentaxes, a distribución do presuposto é a seguinte:- Traballos previos: 7,84%- Movimento de terras: 8,74%- Estructuras: 55,53%- Arquitectura: 6,50%- Instalacions: 13,54%- Señalización: 0,23%- Urbanización en Superficie: 5,78%- Seguridade e Saúde: 1,45%- Partidas alzadas: 0,18%A modo de conclusión Está claro que hai otras solucións para dotar a Muros de máis aparcamentos, sendo és- ta proposta, unha das posibles. O da escaseza de aparcamento é unha das moitas caren- cias que ten Muros que é necesario afrontar de maneira inmediata para dar resposta a demanda dos veciños, e por extensión, maior pulo ao turismo. Só falta que a quen corresponde, que non outros que os responsables do Concello, se poñan as pilas, e sexa ésta unha parte da solución, e se empecé, polo menos, a intentar solucionar este asunto, que a veciñanza leva tempo reclamando. Manuel Lago Álvarez."}
{"ID": "NOS_34634", "summary": "Ramón Grosfoguel, profesor da Universidade de California en Berkeley (EUA), analiza para 'Nós Diario' a guerra en Ucraína no contexto global actual.", "text": "O xaque mate non llelo fixo Putin. Fíxollelo o imperio estadounidense. Trátase dun \"golpe de estado\" xeopolítico internacional fabricado desde os EUA contra Europa, en primeiro lugar, e contra China, en segundo, vía Rusia e Ucraína. O gran gañador no curto prazo son os EUA. O gran perdedor é Europa. O imperio estadounidense tíñao planeado desde hai varios anos. Para os que teñan dúbidas e precisen aclarar que non se trata de teorías conspiradoras poden consultar o informe de 2019 da Rand Corporation, un think tank da intelixencia estadounidense titulado Extending Russia. A estratexia resúmese en provocar a Rusia cara a unha guerra de desgaste para que se extralimite mais alá das súas capacidades fiscais, crebe economicamente e implosione, como fixeron coa Unión Soviética nos anos 80 do século pasado. Esta vez a \"rateira\" para o exército ruso non é Afganistán con mercenarios xihadistas terroristas islámicos apoiados pola CIA, senón Ucraína cos \"xihadistas\" terroristas nazis apoiados pola CIA e a OTAN. Así funciona o imperio estadounidense e o seu brazo armado, a OTAN. Durante anos alentaron os nazis de Ucraína a unha guerra de exterminio contra ucraínos rusofalantes sementando falsas ilusións de que serían apoiados pola OTAN até o final, mentres cercaban Rusia con bases militares a través das súas fronteiras cos países de Europa do Leste e negociaban de mala fe con Rusia para provocar unha guerra co fin de destruír, por medio de sancións, o funcionamento do Nord Stream1 -gasodutos rusos vía Ucraína- e o Nord Stream 2 -gasodutos rusos cara Alemaña vía Báltico-. E así, dunha soa xogada, facer Europa dependente do gas de compañías multinacionais gringas. Estas meterán no peto billóns de euros coa alza do prezo do gas un 40% por mor da guerra e, de paso, aplican sancións draconianas cun triplo obxectivo: golpear fortemente unha potencia emerxente como Rusia, subordinar neocolonialmente Europa baixo o seu dominio económico substituíndo as empresas rusas por transnacionais estadounidenses e privar Europa do comercio da Ruta da Seda con China que atravesa territorio ruso. Coas sancións, a banca róuballe 600 billóns de euros a Rusia e as compañías transnacionais americanas substituirán case todas as importacións europeas procedentes de Rusia, entre un 30-40% das importacións mundiais da Unión Europea. E lembremos que ademais de gas e petróleo, Europa importa de Rusia trigo, aluminio e moitos produtos agrícolas. Un negocio redondo para os EUA. Ascenso do fascismo Na mentalidade supremacista branca dos nazis ucraínos trátase de facer unha limpeza étnica para eliminar toda diferenza cultural e lingüística da nación ucraína, apoiados, financiados e armados pola OTAN. Esta guerra non empezou con Putin. Comezou co golpe de estado de 2014 das milicias nazis como parte da \"revolución de cores\" organizada pola CIA. Desde entón levamos oito anos dunha guerra de exterminio nazi contra ucraínos rusoparlantes e de provocación contra a seguridade do estado da Federación Rusa, por medio da expansión da OTAN cara ás súas fronteiras e de 30 laboratorios de armas biolóxicas de destrución masiva financiadas polo Pentágono en territorio ucraíno. Levamos oito anos dunha guerra de exterminio nazi contra ucraínos rusofalantes e de provocación contra a seguridade Europeos, vostedes pagarán a hiperinflación que lles vén encima ás transnacionais oligopólicas estadounidenses, que lles venderán todo a prezo de monopolio, e terán que afrontar o ascenso do fascismo nos seus propios países. Unha vez o imperio estadounidense logrou o seu obxectivo dunha intervención rusa en Ucraína e de impor sancións contra Rusia, deixou sós os ucraínos fronte ao imperio ruso e sós os europeos para que paguen os custos militares da xogada imperial gringa. Non é a OTAN senón a Unión Europea a que acaba de aprobar miles de millóns de euros en axuda militar para Ucraína e aumentos dos orzamentos militares en toda Europa, incluída a perigosa Alemaña. O complexo militar-industrial gringo está de festa porque Europa lles está a comprar cantidades billonarias de armamento. Cúmprese o soño americano de Trump e Biden de que Europa pague pola súa propia defensa, mentres vostedes se subordinan economicamente ás empresas transnacionais gringas. Os poucos fondos que antes ían a educación, saúde, vivenda... agora reduciranse aínda máis e pasarán a gastos militares para beneficio de empresas americanas. Os ucraínos foron os peóns sacrificados de quenda no taboleiro da xeopolítica imperial estadounidense global. Vexan o que dixo o Presidente ultradereitista de Ucraína, a quen non lle debemos ter ningunha simpatía por golpista e por colaborador dos nazis ucraínos: \"Deixáronnos sós\", afirmou Zelensky logo de que Rusia entrase co seu exército a desnazificar Ucraína e a protexer os ucraínos de orixe rusa dos masacres do exército fascista ucraíno. Europa vai pagar caro por todo isto porque irá da inflación a hiperinflación, ademais de perder a pouca soberanía que lle quedaba fronte ao imperio gringo e de ter que enfrontar o ascenso do fascismo como resultado de empoderar o \"xihadismo\" nazi europeo. Europeos, benvidos ao século XXI!"}
{"ID": "QUEPASA_671", "summary": "Carballo exporta o seu modelo de Horto infantil Ecolóxico.", "text": "Chega o sol, chega a primavera e volve a actividade ao Horto Infantil Ecolóxico Municipal de Carballo. Faino este mércores con 62 nenos e nenas de 3 anos teñan o seu primeiro contacto coa terra .Uns e outros teñen por diante tres meses claves para sachar, sementar, regar, coidar, e recoller colleita que levarán á Pequefeira o 31 de maio. Un proceso completo que os convertirá en mini labregos. Ao mesmo tempo, continúa a súa andadura o Horto Viaxeiro, no que participan este curso 2.000 alumnos e alumnas dos colexios Artai, CRA Ponte da Pedra, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, Escola Infantil As Landras, CEIP Bergantiños e CEIP Xesús San Luís Romero. Precisamente os rapaces do Xesús San Luís Romero participaron onte nun encontro interxeracional cos usuarios e usuarias do Centro de Día pertencente á Rede de Centros da Xunta de Galicia. Foi unha festa moi especial, na que os/as maiores e o persoal do centro recibiron aos nenos e nenas cunha regueifa e estes correspondéronlles cun recitado de versos. Despois de intercambiar experiencias e coñecementos, pequenos e maiores despedíronse cunha merenda e un intercambio de agasallos, aínda que o mellor de todos foi poder compartir un anaco desta mañá de venres."}
{"ID": "NOS_36396", "summary": "Un home contaxiou a súa moza e varios familiares.", "text": "Un brote de contaxios por Covid-19 con seis positivos orixinado despois de que un mozo transmitise a enfermidade a familiares próximos e á súa moza foi detectado no centro do Porriño. Fontes do Concello detallaron que a Consellería de Sanidade informou destes casos positivos á alcaldesa, Eva García de la Torre, por vía telefónica esta quinta feira. En concreto, o brote orixinouse despois de que un mozo contaxiado transmitise a patoloxía a familiares próximos e á súa moza, que nestes momentos atópanse illados nos seus domicilios. Así mesmo, profesionais de Atención Primaria realizan un seguimento do estado destes positivos mediante o centro de saúde da localidade pontevedresa. A Consellería tamén explicou á rexedora do Porriño que os rastreadores epidemiolóxicos continúan a realización de investigacións para detectar se se produciron máis contaxios."}
{"ID": "NOS_15655", "summary": "Non é preciso criar órgaos novos —a Mesa da Confluencia que propón Compostela Aberta—. Abonda con activar os xa existentes. As canles estabelecidas polo partido instrumental no seu plenario fundacional. Esa é a resposta que a executiva de En Marea dá a Martiño Noriega.", "text": "A dirección de En Marea, liderada por un Luís Villares que está en minoría no grupo parlamentar, non ve necesario criar un novo foro —coa participación directa dos partidos fundadores da confluencia— para debater a delicada situación interna en que se acha o autodenominado espazo rupturista na Galiza. Para a coordenadora mareante, a organización dispón de canles adecuadas para canalizar calquera discusión. E por iso vainas activar após á volta do verán, no comezo do curso político: Nun comunicado enviado aos meios, a coordenadora (executiva) de EM anunciou este domingo a convocatoria do Consello das Mareas (máximo órgao entre plenarios) para marcar así o inicio \"do novo período despois da emblemática data do 17 de agosto [Día da Galiza Mártir]\". Sería o paso previo para \"activar (...) todos os foros de participación, deliberación e decisión dos que nos dotamos conxuntamente hai agora dous anos\". Por tanto, eses serían os foros en que os distintos componentes da confluencia deberían dar o debate sobre o futuro do partido instrumental, entenden desde a dirección de En Marea. Compostela Aberta e membros da coordenadora de EM mantiveron un contacto o pasado sábado, segundo informou La Voz de Galicia. Concluíu sen acordo, cada unha das partes enquistada na súa posición previa. Máis ben era un trámite sen posibilidade real de deixar atrás as desavinzas. Cuberto o expediente, o previsíbel é que Compostela Aberta estree esta semana a súa Mesa da Confluencia —á que se sumará, xa o anunciou, a Marea Atlántica de Xulio Ferreiro— sen que en principio vaia estar nela ningunha representación de En Marea como tal. Que tarefas vai abordar o Consello das Mareas nesa cimeira post-17 de agosto? Alén da análise da conxuntura política, e do inicio para a elaboración das teses do vindeiro plenario (asemblea nacional) ordinario —programado para o mes de setembro— o máximo órgao político da confluencia estudará a \"redacción dun regulamento para as vindeiras eleccións ao Consello\". A renovación da dirección, que Compostela Aberta reclama para este setembro, non está prevista estatuariamente para a próxima cita congresual da confluencia, senón para unha cimeira posterior, en principio axendada en xaneiro, cando conclúa o período de dous anos de liderado de Luís Villares. A dirección de En Marea volta a subliñar o seu discurso de empoderamento da militante de a pé en contraposición á proposta de Compostela Aberta, na que ven un deseño protagonizado polas cúpulas partidarias. \"Con esta iniciativa [a activación dos foros de participación, deliberación e decisión] perseguimos que todas as persoas inscritas sexan protagonistas, tanto a nivel propositivo como decisorio, da liña de acción política dun espazo soberano que non admite tutelas externas ao poder decisión das persoas que a conforman, motor principal do espazo de esperanza e cambio político en Galicia\", afirman."}
{"ID": "NOS_38777", "summary": "Máis un ano, este lugar de Tui acolleu a xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros.", "text": "En Sobredo (Gullarei-Tui) mantense viva a memoria dunha etapa da historia de Galiza, a loita agraria contra os foros, que acadou niveis de verdadeira revolución. Neste lugar caían o 28 de novembro de 1922 tres veciños (Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González) baixo as balas da Garda Civil. O instituto armado dirixírase a Sobredo para embargar un veciño que se negara a pagar os foros. Tocaron a rebato as campás das igrexas para alertar da presenza dos gardas civís. A xente deixa o que está a facer e reúnense máis de 2.000 persoas para evitar o embargo. A represión deixa tres persoas mortas, que serán coñecidos como os 'Mártires de Sobredo', e numerosas feridas. Este domingo, 26 de novembro, Sobredo volveu homenaxear e honrar os seus mártires, nunha xornada organizada polo Instututo de Estudos Agrarios 'Mártires de Sobredo'. Un acto cívico, popular e emotivo que este lugar acolle ano tras ano e que nesta ocasión tivo unha dedicatoria á loita por salvar o monte galegos dos incendios. Unha procesión cívica percorreu a distancia entre a carballeira e o monumento erixido para non esquecer o que pasou aquel 28 de novembro de 1922. Ergueuse por suscripción popular en 1932, sendo dinamitado polos fascistas nos primeiros días do golpe franquista. Foi reconstruído en 1986 grazas ao movemento popular. Na procesión cívica ondeáronse estandartes de entidades e sociedades agrarias. Ao pé do monumento, as intervencións de Trillo –un veciño da parroquia que recita coplas sobre aqueles feitos-, de Xosé Alfredo Pereira (presidente da Organización galega de comunidades de montes comunais e veciñais) e de Alba Nogueira (profesora de Dereito na USC e neta do autor do monumento). Unha ofrenda floral e a actuación de grupos de música e baile galego puxeron o ramo ao acto. Imaxes: @VillaresLuis e @xaviervence"}
{"ID": "PRAZA_10838", "summary": "A delegada do Goberno galego en Vigo reitera que a Xunta non porá cartos na reforma do estadio municipal e o Concello aféalle que queira \"trasladar\" o equipo a Mos, onde tramita a súa polémica cidade deportiva", "text": "A delegada do Goberno galego en Vigo reitera que a Xunta non porá cartos na reforma do estadio municipal e o Concello aféalle que queira \"trasladar\" o equipo a Mos, onde tramita a súa polémica cidade deportivaTras o afundimento electoral do PP en Vigo o pasado 26-M ante Abel Caballero, os populares presentaron o nomeamento como nova delegada da Xunta na cidade da ex-alcaldesa Corina Porro como unha mostra do seu cambio de estratexia ante un rexedor que partido e Goberno galego cualifican de populista. A confrontación que caracterizou a última década de relacións entre Xunta e Concello ía quedar a un lado, dicían tanto o PP como Porro. Porén, nas súas case diarias comparecencias ante os medios Porro vén amosándose igualmente crítica con todo tipo de actuacións do alcalde e este martes, a conta das discrepancias que manteñen Xunta e Concello sobre o seu apoio ao Real Club Celta, a delegada optou por dar a súa rolda de prensa enfundada nunha camiseta do equipo.O Concello está embarcado na reforma por partes do estadio municipal de Balaídos despois de rexeitar a petición da sociedade anónima deportiva de que llo entregase cunha concesión a cambio de que fose o club o que realizase as obras. Tras a negativa do goberno local, o Celta iniciou os trámites para a construción dunha cidade deportiva cun estadio propio nun monte comunal do veciño concello de Mos limítrofe con Vigo, un proxecto ao que o propio presidente Feijóo amosou o seu apoio. A cidade deportiva xa comezou a súa construción malia que aínda non conta con autorización completa da Xunta, varios de cuxos departamentos aprecian nela impactos negativos, pero xa vén servindo para que o Concello presente a situación como un novo ataque do Goberno galego a Vigo.Porro cualificou de \"chapuza\" o proxecto de Caballero para o estadio de Balaídos e o Concello respondeulle que é \"magnífico\"A semana pasada o propio Abel Caballero pediu expresamente que o Goberno galego contribúa economicamente coa reforma dunha das gradas de Balaídos, que custará non menos de 15 millóns de euros. E este martes a resposta negativa da Xunta chegoulle por boca dunha Porro enfundada na camiseta do Celta que criticou que o proxecto do Concello é unha \"chapuza\" que será pagada polos vigueses malia que había \"outras fórmulas\", en suposta referencia ao desexo do club de acometer el as obras a cambio de obter a concesión do estadio.Pouco despois da comparecencia de Porro era o goberno local, por boca do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o que respondía á delegada para lamentar que \"puxo a camiseta do Celta para dicir que a Xunta non vai poñer nin un só euro no campo máis importante de Galicia e para insistir no traslado a Mos\". Fernández insistiu en que a obra que está a acometer o Concello é \"magnífica\" e lamentou que o Celta quixese quedarse co estadio municipal co argumento de facer nel obras malia que xa conta cunha concesión para seguir xogando nel \"ata 2034\"."}
{"ID": "NOS_6320", "summary": "O presidente e o vicepresidente da Deputación da Coruña -José López Bouza e Ánxel Casal- estaban en Madrid o 18 de xullo de 1936 xunto con Castelao por mor da entrega do Estatuto de Galiza nas Cortes. Pero eles dous, en contra da opinión do rianxeiro, deciden voltar a defender a legalidade republicana. Xa coñeciamos a Casal, pero quen era José López Bouza?", "text": "O vindeiro 28 de xullo a Deputación da Coruña homenaxeará na súa sede a alcaldes, concelleiros e concelleiras e membros da Deputación asasinados, así como o seu presidente López Bouza ou o seu vicepresidente Ánxel Casal. E un día despois, no pleno ordinario desta institución, retiraranselle os títulos honoríficos de Francisco Franco, máximo responsable da sublevación e da posterior represión. Esta é a primeira homenaxe institucional ao presidente da Deputación naquela malfadada época, o ferrolán José López Bouza, aínda que en 2006, con Salvador Fernández Moreda no Goberno, xa incluíran o seu retrato na galería de presidentes do organismo provincial, nun acto discreto no que participou a súa familia. Anarquista e logo republicano Nos últimos anos as investigacións sobre a represión sacaron do esquecemento a figura dun home moi destacado no Ferrol da época. Eliseo Fernández, autor da súa única biografía ('José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo (…)'. Ediciós do Castro. Sada. A Coruña, 2002), explica que \"en Ferrol tivo un papel moi destacado a varios niveis, tanto no movemento obreiro e no anarquismo nos anos 10 como na II República, cando foi unha das persoas significadas dentro do republicanismo galego\". López Bouza comezou militando no anarquismo na emigración arxentina, e alí formou parte do movemento obreiro até que é expulsado en 2011. Entón retorna a Ferrol \"e implícase moito nas actividades anarquistas da cidade\", segundo o seu biógrafo. Daquela é un dos organizadores do Congreso Internacional da Paz en 1915. \"Son anos bastante convulsos\", explica Fernández, \"el traballaba como plomeiro na construtora naval e houbo unha folga moi forte a finais de 1913 e el foi o único despedido a consecuencia diso\". Logo, é detido no Congreso e o seu defensor foi Casares Quiroga, chegando a converterse na súa persoa de máxima confianza. \"Home forte\" de Casares Segundo Eliseo Fernández, a súa evolución cara ao republicanismo ten que ver con Casares, pero tamén coa súa vida persoal. \"Algún dos seus fillos dicíame que cambiou un pouco a actividades menos comprometidas sindicalmente a raíz de que casa e comeza a ter fillos\". E a relación co político coruñés lévao a militar no republicanismo, sobre todo a partir do ano 1918. E na II República xa é un dos homes fortes en Galiza, \"primeiro da ORGA, logo do Partido Republicano Galego e despois de Izquierda Republicana\". Chegaría a ser nos anos 30 gobernador civil de Ourense e logo de Lugo, por decisión de Casares Quiroga, que daquela era ministro de Interior. No ano 36 implicouse a fondo na campaña do referendo estatutario. Non sendo galeguista, pois viña dunha \"formación clásica internacionalista\", o seu biógrafo afirma que probablemente sería da \"facción máis galeguista de Izquierda Republicana, que tiña unha parte ben máis xacobina\". En Madrid o 18 de xullo Foi por mor do Estatuto que el estaba en Madrid o 18 de xullo, facendo parte da comisión que entregou o documento ao presidente das Cortes, Martínez Barrio. \"A entrega foi o día 15, e Azaña creo que os recibiu o 17, e alí estaba toda a comisión do Estatuto, que era moi numerosa, de xente das deputacións, concellos e partidos. El, Ánxel Casal e Tomás López da Torre, alcalde de Betanzos, deciden voltar cara a Galiza, o que supuxo a súa condena de morte\", conta o historiador. Para chegar a Ferrol atravesa zonas en control dos sublevados e \"dálle tempo a participar na defensa da cidade\". \"El chega á súa casa no barrio de Esteiro, vai ao Concello, onde estaba organizada a resistencia, e alí é onde o deteñen, xunto con outros representantes populares, como o alcalde de Ferrol, Xaime Quintanilla\", conta o historiador. \"A el lévano á cadea e xúlgano e condéano a cadea perpetua. Pero logo sácano e execútano irregularmente\" o 30 de agosto no cemiterio de Canido (Ferrol). Hoxe, unha rúa e unha asociación veciñal da súa cidade levan o seu nome. E o seu fillo, o pintor José Manuel López Fernández (Ferrol, 1918 - Madrid, 1996), escolleu os apelidos do seu proxenitor, López Bouza, como nome polo que sería coñecido."}
{"ID": "PRAZA_16169", "summary": "Santiago acolle un encontro de concelleiros e concelleiras nacionalistas para planificar a súa campaña de cara ás eleccións municipais do ano próximo HEMEROTECA | A carreira cara ás municipais xa atravesa a política galega", "text": "HEMEROTECA | A carreira cara ás municipais xa atravesa a política galega \"Os concellos gobernados polo BNG son exemplo de transformación en beneficio da maioría social, referentes de políticas de benestar e calidade de vida, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social\". Con ese argumentario, 300 cargos locais reunidos este sábado en Santiago lanzaron a estratexia da formación cara as eleccións municipais do ano próximo que se centrará no \"concepto de concellos BNG\" como sinónimo de \"marca de calidade\". Santiago acolle un encontro de concelleiros e concelleiras nacionalistas para planificar a súa campaña de cara ás eleccións municipais do ano próximo \"Os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma\", asegurou no encontro a portavoz nacional da formación, Ana Pontón. \"Demostramos con feitos que temos un modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país, que non necesita copiar o que ven de Madrid, un modelo que podemos ver en cada un dos concellos nos que temos responsabilidades de goberno, desde aqueles máis consolidados aos máis recentes, desde Allariz e Pontevedra, a Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita, Castrelo de Miño,...por citar algúns exemplos\", engadiu Pontón. \"É un feito obxectivo que en cada un dos concellos nos que o BNG goberna as cousas funcionan razoablemente ben e deixamos pegada importante\", recalcou. \"Temos que promover un cambio de ciclo político desde a base, e dígovos que o avance do BNG nas eleccións municipais será o primeiro paso de cara a desaloxar ao PP da Xunta\", asegurou a nacionalista. \"É un feito obxectivo que en cada un dos concellos nos que o BNG goberna as cousas funcionan razoablemente ben e deixamos pegada importante\", di Ana Pontón Pontón subliñou que os gobernos municipais nacionalistas \"foron capaces de aportar solucións aos problemas de mobilidade nas urbes, de crear vilas e cidades máis habitables sen renunciar a posta en valor do patrimonio, de potenciar o comercio local como fonte de emprego e dinamización social, de conseguir que a veciñanza se beneficie do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz (Muras)\". Son, segundo o BNG, \"gobernos municipais capaces de facer da lingua e da cultura un elemento de cohesión, concellos libres de caciquismos e corrupcións, abertos e transparentes\". A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera; da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; e do secretario de Comunicación, Xavier Campos."}
{"ID": "NOS_52896", "summary": "Acordo do club de ACB con Política Lingüística .", "text": "O Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles asinaron un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do cal o equipo de baloncesto da Liga ACB pasará a promocionar o idioma galego nas súas redes sociais e nos partidos no Sar. Lupe Murillo, membro do Consello de Administración do club, explicou que en canto coñeceron as intencións da Administración tiveron \"claro\" que querían \"colaborar, xa que o Obradoiro é un excelente vehículo para transmitir non só os valores do deporte, senón tamén os da nosa lingua e cultura, cos que tanto nos identificamos\". Esta apostilou que \"o obxectivo desta proposta é a promoción do galego desde o ámbito deportivo, e así o faremos, a través de diferentes accións. Ogallá cheguemos ao maior número de xente posíbel con esta campaña\". Daniel Agra, director de márketing do conxunto da capital, detallou os detalles dalgunhas das iniciativas que se levarán a cabo no marco deste acordo: \"Ímonos centrar na promoción da música e nos e nas artistas galegas, e comezarémolo a facer a través do noso corpo técnico. Eles serán os primeiros que nos conten quen son as súas artistas e cancións favoritas en galego a través duns vídeos que subiremos ás redes sociais. A partir de aí buscaremos que sexa a nosa afección a que nos conte cales son as súas. Con todas estas achegas realizaremos unha lista en Spotify para que todas poidan acceder a este contido\". Xornada intersemanal na categoría de prata Non na ACB, senón en LEB Ouro, milita o Leyma Básquet Coruña, que afronta unha intensa semana na que xogará dous partidos, sendo o primeiro deles xa no día de hoxe, ás 20.30 horas, contra Palencia Básket na casa dos casteláns."}
{"ID": "NOS_54902", "summary": "O burgalés é o escollido polo Leyma para repetir a fazaña do Breogán.", "text": "Volve á Galiza o home que logrou en 2021 o ascenso á máxima categoría do baloncesto estatal co Leite Río Breogán de Lugo un ano despois de que a directiva decidise non contar cos seus servizos en ACB. Nesta ocasión quen recorre a Diego Epifanio para lograr internarse na elite do básquet e o Leyma da Coruña. Epi, como é coñecido no mundiño, comezou a súa carreira como preparador no seu Burgos natal, concretamente no CB Tizona, exercendo como adestrador de formación de xogadores. Tras ascender a adestrador axudante de Andreu Casadevall no primeiro equipo desta entidade gaña a liga en dúas ocasións, pero en ningunha ascende a causa das restricións impostas pola ACB naqueles tempos. Na tempada 2015-16 ficha polo San Pablo Burgos, que sae na LEB Ouro en substitución do Tizona, empezando como técnico axudante até que en decembro asume o cargo de primeiro adestador. Ano e medio despois logra o ascenso con tan só 38 anos de idade, comandando un exitoso bienio na elite do baloncesto. No verán de 2019 asina polo Leite Río Breogán. En Lugo, tras un primeiro ano condicionado pola pandemia da Covid-19, logra o ascenso na súa segunda campaña á fronte da escuadra celeste tras imporse a Covirán Granada no play-off. Non obstante, e contra prognóstico, a directiva do conxunto da cidade da Muralla decidiu non contar cos seus servizos en ACB. A súa última experiencia até esta sinatura polo Leyma Coruña, onde ocupará a vacante deixada por Sergio García -quen en tres exercicios non foi capaz de lograr o ascenso, a pesar de asinar as mellores clasificacións históricas do club-, foi no histórico Movistar Estudiantes, alcanzando unha final do play-off onde caeu derrotado ante o Girona de Marc Gasol. Segundo anunciou a entidade herculina, Epi \"xa está a empezar a traballar co resto do corpo técnico e coa directiva na planificación e configuración do persoal para a próxima tempada\". Viny Okouo di adeus ao Monbus Obradoido Non só cambian os técnicos no baloncesto galego, tamén hai altas e baixas nos cadros de xogadores. A última foi o adeus do pivote Viny Okouo ao Obradoiro, onde disputou 30 partidos na 2021/22. Lydia Giomi asina polo Ensino Sen saír do baloncesto de máis alto nivel, pero situando o foco na súa modalidade feminina, o único representante da Galiza na Liga Endesa, Durán Maquinaria Ensino de Lugo, oficializou na xornada de onte a incorporación da pivote de 24 anos Lydia Giomi. Procedente de Spar Gran Canaria, destaca polo seu poderío na pintura grazas aos seus 1,98 metros de altura, característica que sen dúbida herdou do seu pai, o lendario Michael Ray Giomi, xogador estadounidense que desenvolveu en Europa a meirande parte da súa traxectoria, entre outros equipos no Breogán en dúas etapas diferentes durante a primeira metade dos anos 90, contribuíndo con 20 puntos á primeira vitoria da escuadra lucense ante o todopoderoso Real Madrid, no ano 1991. Non moi lonxe de Lugo, en Vigo, o Celta Baloncesto tamén anunciou unha nova fichaxe de cara á campaña 2022/23. Trátase de Anna Senosiain, base navarra de 25 anos que regresa á que foi a súa casa durante catro anos para aumentar a súa conta de partidos como celeste, 114 até o de agora."}
{"ID": "NOS_1108", "summary": "Todas as voces do PSdeG consultadas por Sermos dan por suposto que o economista Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975) optará a dirixir o partido, mais a este respeito el opta por unha ambigüidade calculada. Na conversa política que publicamos no Sermos252, Caballero reivindica o legado de Touriño -a súa apertura á sociedade no momento en que accedeu á secretaría xeral do PSdeG, o paso previo para a conquista da Xunta en 2005. Eis un avanzo da entrevista.", "text": "-Tes dito que aínda non decidiches se ías apresentar ou non a túa candidatura ás primarias do PSdeG, mais os distintos sectores do partido cos que ten falado Sermos dano por feito. De que pode depender a túa decisión? -Se neste momento contestase cun si rotundo ou cun non rotundo, estaría sendo incerto, enganaría os electores. Estou pensando como debe abrirse esa nova etapa no conxunto do PSdeG e eu intentarei ser unha peza útil nese novo tempo. Pero a miña posición nesta nova época aínda está por decidir. É unha decisión individual, mais tamén hai que vela en perspectiva colectiva. En principio, eu non lle teño medo a perder en ningún tipo de primarias, mais creo que hai que facer ben as cousas, porque a responsabilidade, se gañar, vai ser moi forte e a min me preocupa o PSdeG. Polotanto, máis alá de calquera tipo de decisión instantánea ou momentánea hai que ter unha perspectiva de longo prazo e eu intento que a miña decisión sexa coherente con ese proxecto de longo alcance que eu penso necesario para o PSdeG e que veño reclamando desde hai tempo. [A íntegra desta conversa, unha dupla páxina, aparece no Sermos252, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_54853", "summary": "Persoal do centro de ensino da Rabadeira, en Oleiros, representou esta sexta feira diante do instituto a súa oposición ás medidas coas que a Consellaría de Educación xestiona o inicio de curso nas actuais condicións sanitarias.", "text": "Profesorado e persoal non docente denuncian a escaseza de medios deste centro, o mal estado das súas instalacións –que teñen 53 anos e, segundo advirten, aulas moi pequenas– ou a alta carga horaria docente, ademais das dificultades que se viven no comedor, que xestiona a Xunta, ante a falta de persoal. A comunidade educativa reivindica ademais unha diminución das ratios e distancia de seguridade en todas a etapas educativas, \"e polo tanto máis seguridade nas aulas\". No acto de protesta, que prevén continuar cada sexta feira, o profesorado leu un manifesto no que expuxo as necesidades que a Xunta non está a cubrir."}
{"ID": "NOS_20026", "summary": "Rap, metal, rock, reggae, ska... O festival de outono Castañazo Rock fai a súa edición número XIV cun cartel de luxo. Nao, Familia Caamagno, Def con Dos, La Raíz e Ezetaerre son os pratos fortes para esta fin de semana.", "text": "Sexta Feira A verdadeira historia da cigarra e a formiga Boiro Casa da Cultura Ramón Martínez López 20.00h Espectáculo de teatro infantil a cargo da compañía Teatro do Andamio. Unha proposta teatral onde non faltará música e poesía para coñecer a outra cara das personaxes. Normas para saber vivir nunha sociedade moderna Lalín Novo Salón Teatro 21.30h Espectáculo da compañía Sarabela Teatro. Un texto adaptado a cinco voces, con música en escena, para tentar explicar a vida. Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala Ferrol Salón de Actos do Real Coro Toxo e Froles 16-21.00h Até o sábado, este congreso ten por finalidade salientar o papel xogado pola entidade, coma o doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario das Irmandades da Fala. Sábado Castañazo 2016 Chantada Mercado Gandeiro Festival de música galega e internacional. O cartel musical está formado polas bandas galegas Nao, Familia Caamagno, Poetarras e Ezetaerre, xunto cos valencianos La Raíz, os madrileños Def con Dos e os vascos Esne Beltza. Tampouco faltará o concurso de Cantos de Taberna xunto con outras actividades como xogos bravús, o magosto, e o Castañazo infantil. Pasabodeghas Vedra San Miguel de Sarandón Até o domingo o Pasabodeghas contará cunha ruta con degustacións polas sete bodegas participantes, acompañada de música de Preto, Trécola, Sons da Mina, Varacuncas, ou Os Feroces da Galgueira. A partir das 18.30h contarán coa actuación de Peter Punk, e ás 22.30h dan paso aos concertos de Faíscas da Pontraga, Sacha na Horta e Os Tres Trebóns. O domingo teñen sesión vermú, foliada e máis música. Teatro Narón Pazo da Cultura 20.00 h Voaxa e Carmín, comedia terrorífica protagonizada por Maruxa e Coralia, personaxes inspiradas nas Marías de Santiago de Compostela, de Butacazero. Festival AMAL Santiago de Compostela Auditorio Abanca 12.00h A viaxe de Ghada, realizada polo alumnado do CEP Ventín de Milladoiro, foi creada coa finalidade de contrapoñer o dano da guerra fronte á grandeza da xenerosidade. A sesión é de balde. Domingo Os divertidos espritos do Samaín Ponteareas Auditorio Reveriano Soutullo 17.00h Volta o Samaín con este espectáculo infantil da compañía Barafunda ambientado nas historias da noite do Samaín. Unha sesión onde as crianzas xogarán a ser verdadeiros monstros. Arraianos O Grove Carpa Multiusos da Praza do Corgo 19:00 Proxección do filme Arraianos, un retrato da vida e do tempo na Raia Seca, unha aldea perdida entre as fronteiras da Galiza e Portugal."}
{"ID": "NOS_22517", "summary": "A presidenta de Ve-la Luz, Gloria Vázquez, prestou declaración perante a Audiencia provincial da Coruña por un delito de \"revelación de segredos\" no marco dunha \"caza de bruxas\" que pretende silenciar a loita contra esta forma de terrorismo na Galiza matou 47 mulleres en dez anos", "text": "A asociación contra a violencia machista Ve-la Luz declarou esta terza feira perante a Audiencia provincial da Coruña. A súa presidenta, Gloria Vázquez, prestou testemuño en nome do colectivo, imputada por un delito de \"revelación de segredos\" ao se faceren eco dun video tomado de maneira clandestina nun punto de encontro familiar que funcionaba na Coruña. \"Din que existe unha vulneración da intimidade porque é a terapia dun menor, mais non valoran que o que está recollido nese video é o maltrato psicolóxico a ese neno\", recalcou Vázquez en declaracións a Sermos Galiza unha vez rematada a declaración no marco deste proceso aberto contra Ve-la Luz que ela atribúe a \"unha caza de bruxas\" emprendida por Miguel Filgueira, xuíz de violencia machista da cidade herculina. Na gravación que o colectivo difundiu, unha traballadora do punto de encontro (que xa foi pechado e cuxas anomalías recoñeceron tanto o Valedor do Pobo como a propia Xunta de Galiza) unha psicóloga media entre un pai e o seu fillo de seis anos. No documento sonoro, a traballadora amósalle á crianza unhas diapositivas e explícalle que \"se mamá tira por un lado e papá polo outro o neno acaba partido en dous\" ou que \"a man usarémola cada vez menos\". O pai do menor está condenado por violencia machista en virtude de sentenza definitiva, que non firme, pois presentou un recurso que fica pendente aínda de se resolver. \"Non están mortas; foron asasinadas\" \"Intentaron demostrar que nós colocaramos as lendas que aparecen no vídeo. Porén, fíxenlle varias correccións referidas a esas lendas, como que as mulleres non están mortas, senón que foron asasinadas\". Gloria Vázquez e a asociación que preside veñen denunciando o mal funcionamento dos puntos de encontro familiar desde 2011. Nestes centros, xestionados de maneira privada por colectivos vinculados á Igrexa católica, as crianzas \"son obrigados\" a manter contacto co seu proxenitor \"aínda que estea imputado ou penado\". A obriga de acudiren aos puntos de encontro está amparada na denominada síndrome de alienación parental --que as nais poñen as crianzas en contra do proxenitor--, e que foi cualificicada pola Audiencia de Bizkaia como \"máis unha forma de violencia machista\" e \"un instrumento pseudocientífico sustentado en ideas sexistas\". Pediran a substitución do xuíz de violencia machista En relación ao anterior, Ve-la luz pedíu tamén a substitución do xuíz Filgueira. Nunha entrevista publicada na revista do Colexio de avogados da Coruña, Fonte limpa, Miguel Filgueira sostén que \"nos casos en que a agresión na parella sexa mutua --isto é, se ela se defende-- o caso se xulgue como un delito común, debido á inexistencia dunha situación de dominio\". Após prestaren declaración en relación a ese delito de \"revelación de segredos\", Gloria Vázquez vaticinou que \"seguiremos imputadas\" e alerta de que no expediente da denuncia aparece recollida \"moita información privada relativa á miña persoa\", feito que considera \"unha clara vulneración da miña intimidade\". 47 lápidas diante da Audiencia provincial da Coruña A asociación Ve-la Luz ficou arroupada por ducias de persoas e organizacións políticas que secundaron unha concentración convocada baixo o lema 'Que non nos/te/a silencien', ao entender a imputación como unha tentativa de calar as denuncias pola deficiente atención que as institucións están a prestar ás mulleres en situación de violencia machista. O BNG cualificou esta imputación de \"indigna\", en palabras de Goretti Sanmartín, secretaria de Implantanción e estratexia municipal da formación frontista, quen fixo parte do protesto acompañada do responsábel comarcal da Coruña, Paulo Carballada; a responsábel comarcal de Acción feminista, Vitoria Louro; e a responsábel local de Galiza Nova, Alba Sánchez. Aproveitando a concentración, a asociación repetiu a acción realizada hai unhas semanas e transladou para diante da Audiencia provincial da Coruña unha manchea de lápidas, 47 en total, unha por cada muller asasinada na Galiza nos últimos dez anos polo feito de seren mulleres. Aliñas, Gloria Vázquez revolveuse tamén os recortes practicados na prevención e na atención deste problema político, nomeadamente no salario da liberdade."}
{"ID": "NOS_25301", "summary": "Este domingo 7 de xullo case dez millóns de gregas e gregos están chamados a acudir ás urnas nunhas eleccións xerais anticipadas, convocadas polo primeiro ministro Alexis Tsipras após os malos resultados da Syriza nos pasados comicios europeos e locais. Un novo Parlamento sairá dos votos emitidos este domingo e a maioría das enquisas dan por feito o fin da etapa Tsipras e a vitoria do partido de dereitas Nova Democracia.", "text": "Os colexios electorais gregos abriron ás 7 da mañá para que as case dez millóns de gregas e gregos chamados ás urnas poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións xerais ao parlamento heleno. O primeiro ministro Alexis Tsipras convocou os comicios para este domingo 7 de xullo de maneira adiantada, após solicitar a disolución a cámara ao presidente da república, Prokopis Pavlopulos. O mandatario grego e líder da Syriza tomou nota desta maneira do fracaso electoral colleitado pola súa formación nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo do 26 de maio e as municipais do 2 de xuño, que deixaron a Coalición da Esquerda Radical (Syriza) nunha complicada situación após ficar case nove puntos porcentuais por detrás da dereita do partido Nova Democracia. A maioría das enquisas dan por feito a vitoria de Kyriakos Mitsotakis, líder da Nova Democracia e pertencente a unha longa saga político-familiar A maioría das enquisas dan por feito a vitoria de Kyriakos Mitsotakis, líder da Nova Democracia e pertencente a unha longa saga político-familiar. O seu pai foi primeiro ministro grego, a súa irmá dúas veces ministra e o seu sobriño é o actual alcalde de Atenas. Mais a Syriza non tira a toalla e agarda dar a volta as enquisas poñendo en valor a súa política social desenvolvida con maior intensidade no último ano. Nese sentido, Tsipras afirmou no fin de campaña que \"os sacrificios do pobo\" deberían compensarse con máis avances sociais durante unha nova lexislatura baixo o goberno da esquerda. A Syriza non tira a toalla e agarda dar a volta as enquisas poñendo en valor a súa política social Con todo, segundo sinalan os inquéritos, o obxectivo da Syriza estaría máis ben e marcar a súa posición como primeira forza da oposición e formación de referencia para a esquerda. Nesa carreira ten tamén varias adversarias como Kinal (coalición na que figura o espazo socialdemócrata de centro esquerda Pasok que foi barrido após o estoupido da crise e o trunfo da Syriza) liderada por Fofi Gennimata. Na esquerda tamén está o partido comunista, o KKE, que aspira a incrementar o seu número de apoios e que se atopa liderado por Dimitris Koutsoumpas. Por último, no campo da esquerda tamén figura a formación internacional DIEM25, impulsada polo ex ministro de finanzas grego Yanis Varoufakis. Varoufakis dimitira após o goberno de Tsipras aceptar as imposicións da troika que foran rexeitadas no referendo convocado polo propio líder da Syriza en xullo de 2015. O ex ministro apresentouse nas pasadas eleccións do 26 de maio de 2019 ao Parlamento Europeo por Alemaña, mais quedou fóra da eurocámara. Varoufakis quere volver ao Parlamento grego. As enquisas sinalan que é posíbel que supere o límite do 3% Agora quere volver ao Parlamento grego. As enquisas sinalan que é posíbel que supere o límite do 3% dos sufraxios necesarios para poder acceder, mais descartan que acumule todo o voto que prognostican que a Syriza perderá esta madrugada. As outras forzas con posibilidades de ter representación son o partido neonazi Amencer Dourado con Nikolaos Michaloliakos, que rivalizará con máis forzas fascistas nas urnas que pretenden sacar representación a costa do seu desgaste, a formación conservadora Anel de Panos Kammenos e o partido autodenominado centrista EK liderado por Vassilis Leventis. Nas anteriores eleccións do 3 de outubro de 2015 o parlamento constituíuse con 145 representantes da Syriza Nas anteriores eleccións do 3 de outubro de 2015 o parlamento constituíuse con 145 representantes da Syriza, 78 de Nova Democracia, 20 do Pasok-Dimar; 16 de Amencer Dourado, 15 do KKE, 6 de ANEL, 5 de To PoTami, 5 de EK e 10 independentes. O Parlamento grego, coñecido como o Consello dos Helenos sitúase na popular praza Sintagma en Atenas (que acolleu as masivas mobilizacións contra a troika) e conta cun total de 300 membros que se elixen por sufraxio directo, universal, secreto e obrigatorio, para un período de 4 anos. O partido máis votado recibe un extra de 50 dos 300 escanos do parlamento, polo que só 238 escanos son adxudicados en 56 circunscricións electorais. Outros 12 distribúense proporcionalmente a escala nacional, cun limiar do 3% requirido para obter representación parlamentaria"}
{"ID": "PRAZA_10409", "summary": "O grupo de investigación 'Valoración Financeira Aplicada' da USC encabeza o proxecto de cooperación transrexional INTERREG ATLANTIC AREA, que traballará nas oportunidades da economía marítima e pesqueira entendida dende valores de sustentabilidade ambiental", "text": "O grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada da Universidade de Santiago lidera o proxecto de cooperación transrexional INTERREG ATLANTIC AREA, que traballará nas oportunidades de financiamento da transferencia tecnolóxica na Economía Azul, entendida esta como a economía marítima e pesqueira que se estrutura integrando os postulados da sustentabilidade medioambiental.\"Nun momento no que a economía atlántica trata de reinventarse, chama a atención a idea de Economía Azul, dentro do eido das industrias do Mar, no que Galicia sempre debe estar na vangarda\"O proxecto preséntase este mércores na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, nun acto que terá lugar no Salón de Graos a partir das 10 horas. Nesta sesión, aberta a estudantado, profesionais e público en xeral, haberá ponencias temáticas sobre captación de financiamento europeo e xestión de proxectos internacionais, así como relativas á Economía Azul, impartidas por especialistas do Sistema Universitario Galego, Portos e do Sector Privado.Búscase das coñecer as diferentes oportunidades de financiamento neste subsector emerxente da economía galega e da franxa atlántica.Dende o grupo de investigación destácase que \"nun momento no que a economía atlántica trata de reinventarse, chama a atención a idea de Economía Azul ou crecemento azul, dentro do eido das industrias do Mar, no que Galicia sempre debe estar na vangarda\". E sublíñase que este concepto \"é fomentado desde e pola Comisión Europea dentro da súa Estratexia Atlántica, na súa aposta pola economía marítima como un dos principais impulsores do crecemento do futuro de Europa."}
{"ID": "NOS_11312", "summary": "Un bo grupo de representantes do sector cárnico amosa o seu malestar coas declaracións do titular da carteira de Consumo ao xornal 'The Guardian'. As reaccións na Galiza tamén comezan a chegar.", "text": "O sector agrario e gandeiro de todo o Estado español -comezan a chegar tamén as queixas de sindicatos a nivel galego- exixe a dimisión do ministro de Consumo, Alberto Garzón, após o que consideran un ataque seu ao sector cárnico. Sindicatos españois como a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) é un dos colectivos que denuncia unha suposta campaña en contra da gandaría por parte de Garzón. Segundo afirman, esta viría de meses atrás pero o malestar volveuse disparar ao coñecer as últimas declaracións do representante de Goberno do Estado español. Este tería asegurado ao medio británico The Guardian: \"Atopan un pobo na España baleira e instalan 4.000, 5.000 ou 10.000 cabezas de gando. Contaminan o chan, a auga, e exportan esa carne de animais maltratados\". Ante estas declaracións que UPA ve \"irresponsábeis e directamente falsas\", pídese a Garzón que \"rectifique ou dimita\". Para este sindicato, o político ten \"tarefas moito máis urxentes e importantes que atacar os produtores\", aludindo á inflación ou ao desequilibrio existente na cadea agroalimentaria. O exemplo de 'Tenreira Galega' As reaccións na Galiza tamén comezan a chegar. Unións Agrarias (UUAA) reclamou que o ministro sexa destituído \"pola actitude de desprezo ao sector agrogandeiro e ao medio rural\". O colectivo lembrou, ademais, que a industria cárnica \"supón o último sostén económico e social para comarcas enteiras\" e acusou Garzón de procurar notoriedade cos seus supostos ataques. UUAA apuntou ao modelo de Tenreira Galega como a antítese do maltrato. O PP entra no debate Neste contexto tamén comezan as acusacións políticas. O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, que visitaba Lugo esta terza feira considerou que o representante \"ten que ir á súa casa\". \"É inaudito que un ministro, que non ten competencias e tampouco coñecementos na materia, se dedique a denigrar a todo o sector gandeiro\", criticou."}
{"ID": "NOS_6349", "summary": "Galega, mais ligada a Escocia por fíos sentimentais dende hai anos, Pilar Fernández coordina no exterior a campaña Solidarity with Scotland, a prol do si á independencia. Nesta entrevista, fálanos do A Fondo desta semana, sobre o referendo escocés, que ela coordena.", "text": "-Tes un vínculo persoal con Escocia e, ademais, a convicción de que este é un proceso histórico. Pero como animaches a involucrarte máis na campaña a prol do Si? -O primeiro paso para involucrarme moito máis decidín dalo cando Mariano Rajoy insinuou que podería vetar o reingreso de Escocia na UE. Esas declaracións están feitas adrede para que o goberno tory puidera utilizalas contra a independencia. Foi vergonzoso como os laboristas e os tories utilizaron as declaracións de Rajoy para intentar atacar o goberno escocés, e para ter un argumento en contra da independencia. Foi un ataque dun goberno español a un proceso democrático. Por outra banda, tamén se publicara na prensa que o goberno de Westminster estaba utilizando as embaixadas e os altos comisionados, que son pagadas polos impostos dos votantes do si e do non, como vehículo para facer campaña só polo non. Propuxéronme coordinar a campaña Solidarity with Scotland dende fóra a campaña e de cabeza me metín. Entendín que Better together estaba intentando asustar a xente co discurso de que os escoceses ían quedar illados, sen apoio internacional. -No A Fondo desta semana entrevistas o reverendo Stuart Campbell, a persoa por detrás de Wings over Scotland, medio xurdido como unha voz alternativa a favor do si… \"A manipulación e o nesgo que hai na BBC é absolutamente escandaloso. Centos de persoas, por non dicir miles, deixaron de pagar as licencias pola BBC, e hai manifestacións en contra das súas coberturas\". -Hai unha frase que di moito a xente de Radical Indy. Non odies os medios, convértete neles, se ti os medios. A manipulación e o nesgo que hai na BBC é absolutamente escandaloso. Centos de persoas, por non dicir miles, deixaron de pagar as licencias pola BBC, e hai manifestacións en contra das súas coberturas. En Escocia hai 37 xornais. Só seis teñen donos escoceses, e só un dominical, o Sunday Herald, se declarou a a favor da independencia. O resto só repiten insistentemente os ditados de Better Together. Isto obrigoulle á campaña do YES a reinventar os medios. -E Wings over Scotland é de algún modo o top ten… -É impresionante a información que da, a análise que fai das noticias, a comparativa que fai dos distintos medios, a neutralización da manipulación que fai. O reverendo Stuart é unha das persoas máis importantes neste proceso. Wing over Scotland chegou a ser a voz non oficial da campaña do yes. Veñen de imprimir medio millón de exemplares do pequeno libro azul, que podes ver en todos os lados, e onde se contestan xusto as preguntas claves das principais dúbidas que teñen os potenciais votantes escoceses. Noutra web similar, Bella Caledonia, pasaron de 7.000 a medio millón de lectores ao mes. O aumento de tráfico nestas páxinas web é impresionante. Son un fenómeno. A clave é esa. Non odies os medios. Convértete neles. Algo como Comunidade Sermos. E dende o meu punto de vista é o futuro. -Outro dos artigos deste A Fondo aborda o cambio vivido na sociedade escocesa nos últimos tempos. Como a convocatoria do referendo impulsou todo un cambio social? \"O que se vive aquí é unha revolución social. Aínda que gane o non, Escocia xa deu pasos para adiante. Xa non é esa Escocia á que todo lle dá igual. Pasou de ser unha sociedade aséptica a ser unha sociedade comprometida.\" - A xente está falando de política despois de séculos. Estase vivindo unha efervescencia na conciencia escocesa impresionante. O debate está na rúa, a xente opina, comunica as súas inquedanzas, explica que é o que espera deste proceso. Tanto os potenciais votantes do non como os do si, din que a sociedade xa cambiou. Os unionistas veno como unha ameaza porque crea desunión, pero a campaña do yes, que é vibrante, superpositiva e optimista, insiste en que por fin estamos a falar do que queremos cambiar de base na sociedade. A campaña do yes medrou tanto que a xente xa non se vai conformar con votar si no referendo. Se gana o si, iníciase un camiño cara a unha transformación social das mulleres, das clases traballadores, anciáns, dependentes, inmigrantes... O que se vive aquí é unha revolución social. Aínda que gane o non, Escocia xa deu pasos para adiante. Xa non é esa Escocia á que todo lle dá igual. Pasou de ser unha sociedade aséptica a ser unha sociedade comprometida. -Un deses cambios de base que se propón ten que ver coa política internacional, da que fala, para o suplemento, Christina McKelvie presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento de Escocia… -No ámbito tanto da agricultura, como da pesca e o control da inmigración, Escocia non ten competencias e depende das voces de Westminster. E aos granxeiros, acaba de pegarlles unha puñalada trapeira en relación con Europa. En Escocia queren ter voz propia, queren xestionar os seus propios recursos, e unha Europa distinta no sentido de que non lles interesan este tipo de políticas que se están levando a cabo, políticas conservadoras que chocan totalmente co goberno escocés. Escocia é o único país que fixo unha declaración a favor de Palestina. En Glasgow, hai uns días, estaban diferentes comunidades relixiosas iraquís manifestándose. A posición do goberno é moi respetuosa coa soberanía dos pobos e cos dereitos humanos. Hai un compromiso cos dereitos fundamentais e humanos e un país non debe promocionar guerras, como fai Wenstminster e non o poden facer de seguir nas mans de Westiminster. -No A Fondo tamén escribe Carolyn Leckie, voceira de Women for Indy. Cal é a importancia das mulleres no referendo? -Carolyn Leckie para min é un fenómeno. Procede do laborismo máis de esquerdas. Carolyn fala dese espertar da muller, da importancia para as mulleres de ter voz neste proceso. As mulleres que non estaban involucradas en políticas están meténdose en estudos de televisión, asistindo a debates, participando, dando a súa visión como nais por un futuro mellor para os seus fillos. -Polémica foi o anuncio de Better Together amosando ás mulleres como ignorantes. A protagonista mesmo descoñecía o nome do Primeiro Ministro escocés, Alex Salmond… -Os do non sacaron unha campaña coa visión da muller do opus Ese tremendo erro que cometeron os de Better Together foi como unha labazada ás mulleres en xeral. No anuncio de Better Together presentaban á muller ignorante, a muller da súa casa, os patróns da sección feminina, e elas rebeláronse. Eu vin centos de vídeos espontáneos de mulleres de todo tipo dicindo que ían votar si e dando as súas razón. A razón fundamental é o respecto á muller. A razón fundamental do yes é que temos voz, e ninguén ten que dicirnos que temos que quedar na casa atendendo o que nos diga o marido sobre o que temos que votar. As mulleres sacaron o seu lado máis artístico, creativo e reivindicativo. Tamén nese aspecto hai unha revolución. -Un dos artigos está elaborado por un escocés afincado en Galiza. Que importancia ten para Galiza o referendo escocés? \"Agora que desde Westminster están desesperados por ofrecer máis competencias, Galiza é unha voz de alerta, o exemplo de cómo as competencias autonómicas son violadas.\" - Politicamente, nós estamos anos atrás, e é por iso que estamos reivindicando soberanía, porque está en perigo. Dende a nosa experiencia, de estar perdendo constantemente poderes e competencias autonómicas, somos unha voz de alerta para os escoceses. Agora que desde Westminster están desesperados por ofrecer máis competencias, nós somos o exemplo de cómo as competencias autonómicas son violadas. É moi importante a nosa voz. Porque ademais temos unha estrutura política é semellante. Escocia ten un parlamento con, aparentemente, menos competencias có galego, pero as competencias de Galiza non son reais. Hai acordos nos partidos conservadores para que a autonomía cada vez sexa menor, e un intento de recentralizar que vai deixar aos pobos máis desprotexidos. Para nós o proceso escocés debera ser como unha especie de guía. Axúdanos a entender que para, conseguir soberanía e mesmo a independencia, é preciso buscar un obxectivo común, unha unidade. No proceso escocés hai moitísima unidade de moitos grupos moi variopintos para conseguir un obxectivo. -Tamén se aborda, de maneira conxunta, noutro dos artigos do suplemento, os casos catalán e escocés. En que difiren? -Dicía nunha entrevista a Praza Publica que o tema catalán é completamente distinto. En Cataluña estase mesturando un movemento popular coa estratexia política de Mas e compañía. É un pouco tratar de manipular, quitar o protagonismo a quen o ten, o pobo catalán, independentemente de que Mas e Convergencia i Unió fagan as declaracións que fagan. En Escocia non quixeron mesturar as dúas cousas. En Cataluña ten que haber un referendo si ou si, é un reclamo popular e democrático.O resto é non democrático. En Cataluña hai moito que facer porque temos un goberno de ultradereita en Madrid, e está dando pasos cada vez máis para atrás. Eu estou convencida de que o goberno británico o que fixo foi permitir este referendo porque estaban convencidos de que ían perder, e é por iso polo que bloquearon unha segunda pregunta, que precisamente en Cataluña si van facer."}
{"ID": "NOS_52320", "summary": "Alberto Núñez Feijóo continúa desaparecido. O presidente da Xunta non visitou a zona afectada polo incendio en Monte Pindo.", "text": "Mentres o alcalde de Carnota convocou un pleno extraordinario para declarar \"zona catastrófica\" a reserva natural calcinada polas lapas, o líder do PPdeG e presidente da Xunta de Galiza mantén para este sábado 14 de setembro a súa axenda e dá apertura ao curso político na Coruña acompañado por Carlos Negreira, mais non prevé desprazarse até O Pindo. Daquela imaxe en 2009 dun Núñez Feijóo sofocando o lume cunha mangueira de xardinaría só queda o retrato nas hemerotecas. Após iniciarse o que até o momento é o maior incendio do verán na Galiza, no Monte Pindo, o líder do executivo galego non visitou a zona. Con máis de 2.000 hectáreas calcinadas e a viveza dun lume que continúa a pór en risco vivendas e persoas, Alberto Núñez Feijóo viaxará até A Coruña para participar nun acto organizado polo Partido Popular con motivo da apertura do curso político. Entrementres as lapas continúan avanzando e atópanse xa no Ézaro. Sen visitar aínda a zona devastada, Feijóo estará o sábado na Coruña nun acto do partido Zona catastróficaAsí as cousas, en Carnota continúan adiante os labores de extinción. Os riscos non diminúen e o vento de nordés --que malia amainar non cesa-- manteñen o nivel de alerta 1. Con máis de dúas mil hectáreas devastadas, a atención céntrase agora na paraxe natural arredor da desembocadura do río Xallas. Após devastar a totalidade da reserva natural do Pindo, o lume podería atinxir agora o espazo natural que acolle o único río europeo que desemboca en fervenza. Neste senso, o alcalde de Carnota, Ramón Noceda (BNG), convocou esta sexta feira un pleno extraordinario para declarar \"zona catastrófica\" o terreo devastado polas lapas e que se corresponde case por enteiro coa totalidade do Monte Pindo. Esta categorización permitiría acceder a fondos de urxencia para iniciar o proceso de recuperación da zona coa maior celeridade. Reivindicacións ás que se sumou esta mañá o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. O alcalde de Carnota visa declarar \"zona catastrófica\" o monte ardido e urxe fondos para a súa recuperación O panorama é \"dantesco\", sentenciou o líder da organización frontista. \"Pregunto a Feijóo se despois de ver arrasado a emblemática paraxe natural de Monte Pindo polas lapas, mantén que é unha campaña extraordinaria na loita contra o lume, nunha declaración que merece entrar na historia da irresponsabilidade política\", inquiriu o nacionalista durante a súa visita ao Monte Pindo --onde tivo orportunidade de se reunir co rexedor municipal. Reclaman unha outra política agraria e forestal Con dureza, Xavier Vence bateu contra as declaracións feitas polo presidente do executivo galego quen asegurou en comparecencia de imprensa após unha xuntanza ordinaria do Consello da Xunta que a media de hectáreas ardidas nesta campaña a facían \"extraordinaria\". O Bloque exixe unha outra política agraria e forestal e responsabiliza a \"inacción da Xunta\" do resultado dun incendio aínda vivo \"Precisamos unha política agraria e forestal que poña en valor os montes, tanto con usos agrogandeiros como de lecer, e iso é o que ten que facer o Goberno da Xunta\", reivindicou o voceiro do BNG acompañado pola deputada Ana Pontón e Goretti Sanmartín, membro da executiva nacional da fronte. Para o Bloque, o lume de Carnota é \"resultado directo da inacción do Goberno galego e do veto sistemático do PP no Parlamento galego a declarar o Monte Pindo como parque natural, como solicitou o BNG, o que suporía uns investimentos e unhas medidas de preservación que terían impedido o lume ou minizado os seus efectos\". \"Insolencia, inhibición e irresponsabilidade\" gobernamental na orixe dos lumes Así, asegurou que a súa formación apoiará a convocatoria dunha manifestación nacional contra a política forestal da Xunta anunciada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural e que terá lugar o vindeiro mes de outubro en Compostela. Aliás, uniuse ás reivindicacións deste movemento social para exixir a demisión d@s responsábeis de Medio Rural e Montes, como tamén fixo o PSdeG. Feijóo asegurou en 2005 que este \"tipo de lumes\" mide \"a eficacia dos Gobernos\" @s socialistas lembráronlle a Feijóo as súas declaracións na altura de 2005 cando asegurou en Monte Pindo que a resposta perante \"este tipo de lumes\" medía \"a eficacia dos Gobernos\". Así mesmo, o daquela lider da oposición puña mesmo en dúbida cantos lumes se debían á actuación de piróman@se e canto \"á insolencia, inhibición e irresponsabilidade\" da Xunta. Desde que se iniciou a campaña de incendios o Goberno de Núñez Feijóo atribuíu este e outros incendios a unha cuestión \"de orde pública\" e non aos recortes na política de prevención da Xunta."}
{"ID": "NOS_27021", "summary": "Punto e Volta naceu como un proxecto audiovisual en liña coa vontade de radiografar a situación da música tradicional galega a través das historias, das músicas e dos bailes de diferentes persoas e xeracións. Conversamos con Olaia Tubío e Raquel Pérez, o cincuenta por certo deste colectivo, e Sara García, unha das súas protagonistas. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 273.", "text": "Punto e Volta xoga coa idea de poñer un punto e cesar o movemento. Un punto para respirar e repensar, para aprender e desaprender, para cuestionarse como está o noso baile e a nosa cultura. E logo darlle unha volta e fiar historias, memorias e vivencias, relatos individuais e colectivos, locais e universais. Son Olaia Tubío, Raquel Pérez, Alejandro Gándara e David Fontán. Catro graduadas en xornalismo que decidiron darlle unha volta á situación actual da música e baile tradicionais e populares en Galiza. E para iso recorreron directamente ás protagonistas, ás historias e aos relatos de xente de diferentes xeracións e de lugares diversos da xeografía galega. Contan con páxina web [puntoevolta.com] e botan man de diferentes redes sociais para partillaren os contidos de todas as súas entrevistas nas que se poden atopar desde conversas con grupos de pandereiteiras, lembranzas de bailadores, pareceres de profesionais da música ou até as historias de xente moza que se inicia neste mundo. Con contos e cantos. Así é como en Punto e Volta documentan a intrahistoria da música e o baile en Galiza. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 273 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]"}
{"ID": "NOS_22004", "summary": "O membro do Icomos transmitiulles a súa solidariedade e indicou que estudará a carta que o persoal remitiu hai unhas semanas á Unesco.", "text": "Un grupo de extraballadores e traballadoras da Torre de Hércules expuxeron, nun encontro informal, o conflito \"real\" que existe no faro romano a Paul Simons, membro do Comité Británico de Icomos –organismo consultor da Unesco-, que estes días visita A Coruña no marco da elaboración do novo Plan Director da Torre de Hércules. Un dos ex traballadores, Óscar López, foi o encargado de explicar a Simons a situación laboral e técnica da Torre: as supostas obras previstas polo Concello no faro, os despedimentos, a negativa a recoñecer o dereito á subrogación, a xudicialización do conflito, as mobilizacións contra o peche do monumento Patrimonio da Humanidade, etc. O membro do ICOMOS asegurou que ía estudar a carta que os traballador@s remitiron á Unesco O experto británico, apuntan os traballador@s, dixo que o Concello tiña informado da rescisión do contrato coa empresa que mantiña a concesión dos servizos da Torre, pero amosouse sorprendido pola existencia de demandas xudiciais por cuestións laborais e a existencia dun concurso de prazas temporais para os servizos do faro romano. Por iso, aínda que Simons lles dixo que, antes de pronunciarse de xeito oficial agardará a coñecer o contido das sentenzas, trasladou @s afectad@s a súa solidariedade e apoio.López tamén lle expuxo a problemática que pode xurdir se as sentenzas resulten favorábeis @s ex empregad@s, porque nese caso habería máis persoal do necesario e o Concello tería que despedir ás persoas contratadas a través do concurso temporal. Así mesmo, o membro do ICOMOS asegurou que ía estudar a carta que os traballador@s remitiron á Unesco solicitando cita co director, Kishore Rao, para abordar, na súa totalidade, a problemática que rodea ao emblemático monumento."}
{"ID": "NOS_56047", "summary": "Escavar e musealizar é a proposta dun dos arqueólogos que estudaron o Guidoiro Areoso, un illote no medio da ría de Arousa que agocha debaixo da area tesouros megalíticos que están nunha delicada situación.", "text": "Falamos con Elías López-Romero, un arqueólogo que comezou en 2013 desde a Universidade de Durham (Inglaterra) a estudar os xacementos arqueolóxicos de Guidoiro Areoso. Logo, xunto con outros colegas, creou o proxecto Guidoiro Dixital desde o que fan un seguemento fotográfico de como evolucionan as mámoas en perigo. Hoxe, xunto con outros expertos na materia, participa nun Encontro que organiza o Consello da Cultura sobre o tema. - Cal dirías que é o estado actual dos xacementos?- É bastante delicado, e como saberás un deles, a mámoa 5, quedou destruída en 2013 e a mámoa 4 que ten un valo de protección que puxo Patrimonio e Costas, deteriorouse bastante. Aínda co valo o mar comeu bastante a fronte do xacemento, e comparando coas fotos que nos foron chegando antigas claramente a erosión foi moi moi grande. A erosión segue pero hai uns xacementos que están a sufrir máis que outros. - Porque aí hai dous perigos: a acción do humano e a erosión. - Si, pero a acción do humano, que saiu moito na prensa, desde o meu punto de vista é moi secundaria neste caso, porque o que está afectando sobre todo é o tema do mar e dos temporais. A xente que vai de visita evidentemente pode afectar un pouco o pisoteo da duna, pero o que é a eliminación da area da duna e parte do sedimento onde están os xacementos, iso faino o mar e os temporais. - Ademais a parte norte é unha duna, móbil por definición. - Efectivamente, o feito de que a duna vaia ou veña afecta aos xacementos. \"O principal problema non é a xente senón os temporais\" - E vós que proposta de protección achegades? - O ideal é escavar. Escavar é a mellor solución para preservar o que hai. O que pasa é que fan falta diñeiro e xente. Hai que facer a escavación e logo documentar todo o que poida haber: cerámica, ósos, todo o que poida aparecer, e documentar como son as arquitecturas das mámoas, os túmulos e os dolmens. - Como debería ser? Escavar e logo volvelo tapar? Porque logo non o podes deixar ao aire...- Claro, os xacementos teñen estruturas de pedra, que son as laxes do dolmen, e logo o recheo, que poden ser ósos, cerámica, útiles de pedra, entón nunha escavación primeiro documentas todo o que sae. Todo o material que poidas levar, recóllelo e estúdalo no laboratorio e a arquitectura de pedra en principio habería que volver a tapala, aínda que se pode trasladar todo a un museo. Pero claro, iso é moito máis costoso. \"Os xacementos que están peor hai que darlles preferencia para escavalos e salvar o que conteñen e trasladar toda a estrutura e musealizalos\" - Isto tédelo claro os arqueólogos? - Sempre o ideal é poder estudalo desta maneira, pero agora non hai cartos. Eu sei que desde Patrimonio están a incentivar este tema e seguramente desde alí se pode facer algo. E iso é o interesante da xornada de mañá [por hoxe], que se poidan debater todos estes aspectos. - E a nivel de medidas de protección da acción humana, cres que habería que melloralo?- Creo que Patrimonio e Costas balizou para que non pasasen embarcacións privadas, e unha das medidas claras é intentar que non vaia tanta xente, pero o principal problema non é a xente senón os temporais, porque é a area a que está a protexer os xacementos e vaise rapidamente e deposítase noutro lugar. - A vosa aposta é que a única solución é excavar e levalos de aí, porque a curto ou medio prazo vai desaparecer...- A curto non, pero a longo fixo que si, de feito a mámoa 5 xa se destruiu, pero as que están peor son a mámoa 4 que ten o valo e logo as cistas que son caixas funerarias máis pequenas, esas están xusto na zona que cubre a marea, e unha delas está destruíndose. Eu non digo que haxa que facelo todo de golpe pero os xacementos que están peor hai que darlles preferencia para escavalos e salvar o que conteñen e trasladar toda a estrutura e musealizalo. Pero se se musealiza ten que ser fóra do illote."}
{"ID": "PRAZA_20155", "summary": "Markazi é o nome do campo de refuxiados iemenís de Obock, Djibuti. Dos preto de 40.000 iemenís que entraron en Djibuti, fuxindo das guerras de Iemen, uns 2000 viven neste campamento", "text": "Markazi é o nome do campo de refuxiados iemenís de Obock, Djibuti. Dos preto de 40.000 iemenís que entraron en Djibuti, fuxindo das guerras de Iemen, uns 2000 viven neste campamento. As diferenzas que entre eles había en Iemen non existen agora no campamento, onde todos teñen en común a escapada e a esperanza de que alguén lles tope unha saída á situación que viven, baixo tendas de campaña, en casas improvisadas feitas para aguantar un pouco tempo que, con todo, xa supera os dous anos; así e todo, aínda lonxe dos 25 anos que leva o campamento de refuxiados somalís de Holl Holl, onde a temporalidade deixou de ser tal para algúns. A maioría dos refuxiados que viven en Markazi proveñen do sur de Iemen: de Aden, de Moka e de Taiz. Nas súas costas os enfrontamentos e os ataques individuais seguen a ser comúns e diso foi do que escaparon. Dende alí tomaron barcos para cruzar o Golfo de Aden e chegar ata Djibuti, onde foron asentándose devagar na desértica Obock. A maioría chegaron co pouco que lles collía nas mans, en barcas ou en pesqueiros atestados de xente que fixeron a ruta inversa á que, dende hai séculos, fan os inmigrantes africanos que buscan no Golfo Pérsico o seu porvir. A Markazi chegaron feridos de guerra e traumatizados, que empeoran coa desesperanza. Aínda que a maior parte deles trata de buscar unha ocupación entre as tendas de campaña, a calor do día dificulta calquera movemento, e o tempo, que parece afastarse, vai contra as súas esperanzas. Os pequenos estudan no colexio, seguindo o currículo iemení, e polas tardes teñen actividades que os manteñen ocupados, como son contar, con debuxos, o que senten. E así, na exposición das súas pinturas, poden verse avións sobrevoando cidades, coches que semellan fuxir, corazóns namorados, familias en randeeiras ou fridas kahlos con transfusións de sentimentos que doen. Os adultos danlles clases, e entre eles, uns pintan, outros escriben e outros deambulan, e polas noites únense nunhas tendas ou noutras, e ás veces discuten de política. Os ollos dos máis cativos dos refuxiados reflicten o silencio da cámara para a que posan e as súas miradas calcan o refulxir dunha esperanza que a inocencia non lles permite abandonar. Para eles, Markazi non é un museo de historia iemení, é só un lugar no medio de ningures onde os levaron os adultos. É un gran patio de recreo onde ata de noite semella alumear o sol e no que os xogos lembran ruídos de guerra e berros de fame e desesperanza. A area e o tempo están tatuados por todas partes; mais alén diso tamén hai graffitis, como os dalgunhas carpas e caravanas nas que hai pintadas como \"Non queremos comida, queremos saír de aquí dunha puta vez\", \"Síntome como o incrible Hulk, teño o lombo roto, mais aínda podo andar\" ou \"Eu non son un terrorista\", letreiros que tratan de enviar unha mensaxe a un mundo que semella ter illada esta zona, que envía recados que ninguén recibe. Nas tatuaxes mestúranse regueiros de suor faltos de esperanza: o sol do eterno verán é como unha caixa de costura que lanza todas as súas agullas, que penetran os poros ata que chegan os meses de máis calor, cando o sol é un sable do que só é posible escudarse cubrindo todo o corpo, tapando a cara con toallas molladas e zarrapicando auga cada pouco. Os arames que rodean o campamento de refuxiados permiten imaxinar as fotos das praias de augas cristalinas e areas limpas que esconden a calor abafante dun lugar onde non chove máis dunha vez ao ano, e agochan un pasado glorioso que comeza a ter competidores que reclaman un próspero futuro. Mais esas imaxes non deixan de ser visións nun oasis sen auga; unha fronteira máis ás esperanzas do pobo iemení exiliado e enmudecido que trata de sobrevivir nun mundo xordo, cegado polo poder."}
{"ID": "NOS_29789", "summary": "O ministro de educación José Ignacio Wert asegura que o seu obxectivo é \"españolizar aos alumnos cataláns\" pois di, \"hai evidencias\" que relacionan o crecemento do independentismo coa dirección do sentido educativo. A oposición subliña que as verbas do ministro deixan ver os intereses re-centralizadores do Partido Popular.", "text": "As tensións xeradas entre o goberno español e as nacións sen estado --nomeadamente Catalunya-- están a amosar abertamente o ideario reaccionario que serve de guieiro á política d@s ministr@s españois. O último capítulo das \"saídas de tono\" do executivo de Mariano Rajoy, foi protagonizado esta semana polo responsábel do Ministerio de Educación, José Ignacio Wert, quen asegurou ter como obxectivo a españolización do ensino nos territorios do Estado con lingua propia pois, entende, este é o responsábel da auxe independentista. Wert: \"O noso interese é españolizar aos alumnos cataláns\" A aprobación do anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE), que xa recibiu o visto bo do Consello de Ministr@s, sería o instrumento empregado para cumprir co obxectivo de expandir a \"educación nacional\" entre os distintos sistemas educativos e garantir \"o dereito a estudar en castelán\". Neste sentido a nova norma, aumenta a porcentaxe de contidos que o goberno español imporá ás autonomías con lingua de seu --pasando do 55% ao 65% do currículo escolar-- en aras dunha \"vivencia equilibrada\", aseguraba Wert referíndose de maneira concreta ao estudantado catalán. ERC: \"O ministro representa unha actitude adoutrinadora e colonizadora\" O ministro de educación --que conseguiu ser trendig topic na rede social Twitter polas súas declaracións no Congreso d@s deputad@s--, amosábase \"sorprendido\" polas críticas que xeraron, principalmente entre os partidos nacionalistas cataláns, as súas declaracións. \"Digo españolizar no sentido de que aprendan na escola que non se é menos catalán por ser español\" afirmaba Wert nun intento por explicar as súas verbas, ao entender que o sistema educativo catalán esaxeraba \"ás veces até a carticatura\" os elementos \"particulares a costa da parte común\", o que diminuía --ao seu entender-- o \"sentimento español\" entre o alumnado. Para a oposición as verbas do ministro de Educación, daban conta do \"cambio de modelo de Estado\" que o goberno español pretende implantar a golpe de reformas, na procura da re-centralización política a través da perda de competencias territoriais. Neste sentido, desde a plataforma catalá Som Escola, aseguraron que a comunidade educativa estará preparada para \"combater calquera ataque\" no que para ERC demostra \"o identitarismo español do PP\" e unha actitude \"adoutrinadora e colonizadora\"."}
{"ID": "NOS_57030", "summary": "A filmoteca fai este 2021 o seu 30 aniversario", "text": "O Centro Galego de Artes da Imaxe iniciou hoxe a carteleira de 2021, ano no que a filmoteca fai o seu 30 aniversario. Durante este mes, programará 18 sesións na sede da Coruña, entre as que destaca a primeira parte dunha retrospectiva do icónico director hongkonés Wong Kar-wai, ademais da continuación do ciclo sobre o cinema negro de Robert Siodmak. Este mestre do xénero inaugurou o ano esta quinta feira cunha sesión do clásico Foraxidos, que se proxectará tamén hoxe e ao que seguirán Unha vida marcada (días 12 e 13), O abrazo da morte (días 15 e 16) e O caso de Thelma Jordon (días 19 e 20). Xaneiro tamén virá marcado pola primeira parte do ciclo Universo Wong Kar-wai, que ofrecerá as restauracións en 4k de sete dos seus filmes polo 20 aniversario de In the Mood for Love (Desexando amar, 2000), título que o consagrou como autor imprescindíbel do cinema contemporáneo. A retrospectiva comeza con As tears go by o 21 de xaneiro e o 2 de febreiro, e Days of Being Wild, 26 e 27 de xaneiro. No mes que vén, o CGAI exhibirá tres dos títulos cos que Wong Kar-wai alcanzaba nos 90 a categoría de cineasta de culto: Chungking Express, Fallen Angels e Happy Together, para alén de 2046 e da emblemática In the Mood for Love. Novo Cinema Galego Mañá o CGAI programa unha nova sesión de Off Galiza -dedicada a conmemorar o décimo aniversario do Novo Cinema Galego- con tres traballos de Xurxo Chirro: Gran Hotel, Carta a Herzog e DE BARRIO. En xaneiro lembraranse tamén os inicios do cinema profesional galego unha nova entrega da sección Pensando en cine, pensando en Galicia, comisariada por Antón Reixa."}
{"ID": "NOS_9322", "summary": "Segundo un estudo publicado en 2013 pola Organización das Nacións Unidas, 3 de cada 10 mulleres aseguran teren sido agredidas física ou sexualmente polas súas parellas.", "text": "A violencia machista é, segundo as Nacións Unidas, unha \"violación dos dereitos humanos\" e un \"grave problema de saúde pública\". Através da Organización Mundial da Saúde (OMS) a ONU ten elaborado os informes máis completos a nivel global a respeito da pegada da violencia machista no planeta. O máis recente foi publicado en 2013 e abrangueu o estudo de 80 países. Neste senso, segundo os dados recompilados pola Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres e o Consello de Investigacións Médicas da propia OMS o 30% das mulleres a nivel mundial sufriu nalgunha ocasión violencia machista --física ou sexual-- por parte da súa parella. Aliás, a organización internacional cifra en 38 de cada 100 o número de asasinatos de mulleres cometidos polas súas parellas. Segundo a ONU, o 38% dos asasinatos machistas foron perpetrados polas parellas das vítimas Fóra das relacións de parella, entre o 0,3% e o 11,5% aseguran teren sufrido violencia física ou sexual por unha persoa allea após cumprir os 15 anos e nunha proporción moi significativa dos casos as mulleres entrevistadas sinalaron que a súa primeira experiencia sexual foi \"forzada\" (17% en Tanzania, 24% en Perú e 30% en Bangladesh). Segundo diversos estudos internacionais recollidos pola Organización Mundial da Saúde, aproximadamente o 20% das mulleres tería sido violada durante a súa infancia. No caso dos homes, entre o 5% e o 10% asegura ter sido agredido sexualmente da súa nenez. Na UE 62 millóns de mulleres foron vítimas da violencia machista e o 5% afirman ter sido violadas, isto é, 9 millóns de mulleres En 2014 a Unión Europea publicou o primeiro estudo comunitario sobre violencia machista. Os dados tirados pola investigación desenvolvida entre os Estados Membros reflectían que un total de 62 millóns de europeas foran vítimas de violencia machista. Asemade, o 5% das mulleres da UE afirman ter sido violadas nalgunha ocasión após os 15 anos, isto é, 9 millóns de mulleres. O 18% asegura ter sido acosada e o 33% padeceu experiencias infantís de violencia sexual ou física a mans dunha persoa adulta. Na pasada fin de semana no Estado español producíronse 3 atentados machistas. Con eles a cifra de feminicidios no conxunto do estado elévase a máis de 50, sete deles na Galiza. Para alén das fronteiras con España, alén Miño a cifra non muda moito. En Portugal os organismos públicos cifran en 40 o número de mulleres asasinadas no que vai de ano. Dúas delas a pasada semana. A cifra de asasinatos machistas --ao igual que acontece no Estado español-- increméntase a respeito do período anterior."}
{"ID": "NOS_52075", "summary": "Impúxose 2-6 ao Futsi Atlético Navalcarnero na final disputada en Madrid e as galegas volveron así gañar, catro anos despois, este título.", "text": "A Supercopa volve tinxirse de laranxa catro anos despois. O Pescados Rubén Burela FS conquistou en Las Rozas este título ao se impor ao Futsi Atlético Navalcarnero por 2 goles a 6 nun encontro no que brillou a brasileira Jane, con tres dianas, que foi recoñecida como a mellor xogadora da final. O mellos dos estrenos posíbeis para a súa etapa coa equipa da Mariña. A última incorporación burelista inaugurou o marcador no minuto 7 após un erro de saída rival. Un gol que chegou despois de que a porteira do Burela FS, Ana Romero, freara as primeiras intencións claras das madrileñas. Iniciábase aí un partido dominado polo Pescados Rubén e que lle valeu a súa segunda Supercopa. Ficha técnica Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron María Sanz, Anita Luján, Gaby, Marta Balbuena Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Jane, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Bea Mateos, Jozi, Cris Lourés Goles: 0-1, minuto 7, Jane; 0-2, minuto 14, Jane; 0-3, minuto 25, Jane; 1-3, minuto 32, Ame Romero; 1-4, minuto 33, Jenny Lores; 1-5, minuto 37, Jozi; 2-5, minuto 37, Anita Luján; 2-6, minuto 37, Ale de Paz Árbitros: Delgado Sastre // Rabadán Sainz (Comunidade Valenciana). Por Futsi, cartón amarelo a Ame Romero (minuto 26), Leti (minuto 39). Por Burela, para Jenny (minuto 5)."}
{"ID": "NOS_25641", "summary": "Os Blues rachan o seu silencio nunha concentración antes do partido do Dépor, na que negaron a existencia de calquera tipo de cita previa co Frente Atlético e criticaron a directiva do club.", "text": "Arredor dun milleiro de persoas reuníronse este sábado, antes do encontro entre Deportivo e Málaga que gañaron os visitantes por un tanto a cero, na concentración á que chamou a claque Riazor Blues, durante a cal ofreceron por primeira vez de forma directa a súa versión dos sucesos acontecidos en Madrid hai unha semana, nos que faleceu un dos seus membros, Jimmy. A agrupación de seareir@s -que amosou tamén a solidariedade doutras de todo o Estado- indicou que \"non existiu ningún tipo de cita previa cos membros do Frente Atético\" e tamén negou que intentara sortear a presenza policial. \"Fomos obxecto dunha salvaxe e criminal emboscada\", asegurou o membro do grupo que leu un comunicado ante unha grande expectación mediática. Os Blues afirmaron que grazas á súa decisión de \"defenderse\" -segundo a terminoloxía que usaron- \"só choramos a Jimmy en vez de enterrar a cinco ou seis seareiros do Dépor\". Así mesmo, este grupo de afeccionados do Dépor foron moi críticos co tratamento dos medios de comunicación, aos que acusaron de telos \"acosado\", denuncia pública que tamén trasladaron á directiva, corpo técnico e xogadores do Deportivo, aos que mesmo chegaron a acusar de inhumanos por non terse solidarizado coa vítima. Estes seareiros do Dépor confesáronse \"vítimas dunha emboscada na que unha persoa foi asasinada\" e negaron que Riazor Blues poida ser considerada \"unha marca maldita\", como apuntou o presidente do club, Tino Fernández, cuxa dimisión foi pedida a berros durante a concentración."}
{"ID": "PRAZA_3419", "summary": "\"O xuíz rexeita as pretensións do fiscal\", asegura a empresa, malia que a sentenza estima varias delas, como que deixe de cobrar no futuro con atascos similares", "text": "\"O xuíz rexeita as pretensións do fiscal\", asegura a empresa, malia que a sentenza estima varias delas, como que deixe de cobrar no futuro con atascos similares\"Estímase parcialmente a demanda interposta polo Ministerio Fiscal\", di textualmente a condena a Audasa a devolver as peaxes que cobrou durante 81 atascos rexistrados na contorna da ponte de Rande entre 2015 e 2018 que vén de emitir un xulgado de Pontevedra. Porén, a visión que este martes ofrece a propia concesionaria é completamente dispar: \"O xuíz rexeita as pretensións do fiscal polas obras de ampliación da ponte de Rande\", asegura a empresa, dándolle a volta á sentenza. A sentenza non di que a AP-9 estivese \"en perfectas condicións\", como asegura Audasa, senón que as demoras dun par de minutos que producían as obras de xeito constante non teñen relevancia xurídicaA sentenza restrinxe aos 81 momentos concretos acreditados con probas a obriga de que Audasa devolva as peaxes, fronte á consideración do fiscal de que as obras de ampliación de Rande provocaran incidencias constantes no tráfico. A iso agárrase a empresa para asegurar agora que \"o 99,7% do tempo que duraron os traballos, a AP-9 estivo en perfectas condicións\", algo que en ningún momento di a sentenza, que o que fai é considerar que as demoras producidas de xeito constante polos traballos, dun ou dous minutos, non teñen relevancia xurídica.Audasa \"decidirá nos próximos días se interpón recurso de apelación\"O feito de que a sentenza rexeitase algunhas das reclamacións da fiscalía, como que a concesionaria tivese que devolver as peaxes cobradas durante todo o período ou mesmo indemnizase a maiores aos usuarios, é amplificado por Audasa ata o punto de asegurar que \"o xuíz rexeita as pretensións do fiscal\", cando o que fai é aceptar varias delas, incluída a de que a empresa deixe de cobrar no futuro cando haxa calquera tipo de atasco. No seu comunicado de valoración da sentenza, Audasa sinala que a empresa \"decidirá nos próximos días se interpón recurso de apelación\"."}
{"ID": "NOS_4547", "summary": "O Ministerio de Transportes quere centrar os seus esforzos nos \"desprazamentos diarios ao centro de traballo ou de estudos\" e non cre que este servizo, que opera entre A Coruña, Compostela e Ourense, cumpra eses requisitos.", "text": "Os trens de media distancia de alta velocidade, que circulan na Galiza baixo a marca Avant, quedarán excluídos da bonificación anunciada esta semana polo Goberno estatal para viaxar de balde en trens de media distancia desde setembro e até o remate do ano. Estes servizos operan entre A Coruña, Compostela e Ourense. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana argumenta que estes servizos non estarán incluídos dadas as súas \"especiais características\" e porque a medida quere concentrar os seus efectos nos \"desprazamentos diarios ao centro de traballo ou de estudos\". O Ministerio considera que os trens Avant non abranguen \"desprazamentos diarios ao centro de traballo ou de estudos\" Con todo, os seus usuarios si poderán acollerse á bonificación de 50% que xa se anunciou con anterioridade para os billetes multiviaxe, que se unirá ao desconto de 30% que os concellos e comunidades autónomas poderán aplicar aos títulos multiviaxe de metro, tranvía ou autobús, coa axuda económica do Estado. Pola súa parte, a media distancia convencional e os trens de proximidade si serán gratuítos, aínda que só se se viaxa con títulos multiviaxe, excluíndose así os billetes sinxelos ou de ida e volta e sendo necesario adquirir, por exemplo, un bono de dez viaxes. A chegada á Galiza dos trens Avril segue sen data Sexa como for, o Ministerio, organismo do que depende Renfe, xa está a traballar para definir esta medida, cuxo principal obxectivo é ofrecer viaxes gratis pero especialmente ás persoas que viaxan con frecuencia, razón pola que só se aplicará aos títulos multiviaxe. Con este medida, o Goberno estatal cre que uns 75 millóns de viaxes serán beneficiadas, aínda que se espera que esta cifra sexa aínda maior polo 'efecto chamada' de persoas usuarias cara ao transporte público. Críticas do BNG O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, subliñou que \"cero galegos e galegas van beneficiarse da bonificación no caso do tren de proximidade, porque na Galiza non existe ese servizo\". Aliás, considerou que este tipo de medidas \"deben ser permanentes e non só estenderse até o 31 de decembro\"."}
{"ID": "NOS_34744", "summary": "\"Aos ucraínos díxoselles que todo isto podería deterse nun momento\", afirmou o portavoz do Kremlin, Dmitri Peskov.", "text": "O portavoz do Kremlin, Dmitri Peskov, apuntou esta segunda feira que Rusia estaría disposta a pór fin á invasión de Ucraína e retirar as súas tropas se o Goberno de Volodimir Zelenski aceptase unha serie de condicións. \"Rusia informou Ucraína de que pode pór fin á operación en calquera momento se Kiev cumpre as condicións de Moscova. A eles [os ucraínos] díxoselles que todo isto podería deterse nun momento\", dixo Peskov, segundo recollen a axencia Reuters e Russia Today. Putin afirma que Rusia \"non ten malas intencións\" cara aos seus países veciños A primeira condición, reiterada desde que en 2014 estoupou o conflito bélico en Ucraína, é que Kiev renuncie definitivamente á península de Crimea e recoñeza a súa adhesión á Federación Rusa. En segundo lugar, a raíz do recoñecemento por parte da Duma estatal rusa e do Kremlin a mediados de febreiro, está o recoñecemento da independencia das repúblicas populares de Donetsk e Lugansk, na rexión do Donbás. As centrais nucleares, albo da guerra en Ucraína \"Non lle estamos quitando Donetsk e Lugansk a Ucraína, xa que non queren ser parte de Ucraína. Mais iso non significa que deban ser destruídas\", xustificou o portavoz do Kremlin. Aliás, Ucraína debería mudar a súa Constitución para \"renunciar ás súas pretensións de unirse a calquera bloque\", isto é, rexeitar a entrada do país na Unión Europea e máis na OTAN. Emmanuel Macron, após falar con Vladimir Putin: \"O peor está por chegar\" Mais, ante todo, Peskov insistiu na necesidade de pór fin á \"resistencia armada ucraína\". \"Estamos concluíndo a desmilitarización de Ucraína, e ímolo conseguir, mais se deteñen agora a súa acción militar ninguén seguirá disparando\", afirmou."}
{"ID": "NOS_28277", "summary": "O último inquérito publicado reflicte o avanzo do movemento independentista que gaña posicións a respeito do unionismo.", "text": "Wings Over Scotland fixo pública a última enquisa arredor do referendo de autodeterminación que terá lugar en Escocia en setembro. No inquérito, o apoio á independencia gaña posicións entre @s indecis@s e acurta a distancia entre soberanistas e unionistas, a porcentaxe máis baixa desde que foi asinado o Tratado de Edimburgo. Neste senso, o 'Si' acada xa o 47% dos apoios face o 53% das persoas que se amosan favorábeis ao mantemento de Escocia no Reino Unido. Segundo @s expert@s, de continuar adiante esta tendenza na recta final cara o referendo, no mes de setembro Escocia podería tornarse independente."}
{"ID": "PRAZA_15022", "summary": "O Goberno galego motiva na non presentación de documentos en prazo a exclusión da única empresa que se presentara para xestionar o Diario Oficial de Galicia", "text": "O DOG está a piques de non ter quen o escriba ou, cando menos, de non ter unha empresa nova que realice tal labor. A Xunta vén de declarar deserta a adxudicación a través da que, por un importe de ata 721.000 euros, ía contratar os traballos da elaboración do Diario Oficial de Galicia durante un ano. Faino despois de que a única empresa que concorreu ao concurso público, Producciones MIC -unha editorial madrileña con sedes en Barcelona, Valladolid e Balears que se ocupa da edición de diversos boletíns municipais en Castela, entre outros labores-, non achegase a documentación que se lle requiriu dende a Xunta tras determinar, o pasado 20 de setembro, que ía ser a encargada de xestionar este servizo público. Esta incidencia final que desemboca en que o concurso remate sen adxudicatario non é a única vivida ao longo do proceso, que xa estivo a piques de descarrilar a mediados de setembro. Daquela a mesa de contratación examinou a oferta económica da devandita empresa, que se ofrecía a xestionar o DOG por 405.358 euros, isto é, abaratando en máis de 300.000 euros o prezo de licitación -cantidade que a Administración está disposta a gastar como máximo- malia ofrecer máis persoal do mínimo establecido. Atendendo a esta oferta a Xunta considerou que Producciones MIC podería estar a incorrer nunha \"baixa desproporcionada ou temeraria\", isto é, que non fose quen de realizar o servizo nas condicións requiridas ao abaratar tanto os custos. A empresa á que lle ía ser adxudicado o servizo tivo que xustificar que non estaba a incorrer nunha \"baixa desproporcionada ou temeraria\" Atendendo á legalidade vixente, a Consellería de Presidencia instou a empresa a \"desvirtuar\" esta posible baixa temeraria, isto é, a presentar documentos que acreditasen que podería elaborar o DOG aforrando máis de 300.000 euros. Esta documentación foi presentada e o Goberno galego considerou \"suficientemente xustificada a baixa\", determinando que a editorial madrileña se ocuparía dos traballos de \"composición, maquetación, corrección e correcta publicación na web\" do DOG por 405.358 euros máis IVE, isto é, algo máis de 490.000 euros. Unha vez decidida a adxudicación provisinal, Producciones MIC tivo 10 días para achegar documentos como un certificado da Seguridade Social \"que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas\", outro da Consellería de Facenda \"no que conste que non ten débedas\" coa Xunta e un máis da Axencia Tributaria \"que acredite que se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas\". Tamén se lle reclamou o documento que dea conta de que a empresa está dada de alta no Imposto Sobre Actividades Económicas, o xustificante de ter depositadas as garantías económicas esixidas no contrato, de que pagase os gastos de publicación do anuncio no DOG e de ter contratado un seguro de responsabilidade civil, entre outros. O prazo correu e os documentos non foron presentados, segundo sinala a Xunta. Así as cousas, Presidencia ten agora dúas opcións diante de si: convocar unha nova licitación ou prorrogarlle o contrato á empresa que se ocupa actualmente do servizo, La Voz de Galicia, S.A, a quen lle fora adxudicado o primeiro contrato do DOG electrónico, en funcionamento dende maio de 2011. Durante aquel concurso a Xunta modificara o prego de condicións para deixar a porta aberta a que, no canto dun ano, as prórrogas puidesen estenderse ata seis anos se así o consideraba oportuno a propia Administración."}
{"ID": "PRAZA_7494", "summary": "Este artigo é unha resposta ao discurso plasmado por Ceferino de Blas (directivo e alma mater do Faro de Vigo) no seu artigo \"Mejor zarrapastroso que con traductores\", publicado o pasado mes no Faro de Vigo.", "text": "Este artigo é unha resposta ao discurso plasmado por Ceferino de Blas (directivo e alma mater do Faro de Vigo) no seu artigo Mejor zarrapastroso que con traductores. En primeiro lugar, e antes de entrar na análise do texto de Ceferino de Blas e na réplica, desexo facer chegar a Xesús Vázquez e a Anxo Lorenzo unha proposta a respecto da Cidade da Cultura: non é outra que a creación, no monte Gaiás, dun Museo do Disparate. Poderíase considerar un xesto de autohomenaxe por parte de ambos, é ben certo, mais iso combina perfectamente coa propia xénese da Cidade da Cultura; e ademais, non deixa de responder a unha das características nacionais máis marcantes do noso país. Desde logo, no caso de tal petición ser atendida, propoño que o texto de Ceferino de Blas que me dispoño a comentar e rebater figure no frontispicio do novo museo, pois difícil será atopar outro capaz de contraer maior cantidade de méritos en menor espazo. * * * * * Antes de entrar en materia, permitide que esclareza que non teño por costume dar réplica a todos os disparates lingüísticos que leo, mais fágoo neste caso pola relevancia do autor, pola difusión do medio no cal se publicou e –fundamentalmente– pola condición programática do texto, auténtico compendio das mistificacións nas cales se apoian os ataques contra a diversidade lingüística –e especificamente contra a lingua galega– destes últimos anos. Tentarei pór orde na resposta, xa que Ceferino de Blas non se deu ao traballo de facelo no seu texto, polo que estruturarei o artigo en un preámbulo e catro partes, deixando para a derradeira a análise máis especificamente orientada á situación lingüística galega. Preámbulo. Suma de ignorancia atrevida e prexuízos caducos Nada teño en contra de que persoas que non son especialistas en cuestións lingüísticas opinen sobre a lingua, xa que como patrimonio social que é, a discusión sobarda amplamente o ámbito académico. Porén, sempre é de agradecer cando as persoas non ultrapasan certos límites, e Ceferino de Blas descoñece os propios; de aí que se aventure en terreos nos cales demostra ignorar mesmo o abecé máis elemental. Vexamos algúns dos erros máis groseiros que comete: Confunde a corrección cun estado de cristalización lingüística, previo á globalización, á crecente influencia dos produtos culturais de masas e ao emprego das novas tecnoloxías da comunicación. Ignora de Blas que as linguas sempre están en evolución, e que ningunha tentativa de parar o reloxio da historia ten a menor probabilidade de éxito; ignora, tamén, que en calquera momento dese pasado idílico que el evoca, existiron tensións lingüísticas equiparables ás actuais. Identifica o uso dunha lingua co seu grao de coñecemento, cando calquera estudante da ESO sabe que son conceptos moi diferentes; ten maior pecado, ademais, que iso se publique nun xornal galego, cando todos sabemos que o nivel de uso da lingua propia do país é moi inferior ao de coñecemento. Pero é que, ademais, restrinxe a transmisión do coñecemento lingüístico ao ámbito escolar, ignorando a multiplicidade de modos de aprendizaxe existentes no mundo contemporáneo. Limita a corrección no uso á dicción (prosódica), a pesar de que este é só un dos varios elementos que interveñen na corrección, e nin de lonxe o máis relevante: seique non importan a riqueza vocabular, a precisión na selección léxica, o manexo das estruturas sintácticas... O deber do sistema escolar, segundo Ceferino de Blas, é ensinar os alumnos galegos a falar español con sotaque pucelano. Precisamente esa visión restrita da corrección é a que leva o sr. de Blas a teimar unha e outra vez nos prexuízos xeográficos, pondo reiteradamente Valladolid como exemplo a seguir, até o punto de dar a impresión de sofrer un severo complexo por non ter nacido nesa cidade e/ou aprendido o español que nela se fala. Cualifica o español como o \"maior patrimonio de quen nacemos neste país\" (enténdase España). Ora, se de patrimonio lingüístico falamos, é absurdo reducir a riqueza dun Estado plurilingüe a unha soa das linguas que o compoñen, por máis que sexa a de maior extensión no seu seo. Establece un ranking de lugares onde se fala \"mellor\" o español, de xeito abertamente contraditorio co eloxio ao carácter internacional desa lingua. E é que, aínda que de Blas semella ignorar tamén este detalle, toda lingua intercontinental posúe varios padróns de prestixio de primeiro nivel; ben como o feito de que, á medida que a globalización avanza, nomeadamente co crecemento no intercambio de produtos culturais, téndese a constituír unha koiné que, lonxe de responder a criterios xeográficos, renuncia a eles para resultar aceptable en todas as partes que conforman o respectivo dominio lingüístico. Mais a verdadeira xoia do discurso de Ceferino de Blas é que, sen percibilo, trata o español... como unha lingua estranxeira! Só así se explica que coloque Valladolid ao lado de Cambridge ou de París, modelos a imitar por aqueles que non son falantes nativos –por tanto, estranxeiros– do idioma en cuestión. I. A proposta de Wert á luz dos espellos deformantes Da proposta lingüística promovida polo ministro Wert, afirma de Blas que pretende que o español se estude nas \"condicións mínimas esixibles\", mais \"sen suplantar as linguas vernáculas\". Xa que non se nos explicitan cales sexan esas tales condicións mínimas, debemos supor que de Blas adhere ás definidas por Wert, como por exemplo garantir o pagamento estatal da inmersión en español, pero sen facer o propio no caso daqueles pais e nais que escollan o ensino en galego. Por certo, canto á non suplantación das linguas vernáculas, pouca credibilidade ten o artigo do sr. de Blas, que se declara partidario dun suposto e inconcreto \"uso equilibrado\" do español e do galego, mais constrúe o seu texto preocupado unicamente pola boa saúde do español –debe ser que o galego non está doente e o español, si; de aí que unha persoa tan equilibrada coma el se preocupe polo segundo e non diga ren do primeiro– e que menciona a lingua de Cervantes en dezanove ocasións –catorce, de xeito explícito; as demais, mediante antonomasias– e a de Rosalía en só unha. Por se todo iso fose pouco, o sr. de Blas permítese a licenza de aludir á mobilidade laboral como álibi para a promoción do español como \"idioma común\" fronte aos \"autóctonos\", impropios dun \"mundo globalizado\". Dous erros polo prezo de un: o primeiro, evidente, é que a mobilidade laboral non se limita ao Estado español, como ben poden testemuñar os milleiros de mozas e mozos do noso país emigrados ao exterior desde a chegada de Feijoo ao poder; e mesmo no seo do Estado, o coñecemento do español pode ser insuficiente, precisamente polo carácter plurilingüe que tanto parece incomodar ao sr. de Blas. O segundo erro é de incoherencia: resulta que a mesma globalización que o autor estigmatizaba no inicio, por ir contra a suposta pureza da lingua española, agora vira coartada a favor da superposición do español ás linguas propias dos territorios españois con lingua de seu... ou, peor aínda, que a globalización debe entenderse como limitada ao ámbito do Estado español e –como moito– ao dos países de lingua oficial española. Este é o tipo de inconsistencias que os defensores da supremacía do español cometen a todas horas, mais que costuman pasaren inadvertidas; e é urxente poñelas en evidencia para desmontar a falacia que pretenden contrabandear baixo o belo e digno nome de liberdade. II. Cataluña como modelo a evitar A sociedade catalá, segundo Ceferino de Blas, pasou do exercicio do seny ao estado de alboroto da noite para o día. Non hai análise dun proceso histórico, senón que se interpreta o aumento da adhesión ao soberanismo e a defensa do modelo de escola catalá como unha arroutada, algo así como o efecto dunha macumba ideolóxica perpetrada polos \"sectarios\" e \"hipócritas\" defensores da inmersión lingüística. Mais o sr. de Blas logo tira a carauta: non está en contra da inmersión porque sexa un mal modelo pedagóxico, senón porque supón a detracción do \"idioma común por cuestións ideolóxicas\". De novo, dúas falsidades nunha soa frase: en primeiro lugar, porque os exames internacionais demostran que o estudantado catalán posúe un dominio do español superior á media estatal, o que refuta de plano a tese da detracción desa lingua á mocidade catalá; en segundo, porque falar do español como \"idioma común\" si é un ideoloxema, cando o autor acusa reiteradamente os demais de utilizaren esas estratexias. E non pára por aí a cousa: mais unha vez, de Blas recorre ao discurso sobre o futuro da xente nova ao servizo da mistificación ideolóxica, como se o dominio do español garantise un lugar ao sol nun mundo globalizado. Mágoa que non predique o mesmo da lingua galega, cuxo carácter de vehículo de comunicación transcontinental semella ignorar por completo. Aínda que, ben é certo, todos sabemos que tampouco o dominio de ambas linguas é garantía suficiente, mais desde logo aumenta en moito a capacitación da mocidade galega e dalle unha vantaxe competitiva que é absurdo seguir a desperdiciar. Para completar a parodia, de Blas sitúase nunha sorte de progresismo populista, ao sinalar que a inmersión na lingua catalá é cousa do ensino público e só para os pobres. Curioso que o diga alguén que, como veremos a seguir, tece rasgados eloxios a Feijoo, denodado destrutor do ensino público do noso país. III. Laudatio de Feijoo, o ecuánime Sen dúbida, Feijoo posúe importantes virtudes como político, pois non en van gañou dúas eleccións con maioría absoluta (de escanos). Mais entre elas non están as tres que sinala Ceferino de Blas, e que son radicalmente falsas, a saber: Que foi Feijoo quen tomou a iniciativa de parar a reforma estatutaria impulsada por Touriño e Quintana. É ben sabido que houbo un acordo total na comisión redactora e que a orde de dar marcha atrás veu directamente de Madrid; de feito, hoxe Feijoo goberna sen instrumentos que lle virían moi ben por conta daquela traizón aos intereses de Galiza. Que Feijoo procedeu á implantación do \"bilingüismo na práctica\". Na práctica, segundo os datos da propia Xunta de Galicia, o 20% do alumnado galego remata a ESO sen ser capaz de falar –non digamos escribir con fluencia– a lingua propia desta terra. Na práctica, o galego retrocede cada vez máis en orzamentos públicos, en presenza nas industrias culturais e de lecer, nos medios de comunicación de masas ou en transmisión interxeracional. Na práctica, ninguén ignora –nin sequera o sr. de Blas– que estamos nunha encrucillada decisiva para saber se o galego sobrevivirá ou ficará nun canto da historia: ese é o equilibrio ao cal nos levan a política de Feijoo e as dinámicas sociais que impulsa a dereita neocentralista que el encarna. Que Feijoo se situou no medio termo entre os \"radicais dos extremos\". Fará falta que lle lembre ao sr. de Blas que á manifestación de febreiro de 2009 organizada por Galicia Bilingüe compareceron Alfonso Rueda, Corina Porro ou Carlos Negreira? Será preciso refrescarlle a memoria a respecto da oposición da Real Academia Galega e do Consello da Cultura, nada sospeitosos de radicalismo, ao decreto que cerceou a presenza do galego no ensino? Necesitarei recordarlle que o PSdeG e os sindicatos estatais participaron en todas as mobilizacións pola lingua e mesmo presentaron recursos nos tribunais contra os ataques ao galego? O PP ficou só, nun extremo; e todo o resto das forzas sociais (políticas, académicas, sindicais, culturais...), en frente: polo cal, ou asumimos que toda a xente sensata e non extremista apoia o PP, ou do contrario teremos que concluír que é ese partido quen se situou en posicións extremistas, incómodas até mesmo para boa parte da súa militancia e cargos institucionais. IV. Galiza, ano V despois de Feijoo O día que a profesora do parvulario explicou que non se pode sumar peras con mazás, o neno Ceferino de Blas estaba na cama con gripe. Só así se explica o dislate de comparar a realidade lingüística das escolas catalás coa das rúas galegas, como se ambos ámbitos fosen equiparables nin sequera dentro dunha mesma sociedade, cando máis entre dúas diferentes. Resulta rechamante que non compare o panorama lingüístico dos sistemas escolares catalán e galego, nun sinal inequívoco de que a escola galega está lonxe de supoñer un problema para os propósitos ideolóxicos defendidos polo sr. de Blas. Resulta igualmente rechamante que non pida nas escolas galegas a mesma porcentaxe de galego que se fala nas rúas, moi superior á das materias impartidas en galego –e ademais, como é ben sabido, banido daquelas con maior prestixio social e revestidas do halo da modernidade. Na única referencia explícita á lingua galega, o sr. de Blas apóiase na cita de autoridades sociolingüísticas tan eminentes na área como Torrente Ballester e Julio Sigüenza, retrotraéndose á realidade dos anos '60 do século pasado para pontificar a respecto da sociedade galega dos nosos días. E despois aínda terá a coraxe de dicir que son os demais quen pretenden recrear mundos pretéritos destinados a non máis voltaren... Por se iso non bastase, identifica a promoción das linguas diferentes do español cunha imposición (\"tratar de impoñer o idioma autóctono sobre o de uso común\") perpetrada no nome dunha \"coherencia identitaria e sentimental\". Ou sexa: que os galegos falemos o idioma milenario da nosa terra é unha imposición, pero que abandonemos a nosa lingua para falar español con sotaque de Valladolid, non; ademais, falar galego é un acto ligado ao irracional, mentres que falar español responde a vantaxes de tipo material, pois seique o español é a única lingua do mundo desposuída de connotacións identitarias e sentimentais. De feito, esa idea é tan do gusto do sr. de Blas que máis adiante insiste en contrapor a promoción do español como unha mostra \"da racionalidade, do sentido común e da defensa dos intereses xerais\" fronte ás linguas que el chama vernáculas –como se o español non fose tamén vernáculo!–, cuxa defensa identifica con \"intereses particulares\". Belo defensor do bilingüismo, este que unha e outra vez reitera a primacía, a superioridade e a prevalencia que deben ser recoñecidas ao español sobre as demais linguas do Estado! Chegado a esta altura, Ceferino de Blas decide que un discurso tan redondo como o seu merece pasar á historia, polo que decide inovar, introducindo o concepto de \"idioma maioritario\". Di textualmente: \"Tampouco abonda co inglés, como argumentan os que priman as vernáculas, porque o castelán é un idioma maioritario\". Maioritario, onde? Desde logo que o é en Valladolid, pero a nivel de sistema-mundo, ningunha lingua goza desa condición: hai unha lingua franca, que é o inglés; e un ramallete de linguas internacionais de primeiro nivel (chinés, árabe, francés, español, portugués, ruso e alemán); só quen domine a primeira e polo menos dúas das segundas pode considerarse medianamente preparado para un mundo globalizado, e acontece que a inmensa maioría dos galegos dominamos de entrada dúas delas, grazas ao bilingüismo que xente como Ceferino de Blas pretende destruír no altar do monolingüismo en español. Xa perto do final, de Blas afirma que o español é \"o cordón umbilical\" e que por iso, á marxe das desexables \"delicadezas lingüísticas\", no fondo \"a traxedia sería non entendernos\". Así, sibilinamente, atribúelle en exclusiva ao español a capacidade de comunicación, ao tempo que involuntariamente o reveste das características identitarias (a expresión \"cordón umbilical\" remite irremediablemente a ese ámbito) que tanto deosta nas demais linguas, nunha nova incoherencia das que o texto está cheo. Para concluír, o sr. Ceferino de Blas dá un salto mortal sen rede: a defensa da absoluta primacía do español, realizada no seu texto e xa abondo analizada nas liñas anteriores, chámase... bilingüismo! Non contento, alude ao \"imperativo cidadán\", contrapoñendo o programa da supremacía do español, executado no nome da cidadanía e do futuro das novas xeracións, co sectarismo político e ideolóxico do cal Cataluña é o exemplo máis acabado, na opinión do sr. de Blas. Vexamos o que di, textualmente: \"É un imperativo cidadán salvagardar o bilingüismo e dispoñer as bases educativas para que todos os que vivimos neste país nos comprendamos sen necesidade de tradutores\". Iso non se consegue mediante o aprendizado doutras linguas, senón simplemente falando todos español –a ser posible de Valladolid–, pois se ousarmos falar galego, é posible que alguén precise dun tradutor para entendernos. En definitiva, estamos perante unha proclamación da imposibilidade práctica de vivir en galego na nosa propia terra; iso si, no nome da racionalidade, do sentidiño, do equilibrio... e do bilingüismo! Baixo esas máscaras, o que se esconde é a pretensión dunha absoluta hexemonía social do español, co galego –e o mesmo vale para as demais linguas \"vernáculas\"– confinado unicamente aos usos que non perturben ese estado de cousas. Ante este programa empobrecedor, que fai apoloxía da ignorancia, da renuncia e da sumisión, debemos enarborar o do coñecemento, a autoestima e a liberdade, o do galego como lingua que suma e abre portas mundo afora. Non é sen tempo. * * * * * Relacionada: Anatomía dunha mentira (I)"}
{"ID": "PRAZA_15624", "summary": "Os 11 centros proxectaron 338 filmes de corenta países distintos. Engurras foi a película galega máis vista.", "text": "Os once cineclubes que na actualidade funcionan en Galicia pechan o 2012 cun incremento da súa actividade e das súas cifras de proxeccións e de espectadores. En total foron 25.020 as persoas que asistirons ás sesións destes centros. Proxectáronse 338 filmes de corenta países distintos, cunha media de 35 persoas por sesión. Foi o Cineclube Padre Feijoo de Ourense o que conseguiu atraer máis espectadores -máis de oito mil-, seguido dos cineclubes do Barco e do Carballiño, que roldaron os 3.500. En total foron 25.020 as persoas que asistirons ás sesións destes centros. Proxectáronse 338 filmes de corenta países distintos, cunha media de 35 persoas por sesión As produccións máis exhibidas pola rede dos cineclubes de Galicia, foron dous filmes filandeses A cegas e Eila, (froito dun acordo de colaboración co instituto iberoamericano de Finlandia) e a cinta iraniana Nader e simin, unha separación, todas con cinco pases. Con catro proxeccións situouse a produción galega Engurras. A Federación di que espera do 2013 \"non ter que peregrinar mes por mes polos distintos departamentos da Administración para alcanzar un acordo que garanta unha estabilidade orzamentaria\" O nivel de financiamento dos cineclubes mantívose estable no que se refíre á achega da AGADIC -uns 24 míl euro-, e reducíuse considerablemente no que respecta aos concellos, \"con compromisos municipais ficticios nas programacións, sen que se artelle unha estabilización orzamentaria\", segundo a Federación de Cineclubes de Galicia. En total calcúlase un volume de negocio, que beneficia ás distribuidoras, produtoras, transportes, salas e publicidade, 101.400 euros. A Federación di que espera do 2013 \"non ter que peregrinar mes por mes polos distintos departamentos da Administración para alcanzar un acordo que garanta unha estabilidade orzamentaria\", e demanda igualmente que se distribúa pola rede de cineclubes \"a programación que de forma exclusiva realiza o CGAI na Coruña\". Proxeccións e espectadores por cineclube Cineclube Padre Feijoo -Ourense-. 37 filmes. 8222 espectadores Cineclube Valle-Inclán -Lugo-. 18 filmes. 1000 espectadores Cineclube Cangas. 19 filmes. 855 espectadores Cineclube Lumière-Vigo. 32 filmes. 1984 aprox. Espectadores Cineclube Pontevedra. 29 filmes. 2150 espectadores Cineclube Os Papeiros -Chantada-. 12 filmes. 1040 espectadores Cineclube A Calexa -Monforte-. 13 filmes. 463 espectadores Cineclube Groucho Marx -O Barco-. 24 filmes. 3754 espectadores Cineclube Poleiro -Goián Tomiño-. 10 filmes. 300 espectadores Cineclube Carballiño. 111 filme- 3550 espectadores Cineclube de Compostela. 33 proxeccións. 1155 espectadores"}
{"ID": "NOS_8456", "summary": "Unha delegación da Executiva socialista, encabezada polo secretario xeral do partido, Valentín González Formoso, mantivo nesta xornada de sábado unha xuntanza con representantes de diversos colectivos sanitarios da Galiza", "text": "O PSdeG alertou da situación dos centros de Atención Primaria da Galiza, acusou ao Executivo galego de non cubrir as baixas de persoal e dunha redución de recursos, que \"provocou por primeira vez listas de espera \"inasumíbeis\" mesmo para recadar a diagnose médica en Atención Primaria\". Formoso denunciou a grave falla de persoal no sistema sanitario, que \"está a pagar a cicatería dos gobernos do PP para incorporar talento médico no sistema\", tanto na redución das taxas de reposición de persoal ao máximo como na negativa a incorporar os MIR habilitados polo Goberno do Estado. O dirixente socialista cargou contra o Executivo de Raxoi \"por reducir a taxa de reposición a 10%\" e as políticas de Feixoo por deixar de \"de contratar 150 especialistas que tiña permitidos nas últimas dúas convocatorias\" O secretario xeral do PSdeG esixiulle a Feixoo que \"saia da situación excepcional e comece a planificar\". Neste sentido, demandoulle medidas para aliviar a situación provocada pola pandemia, máis alá de \"fiar todo á carta da atención telefónica\", que está a xerar tensións na atención sanitaria. O líder dos socialistas galegos reivindicou a mellora de condicións laborais dos profesionais sanitarios como vía imprescindíbel para mellorar a calidade do sistema, que precisa de \"con cadros de persoal motivados\""}
{"ID": "NOS_33396", "summary": "O BNG resolveu levar o caso Someso -un escándalo urbanístico que envolve a Francisco Vázquez e ao presidente dos empresarios galegos- ao Tribunal de Contas.", "text": "O caso Someso irá finalmente ao Tribunal de Contas. Non por iniciativa do Concello da Coruña, que onte recusou facelo ao votar en contra dunha moción do BNG, senón porque será a formación nacionalista galega a que finalmente recorra a esta instancia xudicial. Para o BNG, o Goberno Negreira está a amparar quer ao ex alcalde Francisco Vázquez quer a Antonio Fontenla Ramil e demais promotores inmobiliarios, principais beneficiarios desta desfeita urbanística. Serio dano á Facenda municipal O grupo municipal que lidera Xosé Manuel Carril xulga que o informe elaborado por dúas funcionarias do concello da Coruña pon de manifesto de forma incontrovertíbel que no caso Someso se ten producido un serio dano á Facenda municipal, constitutivo dun suposto de responsabilidade contábel (artigos 38 e seguintes da Lei Orgánica 2/1982 de 12 de Maio do Tribunal de Contas). Para o BNG, Negreira ampara a Vázquez e a Fontenla, o xefe dos empresarios galegos O Concello da Coruña alega, por súa parte, que xa deu traslado do contido do informe á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. O caso Someso -a expropriación forzosa de solares para a construción dun campo de fútebol nuns terrenos que finalmente acolleron un centro comercial e vivendas- ten provocado perdas por valor de 50 millóns de euros ao erario público coruñés, en conceito de perdas patrimoniais e indemnizacións aos afectados. Todo aconteceu baixo a supervisión directa do ex alcalde e ex embaixador do Vaticano, Francisco Vázquez."}
{"ID": "NOS_12132", "summary": "O PSOE remite tamén documentos a Podemos, En Comù Podem, Compromís e IU para un pacto de investidura. No remitido á coligazón galega propón revisar a prórroga a Ence ou medidas para o agro e pesca galegas, entre outras cuestións.", "text": "O PSOE remitiu esta segunda feira a En Marea, Podemos, En Comú Podem, Compromís e Izquierda Unida as súas ofertas para que apoien a investidura de Pedro Sánchez. Son cinco documentos, que partillan un tronco común en gran parte das medidas propostas, se ben en cada un deles fai ofertas e propostas diferentes, en base á formación á que se dirixen. Así, na remitida a En Marea, ofrecen revisar a prórroga de Ence ou procurar un novo reparto de cotas en especies como o xurelo e a xarda. O documento consta de 17 páxinas,comezando coa valoración dos socialistas do resultado do 20-D e o escenario xerado. O PSOE indica que das urnas saiu unha demanda de cambio e eso é o que teñen que dar resposta as formacións. Defende o pacto con Ciudadanos mais dicindo que \"somos conscientes de que ten que ser complementado con outros\" pactos para que participen forzas \"progresistas e de esquerdas\". A seguir, o documento esténdese nunha serie de propostas que van desde unha 'axenda de emerxencia social' a accións de cara a \"reconstruír e modernizar o estado de benestar\". Oferta tamén medidas a desenvolver no mercado laboral, na loita contra a corrupción. \"Medidas específicamente compartidas\" A partir da páxina 14 do documento éntrase no que se define como 'Medidas especificamente compartidas'. É aquí onde o PSOE pon riba da mesa ofertas dirixidas a cuestións máis centradas en Galiza. Son catro bloques, o primeiro deles centrado nunha política industrial \"con especial incidencia no naval\". En 'Desenvolvemento rural, agricultura e pesca' (segundo bloque), é onde se propón desde un novo reparto de cotas pesqueiras para a frota até garantías de cumprimento do acordo lácteo e a definición dun prezo sostíbel para cada elo da cadea de valor. Tamén se abre o PSOE a falar da retirada da prórroga de Ence. Faino no bloque tres, centrado en 'Medio-Ambiente' e no que tamén se recolle a rexeneración das rías galegas, facendo especial fincapé na do Burgo. E, por último, no apartado de 'Educación e Cultura', o PSOE oferta unha lei que \"defenda e promova\" en todo o Estado as linguas como \"patrimonio cultural que nos identifica\". Tamén propón \"a difusión das linguas co-oficiais a través do Instituto Cervantes\"."}
{"ID": "NOS_14592", "summary": "Alegato durísimo contra o PP polo dossier da corrupción, chiscadelas ao PSOE de Sánchez (sen chegar a admitir como erro o non á investidura do líder socialista) e proclamación do carácter plurinacional do Estado. Eses foron os tres eixos do discurso de Pablo Iglesias na maratoniana sesión coa que deu inicio a primeira moción de censura no Estado nas últimas tres décadas. O líder das confluencias estabeleceu unha hierarquía entre as nacións sen Estado: primeiro, Catalunya, despois o País Vasco e a seguir \"as demais nacións históricas\".", "text": "\"Asumo os erros do pasado. Nos podemos equivocar. Pero non roubamos, nen damos aire aos corruptos\", enfatizou Pablo Iglesias nun dos momentos cimeira do seu longuísimo discurso de 2 horas 50, 60 minutos máis dos que empregou no seu día Felipe González na primeira das mocións do actual réxime político español, a que o PSOE interpuxo contra o goberno de Adolfo Suárez (UCD). Significa isto que Iglesias admite como erro o non de Podemos e as confluencias (En Marea entre elas) á investidura de Sánchez en marzo de 2016? Non, até aí non chegou a autocrítica. De feito, o líder da formación morada reafirmou os criterios que levaron naquel momento a bloquear o acceso do secretario xeral á Moncloa co supremo argumento de que a política económica dese goberno alternativo a ditaría Ciudadanos, \"a política económica do IBEX 35\". O maratoniano discurso de Iglesias veu precedido dun tamén larguísimo parlamento da portavoz do seu grupo, Irene Montero, quen abriu lume ao debate cunha intervención de dúas horas, máis propia dunha candidata nunha investidura do que dunha portavoz dun grupo parlamentar. Nun medido reparto de papeis, Montero castigou duramente o fígado de Rajoy coa corrupción como asunto practicamente monográfico até o ponto de perpetrar unha das intervencións máis cruas que se recordan na Carrera de San Jerónimo. A primeira surpresa do debate deuna, porén, Rajoy, quen decidiu tomar a palabra (como presidente do goberno pódeo facer en calquer momento do trámite parlamentar) non para lle dar a réplica a Iglesias após escoitar o seu discurso, senón para contra-argumentar o speech de Montero. Rajoy utilizou as súas primeiras municións para desacreditar a moción, unha iniciativa que considera falta de toda xustificación. \"Non teñen razón nen no fondo nen na forma\", dixo. Para o titular do Executivo, Unidos Podemos formula a moción non para mudar nada -porque aritmeticamente non dan os números para se abrir paso-, senón para continuar a ocupar un espazo no taboleiro político. \"Nós non roubamos (...). Vostedes utilizan o medo para roubar. Pero o medo está acabando, señor Rajoy\", espetoulle ao presidente do goberno Pablo Iglesias nos primeiros minutos do seu discurso, coas ondas sísmicas do combate entre o presidente do goberno e a combativa Montero aínda a abalaren o hemiciclo. Esta andanada á marxe, Iglesias esforzouse por construír un discurso de ton presidencialista, até o ponto de baixar un par de octavas o seu ton de voz, o que lle pasou certa factura en termos de perda de punch. \"Nós non roubamos (...). Vostedes utilizan o medo para roubar. Pero o medo está acabando, señor Rajoy\" No primeiro tramo do seu parlamento, Iglesias traballou tamén o flanco do hipotético encontro das esquerdas españolas. E debuxou algúns trazos da paisaxe en que sería posíbel ver Sánchez e el propio de mans dadas. Só hai unha condición para o idilio se abrir paso, que o PSOE renuncie a todo entendimento con Ciudadanos, partido retratado polo líder da formación morada como \"a muleta laranxa\" do PP. Consciente de a moción só dispor de 82 apoios na Cámara (os propios de Unidos Podemos e as confluencias máis os de Compromís, ERC e Bildu), Iglesias quixo comparecer como o autor dunha iniciativa social e así celebrou desde a tribuna a presenza no palco de convidados do secretario xeral de CC OO e dos chamados alcaldes do cambio, entre eles o da Coruña, Xulio Ferreiro, e Ferrol, Jorge Suárez. O líder da Marea Atlántica debeu achar o discurso de Montero un chisco longo de máis e aproveitou para botar na súa tablet unha partida de candy crush, momento en que foi cazado pola colaboradora do dixital conservador OK Diario María Jamardo, ex dirixente do partido Sociedad Civil e Democracia (SCD), efémera formación que en tempos liderara Mario Conde. .@XulioFerreiro alcalde de La Coruña encuentra el discurso de @Irene_Montero_ pelín largo... y se ha marcado un \"Villalobos\" #MocionCensura pic.twitter.com/N72Tn2zgdl— María Jamardo (@MariaJamardoC) 13 xuño 2017 Denuncia da corrupción e apelos á entente co PSOE á marxe, o asunto de maior peso político da intervención de Iglesias foi sen dúbida o que cualificou como a \"crise en Catalunya\", isto é, a emerxencia dun bloco social favorábel xa non a revisar a relación co Estado, senón directamente á independencia. Iglesias estabelece un ranking das nacións: primeira Catalunya, despois \"País Vasco\" e logo as demais, entre elas Andalucía Nese sentido, Iglesias voltou a enfatizar con clareza os límites do terreno que el e as confluencias pisan. Non á independencia, si a un referendo legal e vinculante, desde a consideración de que hai que \"repensar a plurinacionalidade de España\". \"O que vale para Catalunya\", dixo, \"debe valer tamén para o País Vasco e as demais nacións históricas se a maioría dos seus cidadáns e das súas organizacións o exixen\", dixo nunha frase en que foi moi rechamante a omisión dun nome, Galiza, arrombado no caixón das \"nacións históricas\", un eufemismo que ecoa a expresión \"nacionalidade histórica\", o termo consagrado na Constitución de 1978. Direito a decidir, si, mais só no caso de que haxa unha suficiente demanda social en cada territorio, defendeu Iglesias, un argumento non novidoso na doutrina oficial podemita. No discurso, en todo caso, o líder de Podemos estabeleceu un podio das nacións perfeitamente hierarquizado: no caixón da medalla de ouro, Catalunya; no da prata, o \"País Vasco\" e no de bronce, as \"demais nacións históricas\". Nesas nacións históricas estarían Galiza -o líder morado nomeouna explicitamente nunha pasaxe da súa intervención, aquela na que evocou o movimento Nunca Máis como un fenómeno social precursor do 15M-, Baleares, o País Valenciano e até Andalucía -\"o mapa plurinacional non estaría completo sen Andalucía...\". Iglesias aspira ao \"governo da geringonça\" Toda moción de censura implica necesariamente un programa de goberno alternativo. Na súa confección Iglesias puxo directamente os ollos en Portugal e no \"governo da geringonça\", o executivo en minoría de António Costa (PS) apoiado desde as bancadas da Assembleia da República por Bloco de Esquerda (a formación lusa máis homologábel a Podemos) e polo PCP. Só hai un pequeno problema. O puramente aritmético. En Portugal os números dan. No estado español, non. A suma das esquerdas de ámbito estatal deitan un resultado conxunto de 166 escanos no Congreso dos Deputados, face os 169 que reúnen PP e Ciudadanos. O desempate habería que o procurar nos asentos do PNV (5) e nos da antiga Convergència (8). Extremamente difícil tendo en conta o acordo do partido de Urkullu con Rajoy na negociación dos orzamentos e mesmo a alianza conxuntural dos de Artur Mas coa Moncloa no decreto da estiba. \"Un goberno seu sería letal para o interese xeral\", atacou Rajoy despois de Iglesias debullar algunha das políticas, basicamente de carácter keynesiano no ámbito económico, que un goberno progresista podería desenvolver desde a Moncloa. Rajoy atribuíu a Iglesias a súa \"devoción pola política como espectáculo\", inclinación que o incapacitaría como gobernante, ao tempo que o acusou de \"querer destruír o adversario con hostigamento, destrución e revancha\". Iglesias non ficou atrás e lanzou duras invectivas a Rajoy, valla un exemplo para ilustrar o acento descualificador dos seus ataques: \"O seu partido necesita unha desinfección intensa e teráa que facer desde a oposición\"."}
{"ID": "PRAZA_1654", "summary": "Cando Ana, dando mostras dunha valentía sen precedentes, e mais naquelas datas nas que non se falaba de violencia de xénero, fixo público o seu caso, o tráxico e previsible resultado non se fixo agardar: O seu ex marido queimouna causándolle a morte no xardín da mesma vivenda que o xuiz considerou que debían compartir.", "text": "Cando ainda non chegamos a o ecuador do mes de Xullo, todo apunta a que, un ano mais, e coma cada verán, vaise cumprir o macabro ciclo do repunte de asasinatos de mulleres polas suas parellas ou ex parellas. Arbo, Arganda del Rey, Albacete....o regueiro de sangue feminina vaise extendendo inexorablemente por toda España Arbo, Arganda del Rey, Albacete....o regueiro de sangue feminina vaise extendendo inexorablemente por toda España, e mentras media poboación se relaxa entre arrecendo a bronceador e chiringuito, para muitas mulleres, esas \"idílicas vacacións\", nas que se van ver obrigadas a compartir muitas horas ca persoa que ten a sua vida nas suas mans, e que o tráxín da rutina diaria fai que vaia demorando un tráxico desenlace, son a sua sentenza de morte. O caso da última vítima contabilizada hata o día de hoxe, Laura González, abrasada pola sua ex parella cando se atopaba no seu traballo, troxo a memoria de case todos o sucedido a Ana Orantes, unha muller a que alá polo ano 97 un xuiz irracional obrigou ca sua sentenza a vivir na misma casa co home que levaba anos someténdoa a o maltrato mais cruel. Cando Ana, dando mostras dunha valentía sen precedentes, e mais naquelas datas nas que non se falaba de violencia de xénero, fixo público o seu caso, o tráxico e previsible resultado non se fixo agardar: O seu ex marido queimouna causándolle a morte no xardín da mesma vivenda que o xuiz considerou que debían compartir. Cando Ana, dando mostras dunha valentía sen precedentes, e mais naquelas datas nas que non se falaba de violencia de xénero, fixo público o seu caso, o tráxico e previsible resultado non se fixo agardar Din os \"expertos\" que a morte, perdón, o asasinato, de Ana, supuxo un antes e un despois en materia de violencia de xénero, e que tivo coma consecuencia a reforma do Código Penal, que insta as vítimas a denunciar. E eu pregúntome, realmente temos que crer que as cousas mudaron, que melloraron para nos, para as vítimas da violencia machista, para as mulleres en xeral??? Din os \"expertos\" que a morte, perdón, o asasinato, de Ana, supuxo un antes e un despois en materia de violencia de xénero, e que tivo coma consecuencia a reforma do Código Penal, que insta as vítimas a denunciar Eu non son amiga de estatísticas, pero as cifras cantan alarmantemente. O número de asasinatos non soamente non disminue, se non que aumenta dun xeito aterrador. Creanse leis, observatorios, promóvense aciós, xornadas, seminarios cos que se acada, eso si, o lucimento de quen, con unhas habilidades excelentes para o márketing, pero con unha escasa empatía e unha humanidade, en muitos casos, baixo mínimos, fai negocio ca dor de tantas e tantas mulleres, de tantos nenos e nenas sen nai, de tantas familias rotas. O feito certo é que se seguen asasinando mulleres, que a violencia de xénero segue a ser aínda un problema de \"portas adentro\" Mesmo algún colectivo que se erixe en defensor destas mulleres organiza acciós que raian no esperpento, coas que consiguen, eso si, muitas fotos e que os medios se fagan eco do seu......traballo?, pero, a vista está, con mui poucos ou ningún resultado que non sexa o de engordar o seu ego e un malsano e hata morboso afán de protagonismo. Pero o feito certo é que se seguen asasinando mulleres, que a violencia de xénero segue a ser aínda un problema de \"portas adentro\". Que o medo a o qué dirán e disuasorio para muitas familias, que prefiren que a sua filla, a sua irmá, viva con unha continua espada de Damocles enriba antes de que os veciños falen. Segue imperando a dobre moral, esa de \"non hai que meterse nas cousas de parella. E mellor calar.....\". Seguen a dictarse sentenzas que condenan a muller a unha morte anunciada ou cando menos a vivir nun perpetuo inferno Segue imperando a dobre moral, esa de \"non hai que meterse nas cousas de parella. E mellor calar.....\". Seguen a dictarse sentenzas que condenan a muller a unha morte anunciada ou cando menos a vivir nun perpetuo inferno, e iso despois dunhas demoras no eido xudicial de meses e meses, cando non de anos, mentras o seu maltratador continua ca sua vida coma se nada e ela, a vítima, e cuestionada día a día. Algo está fallando estrepitosamente. Algo se está a facer moi mal. Por iso, pregúntovos de novo: De verdade cambiou o conto?"}
{"ID": "PRAZA_5768", "summary": "Elena Martín Lores relata dende Barcelona as últimas horas dun conflito no que a resposta cidadá conseguíu frear o proxecto do Goberno municipal para derrubar o centro social, un referente para os movementos sociais cataláns. Galería de imaxes no interior.", "text": "Xa foron cinco días de manifestacións e disturbios desde que o Concello de Barcelona fixera efectiva a orde de desaloxo do histórico Centre Social Autogestionat Can Vies, no barrio de Sants. Cinco días nos que, non só se levou ao cabo a destrución do mítico edificio, senón que ademais se deu unha resposta moi violenta por parte dos Mossos D'esquadra. Ao ataque á sede de La Directa (medio de información independente) por parte dos mossos, únense os 200 feridos durante os disturbios, todos eles manifestantes, 40 dos cales tiveron que ser atendidos no hospital, e 63 detidos, segundo datos da Rereguarda en Moviment (asociación antirepresiva catalá) e o Observatori del Sistema Penal i dels Drets Humans de la Universitat de Barcelona. Un dos detidos, membro dos castellers de Barcelona, foi levado a prisión preventiva. Por outra banda, varios dos arrestados afirman ter recibido malleiras por parte dos mossos dentro de comisaría. Algúns dos feridos xa empezaron a presentar querelas polo abusos recibidos. Hoxe, e tras toda a rabia acumulada, varios dos ocupantes do CSA e veciños do barrio, xunto con persoas chegadas doutros puntos de Barcelona, comezaron a reconstrución do edificio. Cara as dez da mañá, centos de persoas concentráronse diante doutro Centro Social de Sants, Can Batlló. Esta antiga fábrica textil abandonada de La Bordeta fora reclamada hai case tres anos pola veciñanza e foi finalmente cedida polo Concello de Barcelona por mor das presións da Comisió de Veïns de La Bordeta e o Centre Social de Sants que aseguraban que senón a okuparían. En Can Batlló repartíronse cascos amarelos (a cor identificativa de Can Vies) e guantes entre a xente e púxose camiño a Can Vies para comezar a limpar a zona e intentar reedificar o centro. Asociacións de arquitectos como a cooperativa local La Col, que tamén traballan en Can Batlló, están axudando na planificación da reconstrución, malia que a actuación institucional deixou a estrutura do edificio moi danada. A presenza policial era practicamente inexistente. O ambiente era moi festivo esta mañá, con bágoas de emoción entre os presentes ante o acontecemento. Como modo simbólico de protesta, foron sacándose os cascallos deixados polo derrube e, formando unha cadea humana, foron deixados diante da Seu del Districte. A cavadora queimada, que ata onte lucía a verba guerra, hoxe estaba cuberta de flores e pancartas reivindicativas. Por outra banda, preparouse unha comida popular para tódolos presentes, e incluso os nenos participaron facendo debuxos pensados para decorar o centro trala reconstrución. \"Son tres anos de recortes, paro, represión, non esquecemos a data do 27 de maio de 2011 cando desaloxaron Plaça Catalunya. Aquel día todas éramos pacíficas e estabamos indignadas, pero agora xa non hai só indignación, hai rabia\" Ao longo da semana, asociacións veciñais saíron a palestra cunha serie de reivindicacións para poder acabar co conflito: o cese inmediato da violencia e a desmilitarización do barrio, ademais da chegada dun acordo para reconstruír Can Vies. Membros do CSA afirmaron estar de acordo con esas reivindicacións pero descartando en todo momento negociar coas institucións porque se sentiron traizoados por elas, dado que estas recoñeceron que o seu propósito fora en todo momento o derribo de Can Vies, tarde ou cedo, de acordo co plan urbanístico aprobado. Pediuse unha vez mais a dimisión do alcalde Xavier Trias e do rexedor do distrito Jordi Martì. Onte dende o Concello paralizouse oficialmente o derribo do inmoble. \"Xa é dabondo de construír falsos discursos sobre a violencia, imos á raíz, as causas, xa non só é Can Vies, son tres anos de recortes, paro, represión, non esquecemos a data do 27 de maio de 2011 cando desaloxaron Plaça Catalunya. Aquel día todas éramos pacíficas e estabamos indignadas, pero agora xa non hai só indignación, hai rabia\". Declararon en público os membros do CSA."}
{"ID": "PRAZA_866", "summary": "Os aspirantes ás alcaldías das urbes propoñen a un tempo e a través das redes sociais un cara a cara con candidatos \"dos grupos municipais\" e o partido aclara que a oferta só vai dirixida aos que teñen \"representación municipal\", polo que exclúen plataformas cidadás ou formacións en auxe.", "text": "Foi unha proposta a un tempo, durante as primeiras horas da mañá e pola rede social Twitter. Varios candidatos do PP ás alcaldías das cidades galegas propuxeron un debate electoral para a vindeira campaña municipal. Fixérono case en idénticos termos e case todos eles cunha mesma condición: que nel participasen os candidatos \"dos grupos municipais\" ou \"con representación no pleno\", o que supón tamén evitar debater cos líderes das diferentes plataformas cidadás que se presentan nas urbes ou mesmo cos de Ciudadanos, aos que as enquisas lles dan opcións nalgúns concellos. Catro candidatos do PP nas cidades propoñen debates pero cos \"candidatos dos grupos municipais\" \"Propoño #debate electoral cos candidatos dos grupos municipais. Lugar neutral, moderador/a xornalista e aberto aos medios\". Esa foi a fórmula empregada polos dous ex conselleiros candidatos en Vigo e Ourense, Elena Muñoz e Jesús Vázquez respectivamente. Parecida á de José Manuel Rey Varela, rexedor de Ferrol e candidato a recuncar no cargo, que elixiu o castelán, pero que non exclúe especificamente ás forzas que non están no pleno ao falar de \"candidatos das formacións políticas\". Unha delas sería a Marea Ártabra, que mesmo propuxo xa lugar e data: \"Aceptamos. No auditorio de Caranza ou no Jofre, pola tarde e aberto ao público. Venres ou sábado, mellor\". Tamén BNG, Ferrol en Común e PSOE amosaron a súa disposición a debater. Non obstante, fontes do PPdeG xa aclararon que esta estratexia conxunta supón unha oferta \"aos partidos con representación municipal\" e argumenta que abrir o abano dificultaría onde poñer o límite. \"É a forma que temos de facer unha criba\", explican as mesmas fontes, que aseguran que sen establecer un criterio poderían incluírse tamén partidos \"como a Falange ou os antitaurinos\". Así, Jacobo Moreira, candidato dos populares en Pontevedra, propón especificamente o debate \"aos candidatos dos outros dous grupos municipais\" e, xa que logo, a BNG e PSdeG pero non, por exemplo, á Marea nin a outras formacións. Carlos Negreira limita o debate na Coruña aos \"candidatos de partidos con representación no pleno\" Na Coruña, Carlos Negreira, alcalde e candidato a renovar o seu mandato, elixiu a súa propia fórmula, pero case ao mesmo tempo que os seus compañeiros de Ourense e Vigo propoñía un debate \"aberto a todos os medios, con candidatos de partidos con representación no pleno\". Ao limitalo ás formación con representantes no pleno municipal exclúe tamén a Marea Atlántica, á que as primeiras enquisas dan arredor dun 20% de apoio, e a Ciudadanos, que podería acadar tamén algún concelleiro. \"Xa levamos semanas debatindo e agardando por ti. Conta coa Marea Atlática para este debate e a moitos outros\", respondeulle en Twitter Xulio Ferreiro, candidato do movemento cidadá, en referencia a varios debates organizados por medios locais aos que nunca acode representante ningún do PP nin o propio Negreira. César Santiso, edil na corporación de EU, que confluíu na plataforma, tamén lle contestou asegurando que o seu grupo municipal \"acepta o debate\" pero \"a través de Xulio Ferreiro\" ao que considera o seu \"candidato\" por ser Esquerda Unida \"parte da Marea Atlántica\". EU advertiu na Coruña que aceptaba o debate \"a través do candidato da Marea Atlántica\" por formar parte dela O BNG da Coruña amosouse tamén \"disposto a participar en todos os debates electorais\" a través do seu candidato á alcaldía, Xosé Manuel Carril. \"Como sempre fixemos. Estamos abertos a todos os debates\", advertiu sobre unha posibilidade que xa se ofreceu a \"organizar e difundir\" o Colexio de Xornalistas de Galicia. Xa en nota de prensa, a formación nacionalista \"defende que nos debates electorais se recollan todas as sensibilidades, tanto as que contan con representación institucional como as que non contan con representación institucional\". Mar Barcón, candidata socialista, tamén amosou o seu compromiso a estar \"en todos os debates que se propoñan sen condicións previas\". O PPdeG aclara que todas as propostas van dirixidas unicamente aos partidos con representación nos plenos municipais A última hora da mañá uniuse á proposta o candidato popular en Lugo, Jaime Castiñeira, que tampouco excluíu formación ningunha, cando menos polo que expresou na súa conta de Twitter, aínda que o seu partido xa aclarou os límites. \"A 39 días non coñecemos ningunha proposta López Orozco. Por iso propoño debate público con todas as forzas para confrontar que queremos cada un\", asegurou. No caso de Agustín Hernández, cadidato do PP en Compostela, aínda non explicitou a súa oferta por Twitter, pero a oferta será a mesma que a dos seus compañeiros nas outras cidades. No seu caso, o debate excluiría a Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta, e a outras formacións como Compromiso por Galicia."}
{"ID": "NOS_47429", "summary": "O Ministerio público impútalle ao actual deputado do PDeC (Partit Demòcrata Europeu Català) no Congreso a comisión de presuntos delitos de prevaricación e desobediencia.", "text": "No 9N Francesc Homs era conselleiro da Presidencia e do seu departamento dependeu a organización da consulta autodeterminista o 9N, tida como ilegal polo Estado español. En paralelo a esta petición de pena por parte da Fiscalía do Supremo, Homs tamén foi citado a declarar polo Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya no xuízo polo mesmo asunto contra o ex presidente Artur Mas, a ex vicepresidenta Joana Ortega e a ex conselleira Irene Riguau. O xulgamento vaise desenvolver do 6 ao 10 de febreiro. O TSXC non considera, porén, procedente que comparezan en calidade de testemuñas nen o presidente do goberno, Mariano Rajoy, nen o daquela ministro de Xustiza, Rafael Catalá. Na súa declaración perante o Supremo, Homs revelou que o goberno español tentou un arranxo político coa Generalitat para esta deslexitimar a consulta Os cargos contra Homs ventílanse no Supremo e non no TSXC dada a súa condición de aforado. A fiscalía investiga o ex conselleiro polo contido dunha carta que o político nacionalista dirixiu a unha empresa informática para lle comunicar que a suspensión do 9N decretada desde Madrid non anulaba o contrato que a administración catalá asinara con ela para o fornecimento de computadores precisos para a realización da consulta. Na súa declaración perante o Supremo, Homs revelou que o goberno español tentou un arranxo político coa Generalitat. A proposta de Madrid consistía en que ninguén do goberno catalán saíse a noite do 9N a valorar os resultados do referendo, co obxectivo de os deslexitimar. Se aceitaban a oferta, a contrapartida do Estado sería non encetar accións xudiciais contra o goberno catalán. Barcelona rexeitou o arranxo."}
{"ID": "NOS_39963", "summary": "Meteogalicia fala dun mes \"moi húmido\" no seu informe climatolóxico. Ademais, destaca os contrastes de temperatura que soportou a cidadanía.", "text": "Un agosto \"moi húmido\". Así cualifica Meteogalicia no avance do seu informe climatolóxico o mes rei do verán, que rexistrou precipitacións abundantes entre os días 12 e 19 e que, ademais, experimentou fortes contrastes de temperatura. A respecto dos valores climáticos para o período 1981-2010, os episodios máis chuviosos deixaron porcentaxes de máis dun 390% por riba do normal para esta época do ano. Cada un dos días por separado xa superaría os valores normais dun mes de agosto. As chuvias medias acumuladas foron de 92 litros por metro cadrado e deuse unha gran diferenza entre comarcas como A Mariña central e o Sar, con rexistros de 266 litros por metro cadrado e a da Limia, a máis seca da Galiza, con 5 litros por metro cadrado. En relación coas temperaturas, a anomalía media foi de +0,13ºC, o que fai que poida conside-rarse no conxunto da Galiza como un mes normal. Porén, é o contraste entre temperaturas en-tre a primeira e a segunda quincena de agosto o que máis salienta Meteogalicia. O exceso de calor das quince primeiras xornadas quedou compensado coas frías temperaturas das últimas dúas semanas. O valor medio das temperaturas máximas foi de 24,5 graos, rexistrándose os valores máis altos nas ribeiras do Miño e do Sil, así como na comarca de Verín, con valores que superaron os 30 grados de promedio. Pola contra, as máximas máis baixas déronse nos puntos máis elevados do interior sur da Galiza, en Manzaneda e Pena Trevinca, con máximas medias que apenas superaron os 17 graos."}
{"ID": "NOS_41993", "summary": "A Real Academia Galega vén de decidir que Ricardo Carvalho Calero sexa o homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2020. Recuperamos o perfil do autor publicado nun A FONDO especial do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "\"Eu nascin no Ferrol Vello. O Ferrol Vello é o Ferrol máis antigo, un bairro de pescadores, primitivamente, que non era outra cousa que unha vila mariñeira semellante ás da Ría enfrente do Ferrol de hoxe, por exemplo Mugardos\". Ricardo Carvalho Calero Ricardo Carvalho Calero naceu o 30 de outubro de 1910 na casa número 51 da Rúa de San Francisco de Ferrol. É o máis vello dos seis fillos do casal formado por María Dolores Calero Beltrán e por Gabriel Ricardo Carballo Naya, familia integrada na vida da burguesía ferrolá do primeiro cuarto do século XX. Acabado o Bacharelato, matriculouse na universidade, no curso de Dereito, estudos que remata no ano 1931. Licenciouse en Letras, con premio extraordinario, en 1935. Axiña se converteu nunha das figuras máis prestixiosas do movemento estudantil, ao que se lle encomendaban discursos de abertura de curso, informes ou manifestos. Foi presidente da Federación Universitaria Escolar (FUE). En Carta a Fernández del Riego, do 24 de febreiro de 1933, fai referencia a esta etapa: \"non é a miña situación presente moi a propósito pra invertir o meu tempo en redactar manifestos, pero craro está que desque hoxe recibín a vosa tarxeta non estudei nin fixen tal que traballar no encarrego\". Así mesmo a presenza en Santiago serviu para se aproximar e ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Tal e como el mesmo deixa escrito, os seus \"compañeiros habituais eran os galeguistas que traballaban no Seminario\". Foi un dos fundadores, na asemblea de Pontevedra de 1931, do Partido Galeguista e xunto con Luís Tobío elaborou o Anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza, de concepción federalista, aínda que despois a Constitución Republicana non foi federalista. A guerra civil (1936-39) sorprendeuno en Madrid. Incorporado ao exército republicano, como oficial, estivo en Valencia e Andalucía, onde foi detido. Foi xulgado e condenado \"por adhesión á rebelión\" a doce anos e un día de reclusión. Puido retornar a Ferrol en 1941 coa obriga de se presentar periodicamente perante a autoridade militar até a extinción da pena, en 1951. \"O grande trauma da guerra -diría- esnaquizóu moitos arquivos. O da miña memoria foi alarmantemente saqueado\". No cárcere podía escribir, mais a censura non permitía outra lingua que o español, como amosa esta carta a del Riego o 23 de xullo de 1940. \"Querido amigo: En tu última carta me decías que tu vida era bastante monótona. ¡Con qué adverbio y con que adjetivo calificarías la que vivo? yo, cuadriculada por toques de corneta y restringida por unos límites infranqueables\" . O labor docente En Ferrol permaneceu até 1950, impedido de exercer e dedicado ao ensino de maneira precaria. Non podía estar colexiado a consecuencia da condena que se lle impuxera e tivo que dedicarse a el de forma privada e clandestina. En 1950 trasládase a Lugo como Director do Colexio Fingoy. Nel aspirábase a centrar o ensino no medio galego, a arraigar a educación no ambiente do país, rexeitando \"toda a pedantaría livresca que confundise a formaçom dos rapazes con a erudiçom infantil, despersonalizada e apátrida\". Fingoy constituíu unha experiencia pedagóxica única na Galiza e a esa ocupación dedica todo o tempo, como el mesmo recoñece, \"até o punto de ter que renunciar á literatura cicais para sempre\" (Carta do 15 de marzo de 1953). Permanece en Lugo até que, no ano 1965, se incorpora como profesor interino de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Compostela, onde acabaría sendo o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. \"Ao regreso dun viaxe achéi eiquí dúas cartas túas. Nunha felicítasme por téreme encarregado a Faculdade de Letras de Santiago do curso prósimo de Lengua e Literatura Galegas. (...) O Decano escribiume oferéndome o posto. Como a cadeira non está dotada, só se dispón de 700 pesetas mensuás pra me remunerar. Pero, cómo ía atreverme a refusar? Mallaríades en min. Contestei aceitando... En fin, é unha aventura persoal impropria dos meus anos; pero quero ensaiala, inda que remate mal, pois sería paradóxico que a esquivara. Hai que vivir con autenticidade\" (Carta de 24 de novembro de 1965). Xa en Santiago a súa dedicación á Universidade foi total e o seu labor desde o posto de ensinante universitario abranxe múltiplas facetas, desde o contacto persoal até a investigación máis seria; da edición de libros á dirección de teses O seu traballo docente terminou en 1980, aínda que continuou acudindo á Facultade de Filoloxía até pouco antes de morrer, o 25 de marzo de 1990. [Este texto foi publicado no número 139 do semanario en papel Sermos Galiza, de 26 de marzo de 2015, que recolleu un A FONDO especial polos 25 anos do falecemento de Ricardo Carvalho Calero]"}
{"ID": "NOS_49841", "summary": "Recuperaranse 2.500 millóns de euros de beneficio das eléctricas polos altos prezos até marzo de 2022, nunha das medidas do paquete aprobado onte polo Consello de Ministros. A estimación do Goberno estatal é que a factura da luz baixe até o 30% antes de final de ano, na liña da promesa feita por Pedro Sánchez.", "text": "O Consello de Ministros aprobou esta terza feira un real decreto-lei cun \"Plan de choque\" que ten como obxectivo rebaixar \"a factura eléctrica do consumidor medio o 22% mensual até final de ano\", sostivo despois da xuntanza a vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. Importe que se incrementaría até o 30% coas medidas aprobadas durante o verán, defendeu. Tanto a vicepresidenta como Isabel Rodríguez, voceira do Goberno estatal e ministra de Política Territorial, defenderon que a serie de medidas está orientada a cumprir coa promesa de Pedro Sánchez, presidente español, de que cando remate 2021 o total da factura anual non superará a de 2018, feita a comezos de setembro. Entre as principais novidades que contempla o texto, Ribera salientou que até o 31 de marzo de 2022 serán intervidos parte dos beneficios das empresas eléctricas, cunha recuperación prevista de 2.500 millóns de euros, para compensar o aumento da súa remuneración polos altos prezos do gas, que a ministra achacou ás \"distorsións dun mercado internacional complexo con desaxustes na oferta e a demanda\". Esta situación, que desde o Goberno do Estado se prevé que dure até o final do primeiro trimestre de 2022, permitiu a multiplicación dos beneficios ao fixar o prezo a enerxía máis cara que entra na poxa. Os beneficios por debaixo dos 20 euros/MW por hora quedan fóra da intervención. Por enriba desa cifra, o 90% dos ingresos extraordinarios será destinado a un fondo xestionado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. No paquete de medidas, Ribera tamén incidiu na creación de poxas de compra de enerxía a longo prazo, onde os grandes operadores (Iberdrola, Endesa, Naturgy e EDP) terán que achegar 15.830 GWh (6,3% da demanda eléctrica estatal en 2020) para que as pequenas empresas que comercializan, e a grande industria, \"poidan poxar polo prezo que consideren razoábel\", con importes distintos aos do mercado, e \"normalmente máis baratos\", confiou a vicepresidenta. Outro dos aspectos incluídos nas medidas é un tope á tarifa regulada de gas natural que estará vixente durante seis meses, o que -mantivo Ribera- permitirá diminuír até o 5% a media das distintas tarifas de último recursos. Asemade, prorrógase seis meses a prohibición de cortes de servizo. A nivel impositivo, a decisión máis relevante do Consello de Ministros foi a redución do Imposto Especial sobre a Electricidade, aplicado no consumo, que pasa do 5,1% ao 0,5%, o mínimo permitido polas regulacións da Unión Europea. Ao tempo, esténdese até o 31 de decembro de 2021 a suspensión da taxa que grava a xeración eléctrica, do 7%; e aumenta en 900 millóns de euros -chegando a 2.000 millóns- o rédito das poxas de CO2 dedicado a cubrir custos do sistema. O último punto impulsado na reunión foi unha modificación legal para que as confederacións hidrográficas fixen un réxime mínimo e máximo dos caudais que se utilizan para a xeración eléctrica nos encoros, co fin de \"evitar eses episodios que a todos nos deron vergonza no verán\", apuntou Ribera, en referencia ao baleirado dos encoros para aproveitar os altos prezos da electricidade. Desde o eido empresarial a primeira resposta chegou da patronal Foro Nuclear, que ameazou co feche das centrais pola \"excesiva presión fiscal\". Reacción política O Partido Popular cuestionou o paquete de medidas a través da súa voceira no Congreso, Cuca Gamarra, que arremeteu en contra do recorte de beneficios ás empresas eléctricas, que demostra a \"falta de política enerxética por parte do presidente\" estatal, asegurou. Estas normas \"de dubidosa legalidade\" poden intensificar os litixios, defendeu, e concluíu que \"semella que pasamos do peronismo ao pedronismo\". O voceiro do Bloque Nacionalista no Congreso, Néstor Rego, cualificou de \"terribelmente inxusto\" que entre as medidas adoptadas non se inclúa unha modificación do deseño do mercado marxinalista, que permite que a enerxía máis alta marque o prezo final. Ademais, tendo en conta a carencia dunha aposta por unha eléctrica pública, \"dubido de que vaia ter unha influencia directa no prezo\", explicou."}
{"ID": "PRAZA_15086", "summary": "Dende 2009, os ataques da aviación israelí e dos grupos palestinos remataron sendo controlados pola mediación exipcia. Pero esta vez os israelís están a subir a aposta. Xa son 39 as persoas mortas en Gaza polos ataques.", "text": "Nos últimos catro anos, o Goberno de Hamás en Gaza tentou impedir que milicias de grupos salafistas ou de Yihad Islámica lancen foguetes sobre territorio israelí e provoquen represalias masivas do inimigo. Foi máis efectivo cando o fixo a través de negociacións que cando utilizou a forza. Á súa vez, os servizos de intelixencia exipcios foron un mediador indispensable entre o Goberno israelí e Hamás, tanto na negociación sobre a liberación do soldado Gilad Shalit como nese cesamento do fogo que, salvo estalidos de violencia esporádicos, se mantivo desde o ataque a Gaza en xaneiro de 2009 que Israel chamou Operación Chumbo Fundido. A última semana de outubro é testemuña dunha continuación da cadea de ataques e represalias, un feito que non foi estraño desde 2009 e que sempre concluía coa continuación da tregua Cales foron os acontecementos das últimas semanas que desembocaron na actual campaña israelí iniciada o 14 de novembro? A última semana de outubro é testemuña dunha continuación da cadea de ataques e represalias, un feito que non foi estraño desde 2009 e que sempre concluía coa continuación da tregua. O xoves 25 de outubro, segundo a BBC, grupos salafistas lanzan varios foguetes sobre o sur de Israel sen causar danos graves. Os exipcios interveñen con rapidez para impedir que a violencia se desborde, pero sen moito éxito ao principio. O domingo e nun ataque aéreo, os israelís matan un membro do brazo armado de Hamás que viaxa nunha motocicleta en Jan Yunis. En total neses días seis palestinos morren en ataques israelís, catro civís israelís resultan feridos e un soldado israelí queda ferido pola explosión dunha bomba na zona fronteiriza. A morte do membro de Hamás provoca a resposta habitual o luns 29 de outubro: 26 foguetes caen sobre o sur de Israel sen que haxa feridos. Aparentemente, Hamás dáse por satisfeita e volve impor a tregua entre as milicias. No resto da semana, non hai máis ataques. O seguinte é o día 6, un só foguete. A presión do Goberno exipcio parece dar os seus froitos. Esta vez son os israelís os que están a subir a aposta Pero esta vez son os israelís os que están a subir a aposta. O 8 de novembro, forzas militares israelís inician unha incursión en Gaza na zona de Jan Yunis. Entre o xoves 8 e o sábado 10, prodúcense varios ataques indiscriminados con baixas entre a poboación civil, segundo denuncia o Centro Palestino de Dereitos Humanos en Gaza. Hai cinco civís palestinos mortos, cifra que inclúe tres nenos ou adolescentes, e 52 feridos (con seis mulleres e 12 nenos entre eles). Ademais, tamén caen dous milicianos de grupos armados. Especialmente dramático é o ataque que se produce por razóns descoñecidas contra un campo de fútbol onde os nenos están a xogar nun barrio do leste de Cidade de Gaza. Morren catro persoas e 38 quedan feridas Especialmente dramático é o ataque que se produce por razóns descoñecidas contra un campo de fútbol onde os nenos están a xogar nun barrio do leste de Cidade de Gaza. Morren catro persoas e 38 quedan feridas. De forma instantánea falecen Mohamed Osama Hassan, de 16 anos, e Ahmed Mustafá Jaled, de 17. Nunha incursión no pobo de Abasán, no sur de Gaza, un neno, Muhamad Abú Daqqa, de 13 anos, recibe un impacto de bala no estómago e falece días despois. Como é habitual en moitos ataques en Gaza, os israelís buscan danar a infraestrutura civil. Destrúen o maior depósito de auga do pobo de Juza, as oficinas da principal empresa de distribución de electricidade no barrio da o-Shaaf, en Cidade de Gaza, unha fabrica de cemento en Rafá, ou unha factoría siderúrxica en Yabalía. Israel adoita acusar algunhas destas fábricas de colaborar na produción de foguetes. Como é habitual en moitos ataques en Gaza, os israelís buscan danar a infraestrutura civil O sábado 10, milicianos palestinos atacan un vehículo militar israelí na zona fronteiriza. Catro soldados resultan feridos. Antes de que se produza esta ofensiva, o reconto de vítimas está claramente desequilibrado. Desde comezos do ano, as forzas israelís mataron 71 palestinos, segundo cifras da ONU. Houbo 468 feridos contabilizados. Nese período de tempo, os foguetes feriron 19 israelís. En todos os casos, son cifras menores ás de 2011. Este tipo de ataques contra a poboación civil palestina case sempre é seguido por disparos de foguetes. Hamás queda sen argumentos fronte a outros grupos máis radicais para impedirlles contestar. O sábado 10 impactan en territorio israelí non menos de 25 foguetes. Con todo, un día despois non se producen ataques. Ese domingo, os servizos de intelixencia exipcios din reconstruír a tregua. Como sempre, está condicionado. Hamás e a Yihad Islámica comprométense a non disparar máis foguetes se Israel tamén se controla. Este tipo de ataques contra a poboación civil palestina case sempre é seguido por disparos de foguetes. Hamás queda sen argumentos fronte a outros grupos máis radicais para impedirlles contestar Iso non impide que o 11 e o 12 se produzan varios ataques israelís, pero de moi pouca entidade e sen causar vítimas. Formalmente, a tregua dáse por conseguida o martes 13. O primeiro ministro de Gaza, Ismaíl Haniyé, eloxia os outros grupos palestinos que aceptaron deixar de disparar. O Goberno israelí está conforme coa intervención exipcia. \"A mensaxe era clara. Israel tamén lle comunicou a Exipto que non estaba interesada nunha escalada se non había máis ataques con foguetes. Agora a situación é de calma e espero que non se deteriore\", di unha fonte exipcia a Reuters. A Hamás non lle interesa continuar por moito máis tempo coa aposta da violencia permanente. O 23 de outubro concedeu un recibimento coas máximas honras ao emir de Qatar, que chegou a Gaza desde Exipto con 90 toneladas de axuda humanitaria. Noutra demostración da maior presenza internacional de Qatar e do seu apoio a forzas islamitas, o emir promete un investimento de 400 millóns de dólares en infraestrutura e vivenda. Para Hamás, o futuro inmediato pasa por reforzar a súa lexitimidade no mundo árabe coa axuda de Qatar, fronte ao Goberno da Autoridade Palestina en Cisxordania. A prioridade non é agora embarcarse noutra guerra con Israel. Esta tregua recente comezada non é, con todo, un feito irreversible. As negociacións a través do Cairo continúan. Segundo Gershon Baskin \"un activista pacifista israelí que mediou antes en contactos entre Israel e Hamás, incluída a negociación sobre o soldado Shalit\", Ahmed Yafari, o líder do brazo militar de Hamás, está interesado nun cesamento do fogo permanente. Continuar o ciclo de ataques e represalias non vai no interese dos islamitas de Gaza. \"Hamás sabe que todo este ciclo (de violencia) é inútil. Hamás viuse arrastrado á última onda de ataques porque os acusaban de non facer nada mentres Israel estaba a matar á súa xente\", di Baskin. O xoves 14 de novembro un avión destrúe cun mísil o coche no que viaxa Yafari. \"Hamás sabe que todo este ciclo (de violencia) é inútil. Hamás viuse arrastrado á última onda de ataques porque os acusaban de non facer nada mentres Israel estaba a matar á súa xente\", di Baskin O Goberno de Netanyahu é perfectamente consciente de que a eliminación de Yafari provocará unha choiva de foguetes sobre o sur do país. A operación militar xa ten nome: Piar (ou columna) de Nubes, en referencia ás nubes coas que Deus dirixe os xudeus que foxen de Exipto, e máis especificamente a Éxodo 13.21 no Antigo Testamento: \"E Jehová ía diante deles de día nunha columna de nube para guialos polo camiño, e de noite nunha columna de lume para alumarlles, a fin de que andasen de día e de noite\"."}
{"ID": "PRAZA_10209", "summary": "\"Tes medo de que China nos adiante e levas razón, dille Carter, pero sabes por que nos vai adiantar? Porque desde 1979 eles nunca entraron en guerra con ninguén, mentres nós sempre estamos en guerra\"", "text": "Donald Trump non parece disposto a iniciar guerras. A caterva de extremistas venezuelanos partidarios de que EEUU invada o seu país están enfadados coa súa políticaDonald Trump non parece disposto a iniciar guerras. A caterva de extremistas venezuelanos partidarios de que EEUU invada o seu país están enfadados coa súa política. Expresan publicamente o enfado e distáncianse del. Non merece máis comentarios unha xente que soña con ver os estranxeiros arrasando o seu propio país, con que comecen a matarse os seus compatriotas, con que o horror e a morte campen nas rúas das súas casas. Non se pode superar tanta infamia.A contención de Trump, polo menos de momento, polo menos aparente, e non só en Venezuela, senón tamén con Irán e Corea do Norte, transcendeu a partir dunha conversa súa con James Carter, ex presidente norteamericano. En parte podería explicala:Tes medo de que China nos adiante e levas razón, dille Carter, pero sabes por que nos vai adiantar? Porque desde 1979 eles nunca entraron en guerra con ninguén, mentres nós sempre estamos en guerra. Somos a nación máis guerreira da historia da humanidade. China entrementres inviste recursos en camiños de ferro de alta velocidade, en troca de gastalo en armamento. Se os tres billóns de dólares que van dedicados á industria bélica foren para pontes, trens e ensino, teríamos unha grande infraestrutura, da que carecemos, e o noso sistema educativo sería tan bo como o de Corea do Sur ou Hong Kong.\"Tes medo de que China nos adiante e levas razón, dille Carter, pero sabes por que nos vai adiantar? Porque desde 1979 eles nunca entraron en guerra con ninguén, mentres nós sempre estamos en guerra\"É verdade que a baza última de China en caso de enfrontamento nuclear permanece intacta desde que a configurou Mao Ze Dong. Poderían arrasar China, pero con semellante poder demográfico e territorial, e sendo tamén unha potencia nuclear, sinxelamente non podería ser derrotada, porque sempre tería reservas humanas e armamentistas para vencer. \"É posíbel que perdamos máis de trescentos millóns de persoas nunha guerra nuclear. E que?\" Iso lles dicía aos negociadores soviéticos en 1957. A guerra comercial que agora se desenvolve entre as dúas potencias está activando na prensa chinesa e nos medios propagandísticos de Beijing un aumento da temperatura patriótica e da disposición para o enfrontamento armado.Hai máis novidades. É a primeira vez que un presidente dos Estados Unidos denuncia o poder do complexo militar- industrial e o seu afán de provocar máis guerras. Só Eisenhower o fixo no curso da Segunda Guerra Mundial, cando as industrias químicas, bélicas, de automoción, entre elas a Ford, continuaban comerciando con Hitler e impedían acelerar a súa derrota.É a primeira vez que un presidente dos Estados Unidos denuncia o poder do complexo militar- industrial e o seu afán de provocar máis guerrasNon se trata agora de entusiasmarse con Donald Trump ben claro está, un individuo impredicíbel, pero hai datos que se deben ter en conta. O seu entorno afirma (segundo Vox, un medio de comunicación) que desexa destituír a John Bolton o principal promotor da guerra contra Irán. Hai que ir vendo. Ao cabo Hillary Clinton desexaba arrasar a nación persa, e así o ten declarado.El di que non desexa a guerra con ninguén e nese contexto coméntase pouco que EEUU vai ben, baixou o paro, medra a riqueza e viven un tempo economicamente feliz. Habería que saber canto pesa todo iso na suposta contención de Trump."}
{"ID": "NOS_31602", "summary": "Desde o sindicato nacionalista critican o 'apartheid' da Xunta ao excluílo do diálogo social", "text": "Delegadas e delegados da CIG protagonizaron esta cuarta feira en Compostela unha manifestación polas rúas da cidade para denunciar o empobrecemento da clase traballadora polas políticas da Xunta da Galiza e o Estado español ante a carestía da vida. A mobilización, posterior á Asemblea Nacional, estivo encabezada polo secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que exixiu os gobernos de Pedro Sánchez e Alfonso Rueda políticas públicas e salarios dignos ante a imparábel escalada de prezos. Nova protesta diante da residencia Mi Casa para exixir un \"trato digno\" a traballadoras e usuarias Ademais de criticar as \"insuficientes medidas\" do chamado Plan de Resposta á Guerra e o paquete de reformas aprobadas para satisfacer as \"inxustas e duras\" exixencias da Unión Europea para poder acceder aos fondos europeos, Carril tamén cargou contra a continuidade das \"peores políticas para a Galiza\"─co nomeamento de Alfonso Rueda como novo presidente da Xunta─ que van, engadiu, \"contra o país e contra o pobo galego\". \"Unha Galiza de emigración, avellentamento da poboación, privatización dos servizos sociais e dos servizos públicos, sen emprego e industria, con importantes sectores produtivos e comarcas agonizando, obxecto dos intereses dos fondos de investimento e do capital que ven a oportunidade que lles dá un PP entregado á eucaliptización do noso país e a consolidación dun novo espolio dos nosos recursos enerxéticos, como vemos coa actual ofensiva eólica\", resumiu. Paulo Carril intervén na Asemblea Nacional da CIG Compostela (Foto: CIG). Ante isto, o líder sindical chamou a reclamar dos gobernos un plan galego de recuperación económica, industrialización, creación de emprego digno e defensa dos servizos públicos que tería como obxectivos, reducir a factura eléctrica, garantir o poder adquisitivo das pensións e dos salarios, rematar coa fenda salarial de xénero, defender a industria, os sectores produtivos, o emprego, abaratar o transporte público ou conxelar os alugueiros, entre outras cuestións. 'Apartheid' da Xunta O acto da CIG decorreu o día seguinte á reunión que Alfonso Rueda mantivo esta terza feira cos sindicatos CCOO e UXT e á que non convidou a CIG, pese a ser o principal sindicato da Galiza, o que Carril considera un \"apartheid\" contra o que, avisa, tomará \"as medidas oportunas\". A CIG levará ao Parlamento galego a recuperación dos salarios no Sergas Neste sentido, lamentou que Rueda, \"só se queira reunir, igual que facía Feixoo, con aqueles sindicatos que lle fan a onda\" e que provocan que \"o desprezo\" e \"o sectarismo\" cara a principal forza sindical da Galiza, sigan prevalecendo no novo Executivo galego de Rueda."}
{"ID": "PRAZA_13429", "summary": "Este xoves présentase LEGA (Lecer Galego), un portal que quere recompilar, crear e promover recursos lúdicos dixitais con licencias libres. É unha iniciativa de GalegoLab, a plataforma de crowdsourcing na que se desenvolveron algúns destes contidos. Entre eles están Galegogym -un CD de música para facer fitness en galego-, videoxogos en galego ou recursos relacionados coa astronomía. Falamos con Xabier Seixo, encargado do desenvolvemento de LEGA.", "text": "Este xoves présentase LEGA (Lecer Galego), un portal que quere recompilar, crear e promover recursos lúdicos dixitais con licencias libres. É unha iniciativa de GalegoLab, a plataforma de crowdsourcing na que se desenvolveron algúns destes contidos. Entre eles están Galegogym -un CD de música para facer fitness en galego-, videoxogos en galego ou recursos relacionados coa astronomía. O proxecto presentarase ás 11.30 horas na Libraría Couceiro de Compostela, da man de Carlos Ares e Cani Martínez, membros da xunta directiva de GalegoLab, e Xabier Seixo -o encargado do desenvolvemento de LEGA-, con quen falamos. \"Hai varías vías para encher ese oco; por unha banda pódense ordenar cousas que xa existen; pódese facer produción propia, desenvolvendo novos proxectos; e tamén se poden traducir ou adaptar proxectos que existen a nivel internacional\" LEGA nacerá esta semana con poucos contidos aínda, pero co obxectivo de ir crecendo mes a mes, axudando a recompilar e difundir os contidos e recursos xa existentes, algúns xerados no propio espazo de GalegoLab, creando contidos propios, promovendo a adaptación de recursos existentes noutras linguas ou promocionando que calquera entidade ou empresa xeren novos elementos lúdicos, que a partir de agora gozarán de maior visibilidade. \"O material dixital de lecer en galego é moi pouco\", salienta Seixo, que engade: \"E hai varías vías para encher ese oco; por unha banda pódense ordenar cousas que xa existen; pódese facer produción propia, desenvolvendo novos proxectos; e tamén se poden traducir ou adaptar proxectos que existen a nivel internacional\". Lecer Galego ofrecerá este xoves Galegogym, un CD de música, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente. Tamén se poderá utilizar Astronomía básica, un recurso de astronomía dirixido aos afeccionados e que consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica e un DVD do sistema operativo Ubuntu en galego, totalmente funcional para usos xenéricos, e modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapas e atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Haberá tamén xogos para ordenador totalmente traducidos ó galego, coma Frozen Bubble e Childsplay, aos que nas vindeiras semanas se engadirán outros. Xabier Seixo salienta que \"aínda non podemos saír con máis material propio, pero a idea é ir in crescendo; preferimos nacer con poucas cousas, pero ir incorporando novidades continuamente\". A idea, segundo Seixo, \"é tender pontes con outras entidades e asociacións, para a difusión destes contidos e para a creacións doutros novos. Comezamos con poucos contidos, pero hai varios proxectos colaborativos na recámara\". \"Hai moitos handicaps\", e un ten que ver \"coas reticencias que a xente demostra á hora de pagar por contidos dixitais\" Segundo Seixo, a presenza do galego nas novas tecnoloxías \"está bastante ben ocupado, sobre todo no software libre, e practicamente todos os navegadores e sistemas operativos están en galego. Queda Mac, pero con Mac pasa o mesmo que cos videoxogos: teñen un mercado gañado e non amosan interese por estar en máis linguas\". Pero a cousa cambia nos produtos de lecer. E é algo que non sucede só co galego, senón que pasa con todas as linguas minorizadas ou que non teñen moitos millóns de falantes. \"Sabemos que imos ir sempre a remolque, pero hai que ir dando pasos\" Non é doado, e Seixo lembra que \"hai moitos handicaps\", e un ten que ver \"coas reticencias que a xente demostra á hora de pagar por contidos dixitais. Se xa non ten hábito, moito menos o vai ter cun produtos dixital en galego; o galego non é quen de competir no mercado aberto neste ámbito\". Para Seixo, \"o lecer xera moitísimos beneficios e as empresas do mundo do lecer dixital non se preocupan demasiado por facer produtos para estas linguas. E daquela temos que buscar solucións. Sabemos que imos ir sempre a remolque, pero hai que ir dando pasos. Algúns xa se deron, pero hai que traballar moito, sobre todo no lecer\"."}
{"ID": "PRAZA_317", "summary": "O CCG presenta un informe con datos de 2013 e 2014 que alerta do descenso de visitantes, tanto españois coma extranxeiros, por motivos culturais, e tamén da redución do gasto medio que estes realizan", "text": "O turismo cultural vai a menos en Galicia. Así o reflicte a evolución nos últimos anos do número de visitantes, segundo os datos do propio Ministerio que veñen de ser recompilados e analizados polo Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). O informe presenta cifras recentes (ata 2013 e nalgúns casos ata o propio 2014) da Enquisa de Turismo Cultural do MECD, da Oficina de Acollida de Peregrinos e do Instituto Galego de Estatística (IGE) que, en conxunto, debuxan un panorama de estancamento ou descenso. Estas cifras contrastan cos datos globais sobre o número de turistas que chegan a Galicia, que entre xaneiro e outubro de 2014 rexistrou un crecemento do 7.6% con respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Pero a realidade é que o número de estranxeiros e estranxeiras que visitan Galicia creceu entre 2003 e 2013 tan só un 14%, por debaixo do incremento medio no conxunto do Estado (19%) e moi por debaixo doutras comunidades do norte, como Asturias (+66%), Cantabria (+30%) ou Euskadi (+52%). O número de visitantes españois permanece estancado, segundo os datos do INE. Entre os turistas estranxeiros que en 2013 visitaron Galicia (algo máis de 800 mil), tan só 432 mil realizaron algunha actividade cultural, unha cifra semellante á dos tres anos anteriores, pero moi inferior á que se rexistraba en 2007 ou 2008, cando superou os 634 mil. O número total de visitantes de fóra de España mantense estabilizado, pero segundo as cifras do Ministerio, cada vez veñen menos a Galicia buscando cultura. O turismo cultural baixa en Galicia, mentres crece no resto de España. De feito, en 2013 bateuse un récord con 33 millóns de visitantes culturais. Galicia só recibe o 1,3% do total de turistas culturais estranxeiros que chegan a España. En canto ao gasto que estes viaxeiros realizan, este mantense estancado nos datos globais. Pero un incremento do gasto medio por persoa, que pasa dos 917 euros de 2007 aos 1.298 euros actuais, compensa a redución de visitantes. De feito, Galicia é a cuarta comunidade na que os turistas culturais gastan máis por persoa. O mesmo se pode dicir dos turistas chegados do resto do Estado. O número de persoas que viaxaron a Galicia \"por motivos culturais\" en 2013 (351 mil) sitúase lonxe da marca acadada durante o último ano Xacobeo, celebrado en 2010 (577 mil), pero está tamén por debaixo das cifras de 2011 e 2012, e tamén das anteriores a 2010. Se neses anos o 6% das viaxes realizadas a Galicia tiñan un motivo cultural, agora esa porcentaxe non chega ao 5%. Por comunidades autónomas, Galicia ocupa o sexto lugar segundo o número de turistas culturais españois recibidos, por detrás de Andalucía, Cataluña, Madrid, Castela e León, Aragón e Castela-A Mancha. O gasto destes visitantes non deixa de descender dende o seu máximo en 2010, cando deixaron en Galicia 228,5 millóns de euros. En 2013 a cifra total foi de 122,2 millóns, inferior mesmo á dos anos 2007 e 2008, cando superaba os 160 millóns. Tamén descende o número de galegos e galegas que realizan viaxes culturais no interior da Comunidade. Se en 2007 roldaban os 600 mil, o pasado ano a cifra foi de 315 mil. O gasto total, 150 millóns de euros, é tamén moi inferior aos 244,9 millóns de hai seis anos. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 Total (en miles) 634,5 634,4 488 404,7 463,6 440 432,6 % ao total de España 2 2 1,8 1,5 1,6 1,4 1,3 % ao total de turistas internacionais en Galicia 61,6 68 64,1 58,7 54,5 51,5 51 Turistas extranxeiros que realizan actividades culturais na súa estadía en Galicia. Fonte: MECD 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 Total (en miles) 499,8 550,1 488 577,1 536,8 491,5 350,7 % sobre o total de viaxes a Galicia 5,8 6,4 5,6 7,2 7,1 6 4,7 Viaxes a Galicia de residentes en España, por motivos culturais. Fonte: MECD Fronte a estes datos, maioritariamente negativos, o Camiño de Santiago si que rexistra un crecemento no número de usuarios, acadándose en 2014 unha cifra récord de peregrinos fóra de Ano Xacobeo, 237.886. Como referencia, en 2010 o número foi de 272.135 peregrinos e peregrinas. Aumenta sobre todo o número de estranxeiros que realiza o percorrido compostelán, e que o pasado ano xa superaron o 50% do total, con 124.259. En canto ao turismo de cruceiros, este segue presentando boas cifras, aínda de nos últimos dous anos rexistra un certo estancamento. Ata o 30 de novembro de 2014 chegaran aos portos galegos 327.643 navegantes, algo menos que os 341.742 de 2013 e lonxe dos 390.223 de 2012. Perde visitantes Vigo, mentres que os gaña Ferrol. Descarga aquí o informe O turismo cultural en Galicia (.pdf)"}
{"ID": "NOS_3504", "summary": "Anova vai manter esta sexta feira unha reunión colectiva cos \"distintos axentes das confluencias\" e encontros bilaterais coas direccións estatais de IU e Podemos.", "text": "A delegación de Anova estará encabezada por Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional, e dela fan parte Antón Sánchez, coordenador nacional; Esther Duro, secretaria de Organización; Raúl Asegurado, secretario de Relacións Políticas; e Alexandra Fernández, deputada eleita e portavoz de En Marea no Congreso. \"Manteremos unha reunión por volta das 16 horas cos distintos axentes das confluencias [Podemos, En Comú Podem, Compromís...] e logo están previstos tamén contactos bilaterais coas direccións de Izquierda Unida federal e con Podemos\", informou a Sermos o secretario de Comunicación de Anova, Manoel Santos. Antes de realizar calquera análise \"colectiva\" dos resultados do 26X e de deseñar a folla de rota encamiñada xa ás próximas eleccións galegas -que mesmo se poderían convocar a finais do próximo mes de setembro-, a intención de Anova é trocar impresións cos seus socios, daí este desprazamento a Madrid. A coordenadora nacional de Anova -máximo órgao entre asembleas- tiña previsto realizar unha reunión este sábado, mais fica aprazada para o seguinte, \"dado que este venres vamos ter boa parte da nosa dirección en Madrid\". \"Consideramos importante ter máis información e contrastar pontos de vista cos axentes da confluencia antes de reunir o noso máximo órgao de decisión\", di Santos."}
{"ID": "PRAZA_16879", "summary": "Este venres é o aniversario da matanza de Colniza, na que paramilitares acabaron coa vida de nove sem terra. O PSdeG-PSOE presentou unha pregunta parlamentaria -que debería ter sido respondida hoxe- sobre o desembarco en Vigo de madeira relacionada con estes feitos. O aprazamanto \"cheira a queimado\" para os socialistas", "text": "Este venres é o primeiro aniversario da matanza de Colniza, no Brasil. O 20 de abril do pasado ano nove campesiños sen terra foron asasinados por grupos paramilitares ao servizo de terratenentes, que dispararon de forma indiscriminada contra a poboación. Hai un mes o PSdeG-PSOE presentou unha pregunta parlamentaria sobre as denuncias realizadas por Greenpeace sobre a suposta chega a Galicia de madeira procedente de talas ilegais e relacionada con eses feitos. A organización ecoloxista detectou que a finais de 2017 cando menos un barco cargou en Paranagua (Brasil) e con destino ao porto de Vigo madeira cortada no lugar da matanza pola empresa á que se responsabiliza dos asasinatos (Madeiras Cedroarana). Para Vilán, a decisión do Goberno galego \"cheira a queimado\", insinuando que o aprazamento buscaría evitar a coincidencia co aniversario dos asasinatos A pregunta do Grupo Socialista para a súa resposta oral na Comisión de Medio Ambiente interrogaba á Xunta sobre os controis aos que o Goberno galego somete ás empresas importadoras de madeira para ter a seguridade de que non están a chegar a Galicia produtos ilegais ou procedentes de actos violentos, como é este caso. Estaba previsto que a pregunta fose respondida este xoves, na véspera do aniversario da matanza. De feito, figuraba en sétimo lugar na orde do día. Porén, a cuestión foi adiada ata a vindeira sesión, dentro de dúas semanas. Para a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, a decisión do Goberno galego \"cheira a queimado\", insinuando que o aprazamento buscaría evitar a coincidencia co aniversario dos asasinatos. Vilán subliñou que a presenza de Fernández-Couto non era imprescindible e que a resposta podía ter sido ofrecida por calquera outro representante da Consellería A razón do adiamento foi a incomparecencia de Tomás Fernández-Couto, director xeral de Ordenación Forestal, que non podía estar presente este xoves na Comisión. Con todo, Patricia Vilán subliñou que a presenza de Fernández-Couto non era imprescindible e que a resposta podía ter sido ofrecida por calquera outro representante da Consellería pois \"o goberno é colexiado e solidario para dar resposta ás iniciativas parlamentarias\". Comercio ilícito de madeira Greenpeace denuncia que a Xunta non está facendo \"nada\" por \"investigar o caso e deter este comercio ilícito\". \"A Xunta ten a responsabilidade legal de controlar que as empresas importadoras que operan no seu territorio cumpran os requirimentos para evitar este comercio perseguido pola lei. Pero o certo é que iso non está a pasar\", asegura. Hai un mes a Autoridade Portuaria de Vigo negou que o porto recibira madeira ao longo do pasado ano e afirma que \"hai moito tempo que os peiraos olívicos non importan esta mercadoría\". Porén, Greenpeace reiterou a súa denuncia, difundindo unha copia do permiso de embarque dun contedor de madeira dende o porto de Paranagua (Brasil) con destino ao porto de Vigo. Segundo fontes de Greenpeace, o axente internacional que realizou a operación comercial con destino ao porto de Vigo é a empresa Global Gold Forest Lda (GWP), representada en España por Atlantic Timber Agency -membro da Asociación Española de Industria e Comercio da Madeira (AEIM)-, ambas con sede no mesmo enderezo postal de Marín. Greenpeace difundiu unha copia do permiso de embarque dun contedor de madeira dende o porto de Paranagua (Brasil) con destino ao porto de Vigo O PSdeG-PSOE preguntaba neste senso se \"ten comprobado o Goberno que as empresas importadoras de madeira dispoñen dun procedemento interno para analizar e minimizar os riscos de comerciar con madeira de orixe ilegal?\", \"cantos controis a estas empresas ten feito o Goberno dende o ano 2009 ata o día de hoxe?\" ou \"cantos expedientes abriu o Goberno e cantas medidas correctoras impuxo dende o ano 2009 ata o día de hoxe\", en virtude do Regulamento (EU) 995/2010, do Parlamento e do Consello, polo que se establecen as obrigas dos axentes que comercializan madeira e os seus produtos. Greenpeace afirma que o 30% da madeira que se comercializa no mundo procede de talas ilegais e que \"Galicia está sendo unha das vías de entrada na Unión Europea\". A organización sinala especialmente a actividade da empresa López Pigueiras S.A., de Viveiro, que foi denunciada varias veces nos últimos anos como responsable da importación de madeira de ipé procedente da fraude no sistema de control brasileiro, aparecendo en informes internacionais como o principal importador de madeira ilegal no Estado Español."}
{"ID": "PRAZA_6952", "summary": "Roberto Rivas, bombeiro multado por \"alterar a orde pública\", declárase culpable por negarse a colaborar nun desaloxo pero nega que incitase a nada e rexeita continuar cun proceso que cre \"inxusto, covarse e hipócrita\". Insiste en que os atestados policiais foron \"dirixidos\" e abre unha campaña para que a cidadanía axude no pago da súa multa e das do resto de persoas sancionadas.", "text": "Rodeado por compañeiros do corpo de bombeiros e activistas de Stop Desafiuzamentos, Roberto Rivas, sancionado por \"alteración da orde pública\" tras negarse a colaborar no desaloxo de Aurelia Rey na Coruña, expresou este xoves a súa \"repulsa\" pola sentenza xudicial que avala a multa e rexeita o seu recurso contra a infracción que lle atribuíu a Subdelegación do Goberno. Ante os mesmos xulgados onde tivo lugar a vista na que se reafirmou esta sanción, asegurou que a \"acata\" pero que non comparte a opinión da maxistrada e o discorrer dun proceso que considera \"unha covardía e hipocrisía desde o comezo e ata o final\". \"Ninguén se atreveu a sancionarme polo que fixen; déronlle a volta para multarme por incitar á violencia, algo que non ocorreu\" \"Péchase un círculo no que ninguén se atreveu a sancionarme polo que fixen porque o único que intentei expresar coa miña acción foi que os bombeiros non deben colaborar nos desafiuzamentos; o que fixeron foi darlle a volta e sancionarme por alteración das masas e incitar á violencia e a altercados públicos\", asegurou Roberto Rivas, que considera \"indignante\" un proceso xudicial no que se intentou \"defender con argumentos, imaxes e testemuñas\". \"Non fomos quen de que a xuíza amosase algo de empatía ou de que as leis nos desen a razón\", engadiu, polo que advirte que non cre no proceso e que non seguirá adiante con el. \"Non vou recorrer; son culpable de non participar nun desaloxo e acatarei a condena dun xuíz ou de calquera organismo que me sancione por iso, pero son totalmente inocente de incitar a ninguén a nada e moito menos á violencia\", reafirmou. Rivas foi moi duro coa sentenza e insistiu en que o seu xesto -negarse a cotar a cadea que impedía o paso da comisión xudicial á vivenda e erguer un cartel de Stop Desafiuzamentos- só \"pretendía expresar que os bombeiros non debemos realizar eses labores\". \"Non son quen de defenderme nesta xustiza que viviemos hoxe\", insistiu tras lembrar que dos mesmos xulgados ante as que fixo as declaracións \"moitos políticos saen impunes e sorrintes, mentres outra xente, activistas ou eu mesmo sufrimos unha represión diaria\". \"Alguén nos sinala co dedo e nos culpabiliza mentres asistimos á covardía de xuíces que acatan atestados policiais sen rigor nin contemplación ningunha\", manifestou ante varios medios. Roberto Rivas acusou os xuíces de \"acatar atestados policiais sen rigor\" e insiste en que os informes dos axentes \"están dirixidos\" Porque Roberto Rivas insiste en que os atestados policiais \"están dirixidos\". \"Non me cabe ningunha dúbida\", asegurou quen recoñeceu ter \"recapacitado moito\" logo de comprobar como o segundo informe, escrito mes e pico despois, rectificaba o primeiro acusándoo de alterar as masas, un aspecto que no caso do deputado do BNG Francisco Jorquera foi duramente criticado por outra maxistrado, que absolveu o político e acusou os axentes de mudar a súa versión para inculpalo. \"Cheguei a pensar que igual a miña reacción si provocara unha reacción violenta, pero non foi así porque o que aquí se obvia é que logo de marchar nós, pasou case unha hora na que a xente ficou na rúa pacificamente; foi cando voleu outra dotación de bombeiros que colaborou cortando a cadea cando a xente se alterou. A xuíza óbviao e non fala da realidade do que alí aconteceu\", engadiu. O bombeiro advirte que a xuíza \"obvia\" que a xente \"se alterou\" unha hora despois de marchar el ao colaborar outro compañeiro no desaloxo \"Non preciso de ningún xulgado, xuíz nin tribunal que acredite a miña inocencia. Durmo tranquilo e teño a conciencia tranquila porque non incitei á violencia e non son culpable do que se me sanciona; a sociedade xa xulgou e ten convencemento do que pasou\", reafirmou Rivas, que considera todo \"bastante inxusto\". Ademais, quixo agradecer \"todo o apoio recibido\" dos seus compañeiros, dos movementos sociais e da cidadanía e anunciou que na web de Stop Desafiuzamentos e a través dunha conta da banca ética Fiare habilitouse xa unha conta para que a xente poida colaborar no pagamento das multas, pero \"non só na dun bombeiro, senón nas que recibiron todas as persoas que foron sancionados nese día inxustamente e que teñen que facer fronte ás sancións\". Stop Desafiuzamentos abre unha campaña para que a cidadanía colabore no pago das multas ao bombeiro e a outros activistas sancionados \"Desde aquí fago un chamamento a que se colabore, pero con todos e a través de pequenas achegas que non supoñan un grande esforzo\", finalizou Rivas entre aplausos e logo de lembrar que \"o que realmente incita á violencia son os desafiuzamentos en si mesmos\". \"Iso si que altera a sociedade e non calquera tipo de acción individual ou colectiva que se faga para defender os que van botar das súas casas\", rematou entre o apoio do colectivo coruñés contra os desaloxos, cuxo voceiro, Héctor Tejón, asegurou que \"a única alteración das masas é a infamia de botar a xente á rúa\"."}
{"ID": "NOS_8236", "summary": "A CUP rexeitou apoialo en segunda volta como president mais, din, \"é un non tranquilo\" e non \"enrocado\".", "text": "Artur Mas non foi eleito president tampouco en segunda volta. Esta quinta feira (12 de novembro) o Parlament de Catalunya debateu de novo a súa investidura como president e, máis unha vez, as 10 persoas que integran o grupo parlamentar da CUP rexeitárono. A votación resolveuse con 62 Sí (JxSí) e 73 Non (CUP-PSC-PP-C's). Embora o líder de Convergència lanzou unha nova oferta, baseada nun Govern coral --con tres vicepresidencias-- e mesmo unha moción de confianza á que se sometería en xullo, o portavoz da CUP, Antonio Baños, explicou que candidatura de unidade popular non o apoia. \"Valoramos que vostede se está a mover\", sinalou desde a tribuna, mais \"a oferta que fixo é insuficiente. Agardamos novos movementos\". Así explicou Baños o non \"tranquilo\" da súa formación. CUP: \"Valoramos que vostede se está a mover, agardamos novos movementos\" Malia a todo e perante as voces que falan dun suposto adianto eleitoral se Artur Mas non consegue a presidencia, desde a CUP rexeitan esa posibilidade por \"reaccionaria\". Neste senso, aseguran que continuarán adiante coas negociacións \"todo o tempo\" que for preciso até chegaren a un \"acordo sólido\" con Junts pel Sí. \"Seremos os derradeiros en erguernos da mesa\", asegurou Baños. Trátase da primeira vez na historia catalá na que a presidencia da Generalitat non prospera na segunda votación. Perante o que consideran é unha situación bloqueada desde Junts pel Sí, instan a que se resolva \"en poucos días\". Pola súa banda, a presidenta do Parlament, Carme Forcadell, avanzou que abrirá unha nova rolda de contactos á fin de procurar un novo candidato. Documento A Candidatura d'Unitat Popular fixo público un documento titulat I ara què? Fil a l'agulla no cal explica a súa postura e as propostas nas negociacións con Junts pel Si. A publicació, da cal se fará unha tiraxe de 50.000 exemplares,, reitera a posición que a formación xa defnedía na campaña eleitoral: \"Independència, pobresa zero, prou corrupció\"."}
{"ID": "PRAZA_4522", "summary": "O 7 de febreiro celebrarase en Compostela a primeira xornada de formación de The Net Room, ao que poderán asistir un máximo de 40 persoas interesadas en especializarse en Marketing Low Cost. O primeiro experto convidado será Pedro Serrahima, director xeral de Pepephone, operadora telefónica virtual.", "text": "The Net Room é un evento de formación, que a partir do mes que vén se desenvolverá de forma periódica en Compostela, ofrecendo unha ensinanza especializada en marketing online, novos modelos de negocio e outros aspectos relacionados coas novas tecnoloxías. O primeiro evento realizarase o 7 de febreiro e contará coa presenza de Pedro Serrahima, fundador e director xeral de Pepephone, operadora telefónica virtual de rápido crecemento nos últimos anos, que ofrecerá claves sobre marketing low cost. Hai 40 prazas para as persoas interesadas en participar no curso, cun custe de 25 euros. Unha das particularidades de The Net Room é que emprega o formato de Room Learning, concentrando as sesións nun só día e nun espazo único, o Hotel Moure, situado na zona vella da cidade. Ademais das charlas impartidas por Serrahima e outros expertos, os participantes poderán realizar consultas personalizadas, en forma de asesoramento express. Ademais, haberá showrooms, instaladas nos propios cuartos do hotel, no que as empresas e iniciativas que o desexen poderán realizar presentacións. The Net Room é unha iniciativa de Laura Camino e María Mosquera, dúas xornalistas novas especializadas en redes sociais, entornos dixitais e comunicación online, con quen falamos. \"The Net Room vai dirixido a todas esas persoas que precisen dunha actualización continua en contidos e conceptos e queiran facelo dunha forma innovadora, específica e produtiva\" A que tipo de público vai dirixido The Net Room? Moitas áreas profesionais, se non todas, sufriron grandes cambios, e seguen facéndoo día a día, cos constantes avances en novas tecnoloxías, dixitalización e universo online. Algunhas mudaron completamente os seus formulamentos e rutinas de traballo, outras atoparon nas novas ferramentas un complemento perfecto para axilizar as tarefas diarias ou diminuír custes, como ocorre coa área do personal branding ou o marketing online, e mesmo temos unhas cantas que case acaban de nacer, como é todo o universo de métricas. O mercado laboral non esixe grandes expertos globais, senón especialistas en áreas moi concretas. The Net Room vai dirixido a todas esas persoas que precisen dunha actualización continua en contidos e conceptos e queiran facelo dunha forma innovadora, específica e produtiva con cada un dos temas abordados nas diferentes sesións. A primeira delas, o 7 de febreiro, apunta a perfís tan dispares como emprendedores de grandes e medianas compañías, ate pequenos proxectos empresariais, pasando por aquelas persoas que estean buscando vender o seu produto/servizo ou traballar a súa marca persoal en redes sociais e web ou simplemente optimizar o seu blog. Baixo o epígrafe de Marketing Low Cost, coñecerán tanto as claves da exitosa traxectoria levada a cabo pola pequena-gran Pepephone, da man do seu director xeral Pedro Serrahima; como as ferramentas necesarias, a nivel usuario, para poñer en marcha unha estratexia low cost (de marca, produto ou servizo), gracias á nosa experta en marketing online María Mosquera. Que destacaríades de Pedro Serrahima? Se hai algo que destaca de Pedro Serrahima, ademais de ser o empresario máis infuínte do ano 2013 na área de operadores de telecomunicacións, segundo El Economista, é dende logo a filosofía que tan brillantemente aplicou á xestión de Pepephone. Unha operadora virtual que, cos mesmos 12 empregados de hai 7 anos, consegue competir hoxe coas grandes do país, e facelo cunha estratexia tan sinxela como ser normais e fuxir de trucos para captar clientes ou facelos permanecer a base de agasallos. Os propios clientes son os seus mellores prescriptores. É o trunfo do boca a boca levado á esfera dixital. E un éxito rotundo en marketing low cost, desde logo. Lonxe de ser un directivo de altos despachos, Serrahima é un profesional cos pés no chan, transparente e dende logo moi xeneroso. Non é unha persoa moi dada a conferencias nin aparicións en medios, así que poder contar con el para a estrea de The Net Room é un auténtico privilexio. \"O que ocorre con todas estas temáticas é que existen apartados moi concretos e conceptos moi específicos que nos grandes eventos se tratan de forma superficial ou se perden nun mar de contidos\" Segue faltando formación sobre estas temáticas (redes sociais, novas fórmulas de negocio...)? Son temas que se nomean moito, pero falta afondar neles? Efectivamente. Cada vez son máis os eventos relacionados coas novas tendencias aplicadas ao mundo das redes sociais, e o certo é que é unha ledicia ver tanto as iniciativas que se poñen en marcha como o interese do público por formar parte delas. O que ocorre con todas estas temáticas é que existen apartados moi concretos e conceptos moi específicos que precisan ser explicados en profundidade, como é o caso do ROI (retorno do investimento) ou o e-mail marketing, por exemplo, que nos grandes eventos se tratan de forma superficial ou se perden nun mar de contidos. Seguindo esa tendencia do mercado de buscar a especialización profesional, The Net Room nace tamén con vocación de especialización e actualización, xa que trata en cada unha das sesións conceptos moi concretos. Nesta primeira, as claves da estratexia de marketing low cost e as súas ferramentas, analizadas ao detalle. Que importancia ten o espazo en The Net Room? Que vantaxes achega o feito de que as actividades se realicen no hotel e que os convidados estean dispoñibles alí? O Room Learning pretende crear unha atmosfera máis próxima, máis íntima, lonxe de escenarios e butacas, de ti a ti. Alumnos e profesor están ao mesmo nivel, facilitando preguntas e comentarios. Elixindo un hotel como emprazamento tamén buscamos que a formación sexa parte dunha experiencia diferente e máis atractiva na que tamén se inclúe unha parte de Asesoramento Express, unha oportunidade única de consultarlles dúbidas concretas aos expertos cara a cara. Por último, queremos que The Net Room sexa un espazo no que os asistentes poidan entrar en contacto con outros profesionais, por iso ofreceremos un aperitivo e propiciaremos o networking como final da xornada. \"O Room Learning pretende crear unha atmosfera máis próxima, máis íntima, lonxe de escenarios e butacas, de ti a ti. Alumnos e profesor están ao mesmo nivel, facilitando preguntas e comentarios\" Como serán os showrooms que propoñedes con marcas mecenas? Ofrecémoslles aos mecenas que aluguen unha habitación para que a personalicen como queiran, para expoñer os seus produtos. Os asistentes do evento poderán visitalas para informarse e ver as propostas das marcas ao longo da tarde. É un formato moi orixinal e directo para facer Marketing Low Cost. Que tipo de temáticas vos interesaría tratar nas seguintes sesións de The Net Room? Nas próximas sesións intentaremos traer a expertos en áreas trending e en campos de traballo moi específico. Segundo as peticións que xa nos está a facer a xente, poderían ser en sectores específicos como a gastronomía ou o turismo, especialidades como o ROI (retorno do investimento) nas diferentes ramas do marketing ou novidades en software, novas tecnoloxías, videoxogos... Buscaremos ofrecer formación que non exista da man de profesionais que xa estean traballando sobre o terreo. Estamos abertas a suxestións, non temos aínda todas as sesións pechadas."}
{"ID": "PRAZA_4792", "summary": "O Concello de Castrelo de Val quedou oficialmente expulsado da iniciativa, da que xa se desmarcara hai uns días, despois de meses de críticas polo gasto excesivo nunhas actuacións de promoción do sur da provincia de Ourense que non ofrecían resultados visibles.", "text": "Máis de tres anos despois da súa posta en marcha, e despois de ter gastado máis de 2,5 millóns de euros, o plan de competitividade turística Puertas de Galicia segue dando que falar. Foron varias as ocasións en que o plan, destinado a promocionar Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso, foi criticado polo seu excesivo custe en relación cos resultados e beneficios reais que lles reportaba aos concellos participantes, e estas críticas foron máis claras en Castrelo de Val que en ningunha outra localidade. Agora, este concello vén de ser expulsado oficialmente do consorcio que promove esta iniciativa, aínda que o seu alcalde, Vicente Gómez (PSdeG-PSOE), xa se desmarcara definitivamente do proxecto hai uns días. Gómez finalizou a súa relación con Puertas de Galicia denunciando unha vez máis que as actuacións do plan \"non se ven reflectidas no concello\" e cualificando o proxecto no seu conxunto de \"só fume\". Ademais, Gómez criticou que \"non contaban co Concello de Castrelo para nada. A nosa opinión non se tiña en conta nas xuntazas\" e descartou que o seu abandono se debera a cuestións políticas, tendo en conta que se trataba do único concello gobernado polo PSdeG-PSOE. A comisión de seguimento do proxecto, presidida polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reclámalle o pago de cinco min euros que, din, Castrelo de Val se comprometera a achegar ao proxecto. Vicente Gómez xa anunciou que o seu concello non vai aboar esa cantidade que lle reclaman . Castrelo de Val incidiu en varias ocasións en que os concellos participantes descoñecían en que se estaban gastando os cartos. En total, o plan tivo un investimento inicial de 2,5 millóns de euros Castrelo de Val incidiu en varias ocasións en que os concellos participantes descoñecían en que se estaban gastando os cartos. En total, o plan tivo un investimento inicial de 2,5 millóns de euros (dos que se gastaron 290 mil euros en 2010, 744 mil en 2011, 786 mil en 2012 e 680 mil en 2013) e cada unha das tres administracións promotoras da iniciativa (Xunta, Turespaña e concellos) achegarían un 33%. A Castrelo de Val correspondíanlle 14 mil euros divididos en catro anualidades. O proxecto incluía un centro BTT, o deseño de varias rutas en bicicleta, un centro de aventura en Laza, accións de mellora na Vía da Prata, a construción dun bosque máxico, ou a posta en marcha dun tren turístico entre Laza e Puebla de Sanabria. Porén, segundo denuncian varios alcaldes, varias destas actuacións non foron nin sequera iniciadas. Ademais, criticáronse varios dos gastos realizados, por exemplo, en elementos de merchandising, como cuncas de cerámica (11 mil euros), bolsas e libretas (21 mil euros), pendrives (21 mil euros) ou para a presenza en varias feiras turísticas, considerados \"excesivos\". Tamén se gastaron máis de 50 mil euros na edición de folletos, 21 mil no deseño e impresión de planos, 40 mil en guías en GPS, 92 mil nun plan de eficiencia comercializadora do destinos, 150 mil euros en novas sinalizacións, 49 mil nunhas Xornadas de enogastronomía ou 55 mil na Implantación dun distintivo de calidade."}
{"ID": "NOS_24435", "summary": "A CIG presentou o \"Informe de Condicións Salariais na Galiza\", onde se analiza a situación dos salarios e a situación laboral do persoal traballador no noso país entre 2009 e 2019. A central nacionalista demanda máis políticas públicas e a volta da negociación colectiva para reverter a situación.", "text": "Dentro das propostas que a CIG vén desenvolvendo na súa campaña para \"unha saída galega xusta da crise\", a central nacionalista presentou o último Informe de Condicións Salariais na Galiza, elaborado polo seu Gabinete de Economía. Neste documento, a través dun informe de rendas que emprega diferentes fontes como o Instituto Nacional de Estatística (INE) ou as enquisas de condicións de vida, apúntase que cada día que pasa hai máis sectores da clase traballadora galega que son pobres aínda que manteñen o emprego. \"9 de cada 10 contratos son temporais e máis de medio millón de persoas (540.000), ou sexa 20% da poboación, están en risco de pobreza ou na pobreza severa\", explica o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. No informe asegúrase que 47,2% das familias galegas habitan ou viven en condicións insalubres \"e chama a atención que 20% destas familias teñen como sustento fundamental os ingresos das mulleres\", constata Carril. A enquisa do mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias e o estudo que presenta achega unha información exhaustiva onde se constata que durante o último ano, comparado con 2009, os ingresos salariais aumentan 9,1% mais o IPC medrou 12,7%, polo tanto hai unha perda do poder adquisitivo de 3,7%. Deterioro por idade e nas mulleres A idade é outro indicador que marca de forma máis grave estas tendencias, segundo o informe. \"Ser unha persoa nova na Galiza significa ser sinónimo de precariedade laboral e non só lle afecta o desemprego en maior medida senón a precarización e os salarios baixos\", asegura Carril. No documento apúntase que até os 36 anos non se consegue o salario medio. No ano 2009 unha persoa menor de 18 anos que atopaba un traballo tiña uns ingresos en torno a 3.754 euros anuais e en 2019 ten 1.995, ou sexa un 54,20% menos. No caso das mulleres, en 2019 os ingresos medios están en 17.511 euros e nos homes en 22.038 euros, unha fenda salarial de 20,5% que no anterior ano estaba no 21,5%, esta aparente redución da fenda na última década ten que ver coa importancia que significa a maior perda de traballo entre os homes que entre as mulleres, a ocupación masculina descende un 9,7% e a feminina un 5% en dez anos. Tamén hai diferenza por actividades. \"No sector da construción e a industria o emprego reduciuse un 39,5% e son ramas con salarios por riba da media e, polo tanto, hai caída\", di Carril. Políticas públicas Para o secretario xeral da central nacionalista a principal reclamación é que \"todas as políticas públicas deben camiñar na dignificación das condicións laborais\" como a \"necesaria urxencia da derrogación da reforma laboral, da reforma da negociación colectiva e das pensións para poder recuperar condicións de vida dignas\". Por este motivo a CIG propón que o salario mínimo interprofesional (SMI), como recomenda a Carta Social Europea, sexa de 60% do salario medio interprofesional, e estea situado nos 1.150 euros. Ademais, a central nacionalista rexeita que se negocie o SMI no diálogo social.\"Máis que propaganda ten que haber decisións\", sentenza Carril. Negociación colectiva Na presentación do informe, o secretario confederal de Negociación Colectiva, Francisco González Sío, presentou a situación dos convenios na Galiza. Segundo a CIG, cando en 2019 neste mes levarían 152 convenios negociados agora mesmo van 77. \"O número de traballadores afectados eran 205.000 en 2019, mais este ano son 77.000, moito menos de 50%\", asegura González Sío, \"houbo unha prevalencia dos convenios de empresa con respecto á negociación sectorial\", engade. Ademais deu a coñecer que, de media, na Galiza fanse catro horas máis e, no caso dos convenios de empresa, 8 horas máis que a media estatal."}
{"ID": "PRAZA_15526", "summary": "Tres deputados da formación pasaron a noite no caixeiro no que leva semanas protestando un grupo de afectados polas preferentes. Xosé Manuel Beiras achegouse para amosarlles a súa solidariedade e denunciou que se a Xunta se desentende do problema \"serán tamén delincuentes\"", "text": "AGE defende levar os responsables das caixas pola vía penal porque será \"a única maneira de que os responsables realmente respondan polo que fixeron\" Tres deputados de AGE -Juan Manuel Fajardo, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasaron a noite deste xoves no caixeiro de NGB en Gondomar no que dende hai semanas un grupo de afectados pola estafa das preferentes denuncia a súa situación. Previamente, Xosé Manuel Beiras achegárase até o lugar para coñecer de primeira man a situación a amosar o seu apoio as peersoas que realizan esta protesta en defensa dos aforros que teñen retidos na entidade. O voceiro de AGE anunciou que a formacion está a \"artellar unha loxística\" para defender o colectivo pola vía xudícial habida conta dos continuos obstáculos que se lles colocan os afectados polas preferentes e das novas dificultades no acceso á xustiza motivadas pola reforma de Gallardón. Beiras engadiu que non é xusto que \"cada un de vos teña que defenderse por separado\". AGE defende levar os responsables das caixas pola vía penal porque será \"a única maneira de que os responsables realmente respondan polo que fixeron\" aínda que é consciente de que \"co aparello xurídico que está montado é difícil promover algo que poda ir adiante na vía penal\". Beiras denunciou tamén a \"falta de respeto\" amosada polo presidente da Xunta, ante as protestas dos afectados no Parlamento ao que acusou de \"pouco menos que rir\" do que estaba sucedendo Beiras referiuse ademais a actitude do Goberno galego, a quen lle demandou que non se desentenda deste tema e ao que advertiu que de non facelo \"tamén serán delincuentes\". Beiras denunciou tamén a \"falta de respeto\" amosada polo presidente da Xunta, ante as protestas dos afectados no Parlamento ao que acusou de \"pouco menos que rir\" do que estaba sucedendo. Finalmente, o voceiro parlamentario de AGE lembrou o carácter de institucións de economía social das caixas: \"Estaban para axudar á xente, ás pequenas empresas e as familias, pero non con fins de lucro, por iso había obra social\". Máis información en Valminor.info"}
{"ID": "NOS_47324", "summary": "Cadrando co Consello de Ministros desta sexta, a Área Pública da CIG chamou á protesta", "text": "Centos de traballador@s públic@s concentráronse esta sexta ás portas dos seus centros de emprego para protestaren contra as políticas de redución salarial e de demantelamento do sector público que chegan parellas do paquete de recortes aprobado no Consello de Ministros de hoxe. Así as cousas, a chamada das federacións da Área Pública da CIG --Ensino, Saúde e Administración-- ouviuse en hospitais, edificios administrativos, centros de saúde, deputacións, concellos, universidades ou na Axencia Tributaria, ao tempo que unha comunicación ditada polo Ministerio de Interior prohibía a funcionari@s de prisións secundaren as mobilizacións. Remarcando que na función pública son moitos os soldos rebaixáronse desde xuño nun 20% e son moitos os que non chegan aos 1.000 euros, o sindicato nacionalista valorou como \"especialmente preocupante\" o panorama en que desenvolven a súa actividade est@s traballador@s. Sinalou a central cara a intención do Goberno español de \"introducir as pensións nas administracións públicas\", após recoñecer o propio Mariano Rajoy que a recuperación da paga de decembro que vén de ser suprimida se recuperará en 2015 e por aquela vía, non en metálico. Ao fío, o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, considerou que se trata dunha medida que \"beneficia, máis unha vez, á banca e ao capital especulativo, que son os que xestionan\". Na mesma liña pronunciouse tamén a secretaria nacional de CIG-Administración, María Carme Santamariña, quen lembrou que \"a día de hoxe só existen plans de pensións impostos na administración xeral do estado e en algúns concellos e deputacións\". Segundo informou, no resto das administracións \"non existe\" un plan de pensións, polo que a recuperación da extra de decembro mediante esa vía \"ou obriga á súa creación ou non é posibel\". Apuntou finalmente María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, que os recortes \"van no camiño de privatizaren o sistema de pensións dos traballadores públicos\". A 'equiparación' das baixas por enfermidadeFoi estoutra máis unha das medidas anunciadas por Rajoy e que suporá, en palabras de Louzao, \"gravar e penalizar a quen sufra unha doenza\" ao detraérselles a est@s traballador@s unha parte do seu salario \"como se fose un delito porse enfermo\". A eliminación dos días de libre disposición por antigüidade --canosos-- e a redución de seis a tres dos de libre disposición --moscosos-- ten o mesmo obxectivo \"de facer desaparecer os servizos públicos\", recalcou Santamariña. Nos casos concretos do ensino e da sanidade, Louzao e Abuín alertaron da supresión de miles de empregos e de prazas no ensino público, limitando o acceso ao dereito a unha educación para as familias con menos recursos e provocando \"un sistema sanitario de pobres e ricos\" seguindo o ronsel do modelo dos EUA, onde a privatización convive coa morte de \"máis de 26.000 persoas ao ano\" por falta de asistencia."}
{"ID": "NOS_57015", "summary": "Unha concentración ás portas do Xulgado amosou a súa solidariedade para coas persoas encausadas e que se enfrontan a penas de entre 1,5 e 4,5 anos de prisión.", "text": "O xuízo contra 12 persoas acusados de okupar en 2011 a compostelán Sala Yago suspendeuse por mor da renuncia dunha das avogadas que representaba varios acusados ao non estar conforme coa liña de defensa, segundo informan desde Europa Press. O xuízo quedou fixado para o 13 de marzo de 2017, ás 9,30 horas. A Fiscalía pide para as acusadas penas que van de ano e medio (para 10 acusados) a catro anos e medio de prisión (2 deles). Ás portas do Xulgado decorreu unha concentración de apoio os procesados, acto no que estiveron presentes Rubén Cela (BNG) e Eva Solla (En Marea)."}
{"ID": "NOS_55216", "summary": "Alegan que o Goberno segue sen dar resposta ás súas demandas.", "text": "A Plataforma Nacional en Defensa do Transporte decidiu manter o paro de transportistas que comezou a pasada segunda feira, 14 de marzo, tras reunirse coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez. Así o anunciou en declaracións á prensa o seu presidente, Manuel Hernández, nada máis acabar unha reunión que durou arredor de dúas horas, argumentando que o Goberno segue sen dar resposta ás súas reivindicacións. En concreto, lamentou que a ministra aínda non garanta que non se poida seguir traballando a perdas, aínda que celebrou o \"trato amábel\" que, na súa opinión, recibiron de Raquel Sánchez. \"Para poder retomar a actividade na segunda feira deberiamos ter xa medidas, aínda que fosen provisionais, que deran resposta á solución que temos\", apuntou Hernández. Goberno español e transportistas acordan un desconto de 20 céntimos por litro de combustíbel Na mañá desta sexta, perto de 4.000 transportistas, segundo cifras da delegación do Goberno en Madrid, manifestáronse xunto ao Ministerio de Transportes para reclamar ao Goberno unha reunión con Hernández, algo que finalmente ocorreu. Pola súa parte, a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asegurou esta sexta que o acordo \"de enorme magnitude\" alcanzado entre o Executivo e os transportistas na quinta feira \"vai liquidar\" os problemas que ten o sector e \"demostra\" que o Goberno está a traballar en favor dos sectores afectados pola crise. En declaracións á prensa, a ministra expresou ademais \"respecto e comprensión\" polos traballadores que se están manifestando nas rúas porque \"teñen razóns estruturais\" para facelo. \"As persoas que están a mobilizar na rúa teñen razóns estruturais para defender os seus dereitos. Están a manifestarse persoas que a día de hoxe traballan a perdas. Por tanto, comprensión e respecto ás persoas que se seguen manifestando\", subliñou a vicepresidenta."}
{"ID": "PRAZA_15135", "summary": "Asegura que o novo sistema proposto polo Goberno español non é unha axuda pública.", "text": "A Comisión Europea autorizou este martes o novo sistema de bonificacións fiscais proposto polo Goberno español e que favorecerá o sector naval. A UE, que lle dá o visto e prace sen condicións ao novo tax lease, considera que non implica axuda pública ningunha, ao non favorecer unhas empresas fronte a outras. \"Logo dun longo proceso de discusión, puidemos aprobar un novo réxime de arrendamento financeiro compatible coas normas de axudas de estado da UE, sobre a base das últimas propostas presentadas polas autoridades españolas\", asegurou o vicepresidente e responsable de Competencia, o español Joaquín Almunia, que aclarou que o novo réxime \"non é selectivo e permitirá responder en particular ás preocupacións do sector naval español sen falsear a competencia no mercado único europeo\". O sistema de bonfiicacións para o naval leva en suspenso 17 meses O sistema de bonificacións para o sector naval leva en suspenso xa 17 meses debido a unha denuncia ante Competencia de estaleiros holandeses, á que despois se sumaron países como Alemaña e Noruega. A paralización destas bonificacións fiscais ten provocado uha parálise na contratacón do sector naval galego, especialista en ferrys e offshore. O novo réxime permite deducir fiscalmente o custo de activos adquiridos mediante arrendamentos financeiros desde o inicio da súa construción Agora, o novo réxime notificado permite deducir fiscalmente o custo de determinados activos adquiridos mediante arrendamentos financeiros desde o inicio da súa construción, sen agardar a que sexan explotados comercialmente, tal e como explicou o Executivo comunitario. Deste xeito, complementa a posibilidade xa existente de acelerar a dedución deste custo en función dos pagos efectuados no marco dun arrendamento financeiro. O sistema de bonificacións \"aplícase a todos os tipos de bens de investimento materiais adquiridos mediante arrendamentos financeiros, sempre que estean fabricados segundo as especificacións técnicas do comprador -quedan excluídos, por tanto, os produtos que poidan fabricarse en serie-, e que precisen dun período de fabricación dun ano como mínimo\". \"Aplícase por igual aos bens fabricados fóra de España e aos fabricados en España. Ademais, a medida é de aplicación automática e non está suxeita á aprobación previa da administración fiscal\", apuntou a Comisión, que aclarou tamén que a decisión non paraliza a investigación en marcha sobre se o anterior réxime incluía axudas públicas ilegais."}
{"ID": "NOS_30002", "summary": "Impuxo a súa maioría para aprobar cuestións como impulsar unha reforma electoral para que nos concellos goberne a lista máis votada. Para apoiar o discurso de Filipe VI sobre Catalunya, o PP contou co apoio, matizado, do PSdeG.", "text": "O Partido Popular sabe empregar o rolete e faino sen que lle doa a man. Máis unha mostra desta maneira de entender a política ficou evidenciada esta sexta feria, na sesión plenaria do debate do estado da Nación para aprobar propostas de resolución. Só se aprobaron as 40 presentadas polo PP. 35 co único apoio dos populares e 5 en base a acordos logrados en base a textos do PP. Dúas propostas concitaron unanimidade: seguridade viaria e petición á Xunta de que deixe de patrocinar eventos deportivos que premien diferente homes e mulleres. Non todo se aprobou co único apoio do PP. Contou co respaldo do PSdeG para se adherir ao discurso de Filipe VI sobre Catalunya e aplaudir as forzas de seguridade do Estado. En Marea e BNG non entraron nese xogo. Os socialistas matizaron, e embora apoiar pediron unha porta aberta ao diálogo. As diferentes propostas para avanzar no autogoberno tiveron enfronte o muro do PP, que evitou que saísen adiante e aproveitou para discursear a favor da unidade española. Ademais, o PP sacou adiante en solitario unha proposta para se dirixir ao goberno central para que impulse a reforma da lei electoral para que goberne a lista máis votada nos concellos. Só coa súa maioría absoluta sacou adiante a defensa da reforma da Lei de Saúde, algo rexeitado polo resto de grupos. Os populares tamén botaron man da súa maioría para impedir o impulso dunha comisión de investigación en Galiza do sinistro de Angrois. A oposición puxo de manifesto os seus acordos en tres transaccións entre PSdeG e En Marea e en propostas apoiadas polas tres forzas mais rexeitadas polo PP. 24 propostas do BNG foron apoiadas por En Marea e socialistas, mentres que 32 do PSdeG foron respaldadas polo resto da oposición e 29 de En Marea"}
{"ID": "PRAZA_7526", "summary": "O ex delegado do Goberno advirte de que \"a mentira tería un percorrido moi curto\" e asegura que el non tiña \"capacidade\" para tomar decisións durante a catástrofe e que non deu \"ningunha instrución a ninguén\". Cualifica a xestión do accidente de \"impecable\".", "text": "O que fora delegado do Goberno en Galicia durante a catástrofe do Prestige, e actual director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, asegurou que \"non se estaba enganando a ninguén\" ao transmitir a información sobre xestión do sinistro do Prestige. Así o manifestou durante a súa declaración no macroxuízo que se celebra na Coruña. \"A mentira tiña un percorrido moi curto e en 24 horas podíase saber todo, así que non tiña sentido ningún enganar nin mentir a ninguén\", dixo a preguntas de varios avogados. Para un dos maiores protagonistas daquelas datas, \"a xestión levada a cabo polas autoridades marítimas españolas foi impecable\". \"Ninguén do Goberno tiña a intención de enganar a sociedade galega\", aclarou \"Ningunha persoa do Goberno tiña a intención de enganar a sociedade galega porque en 24 horas podíase saber a verdade\", insistiu Fernández de Mesa, que chegou a acusar a prensa do caos informativo e das acusacións de mentiras e manipulacións que se verteron sobre a Administración naqueles días. \"Non se reflectía nin se transcribía exactamente o que eu dicía\" xustificouse o ex delegado do Goberno, que aclarou que \"a touro pasado todo é moi fácil\" e que insistiu que el só se dedicaba a transmitir a información que lle trasladaban as autoridades marítimas. \"Só obedecía\", dixo. De Mesa eludiu responsabilidades e insistiu en que non tiña \"capacidade\" para tomar decisións e que non deu \"instrución ningunha\" Ademais, De Mesa insistiu unha e outra vez en que el non tiña \"capacidade\" ningunha para tomar decisións durante a xestión da catástrofe, malia que presidía o órgano reitor constituído tras o sinistro e a pesar de que chegou a estar imputado. \"Nin autoritas nin potestas\" dixo. Segundo o ex delegado do Goberno, as decisións correspondían \"á autoridade marítima\", en alusión ao que era director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, que \"non tomaba as decisións só, senón cos seus asesores\". Por outra banda, e en resposta ás declaracións da empresa de rescate Smit Salvage, que o acusou de ser quen \"máis insistía\" en afastar o buque, De Mesa volveu aclarar que non deu \"instrución ningunha a ninguén\" e eludiu calquera tipo de responsabilidade. Ademais, asegurou que el di \"a verdade\", pero dubidou \"que outros poidan dicir o mesmo\", en referencia a outras declaracións durante o xuízo. \"Nós defendiamos os intereses de España, os intereses dos demais, que cadaquén diga...\", chegou a manifestar. O actual director xeral da Garda Civil asegurou tamén en varias ocasións que os técnicos encargados da xestión da catástrofe \"valoraron todas as posibilidades\" para diminuír a catástrofe, pero si aclarou que \"nin legalmente nin polo calado\" era posible meter o barco no porto de Ferrol nin no da Coruña. Ademais, tamén aclarou que \"nin en España nin en Europa existía un porto refuxio\" ao que se puidese levar o buque, polas \"condicións do mar, do barco e do seu goberno\". \"Se o barco se metese nalgún porto, aquí estariamos os mesmos e igual algún na cadea; estaríannos recriminando non telo afastado\", asegurou tamén."}
{"ID": "NOS_33491", "summary": "Nacía o pasado ano en Fornelos de Montes, o concello natal do escritor Manuel Lueiro Rei, autor que dá nome a un dos premios de máis tradición na narrativa galega. Coa segunda edición, consolídase esta aposta pola poesía co nome de autor.", "text": "Con \"As uñas crecen\", a poeta Silvia Penas converteuse en gañadora da primeira edición dun premio que nacía coa vontade de promoción poética alén de homenaxe ao autor nacido en Fornelos de Montes, concello que coorganizaba a convocatoria canda a Asociación de Veciños o Cruceiro da Laxe e a editorial Sotelo Blanco. Coa segunda edición que está a piques de pechar o prazo de presentación de orixinais, a convocatoria consolídase como centro de dous dos actos literarios anuais máis relevantes da comarca, que se organizan arredor da presentación do título gañador e da entrega do premio. No último día do ano remata o prazo de presentación de orixinais para esta convocatoria que conta cun premio de 2.500 euros de dotación ademais da publicación do libro na colección \"Manuel Lueiro Rei\" da Editorial Sotelo Blanco. O nome da obra gañadora darase a coñecer nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Fornelos de Montes o día 8 de marzo e a entrega está prevista para o 12 de abril. As bases do premio pódense consultar na páxina web do concello."}
{"ID": "PRAZA_10620", "summary": "Sen I+D+i non hai desenvolvemento sostíbel nin posibilidade dun país xusto e pendente dos coidados. Sen I+D+i non hai benestar nin prosperidade posíbeis.", "text": "Non é casualidade que o noso País estea atrás de todo no ranking dos territorios europeos máis abertos á Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). Ocupamos o 190 lugar, moi lonxe de Norte de Portugal e mesmo das demáis rexións portuguesas que están a vivir un proceso de potente aceleración tecnolóxica. Malia que eles contan con alguna desavantaxe fronte a nós (menos titulados superiores) están no mapa tecnolóxico europeo. Nós non.A causa principal do noso atraso tecnolóxico é o desleixo ds nosos gobernantes. Investimos só o 0,89% do PIB en I+D+i, os décimos entre as 17 CC.AA. do Estado. Mais non sempre foi así. No 2008, canda o goberno de coalición BNG-PSOE, con Fernando Blanco de conselleiro, Salustiano Mato de director xeral e Xavier Alcalá de director da Oficina de Programas Internacionais de I+D investíamos case 600 M€ fronte as 503 M€ actuais, o 1,04% do PIB daquela. Mantiñamos 10.100 investigadores fronte aos pouco máis de 9.300 actuais e fomos quen de chamar a algúns talentos emigrados. Quere dicir que unha outra política investigadora é posíbel. Velaí Portugal. Velaí Estonia e a súa aposta dixital dende 1991, cando só eran un pequeno e pobre país no Báltico.Mais non todo é cousa de cartos. O modelo galego (como ben observa un dos principais xestores de innovación galegos, Javier Alvárez Osuna) é reducionista, potenciando proxectos de baixo impacto e pequenos orzamentos, con moi baixa capacidade tractora. É cousa cotíán que se tolee aos solicitantes mudando orzamnetos e cronogramas. Nestas circunstancias son moi malos de acadar obxectivos de alto valor engadido. Tamén incorre Galicia en duplicidades na xestión e avaliación de axudas e nun exceso de burocracia e complexidade xustificativa dos investimentos.O caso é que o modelo a seguir¡mos non está lonxe. Porque o que cómpre construir é unha Axencia Galega de Investigación dirixida por bós xestores independentes, que se manteña á marxe das remudas políticas, cun financiamento estábel e garantido que permita atraer e reter o talento investigador. Como fan en Euskadi dende a Fundación Ikerbasque ou na Catalunya dende o ICREA catalán, que obtén o case o 57% de todos os fondos que o Consello Europeo de Investigación lle outorga a todo o Estado.Sen I+D+i non hai desenvolvemento sostíbel nin posibilidade dun país xusto e pendente dos coidados. Sen I+D+i non hai benestar nin prosperidade posíbeis."}
{"ID": "NOS_12307", "summary": "A última proposta da empresa é \"inasumíbel\", segundo o comité intercentros.", "text": "Traballadoras e traballadores da CRTVG volverán manifestarse polas rúas de Compostela o vindeiro 19 de decembro. A marcha coincidirá coa folga de 24 horas convocada polo comité intercentros para esa xornada, e que se estenderá á quenda de fin de semana o sábado 22. A xuntanza prevista para esta segunda feira entre empresa e comité non se realizou. A empresa non se presentou e, segundo o comité, solicitou por mail adiar a reunión a esta terza feira, a escasas horas de inicio da greve. Unha solicitude que veu acompañado dunha proposta \"inasumíbel\", indican os representantes do persoal. Así pois, a greve vai adiante. A greve do 19 e o 22 de decembro será o último episodio do conflito que enfronta a dirección do ente público cos seus empregados. Paros parciais sucedéronse ao longo de novembro e, na orde xornalística, cada sexta feira convócase un #VenresNegro en protesta contra as inxerencias politicas do PP no labor informativo."}
{"ID": "PRAZA_2507", "summary": "Se o Sr. Rivera leva adiante o seu programa de reformas, os partidos galegos non terán representación no Congreso, os intereses de Galicia non serán respectados na Conferencia de Presidentes e o seu autogoberno limitaríase substancialmente.", "text": "As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia Ven de presentar Albert Rivera as súas propostas de reforma constitucional: supresión do Senado e asignación das súas competencias a unha Conferencia de Presidentes Autonómicos que terían voto ponderado de acordo con cadansúa poboación e con competencias no financiamento autonómico, supresión do Consello Xeral do Poder Xudicial e asignación das súas competencias ao Presidente do Tribunal Supremo, reforma electoral, redución das competencias autonómicas e derrogación da cláusula que permite transferirlle ás autonomías competencias exclusivas do Estado, supresión das Deputacións e redución á coarta parte dos concello. As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia. Na Conferencia de Presidentes Galicia só tería o 6% dos votos. Serían, pois, andaluces, madrileños e, quizais, cataláns os que resolverían as cuestións territoriais de acordo cos seus intereses. Galicia non tería posibilidades de acadar un sistema de financiamento xusto e automático que pondere con xustiza o avellentamento e espallamento da nosa poboación. A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito. Os concellos e os concelleiros cumpren unha función de aproximación das Administracións locais ao territorio que na Galicia, coa metade dos núcleos de poboación do Estado, resulta imprescindíbel. En realidade, o erro de Albert Rivera é querer resolver o mapa local dende o Estado no canto de internalizar o réxime local a prol das autonomías, para que cada unha defina o que lle compre a cada un. O sistema electoral proposto por Rivera penalizaría inxustamente as forzas de ámbito galego, ao esixir un mínimo do 3% no Estado para obter deputados O sistema electoral proposto por Rivera penalizaría inxustamente as forzas de ámbito galego, ao esixir un mínimo do 3% no Estado para obter deputados. Esta reforma impediría, \"de facto\", que as forzas galegas tivesen representación no Congreso. Galicia repousa sobre uns alicerces económicos que para o Estado son totalmente prescindíbeis. Velaí a vinculación entre autogoberno e benestar. Se o sr. Rivera leva adiante o seu programa de reformas, os partidos galegos non terán representación no Congreso, os intereses de Galicia non serán respectados na Conferencia de Presidentes e o seu autogoberno limitaríase substancialmente. Galicia será máis pobre e dependente."}
{"ID": "NOS_13038", "summary": "Leticia Santos repite como candidata nacionalista á Alcaldía de Moaña. A actual rexedora foi presentada nun acto realizado na mañá deste sábado, que contou coa presenza de arredor de 400 veciños. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, puxo a Santos \"como exemplo do bo facer do BNG nos concellos mellorando a vida das persoas\".", "text": "O BNG opta en Moaña por un valor seguro. A actual rexedora repite por terceira vez consecutiva como candidata á Alcaldía co obxectivo de mellorar os resultados de hai catro anos e contar cunha maioría suficiente para gobernar. Neste sentido, Leticia Santos aposta por darlle continuidade a \"sete anos de traballo duro e de firme compromiso coa veciñanza de Moaña\", avalado \"co mellor equipo que se pode ter\", \"coa mesma ilusión da primeira vez, coa experiencia e coa forza do respecto e cariño da xente\". 'É un orgullo ter unha alcaldesa como Leticia' A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que \"para o BNG é un orgullo ter unha alcaldesa como Leticia e presumir da xestión do Goberno municipal en Moaña nestes últimos sete anos\". Nesa dirección, significou as políticas de transformación en termos de sustentabilidade ambiental nun momento de urxencia climática, destacando as accións en materia de reciclaxe que chega a case mil fogares da localidade , así como as actuacións de recuperación e preservación do patrimonio. Pontón asegurou que \"esta alcaldesa non só xestiona con cabeza e corazón senón que defende Moaña onde é preciso, nas rúas e nos despachos, con forza, con valentía, con entusiasmo, non a para ninguén e ten visión de futuro para seguir avanzando, un exemplo da política municipal que queremos e defendemos, transformadora, para mellorar a vida das persoas e man a man coa veciñanza\". A líder do BNG non pasou por alto a loita do pobo de Moaña contra a Xunta da Galiza para recuperar os servizos médicos no centro de saúde da localidade. Neste caso, lembrou as mobilizacións continuadas da cidadanía durante máis de 40 semanas até conseguir as urxencias para o Punto de Atención Continuada (PAC). A dirixente nacionalista referiuse a \"44 domingos cos veciños e veciñas de Moaña defendendo a sanidade pública de Moaña\". A este respecto, aseverou que \"se o PP está xogando coa saúde das persoas, será o Bloque canto teña a responsabilidade de goberno quen recupere a sanidade pública\". Moaña como referente Pontón salientou que \"o presente e o futuro de Moaña é o froito dun traballo social, colectivo, contando coas entidades e coa veciñanza e cun equipo sólido e unido baixo o liderado de Leticia\". Nesta dirección, presentou a vila do Morrazo como \"un referente na maneira de xestionar os orzamentos, na acción dos consellos veciñais que deciden os investimentos nas parroquias, segundo as súas necesidades, segundo os seus obxectivos\". A voceira nacionalista situou como sinal de identidade da acción de goberno do BNG \"colocar ás persoas no centro da acción política\", e por iso, \"está coa maioría social nesta crise de prezos, coas traballadoras e traballadores, coas persoas pensionistas, coas mariscadoras e coas mulleres que seguen saíndo ao mar, coas persoas autónomas coa xente deste país que ten dereito a pescar\". Pontón aproveitou a súa presenza en Moaña para denunciar as políticas da Xunta da Galiza, que \"presenta uns orzamentos cun pelotazo fiscal de 34 millóns de euros a 7.700 millonarios, en plena crise de prezos un agasallo aos máis ricos que debía empregarse en educación ou en sanidade, unha vergoña para a maioría que o está pasado mal nesta crise\". Orzamentos do Estado A líder nacionalista dirixiuse ao Executivo do Estado para indicar que \"o BNG non pode dar o seu apoio aos orzamentos do Estado, porque discriminan a Galiza no reparto do investimento territorializado, pero tendemos a man para ter unha negociación que permita incluír estes proxectos nos presupostos xerais e, igualmente, que se fagan realidade porque son necesidades que ten o país\"."}
{"ID": "NOS_15366", "summary": "O Exército español sobrevoará o domingo, Día da Patria Galega, coa chamada Patrulla Aguia, o ceo en Compostela para tinguilo coas cores da bandeira española. Un anuncio que provocou o malestar de usuarios e usuarias das redes sociais, que critican esta exaltación do españolismo.", "text": "Esta sexta feira a primeira hora da tarde aterrarán no aeroporto Rosalía de Castro-Santiago de Compostela sete avións da Patrulla Aguia do Exército español. Partirán o domingo, 25 de xullo, Día da Patria Galega, do aeroporto para tinguir das cores da bandeira española o ceo en Compostela. Farao coincidindo coa parada militar nos actos de ofrenda ao apóstolo que decorrerán na praza do Obradoiro ás 12 horas e que contarán coa presenza dos reis de España e das súas fillas, alén de representantes do Goberno español, do galego e do municipal. A esa mesma hora, partirá da Alameda compostelá a manifestación nacional convocada polo BNG con motivo do Día da Patria Galega. Milleiros de bandeiras da Patria tinguirán as rúas compostelás para reivindicaren o carácter nacional da Galiza. A mobilización da formación nacionalista concluirá a escasos metros do Obradoiro, na praza da Quintana, onde tomarán a palabra a portavoz nacional, Ana Pontón, e mais o secretario xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos. Ás 12.30, tamén da Alameda, partirá a \"manifestación unitaria\" convocada por dez organizacións republicanas e independentistas \"polo exercicio do dereito de autodeterminación\". Está impulsada por Agora Galiza-Unidade Popular, a Asemblea Republicana Galega, a Plataforma pola Terceira República, Cedeira pola Esquerda, Estudantes Antifascistas, o Colectivo Republicano de Redondela, o Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) e os comités antifascistas de Compostela, Lourinha e Vigo. Unha hora máis tarde, e desde o mesmo punto que as anteriores, decorrerá a do independentismo, baixo o lema \"Umha história de luita, um futuro nosso\". Críticas ao Goberno estatal O anuncio non pasa desapercibido nas redes sociais: \"De quen sería esa idea? No día de reafirmación da identidade da Galiza, onde millares de persoas se deslocan a Compostela para se manifestar e exixir respecto, o Exército español fará iso? Máis unha provocación a listar que só contribúe ao sentimento de independencia\", sinala un usuario. Outros cargan contra a Xunta da Galiza, o Goberno estatal e mesmo o Goberno municipal. \"É unha obscenidade\", \"Xera un sentimento de ameaza e máis nacionalismo\", \"Haberá que preguntar aos que teñen as competencias, o Goberno español que son moi progresistas\", \"Con isto queda claro que somos unha colonia\"... son algunhas das apreciacións de usuarias e usuarios de Twitter. Precisamente, a medida que se achega o 25 de xullo son máis as persoas que exhiben a bandeira da Patria nas xanelas da súa vivenda"}
{"ID": "NOS_6000", "summary": "Desde os seus inicios, a Fundación Fátima contou con importantes apoios institucionais, tanto no financiamento inicial como a través de privilexios obtidos polo seu carácter \"benéfico\", así como o convenio en vigor que mantén co Sergas. Abordamos os apoios institucionais cos que contou a entidade xestora da residencia de maiores do Barco, así como detalles da intervención xudicial de 2009-2010 que explican o modus operandi da trama.", "text": "A residencia Nuestra Señora de Fátima do Barco ten ocupado numerosas páxinas na prensa local desde a súa xestación. As súas instalacións sitúanse en terreos que eran municipais e foron cedidos á Fundación en setembro de 2007 cos votos da maioría absoluta do PSOE, logo de teren saído a poxa pública. O Concello ingresaba pola cesión dos terreos 336.000 euros (o prezo taxado polo arquitecto municipal), se ben os ingresos puideron ser maiores de non conseguir unha vantaxosa exención do IVE, que fontes municipais achacaron a un erro administrativo. O Concello deixaba así de ingresar \"284.341 euros\", segundo o edil do PP naquela altura, Moisés Blanco. O Partido Popular, de feito, votou contra a cesión e denunciou que a Fundación que dirixía Gerardo Rodríguez Encinas contou con \"demasiadas facilidades\". O BNG abstíñase. Dous meses despois, en decembro de 2007, o Concello cedía gratis un anexo ao terreo do edificio para a residencia, unha antiga pista de tenis municipal, destinada para espazos ao aire libre. Outra vez, a maioría absoluta do PSOE permitía a aprobación da doazón, cos votos contrarios da totalidade da oposición. \"É un regalo a unha empresa. Propoño que o solar sexa de titularidade municipal e que estea aberto ao uso de todos os veciños, incluídos os residentes\", declaraba a concelleira do BNG, Isabel Gacio, a La Región. \"Xa tivo bastantes axudas do Concello\" Pouco antes de iniciar a actividade, no mes de abril de 2009, o pleno municipal do Barco aprobaba declarar en favor da Fundación unha exención do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) polas obras de enganche da electricidade. Outra vez, o \"carácter social\" da entidade catalogada como benéfica servía para incrementar os seus beneficios privados. O BNG opúñase en solitario mentres que os votos do PSOE e PP daban luz verde á medida. Isabel Gacio criticaba que a fundación \"xa tivo bastantes axudas deste Concello\" ao mesmo tempo que lembraba que se trata dun negocio con \"ánimo de lucro\". O impulso definitivo para a construción do xeriátrico chegaba coa subvención do grupo de desenvolvemento rural Agader por valor de 1,4 millóns, en que estiveron implicados o concello do Barco e outros tres da comarca de Valdeorras, baixo o paraugas da Unión Europea. Segundo transcendía publicamente, contou con informes contrarios por parte do secretariado pola súa oposición a outorgar unha suposta exención do IVE. A Deputación completaba o financiamento pondo ao dispor do Concello 200.000 euros para apoiar a residencia. O propio Concello solicitou axudas por parte da Xunta en 2013 para subvencionar prazas, dados os problemas para cubrilas nos primeiros anos da residencia, o que provocaría que \"os maiores do Barco estean marchando\" para outros concellos, segundo o alcalde Alfredo García. \"Preocúpame máis a falta de prazas concertadas que o retraso no rexistro do terreo\", en alusión á inscrición irregular dos terreos relatada onte por Nós Diario. A Fundación tardou 5 anos en pór ao seu nome o espazo cedido. Finalmente, en setembro de 2014, chegaba a sinatura do convenio de colaboración entre a Fundación Fátima, representada por Virginia Arambillete, e o Sergas. A residencia do Barco ofrecía 10 prazas para pacientes maiores con problemas graves de dependencia, derivados do Hospital Comarcal de Valdeorras. O convenio, que ten sido renovado desde entón, estaba dotado en 2018 cun montante de 139.440 euros, tal e como consta no DOG. Os vínculos do PP con Encina Na secuencia da intervención xudicial de 2009-2010, a Xunta optou por asumir un papel pasivo, no cal acabou por certificar a continuidade do grupo fundador ao mando. O propio presidente da Deputación, José Luís Baltar, asumía que a iniciativa \"debe levala a Xunta\", póndose á súa disposición, tal e como foi difundido, na busca de solucións para a viabilidade da residencia unha vez fora intervida. Os tribunais fallaron a favor de Rodríguez Encinas e a Xunta evitou tomar medidas a pesar da dureza das acusacións do informe do administrador xudicial, que o Goberno Feixoo coñecía. Diferentes fontes municipais, así como o xornal El País, apuntan á vinculación de Gerardo Rodríguez Encinas, o creador da Fundación Fátima, co Partido Popular. [Podes ler o texto íntegro da reportaxe de investigación no Nós Diario que atoparás o 8 de xullo de 2020 nos quiosques e tamén na loxa. Lembra que podes subscribirte nesta ligazón]"}
{"ID": "NOS_35260", "summary": "Cultivado con espírito subversivo de provocación, o teatro de rúa do século XX pretendía, en principio, ser un teatro político que fuxiría das salas \"burguesas\" para propiciar novas formas de socialización que alterasen a orde estabelecida.", "text": "O verán, e concretamente agosto, é a época en que o teatro toma a rúa, en que máis espectáculos se poden ver polas prazas e rúas de vilas e cidades. A tradición de levar a escena ás rúas, aínda que con séculos de historia, procede na nosa época do prurito de democratizar a práctica dramática, de achegar a arte ao pobo e de incorporar os elementos teatrais populares ao repertorio das compañías. Cultivado con espírito subversivo de provocación, o teatro de rúa do século XX -moi relacionado co agit prop e o teatro proletario- pretendía, en principio, ser un teatro político que fuxiría das salas \"burguesas\" para propiciar novas formas de socialización que alterasen a orde estabelecida. Co paso dos anos, porén, a institucionalización do teatro de rúa, convenientemente subvencionado polas administracións, foi evoluíndo cara a uns obxectivos máis estéticos que políticos, aínda que, en principio, a intención inicial de subvertir a orde non chegou a perderse de todo. No Estado, os espectáculos de compañías como Comediants ou da primeira Fura dels Baus deu a medida desa comuñón entre festa popular e impugnación da autoridade que rexía o espazo público. Pouco a pouco -e a medida que a carpa ía perdendo prestixio- as artes do circo foron estabelecéndose nese territorio, e por esa vía déronse dúas consecuencias antagónicas: a primeira foi que o teatro de rúa se foi abaratando até se converter nunha animación pouco coidada que servía para entreter -máis ou menos- as familias e para que as compañías puidesen facer algo de caixa nos meses estivais. A segunda, e tal vez como reacción á anterior, foi que os artistas máis preocupados pola súa expresión foron mesturando linguaxes na medida en que llo esixía a súa obra. Moitas das formas expresivas que deron lugar ao que hoxe chamamos \"novo circo\" teñen a súa orixe nesa procura dunha linguaxe que fose popular e que, ao tempo, puidese desenvolverse en escenarios ao aire libre. Mais na Galiza, desde hai pouco tempo, deuse un fenómeno peculiar que ten que ver coa desestruturación dun sistema pouco dado a deixar ocos ás estéticas e as formas dramáticas máis audaces: é a danza contemporánea a que está a tomar as rúas. A falta de ousadía dos programadores dos teatros está sendo compensada por festivais que presentan as novas propostas en espazos que contan cun público alleo aos prexuízos que habitan nas salas. Espectáculos que mesturan a danza con outras disciplinas, obras que teñen a súa \"versión de rúa\" ou simplemente funcións que se presentan en escenarios pouco habituais, atopan o lugar onde medirse co público nas rúas da cidade. Se cadra, é só produto da necesidade, mais ten algo de revolucionario ese encontro circunstancial entre a creación e o seu público."}
{"ID": "QUEPASA_335", "summary": "Unha Sesión vermú con música en directo por Dj Tristón, servirá para inaugurar a mostra da polifacética artista carballesa", "text": "A galería de arte e tenda turística Stoupa, o gran epicentro cultural da bisbarra en clave de artesanía e creatividade, inaugura a súa axenda de exposicións 2019. Faino coa escultura \"Voantes\" , da ilustradora Laura Tova e con música en directo do Dj Tristón, nunha sesión vermú que seguro que non deixa a ninguén indifirente. A cita, este sábado 9 a partir das 12:00h. \" Voantes\" é un proxecto de autoedición onde se mestura ilustración e escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. Retomando un fancine do ano 2015 Laura Tova introdúcese nun novo mundo de soportes e texturas baseadas na ilustración aplicada á cerámica. A exposición componse de 7 pezas en forma de paxaro de diferentes tamaños e formas, ideadas e esculpidas por ela. As frases que acompañan ás súas voantes fan alusión á acción de voar e do sentimento de liberdade. A mostra poderá visitarse ate finais de marzo de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h. Laura Torrado Varela (Carballo, 1989) Defínese como unha persoa chea de ilusión, soños e historias coas que establece a súa relación co mundo, confesa que no 2015 vió a súa primeira estrela fugaz e marchouse con ela. Fórmase na escola EASD Pablo Picasso da Coruña, comeza o seu proxecto de deseño de produto no 2014, para introducirse no mundo do deseño e a ilustración publicitaria. Imparte talleres didácticos, participa en diversas iniciativas de arte urbana; Derrubando Muros con Pintura, Rúar e rir, Derrubando Muros para ver ou Mar na Coruña. O seu último proxecto de escultura \" Voantes\". Dj Tristón, integrante do grupo the Fakes, ademais participa tamén en diferentes organizacións pertencentes ao mundo cultural de Costa da Morte. Este sábado 9 de febreiro estará en exclusiva pichando en Stoupa."}
{"ID": "NOS_46526", "summary": "Aos catro parques eólicos xa operativos no territorio que abrangue o espazo protexido da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio poderían sumarse outros trece, xa que a lexislación galega non impide a día de hoxe o inzamento destas instalacións nas reservas da biosfera.", "text": "AGaliza conta desde a pasada semana con sete reservas da biosfera. Aos espazos naturais da Área de Allariz, Os Ancares-Montes de Cervantes, Xurés-Gerês, As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo, río Eo-Oscos-Terras do Bourón e Terras do Miño veñen de sumarse, nun proxecto de conservación conxunto, a Ribeira Sacra e as serras do Iribio e O Courel. Así o decidiu o Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB (o Home e a Biosfera, en inglés) da Unesco, reunido na segunda e a terza feira en Abuxa (Nixeria). O territorio delimitado abrangue unha superficie de 306.534,77 hectáreas, na que se atopan 23 concellos: Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Triacastela, cunha poboación total de máis de 75.000 habitantes. Na súa intervención telemática para defender a candidatura, a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, salientou que este \"proxecto de país\" —que iniciou a súa tramitación en 2017— permite que 42% do territorio galego \"quede amparado baixo algunha figura de protección\". A lexislación non impide os eólicos nas reservas Diversos colectivos ecoloxistas e sociais do país veñen alertando nos últimos meses da \"escasa protección\" que o Goberno galego ofrece nos espazos de especial conservación ante o boom eólico. Se ben no territorio que comprende a Rede Natura 2000 —menos de 12% da superficie da Galiza— están prohibidos estes proxectos —coa excepción do repotenciamento de parques xa existentes—, nada impide que se constrúan na zona delimitada para a ampliación da Rede Natura, pendente de se concretar desde 2011. Tampouco hai nas reservas da biosfera ningunha indicación contraria ao inzamento destas instalacións enerxéticas. A Xunta aprobou catro anos atrás o Decreto 95/2017, polo que se crea a Rede de reservas da biosfera da Galiza, mais o texto, de pouco máis de 350 palabras, non reflicte ningunha medida concreta para protexer estes espazos das explotacións industriais. Unicamente fai referencia, de forma xeral, á necesidade de \"propiciar a colaboración para avanzar na conservación, desenvolvemento e apoio loxístico das reservas\". Porén, o Marco Estatutario da Rede Mundial de Reservas da Biosfera da Unesco insta as entidades xestoras a \"contribuír á conservación das paisaxes, os ecosistemas, as especies e a variación xenética\", así como a \"fomentar un desenvolvemento económico e humano sostíbel desde os puntos de vista sociocultural e ecolóxico\". A lei prohibe estas infraestruturas nos espazos da Rede Natura 2000; non así nas reservas da biosfera Cómpre lembrar que a Unesco acordou conceder este status á Ribeira Sacra e as serras do Iribio e O Courel \"polas súas características paisaxísticas e medioambientais\". Así as cousas, a Lei 5/2017, de fomento da implantación de iniciativas empresariais na Galiza, denominada polo ecoloxismo como 'Lei de Depredación', non fai mención ningunha ás reservas da biosfera; non así cos espazos da Rede Natura 2000, en cuxas lindes se prohibe a instalación de parques eólicos. Pola súa banda, a Lei 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, limítase a definir os procedementos de avaliación ambiental aos que serán sometidos todos aqueles proxectos \"que poidan afectar de forma apreciábel os espazos protexidos da Rede Natura 2000\", deixando aberta a porta ás turbinas eólicas nos territorios que gozan desta especial protección. Tamén esquece as reservas da biosfera, mais inclúe as restricións sobre os lugares da Rede Natura, a Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico na Galiza. Unha ducia de parques eólicos, en proxecto Nos 23 concellos que abrangue a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e as serras do Courel e O Iribio están actualmente en funcionamento catro parques eólicos: Chantada, promovido no municipio homónimo por Galiza Vento SL; Montes de Abella, en Triacastela, impulsado por Invereólica de Abella SL; Serra das Penas, de Enel Green Power —filial de Endesa— en Paradela, e un cuarto que leva o nome desta última vila, propiedade tamén de Enel. Todos eles suman un total de 62 aeroxeneradores, e unha potencia instalada de 119 megawatts (MW). Mais cómpre engadir os 13 proxectos que actualmente se atopan en diferentes fases de tramitación ou solicitude previa a través da Xunta da Galiza e o Goberno do Estado. A galega Greenalia, da que é directiva a ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, quere impulsar en Samos e Triacastela os parques Levante e Monteiro, o primeiro de 19 muíños e 106,4 MW e o segundo de cinco turbinas e 33,6 MW. E entre Paradela e O Saviñao prevé erguer o polígono eólico Coto dos Chaos, tamén composto por cinco aeroxeneradores e 33,6 MW. No corazón da Ribeira Sacra, entre Quiroga, Ribas de Sil, Castro Caldelas e os concellos limítrofes da Pobra de Trives e San Xoán de Río, un conglomerado de empresas liderado polo empresario balear Antonio Mascaró está a tramitar cinco parques eólicos que compartirían infraestruturas e terían idénticas dimensións: doce aeroxeradores e 50 MW cada un, o límite para acudir á vía da Xunta e esquivar o Ministerio para a Transición Ecolóxica. Son os proxectos Neboada, Orballeira, Treboada, Ventumelo e Xeada. Un empresario con problemas coa Xustiza balear promove cinco parques fragmentados Cómpre salientar, como xa informou Nós Diario o pasado 9 de setembro, que Mascaró, antigo directivo da Banca March, foi investigado en 2007 pola Xustiza de Balears por un presunto delito de estafa do que, finalmente, foi absolto. Entre Taboada e Chantada prevé instalar dous parques o Grupo Breoenergy, a través das súas filiais Galenergy e Breotecnia. Trátase de Maxal —nove muíños e 40,5 MW— e Prado Vello —tres turbinas e 9 MW—. Este último recibiu o pasado xullo, por parte do Goberno galego, a autorización administrativa previa e de construción. Aliás, en Portomarín está proxectado o polígono O Picato, de Naturgy, conformado por 13 aeroxeradores e unha potencia de 42 MW, e tamén conta cos permisos previos. E Green Capital Power está a tramitar na Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e San Xoán de Río o parque A Boibela, de 12 turbinas e 72 MW. Finalmente, a sociedade do Estado noruegués Statkraft prevé instalar un parque eólico no Bierzo, Barxas, que afectaría tamén os concellos de Folgoso do Courel e Quiroga. O proxecto consta de 22 muíños e un total de 121 MW. Entre interrogantes está o parque Serra do Iribio —da empresa Fergo Galiza Vento SL—, cuxa autorización anulou o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, xa que o Consello da Xunta dera luz verde ao proxecto malia tratarse dunha pequena modificación do presentado 14 anos antes perante o Goberno de Manuel Fraga. Porén, en abril deste ano o Supremo fallou a favor da empresa."}
{"ID": "NOS_30332", "summary": "O discurso de fin de ano foi unha nova andanada do presidente da Xunta contra o soberanismo. Unha peza retórica que ben podía ter asinado un dirixente do PP estatal, pois tivo como leitmotiv argumental o confronto entre Madrid e a maioría social de Catalunya que pide un referendo de autodeterminación. Feixoo optou por unha posta en escena cunha enorme carga de provocación: a súa soflama españolista tivo como escenario a Cidade da Cultura e como pano de fondo o lenzo pintado por Castelao en que se rende homenaxe a Bóveda, asasinado polos fascistas en 1936.", "text": "O discurso de Feixoo podía telo asinado sen o menor problema Pablo Casado. Ou Albert Rivera. Ou o mesmísimo Santiago Abascal. Unha nova proclama españolista contra o Govern catalán e tamén contra o Executivo Sánchez, a quen tratou como cúmplice dos independentistas por ter asinado un documento conxunto coa Generalitat —o día da súa cimeira con Quim Torra— en que se cualificaba como \"conflito\" o diferendo entre a sociedade catalá e o estado español. \"Nin foi un conflito o ataque do terrorismo á España das liberdades, nen cabe chamarlle conflito ao golpe de estado de 1981 nen tampouco hai conflito no reiterado desafío do independentismo catalán\", dixo Feixoo nun virulento ataque á declaración conxunta da Moncloa e o Palau de Sant Jaume. Foi nese marco cando, de forma implícita, Feixoo sacou a pasear o espectro do artigo 155, a previsión constitucional que xa foi aplicada polo Goberno Raxoi para deixar sen efecto o autogoberno de Catalunya. Destarte, e ao tempo de mostrar o seu desexo de que se produza \"un pleno retorno á normalidade na Generalita\", pediu que non se desbote recorrer a aquelas ferramentas legais estabelecidas na Carta Magna \"para garantir a nosa democracia e o noso autogoberno\". No relato feixoniano, a Constitución é a garante do autogoberno, e non o texto legal que impide o seu pleno desenvolvimento, daí que convide a non ficar impasíbeis perante o que chamou \"ataque sistemáticos\" a ese texto, pactado en 1978 polas forzas políticas herdeiras da ditadura, a esquerda estatal e segmentos do nacionalismo catalán. \"Galiza\", dixo arrogándose a representación de todo o país, \"non se vai calar cando se pon en perigo unha obra de todos\". Para Feixoo, o que tenciona o bloque independentista catalán non é máis que a procura de \"situacións de privilexios que non partillamos\". Face Catalunya, Galiza sería o modelo a seguir, defendeu Feixoo. O noso sería un pobo de xentes que \"falan, trocan impresións e tamén discuten, mais sen deixar de estarmos xuntos\". Castelao no discurso A escolla d'A derradeira leición do mestre' no foi en absoluto casual, senón que obedeceu a unha decisión política perfectamente estudada. De feito, Feixoo falou de Castelao quer no limiar quer na coda do seu discurso. A súa tese é que as \"ideas excluíntes\" son \"a causa de episodios\" como o pintado polo líder do Partido Galeguista. O que non explicitou o presidente da Xunta é quen foron os vitimarios de Bóveda e que quer este quer Castelao se limitaban a defender pacifica e democraticamente os dereitos nacionais e sociais do pobo galego. \"Debemos sentirnos orgullosos do que significa que este cadro, que moitos consideran o Guernika galego, estea aquí, entre nós\", dixo, e a seguir referiuse ao lenzo como \"un exiliado mais que volve a súa casa. Volve tarde, mais por primeira vez desde que Castelao o pintase en Bos Aires logramos que se poda ver en Galiza\". En definitiva, Feixoo esforzouse en retratar un país, Galiza, exemplo de convivencia e entendimento como alternativa ao que tildou de conflito alimentado \"artificialmente\"."}
{"ID": "PRAZA_17852", "summary": "Plácido foi detido e preso na Coruña e só a mobilización rápida da súa influente familia impediu que o executasen de contado. Organizando unha evasión de novela que o levaría ata Carballo primeiro e Muxía despois, conseguiron esquivar algún sopro que puxo toda a operación en perigo.", "text": "Alexandre Bóveda e Plácido Castro mantiveron nos anos trinta unha relación de especial afecto, amizade e camaradería, como así o testemuña algunha correspondencia común hoxe coñecida. Os afáns na militancia galeguista solidificaron esa relación. Ambos os dous participaron na asemblea galeguista de Pontevedra e formaron parte da mesa presidencial do encontro. Andado o tempo, na Comisión Executiva do Partido Galeguista, Plácido tomaría o relevo de Bóveda na secretaría de organización e despois este reasumiríana cando Plácido pasou a desempeñar a secretaría de relacións internacionais trala participación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas en Berna, Suíza, onde en 1933 Galicia foi recoñecida como nación. Alén diso, o destino de Plácido naquel verán de 1936 puido ser o mesmo ca o de Bóveda. Plácido foi detido e preso na Coruña e só a mobilización rápida da súa influente familia impediu que o executasen de contado. Organizando unha evasión de novela que o levaría ata Carballo primeiro e Muxía despois, conseguiron esquivar algún sopro que puxo toda a operación en perigo. Aquí permanecería agochado co apoio, entre outros, de Alejandro Abella, médico e militante de Izquierda Republicana. En 1940, o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenábao a quince anos inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a 100 km de Muxía e 25.000 pesetas de multa. A sentenza 13/940 pormenorizaba na militancia galeguista e democrática de Plácido, \"presidente del Partido Galleguista de La Coruña, uno de los organizadores de la propaganda del Estatuto Gallego, fundador y presidente de las Mocedades Gallegas, nombrado compromisario para las elecciones de presidente de la República …\". Na mesma sentenza, Abella sería condenado a cinco mil pesetas de multa. Lembrar a Bóveda, a Plácido Castro e tantos outros que soñaron unha Galicia simplemente galega, é honrar e reivindicar a dignidade democrática de toda unha admirable xeración. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_18496", "summary": "Xustifica a decisión na demora xudicial e na falta de credibilidade das acusacións do empresario condenado Jorge Dorribo, segundo adiantou o diario 'El Progreso'.", "text": "A Audiencia Provincial de Lugo comunicou este pasado venres o arquivo da causa que mantiña aberta a xuíza Pilar de Lara contra o ex-conselleiro de Industria no goberno bipartito e deputado do BNG Fernando Blanco. Fíxoo sete anos despois da súa imputación, segundo adiantou na súa edición deste venres o diario El Progreso. O arquivo da causa contra Fernando Blanco chega sete anos despois de que fose imputado O sobresemento das actuacións contra este ex-membro do Executivo galego chega tamén un ano máis tarde de que fose condenado o empresario Jorge Dorribo. Foran as acusacións deste as que provocaran a imputación de Fernando Blanco e outros doce acusados na operación Campeón que investigaba fraude en subvencións públicas e tráfico de influencias. O arquivo da causa contra Fernando Blanco chega poucos días despois de que o Poder Xudicial expedientase a xuíza Pilar de Lara por atrasar e acumular macrocausas. O nome desta maxistrada está unido dende hai anos á vida política galega por ser a instrutora de operacións, ademais, de casos como o Pokémon, Pulpo e Garañón. Fernando Blanco abandonou a política hai algo máis de sete anos. Presentara a súa dimisión como deputado no Parlamento galego e a súa renuncia a ser candidato do Bloque ao Senado nas eleccións xerais que se celebraban ese ano. Segundo asegura El Progreso, o auto de sobresemento baséase na demora na instrución e na falta de credibilidade das acusacións contra Blanco por parte de Jorge Dorribo, que non foron corroboradas. O ex-conselleiro de Industria di sentir \"máis rabia que indignación\" A Audiencia Provincial de Lugo desmonta cada unha das acusacións. Por exemplo, a que acusaba o ex-conselleiro de recibir un anel por adxudicarlle un servizo de limpeza municipal á empresa dun amigo seu, aínda que a xoia acabou finalmente nas mans da espoxa deste empresario. Tampouco dá crédito a que Dorribo atribuíse a Blanco a axilización dunha delcaración de auga minero-medicinal sen análises de calidade, cando nin lle competía. Ao tempo, nega a hipotética entrega de cartos efectuada por Dorribo para favorecer os seus intereses empresariais tras unha \"exhaustiva investigación patrimonial\" a Blanco e á súa contorna familiar. Tampouco se toparon probas da acusación de conceder unha subvención de 1,4 millóns a cambia de participacións das sociedades do empresario en Andorra e Camerún. Nunha entrevista no mesmo diario lucense, Fernando Blanco di sentir \"máis rabia que satisfacción\" ao ter pasado xa \"case oito anos\" desde que fora imputado. O BNG cualificou a noticia de \"magnífica\". \"Despois de 7 anos, 3 xuíces, 7 fiscais e moitas investigacións policiais demóstrase a absoluta inocencia de Fernando Blanco. Nós sabiamos que ía ser así. Polo demais, unha xustiza que é lenta, que afecta gravemente a vida persoal e política, non é xustiza\", asegurou a formación nacionalista. >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "PRAZA_9068", "summary": "O presidente espera \"que eses atrasos se poidan recuperar ao longo deste 2019\" despois de que malia á súa maioría absoluta o Parlamento de Galicia fose o pasado ano o menos lexislador do Estado, empatado con Catalunya", "text": "O presidente espera \"que eses atrasos se poidan recuperar ao longo deste 2019\" despois de que malia á súa maioría absoluta o Parlamento de Galicia fose o pasado ano o menos lexislador do Estado, empatado con Catalunya O Goberno galego só foi quen de aprobar o ano pasado unha das 12 leis que se comprometera a enviar ao Parlamento. Este xoves, na primeira reunión deste 2019 do Consello da Xunta, aprobou outra, o proxecto de lei de rehabilitación urbana, pero aínda ten pendentes outras dez, cinco das cales xa foran prometidas tamén para 2017, o que fixo que en 2018 o Parlamento de Galicia, malia á maioría absoluta do PP, fose o menos lexislador do Estado. \"É evidente que hai un incumprimento, e poden ter moitas explicacións, pero incumprimentos son\", admitiu o presidente Feijóo preguntado pola cuestión na rolda de prensa posterior á reunión do seu Goberno. Na súa resposta, na que admitiu en varias ocasións abertamente o incumprimento do comprometido, o presidente atribuíuno en todo momento a \"o Goberno galego\" ou \"a Xunta\", evitando mencionarse a si mesmo, malia que el foi quen, en marzo do ano pasado, publicitou persoalmente os compromisos lexislativos para 2018. \"O Goberno non foi capaz de cumprir, o certo e verdade é que non fomos quen de cumprir o calendario normativo e espero que eses atrasos se poidan recuperar ao longo deste 2019\"\"O Goberno non foi capaz de cumprir o calendario\", dixo Feijóo, para explicar que nalgúns casos as leis aínda non foron aprobadas pola aparición de nova normativa a ter en conta neses textos ou por estar pendentes da opinión doutros entes consultivos como o Consello Económico e Social (CES). O presidente tamén presentou como un mal menor fronte a eses incumprimentos o recurso que vén sendo habitual nos seus gobernos ás leis de acompañamento dos orzamentos, normas coas que vén aproveitando para modificar moitas outras leis previas cunha tramitación máis acelerada e con menos debate que o que requiren as novas leis. Feijóo referiuse a ese feito de modificar outras normas a través das leis de acompañamento en vez de tramitar as novas leis prometidas como unha \"técnica lexislativa\" alternativa.En todo caso, o presidente admitiu en última instancia o incumprimento das súas propias promesas: \"O certo e verdade é que non fomos quen de cumprir o calendario normativo e espero que eses atrasos se poidan recuperar ao longo deste 2019\", concluíu. Situación das previsións de novas leis por parte da XuntaLeis prometidas para 2017 xa aprobadasLei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañíaLei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariaisLei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de GaliciaLei 8/2017, do 26 de decembro, de Orzamentos para 2018Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativasLei 1/2018, do 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de GaliciaLeis prometidas para 2018 xa aprobadasLei 2/2018 de Orzamentos para 2019Lei de rehabilitación e de rexeneración urbana (aprobada este xoves 10 de xaneiro de 2019)Leis prometidas para 2017 e novamente para 2018 pero aínda non aprobadasLei de administración dixitalLei do patrimonio da Comunidade Autónoma de GaliciaLei do patrimonio naturalLei de ordenación da prestación farmacéuticaLei de empregoLeis prometidas por primeira vez para 2018 aínda non aprobadasLei de impulso demográficoLei reguladora dos xogos e apostasLei de medidas de garantía do abastecemento e calidade da auga en episodios de seca e outras situacións excepcionaisLei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termaisDecreto lexislativo para un texto refundido da lei de cooperativasLeis aprobadas sen que fosen previstas pola XuntaLei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais e administrativas (lei de acompañamento dos Orzamentos para 2017)Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social (impulsada polo grupo do PP, non pola Xunta)Lei 7/2017, do 14 de decembro, de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica (impulsada por unha iniciativa lexislativa popular, non pola Xunta)Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (lei de acompañamento dos Orzamentos para 2018)Lei 3/2018 de medidas fiscais e administrativa (lei de acompañamento dos Orzamentos para 2019)Lei aínda en tramitación pola Xunta sen que fose previstaAnteproxecto da Lei de ordenación do territorio de Galicia"}
{"ID": "PRAZA_14055", "summary": "A multinacional galega pedía a inconstitucionalidade dunha lista negra de proveedores elaborada polo Goberno brasileiro, que o pasado ano xa investigara a empresa por 52 casos de infracción das normativas laborais brasileiras.", "text": "Zara Brasil foi expulsada do Pacto Nacional contra o traballo Escravo, unha iniciativa posta en marcha o pasado ano para rematar coas condicións ilegais e infrahumanas de traballo, e asinada pola OIT e un gran grupo de empresas. A razón é que a multinacional galega pedía a inconstitucionalidade dunha lista negra de proveedores elaborada polo Goberno brasileiro. Zara, que xa fora investigada polo Ministerio de Traballo do Brasil por 52 casos de infracción das normativas laborais do país, asinou en 2011 o pacto e comprometeuse a investir 1,4 millóns de euros en accións sociais e a controlar as condicións de traballo das súas provedoras, entre as que unha fora denunciada por prácticas de traballo escravo. De feito, en xuño de 2011, unha investigación do Goberno descubriu a 15 persoas, incluida unha adolescente de 14 anos de idade, producindo pezas de roupa de Zara en condicións análogas á escravitude. Despois da boa disposición inicial de Zara para solucionar a cuestión, o Goberno brasileiro acordou retirar desa lista negra as provedoras de Inditex, pero a multinacional continuou adiante co recurso xudicial aberto en São Paulo."}
{"ID": "NOS_39642", "summary": "Oenach, de Marcos Abalde, foi a obra gañadora da XVI edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O xurado destacou \"a súa boa construción e alento poético, as recorrencias míticas e a denuncia da ignominia\"", "text": "Presentada co lema Oenach, a obra de Marcos Abalde resultou gañadora da nova edición do Premio Fiz Vergara Vilariño, recomendando o xuri tamén a publicación da obra presentada como \"Chegaron os xinetes das primeiras xeadas\". \"A súa boa construción e alento poético, as recorrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón... Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra\", son os argumentos cos que o xuri explicou a decisión de optar de maneira unánime pola obra de Marcos Abalde. Abalde suma o Fiz Vergara Vilariño ao Jopsep Robrenyo por Canibalismo, o Alvaró Cunqueiro por A Cegueira o Marqués de Bradomín por Xudite ou o Bienal de Teatro Romaría Viquinga por Saga de Iacobsland. Cunha traxectoria marcada de maneira especial pola literatura dramática, Abalde publicou recentemente en Xerais a obra A Cegueira, a obra de teatro crítico que o fixo merecedor da XX edición do premio Álvaro Cunqueiro que quere levar á escena a dureza dos noso tempos, partindo da historia do Novo Testamento. O xuri estaba composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar."}
{"ID": "NOS_55408", "summary": "En 1999 publicábase o único disco de Fusquenlha, fugaz proxecto político-musical que ao abeiro da explosión da música electrónica da segunda metade dos 90 puxo a galopar letras de combate e alta gradación política sobre pistas de jungle, ragga, drum'n'bass ou trip-hop.", "text": "Carguen En 1979 o recentemente falecido Bibiano electrificou o 'Negra Sombra' e o rebumbio que se armou deixoulle claro ao ex-voces ceibes que para boa parte do seu público e do circuíto comprometido (musical e político) nos que se movía acababa de incorrer en anatema: coquetear co rock. Vinte anos despois, a finais dos 90, a electrónica ocupara o papel de demo que noutrora representara o rock. A música máis comprometida transitaba, agora si, polos diferentes camiños do rock, desde o punk e o ska até o heavy, a pachanga ou o rock misturado co folk. O rap e o hip hop en galego e a pé de rúa comezaban a ensinar a patiña en serio (Non Residentz e Fundation Crú, 5 talegos). Certo é que Os Resentidos ou Os Quinindiola xa foran pioneiros nos oitenta e no estado, e en galego!, en abrirse ao rap. \"Luitando há futuro / luitando há presente / é o nosso um povo que luita\" (Luitando há futuro) Mais, electrónica? Para boa parte do 'universo' da mocidade indepe era unha música dócil co poder, sen posibilidades para a expresión comprometida, cousa de 'bakalas' e 'pílulas'. Ao igual que 20 anos antes, os prexuízos. En 1999 aparecía en Compostela Fusquenlha, \"un proxecto político musical sen apenas precedente\" que naceu da man de N.F., un dos pioneiros na música electrónica en galego, que despois estaría naquela alfaia de pop electrónico que foi Fanny+Alexander e impulsaría proxectos como A Regueifa (que reeditaría o traballo de Fusquenlha), plataforma sen ánimo de lucro e netlabel para expandir e distribuír música galega. Fusquenlha tirou un único disco -11 temas- e deron un único concerto. Achegaron, ademais, unha canción ao recopilatorio 'Revolta Sonora', que no 2000 editaban conxuntamente os selos Sons de Luita e Propaganda pel Fet e no que, entre outros, estaban Nen@s da Revolta, Skarnio, 5 Talegos ou Opció K-95. Foron un fugaz proxecto ao abeiro da explosión de música electrónica na segunda metade dos 90 e no que as letras de directo contido político empregaban como detonador estilos como o jungle, o drum'n'bass, o big beat ou o ragga. Facer do bailar e suar un acto de disidencia política contra España e o Capital. O CD, autoeditado ('Raiva electrónica'), vendíase en diferentes locais e pubs, [por exemplo, o compostelán 'Artefacto Burbur', na Algalia, que rexentaba o activista e poeta Igor Lugrís]. O traballo pinchábase en radios piratas e rulou de man en man, mesmo chegando a saír fóra de Galiza. Por citar un destino onde tivo boa acollida, a herriko de Hondarribia. \"Tu que te dis um demócrata / um demócrata de toda a vida / río eu da túa conceçom / de democracía\" (Demócrata) Naquela recta final dos 90 había un 'fervello' musical envexábel en galego que non procuraba acomodo no bravú. Propostas que ían desde a volta de porca dos Nen@s da Revolta (adeus hardcore, olá ragga) á contundencia de Túzaros, pasando polos Skornabois (desfixéronse cando emproaban propostas máis que interesantes que nos deixaran albiscar en temas como 'Plántate'), os icónicos Xenreira ou proxectos máis ousados, como Terra Vermelha. Apunten \"Cumpre empregar as novas tecnologías com a mesma coerência com a que os Clash tocavam as guitarras\" proclamaba Fusquenlha na carátula interior do disco. Na parte traseira do traballo advertían: 'Nom pagues máis de 1.000 pesetas', espírito que en certo xeito os irmandaba co DIY e refutación comercial da escena hardcoreta picheleira (Fame Neghra, Dirty Barriguitas). Fusquenlla era contundente: \"A electrónica é a música do século XXI. Há que assumi-lo\". Aceptaba que a súa era unha \"extranha combinaçom\" e acreditaban na validez daquel \"festa e loita\" do rock radical dos 80. Ollos e ouvidos abertos nun disco que zumega compromiso político desde o primeiro segundo: nas cancións, na maquetación, na edición, na capa e contra-capa, nas influencias. Alta gradación política. Gobernaba Fraga en Galiza desde había unha década e no estado Aznar pisaba o acelerador neoliberal e españolista. Galiza vivía un ciclo de conflitos e mobilizacións. \"Que pasa na Galiza que todo está tan axitado? / Moito barullo, rebote en todos lados\" cantaban Nen@s da Revolta en 'Assim vai a Galiza'. O delegado do goberno español na altura, Diz Guedes, especializouse en ver a man de Jarrai (as mocidades de HB) ou do extinto Exército Guerrileiro en calquera conflito que había en Galiza, impulsando unha campaña de criminalización ben difundida polos principais medios de comunicación. Foi autor, ademais, dunha frase para a historia da infamia: após os antidisturbios mallar a paus os manifestantes que en 1995 protestaban contra Fraga diante do local onde este ceaba, o delegado afirmara: \"non houbo carga, houbo desprazamento da masa manifestante\". Coma o punk británico baixo a Thatcher ou o hardcore estadounidense baixo Reagan, houbo parte do momento musical galego baixo Fraga que tivo que poñer a casaca de combate. \"Fazer de cada acto militancia / contra o capitalismo, ese andazo\" (Luitando há futuro) Fogo Musicalmente, Fusquenlha era un crisol dos sons electrónicos daquela altura. Un experimento no que repercutía o latexar do Junkie XL de 'Saturday Teenage Kick' e dos Assian Dub Fundation que incendiaban pistas e conciencias co 'Rafi's Revenge'. Meat Beat Manifesto, Massive Attack facían parte dun universo de referencias rico e amplo, limitado pola precariedade de medios para plasmar un mellor son (e unha mellor voz). En 'Execuçom' latexa unha pulsión que nada envexa ao 'Nazio ibiltaria naiz' de Fermin Muguruza. A revisión do 'Sementeira' de Fuxan Os Ventos por DJ Aturuxo (tema que fecha o disco) funde tradición e século XXI. En 'Reclamo a liberdade pro meu pobo' pechas os ollos e habita New Order. Para os ouvidos aquel lostregazo de electrónica veu ser un encontro daquilo que un sempre procurou con algo que un non sabía que existía. \"Mulher escuita, calando nom se luita\" (Deve ser revoluçom) Fusquenlha desbrozaban un camiño musical pouco transitado no país e facíano co golpe do mellor machete, as letras: había cabida para Méndez Ferrín ('Reclamo a liberdade pro meu povo') e Angelo P. Meraio ('Execuçom') canda temas propios (´Demócrata', `Deve ser revoluçom', 'Abrolho de dissidencia'...). Mais tamén para Carlos Drummond de Andrade ('A palavra essencial'), nun dos mellores temas do disco. \"Ao delicioso toque do clitóris / já tudo se transforma, num relâmpago / Em pequenino ponto desse corpo / a fonte, o fogo, o mel se concentraram\". Unha ampla listaxe de samplers alargaban os horizontes do disco. Cabían Chouteira e Aretha Franklim, Malcolm X e portavoces da Assemblea da Mocidade Independentista (AMI) e dos Comités Anti-represivos (CAR), un diálogo de Taxi Driver e coros do Exército Vermelho. Carvalho Calero e Gloria Esteinem. Lenin e Mao armados dunha base electrónica. Se os Clash falaban de 'combat rock' Fusquenlha poderían empuñar a 'electrónica de combate' nuns anos de fervedoiro no universo do independentismo. Apertar os dentes e mensaxes directas. Fusquenlha forneceu as dúas lembrando, iso si, que o que sempre se precisaba era, ademais, bailar. \"Se o poder deve residir no povo / se no povo está a soberanía / por que nos negas o direito que posuímos como naçom? Tiro de graza Fusquenlha rebentou o poxigo e o século XXI entrou tirando por terra as reticencias que puidesen aniñar aínda sobre a electrónica e o galego. Unha simple mirada desde entón amosa como o(s) estilo(s) da electrónica ben que agromaron no idioma do país en múltiples e diversas combinacións, experiencias e proxectos. Por citar só uns poucos exemplos: desde aqueles incomprendidos, fugaces e anfetamínicos 'Fuck Canning Factory' a Le Glamour Grotesque e Galegoz, do pulo dos Zimmer103 ao desinhibido Projeto Mourente. A lista sobe graos con Das Kapital, Sub Rosa ou todo o que representa 'Língua Nativa', un tan interesante como abraiante proxecto con pontes co resto da lusofonía. \"Reconhezo a minha derrota\" cantaban Fusquenlha no inicio de 'Execuçom'. Ben mirado, quizás non fose tal."}
{"ID": "PRAZA_3958", "summary": "O presidente salienta que para o desconfinamento progresivo \"moi probablemente a unidade de acción non sexa a comunidade autónoma\"", "text": "O presidente salienta que para o desconfinamento progresivo \"moi probablemente a unidade de acción non sexa a comunidade autónoma\"Na súa comparecencia deste sábado o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, tamén afeou ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu anuncio de que realizará en Galicia un estudo epidemiolóxico máis amplo que o previsto polo Estado empregando precisamente os test de detección enviados por este.Foi a TVG a que preguntou a Sánchez de xeito específico polo estudo anunciado por Feijóo salientando que sería máis amplo que o estatal. O presidente do Goberno central respondeu sentenciando que \"o estudo epidemiolóxico o ten que desenvolver o Goberno de España\" e que a súa mostra é \"suficientemente representativa\" e está liderado por \"unha institución tan recoñecida como o Instituto Carlos III\" de sanidade, reclamando a continuación que \"todos os recursos\" que o Estado está a destinar ao resto de administracións se empreguen seguindo as pautas e prioridades estatais. \"Entendo que haxa presidentes que queiran facer outras cousas, eu o respecto, pero é moi importante que os cidadáns nos vexan da man\", sentenciou Sánchez.Tamén a pregunta da TVG, pero especificando que non era unha pregunta propia senón da Forta, a entidade que agrupa ás televisións autonómicas, Sánchez insistiu en que o desconfinamento progresivo no que agora comezará a traballar o seu Goberno será moi variable e \"moi probablemente a unidade de acción non sexa a comunidade autónoma\" senón a partir doutras divisións territoriais inferiores.Feijóo transmitiu a través das redes sociais o seu agradecemento ao presidente do Goberno central por que fose \"sensible á proposta de que os nenos poidan saír puntualmente\"Este domingo Sánchez e Feijóo teñen previsto manter, xunto co resto de presidentes autonómicos, unha nova reunión por videoconferencia tras a que o titular da Xunta volverá comparecer publicamente. Porén, este mesmo sábado, poucos minutos despois da comparecencia de Sánchez co seu anuncio de que se aliviará o confinamento dos nenos e nenas, Feijóo transmitiu a través das redes sociais o seu agradecemento ao presidente do Goberno central por que fose \"sensible á proposta de que os nenos poidan saír puntualmente\"."}
{"ID": "PRAZA_17749", "summary": "En 2017 o saldo vexetativo (-13.364) foi o máis negativo dende que hai rexistros e aínda que mellorou o saldo migratorio (+6.769), grazas á ao incremento da chegada de persoas dende América Latina, este dato está aínda lonxe de compensar a perda poboacional. MAPA INTERACTIVO | Só 13 concellos teñen máis nacementos que mortes O 'novo' PP de Casado lánzase ao discurso xenófobo con datos falsos", "text": "MAPA INTERACTIVO | Só 13 concellos teñen máis nacementos que mortes O 'novo' PP de Casado lánzase ao discurso xenófobo con datos falsos Galicia segue a perder poboación. Os últimos datos, correspondentes ao 1 de xaneiro de deste ano 2018, fixan o número de habitantes nos 2.700.970, fronte aos 2.708.339 do ano anterior. A razón está no negativo saldo vexetativo que presenta o país dende hai anos: morre máis xente da que nace. De feito, 2017 foi o ano con menos nacementos da historia en Galicia e, igualmente, foi o exercicio co maior diferenza entre defuncións e nacementos dende que hai datos (-13.364). 2017 foi o ano con menos nacementos da historia en Galicia A inmigración compensou durante a maior parte da pasada década a diminución da natalidade en Galicia. Entre 2002 e 2009 o saldo migratorio de Galicia foi superior ao negativo saldo vexetativo, permitindo que a poboación galega medrase, aínda que fose de forma paseniña. A crise económica posterior limitou a chegada de inmigrantes e expulsou do país a unha parte dos que chegaran nos anos anteriores, e tamén a milleiros de galegos e galegas nativas, que buscaron novas oportunidades noutros lugares. O saldo migratorio tornou negativo entre 2013 e 2015. Dende o ano 2016, os fluxos migratorios volven deixar un saldo positivo, sobre todo grazas ao incremento da chegada a Galicia de persoas procedentes de América Latina. A inmigración dende o estranxeiro duplicouse en Galicia entre 2016 e 2017, nomeadamente con orixe en Venezuela, Brasil e Colombia. Iso si, o saldo migratorio dos e das menores de 35 anos con outras comunidades autónomas do Estado (sobre todo Madrid, Cataluña e Andalucía) segue a ser negativo. A inmigración dende o estranxeiro duplicouse en Galicia entre 2016 e 2017, nomeadamente con orixe en Venezuela, Brasil e Colombia Porén, a inmigración segue a ser insuficiente para compensar a sangría demográfica. Cos datos de 2017, sería necesario que o saldo migratorio positivo que actualmente presenta Galicia se duplicase. Cómpre ter en conta que o progresivo envellecemento da poboación galega fara que os nacementos sexan cada vez menos e máis numerosas as defuncións, polo que o número de novas inmigrantes necesarias para equilibrar a perda poboacional será cada vez maior. O IGE prevé que no ano 2030 o saldo vexetativo galego se achegará a -20.000, polo que será necesario triplicar o actual saldo migratorio positivo só para que Galicia non perda a súa actual cifra de habitantes De feito, nas proxeccións realizadas o pasado ano polo IGE, o Instituto Galego de Estatística prevía que no ano 2030 o saldo vexetativo galego se achegaría a -20.000, polo que será necesario triplicar o actual saldo migratorio positivo só para que Galicia non perdese a súa actual cifra de habitantes. Frear ou reverter o envellecemento da poboación galega e a despoboación de moitas zonas do país ou axudar a soster as pensións futuras ou o actual estado de benestar farían necesaria unha cifra de inmigrantes moito maior. Todos os datos amosan a falta de base das proclamas e especulacións lanzadas nas últimas semanas por políticos de partidos de dereita como Pablo Casado, novo presidente do Partido Popular."}
{"ID": "NOS_51207", "summary": "Aínda que só transcendeu o seu papel como mecenas no mundo da arte, o legado de Álvaro Xil Varela foi alén e deixou a súa pegada no ámbito editorial, financiou parte da actividade do nacionalismo e a súa estrutura clandestina, apoiou as familias dos mártires galegos ou aos traballadores do naval de Vigo e Ferrol nas folgas de 1972.", "text": "O Museo Provincial de Lugo non se entende sen o contributo de Álvaro Xil. As súas primeiras achegas ao fondo do museo remóntanse á segunda metade da década dos corenta, cando procede a doazón dunha colección de louza de Sargadelos, acibeches e un gravado de Castro Xil. Membro da Xunta Rectora do museo, vai promover e financiar, xunto aos Fernández López, as obras de reforma do antigo convento de San Francisco como nova sede do mesmo, de cuxo proxecto se encargará o arquitecto e antigo secretario xeral do Partido Galeguista Manuel Gómez Román. Á altura de 1958, canda os irmáns Antonio e Xosé Fernández López, antigos compañeiros de militancia nacionalista, fundadores de Zeltia, Antibióticos ou Pescanova e principais accionistas dalgunhas das empresas nas que participaba, aportan á institución catro frontais dun baldaquino gótico pontevedrés. Á volta de 1965, achega unha colección dunha acuarela e dezanove debuxos de Castelao co obxectivo de abrir no museo unha sala monográfica dedicada ao de Rianxo, a quen consideraba \"o home máis importante de todos os tempos de Galiza\". Alén da colección de ourivería, que depositou no Museo en 1974 nunha sala acondicionada por el mesmo, após mercar o groso das pezas á familia Blanco Cicerón para evitar que saíse de Galiza, as súa pegadas están presentes noutras pezas do fondo da institución provincial. Un exemplo disto, son os cadros que conformaron a Sala de Arte Catalán ou os de Xesús Corredoira, aquel pintor lugués do que tanto gustou Álvaro Xil e a quen lle dedicou un dos seus poucos artigos coñecidos nas paxinas da revista vangardista Ronsel. Non aforrou esforzos no apoio ás familias dos mártires galegos Álvaro Xil foi unha peza chave no proceso de restauración da cultura galega após 1936. Xosé Bieito Abraira, o nacionalista de Meira emigrado en Bos Aires, após reunirse con el en Madrid en 1950, nun informe para o Consello de Galiza afirmaba que \"Gasta diñeiro, moito diñeiro, pois a sua axuda abarca dende a matenzón dos presos galeguistas deica a financiación ou contribución importante en empresas como \"Galaxia\", Bibliófilos Gallegos, proteución a artistas e escritores galeguistas, alentando os nosos patriotas e axudándoos en canta iniciativa teñen en pro do ideal. Según referencias de Ben-Cho-Sei, que logo me ratificaron en Galiza iste home gasta anualmente nas aitividades patrióticas alguhas ducias de miles de pesetas\". Grande amigo da arte, contaba cunha pinacoteca de máis de oitocentos cadros, estivo presente nunha manchea de iniciativas culturais como Ronsel nos anos vinte, Seminario de Estudos Galegos, Bibliófilos Gallegos, Galaxia, Museo Carlos Maside, Instituto Galego da Información ou nos padroados do Museo de Pontevedra e Lugo. Presidente de Gráficas Galicia, a imprenta de Galaxia que el mesmo financiou, xogou un papel determinante na posta en marcha desta editorial, costeando do seu peto a edición do primeiro volume publicado pola mesma, Antífona da Cántiga, de Ramón Cabanillas. Outro tanto acontece con publicacións promovidas desde os círculos exiliados de Arxentina, sendo destacado o seu apoio a libros como As cruces de pedra na Galiza de Daniel Castelao, Grandeza y decadencia del Reino Galicia, de Emilio González López ou Vida paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego. Viviu e morreu no galeguismo. Á altura de 1974, nunha entrevista concedida a Francisco Rivera, afirmaba, \"era del partido galleguista, y sigo siéndolo; ahora no hay partido, pero en fin… yo sigo teniendo un alto sentido de la galleguidad y quiero para mi tierra todo lo mejor\". Porén, a súa executoria patriótica arranca dunha temperá militancia nos primeiros anos vinte na feble Irmandade da Fala de Lugo, xunto a Correa Calderón e Xesús Bal e Gai, que terá continuidade nesa mesma década na Mocidade Céltica de Madrid, dirixida por Fermín Penzol. Instalado en Pontevedra, era funcionario da Deputación e traballaba na Misión Biolóxica, fixo parte do núcleo fundador do Partido Galeguista, sendo membro do seu Consello Local e Nacional, así como persoa de máxima confianza de Alexandre Bóveda. Destacado na resistencia ao golpe franquista na cidade, será depurado do seu posto de traballo após o trunfo do alzamento e rematará confinado no campo de concentración da Illa de San Simón. Residente en Madrid, a partir da década dos corenta, continúa a súa militancia patriótica facendo parte da delegación madrileña do Partido Galeguista canda Ben-Cho-Shey, Fermín Penzol ou Evaristo Mosquera e colaborando na loita antifascista. Así, foi unha peza chave no mantemento económico da estrutura clandestina do nacionalismo, financiando boa parte da súa actividade, achegando o diñeiro necesario para sufragar os gastos de Ramón Piñeiro, naquel momento liberado do Partido, até o punto de que o de Láncara reclamaba da estrutura da organización \"unha maior eficacia na recadación das cotas xa que me resulta violento sangrar ao Xil como o sangramos\". Foi chave no mantemento económico do nacionalismo na clandestinidade Non esqueceu a súa condición de represaliado e actuou en consecuencia. Cando lle preguntaban en 1973 nas páxinas do Faro de Vigo pola súas orixes como empresario, non dubidaba en contestar que \"Esto fué condicionado por la guerra. Yo fui expulsado de mi trabajo en la Diputación de Pontevedra porque era del Partido Galleguista\". Se facemos caso ás testemuñas dos seus coetáneos, Álvaro Xil non aforrou esforzos no apoio ás familias dos mártires do galegos nin na solidariedade coas vítimas do franquismo. Así Ben-Cho- Shey nos seus diarios, lembraba as visitas que na súa compaña lle facía aos fillos de Alexandre Bóveda, na altura residentes en Madrid nunha residencia para orfos de funcionarios de facenda, e como compartían merendas e paseos con Xosé Luís Bóveda Álvarez. Alfredo Somoza, fundador das Irmandades da Fala e membro no exilio do Consello de Galiza, nas súas memorias deixou escrito como Álvaro Xil é quen facilita a súa fuxida da Coruña en 1947 cara a Francia e, posteriormente, ao Uruguai, após once anos agochado e escapando da persecución franquista nesta cidade. Xosé Bieito Abraira, afirmaba nun informe ao Consello de Galiza que \"Xil corre coa mantenza dos presos galeguistas, como xa comprobara Prada, colaborando de xeito dilixente co Ben- Cho Shey e a súa muller\". Bautista Álvarez, cofundador da UPG e do BNG, recordaba como en compañía de Ben-Cho-Shey, acudía ao despacho de Álvaro Xil para recadar fondos para a caixa de resistencia dos obreiros de Ferrol e Vigo coincidindo cos folgas de 1972. Unha mención especial merece Virxinia Pereira, a viúva de Daniel Castelao, quen retornada do exilio arxentino atopara o apoio económico de Álvaro Xil nos seus últimos momentos en Madrid. Agora ben, como deixou escrito Xosé Bieito Abraira, no seu informe reservado ao Consello de Galiza de 1950, \"Don Alvaro Xil, \"Alvariño\" –como lle chaman cariñosamente os patriotas– non é somentes un \"home de cartos\". É un patriota de primeira\". [Esta peza foi publicada no A FONDO Álvaro Xil Varela e a colección de ourivaría no Museo de Lugo, no Sermos Galiza 219, á venda na loxa]"}
{"ID": "NOS_20096", "summary": "A ministra de Facenda indica que serán os centros sanitarios receptores destas máscaras defectuosas os que porán en marcha a súa prevención de riscos laborais se detectan que algunha profesional estivo exposta ao coronavirus.", "text": "A ministra de Facenda e portavoz do Goberno español, María Jesús Montero, sinalou esta segunda feira que serán os centros sanitarios, a través dos seus programas de prevención de riscos laborais, os que decidan se se realizan probas diagnósticas PCR para identificar se están contaxiadas ou non as profesionais sanitarias que usaron as máscaras defectuosas retiradas polo Ministerio de Sanidade. A pasada sexta feira, o departamento que dirixe Salvador Illa comunicou a retirada inmediata das máscaras FFP2 do fabricante Garry Galaxy, despois de observarse que unha partida contida en envases verdes non cumpría coa norma UNE. O fabricante destas máscaras forma parte da listaxe de provedores autorizados polas autoridades chinesas e \"todos\" os produtos administrados contaban con \"preceptivo marcado CE\". Con todo, e a pesar de que unhas máscaras contidas nun envase azul si cumprían coas especificacións estabelecidas na norma UNE 149:2001+A1:2010, a partida contida en envases verdes non cumpría con estes requisitos, polo que se ordenou a retirada inmediata de todas estas máscaras. A ministra Montero non detallou o número de máscaras que foron retiradas polo Ministerio, a pesar de ser preguntada por este extremo na súa comparecencia. Con todo, a Consellaría de Sanidade xa trasladara que na Galiza \"se inmobilizaron 36.883 máscaras na plataforma de distribución de Negreira e outras 45.408 que foron retiradas polas xerencias das áreas sanitarias\". María Jesús Montero si sinalou que a prevención de riscos laborais ten \"perfectamente contemplado de que maneira se actúa nos casos nos que puidese existir algún risco por atender a unha persoa positiva ou se interprete que o material de protección non fose o eficaz que se expuxo\". Segundo a portavoz de Goberno, os propios centros sanitarios receptores destas máscaras poñerán en marcha estes programas de prevención de riscos laborais se detectan que algunha das súas profesionais puido estar especialmente exposta ao virus ao ter empregado estes produtos defectuosos."}
{"ID": "PRAZA_10355", "summary": "O presidente di que os posibles pactos entre En Marea, PSdeG e BNG restan lexitimidade ás súas críticas sobre a xestión política da Xunta. Leiceaga enumera incumprimentos da Xunta que presenta como \"atonía lexislativa e parálise\"; Villares e Pontón reclaman iniciativa política á Xunta en defensa da industria galega, ao que Feijóo responde colocándose a si mesmo como garante do sector", "text": "O presidente di que os posibles pactos entre En Marea, PSdeG e BNG restan lexitimidade ás súas críticas sobre a xestión política da XuntaA lei establece que nos concellos gobernará quen obteña a maioría de votos dos concelleiros da Corporación ou, no seu defecto, a lista máis votada nas urnas, o que incentiva as negociacións entre distintas forzas políticas alí onde non haxa maiorías absolutas. Porén, Feijóo, que en Galicia ve como o PP non atopa outros partidos cos que pactar, segue a insistir en que o resto de formacións deixen gobernar aos populares alí onde estes foron os máis votados aínda que non sexan quen de obter a maioría de apoios que esixe a lei. Así llo volveu pedir este mércores no Parlamento de Galicia á oposición, cuxas críticas en materia de política industrial ou sobre a falta de impulso político xeral da Xunta deslexitimou o presidente polos pactos que esas formacións, a diferenza do PP, si son quen de acadar a nivel municipal.Leiceaga enumerou incumprimentos da Xunta que presentou como \"atonía lexislativa e parálise dos nomeamentos necesarios para impulsar Galicia\"\"Deixemos gobernar a quen gaña, xa está ben de que o PSOE poida gobernar cando perde e o PP non o poida facer cando gaña\", rematou Feijóo a súa resposta na sesión de control á Xunta deste mércores a unha pregunta do portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que nada tiña que ver coas negociacións municipais. Leiceaga enumerara os sucesivos incumprimentos das promesas lexislativas do Goberno galego e a situación de \"interinidade\" que viven cargos como a Valedora do Pobo, o Consello Económico e Social (CES), o director da CRTVG ou o adiamento por parte do PP da elección dos senadores por designación autonómica. \"Atonía lexislativa, parálise nos nomeamentos necesarios para impulsar Galicia, están na xestión da inercia pero non das reformas que Galicia necesita\", resumiu o socialista. A resposta de Feijóo foi negar a maior e asegurar que o paralizado é o Goberno central pola \"inestabilidade\" dos apoios do PSOE. Fíxoo ao tempo que criticaba posibles pactos políticos, que viña de botarlles en cara aos portavoces de En Marea e BNG, Luís Villares e Ana Pontón.Villares e Pontón reclamaron iniciativa política á Xunta en defensa da industria Galega, ao que Feijóo respondeu colocándose a si mesmo como garante do sector fronte a un Goberno central ao que atribuíu falta de intereseNas súas preguntas previas, Pontón e Villares reclamaran á Xunta unha maior implicación cos problemas de industrias galegas como Ferroatlántica ou Alcoa, en procesos de venta ou posible peche. A resposta de Feijóo nos dous casos foi a de presentarse a si mesmo como garante da industria en Galicia fronte a un Goberno central ao que acusou de non facer nada por garantir o seu futuro. E ligou esa falta de políticas do PSOE cos apoios que segundo el estaría a recibir de En Marea e BNG. Ao portavoz de En Marea, malia non obter esa formación ningún deputado no Congreso tras as eleccións xerais, Feijóo criticoulle que non fale de política industrial \"co Goberno central do que van formar parte\". Á do BNG reprochoulle que esa formación estaría pactando o peche de Alcoa \"cando vostedes pactan co PSOE na Coruña\", cidade na que os socialistas non precisan dos votos do BNG para obter a alcaldía tras garantirllos Marea Atlántica, con máis representantes. \"Vostedes están pactando con aqueles que van pechar Alcoa, vostedes non teñen lexitimidade para seguir falando de Alcoa nin de Ferroatlántica\", chegou a dicirlle Feijóo a Pontón. Fronte a eses reproches sobre posibles pactos políticos, a portavoz do BNG respondeu lembrando as ofertas do propio presidente ao PSOE para repartirse co PP o Concello e a Deputación de Ourense."}
{"ID": "NOS_10144", "summary": "Nos últimos tempos, en que o debate sobre o uso do plástico ademais de necesario se volveu tendencia, moito se está a falar da conveniencia ou non do SIX (Sistema Integrado de Xestión) fronte a modelos de tratamento do lixo como o SDDR (Sistema de Depósito, Devolución e Retorno). As asociacións ecoloxistas coinciden en desmontar as bondades do sistema actual, cuxo problema inicial é pensar que o lixo chegará ao colector asignado.", "text": "\"Somos a organización sen ánimo de lucro que se dedica á recuperación de envases en toda España. En Ecoembes cremos na eficiencia medioambiental e económica, e traballamos para conseguir que os resultados da reciclaxe de envases en España crezan ano tras ano, até chegar a ser un dos países europeos de referencia nesta materia\". Este rezo tan claro en favor do planeta pode lerse na páxina web da empresa que controla o monopolio da reciclaxe. Porén, as asociacións ecoloxistas e de consumo responsábel apuntan que detrás do modelo de separación e reciclaxe atópase un negocio moi rentábel pero pouco sustentábel. Vaiamos por partes. ADEGA destaca que só o 25% do plástico producido se recupera, e da porcentaxe recuperada, o 50% quéimase e o 25% expórtase a China, onde as leis medioambientais son máis laxas á hora de incinerar determinados residuos ou aproveitar materiais que en Europa xa non serían reutilizábeis. Tan só o restante 25% se recicla. O plástico que se recicla transfórmase xeralmente en produtos que nada teñen que ver co orixinal (telas, lonas, madeiras plásticas, tuberías...), e que, na maioría dos casos, non poden volver someterse ao proceso da reciclaxe. Con ánimo de lucro Ecoembalaxes España S.A., marca baixo a que está xestionada Ecoembes, facturou 529 millóns de euros en 2017, segundo o seu informe anual. O exercicio anterior, 2016, deita unha cifra de negocio de 494,1 millóns. Mais non só estas cifras chaman a atención. A composición da xunta de accionistas da empresa tamén o fai. O 60% do accionariado contrólano asociacións e empresas envasadoras, principalmente grandes compañías de alimentación e bebidas, tales como Campofrío, Bimbo, Danone, Coca-Cola ou PepsiCo; o 40% restante repárteno o sector de materias primas (co exemplo da coñecida Tetra Pak, produtora dos tetra bricks) e o das grandes cadeas de comercio e distribución (Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Mercadona...). [Podes ler a reportaxe íntegra no número 318 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_12065", "summary": "O 2 de marzo de 1856 tivo lugar un xantar de confraternidade entre estudantes e obreiros (artesáns) realizado no vello concello de Conxo, ao pé de Compostela, que tivo amplia repercusión en toda Galiza e que xerou arrepíos entre os sectores máis poderosos.", "text": "O dous de marzo cúmprense 160 anos do Banquete Democratico de Conxo, un xantar de confraternidade entre estudantes e obreiros (artesáns) realizado no vello concello de Conxo, ao pé de Compostela. Un encontro que tivo unha ampla repercusión en toda Galiza. A iniciativa foi de Aurelio Aguirre, estudante de dereito e poeta, persoa con predicamento entre os universitarios e o artesanado da cidade. O acto realizouse despois da grave crise económica de 1852 a 1855 que abrangue a agricultura, mais tamén ás principais casas comerciais e paraliza a industria; o que dará pulo á emigración cara América e provoca motíns en varias cidades. Un acto que ademais amosa a superación da represión posterior á insurreción progresista e provincialista/protonacionalista de 1846 e que derivou nos afusilamentos de Carral. No xantar participaron Aguirre, Pondal, Rodríguez Seoane, Camino, Manuel Murguía, e seica Paz Nóvoa, así como Rosalía de Castro. Estes mozos formaban parte do Liceo da Mocidade compostelán. Daquela as ideas socializadoras e democráticas agromaban entre os obreiros tipógrafo. \"A carballeira de Conxo foi arrodeada por soldados mentres durou o xantar\" O anuncio do banquete causou arrepío entre os sectores máis poderosos de Compostela, que axiña trazaron un paralelismo cos pasos previos á revolución de 1848 na Franza. No país galo a prohibición dun banquete público republicano dera lugar a enfrontamentos armados. As medidas de seguranza foron esaxeradas, e demostrativas das limitacións democráticas da altura. A carballeira de Conxo foi arrodeada por soldados mentres durou o xantar, no que Aguirre e Pondal pronunciaron senllos discursos. Será este último o que pronunciara as verbas máis \"revolucionarias\". Ambos os dous serían denunciados por sediciosos e ameazados con seren deportados ás illas Marianas, no Pacífico. Aguirre, mesmo, foi acusado de ateo, o que daquela non era pouca cousa. Texto tirado dun traballo da CIG /CAF polos 150 anos do Banquete de Conxo"}
{"ID": "NOS_22230", "summary": "Ambos os dous equipos chegaban con urxencia a esta cita en Riazor. Adrián e Schär marcaron para os deportivistas.", "text": "O Dépor gañou un punto ou perdeu dous? Tiña enfronte un Athletic que chegaba necesitado a Riazor, disposto a espremer ao máximo o seu xogo de rocha e potencia. O Deportivo precisaba tamén os tres puntos e tiña a favor o factor campo. O gol de Susaeta no minuto 16 adiantaba os bilbaínos e presaxiaba nubarróns para os da Coruña. Mais o Dépor non baixou os brazos nin desfaleceu. Non perdeu cara ao partido e en menos de dez minutos empataba cun gol de Adrián, gañando confianza de cara á segunda metade. Aproveitou ben que, após o gol, os vascos optaron por baixar revolucións e mesmo dar un paso atrás Na segunda parte repetiuse o guión. Adiantouse o Athletic a media hora do final do partido. O Dépor non recúa e mediante Schär volve empatar. Un `punto gañado nun partido duro, exixente, que na recta final comprobou oportunidades por parte de ambos os dous equipos. Iso propiciou un partido intenso. Os vascos estiveron máis perto da vitoria, cominan do en máis fases do partido mais nunca foron quen de fechar o partido e o Deportivo amosou unha enorme capacidade para se refacer e, por dúas veces, empatar. Ficha técnica Deportivo (2): Rubén Martínez; Juanfran, Schär, Albentosa, Fernando Navarro; Mosquera (Edu Expósito, min.46); Fede Cartabia (Carles Gil, min.85), Borges (Andone, min.63), Fede Valverde, Adrián López; e Lucas Pérez. Athletic (2): Kepa; Bóveda, Unai Núñez, Laporte, Balenziaga; Iturraspe, Mikel Rico; Williams, De Marcos (Raúl García, min.54), Susaeta; e Aduriz. Goles: 0-1, min.15: Susaeta. 1-1, min.35: Adrián López. 1-2, min.60: Williams. 2-2, min.76: Schär. Árbitro: González González, amosou cartón amarelo a Mosquera (min.39), Fede Cartabia (min.44), Edu Expósito (min.68) e Albentosa (min.87), polo Deportivo; e a Laporte (min.71), do Athletic."}
{"ID": "NOS_56184", "summary": "Depois de, em Outubro de 2011, ter reduzido a indemnização de 30 para 20 dias, o Governo entregou, esta quarta-feira, no Parlamento, uma proposta de lei que prevê nova redução das compensações por despedimento para 12 dias de trabalho por ano, novas regras que deverão entrar em vigor já em 2013.", "text": "De acordo com o documento, aprovado em Conselho de Ministros a 27 de Dezembro, a proposta de lei introduz uma nova alteração do Código do Trabalho, ajustando o valor da compensação devida em caso de cessação do contrato de trabalho para os doze dias de retribuição base e diuturnidades por cada ano trabalhado. A proposta entregue esta quarta-feira exclui a notícia, avançada pelo Negócios, de que o governo estaria a ponderar um valor intermédio de 18 dias por ano de trabalho, durante um período de transição de cinco anos, no final do qual passaria a ser aplicada a fórmula 12 dias/ano. \"A presente proposta de lei visa concluir o processo de revisão da legislação laboral previsto no Memorando de Entendimento, definindo um valor para a compensação por cessação do contrato de trabalho que corresponda à média da União Europeia\", diz o diploma, que avança ainda que o valor médio na UE se situa entre os 8 e os 12 dias, dados que têm vindo a ser contestados pelos sindicatos. Na prática, despedir ficará brutalmente barato: antes da entrada deste Governo e da troika, a indemnização por despedimento era calculada com base num mês de salário por ano de trabalho e agora será apenas por 12 dias/ano, menos de meio mês. Para os contratos assinados antes de 1 de Novembro de 2011, o Governo propõe que o cálculo da indemnização a receber se faça em três parcelas. Contratos de trabalho anteriores a 1 de Novembro de 2011 Em caso de despedimento, estes trabalhadores terão direito a uma compensação correspondente a 30 dias de salário por cada ano de trabalho prestado até 31 de Outubro de 2012. O trabalho prestado a partir dessa data dará direito a 20 dias de salário por ano. Por último, o trabalho prestado a partir da entrada em vigo da lei agora proposta pelo Governo dará direito a apenas 12 dias de salário por ano. Quem tiver neste momento uma compensação por despedimento superior a 12 salários vê os seus direitos ficarem congelados. Contratos a partir de 1 de Novembro de 2011 e até entrada em vigor da nova lei Em caso de despedimento, trabalhadores recebem 20 dias de salário por cada ano de trabalho prestado até à entrada em vigor da lei agora proposta. A partir dessa data, terão direito a 12 dias de salário por ano. A compensação fica sujeita, em todos os casos, a um tecto máximo de 12 salários base. Contratos a partir de entrada em vigor da nova lei Em caso de despedimento, trabalhadores recebem 12 dias de salário por cada ano de trabalho prestado. A compensação fica sujeita, em todos os casos, a um teto máximo de 12 salários base. Despedir ficará mais barato mas patrões terão de criar fundo de despedimentos A intenção do Governo em reduzir as indemnizações em caso de despedimento tinha já sido confirmada pelo primeiro-ministro Pedro Passos Coelho a 12 de dezembro, altura em que o chefe do Governo adiantou que as novas regras deverão vigorar a partir de 2013. Paralelamente, o Governo terá de resolver a questão do fundo que irá suportar as indemnizações por despedimento e que terá de ser alimentado pelos patrões, algo que estes não vêm com bons olhos. \"Temos o compromisso, ao nível do acordo tripartido, de resolver as duas questões ao mesmo tempo. São questões diferentes mas estão interligadas, na medida em que foi obtido um acordo entre os parceiros sociais, quer em relação à necessidade de melhorar o Código Laboral, mais flexível, mas ao mesmo tempo garantir também que existe um financiamento para assegurar o despedimento, que seja repartido com as próprias empresas\", explicou Passos Coelho. Informação tirada do jornal Esquerda.net"}
{"ID": "PRAZA_7871", "summary": "Máis de 1.000 veciños das comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte maniféstanse en Coristanco contra o polémico proxecto mineiro a ceo aberto.", "text": "Máis de 1.000 persoas das comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte manifestáronse este domingo en Coristanco en contra da mina de ouro a ceo aberto prevista en Corcoesto, no municipio de Cabana. Máis de 1.000 veciños secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e outros colectivos A convocatoria -lanzada polos propios veciños e apoiada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto, unha morea de organizacións e formacións políticas como o BNG ou AGE- manifestou o seu rotundo rexeitamente ás operacións da compañía canadense Edgewater \"que pretende, co beneplácito da Xunta, transformar os montes compartidos polos municipios de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso nunha inmensa canteira a ceo aberto\". Baixo o lema Polo futuro da vida e da terra. Non á minería a ceo aberto e con pancartas que rezaban \"Mina Non\", \"Queremos agua potable e ceo limpo\" ou \"Corcoesto non se vende, deféndese\", foron moitos os veciños que desafiaron a chuvia e o mal tempo para chamar a atención da Administración galega ante un proxecto do que diversos colectivos e cidadáns levan meses denunciando o impacto medioambiental, social e económico que terá sobre a zona. Durante o percorrido, dun quilómetro a pé ata a praza do Concello, coreáronse consignas rimadas que os manifestantes prepararon aproveitando o Entroido. Os manifestantes piden á Xunta que rectifique no seu apoio á mina e á empresa que a promove Desde a plataforma contraria á mina manifestaron a súa \"satisfacción\" polo apoio cidadán a unha manifestación que superou as expectativas e que contou con veciños de todas as idades, ademais de co apoio de numerosos colectivos. Así, os veciños contrarios á mina esixen das autoridades que \"recúen no seu apoio decidido a estas explotacións de consecuencias catastróficas para o contorno natural e humano\" e aseguran que os danos están xa contrastados en experiencias similares noutras latitudes. Ademais, denuncian que as políticas que se apliquen non sexan as que pasen por \"destruír o territorio, contaminar as augas e acabar coas formas de vida tradicionais\". A manifestación chega logo de que varios colectivos contrarios aos diversos proxectos megamineiros que se preparan en Galicia acordasen constituír un movemento global para loitar contra a \"minería salvaxe\" que ameaza o país. Ademais, á oposición contraria de boa parte da sociedade uniuse agora unha nova polémica, logo de que se coñecese que a Universidade de Vigo vén de asinar un convenio de colaboración coa empresa que leva a cabo o proxecto mineiro en Corcoesto."}
{"ID": "NOS_34409", "summary": "\"Retallos daquela infancia\" é o título do novo libro de Bautista Álvarez. Non son ensaios nin discursos nin artigos xornalísticos", "text": "O editor Manuel Bragado vén de anunciar no seu blog, Brétemas, a próxima publicación do libro de Bautista Álvarez, \"Retallos daquela infancia\", sen dúbida, unha das sorpresas literarias da tempada por parte de quen foi tamén en Madrid, membro do grupo Brais Pinto, que compartiu con escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Ramón Lourenzo, Bernardino Graña., Xosé Fernández Ferreiro, Reimundo Patiño, César Arias, Herminio Barreiro ou o propio Ben-Cho-Sey, maiormente escritores. O debut de Bautista Álvarez na literatura virá da man de Edicións Xerais que está a preparar o volume con dezasete relatos con presenza memorialística que verán a luz o vindeiro mes de xullo. Doses de tenrura Os relatos, segundo explica o director de Xerais, están \"ambientados na súa infancia no seu territorio familiar da aldea de Loucía da parroquia de Lás do concello de San Amaro, preto do Carballiño. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeana dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura\". O editor fala da grande sorpresa do ano e aventura fortuna literaria para a primeira obra do político nacionalista que anda a presentar nestes días o volume primeiro das súas Obras escollidas. \"Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua literaria de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Álvarez emparentan con páxinas de Ánxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX\", valora Manuel Bragado, no tempo de edición da primeira obra literaria de Bautista Álvarez."}
{"ID": "NOS_52825", "summary": "Un estoupido provocado acabou coa vida de María José M.G, de 52 anos, e a súa exparella Emilio F.C, de 47. As bombonas estaban manipuladas e el ameazara o día anterior con voar a casa.", "text": "Unha explosión provocada acabou na noitiña da segunda feira en Chapela coa vida de dúas persoas, María José M.G e a súa ex-parella e pai dun dos seus fillos Emilio F.C. A investigación policial apunta a un caso de violencia machista: as gomas das bombonas estaban manipuladas, espallárase gasolina pola vivenda e el ameazara o día anterior con voarlle a casa, segundo recolle Atlántico Diario. O estoupido derrubou parte da fachada da vivenda e provocou un incendio. Cando chegaron os efectivos de emerxencias atoparon dous corpos e un coitelo cabo dun deles. Nun primeiro momento pensábase que o fillo de 8 anos estaba con eles, polo que as tarefas se centraron en atopalo. A crianza, porén, estaba na casa dos avós. A parella levaba un tempo separada. A Policía traballa coa hipótese de que sexa un caso de violencia machista con suicidio del. Testemuñas da veciñanza recollidas por diversos medios sinalan que as relacións entre ambos os dous eran malas. Concentracións Convocáronse concentracións para esta cuarta feira, 22 de febreiro, ás 20 horas en varias cidades e localidades de Galiza en rexeitamento a este novo asasinato machista. A Coruña, no Obelisco Compostela, Praza 8 de marzo Ourense, Castañeira Pontevedra, Audiencia Provincial Lugo, diante do Concello Vigo, Marco Ferrol, diante do Concello O Carballiño, diante do Concello Ribeira, Praza do Concello Bertamriráns (Ames), Praza da Maía As Pontes, diante do Concello A Ramallosa, cruxe xunto quiosco"}
{"ID": "NOS_25773", "summary": "Cada día chegan ás industrias lácteas toneladas de leite de países como Francia, Holanda ou Alemaña. Non é nada ilegal, salvo cando o que fan é colocar o seu excedente por debaixo do custo de produción, o que contribúe a afundir as gandeiras galegas, que levan anos en loita por un prezo digno para o leite producido na Galiza.", "text": "A entrada de leite foráneo non é unha novidade, pero si o feito de que as empresas que realizan este tipo de prácticas, desleais cando o fan por debaixo do prezo de custo, non miren polas gandeiras e gandeiros galegos nunha situación de emerxencia sanitaria, pero tamén social. Por este motivo, desde Unións Agrarias solicitaron ao Ministerio de Agricultura a convocatoria da mesa de seguimento do acordo lácteo. Queren que se fagan públicos os datos das cisternas que descargan nas industrias do país para frear o dumping, unha práctica ilegal para afundir os prezos, pero tamén para facer un control da trazabilidade do produto e evitar que o leite francés acabe nun cartón con orixe nacional, tarefa que debe correr a cargo da Xunta da Galiza. Ese plan conxunto, como recoñece o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a Nós Diario, é fundamental se se queren evitar as \"consecuencias desastrosas\" que estas prácticas poden ter para o sector atendendo ao volume de excedentes de países como Holanda, Alemaña ou Francia, que son os que tratan de introducir leite no Estado español por debaixo do custo de produción, denuncian desde o sindicato. Por sorte, a negociación dos novos contratos entre industria e produtores está suspendida pola COVID-19, pero García teme que, cando se retomen, a industria poida empregar como \"arma negociadora\" a posibilidade de traer leite de fóra máis barato, unha práctica que, como indican desde o sindicato \"empezou por unha industria en concreto e xa se está a xeneralizar\". \"As agricultoras e gandeiras estanse a xogar o pelexo para garantir o subministro e o Goberno español trata de fomentar a compra de produto estatal. O que non podemos permitir é que ao mesmo tempo miren para outro lado e permitan prácticas inmorais, ilegais e que atentan a sectores estratéxicos como é o da carne e o leite\", denuncia García. Na mesma liña, a súa homóloga no Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, recoñece que non é sinxelo cuantificar canto leite de fóra está a entrar, xa que non existe un mecanismo para facelo. Considera que en momentos tan delicados como os actuais as empresas deberían \"evitar comportamentos especuladores e amosar compromiso social\". Ao igual que Unións Agrarias, cre que Xunta e Ministerio deberían poñer persoal público que controlase as entregas e os prezos xa que, lembra, \"vender por debaixo de custo é ilegal, non é unha cuestión de boa fe\", ademais de que permite ao mercado francés resolver un problema de saturación a costa de destruír o mercado nacional. \"Diante da ilegalidade, actúase\", insiste Vilalba, que exixe unha actuación \"contundente e inmediata\" das Administracións. Pola súa banda, Elías Somoza, da Federación Rural Galega (Fruga), recoñece que a entrada de leite foráneo é un problema \"constante e recorrente\", que non ten razón de ser na Galiza, xa que \"temos bastante leite aquí sen que teña que vir de fóra\". Con todo, cre que a Administración debe tomar cartas no asunto, pero tamén poñer todos os medios \"para que se cumpran os contratos que se acaban de asinar\". Industria do país A industria láctea do país tamén se ve castigada por estas prácticas. Como explica a Nós Diario Rafael Prieto, director xeral de Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), con marcas como Únicla, Feiraco ou Clesa, \"vai afectar cando vaiamos vender o leite ás grandes superficies, xa que as que empregan leite foráneo por baixo de custo poden vendelo a prezos máis competitivos. O único que nos queda é informar o consumidor e destacar o valor do leite galego. Despois, cada quen en función das súas posibilidades económicas e dos seus criterios persoais, que elixa sabendo ben o que compra e coñecendo quen está a apoiar as produtoras locais e quen non\". \"Que haxa xente que, aproveitando excesos noutros países, queira afundir os prezos do campo non nos parece ben, porque os que temos agora son prezos que aínda non son suficientes para retribuír adecuadamente o traballo das gandeiras\", apunta o directivo de Clun. Para Prieto, ter unha soberanía, unha autonomía alimentaria \"é algo que non temos posto suficientemente en valor e que pasado este lío ─en referencia á crise provocada pola pandemia do coronavirus─ débenos levar a organizarnos mellor. Fáltannos cousas, como proxectos grandes, marcas fortes para lograr a forza comercial que nos faga ser máis competitivos\". Clun, ao igual que outras cooperativas de base galega, contribúe a fixar a poboación no rural e, como lembra o seu director xeral, \"todo o que xeramos queda aquí, aínda que logo vaia para fóra\"."}
{"ID": "NOS_8952", "summary": "A continuación, reproducimos unha peza escrita por Mariví Berrío Carrasco, especialista na Fala –variedades derivadas do galego no Val do río Ellas- como complemento ao A Fondo que publicamos no Sermos Galiza 184 sobre a lingua nesta zona de Estremadura.", "text": "O valverdeiro (Valverde), lagarteiro (As Ellas) e mañego (S. Martiño de Trebello) ata agora tiveron pouco contacto co castelán (administración, escola e comercio), pero a escola foi a principal vía de castelanización. Na actualidade para perduraren precisan unha norma escrita flexible inter e supradialectal, pois ata agora as formas da escrita foron tantas como falantes. O Grupo Xálima pretende unha reintegración do xalimego no portugués. Non reclaman o xalimego na escola, pois o portugués xa é optativo no sistema escolar estremeño. A norma reintegracionista proposta para o xalimego (glotónimo para escrita unificada reintegrada) foi rexeitada por asociacións e plenos municipais. Exemplo: As nossas preocupaciõs passam por dir jogando ũa partia polo caminho da casa dos zagais da Rosa. Para a asociación A Nosa Fala son os falantes os que deciden como escribir e así, dándolles unhas leves indicacións ortográficas. Propón liberdade para escribir como cada un queira porque, xa que non hai ensino na Fala, a xente non pode aprender norma ningunha pero ten dereito a escribir. Así, cociña poderá escribirse como coziña, cociña, codiña, cudiña, cuciña e cuziña, e todas serán formas válidas. Este modelo ultrafoneticista é o que empregan os concellos de Valverde e As Ellas, cada un na súa fala particular. Exemplo (en lagarteiro): As nosas priucupaciós pasan pul dil ishugandu unha partía pul u camiñu da casha dus dagais da Rosha. Unha norma sobre a base galega estándar Por último, algúns filólogos galegos e valegos propoñen unha norma unificada para o valego sobre base galega pero con flexibilidade dialectal, coa intención de que se introduza na escola e se use en publicacións e na administración. Respéctanse algúns \"posicionemas\" locais e proponse representar con diacríticos a sonoridade de certos sons sibilantes (40% dos falantes), porque o 60% dos falantes (os valverdeiros) non ten sibilantes sonoras. Exemplo: As nosas preocupacións pasan por dil xogandu unha partía polo camiñu da caśa dos źagais da Rośa. Os defensores da norma reintegrada reivindican o estudo obrigatorio do portugués nas escolas; os da norma foneticista reivindican que cada concello use a súa fala local e cada falante como queira; os partidarios do valego piden a introdución dunha norma unificada nas escolas e, iso si, todos queren a aplicación da Parte II da Carta Europea das Linguas para o \"Galician in Extremadura\". [O A Fondo sobre o galego no Val do Ellas pode consultarse no último Sermos Galiza, o nº184, xa dispoñíbel na loxa]"}
{"ID": "NOS_20958", "summary": "É un mapa da primeira metade do século XV elaborado por Andreas Walsperguer. Influído pola cartografía da época, debedora da tradición de Ptolomeo recuperado pola escola de Viena e dos portolanos cataláns, presenta a Galiza como un como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular. Eis un estrato da peza publicada no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "O mapamundi de Walsperguer é unha cartografía de setenta e cinco centímetros de diámetro, rematado á volta de 1448 e executado, probabelmente en Constanza, ás beiras do lago do mesmo nome, polo cartógrafo Andreas Walsperguer. O seu autor, fillo dun carpinteiro, naceu á volta de 1415 na cidade austríaca de Radkersburg, ingresando como monxe bieito no mosteiro de San Pedro Salzburgo, onde residiu até 1442, perdéndoselle a pista tras realizar o seu mapa en 1448. A carta, a única da súa época na área xermánica canda a de Zeitz, pertenceu ao longo do século XVI á familia Fugger, os famosos financeiros que acumulaban unha das máis importantes fortunas da época, sendo entregado, arredor de 1622, polo rei de Baviera Maximiliano I ao papa Gregorio XV, custodiándose desde aquela na Biblioteca do Vaticano. Andreas Walsperguer, un cartógrafo austríaco A concepción cartográfica presente no traballo estará influída ao tempo pola obra de Ptolomeo e os portolanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá a ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes xeógrafos da época como o autor do mapa de Borgia ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque. As pegadas dos portolanos da coroa catalá son evidentes, significándose pola información detallada que presentan para fixar os contornos das diferentes áreas costeiras e determinar as agrandes liñas comerciais do momento. As semellanzas da carta de Walsperguer con outros traballos do momento non deixan dúbida algunha, sendo evidentes as similitudes co mapa de Giovani Laeardo ou de Frei Mauro de 1459, sen acadar a precisión deste. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_37126", "summary": "Malia que non é obrigatorio deixar libre ás mulleres, nas convocatorias anteriores da folga si houbo un chamamento só aos empregados para que as compañeiras puideran disfrutar do seu dereito.", "text": "A CUT denunciou hoxe, a través da súa Secretaría das Mulleres, que a CRTVG non respectará \"o espírito da convocatoria de folga de mulleres e as convocará tamén a elas para traballar nos servizos mínimos\" do 8 de marzo. A pesar de que a corporación non ten a obriga de evitar ese chamamento, o certo é que segundo o sindicato o habitual viña sendo que contaran fundamentalmente cos homes do cadro de persoal nesa data. A Central Unitaria de Traballadores destaca que, segundo a dirección desta entidade pública, o cambio de criterio dáse porque \"o dereito á folga é universal e debe partir de todos os cidadáns\". Despois deste argumento, a representación rompeu as negociacións abertas coa CRTVG e denunciou o que considera un \"grave retroceso ideolóxico que prexudica os avances conseguidos co esforzo de moitas compañeiras nos últimos catro anos\". Segundo as representantes do comité de folga da CUT que acudiron á negociación dos servizos mínimos na empresa, esta explica a mudanza porque \"a convocatoria deste ano é diferente, xa que non está convocada por todos os axentes sociais -en clara alusión a outras centrais sindicais que este 8M non convocan folga nin paros-, así como en que o dereito á folga é universal e a reivindicación debe partir de todos os cidadáns\". Para o sindicato isto \"constitúe unha mostra máis da crueldade, do machismo e do paternalismo que imperan nesta sociedade patriarcal, que mesmo se atreve a utilizar o poder case absoluto de discrecionalidade empresarial para intentar abortar e invisibilizar unha folga que o contexto da pandemia revelou máis necesaria que nunca\". \"Seguimos sendo as máis precarizadas, golpeadas pola violencia machista e agora tamén pola pandemia, que nos fixo cargar co peso unha vez máis da crise en todos os eidos: laboral, familiar e de coidados e en todos eles debe notarse que pasa se nós paramos\", reflexionaron a nivel xeral desde a Secretaría das Mulleres."}
{"ID": "NOS_28450", "summary": "A organización islamista convoca novas mobilizacións após o goberno golpista anunciar que está a valorar a súa \"disolución legal\"", "text": "Malia que o toque de queda e o Estado de emerxencia continúan en vigor, a Irmandade Musulmá convocou para este domingo unha nova xornada de mobilizacións. A cifra de mort@s ascende --segundo cifras gobernamentais-- a máis de 800 persoas. De entre elas, perto de 200 persoas foron asasinadas na \"xornada da ira\" convocada a pasada sexta feira. O goberno golpista do Exipcio asegurou que está a valorar a ilegalización e disolución da Irmandade Musulmá pola consideraren \"inimigo\" do pobo exipcio e instigadora \"dun eixo do terror\" que acotío comete \"actos de terrorismo\". Os conflitos entre partidari@s e detractor@s de Morsi continúan en diversos puntos do país e mantéñense desde hai 4 días as medidas de excepción impostas polo goberno golpista."}
{"ID": "PRAZA_18348", "summary": "A emigración dos galegos á sega é un longo e durísimo episodio da nosa historia que as novas xeracións apenas coñecemos polos versos de Rosalía e pola referencia dos manuais de divulgación, necesariamente efémera.", "text": "A emigración dos galegos á sega é un longo e durísimo episodio da nosa historia que as novas xeracións apenas coñecemos polos versos de Rosalía A emigración dos galegos á sega é un longo e durísimo episodio da nosa historia que as novas xeracións apenas coñecemos polos versos de Rosalía e pola referencia dos manuais de divulgación, necesariamente efémera. Eu que de meniño vin pasar pola miña rúa do barrio de San Roque de Lugo os derradeiros segadores camiño da estación do tren nas tardes calorosas de xuño, nunca lera descrición ningunha feita polos castellanos sobre esa migración: desde o outro lado, por tanto. Até o outro día, cando me regalaron un libro da vida e da historia de Cuenca de Campos, ben escrito, contido e moi elegante. Reproduzo a continuación o que lembra o autor sobre os segadores, posto que tratou con eles. Eu que de meniño vin pasar pola miña rúa do barrio de San Roque de Lugo os derradeiros segadores camiño da estación do tren nas tardes calorosas de xuño, nunca lera descrición ningunha feita polos castellanos sobre esa migración: desde o outro lado, por tanto Comezaron a chegar xentes galegas, ás cales puxeron en contacto con esta zona os conquenses dedicados ao comercio con aquel reino (...). Durmían no campo, remansados nas morenas, agás o día da Nosa Señora e o de San Roque. Digo remansados porque a maioría das tardes, cando chegaba o \"corredor de olla\", coa cea, xa posto o sol, erguíase un vento que enchía as marmitas de palla. A comida non se diferenciaba moito da dos donos, consistía nun cocido con touciño, chourizo e carne de ovella ou cabra, xeralmente acecinada, coñecida por castrón. A sobremesa consistía en cebola, leituga, cogombro, etcétera. Non lles faltaba viño da colleita para beber, aínda que algún amo racionábao. Coñecido foi o refrán referente á dieta dos segadores Por la mañana pan y cebolla Al mediodía la olla Y por la noche Vuelta al pan y la cebolla. Isto segundo o repaso feito polos distintos cadernos de contabilidade de varios labradores, non era tan rigoroso. O que resultaba rigoroso e extenuante era o prolongado traballo a ceo aberto da sega. Diremos no entanto que a comida non se axeitaba á temperatura á que traballaban. Eles e elas sempre vestidos con roupa máis ben ruda, defendíanse do sol no descanso cunha sombreira apoiada en catro ou seis varais, mangados noutros tantos chuzos ben fincados no solo. Alí acubillábase algunha crianza que tivo que acompañar á súa nai porque aínda lle daba o peito. Imaxinámonos o pouco leite que tería a nai, todo o día ao sol e coa fouce na man. Aconteceu que algún cativiño saía da sombreira gateando, insolaba e morría. Ese día viña a cuadrilla ao enterro e algunha máis cando as campás das torres tocaban a gloria. Fouces e dedís de cana e coiro descansaban polo menos medio día. A todos os segadores lles asignaban máis pan do que consumían, do cal tomaba nota o amo, e o día antes de emprenderen a volta para os seus fogares, metían para o forno a cantidade aforrada e aínda máis que mercaban para, ben colocada, levala nos burriños. O conxunto da cuadrilla non sacaba de media unha iguada por día e fouce, aínda que case todas contaban cun segador rapidísimo que o conseguía. Houbo un paramés que sobardou esta avultada medida. E nun \"pueblo\" de perto da localidade zamorana de Mombuey, segando centeo a cerro, varios mozos remataban unha tarefa diaria de 7.000 metros cadrados. As segas dos galegos en Castilla foron rematando nos anos sesenta, cando se mecanizou o agro. Cuenca de Campos, Ayer. Aderito Pérez Calvo. Diputación de Valladolid. 2003. Galicia a a sega en Castela ó longo dos tempos. Consello da Cultura Galega. 2002. (Con varios traballos e memorias interesantes, especialmente os titulados \"Segadores e identidade galega\", de González Reboredo e \"Notas sobre segadores desde Terra de Campos\", de José Luís Alonso Ponga). Publicidade"}
{"ID": "NOS_55356", "summary": "Na beira do río Ulla e ao pé dunha carballeira vai ter lugar este domingo 17 de xuño a undécima edición do festival Folk in Río de Touro. Concertos, cantos de taberna, feira de artesanía, xantar campestre e até un festival infantil paralelo nunha xornada que vai desde as 11 da mañá até a noite.", "text": "A área recreativa da Santalla de Touro acollerá un ano máis o Folk in Río, un encontro festeiro na beira do río que desta vez contará cun festival infantil onde, ao longo da tarde, as crianzas poderán desfrutar das Olimpiadas Pallasas, un espectáculo que comezará a partir das 16:30 e onde Peter Punk fará unha sorte de olimpiadas a través dos xogos tradicionais galegos. O pallaso estará seguido de Paco Nogueiras, que presentará o seu espectáculo Radio Bulebule para rematar co Concerto Punkinfatil, un \"delirio musical\" no que un cantante de punk (Peter Punk) e un cantante infantil (Brais das Hortas) estarán condenados a entenderse. A festa comezará ás 11:00h polos bares de Touro cos tradicionais cantos de taberna, nos que participarán dez grupos de música tradicional. Cara o mediodía a troula trasládase á área recreativa da Santalla, nunha carballeira ao pé do río Ulla onde se celebrará a sesión vermú, amenizada polo grupo compostelán de baile tradicional Ultreia. O primeiro dos concertos chegará ás 17:00h da man do grupo de música tradicional galega Carapaus. Ás 18:00 será a quenda de Ardentía, coñecidos por introducir instrumentos non tan populares dentro do folk galego, como o clarinete, a trompa ou a zanfona. Os de Vigo fecharán a súa actuación para dar paso ao derradeiro grupo do día, Tiruleque, que presentará \"Outro que tal baila!\", novo traballo da banda e tercer disco da formación publicado o pasado 17 de febreiro. A pesar da situación convulsa que vive Touro por mor do proxecto de reapertura da súa mina de cobre, Xabier Ferro, membro da entidade organizadora do proxecto A.C. As Sobreiras do Ulla, asegura que será un día \"para pasalo ben\" e \"deixar tensións a un lado\". \"Desde a asociación non queremos vincularnos a ningunha postura aínda que haxa posicións a título persoal\". Aínda así, lamenta que o festival vaia celebrarse ao lado do Ulla, \"só mentres teñamos río\"."}
{"ID": "NOS_23327", "summary": "A xuntanza enmárcase na rolda de contactos deste movemento coas organizacións políticas.", "text": "Esta terza feira (1 de setembro) representantes de Compromiso por Galicia e da Coordinadora do Encontro Cidadán por unha Marea galega reuníronse en Compostela para partillaren perspectivas de cara á configuración dunha \"candidatura galega de unidade popular\" ás eleccións españolas. Neste senso, ambas as dúas delegacións amosaron coincidencias na necesidade dun \"grupo propio\" en Madrid que abranga as \"forzas do cambio\" da Galiza e que \"sirva para propiciar un cambio político e institucional no conxunto do Estado\", segundo recolle o comunicado de imprensa remitido pola organización galeguista. Compromiso por Galicia decidirá nunha convención nacional de outubro a fórmula de concorrencia ás eleccións españolas No entanto, Compromiso recalca que a fórmula de concorrencia aos comicios da formación será determinada por unha convención que terá lugar, previsibelmente, no mes de outubro. Así as cousas, CxG estudará nos vindeiros días o convite achegado por Marea galega para participar no encontro que están a impulsar e que se desenvolverá o 12 de setembro. Aliás, Marea galega e Compromiso salientaron a importancia de que o proceso de conformación desta candidatura conte co \"protagonismo cidadán\" para o que subliñan a necesidade de desenvolver \"metodoloxías de traballo\" que así o permitan como a elección de candidat@s através de \"primarias abertas á cidadanía\"."}
{"ID": "NOS_53582", "summary": "A cultura e a lingua galegas participan da man da Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización no programa Donostia 2016, Capital Europea da Cultura, cun proxecto arredor da diversidade lingüística. As realidades de Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco son, canda Galiza, protagonistas da iniciativa.", "text": "A Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) son as parceiras galegas do proxecto de promoción e defensa da diversidade cultural e lingüística Tosta Cargo que forma parte do programa Donostia-Capital Europea da Cultura 2016. A Europa Atlántica é o referente desta iniciativa que ten como obxectivo difundir e celebrar a diversidade cultural e lingüística e que se materializará en residencias artísticas, intercambio cultural e festivais nos diferentes portos aos que as distintas propostas culturais chegarán por medio de contedores mariños. \"O proxecto, que apoiamos desde as áreas de Cultura e Lingua da Deputación da Coruña, abre a posibilidade de internacionalizar a nosa lingua e busca puntos de encontro entre as distintas comunidades culturais\", sinalou a vicepresidenta da Deputación da Coruña, a nacionalista Goretti Sanmartín. O proxecto, denominado Tosta Cargo, é a embaixada itinerante do Faro das Voces, un dos tres eixos nos que se articula o programa de Donostia Capital Europea da Cultura 2016 e trátase do envío dun \"cargamento cultural\" a través de contedores mariños que visitará Galiza, Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco. En cada un dos portos en que recale, organizarase no verán un festival para visibilizar as creacións d@s artistas participantes e festexar a diversidade lingüística dos distintos países. \"A idea serve para mostrar que en galego estamos no mundo, que podemos relacionarnos en pé de igualdade nunha viaxe de intercambio artístico e cultural. De maneira simbólica espállase tamén a idea de que a lingua ten a ver coa identidade e a cultura mais tamén coa mercadoría, que debe e pode funcionar nese ámbito comercial e económico\", explicou a Goretti Sanmartín. Festivais nos portos Tres son as fases, segundo o representante de Donostia 2016, Imanol Otaegi, nas que se desenvolverá o proxecto. Na primeira terá lugar o intercambio de residencias artísticas, na segunda o resultado será recollido nos contedores e difundido en distintos portos e na terceira e final, que terá lugar de maio a setembro de 2016,celebraranse os distintos festivais pop-art en cada un dos portos dos países participantes. A punto final do proxecto ter´alugar no porto de Pasaxe, no País Vasco, o 26 de setembro, data na que se conmemora o Día Europeo das Línguas. \"Contribuirá a romper o descoñecemento das nosas linguas e as súas situacións e mostrar que a diversidade lingüística é un factor de unión, como o é o mar e o océanos que serven de metáfora\", sinalou o presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira. \"Servirá para celebrar algo que se esquece, que existe diversidade. Daremos a coñecer a nosa lingua e teremos oportunidade de achegarnos ás outras participantes no Tosta Cargo\", sinalou. No Tosta Cargo participan, entre outras entidades, Tapagunea (País Vasco), Celtic Neighbours (Gales), Ealain Na Gaeltachta (Irlanda), Proiseact nan Ealain (Escocia) e Golden tree Productions (Cornualles). Arredor do 75% do orzamento provén de Donostia-2016, programa no que participa o Concello de Donostia a Deputación de Guipúscoa e o Goberno Vasco."}
{"ID": "PRAZA_18021", "summary": "As Cíes diminuíron os seus viaxeiros este verán un 2,4%, fronte a un aumento do 15% rexistrado en Ons. En agosto, con todo, as Cíes aumentaron as visitas un 8% e rozaron o seu máximo legal de 3.000 turistas diarios, mentres que as Ons dispararon un 21% a súa ocupación ata o máximo legal diario, que quedará fixado en 1.800 HEMEROTECA | A Xunta tivo conxelado dende 2011 un plan para reducir o límite de visitas ás Illas Cíes", "text": "HEMEROTECA | A Xunta tivo conxelado dende 2011 un plan para reducir o límite de visitas ás Illas Cíes A finais de agosto Verdegaia denunciou que a Illa de Ons estaba a recibir máis visitantes dos permitidos, debido a que varias navieiras estarían a desviar un gran número de viaxeiros para evitar superar nas Cíes ese máximo fixado de 2.200 persoas diarias e repetir as situacións de saturación que se viviran o pasado verano. A entidade ecoloxista pedía nese momento \"desestacionalizar\" as visitas ás Cíes e Ons e rachar co modelo de \"verán e praia\" no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Mentres que as Cíes diminuíron os seus viaxeiros este verán un 2,4%, pasando de 210.359 a 205.168, Ons aumentou un 13% as súas visitas, de 84.247 a 97.362 A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Ana María Díaz, fixo públicos este xoves as cifras de visitantes rexistrados nas Illas Atlánticas nos meses de xuño, xullo e agosto. Os datos reflicten un incremento xeral do 4%, sumando un total de máis de 325.000 viaxeiros entre Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Porén, mentres que as Cíes diminuíron os seus viaxeiros este verán un 2,4%, pasando de 210.359 a 205.168, Ons aumentou un 13% as súas visitas, de 84.247 a 97.362. Agosto foi o único mes no que as Cíes incrementaron os seus rexistros, pasando de 80.225 a 86.828 (+8,23%), é dicir, practicamente rozou o máximo legal diario, fixado en 3.000 persoas (800 acampadas e 2.200 viaxeiros/as nos barcos dende o continente). O borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque prevé mesmo unha limitación a 2.800 persoas diarias (600+2.200) que, de feito, si tería sido superada este mes de agosto, pois a media diaria foi de 2.800,9 visitantes. Ons disparou a súa cifra de visitantes en xuño (+18,53%), xullo (+6,93%) e sobre todo agosto (+20,8%). O borrador do PRUX, documento que a Xunta prevé aprobar este ano, sitúa en 1.800 visitantes diarios o máximo legal que Ons poderá recibir. En agosto, a cifra oficial de ocupantes da illa proporcionada polo Goberno galego (55.800) supón unha media exacta de 1.800 viaxeiros diarios en cada un dos 31 días do mes. Verdegaia aposta mesmo por unha redución nese límite máximo de visitantes na Illa de Ons, dende as 1.800 persoas previstas no PRUX ata unhas 1.200, para garantir unha correcta protección dos valores naturais do espazo, sobre todo das súas zonas de reserva \"nas que ao haber tanta xente e tan pouco persoal do Parque non se pode ter a situación tan controlada\". Lembra, ademais, que a capacidade de carga ecolóxica das praias desta illa ascende a 896 persoas/día segundo un estudo de capacidade de carga realizado pola propia Xunta A finais de setembro celebrarase unha reunión do Padroado do Parque para presentar o texto final do PRUX A directora xeral de Patrimonio natural avanzou que a finais de setembro se celebrará unha reunión do Padroado do Parque, para presentarlle o texto final do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional. Grupos ecoloxistas levan anos denunciando os atrasos na aprobación deste documento, que debería permitir unha mellora na conservación dos valores naturais do parque e que, denuncian, debería ter sido aprobado hai xa 15 anos."}
{"ID": "NOS_29278", "summary": "O seu nome soaba nas quinielas para formar parte do Executivo de Pedro Sánchez, con quen admite unha afinidade persoal e ideolóxica. Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) presidiu a xestora do PSdeG, nomeada desde Ferraz, após a dimisión de José Ramón Gómez Besteiro e hoxe coordina as deputadas e deputados galegos do PSOE no Congreso. Recoñece que sería unha honra representar Galiza cun Ministerio, mais asegura que \"as reivindicacións do PSdeG ao Goberno de Pedro Sánchez no que ten a ver con Galiza non van perder\". Eis un extracto da conversa publicada no número 304 de Sermos Galiza.", "text": "No verán de 2016, na precampaña das eleccións xerais, Pedro Sánchez presentou un gabinete para o cambio do que vostede formaba parte. Levaba a carteira de Agricultura e Pesca nese goberno \"na sombra\". Por que agora non é integrante do Executivo de facto? Eu non lle dou maior transcendencia a estar ou non estar no Goberno. Creo que aquel momento era un contexto distinto e agora, analizando polo miúdo o equipo que fixo o presidente, as mulleres e homes que o conforman son dunha traxectoria profesional e dunha cualificación indubidábel. O feito de formar ou non parte? Creo que iso depende del. Ademais, as responsabilidades que teño no Congreso, presido dúas comisións: a de igualdade e a de seguimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, requiren dunha especial dedicación. Queremos intentar avanzar o máximo posíbel no cumprimento do Pacto de Estado no que quede de lexislatura. En todo caso, sería unha honra representar Galiza nun Ministerio e ademais cunha área tan importante como o agro e a pesca para o noso país, mais creo que podemos facer o mesmo traballo en calquera sitio onde o fagamos. Creo que a reivindicación do PSdeG ao Goberno de Pedro Sánchez no que ten a ver con Galiza non van perder. Un PSdeG que non está representado no Goberno. A min gustaríame que houbese moitas persoas do PSdeG no Goberno de Pedro Sánchez, pero é verdade que o contexto é distinto. Non fixo cotas territoriais como houbo noutro momento, fixo máis ben perfís de persoas concretas e con determinada traxectoria. Por iso non o analizo en sentido negativo, porque é un Goberno para unha circunstancia e un momento puntual, para sacar adiante temas de contido social, progresistas, que para nós é algo fundamental. Falo de ámbitos como o emprego, que xa se están tomando medidas nese senso; o da igualdade, que agora temos que demostrar que ese si é para nós un obxectivo fundamental e daquelas cuestións que teñen a ver coa sanidade, educación, a transición ecolóxica, as novas tecnoloxías… Polo tanto, como é unha cuestión para un límite temporal tan concreto, non faría un transvasamento nese senso de máis ou menos presenza do PSdeG no Goberno de Pedro Sánchez. Precisamente, Pedro Sánchez tirou dese límite temporal para advertir de que posibelmente non se toque o sistema de financiamento autonómico. A última reunión de Raxoi cos representantes das comunidades autónomas foi hai máis dun ano e pico. Naquel momento falárase de que se ía abordar cos territorios a modificación do sistema de financiamento autonómico. Un cambio de modelo de financiamento autonómico non sei fai en 5 ou 6 meses. De todos os xeitos, ese posicionamento inicial de non incidir a fondo no cambio do modelo matizouse con posterioridade porque houbo comunidades autónomas gobernadas polo PSOE que fixeron un chamamento a abordar o tema. É certo que o período temporal é curto, mais non debe impedir empezar a falar diso e abrir camiños ante unha cuestión tan importante. [Podes ler a entrevista íntegra no número 304 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_45542", "summary": "A operación xudicial iniciouse por un presunto delito de financiamento irregular na construción do AVE en Barcelona e prevese que remate coa detención de dez persoas entre Madrid e a cidade condal.", "text": "A Garda Civil rexistrou esta segunda feira (5 de maio) a sede central de Adif en Madrid. A operación desenvolvida polo instituto armado responde a unha orde xudicial que procura probas por un suposto delito de malversación de fondos relacionado coa construción dunha estación do AVE en Barcelona. A operación, coñecida como Yogui, sáldase con 10 persoas detidas entre Madrid e Catalunya. Os feitos que están a ser investigados implican a traballadores e responsábeis de Adif mais tamén á empresa estadounidense Corsan que tería cobrado sobreprezos polas obras da estación barcelonesa de Sagrera. A malversación de fondos públicos estaría amparada por un enxeñeiro que certificou prezos moi superiores aos reais, segundo avanzaba El País esta segunda feira. Segundo as mesmas fontes, as persoas implicadas en Adif e Corsan terían actuado en \"connivencia\" para cadraren orzamentos e prezos falsos a cambio dos cales os responsábeis de Adif terían recibido contraprestacións en forma de agasallos. Segundo o diario madrileño, a cantidade de fondos públicos que terían sido empregados de maneira irregular podería ascender a 6 millóns de euros."}
{"ID": "PRAZA_4806", "summary": "Rocío Mosquera defende o \"dereito\" do seu home a unha xefatura de servizo no Hospital de Santiago, ascenso que segundo o TSXG foi outorgado cunha \"clamorosa falta de motivación\".", "text": "Erosionada politicamente pero coa tranquilidade que outorga o aval público do seu xefe, o presidente da Xunta. A conselleira de Sanidade acudiu este mércores ao Parlamento para, forzada pola oposición, abordar a anulación xudicial do ascenso do seu marido a unha xefatura de servizo do Hospital Clínico de Santiago cando ela mesma ostentaba a xerencia do Servizo Galego de Saúde. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coida que o posto lle foi concedido a Manuel Bustamante cunha \"falta de motivación clamorosa\", nun procedemento que máis foi un \"cheque en branco\" ca unha proba selectiva. A oposición en pleno esixe que Mosquera abandone a consellería pero ela esixe \"respecto\" para o seu cónxuxe. \"Só lle queda dicir adeus, porque as explicacións xa as deron os feitos, o seu comportamento e a sentenza do TSXG\", instouna a socialista Carmen Acuña, para quen Mosquera debe asumir a súa \"responsabilidade política\" polo que, di, é un claro caso de \"nepotismo\". \"Resulta intolerable nun país democrático ver o señor presidente da Xunta xustificando o inxustificable\" e, neste contexto, a voceira sanitaria do PSdeG pregúntase se a conselleira é \"consciente da realidade\" e do impacto que este caso está a ter na sanidade pública galega. A oposición esixe a dimisión \"por ética e dignidade\" Pero Mosquera non se moveu da súa posición. Así, na primeira quenda limitouse a ler unha resposta na que, en esencia, explicou a normativa que rexe este tipo de procesos de selección, \"conforme a criterios fixados e dados a coñecer previamente\" nunha \"convocatoria pública\" dun \"proceso transparente ao que se poden presentar os profesionais\". Ademais, \"está claro na normativa que non é unha praza en propiedade, senón que a xefatura de servizo debe ser nomeada e reavaliada cada catro anos\". A conselleira defende o \"dereito\" do seu marido a acceder á praza, que segundo o TSXG estaba dada \"de antemán\" \"Por ética e dignidade, adeus\", insistiu Acuña. \"Nesta sentenza en ningún caso se pon en dúbida que tanto os candidatos como os membros da comisión\" avaliadora \"son profesionais que merecen todo o respecto\" e ese mesmo \"respecto\" é o que esixe \"polos profesinais, tanto para os que se presentaron á praza como para a comisión, cuxa honestidade non debemos poñer en dúbida\". A oposición, causa, \"eríxese en xuíz facendo intepretacións que a sentenza non contén\" e sen ter en conta que é \"claramente inxusto\" que \"un profesional, por estar casado cunha directiva da Administración\", ela mesma, \"non teña dereito a obter unha praza\". A praza perdeuna, segundo o tribunal, no proceso de selección \"a sorte estaba botada de antemán\"."}
{"ID": "NOS_53023", "summary": "O Goberno galego pediu ao Estado ampliar as corentenas a 14 días polas novas cepas do coronavirus, mais négase a tomar a iniciativa. Galiza \"non pode ir por libre\", aseverou ao respecto o conselleiro de Sanidade no Parlamento galego.", "text": "O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o Goberno galego \"leva semanas pedindo\" no seo do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde que o \"protocolo\" de corentenas \"se actualice\" e adapte ás novas variantes do coronavirus. Así o revelou durante a comparecencia que protagonizou no pleno do Parlamento galego esta terza feira, 13 de abril, após a intervención da deputada do BNG Montse Prado, que pediu ao conselleiro, precisamente, adaptar os protocolos ás novas circunstancias do virus. \"Levamos semanas pedindo que se actualice\", asegurou Comesaña na súa intervención, apuntando que a Xunta defende que as corentenas pasen a ser de 14 días, \"conscientes\" de que as novas variantes se propagan durante máis tempo e con diferente intensidade. Porén, restou capacidade de decisión a Galiza, afirmando que \"non pode ir por libre\" nesta materia, botando man de que estas corentenas están condicionadas a outras situacións, como a incapacidade temporal e as baixas laborais vinculadas ás corentenas. \"Afecta cousas que non son galegas exclusivamente\", dixo. A Galiza ten unha prevalencia da cepa británica superior a 90% e hai secuenciados máis de 120 casos, ademais de detectárense xa casos da cepa brasileira e surafricana. A parlamentar nacionalista Montse Prado reclamou unha \"unificación dos protocolos\", sobre todo, pensando nas novas variantes. Así, dixo que o rastrexo segue a ser \"un caos\" e que hai persoas ás que se lles fai probas PCR de saída, outras ás que non, e que a algunhas as chaman varios rastreadores e a outras ningún. \"Modifiquen o protocolo, adáptense á nova situación\", exclamou Prado, sinalando que é necesario \"prepararse\" por se chega unha cuarta onda, tendo en conta que á Galiza sempre \"chegan con máis atraso\". Con todo, mostrou o seu \"desexo\" de que non ocorra, pero insistiu en \"estar preparados\". Estado de alarma Doutra banda, Comesaña tamén se referiu ao escenario posterior ao 9 de maio, cando termine o estado de alarma. \"É a gran pregunta\", dixo, sobre que ocorrerá no Estado, cuxa xestión da pandemia, dixo a deputada do PP Encarna Amigo, foi \"a peor\" de toda Europa. \"Información cero\", dixo o conselleiro sobre as respostas ás súas preguntas no consello interterritorial sobre a previsión da situación legal post estado de alarma, para queixarse, tamén, do anuncio de recurso de inconstitucionalidade por parte do estado contra a nova lei de saúde impulsada por Alberto Núñez Feixoo e aprobada polo Parlamento cos únicos votos do Pp. O titular da Administración sanitaria galega pediu \"ferramentas\" para poder seguir adoptando medidas despois do 9 de maio, mentres que o deputado socialista Julio Torrado preguntou \"se é tan bo o estado de alarma, por que votaron [os populares] en contra\"."}
{"ID": "NOS_948", "summary": "Xoán Carlos Bascuas (Alemaña, 1970) asume en primeira persoa a responsabilidade política polo mal resultado de Compromiso por Galicia o 25S. Entrevistámolo no Sermos219 e na conversa, da que oferecemos un extracto, fala das potencialidades futuras de CxG e tamén de se é desexábel ou non a reunificación do nacionalismo.", "text": "-Na axenda de CxG está ou non está a reunificación do nacionalismo? -Non, non está. Primeiro, falas de reunificación como se algunha vez estivese unificado, estivo xunto, que é algo distinto. Estivo xunto, que non unido. En segundo lugar, en CxG hai moita xente que non ten procedencia doutras forzas políticas nacionalistas. Non se lles pode pedir que volvan a un lugar no que nunca estiveron. -Ou sexa, que non a ves, a reunificación, e talvez tampouco a consideres desexábel... -É que esa é unha cuestión que hai que meditar previamente. Non sería mellor para o país dispor de dúas forzas políticas propias, dúas? Ou sexa, completar o panorama político galego, como noutras latitudes. Hai que traballar na normalización da vida política galega e iso implica que haxa máis dunha forza que asuma o discurso de país. Nese sentido, oxalá CxG poda consolidarse como unha forza política sólida e haxa unha forza que defenda claramente a soberanía nacional, mesmo a independencia, e que haxa outra, como é Compromiso, se queres, menos contundente, máis axustada ao corpo doutrinario do Estatuto de Autonomía actual e o que se poida reformar, e que sexan vasos comunicantes nun proceso eleitoral. Que cando a xente farte de tomar café só poda tomar café con leite, e que cando a xente farte de tomar café con leite poda tomar café só. Pero se só lle ofereces un tipo de café a xente se cadra decide consumir outra cousa. A íntegra da entrevista, unha dupla plana, aparece no Sermos219, xa nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_16434", "summary": "Unha de cada dez novas persoas desempregadas en outubro era galega. O paro incrementouse en todos os sectores agás a construción, e a afiliación á Seguridade Social caeu en 7.553 persoas en dous meses.", "text": "O número de persoas rexistradas no paro aumentou en outubro na Galiza nun 2,37%, porcentaxe que dobra a media estatal, onde a suba foi do 1,2%. O mes pasado houbo anotadas nas oficinas de desemprego na Galiza 4.604 persoas máis que en setembro e sitúa a cifra de persoas rexistradas como paradas en 198.940. No conxunto do estado español outubro despediuse deixando 44.685 parados máis. O 10% deles era galego, un de cada dez, embora en poboación e asalariados non pasemos do 5,9 por cento no conxunto do Estado. Un de cada catro novos parados rexistrados en Galiza en outubro foi no sector da agricultura O paro rexistrado subiu en todos os sectores agás a construción, onde mesmo se reduciu en 40 persoas. Mais iso non se deu no resto de ramas de actividade, nomeadamente en servizos, onde en outubro a cifra de parados rexistrados aumentou en 3.257. Tamén se incrementou o desemprego en industria (263 desempregados máis) e agricultura, con 1.022 novos parados, case un de cada catro novos desempregados rexistrados en outubro. Se facemos a comparación interanual, nestes doce meses o paro baixou no noso país na Galiza nun 10,4%, 23.152 persoas. A porcentaxe mellora a media no estado español, que foi de 9,85% nese mesmo período. A afiliación á Seguridade Social caeu en outubro en 1.335 persoas A afiliación á Seguridade Social descendeu en outubro en 1.335 persoas, ficando en 971.552, delas 733.321 no Réxime xeral, 216.237 en Autónomos e 21.994 no do Mar. Se estendemos o cálculo a dous meses atrás, comprobamos que entre setembro e outubro a SS perdeu na Galiza en 7.553 persoas. Os dados proporcionados polo Ministerio de Emprego sobre contratación confirman a elevada temporalidade da economía. Os contratos temporais son amplamentre maioritarios, mesmo nos meses fóra do 'tirón' turístico e vacacional. En outubro asináronse na Galiza 86.274 contratos, dos que 79.636 foron de carácter temporal."}
{"ID": "NOS_55299", "summary": "A medida chega despois de coñecer a posición da Unión Europea e de que outros Estados membro blindaran as súas fronteiras para evitar a expansión desta nova cepa de coronavirus.", "text": "Despois de moitas horas de debate social e de que outros países tomaran a decisión, o Goberno do Estado español anuncia que acordou de maneira conxunta con Portugal a supresión dos voos de entrada desde Reino Unido desde esta terza feira. Tamén se decidiu incrementar os controis nas fronteiras con Gibraltar, territorio do Reino Unido onde xa se detectaron os primeiros casos desta nova variante da Covid-19 que é máis rápida no contaxio. A medida é unha resposta contra a nova cepa de coronavirus detectada no país, se ben permitirase que cheguen á casa cidadás españolas e residentes no Estado. As limitacións ás viaxes en avión procedentes do Reino Unido chegan após da reunión do comité de crise da Unión Europea, que esta segunda feira analizou os efectos que está a ter a nova cepa. Europa pediu que se \"eviten as viaxes non esenciais\". Mentres que outros países (até 15) xa fecharan as súas fronteiras para impedir a expansión do virus modificado -que, de momento, non implica maior letalidade segundo as e os expertos-, o Executivo de Pedro Sánchez optou por agardar a coñecer a opinión de Bruxelas. Fronte á estratexia da propia Bélxica, Austria, Letonia, Italia, Francia, Dinamarca, Suecia ou Finlandia, entre outros, a vicepresidenta Carmen Calvo aludiu ao carácter \"moi europeísta\" do Goberno na liña da sociedade á que representa. Reacción semellante \"Gústanos moito que os asuntos que afectan toda Europa sexan prudentes e equilibrados, e que o conxunto de Europa reaccione por igual fronte a calquera circunstancia dun país que decidiu abandonar a UE\", incidiu. Nun comunicado, desde Moncloa defenden o tempo de agarda para ter unhas medidas \"coordinadas\" como a tomada conxuntamente polo Estado español e Portugal. Ambos gobernos están en conversas a distintos niveis, tanto das presidencias como de distintos ministerios. Malia a polémica por unha posíbel resposta tardía, Calvo lembrou que aquí xa era \"obrigatorio que todo pasaxeiro procedente de países ou zonas de risco realice unha Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA)\"."}
{"ID": "PRAZA_8397", "summary": "Tende a man para ampliar AGE no borrador das teses políticas da súa próxima asemblea, onde fai unha intensa defensa do dereito de autodeterminación e critica que \"o nacionalismo maioritario\" difundise a \"falsidade\" de que é \"unha forza de obediencia estatal\".", "text": "Esquerda Unida (EU) aposta pola creación dunha \"fronte popular\" en Galicia, dun novo \"suxeito político\" que amplíe a colaboración que supuxo a creación da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e que supoña \"a expresión da pluralidade que conforma a maioría social traballadora deste país\". Así o asegura no borrador do documento político que debaterá na súa 11ª asemblea nacional que se celebrará o vindeiro 27 de abril en Compostela e no que volve, aínda que sen citalo, tender a man ao BNG xusto agora que o Bloque abre as portas á colaboración con forzas nacionalistas como Anova, integradas en AGE, pero deixa claro que non conta nesa estratexia con formacións \"de obediencia estatal\". EU fai unha intensa defensa do dereito de autodeterminación e critica a quen a acusa de ser \"unha forza de obediencia estatal\" Precisamente, as teses políticas de EU fan unha intensa defensa do \"dereito de autodeterminación\" de Galicia nun documento no que dedica até catro folios enteiros a ese dereito \"como parte das ferramentas para un novo modelo político e social no marco dun novo proceso constituínte\" e que diferencia da posición \"edulcorada do dereito a decidir\". Así, Esquerda Unida deféndese de quen a acusa de ser \"unha forza de obediencia estatal en contra do dereito de autodeterminación\" e sinala ao \"oportunismo do nacionalismo maioritario\" como difusor \"de xeito intencionado desta idea\". \"É unha falsidade que agora recuperan coa mesma virulencia pero con distinto predicamento\", sinala o borrador, que di que para a súa \"desgracia\", a \"escasa presenza mediática e implantación social de EU en Galicia impediu a formulación desta política e do seu coñecemento na sociedade, dando predio\" a este \"oportunismo\". \"EU ten demostrado nestes anos que é unha forza con plena autonomía nas decisións políticas concernentes a Galicia, a propia concreción de AGE é un exemplo palpable\", insiste Esquerda Unida, que ve precisamente nesa coalición electoral xunto a Anova, Equo e os ecosocialistas \"unha obra aberta e en construción\" que \"evidenciou as feridas do bipartidismo\", un bipartidismo que insiste en censurar para volver insistir na necesidade de sumar máis forzas de esquerdas -excluíndo o PSOE- ao proxecto, en clara alusión ao BNG. Esquerda Unida reclama \"unha revolución interna na súa praxe\" para \"poñela á altura da estratexia\" de futuras alianzas políticas Para logralo, non dubida en facer autocrítica e advirte de que EU \"ten que xerar unha sorte de revolución interna na súa praxe para poñela á altural desta estratexia\", tras sinalar que \"as fronteiras de onte, as tradicións emancipatorias de cada un ou as traxectorias propias poden máis se suman e traballan en común\". Ademais, reclama tamén na propia Esquerda Unida \"un exercicio de veracidade, celeridade e xenerosidade\" co obxectivo de lograr esa \"alianza social e política de xenealoxía frentepopulista\" baseado \"nun programa de transformación social afincado nos valores e contidos da esquerda\". \"Soubemos ler que por separado non temos a forza e o coñecemento suficientes para derrotar o leviatán capitalista. Namentras que xuntos podemos erguer unha alternativa de poder para que o traverso da singladura aventurada dun novo proceso constituínte acade o apoio e participación de crecentes segmentos da clase traballadora\", insiste EU, que cre que AGE \"semella poder ser o xermolo dese suxeito antagonista, plural e transformador\". \"AGE semella ser o xermolo deste suxeito político antagonista, plural e integrador\" \"AGE é unha obra aberta, en construción, a esperanza da xente traballadora deste país para pór en valor un traballo partillado a prol da maioría social traballadora\", engade EU, que cre que este reto unitario que propón \"demanda renunciar ao sectarismo e á tentación patrimonializadora para darlle máis forza á radicalidade política e cultural\" da que din ser \"entre outros portadores\". \"Somos máis fortes cando nos unimos\", alerta o documento, que reivindica \"o recoñecemento da necrsidade de sumar forzas a unha tarefa titánica\". Sendo aínda máis claro, o borrador entende que \"o innegable valor do traballo desenvolvido por EU\" pode \"achar un ámbio complementario e superior a partires do acordo político electoral do que naceu AGE\"."}
{"ID": "NOS_26580", "summary": "O 1 de agosto de 1905, nace en Vilouriz (Toques) Ramón Rodríguez Varela, fillo de labregos sen terras que, desde 1916, foron caseiros na Torre de Pambre (Palas de Rei). No 1920, a familia trasládase á aldea de \"Curuxás\" e de aí o alcume que o acompañará toda a súa vida. En 1928, Ramón casa en Vilareda con Marcelina Costa Castro. Home habilidoso traballa no que lle aparece, de albanel, como xornaleiro, de encofrador. Naquel tempo, vai co seu amigo Arturo Vázquez até A Sionlla para traballar na vía férrea Zamora-Ourense-Santiago e despois marcha a Asturias a traballar no encoro de Doiras (Boal). Ao cabo, en 1934, Ramón consigue emprego nas San Fins Tin Mines Limited, que comercializa wolframio, estaño e molibdeno na súa mina de Lousame.", "text": "Daquela, afiliase ao \"Sindicato Minero y de Oficios Varios\" (CNT). O historiador noiés Xerardo Agrafoxo, salienta que San Fins converterase no principal punto conflitivo de toda a bisbarra. Alí, Varela (así era coñecido na mina) foi mineiro de maza e como tal o colleu o golpe militar de 1936. Tras o cese da resistencia armada dos mineiros, primeiro en Santiago e despois na Coruña e logo da evasión por mar das autoridades locais e dalgúns carabineiros e militantes de esquerda, o 28 de xullo, falanxistas de Lousame e Noia acompañados por varios gardas civís presentáronse coa idea de prender a Varela nas instalacións da mina, sen conseguilo pola fuga apresurada do cenetista. Á vista do comportamento das novas autoridades, os perseguidos da zona non tiveron outra opción para salvar a vida que esconderse das patrullas da Falanxe que axiña se dedicaron a asasinar e torturar a moitos republicanos. Na medida en que a represión se intensificou, os montes lousamáns do Iroite e Fontefría e o Costoira, Siroña e sobre todo a Muralla, enchéronse de fuxidos. Os fuxidos non tardaron en organizarse no monte, uníndose ao grupo de Varela, Abdón Telésforo Vázquez, o presidente do sindicato da CNT de San Fins , Hilario Arroyo \"O Moreno\", Celestino Horta, Avelino Méndez \"O Asturiano\" e o portugués José Diaz A guerrilla antes da guerrilla Aos poucos, aos perseguidos non lles quedou outra que se organizar no monte. Ao grupo de Varela uníronse Abdón Telésforo Vázquez, o presidente burgalés do sindicato, Hilario Arroyo coñecido como \"O Moreno\", Celestino Horta, Avelino Méndez \"O Asturiano\" e o portugués José Diaz. O 14 de abril de 1937, cabodano da proclamación da República, a dirección da mina fixou esa xornada como día de cobro. O caixeiro-contador Pedro Martín declarou no Xulgado de Instrución de Noia que: \"na tarde de hoxe, serían as dúas e media, achábase sentado diante da ventá repartindo aos obreiros as notas de liquidación dos xornais para pagarlles….Tamén se achaba na oficina o garda Antonio Real cando, de súpeto, abriron a porta dando as boas tardes…e viu un antigo mineiro chamado Ramón Rodríguez Varela, o cal anda fuxido desde o Movemento Nacional por ser un elemento destacado da CNT. Varela, que empuñaba na man dereita unha pistola do calibre do nove, obrigounos a poñer as mans en alto e encarándose co declarante ordenoulle que abrise a caixa…Entón díxolle a Antonio Real que sacase o diñeiro e o fose colocando enriba dunha mesa e unha vez realizada tal operación, foi gardando nos petos os billetes e a prata extraídos da caixa….A continuación desapareceu monte arriba......feito o arqueo provisional da caixa cre que Varela levou 6899,85 pesetas\". Varela logo de repartir os cartos do atraco entre a xente do monte, acompañado por Abdón, Moreno, Avelino e José Díaz diríxese cara a Asturias coa intención de alistarse no exército republicano. Como os camiños cara a Asturias estaban fortemente vixiados deberon renunciar ao proxecto e regresan, Varela a San Xiao do Camiño (Palas de Rei) á casa da súa familia e o resto dos seus compañeiros a Lousame e Noia. Unha vez alí, o 27 de marzo de 1938 e antes de que nacera o día, a casa de \"Curuxás\" foi rodeada cun dobre cerco por un continxente de gardas civís dos postos de Melide, Palas de Rei, Taboada, Monterroso, Guntín e Antas de Ulla, cerco do que o guerrilleiro foi quen de fuxir disparando o seu Winchester, logo de saíren da casa os fillos e a muller. A morte do cabo da Garda Civil de Palas de Rei María Castro, a nai de Marcelina, levaba unha tempada enferma. O día 26 de xullo de 1941 púxose a morte. Mentres Marcelina coidaba da nai, \"Curuxás\" quedou na súa casa. Ao día seguinte era Santa Margarida e, como todos os derradeiros domingos de mes, feira grande en Melide. Pola Santa Margarida celebrábase no Carballal unha romaría á que a xente acudía para ir á misa e xantar de campo. O asalto da reitoral de Meire (Melide), en outubro de 1945, foi unha das accións máis sonadas da guerrilla na bisbarra, que rematou coa morte do cura da parroquia O cabo interino, comandante de posto da garda civil de Palas de Rei, se acaso coñecedor do estado de saúde da sogra de \"Curuxás\" desprazouse acompañado de catro números a San Xiao do Camiño, convencido de que era un bo día para que aquel estivese na casa, de xeito que mais unha vez cercaron o domicilio. E tamén outra volta, agora tras botar unha granada de man, fuxiu \"Curuxás\" entre os gardas disparando unha arma curta. No episodio resultou morto o devandito cabo da garda civil Jesús Da Cal Val. Cando a primeiros de 1943 remata a batalla de Stalingrado coa derrota dos nazis, moita xente pensou que a IIª Guerra Mundial estaba gañada pola URSS, algo que axudou a erguer a moral dos resistentes e provocou que a dirección da guerrilla dera instrucións para intensificar a loita no monte, neste caso por parte dos comandos que operaban na Terra de Melide e na Ulloa . Unha das accións máis sonadas da guerrilla na bisbarra, foi a morte do cura de Meire (Melide) o 12 de outubro de 1945. Ese día, varios guerrilleiros asaltaron a reitoral e mataron ao crego por un magro botín de mil pesetas. Antes, abordaran dous veciños que ían a Leboreiro (Melide) e, tras rexistralos, devolvéronlles as carteiras por ser pobres. Rafael Arango -xefe de liña da Garda Civil de Melide e instrutor do atestado- fixo constar que \"os acenos do xefe da banda coinciden en grande parte cos de Ramón Rodríguez Varela alias \"Curuxás\", fillo de Juan e Manuela, casado, mineiro, natural de Toques\". Estaba atinado o brigada da garda civil na identificación do guerrilleiro, que as testemuñas presenciais describían como \"de estatura regular, cara ancha, pelo negro, afeitado, algo máis vello que os demais, levando boina negra, arma longa de dous canóns, un encima doutro\". Era en efecto \"Curuxás\", pero trabucábase o xefe de liña ao sinalalo como xefe da banda: o comandante da partida era Marcelino Rodríguez Fernández, \"Marrofer\" e como tal, sería autor do único disparo que acabou coa vida do cura. Outro participante na operación foi Benedicto Fuentes Díaz, nativo de Covas (Viveiro), cuxo cadáver sería identificado en febreiro de 1946 como compoñente da partida guerrilleira. O ano 1946 foi malo para a guerrilla do Alto Ulla. O 1 de febreiro, máis de noite que de día, Benedicto, Francisco Gómez \"Trotsky\", Domingo Villar \"de Cancela\", Jesús Iglesias Escourido \"Tizón\", Leonardo Lopez \"Trancas\", Evaristo Candela, Antonio Molíns \"Noy\" e José Temblas, todos membros da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, camiñando desde Barreiro (Monterroso) e divididos en dous grupos estaban a chegar á aldea da Ulloa, xa no concello de Palas de Rei. Como mandaban as normas guerrilleiras, Benedicto na súa condición de xefe da partida encabezaba o grupo que abría a marcha. No lugar de Vilauxa foron sorprendidos pola garda civil de Palas, morrendo no tiroteo o párroco de Cubrían (Palas de Rei) e un guerrilleiro, que resultou ser Benedicto Fuentes, ao que se lle atopou un nomeamento de tenente expedido pola Federación Nacional de Guerrillas. Continuando co malfadado 1946, o 18 de febreiro a policía detivo en Lugo a Enriqueta Otero, destacada militante do PCE. O 24 de xuño e nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreo (Aranga) morre \"Marrofer\". E o 12-13 de Nadal, ten lugar a saída en barco cara a Francia de \"Trostki\", Domingo de Cancela, Vicente Lage, Evaristo Candela, Antonio Molíns, Amador Barcía, Antonio Paleo Saavedra \"Toñito de Maxina\" e algún guerrilleiro máis. Logo destes sucesos, \"Curuxás\" queda practicamente illado e comeza a segunda etapa de fuxido. A morte de Curuxás O 14 de maio de 1967, \"Curuxás\" botou o día no Freixeiro (Palas de Rei), pintando as fiestras da única casa do lugar. Contra a cerrada da noite, chegou ao domicilio que o matrimonio formado por Ramiro Mosquera \"Zarato\" e Manuela Pardo tiñan en Irago de Abaixo (Toques), onde levaba vivindo varios meses. En canto entrou na cociña, pediulle a Manuela unha cunca de leite dereito da vaca, porque non se atopaba ben. Sentado na lareira, bebeu o leite e anuncioulle ao matrimonio que subía para o cuarto a se deitar. Sentado na cama tentou desatar os zapatóns, pero o ataque de tose producido por unha hemoptise, que lle causou a morte, non llo permitiu. Ramiro, deulle chorando a novidade a todos os veciños da aldea, agás os dunha casa cos que non tiña confianza: ¨morreume o xastre…morreume o xastre¨. Reunidos ante o cadáver, os veciños de máis confianza decidiron avisar a outros amigos e colaboradores de \"Curuxás\" para ver que solución lle daban a tan comprometida situación. Os veciños mercaron a escote o cadaleito e deron sepultura a Ramón Rodríguez Varela no adro de Vilamor, o 16 de Maio de 1967 A Primitivo Fernández Valle fóronlle petar á porta da súa vivenda na rúa Principal de Melide xa ben entrada a noite, poñéndoo ao corrente da situación. A primeira cousa que fixo Primitivo foi encamiñarse á casa de Alberto de la Fuente Rodríguez, o médico que atendía a \"Curuxás\"), a quen non sorprendeu a noticia pois sabía das lesións que a silicose causara nos pulmóns do ex mineiro, e aconsellou Primitivo que non seguisen as instrucións que \"Curuxás\" dera de se producir a súa morte na casa de algún amigo, que non eran outras de que o enterrasen sen lle dicir nada a ninguén, argumentándolle o médico que iso podería traer consecuencias negativas para os veciños andado o tempo, cando, por calquera circunstancia puidesen aparecer algúns restos que obrigasen ás autoridades a promover unha investigación, propoñéndolle que abandonasen o cadáver nunha toxeira ou nunha carballeira. Chegado Primitivo a Irago de Abaixo coas instrucións do médico de la Fuente, decidiron trasladar o cadáver tras os montes do Careón, serra que fixa o límite entre A Coruña e Lugo, coa intención de que fosen as autoridades desta última provincia as que se fixesen cargo das dilixencias e investigacións do caso. Para levar o cadáver tentaron cargalo na burra de Ramiro, pero o animal non podía cos preto de 120 quilogramos que pesaba o defunto, polo que deberon transportalo eles mesmos. Colocaron a Curuxás sobre unha escada e entre varios homes, intercambiándose cando facía falta, foron corredoira arriba cara ao Careón. Aquela primavera chovera a cachón, polo que o regato de Vilamor (Toques) ía rebordado e as corredoiras estaban cheas de lama, circunstancias que dificultaron moito o transporte do cadáver, que realizaron de noite e sen poder utilizar ningún medio de iluminación. Mollados, enterrándose na lama ao andar, cando chegaron a Silverde, lugar que pertence a Vilamor (Toques), na mesma parroquia que Irago de Abaixo, decidiron deixar a \"Curuxás\" ao pé do camiño. Ao día seguinte, 15 de maio, contra as 3 da tarde o sarxento da garda civil Tomás Parra, comandante do posto de Melide e o número Jesús García dispúñanse a saír de servizo cando se presentou no cuartel Jesús García Salgado, o \"Manco de Sierra\", que denunciou a existencia dun cadáver descoñecido preto de Vilamor. Cando a Garda Civil chegou a Silverde, o morto estaba rodeado por un bo número de veciños, que aínda que a maioría deles sabían ben quen era o finado, manifestaron non coñecelo. Informada a xefatura de liña de Arzúa, sen moito tardar desprazáronse a Silverde o xuíz, o forense Alberte de la Fuente, máis gardas civís e policías chegados de Compostela. Examinado con máis detalle o defunto, puido verse no peto do lado dereito do pantalón a pistola Astra cun cargador completo e unha bala na recámara. Era noite pecha e o defunto que xa fora identificado por alguén que se atreveu dicir que era \"Curuxás\", foi trasladado ao curro da casa de Ángel Vázquez García en Vilamor. Alí, foi identificado pola súa muller, Marcelina Costa e visitado por centos de amigos e curiosos tras se coñecer a nova por toda a bisbarra. José Meijome, párroco de Vilamor, falara con Marcelina antes de que esta entrase a recoñecer o cadáver, aconsellándolle que non se fixese cargo do defunto e prometéndolle que el e a parroquia de Vilamor se encargarían de lle facer un enterro como \"o da xente¨. O cura cumpriu e, a escote, os veciños mercaron o cadaleito e deron sepultura a Ramón Rodríguez Varela no adro de Vilamor, o 16 de Maio de 1967. Dende aquela, \"Curuxás\" pasou a se converter en lenda viva da memoria combatente antifranquista."}
{"ID": "NOS_20717", "summary": "\"É imposíbel vivir cun mínimo de dignidade cos ingresos que xera un contrato de dúas horas por xornada, son moi inferiores ao salario mínimo interprofesional e incluso á Risga\", lamentan, nun escrito dirixido á Valedora do Pobo.", "text": "Un grupo de traballadoras e traballadores da Administración pública pertencentes á categoría de técnicos auxiliares de enfermaría (TCAE) vén de remitir un escrito á Valedora do Pobo para reivindicar os seus \"dereitos\" sobre as listas de contratación. Estas persoas, que forman parte das listas de contratación para a cobertura temporal de postos nos centros dependentes da Consellaría de Política Social, denuncian que o sistema é \"inxusto\", está \"desfasado\" e incorre en \"irregularidades\". \"Estanse a utilizar contratos de fin de semana, de media xornada ou de calquera contrato inferior a xornada completa e, de ser requiridos por citación electrónica ou por teléfono para cubrir estas vacantes, estamos obrigadas e obrigados a aceptalos, pois, de non facelo, aplícasenos unha penalización brutal: suspensión de seis meses sen ningunha oferta de traballo neste sistema de listas\", censuran. Tamén se aplica ese \"castigo\" de seis meses \"se se rexeita o contrato que ofertan por estar traballando noutro centro privado ou público, como o Sergas\", e mesmo \"por non poder aceptar o contrato estando cunha incapacidade temporal ou enfermos, xa que o xustificante médico non lles vale\", lamentan. Sobre as condicións dos contratos, sinalan: \"É imposíbel vivir cun mínimo de dignidade cos ingresos que xera un contrato de dúas horas por xornada, unhas 3,5 horas cada xornada durante dous días á semana... Son ingresos moi inferiores ao salario mínimo interprofesional e incluso á Risga, como é o caso dun contrato de dúas horas ao día\". No caso de se ofertaren estes contratos, as e os traballadores piden que a súa aceptación sexa \"libre e voluntaria\", con base nas \"circunstancias e necesidades persoais de cadaquén\". A resposta da Consellaría ás súas reclamacións, aseguran, \"no canto de mellorar as condicións laborais e humanas ameazan con contratar persoal non cualificado, menos preparado e máis barato, como anunciaron estes días baixo o pretexto da escaseza de traballadores nas listas\". Moitas destas persoas, afirman, \"están en suspensión voluntaria de chamamento a causa dos contratos lixo ofertados, e outras penalizadas por rexeitaren estes contratos de até dúas horas por xornada\". \"É un clamor entre nós a sospeita de que, presuntamente, en moitos centros existe un sistema ilegal de listas paralelas de contratación a cargo dos xefes e xefas de persoal nas que se favorece certas traballadoras e traballadores\", engaden."}
{"ID": "NOS_42872", "summary": "O candidato do PSdeG di que \"o cambio terá que esperar 4 anos máis\".", "text": "Gonzalo Caballero principiou a súa intervención na noite electoral referíndose ás \"circunstancias excepcionais\" en que decorreron estes comicios, marcados pola pandemia do coronavirus. O candidato socialista á presidencia da Xunta defendeu a campaña \"digna\" e \"responsábel\" do PSdeG e apuntou a que os socialistas incluso melloraron os seus resultados a respecto de 2016, ao pasar de 17% a 19%. Porén, recoñeceu Caballero, os resultados son \"insatisfactorios\", non só polo feito de que o PP recunca no Goberno galego senón porque \"o roteiro de cambio alternativo liderado polo PSdeG non se produce neste 2020\". \"Non son os resultados que esperabamos mais o meu sentido de responsabilidade lévame a seguir liderando o PSdeG-PSOE\", dixo, ao tempo que anunciaba que \"desde a oposición\" ían centrarse en \"defender os galegos e galegas\"."}
{"ID": "NOS_11429", "summary": "A Autoridade Portuaria alega que no seo do seu consello de administración a representación do concello nunca reclamou \"ser titular de algunha parcela\". Por súa parte, Xulio Ferreiro aposta no diálogo, mais advirte: \"Se chegamos aos tribunais poremos en valor a finca municipal\".", "text": "O porto da Coruña nega que o concello sexa titular dunha parcela de 380 metros cadrados no complexo de A Solana, como, porén, certificaría un asento no rexisto da propiedade da cidade. O que alega a Autoridade Portuaria é que o Plano de Utilización de Espazos Portuarios de 28 de decembro de 1999 desafectou do dominio público portuario a totalidade dos terrenos correspondentes ás instalacións do Hotel Finisterre e a Solana, que pasarían a facer parte dos bens patrimoniais do porto, nunha operación que tería sido informada favorabelmente polo concello da Coruña, naquel momento en maos de Francisco Vázquez (PSdeG-PSOE). Argüe tamén o porto que o concello da Coruña nunca reclamou ser titular de ningunha parcela nen nas reunións do consello de administración da Autoridade Portuaria nen en ningunha das \"reunións e conversas mantidas sobre este asunto\". Isto xa afectaría directamente a atual equipa de goberno, dirixida por Xulio Ferreiro (Marea Atlántica). Non hai dúbida xurídica de que a titularidade dunha das parcelas do complexo deportivo de A Solana pertence ao concello da Coruña Afirma a Autoridade Portuaria que \"se descoñece o título habilitante para proceder á inscrición desa parcela, en caso de que se procedese á súa inscrición\". No entanto, o asento no rexisto existe e non hai dúbida xurídica de que a titularidade dunha das parcelas do complexo deportivo de A Solana pertence ao concello da Coruña. Sermos está en posesión das certificacións rexistais que así o demostran. E que di o concello? A postura oficial é apostar na vía do diálogo e non o limitar ao complexo A Solana-Hotel Finisterre, senón incluír tamén nas conversas o futuro dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, que a Autoridade Portuaria tenciona pór a poxa neste ano (no plano de empresa, o porto estima un ingreso polas vendas destes terrenos na contorna dos 24 millóns de euros). O concello só faría valer o argumento de ser titular dunha das parcelas no caso de finalmente non chegar a un acordo. \"Se chegamos aos tribunais poremos en valor a finca municipal\", declarou Xulio Ferreiro. A Autoridade Portuaria ten un preacordo de venda das instalacións da Solana e o Hotel Finisterre ao seu actual concesionario, Inmobiliaria Río Mero, por un importe de 10 millóns de euros. O concello oferece 1,4 millóns por A Solana, o valor de taxación, e alega que en primeira instancia a Autoridade Portuaria dera luz verde á súa proposta. Por súa parte, a Comisión Aberta en Defensa do Común pede que os terrenos sexan devoltos á cidade de forma gratuíta por seren bens comúns no seu momento espoliados pola ditadura."}
{"ID": "NOS_42822", "summary": "A terceira edición do premio de literatura fantástica que leva o nome de Antón Risco vén de distinguir Os mouros do Pico Sacro, de Luís Rodríguez Rivera (Mos, 1971). O galardón, convocado pola Fundación Vicente Risco e a editora especializada en ciencia ficcón e fantasía Urco, fallouse o pasado sábado en Allariz.", "text": "Fixeron parte do xurado o crítico e editor César Lorenzo Gil, a xornalista Llerena Perozo Porteiro, o escritor Lois Pérez Diéguez e a novelista portuguesa Fausta Cardoso Pereira, vencedora da pasada edición coa obra Dormir com Lisboa (2017). O ano anterior fora Antonio Manuel Fraga con Querido H.P. Lovecraft (2016) quen se fixera coa distinción. Antes de Os mouros do Pico Sacro, que será o seu primeiro libro en galego, Rodríguez Rivera publicou varios traballos en castelán, como Memorias do Home Voitre (2005) ou O incerto (2014). O xurado do terceiro premio Antón Risco tamén recomendou a edición da obra presentada a concurso baixo o título Sopas New Campbell."}
{"ID": "NOS_24553", "summary": "Poetas, teatreiras e músicos invadirán as rúas e tabernas de Allariz na fin de semana que vai do 11 ao 13 de outubro. É a sexta edición do Poemagosto. Festival Internacional de Poesía, organizado pola Fundación Vicente Risco e mais o concello da localidade.", "text": "O intenso programa de actos comeza a sexta feira 11 de outubro. Nesa primeira xornada todo sucederá no Café Bar Farruco. E todo será ás sete do serán unha lectura das poetas Rosa Silverio, dominicana, e Raúl de Tapia, español de Salamanca. A seguir, Duende Circo ofrecerá o seu Pallaso Total, espectáculo de malabares, clown, humor, maxia e música. Xa na noite, ás once e media, a festa de inauguración: o poeta lugués Lois Pérez, autor do popular libro Long Play (2017), e mais La Sincereza Pinchacumbias. O sábado, 12 de outubro, será o día principal do Poemagosto. Das once e media da mañá ás doce da noite, sucederanse actividades de todo tipo no patio do Museo do Coiro. Todas de balde, agás o concerto de Habelas Hainas das dez e media (cinco euros a entrada, 10 con camisola). Un roteiro poético botánico conducido por De Tapia polo Festival Internacional de Xardíns abre a xornada. Uvastruces e Larenxetas, de Lidia Nokonoko, diríxese ás máis pequenas e pequenos. Será ás doce. Unha hora despois, Proxecto Batefogo presenta Árbores que non arden, \"libro colectivo sobre a prevención de incendios e a xestión do monte e do territorio\". Ás unha e media, poesía trinacional: o portugués Rui Spranger, a catalá Dolors Miquel, e a galega María Lado. Logo do xantar, ás cinco, Antonio Fernández Seoane moderará unha mesa sobre poesía e filosofía en que participarán os profesores Claudio Rodríguez Fer e Mercedes Gómez Blesa. Unha sesión de micro aberto dará paso á performance Traficante de Palavras, da caboverdiana Vera Curz. As pandeireteiras Xúa precederán o gran recital das sete da tarde: Lucía Aldao, Lois Pérez, Mercedes Gómez Blesa, Rui Spranger, María Lado, Vera Cruz, Rosa Silverio, Raúl de Tapia, Montserrat Villar e Dolors Miquel. Despois de Habelas Hainas, Brigada Sound e Sapoconcho Sem Poncho porán o ramo ao sábado. O domingo 13 de outubro será o último deste VI Poemagosto. Será unha xornada unicamente matutina entre as prazas de Arriba e de Abaixo que comezará ás once e media da mañá co Concurso de Poesía Recitada, seguirá cunha contada de Uxía Morán para audiencia infantil, logo un recital de Montserrat Villar e María Lado e rematará cun concerto de pop indie a cargo de Atrás Tigre, xa á unha e media."}
{"ID": "NOS_36259", "summary": "Neste número lembramos os 80 anos da aprobación en referendo do primeiro estatuto, analizamos a recta final da campaña electoral, entrevistamos Antón Lopo co gallo do nacemento de 'Chan de Pólvora', viaxamos polos oficios tradicionais que perviven no país... Todo isto e máis, xa na nosa loxa.", "text": "Contra as sospeitas de pucheirazo, o 28 de xuño de 1936 a maioría da sociedade galega votou a prol do Estatuto de Autonomía que elaborara unha comisión da Asemblea de Municipios no verán de 1932. A vindeira terza feira fanse 80 anos daquel fito da historia de Galiza. Falamos do que supuxo ese paso para o noso páis en 'Necesidade de ser, vontade de existir'. Sen 'A volta ás orixes' achegámonos á artesanía como un elemento chave na recuperación do rural galego. Falamos con alfareiros, artesáns musicais ou ferreiros sobre uns oficios que non poden valorarse só desde a perspectica estritamente económica. Neste número falamos dunha das denominacións de orixe máis influíntes a nivel estatal, a DO Rías Baixas. Foi e é froito do traballo incansábel dun sector, adegueiros e viticultores, que desde un principio apostaron neste enclave galego e as súas variedades autóctonas, en especial a albariño. A campaña 'A campaña dos platós televisivos madrileños'. Se nunha campaña gaña quen marca o temario ou o guión da carreira poderiamos dicer sen temor a equivocarnos que o PP vai en cabeza. A campaña está a ser como lle apetecía que fose a Arriola, o gurú dos populares: fría, átona, con pouco ambiente. Unha campaña televisiva madrileña. O BNG combate iso desde a rúa. En 'O labirinto venezolano da OEA' Roberto Mansilla explica como a Organización de Estados Americanos volve estar sacudida polo cambio de correlación no continente. A invocación da Carta Democrática da OEA por parte do seu secretario xeral, Luis Almagro, e que podería resultar no extremo de expulsar a Venezuela, provocou o retorno das tensións no seo da organización. Entrevistamos Daniel Coira, responsábel de Relacións Internacionais do Partido Comunista do Uruguai (PCU). \"Ningún uruguaio debe vivir peor, ningún uruguaio debe perder o que a esquerda conquistou e imos a por máis. Ante a crise a saída é cara a adiante, non cara a atrás\" . En 90 países hai millóns de nenos e nenas condenadas a unha vida de adultas, privadas do seu dereito ao ensino e forzadas a traballar en condicións de explotación, cando non de escravitude. A ONU mantén para o ano 2025 o obxectivo de erradicar o traballo infantil. Porén, atinxilo exixe dun maior esforzo por parte dos gobernos. 'Traballo infantil no mundo, a escravitude non abolida'. 'Galiza perante os lobbies'. Móvense como peixe na auga entre os resortes do poder, teñen acceso privilexiado aos centros de decisión política, dispoñen de persoal preparado, así como de fondos inxentes, e teñen gran capacidade de influencia. Son unha presenza sen a que non se pode entender a política estadounidense e son determinantes nos corredores e despachos de Bruxelas. Existen tamén na Galiza? Habelos, hainos. En Análise imos á 'Demografía empresarial'. Chan de Pólvora Esta semana naceu unha nova editorial, Chan da Pólvora, unha nave literaria con Antón Lopo nos mandos e unha base no planeta Terra: unha libraría irmán -e homónima- que abriu o día 22 na compostelá Rúa de San Pedro. Toda unha aposta asinada por catro poetas e un deseñador: o propio Lopo, Gonzalo Hermo, Alicia Fernández, Eduard Velasco e Manolo Martínez. \"A poesía é o xénero fundacional da literatura galega\". En 'Poétic@, na corda frouxa' Fran Alonso explícanos como creou a súa aposta de literatura electrónica. \"Pregúntome como tería sido a recepción do libro se o publicase só en papel\". Co colectivo Xea coñecemos a Ponte Ledesma e as Insuas de Gres, o escenario da batalla que significou a vitoria da Xunta de Trasdeza sobre as tropas napoleónicas. Actualmente, un lugar onde se realiza unha romaría emblemática na que se pode degustar do mellor polbo do país. Felipe Senén cóntanos dun novo invento arredor da Cidade da Cultura, \"apelidado coa mesma desgana creativa como Bosque de Galicia. A cultura e a creatividade asoman por ningures nestes altares de Compostela. Non sei que diría ao respecto Fernández Flórez, creador de El bosque animado, e xa non digamos o esquecido arqueólogo compostelán, don Xesús Carballo, autor de Fida la hija del último druída Galaico, novela histórica sobre a orixe de Compostela\". E non faltan as colaboracións de Pilar García Negro, Pepe Barro ou Xavier Queipo, así como as críticas de Mario Regueira e Andrés Castro. Na contra-capa, os festivais que veñen e na selfie.entrevista, Miguel Bastos, profesor de Ciencias Políticas na USC. Este número 201 do Sermos Galiza xa está dispoñíbel na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_34260", "summary": "Publícase no BOE de hoxe, cuarta feira.", "text": "O Goberno español eliminou as franxas horarias para a saída de menores de 14 anos á rúa e para a práctica do deporte para aqueles territorios que teñen avanzado a fase 2 do proceso de desconfinamento, como é o caso da Galiza. Así o recolle unha orde publicada esta mesma cuarta feira no Boletín Oficial do Estado (BOE), que ten efectos inmediatos, e que permitirá saír á rúa para as citadas actividades fóra dos horarios que o Executivo estatal estableceu o pasado 25 de abril. Para a práctica de deporte individual e paseos, estaban reservadas dúas franxas horarias: de 6.00 a 10.00 e de 20.00 a 23.00. Doutra banda, as saídas de menores de 14 anos quedaban restrinxidas á franxa de 12.00 a 19.00 horas. Así mesmo, na orde recollida no BOE tamén se eliminan as limitacións no número de veces que se poden realizar estas actividades diariamente."}
{"ID": "NOS_9421", "summary": "A CIG-Ensino esixe máscaras FFP2 para o persoal que presenta condicións vulnerábeis de saúde ou que ten contacto máis directo co alumnado desprotexido.", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, vén de pedir un acordo ao Goberno do Estado para impor o uso de máscaras FFP2 \"en determinados contextos\", o que a CIG-Ensino considera que é \"un escándalo de proporcións enormes xa que el mesmo podería comezar por dar exemplo e facilitarllas a boa parte das traballadoras e traballadores da Xunta\". O sindicato denuncia que Feixoo ten \"plenas competencias para decretar, entre o persoal que presenta condicións vulnerábeis de saúde propia ou que ten un contacto máis directo co alumnado desprotexido, o uso destas máscaras\". Ademais, consideran que a Xunta non pode \"escatimar en material de protección efectivo para o seu persoal\" e alude a outros territorios nos que se decretou o uso de máscaras FFP2 durante os primeiros días da volta ás aulas tras o Nadal. Por outra banda, a CIG-Ensino explica que ten \"constancia de que hai direccións, segundo indicacións da Inspección, que están a pór trabas para que o profesorado que ten crianzas confinadas por ser contacto estreito de persoas positivas poidan exercer o seu deber de garda legal\". O secretario nacional do sindicato, Suso Bermello, recalca que \"nunca se debería obrigar unha traballadora ou traballador, do sector que sexa, a acudir igualmente ao seu posto de traballo antes de que se descarte calquera posibilidade de contaxio e é preciso garantir o seu deber e o seu dereito de custodia de fillos e fillas e familiares ao cargo\". Bermello lembra que \"existe unha fórmula, que se empregou ao longo do primeiro trimestre, que era a declaración xurada que eximía de acudir ao posto de traballo mentres a persoa a cargo non finalizase a corentena preventiva ou mentres tivese resultado negativo de PCR. Nestes momentos é preciso que a Administración garanta ao máximo posíbel permanecer nos domicilios ante a mínima sospeita de contaxio e facilite o deber de custodia legal familiar\". Bermello amosou a súa contrariedade coas instrucións que están a dar desde as inspeccións de cara á posibilidade ou non de exercer a docencia telemática para o profesorado de Conservatorios, Escolas de Idiomas e Escolas de Artes e Deseño e centros de ensinanzas deportivas, despois de que Dirección Xeral asegurase de que se ía dar flexibilidade."}
{"ID": "NOS_5076", "summary": "Profesionais desbordados, protocolos confusos, recortes de persoal e sobre todo unha pésima planificación que leva a facultativas e facultativos a ter que medicarse para soportar as xornadas laborais, estas son as principais críticas de organizacións do sector ao servizo de Atención Primaria, alertando do colapso constante que padece.", "text": "A Atención Primaria na sanidade pública galega está ao bordo de entrar nunha situación de crise irreversíbel, denuncian múltiples entidades do ámbito sanitario, que constatan a implosión do sistema coincidindo co final das festas. A pinga que rebordou o vaso foi a decisión anunciada a terza feira do Servizo Galego de Saúde de clausurar case toda a actividade en 14 centros de saúde da área sanitaria de Vigo, agás a atención de urxencias e da Covid-19, cando menos até o 10 de xaneiro, para tratar de \"aguantar\" o aumento de casos de coronavirus. Non obstante, desde a Asociación galega para a defensa da sanidade pública cualifican a medida de \"represalia\", e acusan o Goberno que preside Alberto Núñez Feixoo de restrinxir a atención perante \"as protestas para salvar a Atención Primaria\". A organización exixe anular esta restrición que dá un paso máis no \"estrangulamento\" do servizo sanitario, e que \"curiosamente\" afecta a concellos cun alto número de mobilizacións para protestar polo estado da sanidade, como O Rosal, A Guarda, Oia, Cangas, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Tomiño ou Vigo. A situación actual é \"un perigo para a saúde de moitas persoas enfermas e incrementará aínda máis unhas listas de espera absolutamente inaceptábeis\", sosteñen. \"Estrepitoso fracaso\" de Sanidade Tamén se pronunciou nese sentido a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos na Galiza (CESM), que reclamou esta cuarta feira \"medidas concretas\" para evitar que o resto de centros de saúde do país teñan que restrinxir a súa actividade e censurou o \"estrepitoso fracaso\" da Consellaría de Sanidade á hora de xestionar a Atención Primaria, con decisións que \"non fixeron máis que sementar caos e confusión\". Coincide na análise a Confederación Intersindical Galega, que incide en que incluso antes da aparición da pandemia de SARS-CoV-2 \"xa tíñamos denunciado que era preciso tomar medidas urxentes para evitar o seu colapso\". Asemade, ironizan con que \"non será un problema desprogramar neses centros a actividade programada, pois era case inexistente por falta de recursos\", limitándose hai tempo a atender \"as demandas do día a día\", o que provocou \"folgas e manifestacións masivas\". A central sindical subliña que é tempo de escoitar as profesionais e dotar a Atención Primaria de \"estruturas de xestión e orzamento axeitado\" como única receita para saír do colapso. 3 horas para recibir atención médica Entrementres, esta situación límite tamén foi corroborada polo Sindicato de Enfermaría (Satse), que apuntou onte ao déficit de profesionais no Punto de Atención Continuada (PAC) de Lugo, o aumento na dotación de enfermaría é \"unha reclamación histórica, que estes días se fai máis urxente\". Con máis persoas \"poderíanse reducir esperas que alcanzan unha media de 45 minutos, pero que nos días de maior afluencia poden chegar a tres horas\". Isto \"provócanos unha grande angustia como profesionais\", salientan, facendo fincapé na posibilidade de que un caso grave e urxente non poida ser atendido cando o precisa. Ao tempo, explican que esta agarda \"xera en moitas ocasións malestar que desemboca en faltas de respecto, insultos, e en ocasións, agresións físicas\" contra as facultativas e facultativos, e condenan os actos vandálicos contra as instalacións do centro sanitario. Incremento nas baixas laborais O diagnóstico crítico que sufre a Atención Primaria tamén está a afectar o persoal sanitario, a CESM destaca o \"preocupante aumento\" das baixas por esgotamento, tensión, ansiedade ou Covid, o que leva a un \"serio risco de quebra\" do servizo. \"Cada vez máis facultativos recoñecen abertamente que teñen que recorrer aos antidepresivos e tranquilizantes para enfrontarse diariamente á consulta\", advirten, relatando xornadas con até 190 pacientes pendentes de atender nalgúns PAC e unha absoluta confusión pola \"incesante sucesión de pautas e protocolos\". Con todo, poñen o foco na \"descoordinación escandalosa\" entre rastreadores e centros de saúde, cun teléfono de atención para notificar os positivos \"colapsado continuamente\". Os recortes, principal crítica Malia que a Xunta xustifica determinacións como a restrición da atención hospitalaria na área sanitaria de Vigo coa falta de profesionais, a CIG responde que \"non vale a desculpa porque hai xa cinco anos sabíamos que isto ía suceder e non se tomaron medidas para evitalo\". Nesta cuestión, o CESM define como \"parche\" a incorporación de 86 médicos xubilados para facer seguimento de pacientes con Covid após negarlles hai oito anos a posibilidade de continuar exercendo cando \"quixeron prolongar a súa vida laboral\", sinalando que de \"ningunha maneira é unha solución\", polo que pide incorporar máis profesionais con \"salarios equiparábeis a países da contorna e estabilidade laboral para que resulte atractivo traballar na Galiza\"."}
{"ID": "NOS_11528", "summary": "O BNG exixe a CNMC que modifique a regulación para garantir de modo efectivo a igualdade de dereitos na Galiza á hora de escoller compañía de telefonía.", "text": "A Comisión dos Mercados e a Competencia (CNMC) distribuíu en outubro de 2021 os concellos de todo o Estado en dúas zonas diferenciadas, atendendo ao servizo que prestan as operadoras telefónicas. Creáronse así a chamada \"zona libre\", aquela na que se poden atopar tres ou máis redes de banda ultra-ancha, deixando ás compañías total flexibilidade para a configuración das súas ofertas e prezos, e a \"zona regulada\" no resto de municipios, nos que só existen unha ou dúas operadoras, polo que a CNMC entende que as tarifas teñen que estar supervisadas, o que implica determinadas restricións para as compañías telefónicas á hora de configurar a súa oferta comercial. Ante esta situación, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas reclamando ao Goberno do Estado que tome medidas para garantir a igualdade de dereitos das persoas consumidoras. Nas zonas reguladas as operadoras teñen certas restriccións para ofertar precios competitivos Neste senso, critica que a regulación da CNMC \"impide o acceso ás ofertas máis competitivas nas zonas reguladas, o que obriga en moitas ocasións a acollerse aos paquetes máis caros das compañías que operan nese territorio\". De facto, apunta Rego, estase a impedir que as persoas consumidoras da maioría dos concellos galegos poidan acceder ás mellores condicións das compañías telefónicas. \"Dos 313 concellos existentes na Galiza, só 9% dos municipios están incluídos nesa chamada zona libre, mentres que ao resto de galegos e galegas impídeselle contratar as mellores ofertas das distintas operadoras\" denuncia o deputado do BNG. En opinión de Rego, a regulación debería garantir que se ofreza en todos os casos unha tarifa a prezo de mercado nas mesmas condicións que nos concellos da \"zona libre\"."}
{"ID": "NOS_24829", "summary": "Manifestación do potencial vitivinícola do país, o vermú galego está a vivir o seu mellor momento. Cada vez son máis as empresas as que acreditan nun tipo de bebida que nada ten que envexar ás grandes marcas internacionais. E o verán préstase para que a difusión destes sabores propios atinxa máis persoas", "text": "O consumo do vermú en terras galegas é unha tradición de longo percorrido. Foi a mediados do século pasado cando decidimos adoptar como propio este produto de orixe alemá. Con todo, á hora de falar dunha produción nosa, non podemos remontarnos máis aló dos comezos desta década. O que comezou como unha ousadía convértese en 2019 nunha tendencia á que non deixan de se adherir máis e máis empresas. Falar de vermú é sinónimo de Petroni. Esta marca padronesa é, quizais, a que ten máis sona e renome dentro do mercado. A receita que marca o seu éxito non difire da tradicional combinación de viño e asento. A clave radica na utilización de uvas de albariño mesturadas con alcois macerados de 28 plantas aromáticas. O seu é un refrescante sabor doce cunha pegada amarga no padal. Unha combinación que non deixa indiferente a ninguén e que se pode gozar en dúas variedades: o vermú tinto, a base de hibisco, e o vermú branco, que inclúe os pementos de Padrón na súa composición. Malia non TER aínda unha gran tradición na súa elaboración, nos últimos anos ESTASE A producir Un salto cuantitativo E cualitativo na oferta propia Recoñecemento Abandonando as terras do Ulla, non é necesario percorrer moitos quilómetros para atopar o lugar no que se producen os outros dous vermús galegos máis recoñecidos. As rúas de Compostela conforman a casa dos aperitivos Nordesía e Lodeiros. A primeira destas marcas tenta conter no seu nome as características atlánticas que quere plasmar na súa ecléctica produción. Ao igual que a empresa anterior, ten na súa carta as dúas variedades estándar (tinta e branca) e inclúe ademais o non tan coñecido vermú negro. A receita do Nordesía flutúa dependendo da variedade que se produza. O viño utilizado non é o mesmo en todos os casos e o sabor resultante tampouco. Coas uvas de albariño dos canóns do Miño elabórase o tinto; coas uvas mencías da Ribeira Sacra faise o branco e coas dos viñedos do Val do Ulla, o negro. A súa pegada varía desde un doce intenso marcado pola presenza de cereixas, mazás e pexegos, no primeiro caso, ao sabor caramelizado que caracteriza a última variedade, pasando polas sensacións herbáceas e mentoladas que transmite a segunda. O Lodeiros, pola súa parte, é un vermú que busca transportarnos, coa súa degustación, ás tradicionais verbenas das pequenas vilas. A súa elegante dozura está marcada pola utilización de micela de uva moscatel, á cal se lle engade, tras a súa maceración en alcol, esencia de vainilla, canela ou pel de laranxa. Outros manxares Máis alá destas tres marcas tamén atopamos outros aperitivos con menos sona. Un exemplo é o Povarelo, cuxo sabor especiado e amargo vén determinado polo uso da canela e a regalicia entre os seus ingredientes; ou o Sardino, feito en Vigo, que se reivindica como o primeiro aperitivo madurado fronte ao mar. A pesar de que pareza imposíbel, tamén existe un vermú feito de sidra. Este é o Ciobra. Galiza non conta cunha longa tradición na produción deste manxar, mais o certo é que vai polo bo camiño. A chegada do verán e as terrazas ateigadas axudan ao incremento do seu consumo. O estío é sinónimo de vermú. Ben sexa en vaso ancho ou en recipiente de tubo, cunha choucha de laranxa ou cunha de limón, as conversas das terrazas poden estar acompañadas desta bebida. Para saber máis: sobre ingredientes e variedades A palabra vermú provén do alemán wermut, que significa asento. Esta herba aromática é, xunto co viño, o seu ingrediente indispensábel. O seu uso como elemento de consumo humano susténtase nas súas propiedades medicinais. Está considerado como un dos antibióticos naturais máis importantes e dise que axuda a mellorar a saúde e o bo funcionamento do sistema dixestivo. A pesar de ser un produto mundialmente estendido, a orixe do vermú é tipicamente europea. A variedade tinta ten por berce as terras dos viñedos italianos. A súa maior presenza de asento fai que posúa un sabor xeralmente máis doce. Pola súa parte, a variedade branca, dunha maior gradación alcólica, atopou en Francia o seu lugar de nacemento. A súa pegada no padal é máis suave, dado que na súa composición predomina a presenza de cítricos. No tocante á produción na Galiza, non hai unha variedade que domine o mercado. As empresas adoitan fabricar ambos tipos, sen especial predilección. Como curiosidade, cómpre engadir que, no seu proceso de elaboración, o que marca a cor non é o viño utilizado (sempre se opta polo branco dado o seu suave sabor), senón os tipos de herbáceas utilizadas. O hibisco é o ingrediente escollido para darlle a cor vermella ao vermú tinto. Esta reportaxe foi publicada no número 355 do semanario Sermos Galiza en papel."}
{"ID": "PRAZA_14744", "summary": "Os populares obteñen tres deputados máis pero perden 136 mil votos. O PSdeG-PSOE é o gran derrotado destas eleccións e perde un de cada tres votos e sete escanos. Alternativa Galega de Esquerdas supera o BNG e chega aos 9 deputados, dous máis que o Bloque.", "text": "O PP gañou as eleccións. Renova e acrecenta a súa maioría absoluta con tres novos escanos aínda que perde máis dun punto e ducias de milleiros de votos. Os populares gañan un escano en todas as provincias, agás Pontevedra. O Partido Popular suma o 45,49% dos votos fronte ao 46,68% de 2009 e en total perde case 136 mil votos. O PSdeG é o gran derrotado destes comicios: resiste mellor en Lugo e Ourense (perde un escano en cada provincia) ca na Coruña (perde 3) e Pontevedra (perde 2). En total, os socialistas perden máis dun terzo dos seus votos e pasan do 31% ao 20,49% e deixando polo camiño case 230 mil votos. A suma de AGE e BNG ten catro escanos máis ca o Bloque en 2009, e achégase aos mellores resultados históricos do nacionalismo de esquerdas, en 1997 e 2001 Pola contra, a Alternativa Galega de Esquerda de Xosé Manuel Beiras é a gran gañadora: obtén un 14,17% dos votos e 9 deputados, cun resultado espectacular na provincia da Coruña, onde acadou catro escanos e case igualou o resultado do PSdeG-PSOE. En xeral, AGE base os seus bos datos nas cidades: na Coruña e Compostela convértese na segunda forza superando mesmo ao PSOE e en Ferrol empata cos socialistas. O BNG perde cinco escanos e fica con 7 perdendo un deputado en cada provincia e dous na Coruña. En total o Bloque perde case a metade dos seus votos: 135 mil dos 270 mil que tiña. En calquera caso, a suma de AGE e BNG ten catro escanos máis ca o Bloque en 2009, e achégase aos mellores resultados históricos do nacionalismo de esquerdas, en 1997 e 2001. Entre PP, PSOE e BNG perden ao redor de medio millón de votos Entre PP, PSOE e BNG perden ao redor de medio millón de votos. 200 mil son para Alternativa. E o resto repártese entre un lixeiro incremento da abstención, outras formacións pequenas que quedan sen representación (Escanos en branco, CxG, SCD ou UPyD suman 78 mil votos) e sobre todo unha gran masa de votos en branco e nulos que suman máis de 75 mil e ao redor do 5% do total. No resto de formacións, UPyD é a quinta forza politica, con máis de vinte mil votos, superando o SCD de Mario Conde e a Compromiso por Galicia que obtiveron un 1% cada un. Escanos en Branco chegou aos 16 mil votos. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total PP 45,33% 13 50,88% 9 48,84% 8 42,71% 11 45,55% 41 PSdeG 18,69% 5 22,69% 4 23,69% 4 20,74% 5 20,51% 18 AGE 16,68% 4 10,67% 1 7,94% 1 14,49% 3 14,10% 9 BNG 9,67% 2 8,65% 1 8,52% 1 11,92% 3 10,18% 7 Primeiras reaccións Alberto Núñez Feijóo presentou a súa \"limpa\" vitoria como un aval a Rajoy. O líder popular evita a euforia tras sumar tres deputados e subliña que \"non é habitual\" que se produza un triunfo coma o do seu partido en plena crise. O PP baixa en votos e en porcentaxe sobre o total pero asenta a súa clara vitoria na fragmentación do electorado e no seu dominio, sobre todo, no ámbito rural e rururbano. O PP supera o 50% dos votos na meirande parte das comarcas de Galicia: en 35 das 54. Iso si, nas cidades o PP supera por pouco o 40% e vese superado pola suma de PSdeG, AGE e BNG. Pachi Vázquez foi o primeiro en comparecer. Asume o resultado \"con serenidade\", informa de que xa felicitou ao PP e di que \"asume a responsabilidade\", pero non aclara o seu futuro máis aló de dicir que se abre \"un periodo de reflexión\". Mañá o PSdeG-PSOE celebra Executiva de Pola súa banda Francisco Jorquera felicitou o PP pola súa vitoria e culpou do descenso do BNG á crise interna sufrida e a unha estratexia popular de \"retroalimentar\" a AGE: \"mirade que os mellores resultados de Beiras sempre coincidiron cos mellores resultados do PP\". Alertou de que Galicia está a sufrir un proceso de \"desgaleguización\" e afirma que contra ese proceso \"o BNG é imprescindibel\". De cara ao futuro indica que \"tan importante será o traballo no Parlamento coma na rúa\". O BNG baixa con forza nas cidades, agás Pontevedra, onde sobe e chega ao 19%, pero mantén unha gran fortaleza en vilas coma Allariz (43%), Carballo (20%), Bueu (24%) ou Ribadeo (16%). Xosé Manuel Beiras compareceu en Teo para afirmar que \"agora si que a derrota definitiva do PP aquí e no Estado comeza a ser segura\" e definiu a AGE como \"esa vangarda\". Concluiu que \"imos ser os espartanos no Parlamento galego para loitar contra a crise\". Alternativa acadou os seus mellores resultados nas áreas urbanas. Foi a segunda forza politica na Coruña e Santiago e ficou a un voto do PSdeG-PSOE en Ferrol. Noutras urbes coma Vigo obtivo igualmente un excelente resultado, rozando o 20% dos votos. O mesmo que en moitas vilas, coma Teo (27%), Cangas (24%), Ames (24%), O Grove (21%), Oleiros (21%), Chantada (18%) ou Vilagarcia (17%). Finalmente, Xoán Bascuas afirmou que estas eleccións lle serviron a CxG para \"darse a coñecer\" e di que Compromiso obtivo \"bos resultados\" naqueles lugares nos que a formacions está asentada. Compromiso por Galicia obtivo un total de 14.398, un 1,01% dos votos. Destaca o seu resultado en Lalin onde acadou o 7,29% dos votos e se converteu na terceira forza, por diante de AGE e BNG. E por suposto a súa vitoria en Vilar de Santos onde obtivo máis do 55% dos votos."}
{"ID": "NOS_26983", "summary": "As protestas contra o Goberno de Duque toman as rúas de Bogotá.", "text": "As protestas acumúlanselle ao Goberno conservador de Ivan Duque. A folga xeral da pasada cuarta feira foi toda unha demostración do alcance do malestar popular e da capacidade das forzas populares para atopar puntos de encontro, un suposto que semellaba imposíbel nun escenario político tan fragmentado como o colombiano. Ao tempo, a participación na xornada de loita dunha destacada representación indíxena significa a aparición dun novo actor político, que até o momento ten ocupado un segundo plano pola propia concepción eurocéntrica do sector hexemónico da esquerda colombiana, carente de sensibilidade á problemática dos pobos orixinarios. A xestión da crise sanitaria e económica por parte do Executivo de Ivan Duque e a represión contra o movemento popular son os dous eixos que aglutinan as protestas. A este respecto, o presidente da Central Unitaria de Traballadores (CUT), Diógenes Orjuela, manifesta que as mobilizacións \"deixan clara a postura de absoluto rexeitamento aos masacres e aos asasinatos acontecidos no país nos últimos meses e ás represións exercidas pola policía\". Na mesma liña, carga contra \"a resposta do Goberno diante do coronavirus \" e a súa utilización para \"promulgar toda unha lexislación de emerxencia que ten como obxectivo impedir a protesta social e non atender os graves problemas que padecen os sectores populares e a economía nacional\". A xestión da crise sanitaria e económica por parte do Executivo de Ivan Duque e a represión contra o movemento popular son os dous eixos que aglutinan as protestas. As mobilizacións chegan para ficar. Neste sentido, os representantes dos pobos indíxenas que acampan en Bogotá desde o pasado domingo, após unha marcha de miles de quilómetros ao longo de todo o país, lamentan \"a negativa de Duque a negociar con nós unha solución aos problemas das nosas comunidades\" e afirman a súa disposición a \"darlle continuidade á loita até que o Goberno nos recoñeza como interlocutores\"."}
{"ID": "NOS_55381", "summary": "O presidente da Xunta denuncia a ausencia dos instrumentos necesarios para facer fronte á situación e cuestiona a falla de capacidade legal da Administración galega para actuar con máis eficacia contra o virus.", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, afirma agora que o actual marco competencial impide ao Goberno galego dar unha resposta axeitada á pandemia. O actual inquilino de Monte Pío denuncia a ausencia dos instrumentos necesarios para facer fronte á situación e cuestiona a falla de capacidade legal da Administración galega para actuar con máis eficacia contra o virus. A posición defendida polo mandatario galego contrasta coa actitude mantida nos seus máis de 11 anos de goberno, en que non demandou a transferencia á Galiza de ningunha competencia, cuestión inédita na historia do réxime autonómico e que non resiste comparación con calquera outro territorio do Estado. O presidente galego ten exposto a situación, contraditoriamente, no Parlamento. Así, nunha intervención a finais de xaneiro desde a tribuna da Cámara, Feixoo aseveraba: \"Que menos que durante o estado de alarma as forzas e corpos de seguridade do Estado se puxesen a disposición dos presidentes autonómicos para vixiar as normas en materia da pandemia! Que menos! Que menos que a policía municipal se puxese a disposición dos presidentes autonómicos para vixiar as normas en materia da pandemia! Que menos! Sorprendente, señorías, que nun estado de alarma, o responsábel do estado de alarma non teña corpos e forzas de seguridade\". Sinceridade ou teatralidade A demanda dunhas forzas de seguridade baixo o mando do Goberno galego non deixa de causar sorpresa á vista da política defendida por Feixoo até hoxe. En outubro de 2020, a última ocasión en que o tema se tratou no Parlamento galego, o Partido Popular rexeitou unha proposta en que o BNG reclamaba, outra vez, a posta en marcha da policía galega, argumentado os populares que non se trataba para eles dunha prioridade. Na mesma liña, o presidente galego non moveu ficha nos últimos anos para desenvolver as competencias propias que permitirían contar hoxe cunha policía galega baixo o mando da Xunta, significándose ao respecto a paralización da aplicación da Lei de policía da Galiza de xuño de 2007. O Estatuto de Autonomía de 1981 fixa no seu artigo 27.25 como competencia exclusiva da Galiza \"a creación dunha Policía Autónoma de acordo co que dispón a Lei Orgánica prevista no artigo 149. 1.29 da Constitución\". Porén, transcorridos practicamente 40 anos da aprobación do texto autonómico, o Goberno galego non conta cunha forza de policía, propia senón cunha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma galega, que depende organicamente da Dirección Xeral da Policía do Ministerio do Interior de España e funcionalmente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta. Así as cousas, a Galiza non dispón dunha Policía propia como acontece en Catalunya cos Mossos d'Esquadra, en Euskadi coa Ertzaintza, en Nafarroa coa Policía Foral, nas Canarias coa Guanchancha ou en Madrid coas Brigadas Especiais da Seguridade. O tempo demostrará a sinceridade desta petición de Feixoo dun corpo de seguridade propio na Galiza. A solución está en mans do Goberno galego, a quen lle corresponde desenvolver as competencias recollidas no Estatuto, polo que outra actitude que non sexa esa deixa sen credibilidade a proposta, agás que o mandatario galego estea empregando agora esta cuestión dentro da súa estratexia de confrontación co Executivo estatal."}
{"ID": "NOS_30874", "summary": "O edificio en cuestión está xestionado por Ecos do Sur, que ofrece solucións habitacionais a persoas migrantes sen recursos. Un dos mozos que alí residen foi quen puxo a bandeira.", "text": "O grupo municipal do PP de Muras, en Lugo, criticou esta cuarta feira a colocación dunha bandeira galega nun edificio público do municipio, a casa de Rouco. A formación conservadora definiu o acontecido como un \"acto ilegal\". \"Non podemos permitir que nun edificio público pasen estas cousas\", dixo a súa portavoz, Eugenia Requeixo. Na mesma liña, falou da \"necesidade\" de que o alcalde, Manuel Requeixo (BNG), manteña unha \"postura neutral\". Fronte a estas declaracións, o rexedor afirmou que se trata dunha estratexia do PP \"para facer ruído\". Segundo precisou Requeixo, o edificio en cuestión está cedido á ONG Ecos do Sur, que presta axuda a persoas migrantes. O edificio está cedido a unha ONG que ofrece vivendas a persoas migrantes sen recursos e o PP sabía dese programa, segundo explicou o alcalde A asociación promove a iniciativa 'Habita rural' para dotar de fogar a persoas estranxeiras sen recursos, e a casa de Rouco funciona como un deses espazos habitacionais. Así, o alcalde precisou que a bandeira foi colocada por un dos mozos que viven no centro. \"Se a quitásemos, iriamos en contra da liberdade de expresión da xente que vive alí\", sinalou. Por outra parte, o líder do BNG en Muras desvelou que o PP ten coñecemento da iniciativa levada a cabo no inmóbel. \"Teñen gana de polemizar e sacar as cousas fóra de lugar\", concluíu o alcalde."}
{"ID": "PRAZA_20261", "summary": "O grupo Portodos e varios aspirantes denuncian \"graves irregularidades\" nas probas e aseguran que o tribunal facilitou as respostas a varias persoas. A formación política advirte de que tres dos catro seleccionados \"teñen relación familiar ou de amizade\" co rexedor, que nega todas as acusacións", "text": "Irregularidades nos exames e catro das cinco prazas en xogo que acabaron en familiares do alcalde ou persoas vinculadas ao PP local. Esa é a denuncia que se fai sobre dous procesos de selección de persoal municipal levadas a cabo polo Concello de Porto do Son no pasado mes de maio. Foi o grupo municipal de Portodos, formación política local, quen desvelou as presuntas \"anomalías\" nas probas, que foron denunciadas tamén por algúns dos aspirantes que realizaron os exames e que nega rotundamente o alcalde. Portodos, formación política local en Porto do Son, denuncia graves irregularidades en recentes procesos de selección para persoal municipal Portodos denunciou as sospeitas que arrodearon estes dous procesos de selección (para catro prazas de auxiliares de policía local e para tractorista) e fíxose eco das denuncias que varios dos participantes nas probas transmitiron sobre o discorrer delas. Segundo asegura, na que ofertaba postos para o corpo da policía municipal, un dos funcionarios responsable dos exames e membro do tribunal \"mostroulles as respostas ás persoas elixidas\", ademais de \"murmurar\" durante a proba con dúas das mulleres que acabaron obtendo a praza. Varios das persoas que participaron nos exames coincidiron nas queixas. Polo menos tres testemuños ratificaron que \"se lles ensinaron as respostas\" a varios dos aspirantes e que \"foi un escándalo\". \"Houbo quen protestou en pleno exame e quen puxo unha reclamación nada máis saír del, pero os responsables negárono todo\", explicaron, tanto publicamente nas redes sociais como por privado a membros da corporación municipal. Asistentes ás probas para auxiliar de policía local denuncian que un membro do tribunal \"ensinoulles as respostas a varios aspirantes\" \"Que raro que as dúas mulleres que aparecen nas listas teñan a mesmiña puntuación\", engaden algúns dos examinados. Ao comprobar os datos públicos difundidos polo Concello sobre o resultado das probas, as dúas mulleres con maior puntuación no proceso obtiveron ambas un 7,868 na \"proba de coñecementos\", que consistía en 50 preguntas tipo test (con catro respostas posibles) propostas polo tribunal. Sobre este exame, afectados denuncian que había preguntas repetidas, unha \"duplicidade\" nas cuestións da que tamén advertiu o grupo municipal de Portodos, que se pregunta se esa repetición nas cuestións se debía a que eran xa sabidas por algúns dos aspirantes aos postos de traballo. Outro exame sobre \"coñecemento do termo municipal e toponimia\", cun 3 como máxima puntuación posible, completaba as probas escritas dun proceso que incluía dúas asequibles probas físicas e outra sobre galego coa que abondaba posuír o certificado Celga 3. Finalmente, as catro persoas con maior nota no proceso accederon á praza de auxiliar de policía, polas que se lles fará un contrato de catro meses para este verán. Portodos denuncia que tres das catro persoas que accederon á policía local \"teñen relación familiar co alcalde ou forman parte do seu círculo de amizades\" Segundo denuncia Portodos, tres das catro que accederon a eses postos na policía local \"teñen relación familiar co alcalde Luís Oujo ou forman parte do seu círculo de amizades\". \"Simple casualidade? Cadaquén que saque a súa conclusión\", pregúntase o partido, que advirte de \"enchufismo\" e duns procesos de selección postos en cuestión xa desde hai anos. O rexedor popular, Luís Oujo, pola súa banda, nega calquera tipo de irregularidade e recoñece que un dos participantes no proceso selectivo acudiu ao Concello a denunciar a forma na que se levaron a cabo as probas. \"En canto o souben, reunín o tribunal para saber se ocorrera algo e negáronme rotundamente que houbese algo irregular\", di o alcalde, que asegura que non houbo \"ningunha reclamación máis\" pero que di estar disposto \"a volver reunirse\" co devandito tribunal \"se houbese calquera dúbida\". O alcalde Luís Oujo (PP) nega calquera irregularidade, denuncia que \"se acuse sen probas\" e ve nas críticas unha \"falta de respecto\" ao tribunal Segundo o rexedor, o grupo Portodos está a \"politizar\" un tema que, advirte, non vai máis aló. Ademais, acusa de \"falta de respecto\" ao tribunal das probas e lembra que os seus compoñentes cumpren con todos os requisitos legais malia que desde a formación local denúnciase que \"un fontaneiro municipal e un conserxe dun colexio avalíen a preparación ou non dos aspirantes a auxiliares de policía\". \"Non se pode acusar sen probas; se as teñen de algo, que reclamen no Concello\", responde Oujo sobre todas as acusacións. En canto á proba para a contratación dun tractorista, Portodos e varias persoas afectadas denuncian que non se tivo en conta a experiencia laboral de varias persoas no proceso de selección, o que lles rebaixou significativamente a nota final, ademais de \"falta de transparencia\" á hora de realizar as probas ao impedírselles aos participantes estar presentes mentres se levaban a cabo. Segundo a formación política, a persoa seleccionada ten relación familiar con persoas que concorreron co PP aos últimos comicios locais. \"Foi moi descarado o que fixeron\", denuncia un dos aspirantes; varios deles presentarán unha reclamación conxunta no Concello A formación local asegura que presentará, xunto con varios dos participantes nas probas, unha reclamación conxunta no Concello para que se \"repitan os exames, pero cun tribunal que inclúa funcionarios da policía\". Ademais, piden ao alcalde Luís Oujo que \"dea explicacións\", así como \"saber quen foi a persoa ou persoas que elaboraron os exames tipo test e saber quen custodiou as probas antes de que se celebrasen\". De non haber resposta, Portodos non descarta acudir aos tribunais ante un \"proceso contaminado, cargado de graves irregularidades e con relacións de parentesco e amiguismos polo medio\". Ademais, aseguran ter probas das relacións persoais \"evidentes\" entre catro dos cinco seleccionados. \"Foi moi descarado o que fixeron\", denunciou un dos participantes no proceso. \"Xa está ben, percorro Galicia para conseguir un posto e logo pasan estas cousas\", dixo outro ao advertir da denuncia. \"Non me sorprendo, por desgraza é así en case todos os concellos [...]. Algúns procesos nin os remato porque, basicamente, está todo vendido\", remata outro."}
{"ID": "NOS_52186", "summary": "A xornalista María Xosé Porteiro, autora de publicacións que acollen ensaios sobre comunicación e feminismo, ofrece a súa visión a respeito da trata e tráfico de mulleres. Eis un extracto da análise publicada no número 339 do Sermos Galiza en papel.", "text": "Incluírmos no mercado laboral a prostitución mediante unha regulación lexislativa é incoherente coa defensa dos dereitos das persoas. Significaría consentir, favorecer e perpetuar que as mulleres traficadas sexan desafiuzadas da súa sexualidade, da súa cidadanía e da súa liberdade. Disque sempre existiu. E pódese responder que tamén o incesto, o roubo, o asasinato… pero non por iso se legalizan. A trata e tráfico de mulleres vai desde situacións de pobreza e falla de oportunidades nos lugares de orixe, cara á primacía do poder do diñeiro nos de destino, onde todo se branquea ao seu paso por caixa. As mafias do proxenetismo teñen en España o país da UE onde a demanda é maior, vai en aumento e se dá cada vez desde idades máis temperás, tanto na \"oferta\" como na \"demanda\". No Estado español, a prostitución foi legal até que se aboliu durante a Segunda República. A ditadura volveu regulala e en democracia está en situación de alegalidade, como exercicio libre e non penado, pero punible en zonas públicas. Os concellos teñen competencias para a regulación nas súas rúas mediante ordenanzas municipais. Non está contemplada no Código penal, mais considéranse delitos a prostitución de menores; a forzada en maiores; e o lucro porque outra persoa exerza a prostitución -mesmo cando for voluntariamente- se houbese explotación. Ámbito de indefinición Neste ámbito de indefinición, os argumentos a prol do abolicionismo que prevalecen na maior parte do movemento feminista son rexeitados porque deixaría sen medio de vida a quen hoxe xa están dentro, esquecendo que se trata dun negocio dirixido pola terceira mafia organizada máis poderosa do mundo: a industria do sexo, que busca integrarse na economía de mercado como unha alternativa laboral aceptable. Pedir que se legalice a prostitución ten que ver con que a maioría das prostituídas son mulleres e, nunha inmensa maioría, vai da man do proxenetismo. Non é posible separar a prostitución da trata e o tráfico de mulleres para a súa explotación sexual. Confundir isto cun exercicio de libre elección sobre o propio corpo é unha falacia propia do neoliberalismo máis ultra, que reaparece, periodicamente, cun debate mal intencionado que beneficia os capos infiltrados nos poderes que manexan, toleran, comparten, participan -ou miran para outro lado-. Trátase de acentuar o desacordo que existe entre partidos que se proclaman feministas, tentando contaminar o feminismo no seu conxunto. [Podes ler a análise íntegra no número 339 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_3047", "summary": "Un contrato \"a dedo\" inaugura desde a Comunidade de Madrid a externalización da aplicación da vacina da Covid-19.", "text": "O Goberno rexional de Madrid, presidio por Isabel Díaz Ayuso (PP), subcontratou sen realizar concurso público ningún os servizos da Cruz Vermella para a vacinación contra a Covid-19 por 804.098 euros. O contrato \"a dedo\" fíxose escudándose na urxencia derivada da pandemia. A resolución figura nunha orde con data de 29 de decembro de 2020 pola que se contrata o \"servizo de apoio á vacinación fronte á Covid-19 na campaña 2021 da Comunidade de Madrid\". Segundo este documento, o Goberno rexional aboará á Cruz Vermella Española no primeiro mes 136.533 euros e 133.512 os cinco meses seguintes. Do total, a maior parte, 87.922 euros ao mes, destinaranse á Cruz Vermella para custear os servizos de 12 profesionais sanitarios; mentres que 16.094 euros mensuais irán para compras de material sanitario, outros 13.680 para alugueiro e mantemento de vehículos e 2.746 ao mes pra sufragar as compras de uniformes. Como recollía Nós Diario na segunda feira, 4 de xaneiro, o conselleiro de Sanidade madrileño, Enrique Ruiz Escudero, afirmou na segunda feira nunha entrevista en TVE que o Goberno contaría con \"todos os recursos necesarios para administrar as vacinas\", xa sexan \"públicos ou privados, segundo as necesidades que vaiamos requirindo\". A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid rexeitou a privatización da vacinación que implica o contrato coa Cruz Vermella. Nun comunicado, a entidade sinala que este feito é mostra da \"incapacidade\" da Consellaría de Sanidade e do abandono dos servizos públicos en mans privadas. Esta semana comezaba con preocupación ante o incremento dos contaxios e con Madrid tendo aplicado só 6% das vacinas recibidas. Catalunya tamén facía soar as alarmas, con só 14% delas inxectadas, aínda que posteriormente actualizaba os datos, sinalando que 10.475 persoas xa foran vacinadas, 2.182 na segunda feira. Após ser criticado o demorado arranque de vacinación, o Govern catalán comunicou que a previsión é inxectar 738.000 doses nas vindeiras 12 semanas, inxectando 8.800 vacinas diarias de media. As comunidades endurecen as restricións ante a terceira onda A Consellaría de Sanidade de Castela e León informou de que o comité de expertos para o coronavirus recomenda un confinamento domiciliario de dúas semanas, igual ao de marzo, ante o alto aumento de contaxios, aínda que, recordou, a Comunidade non ten potestade para ordenalo. No País Valencià, o Govern anunciou o adiantamento do recoller obrigatorio ás 22 horas e a prohibición a hostaleiros de abrir logo das 17 horas. Ademais prohibe fumar nas terrazas dos estabelecementos. Estremadura tamén se sumou ao endurecemento das medidas que están a tomar as comunidades, fechando a hostalaría, o comercio non esencial e os espectáculos en localidades con máis de 50.000 habitantes con incidencia superior aos 500 contaxios por cada 100.000 habitantes. A Rioxa publicou a prohibición de reunións de máis de catro non conviventes."}
{"ID": "NOS_19885", "summary": "O secretario xeral da formación di que \"somos un partido progresista\" e manifesta maior \"afinidade\"co PSOE, en detrimento do PP, o que dificultaría pactos populares/C`s.", "text": "Ciudadanos sitúa o PSOE como o seu interlocutor favorito para negociar pactos de goberno de cara a un escenario, após o 24M, no que o cambio do mapa político coa entrada de novas forzas emerxentes dificultará maiorías absolutas. \"Hai que lembralo, nós somos un paryido marcadamente progresista. Temos máis afinidade co PSOE\" que co PP, afirmou o secretario xeral da formación, Matías Alonso, nunhas declaracións que os populares ven con preocupación polo que supón de poder ficar en socios para pactar. Porén, o dirixente de C's xa dixo que o PSOE terá que estar disposto a facer concesións para poder pactar. As chiscadelas aos socialistas veñen tamén doutros cargos e persoas de referencia en Ciudadanos, como o profesor encargado por Albert Rivera de elaborar o programa de reforma constitucional do partido, e que incide en que o proxecto reformista de C's casa mellor co PSOE que co PP. Os populares botan contas e saben que para gobernar en concellos e autonomías vai precisar do apoio de C's, polo que as declaracións da formación situando como interlocutor preferente ao PSOE non deixa de preocupar. Mais confían en que sexan declaracións feitas na recta final da campaña para rachar a idea de que son a muleta do PP e captar voto de centro progresista."}
{"ID": "NOS_29901", "summary": "Continuidade na Casa Branca coa política de Donald Trump cara ao país caribeño.", "text": "O Goberno dos Estados Unidos mantén que o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, é un \"ditador\" e, xa que logo desbota a posibilidade de que poida haber un \"contacto directo\" coa súa Administración no curto prazo, entre outras razóns porque considera que o líder opositor, Juan Guaidó, é o \"presidente interino\" do país. Estados Unidos foi o primeiro país en recoñecer en xaneiro de 2019 a Guaidó como mandatario 'encargado' de Venezuela e, malia a saída do republicano Donald Trump e a chegada do demócrata Joe Biden á Casa Branca, seguirá na mesma liña. Desta mesma maneira, tampouco considera válidas as eleccións parlamentarias desenvolvidas en decembro e sostén que Guaidó e a súa Asemblea Nacional ─\"a última institución democrática que queda\"─ continúan a ser os únicos poderes lexítimos. Ned Price, portavoz do Departamento de Estado do país norteamericano, sinalou a \"represión, corrupción e mala xestión\" de Maduro como responsábeis \"dunha das crises humanitarias máis graves que viu o hemisferio\" occidental. Washington, salientou, continúa a defender unha \"transición democrática pacífica\" en Venezuela. Esta transición pasa por \"eleccións presidenciais e parlamentarias libres e xustas\", \"para axudar os venezolanos a reconstruíren as súas vidas e o seu país\", en palabras de Price. \"Os venezolanos teñen dereito á democracia e a un Goberno que a promova e defenda\", engadiu en conferencia de prensa. Segundo o portavoz do Goberno estadounidense, Biden prometeu protección para os venezolanos fuxidos, así como sancións contra os dirixentes do Goberno venezolano \"implicados en corrupción e abusos de dereitos humanos\", o que convida a desbotar, cando menos por agora, que poida haber contactos directos coas autoridades de Venezuela. Maduro suscitara esta posibilidade despois da mudanza presidencial nos Estados Unidos OEA e Grupo de Lima O Departamento de Estado subliñou, porén, que por agora a estratexia continuará a ser traballar canda aos \"aliados\", tanto na rexión das Américas como en Europa. Neste sentido, Price citou foros como a Organización de Estados Americanos (OEA) ou o Grupo de Lima. En todo caso, a posición dos EUA difire lixeiramente da que sostén a UE, que opta por falar de Guaidó como un \"interlocutor privilexiado\" e por deixar calquera consideración adicional en mans de cada un dos Estados membros."}
{"ID": "NOS_53886", "summary": "Varias testemuñas relatan rexistros, identificacións e acoso por parte das forzas da orde. Ademais, a presenza de antidisturbios impediu que decorrese a rondalla independentista prevista.", "text": "É habitual, desde hai anos, unha redobrada da presenza policial en Compostela nas xornadas previas ao Día da Patria Galega. Unha presenza que nesta ocasión se reforzou aínda máis pola visita de Felipe VI o 25 de xullo na capital para participar na \"Ofrenda ao Apóstolo\". Varias testemuñas relataron a Nós Diario que na noite do 24 de xullo, véspera do Día da Patria, na zona vella de Compostela houbo identificacións e rexistros a persoas por simplemente levar a bandeira galega ou colantes e camisolas con lemas e motivos independentistas. A rondalla independentista cancelada Varios antidisturbios, ademais, situáronse nas proximidades do centro social Escárnio e Maldizer, onde decorría unha cea de solidariedade cos presos independentistas, o que motivou que a \"rondalha\" da Mocidade pola Independencia prevista para as 23.30 horas non saíse finalmente do local. Detención Desde GZ contrainfo, ademais, informouse nas redes de que \"na noite do 24 de xullo un antigo colaborador de GZ Contrainfo traballador do audiovisual, que viña de cear con amizades, recebeu unha malleira no cruce de Casas Reais con Cervantes ao tentar cruzar un cordón policial de camiño a casa. Foi detido. Está acusado de atentado contra a autoridade contra 3 antidisturbios. O noso amigo recebeu golpes por parte de secretas e antidisturbios na cabeza, pescozo, meixelas, e inmobilizarono no chan presionándolle o pescozo, sen chegar a perder a consciencia. Foi trasladado ao hospital\". 🔴 Os \"antidistúrbios\" da Polícia espanhola tenhem cercado neste momento o CSO Escárnio e Maldizer. Nom deixam sair. Estamos a mediar para tentar que permitam sair à rondalha. Stop repressom espanhola!Avante a mocidade independentista! (Fotos: @gzcontrainfo). pic.twitter.com/G29VgPEczM— MpI (Mocidade pola Independência) (@mocidadeindepe) July 24, 2020 Xa o día 25 a presenza policial na zona vella foi \"abafante\" e mesmo dificultou o acceso por determinadas zonas de persoas a actos do nacionalismo ou independentismo coa desculpa da \"seguridade\" pola presenza do monarca español."}
{"ID": "NOS_3428", "summary": "Unha reflexión de JJasper sobre o acto creativo e a música.", "text": "E tes o folio en branco, como enchelo? Queres que o vivido saia como naquel intre. Como a primeira vez que te divertiches cunha droga, como aquela noite de verán épica que tanto gozaches. Que enerxía cando as palabras flúen soas en escritura automática, como se alguén me posuíra e escribira por min. Pero isto é arte. Co tempo saberás que por moito que a empregues xamais será aquela noite. Esa nunca voltará. E coas cancións acontece o mesmo. Adoitamos esquecer os procesos, os pasos precisos. Só nos centramos na meta. Pero que importante é o camiño. Ao esquecermos centrarnos nel, tamén esquecemos gozalo. Queremos ter xa o produto e que emocione. Tamén temos recursos. Sabemos compoñer tirando de pedra e cemento. Pero queremos que así sexa? Que pracer cando a inspiración nos visita! E fai un día morriñento, escuro, gris e chove. E sentado na cama, como se fose unha cadeira, colles a guitarra e comezas a tocar a carón da fiestra mollada de incontables pingas. Como as estrelas. E conectas co teu universo interior e comezan a saír notas da guitarra. Desenvolves a pregunta e descobres a resposta. E todo xunto fai unha melodía que te move por dentro, move cousas que tes dentro. É como se dunha reacción química se tratase, dos teus reactivos obtés novos produtos. Pero nisto non só se transforma, porque é inmaterial, tamén se crea e se destrúe. Logo, como o vento mareiro que te move por dentro non acouga, é o momento de pórlle palabras. E que enerxía cando as palabras flúen soas en escritura automática, como se alguén me posuíra e escribira por min. Pero aquí a pantasma son só eu mesmo, ou máis ben esa parte de min que quere contar todo o que me prohibiron ser, todo o que me quixeron limitar, o odio e o amor que sentín e as vergoñas e valentías que puiden ter. Hoxe somos as persoas que no pasado pensamos ser. Somos o cumio dos pensamentos que tivemos anteriormente e que conformaron até hoxe a persoa que somos. O mesmo acontece coa música. Compoñemos as cancións que soñamos no pasado, mesturas do que fomos escoitando. As miñas irmás maiores sempre tiñan a radio posta. Levo esa música comigo. No instituto camiñaba sobre unhas Dr. Martens rotas con cordóns vermellos, as pernas embutidas nun pantalón elástico dunha das miñas irmás, bomber coa fouce e o martelo, palestina ao pescozo e a cabeza rapada. Nunha man a carpeta do insti, nun peto da chupa un walkman. E lembro que remataba a primavera e facía calor e esa música me facía libre como libre me sinto cando a inspiración me visita e se abren as portas do meu peito fúnebre e se produce ese milagre chamado creación. Mais o fermoso non é crealas, non. É compartilas e que outras as fagan súas. Porque sendo nosas medran ata ser eternas."}
{"ID": "NOS_30276", "summary": "Da tradición á busca de novas experiencias.", "text": "A os pés do Monte da Curota, pola banda do nacente e na parroquia de Lesón do concello da Pobra do Caramiñal, ten os seus cimentos a Adega Entreosrios e están os predios onde chantan as raíces, nos solos graníticos e xistos propios da Península do Barbanza, as súas cepas. Viñedos situados ao norte da Ría de Arousa e na vertentes sur-suroeste da Serra do Barbanza. Proxecto que empezou, sen sequera sabelo, a dar os primeiros pasos só coa ilusión de facer un bo viño para a casa e compartir coas amizades. Diso hai máis de 40 anos, cando Francisco Crusat mercou a finca Entre os Ríos. Nome que lle vén dado por estar agarimosamente abrazada polo Río Pedras e o regueiro da Fonte de Pedro Cabezo. A partir dese momento Crusat foi incorporando novas parcelas e plantacións para facer un albariño como el entendía que debía ser o albariño: uvas de cepas vellas e de novas plantas obtidas a partir de clons das mellores cepas da zona, con lévedos naturais e con tempo para elaboralo, sen présas. Home autodidacta que foi aprendendo do estudo, o traballo e os ensaios. Actualmente os viños elaborados son 70% de uva dos viñedos propios, e o resto de viñedos da zona. Os viñedos propios contan con cepas de máis de 50 anos e levan máis de 30 replantando con clons seleccionados entre as cepas mellores e máis vellas da contorna. Neles contan con cepas de distintas castes autóctonas, o que lle permite facer diferentes elaboracións. No ano 2001, da elaboración de viño para o círculo íntimo deu o salto e constituíu a adega e xa no 2008 sacou o seu primeiro viño dentro da recentemente aprobada Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terra de Barbanza e Iria (2006). Pasaron os anos, mais a filosofía da adega segue a ser a do máximo respecto pola paisaxe e a natureza, buscando elaborar viños que reflicten o binomio da cepa e a terra que a sustenta: onde a combinación da influenza das rochas de granito e xistos do macizo do Barbanza, da súa auga e do mar que o baña marcando o seu clima atlántico, sexa quen defina de modo significativo o perfil dos seus viños. E para remarcalo evítase o uso de tratamentos innecesarios. Non se empregan herbicidas, respectando a cuberta vexetal que soamente é traballada por medio de corte e labranza. Coas cepas non se usan insecticidas, limitando os tratamentos á aplicación de funxicidas e isto, segundo a necesidade do ano e non por calendario marcado. E na adega non se empregan lévedos industriais, buscando que os viños de cada anada expresen a súa propia personalidade dentro das características do perfil de cada un deles. Os viños elaborados pola familia Crusat teñen recibido distintos premios e recoñecementos ao longo destes anos e en distintas edicións da Guía de Viños e destilados da Galiza, da International Wine Guide Awards (Catavinum), da Decanter World Wine Awards, na Guía Peñín, na The Wine Advocate (Parker), etc. Nas distintas elaboracións empregan depósitos de aceiro inoxidábel, mais tamén barricas de carballo francés e tallas de barro, que responden ao espírito innovador e investigador que ten o fillo de Francisco Crusat: José Crusat. Home a quen a súa paixón polo mundo do viño lévao á continua busca de novas fórmulas de expresión a partir da materia prima con que conta. Busca á que xa incorporou o mundo dos rosados e os escumosos. E así, da man de José, a Adega Entreosríos tamén fai honra ao seu nome e completa as súas elaboracións coa corrente dos viños de calidade, que son a expresión dunhas castes, un territorio e unha tradición, pero tamén mantendo aberta a fonte da corrente do regueiro doutras elaboracións, que exploren novos espazos con capacidade de achegar diversidade e riqueza aos seus viños e, en definitiva, aos viños do Barbanza e da Galiza. As súa marcas responden ao espírito da súa elaboración, e entre elas atópanse as seguintes: Monovarietais con Albariño—Altares de Postmarcos. Elaborado con traballos de lías no primeiro verán e embotellado despois de tres anos ou máis.—Saras. Elaborado con lías sen traballar e embotellado entre un e dous anos.—Lesón. Elaborado sen lías e sen facer a fermentación maloláctica. É un viño xoven avellentado na botella.—Komokabras. Neste monovarietal e baixo catro variacións da mesma marca, desenvólvense distintas elaboracións: desde a crianza en barrica durante dez meses até a fermentación con peles en talla de barro durante cinco meses e posterior crianza en talla durante dez meses. Como di José Crusat, cun amplo sorriso na cara, \"un branco como se fose tinto\". Monovarietal con Raposo (Branca Lexítima) —Vulpes. Na elaboración deste monovarietal cóntase con máis de 30% de uva procedente de cepas prefiloxéricas.Monovarietal con Caíño Tinto—Komokabras K-Ño. Maceración con peles durante cinco semanas e crianza durante dez meses en barricas usadas de carballo francés. Monovarietal con Mencía—Pintadoiro. Só dispoñíbel cando a colleita o permite. Non se pode pasar por alto—Komokabras Escumoso Branco. Elaborado de xeito tradicional só con Albariño.—Komokabras Rose D-Mencial. Viño rosado elaborado só con Mencía. Achegarse ao espírito da Adega Entreosrios probando e comparando os seus viños non se fai, en absoluto, nun pouco. O mellor modo de facelo é, desde logo, con moito acougo é ao pé da adega, desfrutando da paisaxe, da contorna e da compaña, oportunidade que temos ao noso dispor se aproveitamos e collemos pousada no Hotel Rural Entre os Ríos que a familia Crusat habilitou na mesma finca despois de restaurar unhas construcións tradicionais. A cousa merece a pena!"}
{"ID": "PRAZA_14561", "summary": "Nós imos dar a batalla. Dende os nosos locais sindicais ou dende os nosos postos de traballo. Empregaremos toda a nosa forza de mobilización. Loitaremos por algo no que cremos: o sindicato, cos seus defectos e virtudes, é a ferramenta idónea para protexer aos traballadores fronte aos abusos do patrón. A mala prensa e o desgoberno dos políticos ao servizo dos mercados non van poder con nós. Seguiremos sen domar, dobregar ou domesticar.", "text": "O rumbo marcado polo neoliberalismo de novo cuño, aplicado polo goberno do Partido Popular, é ben claro: Europa non permite desvalorizar o euro, logo hai que desvalorizar a cidadanía para redimir os bancos. E para iso, o ataque debe abranguer todas as frontes e, ademais, debe ser un ataque sen resposta. Como facelo sen custo social? Que estratexias empregar para silenciar ao uso da razón, que defende as políticas dirixidas cara as persoas e non cara aos bancos? O rumbo marcado polo neoliberalismo de novo cuño, é ben claro: Europa non permite desvalorizar o euro, logo hai que desvalorizar a cidadanía para redimir os bancos. E para iso, o ataque debe abranguer todas as frontes e, ademais, debe ser un ataque sen resposta En primeiro lugar cómpre inocular un sentimento de culpabilidade á cidadanía e autoexculparse dos recortes sociais: \"vós sodes responsables por vivir por encima das vosas posibilidades\" ou \"non nos gusta, pero non hai outro remedio\". No caso concreto dos recortes aplicados aos funcionarios, a estratexia é ben diferente: desprestixiarnos sen descanso e culpabilizarnos fronte á sociedade. Dende a prensa amiga, ata os propios altos cargos como o Sr. Beteta, o Sr. Montoro ou a Sra. De Cospedal, poñen pulo en insistir en que os funcionarios públicos non cumpren o horario, só se dedican a ler o xornal e a tomar café, sobran, son caros, viven dos impostos dos cidadáns honrados e ralentizan a maquinaria pública, os servizos públicos non funcionan xa que os traballadores non son avaliados no seu rendemento, cómpre vender a empresas privadas cunha mellor xestión, etc. \"Coidado, din, se non privatizamos aquí ou non quitamos esta prestación alá, as pensións corren perigo. Mellor que cortemos un brazo nós, e non a troika, doerá menos, insisten\" En segundo lugar, unha vez enxuizados, é a hora de amedrentar e, senón funciona, criminalizar: coidado, din, se non privatizamos aquí ou non quitamos esta prestación alá, as pensións corren perigo. Mellor que cortemos un brazo nós, e non a troika, doerá menos, insisten. E se aínda así non convencen, e saes a rúa a protestar polo que lexitimamente che pertence e che están roubando, se te sentas na estrada e te resistes á orde dada por un antidisturbios fora de si de que abandones a túa actitude, ademais de levar unha boa malleira, podes acabar nun xulgado de garda, convertido nun delincuente tan sospeitoso Martin Luther King ou Gandhi, que de vivir nesta época estarían xa presos sen ningunha dúbida. Os sindicatos están no ollo do furacán, xa dende vai anos: subvencionados, vividores e trasnoitados son algúns dos cualificativos cos que nos agasalla a prensa máis reaccionaria E así, pouco a pouco, coma formigas, en pequenas doses, vanche quitando dereito tras dereito, a base de propaganda e control policial (dá calafríos só de pensar en xuntar eses dous factores, son un chamamento a historia máis negra da humanidade). Agora é a quenda da negociación colectiva: os sindicatos están no ollo do furacán, xa dende vai anos: subvencionados, vividores e trasnoitados son algúns dos cualificativos cos que nos agasalla a prensa máis reaccionaria. Por que? Estorbamos. Somos un impedimento para aplicar unha política de salarios baixos e despedimentos a custe cero. Sen negociación colectiva, os traballadores e traballadoras quedarán nas mans dos empresarios. Na función pública perdemos dereitos ao ritmo que perde sangue a ferida dun hemofílico, como un encoro desbordado: acción social, días de vacacións, días de asuntos propios (acadados a cambio de renuncias a subas salariais), penalízannos economicamente polo mero feito de enfermar, perdemos a paga extra, e agora é o momento de desfacerse da sempre incómoda negociación colectiva. O artigo 10 do Real Decreto-Ley 20/12 de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria deixa a porta aberta a todas as administracións para devolver ao seu posto de traballo a un gran número de liberados sindicais O 1 de outubro entrou en vigor o artigo 10 do Real Decreto-Ley 20/12 de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria. Un artigo que deixa a porta aberta a todas as administracións para devolver ao seu posto de traballo a un gran número de liberados sindicais. Estas persoas, tan deostadas tantas veces, loitan cada día polos dereitos dos seus representados, deixan a pel en negociacións arduas e espiñosas, percorren os centros de traballo solucionando problemas laborais, esixindo aos superiores xerárquicos a non extralimitación nas funcións dos traballadores, frean os abusos e o acoso nos centros, velan pola seguridade e pola saúde laboral. Son eficientes no que fan, porque saben o que fan. Certo é que en ocasións fallamos, hai que ser autocríticos, que as organizacións sindicais ás veces non saben transmitir a súa mensaxe, seguramente pola rixidez das súas estruturas, ou porque non soubemos nalgúns casos adaptarnos coa mesma rapidez que a sociedade aos cambios que se estaban a producir nas rúas e ao progreso tecnolóxico. Pero non hai que enganarse: sen organizacións sindicais a democracia sofre un golpe que a deixa noqueada e a piques de arroxar a toalla. Os dereitos perdidos xa non poderán ser recuperados, as condicións laborais serán determinadas por decreto, coa rendibilidade económica como único motor, sen ter en conta as persoas, os dereitos, o estado de benestar. A OIT en sucesivos acordos, ratificados polo noso Estado, di que os gobernos están obrigados a impulsar a negociación colectiva. Semella que hoxe en día as organizacións internacionais son vellas glorias, carcamais tapados cunha mantiña en vellas cadeiras, que tosen e rosman algo de cando en vez pero aos que ninguén escoita. Nós imos dar a batalla. Empregaremos toda a nosa forza de mobilización. Loitaremos por algo no que cremos: o sindicato, cos seus defectos e virtudes, é a ferramenta idónea para protexer aos traballadores fronte aos abusos do patrón Nós imos dar a batalla. Dende os nosos locais sindicais ou dende os nosos postos de traballo. Empregaremos toda a nosa forza de mobilización. Loitaremos por algo no que cremos: o sindicato, cos seus defectos e virtudes, é a ferramenta idónea para protexer aos traballadores fronte aos abusos do patrón. A mala prensa e o desgoberno dos políticos ao servizo dos mercados non van poder con nós. Seguiremos sen domar, dobregar ou domesticar."}
{"ID": "PRAZA_1130", "summary": "Ainda há toda uma (etno) arqueologia da democracia galega por explorar. Manuel Mandianes conta como em Loureses \"o \"concello\" reúnese na encrucillada ou no forno (comunal) se chove: \"Ultimamente xúntanse no bar, pero iso non está ben. Hai que reunirse na encrucillada. A encrucillada é de todos e todo o mundo ten máis liberdade de expresarse\"", "text": "1. Com o lançamento dum projeto político que explora as posibilidades da razão populista de Ernesto Laclau1, o conceito do \"significante vazio\" saiu da academia para tornar-se ferramenta pública, objeto de debate e termo fetiche. Contudo, tras o conceito laclauniano há uma genealogia que enfia aoutras propostas de vazio político, que para Althusser começaria com O príncipe2. No século XVI Itália reunia todas as condições para encetar a unificação nacional com a exceção de uma: a conexão entre elas, o homem sem nome que num conto sem nome aglutine o projeto nacional. Para Althusser esse seria um \"homem do nada, saúdo do nada, e que parte dum lugar inasignável\", porque esse nada, esse silêncio, \"é uma condição política do encontro\". 2. Nas Teses da filosofia da história Benjamin atribui ao pensamento revolucionário a tarefa de identificar novos espaços em apertura, detetar vazios políticos onde se faz possível a política: \"Na realidade, não há um instante que não traça consigo a sua chance revolucionária, só que esta tem que ser definida como uma (chance) específica, a saber, como chance duma solução inteiramente nova, prescrita por uma tarefa inteiramente nova. Para o pensador revolucionário, a chance revolucionária peculiar de cada instante histórico resulta duma situação política dada. Mas não resulta menos para ele em virtude do poder que este instante tem como chave para abrir um recinto do pretérito completamente determinado e clausurado até então. O ingresso neste recinto coincide estritamente com a ação política\". 2.1. Se o ingresso nesse recinto –nesse vazio- é a ação política em sentido estrito, para Mario Zubiaga \"na negatividade absoluta que carateriza o exterior do significante vazio, ainda se passeaiam zombies que não são conscientes do seu estado\"3. De novo Athusser, num texto de 1982 escrito no pavilhão 7 de Soisy-sur-Seine, Sur la pensé marxiste, antecipava-se com grande lucidez: \"Os partidos, descansando sobre os sindicatos da aristocracia operária, são mortos viventes que subsistirão em tanto dure a sua base material (os sindicatos detentam o poder nos comités de empresa, os partidos fam-no nos municipios), e enquanto sejam capazes de explorar o sacrifício de classe dos proletários e de abusar da situação dos subproletários das subcontratas. Se o marxismo ainda pode reviver a força de destelhos, os partidos são mortos viventes, ancorados no seu poder e no aparelho que detenta dito poder e fácilmente se reproduze para detentá-lo e detentar a sua exploração (…). Vivemos nesse contradição. E à nossa geração tocou-lhe em sorte fazê-la estalar. E, pese a todas as dificultades, estalará na rebelião da nova mocidade do mundo\". 3. Um novo chanço na genealogia da política do vazio leva-nos a La comunità che viene4. Na análise que Giorgio Agamben realiza da revolta chinesa de Tienanmen, ao tempo que esta se produzia, o filósofo achava a resposta à pregunta de qual \"pode ser a política de singularidade qualquer, isto é, dum ser cuja comunidade não está mediada por condição alguma de pertença (o ser vermelho, italiano, comnista) nem pola simples ausencia de condições (comunidade negativa, como aquela que há pouco fora proposta na França por Blanchot) senão pola pertença mesma?\". Tal como no 15-M, o que mais surpreendia era \"a relativa ausencia do conteúdos determinados nas reivindicações (democracia e liberdade são noções demasiado genéricas e difusas para constituirem objeto real dum conflito (…)). Porém, o trabalínguas filosófico de Agamben (\"A singularidade qualquer, que quer apropriar-se da pertença mesma, do seu ser mesmo na linguagem, e declina por isso toda identidade e toda condição de pertença (…)\") torna-se muito mais compreensível se o espacializamos como praça vazia. 4. Joseba Sarrionandia propõe com a ideia da praça vazia algo mui próximo à hipótese laclauniana, mas numa linguagem muito mais gráfica5. A Transição é para Sarrionandia o exemplo da praça vazia colapsada nada mais inaugurar-se: \"Na praça da pólis há um velho monolito com uma inscrição inspirada por Remy de Gourmont: \"Os demais têm que deixar-se impor a nossa língua, mas nós não nos vamos deixar impor a sua língua\". É um dos trastos que enchem a praça, vem-se trambém reunas de uma igreja, está a Guardia Civil, há homens emprestando dinheiro. Há um rei esquiando, há um drone, e até ha´milhares de cópias de um catálogo que se chama Constituição, inventário de objetos depositados nessa praça que os que inventárom a democracia pensárom que devia estar vazia para que coubesse toda a gente. Mas a maioria nem se acerca à praça, na realidade, porque sempre está cheia de cousas e quase não se pode nem passar\". Mas o crucial é que Sarrionandia extende o diagnóstico à esquerda, às nossas pracinhas. 4.1. Como colapsa um significante vazio? Como se satura? Ernesto Laclau detem-se em casos históricos como o do peronismo, que colapsa quando Perón abandona o exilo e já não pode manter a ambiguidade calculada e o PCI de Togliatti. Após a libertação italiana toda a simbología partisana funciona como simbología nacional, e o PCI é o único partido com um projeto propriamente nacional. É certo que tinha limitações estruturais para tornar-se um significante vazio –a obediência ao PCUS-, mas também foi colapsando polo próprio processo. Assim como o PCI decide impulsionar todas as demandas setoriais democráticas, estas vão-se vendo cada vez mais como peças do taboleiro do partido. Sem essas condições únicas para a emergencia dum projeto populista –como as que agora se estão a dar no Estado espanhol-, o PCI foi-se encerrando numa longa guerra de posições. A trajetoria do BNG também é sucetível de entender-se como a energência dum significante vazio que, por falta de condições, colapsou numa guerra de posições. Até há mui pouco \"Galiza\" e todo o \"galego\" funcionárom como um significante vazio capaz de unificar a maioria de demandas sociais (sindicais, culturais, anti-caciquis, ecologistas, etc) numa longa cadeia equivalencial, de forma que o protesto sempre falou galego. Ainda, poder-se-ia falar de \"Galiza\" como significante flotante, porquanto o fraguismo deu uma dura batalha para apropriar-se dele com uma constante contra-programação, cujo conceito mais acabado foi o da \"auto-identificação\". Agora, numa difícil situação fora do significante vazio, propostas como a de \"Asemblea Aberta-BNG\" demonstram a incapacidade para superar o bloqueio: a própria solução é um significante vazio colapsado de saída, uma nova praça vazia com uma enorme estátua no meio de meio. 5. Em 1963 o Museu de Arte Moderna de Nova Iorque estreava uma mostra sobre arquitetura popular de todo o mundo, e que incluia paineis com os hórreos da Galiza e Portugal. A exposição intitulava-se \"Arquitetura sem arquitetos\". Com toda certeza uma mostra de \"Política sem políticos\" teria que começar com uma imagen da ágora grega (\"Nenhum medo tenho a esse homens que têm por costume deixar no centro das cidades um espaço vazio\", esbardalhava Ciro, rei dos persas6), mas também incluiria as Casas da Palabra dos povos amazónicos, os campos comunais da Inglaterra pré-capitalista ou as canchas do El Alto boliviano, com a vizinhança a jogar futebol, intercambiar chicha caseira e preparar a revolta. À par, os espaços de juntança dos concelhos abertos de Galiza: o \"Outeiro do Concelho\" de Cotovade, o Carvalho da Junta de Taboadelo… Ainda há toda uma (etno) arqueologia da democracia galega por explorar, com todos os círculos líticos que receberam nomes como concelho ou assembleia dos mouros. Gente como Otero Pedrayo até tinha olho para detetar formas democráticas mais lá dos sujeitos políticos humanos, \"cando as pegas se amorean nos outeiros no seu concello aberto pola castañeira\", e mesmo encontrava a velha instituição nuns seres tão modernos como eran as estradas7. A única condição do espaço para o concelho aberto era a sua vacuidade, de forma que não fosse um espaço de ninguém porque o encontro, como recorda Deleuze, é o contrário ao reconhecimento. Nas Aventuras de Alberte Quiñoi Miguel García Barros recorda a política do vazio em Berres a começos do século XX: \"O lugar compúñase de dous núcreos principaes, afastados por unha corredoira que os comunidaba. Á parte de contra a carballeira chamábanlle a Espiñeira, i á outra, a de contra o agro, a Reigada. Cara ista banda había unha praciña formada polo cruce de congostras e os outóns ou os portales de algunhas casas, na que costumaban axuntarse os veciños para cousas de intrés común, tales como a represión do gando, a limpeza das presas, os arregros do camiño ou fixar o día de iren a pagar unha renda\". Igualmente, Manuel Mandianes conta como em Loureses \"o \"concello\" reúnese na encrucillada ou no forno (comunal) se chove. \"Ultimamente xúntanse no bar, pero iso non está ben. Hai que reunirse na encrucillada. A encrucillada é de todos e todo o mundo ten máis liberdade de expresarse\". Hai que reparar no simbolismo da encrucillada\". E na manutenção do significante vazio. NOTAS: 1. E. Laclau. La razón populista. Buenos Aires. F.C.E., 2004. 2. L. Althusser. \"Le courant souterrain du materialism de la rencontre\", Écrits philosophiques et politiques, tomo I. Paris, Stuck/Imec, 1994. 3. M. Zubiaga. \"Significante vazio\", Gara 5.2.2015 4. G. Agamben \"Tiennamen\", La comunitá che viene, 1990. 5. J. Sarrionandia, ¿Somos como moros en la niebla? Pamplona. Pamiela, 2012, p. 610 6. O filósofo galego Felipe Martínez Marzoa interpreta os Diálogos de Platão como uma filosofia em que a forma é o conteúdo, isto é, o conteúdo dos textos são a sua tensão dialógica interminável: a ágora como praza vazia. 7. R. Otero Pedrayo, Entre a vendima e a castañeira. Vigo, Galaxia, 1957. As estradas em concelho aberto están em \"O angaceiro das estradas\". 8. M. García Barros, Aventuras de Alberte Quiñoi. Vigo, Edicións Castrelos, 1976, p. 172. 9. M. Mandianes, Loureses, Vigo, Galaxia, 1984, p. 97."}
{"ID": "NOS_2870", "summary": "O movemento Warriors of the Aboriginal Resistance (WAR) exixe compensacións económicas ás persoas aborixes por anos de colonización.", "text": "A festividade estatal de Australia, o chamado Australia Day, conmemora, desde 1994, a chegada o 26 de xaneiro de 1788 de Arthur Phillip cos once primeiros barcos á badía de Sidney. Esas embarcacións levaban condenados que chegaron a ese continente para vivir no que sería unha colona penal. Ese momento tamén marcou para sempre a vida das e dos aborixes de Australia após violentas incursións por todo o territorio e unha persecución que aínda queda na memoria. En 2015 o movemento Warriors of the Aboriginal Resistance (WAR), un colectivo de mozas e mozos aborixes comprometidos coa causa da descolonización e coa filosofía do nacionalismo aborixe, da resistencia e do avivamento, organizou concentracións ás que asistiron miles de persoas para protestar polo feche forzado de comunidades aborixes remotas no oeste de Australia. En 2018 desde WAR comezouse a organizar o \"dia da invasión\" na cidade de Melbourne. Daquela, as redes sociais serviron como canle para promover todo tipo de actos semellantes e contestar a celebración oficial de maneira transversal por parte do movemento nacional aborixe. As reivindicacións deste ano 2021, marcado pola pandemia da Covid-19 e as medidas de seguridade por parte de activistas nativas e nativos, centrouse en exixir que \"todos as negras e negros\" aborixes recibisen un millón de dólares en \"reparacións\" por terlles roubado a terra cando os colonos británicos chegaron a Australia. Durante o acto principal, e de maneira simbólica, unha das persoas asistentes subiu a unha estatua da raíña Vitoria na localidade de Brisbane cunha pancarta na que se podía ler \"esta non é a terra da raíña\". As consecuencias da presión colonial Segundo un estudo realizado en 2017, a esperanza e vida é inferior a 10,6 anos para os homes nativos e a 9,4 anos para as mulleres. As taxas de suicidio das e dos aborixes tamén son extremadamente elevadas. Segundo o informe do Proxecto de avaliación da prevención do suicidio dos aborixes e do estreito de Torres (2016), as e os adolescentes nativos de entre 15 e 24 anos teñen cinco veces máis probabilidades de suicidarse e teñen niveis máis elevados de abusar das drogas e do alcohol."}
{"ID": "PRAZA_16080", "summary": "Sanidade afirma que dúas análises amosan niveis de trihalometanos por riba do máximo recomendado pola lei e declara a auga como \"non apta para o consumo\". O Goberno local responde que as súas análises dan medicións por debaixo do límite e acusa o Goberno galego de estar \"instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade\".", "text": "Ao igual que xa sucedera a comezos de decembro, Xunta de Galicia e Concello de Vigo iniciaron este martes unha discusión pública -con cruces de notas de prensa e declaracións- sobre a calidade da auga na cidade, concretamente no barrio de Canido. A Consellería de Sanidade anunciou este martes que as súas análises no punto da rede de distribución de Canido 219 lle obrigaban a considerar \"non apta para o consumo\" a auga nesta área ao ter superado os parámetros químicos de trihalometanos previstos na lexislación vixente. Segundo Sanidade, dúas análises realizadas nos días 8 e 12 de xaneiro deixaron niveis de 124 e 127 microgramos/litro de trihalometano A Xunta dicía adoptar está medida \"con carácter preventivo\" e reclamáballe ao Concello e a empresa encargada do abastecemento \"a adopción de medidas correctoras inmediatas dirixidas a eliminar os riscos potenciais para a saúde da poboación derivados dos incumprimentos que se detectaron na rede de Canido\". Segundo Sanidade, dúas análises realizadas nos días 8 e 12 de xaneiro deixaran niveis de 124 e 127 microgramos/litro de trihalometanos (THM), cando o Real Decreto 140/2003 fixa un nivel máximo de 100 microgramos/litro. Sanidade indicaba que con estes niveis de THM recoméndase \"non beber a auga nin empregala para cociñar, pero pode empregarse no resto dos usos como son o baño ou a ducha, a utilización en clínicas dentais, limpeza de materiais e alimentos de todo tipo incluídos os de cociña\". O Goberno local acusa a Xunta de estar \"instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade\" Porén, case de inmediato o Concello de Vigo respondeu publicamente a través dunha nota de prensa afirmando que \"todas as analíticas realizadas por Aqualia nas que se mostrean os trihalometanos ofrecen un resultado favorable, sempre por debaixo dos 100 microgramos/litro\". A nota instaba a Sanidade a \"rectificar\", subliñando de que dende o Concello se lle remitían a diario as analíticas ao Goberno galego, todas \"correctas\". O Goberno local acusaba finalmente á Xunta de estar \"instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade\". O concelleiro de Fomento, David Regades, incidía nesta idea e amezaba con levar o Goberno galego ante os tribunais ante o \"ataque constante\" contra Vigo. \"Hai que rematar con este ataque á cidade, os representantes da Xunta son uns mercenarios\", afirmou en Radio Vigo-Cadena Ser. Un novo capítulo nunha liorta que vén de atrás A comezos de decembro, Xunta e Concello mantiveron durante días unha liorta a conta da calidade da auga en Vigo que comezou cando Alberto Núñez Feijoo desaconsellou o consumo de auga na cidade, responsabilizando da situación ao Goberno local pola suposta incapacidade da planta potabilizadora para cumprir co seu cometido unha vez que descendese o nivel das augas (a polémica chegou nun dos peores momentos sa seca sufrida por Galicia o pasado outono). Na nota de prensa difundida este martes, a Consellaría de Sanidade incide de novo no \"problema estrutural da potabilizadora municipal de Casal e da rede de distribución\". En decembro Feijoo acusou a Caballero de \"facer política coa saúde\" e o Concello acusou a Xunta de \"facer política contra Vigo coa auga\" Daquela o presidente da Xunta cargou contra o rexedor, Abel Caballero, ao que acusou de \"xogar coa saúde da xente\" e de \"facer política coa saúde\". O Concello de Vigo respondera pouco despois \"garantindo\" que \"a auga de Vigo é potable ao 100%\" e sinalando que \"o problema en Vigo é de seca na présa de Eiras e, polo tanto, de auga en alta, responsabilidade da Xunta\". O contraataque da Xunta chegou ao día seguinte, a través dun informe da Consellería de Sanidade, que afirmaba ter detectado en Canido niveis de ferro por riba do recomendado. Nesa discusión, mentres Alberto Núñez Feijoo acusaba a Abel Caballero de \"xogar coa saúde da xente\" e de \"facer política coa saúde\", o Concello de Vigo afirmaba que o presidente da Xunta \"fai política contra Vigo coa auga\". No verán de 2015 Sanidade recomendou evitar o consumo da auga da billa nos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Mugardos, un veto que se mantivo tres días no caso da propia cidade naval, no medio dunha tensa situación política entre o Goberno galego e os Gobernos municipais dos concellos afectados, que lle criticaron á Xunta o terse \"desentendido\" dun problema de saúde pública que é da súa competencia. Días despois a CIG lembroulle a Sanidade a súa responsabilidade no control de augas, un asunto da súa competencia: \"non é aceptábel que a conselleira tente responsabilizar a outras administracións do que son as súas obrigas\"."}
{"ID": "PRAZA_421", "summary": "Feijóo presenta os seus candidatos ás cidades como \"garantía de estabilidade\" fronte ás mareas catro anos despois de avalar tamén os seus aspirantes á alcaldías urbanas, dos que só recuncan tres. Vídeo no interior.", "text": "A comezos de 2011 o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero atravesaba o seu peor momento mentres, en Galicia, Alberto Núñez Feijóo estaba aínda en todo o alto da onda da súa, en xeral, inesperada vitoria de 2009. Neste contexto o PP formulou a súa campaña electoral en Galicia nuns termos simples: quen se enfrontaban nas urnas eran \"315 Feijóos fronte a 315 Zapateros\", tantos como municipios hai no país. Catro anos despois Zapatero xa é historia, algúns daqueles Feijóos xa caeron en desgraza electoral ou xudicial e o panorama electoral preséntase para o PP notablemente máis convulso. Así e todo, os conservadores optan de novo por asociar a imaxe dos seus candidatos ás alcaldías á do presidente da Xunta, moi especialmente nas cidades. Durante a pasada fin de semana Feijóo os seus candidatos como \"garantía\" de \"vitoria\" e \"estabilidade\" fronte ás forzas da esquerda e, moi especialmente, fronte ás mareas cidadás. Os alcaldables da dereita \"representan un rumbo fixo e seguro, fronte aos que propoñen ir zigzagueando ata marearse\", ilustrou, nunha nova metáfora sobre estas candidaturas. Alén dos ataques ás mareas, a Podemos, ao \"independentismo\" do BNG ou ás \"loitas internas\" que \"desangran\" o PSOE, as alocucións de Feijóo nos últimos días gardan notables semellanzas ás que lles dirixía aos seus cabezas de cartel urbanos nun contexto tan diferente como ao de hai catro anos. Feijóo proclama que os candidatos do PP son \"garantía de estabilidade\" fronte \"aos que propoñen ir zigzagueando ata marearse\" Aínda que protagonizara varios actos con eles, o que o PP máis resaltou naquela carreira electoral foi o celebrado na terraza do compostelán do Hostal dos Reis Católicos, onde os candidatos conservadores emularon a sinatura do Contrato con Galicia do seu xefe de filas. O documento que rubricaron coa bolígrafo Montblanc de Telmo Martín titulábase Manifesto pola cooperación e incluía sete compromisos como \"superar os localismos para traballar por unha Galicia única\", \"facer máis con menos\", poñer en marcha \"gobernos austeros\" , \"ser transparentes\" e non estar \"atados ás minorías\", en referencia aos gobernos de coalición de PSdeG e BNG. Daqueles sete asinantes do manifesto só tres figuran na foto de familia que Feijóo vén de protagonizar coas súas apostas para as cidades en 2015. Unicamente dous deles, o coruñés Carlos Negreira e o ferrolán José Manuel Rey, recuncan tras facérense co bastón de mando grazas a cadansúas maiorías absolutas. Tamén repite en Lugo Jaime Castiñeira, quen vén de prometer acabar con \"16 anos de corrupción\" na cidade da Muralla nunha carreira electoral na que parte lastrado polo incumprimento do propio presidente a respecto da dotación de servizos ao Hospital Lucus Augusti, que segue a xerar un profundo malestar social e que será un dos principais condicionantes da campaña. As substitucións Tres dos outros catro protagonistas daquela instantánea continuaron na política institucional durante estes anos, aínda que só un no concello no que se presentou. O baltarista Rosendo Fernández, que ficou ás portas da alcaldía ourensá, exerceu a oposición aos dous alcaldes do PSdeG durante o mandato, responsabilidade que combinou coa vicepresidencia da Deputación provincial e mais coa secretaría xeral do partido na provincia. Así e todo, esta acumulación de cargos non impediu a súa substitución por quen foi conselleiro de Educación durante a última media década, Jesús Vázquez, mentres a lupa da xuíza De Lara se achega un pouco máis ás contas dos populares ourensáns. Pola súa banda, Corina Porro apenas estivo un mes na corporación viguesa, que abandonou con rumbo á presidencia do Consello Económico e Social, un cargo de escasa relevancia política á que Feijóo a enviou para deixar o PP vigués nas mans de José Manuel Figueroa, eterno aspirante á candidatura municipal que pilotou a oposición nestes anos, pero cuxo acceso ao cartel electoral lle foi bloqueado pola colocación nel da xa ex conselleira de Facenda Elena Muñoz. No caso de Telmo Martín o seu aguante na corporación de Pontevedra tras fracasar no segundo intento de desbancar o nacionalista Fernández Lores foi inferior a un ano. Dende ese momento o tamén empresario da construción permaneceu no seu escano do Congreso dos Deputados, dende onde vén de ser recuperado para tentar regresar á alcaldía de Sanxenxo, que xa ocupou entre 1999 e 2006. A saída de Conde Roa foi o primeiro dos innumerables capítulos xudiciais do goberno de Compostela, que segundo Feijóo virou en \"capital do esforzo, seriedade e sentido común\" Quen, si logrou a vitoria en 2011 pero está, agora si, absolutamente fóra da política institucional e partidaria é o compostelán Gerardo Conde Roa, quen apenas durou nove meses na Alcaldía de Santiago tras a súa ansiadísima vitoria. A súa dimisión tras saltar á luz a fraude fiscal da súa construtora foi só o primeiro dos innumerables capítulos xudiciais vividos no goberno da cidade durante estes anos. O estourido da operación Pokémon implicou a Conde Roa e tamén a quen impuxo como substituto, Ángel Currás, quen á súa vez foi reemprazado polo conselleiro Agustín Hernández tras a condena por prevaricación de máis da metade do seu equipo de edís. Segundo proclamou Feijóo este domingo antes da nova foto de familia, tras todos estes avatares \"a capital de Galicia converteuse en capital do esforzo, seriedade e sentido común\"."}
{"ID": "NOS_58392", "summary": "O sector enfrontado ao secretario xeral galego de \"cerrazón ao diálogo\" e lamenta \"este ruído, que non axuda ao cambio en Galiza\".", "text": "Achicar a auga ao seu redor para lograr que se renda e deixe o cargo. Esta semella ser a estratexia que a dirección estatal de Podemos impulsa ante a decisión de Breogán Riobóo de se manter como secretario xeral en Galiza e facer caso omiso das exixencias de Madrid, que disolveu a dirección do partido no noso país. Estanse a restrinxir a Riobóo as capacidades executivas, como poder contratar persoal ou cortando o acceso á comunicación por correo alectrónico coa filiación podemita, segundo informa 'La Voz de Galicia'. Riobóo segue no cargo mais non ten competencias de facto, apontan desde o partido, cuxa ponte de mando estatal apostaría en isolar o secretario xeral galego, en situalo á marxe. Mais Riobóo non estaría só e tamén tería os seus apoios, entre eles en círculos dalgunhas cidades galegas ou correntes internas como 'Mar de Fondo'. A súa estratexia pasaría por se presengtar como o valedor das bases (defendendo que estas son as que teñen que decidir como e con quen concorrer nas galegas) fronte a \"imposicións\" de Madrid e os seus aliados en Galiza, situando os tres parlamentares. Para un destes parlamentares, Gómez-Reino, deputado no Congreso, \"este ruído non axuda ninguén, non axuda ao cambio na Galiza\" e considera que Riobóo pecou de \"cerrazón ao diálogo\". Así o manifesta end eclaracións a EP, onde sostén que foi un secretario xeral \"que non quer escoitar o que pensan os seus compañeiros: que o resultado de En Marea é espectacular\". E na grave crise interna de Podemos Galiza tamén opinan outros, como o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, militante de Esquefrda Unida, que atribúe a decisión de Riobóo de se manter como secretario xeral a que ten \"medo\" de non encabezar algunha candidatura nas galegas e considera que vai \"a contracorrented o que demanda a sociedade\"."}
{"ID": "NOS_57654", "summary": "\"Imos dar a sorpresa o domingo\", di Ana Pontón, \"se hai unha gran mobilización de toda a xente que está farta e indignada de ver como o país vai para atrás\". A nacionalista anima a concentrar todo o voto a prol do cambio no BNG", "text": "A facer historia este domingo chama o BNG para pór na Presidencia da Galiza por vez primeira unha muller e unha nacionalista: Ana Pontón. A sarriá encarna a recuperación electoral do Bloque que, após dar a volta hai catro anos ás enquisas, disponse agora a derrotar a maioría absoluta de Feixoo e a liderar o novo Goberno galego. Con ela conversa Nós Diario cando apenas quedan horas para votar. —Se estas eleccións son atípicas, máis o son na Mariña. Como ve a situación? É unha grave irresponsabilidade o que está facendo Feixoo e demostra que non lle preocupa a saúde das persoas da Mariña nin en que condicións exercerán o dereito ao voto. Ademais, é moi grave que Feixoo minimizase o rebrote polo feito de estar en campaña electoral e que mentise hai unha semana dicindo que o virus estaba controlando e que era por mor de dous bares. O brote está descontrolado, os informes falan de transmisión comunitaria e temos que responder nas urnas a tanta mentira, manipulación e irresponsabilidade do PP. Hai que responder nas urnas á mentira e irresponsabilidade do PP —Que tres leccións sacaría vendo a xestión que se fixo da crise? Foi un erro non fechar Madrid e non blindar Galiza e que isto non se tivese pedido desde a Xunta. O próximo Goberno galego, que aspiro a que o nacionalismo lidere, ten que ter claro que, ante unha situación así, sexa onde sexa o rebrote, hai que fechar. De feito, na Mariña estamos vendo agora que si era posíbel blindar un territorio e que Madrid non se fechou por ser a capital do Estado e as connotacións que iso implicaba. O noso compromiso é: sanidade pública, máis recursos e sen precariedade A segunda lección é que a recentralización é ineficaz. A terceira ensina que non se pode actuar na improvisación constante. É moi grave que a Galiza siga sen plan nin protocolo fronte aos rebrotes. E, por suposto, é imprescindíbel reforzar a sanidade pública para protexer as persoas. O noso compromiso é claro: sanidade pública, con máis recursos, máis medios e sen precariedade no persoal. Queremos que o Sergas deixe de ser a primeira empresa de traballo temporal na Galiza e para iso hai que eliminar as taxas de reposición e convocar as 6.000 vacantes que hai no servizo de saúde. —Cal é o seu modelo residencial? O trato de Feixoo ás persoas maiores tradúcese en cero prazas públicas en residencias durante 11 anos. Ese é o modelo do PP, o cal beneficia empresas. Hai claros vínculos de dirixentes populares con corporacións e o que queren é facer negocio cos dereitos, e estes non se poden converter nun ben especulativo, menos aínda o dereito a unha vellez digna. Reconstruír un país pasa por termos un autogoberno máis forte Cambiaremos o modelo, apostando polas residencias públicas, de xestión directa da Xunta e cun formato de centros pequenos, para permitir un trato máis humano. Ademais, hai que investigar os erros que se cometeron para que nunca máis se repitan. —En que consiste a mesa de reconstrución que propón? Ten que servir para pór en marcha un novo modelo de país, contando coa opinión de todo o mundo e sabendo que a Galiza non pode seguir na inercia dos últimos anos. Das grandes crises xorden grandes oportunidades e nós queremos cambiar o modelo, camiñando cara a unha economía verde, onde as enerxías renovábeis se usen para desenvolver o país, pondo en marcha políticas de recuperación do rural, defendendo os sectores produtivos e unha reindustrialización sostíbel. Reconstruír un país con futuro pasa por termos un autogoberno máis forte que permita ter recursos para protexer a sociedade e tomar decisións de calado sobre o noso futuro sen depender de Madrid ou Bruxelas. As galegas e galegos somos os mellores para poder definir o noso futuro. —Iso implica dar un novo status a Galiza? O primeiro en canto cheguemos ao Goberno é facer que se cumpra o acordado na investidura con Pedro Sánchez, pór en marcha a comisión mixta de transferencias e ampliarmos todas as competencias que fican pendentes. Mais iso é só un paso pequeno, temos que ampliar o horizonte sobre como definimos o noso autogoberno, temos un estatuto con mais de 30 anos e chegou o momento de debater sobre un novo marco político que nos recoñeza como nación, que nos permita ter un concerto económico e ferramentas para mellorar a vida da xente, dando futuro e esperanza a este país. —Que lle di a xente nestes últimos días de campaña? Cousas moi bonitas, teño que recoñecelo. Moita xente dime que votará BNG por primeira vez e que o fará absolutamente convencida. Para que haxa un cambio real, ten que liderar o BNG o Goberno Vexo un grande entusiasmo con que fagamos historia tendo por primeira vez unha muller na Presidencia e coas mans libres para defender Galiza. Parecía que ía ser unha campaña fría mais, a pesar da distancia física e das máscaras, estivo chea de emocións. A gran corrente de ilusión cara ao BNG segue a medrar e por iso están tan nerviosas outras candidaturas que pasaron toda campaña traendo reforzos por terra, mar e ar. —Vese entón liderando un Goberno de coalición con entendemento entre as distintas forzas? Sabemos que ningunha das forzas alternativas ao Partido Popular terá maioría absoluta. A cultura democrática do BNG é moi sólida e temos experiencia en Gobernos de coalición, mais tamén teño claro que para que haxa un cambio real o Goberno teno que liderar o Bloque Nacionalista Galego."}
{"ID": "NOS_43977", "summary": "O movimento considerou uma vitória a decisão da justiça europeia de o retirar da lista de agrupamentos terroristas, embora mantenha os bens do grupo congelados na Europa.", "text": "\"É uma vitória para a questão palestiniana e para os direitos do nosso povo\", disse o porta-voz do Hamas, Fawzi Barhoum, em declarações à agência de notícias AFP. \"Nós elogiamos o Tribunal da União Europeia por esta decisão positiva que deve agora ser seguida pelas medidas internacioanis para por fim á opressão do povo palestiniano\", acrescentou o porta-voz. A decisão de retirar o Hamas da lista de organizações terroristas, onde se mantinha desde dezembro de 2001, não implica, segundo o tribunal, \"nenhuma apreciação de fundo sobre a qualificação do movimento Hamas como grupo terrorista\". Criado em 1987, na altura em que se registou a primeira Intifada (manifestação espontânea da população palestiniana contra a chamada ocupação israelita), o Hamas é considerado uma organização terrorista por Israel, pelos Estados Unidos, pelo Reino Unido, pelo Japão, pelo Canadá, pelo Egipto e, até hoje, pela União Europeia. O grupo reivindica a libertação da Palestina da \"ocupação israelita\". Info tirada de http://sicnoticias.sapo.pt/"}
{"ID": "NOS_11404", "summary": "A proposta do PSOE de crear un grupo que estude o sucedido no marco desta trama política saíu adiante hoxe no Congreso. No entanto, o Partido Popular escudouse en que a ninguén lle importa o pasado e VOX abstívose de votar.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, votou hoxe a favor de que se cree unha comisión para investigar a Operación Kitchen, que supostamente naceu no seo do Ministerio do Interior cando o titular era Jorge Fernández Díaz. A posíbel trama tiña a intención de espiar ao ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, para recoller aquelas probas que tivera que puideran inculpar en casos de corrupción a cargos do Partido Popular. Co apoio de partidos como o BNG, a negativa do PP e a abstención de VOX, a comisión saíu adiante. Mesmo Ciudadanos quixo que existan ese estudo da realidade detrás da Kitchen. Unha vez acordada a conformación desta comisión, é preciso que se pacte quen a vai presidir e quen comporán a mesa que vai analizar os resultados. De feito, serán tamén as e os que se ocupen de citar a comparecentes. Nunha primeira instancia, a meta é ter o traballo feito en tres meses para poder levalo a pleno e tomar decisións, se ben cabe a posibilidade de que o tempo se teña que ampliar. O que hai que estudar e revisar é moito porque, como destacou o nacionalista Néstor Rego, hai que saber \"que maldades tiveron que facer para salvar a Raxoi e ao Goberno do PP\". Desde a súa posición reprobou que a estratexia de hoxe do Partido Popular fora rexeitar o grupo porque \"a ninguén lle interesa o que fixeron fai nove anos, malia que sexa roubar, espiar, chantaxear ou, incluso, pensar nun secuestro\". Desde o BNG pensan que é \"precisa unha ruptura democrática, esa que desgraciadamente non tivo lugar ao final da ditadura, para avanzar en democracia e dereitos\". Para iso, defende Rego, hai que ter unha etapa de \"facer limpeza e sacar todo o lixo herdado e acumulado ao longo de 45 anos\" O lodo da rúa Xénova Mentres o socialista Felipe Sicilia falaba da trama \"corrupta para localizar e destruír calquera proba\" que os comprometera, o nacionalista subliñou que \"cunha xustiza realmente xusta, coa súa lei de partidos, o PP estaría hoxe ilegalizado\". No PSOE a dúbida está en saber cantas accións poden verse afectadas pola investigación, polo que Sicilia recordoulle aos populares que \"comecen a demostrar que non son unha trama\". \"Por máis que lles pese e por máis que griten, montaron a Kitchen para tapar dez anos de corrupción xeneralizada e institucionalizada e o lodazal no que converteran a rúa Xénova\", espetou o representante. Unidas Podemos falou das \"mazás podres\", mentres Ciudadanos advertiu ao PSOE que tamén ten o seu pasado. VOX, que se mantivo nunha posición neutra á hora de votar, reprochou ao socialismo que queira \"arrastrar ao lodo e castigar no fígado ao PP\"."}
{"ID": "NOS_52596", "summary": "Declaracións do subdelegado na Galiza, Samuel Juárez, e do titular de Interior, Jorge Fernández Díaz, aseguran que o sinistro rexistrado no lugar de Angrois foi un accidente \"e non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento\"", "text": "\"Non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento\". Así se pronunciou o subdelegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, a respeito da hipótese de que o accidente de tren que causou a morte de polo menos 24 persoas, segundo o dado confirmado por Renfe, puidera ser un atentado. Na mesma liña falou tamén o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, quen afirmou que se trata \"dun accidente\" e que \"non caben, por tanto, outras hipóteses sobre outras causas\"."}
{"ID": "NOS_25507", "summary": "A 'Irmandiña' entrará na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA e compartirá grupo cos representantes de Hungría, Eslovenia e Suíza.", "text": "A Galiza será a representante estatal na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA e compartirá grupo cos representantes de Hungría, Eslovenia e Suíza. No sorteo para as roldas preliminar e intermedia no regreso da competición europea de carácter amador, a Galiza estará directamente na Fase Intermedia ao ser a vixente campioa estatal tras derrotar o pasado 11 de marzo de 2020, pouco antes de decretarse o confinamento, a Andalucía na final. En total, inscribíronse 36 federacións, das cales Malta e San Marino presentarán seleccións nacionais non profesionais e o resto estará representado polas seleccións rexionais. As seleccións das 31 federacións participantes con maior coeficiente de competición, entre elas a galega, comezarán na Rolda Intermedia, e as outras cinco participarán na rolda preliminar para pelexar polo posto restante da rolda intermedia. Os partidos da rolda intermedia xogaranse entre o 15 de agosto e o 9 de decembro de 2022. Os oito gañadores dos grupos da rolda intermedia clasificaranse para a fase final, que decorrerá nas últimas semanas de xuño de 2023. Un total de 32 seleccións participantes Os 32 contendentes (31 equipos que participan nesta rolda e o gañador da rolda preliminar) dividíronse en catro grupos de oito equipos en función dos seus coeficientes. Os equipos, á súa vez, dividíronse en oito grupos de catro equipos, cada un deles cun de cada grupo. A continuación designaranse os anfitrións de cada mini torneo e os oito gañadores dos grupos clasificaranse para a fase final. Entre os grupos máis complicados está o 8, que reúne a Alemaña, Italia, Inglaterra e Macedonia do Norte xunto co 4, no que están a República Checa, Irlanda do Norte, Gales e Suecia."}
{"ID": "PRAZA_19550", "summary": "O BNG únese á moción da marea local para que se elimine a comisión semellante á que a Xustiza investiga en Valga e pola que ten que declarar o goberno local. PP e PSOE aprobaron a creación destas xuntanzas co voto en contra de Bloque, Somos e a concelleira que agora asiste a ela. A oposición de Cabanas denuncia dietas como as que a Xustiza investiga en Valga", "text": "A oposición de Cabanas denuncia dietas como as que a Xustiza investiga en Valga O BNG unirase á moción de Somos Cabanas para a eliminación da xunta de delegados vixente en Cabanas, semellante ás comisións de coordinación que a Xustiza investiga en Valga. Logo da polémica xerada polas presuntas dietas irregulares do goberno local no concello pontevedrés e das denuncias pola existencia de órganos semellantes en Outes, Noia ou Curtis, a marea local da localidade eumesa solicitará a supresión destas discutidas xuntanzas do goberno local, así como que se reintegren estas contías percibidas indebidamente e se regularice a situación de acordo coa lei. O BNG únese á moción de Somos Cabanas para a eliminación da xunta de delegados Así, no vindeiro pleno de finais deste mes de marzo, o concelleiro do Bloque en Cabanas, Iago Varela, unirase á solicitude de Somos Cabanas e insistirá no \"chamamento ao alcalde Germán Castrillón para que se cerciore da legalidade\" da xunta de delegados. \"De non ser legal ou ter dúbidas, que suspenda as reunións e reintegre as cantidades cobradas\", aclara o BNG local, que lembra que leva todo o mandato advertindo que este órgano creado á marxe dos regulados pola lei \"non debe existir\", ao non ser \"máis que unha forma encuberta\" do goberno municipal -formado polos edís do PP e unha independente da Agrupación de Electores de Cabanas (AEC)- de \"dar un soldo aos seus concelleiros saltándose as restricións legais que impuxo a lei Montoro\". \"Son unha forma encuberta do goberno local de dar un soldo aos seus concelleiros saltándos as restricións legais da lei Montoro\" O BNG mantén a liña que amosara xa no pleno de organización tras as eleccións municipais, en xullo de 2015, cando advertira que a figura creada e apoiada no pleno polo PP e o PSOE supoñía \"unha comisión opaca que o PP usa como argucia legal para pagar un soldo aos seus concelleiros\". Naquel mesmo pleno, a concelleira de AEC votara en contra da creación deste órgano xunto ao representante do Bloque e ao de Somos Cabanas, sumando tres votos que nada fixeron ante os cinco a favor dos populares e os tres dos socialistas. Agora, a edil de AEC que forma parte do goberno local participa tamén desas xuntas de delegados e percibe as dietas denunciadas por parte da oposición ao \"estar nunha situación similar ás comisións de coordinación que se investigan en Valga\". A concelleira de AEC votara xunta a BNG e a marea local contra unhas comisións ás que agora asiste como membro do executivo \"Xa foi no momento chamativo que a maioría de goberno aceptase eliminar a Xunta de Goberno Local (á que si asistiría o secretario) e en cambio fixese causa da xunta de delegados, que saíu adiante\", lembra Iago Varela. Aínda o pasado mes de xaneiro, e ante a noticia de que sete dos nove edís populares de Valga foran chamados a declarar como investigados por un presunto delito de prevaricación e malversación de fondos pola creación e o cobro desas presuntas dietas irregulares, o BNG de Cabanas advertiu da existencia desta xunta de delegados como \"figura semellante\" ao órgano posto en cuestión e preguntou ao alcalde se podía asegurar que eses cobros \"eran plenamente legais\" e se existía \"garantía xurídica\". Daquela, o rexedor Germán Castrillón non respondeu á pregunta. No Bloque, como no resto de formacións que denuncian situacións irregulares semellantes noutros concellos, están á espera do desenvolvemento da actuación xudicial en Valga para posíbeis futuras actuacións. Desde Somos Cabanas advirten que, de non \"recuar\" na súa actitude o goberno local e de non resolverse a situación, acudirán á Fiscalía. Xuntanzas sen funcionario municipal Como no resto de casos, a estas xuntas de delegados tan só teñen dereito a acudir membros do goberno municipal -neste caso o alcalde, os outros catro edís do PP e a concelleira independente que apoia e forma parte do executivo local- que se reúnen para tratar, habitualmente, temas que logo serán abordados no pleno ou nas diferentes comisións debidamente reguladas. Cada un deles recibe 150 euros como dieta por asistencia, 50 euros máis dos que cobra calquera edil por asistir a outra comisión. Ás xuntas de delegados só existen membros do goberno, que cobran 150 euros por asistencia, 50 euros máis que por calquera comisión Segundo os cálculos da marea local, o gasto nestas xuntas de delegados teríanlle custado ao erario público en Cabanas arredor de 30.000 euros durante 2016, unha cifra que se incrementará a case 40.000 durante este ano de continuar levándose a cabo. Son cartos que non cotizan á Seguridade Social, xa que só se grava o IRPF. \"Estas comisións non teñen funcións ningunhas, só serven para que o goberno do PP cobre sen declarar que ten salario\", di o seu voceiro, Pérez Sardiña, que coincide coas críticas que desde a oposición de Valga, Outes, Noia ou Curtis fixeron das comisións de coordinación nas súas localidades, que consideran \"sobresoldos\" para o executivo local do PP disfrazados de dietas. En total, cada concelleiro de goberno percibe mensualmente 600 euros só neste concepto, ao que hai que sumar, a asignación a plenos, órganos externos, outras comisións e xuntas de voceiros. O alcalde, por ter unha dedicación parcial, non é remunerado pola asistencia a estas xuntas agora postas en cuestión. Ademais, as actas son asinadas polos edís asistentes e non hai funcionario público ningún que certifique as reunións. \"É gravísimo; se non hai quen certifique, poderían non terse nin sequera realizado esa xunta e asinar só o formulario\", advirte nunha crítica sobre a opacidade das xuntanzas que é común no resto de concellos onde se teñen denunciado."}
{"ID": "NOS_37681", "summary": "Pasados dous meses de estaren a formalizar Reimundo e Urraca aquela mercé ao mosteiro de San Xoán de Poio, datada a 16 de xaneiro de 1105, os desexos convertéronse en realidade: nacía Afonso Reimúndez en Caldas de Reis. Parece ser que esta epifanía ten lugar o 1 de marzo dese ano e sobre dela Prudencio de Sandoval, que recolle o suceso na súa 'Historia de los reyes de Castilla y León', asígnalle certo halo de prodixio.", "text": "O monxe bieito publica a devandita obra en 1615, tres anos despois de ser promovido da cadeira episcopal tudense á pamplonesa. Velaquí un dos fragmentos máis suxestivos: \"A primero día de Março deste año ponen el nacimiento del Infante Don Alonso, hijo del Conde Don Ramón y de la Infanta Doña Vrraca; y que pocos días antes de su nacimiento se vio en el ayre vn cometa, a manera de estrella resplandeciente, duró assí treynta días sin deshazerse, que parece que quiso el Señor dar señal del bien, que en estos reynos nacía\". Noutros parágrafos, o autor reitera que Afonso VII naceu nun lugar \"tan pequeño y oluidado como es Caldas de Rey, que por auerse criado este Príncipe se debe llamar de Rey\". Prudencio afirma, outrosí, que as terras de Caldas eran da propiedade do \"conde don Pedro de Traua\". En relación con ese astro celeste, o cronista erra de cheo na data do seu paso, pois realmente acontece en 1106, feito que nos fai concluír que non coincide co ano de nacemento do emperador, tal e como matiza Antonio López Ferreiro. A traxectoria do Gran Cometa X/1106 C1 quedou documentada a partir dos primeiros días de febreiro de 1106, pois testemuños disto foron recollidos por moitos recunchos de Europa (Gales e Inglaterra) e do continente asiático. Por iso consideramos que pretender ligar o nacemento dun emperador coa aparición no firmamento dun estraño corpo implicaba case un milagre. Querería o cronista que entendésemos que existía relación directa entre a divindade e a realeza? Todo apunta a iso. Lembremos pasaxes bíblicas como as do nacemento do rei do Xudeus, Xesús Cristo (Mt. 2:1-11); e episodios históricos/lendarios sobre o apóstolo Santiago: o descubrimento do seu sartego no bosque Libredón, polo eremita Paio, logo dunha choiva de estrelas (segundo se recolle no Codex Calixtinus) e o Camiño a Compostela marcado polo iter stellarum, ou Vía Láctea, sobre o que cavila Carlomagno e que se recolle no Libro IV do devandito códice: \"E deseguido veu no ceo un camiño de estrelas que comezaba no mar de Frisia e, estendéndose entre Alemaña e Italia, entre Galia e Aquitania, pasaba directamente pola Gascuña, Vasconia, Navarra e España até a Galiza, onde entón se ocultaba, ignoto, o corpo de Santiago\". Alén disto, ao afirmar Prudencio de Sandoval que Afonso veu ao mundo nun lugar \"pequeño y oluidado como es Caldas de Rey\" créase unha certa analoxía que nos retrotrae ao nacemento de Xesús Cristo nun alpendre ou cortello do lugar de Belén (Lc. 2:1-7). Os Traba, titores do neno rexio De continuarmos co relato cronolóxico, e deixando atrás as intencionalidades do cronista, afirmaremos que un par de anos máis tarde do nacemento do infante falece o seu proxenitor, o conde Reimundo, ao que se lle dá sepultura na catedral de Compostela. Sandoval, a este respecto, engade que cando \"supo el Rey Don Alonso la muerte de su yerno, pesole, embió a Fortun Laynez de Monçon, dando el pésame a su hija, y que no saliesse de Santiago hasta que él auisasse; y al Conde Don Pedro Assures que cuidase della, y al Conde Don Pedro de Traua, que tuuiesse cuenta con el Infante Don Alonso, que quedaua muy niño, criose en Caldas de Rey, lugar entre Ponteuedra y Santiago\". E así foi que o propio conde de Traba se encarga da titoría de neno rexio, non sen poucas dificultades pois até que o príncipe acade a coroa do reino han suceder moitos conflitos. Na cidade de León, entre outubro e decembro de 1107, advertírase nunha reunión que se a nai do cativo volvía contraer nupcias, sería este o sucesor no trono galego. Cumpría primar a lexitimidade de Afonso Reimúndez, e por iso os nobres xuraron tal lealdade perante Diego Xelmírez e o tío do meniño, Guy de Borgogne, daquela arcebispo de Viena e futuro Papa Calixto II. As leas conxugais non se fan demorar Urraca, facendo caso omiso desta advertencia, dous anos máis tarde únese en matrimonio ao monarca aragonés Afonso I \"O Batallador\" mais, por mor da vinculación sanguínea que ten con el, á condesa da Galiza complícaselle en alto grao a situación: a Igrexa, contraria a ese tipo de alianzas e declarándoa en incesta coniugii copula, ameázaa con ser excomungada. Certo é que, segundo parece, Afonso VI consentira tales esponsais, quizais desesperado tras a morte en Uclés do seu fillo Sancho. Así e todo, as leas conxugais non se fan demorar. O aragonés métea no cárcere pouco despois do primeiro aniversario de vodas, e esta circunstancia debe provocar que, de xeito puntual, Urraca acepte a liña sucesoria do seu fillo. A coroación do neno rexio en Compostela Así as cousas, 1109 preséntase como un ano complicado. O segundo marido de Urraca cabalga co seu exército cara a Galiza e, no castelo de Monterroso, os galegos sofren unha importante derrota. Pregoaba, xa que logo, un aviso importante: que se podía retar contra aqueles que non velasen polos intereses da súa muller que eran, obviamente, os seus propios. Os ataques propinados polo aragonés en territorio galego non serían poucos, pois tanto Ourense como Lugo e outras demarcacións coñeceron a dureza da súa espada. Signo rodado do Arcebispo Xelmírez. (Foto: Arquivo do Reino de Galicia) De retornarmos a 1109 cumpriría sinalar que nese ano o \"neno rexio\" é proclamado rei por Pedro Froilaz de Traba, ao que secunda case a totalidade da nobreza do país, malia as indecisións e/ou intereses de Xelmírez e a rebeldía do monarca aragonés. Lembremos que Xosé García Oro ten sinalado, referíndose ao bispo de Compostela e ao de Traba, que ambos personaxes \"representan e capitanean as opcións políticas do reino galego\". Cando en 1110 trasladan a Afonso Reimúndez a León para ser coroado rei da Galiza, xorde un conflito de non moi sinxela resolución: o cativo e o seu séquito son secuestrados na fortaleza de Castrelo de Miño. A fame, a sede e a preocupación apodéranse dos presos, polo que comeza a deseñarse un pacto de liberación que non dá froito axiña. Un dos persoeiros que promove a conspiración contra o propio bispo, próximo a Urraca, é o xenro do conde de Traba (Arias Pérez de Deza) e, entre outros máis, o cabaleiro Fernán Sánchez, quen por aquel tempo subxugaba as terras de Lemos. Os acordos de entronización do meniño xa estaban fechados e o acto solemne terá lugar na catedral santiaguesa en setembro de 1111 Logo de que Xelmírez e varias persoas do seu séquito acadasen a liberación, achega R. A. Fletcher que non se atoparon dificultades \"en estabelecer un campo común de intereses (...). Don Diego abandonou a irmandade e uniuse ás ringleiras dos Traba\". Aínda que pasaría algún tempo, os acordos de entronización do meniño xa estaban fechados e o acto solemne terá lugar na catedral santiaguesa, concretamente o 17 de setembro de 1111. Tomándoo o propio Xelmírez, \"conduciuno con ánimo gozoso ante o altar de Santiago Apóstolo, onde se asegura que descansa o seu corpo, e alí, segundo as normas canónicas relixiosamente unxiuno como rei, entregoulle a espada e o cetro e, coroado con diadema de ouro, fíxoo sentar ao xa proclamado rei na sé pontifical\". Así queda relatada na Historia Compostelá a coroación de Afonso VII como o novo rei da Galiza, entendida esta como o espazo que ocupa na actualidade, o norte do que hoxe é Portugal e zonas leonesas, como sinala tanto A. López Carreira como R. A. Fletcher. Logo da eucaristía, celébrase un fastoso banquete no palacio real con viandas, viño, sidra e diversos manxares. Pedro Froilaz é o dapífero do monarca, Roi Pérez de Traba actúa de alférez, Nuno Pais vai presentando os pratos e Bermudo Pérez exerce as funcións de escanciador real. O reinado de Afonso VII Emporiso, esta coroación non inhibe as intencións de Urraca polo que, en varias ocasións, intenta persuadir a Xelmírez –por medio de gorentosas doazóns– para que apoiase os seus propósitos, algúns dos cales frutifican en Sahagún, no ano 1116, coa sinatura dun pacto no que se delimitan os dominios do rei galego e da súa nai. Este acordo non se culmina dun xeito pacífico, pois Compostela revoluciónase e o rei ten que estender un outro acordo en 1117, \"O Pacto do Tambre\", desta volta co bispo da diocese. Urraca, non contenta, ano si ano tamén, porfía en facer prevalecer os seus dereitos en territorio galego e Afonso xa se vén dicindo \"Emperador\" dende anos atrás. Tal é a rebeldía de Urraca que en 1123 invade Galiza, mete en prisión a Pedro Froilaz de Traba e intenta frear as políticas da súa irmá Tereixa de Portugal, tal e como achega José María García-Osuna. Seis anos despois de que Xelmírez acadase de Roma a concesión de sé metropolitana para a igrexa de Santiago, a condesa da Galiza falece en Saldaña o 8 de marzo. E nese 1126 o seu fillo pasa a ser o lexítimo sucesor de todos os dominios que eran propios da súa nai, malia que certos personaxes rebeldes non lle facilitasen as cousas. Na mesma vila palentina na que morrera Urraca, Afonso casa un par de anos máis tarde con Berenguela de Barcelona, que era filla de Dulce de Provenza e o dux catalanensis Ramón Berenguer –conde de Barcelona, Girona, Osona, Provenza e Cerdeña– así como tamén cuñada de Rodrigo Díaz de Vivar. Entre outras persoas, á cerimonia matrimonial asisten o tenente de Sarria, Rodrigo Vélaz; o futuro tenente da Limia, Rodrigo Pérez de Traba; Tareixa Afonso, condesa de Portugal; e Fernán Pérez de Traba, conde de Traba e Trastámara. O emperador será inhumado na catedral de Toledo Berenguela ten co emperador non menos de sete fillos, nomeadamente a Sancho III (ao que lle entrega o reino de Castela), Reimundo, Sancha, Fernando II (monarca dos tronos de Galiza e León), Constanza, García e Afonso; e aquela ha falecer o 15 de xaneiro de 1149 en Palencia. Os seus restos mortais serán trasladados á basílica compostelá, último leito de pedra e oración no que Afonso VII tamén desexou descansar. Emporiso, tal devezo non chegaría acontecer: o emperador será inhumado na catedral de Toledo, concretamente na capela de Santa Cruz, logo perder a vida no lugar de La Fresneda o 21 de agosto de 1157. Por outra banda, no intervalo comprendido entre ambos pasamentos, o rei volvera estabelecer alianzas matrimoniais na cidade de Soria cunha filla do duque de Polonia Vladislao II. Riquilda, segunda muller do emperador, trae ao mundo un par de infantes: Fernando de Castela, que falece de cativo; e Sancha, que casa en Zaragoza con Afonso II de Aragón. A independencia de Portugal Será Fernán Pérez de Traba, fillo do conde desa casa, quen suceda ao seu proxenitor e apareza loitando contra o Afonso Henriques na batalla de San Mamede. Tras a derrota dos galegos do norte en 1128, comeza a nacer o reino de Portugal. En contra das causas emancipadoras do condado portugués tamén toma posición a nai de Afonso Henriques, Tareixa, filla natural de Afonso VI da Galiza e muller de Henrique de Borgoña. Son dúas as fillas que Tareixa ten con Fernán Pérez, co que non sabemos se estivo casado ou só mantivo unha relación. Velaquí os seus nomes: Tareixa Fernández de Traba, muller de Fernando II da Galiza; e Sancha Fernández de Traba, que se une a Álvaro Rodríguez de Sarria (tamén coñecido como Alvarus Roderici Galletiae). Segundo parece, a proxenitora do primeiro rei de Portugal sería a introdutora da Orde do Temple nese país, tal e como nos trae Carlos Pereira Martínez, polo que quizais tamén sería a súa parella, o conde de Traba, quen debeu facer o mesmo en terras galegas."}
{"ID": "NOS_42967", "summary": "A xornalista verinense Esther Estévez é a imaxe das dúbidas lingüísticas na Televisión da Galiza. Presenta o programa 'Dígocho eu' desde o inicio de 2020, meses despois de rematar a carreira, e o éxito nas redes sociais foi exponencial, hai quen di que coa axuda do confinamento e dun maior uso dos contidos audiovisuais, até hoxe. O mérito, como explica sempre, non é só dela senón dun equipo que quixo innovar e tratar a información da nosa lingua de maneira máis amena.", "text": "Como leva pasar a ser tan coñecida en tan pouco tempo? Levamos un ano co programa mais si é certo que o boom xurdiu hai pouco. Nos últimos meses foi bastante tolaría todo. Pensando en frío, é moi forte todo que me está dando este proxecto. Hai certa presión con moitos ollos mirándome. A verdade é que no día a día esquézome e fago o meu traballo. Tento velo como algo bo mais tamén como unha responsabilidade. Na TVG houbo moitos programas de lingua galega. Como naceu 'Dígoche eu'? A diferenza con anteriores proxectos é que nós adaptámonos a como son as redes sociais agora mesmo. Comezamos o 1 de xaneiro de 2020 a través dunha idea de Carlos Amado, coordinador de contidos web. O propósito era ensinar termos que se nos escapan do galego, fuxir de castelanismos e saber curiosidades sobre a lingua ligando con apuntamentos lusófonos. Sempre cun toque de entretemento e bo humor. Propuxémonos sacar un vídeo diario e fixémolo. Marcaron as rede sociais, logo, o formato e a estratexia do programa? Eu traballaba en contidos para redes sociais e o programa pensouse para elas. Logo medrou e pasou a emitirse nos telexornais. Buscabamos brevidade para non aburrir e por ese motivo quitamos toda a seriedade que ten un programa de información. Informal, como é agora mesmo a linguaxe das redes. Falar de lingua e crear debate ao seu redor tamén ten o seu atractivo? Si, sempre. Está o debate da norma e os trazos dialectais, algo no que nós non nos metemos. Nós falamos só do galego da Real Academia Galega, aínda que eu defendo a morte os trazos dialectais. Outra cousa é que hai quen defende o galego da súa zona e non se decata que emprega palabras que non son galegas, aquelas que o castelán, ao convivir co galego, foi introducindo. O propio funcionamento do espazo crea debate ao propor non falar con determinadas palabras, algo que chegou a enfadar nun principio. Tampouco nos metemos na cuestión do reintegracionismo para non crear outra polémica. Pregúntanlle pola rúa cuestións lingüísticas? Cústalle moito á xente entender. Agora coa situación de pandemia da Covid-19 e o feito de levar máscara paso algo máis desapercibida. Si é certo que as persoas cren que son ese papel que fago na televisión, pode ser por transmitir esa confianza. Expliquei moitas veces que eu son xornalista e que teño moito interese pola lingua mais que non son filóloga. Limítome a facer o meu traballo e comunicar o que me di a miña compañeira lingüista. Nas redes sociais pregúntanme moitas dúbidas, que eu anoto, para ver se se pode facer un capítulo dela, mais non podo contestar porque preciso a axuda dunha lingüista. Como ve o futuro do galego? Antes era máis negativa. Non fan falta datos nin estatísticas para saber que é o que máis se fala na rúa. Mais agora coincido co equipo do Dígocho eu en que, aínda que se fala menos galego que na xeración dos nosos pais e nais, hai certo interese no idioma. Cando comezamos na rede social Tik Tok, que é para xente moi nova, vimos que aínda que moitos comentarios son en castelán, valoran de maneira positiva o noso contido e séguennos. Quero pensar que nalgún momento esas persoas volverán ao galego ou comezarán nel se nunca estivo. Se estás consumindo en galego, sexa o noso programa, música, cine, series ou teatro, animaraste a falalo. Non vexo rexeitamento na xente nova, que é o futuro."}
{"ID": "NOS_14218", "summary": "O deputado Antón Sánchez atacou esta segunda feira a política do Goberno galego a respecto da enerxía eólica. \"O sector eólico é un negocio privado moi suculento\", dixo, \"e as leis aprobadas no Parlamento deberían defender o interese xeral\". Sánchez cifrou en 600 millóns de euros a facturación anual das empresas eólicas e acusou á Xunta de complicidade con diversos proxectos cuxa legalidade puxo en dúbida.", "text": "\"Este modelo eólico realízase sen respecto polo país e sen respecto polaxente\", afirmou. Como exemplo colocou un parque eólico que se está a construír entre Triacastela e Samos, \"nun espazo que debera estar preservado por facer parte da Rede Natura\". Mais, segundo o parlamentario, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal -publicado no Diario Oficial de Galicia o 14 de agosto- fíxose \"para vestir o santo e legalizar obras que xa se estaban realizando ilegalmente\". \"Opacidade\" e \"ocultación de información\" foron outras das acusacións esgrimidas por Sánchez. Para o deputadao, contra \"o modelo do expolio cómpre apostar por un modelo sostíbel e democratizado, que poña por diante do beneficio privado as rendas dos habitantes, o crecemento endóxeno, e remate coa barra libre das empresas\". Anunciou o rexisitro dunha Proposición Non de Lei ao respecto."}
{"ID": "PRAZA_11987", "summary": "Cun custe ambiental e social incalculábel –en absoluto xustificábel pola xeración duns poucos e precarios empregos–, incrementado a nivel global coas emisións provocadas polo desprazamento de alimentos a milleiros de quilómetros, só nos queda esperar o estoupido final da burbulla, e con el asistir ao abandono –ou recualificación– dos millóns de metros cúbicos de formigón que un día soterraron milenios de construción xeolóxica e biolóxica na Galiza nosa.", "text": "Como \"burbulla piscícola\" habería que definir a que de xeito compulsivo tratan de exhalar, con modificacións cada vez máis agresivas, todos e cada un dos gobernos galegos dende que López Veiga lograse aprobar, co indecente parapeto dunha campaña electoral, aquel inefábel Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria de 2005, que poñía a disposición das transnacionais do peixe plano o mellor da nosa costa exterior virxe. Digo burbulla porque, ao cabo, a piscicultura en terra é iso, pois dá un valor excesivo de mercado, e xa que logo falso e susceptíbel de estoupar, a un modelo de produción de alimentos irresponsábel, baseado na usurpación e destrución irreversíbel do patrimonio natural común, na contaminación dos ecosistemas, na escravitude laboral e na pesca extractiva salvaxe, que fomenta os descartes para saciar a voracidade dunhas poucas especies carnívoras, amoreadas e dopadas con antibióticos, antisépticos e non poucos compostos hormonados. Así, teiman en engordar á mantenta a \"futura\" importancia da industria acuícola mentres agachan que os prezos dos peixes de plástico –e as insolentes subvencións destes macroproxectos– non fan máis que baixar. E máis que o farán coa posíbel expansión enfermiza destes campos de concentración de rodaballos, como escribiu Manuel Rivas. Chegará un intre en que o único xeito de sermos \"líderes mundiais\" –abraiante propósito!– será seguir aumentar as superficies destas factorías até que nin un só vestixio quede do mellor da nosa costa. Daquela, cun custe ambiental e social incalculábel –en absoluto xustificábel pola xeración duns poucos e precarios empregos–, incrementado a nivel global coas emisións provocadas polo desprazamento de alimentos a milleiros de quilómetros, só nos queda esperar o estoupido final da burbulla, e con el asistir ao abandono –ou recualificación– dos millóns de metros cúbicos de formigón que un día soterraron milenios de construción xeolóxica e biolóxica na Galiza nosa. Algo semellante ao exposto nestes parágrafos escribía eu hai un par de anos, e hai tres, e hai catro, e cinco, no decurso das loitas cívicas en contra, non só da destrución dalgúns enclaves senlleiros da nosa identidade natural como pobo, senón dun modelo de produción de alimentos que, como o da agroindustria, atenta directamente contra a nosa soberanía alimentar, que neste estrato representan a pesca artesanal e a acuicultura rural tradicional, ou extensiva, practicada polo pobo galego dende hai 4000 anos en forma de marisqueo. É mentira que a acuicultura industrial responda ao interese de reducir a presión sobre os ecosistemas mariños. Responde, antes ben, á instauración dun modelo de negocio que xa vimos na agricultura, co control absoluto dos mercados por unhas poucas empresas e non polas poboación locais e o direccionamento dos nosos hábitos alimentarios cara ao que interesa ao Deus Mercado. Unha fracasada revolución verde, xeradora de miseria, que aquí queren mudar en azul. Son as empresas as que deciden que peixes comemos, cando os comemos e onde os mercamos. Abonda con visitar os nosos mercados, cada vez con menos especies locais, ou os liñais das grandes superficies, nos que a presenza do rodaballo, das robalizas –non lubinas!– ou das douradas de monorración é cada día máis abafante. É no atentado a esta soberanía alimentar e na destrución do planeta onde debemos enmarcar a loita contra o desenvolvemento da acuicultura industrial. Nos últimos anos os movementos sociais galegos temos traballado moito ao redor deste concepto de soberanía alimentar, herdado da Vía Campesina, pero máis no eido do agro que no do mar, porque existe un Sindicato Labrego Galego que defende, de xeito case heroico, a sustentabilidade no agro; mais non existe un movemento nin unha conciencia na contorna costeira, malia que as nosas vilas mariñeiras están todas en depresión poboacional, depresión laboral, depresión de servizos e depresión cultural. O cemento, iso xa o vimos, non é o camiño. O malgoberno de Núñez Feijoó vén de dar un paso máis nesta xeira de plans e repláns de destrución declarando toda a nosa costa exterior, absolutamente toda, como susceptíbel de albergar fábricas de peixe. Non hai zonas de exclusión. O noso litoral fica ao completo a expensas dunhas poucas transnacionais, como Stolt Sea Farm –integrante do grupo Stolt-Nielsen, que cotiza na bolsa de Oslo e ten sede no paraíso fiscal de Luxemburgo– e Pescanova, e da súa capacidade para convencer a gobernantes indignos de que forcen a meirande expropiación, física e moral, da nosa historia. Cómpre reaxir na loita. Cómpre reactivarmos as mobilizacións. Cómpre castigar a esas empresas e ao goberno que as ampara. Mais cómpre, sobre todo, dirixir o discurso non tanto á salvagarda de enclaves naturais e humanos –que tamén– como ao rexeitamento dun modelo de produción de alimentos tan destrutor como inxusto dende calquera ollar, xa sexa económico, social ou ambiental."}
{"ID": "NOS_39544", "summary": "O estado da lectura en galego é \"delicadísimo\". Ese é o adxectivo escollido pola Asociación Galega de Editores (AGE) para cualificar os datos do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros do Gremio de Editores estatal segundo os que só 4% das persoas elixe o galego como lingua de lectura.", "text": "\"A situación en Galiza segue a ser moi preocupante\", considera a asociación galega, \"non só seguimos na zona baixa da estatística a nivel estatal, senón sobre todo por ese ínfimo 4% das persoas que afirma escoller libremente o galego como lingua de lectura\". AGE —que xunta máis dunha trintena de empresas— saúda, porén, \"o lixeiro incremento xeral, en todo o Estado, das persoas lectoras\". Ao tempo e co foco en Galiza, demanda \"unha vez máis políticas efectivas, reais e transversais de fomento da lectura en galego\". \"A nosa lingua é un patrimonio único que debe ser preservado e potenciado de maneira decidida\", conclúe a nota, \"conéctanos co mundo, porque nos fai singulares e vivos, e debe ser prestixiada\". O estudo do gremio estatal baséase, no caso galego, nunha enquisa realizada a 278 persoas e cunha marxe de erro de 6%."}
{"ID": "NOS_38406", "summary": "A Consellaría do Mar amplía o prazo e delimita as zonas coa intención de rematar co conflito entre bateeiros e percebeiros.", "text": "A resolución da Consellaría do Mar confirma a súa proposta de ampliar de maneira extraordinaria ao mes de xuño, após ampliarse con anterioridade a maio nunha primeira prórroga, o período de extracción de semente de mexillón en bancos naturais das comarcas costeiras de Pontevedra e da Coruña. Ademais, fixa as 16 zonas exclusivas xunto ao Parque das Illas Atlánticas para o traballo de percebeiros. A intención destas medidas é rematar co conflito entre bateeiros e percebeiros que tivo lugar nas últimas semanas como consecuencia da falta de mexilla nas zonas habituais de recollida e o traslado en busca dela a outros lugares de actividade habitual de percebeiros. Limitacións e zonas para os percebeiros A Xunta da Galiza estabelece 16 zonas nas que non se poderá extraer semente de mexillón, sen contar coas xa protexidas pola normativa das Illas Atlánticas. Trátase de: Punta Xinete e Loucenzas, Ribel, Costa da Vela, Illas Ronseis, Punta Boi-Parador, Silleiro, Monte Lourido, Punta Orelluda, Portocelo-Agoeira, Cala da Cetaria, Couso, Sagres, Mera, A Torre, Roncudo e A Barca. Ademais, como medida de prevención para permitir que se manteñan distancias de seguridade, Mar limita a 10 persoas as que poden participar ao mesmo tempo na recollida de fazula nunha mesma zona. Á prórroga do prazo súmase o incremento do número de cordas nas bateas, con 50 máis sobre as 100 permitidas habitualmente, así como a posibilidade extraer semente de mexillón no interior dos portos que dependan da Xunta da Galiza."}
{"ID": "PRAZA_7602", "summary": "O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta tratará \"personalmente\" co alcalde de Santiago a súa nova imputación xudicial e inicia accións internas contra os edís rebeldes do Concello amiense", "text": "As augas seguen a baixar revoltas no PPdeG. Ao contrario do que cabería esperar no terceiro día despois do congreso previsto como unha cerimonia de aclamación a Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral do partido e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, viuse forzado a intervir na mestura de imputacións xudiciais e enfrontamentos internos que arde en Compostela e tamén en Ames, concello próximo á capital no que o conflito está unicamente motivado por leas intestinas. Despois de que, a última hora do martes, saltase á luz que o alcalde compostelán, Ángel Currás, é chamado a declarar como imputado noutro caso ademais de no Pokémon -desta volta, pola denuncia dun policía local- Rueda revelaba a súa intención de falar co rexedor este mesmo mércores. Quere coñecer \"exactamente os termos\" da imputación \"e a súa valoración\" ao respecto. Fronte á pechada defensa de Currás realizada polo propio Feijóo en pasadas semanas, o número dous do presidente semella medir agora moito as súas mostras de confianza cara ao sucesor de Gerardo Conde Roa. A posibilidade de que esta imputación estea vinculada co caso Espadas -o ex edil do PP de Santiago interceptado durmido ao volante do seu vehículo a altas horas da noite- non fai máis que avivar o lume, máis aínda despois do ascenso á portavocía do PPdeG de Paula Prado, principal opositora interna ao alcalde. Rueda falará con Currás para coñecer \"exactamente os termos\" da súa segunda imputación xudicial Neste marasmo Alfonso Rueda admite que lle gustaría que \"ningunha destas imputacións se producisen\" e, unha vez escoitadas as explicacións de Currás, aplicarase a máxima de que \"os órganos do partido examinen a actuación xudicial\". Non haberá unha \"dimisión automática\" do alcalde porque sería \"incoherente\" co xeito de proceder do partido, di, nun contexto no que non cabe \"equiparar imputación e culpabilidade nin pensar que todas as imputacións teñen a mesma gravidade\". Así as cousas, Rueda non aclara se a cúpula conservadora se decantará por forzar a marcha de Currás e fai o propio cando é cuestionado polo momento en que se resolverá a acumulación de cargos de Prado, que actualmente é concelleira, deputada e voceira do partido. \"A decisión será tomada nun prazo de tempo curto\", asegura. En todo caso, nega que as \"tensións\" existentes no grupo municipal de Compostela se vaian \"aliviar\" se Prado deixa o consistorio. Nesta liña, envía o enésimo recado aos seus compañeiros de Santiago: \"o que hai que facer é gobernar para os cidadáns e dedicarlle o menor tempo posible, ou ningún, a discutir entre as persoas\", advirte. A \"unidade\" como \"imaxe de marca\" A mensaxe oficial do partido incide na \"unidade\" mentres en Ames os edís populares deixan o alcalde en minoría Malia ter todas estas frontes abertas a mensaxe oficial do PP é que a intención dos seus dirixentes é \"protexer a unidade interna que é a súa imaxe de marca dende sempre\". Así o asegura a formación conservadora nun comunicado remitido aos medios, no que ademais atribúe a Rueda a explicación de que \"os populares non consentirán que a unidade, a cohesión interna e, en suma, o traballar unidos por un proxecto común, que sempre caracterizou o partido, se vexa comprometida por diferenzas particulares\". Con estas afirmacións o partido non terza na guerra aberta dos seus edís en Santiago, senón en Ames, onde catro dos concelleiros críticos co alcalde, Santiago Amor, abandonaron as súas áreas de goberno este martes despois de deixar o rexedor en minoría no último pleno -a corporación ten 21 edís e o PP logrou 11 actas nas eleccións-. Os díscolos de Ames serán obxecto dun \"expediente\" por \"rebelárense\" e, aínda que descartan tombar o alcalde, resta saber cal será o seu papel de agora en diante. En todo caso, os populares reafírmanse na súa mensaxe oficial: \"o PPdeG seguirase caracterizando por manter a unidade\" fronte \"a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas\"."}
{"ID": "NOS_13307", "summary": "Non hai nada que impida ao Estado español poder buscar os mariñeiros desaparecidos no naufraxio do 'Vila de Pitanxo'. De feito, tal e como inciden voces como a do avogado experto en dereito marítimo Miquel Roca, o Estado ten varias opcións a través das que realizar a busca. Mais lamenta que non se execute ningunha.", "text": "Miquel Roca, avogado experto en dereito internacional e dereito do mar e membro da London Maritime Arbitrators Association responde cun \"rotundamente si\" á pregunta de Nós Diario de se o Estado español podería facer máis na busca dos mariñeiros desaparecidos do 'Vila de Pitanxo'. \"Até agora encargouse da repatriación dos corpos e nada máis\", lamenta. En conversa con este diario, Roca debulla diferentes posibilidades que podería exercer o Estado español a respecto de operativos de busca, desde mandar medios propios á zona até chegar a un acordo con Canadá ou mesmo, engade, \"un acordo con empresas privadas que se dedican a isto\". Porén, critica, a día de hoxe non exerceu \"ningunha\" das posibilidades. Torcuato Teixeira, avogado especialista en dereito pesqueiro e secretario xeral de Pescagalicia, lamenta que as operacións de busca e rastrexo dos desaparecidos se interrompesen apenas 36 horas despois do naufraxio. \"Non só hai que seguir mentres hai esperanzas de atopar alguén con vida\", manifesta a Nós Diario. \"Tamén se debe seguir para tentar atopar os corpos, é algo que non se debe valorar simplemente en termos económicos\". \"Un mínimo\" Teixeira considera que \"o ideal\" sería que a nivel internacional houbese un protocolo que regulase aspectos relacionados coa busca de desaparecidos no mar, \"determinar un mínimo de días de busca, un mínimo de medios e actuacións...\". Para Roca, a non existencia dese tipo de protocolos a nivel internacional non pode ser \"escusa\" para non exercer algunha das diferentes opcións que o Estado español ten para organizar ou encargar a busca. \"Non hai nada que lle prohiba nesas augas ao Estado español estar buscando os mariñeiros\", reitera. \"Non hai absolutamente ningún impedimento\", acrecenta, \"é inconcebíbel que non fixese nada aínda\". Este avogado pon como contraste fronte a este comportamento o doutro país de gran tradición mariñeira, Xapón, \"onde aos desaparecidos no mar búscanos durante o tempo que faga falta, empregando todo tipo de medios\". \"Estamos todos no mesmo barco\" Alberto Blanco, patrón do 'Isla de Terranova 2', atende Nós Diario mentres ultima as tarefas de partida do barco cara a Terranova. Acumula 27 anos de experiencia naquel caladoiro —\"son un veterano, eu vivín a guerra do fletán con Canadá\"— e reitera que \"o primeiro de todo é buscar esa xente\", en referencia aos mariñeiros desaparecidos. \"Pasoulles a eles e mañá pode pasarnos a nós, estamos todos no mesmo barco, e o mínimo é atopar os corpos para as familias\", indica, se ben recoñece que \"non é doado\". \"O que pasou é moi triste. O mar é así: o mar dá e o mar quita\". Pesqueiros galegos e portugueses proseguen naquelas augas até esta quinta feira, \"aproveitando a mellora do tempo\", a procura de tripulantes desaparecidos."}
{"ID": "NOS_13333", "summary": "O feche de locais públicos, dependente dos Concellos ante a actual situación por mor da Covid-19, deixa mestras e mestres de baile e música tradicional á intemperie, sen poder exercer a súa profesión.", "text": "A Asociación de Gaiteiras Galegas reclamou onte nun comunicado aos medios a creación dun protocolo propio que regule as escolas de baile e música tradicionais. Deixando claro que recoñece a necesidade de primar a saúde por riba de calquera presión económica, lembra a definición que a Organización Mundial da Saúde recolle par ao termo: \"Un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades\". Neste senso, apuntan que os \"beneficios na sociedade do sector da música e o baile tradicionais fan del, polo tanto, unha actividade esencial\". Reivindicando a súa importancia, desde a AGG non entenden o abandono que o sector está a sufrir por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade. Sinalan en especial o Diario Oficial da Galiza do pasado 4 de novembro, que deixa na man dos concellos, como responsábeis da saúde dos seus habitantes, a decisión de fechar ou non os locais públicos. A problemática Isto xera o xerme dunha problemática, denuncian: por un lado, gran parte das mestras e mestres de baile e música tradicionais son traballadoras legais (xa sexan autónomas ou empregadas dunha escola); por outro, os locais onde exercen a súa actividade son en meirande medida públicos, cedidos polos propios concellos, escolas ou outras entidades. \"Na actual regulación esta casuística non se contempla\", aseguran. As categorías nas que poden asumir a docencia do baile e a música son os centros privados de ensinanza non regrada (pola actividade realizada) e os centros socioculturais (polo lugar de traballo). \"Os concellos, en moitas ocasións, deciden ante a falta de claridade na normativa tomar a decisión máis restritiva: fechar os locais públicos\", indican desde a AGG. Protocolos específicos As súas exixencias son claras: un protocolo específico para as escolas de música e baile tradicionais \"nos que se aclare en que condicións podemos seguir operando\". Reclaman, aliás, que se recoñeza \"tanto a importancia do sector como a exemplaridade na execución das medidas preventivas, e que estas se regulen en función da singularidade inherente\" a este."}
{"ID": "NOS_50945", "summary": "\"Estado español, estado represor\", un dos cánticos coreados este serán, resume o espírito da mobilización de centos de persoas esta segunda feira nas cidades galegas en solidariedade con Catalunya e a prol da liberdade dos presos políticos.", "text": "A nutrida presenza de estreleiras e de militantes e simpatizantes das forzas soberanistas foi a nota dominante das concentracións habidas este serán en 8 localidades do país a secundar a convocatoria da plataforma Galiza con Catalunya. \"Fascismo nunca máis\" e \"Galiza Catalunya/solidariedade\" foron algúns dos cánticos máis coreados na concentración de Vigo, informa @GZContrainfo. Tamén houbo alusións directas ao xuíz Llarena, o instructor da causa contra o independentismo catalán: \"Llarena, fascista, ti es o terrorista!\". Na Coruña, na leitura do manifesto acabaron participando cataláns e catalás presentes na cidade que de forma espontánea se uniron á mobilización, na que tomou parte o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. En Compostela -onde leu o manifesto o escritor e colaborador de Sermos Suso de Toro e onde se cantou Els Segadores, o hino nacional de Catalunya- acudiron á mobilización a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o alcalde da cidade e dirixente de Anova, Martiño Noriega. Ao remate da concentración en Compostela cantouse \"Els Segadors\" #GalizaConCatalunya pic.twitter.com/VnVETFGDUm— Galiza Contrainfo 🔥 (@gzcontrainfo) 26 marzo 2018"}
{"ID": "NOS_54717", "summary": "Núñez Feixoo afirma que os informes sanitarios e xurídicos recomendan ir a eleccións antes do verán. Convoca para esta quinta feira unha xuntanza coas forzas da oposición.", "text": "As eleccións galegas adiadas o 5 de abril serán en xullo. Esa é a intención do presidente da Xunta, que compareceu hoxe para dicir que os informes sanitarios e xurídicos encargados sobre a data dos comicios recomendan que se vote antes do verán e para anunciar que convoca á oposición a unha xuntanza mañá, quinta feira, para tratar este tema. Que Feixoo tiña gana de que as eleccións fosen en xullo non é nada novo. Hai semanas que ao presidente da Xunta se lle ven as intencións, máis aínda desde que Iñigo Urkullu movera ficha e afirmara que quería que os vascos e vascas votasen en xullo. \"Temos que tomar a decisión xa\", dixo o presidente hoxe, resumindo as posibilidades en dous escenarios: ou votar antes do verán, en xullo, ou ben ir a despois de setembro. Aquí indicou que os informes encargados a expertos sanitarios e xurídicos recomendan que se vote \"axiña\". O presidente que se negou a pedir a blindaxe de Galiza ou o feche de Madrid cando ese territorio era o principal foco de infectadas, alega agora o perigo de que no verán veñan a Galiza habitantes de territorios moi expostos ao coronavirus para xustificar que se vote en xullo. Competencia \"Convocar eleccións é unha competencia indelegábel do presidente\", lembrou Feixoo, que anunciou que mañá manterá unha xuntanza coas forzas da oposición para abordar a data dos comicios. Evitou pronunciarse sobre o día concreto en que serán os comicios, alegando que debe escoitar á oposición, mais o calendario é claro: a estas alturas, os prazos fan que teña que ser 12, 19 ou 26 dese mes. Até hai uns días Feixoo defendía en público que as eleccións non estaban \"na axenda\"e que o principal era centrarse na loita contra a pandemia. PSdeG; Galicia en Común e BNG reprochábanlle que esas palabras non se correspondían coas présas do presidente para aparentar unha \"normalidade\" que xustificase poder votar antes do verán. \"Os informes de expertos din que hai máis garantías antes do verán que despois do verán\", sostivo hoxe Feixoo en varias ocasións. \"Escoitarei a oposición e tomarei unha decisión\", acrecentou. Unha decisión que el tiña tomado xa hai bastantes días. Estudo Na súa intervención, o presidente da Xunta referuse ao estudo no que o Sergas vai facer 100.000 tests. A primeira vaga de probas, 50.000. xa rematou e Feixoo indicou que mostran que \"só 1 de cada 100 galegos e galegas estivo ou está en contacto co coronavirus\". \"Estamos máis expostos a un rebrote\", sobre todo, recoñeceu, coa chegada de habitantes doutros territorios do Estado a Galiza nos meses de verán. Un argumento que agora lle val por intereses electorais e que no seu día criticou con dureza."}
{"ID": "NOS_1658", "summary": "A facultativa acusou o paciente de \"cortar a súa liberdade como médica\".", "text": "Un veciño de Bueu púxose en contacto con Nós Diario para denunciar unha \"vulneración\" dos seus dereitos lingüísticos que tivo lugar o pasado 1 de agosto no centro de saúde do concello. Triplícanse as queixas ante a Valedora do Pobo por vulneración de dereitos lingüísticos En concreto, o afectado acudiu ao centro sanitario para solicitar un informe médico que tiña que presentar ante a súa empresa. No momento de ser atendido pola facultativa, este pediulle que o escrito estivese redactado en galego, ao que a sanitaria respondeu, en castelán, \"estás cortando a miña liberdade como médica\" e \"ti sabes que aquí hai dúas linguas, non?\". Segundo a versión do veciño, el contestou que \"precisamente [por haber dúas linguas]... por iso che solicito que mo escribas nunha delas [o galego]...\", ao que a facultativa preguntou se llo pedían \"en galego para a empresa?\". \"Non, son eu quen quere que estea redactado en galego, creo que non é tanto pedir\", insistiu o paciente. Elsa Quintas: \"Queremos galego, en presente, con proxección de futuro\" A médica seguiu cuestionando sobre a petición de redactar o informe sanitario en galego, con argumentos tales como \"se te atopas con alguén que non saiba galego... porque non ten por que sabelo\" ou que no centro de saúde \"só fala galego un facultativo, e eu chapurréoo cando vén xente maior\". Reflexión do afectado Finalmente, o veciño conseguiu obter o seu informe redactado en galego. Un escrito que, segundo este, non ocupaba máis de dúas liñas, a pesar do cal \"case tiven que saír agradecido porque me fixera o favor de redactar unha liña de informe en galego\". Expulsan un doente do Cunqueiro por pedir unha documentación en galego Neste sentido, o afectado explica que se preguntou o seguinte: \"se lle solicitase o informe, xa non en inglés ou en francés, senón en español, esa outra lingua que tamén hai aquí, atoparíame coa mesma alocución que tiven que aguantar tan só por facer uso dos meus dereitos lingüísticos? Poño a man no lume a que non\". Para este veciño de Bueu, \"semella obvio que non é certo na Galiza existen dúas linguas en pé de igualdade\". Tamén criticou o \"bilingüismo harmónico defendido\" polo Goberno galego. O Goberno español mantén a sanción a un veciño de Rianxo por reclamar ser atendido en galego polo Sergas Aliás, acusou a Xunta de ser un \"goberno lingüicida rexido polo Partido Popular (PP) e implementado, na vertente lingüística, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística\"."}
{"ID": "NOS_11314", "summary": "O seu campo de especialización é o das diversas e inesgotábeis músicas estadounidenses, por veces máis ou menos de raíz. Os cinco concertos que compoñen o Outono Códax Festival son unha nova proba, que se poderá testar en diversas salas de Compostela entre o 15 de outubro e o 1 de decembro.", "text": "\"O encontro volve xuntar os sons máis selectos do rhythm and blues, o soul e o rock'n roll clásico a través dunha coidada programación que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas e bandas de referencia internacional, destacados nomes da escena estatal e algunhas das formación galegas máis relevantes ou emerxentes\", expón a organización, impulsada por Raíña Productions e A Reixa co patrocinio da adega Martín Códax. Os promotores do Outono Códax presumen ademais de que, agás as bandas galegas, todo o cartaz será inédito no país: \"Facilitamos o acceso dos fanas ao directo de artistas de renome que dificilmente chegan aos escenarios galegos\". Velaquí a oferta da súa novena edición: Helen and Shana. Cuarteto galego que se move entre o folk psicodélico e unha idea aberta do que se chamou \"músicas do mundo\". Con letras en galego portugués, castelán e inglés, están a presentar o seu primeiro disco, Tempo. Abrirán o festival o 15 de outubro no bar Flamingo, con libre acceso até completar aforo. Kim Lenz e The Rhum Runners. A estadonindense Kim Lenz é un dos vultos a salientar do Outono Códax. Raíña do rockabilly contemporáneo, a revista Rolling Stone definiuna cun expresivo \"se Elvis fose muller probabelmente soaría como Kim Lenz\". No seu currículo atópanse concertos con mitos do xénero como Wanda Jackson ou Janis Martin. Acompañárana os franco belgas The Rum Rhuners, cruce de rock & roll con groove asiático e caribeño. Será o 19 de outubro na Sala Capitol. The Reverend Shawn Amos e Los Torontos. A súa proposta é blues, o xénero que seguramente respira na base de todas as músicas afroamericanas. O neoiorquino Reveren Shawn Amos engádelle soul e pop e factura incandescentes actuacións. A mesma noite compartirán escenario con el Los Torontos, formación catalá de surf e frat rock. 9 de novembro na Sala Capitol. Andrew Combs. Country de aires soul ou soul infectado de country, eis o nó musical de Andrew Combs. Nado en Dallas (USA) pero chegado de Nashville, o seu terceiro disco, All these dreams, acumula 15 millóns de reproducións no Spotify. 29 de novembro no Riquela Club. Nikki Lane e The Fabulous Resaca Brothers. O peche do Outono Códax correrá a cargo do country rock da estadounidense Nikki Lane, definida como \"nova dama da denominada música americana\". \"Potentes letras e guitarras típicas do blues e o country pop dos 60\" serven a unha Lane que está a piques de publicar o seu cuarto disco. O blues eléctrico dos galegos Fabulous Resaca Brothers abrirán o concerto. 1 de decembro na Sala Capitol. Nota: presentación do Outonoa Códax Festival 2019 este 10 de setembro en Compostela."}
{"ID": "NOS_27159", "summary": "O multimillonario xa é dono doutra sede da compañía Meta, neste caso en Seatle, nos EUA.", "text": "O fundador de Inditex, Amancio Ortega, negocia estes días a compra da futura sede de Meta, compañía que integra Whatsapp, Instagram e Facebook, en Dublín. Segundo desvelou o portal React News, Ortega está a empregar a compañía de investimentos Pontegadea para levar a cabo a compra, que alcanzaría os 550 millóns de euros. Os beneficios de Amancio Ortega medraron 33% en 2021 Esta futura sede, coñecida como Fibonacci Square, conta cunha superficie aproximada de 100.000 metros cadrados, seis edificios e capacidade para albergar máis de 8.000 persoas. O multimillonario xa é dono doutra sede de Meta, neste caso en Seatle, nos EUA, que adquiriu en 2019 por unha contía próxima aos 375 millóns de euros, e que agora aluga á propia compañía fundada por Marck Zuckerberg. Cada 30 horas hai un novo 'milmillonario' e case un millón de persoas máis en risco de pobreza extrema O Fibonacci Square está proxectado para ser a maior sede de Meta fóra do territorio dos Estados Unidos, e xestionará os efectivos da compañía en Europa, Oriente Medio e África. Beneficios récord en Inditex Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.794 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2022-2023 (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), o que supón un incremento de 41% respecto ao mesmo período dun ano antes, segundo informou a pasada semana a compañía, que resaltou que as vendas, resultado bruto de explotación (Ebitda) e beneficio neto alcanzaron un máximo histórico. Inditex incrementou en 41% os seus beneficios no primeiro semestre do ano fiscal En concreto, as vendas, que foron positivas en todas as áreas xeográficas, alcanzaron 14.845 millóns de euros, 24,5% superior ás dun ano antes, mentres que as vendas a tipo de cambio constante creceron 25%. Pola súa parte, o Ebitda creceu 30%, até 4.029 millóns de euros, mentres que o resultado neto de explotación (Ebit) creceu 44%, até 2.431 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_14608", "summary": "32 anos. Secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG). Parlamentar de En Marea e vicepresidenta segunda do Parlamento Galego. Eva Solla advoga por unha Marea que sexa unha estrutura ampla, un \"catalizador\" dos movimentos sociais. É a entrevista política do Sermos221. Eis un avanzo.", "text": "(...) Eu xa veño dun partido político [PCG] e xa teño unha organización máis ampla que é EU e non creo que necesitemos unha estrutura semellante a un partido orgánico. Necesitamos algo amplo que sexa o catalizador e horizontal coas mareas municipais e os movimentos sociais. Algo que vén do xérmolo da propia En Marea é o respeito ás organizacións políticas que achegamos militancia e candidatos e candidatas e tamén o respeito á propia independencia das propias mareas municipais. Por tanto, iso é importante á hora de construír o tipo de organización que decidamos que sexa En Marea. En definitiva, non advogas pola disolución no seo de En Marea dos suxeitos políticos previos. Loxicamente non. Como dirixente comunista, que pensas cando desde sectores de En Marea se apela á socialdemocracia? Un principio do comunismo é participar nas frontes de masas e sabemos que vamos participar con compañeiras e compañeiros que no ámbito da esquerda non coinciden nalgúns aspectos connosco. A nosa obriga é ter a capacidade de pór por enriba os intereses da clase traballadora. Hai persoas que apoian o conceito da socialdemocracia en si, outras veñen do ecoloxismo... O grande disto é chegar a pontos en común. Nese sentido, o traballo que temos que facer os comunistas aí é tentar que a nosa proposta sexa a maioritaria e por iso temos que traballar nesas frontes máis amplas. A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos221, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_21880", "summary": "Incrementou un 2,56% no primeiro trimestre e xa supón o 19% do produto interior bruto (PIB) de Galiza.", "text": "A débada pública galega móvese de récord en récord e fechou o primeiro trimestre de 2016 cunha nova marca: 10.641 millóns de euros, un aumento do 2,54%. Os dados do Banco de España apontan que a débeda pública galega supón o 19% do PIB do noso país. A finais de 2015 representaba o 18,6% do produto interior bruto, polo que o aumento nestes meses foi do 0,4%. Os 10.641 millóns de euros en débeda pública repártense en case 5.000 millóns a longo prazo e 5.700 millóns en empréstitos. Destes, 2.512 millóns de euros corresponden a institucións financeiras, 1.713 con fondo de financiamento do goberno español a autonomías, 396 millóns a asociacións público-privadas e 1.175 millóns co resto do mundo. A débeda das empresas públicas de Galiza (que non se inclúe na das administracións) é de 30 millóns de euros. Aquí si que houbo unha redución a respeito do trimestre anterior. Etapa Feijóo A débeda pública de Galiza bate récords baixo o mandato de Núñez Feijóo. En 2015 supuxo o 110% da débeda pública galega que había en 2009, ano no que o PP retornou á Xunta, e que era de 4.859 millóns. Unha débeda que entón supuña o 8,6% do PIB galego, 10 pontos menos que o que representa na actualidade. O 2014 xa se despediu deixando unha débeda pública galega a niveis de récord, 9.961 millóns de euros (18% do Produto interior bruto), mais esa cifra foi superada xa no 2015. E no 2016 semella ir por idéntico camiño. Cada galego soporta unha media de 3.750 euros por débeda autonómica (cifra que se dispara a máis de 9.000 de se lle sumar outros pasivos: do estado, concellos...). Antes da chegada de Núñez Feijóo, esa débeda autonómica per cápita que agora é de 3.733 euros era de 1.756 euros. Dous mil euros menos."}
{"ID": "NOS_36263", "summary": "O incumprimento da Carta Europea das Linguas é \"gravísimo\" e así llo fixo saber a Mesa pola Normalización ao Comité de Expert@s que visitou Galiza.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) defendeu diante do Comité de Expert@s que se desprazou a Compostela para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas un informe no que se denunciou o grande retroceso que está a experimentar o proceso de normalización lingüística. A asociación dedicada á normalización do galego, a de maior número de asociados, presentou un informe no que se avaliaron os incumprimentos da Carta nos distintos ámbitos recollidos no documento, educación, xustiza, administracións públicas, medios de comunicación, servizos e actividades culturais, vida económica e social e intercambios tranfronteirizos. Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, \"o incumprimento é gravísimo e o noso informe evidencia os pasos atrás que se están a dar no proceso de normalización lingüística desde que Feijóo preside o goberno da Xunta\". Para a elaboración do informe, a Mesa recolleu as aportacións de varias entidades que traballan nos distintos ámbitos de normalización da lingua. \"O incumprimento é gravísimo e o noso informe evidencia os pasos atrás que se están a dar no proceso de normalización lingüística desde que Feijóo preside o goberno da Xunta\", Marcos Maceira Na presentación da avaliación diante do Comité de Expertos, un dos seus compoñentes mostrou interese en saber se a Mesa fora consultada para a elaboración do informe oficial do goberno do Estado. \"Respondemos que en ningún momento contaran coa nosa opinión para a elaboración dun informe que falsea a realidade do galego, fai propaganda de accións irreais nuns casos ou maquillan a situación noutros para dar sensación de que están cumprindo. Agocha, en definitiva, un retroceso histórico dos dereitos lingüísticos e mesmo chegan a atribuírse iniciativas que son da sociedade civil\", afirma Marcos Maceira. A Mesa denunciou no seu informe que no ámbito educativo estanse a aplicar medidas que van contra a normalización da nosa lingua como o decreto contra o galego, concretamente o límite de presenza da nosa lingua nas aulas ou a ausencia do galego na educación infantil. Fixo referencia tamén á redución de apoio ás equipas de normalización, á introdución da Lomce ou á inexistencia de materiais en soporte dixital en galego. Na educación para adultos denunciou, máis unha vez, o despedimentos do profesorado do CELGA. No campo da xustiza, a MNL fixo chegar ao Comité de Expertos a queixa porque o programa da Xunta impide a utilización do galego nos tribunais así como o feito de que o galego continúe sen ser requisito para acceder á xudicatura, fiscalía ou aos postos das secretarías. A Carta recolle que a vontade do cidadán ten que abondar para que un proceso xudicial se desenvolva unicamente en galego mais iso, segundo sinalou, non é posíbel no caso do galego. \"O informe do Estado falsea a realidade do galego, fai propaganda de accións irreais nuns casos ou maquillan a situación noutros para dar sensación de que están cumprindo\", valoran na Mesa Dirixirse á administración do Estado en galego tampouco é, segundo a Mesa, tarefa fácil xa que non existen formularios en galego e na administración electrónica a nosa lingua está ausente. Como exemplo, o informe recolle o rexeitamento de bolsas predoutorais por seren presentadas en galego ademais de demoras e molestias á cidadanía que pretende actuar con normalidade en galego. O mesmo acontece na administración local na que, segundo a mesa, a privatización está a conlevar a merma da prestación de servizos en galego. Increméntase, pola contra, o número de cargos políticos que teñen no español a súa lingua de comunicación. Recollen tamén desde a Mesa a redución drástica que sufriron os servizos de normalización lingüística dos concellos. A marxinalidade do galego en radios e TDT ademais da inexistencia de diarios na nosa lingua foi outro dos datos aportados pola Mesa para probar o incumprimento da Carta Europea das Linguas. As eivas, cada vez maiores A barreira da Galiza con outros espazos de fala galega fóra das nosas fronteiras e mesmo con Portugal, contravindo as recomendacións da Carta, queda á vista nos servizos e actividades culturais ademais de na posibilidade de emisión das televisións e radios públicas fóra dos territorios propios. En canto ao sector audiovisual, no marco da cultura, grave é a imposibilidade de distribución das obras en salas comerciais ademais da inexistencia de dvds traducidos doutras linguas. A redución de orzamentos para dobraxe na CRTVG afonda nesta situación. No ámbito económico, a Mesa quixo facer mención ao retroceso da normalización nas entidades bancarias, en especial, desde a privatización das caixas de aforros e o nacemento de ABANCA, onde a lingua experimentou unha merma substanciais en contratos e trámites. A contratación por parte da Xunta e o Sergas foron outros dos focos que constatan, segundo a entidade presidida por Marcos Maceira, un maior incumprimento da Carta Europea das Linguas. \"Fronte a cerca de duascentas disposicións do Estado que obrigan ao uso de castelán en actividades comerciais ou información aos consumidores só hai unha que ampara o galego e non hai ningún mecanismo para facela cumprir, o que mostra a imposibilidade de usuarios de se expresar en galego\", comenta Marcos Maceira, nun dos múltiples exemplos que insiren no informe que agora avaliará o Comité de Expertos. A Mesa disponibiliza o informe completo na súa páxina web."}
{"ID": "NOS_12897", "summary": "\"O PP fai un xogo político perverso ao tentar bloquear os orzamentos\", avalía o alcalde de Lalín. Cuíña perdeu esta segunda feira o primeiro asalto da moción de confianza, mais o tempo xoga ao seu favor: o PP ten imposíbel apresentar unha moción de censura con opcións de éxito no prazo dun mes. De non o facer, a confianza consideraríase outorgada e os orzamentos, automaticamente aprobados.", "text": "\"Tranquilo\", así se define Rafa Cuíña en conversa con Sermos Galiza. Ten razóns para estalo. A lei antitransfuguismo impide que o PP puidese utilizar o escano do concelleiro que se escindiu no seu día de Compromiso por Lalín. A censura non ten así condicións aritméticas de se realizar. Mais o alcalde de Lalín si está preocupado porque a posta en andamento das contas municipais se vai adiar por volta de \"mes e medio\", co conseguinte prexuízo para a veciñanza. \"O PP pon os seus intereses partidarios por cima do das veciñas e dos veciños\", di Cuíña. Está certo de que a estratexia do PP se vai voltar na súa contra. \"Vai ter un efeito boomerang. Aínda falei esoutro día con importantes empresarios locais que me dixeron que non entendían estas manobras obstruccionistas\", di Cuíña. O orzamento de Lalín para 2017 ascende a por volta de 15 millóns de euros. Mais non só está iso en xogo, senón tamén os 6 millóns de euros de fundos europeus logrados polo executivo local (CxG, PSdeG, BNG, APAC] para a transformación do centro urbano da vila. \"É a máxima cantidade á que podía aspirar un concello de 20 mil habitantes. Tería sido unha irrresponsabilidade non termos apresentado esta moción de confianza ligada á aprobación dos orzamentos, porque de non facelo teríamos posto en risco eses fundos europeus\". Critica tamén Cuíña a nula disposición ao diálogo do PP, \"nen sequer quixeron falar sobre as emendas parciais\"."}
{"ID": "NOS_38834", "summary": "Catro concelleiros nacionalistas marcharon ao PSOE e encabezarán a candidatura da formación de Pedro Sánchez. A dirección do Bloque considera que \"son modos da vella política\" e garante que haberá candidatura do BNG en Sobrado dos Monxes nas municipais do 24M.", "text": "O BNG \"lamenta e condena\" o que cualifica como \"operación de transfuguismo político impulsada polo PSdeG-PSOE\" no Concello de Sobrado dos Monxes, en referencia á marcha de catro concelleiros nacionalistas para encabezar a candidatura dos socialistas nese concello nas municipais. A dirección do Bloque afirma que con esta \"acción eticamente reprobábel\" e feita \"a menos de 24 horas do peche das candidaturas aos comicios municipais do 24 de maio\", López Besteiro \"pretende agochar a súa falta de implantación política neste concello coruñés\". Porén, di a fronte nacionalista, o BNG vai presentar candidatura en Sobrado. @s nacionalistas están convencidos de que nas municipais a veciñanza de Sobrado \"vai censurar o comportamento do Partido Socialista nas urnas, por pretender suplantar con oportunismo electoral a súa falta de representación en Sobrado dos Monxes\"."}
{"ID": "NOS_23356", "summary": "O que fora tamén alcalde da cidade invita a deixar a un lado as siglas. Na súa intervención no pleno municipal -na que rachou coa disciplina de voto do PP apoiando unha moción do BNG-, recoñeceu que \"non\" comparte moitas das decisións que se adoptaron polo PP local. Foi unha clara alusión á recuperación do pacto co rexedor Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá), entre outras cuestións, e explicou que marcha porque \"precisa volver\" á Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.", "text": "O popular Jesús Vázquez Abad, o que fora conselleiro de Educación con Alberto Núñez Feixoo e tamén acadara a Alcaldía de Ourense, presentou esta quinta feira a súa dimisión con concelleiro desta última cidade. Aliás, renunciou ao seu cargo como senador por designación autonómica, dando por fechada esta etapa na política activa. O coordinador local do PP fixo pública a súa marcha no último pleno municipal, que implicará que o partido quede controlado por unha xestora até o próximo congreso. Vázquez, que revelou o seu destino ante as mensaxes doutras e outros edís na quenda de rogos e preguntas, recoñeceu que \"non\" compartiu moitas das decisións que foi tomando a formación. Esta afirmación tivo tamén unha lectura en clave de goberno de coalición con Gonzalo Pérez Jácome e Democracia Ourensá -cunha profunda crise na terceira cidade da Galiza derivada da ruptura e posterior reactivación do pacto após non apoiar a moción de censura encabezada polo PSOE-, se ben garantiu que as diferencias non son o motivo da retirada. A pesar de que era a premisa dos populares, Vázquez nunca ocultou os desacordos co alcalde, quen esta mesma semana o acusaba a través das súas redes sociais de facerlle \"a oposición desde dentro\". \"Solicitará o Concello de Ourense fondos para levar a cabo proxectos na cidade ou pensará que cos aforros xa chega?\", preguntaba no tweet ao que Pérez Jácome respondía \"facendo oposición desde dentro... insólito\". Tras esa última pequena liorta pública, esta sexta feira, minutos antes de coñecerse a súa renuncia no Concello, rompía por primeira vez a disciplina de voto do PP, desde que se produciu o acordo de goberno, ao votar a favor nunha moción presentada polo BNG en relación aos fondos europeos para renovar a frota de autobuses locais mentres que o resto do partido abstívose. Novos camiños Respecto do seu futuro, aclarou que \"necesitaba volver\" á súa \"outra casa\", é dicir, á Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Antes de despedirse, comentou que fai seus \"os fallos e os éxitos de todas as persoas\" traballaron ao seu lado e que \"é un pracer servir a Ourense\". \"Se cadra é o momento indicado para pensar en Ourense e poñer os intereses da cidade por diante de todo e por encima do que son as siglas do noso partido político\", subliñou. \"Creo que Ourense merécese políticos que primen por encima das diferenzas, só así poderemos sacar esta cidade adiante\", resumiu."}
{"ID": "PRAZA_3893", "summary": "Habería moitas posibilidades, tan só debemos estar abertos e apostar polo mantemento dos coidados na propia comunidade e veciñanza. Non pode ser que non nos deixen coidar e asemade non nos oferten servizos de coidados adecuados.", "text": "A situación que estamos a vivir en plena pandemia do Covid-19, con noticias e imaxes diarias tristes e durísimas que evidencian a vulnerabilidade extrema das persoas en residencias de maiores e, consecuentemente, tamén das que traballan nelas, deberíanos facer pensar en profundidade se o modelo de coidados que temos implantado actualmente é o que necesitamos ou o que queremos. Que non é seguro xa o constatamos con esta crise da Covid-19, mais cómpre pensar se ademais de buscar sistemas seguros, queremos tamén sistemas máis humanos, pois ben sabemos que moitas das veces a seguridade e a humanidade non van da mesma man. O sistema de coidados orientouse fundamentalmente ao sistema de residencias, en detrimento doutros programas máis normalizados que lles permiten ás persoas permanecer no seu medio, como son os centros de día e os programas de axuda no fogar. Esta última opción mesmo foi diminuíndo en intensidade ao longo destes últimos anos. Cómpre salientar que a Lei da Dependencia, dotada de carácter universal no seu artigo 3, rematou tendo un carácter fundamentalmente asistencialista, de xeito que máis ca un modelo de atención, hoxe, na práctica, constitúe unha medida de conciliación. Isto é así en primeiro lugar porque non dá cobertura a todas as necesidades, pois, entre outras cousas, dende que se detecta a necesidade ata que se fai efectivo o dereito pasa con toda probabilidade máis dun ano, no mellor dos casos. Hai que ter en conta que estamos falando dunha poboación moi vulnerable, que comeza a demandar as axudas cando se detecta un problema de dependencia, e que os prazos para a vellez fanse máis curtos debido á probabilidade de falecementos. Por outra parte, tamén afastou os entes locais das decisións administrativas e máis concretamente da valoración social, xa que para determinar o grao de dependencia e polo tanto a rapidez de acceso ao servizo, a valoración social non se ten en conta.Imos analizar, daquela, en que situación están os recursos de residencias, cos que agora mesmo as traballadoras sociais nos vemos abocadas a traballar no sentido de ofertalos ás persoas maiores como practicamente a única alternativa existente a unha situación de convalecencia ou dependencia.Na provincia de Lugo, o número de prazas privadas en residencias para a terceira idade supera ao total de prazas públicas en 220 prazas. Existen un total de 2.155 prazas privadas e un total de de 756 propias da Xunta, que sumadas ás 837 prazas financiadas, fan un total de 1.593 prazas públicas da Xunta. Se sumamos as 342 prazas da administración local temos un total de 1.935 prazas públicas. Se se ten en conta a ratio de prazas recomendada pola ONU (5 prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos) serían necesarias 4.792. Polo tanto, atopámonos con que na provincia de Lugo sería necesario crear 2.857 prazas a maiores das que xa temos. Mesmo contando coas 2.155 prazas privadas, habería que crear 702 prazas para cumprir coa recomendación.Non é de estrañar que a Administración local, pese a que as competencias sexan da Xunta, decidise crear 342 prazas de convivencia alternativa nos seus concellos para non afastar as persoas maiores do seu medio de vida e socialización.Vexamos a situación de forma gráfica:En canto á distribución, temos case unha total ausencia de prazas públicas (referímonos ás prazas públicas por ser a Administración autonómica a responsable da planificación deste tipo de recursos) nas zonas orientais e occidentais. Tamén se dá esa ausencia de prazas en concellos da Terra Chá como Muras, Guitiriz, Xermade, Cospeito, Begonte e Abadín. Destaca a escasa achega de prazas públicas na Mariña central e na Mariña oriental por parte da Xunta con tan só 21 e 24 prazas respectivamente. Aínda que Lugo figura con prazas, estas non son suficientes, pois a porcentaxe de necesidade na provincia, segundo a ratio establecida pola ONU, sería de 946,85 plazas a maiores das que xa temos. Resulta rechamante que sexan precisamente as zonas máis illadas e con maiores problemas de comunicación as que non dispoñan de ningún recurso alternativo de convivencia, como toda a comarca dos Ancares e o concello de Folgoso do Courel. Nalgúns destes concellos sería necesario crear outro tipos de recursos baseados en pequenas unidades de coidados, tendo en conta veciñanza e comunidade. Tamén aquí é necesario subliñar que a Lei da Dependencia, debido a esa exclusión da valoración social da que se falou antes, non prioriza que determinadas zonas, polo seu illamento, teñan máis intensidade dun determinado servizo como é o de axuda no fogar ou que os servizos sociais poidan articular servizos a medida. Vese, entón, o carácter global e estandarizado da Lei e tamén dos servizos sociais en canto non se dá competencia aos concellos para artellar sistemas específicos. Semella, entón, que estes concellos están a pagar xustamente a dificultade das súas comunicacións e a súa demografía, factores que evidentemente non deberían servir de excusa para deixalos sen servizos nin alternativas de coidado, senón máis ben de xustificación para un esforzo de investimento na prestación destes servizos. Poderíase dicir que quen decide onde se crean prazas públicas son en xeral as residencias privadas, que equivale a dicir que quen decide onde se coida e como é a inversión privada, é dicir, os fondos de inversión. Pódese observar como loxicamente as prazas financiadas, que son máis que as propias da Xunta (837 financiadas e 756 propias da Xunta) adoitan estar localizadas dentro das residencias privadas de gran tamaño. Non se coñecen os criterios empregados para a localización ou a creación de residencias, agás o criterio de \"maior poboación\" ou outros que corresponden á lóxica da inversión privada.Pero o que cómpre cuestionármonos aquí non é tanto a escaseza de prazas residenciais, que é un feito, senón o modelo de coidados que temos. Que modelo de coidados queremos? Queremos coidados de proximidade e vinculantes? Queremos que as residencias tal e como as concibimos na actualidade sexan unha alternativa residencial aos nosos maiores?O sistema residencial actual baséase en residencias fundamentalmente privadas que destacan por seren espazos inmensos nos que a mirada ás veces confusa das persoas maiores se perde nunha profunda tristura motivada pola certeza dunha morte na máis radical das soidades e do desarraigo: Fundación José Otero en Compostela con 150 prazas, Domuvi de A Coruña con 150, Domusvi de Chantada con 201, Domusvi de Viviero tamén con 150 prazas e outras que están espalladas por Galicia e que, aínda que non son tan grandes, superan, na meirande parte, os 50 residentes. Só hai que dicir que as residencias privadas dan cobertura neste momento ao 80% de prazas de maiores en Galicia. Galicia conta con 314 concellos, dos que 257 teñen menos de 10.000 habitantes, fronte aos 57 que sobordan este límite. Un factor relevante que vén engadirse a esta cuestión meramente numérica é o das circunstancias xeográficas complicadas que teñen moitos concellos de toda a provincia. Estes simples datos son determinantes para comezar a pensar noutro tipo de servizos adaptados ás características da nosa xeografía e o noso territorio, pois temos un predominio da pequena escala en Galicia, á que cómpre adaptarse e que impide que a copia de modelos alleos funcione ben no noso contexto. Curiosamente, malia a feminización histórica dos coidados, non semella que se teña escoitado a aquelas que tradicionalmente asumiron e nas que recaeu a ética dos coidados, pois probablemente ningunha coidadora recomendaría a residencia de gran tamaño para coidar nin ser coidada.Pola contra, se avaliamos a dispoñibilidade de servizos de pequeno tamaño, que cumpren condicións de proximidade e arraigo, xa que a maioría están emprazados en zonas rurais, só contamos con 78 vivendas comunitarias e 16 pisos tutelados de carácter público para toda a provincia.Vemos, entón, que a administración da Xunta apostou claramente por prestar servizos a través de residencias de gran tamaño para a atención dos maiores e por modelos de carácter privado (máis, se se ten en conta que mesmo na práctica totalidade das residencias públicas a xestión tamén é privada), deixando as zonas rurais, e especialmente as da alta montaña luguesa, nun desleixo e abandono que non é novo. A isto cómpre engadir que, aínda que unha residencia da Xunta estea situada nun determinado concello, iso non garante que as persoas maiores empadroadas no mesmo poidan ter acceso inmediato, debido ao sistema de asignación de prazas que hai vixente.Temos, por outra banda, que Galicia ten as provincias con máis vivenda baleira de España, sendo Lugo a segunda provincia de todo o Estado por este parámetro, seguida de Ourense. Sería importante pensar que imos facer con tanta vivenda baleira, e máis se se ten en conta a proxección da mesma dentro duns 10 anos. Segundo datos do IGE a 31 de decembro, un 14,64% dos fogares na provincia de Lugo están compostos só por unha persoa maior de 65 anos, e un 9,83% dos fogares, por dous membros maiores de 65 anos.Outro dato que cómpre considerar de cara á planificación de servizos alternativos de convivencia das persoas maiores é o relativo ás características do parque da vivenda en Galicia: segundo datos do IGE a 31 de decembro de 2019, un 16,74% das vivendas teñen máis de 7 espazos (espazos de 4 ou máis metros cadrados) e un 80% máis de 5. Ademais, o 71% do parque de vivenda de Galicia ten espazos superiores aos 76 metros cadrados e un 22% das vivendas supera os 100 metros cadrados.Queda claro que coas características do parque de vivenda en Galicia, a súa adaptación e rehabilitación podería ser unha vía importante para planificar servizos de proximidade e coidados para maiores en Galicia. Habería que ter en conta que os problemas residenciais non son efecto da propia vellez, senón da idiosincrasia das políticas de vivenda e do espazo, baseadas na especulación ao longo dos anos. O contexto europeo fornece outros modelos de alternativas de convivencia. En Suecia, hai xa moitos anos, transformaron as grandes residencias en unidades de convivencia de 8 a 12 persoas, practicamente empregando o mesmo persoal, na procura dun ambiente máis personalizado e humanizado.É o momento de crear debate social arredor de como queremos ser coidados. Se queremos servizos de proximidade baseados máis na socialización ou seguiremos cos modelos actuais nos que a especulación e mercantilización se converteron no eixe principal no deseño e a oferta dos mesmos. As persoas maiores precisan de referencias claras que compensen a perda de capacidade e socialización. A casa, o barrio, o lugar, convértense nas súas referencias, sendo estes os espazos que vertebraron e uniron todas as facetas e fases das súas vidas. Cando sexamos maiores, e para os que xa o son agora, a identidade, a continuidade e o recoñecemento dotan de sentido á vida. O sentido de verse recoñecido é fundamental: todas as persoas son alguén no seu barrio, no lugar ao que pertencen, son Pedro, María a da casa de abaixo, ou Antonio o do primeiro. Nunha residencia non son ninguén, rachouse o elo que as vencellaba á vida, acabáronse as referencias. O feito de ingresar nunha residencia, de romper ese espazo de socialización, é das circunstancias máis dramáticas que experimentan as persoas, e así o vexo a diario no meu traballo como traballadora social nun hospital, e así é tamén, como apuntan moitos estudos, no sentido de que case ninguén quere ir a unha residencia.Daquela, cómpre reivindicar máis coidados no domicilio, aumentar as axudas á conciliación de forma que nos permitan coidar dunha forma digna e desafogada. Non debería ser como é actualmente, que non nos permitan coidar. Coidar debería ser visto como un privilexio, un privilexio compartido, como unha responsabilidade levada con orgullo e non como unha carga coa que non se pode e como un traballo totalmente desvalorizado sempre a cargo das mulleres.Boto de menos diversificar a oferta de recursos sociais que podería incluír servizos baseados na socialización e colectivización dos coidados, servizos que vinculen, axudas á contratación para coidados de máis dunha persoa en domicilios próximos, axudas para a adecuación de vivendas onde se poidan compartir coidados, programas para mudar de vivenda cando a propia xa non se adapte, programas da propia administración para estimular e incentivar a organización de circuítos de axuda e de coidados por parte das comunidades e un longo etc. Habería moitas posibilidades, tan só debemos estar abertos e apostar polo mantemento dos coidados na propia comunidade e veciñanza. Non pode ser que non nos deixen coidar e asemade non nos oferten servizos de coidados adecuados.Este enfoque faríanos sentir ás traballadoras sociais e a moitas persoas que traballamos no campo da intervención social orgullo pola nosa profesión. Permitiríanos levar o traballo coa máxima dignidade e deixar atrás a apatía e aborrecemento diario con que imos a traballar por sentirmos que algo estamos a facer mal, que os principios con que foi creada a nosa profesión non guían o noso labor diario de axudar a persoas pola falta de recursos, programas, persoal e a máis absoluta carencia de coordinación e cooperación entre os mandos da organización das distintas administracións e as e os profesionais do campo da dependencia e a asistencia social. Non debería ser preciso lembrar ao Goberno da Xunta que o coidado dos maiores e dos menores constitúe a base dunha sociedade e dun Goberno que respecta os dereitos humanos. Non vai ser a entrega dos coidados das persoas maiores ás empresas privadas o que garanta, nin agora nin no futuro, a saúde, a seguridade nin, por suposto, o benestar dos nosos maiores."}
{"ID": "NOS_57116", "summary": "Damos la más fervorosa bienvenida a tan valioso elemento de la juventud gallega que lleva \"na fronte una estrela e no bico un cantar\" y nos felicitamos por el valioso aporte de su fervor galleguista y de su inteligencia a nuestro colectivo. No mes de novembro de 1949 Opinión Gallega de Bos Aires saúda a chegada de Ramón de Valenzuela. En decembro apareceu outro saúdo en A Nosa Terra. O Valenzuela que chega á Arxentina en agosto de 1949 xa non é o mozo destemido e esperanzado que se pasou ao exército republicano o 10 de decembro de 1937. Ten unha nova bagaxe política e ideolóxica produto da guerra, do breve exilio francés e dos anos vividos na prisión e na ditadura.", "text": "Valenzuela combateu co exército republicano formando parte do cuartel xeral de Enrique Líster e encadrouse no Servizo de Intelixencia Especial Periférico do Exército republicano. En Barcelona reencontrouse cos compañeiros do Partido Galeguista (PG) Castelao e Suárez Picallo, integrándose na Solidariedade Galega Antifascista e responsabilizouse da secretaría xeral e de organización do Partido Galeguista na zona 'leal' (\"Eu tiven que reemplazar a Bóveda nun momento determinado, actuando como secretario de organización do partido, porque era o único vivo que estaba alí.\"). Trala derrota, pasou a Francia, onde traballou para o Deuxième Bureau, o servizo de intelixencia do exército francés, baixo as ordes do coronel Manuel Estrada, nun fracasado operativo que trataba de reforzar as guerrillas galegas. Coa ocupación do país galo polos nazis, foi capturado pola Gestapo e entregado ás autoridades franquistas para ser xulgado en España. Condenado a vinte anos e un día, estivo na prisión de Ávila de onde saíu en liberdade condicionada a principios de xaneiro de 1942. Ramón estivo pouco máis dun ano na prisión de Ávila, regresando ao saír á casa paterna do pazo da Viña. Co tempo atopou un traballo en Vilalonga como xerente dunha barreira, propiedade da familia do que había ser o seu sogro Elpidio Villaverde. Houbo unha reunión en Vigo entre Piñeiro e Valenzuela nos anos 1943 ou 1944 que foi determinante para rexeitar os propósitos do noso protagonista e encarreirar a reconstitución do PG Nos anos de Manduas Valenzuela non permanece politicamente inactivo. Contactou cos compañeiros das Mocedades Galeguistas que nesa altura estaban traballando nun intento de reconstitución do Partido Galeguista na clandestinidade. A proposta de Valenzuela era reconstruír o PG na órbita da Unión Nacional, formada unicamente por partidos do bando republicano. Esta proposta foi rexeitada por Ramón Piñeiro. Pouco sabemos do desenvolvemento deses contactos e discusións. Pero si que houbo unha reunión en Vigo entre Piñeiro e Valenzuela nos anos 1943 ou 1944 que foi determinante para rexeitar os propósitos do noso protagonista e encarreirar a reconstitución do PG por uns vieiros máis culturalistas e lonxe da acción política. Descoñecemos a versión de Valenzuela sobre estes contactos. Pero o certo é que na xuntanza definitiva de reconstitución do PG que tivo lugar en Coruxo o 22 de xullo de 1945, Valenzuela non está presente. En 1944 chega a Vilagarcía María Victoria Villaverde, con quen casa ao ano seguinte. Ramón rematou a carreira de Filosofía e Letras na universidade compostelá en 1947, pero ao estar inhabilitado non pode dedicarse ao ensino. A chegada a Bos Aires Por fin logra embarcar coa muller e os dous fillos no Alcántara en agosto de 1949 e son acollidos en Bos Aires pola Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, á que estivera moi vinculado o seu pai. Como non obtén o recoñecemento das súas habilitacións para o ensino, ten que dedicarse á representación comercial de café e aceite, e tamén da fábrica de cerámica Zeltia de Bos Aires. Ata que en 1954 consegue un posto de profesor de Historia na Escuela Modelo de Castelar. Desexoso de retomar a súa actividade política, contacta con Castelao, naquelas datas xa moi enfermo, e intégrase na Irmandade Galega. Valenzuela desmentiu sempre que fose o \"secretario de Castelao\": \"En primeiro lugar, él nunca tivo un secretario [...] Agora que si lle chaman secretario a traballar conxuntamente con él ou represéntalo en algunhas xuntanzas políticas as que él non podía acudir, entón sí. E dende logo, a idea de que fun o seu secretario pola etapa que pasamos xuntos na Argentina, inda menos, xa que cando eu cheguéi, Castelao estaba nas últimas\". Será un dos homes que porten o seu cadaleito no enterro. É habitual a súa presenza como conferenciante ou partícipe nos múltiples actos que celebran en datas sinaladas como o Día de Galicia Intégrase nas institucións que manteñen a lealdade republicana, nomeadamente a Federación de Sociedades Galegas, e o Centro Pontevedrés. Nelas é habitual a súa presenza como conferenciante ou partícipe nos múltiples actos que celebran en datas sinaladas como o Día de Galicia, o aniversario do plebiscito de autonomía, o 17 de agosto ou o aniversario na morte de Castelao. Na conferencia \"O noso pecado mortal\" pronunciada en abril de 1956 con motivo do aniversario do Centro Pontevedrés, pon o foco na necesidade da acción política en oposición á liña de Piñeiro. \"Cando unha circunstancia calquera achegou a Galicia a súa dinidade, virámoslle o lombo, cerramos os ollos e continuamos vivindo en servidume. Deixámonos ir de remolque [...] por una desidia e una estupidez das crases dirixentes consentida por un povo, que levando sona de xermolador de caciques, nunca se quixo meter en política. Ese é o noso pecado mortal\". A divulgación Como intelectual, partindo dos seus estudos en Compostela, profunda na investigación da xeografía e a historia de Galicia. Dedícase á súa divulgación en conferencias como as que imparte nas universidades de Montevideo e La Plata. En 1951 aparece en A Nosa Terra o artigo \"Encol da Historia de Galicia\" e catro anos despois publica unha serie que co encabezamento \"Estampas\", fala de \"As Inquedanzas de Idacio\", \"Godos e Mouros\" e \"Don Diego Xelmirez\". Todas estas reflexións sobre a historia foron desenvolvidas na conferencia \"Apuntes enrevesados para unha Historia de Galicia sinxela\" que pronunciou na Asociación Cultural de Vigo a principios dos anos setenta. Logo da morte de Castelao, a figura que unía os emigrantes e exiliados, a comunidade galega perde o seu guía. A Irmandade Galega esmorece e Valenzuela non se sente cómodo coa súa actividade. \"O Partido Galeguista desfíxose por habelo pensado así Prada e Castelao. Pensaban que o galeguismo xa non podía ser patrimonio dun soio partido, senón de todos. Por elo o traballo que se facía na Irmandade Galega, era levado por homes de distinta filiación política\". Busca o seu camiño achegándose ao que se chamou o núcleo do Café Tortoni encabezado por Luís Seoane, con Blanco Amor, Antonio Baltar, Núñez Búa, Díaz Pardo e o seu bo amigo Laxeiro. Sinala Arturo Casas no artigo \"Lugares historiográficos do exilio\", que Seoane foi o maior dinamizador do repertorio cultural galego no desterro, o referente máximo da enerxía sociocultural do país, promovendo sucesivos repertorios que aspiraban a substituír os existentes continuístas ou conservadores centrados nas célebres notas identitarias propostas por Ramón Piñeiro: o humorismo, o lirismo e o sentimento da paisaxe. Propón Seoane unha práctica política e cultural inspirada polo marxismo, o materialismo histórico e a filosofía da paxe, radicalizada con firmeza na historia e nos lugares da memoria, vocacionalmente pluridireccional e mesmo promiscua nos seus referentes artísticos, cinguida á experiencia pro-activa do exilio e ao encontro intercultural coas Américas e cunha emigración que aspira a dignificar a través da autoestima cultural e dunha profunda estilización do enxebrismo, aberta á hibridación cultural e incluso á negociación dos referentes simbólicos da cultura nacional, propiciadora dunha arte e unha literatura populares como soporte efectivo da memoria histórica. Este compromiso pode verse reflectido no traballo político e artístico de Valenzuela. Pretendían tamén \"auspiciar ou crear seccións e organismos que tendan ao mellor coñecemento dos valores históricos e actuais de Galicia e ao estudo e solución dos problemas que lle afecten\" Intégrase na Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA), creada por Antonio Baltar e na que tamén participan Seoane, Blanco Amor, Díaz Pardo, Laxeiro e Emilio Pita, co obxectivo de \"recoller, difundir e fomentar os feitos ou as obras que signifiquen unha exaltación para Galicia ou un enriquecemento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais\". Pretendían tamén \"auspiciar ou crear seccións e organismos que tendan ao mellor coñecemento dos valores históricos e actuais de Galicia e ao estudo e solución dos problemas que lle afecten\". Entre as súas actividades destacaron as clases de xeografía (impartidas por Valenzuela), historia, lingua e literatura galega, sempre en galego. Participou nos coloquios que organizaba AGUEA xunto con Paz-Andrade, Rafael Dieste, Alberto Vilanova ou Núñez Búa. A iniciativa da AGUEA creouse a editorial Citania dirixida por Antonio Baltar e Luís Seoane. A carreira literaria de Valenzuela iniciouse coa publicación dunha serie de relatos en Galicia Emigrante, a revista de Seoane. Alí apareceron O Naranxo, O Ciclón, Pepe de Bravil e A Torre de Don Ramiro, con ilustracións de Laxeiro e o propio Seoane. En La Gaceta Literaria, o suplemento literario dominical do xornal La Gaceta de Tucumán, apareceron neses anos El roble grande, El castillo de Cira, Manuel de los perros e El ciclón. Son historias de tolos errantes, de personaxes dominados por teimas, tolemias, obsesións e delirios, que tratan da emigración e a morte e nos que está presente a guerra civil. Ramón xuntou eses contos no libro O Naranxo que publicou Brais Pinto en 1974. Por estes anos está traballando na súa primeira novela, Non agardei por ninguén, que viu a luz na colección \"Mestre Mateo\" da editorial Citania de Seoane en 1957. A obra supón a primeira narración sobre a guerra civil. Una novela autobiográfica que relata as peripecias de Gonzalo Ozores (alter ego de Valenzuela) que o levan da guerrilla á fronte rebelde para rematar co seu paso á zona republicana. A súa publicación supuxo un acontecemento para a comunidade galega exiliada que organizou no Centro Pontevedrés unha festa de homenaxe a Valenzuela. En presenza dos deputados do Consello da Galiza Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde, representantes dos centros provinciais, AGUEA, Comisión de Cultura do Centro Galego, Irmandade Galega e varias entidades comarcais, Rafael Dieste, Laxeiro e Díaz Pardo, e coa adhesión de Rodolfo Prada, pronunciaron os discursos Carlos Abraira (alumno da AGUEA), Antonio Baltar e Ramón Suárez Picallo, gabando a obra e a figura do seu autor. Unha das figuras máis completas O utra das inquedanzas literarias de Valenzuela é o teatro, unha afección que lle viña dos seus tempos mozos. A súa proposta converxe coas ideas de Seoane que matinaba unha nova dramaturxia para Galicia. Quería que se reducira a mímica e acción. Debía saír á rúa, como as antigas representacións, pero para sumir os matices da época. Defende dun teatro vivo, de temática histórica e intención dialéctica. No I Congreso da Emigración celebrado en 1956 presenta o relatorio \"Necesidade de fomentar o teatro galego\" no que subliña a importancia do teatro como medio cultural e sinala as dificultades que debe afrontar a escena galega: falta de obras, de elencos e de público; propoñendo como solución a tradución de obras estranxeiras. Dedícase a esta tarefa creando un grupo teatral no Ateneo Curros Enríquez da Federación de Sociedades Galegas, iniciativa que segue os pasos do Teatro Popular Galego que fundara Blanco-Amor en xullo de 1957 como unha tentativa de crear na emigración unha Escola Dramática Galega. Tiña a pretensión de unir a liña realista, axeitada á comprensión do emigrante, e a evolución estética da escena, fuxindo tanto da deformación caricaturesca das personaxes como da estilización baleira. Vai traducir uns anos despois 'A Camisa de Lauro' Olmo Traduce ao galego O Casamento do latoeiro de John M. Synge que dirixida polo arxentino de orixe galega Roberto Villanueva, se estrea o 19 de novembro de 1960 representada pola Escola de Teatro Lucense, con Ramón e María Victoria entre os actores. Luís Seoane en Galicia Emigrante comenta a pertinencia da tradución da peza e da súa representación afirmando que os temas das obras de Synge están sacados da historia do seu pobo e fala da proximidade da cultura rural irlandesa e galega. Vai traducir uns anos despois A Camisa de Lauro Olmo, o dramaturgo do Barco de Valdeorras. Teatro social que reflicte a realidade española dos anos sesenta e na que se poden recoñecer o emigrante e o exiliado. Estreouna o elenco do Ateneo Curros Enríquez na Federación de Sociedades Galegas o 17 de abril de 1964 coa dirección de Mario Pinasco e con decorados de Laxeiro, a pesar dos intentos de suspendelo dende a embaixada franquista. A súa única peza teatral As bágoas do demo foi estreada no teatro Castelao en 1964 coa dirección de Blanco Amor. Na obra, o tolo, o personaxe popular, convértese en protagonista, rompendo co teatro da Xeración Nós, para o que en palabras de Otero \"o papel fundamental dos personaxes populares é basicamente coral e non protagonista\". Segundo Seoane a obra supuxo a confirmación da fractura entre o mundo da emigración e o exilio no que á cultura se refire; a súa protesta pola ausencia de público é contundente e sonora. A fidelidade á súa liña política e as discrepancias co galeguismo organizado en Bos Aires (o Partido Galeguista deixara de existir na práctica), lévano finalmente a ingresar no Partido Comunista. Aínda que hai moitas versións sobre a data da súa afiliación ao PCE (algunhas fontes sitúana en 1961 ou 1962), Ramón e María Victoria ingresan no partido en abril de 1963. \"O dia que fusilaron a Grimau decidín afiliarme ao PCE. Pro fun sempre soio un home de base\". Posibilidade de retornar No verán de 1965 Valenzuela viaxa a Galicia e Madrid para sondar as posibilidades dun retorno. Ten contactos e conversas cos membros de Galaxia e outros políticos e intelectuais como Alonso Montero, Leopoldo Nóvoa, Díaz Pardo, Torrente Ballester, Borobó, Antón Beiras, Lois Tobío e Santiago Montero Díaz. Non foron posibles as entrevistas con Méndez Ferrín e Alberto Míguez que tamén tiña planeado. Aproveitou para falar con Rodolfo López Veiga que estaba ensaiando con Cantigas e Agarimos a súa obra As bágoas do demo. A peza estrearíase no Hostal dos Reis Católicos o Día das Letras Galegas de 1967. Estes encontros e a observación do ambiente cultural, social e político, fano decidir o retorno definitivo para o ano seguinte, aínda que non a Galicia. O 3 de outubro de 1966 desembarcan en Vigo, pero parten deseguida a Madrid, onde se instalan para un novo exilio. Valenzuela é unha das figuras máis completas como político e intelectual do século XX, pero tamén unha das máis incomprendidas e esquecidas. Só algúns dezaos manteñen dende hai anos a súa memoria. Deberíamos reflexionar sobre as causas deste esquecemento."}
{"ID": "NOS_28890", "summary": "Nunha entrevista concedida a Esquire asegura que a posición máis honesta para falar de dereitos LGTBI ou identidade de xénero é \"desde o respecto\".", "text": "O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feixoo, criticou que a Lei Trans \"pon en perigo\" os logros da loita feminista, porque \"trivializa o ser muller ou ser home\" e porque se facilita que \"un menor poida someterse a unha intervención cirúrxica na maioría das veces irreversíbel sen ser asesorado de forma adecuada\". Día Internacional da Visibilidade Trans: o dereito a ser Así respondeu nunha entrevista en Esquire, recollida por Europa Press, na que defendeu que esta lei non atende á causa histórica do feminismo, polo que \"as feministas teñen razón\". \"Ademais, é unha lei imposta por unha minoría contra a maioría\", engadiu. Desde o respecto Neste sentido, afirmou que a posición máis honesta ante estes asuntos como os dereitos LGBTI ou a identidade de xénero, é \"desde o respecto\". \"Hai diferentes formas de amar, de convivir, de crear unha familia. Só desde o respecto se entende por igual unha familia numerosa, unha monoparental ou a solteiría por convicción. Pero impoñer as cousas, etiquetar as persoas, menosprezar o que pensan, decidir que está ben e que está mal...\", explicou. As leis trans, do aborto e de benestar animal avanzan no Congreso a pesar do intento de bloqueo das dereitas A respecto doutras cuestións de tipo social, o líder popular afirmou que o aborto \"é unha decisión moi difícil\", na que \"temos que respectar á xente que a toma, pero tamén hai que axudar a quen decidiu non seguir ese camiño\". O PP \"en parada cardíaca\" após a dimisión de Casado Sobre a súa chegada a Madrid, Feixoo recoñeceu que o PP estaba \"en parada cardíaca e había que reanimar ao enfermo\" tras a dimisión do ex presidente Pablo Casado. Agora, reivindicou \"é un corpo san, con expectativas e ilusionado\". Na mesma entrevista asegurou que o compromiso por presidir o partido pesou: \"Non cabe dúbida que pesou moito pensar que se o PP ten un problema serio eu non vou asumir a responsabilidade de non facer nada\". Aínda así, defendeu que o PP é un partido fundado hai máis de 40 anos. \"O PP foi moitas cousas antes de Feixoo e serao despois de Feixoo\". A xestión de Núñez Feixoo fai augas alén do Padornelo Dos seus sucesivos mandatos na Galiza, o líder popular resumiu: \"Alí levaba 13 anos de presidente e gañara catro eleccións con cada vez mellores resultados\". \"Agora pasei diso a ser xefe da oposición e pretender que me voten\", engadiu. A \"virtude\" de Sánchez Preguntado por unha virtude do actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, Feixoo dixo que sería \"ir contra todos os seus compañeiros para lograr os seus propios obxectivos\", algo do que el \"sería incapaz\", asegurou. Ademais, recoñeceu que grazas a esa \"virtude\" chegou a ser secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno. \"Desde o punto de vista dos resultados, é unha gran virtude. Se o teu obxectivo fundamental na vida é ser presidente do Goberno, a calquera costa... eu recoñezo que esa virtude non a teño\", defendeu. O PP veta que Feixoo explique como triplicou o seu patrimonio Da presidente da Comunidade Autónoma de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, destacou que é unha persoa que \"ten moi claras as cousas e dias con moita desenvoltura e soubo conectar coa inmensa maioría dos cidadáns de Madrid\". Sobre Pablo Casado resaltou que é un gran parlamentario e un gran orador. \"Niso é mellor ca min\", recoñeceu."}
{"ID": "PRAZA_14716", "summary": "No dia 23 de Outubro celebrará-se em Compostela um juízo no que estám encausadas onze pessoas pertencentes a diferentes coletivos e organizaçons, por ter cometido o delito de nom calar perante a provocaçom do supremacismo lingüístico espanhol, que no 8 de Fevereiro de 2009 se manifestava nas ruas de Compostela, claramente para reclamar a liquidaçom do galego da vida pública.", "text": "No dia 23 de Outubro celebrará-se em Compostela um juízo no que estám encausadas onze pessoas pertencentes a diferentes coletivos e organizaçons, por ter cometido o delito de nom calar perante a provocaçom do supremacismo lingüístico espanhol, que no 8 de Fevereiro de 2009 se manifestava nas ruas de Compostela, claramente para reclamar a liquidaçom do galego da vida pública. Essa é a meta que se marcou Galicia Bilingüe desde a sua fundaçom e, de facto, a reivindicaçom central é a derogaçom da Lei de Normalizaçom Lingüística, o que supom a demoliçom de todo o corpus legal existente que(teoricamente) garante a presença pública da nossa língua, atacando-o pola sua espinha dorsal. Quê quer Galicia Bilingüe, cada dia está mais claro, e portanto quem aparecer na mesma foto com Gloria Lago fica irremediavelmente marcado como inimigo declarado da nossa língua. Ainda que a alguns dos que se deixárom ver polo desfile que para esse dia organizou o Kuk Klux Klan lingüístico, nom lhes fazia falta tal gesto; bem lhes supúnhamos o lado do que fumavam. A questom é que alguns e algumhas dos que nos dizemos defensores e defensoras da língua (e portanto dos direitos de quem usa essa língua) aquele dia decidimos saír à rua também. E responder àquela manda de fascistas doentes que nom eram bem vindos na capital da Galiza, nem estávamos dispostos e dispostas a permitir que utilizáram as nossas ruas e os nossos espaços para insultar a língua galega e quem a utiliza e a sente como própria. Nom me arrepinto de ter participado num ato de contra-manifestaçom e, além disso, o tempo vai dando a razom aos que decidimos responder a quem chegou para passear a sua sede exterminadora polo coraçom da nossa naçom Nom me arrepinto de ter participado num ato de contra-manifestaçom e, além disso, o tempo vai dando a razom aos que decidimos responder a quem chegou para passear a sua sede exterminadora polo coraçom da nossa naçom. Poderia respeitar, e de facto formalmente respeitei, a opçom daqueles que ficárom na casa nesse dia, cousa que eles nom figérom comigo; outra cousa é que deixe de tirar as pertinentes conclusons. Diziam que ir alí a intentar reventar-lhes a manifestaçom era \"seguir-lhes o jogo\", dar-lhes o que queriam. Mas qual era o jogo realmente? Eu acho que o jogo era um passeio dominical dos fascismos hispánicos polas ruas de Compostela, e depois…depois \"nom acontece nada\". Os \"aguerridos\" defensores da língua cervantina iriam ao Franco a brindar pola vitória conseguida, sem que o \"sempre pacífico\", tolerante e amável povo galego lhes digera nada nem figera nada, a pesar de que um exército de carpetovetónicos com um falsíssimo verniz \"progre-moderno\" os estivera insultando, dizendo-lhes que som inferiores em origem porque os seus antergos criaram umha língua inferior da que ainda nom renegaram de tudo. A marcha supremacista nom podia ficar sem resposta, porque nom era um inocente exercício de livre expressom; porque era umha demostraçom de força muito calculada A marcha supremacista nom podia ficar sem resposta, porque nom era um inocente exercício de livre expressom; porque era umha demostraçom de força muito calculada. Nom é umha questom aleatória nem casual que se escolhera Compostela para a orgia fascista. Se assim for, já me diredes porquê Compostela e nom Bilbau. A pergunta responde-se por si própria. Forom à catoliquíssima Compostela, a conservadora, apacível e blindadíssima Compostela, para que as pedras, os cregos, a omnipresente polícia, os pelegrinos e turistas, as beatas e todos os elementos da paisagem típica da cidade \"do Apóstolo\" fossem testemunhas bem entusiastas, bem silentes da sua \"parada militar\". Isso queriam, e nós iamos-lhes dar a razom? Venhem à Galiza \"porque nom acontece nada\", e nós iamos-lhes confirmar os pronósticos? Estou orgulhoso de ter estado alí para lhes recordar que nom vai ter a festa em paz quem venha insultar esta minha língua, na que tantas geraçons sonhárom, sofrírom, trabalhárom, criárom e, em definitivo, existírom. Estou orgulhoso de ter ido defender a nossa Compostela, alma mater das nossas elites, dos nossos criadores e pensadores, luz para tantos e tantas galegas e galegos que se assomárom desde lá ao mundo do conhecimento superior, lugar onde descansam Prisciliano e os reis galegos, a Compostela do Batalhom Literário, onde se fijo forte o General Solís, a dos Irmandinhos, a dos galeguistas…a Compostela que ficou impingida em cada umha das suas ruas dos sonhos de Murguia, Castelao, Rosalia de Castro, Pondal, Ricardo Carvalho Calero, Alfonso Fandinho Ricart, Maria e Corália, José Pasím…a Compostela das revoltas estudantís e dos primeiros Vinte e cinco de Julho, do primeiro sindicalismo…antifascista, culta e galega, galeguíssima. Ou pensam que quem desafiou a morte fazendo-lhe frente ao fascismo em 36 havia calar perante a patética exibiçom de umha Gloria Lago flanqueada por Ricardo Sáenz de Ynestrillas, Rosa Díez e Alfonso Rueda entre outros conhezidos fachas? Quem se arrepujo naquele dia ao desafio fascista de Galicia Bilingüe defendia a memória dessa Compostela, a que contem esse pedaço tam preçado da nossa identidade coletiva e, com eles, com elas, revoltava-se o espírito daqueles inquilinos da Compostela rebelde. Ou pensam os canalhas fascistoides que aqueles que cultivárom a criaçom e o pensamento na nossa língua haviam de permanecer em plácida e cadavérica passividade perante o seu exabrupto xenófobo? Ou pensam que quem desafiou a morte fazendo-lhe frente ao fascismo em 36 havia calar perante a patética exibiçom de umha Gloria Lago flanqueada por Ricardo Sáenz de Ynestrillas, Rosa Díez e Alfonso Rueda entre outros conhezidos fachas? E é umha questom de dignidade apoiar às pessoas imputadas neste juízo Essas onze pessoas que vam ser julgadas no dia 23 de Outubro som a pátria viva, mais aló de tópicos, símbolos, ou frases grandiloqüentes para encher a boca e nom dizer nada, e justificar o injustificável…que se somos um povo de paz, que se somos tolerantes; já resulta cansativa tanta ladaínha choromicas. Nom pode haver paz para os traidores e renegados, que traim ao mais granado do fascismo espanhol de excursiom polas ruas da nossa capital. E é umha questom de dignidade apoiar às pessoas imputadas neste juízo."}
{"ID": "NOS_20466", "summary": "Os números da compra do 55,6 por cento de Itínere por parte de Globalvia mostran que é perfectamente viábel o resgate da concesión da AP-9, a súa nacionalización. E por unha cifra inferior aos 1.000 millóns de euros, segundo as estimacións de En Marea.", "text": "En Marea vén defendendo nos últimos tempos que a operación de resgate da concesión da AP-9 é abordábel en termos financeiros sen grande quebranto para as arcas públicas. A confluencia ve refrendada a súa tese coas cifras que se deron a coñecer este sábado en relación á venda do 55,6 por cento de Itínere a Globalvia, un emporio das pensións privadas do Reino Unido, Canadá e Holanda. Esta multinacional investiu 723 millóns en se facer co control da AP-9, a AG-57 (Puxeiros-Val Miñor), a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AP-53 (Santiago-Dozón). A operación acabou por se materializar ao vender Abanca (segundo máximo accionista de Itínere) o seu 23,81 por cento. O socio con maiores participacións até o momento, o fondo norteamericano Corsair, dono do 37,9 por cento, posicionouse en contra da venda. Se o 55,6 por cento de Itínere vale 723 millóns, resgatar a concesión da AP-9 —para a súa xestión directa por parte das administracións públicas— podería facerse cun investimento inferior aos 1.000 millóns de euros, entende En Marea. Nun comunicado de imprensa, o partido instrumental esclarece: \"O prezo de venda do 55,6 por cento de Itínere desminte as estimacións do goberno e respalda a proposta da formación, que entende que os 1.200 millóns destinados á construción da A-57 [a autovía que planifica a Xunta en paralelo á AP-9] permitiría nacionalizar a autoestrada)\". A venda deixaría en mal lugar o PP, que até agora viña barallando cifras moito máis altas (arredor de 4.500 millóns de euros) á hora de avaliar os activos de Itínere, alega En Marea. Dadas as circunstancias, En Marea pide dúas cousas. A primeira, que se materialice a transferencia a Galiza da autoestrada. A segunda, que a Xunta a nacionalice —unha vez teña competencias directas sobre a infraestrutura."}
{"ID": "NOS_25798", "summary": "Co obxectivo de difundir e valorizar o legado teatral de Manuel María, a Deputación da Coruña e a fundación que leva o nome do chairego veñen de asinar un protocolo de programación que inclúe a convocatoria dun premio.", "text": "A Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos veñen de asinar un protocolo de programación para colaborar conxuntamente na difusión e posta en valor do legado teatral do escritor chairego. O acordo estabelece a futura convocatoria do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, un concurso dirixido ás compañías profesionais do teatro que premiará con 2.000 euros mellor proposta escénica dalgunha das 36 pezas dramáticas que deixou escritas o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016. Froito do acordo, a institución provincial comprométese a promover unha programación teatral na que se incluirán até tres representacións da obra que resulte gañadora no Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, pon de manifesto que este acordo \"permitirá á sociedade coñecer a grande capacidade que atesouraba Manuel María como dramaturgo\". \"A súa xenialidade como poeta deixou nun segundo plano a súa extraordinaria capacidade como escritor de teatro\", salienta."}
{"ID": "NOS_12835", "summary": "Jaime Eduardo de Olano (A Coruña, 1970), avogado, ex concelleiro en Viveiro, deputado en Cortes nas últimas catro lexislaturas, membro da Executiva galega do Partido Popular, afronta as eleccións cunha cómoda vantaxe nas enquisas e a súa lista recibe a maior porcentaxe de apoio que calquera outra no país. \"O PP nunca perdeu unhas eleccións en Lugo\", lembra.", "text": "Que ton está tendo esta campaña? Que é o que demandan as votantes e os votantes? O que percibimos na rúa é que hai gañas de que España se poña en marcha. En xeral, a xente está preocupada pola paralización na creación de emprego. E, concretamente en Lugo, moi preocupada pola política industrial do Goberno socialista que puxo en risco a maior empresa da provincia, Alcoa, e provocou o anuncio de feche de Endesa nas Pontes, na que traballa moita xente da Terra Cha. O PP, tamén na Galiza, pon o foco nas críticas a Pedro Sánchez. Por que esa estratexia? É lóxico que a campaña se centre nos dous candidatos que teñen posibilidades de presidir o Goberno, que son Pedro Sánchez e Pablo Casado. O resto de candidatos non saen a gañar as eleccións. Aquí o que se dilucida é se vai haber un goberno de Pedro Sánchez ou un goberno de Pablo Casado. E no caso de Galiza, o ano e medio de goberno socialista non trouxo máis que malas noticias: primeiro o susto daqueles orzamentos cun 30% menos de inversión, despois esa negativa a facer efectivas as entregas a conta... desbloqueou unha parte, pero segue debendo 300 millóns de euros; isto é intolerábel. E despois, a política industrial que pon en risco todas as empresas electrointensivas; ou como está deixándose vencer ante a demanda contra a ampliación da licencia de Ence que probabelmente acabará no peche da factoría. Pedro Sánchez está a facer moito dano a Galiza. É lóxico que nos centremos en facer que a xente o vexa. Desde o PSOE tamén marcan distancias co PP. Dan por descartada a gran coalición da que se falaba ao comezo da campaña? A gran coalición é inviábel. O mesmo día do arranque de campaña Pedro Sánchez negou esa posibilidade. Mais no PP sempre dicimos que a alternativa para España non pode estar situada nos extremos, con Podemos nun goberno pola esquerda ou con Vox nun goberno pola dereita. Daquela, a alternativa a Sánchez tampouco pasa por un goberno das tres dereitas: PP con Ciudadanos e Vox? Se Pablo Casado saca un escano máis que Sánchez, formará goberno. Témolo demostrado. Somos quen de desbloquear situacións complicadas e formando gobernos con Ciudadanos, preferentemente, pero tamén con outras doce forzas políticas. O goberno ten que ser moderado e de centro. Se non ganamos, ficaremos na oposición. Vox non entrou en ningún goberno do PP. Poderiamos volver pactar con eles, pero sen entrar no Goberno. Non pactarán con Vox aínda que lles saían as contas? Vox non entrou en ningún goberno do PP. Alcanzamos acordos para investiduras ou sobre determinadas liñas programáticas. Todos eses acordos son públicos e respectan os principios e os valores do PP. Poderiamos volver pactar con eles, pero sen entrar no Goberno. Xa digo, son acordos asumíbeis por calquera partido que respecte a Constitución e que sexa de centro. Até que punto a cuestión catalá acapara a atención da campaña? Acontece en Catalunya unha crise grave da que vimos imaxes nas que unha turba de violentos apedraba ás forzas e corpos de seguridade do Estado, que son as que están na primeira liña de defensa da Constitución e dos dereitos de todos os españois contra estes totalitarios, os independentistas, que agora si mostran a súa verdadeira cara. E Pedro Sánchez está superado polos acontecementos. Non é quen de dar unha resposta. E, lembremos, é presidente non porque o elixiran os españois nas urnas senón porque alcanzou un acordo con Torra, con Puigdemont, con Junqueras, mesmo con Otegi, para chegar ao goberno nunha indecente moción de censura. Toda esta inacción de Pedro Sánchez fai pensar que ten a intención de volver pactar con eles. Cal é a proposta do PP para Catalunya? Catalunya necesita firmeza, necesita que se respecten os dereitos de todas e todos. Agora mesmo isto non sucede. Mesmo vimos como o señor Iceta [Miguel Iceta, líder do PSC] obrigou a Pedro Sánchez a incluír no programa socialista o concepto de plurinacionalidade, algo que a Constitución exclúe. A nación é única, a nación é España e o suxeito constituínte é o conxunto do pobo español. Sánchez tragou con isto e non sabemos se a política territorial dun Goberno socialista estaría dirixida polo señor Iceta. O que sabemos é que Pedro Sánchez é refén dos independentistas que o puxeron na Moncloa. Para o PP, o problema en Catalunya é de orde pública? Non ve un problema político? Si, é un problema de orde pública, é un problema de que se vulneran os dereitos de millóns de cataláns, é un problema que nas escolas catalás se adoutrine sen que se tome ningunha medida, é un problema que o presidente dunha comunidade autónoma se dedique a cortar estradas, é un problema que as forzas e corpos de seguridade do Estado se vexan ameazadas... e todo isto require contundencia e firmeza. Desde logo, desde o ámbito político haberá que tomar decisións, mais tamén hai que esixir o cumprimento íntegro da lei. Hai que tomar decisións políticas e ter máis presenza en Catalunya, pero ao mesmo tempo hai que modificar o Código Penal para que sexa un delito convocar un referendo; ou a lei de símbolos, para que se usen os símbolos que son de todos. Hai que tomar decisións políticas e ter máis presenza en Catalunya, pero ao mesmo tempo hai que modificar o Código Penal para que sexa un delito convocar un referendo. Xa rematou de pagar o PP a factura da corrupción, dado que volve medrar en porcentaxe de apoio despois duns procesos electorais á baixa? O que lle podo dicir é que todas aquelas e aqueles que se viron involucrados en asuntos turbios xa non están no PP. Os votantes percíbeno perfectamente, así como a contundencia de Pablo Casado, o noso presidente, diante de calquera indicio de actuación irregular. É certo que abril os resultados non foron bos, pero en maio a cousa mellorou e estamos certos de que a tendencia e positiva e volveremos mellorar agora en novembro. Podemos gañar. E máis en Lugo, onde o PP nunca perdeu unhas eleccións, e agora as e os lucenses penalizaran a Pedro Sánchez por todo ese dano. Están insistindo moito na concentración do voto da dereita, cre vostede que diso vai depender que o PP volva gañar ao PSOE na Galiza? Probablemente si. En abril demostrouse que esa dispersión do voto é moi prexudicial para os intereses do centro-dereita. Quen non queira un goberno de Pedro Sánchez cunha política económica marcada por Podemos, a única posibilidade que ten é apoiar á outra opción realista de formar un goberno, que é o PP. En abril, VOX recibiu 80.000 votos na Galiza e, en Lugo, Ciudadanos tivo 17.000. Foron votos desperdiciados."}
{"ID": "PRAZA_5130", "summary": "O departamento de Rosa Quintana formalizou máis dunha ducia de convenios coas principais empresas editoras de diarios impresos e a CRTVG entre o 19 e o 22 de agosto de 2013, un dos peores treitos da vaga de lume do pasado ano.", "text": "O 19 de agosto de 2013 Galicia vivía unha das peores vagas de lume do verán. Vilamarín, Quiroga ou Cualedro eran algúns dos puntos maís preocupantes dun escenario no que o país padeceu uns 150 incendios en menos de catro días. Tres días máis tarde, o 22 de agosto, a maior preocupación trasladábase á cidade de Ourense, onde os incendiarios aproveitaban a combinación de máis de 30 graos, vento de máis de 30 quilómetros por hora e menos do 30% de humidade para prender nas parroquias de Velle e Cudeiro e chegar a unha alerta de nivel 1. Nesas dúas duras xornadas de incendios o departamento responsable de xestionalos, a Consellería de Medio Rural, asinaba substanciosas achegas económicas coas principais empresas editoras de diarios impresos do país e coa CRTVG. O departamento que dirixe Rosa Quintana vén de publicar, en virtude das obrigas instauradas pola lei de transparencia de 2006, os convenios subscritos no segundo cuadrimestre do pasado ano e nesa relación trámites como a constitución das brigadas municipais contra incendios comparten espazo con catorce acordos cos medios cuxo importe total acada os 869.000 euros. O día 19 a Consellería asinou 8 destes acordos co obxectivo oficial de \"promover campañas informativas de concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais\" e o 22, os restantes, neste caso \"para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional\". O reparto beneficia as empresas editoras de diarios impresos e á CRTVG, cunha suma total de 869.000 euros A suma de ambos repartos deixa como empresa máis beneficiada á Corporación Voz de Galicia, á que lle corresponderon 298.000 euros no reparto. Séguea Faro de Vigo, con 165.000 euros e o grupo El Progreso, que entre a súa matriz lucense e a súa filial pontevedresa chegou aos 140.000 euros. A empresas que editan La Región de Ourense e Atlántico Diario, do mesmo grupo, ingresaron 100.000 euros e a Editorial Compostela, propietaria de El Correo Gallego, fixo o propio con 90.000. Neste caso o reparto incluíu tamén os medios públicos, aos que Medio Rural lles achegou 50.000 euros nun reparto que pecha La Capital, editora de El Ideal Gallego, con 26.000 euros. Para xustificar este reparto discrecional de axudas Medio Rural apela ao artigo 3 da lei de publicidade institucional do Estado que, aprobada en tempos de Zapatero, fixa as condicións para \"promover ou contratar campañas institucionales de publicidade e de comunicación\", as cales, segundo o texto legal, \"se desenvolverán exclusivamente cando concorran razóns de interese público\" e responderán aos principios de \"interese xeral, lealdade institucional, veracidade, transparencia, eficacia, responsabilidade, eficiencia e austeridade no gasto\". Reparto dos fondos de Medio Rural Esta é unha das primeiras ocasións nas que un departamento da Xunta presenta os seus convenios cos medios como publicidade institucional e non como unha vía para a \"difusión\" da actividade da consellería correspondente, como adoita acontecer. Non obstante, o feito de que non se trate dunha campaña publicitaria concreta e de que o reparto beneficie só aos medios que o Goberno decide deriva no resultado habitual, isto é, na presentación de contidos gobernamentais baixo a apariencia de información, algo criticado reiteradamente polos colectivos profesionais do xornalismo. Mentres, segue sen saberse nada da lei de publicidade institucional, que Feijóo vén prometendo dende que chegou ao Goberno."}
{"ID": "NOS_39456", "summary": "O secretario xeral da formación, Breogán Riobóo, amosouse aberto ao diálogo mais aclarou que concorrerán ás eleccións españolas \"co nome de Podemos\".", "text": "Representantes do Consello Cidadán de Podemos na Galiza compareceron esta quinta feira (6 de agosto) perante os medios de comunicación en Vigo. Na súa intervención o secretario xeral da formación, Breogán Riobóo, insistíu en que concorrerán ás eleccións ás Cortes españolas \"sempre co nome de Podemos\". Riobóo sinalou que este é un \"mandato de Vistalegre\" embora amosarse aberto ao \"diálogo\" para artellar unha candidatura galega. \"Estamos abertos a que haxa un diálogo con total normalidade\", sinalou segundo a información recollida pola axencia de noticias Europa Press. \"Hai a posibilidade de concorrer, obviamente sempre co nome de Podemos, mais cun espazo máis amplo\". Refírese así Breogán Riobóo á proposta lanzada por Pablo Iglesias que se traduciría nun Podemos trazo \"outra cousa\". A respeito da construción dunha alternativa de \"unidade popular\" como promoven, entre outras formacións, desde Esquerda Unida, Riobóo asegurou que a súa formación é xa \"en certa medida unha fronte de unidade popular\"."}
{"ID": "NOS_6571", "summary": "Hai unha semana detectáronse os dous primeiros casos.", "text": "A Consellaría de Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de cinco novos casos de gripe aviaria en mascatos, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete. Estes cinco casos súmanse a outros dous detectados en días pasados. Detectados os primeiros casos de gripe aviaria na Galiza en dous mascatos Segundo informou a Xunta, trátase de cinco individuos de mascato común ou atlántico recollidos en Ares, Ferrol, A Coruña, Mañón e Moaña, no marco do Plan de vixilancia da influencia aviaria que desenvolve a administración galega. Nos catro primeiros casos, as aves foron trasladadas aos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros, mentres que a localizada en Moaña foi derivada ao centro de Carballedo. Os cinco exemplares tiveron que ser sacrificados. Profesionais da veterinaria rebaixan a posibilidade de contaxio da gripe aviaria Nun comunicado, O Goberno galego explicou que o mascato é unha ave mariña que nidifica no Atlántico norte, formando colonias de varias miles de parellas, e da que moitos exemplares novos migran cara ao sur e alcanzan augas subtropicais ou mesmo tropicais no oeste de África. Por iso, engadiu, nestes momentos estas aves atravesan as costas da Galiza no comezo do seu paso migratorio para invernar cara a Mauritania e o Golfo de Guinea. Aumento de casos Nas súas zonas habituais de residencia no Atlántico norte, as autoridades sanitarias notificaron nas últimas semanas numerosos casos de gripe aviaria nesta especie, posíbel orixe dos casos detectados agora na Galiza, relacionados coa migración anual destas aves cara ao sur. A Xunta prohibe a cría ao aire libre e confina as aves de curral en 34 localidades para evitar a gripe aviaria Por iso, aínda que as autoridades aseguran que os exemplares da especie afectada son de hábitos exclusivamente mariños e non se aproximan en condicións normais á costa, a Consellaría de Medio Rural lembrou a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, comerciais ou particulares. Así, insiste en evitar o contacto con aves silvestres e intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres. Neste caso, sinala a necesidade de notificar a sospeita aos servizos veterinarios oficiais de Medio Rural ou á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda."}
{"ID": "NOS_45054", "summary": "Non foi un capítulo de Homeland. Ocorreu na realidade. Os EUA enviaron o director da CIA a se entrevistar cun xefe de Estado. E este aceitou a reunión.", "text": "A reunión con Kim Jong-un non foi especialmente secreta desde o momento en que fontes autorizadas filtraron a noticia ao The Washington Post. O propio Donald Trump non negou a información e, sen a confirmar, deixou entrever que con efeito Mike Pompeo se vira as caras co líder nor-coreano. \"Comezamos a falar con Corea do Norte directamente. Mantivemos conversas a moi altos níveis, estremadamente altos, con Corea do Norte. E realmente creo que nisto hai moita boa vontade. Moitas cousas están a ocorrer. E boas cousas\", dixo Trump á imprensa antes de The Washington Post noticiar o encontro de Pompeo con Kim. Trump tampouco agachou que as incertezas pairan sobre a entrevista con Jong-un, prevista, dixo, para \"primeiros de xuño ou talvez algo antes\". Mais, puntualizou, nen sequer é absolutamente seguro que a cimeira vaia realizarse. \"Pode ser que as cousas non vaian ben e non teñamos o encontro\", concedeu. Pompeo vai ser o próximo secretario de Estado (equivalente a ministro de asuntos exteriores) dos EUA, o que a ollos de Trump xustificaría este encontro con Kim Jong-un."}
{"ID": "NOS_47592", "summary": "A organización nacionalista lanza unha batería de propostas para que a mocidade poida acceder a unha vivenda e para que a Galiza reverta a falta de vivenda pública.", "text": "Cando Alberto Núñez Feixoo, presidente da Galiza, accedeu á Presidencia do Goberno en 2009, construíanse na Galiza 2.640 vivendas protexidas ao ano, unha cifra que foi decaendo até situarse nas 450 novas vivendas protexidas anuais en 2020, denuncia a deputada do Bloque Nacionalista Galego, Alexandra Fernández. A parlamentar fixo fincapé en que o país ten a segunda peor taxa entre os territorios do Estado á hora de emanciparse, con catro de cada dez mozos de entre 30 e 34 anos que non teñen capacidade económica de saír do fogar familiar. Incide Fernández en que esta situación é a consecuencia por unha banda, do \"aumento continuado e abusivo\" dos prezos do alugueiro nos últimos exercicios, mais tamén da \"falta de políticas sociais de vivenda por parte do Executivo do Partido Popular (PP), especialmente no que ten que ver coa vivenda protexida\". Esta combinación foi a que xerou até \"seis veces menos vivenda protexida por ano\", indica a parlamentar, que puxo o foco en \"anos de auténtico deserto\", como aconteceu entre 2015 e 2018, cando baixou \"a tan só catro vivendas protexidas por ano e das que só unha se puxo en réxime de alugueiro\". Mentres a media na contorna europea é do 9% de vivenda protexida, na Galiza permanece por baixo do 1%. Ao tempo, apuntou cara ás políticas desenvolvidas en materia de axudas ao alugueiro para a mocidade, nas que a contía das axudas exclúe a meirande parte das persoas que as solicitaron, pasando dos 1,2 millóns de euros en 2019 aos 800.000 en 2021. Así e todo, no ano 2020, no peor da pandemia, a Xunta nin tan sequera as convocou\", láiase. Propostas de actuación Perante o que define como \"abandono da política social de vivenda por parte do PP\", Fernández reclamou \"aumentar ese parque de vivenda pública e mobilizar a vivenda baleira porque temos a maior porcentaxe de vivenda baleira de todo o Estado\". \"Hai que conseguir que saia ao mercado para aumentar a oferta e para que unha parte desta se destine a alugueiro a prezos accesibles, especialmente para a xente moza\", relatou, propoñendo que paralelamente se dupliquen as axudas ao alugueiro para as persoas maiores de 35 anos, cun mínimo de 2 millóns de euros nos Orzamentos."}
{"ID": "NOS_24943", "summary": "Pervin Buldan, líder do partido prokurdo HDP, foi categórica: nos cárceres turcos cométense crimes de lesa humanidade, con \"torturas\", \"asasinatos disfrazados de suicidio\" e \"execucións de presos enfermos\". Nais destes últimos peregrinaron até Ankara para exixiren xustiza, mais a súa voz foi silenciada.", "text": "Mulleres chegadas de todas as provincias de maioría kurda baixo soberanía turca. De Wan (Van, en turco), Amed (Diyarbakır), Sirnex (Şırnak), Êlih (Batman), Mêrdin (Mardin), Gever (Yüksekova), Sêrt (Siirt). Tamén de Istambul. Nais de presos kurdos, xuntas na capital de Turquía, Ankara, para protestaren polos malos tratos sistemáticos a que os seus fillos son sometidos nos cárceres. Pervin Buldan, copresidenta do HDP, o prokurdo Partido Democrático dos Pobos ─terceira forza política de Turquía por número de representantes─, vocalizouno de maneira ben contundente: \"torturas\", \"linchamentos\", \"execucións de prisioneiros enfermos\", \"asasinatos disfrazados de suicidio\"... En definitiva, \"crimes de lesa humanidade\" para os que ─advertiu─ non existe un prazo de prescrición. Foron declaracións realizadas diante desas nais, nunha das paradas da xornada de mobilización da pasada terza feira en Ankara, que as levou primeiro ao Parlamento turco, de acordo con informacións da axencia Mezopotamya News. Alí presentaron un escrito de 11 páxinas onde, entre outras reclamacións básicas, exixen a urxente posta en liberdade de 38 presos kurdos gravemente enfermos. Buldan acusou o Goberno de Recep Tayyip Erdogan de \"converter os cárceres en campos de concentración\" e o país \"nunha prisión semiaberta con detencións inxustas e ilegais\". En resumo, unha \"pena de morte de facto para os presos\", segundo se recolle na web do partido. A seguir, as nais emprenderon unha marcha cara ao ministerio de Xustiza, mais segundo recolleu Medya News, portal de información kurda, foron bloqueadas por un cordón policial, \"insultadas e forzadas a dispersarse\". Mentres que Mezopotamya News recolleu que foran agredidas polos axentes. \"Queremos xustiza. Xa abonda, non nos poñan a proba. Queremos os nosos fillos vivos, non ataúdes saíndo das prisións\", expresou unha das nais, Necla Kocaman, diante do Parlamento antes de seren obrigadas a montar nun vehículo. 2021: \"o ano da mentira, do saqueo, da corrupción e das conspiracións\" Representantes do HDP recibiron no Parlamento as nais de presos kurdos, que participaron na xuntanza semanal da formación, a primeira do ano. Buldan aproveitou para facer un balance do acontecido nos últimos meses, e ligou a situación que se vive nas prisións co contexto de grave crise económica que está a atravesar Turquía. Coa lira polo chan e a inflación polas nubes, o presidente Erdogan está contra as cordas. Para a líder do HDP ─partido ameazado de ilegalización─, 2021 caracterizouse polos continuos abusos no eido político, social, económico e social. \"Foi o ano da anarquía, da arbitrariedade, da mentira, do saqueo, do roubo, da corrupción e das conspiracións\", dixo, cun Goberno que \"non dá solucións aos problemas fundamentais de Turquía, especialmente ao problema kurdo\"."}
{"ID": "PRAZA_11002", "summary": "O PSOE, na actualidade no goberno de Teo, mercoulle o discurso sobre Chévere ó PP e hoxe, a compañía galega que é Premio Nacional de Teatro do Goberno de España deixa de ser residente en Teo. Non é unha mágoa, é unha traxedia para Teo e a súa veciñanza.", "text": "Coñecín a compañía de teatro Chévere aló polos 90 cando representou no Teatro Principal de Compostela a obra Río Bravo, coa que demostrou que era posible facer teatro de masas dende un posicionamento comprometido coa realidade galega e en lingua galega. Dende aquela primeira vez, seguín sempre con pracer a súa traxectoria e tamén a da Sala Nasa.Aceptar a posibilidade que a compañía nos ofrecía foi unha decisión política fundamentada na súa traxectoria e no convencemento de que a cultura, ademais de cultivar mentes, tamén dinamiza economicamenteCando acudín por recomendación do amigo Paco Macías a unha Ultranoite, matinei en que case conseguiran a cuadratura do círculo: ofrecer un espectáculo de case catro horas onde convivían cadros musicais con interpretacións actorais, monólogos con representacións de concursos televisivos, circo con mimo, comedia con traxedia e con traxicomedia está ó alcance de moi poucas compañías. E todo isto concibido e escrito polo seu cadro actoral, pero tamén botando man de moitos compañeiros e compañeiras ás que lles cedían o palco para mostraren as súas creacións. Polas máis de 100 ultranoites realizadas pasaron artistas como Narf, John Balan, Luís Tosar, Monti Castiñeiras, Iria Pinheiro, As Marías, Aldaolado, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, etc. Unhas montaxes sempre atentas á actualidade -como esquecer a Miguel de Lira como electricista da catedral ou como Dorribo, a Mónica dándolle vida a un Naranjito pasado de revolucións ou a Manolo Cortés como Mariano ou como o Emérito- pero envolveitas nunha crítica pouco condescendente, aínda que construtiva.Manifestando a miña admiración por Chévere, ninguén pode xa dubidar do gran galano que recibín o día que me dixeron que o grupo quería instalarse en Teo e eu, daquela concelleira de Cultura, debía arranxalo todo. Aceptar a posibilidade que a compañía nos ofrecía foi unha decisión política fundamentada na súa traxectoria e no convencemento de que a cultura, ademais de cultivar mentes, tamén dinamiza economicamente. O paso do tempo demostrou que non estabamos enganados. Dos beneficios económicos de ter a Chévere en Teo poden dar conta mellor ca min as empresas do municipio, nomeadamente as culturais que con eles traballaron e as de restauración que atenderon o seu público. A publicidade positiva que supuxo para o Concello aparecer asociado á compañía na súa cartelería exposta polos teatros do Estado e tamén de América Latina ou nos medios de comunicación que se facía eco das súas obras esixirían do Concello un forte investimento en campañas de propaganda que, estou segura, non ían chegar a un público tan grande.Teo foi un dos poucos lugares en que se puido ver a triloxía de Citizen, e as estreas de Eurozone e de Eroski Paraíso e as súas derradeiras funciónsE se falamos do cultivo da mente e do espírito convén non esquecer que en Teo foi un dos poucos lugares en que se puido ver a triloxía de Citizen, cunha segunda parte que é unha obra mestra do teatro social, e as estreas de Eurozone e de Eroski Paraíso e as súas derradeiras funcións. E os centros escolares e as asociacións puideron gozar de representacións nos seus locais de espectáculos de pequeno formato como I'll be watching you ou As fillas bravas. Outros colectivos tamén se beneficiaron da guía de membros da compañía para sacar adiante os seus proxectos audiovisuais ou teatrais.E se co dito con anterioridade non fose abondo, hai algo máis que nunca se lle poderá pagar a Chévere. A pesar do seu tamaño poboacional e do seu nivel socioeconómico, en Teo non había nin hai un auditorio como o que, por exemplo, ten O Milladoiro na súa Casa da Cultura. Existe un local dentro do edificio sociocultural da Ramallosa que ten un escenario. A chegada de Chévere permitiu que ese local, grazas ó material técnico que trouxeron consigo -gradas, pantalla, focos, dímers..., se convertese nun teatro no que representar calquera espectáculo.O PSOE, na actualidade no goberno de Teo, mercoulle o discurso sobre Chévere ó PP e hoxe, a compañía galega que é Premio Nacional de Teatro do Goberno de España deixa de ser residente en TeoA oposición política no Concello de Teo utilizou o convenio asinado con Chévere para ser compañía residente como un ariete para trucar contra o goberno municipal argumentando primeiro que os cartos que se lles daba a eles farían diminuír as subvencións ás asociacións do Concello. Cando isto se demostrou que era mentira, volveuse á carga indicando que eses cartos deberían servir para aumentar a contribución ás asociacións, por certo máis subvencionadas por un goberno municipal da contorna de Compostela e, se cadra, de Galicia. Aínda que o posicionamento indicando foi mantido inalterable polo PP ó longo dos anos, o PSOE, na actualidade no goberno de Teo, mercoulle o discurso sobre Chévere ó PP e hoxe, a compañía galega que é Premio Nacional de Teatro do Goberno de España deixa de ser residente en Teo.Non é unha mágoa, é unha traxedia para Teo e a súa veciñanza."}
{"ID": "NOS_566", "summary": "A área sanitaria da Coruña segue a ser a máis afectada, con 371 casos.", "text": "Os casos activos de Covid-19 continúan a aumentar na Galiza, nunha progresión que vai incrementándose día tras día. Os dados de Sanidade indican que entre o domingo e hoxe o número de casos activos subiu en 78, situándose en 670. De estar onte por baixo dos 600 a estar hoxe avanzando cara aos 700. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na galiza é de 670. O aumento de casos rexistrouse en todas as áreas sanitarias. Dese total de 670, deles 371 son da área da Coruña (69 máis ca onte), 75 da de Lugo (+1), 46 da de Ourense (+5), 44 da de Pontevedra (+1), 85 da área de Vigo (+2), 40 da de Santiago (+1), e 9 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos, a finais da 2 deles a semana pasada. O número de PCR realizadas é de 265.628. No que atinxe ás residencias de anciás, hai 5 casos activos, dos que 3 corresponden a persoas usuarias e 2 a traballadores."}
{"ID": "NOS_45338", "summary": "Os traballadores da planta de Alcoa en Cervo acordan aumentar a presión sobre a multinacional e o Goberno español para que se materialice a venda da factoría de aluminio.", "text": "O cadro de persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo) finalmente acordou hoxe retomar as mobilizacións e \"moi pronto\" decidirá se volven de novo á folga. \"É fundamental que sigamos demostrando que temos esa forza porque se non van pasar de nós\", avisou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, pedindo aumentar a presión para que se materialice a venda da factoría da Mariña. O comité tomou esta medida após reunirse con representantes de Alcoa para analizar a carta remitida polo Ministerio de Industria en relación ao proceso de venda no que, segundo denuncia, \"non confirma nin aclara\" o papel da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) nunha potencial venda \"e desvíase do proceso que propuxeramos levar a cabo desde principios deste ano\", engaden fontes da multinacional. A SEPI segue a ser chave O comité está chamado a unha nova asemblea o próximo 18 de maio para decidir os seus próximos pasos. Pola súa banda, o seu presidente incide na necesidade de avanzar na negociación, de tal maneira que Alcoa chegue a un acordo co comprador e que a SEPI garanta a operación e faga esa \"triangulación\". Neste senso, Zan remarca que a venda á SEPI, previa á venda ao comprador final, é a \"garantía\" de que se complete a operación. \"A única saída que hai a todo isto é que sexa a SEPI quen garanta esta venda. Non podemos permitir que nos pase como A Coruña e Avilés\", advirte en alusión a Alu Ibérica. Por iso, segundo acordaron na reunión desta sexta feira, a partir de agora o persoal traballador da planta de aluminio de San Cibrao comezará cun calendario de mobilizacións \"moi puntuais\", no que espera conseguir o \"máximo apoio\" de toda a comarca. \"Hai que seguir loitando\", sentencia o responsábel sindical."}
{"ID": "NOS_53816", "summary": "O presidente da Xunta pediu \"claridade\" ao líder do Goberno español, e que o mando único durante o estado de alarma pola crise sanitaria garanta \"información contrastada e homologable\".", "text": "O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, manifestou este domingo aos presidentes das comunidades autónomas a \"necesidade dun Pacto de Reconstrución Económica e Social\" unha vez pase a ameaza da pandemia de coronavirus, e convidounos a formar parte del porque, ao seu xuízo, hai que transmitir unha \"mensaxe de coordinación, colaboración e cooperación\" e que os cidadáns vexan \"xuntos\" a partidos e institucións. Segundo informaron fontes autonómicas, Sánchez explicou que o Goberno quere que \"todos os sectores representativos da sociedade estean presentes na elaboración deste acordo nacional\", isto é, os partidos políticos presentes no Congreso, os gobernos de comunidades autónomas, e os axentes sociais e económicos. Tal e como lles dixo Sánchez ao comezo da quinta videoconferencia que mantivo cos presidentes autonómicos desde que se decretou o estado de alarma, \"nun Estado tan descentralizado como o noso, non tería ningún sentido facelo sen as comunidades autónomas\". Tras destacar que fai a súa proposta \"de corazón e de boa fe\", o xefe do Executivo trasladou que é \"primordial\" trasladar unha \"mensaxe de coordinación, colaboración e cooperación\", xa que, aínda que entende que hai \"discrepancias\" nalgunhas cuestións como o grao de contundencia da resposta económica e social, \"é importante que a cidadanía vexa a todos os partidos e institucións xuntos\". Feixoo demanda \"información\" Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pediu \"claridade\" ao líder do Goberno español, Pedro Sánchez, e que o mando único durante o estado de alarma pola crise sanitaria garanta \"información contrastada e homologábel\". Segundo adiantan fontes do Executivo, Feixoo tamén demandou, durante a súa quenda de intervención na videoconferencia de presidentes autonómicos, que se coñezan \"as previsións\" do comité clínico do Estado sobre o estudo epidemiolóxico que prepara o Ministerio de Sanidade cunha mostra de poboación. Ademais, na mesma liña que o pasado domingo, o presidente da Xunta volveu a preguntar cal será o protocolo para o uso xeneralizado de máscaras por parte da poboación. Feixoo tamén aproveitou para reiterar a súa queixa ante a decisión do Goberno de \"confiscar\" ás comunidades fondos de emprego -100 millóns, segundo estimou na súa comparecencia do pasado domingo-, aos que se suman as contías dos plans de vivenda. Finalmente, e sempre segundo fontes da Xunta, Feixoo reiterou que \"as súas prioridades son as residencias\" e, no plano económico, apostou por \"axilizar\" o pago das axudas e prestacións para paliar os efectos da crise, \"porque os afectados aínda non as están recibindo\"."}
{"ID": "NOS_42755", "summary": "Esta quinta feira no #VenhanMais5 toma a palabra Silvia Fraga, consultora de comunicación pública e directora de Stem by me.", "text": "-Como avalías o estado actual da política galega? -Neste momento cun liderado case único, asumido por Alberto Núñez Feijóo, e cunha figura destacable que logrou transmitir a forza da súa marca nas últimas eleccións autonómicas: Ana Pontón. Unha muller que foi quen de centrar a súa mensaxe e dirixila dun xeito claro aos seus militantes, que estaban desilusionados pola deriva do BNG ata entón. Pola banda da Marea, percibo unha falta clara de estratexia: as intervencións teñen escaso percorrido político e as mensaxes son incertas, polo de agora. No que respecta ao PSdeG, segue sen rumbo, sen líder e sen proxecto dous anos despois. Polo tanto, poucos movementos especialmente interesantes podemos albiscar na política galega a curto prazo. Semella que Galicia decidiu un goberno de ampla maioría, polo que os partidos da oposición terían que aproveitar a lexislatura para rearmarse ante unha cidadanía que os está agardando. -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? -Agardamos políticos de certa altura, pero non só en Galicia, senón de xeito xeral. Profesionais que saiban transmitir cara onde ir, que encarnen proxectos con marco e marca, con fondo e liderado. Pero por riba de todo, que xeren confianza e un vínculo emocional cos cidadáns mais aló dunha representación institucional, que tamén hai que manter. Non serven só os discursos de mensaxes roubadas das rúas, tamén deben estar á altura das institucións que representan. Coido que as caretas da denominada \"maioría social\" á que aluden algúns e que xorden nesta era da postverdade, como chaman a este momento no que nos atopamos, non son suficientes para resolver e xestionar un concello ou un país. Finalmente, a sociedade busca líderes aos que seguir, pero teñen que ser capaces de facer cousas e facelas ben. Isto ten o tempo contado, se fai ou non se fai. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Sermos é na actualidade o único medio non \"conservador\" que, permítanme o paradoxo, conserva a esencia do xornalismo, do galeguismo, da información tratada con veracidade cun foco absolutamente centrado en Galicia. Unha Galicia que cada vez é máis que unha, como ben reflicte a súa variedade social, económica e cultural. Ser capaces de proxectar as distintas formas de vida e tamén de pensamento supón, para min, o gran reto de Sermos. Agardo de corazón que sexades quen de reflectir todas as Galicias. Cada vez máis plurais, cada vez máis abertas."}
{"ID": "NOS_43743", "summary": "O barco 'Sestao Knusten' partiu da terminal de Sabine Pass, no Golfo de México o 1 de xullo cargado con 135.000 metros cúbicos de GNL (gas natural licuado), e prevese que chegue a Reganosa esta sexta feira.", "text": "O porto de Ferrol recibirá esta sexta feira primeira carga de gas de \"fracking\" dende os Estados Unidos e que será almacenado en Reganosa. Un atraque que para unha cuarentena de colectivos representa o sinal de partida para a importación masiva de gas da outra beira do Atlántico. Adega, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, e outras organizacións inciden nos perigos do \"fracking\", unha ameaza que persiste sobre Europa. Sinalan, nesta liña, que o uso da técnica en Lancashire (Gran Bretaña) parece inminente. E no Estado español hai varias licenzas nun estado de tramitación avanzado. Con todo, a maior e máis inminente ameaza de entrada do \"fracking\" no Estado español e en Europa en xeral, represéntano as importacións de gas de \"fracking\" estadounidense en forma de gas natural licuado (GNL). Na calor das negociacións do Acordo de Comercio e Investimentos Transatlântico (TTIP) con EEUU, o país americano levantou a finais de 2015 unha prohibición establecida dende 1975 para exportar gas. Europa é un dos claros destinos destas remesas nun futuro a curto prazo. Este feito toma forma co anuncio da chegada do metaneiro Sestao Knusten. Varias empresas europeas, incluidas Iberdrola, Gas Natural Fenosa e Endesa, que xa asinaron contratos con empresas americanas a vinte anos para o subministro de gas. A \"Estratexia Europea para o gas natural licuado e de almacenamento de gas\" é un importante pulo á importación de gas natural, con recomendacións de investimento mil-millonarias en infraestruturas, gasodutos e instalacións de almacenamento e regasificación. O Estado español é punteiro nestas capacidade en Europa, o que o convirte na principal porta de entrada para GNL no continente. O fraking é unha técnica da fracturación hidráulica para extraer gas, que consiste en furar o subsolo e inxectar nel inxentes cantidades de auga, mesturada con area e aditivos químicos, para, após varios procesos técnicos máis, conseguiren ese novo tesouro agachado nas profundidades."}
{"ID": "PRAZA_6530", "summary": "O feminismo está de parabéns. O negro que predomina estes tempos, marcados polos recortes a todos os niveis, o desemprego e a desesperanza, deixou paso ao lila, que se converteu no verdadeiro protagonista para unha sociedade farta de castigos, farta de medidas privadoras de dereitos e farta, en definitiva, de recibir mazada tras mazada día tras día.", "text": "O día 23 de setembro quedará marcado na historia do feminismo. E farao porque tal día como este a loita liderada polas mulleres en contra dunha contrarreforma machista, retrógrada e cercenadora de dereitos e liberdades como o era a promovida polo PP para modificar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010, deu os seus froitos e o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, non tivo outra opción que retirala e anunciar publicamente que a devandita reforma non contaba co consenso necesario. O día 23 de setembro quedará marcado na historia do feminismo Pero, ademais, as mulleres, esas ás que o Partido Popular menospreza e quere acantoar na súa casa baixo o dominio do marido e ao coidado de todas as fillas e fillos que \"Deus queira\", conseguimos outro feito histórico: que un ministro, o antano considerado progre e hoxe desgraciadamente coñecido polas súas ideas ultraconservadoras, Alberto Ruiz Gallardón, presentara a súa dimisión poucas horas despois de quedar desautorizado polo seu \"xefe\". O feminismo está de parabéns. O negro que predomina estes tempos, marcados polos recortes a todos os niveis, o desemprego e a desesperanza, deixou paso ao lila, que se converteu no verdadeiro protagonista para unha sociedade farta de castigos, farta de medidas privadoras de dereitos e farta, en definitiva, de recibir mazada tras mazada día tras día. O negro que predomina estes tempos, marcados polos recortes a todos os niveis, o desemprego e a desesperanza, deixou paso ao lila Pero o camiño non foi doado. Dende que o Partido Popular chegou ao Goberno do Estado, en 2011, ata hoxe, pasando pola aprobación por parte do Consello de Ministros o 21 de decembro de 2013 do anteproxecto de contrarreforma da Lei de 2010, foron moitas as ameazas contra o dereito a decidir das mulleres. E, dende o principio, o feminismo estivo activo, deixando claro ao Partido Popular que as mulleres non iamos permitir nin un só recorte nos nosos dereitos e liberdades sexuais. Aglutinadas en torno á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, as mulleres galegas alzamos a nosa voz para dicir alto e claro que non estabamos dispostas a ceder nin un ápice nuns dereitos sexuais e reprodutivos xa consolidados e, ao longo de todo este tempo, saímos ás rúas en cidades e vilas sempre que así estimamos ou que houbo algún tipo de paso dirixido a limitar as nosas liberdades. Neste tempo, foron moitas as compañeiras que dedicaron todo o seu esforzo a reivindicar os dereitos das mulleres no seu conxunto e neste longo e duro camiño pasamos por todo tipo de vicisitudes e contratempos. Por iso, a vitoria do 23 é a vitoria do feminismo fronte un poder no que prevalecen altas doses de machismo; é a vitoria de todas aquelas mulleres que, dunha forma ou outra, cun gran de area ou cun saco, contribuíron a propiciar que un presidente dun Goberno tivese que tragar as súas ideas e tivese que saír a anunciar publicamente a retirada da reforma dunha lei e que o \"pai\" antano orgulloso desta, se vise abocado a presentar a súa dimisión. É a vitoria de todas aquelas mulleres que, dunha forma ou outra, cun gran de area ou cun saco, contribuíron a propiciar que un presidente dun Goberno tivese que tragar as súas ideas Pero, por desgraza, as ameazas continúan e a realidade obríganos a seguir en alerta. En alerta porque o Tribunal Constitucional ten que resolver un recurso presentado polo PP contra a Lei de 2010, porque Rajoy xa anunciou que pretende modificar algún artigo da norma actualmente en vigor (que evidentemente vai ir na liña de quitar dereitos) e porque, en definitiva, non podemos esquecer que o anteproxecto de lei foi aprobado en decembro de 2013 por todo un Consello de Ministros e, en consecuencia, houbo un apoio explícito de cada unha das ministras e ministros a ese texto retrógrado e machista agora retirado. Por desgraza, as ameazas continúan e a realidade obríganos a seguir en alerta Polo tanto, hoxe o feminismo e boa parte da sociedade estamos de parabéns, pero sempre con cautelas e sempre buscando seguir dando pasos adiante. Neste punto encontrámonos e así trasladarémolo xa este domingo, cando en todas as cidades galegas reivindicaremos un aborto libre, seguro e gratuíto con motivo do Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. E nesa loita, a das mulleres, seguiremos."}
{"ID": "PRAZA_10410", "summary": "O sector crítico do grupo parlamentario votou a proposta de Sande e apostou por formalizala ante o Parlamento, o que para a dirección de En Marea supón un \"incumprimento grave\" polo que lles reclama que abandonen os seus escanos. Se finalmente o grupo parlamentario de En Marea racha, perderá a súa condición de segunda formación do Parlamento e con ela, o dereito a elixir un posto no Senado", "text": "O Parlamento abriu este martes formalmente o prazo para que os grupos parlamentarios presenten as súas propostas para cubrir as tres prazas que corresponden á Cámara galega no Senado. Como marca o Estatuto de Autonomía, estes nomeamentos deben realizarse no inicio de cada lexislatura estatal, pero o PP fixo valer a súa maioría absoluta para adiar o proceso practicamente un mes.No seo dos populares existe unha evidente tensión sobre a cobertura das prazas no Senado que lles tocan, dúas das tres. Débese ao gran número de cargos do partido que perderon os seus postos institucionais tras as as eleccións xerais, aos que se sumaron os dirixentes que perderon as súas responsabilidades nos concellos unha vez confirmada a composición dos gobernos locais. Pero este feito está a ficar nun segundo plano político e mediático por mor do enfrontamento desencadeado no grupo de En Marea para cubrir a praza que lle corresponde no Senado como segunda formación do Parlamento, o cal vén de derivar na reclamación das actas parlamentarias ao sector crítico por parte da dirección do partido.Se finalmente o grupo parlamentario de En Marea racha perderá a súa condición de segundo grupo do Parlamento e con ela, o dereito a elixir un posto no SenadoEste tirapuxa a respecto da elección está a acelerar a previsible ruptura do grupo e dando tamén lugar a unha situación paradoxal. Se finalmente o grupo parlamentario de En Marea racha perderá a súa condición de segundo grupo do Parlamento -ten os mesmos 14 escanos que o terceiro, pero máis votos nas eleccións de 2016- e, con ela, o dereito a elixir un posto no Senado por designación do Parlamento de Galicia. O liderado simbólico da oposición e con el, o escano na Cámara Alta, pasarían ao PSdeG.Este é o pano de fondo co que se produciron os últimos desencontros. Despois de que o sector crítico do grupo -membros de Podemos, EU e Anova- celebrase a pasada semana unha votación que tivo como resultado designar para esta praza a José Manuel Sande, ex-edil do goberno da Marea Atlántica na Coruña, a dirección de En Marea como partido desautorizou este movemento, no que viu unha \"imposición de Podemos\". Resaltou ademais que aínda que a proposta inicial do Consello das Mareas fora a profesora Mariló Candedo, o propio Luís Villares trasladara unha segunda opción \"de consenso\", o do actual deputado Manuel Lago, que este rexeitou.O sector crítico do grupo parlamentario votou a proposta de Sande e apostou por formalizala ante o Parlamento, o que para a dirección de En Marea supón un \"incumprimento grave\" Tras aquela primeira votación, os críticos desenvolveron outra este pasado luns, ás portas da celebración da Xunta de Portavoces que este martes abriu oficialmente os trámites para a elección da representación galega no senado, votación que está prevista para o pleno da semana que vén. O prazo remata o venres.O resultado foi de novo Sande e, ao ser maioritaria no grupo -malia algunha abstención e a non participación do sector de Villares-, o sector crítico apostou por formalizala ante a Mesa do Parlamento, trámite que ordinariamente realiza e asina o voceiro, neste caso Luís Villares. Fixérono tras unha consulta aos servizos xurídicos da Cámara sobre o xeito de tramitalo, recollendo nunha acta que a maioría do grupo apoia a proposta.A dirección de En Marea confirma a \"suspensión de militancia\" e a petición de renuncia ás actas aos oito deputados que participaron na votaciónA través dun comunicado a dirección de En Marea considerou a posición desta \"parte das deputadas do grupo parlamentario\" como un \"incumprimento grave\" do \"acordo que cada unha delas asinou\" no inicio da lexislatura, no que \"se comprometían a actuar sempre no nome de En Marea e en ningún caso representando intereses diferentes\". A propia coordinadora, tras reunirse este martes, confirmou a súa decisión ao respecto a través da súa vicevoceira, Ana Seijas: \"suspender de militancia\" e reclamar que abandonen a súas actas os oito deputados que impulsaron a proposta de Sande e participaron neste sentido na votación cuxo resultado queren formalizar ante o Parlamento. Se non atenden esta primeira petici´ón, reclaman que \"abandonen o grupo parlamentario\" porque non están a \"representar\" a formación pola que foron elixidos, acusan para sinalar o que definen como \"un acto claro de transfuguismo\".Alén desta petición orgánica, quedan varios interrogantes sobre a mesa: cal será a proposta que o Parlamento dea por válida no caso de seren rexistradas a de Candedo e Sande e, sexa cal for, se chegará a ser votada en pleno, xa que se trataría dun escenario inédito e dun baleiro regulamentario. Do mesmo xeito, resta por coñecer se tras o ultimato da dirección de En Marea como partido se produce a escisión do grupo e, nese caso, cales dos seus membros seguen formando un grupo parlamentario -cómpre un mínimo de cinco escanos- e cales pasan ao Mixto. En calquera dos dous escenarios, o dereito a elixir o terceiro senador sería para o PSdeG."}
{"ID": "PRAZA_1836", "summary": "Esta semana fai dez anos o Gerador automático de poesia galega contemporánea que Berto Yáñez e María Yáñez botaron a andar en Aduaneiros sem Fronteiras. Na rede hai outros bots que fan literatura ou traen ao presente a ilustres da cultura galega", "text": "desexo de tisucando fazulasa neve nos curutosfica atoado o seu congostro inxela fala que aloumiñaO autor deste poema nunca será homenaxeado no Día das Letras Galegas (ou si, vai ti saber). O autor deste poema é un robot, o Gerador automático de poesia galega contemporánea que Berto Yáñez e María Yáñez botaron a andar en Aduaneiros sem Fronteiras hai, exactamente, unha década, neses tolos anos do blogomillo. Patróns de palabras e versos que se organizaban automáticamente no momento en que o usuario ou usuaria clicaba en gerar poesia.O Gerador era un bot, un programa informático que leva a cabo distintas funcións imitando as accións humanas, en base a unha serie de patróns e accións predefinidas. O venerable ancián que esta semana fixo dez anos foi dos primeiros que empregou estas ferramentas nunha aplicación relacionada coa cultura, a lingua e as letras galegas, pero houbo máis.Algúns ben recentes. Dende febreiro está na rede Galegos Ilustres, un bot (creado tamén por Berto) que catro veces ao dia mistura de xeito aleatorio imaxes de galegos e galegas ilustres con letras de cancións de reggaeton. \"Llego el Residente, mayday-mayday. El que tiene más trucos que un skater. El que tiene más trampas que el invader\", di por exemplo Álvaro Cunqueiro. Ou mesmo \"Suban el telón, abran las cortinas. Enciendan las turbinas con nitroglicerina. El desorden es tu penicilina\", asegura Alexandre Bóveda.Tamén anda polo twitter Unha Vella, outro bot de Berto que cada media hora crea versos creados con palabras aleatorias do VOLGA, e todos en rima consonante. Todos, iso si, con espírito chocalleiro, feminista e soberano, pois deixa ben claro que na súa cona non manda ninguén. \"Unha vella nos tempos do serranchín, fixo da cona un matachín\", \"Unha vella nos tempos da alimentación, fixo da cona unha degustación\" ou \"Unha vella nos tempos do calzador, fixo da cona un conmutador\" son algunhas das creacións deste bot.Máis recente aínda é Conceptos Explicados, un bot que cada media hora explica \"de xeito definitivo todos os conceptos complexos que che interesan\". Ou, por suposto, un saúdo, o bot que cada quince minutos envía un saúdo, da man de Xosé Ramón Gayoso, aos 37.308 topónimos oficiais do Nomenclátor da Xunta.Así pois, queda demostrado que os robot falan galego. É máis, queda demostrado que os robots fan literatura. Para cando un día das #eLetrasGalegas? Nesta semana na que celebramos os dez anos do Gerador automático de poesia galega contemporánea, paga a pena dar unha volta de novo por alí e -se nos gustan os poemas creados polo robot- copialos, imprimilos e presentalos ao desaparecido Premio Esquío, como recomendaban dende Aduaneiros. Por exemplo, este. os restos do naufraxioa diaria soedade dos aeródromosos meus calzóns bébedosun fulgor sedento de ebriedadedas fenestras as efixies do silencioa estrela silandeiralembranza de ti, oh indómito corsarioescombros da comunicaciónen trazos esguios"}
{"ID": "NOS_31095", "summary": "Un ano en prisión preventiva. É xusto o que levan os líderes das entidades cívicas soberanistas Ómnium Cultural e Assemblea Nacional Catalana, Jordi Cuixart e Jordi Sànchez, respectivamente.", "text": "Os Jordis non quixeron perder a oportunidade de enviar unha mensaxe á sociedade catalá no día en que fan un ano en prisión. O meio para se expresaren, senllas misivas á emisora RAC 1, a estación de radio do grupo La Vanguardia que é hexemónica en Catalunya. Na súa carta, Jordi Cuixart afirma taxativo que o seu obxectivo \"non pode ser saír da prisión, senón afrontar o seguinte embate que nos coloca o estado da única maneira que o sabemos facer neste país; unidos desde a diversidade, a transversalidade e a radicalidade democrática\". En troca, Jordi Sànchez —número dous de JxCat e, na súa condición de preso, candidato falido por esta formación á presidencia da Generalitat— optou por un comunicado máis breve: \"Quero saír xa da prisión, mais non a calquera prezo\". \"Se alguén pretende comprar o meu silencio ou a miña renuncia a me expresar e a me manifestar, a defender activa e pacificamente o dereito á autodeterminación do meu país, equivócase\", acrecentou. Cuixart expresa a súa seguranza de que o xuízo ao que se verán submetidos —sob os cargos de rebelión, sedición e malversación de fondos— vai ser un \"altavoz internacional\" e, ao tempo, envía unha mensaxe a aqueles que defenden a vía do seu perdón por un decreto da Moncloa: \"Aqueles que perden o tempo a falaren dun indulto é que non entenderon nada, nada de nada\". O presidente de Ómnium Cultural apela non só á Catalunya independentista, mais tamén a aquela que defende o dereito a decidir: \"As peticións da Fiscalía (e de Vox!) deben topar coa resposta serena, mais contundente, de perto de 80 por cento que se opón ao noso encarceramento e defende o referendo de autodeterminación\". Os Jordis ingresaron en Alcalá Meco tal día como hoxe, en 2017, após compareceren perante a xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela, que decretou prisión provisional para ambos. Desde xullo están no centro penitenciario de Lladoners, despois de o tamén maxistrado da AN Pablo Llarena autorizar o seu traslado."}
{"ID": "NOS_40007", "summary": "Heriberto Cairo e Eduardo Sánchez Iglesias veñen de coordinar o libro 'Marxismo, nación e territorio'. Con motivo da súa publicación, Nós Diario conversa cun dos autores do mesmo, o catedrático en Análise Xeográfica da USC Rubén Lois, arredor do desenvolvemento do concepto da nación e da evolución social e económica da Galiza.", "text": "—Fala no libro da construción en paralelo dos relatos nacionais no século XIX, a que se refire? Recollo a interpretación que fai o historiador José Álvarez Junco, quen explica que a invención da tradición da nación española é un proceso do século XIX impulsado por sectores liberais ao que despois se suma o conservadorismo máis relixioso. Junco recoñece que ao mesmo tempo se constrúe unha narrativa nacional moi clara en Catalunya e explica o proceso vasco. Tamén sinala que na Galiza co Rexurdimento se crea unha idea de nación a partir do provincialismo e da crenza nun Reino que ten unha personalidade propia. Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza Eu no que insisto é en que esas narrativas que xorden na Galiza non cuestionan a existencia dun Estado español, aínda que sexa plurinacional. Mais o que está claro é que existen estas tres narrativas das nacións sen Estado que aparecen en paralelo á de España. —Refírese á construción dun relato de nación na Galiza con un carácter máis débil. Por que? No século XIX é cando a burguesía se está reafirmando, sobre todo a raíz da Revolución Industrial, teñen moita importancia no téxtil e de feito Catalunya chega a un acordo co Goberno da Restauración para o desenvolvemento de políticas proteccionistas para poder vender as súas pezas de tea en Cuba e no resto de colonias españolas. Pola súa parte, os vascos nese século están mirando para o Reino Unido e teñen un proceso de desenvolvemento a partir das minas de carbón e ferro e da siderurxia. Entón, Catalunya e Euskadi eran nacións que falaban de igual a igual ao resto do Estado español, que se consideraba vencellado a un territorio máis pobre, sobre todo tendo en conta que Madrid se industrializa moito máis tarde. A Galiza nese momento non podía afirmar que tiña unha grande industrialización endóxena, aínda que hai algún desenvolvemento en Vigo ou no Arco Ártabro entre Ferrol e A Coruña, e desde sempre se asocia a unha realidade completamente diferencial con lingua e con cultura propias e cun discurso nacional moi arraigado, mais desde unha perspectiva de que é un país rural, labrego e atrasado. Esta narrativa do atraso e a dependencia vaise manter durante boa parte do século XX e ten hoxe aínda moito calado na sociedade. —Chámalle a isto vostede o mito da Galiza débil, periférica e atrasada. Somos hoxe un país avanzado que poda aspirar a valerse por si mesmo? Eu fago unha reflexión sobre se hai condicións para superar este mito. Habería que facer uns bos cálculos sobre as balanzas fiscais porque non está nada claro que o pobo galego sexa receptor de fondos do resto do Estado, entón non é certo ese mito de que somos rurais e atrasados. A Galiza é unha sociedade urbana, industrializada e con niveis de desenvolvemento fortes e hai que cambiar un pouco ese discurso desfasado. Por exemplo os bretóns, que tamén tiñan unha realidade semellante no Estado francés, cambiaron o discurso, e hoxe en día a ninguén alí se lle ocorre falar neses termos da Bretaña. O discurso do atraso non é acorde coa realidade actual da Galiza, mais aínda segue dominando. \"Galiza carece de política demográfica e iso é un fracaso\" Cando os cataláns batallan pola soberanía é porque se consideran autosuficientes e que poden vivir perfectamente sós. Pola contra, a maioría das persoas galegas non o perciben así, temos interiorizado que somos débiles ou que somos menos industriais, o cal é falso, a contribución da industria ao PIB galego é maior que a da media do Estado, pero seguimos tendo esa percepción de dependencia de España que non se corresponde coas potencialidades económicas da Galiza. Necesidade dun consenso progresista Para Rubén Lois non está claro que a Galiza sexa unha nación conservadora, pois na maioría de procesos electorais existe unha maioría de votantes progresistas. Para evitar a abstención e os pequenos transvases de votantes ao PP nas eleccións galegas, di Lois, os partidos de esquerda necesitan obter un consenso de mínimos para xerar unha alternativa real e críbel. O xeógrafo insiste na necesidade de cambiar o discurso, en que hoxe a Galiza \"é unha sociedade urbana, industrial e bastante moderna\", polo que hai que comezar a esquecerse \"do atraso e do ruralismo\" e \"eliminar debates absurdos como se necesitamos ou non tres aeroportos ou se temos grandes industrias como as pesqueiras\". Rubén Lois sinala que é necesario interiorizar esta modernidade, o que \"axudaría a ter un novo modelo de Goberno autónomo no momento actual que cambie as lóxicas e supere o discurso da subordinación\"."}
{"ID": "NOS_46453", "summary": "O festival, que se realizará do 28 de marzo ao 2 de abril en Compostela, recupera a presencialidade de todas as seccións e actividades.", "text": "Tres películas galegas competirán polos premios a Mellor Filme e Mellor Filme Galego na 17º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego (MICE), que se realizará do 28 de marzo ao 2 de abril en Compostela. Os títulos, escollidos entre máis de 1.000 candidaturas chegadas de todo o mundo, son Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo, Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro e O último de Arganeo, de David Vázquez. Resonancias do pasado é o novo filme de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, membros da asociación arousá O faiado da memoria, que recupera a memoria de Vilagarcía. Neste filme reconstrúen a vida da vila dos anos 20 aos 80 a partir de vellas películas domésticas gardadas pola veciñanza. Notas sobre os cesteiros de Mondariz relata unha tradición artesá de gran valor sociocultural que pervive na memoria colectiva deste concello. A tradición que encarna Enrique Táboas, o último cesteiro de Mondariz, conéctase coa proposta innovadora da artista contemporánea Idoia Cuesta. O terceiro filme, O último de Arganeo, trae de novo á MICE a David Vázquez. O chantadino xa estivera no festival en 2017. Nesta ocasión, o director rodou en León para contar a historia de Edilberto Rodríguez, un mozo de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós. Actividades presenciais A MICE recupera este ano a presencialidade de todas as seccións e actividades. Entre elas están os obradoiros de formación e as mesas de debate. O antropólogo e fotógrafo Jorge Moreno Andrés e a tamén antropóloga e cineasta Adriana Vila, son as persoas docentes do obradoiro desta edición que leva por título Anversos e reversos: metodoloxía etnográfica dos procesos creativos. As mesas de debate profesional, artelladas en colaboración con Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema, e con CREA, a asociación de profesionais da realización, xirarán entorno aos procesos de creación e divulgación de proxectos de difusión do cinema documental. Tamén haberá actividades para os centros escolares e para familias na sección MICE Petís. Este ano o Olloboi, un festival de curtametraxes escolares, é o coordinador."}
{"ID": "NOS_9947", "summary": "As xeracións de máis idade, da contorna de Vigo principalmente, aínda teñen na memoria os contos de José Rodríguez de Vicente, Joselín. Da súa man chégannos as primeiras gravacións de teatro galego que aCentral Folque publica nun libro-cd paraa recuperación dunha figura á que tamén contribuirá o espectáculo que prepara e dirixe Quico Cadaval.", "text": "\"Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)\", é o título do libro-CD da Central Folque que se presenta esta semana no marco do Festival Atlántica a sexta feira día 21, no entorno da celebración do Día Internacional da Narración Oral. Con gravacións descubertas e editadas polo investigador Ramón Pinheiro, de aCentral Folque, e un estudo da profesora da Universidade da Coruña, Laura Tato, o proxecto busca recuperar a singular figura dun contador único que chegou a ser popular a través da radio tamén na Arxentina. Canda o libro-cd presentarase o espectáculo \"Os contos de Joselín\" que dirixe Quico Cadaval e no que participan tamén os contadores, Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez, \"Guti\", un artista que conta e canta, á maneira de Joselín e que se estreará a partir do 15 de abril. A idea de editar os contos de Joselín naceulle a Ramón Pinheiro despois dunha conversa con Alfonso Paz Andrade na que lle confesou que o arquivo de seu pai Valentín contiña moito material documental sobre o contacontos. \"Alí atopamos correspondencia con risco ou Cabanillas, fotografías e distintos materiais e a idea comezou a callar. Alfonso púxonos en contacto coa familia Delgado Tapias e no seu domicilia atopamos un segundo lote de material con moitísima máis documentación, desde textos manuscritos ate unha parte importante dos másters. Nesa altura xa vimos que os materiais eran moitos e moi importantes e falamos con Laura Tato para que desenvolvera a investigación\", conta Ramón Pinheiro das orixes do traballo. Alén das gravacións sonoras, recuperouse a súa produción como guionista con Suevia Films e a súa relación con Otero Pedrayo, tema de estudo tamén de Tato. Figura contraditoria Á figura de Joselín, Ramón Pinheiro defínea como \"contraditoria, con moitas aristas diferentes\". Por unha banda, mantívose próximo a Risco e a unha querenza pola lingua e a cultura do país, mais tamén foi alcalde con Primo de Ribera e recibiu medallas honoríficas do réxime. En Arxentina foi figura de masas e condutor do primeiro programa de radio galega \"La hora gallega\" ao tempo que mostrou a súa vinculación co franquismo sen, por iso, perder a súa relación con galeguistas como Otero. \"Digamos que é unha figura moi poliédrica e realmente hai elementos da súa biografía chamativos. Un personaxe difícil de encadrar\", valora Pinheiro. En \"Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)\", recóllese os 23 relatos gravados, todos eles en galego. Catro contos máis foron localizados mais non atoparon gravación. \"No libro transcríbese toda a obra dramática, ademais da investigación de Laura Tato e a súa biografía e xúntase un CD cos 23 contos gravados no 29, 30 e 31\", explica o editor ao tempo que anota que nos anos cincuenta volvéronse regravar doce dos contos que son os que xa recuperara Valentín Paz Andrade nun vinilo producido por Caixanova en 1976. \"Joselín é esa figura popular, experta, que sempre ten un comentario e que poderíamos comparar hoxe coas viñetas do Carrabouxo. O seu uso da lingua é moi interesante, conserva a fala dos mariñeiros e labregos, con sotaque moi propio. Nalgúns dos contos recrea escenas de cegos e canta, moi ben, por certo\", explica Pinheiro a punto de iniciar as presentacións que teñen como obxectivo divulgar a singular personaxe a quen o propio Castelao tiña en moita consideración de maneira que chegou a desenvolver unha adaptación de \"O ollo de vidro\" para un artista só que sería o propio Joselín. \"Era unha forza comunicativa e non teño dúbida que é a primeira gravación teatral\", apunta o editor, que atopa en Cadaval ou Celso Sanmartín herdeiros deste pioneiro da narración oral. Os primeiros documentos sonoros que se recollen, do 29, proceden dunha sesión conxunta desenvolvida no Teatro de Ourense pola discográfica Regal na que, cando os contos de Joselín, graváronse os sons de Faustino Santalices, o Coro de Ruada, os Gaiteiros de Soutelo e a Banda de Ourense no que sería o primeiro catálogo de produción en galego. \"Pasa a ser un produto de masas, eses discos fixéronse populares e non se deixaron de reeditar ate vén pasado o tempo. A xente que ten máis de sesenta anos lembra aínda os contos de Joselín emitidos na radio\", popularidade que medrou aínda máis en Bos Aires, con el ao fronte dun programa de masas e converténdose nun personaxe moi coñecido na colectividade galega. Relatos como \"Romance de Ciego\", \"O retrato\", \"O tabeirón\" ou \"Que listo é o meu fillo\" popularizaron a Joselín, unha figura da que agora se rescatan 23 a súa colección de contos en galego."}
{"ID": "NOS_28263", "summary": "En Vigo, O Val Miñor e Salvaterra de Miño.", "text": "Un total de tres novos focos de Covid-19 que suman 14 contaxiados foron detectados durante esta segunda feira en Vigo, O Val Miñor e Salvaterra de Miño. Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que estes focos, que elevan a unha decena os activos na zona, detectáronse nas últimas horasdesta segunda feira En concreto, produciuse un brote no Val Miñor que suma sete positivos e que se orixinou nunha reunión de amigos. Como consecuencia, suspendéronse as visitas ás dúas residencias coas que conta o municipio de Gondomar, un centro de maiores e outro de persoas con discapacidade. Así mesmo, na localidade de Salvaterra de Miño rexistrouse un segundo foco producido no ámbito familiar que afecta a tres persoas. Adicionalmente, esta segunda feira contabilizouse un terceiro brote que suma catro positivos en Vigo. O Sergas concretou que se trata de mozos que se contaxiaron durante unha viaxe realizada fóra de Galiza."}
{"ID": "NOS_50261", "summary": "O comité de empresa do ente público presentou 345 sinaturas perante as catro forzas políticas con representación parlamentar reclamando a creación dun Estatuto profesional e dun Consello de informativos que velen pola imparcialidade e a veracidade das novas que se emiten na televisión e na radio galegas", "text": "Máis do 60% d@s traballador@s da CRTVG denuncian manipulación informativa. Así o sinala un comunicado enviado á imprensa polo comité de empresa do ente público en que dan conta das 345 sinaturas que veñen de presentar perante as catro formacións políticas con representación parlamentaria (BNG, AGE, PSdG e PPdG) con que reclaman a creación do Estatuto profesional que estabelece o artigo 36 da Lei 9/2011, de 9 de novembro. A mesma norma contempla tamén a creación dun Consello de informativos, onde terían voz @s traballador@s. Así as cousas, o comité de empresa lembra a necesidade dunha televisión e dunha radio públicas ao servizo da cidadanía e sinalan que \"a mellor ferramenta\" para garantir a veracidade informativa é \"aplicar a norma en vigor\". Os dous organismos estarían focados a velar pola imparcialidade e a calidade das informacións que se emiten a través da radio e da televisión nacionais. Fronte a estas dúas cualidades, seis de cada dez xornalistas da CRTVG denuncian as prácticas de manipulación a que fican submetidas as novas, sobre todo e tal e como fixeron público nos últimos meses, aquelas relacionadas cos casos de corrupción política --minimizando o impacto cando @s imputad@s son do PPdG e incrementándoo cando son doutras formacións políticas-- e as mobilizacións masivas que se están a producir contra as políticas conservadoras emprendidas tanto desde a Galiza como desde Madrid."}
{"ID": "NOS_22715", "summary": "82 votos a favor, 170 en contra, 97 abstencións. Cero sorpresas. A terceira moción de censura do presente réxime político español concluíu como as dúas anteriores -as propostas por Felipe González (PSOE) e Antonio Hernández Mancha (PP)-, con derrota, embora con menos votos a prol. Unidos Podemos e as confluencias só conseguiron o apoio de ERC (8 votos), Compromís (4) e Bildu (2).", "text": "A moción precisaba superar a maioría absoluta para prosperar, así que Iglesias ficou a 94 votos de tombar o goberno de Mariano Rajoy. Outra cousa é o obxectivo político que perseguía a iniciativa. Na dirección de Podemos a análise é que a moción se salda cun suceso absoluto ao ter obrigado Mariano Rajoy a baixar á area cando os seus corifeos hai semanas garantían que nen sequer iría tomar a palabra e ao ter reforzado a imaxe de presidenciábel do propio Iglesias. Outras análises menos amábeis co mundo podemita interpretan que a moción non se pode considerar un éxito porque Rajoy non só non sae tocado, senón que mesmo reforza a súa posición como o líder do bloco conservador, incluíndo nese espazo o Cs dun Albert Rivera que noi foi quen de achar o seu espazo no debate. A moción alimentou tamén a hipótese dunha eventual entente no campo da esquerda co PSOE. Mais o camiño non será doado. É certo que se tenderon pontes, mais non o é menos que Iglesias e Sánchez pelexan polo mesmo eleitorado e que na cuestión chave da política estatal -o manexo do referendo catalán- manteñen posicións formalmente diverxentes. En Ferraz a avaliación que se fai do debate é que Rajoy e Iglesias se anulan mutuamente e que o público acabou botando de menos o grande ausente, Pedro Sánchez. Os asesores do secretario xeral aconselláronlle precisamente non comparecer durante estes días para subliñar a súa ausencia, unha forma como outra de estar presente."}
{"ID": "NOS_12561", "summary": "Primeira comparecencia do secretario Xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, o o director xeral de Relacións Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, na que aseguraron que \"a normalidade\" é total \"salvo algunhas pequenas incidencias normais\"", "text": "O secretario Xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, o o director xeral de Relacións Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, compareceron diante da prensa para dar conta da primeira hora desta xornada electoral en Galiza. Nos tres minutos que durou Valeriano Martínez repetiu os datos do número de mesas e colexios electorais e afirmou que non houbo incidencias \"salvo algunhas pequenas incidencias normais\". Nun Colexio electoral de Lavacolla (Compostela) apareceu unha pintada nunha das paredes e as portas de entrada ao colexio electoral cun candado A única incidencia rexistrada na apertura da xornada foi trasladada pola Delegación do Goberno e sucedeu nun Colexio electoral de Lavacolla (Compostela), onde apareceu unha pintada nunha das paredes e as portas de entrada ao colexio electoral cun candado. O resto de incidencias, segundo Valeriano Martínez, \"foron entre titulares e suplentes nalgunha mesa\". A seguinte comparecencia será ás 12:30 horas."}
{"ID": "NOS_37226", "summary": "As embarcacións vascas impuxéronse nas tres categorías. Cabo de Cruz e Ribeira lograron os mellores postos galegos, segundos en absoluto masculino e feminina, respectivamente.", "text": "Meira (Moaña) acolleu esta fin de semana o Campionato de España de Traiñeiriñas, unha cita na que tomaron parte 24 embarcacións de Galiza, Euskadi, Cantabria e Asturies en tres categorías diferentes: absoluta feminina e absoluto e xuvenil masculino. Foi un campionato de claro dominio vasco. As traiñeiriñas de Euskal Herria impuxéronse nas tres categorías e nalgunha delas (Xuvenil masculino) coparon as tres prazas do podio. Galiza só puido conquistar tres medallas: 2 de pratas e 1 de bronce. En Absoluto masculino a vitoria foi para Ziérbana, que marcou un tempo de 13:22, sacando seis segundos de vantaxe a Cabo de Cruz, segunda; sendo Bermeo terceira, Tirán cuarta e fechando a clasificación Meira. Na Absoluta feminina foron as remeiras de Koxtape quen conquistaron o ouro, marcando 15:51. Ribeira logrou a prata e Samertolameu de Meira o bronce. Mecos foi cuarta e Chapela, quinta. Por último, en Xuvenil as tres traiñeiriñas vascas coparon os tres primeiros postos: Kaiku (ouro), Koxtape (prata) e San Nicolás (bronce). Rianxo foi cuarta, a 18 segundos dos vencedores. A Cabana entrou en quinto posto."}
{"ID": "NOS_10716", "summary": "O pleno aproba a moción da aplicación do Plan de Normalización da Lingua Galega", "text": "O pleno do Concello da Coruña aprobou aplicar o Plan de normalización da lingua galega, unha decisión que desde A Mesa se valora positivamente e desexando que faga da cidade \"un exemplo de normalización do galego\". Marea Atlántica, PSOE e BNG votaron a favor e só o PP se amosou contrario a esta proposta. A responsábel da entidade pola normalización na Coruña, Celia Armas, mostrou a súa esperanza en \"que se abra por fin unha nova etapa para o galego na Coruña, a cidade das irmandades na que naceu a reivindicación da lingua de Galiza\". Sinalou ademais a disposición da Mesa na Coruña a colaborar en todo canto for preciso para este cambio de rumo a favor do galego, e parabenizou os grupos apoiantes."}
{"ID": "NOS_47713", "summary": "A partir de hoxe é posíbel o baño nas praias galegas. Mais como se vai facer para manter as condicións de seguridade?", "text": "Os concellos galegos achéganse con incerteza a como regular o acceso ás praias, nas que a partir de hoxe estará permitido o baño e a estancia. As propostas van desde a confianza na responsabilidade individual até o uso das últimas tecnoloxías. Aínda que en principio non se contemplaba o retorno aos areais até 8 de xuño como mínimo, data na que, con sorte, entrariamos na fase 3 do desconfinamento, finalmente a posibilidade agroma coa entrada na fase 2. E parece que o tempo vai acompañar, o que non fai máis que incrementar a preocupación das autoridades competentes. Cita previa O uso de cita previa quedou en principio descartada. Esta proposta da Xunta da Galiza, da que xa deu conta Nós Diario, implicaba o uso dunha aplicación que para sacar quenda, empregando para o acceso un código QR. Mais esta idea quedou descartada pola dificultade de execución en moitos concellos, que acusan escaseza de persoal fronte á gran dimensión ou os varios accesos de certos ariais. Ademais, a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) non se mostrou conforme coa medida, pois consideraban que a fenda dixital de boa parte da veciñanza a facía inoportuna. Confiar nas persoas En principio, parece que de momento se apelará a responsabilidade de cadaquén para manter a distancia de seguridade e as medidas de prevención oportunas, indicadas en paneis informativos. A maior parte dos municipios costeiros aínda valora que medidas aplicar, á agarda de directrices específicas por parte do Goberno. Segundo teñen manifestado, non descartan tomar opcións provisionais ou manter algunhas praias fechadas mentres non saiban como xestionar a situación. Dos drons ás parcelas A Coruña adiantou que aplicará un protocolo nos accesos ás praias entre a segunda feira e o 15 de xuño. O roteiro inclúe o valado de Orzán e Riazor para que só teñan un acceso de entrada e outro de saída, ben diferenciados. A Policía Local será a responsábel, con outros corpos de emerxencias, de controlar as aglomeracións. Porase ao dispor da cidadanía unha aplicación para informar do nivel de ocupación en tempo real. En Vigo, o goberno local presentou o sábado o sistema que pretende implementar desde o 15 de xuño nas praias de Samil e O Vao. Consistirá en cintas de cores que dividirán a area en parcelas de até seis persoas e deseñarán camiños cos que baixar e subir entre o paseo e a auga de maneira controlada. En Ribeira aprobouse esta semana a adquisición de dous drons para vixiar os 36 areais do concello. Estes dispositivos contarán con altofalantes para lembrar ás usuarias que manteñan a distancia de seguridade ou advertir de aglomeracións. Sanxenxo tamén manifestou a súa preferencia polos drons. Facilitará nas redes sociais imaxes case a tempo real para que as visitantes poidan planificar a asistencia. Algúns concellos, como Vilanova de Arousa, barallan a posibilidade de dar prioridade no acceso á veciñanaza. e persoas aloxadas nos seus cámpings e hoteis."}
{"ID": "NOS_34170", "summary": "Impulsada pola CIG, demanda a eliminación da taxa de reposición, unha OPE co 100% das prazas ou cobrar todo o complemento específico.", "text": "A CIG-Saúde realizou este xoves unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta en San Caetano para denunciar a precariedade laboral que sofre boa parte do persoal do Sergas e demandar a recuperación dos dereitos laborais e retributivos. Ademais da protesta, a Federación de Saúde remitirá un escrito dirixido ao presidente Núñez Feixoo reclamándolle que recoñeza e valore o traballo das e dos profesionais da sanidade \"os 365 días do ano, a través da recuperación dos acordos salariais, da carreira profesional e do Plan de Mellora da Atención Primaria, e non con esmolas para lavar a imaxe de cara ás próximas eleccións\". Esta protesta marca o inicio dunha campaña coa que a CIG-Saúde reivindica a convocatoria dunha mesa sectorial para negociar a recuperación \"dos dereitos roubados nestes anos e medidas que rematen coa precariedade e a inestabilidade provocada pola política laboral\" da Xunta. Entre outras cuestións, explica a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, reclámase a eliminación da taxa de reposición e negociar un sistema identificativo do cadro de persoal do Sergas que permita coñecer canto traballadores e traballadoras son fixas, interinas, eventuais cubrindo prazas estruturais, eventuais fóra de cadro de persoal, xubilacións. etc.; e que se convoque unha oferta de emprego co 100% das prazas para dar estabilidade aos profesionais."}
{"ID": "NOS_282", "summary": "É case un punto máis que a media estatal,10,2%.", "text": "O último informe sobre o Índice de Prezos de Consumo (IPC) publicado esta cuarta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE) mostra que a Galiza superou a barreira de 10% de inflación en xuño deste ano. A inflación na Galiza supera a media rexistrada nos Estados da zona euro En concreto, o mes pasado a Galiza alcanzou 11,1% de inflación, sendo o terceiro dato máis alto do Estado español, só por detrás de Castela A Mancha (12,7%) e Castela e León (11,6%), e case un punto por enriba da media estatal (10,2%), o dato máis alto desde abril de 1985. (Fonte: INE) Ningunha autonomía baixou de 8,5% de inflación en xuño. Ese dato foi o recollido en Canarias, seguida de Ceuta (9,3%) e Madrid (9,5%). O 30% das persoas cancelou as súas vacacións a causa da inflación Con respecto a maio de 2022, a inflación aumentou no noso país en 1,5 puntos, de 9,6% a 11,1%, situándose na parte alta da clasificación por subidas porcentuais, con Castela A Mancha (+2,1) e Murcia, Navarra, Castela e León e Aragón (+1,7 todas elas) á cabeza. Datos estatais Os grupos nos que tivo lugar unha maior suba do IPC foron os transportes, con 19,2%; os alimentos e bebidas non alcólicas, con 12,9%; a vivenda, con 19%; e hoteis, cafés e restaurantes, con 7,2%. O IPC dispárase en xuño até o 10,2%, o seu nivel máis alto desde 1985 En canto á taxa de variación anual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) aumentou até 5,5%, sendo o dato máis alto desde agosto de 1993. Por outra parte, a evolución mensual dos prezos de consumo en xuño foi de 1,9%. Isto supón 1,1 puntos máis que en maio deste ano."}
{"ID": "NOS_48670", "summary": "As contas \"prolongan o desastre económico e social\" (BNG), \"son un insulto á intelixencia\" (AGE) e \"non permiten agardar nada novo\" (PSdeG). Porén, para a conselleira Elena Muñoz son uns orzamentos \"realistas\" e que \"crearán emprego\".", "text": "Todos os grupos da oposición no Parlamento galego pediron esta segunda feira a devolución do proxecto de lei de Orzamentos da Xunta para o 2015. O proxecto sitúa as contas autonómicas para o vindeiro exercicio en 8.436 millóns de euros (0,5% máis que as de 2014) e unhas previsións de medre do PIB do 2 % e unha taxa de desemprego do 20,1%. A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, defendeu en sede parlamentar uns orzamentos que cualificou de \"realistas\" e acaídos a un tempo, o actual, que \"non é o do inicio da lexislatura\". Muñoz incidiu en que eran os primeiros orzamentos desde o inicio da crise \"que permitirán crear emprego neto\" e que conteñen \"un investimento real\". Non concordou con esa visión ninguén da oposición. BNG, AGE, PSdeG e grupo mixto coinciden en dubidar da eficacia dunhas contas que, concordan, son \"continuístas\" e \"ineficaces\", de aí que se pida a devolución global dos orzamentos. BNG: \"Son os orzamentos un goberno sumiso con Madrid\" Orzamentos anti-sociais, inxustos, baseados en previsións ficticias e que insisten nunha estratexia errada para Galiza. Para o portavoz parlamentar do BNG as contas presentadas pola Xunta supoñen \"prolongar o desastre económico e social\" para o país. Francisco Jorquera incidiu en que \"é falso\" que as contas prioricen o gasto social e fixo un relatorio dos recortes orzamentarios desde a chegada de Núñez Feijóo á Xunta: \"un 14% en educación, un 54% en promoción de emprego, un 80% en vivenda ou un 59,7% en cultura\". E contrapuxo esa realidade a que nestes orzamentos para 2015 \"aumenta o gasto en altos cargos e persoal eventual de gabinete\". As contas autonómicas para o vindeiro exercicio son propios, ademais, \"dun goberno galego sumiso a Madrid\", que non é quen de exercer as competencias \"limitadas\" en materia fiscal, ou ben que \"declina exercer as súas responsabilidades de defensa de Galiza\". AGE: \"Isto é unha apoloxía do desastre\" Xosé Manuel Beiras comezou a súa intervención cualificando a feita por Elena Muñoz de \"insulto á intelixencia e á integridade moral da cidadanía\". Considera que a conselleira foi ao Parlamento a facer \"apoloxía do desastre\" e que as contas son meramente continuístas e ineficaces. \"Estiven tentado a vir aquí e ler a intervención que fixen o ano pasado, variando algunhas cifras\" confesou o portavoz de Alternativa para enfatizar que os orzamentos seguen na liña de anos anteriores. Beiras fixo fincapé en que \"os especuladores\" van ser favorecidos por unhas contas nas que \"se dispara a débeda para pagar débeda\". Criticou que as \"institucións non estean ao servizo dos cidadáns\" e si \"dos seus amos, os banqueiros\". PSdeG: \"A realidade desmente o PP\" O portavoz socialista tamén solicitou a devolución das contas, por entender que \"a realidade desmente\" a validez das políticas do PP que se reflicten nos orzamentos. \"Levan xa seis anos e todos os indicadores presentan deterioros moi graves\". Cualificou de \"continuístas\" uns orzamentos que, sostén, non van representar ningún cambio para Galiza nin dar resposta ás súas necesidades. Grupo mixto: \"Incumpren todo o que prometen\" Polo grupo mixto interviron as súas 2 deputadas, Carme Iglesias e Chelo Martínez. A ourensá falou cunhas contas \"tristes, continuístas\" e acusou o PP de \"incumprir todo o que prometen\", polo que os orzamentos non lle teñen credibilidade. Chelo Martínez afirmou que son os orzamentos para seguir \"na liña de empobrecemento\" e acusou o PP de ter só dous \"proxectos para este país: Megaminería e o Camiño de Compostela\"."}
{"ID": "NOS_1044", "summary": "A Xunta cifra as contaxiadas en 3.758, das que 47 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Hai 94 vítimas mortais.", "text": "A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización, esta terza feira, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 187 altas de pacientes e 97 falecementos. O balanzo de falecementos na Coruña é de 34, en Ferrol 8, en Santiago 13, en Lugo 7, en Ourense 14, en Pontevedra 8 e en Vigo 13. O número de PCR realizadas é de 17.276. O Ministerio de Sanidade fala de que na Galiza hai 4.039 casos confirmados por COVID-19, cifra na que inclúen falecementos e persoas dadas de alta. No estado español as cifras desta terza feira falan de máis de 94.000 persoas contaxiadas e o número de vítimas mortais é xa de máis de 8.100."}
{"ID": "NOS_6024", "summary": "Amer recibe a comitiva cun fechamento de comercios e locais.", "text": "Inés Arrimadas e un grupo de dirixentes e militantes de Ciudadanos desprazouse a Amer, localidade natal de Carles Puigdemont, para arrincar lazos amarelos, a cor da solidariedade cos presos e presas políticos catalás. 26 minutos durou a visita da peculiar comitiva unionista a esta vila, onde nin eles nin ninguna forza española teñen representación municipal. En 2015 as eleccións foron gañadas por CiU (5 edís), seguidos da plataforma veciñal liderada por ex-militantes de Esquerra JA-FIC (4) e ERC (2). Nas Xerais de 2016 Ciudadanos tivo 27 votos. Esta peregrinaxe de Arrimadas enmárcase na xira que Ciudadanos está a facer por vilas e localidades de presos e exiliados cataláns, un 'tour' que xera a oposición frontal da veciñanza. En Amer ese rexeitamento plasmouse no fechamento que locais de comercios fixeron durante o tempo que os de Arrimadas estiveron na vila. Cando a comitiva arrincaba lazos dalgunhas rúas foron recibidos por algúns veciños e veciñas con berros de \"Puigdemont, president!\". Inés Arrimadas non realizou ningunha proposta concreta para o Concello para alén de exixir que se retirasen os lazos amarelos e as 'esteladas' de edificios municipais. Após o paso dos de Cs, un edificio municipal de Amer apareceu coa pintada \"Viva España\". Un grupo de veciños e veciñas saíron até a praza onde se concentrou Cs para, con luvas, máscara e fregona, 'desinfectar' o lugar. A través de twitter, Puigdemont contrapuxo o comportamento da veciñanza da súa vila ao de Cs. \"Viñeron a provocar\", escribiu."}
{"ID": "QUEPASA_180", "summary": "A Xunta responde in extremis que \"estudia\" o asunto pola complexidade das obras.", "text": "Esta mañá a familia do patrón falecido tras volcar o barco que patroneaba na dársena de Malpica o pasado mes de decembro, trasladouse á sede coruñesa de Portos de Galicia para entregar 10.000 sinaturas que levan recollidas dende o pasado mes de xaneiro para esixirlle á administración portuaria que acometa as obras de seguridade necesarias para evitar que se produzan novos accidentes. Desta volta, e despois das peticións de PSOE, e BNG, o Grupo Parlamentario En Marea acompañou á familia, xunto co alcalde e o patrón maior de Malpica ao Parlamento, despis de varias xuntanzas. Un Parlamento que xa ten aprobado por unanimidade a proposta de incrementar a seguridade no porto de xeito inmediato, pero a realidade é que polo de agora non houbo ningún movemento. Poucas horas despois da presentación das sinaturas, a Xunta quere saír do paso asegurando que \"está a estudar a incidencia das ondas longas asociadas aos temporais na zona de entrada á dársena interior e no conxunto do peirao de Malpica co obxectivo de determinar cales son as actuacións máis axeitadas para mellorar a seguridade no acceso a este porto coruñés\". Aseguran que o Executivo galego vén de contratar os traballos para comprobar os efectos das ondas longas no peirao."}
{"ID": "NOS_41181", "summary": "Diversos colectivos sociais e cidadás convocan para o domingo día 20 ás 12 en Compostela unha manifestación contra a corrupción no goberno municipal. Solicitan a disolución da corporación.", "text": "Co alcalde Ángel Currás imputado despois de ter declarado diante do xulgado de Lugo dentro da Operación Pokemon, diversos colectivos cidadás e sindicais teñen convocada para o domingo 20 de xaneiro ás 12 horas unha mobilización na que reclaman transparencia e participación ademais da disolución da corporación municipal.\"É necesario a creación doutro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban todas as expresións políticas e culturais, onde o pensamento non estea privatizado\" defenden as entidades participantes na convocatoria da mobilización que partirá o domingo da Alameda de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_11408", "summary": "Dez anos despois de que Feijóo chegara á Presidencia da Xunta semella un bo momento para facer balance. Unha década perdida, tanto no que atinxe á economía, como ao emprego, ao benestar social, ás contas públicas, á estrutura industrial ou ao sistema financeiro", "text": "Dez anos despois de que Feijóo chegara á Presidencia da Xunta semella un bo momento para facer balance. Un balance destes dez anos que nos deixan un país máis desigual, con menos emprego, menos investimento social e máis débeda. Unha década perdida, tanto no que atinxe á economía, como ao emprego, ao benestar social, ás contas públicas, á estrutura industrial ou ao sistema financeiro. Unha década perdida porque no mellor dos casos estamos no mesmo lugar que en 2009 pero na maioría das variables socioeconómicas relevantes agora estamos peor. Son datos, de fontes oficiais, que a cidadanía debe valorar na súa xusta medida para ver onde estamos, como chegamos ata aquí, e como queremos afrontar a vindeira década.Dez anos despois de que Feijóo chegara á Presidencia da Xunta semella un bo momento para facer balance. Unha década perdida, tanto no que atinxe á economía, como ao emprego, ao benestar social, ás contas públicas, á estrutura industrial ou ao sistema financeiroUn balance especialmente importante neste momento porque as eleccións, alén de decidir o futuro Goberno do Estado, poden ratificar a fin da maioría absoluta do PP en Galicia que vimos en abril, síntoma claro de que estamos entrando na fin desta lexislatura e dar o disparo de saída a unha precampaña longa na que se decidirá o futuro Goberno galego. Na que se decidirá a fin do Goberno de Feijóo.E neste senso, entendemos que o balance real do decenio ten que ser a base na que traballar unha alternativa política que faga da defensa do común, do que é de todas e todos, o núcleo fundamental da acción política.A xente non pode volver soportar outros catro anos de presidente ausente, outros catro anos perdidos sen un proxecto de país claro, sen políticas públicas que combatan a precariedade e a desigualdade. Outros catro anos de ir achicando os servizos públicos básicos, fundamentais para que a xente viva ben. E isto é especialmente relevante nun momento de desaceleración económica no que imos ter que decidir se volven ser as e os de abaixo quen paguen as consecuencias. Se as tesoiras van volver aplicarse sobre os servizos públicos fundamentais, ou se, pola contra, se vai actuar sobre os ingresos dos que máis teñen.As eleccións, alén de decidir o futuro Goberno do Estado, poden ratificar a fin da maioría absoluta do PP en Galicia que vimos en abrilAs receitas do pasado estamos vendo a onde nos levaron. Feijóo pasará á historia da xestión das contas públicas por dúas razóns: ser o único presidente que recortou o gasto público ao tempo que aumentou a débeda tres veces máis que os cinco presidentes anteriores en 27 anos.Dende que recuperamos a autonomía política, os gobernos sucesivos que tivo a Xunta de Galicia aumentaron os recursos que xestionamos impulsados polo aumento das competencias e o crecemento económico. Un crecemento sostido do gasto público que durou ata que Feijóo presentou o seu primeiro orzamento, que supuxo un grave devalo dos recursos para a prestación dos grandes servizos públicos como a sanidade e a educación, que seguiron sufrindo duros recortes ao longo da década.Os datos son claros. Entre 2009 e 2017 o Goberno Feijóo recortou o gasto non financeiro en 2.553 millóns de euros. É unha cifra tan desmesurada que ata é difícil de entender. En valores nominais a redución do gasto público foi de 1.488 millóns de euros, pero como a inflación acumulada nese período foi do 11%, a caída en termos reais foi superior aos dous mil cincocentos millóns de euros. Un recorte brutal, dramático, do 22% do gasto realizado en 2009.Este devalo do gasto non está explicado pola recesión, senón por decisións de política fiscal tanto do Goberno central como da Xunta de Galicia. É a consecuencia do fundamentalismo neoliberal do Partido Popular, que o leva a reducir o tamaño do sector público en beneficio dos negocios privados.Feijóo pasará á historia da xestión das contas públicas por dúas razóns: ser o único presidente que recortou o gasto público ao tempo que aumentou a débeda tres veces máis que os cinco presidentes anteriores en 27 anosDeste xeito, no ano 2009 o gasto público supoñía o 18,8% do PIB, de forma que a Xunta xestionaba case 19 euros de cada 100 da riqueza xerada en Galicia e financiaba con eses recursos os servizos públicos e o investimento. En 2017, último ano con datos do Ministerio, o peso do gasto foi de tan só o 14,4%: son 4,4 puntos menos que equivalen a 2.700 millóns de euros. Isto ao tempo que as cifras macroeconómicas se recuperaban.É dicir, que os recortes do gasto non se deben a unha menor riqueza senón á menor porcentaxe da mesma xestionada pola Xunta de Galicia.E por suposto, os recortes non foron equilibrados, senón que foron especialmente intensos naqueles servizos públicos máis fundamentais e sensibles. A distribución dos recortes do gasto demostran unha clara vontade de privatización dos grandes servizos públicos: redúcese o gasto sanitario e educativo mentres que aumenta a presenza do sector privado nestas áreas.Na educación, o recorte do gasto en termos reais foi de 484 millóns de euros entre 2009 e 2017, unha cifra equivalente ao 18% do gasto educativo realizado en 2009. Na sanidade, o recorte do gasto foi de 380 millóns de euros, equivalente ao 9% do gasto sanitario realizado en 2009. Sumados son case 900 millóns de euros de recortes nos servizos públicos básicos.Porén, os recortes máis duros producíronse nas dúas areas mais golpeadas pola crise: o emprego e a vivenda. A pesar da brutal destrución de emprego e o insoportable incremento dos desafiuzamentos ata converterse na peor cara da crise, a Xunta recortou o gasto en política de vivenda no 68% dende 2009 a 2017 e no 58% en política de emprego.Na educación, o recorte do gasto en termos reais foi de 484 millóns de euros entre 2009 e 2017. Na sanidade, o recorte do gasto foi de 380 millóns de eurosA única partida de gasto que creceu de forma significativa foi o servizo da débeda, isto é, o pago de xuros aos bancos e a amortización de préstamos concedidos polas entidades financeiras, que se incrementaron no 400%. Esta debe ser a estabilidade da que presume Feijóo, a de que con el no Goberno, á Banca lle vai sempre ben, a Banca sempre gaña.Porque fronte ao falso discurso de xestión responsable e de non gastar o que non se ten, a débeda da Xunta disparouse dende 2009, cun brutal incremento que a converteu en impagable. Así a cualifica o propio Consello de Contas.Impagable porque en marzo de 2009 a débeda pública galega era de 3.923 millóns de euros. Agora, segundo os datos de marzo deste ano, é de 11.587 millóns de euros. Isto é, Feijóo aumentou a débeda pública galega en máis de 7.000 millóns de euros, unha pesada carga que deixa como herdanza aos futuros gobernos galegos.E isto ten consecuencias claras sobre o orzamento. É evidente, a maior cantidade de recursos destinados a pagar a débeda, menos diñeiro queda para atender servizos fundamentais. Así o sinala tamén o informe do Consello de Contas, que analizando o índice de carga financeira conclúe que se en 2009 tiñamos que destinar catro de cada cen euros dos ingresos correntes para pagar xuros e amortizacións, agora necesitamos vinte de dada cen. Vinte de cada cen.A pregunta parece evidente, como é posible que aumentara a débeda a este nivel cando, como dicía antes, os servizos públicos, se reduciron dun xeito tan brutal?A resposta temos que buscala no devalo dos ingresos. En España produciuse unha brutal caída dos ingresos fiscais como non sucedeu en ningún outro país da UE. Expresados en porcentaxe de PIB, os ingresos fiscais en España pasaron do 38% do PIB en 2009 ao 32% en 2014, mentres que de media na UE apenas varían do 41% ao 40% do PIB.Na crise, os gobernos empeoraron a situación tomando decisións que desfiscalizaron as rendas máis altas, as rendas do capital e os beneficios empresariais, unha contrarreforma fiscal en favor dos máis ricos que provocou unha caída na recadación de ata 40.000 millóns de euros en 2012 en comparación con 2008.Irresponsabilidade fiscal á que se sumou a Xunta de Galicia, que presume das rebaixas fiscais que aplica pero ao tempo non se responsabiliza da caída dos ingresos, co conseguinte incremento da débeda. Dende 2009 estes beneficios fiscais supuxeron unha caída acumulada na recadación próxima a 2.000 millóns de euros. Velaí a razón fundamental do endebedamento, porque o que non se financia con ingresos, págase con débeda.A conclusión para o Grupo Común da Esquerda é clara, urxe abandonar a páxina da austeridade e abordar unha política fiscal de verdadeira redistribuciónA conclusión para o Grupo Común da Esquerda é clara, urxe abandonar a páxina da austeridade e abordar unha política fiscal de verdadeira redistribución. A fórmula é sinxela, hai que abandonar os regalos aos máis ricos e facer que pague máis quen máis ten. Precisamos aumentar os ingresos para poder recuperar e garantir os servizos públicos. Para recuperar os 1200 docentes que nos quitaron nunha década, para recuperar os servizos sanitarios, con persoal suficiente, que reduza as listas de espera e permita condicións de traballo dignas para os e as profesionais que coidan da nosa saúde. Para ter prazas suficientes en centros de día e residencias de maiores. Para combater a pobreza e a desigualdade. Para loitar contras as violencias machistas e pola supervivencia do planeta. Para garantir, en fin, vidas dignas, ou como di o valoroso pobo de Chile, ata que as vidas de toda a cidadanía vallan a pena."}
{"ID": "PRAZA_7008", "summary": "As grandes desigualdades sociais e o extremado individualismo da sociedade contemporánea son as vellas materias pendentes que o actual modelo capitalista non consigue aprobar e que alimentan novos pensamentos críticos", "text": "O 9 de novembro de 1989 foi un punto e aparte na historia recente de Europa. O muro de Berlín desaparecía e marcaba o comezo do derrubo do chamado socialismo real existente nos países do centro e do leste do continente europeo. Tiven ocasión de ver unha entrevista con Alberto Garzón na que este novo líder emerxente de IU reivindicaba a súa condición de comunista sen establecer algún distanciamento ou reflexión crítica con semellante definición Hai poucos días tiven ocasión de ver unha entrevista con Alberto Garzón na que este novo líder emerxente de IU reivindicaba a súa condición de comunista sen establecer algún distanciamento ou reflexión crítica con semellante definición. Resultoume sorprendente comprobar como unha persoa que tiña 4 anos cando caeu o muro da capital de Alemaña e leva mais de 10 anos militando no PCE, non considera equívoca ou problemática tal referencia identitaria. As palabras de Garzón revelan que os debates abertos ao fío daqueles acontecementos vividos hai 25 anos aínda non están definitivamente pechados. Coa perspectiva que dá o paso do tempo, é preciso recoñecer que o capitalismo gañou, no século XX, a batalla dos sistemas económicos Coa perspectiva que dá o paso do tempo, é preciso recoñecer que o capitalismo gañou, no século XX, a batalla dos sistemas económicos. Demostrou posuír unha grande capacidade de adaptación ás mutacións operadas nos tecidos sociais dos países economicamente mais poderosos, aproveitando moitas das oportunidades xeradas pola evolución histórica e neutralizando unha boa parte das ameazas que apareceron nas distintas fases do seu desenvolvemento. O fracaso do experimento soviético provocou importantes consecuencias: cuestionou a crenza en que a eliminación da propiedade burguesa remataría coa desigualdade e as inxustizas O sistema soviético promoveu un proceso de modernización diferente do que se rexistrou no mundo occidental. Construíu un poder autoritario e duramente represivo –sobre todo nalgúns períodos- exercido pola elite do partido único e da administración estatal. O réxime comunista da URSS –e, por mimetismo, todos os que naceron após a II Guerra Mundial- unificou as esferas ideolóxica, política e económica baixo a autoridade centralizada do Estado:o grupo social que gobernaba era o mesmo que dirixía a economía e que ditaba a ideoloxía oficial. Precisamente, a conversión do marxismo na ideoloxía oficial dos Estados do leste europeo afectou seriamente ao prestixio dunha das mais importantes correntes ideolóxicas do socialismo democrático do século XIX. O fracaso do experimento soviético provocou importantes consecuencias: cuestionou a crenza en que a eliminación da propiedade burguesa remataría coa desigualdade e as inxustizas, desacreditou o intento de liberar a actividade económica da tiranía do mercado mediante a planificación e desvalorizou a idea dun cambio social radical e global. Os últimos vinte e cinco anos permitiron constatar que a esquerda social, a pesar da súa importancia numérica e do mantemento da adhesión a certos símbolos e valores socialistas tradicionais, segue vivindo nunha crise de identidade, de orientación e de ideas. As grandes desigualdades sociais e o extremado individualismo da sociedade contemporánea son as vellas materias pendentes que o actual modelo capitalista non consigue aprobar e que alimentan novos pensamentos críticos O século XXI comezou case como o anterior. Wall Street repetiu o protagonismo de 1929 co estoupido dun novo incendio no sistema que presumía de ter aprendido as leccións do pasado. As grandes desigualdades sociais e o extremado individualismo da sociedade contemporánea son as vellas materias pendentes que o actual modelo capitalista non consigue aprobar e que alimentan novos pensamentos críticos que recollen e actualizan os valores e as arelas que acompañaron aos proxectos transformadores dos últimos douscentos anos."}
{"ID": "NOS_58311", "summary": "Coida que puideron existir irregularidades no proceso de poxa eléctrica perante \"a concorrencia de circunstancias atípicas\". A decisión da CNMC podería paralizar un incremento do custe da luz proximo ao 11% a partir de xaneiro.", "text": "A Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMC) invalidou esta sexta feira o proceso de poxa eléctrica que este 18 de decembro prevía un notábel incremento do custe da luz. Segundo informou o Ministerio de Industria, a decisión do organismo respode á existencia de irregularidades e \"circunstancias atípicas\" contrarias aos principios de libre competencia que rexen o mercado e o sector. Neste senso, segundo a CNMC o \"contexto de prezos elevados\" durante as semanas previas e o incremento que o resultado da poxa revertería no custe final da luz para @s utentes poderían dar conta dunha serie de irregularidades no proceso. Porén, a CNMV non ten competencia para anular o resultado que dependerá en última instancia do propio Ministerio. A organización en defensa d@s utentes, Facua, xa convocara un apagón para rexeitar máis un aumento do prezo da luz, próximo ao 11%, a partir de xaneiro."}
{"ID": "NOS_22966", "summary": "O PP sería a forza máis votada.", "text": "Os bloques da esquerda e a dereita na Comunidade de Madrid quedarían en empate técnico con 68 deputados cada un -a metade da Cámara rexional- mentres Ciudadans non lograría representación ao ficar nunha estimación de voto do 4,4%, segundo a enquisa preelectoral publicada esta segunda feira polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para os comercios do próximo 4 de maio. Así, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, lograría ser a forza máis representada con 59 escanos e un 39,2% das papeletas; seguida de PSOE con 38 deputados e un 25,3% de estimación de voto. Más Madrid mantería os seus 20 representantes actuais e Unidas Podemos subiría, pasado de 7 a 10 deputados e deputadas. De por parte, Vox baixaría a respecto das anteriores eleccións rexionais, pasando dos 12 representantes daquela aos 9 que lle augura o CIS. O ministro de Consumo, Alberto Garzón sinalou que estaría disposto a chegar a un acordo con Cidadáns en Madrid se o partido de Inés Arrimadas pacta cos partidos de esquerda un programa de rexeneración para a Comunidade. En declaracións á Sexta, recollidas por Europa Press, Garzón sinalou que é máis importante \"o que\" se pacta que \"con quen\". \"A clave está no programa, podes pactar con Cidadáns un programa de rexeneración da Comunidade de Madrid que pode ser razoábel\"."}
{"ID": "NOS_27392", "summary": "Un roteiro polos puntos máis interesantes da costa de Poio, pasando por varias praias, peiraos e pola arquitectura tradicional de Combarro.", "text": "Poio é un concello dun grande interese natural, artístico e etnográfico situado na marxe dereita da ría de Pontevedra. Unha viaxe de interese paisaxístico e ambiental ao longo dun litoral con dúas partes ben diferenciadas: o tramo entre Raxó e Combarro ata A Seca, en Poio, con tramos rochosos de pouca altura, de acceso imposible porque están totalmente cubertos por edificacións e os seus peches, e areais de accesos limitados pola mesma razón; e o tramo entre A Seca e a Ponte da Barca con escasa presión humana, máis natural, con grandes superficies areosas que son bancos marisqueiros, os lameiros do fondo da ría nos que se poden atopar numerosas limícolas e outras aves acuáticas e fermosos lugares para un paseo. Paraxe: Ría de Pontevedra / Concello: Poio / Percorrido: 18,5 quilómetros (lineal) / Dificultade: Baixa Propoñemos un achegamento aos puntos da costa máis interesantes e de doado acceso con vehículos. Ademais, hai numerosas opcións de realizar rutas a pé e varios lugares acondicionados como miradoiros a carón da estrada. Comezamos no porto de Raxó, poboación que linda con Sanxenxo, onde poderemos coñecer as praias da Pedra Alta, Xiorto, Raxó e As Sinás. Continuamos pola estrada cara a Poio e Pontevedra e ao pouco podemos parar para achegarnos a pé á praia de Fontemaior. Máis adiante atopamos o acceso á praia do Laño, de onde parte un paseo acondicionado que pola punta de Samieira lévanos ao Covelo onde atopamos o peirao e varias praias. De novo na estrada seguimos ata o desvío ás praias de Chancelas Pequena e á punta Vixía, o punto máis achegado á illa de Tambo, que forma parte do territorio do concello de Poio e estivo presente en todo o traxecto. A seguinte parada é Combarro, onde temos as praias da Canteira e do Padrón, os peiraos da Canteira e da Chousa e un fermoso conxunto de interese histórico-artístico e etnográfico no que destacan as casas mariñeiras e os hórreos na beira do mar. Despois dunha visita detida a Combarro seguimos viaxe desviándonos á Seca, onde temos vistas da enseada de Campelo, as desembocaduras dos regos Pereiro, do Mouro e das Cancelas e unha ampla área de lecer desde onde parte unha ruta a pé polo litoral que remata en Lourido. Para seguir en coche hai que volver á estrada principal e ao pouco coller un desvío que nos leva primeiro a Campelo, onde podemos ver a praia e o porto, e logo a Lourido onde poderemos visitar as praias da Cabeceira e do Polvorín ou Lourido, de novo fronte á illa de Tambo. Nesta zona pódese facer un bo paseo pola seca na marea baixa. Seguimos de novo cara á estrada e podemos achegarnos para rematar a viaxe no porto da Barca, compartido co concello de Pontevedra e desde o que podemos ter unha boas vistas do último tramo da costa de Poio."}
{"ID": "NOS_13227", "summary": "Os traballadores e traballadoras afectados por ERTEs (151.000) non se contabilizan ao considerarse a súa situación de suspensión, non despedimento. A afiliación á Seguridade Social caeu en Galiza no mes de marzo en peto de 10.000 persoas.", "text": "O paro rexistrado aumentou en marzo en 8.252 persoas, unha media de 266 novas persoas no desemprego cada día. Un dato malo, derivado do impacto da crise do coronavirus, e no que non se computan os traballadores e traballadoras atinxidas por un expedientes de regulación tempotal do emprego (ERTE), ao considerarse que a súa situación é de suspensión, non de despedimento. Este colectivo é, na Galiza, de máis de 151.000 persoas. O desmprego rexistrado polos servizo de emprego sitúase en 174.431 persoa. O paro aumentou en todos os sectores agás no primario,pesca e agricultura, onde mesmo baixou, se ben dunha maneira case que testemuñal ao ser só en 79 persoas. Este sector, o primario,é dos poucos que o Estado autorizou a continuar as actividades con certa normalidade baixo o estado de alarma, ao consideralo esencial e fulcral. Porén, desde algúns subsectores, como marisqueo ou parte da pesca, incidiuse nestes días nas importantes perdas económicas e riscos de saúde que supuña manter a actividade. No resto de ramas, o paro aumentou, nomeadamente na de servizos, onde marzo se despediu con 6.619 persoas máis no desemprego rexistrado. A decisión de feche de hostelaría ou determinado comercio e tendas co estado de alarma tivo a súa tradución en impacto no emprego destes sectores. Tamén construción (830 desempregados e desempregadas máis) e industria (+748) sufren o impacto do aumento do paro. O número de contratos, loxicamente, descende: asináronse o mes pasado menos de 56.000, o que supón 22% menos que no mes anterior. Iso si, os temporais continúan a ser moi maioritarios entre os asinados (case 50.000). No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, desde mediados de marzo caeu na Galiza en 3,5%. A afiliación á Seguridade Social caeu na Galiza no mes de marzo en perto de 10.000 persoas, pasando das 112.353 de febreiro, ás 102. 623 de marzo."}
{"ID": "NOS_5623", "summary": "Con Anamnese a poeta Eli Ríos vén de gañar a segunda edición do Premio Lueiro Rey de poesía convocado polo concello de Fornelos de Montes e a Asociación de veciños O Cruceiro da Laxe. Despois de títulos como nós escoitando o badalo de Marienplatz (Espiral Maior, 2010) ou o recente Maria (O Figurante, 2013), Eli Ríos achéganos unha poesía que quere provocar preguntas e facer pensar.", "text": "-Que hai detrás dun poemario que se titular Anamnese? Está tomado polo lado da Filosofía. Pensamos que a poesía é algo impreso no libro mais a poesía é tamén algo que levamos dentro e temos que sacar. Trátase de poesía narrativa na que dúas persoas se encontran e unha pensa que xa coñecía a outra e vanse dando circunstancias particulares que fan saír o coñecemento. O argumento dá pé a que o eu lírico fago ese proceso de chegar ao coñecemento que hai dentro. -Nos anteriores libros seus, e moi especialmente en Maria, o protagonismo era feminino. Continúa nesa liña? Están escritos en momentos diferentes aínda que saian publicados cambiados de orde. Anamnese é previo a María e non está relacionado con nada do que teña escrito até o momento. Só no fin do libro revélase o xénero. De todas maneiras, escribir poesía é duro, un traballo solitario de moito tempo, se escribise sempre o mesmo non sería nada divertido. A poesía ten que enganchar, xogar contigo e sorprenderte. -No seu blogue transmitiu o entusiasmo por recibir a noticia do premio Lueiro Rei. Que te premie un xurado como este composto por Mecedes Queixas, Armando Requeixo e Lois Cochon con Carme Carreiro de secretaria é un auténtico luxo. Eu sigo o seu traballo e son xente activa que se move por intereses que eu teño como a lingua, a cultura ou a educación. -Do xurado chegáronlle algúns dos primeiros comentarios do seu libro, como cre que vai ser a recepción no público lector? Non sei mais o que me gustaría é que se fixeran preguntas, que fora un xogo que nos faga pensar, que non se trate dun lector pasivo senón que participa na lectura. O libro está distribuído en capítulos e obriga ao lector a facer un traballo, pasar páxinas, cambiar de voz poética... detrás agóchanse as dúbidas do ser e da literatura. -En María, recén publicado e gañador do Premio de Poesía Figurante, a súa vontade era recuperar a memoria dunha muller, María Soliña, sempre contada por homes, a través dunha voz feminina. Estamos nunha sociedade na que a Lei Wert está a facer idiotas funcionais, aprenderemos a ler e sumar mais pouco máis. Non se procura a curiosidade, que nos fagamos preguntas, a investigación. Na literatura acontece o mesmo, os éxitos de venda son libros que non fan pensar, que nos queren sumir na amnesia colectiva. Estamos a quedar sen recursos nas aulas. O enfoque do libro é dirixirse ao lector e dicirlle: espabila, que non che vou dar todo feito! Interésame que a poesía provoque o pensamento. Non quero dar respostas senón que se fagan preguntas. -A poesía pode loitar contra esa amnesia colectiva? Todo libro que faga pensar, aínda que só sexa un verso contribúe a que espertemos. Os poemas do libro comezan cunha cita dun autor que me leva a escribir, ese poeta conseguiu que participase activamente na literatura, no proceso doutra persoa. A min gustaríame que co meu libro acontecese iso. -Vostede é unha das autoras que participa no portal de crítica literaria feminista \"A Sega\" que fai agora un ano. Que significou a súa creación? Pois que era necesario. Estamos a falar de leis que nos impiden ser donas do noso corpo e na literatura acontece o mesmo. Os grandes críticos son voces masculinas. Cando unha escritora como Fina Casalderrey entra na Academia é como un fito: \"entrou unha muller\", dicían, e nin se fala da súa traxectoria e todos os méritos que ten. Seguimos nese estado en que as voces femininas, e non só as galegas, están sempre vistas desde o punto de vista do home, xa que os críticos son masculinos. Nós quixemos darlle voz ás escritoras que non saen na prensa, que non están na Academia, que están invisibilizadas. -Que balance fai deste primeiro ano de acción? No persoal medrei como nunca. Temos un foro interno no que cada quen vai facendo as súas aportacións e cada día aprendes algo máis que, no profesional sérveche para escribir con máis rigor, para quitar todos os prexuízos, que tamén os temos. -Gaña o Lueiro Rei que na primeira edición foi para Silvia Penas e comparte o Figurante con Marta Dacosta, as mulleres están no primeiro plano da poesía? Sempre houbo mulleres poetas, sempre publicaron e estiveron en recitais, o que acontece é que agora hai maior conciencia. Entre outras iniciativas, a Sega leva un ano visibilizando obras de mulleres. Temos unha Academia anacrónica e compre mudar as cousas. Agora que conmemoramos o décimo aniversario da morte de Xela Arias e tanto se fala dela, eu pregúntome, quen ten un libro seu na casa? A iso nos referimos cando dicimos que hai que visibilizar mais tamén que as cousas están mudando. -Os premios son, neste tempo de crise, imprescindíbeis para que un libro saia publicado? Hai editoriais que continúan a facer un traballo inxente xa que a poesía nunca dá beneficios e hoxe non lle sobran cartos a case ninguén. Nun caso como o meu, que non son activa no mundo literario, o premio é necesario para que un poemario saia publicado. Ademais danlle moita visibilidade aos libros. -Crítica na rede e tamén autora dun blogue, atópalle rendibilidade a esas novas ferramentas para a comunicación literaria? É unha forma moi rápida e efectiva de chegar ao público lector. Estamos no século XXI e a poesía tamén reflicte a sociedade na que nace en calquera dos meus dous últimos poemarios, a lingua é informática e visual."}
{"ID": "PRAZA_13783", "summary": "CCOO avanza que non acudirá á Mesa da Función Pública e ve \"escaso\" o \"talante democrático\" do Goberno galego. Alfonso Rueda \"respecta\" as protestas contra os recortes, defende as medidas de Rajoy e culpa delas a Zapatero", "text": "Unha mostra de \"escaso talante democrático\". É o que, en opinión das centrais sindicais, supón que o Goberno galego convoque a Mesa Xeral da Función Pública ou, o que é o mesmo, a xuntanza na que a Consellería de Facenda exporá os recortes que lle aplicará ao seu persoal, \"case á mesma hora que as manifestacións\" contra eses mesmos recortes. Esa rechamante casualidade é a que veñen de facer pública os representantes de Comisións Obreiras na Administración autonómica, que xa avanzan que non acudirán a unha convocatoria tras a que ven unha \"pretensión da Xunta de boicotear as manifestacións\". \"Non se trata dunha coincidencia ou dunha pura casualidade, senón dunha estratexia perfectamente calculada\", aseguran dende CCOO, xa que a convocatoria está fixada dende \"hai dous días, cando as manifestacións xa estaban convocadas\". Ademais, abondan, \"a hora habitual destas xuntanzas é pola mañá, pero neste caso sitúase ás 18:30\", isto é, apenas hora e media antes do inicio das marchas que percorrerán as principais cidades e vilas do país convocadas, ademais de por Comisións, pola CIG e a UGT. O recorte ao persoal da Xunta aplicarase este venres, nun Consello extraordinario Neste escenario, o coordinador da área pública de CCOO en Galicia, Ramiro Otero, ve neste movemento de Facenda un episodio máis do \"ninguneo\" á Mesa da Función Pública que, reprocha, mantén a Xunta a respecto do que debera ser un \"espazo de diálogo e negociación\". \"Estana desvirtuando, xa que en lugar de negociación pretenden convertela en puro trámite, limitándose a facer anuncios sen marxe de diálogo posible\". Por este motivo o sindicato chama o persoal público a acudir de xeito \"masivo\" ás manifestacións. \"Se non queren dialogar, vannos ter que escoitar\", resolve. O anuncio que neste caso se ía producir na xuntanza cos sindicatos xa o avanzaba horas antes o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, que concretaba ademais que a supresión da denominada \"paga extra\" de Nadal e as demais restricións para persoal ao servizo da Administración. Tras presidir o Consello da Xunta pola ausencia do presidente, Rueda sinalaba que será este venres cando, nunha reunión extraordinaria do Goberno, se lle dea luz verde ao proxecto de lei para modificar as retribucións de funcionarios e persoal laboral, así como para aplicarlles aos soldos dos membros do Executivo a redución proporcional a unha paga extra, isto é, do 7%. Mentres no exterior do complexo de San Caetano unha numerosa protesta rexeitaba os recortes, primeiro no interior do complexo e despois cortando o tráfico nunha avenida próxima, o titular de Presidencia aseguraba \"respectar\" as protestas \"sempre que sexan polos cauces democráticos\". \"Entendémolo perfectamente\", afirma, xa que as medidas do gabinete de Mariano Rajoy \"non son agradables para quen as toma nin para que as ten que recibir\", pero \"tomas é necesario\" como tamén o é, na súa opinión, \"facer un esforzo de explicación e de transmitirlle a todo o mundo a necesidade de tomalas\". Os recortes, en todo caso, conclúe, están provocados pola \"situación herdada\" do Goberno do PSOE. Mapa das manifestacións convocadas en Galicia"}
{"ID": "PRAZA_12359", "summary": "Xa rematou a impunidade dos que promocionaban touradas co diñeiro alleo. Xa estamos fartos de que algúns personaxes con certas responsabilidades públicas poidan dispoñer dos nosos cartos, da caixa común, para organizar espectáculos nos que a norte e a mutilación son unha recompensa. Non podemos seguir consentindo que concelleiros e concelleiras empreguen fondos públicos para saciar gustos caducos.", "text": "Xa rematou a impunidade dos que promocionaban touradas co diñeiro alleo. Xa estamos fartos de que algúns personaxes con certas responsabilidades públicas poidan dispoñer dos nosos cartos, da caixa común, para organizar espectáculos nos que a norte e a mutilación son unha recompensa. Non podemos seguir consentindo que concelleiros e concelleiras empreguen fondos públicos para saciar gustos caducos, o gusto pola sangue brotando do corpo dun bóvido supostamente \"fero\", pero que non deixa de ser un herbívoro mitificado, un pobre animal a fin de contas. Non podemos seguir consentindo que concelleiros e concelleiras empreguen fondos públicos para saciar gustos caducos Imbecilidade tamén pola nosa parte de permitir que se faga, por non protestar e saír á rúa para impedir que os nosos impostos, mellor empregados en sanidade, educación, infraestruturas sociosanitarias nunca mellor dito, acaben pavimentando a reconvertida \"Monumental Coliseum\" da Coruña. Porque este caso é especialmente estrano, pero tampouco podemos descartar Sarria ou Padrón, vilas onde os seus gobernantes de turno subsidian unha tourada anual, ou mesmo Muíños, cuxo alcalde financia \"porque me da la gana\" un festexo taurino con posterior solta de \"vaquilla\", para o goce e disfrute das minimasas enfervorizadas. Ou Lousame, onde organizan un encerro máis propio do friquismo que do que se supón unha programación seria e para todos os públicos. E Valga, e Pontevedra… exemplos non faltan, pero si falta mobilización cidadá… desgraciadamente. Ás veces os países civilizados non son os máis desenvolvidos economicamente, senón os que as súas sociedades son capaces de reconstruír conciencia Torturar a un animal, en presenza de menores de idade, das xeracións futuras, ao son de Paquito el chocolatero, cun puro na boca e berrando polo final do bóvido non pode formar parte das nosas tradicións nin das de ningún país. Porque ás veces os países civilizados non son os máis desenvolvidos economicamente, senón os que as súas sociedades son capaces de reconstruír conciencias, e os países americanos poden darnos un bo exemplo: Chile, Uruguay, Arxentina, e tamén africanos: Mozambique ou Angola, son algúns dos casos onde había touradas e desapareceron, rematando coa puntilla social unha festividade vermella. Non vou lembrar outra vez que os nosos petos rematan o ano empapados en sangue grazas aos cargos electos que escollemos ou que escolledes, porque é o momento da mudanza e de tomar conciencia: acabou a broma."}
{"ID": "PRAZA_18005", "summary": "O instrutor sospeita que a omisión de medidas de seguridade por parte do director de Adif, Andrés Cortabitarte, pode ser extensible ao seu subordinado Fernando Rebón, que compareceu este mércores no xulgado nunha moi breve declaración HEMEROTECA | O xuíz de Angrois imputa outros dous cargos de Adif", "text": "HEMEROTECA | O xuíz de Angrois imputa outros dous cargos de Adif El non tiña competencias sobre o deseño da seguridade do AVE Ourense-Santiago no que ocorreu o accidente de Angrois do 24 de xullo de 2013 senón que se limitaba a supervisar o seu funcionamento posterior. Esa foi a argumentación que expuxo este mércores no xulgado, nunha moi breve declaración, Fernando Rebón Sartal, xerente de Seguridade na Circulación de Adif para o noroeste imputado como colaborador do seu superior, o daquela director de Seguridade, Andrés Cortabitarte, principal investigado na causa ademais do maquinista por considerar o xuíz que non avaliou os riscos existentes na liña como esixía a normativa. O instrutor sospeita que a omisión de medidas de seguridade por parte do director de Adif, Andrés Cortabitarte, pode ser extensible ao seu subordinado Fernando Rebón, que compareceu este mércores no xulgado nunha moi breve declaración Este mércores Rebón Sartal, segundo indican varias fontes presentes na sala, comezou a súa comparecencia indicando que só respondería ás preguntas que lle formulasen o xuíz, o fiscal e o seu avogado, pero non do resto de partes persoadas. Porén, nas poucas preguntas que lle formularon xuíz e fiscal non se puxo o foco en se Rebón Sartal tivo ou non algún papel na decisión de Cortabitarte de autorizar a desconexión a bordo dos Alvia do sistema de control da velocidade que puido evitar o despiste que sufriu o maquinista, que provocou 80 mortes. Tampouco se lle preguntou como soubo desa desconexión. O imputado limitouse a dicir que el non tiña competencias sobre o deseño da seguridade da liña, un dos momentos en que o xuíz sospeita que Adif non avaliou como debera o risco que existía en Angrois. Nas poucas preguntas que lle formularon xuíz e fiscal non se puxo o foco en se Rebón Sartal tivo ou non algún papel na decisión de Cortabitarte de autorizar a desconexión a bordo dos Alvia do sistema de control da velocidade Rebón, segundo os presentes na súa declaración, explicou que o seu traballo limitábase a supervisar, con inspeccións de subordinados seus, o funcionamento da liña cando xa estaba en servizo e que nunca recibiu ningunha advertencia sobre ningún risco concreto en Angrois. Nese sentido, o imputado remitiuse á declaración que xa fixera no xulgado dous meses despois do sinistro, en setembro de 2013, na que asegurara igualmente que el non era responsable de decidir a seguridade da liña senón só de supervisar a existente. Porén, non se lle preguntou nada relacionado coa desconexión a bordo dos Alvia, cando estes xa estaban a circular pola liña, do sistema de seguridade, decisión tomada polo seu superior Cortabitarte noutro dos momentos dos que se dubida do xeito en que foron avaliados os riscos. Cando o xuíz instrutor imputou a Rebón Sartal o pasado febreiro considerou \"indubidable\" que o seu superior Cortabitarte \"tivo que contar coa colaboración\" de subordinados A declaración este mércores de Rebón Sartal prodúcese derivada da declaración hai un ano de Cortabitarte, que desviou responsabilidades cara a outros departamentos, o que levou ao xuíz a ter actualmente imputadas a seis persoas ademais do maquinista: o propio Cortabitarte; o seu subordinado Rebón Sartal, que declarou este mércores; o director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares, que permaneceu no cargo cinco anos ata que dimitiu a semana pasada; e tres técnicos da empresa pública Ineco que avaliaron a seguridade do AVE Ourense-Santiago pero que declararon no xulgado que Adif non lles encargou analizar a curva de Angrois. Este mércores, na súa declaración, Rebón lembrou en varias ocasións que o máximo responsable da seguridade era o seu superior, Cortabitarte. Cando o xuíz instrutor imputou a Rebón Sartal o pasado febreiro considerou \"indubidable\" que o seu superior Cortabitarte \"tivo que contar coa colaboración\" de subordinados como el e argumentou que \"non é descartable que boa parte dos reproches que xustificaron a imputación\" do director de Seguridade \"poidan ser extensivos aos seus colaboradores\". Máis declaracións Este mércores tamén declarou no xulgado como testemuña un técnico das empresas que instalaron os sistemas de seguridade na liña. Na súa comparecencia dixo que non estaba entre os seus cometidos avaliar os riscos da curva de Angrois, en liña co declarado a finais do ano pasado por tres técnicos da consultar pública Ineco, á que Adif non lle encargou supervisar a seguridade dese punto senón só do resto da liña ata uns metros antes. O mesmo declararon en marzo outros compañeiros da testemuña hoxe comparecente. As comparecencias no xulgado continúan estes xoves e venres coa ratificación presencial de peritaxes encargadas polas partes e que xa se achegaron por escrito á causa hai meses ou mesmo anos As comparecencias no xulgado continúan estes xoves e venres coa ratificación presencial de peritaxes encargadas polas partes e que xa se achegaron por escrito á causa hai meses ou mesmo anos. O xoves ratificarán as súas peritaxes dous peritos do maquinista: un experto maquinista que dixo que a seguridade da liña presentaba eivas e unha psicóloga que sinalou que o risco de erro humano como o que sufriu o maquinista debía ser mellor tratado. O venres farano dous peritos designados por Adif que, pola contra, consideraron que a liña cumpría coa normativa."}
{"ID": "NOS_46954", "summary": "Subtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura, esta publicación monolingüe en galego apareceu en Lugo o 8 de xaneiro de 1891, doce días após o derradeiro número d'A Monteira coa que comparte subtítulo. As dependencias da redacción e a administración estaban no baixo, número 10, da rúa Palacio. Saía á luz os días 1, 8, 16 e 24 no obradoiro de Xerardo Castro Montoya, na mesma localización das dependencias da cabeceira. Constaba de oito páxinas, tamaño folio. Na última, destinada a anuncios, ofertábase a entrega do poemario Contos de todol-os cores, de Ángel Vázquez Taboada, a quen pagase por adiantado o importe dun ano.", "text": "O noso porgrama Que ven a facer O labrego? -dirán os nosos leutores. Pois duas palabriñas e conto acabado. O labrego, sin representar bandería políteca algunha, ven a defender os intreses de Galicia, esquecidos – antes máis que agora-polos nosos gobernantes. Como non ten nada no papo, falará crariño. O labrego, continando sempre o lau da nosa Igresia Católeca, non se meterá nin ten pra que meterse, en custións relixiosas: non dará sorte a homes que se encubran co anónemo nin que busquen a prensa como médeo de satisfacer pasiós ruís; polo camiño tranquilo e asosegado das ideas, traballará polo ben estar desta rexión, dando especealmente, sempre que poida, axuda e oidas ós nosos peisanos, que, rematando o sigro XIX, sementan e recollen centeo que non proban. A estes mais que a naide están adicadol-os nosos traballos. Nas poucas horas de vagar, acuparase tan soilo de refrir certas esceas que no chan gallego soceden, e de entreter, de vez en cando, os que lle dean ás cadeliñas, xa con algún contiño de mil mintiras xa tamén dándolles conta de todos aqueles socesos que merezan ser conocidos. E cunha aperta a tódolos que falan esta soave e doce lengua e un afeutuoso saúdo ós nosos colegas, pon punto. [O Labrego, número 1 de 8 de xaneiro de 1891] O número abre cun editorial de presentación en que O Labrego manifesta a vontade de estar á marxe de bandeiras políticas Alerta callegos Próximas as eleuciós de Deputados a Cortes temos que dar un conselliño a médeo de prólogo das nosas tareas, a tódolos que viven neste anaco de terra, pra nos tan quirido. Por aquelo de que quen ten o pote o lume, medeo camiño ten andado, sabredes perguntar a aqueles que vos piden o voto, que demos de cousas van facer ó Congreso; que ideas e criterios teñen acerca deso que anda rolando polos pródicos e que lle chan Custión arancelaria; que resultados dará a elevación dos dereitos de importación de certas materias; si con motivo desas cousas o noso ganado siguirá embarcándose pra Ingraterra; si pensan meterlle unha entrada a esas compañías dos camiños de ferro pra que leven, como levan noutras naciós, os produtos case de balde dun lau a outro; ou si pensan que España enteira ha de estar amarrada a media ducia de acaparadores castellanos e outros tantos fabricantes catalás que nos queren xiringar na persente acasión. Todo esto e moito máis que nos queda no tinteiro, acúrresenos; e acúrresenos, asi Dios nos leve, coa maior boa fe, sin que nos guie paseón de sistemas aconómicos ou politecos. O noso pensar está reducido o seguinte: non queremos morrer de fame, nin que a fanega de centeo chegue a cinco pesos, nin que os nosos ganados, fonte inseca dedonde sacan os peisanos os cartiños que entregan mansamente ó Estado, se vendan, como fai anos, a bocados de pan. Mirade pois o porvenir que nos espera e despois non nos relaxemos coma tolos dos traballos e miserias que nos veñan encima, que a voz de alerta xa vola dá hoxe O labrego. X. D'O Labrego só coñecemos un número. Dos outros publicados, se os houbo, nada se sabe Casos e cousas O domingo do autual foi conducido ó cimenterio o cadavre do siñorD. Manuel Tato, beneficiado desta Santa Catedral, e tio dos nosos apreceabres amigos D. Laureano e D. Leoncio, ós que, como á demais familea, acompañamos no delor que sofren por tan sensibre perda.***Na lotería de Navidá celebrada ultemamente foron agraceados coa parte do premeo maior dez dependentes de consumos desta ciudá; pois quedaron cesantes. Acompañamos ó siñor alcalde no delor que experimentou ó botalos fora; a pesar de que el mesmo dixo que \"non lle pareceran moitos\" E abofellas, que de sesenta dependentes que hai en consumos, deixar dun golpe cesantes a dez, tampouco a min me parece esaxeración. Pois fan falla cinco días! Sinon bota mal a conta,pra que a feixiños de a dezqueden os restantes fora.****Morreu na Cruña o verdugo Xorxe Mayer. A afiucion a aportar gorxas non pasou inda, posto que un sobriño do morto pertende a praza.Non debía haber xenro. Pois sinón en estes temposen que abonda a yernocraciaun xenro e non un sobrinodebería outar á praza.**** A hora de esquirbir estes ringuilós dinnos que veñen cara á Galicia os nosos Diputados D. Manoel Becerra e D. Teolindo Soto. As visitas destes siñores sempre veñen ben ós eleutores que lles deron o voto; pro, nas autuales cercunstancias teñen aquelas maior importancea. - Por que? - Porque o país, que sofre e paga, ten unha medrana terribre porque cré – e con razón – que non vai a ter cousa que lle dea o nacesario pra pagar as contribuciós, i-é porque a chamada masa neutra que non come nin duns nin doutros, pro que é o nérveo dista disgraceada Nación, afigúraselle que tanto liberales como conservadores, o que fan é traballar prós seus paniaguados, sin que se lles dea o negro dunha uña, ós seus representados, estean ben ou mal. E agora di O labrego: Quererán eses siñores que nos veñen a ver, pasar polo papel que lles axudican os que da referida maneira pensan? ... Non, non: O labrego crê que veñen a tomarlle o pulso à openión, e que desta conformidá, han de facer valer no Congreso, en todo tempo, contra catalás e demos que se persenten, os direitos de Galicia. O labrego dalles os siñores Becerra e Soto a mais cordial ben-venida; pro, débelles facer presente, que sempre foi verdá aquelo de \"non se collen as troitas a bragas enxoitas\". Lostregazos Sempre que vaias á misa,mira, rapaza, pro crego;porque o mirarche pro mozosole ser de mal efeuto.****- Estráname Farrucoverte tan ledo! ... - Ai, ho! Se queres rirte...le O labrego. Á marxe das bandeiras O primeiro número d'O labrego saíu da imprenta o 8 de xaneiro de 1891. As referencias bibliográficas existentes apuntan todas a que deixou de se publicar nunha data indeterminada de 1893. De ser así deberían terse publicado máis de cen números mais só se conserva o número un, circunstancia que, ao noso entender, fai pouco probábel tan longa duración. De existiren, onde están os números posteriores a ese 8 de xaneiro? Centrámonos pois para a presente análise no único número conservado, que inclúe artigos sobre historia e costumes, así como textos literarios, nomeadamente poesías e contos ademais dunha sección de anuncios coa que fecha o número e que dá completa información sobre ultramarinos, comercios de teas, chocolatarías, fondas, funerarias, farmacias, máquinas de coser etc. Finaliza a páxina oito con datos técnicos sobre o propio xornal: tamaño, contidos, prezos... O número abre cun editorial de presentación en que O Labrego manifesta a vontade de estar á marxe das bandeiras políticas, interesado só en defender os intereses da Galiza; sen dependencias (como non ten nada no papo falará crariño); aínda que se declarase sempre ao lado da igrexa Católica mais sen entrar en cuestións relixiosas. Na mesma páxina, a proximidade dos comicios electorais para escoller deputados nas Cortes Xerais, que se van realizar o día un de febreiro de 1891, motiva a redacción da colaboración \"Alerta callegos –sic–\", cun X. Por sinatura. Nela, O Labrego autoproclámase defensor dos intereses dos labregos perante a chamada cuestión arancelaria que vai gravar a importación de certos produtos e, sobre todo, condicionar a exportación de gando vacún para a Inglaterra. O número un aproveita para lles recordar aos representantes galegos nas Cortes Xerais as necesidades da cidadanía galega Ademais, aconsella á cidadanía exixencia e crítica á hora do sufraxio consonte as necesidades económicas e sociais. A páxina catro, sob a forma lírica do vilancico, desenvolve varias das problemáticas da sociedade labrega da época, desde o sistema eleitoral ao caciquismo. É Xesús Rodríguez López (médico, folclorista, xadrecista, escritor e político que participaba na vida diaria lucense frecuentando o Círculo das Artes, o Orfeón Galego e a \"Juventud Antoniana\". Era católico practicante, o que valerá para encadrar mellor o incidente xurdido a raíz da publicación de Supersticiones de Galicia, en 1895, quen asina o texto e denuncia os abusos (os trabucos e as rendas) realizados polos axentes caciquís, personificados nas figuras dos \"Sacretarios\" e a \"curia\". Tamén aproveita para lles recordar aos representantes galegos nas Cortes Xerais as necesidades da cidadanía galega. Fronte aos parrafeos dalgún dos xornais coetáneos, O Labrego aposta máis polos \"Lostregazos\", e \"Casos e cousas\". Este último apartado acollía noticias da actualidade social (a lotaría de Nadal e mortes de persoeiros lucenses, entre outras) e política, como a visita dos deputados Manuel Becerra e Teolindo Soto. Na actualidade, o primeiro número pódese consultar na Real Academia Galega. É o único que coñecemos. Dos outros números publicados, nada se sabe."}
{"ID": "NOS_29505", "summary": "Consultar as cidadás e os cidadáns antes de tomar decisións relevantes. Esa proposta nuclea a aposta do BNG na democracia participativa nestas municipais 2015. O Bloque propón referendos populares e Santiago viviu esta terza feira un ensaio simbólico.", "text": "Debe pagar o IBI a Igrexa católica polos imóbeis dos que é titular? A cidadanía debería tomar a palabra e decidir cuestións deste teor, a xuízo do BNG. A organización frentista organizou esta terza feira, en Santiago de Compostela, unha consulta simbólica popular sobre esta cuestión, face a hospedaria de San Martiño Pinario. \"Ten que mandar a cidadanía, a orden ten que vir de abaixo arriba e non ao revés. Hai que romper esa cadea de mando vertical que converte os concellos en estruturas ao servizo do poder central e dos poderes económicos. Iso garántase con máis transparencia, participación cidadá e con máis protagonismo no proceso de toma de decisións\", dixo aos meios o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. Para Vence, nas municipais confrontan dous modelos antitéticos. O do PP, obsesionado por conquistar maiorías absolutas para impor o que cualifica de políticas antisociais. E o do BNG, que claramente aposta na participación do pobo na toma de decisións dos concellos. Cela estimou en 200.000 euros anuais os que o concello deixa de receber o ano ao estar a Igrexa exenta do pagamento do IBI \"Feijóo clama por ter maiorías absolutas precisamente para impoñer decisións verticais de arriba abaixo e garantir que os concellos do PP sexan absolutamente obedientes\", advertía Vence. Obedientes aos poderes económicos e obedientes a Madrid. Vence e alcaldábeis Non só votou Vence na consulta simbólica: tamén emitiron o seu sufraxio os alcaldábeis nacionalistas por Santiago, Rubén Cela; Vigo, Serafín Otero; Lugo, Rubén Arroxo; e Ourense, Susana García, canda militantes e simpatizantes da formación nacionalista. O referendo era simbólico, mais de se levar á práctica tería consecuencias nada desprezábeis para as arcas municipais. Rubén Cela estimou en 200.000 euros anuais os que o concello deixa de receber o ano ao estar a Igrexa exenta do pagamento do IBI. Aliás, Cela esclareceu cales son os contidos da proposta do BNG. O Bloque quer que a Igrexa pague o IBI por aquelas propriedades das que é titular e que non son empregues para o culto ou carecen de función social. \"Non pedimos que a Catedral nin os bens de culto paguen o IBI, nin os colexios, nin a Cociña Económica nin o Albergue; reclamamos que as leiras, prazas de garaxe, pisos, establecementos hostaleiros [que son da Igrexa] paguen os impostos que lles corresponden\", acrecentou."}
{"ID": "NOS_47136", "summary": "As eleccións ás confrarías galegas decorrerán o vindeiro 29 de outubro tras comezar antonte a campaña. Até 63 destas entidades deberán escoller as vogalías que comporán os cabidos.", "text": "A campaña electoral ás vogalías das confrarías de pescadores galegas comezou este 20 de outubro e prolongarase até o 27 deste mes. O día 28 será a xornada de reflexión e no sábado 29 decorrerán as votacións. A presenza de toxina adía 15 días o comezo da campaña marisqueira de Noia 1.670 traballadores e traballadoras e 991 empresarios e empresarias do sector do mar \"aspiran a ocupar\" algún destes postos. Nas confrarías nas que non se presentou ningunha candidatura, en 16 delas, calquera persoa afiliada do censo que cumpra os requisitos resulta elixíbel. Desta forma, unha vez electas as persoas vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na sesión constitutiva que debe decorrer na sede de cada confraría no prazo máximo de cinco días desde a proclamación definitiva. Así, no primeiro pleno da sesión constitutiva iniciarase o procedemento para elixir patrón maior, vicepatróns e vogais do Cabido. As persoas que compoñan a xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta quen é patrón maior. En caso de empate, repetiranse as votacións en segunda volta e, de manter o empate, resolverase a favor da persoa candidata de maior antigüidade na confraría. Así, nun mesmo acto e xusto a continuación, a xunta xeral elixirá entre as persoas que a compoñen quen serán vicepatróns primeiro e segundo, e quen vogais do cabido. Alertan do grave deterioro da ría de Arousa, con caídas de produción por riba de 50% Segundo o decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores da Galiza e as súas federacións, na composición da xunta xeral respectarase, sempre que sexa posíbel, a paridade entre persoas traballadoras e empresarias, así como a proporcionalidade entre sectores de produción. Os distintos sectores de produción dunha confraría estarán representados na xunta xeral sempre que conten cun número de membros suficiente que lles permita contar cun vogal no cabido. A resolución pola que se convocan estas terceiras eleccións unificadas ás confrarías de pescadores galegas publicouse no Diario Oficial da Galiza (DOG) o 5 de setembro. Os comicios desenvolveranse en tres fases, primeiro eleccións nas confrarías; votacións nas federacións -A Coruña, Lugo e Pontevedra-; e a elección da Presidencia da Federación Galega. 12.734 persoas afiliadas Na actualidade as confrarías galegas teñen 12.734 persoas afiliadas, das que 4.312 son empresarias e 8.422 traballadoras. Das 4.312 empresas, 86,69% son persoas físicas (3.738), 5,29% xurídicas e 8,02% son comunidades de bens ou cooperativas. As confrarías avanzan mobilizacións contra o veto da Unión Europea á pesca de fondo en 87 caladoiros Por colectivos, 41,05% son de marisqueo a frote, 33,09% de artes menores, 7,24% de recursos específicos e 12,62% de outros como as bateas e os parques de cultivos. Das 3.738 empresas persoas físicas, 88,58% son homes e 11,42% son mulleres. Das 8.422 persoas traballadoras, destacan as 3.212 do marisqueo a pé (38,14%), ademais, do total, 4.851 (57,60%) son homes e 3.571 mulleres (42,20%). Teito de cristal Tan só cinco mulleres, dun total de 63 persoas confrarías na Galiza, ostentan o máximo cargo destas institucións, é dicir, tan só 8% son patroas maiores no canto de patróns. As confrarías contan cun gran número de traballadoras, mais as mulleres seguen a ter un papel residual nos órganos de dirección. Para estudar esta realidade do papel das mulleres no sector do mar, o Parlamento galego aprobou o pasado marzo por unanimidade a creación do Observatorio Galego da Igualdade do Sector Pesqueiro. Con todo, sete meses despois, este observatorio aínda non foi creado. Conflito en Baiona As patroas maiores eran seis até hai uns meses, mais unha votación da Xunta Xeral de Baiona, con vitoria por dez a oito a favor de José Manuel Sotelo, deixou Susana González fóra do cargo. Precisamente esta confraría protagoniza o maior conflito destas eleccións. A ex patroa denunciou a designación da Comisión Electoral de maneira irregular ao non ratificarse en xunta xeral e terse cambiado o censo de cinco mariscadoras. A Xunta da Galiza estimou a alegación e as eleccións fican paralizadas até a elección dunha nova Comisión Electoral."}
{"ID": "PRAZA_3293", "summary": "Somos o 49% do mundo. Non é factible permanecer na sombra, nin xusto, nin intelixente. Cómpre mudar a situación: por Rosalind Franklin, por Lynn Margulis, Hedy Lamarr, Jane Goodall, por todas as nenas que virán e para que o seu futuro non sexa un camiño de pelexas nin desplantes", "text": "\"As mulleres non van chegar; xa están\" Margarita Salas, bioquímica A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o 11 de febreiro como o Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia co obxectivo de concienciar á poboación da desigualdade existente neste campoLembro ler o ano pasado un titular da RTVE que rezaba o seguinte: \"Menos del 30% de los investigadores científicos en el mundo son mujeres, según la Unesco\". Un dato tristeiro, pero nada novo. Por iso mesmo, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu no ano 2015 o 11 de febreiro como o Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia co obxectivo de concienciar á poboación da desigualdade existente neste campo e, xa de paso, para dar unha maior visibilidade a aquelas mulleres que forman parte del. Como aviso importante: non é cousa sinxela. Pola súa parte, a escola de negocios IMF Business School lamenta nun informe que, aínda tendo en conta que hai unha maior porcentaxe de mulleres que teñen títulos universitarios fronte aos homes, a cifra decrece \"exponencialmente\" cando falamos dos estudos de ciencias, tecnoloxías ou enxeñerías. En España, segundo o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), o número de catedráticas non chega ao 25% no caso das carreiras ou Grados científicos. Hai moitas razóns que explican este feito, pero o estereotipo de cómo debe ser la mujer fixado por unha cultura patriarcal, se cadra, é unha das máis fortes. Isto afecta tanto a mulleres como a homes, e proba disto son profesións como a de enfermeira ou mestra, onde a excepción, a rareza, é atopar máis homes que mulleres dentro do cadro de persoal. No ano 2020, o 32% dos adolescentes seguen a considerar que existe unha distinción entre xéneros e as súas capacidades á hora de levar a cabo determinados traballosNo ano 2020, o 32% dos adolescentes seguen a considerar que existe unha distinción entre xéneros e as súas capacidades á hora de levar a cabo determinados traballos. O informe PISA reflicte que as mulleres son peor avaliadas nas materias de física e matemáticas e \"sobre avaliadas\" noutras materias como lingua, orientando ás nenas a facer carreiras vencelladas ás ramas social e de humanidades. A presenza feminina na ciencia amosa cifras pouco alentadoras: o ano pasado, a iniciativa española 11 de febrero presentou un informe sobre os plans de futuro dos máis pequenos, no cal só un 7% das nenas afirmaba que de maior quería ser científica. Outra das causas que nos leva a esta situación é a ausencia de referentes para as crianzas, e non porque non teñan existido mulleres na ciencia, senón porque nos libros de historia, na memoria colectiva, non existen estas mulleres. A 'alta esfera' académica tamén fai proba desta desigualdade: só un 5% dos Premios Nobel foron entregados a mulleres desde que se celebrou a cerimonia por primeira vez (facendo media de todas as categorías existentes: de 998 premios totais, 54 foron recollidos por mulleres). Nas categorías de Medicina, Física e Química, obtemos unha relación similar: 20 galardóns entregados a 19 mulleres, ao recoller Marie Curie o Nobel en dúas ocasións para as categorías de Física e de Química. Isto non quere dicir que non haxa mulleres tras os equipos e descubrimentos que marcan o avance do noso mundo: isto quere dicir que, en gran parte, a nosa presenza ou está silenciada ou non acada a resposta que cómpre para perdurar no tempo. Só un 5% dos Premios Nobel foron entregados a mulleres desde que se celebrou a cerimonia por primeira vez. As mulleres son menos citadas que os homesAs mulleres son menos citadas que os homes, segundo un artigo publicado na revista Nature no ano 2013, o cal analizaba máis de 5 millóns de traballos e artigos de investigación. Outro análise tamén afirma que os homes fan autocitas un 56% máis que as mulleres, o cal indica unha maior mostra de confianza no seu propio traballo. No ano 2014 Fortune revelou que as avaliacións sobre os traballadores de empresas tecnolóxicas amosaban críticas moito máis duras e negativas no caso das mulleres (para ser máis exactos, cunha diferencia do 87,9% fronte a un 58,9% no dos homes). O 75% dos informes sobre traballadoras femininas contiñan comentarios respecto á personalidade da traballadora e non do seu desenvolvemento laboral, cunha clara intencionalidade aldraxante: mandona, agresiva, irracional... son só uns exemplos. Só o 2% dos informes adicados a traballadores masculinos incluían este tipo de críticas. Como homenaxe e como muller, eu quero falar dalgunhas das mulleres que máis fascinación me producen como alento a todas aquelas rapazas cuxo soño é chegar a formar parte dun 'Man's world' total: elas conseguíronoÉ moi complexo estudar a invisibilidade da muller neste eido, xa que o prestixio dun investigador ou estudoso depende -en gran medida- do recoñecemento dos demais membros da comunidade científica, pero o esquecemento dun xeito sistemático destas figuras ao longo da historia (denominado como \" Efecto Matilda \" por primeira vez pola sufragista Matilda Joslyn Gage no seu ensaio La mujer como inventora ) é unha realidade amplamente estudada e, ademáis, fai que moitas profesionais se sentan pouco valoradas dun xeito independente aos seus logros, xa que certamente, o seu futuro fica á deriva doutras circunstancias alleas ás súas capacidades. Á falta de recoñecemento segue, como é lóxico, a perda de motivación.Como homenaxe e como muller, eu quero falar dalgunhas das mulleres que máis fascinación me producen como alento a todas aquelas rapazas cuxo soño é chegar a formar parte dun 'Man's world' total: elas conseguírono. Vera Rubin (1928-2016). AstrónomaFoi a primeira persoa en falar da materia escura, a cal centra hoxe en día (xunto coa enerxía escura) o debate sobre o futuro comportamento do cosmosApaixonada da astronomía desde pequena, construíu coa axuda do pai o seu primeiro telescopio para poder rastrear meteoros dende a xanela da súa habitación. Quixo formar parte da institución de Princeton, pero non foi aceptada xa que, naquela época, as mulleres non estaban permitidas nos estudos de astronomía. Foi parar á Universidade de Cornell, estudando física cuántica baixo a tutela do Nobel Richard Feymann. Traballou no ámbito da rotación de Galaxias (en especial da nosa veciña Andrómeda), sendo a segunda muller en recibir o recoñecemento da London's Royal Astronomical Society polos seus descubrimentos. No ano 1965, converteuse na primeira muller en utilizar os instrumentos do Observatorio Palomar, que ata aquel momento presentaban un acceso de carácter restrinxido para as femias. Foi a primeira persoa en falar da materia escura, a cal centra hoxe en día (xunto coa enerxía escura) o debate sobre o futuro comportamento do cosmos, obtendo evidencias grazas a toda unha vida de observacións e de traballo frenético.María Wonenburguer (1927-2014). MatemáticaMatemática recoñecida a nivel mundial… e galega (de Oleiros mesmiño). Foi a primeira muller española en recibir unha bolsa Fullright para estudar no estranxeiro. Pese aos desexos dos seus pais, que querían que María estudara enxeñería para continuar así co negocio familiar, esta muller decidiuse polas matemáticas, doutorándose na Universidade de Yale cun traballo sobre a Teoría de Grupos dirixido polo distinguido alxebrista Nathan Jacobson. Cando regresou a España, non tivo opción de validar o título, e veuse obrigada a cursar outro doutorado, traballando como investigadora no CSIC. Pasou varias etapas da súa vida fóra da Galiza, unha delas na Universidade de Toronto (sendo ela a única muller do claustro), onde desempregou o papel de tutora nun traballo doutoral que deu paso a un novo tipo de álxebra, coñecéndose este como teoría de álxebras de Kac-Moody. María permaneceu no esquecemento moito tempo, ata que unhas alumnas de matemáticas decidiron dárlle á súa achega a importancia que realmente merecíaMaría permaneceu no esquecemento moito tempo, ata que unhas alumnas de matemáticas decidiron dárlle á súa achega a importancia que realmente merecía. A partires dese momento, María Wonenburguer comezou a acadar certo recoñecemento público (na nosa terra: fóra, a súa figura era amplamente coñecida). Foi nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidade da Coruña e membro da Real Sociedad Matemática Española. Fai uns anos, moitos estudosos admitían ter usado o seu traballo sen saber que esta muller de impecable traxectoria era galega. A día de hoxe, a Xunta premia ás mulleres investigadoras cun galardón que leva desde 2007 o seu nome.Fabiola Gianotti (1960). FísicaSomos o 49% do mundo. Non é factible permanecer na sombra, nin xusto, nin intelixente. Cómpre mudar a situación: por todas as nenas que virán e para que o seu futuro non sexa un camiño de pelexas nin desplantesPolímata de nacemento. O cliché dos científicos que só ven datos e teoremas con ela non casa: aínda que busca dar resposta ás grandes preguntas que se formulaba de pequena traballando no eido da física de partículas, Fabiola segue igualmente interesada pola filosofía e as artes: o coñecemento non exclúe. Comezou a súa andaina no CERN como voceira do proxecto ATLAS, que saltou á fama no ano 2012 ao atopar unha partícula compatible co bosón de Higgs, básico para entender o proceso que leva ás partículas fundamentais a ter determinadas masas. No ano 2014 foi elixida como nova Directora do CERN, sendo así a primeira muller en ostentar este cargo desde o ano 2016. Nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidade de Upsala, a École Polytechnique Fédérale de Lausana e as Universidades de McGill, Edimburgo e Oslo, Gianotti foi elixida como unha das principais pensadoras globais pola magazine Foreign Policy. É, segundo a Forbes, unha das 100 mulleres máis influentes do mundo e, no 2012, foi tamén nomeada como a quinta personalidade máis importante dese mesmo ano para a Times. Somos o 49% do mundo. Non é factible permanecer na sombra, nin xusto, nin intelixente. Cómpre mudar a situación: por Rosalind Franklin, por Lynn Margulis, Hedy Lamarr, Jane Goodall, por todas as nenas que virán e para que o seu futuro non sexa un camiño de pelexas nin desplantes: querer mellorar a vida das persoas non pode, baixo ningún concepto, obter réplica algunha."}
{"ID": "NOS_10020", "summary": "O xurado escolleuno entre as 40 obras presentadas. Resalta na gañadora a súa linguaxe coidada e provocativa, con moita propensión ao minimalismo, xogando cos silencios e creando rasgaduras sen chegar ao melodrámatico. O libro mantén en todo momento atrapado ao lector, convertídoo nun espectador activo, nun vouyeur.", "text": "O xurado do premio \"Concello de Carral\", formado por Emma Pedreira, Antía Otero e Luciano Rodríguez, resaltou da obra gañadora a súa linguaxe coidada e provocativa. Roi Vidal Ponte (Compostela, 1982) é un creador polifacético e antidogmático. Como dramaturgo publicou algunhas pezas de teatro breve como A última tentación de Edipo (Revista das Letras, 2006), Julieta's Black Hole (Casahamlet, 2010) e Kindertontenfuga (Casahamlet, 2011). En canto a obra poética ten espallados diversos poemarios como Amort (Revista das Letras, 2007), 5 Haikus pornográficos (Dorna, 2008), Roma (Revista das Letras, 2009) e Pop (Finalista Premio Xuventude Crea 2010, Xunta de Galicia). Como director de teatro dirixiu Matilde, co grupo universitario Bicodobrelo (2008) e Faraoas, espectáculo baseado nun texto da súa propia autoría (Tirita Producións, 2011). É tamén crítico teatral (Vieiros, Faro de Vigo, Protexta, O Galiñeiro) e membro de Estaleiro Editora e do grupo Ataque Escampe.O premio de Carral está dotado con 2.000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior. O acto de entrega do premio terá lugar o 25 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2012. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Libro das mentiras de Emma Pedreira."}
{"ID": "NOS_2768", "summary": "Considérao culpábel de enaltecemento do terrorismo, insultos á coroa española e aos corpos e forzas de seguridade do Estado.", "text": "O Tribunal Supremo español anunciou que desestima os recursos presentados pola defensa do rapeiro Pablo Hasel contra a sentenza condenatoria da Audiencia Nacional. Así, Hasel é condenado a nove meses e un día de prisión e a pagar unha multa diaria de trinta euros por responsabilidade subsidiaria durante 168 días. En caso de non cumprir co pagamento, isto suporá 84 días máis de prisión para o músico. Hasel foi declarado culpábel, ademais de reincidente en enaltecemento do terrorismo, que é o delito que lle custou a pena de prisión, inxurias e calumnias contra a coroa española e o uso da imaxe do rei, por un lado, e insultos e calumnias contra as institucións estatais, polos seus comentarios sobre corpos e forzas de seguridade do Estado. Por cada un destes dous últimoscargos, terá que pagar unha multa diaria de trinta euros durante doce meses e durante quince, respectivamente."}
{"ID": "NOS_31659", "summary": "Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza o percorrido do Partido Galeguista e reflexiona sobre a traxectoria multidisciplinar do creador Fernando Blanco.", "text": "O Grupo Rompente aterra na capa de Sermos Galiza desta semana para sorprender, case 40 anos despois, coas confesións sobre os seus proxectos actuais e futuros. A entrevista que Manuel Xestoso fai a este colectivo, titulada 'Grupo Rompente. A vangarda que volve', Manuel M. Romón, Alberto Avendaño e Antón Reixa aluden á publicación do libro Que hostia din os rumorosos. Con esa estrea de actualidade, non podía ser doutra forma. Porén, este grupo que revolucionou o mundo cultural galego tamén fala de literatura, de loita social, do que cabía antes na radio e do que cabería hoxe, de proxectos culturais e de medios de comunicación. Unha conversa imperdíbel... De política e arte Como tamén o é a reportaxe de Xosé Barros sobre o traballo do galeguismo para \"tronzar os valos históricos que cercan o noso país\". En 'Partido Galeguista. A porta a un novo estatuto' hai tempo de analizar o destino da Galiza como nación, de aludir ao propio estatuto, de coñecer un proxecto político e de afondar na historia propia. O terceiro gran tema que atoparás nos quiosques e puntos de venda habituais -así como na nosa tenda en liña- este sábado é 'Fernando Blanco. Voltar á orixe'. O texto que asina Iago Valverde alude ás facetas deste profesor xubilado como artista multidisciplinar, que sae das aulas pero segue dando entrada a novas propostas pictóricas, escultóricas e arquitectónicas. Propostas inspiradoras Se como lectora ou lector decidiches, despois de acompañar a Blanco na súa historia, que ti tamén queres crear sempre podes inspirarte camiñando e vendo co Colectivo Xea -Adela Leiro, Xan Colazo e Mon Daporta- polo 'Roteiro de interese múltiple de Parada do Sil'. Prefires que sexan os libros ou a música os que che movan as musas? Tamén tes recomendacións para ir por ese camiño. Esta semana Mario Regueira fálache de Galegas na ciencia de Isabel Blanco e Inma Otero Varela propón a lectura de Ave do paraíso de Lorena Conde. Na parada musical, Fernando Montenegro analiza o traballo Wiz de Carimbo Porta-Jazz e Andrés Díaz Patos fai memoria para escribir 'A capela flamenga recunca na Galiza'. Neste número, a escolma cinematográfica de Andrés Castro bota o freo sobre o filme Malencolía de Alfonso Zarauza e despois de pasar polas salas (ou antes) de seguro que apetece a 'Viaxe gastronómica á República helénica' que cociña Anxo Fole coa compañía dos viños de Vide, vide! A carta tamén inclúe os habituais quebracabezas ideados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Non queres agardar máis por Sermos Galiza? Descoida, atoparalo este sábado no quiosque ou na nosa loxa en liña xunto a un novo Nós Diario. Tes preguiza polos trámites? Recomendámosche facer xa a subscrición!"}
{"ID": "PRAZA_18319", "summary": "Volvamos a acordo orixinario de EN MAREA, e que tivo o respaldo de máis de 400 mil galegos e galegas a pesar do boicot dalgúns dirixentes actuais, implantemos un modelo de unidade e traballo cooperativo iniciado polas Mareas municipalistas", "text": "\"A historia repítese dúas veces: a primeira como traxedia, a segunda como farsa\".* Esta premisa marxiana resume perfectamente o que acontece no espazo plural de unidade popular, primeiro na chamada Alternativa Galega de Esquerda (AGE), agora coa súa continuadora, EN MAREA. O 21 de outubro cumpríronse 6 anos da chegada de AGE ao Parlamento Galego. É ANOVA quen traslada un 25 de xullo de 2012 (once días despois da súa fundación) a idea e necesidade de unir forzas na esquerda entre \"nacionalistas\" e \"federalistas\", partindo da defensa da condición nacional galega e do dereito a decidir, e co obxectivo posto en rexenerar o País e recuperar as institucións para a xente do común. Xa desde este momento en ANOVA existiron sectores e actores que sendo contrarios a esta unidade, e non podendo parala decidiron entón enunciar que esta só debería ser conxuntural para as eleccións de outono 2012, ou no peor dos casos como grupo parlamentario, sen traslado ás rúas ou outras institucións. Estes actores contrarios a AGE remataron sendo minoritarios en ANOVA, os máis apresurados deles decidiron escindirse co nome CERNA en 2014, e ademais consideraron que 2 actas de deputadas de AGE lles pertencían nominalmente. O nome dunha destas deputadas na IX Lexislatura era o mesmo que agora, nesta X Lexislatura é man dereita da Coordinadora (executiva) de EN MAREA. Mais CERNA non foi a única \"escisión\" que ANOVA sufriu como consecuencia da aposta pola Unidade Popular e as contradicións que a súa construción foi xerando. Outros e outras tampouco nunca esconderon o seu odio a traballar e colaborar co 50% de AGE, así foron constantes as tensións e rupturas na chamada Alternativa Galega de Esquerda, mesmo chegando ter que desenvolver a labor política de AGE, e despois na EN MAREA de 2015 e 2016, fronte ao boicot destes sectores, que din defender coa boca pequena a Unidade Popular pero que no día a día teiman en volver ao proxecto do Partido Nacional. O paradigma desta ideoloxía consumouse de maneira máis visible nas diferentes convocatorias electorais, comezando nas eleccións locais de maio 2015, onde houbo quen quixo competir contra as Mareas municipais de Unidade Popular. Un erro histórico dos que xa non están en ANOVA e que semella pretenden volver repetir, desta vez cun envoltorio diferente pero como mesmo produto: o sectarismo, o patriotismo da sigla ou da pandilla, e un enunciado de salvadores da unidade da esquerda, pero dividíndoa unha vez máis. EN MAREA Despois do éxito da formula Mareas nas eleccións municipais de maio de 2015, moitos e moitas entendiamos que no ámbito nacional galego debíase aplicar o mesmo plantexamento. A ecuación inicial era sumarlle a AGE (ANOVA + Esquerda Unida) o novo partido PODEMOS, pero a esta parte partidaria había obrigadamente que sumarlle o elemento fundamental cidadá representado polas Mareas municipalistas, con toda a súa pluralidade, democracia directa e horizontalidade. Enriquecer a idea inicial de AGE a través de novos continxentes de activistas sociais e coa incorporación dun discurso potente e rupturista visualizado xa moi ben no 15M. Nas eleccións de decembro de 2015 conséguese un moi bo resultado grazas á alternativa política ilusionante que fomos quen de transmitir aos galegos e galegas, formula EN MAREA que xurde así cun enorme éxito electoral e sendo a única formula de confluencia a nivel do Estado na que a marca PODEMOS vai en pé de igualdade con outras e baixo o nome común, EN MAREA. A pesar deste éxito, desde o seu comezo tivo claros inimigos internos, destacando diferentes grupos e correntes que, dun lado e do outro sempre foron moi hostís contra esta nova unidade que supuxo EN MAREA, paradoxas da vida agora algúns presentes na súa coordinadora (executiva). A hostilidade foi ata tal punto que nas provincias de Lugo e Ourense houbo que facer as campañas de decembro 2015 e xuño 2016 salvando o boicot intrascendente destes colectivos grazas á moita cidadanía ilusionada que se incorporou á alternativa. EN MAREA nas eleccións autonómicas A pesar dos antecedentes mencionados e das hostilidades e ataques destes sectores contra este espazo común de unidade na esquerda, sempre houbo interesados e interesadas en facilitar a entrada destas sensibilidades fragmentadoras dentro da nova EN MAREA, sendo na realidade dúas caras da mesma moeda. A inxenuidade política, o patriotismo das siglas de unhas e outras, e os intereses converxentes entre algúns actores da Unidade, fai posible que estes dous colectivos cheguen a funcionar como correntes internas e consigan aliarse con outros neomareistas que defenden que EN MAREA debe afastarse dun proxecto de unidade popular e plural e camiñar cara un partido nacionalista moderado, tanto no identitario como nas políticas sociais e económicas. Polarización e risco de ruptura, outra vez Case 6 anos despois, débese clarificar unha vez máis o que é a Unidade Popular e a unidade da esquerda, máis alá da sigla partidaria de cada quen. Xa perdemos moitas enerxías internamente, e frustramos moitas esperanzas depositadas nunha alternativa de esquerda. Quen está por dividirnos unha vez máis, sexa desde Galicia ou desde Madrid, non pode ter cabida na EN MAREA común de toda a esquerda. Quen soñe con refundar EN MAREA coma unha CxG 2.0 ten todo o dereito do mundo a facelo, é lexitimo e non se lle pode reprochar querer facelo. Agora ben, non deben agocharse no proxecto orixinado en 2012. O digno e honesto é non enganar nin á afiliación nin ao electorado, como xa se fixo nas pasadas primarias por parte dos que racharon a candidatura unitaria e maioritaria \"Máis Alá\". Moito menos debemos ser unha fraude para a sociedade que deposita en nós algunha esperanza de mellorar a súa vida e a dos seus seres queridos. Tampouco poden vencer as teses das e dos que non queren ver en AGE un precedente de unidade popular que tiña o seu centro de gravidade fortemente asentado en Galicia e na libre decisión dos galegos e das galegas, para pretender que EN MAREA sexa un apéndice galaico. Considero que a sociedade non nos vai permitir repetir os erros do pasado, e fai ben. A historia non se pode repetir. A Historia da esquerda galega e do pobo traballador galego non poden ser unha farsa. Eu desde logo non estarei ligado a un proxecto farsa, e creo que moita xente que se activou nas mareas como contixentes cidadás sen experiencia previa tampouco acreditará nese modelo que repita erros. O partidismo e a sigla non debe ser razón de peso, os proxectos para o ben común si. Porque a xente que estamos nas mareas e colectivos municipais sempre imos priorizar o proxecto do ben común e da nosa veciñanza, nunca unha sigla ou intereses de parte. Recuperar EN MAREA reforzando as mareas municipais e os seus proxectos de concellos para o pobo De nada serve EN MAREA se nos concellos non hai proxectos municipalistas fortes e soberanos respecto aos Partidos. Agrupados e coordinados voluntariamente a nivel nacional galego pero facendo das mareas municipais proxectos autónomos veciñais e plurais nos cales calquera cidadán se vexa identificado cun proxecto de concello para o ben común. Foron as mareas municipais, xunto coa experiencia previa de AGE, a base da que xurdiu EN MAREA e non á inversa, polo que sería un erro pretender impoñer a formula EN MAREA nos 313 concellos galegos e non respectar o proxecto orixinario das mareas e candidaturas veciñais polo ben común. Certo que esta autonomía indispensable hai que compaxinala coa cooperación entre candidaturas para unir forzas, cando menos de cara as Deputacións provinciais. Hai que volver ao modelo de consenso que deu lugar a EN MAREA, debemos afastarnos da confrontación interna, orixinada na ruptura da candidatura plural \"Máis Alá\" e no conseguinte empoderamento das faccións internas que sempre apostaron por reducir a pluralidade e representatividade do espazo común. Non podemos permitir que triunfen o vello faccionalismo e o cainismo da homoxeneidade ideolóxica e da homologación coas políticas do réxime. Volver ao consenso inicial non é outra cousa que apostar por unha EN MAREA plural e aberta, sen sometemento as partes que a conforman, e na que as mareas municipais sexan centrais. Mareas na que esteamos cómodos e representados todos e todas as cidadás e a esquerda política, sexamos soberanistas ou federalistas, que partindo do recoñecemento democrático dos pobos a decidir libremente o seu futuro podamos camiñar xuntos e xuntas para construír poder cidadá e popular fronte ás políticas que impiden o benestar persoal e social. Volvamos a acordo orixinario de EN MAREA, e que tivo o respaldo de máis de 400 mil galegos e galegas a pesar do boicot dalgúns dirixentes actuais, implantemos un modelo de unidade e traballo cooperativo iniciado polas Mareas municipalistas e que deu lugar á esperanza cívica e á demostración de que é posible desaloxar aos malos gobernos para elixir a representantes do ben común. Apostemos pola Unidade Popular como unidade de toda a esquerda política, sen paraugas nin guións, esquerda social e cívica, unidade mesmo coa esquerda que non está no proxecto das Mareas e coa que sigue sendo imprescindible colaborar e cooperar en moitos espazos amplos máis alá da institución. Estamos obrigados a evitar en todo momento equivocarnos de inimigo, aínda que na maioría de ocasións só recibamos ataques no lugar de cooperación e colaboración. Un matiz, a unidade non pode ser obrigatoria para aqueles que, ben entoando que só eles son a nación galega ou ben que na súa sigla demoscópica madrileña está a salvación, nunca entenderán que a unidade popular é a forza imprescindible para o ben común nun país xusto. Adiante pois, volvamos a ilusionarnos na esperanza de conseguir máis Concellos abertos para todos e todas, Concellos do pobo para unha vida mellor, na esperanza dunha Galicia xusta, libre, igual e fraternal. * \"Hegel di nalgunha parte que a historia repítese dúas veces. Faltoulle agregar: primeiro como traxedia e despois como farsa\". Karl Marx, no Dezaoito Brumario de Luís Bonaparte. Publicidade"}
{"ID": "NOS_26420", "summary": "Como medida para axilizar a realización das probas para determinar o contaxio por coronavirus, o Sergas habilita este innovador sistema nas instalacións do antigo servizo de urxencias do Hospital Meixoeiro de Vigo para pacientes con cita. Quer ampliar este modelo ao resto de áreas sanitarias de Galiza", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) implantou a realización de probas de coronavirus a posíbeis infectadas desde os seus vehículos en Vigo, un método cuxos resultados se avaliarán para analizar se é posíbel estender a súa prestación a outras áreas sanitarias. Fontes do Sergas confirmaron a Europa Press que esta iniciativa, innovadora no Estado, lévase a cabo nun punto de fácil acceso para os vehículos situado xunto ao laboratorio do Hospital Meixoeiro da cidade olívica, onde antes estaba o servizo de urxencias, o que facilita o traslado das probas. En concreto, estes tests realízanse, mediante cita previa, se os facultativos consideran un caso sospeitoso de coronavirus e os resultados rexístranse nos historiais médicos dos pacientes. Deste xeito, a pasada terza feira, cando se implantou o servizo, leváronse a cabo 45 probas a posíbeis infectadas nos seus vehículos, unha cifra que esta cuarta feira ascenderá a 100, o número máximo para o que se dispón de capacidade operativa. Así, concedéronse citas previas cunha marxe de cinco minutos entre elas co obxectivo de axilizar a prestación do servizo. Esta iniciativa tamén busca dar resposta á \"saturación\" do servizo de probas a domicilio polo aumento de casos, que provocou que o número de equipos que as levan a cabo pasase dun a sete, segundo precisaron as mesmas fontes. Ademais, esta medida permite reducir o consumo de equipos de protección individual nun momento no que \"escasean\". Así, as profesionais sanitarias poden utilizar un mesmo uniforme durante toda a súa xornada, mentres que nas probas realizadas a domicilio débense refugar despois de cada servizo. A realización de tests a cidadáns desde os seus vehículos para determinar posibles casos de coronavirus tamén se leva a cabo noutros países, como Corea do Sur, Alemaña, Estados Unidos e Australia."}
{"ID": "NOS_2228", "summary": "O lema Defensem Mallorca, construïm República presidirá a manifestiación da Diada de Mallorca, esta segunda feira 31 de decembro en Palma. Convocada, desde hai dúas décadas, pola Plataforma 31-D, a mobilización deste ano servirá \"para amosar indignación polo crecemento da extrema dereita\" e para solicitar a liberación dos presos políticos cataláns.", "text": "Será o terceiro ano consecutivo -desde que as esquerdas volveron ao goberno nun pacto entre PSOE e Més per Mallorca, coalición de esquerda nacionalista e ecoloxistas- en que a manifestación decorra o derradeiro día do ano. O 31 de decembro coincide en Mallorca coa Festa de l'Estendard, que conmemora a entrada na illa das tropas da Coroa de Aragón en 1229 e \"o nacemento da Mallorca actual\". Para a presidenta da Assemblea Sobiranista de Mallorca, Margalida Miquel en declaracións a Vilaweb, este ano servirá para \"a defensa da \"democracia, o dereito a decidir e o autogoberno\". A manifestación da Diada celébrase desde 1978 coa finalidade, segundo explica Miquel, \"de dar voz ás entidades mallorquinas que consideran que cómpre o dereito a decidir en moitos aspectos\". Na convocatoria colaboran o Grup Blanquerna, Mallorca Lliure, Associació Sobiranista de Mallorca, Unió Obrera Balear, STEI Intersindical, Més per Mallorca, Esquerra Republicana e Jubilats per Mallorca."}
{"ID": "QUEPASA_204", "summary": "Así se presenta a axenda para esta fin de semana na Costa da Morte, que vén marcada polas numerosas verbenas repartidas ao longo de toda a bisbarra, así como por dúas citas ineludibles: o Asalto ao Castelo de Vimianzo e a Festa do Percebe de Corme.", "text": "ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO INESTABLE E TORMENTAS OCASIONAIS Meteogalicia avísanos que o venres un embolsamento de aire frío ó oeste de Portugal ocasionará en Galicia, un día máis, inestabilidade atmosférica. Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados, con máis nubes ao principio do día polo oeste e máis claros en xeral durante a tarde. A medida que avance o día medrarán nubes de evolución que poderán deixar chuvascos treboentos. O sábado persistirá o aire frío en altura sobre Galicia. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados, con nubes de evolución ao longo do día que deixarán chuvascos localmente treboentos máis probables no interior. As temperaturas estarán en lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable. Xa para o domingo, situación semellante a de días anteriores, con anticiclón en superficie, pero aire frío en altura. Isto deixará unha situación con ceo parcialmente anubrado, con néboas e nubes baixas pola mañá no litoral; pola tarde medrarán nubes de evolución que de novo poden deixar algún chuvasco tormentoso pola tarde. Venres 5 de xullo -Festas do Rosario de Serantes, en Laxe. -Festas de San Cristovo de Corzón, Mazaricos. -Cea Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo. -Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco. Sábado 6 de xullo -Festas do Rosario de Serantes, en Laxe. -Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco. -Asalto ao Castelo de Vimianzo. -Noite de regueifa en Buño, Malpica. -Andaina polo roteiro dos pescadores de Corcubión. -Festa do Percebe do Roncudo en Corme, Ponteceso. -Entroido de verán en Fisterra. -XI Festa Africana en Mazaricos. -Festas de San Pedro na Ponte do Porto. Domingo 7 de xullo -Festas da Virxe do Carme en Freixeiro, Santa Comba. -Festas do Rosario de Serantes, en Laxe. -Festa da Virxe do Corpiño en Oca, Coristanco. EXPOSICIÓNS As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.- O Xogo de Pistas \"Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).- Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30. Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas. No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días. A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición \"Mar de Crebas\". TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE"}
{"ID": "NOS_27887", "summary": "Foron íntimos amigos. Partillaron viaxes en iate e festas en datas tan sinaladas como as nadalencas. Agora un é o presidente da Xunta e o outro está a ser xulgado por narcotráfico na Audiencia Nacional. Pídenlle 15 anos de cadea.", "text": "\"Os xuíces han decidir o que consideren oportuno\". Esa foi a frase, obviamente unha fórmula preparada pola súa equipa de asesores, coa que Feijóo despachou as perguntas da imprensa após o consello da Xunta. Nada máis. Ningunha valoración. Simplesmente unha frase retórica, unha forma de solemnizar o obvio. Feijóo avala @s concelleir@s do PP A situación de Santiago, 7 concelleir@s do PP serán procesados por prevaricación ao autorizar o pagamento con fundos públicos da defensa dun seu compañeiro de partido e tamén edil imputado na Pokémon, foi asemade obxecto de interpelación ao presidente da Xunta por parte dos meios. A este respeito, Feijóo avala que continúen no seu cargo, isto é, non ve motivos políticos para que demitan. Dixo enigmático que formulará unha \"proposta\" arredor da situación das e dos concelleiros do seu partido na capital de Galiza cando se coñeza a sentenza."}
{"ID": "NOS_19148", "summary": "Todas e todos os conselleiros do Goberno galego deixarán o seu escano no Parlamento, a excepción dos dous vicepresidentes, o primeiro, Alfonso Rueda; e o segundo, Francisco Conde.", "text": "Todas e todos os conselleiros do Goberno galego deixarán o seu escano no Parlamento, a excepción dos dous vicepresidentes, o primeiro, Alfonso Rueda; e o segundo, Francisco Conde. Así o anunciou este 15 de agosto o titular da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na Cámara galega. En total, son sete as e os conselleiros que deixan o escano e, por tanto, empezarán a correr as listas do PP para dar cabida no Hórreo a sete substitutos. Como debido ao seu cargo no Executivo as e os conselleiros non cobran do Parlamento, e sempre que os sete novos teñan dedicación exclusiva -como se prevé que aconteza-, o movemento de escanos de Feixoo incrementará o gasto público actual en parlamentarios en 450.00 euros anuais (60.000 euros anuais por deputado, 420.000 polos sete, o que dá uns 450.000 coas cargas sociais a maiores). Así, o aforro público de gasto en deputados cos conselleiros desaparece precisamente nun momento de crise económica. Alén dos vicepresidentes, a marcha tampouco afecta o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e á de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; únicos membros do Executivo que non eran deputados esta lexislatura. Por contra, abandonan o hemiciclo Fabiola García (Política Social), Valeriano Martínez (Facenda), Rosa Quintana (Mar), José González (Medio Rural), Román Rodríguez (Educación e Cultura), Ethel Vázquez (Infraestruturas e Vivenda) e Ángeles Vázquez (Medio Ambiente). Todos os conselleiros que concluíron na pasada lexislatura obtiveron escano ao figurar en postos de saída. A maioría deles continuaron no cargo fóra da ex titular de Educación, Carmen Pomar, e o ex responsábel de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña. A primeira saíu do Goberno pero mantense como deputada, mentres que o segundo deixou o seu escano para asumir a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo. O BNG corrixe a Feixoo Após facer o anuncio, o presidente da Xunta espetou que BNG e PSdeG \"serían incapaces\" de que un Executivo presidido por eles \"puidese entregar as actas para dedicarse ao Goberno\". Inmediatamente o BNG corrixiu Feixoo e enviou aos medios as renuncias ao escano rexistradas na Cámara en 2005 pola ex conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; e o de Industria, Fernando Blanco; nada máis estes dous nacionalistas entraren a formar parte do Goberno da Xunta naquel ano."}
{"ID": "NOS_18748", "summary": "O PSOE coloca un alcalde imputado na cabeceira da carreira á presidencia da Deputación de Lugo. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, impúxose ao secretario xeral do PSOE provincial Juan Carlos González Santín, na asemblea na que se elixiron os 5 deputados provinciais polo partido xudicial de Lugo.", "text": "O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, albíscase como candidato do PSOE á presidencia da Deputación de Lugo, en substitución do secretario xeral do partido en Galicia, López Besteiro, unha vez se impuxo por 59 votos a 37 ao secretario provincial do partido na provincia Juan Carlos González Santín, tamén deputado no Parlamento galego. A derrota do máximo responsábel orgánico na provincia deixa o partido nunha situación conflitiva, unha vez que a falta de apoios ao cargo que fora respaldado polo propio Besteiro mostra a ausencia de unidade na provincia que upou o secretario xeral e da que, até o momento, se gababa de ser a máis cohesionada do PSOE. A votación conduce á cabeceira da carreira cara á Deputación de Lugo ao alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, imputado por unha obra da Deputación tras a investigación do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo pola denuncia presentada polo alcalde de Portomarín. A imputación de Martínez, que tivo que declarar o pasado ano nos xulgados, debíase a malversación no seu cargo de deputado de Obras. \"O rexedor de Becerreá contou para a votación co apoio de alcaldes críticos coa xestión da Deputación e, en especial, de funcionarios e asesores próximos a Besteiro\" Santín, derrotado O rexedor de Becerreá contou para a votación co apoio de alcaldes críticos coa xestión da Deputación e, en especial, coa acción de funcionarios e asesores próximos a Besteiro mais tamén cun núcleo que se posicionou da súa parte para manter a súa posición no organismo provincial. A listaxe de Martínez fíxose con catro dos cinco postos do partido xudicial de Lugo, entre os que se atopaban Pablo Rivera Capón, de Láncara, asesor de novas tecnoloxías, da Deputación, Álvaro Santos de Friol e Sonsoles López Izquierdo de Paradela. Da lista de Santín é só el o que entrará na Deputación polo partido xudicial de Lugo, mais no ar está aínda se toma a decisión de se converter en deputado provincial ou opta por continuar no seu posto do Parlamento galego. A derrota de González Santín mostra, segundo fontes próximas, o pouco peso político do máximo cargo orgánico do PSOE na provincia e tamén a falta de implicación do secretario xeral, López Besteiro na defensa da súa candidatura."}
{"ID": "NOS_1788", "summary": "Francisco Vilariño, portavoz do BNG en Lalín, insiste en que se trata dunha demanda histórica e asegura que se non houbo máis mortes antes \"foi por pura sorte\".", "text": "\"Foi por pura sorte\", repite Francisco Vilariño en conversa telefónica con Sermos Galiza. O BNG vén de presentar unha moción nos seis concellos da comarca do Deza reclamando una ambulancia medicalizada que reforce o fraco servizo sanitario. Esta segunda feira coñeceuse que un home falecera en Dozón despois de que o vehículo de urxencias -un dos dous que dispón o Sergas no Deza- chegase 46 minutos despois de que se dese a alerta. \"Xa se sabe que neste tipo de emerxencias os tempos son cuestión de vida ou morte. Até o domingo houbo sorte, pero é algo que ía pasar antes ou despois\", conta Vilariño. O portavoz do BNG en Lalín explica que a comarca ten unha extensión \"enorme\" [máis de 1.000 quilómetros cadrados] cunha \"alta dispersión e unha poboación moi avellentada\". Sinala que o servizo de urxencias está atendido por dúas ambulancias RTSU, as convencionais, e por un helicóptero que na práctica \"intervén polo día e só cando as condicións de voo son favorábeis\". Unha das ambulancias dá cobertura a Silleda (onde ten a base) e Vila de Cruces; a outra, Lalín (a base), Agolada, Rodeiro e Dozón. \"Desde hai moitos anos vimos reclamando unha ambulancia medicalizada, que reforce o servizo e que permita prestar certas atencións urxentes. Pero a política do PP mata. Dígoo así de claro, porque cando estás na Administración e non pos os medios, estás condenando a morte a algunha persoa\", quéixase Vilariño. O edil ofrece algúns datos: \"as posibilidades dunha atención eficaz empezan a reducirse segundo pasa o tempo, a partir dos 15 ou 20 minutos en casos de parada cardíaca, a partir dos 20 minutos nos politraumatismos, dunha hora nun ictus\". \"Xa protestamos en maio pasado cando se licitaron as novas ambulancias e volveron excluír Deza. Non entendo que si aumentaran o número de vehículos en Carballiño ou Monforte, do que por suposto me alegro, mais non o fixeran aquí\", conclúe Vilariño. A nova licitación, por un período de 4 anos máis un de prórroga deixa á comarca sen nova ambulancia polo menos até o 2024.O BNG presentará mocións pedindo ese reforzo para que se debatan nos plenos dos seis concellos. O primeiro, a próxima semana en Lalín. Tamén levou a iniciativa no Parlamento para forzar a comparecencia do conselleiro de Sanidade polo caso do falecido en Dozón. E Ana Pontón interpelará ao presidente Feixoo na próxima sesión de control."}
{"ID": "NOS_40414", "summary": "Lucía Veciño Souto é graduada en Historia, na especialidade de Historia de Xénero Contemporánea e é quen asina os textos do A Fondo18, o caderno de análise que acompaña o Sermos280, ao redor das mulleres labregas da primeira metade do século XX. Unha ollada necesaria sobre os casos de resistencia e de oposición en que as mulleres foron protagonistas.", "text": "-Por que xorde este A Fondo? -A idea deste A Fondo xorde da necesidade de instalar outro foco á hora de ver a realidade das labregas galegas que nos precederon para entender a realidade rural dos nosos días. Mais tamén de visibilizar as nosas devanceiras e pór en valor a actitude dunha parte da poboación que non se caracterizou pola pasividade e a submisión aos gobernos caciquís e á Igrexa como a Historia nos quixo facer pensar. Intentar demostrar que non eran aqueles suxeitos pacíficos, submisos e carentes de personalidade, ao contrario, foron moitos os exemplos de resistencia e de oposición pacífica e violenta nos que as mulleres foron protagonistas. Neste senso, o A Fondo ten como obxectivos ver en que maneira as mulleres do rural tomaron parte nestes episodios, tanto de forma directa como indirecta; profundizar nos principais motivos que as levaban a tomar partido deles e analizar os resultados transversais que tivo o feito de que as labregas se introducisen nas loitas agrarias, de subsistencia e contra os poderes reais. -Que te leva, como investigadora, a narrar os episodios máis relevantes en que as labregas galegas foron protagonistas? -Mais que a parte investigadora, coido que o que máis influíu en min á hora de abordar este tema é o feito de ser unha moza criada no rural galego. Son neta e filla de labregas, e sen elas ser conscientes fóronme achegando referentes de mulleres ao contarme historias de veciñas que tiña porta con porta, iso por un lado. E por outra parte está o feito desa versión estereotipada e uniformada da \"muller labrega galega\" que segue a transmitirse aínda en pleno século XXI, a imaxe dunha labrega dominada, atrasada e ignorante, esmagada baixo un feixe de leña, con pano á cabeza e vestido negro. Unha imaxe inexistente no rural galego, pero que aínda segue vixente no imaxinario colectivo de moita xente. Como sempre é un discurso que sitúa as mulleres do rural tomando como referencia as mulleres urbanas (occidentais, brancas, de clase media e con estudos) como modelo de representación universal. É hora de que a historiografía galega aborde o rural galego e o Agrarismo desde unha perspectiva moito máis ampla para crear referentes femininos. Neste senso, hai moito camiño aínda por andar. \"É hora de que a historiografía galega aborde o rural galego e o Agrarismo desde unha perspectiva moito máis ampla para crear referentes femininos\" -En qué conflitos se centra o estudo? -A investigación céntrase en tres focos de conflitividade nunha época moi concreta, a primeira metade do século XX. Un período de inestabilidade política mais tamén de importantes cambios no rural galego. Por un lado analizamos o Agrarismo cos casos de Nebra (Porto do Son) e Guillarei (Tui), probabelmemente dous dos conflitos máis coñecidos do noso país, mais non se lles pon nome e apelidos aos seus protagonistas, e moito menos ás mulleres que neles participaron. En segundo lugar os conflitos contra á Igrexa, nos que atopamos o caso de Sofán e Oseira, nos que a participación das mulleres foi vital pola estreita relación que sempre tiveron coa Igrexa. Non tanto por unha cuestión espiritual, senón porque era das poucas actividades lúdicas e de reencontro que tiñan. E por último, aqueles conflitos que os historiadores catalogaron como de subsistencia, Barallobre e O Saviñao, este último tivo lugar a mediados do século XX e ben podería encaixarse nos motíns e revoltas do s. XVII, exemplo do atraso que se vivía na Galiza naquela altura. \"En xeral, xustifícase a participación das mulleres neste tipo de conflitos pola función social e de xénero que transformaba a nai en provedora das necesidades familiares\" -No A Fondo fas fincapé en que aínda que os conflitos se presentaban como motíns relacionados coa fame, tiñan outra natureza, máis global. -Si, eu considero que nos casos de Barallobre ou O Saviñao influíu máis o feito de que a poboación e en concreto as mulleres, que foron as verdadeiras protagonistas, foron conscientes de que o que estaban cometendo era unha inxustiza, roubarlle ao pobo o froito do seu traballado durante todo o ano. En xeral, xustifícase a participación das mulleres neste tipo de conflitos pola función social e de xénero que transformaba a nai en provedora das necesidades familiares e en defensora da familia. A min persoalmente, paréceme unha lectura moi paternalista e simple da cuestión, coido que hai un compoñente de reafirmación de clase moi importante. -Cal era o papel da labrega na época en que te centras? -Para empezar, eran elas as que articulaban as comunidades, aspectos da división sexual do traballo como o coidado das crianzas, ou a responsabilidade sobre a economía do fogar, facilitaban a aparición de redes. En moitos casos para sobrevivir encargábanse do estraperlo, dos traballos de axuda mutua no campo... Hai que ter en conta que moitos homes emigraran, e elas quedaban cos fillos, coa casa e coas débedas. Mais a desigualdade comezaba na propia casa, pois as nenas ían moito menos a escola que os seus irmáns e a formación que tiñan era moi escasa en comparación aos homes. \"A situación das nosas labregas non mudou moito\" -Existe algún paralelismo entre as labregas da época que abrangue o A Fondo e as actuais? -A situación das nosas labregas non mudou moito, falamos noutros parámetros e noutras latitudes mais a situación segue a ser pouco ou máis a mesma. Malia o peso que teñen no sector primario galego e mesmo estatal, seguen a ser marxinadas e invisibilizadas por mulleres, labregas e claro está, por galegas. Son invisibilizadas polo simple feito de ser mulleres, porque o patriarcado como sistema de dominación social exerce unha violencia simbólica que distorsiona a visión das mulleres, facendo invisíbeis as súas actividades e experiencias, algo que aínda é máis perceptíbel cando se trata de labregas galegas, por estar as aldeas consideradas como espazos marxinais dun territorio xa de por si periférico e colonizado. Isto converte as mulleres labregas galegas en triplamente marxinais e triplamente invisibilizadas. [Este A FONDO fai parte do Sermos280, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_22492", "summary": "Compañías galegas, venezolanas, brasileiras, arxentinas ou do Estado español enchen o programa da XXIII edición do Festival Galicreques. Será entre o 13 e o 21 de outubro en Compostela e integrará máis de 25 espectáculos, 13 deles dirixidos ao público máis novo.", "text": "A Asociación Cultural Barriga Verde organiza o xa veterano encontro en colaboración co Concello da capital, o Agadic, a Deputación provincial e a Fundación SGAE. \"Reeditamos o noso duplo compromiso\", sinalan desde a organización, \"achegarlles aos novos espectadores o xénero escénico dos títeres e a creación de novos públicos para a escena\". Así, centos de rapaces e rapaces asistirán ás funcións de Galicreqeus, afirman. Farano en espazos como a Fundación SGAE, o Teatro Principal ou o Centro Cultural Santa Marta. Os maiores de catro anos verán obras como Orellas de Trapo, de Títeres Brincadeira, en una canasta, dos arxentinos Uluria Teatro, La caperucita, dos tamén arxentinos Tres Tigres Teatro ou ¿Quién soy?, dos aragoneses Teatro de Medianoche. Para audiencias un pouco máis maiores -a partir de 10 anos e estudantes da ESO e o Bacharelato- os madrileños Mazzú Teatro representarán Home, Os Monicreques de Kukas farán o propio con Requiem por un monicreque -escrito por Roi Vidal Ponte- e a alianza arxentino galega de Tres Tigres, Chachakün e Títeres Cachirulo, Viaje a un país de Cortázar."}
{"ID": "NOS_2226", "summary": "A Fiscalía ve indicios de 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores.", "text": "A Audiencia Nacional vén de aceptar a petición da Fiscalía de retirar o pasaporte ao patrón do Vila de Pitanxo, Juan Padín, afundido o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros da da costa do Canadá, no mar de Terranova. Segundo apuntan fontes xurídicas a Europa Press, o Ministerio Fiscal propñía esta medida cautelar contra Padín para evitar unha hipotética fuxida do país. A Audiencia Nacional ve indicios de 21 delitos de homicidio por imprudencia no 'Vila de Pitanxo' Así, ademais da retirada do pasaporte, a Audiencia tamén aceptou a petición da Fiscalía de que o patrón, único investigado polo naufraxio do pesqueiro galego, compareza ante sede xudicial cada 15 días. As familias dos 21 mariñeiros falecidos no sinistro marítimo levan semanas a demandar que se apliquen medidas cautelares contra Juan Padín, co obxectivo de que non aproveitase o seu traballo faenando en augas internacionais para fuxir. Declaración dos tres sobreviventes Contra as 9.30 horas desta segunda feira principiou na sede da Audiencia Nacional (AN) a toma de declaracións polo afundimento en augas de Terranova do pesqueiro marinense Vila de Pitanxo, unha causa na que comparecen os mariñeiros Samuel Kwesi e Eduardo Rial e mais o patrón do barco e tío deste último. Kwesi, segundo vén de informar RNE, defendeu ante o xuíz que se produciron \"irregularidades\" no naufraxio acontecido o pasado 15 de febreiro. Reiterou, máis unha vez, que fallaron as máquinas que subían as redes e que o capitán se negou a parar o motor. Tamén insistiu en que a tripulación, na que se atopaban os 21 mariñeiros desaparecidos, non portaba o chaleco salvavidas. Si o levaban o patrón e mais o seu sobriño, sostén Kwesi. A xustiza mostra \"dúbidas\" sobre a versión do patrón do 'Vila de Pitanxo' Foi precisamente a declaración \"contraditoria\" de Samuel Kwesi perante a Garda Civil, que se contrapuña coas versións ofrecidas por Rial e Padín, a que motivou a imputación do patrón. O mariñeiro de orixe ghanesa, que nun primeiro intre apoiara as palabras dos outros dous tripulantes, mudou o seu testemuño após denunciar \"presións\" para non actuar nunha liña discordante. 21 homicidios imprudentes O xuíz da AN Ismael Moreno emitiu a primeiros de abril un auto asegurando a existencia de indicios que permitirían imputar \"polo menos 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores\" a Padín, xa que na traxedia faleceron 21 dos 24 mariñeiros que viaxaban no buque. As familias do 'Pitanxo' avanzan nas querelas contra o patrón, o seu sobriño e o Grupo Nores Desta maneira, a Audiencia Nacional puxo en \"dúbida\" a versión ofrecida por Juan Padín, indicando que a velocidade do buque ás horas da traxedia \"suscita dúbidas\" sobre a declaración do capitán acerca da parada dos motores por avaría como causa determinante da escora e posterior afundimento do barco."}
{"ID": "NOS_35629", "summary": "O Goberno galego opina que incluír a especie na listaxe do réxime de protección especial sería unha decisión \"claramente contraria aos intereses\" das comunidades do norte do Douro, onde hai importantes poboacións destes animais que causan danos ao sector gandeiro.", "text": "A Xunta da Galiza remitiu unha misiva dirixida á ministra do Goberno español para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira, para censurar e rexeitar a inclusión do lobo ibérico na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial. A carta, asinada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, en nome do Goberno galego, advirte de que sería unha decisión \"claramente contraria aos intereses\" das comunidades do norte do Douro e que contan con importantes poboacións desta especie asentadas no seu territorio, con grandes consecuencias sobre o sector gandeiro debido aos ataques puntuais destes animais. A prol da caza O reforzo á protección do lobo suporía, di a carta da conselleira de Medio Ambiente, a prohibición xenérica da súa caza e unicamente permitiría a captura excepcional dalgún exemplar de lobo ibérico. A Xunta advirte na misiva de que a proposta do Ministerio de Teresa Ribera vai na liña \"totalmente contraria\" ás políticas desenvolvidas na Galiza nos últimos anos para \"buscar a compatibilidade\" entre a existencia de mandas de lobos coa gandaría extensiva e a viabilidade das explotacións agrogandeiras nestas zonas. Doutra banda, a titular de Medio Ambiente anunciou a próxima posta en marcha dos primeiros grupos de traballo vinculados á Rede de Reservas da Biosfera da Galiza. O obxectivo destes grupos é o de afondar en temas concretos e de interese común para os seis espazos que contan actualmente con esta declaración no territorio. Son os denominados área de Allariz, as Mariñas coruñesas e terras do Mandeo, Gerês-Xurés, os Ancares e montes de Navia, Cervantes e Becerreá; río Eo, Oscos e terras de Bourón; e mais terras do Miño."}
{"ID": "NOS_14739", "summary": "Unha iniciativa veciñal, apoiada pola totalidade dos grupos que forman parte da corporación municipal, homenaxearán o 13 de xaneiro a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da CNT e a Unión Socialista Galega asasinados hai oitenta anos", "text": "Unha iniciativa veciñal, apoiada pola totalidade dos grupos que forman parte da corporación municipal, homenaxearán o 13 de xaneiro a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez asasinados hai oitenta anos Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez eran tres mindonienses \"bos\", cun \"compromiso social\" e \" entrega a un Mondoñedo mellor, socialmente máis xusto, desenvolto culturalmente e democraticamente avanzado\", segundo a iniciativa veciñal que promove a homenaxe a estas persoas. As tres foron asasinadas en 1937 polos franquistas, nun episodio sanguento máis da represión fascista nesa comarca. O colectivo promotor considera que \"hai razóns dabondo para homenaxear a estes tres veciños de Mondoñedo e na súa persoa a todos aqueles que na cidade foron vítimas da represión franquista, atendendo ao noso firme convencemento de que a democracia ten unha débeda impagábel con estas persoas\". A homenaxe será o vindeiro 13 de xaneiro. Empezará ás 12:00 no parque da Travesía, detrás do cemiterio vello, a carón do lugar onde foron asasinados, onde tomaran a palabra, entre outros, familiares de Siervo González e Graciano Paz, representantes dos grupos que fan parte da corporación municipal, o cronista oficial de Mondoñedo e rematando cunha actuación musical. Ás 13:00 h, realizarase unha mesa redonda coa participación de persoas que coñecen e teñen estudado a figura dos homenaxeados e o contexto social, cultura e político de Mondoñedo nese momento histórico. A xornada rematará cun xantar de confraternidade. Quen eran? Siervo González Rivas (Mondoñedo 1886-Mondoñedo 1938), funcionario municipal, directivo da Sociedade de obreiros católicos, presidente da sección local da Confederación Nacional do Traballo (CNT, militante do Partido Sindicalista e da Unión Socialista Galega, sendo cabeza de lista desta forza política nas eleccións ao congreso de 1933. Graciano Paz Amieiro \"O Latoeiro\" (Mondoñedo 1893-Mondoñedo 1938), tesoureiro da Sociedade de obreiros católicos desde 1926 até 1932, directivo do Sindicato de oficios varios da CNT e militante da Unión Socialista Galega. Manuel Rodríguez Núñez(Mondoñedo 1893-Mondoñedo 1938), comerciante residente na rúa Febreiro, ocupou responsabilidades directivas na Sociedade de obreiros católicos, de cuxo orfeón fixo parte, militou ao tempo na CNT, no Partido Sindicalista e na Unión Socialista Galega."}
{"ID": "NOS_46089", "summary": "Ilustrador, historietista, editor... Kiko Da Silva (Vigo, 1979) é o nome propio sobre o que pivota a XX edición de Viñetas desde o Atlántico, a cita nacional do cómic. Pai do célebre Fiz, de Fiz nos biosbardos, foi creador da publicación BD Banda e da revista satírica Retranca. O autor, que conta con múltiples recoñecementos, fai un alto nos compromisos do Salón do Cómic da Coruña para conversar con Sermos Galiza sobre a banda deseñada e a ilustración. Eis un extracto da entrevista publicada no semanario.", "text": "Que podemos atopar na túa exposición de Viñetas? Son 70 orixinais. Participo en dúas exposicións, na miña, como autor convidado, e na de 20 anos de BD. Na exposición persoal quixen amosar, máis que unha especie de antoloxía, traballos que estaban sen publicar, traballos que estou a facer agora: A sombra das pedras flotantes, libro que está na recta final, ou Castelao, alma galega, que estou facendo para Galaxia con axuda de cinco alumnos do Garaxe Hermético. Tamén o último libro de Fiz, un personaxe que creei para Golfiño e que segue a gustarlles aos rapaces. É un libro curioso porque é un curso de cómic feito historieta. E quixen amosar ilustracións tridimensionais que quixen facer para Kalandraka, para Galaxia, para algún xornal... Tamén preparei sorpresiñas para o público, como unha escultura de Fiz, unha pedra flotante, unha recreación do meu estudo... Facías mención a Castelao. Que supuxo para a historia da ilustración na Galiza? Aquí os galegos non valoran o suficiente o talento de Castelao, que é a gran figura galega da ilustración. Admírano todos. Eu cada vez que traio un convidado de fóra, sexa español, portugués ou francés, todos me preguntan por Castelao e todos queren ir ao Museo de Pontevedra a ver a obra de Castelao. Realmente, temos moito que aprender dunha visión nun momento difícil, o que fixo ten o valor de facelo nun momento tan duro como a represión. Ten unha visión galega, pero europea e mundial, acabou marchando a outros países e traía ao que el lle interesaba de alí, e reconvertíao, e enriquecía a nosa Galiza con cousa de Sudamérica, Alemaña, Francia... [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 258, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_4914", "summary": "Decreta o peche da actividade económica non esencial. O Goberno do estado desbota polo de agora o confinamento domiciliario", "text": "O Goberno do Principado de Asturies decretou hoxe o peche de toda a actividade económica non esencial do territorio, entre ela a hostalería. Así o decidiu o comité de seguimento da Covid-19 reunido esta mañá cunha resolución que se publicará mañá e que entrará en vigor a cuarta feira, 4 de novembro. Ademais o Goberno asturiano pedirá ao Ministerio de Sanidade que se aprobe un confinamento domiciliario de 15 días. Unha petición que é desbotada desde o Goberno español. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, afirmou que coas medidas actuais \"hai suficiente\" e chamou a evitar unha carreura por ver quen toma medidas \"máis duras\". Esta é unha das principais medidas de calado para evitar as interaccións sociais e a mobilidade entre os concellos asturianos dada a alta incidencia do coronavirus no territorio. Ademais o Goberno asturiano tamén decidiu adiantar o toque de recollida ás 22:00. Segundo o Goberno asturiano, estas medidas están orientadas a \"intensificar a diminución da mobilidade e da interacción persoal\" nun momento \"crítico\" no que se disparou a presión asistencial e o índice de positividade mantense entre o 6 e perto do 10%. O pacientes hospitalizados xa superan os 625 e deles, case un cento ocupan camas de coidados intensivos, servizo no no que máis do 30% das prazas xa son para pacientes con covid. Desde a semana pasada, en Asturies hai establecido un peche perimetral de toda a comunidade autónoma e dos seus tres principais municipios, Oviedo, Xixón e Avilés, hai toque de recoller entre as doce da noite (que agora se vai adiantar ás dez) e as seis da mañá, hai prohibición de manter reunións con máis de seis persoas e está decretado ás once da noite o peche da hostalería, que non ten permitido servir en barra."}
{"ID": "NOS_35291", "summary": "A cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega por Lugo asegura que a percepción do día a día da campaña difire dos resultados que agoiran as enquisas.", "text": "Como estás vivindo os últimos días de campaña? Con moito ánimo. Estamos a percorrer a provincia de arriba a abaixo. Estamos vendo moita receptividade da xente e iso danos moita forza. Que pode aportar Olalla Rodil como deputada e máis unha candidatura como a de Nós? Unha voz propia e un proxecto político para Lugo e para Galiza, que é o que marca a diferenza entre Nós-Candidatura Galega e outras forzas. Eu a nivel persoal, quizais a frescura pola miña idade e por ser unha persoa que se incorpora nova. Pero tamén por ser xornalista creo que unha perspectiva bastante ampla e diversa da realidade do país. \"A única forma de frear a crise demográfica pasa por garantir unha vida digna no rural e unha aposta política decidida polos nosos sectores produtivos\" Es a cabeza de lista máis nova do país. Cales son os retos para a mocidade? A emigración xuvenil que estamos a vivir nos últimos anos, agravada despois do estoupido da crise. A pesar de que non está na axenda política como debera, como un eixo central de todas as institucións, esa é para nós unha cuestión fundamental. Galiza non pode seguir aguantando a sangría na que nos atopamos, con esas taxas de emigración entre os menores de 35 anos. Nese sentido, traballando para freala, poderemos reverter outra das cuestións básicas que atinxen a Galiza como a crise demográfica e o avellentamento da poboación, que no caso das circunscricións de Lugo ou Ourense é máis patente. É un elemento chave do noso programa e do proxecto político que representamos. Como reverter esa situación? Garantindo unha vida digna no rural. É a única forma de evitar que a xente siga marchando e poda desenvolver o seu proxecto de vida. para iso hai que garantir un posto de traballo e uns servizos mínimos, que agora están sendo desmantelados. Moitos xa foron anavallados nos últimos anos. E despois é precisa unha aposta política decidida polos nosos sectores produtivos. No caso de Lugo, especialmente do sector lácteo, o de produción de carne de vacún e coello ou o sector pesqueiro da Mariña. Desde Nós-Candidatura Galega apostamos en defender os nosos sectores produtivos e poder ter un posto de traballo vinculado a eles, o que garantiría frear ese despoboamento rural. \"Lugo é a eterna esquecida en materia de infraestruturas\" Un dos eixos da túa campaña son as infraestruturas. Que precisa a provincia? Lugo é a eterna esquecida en materia de infraestruturas. É a única provincia practicamente sen tren. Non estamos nin conectados coa capital de Galiza. É imposible ir de Lugo a Ribadeo sen pasar por Ferrol ou as poucas liñas que van de Lugo a Monforte nin sequera conectan a súa poboación, porque a pesar de existir infraestruturas están infrautilizadas. Por iso reclamamos as competencias en materia de transporte, para poder deseñalas de acordo coas necesidades da nosa poboación. E non como nos anuncia agora o señor Feijóo, cunha liña de alta velocidade que conecte Lugo con Madrid en tres horas. O que queremos é que a poboación teña dereito á mobilidade e responder ás súas necesidades, e non aos intereses do presidente da Xunta. Máis ben semella que quere levar ao seu deputado ou deputada a Madrid con todas as comodidades. Tres mulleres encabezan as lista de Nós. Como persoa vinculada ao movemento feminista que valor ten? Que as mulleres ocupen o oco que lles corresponde. Somos a metade da poboación e ficamos excluídas dos procesos de toma de decisión. Que tres mulleres sexamos cabezas de lista é un reflexo desa realidade social. Nós facemos unha defensa decidida contra as desigualdades, e especialmente as relacionadas co xénero. É fundamental que as mulleres teñamos o espazo que nos corresponde por dereito. E despois temos que garantir unha vida libre de violencia. É moi importante conceptualizar e visibilizar o que está a acontecer. Non é unha lacra social, como nos din, se trata dun problema político, polo que urxen medidas para rematar con esa situación. \"Que tres mulleres sexamos cabezas de lista é un reflexo da realidade social\". Unha situación que non se limita ás relacións de parella. As desigualdades e a violencia contra as mulleres atopámolas en outros espazos como a fenda salarial no ámbito laboral ou, por exemplo, nesa visión estereotipada e a cousificada das mulleres. Propoñemos un estatuto de vítima do feminicidio para garantir que as mulleres poidan acceder a medidas de protección con denunciar o seu caso nos servizos sociais, sen necesidade de que acudan a unha comisaría. E que se protexan e se recoñezan como vítimas tamén ás crianzas, tantas veces excluídas. Nos últimos días fálase moito de sondaxes. Que valoración fas delas? Eu ás enquisas non lles dou máis valor do que teñen. Tratan de tomar o pulso á campaña electoral. Pero nós seguimos traballando e a percepción que temos é outra. Estamos notando un cambio para mellor nesta recta final, tanto nas redes como no día a día cando nos achegamos ás localidades e comarcas. Hai moito ánimo e cada vez teñen mellor acollida as propostas de Nós-Candidatura Galega. Por iso imos tratar de pegar un golpe na mesa o 20 de decembro e sorprender a todo o mundo cos resultados."}
{"ID": "NOS_43535", "summary": "Substitúe na Alcaldía a Fátima Abal, quen o pasado sábado 8 anunciou que renunciaba ao cargo por razóns de saúde, aínda que permanecerá na corporación como concelleira.", "text": "Samuel Lago Ozón converteuse este sábado no novo alcalde de Cambados, nun pleno extraordinario celebrado ao mediodía, no que o candidato do PSdG obtivo 9 dos 17 votos dos concelleiros que compoñen a corporación. A favor da súa candidatura votaron, ademais do seu propio grupo, os dous edís de Somos Cambados e os dous do BNG. En contra situáronse en Partido Popular e o único concelleiro de Cambados Pode. Samuel Lago substitúe na Alcaldía a Fátima Abal, quen o pasado sábado 8 anunciou que renunciaba ao cargo por razóns de saúde, aínda que permanecerá na corporación como concelleira. Após tomar posesión do bastón de mando, o novo rexedor cambadés sinalou que afronta esta nova etapa con toda a ilusión coa que se afrontan os grandes retos. \"Con moitas ganas de facer o mellor para os veciños. Motivado e, honestamente, considero que tamén preparado\", indicou. O novo rexedor avanzou que este vai ser un goberno \"progresista, galeguista e feminista. \"Traballar de maneira incansábel\" Lago manifestou tamén o seu compromiso de \"traballar de maneira incansábel\" para conseguir as maiores metas, para gobernar para todos, \"escoitar a todo o mundo que teña algo que dicirme e axudar a quen o precise\", antepondo sempre o interese xeral sobre o particular e os intereses de Cambados sobre os de calquera partido. \"Sempre coa máxima honestidade, humildade e diálogo\", engadiu. O novo rexedor avanzou que este vai ser un goberno \"progresista, galeguista e feminista. \"E tamén transparente, social e sustentábel\", apostilou. Tamén avanzou o novo alcalde cambadés algúns dos proxectos nos que vai a focalizar a súa xestión. Entre eles destacou a execución da nova praza de abastos, a construción do novo cuartel da Garda Civil e a reforma da fachada litoral da ribeira de Fefiñáns. Aínda que engadiu que ademais destes grandes proxectos, \"imos concentrar esforzos en dotar a toda a poboación dos servizos máis básicos e elementais, como son accesos dignos ás súas vivendas, o abastecemento de auga e unha rede de saneamento\". Outras das tarefas que subliñou o novo rexedor foron a conservación e mantemento dos centros escolares, os investimentos en reformas e equipamentos para instalacións deportivas e parques, e as re formas de prazas públicas como as de Fefiñáns, A Xuventude e San Gregorio. \"O turismo, a viticultura, a horticultura, a pesca, a acuicultura e as industrias de transformación destes produtos contarán co noso apoio para servir como locomotoras na recuperación económica\", engadiu Lago. No terreo da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, o novo rexedor asegurou que o seu goberno manterá e potenciará as políticas activas de concienciación e de prevención. Loita contra a violencia de xénero No terreo da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, o novo rexedor asegurou que o seu goberno manterá e potenciará as políticas activas de concienciación e de prevención. Así mesmo, expúxose como obxectivo lograr que o resto das administracións colaboren e se impliquen no desenvolvemento de proxectos estratéxicos e na captación de fondos europeos. E, por suposto, concluíu, \"imos recuperar a grandiosidade da festa do Albariño en canto a pandemia o permita\"."}
{"ID": "PRAZA_11911", "summary": "Ademais da capacidade organizativa xustamente recoñecida fóra e do esforzado traballo militante tan autoloado dentro, e máis, claro, dos erros organizativos e políticos dos alternativos, algunha outra cousa hai que ter en conta para explicar o triunfo da UPG. Compre ir avanzando na análise que debe ser complexa e sempre caleidoscópica. Deixando á parte razóns de memoria sentimental mui poderosa, das que haberá que falar, outras tres son esenciais: centralismo democrático, silencio e autoaxuda.", "text": "Ademais da capacidade organizativa xustamente recoñecida fóra e do esforzado traballo militante tan autoloado dentro, e máis, claro, dos erros organizativos e políticos dos alternativos, algunha outra cousa hai que ter en conta para explicar o triunfo da UPG. Compre ir avanzando na análise que debe ser complexa e sempre caleidoscópica. Deixando á parte razóns de memoria sentimental mui poderosa, das que haberá que falar, outras tres son esenciais: centralismo democrático, silencio e autoaxuda. Cando a maioría do central da U toma unha decisión, dende ese órgano trasládase aos 8.000 militantes do BNG e aos 300.000 votantes a decisión Pola primeira, aplicación do centralismo democrático, a UPG logra que as posicións maioritarias nos organismos de dirección da U, que poden ser representativas de 500 dos seus 800? militantes (pero tamén só de 400 ou menos porque nunca se expresan todos á vez, claro, senón cunha xerarquía piramidal) son defendidas, unha vez adoptadas, por todos de forma absoluta e militantemente disciplinada. Antes aínda, son os derrotados (os máis contrarios á medida adoptada) os que máis e primeiro deben defendela, porque niso se basa a unidade e a garantía de non traizón. Non é preciso remitirse á historia do século XX para fundamentar esta afirmación. Cando a maioría do central da U toma unha decisión, dende ese órgano trasládase aos 8.000 militantes do BNG e aos 300.000 votantes a decisión. Como o garanten? efectivamente coa disciplina militante dos seus cadros. Para iso é fundamental: o silencio, tamén chamado de guasa Lei do silencio (E.Kazán) ou omertá (ver Wikipedia), tantas veces disfrazado de discreción. Nunca os militantes da U, non digamos os dirixentes, trasladan nada dos debates internos, a non ser con muito secretismo, por muita confianza persoal e as máis das veces seguindo a util táctica do rumor interesado ou filtración cara outros afiliados do BNG en círculos sucesivos de proximidade á U. Nunca para fóra. Aí chega xa trabucado o rumor no xogo orella a orella. O silencio, esencial en toda organización política clásica, é garantía de poder aplicar as tácticas decididas; decote funciona tan ben que ten como efecto colateral que unha parte do BNG pase o tempo xogando -na lóxica do axedrecista- a deducir que vai facer a U? Atinar nunca ten premio. Garánteselle a colaboración e o soporte a todos os militantes. Búscanlle solidariamente apoio aos seus e máis aos que están peor e teñen menos capacidade para saír adiante Tamén a autoaxuda é do máis importante, especialmente nesta conxuntura. Practícase como en todo grupo humano que posúe identidade e ética propia: como nas aldeas que xestionan comunais, nas agrupación de veciños, nos grupos relixiosos, nos bos grupos de amigos, nas familias ou en case todos os partidos que se precen. Garánteselle a colaboración e o soporte a todos os militantes, en especial a aqueles que pasan por dificultades. Nunca se abandona a ninguén. Búscanlle solidariamente apoio aos seus e máis aos que están peor e teñen menos capacidade para saír adiante. Estas non son todas as razóns que explican o seu éxito, o da U, muitas veces pírrico pero sempre traballado. Non xaora. É por ir afondando no asunto. Tamén está a capacidade para usar como pantalla á xente magnífica que teñen, capaz e boa a carta cabal, tamén o manexo dese victimismo antropolóxico ou a capacidade para presentarse sempre como os agredidos, enganados e traizoados... E por suposto, as incapacidades ou dificultades dos seus contrincantes. Pero podedes seguir...isto é unha obra colectiva."}
{"ID": "NOS_41620", "summary": "1% da poboación mundial posúe máis do dobre da riqueza con que contan 6.900 millóns de persoas. Co gallo do inicio do Foro Mundial de Davos, a ONG internacional Oxfam fixo público o seu informe anual. O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial, din, teñen boa culpa deste \"sistema económico errado e sexista\".", "text": "Se cada habitante do planeta sentase sobre o diñeiro que posúe, amoreado en billetes de cen dólares, a maior parte da humanidade sentaría no chan; unha persoa de clase media dun país rico, á altura dunha cadeira, e os dous homes máis ricos do mundo faríano no espazo. Este é un dos exemplos cos que a ONG internacional Oxfam quere denunciar a desigualdade existente na nosa sociedade e que ilustran o seu informe de 2019 sobre o reparto da riqueza no mundo. Un informe que anualmente publica coincidindo co Foro Mundial de Davos, que hoxe comeza nesta localidade suíza. En 2019, os 2.153 milmillonarios que había no mundo posuían máis riqueza que a que acumulan, todas xuntas, 4.600 millóns de persoas. Ademais, 1% da poboación máis rica posuía máis do dobre de riqueza que 6.900 millóns de persoas, segundo recolle o informe de Oxfam, titulado Time to care (xogando co carácter polisémico da palabra inglesa care, \"preocuparse\", \"importar\" e \"coidar\"). \"No máis alto da economía global atópase unha pequena elite de persoas con fortunas inimaxinábeis, que van incrementando exponencialmente a súa riqueza sen apenas esforzo, independentemente de se achegan ou non un valor engadido á sociedade\", apuntan desde a ONG internacional FMI e BM, \"culpábeis\" Nunha recente entrevista, a directora executiva de Oxfam, Winnie Byanyima, lamentaba que institucións como o Banco Mundial (BM) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) \"sexan gran parte do problema\" cando \"poderían ser parte da solución porque teñen moito poder\". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_8559", "summary": "O BNG presenta mocións nos concellos galegos para declarar \"persoas non gratas\" aos parlamentarios populares que \"avalaron o atraco sobre os aforros de milleiros de galegos\".", "text": "O BNG promove en numerosos concellos do país mocións coas que pretende \"declarar persoas non gratas\" os deputados galegos que aprobaron a quita das participacións preferentes. Os grupos municipais nacionalistas de Compostela ou A Coruña, pero tamén doutros moitos municipios, xa anunciaron a súa intención de levar esta proposta aos vindeiros plenos coa que pretenden a reprobación dos quince parlamentarios do PPdeG que no Congreso \"avalaron co seu voto\" o que o Bloque considera \"un atraco a man armada\". \"Os quince deputados do PPdeG incumpriron os seu compromisos co pobo\", denuncia o BNG \"Estes 15 deputados e deputadas do PP incumpriron os seus compromisos co pobo ao votar a favor deste Real Decreto que supón un atraco sobre os aforros de centos de persoas na nosa cidade e milleiros en Galiza que tiñan cartos investidos nas antigas caixas de aforro e hoxe ven como desaparecen\", indicou este mércores Avia Veira, concelleira do BNG na Coruña, nunha declaración idéntica á que xa fixera Rafa Vilar, concelleiro nacionalista en Compostela. As mocións que o BNG irá presentando nos vindeiros días nos municipios galegos defenden que cada un dos concellos \"rexeite o Real Decreto 6/2013 que autorizou as quitas e as canxes, que supoñen a perda do 43% dos aforros\". \"Parécenos un feito gravísimo o feito de expropiar o peto de pequenas aforradoras\", asegurou Avia Veira, que cre que a quita \"ten unha grave consecuencia na economía local e galega porque son cartos que se perden\". O Bloque considera esta medida un \"escrache institucional\" para \"sinalar os responsábeis\" desta medida que cren un engano. O BNG ve nas súas mocións \"un escrache institucional\" para \"sinalar os culpábeis da estafa\" \"O PP pasou de ser cómplice da banca especuladora a culpábel do espolio do aforro dos galegos e das galegas e os responsábeis teñen nomes e apelidos\", asegura o BNG, que inclúe na sua protesta carteis nas que se acusa de \"cómplices\" aos deputados do PP. Ademais, o Bloque enumera os responsables de \"legalizar esta estafa\". Son: Antonio Eiras, Antonio Pérez, Tristana Moraleja, Juan De Dios Ruano, Joaquín García, Jaime de Olano, Olga Iglesias, Celso Delgado, Guillermo Collarte, Ana Belén Vázquez, Ana Pastor, Irene Garrido, Paz Lago, Telmo Martín e Marta González Vázquez."}
{"ID": "NOS_5257", "summary": "Quen visite a Casa Museo Cunqueiro en Mondoñedo debe facer parada obrigada ao final do percorrido, no vello faio, cabo da mesa onde se expón a Smith Premier nº 10, a máquina de escribir que acompañou o escritor ao longo da súa vida como ferramenta imprescindible que, de falar ou ditar unhas memorias, podería contar os mellores e meirandes segredos do mestre.", "text": "O modelo nº 1 da Smith Premier deseñouno Alexander Timoty Brown en 1889 e produciuno a Smith Premier Typerwriter Company, en Syracuse, USA. A este modelo fórono sucedendo outros mellorados pero todos co defecto de que o escribinte non podía ver o que escribía, un problema que se solucionou coas modificacións que fixeron posible que o modelo nº 10 da Smith Premier, que comezou a comercializarse en 1908, se convertese na primeira máquina de escritura visible, ademais de ser máis lixeira, elegante e moderna que as anteriores. Este modelo comeza a aparecer en anuncios na prensa española e galega a partir de 1902 e seguirá estando presente en páxinas de revenda ata mediados do século XX. A partir de 1910 distribuíaas en exclusiva desde Barcelona Otto Streitberger. Se atendemos á publicidade comercial, nos xornais españois da época, a Smith Premier foi \"La máquina de escribir mejor del mundo\", \"Grandioso invento nuevo\", \"La reina de las máquinas de escribir\", \"Insustituible e indispensable para toda persona culta\". Wenceslao Fernández Florez, porén, tiña unha Smith Premier que non usaba. Prefería escribir coa pluma, pois pensaba que dentro da máquina habitaba un espírito burlón que era o que provocaba ruído ao pulsar o teclado e o causante de que as letras impresas no papel non se correspondesen coas que el desexaba ver. En 1953 organizouse unha exposición de \"maquinas de escribir antediluvianas\" en Xixón na que unha Smith Premier Typerwiter nº 1 de 1885 cotizaba como gran antigüidade. Pertencera ao xeneral cubano Maceo, fóralle requisada polo español Weyler e seica a atoparan nunha palleira asturiana. A Smith Premier nº 10 de Cunqueiro mercouna o seu pai o 1 de agosto de 1916 e, segundo o propio Cunqueiro, \"o que primeiro que escribiu foi unha carta (do pai) a miña nai\". En xaneiro de 1959, nunha entrevista de Pedro Rodríguez publicada por El Pueblo Gallego, Cunqueiro fala das súas rutinas diarias e menciona como invento imprescindible para os seus quefaceres a Smith Premier nº 10 que usa a diario. Pouco despois no artigo \"Una ventana\" publicado en La Voz de Galicia o 22 de marzo de 1959, escribe: \"Un petirrojo enamorado canta, a dos varas de mi vieja \"Smith Premier número 10\", doble teclado, en una rama florida de ciruelo\". Nunha carta un pouco posterior, dirixida neste caso ao seu amigo, Alberto Casal, datada o 30 de abril de 1959, escribe: \"Aquí vino ya la primavera. Es algo tan hermoso, tan alegre, tan coloreado que le obliga a uno a andar de pasmarote. Las rosas llegan, por la ventana, hasta la Smith Premier\". Nunha carta de Cunqueiro a Fernández del Riego, datada en xullo de 1960, di \"A miña vella Smith Premier nº 10 vai dada. Terei que ver de mercar urxentemente unha nova máquina. A Smith brinca, non podo apurar, desaliña, etc\". Todo se deteriora e fatiga, tamén as máquinas de escribir. Esta, porque o merece e polos milleiros de folios que produciu, sempre atenta ás ordes da prodixiosa inventiva dun xenio, ben merece o lugar de honra que se lle reservou na Casa Museo Cunqueiro de Mondoñedo."}
{"ID": "PRAZA_3077", "summary": "Un ex-mecánico de Talgo xurou en outubro que tras o accidente se ocultaron avarías do tren, pero os interrogatorios non se realizarán ata marzo tras seis anos de demoras e erros xudiciais", "text": "Un ex-mecánico de Talgo xurou en outubro que tras o accidente se ocultaron avarías do tren, pero os interrogatorios non se realizarán ata marzo tras seis anos de demoras e erros xudiciaisO pasado 10 de outubro a plataforma de vítimas do accidente de Angrois, no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas, rexistrou no xulgado de Santiago que instrúe o caso unha declaración xurada dun antigo mecánico de Talgo na que este asegura, seis anos máis tarde, que media hora despois do sinistro \"varios directivos\" da empresa \"deron a orde taxativa de borrar todas as avarías que tiña o tren da base de datos\". A investigación dese feito non comezará ata o 13 de marzo, coas comparecencias no xulgado como testemuñas do ex-mecánico e os tres responsables de Talgo aos que identificou no seu escrito. Eses interrogatorios veñen de ser adiados por segunda vez nunha causa que acumula diversas demoras e erros do sistema xudicial nos seis anos e medio que xa pasaron desde o accidente.A declaración xurada do ex-mecánico de Talgo, que a empresa negou anunciando unha querela contra o seu antigo empregado, chegou cando a Audiencia Provincial da Coruña estaba a piques de decidir se avalaba a proposta do xuíz instrutor de levar xa a xuízo como únicos responsables do sinistro ao maquinista do tren, Francisco José Garzón, por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois, e ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por non avaliar e paliar o risco que alí existía como esixía a normativa. As declaracións foran fixadas para o 12 e 13 de decembro, pero ao pedir varios avogados que se unificasen nun só día foron adiadas ao 23 de xaneiro e agora, tras unha nova petición, ao 13 de marzoAo coñecer a denuncia do mecánico do 10 de outubro, a Audiencia, tras consultar ás partes persoadas no caso e co apoio do fiscal, pediu o 12 de novembro ao xuíz instrutor que a investigase. Tres días despois o maxistrado fixou que o mecánico e os tres directivos de Talgo comparecesen no xulgado de Santiago dous deles o 12 de decembro ás 9 e as 10 da mañá e os outros dous ao día seguinte nos mesmos horarios. Varios avogados de Madrid solicitaron ao xuíz que concentrase nun único día as catro declaracións para facilitarlles e acurtar os desprazamentos, ao que o instrutor respondeu fixando esas declaracións o 23 de xaneiro, máis dun mes máis tarde, ás 9, 10, 11 e 12 horas. Posteriormente o avogado da plataforma de vítimas solicitou unha nova reprogramación das comparecencias por coincidirlle coa celebración dun xuízo oral por outra causa noutra cidade, cuestión á que este luns o instrutor accedeu. Agora os interrogatorios veñen de ser adiados outros dous meses, ao 13 de marzo, máis de cinco meses despois de coñecerse a denuncia que os motivou. Seis anos de erros e atrasos do sistema xudicialNestes máis de seis anos o caso cambiou de instrutor e fiscal, os maxistrados cometeron erros nos seus autos e a Xunta impuxo dous peritos sen experiencia en materia ferroviariaO novo atraso na investigación prodúcese despois de máis de seis anos dunha instrución na que o sistema xudicial evidenciou diversas eivas e demoras. Os propios maxistrados implicados na causa cometeron en varias ocasións erros nos seus autos ao citar normativa ferroviaria ou nomes que eles mesmos acabarían corrixindo posteriormente en novos escritos días, semanas ou mesmo meses despois.Os peritos xudiciais encargados de analizar o accidente tardaron medio ano en comezar a traballar porque dous dos inicialmente elixidos polo xuíz por sorteo de entre os mellores profesionais de cada colexio de enxeñeiros foron substituídos pola Xunta por dous funcionarios seus sen experiencia previa en materia ferroviaria. Posteriormente un deles plaxiaría partes da súa peritaxe da investigación oficial realizada por Fomento que facía responsable só ao maquinista. E os outros peritos terían que pedir en varias ocasións ao xuíz que lles axudase a reclamar a varias empresas públicas e privadas documentos que non lles querían facilitar.O actual xuíz vén de obter praza noutro xulgado, pero o poder xudicial permitiralle rematar a instrución do accidente de Angrois para evitar as demoras que se producirían cun novo cambioUn ano despois do sinistro o primeiro xuíz instrutor, Luis Aláez, conseguiu un cambio de xulgado e un novo maxistrado, Andrés Lago Louro, tivo que tomarse varias semanas para facerse cun sumario que xa daquela acumulaba máis de 40 tomos. Posteriormente o segundo instrutor tomaríase o seu tempo para ir chamando a declarar aos peritos (cinco meses desde que entregaron os seus informes ata que os ratificaron verbalmente). E en maio de 2017 cambiaría tamén o fiscal do caso, despois de que o primeiro, Antonio Roma, centrado só en investigar o maquinista, conseguise outro posto. Agora Lago Louro vén de obter tamén praza noutro xulgado, pero o poder xudicial permitiralle rematar a instrución do accidente de Angrois para evitar as demoras que se producirían cun novo cambio de xuíz.Á folga do persoal da Xustiza de comezos de 2018 engadiuse a demora dun ano en obter un informe relevante da Unión Europea tras trabucarse o xulgado no enderezoA principios de 2018 unha folga do persoal da administración de Xustiza en Galicia provocaría demoras de catro meses nas declaracións de varios imputados, testemuñas e peritos previstas para comezos daquel ano. Foi nese mesmo ano cando quedou en evidencia unha das demoras máis significativas do caso. En xuño de 2017 o xulgado pedira á Axencia Ferroviaria da Unión Europea un informe para aclarar varias cuestións sobre a normativa a aplicar nas análises de risco ferroviarias nas que discrepaban dous peritos. Pero o xulgado trabucouse inicialmente de enderezo e enviou a súa petición á estación de tren de Valenciennes (Francia) en vez de á sede da axencia europea noutra rúa desa mesma cidade. A petición tardaría cinco meses en chegar ao ente comunitario, que elaborou o seu informe en dous meses e o entregou o 15 de xaneiro de 2018 ao sistema xudicial francés para que o remitise ao español. Porén, non foi ata cinco meses máis tarde, en xuño, que o xuíz informou ás partes de que ese informe aínda non lle chegara.Ao coñecerse a demora, vítimas do sinistro e a eurodeputada do BNG Ana Miranda puxéronse en contacto coa axencia ferroviaria, que en só dous días fixo chegar o seu informe de xeito directo ao xulgado de Santiago. Nel desmontábanse boa parte dos argumentos que viñan empregando Fomento, Adif e Renfe para facer responsable do sinistro só ao maquinista e sinalábase que eran preceptivas varias análises de risco que, segundo declararon no xulgado varios técnicos da consultora pública Ineco, non se realizaron na curva de Angrois.Coa causa xudicial centrada desde aquela na responsabilidade do director de Seguridade de Adif por non realizar correctamente esas análises de riscos na liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente, a declaración xurada do ex-mecánico de Talgo pon agora o foco no tren, no que os peritos xudiciais non atoparan ningunha eiva que considerasen causa do sinistro."}
{"ID": "NOS_47095", "summary": "Unha denuncia cidadá afirma que desde principios de ano están cun só médico, cuxo traballo se complementa de maneira puntual polas visitas doutro doutor. Porén, están recollendo sinaturas para conseguir unha segunda praza fixa.", "text": "Usuarias do centro de saúde de Monfero comezaron unha campaña de recollida de sinaturas para protestar ante o Sergas polo que consideran unha deficiente atención sanitaria. Ademais das reclamacións, algunha persoa presentou, a nivel particular, a súa protesta ante a Valedora do Pobo. Segundo informa un representante do colectivo, até finais de 2020 había dous médicos no cadro de persoal do ambulatorio. Un xubilouse e \"a xerencia da área sanitaria intentou cubrir a súa vacante cun médico que ven unhas horas un par de días á semana\", explican. No entanto esa atención xa era complexa e, ademais, desde mediados deste mes desaparece ese segundo facultativo da programación. \"Podemos entender que un médico polo ratio pode ser suficiente mais o problema que vemos é que o concello de Monfero presenta dúas características que fan inviábel ter un bo servizo con un so médico: a súa extensión e a idade das doentes\", indica. Así, percorrer a xeografía do municipio non é algo rápido e, ademais, moitas persoas son dependentes e non teñen facilidades para achegarse ao centro de saúde. En consecuencia, se só hai un doutor que sae ás visitas a domicilio, o ambulatorio queda \"sen médico e a xente citada ten que agardar a que volva\". Malia que o Sergas estipula \"o tempo dunha visita a un domicilio de 15 minutos contando o desprazamento\", cando o tamaño do concello fai imposíbel eses máximos. A xestión das reclamacións, para unha soa administrativa \"poco a poco\" \"Que pasaría se por un casual se dan dúas urxencias ao mesmo tempo?\", preguntan como problema engadido, a maiores da \"saturación mental e física\". \"Ante a avalancha de reclamacións presentadas no centro, a administrativa vendo que si se centraba en facelas segundo o protocolo non podería atender as necesidades do centro decidiu mandalas nun sobre e cal é a nosa sorpresa que llas devolveron cunha nota que dicía \"gracias, pero tienes que hacerlo poco a poco\", engade o voceiro. Esta demanda de persoal para a Atención Primaria dos concellos máis rurais ou afastados non é nova, pois Guitiriz ou A Guarda, entre outros teñen protagonizado queixas similares. Porén, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, advertía esta cuarta feira no Parlamento que a Xunta non tiña culpa de que as profesionais non quixeran ir, por exemplo, a traballar na Guarda. \"Se non o quere ninguén, será culpa nosa tamén?\", ironizou en referencia a un contrato de 60.000 euros anuais na vila."}
{"ID": "NOS_42940", "summary": "Namentres mantén unha taxa de reposición de 10% e un recorte de 14% en 'recursos humanos' nos orzamentos, coa Lei de Garantías Sanitarias o Sergas vende o sistema público aos centros concertados.", "text": "Foi en outubro de 2012 cando os hospitais privados fixeron público o seu órdago á Xunta. Polas boas, á maneira dunha oferta, a Asociación de Hospitais Privados da Galiza emitiu un informe, Sanidad Privada en Galicia: importancia y áreas de colaboración con la Administración, onde reclamaban que se estabilizasen os convenios co Sergas \"para a redución dos tempos de agarda\". Mais a focaxe non estaba colocada na mellora da atención a doentes. Por se houber algunha confusión, o propio documento aclara cal é o obxectivo: que a consellaría de Sanidade \"asegure aos nosos centros unha actividade regular predecíbel\". Quen rexeita unha operación ou consulta nun centro concertado, previa oferta do Sergas, perde o dereito aos tempos máximos. Chegad@s a este punto, cómpre achegar dous dados: que son derivad@s polo Sergas 47% d@s pacientes atendid@s nos centros Grupo Hospitalario Modelo, Instituto Médico Quirúrgico San Rafael, G.H. Quirón-USP Santa Teresa, Hospital Nuestra Señora de Fátima, Instituto Policlínico La Rosaleda, Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, Cooperativa Sanitaria de Galicia -Cosaga-, Centro Médico El Carmen, Policlínico Lucense -Polusa-, Hospital Miguel Domínguez, Povisa e Hospital Nuestra Señora de la Esperanza; e que, en total, facturan 740 millóns ao ano. Malia este volume de negocio, a Xunta claudicou perante a 'oferta' e tardou seis meses en aprobar o anteproxecto da Lei de Garantías Sanitarias. En só tres meses máis, o PP pasou o rolo da súa maioría e quitou a lei para adiante no Parlamento, en contra da vontade das forzas políticas con representación e da comunidade sanitaria. A 3 de marzo de 2014 entrou en vigor. \"FRAGA, ESTA LOSGA, NON SE TRAGA\" \"É a mesma lei que a Losga, recupera aquel texto e vulnera a Lei de Saúde da Galiza, que sinala expresamente que a privada sempre será secundaria face a pública\". Fala María Xosé Abuín, secretaria xeral da CIG-Saúde, da Lei de Ordenación Sanitaria da Galiza, aprobada en 2003 e que recibiu unha forte contestación nas rúas con lemas contra o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, por abrir as portas á privatización. E é que a lei que o PP vén de aprobar vincula o dereito á sanidade á alta na seguranza social, de tal maneira que quen non cotice será beneficiari@, mais non usuari@ de pleno dereito. \"É unha lei demagóxica porque non se pode dicir que se van garantir os tempos máximos nas listaxes de agarda cando se está a desmantelar o sistema público\", acrescenta Abuín. Namentres se estabelecen tempos de non máis de 60 días para as operacións cirúrxicas e 45 para consultas e probas diagnósticas, desde a Xunta mantéñense unhas taxas de reposición de 10 por cento do persoal e os hospitais abren só de mañá. \"Cae de caixón que se na pública non somos quen de cumprir uns obxectivos o que hai que facer é buscar as causas. Iso é o que nos venden nos cursos internos, calidade da xestión\", explica Jesús Sueiro, médico de Atención Primaria e presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria. Neste sentido, recalca que os centros hospitalarios \"poderían funcionar ás tardes cando o horario ordinario non sexa suficiente\" e quéixase, aliás, da \"excesiva mecanización na recitación de pacientes\". Defende que as patoloxías crónicas requiran atención en función das necesidades d@ doente, e non \"por sistema, dentro dun mes, dentro de seis, dentro dun ano...\", pois tal rutina \"atasca\" os hospitais con revisións que en moitos casos poderían realizarse nos centros de saúde. Con todo, Abuín pon o foco no afastamento entre sanidade e pacientes que trae canda si esta lei, ao poder dispor que as operacións se realicen fóra da área sanitaria de referencia. CALES SON AS GARANTÍAS SANITARIAS? Para alén das taxas de reposición e dos horarios dos hospitais galegos, os orzamentos da Xunta para 2014 incluíron 14 por cento menos no capítulo de recursos humanos. \"O que a consellaría está a facer con esta lei é recoñecer unha incapacidade só para contentar a cidadanía\", subliña Sueiro. O departamento que dirixe Rocío Mosquera fai pública a súa consciencia de non ser quen de respectar as listaxes de agarda e escolle o vieiro da privatización para solventar este escollo \"cando o que fai falla é repensar de arriba a abaixo o sistema sanitario público\". Unha persoa cun xoanete e diñeiro poderá operarse na privada; unha persoa cunha hernia e sen diñeiro terá que agardar na pública. Di Sueiro que a solución do Goberno galego é \"pan para hoxe e fame para mañá\" e cuestiona que se coloquen á mesma altura doenzas que non teñen a mesma gravidade: \"unha persoa cunha hernia discal require atención de maneira máis urxente que outra que ten un xoanete, que só manifestará unha certa molestia e lle apertará o zapato\". Eis onde está a trampa, a sanidade de ric@s e pobres. A lei do PP permite que @ doente co xoanete, se ten diñeiro, poida pagar a operación na privada e despois o Sergas reembolsará a factura. Pola contra, @ afectad@ pola hernia, se non ten diñeiro, terá que agardar para ser atendid@. Hai máis. Quen é chamad@ para se operar e lle ofrezan facelo na privada, de o rexeitar, \"o seu nome acabará nunha gaveta\", anticipa María Xosé Abuín. E Jesús Sueiro confirma este punto: \"un paciente meu que se negou a ir a un centro concertado perdeu o dereito dos tempos máximos. Iso é chantaxe, unha actitude case, case delitiva\". Son as \"garantías sanitarias\" que carrexa esta eufemística lei. Esta reportaxe apareceu no número 88 de Sermos Galiza, publicado o 13 de marzo de 2014."}
{"ID": "NOS_51114", "summary": "O presidente da Xunta considera que a decisión que se tomou onte no Consello Interterritorial da Saúde é \"de alto risco\" e quere que en Galiza haxa un maior control.", "text": "Na Galiza non convence a proposta acordada onte no Consello Interterritorial da Saúde. Polo menos así o manifestou hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que asegurou que as reunións de \"dez persoas achegadas\" van ser \"de alto risco\" para a expansión dos contaxios por coronavirus. Para o responsábel do Executivo galego o país debería contar cunhas medidas que supoñan ser \"máis estritos\" á hora de permitir as ceas e comidas de Nadal. Desde o seu punto de vista contar con estas recomendacións é \"mellor\" que non ter un marco para as celebracións pero o ve \"difuso\". Para o comité clínico que asesora á Xunta sobre a evolución da pandemia e para a propia Administración \"o máis seguro é non mesturar unidades convivenciais\". En calquera caso, de facelo opina que non deberían de ser máis de dous fogares os que se xuntaran. \"Nós seguimos a propoñer ser un pouco máis rigorosos coas recomendacións que se fixeron na pasada xornada\", incidiu. Por iso, seguirán recomendando \"de forma intensa\" que non queden para as festas máis de dúas unidades familiares. Feixoo sostén que da mesma forma que as crianzas son \"vectores de risco menores que os adultos\", un encontro \"de dez persoas achegadas, é dicir, coñecidas\" sería de \"alto risco\". \"Trátase da responsabilidade individual de cada persoa ou familia para non tentar á sorte\", advertiu en rolda de prensa. O responsábel insistiu: \"Aínda valorando positivamente a recomendación conxunta, eu lle diría a un galego que o máis seguro é celebrar a festa coa mesma familia coa que un celebra os días ordinarios\"."}
{"ID": "PRAZA_6376", "summary": "Feijóo defende con vehemencia ante Rajoy o plan para ilegalizar os gobernos locais de coalición. O presidente do Goberno de España eloxia á \"maioría silenciosa\" ante os seus recortes na \"apertura do curso político\", que o dirixente conservador volve situar en \"Sotomayor\".", "text": "Tres 'Sotomaior', dous 'Sotomayor', ningún Soutomaior Duplamente encastelados. Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo déronse este domingo o seu habitual baño de dirixentes do seu partido para escenificar o que se vén dando en chamar \"apertura do curso político\". Fixérono, como vén acontecendo dende a desaparición das romarías populares do Monte Faro ou do Monte do Gozo, ao pé do Castelo de Soutomaior, desta volta para poñer o acento en dúas ideas forza: a recuperación económica xa está aquí e quen o nega faino por partidismo e a reforma electoral executarase caia quen caia. A segunda idea, a da ruptura unilateral da baralla electoral, foi axitada con máis contundencia por Feijóo que polo propio Rajoy: \"Contra un PP unido non hai forza política que nos pare\", proclamou o líder da dereita galega para resumir a axenda dos vindeiros meses. Mentres ultima o recorte ao Parlamento de Galicia, tan unilateral como a reforma de Rajoy, Feijóo reivindícase como pai da idea de ilegalizar os gobernos locais de coalición, a cal leva defendendo \"dende que é presidente do partido\". Ademais, asegura, co seu plan o PP \"non inventa nada\", porque \"a proposta do Goberno ten precedentes no programa electoral do PSOE de 2004\", asegura, obviando que aquel documento propuña un sistema de dobre volta avalada polo consenso entre os partidos. \"Espero que ninguén se desdiga\", reta, para \"convidar\" os \"partidos da oposición\" a que \"se esforcen menos en rebelarse contra algo tan democrático como é que quen gañe, goberne\" e se \"esforcen algo máis en gañar a confianza maioritaria dos cidadáns\". O presidente da Xunta defende a reforma electoral de Rajoy como un \"principio democrático sólido, básico\" Feijóo presenta a conversión do 40% dos votos en maioría absoluta como un \"principio democrático sólido, básico\" e o PP galego no seu conxunto alenta a Rajoy para que non dea marcha atrás asegurando que se comprometen a non gobernar en ningún concello no que non sexan a lista máis votada. \"Por suposto, abrimos e imos continuar abrindo un debate sobre a necesidade de establecer a posibilidade de fortalecer o vínculo democrático a nivel local mediante a elección directa de alcaldes\", asegurou Rajoy, máis centrado no discurso económico. \"Imos falar\", di, \"e quen non o queira faer, que llo explique ao conxunto dos cidadáns\". De realizarse, a súa aposta é ter a lei electoral reformada en decembro, cando resten apenas cinco meses para os comicios. Eloxios a Rajoy e á \"maioría silenciosa\" Como vén acontecendo ao longo do verán o acto de Soutomaior converteuse tamén en toda unha cerimonia de eloxios dos dirixentes do PP galego a Mariano Rajoy, a quen Feijóo considera que é \"xusto\" agradecerlle a súa \"actitude dialogante con Galicia\". O Goberno de España, afirma o presidente da Xunta, é \"consciente e consecuente\" e \"sempre ten en conta o que se lle di dende Galicia\", tamén para os sector naval, xa que \"hoxe están a construírse os dous floteis e hai novos pedidos militares\", di, obviando o malestar en Ferrolterra polo veto ao dique flotante de Navantia. \"Sobran palabras porque falan os feitos\", gaba Feijóo, quen asegura que o seu partido non se dedica a \"desmontar as provocacións do fanfarrón de turno\" porque \" a cidadanía non reclama un Goberno respondón, senón un Goberno responsable\". Feijóo di botar en falta o \"PSOE de Felipe González\" Mentres Feijóo bota en falta \"o PSOE de Felipe González\" e reivindica o apoio de Galicia como \"nacionalidade histórica\" á \"unidade de España\" Rajoy aproveitou o seu discurso para lanzar agradecementos noutra dirección, o da \"maioría silenciosa de españois, que son moitos, moitos máis dos que pensan algúns\", abstracto colectivo que \"entendeu as decisións qeu tivemos que tomar; que as entenderon, que as comprenderon e que hoxe se decatan de que tiñan o seu sentido\". \"España é unha democracia avanzada e, senón, comparen\", retou."}
{"ID": "NOS_55152", "summary": "O lehendakeri vasco Iñigo Urkullu convocou as eleccións para o próximo domingo 12 de xullo. Defende que a data que máis garantías ofrece pero recoñeceu que cabe a posibilidade de volver suspendelas. A maioría da oposición critica que o PNV priorice o confronto electoral á loita contra o coronavirus.", "text": "Iniciaba a segunda feira, 18 de maio, cunha convocatoria do Consello do Goberno vasco para as 13 horas. Remataba así a incertidume sobre cando votaría a sociedade vasca, pois esa reunión de urxencia do Executivo deixaba claro que a data escollida polo lehendakari Iñigo Urkullu non era outra que o vindeiro domingo 12 de xullo. O mandatario vasco comparecía finalmente cara ao medio día na sede da Lehendakaritza para desvelar a súa decisión final. Anunciaba así a data dos comicios e daba a coñecer que procedía a asinar o decreto de eleccións que na terza feira precisamente publicará o Boletín Oficial do País Vasco. \"Os comicios vanse realizar con todas as garantías para as persoas\", aseverou Urkullu, ao tempo que describiu a situación sanitaria actual como \"significativamente mellor\", en comparación a cando se declarou a emerxencia sanitaria, o pasado 13 de marzo. Porén, en Euskadi, e pese a estaren na fase inicial do desconfinamento, nin tan sequera poden grupos de persoas reunirse en domicilios. A pesar desta situación, para que as eleccións vaian para adiante, e alén de que se manteña o estado de alarma, cumpriría deixar sen efecto a declaración de situación de emerxencia sanitaria decretada polo Goberno vasco en marzo. O acordo asinado para a suspensión dos comicios do 5 de abril recollía precisamente que para volver convocar non podía haber emerxencia sanitaria. Precisamente hoxe Euskadi pasa da fase de emerxencia á de vixilancia sanitaria. O propio Urkullu afirmou que se atopan \"nunha nova etapa de vixilancia e control\". A duración da campaña podería reducirse a unha semana, mais o lehendakari deixou esta decisión en mas dos partidos vascos. O presidente vasco afirmou que se manterá aberto a suspender a cita coas urnas por segunda vez se for necesario en función da situación sanitaria. Mais, nese caso, xa sinalou que as urnas ficarían para o mes de setembro ou mesmo de outubro. A maioría da oposición, mesmo o PP, critica a decisión de Urkullu A segunda forza por detrás do PNV, EH Bildu (18 escanos), está en contra de votar o 12 de xullo, pois defende que a prioridade sexa a loita contra o virus, previr o contaxio e facer fronte á crise económica, en lugar da pugna electoral. Coincide nos argumentos con Elkarrekin-Podemos, terceira forza con 11 actas. Mesmo o candidato de Cs+PP (9 escanos), Carlos Iturgáiz, criticou nunha entrevista radiofónica o adianto electoral sinalando que se debía a intereses electoralistas de Urkullu. \"O PNV propuxo as eleccións en xullo porque estamos vendo o que acontece co partido. Ese mito da súa boa xestión estase a esborrallar\", dixo. Idoia Mendia, candidata do PSE-PSOE (9 escanos), que partilla o Executivo co PNV, amosouse preparada para a cita electoral e sinalou que \"máis que nunca Euskadi necesita un Goberno forte e estábel\"."}
{"ID": "NOS_44278", "summary": "A dirección do grupo reuniuse en Madrid coa representación social. O pacto de investimentos que publicita Ferroatlántica é de 55 millóns de euros. A venda das centrais reportaríalle 600 millóns", "text": "A dirección de Ferroatlántica reuniuse en Madrid coa representación social. A segunda xuntanza que ten após a realizada o pasado 28 de outubro, cando saltara a nova de que Villar Mir quería vender as centrais hidroeléctricas. Foron dous meses, como teñen recoñecido desde o comité de empresa, de se enterar das novidades pola prensa. Na reunión desta terza feira, e segundo un comunicado dos representantes da CIG presentes na mesma, viviuse un 'déjà vu'. A empresa, afirman, \"soltou o discurso do plan industrial co que vén facendo propaganda nos medios de comunicacións dende hai un mes e que, a forza de repetir, pretende que os traballadores acepten\". Para a central nacionalista, esas propostas publicitadas desde a empresa (a factoría de silicio solar e a planta de carbón vexetal) poñen en cuestión as factorías de Cee e Dumbría e os seus postos de traballo na Costa da Morte. Tamén indican que dos datos achegados pola empresa nesa xuntanza pódese deducir que a venda das centrais hidroeléctricas reportaríalle uns beneficios de entre 500 e 600 millóns de euros. Porén, explica o sindicato, o pacote de investimentos que o grupo anuncia para 2017-21 non superaría os 55 millóns de euros. \"Esta disparidade non pode menos que confirmar que estamos ante unha operación especulativa por parte do Grupo Villar Mir, para resolver os problemas financeiros das empresas do grupo relacionadas coa construción\", considera a CIG. Para a central, as propostas do grupo máis que un plan industrial son un plan de \"reconversión e desmantelamento\". \"Calquera proxecto que supoña a creación de postos de traballo é benvido, pero o plan industrial prometido por Ferroatlántica non pode ser sobre a base de vender as centrais hidroeléctricas, que significa[...] na práctica facer deste plan industrial un verdadeiro plan de reconversión e desmantelamento das fábricas"}
{"ID": "PRAZA_11152", "summary": "É aceptábel preguntarse se este ocaso, tan real, tan concreto, ten vínculo coas outras crises, a ecolóxica, a demográfica, a humanista, a bélica, a nuclear, a da inviabilidade do propio capitalismo, desquiciado e autodestrutivo, que parece a piques de colapsar e de levarnos por diante", "text": "Se a pornografía é machista, violenta e brutal e xera o modelo, pois algo terá que ver coa violencia machista. Non é necesario chamar a Althusser para deducir isto. Pero o feminismo mira para outro lado, con algunhas excepcións, naturalmente. Non se toca, ou lóase, porque o lúdico, ao ter aparencia liberadora, na nosa civilización considérase que é sempre liberador e a pornografía forma parte do lúdico. Como o liberador é inatacábel, a pornografía non se combate. O individualismo feroz e a produción capitalista brincan entón por riba do discurso coherente.(Unha parábola sobre moralismo e para moralistas:O actual director xeral de tráfico é magnífico; reduciu de xeito espectacular o número de mortes nas estradas. Tomou medidas moi duras contra os temerarios.A garda civil de tráfico sancionou ao director xeral de tráfico durante o seu primeiro período no cargo, por exceder a velocidade de maneira temeraria. Esa conduta individual é rexeitábel pero non mingua a súa autoridade nos asuntos da súa competencia profesional. Para resolver o problema das mortes na estrada necesítase quen saiba organizar e logralo, non monxes que comulguen espiritualmente con nada. Pasa o mesmo cando a pneumóloga é boa e fuma.Isto é serio. Parece que en certos asuntos a inhibición persoal e até colectiva, depende da conduta particular de quen debe formular iniciativas. Pero nunha sociedade libre, cadaquén fai coa súa vida privada o que lle peta, sempre que non delinca, claro está). Búscase refuxio na escola e ultimamente tamén se culpa da traxedia ao \"amor romántico\". Divúlgase esta idea, vulgarízase. E arguméntase así:O amante ve na amada un compendio de virtudes que non existe; esaxera, divinízaa, perde a cabeza. Idealizar é irracional e trae malas consecuencias. O arrebato, a desproporción do sentimento, o idilio, o non ter medida, pode levar á traxedia, aos malos tratos e ao crime. Volverse tolo por alguén, era unha marabilla pracenteira e dolorosa que até agora nos gustaba a todos e a todas, polo menos en Occidente. Era necesario mergullarse ser atrapado por el algunha vez, como se a vida estivese incompleta sen esa experiencia. Mergullarse nunha paixón, afogarse no padecemento (que iso quere dicir paixón), era a froita máis deliciosa da existencia. E de súpeto...! deixa de selo porque ten consecuencias negativas, ofende, agride, mata. E ademais para rematala, é unha falsidade, porque se idealizan as virtudes atribuídas ao outro ou á outra. Para nada serviría replicar que non todos os que enlouquecen de amor matan, igual que non todos os que conducen atropelan. Porque esta chamada á moderación é tan confusa como contraditoria, e por suposto, antagónica coa mentalidade das que o propoñen. Morrerían de tedio se pola causa que for, se producise un revulsivo contrario á paixón, ao pracer sen límites, á superación de marcas, contrario á novidade compulsiva, que debe ser sempre extraordinaria. Se alguén lles propuxera, a todos e todas, o \"Nada en exceso\" que estaba gravado no dintel do Oráculo de Delfos, dáballes un cachucho que non volvían máis en si. De reacción neoclásica ou de algo parecido contra o amor romántico, nada. Chama a atención que haxa mulleres de ideoloxía nacionalista opostas ao amor romántico (coa vehemencia romántica de sempre) xa que a arquitectura política que comparten, a concepción estética, a idea que teñen da nación, infórmanse esencialmente no romanticismo. A posmodernidade é iso, a aceptación do mundo fragmentario. O único que posúe firmeza en todo isto é o trunfo do individualismo, cada vez máis feroz. Nunhas xornadas celebradas en Galicia en 2009, fixeron unha presentación que negaba a posibilidade da confianza mutua da parella e concluía que a maneira de defenderse contra esa lacra era impoñendo con crueza a presenza de cada un, memorizando os dereitos, desenfundándoos. O amor era, nese texto, unha ilusión criada nos palacios provenzais da Idade Media, que debe ser destruída.O poeta Lucrecio falaba dos excesos amorosos, da loucura do amor, xa antes de nacer Cristo. Confunden pois o amor coa súa ritualización provenzal e queren poñerlle portas ao campo, porque o colgue amoroso, a loucura de amor, ten máis que ver coa química, é unha constante da existencia humana. En Occitania aparece o amor, non como un delirio individual, ou un extravío, senón como un ideal de vida superior. O rito occitano florece precisamente porque a muller daquelas terras conquista novos dereitos. É aceptábel preguntarse se este ocaso, tan real, tan concreto, ten vínculo coas outras crises, a ecolóxica, a demográfica, a humanista, a bélica, a nuclear, a da inviabilidade do propio capitalismo, desquiciado e autodestrutivo, que parece a piques de colapsar e de levarnos por dianteA praia na que agora se quere desembarcar, cando se abandone o chamado amor romántico, é a dos éxitos particulares, a compartir relativa e desconfiadamente, a do turboconsumismo. Unha aparencia de cambio por diante, que alegremente se demanda, sen nada positivamente transformador por detrás. Esaxerando algo: A monetarización do sentimento. Non sempre con consciencia, claro está, só que as cousas flúen e a imitación pasiva funciona. Esa factoría de conciencia ten o seu xerador de forza motriz nos EEUU. As televisións divúlgano ben, en mil lugares. A víbora e o tubarón da serie House of cards, Claire e Frank, por exemplo, funcionan como dous países aliados e limítrofes, di unha crítica en Internet.Sen esaxerar case nada: unha relación adaptada a este tempo, cuxo valor supremo é a competencia durísima. Incorpórase o novo individualismo ao máis íntimo. Igual as xeracións novas xa traen ese software instalado. Por aí debe ir a cousa, porque é difícil que sigan os pasos marcados por San Tomás de Aquino, un relixioso do S. XII: \"O amor ten sempre unha dupla dimensión: unha o ben que se quere para alguén; outra, aquel para quen se quere o ben. Pois nisto consiste propiamente amar a alguén: querer para el o ben. Se alguén ama a outro está querendo o ben para ese outro, e, consecuentemente trátao como se for el mesmo... Neste senso o amor é chamado forza de fusión, porque se funde con outro considerándoo como se for el mesmo\".Octavio Paz cre que o ocaso da nosa imaxe do amor (esa provenzal e romántica) sería unha catástrofe maior que o derrubamento dos nosos sistemas económicos e políticos, sería a fin da nosa civilización, ou sexa da nosa maneira de vivir e sentir. Igual é aí onde estamos. Hai síntomas en todos os ámbitos. É aceptábel preguntarse se este ocaso, tan real, tan concreto, ten vínculo coas outras crises, a ecolóxica, a demográfica, a humanista, a bélica, a nuclear, a da inviabilidade do propio capitalismo, desquiciado e autodestrutivo, que parece a piques de colapsar e de levarnos por diante."}
{"ID": "NOS_26213", "summary": "Alertan de que se están a realizar \"preparativos\" en segundas vivendas.", "text": "\"Non intenten vir porque non van poder entrar\". Eis a mensaxe coa que o alcalde do Grove, José Cacabelos (PSOE), en declaracións a Nós Diario, quere evitar a chegada de persoas de fóra que teñen no Grove unha segunda vivenda e que están pensando trasladarse a ela con motivo da Semana Santa. Concellos da costa galega como o do Grove recibiron estes días avisos veciñais alertando de que inmóbeis vacacionais están a ser preparados polos seus coidadores para recibir os donos, razón pola que algúns Gobernos municipais xa demandaron ás forzas policiais aumentar os controis de acceso. De feito, o alcalde do Grove vén de pedir á Garda Civil que esta fin de semana incremente a vixilancia nas entradas ao seu concello para evitar a chegada de xente foránea. \"Non queremos turismo bacteriolóxico, que queden nas súas casas\", di Sandra Fernández Ante a alarma, desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) solicitouse tamén á Delegación do Goberno central na Galiza que se \"reforcen os operativos\". En Sanxenxo tamén están a ver como \"preparan segundas residencias. Persoas que coidan destes inmóbeis durante o ano están a acudir a eles para abrir ventás, arranxar patios… Veciñas da Lanzada están a alertar destes movementos\", sinala a Nós Diario a portavoz municipal do BNG en Sanxenxo, Sandra Fernández. \"Non queremos turismo bacteriolóxico, que queden nas súas casas\", di a edila, ao tempo que reclama \"blindar Sanxenxo\". Nós Diario dirixiuse ao alcalde desta vila, Telmo Martín (PP), para coñecer que medidas hai de cara á Semana Santa, ao ser Sanxenxo un dos concellos galegos con maior número de vivendas de recreo. Desde a Alcaldía remitiuse un comunicado en que o rexedor afirma que \"os controis se intensificaron desde hai dez días\". Na nota, Martín salienta o seu convecemento en que \"non hai ningunha posibilidade de que ninguén se poida desprazar desde os seus respectivos destinos a outras cidades tanto polas medidas de control como porque 99% dos españois son responsábeis\". A Mariña é outro dos concellos onde persoas de distintos puntos do Estado español teñen segundas vivendas. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida (BNG), pide a través de Nós Diario que se reforcen os controis tanto nos accesos de entrada como nos de saída. Ermida sinala ademais que en localidades como Barreiros, \"onde non temos policía local, a capacidade de impedir a chegada destas persoas non pode recaer nos municipios, polo que blindar Galiza é moi necesario\". Precisamente sobre a previsión de blindar Galiza na Semana Santa preguntou Nós Diario onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo. O mandatario puxo a pelota no tellado do Goberno estatal, afirmando que \"Galiza debería estar xa blindada desde o 15 de marzo\". Con todo, Feixoo non demandou en ningún momento o feche da Galiza, como si fixeron outros presidentes cos seus territorios, como o catalán Quim Torra (Junts) mais tamén o seu homólogo en Murcia e compañeiro de filas no PP, Fernando López Miras. Tanto a alcaldesa de Barreiros como o do Grove agardan que non se reproduza a afluencia de visitantes de Madrid que se deu na primeira fin de semana da emerxencia sanitaria e na ponte do Día do Pai, o pasado 19 de marzo. Interceptan un coche cheo de maletas que viña de Madrid A Garda Civil parou onte en Begonte, na Terra Chá, a condutora dun vehículo que, repleto de maletas, se dirixía á costa galega desde o centro da península pola A-6. A patrulla estaba controlando os accesos no sentido da vía que leva cara a Madrid, mais ao veren que o automóbil circulaba en dirección A Coruña e que estaba cheo de bolsas de equipaxe, os gardas cambiaron de sentido e procederon a interceptalo. Salvo o espazo reservado para a condutora, que viaxaba soa, todo o interior do vehículo se atopaba cheo de bolsas, mochilas e maletas, o que supón un risco para a circulación. Así, a muller foi denunciada tanto por incumprir a restrición de illamento e movemento no estado de alarma como por infrinxir as regras de tráfico. A condutora adquirira o vehículo coa finalidade de realizar o desprazamento á costa galega."}
{"ID": "PRAZA_16015", "summary": "O 5 de xaneiro facía 80 anos o cidadá Juan Carlos Borbón, máis coñecido como Juan Carlos I ou Rei Emérito. Moita atención porque estamos ante o inicio dunha nova campaña, perfectamente orquestrada, para que Juan Carlos recobre prestixio social e consolidar así a monarquía borbónica.", "text": "O 5 de xaneiro facía 80 anos o cidadá Juan Carlos Borbón, máis coñecido como Juan Carlos I ou Rei Emérito. Moita atención porque estamos ante o inicio dunha nova campaña, perfectamente orquestrada, para que Juan Carlos recobre prestixio social e consolidar así a monarquía borbónica. Despois da celebración do cumpreanos con máis de 70 invitados, Felipe VI e o Emérito protagonizaban o 6 de xaneiro a Pascua Militar. É difícil atopar tanta unanimidade en medios de comunicación, editoriais, reportaxes, artigos de opinión etc sobre a figura de Juan Carlos, así que vou dar dúas versións para que a cidadanía teña varios elementos de xuízo. A primeira corresponde ao publicado nos medios estes días e a segunda son verdades, bastantes silenciadas, que ampliarei nos próximos meses coa publicación dun novo libro. Versión A 1. Figura clave de la Transición y la democracia española, que ha situado a nuestro país en la senda de la prosperidad (Mariano Rajoy). 2. Marcó el camino hacia la paz, la democracia y la libertad que pedían los españoles. Su reinado será recordado como uno de los más relevantes en la Historia de España (José María Aznar). 3. Astuto, intuitivo, valiente y popular. 4. Reinado fructífero. 5. Una vida al servicio de España. 6. El hombre que restauró la Monarquía tras un paréntesis de 44 años, que trajo la democracia tras casi cuatro décadas de dictadura. 7. Puso en marcha la maquinaria del cambio tras la muerte de Franco. 8. La intervención del Rey fue clave para desactivar el golpe militar de 1981. Versión B 1. Foi elixido polo ditador Franco como o seu sucesor en 1969.. 2. Xurou fidelidade ao Caudillo e ás leis da ditadura: \"Sí, juro lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y fidelidad a los Principios del Movimiento Nacional y demás Leyes Fundamentales del Reino\". 3. No seu discurso ante as Cortes o 23 de xullo de 1969, Juan Carlos aceptaba a lexitimidade da ditadura, resultado da sublevación militar e fascista, que xustificaba así: \"Quiero expresar en primer lugar que recibo de Su Excelencia el Jefe del Estado y Generalísimo Franco, la legitimidad política surgida del 18 e julio de 1936, en medio de tantos sacrificios, de tantos sufrimientos, tristes, pero necesarios, para que nuestra patria encauzase de nuevo su destino\". 4. Sempre manifestou que tiña un gran afecto e admiración polo ditador: \"El general Franco es verdaderamente una figura decisiva, histórica y políticamente para España. Supo resolver nuestra crisis de 1936. Desempeñó un papel político para sacarnos de la Segunda Guerra Mundial. En los últimos treinta años, ha echado las bases del desarrollo. Para mí, es un ejemplo vivo, por su dedicación patriótica diaria al servicio de España. Le tengo un gran afecto y una gran admiración\" 5.Estaba con Franco na praza de Oriente nas grandes concentracións de apoio á ditadura. 6. Durante os anos como Príncipe de Asturias dedicouse a vivir ben e non se coñece ningunha actividade para conseguir a democracia. 7. O rei Juan Carlos, o mesmo que Franco, concedeu distincións e títulos nobiliarios a fascistas, golpistas e criminais, que aínda conservan. 8. Dous días despois da morte de Franco define a ditadura como unha \"gloriosa etapa histórica\" no Decrero-lei que concede a Carmen Polo, esposa do ditador, o título de Señorío de Meirás, con Grandeza de España. Tamén concede a Carmen Franco, filla do ditador, o Ducado de Franco, \"en atención a las excepcionales circunstancias y merecimientos que en ella concurren\". 9. É tan grande o agradecemento de Felipe VI e Juan Carlos I a Franco, que nunca condenaron a ditadura criminal que este presidiu durante case 40 anos. 10. O rei Juan Carlos foi o inspirador do golpe de Estado do 23 F, coa implicación dos servizos de intelixencia e do comandante José Luis Cortina, compañeiro de promoción de Juan Carlos, ex–dirixente do CESID, que estivo once veces na Zarzuela no mes de febreiro de 1981, e o 19 de febreiro tivo unha reunión con Tejero para concretar a operación. 11. Despois do fracaso do 23F, continuou mostrando simpatía polos golpistas, como recollía un informe de Lothan Lahn, embaixador de Alemaña en España, dando conta dunha conversa con Juan Carlos pouco despois do 23F: \"Non mostrou nin repulsa, nin indignación; aínda máis, mostrou comprensión, cando non simpatía\". 12. Defendeu aos golpistas. Dous días despois do asalto ao Congreso, o rei recibe aos líderes dos partidos políticos e manifestaba: \"Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas\". 13. Reconverteron o golpe de Estado nun \"éxito\" político para a monarquía e reforzaron a imaxe do rei. 14. A historia oficial do 23F é un conto de fadas. 15. Eu non votei a ningún rei. 16. Na Santa Transición Monárquica non se convocou nunca un referendo sobre a forma de Estado porque a maioría estaba pola República. 17. Juan Carlos era o \"xefe\" da trama corrupta do Instituto Nóos, segundo manifestou o propio Iñaki Urdangarín. 18. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar. 19. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas con amantes é moi difícil saber historicamente quen é o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. 20. Nos seus anos de xuventude, Juan Carlos alternaba as relacións sexuais entre a nobreza e os prostíbulos. Antes e despois de casar con Sofía de Grecia tivo numerosas amantes: Gabriela de Saboya; a condesa Olghina Nicolis di Robilant (desa relación nacería en 1958 Paola Nicolis di Robilant, que sería a primoxénita de Juan Carlos); María Basch Ramon; Liliane Sartiau; Sandra Mozarowski, actriz de 18 anos, arroxada polo balcón do seu piso e que falecía despois de dúas semanas en coma; Marta Gayá; Roswitha Bertasha Smid Honczar, coñecida artisticamente como Nadiuska; María Margarita García García, coñecida como Bárbara Rey, tiña numerosas fotografías e películas das súas relacións co monarca, que utilizou para conseguir bos contratos en televisión española e millóns de euros a cambio do silencio. 21. A princesa Corinna zu Sayn-Wittgenstein, \"amiga entrañable\" do rei, viviu durante varios anos na casa forestal La Angorrilla, próxima ao palacio da Zarzuela, reformada a conta de Patrimonio Nacional. Por outra parte, o Sindicato Unificado de Policía difundía que a citada princesa tivo escolta. Tiña negocios con Juan Carlos e declaraba que \"me han pagado algunas empresas privadas que querían expandirse globalmente\". Corinna conseguiu unha gran fortuna durante os dez anos que viviu aquí e abandonaba España en 2013, previo pago de 30 millóns de euros polos \"servizos prestados\" e polo seu silencio. 22. Temos unha monarquía borbónica corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios e que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. 23. O rei Juan Carlos fixo unha gran fortuna, que The New York Times cifraba en 1.800 millóns de euros. 24. Sempre defendeu os intereses das forzas políticas conservadoras e por iso despois da primeiras eleccións democrática de 1977 pediu 10 millóns de dólares para UCD ao Xa de Persia, nunha carta que enviaba o 22 de xuño de 1977 e que comezaba así: \"Querido hermano\". 25. Abdicou no seu fillo Felipe para preservar a monarquía e perpetuar o dominio do gran capital e das forzas da dereita. 26. Tivo e ten amizades perigosas. Metido en diversos negocios, Juan Carlos cobraba comisións, a través de Manuel Prado y Colón de Carvajal, polo petróleo que mercaba España. Algunhas das súas amizades empresariais pasaron polo cárcere como Javier de la Rocha, José María Ruiz Mateos ou Mario Conde. 27. Foi denunciado pola súa implicación no roubo da colección de arte do duque de Hernani. 28. Concedeu 56 condecoracións entre 1976 e 1983 a integrantes da Xunta Militar e altos mandos do exército da ditadura arxentina do xeneral Videla, responsábel do secuestro, tortura e asasinato de 30.000 persoas. 29. O CESID e o Congreso secuestran información comprometedora sobre o monarca. 30. A monarquía está blindada informativamente e hai numerosas sancións por \"inxurias contra a Coroa\". 31. O coronel Amadeo Martínez Inglés, enviaba un escrito ao xuíz do Xulgado Central de Instrución número dous da Audiencia Nacional o 5 e novembro de 2012 con graves acusacións contra Juan Carlos I polos presuntos delitos de golpismo de Estado, terrorismo de Estado, malversación de caudais públicos etc. Entre os \"Documentos a interesar de entes, instituciones u organismos del Estado\", solicitaba ao ministerio de Defensa, entre outros, \"Documentos audiovisuales sobre las salidas extramaritales del rey de España (DIEME, División de Iteligtencia del Estado Mayor del Ajército, años 1984-1996)\". Este coronel foi condenado en marzo de 2013 a unha multa de 6.480 euros por inxurias graves contra a Coroa. 32. Juan Carlos e os borbóns viven como dios. O Rei recibe 7,8 millóns de euros dos Orzamentos do Estado para o sustento da súa Familia e Casa. Pero o gasto anual da Casa Real é moito maior. Así, en 2011 foi de 561 millóns de euros, estando aquí incluídos, entre outros, 80 millóns para o rexemento da Garda Real; 110 millóns para o Grupo de Forzas Aéreas; 28 millóns para o Parque Móbil, con 300 vehículos adscritos á Casa Real etc. 33. O Emérito recibe anualmente case 200.000 euros dos Orzamentos Xerais do Estado de 2016 para viaxes, asistencia a carreiras de Fórmula 1, navegar e outras actividades recreativas. Como entre o 1 de xaneiro de 2015 até marzo de 2017 participou en 44 actos ou viaxes oficiais, percibindo case 400.000 euros, sae a 9.000 euros por acto, que non está nada mal como dieta. 34. E para rematar, esta definición que facía o cantautor Luis Pastor do Emérito: \"Juan Carlos es un pelele, un prisionero de Franco. Un niño sacado de Estoril y educado bajo las faldas del dictador para quitarle la corona a su padre y restaurar la monarquía en España\" (público.es, 14-12-2017). Pastor engadía: \"Si me quieren llevar a juicio, que lo hagan\"."}
{"ID": "NOS_45825", "summary": "Arrinca a segunda fase da \"Iniciativa Xabarín\"", "text": "Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística e de entidades culturais e educativas presentaron en Compostela a campaña 'Queremos galego no audiovisua'l, coa que arrinca a segunda fase da \"Iniciativa Xabarín\" para conseguir que se garanta unha presenza equitativa do galego no proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual que está a se elaborado no Estado e que se presentará nos próximos meses. A Iniciativa Xabarín, refrendada con máis de 33.000 sinaturas e co acordo unánime do Parlamento galego, exixía -ademais de aumentar a programación infantil de calidade nas canles da CRTVG- garantir o acceso a todos os contidos audiovisuais en liña con opción dobrada e lexendada, así como informacións e audiodescricións en galego. Neste sentido, ademais de promover os acordos do Parlamento galego coas produtoras e distribuidoras de contidos, a Inicativa Xabarín instaba a que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual \"recoñecese a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe, e audiodescricións nas canles e plataformas lineais ou baixo demanda\". Marcos Maceira recorda que dos 25.872 títulos dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. A Mesa enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións solicitando o recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico; o estabelecemento dunha porcentaxe idéntica ao castelán nos contidos mínimos en galego e nas outras linguas cooficiais tanto para televisión como plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video e mais no deber de financiamento antecipado a obra audiovisual europea; a incorporación do galego e das outras linguas cooficiais nos subtítulos, dobraxes e audiodescripcións, nos mesmos contidos que o castelán; a consideración da lingua galega como contido de interese xeral en audio ou texto escrito (dobraxe, subtítulos, audidescricións); que webs e outras interfaces de comunicación dixital coa persoa usuaria ou cliente incorporen as linguas oficiais; e asegurar o cumprimento do artigo 42 da Iniciativa Xabarín, que permita a reciprocidade con Portugal a través do estabelecimento de dúas canles múltiplex para Galiza. En relación á demanda de dobraxe e lexedanxe por parte de TVE, tamén incluída na Iniciativa Xabarín, a Mesa pola Normalización dirixiuse en tres ocasións tanto á dirección deRTVE para informalos do desenvolvemento da campaña e para solicitar un encontro onde concretar a proposta da Mesa e do Parlamento galego. A dirección estatal de TVE non deu nengunha resposta. \"Comezamos a segunda fase da Iniciativa Xabarín para levantar de vez o bloqueo á presenza do galego no audiovisual\", di Maceira O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que dos 25.872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. \"Pode resistir un idioma nestas condicións?\", pregunta Maceira. \"Comezamos a segunda fase da Iniciativa Xabarín para levantar de vez o bloqueo á presenza do galego no audiovisual\", indica, \"como país non podemos perder esta oportunidade que, ademais, tería un beneficio directo na economía galega, nomeadamente no sector cultural\"."}
{"ID": "NOS_19543", "summary": "As miñotas foron as últimas terras galegas en ser sometidas. En Tui entraron o 26 de xullo. No mediodía do 28 na Guarda. A resistencia foi produto da fortaleza da Fronte Popular e, na miña opinión, da capacidade e fraternidade dos dirixentes. No labor de tecer complicidades cómpre resaltar o núcleo inicial galeguista (A. Ríos, D. Calzado e Paquiño de Figueiró) que souberon dialogar cos agraristas tomiñeses, cos obreiristas guardeses, adscritos á CNT, e coa mocidade cultivada de Tui. Ao enfiado desde o novelo á urdidoira axudaron o cenetista Gumersindo, republicanos como Diz Jurado e Álvarez Limeses, socialistas como H. Losada, e salientaron dous semanarios: o tudense La Tribuna, dirixido por Guillermo Vicente, e o guardés El Nuevo Heraldo de J. Noia.", "text": "Tres cabaleiros Conta Alonso Ríos que cando lle ordenaron, en conversa telefónica, ao capitán de carabineiros, logo fusilado, Marcelino Rodríguez Blanco que sublevase a guarnición e se apoderase da cidade, este solicitou ao comunicante que se identificase. Respondéronlle: \"Le habla un caballero español\". Estes cabaleiros dirixiron e practicaron a caza de coellos e raposos. A tres destes últimos (Ríos, Noia e Vicente) chegáronlle a pór prezo: 50.000 pts, vivos ou mortos. Dous lograron sobrevivir, o ex alcalde de Tui faleceu na tobeira. Enrabechados polos raposos fuxidos os cabaleiros descargaron lume e furia sobre as xentes miñotas. Un deles foi José Peñarredonda Fernández (1893-1961). Graduado en Toledo en 1911, afíxose ao tacto viscoso do sangue en Marrocos. Na Lexión estranxeira ascendeu a capitán. Ferido de gravidade no rostro, ficoulle unha evidente cicatriz; poderíaselle aplicar o dito unamuniano, en resposta a M. Astray, sobre que un mutilado carente de grandeza espiritual \"es de esperar que encuentre un terrible alivio viendo como se multiplican los mutilados a su alrededor\". Retirado pola reforma de Azaña, regresou a Tui. En abril de 1936 foi detido xunto a \"outros fascistas\" por, segundo A. Piña, intentar roubar a punta de pistola as actas das eleccións. Segundo Darío Á. Blázquez, tamén o detiveron nos días en que a cidade permaneceu baixo a legalidade republicana. Da cadea saíu para a alcaldía. Na breve estancia á fronte da mesma, até o 26 de outubro de 1936, suprimiu a festividade dos mártires de Sobredo e construíu a mitoloxía tudense de Calvo Sotelo. Actuou como un miserábel ao acusar a Vicente, último alcalde republicano, de roubar 400 pts ou ao cubrir os postos como médicos municipais de Diz Jurado e Álvarez Limeses, cando ambos estaban presos e sen xulgar. Despois serían fusilados. A patria chamábao a máis altos deberes. Nun discurso radiado dirixiuse aos que non se decataban de que aquilo non era un vulgar golpe de estado senón unha loita a vida ou morte \"entre las fuerzas nacionales y el marxismo\". Da súa xestora municipal formaban parte Pablo Bugarín Domínguez, Juan Martín Alonso, Manuel García Lastra, Raimundo Tapia Seoane e Manuel Cordovés Millet. Este último, alcalde no bienio negro, será quen o substitúa. Polo cargo pasaran Tapia Seoane, Rosendo Bugarín, José Jurado Romero e o irmán de Peñarredonda, Ramón.Dominarán durante décadas a vida tudense. Estás a ler parte do texto dun dos últimos capítulos do coleccionábel 'Os nomes do terror'. Podes continuar coñecendo a historia da Galiza no Nós Diario que agarda nos quiosques e na nosa tenda online para a súa lectura na nube. Non o penses máis e pide a túa subscrición xa!"}
{"ID": "NOS_10756", "summary": "O sábado, día 15 de maio, a XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá a súas portas para que toda aquela persoa que queira se achegue a descubrir os Xardíns da Poesía.", "text": "O sábado 15 de maio ás 19 horas abre a XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que nesta ocasión está dedicado á poesía. Trátase dun espazo para pasear e gozar. Un proxecto único que ofrece desfrutar dun espazo recuperado para o uso público na marxe dereita do río Arnoia. O concurso, coa temática \"Xardíns da Poesía\", conta con propostas que recrean, en cada parcela, o espírito dunha poeta ou a atmosfera dun movemento poético. Desta maneira, cada xardín consistirá nun espazo dedicado ás obras literarias que permitirá unir arte, cultura e paisaxismo. Trátase dun proxecto que contribúe ao achegamento das flores, plantas e da arte ao espazo urbano e, de xeito simultáneo, á conservación e á posta en valor do medio rural. Aspectos coherentes co recoñecemento da área de Allariz como Reserva da Biosfera da Unesco. Tres hectáreas destinadas a gozar A xornalista Mar Gil, especialista no festival internacional, explica que se trata de 37.700 m2 de auga, sons, cores e vexetación. Tres hectáreas de natureza nunha iniciativa pioneira na península, xunto ao portugués de Ponte da Lima. Un crebacabezas verde que mantén durante o ano un marco estrutural fixo e que renova, cada primavera, doce espazos asignados á creatividade e á innovación paisaxística. O festival, que permanecerá aberto até outubro, está integrado por dez proxectos que competirán polo voto das persoas visitantes que se acheguen ao certame, que é, desde os últimos anos, un dos atractivos turísticos máis importantes da vila. De feito, a el achéganse cada ano máis de 40.000 persoas. A edición da poesía estaba prevista para 2020, mais ficou adiada a este ano pola pandemia. Nela participan propostas chegadas de Portugal, A Arxentina, Italia, Alemaña, China ou España que compartirán espazo co xardín gañador da edición 2019 \"Sé o heroe da túa propia película\" do Equipo EMU formado por Elisabeth Stacher, Max Miller e Udo Buttinger. E, como vén sendo costume, entre os doce espazos participantes, haberá un xardín deseñado polas crianzas dos centros educativos de Allariz. A última vez que puido desfrutarse do festival foi en 2019, ano en que se dedicou ao cinema, con espazos que recreaban películas como A lingua das bolboretas ou Mary Poppins."}
{"ID": "NOS_8444", "summary": "A compañía, gañadora do Premio da Cultura Galega, utiliza a ppoesía de Celso Emilio Ferreiro como guía para reflectir o itinerario polo camiño.", "text": "Non é habitual que se relacione o Camiño de Santiago coa poesía de Celso Emilio Ferreiro, mais esa foi a vía que escolleu Nova Galega de Danza para crear o seu novo espectáculo, Credo, que pretende recrear non tanto o camiño físico como a experiencia interior de aquelas persoas que o percorren. A compañía, que vén de recoller no pasado mes de maio o Premio da Cultura Galega 2021, presentará na praia de Pantín, no concello de Valdoviño, un espectáculo que posúe unhas características particulares dentro da súa traxectoria. \"É a primeira vez que deseñamos un espectáculo sen música en directo, porque foi creado, precisamente, para escenarios ao aire libre, para adaptalo á rúas ou outros lugares que necesitaban dunha maior flexibilidade á hora de montar a infraestrutura\", sinala a Nós Diario Jaime Pablo Díaz, creador e director artístico da compañía. \"Desde hai un tempo, cando creamos un espectáculo, pensamos sempre en que poida ter dúas versións: para teatros e para rúa. Credo, porén, foi pensado xa desde o principio para este tipo de funcións en exteriores\". Credo parte do imaxinario creado por Celso Emilio Ferreiro en Longa noite de pedra. \"Queriamos tratar de expresar o que sucede durante o camiño, mais non tanto o que sucede a nivel físico senón o que sucede no interior da persoa que o fai\", explica Díaz. \"E lendo este libro de Celso Emilio decatámonos de que todo ese imaxinario axuda moito a transmitir o que queriamos contar\". Jaime Pablo Díaz: \"A nosa tradición non ten nada que envexarlle á do flamenco\" O espectáculo, de trinta minutos, parte dunha narrativa na que diferentes persoas que fan o Camiño van xuntándose para percorrelo xuntas. \"Non é igual camiñar só que facelo en compañía doutra persoa ou que facelo en grupo: a experiencia cambia completamente. Ao camiñar xunto a moita xente, trátase, fundamentalmente, do sentir de todos, dun sentir colectivo. Por iso a presenza constante dos seis bailaríns en escena (Inés Vieites, Estefanía Gómez, Uxía Rivas, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Amara Pérez), porque son eles os que teñen que contar esta historia. Crear esta coreogafía, pensada ademais para ser executada en exteriores, levoume a pensar moito sobre os límites do corpo e sobre as relacións que este estabelece co espazo que o rodea\". A música, malia non ser en directo desta vez, ten unha grande importancia no desenvolvemento do espectáculo. \"Volvemos repetir con Sergio Moure como compositor [xa presente nos últimos espectáculos da compañía, Son e Leira] porque resulta moi fácil entenderse con el, axiña capta o que queres expresar. Vén do cinema e ten unha enorme capacidade de visualizar e de crear músicas que axudan ao público a situarse no lugar onde queremos trasladalo\". Reivindicar o gozo de camiñar Ese lugar combina a natureza e a cultura que se poden percorrer ao longo do camiño. \"Hai momentos da peza en que se visualiza moi concretamente o que os peregrinos ven no seu itinerario, e con isto pretendemos, sobre todo, achegarnos a ese momento en que se desfruta camiñando. Moitas veces camíñase sen desfrutar e a peza quere fixarse, precisamente, neses momentos en que estamos en harmonía co que facemos e co que nos rodea. Nos tempos que corren, creo que é moi necesario buscar e reivindicar ese tempo en que estamos ben con nós mesmos\". Nova Galega de Danza na homenaxe a Manuel María"}
{"ID": "NOS_32241", "summary": "Proceden doutras bandas e mesturan rock e electrónica. Chámanse \"Aspergillus\", nome que toman dos fungos que se adiviñaban no seu húmido local de ensaio. Con \"Cinzas\" ofrecen unha carta de presentación na que a transgresión é un dos seus sinais de identidade.", "text": "\"Cinzas\" é o primeiro traballo de Aspergillus, a nova banda nacida na comarca de Compostela e composta por cinco músicos que proceden de grupos como Ruxe-ruxe, Medomedá ou Drinkin'tinto. Cadraron nun encontro na carballeira de Francos hai dous anos e decidiron botar a andar un proxecto conxunto que agora presentan a través dunha creación audiovisual, un clip co seu tema \"Cinzas\" nas que o guión, o teatro, e a música súmanse con sorprendente resultado, producido por Alicia Nimo. Antón \"Torroncho\", baixo, Alex Sevilla, Percusión, J.A. Pais, guitarra, Pablo Nimo, teclados e samplers e David Santomil \"Deví\" na voz e teclados compoñen a nova agrupación que prepara unha serie titulada \"Triloxía\" da que \"Cinzas\" é a primeira entrega. Rock e electrónica con creacións audiovisuais orixinais nun estilo que definen como \"transgresor e dinámico\". Inquedanzas en Coira \"Xuntámonos para levar a cabo inquedanzas e ideas, cun estilo distinto ao que faciamos antes. Os temas comezaron a saír e, deles, \"Cinzas\" é o primeiro que se consolidou a través do videoclip que agora presentamos e que incorporaremos ao repertorio que contamos preparar de cara ao verán\", explica David Santomil, que agarda que a súa carta de presentación anime tanto á banda como a quen se achegue a súa música a través da rede. Ensaian nunha vella casa en Coira, no que a humidade, en especial en tempo de chuvias, combínase co son saído dos seus instrumentos. De aí naceu o nome de Aspergillus ou tamén Aspergillus de Coira, que buscan dar a noticia da súa existencia e están á espera de poder mostrar ao vivo o que se coce no seu local de ensaio onde os temas se van \"empastando\" coa participación de todos os membros. \"Cinzas\" é a primeira proba, un tema crítico co que eles mesmos viven e cun videoclip gravado de maneira artesanal mais que sorprende tanto polo seu guión como pola súa escenificación. \"\"Compuxemos Cinzas pensando na masa social que está silenciada e que ten que saír á rúa para cambiar un sistema que non funciona. É unha crítica social e unha defensa da necesidade de facer forza para mudar o sistema\", explica Deví que convida a ver o videoclip no que as máscaras dos membros do grupo non ocultan o seu rexeitamento do poder da igrexa e da necesidade da protesta. Son os Arpergillus un grupo de combate? \"Somos reivindicativos mais tamén queremos defender unha mensaxe de modernidade, de cambio social que se aprecia na propia maneira de entender a música, coa electrónica ou na forma de trasladar ao público un ambiente mesmo futurista, aínda que, sempre, con grandes doses de rock\". A rede como escenario A rede está a ser a súa principal canle de comunicación, coñecedores ademais das cada vez maiores dificultades para conseguir actuacións ao vivo. \"Queremos explotar esa vía, con creacións audiovisuais, concertos en streaming e comunicación directa. A día de hoxe, facer concertos é cada vez máis difícil mais non por iso perdemos a esperanza\", apunta David Santomil. Herdeiros directos do bravú, no que partillaron algúns dos seus membros, mais agora xa con máis anos buscan na banda de recente creación, alén de se divertir en cada ensaio, mesturar diferentes disciplinas, sumar música, teatro e audiovisual as súas creacións e manter, con sons electrónicos mesturados con rock en estado puro iniciar un camiño no que queren dar puntapés ás pedras que atopen e tirar lume das súas \"Cinzas\". A proba, xa no primeiro videoclip que teñen dispoñíbel na rede:"}
{"ID": "NOS_39092", "summary": "Novo sinal de o PSOE non contemplar a hipótese dun voto -a abstención- que facilite a investidura de Rajoy. O grupo parlamentar socialista rexista unha iniciativa para reformar a lei eleitoral, cortar nunha semana a campaña e evitar que unhas terceiras eleccións fosen decorrer o 25 de decembro, día de natal.", "text": "A alternativa que contempla neste momento a dirección do grupo socialista a un fracaso de Rajoy na investidura -fracaso garantido se o PSOE mantén o non ao candidato do PP- sería a de ir a unhas terceiras eleccións, un feito inédito non só no Estado senón nas democracias occidentais. Iso é o que se desprende do facto de o PSOE ter rexistado unha iniciativa para modificar o artigo 51 da lei eleitoral de xeito que a campaña se poda reducir a só unha semana e que, consecuentemente, as eleccións se coloquen non o día 25 de decembro, feriado, senón o 18. O problema para o PSOE é que a proposición de lei non ten visos de prosperar, pois a súa tramitación pode perfeitamente ser bloqueada pola Mesa do Congreso -o órgao que ordena os debates da cámara- onde a direita -PP e Cs- dispón de maioría absoluta. En todo caso, trátase dun novo aceno político que mostra a vontade da equipa de Sánchez de facer descarrilar Rajoy no trámite de investidura e a, en principio, non disposición en primeira instancia do PSOE a explorar un acordo alternativo con Unidos Podemos, alianza que, para a súa viabilización, precisaría tamén dos votos afirmativos dos partidos independentistas cataláns. Esta vía, en todo caso, aínda non está inteiramente fechada. Cumpre lembrar a este respeito que durante as súas escasas comparecencias públicas após as eleccións do 26 de xuño Pedro Sánchez enfatizou non só a oposición a investir Rajoy como a vontade do seu partido de ser parte da \"solución\" ao bloqueo político que existe no Estado. Caballero continúa co seu traballo de zapa contra a dupla Cancela-Leiceaga Mentres isto sucede, na Galiza o sector de Caballero, aliñado con Susana Díaz, continúa o seu traballo de zapa contra a dupla Cancela-Leiceaga. A última novidade, o descolgamento das candidaturas de catro novos nomes, entre eles o dun ex deputado, o ourensán Pablo López Vidal, hai non tanto fiel a Leiceaga, ben como o de dous membros dunhas Xuventudes Socialistas que levan días a denunciar a súa marxinación das listas. Leiceaga fará esta quinta feira campaña en Vigo. Non haberá foto do morbo con Caballero, que xa encheu a súa axenda como alcalde de actos para evitar comparecer co candidato do seu partido á presidencia da Xunta."}
{"ID": "PRAZA_15647", "summary": "A cuestión nacional en Galiza ocupa un papel estratéxico de primeiro orde, ao igual que en Catalunya e en Euskal Herria, percorre os procesos políticos e sociais. Existe un suxeito político, o pobo galego, que durante séculos foi sometido a diferentes formas de dominación socioeconómica, política e cultural.", "text": "O historiador Benedict Anderson, recentemente falecido, entendía a nación como unha comunidade imaxinada, na que un suxeito conformado historicamente elixe determinados elementos dentro dun repertorio obxectivo de características para conformar unha identidade. Esta identidade está suxeita ao campo de loita político, constrúese e reconstrúese en relación con ese ámbito, avanza, modifícase ou retrocede en función dos actores sociais, que crean unha imaxe de si mesmos como actores colectivos. Así, a identidade nacional pode integrarse con outras identidades, de clase, de xénero, de raza, convivindo e enriquecéndose a si mesmas no terreo da disputa política. A Bretaña constitúe o exemplo dun sentimento identitario moi forte, expresado a través dun repertorio simbólico potente e enraizado (folclore, bandeira, cultura popular, historia propia), que, con todo, opera politicamente de forma moi minoritaria a través un movemento nacionalista con escasa capacidade electoral e mobilizadora, debido a precondicións sociais moi delimitadas e a unha estrutura de oportunidades política moi pechada (a propia configuración do Estado Francés trala Revolución). Polo tanto, unha identidade cultural baseada en elementos obxectivos non se reflicte necesariamente en identidade política, necesítase un proceso de subxetivación. Os significados que configuran esa identidade adquírense na acción, non meramente na interpretación de elementos orgánico-historicistas, de forma que é o nacionalismo o que xera a nación e non ao revés. A nación é sobre todo unha comunidade sociopolítica que pode ter unha correspondencia ou non cun Estado como superestrutura xurírica. A cuestión nacional en Galiza ocupa un papel estratéxico de primeiro orde, ao igual que en Catalunya e en Euskal Herria, percorre os procesos políticos e sociais. Existe un suxeito político, o pobo galego, que durante séculos foi sometido a diferentes formas de dominación socioeconómica, política e cultural. Galiza, unha periferia dentro da periferia que é o Estado español, foi despoxada de recursos naturais, como fontes de enerxía, e humanos, a través da condena á emigración. As formas de resistencia foron variadas e múltiples, pero desas resistencias xurdiu una conciencia de identidade propia. Esta identidade actívase políticamente para a defensa duns dereitos colectivos a través de expresións diversas. A defensa do noso idioma, a defensa da nosa natureza e a nosa paisaxe, a defensa dos nosos recursos materiais, dos nosos dereitos como traballadoras, conformaron e conforman una conciencia de identidade, un substrato reivindicativo, que encaixa co cuestionamento do réxime do 78: queremos democracia, queremos dereitos, queremos ser os donos das nosas vidas. O pobo galego demostrou múltiples veces que constitúe un suxeito político, como por exemplo, nas mobilizacións a prol do Estatuto, nas campañas en defensa do medio ambente, as mobilizacións de labregos, gandeiros e mariñeiros, mobilizacións polo galego, as manifestacións de Nunca Máis, etc. A defensa do dereito de autodeterminación é unha cuestión de principios democráticos, non meramente táctica Estas loitas parten dunha realidade socioeconómica diferenciada, o que provoca a aparición de métodos de loita específicos (por exemplo, as tractoradas), pero tamén contribúen a modelar esa propia realidade, construíndo identidade. Estas loitas cristalizan e conforman un suxeito, o pobo galego, composto por todas as que viven, traballan e loitan en Galiza, a nación incesante de tódolos días, que como suxeito político propio, ten dereito a decidir o seu futuro. A defensa do dereito de autodeterminación é unha cuestión de principios democráticos, non meramente táctica. Hai que darlle voz ás maiorías sociais para que decidan sobre todo o que lles afecta, incluindo o seu vencellamento territorial. O pobo galego ten dereito a abrir un proceso constituínte propio, definindo a súa relación coas outras nacións que compoñen o Estado español. No actual proceso de crise de réxime, a descomposición dos consensos do 78 tamén no eido territorial, pode abrir un escenario de oportunidades para unha creba democrática que reconstrúa a relación entre as nacións do Estado dándolle voz aos pobos. Trátase de romper marcos, non de readaptarse, de apostar pola ruptura democrática en clave galega, en colaboración con outras forzas rupturistas do Estado español A loita pola apertura dun proceso constituínte en Galiza é a loita polo recoñecemento das maiorías sociais galegas como suxeito propio con dereito a decidir o seu futuro, as súas relacións con outros pobos da Península e de Europa, a recuperar as súas vidas en todos os terreos, desposuíndose da alienación inducida polas oligarquías españolas coa complicidade das elites galegas. Trátase de romper marcos, non de readaptarse, de apostar pola ruptura democrática en clave galega, en colaboración con outras forzas rupturistas do Estado español. A reivindicación dun proceso constituínte galego vai vencellada á demanda de empoderamento dás de abaixo, a república galega do 99%. Polo tanto, as tarefas da esquerda radical en Galiza pasan por encher de contido democrático radical e social a reivindicación de soberanía, mentres que non ámbito estatal, fóra dás nacións sen Estado, debería combater sen tregua o chauvinismo da nación opresora e defender sen ambigüidades o dereito a decidir das oprimidas. O internacionalismo dás de abaixo non pode tratar de xeito equidistante ás nacións oprimidas e ao Estado que lles nega ou dereito a decidir. Porén, o proxecto de construír un nacionalismo español sobre bases progresistas, ligando a defensa dos dereitos ao reforzamento da soberanía estatal, enfronta dúas limitacións moi claras. Por unha banda, o fracaso histórico á hora de construír unha identidade nacional española lexitimada ante o conxunto da poboación que habita o Estado español e por outro, o vaciamiento de soberanía dos Estados fronte a instancias supraestatais como a UE, o FMI ou o BCE. Por contraste, a reivindicación da autodeterminación contribúe a debilitar o bloque histórico das clases dominantes, cohesionado ideolóxicamente en torno á defensa da unidade da patria. Trátase de romper marcos, non de readaptarse, de apostar pola ruptura democrática en clave galega, en colaboración con outras forzas rupturistas do Estado español Neste contexto político, e pola propia configuración do bloque de poder dominante no Estado español, a conquista do dereito de autodeterminación só pode conseguirse dende unha ruptura dende abaixo, xerando procesos constituintes que impidan una recomposición de réxime cunha involución centralizadora. A cuestión nacional atravesa por tanto, como proceso transversal que é, calquera cuestionamiento do réxime do 78, permite abrir campos de disputa e actúa sobre procesos como as Mareas municipais ou a candidatura de confluencia en Galiza, En Marea. Esta última forza colocou como eixo do seu discurso o dereito a decidir vencellado á defensa dos dereitos sociais e económicos. Se sumamos os votos deste espazo cos de Nós-Candidatura Galega, co seu carácter soberanista, obteremos preto de 500.000 de sufraxios que apoian a forzas que apostan por un cambio de modelo territorial. Neste novo esceario, a vindicación da identidade galega non pode ser una reafirmación nostálxica, non mira cara a un pasado idealizado, senón cara un futuro cargado de esperanzas, coa potencia democrática que ten a capacidade de decidir a tódolos niveis. Sexamos actores do noso futuro."}
{"ID": "PRAZA_10454", "summary": "A cooperativa lucense bateu o seu récord de beneficios en 2018 mentres os créditos concedidos medraron oito puntos máis que os do conxunto dos bancos que operan en Galicia", "text": "A Caixa Rural Galega comportouse como unha rara avis nos anos da burbulla inmobiliaria e tamén nos da crise. Cando estourou a recesión a cooperativa de crédito con sede en Lugo tiña unha exposición ao ladrillo moito menor que as entidades da súa contorna, duplicaba en solvencia á entidade resultante da fusión das desaparecidas grandes caixas galegas e, ao contrario que a maior parte da competencia, afrontou o saneamento imposto polo Goberno central apoiándose unicamente nos depósitos da clientela cos que xa contaba.\"Nunca nos metemos en leas das que non puidésemos saír\", resumía en entrevista con Praza.gal o director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Méndez, cando a cooperativa estaba ás portas dos seus primeiros cincuenta anos de vida. Daquela lembraba que tanto o diñeiro depositado como os créditos concedidos foran medrando aos poucos \"durante o boom e nos peores anos da recesión\". Agora, tras un lustro coas principais cifras macroeconómicas regresando a valores positivos, a entidade lucense vén de bater récord de beneficios mentres o diñeiro dos seus depósitos medra catro puntos por riba da media do conxunto da banca en Galicia.A cooperativa lucense bateu o seu récord de beneficios en 2018 mentres os créditos concedidos medraron oito puntos máis que os do conxunto dos bancos que operan en GaliciaA asemblea anual de Caixa Rural Galega vén de dar o seu visto e prace ás contas anuais de 2018. A dirección destaca o seu beneficio neto de 5,4 millóns, \"cifra nunca antes acadada\", e algo máis de 1.000 millóns en activos, limiar que nunca traspasara ata agora. Estes \"fitos\", subliñan, chegan nun contexto no que os depósitos da clientela se achegan tamén aos mil millóns, o que supón un crecemento do 9,45%. Mentres, os datos máis recentes do Banco de España indican que o medre global do diñeiro depositado en todos os bancos en Galicia pasou de 61.076 a 64.272 millóns, isto é, un crecemento do 5,23%.Medran os depósitos e tamén os créditos. Sempre segundo as contas anuais de Caixa Rural, \"o investimento crediticio supera os cincocentos millóns de euros\", un 11% máis que no ano previo. Mentres, os valores globais das entidades bancarias que operan en Galicia experimentaron no mesmo ano 2018 un avance de apenas un 3%, oito puntos menos que o experimentado por esta cooperativa de crédito. Todo isto, subliñan, produciuse mentres a morosidade na Caixa Rural segue \"á baixa\", ata o 6,24% e a ratio de solvencia acada o 13,27%, \"o que permite cumprir con folgura os criterios normativos.A dirección da Caixa Rural subliña que, nun contexto de peches masivos de oficinas, a entidade galega abriu unha nova en PontevedraA xuízo do presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, estas cifras reflicten un \"exercicio exitoso, o mellor da historia da caixa\" malia \"ás incertezas económicas, a inseguridade xurídica ou a persistencia de tipos de xuro extremadamente baixos\". Deste xeito, coida que a conxuntura segue sen ser \"favorable\", polo que \"a realidade obriga a continuar redobrando esforzos e a seguir mellorando a eficiencia\".Esa \"eficiencia\" non pasa, así e todo, por secundar os peches de oficinas que están a estender outras entidades ou a gran banca, advirten. Así, aseguran, \"a entidade espera continuar a súa senda de crecemento, apostando pola súa rede de oficinas e a atención persoal, sen pechar ata agora ningunha das súas oficinas\". Ben ao contrario, destacan, en 2018 abriron unha nova en Pontevedra, onde non contaban con ningunha, o cal \"se pode considerar ir a contracorrente\". Non en van, subliñan, \"o sector está inmerso nun proceso de redución de capacidade, de xeito que foron pechadas máis de 1.300 oficinas\" en todo o Estado durante o pasado 2018."}
{"ID": "NOS_47153", "summary": "Vaise un dos referentes da gran pantalla, o realizador máis lonxevo do mundo e o último director europeo que comezara no cine mudo.", "text": "Xornada de loito para o cinema europeo. O director portugués Manoel de Oliveira morreu esta quinta feira aos 106 anos de idade, segundo confirmou a súa familia a medios lusos. Vaise un dos referentes da gran pantalla, o realizador máis lonxevo do mundo e o último director que comezara no cine mudo. Deixa para a historia 33 filmes e algunhas curtas que realizou durante 90 anos de carreira. Títulos como 'Aniki-Bobó' (1948), \"Benilde ou a Virgem Mãe\" (1974), \"Non, ou Vã Glória de Mandar\" (1990), \"Vale Abraão\" (1993) ou \"O Estranho Caso de Angélica\" (2010) son algunhas das películas máis aclamadas da súa filmografía. Nado en Porto en 1908, pasou parte da súa xuventude na Galiza, estudando no colexio de xesuítas na Guarda. Malia arrastrar unha enfermidade e a súa avanzada idade, non deixou de dirixir até o final dos seus días. O último traballo foi estreado o pasado decembro, a curta 'O velho do Restelo', que cualificou el mesmo como \"unha reflexión sobre a Humanidade\". Nado en Porto en 1908, pasou parte da súa xuventude na Galiza, estudando no colexio de xesuítas na Guarda. Mais con 20 anos entrou a estudar cinema na súa cidade natal até converterse nun dos cineastas máis influentes do continente. \"Se paro de filmar, aburro e morro. Teño en mente moitos proxectos. Agora ben, non sei se a vida chegara para facelos todos\", chanceaba anos atrás, preguntado polo fin da súa carreira."}
{"ID": "NOS_3949", "summary": "Os mariñeiros protagonizan máis unha mobilización para exixiren o pagamento das axudas e o dereito a volver faenar en augas de Mauritania", "text": "Os mariñeiros galegos que faenaban no caladoiro de Mauritania, do cal foron expulsados por un acordo da UE que desaloxaba os cefalopodeiros da Galiza, volveron protagonizar esta cuarta unha nova mobilización. Nesta ocasión, cun peche na Deputación de Pontevedra, protesta que non abandonaron até terse reunido co presidente da entidade, Rafael Louzán, e lograr que o ministerio lles facilitase unha copia do borrador de axudas que estes profesionais recibirán pola parada obrigada na actividade. Un cento de mariñeiros, procedentes fundamentalmente da comarca do Morrazo, protagonizaron a protesta, que ao igual que a desenvolvida esta mesma semana en Vigo perante a Axencia Europea de Pesca, tiña dous obxectivos principais. Por unha banda, reclamar celeridade do goberno no pagamento das axudas á frota expulsada de Mauritania. E por outra, defender o dereito a faenar nese caladoiro africano dos barcos galegos. Neste sentido, na CIG lembraron que non hai razóns, \"alén da incompetencia da Xunta e Madrid\" perante a UE, que xustifiquen que os cefalopodeiros galegos non deban pescar nesas augas. Desde a central nacionalista afírmase que os argumentos de tipo biolóxico non son válidos. \"Se fose así, que hai escasez de recursos, non entrarían os barcos chineses a substituir os galegos\". Alén disto, nestes dous últimos anos \"houbo moi boas capturas, de bo tamaño e cun bo prezo\"."}
{"ID": "NOS_15613", "summary": "A participación foi de 85%. O HDP pro-curdo voltou a superar o limiar de 10 por cento -mínimo para entrar no Parlamento-, embora caeu lixeiramente a respecto das eleccións de 2016 (11,6 por cento face o 13,1%).", "text": "\"A nación deume o mandato de presidente\". Con esta frase anunciaba Recep Tayyip Erdogan a súa vitoria nas eleccións presidencias de Turquía. Continuará á fronte da xefatura de Estado cinco anos máis, agora –e grazas ao sistema presidencial aprobado pola mínima o ano pasado con poderes case absolutos. Erdogan logrou 52,5% dos votos, un resultado que sorprendeu (as enquisas non lle daban máis de 48%) e que nun primeiro momento foi posto en dúbida pola oposición. O socialdemócrata Muharren Ince obtivo case 31% dos apoios mentres que Meral Aksener, do IYI (centro-dereita) logrou 8% dos votos para ser presidenta. Demirtas, candidato da esquerda pro-curda (HDP) e que leva máis de ano e medio en prisión obtivo un 7,4% dos votos. Parlamento Nas eleccións parlamentares, que se realizaron este domingo canda as presidenciais, o AKP de Erdogan foi o máis votado, con 42,5%. Ten 293 escanos, ficando a 8 dos 301 necesarios para ter a maioría absoluta na Cámara. Mais completará esa maioría co apoio do seu 'socio' electoral nas presidenciais, o Movemento de Acción Nacionalista, de extrema-dereita, e que atinxiu 49 deputados. Entre ambos os dous, logo, suman 342 escanos. O HDP, a coligazón da esquerda procurda, logrou superar a barreira de 10% para ter representación (obtivo 11.6%) e vai ter 67 deputados na Cámara curda. Unha labazada no orgullo de Erdogan, que ten nesa organización a súa particular 'besta negra'. De Feito, e na propia noite electoral, houbo noticias de ataques a sedes do HDP, incluindo en Istambul."}
{"ID": "NOS_54451", "summary": "O boi é todo un símbolo de Allariz e protagonista da súa maior festa popular. Mais desde hai seis anos, o boi tamén é unha iniciativa pioneira do concello que, apostando pola súa crianza, está a xerar emprego, produce carne de calidade e mantén a superficie forestal limpa para evitar incendios.", "text": "O Concello de Allariz volve ser pioneiro, neste caso coa crianza do boi. O animal, símbolo da vila e auténtico protagonista da súa gran festa popular, é tamén obxecto dunha iniciativa singular impulsada desde o concello modelo do BNG e que goberna sen interrupcións desde a revolta de 1989. Así é que Allariz desde hai seis anos cría bois en superficies forestais que se atopaban en situación de abandono. Ademais, con esta carne reforza a marca de calidade de Allariz e mantén un monte activo e limpo co que logran non ter lumes alén de focos ocasionais que conseguen apagar rapidamente. A cría de boi axuda a manter un monte activo e limpo, co que logran non ter lumes A idea comezou hai seis anos, mais bebe dunha outra iniciativa que o nacionalismo xa impulsara desde o concello hai dúas décadas, cando arrincaran o programa de recuperación de superficie agraria e forestal abandonada, dentro dun proxecto de desenvolvemento de todo o territorio para poñelo a producir, xerar emprego, activar a economía e previr incendios. \"Comezamos daquelas coa recuperación de espazos para a incorporación de ovellas para a fabricación de queixo\" lembra Cristina Cid, a actual alcaldesa de Allariz. Despois sumaron superficies a través de acordos con montes veciñais para a cría de vacún de razas autóctonas, dirixido á comercialización de carne ecolóxica. Hai seis anos chegou o novo proxecto coa cría de carne de boi E hai seis anos chegou o novo proxecto coa cría de carne de boi. Críanos durante cinco anos e abastecen a hostalaría local, axudando a fortalecer unha economía circular. Agora mesmo contan con catro explotacións e 56 bois, e o obxectivo a medio prazo sinala Cristina Cid que está na exportación de boi de Allariz. Os resultados máis visíbeis que desde a Alcaldía se sinalan son o emprego directo xerado nestas explotacións, os postos de traballo que se crean a maiores ligados ao sector primario, a recuperación de superficies forestais e o medre da actividade hostaleira ligada a este sector. A marca de calidade de Allariz O concello conta cun regulamento onde se especifica todo o relacionado coa crianza do boi e a comercialización co obxectivo de garantir que o que se vende é boi de Allariz. \"Decidimos poñer no mercado produtos que teñen unha calidade importante e valor engadido\", sinala Cristina Cid \"Decidimos poñer no mercado produtos que teñen unha calidade importante e valor engadido, por iso no seu día decantámonos polo queixo de ovella curado, xa que non o había daquelas na Galiza\" sinala Cristina Cid e engade que agora co boi tamén están comercializando a marca de calidade de Allariz."}
{"ID": "PRAZA_19110", "summary": "Falamos cos médicos Carlos Piñeiro e Carmen Diego Roza sobre os riscos derivados da presenza deste material en milleiros de edificios de toda Galicia, de actualidade polo conflito do CEIP Ramón de la Sagra. Piñeiro insta a cumprir a normativa europea que pide a súa completa eliminación antes de 2030.", "text": "A comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra da Coruña leva días mobilizada ante a obstinación da Consellería de Educación en retirar en período lectivo o amianto presente no edificio. O certo é que o obxectivo inicial -tal e como se recollía no prego técnico- era que as obras se realizasen durante o verán; posteriormente adiouse ata as vacacións de nadal, e finalmente a data escollida foi este mes xaneiro, unha vez retomadas as clases. A Consellaría de Educación afirma que as protestas están \"inxustificadas\" e que teñen \"claras motivacións políticas\" Nais e pais insistiron en todo momento en que a eliminación do amianto implica uns riscos para os nenos e nenas, unha opinión apoiada por un informe da doutora Carmen Diego Roza, unha das principais expertas en toda España nos efectos do amianto sobre a saúde. E esixiron que as obras se realizasen en período non lectivo. Porén, dende a Xunta afirmouse en varias ocasións que non existe perigo, que os traballos teñen lugar polas tardes e que, posteriormente, se realizan \"medicións\" para detectar a presenza de fibras de amianto. Pais e nais non aceptaron as explicacións do Goberno autonómico e veñen negándose a enviar os seus fillos e fillas ao colexio mentres duren estas actuacións, de xeito que a media de asistencia está sendo do 10 ou do 15 por cento. A consellería, lonxe de buscar un achegamento ás persoas que están a mobilizarse, semella ter elevado o ton, sinalando o departamento que dirixe Román Rodríguez que as protestas están \"inxustificadas\" e que teñen \"claras motivacións políticas\". Ademais, argumenta que esas obras se levaron a cabo noutros centros en período lectivo e que alí non houbo queixas. Nais e pais denunciaron xa a Consellaría ante a Fiscalía provincial e a Fiscalía de menores e mantiveron unha xuntanza co fiscal xefe de Galicia. Ademais, puxéronse en contacto coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, que se dirixiu por escrito á Consellaría de Educación sinalando que o alumnado \"pola súa vulnerabilidade e polo principio de precaución\" non debe estar no centro escolar durante a retirada das placas de amianto e esixiu que as obras se realicen en vacacións. Aínda que a Xunta defende que se fan medicións todos os días (como esixe a lei), un dos problemas é que os resultados desas medicións non se coñecen de forma inmediata (tardan uns días), polo que, como sinala a Valedora, \"a planificación implica que os alumnos entran nas aulas ao día seguinte pola mañá sen tempo de acreditar, por medio das obrigadas medicións, que a concentración de fibras de amianto non aire do interior do centro escolar é inferior aos valores límite legalmente establecidos\". Pais e nais denunciaron a Xunta ante a Fiscalía e mesmo a Valedora dirixiuse ao Goberno galego instándoo a realizar as obras durante as vacacións O problema, ademais, é que mesmo no caso de que estas medicións non detectasen a presenza de amianto no lugar no que se realizan as obras, non se pode ofrecer a completa seguridade de que non haxa fibras deste material no recinto escolar. No informe que hai unhas semanas remitiu Carmen Diego Roza sinalábase que \"as fibras poden permanecer suspendidas no aire por longo tempo e ser transportadas longas distancias polo vento e a auga antes de depositarse, como podería suceder no caso do colexio, onde parte da vida transcorre no patio e lugares adxacentes\". \"É moi difícil evitar completamente o risco de exposición ao amianto\", destaca a doutora en conversa con Praza. E salienta que \"o problema da contaminación medioambiental por amianto é moi importante en toda España e especialmente en Galicia. Temos amianto en moitísimos sitios, tellados de uralita hainos por todas partes e hai que ter moito coidado na forma en que se retira\". \"Neste caso, a retirada do amianto débese facer de tal maneira que minimices os efectos sobre a saúde dos nenos. A reclamación que fan os pais e nais, que é tan sinxela como que a retirada do amianto se faga en período non lectivo, é moi lóxica\", engade. Carmen Diego Roza subliña que \"co mesotelioma [un tipo de cancro que se pode producir na pleura] non hai dintel de seguridade\". É dicir, que mesmo a inhalación dunhas poucas fibras pode ser perigosa. Pola contra, \"coa asbestose e o cancro de pulmón si que as investigacións indican que a exposición ao amianto ten que darse durante bastante tempo e en concentracións altas\", indica. \"É certo que a exposición que poderían ter os nenos sería baixa e que o risco sería limitado, pero hai que facer todo o posible por minimizala ao máximo\", conclúe. O amianto está por todas partes Carmen Diego Roza: \"É moi difícil evitar completamente o risco de exposición ao amianto. As fibras poden permanecer suspendidas no aire por longo tempo e ser transportadas longas distancias polo vento e a auga antes de depositarse\" O do colexio Ramón de la Sagra non é un caso excepcional. O amianto -un elemento illante moi efectivo e barato- empregouse durante décadas na construción, e unha parte moi importante das edificacións erguidas antes do ano 1990 conteñen este material, comezando pola omnipresente uralita, composta de amianto nun 30%. O problema é que as fibras de amianto provocan enfermidades coma asbestose, cancro de pulmón ou cancro de pleura. Por iso, a súa utilización está completamente prohibida dende o ano 2002 e para a súa retirada existe unha normativa e uns protocolos moi detalladas, pero que non sempre se cumpren. De igual xeito, a Unión Europea posicionouse neste tema de forma clara en varias ocasións, pedindo a completa eliminación deste material e lembrando que ata o ano 2030 medio millón de persoas morrerán en toda Europa por enfermidades derivadas da exposición ao amianto. En 2013, ademais, o Parlamento europeo aprobou unha resolución instando a UE a \"supervisar a presenza de amianto en edificios públicos e privados\" e a crear \"plans de acción para a súa eliminación segura\" antes do ano 2028. Así mesmo, en 2015 o Comité Económico e Social Europeo aprobou un ditame sinalando que \"a completa eliminación de todo o amianto debe ser un obxectivo prioritario da Unión Europea\" e instou a UE a \"animar os Estados membros a lanzar follas de ruta e plans de acción específicos\" para a súa completa erradicación no ano 2032. A Unión Europea posicionouse de forma clara en varias ocasións, instando á completa eliminación deste material O Foro Social Galego do Amianto traballa dende hai anos nesta dirección, como sinala o médico Carlos Piñeiro, que en referencia co caso do Ramón de la Sagra sinala que \"hai anos presentamos dende o Foro un informe sobre a presenza do amianto nos centros de ensino de Galicia, pedindo a adopción de medidas para a súa retirada. Pero non se nos fixo caso\". \"É unha grande irresponsabilidade, unha completa barbaridade, que unha administración permita que se realice unha operación deste tipo co colexio cheo de xente\", engade. \"A falta de resposta da Administración denota unha irresponsabilidade total. Parece que somos totalmente alleos ao que sucede noutros países de Europa, onde dende hai máis de 20 anos están planificando e levando a cabo a substitución das cubertas e doutros elementos que conteñen amianto nos colexios\", denuncia. \"Italia, Francia ou Polonia iniciaron plans específicos para a súa retirada en todos os edificios e construcións, contando con axudas europeas. E en Inglaterra, debido a que hai unha grande incidencia de casos de mesotelioma entre o profesorado, fíxose un plan por distritos para a súa retirada nos centros de ensino, como o que se levara a cabo nos Estados Unidos dúas décadas\", di. Carlos Piñeiro: \"É unha grande irresponsabilidade que unha administración permita que se realice unha operación deste tipo co colexio cheo de xente\" \"Aquí, en cambio, o tema só se ten en conta en función da sensibilidade dunha anpa e das súas protestas, non hai planificación. As autoridades non adoptan as medidas que teñen que adoptar e que a Unión Europea indica que hai que adoptar. A Administración actúa de forma irresponsable ante o amianto\", engade. Dentro de España sinala como excepción o caso dalgunhas comunidades autónomas, como Andalucía ou Baleares, que si iniciaron plans para a eliminación sistemática do amianto nos colexios e institutos, \"que se fai, por suposto, durante o verán\", subliña. O problema, evidentemente, non se reduce aos centros de ensino e outros edificios públicos. \"Temos milleiros de metros cadrados de amianto en boa parte dos edificios construídos en Galicia antes do ano 1990. Calculamos que ao redor do 40% desas construcións poden estar nesa situación. A uralita, que ten un 30% de amianto, ten unha vida media de 20 a 30 anos. Cando supera iso, hai que cambiala\", di Carlos Piñeiro, que explica que nin sequera está dado o primeiro paso: a identificación dos edificios e construcións nas que está presente o amianto. Denuncia, neste senso, que coa aprobación hai anos das normas de certificación enerxética de edificios \"perdeuse unha grande oportunidade\". \"Tiñan que ter incorporado a cuestión do amianto, como sucede en Francia, onde non se pode vender unha vivenda sen facer antes unha análise de se nelas hai ou non este material\", di. O pasado ano xa advertía en conversa con Praza que \"se non se erradica o amianto da construción, o problema persistirá\". De igual xeito, Carmen Roza comenta que \"estamos moi concienciados cos problemas que se dan nos centros de traballo, coma os estaleiros, pero non estamos tan mentalizados co tema da exposición doméstica e medioambiental\". \"Agora o Ramón de la Sagra centra a atención, pero canta uralita é retirada todos os días, moitas veces sen excesivas precaucións? Cantas obras se realizan en edificios que no seu momento foron construídos usando fibrocemento?\", pregúntase. \"Temos milleiros de metros cadrados de amianto en boa parte dos edificios construídos en Galicia antes do ano 1990. Calculamos que ao redor do 40% desas construcións poden estar nesa situación\" Carlos Piñeiro conclúe que \"levamos anos de atraso\". \"Parece que a Administración descoñece as directivas europeas a aplicar, e emprégase un argumento económico que é absurdo, porque o gasto non é tanto [ao redor de 150 euros por metro cadrado] e o suposto aforro que se pretende conseguir incumprindo a normativa despois vai saír máis caro, comezando polas sancións que poidan chegar dende Europa e os propios gastos sanitarios de tratar as doenzas producidas polo amianto\", di."}
{"ID": "NOS_34367", "summary": "Boris Jhonson decretara o pasado 10 de decembro o fechamento durante un mes de Westminster.", "text": "O Tribunal Supremo Británico declarou por unanimidade ilegal a suspensión das sesión parlamentares que decidiu o primeiro ministro británico, Boris Jhonson, e o fechamento do Parlamento. A decisión adoptouse por unanimidade dos 11 xuíces do Supremo. Consideran que Jhonson quixo silenciar as cámaras nas semanas previas ao Brexit. A decisión de Jhonson, adoptada o pasado 10 de setembro, xerou una forte polémica e rexeitamento. Os deputados e deputadas contrarios a esta medida denunciaron que o primeiro ministro quería así suspender o parlamento nas vésperas do Brexit. A Corte de Apelacións de Escocia decidirá tamén en contra do fechamento. Non así o Tribunal Supremo de Londres, que o fixera a favor entendendo que esa medida estaba entre as prerrogativas do primeiro ministro británico. Bris Jhonson suspendeu o Parlamento do 10 de setembro ao 14 de outubro alegando que precisaba tempo para redeseñar a súa axenda de actividade lexislativa."}
{"ID": "NOS_38454", "summary": "Desde hoxe, e durante tres semanas, coincidindo co mes das letras, Nós Diario vai desenvolver un curso de lingua galega para todos os públicos centrado na mellora de usos para, desta maneira, aproximarse a unha maior calidade de lingua.", "text": "Coincidindo co mes das letras, Nós Diario desenvolve un curso de lingua galega que busca contribuír a un uso mellorado do idioma. Este curso -composto por 15 leccións- e que se desenvolve nas catro páxinas centrais do xornal impreso, comeza hoxe, terza feira, 5 de maio. Nel ponse máis o foco en afianzar usos do que en ensinar gramática. Nas primeiras entregas explícase o fenómeno da interferencia lingüística, que acontece cando as persoas falantes dunha lingua non teñen presente a norma propia por influencia da norma doutra lingua. Castelanismos Nesta primeira lección centrámonos neste fenómeno que acontece cando as persoas falantes dunha lingua se desvían da norma por influencia doutra. No caso do galego, é unha manifestación do conflito lingüístico co castelán, a lingua de contacto que no noso territorio goza dunha posición social preferente. É hora de atallar todos eses castelanismos que afectan os usos sociais. Desbotemos *errores tan habituais como dicir *cumpreanos, *despacio, *soler, *ventana, *enterar, *plantexar, *convinte, *bueno, *vamos a ver ou *silla. Mellor non cometer erros cando temos expresións e palabras propias: aniversario, amodo, adoitar, ventá, saber, propoñer, conveniente, ben, imos ver ou cadeira. Un curso para todos os públicos Mais non é este un curso de sociolingüística, aínda que se utilice por veces terminoloxía desta ciencia. Trátase dun curso que se sitúa fronte aos usos máis habituais de todas e cada unha das persoas que empregan o galego quer na comunicación habitual quer en contadas ocasións e que teñen como meta coñecer e usar o amplo repertorio de formas de que a lingua dispón para cada situación de comunicación. Ao longo do curso inclúense numerosos enlaces externos a vídeos, dicionarios e páxinas web mediante códigos QR co fin de introducir algúns exemplos a máis que non teñen cabida nas catro páxinas do caderno e que contribuirán a fornecer as lectoras e lectores de máis materiais. Os 15 temas de que consta Castelanismos, Cuestión de xénero, Pronunciarmos sen complexos, Uso e abuso dos pronomes, Interferencias lexicais, Interferencias sintácticas, Ortografía, Articuladores discursivos, De preferencia, Sen abusar, Falar e escribir ben, Futuro de subxuntivo, Fraseoloxía I e Fraseoloxía II son os temas en que se divide o curso, cuxo fío condutor son as interferencias lingüísticas, especialmente presentes nalgúns ámbitos e que teñen como consecuencia a deturpación da lingua propia e poden resultar moi negativas para a súa supervivencia. É por iso que convén atallalas. E é aí onde Nós Diario quere estar. A iniciativa quer contribuír a mellorar o uso e a calidade do noso idioma, así como a axudar a corrixir aquelas interferencias que dificultan o asentamento do estándar lingüístico. Como conseguilo? As persoas subscritoras, ben en papel ben na versión de acceso na nube, terán á súa disposición, nas páxinas centrais de Nós Diario, desde o 5 de maio, o curso de balde. As persoas que aínda non son subscritoras poden facerse ou ben adquirir o diario en papel nos quiosques e puntos de venda habituais por 1,50 euros de terzas a sextas feiras e por 3 euros os sábados (día en que se inclúe o semanario Sermos Galiza) ou ben mercalo para a súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_1022", "summary": "O Colexio de Xornalistas publica un manifesto polo Día Mundial da Liberdade de Prensa, redactado por Fernando Varela (InfoLibre). A Federación de Sindicatos de Periodistas chama aos traballadores da comunicación a mobilizarse contra a precariedade no sector e polo dereito á información", "text": "Con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa, que se celebra este 3 de maio, o Colexio de Xornalistas de Galicia difundiu un manifesto, redactado por Fernando Varela redactor xefe de infoLibre e membro fundador do CPXG. O texto, titulado \"O xornalismo é demasiado importante como para deixalo en mans dos medios\", que alerta do \"tsunami devastador está a arrasar o xornalismo, polo menos o xornalismo que coñeciamos\". Varela recoñece que aínda que este tsunami ten en parte a súa orixe na crise económica e na popularización de Internet, \"cuns medios que construíron a súa economía de costas ás audiencias e por riba empezaron a regalar o noso traballo\", a crise e Internet \"non son, nin moito menos, os únicos culpables do que pasou\". E subliña que \"para nós o máis doado é botarlle a culpa á crise e a Internet mentres lambemos as feridas e nos convencemos de que calquera tempo pasado foi mellor\". \"Polo camiño esquecemos que o periodismo é demasiado importante como para deixalo en mans dos xornais. Esquecemos que o periodismo, máis alá do oficio e da técnica, máis alá do exercicio literario, é un compromiso, unha alianza cos cidadáns\" Sinala a responsabilidade das empresas e dos seus propietarios e xestores: \"como asalariados, gústanos pensar que a culpa é das empresas, incapaces de xestionar a crise, dispostas a entregarse en mans dos bancos e a abrazar os intereses creados da economía e a política, suicidas na súa forma de enfocar a globalización informativa da Rede\", pero inmediatamente vai máis aló e fai autocrítica: \"Polo camiño esquecemos que o periodismo é demasiado importante como para deixalo en mans dos xornais. Que a información é demasiado importante como para que a xestionen os propietarios das emisoras de televisión e os donos das radios. Esquecemos que o periodismo, máis alá do oficio e da técnica, máis alá do exercicio literario, é un compromiso, unha alianza cos cidadáns, un elemento central da democracia real. Un alicerce indispensable para a construción de sociedades libres. Perdemos o fío, pasamos de ser a blindaxe fronte á demagoxia a aliados do establishment, prisioneiros da axenda dos poderosos. Pechamos os ollos á perversión do noso traballo. Convertémonos en empregados e asumimos que a responsabilidade era doutros cando en realidade é nosa\". \"É hora de rebelarse contra os que se empeñan en marcarnos a axenda. É hora de deixar de ser gregarios e repetir todos a coro os mesmos titulares\" \"Asumámolo: somos culpables do que nos pasa\", conclúe. \"Só se o facemos, se nos armamos de humildade, se redescubrimos as nosas orixes, se recordamos a razón de existir do periodismo, se buscamos a luz dos que nos precederon na pelexa por construír sociedades xustas e ilustradas, só entón teremos unha oportunidade. É hora de rebelarse contra os que se empeñan en marcarnos a axenda. É hora de deixar de ser gregarios e repetir todos a coro os mesmos titulares. É hora de retecer complicidades cos cidadáns, os únicos aos que debemos fidelidade e servizo. É hora de devolver o xornalismo ao corazón da democracia, de recordar que só así construiremos sociedades libres\", subliña. \"Que non vos enganen dicindo que o periodismo morreu. O que está a morrer é unha forma de facelo e é hora, por certo, de que o faga\" \"Que non vos enganen dicindo que o periodismo morreu\" -di- \"O que está a morrer é unha forma de facelo e é hora, por certo, de que o faga. De que o enterremos con dignidade pero sen unha bágoa. Dunha vez\". \"É hora de que morra a vergoña do periodismo ao servizo dos poderosos. É hora de arrepor o periodismo de clic, ese que sacrifica os contidos relevantes no altar da banalización, que relega o transcendente para dar todo o espazo ao popular. A que dá prioridade ao superficial sobre o que resiste o paso do tempo, á última hora sobre o contexto, ao escándalo sobre a explicación, ao pensamento prefabricado sobre as zonas grises da realidade\", proclama. \"Dalgún modo tamén nos encarceran en España cando nos perseguen por gravar a violencia policial, cando nos forzan a calar a identidade dos bancos que botan a xente á rúa, cando nos emprazan a elixir entre o salario e a verdade\" Varela fai un chamamento a \"reiventarnos\" a \"achar a forma de manternos fieis ao que fomos, dignos da memoria do periodismo que nos fixo xornalistas\". \"E iso non depende da tecnoloxía, depende da nosa capacidade de non perder de vista o sentido da nosa tarefa, a natureza da nosa misión\", di. \"Mátannos en Somalia e en Iraq. Fannos prisioneiros en Exipto, en China ou en Rusia. Pero dalgún modo tamén nos encarceran en España cando nos perseguen por gravar a violencia policial, cando nos forzan a calar a identidade dos bancos que botan a xente á rúa, cando nos emprazan a elixir entre o salario e a verdade, cando pretenden que non podamos dar conta dos sumarios da corrupción. E se non dubidamos fronte á violencia, máis aínda debemos defendernos ante a iniquidade dos que mercantilizan o noso labor, os que nos prefiren dóciles, frívolos e falangueiros porque esqueceron que o noso deber non ten nada que ver coas contas de resultados nin coa perpetuación da orde establecida\", engade \"Colguemos o teléfono ás fontes interesadas e chamemos os que non teñen voz. Temos que reencontrar aquilo que merece ser contado, os feitos que nos transforman, os asuntos que marcan a diferenza, que nos fan mellores cidadáns e mellores persoas \"Rebelémonos. Miremos ao noso arredor\" conclúe- \"Colguemos o teléfono ás fontes interesadas e chamemos os que non teñen voz. Temos que reencontrar aquilo que merece ser contado, os feitos que nos transforman, os asuntos que marcan a diferenza, que nos fan mellores cidadáns e mellores persoas. Por nós, pero sobre todo polos que non teñen outra oportunidade, polos que doutro modo están condenados a permanecer invisibles\". E pecha o seu texto citando a Albert Camus: \"a liberdade non é nada máis que unha oportunidade para ser mellor\". \"Son só doce palabras, pero encerran a razón de ser do periodismo. Fagámolas realidade\", di. Mobilización contra a precariedade e polo dereito á información De igual xeito, a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) realizou un chamamento aos traballadores da comunicación para mobilizarse o 1 e 3 de maio contra a precariedade no sector e polo dereito á información. Denuncia o concurso para novas licenzas de TD porque está feito á medida dos grandes grupos e reforza o bipartidismo mediático. A FsSP denuncia o concurso para novas licenzas de TD porque está feito á medida dos grandes grupos e reforza o bipartidismo mediático No seu comunicado, os sindicatos alertan \"dos despidos masivos, da escandalosa precariedade no traballo e do peche de medios de comunicación\", ademais \"do ataque á liberdade de expresión e información que supón a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá -coñecida como Lei Mordaza-\". Así mesmo, denuncian o novo paso dado polo Goberno a favor da concentración de medios: \"convocou un concurso público para adxudicar seis novas licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TCT) en aberto e de cobertura estatal ao que, presumiblemente, só poderán presentarse os grandes grupos audiovisuais que xa acaparan a maioría das canles\". A FeSP considera que o 1 e o 3 de maio \"son dúas caras da mesma moeda\" pois \"uns traballadores precarizados non poden garantir unha maior calidade da información\" Igualmente, lembran que o Goberno \"segue sen aprobar a súa materia pendente de regular legalmente a profesión xornalística e elaborar unha Lei de Dereitos Laborais dos Xornalistas, o que segue provocando que o colectivo máis desfavorecido do sector, os xornalistas á peza, sigan pagando con maior dureza os efectos da crise\". Por estas razóns, a FeSP considera que o 1 e o 3 de maio \"son dúas caras da mesma moeda\" pois \"uns traballadores precarizados non poden garantir unha maior calidade da información\". Por iso convocan os profesionais da información a participar nas mobilizacións e actos convocados para celebrar o Día Internacional dos Traballadores e o Día Mundial da Liberdade de Prensa. Le o manifesto completo na web do CPXG"}
{"ID": "NOS_41633", "summary": "O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, afirma na Radio Galega que pular por unha candidatura que dea voz a Galiza é a prioridade, mais sen desbotar ningunha opción", "text": "Francisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG, afirmou hoxe na Radio Galega que a opción primeira na que o BNG traballa para as eleccións europeas é a dunha candidatura galega. Jorquera entende que cómpre erguer para esa cita (que terá lugar no verán de 2014) unha candidatura \"que de voz a Galiza\" e que leve a Bruxelas a defensa \"dos intereses e necesidades\" do país. Non desbotou constituír unha candidatura galega que fose da man con outras forzas nacionalistas vascas e cataláns na cita do verán de 2014 Porén, o portavoz parlamentar da fronte nacionalista, lembrou que nas eleccións europeas a circunscripción é a nivel estatal, o que fai máis complicado a partidos nacionalistas obter representación. Por iso, apuntou, non se desbotar artellar colaboracións con outras forzas das nacións do Estado. Jorquera lembrou que esa opción xa foi empregada polo BNG en algunha das anteriores citas europeas. Neste punto, mesmo non desbotou constituír unha candidatura galega que fose da man con outras forzas nacionalistas vascas e cataláns na cita do verán de 2014. Naval e condeas Preguntado no programa 'Galicia por Diante' sobre o naval, a resposta de Jorquera foi que o que acontece con este sector estratéxico para Galiza é un exemplo de como na UE hai dúas varas de medir. E, aliás, un exemplo de como o Estado español non traballa arreo para defender este sector. E no que atinxe aos intentos de criminalización do BNG, Jorquera foi claro no rexeitamento da violencia pola fronte nacionalista, mais considera que está a haber unha estratexia do PP de sacar unha cuestión que non preocupa en Galiza para desviar a atención dos verdadeiros problemas. \"Condenamos o intento de utilización do terrorismo que está a facer o PP\"."}
{"ID": "PRAZA_15701", "summary": "O pasado foi o ano no que o Servizo Galego de Saúde menos informou sobre as listas de agarda dende que estas son públicas ao diminuír a periodicidade dos informes, mudar a presentación dos datos e dificultar o acceso aos de períodos anteriores.", "text": "En marzo de 2014 entrou en vigor a lei de garantías de prestacións sanitarias, a norma que, ademais de facilitar o trasvase de pacientes do Servizo Galego de Saúde á sanidade privada, limita a información que a Xunta ten a obriga de ofrecer á cidadanía a respecto das listas de espera. O Goberno comezou a despregar diversos aspectos da norma cando entrou en vigor pero, no que atinxe ao recorte informativo, non o fixo ata a primavera do pasado ano, en vésperas das eleccións municipais. Menor periodicidade na difusión dos datos, cambios na presentación dos mesmos e mesmo unha reforma do sitio web do Sergas converteron o pasado 2015 no ano en que Sanidade informou menos a respecto das listas de espera dende que estas comezaron a ser públicas, nos últimos tempos de Fraga na Xunta. Dende mediados de 2005 o Sergas veu ofrecendo cada tres meses datos das súas listas de espera cirúrxica e de consultas externas, e dende 2009 tamén de probas diagnósticas. Coa aplicación do artigo 27 da devandita lei de garantías a información deixou de ser trimestral e converteuse en semestral. O Goberno pasou de informar catro veces ao ano a facelo só dúas e, aínda que a lei non o especifica, estipulou que os datos se difundisen con data de finais de xuño e mais de finais de decembro, cando a foto adoita ser máis favorable aos intereses gobernamentais. A periodicidade semestral permítelle ademais á Consellería de Sanidade librarse de difundir o que sempre é o peor dato do ano, o do terceiro trimestre, cando a lista de agarda se dispara por mor dos peches de camas no verán. Segundo indicou o PP no trámite parlamentario da lei esta \"valente\" decisión responde á intención de que o debate sobre as listas de espera \"pase a un segundo plano\". Coa nova lei Sanidade só informa sobre as listas de espera dúas veces ao ano e evítase ofrecer os datos do verán, cando a agarda aumenta polos peches de camas O Sergas recorta en cantidade de información, pero tamén en calidade. En dous trimestres de 2014 decidiu non incluír no cómputo global o dato de POVISA, o policlínico privado vigués que, en virtude do concerto co Sergas, é parte da rede pública malia presentar datos de espera moi por riba do resto de hospitais. Despois de negarse expresamente a difundir o dato global Sanidade volveu facilitar o cómputo incluíndo a POVISA, pero só verbalmente, na presentación das listas de espera ante a prensa, e sen incluílo na base de datos pública que pode ser consultada posteriormente polo conxunto da poboación. Esa base de datos tamén se viu afectada pola nova política informativa das autoridades sanitarias. Así, aproveitando a reforma da súa web corporativa o Sergas deixou de amosar todos os informes de listas de espera publicados dende 2005 e só ofrece a posibilidade de consultar os cinco últimos. Deste xeito, co actual formato quen procure datos no espazo oficial só terá información dende o segundo trimestre de 2014, non podendo así comparar con anos anteriores. Antiga web do Sergas, cando ofrecía todos os informes de listas de espera dende que comezaron a publicarse Neste escenario, e á espera de coñecer os datos do segundo semestre de 2015 -prevese que sexan públicos contra finais de xaneiro-, o primeiro informe con Jesús Vázquez Almuíña como conselleiro, a información máis recente é a de mediados de 2015. Daquela o prazo medio para acceder a unha operación cirúrxica no Sergas era duns 76 días, dezaseis máis dos fixados pola lei de garantías como límite a partir do cal é posible traspasar doentes á privada e, se estes se negan, retirarlles o dereito á espera mínima. Este resultado era uns seis días inferior ao rexistrado un ano antes pero seguía por riba dos datos rexistrados no mesmo momento do ano en exercicios como os de 2008 ou 2009."}
{"ID": "PRAZA_14228", "summary": "O conxunto das comunidades autónomas pechou o primeiro semestre cun déficit do 0,77%", "text": "Galicia rexistrou un déficit de 604 millóns de euros, o 1,07% do Produto Interior Bruto (PIB) da autonomía, no primeiro semestre do ano tanto en termos de Contabilidade Nacional como en termos homoxéneos (descontando os anticipos a conta), segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O dato é superior á media do conxunto de todas as comunidades, pero inferior ao mesmo período do ano pasado. O déficit acumulado das autonomías é do 0,77% En conxunto, as comunidades autónomas rexistraron un déficit de 8.063 millóns, o 0,77% do PIB, no primeiro semestre do ano en termos de Contabilidade Nacional, aínda que se se valora a cifra en termos homoxéneos (descontando os anticipos a conta), contabilizaron un déficit de 9.823 millóns de euros, o 0,93% do PIB. O déficit alcanzado por Galicia é de 604 millóns de euros nos seis primeiros meses de 2012, cando no mesmo período do ano pasado situábase en 703 millóns, o que supón reducir nun 14,08% este dato. A porcentaxe que representa o déficit da Comunidade Autónoma sobre o conxunto do seu PIB até xuño (1,07%) é case dúas décimas inferior ao que representaba no primeiro semestre de 2011 (1,23%). O déficit de Galicia descendeu un 14% con respecto ao ano pasado Con estes datos na man, a Xunta garante que Galicia \"cumprirá\" o obxectivo de déficit público deste ano, fixado no 1,5% do PIB. A través dun comunicado, a Consellería de Facenda reivindica que en 2011 foi a comunidade que terminou como \"a autonomía con menor déficit público\" e destaca ademais que executou \"con máis axilidade\" e conseguiu \"máis liquidez\" porque \"acelerou o seu programa anual de endebedamento na primeira metade do exercicio\". \"Ademais, a Administración autonómica está a pagar con máis axilidade aos seus provedores, unha media inferior aos 50 días\", subliña o departamento, que engade que estas circunstancias \"permitiron\" que a comunidade \"puidese executar o seu orzamento a bo ritmo até o 30 de xuño, superando o 50%, 1,5 puntos máis que o ano anterior a esas alturas\". En termos de contabilidade nacional, todas as comunidades autónomas rexistraron déficit até xuño. As rexións con máis déficit foron Navarra (-2,50%), Estremadura (-1,89%) e Murcia (-1,80%). A continuación situáronse, Andalucía (-1,27%), Canarias (-1,24%), Galicia (-1,07%), Cantabria (-1,01%), Castela e León (-0,87%), Castela-A Mancha (-0,73%), Cataluña (-0,59%) Aragón (-0,68%), A Rioxa (-0,55%), Asturias (-0,53%), Baleares (-0,40%), Comunidade Valenciana (-0,30%) e País Vasco (-0,19%). En canto á media estatal, o déficit en termos de Contabilidade Nacional é un 53,7% inferior ao rexistrado no mesmo período de 2011, cando alcanzou os 17.414 millóns, o 1,64% do PIB. Para o Goberno central, as autonomías están \"no camiño\" de cumprir o obxectivo de déficit do 1,5% a final de ano."}
{"ID": "PRAZA_20396", "summary": "Nos últimos tres anos Galicia viu marchar a outros territorios do Estado a case sete mil menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron. En cambio, mellora o saldo migratorio co estranxeiro entre as xeracións máis novas, e é positivo por primeira vez dende o 2011.", "text": "Os mozos e mozas galegas seguen marchando a outras comunidades. Durante o ano 2016, segundo a estatística do INE, unhas 14.000 persoas marcharon de Galicia a outros territorios do Estado, facendo o camiño inverso 12.450, un saldo negativo de 1.584. Cifras cativas en apariencia, pero que analizados os datos por idade amosan que son as xeracións máis novas as que marchan de Galicia, mentres que os e as maiores de 45 anos maioritariamente chegan ou regresan despois de residir noutros lugares de España. Nos últimos tres anos Galicia viu marchar a outros territorios do Estado a case sete mil menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron Así, tomando unicamente os e as menores de 45 anos, o saldo migratorio interautonómico en 2016 foi de -2.126, cifras semellantes ás dos anos anteriores. É dicir, nos últimos tres anos Galicia viu marchar a outros territorios do Estado a case sete mil menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron. Pola contra, entre os maiores de 45 anos, o saldo foi sempre positivo. Diferente é a realidade das migracións ao estranxeiro. Neste caso o saldo para Galicia é positivo en 4.772 persoas (chegan máis inmigrantes dos emigrantes que marchan), mellorando moito o dato do ano 2015 (+41). Ao longo da crise en 2012 (-931), sobre todo en 2013 (-3.886) e en 2014 (-319) si houbo máis emigrantes que inmigrantes. Neste caso a idade non marca grandes diferenzas no saldo migratorio: aos e ás menores de 45 anos correspóndelle a parte máis importante dos fluxos, pero tamén con máis entradas que saídas en 2016. É a primeira vez dende 2011 que Galicia recibe máis inmigración nova (menores de 45 anos) dende o estranxeiro que emigrantes destas xeracións envía a outros países É a primeira vez dende 2011 que Galicia recibe máis inmigración nova (menores de 45 anos) dende o estranxeiro que emigrantes destas xeracións envía a outros países. Entre 2012 e 2015 asentáronse fóra de España uns 30 mil mozos e mozas, mentres que algo máis de 25 mil persoas de menos de 45 anos comezaron a vivir no noso país procedentes de fóra do Estado. En canto aos destinos dos galegos e galegas que marchan vivir a outras comunidades autónomas do Estado español, Madrid segue sendo o principal, acollendo 1 de cada 5 emigrantes en 2016. A certa distancia aparecen Cataluña, Canarias, Andalucía e Castela-León."}
{"ID": "PRAZA_9537", "summary": "A folga no sector da Xustiza fixera descender o seu número nos dous primeiros trimestres, pero na segunda metade do ano a cifra disparouse. Tamén acadan un récord das ordes de protección solicitadas e adoptadas e as condenas por violencia machista", "text": "En 2018 presentáronse nos xulgados galegos 6.537 denuncias por violencia de xénero. A cifra supón un incremento do 1,6% con respecto ao pasado ano e, polo tanto, marca un novo máximo histórico. Hai que ter en conta que no primeiro semestre o efecto da longa folga que se viviu no sector da Xustiza (118 días entre febreiro e maio) fixo que as denuncias descendesen notablemente (un 20% no primeiro trimestre e algo menos no segundo). Porén, na segunda metade do ano as denuncias disparáronse en Galicia (+13% no terceiro trimestre e un +19% no cuarto).A folga na Xustiza fixo que as denuncias presentadas descendesen no primeiro semestre, pero o seu número disparouse na segunda metade do anoTamén se acadou un novo máximo histórico no número de ordes de protección solicitadas polas vítimas (2.021, un 5% máis) e definitivamente adoptadas (1.357, un 6% máis). E, igualmente, nas condenas totais por violencia machista, que ascenderon a 685, un 19% que no ano 2017. A porcentaxe de sentenzas condenatorias pasou do 77,6% ao 86,7%. Sete de cada dez homes xulgados por este motivo eran de nacionalidade española e o resto estranxeiros, unha proporción semellante á que se rexistra nas denunciantes.Houbo tamén un máximo de ordes de protección solicitadas e adoptadas e igualmente un récord nas sentenzas condenatoriasPaz Filgueira, durante anos a titular do Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo e na actualidade responsable do Xulgado de Familia número 12 da cidade olívica, alertaba nesta entrevista das carencias que presentaban moitos xulgados galegos, sobre todo fóra das zonas urbanas, para dar resposta á violencia machista. A realidade é que en Galicia só hai dous xulgados exclusivos de violencia de xénero. O resto dos partidos xudiciais teñen un xulgado que cumpre esas funcións, pero son funcións compartidas. De igual xeito, Raquel Doval, coordinadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, alertaba nesta conversa de que \"hai mulleres que cando van denunciar, ao final bótanse para atrás ao non verse ben atendidas\"O efecto da folga na XustizaA estatística feita pública este venres 8 de marzo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia amosa tamén o fondo efecto provocado neste ámbito pola folga no sector. No gráfico pódese observar a evolución entre o número de denuncias presentadas en cada trimestre de 2017 e 2018, cun forte descenso no primeiro trimestre de 2018, algo menor no segundo. E, en cambio, como na segunda metade de ano a cifra de casos que chegaron aos tribunais foi moi superior á do mesmo período de 2017."}
{"ID": "PRAZA_2026", "summary": "Turismo de Galicia adxudica a través dun contrato privado coa empresa propietaria da proba ciclista o patrocinio de cinco tiradas da vindeira edición. O Goberno galego deixou desaparecer o Xacobeo Galicia por non achegarlle un millón de euros.", "text": "DOCUMENTO: Contrato privado entre Turismo de Galicia e a empresa propietaria da Vuelta Case tanto como o equipo ciclista galego que a Xunta deixou desaparecer. En febreiro de 2012 o ciclista Ezequiel Mosquera revelaba nunha entrevista en Praza Pública que o Goberno galego deixara desaparecer o Xacobeo Galicia porque, malia aos seus éxitos deportivos, dicía non estar en condicións de achegar arredor dun millón de euros, fondos necesarios para a supervivencia do equipo. Case inmediatamente despois o Executivo apostou por unha vinculación co mundo do ciclismo ben distinta: o patrocinio de diversas etapas da Vuelta Ciclista a España, que agora retoma cunha achega de 700.000 euros para que a competición saia dun balneario da provincia de Ourense en 2016. Malia ocultarllo ao Parlamento, xa en 2013 a Xunta, a través de Turgalicia, achegou 165.000 euros á organización de La Vuelta. Eses fondos serviron para pagar o anuncio publicitario da proba deportiva, que comezou sobre unha batea da ría de Arousa cun acto no que participaron Alberto Núñez Feijóo, Mariano Rajoy e Rafael Louzán. A inxección de fondos públicos no evento aumentou ao ano seguinte, cando co concepto \"promoción do Turismo de Galicia\" o Goberno achegou á empresa organizadora de La Vuelta case 300.000 euros, que se sumaron aos patrocinios das deputacións de Pontevedra e da Coruña Despois de que neste 2015 non existisen achegas públicas e a carreira non pasase por territorio galego, o pasado día 11 a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, desprazábanse ata a localidade vallisoletana de Medina del Campo para anunciar o que a Xunta cualifica como \"momento histórico\". La Vuelta regresará a Galicia en 2016 e vaino facer dende o seu inicio. A primeira etapa partirá \"dun balneario da provincia de Ourense, onde terá lugar unha contrarreloxo por equipos\", avanzou Turismo, que ademais detalla que Galicia \"albergará cinco etapas que transcorreran polas catro provincias galegas\". A Xunta deixou desaparecer o equipo ciclista galego por non achegarlle 1 millón de euros, segundo revelaron os ciclistas No comunicado oficial ao respecto a axencia pública non especificou o impacto que este evento terá nas arcas públicas, que ascenderá a 700.000 euros dos que 50.000 serán pagados xa este ano e os restantes, xa en 2016. Ese é o importe polo que Turismo de Galicia e Unipublic, a empresa propietaria dos dereitos de La Vuelta, pecharon un contrato privado que Nava Castro asinou o pasado 7 de setembro e incorporou á Plataforma de Contratación da Xunta o propio día 11, cando se celebrou o acto en Medina del Campo. O Goberno achegou, cando menos, 165.000 euros a La Vuelta de 2013 e case 300.000 á de 2014 Segundo este documento, a cifra de 700.000 é a estipulada por Unipublic para desenvolver unha \"proposta técnica\" que inclúe o pagamento do anuncio promocional de La Vuelta 2016, e a colocación dun \"arco quilométrico\" na derradeira tirada da edición de 2015, que se celebra este domingo en Madrid, anunciando a saída do próximo ano. Xa en 2016 os fondos da Xunta servirán para a difusión do acto de presentación do percorrido, no \"primeiro trimestre\" do ano, ademais de para a inclusión de marcas e logotipos de Turismo de Galicia en diversos elementos da proba. A axencia pública disporá, asemade, dunha \"carpa con mesas e cadeiras\" para a \"recepción de convidados\" nas etapas que se celebren en Galicia. Segundo o Goberno galego, \"as últimas etapas de La Vuelta 2015 disputadas en terras galegas supuxeron máis dun billón de audiencia e unha valoración de 16 millóns de euros\". Atendendo aos cálculos de Turismo, \"o retorno económico\" do \"paso por Galicia\" deste evento \"foi máis de 4 millóns de euros, dos que máis de 2 proviñeron da repercusión mediática e máis de 1,7, do retorno do investimento directo\"."}
{"ID": "NOS_24216", "summary": "Aplu insta ao empresario inmobiliario a protexer a contorna do Pazo de Xaz, en Oleiros.", "text": "A Xunta, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu), remitiu ao Concello de Oleiros unha serie de actuacións informativas para a \"reposición da legalidade urbanística\" na contorna do Pazo de Xaz, propiedade do empresario Manuel Jove, segundo informa a Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega). Nun comunicado, esta entidade sinala, en base á documentación da Administración galega, que existen \"unha serie de obras\" executadas na contorna do Pazo de Xaz \"que non se axustan á licenza para a que foron outorgadas\". O organismo lembra ao respecto que é o concello \"o que ten a responsabilidade de incoar un expediente que repoña a legalidade urbanística xa que as obras non se axustan ás condicións previstas\", explica Ascega. O Pazo de Xaz, que data de principios do século XVI, é un dos seis espazos catalogados como Bien de Interese Cultural (BIC) en Oleiros. \"Existe polo tanto a obriga por lei, de solicitar permiso á Xunta para levar a cabo calquera obra neles ou na súa contorna\", asegura a asociación de empresarias. Tamén precisa que se fixo unha inspección no citado inmoble e \"constatouse a existencia dunha serie de construcións prefabricadas que albergan vodas e banquetes\" sen que, segundo esta entidade, \"haxa noticias de que en Patrimonio se teña realizado unha petición para levar a cabo eses cambios en Xaz. Novos solos Namentres, o empresario segue coa súa aposta no ladrillo. A través de Avantespacia, Jove vén de ampliar a súa carteira con dous novos solos en Málaga, onde poderá levantar 40 vivendas no que será o seu terceiro desenvolvemento na cidade, e Granollers, cunha parcela de 4.430 metros cadrados onde prevé construír 42 vivendas."}
{"ID": "NOS_13720", "summary": "Na súa achega semanal á rede galega de vídeo-blogues, o director de Sermos analisa o conflito entre Beiras e Yolanda Díaz a conta da candidatura da Marea para as eleccións galegas.", "text": "Todo indica que Beiras se quer candidatar para as eleccións galegas e que esa opción non provoca precisamente entusiasmo en largos sectores das mareas. Sobre este asunto reflicte esta semana na súa vídeo-columna o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto."}
{"ID": "NOS_39707", "summary": "Será o prezo do recibo medio após a subida do IVE no tipo xeral desde o 18 até o 21% en setembro, tal e como inclúe o último paquete de medidas anunciado polo Goberno español, unha suba de 1,98€ que se vén sumar ao incremento no prezo do kWh vixente desde xullo, de 3,20€ por recibo", "text": "Case 80 euros. Será o prezo medio da factura da luz após a subida do IVE no tipo xeral desde o 18 até o 21% en setembro, tal e como inclúe o último paquete de medidas anunciado polo Goberno español, unha suba de 1,98€ que se vén sumar ao incremento no prezo do kWh vixente desde xullo, de 3,20€ por recibo. Así as cousas, segundo os datos dun informe de Facua, elaborado ao redor dos datos dunha persoa usuaria con 4,4 kW de potencia contratada e un consumo mensual de 366 kWh --a media no Estado-- pagará ao mes 79,66 euros: 62,63 máis o 27,2% do imposto sobre a electricidade e do IVE. Ollando os datos de abril, o recibo andaba polos 74€. Di Facua que en dez anos o prezo da electricidade se incrementou un 86%. En euros, 442 ao ano. Máis subas a final de ano?A pesar do importante desembolso que pagar a factura a luz suporá para as familias no contexto socio-económico actual, o Goberno español non descarta aplicar novas subidas a final de ano para alén de prepararen un cambio regulatorio. Do que se trata é de recortar o dereito d@s consumidor@s a se acolleren á tarifa fixada polo Ministerio de Enerxía, \"obrigando a contratar as tarifas no mercado libre, que son aínda máis caras\". Alerta a organización non gobernamental de que a TUR --Tarifa de Último Recurso-- é aprobada cada tres meses a teor do ditado nunha poxa \"escura\" realizada polas empresas eléctricas e onde o prezo do kWh está decidido antes de que comece o acto polas dúas principais xeneradoras: Endesa e Iberdrola. O modelo, deseñado por José María Aznar a finais dos '90, complétase ao publicaren no BOE --Boletín Oficial do Estado-- o resultado da poxa, pois o prezo do kWh que se fixa no mercado ao por maior determina o que se aplicará ao consumo doméstico na tarifa que fixa o Goberno central, a TUR. Aínda que tal proceder foi cuestionado polas comisións estatais de Enerxía e da Competencia, o Goberno español segue a resolver a favor das multinacionais, que en 2011 obteron un beneficio que rolda os 10.000 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_24680", "summary": "Mulheres nacionalistas galegas vén de organizar para este sábado, 15 de decembro, o roteiro 'Sons de mulleres'. Desde a xinecóloga Olimpia Valencia López até a pedagoga Antía Cal, pasando por espazos creados para combater a violencia machista, oficios feminizados como o das cesteiras, e lugares onde elas se xuntaban e ían tecendo as súas redes, como o mercado ou o tanque do lugar, son 15 as paradas que fan visíbeis as súas achegas", "text": "Un roteiro polo casco histórico de Vigo con quince paradas obrigadas: aquelas en que as mulleres deixaron a súa pegada contribuíndo á identidade da cidade e da Galiza, e que foron silenciadas pola historia. Desde a xinecóloga Olimpia Valencia López até a pedagoga Antía Cal, pasando por espazos creados para combater a violencia machista, oficios feminizados como o das cesteiras, e lugares onde elas se xuntaban e ían tecendo as súas redes, como o mercado ou o tanque do lugar. É esta unha síntese do proxecto 'Sons de mulleres', unha achega de Mulheres nacionalistas galegas que o colectivo porá en marcha este sábado na cidade olívica onde, como en tantos outros lugares, \"tamén se vive de costas á visibilización delas\". Por isto, en MNG entenden que \"é de xustiza facer este recoñecemento, xa que o que non se nomea non existe, para que a memoria e a historia recoñezan o protagonismo que corresponde ás mulleres\". O roteiro arrincará ás 12 do mediodía desde o punto 15. Aquí abaixo colocamos o percorrido completo."}
{"ID": "NOS_5122", "summary": "Tres ciclistas galegos están situados entre os 10 primeiros clasificados", "text": "A 83 Volta a Portugal em Bicicleta continúa o seu curso, e na xornada de onte tivo lugar a sexta etapa das 10 que conforman o calendario da proba, que uniu a través de 159 quilómetros as localidades de Águeda e a Maia nun percorrido no que os corredores tiveron que subir dous portos de montaña, Santa Meria de Feira e a Serra de Santa Justa, de cuarta e terceira categoría, respectivamente. Como era de prever, a etapa rematou ao esprinte, no que acabou impoñéndose o estadounidense Scott McGill (Wildlife Generation Pro Cycling), na que é a segunda vitoria do yankee despois da que obtivo na primeira etapa, resultados aos que engade dous segundos postos na segunda e a cuarta. Con respecto aos galegos, o primeiro en atravesar a liña de meta foi Ángel Sánchez, na posición 19, tres postos por diante de Delio Fernández (22). Alejandro Marque rematou de 34 e o último foi Guillermo García, 58. Porén, as cousas na xeral son ben diferentes para eles, pois o primeiro dos ciclistas galegos é o veteranísimo Álex Marque (Atum General-Tavira), quen se sitúa sexto a tres minutos e 33 segundos do líder, Frederico Figueiredo (Glassdrive), quen supera en tan só sete segundos ao uruguaio ex do Vigo-Rías Baixas Mauricio Moreira. Inmediatamente despois de Marque irrompe o seu compañeiro de equipo e tamén veterano (36 anos) Delio Fernández, sétimo a catro minutos e 17 segundos. Ángel Sánchez (Tavfer) completa a presenza galega no 'Top-10' fechando a lista dos 10 primeiros clasificados. Por último Guillermo García (Radio Popular) ocupa a posición 100. A carreira chega a Braga No día de hoxe a Grandíssima achégase a territorio galego, pois a súa sétima etapa decorrerá entre Santo Tirso e Braga. A organización argallou unha ruta de 150 quilómetros lisa como unha táboa ben pulida... até que a falta de 25 para a liña de meta comeza a ascensión ao porto de montaña de Sameiro. Non obstante, a afección ao deporte das dúas rodas non poderá gozar dun final en alto, pois tras coroar no quilómetro 141,6 os ciclistas iniciarán un importante descenso até o centro de Braga, concretamente á Avenida da Liberdade. O último esprinte de Álex Marque: o da Estrada di adeus aos seus 40 anos 40 anos ás súas costas, 41 a partir do 23 de outubro. Un mundo para un ciclista. Como referencia, Miguel Indurain botou pé a terra con 32; Abraham Olano e Jan Ullrich, con 33; a finais de maio, Vincenzo Nibali, gañador dun Tour, dous Giros e unha Vuleta, un dos máis veteranos do pelotón (37), anunciaba o seu adeus a finais da presente tempada. Pero Alejandro 'Álex' Marque segue rodando, e a un gran nivel, como continúa acreditando na Volta a Portugal. Non por nada no país veciño é coñecido como \"o privilegiado\". Profesional desde 2004, percorrendo practicamente todas as escuadras portuguesas, o seu terceiro posto na edición do ano pasado foi chave para a súa continuidade en activo durante unha tempada máis, subindo así por terceira ocasión a un podio da Grandíssima, na que se impuxo en 2013. Pero nesta ocasión, aínda que continua teimudamente instalado nos postos de privilexio, \"a decisión está tomada\", mais sendo consciente de que será duro deixar un ciclismo que para el é \"unha roda que vai encontrando antigos e novos colegas\"."}
{"ID": "NOS_55641", "summary": "Máis de 18.000 traballadores convocados. Os sindicatos falan dun seguemento \"masivo\".", "text": "Máis de 18.000 traballadores do sector da metal da Coruña estaban convocados a esta segunda xornada de greve provincial que decorre nesta terza feira, 27 de xuño, e que está a ter un seguemento masivo, segundo os sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UXT). A greve paralizou desde as primeiras horas a actividade nos polígonos industriais da provincia. Nos polígonos industriais de Ferrol, Fene, As Pontes, Santiago de Compostela e A Coruña, o seguimento da greve é case total, e no conxunto da provincia é moi alta. Con este paro, que terá continuidade o 4 e 5 de xullo, procúrase un desbloqueo da negociación colectiva, paralizada desde hai moitos meses pola patronal. Os sindicatos lembraban hai uns días que van dous anos desde o inicio da negociación do convenio e que a patronal mantén unha actitude de bloqueo. \"Non acepta practicamente ningunha das reivindicacións presentadas pola parte social, pretendendo liquidar a negociación sen ningunha mellora substancial para os traballadores do sector\", como apontan desde CIG-Industria."}
{"ID": "NOS_44577", "summary": "Apostan por ampliar a actividade nos hospitais ao horario de tarde para que as consultas coas médicas especialistas que adoitan a producirse só polas mañás, como \"prevención\" pola pandemia da COVID-19 e co obxectivo de evitar as aglomeracións, pasen a ser tamén polas tardes.", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) propón nun borrador dunha instrución para todas as áreas sanitarias da Galiza que a actividade nos hospitais se amplíe ao horario de tarde, é dicir, que haxa unha \"reprogramación\" das consultas coas médicas especialistas que adoitan a producirse só polas mañás, como \"prevención\" pola pandemia da COVID-19 e co obxectivo de evitar as aglomeracións das pacientes. Este borrador, ao que tivo acceso Nós Diario, recolle que \"a actual situación de crise sanitaria está a ratificar, na práctica, a gran relevancia preventiva das medidas de distanciamento social ou físico nos lugares públicos e nos centros de traballo, de tal maneira que a concentración de persoas nos espazos comúns dos edificios implica un incremento do risco de contaxio\". Baixo esta premisa, o Sergas aposta por \"fomentar as modalidades de atención non presencial e o teletraballo\" e por \"reformular\" a organización vixente, que \"centraliza a actividade e a recepción de usuarias nun tramo horario concreto (o de mañá)\"; así como por \"impulsar unha nova programación funcional que fomente o incremento da actividade ordinaria no horario de tarde\" nos centros sanitarios. Consultas de 15 a 22 horas Así, o Sergas quere optimizar os hospitais entre as 15 e as 22 horas baixo o apelativo dunha \"reformulación funcional preventiva\" para todas as áreas sanitarias do país. No borrador, que está a ser estudado polos sindicatos, non hai referencias a que o Sergas vaia contratar a máis profesionais sanitarias para esta \"reformulación\". Porén, da redacción do texto despréndese que será o persoal xa contratado o que pasará a traballar tamén de tarde. Segundo o borrador, \"os criterios para determinar o persoal afectado por esta reprogramación da actividade\" serán fixados coa participación das \"xuntas de persoal\" e das \"comisións de centro\" de cada área sanitaria. \"Cando se trate de persoal que teña prestado servizos no mesmo día en horario de mañá\", concede o Sergas, \"procurarase que a prestación se realize nas horas inmediatamente seguintes\" á súa xornada habitual. Non perder dereitos Nunha análise inicial, as representantes sindicais consultadas por Nós Diario avisan de que non cederán nos \"dereitos consolidados\" das profesionais sanitarias e salientan que esas \"ampliacións de xornada\" que propón o Sergas poden levarse a cabo de formas que non perxudiquen o descanso das profesionais, así como as súas condicións laborais. Detalles esenciais que terán que tratar co Sergas antes de que se aprobe esta instrución. Co sistema actual, os hospitais traballan ao 100% sempre en horario de mañá, cando se concentran as consultas. Isto permite perpetuar a dinámica de derivar consultas á sanidade privada en horario de tarde, así como que profesionais que traballan na sanidade pública de mañá, pasen consulta na privada de tarde."}
{"ID": "NOS_33265", "summary": "Persoal da multinacional, veciñas e veciños piden unha solución para o futuro da factoría de Cervo. O comité de empresa prevé iniciar esta cuarta feira reunións con Liberty e outros posíbeis compradores da planta.", "text": "A Mariña volveu a apoiar ao persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo). Unhas 5.000 persoas, segundo estimacións do comité de empresa, entre traballadoras, traballadores, veciñas e veciños, concentráronse este domingo diante do Concello de Xove para urxir ao Goberno español, a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), a acometer a \"intervención temporal\" da fábrica. A protesta serviu tamén para lembrar que hai un ano do inicio das mobilizacións contra o expediente de regulación de emprego (ERE) exposto o 28 de maio de 2020 pola multinacional. Este expediente, que posteriormente foi suspendido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), está agora pendente do que decida o Tribunal Supremo sobre o recurso presentado por Alcoa. O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, agradeceu a \"moi boa\" acollida que tivo a mobilización, que discorreu \"nun ton reivindicativo\" após 365 días con máis de 500 empregos no aire. De fondo as consignas que se escoitaban demandaban 'Enerxía solución', 'Alcoa sálvase loitando' e 'Madrid, escoita, A Mariña está en loita'. No acto fixeron saltar polo aire unha torta de aniversario para simbolizar o tempo transcorrido desde a presentación do ERE. Sen novidade da SEPI Un ano despois, tal e como lamentou Zan, o persoal da planta segue \"pendente\" dunha intervención temporal por parte da SEPI que, de feito, é un \"mandato do Parlamento da Galiza e do Congreso\". Esta compra pública temporal serviría, explica o presidente do comité de empresa, para que despois o Estado español venda a fábrica a un terceiro que garanta a carga e os postos de traballo. Zan asegurou que esta semana o comité de empresa iniciará unha rolda de reunións cos posíbeis compradores, comezando esta cuarta feira con Liberty, a primeira que se interesou pola fábrica da Mariña."}
{"ID": "NOS_21796", "summary": "O día de mañá leva marcado no calendario das amantes do fútbol desde que a UEFA oficializou o calendario da Euro como, quizais, o máis potente en canto ao nivel dos partidos, cun Portugal-Alemaña, outra quenda para ver as evolucións de Mbappé e compañía e o España-Polonia.", "text": "A Eurocopa 2021, estabelecendo unha analoxía co ciclismo, alcanza este sábado a etapa raíña da súa primeira fase cos partidos que enfrontarán Hungría con Francia (15 horas), Portugal-Alemaña (18 horas) e Polonia contra España (21 horas). O primeiro non ten máis aliciente que ver de novo en acción -nesta ocasión ante un rival moi inferior- á máxima favorita ao triunfo final. Ben diferente é a situación da selección española, que precisa imperiosamente dunha vitoria ante a Polonia do actual Bota de Ouro, Robert Lewandowski, se non quere chegar ao último encontro sen depender de si mesma. E no caso do Portugal-Alemaña, unha vitoria dos vixentes campións deixaría practicamente fóra do torneo aos alemáns e aclararía definitivamente o panorama no 'Grupo da morte'. Suecia-Eslovaquia O de España está sendo un dos grupos máis frouxos en canto a espectáculo futbolístico, e o Suecia-Eslovaquia (1-0) disputado na tarde de hoxe non foi unha excepción a esta tónica. O único capaz de rachar a igualdade entre dous conxuntos con demasiado medo a fallar foi unha pena máxima materializada por Forsberg nunha segunda metade que estivo máis animada que un primeiro tempo realmente soporífero. Tan só puntuais bafareiras de calidade do veterano Hamsik e as intervencións de ambos os porteiros animaron un choque que, á espera do resultado dos españois, deixa todo aberto no Grupo E. Croacia-Chequia Máis interesante estivo un duelo entre croatas e checos (1-1) caracterizado pola intensidade, até tal punto de que o gol inicial foi transformado por un ensanguentado Schick -novo máximo goleador do torneo- desde o punto de penalti logo de recibir unha dura cotobelada de Lovren. No segundo tempo cambiou o conto e o croata Perisic aproveitou un despiste defensivo da Nároďák para subir ao marcador un empate que tornaría en definitivo, pois ambas seleccións darían por bo o resultado, evitando correr riscos innecesarios."}
{"ID": "PRAZA_7288", "summary": "Que ninguén pense que ningunha transformación será posible sen procesos de confluencia e de unidade. Que ninguén se arrogue en exclusiva a representación dese suxeito autónomo que xorde precisamente contra a representación e contra a expropiación —diferimento— da súa capacidade política colectiva.", "text": "Se non me engano, que son de letras, a masa crítica vén a ser algo así como a cantidade mínima de material necesaria para que se manteña unha reacción nuclear en cadea. Socialmente, a imaxe suscita en nós certa idea de revolución sen pausa e posúe unha gran potencia metafórica. Talvez por esa razón, Rafa Sisto acudiu a ela na Conferencia Nacional sobre as eleccións municipais que Anova celebrou na Casa Común de Rarís (Teo) o pasado 30 de novembro. A masa crítica como condición para os gobernos populares que xurdan das próximas municipais. Na idea de masa crítica conforme a formulaba Rafa Sisto —e tamén Beiras xa hai dúas décadas— como garantía de continuidade e progresión dun exercicio do poder municipal que vaia máis alá da xestión da miseria en favor dunha minoría, hai tamén unha conexión coa idea de partido movemento que, coma a olorosa pantera de Dante, persegue Anova desde o momento mesmo da súa fundación. O partido movemento como ferramenta construtora de redes de cooperación popular. Ou sexa, construción de comunidade e de institucións alternativas. Porque alá onde empeza a agromar a dualidade institucional, onde a iniciativa popular emerxe para cubrir os espazos que as institucións do réxime abandonan ou eluden, un novo poder aspira a reconfigurar o mundo e reordenar a súa base material. Neses instantes históricos, o pobo impón novas formas de goberno, practica a democracia radical, absoluta, fai das súas institucións embrionarias ferramentas contra o réxime que está en declive, organízase como Cidadanía Republicana Constituínte. É Novo Poder Constituínte. O momento de caos sistémico, de crise orgánica do capital e de apodrecemento do réxime posfranquista instala a excepcionalidade. As vellas organizacións clásicas perderon toda lexitimidade para manter a súa exclusiva sobre a acción política, a mediación e a representación. Ao quedar disolta a delimitación entre o regular e o extraordinario, ábrense todas as portas a posibilidades que van moito máis alá do permitido polo réxime, máis alá mesmo do que o vello sentido común sistémico é xa capaz de concibir. A famosa hexemonía, outra olorosa pantera para a esquerda, anda aos tombos, e iso quere dicir que se albisca lugar para un sentido común alternativo. Aí está; a famosa contrahexemonía. A crise da representación, unha fiel proxección da crise dun modelo económico que enriquece desesperadamente unha porcentaxe ínfima da sociedade por conta do traballo sobreexplotado da inmensa maioría, esixe un compromiso ético e político: limitación de mandatos, moderación nas percepcións económicas e, sobre todo, revogabilidade e fórmulas de participación e poder popular para un xeito radicalmente novo de entender a democracia. Ao seu lado, un programa de accións que dea prioridade á propiedade pública e aos intereses da maioría sobre o negocio e os intereses privados dunha minoría selecta. A construción dun espazo político do común. Xa non abonda con acceder ás institucións para xestionalas mellor e máis limpamente, para deter os golpes deste capital que se reestrutura desestruturando o traballo. Sen renunciar a unha xestión xusta, democrática e eficaz do ben común, cómpre ir máis alá. As institucións do réxime xa non saben conter as necesidades populares e entran en contradición coas novas formas —e esixencias— de entender a política e a xestión democrática do ben común e do espazo público. O proceso de cambio, pois, non poden protagonizalo as organizacións, ao vello estilo; iso sería recaer na mesma fractura que caracteriza o réxime. O suxeito da ruptura democrática desborda necesariamente as organizacións. A esquerda que saiba comprender a natureza, a dimensión e a necesidade do proceso confluirá no ámbito da unidade popular. Sen medo sequera a diluírse nel. E para que a unidade popular sexa efectiva, real, e non un simple reclamo, iso que se deu en chamar significante flotante —ou baleiro— a súa dimensión política non pode ser secundaria, ten que facerse recoñecible. Ben mediante unha referencia común, unha denominación única para todas as candidaturas populares que se desenvolvan por Galicia adiante, ben como unha constelación de candidaturas que, alén das súas especificidades, fan parte identificada do mesmo proceso de creba democrática. Nese sentido, xa non é suficiente unha simple suma de siglas. A unidade popular é un proceso expansivo incompatible co fetichismo da organización. O fenómeno político das mareas dinos aquilo que xa o 15M —e antes o movemento Nunca Máis, esnaquizado por unha redución instrumental— foi capaz de pronunciar: o pobo soberano é irrepresentable e toma nas súas mans, sen mediación, os ramais da política. Falamos das mareas non como marca, senón como ámbito de participación de persoas que militan en organizacións sociais, culturais e políticas, canda individuos sen militancia, en pé de igualdade, todas e todos sometidos ás decisións democráticas da xente. Isto non esixe que sexan necesariamente as persoas sen militancia as que propicien estas zonas de construción da unidade popular. As organizacións da esquerda de ruptura, nomeadamente Anova e aquelas que fan parte dun espazo AGE en expansión, terían que asumir esta tarefa política de forma prioritaria. Non se trata de ningunha caste de impulso vertical nin de control da expresión popular. Todo o contrario. Simplemente se trata de abrir o espazo para que eses procesos, necesariamente autónomos, se poidan producir. Na historia e no terreo social nada hai irreversible, aínda que todo o pareza. Tampouco o proceso de unidade popular, mediante o que a multitude se constitúe en suxeito autónomo que desborda as organizacións, as súas marcas, as súas tácticas de mercado, os seus marcos. Por iso é importante, creo, acumular forzas diferentes na mesma dirección. Que ninguén pense que ningunha transformación será posible sen procesos de confluencia e de unidade. Que ninguén se arrogue en exclusiva a representación dese suxeito autónomo que xorde precisamente contra a representación e contra a expropiación —diferimento— da súa capacidade política colectiva. Que ninguén ouse suplantala, por moi embebido de euforia demoscópica que se sinta, porque cando só serve gañar, a derrota e o abandono de posicións ocasiona frustración masiva e efectos altamente reaccionarios. O proceso de unidade popular comezou en 2012 co nacemento de AGE, pero sería suicida dalo xa por concluído. AGE é terreo conquistado, e por tanto non se abandona, pero enfrontalo ou opoñelo ás mareas ou a calquera expresión expansiva da unidade popular sería todo o contrario do que o espírito dese primeiro chanzo de acumulación de forzas esixe. Tampouco en AGE é a sigla o que importa; importa a idea e a práctica unitaria, unha práctica que necesariamente superará os límites das organizacións coligadas, todas elas imprescindibles pero non suficientes. Enfrontar AGE ás mareas sería confundir o instrumento co proceso e cos obxectivos, inutilizalo. Outravolta, o fetichismo da mercadoría, ou sexa, da organización. Non se trata de apañar un nicho de mercado electoral estable (e por tanto sempre minoritario), xa só nos serve gañar. A cuestión non é, pois, preservar o código de barras da marca AGE, senón desenvolver a idea que dá orixe a ese espazo e que debe continuar expandíndose. Ou sexa, AGE máis alá de AGE. E o que vale para AGE tamén vale para Podemos ou outras marcas. Quen se sente suxeito exclusivo deste proceso de unidade popular en realidade está a sucumbir aos efectos narcisistas dun simple reflexo de si no espello cóncavo do réxime. As próximas eleccións municipais serán diferentes. Extraordinarias, nese sentido en que xa os tempos políticos non saben deixar de vivir na excepcionalidade. Esa excepción da normalidade, lonxe de abocarnos ao abismo, por moito que sempre haxa afectados de terror ante a vertixe, abre inmensas oportunidades. Non só dunha xestión diferente, xusta, democrática, ética e popular das cousas do común, que tamén, senón de camiñarmos coa ollada e a determinación postas en novos procesos constituíntes, na nosa articulación como pobo soberano que non pide permiso para configurarse como cidadanía republicana constituínte. Porque a nosa República da Multitude, que será galega, terá que nacer na República dos Concellos."}
{"ID": "NOS_48359", "summary": "Diante do antigo edificio da Escola Normal, da que foi profesora e dirixiu durante a República, desenvolverase a próxima quinta feira, día 29, ás 20.30 unha homenaxe a Ernestina Otero Sestelo. Será no marco do segundo simposio \"A memoria das mulleres\" dedicado á \"Escola represaliada e resistente\".", "text": "A segunda edición do simposio \"A memoria das mulleres\" dedícase á \"Escola represaliada e resistente\" e terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra durante a sexta feira día 30 e o sábado 31 de maio organizado pola Concellaría de Patrimonio Histórico. Entre as protagonistas, a profesora Ernestina Otero Sestelo ten un espazo especial e será a protagonista da homenaxe que se desenvolverá diante do antigo edificio da Escola Normal, no Paseo de Montero Ríos a quinta feira 29 ás 20.30 horas coa participación de Carme Fouces, Puga Pereira, Aurora Vidal Caramés, Clementina Vidal Caramés e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Represión contra renovación Natural en Redondela onde naceu en 1890, Ernestina Otero foi profesora na Escola Normal (Maxisterio) de Pontevedra, centro que chegou a dirixir durante a República e que impregnou das súas ideas renovadoras no ámbito pedagóxico. Defendeu os dereitos das mulleres, entre eles os da formación, e manifestouse en 1933 a favor do estatuto de autonomía. Despois do golpe de 1936, Ernestina Otero foi suspendida de emprego e soldo e no seguinte ano separada definitivamente da profesión o que a levaría a ter que sobrevivir impartindo aulas particulares. Coa revisión do seu expediente e despois de estar suspendida do emprego durante dous anos, pasa a impartir aulas na Escola Normal de Ourense. Durante todo o tempo, Ernestina Otero Sestelo desenvolve tamén un importante labor de axuda a fillos e fillas de vítimas da represión franquista. Só en 1951 puido volver a Pontevedra, onde finou aos 65 anos. A conferencia de Anxo S. Porto Ucha \"A escola represaliada na provincia de Pontevedra\" dará inicio ao programa do Simposio a quinta feira ás 17.30 horas, nunha sesión na que Raquel Vázquez Ramil se achegará ás mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid e se presentará o número 27 da revista Murguía, dedicada á \"Historia da Educación na Galiza\". O sábado 31 de maio a segunda sesión comezará coa intervención de Xosé Manuel Cid, \"As mestras represaliadas en Ourense, para seguir coa conferencia de Xosé Álvarez Castro, \"A escola represaliada na comarca de Pontevedra\". Clausurará o Simposio Carlos Velasco Souto coa conferencia \"O franquismo despois de Franco\"."}
{"ID": "PRAZA_569", "summary": "O Festival Internacional de Documentais celebrarase en Tui entre o 22 e o 26 de abril. As apostas destas realizadoras emerxentes competirán con filmes de autores consagrados coma J.P. Sniadecki, Fernand Melgar ou Göran Hugo Olsson", "text": "Achégase unha nova edición do Play-Doc e o Festival Internacional de Documentais de Tui vai debullando o seu programa de actividades e os filmes que competirán na súa selectiva e prestixiosa sección oficial. Nesta ocasión, as apostas da organización do certame divídense entre os últimos filmes de autores consagrados e veteranos, J.P. Sniadecki, Fernand Melgar ou Göran Hugo Olsson, e as películas presentadas por catro realizadoras novas: Talena Sanders, Soon-Mi Yoo, Maureen Fazendeiro e Amanda Rose Wilder. En The Iron Ministry J.P. Sniadecki retrata como funciona un tren de pasaxeiros que cruza toda China. Filma o día a día dos viaxeiros, vai do vagón de cola de terceira clase, repleto de persoas, en corredores nos que non collen, ata os convois con todos os luxos da máquina. Retrata China sen saír do ferrocarril. Esta é a última produción do prestixioso Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard, que está redefinindo o modo de facer cinema etnográfico. Play-Doc xa contou con outros títulos de éxito deste laboratorio en previas edicións, como Sweetgrass (premio en 2010), Foreign Parts ou Manakamana. O segundo filme é L'abri, de Fernand Melgar, suízo fillo de emigrantes españois, é un dos cineastas máis respectados do seu país, polos humanistas retratos que fai dos inmigrantes na cidade de Lausanne. En L'abri Melgar introdúcenos nun refuxio para xente que vive na rúa, no frío inverno suízo. Ante a falta de espazo para todos no interior, moitos deben durmir á intemperie, mentres os traballadores sociais buscan formas para enganar o sistema e poder facer oco a unha persoa máis. Göran Hugo Olsson, coñecido por The Blackpower Mixtape (2011), presenta nesta ocasión Concerning Violence, na que toma filmacións de reportaxes dos colonizadores europeos, para compor un retrato dos distintos movementos de liberación producidos nos países que controlaban. Baseado no ensaio homónimo do filósofo e revolucionario Frantz Fanon sobre as consecuencias psicolóxicas da colonización, o filme está narrado por Lauryn Hill, voz da banda The Fugees. Xunto a estes tres filmes, Play-Doc proxecta outros catro de cineastas moi novas, que demostraron coas súas primeiras películas, que teñen moito que contar. En Liahona, Talena Sanders combina filmacións propias con publicidades, documentais e ficcións dos mormóns en Utah para falar dun proceso persoal no que apostatou, afastándose da relixión que lle legaron seus pais. En Songs From the North, Soon-Mi Yoo vai de turismo a Pyonyang para rexistrar a suposta apertura do réxime norcoreano. Fronte ao que lle ensinan alí as autoridades, ela contrapón esas imaxes a filmacións co seu pai emigrado, e a películas de propaganda usadas polo propio réxime, para atacalos coas súas propias armas. Motu Maeva, de Maureen Fazendeiro, presenta a vida dunha muller aventureira a través do seu arquivo doméstico en súper 8 por diversos países polos que viaxou. Finalmente, o Play-Doc presenta a opera prima de Amanda Rose Wilder, Approaching the Elephant, sobre unha free school, colexio no que os alumnos discuten e toman decisións sobre a organización dos cursos dende pequenos, buscando fomentar o diálogo, a implicación e o compromiso dos estudantes. Wilder formouse na produtora de Albert Maysles, ao que o Play-Doc dedicou hai dous anos unha retrospectiva, e que faleceu a semana pasada. Filmes da sección oficial Approaching the Elephant (Amanda Rose Wilder / EUA, 2014) Concerning Violence (Göran Hugo Olsson / Suecia, Finlandia, Dinamarca, EUA, 2014) L'abri (Fernand Melgar / Suíza, 2014) Liahona (Talena Sanders / EUA, 2014) Motu Maeva (Maureen Fazendeiro / Francia, 2014) Songs From the North (Soon-Mi Yoo / Corea do Sur, Portugal, EUA, 2014) The Iron Ministry (J.P. Sniadecki / EUA, 2014)"}
{"ID": "PRAZA_10921", "summary": "PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernar. Echenique lamenta que o PSOE \"non se mova\" do plan de \"goberno de partido único\" e Lastra censura que UP se \"negue a alcanzar un acordo programático progresista\"", "text": "Os inquéritos levan semanas sinalando que, no caso de que o 10 de novembro se celebren novas eleccións xerais por non existir acordo para formar goberno antes do 23 de setembro, as variacións a respecto do 28 de abril serían esencialmente dúas. Por unha banda, o maior beneficiado relativo sería o PP, como grupo que máis medra tras o esfarelamento do 28A. Por outra, o PSOE gañaría un chisco de representación, pero non a suficiente como para dar gobernado sen pactos. Todo salferido por un incremento da abstención.PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernarEste é o pano de fondo co que este martes se celebrou no Congreso a segunda xuntanza dos equipos negociadores de PSOE e Unidas Podemos tras a investidura fracasada de Pedro Sánchez en xuño. Cando menos aparentemente o que ambas forzas tiñan sobre a mesa era buscar un pacto que permita investir a Pedro Sánchez antes do día 23 e así evitar a repetición electoral. Pero acabaron sen acordo.Así o explicou o secretario de Acción de Goberno de Podemos, Pablo Echenique, tras a cita, que durou catro horas. Tras el, confirmouno a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra. \"A conclusión é que o PSOE non se move da súa formulación de formar un goberno de partido único\", dixo Echenique. O dirixente de Podemos sinalou que as dirixentes socialistas advertiron de que, no caso de non aceptar este marco previo, \"non debe volver haber reunións entre os equipos negociadores\". Echenique lamenta que o PSOE \"non se mova\" do plan de \"goberno de partido único\" e Lastra censura que UP se \"negue a alcanzar un acordo programático progresista\"\"Unidas Podemos negouse a alcanzar un acordo programático. Neste momento, non vemos unha saída a esa situación\", sostivo Lastra. A dirixente socialista recoñeceu que na última parte da reunión pedíronlle aos enviados de Unidas Podemos \"que reflexionen sobre que van facer nos próximos días e se van permitir ou impedir que haxa un goberno progresista\". Lastra di non dar por rotas as conversas, porque o PSOE sentará \"as veces que sexan necesarias para alcanzar un acordo\". Pero engadiu que UP debe \"decidir\" se \"queren un acordo progresista cun acordo programático\". O PSOE deixa a pelota sobre o tellado de Pablo Iglesias. Só seguirá habendo negociación se UP renuncia ao Goberno de coalición ao que UP di que non vai renunciar. \"Confiamos en que Unidas Podemos e as súas confluencias fagan unha reflexión\", resume a socialista, que desbota tamén unha nova reunión entre Iglesias e Sánchez, a mesma que a voceira do Goberno de España en funcións, Isabel Celáa, deu por feita o pasado venres. Só \"se verían\" para \"constatar un acordo\", non para negociar.Mentres as conversas volvían fracasar, no propio Congreso comezaba o trámite da proposición de lei de eutanasia que PSOE e Unidas Podemos apoiarán e que decaerá se, por falta de acordo para a investidura, as Cortes se disolven automaticamente o día 23Tras o novo fracaso dunha xuntanza iniciada nun clima de desconfianza practicamente total e cruzamento de acusacións a través dos medios, a hipótese do 10N semella máis próxima ca nunca. Segundo o PSOE, \"só falta\" Podemos para que poida haber Goberno, xa que Sánchez conta co apoio do PNV se hai un acordo con Unidas Podemos e tamén coa abstención de ERC. \"Por nós non será\", reiterou Gabriel Rufián este mesmo martes. \"A boa noticia é que todo o tempo que pasan reunidos non o pasan nas redes e nos estudios botándose as culpas. Pedímoslles que fagan o seu traballo, que fagan política e que cheguen a un acordo. Se se chega a un acordo por nós non será. Sánchez ten que elixir se quere ser un presidente de esquerdas ou non selo\", expresou no Congreso, alí onde este martes comezou o período de sesións ordinarias co debate da proposición de lei de eutanasia, cuxo primeiro trámite o PSOE sacará adiante cos votos de, entre outros, Unidas Podemos. A mesma proposición que decaerá se, por falta de acordo, o día 23 as Cortes se disolven automaticamente para dar paso á nova convocatoria electoral."}
{"ID": "PRAZA_15888", "summary": "A opinión publicada en Madrid, á destra e á sinistra e os que mandan no capitalismo castizo de amiguetes, na economía regulada chaman por unha santa alianza constitucionalista, pola reedición do pacto dinástico entre PP e PSOE, ampliado agora ao comodín de Ciudadanos", "text": "Semella que son millóns os cidadáns españois que prefiren o pluralismo á hexemonía e explorar a cultura do compromiso, tan allea á historia de Castela e tan presente noutras mentalidades ibéricas, como a galega, a portuguesa, a vasca ou a catalá. Fronte a esta temperatura social, a opinión publicada en Madrid, á destra e á sinistra e os que mandan no capitalismo castizo de amiguetes, na economía regulada (grandes bancos, distribución eléctrica, grandes complexos construtores-concesionais) chaman por unha santa alianza constitucionalista, pola reedición do pacto dinástico entre PP e PSOE, ampliado agora ao comodín de Ciudadanos. Un goberno de ampla base parlamentaria para enfrontar \"las reformas pendientes\". E resulta que as reformas pendentes son as que posibiliten completar a mutación constitucional desenvolvida nos últimos anos. Sacralizar a estabilidade orzamentaria e os recurtes e recentralizar o Estado, limitando aínda máis a autonomía do noso País e suprimindo practicamente a autonomía local. Recentralizar para anular os poderes locais e territoriais, próximos á cidadanía e deste xeito, posibilitar a privatizaciòn de amplas àreas da acción pública dende unha perspectiva centralista, a prol das grandes empresas concesionais españolas, alicerces dese capitalismo castizo de amiguetes, e en claro prexuizo dos emprendedores galegos. Madrid como factótum dunha España única, cunha única lingua, cultura e clase dirixente. O PSOE historicamente mercoulle á dereita este discurso. Velaí a redución das prestacións por desemprego (Felipe González, 1992) ou o golpe de temón austerizante de Zapatero en maio de 2010. Velaí como todos os ex do felipismo, dende Rubalcaba ou Corcuera até Ybarra ou o propio González, defenden os intereses desta santa alianza, coa mesma fachenda coa que defenden os intereses desas eléctricas coas que xogan ás portas xiratorias. Nesta conxuntura, enténdese a xogada de Pedro Sánchez na xunta do sábado 30 do máximo órgano socialista entre congresos. Consciente que pactar a santa alianza afástao da meirande parte do seu electorado e condena PSOE á irrelevancia no medio prazo, someterá a proposta de pacto á que chegue con outras forzas progresistas ao plebiscito da afiliación, que gañará sen atrancos. Porque a meirande parte da afiliación socialista son xente do común que vive e pensa como tal."}
{"ID": "NOS_3602", "summary": "As lapas dominaron o país desde a media tarde do domingo até a mañá da segunda feira. Durante ese período Galiza estivo inerme. Non o di a oposición, a presión da opinión pública é tal -miles manifestáronse onte para clamaren Lumes Nunca Máis- que Feijóo esta terza feira, nun acto conxunto coa ministra de Agricultura, se viu obrigado a admitir: \"Perdemos o control durante 12 horas\"", "text": "Significa isto que Feijóo -a imaxe e semellanza do portugués António Costa- vai reformular a súa política forestal? En absoluto. \"Perdemos o control durante 12 horas\", admitiu Feijóo, mais a seguir argumentou que as críticas á súa política forestal ou anti-incendios por unha situación que, ao seu xuízo, sería puntual apenas se poden realizar desde posicións que só procuran o beneficio \"partidista\". Por tanto, nada a mudar: se Galiza non tivese os \"profisionais que temos\" e a \"solidariedade do pobo galego\" probabelmente hoxe estaríamos a falar dunha traxedia cun custo en vidas humanas moito maior, veu dicer Feijóo. Por súa parte, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, defendeu a idea que aínda non existe unha repulsa unánime contra os incendiarios. \"Avanzaremos moito na loita contra os incendios en España o día en que a sociedade sexa absolutamente impermeábel e que rexeitemos todos frontalmente os incendiarios\". Nota: na foto que acompaña estas liñas -da autoría de Xoán Rey (Axencia Efe)- aparecen no centro de coordenación anti-incendios, en Compostela, García Tejerina e Feijóo. Corrección: Fomos advertidos por un leitor dun erro gramatical no título inicial desta noticia, xa corrixido, ao empregarmos \"perdimos\" no canto do correcto \"perdemos\". Moitas grazas e desculpas!"}
{"ID": "NOS_22631", "summary": "A \"intromisión sistemática\" en asuntos que afectan aos intereses estratéxicos galegos ven de provocar a suspensión de relacións políticas do BNG con CIU. Nunha carta dirixida ao Secretario Xeral de Convergencia i Unió Josép Antoni Duran i Lleida, o portavoz nacionalista Guillerme Vázquez comúnicalle que deixan \"en suspenso o marco de relacións\" que viñan mantendo durante estes anos.", "text": "O AVE ou o futuro do sistema financieiro galego son algúns dos asuntos nos que a intromisión de CiU orixinou o malestar do BNG. Guillerme Vázquez sinala na súa carta dirixida a Durán i Lleida que \"cualificados representantes de Convergència i Unió realizaron manifestacións públicas que supoñen unha intromisión sistemáticas en asuntos que afectana intereses estratéxicos de Galiza e denotan unha preocupante insensibilidade cos problemas da nosa nación\". As opinións arredor das infraestructuras ferroviarias ou o futuro financieiro por parte de membros da formación política catalana supón a quebra das \"bases dunha relación sustentada no respecto mutuo e na reciprocidade\". Lembra Guillerme Vázquez que o BNG xa manifestara o seu \"desagrado\" en ocasións anteriores pero é a teimosía dos cataláns o que agora obriga aos nacionalistas galegos a \"deixar en suspenso o marco de relacións\" que mantiñan as dúas organizacións. Para o portavoz do BNG, os dous proxectos políticos mantiveron sempre \"distancias e diferencias nas súas concepcións socioeconómicas\" pero a relación substentouse no \"respecto e o apoio mutuo ás cuestións claves de cada país\". A quebra desas regras de xogo orixina agora a decisión que o BNG transmite a CiU por medio dunha carta ao seu secretario xeral pero que tamén fai pública para mostrar publicamente as graves diferencias cos cataláns. A suspensión é un paso máis dunhas relacións que se viñan enfriando nos últimos tempos, alonxadas xa do pacto subscrito en 2006 entre PNV, CiU e BNG co fin de reivindicar a plurinacionalidade do Estado ou mesmo a candidatura conxunta coa que concurriron ás eleccións europeas de 2004."}
{"ID": "NOS_22906", "summary": "O Concello da cidade nor-irlandesa aprobou o cambio de denominación coa oposición dos unionistas (6 de 30 concelleir@s). Era unha demanda de vello da poboación local.", "text": "Cando os ingleses colonizaron a illa de Irlanda substituiron os elementos identidatios da poboación autóctona, un deles, a toponimia, para borrar calquera rastro de gaélico e reemprazalo polo inglés. Un exemplo paradigmático estivo na cidade nor-irlandesa de Derry, vila que protagonizou ducias de rebelións contra a presenza británica. O seu topónimo orixinal é Doire, en gaélico. Mais non se utiliza. No seu lugar empregábase Derry até que a colonización inglesa impuxo un humillante 'London' diante: Londonderry, denominación rexeitada pola maioría da poboación local. De feito, a loita pola denominación oficial como 'Derry' foi un dos cabalos de batalla do nacionalismo irlandés durante estas décadas. Unha loita que vén de triunfar da man da decisión do Concello de cambiar a denominación oficial e Derry será Derry. Sinn Féin, SDLP e independentes (24 edís de 30) apoiaron a medida, que contou coa oposición d@s 6 concelleir@s unionistas, que falan de \"sectarismo\". \"Está vostede na zona onde ningún inglés conseguíu entrar\" Derry foi un deses 'puntos quentes' nos anos duros dos 'Troubles' en Irlanda do Norte. Alí, no verán de 1969, aconteceu a coñecida como 'A batalla do Bogside' , en referencia ao barrio onde se orixinou. As proestas da poboación nacionalista contra unha marcha unionista polo seu barrio levou a unha forte intervención policial que deu pé a tres días de constantes disturbios na rúa. A policía non foi quen de entrar no barrio nacionalista, polo que se chamou ao exército británico, que se enfrontou á poboación civil local. Daquela figura o mural \"Está vostede entrando no Derry libre\" en referencia á zona de barrios nacionalistas que os británicos non foran quen de dobregar. Durante anos, nos pubs da zona luciu con orgullo a lenda \"Está vostede na zona onde ningún inglés conseguiu entrar\". En 1972 paracaidistas do Exército británico abriron fogo contra unha manifestación polos dereitos civís asasinando 14 persoas no que se coñeceu como 'Domingo Sanguento' de Derry. Primeira parte do artigo tirado de Nationalia"}
{"ID": "NOS_13669", "summary": "Alertan do impacto de fenómenos como o despoboamento ou o 'boom' de segundas vivendas e novas construcións que viven comunidades rurais de Gales onde a lingua maioritaria é o galés.", "text": "Unha lingua non pode existir sen unha comunidade de falantes. E se os territorios onde habitan eses falantes son obxecto de presión por parte do mercado inmobiliario, o delicado ecosistema lingüístico que hai nelas, periga. \"A crise da vivenda rural ameaza o noso futuro\", advertían en 2020 activistas das linguas celtas de Escocia, Irlanda, Gales que se sumaron a unha petición transfronteiriza sobre a supervivencia destes idioma. Nestas semanas, en Gales houbo mobilizacións neste sentido. Cymdeithas yr Iaith (Sociedade da lingua galesa) realizou unha manifestación en Aberystwyth para concienciar sobre a crise da vivenda, que di que está a afectar a comunidades de falantes de galés. A manifestación 'Nid yw Cymru ar Werth' (Gales non está á venda) reuníu varios centos de persoas. Probema común \"Este tema nunca foi máis importante que agora para a supervivencia das comunidades gaélicas\", dicía o arquitecto escocés, Martainn Mac A'Bhaillidh, de Misneachd. \"Nenos que falan gaélico con pouca esperanza de poder vivir na comunidade onde creceron. É unha situación totalmente insostíbel \", indica, apuntando a que a marcha destas implica que esa persoa mude de lingua. \"A falta de vivenda está en aumento e cada vez son máis as persoas que non poden permitirse vivir nas súas zonas nativas. Lamentamos que este sexa o resultado das políticas dos gobernos rexionais e estatais. Incluída austeridade e décadas de desigualdade económica que desfavorecen ás nosas comunidades rurais. \" iso, pedimos aos nosos gobernos que adopten unha serie de políticas para garantir que as persoas que viven e traballan aquí ... poidan permitirse o luxo de permanecer nas súas comunidades\". Bethan Roberts, de Cymdeithas, di que algúns partidos progresistas xa declararon que implementarán algunhas das propostas nos seus programas para as eleccións ao parlamento galés. Mac A'Bhaillidh espera que suceda o mesmo, pero di que xa se perderon as posibilidades, como as restricións de Airbnb propostas polo responsábel de Economía dos Verdes, Andy Wightman. \"As linguas non sobreviven sen unha comunidade ao seu redor\" \"As linguas non sobreviven sen unha comunidade ao seu redor\", di. \"Simplemente non o fan\". \"Hai moi poucas evidencias de que as linguas sobreviven máis dunha ou dúas xeracións neste contexto. Había 100.000 falantes de irlandés en Glasgow, onde están agora?\" pregunta. \"Millóns de falantes de irlandés emigraron a Nova York, onde está hoxe alí o gaélico? Sempre que xorde este debate sobre a vivenda, hai moitos inconvenientes: \"que podemos facer?\""}
{"ID": "NOS_16076", "summary": "Julio García Comesaña sinala que a ocupación das UCI por Covid-19 se atopa nun 43% en relación ao pico máximo rexistrado en primavera, mentres as camas convencionais están pola metade dese mesmo referente.", "text": "Levantar as restricións que atinxen, desde hai unha semana, a uns 60 concellos da Galiza non se atopa polo de agora dentro dos plans da Consellaría de Sanidade. Con todo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, considera que a evolución da pandemia na Galiza é \"positiva\", mais chama a un \"optimismo prudente\" polo incremento de pacientes nas unidades de coidados intensivos dun 40% nas últimas dúas semanas. Con todo, o conselleiro aseguraba nunha entrevista hoxe para a Radio Galega que a presión hospitalaria na Galiza está aínda nun \"43%\" a respecto do pico máximo de ocupación rexistrado en primavera, mientres que as camas convencionais están arredor de 50%. \"A tendencia (á alza) detívose, pero non comezamos a descender da forma que nos gustaría\", manifestou o titular de Sanidade. Descarta, polo momento, levantar as medidas restritivas que imperan en parte da xeografía galega, que se manterán, cando menos, até comezos de decembro, tal e como estaba pensado polo Comité Clínico. As devanditas restricións ampliábanse esta fin de semana á comarca de Bergantiños (agás A Laracha) e Ribadavia. Segundo García Comesaña, estase a observar con detalle a evolución epidemiolóxica da Rúa, Chantada e Sanxenxo. A segunda feira o comité decidirá se se implantan as restricións tamén nestes tres concellos. Protocolos de desconfinamento Doutra banda, García Comesaña comentou que o comité clínico traballa nun protocolo de desconfinamento para definir como e baixo que criterios se poderían levantar restricións, aínda coa confianza dun relaxamento no Nadal. \"Se todas estas medidas axudan a resetear o sistema, poderemos afrontar un Nadal con algún tipo de restrición, pero desfrutando de encontros\", continuou Comesaña. Cribados en residencias Por outra banda, o conselleiro anunciou que o comité clínico estuda a posibilidade de realizar cribados en residencias cada menos tempo. Actualmente lévanse a cabo cada dúas semanas para detectar casos de Covid-19 entre persoal traballador e residentes."}
{"ID": "NOS_3447", "summary": "O proceso participativo aberto por esta asociación poderá realizarse a través das redes sociais. Os 40 títulos que entrarán formaron parte durante o ano do programa radiofónico \"Clube de leitura\".", "text": "A programación das emisoras de radio municipais galegas (Radiofusión) iniciou esta segunda feira un proceso participativo para escoller antes do remate deste 2021 o \"Libro galego do ano\". Oíntes da radio e internautas poderán votar entre os 40 títulos propostos que foron os abordados ao longo do exercicio no programa \"Clube de leitura\" que todas as semanas emite a rede galega da radio local. Para poder participar empregarán as súas redes sociais de twitter (Radiofusionga e Radio Fene) facebook (Radiofusión e A Fenestra de Radio Fene) e Instagram (Radio Fene). Como agasallo, entre as persoas participantes sortearanse 5 lotes de 5 libros cada un. O período de votación está aberto ata as 12 horas do xoves 30. A sexta feira 31 de decembro darase a coñecer o Libro Galego do Ano 2021 e máis as 5 persoas participantes afortunadas que recibirán o agasallo. Clube de leitura O programa radiofónico \"Clube de leitura\" é un espazo de divulgación do libro. A súa proposta é captar novos públicos para a literatura galega a través das ondas. O seu formato emprega un diálogo sobre un libro \"cara a cara\" entre persoas lectoras e a autora ou autor. No transcurso de 2021, gravouse o programa nos estudos de Radio Fene, Radio Culleredo, Ames Radio e Radio Redondela. Emítese todos as quintas feiras a través das emisoras municipais pero tamén se pode escoitar o podcast na web www.radiofusion.gal Os libros preseleccionados As obras que foron preseleccionadas e polas que se pode votar son: \"Pasaba por alí e quedei un intre (Xoan Rubia), \"O cervo e a sombra\" (Diego Ameixeiras), \"Infamia\" (Ledicia Costas), \"Encanta se ir, conmove se chora\" (Anxos Garcia e Glafira Fernández), \"Medos\" (Héctor Carre), \"Baixo as alas de abril\" (Xoaquín Fernández Leiceaga), \"O conserxe\" (Xosé Luís Vázquez Somoza), \"A vida secreta de Úrsula B\" (Arantza Portabales), \"Lara e Sabela\" (Ignacio Vidal Portabales), \"O cuarto de Jane\" (Charo Pita), \"A folla azul\" (Andrea Maceiras), \"Flores de ferro\" (Maria Rei Vilas), \"Quérote canto\" (Eva Veiga e Baldo Ramos), \"Santoamaro\" (Antonio M. Fraga), \"O escultor\" (Rafael Catoira), \"O asubío do avó\" (Angeles Goás e Leandro Lamas), \"O baile de estorniños\" (Xavier Quiroga), \"Contos de obxectos\" (Manuel Bragado e Daniel Puente), \"Reboiras\" (Xurxo Martínez e Xosé Manuel Pereiro), \"Soldados forzosos\" (Francisco Leira), \"Nación-mar\" (Xosé Iglesias), \"Canción para Ana Lúa\" (Xavier Seoane), \"Contrahistorias de Galicia\" (Antonio Reigosa), \"O estado intermedio\" (Rexina Vega), \"Nus (Manuel Gago), \"Dicionario irreal para un país imposible\" (Xavier Seoane), \"Movendo os marcos\" (Marilar Aleixandre e María López Sández), \"Aproximacións a Manoel Antonio\" (Xosé Luís Axeitos), \"O porco de pé\" (Vicente Risco-Raquel Vila-Amado e Tomás González como editores), \"Os paxaros e outros poemas\" (Daniel Salgado), \"Non cantan paxaros neste bosque\" (Carlos Negro), \"Irmandiñas\" (Aurora Marco), \"Idioma e sociedade\" (Xosé Ramón Freixeiro Mato), \"Cantares Gallegos\" (Rosalía de Castro-Anxos Garcia Fonte editora), \"Cando soa a buguina\" (Henrique Rivadulla \"Corcón\"), \"Mar de mazá\" (Elvira Ribeiro), \"Feliz idade\" (Olga Novo), \"O smoking de Federer\" (Felipe Barata), \"Illa Decepción\" (Berta Davila) e \"Un señor elegante\" (Suso de Toro)."}
{"ID": "NOS_24816", "summary": "A Plataforma Vía Galega presentou o manifesto \"Galiza, un pobo, unha selección\" para reclamar o dereito a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a competir a nivel oficial e internacional.", "text": "O manifesto \"Galiza, un pobo, unha selección\" reclama que as e os deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio, ademais de galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero. Co texto, que estará aberto a adhesións na web de Vía Galega -que se presentará proximamente-, a plataforma da que é portavoz Anxo Louzao apela ao dereito da Galiza a \"estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas\". Vía Galega promoverá o manifesto entre deportistas, adestradores, federacións, entidades deportivas, peñas e cidadanía en xeral despois de que en citas deportivas tan importantes como a Eurocopa de fútbol e os Xogos Olímpicos, a Galiza, como nación, estea excluída é, por tanto ausente, ao contrario que outras nacións como Escocia e Gales. \"Participaron deportistas galegos e galegas, pero non como delegación propia\", engadiu Anxo Louzao. Segundo explicou Louzao, no eido deportivo, como moitos outros, \"prohíbese que nos manifestemos, mostremos como galegos e galegas\". A finalidade é \"borrar os nosos sinais de identidade e impedir calquera avance que reforce a nosa autoestima como pobo\", advertiu. O portavoz de Vía Galega puxo de manifesto que na Galiza \"a situación de orfandade e desleixo é total, nin a Xunta nin a Federación Galega de Fútbol son favorábeis a organizar, nin tan sequera, encontros internacionais amigábeis coas nosas seleccións\". Lamentou que se interrompera \"a etapa iniciada, en 2005, polo BNG, que polo daquela estaba á fronte da Secretaría Xeral de Deportes\". \"Desde que o PP retomou o Goberno da Xunta (2009) tivo moi claro que había que paralizar estas competicións, aínda que fosen amigábeis, nas que o pobo vibraba e sentía como propias\", explicou. \"Daquela Galiza visualizábase como nación, eran as nosas cores, o noso himno, a nosa selección que nos representaba e nos identificaba como galegos e galegas\", lembrou. Louzao considera \"evidente\" a razón: \"Queren reprimir calquera manifestación, símbolo ou actuación que cree cohesión e conciencia nacional e mostre a vontade de sermos nós mesmos\". Neste contexto, Vía Galega avoga por unir \"todas as voces para levantar un movemento reivindicativo para que a Galiza, como nación, poida competir en todas as modalidades, categorías, niveis e disciplinas deportivas\". \"Precisamos, para isto, rachar coa nosa dependencia das federacións españolas e crear a nosa organización propia e soberana; necesitamos termos todas as competencias porque, do contrario, continuarán existindo todo tipo de trabas para que Galiza non teña recoñecido o dereito a competir oficialmente\", apuntou Louzao, acompañado, entre outros, por Alexandre Sanmartín Costa, adestrador da selección galega masculina de fútbol gaélico; Pablo da Silva Rocha, adestrador da selección galega feminina de fútbol gaélico; Pedro Gómez Val, presidente do C. Xabaríns-volei Lugo; Serafín Carballo Carballeira, subcampión do Estado Español de 1500 m; e Anxo Amado, directivo do Santiago-Futsal. Alén dos xa citados, asinaron inicialmente o manifesto Fernando Vázquez, ex adestrador do Celta e do Deportivo, alén de seleccionador nacional; Pili Neira, adestradora da selección galega feminina de fútbol; Xulia Vaquero, plusmarquista dos 5000 m, noveno posto olímpico en 10.000 m en Atlanta 96 e subcampioa europea de cross; Antón Ruanova, subcampión do Estado Español de tríatlon; Alba Cuba Dorado, subcampioa estatal junior de declatón; Hugo Sánchez Flores, xogador do Fútbol Sala Santiago-Futsal e Burela e mellor deportista lucense de 2011; Cristina Fernández Piñeiro, primeira muller árbitra de balonmán en Europa; Fiz Rodríguez, segundo adestrador da SD Compostela; Román Sánchez Besteiro, coordinador da Federación de Peñas do C.D. Lugo; Óscar Martínez Souto, árbitro de fútbol; Adolfo Sainz Maza, campión galego de Decatlón; Adrián Carreira Penalonga, atleta de Decatlón; Ismael Romero Saborido, remeiro do Clube de Remo de Cabo da Cruz da liga ACT; Daniel Vázquez Labrada, remeiro do Clube de Remo de Ares da liga ACT; Bernardo Máiz Bar, remeiro do Clube de Remo de Ares da liga ACT; Xurxo Souto, impulsor das seleccións e de Seareiras Galegas; Cristina López Villar, profesora da Facultade de Ciencias do Deporte e de Educación Física da UDC; Manuel Polo, licenciado en Educación Física e adestrador de atletismo; Severino Gómez Neira, director técnico do Club A Cambadela; Xan Rodiño, presidente da Asociación Cultural e Deportiva de Billarda Rías Baixas e impulsor da Liga Nacional de Billarda e Anxo Amado, directivo do Santiago-Futsal."}
{"ID": "NOS_384", "summary": "A decisión foi adoptada no Consello Cidadá e está pendente de ser validada polas organizacións territoriais do partido.", "text": "Podemos concorrerá ás eleccións autonómicas no Estado español e farao con marca propia. Así o manifestou Carolina Bescansa, membro da dirección do partido e secretaria de Análise Político e Social, durante a súa comparecencia nos almorzos on off organizados polo Colexio de Xornalistas da Galiza. Bescansa sinalou que o Consello Cidadá dera o visto bo a este paso, que está, porén, pendente de ser ratificado ou validade pola organización en Galiza. No que atinxe ás alianzas, Bescansa non quixo comprometer un eventual acordo coas forzas que constitúen AGE -Anova e IU- e botou balóns fóra: \"É algo que non se pode resolver agora\", senón no momento \"procesual\" oportuno. En todo caso, enfatizou, a decisión final vana tomar os \"círculos\" galegos. Tampouco esclareceu nada a dirixente de Podemos sobre a hipotética integración da súa militancia en plataformas como as Marés. Dixo que iso é algo que aínda está por decidir. Cumpre lembrar que recentemente a formación de Iglesias se posicionou a prol de non ir a acordos xenéricos nen con Marés nen con Ganemos. Tampouco esclareceu nada a dirixente de Podemos sobre a hipotética integración da súa militancia en plataformas como as Marés No que atinxe ás enquisas, Carolina Bescansa mostrou a \"cautela\" de Podemos á hora de telas en conta e optou por se centrar nas \"tendencias\" que poden desprenderse das sondaxes e estudos demoscópicos e que apuntan, engadiu, á posibilidade dun cambio, que ese cambio \"é posíbel\". A secretaria de Análise Político e Social de Podemos tamén considera que é factíbel que se dea unha coligazón entre PP e PSOE, lembrando que esta posibilidade xa foi apuntada por Felipe González e Dolores de Cospedal."}
{"ID": "PRAZA_2508", "summary": "Andan os tertulianos de dereitas a escachar de risa coa famosa escena da «Vida de Brian» (1979) sobre a Fronte Xudaica Popular e a Fronte Popular de Xudea. E isto vén a conto dos debates sobre unha «candidatura de unidade» prás eleccións xerais, tamén chamada Marea Galega nos últimos meses.", "text": "Andan os tertulianos de dereitas a escachar de risa coa famosa escena da «Vida de Brian» (1979) sobre a Fronte Xudaica Popular e a Fronte Popular de Xudea. E isto vén a conto dos debates sobre unha «candidatura de unidade» prás eleccións xerais, tamén chamada Marea Galega nos últimos meses. A crítica dos Monty Python aos partidos de esquerdas é certeira no que atinxe aos tics e teimas ridículas, mais cómpre non esquecer que eles fan especial fincapé na cuestión do imperio e as súas colonias. Pois os Monty Python falan dende o confortable status pequeno-burgués (que se dicía nos anos 70) de persoas que foron educadas no corazón dunha gran metrópole. Un punto de vista que deixan ben sentado noutra escena, divulgada na rede co título: «Que fixeron os romanos por nós?» As voces dereitosas esfórzanse en transmitir unha idea manida: a esquerda sempre tende á fragmentación Así é que nos faladoiros dos medios, as voces dereitosas esfórzanse en transmitir unha idea manida: a esquerda sempre tende á fragmentación. E chámanlle «as esquerdas» adrede, pra logo dicir que carecen do pragmatismo necesario non xa pra gobernar, senón mesmo pra entenderse de partida. Conclusión: dúas candidaturas en Galicia fronte aos partidos do réxime son a proba evidente desa incapacidade histórica. E dito isto, aos comentaristas de pago xa se lles barre o tino de satisfacción. Pero, cales son realmente as estratexias diverxentes? Como é ben sabido, no 2011 prodúcese unha ruptura no seo do nacionalismo galego. Xorde ANOVA e proponse un cambio de rumbo radical. A liña de supervivencia baseada en conformarse cun escaso apoio electoral e agardar tempos mellores, tan querida pola UPG, considerouse esgotada. Ou sexa, válida só pra dar voltas «arredor de si», que diría Otero Pedrayo. E a estreita calella dos pactos co PSOE pra gobernar nos concellos (privatizando a eito) e mesmo na Xunta de Galicia, sempre co nacionalismo de esteo en segundo plano, revelouse coma unha calella sen saída. Pola contra, o pensamento anovador que impulsou as Mareas parte dunha idea central: que o PSOE e mailo PP son os peares do réxime do 78, e que cómpre artellar espazos alternativos de confluencia pola esquerda e con capacidade real pra intervir na política en todos os niveis institucionais. Ou sexa, pra GOBERNAR AGORA, pra mudar as políticas agora, non dentro de cincuenta anos. Contra todo prognóstico, as mareas cumpriron o seu obxectivo e fixeron afuciñar o PP coma nunca antes sucedera nunhas municipais. Estas dúas tendencias tiveron o seu gran ensaio nas pasadas eleccións municipais. Por unha banda ANOVA, Esquerda Unida e nalgúns casos Podemos (non esquezamos a inhibición de Podemos Vigo), ademais doutras forzas e colectivos, crearon e fixeron triunfar as Mareas en tres das grandes cidades de Galicia. Contra todo prognóstico, cumpriron o seu obxectivo, e fixeron afuciñar o Partido Popular coma nunca antes sucedera nunhas municipais. Pola outra banda, e varios pasos por detrás no discurso e nos procedementos, o BNG fixo un tímido ensaio de laboratorio coa súa proposta chamada de «asembleas abertas». Tan abertas e aglutinantes que deron como resultado a terceira confirmación do seu declive, coa salientable excepción de Pontevedra. Deixando a un lado a desfeita case global dos partidos do réxime en Galicia o 24M (pra eles un descalabro), vexamos agora que sucedeu nas dúas tendencias que son motivo de chanzas nos medios oficiais verbo da tan comentada «candidatura de unidade». O BNG, tralo revés das municipais, chegou tardiamente á conclusión de que todo aquilo que observaban con desprezo (véxase o humor requeimado e cutre da Troleada Benito Soto): asemblearismo, participación cidadá, primarias abertas, espazos de confluencia, acumulación de forzas, alternativa rupturista… ao parecer tiña un sólido contacto coa opinión de amplos sectores da sociedade galega. E comezaron o seu itinerario da imitación. O 25 de Xullo serve, como fixo Beiras no 2012, pra lanzar unha alternativa? Perfecto. 25 de Xullo de 2015: Banquete de Conxo pola reunificación nacionalista. Que a moda agora é crear espazos de confluencia? Velaí a Iniciativa pola Unión. Que as vellas siglas non coveñen? Apárcase o BNG como marca electoral e créase Nós-Candidatura Galega. Primarias abertas? Pois veña unha de primarias con vídeos caseiros. Vólvese falar moito do interclasismo. E tómanse como referencia a nomenclatura do galeguismo histórico. Mais cal vén sendo a orientación desa proposta? Obviamente un galeguismo progresista e máis ben tépedo. A UPG deixou caer a Quintana, como chibo expiatorio do fracaso nas eleccións de 2009. Pero na práctica converteuse e converteu o BNG en quintanista. E os síntomas son máis que evidentes. As voces máis activas nesta rápida mutación proveñen desa ponla moderada. Vólvese falar moito do interclasismo. E tómanse como referencia a nomenclatura do galeguismo histórico, séculos XIX e XX: Banquete de Conxo, Xeración Nós. Por se iso non fose suficiente, os aliados do BNG pra esta virada in extremis chámanse: Partido Galeguista, Agora Galiza, Terra Galega, Coalición Galega e así. Ou sexa: Posición Terriña. O cal non significa que no BNG non haxa militantes críticos de esquerdas con outras miras. Pero esa é a mensaxe principal e a nova estratexia de supervivencia que se adopta. Eu diría que a última baixo a longa férula de Paco Rodríguez. Nunha dirección ben clara e diferente, ANOVA promove con éxito a acumulación de forzas en clave principalmente de esquerda, e lógrase un entendemento fructífero con Podemos Galicia e mais con Esquerda Unida, un dos seus aliados en AGE. Os escollos iniciais son superados, pois hai capacidade abonda pra o diálogo e a negociación. Acádase un acordo inédito entre independentistas e federalistas, en pé de igualdade e sen prevalencia de ningunha marca. E consolídase así, ampliado a todo o país, o espazo de confluencia que xa fora construído pola base nas grandes cidades de cara ao 24M. A proposta rupturista da Marea baséase no recoñecemento de Galicia como nación, e no dereito do pobo galego a decidir nun eventual proceso constituínte Como resultado desa converxencia, créase a coalición En Marea a nivel de Galicia, tendo como alicerces as Mareas muncipalistas, e co apoio doutros partidos e colectivos cidadáns. E faise superando diferenzas ideolóxicas menores en función dos intereses da maioría da poboación. Mais os termos do acordo entre as forzas que compoñen a nova coalición non se refiren unicamente ás cuestións sociais máis urxentes ou de fondo, pois a proposta rupturista da Marea baséase no recoñecemento de Galicia como nación, e no dereito do pobo galego a decidir nun eventual proceso constituínte. Un avance, pola inmersión do federalismo nesta reivindicación histórica, inimaxinable dende as posicións nacionalistas que se conforman con xirar permanentemente «arredor de si». A Marea Galega non levará ese nome, porque como xa antes lle pasara á plataforma liderada por Ada Colau, alguén alleo ao proceso rexistrou a marca con espurios intereses. Mais a Marea existe, en Galicia e ben pola esquerda. E a súa potencia institucional coñecerémola o 20 de decembro, cando fale a cidadanía."}
{"ID": "NOS_28760", "summary": "Malia á súa invisibilidade e á precariedade das súas condicións, a tradución en galego destaca pola súa calidade. Descubrímolo no A Fondo desta semana, a saír do prelo esta quinta feira 5 de marzo.", "text": "-Por que neste momento te animaches a propornos un A Fondo sobre tradución? O galego, desde o momento da súa aparición como lingua, sempre tivo na súa axenda, parello ao seu desenvolvemento, a tradución. Nestes momentos críticos para o futuro da nosa lingua mais tamén de grandes oportunidades, o papel do diálogo e as pontes de comunicación con outras linguas e culturas segue a ter unha relevancia fundamental. -A tradutora Eva Almazán é a persoa entrevistada neste A Fondo. Almazán fixo parte da equipa premiada co premio estatal de tradución por virar ao galego o Ulises de Joyce. Que supuxo este premio para a cultura galega e para o eido da tradución? \"Eva Almazán e a súa xeración déronlle un pulo preciso á tradución de obras contemporáneas. Isto, xunto con algún período de políticas decididas a prol da tradución, fixo que se vivise unha época dourada\" -Puxo en evidencia que, a pesar da obvia concorrencia desigual con outras tres linguas, o noso idioma é quen de cumprir as mesmas funcións, coa mesma e mesmo superior calidade que calquera outro. Nuns tempos de desvalorización a mantenta, o premio volveunos facer lembrar que o das linguas e as culturas non é unha cuestión de cantidade, mais de autenticidade. --Eva Almazán pertence a unha nova xeración de tradutoras e tradutores profesionalizados que estudaron na Universidade de Vigo. En que medida esta nova xeración supuxo unha revolución para a tradución en galego? -Eva e a súa xeración déronlle un pulo preciso á necesidade de que o público lector tivese a oportunidade de ler en galego non só clásicos da literatura universal, mais tamén obras contemporáneas. Isto, xunto con algún período de políticas decididas de investimento público a prol da tradución, fixo que as editoriais apostasen e publicasen e que, dalgún modo, se vivise unha época dourada para a tradución que, mal que ben, abriu un camiño polo que agora máis xente quer transitar. -A tradución é unha profesión que se desenvolve en condicións de precariedade, tal e como se explicita neste A Fondo. Como se manifesta esa precariedade? \"Á endémica invisibilidade das persoas tradutoras, ás que son mulleres súmaselle a propia invisibilidade de xénero.\" -Isto fai parte dun todo. Menos galego significa, en primeiro lugar, máis desalento, pero tamén menos libros, menos lectores, menos traducións, menos persoas tradutoras e piores condicións laborais. Mais nunca choveu que non escampase. As necesidades persisten e as persoas que lle dan saída seguen estando aí, mellor formadas do que nunca, dispostas a capear este temporal. -O artigo de María Reimóndez fala da situación das tradutoras. En que medida esa precariedade é maior no caso das tradutoras? Existen cifras da porcentaxe que as mulleres supoñen no ámbito da tradución? \"O debate respecto á tradución do portugués e ao portugués non se resolverá definitivamente até que se produza o re-encontro, natural e necesario, entre os dous pobos e a súa lingua.\" -É dificil atinar nunha cifra, e habería aínda que falar dos diferentes tipos de tradución. Mais é claro que son maioría. Porén, á endémica invisibilidade das persoas tradutoras, ás que son mulleres súmaselle a propia invisibilidade de xénero. Segue habendo quen pensa que, no caso da tradución oral, cando a fai unha muller é unha secretaría e cando é home, un intérprete. -Carlos Quiroga posiciónase no seu artigo a respecto das traducións do galego ao portugués e viceversa. En que medida está presente este debate no mundo editorial galego actual e como se soluciona? -É un debate que leva estando aí desde sempre, e que non se resolverá definitivamente até que se produza o re-encontro, natural e necesario, entre os dous pobos e a súa lingua. Mais é un debate arriquecedor, que pon en cuestión tabús e preconceitos, que acaba por beneficiar o galego e a súa internacionalización, e tamén por abrirlles os ollos a moitos dos nosos irmaos e irmáns do sul."}
{"ID": "NOS_16300", "summary": "Os democristianos presentaranse ás autonómicas con esta fórmula por primeira vez en 81 anos de existencia. O presidente da Generalitat abre a porta a unha lista ampla e soberanista que supere os partidos.", "text": "A ruptura interna de CIU muda o escenario político en Catalunya a só tres meses das eleccións autonómicas, consideradas un plebiscito polas forzas soberanistas. Unió decidiu concorrer en solitario por primeira vez en 81 anos de historia, unha decisión que contou co respaldo do 70% do consello nacional; mentres o presidente da Generalitat, Artur Mas, ofreceu ceder o liderado dunha candidatura unitaria que supere aos partidos. \"Non pensedes na lista do presidente, pensade se é necesaria unha lista co presidente, que non é o mesmo\", defendeu Mas durante a súa intervención no primeiro acto de campaña de Convergència. Unha proposta de candidatura unitaria que no pasado xerou un intenso debate con ERC e coas entidades soberanistas e rematou co adianto electoral para o 27 de setembro. O presidente catalán mostrou a ruptura con Unió como un paso máis do seu partido cara un compromiso de confluencia. Recoñeceu que o proceso soberanista perdeu forza nos últimos meses, polo que chamou ás entidades a poñer \"a directa\" para recobrar o impulso independentista. \"Non pensedes na lista do presidente, pensade se é necesaria unha lista co presidente, que non é o mesmo\", defendeu Mas. Mas mostrouse confiado de que militantes soberanistas de Unió e do PSC apoien esta proposta. \"Non se pode aspirar a construír un Estado sen sentido de Estado. Non se pode lograr a liberdade dun país e de Catalunya se as axendas persoais pasan por diante de aqueles que son a suma necesaria de todos\". División interna en Unió O sector crítico de Unió xa mostrou a súa vontade de sumarse ao proxecto de Mas, incluso algúns históricos deixaron a militancia, malia as advertencias da dirección -controlada por Josep Antoni Duran Lleida e Ramon Espadaler- de que Unió \"non xogará en dúas candidaturas diferentes\". O secretario xeral dos democristianos chamou a recuperar o espazo moderado que ocupaba CIU e non esconder \"unhas siglas históricas\", despois de recoñecer que a metade do electorado perdido foi parar a ERC. A incógnita que quedou sen despexar en Unió foi o seu candidato. Duran Lleida e Espadaler parten como os únicos nomes. Aínda que ningún se postulou polo momento, tampouco descartou facelo."}
{"ID": "NOS_16557", "summary": "A organización xuvenil do BNG denuncia nunha rolda de prensa as multas recibidas por cinco militantes de Galiza Nova por realizaren un mural co lema \"Construíndo a Galiza Diversa\", en defensa dos dereitos LGBT. A sanción foi interposta pola Garda Civil en aplicación da coñecida como Lei Mordaza.", "text": "\"A noite do 27 de outubro fomos identificados pola Garda Civil, que logo puxo unha denuncia contra nós pola realización dun acto de liberdade de expresión que en ningún caso empeorou o estado do mobiliario público\". Así explicaba en rolda de imprensa un dos multados, o membro de Galiza Nova Martín Coego, a sanción recibida a integrantes da organización xuvenil do BNG por pintaren un mural en defensa dos dereitos LGTBI. Neste muro, de titularidade pública, existía xa unha pintada anterior,, informou Galiza Nova, que expón que os feitos non forondenunciados polo propietario do mesmo, senón directamente pola Garda Civil, un procedemento permitido pola Lei Mordaza. A través do seu secretario xeral, Alberte Fernández, denunciou que \"a represión foi a máis nos últimos tempos e os ataques contra a liberdade de expresión son cada vez máis habituais\". Fernández reclamou a derogación da Lei Mordaza, da que lembrou que foi aprobada polo goberno do Partido Popular, \"mais non cuestionada aínda co novo goberno de Pedro Sánchez\" Bonos axuda para chegar aos 1.500 euros Ao tempo, o secretario xeral comunicou que a organización editará bonos axuda para afrontar o custo das multas de 300 euros no caso de que as alegacións presentadas non sexan tidas en conta. Foron sancionadas un total de cinco persoas, polo cal o importe total ascende a 1.500 euros. Insistiu en que se trata dunha \"persecución política\". O responsábel comarcal do BNG, Demetrio Gómez, aproveitou a rolda de prensa realizada conxuntamente entre o Bloque e a organización xuvenil para mostrar o apoio da dirección e denunciar \"a situación de involución democrática na que se atopa o Estado e a Galiza pola persecución diaria da liberdade de expresión\"."}
{"ID": "NOS_37889", "summary": "A área sanitaria da Coruña suma máis da metade do total de casos.", "text": "Galiza superou este sábado a cifra dos 2.000 casos activos de coronavirus, cun total de 2.148. Nas tres pasadas xornadas seis persoas contaxiadas faleceron, tres delas residentes en centros de maiores. O número de persoas hospitalizadas ascende a 72, con nove ingresadas nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Os datos achegados pola Consellaría de Sanidade amosan que a área sanitaria da Coruña e Cee, onde se manteñen medidas restritivas e se está a realizar un cribado de probas entre a veciñanza, segue a ser a máis afectada. 1.167 dos casos pertencen a esta área, máis da metade do total. O resto de áreas sanitarias, agás a de Vigo, tamén medran en número de casos activos. Concretamente, a de Compostela e O Barbanza suma 172; con 42 casos activos máis; a de Lugo, 278, cun incremento de 24; a de Ourense, Verín e O Barco de Valedorras suma 278, con 24 máis; mentres que na de Ferrol hai 97 casos activos, con oito máis e na de Pontevedra e O Salnés, coa cifra máis baixa, o incremento de 11 casos deixa un total de 96. Na xornada de onte realizáronse 4.331 probas PCR para detectar o virus. O falecemento de tres persoas maiores na área da Coruña, dúas mulleres ingresadas no hospital e un usuario da residencia Orpea de Culleredo, incrementan a 631 as mortes na Galiza relacionadas coa Covid-19. Situación das residencias As e os residentes e mais o persoal de residencias afectados pola enfermidade na Galiza son 85, un máis que na sexta feira. Entre eles, o Sergas indica que 67 son usuarios e usuarias de centros de maiores. O foco da residencia da Fundación San Rosendo no Incio, intervida pola Xunta da Galiza, mantense estábel con 57 maiores e oito profesionais contaxiados. En Culleredo permanecen dez persoas contaxiadas. A maiores hai 8 profesionais contaxiados na residencia do Incio, catro na de Culleredo, un caso nas de Paradela, San Bartolmeu de Xove, DomusVi de Barra de Miño en Coles e DomusVi Lalín, respectivamente, e outro no centro para persoas con discapacidade As Flores, en Ourense."}
{"ID": "NOS_892", "summary": "O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, faleceu na tarde do pasado sábado, día 18, debido a unha infección renal que sufriu en Bos Aires cando participaba nun encontro de fiscais. Malia non facer un ano no cargo, adquiriu sona polos atrancos que puxo ao procés soberanista catalán.", "text": "O 25 de novembro de 2016 José Manuel Maza convertíase no novo fiscal xeral do Estado, elixido para loitar contra o procés soberanista. Moi conservador e cun grande afán de protagonisto, traballaba até ese momento na sala segunda do penal do Tribunal Supremo, a onde accedera en 2002, cando o PP gobernaba con maioría absoluta e había maioría conservadora no Consello Xeral do Poder Xudicial. Aliñado coa dereita xudicial, xa en 2002 era coñecido como un maxistrado de posicionamentos moi duros. De feito, impulsou a Unión Xudicial Independente, unha escisión pola dereita da Asociación Profesional da Maxistratura. Xa anteriormente, destacara por ser unha das voces máis críticas coa política de xustiza do goberno de Felipe González, ao que chegou a acusar de \"non ter vergoña\". Durante o proceso xudicial contra o xuíz Baltasar Garzón pola súa investigación sobre os crimes do franquismo, Maza considerou que os delitos contra os cargos franquistas xa prescribiran ou foran amnistiados. Aliás, acusara Garzón de crear máis frustración nos familiares das vítimas do franquismo. Maza considerou que os delitos contra os cargos franquistas xa prescribiran ou foran amnistiados En 2015 formou parte da maioría do Supremo que se opuxo ao indulto ás persoas condenadas por se concentraren ao redor do Parlament catalán en 2011 e foi un dos xuíces que votou en contra da anulación da condena a 119 anos de prisión a Itziar Alberdi, acusada de pertenza á ETA e que, segundo o alto tribunal, foi condenada por falta de probas. Aliás, foi crítico coa lexislación en seguridade viaria por ser demasiado estrita cos condutores e por provocar, ao seu ver, que a presunción de inocencia perdera garantías. Contra o procés Mais se por algo foi coñecido o fiscal foi pola loita contra o procés catalán. O 2 de xuño pedía que se investigase Artur Mas, Francesc Homs, Irene Rigau e Joana Ortega perante o Tribunal de Contas por presunta responsabilidade contábel, acusados de gastar 5,2 millóns na consulta do 9 de novembro de 2014. Non tardou en anunciar unha querela contra os membros da Mesa do Parlament que impulsaran a tramitación da lei de referendo do 1 de outubro malia a prohibición do Tribunal Constitucional. Acompañara esta querela doutra contra todos os membros do Govern da Generalitat, acusados de desobediencia, prevaricación e malversación. Tamén se dirixiu ao major dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, para que puxera no seu coñecemento calquera acto dirixido á organización da consulta do 1-O que puidese constituír un delito. Se por algo foi coñecido o fiscal foi pola loita contra o procés catalán Aliás, abríronse dilixencias de investigación contra alcaldesas e alcaldes independentistas que estaban dispostas e dispostos a cederen locais municipais para a celebración do 1-O, un asunto que está pendente de xudicialización. A presidenta da Asociación de Municipios pola Independencia, e alcaldesa de Vilanova i la Geltrú, Neus Lloveras, e o presidente da Associació Catalana de Municipis de Catalunya e primeiro edil de Premià del Mar, Miquel Buch, tamén foron acusados pola Fiscalía de desobediencia, prevaricación e malversación. Após o 1-O, Maza actuou contra os responsábeis da Asemblea Nacional Catalá, Jordi Sánchez, e de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, -ambos os dous en prisión- por un presunto delito de sedición. Máis tarde actuou contra Oriol Junqueras e os consellers do Govern –parte deles no cárcere-, aos que acusaba de rebelión, sedición e malversación. Sobre o resto do gabinete encabezado por Carles Puigdemont, en Bruxelas, pesou a solicitude de entrega cunha orde europea de detención."}
{"ID": "PRAZA_20443", "summary": "Non é casual, polo tanto, que, menos de seis meses despois da toma de posesión de Trump, xa se fale tan abertamente da incapacitación prevista na sección 4 da emenda XXV ou mesmo da destitución ou da inhabilitación a través do impeachment previsto na sección 4 do artigo II da Constitución.", "text": "Cando un obxecto penetra no corpo dun xeito accidental, intencionado ou iatroxénico, o propio corpo, tras detectar que o obxecto que se introduciu nel non é normal, reacciona coa correspondente resposta de rexeitamento nos tecidos afectados, que habitualmente é dolorosa e inflamatoria. Cando esta resposta se revela insuficiente é preciso que interveñan os médicos para extraeren o obxecto con maior ou menor urxencia, dado que pode causar moitos problemas, mesmo a morte. En xeral, os organismos tenden a buscar a súa supervivencia, para o cal adoitan contar, fronte ás anomalías potencialmente perigosas, con mecanismos de alerta e mais con recursos de loita. E cando falamos de organismos non estamos limitándonos aos seres vivos. Un sistema político, por exemplo, dótase de recursos institucionais cuxa función é a preservación da súa integridade, e procura marxinar e, se é preciso, expulsar todo axente desestabilizador cuxa posición se achegue ameazadoramente ao centro do seu campo. Iso sucede, en realidade –alén do discurso constitucional lexitimador–, polo interese que teñen os axentes centrais na preservación das súas posicións de poder. Non é en absoluto posíbel descartar que o sofisticado sistema político estadounidense non estea xa a identificar o presidente Trump como un corpo estraño. Sobrarían motivos: os presuntos contactos do equipo electoral de Trump con representantes rusos; a suposta revelación de segredos á diplomacia rusa por parte do propio presidente; a sospeita de que Trump aceptou cartos provenientes de gobernos estranxeiros; a enciclopédica ignorancia do presidente en temas fundamentais; ou a súa grave desorientación en materias como a política exterior, a de alianzas, a comercial ou a climática, nun contexto internacional en que a supremacía dos EUA está a ser cuestionada tanto por Rusia como pola China. Non é casual, polo tanto, que, menos de seis meses despois da toma de posesión de Trump, xa se fale tan abertamente da incapacitación prevista na sección 4 da emenda XXV ou mesmo da destitución ou da inhabilitación a través do impeachment previsto na sección 4 do artigo II da Constitución. Para o sistema, o problema principal non é o discurso reaccionario e infantil de Trump, non é a vergoña allea que provoca, nin sequera son o seu sexismo e as súas mentiras. O problema tampouco é, obviamente, a política con que pretende profundizar na desigualdade a través, por unha banda, de recortes na sanidade e nas políticas sociais e, por outra banda, da substancial rebaixa dos impostos aos ricos (entre os que se atopa o propio Trump). Se puidesen seguir a controlar o sistema, as elites políticas, corporativas e militares, para as cales a democracia liberal é unha pedra no zapato, tamén convivirían perfectamente cos modos egotistas, inestábeis e erráticos de Trump. Non, o problema tampouco é o desprestixio da presidencia ou a pésima imaxe dos EUA. O problema é outro: é a posibilidade moi real de que Trump acabe debilitando os fundamentos do edificio institucional construído para favorecer os intereses do establishment. Así que, se Trump é percibido como un corpus alienum, vai ser extraído. Sería unha operación complicada e traumática. Pero o sistema sabe que non habería alternativa."}
{"ID": "NOS_44728", "summary": "Apego, o proxecto para a socialización da infancia en galego, naceu en marzo de 2015. Traballa para promover e arroupar a transmisión da lingua ás nenas e nenos.", "text": "En apenas un ano de vida, o proxecto para a socialización da infancia en galego, 'Apego', suxa xa 23 concellos, que representan unha poboación de máis dun millón de habitantes. En marzo de 2015 asinaban un protocolo de colaboración os concellos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo. Nacía así este programa para promover e arroupar a transmisión da lingua ás nenas e nenos. Os concellos participantes impulsaron diversas accións, centradas nas crianzas entre 0 e 6 anos mais que abranguen os diferentes contextos da vida dos nenos e nenas. Deseñáronse e distribuíronse materiais específicos, organizáronse actividades, achegáronse argumentos, información e recursos…, para as familias e para os profesionais. En todas as accións do proxecto resalta a valoración positiva da lingua e a necesidade de que colectiva e individualmente nos comprometamos con ela. O Apego mantense desde os servizos de normalización lingüística dos concellos participantes, impulsados inicialmente pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). A comunidade creada arredor do Apego foi medrando nestes mese. O vindeiro sábado, día 9 de abril, ás 12.00 h no Centro Ágora da Coruña, terá lugar o acto de adhesión de novos concellos: A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo."}
{"ID": "NOS_45959", "summary": "Unha proposición non de lei presentada no Parlamento galego pola deputada Eva Solla exixe que os 800 mil euros anuais destinados á asistencia relixiosa nos hospitais do País \"se encamiñen a outras necesidades\" da sanidade pública", "text": "O grupo parlamentar de AGE, por boca da deputada Eva Solla, vén de exixir á consellaría de Sanidade que deixe de sufragar os salarios dos 53 sacerdotes que prestan asistencia relixiosa católica nos hospitais públicos e concertados da Galiza. Nunha proposición non de lei, Solla reclama \"que os capeláns deixen de ser persoal asalariado do Sergas\" e, por conseguinte, que as súas nóminas non se paguen con diñeiro das arcas públicas, supoñendo un gasto que se sitúa por volta dos 800 mil euros anuais. Así llo confirmou a este xornal Jesús Carracedo, director do secretariado inter-diocesano de pastoral da saúde (SIPS) da Galiza para a elaboración dunha información publicada no semanario nº32 sobre o convenio existente entre Sergas e Xunta, asinado en 1995 e do cal este ente público refusou dar dato algún. Así as cousas, após as preguntas escritas presentadas polo grupo parlamentar do PSOE no Parlamento galego, agora é AGE quen reclama que \"os privilexios de calquera tipo para calquera relixión desaparezan da sanidade pública\", encamiñando a \"outras necesidades\" da sanidade o orzamento anual estabelecido para finanzar os servizos dos 53 capeláns."}
{"ID": "PRAZA_5454", "summary": "A tres días de conmemorar o 40 aniversario da Revolução dos Cravos, o ex militar relatou en Pontevedra, no marco da Semana Galega de Filosofía, a súa experiencia na acción que derrubou a ditadura en Portugal. Alerta de que se están a crear as condicións para o ascenso dunha ditadura de dereitas.", "text": "\"O 25 de abril fica na memoria de todos os portugueses e para o noso orgullo é considerada a revolución máis bonita e máis romántica coñecida en todo o mundo\"\"Valeu a pena\". A tres días de conmemorar o 40 aniversario da Revolução dos Cravos, Otelo Saraiva de Carvalho relatou en Pontevedra, no marco da Semana Galega de Filosofía, a súa experiencia na acción que derrubou a ditadura en Portugal. \"O 25 de abril fica na memoria de todos os portugueses e para o noso orgullo é considerada a revolución máis bonita e máis romántica coñecida en todo o mundo\", destacou, debullando durante unha hora de conferencia as decisións, anécdotas e triunfos que levaron ao éxito da revolución.Os organizadores destacaron o valor de contar coa súa presenza nesta semana de celebracións e de múltiples actividades en Portugal, e salientaron que Saraiva de Carvalho \"fixo un esforzo polo aprecio que ten cara a Galiza, para contarnos como se fai unha revolución\". Os e as asistentes á palestra interpretaron, ao remate, postos en pé, o Grândola Vila Morena.Porén, do 25 de abril non só se fala en pasado. A Associação 25 de Abril, na que participa activamente xunto con outros moitos dos militares que encabezaron a revolución hai 40 anos, mantén as súas reivindicacións. Neste ano chamou unha vez máis a preservar e a recuperar \"os valores de abril\", empregando o lema \"vencer o medo\". \"Hai medo na sociedade portuguesa\" -dixo- \"medo a perder o emprego, medo a non conseguir un traballo. O pobo portugués é un pobo submiso, humilde, habituado ao respeitinho, ao paternalismo\". Por iso Otelo Saraiva de Carvalho alerta de que \"o camiño está aberto para calquera ditador paternalista que apareza pola dereita\".\"Ese é o noso primeiro obxectivo\" -engadiu- \"acabar co medo para construír aquilo que falta construír para o futuro. Fíxose moito, pero faltan moitas cousas por facer\". Denunciou, así mesmo, que \"o goberno intenta dividir a sociedade portuguesa, os vellos contra os novos, os empregados contra os desempregados, os campesiños contra o proletariado industrial, o norte contra o sur\". \"Somos cidadáns libres nun país que está a deixar de ser libre, o país está a perder soberanía\", concluíu en referencia ás imposicións da troica.Otelo Saraiva de Carvalho alerta de que \"o camiño está aberto para calquera ditador paternalista que apareza pola dereita\". \"Somos cidadáns libres nun país que está a deixar de ser libre, o país está a perder soberanía\", concluíu en referencia ás imposicións da troicaTivo, igualmente, palabras moi críticas co proceso de construción da Unión Europea, e coa \"partitocracia\" que domina Portugal: \"Non gosto da partitocracia, teñen moito poder en Portugal e defenden só os seus intereses, non os intereses do pobo. Se alguén quere un emprego, só ten que afiliarse ao PS ou ao PSD\".A Associação 25 de Abril rexeitou participar nos actos oficiais organizados polo Goberno portugués para conmemorar o 40 aniversario da revolución \"porque non foi satisfeita a reivindicación para falar sobre os 40 anos da revolución e sobre aquilo que foi alcanzado e aquilo que ficou por facer, que é moito\". Así mesmo, o colectivo sinalou que o actual goberno PSD-CDS-PP \"está a certificar a morte do 25 de abril\". O Goberno, din, ten \"medo a ser exposto polos Capitáns de Abril\". A revolución vivida\"Non gosto da partitocracia, teñen moito poder en Portugal e defenden só os seus intereses, non os intereses do pobo. Se alguén quere un emprego, só ten que afiliarse ao PS ou ao PSD\"A revolución é o tema ao redor do que xiran todas as intervencións desta Semana Galega de Filosofía, achegas académicas ou activistas, de movementos políticos ou sociais, as máis delas centradas nunha análise teórica das condicións obxectivas e subxectivas da revolución. Porén, Otelo Saraiva de Cavalho viviu unha auténtica revolución. É máis, organizouna, como responsable da exitosa estratexia militar que en só 17 horas acabou cunha ditadura de cinco décadas. Iso si, recoñecendo que \"a guerra colonial foi determinante para que o 25 de abril fose posible\" e que \"Salazar foi, entón, o principal axente da Revolución\".Saraiva de Carvalho cualificou o 25 de abril de 1974 de \"día memorable\", e de \"operación militar feita con rigor e eficacia\" que conseguiu \"reconquistar a liberdade, reconquistar a dignidade, reconquistar o concepto de cidadanía duns cidadáns que se sentían libres, nun país libre\". Porén, despois do 25 de abril chegou o 26, o día despois, e a cuestión de como organizar a revolución gañada. Saraiva de Carvalho lamentou a contrarrevolución viviva, e os pasos atrás que dende 1974, e sobre todo nos últimos anos, se produciron dende os dereitos acadados na revolución.\"Colegas meus consideran que deberíamos ter conservado o poder durante máis tempo, en canto non houbese unha clarificación da situación de poder en Portugal\", sinalou. \"Porén, buscamos evitar a impresión, ou as acusacións internas ou externas, de que o MFA estaba a liderar unha nova ditadura militar. E por iso dende o primeiro momento comprometémonos a convocar eleccións constituíntes para a redacción dunha nova constitución, no prazo máximo dun ano, e a a convocar eleccións lexislativas no prazo máximo de 2 anos\", explicou. Nese senso subliñou que \"o PS aproveitou o seu éxito nas eleccións constituíntes, que non esperaba, para gañar posicións e comezar a facer oposición ao Goberno do MFA\".Destacou que houbo entre os líderes do MFA e especialmente nel mesmo unha \"total falta de apetencia por ocupar o poder político\"En canto á súa participación directa en política Saraiva de Carvalho sinalou que \"faime graza cando din que 'o que estragou ao Otelo' foi a ambición política\", e destacou que houbo entre os líderes do MFA e especialmente nel mesmo unha \"total falta de apetencia por ocupar o poder político\". \"Eu rexeitei moitas veces ser ascendido a xeneral ou a posibilidade de converterme en primeiro ministro\", engadiu. \"Valeu a pena\" -concluíu- \"fíxose moito, pero falta moito por facer\"."}
{"ID": "PRAZA_17214", "summary": "En Galiza, se aínda nos interesa a construción nacional, cómpre revisarmos a nosa admiración miope polo independentismo catalán; e se desconfiamos do autogoberno, ollo co unionismo ultramontano.", "text": "Joaquim Torra, o novo president da Generalitat de Cataluña, non é simplemente un nacionalista conservador. Presenta trazos reaccionarios, se consideramos a súa admiración por Estat Català, o partido independentista con milicia paramilitar de seu que durante a II República amosaba unha indisimulábel afinidade co fascismo. A hispanofobia de Torra parece alimentarse da lenda negra e é despectiva, elitista e mesmo supremacista. Torra vive a mestizaxe cultural do seu país –lingüística, en particular– cunha incomprensión, cun medo e cunha dor tan grandes que provocan nel un rexeitamento sumamente agresivo –e perigosamente próximo, no seu extremismo, ao etnicismo e mesmo ao racismo e á xenofobia– de todo o que non casa coa idealización romántica e esencialista da catalanidade. Dá igual que a inmensa maioría dos cataláns se recoñezan nunha identidade complexa catalá-española. España é unha imposición, e ante a patria hai que escoller. Como presidente do Goberno de España, a axenda de Mariano Rajoy é claramente centralista e conservadora. Lembremos, por exemplo, a reforma educativa do ministro Wert ou a lei mordaza do ministro Fernández Díaz. Rajoy é un señorito nacionalcatólico, un elitista que hai tres décadas defendía o determinismo biolóxico, tan doadamente asociábel co racismo. Na liña dos franquistas Gonzalo Fernández de la Mora e Luis Moure Mariño, consideraba falsa a idea de que as persoas somos iguais, porque é a estirpe a que nos determina en esencia. A desigualdade é natural, orixinaria, está inscrita no código xenético. En consecuencia, existe tamén unha orde social natural xerarquizada, que é incompatíbel coas envexosas, demagóxicas e despóticas demandas de igualdade social, política e económica. A ditadura igualitaria acabaría co respecto aos mellores. Que é o que comparten Torra e Rajoy neste plano ideolóxico profundo? Basicamente o elitismo e mais as inclinacións ultranacionalistas e reaccionarias. Non é excesivamente difícil atopar nexos entre Torra, Rajoy e o populismo fanático que nestes momentos causa estragos en Gran Bretaña, no leste de Europa ou nos EUA. Torra ignora que non hai unha maioría cidadá independentista e Rajoy ignora que hai unha ampla maioría cidadá a prol dun referendo. Se estes dous personaxes xa case caricaturescos son os máximos responsábeis políticos catalán e español, dos cales depende a solución da peor crise constitucional que lembramos, podemos confiar en que van desactivar a dialéctica entre unilateralismo e represión, en que van moderar os seus discursos, tender pontes, negociar? Podemos imaxinalos falando de cidadanía, de tolerancia, de convivencia, de solidariedade? Deberiamos ser quen de agradecer o regalo que nos fai o destino con estes dous individuos, cuxo pensamento posúe un gran poder explicativo. Agora sabemos que fariamos ben en afastarnos de tanto impostor inconsistente, de tanto cínico salvapatrias, e en achegarnos ás opcións inequivocamente democráticas. En Galiza, se aínda nos interesa a construción nacional, cómpre revisarmos a nosa admiración miope polo independentismo catalán; e se desconfiamos do autogoberno, ollo co unionismo ultramontano. Porque algún día, os embigos exclusivos e as caras de cemento que hoxe protagonizan esta frívola e indecente ópera bufa ibérica comparecerán ante a historia para responderen da súa criminal irresponsabilidade. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_19639", "summary": "A Asociación Galega de Escolas Infantís (AGADEI) critica o crecente \"intrusismo\" de establecementos que ofrecen servizos de atención continuada de 0 a 3 anos sen contar cos necesario permisos para facelo.", "text": "A Asociación Galega de Escolas Infantís (AGADEI) denuncia o crecente \"intrusismo\" de establecementos que ofrecen servizos de atención continuada de 0 a 3 anos sen contar cos necesario permisos para facelo, \"centros de ocio\" que de facto estarían funcionando como escolas infantís. \"Moitas destas pseudo-escolas non contan cos permisos obrigatorios para prestar estes servizos, os profesionais que traballan neles non contan coa debida formación e ademais non son debidamente inspeccionados polas administracións públicas\", sinala Fernando Rolland, presidente de AGADEI. AGADEI subliña que só poden funcionar como escola infantil aqueles establecementos \"constituídos e rexistrados como tales\" ante a Consellería de Política Social. \"Tanto ludotecas como centros de lecer, só poderían prestar servizos puntuais e cada un deles no seu perfil\", din. Porén, denuncia, \"cada vez se detectan máis casos de intrusismo por parte, principalmente, de centros de lecer, co consecuente prexuízo para os menores e a obvia competencia desleal para aquelas empresas que exercen legalmente a súa tarefa como escolas infantís e están supeditadas a estritos controis por parte da administración tanto no que respecta ás súas instalacións como ao seu persoal e proxectos educativos\", sinala Rolland. A entidade vén de denunciar ante o Servizo de Inspección de Servizos Sociais dous deses casos, un en Pontevedra e outro en Mondoñedo, aínda que afirma que hai moitos máis en toda a comunidade A entidade vén de denunciar ante o Servizo de Inspección de Servizos Sociais da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dous deses casos, un en Pontevedra e outro en Mondoñedo, aínda que afirma que hai moitos máis en toda a comunidade. AGADEI, asociación fundada en 1986 e que agrupa a 75 socios e socias e a 130 escolas de toda Galicia, destaca que \"non hai que esquecer, que os usuarios finais son menores de idade\", o que obriga a extremar as precaucións en relación co estrito \"cumprimento da legalidade\", tanto para os centros coma para o persoal que traballa neles."}
{"ID": "NOS_39547", "summary": "Os datos facilitados por Sanidade este sábado sinalan que baixan as persoas ingresadas por Covid a 675, mentres os casos activos soben a 17.987 após 1.812 contaxios. Ademais aumenta o número de PCR positivas por cada 100 realizadas e está 5% por riba do que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.", "text": "Os casos activos na Galiza seguen en ascenso e sitúanse nos 17.987, que implican 336 máis, após rexistrarse outros 1.812 novos contaxios, Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas desta sexta feira. Pola contra os hospitalizados baixan até os 675 (28 menos que o día anterior). Ademais, a taxa de positividade dispárase e sobe até o 42,04% e baixan a 19 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 -dúas menos--, así como as ingresadas en unidades convencionais, 656 -26 menos-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa en cinco das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra; mentres que sobe en Santiago-Barbanza e Ferrol. Así, na da Coruña e Cee baixan a tres as persoas con Covid ingresadas en UCI (-1) e a 169 os doutras unidades (-1); mentres que na de Ourense seguen dúas en críticos -sen cambios- e baixan a 95 os hospitalizados noutras unidades (-20). Coronavirus Galiza: seguen a aumentar os casos activos, até 14.909 Na de Lugo mantéñense sete pacientes Covid en UCI -sen cambios- e descenden a 65 os ingresados noutras unidades (-6); na de Pontevedra continúan dúas en UCI (-1) e baixan a 91 os hospitalizados noutras unidades (-4); e en Vigo, baixan a dous os hospitalizados en críticos (-1) e a 76 os doutras unidades (-1). Por contra, na área de Ferrol soben a 74 os pacientes ingresados en planta (+2) e mantense con un en UCI -sen cambios-; mentres que na de Santiago quedan dúas en críticos -sen cambios- e soben a 86 os doutras unidades (+4). Tendencia ascendente dos casos activos Os casos activos manteñen a tendencia ascendente no conxunto da Galiza e aumentan a 17.987, que implican 336 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.812) que altas (1.472), ao que se suman catro falecementos. De novo o aumento é xeneralizado. Soben en todas excepto na de Vigo, que rexistra 49 casos menos, con 2.815 en total. Respecto das subidas, lidera a relación Santiago (+144), seguida pola da Coruña (+117), Ferrol (+58), Ourense (+34), Pontevedra (+17) e Lugo (+11). Daquela, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.477; seguida da de Santiago e Barbanza, con 3.030; Vigo, con 2.815; Lugo, con 2.724; Ourense, con 2.512; Pontevedra e O Salnés, con 1.995; e á cola segue a de Ferrol, con 1.410. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade o 26 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulneráble, a incidencia acumulada a 14 días na Galicia en maiores de 60 anos ascende a 1.182,74 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal sitúase en 608,16. Novos contaxios En relación aos novos contaxios de Covid-19, mantéñense por riba dos 1.800 con outros 1.812, que constitúen 80 máis que os 1.732 desta sexta feira, após os 1.728 desta quinta feira; fronte aos 1.725 do día anterior, uns 1.483 na terza feira, despois de comezar esta semana con 794 novos casos abertos en 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico á poboación en xeral. Así, os contaxios aumentan na Galiza a 586.128, dos cales 133.725 corresponden á área de Vigo; 121.542 á da Coruña e Cee; 92.802, á de Santiago e Barbanza; 70.829 á de Ourense; 67.151, á de Pontevedra e O Salnés; 63.876 á de Lugo; e 35.346, á de Ferrol. 505 días: así foi o contaxio máis longo de Covid-19 até o momento Polo seu lado, a taxa de positividade -número de PCR positivas por cada 100 realizadas- dispárase até o 42,04%, após un 32,24% da sexta feira, aumentar a 35,51% esta quinta, situarse en 28,77% na cuarta, en 20,6% a terza martes e comezar esta semana en 25,56%. Por iso, continúa por encima de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Catro novos falecementos As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza ascenden a 3.343 após notificar a Consellaría de Sanidade este sábado outro catro óbitos. Os falecementos, do 28 de abril, corresponden a unha muller de 94 anos da área sanitaria de Ferrol, un home de 81 anos, de Vigo; outro de 76 anos e unha muller de 92 anos, ambos na área de Pontevedra. Polo seu lado, 564.858 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria, após recibir o alta outras 1.472 na xornada pasada no país."}
{"ID": "PRAZA_9503", "summary": "O paro rexistrado descende en 1.091 persoas e o número de afiliacións á Seguridade Social aumenta en 4.940", "text": "Baixa o paro e aumenta o emprego en febreiro. O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en algo máis de 1.000 (-1.091) e nun 0,62% en Galicia respecto ao mes anterior, deixando a cifra total en 173.709, case 15.000 (-14.498) menos que hai un ano. A baixada do paro rexistraso contrasta co incremento en 3.279 desempregados no conxunto estatal (+0,1%), o peor dato desde 2013, aínda que se gañaron 69.172 cotizantes. O paro descende en todas as provincias galegas agás en Pontevedra e en todos os sectores menos no colectivo sen emprego anteriorA caída do paro en Galicia coincide tamén co aumento no número de afiliacións á Seguridade Social logo dun mes de xaneiro onde se destruíran 14.000 empregos malia asinarse 10.000 contratos máis que un mes antes, case o triplo. Xa que logo, Galicia creou 4.940 empregos en febreiro, quedando en 997.311 o número total de cotizantes, cun incremento interanual de 18.822 persoas a traballar.Segundo os datos do Ministerio de Traballo, o paro descendeu en todas as provincias agás en Pontevedra, onde aumentou un chisco (+59). Ademais, baixou tamén en todos os sectores agás no colectivo sen emprego anterior e, especialmente, nos servizos (-541) e na construción (-442). En canto ao número de contratos, asináronse en Galicia 68.820 durante o febreiro pasado, 13.581 menos que no mes de xaneiro e unha cifra semellante á asinada no mesmo período do ano anterior, cun pequeno descenso de 380. En febreiro asináronse uns 14.000 contratos menos que no mes anterior, o 90% deles temporaisOs datos son, xa que logo, semellantes nun mercado laboral galego que non muda moito e que segue mantendo na precariedade e na temporalidade boa parte dos seus alicerces. Así, do total de contratos asinados en febreiro, o 90% seguen a ser temporais. En canto ás afiliacións á Seguridade Social, a cifra total de cotizantes sitúase preto do millón, pero aínda non alcanza un número que non se supera desde o verán de 2011, hai case oito anos. O contraste chega nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, xa que todas as provincias galegas amosan taxas de crecemento interanuais negativas. O descenso medio da comunidade galega situouse no -1,25%.Por sexos, un mes máis hai unha mellor evolución do desemprego entre os homes, onde o paro cae nun 0,97%, fronte ao 0,36% no caso das mulleres. Xa que logo, o 57,1% do total do desemprego ocúpano as mulleres: son 74.453 homes fronte a 99.256 mulleres.As mulleres representan máis do 57% do paro rexistrado en GaliciaAdemais, a cobertura total do sistema de protección por desemprego situouse no 59,76%, polo que quedan fórafóra do sistema a 78.690 persoas, incluíndo as que teñen dereito a cobertura como as que non a xeraron previamente. No Estado, pola súa banda, a taxa de cobertura é superior, do 61,9%.Na súa primeira reacción, a Xunta destaca que Galicia \"é a segunda comunidade na que máis baixa o paro en termos interanuais e que a suba de afiliacións á Seguridade Social é \"o segundo maior incremento nun febreiro desde a crise económica\"."}
{"ID": "NOS_45233", "summary": "De \"ilexítima\". Así cualificou na mañá do sábado a dirección de Anova a \"suposta\" asemblea local do partido en Ourense despois de anunciar que apoia a candidatura en solitario de En Marea ás eleccións xerais.", "text": "A dirección nacional de Anova enviou un comunicado de imprensa aos medios na mañá do sábado para desautorizar a \"suposta\" asemblea local de Anova-Ourense, que considera \"ilexítima\". Fíxoo despois de anunciar o órgano municipal que apoia a candidatura en solitario de En Marea ás eleccións xerais do 28 de abril. Unha decisión que contravén a dirección do partido liderado por Antón Sánchez, que aposta en renovar a coalición con EU e Podemos en lugar de concorrer con En Marea en solitario. A asemblea de Ourense, que na pasada quinta feira acordou apoiar a candidatura impulsada por Luís Villares, fíxose \"á marxe das normas da organización\" e mesmo \"marxinando militantes que non foron convocados na localidade\". \"Non todas as persoas afiliadas a Anova en Ourense foron convocadas ás reunións\", advirte a dirección do partido, que indica que, en consecuencia, \"dificilmente pode aceptarse que a opinión trasladada é a do conxunto maioritario da militancia na localidade\". \"En Anova, como en calquera organización política democrática, as decisións adóptanse democraticamente a través dos organismos dispostos estatutariamente. Este non é o caso da autodenominada Anova-Ourense\", denuncia a dirección, que informa de que \"desde a III Asemblea Nacional de marzo de 2017 non tivo lugar a necesaria renovación de organismos nesta localidade\". Anova acrecenta \"as persoas que ostentaban a responsabilidade da organización antes do período asembleario mantiveron o control dos recursos da organización en Ourense\". Anova denuncia no comunicado que \"decisións como as de rachar Ourense en Común pactando con outros sectores unha nova plataforma electoral ou as de presentarse nas primarias de En Marea son contrarias ás decisións estratéxicas de Anova e tampouco tiveron o aval da Asemblea local de Ourense\". \"As decisión adoptadas polas persoas que se apropian do nome de Anova en Ourense só teñen un obxectivo: rachar o proxecto mestizo, plural e diverso da unidade popular\", denuncia a dirección. O comunicado de imprensa advirte de que Anova \"nunca foi pensada como un reino de taifas de intereses localistas\". A reacción de Anova chega un día despois de que Anova-Ourense anunciase que as bases fixeran \"unha análise moi crítica sobre a situación en que a dirección do partido se someteu á fórmula de confluencia durante estes últimos anos, con continuos ataques ás decisións tomadas soberanamente polos inscritos de En Marea\". Na liña que defende a cúpula de En Marea, Anova-Ourense denunciou \"pasos atrás\" coa volta a \"fórmulas de coalición onde a participación nas decisións é nula\". De aí que comunicasen publicamente o apoio \"explícito\" á candidatura de En Marea ás eleccións xerais."}
{"ID": "NOS_49184", "summary": "Actores, atrices e músic@s deste país continúan a súa vaga de mobilizacións fronte a política de recortes do goberno galego en materia cultural. Após o feche no Gaiás, proseguirán con accións visando un cambio de rumbo da Consellaría de Cultura.", "text": "En entrevista con Sermos Galiza, Antonio Durán \"Morris\", membro da Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galiza, valora como positiva a unión do sector e pensa que está \"ao final do camiño\" Como valora a actual situación no sector? Estamos animados porque vemos que a profesión se concienciou. Todo segue paralizado. AGADIC segue sen un obxectivo claro a cumprir este ano, sen orzamentos e sen director. Nese sentido a valoración ten que ser mala. Após as mobilizacións que vai pasar? Non sabemos que pode pasar. Estas mobilizacións serviron para que se coñeza realmente fóra a situación na que estamos. Morrer de pé ou que leves un tiro na cuneta. A profesión está a piques de desaparecer. Por este motivo comezamos as mobilizacións. Estamos chegando ao final do camiño. O feche na Cidade da Cultura, toda aquela xente nun espazo como ese, clarifica moitas cousas. Como foi a experiencia no Gaiás? É unha imaxe bonita ver a xente unida. Moitos non subiron aínda e non saben nin o que hai. Estabamos enriba das dependencias de AGADIC, de onde sae toda a inactividade. Foi un deses momentos onde notamos a presenza de toda a xente que tiña algo que ver coa cultura. \"Hai unha represión ideolóxica cara ao sector cultural\" Seguen en pé os obxectivos da Plataforma? Queremos que se saiba que non hai diálogo coa Xunta como eles din no Parlamento. A administración vai por un lado e a profesión vai por outro. Non é un problema de recortes, que tamén, vai máis alá: eles consideran o sector como algo que esta aí e, de cando en vez, cae algunha esmola. Hai unha represión ideolóxica cara ao sector cultural. Pasou cando non nos deixaron o teatro público para que fixéramos a asemblea. Mañá entréganse os Premios da Cultura no Gaiás. A Plataforma das Artes Escénicas e Musicais solicitará o apoio de todos os sectores na súa loita? A Asociación de actores e actrices xa estamos na Plataforma. É máis difícil a nivel empresarial. Tanto ten. É unha pelota que vai crecendo e o que importa é a unión. Imos medrar en xente para sermos aínda máis representativos. Foi o camiño que se escolleu e penso que será o que nos leve a bon porto."}
{"ID": "NOS_34782", "summary": "A xustiza prorrogou o desafiuzamento durante dúas semanas. Porén, María e as súas crianzas terán que abandonar a vivenda.", "text": "María conta con 500 euros mensais dunha Risga e o salario do seu compañeiro que percibe 225 euros ao mes dun contrato de traballo de 10 horas semanais. Só o aluguer supoñen 310€ aos que hai que engadir os gastos correntes (auga, luz) e de manutención dela e das súas dúas crianzas, unha delas menor de idade. Esta veciña de Ourense adebeda 2.170 euros após 7 meses sen pagar o aluguer da vivenda que posúe no barrio da Ponte. A propietaria do piso encetou un proceso de desafiuzamento 'exprés' que fixaba para esta segunda feira (23 de febreiro) a execución. No entanto, esta orde foi aprazada até o vindeiro 3 de marzo. Ás portas da vivenda concentrábanse hoxe activistas de Stop-Desafiuzamentos Ourense á fin de visibilizar o caso de María mais non de frear o despexo após decidir a propia familia que non querían prolongar máis a batalla. Ao longo dos últimos meses e através do colectivo en defensa do dereito á vivenda esta veciña puxo en coñecemento dos servizos sociais municipais e do Instituto Galego de Vivenda e Solo a súa situación económica e a imposibilidade de facer fronte ao pagamento. Desde a administración tan só lle ofreceron a posibilidade de acceder a unha vivenda oficial, iso si, sita en Castro Caldelas ou en Carballeda de Valdeorras, lonxe da súa contorna social e familiar. María agarda após o aprazamento poder acceder a unha nova vivenda máis asequíbel en termos de aluguer. Na cidade das Burgas hai máis de 14 mil vivendas baleiras."}
{"ID": "NOS_7877", "summary": "Do 5 ao 7 de decembro a cidade herculina acolle a quinta edición do Fanzine Fest, un encontro que reúne máis de 20 artistas do universo electrónico, entre os que destacan Levon Vincent, Galaxian, Lena Andersson -Kyoka & Eomac- ou Dorian Concept.", "text": "A Coruña sitúase esta semana no epicentro da escena da música electrónica de vangarda mundial. Do 5 ao 7 de decembro a cidade herculina acolle a quinta edición do Fanzine Fest, un encontro que reúne máis de 20 artistas do universo electrónico. Figuras como The Horrorist, Roi, Levon Vincent, Galaxian, Lena Andersson -Kyoka & Eomac- ou Dorian Concept participarán na edición máis ambiciosa até o de agora do Fanzine Fest. A organización aposta por \"visibilizar e dinamizar\" a escena de vangarda local e a cultura underground, co obxectivo de \"xerar, tamén desde un punto de vista didáctico e divulgativo, un ecosistema único na Galiza con proxección estatal e internacional\". Xunto á súa aposta musical, o festival inclúe toda unha programación expandida repleta de actividades e obradoiros, que inciden na aposta por achegar a escena electrónica a todos os públicos. Ademais, nesta quinta edición, Fanzine Fest recollerá \"as múltiples sensibilidades e estilos que conforman o heteroxéneo universo electrónico de vangarda\", como ambient, experimental, electro, techno, post-punk, industrial ou acid; ademais de numerosas propostas sonoras acompañadas de creacións audiovisuais."}
{"ID": "PRAZA_14718", "summary": "O fotógrafo Amador Lorenzo vén de gañar o premio Luis Ksado da Deputación da Coruña cunha serie fotográfica sobre Portugal titulada Tudo isto é fado.", "text": "O fotógrafo Amador Lorenzo vén de gañar o premio Luis Ksado da Deputación da Coruña. Cunha notable traxectoria de fotoxornalista en medios como El Ideal Gallego ou o desaparecido Xornal de Galicia, Lorenzo xa se presentara en anteriores ocasións a este galardón. Conseguiu o Ksado cunha serie fotográfica titulada Tudo isto é fado, unha \"lectura poética e intimista\" en verbas do xurado constituída por un conxunto de doce instantáneas. Xa se presentara vostede ao premio noutras ocasións. Si, esta foi a terceira e gañei con Tudo isto é fado. O título tireino dunha canción de Amália Rodrigues, que describe que é o fado para os portugueses. Na serie fotográfica recóllese, ou búscase recoller, o sentimento da saudade. Por iso, cando saíu a canción pola radio, quedei con ela e collín o título. Eu estaba a traballar no tema e parecíame o título oportuno para o traballo. En que parte de Portugal sacou as fotos? \"As cousas foron cambiando alá, entrou a crise, mudou Portugal moito e funme metendo no tema do documentalismo subxectivo. E conseguín facer un traballo determinado, subxectivo, pero que non ten que ver a crise\" Case todo no Porto e na periferia, nos barrios, fóra da cidade. Non tiven oportunidade de baixar até Lisboa, nin por cartos nin por tempo. Quedáronme as ganas. A idea deste traballo xurdiu anos atrás, cando estaba facendo un traballo sobre Galicia, pero resúltame máis complicado facer este tipo de fotos acó. Galicia resúltame tan difícil, porque son de aquí, é demasiado próximo e cústame moito abstraerme para facer instantáneas que me poidan interesar. Dáme máis pudor. Eu estaba facendo ese traballo e entón comecei tamén a idear un con Ricardo [Ricardo Rodríguez, compañeiro de Lorenzo en Xornal de Galicia], con que me escribo continuamente, que me recomenda moitas cousas e me axuda tamén moito. Eu levaba dous anos traballando nesas fotos e ensineillas a Ricardo, sería hai tres anos... E despois comecei a disparar en Portugal. Claro, as cousas foron cambiando alá, entrou a crise, mudou Portugal moito e funme metendo no tema do documentalismo subxectivo. E conseguín facer un traballo determinado, subxectivo, pero que non ten que ver a crise. En realidade foi a partir dun libro de Italo Calvino, As cidades invisibles, que me foi cambiando o xeito. Entón con Ricardo cheguei a conclusión de facer algo xuntos e, desas conversas con el, tamén xurdiu Tudo isto é fado. El dicíame que as miñas fotos evocaban moito desas cidades, esas sensacións. Até ese momento eu non o vía como un traballo rematado, non albiscaba a posibilidade de ter con esas fotos de Portugal un conxunto. De feito, presenteime o concurso no último momento. Non me parecía o traballo axeitado para o certame, porque premiaran outro tipo de traballos. Eu estaba traballando nunha panadería, cando un amigo lembroume que acababa o prazo en días. E acabei por mandalo. En calquera caso, Ricardo axudoume moitísimo. Se non fose por el, non tería feito isto. Como describirías as fotos que forman esta serie? Eu tiña unha preselección de corenta fotos e tiven que escoller doce, tiven que montar unha serie de doce porque era o número que había que presentar. Así escollín unha serie de fotos que mellor transmitían as sensacións da saudade. Son fotos atemporais, que poderían ser de calquera cidade. Hai algunhas que se adiviñan de Portugal, pero non todas. Por iso, para min, era importante ter un texto, un título que resumira a esencia do conxunto. As fotos son instantáneas, paisaxes urbanas nas que un pode ver a crise, pero non é esa a intención. O que se busca é algo distinto, referente aos estados de ánimo. De cando é a primeira foto e de cando a última? Comecei hai uns tres anos e a última debín sacala polo mes de febreiro. \"Porto é unha cidade que foi moi grande nun determinado momento e atesoura esa decadencia no seu interior. A crise nótase, claro que se nota. Pero eu centreime máis nas sensacións, na nostalxia, no desamor\" Daquela, aínda que non sexa a intención, a crise debe notarse nesa marxe de tempo. Como evolucionou o país nese tempo? Como mudou o seu traballo? Eu notei, primeiramente, todo máis escuro... Non sei, chamoume a atención a escuridade. Quizais o cambio nese sentido foi en min e non no exterior. Porto realmente é unha cidade moi escura, podes ver o ceo dende a rúa, o cal é moi raro nunha cidade. Ademais, é unha cidade que foi moi grande nun determinado momento e atesoura esa decadencia no seu interior. A crise nótase, claro que se nota. Pero eu centreime máis nas sensacións, na nostalxia, no desamor. Con todo iso é o que xogo, non coas imaxes da crise. Transmite máis o branco e negro ca cor? A cor despista máis das esencias. O branco e negro é moito máis expresivo. A cor é impactante, si, pero faiche perder detalles, formas... \"Quería que quedasen claras as zonas da periferia, por iso van imaxes máis suxestivas de desamor e de soidade. Ves unha cidade de néboas, intentando saír\" Por que escolleu esas doce e non outras? Resulta moi difícil desbotar as fotos, pero ao final vas seleccionando segundo o que queiras transmitir. Quería que quedasen claras as zonas da periferia, por iso van imaxes máis suxestivas de desamor e de soidade. Ves unha cidade de néboas, intentando saír. Non obstante, resulta tamén inevitable poder ver a crise, pero non era esa a intención. Hai uns días, o New York Times pedíralle a un fotógrafo unha serie de fotos sobre a crise. Había imaxes de xente nos contedores, de manifestacións... O meu non ten nada que ver con iso. O que fixen é un documentalismo subxectivo, moi propio. Levamos tempo falando de crise. E nos medios fálase moito das grandes dificultades dos redactores, dos plumillas. Imaxino que para os fotógrafos a crise dos medios pode ser aínda máis severa. Penso que si. Mira, nas redacción sempre hai moito menos espazo para os fotógrafos. Temos menos marxe e con cada peche, a presenza dos fotógrafos redúcese en proporción. Que queres que che diga? A min gústame o traballo de fotoxornalista. Hai quen considera ese traballo como un cristo, ir todo o tempo ás carreiras, dun lado ao outro... Pois a min paréceme un luxo, paréceme un luxo traballar na rúa. É un traballo precioso, gústame esa vida. Realmente o fotoxornalismo é unha forma de vida. Logo claro, as condicións... Non son boas. \"Realmente o fotoxornalismo é unha forma de vida. Logo claro, as condicións... Non son boas\" Nada boas, non? Isto é moi persoal, pero é que para min isto é un luxo. Gozo facendo este traballo, esa é a verdade. A cousa está fodida, non podo dicir o contrario, pero é que este traballo é un luxo na medida en que resulta un auténtico pracer. Para min resulta que é así. Para moita xente non é interesante? Dáme igual. É interesante. Gustaríame que todo fose doutro xeito, que a foto tivese un papel diferente na prensa, que non fose simplemente ornamento ou recheo. Pero esa é a cuestión doutros. Nós facemos ben o noso traballo, despois o que fagan os outros... Que lle vas facer! \"Resulta difícil vivir disto e, a este ritmo, desaparecerá a profesión\" Non se respecta o seu oficio? Pregúntoo tanto dentro das redaccións como fóra. Está ben vista se é documentalismo ou de guerra. Os de local? Eses son uns mataos! Non, non se considera demasiado ben. Teño experiencias boas, como en Xornal. Non me pasou iso en todos os periódicos. Cada vez resulta máis difícil traballar en prensa? É moi complicado. Resulta difícil vivir disto e, a este ritmo, desaparecerá a profesión. O que facemos nós, os fotógrafos, ten unha relevancia e un valor histórico moi importante. Imaxina... Que sei eu! A toma de posesión dun presidente, por exemplo. No momento unha imaxe non pode parecer moi importante, pero dentro dun tempo será algo moi relevante. Imaxina dentro de 50 anos... Quizais esa foto é importantísima. O texto da noticia tamén é importante, pero o que vai quedar gravado é a imaxe. Con perspectiva do tempo, que ten máis valor? Que ten maior poder de representación dun tempo? \"Penso que se descoidou e se menosprezou o papel do fotógrafo\" Máis sentido icónico. Claro, é que resulta máis importante do que parece. Hai que darlle valor... Tamén é certo que hai xente que non cre no que fai. Iso non pode ser. Pero quen lle ía dicir a García Rodero que as súas fotos ían ser o que son? Ou a Marisa Flores? As fotos dela son icónicas e fíxoas cando? Hai corenta anos? Calquera periódico debería estar encantado con ter esas fotos no seu arquivo. Penso que se descoidou e se menosprezou o papel do fotógrafo. Quizais baixou o nivel, non o sei. \"Por que hai xornalistas facendo fotos? Porque non lles queda outra, non é porque lles guste\" Como de terrible é o que podo facer agora. Se saco unha cámara dixital e fágolle unhas fotos para publicar no medio? Dígoo polas veces que os redactores sacamos fotos en actos, en entrevistas. Mesmo en determinadas axencias e medios, os xornalistas están obrigados a facelo. Non son eu quen o teña que valorar. Iso non ten nada que ver coa fotografía. É unha guerra que ten que ver coas empresas. Por que hai xornalistas facendo fotos? Porque non lles queda outra, non é porque lles guste. E que poden facer? Non é a nosa guerra. A min non me van enfrontar cun redactor, porque non son os meus inimigos nin é a miña guerra. Quizais as empresas fano para debilitarnos, para dividirnos. A min non me van enfrontar con ninguén."}
{"ID": "NOS_15886", "summary": "A exposición está aberta no Museu da Imagem de Braga, dentro da programación do Outono Fotográfico. O seu curador, Vítor Nieves, busca agora a través de crowdfunding financiar o catálogo de Don't look at my camera, unha mostra que recolle obra de artistas que traballan con fotografía escenificada.", "text": "As exposicións son proxectos de alto custe, no que partidas de seguros, transporte, produción e difusión súmanse até dar en cifras pouco acaídas para os nosos tempos. Os catálogos supoñen un engadido máis que, ás veces, non entran nas contas do proxecto. É o caso de Don't look at my camera, a exposición da que é comisario Vítor Nieves e que está a buscar no micromecenazgo a posibilidade de editar o catálogo que faga perdurar o proxecto expositivo que está aberto no Museu da Imagem de Braga até o próximo 5 de xaneiro. De non se conseguir o financiamento, ese será o punto final do proxecto. \"Como sabes, non corren bos tempos para ninguén, pero menos para o mundo da arte\", recolle no convite a partillar do proxecto con cantidades que van desde 5 a 95 € para tornar o efémero da exposición en catálogo permanente. A mostra forma parte da Sección Oficial do Festival Outono Fotográfico que celebra a súa 31 edicións a través de 41 espazos e 127 exposicións que se prolongan durante tres meses. Don't look at my camera recolle obras de Duarte Amaral Netto, Fernando Bayona, Bubi Canal, Félix Fernández, Miguel Ángel Gaüeca, Valentín Jaramillo, Jesús Madriñán, Julia Montilla, Marta Moreiras, Rosa Muñoz, Gonzalo Pérez Mata, Florencia Rojas, Ixone Sádaba, Sandra Torralba, Marta Soul, Damián Ucieda, Cecilia de Val e Rocío Verdejo. De se conseguir o catálogo, recollerá textos inéditos de Vítor Nieves, responsábel da mostra, autores e especialistas ademais das imaxes da mostra. Para colaborar no proxecto compre premer na páxina de verkami. As recompensas son, maiormente, o propio catálogo."}
{"ID": "PRAZA_17272", "summary": "Antón Blanco publica Tres estudos para un poema da cidade, a segunda entrega da triloxía iniciada con A oseira.", "text": "As obras No seu despregar (Apiario) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (Chan da Pólvora) axudaron a poñer sobre o mapa literario o nome de varios \"novos\" poetas galegos. Un deles era o de Antón Blanco, que non moito despois publicou, en Chan da Pólvora, o seu primeiro libro, A oseira, tras o que veu Tres estudos para un poema da cidade, (Galaxia). A oseira explora, cunha perspectiva visual, case fotográfica, a paisaxe despois da destrución. A descomposición dos corpos nun espazo desdebuxado. En Tres estudos asistimos á delimitación da cidade, desde a súa orixe até que se devora a si mesma, desfigurada nos seus propios conflitos. Polo medio, érguense estruturas. Edificios. Relacións de poder. Pódense facer moitas lecturas de ambos libros. Mais a crítica Chus Nogueira non se enganaba, seguramente, ao situar en 13. Antoloxía da poesía galega próxima, a creación de Antón Blanco xunto á de Gonzalo Hermo ou Orianda Méndez, entrocando con Chus Pato, Méndez Ferrín, Xabier Cordal ou Manuel Outeiriño. Unha poesía de \"raíz política\", mais afastada do chamado socialrealismo. E non se trata de poñerlle pais, ou nais, a ninguén. Senón de observar os fíos que unen os diferentes discursos. Antón Blanco trata de enfiar o seu a través dunha mudanza de perspectiva. Tomando distancia para ver desde lonxe. E buscando algún xeito de reencontro coa palabra performática. Cos grandes discursos, fronte á posmodernidade. Falamos con el. Acabas de estar con Najwan Darwish en Poetas di(n)versos, o ciclo de encontros poéticos dirixido por Yolanda Castaño. Como foi a experiencia? Pois foi ben interesante. Fun un pouco a cegas porque eu só fora ao encontro no que estivo Gamoneda e non sabía moi ben como ía funcionar. Pero estivo ben: máis alá do recital, estiven á tarde con Najwan e nesa interacción puiden descubrir ideas novas que, claro, non estamos afeitos a escoitar no contexto galego ou español. Foi moi interesante. O teu primeiro libro, A oseira, chámase así pero a oseira só aparece contra o final. Antes son máis ben corpos que se van descompoñendo… Si, de feito, cando ía publicar o libro, tiven certo debate sobre o título co editor, Antón Lopo, de Chan da Pólvora, porque el dicíame o que me dis ti. É verdade que no libro está máis o proceso, a desaparición da carne até os ósos. Pero tamén hai un ritual, por enriba do cadáver. Por iso é A oseira. Xa o explicaches nas entrevistas e aparece nos primeiros poemas, pero o que fai o libro é como un percorrido pola paisaxe despois dunha guerra. Os mortos, o caos… Hai algunha referencia que fai pensar na guerra civil española, no Sáhara… Pero podería ser calquera guerra, non si? Non me interesaba moito concretar nada nese sentido nin tiña na cabeza unha guerra particular. De feito, se fose hoxe, non faría mención a ningún topónimo. Non quería levar a ningunha paisaxe concreta. É máis ben o esquema de: acaba algo e aí quedan os corpos. O título A oseira tamén ten relación cun cadro de Picasso, que quedou en segundo plano respecto ao Guernica, que leva este mesmo título. Polo que dis, non ten por que ser necesariamente unha guerra. Senón calquera paisaxe despois da devastación, as ruínas da deflagración… Si, non ten por que ser unha guerra. Tamén é unha guerra contra a sociedade a situación na que estamos. Pode ser o que queda tras calquera tipo de conflito, de barbarie… Por que están tan presentes a cávea e o cráter? O cráter é unha deformación da terra. Na guerra hai cráteres no chan. E o cráter é coma unha montaña en negativo, -que aparece tamén no segundo libro-. A cávea é unha posición de observación, un lugar desde o que ter unha visión distanciada do que está a pasar. \"A cávea é unha posición de observación, un lugar desde o que ter unha visión distanciada do que está a pasar\" Esa idea tamén está en Tres estudos para un poema da cidade, o teu segundo libro. Si, porque é o que buscaba. Ter esa perspectiva. Como mirar desde as gradas dun campo de fútbol.. A crítica salientou que esa perspectiva era visual, como levar unha cámara de cine a un campo de batalla. Dixo Gonzalo Hermo que, se queremos tirar conclusións éticas, é cousa nosa, que ti non as dás no texto. Estás de acordo? Porque ese é o xogo que propoño: cambiar a perspectiva, mover a perspectiva, que é algo que pode facerse no cine e non só na cine. Tamén na arquitectura. O xogo é pasar de mirar dunha maneira a mirar doutra. Eu non teño autoridade para emitir xuízos sobre cousas tan grandes. \"Eu non teño autoridade para emitir xuízos sobre cousas tan grandes\" Por que a luz e a cor? Outros dous elementos moi presentes. Terán que ver coa perspectiva... Claro. Porque sen luz non habería perspectiva. A luz permite ver, ao amencer, despois da noite, o que aconteceu o día anterior. E a cor faise presente cando aparece a luz, é un reflexo da luz. Algo que teñen en común os dous libros é a idea dun espazo grande, cambiante, sen lindes claros… Por que? Penso que iso está máis no segundo libro. No primeiro é máis a idea de que hai un espazo por aprehender. Despois aparece a xeografía, que supón codificación do espazo. No primeiro libro isto está tratado dun xeito máis intuitivo. No segundo libro, é alguén que se sitúa nun lugar e ten que codificalo, poñerlle un nome, crear un mapa del dicindo \"isto está aquí, isto está alí\". Porque a perspectiva é elevada, o que ves é un espazo estenso, e tes que fixar a mirada nalgún lugar. \"No segundo libro, é alguén que se sitúa nun lugar e ten que codificalo, poñerlle un nome, crear un mapa\" O corpo tamén está nos dous libros, aínda que de forma diferente. Cal é a conexión? Eu teño un gusto especial pola obra de Artaud e pola de Bacon. Interésame a idea do corpo que ten a súa intelixencia propia, que se comunica por si mesmo, que sae de si mesmo. Artaud levou esa idea ao teatro, Bacon á pintura, e eu quería traballar con iso, a ver se podía levar iso á poesía. \"Interésame a idea do corpo que ten a súa intelixencia propia, que se comunica por si mesmo\" Estaba pensando que un poemario é máis longo que o outro, pero non estou segura... No segundo son poemas máis longos, por iso pode parecerche que hai unha diferenza… Tres estudos forma parte dunha triloxía… Si. Deime conta de que tanto A oseira coma Tres estudos para un poema da cidade formaban parte dun conxunto. Agora estou traballando no libro que lle dará o peche a esta triloxía. Decatácheste entón a posteriori? A medio camiño, en realidade. Porque o segundo veu moi inmediato. Despois foi como volver destapar, volver coller A oseira, tendo en conta tamén a perspectiva sobre este primeiro libro que me daba a xente que o lera. Pensei que había que darlle un peche ao conxunto… Cando lin Tres estudos pensei na literatura clásica -grega e romana- e na Biblia. Despois vin que a crítica facía referencias máis concretas: Ab urbe condita de Tito Livio, a Crónica Troiana, a literatura épica medieval… Que che interesa dese tipo de literatura da antigüidade e do medievo? Intereseime por estas literaturas coma un xeito de coller aire, de coller osíxeno. Son literaturas que xa non están tan presentes na literatura actual, que nos poden levar a outra idea de literatura porque, claro, na Idade Media non se entendía o mesmo por literatura ca hoxe. A literatura épica da Idade Media, ou a relixiosa, o que buscan é que a palabra teña unha forza performativa grande, que é algo difícil de atopar na actualidade, e que tamén está na Odisea ou na Biblia, que ti citabas. Isto tamén ten que ver coa lingua de títulos de cadros ou coa lingua que está dentro dos propios cadros. Tamén por iso escribín títulos longos no segundo libro, que explican o que vai pasar… Busquei maneiras de reconectarme coa palabra performativa: isto é o que hai, así se dixo e isto é sacro. \"A literatura épica da Idade Media, ou a relixiosa, o que buscan é que a palabra teña unha forza performativa grande\" Noutra entrevista, no Diario Cultural, falabas de volver aos grandes discursos. Eu entendérao coma unha crítica á posmodernidade. É que tamén o é. A tradición literaria máis inmediata na literatura galega é moi posmoderna. É un discurso do micro, do pequeno, do fragmentario. E eu non vou dicir que non deba ser así, pero eu quixen tomar outro camiño porque me parece necesario. Fáltanos a referencia dos grandes discursos: está todo moi fragmentado. \"A tradición literaria máis inmediata na literatura galega é moi posmoderna. Eu quixen tomar outro camiño\" Falabas antes da lingua dos títulos de cadros. Penso que tivestes unha presentación na que Xiana Arias levou un poema feito a partir 'Tres estudos para figuras na base dunha crucifixión' de Bacon e do teu libro. 'Tres estudos' estrutúrase en tres partes. Por que é tan importante a idea do tríptico neste libro? Na pintura, un tríptico ten tres partes relacionadas, pero a totalidade é unha cousas e as partes son outra. Non ten porque haber unha relación liñal, narrativa, na que o relato continúe na seguinte parte. No meu libro si hai un relato, pero é un relato que non é total, senón temporal. Son tres perspectivas da cidade. A linguaxe atópase entre o poético, o épico, o ensaístico… Con pegadas da antropoloxía. Por que? Na poesía non traballamos coa imaxe, temos que establecela desde o punto de vista lingüístico. A antropoloxía está relacionada coa idea que comentei antes de distancia. A antropoloxía buscaba un status científico e para iso afastábase do ser humano para explicar o ser humano, aínda que poida parecer contraditorio. É un xeito de tomar distancia, de mirar desde outro lugar. Como mirar desde a montaña: subir, ver e volver baixar. Na épica tamén hai distancia, aínda que a motivación sexa outra. Iso lévame á idea de distancia histórica, do canto que mira desde outro lugar… \"A antropoloxía está relacionada coa idea que comentei antes de distancia\" Pero aos antropólogos, cando chegou a descolonización, acusáronos, con razón, de terse posto do lado dos colonizadores desde a súa suposta distancia. Claro, eu decátome de que a ideoloxía está presente, non o nego. Sei que, por moita distancia que queira tomar, sempre temos cousas asumidas. Pero a nivel estético interésame explorar esa distancia, ver as posibilidades que ten. A cidade nace, medra, cos seus conflitos, e acaba devorándose a si mesma. É como a historia de calquera \"civilización\": as migracións, o comezo da agricultura e a gandería, a creación do Estado, a xestión dos mortos -ou dos excrementos-... a complexidade cada vez maior, ata que estoupa. Podería ser unha metáfora da nosa \"civilización\" actual. A guerra contra as persoas: as violencias, a desigualdade... Eu non diría metáfora, porque tampouco está pensado coma unha alegoría. É máis ben como contar algo desde unha perspectiva real. Dígoche a verdade: escribín este libro desde o Xiabre, desde o que podes ver Vilagarcía no seu conxunto: ves o movemento, pero non as persoas. E tamén podo dicir que é unha corrección da perspectiva que adoptei en A oseira, que acabei decatándome de que era un pouco romántica: a idea da ruína… \"Escribín este libro desde o Xiabre, desde o que podes ver Vilagarcía no seu conxunto\" Non é unha metáfora, aínda que se pode interpretar como ti dis. É máis ben unha exploración, un contar o que vexo, na que a ruína é simplemente parte do proceso. Nas cidades hai ruínas. Acaban de sacar unha lista vermella do patrimonio e en Vilagarcía estamos fatal. Nas cidades hai capas, construcións que se levantan sobre ruínas… Algo importante no poemario é a formación de estruturas de poder: a familia e o Estado. Comezan a ter poder os que saben escribir e contar, por exemplo. De que xeito o poemario apunta a iso, ás relacións de poder? En relación coa propiedade, desde o punto de vista marxista. Quen chegou antes, asignouse a propiedade pola forza e sobre iso construíu unha estrutura social. Por iso me interesaba tamén a idea dos edificios, na que afondo na terceira parte do libro, como máquinas de poder. Un edificio pode ser unha ferramenta se tes poder sobre el, pero se estás alleado pode ser unha lousa coa que teñas que cargar. \"Un edificio pode ser unha ferramenta se tes poder sobre el, pero se estás alleado pode ser unha lousa coa que teñas que cargar\" Agora entendo un post teu en facebook no que pos: Engels-Lenin-Ferrín. Aínda que eu non che vexo tanta pegada ferriniana. Os teus poemarios fanme pensar máis en Chus Pato, por exemplo. Estou acabando a carreira e estou a facer un traballo sobre a novela de Ferrín Antón e os inocentes, na que se fala da patria mariñeira dos galegos, e que na que se di que o estado violenta a organización social tradicional, que é a familia, para a que daba igual o territorio, porque a familia movíase. Ferrín lévao aí. A pegada de Engels tamén está, claro. A violencia que é o territorio, as relacións de poder que implica. Despois, non sei se teño influencia de Ferrín. Se cadra si pode estar presente Heriberto Bens no que escribo. E en canto a Chus Pato, pois si, claro que estará presente na miña poesía, por suposto. \"Non sei se teño influencia de Ferrín. Se cadra si pode estar presente Heriberto Bens no que escribo\" Hai unhas \"personaxes\" moi importantes: os exploradores e a visionaria, coa que acaba e comeza o libro. Podes explicalos? Si hai personaxes con certas funcións. Os exploradores son xente que, iso, que explora a contorna da cidade e que ven o que se pode aproveitar e o que non, os que delimitan a cidade. A exploración da visionaria é doutro tipo, non espacial. É algo máis intuitivo, do máis alá: non quero dicir que é unha mística pero… nun acto no que estiven hai pouco, en Combarro, con Miriam Ferradáns, dixen que a visionaria era a medium de Cuarto milenio, Paloma Navarrete. (Ri). Despois están os escribas, que anotan o que ela di, e os exexetas, que o interpretan. Así crean o discurso da cidade, é dicir, a superestrutura. Ademais de ser poeta, es músico. Compartes o proxecto Canine con Afonso Traficante. Estivestes na primeira \"entrega\" de Chanzo, o proxecto de acción poética impulsado por Chan da Pólvora e coordinado por ti mesmo e por Alexandre Fernández. Que é Canine? Pois un proxecto, non vou dicir experimental porque se di de moitos proxectos que o son, pero no que si estamos despreocupados do público, de datas… Só queremos explorar o que nos gusta. Nin ensaiamos case. Compoñemos máis ben. Tamén es o batería de Atrás Tigre. Que é ben diferente de Canine. Eu cheguei cando o grupo xa estaba formado. Agora estamos compoñendo cancións novas. E a verdade é que moi ben. É unha marabilla compartir esa experiencia. Por que dicías no 17 de maio que non había que obxectualizar, reificar a lingua? Referíaste a un discurso de fondo que idealiza o rural como a esencia... Eu penso que debemos reivindicar a lingua, que o panorama é moi negativo e que temos que loitar por ela, claro, pero se, nos discursos, a cousificamos, a tratamos coma un obxecto, aínda estamos xerando máis ansiedade e conseguimos un efecto contrario do desexado. Reificar o idioma é quitarlle as posibilidades de restituírse como canle de comunicación e de expresión social das maiorías. \"Se cousificamos a lingua, aínda estamos xerando máis ansiedade\" Tamén falabas, na redes sociais, dun Estado que se está a tornar fascista. Algo de fascismo hai reflectido en Tres estudos. A exclusión… Pode habelo, claro, porque hai unha distribución do poder moi fascista. E iso ten moito que ver coa arquitectura como máquina de poder…"}
{"ID": "NOS_38275", "summary": "Ex-ministros de ambas as dúas formacións, entre os que destacan José Bono e Eduardo Zaplana, crean unha fundación contra as ameazas soberanistas e na defensa dos valores da Constitución española. Imaxe: CadenaSer", "text": "Baixo o nome de 'España constitucional' --aínda formalmente sen rexistrar-- a fundación estará conformada por 30 ex-mimistros, fundamentalmente do PP e do PSOE, aínda que tamén da extinta UCD. Ángel Acebes Javier Gómez Navarro, Cristina Garmendia. José Pedro Pérez Llorca, Marcelino Oreja, Rodolfo Martín Villa, Jaime Lamo de Espinosa ou Antonia Trujillo son algúns dos nomes que acompañan a Bono e Zaplana na súa andaina a prol da defensa dos 'valores e principios' recollidos pola Carta Magna. Neste senso, o que fora presidente do Congreso español durante a última lexislatura de José Luís Rodríguez Zapatero, xa viña demandando nos últimos días un 'pacto' entre os dous partidos maioritarios á fin de que a \"unidade de España non rache\" fronte aos embites soberanistas cataláns. Aliás, mesmo chegou a amosarse publicamente \"preocupado\" por un suposto xiro no ideario da formación socialistas que podería recuperar os principios federalistas no seu ideario verbo das demandas da súa militancia de base. Neste senso, José Bono considerou que tal cuestión sería \"desdebuxar\" o proxecto do partido nun momento de crise electoral interna. Segundo Bono, as pretensións secesionistas defendidas desde Catalunya constitúen \"un golpe á Constitución\" e deben ser compensadas coa creación desta fundación cuxo obxecto, din, será \"promover e defender\" a Constitución de 1978 a través de diversas actividades e publicacións."}
{"ID": "NOS_5898", "summary": "A vindeira sexta feira, 6 de decembro, a plataforma social Galiza pola Soberanía convoca actos e mobilizacións en distintos puntos do país para amosar o seu rexeitamento á Constitución española de 1978, un texto que, din, \"nega os nosos dereitos como pobo\".", "text": "De maneira festiva, mais tamén reivindicativa, vilas e cidades de todo o país acollerán este 6 de decembro diversos actos organizados pola iniciativa social Galiza pola Soberanía (GpS). O obxectivo é dar unha resposta colectiva coincidindo coa data de celebración do 35 aniversario da ratificación en referendo da Constitución española. Un texto que, denuncian, \"nega\" os dereitos da Galiza \"como pobo\". Pasarúas con bandeiras, foliadas soberanistas, encontros políticos, mesmo encontros de fútbol sala... diferentes actos para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza Após as accións desenvolvidas o pasado 12 de outubro en que a iniciativa social despregou de maneira simultánea en distintos puntos do territorio galego inmensas faixas a prol da soberanía nacional para Galiza, a GpS convida a toda a cidadanía a participar das actividades que se están a organizar. Música, deporte, política... Neste senso, unha ruada percorrerá a cidade de Vigo desde as 12 da mañá baixo o lema 'Esta non é a nosa Constitución'. Para iso, chaman @s participantes a acudiren cos seus intrumentos. A ruada partirá desde A Farola (Urzáiz) até a praza da Vila, onde terá lugar un acto político. Pola súa banda, a cidade de Lugo acollerá unha concentración no Campo da Feira ás 11.30 horas e rematará cun encontro de fútbol sala no IES Ánxel Fole ás 12.30 horas, un partido co-organizado coa Plataforma Seareir@s Galeg@s. E Compostela haberá unha Ruada de Bandeiras que sairá da Praza do Pan (Cervantes) ás 12:00 da sexta feira para percorrer a zona vella na demanda de soberanía para Galiza. E máis.. Tamén na Coruña haberá un acto para afirmar que nese 35 aniversario da Constitución española 'Non temos nada que celebrar'. A falla de confirmación oficial, en principio será unha cocnentración ás 12:00 horas no Obelisco. No que atinxe a Ferrol, a Ruada reivindicativa pola soberanía partirá ás 13:00 horas do CC Torrente Ballester e irá até a Praza da Constitución. E tamén hai cita en Salvaterra de Miño: Ruada Reivindicativa, às 12h, con saída da praza do Concello Asemade, outras localidades anunciaron que desenvolverán actividades co gallo da conmemoración da ratificación en referendo da Constitución española, se ben serán confirmados nos vindeiros días."}
{"ID": "NOS_46942", "summary": "O número ascendente de contaxios pola COVID-19 puxo o foco nos centros de maiores. Mentres, a rede de residencias para persoas con discapacidades afronta con dificultades a corentena, con datos menores, pero crecentes, de persoas infectadas. 72, entre usuarias e traballadoras, segundo os datos de onte ahcegados por Política Social. Desde Redondela, o centro con máis casos, denuncian que as medidas de protección e seguranza chegaron \"demasiado tarde\".", "text": "Da rede de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, os CAPD, o de Chapela, no concello de Redondela, é o que suma máis casos de persoas contaxiadas pola COVID-19.Segundo os datos achegados pola Consellaría de Política Social, onte contábanse un total de 26 residentes e 15 traballadoras infectadas neste centro público con 120 prazas. Uxío Zabala traballa como técnico auxiliar no centro e é ademais o delegado sindical da CIG. Censura que as medidas en prevención e seguridade necesarias se aplicaron \"cando xa era demasiado tarde\". \"É certo que o risco cero non existe, pero desde o meu punto de vista a Administración e a directiva non souberon medir a gravidade da situación\", declara a Nós Diario. O 24 de marzo, a CIG interpuxo unha denuncia ante Inspección de Traballo pola carencia de material de protección. Administración e a directiva non souberon medir a gravidade da situación, di Uxío Zabala Zabala asegura que os protocolos ditados pola Consellaría de Política Social penduraban dos taboleiros do centro, sen chegar a aplicarse na súa extensión. \"Porén, a responsabilidade recae só na directiva. Penso que a Xunta non foi capaz de tomar unha fotografía certa da afectación\", asegura. Probas e material Desde a pasada sexta feira pola tarde as traballadoras do CAPD de Chapela conducen até o hospital Montecelo, en Pontevedra, para recibir a proba da COVID-19. O propio director do centro, a médica ou a xefa de persoal permanecen en corentena nos seus fogares após recibir o positivo. En tanto, as residentes enfermas ou que mantiveron contacto con persoas afectadas permanecen illadas. O persoal matinou trasladalas ao centro da terceira idade que a Xunta habilitará en Panxón, no concello de Nigrán, para residentes da terceira idade. Desbotaron a idea, ao considerar que as instalacións non son as adecuadas. \"As nosas usuarias son persoas moi sensíbeis, moitas sofren múltiples patoloxías e precisan medicación. Póñense nerviosas cando nos achegamos cos equipos de protección ou ao detectar caras novas\", di Zabala. Desde que se identificou o brote, chegou reforzo para axudar a un cadro de persoal afectado polas baixas. \"E continúan procurando máis mans, pero é difícil porque ninguén quere traballar nun centro con contaxios\", apunta este traballador do CAPD. Os outros positivos A Consellaría de Política Social informou onte dun total de 40 usuarias e 32 traballadoras contaxiadas nos CAPD galegos e outras residencias de titularidade privada ou xestionadas por entidades sociais. O de Sarria acumula 16 contaxios, sumando residentes e traballadoras; na residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei detectáronse tres positivos, dous en Santa Cruz de San Rosendo en Ourense e un, respectivamente, en Aspronaga Oleiros e en Aixiña de Ourense. Na residencia da Asociación Amicos, en Boiro, detectouse o contaxio dunha traballadora. Segundo explica Sandra, unha empregada que prefire non compartir o seu nome real, no inicio da corentena parte do persoal marchou a casa após un ERTE e outro viuse obrigado a tomar unhas vacacións. \"Estaba previsto que servísemos de retén, en caso de contaxio, para substituír algunha posíbel baixa\", di. Para arredor de trinta residentes que fican no centro as traballadoras son \"como unha familia\". \"Ao principio pensaban que se trataba dunha broma\", relata Sandra, matizando que parte das trinta residentes ten dificultades para expresarse, \"persoas con danos cerebrais, por exemplo\". \"No centro trabállase con Equipos de Protección Individual, mais agardo que despois do positivo se extremen as precaucións. Eu sei que o persoal o dá todo para que o día a día sexa o máis doado para as residentes dentro do posíbel\", expresa esta traballadora."}
{"ID": "PRAZA_18743", "summary": "Seria lamentável renunciar a um serviço público de 342 km a percorrer em 2 horas e 3/4 com paragem intercalar em Nine, Portugal, para permitir a conexom com Braga. Custa entender a resistência passiva a esta iniciativa multimodal — combina comboio com autocarro — desenvolvida por umha empresa que movimenta 5 milhons de galegos cada ano na sua frota de 220 autocarros.", "text": "O comboio descendente de Fernando Pessoa ia de Queluz a Palmela, passando por Cruz Quebrada, e continuando dali para Portimão; um transporte barulhento, ateigado de gente festeira mais inclinada ao amistoso buliço que à própria viagem. O projecto de trem transfronteiriço que visa conectar Corunha com Porto, passando por Santiago, Vila Garcia e Vigo parece cousa mais séria. Um autêntico metro interurbano galaico-português que bem poderia ter-se-lhe ocorrido a dona Ethel Mª Vázquez Mourelle, Conselheira de Infraestruturas e Mobilidade pero que nasce por iniciativa de Arriva Galícia, filial da Deutsche Bahn AG, com sede en Berlim, fundada em 1994 e actualmente operativa em 130 países. Compreenderám que em persectiva berlinesa a ténue fronteira que nos une a Valença do Minho nom suponha um obstáculo dissuasório como parece ser ainda para os galegos educados no mapa escolar de Espanha e a sua história sagrada. Excelente ideia a de tender um metro lançadeira da Corunha ao Porto que eu denominaria oitava capital do nosso Reino, cheia de possibilidades inexploradas entre as quais nom é a menor a de podermos falar galego arreu, sem perigo de traduçom simultánea e gratuita. – Um café com leite, por favor – Con leche? – Nom, com leite por favor. O Observatório Transfronteiriço Espanha/Portugal, OTEP, informa no seu relatório nº 8, dados de 2015, que o tráfico de veículos ligeiros e autocarros em ambos sentidos, medido em intensidade média diária, IMD, alcança 57% da totalidade no tramo galego da fronteira, com 33.624 (veículos/dia) contra 25.724 veículos, 43% do total, no resto da fronteira até Ayamonte. Considerando que a fronteira galega, desde o Penedo dos Três Reis até o monte de Santa Trega, mede 296 quilómetros contra 1.214 do resto até Ayamonte, resulta que a densidade de tráfico no tramo galego ascende a 113,5 (veículos diários/km) contra 21,2 no resto. Umha fronteira porosa ao norte e inóspita ao leste de Portugal. Se preferem medir o tránsito transfronteiriço em (persoas/ano) (a razom de 1,7 passageiros/automóvel e de 29,1 em autocarro) as contas certificam 26,8 milhons de passageiros cruzando cada ano a fronteira galega contra 20,5 atravessando a dilatada fronteira nom galega. Como caberia supor, a ameaça da nova competência alarmou à Renfe inquietando em igual medida os despachos oficiais. Como já informara Praça Pública, a Comissom Nacional dos Mercados e da Competência (CNMC) condicionou a autorizaçom ao comboio descendente galego a que o seu impacte económico nom superasse o 2% da facturaçom anual da muito popular linha Corunha-Vigo. As paragens intermédias projectadas por Arriva, em Santiago, Vila Garcia, Pontevedra e Vigo, som um pesadelo para o monopólio de Renfe sobre a mobilidade persoal na franja atlántica galega. Ninguém se atreve a questionar frontalmente as virtudes da competência, mormente quando favorece o tránsito transfronteiriço que nos permite presumir de fervorosos europeístas, mas, o reflexo proteccionista acaba por impor-se. Favorecer o usuário transeunte e estimular o troco bilateral acaba desatando o reflexo proteccionista, actualmente tam na moda. Bom tema este para debater nos cerimoniosos encontros hispano portugueses. Falávamos da Conselheira de Infraestruturas e Mobilidade mas talvez fosse mais justo falar do Governo Galego, tam cortês sempre com as esferas centrais como desatento com o país e a sua vizinhança meridional. Maus hábitos de umha educaçom deficiente em geografia e história. Lembrem sem ir mais longe os arrepios periódicos que comovem o patriotismo aeroportuário pátrio com ocasiom dos êxitos do aeroporto portuense, inevitavelmente interpretados como ameaça intolerável ao honor aeronáutico municipal. Talvez seja oportuno lembrar que Galiza exporta cada ano a Portugal por importe superior aos 2.500 milhons de euros e importa por valor de 1.900, a diferença com umha balaça favorável de 600 milhons de euros que incrementa em igual medida o nosso PIB. Só a França constitui um sócio comercial mais importante com a diferença de aqui a balança ser-nos negativa com a consequência de deprimir o PIB do nosso país. Arriva pretendia de inaugurar a linha Corunha-Porto no mês de junho de 2019 mas, as preceptivas autorizaçons e o acondicionamento do tramo final podem atrasar, e quem sabe se desanimar a iniciativa. Seria lamentável renunciar a um serviço público de 342 km a percorrer em 2 horas e 3/4 com paragem intercalar em Nine, Portugal, para permitir a conexom com Braga. Custa entender a resistência passiva a esta iniciativa multimodal — combina comboio com autocarro — desenvolvida por umha empresa que movimenta 5 milhons de galegos cada ano na sua frota de 220 autocarros. Ignoramos o calendário e os termos da negociaçom do projecto como também os argumentos em lide, mas suspeitamos que falta o ponto fundamental: as razons do sujeito passivo, afeito a se inteirar de todo com atraso e a ser sacrificado em conciliábulos secretos tramados na sombra. Lembram as generosas concesons à permanência de Ence e às tarifas de Autopista do Atlántico? Respeitados representantes, digníssimas autoridades: quem é quem manda aqui e em nome de quem? Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_7360", "summary": "E logo de onde ven o feitizo do termo xestor? Non o sei seguro, mais xuraría que a palabra xestor asimílase, consciente ou inconscientemente, á actividade empresarial privada; e esta dispara en nós, consciente ou inconscientemente, a palabra eficiencia. Implica a xestión privada necesariamente xestión eficiente?", "text": "\"A política fracasou hai tempo. Só se somos capaces de equilibrar ingresos e gastos, como intenta calquera familia, seguiremos construíndo país. Á política fáltanlle xestores. E sóbranlle políticos\" O Equilibrista de Verín, en La Voz de Galicia de 17.12.2012. Dun tempo acó a palabra político pela nas mans e ninguén a quere, nin que lla dean de balde. Colleu mala fama, merecida en moitos casos, si, pero tamén interesada en moitos outros Dun tempo acó a palabra político pela nas mans e ninguén a quere, nin que lla dean de balde. Colleu mala fama, merecida en moitos casos, si, pero tamén interesada en moitos outros. E nese proceso de desprestixio, os cidadáns, sempre sedentos de sangue e aguilloados polos poderes non políticos, botamos pestes pola boca contra os políticos e toda a súa estirpe, e esquecemos que hai corenta anos de nada viviamos na non política. Así as cousas, Feijoo –que será feo mais non parvo- vai pola vida de xestor. El sabe que non está a dicir nada novo, que é a mesma burra con distinta albarda, pero logo de repetilo moitas veces, a xente pode fitar só a albarda e pensar que cambiou de burra. Porque un político é, e sempre o foi, un xestor da cousa pública, un administrador dun orzamento. Un político xestiona cartos públicos, tanto os ingresos cos que conta coma os destinos que lle dá ós mesmos. Todo político responsable dun presuposto, queira ou non queira, é un xestor. Xa que logo, Feijoo é tan xestor como o foi Touriño, Fraga, Laxe e Albor; e dicir del que é mais xestor ca político é pouco mais ca non dicir nada. Feijoo é xestor porque vai no posto que ocupa, non por escolla propia nin por mérito engadido. E logo de onde ven o feitizo do termo xestor? Non o sei seguro, mais xuraría que a palabra xestor asimílase, consciente ou inconscientemente, á actividade empresarial privada; e esta dispara en nós, consciente ou inconscientemente, a palabra eficiencia E logo de onde ven o feitizo do termo xestor? Non o sei seguro, mais xuraría que a palabra xestor asimílase, consciente ou inconscientemente, á actividade empresarial privada; e esta dispara en nós, consciente ou inconscientemente, a palabra eficiencia. Implica a xestión privada necesariamente xestión eficiente? A nivel conceptual non ten por que, como tampouco ter por que implicar ineficiencia a xestión pública. Todos sabemos de casos de ineficiencia na xestión pública, mais na xestión privada a ineficiencia é pan noso de cada día –cantas empresas pechan a cotío por mala xestión?- e todos temos na memoria recente casos de ineficiencia privada de auténtico escándalo: José Luis Méndez, Julio Gayoso, José Luis Pego, Diaz Ferrán, os executivos de Lehman Brothers (entre eles o actual ministro de economía), os executivos das Axencias de Cualificación.. Todos temos na memoria recente casos de ineficiencia privada de auténtico escándalo: José Luis Méndez, Julio Gayoso, José Luis Pego, Diaz Ferrán, os executivos de Lehman Brothers (entre eles o actual ministro de economía), os executivos das Axencias de Cualificación... Outra cousa é que falemos de bos e malos xestores. Pero aquí tampouco nos vai clarexar nada a priori saber se son xestores públicos ou privados. Haberá bos xestores privados e bos xestores públicos; como os haberá malos nos dous eidos. E serán bos ou malos segundo o grao de cumprimento dos obxectivos que se establezan. Os obxectivos da actividade privada xiran arredor da rendibilidade en tódalas súas formas; porén, na actividade pública os obxectivos varían moito segundo as ideoloxías, primando unhas o crecemento a pau seco, outras o nivel de desigualdade, outras o pleno emprego, outras a establidade monetaria. Nos días que estamos, e polo que a nós nos afecta, a ideoloxía no poder marca como obxectivo a establidade orzamentaria e o seu santocristo, o déficit cero. Os aduladores de Feijoo din que é un bo xestor porque mantén o déficit cero. Non lle quero quitar méritos, pero unha vez o principio do déficit cero foi elevado a rango de lei, o único que fai Feijoo é cumprir coa lei Os aduladores de Feijoo din que é un bo xestor porque mantén o déficit cero. Non lle quero quitar méritos, pero unha vez o principio do déficit cero foi elevado a rango de lei, o único que fai Feijoo é cumprir coa lei. Albor, Laxe, Fraga e Touriño tamén cumprían coa lei, que daquela non contemplaba o déficit cero, así que eran tan bos xestores coma el se este é o seu único mérito. Pero o déficit cero non é tan aséptico como parece o seu presuposto de igualar ingresos e gastos. Dúas comunidades, A e B, con 100 euros de ingresos e gastos a primeira, e 200 euros a segunda, teñen as dúas déficit cero; mais o nivel de ingresos e gastos dunha é o dobre da outra. Por outra banda, non é o mesmo gastar o que se ingresa ca ingresar o que se gasta. No primeiro caso, contemplas o ingreso como variable esóxena (que che ven dada) e logo ti dispós o gasto ata chegar a esa cifra; no segundo caso, ti fixas un determinado importe de gasto e logo procuras o ingreso que iguale aquel importe. Ou sexa, que aínda baixo o xugo dun orzamento equilibrado cabe moita política, ou se non nos chista a palabra, cabe moita xestión. Porque sempre terás que decidir de onde sacas os ingresos e en que os gastas, tanto que sexan os cartos moitos ou poucos."}
{"ID": "NOS_27462", "summary": "A única mina europea da que se extrae o compoñente esencial para o coltán, mineral básico na fabricación de aparellos electrónicos como os 'smartphone', é a da Penaouta, en Viana do Bolo. Ecoloxistas en Acción denuncia o seu impacto ambiental pola contaminación de metais pesados e o freo económico que terá para a zona a nivel de turismo e promoción da gandería tradicional.", "text": "As numerosas campañas institucionais que venden a imaxe de \"paraíso verde do interior da Galiza\", ao cada vez máis numeroso turismo de interior, chocan coa presenza de proxectos industriais que desfán ese traballo. É o caso da mina da Penouta no municipio de Viana do Bolo, que foi obxecto de denuncias por parte de organizacións como Ecoloxistas en Acción polo impacto ambiental e económico do seu emprazamento, ao estar a maior parte na contorna do espazo natural Rede Natura Pena Trevinca. Esta mina pertenceu a Rumasa e deixou de estar activa en 1985. En 2012 obtivo a licenza por 17 anos para explotar a extracción de estaño e tántalo, este último un dos compoñentes do coltán, mineral clave para a industria dos novos aparellos tecnolóxicos como os smartphone con moita demanda no mercado. Investimento millonario na mina da Penouta A empresa madrileña Strategic Minerals Spain é a propietaria actual da mina e anunciou un investimento de 350 millóns de euros. O seu máximo accionista é o empresario Juan María Cruz Bermejo que procede do mundo da hostalaría e da construción e conta con débedas á Axencia Tributaria por valor de 1,198 millóns de euros. A compañía agarda extraer da mina de Viana do Bolo durante a vida útil da explotación, entre 35 e 40 anos, perto de 200 toneladas anuais do concentrado de tantalio e niobio, pero tamén 500 toneladas anuais de estaño, 250.000 de cuarzo, 220.000 de feldespato e 77.000 de mica. Dos 70 postos de traballo directos anunciados pola empresa na memoria do proxecto só conta na actualidade con 45 aínda que fontes da empresa sinalan a Nós Diario que \"son da zona\". Denuncias por contaminación En abril de 2021 organizacións como Ecoloxistas en Acción presentaron numerosas alegacións contra esta explotación mineira a ceo aberto denunciando que é \"un gran foco de contaminación con metais pesados das masas de auga circundantes\" situada en Rede Natura 2000. Esta entidade alerta dos riscos asociados á extracción de máis de 100 millóns de toneladas que deixarían detrás 25,6 millóns de metros cúbicos de residuos \"xeradores de drenaxes ácidas só para a primeira fase que, coa súa exposición ás condicións de meteorización en superficie, producirían de forma constante eses desaugues capaces de contaminar as augas superficiais e subterráneas con metais pesados, incluídas substancias perigosas prioritarias\", nunha zona contigua a varios espazos protexidos. Denuncian tamén \"a temeridade da administración ao pretender autorizar un proxecto sen garantías das solucións propostas tanto para o almacenamento como o tratamento dos residuos mineiros e augas ácidas de mina\". Perda económica en turismo e gandaría Entre as alegacións presentadas está o impacto económico e social que tería nunha zona gandeira que está a ser potenciada como destino turístico de interior. A propia parroquia de Penouta, onde está situada a mina, conta cunha poboación maior de 65 anos que representa un 36.9% e para a que, segundo Ecoloxistas en Acción, \"a actividade mineira non vai supor ningún revulsivo no tocante ao crecemento da poboación\". Desde esta organización defenden que a economía da comarca é dunha \"forma de agricultura altamente ecolóxica, que permite manter a paisaxe no seu estado orixinal, o que converte a esta zona nun foco turístico moi demandado\". Por este motivo demandan a paralización da mina polos \"prexuízos que podería causar a actividade extractiva sobre o turismo e o éxodo poboacional que pode provocar a contaminación mineira\"."}
{"ID": "NOS_34837", "summary": "Fernández Leiceaga critica que se poña a Delegación da Xunta en Vigo \"ao servizo do PP\" co nomeamento de Corina Porro.", "text": "O portavoz parlamentar do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou este domingo que pedirá a comparecencia de Feixoo no Parlamento para explicar por que pon a Delegación da Xunta en Vigo \"ao servizo do PP\" e non, como debera, enfocada a \"todos os vigueses\". Leiceaga refírese ao nomeamento para ese posto de delegada da presidenta da xestora do PP na cidade, Corina Porro, que ten un amplo currículo de cargos e postos co Partido Popular. O socialista reprobou que Feixoo \"poña nas súas mans\" esta oficina xusto despois de \"encargarlle reconstruír o partido\" a consecuencia da súa \"desfeita electoral\" en Vigo. \"Alimenta unha confusión, que nos parece perigosa para a calidade democrática, entre o plano partidario e o plano institucional\", recalcou- Ademais, Fernández Leiceaga observou que \"chama a atención\" que \"a resposta de Feixoo\" tras dúas derrotas electorais consecutivas, en alusión á caída do PP galego á segunda posición nas eleccións xerais e europeas, non sexa acometer mudanzas nas súas políticas senón nos cargos."}
{"ID": "PRAZA_18913", "summary": "A Escola de Arquitectura da UDC presenta á Deputación de Lugo os resultados do proxecto arquitectónico e xerontolóxico que propón converter a antiga Escola Habanera e mais a reitoral de Roupar nun complexo comunitario para maiores da contorna, un \"prototipo\" que \"pode ser útil ao conxunto de Galicia\"", "text": "A Casa Reitoral e a antiga Escola Habanera de Roupar (Xermade) como base dun proxecto comunitario \"para que as persoas maiores poidan quedar a vivir na súa localidade\". A Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña presentou este 4 de xaneiro á Deputación de Lugo os resultados do proxecto que, con financiamento da institución lucense, concibiu un proxecto experimental que pretende ir alén do concepto de residencia da terceira idade.Non se trata só do deseño dun edificio nin dunha solución urbanística para a contorna. A 'Casa de veciñanza', explican, \"define un modelo de vivendas comunitarias con servizos asistenciais, actividade sociocultural\" e outros recursos \"artellado en torno ás edificacións\" xa existentes na vila lucense, pero que sería \"replicable noutros lugares da provincia e de Galicia\".O traballo, destacan, é unha achega \"multidisciplinar que implica o campo arquitectónico\", con construcións que se agregarían aos edificios xa existentes e se integrarían na contorna mediante materiais como a madeira, pero que tamén se apoia na economía e na xerontoloxía. \"A nivel urbanístico pártese da análise do núcleo de Roupar para entender a maneira de vivir\" e tamén respectar \"os seus elementos patrimoniais e ambientais do lugar\".A Escola de Arquitectura da UDC presenta á Deputación de Lugo os resultados do proxecto arquitectónico e xerontolóxico que propón converter a antiga Escola Habanera e mais a reitoral de Roupar nun complexo comunitario para maiores da contorna, un \"prototipo\" que \"pode ser útil ao conxunto de Galicia\"Para facelo, subliña o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi precisa a \"estreita colaboración da asociación de veciños\" de Roupar e do propio Concello de Xermade. Así, a antiga Escola Habanera reforzaría o seu actual uso como espazo sociocultural, mentres que a casa reitoral, propón o equipo da UDC, deberíase \"rehabilitar e ampliar\" para \"crear un conxunto de vivendas comunitarias\" onde a veciñanza da terceira idade puidese residir sen saír da súa contorna, pero coas axudas profesionais precisas.Lonxe dos modelos das grandes residencias de maiores, o proxecto deseñado dende a Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña \"dá moita importancia aos espazos exteriores\", subliñaron durante a presentación. É alí \"onde a veciñanza adoita sentar e conversar no seu tempo de lecer\" e onde podería seguir facéndoo cando, co paso dos anos, precisen axuda para algunhas actividades cotiás.Defende Tomé que, malia ser un proxecto \"distinto\" ao das residencias da terceira idade da Deputación de Lugo, ten trazos en común con elas como o feito de priorizar os centros de pequena dimensión e centrados na poboación da propia vila, permitindo que as persoas residentes non abandonen a contorna na que viven. Este \"prototipo\", sinala o presidente da entidade provincial lucense, \"pode ser útil para o conxunto de Galicia\" e demostra que \"acertamos cando nos achegamos á universidade pública buscando aplicacións prácticas dos estudos especializados\", neste caso para achegar solucións á poboación da teceira idade."}
{"ID": "NOS_34256", "summary": "Durante o debate o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, sufriu unha indisposición e tivo que ser trasladado ao hospital, polo que será substituído por Miguel Tellado.", "text": "O dirixente pontevedrés Alfonso Rueda, proposto polo Grupo Parlamentario Popular para suceder Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta da Galiza, lamentou esta quinta feira a actitude da oposición —BNG e PSdeG—, á que ve \"instalada no non\", e ironizou co discurso pronunciado pola líder nacionalista, Ana Pontón, en chave 'presidencial': \"O candidato son eu\". \"A primeira sensación que teño é que lles sobraba a sesión de investidura, dixese o que dixese, ían dicir que non\", arrincou Rueda a súa primeira réplica na segunda xornada do debate de investidura, que fechará cunha votación que, salvo sorpresa, deixarao investido como o sexto presidente da Galiza co apoio dos 42 deputados do PPdeG, entre os que se inclúe. Pontón, a Rueda: \"Vostede é un presidente accidental; non convocan eleccións porque as perderían\" Malia que a oferta de pacto dirixiuna con máis intensidade ao PSdeG —que en días pasados tendera a man ao PP para alcanzar acordos que beneficien o país en áreas como sanidade, política social ou economía—, Rueda asegurou que \"non\" renuncia a \"tentar convencer\" a socialistas e nacionalistas, e a través deles, aos cidadáns aos que representan. \"Esa é a miña misión e vou tentar facelo\", dixo, aínda que non se mostrou moi optimista, convencido de que non terá \"moito éxito\" con independencia do que diga ou das decisións que tome. A respecto diso, asegurou que os galegos esperan dos e das súas representantes propostas construtivas e proclamou que calquera \"proxecto de país\", como o que el quere impulsar, precisa do \"empurrón\" de todas as forzas políticas. \"A Galiza merece algo máis que escoitar políticos enrocados no non. Tanto eu, como o meu Goberno e o meu grupo, á Galiza imos dicir que si\", proclamou. Luís Álvarez: \"Rueda é máis do mesmo\" Unha investidura \"dos mundos de Iupi\" Na súa intervención afeou as \"cifras equivocadas\" que atribuíu á oposición e advertiu que, aínda que está disposto a dialogar co PSdeG, espera que sexa \"máis fiel ao cumprimento dos seus compromisos\" que o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, mais tamén cargou con especial intensidade contra o BNG. Así, Rueda ironizou con que a súa líder, Ana Pontón, \"marcouse unha investidura dos mundos de Iupi\". Aliás, subliñou os resultados electorais do BNG nos últimos comicios e a dilatada traxectoria da nacionalista no Parlamento. \"Cando lle daba o biberón á miña filla xa era deputada, e está na universidade\", exemplificou. O popular dixo estar \"disposto\" a \"chegar a pactos e escoitar con atención\" aos seus rivais, incidiu no \"triunfalismo\" do Bloque e pediu \"un pouco de humildade e de respecto\" polos populares, que \"lograron unha ampla maioría absoluta nos últimos comicios\". Tamén ironizou coa \"guerra\" que manteñen entre si os representantes da oposición \"para ver quen é o gañador dos perdedores\". Pedro Puy, trasladado ao hospital O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, sufriu unha indisposición durante o debate de investidura que obrigou a trasladalo ao hospital. Deste modo, segundo confirmaron fontes populares, será substituído no pleno, na segunda quenda que lle corresponde aos grupos, polo dirixente popular Miguel Tellado. Puy foi asistido por persoal sanitario no propio Pazo do Hórreo pasadas as 13,00 horas e foi trasladado en ambulancia sobre as 13,45 horas deste xoves."}
{"ID": "PRAZA_7785", "summary": "A formación dirixirase a outras forzas políticas e sociais para propoñer a necesidade dunha \"alianza democrática ampla\" baseada en \"radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade\".", "text": "Espazo Ecosocialista ten previsto dirixirse nas vindeiras semanas a outras forzas políticas e sociais para propoñer a necesidade \"dunha alianza democrática ampla\". A formación considera que os últimos casos de corrupción que afectan ao PP, PSOE, CiU e á Casa Real \"veñen amosar unha crise institucional sen precedentes que non se resolve única e exclusivamente con unhas cantas dimisións ou cunhas cantas xustificacións\" e revelan que asistimos a un esgotamento do modelo saído da transición. Ademais cre que a crise económica e política está a \"acentuar a desafección da cidadanía e a desconfianza cara a unha elites que levan manexando un modelo limitado de democracia saído da transición\". A formación cre necesario un novo proceso constituínte \"sen tutelas\" que se debe vertebrar sobre os principios de \"radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade\" Para Espazo Ecosocialista a situación actual esixe da dimisión do actual goberno e a convocatoria dunhas eleccións e failles un chamamento ás forzas políticas alleas ás elites dominantes para converxer nunha alianza democrática ampla cun programa de cambio \"que permita construír unha alternativa á dereita política e aos oligopolios\". A formación cre necesario un novo proceso constituínte \"sen tutelas\" que se debe vertebrar sobre os principios de \"radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade\". Espazo Ecosocialista está a traballar ademais nun informe sobre radicalidade democrática que converterá en mocións nos concellos e levará ao parlamento galego a traves do grupo parlamentar de AGE. A formación cre que lle corresponde á sociedade civil xogar un papel central \"para que o necesario cambio non se vexa secuestrado unha vez máis pola dinámica imposta desde as elites políticas\". Neste senso amosa o seu apoio ás mobilizacións do 23-F contra o golpe de estado financeiro e cre que a Alianza Social Galega pode ser un instrumento útil para coordinar e globalizar as múltiples demandas cidadás."}
{"ID": "PRAZA_1315", "summary": "CIG, CC.OO., UGT e CSIF afirman que o dispositivo contraincendios está mermado, non se cubren as xubilacións, nin as baixas nin as vacantes, e que o Goberno galego segue \"sen facer os deberes\"", "text": "O colectivo de axentes forestais e medioambientais de Galicia vén de denunciar, xusto cando estamos entrando na época de maior risco de incendios, que a Xunta segue a \"improvisar\" na loita contra o lume. CIG, CC.OO., UGT e CSIF afirman que o dispositivo contraincendios está \"mermado\", non se cubren as xubilacións, nin as baixas nin as vacantes, e que o Goberno galego segue \"sen facer os deberes\". CIG, CC.OO., UGT e CSIF afirman que o dispositivo contraincendios está \"mermado\", non se cubren as xubilacións, nin as baixas nin as vacantes Critican, en concreto, que a Xunta propón amortizar dez postos de Axentes Medioambientais e Forestais, dos cales 5 corresponden a Ourense, \"a provincia onde se concentra o maior número de incendios de toda a península\". Subliñan que \"os Axentes Forestais e Medioambientais, son os únicos profesionais con formación específica en materias forestal e medioambiental, con competencias en control, xestión e vixiancia medioambientais e son os que dirixen a extinción do 99% dos lumes de Galicia\". E sinalan que a día de hoxe este colectivo \"xa ten esgotados os períodos de gardas extraordinarias fora da época estival\". Os Axentes aforman que a Secretaría Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, \"en lugar de basearse en criterios técnicos para establecer a quenda de gardas destes profesionais, usa uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das eleccións municipais unha semana con temperaturas baixas e incluso con días de precipitacións, se lle impón un período de gardas innecesarias, dende o punto de vista técnico\". Os representantes dos traballadores advirten \"que non permitirán que se poña en risco a seguridade e saúde dos traballadores, prolongando a súa quenda ordinaria\" e no caso que se prolongue de forma excesiva e reiterada a xornada horaria, veranse obrigados a \"denunciar estes feitos ante a fiscalía\". Os Axentes denuncian ademais a \"política errática\" do Goberno autonómico na contratación dos medios aéreos de loita contra incendios Os Axentes denuncian ademais a \"política errática\" do Goberno autonómico na contratación dos medios aéreos de loita contra incendios: \"mentres as bases con medios propios da Xunta de Galicia permanecen pechadas, outras bases xestionadas por empresas privadas si que están abertas, gastando desta forma diñeiro público innecesariamente, cun fin claramente beneficioso para estas empresas privadas\"."}
{"ID": "NOS_41510", "summary": "Unha forma de loita para combater a manipulación informativa da prensa.", "text": "O final da década dos 10 estivo marcado por un fortísimo incremento das mobilizacións populares, tanto no mundo rural como no urbano. As folgas, motíns e manifestacións sementaran a inquedanza entre a patronal e as oligarquías, baixo a sombra ameazante da Revolución Rusa. As reivindicacións operarias e a resistencia da patronal organizada remataban por conducir a longos conflitos, como o que tivo lugar en Vigo a finais de novembro de 1919. Na altura, un boicot aos vapores da Transmediterránea tíñase reproducido en Vigo e levou á declaración de folga xeral o 28 de novembro. A folga foi absoluta en Vigo e mesmo tivo ramificacións en Pontevedra, Redondela, Marín, Bueu, Cangas, Cobres (Vilaboa) e Domaio (Moaña), rematando o 26 de decembro, case un mes despois do seu inicio. O día 27 todos os sectores de traballo retornaron ás súas faenas, agás o xornal La Concordia; os linotipistas do xornal negáranse a compoñer un editorial do director Miguel Fernández Lema, ao consideralo inxurioso. Como consecuencia, o xornal non se publicou, sendo a primeira vez na Galiza en que a 'censura vermella' era exercida polos sindicatos. A 'censura vermella' en Vigo A 'censura vermella' tíñase popularizado en marzo de 1919 na folga da Canadiense en Barcelona: o Sindicato Único de Artes Gráficas conseguira paralizar a publicación de informacións tendenciosas contra a folga dos traballadores da empresa de electricidade. Inmediatamente a Asociación de Tipógrafos de Vigo anunciou que adoptaba tamén a censura vermella como ferramenta de loita. Pouco despois, no congreso realizado pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) nos días 10 a 18 de decembro de 1919 tratouse a implantación permanente da 'censura vermella' para combater a manipulación da prensa burguesa e contrarrestar a chamada 'censura negra' exercida polo Goberno sobre a prensa proletaria. O congreso non estabeleceu que a icensura vermella' fose permanente, mais si aprobou que fose aplicada cando os xornais inseriran anuncios ou novas que fosen en contra dos intereses proletarios. No inicio de 1920, ao tempo que La Concordia despedía os seus linotipistas e comezaba as xestións para recrutar operarios que os substituíran, na Coruña xurdía un conflito semellante. A cidade atravesaba tamén unha etapa convulsa, cunha continua sucesión de folgas, manifestacións, deportacións, estoupido de petardos e detencións. Como en Barcelona, era o sector do subministro eléctrico a orixe do máis grave dos conflitos: desde xuño de 1919 o Sindicato de Obreros Gasistas y Electricistas Luz y Fuerza reivindicaba melloras ás empresa Electra Industrial Coruñesa, Fábrica del Gas e Cooperativa Eléctrica Coruñesa. Na segunda metade de 1919, sucedéronse os incidentes relacionados con este conflito, e a xunta directiva do Sindicato Luz y Fuerza mesmo chegou a ser xulgada baixo a acusación de folga ilegal, aínda que o tribunal ditou sentenza absolutoria. A comezos de xaneiro de 1920 tamén funcionou a 'censura negra', que clausurou por algúns días a Imprenta Obrera e impediu a publicación do voceiro das organizacións operarias La Voz del Obrero. A 'censura vermella' chega á prensa coruñesa O 12 de xaneiro o conflito entrou nunha nova fase, cando a Cooperativa Eléctrica Coruñesa contratou a publicación de anuncios para a admisión de operarios que substituíran os obreiros en folga. Nunha tensa noite, os traballadores de El Orzán, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e El Noroeste foron sucesivamente comunicando aos empresarios a súa negativa a compoñer o anuncio, remitíndose ao acordo sobre a 'censura vermella' adoptado no congreso da CNT. As empresas non cederon na súa pretensión de publicar os anuncios e como consecuencia, ningún xornal da cidade saíu á rúa. O combate ficaba estabelecido entre os operarios agrupados na Asociación Tipográfica liderada polo tipógrafo Juan No e apoiados pola Federación Local Obrera, e os catro xornais da cidade, que recibiron o apoio doutros xornais galegos que protestaron ruidosamente polo exercicio da 'censura vermella'. Tres semanas ficou A Coruña sen que ningún xornal saíra á rúa, até que se chegou a un acordo de compromiso polo que os diarios puideron retomar a súa publicación o día 3 de febreiro: aínda que inseriron un anuncio da Cooperativa Eléctrica, non se refería xa á contratación de electricistas, senón á cobertura de postos de gardas xurados de nova creación. Poucos despois, o 9 de febreiro remataba tamén o conflito de La Concordia de Vigo, que reemprendía a súa publicación. Os tipógrafos de Vigo e A Coruña, socialistas uns e anarcosindicalistas outros, tiñan acadado forza abondo para someter á 'censura vermella' os grandes xornais galegos. Unha nova ferramenta de loita obreira ficara ensaiada polas organizacións sindicais e malia que o seu uso non fora corrente, o aviso era evidente para as autoridades e ás empresas xornalísticas: non todo valía para combater as reivindicacións das clases traballadoras. Aínda en 1933 a Asociación Tipográfica de Vigo ameazaba con aplicar a 'censura vermella' ás novas relacionadas coas organizacións fascistas."}
{"ID": "NOS_19598", "summary": "Diversas entidades, entre elas Adega e mais a Fundación Eira da Xoana, realizaron un roteiro para render homeanxe a vítimas da represión franquista.", "text": "Este sábado 12 de agosto tivo lugar, máis un ano, un roteiro \"en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión\" durante a ditadura franquista. O acto, que foi impulsado con carácter aberto, iniciouse ás 12 horas en Sá, na volta de Ludeiro, no municipio de Palas de Rei. Nese lugar apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño. Desde aí, o roteiro deslocouse até Toques, onde se rendeu homenaxe a Marcial Villamor, en Vilouriz, Ramón Rodríguez Varela (o 'curuxás'), en Vilamor, Delfino Liñeira Fraga (o 'tranviario'), en Piñeiro e a Benedicto Fuentes Díaz en Curbián. Finalmente, ás 15h, as persoas participantes realizaron un xantar comunitario na Eira da Xoana, onde se fixo un acto de recoñecemento do que foi alcalde republicado de Agolada, Primo Castro Vila, co que se puxo o ramo a esta acción memorística e que foi amenizada polos músicos Mini e Mero."}
{"ID": "NOS_26290", "summary": "O persoal dos medios públicos mantén a mobilización contra a manipulación e censura e polo cumprimento da lei de medios de 2011.", "text": "O pasado domingo centos de persoas marchaban en Compostela \"pola dignidade dos medios públicos\", secundando así a convocatoria dos comités de CRTVG e CRTVE a favor da independencia informativa e contra a manipulación. Unha movilización que reforzaba as diferentes acción desenvolvidas nos últimos meses polo persoal da CRTVG cos mesmos obxectivos. Esta sexta feira, continuou a dinámica de mobilizacións cunha nova edición dos #venresnegros, a dezasete. Outra volta, persoal da CRTVG volve vestir con prendas de cor negra para denunciar a falla de pluralismo. Unha reivindicación que volveu ser secundada nas redes sociais por persoas de diferentes colectivos. Hai unha toma de conciencia na sociedade de que os medios públicos non poden estar para atender os intereses do partido no goberno\", afirmaba antes da manifestación en conversa con Sermos Galiza Tiago Alvite, secretario do comité intercentros da CRTVG. \"Temos que liberar a CRTVG e que faga o que ten que facer: cumprir a súa misión de servizo público, ser plurais, rexerse por criterios informativos…\", reivindicaba Raquel Lema, do comité de empresa da CRTVG."}
{"ID": "PRAZA_17141", "summary": "En setembro de 1985 Escocia xogaba a entrada no Mundial fronte a Gales; feito un monllo de nervios, Stein ergueuse do banco, discutiu con varios fotógrafos e antes de cchegar ao banco rival caeu redondo", "text": "Parece que desta vez vai. Despois de máis de dous decenios dirixindo o Arsenal, Arsène Wenger vai deixar o banco para que o ocupe outro técnico máis novo, máis televisivo e co pelello máis terso. Con el remata unha arraigada tradición dos clubs británicos, a de deixar aos managers traballar e facer proxectos a longo prazo en lugar de buscar a última sensación para o Instagram. Un dos moldes para o papel este de adestrador eterno é Jock Stein, a figura que dominou o fútbol escocés durante decenios. Como futbolista, Stein fixo carreira no modesto Albion Rovers. Entrou nos corenta para cubrir as baixas dos futbolistas que foran mobilizados para loitar en Europa contra o nazismo, e ao acabar a guerra quedou ata 1950. Xogou ata 1957 no Celtic de Glasgow e, ao se retirar, pasou directamente ao banco do filial, primeiro, e do primeiro equipo, despois. Botou no club unha ducia de temporadas e gañou unha Copa de Europa, nada menos, para logo, nun paso diríase que natural, facerse cargo durante outros sete cursos da selección escocesa. Stein non era un tipo fácil. Adorado coma un pai por moitos futbolistas, outros botaban pestes do seu mal carácter. O dianteiro John Hughes, un dos protagonistas da Copa de Europa que gañaron os de Glasgow, describiuno como \"intimidatorio, inhumano, corrupto e peseteiro\". Non é para menos, se é certo o que conta: recurtoulle o soldo despois dunha temporada fantástica para que \"baixase á terra\". Outro dos protagonistas daquel momento histórico para o Celtic, o porteiro John Fallon (curioso nome para un arqueiro), chámalle nas súas memorias manipulador e di que pola súa culpa non foi internacional. En setembro de 1985 Escocia xogaba a entrada no Mundial fronte a Gales; feito un monllo de nervios, Stein ergueuse do banco, discutiu con varios fotógrafos e antes de cchegar ao banco rival caeu redondo E no posto de seleccionador nacional parecía asentado cando en setembro de 1985 o combinado escocés viaxou a Cardiff para xogar a entrada no Mundial de México do ano seguinte. O mítico Mark Hughes, que acabaría xogando no Barça, adiantou moi rápido a Gales, mais Escocia logrou empatar a pouco do final, garantíndose unha eliminatoria máis. A un par de minutos para o remate, o árbitro pitou unha falta e Stein, que pasara todo o partido feito un monllo de nervios, ergueuse do banco pensando que o encontro rematara, para saudar ao director técnico galés. A acción, que se pode ver en Internet, acelérase entón de xeito caótico. Nada máis comezar a andar, Stein discute con tres ou catro fotógrafos e antes de chegar ao banco rival cae redondo, agarrando o peito coa man dereita. Varios policías sácano do céspede en andas mentres no estadio folean triunfantes as bandeiras azuis escocesas; pon os pelos de punta a cara de terror de Stein, un tipo con fama de directo e mesmo de tiránico. Rematado o encontro, o ruxe ruxe estendeuse entre os xogadores escoceses e foilles confirmado no vestiario polo axudante de Stein, nada menos que Alex Ferguson, o seu sucesor como epítome do adestrador vinagre dos de antes: o seleccionador acababa de sufrir un fallo cardíaco e de morrer na enfermería do estadio."}
{"ID": "NOS_35878", "summary": "A sociedade que quer galego está convocada este domingo a se manifestar en Santiago. O número 32 recolle a luva e dedica a nova entrega do suplemento AFONDO ás enerxías que hai neste país a prol da nosa lingua.", "text": "O Sermos número 32 esmiúza tamén a crítica situación da pesca galega, un dos sectores produtivos do país con maior potencial de criación de riqueza, infelizmente eivado por decisións políticas que non teñen en conta os seus intereses. A información alternativa, unha das bandeiras deste medio, percorre este número 32 de Sermos, con contidos moi reveladores a respeito da implicación das elites españolas no escándalo das preferentes. O número 32 inclúe unha entrevista co economista Manuel Lago -que en precampaña avanzou que Feijóo remataría pedindo o resgate para Galiza- e, xa nas súas páxinas de Cultura, co actor galego de moda, Luís Iglesias, o xa inesquecíbel Carmelo de Matalobos. Un perfil de Fran González Pérez, a lenda do fútebol galego, e os últimos desenvolvimentos da política internacional -co movemento independentista en Escocia en primeiro plano- completan este número, entre outros contidos referenciais deste semanario como a crónica política ou a que dá conta dos movementos máis vangardistas do deseño galego."}
{"ID": "PRAZA_10765", "summary": "O Goberno central reabre o debate sobre se as infraestruturas deben mantelas os usuarios ou toda a cidadanía mentres o Consello de Contas vén de cuantificar en máis de 2.000 millóns de euros os pagamentos pendentes polas autovías galegas de peaxe en sombra", "text": "O Goberno central reabre o debate sobre se as infraestruturas deben mantelas os usuarios ou toda a cidadanía mentres o Consello de Contas vén de cuantificar en máis de 2.000 millóns de euros os pagamentos pendentes polas autovías galegas de peaxe en sombraO Goberno central vén de reabrir o debate sobre o mellor xeito de asumir o mantemento das infraestruturas viarias suxerindo a posibilidade de implantar unha peaxe \"simbólica\" tamén nas autovías, que ata o de agora eran gratuítas para os seus usuarios. A cuestión de fondo é se as infraestruturas debe mantelas quen as emprega de xeito directo ou toda a cidadanía que se acaba beneficiando delas colateralmente. En Galicia, o Consello de Contas vén de entregar ao Parlamento un informe que cuantifica en máis de 2.000 millóns de euros (uns 760 euros por galego) o gasto futuro dos orzamentos xerais da Xunta xa comprometido para ir pagando durante os próximos anos as autovías gratuítas para o usuario pero con peaxe na sombra impulsadas polos últimos gobernos galegos.O debate sobre o custo de mantemento das infraestruturas viarias prodúcese ao tempo que varias autoestradas de peaxe no resto do Estado están chegando á fin dos seus prazos concesionais. O actual Goberno central socialista optou por, chegado ese punto, non volver entregalas en concesión senón liberalas de peaxe, o que supón aumentar o custo de mantemento da rede viaria a conta dos orzamentos xerais. Unha posibilidade para compensar esa situación sería cobrar unha contía reducida tamén aos usuarios das autovías ata agora sen peaxe para, con eses cartos, reducir e homoxeneizar o custo dispar das peaxes nas autoestradas, ou facilitar a súa recuperación polo Estado ao rematar as concesións.Coa peaxe en sombra unha concesionaria executa a obra e despois a administración e non o usuario vai pagándolle ao longo de varios anosEn Galicia aínda quedan décadas para recuperar algunha das catro autoestradas de peaxe existentes: as dúas autonómicas da Costa da Morte (AG-55) e Val Miñor (AG-57) teñen concesións ata 2045, mentres que as estatais AP-9 e Santiago-Lalín (AP-53) chegan ata 2048 e 2074 respectivamente. Pero os galegos xa están a pagar peaxe por varias autovías autonómicas, as construídas nos últimos anos coa modalidade de peaxe en sombra, sistema polo que a administración encarga a unha concesionaria a construción inicial da infraestrutura para despois irlla pagando en anos sucesivos xunto co mantemento en función do tráfico que se rexistre ou da dispoñibilidade da infraestrutura.Os últimos gobernos galegos recorreron ás peaxes en sombra co argumento de que era o único xeito de impulsar a rápida construción de infraestruturas gratuítas para os usuarios en momentos en que os orzamentos públicos non permitían asumir directamente as obras. Porén, o modelo fracasou tanto no caso da Autovía da Costa da Morte, que houbo que licitar tres veces, como na Autovía do Morrazo, cuxa construción acabou asumindo directamente a Xunta. O propio Feijóo, que como conselleiro de Fraga impulsou a peaxe en sombra para as autovías do Salnés e Barbanza, renega agora dese sistemaO propio Feijóo, que como conselleiro de Fraga impulsou a peaxe en sombra para as autovías do Salnés e Barbanza, renega agora dese modelo. Un sistema polo que a Xunta xa ten comprometidos gastos plurianuais para as próximas décadas que suman 2.053 millóns de euros, segundo o último informe do Consello de Contas, entregado o pasado 26 de xullo ao Parlamento. Unha contía na que, ademais das autovías da Xunta, tamén se inclúe a supresión ou redución de peaxes aos usuarios asumida polo Goberno galego en autoestradas estatais como a AP-9 en Rande e A Barcala, e á que hai que sumar o mantemento ordinario do resto da rede viaria autonómica.\"O pago aprazado para o financiamento de infraestruturas públicas xera incerteza canto á sustentabilidade futura das finanzas e traslada a carga dos investimentos presentes ás xeracións futuras\", censura o Consello de ContasComo en anos anteriores, o Consello de Contas advirte contra a tentación de seguir empregando ese modelo: \"A utilización de fórmulas de pago aprazado para o financiamento de infraestruturas públicas xera incerteza en canto á sustentabilidade futura das finanzas e traslada a carga dos investimentos presentes ás xeracións futuras\". Isto é, non é só que cada un dos 2,7 millóns de galegos, use ou non esas autovías, deba xa 760 euros a pagar durante os próximos anos por esas peaxes en sombra, senón que esa débeda pesa xa tamén sobre os galegos que aínda non naceron."}
{"ID": "NOS_40794", "summary": "Os zocos e a artesanía galega están de moda, reinventar as raíces con novos deseños e cánones máis actuais é sinónimo de éxito", "text": "A cultura galega segue a ser rica e viva. O seu segredo, partir da tradición para dar o gran salto, interpretar o pasado desde a óptica máis actual. Incorporar linguaxes máis contemporáneas ás distintas manifestacións culturais galegas é todo un logro. Máis sabor galego á última e sen perder a esencia. Cerámica, olaría, ourivaría, cestaría, o traballo coa pel, o coiro... un sinfín de oficios artesanais atopan nos novos deseños unha oportunidade de reinventarse e manterse máis vivos ca nunca. Os zocos galegos, da tradición á tendencia Un claro exemplo diso atopámolo nos zocos galegos máis cool do estado español, Premio Nacional de Artesanía, e un moi bo pretexto para comprobar como Galiza pisa forte dentro e fóra das súas fronteiras. Todos aqueles que visiten Galiza, teñen a oportunidade de coñecer moda 100% galega. E é que na Galiza a boa xente vese polos pés, e que mellor forma que facelo cun zoco do máis 'top', onde as tendencias mandan. Elena Ferro: \"A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo\" Moda e deseño 100% galego Moitos son os nomes propios polos que a moda galega é coñecida internacionalmente, Inditex, Adolfo Domínguez, Purificación García, Bimba e Lola, Roberto Verino... Deseño, tendencias e unha colección tras outra, poñen a Galiza no posto máis mediático en canto a moda se refire. Aos galegos non hai pasarela que se lles resista e creación que pase desapercibida. A moda galega gusta, non hai dúbida. Moda para reivindicar a cultura galega Pero máis aló da proxección internacional, moitos son as e os deseñadores que intentan abrirse oco neste difícil sector en continua transformación. O seu denominador común, reivindicar a cultura galega. Directo e sinxelo. Dá igual a materia prima, dá igual o xeito de tratala, o respecto polo galego é sinal inequívoco que o resultado merecerá a pena. O artesán está de moda e os seus responsábeis falan alto e claro. Galiza ten moitísimo que facer e dicir. Turismo rural na Galiza profunda: 7 Lugares para perderse Zocos galegos, un caso de éxito A responsábel desta revolución é Elena Ferro, artesana que conseguiu poñer de moda o calzado que usaban as traballadoras e traballadores galegos do campo. Os zocos doutrora son os zocos máis cool de hoxe. Ademáis de desempoar esta tradición tan arraigada na Galiza e volver poñer de moda os zocos galegos, a iniciativa valeulle o Premio Nacional de Artesanía 2019. Os zocos de Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019 Deseñar moda urbana a partir dun elemento tan artesanal como son os zocos non foi tarefa sinxela. Unha carreira de fondo que nos seus inicios centrouse no respecto pola tradición e que non alcanzou o éxito esperado. Non variar nadiña de nada o zoco orixinal non era suficiente, manter a esencia dese elemento tan tradicional e representativo da cultura galega, facéndoo máis cómodo, máis flexíbel e, sobre todo, máis creativo e orixinal, era o camiño a seguir. Colorido elevado á máxima potencia, animal print, lazos, moitos lazos... un produto que de non coñecer a súa tradición, podería pasar por tendencia, verdade? Tal foi a revolución, que pasear pola Coruña, onde se atopa a tenda de Elena, e non tropezarse cun destes zocos tan 'top' é misión \"case imposíbel\". Asociacións feministas na Galiza: movemento global pola igualdade"}
{"ID": "NOS_23146", "summary": "A iniciativa trata de emular o espectáculo da NBA", "text": "Pontedeume torna na capital do balonmán galego este sábado 26 de decembro. Desde as 18.30 horas a Federación Galega de Balonmán (FGB) e o Concello levarán ao pavillón da Casqueira un espectáculo que acollerá as mellores xogadoras e xogadores da primeira categoría autonómica. A organización tratará de realizar un evento que emule o famoso espectáculo americano da NBA coñecido como All Star, nun día no que, ademais de despedir un ano \"cheo de dificultades\", tratarán de \"pór en valor as competicións galegas\", así como recadar fondos e recoller alimentos e outro tipo de produtos a prol de Cáritas. Todas as persoas que asistan pode colaborar coa devandita entidade depositando comida non perecedoira na entrada do pavillón. Ademais, tamén poden realizar a súa doazón directamente no número de conta de Cáritas Pontedeume: ES75 2080 0201 9030 0016 3221. Dadas as circunstancias sanitarias, A Casqueira verá moi reducida a súa capacidade total, polo que a reserva dos boletos -que son de balde- terá que realizarse vía online a través da app 'Control de Aforos'. Non obstante, aquelas afeccionadas que desexen asistir e non lles sexa posíbel poderán seguir o evento a través da retransmisión que a FGB levará a cabo na súa canle de Youtube. O comezo da gran festa do balonmán galego está previsto para ás 18.30 horas co concurso de lanzamentos, que estará seguido do de habilidades e o de sete metros. Finalmente, o partido All Star mixto entre as principais estrelas do país -haberá unha representante de cada equipo da Liga-, ás 20 horas, porá o broche de ouro á xornada."}
{"ID": "NOS_36637", "summary": "Corcoesto, a Serra do Galiñeiro, a Terra Chá, a comarca Eo-Oscos-Terras de Burón, a Serra da Groba, Xinzo de Limia, a comarca de Ordes-Santiago de Compostela... a capital da Galiza ficou pequena para abranguer unha maré humana que con forza deu máis un exemplo de dignidade.", "text": "Milleiros de persoas congregábanse ás 12.00 da mañá na Alameda de Compostela mais nada semellaba avanzar o que viría despois. Unha maré humana colapsou as rúas da capital da Galiza para rexeitar ao unísono a política mineira que están a promover as empresas transnacionais \"coa cumplicidade da Xunta de Galiza\". Así o manifestaban desde a Rede de colectivos contra a minaría salvaxe a poucos minutos de comezar a mobilización. Isabel Vilalba, secretaria do Sindicato Labrego Galego (SLG) e unha das portavoces da Rede ContraMINAcción denunciou as consecuencias medioambientais do que considerou unha \"política colonial como a que xa se desenvolveu noutros lugares\". Unha política que \"cada vez mais\", apuntou \"a sociedade rexeita\". Contra as políticas coloniais E o certo é que as voces clamaron contra este modelo ao berro de \"Estamos fart@s de ser unha colonia\", na que empresas foráneas ás que \"non lles preocupa o noso país\", advertían @s manifestantes, \"expolian os nosos recursos\" deixando tan só \"un grande buraco, cada vez máis e máis profundo\" denunciaron @s voceir@s das plataformas que desde todos os puntos do país exixiron a parálise dos proxectos mineiros en curso e, daqueles, que se prevé aprobará o plan sectorial de actividades extractivas da Xunta de Galiza. \"É unha patente de corso\", denunciaron desde Verdegaia. Un cheque en branco para \"que as empresas mineiras poidan facer o que lles dea a gaña\" pasando por enriba \"de aclquera figura de protección do medio\". Nin ríos, nin espazos protexidos como a Rede Natura, nin tan sequera aqueles espazos de alto valor ecolóxico e agrogandeiro que salvagardan o futuro das comarcas do interior do país. A nova norma impulsada pola goberno de Alberto Núñez Feijóo quere favorecer \"a apertura en canal do noso país\", sentenzou o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Xavier Vence. O líder nacionalista criticou con dureza que se estean a aprobar proxectos mineiros –como os de Corcoesto-- \"sen ter mesmo aprobado o propio plan\" --actualmente en proceso de exposición pública. \"É un despropósito\" que revela, dixo, \"as urxencias\" do executivo galego por responder aos \"intereses das empresas mineiras\" en troca dos de todo o país. \"Galiza non se vende, se cultiva e se defende\" Mais \"Galiza non se rende\" nin \"se vende\". Clamaron os milleiros de persoas que se achegaron á capital da Galiza para rexeitan a política mineira da Xunta mais tamén a \"sede de ouro\" das transnacionais. \"A Terra cultívase e deféndese\", respostaban @s manifestantes que deron as costas á minaría salvaxe para reivindicar o dereito a protexer \"o futuro das comarcas\" fronte \"o capital especulativo\" . \"Nin mina nin cianuro, queremos aire puro\", entoaban milleiros de persoas ao seu paso pola Praza de Galiza. O centro neurálxico das mobilizacións ficou pequeno para acoller a manifestación que á metade do seu percorrido aínda albiscaba as comitivas saíndo da Alameda. Ao tempo que centos de manifestantes comezaban a encher a Quintana. Máis de media hora de diferenza entre a chegada da cabeceira da manifestación até a entrada das últimas comitivas que, xa, non collían nunha praza ateigada. Ao pé da catedral, ducias de faixas vindas de todos os recunchos do país e portadas por máis de 40 organizacións, daban comezo a un acto final interrompido polos berros d@s participantes que clamaban a prol da resistencia dun \"pobo unido\" que \"xamáis será vencido\", afirmaron. Representantes das plataformas en defensa do territorio acompañaron @s artistas Sés e O'Leo, encargad@s de pór a nota musical a unha mobilización chea de cor. Porén, @s protagonistas foron todas e cada unha das comarcas e localidades do país que están en loita contra proxectos megamineiros aprobados ou a piques de se aprobar. Ducias de voces que reclamaron o dereito de Galiza a defender \"a súa dignidade\" dicindo non á minaría salvaxe. Agora, a pedra está no tellado dunha Xunta de Galiza que deberá dicir de que lado se pon. \"Ou a mina, ou nós\"."}
{"ID": "NOS_42574", "summary": "Na maioría dos hospitais da Galiza as mulleres grávidas que desexan pór fin ao seu embarazo son derivadas á privada, nomeadamente nos complexos da Coruña e de Lugo. En Vigo practicaríanse na pública os abortos por malformación ou enfermidade da nai e Ourense asome o 90% dos casos que chegan", "text": "A ausencia do Estado na regulación, o control e a supervisión nos servizos de saúde sexual e reprodutiva \"equivale á tortura\" das mulleres. Sinalouno o relator especial de Nacións Unidas para a tortura e os tratos inhumanos, Juan E. Méndez, ao debullar unha listaxe de tratamentos que considera \"crueis\", como tratamentos dolorosos de abstinencia sen asistencia médica no caso de persoas adictas ás drogas, o uso de medicamentos experimentais con human@s ou tratamentos forzados para curar patoloxías psíquicas. Porén, o aborto mereceu para Méndez mención á parte. \"Os estados cuxa lexislación os autorice en diversas circunstancias (caso do Estado español) deberán velar pola dispoñibilidade real dos servizos sen consecuencias adversas para as mulleres grávidas ou @s profesionais da saúde que practiquen as interrupcións voluntarias do embarazo. Acrecentou o relator da ONU que calquera práctica discriminatoria contra as mulleres, como as trabas burocráticas para abortar, non garanten os seus dereitos e poden ser claficicadas como tortura. Respecta o Sergas o dereito ao aborto? Entrementres a reforma da lei do aborto que prepara o goberno español non sae adiante, facendo que os dereitos das mulleres recúen a unha situación anterior a 1985 cando tiñan que dar explicacións se non querían ser nais, a lei que está vixente é a aprobada en 2010 polo goberno de Zapatero. O texto recolle unha obriga que se fai extensíbel a todos os hospitais públicos: garantir o acceso das embarazadas á IVE. De non dispor de medios, as consellarías de Sanidade de cada territorio asinarían concertos con centros privados. Pois ben, na maioría dos hospitais da Galiza as mulleres serían derivadas á privada, nomeadamente nos complexos da Coruña e Lugo. En Vigo asumiríanse na pública os abortos por malformación ou enfermidade da nai, e en Ourense practicaríanse \"fóra\" algunhas intervencións \"por un problema de persoal\", aínda que máis do 90% realizaríanse no propio hospital e corresponden a casos non só desta provincia senón tamén de Pontevedra. Explícao José Luís Doval, xefe de xinecoloxía no CHOU e pioneiro na realización da IVE no país, quen aclara que entre as oito e as doce semanas non hai anestesistas que asuman o aborto polo método cirúrxico e a muller é derivada ora a unha clínica privada ora a un centro do estranxeiro, situado en Madrid ou en Asturias. Dereito a obxectar vs. Dereito a abortar\"A obxección de conciencia é unha cuestión de comodidade\", espeta Doval. Recorda que en 2006, cando a lei actual nin se pensaba, o 99% d@s xinecólog@s eran obxector@s. No Observatorio da Mariña pola Igualdade, Luisa González informa de que nos últimos días recolleron datos que fan referencia a que a obxección segue pola volta do 90%. Amb@s @s dúas teñen claro que o que falta é unha aposta desde os propios hospitais en defensa d@s profesionais que decidan practicar abortos, e que se garanta, efectivamente, o cumprimento da lei. Ao respecto, explica Doval que os casos de embarazos por riba das 22 semanas van a un comité onde se discute sobre a pertinencia de practicar unha IVE ao existir grave risco para as nais, \"e todas as mulleres pasan ese comité\". Doval fai parte del. Ao lle preguntar pola frecuencia con que se convoca, bota contas e di que en tres meses tiveron que valorar o historial de cinco mulleres. Porén, como as interrupcións que non se practican no hospital público \"hai que resolvelas igual nun centro privado\" @s xinecólog@s desenténdense \"porque non queren ser sinalados como 'o que fai abortos' e porque non existe presión ningunha por parte da administración\". Eis aquí, a xuízo do doutor Doval, unha das vantaxes da lei de 2010: \"que o sistema sanitario público non se poida declarar obxector\". Porén, Luísa González vai máis aló e recalca na falta de vontade do Sergas en que a IVE sexa realmente máis un servizo da sanidade pública. \"Onde se practican realmente os abortos?\", pregunta Luísa Ocampo, traballadora nun hospital público e activista de Mulheres Nacionalistas Galegas —MNG. \"Practícase alí onde o xefe de servizo ten unha mentalidade máis progresista\", explica, recordando que durante moitos anos o CHOU, onde o xefe de xinecoloxía é Doval, foi o único complexo público onde se garantía a interrupción do embarazo. Así as cousas, un hospital con tod@s @s médic@s obxector@s onde as mulleres se ven privadas de información ou son derivadas á privada \"dáse desde que se aprobou esta norma, polo que non se lle pode achacar aos recortes: é unha cuestión política e responde a unha ideoloxía\", di Luísa González, do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Porque, cal é a información que facilita o Sergas sobre a IVE? A Red Madre e os tres días de reflexiónDe navegarmos polo seu portal web oficial até chegar ao Espazo da cidadanía, atoparemos á esquerda as 18 opcións do menú O cidadán e a saúde. Na décimo terceira posición aparece a IVE; na décimo segunda, unha ligazón á Red Madre, fundación privada española próxima á ultradereita. Seguimos na web do Sergas. Se escollemos a opción Información sobre a interrupción voluntaria do embarazo, dentro aparece máis unha ligazón á Red Madre e, sobre este colectivo, a consellaría de Sanidade ofrece toda a información relativa á ILP presentada no Parlamento da Galiza e a partir da cal o PP pariu, sen contar co apoio de ningunha outra forza parlamentar, a súa Lei 5/2010, de apoio á muller embarazada. Nela inaugúrase a \"educación para a maternidade\" e faise fincapé en \"revalorizar a figura da muller xestante\". A decisión da Xunta de materializar o enquistado rexeitamento ao aborto dándolle un espazo a esta fundación racha con outra disposición contemplada na lei de 2010: que as mulleres que decidan interromper o embarazo deberán reflexionar a súa decisión durante un período de tres días após recibiren toda a información \"de maneira clara, obxectiva e exenta de presión\". Na web da Red Madre, á cal se accede tamén desde o portal do Sergas, pendúranse artigos como o titulado Estudio médico relaciona aborto y mayor incidencia posterior de depresión, ansiedad y consumo de alcohol."}
{"ID": "NOS_33577", "summary": "O material para atención de doentes máis graves e de test diagnósticos que favorezan o control da pandemia son, precisamente, o máis difícil de conseguir nestes días, onde a presión asistencial aumenta na sanidade galega. Feixoo advertiu onte destas carencias, na previsión de as necesidades sigan en aumento.", "text": "Coa previsión de que este mes de abril será \"determinante\" na evolución da pandemia da COVID-19 na Galiza, polo aumento da incidencia e da presión asistencial, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo admitiu onte as \"enormes dificultades\" do Goberno galego para obter respiradores para a sanidade pública, necesarios para a atención dos casos máis graves. \"Hai unha enorme tensión pola altísima demanda de aparataxe de UCI. Resulta moi difícil que sirvan respiradores eficientes e contrastados no mercado mundial, tanto pola presión dos Estados Unidos como pola das principais potencias europeas, que están comprando nos mellores fabricantes de aparatos de UCI\", sinalou, recoñecendo \"moitos problemas\" para \"que se atendan os pedidos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) tiña previstos e prepagados\". A carencia deste instrumental non é nova. Foron numerosas as mensaxes do mandatario galego ao Goberno central pola falta de material comprometido ao longo do pasado mes de marzo. Porén, o día 25 coñecíase, por boca da presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, a cesión por parte do Sergas de 11 ventiladores de UCI á sanidade madrileña, onde se atopa o foco principal da pandemia do territorio estatal. Como entón, Feixoo escudouse onte, durante a comparencia posterior ao Consello da Xunta, na \"anticipación\" da Administración galega. \"As compras que fixemos a inicio de marzo son chave. Se non tivesemos comprado respiradores e camas hoxe estariamos en colapso, porque non teriamos respiradores dispoñíbeis\", reafirmou. Preguntado polo abastecemento de material, o presidente da Xunta respondeu –en castelán– que a sanidade galega está \"razoabelmente surtida\" de máscaras e material funxíbel e máis escasa de batas. Feixoo non eludiu censurar as \"diferencias\" entre o material \"que o Goberno central di que remite e o que remite realmente\", se ben concedeu que os envíos de máscaras e luvas son máis xenerosos nos últimos días. A esa mesma hora, o Goberno de Vigo centraba na Xunta as súas críticas, por distribuír material sanitario \"caducado desde 2014\". \"O problema son os materiais de UCI, que necesitamos consolidar para eventualidades dos próximos días\", advertiu Feixoo, quen engadiu á necesidade de máis respiradores a dificultade para adquirir tests diagnósticos. \"Necesitamos unha compra masiva e aí temos un colo de botella\", alertou. Situación actual De acordo cos datos facilitados onte, o Sergas ten 178 camas nas UCI ocupadas por persoas afectadas polo coronavirus e, tras ampliar a súa disposición, conta con 250, sumando para esta finalidade camas de reanimación e de quirófano. \"Aínda non chegamos á situación de colapso\", apuntou o presidente da Xunta, quen sinalou as áreas sanitarias da Coruña –con 53 persoas na UCI– e Ferrol –coa UCI completa– como as de \"maior presión\". \"Non chegamos á porcentaxe de saturación hospitalaria que prevía o pico, que se fixou nun mínimo de 2.000 camas e nunha cifra máis ampla de 4.000; estamos en menos de 900 camas para esta doenza\", apuntou. A preguntas de Nós Diario, tamén certificou a \"preocupación\" polo número positivos entre profesionais da sanidade galega, que cifrou en 558. \"Precupa moitísimo, son xente que está diagnosticando e tratando, que pon en risco a súa propia saúde, e que ademais perdemos, porque loxicamente ten que estar illada\", indicou, vinculando a propagación do virus entre o persoal aos equipos de protección e o risco dun virus \"que se propaga de forma dramática\". Na comparecencia, o titular da Xunta tamén deu conta das medidas adoptadas no Consello para enfrontar os efectos da crise sanitaria, entre as que se conta a asunción das cotas de escolas infantís, centros de día, centros de atención ao Azheimer e centros para persoas con discapacidade durante o tempo que dure o estado de alarma. Segundo anunciou tamén, o servizo de Axuda non Fogar incrementará en máis de 12.000 as súas usuarias e será de balde para as novas incorporacións."}
{"ID": "NOS_112", "summary": "A Cámara galega debaterá a proposta do BNG para pór en marcha unha comisión de investigación que estude o acontecido co baleirado de encoros galegos por parte de empresas hidroeléctricas e as posíbeis responsabilidades do Goberno galego.", "text": "O próximo pleno do Parlamento galego, que decorrerá 28 e 29 de setembro, debaterá a proposta para pór en marcha unha comisión de investigación que estude o acontecido co baleirado de encoros galegos por parte de empresas hidroeléctricas. A iniciativa parte do BNG, que considera que se deben \"depurar todas as responsabilidades, coñecer a verdade do acontecido e pór en marcha medidas para que non se volva producir algo así\". A solicitude de investigación conta co apoio do PSdeG. A cuestión parte de que a Xunta asegurou que non foi informada nin se lle solicitou permiso para proceder aos baleirados, un argumento que ficou enlamado ao saberse que a delegación en Ourense da Consellaría de Medio Ambiente e o 112 (servizo dependente da Consellaría de Presidencia) recibiron dúas notificacións, en xuño en xullo, da intención da empresa Iberdrola de proceder ao desembalse. Foi entón cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, restou formalidade a esas notificacións enviadas. \"Non quero pensar mal, se se trata dunha estratexia pactada entre a empresa e o Goberno [estatal]\" e até fixo unha brincadeira: \"menos mal\" que o escrito \"foi enviado ao 112 e non a un centro de saúde\". Esta terza feira, 21 de setembro, o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, dixo que, aínda que a súa formación reserve a súa postura para o pleno, resulta \"curioso\" que se pida unha investigación sobre a acción da Xunta en relación a unha \"competencia estatal\". Os encoros baleirados pertencen á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Estado, mais nacionalistas e socialistas sinalan que a Xunta puido cometer prevaricación ao saber que se ían producir os baleirados de encoros e non telos impedilo, pois implicaría que o Goberno galego non exerceu as súas competencias en materia de Medio Ambiente para preservar a natureza e os ríos. Aliás, o pleno tamén debaterá unha iniciativa lexislativa popular sobre a estabilidade no emprego público e nel comparecerá o conselleiro de Medio Rural, José González, para informar de asuntos relacionados coa Política Agraria Común (PAC). Na sesión de control, Feixoo responderá a preguntas da líder do BNG, Ana Pontón, sobre a defensa dos intereses da Galiza ante o Goberno estatal e do portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, sobre a estratexia da Xunta para a consecución de fondos europeos. PP e PSOE buscan alterar en Madrid o acordo galego para traspasar a AP-9 E mentres en Santiago de Compostela, na sede do Parlamento galego, se reunía a Xunta de Portavoces para concretar a orde do día do próximo pleno; en Madrid, no Congreso das e dos Deputados, botaba a andar grupo de traballo para a lei de transferencia á Galiza da AP-9. Neste grupo de traballo debateranse as emendas ao texto orixinal acordado polos grupos no Parlamento galego. Dáse así un novo avance na tramitación dunha lei que se remonta a maio de 2017, cando foi aprobada por unanimidade na Cámara galega. Desde entón, o paso do texto polo Congreso sufriu distintos atrasos até que en febreiro deste ano, o pleno do Congreso aceptou a súa admisión a trámite, compromiso presente no acordo de investidura entre o BNG e o PSOE. En xuño a Mesa do Congreso desbloqueou a tramitación do borrador lexislativo logo de varias prórrogas concedidas ao prazo de presentación de emendas. Agora, os partidos debaterán as emendas no grupo de traballo constituído este 21 de setembro. O foco estará na posíbel ruptura do consenso explicitado na aprobación do texto no ano 2017 no Parlamento galego, pois PP e PSOE rexistraron emendas ao documento orixinal. O PP defende incluír no texto mecanismos que garantan que o traspaso vaia acompañado de recursos económicos do Estado, cuestión técnica que compete habitualmente á comisión Mixta Galiza-Estado e non á propia lei. O PSOE quere coas súas emendas que a titularidade da infraestrutura quede en mans do Estado e a Xunta reciba só as competencias de xestión, O viceportavoz do PSdeG, Pablo Arangüena, afirmou este 21 de setembro que se abre agora un período de negociación coa posibilidade de chegar a consensos no grupo de traballo. O BNG, que non presentou emendas ao texto para manter fidelidade ao acordo da Cámara galega, acusa PP e PSOE de apartarse do consenso logrado na Galiza."}
{"ID": "NOS_3046", "summary": "Entrevistamos Luís Bará Torres, profesor e parlamentario que encabeza a candidatura do BNG por Pontevedra.", "text": "—No BNG poñen Pontevedra como modelo para Galiza. Mais nun país con vilas e urbes tan distintas, que é o \"exportábel\"? Todo, porque este é un modelo moi avanzado que vai na liña do que se acabará facendo en todo o mundo, tamén polas exixencias do cambio climático. Está pensado para o noso país e para os seus distintos tipos de vilas e cidades, para que sexan inclusivas, integradas e compactas. A chave está en transformar dous conceptos fundamentais: o espazo público, para pór en primeiro lugar as persoas; e mudar radicalmente o concepto de mobilidade, primando modos saudábeis e amábeis fronte á mobilidade motorizada. —Debe o novo Goberno pular para que Ence abandone a ría? O asunto está na vía xudicial e en mans do Goberno estatal e a Xunta debe velar polo cumprimento do Plan de ordenamento do litoral, que prevé desenvolver no espazo que ocupa Ence unha área de mellora ambiental e paisaxística, para a recuperación e rexeneración deses terreos. A prórroga á pasteira é ilegal e a Xunta ten competencias en materia ambiental e industrial, polo que ten que impulsar e liderar o traslado da fábrica. —A Consellaría de Medio ambiente quere a continuidade de Ence e argumenta que Galiza non pode perder máis empregos. O impacto ambiental brutal que causa esa fábrica indica que aí non pode ficar. Hai un debate sobre se Ence pode ser trasladada a outra localización da xeografía galega, e un segundo debate versa sobre se o noso monte ten que estar supeditado aos intereses dunha multinacional allea ao país, que causa grave impacto coa sua actividade e que ademais non deixa aquí os seus beneficios. Nós defendemos que outro monte é posíbel, que debe ser multifuncional, dar beneficios ambientais e postos de traballo diversificados. Isto oponse ao modelo de monocultivo do PP. —Que propón facer coas altas peaxes da AP-9? O Goberno galego debe reclamar a transferencia da AP-9 e apostar polo rescate e nacionalización da autoestrada, tendo en conta que outras vías construídas na mesma época xa son de balde. As peaxes da AP-9 son un atraco e a concesionaria foi beneficiada polos sucesivos Gobernos estatais do PP e PSOE. —Como divulgador da memoria, cómpre lexislar esta materia? Propuxemos unha lei de memoria histórica e o PP impediuna no Parlamento. Reivindicamos esa lei e a necesidade de desenvolver políticas públicas de memoria na Galiza. Feixoo aniquilou todos os proxectos que o BNG puxera en marcha desde a Xunta entre 2005 e 2009. Queremos unha política nesta materia que sitúen de novo Galiza como referente."}
{"ID": "NOS_14383", "summary": "A Audiencia Provincial da Coruña recibiu a declaración dun ex traballador de Talgo. Nela explica que examinou o Alvia-01455 os días antes do accidente de Angrois e detectou unhas \"avarías\" cuxo rexistro sería forzado a borrar. A sala concede tres días ás partes que recorreron o feche da investigación, unha delas a Plataforma de Vítimas, para achegaren nova documentación.", "text": "11 de outubro foi a data fixada pola Audiencia Provincial da Coruña para emitir un ditame sobre o feche da causa a redor do accidente do tren Alvia-04155, o último paso antes de fixar unha data para o xuízo. O seu descarrilamento provocou o 24 de xullo a morte de 80 persoas, 144 resultaron feridas. O organismo tomou a decisión de aprazar tres días a súa resolución, após recibir unha petición de suspensión e unha declaración xurada na que un ex mecánico de Talgo desvelaba o borrado de datos sobre avarías no tren sinistrado. A Audiencia Provincial da Coruña debía estudar os dez recursos interpostos á decisión do titular do sala número 3 da Audiencia Provincial de Santiago, o xuíz Andrés Lago, que puxo punto e final ás investigacións sobre Angrois. O xuíz mantivo como únicos imputados o maquinista do Alvia-04155, Francisco José Garzón, e quen foi director de Seguridade de Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte. A Plataforma de vítimas esixiu que a investigación continuase e que máis cargos de Adif e Renfe fosen procesados. A información achegada pola Plataforma de vítimas pode dar un novo xiro a un caso que xa foi fechado e reaberto en 2016, daquela para realizar novas pescudas. No foco estiveron os fallos nos sistemas de seguranza das vías férreas, así como información relativas ás modificacións levadas a cabo no convoi accidentado. Na súa declaración o exmecánico de Talgo sinala que nos días previos ao sinistro anotara \"avarías\" , algunhas delas \"críticas\", na revisión do tren. Tres días para presentar nova documentación O avogado que representa á plataforma, Manuel Alonso Ferrezuelo, achegou a declaración xurada tamén á Audiencia Provincial de Compostela. Alonso solicita a citación como testemuñas do ex mecánico de Talgo, do xefe do taller onde se efectuou a revisión do tren e o borrado de datos; así como do director do mantemento e do administrador de sistemas informáticos da compañía ferroviaria. O presidente da Audiencia Provincial da Coruña, Angel Patín Reigada, freou o proceso e ofrece tres días ás partes para que podan \"modificar as pretensións deducidas nos seus recursos ou escritos de alegacións\". Pasado o prazo a sala examinará a nova documentación aportada e o sumario do caso."}
{"ID": "NOS_47871", "summary": "Galiza suma case un milleiro de viviendas turísticas máis no último ano, o que a converte no segundo territorio após Cantabria que máis crece.", "text": "O alugueiro turístico segue a vivir a súa época dourada na Galiza a costa de reducir a oferta de vivendas en alugueiro convencional. Segundo os datos dun estudo experimental do Instituto Nacional de Estatística (INE), no país había a 31 de agosto un total de 13.502 inmóbeis destinados a arrendamentos para uso turístico, case un milleiro máis que hai tan só un ano (12.548). Este incremento, de 7,6% en comparación con agosto de 2020, sitúa Galiza como o segundo territorio no que máis aumentan as vivendas de uso turístico, só superada por Cantabria (+9,7%). A medida de crecemento no conxunto do Estado español, onde hai xa 306.000 vivendas turísticas rexistradas foi neste período de 4,5%. A Federación Galega de Empresas inmobiliarias (Fegein) xa indicaba en maio que a rendibilidade do alugueiro estaba fóra de toda dúbida, se ben \"se atopa cada vez máis no mercado de vivendas turísticas, e aí é onde se están a derivar vivendas do circuíto tradicional\", apuntaba o seu presidente, Benito Iglesias. Porén, segundo os datos do INE, a porcentaxe de vivenda turística sobre o total de vivendas é na Galiza de 0,8%, menor que o 1,2% da media estatal. En total, a oferta de prazas ascende a 72.753, fronte as 67.050 que figuraban no mercado en agosto de 2020. Estabilidade nas cidades No último ano, o comportamento da oferta nas cidades galegas foi moi desigual. O número de vivendas rexistradas aumentou na Coruña (+27), até as 583; Vigo (+37), até as 795, e Ferrol (+11), até as 145, mentres que descendeu nas outras catro. Especialmente significativa foi a caída en Santiago de Compostela, onde o Concello está a tratar de regular estas prácticas despois de anos nos que atopar un alugueiro na cidade non vacacional era case misión imposíbel. En só un ano, a capital galega pasou de ter 759 vivendas turísticas a contar con 699, 60 menos en só 12 meses. Máis modestos foron os descensos nas outras cidades. Lugo pasou de 168 a 167 vivendas turísticas (-1); Ourense, quedou nas 193 (-4) e Pontevedra contabilizou en agosto 10 inmóbeis para uso turístico menos que o ano anterior, con 305 en total. Os pequenos piden paso Mentres nas cidades as oscilacións non son moi significativas en relación ao total de vivendas, nos concellos de menor poboación moitas familias están a ver nos alugueiros vacacionais unha fonte de xeración de ingresos moi atractiva, aínda que moi puntual pola estacionalidade. Practicamente todos os concellos do litoral teñen un número de vivendas turísticas considerábel, en ocasións desproporcionado respecto ao parque total de inmóbeis da localidade. Destacan casos como o de Sanxenxo, con 1.109 vivendas turísticas e 5.943 prazas), case tantas como A Coruña e Vigo xuntas. Segundo os datos do INE, en agosto deste ano houbo 36 concellos que sumaron máis dun cento de vivendas para uso turístico, e 9 con máis de 200 (sen contar as cidades), mentres que hai só un ano eran 29 os concellos que superaban a centena e só 7 os que contaban máis de 200, unha cifra que moitos deles están xa preto de superar. O Salnés, Costa da Morte e A Mariña A comarca do Salnés, con concellos como O Grove e Sanxenxo, foi sempre referente na oferta turística de apartamentos na Galiza, unha realidade que tamén queda reflectida nas estatísticas do INE, que constatan un forte incremento de vivendas turísticas no último ano. Sanxenxo sumou máis de medio cento (+61); O Grove 52, até as 412, e Poio 41, superando as 300 (312). Significativos son tamén os crecementos na Costa da Morte, con Carnota e Fisterra á cabeza (258 e 205 vivendas turísticas, 22 e 20 máis, respectivamente), e na Mariña, a zona que máis viu aumentar a oferta deste tipo de inmóbeis nos últimos anos até rozar o milleiro. Destacan Foz, con 248 (24 máis que en 2020); Barreiros, con 188 (+19); Viveiro, con 187 (+35), e Ribadeo (182), con 23 pisos turísticos máis que en 2020."}
{"ID": "NOS_6056", "summary": "A Galiza volve saír ás rúas nun novo 25 de novembro para denunciar o que segue a ser unha crúa realidade: a violencia machista afecta, en todas as súas formas, a unha de cada tres mulleres. No ano da pandemia medraron as denuncias, mais o medo ao agresor provoca que só cheguen á vía xudicial 22% dos episodios machistas. Desde 2003 foron asasinadas 65 galegas polas súas parellas ou ex parellas sentimentais. Aliás, unha de cada tres galegas asegura ter sufrido algún tipo de violencia machista ao longo da súa vida.", "text": "Catro de cada mil mulleres galegas denunciaron en 2020 seren vítimas de violencia machista en calquera das súas formas —física, sexual, emocional ou sentir medo—. Así o recolle na súa memoria anual a Fiscalía Superior da Galiza, cuxas estatísticas reflicten un incremento de 1,27% das denuncias a respecto do ano anterior até as 6.073. Son catro de cada cen denuncias presentadas no conxunto do Estado. O número de mulleres que acudiron á vía xudicial no ano da pandemia foi aumentando de forma progresiva en cada trimestre, habida conta de que nos dous primeiros o confinamento obrigatorio foi o gran condicionante. De feito, segundo evidencia o Informe anual sobre violencia machista que elabora a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, o número de teléfono de atención ás vítimas 016 rexistrou 3.096 chamadas no ano da pandemia —535 máis que en 2019—, mentres os Centros de Información á Muller (CIM) recibiron 13.235 consultas sobre violencia machista, isto é, unha repunta de máis de 3.000 en comparanza con 2019. Botando a vista atrás, na última década presentáronse 56.819 denuncias, arredor de 5.700 por ano. As cifras actuais superan en case un milleiro as de 2011, cando se rexistraran 5.153. Só unha de cada cinco vítimas denuncia En 2020 emitíronse un total de 1.107 sentenzas xudiciais referidas á violencia contra a muller —900 menos que en 2019—, das cales 805 foron condenatorias e as outras 302 remataron coa absolución do acusado. Aliás, dentro dos fallos que condenaron o agresor, 451 pronunciáronse con conformidade de ambas as partes; non así nas 254 restantes. Porén, os datos recollidos pola Xustiza amosan un dato preocupante: 672 mulleres rexeitaron proseguir o xuízo após presentar a denuncia, isto é, 307 máis que en 2019. Mentres as sentenzas emitidas se reduciron á metade e as denuncias totais subiron pouco máis dun punto porcentual, o abandono da vía xudicial medrou en 84% no ano da pandemia. A este respecto cómpre salientar que, segundo a última Macroenquisa de violencia contra a muller —2019— elaborada polo Ministerio de Igualdade, unha de cada catro denuncias son retiradas polas vítimas de parellas pasadas; catro de cada dez, nos casos en que a muller denunciante acusa a súa parella actual. O medo é o principal factor esgrimido por 25% das vítimas, mentres 22% retira a denuncia porque o agresor é o pai do seu fillo ou filla, 19% sente \"pena\" pola súa parella, outro 19% confía na \"promesa\" de que o home \"vai cambiar\", 9% faino porque cre que persoalmente a súa parella \"cambiará\" e o 6% pola falta de recursos económicos. 22% das vítimas que acoden á vía xudicial retiran a denuncia contra o agresor Mais todas estas cifras aluden unicamente ás mulleres que conseguen dar o paso de acudir á vía xudicial, e a realidade da violencia machista dista moito destes rexistros. Segundo o mesmo estudo do Ministerio, apenas 22% das vítimas de violencia machista chega a denunciar o seu agresor. E 67% non pediu axuda formal de ningún tipo, como pode ser a atención psicolóxica ou psiquiátrica, que é demandada por 23% das vítimas. Case a metade das mulleres que non pediron axuda —46%— fixérono ao considerar que o acontecido \"tiña moi pouca importancia\" ou \"non era o suficientemente grave para ser considerado violencia\". Con todo, oito de cada dez mulleres decide contalo nun ambiente informal, principalmente a unha amiga —50% dos casos— a nai —36%— ou a filla —25%—. Cómpre destacar tamén que a metade das vítimas que non pide ningunha axuda opta por non rachar coa parella, unha decisión que se reduce a unha de cada cinco no caso das que si denuncian ou, cando menos, solicitan axuda formal —a través das institucións— ou informal —expondo a súa situación a familiares ou amizades—. A menor taxa de denuncia ante a Xustiza dáse nas mulleres de entre 16 e 24 anos —14,5% das vítimas— e as maiores de 65 —17,5%—. Tamén resulta salientábel que, independentemente da súa idade, só 5,5% das mulleres que aseguran ser vítimas da violencia machista denuncian a súa parella actual se esta é a agresora. De tratarse dunha ex parella, a porcentaxe de denuncias medra até 25%. Máis dun milleiro de sentenzas condenatorias o pasado ano En 2020, segundo recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE), imputáronse no país 1.338 infraccións penais contra persoas acusadas de cometeren delitos de violencia machista. Son 260 menos que en 2019, mais a cifra vai na liña dos rexistros da última década. Dado que o pasado ano foron condenados por diferentes delitos 9.013 homes, 15% das penas debéronse a crimes de violencia machista. A meirande parte destas condenas, 707, foron por delitos de lesións, mentres 329 responderon a crimes de tortura e contra a integridade moral, 141 por ameazas, 95 por quebrantamento da condena anteriormente imposta, 35 por coaccións, nove por danos, seis por homicidio, outras tantas por agresión sexual, catro por inxurias, dúas por abuso sexual, unha por violación de morada e outra por detención ilegal ou secuestro. As dúas restantes correspondéronse con outros delitos sen especificar. O Goberno galego concedeu no ano da pandemia axudas económicas a 996 mulleres vítimas de violencia machista —case 300 máis que en 2019—, mais só 639 foron beneficiarias dunha subvención mensual de até 800 euros para a independencia económica, mentres outras 341 vítimas obtiveron un pagamento único para se reinsertaren no mercado laboral, once recibiron as axudas que garanten a percepción das indemnizacións previstas por sentenza xudicial e cinco foron compensadas por resultaren feridas de gravidade por parte dos seus agresores. 34% das galegas sufriu algún tipo de violencia O mesmo informe expón que 34% das mulleres galegas enquisadas afirmou ter sido vítima dalgún tipo de violencia machista ao longo da súa vida. Extrapolando os datos desta mostra ao conxunto da cidadanía galega pódese concluír, aliás, que 16% das mulleres sufriu nalgún momento violencia física ou sexual —en tres de cada catro casos, de forma reiterada—; 24%, violencia psicolóxica emocional; 27,5%, violencia psicolóxica de control, e 14%, violencia económica. E nos 12 meses previos á realización da enquisa, 9% das mulleres padeceron algunha destas violencias. 36% das mulleres da Galiza afirma ter sido vítima de acoso sexual Mais os crimes machistas non se limitan ao ámbito da parella. 17,5% das galegas foron vítimas nalgún momento de violencia física fóra deste entorno, e até 6,5% reportaron casos de violencia sexual. Neste senso, 36% das mulleres sufriu ao longo da súa vida acoso sexual, e 18% afirma ter sido vítima de acoso reiterado. 65 mulleres asasinadas na Galiza desde 2003 A Xustiza galega resolveu favorabelmente 1.292 das 2.009 ordes de protección solicitadas polas vítimas o pasado ano. Son 700 máis que unha década atrás, e o triplo que no ano 2005. Porén, a realidade demostra que non son suficientes ou, cando menos, non se presentan todas as necesarias por mor do medo a denunciar das vítimas. Desde que existen os primeiros rexistros oficiais, no ano 2003, na Galiza foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas 65 mulleres, das cales apenas 23% interpuxera previamente unha denuncia. Só unha de cada catro vítimas mortais denunciara previamente o seu agresor En 2020 cometéronse tres crimes mortais, e en setembro do presente ano unha muller foi asasinada pola súa parella na Coruña, no que é até o momento o único delito desta índole en 2021. Ningún destes agresores fora denunciado previamente. Dos 71 homicidios cometidos na Galiza nos últimos cinco anos, un de cada cinco —15 en total— foi un delito de violencia machista. Desde 2003 producíronse unha media de entre tres e catro asasinatos machistas por ano, sendo 2015 o ano máis negro —oito vítimas mortais— e 2006 o único sen ningún pasamento. A violencia vicaria O Parlamento da Galiza aprobou este mesmo ano, por unanimidade de todas as forzas políticas, unha proposición de lei formulada polo BNG que permite incluír na Lei galega contra a violencia machista as persoas que sofren violencia vicaria, isto é, aquela que ten por obxectivo danar a muller a través dos seus seres queridos, nomeadamente as e os fillos. Neste senso, cómpre salientar que en 2020 a Xustiza adoptou medidas cautelares ou ordes de protección para 98 rapazas e rapaces menores de idade, a cifra máis elevada desde que existen rexistros e 33 máis que en 2019."}
{"ID": "NOS_9860", "summary": "Nova baixa do PP por asuntos de corrupción. Despois de o ex presidente da Deputación de Ourense se desafiliar do partido \"provisoriamente\", chega a quenda para Albino Vázquez, concelleiro de Seguranza Cidadá.", "text": "Albino Vázquez foi prendido a pasada quinta feira en Compostela, nunha nova peza xudicial aberta ao rebufo da operación Pokemon, a baptizada como Operación Manga. A xuíza decretou para el liberdade baixo fianza de 15.000 euros, mas con cargos: suborno, revelación de información privilexiada e tráfego de influencias. Acompaña a súa baixa no partido coa renuncia aos seus cargos de concelleiro en Santiago de Compostela e deputado provincial do PP. Quen si ingresará en prisión é o ex concelleiro e man dereita de Conde Roa, Ángel Espadas, ben como o delegado de Aquagest na capital galega, José Luis Míguez."}
{"ID": "NOS_13533", "summary": "Sobre seguro, mais sorprendendo. O Museo interactivo de historia de Lugo ponse a andar cunha exposición de arte contemporánea cunha artista como comisaria. O resultado é unha exposición que aposta por construír un catálogo das \"preferencias\" dos últimos trinta anos.", "text": "\"A Obra Elixida\" é o título da exposición de arte galega dos últimos trinta anos que abriu o Museo interactivo de historia de Lugo e que se poderá visitar até o 15 de febreiro de 2013. O centro de historia acolle unha mostra de arte contemporánea e pon como comisaria unha das máis destacadas creadoras dos nosos tempos. A artista Mónica Alonso ocupa desta volta o lugar de comisaria para se poñer á par d@s artistas, para seleccionar os seus nomes e pedir que sexan quen elixan a obra que será exposta, a preferida da súa traxectoria.O resultado é unha aposta sobre seguro. Un feixe de nomes que ocupan os primeiros postos no panorama artístico contemporáneo e unha selección de obras que identifican plenamente a autoría. O máis Leiro, a máis Pamen Pereira, claramente Menchu Lamas, identificada Carme Nogueira e inconfundíbel Vicente Blanco. Jorge Barbi, Manuel Vilariño, Xoán Anleo, Jesús Otero-Yglesias, Antonio Murado, Salvdor Cidrás, Rubén Santiago, Félix González, Amaya González ou Mar Vicente, están tamén nesta \"indiscutíbel\" nómina que vén da man da artista Mónica Alonso.A comisaria deixou de lado a diferenza xeracional para crear un mosaico de nomes que están a falar na arte contemporánea, dándolle entrada de forma singular aos que teñen na cidade de Lugo o seu lugar de orixe como Antonio Murado, Jesús Otero-Yglesias e Mar Vicente, ou que a tomaron en adopción como Vicente Blanco e Salvador Cidrás, ou mesmo que está como referente na súa traxectoria, nos nomes de Félix Fernández e Rubén Santigo.\"Cada artista convidado nesta exposición debe elixir unha obra da súa autoría e dicirnos o porqué da súa elección. Os motivos da escolla resultaron moi variados: a obra que marcou a miña traxectoria artística, unha vinculada cun acontecemento persoal destacado, unha das mellores obras, a preferida, a última obra realizada, a revisión actual dunha anterior, unha obra concedida para o espazo da exposición... A proposta de elixir quere darlles voz aos artistas, que sexan eles os que escollan a obra con que queren reencontrarse, que manifesten a súa preferencia e a compartan co espectador\" explica Mónica Alonso ao respecto da filosofía da exposición que recolle 16 obras seleccionadas por quen as creou\"."}
{"ID": "PRAZA_6458", "summary": "O Festiclown celebra os seus 15 anos de historia con programación en San Fernando de Henares (18-21 de setembro), Palestina (1-9 de outubro) e Lugo (4-12 de outubro). Falamos con Iván Prado, director do festival.", "text": "O Festiclown fai 15 anos. Moito mudaron as cousas dende aquel ano 2000 no que esta iniciativa botou a andar, primeiro en Pontevedra, dende o 2003 en Compostela e entre o 2009 e o 2011 en Vigo. Daquela, a crise económica e a retirada de apoios institucionais obrigaron a un cambio de modelo, apostando por unha programación multisede (nos últimos anos, distribuída por concellos como Rivas Vaciamadrid, Lugo e outros e tamén por afondar na internacionalización da proposta, que xa estaba en marcha. Palestina, México, Brasil, Sáhara..., a risa como compromiso político e como instrumento de solidariedade. Neste 2014 o festival xa pasou por Brasil e por Rivas Vaciamadrid e nas vindeiras semanas levará a súa programación a San Fernando de Henares (Madrid), entre o 18 e o 21 de setembro, a Palestina, entre o 1 e 9 de outubro, e a Lugo entre o 4 e o 12 do mesmo mes. Nos seus 15 anos de historia o festival conxugou dúas grandes vertentes, que sempre discorreron en paralelo: o compromiso político e a solidariedade e a calidade artística. Neste tempo o festival foi quen de anovar as linguaxes de clown e de novo circo, da arte urbana, afondando na formación, converténdose dende Galicia na maior plataforma de formación de clown de Europa, con preto de 2.000 alumnos e alumnas e 150 cursos e talleres. Falamos con Iván Prado, director do festival. \"En que se parece o Festiclown ao proxecto co que comezamos en 2000? Parécese no impulso e na necesidade de empregar o clown como ferramenta de transformación social\" O festival mudou moito nestes anos, ás veces de forma obrigada, e outras como evolución natural e como vía para acadar novos obxectivos. Que cambiou e que queda do proxecto orixinal do Festiclown? Cambiou, si, en primeiro lugar porque as necesidades son outras. Nós nacemos en Pontevedra coa vontade de que en Galicia o clown existise e a día de hoxe, despois de tantas edicións do Festiclown e doutros proxectos, a saúde do clown e do novo circo galego é moi boa. Podemos mesmo dicir que a nivel de pallasos e pallasas Galicia é unha potencia dentro do panorama estatal. Esa necesidade inicial de dar a coñecer o pallaso, e de que en Galicia existisen compañías satisfixémola, conseguimos ese obxectivo e superamos esa primeira etapa. Despois veu unha segunda etapa na que era imprescindible un maior compromiso social. Tamén fomos necesitando internacionalizar o proxecto. E iso coincidiu xusto coa chegada da crise e cun cambio estrutural, no que pasamos de facer un gran festival que era unha referencia a nivel europeo e que saía en todos os medios de comunicación do Estado a facer pequenas programacións que permiten facer toda a antiga programación, pero repartida por varias sedes. En que se parece o Festiclown ao proxecto co que comezamos en 2000? Parécese no impulso e na necesidade de empregar o clown como ferramenta de transformación social, para demostrar que o circo social podía existir en Galicia, para erguer a bandeira da esperanza noutros lugares do mundo a través da risa. \"Gustaríanos volver facer un gran Festiclown en Galicia, como había antes? Obvio. Ogallá houbera unha gran cidade progresista co tamaño suficiente para financiar un evento con ducias de artistas e decenas de cursos\" En certa maneira a crise e a falta de apoios nalgunhas cidades galegas é o que vos deu o empurrón para levar a cabo estes proxectos internacionais? Esa internacionalización xa viña cocéndose de antes. De feito, a última grande edición do Festiclown foi en Vigo en 2011 e simultaneamente estabamos xa co festival de Palestina. Estas edicións internacionais e solidarias do Festiclown xa están consolidadas e son moi importantes para nós. Agora imos de novo a Palestina, pero este ano estivemos xa nas favelas de Río de Janeiro, facendo o primeiro festival internacional de pallasos nunha favela. Se tivésedes á vosa disposición os medios suficientes, apostaríades por facer de novo un gran festival de clown en Galicia? Aínda hai grandes edicións do Fetsiclown, o que pasa é que xa non acontecen en Galicia. Gustaríanos volver facer un gran Festiclown en Galicia, como había antes? Obvio. Ogallá houbera unha gran cidade progresista co tamaño suficiente para financiar un evento con ducias de artistas e decenas de cursos. Pero en calquera caso, a liña que comezamos xa non ten retorno, estamos xa traballando para o 2015 en Chile e Colombia e tamén temos en mente retornar a Brasil, non sabemos se en 2015 ou en 2016. E tamén nos gusta moito a aposta pola multisede, a oportunidade de estar en varias cidades e antes distintos públicos. \"Calcúlase que hai máis de mil cativos e cativas que están sendo tratados e tratadas nestes centros hospitalarios polos efectos dos bombardeos\" Como vai ser esta nova visita a Palestina? Vai ser unha reedición do que fixemos en 2011, pero tamén moi focalizada na poboación infantil e adulta desprazada dende Gaza nos hospitais de Cisxordania. Calcúlase que hai máis de mil cativos e cativas que están sendo tratados e tratadas nestes centros hospitalarios polos efectos dos bombardeos. Nestes momentos vemos como un feito completamente político e fundamental retornar a Palestina, aínda que modifiquemos o plan inicial de facer o festival no campos de refuxiados do Líbano, porque os organizadores locais preferiron aprazalo sen data, xa que a escalada de violencia é interminable. \"A nosa achega foi colocar a Galicia nese circuíto mundial, fomentar a posibilidade de que aquí existise o clown, converter Galicia na maior escola do mundo do clown, e facer do Festiclown un dos festivais de teatro máis recoñecidos do Estado\" Cres que ás veces esquecemos a vertente máis puramente artística do Festiclown, o traballo formativo realizado, como fostes creando en Galicia unha estrutura profesional e un público para o clown, demostrando que non é unha arte menor? É que para nada é unha arte menor! (ri) Ao contrario, eu diría que é unha arte maior e imprescindible. O pallaso e a pallasa son dúas figuras imprescindibles na cultura occidental. Inventamos o circo como a maior das utopías, o circo como unha fábrica na que o imposible se torna posible. Falamos dunha tradición secular que atravesa toda a historia de Europa e doutros lugares dunha maneira clave. A nosa achega foi colocar a Galicia nese circuíto mundial, fomentar a posibilidade de que aquí existise o clown, converter Galicia na maior escola do mundo do clown, e facer do Festiclown un dos festivais de teatro máis recoñecidos do Estado español. Poucos festivais de teatro conseguen ter 50 mil espectadores de público, como tivemos en Santiago."}
{"ID": "NOS_27453", "summary": "Catro décadas sobre os escenarios -non exactamente: Leo Bassi actúa en calquera lugar en calquera intre- forman a base do Último bufón, o espectáculo que o cómico de orixe italiana presentará este mes en Galiza. En Ourense, no Miteu, o 18 de abril será a primeira de cinco datas na súa xira galega.", "text": "O último bufón nace dun descubrimento da irmá de Bassi (Nova York, 1952). En 1896, os irmáns Lumière filmaron o seu bisavó e o seu tío mentres traballaban no Circo Rancy en Lyon. Segundo indican dende Culturactiva -a compañía que promove os pases galegos de Bassi-, trátase \"probabelmente das primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia\". Leo Bassi procede dunha \"antiga liñaxe de comediantes excéntricos e de pallasos circenses vindos de Italia, Francia, Inglaterra, Austria e Polonia\". Aínda que se fixo popular no Estado español a través da televisión, o seu labor cómico -de estirpe libertaria, sempre en oposición aos poderes- ten fondas raíces no circo do século XIX. Despois de Ourense, Bassi parará en Compostela. Será o 19 de abril no Teatro Principal e suporá o seu regreso a unha capital en que fora censurado polo alcalde Gerardo Conde Roa, do PP, en 2012. O 20 de abril irá a Culleredo -edificio de servizos múltiples-, o 21 a Vimianzo -no auditorio da Casa da Cultura-, e rematará en Burela o 22, na Casa da Cultura."}
{"ID": "NOS_47834", "summary": "A secretaria xeral do partido en Madrid, Ana Camíns, afirma nunha entrevista que teme que o presidente do Goberno do Estado español empregue os \"tentáculos políticos e mediáticos\" para afectar aos resultados electorais de Isabel Díaz Ayuso o 4 de maio.", "text": "O PP madrileño confesa estar convencido de que o líder do Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, ten un interese en perseguir a xa ex presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Así o asegurou hoxe a secretaria xeral do partido nese territorio, Ana Camíns, que pensa que usará os \"tentáculos políticos e mediáticos\" de Moncloa para \"prexudicar\" a candidata nas eleccións do 4 de maio. A representante da formación política acusou ao Goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos de tentar \"combater a boa xestión\" da equipa de Díaz Ayuso durante todo o tempo que leva activa a pandemia. Desde o seu punto de vista, pódese agardar calquera cousa porque hai \"unha clara intención de prexudicar\" a súa compañeira. \"Aquí hai unha batalla que desde o principio están tentado combater, que é a batalla de relato e da boa xestión, porque calou e a xente viuno\", lamentou, defendendo que a candidata do PP en Madrid foi a \"primeira\" en empregar a estratexia dos feches de centros de días para loitar contra o virus. Por exemplo, pensa que haberá anuncios de \"medidas en clave electoral\" e afirma que no partido \"o teñen asumido\". Mesmo criticou que as eleccións de maio coincidan cunha reunión do Consello de Ministras. \"Nada lles parou e agora mesmo nada lles vai a parar\", afirmou a número dous dos populares madrileños, que considera que o Estado leva poñendo \"paus nas rodas\" á Comunidade de Madrid dous anos. Como contrapunto, sostén que despois de ter a Díaz Ayuso \"na diana\", \"é moi tarde para convencer aos madrileños de que quere algo bo para Madrid\". \"Os madrileños sentíronse moi sós por parte do Goberno de España este último ano de pandemia\", engadiu. De cara ao impacto que poida ter a pandemia no electorado, subliñou: \"Preocúpanos que se utilicen os contaxios para meter medo como fixeron en Catalunya\". Tal e como está o contexto político, Camíns non descarta que tamén poida haber un adianto dos comicios xerais. \"O feito de que Pablo Iglesias se fose implicou un alivio e un desafogo ao PSOE porque estaba a ser un problema para eles\", reflexionou. Pero se hai adianto unha vez pasado ese episodio de despedida, se hai convocatoria ás urnas antes de tempo será \"porque Pedro Sánchez pensa que lle van vir ben\"."}
{"ID": "NOS_1481", "summary": "O comité de empresa deste centro hospitalario de Santiago de Compostela asegura que a compañía HM Hospitais trata de forzar ao seu cadro de persoal a coller vacacións, días de suspensión de emprego e salario ou a optar pola redución da súa xornada. A compañía nega os feitos e asegura que unicamente se decidiu non renovar aqueles contratos temporais de persoal \"que non se atopa en primeira liña na batalla\" contra a enfermidade.", "text": "O comité de empresa do hospital HM A Rosaleda, situado en Santiago de Compostela, asegura que entre a pasada sexta feira e a xornada de hoxe foron despedidas traballadoras do centro. \"Non temos certeza de cantas, porque aínda que o solicitamos á empresa esta non nos facilitou máis información\", denuncia Ana Varela, presidenta da mesa sindical. O centro hospitalario é propiedade da cadea de hospitais privados HM Hospitais. Segundo Varela, a compañía despediu a unha administrativa e mais a tres técnicas de raios. \"Ao mesmo tempo que o Servizo Galego de Saúde informa de que precisan a máis persoal, aquí decidiron despedilo\", censura, engadindo que nun comunicado, a compañía suxire ao cadro de persoal a posibilidade de ser trasladado a centros da comunidade de Madrid, o punto do Estado no que se concentra un maior número de contaxios pola COVID-19. \"Ao mesmo tempo que o Servizo Galego de Saúde informa de que precisan a máis persoal, aquí decidiron despedilo\" Nun correo difundido entre o persoal, a compañía HM Hospitais comparte que os seus centros en Madrid \"superaron con moito a súa capacidade asistencial e necesitan da nosa axuda\". Por este motivo, e porque desde a compañía considérase que na Galiza \"grazas ás medidas de restrición máis temperás e á dispersión xeográfica\" é posíbel \"aplanar a curva de contaxios\", convida ás profesionais de enfermaría a trasladarse á comunidade madrileña. \"Organizaremos o transporte e aloxamento e poderás poñer o teu grao de area nesta dura batalla\", indica a empresa. Noutra circular partillada nas instalacións de HM A Rosaleda, a compañía explica que, a raíz das medidas adoptadas polo Goberno do Estado para evitar a propagación da pandemia, enfróntase ao deber de \"reorganizar e reordenar os servizos, sanitarios e non sanitarios\" coa fin de que \"só estea en cada momento a \"xente absolutamente necesaria para dar cobertura á actividade existente nos servizos que realmente son precisos\". Para acadar este obxectivo, a dirección de HM Hospitais anima ao seu cadro de persoal e \"arrimar o ombreiro\" \"gozando\" das vacacións \"de xeito rotatorio\", a optar pola posibilidade de \"permisos ou suspensións de emprego e soldo\", \"distribución irregular da xornada con días a recuperar máis adiante\" ou á redución de xornada, entre outras opcións. Sen medidas de protección Esta traballadora do departamento de raios tamén afirma que até o día de hoxe o persoal non contaba con medidas de protección efectivas contra a nova cepa de coronavirus. No centro suma un total de nove pacientes illadas, oito das cales obtiveron un resultado positivo nas probas para detectar a infección da COVID-19. Algunhas destas doentes foron trasladadas desde a residencia de maiores Domus Vi San Lázaro, na que se detectou un brote de coronavirus a pasada semana. \"Até esta segunda feira, as enfermeiras estábanlles dando de comer a estas persoas só coa protección dunha máscara quirúrxica\", apunta Varela, e non as recomendadas FFP2 ou FFP3. \"Tampouco nos ofreceron ningunha formación sobre os protocolos a seguir\", asegura a presidenta da mesa sindical. HM Hospitais nega as acusacións Nun comunicado remitido a este medio, a empresa HM Hospitais nega os despedimentos, explicando que \"a realidade é que non se renovaron contratos temporais con persoal \"que non está na primeira liña da batalla da COVID-19\". Así mesmo, a compañía matiza que o convite realizado ao persoal \"de maneira voluntaria\" a acollerse a opcións de \"reorganización laboral\" está destinado unicamente ao persoal non sanitario e \"non esencial na crise da COVID-19\". En canto ao persoal sanitario, a empresa asegura que está contratando persoal \"extra\" para reforzar a xestión asistencial incluíndo a médicas, enfermeiras, auxiliares ou limpadoras. \"Nas últimas dúas semanas reforzamos o cadro de persoal en Madrid con 20 médicos, 85 enfermeiras e outras 60 uxiliares de enfermaría para a xestión desta emerxencia sanitaria\", informan."}
{"ID": "NOS_50207", "summary": "A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación está a impedir o ensino en galego nos ciclos de FP a distancia.", "text": "Segundo o sindicato nacionalista, maioritario no ensino, a Consellaría de Educación eliminou da Plataforma de formación a distancia os materiais elaborados en galego para os substituír por outros en español. A CIG-Ensino asegura que teñen constancia de que nos ciclos de Emerxencias Sanitarias e Administración e Finanzas, cando menos, o alumnado xa só ten acceso a materiais en español a través da plataforma da consellaría de Educación Platega. \"A situación é moi grave se consideramos que os cursos anteriores a metade dos módulos tiñan o seu material editado en galega, mais a Consellaría fiel ao seu afán desgaleguizador retirounos para substituílos por outros integramente en español\", denuncian desde a CIG-Ensino. Lembran tamén que en reiteradas ocasións reclamaron á Dirección xeral de FP que se establecera os módulos que deberán ser impartidos en galego nos currículos dos ciclos formativos, demanda que a Consellaría, segundo apuntan, se nega a responder. \"A Consellaría lonxe de cumprir coas súas obrigas mesmo incumpre o Decreto 79/2010 de uso da lingua galega no ensino elaborado por ela, impedindo pola vía dos feitos o cumprimento da cativa normativa sobre o noso idioma\", sinalan arredor dun decreto no que se contempla unha \"oferta equilibrada\" de materias e módulos en galego e castelán para garantir a competencia nas dúas linguas. Reclaman a restitución de manteríaos en galego para garantir, \"como mínimo, o que fixa a lexislación que é a oferta equilibrada de módulos en galego e castelán e o coñecemento do vocabulario específico na nosa lingua\"."}
{"ID": "NOS_49243", "summary": "O líder do PP na Galiza, Alberto Núñez Feixoo, compareceu na noite do domingo perante os medios de comunicación para subliñar que a súa formación \"recupera o liderado político\" que perdera en abril. Porén, de se repetiren estes resultados nas eleccións galegas, o dos Peares non recuncaría como presidente da Xunta.", "text": "A porcentaxe de voto superou pola mínima á do PSdeG, con quen empatou en escanos. Aínda así o discurso do PP na Galiza foi triunfal. O propio Feixoo falou perante a prensa para salientar que o seu partido \"recupera o liderado político\" que perdera en abril. Malia que de repetírense estes resultados nas eleccións galegas o PP perdería a maioría (ao ser claramente superado pola esquerda), Feixoo dixo manter \"intacta\" a \"expectativa\" de manter a maioría absoluta en \"dez meses\" -fechou así a porta a un posíbel adianto electoral-. Engadiu que \"continuará traballando por unir o centro-dereita\"- No seu discurso, de chave españolista, o presidente da Xunta sinalou que \"o centro político en España é o PP\"."}
{"ID": "NOS_31614", "summary": "O Colexio oficial de Psicoloxía de Galiza volveu alertar recentemente do \"abandono da atención psicolóxica no sistema público de saúde\". Falamos coa decana do COPG, que afirma que no escenario actual \"ou tes recursos para ir a unha consulta privada, ou a psicoloxía na sanidade pública é inaccesíbel na práctica\".", "text": "-Na Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde non se incluirá, máis unha vez, ningunha praza para especialistas en psicoloxía clínica. Desde o Colexio oficial de Psicólogos afirmades que isto supón \"un verdadeiro abandono da atención psicolóxica no sistema público de saúde, con tan só tres prazas convocadas desde 2010\". Que supón este escenario? -Este escenario implica que é imposíbel atender as necesidades de saúde mental da poboación galega. Apenas 90 psicólogos e psicólogas clínicas están a exercer no Sergas. Isto significa que nos atopamos con dispositivos asistenciais básicos sen psicólogos nin psicólogas e que non queda máis remedio que atendelos a tempo parcial, no mellor dos casos. É un absurdo! Unha paciente que estivo ingresada nunha unidade de hospitalización psiquiátrica preguntábame como era posíbel que nas semanas que estivo alí non tivese nunca atención psicolóxica. Cada dous ou tres días pasaba consulta o psiquiatra, e despois, todo recaía nas enfermeiras. Estamos así. Mentres, máis de 150 especialistas en psicoloxía clínica están nas listaxes de contratación do Sergas; é dicir, que temos profesionais, pero non se atende a saúde mental. Isto non é unha consecuencia dos recortes unicamente, senón que a política de austeridade non fixo máis que agudizar unha precariedade que xa viña de atrás. A falta de aposta pola psicoloxía clínica na sanidade pública é un síntoma de atraso e unha inxustiza social flagrante. O verdadeiro problema é que a saúde mental está tratada como a irmá pobre da sanidade pública, e iso é inadmisíbel. -Afirmades que coa infradotación de psicólogos e psicólogas clínicas é imposíbel prestar os tratamentos psicolóxicos que se recollen na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde. É isto una vulneración dos dereitos recollidos por lei do dereito á saúde mental da poboación galega? -É evidente que se están a vulnerar os dereitos da poboación galega, pero moitas persoas non saben que teñen eses dereitos, co cal tampouco os reclaman. É dicir, se vas a atención primaria cunha depresión e só che receitan psicofármacos, pensas que estás correctamente atendido, aínda que a psicoterapia estea recollida na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde. Co cal, non reclamas. Isto non pasa con outras patoloxías. O verdadeiro problema é que a saúde mental está tratada como a irmá pobre da sanidade pública, e iso é inadmisíbel. Estamos falando de que os trastornos mentais están detrás dunha de cada tres consultas en atención primaria. A principal causa de baixa laboral, cunhas duracións moi longas ademais, é a depresión. O suicidio continúa nunhas taxas elevadísimas en Galiza. Ninguén comprendería que en patoloxías que sofren tantas persoas non se dispoña nin dun cento de especialistas para as atender. Non hai unha especialidade sanitaria tan menosprezada como a psicoloxía. Alguén se imaxina que o cardiólogo que te atende nun hospital estea realmente contratado por unha ONG? -En áreas como atención a vítimas de tráfico, oncoloxía, coidados paliativos ou neuroloxía desde a administración apostan en cubrir as carencias asistenciais en psicoloxía clínica con bolsas de investigación e con convenios con ONGs para a prestación de asistencia. Que representa iso? Como revertelo? -Representa a maior precariedade posible. Alguén se imaxina que o cardiólogo que te atende nun hospital estea realmente contratado por unha ONG? En cambio, se tes cancro ou un ictus, a atención psicolóxica pode provir dunha asociación ou dunha persoa que está como bolseira. É recoñecer que existe unha necesidade pero non investir en atendela con recursos propios. A atención psicolóxica a través de bolsas e convenios implica poñer nun compromiso serio a autonomía dos psicólogos e psicólogas dependentes desas entidades alleas aos hospitais, e isto repercute sobre a atención dos pacientes. Non podes ter autonomía se estás como bolseiro ou bolseira; se existe a necesidade, o goberno ten que crear as prazas na rede pública. Moitos dos trastornos e problemas de saúde mental poderían previrse ou tratarse nunha fase inicial se houbese atención psicolóxica en atención primaria -Cales son as necesidades e demandas que consideras básicas en canto a psicoloxía para o sistema público de saúde? -As necesidades son moitas, porque basicamente está todo por facer. Pero as prioridades teñen que ser, primeiro, implantar a psicoloxía clínica nos centros de atención primaria. Son varias as comunidades autónomas que o está facendo e, novamente, Galiza queda atrás. Moitos dos trastornos e problemas de saúde mental poderían previrse ou tratarse nunha fase inicial se houbese atención psicolóxica en atención primaria. En cambio, cronifícanse e agrávanse pola falta dun tratamento adecuado. Segundo, precisamos reforzar as unidades de saúde mental con, cando menos, 26 especialistas en psicoloxía clínica, para poder atender as necesidades da poboación. Falamos de infantoxuvenil, trastornos alimentarios, adicións, neuropsicoloxía… Por exemplo, existe unha grande alarma polas adicións a tecnoloxías por parte de adolescentes, pero, quen os atende? Se teñen que agardar tres, catro ou até seis meses para ser atendidos en saúde mental. Aquí, ou tes recursos para ir a unha consulta privada ou a psicoloxía na sanidade pública é inaccesíbel na práctica. E a terceira demanda é unha maior autonomía profesional. A día de hoxe, para que unha persoa poida ir a unha consulta de psicoloxía no Sergas ten que contar coa derivación dun ou dunha psiquiatra, non pode ir cun volante desde atención primaria. Non ten sentido. É unha inxustiza para a persoa e unha falta de recoñecemento ao traballo dos psicólogos e psicólogas clínicas. -Cal é o tempo medio de espera en atención psicolóxica no Sergas? Que supón esa espera? -Polo que nos contan os colexiados e colexiadas, chegan a pasar seis meses. Seis meses entre consultas implica que non hai terapia posíbel. É dicir, cunha persoa con ideacións suicidas que pasa dous meses, no mellor dos casos, entre consultas, como imos poder facer terapia? Novamente, volvemos ao que sinalaba antes: ou contas con capacidade económica para acudir a unha consulta privada ou a atención na sanidade pública é máis que precaria. A Organización Mundial da Saúde recolleu como prioridade o desenvolvemento de servizos integrais de saúde mental e de asistencia social de base comunitaria debido ao crecemento exponencial dos trastornos mentais, para o que é elemental a integración da asistencia e dos tratamentos de saúde mental nos hospitais e nos centros de atención primaria. Cara aí debemos camiñar. Existe unha grande alarma polas adicións a tecnoloxías por parte de adolescentes, pero, quen os atende? -A prevalencia de trastornos mentais con carácter crónico en Galiza, como a depresión ou a ansiedade crónicas, supera con moito a media estatal. Por que? Que debería facer a administración pública galega neste escenario? -En Galiza temos unha serie de circunstancias que teñen que ser abordadas a través dun plan estratéxico de saúde mental. No caso da prevalencia da depresión crónica, estamos en máis dun 50% sobre a media estatal, un 60% na ansiedade; son cifras impactantes. Pero non é o único. Case un de cada dez galegos ou galegas sofreu nalgún momento da súa vida trastornos mentais vinculados ao consumo excesivo de alcohol, case o triplo que a media estatal. E a taxa de suicidio é ben coñecida que supera con moito á estatal, somos a segunda comunidade autónoma con maior incidencia. Outras cuestións como o envellecemento ou a dispersión poboacional teñen que obrigar a deseñar unha planificación específica para as necesidades galegas. No conxunto do Estado, o custo dos trastornos mentais é de 46.000 millóns ao ano, dos cales a metade derívanse de baixas laborais e xubilacións precoces. A falta dunha atención apropiada ás persoas con problemas de saúde mental implica que as baixas laborais se prolonguen cun impacto inmenso na Seguridade Social. Así que o económico non pode ser escusa. Precísase dunha visión estratéxica, xa que se estima que por cada euro investido na prevención ou no tratamento da depresión ou da ansiedade, supón un retorno de 4 euros en mellor saúde e habilidades para o mercado laboral. Pero precisamos ese investimento. No caso da prevalencia da depresión crónica, estamos en máis dun 50% sobre a media estatal, un 60% na ansiedade; son cifras impactantes -Hai algún modelo (noutro territorio do Estado ou ben noutro país) que consideredes que pode ser un exemplo en canto a atención psicolóxica? -Temos as peores ratios de psicólogos e psicólogas de Europa, e Galiza, no conxunto do Estado, peor aínda. Estímase que na sanidade española hai 4,3 psicólogos e psicólogas por cada 100.000 habitantes, fronte a 18 na media da Unión Europea. En Alemaña subimos a 50 e nos países nórdicos a 70. Pero tampouco precisamos ir tan lonxe: a situación de Portugal é envexábel. En Portugal, na Europa do Sur, vemos que si hai psicoloxía na atención primaria, e que na especializada están a anos luz. Oxalá tivésemos a implantación da atención psicolóxica que teñen en Portugal. No Estado temos exemplos que tamén nos indican que é o bon camiño. Por exemplo, o proxecto PsicAP (Psicología en Atención Primaria), de Psicofundación, que atendeu 1.200 pacientes en centros de saúde de dez comunidades, demostrou que a intervención psicolóxica en ansiedade, estrés ou depresión é catro veces máis eficaz que os psicofármacos. Así que as evidencias científicas están máis que demostradas. A pelota está no tellado dos responsábeis políticos, que teñen que apostar pola atención psicolóxica no sistema público de saúde."}
{"ID": "NOS_43543", "summary": "É posíbel un referendo legal e acordado con Madrid. Iso é o que opinan as entidades promotoras del Pacte Nacional pel Referèndum.", "text": "O Pacte Nacional pel Referèndum constituíuse o 23 de decembro de 2016 por iniciativa do Govern soberanista de Catalunya e co apoio do Parlament. Agrupa miles de entidades cívicas e de persoas a título individual e acaba de lanzar unha campaña para recabar apoios ao seu manifesto, que se pode ler aquí en versión galega (realizada pola profesora da UDC Carme Pérez Sanxulián). As adhesións poden materializarse neste sitio. Entende o PNR que si é posíbel e legal a realización dun referendo de autodeterminación de Catalunya. Así o interpretan tamén reputados expertos en Direito Constitucional. Só sería necesario a tal efeito a aplicación do artigo 150.2 da Constitución española, aquel que contempla a hipótese de transferir ás comunidades autónomas competencias exclusivas do Estado (a convocatoria de referendos éo). O marco legal español si que non prevé a realización de referendos vinculantes (só consultivos). Aliás, o PNR entende que do ponto de vista político sería impensábel virar as costas aos resultados dunha eventual consulta. Colectivos e persoas integradas no PNR instan a Madrid e Barcelona a que superen \"dificultades e prexuízos\" e pacten a realización da consulta, para a que piden aínda recoñecimento internacional. No cenario político estatal non demorou en mostrar o seu apoio a esta iniciativa o líder de Podemos, Pablo Iglesias, quen, como é coñecido, está pola consulta, aínda que de se realizar faría campaña polo non á independencia. Para un #referèndum con garantías he firmado el manifiesto @referendumpacte. No queremos que Catalunya se vaya pero somos demócratas— Pablo Iglesias (@Pablo_Iglesias_) 22 de fevereiro de 2017"}
{"ID": "NOS_33063", "summary": "Á caída no consumo súmase que Estados Unidos fica sen espazo para almacenar o seu cru.", "text": "Os prezos a futuro do petróleo de referencia estadounidense, o West Texas Intermediate (WTI), caeron esta segunda feira a niveis nunca antes visto, chegando incluso a cotizarse en negativo. A principios do día, o WTI comezara a se cotizar por volta dos 18 dólares estadounidenses pero ao longo da xornada chegou a estar até en -37,63 dólares. En negativo, algo sen precedentes. Isto significa que os produtores de petróleo pagaron aos compradores para que levasen o produto, temendo que a capacidade de almacenamento do cru se esgotase en maio. Demanda e almacenamento Este escenario débese á combinación de dóus factores. Por unha banda a caída da demanda de cru da man da crise provocada polo coronavirus. Por outra, que os Estados Unidos, que compite por ser o maior produtor do mundo, enfróntase ao insólito desafío de que facer cos hidrocarburos que produce. Por que? Pois, en resumo, as súas principais instalacións de almacenamento (as máis grandes están en Oklahoma) están practicamente completas e hai temores de que poidan atinxir o seu nivel máximo en moi pouco tempo."}
{"ID": "NOS_2265", "summary": "Esta cuarta feira conmemórase o Día da Acción Global por un Aborto Legal e Seguro, tamén coñecido como o Día pola Despenalización e Legalización do Aborto. Desde 1990 cada 28 de setembro o movemento feminista exixe a legalización da interrupción do embarazo segura, de balde e na sanidade pública, co obxectivo de reducir as mortes por abortos pouco seguros.", "text": "Segundo os datos do Ministerio de Sanidade rexistráronse na Galiza un total de 2.490 interrupcións voluntarias do embarazo en 2020, último ano con datos dispoñíbeis, na súa meirande parte, en centros sanitarios privados. O 77,3% dos abortos voluntarios producíronse en centros privados. As cifras, ás que tivo acceso Nós Diario, poñen de manifesto que das 2.490 intervencións realizadas, un total de 1.926 decorreron en instalacións pertencentes a grupos empresariais, e 564, na sanidade pública. O 77,3% dos abortos voluntarios producíronse en centros privados A meirande parte dos abortos practicáronse en centros extrahospitalarios - ambulatorios, consultorios, centros de saúde, servizos de urxencias ou centro peiféricos - un total de 2.285, case o 92%, dos cales 1.868 foron en equipamentos privados e 417 en equipamentos públicos. Un total de 205 practicáronse en centros hospitalarios, neste caso 147 en hospitais públicos e 58 en centros privados. Kentucky súmase á lista de estados que prohíben o dereito ao aborto En 2020, só catro hospitais galegos levaron a cabo algún aborto: o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o Hospital de Verín, o Comarcal de Valdeorras e o Hospital Montecelo, en Pontevedra. A estes uníronse cinco centros de orientación familiar e tres clínicas privadas, a Clínica Arce e Clínica A Pasaxe na Coruña e Clínica Climent en Vigo, que, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, concentraron a maior parte das intervencións. En 2020, só catro hospitais galegos levaron a cabo algún aborto O groso das interrupcións de embarazo en 2020 foron por petición da muller, cun total de 2.398 casos, o equivalente a 96,3%; fronte aos 59 casos de risco para a saúde da embarazada e os 32 por risco de anomalías no feto. Ademais, as tres cuartas partes dos abortos foron realizados nas primeiras oito semanas de xestación, un total de 1.879 casos; só 76 superaron as 15 semanas de xestación. 96,3% das interrupcións de embarazo foron por petición da muller No que respecta ao perfil das mulleres que decidiron interromper o seu embarazo, o informe recolle que o grupo de idade no que se realizaron máis abortos foi o das mulleres de entre 30 e 34 anos. Do total, 40% das mulleres convivían en parella e a metade non tiña fillos. Das 2.490 mulleres que detiveron voluntariamente o seu embarazo, en 1.054 casos non se empregaba ningún método anticonceptivo, e 1.070 mulleres non abortaran previamente. As rapazas maiores de 16 anos poderán abortar sen o permiso dos seus pais e nais Embarazos en menores de 19 anos As estatísticas do Ministerio de Sanidade mostran que 204 mulleres menores de 19 anos abortaron en 2020, das cales 75% fixérono na privada. Destas 204, un total de 76 non empregaran método anticonceptivo. As cinco chaves da nova Lei do aborto Precisamente no aspecto da idade, a Lei do aborto, promovida polo Ministerio de Igualdade, introduce novidades, pois as mulleres de 16 e 17 anos poderán interromper o seu embarazo sen necesidade dun consentimento paterno."}
{"ID": "PRAZA_21008", "summary": "Dous anos despois de rematar a vixencia do plan estratéxico 2012-2018, elaborado con parágrafos plaxiados, a Xunta encarga outro por 40.000 euros e cun prazo de elaboración de tres meses", "text": "Dous anos despois de rematar a vixencia do plan estratéxico 2012-2018, elaborado con parágrafos plaxiados, a Xunta encarga outro por 40.000 euros e cun prazo de elaboración de tres mesesMalia que viña construíndose desde unha década antes, a Xunta tardou ano e medio despois de inaugurar os dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, en xaneiro de 2011, para aprobar en xuño de 2012 o primeiro Plan Estratéxico do complexo, para o período 2012-18. Agora, máis de dous anos despois de rematar a vixencia dun documento que foi elaborado con parágrafos plaxiados, o Goberno galego encarga un novo plan, para o período 2021-27 que \"debe explorar outras medidas non perfectamente deseñadas ou desenvolvidas no período anterior\".O novo plan vén de ser adxudicado en concurso público por 40.000 euros a unha consultora privada que terá tres meses para elaboralo, fronte aos dous anos que tardou a Xunta en facer o plan estratéxico de 2012. Na memoria que xustifica o contrato, a Fundación Cidade da Cultura, a entidade pública a través da que a Xunta controla o complexo, recoñece agora eivas naquel primeiro plan presentado en 2012 sendo conselleiro Jesús Vázquez.\"Existen determinados obxectivos que esixen unha reformulación ou, no seu caso, potenciación das actuacións programadas para obter uns resultados de maior impacto. Son os referidos a visibilidade nacional e internacional do proxecto, así como a diversificación das fontes de financiamento, explorando novas vías de captación de recursos, así como a posibilidade de obter fondos a nivel estatal e europeo\", sinala o documento. Un plan que segundo o actual conselleiro, Román Rodríguez, \"plasmará\" o obxectivo do Goberno galego de arrincar \"unha nova etapa baseada na expansión\" do complexo tras a \"fase de consolidación\" que vén de dar por rematada dez anos despois da súa inauguración.O plan \"plasmará\" o obxectivo da Xunta de comezar \"unha nova etapa baseada na expansión\" da Cidade da Cultura, cuxa construción supuxo xa arredor de 350 millóns de euros e o mantemento anual, sen ter en conta os contidos, outros 7 millónsNo eido do financiamento, e tras gastar nas obras de construción do complexo arredor de 350 millóns de euros desde o seu comezo hai agora dúas décadas, o seu mantemento ordinario, sen ter en conta as actividades culturais que se organizan, supón uns 7 millóns de euros ao ano, repartidos en 6 millóns para o mantemento, fundamentalmente a través de contratos externos con empresas de servizos, e un millón en soldos do persoal propio da Fundación Cidade da Cultura, que supón unha moi pequena parte das persoas que acolle a diario un complexo no que traballan varios centos de persoas de diversos departamentos da Xunta e de empresas privadas con espazos alí alugados. Canto á actividade cultural, o groso dela é pagado tamén con cartos públicos mentres que un millón de euros ao ano sae do minguante fondo creado en 2008 a medias pola Xunta e empresas privadas patrocinadoras e no que xa só quedan 8 millóns.O documento co que a Cidade da Cultura encarga o novo plan fai balance do anterior con indicadores que impiden comprobar o cumprimento ou non de boa parte dos obxectivos establecidos en 2012Por outra banda, a documentación feita pública pola Fundación Cidade da Cultura para encargar a elaboración do novo plan estratéxico lembra os obxectivos e medidas concretas que se estableceron no documento de 2012, pero os indicadores de supervisión elixidos impiden comprobar o cumprimento ou non de boa parte dos obxectivos establecidos daquela. Así por exemplo, se un dos obxectivos establecidos naquel primeiro plan estratéxico era o de poñer en marcha novos programas de visitas ao complexo coa expectativa de que en 2015 se chegase e 500.000 visitantes, o documento remítese á memoria das contas anuais da Fundación Cidade da Cultura en 2017 -xa é pública a memoria de 2019- para cifrar en 743.354 as visitas nese ano, cifra na que a entidade vén incluíndo todos os anos os desprazamentos diarios do persoal que traballa no complexo tanto en oficinas da administración como de empresas privadas alí instaladas.Noutro punto o documento lembra que se prevía que en 2015 se celebrasen 365 \"actividades culturais\" distintas e sinala que como indicador que en 2018 houbo 156 \"eventos culturais\" con 171.653 asistentes. Ou que se prevían para 2015 200.000 \"usuarios dos programas en liña\" dentro da divulgación dixital do complexo mentres que o indicador empregado para a comprobación dese obxectivo sinala que en 2018 houbo 297.523 \"accesos\" á páxina web da Cidade da Cultura.Aquel primeiro plan estratéxico baseaba as medidas que propuña nunha análise das industrias culturais que contiña numerosos parágrafos plaxiados de diversas fontes copiadas textualmente sen citalas, segundo revelou El País."}
{"ID": "NOS_21363", "summary": "Relevará á primeira ministra de Suecia, Magdalena Andersson, e non terá que deixar o seu posto no Goberno español.", "text": "A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno español, a coruñesa Nadia Calviño, foi seleccionada como presidenta do Comité Monetario e Financeiro Internacional (IMFC, nas súas siglas en inglés), o órgano reitor das políticas do Fondo Monetario Internacional (FMI). Relevará á primeira ministra de Suecia, Magdalena Andersson, que renunciou ao cargo ao que accedeu o 18 de xaneiro de 2021, sendo a primeira muller en presidilo, segundo informou o comité nun comunicado. Calviño, que estará por un período de dous anos como presidenta do IMFC, poderá compatibilizar este labor coas súas funcións de vicepresidenta económica no Estado español. A número 'dous' do Executivo español recibiu o apoio dos ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea (Ecofin) para este cargo. Trátase dun comité que xoga un papel \"chave de orientación estratéxica\" nas políticas do FMI, segundo indica o propio organismo, ao asesorar e informar á Xunta de Goberno sobre a supervisión e xestión do sistema monetario e financeiro internacional, incluídas as respostas ao desenvolvemento de acontecementos que poidan perturbar o sistema. Conta con 24 membros cuxa designación reflicte o tamaño e composición do directorio executivo e o seu presidente asume xeralmente un mandato de tres anos. Outra fronte aberta para Calviño Este nomeamento fecha un ano \"movido\" para a vicepresidenta, pois á súa cuestionábel defensa da marcha da economía a nivel estatal -\"Todos os indicadores confirman que a recuperación xa está en marcha\", tal e como sinalaba a finais de setembro-, engadiu a súa firme defensa do castelán sobre as linguas cooficiais na Lei Audiovisual -\"O castelán é a lingua que permite un papel poderoso\"-."}
{"ID": "NOS_26688", "summary": "Adega denuncia que a empresa que quer explotar a mina de San Fins (Lousame), solicitou permiso para verter esas augas, previo tratamento, a un rego que vai dar a esa ría.", "text": "A mineira Tungsten San Finx SL, do grupo Sacyr, solicitou a Augas de Galiza permiso para verter, previo tratamento, por volta dun millón de metros cúbricos de augas residuais mineiras (procedentes das galerías anegadas e escorrentías das entulleiras) ao rego de San Fins, en Lousame. Denuncia Adega que estas augas, con elevada acidez e contidos de metais pesados, son un importante risco. Ese rego vai dar ao Vilacoba, que acaba na Ría de Noia. \"Malia a que a empresa insiste en que as augas residuais que pretende verter cumprirán cos límites legais de contaminantes, as analíticas que manexa Augas de Galiza (e que figuran na documentación do proxecto) din o contrario\", sosteñen desde a organización ambientalista. Así, afirman que mesmo a quilómetro e medio augas abaixo da mina os níveis de cadmio, Cobre e cinc disoltos sobardan os límtes máximos fixados nas Normas de Calidade Ambiental (NCA) do RD 817/2015. O punto de vertido final levará estas augas até a vella balsa mineira actualmente ateigada de sedimento e con risco de derrubamento. Nos anos 50 do pasado século, a vella balsa que aínda existe na actualidade e ameaza con derrubarse en calquera intre, crebou esterilizando a vida río abaixo case até a vila de Noia. Adega reclama da administración hidráulica galega a denegación da solicitude de Tungsten San Finx SL para facer ese vertido. \"Por moitas medidas de contención que se poñan, o risco dun accidente nunca será cero. Tendo en conta os precedentes históricos, cando hai 60 anos a vella balsa que aínda acumula milleiros de toneladas de lodos tóxicos crebou arrasando todo río abaixo, este risco nunca poderá compensar os supostos beneficios que a mina deixaría na comarca. Canto vale para a Xunta a seguranza e a saúde de toda unha ría?\""}
{"ID": "NOS_48209", "summary": "A veciñanza oponse a un proxecto que supón un risco para a saúde e medioambiente e que afectaría a núcleos de poboación de Teo, Ames, Santiago e Padrón.", "text": "Máis de 2.000 persoas, segundo a organización, participaron este domingo nunha andaina reivindicativa contra a instalación na canteira de Casalonga (Teo) dunha planta de residuos que recibirá anualmente 90.000 toneladas de diferentes refugallos, desde lodos de depuradoras e conserveiras a puríns ou residuos de industrias agroalimentarias,. O roteiro reivindicativo parteu de sete puntos diferentes para as persoas participantes confluír na Carballeira de Casaio, desde onse se iniciou unha marcha até a canteira. A veciñanza alerta do impacto desta planta para a saúde e para o medio ambiente, non só deste lugar, senón de varios concellos, de aí que pidan á Xunta que non autorice o proxecto. Así, lembran que a só 400 metros de onde se pensa instalar a planta hai un núcleo de poboación; e nun radio de 2 quilómetros viven por volta de 4.000 persoas. A planta ocuparía unha superficie de 145.000 metros cadrados e contaría cunha balsa de 7.000 metros cúbicos de capacidade para almacenar os residuos, dous gasómetros para 1.000 metros cúbicos cada un, un espazo para o lavado diario dun mínimo de 40 camións que transportarían os residuos orgánicos e lodos á planta ou unha nave de recepción de residuos duns 2.000 metros cadrados. Este proxecto impulsado polo grupo Toysal ten como obxectivo a posta en funcionamento na antiga canteira de Camilo Carballal dunha instalación de tratamento e reciclado de residuos composta por unha planta de biogás agroindustrial e unha de procesado de digestatos e produción de fertilizantes. Xa hai constituída unha plataforma, Casalonga limpa de residuos, que está a aglutinar a oposición a esta planta. O pleno de concellos como o de Teo aprobaron por unanimidade rexeitar o proxecto. \"A instalación desta planta tería afectacións sobre a saúde, a calidade das augas de pozos, mananciais e regos ou os olores. O cheiro vai ser pestilente varios quilómetros á redonda e é obvio que todos estes residuos van atraer gaivotas, ratas, insectos e a posibilidade de enfermidades, segundo contrastada información\". Alén disto, \"foron as últimas modificacións na Lei do Solo no ano 2016 as que permiten que proxectos deste tipo poidan optar a situarse en solos tan achegados a núcleos de poboación\", apontan desde a plataforma."}
{"ID": "NOS_30050", "summary": "Análise para 'Nós Diario' de Martin Pawley, divulgador científico e membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.", "text": "O 1 de agosto o concello de Zaragoza anunciou que rebaixaba 20 minutos o tempo de acendido da iluminación pública, que se suman a outros 20 xa recortados na primavera. A intención expresa é conter o crecente gasto enerxético: segundo di a nota oficial, o consistorio pagou 7,2 millóns de euros pola luz en 2020, 10 millóns en 2021 e poderían chegar a 19 millóns no ano en curso. Poucas horas despois o goberno do estado presentaba o Real Decreto-lei 14/2022, que inclúe diversas medidas de aforro e eficiencia enerxética e de redución da dependencia do gas natural, froito do complicado contexto internacional que se deriva da invasión de Ucraína por Rusia. Entre os artigos da norma foi obxecto de singular debate o 29.4, que exixe o apagado de escaparates a partir das 22 horas así como a luz de edificios públicos \"que se atopen desocupados\". A fraqueza do texto, que ademais non inclúe a iluminación ornamental, non fai prever resultados moi notábeis, mais en calquera caso é mellor isto que nada. Resulta insólito que medidas como estas non estivesen vixentes desde hai décadas De feito, o que resulta insólito é que medidas coma estas non estiveran vixentes desde hai décadas e que até agora non se contemplase como unha aberración deixar prendidas luces en estancias públicas (aulas, oficinas, despachos) que non están en uso. E o mesmo vale para impoñer un control aos escaparates, contra o cal non vale escudarse na liberdade de cadaquén para tirar os cartos como mellor lle pete, posto que esa iluminación privada interfire coa planificación -suponse que rigorosa- da iluminación pública e crea zonas sobreiluminadas ou descompensacións entre rúas que poden afectar gravemente a seguridade. Para alén diso, toda a luz artificial contamina. Non \"o exceso de luz\", senón \"toda a luz\", o cal non quere dicir que debamos facer desaparecer a luz artificial das nosas vidas, senón entender que, como axente contaminante que é, cómpre manexalo con extrema cautela para iluminar do xeito máis homoxéneo posíbel só as zonas que se precisan, cando se necesita e coa mínima cantidade que permita unha boa visión. Contaminación luminosa Non toca hoxe falarmos de contaminación luminosa, do seu gravísimo impacto ambiental, dos seus efectos na saúde e da maneira en que arrasa cun milenario patrimonio inmaterial, cultural e científico. A estas alturas dou por suposto que calquera persoa interesada e, en particular, calquera cargo público que non sexa moi insensato debe estar ao tanto de que esta polución existe e de cales son as súas consecuencias. Debe estalo porque, entre outras cousas, hai mandatos e recomendacións internacionais de alto nivel ao respecto que non deixan lugar á dúbida. Que populares líderes do Estado practiquen a imprudencia temeraria arredor destes e doutros temas non os exime de cumprir as leis presentes nin, máis importante aínda, do deber moral de adiantarse ás normas futuras en favor da protección do noso planeta e os seres que o habitan (incluídas as persoas, mais non unicamente elas). A seguridade e os farois Xa escoitamos estes días necidades sobre a \"tristeza\" e \"inseguridade\" que provoca o Ministerio, e isto último é particularmente noxento porque, como ben explican as expertas en seguridade con perspectiva de xénero -escoiten, por exemplo, a Anna Almécija-, a seguridade non a producen maxicamente os farois, senón as políticas perspicaces que fomentan a creación de comunidade e un uso saudábel dos espazos comúns. A caverna político-mediática española falará moito de luz e seguridade para darlle paus a Teresa Ribera, mais será apenas un enésimo exercicio de populismo anticientífico. Cabe desexar que en setembro cheguen medidas máis ambiciosas que impoñan unha redución intelixente da iluminación pública O real decreto non loita especificamente contra a contaminación luminosa, mais todo o que cae na rede é peixe. E cabe desexar que en setembro cheguen medidas máis ambiciosas que impoñan unha redución intelixente da iluminación pública para que, sen prexudicar o máis mínimo a cidadanía, haxa aforros medíbeis da contaminación. Ou que acouten a aldraxante iluminación ornamental que duns anos para acó tingue de fucsia igrexas e monumentos civís nun atentado non só ambiental senón tamén estético. Que limiten as malas prácticas da inmensa maioría de concellos galegos, sexa cal for a súa cor política, porque nisto non hai ninguén libre de pecado. Se tal acontece, será unha boa nova para o planeta e para nós. Poderemos redescubrir a paisaxe natural da noite, a do ceo e a da terra, e comprenderemos que, como escribe Manuel Rivas en O que fica fóra, \"Pobre, pobre / é non ter / escuridade ningunha\"."}
{"ID": "NOS_19309", "summary": "As escuadras galegas na Primeira e Segunda queren prorrogar os bos resultados da anterior xornada. Así, celestes e albivermellos aspiran a dar a sorpresa ante dous 'xigantes' como Sevilla e Girona, respectivamente. Na Primeira RFEF, pola súa banda, Dépor, Rácing e Celta B loitarán por manterse na zona nobre.", "text": "O fútbol non dá tregua, e o sempre comprimido calendario obriga a que Celta e Lugo, sen apenas descanso logo dos seus esixentes compromisos intersemanais nos que superaron dous rivais de nivel como Osasuna e Almería, respectivamente, volvan entrar en acción tan cedo como esta mesma fin de semana. O conxunto celeste afronta un desafío de gran magnitude, pois visita a casa do Sevilla (hoxe, 18.30 horas), segundo clasificado do campionato e o único que parece ser quen de seguir -aínda que de lonxe- o ritmo que está imprimindo o intratábel Real Madrid. Este choque, xa de por si complicado, chega cos hispalenses enrabietados logo de deixarse dous puntos ante o Valencia e da polémica no derbi andaluz ante o Betis nunha Copa da que foron eliminados tras perder tras o descanso dun partido inicialmente suspendido despois de que Jordán recibise o impacto dun obxecto lanzado desde as bancadas verdibrancas. Outro dato que xoga en contra das aspiracións do Celta é a historia, pois tan só foi quen de gañar en 10 das súas 58 visitas ao Sánchez Pizjuán, a última delas na tempada 2015/16 (1-2 con tantos de Nolito e Daniel Wass). Non obstante, e como di un Aspas que defendeu a camiseta do Sevilla hai sete anos, \"o equipo merece máis puntos dos que ten\", e con ese optimismo por bandeira agarda \"volver á casa cos tres puntos\". O 'mataxigantes' de Segunda, a polo Girona Empates con Eibar e Tenerife, vitoria ante o líder Almería... o Club Deportivo Lugo, ademais de 'rei do empate', estase facendo acredor do título de 'mataxigantes' da Segunda División, e o seu novo reto é un Girona (mañá, 18.15 horas) que fecha os postos de play-off de ascenso con 37 puntos e ao que xa superou na primeira volta (1-0). Aquel partido decidiuno un solitario tanto de Manu Barreiro no minuto 86, un home que precisamente foi o autor do gol que lle deu os tres puntos aos albivermellos contra o Almería. Nesta ocasión o Lugo non terá o seu favor o sempre importante factor campo, e tal e como destacou o rival Samu Saiz, agardan resarcirse da derrota nun encontro que, pensa, mereceron \"polo menos empatar\". Obxectivo na Primeira RFEF: copar a cabeza Na terceira división do fútbol estatal, coñecida como Primeira RFEF, a Galiza conta con tres representantes que están loitando por copar a cabeza da táboa. Así, o indiscutíbel líder, o Deportivo da Coruña, tratará de aumentar a súa vantaxe de seis puntos sobre o segundo clasificado a costa dun Dux Internacional de Madrid (mañá, 12 horas) que conta coa vantaxe de recibir os futbolistas herculinos nun terreo de xogo de céspede artificial, superficie coa que non están demasiado familiarizados os visitantes. De todos modos, e tal e como salientou o capitán, Álex Bergantiños, o que importa é \"adaptarse e plasmar a idea de xogo propia, independentemente dos condicionantes do bote ou a distancia do balón\". Con respecto ao cuarto clasificado, o Rácing de Ferrol, os Diaños Verdes reciben na Malata (mañá, 17 horas) un rival directo na loita por facerse cun posto na promoción, unha Unión Deportiva Logroñés que axexa a tan só un punto de distancia dos ferroláns. A intención dos departamentais é aproveitarse dun conxunto ferido que vén de sumar unicamente un punto nos seus últimos catro encontros. Un equipo que terá posto un ollo neste encontro será o Celta B, que chega á xornada empatado co Logroñés (hoxe, 17 horas) e coa firme intención de asaltar os postos de play-off á custa dunha UD San Sebastián que -sinal da igualdade que impera na categoría- tamén suma 28 puntos logo de 18 partidos disputados."}
{"ID": "NOS_10311", "summary": "A compañía de seguros Zurich vén de presentar un recurso contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo que condena o Sergas a aboar 273.139,82 euros a unha paciente que derivou a Madrid a abortar un feto inviábel na semana 32 de xestación. Paula (nome ficticio), cuxa vida correu un grave risco, sufriu a perda do útero.", "text": "Segundo puido saber Sermos Galiza, a aseguradora do Sergas, a compañía Zurich, recorreu a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo que condena a Consellaría de Sanidade a pagar 273.139,82 euros por arriscar a vida dunha paciente que derivou a Madrid a abortar. O Sergas, no seu papel de cliente da compañía, puido presionar Zurich para non presentar recurso ningún contra o fallo A avogada da afectada, Francisca Fernández Guillén, explica, en declaracións a Sermos Galiza, que a aseguradora considera excesiva a indemnización e pon de manifesto que a Consellaría de Sanidade, no seu papel de cliente da compañía, puido presionar Zurich para non presentar recurso ningún contra o fallo. \"Imos opoñernos e defender a validez da sentenza\", afirma a letrada, que advirte de que o recurso foi presentado \"in extremis\". \"Paréceme ridículo que a aseguradora queira pagar uns 100.000 euros malia o dano moral que padeceu esta muller de 32 anos, que sufriu a perda do útero, viu nacer viva a súa filla e sentiu o terror de verse morta\", salienta Francisca Fdez. Guillén. \"O dano psicolóxico é moi acusado\", insiste. Neste sentido, expón que a aseguradora pretende que se aplique o baremo de tráfico, que contempla uns criterios de dano corporal. \"É máis axustado a dereito que a indemnización se basee noutros casos semellantes, tal e como entendeu a súa señoría\", engade. Aliás, en caso de accidente, di a avogada, as aseguradoras ofrecen a indemnización e non existe un calvario procesual. Porén, no caso de Paula, non se facilitaron os trámites. Francisca Fdez. Guillén lembra que a causa que provocou esta sentenza foi directa, \"a actuación do Sergas provocou este resultado e de actuar correctamente non asistiriamos a este drama\". \"Ocultóuselle á paciente de maneira reiterada o diagnóstico e iso é unha neglixencia moi grave que vai alén da obxección de conciencia\", conclúe a letrada. Na sentenza, á que tivo acceso Sermos Galiza, o xuíz amósase contundente cando advirte de que \"a neglixencia médica está pois en todas as partes\", desde no atraso á hora de autorizar o aborto ao feito de derivar a paciente a Madrid. \"Inaceptábel obsérvese desde onde se observe\". Os feitos A prolongación innecesaria do embarazo de Paula ten relación co deficiente diagnóstico prenatal por parte do servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Hospital da Costa de Burela, un centro sobre o que pesan numerosas sospeitas a respeito da práctica dos abortos. De feito, o hospital ocultoulle a unha muller brasileira información sobre as graves malformacións que sufría o seu feto até o punto de que tivo o seu fillo e de que se viu nunhas dificultades gravísimas para o sacar adiante. Non foi até a semana 32 cando o comité clínico aprobou a interrupción voluntaria do embarazo e, posteriormente, a paciente foi derivada á clínica madrileña Isadora. Dada a hemorraxia vaxinal que sufriu Paula, tivo que ser levada ao Hospital La Paz, onde se lle practicou unha histerectomía total. A nena, de sete meses e medio, naceu con vida, cun gravísimo problema mental e con discapacidade física e faleceu á hora e media de nacer. Desde o hospital de Burela non se remitiu nin se lle facilitou á afectada a información necesaria para intervención que se lle ía practicar En ningún dos hospitais madrileños coñecían os antecedentes do embarazo porque desde o hospital de Burela non se remitiu nin se lle facilitou á afectada a información necesaria para intervención que se lle ía practicar. De feito, a clínica Isadora tivo que chamar telefonicamente o Sergas e o citado hospital antes de resolver o traslado da muller a La Paz."}
{"ID": "PRAZA_4832", "summary": "\"Pasados incómodos\" era o título do ciclo de conferencias no que se insería unha das ponencias que ía impartir o maxistrado expulsado da carreira xudicial Baltasar Garzón. Non cabe dúbida que máis dun se sentiu incomodado pola presenza na sala dun grupo de persoas que lle lembraron o seu pasado ao palestrante.", "text": "\"Pasados incómodos\" era o título do ciclo de conferencias no que se insería unha das ponencias que ía impartir o maxistrado expulsado da carreira xudicial Baltasar Garzón. Non cabe dúbida que máis dun se sentiu incomodado pola presenza na sala dun grupo de persoas que lle lembraron o seu pasado ao palestrante. Días atrás a militancia da organización xuvenil independentista Isca! difundía na Universidade cartelería e follas voandeiras repudiando a presenza de Garzón na USC. Sumáronse a esa denuncia varias organizacións da esquerda soberanista con comunicados nos días previos aos actos previstos nas facultades de Ciencias da Educación e de Historia, que non se puideron desenvolver por mor do boicote realizado polo estudantado. Os motivos polos que rexeitar a presenza de Garzón nun acto sobre dereitos humanos organizado por unha universidade pública son abondo consistentes e xa foron expostos polas organizacións que desenvolveron esa campaña de axitación e denuncia. Aínda lembro o relato de Martxelo Otamendi hai uns anos, noutro centro da USC, a Facultade de Ciencias da Comunicación, detallando as torturas que sufrira no cárcere agardando a ser xulgado como director do xornal vasco Egunkaria. Ese xornal que, seguindo o camiño iniciado para o diario Egin por Garzón, hoxe defensor dos dereitos humanos, foi pechado cautelarmente sen indicios probatorios suficientes. Sete anos despois, todas as persoas imputadas saían absoltas. Sete anos de sufrimento e todo un capital social e humano tirado pola borda como resultado dunha intervención propia do apartheid, que tivo a súa continuación na persecución de movementos sociais e organizacións políticas de signo independentista cando Garzón facía parte da Audiencia Nacional, ese organismo de excepción herdeiro do Tribunal de Orde Pública do Franquismo. A pretendida defensa dos dereitos humanos deste señor non lle serviu tampouco no seu día para gardar as garantías requeridas para a seguridade persoal e a integridade física das persoas detidas durante unha instrución; nin sequera corroborada por informes forenses que evidenciaban casos de tortura e que omitiu investigar cando era a súa responsabilidade directa facelo. Feitos polos que foi condeado o Estado Español polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (\"Operación Garzón\" durante os Xogos Olímpicos de Barcelona). Podiamos tamén falar de varias das súas actuacións xudiciais, faltando á observancia dos dereitos das persoas inculpadas, que facilitaron xustamente a súa exculpación Podiamos tamén falar de varias das súas actuacións xudiciais, faltando á observancia dos dereitos das persoas inculpadas, que facilitaron xustamente a súa exculpación en moitos casos malia a súa evidente implicación; motivo polo que foi expulsado da carreira xudicial. Pero imos falar da súa incursión na denuncia dos crimes da Ditadura Franquista, que era o motivo polo que foi traído á USC. A reivindicación da recuperación da memoria histórica –o triplo lema \"verdade, xustiza, reparación\" – acumula na historia recente sucesivas frustracións polo paso de gobernos de diferente signo que ben non aplicaron medidas nese sentido ou ben estas foron insuficientes ou meras declaracións de intencións. Mais esta realidade adversa non debe distraernos da peza clave na solución á inxustiza sobre os crimes do Franquismo, que non é outra que a vía política e pasa pola derrogación da Lei de Amnistía. Somos a cidadanía consciente quen nos temos que facer responsábeis de mudar a situación, non podemos agardar á chegada dun mesías xudicial que refaga por riba das súas atribucións o que debemos transformar nós coas nosas mans. Ás veces reflexiono se a apariencia xudicial ou de legalidade da persecución emprendida polo Franquismo tivo algo que ver na relevancia que se lle confire ao estamento xudicial na solución desa inxustiza. Probabelmente teña algo que ver. Cómpre loitar contra os pasados incómodos, pero tamén evitar os presentes acomodaticios Cómpre loitar contra os pasados incómodos, pero tamén evitar os presentes acomodaticios, inmobilistas e contemporizadores con determinadas traxectorias; xustamente para desenmascarar a quen pretenden pescar no río da confusión ou da desesperanza. Unha loita social desenvolvida de maneira anónima e desinteresada por moita xente durante moitos anos –antes de que xerara titulares de prensa– non merece ser devorada pola ambición de notoriedade duns poucos que pretenden converter esa loita nun negocio ou nunha plataforma de lanzamento para outras contendas. Garzón non representa a loita pola recuperación da memoria histórica. Si, en cambio, o oportunismo de saberse introducir nese debate cando acada relevancia mediática para poñer en valor a súa persoa, non a inxustiza sufrida durante anos por vitimas do Franquismo. Por que, senón, montou o teatro da adopción de medidas urxentes e a busca e captura de Franco cando había destacados cargos da ditadura aínda vivos naquel entón e con implicación en sucesos luctuosos, como o propio Fraga Iribarne? Non sería máis útil que, desde a súa función de maxistrado, traballara en xerar doutriña favorábel á derrogación da Lei de Amnistía? Non podemos deixar de facer notar a reacción que desde determinados sectores tivo o boicote levado a cabo polo estudantado da USC. Sorprende que coincidan en argumentos descualificatorios contra as manifestantes medios de ultradereita como o ABC e boa parte da progresía deste País, cualificando de 'extremistas', 'violentas' ou veladamente de terroristas ás boicotadoras. Esta reacción ten certa carga de profundidade, quizabes non advertida a simple vista; porque o que se visualizou nas aulas da USC non foi máis que un conflito xeracional e mesmo con certa tinguidura de clase: unha mocidade que non tolera a explotación laboral, a emigración, o patriarcado, a privatización e elitización da Universidade e o denuncia todos os días; tamén denuncia a presenza dun promotor de torturas como Garzón nun espazo público e non permite que se desenvolva con normalidade. De fronte, unha elite que tiña previsto 'darse un baño' de dereitos humanos, que de vez en cando non senta mal, mentres permanece calada, equidistante ou compracente no día a día. E as primeiras estanlles a dicir ás segundas que non lles permitirán que as dirixan porque o que pretenden é transformar a realidade. Ese mesmo conflito é parte da historia do movemento estudantil na Galiza e tense manifestado no tempo en varias ocasións. Na miña época de estudante, na que facía parte dos CAF, molestábame bastante ter que aturar as leccións que algúns profesores da Universidade nos pretendían dar –previa lembranza dos tempos cando corrían diante dos grises ou aludindo á súa condición de exCAF ou exERGA–, mentres condeaban as nosas protestas ou miraban para outro lado cando a USC nos criminalizaba ou nos denunciaba, con procedementos dignos do Franquismo. Eles eran xa parte da institución, do sistema, e nós queríamos cambialo. Só loitando contra os presentes acomodaticios construiremos un futuro sen pasados incómodos. O Franquismo perseguía tamén 'extremistas', 'violentos', 'axitadores', 'marxistas'… estes cualificativos eran suficientes para inculpar a militantes da esquerda e do movemento operario despois do golpe de Estado do 36. Mentres, algunhas elites acomodaticias que se perpetuaran en diferentes réximes renegaban da súa eventual pertenza a partidos republicanos de esquerda para seguiren mantendo a súa posición. Os extremistas xa morreran nas cunetas, asasinados pola xente 'de orde'. É que a chamada 'memoria histórica' é a memoria dos extremistas, das vítimas que loitaron por un mundo mellor, perténcelle ás persoas que loitan. E as persoas que loitan, que teñen memoria, non se resisten a aceptar torturadores de hoxe e aquí dando leccións de dereitos humanos e democracia sobre o que ocorreu onte ou a miles de quilómetros, como se ten feito hai uns anos en resposta a unha homenaxe a Fraga en Filosofía, ou como faciamos os CAF cando a USC colaba como 'xornadas de orientación laboral' palestras de promoción das Forzas Armadas. Só loitando contra os presentes acomodaticios construiremos un futuro sen pasados incómodos."}
{"ID": "NOS_51385", "summary": "\"As medidas adoptadas polos nosos gobernantes non son acordes a ciencia, senón a outros intereses nos que non imos entrar\", lamentan desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo, un municipio que fica no nivel medio de restricións malia liderar a incidencia no Salnés. Aliás, cómpre lembrar que a Xunta non computa os contaxios de turistas.", "text": "A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo fai este domingo un \"chamamento á responsabilidade individual e aos órganos de goberno municipal e galego\", por mor do \"brutal incremento de casos da Covid-19\" rexistrado nas últimas xornadas neste concello e os seus arredores. \"Os médicos de familia están atendendo unha media de 90 pacientes por xornada, e o Punto de Atención Continuada (PAC) vese desbordado, xa que só existe un facultativo para atender, por quenda, arredor de cen pacientes\", afirman, nun comunicado difundido aos medios. Salientan, así mesmo, que os seguimentos de positivos e probas de cribado fanse no centro de saúde de Baltar, polo que o persoal \"debe cumprir quendas de 14 horas un día tras outro\". \"Levamos 14 meses de loita, con pequenos remansos entre vaga e vaga nos que o persoal (administrativos, persoal de limpeza, enfermeiras, médicos, etc.) tratan de devolver a normalidade ao servizo sanitario público, mais cada vez con menos persoal e maiores requirimentos e sacrificios\", engaden. A este respecto, lamentan atopar pola rúa persoas que os propios sanitarios positivaron da Covid, \"vendo como as aglomeracións son fomentadas desde o propio goberno municipal\". Sanxenxo, co lecer nocturno aberto pese a liderar a incidencia Tal e como xa informou este xornal, o concello de Sanxenxo fica no nivel medio de restricións —que permite á hostalaría atender no interior e a apertura do lecer nocturno— malia contar cunha incidencia acumulada a 14 días maior que A Illa de Arousa, Vilagarcía ou Vilanova, que, pola contra, si están no nivel alto. Cómpre salientar, así mesmo, que a Xunta non contabiliza nun municipio os positivos de persoas non residentes, polo que a incidencia en Sanxenxo podería ser aínda maior debido ao turismo. \"As medidas adoptadas polos nosos gobernantes non son acordes a ciencia, senón a outros intereses nos que non imos entrar\", censuran, e engaden que o requirimento do certificado de vacinación, unha PCR ou unha proba de antíxenos para acceder ao lecer nocturno é \"un pasaporte ao libre contaxio\", xa que \"os test de antíxenos ou de saliva só serven cando as persoas xa teñen síntomas, polo que unha persoa pode estar contaxiada e dar negativo\". Aliás, \"unha persoa vacinada cun sistema inmunolóxico debilitado ou de idade avanzada pode sufrir secuelas que lle van complicar o seu estado de saúde e incluso a súa supervivencia\" se contrae a enfermidade, algo posíbel aínda coa pauta completa do fármaco."}
{"ID": "NOS_15743", "summary": "A coordinadora nacional de Anova reunirase este domingo, onde terá coñecemento das opinións sobre alianzas electorais das súas asembleas comarcais", "text": "O voceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras, vén de avogar nunha comparecencia pública por conformar unha alianza estratéxica fronte ao PP de cara ás eleccións do 21O, apelando neste sentido ao BNG, Compromiso por Galicia e IU. A proposta de Beiras prodúcese horas despois de que CxG tendese a man a Anova para conformar unha alianza electoral en que o candidato á Xunta sería elexido en primarias abertas á cidadanía. \"A proposta de Anova está aberta a todas as redes de movementos sociais, a organizacións e grupos políticos organizados, desde Compromiso por Galicia até Esquerda Unida, incluíndo o propio BNG, non temos reparos\", sinalou Beiras, aínda que recoñeceu que con esta última formación non tivera contactos. Porén, para Beiras o máis importante agora é erguer unha alternativa \"todos contra o PP\". Asembleas Desde esta quinta e até o sábado 1 de semtebro, as asembleas comarcais de Anova debatirá e tomarán unha decisión sobre o formato con que concurrirán á cita coas urnas, quer en solitario, quer conformando unha alianza máis ampla. Neste sentido, sobre a mesa non está só a posibilidade de ir con CxG, senón tamén con IU, coa cal unha parte de Anova (a FPG) xa tivo contactos. Para Beiras, as eleccións do 21 de outubro non se van desenvolver nun \"escenario normal\" pois estamos, afirma, nunha situación de \"emerxencia nacional\"."}
{"ID": "PRAZA_18505", "summary": "O ex-presidente Touriño e a ministra de Traballo arroupan o líder do PSdeG como candidato á presidencia nas vindeiras eleccións, que segundo Caballero poden ser convocadas por Feijóo \"cando queira\" porque \"o seu tempo está a chegar á súa fin\" ENTREVISTA | Gonzalo Caballero: \"Na Galicia real, máis alá do marketing, Feijóo é un rei espido\"", "text": "ENTREVISTA | Gonzalo Caballero: \"Na Galicia real, máis alá do marketing, Feijóo é un rei espido\" Gonzalo Caballero foi proclamado oficialmente este domingo como candidato do PSdeG á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. O secretario xeral advertiu a Feijóo que pode convocar estes comicios \"cando queira\" porque os socialistas galegos están \"preparados para asumir o cambio\". Caballero reivindicouse e reivindicou o seu partido nun acto en Compostela no que estivo arroupado polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e pola ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, entre outros cargos. O líder do PSdeG dixo estar \"convencido\" de que a súa formación é \"a mellor casa\" que Galicia pode ter \"para construír unha sociedade máis xusta e próspera\" porque, aclarou, \"Galicia merece un cambio\". Acto de proclamación de Gonzalo Caballero como candidato do PSdeG á Xunta / CC BY-SA-NC PSdeG Caballero reta o PP a convocar eleccións \"cando queira\": \"O tempo de Feijóo está a chegar á súa fin\" \"O tempo de Feijóo está a chegar á súa fin\", engadiu Caballero, tras asegurar confiado oque, no caso de que hoxe se celebrasen eleccións, \"non habería maiorías e Feijóo non sería presidente\". Ademais, a ministra de Traballo advertiu a Caballero que \"ten todas as bases sentadas para ser o próximo presidente\" da Xunta. \"Quero vir á túa toma de posesión, en todo caso como compañeira e amiga. Pero se é como ministra, mellor\", rematou."}
{"ID": "NOS_32741", "summary": "Áhora de facer un disco, moitos músicos buscan deseñar unha proposta única cun son propio que dote de identidade as cancións que o compoñen.", "text": "Porén, o máis habitual para a maior parte da música é que se adscriba a un xénero xa existente, no caso do primeiro disco de The Manueles, o surf rock. The Manueles / The Manueles / Sweet Grove Records / 2020 / Oito pezas / 6 euros The Manueles é un proxecto que naceu da man do guitarrista de jazz Virxilio da Silva, xunto ao baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos, co que aseguran procurar repasar o legado que deixou a inspiración do fundador do surf rock Manuel Freitas, na costa Californiana dos últimos 50 anos. Freitas, emigrante de Beluso en California, tería creado o grupo xerme do estilo, The Black Rinchas, sen chegar a gravar nunca un disco. A pesar do seu nulo legado discográfico, consideran que a súa lenda inspirou grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale e mesmo o pioneiro da guitarra eléctrica, Link Wray. No seu primeiro disco, de título homónimo, podemos escoitar a guitarra de Virxilio da Silva cun son moi diferente ao que estamos afeitos, cun ton máis sucio e cuberto en reverberación, acompañada por unha produción de corte lo-fi ao longo de oito cancións cun son perfecto para os días de verán. A música deste álbum non busca ser orixinal, se non dar continuidade ao legado de Manuel Freitas, e faino con melodías pegadizas e ritmos bailábeis. \"Surf Sumerio\", a canción que abre o disco, podería soar perfectamente nunha película de Quentin Tarantino, mentres que outras pistas como \"Chamábanlle Miguel A. Granero\" parecen saídas dun spaghetti western italiano dos anos 60 grazas ao seu ritmo que mesmo evoca o trote dos cabalos. Noutras cancións do álbum, como \"Ramira my Dear\", The Manueles apostan nun son máis tranquilo e pausado, mentres que aínda se permiten subir as revolucións unha marcha máis en cortes como \"Pearl Ghalpón\", cargado con riffs de guitarras máis enérxicos. The Manueles non buscan reinventar nada, todo o que se escoita neste debut encaixa no que xa estamos afeitos a oír nun disco de surf rock. Porén, non por iso é menos desfrutábel. Trátase en boa medida de música feita por un grupo de amigos que o pasan ben tocando xuntos e, cando isto acontece, o resultado acostuma a ser música divertido para o oínte. Ademais, este debut de The Manueles consegue algo moi importante nunha proposta coma esta, manter un son senlleiro en todo momento. Ao homenaxear toda esta música característica das décadas dos anos 60 e 70, a banda galega non realizou unha copia de plástico deste estilo, senón un traballo de surf rock completamente xenuíno."}
{"ID": "NOS_8124", "summary": "Policiais são principais suspeitos do assassinato da vereadora Marielle Franco ao confirmar-se que as balas utilizadas pertenciam aos agentes de segurança.", "text": "O resultado das investigações sobre o assassinato da vereadora de Rio de Janeiro, Marielle Franco, e do seu motorista, Anderson Pedro Gomes, na noite da passada quarta feira 14 de março, aponta para uma execução planejada e indica que são balas de 9mm compradas pela Polícia Federal em Brasília em 2006, disparadas por um atirador profissional com uma arma comum da Polícia Militar (PM). Estes dados dão mais força às hipóteses de que se trata de um assassinato político perpetrado por agentes de segurança. A execução da ativista de 38 anos causou comoção dentro e fora do país. Nascida e criada no complexo de favelas da Maré, considerada uma das regiões mais violentas da cidade fluminense, Marielle Franco foi assassinada a tiros junto ao seu motorista, Anderson Pedro Gomes, de 39 anos, no bairro do Estácio, região central do Rio de Janeiro, poucos dias depois de ela ter condenado publicamente a brutalidade militar nessa mesma cidade. Neste contexto, as hipóteses apontam diretamente a um assassinato político. E é que quinze dias antes do crime, o 28 de fevereiro Franco foi nomeada relatora da comissão que acompanhou a Polícia Militar no Rio de Janeiro para vigiar a atuação das tropas encarregadas da intervenção militar. Dias depois, 10 de março, Franco denunciava nas redes sociais a violência policial em Acari, bairro situado na parte norte do Rio de Janeiro, com as seguintes palavras: \"O que está acontecendo agora em Acari é um absurdo! E acontece desde sempre! O 41º batalhão da PM é conhecido como Batalhão da morte. CHEGA de esculachar a população! CHEGA de matarem nossos jovens!\". O que está acontecendo agora em Acari é um absurdo! E acontece desde sempre! O 41° batalhão da PM é conhecido como Batalhão da morte. CHEGA de esculachar a população! CHEGA de matarem nossos jovens! pic.twitter.com/SrSycFE5Sl— Marielle Franco (@mariellefranco) 10 de março de 2018 Após três dias, 13 de março, Marielle escreveu uma nova denúncia nas redes sociais: \"Mais um homicídio de um jovem que pode estar entrando para a conta da PM. Matheus Melo estava saindo da igreja. Quantos mais vão precisar morrer para que essa guerra acabe?\". No dia seguinte, 14 de março, Marielle e seu motorista, Anderson, são executados a tiros no seu carro no centro da cidade. A sua voz era a voz do povo. Uma figura pública que incomodava. Marielle Franco foi uma política revolucionária que se tornou a voz das pessoas desfavorecidas da favela (quase um quarto da população do Rio de Janeiro). Era conhecida e reconhecida por seu trabalho social, por realizar atividades ligadas às causas negras e da mulher, e por ser crítica da intervenção federal no Rio de Janeiro e denunciar abusos da autoridade por parte de policiais contra pessoas moradoras de comunidades carentes. Nascida e criada na comunidade da Maré, na zona norte do Rio de Janeiro, formou-se em Ciências Sociais com bolsa ao 100%. Socióloga, feminista, militante dos direitos humanos e política afiliada ao Partido Socialismo e Liberdade (PSOL), Franco foi eleita vereadora do Rio de Janeiro na eleição municipal de 2016 com mais de 45000 votos, sendo a quinta pessoa mais votada. Especialista em violência policial, Marielle estava em seu primeiro mandato no cargo. Os protestos pela execução da vereadora continuam ocupando as ruas em todo Brasil ao abrigo do lema #MARIELLEPRESENTE. Milhares de pessoas despediram-se de Marielle Franco e Anderson Gomes em manifestações marcadas pela solidariedade, a indignação e a dor para pedir justiça, para denunciar a brutalidade do poder policial, para exigir o fim da intervençao militar no Rio de Janeiro e para acabar com o racismo e o machismo nas instituções. Neste contexto, coletivos e grupos sem fins lucrativos como Redes na Maré (com base na favela onde Franco cresceu), descreveram o assassinato da vereadora como \"uma perda irreparável\". Entre outras muitas pessoas que mostraram sua solidariedade, a deputada federal do Partido Comunista do B-RJ e vice-líder da minoria na Câmara, Jandira Feghali, numa concentração pública perante a Assembleia Legislativa do Estado do Rio de Janeiro (ALERJ) ocorrida o 15 de março, declarava: \"Marielle morreu porque ela sintetizava as três grandes opressões deste país: a opressão de classe, a opressão de gênero e a opressão de raça. Quem matou Marielle? Este crime foi político. E crime político não se responde individualmente, crime político se responde coletivamente. Não podemos esquecer. É luta permanente. É Marielle presente o tempo inteiro. Nós não queremos mais terrorismo!\" . Vïdeo disponíbel aquí. A morte de Marielle não é um caso ilhado. A execução de Marielle Franco agrega uma morte mais que situa o Brasil num país perigoso para ativistas de esquerda e que coloca o foco sobre a sua delicada situação após golpe de 2016. Inestabilidade política e violência extrema que não para de crescer desde o fim dos Jogos Olímpicos (2016) e desde o Impeachment que colocou automaticamente como presidente a Michel Temer e que levou ao Brasil a um preocupante retroceso democrático marcado pelos recortes e por uma austeridade realmente assustadora. Dados mostram uma realidade cruenta desde a chegada de Michel Temer ao poder. Segundo informação tirada de um levantamento feito pelo Congresso em Foco [com base em dados públicos, disponível aqui], desde 2016 no Brasil foram assassinados 36 vereadores e vereadoras. A estes dados soma-se outro comunicado publicado pelo coletivo Advogadas e Advogados pela Democracia (AAD) a 15 de março de 2018, intitulado \"Considerações sobre os últimos acontecimentos no cenário nacional\", em que se denunciam diferentes ataques graves ao Estado Democrático de Direito no Brasil e em que também se recolhe uma listagem com mais de vinte nomes e sobrenomes de pessoas que foram sistematicamente assassinadas desde 2013 até a atualidade. Todas elas pessoas que faziam parte do ativismo político, sendo líderes comunitários, sindicalistas etc. Já Amnistia Internacional denuncia no Informe 2017/2018 o incremento da brutalidade policial no Brasil, bem como o aumento dos homicidios e assassinatos que afetam principalmente pessoas negras. Neste mesmo senso, o estudo feito pelo Atlas de Violência 2017 e lançado pelo IPEA mostra como de cada 100 pessoas assassinadas no Brasil, 71 são negras. Com a finalidade de as palavras da vereadora não serem silenciadas, diferentes coletivos estão disponibilizando diversos estudos, palestras ou atos realizados por Marielle Franco. É o caso da Editora Zouk, que partilhou publicamente um dos últimos textos escritos por Franco, intitulado \"A emergência da vida para superar o anestesiamento social frente à retirada de direitos: o momento pós-golpe pelo olhar de uma feminista, negra e favelada\", difundido aqui, publicado recentemente no livro Tem saída?, o qual reúne um conjunto de reflexões críticas feitas por mulheres sobre a situação do Brasil hoje. Articulam-se assim as primeiras palavras de Marielle Franco para este Tem saída?: \"O impeachment sofrido recentemente pela primeira presidente mulher brasileira foi uma ação autoritária, ainda que tenha se utilizado de todo arcabouço legal como justificativa. De um lado a presidenta, mulher, vista por parcela significativa da população como de esquerda. De outro lado um homem, branco, visto por parcela expressiva como de direita e socialmente orgânico às classes dominantes. A conjuntura brasileira, determinada pelo cenário do golpe, marca-se, para além da correlação de forças políticas, favorável às classes dominantes e seus segmentos mais conservadores. Principalmente por alterações sociais significativas na esfera do poder do Estado e no imaginário. Trata-se de um período histórico no qual se ampliam várias desigualdades, principalmente as determinadas pelas retiradas de direitos e as que são produto da ampliação da discriminação e da criminalização de jovens pobres e das mulheres, sobretudo as negras e pobres. Este é um momento que asfixia o processo de democratização, aberto no fim da ditadura militar, e abre um novo cenário de crise, colocando desafios profundos para as esquerdas.\" Nota: na fotografia inserida no meio do texto aparece Marielle Franco num acto público decorrido o mesmo dia em que foi assassinada."}
{"ID": "NOS_1061", "summary": "A profesora e poeta Lucía Durán Paredes fíxose co Premio de Poesía Filomena Dato grazas ao poemario Cartografía dos nomes. O xurado puxo en valor \"a voz xenuina e a honestidade nun orixinal no que destaca a limpeza e a emoción\".", "text": "A profesora e poeta Lucía Durán Paredes fíxose co II Premio de Poesía Filomena Dato grazas ao seu poemario Cartografía dos nomes. O xurado, composto pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, como presidenta, e as poetas Míriam Ferradáns, Carlos Negro e Antía Otero, valorou do texto \"a súa voz xenuina e a honestidade nun orixinal no que destaca a limpeza e a emoción. A sinxeleza é nel un valor crucial. Quéreselle dar voz a personaxes que moitas veces non a teñen\". A entrega do galardón terá lugar neste mesmo mes de outubro nunha data por confirmar e contará coa presenza da autora galardoada. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros e o orixinal será publicado na colección Filomena Dato da man de Apiario, a encargada de coordinar este concurso de poesía, que asume todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción. Lucía Durán Paredes (Moaña) exerce como profesora de bacherelato no IES Johan Carballeira no Concello pontevedrés de Bueu, na comarca do Morrazo. O pasado ano fíxose co premio de poesía Xamón, Pan e Viño da Fundación Otero Pedrayo co poema \"Conxurándonos\". Premio de Poesía Filomena Dato Ave do paraíso, de Lorena Conde Martínez, foi a obra gañadora da primeira edición do Premio de Poesía Filomena Dato. Con este galardón, o Concello de Bergondo contribúe a aumentar a nómina de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a rescatar do esquecemento a figura dunha muller fundamental e pouco coñecida dentro do movemento literario do Rexurdimento: Filomena Dato Muruais (1865-1926)."}
{"ID": "NOS_54527", "summary": "O narcotraficante Marcial Dorado Baúlde vai desfrutar do seu primeiro permiso fóra de prisión -4 días- após permanecer 8 anos na cadea. O xuíz de Vixilancia Penitenciaria tomou a decisión de conceder o permiso contra o criterio da Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional.", "text": "Vixilancia Penitenciaria tiña que decidir entre dúas opinións distintas. A da Xunta de Tratamento do centro penitenciario de Villabona (Asturias), onde cumpre condena Dorado, favorábel á concesión do permiso. E a da Fiscalía Antidroga, contraria por considerar que existe alarma social e risco dun hipotético quebrantamento da condena. Finalmente, o xuíz de Vixilancia Penitenciaria acabou optando por lle dar dar a razón ao centro penitenciario e por conceder o primeiro permiso a Dorado para saír da cadea en oito anos. O narcotraficante cumpre unha condena de 10 anos por narcotráfico e outra de seis por branqueamento de diñeiro. Dorado é célebre quer polas súas actividades delictivas quer pola súa antiga amizade co presidente da Xunta, co que partillou viaxes de lecer nos anos 90 do pasado século. O permiso outorgado a Dorado por Vixilancia Penitenciaria é o primeiro chanzo dun proceso que o levará a acceder ao terceiro grao penitenciario como \"preparación para a vida en liberdade\", segundo reza o auto do xuíz. O xuíz entende que o narco \"reúne todos os requisitos necesarios para obter o permiso de saída, é máis, cumpriu con exceso unha cuarta parte da condena (desde 4 de xullo de 2011) e a metade superouna a 20 de febreiro de 2016\". Canto á hipótese de quebrantamento da condena -segundo as táboas que manexan as autoridades penitenciarias o risco situaríase en 50 por cento-, o xuíz non a considera a eventualidade máis probábel, sendo que \"o interno goza de apoio familiar e expectativas de futuro e que cando estivo en liberdade provisoria non se produciu ningunha incidencia nen intento de evasión pese ás causas pendentes\"."}
{"ID": "PRAZA_15772", "summary": "Queren, queremos todo iso, e temos o apoio explícito de máis de 400.000 persoas. Volvelo deixar esmorecer pra logo criticar os acordos entre as cúpulas dos partidos sería un acto fallido imperdoable. As oportunidades históricas non se presentan acotío", "text": "Define o Gran Xerais a palabra xerfa como a \"superficie escumosa que se estende no mar inmediato á costa, producida polo bater das ondas contra as rochas\". Estamos agora aboiando nas xerfas, tralo subidón da Marea que se manifestou o pasado 20D contra as mafias da corrupción e a esquilma sen taxa. A coalición EN MAREA obtivo uns excelentes resultados que ninguén (asisado) se atreveu a negar, e mesmo hai indicios razoables de que poderán mellorarse nas próximas eleccións ao Parlamentiño. Unha das encomendas será precisamente darlle neste ano a esa institución o valor representativo e a utilidade política que agora mesmo ten só nun sentido formal. Pero tanto os alentadores apoios sociais recibidos por EN MAREA como as expectativas que se abren, están provocando xa múltiples reaccións e posicionamentos. O PP, ben seguro, ha poñer a súa quincalla clientelar a toda máquina pra evitar a perda da maioría absoluta e a súa expulsión do goberno da Xunta. O PSOE en Galicia semella máis ca nada un corpo aterido e sen rumbo, camiño de confirmarse como terceira forza e mesmo chegar a caer por debaixo do 20%. Podemos Galicia comezou a dar síntomas de certa tensión interna entre dous polos cuxas diferenzas se mantiñan en estado latente. Por unha banda (minoritaria), a dos que pensan que Podemos debe actuar en Galicia exactamente igual ca en Guadalajara, recean da esquerda nacionalista e discuten a conveniencia de continuar coaligados dentro de EN MAREA. E pola outra (maioritaria), a dos que entenden que o camiño da confluencia é o correcto, non contravén os postulados esenciais de Podemos e garante as mellores condicións pra acometer a misión principal, ou sexa, vencer a Feixóo, Rueda e Baltar de forma rotunda. No BNG comezan a cristalizar poscións e a facerse visibles as discrepancias. O colectivo Abrente, Aymerich, Vence e os camilistas, inclínanse agora a prol dos cambios sociopolíticos que calquera que tivese a cabeza fóra da tobeira podía ter percibido hai meses ou mesmo anos. Reclaman, non foi sen tempo, un auténtico aggiornamento do BNG e avogan pola confluencia coas Mareas. A UPG, coa súa dirección case intacta dende 1976, amósase disposta pra entrar na marxinalidade. E faino sobre dúas conviccións politicamente estériles. Primeira: que as eleccións e polo tanto a representacións nas institucións carecen de importancia, pois a visión resésiga da sociedade galega que a UPG defende non precisa de respaldo maioritario (nin, xa postos, de ningún respaldo significativo). Segunda: que a confluencia coas forzas federalistas supón traizoar o ideario do nacionalismo. E pra iso non dubidan en cuestionar a Castelao e Bóveda por ter levado o Partido Galeguista en 1933 á unidade da esquerda na Fronte Popular contra o fascismo. Mentres tanto, dende as Mareas vanse dando pasos pra o artellamento dunha Marea Galega que teña cabeza, corpo e extremidades. Tentouse xa antes das municipais, pero non callou, ou quizais non houbo vontade pra que callase. Medio se volveu tentar sen folgos de cara ás eleccións xerais. Esa indeterminación ou incapacidade deu lugar e sentido transitorio ás convocatorias do chamado Encontro por unha Marea Galega, que tampouco logrou os seus obxectivos e foi superado polos acontecementos. A Marea Atlántica tomou agora a iniciativa e convocou o pasado 16 de xaneiro na Estrada a gran parte das Mareas de toda Galicia. Alí puidemos participar unha vez máis nas novas dinámicas de comunicación política que a xente da Atlántica domina con soltura. Todo o mundo tivo ocasión de intervir e as propostas das persoas asistentes foron recollidas metodicamente ao cabo da xornada. As Mareas representadas na xuntanza da Estrada queren: Que a esquerda rupturista (sen distinción) se una por abaixo pra vencer a dereita en Galicia. Que se aproveite con intelixencia o camiño andado. Que os partidos dean un paso atrás pra facilitar a creación da Marea Galega. Que o proceso arranque sobre a base das Mareas municipalistas. Que o poder das asembleas e a democracia horizontal sexan incuestionables. Que a Marea se organice e coordine a nivel de Galicia, con continuidade e transparencia. Que se elabore un programa de cambio rupturista implicando a cidadanía. Que a nova política se feminice mediante a participación e a igualdade real. Que se convoquen primarias abertas de cara ás autonómicas. Que a Marea se espalle e consolide en todas as comarcas do país a partir das asembleas xa activas na vilas e cidades. E que todo se faga sen dar moitos arrodeos, pois a conta atrás xa comezou. Queren, queremos todo iso, e temos o apoio explícito de máis de 400.000 persoas. Volvelo deixar esmorecer pra logo criticar os acordos entre as cúpulas dos partidos sería un acto fallido imperdoable. As oportunidades históricas non se presentan acotío. E a dereita traballa sen descanso, coma sempre, pra facernos máis pobres e infelices."}
{"ID": "NOS_20065", "summary": "O Goberno español non ten previsto, polo de agora, aumentar o número de militares despregados coa OTAN no leste de Europa.", "text": "Os líderes da OTAN decidiron esta sexta feira despregar as Forzas de Resposta Rápida para aumentar a defensa dos aliados en plena invasión rusa de Ucraína, segundo avanza Europa Press. Tras a reunión virtual de líderes aliados, o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, anunciou a despregadura por terra, mar e aire destas forzas para responder a \"calquera continxencia\". Rusia confirma que os seus soldados entraron en Kiev As Forzas de Resposta Rápida compóñense de até 40.000 efectivos con capacidade para despregárense en calquera escenario nun prazo de cinco días e durante un máximo de 30. Hai xusto un mes, Estados Unidos anunciou que puña en alerta 8.500 tropas para apoiar unha posíbel activación das forzas de actuación rápida da OTAN ante unha agresión de Rusia. EDITORIAL | Non á guerra Dentro desta estrutura inclúese as brigadas internacionais das Forza Conxunta de Moi Alta Dispoñibilidade, uns batallóns de milleiros de efectivos que apoiados por forzas aéreas, navais e de operacións especiais poden despregarse de urxencia para facer fronte a crises militares. Pola súa parte, o Goberno español non ten previsto aumentar o número de militares despregados coa OTAN no leste de Europa como si están a facer outros países da Alianza. A ministra de Defensa, Margarita Robles, expresou a \"rotunda condena\" do Estado español ao ataque ruso e advertiu que \"nin a Unión Europea nin a OTAN van seguir consentindo agresións e vulneracións do dereito internacional\"."}
{"ID": "NOS_9906", "summary": "Coa bolsa de investigación do Consello Europeo de Investigación, coa que vai desenvolver o seu proxecto Mapas, até 2025, na Universidade de Vigo. Un estudo para o que tamén conta coa axuda do programa Oportunius da Xunta. Sara retorna á Galiza desde Berlín, onde pasou os últimos cinco anos no Museum für Naturkunde.", "text": "Avante Pouca Cóntenos en que consiste a bolsa Starting Grant. Forma parte do Horizon 2020, que é un programa da Unión Europea que fomenta o I+D e trátanse das bolsas máis grandes que podes pedir a nivel persoal. Como investigadora, se tes unha idea e queres levar a cabo unha investigación a longo prazo, necesitas moito diñeiro. Para entrar neste programa tes que redactar un proxecto no que expliques por que é importante o que queres facer, xustificando que a idea está ben e explicando como o vas facer, é dicir, teñen que ver que o que propós ten sentido e está ben facelo. O proxecto pasa unhas avaliacións moi estritas, así que, que che concedan a bolsa significa que consideran que a túa idea está ben. Para unha investigadora é unha das mellores bolsas ás que podes optar porque che dá liberdade, podes facer con ese diñeiro o que queiras: contratar persoal, saír ao campo... Avante Media Que trata co proxecto Mapas e cal é a metodoloxía que debe seguir? O proxecto é moi teórico, queremos saber se o que agora mesmo está estabelecido en Bioloxía e Xeoloxía, o modo no que consideramos que funciona a vida, é tal. O que temos agora, lévanos a crer que os cambios climáticos, a longo prazo, o que fan é separar poboacións de especies e asumimos que ese cambio favorece a extinción e a especiación, e iso é o que queremos probar: se é certo que os cambios climáticos favorecen a aparición e desaparición de especies. E se eses procesos están acoutados no espazo ou non, se os sitios onde hai un maior estrés climático é onde aparecen e desaparecen máis especies. Faremos moitos modelos teóricos de como entendemos que funciona a vida, modelos dinámicos nos que xogaremos con premisas do tipo \"a ver que pasa se...\" e empregaremos o supercomputador do Cesga (Centro de Supercomputación da Galiza). As biólogas traballamos con moito detalle, imos ao campo e estudamos unha especie vendo as características diferenciadoras dun individuo. Tamén faremos simulacións climáticas para os últimos 540 millóns de anos. E por riba disto deseñaremos modelos vencellados a especies e á súa posíbel evolución nunhas determinadas circunstancias. É como xogar, imos xogar para ver se as teorías que temos nos permiten facer mapas con sentido nun marco tan amplo... E logo testaremos co rexistro fósil, é dicir, se o modelo prevé que se dea un gran número de individuos dunha especie nun determinado lugar, iremos ao rexistro fósil para poder verificar se foi ou non foi así. Avante Toda Póñanos un exemplo práctico do que se pode conseguir co Mapas. Unha cousa é a diversidade agora mesmo, a nivel xenético, a escala moi pequena, e outra é ver como funciona a vida a nivel xeral. Con Mapas podemos entender as regras da Bioloxía e sacar conclusións moito máis xerais dela, por exemplo, se atoparamos vida noutro planeta, poderíamos chegar a dicir como debería ser. O proxecto vai contar coa colaboración dun par de ilustradores. Como é iso? Pois si, son dúas persoas: Cirenia Arias e Douglas Henderson. Ela xa traballa coa divulgación científica, por exemplo, no recente Congreso de Muller e Ciencia debuxaba as mesas redondas para recrear o que estaba a pasar, é moderna e axudaranos a conectar co público máis novo. Douglas Henderson é veterano, traballa con reconstrucións de especies do pasado, é un artista moi bo co que queremos facer cadros novos que ilustren como era o clima no pasado. E organizar unha mostra que se levará a cabo, en principio, en Vigo."}
{"ID": "NOS_25008", "summary": "Cúmprese o trixésimo aniversario dun poeta que logrou entrar no canon lírico galego desde as marxes.", "text": "Foi o poeta que desde as súas orixes labregas e mariñeiras soubo construír torres no ar; o que logrou confundir a emigración e a aventura percorrendo as selvas da Amazonía, as terras de Popaián e Tuluá, o val de Cali; o que regresou na busca dunha primavera en Noia –\"é primavera en Noia e ando lonxe\"; o que fuxiu finalmente a un Harar que, se cadra, ten por mellor nome Taramancos. Antón Avilés engadiulle o lugar de nacemento ao seu nome como un trobador medieval, como un taberneiro de calquera porto atlántico, e de aí naceu o poeta. Antón Avilés de Taramancos, de cuxo pasamento se compren agora trinta anos, medrou á sombra xigantesca dunha avoa, Pepa de Pastora, que o marcou como labrego. E á sombra, non menos titánica, dunha ausencia, a dun pai mariñeiro do que chegaban cartas con carimbo de dársenas remotas. Na Coruña, onde foi estudar náutica, atopou outro pai en Urbano Lugrís, \"era unha universidade andante\", que o iniciou en autores, en ideas e na bohemia xenerosa que o pintor practicaba. Alí coñece tamén a Xohan Casal e Reimundo Patiño, cos que se xuramenta na defensa da patria e do idioma. É un tempo de faladoiros na casa de Uxío Carré Alvarellos, de encontros con Manuel María, con Novoneyra, cos pintores Abelenda e González Pascual e con tantos outros. Tamén de control franquista, de censura férrea e dalgunha detención da que se saía grazas á axuda do xefe de policía, o señor Manzano, que escribía novelas do oeste baixo pseudónimo e que admiraba os literatos e artistas. Avilés de Taramancos foi talvez un outsider, mais un outsider que soubo manter o compromiso desde a individualidade emancipada e soberana En 1961, con vinte e cinco anos, comeza a aventura colombiana, a loita pola supervivencia. Levaba nove dólares no peto e gastou cinco o primeiro día. Atopou un traballo de corrector de probas de imprenta e despois percorreu as selvas do Amazonas con Miguel de la Quadra Salcedo, coñeceu a Pataraíña -o galego que era xefe dunha tribo-, viaxou por Perú, Venezuela e Panamá, tivo unha churrería e traballou nunha embaixada... Improvisaba, como dicía el. Se cadra, estaba no certo García Bodaño cando dicía que a obra de Avilés non era máis que un \"revelador diario sentimental\" da súa vida. En 1980 regresa á Galiza, ou non: \"Non hai regreso avoa / nunca / regresa o mesmo home / ao mesmo sitio\", deixou escrito. Pero, como apuntou Ana Romaní, cos Poemas da ausencia, escritos en Bogotá, xa iniciara o regreso. Nace a Tasca Típica en Noia, onde alenta tertulias e recitais e onde conta historias coma un Simbad de volta ás illas. E continúa a aventura, agora en forma de loita cívica: funda a Sociedade Cultural Catavento, preside a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ocupa o posto de concelleiro de Cultura, polo BNG, en Noia... e escribe en cascada: publica O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar. Avilés de Taramancos foi talvez un outsider, mais un outsider que soubo manter o compromiso desde a individualidade emancipada e soberana. Compromiso coa sociedade e compromiso coa escrita. A súa obra convértese nunha referencia central da poesía galega do seu tempo. Natureza, amor e patria confúndense nuns versos chamados a ser un manual humanista, un compendio de sabedoría altruísta e sensitiva. E sempre, desde un coñecemento penetrante da vida, desde unha singularidade que só se pode comprender atendendo á singularidade da súa traxectoria vital, tan parecida á de tantos galegos e galegas e, ao mesmo tempo, tan orixinal e irrepetíbel."}
{"ID": "NOS_23944", "summary": "O pianista e compositor de jazz Abe Rábade vén de plasmar nun CD-DVD a súa colaboración coa Real Filharmonía de Galicia. Sae hoxe á venda.", "text": "Abe Rábade Trío estreaba en abril a obra composta por el mesmo para a Real Filharmonía de Galicia que, dirixida por Paul Daniel, se interpretou no Auditorio de Galicia e no de Ourense. O traballo recolle a gravación en directo na cidade das Burgas e vén de ser publicado hoxe mesmo por Karonte. 'Tránsitos', que así se titula, divídese en catro movementos que xiran en torno a catro composicións orixinais de Rábade, tres gravadas xa en discos do trío e unha inédita. Abe Rábade, que xa está a preparar outro disco con repertorio novo, é unha das referencias do jazz europeo. Licenciado no Berklee College of Music de Boston, desde 2009 é profesor na Escola Superior de Música do Porto, ademais de director artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra xunto a Paco Charlín. Dirixe un trío de jazz acústico que se completa con Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). Ten publicado como líder once discos, ademais de moitos outros moitos en colaboración con outros artistas, como Nordestinas, con Guadi Galego e Ugia Pedreira. A colaboración coa Real Filharmonía de Galicia explícase desde o cambio sufrido na orquestra desde que asumiu a dirección o británico Paul Daniel, que está a facer esforzos por buscar novos públicos a pesar de estarmos a falar dunha sinfónica especialista en repertorio clásico. Actuacións na rúa, Julián Hernández como solista ou esta experiencia con Abe Rábade son algúns dos exemplos."}
{"ID": "PRAZA_17340", "summary": "Adif, aínda controlado polos populares, licitou instalacións técnicas con prazos de execución que se adentran en 2020. Feijóo insinúa que o PSOE debera mesmo adiantar os prazos GALERÍA | Unha ducia de obras pendentes do AVE galego", "text": "GALERÍA | Unha ducia de obras pendentes do AVE galego Adif, aínda controlado polos populares, licitou instalacións técnicas con prazos de execución que se adentran en 2020 O AVE entre Galicia e a Meseta non estará rematado ata ben entrada a próxima década. \"En 2023 ou 2024\", segundo admitiu hai un ano o presidente Feijóo, que será cando se poida rematar o treito duns 17 quilómetros entre Taboadela, ao leste da cidade de Ourense, e a propia urbe, no que aínda non se moveu unha pedra. Á espera dese novo trazado vaise adaptar a vía actual existente nese treito para que poidan circular por ela os trens de alta velocidade, para o que á súa vez hai que rematar o resto da liña desde o límite coa provincia de Zamora. Despois de que a comezos de 2017 o Goberno central adiase un ano os anteriores prazos, o compromiso mantido ata o de agora por Fomento, avalado pola Xunta, era que a finais de 2019 puidesen circular xa os trens en probas, deixando no aire a data do seu uso comercial. Este domingo Feijóo insinuou que o PSOE debera incluso adiantar eses prazos, pero os últimos concursos de obras convocados polo PP antes de deixar o Goberno fan aínda máis difícil que os trens en probas poidan circular xa en 2019. Situación xeral das obras do AVE entre Zamora e Ourense [Praza Pública] Este domingo Feijóo insinuou que o PSOE debera incluso adiantar os prazos: \"sempre criticou esta data porque entende que se pode facer antes\" \"Se non se pode adiantar os prazos, pido polo menos que se cumpra a palabra dada: que a finais do ano 2019 estean entrando en probas os trens de alta velocidade\", dixo este domingo Feijóo, nove días despois da moción de censura que afastou o PP do Goberno central e co novo executivo aínda sen nomear os novos cargos de Adif, a empresa pública encargada da construción do AVE. Feijóo engadiu que o PSOE \"sempre criticou esta data porque entende que se pode facer antes\" e que espera que o novo ministro lle concrete \"se se poden adiantar os prazos que Partido Socialista criticou por ser moi longos\". Malia que é habitual que as empresas ofrezan rebaixas de prazo, iso xa non está nas mans de Adif, que polo tanto admitía de xeito implícito, aínda baixo dirección do PP, que os traballos poderían non estar rematados ata 2020 Porén, os últimos concursos convocados por Adif aínda cos populares á súa fronte dificultan que se poida cumprir esa data, xa que propoñen prazos de execución que levarían o remate físico das vías ata comezos de 2020. O pasado sábado Adif publicou no Diario Oficial da Unión Europea a licitación ou apertura do concurso público para o subministro e transporte de desvíos ferroviarios para as vías do AVE entre Sanabria e Ourense por un prezo máximo de 14 millóns de euros. O anuncio indica que Adif non comezará a valorar as ofertas que reciba ata o 26 de xullo, e despois aínda terá que adxudicar e formalizar o contrato, momento a partir do cal comezaría a contar o prazo de execución do contrato, que a empresa pública fixa nun máximo de 16 meses, o que levaría o seu remate a comezos de 2020. Malia que é habitual que as empresas que concorran ofrezan rebaixas dese prazo, iso xa non está nas mans de Adif, que polo tanto admitía de xeito implícito, aínda baixo dirección do PP, que eses traballos poderían non estar rematados ata 2020. O mesmo ocorre con outros contratos que aínda nin foron licitados. O pasado 8 de maio, por exemplo, Adif publicou tamén no mesmo Diario Oficial da UE a súa previsión de que proximamente abriría o concurso doutro contrato para instalacións de seguridade nos túneles da nova liña. Avanzaba daquela que prevía un prazo de duración dos traballos de 15 meses, pero un mes despois o concurso aínda non foi aberto. E, como no caso anterior, despois Adif aínda terá que recibir ofertas, valoralas, adxudicar o contrato e formalizalo antes de que a empresa adxudicataria empece a traballar."}
{"ID": "PRAZA_14930", "summary": "O Concello lugués rematará, trinta e dous anos despois dos primeiros cambios, a eliminación dos vestixios da ditadura do seu rueiro, no que permanecen militares golpistas ou dirixentes de Falange, entre outros. Audio no interior.", "text": "En 1980, con José Novo Freire (UCD) sentado no sillón da Alcaldía, en Lugo deixou de ser posible pasear pola rúa Pilar Primo de Rivera ou pola Ronda de los Caídos. O seu lugar ocupárono a rúa Otero Pedrayo e a Ronda da Muralla. Xunto a estas dúas vías tamén cambiaron de nome as dedicadas a Luis Ortiz Muñoz ou José Viador, alto cargo do franquismo e dirixente de Falange, respectivamente. Tiveron que pasar vinte anos ata que en xuño de 2000, xa con Xosé López Orozco como rexedor á fronte dunha coalición de PSdeG e BNG, para que se producise a segunda xeira de cambios, coas mudanzas da Ronda de Carrero Blanco, da Praza do Exército Español, e de rúas como Xeneral Franco, Soto Freire ou Dezaoito de Xullo. Pero aínda quedaban oito máis, que están próximas a desaparecer. O tenente de alcalde lugués, Antón Bao, anunciou no transcurso do pleno municipal deste luns a súa intención de activar o proceso encamiñado a cumprir o punto do pacto de goberno no que socialistas e nacionalistas se comprometen \"ao cumprimento da Lei da Memoria Histórica\", un \"acto de xustiza histórica\" que traerá consigo a eliminación das lembranzas no rueiro da cidade da Muralla a militares golpistas e membros de Falange nos anos da Guerra Civil e da posterior ditadura franquista. A primeira retirada de nomes franquistas das rúas de Lugo remóntase a 1980 e a segunda decidiuse no ano 2000 Así as cousas, a Comisión de Rueiro do Concello lugués reunirase para \"abordar\" as novas denominacións das rúas que actualmente están dedicadas ao General Tella -militar sublevado contra a República e gobernador militar de Lugo-, a Carlos Azcárraga -falanxista e militar-, a José Cedrón del Valle -xefe provincial de Falange en Lugo- ou ao Teniente Coronel Teijeiro, golpista que destacou na represión na Coruña e na guerra en Asturias. Tamén se eliminarán as homenaxes a Ramón Ferreiro, un camisa vieja de Falange que ocupou altos cargos na ditadura, aos irmáns Pedrosa -tres lugueses especialmente activos na sublevación de 1936- e a Julio Ruiz de Alda, cofundador de Falange. Por último, será renomeada a praza do Comandante Manso, principal mando militar golpista en Lugo a quen se lle outorgou un nome no rueiro xa en 1936, no lugar que daquela se lles dedicaba aos Mártires de Carral. Esta decisión do Concello de Lugo chega poucos meses despois de que a Deputación luguesa, tamén dirixida por PSdeG e BNG, lle dese luz verde definitiva á retirada da presidencia de honra da institución que Francisco Franco ostentou durante case setenta anos. Do mesmo xeito, o ente provincial eliminou os recoñecementos oficiais dedicados á Sección Femenina da Falange, ao Frente de Juventudes e a Pilar Primo de Rivera. Aquela decisión requiriu unha modificación do Regulamento de Honras e Distincións da Deputación, xa que esta norma consideraba imprescindible a unanimidade do pleno para retirar estas honras e o PP non apoiou a medida, senón que se abstivo na correspondente votación."}
{"ID": "NOS_51399", "summary": "Joaquín Balboa, natural de Estevesiños, foi un dos galegos que pasaron polo campo de concentración austríaco, onde morreron 102 compatriotas. Será declarado fillo predilecto de Monterrei no marco dunhas xornadas sobre exilio e deportación.", "text": "Monterrei vai lembrar e homenaxear este mes de agosto a Joaquín Balboa, o preso número 3833 no campo nazi de Mauthausen (Austria), onde estivo entre 1943 e 1945. O seu compromiso político e os propios avatares da vida levaron a este perruqueiro de profesión a dar nun dos complexos de exterminio postos en marcha polo nazismo, logrando sobrevivir e chegar a Barcelona, onde viveu durante décadas antes de retornar á súa aldea natal, onde finou en 1994. Monterrei quer renderlle homenaxe e vaino facer mediante unhas xornadas e un acto institucional, que decorrerán a comezos de agosto. A homenaxe institucional terá lugar en Estevisiños o 6 de agosto. Alí procederase a declarar Joaquín Balboa fillo predilecto de Monterrei e a inaugurar un monumento conmemorativo. Haberá intervencións (entre elas, de representantes de Amical, a principal asociación española de represaliados polos nazis), lectura de poemas e actuacións musicais. Xornadas Con anterioridade terán lugar unhas xornadas sobre exilio e deportación. Haberá proxeccións de documentais e palestras sobre os galegos nos campos de exterminio e das mulleres recluídas nos campos de concentración. No marco destas actividades terán lugar tamén exposicións e outras actividades. Uns 300 galegos pasaron por Mauthausen, onde os prisioneiros traballaban de sol a sol e en condicións infrahumanas na canteira. Segundo datos da asociación Amical, 102 galegos morreron neste campo."}
{"ID": "NOS_47560", "summary": "\"Membros do noso colectivo son sancionados de xeito sistemático desde a primeira identificación, o que nos sitúa na triste realidade da represión da Lei Mordaza\" denuncia o movemento social polo dereito á vivenda.", "text": "As represalias contra @s activistas polo dereito a teito continúan. Na última semana chegáronlle sancións administrativas de 450 €, con opción de abrir a vía penal, a varias persoas que participaron da concentración do 19 de Decembro de Elviña Non se Vende, na Coruña, da que tamén participou Stop Desafiuzamentos. \"As multas ás persoas manifestantes tras cada convocatoria estanse convertendo nunha desagradable tradición da Subdelegación de Goberno que, como observamos con tristeza, non é exclusiva da nosa cidade. En todo caso, negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta. As forzas policiais que se mobilizan para calquera acto convocado polo noso colectivo chegarían a resultar paródicas de non haber de fondo a triste realidade da represión e a Lei Mordaza\", indican desde o colectivo contra os despexos. \"Negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta\" \"Temos constatado que a partir da primeira identificación os membros do colectivo son multados sistematicamente, comprobando que a primeira sanción nunca é a última. O caso de persecución, xa de por si grave, é aínda máis dura no caso de catro persoas que acumulan 6.310 euros en sancións (dun total de 14.872 euros). Queremos subliñar que, levando a cabo as mesmas accións que o resto dos manifestantes, eles centran a atención das autoridades e son sancionados aínda que só participaran pacificamente nunha protesta\", indican desde Stop Desafiuzamentos A Coruña. \"O que se está a buscar é a criminalización da acción política de certas persoas ou colectivos e entendemos que as institucións están mais preocupadas en manter unha orde submisa que en satisfacer as necesidades básicas ou respectar os dereitos fundamentais da cidadanía\", explica o colectivo que participou en importantes mobilizacións como a de Elviña ou a paralización do despexo de Aurelia Rei no centro da cidade."}
{"ID": "NOS_14846", "summary": "@s 37 empregado@s de Amencer Reciclado levan dende o mes de outubro sen cobrar e o vindeiro 10 de xuño \"ingresarán a primeira prestación por desemprego\"", "text": "Traballador@s de Amencer Reciclado co apoio da CIG realizaron estes días unha protesta no interior da xefatura territorial da Consellería de Sanidade en Ourense para rexeitar o despedimento de todo o cadro de persoal e denunciar que a Xunta lle vai ceder ao grupo empresarial Aspanas -propietario de Amencer Reciclado- o antigo hospital psiquiátrico de Toén de forma gratuíta malia que a empresa continúa sen abonar os salarios pendentes. A empresa atópase en fase de concurso e a xuíza do Mercantil ditou un auto decretando a extinción dos contratos, decisión que foi recorrida ante o TSXG polo comité, que tamén presentará as probas oportunas para intentar que o concurso sexa declara culpábel. \"Son 400.000 metros cadrados en monte comunal cedido no seu día para uso hospitalario e que agora vai ser entregado a unha entidade con ánimo de lucro que fai negocio con persoas con discapacidade\" A CIG lembra que os 37 empregad@s levan dende o mes de outubro sen cobrar e o vindeiro 10 de xuño \"ingresarán a primeira prestación por desemprego\". A Xunta vai cederlle ao grupo Aspanas (ao que pertence Amencer Reciclado) por 50 anos e de forma gratuíta o antigo hospital psiquiátrico de Toén, en Ourense. \"Trátase dunha infraestrutura de 400.000 metros cadrados que se atopa en monte comunal cedido no seu día para uso hospitalario e que agora vai ser entregado a unha entidade con ánimo de lucro que aínda enriba fai negocio con persoas con discapacidade\", censuran."}
{"ID": "NOS_38797", "summary": "Marcos Maceira, como representante da Mesa Pola Normalización Lingüística, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a nova aplicación para móbil e tableta da Liña do Galego, coa que os usuarios poderán facer valoracións positivas e negativas das institucións e empresas que empreguen o galego nos seus produtos e no seu funcionamento diario. Vídeo no interior.", "text": "A Liña do galego xa ten aplicación propia. A Liña do Galego -até o de agora un telefone e un correo electrónico- é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa dende o ano 2007, no que se atenden as queixas de persoas galegofalantes que ven como os seus dereitos a viver en galego son conculcados por parte de institucións e empresas. A orixe da Liña do Galego radica na necesidade de garantir o uso da nosa lingua. Marcos Maceira afondou no asunto: \"Neste país o normal debería ser a utilización da lingua galega e a realidade é todo o contrario\", ao tempo que afirmou que \"a xente reivindica moito máis os nosos dereitos lingüísticos e con aplicacións como esta contribuímos a espallar a defensa do galego.\" O usuario pode subir as súas propias queixas e parabéns e tamén consultar o seu historial A partir de agora, os consumidores galegos tamén poderán dar os parabéns aos que si empreguen o galego como lingua vehicular no labor empresarial. Coa app A Liña do Galego, introdúcese a novidade de poder recoñecer as boas prácticas daqueles que contribúen a que as galegas e galegos poidan cumprir o seu dereito de vivir falando a lingua propia do país. A aplicación -desenrolada por Imaxin Software- componse dun menú de inicio onde se poden observar todas as críticas, tanto boas como más, que se atopan subidas polos usuarios. O usuario pode pendurar as súas propias queixas e parabéns e tamén consultar o seu historial. \"Este ano, aínda sen o aplicativo funcionando, levamos tantas críticas recollidas como no 2015\" A recollida de queixas e parabéns roldaba as 200 no ano 2015, das cales o 90% eran queixas, mais dende o pasado mes de xaneiro, a Liña do Galego experimentou un aumento de participación moi considerábel que se verá reforzado polo lanzamento da aplicación móbil. \"Este ano, aínda sen o aplicativo funcionando, levamos tantas críticas recollidas como no 2015. Isto quere dicir que o nivel de consciencia a redor da lingua está aumentando\", apuntou Maceira, quen ademais prevé que isto medre moito máis: \"As previsión sen aplicativo era duplicar o número de trámites da Liña do Galego e pensamos que iso se vai multiplicar máis aínda con esta ferramenta.\" O acto foi presentado no espazo enocultural Vide, Vide! como exemplo dun negocio onde se emprega o galego como lingua vehicular. Ademáis, Luz Castro -da desenroladora, Imaxin Software- explicou as especificacións e o funcionamento da aplicación."}
{"ID": "PRAZA_15159", "summary": "O ex director xeral da Mariña Mercante protexe os seus superiores e di que el \"ditaba\" as primeiras ordes. Xustifica o afastamento do buque nos primeiros días, pero desenténdese do rumbo errático posterior. \"Era cousa dos salvadores, aínda que eu recomendei que se mantivese lonxe da costa\", dixo, tras defender a actuación da Administración española: \"Fíxose un bo traballo\".", "text": "Entre confusión e contradicións varias, o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, comezou este xoves a súa declaración no xuízo do Prestige asumindo as primeiras decisións tras o accidente do petroleiro. O único cargo público que será xulgado pola catástrofe asegurou que el \"ditaba\" as primeiras decisións, que non precisaban de \"aprobacións posteriores\" por parte dos seus superiores. \"Non falaba habitualmente co ministro de Fomento\", dixo, malia que na instrución si confirmara que falaba \"normalmente\" con el, segundo o letrado que lle preguntaba. En canto ao rumbo errático tomado polo petroleiro tras o segundo día da catástrofe, o ex cargo público chegou a asegurar que as autoridades españolas \"non tiñan nada que ver\", aínda que el si que recomendou mantelo afastado da costa. \"Desde que chegan os rescatadores, retírase o control da administración; ninguén me pediu autorización nin tiñan por que pedirma\", aclarou. Ademais, López Sors considerou que \"a Administración marítima española fixo un bo traballo\" e xustificou o bo facer no feito de que \"o Exxon Valdez contaminou máis costa\" ou en que \"o Erika afectou máis as praias\". \"O que foi unha barbaridade é que un barco nesas condicións se metese na costa galega e que o capitán atrase o remolque aludindo atrancos económicos\", asegurou. \"O da onda xigante é unha desculpa fácil; o Prestige non navegaba nas mellores condicións\", respondeu logo ao avogado da organización Arco Iris. López Sors pediu a tradución simultánea ao galego ao \"non entender\" o idioma do avogado de Nunca Máis O ferrolán López Sors respondeu ao duro interrogatorio do avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat, e pediu tradución simultánea do galego ao castelán ao xustificar que \"non entende\" o idioma do letrado. Analizando as primeiras horas da catástrofe, o ex cargo público do Ministerio de Fomento, intentou explicar a primeira orde -gravada- na que aseguraba que \"a consigna\" era \"que collan o barco, que poidan dar un cabo e que o separen da costa ata que afunda\". O ex cargo de Fomento xustificou o afastamento do buque para evitar a contaminación, un embarracamento e tamén para agardar os remolcadores Ante as preguntas de por que se tomaba esa decisión nas primeiras horas do accidente, López Sors manifestou que a idea era \"anticiparse a riscos maiores\" e, ante a posibilidade seria de afundimento, \"cría que o mellor era que o barco afundise o máis lonxe posible da costa\". Aïnda así, o ex director xeral da Mariña Mercante asegurou tamén que se intentou \"evitar un embarracamento\" e unha \"grave contaminación\" e chegou a aclarar que o obxectivo era \"afastar o buque\" ata unha distancia aproximada de \"30 millas\", algo que en ningún momento manifestara na instrución do caso. \"O barco estaba mellor fóra que dentro\", dixo tamén López Sors, que engadiu outro argumento máis para xustificar a marcha do petroleiro mar adentro: \"Estabamos esperando aos rescatadores e seguimos separándoo da costa ata que chegasen\". En canto ao rumbo tomado polo petroleiro xa no segundo día da catástrofe, o 14, afastándose da costa, López Sors entrou en varias contradicións ao asegurar nun principio que quen tomou esta decisión foi \"o capitán do primeiro remolcador, o Sertosa 32\", malia que o avogado de Nunca Máis lle recordou que na instrución asegurara que fora el mesmo quen ordenara ese rumbo. \"Ratificamos a decisión do remolcador\", intentou aclarar despois, tras dicir tamén que o organismo rector acordado naquel tempo \"non podía entrar neses temas\". Preguntado polo rumbo errático posterior, o ex cargo de Fomento asegurou que non era responsabilidade das autoridades estatais, senón dos problemas cos remolcadores e os salvadores de Smit. \"Non tivemos nada que ver, quixémolo evitar\", dixo. O ex director xeral di que meter o petroleiro na ría de Corcubión nunca foi unha opción para as autoridades Así, e en canto aos continuos e radicais cambios de rumbo a partir do remolque, López Sors negou presións diplomáticas por parte de Francia para afastar o buque e atribuíu a dirección errática do petroleiro aos \"salvadores e remolcadores\" do buque. \"Desde que chegan os rescatadores, retírase o control da administración; ninguén me pediu autorización nin tiñan por que pedirma\", dixo o ex director xeral, que asegurou, aínda así, que el recomendou manter o barco afastado e que o obxectivo era que \"estivese o máis lonxe posible para protexer as costas galegas\" e que o límite de 120 millas acordado cos rescatadores era para asegurar un posible rescate. \"Non tivemos nada que ver co rumbo errático\", chegou a manifestar, tras explicar estas variacións na situación do buque \"polos fortes ventos\" e as dificultades no remolque. Ademais, López Sors asegurou que \"nunca\" foi unha das opcións trasladar o Prestige á ría de Corcubión, onde varios expertos aseguran hoxe en día que podería ser resgardado. \"Nunca o consideramos e ningún mariño nolo recomendou\", dixo o ex director xeral, que cre que se metese o barco na devandita ría \"agora estaria no cárcere xunto ao señor Mangouras (capitán do buque)\". O que si admitiu foi que levar o petroleiro ao porto da Coruña si que foi meditado. Respecto do vertido, López Sors asegurou que non tiñan \"ferramentas para saber cara a onde iría a contaminación\" e en canto ao número de toneladas de cru que xa había no mar, o ex cargo de Fomento xustifica \"as fluctuacións constantes\" das informacións trasladadas no día 14 e queu pasaron das 1.500 toneladas ás 20.000. A declaración de López Sors deixou moitas dúbidas sobre a xestión da catástrofe, sobre todo en referencia a un organismo rector que asumiu que era \"máis político que técnico\" e que non tomaba decisións, senón que as principais decisións correspondíanlle a el. Deste xeito, o ex cargo de Fomento intentou afastar de calquera responsabilidade aos seus superiores, aos que en ningún momento atribuíu decisión importante ningunha. O ex cargo de Fomento xustifica que non se convocase unha comisión técnica ata o día do afundimento do barco López Sors, en vista das actas achegadas por outro avogado de Nunca Máis nas que se indica que a primeira reunión técnica non se produciu até o día 19, asegurou que o órgano rector \"era asesorado por técnicos\". \"Existen técnicos en todas as reunións deste organismo\", dixo, tras xustificar que a devandita xuntanza do día 19 foi encargada polo ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos, para achegar máis información especializada. Para López Sors, está xustificado que só a Mariña Mercante se encargase da xestión da catástrofe entre o día 13 e o 19 e non unha comisión técnica como a que se convocou no momento no que se afundiu o Prestige. \"O que decidirían estes técnicos era se se podía facer algo máis\", argumentou o ex director xeral, que asegurou que se intentou salvar a proa do buque cando a outra metade da embarcación xa estaba afundida, malia que na acta se aseguraba que o obxectivo era sobre actuacións anteriores. \"Admito a crítica\", dixo López Sors, ante a pregunta do avogado de Nunca Máis de se a xuntanza técnica e a súa acta \"pretendían tan só xustificar decisións anteriores\". Ademais, negou que houbese diferenzas en canto á actuación anterior ao afundimento. HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_245", "summary": "O 78% da poboación do país afirma que hoxe votaría á mesma opción política que o 12X. O 75% das 3.000 persoas consultadas polo Centro de Estudos Sociolóxicos aseguran que nunca apoiarían a VOX nas urnas.", "text": "Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, é na actualidade a política galega mellor valorada. Confírmao o Centro de Estudos Sociolóxicos (CIS) após realizar unha enquisa a 3.000 veciñas e veciños de 268 concellos do país. Atendendo aos resultados da enquisa realizara entre o 8 e o 22 de setembro á poboación galega, Pontón adianta aos seus competidores en boa imaxe. A nacionalista consegue un 5,9 de nota media, seguida de Alberto Núñez Feixoo (PP) que, malia a súa posición de visibilidade na Xunta, quédase no 5,5 de nota. O secretario xeral do PsdeG, Gonzalo Caballero, suspende nas valoracións con un 4,3. Entre as preguntas tamén se incluíu á da intención de voto, que o 78% das persoas non cambiarían se as eleccións ao Executivo galego foran hoxe. No 11% dos documentos cubertos indícase que hoxe preferirían a abstención ou a papeleta branca. Só un 4% cambiarían de opción. De feito, o 60% da mostra advirte de que a campaña non afectou para nada ao que tiña pensado facer na súa cita coas urnas. Entre as que dubidaron a última hora entre dúas candidaturas, predominan as indecisas entre o PsdeG e o BNG (19%); seguidas das que se atopaban entre Galiza En Común e o Bloque (14,8%), e daquelas que estudaban se ir co PP ou co PSdeG (8%). Nos partidos que intentaban entrar no Parlamento, houbo un 4% de indecisión entre o Partido Popular e Ciudadanos e case o 2% das entrevistas dixeron que podían votar aos populares ou a VOX. Porén, no 75% dos cuestionarios sae reflectida unha negativa absoluta a apoiar a esta última forza política, de crecente fama no Estado español. Entre os argumentos para decantarse por un ou outro partido destacan a identificación cos valores (31%), a simpatía cara a ou o cabeza da lista (26%) e a crenza de que era a mellor candidatura para gobernar (18,5%). A sombra do coronavirus Segundo a mostra de referencia, o CIS indica que máis dun terzo das persoas que non acudiron aos colexios electorais explica a decisión \"por motivos de saúde ou medo a contaxiarse polo coronavirus\". O 30% das e dos enquisados acostuman a ir a votar pero este ano optaron por non facelo."}
{"ID": "NOS_35780", "summary": "A Consellaría de Sanidade continúa coa campaña nesta cuarta feira, 5 de xaneiro, mais na primeira das xornadas previstas puido inocular o remedio fronte á Covid-19 ao 75,9% das 24.360 pequenas que foran chamadas aos vacinódromos.", "text": "As crianzas de sete a nove anos continúan a ser atendidas nos vacinódromos habilitados en toda Galiza esta cuarta feira, 5 de xaneiro, dentro da campaña de inoculación do fármaco fronte ao coronavirus programada pola Consellaría de Sanidade. As autoridades sanitarias explicaron que perto do 76% das nenas recibiron a picada no primeiro dos días previstos, polo que igualmente houbo case un 25% de abstención. A Xunta non afondou nesta falta de asistencia a algunhas das citas, pero parte da poboación pediátrica podería non ter recibido as citas, estar contaxiada ou non ter asistido polas datas festivas nas que se deron as quendas. O que si deixou claro é que se van facer \"repescas\" para aquelas persoas que non acudiran. Así, na terza feira, recibiron a dose 18.500 persoas menores das 24.360 previstas, \"o que supón un 75,94% de asistencia\". Os traballos continúan hoxe e agárdase poder continuar coa campaña a próxima terza feira, 11 de xaneiro, cando chegue unha nova partida de fármacos. O obxectivo da Xunta é que a remesa actual permita chegar á inmunización fronte a Covid-19 das nacidas en 2014, \"variando o último mes de citación segundo as diferentes áreas sanitarias\". Por áreas sanitarias Respecto á evolución destas demarcacións, Sanidade explicou que a previsión sería vacinar estes dous días a 8.280 menores en Vigo e 7.920 na Coruña e Cee. Nas comarcas de Compostela e Barbanza foron chamados 6.120 individuos diana e en Pontevedra e O Salnés os equipos sanitarios prevén inocular doses a 4.320 pequenos. Aliás, en Lugo-A Mariña-Monforte teñen dispoñíbeis 3.960 doses; en Ourense-Verín e o Barco 3.512 e na área de Ferrol un total de 2.159."}
{"ID": "NOS_55783", "summary": "Menú con ensalada de endivias con pera, noces, salmón afumado e mollo de queixo azul; arroz caldoso con berberechos; e torta de manga.", "text": "Ensalada de endivias con pera, noces, salmón afumado e mollo de queixo azul Comezamos cunha ensalada moi gorentosa. A combinación do amargor das endivias co doce da pera e a salsa de queixo é deliciosa. Ingredientes (2 persoas): 2 endivias, 50 g de queixo azul, sal, 1 culler de aceite, 1 chorriño de leite, noces peladas, 1 pera, salmón afumado. Elaboración: No vaso dun batedor botamos o queixo, un chisco de sal, o aceite, unha ou dúas noces e un chorriño pequeno de leite. Batemos todo e reservamos. Cortamos a pera en cubiños e reservamos tamén. Colocamos nun prato as endivias cortadas, botamos sobre o centro os anaquiños de pera e as noces. Engadimos o salmón afumado ás endivias e regamos todo por enriba co mollo de queixo. Arroz caldoso con berberechos O arroz con berberechos é unha receita chea de sabor e moi sinxela, recomendamos desfrutala cun albariño ben fresquiño. Ingredientes (4 persoas): 500 g de berberechos, 300 g de arroz, 1 tomate maduro, 1 cebola. 2 dentes de allo. azafrán, 1 vaso de albariño, 1 l de fumet de peixe, aceite de oliva. Elaboración: Comezamos un par de horas antes, poñendo os berberechos en abundante auga con sal para depuralos. Pasadas as dúas horas lavámolos ben e escorrémolos. A continuación cortamos a cebola ben finiña e picamos os allos. Nunha pota ancha cun chorriño de aceite sofritimos a cebola e o allo cun chisco de sal até que estea transparente. Engadimos o tomate pelado e cortado en cadradiños pequenos e seguimos refogando uns minutos. Pasado este tempo botamos o vasiño de viño e deixamos reducir. Cando reduza engadimos o arroz e o azafrán e refogamos a lume forte uns 2 minutos. A continuación botamos o fumet de peixe e remexemos todo. Aos 10 minutos incorporamos os berberechos e deixamos outros 10 minutos a fogo medio-baixo. Finalmente retirámos do lume e deixámolo repousar tapado 5 minutos antes de desfrutalo. Torta de manga Rematamos cunha torta de manga, suave, esponxosa e cun sabor exquisito. Leva manga tanto na masa como por enriba para decorar, facendoa ademais ben vistosa. Ingredientes (6 persoas): 2 mangas, 3 ovos, 125 g de iogur natural ( 1 medida), 225 g de fariña ( 3 medidas), 130 g de azucre (1 medida)130 g de aceite de oliva ( 1 medida), 16 g de lévedo en pó ( 1 sobre), manteiga. Elaboración: En primeiro lugar pelamos as mangas, separamos 300 g e o resto reservámolo para o recheo e adornar. Nun cunco botamos os ovos e batémolos ben até que espumen, a continuación engadimos o azucre e seguimos batendo. É moi importante batelos ben para que quede ben esponxoso o biscoito. Botamos o iogur e o aceite e continuamos batendo. Trituramos o mango, engadímolo aos ovos e mesturamos. Tamizamos a fariña co lévedo e botámola pouco a pouco mentras remexemos. Engrasamos un molde desmontábel de 23 cm de diámetro coa manteiga e vertemos nel a mestura. Metémolo no forno, que previamente quentamos a 180ºC, durante 40 minutos. Pasado este tempo sacámolo do forno e deixámolo arrefriar un chisco. Mentras, batemos a nata cun batedor de globo eléctrico, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que estea case montada. Neste punto engadimos o azucre e seguimos batendo até que faga debuxos o batedor na nata. Para montar a torta cortamos o biscoito pola metade e enchémolo de nata con anacos pequenos de manga. Cubrímolo por enriba co resto da nata e cortamos anaquiños de manga para decorar formando unha flor."}
{"ID": "PRAZA_16210", "summary": "VÍDEO | Este xoves inaugurouse na Coruña unha placa na casa natal do Cura das Encrobas, finado o 1 de febreiro de 1993. No acto de homenaxe, Ramón Muñiz (presidente da Irmandade Moncho Valcarce), destacou que \"para el, dende a súa fe, a resignación non era unha opción\".", "text": "REPORTAXE | As Encrobas: 40 anos dunha loita icónica ENTREVISTA |\"Entendeu que a vida dun sacerdote era dedicarse a defender os dereitos dos máis débiles\" O 1 de febreiro de 1993 morría na Coruña Ramón Valcarce, Moncho. Este xoves, no seu 25 cabodano, o Cura das Encrobas recibiu a homenaxe que dende entón estaba pendente na súa cidade natal. Un sinxelo e emotivo acto serviu para inaugurar unha placa na casa na que naceu en en 1935, destacando na mesma unha frase do propio Valcarce: \"o compromiso liberador consiste en identificarse cos que sofren o peso da opresión para colaborar na conquista dunha nova Galiza e dun novo mundo\". Interviron Ramón Muñiz (presidente da Irmandade Moncho Valcarce), un representante da familia e o alcalde Xulio Ferreiro, que estaba acompañado por unha parte importante do grupo de Goberno e doutros edís, como Avia Veira (BNG). O vindeiro 19 de febreiro os actos de lembranza e recoñecemento continuarán coa inauguración dunha exposición no Fórum Metropolitano da cidade. Ramón Muñiz comezou a súa intervención destacando o feito de que \"Moncho é homenaxeado en tantos lugares, pero carecía de ningunha representación pública na súa cidade natal da Coruña onde puidese ser recordado e dignificado polos seus cidadáns\", un esquecemento de décadas que tamén foi sinalado por Xulio Ferreiro, subliñando que \"nunha cidade que se caracterizou durante bastante tempo por manter estatuas e honras a aqueles cuxa lembranza se fundamentaba unicamente na dor que causaron, é un acto de xustiza e de recoñecemento que dende hoxe contemos con esta placa que lembrará a Moncho, o noso veciño\". O rexedor sinalou tamén a coincidencia da inauguración coa posta en marcha -este mércores- do Consello da Memoria Democrática da Coruña e, sobre todo, co pasamento de Domingos Merino: \"É desas persoas que marchan deixando tras de si unha sociedade máis xusta da que atoparon. Ao igual que Domingos Merino, que onte nos deixou, Moncho Valcarce é desas contadas persoas que marcharon deixando, detrás de si, futuro\". \"Moncho Valcarce forma parte con todos os honores da memoria histórica. En plena ditadura numerosos mozos e mozas, de partidos organizados antifranquistas, achegáronse á súa reitoral, onde vivía, para facer as súas xuntanzas, para agochar os seus materiais de propaganda e alí atopaban refuxio e apoio. El mesmo soubo de detencións, cárceres, multas, malleiras, mesmo de ameazas de morte naqueles tempos escuros por defender as causas xustas\", destacou Ramón Muñiz. \"Moncho Valcarce, sacerdote, identificado coa Teoloxía da Liberación, entendía que o cristián de verdade tiña o deber de loitar contra calquera poder opresivo para conseguir a xustiza social. Para Moncho, dende a súa fe, a resignación non era unha opción\", dixo, engadindo que \"así o demostrou na práctica, integrándose el mesmo nas loitas que os labregos e labregas galegas mantiñan na defensa das súas terras, das súas casas, das súas vidas\". \"Moncho Valcarce, dende o seu pensamento humanista e cristián, revolucionario e místico, dedicou a súa vida a convivir, defender e sufrir coa xente máis vulnerable, converténdose nun referente carismático dos máis oprimidos da nosa terra, constituíndo un orgullo para Galicia e os galegos e galegas de boa fe\", rematou Muñiz, lembrando os versos que na súa morte lle dedicara Xulio López Valcarce (\"A luz do teu exemplo vencerá o ollar torvo, sentíndonos irmán, sen ti, moito máis orfos\") e concluíndo que \"cando pasemos por esta rúa e vexamos esta placa pensaremos que aínda hai esperanza dunha nova Galicia e dun novo mundo\". As palabras de Xulio Ferreiro foron tamén de gabanza e recoñecemento: \"O home que homenaxeamos hoxe logrou facer tanto porque na súa inmensidade nunca deixou de ser un máis, nunca deixou de ser xente do común. Por iso, tanto en Sésamo coma en Sueiro ademais de cura foi labrego. Por iso, sempre falou e promocionou a lingua que falaban os seus veciños e veciñas. E por iso, a pesar de toda oposición que tivo en contra, nunca deixou de loitar polo patrimonio ambiental de Galicia e os dereitos dos traballadores e traballadoras\". \"Moncho Valcarce pensou que era necesario protexer pero tamén investir e innovar no rural. Foi o home que puxo en marcha unha biblioteca ambulante e converteu a súa igrexa nun refuxio de liberdades en tempos de represión\", dixo. \"Moncho Valcarce conseguiu moito con pouco. Nas Encrobas, xunto con outros moitos homes e mulleres, moitos e moitas xa maiores, desafiaron os poderes establecidos e fixérono tan só con palabras na boa e paraugas nas mans\", concluíu o rexedor, que rematou afirmando que \"a súa loita foi un exemplo para moitos e moitas\". Sempre do lado dos débiles O 1 de febreiro de 1993 Moncho Valcarce morreu de cancro na Coruña, despois dunha vida de loita compaxinando durante anos o seu labor como crego e a súa militancia política: nacionalista e de esquerdas. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro cuberto cunha bandeira estreleira e entre os versos de Bouza Brey. En 1969 comezara a exercer de crego en Sésamo, unha parroquia de Culleredo, onde se distinguiu polo carácter participativo das misas, a gratuidade nos servizos, a eliminación dos confesionarios, a introdución do galego como lingua litúrxica, e polas súas proclamas contra o caciquismo e as inxustizas. Moncho Valcarce foi xirando cara ao nacionalismo e traballou sobre todo nas Comisións Labregas e na AN-PG. Con eles participou moi activamente nos conflitos sociais que se viviron en Baldaio ou en Xove e tamén nas reivindicacións dos gandeiros contra a Cota Empresarial da Seguridade Social. En 1979 foi elixido concelleiro polo BNPG en Culleredo, onde chegou a ser tenente de alcalde. Sempre resultou incómodo para a xerarquía eclesiástica, que fixo todo o posible para afastalo da política enviándoo en 1987 a Salamanca coa desculpa de realizar un curso teolóxico na Universidade Pontificia. \"Entendeu que a vida dun sacerdote era dedicarse a defender os dereitos dos máis débiles\", destacaba Ramón Muñiz nesta entrevista, realizada no 20 aniversario da morte de Moncho Valcarce. Un dos mellores exemplos das loitas que sostivo do lado dos seus veciños e veciñas está na súa participación activa nas protestas contra a ocupación forzosa das Encrobas a cargo da empresa Lignitos de Meirama. En 2017 conmemorouse o 40 aniversario daquel conflito."}
{"ID": "NOS_51733", "summary": "Remata a polémica e \"pulpo\" continúa sen ser palabra galega. A Real Academia Galega ratificouse a través dun comunicado na escolla de polbo como \"forma normativa recomendable\".", "text": "A palabra \"pulpo\", aínda que sexa moi utilizada na fala, suscítalle á Real Academia Galega \"dúbidas sobre o seu carácter patrimonial\" mentres non cuestiona \"que polbo é a voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual\". Explica a Academia no seu comunicado que un dos criterios para a escolla de formas léxicas entre dúas voces ou variantes é a preferencia pola que é \"indubidablemente galega\" polo cal, na demanda que chegou á sede da rúa Tabernas desde o Concello do Carballiño, a institución presidida por Alonso Montero ratifícase na escolla de polbo como recomendábel, lembrando ademais que a forma está consolidada no uso escrito e presenta continuidade no portugués con \"polvo\"."}
{"ID": "NOS_29736", "summary": "O estudo da Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura (CPDT) advirte da persistencia da práctica no país e no Estado.", "text": "Un mínimo de 12 persoas sofreron torturas en Galiza durante 2017 en 7 situacións, cada unha delas afectando a unha ou máis persoas. Son dados do informe anual 'A Tortura no Estado español' que elabora a CPDT, Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura, unha plataforma que agrupa por volta de 40 entidades e colectivos, entre eles os galegos Esculca e 'Xustiza e Sociedade'. A nivel de Estado, o informe fala dun mínimo de 1.014 persoas que sufriron estas prácticas no ano pasado. Este mesmo organismo recollía no seu informe de 2016 foran 11 as persoas que sufrirán en Galiza torturas ou maos tratos. En 2015 foran 23 persoas. Entre 2001 e 2017 morreron mís de 700 persoas baixo custodia de funcionarios de prisións ou axentes das forzas de seguridade A Coordenadora lembra que no informe non se inclúen todas as denuncias de tortura e maos tratos recibidas. Varias ficaron fóra do relatorio por petición das propias persoas afectadas e outras porque a información non puido ser contrastada. Aliás, un número importante destas situacións non sequer é denunciada, indica a CPDT. En 2017 a CPDT tivo coñecemento da morte de 55 persoas mentres se atopaban baixo custodia de funcionarios de insitucións penitenciarias ou das forzas de seguridade do Estado. Tres delas en Galiza (2 na prisión de Teixeiro e 1 ena de Monterroso). En 2016 houbo 34 persoas mortas baixo custodia policial no Estado español. O número ascende a máis de 705 entre os anos 2001 e 2017."}
{"ID": "PRAZA_20948", "summary": "A familia da muller falecida non soubo da súa morte e do funeral celebrado en Xove por mor da identificación errónea ata dez días despois, cando a anciá que se recuperou foi trasladada de volta á súa residencia de orixe. A Fundación San Rosendo, propietaria de ambos centros, subliña que estes feitos de \"gravidade\" non teñen \"precedentes\" entre \"os máis de cen traslados que se realizaron dende o pasado decembro\"", "text": "A residencia de maiores Os Gozos, propiedade da Fundación San Rosendo no Pereiro de Aguiar, comunicou o pasado 13 de xaneiro a unha familia de Xove o falecemento pola COVID-19 da familiar que, xunto co seu marido, vive habitualmente no centro de maiores desta entidade na vila mariñá. A muller, R.B., xunto con outros residentes da residencia de Xove, o San Bartolomeu, fora traslada o 29 de decembro ao centro da provincia de Ourense previa comunicación ás familias tras un gromo de coronavirus no de Xove, igual que outros dez residentes -entre eles, o seu marido-.A familia da muller falecida non soubo da súa morte e do funeral celebrado en Xove por mor da identificación errónea ata dez días despois, cando a anciá que se recuperou foi trasladada de volta á súa residencia de orixeO pasado venres, 22 de xaneiro, a muller que fora identificada como falecida foi trasladada de volta á residencia de Xove xunto co home por superar a doenza. Foi tras ese retorno, como informou El Progreso, cando os parentes de R.B. souberon que a falecida non fora a súa familiar, a mesma pola que chegaran a desenvolver actos funerarios marcado polos protocolo do coronavirus, que implican que os ataúdes permanezan selados en todo momento. Quen finara fora a súa compañeira de cuarto, C., a cuxa familia se informara do proceso clínico de R. mentres, en realidade, os seus restos mortais foran trasladados a Xove.Tras transcender estes feitos e as traumáticas circunstancias nas que se viron envoltas ambas familias, a Fundación San Rosendo sinala, nun comunicado emitido ao ser preguntada ao respecto, que a orixe da confusión de identidades estivo nun \"erro de identificación, durante o traslado dende Xove ao Pereiro\" entre as dúas mulleres, que \"tiñan asignada a mesma habitación\". Ese erro, abonda a entidade, \"propiciou que se certificase o falecemento dunha delas, aínda que equivocadamente se lle asignou a identidade da súa compañeira\".A Fundación San Rosendo subliña que estes feitos de \"gravidade\" non teñen \"precedentes\" entre \"os máis de cen traslados que se realizaron dende o pasado decembro\"Sinala a Fundación San Rosendo que a residencia Os Gozos \"dispón dun andar independente, con entradas e saídas de seu\" que está \"equipado con medios e persoal especializado\" para \"atender usuarios positivos de COVID-19\". Esta, sinala, foi a razón para o traslado dos usuarios de Xove entre eles das dúas mulleres que foron obxecto deste \"desafortunado incidente\". Eses desprazamentos son realizados co visto e prace das consellerías de Política Social e de Sanidade, subliñan.Admite a entidade que estes son feitos de \"gravidade\" e agrega que \"non teñen precedentes\", \"Este é un feito puntual, de entre os máis de 100 traslados que se realizaron dende o pasado mes de decembro a Os Gozos\", destacan.A entidade asegura que está a \"reforzar as medidas de control\" tras o erro que propiciou a certificación legal da morte da residente que se recuperara, e non da muller que si faleceraUnha vez constatado \"o erro\", detalla a Fundación San Rosendo na súa explicación oficial sobre o acontecido, a entidade \"procedeu inmediatamente a informar ás familias\" e \"enviou un escrito aos xulgados de Ourense e Viveiro para advertir dos feitos e iniciar os trámites para reparalos\". Dada a notificación, foi certificado legalmente a morte da muller recuperada, e non da que si falecera a causa do virus.Adicionalmente, mantén que está a \"reforzar as medidas de control e seguimento dos usuarios que se trasladen dunha residencia á outra\". \"Tamén -afirman- incorporou unha identificación máis visual para as persoas maiores cando son trasladadas dun centro a outro para garantir o seu seguimento\".Na actualizada, segundo o Sergas, seguen rexistrándose dez positivos por coronavirus entre as persoas residentes na residencia San Bartolomeu, da Fundación San Rosendo en Xove. En total, con data de 24 de xaneiro, Sanidade informa de ata 466 persoas anciás que viven en residencias afectadas polo coronavirus. Nestes centros continúa o proceso de vacinación, que fornece a inmunidade días despois de ser subministrada a segunda dose."}
{"ID": "NOS_29008", "summary": "Glovo ou Deliveroo presumen de ser exemplos de economía dixital colaborativa ao tempo que non poucas voces alertan de que o que venden como \"flexibidade\" non é senón un modelo de relacións laborais baseado na precariedade e man de obra barata a través da figura dos falsos autónomos.", "text": "Xa son unha imaxe habitual en varias cidades galegas: persoas a pé, en bici ou en moto levando comandas. Deliveroo, unha das principais empresas deste sector de reparto exprés, foi a primeira en desembarcar no noso país, en setembro de 2017, e fíxoo a través da Coruña. Pouco despois, febreiro de 2018, facíao Glovo, que elixía Vigo para estrearse na Galiza. Ambas as dúas expandíronse a Compostela nun plan que axiña saltará a outras cidades galegas. Glovo ou Deliveroo son exemplos de economía dixital colaborativa ou, pola contra, son novos modelos de explotación laboral no século XXI con falsos autónomos como man de obra barata? O debate está de actualidade após o falecemento en Barcelona de Pujan Koraila, de 22 anos, atropelado por un camión do lixo e que traballaba coa conta de Glovo doutra persoa. Ao pouco de aterrar na Galiza, este sector que gosta denominarse economía colaborativa xa bateu coa súa primeira denuncia por falsas autónomas. Presentouna en Vigo o sindicato CUT. O seu secretario xeral, Ricardo Castro, indica a Sermos Galiza que esa demanda, \"presentada porque nolo pediron un grupo de repartidores\", está aínda pendente de resolución. \"Todas e cada unha das persoas traballadoras prestan servizo en condicións de alleidade, dependencia e retribución, elementos claros que definen unha relación laboral\", xustifícase na denuncia. \"Este tipo de empresas son unha forma de escravismo e precariedade absoluta\", indica Castro. Unha nova modalidade de falsas autónomas. Unha figura que Suso García, do sindicato nacionalista CIG, cualificou como \"un modelo de escravitude adaptado ao século XXI\". Traballadoras por conta allea atadas a unha única empresa, que aforra así salarios e asumir dereitos laborais como as vacacións. Esaxeramos? No Estado hai miles de riders (repartidoras). UXT cífraos en 17.000, uns 7000 deles en Glovo. Estas empresas din que unha repartidora traballa de media 25 horas á semana e que pode obter uns ingresos brutos de mil euros. Desquitando autónomos e IRPF, a conta fica en 650 euros. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_45628", "summary": "O grupo parlamentar nacionalista formalizou a petición no rexistro do Parlamento.", "text": "O BNG formalizou no Parlamento a solicitude de creación dunha comisión de investigación para fiscalizar as adxudicacións, contratos, autorizacións, concesións \"e, en xeral, todas as relacións\" do Grupo Villar Mir co sector público galego. Unha petición que fai un fincapé especial \"no seguimento, análise e investigación do intento de segregación e venda ilegal das centrais dos ríos Xallas e Grande\" por parte de Ferroglobe. Esta solicitude prodúcese após o propietario de Ferroatlántica ser imputado na Operación Lezo, na que a Xustiza investiga unha nova trama de corrupción e suposto financiamento ilegal do PP. O BNG informa que vai inicira contactos para recadar o apoio das demais forzas políticas para a creación desta comisión de investigación. Neste sentido, os nacionalistas confían no apoio a esta proposta dos outros grupos parlamentares. O BNG lembra na proposta parlamentaria a \"xenerosa\" doazón do empresario investigado á Fundación Manuel Fraga, a adxudicación a dedo por 1,3 millóns de euros da xestión dos albergues do Camiño de Santiago á construtora OHL propiedade de Villar Mir, así como outras adxudicacións como a nova liña de atraque no porto vigués de Bouzas por 4,1 millóns de euros ou o contrato para mellorar o calado do Porto de Punta Langosteira por importe de 785.000 euros."}
{"ID": "NOS_49865", "summary": "Na cidade de Vigo foron asasinadas 4 mulleres en 2 meses –máis da metade da cifra total na Galiza no que vai de ano. Tanto o xulgado de violencia sobre a muller como a Rede veciñal contra os malos tratos denuncian a falta de vontade política fronte ao terrorismo machista.", "text": "\"Recibín seis mil mulleres en catro anos\". Eis a cifra que dá a xuíza Paz Filgueira, responsábel do Xulgado de violencia sobre a muller de Vigo. Filgueira refírese ao partido xudicial vigués, isto é, para alén da cidade olívica, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, unha delimitación administrativa que abrangue 338.996 persoas –segundo os dados do IGE correspondentes a 2014 das cales, 176.968 son mulleres. Seis mil testemuños de violencia machista que pasaron por diante de Filgueira desde 2014 representan o 3,4% das mulleres do partido xudicial de Vigo. Os seus relatos, sinala a xuíza, son \"arrepiantes\". En conversa con Sermos Galiza, a maxistrada advirte do número de casos que acolle diariamente o tribunal en materia de violencia machista. \"Aquí hai temporadas altas e baixas\", sinala, \"tres casos ao día é a media\" mais \"no período estival\", é dicir, entre os meses de xuño e setembro, \"son cinco casos\" diarios. Podes ler a reportaxe íntegra no número 171 do semanario en papel. Á venda desde esta quinta feira nos puntos habituais e na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_18987", "summary": "Manuel Gallego Jorreto, arquitecto nado no Carballiño en 1936, vén de recibir o premio Nacional outorgado polo Ministerio de Fomento. \"Máis de 50 anos de exercicio profesional marcado por unha arquitectura comprometida coa súa Galiza tradicional\", sinala o xurado do galardón.", "text": "Entre as máis coñecidas de Gallego Jorreto atópase a residencia do presidente da Xunta, o famoso Monte Pío de Santiago de Compostela. A reforma do Museo das Peregrinacións no antigo Banco de España, na praza de Praterías da mesma cidade, a rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro na Coruña ou o Museo da Conserva da Illa de Arousa son algunhas dos seus traballos máis celebrados. \"Profeta na súa terra, desenvolveu unha arquitectura que vai desde vivendas unifamiliares a proxectos emblemáticos\", di a nota remitida polo ministerio, \"caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade. Puxo a contorna, a paisaxe e o interese xeral por diante de calquera selo persoal\". O Premio Nacional de Arquitectura de Fomento está dotado con 60.000 euros. Do xurado desta edición fixeron parte Rafael Moneo Vallés (premio en 2015), Elías Torres Tur e José Antonio Martínez Lapeña (premio en 2016), Luis Fernández-Galiano Ruiz, Manuel Blanco Lage, Luz Fernández de Valderrama Aparicio, Concha Barrigós e Fuensanta Nieto de la Cierva. Gallego Jorreto, que no seu día presentárase ao concurso de ideas para a construción da Cidade da Cultura e logo amosouse crítico co proxecto, foi galardoado en 2008 co Premio Nacional da Cultura Galega na súa única edición."}
{"ID": "PRAZA_7575", "summary": "AGE denuncia a posta en marcha en Galicia do novo modelo de formación profesional, exemplificado no acordo da Xunta coa empresa Coremain, sen un marco normativo galego e sen ter en conta os órganos consultivos en materia de Educación. Os expertos cualifican de \"irreal\" a aposta por ese modelo, polas diferenzas entre as estruturas produtivas galega e alemá.", "text": "Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a Xunta está poñendo en marcha o novo modelo de formación profesional dual -no que boa parte dos procesos formativos se realizan nas empresas e non nos centros de ensino- e que o fai \"pola porta de atrás\", sen un marco normativo galego e sen ter en conta os órganos consultivos en materia de Educación. AGE denuncia que o acordo para establecer un proxecto empresarial de FP dual realizouse sen o correspondente marco normativo galego Os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron poñen o énfase na sinatura o pasado 16 de xaneiro do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, dun convenio de colaboración co director financeiro da empresa Coremain SL. Vázquez e Ron denuncian que o acordo para establecer un proxecto empresarial de FP dual realizouse sen o correspondente marco normativo galego, \"aplicando directamente o Real Decreto aprobado polo Ministro Wert en Madrid\". Ademais, a Xunta non convocou ningún dos órganos consultivos legalmente establecidos para abordar calquera cambio na ordenación do sistema educativo galego, coma o Consello Galego de Formación Profesional, o Consello Escolar de Galicia ou a Mesa sectorial de Educación. Lembran que a Xunta leva asinados \"unha chea\" de contratos con Coremain SL, sendo por exemplo a adxudicataria dos ordenadores para o Plan Abalar cun valor de máis de 5 millóns de euros AGE tamén critica que o convenio se asinase con esta empresa sen abrir a posibilidade de que outras optasen a partircipar. Lembran que a Xunta leva asinados \"unha chea\" de contratos con Coremain SL, sendo por exemplo a adxudicataria dos ordenadores para o Plan Abalar cun valor de máis de 5 millóns de euros, entre outros programas e contratos. Criticas ao modelo dual AGE denuncia que \"este enfoque formativo do PP pretende incorporar ao mercado laboral a xóvenes dende os 16 anos e especular con esta man de obra barata A reforma da lei de Educación proxectada polo ministro Wert establece un novo modelo de formación profesional baseado no modelo dual alemán. A nova FP Dual permite facer prácticas e recibir formación en empresas, simultaneando traballo e estudos. Os expertos non ven a necesidade de realizar esta reforma e cualifican de \"irreal\" a aposta por ese modelo, polas diferenzas na estrutura produtiva entre España e eses países e polo bo funcionamento obxectivo dos estudos de formación profesional no Estado. Por exemplo, o ex director xeral de FP, Miguel Soler, considera que na práctica \"só servirá para cubrir postos de traballo que requiren unha maior cualificación con estudantes a cambio de soldos que non chegarán ao salario mínimo\", xa que a maioría das pemes non teñen capacidade para destinar a persoal á formación do alumnado. De igual xeito, Alternativa Galega de Esquerda denuncia que \"este enfoque formativo do PP pretende incorporar ao mercado laboral a xóvenes dende os 16 anos e especular con esta man de obra barata co pretexto de mellorar a oferta formativa, aproveitan a desregulación do mercado laboral co que se permitirá o libre despedimento de traballadores con antigüidade para contratar a aprendices en precario e con salarios miserables\". E engaden que \"co establecemento dos chamados minijobs, o PP pretende ademáis un dobre obxectivo disfrazar as cifras do fracaso e abandono escolar e maquillar as cifras do paro, e todo con máis precariedade e menor calidade de ensino\". Galicia non é Alemaña Os expertos non ven a necesidade de realizar esta reforma e cualifican de \"irreal\" a aposta por ese modelo, polas diferenzas na estrutura produtiva entre España e eses países e polo bo funcionamento obxectivo dos estudos de formación profesional no Estado Antonio Rial, profesor de Ciencias da Educación na USC, cre que \"a formación profesional non necesita ningún cambio neste momento. Se cadra pódense facer algunhas modificacións nos ciclos medios, pero os ciclos superiores funcionan moi ben, sobre todo grazas a un profesorado de primeiro nivel e moi comprometido coa formación\". En concreto, Rial afirma que a implantación do modelo alemán \"non sería posible\", porque \"Alemaña ten un sistema dual no que as grandes empresas son as protagonistas, e funciona porque estas empresas teñen aulas-talleres, polo que o sistema non é moi distinto ao que temos aquí, e só no último ano os alumnos se insiren no proceso de produción real. Aquí a situación é moi distinta; as empresas non forman os seus propios activos. E en calquera caso as prácticas en empresas en España melloraron moito, por iso non vexo necesarias as reformas\". Concha Fernández, profesora de Formación Profesional Específica de Servizos Socioculturais e á Comunidade, afirma que \"o modelo alemán serve para un modelo produtivo e de servizos coma o alemán. Pero en Galicia que persoa entra nunha empresa e dentro dela continuar a súa formación? Sería unha reforma irreal, que poría en mans das empresas persoas cunha cualificación mínima. En Alemaña alguén entra en Siemens nun nivel básico e ir progresando; en Galicia o 95% das empresas teñen menos de sete traballadores\". En Galicia o 95 por cento das empresas son de pequeno tamaño e só o 0,67 por cento teñen 50 ou máis empregados Os deputados de AGE sinalan tamén as diferenzas entre os contextos industrial, empresarial, laboral, económico e social de Galicia e Alemaña. Ramón Vázquez e Xabier Ron destacaron o investimento de 30 billóns de euros por parte do goberno alemán para o desenvolvemento da formación profesional, a participación de 500.000 empresas alemás que participan ofrecendo máis de 350 carreiras profesionais, e os 320.000 instrutores que traballan como formadores nas empresas, e todo nun contexto onde a taxa de paro se sitúa no 7,3 por cento e o salario medio nos 1.993 euros. Pola contra, en Galicia o 95 por cento das empresas son de pequeno tamaño e só o 0,67 por cento teñen 50 ou máis empregados."}
{"ID": "PRAZA_4073", "summary": "A Xunta permitirá a súa reapertura despois de mes e medio de peche e das críticas realizadas por entidades como SLG ou Fruga. Os mercados labregos deberán observar unha \"estritas medidas de seguridade\", comezando pola distancia física entre todos os seus participantes.", "text": "Os mercados alimentarios de proximidade pecharon as súas portas a mediados de marzo, no marco das medidas de prevención aprobadas para limitar a expansión do coronavirus. Porén, a pesar de levar a cabo ao aire libre e das repetidas críticas dos sindicatos agrarios, mantivérase ata agora a prohibición da súa celebración. O Goberno galego considera que a entrada, o vindeiro luns, na \"fase 0\" da desescalada posibilita a reapertura deste servizoA Xunta anunciou este xoves que o vindeiro luns permitirá que os concellos celebren mercados locais, seguindo iso si \"as estritas condicións\" aprobadas pola Xunta a finais de marzo para garantir a seguridade das persoas, coas debidas medidas sanitarias e de distancia social. O Goberno galego considera que a entrada, o vindeiro luns, na \"fase 0\" da desescalada posibilita a reapertura deste servizo.Nas últimas semanas SLG e Fruga redobraran as súas críticas á Xunta, acusando o Executivo galego de realizar unha interpretación excesivamente restritiva das prohibicións decretadas polo estado de alarma. Sinalaban que \"outras comunidades autónomas como Cataluña ou Euskadi xa os reabriron ou outras como Baleares non os chegaron a pechar e reguláronos dende o inicio das restricións\". Ademais, organizacións labregas e ecoloxistas esixiran en varias ocasións do Goberno central que se \"diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade\".Medio Rural sostén que \"solicitou esta medida en varias ocasións\" e afirma que \"agora entende que se dan as circunstancias para adoptala\"Aínda este mércores, SLG e FRUGA presentaron unha queixa diante da Valedora do Pobo contra a \"teima\" da Xunta en prohibir os mercados alimentarios de proximidade. A maiores, esixían a retirada dunha campaña propagandística da Xunta \"na que anuncia os supermercados como substitutos das feiras\" por ser \"unha burla e unha ofensa para miles de familias labregas ás que se lles prohibe comercializar as súas producións\". Pola contra, a Consellería de Medio Rural sostén que \"solicitou esta medida en varias ocasións\" e afirma que \"agora entende que se dan as circunstancias para adoptala\". Na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o Conselleiro de Medio Rural, José González, afirmou que \"non se pode facer un plan de desescalada sen contar coas comunidades autónomas e en especial coas particularidades do medio rural galego\". Así mesmo, González reclamou tamén ao ministro Luis Planas a reapertura dos mercados de gando, tendo en conta o mesmo proceso de desescalada e sempre adoptando todas as medidas sanitarias precisas.\"Hai miles de familias labregas cuxos ingresos, na maior parte, dependen destes mercados de proximidade\", dicían SLG e Fruga hai unhas semanasA reapertura dos mercados de proximidade suporá un alivio para moitos labregos e labregas que levaban varias semanas sen unha das principais fórmulas de venda dos seus produtos. SLG e Fruga lembraban hai uns días que que \"hai miles de familias labregas cuxos ingresos, na maior parte, dependen destes mercados de proximidade\" e demandan igualmente que as hortas de autoconsumo deben ser consideradas \"como unha actividade esencial, sen atrancos en forma de distancias mínimas con respecto ao domicilio\"."}
{"ID": "PRAZA_8894", "summary": "Os conservadores evitan que prospere unha moción na que o BNG reclamaba que o Goberno galego presentase un plan de viabilidade e mediase para solucionar os problemas financeiros de Alimentos Lácteos", "text": "A finais de 2009 un grupo de cinco cooperativas lideradas por militantes e dirixentes do PP en localidades como Monterroso, A Pastoriza, Castro de Rei ou Touro obtiñan financiamento público para facérense co control da factoría que o grupo Leche Pascual se dispuña a pechar no concello de Outeiro de Rei, lindeiro con Lugo. Con este apoio financeiro, cifrado pola oposicion en máis de seis millóns de euros, a Xunta desequilibraba unha carreira na que tamén competían máis de vinte cooperativas ligadas a Feiraco e propiciaba o nacemento de Alimentos Lácteos, a mesma empresa que apenas tres anos despois da súa posta en marcha está á beira do concurso de acredores. Con este pano de fondo, o PP tenta desvincular o Executivo de Alberto Núñez Feijóo da compañía láctea que contribuíu a crear. Desta volta, o intento de desligar a Goberno e empresa chegou a raíz dunha moción promovida polo BNG no Parlamento, unha iniciativa \"de mínimos\" coa que a nacionalista Tereixa Paz instaba a Xunta a \"convocar unha mesa conxunta das partes implicadas\" na situación da empresa, \"presentar un plan con documentación solvente no que se aclare a sitaución actual do grupo Alimentos Lácteos\" e \"trasladar o plan no que se sustenta a viabilidade futura da empresa\", incluíndo \"investimentos necesarios e compromisos para a súa realización\", así como os compromisos en materia de persoal. Tratábase, sintetizaba Paz, de \"garantir\" que \"os gandeiros aos que se lles deben cartos poidan cobrar dunha vez\" e, ademais, de garantir a viabilidade da planta antes de que, \"en quince días\", entre definitivamente en situación concursal, porque daquela \"pode ser demasiado tarde para manter os postos de traballo\". A oposición cifra nuns seis millóns de euros o apoio financeiro da Xunta a Alimentos Lácteos As esixencias do Bloque non callaron no PP, representado no debate pola deputada Isabel García Pacín. Como en anteriores sesións os conservadores desvincúlase do nacemento da empresa e, polo tanto, da súa actual crise, toda vez que se trata dunha \"iniciativa empresarial privada\" que \"naceu dunhas cooperativas\". \"A oposición -di- está unha vez máis ao lado de colectivos que teñen especiais circunstancias para atacar a xestión do Goberno\" e para iso, acusa, distinguen \"cooperativas malas malas e boas, porque unhas son do PP e outras non\". Onde a oposición lembra que partidos políticos e sector lácteo advertiron dende o inicio de que Alimentos Lácteos era \"inviable\" o PP ve \"críticas destrutivas\" que se realizan \"a touro pasado\". \"Non se pode demandar do Goberno que presente un plan\" de viabilidade, afirma. Non obstante, estará \"aí, apoiando, tentando poñer as partes de acordo\" e que \"todo o mundo sexa xeneroso\". \"O PP ten unha maneira curiosa de apoiar as persoas con problemas\", ironiza Tereixa Paz, quen lamenta que o grupo que sustenta o goberno permita \"que o tema siga a podrecer\". \"Apostaron calramente por este proxecto que era inviable non porque sexamos visionarios\", subliña, nun contexto no que \"todo o mundo que sabe algo de leite sabía dende 2010 que era inviable, a comezar polos traballadores\". Así as cousas, o plantel de Alimentos Lácteos seguirá a agardar polo \"proxecto rigoroso e viable\" que, segundo o conselleiro de Industra, Francisco Conde, é preciso para que a factoría siga adiante. A Xunta, asegurou Conde hai dúas semanas no propio Parlamento, \"non escatimará ningún esforzo\". A iniciativa, non obstante, foi tombada polos votos do PP."}
{"ID": "NOS_53132", "summary": "\"Feixóo, escoita, o pobo está en loita\" ou \"Esta mina ímola parar\" foron algúns dos lemas que saíron da gorxa dos varios milleiros de persoas -60 mil, segundo a organización- que no mediodía do domingo, 10 de xuño, colapsaron as rúas compostelás e encheron a Praza do Obradoiro contra a mina de Touro-O Pino.", "text": "Varios milleiros de persoas, 60.000, segundo a organización, acudiron á chamada da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa que, co apoio de máis dun cento de organizacións, convocaron no mediodía deste domingo, 10 de xuño, unha mobilización contra a mina que pretenden explotar Atalaya Mining e Cobre San Rafael en terreos de Touro e do Pino. O manifesto da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa centrouse en reclamarlle á Xunta de Galiza \"a paralización do proxecto e a denegación da autorización para esta explotación mineira\", así como a \"restauración do dano causado pola anterior explotación, tanto do solo como das augas contaminadas\". Os colectivos convocantes pediron, nesta liña, a caducidade da concesión polo abandono da actividade extractiva de cobre, por non ter restaurado a mina e pola contaminación causada e que \"os que causaron o dano para se lucraren paguen pola recuperación do medio\". \"Levamos máis de trinta anos sufrindo a herdanza envelenada que deixa este tipo de explotacións\" Sobre o palco instalado na Praza do Obradoiro advertiuse que \"de levarse adiante, o proxecto suporía un risco certo o noso modo de vida\". \"En Touro e no Pino xa tivemos unha mina. Sabemos do que falamos. Levamos máis de trinta anos sufrindo a herdanza envelenada que deixa este tipo de explotacións a ceo aberto e de enormes dimensións\", engadiron os colectivos convocantes. Á herdanza de \"ríos e regatos fortemente contaminados\" sumaron os \"cursos de augas ácidas con metais pesados sen vida que pasan polo Ulla antes de acabar na ría de Arousa, onde son visíbeis os seus efectos en zonas como os Lombos do Ulla\". Son estas, salientaron, as consecuencias da explotación mineira abandonada por Río Tinto. Uns efectos que provocan \"un firme rexeitamento social\" dada a posíbel reapertura, \"sentimento que se acrecenta se reparamos nas cifras da explotación: 689 hectáreas de extensión que poderían chegar ás 2.000\". Muros máis altos que as torres da catedral \"Pensan levantar dúas enormes balsas con muros máis altos que as torres da catedral de Santiago, onde meterían máis de 100 millóns de toneladas de lodos altamente contaminantes. Todo iso a douscentos metros da aldea de Arinteiro que, xunto cos Torreis, estarían condenadas a desaparecer\", alertaron as plataformas, que sinalaron que o proceso de extracción do mineral tamén esixiría voaduras día a día que afectarían á estabilidade dos diques de contención das balsas. Se rebentan, agregaron, non habería capacidade de reacción. \"En 12 horas a súa carga letal estaría na Ría de Arousa. Sería peor, moito peor, que o Prestige\". Se rebentasen os diques de contención, a \"carga letal\" sería \"moito peor que o Prestige\" A isto súmaselle a utilización de compostos químicos para separar o cobre. Algún deles, segundo os colectivos, \"sospeitosos de causar cancro\". \"Como se podería vivir nun entorno así?\", preguntáronse, ante os berros de \"Mina non\" das milleiros de persoas que ateigaron a Praza do Obradoiro, entre as que se atopaban traballadoras e traballadores do mar e do campo, cuxos empregos acabarían en perigo de darlle a Xunta de Galiza luz verde á mina solicitada por Atalaya Mining e Cobre San Rafael. \"Fronte a un modelo produtivo como o noso, capaz de xerar riqueza e redistribuíla, a mina, de ser unha realidade, só beneficiaría uns poucos que nada teñen que ver con nós e aos que lle importa moi pouco o noso benestar\", recolleu o manifesto, \"respeito ás promesas de postos de traballo que xeraría a mina, a verdadeira pregunta que hai que facer é: cantos se van destruír?\". \"Queremos un mundo rural vivo, un sector pesqueiro e marisqueiro que sexa a envexa do mundo. Somos conscientes de non sermos un caso illado. Antes foi Corcoesto, e a día de hoxe seguen vivos unha chea de conflitos mineiros ao longo de todo o país: San Fins, Terra Cha, Xanceda, Triacastela... Galiza enteira está convertida nunha cuadrícula mineira, como consecuencia dunha política que pon os intereses privados por riba do ben común\", denunciaron as plataformas convocantes, que concluíron coa necesidade de \"pensar no futuro e nas xeracións que veñen detrás\" para non lles deixar \"unha herdanza envelenada\". O Himno Nacional -coa segunda parte a cappella, sen a compañía das gaitas- poñía o broche final á manifestación, que remataba pasadas as 14.30 horas. Participación dos partidos da oposición Asistiron á mobilización as e os representantes das forzas políticas da oposición no Parlamento de Galiza, así como alcaldes de concellos afectados (entre os que non se atopaban o de Touro nin o do Pino, ambos os dous do PP). Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, instou a Feixóo a abandonar \"ese proceso de reflexión serena no que está inmerso coa mirada posta en Madrid, e erga os ollos para ver con claridade o que lle están dicindo miles de galegos e de galegas nas rúas, que non queremos ese proxecto de megaminería\" e urxiuno a \"parar un proxecto de megaminería espoliadora e contaminante con consecuencias letais para os concellos afectados, en termos ambientais, económicos e sociais\". Luís Villares, portavoz de En Marea, asegurou que o seu partido non consentirá que Feixóo \"envelene a auga do río Ulla, do que beben 100.000 galegos\". No mesmo sentido, indicou que non se pode permitir que se estrague cunha mina \"o camiño de Santiago\" e que se envelene \"toda riqueza marisqueira da ría de Arousa\" para satisfacer os \"intereses económicos dunha multinacional e a complicidade dun goberno que non pensa nas galegas e galegos\". Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que a mina \"pon en risco a contorna natural no Pino e Touro e a biodiversidade mariña de toda Galiza\". Así, instou a Xunta a priorizar \"o desenvolvemento sustentábel de Galiza\" fronte ao proxecto."}
{"ID": "QUEPASA_692", "summary": "Curiosa circunstancia en Ponteceso: dende hoxe e ata o domingo poden entrar e saír dentro da área sanitaria da Coruña, pero a partir do luns volverá quedar perimetrado.", "text": "O Conselleiro de Sanidade anunciaba este mediodía de venres, no marco dunha baixadas a cifras mínimas, que as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra deixan de estar pechadas perimetralmente dende este luns 8 de marzo. Así, agás o Concello de Ponteceso (e o de Arteixo), que queda no nivel intermedio de restricións, o resto da bisbarra poderá moverse por Galicia con liberdade sempre nos concellos do mesmo nivel.É dicir, os habitantes da Costa da Morte poderán visitar calquera outro concello galego agás Boborás, Poboa de Brollón e A Mezquita (no nivel máximo) nin Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Cambados, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Cariño e Mugardos (no nivel intermedio) Ademais, nos 18 concellos costeiros a hostalería abrirá no seu interior, ao 30%, mantendo as terrazas ao 50%, pero sen barra e só ata as 18:00. As reunións seguen a ser de máximo 4 non convivintes. 🔴 ÚLTIMA HORA ISanidade levanta o peche perimetral nas áras sanitarias da Coruña e de Pontevedra.Consulta aquí como queda a situación do teu concello https://t.co/VipJux2VJ6 pic.twitter.com/EuURyab1BU— G24 (@G24Noticias) March 5, 2021 O caso de Ponteceso O Conselleiro sinalou que será incidencia acumulada municipal, e non da área sanitaria, a que marque a partir de agora as restricións. Esta circunstancia provoca unha curiosa circunstancia en Ponteceso. Dende hoxe e ata o domingo poden entrar e saír dentro da área sanitaria da Coruña, pero a partir do luns volverán quedar perimetrados, ou cando menos só poderá ir a Arteixo (ou ao resto de concellos de nivel intermedio) sen parar polo camiño. Máis novas sobre o covid 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte. 03-03-2021: COVID: Corcubión e Ponteceso saen o venres do nivel máximo de alerta sanitaria. 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos 24-02-2021: COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada. 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa. 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros 22-02-2021: COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada . 19-01-2021: Comeza, pola \"h\", a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca. 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo. 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada. 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, \"os máis altos\" dos feitos pola Área Sanitaria. 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s . 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: \"Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar\". 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións."}
{"ID": "PRAZA_21074", "summary": "Os 526 casos que o Sergas suma este 8 de febreiro supoñen a cifra máis baixa dende o 5 de xaneiro. O total de persoas hospitalizadas coa COVID-19 é inferior ao de hai unha semana, pero os ingresos nas UCI son doce máis que daquela mentres o total de falecementos da terceira vaga xa está a piques de superar o da primeira", "text": "O Sergas suma este 8 de febreiro 526 novos casos confirmados da COVID-19, 490 deles diagnósticos mediante PCR. Son os rexistrados entre as seis da tarde do sábado e a mesma hora do domingo. E tamén a cifra máis baixa en vinte e catro horas dende o 5 de xaneiro, xusto antes de que comezasen a aflorar de vez os contaxios das semanas do Nadal e Aninovo.Os 526 casos que o Sergas suma este 8 de febreiro supoñen a cifra máis baixa dende o 5 de xaneiroEsta cifra, relativamente baixa no marco da terceira vaga, pero que sería alta durante a segunda (que é comparable coa actual por dispoñer o Sergas dunha capacidade diagnóstica semellante), supón que por terceira xornada consecutiva son rexistrados menos de mil casos novos. En termos de días naturais, a dinámica é semellante: o venres, día 5, Sanidade sumou 866 casos e o sábado (último día completo con datos dispoñibles) foron 764, dous días seguidos con menos de mil por primeira vez dende o 11 de xaneiro.Como produto deste freo, a media diaria de novos diagnósticos a sete días continúa descendendo e faino a unha velocidade semellante á do ritmo de incremento do pasado xaneiro. Segue, así e todo, en cifras moi altas: unha media superior aos 870 diagnósticos novos mediante PCR ao día na última semana. O pico da segunda vaga non chegara aos 700 -a primeira non é comparable porque daquela o Sergas, como o resto de sistemas sanitarios, dispuña dunha capacidade diagnóstica moito menor, que o levaba a detectar apenas un terzo dos casos, segundo constataron estudos serolóxicos como o impulsado polo Ministerio de Sanidade ou o da propia Xunta.A ocupación das UCI, nun 'altiplano'O total de persoas hospitalizadas coa COVID-19 é inferior ao de hai unha semana, pero os ingresos nas UCI son doce máis que daquelaEsta rápida baixada no número diario de novos casos da COVID-19 segue sen ter a súa correspondencia nos hospitais, onde tanto os incrementos bruscos no número de positivos detectados como as melloras na situación epidemiolóxica xeral adoitan tardar en reflectirse. Isto sucede especialmente nas unidades de coidados intensivos: as 254 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus supoñen un novo máximo de toda a pandemia e doce máis que hai unha semana. Mentres, si vai aliviando aos poucos a presión nas unidades de hospitalización ordinaria. Agora son 1.063, 43 máis que vinte e catro horas antes pero 135 menos que o mesmo día da semana anterior. Isto provoca que a cifra total de persoas hospitalizadas sexa inferior á de hai sete días por terceiro día consecutivo. [A terceira vaga da COVID pon as enfermeiras ao límite: \"Os pacientes son máis graves e máis novos; non damos visto o final\"]Os hospitais aínda teñen un longo camiño por diante ata chegaren a un relativo alivio da presión directamente ligada coa pandemia e o mesmo sucede noutros ámbitos dos sistema sanitario, como a Atención Primaria. O descenso no número de novos casos e o gran número de altas epidemiolóxicas de persoas contaxiadas nas semanas do Nadal, Aninovo e Reis está a contribuír que o total de \"positivos activos\" leve descendendo case unha semana. Non obstante, aínda son 19.246, o que implica que case 18.000 (concretamente, 17.929, en cifras pechadas ás seis da tarde do domingo) persoas contaxiadas da COVID-19 estean en seguimento nos seus lugares de residencia.Incidencias acumuladas en claro descenso e aínda moi por riba da segunda vagaA incidencia a 14 días baixa dende finais de xaneiro e sitúase en 640 casos novos por cada cen mil habitantes; o pico da segunda vaga apenas superara aos 340Os devanditos datos de casos novos detectados permiten que as incidencias acumuladas (novos positivos por cada cen mi habitantes) continúen trazando unha liña claramente descendente, cun ritmo semellante ao previo ascenso. Ás portas dos días nos que, previsiblemente, comezarán a apreciarse os efectos do actual paquete de restricións (vixente dende o 27 de xaneiro), a incidencia acumulada a 14 días para o conxunto de Galicia baixa dos 640 casos tras superar os 770 a finais de xaneiro. O pico da segunda vaga quedara en arredor de 342.Tamén a incidencia acumulada a sete días continúa baixando, mesmo dun xeito máis pronunciado. Agora sitúase nuns 258 casos novos por cada cen mil habitantes na última semana. Na anterior vaga da pandemia non chegara a 180.Estes rexistros prodúcense nun contexto no que a razón de taxas (indicador que serve para medir se o ritmo da incidencia aumenta ou diminúe) amosa decrecemento tanto a sete como a catorce días. Dende o 30 de xaneiro, a incidencia acumulada a 7 días vén sendo, cada xornada, máis baixa que o do mesmo día da semana anterior. O mesmo sucede coa incidencia a 14 días, no seu caso dende o 3 de febreiro. [Podes consultar a evolución en detalle deste indicador nesta ligazón]Os concellos sen casos novos nas últimas dúas semanas seguen sendo menos de vinte.O descenso da incidencia acumulada da COVID-19 a catorce días tamén se vai percibindo aos poucos sobre o mapa de Galicia, pero igualmente cun notable camiño por diante. Non en van, aínda son varios os concellos con máis de dez mil habitantes nos que este indicador segue por riba dos 1.000 casos. Así sucede en Poio (1.534), Betanzos (1.478), Arteixo (1.264), Vilalba (1.264), Ordes (1.116), Sanxenxo (1.022) ou Sada (1.019). Así e todo, estes relevantes núcleos de poboación con máis de mil casos novos por cen mil habitantes en 14 días están a diminuír e neles a evolución deste indicador tende, en xeral, a ir mellorando. Os concellos sen casos novos nas últimas dúas semanas seguen sendo menos de vinte.No que atinxe ás principais cidades, as liñas descendentes na incidencia acumulada a 14 días tamén se van impoñendo aos poucos. Nas dúas con incidencia máis alta, A Coruña e Ourense, destaca o incremento ourensán no ritmo de descenso, aínda que a súa incidencia polo momento segue sendo moi alta. Mentres, Pontevedra e Ferrol semellan transitar por un período de estabilidade e Lugo e Vigo apuntan, agora si, a un descenso. Isto sucede de xeito máis pronunciado en Vigo, que pasa a ser a cidade con menor incidencia acumulada (388 casos novos por cen mil habitantes a 14 días). A liña descendente máis prolongada segue sendo a de Santiago, a piques de baixar dos 500 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días.Mentres todo isto sucede, o número de mortes de persoas que contraeran a COVID-19 tamén semella ir acougando aos poucos. Non obstante, as 24 mortes oficialmente ligadas á pandemia que, de media, rexistrou Galicia cada día da última semana seguen sendo máis que nos peores días da primeira vaga. Naqueles primeiros meses de pandemia (de marzo a xuño) morreran 619 persoas que padecían a COVID. Dende o comezo da terceira vaga (a finais de decembro) xa están confirmadas 617 mortes, polo que xa é posible afirmar que o total de falecementos superará á da primeira aínda que a taxa de letalidade vaia ser moi inferior, dado que agora se detectan moitos máis casos que daquela. O total chega xa ás 1.967."}
{"ID": "NOS_33624", "summary": "Un penalti no minuto 83 de partido impediu o primeiro triunfo do Deportivo nesta Liga. Afortunados, os de Mel marcaron nos dous primeiros disparos a porteráia. Logo resistiron, case até o final.", "text": "O Deportivo comezara a tarde a toda máquina. Con cinco minutos de xogo xa anotara un gol. Foi no seu primeiro disparo á porta contraria. No segundo, nun remate de cabeza de Sidnei despois dun saque de esquina, tamén obtivo premio. Ía media hora de partido costa abaixo pero o Levante xa puxera en perigo a meta de Rubén. Na terceira chegada dos locais, Enes Bardhi, de libre directo, rebaixou a vantaxe visitante. Entón o Deportivo comezou a sufrir. Na segunda metade Mel deu entrada a Borges e a Adrián, pero foi o Levante o que levou a iniciativa e tivo boas oportunidades para empatar. Malia as dificultades, o Deportivo mantívose por diante no marcador. A un cuarto de hora do final, despois da expulsión de Morales, o resultado parecía garantido. Os de Mel mesmo puideron sumar un gol máis. Pero nos minutos finais o Deportivo volveu sufrir. Campaña mandou o balón ao pau e a continuación o árbitro pitou un penalti sobre Ivi. El mesmo anotou o empate. O punto, despois da derrota na apertura da Liga diante do Real Madrid, sábelle a pouco aos blanquiazuis. Levante: Raúl Fernández, Iván López (Ivi, min. 65), Postigo, Chema, Toño García, Jefferson Lerma, Campaña, Jason Remeseiro, Bardhi (Doukouré, min. 85), Morales e Álex Alegría (Boateng, min. 68). Deportivo: Rubén, Juanfran, Schär, Sidnei, Luisinho, Pedro Mosquera, Guilherme, Fede Cartabia, Emre Çolak (Borges, min. 54), Bakkali (Adrián, min. 61) e Andone (Bruno Gama, min. 74). Goles: 0-1 Fede Cartabia (min. 5); 0-2 Sidnei (min. 31); 1-2 Bardhi (min. 35); 2-2 Ivi (min. 83). Árbitro: Alberola Rojas (c. castellano-manchego). Cartón vermello a Morales (min. 76), del Levante, dobre amarela. Tarxetas a Luisinho (min. 11), Fede Cartabia (min. 56) e Morales (min. 68). Incidencias: Estadio Ciutat de València. 17.370 espectadores."}
{"ID": "NOS_11334", "summary": "Unha delegación encabezada polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e o tenente de alcalde, Tino Fernández, participou no Foro do centro das cidades ademais de reunirse con entidades locais no Consello de Europa.", "text": "Acompañado de representantes das das cidades de Liubliana (Eslovenia) e Lund (Suecia), o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores interveu no segundo Foro do centro das cidades, organizado no Parlamento Europeo, para abordar a mobilidade e a peonalización de Pontevedra. Segundo explicou \"cando partimos no 1999, Pontevedra era un almacén de coches\" por iso o novo Goberno local, daquela, tiña claro que era preciso un \"cambio de paradigma para crear un proxecto buscando apoio social e executándoo con valentía política\". Máis espazo para os peóns Unha das primeiras medidas acordadas para esa mudanza foi a de reducir o espazo destinado aos vehículos que \"pasaron a ocupar 30% do espazo público, e os peóns, 70%\". Miguel Anxo F. Lores: \"Teño ilusión por seguir facendo avanzar Pontevedra\" Lembrou, ademais, a eliminación do tráfico de paso e a transformación das prioridades no espazo público, situando as persoas por riba dos coches. Non hai carrís bicis, non segregamos espacios A reivindicación do espazo público, sinalou Fernández Lores, da accesibilidade universal, dunha boa iluminación, renovación de servizos e renaturalización urbana constituíu a base dun proxecto integral no que a seguridade viaria ten unha importancia capital. Seguridade viaria En 2010 Pontevedra reduciu a velocidade en todas as vías municipais a 30km/h e en 2019 a 10km/h todas as zonas de preferencia peonil. O rexedor municipal lembrou que estas medidas non só se conseguiriron con lexislación, senón tamén \"co deseño da propia cidade\", por exemplo coa instalación de pasos sobreelevados. Uxío Benítez: \"Hai que protexer o espazo público, o único que é de todos, o máis esquecido\" En Pontevedra, dixo, hai 597 instalados. A circulación das bicicletas está integrada no tráfico convencional. \"Non hai carrís bicis, non segregamos espacios\", explicou. Pontevedra logrou reducir o tráfico a motor, aumentar a economía terciaria e a poboación no centro da cidade Miguel Anxo Fernández Lores referiuse a outras medidas, como as alternativas de estacionamento -soterrado, perimetral de bordo e de balde e de 15 minutos no centro da cidade, tamén de balde- ou fomento da actividade económica, cultural e deportiva. Maior autonomía das persoas Os propósitos do modelo urbano que defende o Goberno local de Pontevedra son \"reivindicar o dereito ao espazo público equitativo para todos e todas, sen diferencias de condición social, promover a autonomía das persoas e a perspectiva de xénero en todo o deseño urbano\". Reducíronse nun 60% as emisións de CO2 Loanza da árbore urbana Neste sentido, concluíu, Pontevedra logrou reducir o tráfico a motor aumentar, a economía terciaria e a poboación no centro da cidade. Pontevedra ten a poboación máis nova da Galicia, 80% dos nenos e nenas van camiñando ao colexio, reducíronse nun 60% as emisións de CO2 e \"existe un recoñecemento internacional do modelo que incrementou a autoestima dos veciños e veciñas\"."}
{"ID": "PRAZA_1687", "summary": "O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.", "text": "No primeiro trimestre do ano 2007 prevíase que Galicia contase con 12.360 vivendas de nova construción. Nos primeiros tres meses do ano seguinte esta cifra baixara a 6.890. En todo 2014 o mercado inmobiliario galego rexistrou un incremento neto do parque de vivendas de apenas 1.200 e no primeiro trimestre deste 2015 construíronse 355 pisos, uns 40 menos que un ano antes. Estas cifras retratan o estourido en Galicia dunha burbulla inmobiliaria que, se ben non inchou tanto como noutros puntos do Estado, tiña un contido que aínda non foi absorbido por completo. Non en van, a vivenda nova sen vender aínda rolda os 30.000 pisos. O Ministerio de Fomento vén de facer públicos os datos do stock de vivenda datados a 31 de decembro de 2014 e nesa data acumulábase aínda un total de 28.852 pisos máis que a comezos de 2004, data de referencia a partir da cal a Administración realiza os seus cálculos. Este stock pendente supón unha redución de algo máis do 8% a respecto de finais de 2013 e implica que foron colocados algo máis de 4.500 pisos dende finais de 2012. Mentres o último censo recompilado polo INE e o IGE indicaba que Galicia contaba con case 300.000 vivendas baleiras e cando a Xunta comeza, tras o 24M, a asinar convenios para a cesión de pisos que poidan utilizar a baixo prezo familias con poucos recursos, unha ollada panorámica indica como, na súa medida, Galicia non foi allea ás alegrías inmobiliarias. Cando o crédito fluía dende as entidades bancarias ata acadar niveis históricos e mentres as desaparecidas Caixanova e Caixa Galicia se embarcaban en incertas aventuras inmobiliarias -cuxo produto foi asumido, en boa medida, polo erario- o aumento do parque galego de vivendas era exponencial, ata chegar a sumar nun único ano, o 2007, máis de 45.000 novos pisos. O incremento do parque galego de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014 Como é posible observar na gráfica que acompaña esta información a freada non puido ser máis drástica. Mentres a caída de Lehman Brothers desataba o pánico no sector bancario internacional e cando o paro comezaba a golpear con dureza tamén en Galicia o mercado inmobiliario axustouse dun xeito case brutal. O incremento neto do parque galego de vivendas pasou das 45.000 de 2007 a 7.700 en 2009, unha caída do 82%. Tras esa primeira gran caída a redución continuou a un ritmo menor pero constante ata chegar a un incremento de apenas 1.200 vivendas en 2014. A diferenza con 2007 é do 97%. Todos estes números conforman un panorama que ten, obviamente, a súa tradución no parque total de vivendas de Galicia, conformado a finais de 2014 por 1,6 millóns, segundo datos de Fomento. Esta cantidade mantense practicamente inalterada dende o ano 2011 e contrasta coas vivendas rexistradas no ano 2002, xusto antes de que o Goberno de José María Aznar negase a burbulla por boca do actual ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que daquela exercía responsabilidades semellantes. Así, nese ano Fomento contabilizaba en Galicia 1,3 millóns de vivendas."}
{"ID": "PRAZA_6484", "summary": "A Esmorga será a encargada de inaugurar, o 15 de novembro, o Festival de Cine Internacional de Ourense. E o día 21 dese mesmo mes estrearase en todas as cidades e vilas galegas, con nada menos que 25 copias. Falamos co seu director, Ignacio Vilar", "text": "O vindeiro 15 de novembro a proxección da Esmorga servirá para inaugurar a Festival de Cine Internacional de Ourense. Unha semana máis tarde, o venres 21, o filme dirixido por Ignacio Vilar estrearase en toda Galicia, e farao con 50 copias, 25 en formato cine e outras 25 blu-ray. Isto permitirá que a película se vexa dende o primeiro momento non só nas sete cidades galegas, senón tamén en todas vilas con sala permanente. E máis aínda: o obxectivo do equipo do filme é que A Esmorga se proxecte tamén noutras localidades, en auditorios e centros culturais. \"Creo que o cinema é un grande instrumento para artellar un país. Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles, e o cinema ten que ser outro espazo común. É importante que todos os galegos e galegas teñan a posibilidade de ver esta película\", destaca Ignacio Vilar a este respecto. A estrea de novembro será a culminación dun intenso traballo, de varios anos, para levar á gran pantalla a aventura nocturna de Cibrán, Milhomes e o Bocas na Auria dos anos 50. Falamos co director do filme. Despois de tantos anos de traballo neste proxecto, debes sentir unha certa vertixe por estar a poucas semanas da estrea, non si? Fíxate que hai case catro anos presentabamos a película no Festival de Ourense. Foron tres anos de darlle forma ao proxecto e de buscar apoios, e case un ano desde o inicio do traballo de rodaxe. Foi un proceso moi duro, sobre todo porque queriamos rodar no inverno, para conseguir esa atmosfera e esa luz que existe na novela, e había moitos exteriores. Nunha película ródase once horas ao día, imaxina o que é iso baixo a chuvia e o frío de Ourense, durante dez semanas. Os actores ás veces pasaban cinco horas mollados. Sempre dixeches que unha das cousas máis importantes á hora de facer esta película era trasladar ao filme o ambiente da novela,as localizacións e o escenario daquel Ourense. Estás satisfeito polo resultado? Todas as localizacións que atopamos danlle unha forza impresionante á película. A taberna fómola buscar a Ribadavia, O Papuxa, un sitio que che recomendo. É unha taberna que ten 150 anos e que conserva perfectamente ese ambiente de Esmorga, con chan de terra, coa xente cantando. Case non tivemos que modificar nada para a rodaxe. \"Esta película foi sempre un traballo colectivo e a miña teima sempre foi implicar a todo o equipo técnico e artístico, que todos sentisen que era a súa película\" Nos últimos meses, en paralelo co proceso de montaxe, fixestes varios pases, tanto para o equipo da película, coma para outras persoas. Como foi este proceso? Dende o comezo fixen moitas proxeccións, tanto para o equipo técnico e os actores, coma para outras persoas. Esta película foi sempre un traballo colectivo e a miña teima sempre foi que se queriamos lograr un gran filme, tiñamos que implicar a todo o equipo técnico e artístico, que todos sentisen que era a súa película. E creo que o conseguimos. Karra Elejalde díxome que era a primeira vez que un director o convidaba a ver a segunda montaxe, sen rematar a película, para consultarlle a súa opinión. De feito, puxemos en práctica varias da suxestións do equipo e funcionaron moi ben. \"O máis difícil era non só atopar os actores en si, senón tamén a interrelación entre eles. Están toda a rodaxe xuntos, están sempre xuntos na pantalla e ten que percibirse unha conexión\" Outro dos aspectos fundamentais nesta película foi atopar os tres actores protagonistas, e que ademais tivesen unha boa compenetración. Conseguíchelo? Si, conseguímolo. Estivemos tres meses probando actores galegos, despois probamos actores de diferentes lugares do Estado. E probas moi duras, de varias horas diarias. Para min o máis difícil era non só atopar os actores en si, senón tamén a interrelación entre eles. Están toda a rodaxe xuntos, están sempre xuntos na pantalla e ten que percibirse unha conexión. Lembro pasar 15 días pechados na residencia de tempo libre do Carballiño, preparando a película, doce horas diarias, até que o lugar case nos parecía o edificio do Resplandor (ri). Pero ese traballo foi fundamental, cando comezamos a rodar iamos todos polo mesmo camiño. Teño a película que quería, totalmente. Nos teus filmes sempre coidas a lingua, buscando que sexa coherente cos personaxes, co tempo e o lugar da historia. Como traballaches este tema, tendo en conta ademais que un dos protagonistas non é galego? A lingua é fundamental na Esmorga, é fundamental nas miñas películas e nesta máis aínda. Neste tema axudoume moito Bieito Iglesias, que coñece a lingua que se fala na cidade, e a lingua que se falaba nos anos cincuenta. Buscamos palabras que foran axeitadas para eses personaxes e para o Ourense dese tempo. Para min, nunha película todo ten que estar en función da historia. O tema de Karra foi impresionante; traballou dous meses cunha lingüista e cando algún catedrático de lingua viu a película estaba totalmente sorprendido. \"A lingua é fundamental na Esmorga. Neste tema axudoume moito Bieito Iglesias, que coñece a lingua que se fala na cidade, e a lingua que se falaba nos anos cincuenta\" A Esmorga é unha das novelas máis coñecidas da literatura galega. Isto ten algunhas vantaxes, pero supoño que xera tamén problemas á hora de facer unha adaptación. Como foi a túa relación co texto? Que cousas salvaches e descartaches? Salvei todo o que axudaba a historia no cine, o que cinematograficamente funcionaba, respectando o texto ao máximo. Con todo, o cinema ten unha linguaxe diferente. Respectamos diálogos, arte da voz en off..., pero esta é unha visión persoal da Esmorga, porque a historia ten moito que ver comigo. Amoseille xa a película a algúns especialistas na Esmorga, mesmo a algún amigo de Blanco Amor, como Luís González Tosar, e o que me dixo foi que \"Eduardo estaría orgulloso desta película. Porque mesmo algunhas cousas que engades, engrandecen máis a historia\". Que opinas da adaptación que fixo Gonzalo Suárez en 1977, La Parranda? Gonzalo Suárez é un dos directores que máis me gustan, pero nesta película creo que colleu A Esmorga dende fóra. Levouna a Asturias, meteuna nas minas de carbón, rodou no verán. E iso non funciona, A Esmorga hai que collela dende dentro, hai que meterse na pel deses personaxes. Cando estás dentro a propia historia vai mudando. Cando comecei a traballar pensaba que Cibrán era o protagonista, despois pensei que era o Bocas e xa rodando que era o Milhomes. E ao final cheguei ao convencemento de que é un único personaxe, que son os tres. É incrible o que fai Blanco Amor nesta novela. \"Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles, e o cinema ten que ser outro\" A pesar das dificultades e obstáculos para o cinema nestes momentos, e moito máis para un filme en galego, A Esmorga vaise estrear con 50 copias. É o froito do traballo, de petar en moitas portas? Creo que o cinema é un grande instrumento para artellar un país, para construír a súa esa memoria colectiva. Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles, e o cinema ten que ser outro espazo común. É importante que todos os galegos e galegas teñan a posibilidade de ver esta película. Temos xa pechadas 25 salas de cinema, estamos nas sete cidades e en todas as vilas que teñen sala: Carballo, Vilagarcía, Monforte... Pero as persoas que viven en vilas que non teñen cine tamén teñen o dereito que acudir á estrea do filme nas súas localidades. Por iso, estamos tamén traballando na posibilidade de que o filme se estree en auditorios de concellos que non teñen cinemas. A esencia do cine é que chegue á xente. Sempre que penso nunha historia, penso en como facela chegar aos espectadores. Grazas a un acordo con R, todos os días que estreemos o filme nunha cidade -imos estar nas sete- imos manter encontros virtuais con colexios, institutos, asociacións... desa zona."}
{"ID": "NOS_32492", "summary": "Baixo o lema Rexeitemos a LOMCE o 28 de novembro, denunciaron o visto e prace do Congreso a esta norma perante a consellaría de Educación e animaron os centros do ensino do País a enviar ao seu titular, Jesús Vázquez, un correo-e comunicándolle o rexeitamento a esta norma, \"unha agresión ao dereito á educación\".", "text": "Co gallo da aprobación da LOMCE no Congreso español cos votos a favor do PP e o rexeitamento de toda a oposición, a Plataforma galega en defensa do ensino público escolleu a entrada da consellaría de Educación, en San Caetano, Compostela, para denunciar o visto e prace que a Cámara Baixa dará ao texto de Wert, visto e prace que o colectivo tildou de \"acto de irresponsabilidade letal\". Así mesmo, queixáronse tamén da conivencia do departamento de Jesús Vázquez co ministerio español para afondar a españolización do ensino público galego. \"Reforza a confesionalidade e avanza na privatización do ensino que pon ao servizo da Conferencia Episcopal e da patronal da privada, á que a administración poderá ceder solo público para construír centros privados concertados\", denunciou o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, voceiro da Plataforma. Acrecentou que esta nova lei educativa, a sétima do Estado español, \"impregna as aulas da ideoloxía neoliberal que o PP tan ben sabe trasladar ao ensino\" e queixouse do inmobilismo da Xunta perante o recorte dun 10% nas xa de por si \"cativas\" competencias que ten á hora de decidir sobre o currículo educativo que se aplica nos colexios e institutos do noso País. Familias: \"É un ataque aos dereitos fundamentais\" Na rolda de imprensa tamén nais e pais tomaron a palabra. No seu nome falou Fernando Lacaci, quen definiu a 'Lei Wert' como \"un ataque aos dereitos fundamentais, non só daqueles que estamos directamente inmersos na educación como pais e nais, como estudantes ou como profesorado, senón da cidadanía no seu conxunto\". Estudantado: \"A nosa voz ten que seguir a se escoitar\" Polo estudantado falou Mónica Martínez para enfatizar o rexeitamento dunha norma que \"empeora a nosa situación nun momento en que cómpre reforzar o ensino público\". Dixo Martínez que a voz do alumnado \"ten que seguir a se escoitar\". Rexeitar a LOMCE desde os centros de ensino Para alén deste acto, a Plataforma fixo un chamamento aos centros educativos para que se posicionen contra o texto español e que transladen tan posicionamento á consellaría, ora enviando un correo-e para advertir de que vai supor \"unha agresión ao dereito á educación\" ora a través dunha acción reivindicativa no colexio ou instituto."}
{"ID": "QUEPASA_860", "summary": "Completa análise das Eleccións Municipais 2019 na Costa da Morte. As meirandes sorpresas.", "text": "Aquí tendes os resultados, Concello a Concello, das Eleccións Municipais deste 26 de maio de 2019, na Costa da Morte. O PSOE remata como primeira forza en 8 dos 18 concellos da Costa da Morte que cubre QPC, mentres que o PP faino en 7 e o BNG mantense en 3. CABANA CAMARIÑAS CARBALLO CARNOTA CEE CORCUBIÓN CORISTANCO DUMBRÍA FISTERRA LAXE MALPICA MAZARICOS MUROS MUXÍA PONTECESO SANTA COMBA VIMIANZO ZAS Todas as Novas sobre as Eleccións Completa análise das Eleccións Municipais 2019 na Costa da Morte. As meirandes sorpresas. #Listas26M: Todas as Candidaturas ás Eleccións Municipais 2019. Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte. Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte. Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte."}
{"ID": "NOS_49561", "summary": "Un colectivo de persoas con enfermidades inmunodepresoras denuncia que está a padecer a falta de sensibilidade do Sergas, que non atende as pautas das súas especialistas respecto a cando se lles poden inocular os fármacos contra a Covid-19.", "text": "As e os galegos con enfermidades inmunodepresoras non son tantos como os que foron vítimas do cancro ou os que tiveron algún transplante, por indicar algúns exemplos, e iso está a xogar na súa contra na campaña de vacinación fronte á Covid-19 estruturada pola Xunta. Mentres as e os mozos xa se preparan para adiantar os seus postos, algunha desta xente segue sen atopar encaixe para inmunizarse. Con independencia de que lle pareza máis ou menos xusto que o Ministerio de Sanidade non os incluíra como pacientes prioritarios para ter o tratamento xa finalizado, agora o problema é outro de compatibilidade de axendas. Lonxe de deberse a unha cuestión frívola, un pequeno colectivo que falou con Nós Diario indica que cada doenza é particular no ámbito das inmunodepresoras e cada tratamento é un mundo, polo que consideran que o Sergas debería permitirlle escoller as súas citas. A demanda xa vén de antes, pero agora o enfado cobra máis forza ao ver que a Xunta da Galiza presume de que, cando comece a inoculación nas persoas do grupo de idade de 30 a 39 anos, porá en marcha unha páxina web para que a mocidade de máis de 18 anos poida reservar cita para os ocos que haxa dispoñíbeis. O grupo tan só pide o mesmo trato. Malia ter motivos de sobra demostrados para ese dereito a unha pronta vacinación dado o seu risco persoal, aceptan ir nas súas quendas pero demandan tramitar cada cita ou, polo menos, que o Sergas teña en conta as recomendacións das súas doutoras á hora de chamalas para acudir aos centros de tratamento. \"Hai xente que ten tratamentos inmunosupresores de continuo ou terapias biolóxicas que debilitan o sistema inmunitario\", destacan a este diario, ao tempo que engaden que para unhas persoas a cita para a inmunización debería ser nun determinado mes e para outras, que por exemplo, teñen pautada unha medicina cada catro semanas a médica pide que a vacina do coronavirus vaia xusto no medio desde lapso temporal. Unha dose realmente efectiva \"Non é que a vacina nos vaia facer dano pero si que se vería afectada para xerar os anticorpos necesarios\" para os que foi pensada de interceder cos fármacos das patoloxías autoinmunes. Hai galegas e galegos que agora non poden ter a inoculación e outras que si, pero o Sergas non se preocupa de encaixarlles ben a citación por máis que insisten. \"Estamos a falar con Medicina Preventiva, co hospital de día... e dinnos que non poden facer nada porque as listas lles chegan feitas desde Santiago\", lamentan. Dispoñen das recomendacións das especialistas pero estas non tramitan a advertencia á Consellaría de Sanidade, polo que todo o traballo burocrático recae en persoas con dificultades de saúde e, nalgúns casos, mesmo de mobilidade. Pero ao outro lado ninguén lles da unha resposta para poder contar co tratamento contra o virus ao igual que o resto da poboación. Pensan que se debe a que son poucos pacientes e cada unha coas súas propias particularidades, o que non lles fornece forza como colectivo para protestar activamente contra a forma de actuar do Servizo Galego de Saúde. Rexeitan renunciar á estabilidade coas súas terapias Ademais de solicitar aos colexios e ás sociedades médicas que fixen un protocolo para que lles escriban documentos acreditativos da situación para ter algo a maiores, exixen á Xunta que lles deixe solicitar a súa cita para cando conveña igual que farán coa mocidade a principios de xullo. Como exemplo poñen o caso dunha persoa que non foi na súa quenda de idade e xa foi chamada cinco veces na \"repesca que se está a facer agora\" e que explicou a súa situación. Dixéronlle que tiñan apuntadas as recomendacións médicas que ela mesma facilitara nunha desas chamadas, pero que non podían facer nada. E, ao final, semella que non queren vacinarse e viven con impotencia a falta de entendemento ou empatía. Malia recoñecer que poderían paralizar o seu tratamento para vacinarse, atrasando todo e arriscando a súa saúde, pensan que non é xusto. Alegan que é difícil acadar a \"estabilidade\" das enfermidades coas terapias que teñen prescritas -ás que chegan por \"acordo de varias especialidades, porque en xeral acaban con máis dun problema\"- e cando xa a teñen queda a opción de incluílas na axenda cando recomendan as súas doutoras e doutores. Pensan que sería a fórmula máis lóxica para que tanto o tratamento da Covid-19 coma o outro poidan convivir sen ir en detrimento da saúde de ninguén."}
{"ID": "NOS_20353", "summary": "Un total de 201,9 quilómetros de cadea humana. Trátase do maior desafío do colectivo Gure Esku Dago, que convocou milleiros de persoas a unir no domingo Donostia, Bilbo e Gasteiz polo dereito a decidir.", "text": "Un día antes de que a cadea humana tivese lugar, xa se albiscaba o suceso da iniciativa, \"dixemos que para compoñer a cadea humana, necesitaríamos 100.000 persoas e hoxe podemos afirmar que esa cifra xa a superamos\", afirmaban perante os medios, o sábado, os portavoces de Gure Esku Dago, Angel Oiarbide e Jone Amonarriz, que engadían que a plataforma recompilou os motivos polos que o pobo vasco quere decidir. \"Aínda que as razóns son plurais e diversas, todas teñen en común a falta de capacidade para decidir aquí\", salientaron os portavoces, que presentaron 2.019 motivos a favor do dereito a decidir. Un documento que presentarán tamén no Parlamento de Nafarroa. As previsión das organizadoras e organizadores desbordáronse e, finalmente, participaron na cadea humana máis de 175.000 persoas, segundo as persoas convocantes. \"Ábrese o ciclo da convivencia\" \"Está a abrirse en Euskal Herria o ciclo da convivencia, a soberanía e a decisión. Hoxe miles de cidadás e cidadáns demostramos que queremos decidir o futuro político deste pobo\", afirmaron Angel Oiarbide e Jone Amonarriz ao finalizar o acto co que lle puñan punto final á cadea humana. \"Cada vez somos máis conscientes da forza que temos para promovermos cambios na sociedade\", engadiron a respeito das mobilizacións que tiveron lugar nos últimos meses. A fórmula para decidir, acrecentaron, \"temos que deseñala e decidila entre todas e todos, logrando acordos amplos, debatendo, contrastando opinións e modelos de maneira libre e democrática\". \"O exercicio do dereito a decidir será chave no próximo ciclo porque é un instrumento fundamental para garantir a convivencia e permite defender todos os proxectos políticos en igualdade, sen exclusións\", afirmaron. Na mesma liña, Angel Oiarbide e Jone Amonarriz salientaron que \"só queremos tomar a palabra, afondando en democracia, para decidirmos de forma soberana\". \"Non temos medo á liberdade. Estamos no camiño. Imos decidir\", concluíron os portavoces de Gure Esku Dago. Ampla representación política Entre as persoas que conformaron a cadea humana atopábanse facianas coñecidas da política vasca, como Arnaldo Otegi (EH Bildu); o presidente do EBB do PNV, Andoni Ortuzar; Arkaitz Rodríguez (Sortu) ou mesmo Pili Zabala, de Podemos. Tamén participaron a presidenta do Parlamento de Gasteiz, Bakartxo Tejeria; o deputado xeral de Gipuzkoa, Markel Olano; ou os alcaldes de Bilbo, Donostia e Gasteiz, Juan Mari Aburto, Eneko Goia e Gorka Urtaran, así como os secretarios xerais de ELA e LAB, Aldolfo Muñoz e Garbiñe Aranburu. Tampouco faltaron representantes das forzas soberanistas catalás, como o deputado de ERC Gabriel Rufián os representantes de Òmnium Cultural, Ignasi Termes, e da ANC, Elisenda Paluzie. Na esfera deportiva, o club de fútbol do Athletic tamén se sumou de maneira expresa á cadea polo dereito a decidir. Reaccións A través da súa portavoz no Parlamento vasco, Maddalen Iriarte, Bildu –forza política que contou cunha nutrida representación na cadea– emprazou os responsábeis políticos a \"non fechar os ollos perante os miles de cidadáns vascos\" que apoiaron este domingo a cadea humana a favor do dereito a decidir. Pola súa banda, o PSE, a través do seu secretario de Organización, Miguel Ángel Morales, criticou a presenza de cargos institucionais na cadea humana. Considera que a presenza destas persoas con responsabilidades nas institucións vascas representa \"un papel que non lles corresponde\", pois \"débense a reivindicacións útiles para mellorar a vida de todas e todos e non a mobilizacións de parte\"."}
{"ID": "NOS_57644", "summary": "A directiva desta entidade convocou as socias e socios a un acto para conmemorar o 120º aniversario, en que o presidente da Xunta recibiría unha medalla. O acto non se celebrou e no seu lugar realizouse un mitin da campaña electoral do PP de Catalunya.", "text": "O Partido Popular de Catalunya emprega todo tipo de estratexias para captar o voto nas eleccións ao Parlamento catalán. Desta volta Alicia Sánchez Camacho botou man do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e da súa imaxe \"vitoriosa\" despois dos comicios galegos. A conexión Feijóo-Camacho funciona e o pasado 11 de novembro o PP aproveitou un acto no Centro Galego de Barcelona (CGB) para realizar un mitin que abriu a información electoral do día. Manoel Carrete, presidente da entidade despois de gañar as eleccións este ano, enviou unha carta aos socios e socias en que convidaba \"ao acto que terá lugar na nosa entidade e que contará coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo\". Segundo a carta, asinada polo propio Carrete, explicaba que \"o acto consistirá no outorgarmento da medalla do 120 aniversario da Entidade ao presidente da Xunta, así mesmo a FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya) concedeulle a medalla Ouro ao máximo mandatario galego que se lle imporá na nosa sede\". A carta \"agradecía\" a asistencia e non informaban da presencia dos líderes do PP de Catalunya. O presidente do Centro Galego de Barcelona convidou por carta unha entrega de medallas polo 120º aniversario e @s asistentes atoparon un acto de campaña electoral do PP \"Foi un mitin descarado do PP\", asegurou un dos asistentes que quere manter o anonimato, \"non se entregou ningunha medalla e o único que comentaron foi que quedaba para outro día\". A cobertura dos medios de comunicación foi a habitual de campaña. En TV3 estivo no telexornal (minuto 11:45) e outras televisións cubriron o acto de campaña do PP dese día. \"Non faltou no estrado nin o voceiro do PP no Concello de Barcelona, Alberto Fernández Díaz nin, por suposto, a candidata Alicia Sánchez-Camacho\" apunta o mesmo informante. Indignación d@s galeg@s en Barcelona A información do acto electoral chegou despois de realizarse e difundiuse a través das redes sociais. O perfil de facebook do Centro Galego recibiu algunhas das mostras de indignación de soci@s e ex-soci@s. \"Noxo dá que un centro que debería reunir todo tipo de ideoloxías sirva para facer actos electorais\", opina Xan. O xornalista Antonio Díaz apunta que \"sería grave se non se lles dá a mesma oportunidade a todo os dirixentes políticos, sexan do partido que sexan\". Xiana Díaz, membro da Asemblea Cultural Galega de Barcelona, pensa que \"Estas entidades viven das subvencións públicas e é vergoñoso que entre todos lles paguemos o local aos políticos que non teñen onde ir a facer campaña\". Hoxe mesmo xa houbo baixas na entidade. É o caso de Fernando Blanco que enviou unha carta ao CGB en que afirma que \"no CGB pasaron candidatos, lideres políticos, organizacións, entidades, etc.. de diferentes cores, pero non se debe permitir, baixo o meu punto de vista, que vaian facer mítins na campaña electoral. Se se quere facer algo así, convocanse aos representantes de todos os partidos e non se convidan en función de quen dea a subvención\". Suso Mon, director do programa de radio \"Galiza...algo máis\" e autor do blogue \"Invando Vagalumes\", pensa que \"O presidente da Xunta de Galiza soe visitar Catalunya sempre que hai que arrepañar votos para as candidaturas locais do PPdC\". A propia Alícia Sánchez Camacho subiu este vídeo da súa visita \"casual\" ao Centro Galego de Barcelona:"}
{"ID": "NOS_26318", "summary": "Doentes e colectivos de loita contra o cancro revelan as desigualdades que existen no acceso a contornos saudábeis, ao diagnóstico precoz e a tratamentos tanto de atención psicolóxica como de coidados paliativos.", "text": "Na Galiza, en 2021, diagnosticáronse perto de 20.000 novos casos de cancro. É un dos territorios do Estado con maior incidencia. Dos tumores detectados, 42% fórono en mulleres e 58% en homes. Os casos seguirán en aumento nos próximos anos segundo as previsións da Rede Española de Rexistros de Cancro, unha suba que pon o foco na prevención de cara unha maior supervivencia, un obxectivo que a Asociación Española contra o Cancro sinala como prioritario de aquí a 2030. Aspiran a unha supervivencia media de 70%, unha meta que pasa por impulsar a investigación e garantir o acceso dos pacientes aos seus resultados. Cada ano, no conxunto do Estado, unhas 100.000 persoas son diagnosticadas con un tipo de temor de baixa supervivencia. Non afecta a todos os cancros. Nas últimas catro décadas moitos gañaron tempo de vida grazas a un diagnóstico precoz e a nos tratamentos. Pero hai outros cuxos prognóstico permanecen estancados. Isto desfai \"a equidade na investigación e no acceso aos seus resultados\", a punta Marcos Calvo, psicólogo da Asociación Española contra o cancro en Compostela, quen avoga por expandir a investigación para \"igualar\" as opcións de todos os doentes e mellorar o coñecemento e o tratamento de todos os tipos de cancro e non só dos máis frecuentes. Inequidade Na loita contra o cancro, \"inflúe o tumor que che toca pero tamén o código postal\". \"Non é o mesmo ter que desprazarse durante dúas horas para chegar ao hospital que che toca, que vivir nunha cidade a poucos minutos dese centro\", máis cando as visitas son frecuentes e os gastos elevados para darlle continuidade ás consultas e aos tratamentos. O cancro supón numerosos gastos directos e indirectos para as pacientes e as súas familias, advirte Marcos Calvo. Para o 41%, esta enfermidade provoca un custo económico superior aos 10.000 euros, inasumíbeis para perto de 30.000 persoas diagnosticadas en situación de vulnerabilidade. \"Non é o mesmo ser home ou muller, traballar por conta allea ou ser autónomo. As mulleres teñen unha situación de vulnerabilidade laboral maior, e tamén os segundos, se enfrontan a unha perda de ingresos que vai condicionar a propia doenza\". Na Galiza, máis de 1.500 persoas atópanse en situación laboral de risco por un diagnóstico de cancro, na súa maioría, traballadores e traballadoras por conta propia ou en situación de desemprego. Acceso aos recursos asistenciais A inequidade tamén se aprecia no acceso aos servizos asistenciais: unidades de hospitalización a domicilio, atención psicolóxica e coidados paliativos. Hai áreas xeográficas que quedan fóra da asistencia a domicilio e pacientes privados de unidades de paliativos na recta final da enfermidade. A protección é menor. Segundo denuncia a Asociación Española contra o Cancro, España está a cola das ratios recomendadas, con 0,6 unidades por cada 100.000 habitantes, cando a Asociación Europea de Coidados Paliativos indica, para unha atención adecuada, polo menos dúas unidades. Tamén polo que respecta á atención psicolóxica, son sempre accesíbel a través da sanidade pública. Investigación Desde a Galiza, a Asociación Española contra o Cancro apoia a investigación de tumores \"con menos interese comercial\" cun investimento de 1,2 millóns de euros destinados a 17 proxectos. A investigación é clave, incide Marcos Calvo, mais tamén dar a coñecer os cribados específicos para un diagnóstico precoz de diferentes tumores, cuxa participación cómpre aumentar. E en plena pandemia, engade, tamén é vital que ninguén quede con dúbidas nin na casa ante calquera sospeita. \"Se hai quen non dorme polas noites e precisa respostas, pode chamar ao 900 100 036, dispoñíbel as 24 hora os 365 días do ano\"."}
{"ID": "PRAZA_11451", "summary": "Unha rapaza de 15 anos aparece asasinada nun escenario que parece a imitación dunha obra de arte. Varios membros da súa familia son sospeitosos. Porque todos tiñan razóns para matala. Mais unha parella de policías chegarán ata o final neste caso. Diso vai 'Beleza Vermella' (Galaxia), a última novela de Arantza Portabales", "text": "Unha rapaza de 15 anos aparece asasinada nun escenario que parece a imitación dunha obra de arte. Varios membros da súa familia son sospeitosos. Porque todos tiñan razóns para matala. Mais unha parella de policías chegarán ata o final neste caso. Diso vai 'Beleza Vermella' (Galaxia), a última novela de Arantza Portabales. Aínda que no que afonda, en realidade, é nos conflitos internos dunha serie de personaxes que temen non ser amados. Ou que se senten culpables por non ter os sentimentos axeitados. O libro está a ter bastante repercusión en crítica e público. Foi traducido, está en listaxes dos máis vendidos... Como está a ser para isto?Cando un escribe un libro sempre ten a esperanza de chegar á maior cantidade de xente posible, pero os meus lectores sempre me sorprenden. Máis aló da crítica especializada, das traducións ou das vendas o que máis me aleda son os lectores que día a día me deixan mensaxes nas que sinxelamente me contan o ben que o pasaron. Esa é a única razón da nosa escrita. Contar historias e atopar a xente que queira que llelas conten. \"Esa é a única razón da nosa escrita. Contar historias e atopar a xente que queira que llelas conten\" O título, Beleza Vermella, refírese a unha obsesión transmitida, nunha familia, de xeración en xeración, dunhas mulleres a outras. Relacionada co conflito entre a vida e a arte, co medo a non ter abondo talento... Como xorde a idea desa familia e que quixeches retratar a través dela? A idea nace da imaxe da nena asasinada nunha poza de sangue que inmediatamente asociei á obra da escultura marinense Celeste Garrido. Nese intre souben que o arte estaría vencellado a esta historia. Esa era a idea inicial, pero o certo é que todo ese mundo subterráneo que latexa no fondo da novela, e que tan ben describes, non foi buscado. Si que quería poñer o mundo da arte como o escenario que envolvese a historia. E ao final todo xurdiu de xeito natural. \"O conflito entre a vida e arte obsesióname, na medida en que eu tamén o vivo na miña vida diaria\"O conflito entre a vida e arte obsesióname, na medida en que eu tamén o vivo na miña vida diaria. Por outra banda, supoño que a novela axudoume a amosar ese síndrome do farsante que todos en máis ou menos medida agochamos. Eu son unha persoa tremendamente perfeccionista en todas as facetas da miña vida, o que me fai vivir coa tensión de non estar sempre á altura das expectativas. Supoño que trasladei iso aos meus personaxes. Pero xa che digo que non foi buscado.O núcleo da historia, en realidade, son dúas irmás xemelgas. A súa relación de \"amorodio\", como din elas mesmas. O máximo amor e a máxima conexión (e dependencia), mais tamén o medo a ser peor ca outra. Ao ler, pensaba que podía ter un fondo de historia de competitividade entre mulleres, ese tópico patriarcal. Que quixeches apuntar a través delas? Realmente parecíame moi atractivo que dúas persoas moi idénticas por fóra fosen completamente distintas por dentro, nas súas aptitudes e nas súas actitudes. Non o formulei coma unha rivalidade. De feito, para unha das dúas a relación é de admiración e dependencia. Ao final unha representa o mundo pragmático, real e cotiá que nos asolaga. A outra representa o mundo dos soños, da utopía, da creación artística sen baixar e poñer os pés no chan. Son o yin e o yang. Dúas pezas que encaixan perfectamente para compoñer un todo. Un Sancho e un Quixote. Un mundo real e un mundo ideal. Lía fai xirar todo o seu conflito sobre esa decisión. Constantemente volve a ese aeroporto onde tomou unha decisión que non só cambiou a súa vida senón a dos demais membros da súa familia. E séntese responsable. Tamén é certo que non se arrepinte. A súa arte demándalle egoísmo, e coido que fai un exercicio de honestidade brutal. Non é unha muller de medias tintas. Toma unha decisión e non se arrepinte. E é certo que estas actitudes non se entenden na sociedade. No momento en que alguén se aparta das normas establecidas chega o xuízo social. Lía está por riba diso e revélase. \"A Lía, a súa arte demándalle egoísmo, e coido que fai un exercicio de honestidade brutal. Toma unha decisión e non se arrepinte. E é certo que estas actitudes non se entenden na sociedade\"Mais é unha historia chea de conexións entre os personaxes. E unha desas conexións é a perda dun fillo/a. Varias veces sae a idea de que para iso non hai nin nome. Que ten este libro de reflexión sobre iso?Sempre digo que a maternidade aprendeume o significado real da palabra medo. Se tiña que amosar un crime e a dor dos que o rodean, o peor escenario posible parecíame o dunha filla morta. O asasinato é un acto antinatural. A morte dun fillo tamén. As dúas cousas xunguidas parecíame que sublimaban o horror.\"Sempre digo que a maternidade aprendeume o significado real da palabra medo\"O libro ten moitos elementos de novela policial -un asasinato, unha investigación-, mais o seu obxectivo é afondar na psicoloxía e nos conflitos dos personaxes. Como te formulaches ti a escrita? Como novela negra? A novela é unha homenaxe explícita, na estrutura policiaca, a esas novelas de Agatha Christie que tanto me fascinaron cando era unha nena. Digo explícita, porque así o amosei nas citas, con independencia de que a voz narrativa non ten nada en común coa de Agatha Christie, como é normal. Con ese punto de partida, asasinato de círculo pechado clásico, unha vez que comezo a escribir, na medida que son unha escritora que debuxa mellor paisaxes humanos que xeográficos, deriva nunha novela máis psicolóxica que procedimental. \"A novela é unha homenaxe explícita, na estrutura policiaca, a esas novelas de Agatha Christie que tanto me fascinaron cando era unha nena\"Son capítulos moi curtiños (aí debe vir algo do teu primeiro libro de relatos), con moito diálogo... E cunha intriga ben dosificada. Aínda que teño que confesar que, como lectora, nalgún momento sobráronme algunhas páxinas. Como foi o proceso de escrita? Como querías que resultase a lectura?Quería atrapar ao lector á cadeira, de aí que o traballo de dosificación da información foi importante. Eu tiña claro o desenlace dende o minuto un, así que limiteime a conducir a historia ata ese punto e final. Todos os capítulos teñen como único fin ir amosándolle ao lector distintos aspectos da vida dos seis sospeitosos do asasinato, ou da propia asasinada, de xeito que o lector poida compoñer por si mesmo ese resultado final ao que se chega no remate. Un dos núcleos da historia é o amor, ou máis ben a falta del, porque parece dirixirse sempre ao peor sitio. É así por algún motivo en especial? Esta é unha novela triangular. Hai moito triángulos afectivos, algúns con elementos común entre eles. Todos os personaxes da novela aman, e non se senten amados. Todos viven mergullados polo peso da culpa. Por sentir o que coidan que non deben sentir. A culpa é o elemento que une a estes personaxes. Só un deles matou a Xiana a Alén, pero todos senten que conduciron a Xiana a ese desenlace. E esa sensación queda patente ao final da novela. \"Todos os personaxes da novela aman, e non se senten amados. Todos viven mergullados polo peso da culpa\"Por outra banda a relación de Abad e Barroso, que non estaba para nada pensada cando comecei a escribir a novela, e que xurdiu case de xeito espontáneo, formula un conflito maior. Abad é un personaxe que é consciente dos seus propios diaños, e iso, faino terriblemente atractivo como personaxe, xa que loita constantemente contra si mesmo, pero no é capaz de afrontar a súa vida, o seu problema, malia a consciencia de que sabe que algo non funciona ben dentro del. Parece pensar que o amor o redime todo. Os investigadores do crime son Ana e Abad. A de Ana é unha personaxe interesante. O xeito no que non se deixa tratar polo seu xefe como unha subordinada. En todos os aspectos. Ana é máis motor da historia ca Abad, en realidade, como tamén o son máis Sara e Lía ca Teo, pola outra. E supoño que niso, tratándose dunha novela negra, pode haber algo de escolla. Por que é así?No que se refire a Ana, a relación con Abad dende o punto de vista estritamente profesional evoluciona dende a condescendencia inicial deste cara a ela, ata a admiración. Ana crece e crece profesionalmente na novela. E ademais faino grazas á xenerosidade de Abad. Gústame esa relación case de Pigmalion que teñen. \"Os personaxes femininos é verdade que son fortes. Mulleres profesionais, de carácter, loitadoras\"Os personaxes femininos é verdade que son fortes. Mulleres profesionais, de carácter, loitadoras. Non o fago á mantenta, pero imaxino que é algo natural na miña realidade cotiá, coñezo múltiples mulleres con esas características. Independentemente do nivel de estudos ou da bagaxe profesional, as miñas personaxes femininas acaban sendo moi fortes. Iso non quere dicir que sexan mellores ou peores. Por outra banda coido que xa é hora de que estes roles estean presentes na literatura, como ata o de agora se facía cos personaxes masculinos. O caso do libro ten algún parecido co da nena Asunta. O escenario é tamén Santiago, ademais. E supoño que polo menos o ambiente de sospeita duns membros da familia sobre os outros (xunto co maquiavélicos que poden ser algúns) puido inspirar a túa ficción. Que ten 'Beleza Vermella' desa realidade?O certo é que cando concibo Beleza Vermella, fágoo pensando no desenlace da novela. O asasinato de Xiana só ten unha causa. E esa causa determina toda a novela. Non importa tanto o quen a matou senón para que a mataron. E iso difire totalmente do caso Asunta. Coloquei a acción en Teo porque é aquí onde vivo e gústame facer transitar aos meus personaxes polos mesmos escenarios polos que eu transito. Todo iso, unido ao feito de que a asasinada é unha nena, leva a facer ese fío, que non foi en absoluto buscado. E é certo que hai unha referencia explícita ao caso, ao comezo, pero terán que crerme os lectores cando digo que foi todo casualidade. \"É certo que hai unha referencia explícita ao caso Asunta, ao comezo, pero terán que crerme os lectores cando digo que foi todo casualidade\" As personaxes de Sara a Inés teñen algunha cousa en común. As dúas levan moi ben a pantalla dunha vida perfecta, mais teñen no fondo o mesmo problema, que é non ser amadas como quererían. E as dúas son frías e poden chegar a ser bastante retorcidas. En que se parecen e en que se diferencian? Ambas representan o prototipo de relación tóxica. Xa sexa nun home ou nunha muller. Coñezo xente así. Todos os coñecemos. A verdade é que o amor é imposible impoñelo. E cando nunha parella hai ese desequilibrio, está claro que non pode funcionar. Coido que todos temos pendente a lección de respectar os sentimentos alleos. Amar moito a unha persoa non obriga a esta persoa a corresponderte. Isto é o que subxace ao final en todos os problemas de violencia de xénero: a falla de respecto cara ás decisións e cara á liberade da parella.\"A verdade é que o amor é imposible impoñelo. E cando nunha parella hai ese desequilibrio, está claro que non pode funcionar\"Unha das claves para resolver o crime é entender que a adolescente morta non é unha nena, senón unha muller, (adolescente). Unha muller que se presenta como axente dunha relación pouco adecuada. Non sei se hai algo aí de tentar romper un tabú, e ademais é un tema delicado... Podes dicir algo disto?Recibín críticas sobre a sexualización que fago dunha menor. Só teño que dicir que os personaxes non son idílicos. Non teñen que amosar patróns de condutas ideais. De ser así, limitariámonos a falar de personaxes que teñen na casa quince cubos de reciclaxe, colaboran con ONG´s, e son excelentes persoas. Sería marabilloso, pero este tipo de personaxes terían pouca cabida nunha novela negra. O peor que lle pasa a Xiana Alén non é a súa sexualización. É que a matan. Ademais disto, quixen facer o esforzo (e foi un esforzo grande xa que teño rapazas desa idade), de encarar a sexualidade consentida na idade adolescente, xa que é un feito constatado que o espertar á sexualidade estase a producir moito antes nas novas xeracións. \"Quixen facer o esforzo (e foi un esforzo grande xa que teño rapazas desa idade), de encarar a sexualidade consentida na idade adolescente\"En realidade, todo o mundo ten un conflito consigo mesmo. E este conflito está moitas veces relacionado coa xestión das propias emocións: non sentir o que deberían. Por que? Ese é ao final o resumo desta historia. Todos os personaxes desta novela teñen que aprender a sobrelevar os seus sentimentos, todos senten o peso da culpa, as consecuencias das súas decisións. Téñenme dito que son excesivamente dramáticos. Que todos viven escenarios moi esaxerados. O mesmo mo dixeron da anterior novela. Pero ao final miro ao meu redor, e atopo unha realidade máis esaxerada, máis terrible. E entón cando boto as mans á cabeza e dígome: \"Se conto isto nunha novela non mo cre ninguén\"Algo máis que queiras comentar?Nada máis. Tan só que gocei moito escribindo esta novela. E que o corpo e os lectores me piden máis Abad e Barroso."}
{"ID": "PRAZA_17905", "summary": "Anuncia que levará ao pleno municipal e tamén ao Parlamento galego senllas mocións para esixir do Goberno central o mesmo trato dado a Valencia, despois de ter rexeitado durante anos esta solución, apostando en cambio pola privatización dos terreos para pagar os préstamos concedidos polo Estado.", "text": "O PP uniuse este luns á demanda de que o Estado condone a débeda que a Autoridade Portuaria da Coruña mantén con Puertos del Estado (200 millóns de euros, que deben ser devoltos a partir do ano 2022), xerada pola construción do Porto Exterior. Esta reclamación vén sendo realizada nos últimos anos polo Concello da Coruña e polo resto de forzas políticas da cidade (Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e BNG) e sempre que o tema chegou ao pleno municipal a través de mocións (e tamén ao Parlamento galego) os populares votaron en contra, apelando á \"responsabilidade\" para defender a necesidade de que o Porto da Coruña privatice terreos para poder obter os ingresos necesarios para facer fronte a esta débedas. Mato anunciou que presentarán mocións no pleno municipal e no Parlamento galego incidindo nesta cuestión. As mesmas mocións que o PP xa votou negativamente en varias ocasións Agora os populares, a través da conselleira Beatriz Mato -que será a súa candidata nas eleccións de maio- veñen de dar un xiro de 180 graos na súa posición, sumándose á petición (expresada polo Goberno local a pasada semana) de que o Goberno central teña coa Coruña o mesmo comportamento que con Valencia, onde foi perdoada unha débeda de 350 euros xerada pola organización da Copa América de Vela, o Gran Premio de Formula 1 e outras actividades. Despois de que o Executivo de Pedro Sánchez anunciase que a débeda que mantén a Autoridade Portuaria non ía ser condonada, Mato cualificou o feito de \"agravio comparativo\" e anunciou que presentarán mocións no pleno municipal e no Parlamento galego incidindo nesta cuestión. As mesmas mocións que o PP xa votou negativamente en varias ocasións. Mato mesmo chegou a apremiar ao Goberno municipal da Coruña a que \"non demore nin un día máis a presión que debe facer ante o Estado para facer valer a nosa posición neste tema de especial relevancia para a nosa cidade\". Unha posición completamente distinta, polo tanto, á mantida cando era Mariano Rajoy quen ocupaba a Presidencia do Goberno. Ata hai dous meses Beatriz Mato apelaba á \"responsabilidade\" para facer fronte a esta débeda e o mesmo facía no Parlamento galego a conselleira do Mar, Rosa Quintana (nun pleno no que Mato rexeitou participar): \"A Autoridade Portuaria ten unha responsabilidade: a de buscar a mellor opción de xestión dos seus peiraos e dos espazos da súa propiedade. Ese obxectivo é irrenunciable e así o indican os informes de Portos do Estado e de Intervención Xeral do Estado\". O Concello solicitoulle este luns oficialmente á Autoridade Portuaria da Coruña que convoque urxentemente unha reunión do seu consello de administración Mentres, o Concello solicitoulle este luns oficialmente á Autoridade Portuaria da Coruña que convoque urxentemente unha reunión do seu consello de administración para \"abordar a necesidade de que o Estado condone a débeda asociada a Punta Langosteira, como vén de facer en Valencia\". O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, remitiu unha carta a Enrique Losada, presidente do ente, lembrando que \"con independencia das diferenzas existentes entre o caso coruñés e o valenciano, a realidade é que a condonación da débeda co Consorcio de Valencia introduce alternativas para o caso da Autoridade Portuaria da Coruña\". Varela subliña ademais que \"neste caso as débedas derivan execución dunha obra pública de interese xeral para todo o Estado\", un argumento máis para que estas obrigas sexan condonadas."}
{"ID": "NOS_6643", "summary": "Unidade e memoria son os vimbios sobre os que se tece a capa deste Sermos da metade de agosto, o 158.", "text": "Mais hoxe falemos só da memoria. Neste número mesmo as Palabras con memoria, a sección de AELG que coordina Isidro Novo, parecen ter o seu mellor encaixe, case un complemento, co relato de Pepe de Pura. A cartografía da Galiza mártir, a cartografía do terror representada en nomes, nomes de persoa e nomes de lugar, eses nomes que gardan a memoria do paso das persoas polo territorio, da súa actividade e do desenvolvemento económico.Algún destes nomes é novo nesta sección, outros xa apareceron, como é o caso da Estivada de Cacheiras, o lugar en que se fai a homenaxe a Anxel Casal. \"Ao lado destes lugares de terror e morte hai outros que denotan memoria de repoboacións, feitas, seguramente, contra a vontade das persoas que as tiveron que sufrir\". Ao lado destes lugares de terror e morte hai outros que denotan memoria de repoboacións, feitas, seguramente, contra a vontade das persoas que as tiveron que sufrir. Na historia recente da Galiza o caso máis chamativo de colonización foi o da Terra Chá, entre os anos 1954 e 1968. Non foi este o único proxecto levado a cabo xa que tamén se actuou na Illa de Ons e na lagoa de Antela. No caso da Terra Chá, para ocupar os novos poboados e traballar as novas parcelas a \"selección\" de colonos fíxose en Negueira de Muñiz, o territorio que na altura estaba sendo anegado pola barraxe de Grandas de Salime para a produción de enerxía eléctrica. O encoro partiu en dúas metades o municipio, incomunicou o territorio e converteuno no menos poboado de Galiza, con 210 persoas en 2009 segundo os datos do INE. Os veciños de Negueira de Muñiz trasladados á Terra Chá non levaron consigo os nomes das súas aldeas de orixe. Foron para catro asentamentos que xa tiñan nome e a memoria daquelas casas ficou debaixo da auga. Mais non sempre sucedeu así. Atopamos hoxe na Galiza topónimos que confirman a presenza de colonos procedentes de outros territorios. Por exemplo das terras do que hoxe chamamos Coimbra debían proceder as persoas que deron nome ás seis ou sete entidades de poboación que hoxe chamamos CUMBRAOS (CUMBRÁNS, nas terras de Mazaricos). De Monterroso debía ser o Gonçaluo Yanes de Cumbraos que xunto a \"Apariçio Fernandez e Pedro Fernandez e, Martín Perez de Couello, Iohan Juanes de Sirgual, Martin Juanes de Parteme, Iohan Perez de Sirgual e otros muytos\" aparece nun documento de 1278 relacionado co priorato de Vilar de Donas. Neste CUMBRAOS tamén se celebra, segundo podemos ler na capa do Sermos Galiza, nesta caso na versión dixital, un festival denominado Son Agrogay coa finalidade de visibilizar \"un rural diverso, afectivo e sexualmente\" ao tempo que \"defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial e o ecoloxismo\". \"No concello d' A Lama, Pontevedra, existe unha entidade de poboación denominada CASTELÁNS, e en Vilar de Santos e Calvos de Randín achamos a forma CASTELAUS\" En Láncara, Pantón, O Incio e Triacastela establecéronse os colonos procedentes das terras de Toledo. Hoxe eses lugares denomínanse TOLDAOS. O nome aparece xa configurado antes de finalizar o século XIII, segundo podemos ler nun documento de Ferreira de Pantón de 1299: \"dou en foro ... o casar que donna Millia a en Toldaos, o qual foy de Ferrnán Iohanes, que ias suu siño de Seoane de Toldaos\" Posibelmente a forma TOEDO, na Estrada, teña a ver con Toledo, aínda que neste caso parece non se referir a presenza de colonos dado que non é unha forma de xentilicio. Sería, para algúns autores, unha forma de base prerromana. No concello d' A Lama, Pontevedra, existe unha entidade de poboación denominada CASTELÁNS, e en Vilar de Santos e Calvos de Randín achamos a forma CASTELAUS, en referencia á posíbel presenza de persoas procedentes de Castela. Aínda procedentes de fóra da Galiza achamos un ASTURESES en Boborás. Se estes topónimos fan referencia a xentilicios procedentes de fóra do país hai outros que dan conta de posíbeis migracións internas, como poden ser os SARREAUS localizados por terras de Bande, Riós ou Maceda e con clara orixe en SARRIA ou BANGUESES (Conuçuda cousa seia a todos conmo eu Siluestre Fernandes dito Tinoso de Bangueses, por outorgamento de miña moller Dominga Migueles, podemos ler nun documento de 1324) . Estes Bangueses son procedentes de Banga, no Carballiño e asentaron en VEREA, Ourense, mais isto fica para outro número, se for o caso. Agora a desfrutar do presente."}
{"ID": "NOS_16559", "summary": "Paulo Carril tamén volveu denunciar a inacción e \"falta de resposta\" do Goberno español e da Xunta da Galiza.", "text": "O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, exixiu esta terza feira a \"inmediata\" posta dun plan axudas compensatorias para a frota de mariñeiros que se vai ver afectada nas vindeiras semanas e meses polo veto á pesca de fondo imposto pola Comisión Europea. A CIG prepara unha ofensiva \"xudicial e institucional\" contra o veto á pesca de fondo A central sindical estabelece dúas vías para activar estas compensacións. Por unha parte, adoptando os plans que se aplicaron durante a negociación dos Tratados de Pesca, o que provocou o \"amarre forzoso\" de numerosos navíos. Por outra parte, Carril demandou a aprobación do mecanismo RED, establecido no artigo 47 bis do Estatuto dos Traballadores e Traballadoras. O dirixente sindical defendeu que é \"é imprescindíbel garantir os ingresos da frota\" e que \"non se compute o desemprego consumido aos mariñeiros afectados\". O BNG chama a \"redobrar\" a presión contra o veto á pesca e o sector advirte: \"Levamos séculos pescando e seguirémolo facendo\" Neste sentido, o secretario xeral da CIG subliñou que este mecanismo debe ser \"aprobado de inmediato\" e manterse vixente \"até que se consiga pór fin ao veto, ben pola vía da revisión do informe científico, que ten que ter lugar nas próximas semanas, ben porque coa interposición do recurso consigamos como medida cautelar a súa suspensión\". Inacción do Goberno español e da Xunta Paulo Carril tamén volveu denunciar a inacción e \"falta de resposta\" do Goberno español e da Xunta da Galiza, e asegurou que se volverá dirixir a ambas as dúas administracións para que adopten a \"urxente definición das compensacións\". O BNG alerta da \"ruína\" que supón o veto á pesca de fondo e volve demandar a súa suspensión cautelar Entre outras cuestións, o sindicalista criticou que \"o Executivo de Alfonso Rueda segue sen convocar o Consello Galego de Pesca, a pesar da importancia que ten a actual situación e as súas consecuencias\". Carril tamén reiterou a \"necesidade\" de que se interpoñan recursos de forma complementaria e unificada. Lamentou que \"é incomprensíbel que a Xunta non estea traballando na elaboración do seu propio recurso, cando está lexitimada para facelo e debera facelo\". \"O veto á pesca de fondo afectará máis de 50% da produción da frota de Celeiro\" Por último, o secretario xeral da CIG volveu facer un chamado para que as distintas entidades patronais e confrarías fagan o seu propio recurso para poñelos en común. Ao tempo, apostou por fixar un calendario de mobilizacións en demanda do inmediato levantamento do veto á pesca de fondo para a frota galega."}
{"ID": "NOS_46099", "summary": "O modelo neoliberal baseado na necessidade de manter salários competitivos continua a ser a espinha dorsal das diretrizes da política económica nos BRICS. Os resultados da cimeira do grupo no Brasil não devem enganar.", "text": "No primeiro ano deste século inventou-se o acrónimo BRIC. A abreviatura compunha-se das iniciais de quatro países cujas economias eram consideradas potências emergentes: Brasil, Rússia, Índia e China. Em 2003, o Goldman Sachs prognosticava que, em quarenta anos, os países do BRIC teriam um papel preponderante nas finanças, comércio, indústria, ciência e tecnologia àescala mundial. O seu produto interno brutoexcederia o do G6 para esses anos (Estados Unidos, Japão, Alemanha, França, Inglaterra e Itália). De acordo com essas projeções, cada membro do BRIC ultrapassaria aseconomias do G-6, salvo a dos Estados Unidos (que só seria superada pela China). Entre 2003 e 2008, o prognóstico parecia irno bom caminho. As quatro economias mantiveram altas taxas de crescimento e os seus sinais vitais em matéria de estabilidade e contas externas pareciam saudáveis. Em abril de 2010, o Brasil foi o anfitrião de uma reunião dos quatro países e, nessa ocasião, a África do Sul foi convidada a unir-se ao grupo. O acrónimo passou a ser BRICS. A crise na União Europeia e nos Estados Unidos acabou por travar os BRICS. A série de crises financeiras dos anos noventa e as assimetrias crescentes na economia mundial mostraram sem ambiguidades as funestas consequências de aplicar as receitas do consenso de Washington. O surgimento do BRICS gerou expectativas sobre possíveis reformas no sistema monetário internacional e mudanças de orientação nas políticas do Fundo Monetário Internacional e Organização Mundial do Comércio. Ao estoirar a crise global em 2008 a esperança em alguns círculos sobre o potencial do BRICS para alterar o rumo da globalização neoliberal reavivou-se. Sexta cimeira Hoje [pela segunda feira passada] tem lugar no Brasil a sexta cimeira dos líderes dos países integrantes do BRICS. Mas as economias do grupo não estão em boas condições de saúde e distam muito de se terem desmarcado da globalização neoliberal. As notícias sobre um novo banco do BRICS e a possível criação de um esquema de intercâmbios comerciais em moedas destes países devem ver-se com ceticismo Em cada uma destas economias os problemas são diferentes. Mas em todas elas a taxa de crescimento tem diminuído: este ano, o crescimento no Brasil e Rússia mal será de 3 por cento; na Índia será de 4 por cento e na África do Sul o resultado será um medíocre 2 por cento. A China, a estrela do grupo, poderá atingir uma taxa de 7 por cento. E as contas externas do grupo deterioraram-se. Brasil, Índia e África do Sul mantêm fortes défices de conta corrente e isso requer financiamento externo. Cada vez mais, o financiamento faz-se com créditos de curto prazo e com maior endividamento em divisas estrangeiras e não em moeda local. Além disso, todos os BRICS têm avultados défices fiscais (Brasil 2.4, África do Sul 3.7 e a Índia 8.2). Tudo isso agrava a sua vulnerabilidade num contexto em que as condições de financiamento externo são desfavoráveis. Faraónicas competições desportivas A crise na União Europeia e nos Estados Unidos acabou por travar os BRICS. É normal porque a fase crescente do ciclo expansivo no mercado mundial de produtos básicos não podia durar eternamente e ainda menos num meio recessivo. Quem sabe o mais importante é que graças à crise esses países têm apostado mais no endividamento interno para manter os seus ritmos de crescimento. Por outra parte, em três membros do BRICS as obras faraónicas derivadas de competições desportivas mundiais têm sido ao mesmo tempo uma fonte de despesa e um motor (conjuntural) de crescimento: as Olimpíadas de inverno em Sochi (51 mil milhões de dólares), as Olimpíadas de Beijing (40 mil milhões de dólares) e o Mundial de Futebol no Brasil (19 mil milhões de dólares). A ressaca financeira após esses eventos não é precisamente uma fonte de dinamismo económico. As notícias sobre um novo banco do BRICS e a possível criação de um esquema de intercâmbios comerciais em moedas destes países devem ver-se com ceticismo. Este bloco é mais um clube de países com interesses políticos e comerciais comuns do que com uma agenda de mudança na economia internacional. À China convém a estabilidade na África do Sul porque aí estão algumas fontes de matérias primas de importância estratégica. À Rússia interessa-lhe o apoio do grupo paraenfrentar as sanções dos Estados Unidos pela crise na Ucrânia. Ao Brasil inquieta-lhe uma redução na taxa de crescimento da China porque depende em muito desse mercado para produtos primários. E a todos os líderes dos BRICS preocupa-lhes o seu desprestígio e a falta de credibilidade política internamente. Este artigo, na sua versão original, viu a luz no diário mexicano La Jornada. Oferecemos aqui a tradução portuguesa tal e como foi editada por Esquerda.Net. Alejandro Nadal é economista e professor em El Colegio do México."}
{"ID": "NOS_28923", "summary": "Despedid@s da residencia Valle-Inclán abandonan o peche na Casa do Concello deste municipio arousá despois de que o rexedor, doPartido Popular, as ameazase con fortes sancións económicas, denuncian desde a CIG.", "text": "No Salnés, Durán-Durán non é o grupo de 'novos románticos' que desde Inglaterra conquistaran o mundo nos 80 da man dunha vaga de ombreiras e pelo cardado. Durán-Durán é o binomio formado por Gonzalo Durán (alcalde de Vilanova) e seu irmán José Juan Durán (á fronte de Portos de Galicia). PP en estado puro, como ten denunciado unha e outra e outra vez a oposición de esquerdas nesta biscarra da marxe sur da Ría de Arousa. Valle-Inclán era a maior empresa da localidade. A CIG denuncia o escao interese do PP (no concello, na Deputación e na Xunta) por solucionar o conflito Pois ben, o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (con maioría absoluta desde hai mandatos) optou desta volta por engadir unha 'medalla' máis ao seu currícolo de mandatario do PP: colaborar no despexo de 39 traballador@s dunha residencia que estaban pechad@s no concello arousá en defensa dos seus dereitos. \"As 39 traballadoras despedidas da residencia Valle Inclán abandonaron o peche que mantiñan no Concello de Vilanova para reclamar unha xuntanza coa conselleira de Traballo despois de que o alcalde as ameazase con sancións económicas\". Esa é a denuncia da CIG.. O sindicato destaca \"o nulo interese da Xunta do PP en solucionar un conflito laboral que provocou o peche da maior empresa da localidade\". Dignidade O cadro de persoal acumula meses e meses de loita na defensa dos seus dereitos. Unha loita que ten a súa exemplificación na oposición á represión sindical que, denuncia a CIG, exerce o seu xerente."}
{"ID": "PRAZA_5003", "summary": "O alcalde, Alfonso Fuente Parga, cualifica a intervención decidida pola Xunta en 2007 de \"medida política\", a pesar de que o pasado ano o propio concello recoñeceu que Barreiros vivira unha \"actividade inmobiliaria desproporcionada\".", "text": "O pasado luns, unha sentenza do Tribunal Supremo declarou \"nulo de pleno dereito\" o o decreto co que en 2007 a Xunta (gobernada polo bipartito PSdeG-BNG) suspendía as normas de planeamento municipal de Barreiros e aprobou unha Ordenación Urbanística Provisional. O fallo baséase en que o Goberno galego non expuxo ao público, como debía, esa normativa provisional antes de aprobala, pero desestima o núcleo do recurso, confirmando o outorgamento fraudulento de licencias polo Concello de Barreiros ao se outorgar en terreos que non podían ser considerados como solo urbano. O fallo baséase en que o Goberno galego non expuxo ao público, como debía, esa normativa provisional antes de aprobala O pasado ano o TSXG botou abaixo o intento do actual goberno da Xunta de legalizar aqueles inmobles xa construídos a través dun convenio asinado coa Deputación e o Concello. Aquel proxecto, dotado con 14 millóns de euros dos que o 40% saían das arcas da Xunta, o 10% da Deputación de Lugo e o resto, do Goberno central e dos promotores, tivo a forma de plan de incidencia supramunicipal, un aspecto que foi desbotado pola xustiza. Ese fallo acelerou o desenvolvemento dun novo PXOM, que segundo fontes do Concello de Barreiros está xa \"moi avanzado\". Este mesmo martes a Xunta apremiou o Goberno local a aprobar \"coa máxima axilidade o novo plan, que achegará seguridade xurídica e normalidade ao desenvolvemento urbanístico do municipio\". O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, amosou este martes a súa \"satisfacción\" polo fallo do Supremo, que na súa opinión acredita que a intervención do Goberno galego en 2007 se debeu \"a motivos políticos e non técnicos\". O rexedor cre que na Xunta, naquel momento, \"non lles gustaba quen gobernaba en Barreiros\" e defende que \"noutros concellos limítrofes edificábase o mesmo que en Barreiros e non se interveu\". Este mércores, acompañado dos deputados populares José Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, reitetrou esta posición e acusou o Goberno de PSdeG e BNG de \"crear un chivo expiatorio no concello de Barreiros\" e asegurou que a limitación na construción tivo \"graves consecuencias económicas, administrativas, sociais e urbanísticas\". Fuente Parga defende, polo tanto, o urbanismo realizado neses anos no concello, no que chegou a autorizar a construción de 5.800 vivendas nun municipio de 3.200 habitantes, a pesar de que o pasado ano o propio concello recoñeceu que Barreiros vivira unha \"actividade inmobiliaria desproporcionada\", nalgúns casos \"á marxe do planeamento\". Fíxoo nos documentos que lle remitiu á Xunta no proceso de tramitación do novo plan de urbanismo, que tamén recoñecía que a febre urbanística chegou a multiplicar en poucos anos o valor do solo por 40, dende o sete ou oito euros por metro cadrado que se pagaban polo solo rústico, até os case 300 euros que se chegaron a pagar polo solo urbanizable. O alcalde afirmou que é \"lícito\" que \"todo o mundo queira ter unha vivenda na costa, unha segunda residencia. Agora estamos nun momento delicado, pero se volverá nalgún momento e iso é algo que todo o mundo quere ter\" En declaracións á Cadena Ser engadiu que \"Barreiros ten 3.200 habitantes, pero é un concello que no verán multiplica este censo por case catro, e chega aos 12 mil habitantes. Aínda que estean dous meses nós temos que cubrir os servizos para doce mil habitantes, non para 3.200 e cando se constrúe a segunda residencia faise porque hai unha demanda\". O alcalde afirmou igualmente que é \"lícito\" que \"todo o mundo queira ter unha vivenda na costa, unha segunda residencia. Agora estamos nun momento delicado, pero se volverá nalgún momento e iso é algo que todo o mundo quere ter\". Antón Sánchez insta ao PP que defina \"de que lado se atopa, se xunto coa especulación e o urbanismo salvaxe ou do lado da protección do interese público e do urbanismo racional\" Este mércores AGE denunciou que o PP \"estea a xustificar o urbanismo salvaxe de Barreiros botando man dunha sentenza que declara nulo o decreto que suspendía de xeito preventivo o plan municipal nun concello no que as agresións ao medio ambiente e o roubo as arcas públicas é unha constante\". O deputado Antón Sánchez lembrou que a causa de anulación do decreto de 2007 é a ausencia de trámite de información ao público, e que polo tanto non cuestiona a suspensión das normas subsidiarias do planeamento municipal nin o outorgamento fraudulento de licencias polo Concello de Barreiros ao se outorgar en terreos que pola súa insuficiencia de servizos ou falla de inserción na malla urbana non podían ser considerados como solo urbano. Sánchez insta ao PP que defina \"de que lado se atopa, se xunto coa especulación e o urbanismo salvaxe ou do lado da protección do interese público e do urbanismo racional\"."}
{"ID": "PRAZA_16420", "summary": "Ante a desautorización recibida, o presidente da Xunta organizou unha foto conxunta cos presidentes de Asturias, Castela-León e Aragón. Hai quen considera que esta iniciativa é unha xogada moi boa do inquilino de Montepío. Realmente é así? Estamos ante unha demostración de fortaleza ou de febleza?", "text": "Dende hai moito tempo, o debate sobre o financiamento das entidades territoriais que coexisten no Estado español está moi condicionado pola habitual confrontación que preside a dinámica política. Certamente, estamos ante un asunto que podería ser obxecto dun tratamento discursivo que compatibilizara o imprescindíbel rigor analítico coa lóxica diversidade de focaxes que aparecen en cuestións deste nivel de complexidade. A experiencia histórica demostra, poren, que o vector dominante nos foros públicos ven determinado polas posicións existentes na elite política e/ou nos grupos mediáticos hexemónicos. Escoitando ou lendo as recentes declaracións de Montoro, Rajoy e Feijoo sobre a eventual condonación da débeda contraída por diversas Comunidades Autónomas coa Facenda estatal constatase palmariamente o sinalado anteriormente:a necesaria controversia ben fundada é substituída por unha calculada cerimonia de retórica confusionista na que cada protagonista busca, prioritariamente, reforzar a súa posición no xogo político realmente existente. Dende que chegaron ao goberno, Rajoy e Montoro foron contumaces apóstolos das ideas que procedían de Bruxelas e Berlín:as débedas había que pagalas sen reparar nos custes sociais asociados á posta en práctica de semellante lei de ferro. Aceptaban a lóxica implantada por Merkel para salvagardar os intereses dos acredores fronte ás facendas dos Estados do sur de Europa. Os debedores non deberían gozar dunha eventual reestruturación das súas obrigas que lles permitiran aliviar as graves hipotecas que afectaban ás maiorías sociais deses países. Estes defensores da ortodoxia da troika sorprenderon a propios e adversarios anunciando que as débedas contraídas por diversas CC.AA. co FLA (Fondo de Liquidez Autonómico) poderían ser modificadas (alongando notabelmente o prazo de amortización e reducindo a contía dos xuros) para favorecer a marxe de manobra dos gobernos afectados. Esta nova posición colocou en fora de xogo a Núñez Feijoo. A súa estratexia dos últimos anos ficou arruinada en poucos días:despois de facer todo o posíbel para demostrar que el era un alumno exemplar na aplicación das novas políticas emanadas dende a Moncloa agora comproba que o seu xefe político está disposto a inmolar a súa \"vía galega\" no altar das razóns dun Estado que precisa buscar fórmulas de integración para aquelas Comunidades (Catalunya, País Valenciá, Andalucía) que presentan desequilibrios financeiros de certa envergadura. Ante a desautorización recibida, o presidente da Xunta organizou unha foto conxunta cos presidentes de Asturias, Castela-León e Aragón. Hai quen considera que esta iniciativa é unha xogada moi boa do inquilino de Montepío. Realmente é así? Estamos ante unha demostración de fortaleza ou de febleza? Entre os catro protagonistas do encontro, hai dous -os do PSOE- que non sintonizan con Pedro Sánchez e outro que tampouco ten futuro no PP. Feijoo é o único que dispón dunha maioría absoluta prolongada que podería usar para forzar unha negociación directa coa Moncloa. Ao cabo, esta operación de imaxe é unha confesión de impotencia ante o transcendental problema do financiamento da Facenda galega. Foguetes artificiais para agachar o medo á confrontación cos xestores da Administración central. Publicidade"}
{"ID": "NOS_43790", "summary": "As dúas consellarías, rexentadas polo PP, non foron quen de garantir que este dereito se garanta na sanidade pública. CIG-Ensino quéixase perante a Valedoría do Pobo.", "text": "A federación de Ensino do sindicato CIG rexistrou esta sexta feira un escrito de queixa perante a Valedoría do Pobo e pediu ao titular desta institución, Julio Fernández, \"que investigue as causas polas cales os galegos teremos que desembolsar 800.000 euros máis porque dúas consellarías que fan parte do mesmo partido e do mesmo goberno non foron quen de chegar a un acordo\". Nestes termos manifestouse o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, en declaracións aos medios de comunicación antes de se reuniren con Fernández. Referiuse o nacionalista aos departamentos de Sanidade e Educación da Xunta, e ao acordo que o titular de Educación, Jesús Vázquez, dixo estar a piques de asinar co Sergas para garantir as revisións médicas do profesorado nos centros de saúde que fan parte do sistema público galego. Unha sentenza do TSXG recoñece o dereito á revisión médica O dereito do persoal docente foi garantido nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza que dá a razón á central sindical nacionalista, mais o devandito acordo non se chegou a asinar porque as dúas consellarías non deron corrixido as súas diverxencias. A consecuencia é un incremento do 59% nos custos do servizo. Así, segundo as cifras que voltou repetir Anxo Louzao na Valeduría do Pobo, Educación ten calculado o desembolso que fará en 2.200.000 euros fronte ao 1.300.000 euros que faría de se prestar recoñecemento médico nos centros do Sergas. A actuación do departamento que dirixe Jesús Vázquez é, ao entender de Louzao, \"completamente irresponsábel\" porque \"non só se privatiza o servizo senón que supón un gasto moito maior para os galegos\". Por todo isto, CIG-Ensino pide á Valedoría do Pobo que deite luz sobre os motivos polos cales Educación e Sanidade non son quen de garantir este dereito na sanidade pública."}
{"ID": "NOS_6641", "summary": "En Marea, PSdeG e BNG anunciaron que pedirán a comparecencia de Núñez Feixóo e do conselleiro Vázquez Almuiña na comisión parlamentar, onde queren que se investiguen casos como o do falecemento no PAC da Estrada ou as mortes por atrasar tratamentos na Hepatite C, entre outros. Piden o PP que non \"boicotee\" este órgano.", "text": "En Marea, PSdeG e BNG anunciaron que pedirán a comparecencia de Núñez Feixóo e do conselleiro Vázquez Almuiña na comisión parlamentar, onde queren que se investiguen casos como o do falecemento no PAC da Estrada ou as mortes por atrasar tratamentos na Hepatite C, entre outros. Unha comisión de investigación na que teñan voz \"todos\" para analizar as consecuencias destes anos de recortes na sanidade pública galega. Os portavoces parlamentares de En Marea, PSdeG e BNG compareceron esta sexta feira para informar da súa petición conxunta para que se active esa comisión na Cámara galega. Luis Villares, Fernández Leiceaga e Ana Pontón indican que pedirán a comparecencia nesa comisión do presidente da Xunta, Núñez Feixoo, e conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, así como de representantes de colexios médicos, organizacións sindicais ou plataformas de sanidade pública, entre outros. Neste senso, chaman o PP a \"non boicotear\" a comisión A comisión, cuxa petición formalizarse esta segunda feira, sairá adiante embora non a apoiar o grupo que ten a maioría absoluta na Cámara, o PP, xa que o regulamento do Parlamento incorpora a posibilidade de crear, de forma automática, unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben dous quintos da Cámara. Confluentes,socialistas e nacionalistas suman 34 parlamentares, polo que poden activar este procedemento. No que atinxe aos temas e cuestión a tratar, a oposición quer esclarecer e analizar casos cmo o do paciente falecido en agosto no PAC da Estrada sen atención médica, ou os falecidos en galiza polo atrasamento nos tratamentos da Hepatite C. Mais tamén a desaparición de áreas sanitarias, o empeoramento en áreas como pediatría… \"A política sanitaria de Feixóo acabacoa saúde das persoas\", criticou Villares, que cargou contra o PP pola súa \"soberbia\" ao \"non escoitar\" a sociedade e as súas queixas sobre os recortes en servizos como a sanidade. Para Fernández Leiceaga (PSdeG), é importante \"que todo o mundo teña voz\" na comisión, puidendo así artellar un diagnóstico sobre a situación da sanidade galega após estes anos de recortes. De por parte, Ana Pontón denunciou estes anos de políticas de Deixóo que \"devaluaron\" a sanidade galega. A nacionalista incidiu en que ao longo destes anos denunciaron que \"os recortes matan\" e subliñou a importancia \"do dereito á saúde das persoas, que é como falar do dereito á vida\". Pontón di que a \"desvergoña\" do goberno do PP apostando en \"tapar\" con \"publicidade\" as consecuencias dos recortes \"derixa ás claras\" a necesidade da comisión."}
{"ID": "NOS_13134", "summary": "Os ex-presidentes da Junta de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves terán que declarar en calidade de imputados os días 9 e 14 de abril.", "text": "O maxistrado do Tribunal Supremo, Alberto Jorge Barreiro cita aos expresidentes de Andalucía José Antonio Griñán e Manuel Chaves que terán que comparecer en condición de imputados os días 9 e 14 de abril pola fraude dos ERE que se está a investigar. Ademais de Chaves e Griñán, están citados outros aforados como o deputado José Antonio Viera, o exconselleiro andaluz Gaspar Zarrías e a senadora Mar Moreno A comparecencia dos dous ex-presidentes de Andalucía terá lugar despois de que na comunidade autónoma se realicen as eleccións á presidencia da Junta."}
{"ID": "NOS_45350", "summary": "O rexedor conservador Santiago Amor seguirá á fronte deste municipio de 30 mil habitantes, mais farao en minoría ao contar co apoio de cinco reprensentantes d@s 21 que fan parte da corporación", "text": "Seis concelleir@s do PP no municipio de Ames formalizaron a súa renuncia ás súas competencias na corporación, sen abandonar a súa acta. O rexedor conservador Santiago Amor fica á fronte do consistorio, mais gobernará en minoría co apoio de cinco representantes dun total de 21. A decisión d@s edís chega unhas horas despois de que Amor destituise a Ramón García Argibay como primeiro tenente de alcalde. Tod@s @s concelleir@s críticas coa xestión do rexedor non asistiron xa ao último pleno, realizado a semana pasada."}
{"ID": "PRAZA_5813", "summary": "\"Toda muller forte provoca que o varón se sinta débil e é algo que non pode soportar, porque a sociedade esíxelles moito, sabedes? Esíxelles que parezan liberados das constricións do xénero pero á vez esíxelles virilidade... A sociedade ou eles mesmos? Acaso hai diferenza entre un mesmo e a orde social?\"", "text": "Non nos coñecemos a nós mesm@s, nós @s coñecedores Tres mulleres de tres idades relativamente distantes marcharon á praia un día de sol. Aínda non era verán, pero a súa actitude xa se mostraba estival. Queremos espirnos, queremos calor, queremos estar soas co mar, decidiron. Éralles urxente cargar a batería emocional, consigo mesmas: esa era a única fonte que ían aceptar, xuraron. -Ben, deixoume onte, confesou A. Xusto agora que estabamos ben, que eu xa asumira que esa era a relación que tiña e estaba conforme.... Xa non esixía nada. Varias décadas, centos de rupturas. De feito, a ruptura formaba parte da relación. Moitas veces sucede, é un motor sexual; xa sabemos: desexo reprimido, desexo aumentado. Pero desexo roubado, desexo inexistente. A aprendera a amoldar o seu desexo ao do seu compañeiro e o seu compañeiro xa non tiña outro desexo co que establecer unha relación dialéctica, así que adeus. Porque empezo a sentirme incómodo con iso e a proxectar cara ti ese malestar e non quero chegar máis lonxe coa agresión, díxolle. A verdade é que A tivera sorte cos límites éticos do seu compañeiro, recoñeceulle B: os seus nunca souberan parar a roda do sadismo. -Ides volver, dixo C, tamén con máster en bailar as mareas que oscilan entre anularse unha mesma e a necesidade de ser. Si, claro, estaba cantado, ían volver tan pronto o cerebro do compañeiro recoñecese na ausencia de A un triunfo dela, porque nesa distancia ela xa podería ser ela. -Si, sen dúbida, mañá é a miña quenda, cantou A, (cando, cando dis?). Vou vivir o meu verán. É máis, a semana que vén hai unha chuvia de estrelas. -Ben, certo, a semana que vén hai unha chuvia de estrelas e nós parece que temos vontade de definir o noso desexo, apuntou B. -Eu tamén quero poder estar con alguén suave, replicou C, crecida no romanticismo do reguetón. C non recordaba como e canto lle cuspira ese mito. Decidira esquecelo porque a cultura da terra previamente lle rebentara a cabeza contra o marco da porta. Así que a súa memoria, ben adestrada, construíu que ela fixera cousas, mea culpa, mea culpa, desbotando da materia a esculpir que eran vinganzas por outras. E así, do que ía converterse nun proceso de empoderamento nacía a santísima virxe reproducindo a Lei. É así como as mulleres aprenderan por elas mesmas, finalmente, a responsabilizarse da súa anulación. Tardaron miles de anos, moitos, moitos miles de anos e mesmo un salto evolutivo. Igual tardaron máis, igual nalgunhas, de feito, a doma non está totalmente realizada... Desconfiade, pode ser calquera, pode ser ben guapa, pode ter un corpo perfectamente deseñado polos produtores de mulleres ideais, pode estar, mesmo, sorrindo coma se nada... Calquera é sospeitosa de ser libre... Tende conta, pois calquera pode ser a reencarnación dunha ´regañona´. Non sabedes? Non lembrades as mulleres ás que os seus devotos esposos paseaban con boceira por protestar? Pero se foi hai nada, se xa falaban os ilustrados suxeitos de dereitos humanos! Afortunadamente houbo un grande número de boas rapazas que aprenderon, a pesar da súa resistencia natural a obedecer, a pesar da demoníaca natureza que as fai tender a exercer o seu poder, a súa potencia, como lles criticaban os grandes teóricos da Inquisición. Non só as criticaban, claro, tamén as queimaron. Tamén, xa moito antes, as obrigaron a depender dun home para sobrevivir, xa sabedes, as mulleres soas non poden traballar... igual mendigar, igual prostituírse. E aínda así tardaron en aprender a arte da feminidade, a arte de minguarse a unha mesma. Aínda así tardaron en aprender a entregar o cetro, e moitas veces hai que quitarllo polas malas... ai, canto lles gusta mandar! Pero se ao varón non lle gusta manchar as mans de sangue coa violencia física, entón, entón pode facelo polas boas e convencer das súas razóns. -Volvemos, confesou A uns días despois. Non puiden resistirme... Ao parecer, chorou toda a semana, ao parecer foi un dó para el, ao parecer, agardaba que eu volvese... A que a todos nos gusta este xogo? A que a todos nos gusta tirar a pelota contra a parede e que rebote? -Pediume que aprendese a dicirlle as cousas con cariño, con máis cariño. O que opino, e iso... É certo, exprésome de xeito moi directo, non as penso. Teño unha personalidade demasiado forte e fago que se sintan inseguros... Xa... toda muller forte provoca que o varón se sinta débil e é algo que non pode soportar, porque a sociedade esíxelles moito, sabedes? Esíxelles que parezan liberados das constricións do xénero pero á vez esíxelles virilidade... A sociedade ou eles mesmos? Acaso hai diferenza entre un mesmo e a orde social? Están desorientados dende que alguén considerou que podían depilarse, tamén, é lóxico que ás veces reaccionen mal... É difícil manter unha relación cunha muller que reúne en si mesma varias dimensións: \"temos hetairas para o noso pracer, concubinas para servirnos e esposas para o coidado da nosa descendencia\", describiu e prescribiu un dos Pais da nosa grande e única civilización. Como as deusas do Olimpo, se dispós de intelecto, careces de sexualidade, e afástaste, na túa mesma orixe, de ser muller. Se tes sexualidade es naïf e, ademais, non creas outra cousa, esa sexualidade pertence á comunidade de varóns. Non, non!, dirédesme Non pensamos así, que xa somos moi evolucionados! Non, non! Non recoñecemos que os mitos poboen o noso inconsciente! Non, non, que nos gusta conquistar mulleres fortes e mostrar o valor da nosa caza! Pero na casa... Na casa xa nos entra medo de estar co león. Entón hai que domalo, custe o que custe. Mesmo ás veces, deixalo sen comer, para xerar unha certa disposición á subordinación, xa sabemos nós, expertos na conquista do mundo, como funciona a colonización do outro, como fas a un outro, escravo. Atracción e medo, desexo e rexeitamento, son os dous cabos cos que se intenta amarrar os corpos femininos libres. Mentres, para descansar, adoitan practicar a caza menor. E as mulleres? E as mulleres que mesmo se deixarían, por non habitar o Afora, pero non poden renunciar a reunir todas as dimensións dun ser, que outras lles queda que sentirse culpables...? -Pero a verdade é que o meu ex ata chegou a botarme a culpa por estar gordo!, proseguiu A, xa consciente de si mesma. Moita ansiedade lle xeraba...! Vin mulleres extraordinarias pedindo desculpas por brillar, advertía Monique Wittig. Sabes cantas veces imos caer? Todas as que nos deixen?! -Hai un libro que fala diso, comentaba B fronte a incipiente mirada incómoda dun varón, e rapidamente, cun movemento ben aprendido, matizou, mentindo: en realidade acabo de descubrilo, non sei moito máis.... Tes que aprender a mostrar un rostro sorrinte aínda que esteas empapada coa dor... cantaba a raíña do blues..."}
{"ID": "NOS_38598", "summary": "Convocadas polas plataformas anti-desafiuzamento para esta sexta feira, inciden na responsabilidade de banca e institucións no drama dos despexos. Na Galiza hai 300.000 vivendas sen habitar.", "text": "As delegacións do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en cidades e comarcas galegas verán esta sexta feira, como fronte súa agroman concentracións, protestos e mobilizacións na defensa dun dereito básico: o dereito a vivenda. Na Galiza hai 300.000 vivendas sen habitar, o 19% do total. \"O dereito a vivenda digna, recollido entre os dereitos fundamentais, vese vulnerado; mentras uns se enriquecen especulando cun ben básico outros fáiselle imposible acceder a unha vivenda. Dende o ano 98 que se reformou esta lei ata o ano 2008 duplicouse o prezo da vivenda\" explican desde Stop-desafiuzamentos de Ourense, unha das plataformas convocantes (12:00 horas). \"Na actualidade estase a vender vivenda de protección oficial, construida con diñeiro público, dende a SAREB ( Banco Malo ) a fondos voitre a prezo de saldo pero impideselle a cidadanía acceder esa mesma vivenda o mesmo prezo\", denuncian. Stop-desafiuzamentos de Compostela convoca para as 10:30 horas coa palabra de orde \"A banca déixanos na rúa. A solución das institucións: caixas de cartón\". 8.000 despexos Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento. Perto de 8.000 despexos tiveron lugar en Galiza nos últimos cinco anos. Entre os exercicios 2008 e 2013, ambos inclusive, executáronse 7.724 ordes de desafiuzamento, segundo dados do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Unhas cifras do poder xudicial coas que o blog da Cadea Ser 'Diario da Crise' vén de facer un mapa con dados por provincias."}
{"ID": "NOS_20651", "summary": "Este ano celébrase a terceira edición do Día das Galegas nas Letras, e a escritora escollida é a viguesa María Xosé Queizán. Incluimos manifesto no interior.", "text": "O Día das Galegas nas Letras está organizado pola plataforma de crítica literaria A Sega. Nas súas palabras, esta xornada \"busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular\". A data central dos actos de celebración é o 15 de agosto \"por ser o día da Nosa Señora (das letras galegas)\". María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, catedrática de lingua e literatura galega e unha das figuras máis salientables do feminismo galego, tendo publicado varios ensaios sobre o tema. Asemade, tamén ten unha sólida carreira tanto na narrativa coma na poesía, e mesmo ten publicado dramaturxia. Ten traducido a Marguerite Yourcenar e a Karen Blixen. A primeira edición foi dedicada á compiladora do cancioneiro popular galego, Dorothé Schubart, e a segunda a María Victoria Moreno, referente na literatura infantil e xuvenil galega. Como cada ano, A Sega publica un manifesto titulado \"Je suis...\" para a celebración deste día, que reproducimos aquí: \"Para o patriarcado as treboadas teñen nome de muller. Ao patriarcado dálle medo o vento, a choiva e os eventos da terra e do mar. Mais nosoutras gardamos no noso seo un trebón, unha forza da natureza, pero totalmente racional. Un trebón que nos pensou para podernos logo repensar. Unha voz que non admite xustillos, que os habitou e os rachou todos, incluídos os máis duros. Se algunha de nós pode sentir a violencia do privado que os homes da cultura levan ao espazo público é ela. Os silencios, as exclusións, as insinuacións e as infamias que ela encheu de luz cunha voz firme e controvertido, total e iconoclasta. Case todos os séculos foron algo escuros para ela porque a sombra patriarcal non acepta francotiradoras. Mais nosoutras si. Nosoutras habémonos deixar arrastrar pola forza dos ventos, caer nas catástrofes que ela crea e nas redencións marabillosas que nos outorga para sementar e multiplicar a súa obra inmensa e vizosa. Aprendemos dela, que devolve cada agravio cunha palabra certeira, cunha reflexión, cunha obra universal porque nada do que acontece lle é indiferente. Ela devolve cada agravio cunha palmada, co ritmo dun rap, cun baile e cunha festa. Antes de que fósemos modernas e falásemos do queer ela xa escribira vidas trans, lésbicas, fóra de ningún canon. Antes da reflexión sobre as reescritas ela regresara a Antígona, a Medea. Antes das intertextualidades ela puxera a orella no buraco para escoitar falas doutros lugares. Catou moitas bandeiras pero só para pasalas -con perdón- polo seu soberano cu e seguir sendo irreverentemente quen ela é. Nun momento no que as bandeiras, a egalitè-libertè-fraternitè, as nacións e os estados se usan adoito para calquera cousa menos para acabar co patriarcado, nosoutras, coma ela, facemos do noso cu un pandeiro e subvertemos o aberrante JE SUIS pola causa das mulleres. Porque se temos que ser alguén, seremos MARÍA XOSÉ QUEIZÁN ou non seremos ninguén\"."}
{"ID": "NOS_33519", "summary": "Comeza un novo ano, así que toca a pertinente lista do que se presenta no horizonte cinematográfico. Unhas cumprirán as expectativas e outras defraudarán… pero estas non mas penso perder:", "text": "1. BIRDMAN de Alejandro González Iñárritu O 2015 comeza con forza. Aclamado por público e crítica, o filme de Alejandro González Iñárritu será sen dúbida unha das mellores películas do ano. Comedia negra arredor dun actor (Michael Keaton) que interpreta a un súperheroe. Desas que dá gañas de non sabermos moito para deixarnos sorprender. Grandes expectativas. Estrea en xaneiro. 2. WHIPLASH de Damien Chazelle Película independente arredor do mundiño musical con varios premios xa as súas costas: Sundance, Nova Iorque, Valladolid... Promete unha historia honesta, boa música e un duelo interpretativo entre o mozo Miles Teller e o veterano J.K. Simmons (o mítico xefe do periódico da saga Spiderman de Sam Raimi). Outra que ule a cinema do bo. Estrea en xaneiro. 3. O FRANCOTIRADOR de Clint Eastwood Unha de Clint Eastwood sempre é motivo para achegarse ás salas. Desta volta baséase na historia real arredor dun francotirador norteamericano destinado en Irak. Sabendo como as gasta Clint nas películas 'bélicas' (O sarxento de ferro, Bandeiras dos nosos pais, Cartas desde Iwo Jima) apunta a que pode ser un punto álxido na carreira do octoxenario director. Estrea en febreiro. 4. CHAPPIE de Neill Blomkamp Chega outra película futurista do visionario director surafricano Neill Blomkamp (Distrito 9, Elysium). Aparte do seu actor fetiche Sharlto Copley, incorpora as estrelas Hugh Jackman e Sygourney Weaver. Comedia de ciencia ficción arredor dun robot con sentimentos. Ten boa pinta. Estrea en marzo. 5. WOLF TOTEM, O ÚLTIMO LOBO de Jean-Jacques Annaud Jean-Jacques Annaud, un dos máis reputados directores franceses do momento, retorna ao xénero de aventuras para pechar a súa particular \"triloxía animal\" que iniciara con O Oso, continuara anos despois con Dous Irmáns (sobre tigres) e que parece rematar con esta que fala de lobos. Como naquelas promete moita conciencia ecoloxista, aventuras e unha preciosa fotografía. Película para toda a familia. Estrea en abril. 6. OS VINGADORES 2: A ERA DE ULTRON de Joss Whedon O 2015 tamén trae a súa boa ración de cinema de súperheroes. Repiten tod@s os da primeira (Iron Man, Hulk, Capitán América, Thor…) e con algunha sorpresa máis. Pretende repetir o éxito da primeira parte nunha segunda algo máis escura con máis acción, máis épica e máis aventura. O espectáculo está servido. Estrea en maio. 7. MAD MAX: FURIA NA ESTRADA de George Miller Volve Mad Max con Tom Hardy (Locke) substituíndo Mel Gibson no rol do tolo Max. Comparte cartel cunha Charlize Theron tamén desatada e cun cambio de look que dará moito que falar. Futuro post-apocalíptico, coches, acción e moita mala baba nunha das secuelas máis esperadas do ano. Estrea en maio. 8. JURASSIC WORLD de Colin Trevorrow Outra secuela para mediados de ano. Apunta a que as ideas en Hollywood comezan a escasear, pero o de sempre… acabas picando. Montan un parque de atraccións de dinosauros que xa quixeran os de Loro Park onde \"todo está controlado\" pero, por suposto, algo sairá mal e todos os visitantes correrán perigo. Non pasa nada, Chris Pratt (Guardiáns da Galaxia) estará aí para salvalos a todos sen despeitearse. Estrea en xuño. 9. TERMINATOR XÉNESES de Alan Taylor E outro que volve. Pero este con máis razón que outros… porque é Arnold Schwarzenagger: 'o que sempre volve'. E faino nada máis e nada menos que a 1984, no comezo da saga cando querían matar a Sarah Connor. Trama ao estilo de Regreso ao Futuro 2, onde pasado, presente e futuro se mesturan para tratar de encaixar todo para que todo saia como ten que saír. A ver se o conseguen... Estrea en xullo. 10. REGRESIÓN de Alejandro Amenabar Un filme dirixido por Alejandro Amenabar debería ser xa suficiente como para marcar en vermello a data de estrea. Se por riba engadimos un reparto internacional con nomes como Ethan Hawke e Emma Watson, pois que queredes que vos diga... Película arredor dunha regresión psicolóxica para chegar a esclarecer uns feitos que non son, nin moito menos, o que esperabamos. Estrea en setembro. 11. SPECTRA de Sam Mendes Outra entrega máis da saga de 007 a cargo de Sam Mendes que repite tras Skyfall, considerada unha das mellores películas de James Bond de todos os tempos. Desta volta Daniel Craig enfróntase á mítica organización terrorista SPECTRA cun poderoso vilán encarnado polo oscarizado Christoph Waltz. Como 'chicas-bond': Monica Bellucci e Léa Seydoux. Estrea en outubro. 12. O DESCOÑECIDO de Dani de la Torre Luís Tosar conducindo a toda velocidade polas rúas da Coruña cunha bomba baixo o asento que estoupará se non cumpre uns requisitos ben definidos que vai recibindo a través do móbil? Cando se pode reservar a entrada!? Tamén aparece Javier Gutiérrez, Luís Zahera, María Mera, Ricardo de Barreiro e Antonio Mourelos, entre outr@s. Produce Vaca Films. Estrea en novembro. 13. THE MARTIAN de Ridley Scott Antes da segunda entrega de Prometheus, Ridley Scott trae outra de astronautas con Matt Damon tentando sobrevivir no planeta vermello. Unha sorte de Apollo 13 mesturado con Náufrago que está baseado no best-seller de Andy Weir. Poderá facernos esquecer Ridley Scott a focha que supón Exodus na súa carreira? Ou será engulido novamente polos efectos especiais de pantalla verde? Estrea en novembro. 14. ST. JAMES PLACE de Steven Spielberg Para a súa esperada nova película Steven Spielberg volve contar con Tom Hanks no papel principal encarnando un avogado recrutado pola CIA en época de Guerra Fría. Thriller á vella usanza con guión dos irmáns Coen... garantía de que a historia discorrerá por rumbos pouco manidos. Estrea en decembro. 15. STAR WARS VII: O ESPERTAR DA FORZA de J.J. Abrams Unha das películas máis agardadas de todos os tempos chega a finais de 2015. Tras ver o tráiler quedei satisfeito, pero a medias... Por unha banda parece que J.J. Abrams prescinde en gran medida das molestas faíscas de luz que enchen todos os seus filmes... e tamén sae o Falcón Milenario! Por outra banda... que carallo significa esa espada do malo?! E o balón jabulani? En fin... supoño que está exposto a moitas presións de todo o mundo, así que deámoslle un voto de confianza. Estrea en decembro. Máis en: http://www.facebook.com/criticadcinema"}
{"ID": "NOS_39196", "summary": "O PSOE gañaría unhas novas eleccións xerais, mais a correlación de forzas entre a esquerda e a dereita estatais non experimentaría mudanza algunha, segundo un inquérito de GAD3 para La Vanguardia. Isto significa que a chave da situación continuaría a estar en mans das forzas soberanistas. Unidos Podemos, o conglomerado en que está En Marea, perdería até 23 escanos.", "text": "As eleccións de xuño de 2016 deitaron o seguinte resultado na dialéctica esquerda-dereita estatal: 169 escanos para os conservadores (137 do PP e 32 de Cs) e 156 para os progresistas (85 para o PSOE e 71 para Unidos Podemos e as súas confluencias). Pois ben, o que predí o inquérito de La Vanguardia é que esta correlación practicamente ficaría igual, con levísimas variacións. A esquerda gañaría un escano (sobe o PSOE 24, perde Unidos Podemos 23), en tanto que a dereita cedería 1 (perde o PP 45, gaña Cs 43 e entra Vox cun asento por Madrid). O taboleiro, por tanto, continuaría sustancialmente igual, e a gobernabilidade pasaría necesariamente por acordos coas forzas soberanistas. Un escenario que favorece o bloque da esquerda, sendo que o da dereita ten as relacións practicamente rotas coas organizacións nacionalistas. En porcentaxes de voto, o PSOE sería hoxe a primeira forza no estado con 26,6 por cento dos sufraxios, en tanto que a disputa pola segunda praza está moi fechada entre o PP (22,3) e Ciudadanos (21,9). Xa moi rezagado vén Unidos Podemos e as confluencias (En Marea incluída), conglomerado que totalizaría 16,6 por cento. Vox conseguiría 3,4 por cento, suficiente para colocar un deputado por Madrid. No mundo do soberanismo, ERC e PNV aumentan representación (os republicanos pasan de 9 a 11, os jeltzales de 5 a 6), en tanto que EH Bildu repite resultados (2) e o PDeCAT cede dúas actas (de 8 a 6)."}
{"ID": "NOS_8643", "summary": "A norma foi rexistrada por PSC, ERC, Junts e Comuns.", "text": "Despois de dous meses de estancamento nas negociacións para atopar un consenso sobre o catalán nas aulas, despois da sentenza dos tribunais españois con respecto á obriga do 25% do ensino en castelá, finalmente, a poucos minutos de fecharse o rexistro do Parlament català na terza feira, PSC, ERC, Junts e os comuns presentaron unha nova lei sobre a aprendizaxe das linguas, que fixa o catalán como lingua vehicular e o castelán como lingua de uso curricular, sendo esta última denominación o principal punto de disensión entre as catro forzas que rexistraron a lei. Na xornada desta cuarta feira, ao comezo do pleno do Parlament, a lei superou a súa primeira votación, con 105 votos a favor e 28 en contra, despois dun debate no que os catro grupos asinantes fecharon filas en torno ao consenso e reivindicaron cadansúa perspectiva sobre o acordo. Unha vez pasado este primeiro trámite, ábrese agora un período de emendas de 48 horas, e a sexta feira ao mediodía, previsibelmente, o texto quedará aprobado. Esta rapidez é así despois de que os partidos teñan movido ficha para tramitalo en lectura única, un procedemento de máxima urxencia que permite aprobar a lei neste mesmo pleno. A principal crítica veu desde a bancada da CUP. Dolors Sabater volveu insistir en que co pacto só se consegue \"adaptar a lexislación ao 25% e converter en lei a sentenza\". \"Quen está a lexislar son os membros do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSXC), non os deputados, e quen pulsará o botón a sexta feira para aprobar a medida serán as togas\", afirmou Sabater. Robles pide cumprimento de 25% en lingua castelá A ministra de Defensa do Estado español, Margarita Robles, sostivo onte que as sentenzas deben cumprirse \"sempre\", en referencia á porcentaxe do 25% que pide o TSXC nas escolas. \"As sentenzas hai que cumprilas sempre, é o único que lle podo dicir\", limitouse a dicir Robles sobre a nova lei catalá en tramitación, que non estabelece un porcentaxe para a lingua castelá. PP, Vox e Ciudadanos levarán a lei ao CGE PP, Vox e Ciudadanos levarán a proposición de lei sobre o catalán nas aulas ao Consello de Garantías Estatutarias (CGE), o que podería impedir que a norma quedase aprobada antes do 31 de maio, data límite para executar a sentenza que obriga a impartir un 25% das clases en castelán. Así o anunciou o líder de Vox en Catalunya, Ignacio Garriga. Posteriormente fontes do PP e Ciudadanos confirmaron que secundarán o recurso."}
{"ID": "NOS_3382", "summary": "A escritora Inma López Silva é a gañadora da actual edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dobro. O xurado destacou da súa obra, Clepsidras, \"a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxía feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir\". Conversamos coa autora sobre o seu inesperado salto á poesía.", "text": "Vén de gañar o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra Clepsidras. Como recibe a noticia? Imaxina, con moita alegría porque cando me deu por escribir poemas fun eu a primeira sorprendida [risos]. Case foi un arrouto. Cando decidín darlle forma de libro ao conxunto de poemas que tiña, eu mesma me puxen na tesitura do que iso implicaba. É dicir, teño un libro de poemas, pensaba, que fago con el? Que nivel de sorpresa pode ter a xente cando eu son tamén unha das primeiras sorprendidas de ter escrito un libro de poemas? Por enriba, que o premiaran resultou mel con filloas. Deste modo, alguén que non son eu, que o le, está a dicirme que é publicábel, que pode ser lido por máis persoas. Porque é a súa primeira incursión na poesía... Cando levas moitos anos facendo só un xénero sénteste moi insegura ao mudar para outro. Sabes que seguramente es quen de facelo ou que acabarás aprendendo, mais a seguridade e a comodidade non a tes até que pasa moito tempo... O feito de que un xurado lera o poemario e decidira que non estaba tan mal é unha forma de aprobación que anima a seguir. O Eusebio Lorenzo Baleirón é ademais un premio bonito. É moi relevante que un concello pequeno, como o de Dodro, lograra manter durante 34 anos un galardón deste estilo. Nestes ámbitos, o difícil non é só alcanzar o prestixio, senón consolidar no tempo. E iso hai que polo de relevo. A actividade cultural que xera un premio, a propia homenaxe a Eusebio, que era un grandísimo poeta, e que todo isto se manteña e que o faga un concello pequeno, cos recursos que teñen, é moi loábel. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Inma López Silva (@inmalopezsilva) Do poemario valoraron «a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxía feminina». Que nos pode adiantar da temática? Si, desde o xurado entenderon moi ben esa liña, esa idea da xenealoxía, que eu a pensaba desde o punto de vista do paso do tempo. Titúlase Clepsidras porque o poemario en si é unha reflexión sobre o que é a vida, o que implica o paso do tempo na vida e concretamente o paso do tempo na vida dunha muller, que ao final é indefectíbel do vínculo coa procreación porque todas somos fillas de alguén. Esa reflexión sobre a idea de permanencia ou o contraste entre a permanencia e a volatilidade de todo o que nos rodea é o fío condutor. A clepsidra é o reloxo de auga. Seguindo esa imaxe, como podemos medir o paso do tempo con algo inaprensíbel como é un líquido? Tamén destacan do seu traballo que «a nivel formal consegue unha cadencia rítmica altamente suxestiva». Como foi para vostede o proceso creativo? Moi diferente ao da narrativa? Cando escribo narrativa para min é importante esa sensación de sonoridade, que o que escribas nun momento dado soe, ben ou mal, que sexa capaz de quedar na memoria auditiva de quen está lendo. Iso para min é importante na narrativa porque ademais axuda a memorizar, individualizar personaxes... Levar isto á poesía, aínda que parece o procedemento contrario, era moi importante para alcanzar esa cadencia. A idea de que a poesía é ante todo a linguaxe literaria do ritmo, da sonoridade e de como interiorizamos un discurso... É unha cuestión traballada que intentei que estivese moi presente... Até me atopei a min mesma contando versos e podo dicir que ten utilidade! [risos]. Quería manter este procedemento poético máis ou menos clásico. Tratei, así mesmo, desde un punto de vista máis conceptual, ter unha estrutura, que o poemario presentara unha cadencia estrutural, que lle dese sentido unitario, e creo que isto si vén da narrativa, que é sempre unha unidade. Non quería só un conxunto de poemas soltos."}
{"ID": "NOS_33522", "summary": "A portavoz do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, esixe formar unha alternativa progresista que free 'o discurso do odio' de Vox.", "text": "O ascenso de Vox non deixa indiferente a ningún partido. Para as integrantes do Grupo Común da Esquerda, a suba de escaños da formación de Santiago Abascal obriga a formar unha alternativa progresista para frear o seu «discurso do odio». Segundo a súa portavoz, Luca Chao, os resultados desta formación deben ser «a primeira alerta para todas as demócratas». Son, na súa opinión, consecuencia da «negativa a formar un Goberno de esquerdas» por parte do presidente Pedro Sánchez. Para unha das portavoces do Grupo Común da Esquerda, os resultados das eleccións do 10 de novembro evidencian que «os números permiten un goberno progresista que coloca o noso espazo político (En Común-Unidas Podemos) no centro, como espazo necesario imprescindible no bloque da esquerda», que serviría para frear «á extrema dereita». Oportunidade na Galiza En rolda de prensa, Luca Chao subliñou que no caso da Galiza «por segunda vez nun ano, Feijóo perde a maioría absoluta», e destacou que o bloque progresista consegue «case 300.000 votos máis que o PP». «Temos un espazo consolidado, obrigado a articular unha alternativa política», recalcou a portavoz, para quen non hai «tempo que perder» ante a «lexislatura perdida» do mandato do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo."}
{"ID": "NOS_1993", "summary": "A iniciativa, admitida a trámite, complementa o recurso interposto pola asociación Lugo Monumental e desestimado polo TSXG. Agora, desde Compostela, confían en que a interpretación do alto tribunal se corresponda coa emitida noutras comunidades.", "text": "Hostaleiros de Santiago presentaron un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que \"complementa\" o que xa interpuxo días atrás Lugo Monumental contra a obrigatoriedade de achegar o certificado Covid para acceder ao interior de bares e restaurantes, entre outra documentación, naqueles niveis en que figura como requisito de entrada. É dicir, en concellos no nivel alto e máximo de restricións. Medida ineficaz En nome dunha quincena de asociación da hostalaría representantes de varios estabelecementos composteláns reclaman a suspensión cautelar da orde do 22 de xullo da Xunta para facer fronte á Covid. Consideran que \"non é eficaz na contención dos contaxios\" ademais de resultar \"unha medida criminalizadora contra o sector\", criticou o responsábel da Nave de Vidán, Lois Lopes. A esixencia do certificado Covid, advirten os hostaleiros promotores da reclamación, é un requisito \"inxusto, desproporcionado e pode conter algunha cuestión que non é nin legal\". Neste sentido, engaden, \"é imposíbel\" contrastar se o certificado que mostra o usuario pertence realmente a el ou a outra persona. 500 días de restricións Doutra banda o colectivo de hostaleiros pon en evidencia outras \"inxustizas\" como que a partir deste sábado haberá terrazas de locais con licenza de pub que teñan o seu aforamento limitado a 50% e ao seu carón outras de estabelecementos con permiso de bar a 100%. Lopes censurou que son xa \"500 días con restricións continuas\" que afectan en maior medida ao lecer nocturno. Límites que rexeitan por seren adoptados \"de maneira unilateral\" e \"non de forma consensuada co conxunto do sector\". Fronte a todo isto, reclaman \"alternativas\", en concreto, en forma de indemnizacións económicas \"que permitan a supervivencia da actividade e dos postos de traballo\". Resposta inminente Pola súa banda, aseguran estar a pór \"toda a carne no asador\" para dar aos usuarios \"unha garantía na saúde pública\", e confróntano co feito denunciado esta terza feira polo conselleiro de Sanidade, de que sexa nas festas privadas onde se produce a maior parte dos contaxios. O recurso foi presentado a pasada sexta feira, 6 de agosto. Esta teza recibiron a notificación de que se admitía a trámite. \"Esperamos que a sala volva valorar a urxencia das medidas, e que a interpretación da sala se corresponda coa doutras comunidades\", concluíu Lopes, coa vista posta nunha resposta esta mesma semana."}
{"ID": "NOS_22483", "summary": "O ex-tesoureiro do Partido Popular atribúese a autoría dos papeis manuscritos publicados por El País e achega máis documentación a Ruz que detalla os cobros ilegais do partido e os pagamentos percibidos pola cúpula durante dúas décadas.", "text": "O ex-tesoureiro do Partido Popular atribúese a autoría dos papeis manuscritos publicados por El País e achega máis documentación a Ruz que detalla os cobros ilegais do partido e os pagamentos percibidos pola cúpula durante dúas décadas Luis Bárcenas cerca ao Partido Popular e presenta novos documentos nos que se recolle a contabilidade irregular do partido. O ex-tesoureiro asume ser o autor dos papeis publicados polo diario El País e entrega ao maxistrado máis información que viría completar a relación de cobros e pagamentos ilegais. Rajoy non nega a veracidade dos SMS en comparecencia de imprensa Após de máis de tres horas de comparecencia perante o xuíz Ruz, o Partido Popular falou a través do se vice-secretario Carlos Floriano. O popular asegurou en comparecencia de imprensa que o PP \"non ten nada que temer\" porque, din, \"non tivo ningún contacto\" con Bárcenas. As declaracións de Floriano contradín o comunicado emitido o domingo desde Moncloa no que daban por certas as mensaxes partilladas entre Rajoy e Bárcenas e mesmo as consideraban unha mostra de que o presidente do Goberno \"non se amedrenta\" fronte as supostas \"ameazas\" do que foi responsábel das finanzas do PP durante anos. En troca, esta segunda feira o PP negou térense producido \"contactos\" e aseguran recibir \"con absoluta tranquilidade\" calquera nova información pois \"o PP non ten nada que temer\" acrecentou Floriano. O Grupo Mixto e a Izquierda Plural exixen a disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións antecipadas. En troca, o PSOE pide a demisión de Rajoy e un novo proceso de investidura O PSOE exixe un cambio de goberno mentres os demais grupos exixen unha convocatoria electoralDisolver as Cortes e convocar eleccións anticipadas. Esas son as demandas do Grupo Mixto e a Izquierda Plural que non cren suficiente un cambio de faciana senón que, entenden, é preciso que a cidadanía recupere a palabra. Pola súa banda desde o PSOE o seu presidente, Alfredo Pérez Rubalcaba pediu a demisión do líder do executivo español mais non o adianto dos comicios. @s socialistas non aclararon se presentarán unha moción de censura, no entanto iniciaron unha rolda de contactos con algunhas das formacións que compoñen o hemiciclo para \"consensuar\", dixo Rubalcaba, un candidato alternativo de acordo co disposto na lexislación. Neste senso, desde CiU --até o momento a única formación en pronunciarse-- condicionaron un hipotético apoio á moción de censura a que o \"futuro candidato\", dixeron, respecte e garanta o dereito de autodeterminación do pobo catalán a través da consulta dun referendo popular pola independencia."}
{"ID": "NOS_914", "summary": "Choque de egos. O mau é que un deles non pode contestar. John Irving (1942) visitou recentemente Barcelona, para apresentar o seu último libro, En una sola persona. O autor de The World According to Garp deitou un titular talvez perfeitamente calculado: \"Ernest Hemingway é a maior fraude da historia da literatura norteamericana\"", "text": "Irving é un discípulo confeso de Dickens. Hardy, Melville o Flaubert tamén son para el modelos de armar literatura. \"Síntome moi afortunado por os ter como modelos. Antes do que eles, a miña fonte de inspiración proviña do teatro. Shakespeare. Sófocles. Querer imitalos é pisar un terreno moi seguro\", dixo o escritor norteamericano á imprensa en Barcelona. Si, Dickens, sempre Dickens. Mas non Hemingway. O autor de The Sun Also Rises é o contramodelo para Irving, quen detesta a súa revindicación testosterónica da masculinidade. Son palabras maiores. O contrario do amor. \"Sempre odiei Hemingway, desde adolescente. Ficaba envergoñado pola representación da súa masculinidade, que era como unha brincadeira, e tamén ficaba envergoñado por como escrebía. Se só podes escreber frases curtas, dedícate á publicidade\". Irving mete tamén para dentro o xornalismo: \"Hei de dicer que a formación de xornalista non o vai axudar como escritor. Era un escritor alcohólico sobrevalorado. E foi o responsábel dunha vaga literaria cun monte de imitadores. Eu gosto muito da complexidade, da frase complicada, as historias complicadas. Hemingway é a fraude máis grande da historia da literatura norteamericana, como home e como escritor\"."}
{"ID": "NOS_37730", "summary": "O presidente do PP reúnese hoxe cos baróns territoriais, coa posíbel candidatura de Alberto Núñez Feixoo como principal incógnita.", "text": "Faltaban só uns minutos para as 9 horas cando o aínda presidente do Partido Popular (PP), Pablo Casado, apareceu no corredoiro de entrada ao salón do Congreso dos Deputados, seguido dos membros do grupo parlamentario popular, que só unhas horas antes postuláranse a favor da convocatoria dun congreso nacional de urxencia para escoller unha nova presidencia da formación política. Sen responder as preguntas dos medios de comunicación, Casado accedeu ao hemiciclo, no que hoxe decorre a sesión de control ao Goberno español. O líder da oposición foi o primeiro en intervir, nunha interpelación directa ao presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez. O presidente do PP, que cuestionaba a Sánchez polos pactos do Goberno español coas forzas soberanistas, fixo un discurso no que se referiu ao \"espazo de centralidade\" que deberían ocupar PP e PSOE. Casado concluíu afirmando que entende \"a política desde a defensa dos máis nobres valores. Desde o respecto aos compañeiros e a entrega aos compañeros\". Após a súa intervención, recibiu o aplauso unánime de toda a bancada do Partido Popular. Tras a resposta do presidente do Goberno, que desexou o mellor no persoal a Casado \"a pesar das discrepancias políticas\", volveu afirmar que non convocará eleccións anticipadas e que agotará a lexislatura até o final. Despois da réplica, o dirixente do PP, visibelmente afectado, abandonou o hemiciclo, seguido dos vicesecretarios Pablo Montesinos e Ana Beltrán, únicos apoios públicos de Casado nas súas últimas horas á fronte dos populares. Reunión cos presidentes territoriais No día de onte, Pablo Casado citou para esta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, xunto co resto de baróns populares nas diferentes autonomías, para intentar achegar posturas antes da Xunta Directiva Nacional que decorrerá na terza feira da vindeira semana. O encontro terá lugar ás 20 horas, para permitir que todos os presidentes territoriais puidesen cumprir coas axendas institucionais antes de desprazarse a Madrid. No encontro, ao que non acudirá a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, por non ser presidenta do Partido Popular de Madrid, Pablo Casado agarda poder achegar posturas cos dirixentes territoriais ante a convocatoria dun congreso nacional de urxencia no vindeiro mes de abril. Tras a dimisión do secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, semella máis que probábel que Casado será o que dimita no día de hoxe tras a reunión, após de pactar unha \"saída digna\" cos baróns do PP."}
{"ID": "NOS_31674", "summary": "O Festival de Ourense (OUFF, Ourense Film Festival) consuma a súa virada cara ao formato máis clásico iniciada o pasado ano. Quince longametraxes premiadas nos principais certames do mundo competirán na sección oficial do encontro, que desenvolverá do 27 de setembro ao 5 de outubro a súa edición número 24.", "text": "\"Un festival para a provincia, para a cidade e para o país\", resumiu o seu coordinador artístico\", Miguel Anxo Fernández, \"un programa complexo e variado que implique á sociedade ourensá cunha oferta para todos e todas\". En que haberá ademais da mencionada sección oficial, outra dedicada a modalidades curtas -17 curtametraxes e nove videoclips e unha retrospectiva de cinema mexicano. Tres exposicións completarán o corpo central do programa: unha dedicada á rodaxe de Sempre Xonxa no centro cultural Marcos Valcárcel; outra sobre Elisa e Marcela no mesmo lugar; e a terceira sobre ilustracións de Xurxo Oro a partir dos relatos de Memoria erótica de Carlos Velo. Mais é nas 15 fitas da sección oficial que a organización do festival coloca todos os focos. Incluirá unha das primeiras proxeccións na Galiza de O que arde, de Oliver Laxe, e as últimas obras de Gael García Bernal -Chicuarotes-, Bong Joo-Ho -Parásitos- ou Alejandro Landes -Monos. Son pezas distinguidas en Cannes, Sundance, Bafici, DocsBarcelona ou no South by Southwest. O festival tamén impartirá talleres de cinema a cargo dos cineastas Xavier Bermúdez, Oliver Laxe e Alberte Pagán. E concederá premios de honra a Vaca Films, o actor francés fillo de emigrantes galegos José García, ao director Norberto López Amado e ás actrices Cristina Castaño e María Bouzas."}
{"ID": "NOS_2417", "summary": "A defensa dos dereitos humanos ten sido utilizada de maneira reiterada como coartada e escusa para xustificar intervencións militares. A \"responsabilidade de protexer\" invocada polas principais potencias para lexitimar as súas agresións encobre finalidades que teñen a ver máis co económico e o xeopolítico que co humano. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 315 de Sermos Galiza.", "text": "Con base na \"responsabilidade de protexer\" e facendo un uso a cada vez máis elástico do denominado \"dereito internacional\", as principais potencias mundiais, articuladas arredor dos EUA, teñen impulsado nas últimas décadas unha vaga de intervencións militares que malia seren presentadas como \"humanitarias\", pola súa presunta intencionalidade, acabaron en moitos casos en se amosar claramente como agresións que perseguían obxectivos xeoestratéxicos e xeopolíticos. Destarte, o principio de \"non inxerencia\" sobre o que se que tiña que asentar a convivencia pacífica entre Estados soberanos acabou por ser substituído na práctica polo da \"inxerencia\". O activista belga Jean Bricmont definiu esta nova concepción como \"imperialismo humanitario\", que en síntese vén a referir o uso dos dereitos humanos como coartada para lexitimar socialmente a guerra. A partir da súa obra [Imperialismo humanitario. El uso de los Derechos Humanos para vender la guerra; 2008, Ed. El Viejo Topo.], o sociólogo Noam Chomsky alertaba de que no actual contexto de hexemonía mundial dos EUA o \"imperialismo humanitario\" é apenas o feito dos Estados poderosos \"reclamar o dereito ao uso da forza porque 'o cren xusto', co que de maneira moi regular e predicíbel perverten \"a propia administración de xustiza\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_17267", "summary": "CIG denuncia que postos de persoal directivo funcionario da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza van ser ocupadas por persoal do sector privado. Cada un deses costos vai supor un sobrecusto de 6.000 euros anuais.", "text": "Vanse crear cinco postos de persoal directivo funcionario na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza (Amtega). Así o decidiu na comisión de persoal desta segunda feira a Xunta. Mais deses cinco postos, dous deles van ser \"ocupados por persoas da empresa privada\" e non por empregados públicos, denuncian desde a CIG. A central nacionalista afirma que os cargos de xerente e de director de área de sociedade dixital están abertos para que desembarquen executivos da privada. \"O director xeral de Función Pública dixo que para eses postos se ían nomear funcionarios de carreira\", di a CIG, mais \"se pretendera iso na RTP recolleríase estes postos pechados para persoal de administración xeral da Xunta\". E, continúa o sindicato, \"pola experiencia que temos\", esas prazas irán a mans de persoal procedente da privada. É \"un insulto\" que o goberno opte por traer, e pagándolle moito máis, a persoal da privada para postos do persoal público, denuncia a CIG Máis caro A CIG indica que esta decisión vai supor, aliás, un sobrecusto para as arcas públicas: \"Este persoal (que vén da privada) vai cobrar 6.000 euros anuais máis que un subdirector xeral, un funcionario da súa categoría coas retribucións máximas\". O sindicato considera \"un insulto\" aos profesionais da administración que o goberno galego opte por traer para postos que se deberían cubrir con funcionarios a executivos afíns procedentes da empresa privada. E, ademais, con mellores salarios (pagados por tod@s, lembran)."}
{"ID": "NOS_46219", "summary": "A Federación urxe a Xunta a \"facer as tarefas\" para reverter o esmorecemento do sector en Galiza. \"Xa son menos de 9.000 gandeirías as adicadas a producir leite\".", "text": "A Federación rural galega (Fruga) empraza a Xunta de Galiza a deseñar un plan estratéxico para o sector lácteo galego, para comezar a \"facer as tarefas\" e pular para que cambie o declive dun sector que xa está por baixo das 9.000 explotacións. En 2008 superaban as 13.000. Un plan estratéxico que, a xuízo da federación, tería que abranguer \"a necesidade de ir consolidando un gran grupo lácteo galego, como existe noutras partes do estado\". Coordenar as distintas iniciativas, apostar na diversificación da produción... serían outras das cuestións a ter en conta neste plan estratéxico, sinala a Fruga. Trátase, din, de que \"se empece a tomar o sector lácteo como un asunto de Estado\". Hai consenso entre o sector produtor sobre que medidas adoptar para intentar reverter unha situación da que a responsabilidade recae nas \"políticas neoliberais aplicadas pola UE, co consentemento dos gobernos español e galego\". A intervención das administracións é chave, sostén a Fruga, incidindo en que nesta cuestión hai consenso no sector produtor, na necesidade de aplicar \"mecanismos de intervención\" que permitan regular os prezos."}
{"ID": "NOS_32097", "summary": "O sector chama á prudencia e xustifica que moitos hoteles non abran en Semana Santa co gallo de salvar a tempada de verán.", "text": "A ponte de San Xosé é o primeiro termómetro para avaliar a resposta do sector hoteleiro ao desexo de centos de galegos e galegas de desfrutar dunhas mini vacacións lonxe da casa. O problema é que a oferta actual non permite facer moitos plans, xa que boa parte dos hoteis galegos permanecen fechados. É o caso do Hotel Rúa Villar, que rexenta a presidenta da Asociación de Hostalaría de Compostela, Sara Santos. Como explica a Nós Diario, as previsións para Semana Santa \"son nefastas\" para os hoteis. As reservas están no 2% nos poucos que seguen abertos, \"e 15% como máximo nos sitios de máis afluencia\", apunta. Na súa opinión, a fin das limitacións á mobilidade dentro da Galiza van beneficiar sobre todo cafetarías e restaurantes, pero non tanto os hoteis, aos que non lles compensa abrir para tan poucos días. \"É o mesmo que teñas dous cuartos ocupados a que esteas cheo, porque o persoal de recepción é o mesmo\". Refírese Santos a que a viabilidade cun número de reservas tan baixo \"non compensa para manter o negocio aberto durante catro días\". A isto hai que sumar o medo a que \"se abra a man e a xente comece a desenfrearse, e quedemos sen verán, que é onde máis esperanzas temos\". Na mesma liña, César Ballesteros, presidente dos hostaleiros de Pontevedra, recoñece que hai \"moita prudencia dentro do sector\". De momento non se dá todo por perdido xa que \"a realidade pode variar en cuestión de días\". \"O último que queremos é unha avalancha de turistas que leve consigo unha cuarta vaga. O que pasou en Nadal queremos evitalo custe o que custar\", engade. Horarios de apertura Hoxe está previsto que se reúna o comité clínico, que podería anunciar variacións nos horarios de apertura da hostalaría, entre outras cuestións. \"É moi distinto pasar uns días nun lugar onde podes ter a opción de cear alá onde vaias que non tela\", destaca Ballesteros, que fía a que \"no último momento, cando saibamos as posibilidades reais de apertura\" poidan aumentar as reservas. \"Vemos a desescalada moi necesaria, mais se non podes ir ás Illas Cíes ou abrir pola noite os restaurantes vai dificultar moito que a xente tome a decisión de facer unha escapada\", argumenta o presidente dos hostaleiros de Pontevedra. \"Se amplías o horario até as 23 horas, a restauración xa podería dar ese servizo\". A recuperación das rutas ás Cíes, como sinala, pode ser outro dos alicientes que leven galegas e galegos doutros recunchos do país a visitar as Rías Baixas, mais zonas como Sanxenxo, nas que a Semana Santa actuaba como inicio da súa tempada, terán que agardar ao verán para ver os seus estabelecementos a pleno rendemento, vaticina. Independentemente do que aconteza, Ballesteros recoñece que a situación do sector é \"dramática\". \"Non estamos obrigados a estar fechados, como o ocio nocturno, nin nos afectan as limitacións. Simplemente non temos clientela e iso é unha situación difícil de levar\", lamenta. Boa parte do sector está fechado por esta razón, aínda que hai \"honrosas excepcións\" de hoteis que \"traballan aínda perdendo cartos\". Turismo Rural Entre esas excepcións está o turismo rural. Ao igual que aconteceu no verán, é a parte do sector turístico que mellor se está a comportar desde o inicio da pandemia. Xa no verán demostrou ser a opción preferida de moitas galegas e galegos, xa que, ademais de proximidade, estes estabelecementos posibilitan un menor contacto con terceiras persoas e, polo xeral, unha oferta de ocio vencellada a espazos naturais abertos e saudábeis. Segundo datos do portal Casasrurales.net, a día de hoxe a ocupación nos aloxamentos de turismo rural na Galiza para Semana Santa alcanza 66,07%. Con todo, é, por detrás da Rioxa (64,37%), o territorio que peores datos presenta. No conxunto do Estado español a ocupación sitúase en 75,22%, un nivel similar ao do ano pasado por estas datas, antes do aluvión de cancelacións provocado polo estado de alarma."}
{"ID": "NOS_51847", "summary": "Persoal docente de toda a Galiza mobilízase en Compostela para exixir un \"cambio de rumbo\" nas políticas de persoal do Goberno galego.", "text": "Docentes de todo o país concentráronse esta sexta feira fronte á sede da Xunta da Galiza, en San Caetano (Compostela), nun novo acto de protesta convocado pola CIG-Ensino para \"evidenciar\" o seu \"malestar\" por mor do \"desprezo\" da Consellaría de Educación no que atinxe ás súas demandas. Xa o pasado 8 de xuño mestres e mestras mobilizáranse diante de cadanseus centros educativos \"fartas\" das \"decisións unilaterais\" tomadas desde o Goberno galego de cara ao vindeiro curso escolar. Esta sexta, máis unha vez, o profesorado puxo de manifesto as eivas nos diferentes niveis do ensino. Carlos Calvente, profesor de Infantil e Primaria, salientou o \"desprezo\" do departamento que dirixe Román Rodríguez á hora de determinar a necesidade e duración do período de adaptación, así como as \"graves carencias na atención á diversidade\". CIG-Ensino concentrarase esta sexta feira para exixir a demora do comezo do novo curso No que atinxe á FP, a docente Viviana Roibás lamentou a \"inxente carga burocrática\" para o profesorado, \"en detrimento da necesidade de centrarse na práctica docente\". O persoal interino e substituto, o \"máis precarizado\" Mais, segundo precisou Iria Aboi, mestra interina, o colectivo \"máis precarizado\" do sector é precisamente o profesorado interino e substituto, tratado como \"de segunda\" e ao que \"se pretendía excluír do debate e toma de decisións a respecto dos horarios e reparto de grupos para o comezo de curso escolar en secundaria\". Pola súa parte, Xosé Díaz, membro da dirección dun centro, subliñou \"todos os plans, programas e documentos que, impropiamente, ten que asumir o profesorado pola negativa da Consellaría a aumentar o persoal non docente\", o que supón unha \"deriva burocratizante\" do ensino. CIG-Ensino entrega máis de 7.000 sinaturas para demandar a integración de todo o profesorado no grupo A-1 Aliás, Óscar Díaz, docente con experiencia en saúde laboral, puxo o foco nas \"enormes eivas\" que afronta o profesorado \"cunha Administración que leva incumprindo desde hai décadas a lei de prevención de riscos laborais\". Fechou o acto o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, centrando a súa intervención na \"necesidade dun cambio de rumbo nas políticas educativas e de persoal da Consellaría\" e animando a unha \"reacción do profesorado, farto de tanto desprezo e desconsideración, para forzar ese cambio se este non parte dos responsábeis políticos da Consellaría\"."}
{"ID": "PRAZA_3620", "summary": "No primeiro día laborable en estado de alarma algunhas persoas negáronse a ocupar o seu posto durante horas porque a separación é de menos de un metro e comparten os equipos, mesmo os cascos", "text": "O persoal de varios centros de chamadas de Galicia denunciou ante a Inspección de Traballo que non se están a cumprir as medidas de prevención contra o coronavirus porque traballan \"amontoados\", con separacións entre persoas que non chegan a un metro e compartindo equipos como os teclados dos ordenadores e os cascos con micrófono.Realizan as súas labores \"amontoados\", con separacións inferiores a un metro entre persoas, e comparten os equipos, incluídos os cascosEste luns, primeiro día laborable dende a declaración do estado de alarma por parte do Goberno central, algunhas das persoas da quenda de mañá en empresas como Unísono e Bosch, en Vigo, e Atento, na Coruña, negáronse a acceder aos seus postos e chamaron á policía e aos responsables de Sanidade, que indicaron que o asunto non era da súa competencia, e posteriormente á Inspección de Traballo, que está pendente de revisar a situación.A delegada sindical da CIG en Unísono Vigo, Luisa Baños, explicou que todo o persoal terminou ocupando o seu posto, pero con preocupación e algúns deles \"chorando\". \"Non había nin 70 centímetros entre compañeiro e compañeiro\", indicou. Nestas instalacións traballan en torno a 800 persoas, que comparten os postos e os equipos. Hoxe mesmo comezaron a chegar máis cascos, pero non son suficientes para todos, explicou.Outra medida proposta pola empresa foi enviar a parte do persoal a traballar dende o seu domicilio, pero baños indicou que son arredor de 20 persoas, polo que considera que a situación non vai mudar. Ademais, relatou o malestar que provocaron no equipo algunhas das publicacións de Unísono nas súas redes sociais, en concreto unha mensaxe, xa retirada, que dicía: \"Hay algo más importante que el #coronavirus, el cliente\".Unha das delegadas sindicais en Atento na Coruña, Mónica Díaz, explicou que o persoal estivo esperando varias horas este luns a que se realizasen labores de limpeza e se separasen os postos de traballo, de modo que os traballadores non se tivesen que sentar en mesas contiguas, ante a negativa de realizar as súas tarefas doutro modo.Representantes sindicais consideran que a situación \"é moi precaria\" e destacan a \"angustia\" que lle provoca ao persoal traballar nestas condicións\"A situación é moi precaria\", dixo. Os locais non teñen ventilación, os produtos desinfectantes non chegaron ata a tarde e os postos non se limpan entre quendas, indicou Díaz, que explicou que o persoal ten \"angustia\" por traballar nestas condicións e criticou que unha empresa de telecomunicacións diga que \"non é factible o teletraballo\".A secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, considerou que, se ben \"a maioría das empresas\" están colaborando, a situación \"é moi preocupante\" nalgunhas empresas que \"parece que non tomaron ningún tipo de medida\" no sector do telemárketing. \"Iso preocupa nuns centros de traballo nos que as persoas están amontoadas. Se cae un, van empezar a caer en cadea\", dixo.Da situación está informada a Inspección de Traballo, que lles trasladou que están \"desbordados\", pero tamén a Xunta, á que lle transmitiron unha denuncia, sinalou Trenor."}
{"ID": "NOS_55003", "summary": "O 4 de febreiro ten lugar unha nova Marcha às Cadeias, e van 11, para reclamar a fin da dispersión para os presos galegos, unha práctica que vulnera dereitos e lexislación española e europea. Falamos con organizadores dunha iniciativa que pon o dedo na chaga: familiares e amigos destas persoas presas percorreron durante estes anos para poder visitalos o equivalente a dar 33 veces a volta á terra.", "text": "\"Que os presos independentistas sexan trasladados a Galiza non é unha petición radical é simplemente que se cumpra un dereito\". Iria Calvelo é unha das persoas involucradas na 'Marcha às Cadeias', a iniciativa que fai este ano a súa edición número 11 e que decorrerá o vindeiro 4 de febreiro, organizada pola plataforma de familiares e amigos dos presos, Que Voltem à Casa! Ese día varios autobuses partirán en 2 columnas desde diferentes puntos de Galiza para desprazarse até as cadeas españolas onde cumpren condena ou agardan xuízo presos independentistas galegos. \"É moi emocionante\", recoñece Iria, pois nesa xornada a \"solidariedade\" chama á porta das prisións. A dispersión vulnera, afirman, artigos da constitución española, do regulamento penitenciario e do convenio europeo de dereitos humanos, entre outros A Marcha ten unha demanda que se mantén ao longo destes 11 anos: a fin das políticas de dispersión e o traslado a Galiza dos presos independentistas. 'Traze-las para à casa!' é a palabra de orde de cartaces, faixas e murais que apoian a iniciativa. Os propios presos cursaron nestas últimas semanas perante Institucións Penitenciaras e Valedor do Pobo os seus respectivos escritos solicitando ser trasladados a cadeas en Galiza. Vulneracións Desde Que Voltem! lembran que a dispersión vulnera os artigos 25.2 e 91 da constitución española, así como o artigo 4.2 e) do regulamento penitenciario e diferentes convenios e tratados internacionais, como o convenio europeo para a protección dos dereitos humanos ou as coñecidas como 'Regras Mandela', aprobadas en asemblea xeral pola ONU. \"Afástase ao preso do seu lugar de residencia, das súas familias e entorno\", denuncia Iria. Unha condena a maiores da condena imposta polo propio tribunal. A maiores, coa dispersión púnese a familias e amizades. \"Telos a centos de quilómetros da casa implica para poder velos moitos gastos económicos, implica que hai xente que, por exemplo non vai poder visitalos pois non pode facer eses desprazamentos tan longos, como poden ser os avós\". Nestes anos, familias e amigos dos presos gastaron 185.000 euros en visitar os presos nas cadeas españolas, cifran desde Que Voltem! Segundo os propios cálculos feitos desde esta asociación, de sumar as visitas feitas ao longo destes cinco anos aos presos independentistas daría que familiares e amigos percorreron máis de 1.333.000 quilómetros, o equivalente a 33 voltas á terra. O custo económico cífrano nos 185.000 euros. Para facer fronte aos gastos da XI Marcha, Que Voltem impulsou unha campaña de crowdfunding. FIES Outra demanda das familias e amizades é a fin do \"réxime de castigo\" que denuncian que se aplica nas prisións aos presos independentistas galegos. Desde que unha persoa detida en Galiza baixo a acusación de integración ou colaboración con organización armada entra en prisión é obxecto de aplicación por sistema, e así se evidenciou ao longo de todas estas décadas, de dúas medidas punitivas a maiores da derivada da decisión xudicial e da dispersión: a súa clasificación como Fies. A aplicación do réxime Ficheiros de internos de especial seguimento (Fies). Non todos os Fies son presos independentistas mais si que se aplica este réxime a todos os presos independentistas. Hai activa unha campaña de crowdfunding para axudar a facer fronte aos gastos da Marcha Os presos independentistas están sometidos ao Fies 3, o que se aplica ao que a xustiza xulga por integrantes ou colaboradores de 'bandas armadas'. En base a esta cualificación, controlaránselle os traslados, as incidencias e visicitudes penais, procesais e penitenciarias, as persoas que os visitan, os avogados cos que falan, os internos cos que se relacionan...Todo isto recóllese en partes minuciosos que periodicamente se comunican á Dirección xeral de Institucións Penitenciarias. A aplicación do FIES implica que se lles intervirán por sistema as comunicacións, poden ser cambiados de celda cada pouco e sen explicacións, o control dos carcereiros é constante, son sometidos a varios cacheos cada día e poden ser sometidos a 'isolamento', confinados nas súas celdas sen apenas dereito a saír delas. O Tribunal Supremo, nunha sentenza de 2009, consideraba que o réxime FIES era \"nulo de dereito\", pois regulaba e restrinxía dereitos fundamentais non por lei ou regulamento senón por instrumentos que carecen da categoría de norma, e polo tanto, que non ofrecen as garantías e publicidade que acompañan a actividade normativa. Non cuestionada o fondo mais si a forma. O Ministerio do Interior reformou en 2011 o regulamento penitenciario. Cambiou a forma mais mantivo o fondo. Porén, desde o Comité contra a Tortura da ONU continúan a amosar a súa preocupación polos presos clasificados neste rexime, pois entenden que pode constituír unha práctica de tortura."}
{"ID": "PRAZA_8939", "summary": "O alto comisionado encarga unha peritaxe a investigadores da USC logo de que a Xunta negase a incidencia no Anllóns da que alertaba o CSIC e tras tramitar 16 queixas sobre a explotación mineira.", "text": "O Valedor do Pobo vén de encargar á Universidade de Santiago (USC) unha peritaxe propia para investigar a posible incidencia dos elementos contamintantes que o proxecto mineiro de Corcoesto pode provocar na contorna. Así o decidiu o alto comisionado galego na fase final das investigacións abertas sobre a incidencia ambiental da mina e tras \"ter tramitado 16 queixas presentadas por cidadáns en relación aos múltiples prexuízos que a explotación vai ocasionar a esta comarca\". O Valedor do Pobo quere contrastar os datos logo de que a Xunta negase a incidencia da que alertaba o CSIC O obxectivo desta peritaxe é a de \"contrastar os datos recibidos ata o momento e poder facer unha valoración e dar resposta aos cidadáns\" sobre a posible contaminación da contorna e a \"mala xestión dos residuos resultantes da actividade\", tendo en conta que informes coñecidos resultaron contraditos polo departamento competente da Xunta, en referencia á posible contaminación do río Anllóns da que alertou o CSIC, segundo recoñece o Valedor nun comunicado. O alto comisionado admitiu a trámite un total de 16 queixas presentadas por cidadáns a instancia de parte e nelas estudáronse diferentes aspectos relacionados \"coa incidencia que a mina vai ocasionar nesa zona\". O último Informe Ordinario do Valedor do Pobo, que recolle a actividade despregada ata o 31 de decembro de 2012, inclúe xa catro críticas expresas ao desenvolvemento do proxecto, que gardaron relación co obxecto das primeiras reclamacións recibidas. De feito, a institución tomou nota e \"activou os seus mecanismos para instar a corrixir, entre outros aspectos, as consecuencias sociais da mina nun contorno humanizado, a afectación arqueolóxica da mesma, a deficiente avaliación de impacto ambiental da actividade e mesmo a contaminación e mala xestión dos residuos\". O alto comisionado rexeitou unha queixa da emporesa promotora Segundo desvela o comunicado, as actuacións do Valedor en relación á repercusión á explotación mineira de Corcoesto instensificáronse nos últimos meses, ao tempo que o alto comisionado botou atrás unha iniciativa da empresa promotora da explotación, que \"resultou inadmitida e respondida co rexeitamento das súas pretensións\". A Plataforma pola Defensa de Corcoesto valorou publicamente as actuacións do Valedor do Pobo, así como a Defensora del Pueblo, que se interesou por coñecer as repercusións ambientais da explotación de Cabana de Bergantiños, aínda que no seu Informe Ordinario a las Cortes entregado este principio de ano, non fai aínda referencia algunha a este problema."}
{"ID": "PRAZA_16654", "summary": "\"Se a intención do Comité de Folga é que exista unha nova proposta por parte da Xunta, esta non se produciría, polo que a nosa comparecencia non tería obxecto\", di o director xeral de Xustiza nunha carta enviada aos sindicatos", "text": "Este luns terá lugar en Compostela unha nova xornada de negociación entre sindicatos e Xunta para buscar un acordo que poña fin á folga que xa dura máis de mes e medio. Ese día, ademais, o Comité de Folga, que integran Alternativas da Xustiza-CUT, CIG, UGT, CCOO, CSIF, STAJ e USO, convocou unha concentración ás 10.30 ante o edificio administrativo de San Caetano para amosar o seu apoio ás reivindicacións que o persoal leva 45 días reclamando. \"Se a intención do Comité de Folga é que exista unha nova proposta por parte da Xunta, esta non se produciría, polo que a nosa comparecencia non tería obxecto\", di o director xeral de Xustiza As posicións do Goberno galego e do persoal semellan aínda moi afastadas. A pesar de que esta semana os traballadores e traballadoras en folga aprobaron en referendo rebaixar as esixencias dun incremento salarial de 190 euros mensuais, a Xunta mantense inmóbil e rexeita negociar nada que non sexa a oferta que presentou o pasado 19 de marzo, unha proposta de suba non lineal e que suporía 135 euros máis ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio. A petición de reunión lanzada polo Comité de Folga este xoves foi respondida este venres polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez. Na comunicación, o representante do Goberno galego limítase a reiterar a proposta xa rexeitada polo persoal, rexeitando continuar as negociacións, e afirma que \"se a intención do Comité de Folga é que exista unha nova proposta por parte da Xunta de Galicia, esta non se produciría, polo que a nosa comparecencia non tería obxecto\". Juan José Martín Álvarez chega a terxiversar o significado da consulta realizada polo persoal en folga, que el interpreta como unha vitoria para a posición do Goberno galego: \"Logo de que a postura mantida polo Comité de Folga na última xuntanza coa Xunta de Galicia perdera validez, pola propia decisión dos funcionarios da Administración de Xustiza, reitérolle esta proposta\". Alberto Núñez Feijoo realizou este xoves unhas declaracións no mesmo senso. Pablo Valeiras Ríos, responsable de Alternativas na Xustiza-CUT, contestou este sábado á carta enviada polo director xeral de Xustiza e ás palabras do presidente da Xunta, sinalando que existen ainda grandes diferenzas entre a suba de 190 euros mensuais demandada polo persoal e a mellor oferta do Goberno galego. \"Dende os 190€ aos 105€ que pon a Xunta enriba da Mesa hai moito bacalao que cortar como para que todo un Presidente afirme que os traballadores da Xustiza Galega están dispostos a asinar o documento da Xunta de Galicia. A ignorancia é atrevida\", afirma Valeiras. \"A Xunta debería recapacitar a súa forma de 'negociar' e poñer todos os medios para rematar co conflito, sobre todo coas repercusións que este ten nos cidadáns\" Valeiras afirma que na última reunión, \"a Xunta unha vez máis tirou da chantaxe máis mezquina posible. Negouse a explicar en que consistía a súa oferta, chantaxeando aos Sindicatos ao afirmar que, para explicar o acordo, tiñamos que asumilo\". \"A Xunta de Galicia debería recapacitar a súa forma de \"negociar\" e poñer todos os medios para rematar co conflito, e, sobre todo coas repercusións que este ten nos cidadáns\", di. \"Algún cidadán pode asumir que unha loita interna pola sucesión do Presidente da Xunta de Galicia, entre o Sr. Rueda e outros Conselleiros, poda provocar a suspensión de máis de 16.000 xuízos e que moitos deles se celebren nos anos 2019 e 2020, xusto cando finalizarían os prazos para cobrar o 100% do posible acordo?\", remata Valeiras."}
{"ID": "PRAZA_9102", "summary": "A dirección do CHUS responde outra vez á denuncia do sindicato O'Mega ante a Fiscalía e aclara que ordenou reforzar o persoal \"moito antes\" de que se pedise por correo electrónico e que \"sempre houbo ocos libres\" aquel 2 de xaneiro.", "text": "A xerencia sanitaria da área de Santiago volve responder á denuncia do sindicato O'Mega ante a Fiscalía pola morte de dous pacientes nas Urxencias do Clínico tras esperar nos corredores a ser atendidos. Logo de que se fixesen públicos os corres electrónicos cos que a denunciante, tamén delegada de persoal, advertía ata en tres ocasións da \"situación moi preocupante\" na que se atopaba o servizo aquel 2 de xaneiro, a dirección do CHUS asegura que os doentes \"foron valorados e recibiron atención sanitaria aos poucos minutos de chegar\". \"Concretamente, nun caso aos 9 minutos e noutro, aos 14 minutos\", di nun comunicado a xerencia, que insiste en que os doentes \"foron atendidos non só por profesionais de Urxencias, senón ademais polos diferentes facultativos especialistas nas graves doenzas previas que xa padecían e se lles fixeron todas as probas complementarias que os clínicos estimaron necesarias\". A xerencia di que os doentes foron valorados e atendidos aos poucos minutos de chegar e que ordenou reforzar o persoal \"moito antes\" de que a delegada sindical o pedise por correo electrónicoNa súa denuncia, o sindicato O'Mega advirte de posibles neglixencias nos falecementos. Nun dos casos, polo excesivo tempo que tivo que agardar o doente, falecido por un problema cardíaco tras dúas horas e media no corredor malia que foi clasificado con prioridade amarela, polo que tería que ser visto nun prazo máximo dunha hora. No outro, por permanecer a paciente no mesmo corredor por falta de sitio e non poder ser diagnosticada de inmediato, ata que a súa situación se agravou e acabou morrendo por unha isquemia intestinal. Ademais, a xerencia do CHUS asegura que \"monitoriza en todo momento a situación de Urxencias\" e que nese día 2, ante o incremento da afluencia de pacientes, \"tivo dotados todos os espazos para atender\" e ordenou reforzo de persoal no servizo, \"o que permitiu atendelos a todos\". \"Moito antes de que a delegada sindical enviara a comunicación vía mail á xerencia, xa estaba dada a orde de reforzo\", insiste. A dirección asegura que era \"innecesario\" abrir a antiga sala de reanimación, como se pediu, e que \"sempre houbo ocos libres\"Tamén nega que fixese falta abrir a antiga sala de reanimación, como reclamaba nun dos correos a denunciante: \"Houbo ocos libres nos diferentes espazos de Urxencias, situación que facía totalmente innecesaria a ocupación da antiga sala de reanimación (situada noutra planta) que demanda a denunciante\". E engaden que \"as urxencias clasificadas como urxencias vitais son atendidas na sala de críticos e na de monitores, e ao longo da tarde do 2 de xaneiro sempre houbo ocos libres nalgunha das dúas zonas\".Por outra banda, na denuncia ante a Fiscalía asegúrase que os doentes faleceron \"horas despois\" tras entrar en Urxencias na noite do día 2. A xerencia asegura que faleceron \"en días posteriores ao seu ingreso en Urxencias\" e que en ambos casos \"as decisións clínicas foron compartidas coas familias\". Fátima Nercellas, doutora denunciante, asegura que lle prometeu a unha das familias que denunciaría a situación vivida. A xerencia tamén lembra que a sanidade pública \"conta con mecanismos de garantía contrastada (SINASP, Sistema de Notificación y Aprendizaje para la Seguridad del Paciente) para que os profesionais de servizo que detecten algunha anomalía organizativa, mala praxe ou evento adverso poidan comunicalo internamente, mesmo desde o anonimato\". \"Con este mecanismo activaríase unha investigación interna na que se averiguan as causas e da que se derivan accións e propostas de mellora, así como a determinación de responsabilidades\", din."}
{"ID": "PRAZA_12967", "summary": "Se na redacción da Time non eran alleos á polémica que podían desencadear, entón é que esta foi conscientemente provocada, opción pola que me inclino. Con toda probabilidade entre as tendencias ideolóxicas e éticas dos membros do equipo da revista acollen, máis ou menos desenvolvidos, todos os estereotipos de lectores e lectoras que durante estes días teñen discutido na web sobre liberdade, lactación, perversión, exhibicionismo, manipulación, dereitos, inocencia, bioloxía, multinacionais, maternidade, mercado, beleza, explotación, arte, relixión, dereito, provocación, futuro, infancia, desvío de atención, paternidade, corrupción, naturalidade...", "text": "Se na redacción da Time non eran alleos á polémica que podían desencadear, entón é que esta foi conscientemente provocada, opción pola que me inclino. Con toda probabilidade entre as tendencias ideolóxicas e éticas dos membros do equipo da revista acollen, máis ou menos desenvolvidos, todos os estereotipos de lectores e lectoras que durante estes días teñen discutido na web sobre liberdade, lactación, perversión, exhibicionismo, manipulación, dereitos, inocencia, bioloxía, multinacionais, maternidade, mercado, beleza, explotación, arte, relixión, dereito, provocación, futuro, infancia, desvío de atención, paternidade, corrupción, naturalidade, e moitos outros temas que agora non consigo convocar, mais que poden manter unha relación tan directa co contido da portada como os que menciono. A introdución do tabú habería de ser, como imaxino que foi no inicio dos tempos da nosa civilización, un proceso de estilización da forza bruta en velada ameaza permanente que se volve omnipotente e omnipresente cando desaparece o grupo de individuos que a exercen Si, ás veces os estímulos representados como imaxes fixas que, noentanto, conteñen máis planos que os vídeos publicitarios, contribúen a focalizar temas de debate social que dificilmente poden ser postos sobre a mesa por individuos concretos, sen o risco de resultaren as súas intencións malinterpretadas. Eis a natureza do tabú e a dificultade que atoparía para difundirse como concepto puramente teórico en sociedades onde non existise. A introdución do tabú habería de ser, como imaxino que foi no inicio dos tempos da nosa civilización, un proceso de estilización da forza bruta en velada ameaza permanente que se volve omnipotente e omnipresente cando desaparece o grupo de individuos que a exercen, até que pasa a formar parte da que se considera lei natural ou diso que algúns chaman, aínda en ausencia de deidades, moral. Analizamos fotos, declaracións, vídeos e iconas, e cremos elaborar o catálogo de elementos socialmente autorizados, sen querer aceptar que sería moito máis simple revisar os conceptos que sustentan os nosos tabús Analizamos fotos, declaracións, vídeos e iconas, e cremos elaborar o catálogo de elementos socialmente autorizados, sen querer aceptar que sería moito máis simple revisar os conceptos que sustentan os nosos tabús, aínda que as consecuencias fosen, como algúns pensan, imprevisíbeis."}
{"ID": "NOS_50576", "summary": "Inma López Silva recibe o premio de xornalismo Fernández del Riego polo artigo \"Terra rota\".", "text": "A terza feira 17 de decembro entregouse no Café Moderno de Pontevedra o premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. Recibiuno nesta XVI edición Inma López Silva polo artigo \"Terra rota\", publicado en La Voz de Galicia 10 de abril de 2018. O galardón, ao que se presentaron un total de 20 artigos, está dotado con 6.000 euros, cuota que aumentará até os 10.000 na vindeira edición. Na entrega do premio, Silva defendeu o xornalismo libre e crítico, así como a lingua e a cultura galegas, recordando a figura de Fernández del Riego: \"se non fose por xente coma el, non existiría a narrativa galega contemporánea nin o teatro galego, ao que me dedico\". Engadiu a galardoada que \"sen xornalismo, sen escritura, sen a creación literaria, non sempre temos o detemento para pensar como queremos organizar a convivencia. Iso é imposíbel sen aquelas persoas que erguen a voz. Ese é o verdadeiro xornalismo\". Silva (Santiago, 1978) é escritora e crítica teatral. Actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática da Galiza, desde onde tamén desenvolve unha intensa actividade crítica. O seu nome súmase á nómina de premiados, entre os que se atopan Santiago Lamas, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Darriba, Tamara Montero, María Varela ou Santiago Jaureguízar."}
{"ID": "NOS_26305", "summary": "O cárcere de Teixeiro, en Curtis, rexistra o primeiro caso positivo de Covid-19 nun interno que se produce nas prisións galegas. Trátase dun home que permanece asintomático e que entrou en contacto cun afectado fóra do centro penitenciario, polo que foi illado de forma preventiva antes de entrar en contacto con ninguén.", "text": "Segundo confirmaron a Europa Press fontes do ámbito penitenciario, o afectado desfrutaba dun terceiro grao, en réxime de semiliberdade, no Centro de Inserción Social da Coruña. Con todo, debido a unha falta, foille revogado este terceiro grao e ordenouse o seu reingreso na prisión de Teixeiro. Á hora de ser trasladado á prisión, o centro de inserción alertou de que o home podería ter entrado en contacto cun caso positivo, polo que foi directamente illado no módulo de ingresos, onde se lle realizou unha proba PCR, que confirmou a sospeita. O recluso atópase asintomático, polo que, previsibelmente, permanecerá en illamento no cárcere curtense até que supere a infección. Dado que non chegou a estar en contacto con outros internos, non se produciron na prisión contactos de risco, indican as mesmas fontes. O de Teixeiro é o primeiro caso certificado de coronavirus nos cárceres galegos, que si tiveron contaxios entre o persoal funcionario na primeira etapa da pandemia e sospeitas, despois desbotadas, na comunidade reclusa. Fontes sindicais chegaron a confirmar, nas primeiras semanas de expansión do coronavirus, até sete positivos, detectados en todos os casos antes da declaración do estado de alarma e apartados dos seus postos até a súa recuperación. Nesas semanas, outros dous internos en Teixeiro chegaron a ser illados de forma preventiva, tras viaxar un deles desde Italia e compartir traslado ao centro penitenciario. As probas posteriores desbotaron a patoloxía."}
{"ID": "NOS_22420", "summary": "Tirán, Cabo de Cruz, Samertolameu de Meira e Amegrove non vogarán en Castro Urdiales polo título español por motivos económicos e deportivos. Na Liga ACT hai cambio de liderato (Hondarribia) e na Liga Galega, Meira e Mecos mantéñense en proa.", "text": "Non haberá esta fin de semana traiñeiras galegas no Campionato de España, que se disputa en augas cántabras (Castro Urdiales). Ningunha das catro embarcacións que gañaron o dereito a competir nesa cita van acudir: Cabo de Cruz, Tirán, Samertolameu de Meira e Amegrove. As razóns son económicas e deportivas. Económicas porque o orzamento dos clubes galegos (moi baixos en comparación con cántabros e vascos) xa de por si acuchados non pode asumir desprazamentos tan longos. Desde Amegrove recoñecían recentemento no Diario de Arousa que o ano pasado acudir a ese campionato en Castro-Urdiales supúxolles un custo de case 4.000 euros. E razóns deportivas, porque as tripulacións prefiren un descanso nos corpos e non competir nesa cita de Campionato de España. Hai que medir as forzas, máxime tendo en conta que Meira e Amegrove recibiron convite para a clasificatoria da Concha, a regata por excelencia. E hai que se dosificar para chegar a esa gran cita sen desfalecer. Liga ACT, Hondarribia colle o liderato Após as regatas desta fin de semana (Getxo e Ziérbana), a Liga ACT ou San Miguel ten novo líder, a traiñeira de Hondarribia, con 96 puntos. Catro por detrás está Orio e en terceiro posto Kaiku. As representantes galegas son quinta (Tirán) e sexta (Cabo de Cruz). Na regata de Getxo, a vitoria foi para os vogadores hondarribitarras, que lle meteron 7 segundos a Orio. A traiñeira de Cabo gañou a súa tanda e finalizou quinta. Na competición en augas de Ziérbana, Tirán finalizou no sétimo posto e Cabo de 11º. Aquí o triunfo foi para Urdaibai por escasas 3 décimas sobre os de Hondarribia. LGT-A: Meira e Amegrove Na categoría A da Liga Galega de Traiñeiras (compiten 8 embarcacións) Samertolameu de Meira mantén o liderato após gañar esta fin de semana en Mugardos e ficar segundos na cita en Vilaxoán. A súa perseguidora, a embarcación de Amegrove (segundos na táboa), conquistou a bandeira en Vilaxoán e finalizou segunda en Mugardos. Esta fin de semana deixa tamén cambio na pugna que Vilaxoán e Mugardos manteñen polo terceiro posto, agora en mans dos mugardeses, que ficaron terceiros tanto na regata en casa como na de Vilaxoán. Os de Vilaxoán non puideron pasar do cuarto posto en Mugardos e na súa casa finalizaron nun pobre sexto posto. LGT-B: Mecos Nesta fin de semana só decorreu unha regata na categoría B (9 traiñeiras), en Cesantes, e que meteu a bordo Mecos, por diante de Perillo, Bueu e Coruxo. A competición segue liderada por Mecos con 56 ptos, 4 por diante de Coruxo e Perillo, empatados a 52."}
{"ID": "NOS_13896", "summary": "Cara ao ano 820 a historia da Galiza e a do mundo cristián mudaron para sempre. Por volta desa data, Teodomiro, entón bispo da humilde diocese de Iria, anunciaba ao mundo o que semellaba un insólito milagre, a aparición do sepulcro de Santiago 'o Maior', un dos doce apóstolos do relato bíblico. Desde entón, aquela terra chamada Compostela pasaría a se converter nun dos centros de peregrinación máis concorridos de todo mundo: era o inicio do que hoxe coñecemos como Camiño de Santiago.", "text": "Con todo, a historia de Compostela e da propia peregrinación xacobea viuse marcada desde sempre pola alternancia de momentos de esplendor e de decadencia. Así, se na Idade Media chegaría Compostela a ser lugar de coroación de reis galegos como Sancho I, Ordoño IV ou Vermudo II, e aínda metrópole baixo o báculo do arcebispo Diego Xelmírez, na Idade Moderna o culto xacobeo xa decaera como nunca antes. Paradoxalmente, foi a finais do século XV, en pleno Renacemento, cando a ruta xacobea comezou a xerar toda unha literatura de viaxes que con tanta curiosidade recreou o ambiente daquela época no reino de Galiza. Viaxeiros centroeuropeos como o monxe Hermann Künig, Sebastian Ilsung ou o barón León de Rosmithal, entre outros, legáronnos testemuños de primeira man que aínda hoxe son obxecto de estudo académico. Mais se un deles destacou pola súa profusión e relevancia, ese foi, sen dúbida, o relato de Hieronymus Münzer (ca. 1437-1508). Hieronymus Münzer Orixinario de Feldkirch, hoxe vila austríaca que entón formaba parte do extinto Sacro Imperio, Münzer estudou medicina e axiña se soubo integrar nos círculos humanísticos especialmente interesados na física e na cosmografía. Co tempo, Münzer acabaría converténdose nun reputado xeógrafo, colaborando activamente nunha das grandes obras xermanas da época, as Crónicas de Núremberg (1493), unha enciclopedia ilustrada que constitúe o incunábulo máis importante do seu tempo. Porén, a fama chegaríalle ao de Feldkirch coa a súa viaxe por Europa, especialmente tras seu periplo a través dos diferentes reinos ibéricos, onde visitaría non só os máis diversos monumentos e cidades, senón tamén as cortes portuguesa, navarra e castelán-aragonesa. Con todo, a ollada de Hieronymus Münzer non se detivo na vida cortesá nin na eclesiástica. A pluma do humanista tamén soubo rexistrar a dura realidade social dunha época marcada pola guerra e a intolerancia relixiosa. Así, sorprendíase Münzer da extorsión aos musulmáns, como tamén a ampla presenza de escravos guíneos en Lisboa e aínda de nativos canarios en cidades como Valencia, escravizados por se rebelaren contra a ocupación castelá das illas. Mais con certeza, Galiza, e en concreto Compostela, representa un dos enclaves que maior expectación espertaron en Münzer. Así, no seu relato, o estudoso recrea un itinerario que discorre ao longo do que hoxe dá en chamarse \"camiño portugués\". A súa entrada no reino de Galiza, o día 10 de decembro, causou boa impresión no xermano. A episcopal Tui daba a benvida a un Münzer que a xulgaría como unha boa vila cunha fermosa catedral, antano centro eclesiástico das terras máis setentrionais de Portugal. Unha consideración positiva que mantén ao longo do seu camiño polas Rías Baixas, abraiado pola súa riqueza e abundancia pesqueira, tanto en Redondela como en Pontevedra, cidade, esta última, que o impresiona pola súa grande antigüidade e por estar provista dunha sólida ponte de catorce arcos. Non era Münzer, con todo, o único xermano que fixara os seus ollos en terras galegas, pois nas proximidades de Redondela, conta o viaxeiro como vivía un home de Frankfurt, cuxa hospitalidade lle permitiu facer noite alí mesmo. Rumbo ao norte, Caldas de Reis perfilouse como o seguinte destino do xeógrafo, sorprendido non só polas súas prodixiosas augas termais senón tamén polo seu escaso aproveitamento. A unhas poucas leguas, Padrón será o primeiro punto no que o alemán sinta de preto as pegadas do apóstolo, especialmente a través de pedras e fontes que a tradición oral asociaba á vida do apóstolo. Münzer en Compostela Por fin, o día 13 de decembro chegaba Münzer a Compostela, á que describe como unha cidade-santuario, pequena en dimensións mais rodeada de \"fortísimas torres\". O templo e o número de eclesiásticos que o atenden abraian o viaxeiro, consciente de estar nunha das tres catedrais máis impoñentes da cristiandade, mais non así as xentes compostelás que, en opinión do alemán, abandonaran os labores produtivos para vivir do santuario e dos peregrinos. Mais lonxe de limitarse a unha observación banal da súa experiencia, o relato de Münzer revela que este coñecía ben a situación política do reino de Galiza, como tamén as medidas sumarísimas que os Reis Católicos aplicaran no reino, e mesmo os abusos perpetrados nel polo arcebispo Fonseca II, acérrimo aliado dos reis. A pesar da súa parcialidade política e relixiosa, o relato de Hieronymus Münzer representa un testemuño relevante para entender o país e a súa evolución. Un país -entón reino- que o alemán soubo delimitar dun modo natural desde o momento en que cruzou o río Miño, deixando atrás o reino de Portugal, e que para el se estendía até os confíns do Bierzo, xa camiño de Astorga, onde o de Friedkirk situaba a fin das terras galegas e o comezo dunha nova realidade: Castela."}
{"ID": "NOS_7581", "summary": "\"Aquela zona tíñana moi traballada\". Quen pronuncia estas palabras é o coñecido guerrilleiro Camilo de Dios Fernández. Fomos entrevistalo acerca de Manuel García Rodríguez \"O Sarxento\", compañeiro de guerrillas de Mario Rodríguez Losada \"O Pinche\". Co tempo, aquela noción de \"zona moi traballada\" resultounos interesante contrastala á luz do tráxico destino dun anónimo entre os anónimos: Daniel Calvo Domínguez \"O Barbeiro\" de Langullo (Manzaneda).", "text": "O territorio no que se movían \"O Pinche\" e \"O Sarxento\" está acaroado, ao suroeste, á Cabeza Grande de Manzaneda e rodeado nas demais direccións polos ríos Bibei e Navea, cos seus penedos e os seus acantilados. A resistencia antifranquista naquela bisbarra quedou asociada a Langullo, a aldea onde naceron Mario e Manuel, e tamén Daniel Calvo. Xa a finais do século XIX, o illamento xeográfico de Langullo o compensaba dabondo a mobilidade dos seus veciños, que emigraban e, as veces, volvían. O avó de Manuel García Rodríguez alistárase nos exércitos da coroa, atinxindo o rango de sarxento que lle deu nome á casa e alcuño a Manuel. As irmás de Manuel tamén viaxaron: unhas ás Américas, outras tres a Barcelona. A comezos dos anos trinta, Manuel foise canda elas, traballando no sector gastronómico e experimentando a febre social da capital catalá. Da mesma maneira, Mario Rodríguez Losada tamén coñeceu outros aires: de novo, estivo a traballar en Bilbo. A comezos dos anos 50, a algúns guerrilleiros tocoulles atopar agocho seguro e converterse en \"toupeiras\", como Manuel García Rodríguez en Placín (Manzaneda) e Mario Rodríguez Losada en Pena Folenche (Trives) En xuño de 1932, foron detidos en Langullo catro mozos de 23 anos. Entre eles estaba Daniel Calvo, pero non Mario nin Manuel que se acaso aínda non retornaran á vila. Eran as consecuencias dun conflito laboral entre xornaleiros, apoderados e terratenentes4... Malia o seu apego á vida en Barcelona, Rosario García Rodríguez volveu a Langullo en 1935, tras sete anos de ausencia, a carón dos seus pais e irmáns menores. Foi así como ela tamén participou, xunto ao seu irmán Manuel e a Mario Rodríguez Losada, na \"folga da Mata\", todo un mito local naquela época, na que se perpetuaba algo dos movementos insurreccionais dos anos anteriores. Rosario adoitaba contar como lle prestara a Mario unha bata que trouxera de Barcelona, \"para despistar\", o que non evitou que os levaran presos para A Rúa, eles a pé e a Garda Civil a cabalo. Para Rosario e Manuel, non foi a máis; porén a Mario tocoulle algo de cadea. Tamén lembraba Rosario que durante aquela estancia na vila, seu irmán Manuel fora con Daniel Calvo Domínguez a un mitin a Ourense. Como tiñan simpatías libertarias, pode que sexa o mitin que deu Federica Montseny na súa xira por Galiza en decembro de 19355. De Daniel, Rosario dicía que era o máis intelixente de toda a panda. Ao monte! O chamado \"Alzamiento Nacional\" non aconteceu, pois, nun territorio socialmente virxe: os falanxistas de novo cuño, moitos foran das Juventudes de Acción Popular, tiñan a tiro uns mozos rebuldeiros que non acataban a sociedade caciquil e clerical que se pretendía restaurar. A represión do verán-outono de 1936 así como o rexeitamento á incorporación a filas no exército \"nacional\", alimentaron as partidas de \"fuxidos\". En Langullo, Manuel García Rodríguez e Mario Rodríguez Losada, botáronse ao monte. Daniel Calvo Domínguez, non. Na comarca, e durante 15 anos, un fato de arroutados mantivo en xaque á Garda Civil e aos falanxistas, aínda que fose a costa de detencións e mortes. Non cabe dúbida: manterse tanto tempo a salvo nun perímetro tan reducido esixía puntos de apoio, enlaces, complicidades. Amigos e familiares pagaron a súa solidariedade e o seu silencio con multas, malleiras, incendios, detencións, cadeas, campos de concentración e morte. Os verdugos asañábanse contra as mulleres –Encarnación, Georgina, Benilde…– e mataron a Ventura, o carteiro de Borruga (Manzaneda). O chamado \"Alzamiento nacional\" non aconteceu nun territorio socialmente virxe: os falanxistas de novo cuño tiñan a tiro uns mozos rebuldeiros que non acataban a sociedade caciquil e clerical que se pretendía restaurar Os vellos lembran a ferocidade da \"brigadilla\". Manuel Nogueira, martirizado nos calabozos de Quiroga e na cama tras os golpes, recibiu a visita \"oficial\" dun suxeito que viña a se informar se alí o trataran ben… O pobre home non tivo outra que dicir que si. Aínda hoxe, logo de tantos anos, a humillación do pai diante da súa nena é unha ferida que a súa familia non pode esquecer. Moitos sabíano case todo. Non falaron. Entre eles, Daniel Calvo é o arquetipo daquela resistencia calada, unha ética asumida até as súas últimas consecuencias. Un traxe para Mario Polo que contan os que o coñeceron, Daniel non era nin un atordado nin un afouto. Máis ben unha boa persoa, alegre e solidaria. Tamén un home de \"ideas\", como se dicía entón dos que non aturaban a dominación do cacique nin as andrómenas do crego. Por iso, en 1941 foi sometido ao Tribunal de Responsabilidades Políticas a carón de seis máis que non tiñan relación algunha con el. Os informes cursados por parroquias da Garda Civil e xefaturas de Falanxe, resultarían divertidos se non tiveran consecuencias: o certo é que Daniel Calvo non pertencía a Falanxe e que socialmente era considerado \"individuo peligroso\"6. No relato de Mario presentado por Antonio Téllez, non se menciona Daniel Calvo máis que de esguello: \"Si, sóubeno polo barbeiro\". Pode entenderse que o barbeiro de Langullo era un nexo de relación fixo entre veciños e fuxidos, da mesma maneira que o carteiro de Borruga xa o fora coa súa capacidade de movemento. A comezos dos anos 50, escurecéronse as guerrillas tras sufrir durísimas baixas. Algúns conseguíronse exiliar. A outros poucos, tocoulles atopar agocho seguro e converterse en \"toupeiras\". Así aconteceu con Manuel García Rodríguez en Placín (Manzaneda) e con Mario Rodríguez Losada en Pena Folenche (Trives). Non obstante, hai indicios de que por aqueles anos, ambos fixeron tentativas para escapar. Manuel, comunicouse para iso coa súa irmá Rosario que estaba exiliada en Francia e Mario decidiu facerse un traxe; non para ir de festa, se supón. Cumpría se achegar á fronteira francesa. Dous relatos e unha Causa O xastre encargado de facer o traxe era curmán de Mario, dunha familia de A Madroa, un casal situado entre Langullo e Borruga. Daquela, vivía en Ponferrada. Daniel Calvo fixo de intermediario. O traxe –singular pola estatura de Mario– veu polo tren, de Ponferrada á Rúa. Por encargo de Daniel, recolleuno alí un rapazote de Langullo que coñecía o xastre. Na propia estación, botóuselle enriba a Garda Civil. Viaxe en coche, subida a pe á casa da Mata –para non aparecer pola vila– e careo con Daniel, que de inmediato asumiu a completa responsabilidade do ocorrido. A Garda Civil argallou daquela un plano maquiavélico: deixarlle o traxe a Daniel, para que este concertara unha cita con Mario \"O Pinche\" e o delatara: a emboscada perfecta. Aí está o primeiro relato, a cargo do mozo que recolleu o traxe7. Daniel Calvo non pode traizoar a Mario. Tampouco pode mofarse da Garda Civil: co do traxe demostrase que é cómplice dun \"bandoleiro\" e desta a cousa vai en serio, non quedará en malleiras. Só ten unha opción: esconderse, botarse ao monte, desaparecer… Foi no devalo de 1952. E agora vén o segundo relato8. Un sobriño da esposa de Daniel, indo por leña escoitouno cantar e xuntouse co seu tío desaparecido. Daniel agachábase polas marxes do río Bibei, cara Chandoiro ou fronte Larouco, nuns ocos ao pe do acantilado. \"Dábase a ver\", lembran algúns. Un punto de encontro frecuente era un lugar apartado da vila e de acceso difícil chamado Val de Ovella, onde algúns veciños tiñan prados. Alí levábanlle fogazas de pan e comida, que por outra parte recollía nalgunhas casas amigas da vila, a súa e outras, de noite. A vida de \"escapado\", para a que Daniel tiña tan poucas aptitudes, acabou coa súa saúde: tivo unha infección cutánea. Dous amigos seus da vila levárono nun mulo ás Ermidas (O Bolo), xunto ao médico do Bolo, Sebastián Ricoy Otero, que o curou e non dixo nada a ninguén, por moito que o coñecera. Agora ben, teñen validez estes testemuños orais? Aínda que non se axustaran de todo á realidade, esas pegadas míticas tamén dirían moito do acontecido… Dáse o caso de que a propia lóxica interna do réxime represivo permítenos confirmar o esencial. O 25 de setembro de 1953 produciuse un atraco en Torbeo. No inicio da causa fálase de \"dos desconocidos\", que pasan a ser \"supuestos autores\": Mario Rodríguez Losada e Daniel Calvo Domínguez9. Xa se sabe: mentres houbo \"escapados\", non houbo atraco que non se lles atribuíra. Procedeuse a recoller as declaracións de \"Brígida Monteagudo, esposa de Daniel Calvo Domínguez, y de Guillermo Rodríguez, tío de Mario Rodríguez Losada\". A declaración de Guillermo Rodríguez é unha requisitoria contra o seu sobriño, aludindo ao seu fillo, maltratado por Mario e Manuel, \"por ser falangista\". Moito máis valente é a declaración de Brígida: non sabe nada de nada e a ausencia de Daniel débese \"a la entrega de un traje a Mario y por haberle tomado declaración sobre este asunto la Guardia Civil, a la cual prometió hacerle entrega del Mario en el momento de llevarle el traje\". O do traxe de Mario, pois, non é ningún invento. A morte de Daniel O sábado 10 de decembro de 1955, no xornal La Región publicouse unha nota indicando que se atoparan \"entre la maleza del monte Valdegollado\", no termo de Langullo, \"los restos de un conocido bandolero\", Daniel Calvo Domínguez \"O Barbeiro\", \"muerto hace ocho o diez meses\". Con data do 22 de decembro do mesmo ano, en París, o semanario da CNT do exilio Solidaridad Obrera falou do \"resistente\" Daniel Calvo, e indicou que tiña \"heridas por arma de fuego\". Quen matou Daniel Calvo?. Todo son hipóteses: \"Le dieron un tiro por delante o por detrás\", dixéronnos. A memoria é unha construción do presente e a asunción de heroes encadrados en esquemas ideolóxicos escurece ás veces o complexo e entrañable do corpo social. Íamos tras os pasos duns seres fora do común e batemos cun feixe de amigos incorporados ao colectivo da vida real dun pobo. Desde logo, aquela zona, uns e outros traballárana10. Notas: 1 Entrevista, 23/09/2013. 2 Executado a garrote vil o 6 de xuño de 1959 en Ourense. 3 Téllez Antonio, A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo \"O Pinche\", Limiar e anotacións de Dionísio Pereira, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2000. 4 El Pueblo Gallego (Vigo), 03/06/1932. 5 Montseny Mañé Federica, Impresions dunha viaxe por Galicia en 1935, Ed. Trifolium, Oleiros, 2013. 6 Tribunal de Responsabilidades Políticas de La Coruña, Juzgado de Orense, N.º del Tribunal: 1067 (1941). Os sete encartados foron sobresidos, por demasiado pobres. 7 Entrevista, 24/09/2013. 8 Entrevista, 27/03/2013. 9 Octava Región Militar, Juzgado Militar eventual N°1, Plaza de Lugo, Causa 94-53. 10 Moito do que sabemos de Daniel Calvo debémosllo á memoria colectiva dos veciños de Langullo."}
{"ID": "PRAZA_9700", "summary": "En febreiro comezou a aplicarse un ERE temporal motivado pola crise que atravesa Vodafone España. Trátase da segunda empresa con máis persoal da cidade olívica.", "text": "A folga de 24 horas convocada polo comité de empresa de Bosch para rexeitar o ERTE que a empresa aplica en Vigo está a ter un seguimento maioritario entre o cadro de persoal. Ao redor do 80% das traballadoras e traballadores da compañía secundou este mércores a mobilización, que incluíu unha concentración ante as sedes da empresa.Protestan contra a aplicación do ERE temporal que afecta a case 600 traballadoras dende o pasado mes de febreiroProtestan principalmente contra a aplicación do ERE temporal que afecta a case 600 traballadoras dende o pasado mes de febreiro. Dende a CIG denúnciase que o ERTE se deseñou \"a cegas\" e cunha previsión \"de máximos\" e subliñan que a carga de traballo procedente de Vodafone segue a ser moi elevada.As causas do ERTE están nos problemas que arrastra Vodafone España dende hai meses. Bosch-Vigo encárgase das funcións de soporte técnico, provisión administrativa e reclamacións da compañía de telecomunicacións e argumenta que a caída na carga de traballo procedente de Vodafone fai necesaria a regulación de emprego. Ademais do ERTE, Bosch decidiu prescindir doutras 200 traballadoras que estaban contratadas a través de empresas de traballo temporal (ETT).Bosch é a segunda empresa con máis traballadores en VigoA presidenta do comité de empresa, Laura Pérez Figueroa, da CIG, expresou a satisfacción da representación sindical polo elevado seguimento que rexistra a folga. Nas concentracións convocadas na Avenida de Madrid e da rúa María Berdiales os berros máis escoitados foron \"Non é un ERTE, é unha estafa\", \"Despidos para os directivos\" e \"Este ERTE ímolo parar\"."}
{"ID": "NOS_19458", "summary": "O grupo Convocatoria Cívica, do que é líder o polémico letrado que pechou o diario 'Egin' ou foi denunciado por torturas, ofrécese para entrar no espazo electoral e \"participar na procura dun cambio social fronte aos partidos tradicionais e as súas estruturas obsoletas\". Garzón mantén fortes vencellos en Galiza con membros de AGE.", "text": "A asociación Convocatoria Cívica confirmou como presidente ao ex-xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón na súa última asemblea, na que anunciou a súa decisión de \"participar activamente no escenario político electoral español á vez que propiciará o debate e o consenso\", co obxectivo de reunir nunha soa coligación a todas as plataformas que buscan \"un cambio social\", o que supón que o letrado que pechou o 'Egin' ou foi denunciado por torturas pola propia Unión Europes pensa dar o salto á area electoral dentro da esquerda española. Deste xeito, Garzón realizou unha chamada a \"outras forzas, plataformas, correntes, grupos, movementos, mareas e partidos para que entre todos podamos ser, non varios máis, senón quen decidan o futuro do noso país\". Na súa última Asemblea Xeral celebrada en Madrid, @s soci@s de Convocatoria Cívica (CC) ratificaron como vicepresidente ao exdirector xeral da Unesco Federico Mayor Zaragoza e puxeron as bases para buscar alianzas con \"forzas comprometidas por un verdadeiro cambio social e politico fronte ao modelo dos partidos tradicionais e as súas estruturas obsoletas e afastadas dos problemas reais da sociedade, para, desde o diálogo e a colaboración, aglutinar e unir forzas e consensuar propostas e obxectivos, en forma participativa, propoñendo unha gran coalición na que os cidadáns fagan que a súa voz sexa escoitada e contribúan a decidir o seu futuro\". \"Queremos unir forzas e consensuar propostas e obxectivos de forma participativa\", asegura o grupo de Garzón O grupo de Garzón anunciou que nas próximas semanas presentará a outras organizacións un documento de 20 puntos, como base do dialogo e acordo con quen se sume á iniciativa, \"que se irá completando con novas propostas, locais, autonómicas, nacionais e internacionais\", segundo explicaron. Garzón mantén fortes vencellos en Galiza con persoas que participan de AGE, especialmente por parte de Espazo Ecosocialista. Porén, outros sectores da esquerda rupturista e do nacionalismo -mesmo tamén dentro de AGE ou doutras forzas como independentistas ou o BNG- consideran a Garzón un adversario político, tal e como se demostrou durante as protestas contra a súa presenza na universidade de Compostela."}
{"ID": "NOS_56147", "summary": "Todas as vítimas, catro mulleres e catro varóns, permanecían ingresadas en centros hospitalarios do país. O número de falecementos desde que comezou a chamada nova normalidade ascende xa a 144 persoas.", "text": "Esta segunda feira volve ser unha xornada especialmente mala en canto a falecementos provocados pola pandemia no país. Ao longo do día perderon a vida, segundo informan fontes sanitarias, oito persoas. Con independencia dos datos comunicados esta mañá pola Dirección Xeral de Saúde Pública, ao longo do día rexistráronse oito novos pasamentos derivados das complicacións que provocou o coronavirus no estado de saúde de doentes con patoloxías previas que incrementaban o seu risco. A Consellaría de Sanidade explicou que houbo catro vítimas femininas, todas elas en centros hospitalarios. En concreto, perderon a vida unha muller de 73 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e outra de 91 no Álvaro Cunqueiro de Vigo. Así mesmo, morreu unha usuaria de 97 anos da residencia de maiores Las Salinas que estaba a ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU) e outra residente de 77 anos, neste caso da DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, que ingresada no Lucus Augusti. Os homes finados eran un paciente do hospital de Verín de 88 anos; outro de 85 que estaba no centro hospitalario de Pontevedra (CHOP); un doente de 88 que era atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un cuarto home de 84 anos que ficaba no hospital do Barco de Valdeorras. Con estas confirmacións, hoxe foi a xornada con máis falecidos notificados pola Xunta desde hai cinco meses. O 5 de maio houbo que lamentar nove decesos. Así, no que vai de presenza do virus na Galiza xa houbo 765 vítimas mortais. Ademais, desde a nova normalidade -e, concretamente, desde principios de agosto- xa se rexistraron 144 mortes."}
{"ID": "NOS_35544", "summary": "\"Tres accidentes, en medio ano, non parecen ser casualidade\". Así se pronunciaba en febreiro de 2020 Rubén Pérez, ex xefe da Patrulla Aguia, en relación aos sinistros mortais da escuadra de avións que percorrerá o ceo de Compostela este domingo, Día da Patria Galega, para tinguir a capital da Galiza das cores da bandeira española.", "text": "A Patrulla Aguia, que este domingo fará acrobacias e tinguirá o ceo de Compostela das cores da bandeira española, con motivo da ofrenda do apóstolo e coincidindo coas tres manifestacións convocadas por entidades nacionalistas galegas, sufriu tres accidentes mortais en só medio ano. En agosto e setembro de 2019 faleceron catro pilotos militares do citado destacamento, e en febreiro de 2020 tivo lugar a morte doutro militar tras estrelarse contra o mar mentres realizaba un ensaio programado na Manga do Mar Menor (Murcia). Catro mortes en seis meses O Exército do Aire non deu conta naquel momento das causas do sinistro decorrido en febreiro, que tivo lugar a primeira hora da tarde, a só un quilómetro da costa e no que faleceu Eduardo Fermín Garvalena. O 26 de agosto morrera outro piloto, Francisco Marín, en circunstancias semellantes e na mesma zona. De feito, Garvalena substituíra Marín aos mandos da posición do Aguia Cinco, un C-101, coñecido como \"Só\", por executar as acrobacias máis perigosas. Ademais, en setembro de 2019, morrían o instrutor de voo Daniel Melero e a súa alumna Rosa María Almirón ao chocar contra a auga o avión Enaer T-35C Pillán tamén na Manga. A respecto destes accidentes mortais, Rubén Pérez, ex xefe da Patrulla Aguia, declarara publicamente en febreiro de 2020 que tres sinistros \"en medio ano non parecen ser casualidade\". O ex militar desbotou a antigüidade dos aparatos como motivo dos accidentes, \"hai que analizar moitos outros factores non só relacionados coa mecánica\". \"Hai que analizar moitos outros factores\" O avión C-101, que emprega a citada patrulla, é un modelo cuxas primeiras unidades entraron en servizo en 1980 e prevese a súa retirada nos próximos anos debido ao seu caro mantemento. O Exército español conta cunha flota dunhas 60 aeronaves C-101. As condicións dos C-101 \"poden ser, mais en ningún caso son determinantes\". \"Hai que falar da presión á que son sometidos os pilotos, dos voos que se programan, das outras moitas tarefas que teñen que facer fronte... Son moitos factores, moitos, e os xefes teñen que sentar cos pilotos e ver que acontece, en que condicións saen a adestrar\", afirmara en febreiro de 2020. Malestar pola presenza da Patrulla Aguia O anuncio da exhibición da bandeira española en Compostela este 25 de xullo, coincidindo co Día da Patria Galega, provocou malestar nas redes sociais, que se encheron de mensaxes criticando as presenza do Exército de Aire español na capital da Galiza, así como os adestramentos que tiveron lugar na tarde da sexta feira, a baixa altura, na cidade da Coruña e arredores."}
{"ID": "NOS_20705", "summary": "A maxistrada propón xulgar tamén tesoureira e informático do partido", "text": "A titular do Xulgado de Instrución nº32 de Madrid procesa o PP pola suposta comisión dun delito de danos informáticos e outro de encubremento por borrar e destruír a información dos discos duros dos ordenadores do ex-tesoureiro Luis Bárcenas na sede principal do PP. A maxistrada declara nun auto concluída a instrucción e transforma as dilixencias previas nun procedemento abreviado. A xuíz propón xulgar a tesoureira e xerente, Carmen Navarro; o asesor xurídico, Alberto Durán; e o director de sistema de información do PP, Jose Manuel Moreno. Afirma que Durán ordemou a destrución dos discos duros para eliminar os arquivos mentres que a actual tesoureira \"coñecía e permitiu\" a eliminación dos datos contidos nos computadores."}
{"ID": "NOS_5453", "summary": "Non todo é calma chicha no PP de Lugo. A medida que o partido entra de xeito definitivo na precampaña das municipais, vólvense abrir as vellas feridas que xa se fixeron visíbeis no pasado congreso provincial, no que acadou a presidencia a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.", "text": "Nun conclave inédito, era a primeira vez que se enfrontaban dúas candidaturas para dirixir os populares lucenses, a alcaldesa de Mondoñedo, apoiada por Xosé Manuel Barreiro e Xosé Manuel Balseiro, derrotou Raquel Arias, na altura delegada da Xunta en Lugo e patrocinada por Alberte Núñez Feixóo. O propio Feixóo, no encerramento do conclave, non dubidou en censurar a falta de vontade de integradora por parte de Candia, procedendo posteriormente a incluír na dirección do PP galego os críticos coa alcaldesa de Mondoñedo nun claro aviso sobre quen eran os seus. Aínda así, semellaba que a nova equipa de dirección, tutelada por Xosé Manuel Barreiro e Xosé Manuel Balseiro, conseguira neste período normalizar a situación interna, aspecto que comezou a saltar polos aires nos últimos tempos. A Mariña foi a comarca onde menos apoios acadou Elena Candia de cara ao congreso provincial, polo que non debe estrañar que nesta zona a contestación sexa moi forte. Aquí a fronte opositora encabézana alcaldes como os de Cervo, Riotorto ou Foz, algúns deles moi vinculados persoalmente a Arias, xunto a veteranos dirixentes como o ex deputado Vidal Martínez Sierra ou o antigo alcalde de Mondoñedo, Luís Rego. En todo caso, os resultados das pasadas eleccións municipais que reduciron aos seus mínimos históricos a presenza do PP nos Concellos, obrigará sen ningún xénero de dúbidas a acometer unha profunda renovación nas listas, cuestión que aproveitará Candia para colocar xente da súa confianza nas listas. Así en Ribadeo, o seu portavoz municipal Xesús López Penabad, que no proceso congresual se situou fronte á de Mondoñedo, será substituído polo deputado Daniel Vega, persoa do aparato e poder real das Novas Xeracións en Lugo. Outro tanto acontecerá en Burela con Xosé María González Barcia, antigo alcalde e persoa próxima a Barreiro e Balseiro, aínda que neste caso a loita entre as dúas familias preséntase máis aberta. A recente renovación da dirección do PP na cidade fechouse coa integración das dúas familias. O novo presidente do PP Ramón Carballo, subdelegado do Goberno, persoa que vén ocupando de vello diversas responsabilidades na administración e número dous de Candia no comité provincial, incorporou a súa candidatura a persoas de Candia como o incombustíbel concelleiro Quique Rozas, pero tamén de Arias como Mari Teixeiro, unha das bestas negras da de Mondoñedo. Todo apunta a que Carballo será o próximo candidato á Alcaldía de Lugo, xogando ao seu favor a súa capacidade de relacións sociais, o seu nivel de coñecemento na cidade e a imaxe de xestor eficaz. Está por ver, en todo caso, se iso lle chega para recuperar o goberno, após tantos anos na oposición, e cunha organización local dividida desde a defenestración de Francisco Cacharro. Un aspecto central para acadar a Alcaldía será o papel que xogan os antigos cacharristas, os máis deles cun papel de relevo no movemento veciñal en Lugo, e que nas últimas campañas electorais das municipais apostaron de xeito decidido en López Orozco e Gómez Besteiro. As augas tamén baixan revoltas nas terras do centro e do sur da provincia. Na comarca de Sarria, barril de pólvora tradicional da dereita desde os tempos de Primo de Rivera, os movementos líbranse en varías frontes. Xosé Antonio García, antigo alcalde, actual portavoz municipal e persoa de confianza de Candia, ten serios problemas para reeditar a súa candidatura, semellando probábel a aparición dunha lista independente desde as filas do PP. Sexa cal sexa o destino de García, nos mentideiros da vila dáselle cada vez máis certeza a esta candidatura independente liderada polo concelleiro popular Manuel López Sangil, cuxo poder no partido segue intacto a pesar das polémicas nas que ultimamente se veu envolvido. Outra das persoas que estaría apoiando esta operación sería Pablo López Pablito de Toleiro, patrocinador de vello de Sangil, e habitual nas ceas que este último organiza tradicionalmente polo Nadal. Outra estación é Láncara, onde o actual portavoz do PP será substituído pola súa numero dous, nunha operación dirixida desde a capital da provincia e que conta con Xosé Manuel Balseiro como principal armadanzas. Elena Candia xoga o seu futuro político nas municipais. No caso de non conseguir o goberno da Deputación após as municipais ela e a súa equipa, entre eles Balseiro, veríanse na obriga de deixar camiño ás xentes de Núñez Feixoo á fronte da dirección do PP. É aquí onde o seu destino se volve a cruzar co de Manuel Martínez, xa que as posibilidades dos populares van depender en boa medida da capacidade que o alcalde de Becerreá teña para conformar candidaturas alternativas ás do PSOE. Porén, a esta altura a correlación de forzas partidos xudiciais que resultan decisivos para decantar finalmente o goberno é claramente favorábel aos socialistas. Así na Fonsagrada non hai ningún dado que apunte a perda da hexemonía por parte dos socialistas que a día de hoxe gobernan a máis da cabeceira do partido en Navia de Suarna, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz. Outro tanto acontece na Terra Cha, onde a marxe de mellora dos populares resulta complicado, mesmo correndo serios riscos de perder a alcaldía de Vilalba, cuestión que xa motivou a principios desta lexislatura o cambio de alcalde e a súa substitución por Agustín Baamonde."}
{"ID": "PRAZA_7390", "summary": "Crean a Fundación España Constitucional, que aposta por defender os valores da Carta Magna e a convivencia entre españois. Ángel Acebes, Elena Salgado ou Martín Villa tamén participan na iniciativa.", "text": "Pola Constitución e a unidade de España. Trinta ministros que formaron parte de anteriores gobernos do Estado (con UCD, PSOE ou PP) veñen de crear unha fundación, impulsada por José Bono e Eduardo Zaplana, para a defensa dos valores que recolle a Carta Magna. Bono e Zaplana son os impulsores da Fundación España Constitucional A iniciativa xorde logo dun encontro celebrado hai meses e no que os ex ministros acordaron facer algo para defender os que consideran valores de igualdade, unidade, liberdade e solidariedade recollidas na Constitución. A Fundación España Constitucional sae principalmente do impulso de Bono e Zaplana, que apostan pola necesidade de que PSOE e PP cheguen a grandes acordos para salvagardar a unidade de España. Elena Salgado ou Ángel Acebes tamén apoian esta iniciativa que defende a unidade de España Pero non só Bono e Zaplana apostaron por esta fundación, senón que outros moitos deron importantes apoios, como Ángel Acebes, ministro durante os gobernos de Aznar, ou Elena Salgado, vicepresidenta e ministra de Economía con Zapatero, e María Antonia Trujillo, que ocupou a carteira de Vivenda, así como ex membros do Executivo de Felipe González como Carlos Solchaga, titular do Ministerio Economía e Facenda, ou Javier Gómez Navarro, que ocupou a carteira de Comercio. Tamén apoian esta iniciativa ex ministros históricos de UCD como Marcelino Oreja, que fora presidente da formación e comisario europeo de Transporte e Enerxía; Rodolfo Martín Villa, ministro de Gobernación no Goberno entre 1976 e 1979; ou Jaime Lamo de Espinosa, ministro de Agricultura de 1978 a 1981. A Fundación España Constitucional, segundo reflicten varios medios, ten o obxectivo de difundir os valores de liberdade, unidade e solidariedade recollidos na Carta Magna de 1978 e fomentar a convivencia entre españois. Para iso, empregará a experiencia desta trintena de ex ministros, así como de informes, estudos e iniciativas que sirvan para impulsar a defensa da Constitución."}
{"ID": "NOS_53938", "summary": "Néstor Rego exixiu ao Executivo de Pedro Sánchez que cumpra os acordos acadados polo BNG co PSOE para apoiar o candidato socialista na sesión de investidura.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, trasladou esta terza feira as condicións estabelecidas pola formación nacionalista para dar o seu apoio aos Orzamentos Xerais do Estado español (OXE) que o Consello de Ministros e Ministras aprobará hoxe. PSOE e Unidas Podemos fechan de madrugada un acordo sobre os orzamentos estatais de 2023 Neste sentido, Rego exixiu ao Executivo de Pedro Sánchez que cumpra os acordos acadados polo BNG co PSOE para apoiar o candidato socialista na sesión de investidura. Orzamentos do Estado, para cando un trato xusto coa Galiza? Nunha rolda de prensa no Congreso, o deputado nacionalista enumerou, entre os compromisos pendentes de cumprir polo PSOE, o financiamento da dependencia nos niveis estabelecidos pola lei, a creación de xulgados de violencia de xénero en Santiago de Compostela, Ourense e Lugo e os acordos de transición xusta para ofrecer alternativas de traballo ás persoas afectadas polo peche de centrais térmicas. Sánchez responde a Rego que cumpriu 21 dos 40 compromisos aos que chegara co BNG Ademais de destinar fondos aos sectores industriais do país, Rego pediu priorizar o investimento ferroviario para \"recuperar un atraso histórico\" que, dixo, arrastra a Galiza, como a ausencia dunha rede de proximidade, e a transferencia das vivendas da Sareb ao Goberno galego. Outras condicións Por outra parte, reclamou que os impostos a grandes enerxéticas, banca e grandes fortunas sexan permanentes. Cando o presidente do Goberno español anunciara esta medida, Rego xa trasladara que a situación económica precisaba de adoptar medidas \"estruturais\" e non \"conxunturais\". O BNG volverá preguntar no Congreso pola chegada dos trens Avril á Galiza Tamén exixiu elevar a revalorización do salario mínimo interprofesional (SMI) e os soldos públicos até cubrir toda suba do Índice de Prezos de Consumo (IPC). Neste sentido, cualificou como \"claramente insuficiente\" o acordo alcanzado polo Ministerio de Facenda con CCOO e UXT para subir os soldos aos empregados públicos, pois non cobren o encarecemento dos prezos. Rego defendeu impedir calquera perda de poder adquisitivo nesta negociación, xa que \"a evolución dos salarios públicos acaba marcando dinámicas da negociación no sector privado\". BNG defende no Congreso unha saída \"social e xusta\" da crise pola pandemia do coronavirus Finalmente, o deputado do BNG no Congreso pediulle ao Goberno español que \"renuncie\" ao \"aberrante\" incremento do gasto militar até 2% do PIB -unha petición da OTAN a todos os Estados membros- \"nunha situación de extrema crise social e económica e necesidade para os sectores máis desfavorecidos\"."}
{"ID": "PRAZA_13173", "summary": "Múltiples colectivos sociais de Santiago mobilízanse ante a nova ordenanza de ocupación e uso da vía pública na cidade, na que o goberno local inclúe fortes restricións ou preceptos como o cobramento por instalar mesas informativas", "text": "Case por casualidade. Dous colectivos composteláns, a Rede Feminista e o Cineclube, dirixíronse ao Concello da cidade hai poucos días co obxectivo de tramitar os permisos para organizar proxeccións de cinema ao aire libre na céntrica Praza da Oliveira. E atopáronse con que no consistorio lles esixiron 400 euros en concepto de fianza. Apenas dúas semanas antes a asociación Gentalha do Pichel atopábase cun atranco semellante para celebrar a súa tradicional Festa do Dezassete, os actos que o colectivo celebra anualmente nas xornadas previas ao Día das Letras e para os que desta volta se lles esixía unha fianza de máis de 1.000 euros por realizar actividades como un xantar ao aire libre nunha praza próxima ao Museo do Pobo Galego. Circunstancias coma estas levaron a varios grupos culturais e veciñais santiagueses a indagar na orixe destas restricións e atopáronas na futura ordenanza de ocupación e uso da vía pública que prepara o goberno local e que, alertan, \"xa se está a aplicar\" nalgúns dos seus aspectos aínda que non pase polo pleno municipal ata este xoves, 31 de maio. Como ten informado Praza Pública, o bosquexo da nova normativa feito público polo goberno local incluía xa rechamantes prohibicións e atrancos para os movementos sociais da cidade, tales como o cobramento de taxas pola instalación de mesas informativas, que dende a entrada en vigor da ordenanza quedarán equiparadas a outros elementos urbanos como os caixeiros automáticos. Pero hai máis elementos que levan os colectivos veciñais a ver na decisión do goberno que dirixe Ángel Currás (PP) un verdadeiro \"ataque contra o asociacionismo\" e, en última instancia, \"contra a liberdade de expresión\". Á imposición de taxas e fianzas, explican os colectivos consultados por este diario, engádese a posibilidade de que \"en calquera momento, por calquera motivo\", o concello poida decidir \"paralizar\" unha actividade na rúa previamente autorizada. Ademais, e botando man de recursos que no movemento veciñal se ven \"preconstitucionais\", esténdese un importante veto a \"megáfonos, micrófonos ou altofalantes\" nas actividades en espazos públicos. Os colectivos veciñais están a elaborar alegacións de forma masiva e preparan unha \"protesta sonora\" na Praza do Toural para este xoves á tarde \"Piden cousas que son lóxicas en obras ou actividades empresariais\", pero non \"en actividades sociais e sen ánimo de lucro\", apuntan, nun contexto no que o tecido asociativo santiagués ve unha mostra da \"concepción ideolóxica das cultura, das liberdades públicas e do traballo cultural\" do equipo de Goberno, que procede, na práctica, a \"privatizar\" o uso de rúas e prazas. Non en van, lembran, \"isto vén copiado\" en boa medida \"do que xa se fixo en Madrid\" ou do que \"se tentou facer en Valladolid\", aínda que no caso da capital de Castela e León \"as asociacións veciñais conseguiron paralo\". Isto é, precisamente, o que se tenta agora en Compostela a través da elaboración masiva de alegacións á normativa e tamén a través da convocatoria dunha mobilización na Praza do Toural en forma de \"protesta sonora\" para o propio xoves pola tarde. Ademais, prevén adiantar a petición de permisos para actos xa programados en previsión de que a ordenanza entre en vigor. Tamén haberá oposición á normativa dende o propio pleno municipal. Nesta liña, o concelleiro do BNG Rafa Vilar adiantaba este mércores o voto negativo da formación nacionalista contra a ordenanza porque \"introduce limitacións a dereitos fundamentais que cercenan liberdades públicas ao limitar o dereito de reunión, de participación e de liberdade de información á cidadanía\". Se ben o Bloque valora que o goberno local permitise as achegas da oposición ao texto normativo -algo que en anteriores ordenanzas limitou- Vilar explica que \"só atenderon as de carácter formal, pero o substancial das propostas, non\". Así, advirte, o texto final mantén requisitos \"en moitos casos arbitrarios, como fianzas, garantiás e taxas\" que pasan por riba de que moitos dos colectivos afectados desenvolven actividades \"sen ánimo de lucro\". Neste sentido Vilar \"comparte a preocupación social\" dos colectivos veciñais mobilizados nun contexto no que coida que, tamén ante a posibilidade de protestas polos \"recortes sociais do PP\", o goberno local busca a \"maneira de que se vexan diminuídas as reivindicacións de dereitos, tratando de imposibilitar as mobilizacións de rúa\"."}
{"ID": "NOS_4167", "summary": "A reacción veciñal diante da reiterada contaminación do río, os encoros e os acuíferos na comarca provoca a intervención da Xunta e que a empresa Coren asuma que é unha parte importante do problema.", "text": "\"Aquí as aldeas son xeriátricos sen persoal. Vellos coidando de vellos. Pero hai economistas que che din: 'mellor que veñan as grandes empresas porque se non a xente seguirá marchando\", conta, en declaracións a Sermos Galiza, Daniel Rodicio, que estudou economía en Compostela, regresou ao seu concello, o da Bola, nunha das comarcas (Terra de Celanova) máis avellentadas do país, montou unha granxa, organizouse no Sindicato Labrego Galego e hai uns meses decidiu que o máis práctico sería preparar unha oposición. Rodicio relata como o ano pasado recibiron aviso dun veciño. Morréranlle dous cabalos e o veciño sinalaba un pozo como o culpábel. O pozo e os cabalos estaban moi perto dunha macrogranxa de porcos que Coren presentara hai tres anos como o sistema máis avanzado en tratamento de xurros. O veciño alertou ao Seprona, persoal do Seprona comprobou o pozo e sancionou o veciño por ter feito un pozo ilegal, di Rodicio. Uns meses antes, no verán de 2018 na Xironda, unha parroquia de Cualedro na comarca de Verín, unha técnica da Axencia de Desenvolvemento Rural e o alcalde da localidade explicaba a veciñas e veciños, a maioría emigrantes de vacacións en agosto, os beneficios de pór as súas fincas no Banco de Terras que as alugaría a unha gran empresa que plantaría cereal. As reunións repetíronse noutras parroquias e en concellos veciños. Ao escoitar o nome da gran empresa, unha veciña advertiu: \"Coidado con Coren\". En Springdale (Arkansas, EE.UU.) ten a sede Tyson Foods, unhas das maiores multinacionais da produción e venda de carne no mundo. Un modelo para Coren. Tamén un socio, ao que rende visita o presidente da cooperativa, Manuel Gómez-Franqueira, o fillo dun dos fundadores da empresa. Tyson Foods é a cabeza e o motor dunha maquinaria de produción e comercialización espallada por medio planeta. \"Tyson Foods proporciona aos seus socios, entre outras cousas, avances xenéticos, pensos e tratamentos para prever enfermidades dos animais\", sinala David Rodicio. En decembro pasado, veciñanza e activistas pola conservación do medio ambiente decidiron organizarse nas comarcas do suroeste para conter o desastre que a agrogandaría intensiva está causando no territorio, sinaladamente na Limia e na Baixa Limia, onde os efectos sobre as augas fixéronse evidentes a simple vista coa aparición dunhas algas verdosas no río Limia e no encoro das Conchas os tres últimos veráns. \"Solicitamos unha moratoria á instalación de novas granxas industriais na Limia e a correcta xestión das explotacións intensivas xa existentes\", lese no manifesto da plataforma Auga Limpa Xa! En realidade, a das algas era unha reaparición. A principios dos anos 2000 xa provocaran as primeiras protestas veciñais. As analíticas periódicas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil empezaron alertando da contaminación. En 2011, Sanidade prohibiu o baño nas augas do encoro. En 2014, un estudo do CSIC vinculaba a aparición das algas coa proliferación de cianobacterias nas augas. Uns niveis anormalmente altos de fósforo e nitróxeno que tería como orixe, segundo o CSIC, os xurros animais deitados nos solos das comarcas da Limia. A acidificación das augas tiña potenciais efectos canceríxenos en caso de consumo humano, avisaron as persoas expertos. En 2018 o caso chegou ao Parlamento galego. Pero as algas volveron este verán e o Concello de Bande foi o primeiro en prohibir o baño nas Conchas, o 21 de agosto. Na outra beira, o Concello de Muíños foi máis remiso, pero as analíticas do día 29 fixeron inevitábel a prohibición. \"Estamos diante dun conflito basicamente económico\", apunta Daniel Rodicio, \"estas comarcas son un centro de produción gandeira e centos de familias dependen deste modelo de produción intensiva no que os residuos non se xestionan para abaratar os custes. Nestas comarcas haberá uns 30.000 habitantes, pero a pegada dos residuos sobre o territorio equivale á dunha poboación de 1,8 millóns de habitantes… iso xa estaba no estudo de 2014. Nós calculamos que haberá unhas catrocentas explotacións, os datos oficiais estiman que se crían uns 200.000 porcos e 22 millóns de polos\". Na plataforma, di o manifesto, avogan por \"unha gandaría sostíbel con prezos xustos para as produtoras e produtores\". Non toda a xente na Limia está a favor da protesta. A plataforma organizou este verán tres recollidas de sinaturas coincidindo coas feiras nas cabeceiras de comarca. En Celanova e en Bande as cousas foron ben. En Xinzo tiveron unha agarrada. \"Empezamos coas mobilizacións porque na mesa que se conformou para atender o problema non vemos avances\", di Rodicio. Na Mesa da Limia, constituída en abril, os sindicatos agrarios, as ecoloxistas e Auga Limpa Xa conseguiron sentar a Xunta e a Coren. Despois, Coren accedeu a unha reunión coa plataforma veciñal. \"Foi antes do verán. Prometeron recuperar a planta de tratamento de Sarreaus e esta mesma semana anunciaron que se abrirá en breve. Prometeron levantar unha planta de compostaxe en Xinzo. Obrigar aos gandeiros a construír almacén para secar o esterco en cada explotación… Parece que teñen unha visión máis realista que a que teñen os gandeiros. Sabemos que hai modelos de xestión de xurros que funcionan. O problema é que aquí non se xestionou de ningunha maneira e agora non poden pretender que os gandeiros asuman todo o custo porque xa sofren uns prezos moi baixos\". Na xuntanza, os activistas compartiron fórmulas de xestión con Emilio Rial, director xeral de Coren, e Luis Ojea, responsábel de produción avícola, entre outros directivos da empresa. Queren que as solucións se implementen rápido. Aumentarán a frecuencia das accións de información e recollida de apoios en todas as comarcas. \"Se se empeza xa, nun ano poderiamos ver os primeiros efectos da rexeneración do río\", di Rodicio a este medio. Mais son conscientes de que hai problemas dos que aínda se descoñece a súa dimensión. Nos acuíferos, por exemplo. E outros de solución máis complexa. A xestión do territorio, na base de todo. \"Abandonada polas institucións e en mans das grandes empresas polo que se está vendo\", laiase Rodicio, que se resiste a cumprir as previsións dos economistas, que non quere marchar sen dar a batalla. E reflexiona: \"Cando menos temos conseguido unificar as loitas e coordinarnos entre toda a xente que levaba décadas denunciando os efectos do modelo intensivo nestas comarcas. Agora hai conciencia e organización\". Nota. Imaxes do texto: Bañistas na praia do Corgo (Muíños) e manto de algas no encoro a pasada sexta feira."}
{"ID": "PRAZA_7924", "summary": "A empresa mineira inicia a selección para cubrir 271 postos de traballo despois de que a Xunta prometese maís de 1.300. O PP tomba unha iniciativa parlamentaria para revisar a declaración de impacto ambiental, que a oposición e a plataforma veciñal ven ateigada de irregularidades e imprecisións.", "text": "Un total de 271 empregos, aos que xa optan unhas 1.400 persoas. É a materia prima que vai xestionar a empresa de traballo temporal Adecco por encarga de Mineira de Corcoesto, isto é, a marca que adopta en Galicia a empresa canadense Edgewater para explotar o xacemento aurífero de Bergantiños. Entre a oposición da plataforma veciñal, de colectivos ambientalistas e das forzas políticas diferentes do PP, a compañía mineira vén de anunciar a súa aposta pola \"recoñecida empresa de recursos humanos\" para comezar a peneirar candidaturas. Será en Coristanco, Cabana de Bertangiños e Ponteceso onde Adecco \"recollerá os datos e darlles cita aos aspirantes para, nun encontro posterior, coñecer o seu perfil profesional con máis profundidade\". Farano en locais habilitados para a ocasión nos que tamén estarán presentes \"técnicos de Mineira de Corcoesto que lles facilitarán información sobre o proxecto mineiro\". Con estas entrevistas e encontros informativos Edgewater prevé formar un cadro de persoal que estará composto, \"ata o 80%\", por \"operarios sen titulación específica\" que recibirán formación da propia empresa. O 80% do persoal da mina serán \"operarios sen titulación específica\", di a empresa Malia non informar sobre as condicións deste cadro de persoal nin sobre o seu destino unha vez que a mina remate o seu período de explotación, Mineira de Corcoesto difunde entre os medios de comunicación o seu \"compromiso de priorizar a poboación local na súa política de contratación co obxectivo de contribuír a dinamizar a economía local\". Estes argumentos son practicamente idénticos aos transmitidos dende a Xunta para defender a mina, se ben rebaixan notablemente o compromiso de emprego: o ex conselleiro de Industria, Javier Guerra, estimou os posibles empregos en arredor de 500 e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chegou a falar de 1.371. O PP protexe a declaración de impacto ambiental Mentres a empresa difundía o inicio dos traballos da ETT no Parlamento o PP botaba por terra unha iniciativa coa que o BNG procuraba frear a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) coa que a Xunta lle deu aval á mina. O encargado de defendela, Carlos Aymerich, argumentou a necesidade de tombar a DIA non só por cuestións estruturais como \"que se aproveite a crise para promover proxectos que en situación normal terían difícil aceptación social\", senón tamén pola \"falta de rigor\" do propio documento, \"un copia e pega do estudo de impacto ambiental achegado pola empresa\" no que non hai \"nin a mínima obxectividade\". O PP admite \"riscos\" ambientais na explotación pero segue adiante co seu aval ambiental Nesa DIA, subliña Aymerich, \"hai unha serie de irregularidades denunciadas pola plataforma\" que se opón á mina, \"por diferentes sociedades ambientais e por técnicos da Universidade de Vigo\". Entre elas, cita, está a inexistencia \"dun estudo da concentración de arsénico no río Anllóns\" ou a ausencia dunha \"valoración sobre o impacto que vai ter\" a explotación \"nos bancos marisqueiros de Corme e Laxe\" e \"no esteiro do río Anllóns\", un espazo protexido. Ademais, censura, o Goberno galego \"non cuestiona a falta de garantías financeiras\" por parte da empresa para facerlles fronte a eventuais accidentes. \"Estamos -resume- ante unha DIA insuficiente e pouco rigorosa que debe ser anulada\". Fronte ao entusiasmo doutros membros do PP, o voceiro conservador no debate, Daniel Varela non só manifestou \"respecto\" polos argumentos e as \"cautelas\" ambientais da oposición e da veciñanza, senón que ademais asegurou \"comprender moitos deles\". Neste contexto, Varela mesmo chega a recoñecer que \"hai moitos argumentos, dende o punto de vista do impacto ambiental\" xa que \"este proxecto, como é lóxico, ten os seus riscos\". Non obstante, e evitando facer unha defensa aberta do proxecto, o popular ampárase en que Aymerich non foi \"rigoroso\" na presentación da súa iniciativa, por non citar certas directivas europeas e mesmo a Lei de Minaría do bipartito. Así, o aval ambiental da Xunta á mina seguirá en vigor sen problemas. \"O PP está ao servizo de Edgewater\" e \"dentro de cinco ou seis anos enterarémonos de onde foron os cartos desta empresa e que sobres nutriu\", augura Aymerich, en cuxa opinión a empresa e a Xunta \"xogan coa necesidade da xente\"."}
{"ID": "NOS_47438", "summary": "Comeza a rodaxe en Vigo a próxima semana", "text": "A serie Auga Seca inicia a segunda feira a rodaxe da súa segunda tempada en Vigo. Trátase dun drama policial que se centra no tráfico de armas, estreado con éxito o pasado ano en RTP, TVG e HBO, froito dunha coprodución entre a Galiza e Portugal. A gravación estenderase até mediados do mes de marzo na cidade olívica e nos seus arredores, para logo desprazarse até Lisboa, onde finalizará a comezos de abril. Nesta segunda entrega da ficción, que terá oito episodios de 50 minutos, Auga Seca afondará nas orixes dos negocios da familia Galdón e os seus conflitos coa familia de Teresa, a protagonista interpretada pola actriz portuguesa Victoria Guerra. No elenco repiten actores galegos e lusos como Monti Castiñeiras (Mauro Galdón), Sergio Pazos (inspector Viñas), Eva Fernández (Irene), Belén Constenla (Dulce) ou Adriano Luz (Lázaro), xunto a novas incorporacións ao reparto que aínda non se fixeron públicas. Estrea en HBO A serie está producida pola galega Portocabo e a portuguesa SPi. HBO España e Portugal estrearán en primicia esta segunda tempada, a diferenza do que aconteceu coa primeira, que se puido ver antes a través das canles públicas. Esa entrega inicial, xa dispoñíbel, converteuse na primeira serie en versión orixinal en galego que se emite nesta plataforma, e das poucas que podemos atopar na nosa lingua nesta sorte de soportes de contidos audiovisuais, xunto a O sabor das margaridas. Sobre este contextos de ausencia da nosa lingua quer na banda sonora quer no subtitulado ou na dobraxe chama a atención unha campaña popular que arrincaba esta mesma semana, promovida por María Reimóndez e Eric Dopazo, para mostrar a demanda deste tipo de contidos. O equipo Toño López volve asumir a dirección, xunto ao realizador portugués Sérgio Graciano e baixo a produción executiva de Alfonso Blanco (Portocabo), creador da serie, e de José Amaral (SP-i). O guión corre a cargo de Carlota Dans, Roberto G. Méndez, Miguel Simal, Alfonso Blanco, Nina Hernández e Ana Míguez; a dirección de fotografía é de Lucía C. Pan e Manuel Pintos, e a música de Elba Fernández e Xavi Font."}
{"ID": "QUEPASA_1101", "summary": "Finalmente, tralos últimos recontos, o PSOE queda con 6 edís (por debaixo en votos do PP) e o CxG con 1.", "text": "Subiu máis de 500 votos o PP de María Pose, pero queda ás portas da maioría absoluta. Suma 6 edís, polos 5 do PSOE e os 2 de CxG, que entra con forza nun pleno no que non consegue entrar o BNG. Eleccións Municipais Todas as Novas sobre as Eleccións #Listas26M: Todas as Candidaturas ás Eleccións Municipais 2019. Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte. Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte. Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte."}
{"ID": "PRAZA_3808", "summary": "Hoxe, en plena crise do coronavirus, constatando a evidente falta de coordinación e de política realmente europea, a ambiciosa e prospectiva a que se nos tiña habituado, tanto se fale da política interior como da exterior, Europa vai camiño de ser apenas unha sombra do que foi ou puido ser.", "text": "Dicía o recentemente falecido George Steiner que a de Europa é unha historia de longas marchas. E non lle faltaba razón, naturalmente. E de pesadas guerras, que en realidade serían guerras civís, tamén dicía. E de grandes decepcións, habería que engadir, que se repiten unha vez e outra. E con elas, renacen os peores presaxios da política continental.Criticábase o proxecto europeo pola submisión do modelo, a cada paso mais pronunciada, aos intereses das grandes corporacións e os mercados, pero ao tempo, vindo dunha ditadura e cun Estado cunha cultura democrática escasamente consolidada, víase na Europa, pese a todo, un raio de esperanza para facer valer certos ideais mais avanzados, a pesar dun balance a miúdo contraditorio. Nos últimos anos, especialmente dende a crise de 2008 pero xa incluso antes, dende os noventa, co esfarelamento do socialismo real, o asalto dos ditados neoliberais foi erosionando e diluíndo paso a paso aquelas bondades do proxecto europeo asociadas á promoción da cohesión, o benestar, unha política exterior otaniana pero matizable nalgún contado caso... Pedíase \"Máis Europa\" cando a súa praxe informaba dun baleiramento persistente dos conceptos que un día a fixeran atractiva e poderosa para moitos. Hoxe, en plena crise do coronavirus, constatando a evidente falta de coordinación e de política realmente europea, a ambiciosa e prospectiva a que se nos tiña habituado, tanto se fale da política interior como da exterior, Europa vai camiño de ser apenas unha sombra do que foi ou puido ser. A idealización europeísta vivida dende os anos oitenta vaise desfacendo ante as evidencias dun pragmatismo insolidario que dinamita calquera aspiración converxente. A descomposición política de Europa, acusada en virtude da sacralización dos imperativos económicos ultraliberais, converte en periféricos, retóricos e residuais os seus ideais de orixe.Nesa China que estas semanas arrebola Europa como gran potencia salvadora fendendo de paso aínda mais as súas costuras polo sur e o leste, unha das últimas campañas internas do Partido Comunista leva por título: \"permanecer fieis ao mandato fundacional\". Trátase de non perder de vista de onde un ven, reafirmando o compromiso cos obxectivos fundadores. Ten todo o sentido cando van celebrar o seu primeiro centenario (2021).Se Europa, a de Maastricht de 1993 ou a que parte da CECA de 1952, espera a emular unha introspección cronolóxica e imaxinaria similar, moito me temo que non chega."}
{"ID": "PRAZA_14010", "summary": "Un estudo publicado na revista Science sitúa a orixe das linguas indoeuropeas na península de Anatolia", "text": "A orixe común da grande maioría de linguas europeas podería estar na península de Anatolia, no que hoxe é Turquía. Esa é a conclusión dun estudo que hoxe publica a revista Science e levado a cabo por un grupo de investigadores europeos, americanos, australianos e neozelandeses. Desde o Atlántico até a India moitos idiomas comparten palabras e estruturas gramaticais semellantes que fan pensar nunha única lingua común perdida: o indoeuropeo. Unha hipótese na que lingüistas e arqueólogos levan dous séculos a traballar. O estudo empregou unha base de datos sen palabras galegas Os investigadores empregaron un método estadístico deseñado para investigar a orixe de brotes de virus a través da análise molecular. Para iso introduciron as palabras dunha base de datos con palabras de 103 linguas indoeuropeas no lugar dos datos de ADN. Nesa base hai palabras do portugués europeo e brasileiro, pero non do galego. Este sistema é un dos que ten máis potencialidades para reconstruír a árbore xenealóxica das linguas indoeuropeas a través da comparación de palabras e determinar a orixe das distintas ramas, sinala por correo eléctrico a Praza Pública o investigador Quentin Atkinson, da neozelandesa universidade de Auckland. Porén, nin esta teoría nin os resultados son novos. Hai xa case 20 anos outros investigadores rusos realizaron unha investigación moito máis fonda e chegaron á mesma conclusión. Os resultados do estudo xa foran presentados hai 20 anos Para o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela José Carlos Bermejo este estudo é unha mostra dos problemas da ciencia actual. Boa parte das investigacións sobre os indoeuropeos foron publicadas en linguas como o alemán, e non en inglés, o único idioma empregado por moitos científicos. Segundo Bermejo, isto leva a \"presentar como descubrimentos cousas que xa se sabían\". Atkinson escúdase nas ríxidas normas das publicacións científicas, que obrigan a citar un número limitado de referencias bibliográficas, polo que escolleron \"os máis representativos e os máis citados\". O número de citas que recibe un artigo é unha medida estatística que non sempre reflicte a importancia do seu contido. O catedrático da USC lembra que a existencia dos indoeuropeos é simplemente unha hipótese, e insiste na dificultade de falar sobre linguas das que non queda ningún rexistro escrito. O teórico vocabulario indoeuropeo dedúcese ao comparar as palabras semellantes de diferentes linguas para extraer unha suposta raíz orixinal, da que non hai probas. \"Lingua e arqueoloxía non casan\", remarca. Bermejo: \"Lingua e arqueoloxía non casan\" Amais, Bermejo asegura que a teoría dun lugar de orixe común da lingua indoeuropea xa foi rexeitada desde os anos 60 e 70, se ben Atkinson aínda a considera válida. Esta concepción viña do século XIX, cando os arqueólogos entendían os indoeuropeos como unha raza única, cunha lingua única, e cunha patria concreta. O que non deixaba de ser unha aplicación dos nacionalismos desa época a un pobo milleiros de anos anterior. A idea dos indoeuropeos como un pobo guerreiro máis forte que o resto serviu de base para teorías racistas posteriores como as dos nazis alemáns, que se consideraban herdeiros deles. O estudo publicado en Science mantén tamén a idea das invasións dos indoeuropeos desde o seu lugar de orixe mantendo a súa lingua, que Bermejo rexeita. De aplicalo a Galiza, \"diríamos que aquí chegou un pobo, os galegos, que falaban unha lingua, o galego, e todos sabemos que non foi así, porque as linguas e os pobos son resultado de procesos históricos moi longos\", asegura."}
{"ID": "NOS_14098", "summary": "Pablo Suárez Iglesias leva case tres décadas traballando no servizo de limpeza na área sanitaria de Vigo, privatizado pola Xunta da Galiza. Hoxe permanece na súa casa após dar positivo nas probas da COVID-19. Desde o fogar, reivindica a importancia da súa profesión: \"Desde o primeiro até o último, todos somos necesarios\".", "text": "Cal é o seu posto de traballo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo? Traballo no servizo de limpeza, recollendo os contedores biocontaminantes do centro. Antes estiven destinado no hospital do Meixoeiro, durante 27 anos, e despois fun trasladado aquí. O servizo está externalizando, mais aínda que a empresa que o xestione mude o persoal é subrogado, evidentemente. Como mudou o día a día tras a declaración da emerxencia sanitaria? Como era a situación no seu centro hospitalario? Tiñamos máis carga de traballo e bastante incertidume, pois non había protocolos de actuación por parte da empresa. Eu formo parte do comité de empresa e preparamos un protocolo que incluía instrucións para poñer e quitar os EPIs, por exemplo, aínda que non era a nosa función. Practicamente ao principio da epidemia xa me contaxiei, os primeiros fomos o persoal do comité Cando soubo que estaba contaxiado da COVID-19? Practicamente ao principio da epidemia xa me contaxiei, os primeiros fomos o persoal do comité. Onte fun polo hospital e explicáronme que pola mañá, despois de realizar as probas, mandaron a seis persoas a súa casa despois de dar positivo. Teñen que confirmar con PCR, pero polo de agora deben ficar nos domicilios. E antonte sei que detectaron outras dúas ou tres persoas contaxiadas. Cales foron as instrucións que recibiu desde o Sergas? Fanche a proba e automaticamente, aínda que non teñas sintomatoloxía, marchas para casa. Estás en illamento estrito nun cuarto, así estiven eu até esta segunda feira. A pasada semana, tamén na sgunda feira dixéronme que podía facer vida normal dentro da casa. Mais hoxe dixéronme que usase a máscara, porque volvín dar positivo no test. Seica ten pouca porcentaxe de contaxio, pero explicaron que era preciso. Esperemos que a carga viral que poida ter sexa mínima, porque vivo cos meus dous rapaces e a miña muller. Esperemos que a carga viral que poida ter sexa mínima, porque vivo cos meus dous rapaces e a miña muller. Mantense en contacto coas súas compañeiras de traballo? Si, estano levando ben. No meu caso o contacto co médico non foi moito, unha chamada á semana. O máis denunciable é que ás persoas da túa contorna non se lles faga a proba. Antes de presentar síntomas hai un período de incubación, está claro que eu levaba contaxiado un tempo cando detectaron a enfermidade e paréceme inconcibible que a miña familia non se lle faga a proba. Miña muller chamou ao médico de cabeceira para pedir a proba, mais este explicoulle que daban a miña familia por contaxiada, sen síntomas. Chamamos ao teléfono da Xunta e dixeron o mesmo, que supoñían que debían estar contaxiados. Sei que as familias dos meus compañeiros, tamén illados, tampouco llas fixeron. Se queremos cortar a cadea de transmisión temos que facer esas probas. E ao resto do persoal fixéronlle as probas? Onte comezaron a facerlles a proba a todas. Previamente, cando de detectaron os primeiros positivos, facíase a compañeiros que estiveran en contacto directo comigo ou con outros contaxiados. Houbo unha compañeira que estivo agardando seis días a que lla fixeran. Eu agardo que tanto a xente coma, sobre todo, o Sergas comecen a valorar que todos os que traballamos no sistema de saúde, desde o primeiro até o último, somos necesarios Como persoal que traballa nun centro hospitalario como valora a xestión da emerxencia sanitaria? Ao comezo era un caos. Os propios profesionais sanitarios denunciaron a falta de protección, a falta de protocolos. Moita xente se queixaba porque non tiña medios. Eu non o vivín tanto porque fun das primeiras persoas en contaxiarse. Na limpeza tamén houbo moita falta de previsión, de persoal e de medios. Agora parece ser, polo que me explican, que a situación está máis normalizada e a organización mellorou. Eu agardo que tanto a xente coma, sobre todo, o Sergas comecen a valorar que todos os que traballamos no sistema de saúde, desde o primeiro até o último, somos necesarios. Ao persoal do servizo de lencería do hospital (que organiza a roupa de cama, batas etc.) non lles están facendo as probas. Se non hai desinfección e boas condicións dificilmente se pode traballar nun centro hospitalario."}
{"ID": "NOS_353", "summary": "A Xunta apunta á redución das listas de espera, de 8.000 persoas a 5.000, e tamén dos tempos, que hai un ano superaban os 41 días.", "text": "Unhas 5.000 persoas están na lista de espera de psiquiatría, segundo informou hoxe o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, durante a súa comparecencia en comisión parlamentar, na que presentou o Plan de Saúde mental da Xunta. A exposición xerou un debate tenso, con reproches da oposición pola \"enésima\" presentación dun plan que, segundo o BNG e o PSdeG, chega \"con atraso\" e \"sen fondos\" , e polas referencias ás denuncias por vulneración de dereitos humanos no hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela, que están a ser investigadas no Parlamento Europeo, e das que Aboal salientou a \"colaboración\" do Goberno galego co Defensor do Pobo e o arquivo, o pasado 10 de outubro, das dilixencias que foran abertas pola Fiscalía. A deputada do BNG Montse Prado afeou aos populares que \"en 11 anos de Goberno\", o único que fixeron é \"meter nun caixón o que había\" –en referencia ao plan de saúde mental do bipartito– e \"desmantelar os escasos dispositivos existentes\". Tamén acusou a Xunta de \"opacidade cos datos\" e demandou un estudo a nivel galego para coñecer \"a realidade\". Segundo os datos da Consellaría de Sanidade, as listas de espera reducíronse, desde hai un ano, cando chegaba a 8.000 pacientes e unha espera media de 41 días, que se reduciu a 36,4. Pola súa banda, o socialista Julio Torrado salientou algunhas das problemáticas desta área sanitaria que se viron agravadas polta pandemia coa \"agudización de trastornos xa existentes\", a \"soidade non desexada\", as \"dificultades para acceder ao sistema sanitario\" ou o empeoramento dos síntomas de ansiedade. \"Este plan non afronta realmente estas cuestións\", lamentou o deputado do PSdeG, que asegurou que Galiza ten \"o peor cociente de profesionais por habitante\" neste ámbito e, \"en termos económicos\", nos orzamentos da Xunta para o próximo ano \"non hai diñeiro para todo isto que din que van facer\". Socialistas como nacionalistas concordan que a saúde mental será \"a cuarta onda da Covid\" e reclamaron á Xunta máis medios humanos para atención. \"Galiza lidera o consumo de psicofármacos. Se non hai profesionais para atender esa poboación, o que queda é receitar psicofármacos\", criticou Prado."}
{"ID": "PRAZA_6411", "summary": "O alcalde de Vigo anuncia que o Concello presentou recurso ao ditame que obriga á retirada do monumento mentres a asociación pola memoria histórica, o BNG e EU pídenlle que acate o ditame e proceda á súa eliminación.", "text": "A Asociación pola Memoria Histórica do 36 exixe ao Concello a derruba da Cruz do Castro en Vigo, o monumento de exaltación fascista que debe ser suprimida segundo o xulgado do contencioso-administrativo número 2 da cidade, que hai uns días deu razón a este colectivo e condenou o goberno local a proceder \"de maneira inmediata\" a retirala por ser \"unha humillación para os vencidos\". Pero non opina o mesmo o alcalde, Abel Caballero, que vén de anunciar que a administración local recorreu a sentenza e, xa que logo, intentará evitar o derrubamento deste símbolo da ditadura franquista. Caballero anunciou que o Concello recorrerá a sentenza ante o TSXG para evitar o derrubamento da Cruz do Castro A sentenza feita pública a pasada semana supuxo o éxito da mobilización e a loita social que numerosos colectivos lideraron pola retirada deste símbolo franquista inaugurado en 1961 polas autoridades da ditadura para homenaxear os \"caídos\", os sublevados fascistas que loitaron contra a legalidade republicana. Pero o ditame non é firme e o Concello de Vigo ten un prazo de quince días para recorrer ante o TSXG. E o alcalde socialista Abel Caballero xa anunciou a presentación dun recurso ao ditame xudicial. Os seus argumentos son que o Concello sempre recorre e que o monumento xa non é un símbolo franquista senón relixioso. \"Faremos igual que con todos os procedementos xudiciais e este non é unha excepción\", asegurou ante os medios. Porque aínda que o goberno local, e en aprobación da Lei de Memoria Histórica de 2007, eliminou varios escudos ou emblemas franquistas na cidade, a Cruz do Castro continuou en pé. Foi precisamente unha resolución da xunta de goberno local de marzo de 2013 a que deu inicio a este proceso xudicial que agora culmina. Daquela rexeitouse a retirada da cruz ao considerarse tamén que desde que se retiraran as alusións á ditadura no monumento, este xa non era un símbolo franquista, senón unicamente relixioso. Pero houbo máis. Hai agora un ano, o pleno tamén dixo non a unha proposta do BNG que nunha moción instou á súa derruba. O PSOE daquela abstivérase e o PP votara en contra. A Asociación pola Memoria Histórica do 36 culpa a Caballero de que \"este monumento fascista\" non fose derrubado aínda Este mesmo luns, a Asociación pola Memoria Histórica do 36, celebrou unha sentenza que restitúe, \"preto de 80 anos despois\" a memoria dos que defenderon a legalidade da República fronte ao golpe de estado franquista. Manuel Reinoso, un dos voceiros, sinalou directamente o alcalde como culpable de que \"este monumento fascista, o símbolo máis visible da ditadura na cidade\" non fose derrubado aínda e lembrou que Caballero \"ignorounos\" como se fosen \"escoria\". \"Coa súa prepotencia antidemocrática non fixo caso ningún das nosas peticións\" nin de as mocións presentadas no pleno, polo que non tiveron máis alternativa que acudir á xustiza. \"Recorrer é a peor das opcións\", aseguraron desde o colectivo. Ademais, a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, salientou este luns que o Bloque \"non entendería que o goberno local recorrese a sentenza\". \"Reclamamos que a derrube o antes posible porque é unha cuestión de xustiza en todos os sentidos\", destacou, lembrando que a Cruz do Castro simboliza a vitoria dun dos bandos, en concreto o bando nacional. \"Cando o BNG tivo responsabilidades de goberno, foi coherente e eliminou a simboloxía franquista da Casa das Artes\", destacou a voceira nacionalista en relación á retirada do escudo e as inscricións franquistas do frontispicio deste edificio, a finais de 2010, sendo tenente de alcalde Santi Domínguez. \"Parece que o alcalde prefire a lei da amnesia histórica\", asegura o BNG, que pide que se acate a sentenza \"Parece que o alcalde prefire a lei da amnesia histórica\", comentou Veloso, que cre que \"ademais de existir unha reclamación política e cidadá, hai tamén unha unha reclamación xudicial\", polo que reclama \"unha demolición inmediata e que o goberno non recorra a sentenza\". Por outra banda, o coordinador local de EU, Rubén Pérez, discutía a escusa do custo da derruba e apostaba por cumprir a sentenza. \"O custo de retirar a Cruz do Castro pode ser cero euros. Que pidan voluntarios que imos ser un feixe que aparezamos co pico e marreta\", dixo nunha mensaxe nas redes sociais."}
{"ID": "NOS_32919", "summary": "Na terza feira comeza en Pontevedra a primeira edición do Tek-Fest, o Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes que baixo o lema #ACidadeDoFuturo reunirá persoas expertas en deseño, programación, imax, arquitectura, filosofía, moda, educación, social media e arte dixital.", "text": "A idea é compartiren o seu coñecemento sobre as tendencias tecnolóxicas que mellorarán a vida nas cidades no futuro máis próximo. Dous workshops, un Symposium e un Demo Day compoñen as actividades do Tek-Fest, que organiza o Concello de Pontevedra e que terá lugar do 28 de setembro ao 1 de outubro. O Symposium celebrarase a vindeira sexta 30 de setembro e estará conducido polo xornalista Manuel González , director do programa Zoom Net de TVE. Na xornada participarán referentes do mundo do deseño como Isabel Berz, experta en moda e innovación social, Javier Maseda & Pedro Medina do estudio Sopalmo, Javier Noguerol de Carto ou Jimena Merino de Bermudas.land, unha das primeiras directoras de arte que traballan no Estado coa realidade virtual. A eles uniranse o crítico e comisario de arte José Manuel Costa, codirector do programa Retromanía en Radio 3, canda o VJ Toño Cabanelas, director creativo do Tek-Fest, e mais o 'artesán dixital' Miguel Espada, do estudo Espadaysantacruz, que fará unha instalación en vivo titulada \"Light Kinetics\". O Tek-Fest arrinca na terza con dous workshops de realidade virtual e de cartografía de datos, respectivamente. O obradoiro de VR está orientado á captura de vídeo en 360o e de son binaural, e á integración da interacción nas imaxes inmersivas. Impartirao o camarógrafo Antonio Víctor García-Serrano (Zakato) xunto ao equipo de Bermudas.Land. O segundo taller estará dedicado á cartografía dixital urbana, impartido por Javier Noguerol, de CARTO, a empresa española líder en visualización e análise de datos xeolocalizados a nivel mundial. Os participantes aprenderán a usar a ferramenta CARTO Builder para crear mapas interactivos con datos abertos das cidades, analizando e procesando información en tempo real. Na tarde da sexta e do sábado os visitantes do Tek-Fest poderán achegarse a coñecer de primeira man as últimas tecnoloxías de realidade virtual, como o dispositivo HTC Vive ou a agardada Play Station VR de Sony, que non chegará ao mercado ata finais de outubro. Os veciños de Pontevedra poderán acceder deste xeito a contidos que só se poden difrutar en VR, incluídas obras en Galicia como a mencionada \"Fragments\" ou distintas pezas relacionadas coa cidade, o turismo, o patrimonio, a natureza ou a cultura marítima, rodadas no contorno das Rías Baixas polo equipo do Tek-Fest."}
{"ID": "NOS_52444", "summary": "Así o determinou a sala social número 4 dos Xulgados de Vigo. Na sentenza, segundo comunica a CIG, considérase probada a represión sindical. O despedimento sería consecuencia directa, di a resolución xudicial, do feito de o traballador ter \"demandado a empresa\" e terse apresentado \"nas eleccións sindicais pola CIG\".", "text": "A sentenza declara nulo o despedimento e obriga Autocares Ojea a readmitir o traballador, con 18 anos de antigüidade e cunha \"relación laboral impecábel\" coa empresa, segundo salienta a CIG na súa comunicación aos meios. O despedimento estivo precedido dunha \"campaña previa de acoso laboral\" que atinxira tamén un compañeiro do despedido, como este tamén candidato pola CIG nunhas eleccións sindicais. A sentenza chega tamén após unha intensa campaña de mobilizacións en defensa do traballador represaliado. A CIG celebra o \"fallo xudicial favorábel\" e insta a clase traballadora a non se \"deixar amedrontar polas actitudes represivas da patronal, organizándose e mobilizándose nos centros de traballo para erradicar vulneracións flagrantes dos dereitos como a padecida en Autocares Ojea\"."}
{"ID": "NOS_8119", "summary": "Ambos galardóns entregaranse o domingo 2 de decembro en Pontevedra no Culturgal.", "text": "Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez foi recoñecido polo xurado por maioría coma a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, salientando que \"explota as posibilidades do xogo escénico cunha concepción aberta do espazo e cunha mirada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción\". Estes galardóns literarios convócaos a Consellaría de Cultura e Turismo, e na súa modalidade dirixida á literatura dramática infantil, o X Premio Manuel María, distinguiron por unanimidade Somos os monstros, de Paula Carballeira. O xurado destacou a súa \"boa carpintaría dramática, que posibilita un xogo escénico moi dinámico no que se pode aproveitar moi ben o espazo e o tempo teatral, moi na liña dos xogos infantís\". Nesta ocasión, o xurado estivo presidido por Laura Tato e del fan parte, como vogais, Ana Carreira, Cristina Domínguez, Laura Míguez, Cándido Pazó e Roi Vidal Ponte. A decisión deuse a coñecer tras valorar 39 textos presentados ao Álvaro Cunqueiro, 13 ao Manuel María e 23 ao Barriga Verde. Este último foi declarado deserto. Ambos os dous recoñecementos da Xunta serán entregados o domingo 2 de decembro en Pontevedra na feira das industrias culturais galegas Culturgal. Teñen unha dotación de 6.000 euros para cada premio e categoría, xunto coa posibilidade de que as obras sexan publicadas nas coleccións literarias que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) mantén con varias editoriais galegas. Nota: fotos tiradas de cultura.gal"}
{"ID": "NOS_7856", "summary": "O acordo plenario trasladarase á Xunta de Galiza e á Real Academia Galega.", "text": "O pleno do concello de Lugo vén de aprobar a iniciativa do BNG para prolongar ao 2021 o Día das Letras Galegas adicado a Carvalho Calero. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, defendeu esta proposición \"dado que as distintas medidas derivadas da crise sanitaria impediron conmemorar a Carvalho Calero e afectaron ás distintas actividades socioculturais vinculadas á celebración das Letras Galegas, especialmente no ámbito do ensino\". Maite Ferreiro afirmou que \"a celebración das Letras Galegas o 17 de maio é unha das efemérides culturais do calendario anual que gozan de maior recoñecemento social\". O acordo do pleno trasladarase á Real Academia Galega e á Xunta de Galiza. \"Resulta evidente que, xa no último trimestre do ano e sen plenas garantías sanitarias, a crise provocada pola COVID-19 fai imposíbel o desenvolvemento do ano Carvalho Calero con normalidade\", sentenciou Maite Ferreiro. O Concello de Lugo súmase así ao amplo abano de entidades e colectivos que demandan que o Día das Letras 2021 continúa a dedicárselle a Carvalho Calero. Porén, e tal como informou Nós Diario a mediados de outubro, a Academia comunicou a Galiza Cultura que non prolongará o ano Carvalho Calero. O BNG de Ferrol rexeita trasladar os actos do 31 á Coruña Iván Rivas, portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Ferrol, sinalou onte que a decisión de desenvolver os actos de tributo a Carvalho Calero fóra da cidade de Ferrol \"é inaceptábel\". O nacionalista instou o alcalde da cidade, o socialista Ángel Mato, a non asistir aos mesmos como mostra de rexeitamento ante \"o menosprezo a Carvalho Calero e ao conxunto da sociedade local que tanto ten loitado por este recoñecemento\". Nesta liña, o BNG ferrolán fíxolle ao alcalde da cidade tres esixencias: a reivindicación clara, atendendo á reclamación do conxunto do pleno e da sociedade ferrolá, de prolongar o ano Carvalho Calero a 2021; que se manifeste o rexeitamento a que a vindeira fin de semana decorran os actos conmemorativos da Real Academia Galega e do Consello da Cultura nas cidades da Coruña e de Compostela e, por último, que o alcalde Ángel Mato non asista a eses encontros \"como mostra do rexeitamento a que se trasladen estes actos fóra de Ferrol\"."}
{"ID": "NOS_58346", "summary": "O verán é, por tradición, tempo de praia, tempo de combater a calor gozando co refresco da auga, mais vivir ou gostar do interior non ten que ser impedimento para facelo, porque na Galiza, ademais dos moitos quilómetros de areais de toda caste e lonxitude que podemos atopar ao longo da costa, no interior tamén contamos cunha extensa oferta de auga e lecer ao longo da rede hidrográfica.", "text": "Para todos os que coñecemos e andamos o país non é ningún segredo o gran número de correntes de auga de todas as lonxitudes e caudais que o percorren. Paraxe: O país dos mil ríos / Concello: Calquera da Galiza / Percorrido: Variábeis / Dificultade: Baixa Ao esvarar por un relevo tan irregular como o do noso territorio fixo xurdir, en moitos puntos, lugares con características aproveitábeis para o lecer. Temos centos de ríos e, en moitos deles, espazos naturais ou acondicionados para gozar da auga, do lecer e dos baños. Case en cada lugar hai un sitio no que o río, ou regato, ten un pozo nunha volta ou ao pé dunhas pedras, ou na caída dunha fervenza; un atranco, tosta ou caneiro, que retén a corrente, engorda o caudal e amplía a canle, que gaña en extensión e fondura, e xuntan area ou coios; ou un tramo chan e despexado onde o río se remansa e deposita parte da carga que arrastra formando con ela areais de diferentes tamaños, e case sempre, ao seu pé, unha sombra xenerosa. Lugares, todos eles, que son aproveitados pola rapazada da veciñanza para gozar dos praceres da auga e do sol nos días de verán, e outros, recoñecidos pola súa beleza ou a súa singularidade, que son visitados por persoas de procedencias máis diversas. Moitos atópanse ao pé das localidades e outros en paraxes algo máis apartadas, até os que hai que facer unha camiñada ou unha curta viaxe nun vehículo, e a eles engadíronse en etapas recentes outros novos que foron acondicionados para o recreo con accesos, aparcadoiros, tratamentos das beiras e das canles, espazos de descanso e outros servizos (aseos e grellas) que nalgún caso son de calidade suficiente como para que o sitio sexa distinguido cunha bandeira azul. Hai algúns que son tradicionalmente coñecidos, outros están sinalizados e son promocionados, e moitos, maiormente os máis pequenos, só son gozados polos poucos que viven na contorna. Ao longo dos ríos principais e os seus afluentes podemos atopar máis dun cento de sitios acondicionados, en moitos deles realízanse, periodicamente, análises para controlar as súas condicións hixiénico- sanitarias, nos que podemos gozar da auga e do sol que poden ser aproveitados como unha alternativa ao desprazamento á costa, como unha nova experiencia de lecer ou como unha escusa para achegármonos a ver e coñecer outros lugares en datas nas que a calor non convida a viaxar."}
{"ID": "NOS_13816", "summary": "O movemento feminista convoca cinco concentracións esta sexta feria día 2 de maio ás 20 horas en repulsa polos cinco asasinatos machistas que se produciron na Galiza nos catro primeiros meses deste ano.", "text": "A Marcha Mundial das Mulleres, que integra as diversas organizacións do movemento feminista galego, convoca para esta sexta feira ás 20 horas concentracións en Vigo, Ferrolterra, Ourense, Compostela e A Coruña, en sinal de repulsa polos cinco asasinatos machistas ocorridos no país nos primeiros catro meses do ano. O obxectivo é visibilizar a violencia que se está a exercer contra as mulleres \"ante a pasividade das autoridades e dunha sociedade incapaz de reaccionar ante unha realidade cada día máis terríbel\". Desde a Marcha Mundial reclaman que os casos de violencia machista e de maneira especial os asasinatos deixen de considerarse \"unha cuestión individual ou a consecuencia do comportamento de individuos que perden a razón, teñen problemas nas súas relacións, son ciumentos ou teñen comportamentos violentos\". Defenden, pola contra, que se trata dunha \"cuestión estrutural que ten a ver con como se organiza a sociedade en que vivimos e é dende aí dende onde hai que mudar as cousas\". A Marcha e o movemento feminista convocan as seguintes concentracións: VIGO, venres 2 ás 20h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres) FERROLTERRA, venres ás 20h na Praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres) OURENSE, venres ás 20h na Subdelegación do Goberno (Marcha Mundial das Mulleres) COMPOSTELA, venres ás 20h na Praza 8 de Marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela) A CORUÑA, venres ás 20h no Obelisco (Movemento feminista de A Coruña)"}
{"ID": "PRAZA_3535", "summary": "O 8M fixo que a gran maioría das mensaxes políticas lanzadas polas distintas candidaturas ás eleccións do 5 de abril xirasen este domingo arredor da igualdade e o feminismo", "text": "O 8M fixo que a gran maioría das mensaxes políticas lanzadas polas distintas candidaturas ás eleccións do 5 de abril xirasen este domingo arredor da igualdade e o feminismo, con candidatos e candidatas facéndose ver en manifestacións e concentracións por todo o país. Previamente varias das principais formacións xa celebraran nos últimos días os seus propios actos sobre igualdade.Caballero promete unha Consellería de Igualdade e unha rede \"potente\" de CIMO candidato socialista, Gonzalo Caballero, que participou pola mañá na manifestación da Coruña e pola tarde na de Vigo, prometeu unha Consellería de Igualdade, unha rede \"potente\" de centros de información á muller, máis vivendas para vítimas da violencia machista e iniciativas de loita \"clara\" contra a fenda salarial tras \"once anos de desprezos de Feijóo ao feminismo\".Pontón anuncia unha Valedoría de Igualdade con capacidade de sancionar ás empresas e tres novas leisA candidata do BNG, Anta Pontón, participou en Santiago nun encontro con mulleres no que explicou as propostas da súa formación en materia de igualdade. A nacionalista anunciou novas leis de igualdade \"adaptada á realidade do século XXI co fomento da corresponsabilidade\", de identidade de xénero participada co colectivo trans e de recoñecemento e apoio ás familias monoparentais.Pontón tamén prometeu unha Valedoría de Igualdade con capacidade de sancionar ás empresas, un plan de dignificación e visibilización dos coidados, ou reformar e impulsar os centros de información ás mulleres.Por Galicia en Común Luca Chao reclamou \"recoñecer o traballo de coidados sen o cal o sistema non pode funcionar\"Desde Galicia en Común-Anova-Mareas foi a número 2 da lista pola Coruña, Luca Chao, a encargada de transmitir a mensaxe da necesidade de \"recoñecer o traballo de coidados que fan as mulleres sen o cal o sistema non pode funcionar\". \"Queremos iguais salarios, queremos ter tempo para desfrutar das nosas vidas, queremos estar en pé de igualdade cos nosos compañeiros\", dixo. O número 2 do PPdeG, Miguel Tellado, evitou as críticas ás folgas de anos anteriores pero pediu \"que ninguén trate de apropiarse\" da loita pola igualdadePola súa banda, o PP, fronte a críticas de anteriores anos ás mobilizacións do 8M, desta volta optou por adoptar un perfil baixo sen significarse sobre a cuestión. O secretario xeral do partido en Galicia, Miguel Tellado, que hai dous anos chegou a dicir que a folga feminista era \"o máis machista que se pode facer\", dixo desta volta nunha entrevista emitida este mesmo domingo na Radio Galega que a súa formación \"comparte\" a reivindicación da igualdade pero pediu \"que ninguén trate de apropiarse\" esa loita que \"non nos debe separar, senón unir\"."}
{"ID": "NOS_12179", "summary": "Mantén Cuca Gamarra como portavoz no Congreso, Javier Maroto no Senado e Dolors Montserrat no Europarlamento.", "text": "O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feixoo, tomou esta cuarta feira posesión do seu escano no Senado, onde instalará o seu despacho de xefe da oposición e onde prevé manter en xuño o seu primeiro 'cara a cara' co líder do Executivo estatal, Pedro Sánchez. Feixoo, que chegou á Cámara Alta contra as 8.45 horas para completar a documentación necesaria para adquirir a condición plena de senador, foi recibido cun forte aplauso dos senadores do Grupo Popular, que se puxeron en pé cando prometeu o seu cargo. O vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado, tamén tomou posesión como senador. Tomaron cadanseu escano na Cámara Alta unhas horas despois de ser designados senadores por designación do Parlamento galego e renunciar así a cadansúa acta de deputados. Feixoo e Tellado, escollidos senadores polo Parlamento galego, co único voto a favor do PP A chegada de Feixoo ao Senado permitiralle manter duelos parlamentarios con Pedro Sánchez, se ben é certo que a presenza do xefe do Executivo nesta Cámara é menor que no Congreso e só asistiu media ducia de veces nos últimos meses. Está previsto que o día 7 de xuño decorra o primeiro 'cara a cara' no Senado entre Sánchez e Feixoo. \"Nas sesións de control normalmente se o presidente ten ben preparada a sesión, adoita gañalas, porque as fecha\", admitiu esta terza feira aos xornalistas ao ser preguntado sobre se ten ganas de confrontar co xefe do Executivo. Despacho no Senado O líder do PP, que xa é presidente do Grupo Popular por ser xefe da oposición, disporá dun despacho na Cámara Alta e a súa intención é asistir todo o que a súa axenda \"permita\" ás sesións plenarias, segundo fontes do seu equipo. O BNG oponse ao nomeamento de Feixoo e Tellado como senadores por ser un \"uso partidista\" das institucións As mesmas fontes sinalaron que Feixoo terá o seu despacho na zona de Palacio, onde até o de agora estaba o da secretaria cuarta da Mesa do Senado, a senadora do PP por Burgos Cristina Ayala. Para esta sexta feira Feixoo convocou os integrantes dos grupos parlamentarios de Congreso, Senado e Parlamento Europeo no hemiciclo do propio Senado. Alí, ante os representantes nas tres cámaras de representación, \"fixará as prioridades desta nova etapa\". Portavocías do PP Feixoo decidiu manter os tres portavoces parlamentarios do PP nas diferentes cámaras, Cuca Gamarra, Javier Maroto e Dolors Montserrat, mais si levou a cabo mudanzas nos segundos niveis. Así, no Congreso o novo 'número dous' de Gamarra será o granadino Carlos Rojas, en substitución de Guillermo Mariscal, que pasa a ser secretario xeral adxunto. No caso do Senado, a nova 'número dous' de Javier Maroto será Amelia Salanueva, que substitúe a senadora Salomé Pradas. Tamén se produciron axustes nos portavoces adxuntos de ambas as Cámaras e, no caso de Senado, entra nese cargo o veterano Javier Arenas."}
{"ID": "NOS_52550", "summary": "Fontes do Goberno afirmaron na noite da quinta feira que o Consello de Ministros aprobará o recurso. Nen sequer é seguro que o TC o vaia admitir a trámite.", "text": "Opta pola liña dura o Gabinete Rajoy e faino consciente de que non ten todas consigo desta volta, sendo que se manifestan disensións nas elites -neste caso no Consello de Estado- a respeito da lexitimidade da súa política contra Catalunya. A decisión do Consello de Estado de desaconsellar o recurso do Goberno contra a designación de Puigdemont como candidato á investidura abre un cenario novo e dificulta a extratexia de Rajoy. Porén, o executivo está decidido a levar o asunto até o final. Agora o debate trasládase ao Tribunal Constitucional que terá de decidir, mesmo antes de entrar no fondo do asunto, se admite a trámite ou non a impugnación. O Consello de Estado valorou que o recurso, ao ser preventivo, fronte a un acto (a investidura) que aínda non se produciu, non ten fundamentos. Esa argumentación pode ter o seu peso nos debates que a bon seguro se producirán no seo do TC."}
{"ID": "QUEPASA_528", "summary": "\"Calquera mariñeiro ten un soldo superior a calquera empregado municipal dun Concello.\" \"Europa incentiva a destrución da flota, cos famosos desguaces e as cotas irrisorias. E aquí, é paradóxico que non protexamos a nosa riqueza, o noso sector máis produtivo\". \"Cando se xubile toda esa xeración do boom dos 60, que xa empeza a xubilarse a partir dos 57-58, isto se acaba\"", "text": "Temos atracado xa por portos como Laxe; Muros ou Malpica. Hoxe imos ata Muxía, para seguir falando o relevo xeracional, e facémolo con Nacho Castro, alma da Confraría. \"Que será do mar de Muxía cando nos falte Nacho\", reflexiona algún mariñeiro muxián falando o xerente do pósito. Un Nacho, que saltou \"á fama\" gracias ao seu activismo canda o Prestige, suceso sobre o que xa falamos polo miúdo con el, e que sempre é unha tan autorizada como crítica para analizarmos a situación do sector. \"Hai exceso de burocracia\" Para nacho hai dúas \"frontes, preocupantes, que nos levan a unha situación preocupante\". Por un lado, \"a falta de relevo xeracional trae como consecuencia directa algo tan greve como a a ausencia de tripulacións. Chegamos á situación de que moitos armadores, ante a imposibiidade de conseguir tripulacións, ten que paralizar as empresas, explica. \"Sei de moitos armadores que están moi cansos, barcos de 8 e están saíndo ao mar con 3 tripulantes. E quen está causando este problema?? As negativas do estado á que poidamos meter man de obra estranxeira. É o estado o causante desto\", denuncia. \"As trabas para traermos estranxeiros é tremenda. Primeiro xa temos que presentar unha certificación negativa do SEP, cousa que é ilegal, conforme non conseguimos traballadores locais. É tremendo, vas á oficina de Emprego, en Cee no noso caso, ofertastes 4 prazas, e te atopas 700 mariñeiros inscritos no INEm cobrando prestacións, e os barcos amarrados. Chegamos ao caso de facer entrevistas a mariñeiros galegos, diante da propia directora do SEPE, e todos rexeitaron as ofertas de traballo, a un lle doía unha perna… excusas irracionais e cómicas…\", lamenta. O periplo burocrático continúa: \"A partir de aí, por exemplo, para traer un indonesio, os últimos que están chegando despois de décadas nos que os marroquíes eran predominantes, tes que enviar un precontrato, e tes que rexistralo en estranxería. E aínda así moitas veces veñen rexeitadas\", denuncia. \"Aquí a función pública non está ao servizo da cidadanía. En vez de axudar complican. Hai exceso de burocracia, tremendamente burocratizado\". Europa: \"COTAS e TACs, irrisorias\" Unha das denuncias que se repiten falando con calquera voz do sector, é a insuficiencientes COTAS e TACs para os barcos galegos, \"irrisorias\", para Nacho. \"Alemaña ten moita máis cota de pescada que España, pero Alemaña non ten flota, só a quere para especular, para vender. Cando nós temos un sector pesqueiro competente, da que dependen milleiros de persoas, isto é irracional e ilóxico\", denuncia lamentando que a cousa vén de lonxe e ten poucos visos de cambiar. Nese sentido, para Nacho, \"Europa incentiva a destrución da flota, cos famosos desguaces, incentivan que destruamos empresas. Que alternativas tes nestes pobos?? É un sinsentido. Que imos vivir todos do turismo? Do turismo non podemos vivir todos. É a visión cortoplacista dos políticos, que pensan que a solución de todos os males é o turismo, que nos oñamos todos a gaita para os alemáns… É paradóxico que non protexamos a nosa riqueza, o noso sector máis productivo\". Nese sentido, aporta un dato importante. \"Nas confrarías do litoral, e por ende as lonxas, seguen sendo as principais empresas dos Concellos do litoral. Se vendéramos aquí todo o que traen os nosos barcos, teríamos o doble de orzamento do Concello de Muxía\". \"Estas dúas eivas lévanos directos á destrución do sector\", conclúe. \"Cando se xubile toda esa xeración do boom dos 60, que xa empeza a xubilarse a partir dos 57-58, isto se acaba\". Por se fóra pouco, \"a situación ten unha agravante máis, que non hai titulados, capitáns de pesca, mecánicos… Quen vai mandar neses barcos?\". As cifras da caída: \"Unha redución do 75% en 40 anos\" Facendo un repaso histórico, Castro lembra que \"nos anos 80 isto foi o primeiro porto de pescada, cunha flota de 35 embarcacións de palangre. Agora estamos 10-11 embarcacións. Nos anos 80 (cando non había marisqueo regularizado) tiñamos 500 afiliados na confraría (traballadores da pesca), e a día de hoxe non chegamos aos 200, dos que 70-80 son agora mariscadores. Unha redución do 75% en 40 anos\", cuantifica. Sobre o pouco interese da mocidade no mar, Castro mételle a \"culpa do noso modelo social, que todos queremos ser mestres, médicos… Hai moito \"nini\", chavales, homes de 30 anos vivindo nas casas cos pais, pero sen atreverse. Todos queremos ir á universidade, buscando outras oportunidades e ninguén quere quedar no sector primario. Iso é un erro do noso problema social\". Canto se cobra no mar \"Do mar se vive moi dignamente\", explica Nacho. \"Calquera mariñeiro ten un soldo superior a calquera empregado municipal dun Concello\". \"Eu fago nóminas, e envío nóminas e están moi por encima dos 1.000€, poucas veces baixan dos 1.500€, e por exemplo, na campaña de túnidos, de maio a setembro, unha nómina media mensual pode rondar os 5.000€. As tripulacións que andan a recursos específicos, como o ourizo, non vexo unha nómina dos ouriceiros contratados que baixe dos 1.800€. Non vexo unha nomima dos navalleiros que baixe dos 1.300€\", cuantifica dándolle valor ao traballo no mar. En todo caso, é consciente de que \"é un traballo matador, metes moitas horas, pero tamén pasas moito tempo coa familia, polo tempo… É un traballo máis que digno, e que xera moita moita riqueza, dinamizamos ás zonas\". O COVID Sobre o paso da pandemia polo porto de Muxía, Castro valora o esforzo do sector que alonxou o bicho do mar. De marzo do ano pasado a este xaneiro apenas houbo un barco contaxiado. En todo caso, dende a confraría critican a \"desaparición das administracións pequenas durante os primeiros 6 meses de pandemia. Co teletraballo non facían nada e nós tivemos que xestionar ERTES de todo tipo, ata para algunha confintería\", denuncia."}
{"ID": "NOS_51957", "summary": "Activistas de Stop-desafiuzamentos e veciñanza logran frear de novo o despexo dunha familia composta por unha parella en paro (Carlos e María), 2 fillos e unha persoa maior con mobilidade reducida.", "text": "Máis unha vez o despexo que pendía sobre a familia de Carlos e María (parella en paro, con 2 fillos e unha persoa maior) foi paralizado. Desta volta, até setembro. Activistas de Stop Desafiuzamentos e veciñ@s desta parroquia compostelán volveron se mobilizar xa a primeira hora da mañá desta segunda feira para apoiar á familia e tentar evitar o despexo. Enfronte, unha forte presenza policial. Pola parte acredora fixeron acto de presenza o procurador e o secretario xudicial. A familia xa presentou hai un tempo unha denuncia apoiada pola plataforma Stop-desafiuzamentos Compostela por \"estafa\". A súa casa é propiedade dun empresario francés que lles emprestou cartos a cambio de ficar coa propiedade en réxime de aluguer. R.M., iniciais do prestamista francés, foron feitas públicas no seu momento pola plataforma cidadá que denuncia as actividades do devandito empresario quen se dedica a arrendar vivendas \"por conta propia\" segundo se pode atopar na Internet. Após diversos impagos, por imposibilidade económica, do diñeiro que lles exixía o prestamista solicitou a orde de desafiuzamento mais a presenza de activistas e veciñanza impediu que esta se levase a cabo esta terza feira."}
{"ID": "PRAZA_5375", "summary": "Os verdadeiros beneficiados da medida lexislativa sobre a caducidade non somos nin as persoas que temos o dereito a alimentarnos, nin tampouco as produtoras/es de alimentos (labregas, gandeiras,...). En realidade esta medida beneficia maiormente á distribución, posibilitándolle manter os alimentos máis tempo expostos e prolongando o tempo de venda", "text": "Desde hai uns meses o goberno español decretou certos cambios na política das datas de caducidade dos alimentos. A medida viña precedida dunha certa poeira a conto do desperdicio de alimentos que cada ano se rexistra nas estatísticas de consumo. Asumindo algúns dos datos que o Ministerio de Medio Rural baralla, cómpre centrarse na oportunidade das medidas políticas adoptadas. Imos por partes. Desde hai uns meses o goberno español decretou certos cambios na política das datas de caducidade dos alimentos. A medida viña precedida dunha certa poeira a conto do desperdicio de alimentos que cada ano se rexistra nas estatísticas de consumo Sen entrar en grandes definicións a data de caducidade sinala o umbral temporal no que un alimento perdeu a seguridade para ser consumido. Este umbral é estatístico e céntrase en coñecer cando a concentración de elementos nocivos pode acadar un nivel tan elevado que se converta en perigoso para a saúde. Na práctica, ademais, tamén serve de parámetro da calidade, pois todo alimento que non rebasou certos límites que se consideran seguros, mantén propiedades de sabor, olor, textura e demais polo xeral superiores aos do produto caducado. O exemplo máis relevante de produtos con data de caducidade é o dos que veñen en envase e que están refrixerados: A etiqueta indica un límite que, rebasado, pode pór en risco a nosa saúde. Cómpre non confundir a caducidade coa data de consumo preferente Cómpre non confundir a caducidade coa data de consumo preferente. Esta última normalmente indícanos que as cualidades do produto en canto a seguridade alimentaria teñen períodos moito máis elevados e máis difíciles de estimar. Tamén que a perda delas prodúcese de xeito moito menos acusado. Normalmente as datas de consumo preferente sinalan que un produto pode ser consumido unha vez rebasado tal umbral. Exemplos disto poden ser o mel ou o aceite. Consumir estes produtos unha vez superada a data de consumo preferente non pon en risco a nosa saúde; porén certas cualidades denominadas organolépticas acostuman a verse afectadas: Perda de sabor, de consistencia, de textura,... Explicar os motivos polos que se escolle unha ou a outra resultan complexos e longos demais para expolos aquí. Sirva dicir que se ten avanzado moito no coñecemento dos alimentos así como nos sistemas de produción e envasado, factores que, polo xeral, contribúen a mellorar as calidades en si e a reducir os riscos para a saúde. Moitas veces escoitamos persoas que afirman que o consumo dun produto caducado non é malo, porque levan facéndoo moito tempo e nunca lles pasou nada. En xeral non todos respondemos igual a unha mesma exposición de risco pero, que acontecería se na construción, na industria ou en calquera outro sector se tomasen as medidas de seguridade e protección en función de preguntarlle ás traballadoras/es que nunca sufriron un accidente? Que acontecería se na construción, na industria ou en calquera outro sector se tomasen as medidas de seguridade e protección en función de preguntarlle ás traballadoras/es que nunca sufriron un accidente? Todos cadramos en que sería unha medida moi arriscada. Pois do mesmo xeito deberamos proceder coa seguridade alimentaria. Que unha persoa exposta a certo risco alimentario non padeza a contaminación, non significa necesariamente que a xeralidade da poboación vaia responder igual. O consumo de produtos próximos a caducar conleva situacións de risco estatístico; e máis, se cabe, ao falarmos de colectivos de persoas que a maiores padecen algún tipo de afección, ou simplemente son intolerantes O consumo de produtos próximos a caducar conleva situacións de risco estatístico; e máis, se cabe, ao falarmos de colectivos de persoas que a maiores padecen algún tipo de afección, ou simplemente son intolerantes. A parolada do Ministro de Alimentación afirmando que comía os iogures caducados introduce dous elementos no debate que poden ter efectos moi perniciosos sobre a calidade sanitaria dunha sociedade cada vez máis desposuída de protección: Por unha banda, apelando de xeito temerario á súa propia ignorancia, desautoriza a unha morea de investigadoras, persoal de laboratorio, profesionais do sector alimentario e en xeral persoas que levan anos esforzándose por mellorar a calidade da alimentación de todas nós. Por outra banda introduce un perigoso discurso social: As clases populares se queren comer, que o fagan de calquera cousa aínda que poña en risco a súa saúde, que para iso son as clases populares. Así o Ministro de Medio Rural coa súa verba doada considérase exonerado do debate sobre a distribución e acceso aos alimentos e descarga a responsabilidade directamente na sociedade. Introduce un perigoso discurso social: As clases populares se queren comer, que o fagan de calquera cousa aínda que poña en risco a súa saúde, que para iso son as clases populares Nos últimos tempos, debido maiormente a este período de caída económica onde nos sitúan os mercados, comezaron a aparecer certos movementos sociais preocupados polo destino de inxentes cantidades de alimentos que son directamente enviados ao lixo sen teren sido consumidos. Frecuentemente, e non só no Estado Español, temos escoitado voces que reclamaban das grandes áreas comerciais a doazón de alimentos próximos a caducar para a alimentación de persoas sen recursos. A maré social, moitas veces empurrada por un relato mediático alarmista, reclamou do goberno medidas urxentes sobre o desperdicio de alimentos. E o goberno español respondeu cunha lei que na práctica unicamente derroga artigos da lei anterior sobre calidade agroalimentaria, pero que non aporta ningún tipo de medida para estimular o aforro e a redistribución, nin tampouco para garantir a alimentación dunhas clases populares cada vez máis empobrecidas. A alimentación é un dereito básico e inalienable (non é preciso que un lexislador veña a confirmalo). Porén converténdoa nun negocio este dereito vese diariamente conculcado mediante a mercantilización sistemática dos bens básicos de supervivencia. Esta medida beneficia maiormente á distribución, posibilitándolle manter os alimentos máis tempo expostos e prolongando o tempo de venda Os verdadeiros beneficiados da medida lexislativa sobre a caducidade non somos nin as persoas que temos o dereito a alimentarnos, nin tampouco as produtoras/es de alimentos (labregas, gandeiras,...). En realidade esta medida beneficia maiormente á distribución, posibilitándolle manter os alimentos máis tempo expostos e prolongando o tempo de venda. Pero tamén beneficia á industria, pois mediante algunha das normas derrogadas (cuestións como número de aceitonas machucadas que poden aparecer por lata, por exemplo) permite a introdución de alimentos con parámetros de calidade máis baixos e reducir os custos de eliminación dos defectuosos. En realidade os beneficios da presunta intervención lexislativa contra o desperdicio de alimentos van destinados a protexer a parte de por si máis favorecida da cadea alimentaria (industria e distribución) e pouco ou nada á produción primaria nin as persoas que nos alimentamos. A nós, á cidadanía, correspóndenos, non só realizar un consumo racional, senón esixir que o dereito á alimentación non sexa outra moeda de cambio máis en mans dos mercados O verdadeiro debate sobre como se debe xestionar a produción de alimentos, a distribución destes e garantirlle a unha sociedade o dereito a alimentarse (o que tamén chamamos Soberanía Alimentaria) fica obviado con este tipo de medidas. O dereito dos pobos a decidir sobre que, onde e como se alimenta sigue a considerarse por parte do poder unha cuestión secundaria, por máis que en situacións de crise este tema tome unha relevancia que nunca debeu perder. Cómpre, xa que logo, centrar o debate nas coordenadas oportunas. O sistema de produción, industrialización e distribución de alimentos fica sometido ao que dispón un sistema económico depredador. A nós, á cidadanía, correspóndenos, non só realizar un consumo racional, senón esixir que o dereito á alimentación non sexa outra moeda de cambio máis en mans dos mercados."}
{"ID": "NOS_12687", "summary": "En 2021 construíronse na Galiza 2.944 vivendas de nova planta.", "text": "As vivendas de nova planta edificadas no ano 2021 na Galiza foron un total de 2.944, segundo os datos definitivos publicados esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE), 66 máis das construídas en 2020 (+2,3%). O custo dos materiais de construción aumenta 30% O portal estatístico público galego non difire neste estudo entre a vivenda protexida e a libre. Segundo os últimos datos do IGE referentes ao número de vivendas protexidas rematadas en 2021, un total de 155, tan só 5,26% dos novos fogares de nova construción tiveron a cualificación de protexidos. Unha taxa que difire coa do conxunto do Estado español, onde a porcentaxe de vivenda protexida construída sobre o total, de 10,59%, tamén segundo os datos do IGE, constitúe máis do dobre que na Galiza. As 155 vivendas protexidas construídas en 2021 supoñen un retroceso de 49,5% con respecto ao ano 2020, cando se construíron un total de 313. O dato é máis positivo se é comparado coa cifra de fogares protexidos rematados en 2019, que foi só de catro, 0,1% do total, cando nese ano a taxa de vivenda construída protexida no Estado foi de 8,5%. Nos últimos cinco anos, entre 2017 e 2021, as vivendas totais desta tipoloxía rematadas na Galiza foi de 492, reducíndose a taxa sobre o total de fogares construídos a 4,13%. No mesmo período, en comparación, esta taxa multiplicouse por tres a nivel estatal, onde foi de 12,62%. A Xunta anuncia máis solo para vivenda protexida e a oposición di que non chega Con respecto ás vivendas protexidas iniciadas, a estatística amosa uns datos similares. En 2021 comezáronse na Galiza 171 fogares protexidos dun total de 3.538 vivendas en construción, unha porcentaxe que baixa até 4,83% e que confirma unha menor a posta pola vivenda protexida na Galiza, xa que esta taxa a nivel estatal é de 10,9%. Desaceleración da construción de vivenda Os datos de novos edificios construídos en 2022 chegan até o mes de xullo. Entre xaneiro e xuño deste ano rematáronse un total de 1.463 edificios na Galiza, 184 máis que no mesmo período de 2021, unha suba de 14,39%. Porén, percíbese unha desaceleración dos últimos datos. No segundo semestre de 2021 rematáronse 1.238 edificios de nova planta polos 1.173 do primeiro semestre de 2022, unha baixa de 5,25%. O 88% das persoas mozas ten dificultades para atopar vivenda Atendendo ao número de vivendas familiares construídas a tendencia é similar. Entre xaneiro e xullo de 2022 rematáronse un total de 1.020 vivendas, mentres que no mesmo período de 2021 a cifra foi de 961, un incremento de 6,14%. Por contra, ao comparar os dous últimos trimestres con datos, obsérvase que hai unha desaceleración. Nos últimos seis meses de 2021 rematáronse 903 vivendas polas 884 do primeiro semestre de 2022, un descenso do ritmo de construción de fogares de 2,1%. A expectativa de subas nos xuros incentiva a compra A Galiza experimentou un aumento de 2,5% nas compravendas de vivendas en setembro de 2022 respecto ao mesmo mes de 2021. A expectativa das persoas compradoras de que os tipos de xuros aplicados nas hipotecas polos bancos aumente no futuro está a provocar unha alza da demanda para evitar os maiores custos do préstamo que se derivarían de adiar a compra. A oposición critica á Xunta por non facer vivenda pública A pesar dos negativos datos de vivenda protexida na Galiza, a conselleira da Xunta, Ángeles Vázquez, apuntou 2023 como \"ano chave para a promoción de vivenda pública\". Porén, os dous grupos da oposición na Cámara critican a política desenvolta polo PP neste eido. En declaracións a Nós Diario, a deputada do BNG Alexandra Fernández criticou que\"a vivenda protexida sufriu un forte descenso desde que chegou o PP, con anos de auténtica parálise\". \"No caso da vivenda pública (a protexida tamén contempla a de promoción privada), Galiza está en 0,32%, moi por baixo da media estatal e a anos luz da media europea\", sinala. Pola súa parte, a deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo destacou que o Executivo galego \"deixou sen gastar dous de cada tres euros dos fondos orzamentados para o acceso á vivenda na Galiza en 2021\"."}
{"ID": "NOS_5897", "summary": "Xornada de mobilización e protesta nos estaleiros galegos. Nos de Vigo (privados) en pé de guerra contra a devolución das axudas do 'tax-lease' por supoñer a fin do sector. En Ferrol (público) en demanda de carga de traballo", "text": "O naval volve á rúa. Mais unha vez. En Vigo, a manifestación percorre a cidade para rexeitar a pretensión de Bruxelas de devolución das axudas do 'tax-lease'. Suporía para os estaleiros galegos ter que pagar máis de 1.700 millóns de euros. E si supón,lembran os sindicatos, botar o peche e poñer na rúa a milleiros de operarios das factorías e das empresas auxiliares. En Ferrol, o cadro de persoal de Navantia quer facer unha cadea que una a ría, procurando unha imaxe potente de unidade e denuncia da situación destes estaleiros, sen carga de traballo. Non houbo o tan cacarexado dique flotante prometido no seu momento e o do flotel do que falaba o presidente da Xunta ninguén sabe nada. En xogo, tamén, milleiros de empregos. O naval galego perdeu no último lustre por volta de 15.000 empregos. E agora está na batalla por non perder os que fican."}
{"ID": "PRAZA_14791", "summary": "O líder de Abrente cre que cómpre \"introducir todos os cambios que o BNG precisa\" e que unha asemblea escenifique cara a fóra \"o inicio dunha nova etapa\". Chama ígualmente á \"unídade\" do nacíonalísmo.", "text": "Carlos Aymerich, líder de Abrente e deputado do BNG no Parlamento galego, reclama que o Bloque inicie unha \"profunda reflexión\" sobre o estado no que se atopa a organización e pide que esta reflexión se traduza en \"cambios profundos\" e \"culmine nunha asemblea\", en declaracións realizadas a Europa Press. O líder de Abrente cre que cómpre \"introducir todos os cambios que o BNG precisa\" e que unha asemblea escenifique cara a fóra \"o inicio dunha nova etapa\". De igual xeito cre \"fundamental recuperar a unidade do nacionalismo\" pois \"hai moito nacionalismo fóra do BNG e agora temos que unificarnos\". Aymerich chama a \"non repetir erros do pasado\" e a elaborar \"un proxecto e unha casa atractiva para poder convidar xente\"."}
{"ID": "NOS_39454", "summary": "Samuel Juárez congratúlase pola \"presión policial e xudicial\" e pide que todas as forzas políticas sexan claras na condena contra accións como a de Baralla.", "text": "O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, considerou que Resistencia Galega \"é unha organización terrorista que está sumamente debilitada\" grazas á presión policial e xudicial exercida sobre ela nos últimos tres anos. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o delegado do Goberno en Galiza asegurou que esta organización \"está a ter moitas dificultades\" para recrutar novos compoñentes\", o que \"non significa que poidan facer o que fixeron esta semana en Baralla\". Así mesmo, Juárez mostrouse partidario \"dunha condena política unánime\" contra Resistencia Galega. Así, aínda que asegurou non crer que ningún grupo político ampare as accións desta organización, si considerou \"un problema\" que exista certa ambigüidade con este asunto por parte dalgunhas forzas. \"Creo que hai que ser moito máis claros, fago un chamamento a que, no futuro, non se perciban ambigüidades que se poidan malinterpretar\", manifestou."}
{"ID": "NOS_40059", "summary": "A CIG alerta da \"especulación xigantesca\" que, afirman, se agocha nos peiraos e o resto dos terreos portuarios.", "text": "\"É moito o que está en xogo: solares, edificios, bens públicos que son de todas e todos nós e que non poden ser obxecto de tramas especulativas ou componendas políticas, como aconteceu durante o vazquismo\", advertían en rolda de prensa o Secretario Comarcal, Xabier Filgueria, e o Secretario comarcal de Organización, Xesús Bermello, do sindicato CIG. A central, que faiu parte da Comisión aberta en defensa do común, pide que se celebre unha consulta popular sobre os usos definitivos aos que a cidadanía quere que se destinen os peiraos e o resto dos terreos do Porto desafectados. O sindicato nacionalista enmarca a actuación nestes terreos con outros procesos que hai na cidade, como os referidos á poxa aberta das parcelas do Campo da Estrada polo Ministerio de Defensa. A isto engádese a intención da Autoridade Portuaria de vender os terreos da Solana e do Hotel Finisterre. Para a CIG, un paso previo para \"o grande bocado\" que suporá a venda dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería: 433.000 metros cadrados de dominio público que, de non evitalo a mobilización social, \"serán privatizados e entregados á especulación inmobiliaria para a súa edificación\". \"Ante este espolio, é preciso que a cidadanía tome conciencia do saqueo ao que está sometida a Coruña e se mobilice para frear esta sangría especuladora\", afirmou o Secretario Comarcal da CIG, animando a participar na concentración convocada para estaquinta feira, 7 de abril, ás 20:00 horas, na Avenida Metrosidero."}
{"ID": "NOS_31047", "summary": "O comité de empresa demanda que se actúe na empresa por presuntas irregularidades.", "text": "O comité de empresa de Alu Ibérica presentou onte unha denuncia na Inspección de Traballo da Galiza por presuntas \"irregularidades\" cometidas polo novo propietario nos últimos meses. O presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho, explica a Nós Diario que desde Alcoa \"elixiron a Parter como inversor cando sempre dicían que buscarían un inversor serio\". No escrito presentado en Inspección figura a situación que viven traballadoras e traballadores desta factoría \"desde que se asinou ese acordo con Parter o día 31 de xullo\". O representante do cadro de persoal sinala que houbo unha xestión da empresa \"para causar un prexuízo a propósito\". Pon como exemplo que se esgotan os inventarios, falta de pagos a provedores, problemas con clientes e non saber o destino que leva a produción actual. \"Non hai transparencia\", denuncia. A intención do comité é que se faga un informe destes feitos por parte da Inspección. \"Que investigue e interrogue\" para logo dar traslado do resultado ás autoridades de Traballo. Problemas para realizar asembleas informativas Onte tamén as traballadoras e traballadores tiveron problemas para realizar a súa asemblea semanal no cambio de quenda. \"A única maneira que temos de ver as compañeiras e os compañeiros coa actual situación provocada pola COVID-19 é nese momento\". Membros de seguridade impediron o paso das persoas representantes sindicais e tivo que intervir a propia Subdelegación do Goberno e a policía. \"Inspección xa ten tamén informe deste incidente que consideramos grave\", explica o responsábel do comité de empresa. Anuncian varias mobilizacións para os vindeiros días. A primeira será o 28 de maio e consistirá nunha marcha en coches que sairá da propia fábrica ás 11.30 horas para percorrer a cidade."}
{"ID": "PRAZA_3837", "summary": "Catro días despois de asinala, a Consellería de Sanidade fai oficial este martes no DOG unha orde para que todos os centros identifiquen todos os casos diariamente e as mortes en canto se produzan", "text": "Catro días despois de asinala, a Consellería de Sanidade fai oficial este martes no DOG unha orde para que todos os centros identifiquen todos os casos diariamente e as mortes en canto se produzanAs residencias e \"todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios, públicos ou privados\" de Galicia \"estarán obrigados a declarar, con carácter urxente, os casos e falecementos relacionados co Covid-19\" e, \"no caso dos falecementos, estes deberanse notificar no prazo máximo de dúas horas a partir do momento en que se produzan\". Ese é o acordo que o conselleiro de Sanidade asinou o pasado venres día 3 pero que a Xunta non fixo oficial no DOG, e polo tanto non entrou en vigor, ata este martes día 7, tras varias semanas de falecementos e versións contrapostas sobre a contabilización de casos en residencias, mortes que o Sergas non suma á súa estatística.Ademais de comunicar as mortes en dúas horas, desde as residencias teñen que facilitar datos \"diariamente entre as 15 e as 18 horas\" desde este martes, primeiro día en que antes das 21 horas a Xunta ten que darllos ao ministerioO acordo agora emitido por Sanidade concreta unha orde previa á pandemia de coronavirus, de decembro de 2013, pola que se viña regulando a rede galega de vixilancia en saúde pública e se establecían os criterios para comunicar ao Sergas de xeito urxente ou rutineiro distintos tipos de enfermidades. Agora o novo acordo concreta que todos os centros sanitarios ou sociosanitarios públicos ou privados deben comunicar todos os casos tanto en residentes como entre o persoal \"diariamente\" entre as 15 e as 18 horas mentres que os falecementos \"que poidan estar relacionados co Covid-19, con independencia da súa causa inmediata\", \"deberanse notificar no prazo máximo de dúas horas a partir do momento en que se produzan\". Nos dous supostos, identificando datos como nome e apelidos, DNI, data de inicio de síntomas ou existencia ou non de mostra.O acordo establece que \"será responsabilidade da persoa titular da dirección ou xerencia do centro, servizo ou establecemento sanitario ou sociosanitario, público ou privado, asegurar que todos os facultativos médicos obrigados a declarar o fagan en tempo e forma, facilitando os medios para que poidan cumprir coas indicacións da autoridade sanitaria\".Ata agora a Consellería de Política Social viña contabilizando os casos e falecementos atribuídos ao coronavirus nas residencias, pero o Sergas só incorporaba nos seus datos diarios oficiais as mortes de residentes que se producisen en hospitais, non os que falecesen nas propias residencias, divulgados pola outra consellería. Este domingo o propio presidente Feijóo acabou aclarando, tras varios días de versións contrapostas, que ata ese momento se producira o falecemento de 65 persoas residentes en centros sociosanitarios, das que 32 estaban xa contabilizadas nos balances diarios do Sergas mentres que 33 deixáranse á marxe malia si telas rexistradas Política Social, datos que agora o Sergas pide directamente ás residencias.O presidente concretou o dato dous días despois de dicir o venres que a Xunta \"computa todas\" as mortes das que ten constancia pero sen aclarar se se incluían nos datos que o Sergas fai públicos e comunica ao Estado. A concreción de Feijóo do domingo produciuse despois de que o sábado o Ministerio de Sanidade ordenase ás comunidades autónomas transmitirlle información concreta sobre a situación nas residencias antes deste mércores 8 de abril segundo un novo protocolo que as obriga a actualizar os datos \"cada martes e venres\" antes das nove da noite. Agora, o acordo da Consellería de Sanidade que xa entrou en vigor este mesmo martes obriga ás residencias a remitirlle os datos entre as tres e as seis da tarde."}
{"ID": "NOS_27359", "summary": "O libro das Invasións, onde se cita por primeira vez Breogán, sairá de Irlanda para vir a Galiza con motivo da exposición Galicia, un relato no mundo na que a través de 3.000 pezas de elevado valor simbólico abordaranse as relacións internacionais da Galiza e o seu papel no mundo desde a prehistoria até a actualidade. A exposición inaugurarase o 8 de novembro no Museo Centro Gaiás e estará comisariada por Manuel Gago Mariño.", "text": "O papel da Galiza no mundo e as súas relacións internacionais desde a prehistoria até o presente serán as protagonistas da exposición Galicia, un relato no mundo. A mostra será a primeira gran exposición internacional dentro do programa Xacobeo 2021 e inaugurarase o vindeiro 8 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Compostela. A exposición, estará comisariada polo profesor, xornalista e divulgador Manuel Gago Mariño e reunirá 3.000 pezas cun \"elevado valor simbólico\" A exposición, estará comisariada polo profesor, xornalista e divulgador Manuel Gago Mariño e reunirá 3.000 pezas cun \"elevado valor simbólico e que resultan esenciais para comprender a cultura e a identidade galega no marco histórico internacional e que nunca se exhibiron na Galiza\", como sinalou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez durante a apresentación da mostra. Tamñén participou no acto de apresentación Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, institución colaboradora da mostra. Asinouse un acordo co Trinity College de Dublín para que por vez primeira saia de Irlanda o Libro das Invasións, obra onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán Neste senso, vense de asinar un acordo co Trinity College de Dublín para que por vez primeira saia de Irlanda o Libro das Invasións, a obra onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán, o personaxe lendario que avistou Irlanda desde o faro de Brigantia (cidade tradicionalmente identificada polas historiadoras e historiadores como A Coruña) e figura destacada no propio Himno Galego. O Libro das Invasións é parte do Book of Leinster, unha das principais compilacións da literatura medieval irlandesa onde se dá conta da invasión da illa por diferentes pobos, entre eles os conquistadores procedentes de Brigantia. Poderase contemplar un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos e que representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa Grazas a un acordo de préstamo entre a Xunta e o Cambridge University-Parker Library poderase contemplar, tamén por primeira vez na Galiza, o Mapa de Sawley, un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos, da época do Pórtico da Gloria (século XII). Esta cartografía representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa, ilustrándoa en maior tamaño que a Basílica de Roma, o cal achega unha idea moi precisa da relevancia de Compostela durante unha época coñecida como a Era Compostelana, un período de especial florecemento cultural, económico e institucional da nación galega. A exposición tamén contará con dous códices calixtinos A exposición tamén contará con dous códices calixtinos: o da Biblioteca Vaticana e o da Universidade de Salamanca, e do mesmo xeito poderase ver o Cancioneiro da Vaticana, que xunto ao Cancioneiro de Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa constitúen o corpus máis valioso da lírica medieval galego-portuguesa. Tamén se poderá ollar o Itinerario de Exeria, un manuscrito procedente da italiana Biblioteca de Arezzo e que relata a peregrinación precisamente de Exeria, unha aristócrata galaicorromana, considerada a primeira escritora coñecida da Península Ibérica. Xunto a ela estará ademais o guerreiro de Lesenho, peza central para entender a Idade do Ferro no noroeste da Península, prestado polo Museu Nacional de Arqueologia de Portugal. A exposición baséase na idea de exploración por parte das persoas usuaria que, a través de solucións de montaxe gráficas e interactivas o público decidirá en cada momento canta información queren recibir. Tecnoloxías como sensores de movemento e presenza, sistemas inmersivos, proxeccións interactivas e realidade aumentada serán pezas chaves. A equipa Manuel Gago Mariño rompe co preconcepto dunha Galiza isolada na historia, explorando a profunda conexión da nosa nación con outros países e poñendo de relevo o seu impacto internacional. \"Nun percorrido que nos leva desde a prehistoria até a actualidade, a exposición estrutúrase arredor dos mitos, a historia, as memorias e as vidas dos galegos e galegas en diferentes épocas e contextos xeográficos\", explicou o comisario. Ademais de Gago, o comité científico da exposición está integrado por José Miguel Andrade Cernadas, profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, Beatriz Comendador Rey, profesora de Prehistoria da Universidade de Vigo e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, José Manuel Costa García, profesor do Departamento de Arqueoloxía na USC, Emilio Grandío Seoane, profesor de Historia Contemporánea na USC; Juan Manuel Monterroso Montero, director do departamento de Historia da Arte na USC; e Rafael Rodríguez Martínez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra. Ademais, o proxecto conta cun asesoramento especial na área de Emigración por parte da profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao. O Consello da Cultura Galega colabora tamén con asesoramento especializado e o préstamo de diversos fondos vinculados á diáspora e á emigración galegas. Tamén presta a súa colaboración a este proxecto a Secretaría Xeral da Emigración."}
{"ID": "PRAZA_14652", "summary": "Galicia mellor sen touradas continúa a súa campaña Eu dou a cara pola abolición, na que o colectivo anima á xente a imprimir un cartaz con ese lema e tirar unha foto con el.", "text": "Galicia mellor sen touradas continúa a súa campaña Eu dou a cara pola abolición, na que o colectivo anima á xente a imprimir o cartaz con ese lema e tirar unha foto con el. Despois piden que as persoas que participen na iniciativa a colguen en Facebook ou a envien a info@galiciamellorsentouradas.org. Lembrando que \"nos xogamos moito o 21-O\", os abolicionistas lanzaron a proposta aos miles de internautas que seguen a alianza antitaurina nas redes sociais, colleitando polo momento medio cento de fotografías de persoas, e mesmo animais domésticos, que amosan a súa oposición á tauromaquia dunha forma diferente. Rubén Pérez, voceiro adxunto de Galicia, Mellor Sen Touradas, explica que \"con esta campaña pretendemos animar á cidadanía a votar o vindeiro 21 de Outubro para desaloxar a quenes fixeron da tauromaquia unha bandeira de protección, a cal subsidiaron dende diferentes institucións e permiten que persoas de calqueira idade poidan contemplar imaxes dantescas mentras fan apoloxía da violencia contra os animais como forma de cultura ou arte\". Consulta o album"}
{"ID": "NOS_33632", "summary": "O Campionato de España comeza mañá en Torrelavega", "text": "A selección galega de ciclocrós estréase mañá no Campionato de España da modalidade, que este ano se disputa na localidade cántabra de Torrelavega despois de desenvolver as súas dúas últimas edicións en Pontevedra. O combinado nacional desprazado a Cantabria está conformado por un potente e numeroso bloque de 34 ciclistas que teñen como obxectivo dar continuidade aos excelentes resultados asinados en anos anteriores, como certifican as once medallas conseguidas en 2020 no circuíto da Illa das Esculturas, que ao mesmo tempo representan un listón moi alto para os homes e mulleres dirixidas polo seleccionador Guillermo Sande. As condicións serán ben diferentes nesta ocasión, tanto por correr fóra da casa como pola pandemia da Covid-19, que impide a presenza de público e a adaptación da programación ás esixencias sanitarias, engadindo un terceiro día de competición aos dous que viñan sendo habituais. Logo de arribar a terras cántabras no día de hoxe, o Campionato de España de Ciclocrós 2021 dará o seu pistoletazo de saída ás 14 horas de mañá, nunha xornada inaugural na que a selección galega xa conta con varias opcións para conseguir apañar metal. Os primeiros en competir serán os cadetes masculinos, André Martínez e Martín Sestelo (Avanza-O Porriño), Danny Buba (Coruxo), Héctor García (Poio Bike) e Tomás Pombo (Cambre). Unha hora máis tarde, ás 15, chegará a quenda de dúas probas femininas: o sexteto da Galiza na carreira Cadete formarano María Filgueiras (Caimanes Betanzos), Claudia Pérez (Corbelo), Vania Gregores (Ponteareas) e Uxía Soto, Marta Estévez e Aroa Otero (Avanza-O Porriño). Ao mesmo tempo, terá lugar a competición das mulleres Máster, coa selección representada polas Máster-30 Eva Ortega (Biciosos Rías Baixas) e Montserrat Martínez (Oiense), e as Máster-40 Sonia Costoya (Corbelo) e Mónica Alarcón (Louriña). A programación do primeiro día en Torrelavega, localidade que acolleu este evento por última vez en 2016, fecharana os Júniors, entre eles seis corredores do combinado nacional: Miguel Rodríguez (Ponteareas), Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas), Anxo Carril (Coruxo), Zoe del Río (XSM), Martín González (Maceda) e Fabián Rodríguez (Caimanes Betanzos). Intensa fin de semana A xornada do sábado está reservada para os Máster masculinos. Así, Rubén Deaño (Ourense Termal) participará na carreira Máster-30; José Rodríguez 'Tami' (Norinver), na Máster-40); Juan José Saborido (Speedcross), na Máster-50; e Constante Lestido (O Trisquel), na Máster-60. Finalmente, o Estatal clausurarase o domingo, nunha xornada que abrirá a Sub-23 masculina, na que o alaricano Iván Feijoo (Nesta) defenderá a súa coroa estatal en compañía de David Fernández (Avanza-O Porriño), Ángel Maneiro (Vigo-Rías Baixas) e Borja Gómez (Ponteareas). As seguintes en entrar en escena serán as Elite/Sub-23 e as Júniors, con catro corredoras do combinado galego en liza: a Sub-23 Carla Fernández (Farto) e as Júnior Laura Mira (Avanza-O Porriño), Sofía Álvarez (Cambre) e Sonia Domínguez (XSM). Por último, Saúl López (Maceda) e Daniel López (Cambre) competirán coa camisola da delegación nacional na proba Elite masculina."}
{"ID": "NOS_54753", "summary": "Após un ano do inicio do proceso de vacinación en todo o mundo, o repartimento das vacinas convértese nunha nova ferramenta de desigualdade.", "text": "O 11 de agosto de 2020, o ministro de Saúde de Rusia, Mikhail Murashko, anunciaba a autorización gobernamental para a vacina Sputnik V, desenvolta polo Centro Nacional de Investigación de Epidemioloxía e Microbioloxía Gamaleya. Era o primeiro composto contra a Covid-19 que un Estado aprobaba, cinco meses despois de que a expansión do virus fora cualificada de pandemia a nivel mundial. Nos países occidentais, a primeira picada non chegou até o 8 de decembro do ano pasado, cando Margaret Keenan, unha británica de 90 anos, recibiu a vacina de Pfizer-BioNTech no Hospital Universitario de Coventry. Tras un ano, inxectáronse 8,51 mil millóns de doses dalgunha das 28 vacinas que se están usando en todo o planeta para loitar contra o SARS-CoV-2. O 57,6% da poboación mundial recibiu a estas alturas cando menos unha dose, indica a ferramenta de seguimento impulsada pola Universidade de Oxford. Porén, o repartimento destas vacinas está a ser moi desigual, mentres que Europa ronda o 64% de poboación con cando menos unha dose, dato que aumenta até o 73% na rexión dos Estados Unidos e Canadá, en África só o 12% das persoas recibiron unha picada. Impulsada pola China, India e Australia, a rexión de Asia-Pacífico alcanza o 67% de poboación cunha inxección, ao tempo que América Latina inoculou cunha dose como mínimo ao 70% de habitantes. Con todo, as maiores diferenzas obsérvanse entre rangos de ingreso. The New York Times salienta que o 73% das picadas se produciron en países de ingresos altos ou medio altos. No que atinxe aos Estados de ingresos máis baixos, puxeron o 0,8% das máis de 8 mil millóns de doses aplicadas no mundo. Fracaso de Covax Esta situación amosa o fracaso do mecanismo Covax, auspiciado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dotar de vacinas aos países menos desenvoltos. A pesar de que en teoría ten comprometidas máis de catro mil millóns de doses, en 12 meses foron repartidas 693,5 millóns, menos do 17% das comprometidas e arredor do 8% das utilizadas no mundo. E o continente máis afectado por isto é África. A súa porcentaxe de persoas coa pauta completa de vacinación, 7%, é sensibelmente máis baixa que a media dos países de ingresos medio baixos, que se sitúa no 28%. Con respecto ás e aos profesionais do eido sanitario, só un de cada catro está inoculado. Ao problema para acceder ás vacinas, hai que sumar as limitacións de subministracións, Unicef alerta dunha escaseza de dous mil millóns de xiringas dun só uso. Ademais, hai lugares que non contan coa infraestrutura precisa. \"En áreas rurais e remotas a campaña de vacinación non mellorou como nos gustaría\", sinala Richard Mihigo, coordinador do Programa de Inmunización e Desenvolvemento de Vacinas da OMS en África. O presidente chinés, Xi Jinping, prometeu na recente cimeira entre o país asiático e África que entregarían mil millóns de vacinas para acabar co coronavirus no continente. Ómicron Na rexión foi detectada a variante Ómicron, froito do bo facer de Suráfrica no proceso de secuenciación do virus. Mihigo sostén en Nature que é o resultado de telo circulando entre grandes poboacións, dándolle a oportunidade de mutar. Michael Marks, profesor asociado do Departamento de Investigación Clínica da Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres (Reino Unido), acusa os países máis desenvoltos das restricións de viaxe en contra de Suráfrica, o que aproveitarán para aumentar a súa poboación inoculada. \"Iso podería ser bo para estes países, mais a vacinación tripla dun pequeno número de persoas cando hai unha cobertura global non equitativa é probabelmente un factor importante na aparición de variantes\", asegura Marks. 28 vacinas A aparición da Covid-19 deu comezo a unha carreira contra o reloxo para deseñar e desenvolver preparados que permitiran minimizar sobre todo os efectos mortais da infección, fomentando a investigación científica en laboratorios públicos e privados. Aínda que a OMS só brindou autorización para oito vacinas: Pfizer-BioNTech, Moderna, Janssen, AstraZeneca, a india Covaxin e máis dúas chinesas, dos laboratorios Sinovac e Sinopharm; até 28 vacinas foron aprobadas por cando menos un país e están sendo aplicadas. A nivel mundial, AstraZeneca (127 países), Pfizer-BioNTech (115), Janssen (89), Moderna (80), Sputnik V (74) e Sinopharm (73) son as máis utilizadas. Deixando a un lado países como a China, Rusia ou a India, con varios compostos en funcionamento, tamén o Xapón, Irán, Casaquistán ou Cuba puxeron en marcha as súas propias vacinas. O caso de Cuba é paradigmático, a nación caribeña conta con tres vacinas en funcionamento e é nestes momentos o país do mundo con máis doses inoculadas por habitante, 256 picadas por cada 100 persoas. Inxentes beneficios A creación das vacinas contra a Covid-19 permitiu aos laboratorios privados que as promoveron multiplicar o seu beneficio, após recibir investimento público para o seu desenvolvemento. Pfizer, BioNTech e Moderna subliñaron na súa última estimación de beneficios que obterán en 2021 arredor de 62.000 millóns de euros pola venda das vacinas."}
{"ID": "NOS_39177", "summary": "Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.", "text": "arrieiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Menstruación das mulleres. Lugar de escoita.- O Courel. Fonte.- Dun vocabulario courelao. lapaceira.- (Ademais de significados xa rexistrados) Regra das mulleres. Lugar de escoita.- Ferreirós de Arriba (O Courel). Fonte.- Dun vocabulario courelao. mincha.- (Ademais de significados xa rexistrados) Vulva, parte externa do aparello reprodutor feminino. Lugar de escoita.- Corme. Fonte.- Vocabulario cormelán. Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme. Usada correntemente en Corme, pero en especial por Tío Chuco, que lle dicía ás mulleres cando levantaban a saia para descargar a sardiña na praia: \"Váiseche ver a mincha\". Daí lle quedou o de Tío Mincho a el e Mincholos aos netos. Palabras con memoria: moito ou pouco pirica.- Menstruación. Lugar de escoita.- Aldán (Cangas do Morrazo). Fonte.- Sé Anxo Rosales González. pirucho.- Forma coloquial de nomear o órgano xenital feminino. Lugar de escoita.- O Incio. Fonte.- Xoán Manuel Pérez Fernández. xícara.- Órgano xenital feminino, vulva. Lugar de escoita.- Vilapedre (Terra Cha). Fonte.- P. G. G."}
{"ID": "NOS_38065", "summary": "A residencia do Barco foi unha das tres intervidas pola Xunta da Galiza durante a crise sanitaria. Dez anos antes xa fora obxecto doutra intervención, xudicial, que destapou unha trama acusada de utilizar os xeriátricos con fins lucrativos. Nós Diario investiga a Fundación Fátima, cuxas irregularidades acabaron por desembocar na situación actual. A mesma Xunta que agora abre un expediente sancionador, era coñecedora da situación, eludiu responsabilidades na última década e consentiu a continuidade dos seus xestores.", "text": "A intervención da Fundación Nuestra Señora de Fátima por parte dun xulgado catalán a finais de 2009 sacaba á luz un entramado societario investigado por apropiación indebida de 8,4 millóns de euros, malversación de fondos públicos e fraude á seguridade social. Á súa fronte estaría o valdeorrés Gerardo Rodríguez Encinas, que era interceptado pola Garda Civil cando pretendía retirar 1,8 millóns de euros da fundación no momento en que as súas contas estaban a ser bloqueadas. Naquela altura, a actividade da residencia do Barco era aínda practicamente nula, así como a de varios dos centros de maiores que a mesma fundación levaba xestionando uns dez anos en Catalunya. Este feito chamou a atención do administrador xudicial que tomou as rendas da entidade, Carles Enric Moner i Codina, quen acabou considerando que, \"sen a intervención xudicial\", Rodríguez Encinas tería conseguido \"espoliar a fundación, apropiándose dos centros por el construídos para dedicalos a hoteis\", segundo consta no informe de rendición de contas da administración, ao que tivo acceso Nós Diario. 'Negocio redondo' Gerardo Rodríguez, coñecido popularmente como Cereixo, obtivo en 2007 unha vantaxosa cesión de terreos para a construción do xeriátrico, así como axudas comunitarias dos fondos Agader (nas cales participaron varios concellos da comarca) por valor de 1,4 millóns (que incluían exencións de IVE) e financiamento da Deputación. Aínda que a cesión de terreos, aprobada pola maioría plenaria do PSOE, era destinada á fundación, Rodríguez Encinas conseguiu escriturar no Rexistro da Propiedade a titularidade da parcela a nome da empresa Rodríguez y Dalila S.A., conforme consta no informe da administración xudicial, incorporando unha cláusula pola cal \"se a fundación cesa na actividade xeriátrica\", o edificio pasaría ás mans da citada sociedade patrimonial, ademais de estabelecer un \"dereito de superficie a favor da fundación de 5 anos\". [Nota aclaratoria: Nós Diario puido saber que 5 anos despois da construción da residencia as terras pasaban a ser escritas a nome da fundación, tal e como Nós Diario fixo constar na reportaxe publicada o 8 de xullo. Desta maneira, Rodríguez Encinas perdería os vínculos formais coa residencia. Porén, Política Social eludiu aclarar os datos reais sobre a composición do padroado actual da fundación] Os tribunais benefician a continuidade de Cereixo A intervención ditada polo Xulgado de Instrución nº19 de Barcelona tería paralizado a operación destinada a apropiarse de edificios construídos con fondos públicos á que apunta a Administración Xudicial, se ben Gerardo Rodríguez Encinas conseguiu salvar, até o momento, os diferentes obstáculos xudiciais que enfrontou, así como os seus litixios coa Seguridade Social e co propio Carles Moner. Cuestións formais, malentendidos e a actuación por parte da Fiscalía acabaron por incidir en sentenzas que absolveron o empresario e condenaron Moner. Segundo relata un dos avogados do administrador xudicial, \"en 30 anos de exercicio nunca tiñamos visto que a Fiscalía designase un fiscal especial para seguir os asuntos particulares dun cidadán\". As informacións obtidas durante a intervención, ás que Nós Diario tivo acceso, non foron tidas en conta en varias causas —considerando \"ilícita\" a súa procedencia— e acabaron por non ser investigadas polas autoridades xudiciais. No entanto, fontes do equipo de avogados do administrador, que foi presidente da Asociación Profesional de Administradores Xudiciais de Catalunya, comunicaron a Nós Diario que están a tramitar unha denuncia na oficina anti-fraude da UE en relación ao uso das axudas obtidas por parte dunha fundación que, ademais, consideran non rexistrada. A propia Xunta respondeu a este xornal que lle fora denegada a inscrición no rexistro de Fundacións de Interese Galego en 2010, se ben evitou pronunciarse sobre a modalidade de rexistro a partir da cal consentiu a súa actividade até o día de hoxe. Os avogados do administrador xudicial están pendentes da resolución dun recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo no proceso xudicial que cuestiona a validez xurídica da propia fundación por considerar que non está inscrita correctamente no Rexistro e \"carece de bens fundacionais\", polo que \"non existe\". Do 'Shangai' aos xeriátricos Rodríguez Encinas dedicouse presuntamente ao sector do 'alterne' no Barco durante os anos 80 do século pasado, conforme puido saber Nós Diario a través de tres fontes veciñais e xornalísticas, actividade que aseguran era vox populi na vila e que continuou até os 90. O citado informe do administrador xudicial recolle que \"rexentaba un bar de señoritas, o Shangai\", situado na rúa Real, antes de dar o salto aos xeriátricos. \"Pregúntome canta xente tragou con este negocio 'xeriátrico', os que temos idade suficiente recordamos quen é dito ex presidente e nunca vimos outra cousa que intereses propios\", escribía un internauta en obarco.com en 2010. Xa no ano 2004, o recoñecido proxeneta barquense Pablo Mayo anunciara a súa intención de abrir unha residencia de maiores no concello, nesta ocasión cedendo el mesmo os terreos. O proxecto, para o que solicitara apoio da Xunta, non fora adiante, mentres que Encinas administraba xa residencias en Catalunya. Mayo, hoxe falecido, fora presidente da Asociación Nacional de Empresarios de Locales de Alterne. [Podes ler a reportaxe íntegra en Nós Diario, á venda o 7 de xullo de 2020 nos quiosques e tamén na loxa. Podes subscribirte a Nós Diario nesta ligazón]"}
{"ID": "NOS_27022", "summary": "As bolsas de prácticas en formación son unha vía cada vez máis común de acceso ao mercado laboral para a mocidade. Implican unha ausencia de relación laboral e a incompatibilidade de percibir ingresos a maiores dos 500 ou 600 euros mensuais das axudas. Mozos e mozas entrevistados por este medio advirten das empresas que as empregan para cubrir postos estruturais. Tamén das dificultades para denuncialas ante o medo a engrosar as listas do paro.", "text": "A bolsa ou o paro. É a disxuntiva que se presenta ante as galegas e os galegos que rematan os seus estudos superiores, for en Formación Profesional for nunha universidade. Xa antes da pandemia e dos seus efectos sobre a economía a taxa de desemprego entre a mocidade situábase en 32,5% segundo Eurostat. Para quen se inicia no mercado laboral sen apenas experiencia as bolsas formativas son unha porta de entrada cada vez máis frecuente. A María Baamonde faloulle das bolsas da Fundación Empresa-Universidade Galega, Feuga, o seu orientador laboral. En 2010 finalizou os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra e ante as escasas perspectivas decidiuse por esta opción. \"Case un ano despois de graduarme comecei nunha empresa subcontratada por unha compañía importante do sector turístico\", explica a Nós Diario. No seu portal, a fundación preséntase como promotora \"da inserción laboral de estudantes e titulados universitarios, así como titulados de Formación Profesional\". Na Galiza existen outras dúas similares, puntos de encontro entre o tecido empresarial e os centros de formación superior, a Fundación Universidade da Coruña (Fuac) e a Fundación Universidade de Vigo (Fuvi). De prácticas en prácticas As cifras da inserción serven de espello do actual mercado laboral. En 2019, foron beneficiarios dunha bolsa Feuga 1.136 titulados e tituladas universitarias. Do total, 66% atopou emprego e 77% na mesma compañía. De cada dez persoas, só unha o fixo cun contrato indefinido, mentres que entre catro ou cinco asinaron un contrato en prácticas, a pesar de ter pasado xa por un período formativo. Os restantes foron eventuais, temporais ou por obra e servizo. As proporcións son similares nos titulados en FP e nos anos 2018 e 2017, repetíndose na Fuac de 2017. Este foi o caso de Miguel Duarte, graduado en Deseño de Produto, e de Pablo Negreira, en Enxeñaría Forestal. Ambos os dous foron beneficiarios dunha bolsa Feuga. Están contentos coa experiencia, se ben admiten que as súas tarefas apenas diferían entre o primeiro e o segundo paso. Negreira foi beneficiario con 28 anos (unha cuarta parte dos titulados beneficiarios teñen máis de 26 anos). \"Tiña claro que quería escoller a empresa de maior envergadura pola probabilidade de quedar\", apunta. Conseguiuno xunto a 24 persoas máis. Ao rematar entrou no cadro de persoal e como contratado en prácticas tivo bolseiros ao seu cargo. Encadear bolsas As condicións das bolsas son bastante similares entre as fundacións. Non existe relación laboral entre o bolseiro e a empresa e as bolsas son incompatíbeis cun contrato de traballo. As e os beneficiarios reciben unha axuda de arredor de 600 euros na xornada completa da Feuga e de 500 na da Fuac, sen poderen percibir ingresos extra. \"Están dados de alta na Seguridade Social, asimilados a contratos en prácticas aos únicos efectos da cotización\", explica Feuga. Unha persoa pode ser beneficiaria de máis dunha bolsa na mesma empresa, sempre que non exceda un período máximo de formación de 24 meses no caso de Feuga e de 18 no da Fuac. As fundacións ofrecen cunha modalidade para estudantes, cun monto de axudas menor, e outra para titulados que tamén se poden encadear. Olaia Tubío soubo en 2018 da existencia dunha terceira opción. Analizaron as posibilidades de que entrase cunha bolsa para cubrir unha baixa laboral, di Olaia Tubío \"Estudei xornalismo e fixen prácticas na TVG, primeiro curriculares coa universidade e logo a través de Feuga\", di. Ao rematar, mudouse para estudar un mestrado. Chegoulle o anuncio dun xornal que procuraba un redactor. \"Chamei e de seguida conseguín o posto, analizaron as posibilidades de que entrase cunha bolsa para cubrir unha baixa laboral e optaron pola que ofrece a Fundación Venancio Salcines\", agrega. Tubío cubriu baixas en distintas seccións, asumindo funcións de coordinadora, ficando soa nas fins de semana. \"Cobraba pouco máis de 500 euros. Nin os meus xefes nin os meus compañeiros sabían da situación, crían que tiña un contrato. Cando o descubriron a miña carga non diminuíu. Despois dun ano dixen que non podía seguir así. Ofrecéronme renovar cobrando 700 euros. Negueime, aí rematou a miña vida de bolseira\", resume. Na Galiza, a taxa de temporalidade laboral sitúase en 58% para o conxunto dos menores de 30 anos segundo a EPA. As bolsas gañan en atractivo, pois serven para evitar o paro ou os anos en branco no currículo mais tamén para ficar nun mesmo lugar cuns ingresos mensuais asegurados. E non só as fundacións as ofrecen, as Administracións públicas galegas contan coas súas propias convocatorias. As condicións das bolsas en institucións públicas son moito mellores, asegura Cristóbal Cristóbal, nome ficticio, estudou filoloxía inglesa e filoloxía galega. En catro anos encadeou tres bolsas diferentes. A primeira realizouna a través de Feuga no departamento de Normalización Lingüística dun concello. A segunda, de investigación, decorreu no centro Ramón Piñeiro. A terceira, no Parlamento da Galiza. En ningún caso existiu relación laboral coas institucións. \"As condicións nas institucións públicas son moito mellores\", destaca el. Jon Santos, graduado en Ciencias Políticas, concorda. Na actualidade é beneficiario da súa segunda bolsa na Fundación Galicia-Europa. \"Entro ás 8 e saio ás 15 horas, recibo 1.060 euros ao mes e teño días de vacacións. A nivel de formación estou contento\", valora. Falta de supervisión Nos últimos anos, tanto a Unión Europea como o Estado español puxeron o foco nas prácticas non remuneradas, co obxectivo de pór fin a esta práctica. En 2019 as universidades amosaron resistencia a dar de alta na Seguridade Social o alumnado que as realizaba. As persoas entrevistas por este medio, tanto as que valoran de forma positiva a súa experiencia como as que non, piden ir máis alá e que se supervisen tamén as remuneradas. \"Non é certo que estas fundacións fomenten a inserción no mercado laboral\", asegura Santos. \"Eu fíxenas só nunha oficina en Compostela, estando a sede da empresa no Porto. Fun autodidacta, non tiña a quen acudir e excedía a miña xornada de oito horas e no que a empresa me denegou días de descanso\", relata. Non é certo que estas fundacións fomenten a inserción no mercado laboral, asegura Jon Santos Santos trasladou a Feuga a súa situación: \"Dixeron que non había problema sempre que recibise indicacións por teléfono\". Adrián Pardo tamén tivo unha mala experiencia coa bolsa, mais non advertiu a entidade. \"É que tampouco tiña moitas máis opcións. Neses intres calas e pensas 'sorte que estou a traballar'. Agora non pecarei do mesmo'\", conta. Neses intres calas e pensas 'sorte que estou a traballar', apunta Adrián Pardo Pardo estudou Enxeñaría Eléctrica en Ferrol. \"Cando estaba rematando tiven a posibilidade de realizar prácticas en Elecnor, no polígono de Pocomaco, a través dunha bolsa da propia universidade da Coruña. Traballaba cinco horas ao día e cobraba uns 350 euros. Aos oito meses ofrecéronme continuar ben cunha bolsa de titulado ben matriculándome nun mestrado e facer as prácticas alí\", relata. \"Cando comecei non rendía ao 100%, pero aos dous meses facía tanto como calquera técnico. A compañía aproveitábase do recurso dos bolseiros e decidín marchar\", continúa. A súa segunda experiencia foi cunha bolsa Feuga. \"O único empregado na empresa era o meu xefe, ao mes eu realizaba inspeccións de instalacións sen supervisión, eu só\", abunda. O seu xefe tivo problemas cunha axencia reguladora, pediu a Pardo que se o chamaban \"mentise, que dixese que xa non traballaba con el\". Daquela puxo fin á bolsa. Realizaba inspeccións de instalacións sen supervisión, eu sí, relata Adrián Pardo A esperanza dun contrato dificulta tramitar unha queixa. Iria, nome ficticio, foi bolseira a través da Fundación Pública Artesanía da Galiza, da Xunta. \"Era unha bolsa de aprendiz, mais estiven todo un ano sen coller unha ferramenta. Ao xefe interesábanlle os meus coñecementos en deseño 3D. Non dixen nada porque de vez en cando falábame da posibilidade dun contrato. Cando rematei ofreceume traballar desde a casa cobrando 400 euros sen estar dada de alta\", lamenta. Se queres seguir coa lectura non tes máis que procurar o Nós Diario de hoxe nos quiosques, librarías ou na nosa loxa online. Fai xa a túa subscrición para ter o xornal na casa!"}
{"ID": "NOS_56776", "summary": "Fracasada a reunión entre o sector e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, todo apunta a que terá lugar a folga a partir da noite do 19 de decembro. Algunhas fontes aseguran que podería ser indefinida até que se resolvan as demandas do ramo.", "text": "O sector do transporte por estrada está decidido a premer o acelerador das súas reivindicacións no momento máis delicado do ano: a semana anterior ao Nadal. A xuntanza entre o Comité Nacional do Transporte por Estrada (CNTC) coa Secretaria de Estado, Isabel Pardo, co fin de valorar o documento de traballo remitido desde o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) non respondeu as peticións do ramo que mantén a convocatoria do paro anunciado para a noite do día 19 de decembro e que, segundo algunhas fontes, podería ter un carácter indefinido. O presidente da Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte, Antonio Señoris, explica que as reivindicacións que presentaron son de 2019 \"aínda que veñen de lonxe\". É o caso do control da carga e descarga, a harmonización fiscal e o intrusionismo. Outras foron introducíndose nos últimos anos, como é o caso da tarificación das autovías ou o empeoramento das condicións de traballo como consecuencia da chegada en 2020 da pandemia da Covid-19 e as súas consecuencias. Demandas irrenunciábeis A principal demanda ten que ver coa tarificación das autovías, unha medida que as e os tranportistas consideran que non contou co consenso efectivo na mesa de traballo. \"Non se pode poñer un canon dunha infraestrutura que non está conservada en condicións\", indica Señaris a Nós Diario, e lembra que xa se invisten 19.000 millóns de euros a través da taxa dos hidrocarburos, \"tres veces máis do que se precisa para o seu mantemento\", engade. Alén diso, demandan modificar a Lei de Contratos de Transportes en varios puntos. Un deles é o relacionado coa carga e descarga. \"Cada día dexeneran máis os cargadores e descargadores que deixan esa responsabilidade ao transportista\" cando, afirma Señaris, \"é responsabilidade do cliente e non nosa\". Outra das demandas é a busca dunha harmonización fiscal. \"Pedimos que as e os profesionais do transporte, sexan persoas xurídicas ou autónomas, teñan as mesmas condicións de cara a Administración\", e pon como exemplo que algunha gran empresa, a través dunha sociedade de investimento de capital variábel (Sicav), \"só paga un 1% dos impostos cando unha sociedade limitada abona un 25% e un autónomo chega ao 45%\". Outro problema que consideran \"grave\" é o intrusionismo. Denuncian que hai empresas que \"empregan a fórmula dunha cooperativa de traballo social ou mesmo operadoras que tributan en países do leste ou en países con menor imposición fiscal\", unha circunstancia que lles facilita contar con prezos moito máis competitivos que os que poidan proporcionar as empresas galegas. \"Ademais, en materia laboral funcionan con convenios colectivos diferentes e moito menos restritivos\", engade. Para atallar este tema solicitan a apertura dunha caixa de correo específica onde poder denunciar estas prácticas. Por último, \"co aumento de surtos é imprescindíbel que se habiliten áreas de descanso vixiadas e seguras onde poidamos pasar a noite\" e non ter que continuar parando en polígonos, fábricas ou nas rúas. O transporte non é o culpábel do aumento dos prezos O aumento do combustíbel, un dos maiores apartados de gasto no transporte por estrada, é un dos maiores problemas aos que se enfronta este sector pola imposibilidade de repercutilo no cliente final. \"Non somos capaces de facelo por ser o elo máis feble da cadea loxística\", afirma Antonio Señaris. Aínda así, algunhas marcas sinalan cara este ramo como o responsábel da alza nos prezos. \"O 'tetra brik' de leite subiu 8 céntimos alegando que é culpa nosa\", exemplifica Señaris, \"cando aínda que lle incrementemos 1.000 euros nunha viaxe até Barcelona, levando 24.000 o aumento sería de menos de medio céntimo\". Ao seu entender o relato que se difunde \"en realidade é unha presión que exercen catro grandes operadoras que dominan o 60% do mercado estatal con prácticas mafiosas\"."}
{"ID": "PRAZA_6120", "summary": "Baltar Blanco anuncia un recurso contra a resolución do Ministerio de Facenda que lle reclama á institución provincial as subvencións recibidas \"indebidamente\" para un plan de depuradoras investigado pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude dende hai catro anos.", "text": "Outro atranco para o clan Baltar. Mentres o patriarca da saga ourensá, José Luis Baltar, se enfronta a senllos procedementos xudiciais por presuntos enchufes na Deputación e supostos subornos na Pokémon, o seu sucesor na institución provincial e no PP, o seu fillo Manuel Baltar Blanco, afronta unha herdanza de xestión complexa. A última dor de cabeza chega da Unión Europea canalizada a través do Ministerio de Facenda, que dende a Secretaría de Estado de Orzamentos que dirixe a ex conselleira Marta Fernández Currás lle reclama á Deputación a devolución de 10,1 millóns de euros de subvencións procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para un plan de depuradoras. A causa: \"irregularidades graves\" na súa xestión. Este procedemento, ante o que o propio Baltar Blanco xa anuncia recurso, remóntase a unha denuncia perante a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) no ano 2010. Como informou Praza Pública en 2012, paralelamente o PSOE comezou a realizar xestións en Bruxelas para instar as autoridades comunitarias a acreditar se Baltar pai xestionara correctamente estes fondos e, en abril do mesmo ano, a OLAF confirmáballe á eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que estaba a investigar a Deputación ourensá por \"sospeitas fundadas de fraude e corrupción\" en, entre outros proxectos, as devanditas depuradoras. Naquela altura Baltar fillo restoulle importancia ao asunto, acusando á \"eurodeputada española dos Verdes\" -en referencia a Miranda- de \"fabricar unha noticia que non existe\". En 2012 Baltar acusou a Ana Miranda de \"fabricar unha noticia que non existe\" por consultar á OLAF sobre o caso Pero tal \"noticia\" era máis ca iso, a xulgar polo polo procedemento de reintegro de fondos que ten en marcha o departamento que dirixe Cristóbal Montoro. Facenda reclámalle os fondos a Deputación de Ourense -Orense, segundo o documento do Goberno de España- porque fai súa a apreciación da \"concorrencia de irregularidades\" no financiamento destas depuradoras. Como xa publicara este diario, estes cartos comunitarios pagaron 107 máquinas que foron parar a 62 concellos aínda que inicialmente estaban concibidas para seren instaladas en barcos da mariña de Noruega. As depuradoras nunca chegaron a funcionar como se prevía por ser demasiado custosas poñelas en marcha, chegando a supoñer uns 8.000 euros mensuais só en electricidade. Os argumentos da Oficina contra a Fraude Alén da escasa utilidade desta maquinaria, as \"irregularidades\" detectadas pola OLAF e que o Goberno de España asume céntranse no xeito en que foron adquiridas pola Deputación. Así, a OLAF coida que o ente ourensán estableceu \"especificacións técnicas excesivamente detalladas\" ou outros \"requisitos non directamente vinculados co obxecto do contrato e que restrinxen a capacidade para concorrer á licitación\". Por exemplo, os planos que a Deputación daba como referencia axustábanse ás dimensións \"das plantas subministradas por un licitador\", isto é, por unha empresa concreta. Asemada, impuña a obriga de \"ter oficina en Ourense\" e de prestar o servizo de mantemento. A OLAF observa un contrato a medida dun licitador e tamén ve \"irregularidades\" nas asistencias técnicas A OLAF coida tamén que algúns dos criterios que a Deputación fixou para valorar as ofertas eran \"indeterminados\" ou contribuían a \"aumentar a subxectividade na valoración\". Outros, directamente, di, eran \"irregulares\", tales como \"aceptar como mellora un elemento que non estaba previsto no prego de condicións\". O paquete de desviacións complétase, segundo o organismo comunitario, con que unha das empresas que optaban ao contrato manexaba de antemán \"información confidencial relativa ao proxecto\" e con \"irregularidades nos procedementos de contratación de asistencias técnicas para a redacción de fichas técnicas, redacción de proxectos de obra civil e dirección técnica das obras\". Facenda desoe as alegacións e Baltar recorre Ante estas acusacións o Ministerio desoe as alegacións formuladas pola Deputación, que van dende a \"inexistencia de irregularidades\" á \"prescrición da acción de reintegro\". Para o Goberno español o caso non prescribiu e as irregularidades existiron, polo que toca devolver os devanditos 10 millóns e facelo antes do próximo 20 de agosto. A Deputación tentará parar o proceso cun recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Faino, di Baltar, porque \"os técnicos\" do ente provincial entenden \"que non existiron as supostas irregularidades que se citan no expediente e que neste proceso se actuou conforme á legalidade\". \"A Deputación ten dereito a establecer as prescricións técnicas que considere\", di Baltar Aínda que Facenda advirte de que cómpre devolver os cartos e que é \"irrelevante\" que o acontecido sexa ou non delito Baltar pon o acento en que \"este proceso de adxudicación xa fora obxecto de investigación por parte da Fiscalía de Ourense no ano 2008\" e que \"ditas dilixencias foron arquivadas -o caso foi reaberto, precisamente, ao iniciárense as actuacións da OLAF\". \"Os argumentos da Deputación -informa a entidade- baséanse en que as prescricións técnicas do prego respectan escrupuosamente a lei\" e, ademais, di, \"a Deputación, como calquera outra Administración pública, ten dereito a establecer as prescricións técnicas que considere máis convenientes para garantir a máxima calidade dos subministros que adquire\"."}
{"ID": "PRAZA_16912", "summary": "O alcalde lémbralles aos propietarios de montes próximos a vivendas que o 31 de maio remata o periodo voluntario para que desbrocen as faixas de protección de 50 metros e reitera que quen non o faga será multado. Reclama a colaboración do Goberno galego para facer cumprir a norma, aprobada hai unha década A chuvia arrastra no Courel cinza dos incendios do outono", "text": "A chuvia arrastra no Courel cinza dos incendios do outono O pasado 9 de febreiro o Concello de Ribadeo anunciou a súa intención de multar os propietarios que incumprisen a obriga de arrincar os eucaliptos próximos a vivendas. A medida respondía ao cumprimento da Lei de prevención e defensa contra os incendios de 2007, que obriga os propietarios de parcelas forestais a \"xestionar a biomasa vexetal\" nunha faixa de protección de 50 metros ao redor de edificacións situadas a menos de 400 metros do monte, subliñando a obriga específica de arrincar especies coma o eucalipto, o piñeiro ou a acacia. Nese momento Ribadeo identificara un total de 676 parcelas que estaban a incumprir a lei e instaba os seus propietarios e propietarias a \"adaptarse á legalidade\" antes do vindeiro 1 de xuño. De non facelo, advertía, poderían ser multados ou o Concello mesmo ordenaría execucións subsidiarias, co posterior cobro aos propietarios e propietarias. Suárez destaca que moitos propietarios e propietarias xa están a cumprir coa lei de incendios e anima ao resto a facelo tamén \"canto antes\" Dous meses máis tarde o Concello de Ribadeo volve facer un chamamento público, á vista de que un gran número de parcelas seguen sen cumprir a lei, e lembra que o 31 de maio remata o período voluntario para que desbrocen as faixas de protección de 50 metros. O alcalde, Fernando Suárez, destaca que cando chegue a calor e os incendios forestais \"non queremos lamentarnos porque a vexetación chegue ás portas das casas, témolo que evitar\". Suárez sinala que moitos propietarios e propietarias xa están a cumprir coa lei de incendios e anima ao resto a facelo tamén \"canto antes\", pedíndolles \"que non o deixen para última hora, que logo non van poder atopar madeiristas dispoñibles porque van estar saturados con outros encargos\". Suárez comenta que \"vemos que hai algunha outra xente que quere cumprir as normas, pero algunha dela está receosa de se o fai o veciño tamén. A nosa opinión é que cada un atenda o seu, que cada un actúe como marca a norma e logo os que non o fagan xa se encargará a administración de que se cumpra a lei por unha vía máis amigable ou por unha vía máis coercitiva\". Ademais, explica que \"hai unha serie de propietarios aos que non puidemos notificar en período voluntario a día de hoxe porque non nos constan os datos correctos, ou porque non os teñen ben no catastro ou porque non están empadroados en Ribadeo. Para resolver isto nos vindeiros días publicarémolo no taboleiro dixital único para que logo non vaia coller por sorpresa a ninguén\". \"Levamos xa dúas comunicacións directas ao presidente da Xunta para que nos axuden a identificar que propietarios non cumpriron a partir do mes de xuño, e ata o momento de hoxe ninguén se dirixiu a nós\" O alcalde de Ribadeo é máis duro coa Xunta de Galicia, á que lle esixe colaboración para facer cumprir a lei. \"Levamos xa dúas comunicacións directas ao presidente da Xunta para que nos axuden a identificar que propietarios non cumpriron a partir do mes de xuño, e ata o momento de hoxe ninguén da Xunta se dirixiu a nós\", di. \"Queremos que a Xunta cumpra a súa propia lei e coordine con nós o requirimento\", engade. \"Dígolle á Xunta o mesmo que lle estou dicindo aos propietarios, non o deixen para o último momento. Aquí, por unha cousa ou por outra, imos ver dentro de ben pouco quen está preocupado de verdade polos lumes e a quen lle queima isto nas mans\", conclúe. O rexedor destaca que \"estamos servindo de modelo de actuación para moita outra xente, para moitos outros concellos\", pero subliña que \"tampouco pretendemos ser modelo de nada. O único que queremos é que os propietarios dos montes en Ribadeo cumpran coas normas que están establecidas desde hai moitos anos\". \"Non pretendemos ser modelo de nada. O único que queremos é que os propietarios dos montes en Ribadeo cumpran coas normas que están establecidas desde hai moitos anos\" O pasado venres o Parlamento aprobou por unanimidade unha moción do BNG, transaccionada cunha emenda do PP, que insta o Goberno galego a \"impulsar un plan de actuación en faixas secundarias de xestión da biomasa cunha participación maioritaria no financiamento desas actuacións pola Xunta\". A Xunta comprométese a sufragar o 75 por cento dos custes das actuacións precisas en cada concello, correspondéndolle á Fegamp, aos concellos ou ás deputacións adheridas ao convenio o financiamento do 25 por cento restante. Na defensa da súa moción, Xosé Luis Rivas destacou que os concellos, sobre todo os de menos de 5.000 habitantes \"non teñen capacidade para asumir un plan de actuación sistemático e continuado e tampouco contan con persoal persoal para vixiar e levantar actas que poidan rematar en sancións\"."}
{"ID": "NOS_54564", "summary": "Pontevedra acolle estes días a rede estatal \"Cidades dos nenos e das nenas\", no marco do proxecto Tonucci, unha iniciativa promovida pola Deputación. Na xornada da quinta feira, representantes de concellos españois eloxiaron o modelo da cidade do Lérez.", "text": "Unha vez coñecida a cidade, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra -organismo que promove o encontro-, César Mosquera, expuxo as motivacións políticas que levaron a facer os cambios urbanos na cidade do Lérez. O nacionalista sinalou que a relación do pensamento de Tonucci co modelo urbano de Pontevedra vai moito mais alá da inspiración puntual de certas medidas, \"atreveríame a dicir que é unha profunda simbiose, unha enorme coincidencia nas bases que soportan ambos: a radicalidade democrática de integrar as necesidades de todos e todas… De eliminar privilexios tanto na escola como nos espazos públicos e promover un ambiente agradábel e á medida humana. Escoitar a todos, non só os que se erixen en portavoces\". Mosquera: \"A experiencia de Pontevedra demostra que coas ideas claras e a disposición a poñelas en práctica, as medidas e solucións concretas brotan, xorden, aparecen, encaixan\" O vicepresidente da Deputación salientou que a transformación urbana de Pontevedra foi consecuencia do valor das ideas e principios sen aplicar ningún plan sofisticado, \"poderíamos ser ou ter especialistas en todas as solucións técnicas de variados asuntos, pero sen as ideas de fondo, profundas, pouco ou nada se ía a avanzar. A experiencia de Pontevedra demostra que coas ideas claras e a disposición a poñelas en práctica, as medidas e solucións concretas brotan, xorden, aparecen, encaixan\". Neste contexto, César Mosquera defendeu unha cidade \"para nenos e nenas, en toda a súa amplitude: bebés en carriños, cando comezan a andar, cando van ao cole, cando van xogar, visitar amiguiños... Para todos: comercio, actividade residencial, persoas. Todos, en xeral, de toda condición. Resístome a usar o temo peón ou viandante; nace por oposición a automobilista ou motorista. E as demais actividades? A partir destas ideas, tan simples e lóxicas, comezamos o proceso de reconstrución da cidade\". O vicepresidente da Deputación instou as persoas asistentes a tomar exemplo do modelo de Pontevedra, sempre \"cunha mirada crítica sobre o que temos feito. Temos avanzado e desenvolvido moitas cousas, pero tamén hai que sacar conclusións non só do bo, senón tamén das limitacións\". \"Metédenos o dedo no ollo se fai falta para que a vosa viaxe sexa produtiva\", dixo. Mosquera: \"O pensamento Tonucci golpea conciencias\" Filosofía Tonucci Mosquera destacou ante persoal técnico e cargos políticos que \"declararse fan de Tonucci e non ter a decisión e o valor para aplicar as súas ideas, buscar subterfuxios evasivos, é o grande perigo que corremos e que xa estamos a vivir\". \"O pensamento de Tonucci ten unha dimensión acusadora, inquietante, desazonadora: ataca problemas actuais e da solucións de futuro. Propón a revolución educativa e urbana necesaria nestes tempos cunha proposta realizábel, cando menos en grande parte, que só necesita vontade para efectivizarse. Golpea conciencias e dinos: Pódese facer, se non se fai e porque non se toma verdadeiramente en serio o problema\". Participantes de todos os recunchos Tamén tomou parte do encontro a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen, ao igual que Mosquera, apostou en que as administracións traballen para converter as cidades en espazos de convivencia \"máis amábeis para vivir\". Asistiron ao encontro representantes das universidades do País Vasco e Zaragoza, así como do Innobasque, do Parque das Ciencias de Granada, do MuseuBlau de Barcelona, e a Asociación Pedagóxica Frato. Tamén dos concellos de Granada, Picanya, Rubi (Barcelona), Bilbao, Aldaia, Lleida, Fuerteventura, Barcelona, Carbajosa de la Sagrada (Salamanca), Solasgune (Biscaia), Xaén, Erandio, Guipúscoa, Huesca, Tolosa, Ermua e outras localidades. Percorreron a cidade da man do intendente xefe Daniel Macenlle e do asesor de Mobilidade Jesús Fole. Lores: \"Hai que ter claro que os modelos urbanos son decisións políticas\" As persoas participantes tamén foron recibidas polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen sinalou que o goberno local leva traballando 18 anos nun modelo de cidade definido logo de estar 12 anos na oposición. \"Após estudar tendencias sobre autonomía, capacidade ambiental, calmado do tráfico, coñecido a filosofía Tonucci… aplicámolo en Pontevedra, recuperándoa para as persoas como lugar de convivencia e cohesión social\", asegurou, para deixar claro que non hai que ter medo politicamente a tomar decisións que beneficien o conxunto da cidadanía. \"Hai que ter claro que os modelos urbanos son decisións políticas\", concluíu."}
{"ID": "NOS_57759", "summary": "Canda Elías Rozas foi pioneiro a finais dos 90 na estratexia antimilitarista da 'insubmisión nos cuarteis', que custou a ambos os dous 19 meses de prisión nunha cadea militar.", "text": "Os arousáns Ramiro Paz e Elías Rozas foron, a finais dos 90, os dous mozos que puxeron rostro ao movemento pola insubmisión na Galiza, un movemento que na loita pola abolición do servizo militar obrigatorio, mili, afrontou multas, inhabilitacións e penas de prisión. Ramiro, catoirense, faleceu aos 47 anos de idade. Tiña 2 fillos. \"Hai que abolir os exércitos\", afirmaba Ramiro en xaneiro de 1997 nunha entrevista en A Nosa Terra que lles fixo o xornalista Horacio Vixande. Resumía así o obxectivo final e estratéxico do movemento antimilitarista. A loita concreta, naquela altura, era acabar coa mili. Unha loita na que no Estado se implicaron miles e miles de mozos e que na Galiza se traduciu en que houbese centos de rapaces que se declararon insubmisos. Nin facer a mili nin tampouco a PSS, a prestación social substitutoria que fixaba o Goberno español como \"alternativa\" a cumprir para quen non quixese ir ao exército. Elías e Ramiro estiveron 19 meses presos na cadea militar de Alcalá de Henares. Os dous insubmisos galegos sufriron agresións por presos nazis e tentativas de agresións por parte dalgúns funcionarios Unha loita que na Galiza tamén se pode percorrer a través de nomes e rostros: o de César Aguiño, do Grove, ao que meteron no cárcere mesmo antes de xulgalo (1992), ou o de Ernesto Vázquez (A Coruña) e César 'Goldi', outros pioneiros neste movemento. Toribio, Manolo 'Pipas', Christian Ferreirós. Carlos Morais, Suso Domínguez, Bieito Lobeira, Mauri Castro, Paco Manrique, Luis Vilaverde, Miguel Anxo Abraira, Carlos Crestar, Alberte Naya, Joseph Ghanime, Carlos Sánchez, Asier.... e así até completar unha lista longa de nomes. Prisión En 1997 Elías e Ramiro deron un paso máis alá e protagonizaron unha estratexia pioneira no Estado no combate contra a 'mili': a insubmisión nos cuarteis. Xa non se trataba de se negar a facer a mili ou a PSS. Agora, cando o Estado te citaba para cumprir coa obrigación de te incorporar ao exército, aceptábase. Unha vez dentro, e cumprido o período de instrución, desertábase. Non era unha brincadeira: desertar era ser xulgado por un tribunal militar, co que iso significaba -e significa - no Estado Español. Elías e Ramiro estiveron 19 meses presos na cadea militar de Alcalá de Henares, a mesma onde se atopaban, entre outros, o xeneral da Garda Civil Rodríguez Galindo polas súas responsabildiades na guerra suxa en Euskal Herria e onde un bo número de encarcerados tiñan simpatías pola extrema dereita. Os dous insubmisos galegos sufriron agresións por presos nazis e tentativas de agresións por parte dalgúns funcionarios, tal e como denunciou a ANOC, a Asemblea Nacional de Obxección de Consciéncia, que agrupaba na Galiza boa parte da loita pola insubmisión. No exterior activouse un amplo movemento de apoio aos dous antimilitaristas arousás: manifestacións, recitais de poesía, concentracións, aprobacións en plenos municipais de mocións pedindo a súa liberación, pintadas en canto muro había de norte ao sur do país, concertos... A vaga de apoio e solidariedade reforzou o movemento pola insubmisión. O decreto do 9 de marzo de 2001 puña fin a máis de dous séculos de recrutamento militar forzoso para o Exército español. Unha conquista da loita antimilitar que se debe, entre outros e cun espazo de honra a Ramiro Paz."}
{"ID": "NOS_27724", "summary": "O candidato do BNG á presidencia da Xunta sospeita que a UE condicionará o uso de fondos europeus para recapitalizar as entidades a que se fusionen, o cal podería levar aparellada a absorción de Novagaliciabanco por Bankia", "text": "O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, criticou a Mariano Rajoy por se preocupar só de salvarse el politicamente sen importarlle \"nada\" as contrapartidas que exixa \"Bruxelas-Berlín\" polo resgate da banca. \"Rajoy está a negociar en Europa non para defender os intereses xerais, senón para defender os seus intereses particulares. O único que lle preocupa é salvarse politicamente el, custar o que custar ás cidadás e aos cidadáns do Estado español\", afirmou Jorquera durante o acto público que o BNG realizou en Ames dentro da súa campaña a prol da Banca Pública Galega. Jorquera considera inconcebíbel que a \"estas alturas\" Rajoy aínda non teña comparecido de \"urxencia\" no Congreso dos Deputados para dar conta das súas xestións ante a Unión Europea\". Depurar responsabilidades O líder nacionalista chama tamén ao PP a que erga o seu veto contra a constitución da comisión de investigación proposta no Congreso para analisar o que ten acontecido non só en Bankia, senón no conxunto do sistema financeiro no Estado. \"Non é posíbel que se inxecten 118.000 millóns de euros no sistema financeiro e que iso non teña servido de nada. Non é posíbel que despois de fundirse esa enorme cantidade de diñeiro público resulte que segundo algunhas fontes as necesidades de recapitalización do conxunto do sistema bancario se sitúen case no entorno dos 100.000 millóns de euros\", analisa Jorquera, para quen \"é fundamental que se depuren as responsabilidades políticas ás que houber lugar\". De por parte, o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, advirte sobre a hipótese de que a UE condicione o uso de fondos europeus para recapitalizar as entidades financeiras españolas a unha nova rolda de fusións. \"Temos que saber se Europa vai impor a fusión Bankia-Novagaliciabanco, unha fusión polo demais apetecida polo PP de Génova desde o comezo da crise\", afirma Jorquera, quen se pergunta \"que di a este respeito o presidente da Xunta\". \"Seguramente nada, porque a súa pasividade está a ser absoluta\", conclúe."}
{"ID": "NOS_33314", "summary": "A vindeira terza feira bota a andar en Compostela o encontro \"Literatura nas marxes\" para debater, durante tres xornadas consecutivas, arredor da muller e a maternidade, o colectivo LGBTIQ+ ou a figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021, Xela Arias, entre outros temas.", "text": "Os días 16, 17 e 18 de marzo, a cidade de Compostela vai acoller as xornadas \"Literatura nas marxes. A creación alén do canon\", un proxecto que busca \"a reflexión sobre cuestións que van máis aló da palabra escrita e a análise de temas como o tratamento e a figura da muller, a maternidade ou o tratamento e representación dos personaxes LGBTIQ+\". As xornadas, que están organizadas pola Asociación O Arquivo das Trasnas e que contan co apoio da Xunta, desenvolveranse no salón de actos do Pazo de San Roque enmarcadas na \"Semana da poesía\", tal e como anunciaron en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Daniel Chapela, coordinador da proposta e representante da organización. As palestras buscan ofrecer unha análise de \"metapoesía\" ou de literatura e \"o fin social\" dunha obra, ademais de incidir en que se trata dunha proposta impulsada por persoas con vínculos cos estudos universitarios e pensada para a mocidade, segundo dixo Valentín García. Daniel Chapela, pola súa banda, explicou que a iniciativa se exporá cun formato \"diferente\", con intervencións, reflexións e mesas redondas nas que participarán diversos autores e autoras e expertas na materia. Entre as participantes atópanse, entre outras, Marga do Val, Mariña Area, Inma López Silva, Daniel Asorey, Nee Barros, Carlos Callón, Mario Regueira, María Reimóndez, Ana Romaní, Marga Tojo, Bieito Troncoso e Malores Villanueva. A programación prevista Xela Arias terá o protagonismo na primeira xornada, terza feira, nunha mesa redonda na que participarán Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Marga do Val. Ademais, pronunciarán cadansúa charla sobre a poeta as escritoras Yolanda Castaño e Emma Pedreira. Na cuarta feira falarase arredor da \"maternidade en Lupe Gómez\", da man de Mario Regueira, Miriam Ferradáns e Marga Tojo; mentres a conferencia final correrá a cargo de Inma López Silva, e versará sobre \"mover os marcos do feminismo\". A xornada de clausura, quinta feira, centrarase nas personaxes LGBTIQ+ e na literatura xuvenil, e sobre o tema debaterán Eva Mejuto, Carlos Callón e María Reimóndez. O prazo de inscrición está aberto até o 15 de marzo."}
{"ID": "NOS_24385", "summary": "Colectivos de afectad@s polas participacións preferentes denuncian o importante descenso no procedemento de arbitraxe após os comicios do 21-O. Consideran que esta queda nas tramitacións e laudos amosan que esta vía, apoiada por bancos e Xunta, tiña como finalidade desmobilizar os milleiros de afectados e afectadas pola estafa", "text": "A arbitraxe é a vía apoiada pola Xunta para que afectad@s das participacións preferentes e banca acorden á marxe dos xulgados solucións individuais para cada unha das situacións. Un procedemento que desde o inicio foi mirado con máis que desconfianza por non poucas plataformas de afectad@s, pois consideraban que se tentaba individualizar un problema común a perto de 90.000 galeg@s, buscando a desunión e desmobilización dun colectivo que estaba en pé de guerra. Algo moi perigoso en campaña electoral. NGB rexeitaba someterse á arbitaxe en tres de cada catro casos Pasada a cita coas urnas do 21 de outubro, desde varias plataformas denúnciase que se deu un parón nas arbitraxes, cunha queda moi importante na actividade e nos laudos. Non para tod@s O número de solicitudes de arbitraxe presentadas pol@s afectad@s das preferentes de NGB sitúanse nas 17.000, unha cifra importante, se temos en conta que o total de clientes da entidade financeira atrapad@s nestas participacións son 45.000. Mais Novagalicia Banco só aceptou someterse á arbitraxe en 4.000 desas 17.000 solicitudes, o que supón o 23,5%, case a cuarta parte das peticións. Así pois, en tres de cada catro solicitudes de arbitraxe o banco non admite someterse ao laudo, polo que estes e estas afectad@s veranse obrigad@ quer a optaren por recorrer á vía xudicial, quer a aceptaren o cambio que se lle propoña no FROB (Fondo de reestruturación ordenada bancaria). A entidade financeira galega botou man de PriceWaterhouseCoopers (PwC) como asesor á hora de estudar as peticións e solicitudes de arbitraxe. PwC é a empresa de servizos profesionais máis importante do mundo polo seu volume de facturación, que en 2011 superou os 29 mil millóns de dólares. É, canda Deloitte, KPMG e Ernst & Young, unha das firmas que integran as coñecidas como Big Four, as catro grandes que se reparten o mercado de auditorías de entidades financeiras. De feito, unha delas, KPMG, foi a empresa que contratou Núñez Feijóo para que fixese a auditoría e o informe sobre a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Recibiu por ese traballo por volta dun millón de euros e os resultados da auditoría avalaban plenamente a fusión, apuntando mesmo que nun breve período de tempo despois desa unificación, a nova entidade tería beneficios."}
{"ID": "NOS_15260", "summary": "A asociación de mulleres en situación de violencia Ve-la luz reclamou axuda do goberno local co suministro eléctrico nas protestas convocadas co gallo do 25N. Nunha comunicación, o concello rexeita colaborar argumentando que co seu acto institucional \"ya manifestamos nuestro apoyo\"", "text": "O concello da Coruña, gobernado por Carlos Negreira (PP) en maioría absoluta, non quixo apoiar a asociación de mulleres en situación de violencia machista Ve-la luz para os actos do 25 de novembro. En concreto, o colectivo solicitaba axuda do goberno local para o suministro eléctrico, e Negreira emitiu unha comunicación para denegar tal solicitude. O argumento é o que segue: \"les comunico que mañana viernes, día 23, se va a realizar un acto institucional en la Plaza de María Pita con este motivo, mediante la lectura de un manifiesto. Entendemos que con ello el Ayuntamiendo ya manifiesta su apoyo a la iniciativa\". O documento aparece asinado por Ana María Fernández Gómez, vicepresidenta do Instituto municipal Coruña espectáculos. Pese á falta de apoio institucional, Ve-la luz reivindicou o Día internacional da non violencia contra as mulleres convocando unha concentración en repulsa polos asasinatos machistas e realizando actividades para crianzas e maiores durante todo o día nos xardíns de Méndez Núñez."}
{"ID": "PRAZA_8095", "summary": "En moitas ocasións as mulleres votamos cos pés. Vivimos nunha sociedade patriarcal que xera numerosas situacións que son desfavorables para nós e ante a falta de poder para mudar o estado das cousas, moitas mulleres elaboran estratexias que lles permiten moverse a unha situación máis aceptable. Os datos anuncian resistencia a someternos a ese plan que nos relega a un rol que xa deixamos atrás; ante ese estado das cousas as máis novas, as máis listas, marcharán.", "text": "O Modelo Tiebout usa o termo votar cos pés, feet voting, referido aos cambios de domicilio que realizan algunhas persoas para achegarse a un lugar onde se senten ideoloxicamente cómodas, con gobernos próximos ás súas ideas, en lugar de votar ou promover o voto que faga cambiar o goberno ou as políticas do lugar de procedencia. Co tempo, este concepto tense ampliado e identifica condutas ou actuacións individuais e colectivas que mostran unha preferencia ideolóxica ou vital sen cuestionar explicitamente o marco político de fondo. Así votamos cos pés cando decidimos non mercar un produto porque estamos en desacordo coa política do país que o exporta ou da tenda que o vende, tamén cando mercamos comercio xusto e produtos locais. Actuacións que se realizan coa conciencia individual da falta de poder para mudar as cousas xunto coa decisión de non querer aceptar como son, dunha certa insubmisión. Vivimos nunha sociedade patriarcal que xera numerosas situacións que son desfavorables para nós e ante a falta de poder para mudar o estado das cousas, moitas mulleres elaboran estratexias que lles permiten moverse a unha situación máis aceptable En moitas ocasións as mulleres votamos cos pés. Vivimos nunha sociedade patriarcal que xera numerosas situacións que son desfavorables para nós e ante a falta de poder para mudar o estado das cousas, moitas mulleres elaboran estratexias que lles permiten moverse a unha situación máis aceptable. Cando a modernización-mecanización do agro fai desaparecer ou perder valor aos traballos tradicionais das mulleres labregas sen lles ofrecer un espazo protagonista nas explotacións, e tenta relegalas ao rol subordinado de ama de casa, moitas mulleres novas concéntranse en adquirir unha formación que as prepare para un traballo na cidade e vanse. Cando se produce un retorno masivo das mulleres ao emprego e os varóns non se corresponsabilizan do traballo reprodutivo e os coidados, e non hai servizos públicos que se fagan cargo, empuxando ás mulleres á dupla xornada, moitas mozas decide non casar, non criar, adiar o primeiro embarazo, reducir o seu tempo de fertilidade e ter menos descendencia. O que visto individualmente son estratexias vitais racionais e lóxicas, a reacción a condicións de vida concretas, vistas dende o colectivo, conforman variables cruciais para entender os actuais procesos O que visto individualmente son estratexias vitais racionais e lóxicas, a reacción a condicións de vida concretas, vistas dende o colectivo, conforman variables cruciais para entender os actuais procesos de deterioro da estrutura social, como o envellecemento e masculinización do rural ou devacle demográfica galega. O conflito do COF da Coruña é un chanzo mais do proceso de desmantelamento e privatización do coidado da saúde das mulleres As gafas de xénero, que nos permiten identificar estes procesos e propoñer solucións que os freen, son ferramentas imprescindibles para os gobernos: gafas de mergullo no dioivo. Permiten ver a necesidade de políticas de igualdade para saír da crise cun mínimo de dignidade. Pero este goberno reaccionario só propón ás mulleres volver ao pasado, un pasado que non queremos, que non nos ofrece mais que unha vida peor. O conflito do COF da Coruña é un chanzo mais do proceso de desmantelamento e privatización do coidado da saúde das mulleres, como foron antes a eliminación dos mamógrafos móbiles ou os cambios nas revisións xinecolóxicas; a disuasión sanitaria convirte ás pacientes en clientes. Só así se pode explicar que os seguros privados de saúde son os únicos que medran no medio da crise. O SLG advirte de que a desaparición de servizos públicos no medio rural afecta de maneira especial ás mulleres e que a paralización do desenvolvemento da lei de cotitularidade terá efecto disuasorio para a fixación de poboación no rural. Os datos anuncian resistencia a someternos a ese plan que nos relega a un rol que xa deixamos atrás; ante ese estado das cousas as máis novas, as máis listas, marcharán O informe da CIG sobre a situación laboral das mulleres galegas pon cifras ao que vemos ao noso redor, xunto co paro na industria e a construción, fundamentalmente masculino, o impacto actual da crise nos servizos públicos e privados provoca sobre todo paro e precariedade entre as mulleres que é na actualidade o que mais medra. Nos últimos anos 37500 mulleres entre 15 e 35 anos emigraron do país. Elas votaron cos pés. As que votamos cos pés estamos fartas. Os datos anuncian resistencia a someternos a ese plan que nos relega a un rol que xa deixamos atrás; ante ese estado das cousas as máis novas, as máis listas, marcharán. Se non hai futuro digno para as mulleres non hai futuro para o Pais."}
{"ID": "NOS_37333", "summary": "Fontes da investigación desbotan que sufrise unha agresión sexual. O corpo apareceu nunha pista secundaria da parroquia de Cacheiras (Teo)", "text": "O cadáver da nena de 12 anos -de orixe chinesa, adoptada por unha familia de Santiago- presenta \"evidencias\" de morte violenta, apuntan fontes próximas á investigación. O xuíz de garda de Santiago, José Antonio Vázquez Taín, personouse na zona de madrugada para proceder ao levantamento do cadáver."}
{"ID": "PRAZA_16470", "summary": "Galegas 8M, que xunta ducias de colectivos feministas de Galicia, celebra unha manifestación que chama a \"sumarse\" ao paro xeral do xoves e que reivindica a xornada \"como día de loita, logo de anos de ser utilizada como mera conmemoración\". Feijóo advirte de que o PP non utilizará o 8-M \"para sacar pancartas\" nin \"para gañar votos\" 8M: Un paro xeral para transformar a vida das mulleres", "text": "Unha manifestación unitaria do feminismo galego terá lugar este domingo 4 en Vigo, como previa e impulso da xornada histórica de folga convocada para este 8-M, Día Internacional da Muller. A marcha, descentralizada por primeira vez fóra de Compostela e co obxectivo futuro de que rote por distintas cidades de Galicia, busca difundir o paro xeral de mulleres do xoves que vén. A marcha está convocada por Galegas 8M, plataforma que xunta sobre uns trinta colectivos feministas, así como moitas mulleres a título individual, e chama a todas as que viven e están vinculadas ao país para saír á rúa só uns días antes de que se leve a cabo \"a primeira folga de mulleres feminista\" e á que chaman a \"sumarse\" a nivel \"internacional, multilingüe e intersectorial, desde as nosas realidades, experiencias e vidas diversas, para dar un paso á fronte e transformar para sempre a vida de todas\". A manifestación unitaria deste domingo en Vigo sae ás 12 do mediodía dende Vía Norte Tal e como se aclara no manifesto unitario, Galegas 8M apostan por unha xornada \"como día de loita, logo de anos de ser utilizado como mera conmemoración\" e \"rescatando este día para a loita feminista arrancándoo dos rituais institucionais nos que pretenden encerralo\". O texto reivindica as moreas de razóns polas que as convocantes chaman á folga e aposta por \"facer que este mundo sexa tamén\" das mulleres, \"máis igualitario e mais xusto!\". Cartel da manifestación e da folga de mulleres do 8M A marcha sairá dende Vía Norte (esquina Urzáiz) de Vigo ás 12 do mediodía e ten previsto a súa chegada ás 14 horas á Praza do Berbés, onde se lerá o devandito manifesto e onde haberá actuacións das batucadas galegas. Galegas 8M busca que o \"protagonismo absoluto\" da xornada sexa para as mulleres e para as organizacións feministas, polo que piden que se respecte \"unha certa orde\" que facilite esa \"visibilización\". Po riso, acordaron que en primeiro lugar da manifestación vaian os colectivos de mulleres e feministas non mixtos, para a continuación situarse as secretarías, vogalías e/ou representantes das mulleres das organizacións mixtas (sindicatos, plataformas, asociacións…). \"Pregamos aos homes que veñan pola súa conta a respectar o espazo das mulleres e situarse neste bloco mixto\", din. Vídeo da campaña de apoios á manifestación e á folga do 8M / Galegas 8M Galegas 8M anima tamén as asistentes a pasar a tarde no Berbés, onde haberá actuacións desde as 15 horas até as 18.30. Haberá un recital poético a cargo de Lupita Hard, Nuria Vil, Xina Vega, Neves Soutelo, Elvira Riveiro, Silvia Penas e Marta da Costa, co acompañamento de Señora DJ. Ademais, tocarán Su Garrido, As Punkiereteiras e As Ghatas Salvaxes."}
{"ID": "NOS_8140", "summary": "A CIG impulsa estas mobilizacións \"contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega\".", "text": "Continúan as mobilizacións para protestar pola suba do prezo da luz e denunciar o os beneficios multimillonarias das eléctricas\". Se hai pouco máis dunha semana centos de persoas tomaban parte nas concentracións convocadas pola CIG contraese escenario, é tamén agora a central nacionalista quen impulsa unha nova dinámica: unha queima pública de facturas da luz en 24 cidades e vilas da Galiza. Será o 3 de outubro, domingo, nunha dinámica que se desenvolverá en boa parte das comarcas da Galiza. Unha iniciativa, sinala o sindicato, \"contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega\". A central sindical chama a levar as facturas da electricidade para facer unha queima colectiva, simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética. O sindicato nacionalista carga contra \"a impunidade coa que actúan\" as eléctricas así como \"o nulo papel que tanto o Goberno galego como o español están a facer para garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequíbeis\". Fronte a isto, a CIG demanda o recoñecemento da enerxía como dereito fundamental e exixe políticas públicas de intervención no sector eléctrico para garantir o acceso á electricidade ao conxunto do pobo en condicións asumíbeis. Hora e data: A Coruña, 11:30h, Obelisco Lugo, 12h, Subdelegación do Goberno Cee, 11:30h diante do Concello Monforte, 12h, diante do Concello Carballo, 11:30h diante do Concello Foz, 12h, diante da Delegación de Facenda Betanzos, 11:30h, Praza García Irmáns Sarria, 12h, Praza da Vila Santiago, 11:30h, Praza Roxa Vilalba, 12h, Praza da Constitución Ribeira, 11:30h, Praza do Concello Ourense, 12h Praza do Ferro Pontevedra, 12h, Praza da Peregrina Verín, 12h, Praza do Concello Vilagarcía, 12h, Praza de Galiza O Barco, 12h, Praza do Concello A Estrada, 12h, Praza do Mercado Vigo, 12h, Farola de Urzaiz Lalín, 12h, Praza da Igrexa O Porriño, 12h, Praza do Concello Ferrol, 12h, Cantón A Guarda, 12h, Praza de Avelino Vicente (As de Copas) As Pontes, 12h, Praza do Hospital Cangas, 12h Praza do Concello"}
{"ID": "NOS_33214", "summary": "80.000 galegas e galegos de entre 16 e 29 anos marcharon ao longo da última década. O coronavirus non puido coa emigración. Malia que a pandemia limitou os movementos de poboación e mudou algunhas tendencias, un total de 21.001 persoas abandonaron a Galiza en 2020. O Estado español e o resto de Estados da UE foron os destinos de referencia.", "text": "O ritmo da emigración caeu en 2020. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), un total de 21.001 persoas deixaron a Galiza en 2020, desprazándose 14.862 delas a diversos puntos do Estado español. Madrid, con 3.130 galegos; Catalunya, con 1.878 e Andalucía, con 1.708, encabezaron a lista de territorios receptores, ficando este ano fóra do podio as Canarias, moi golpeada economicamente pola pandemia. Por outra banda, outras 6.139 galegas e galegos puxeron rumbo a outras partes do mundo, estabelecéndose na súa práctica totalidade nos destinos tradicionais da emigración galega en Europa. A diferenza con 2019 resultou significativa. Mentres nesa anualidade marcharon da Galiza 28.853 persoas, 19.778 con destino ao Estado español; a cifra minguou neste exercicio en 7.853 persoas, situándose nos números dos anos iniciais do século XXI e rachando coa tendencia iniciada tras a gran recesión. Porén, os datos de 2020 resultaron especialmente duros por coincidiren cunha crise de dimensións descoñecidas que limitou en gran medida os movementos de poboación e paralizou a actividade económica a nivel internacional. Neste sentido, a Galiza representou unha anomalía nas nacións da Unión Europea e certificou tendencias descoñecidas no país até 2009. 319.727 novos emigrantes nunha década Un total de 319.727 persoas abandonaron a Galiza na última década. Os datos recollidos no histórico do Instituto Galego de Estatística rexistraron 209.567 emigrantes entre 2010 e 2020 ao Estado español e 110.160 a outros Estados do continente europeo, incidindo, especialmente, nas franxas de poboación de menor idade, até o punto de que, nese período, marcharon máis de 80.000 mozas e mozos de entre 16 e 29 anos. A maiores, o éxodo galego presentou unhas características novas, ao producirse a expulsión de residentes nunha etapa recesiva do ciclo económico internacional, momento noutras épocas históricas de retorno de emigrantes e que explicou as alzas de poboación nos anos 30, após o crack do 29, ou nos primeiros anos oitenta, tras o estoupido da crise do petróleo de 1973. A emigración das últimas décadas partillou os destinos do éxodo galego da segunda metade do século XX. Así, a 31 de decembro de 2020 residían no Estado español 337.984 galegas e galegos, atopándose a principal colectividade en Madrid, con 78.401 persoas, seguida de Catalunya con 60.058, e situándose a unha significativa distancia Euskadi, con 39.044, Canarias, con 23.158, Castela e León, con 22.976, Asturias, con 21.895 e Andalucía, con 21.601. Neste sentido, ao longo do século XXI gañou forza como foco de atracción Madrid, fenómeno reflexado na baixa media de idade da emigración galega á capital de España e advertido en diversas investigacións elaboradas nos últimos anos. O informe Madrid, capitalidade, economía do coñecemento e competencia fiscal, elaborado en 2020 por investigadores do prestixioso Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) e coordinado polos profesores Francisco Pérez e Ernest Reig, explicou que \"o enorme poder de atracción de Madrid derívase, en boa medida, das economías de especialización e de aglomeración que goza\". Asemade, advertiu das súas consecuencias, \"influíndo no proceso de perda de poboación dos territorios do Estado\" e \"contribuíndo a drenar capital humano da maioría de rexións, ao converterse nun polo de atracción polas oportunidades derivadas da concentración en Madrid do 21% das ocupacións cualificadas de España\". Os principais destinos da emigración galega a Europa na últimas década coincidiron con aquelas nacións onde as galegas e galegos se asentaron hai máis de medio século, sumando en xullo de 2020 un total de 93.886 persoas. Suíza contaba con 33.440 residentes ao fechamento do ano 2020, situándose a continuación Francia con 17.013, seguida de Alemaña con 14.842, Reino Unido con 13.097, Portugal con 3.648, Países Baixos con 3.162, Bélxica con 2.395 e Andorra con 2.392. A emigración a Europa recibiu un importante impulso a partir de 2008, colocándose por riba das 10.000 persoas cada ano a partir de 2013 e manténdose nesas cifras até 2018. Ao tempo, a partir de 2016 evidenciouse un proceso de retorno á Galiza dunha parte desa poboación, porén segue sendo unha cifra pequena e formada maiormente por poboación en idade non activa. A historia de nunca acabar Galiza leva séculos sangrando a través da ferida aberta pola emigración. Segundo estudou o catedrático da USC Isidro Dubert, \"é unha realidade estrutural na nosa historia\", con \"cingo grandes vagas emigratorias de desigual intensidade e duración\" entre finais do século XVI e comezos do século XXI."}
{"ID": "NOS_17989", "summary": "O Goberno galego impón só a ferramenta de control telemático creada pola Consellaría de Sanidade. As distintas medidas que foi estabelecendo a Xunta nos últimos días quedan prorrogadas até o 18 de decembro após a autorización do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). As e os xuíces consideran que a decisión está xustificada polo incremento dos contaxios.", "text": "Os locais do lecer nocturno seguirán obrigados a solicitar o Certificado Covid á clientela, polo menos, até o 18 de decembro. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar este requisito para os estabelecementos de hostalaría nocturna, que só poderán validar o QR que aparece nos documentos coas aplicacións oficiais. É dicir, será preciso contar coa Passcovid da Consellaría de Sanidade.\"Esta condición introduce seguridade xurídica e certeza nas persoas encargadas de facer a comprobación e, ao mesmo tempo, disipa na persoa que exhibe o documento calquera suspicacia sobre a almacenaxe dos datos\", destacan desde a sala terceira do contencioso-administrativo para xustificar o emprego dunha única ferramenta. Ademais, o Goberno galego foi o que pediu especificamente que a verificación sexa \"exclusivamente\" en soporte telemático mediante a lectura dos códigos QR que inclúen os pasaportes, o cal entra en vigor esta fin de semana, tras a publicación desta decisión no Diario Oficial da Galiza (DOG). Con esta modificación, mantense a vixencia da exixencia do Certificado Covid para acceder aos negocios de ocio nocturno. Igualmente, haberá que presentar a documentación nos hospitais, cando unha persoa sexa acompañante ou visita dunha doente, algo que precisamente criticaba esta quinta feira o sindicato de enfermaría (Satse) no país. Controlar o risco de transmisión Os xuíces basean a súa autorización á prórroga da exixencia de exhibir os datos \"nunha tendencia epidemiolóxica de aumento de incidencia en todos os concellos da Galiza\", polo que entenden que a aplicación resulta \"xustificada e proporcionada\". A sala tamén considera a medida idónea, é dicir, eficaz para impedir a transmisión do virus, pois, segundo numerosos estudos científicos, \"a contorna de lecer en lugar fechado e o perfil de xente que acode a el, de menor idade, son factores de alta transmisión\".Mentres a Xunta expón ampliar a demanda do papel a ximnasios, hospitais de día e outras actividades fechadas, tal e como avanzou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.O TSXG lembra que a sentenza do Tribunal Supremo do pasado 14 de setembro declarou que, aínda que este tipo de demandas poden supoñer \"a limitación tenue dos dereitos fundamentais á intimidade e á igualdade\", están xustificadas e son proporcionadas \"pola concorrencia coa necesidade dunha forte salvagarda dos dereitos á vida, á integridade física e á propia saúde\". Ademais, fai referencia á recente sentenza do Tribunal Supremo, do pasado 1 de decembro, na que anula unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco denegatoria destas mesmas medidas de control de acceso a empresas do sector."}
{"ID": "NOS_42620", "summary": "A líder da oposición e portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, compareceu esta mañá diante da prensa para pedir á poboación que afronte unha desescalada de modo seguro e mais para facerlle ao executivo de Núñez Feixoo dúas propostas de cara ao levantamento das restricións sanitarias coa fin do estado de alarma.", "text": "A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, compareceu para a prensa coa obxectivo trasladarlle o seu \"recoñecemento aos galegos e ás galegas, que tiveron un comportamento exemplar\" acatando as restricións sanitarias derivadas da pandemia da Covid-19. Ana Pontón referiuse ás \"razoábeis cifras de contaxios\" que permitiron que Galiza \"sortease a cuarta vaga\" do coronavirus máis pediulle á poboación responsabilidade para afrontar \"unha desescalada segura e non botar pola borda o esforzo\" realizado nos últimos meses. A líder da oposición tamén advertiu que até o momento \"80% da poboación non ten aínda a inmunización completa\". En canto ao Goberno da Xunta, Ana Pontón dirixiuse a Alberto Núñez Feixoo para trasladarlle dúas propostas. A primeira delas en relación coa mobilidade a partir do levantamento das restricións. Pontón pediulle ao executivo que se limite a mobilidade entre os concellos, de modo que sexa libre a circulación de persoas só entre os territorios cunha mesma incidencia de contaxios. A portavoz nacional do BNG, tamén reclamou da Xunta que \"elimine a discriminación entre distintos estabelecementos hostaleiros\". Ana Pontón asegurou que desde a súa formación non se ve xustificación para que os negocios da hostalaría non teñan un mesmo horario \"e poidan traballar con seguridade, xa que son eles e elas os máis interesadas\" en que así sexa."}
{"ID": "NOS_56778", "summary": "O representante dos populares de Pontevedra, Rafael Domínguez, afirmou esta terza feira que o tempo extra na localización actual concedido polo Goberno español de Mariano Raxoi está \"mal dado\", como avala a anulación do mesmo pola Audiencia Nacional.", "text": "O presidente do PP de Pontevedra, Rafael Domínguez, vén de recoñecer esta terza feira que a prórroga que o Goberno español de Mariano Raxoi concedeu a Ence para permanecer máis tempo en Lourizán \"está mal dada\". Para iso aludiu á anulación que fixo deste tempo extra a Audiencia Nacional. \"Se a prórroga estivese ben feita non tería unha sentenza en contra\", asegurou o mandatario local do PP. \"A prórroga está mal dada, claro que si. Todos os que fixeron no Partido Popular esa prórroga fixérono mal\", insistiu \"Máis claro non podo ser\", engadiu Domínguez, que a pesar de todo insistiu en sinalar ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), como o \"máximo responsábel\" de que o proxecto industrial de Ence na cidade estea \"morto\". Malia considerar que houbo un erro por parte do PP español, o político reiterou o seu discurso sobre a culpabilidade do actual Goberno municipal porque a sentenza está \"motivada\" polo recurso presentado polo Concello e, por iso, sen el \"cincocentas familias non se irían ao paro\" co fechamento da factoría. Domínguez considerou, con todo, que \"se hai vontade política\" pódese buscar \"unha fórmula político-xurídica\" para amparar a continuidade da pasteira na ría de Pontevedra creando un \"marco legal\". En caso contrario, entende que será a cidade de Pontevedra \"a que perda\" porque considera que \"a fábrica se fechará e non se van a recuperar os terreos\", como se está a ver co \"caso de Elnosa\". O popular secundou as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sobre o bo recibimento a unha segunda industria deste tipo na Galiza. \"Parece que é unha contradición\", considerou, posto que o seu partido defende que o traslado de Ence non é posible ao carecer o país de terreos adecuados para construír unha planta nova. \"Dinme que a segunda pasteira non ten as necesidades de auga que ten Ence, pero eu non o sei\", matizou."}
{"ID": "NOS_584", "summary": "Son cifras dadas a coñecer nun informe elaborado por Amnistía Internacional a partir de datos de ACNUR, da Axencia da ONU para a Axuda aos Refuxiados Palestinos, de gobernos e ONG.", "text": "Como exemplo, o Líbano e Irlanda teñen unha poboación similar, por volta de 4.5 millóns de habitantes. A economía irlandesa é cinco veces maior do que a do Líbano mais mentres este país acolle 1.1 millóns de refuxiados Irlanda só 768. Nova Zelandia, con poboación similar e unha superficie de 268.000 km2, mais unha renda per cápita de 42.000 dólares ano, acolle 250. Só 10 dos 193 países do mundo albergan máis da metade das persoas refuxiadas. Uns poucos países vense obrigados a facer moito máis do que lles corresponde, simplemente, pola súa proximidade a zonas de crises. \"Esta situación é intrinsecamente insustentábel e aboca a un sufrimento e miseria intolerábeis os millóns de persoas que foxen da guerra e a persecución en países como Siria, Sudán do Sur, Afganistán e Iraq\", afirma o secretario xeral de Amnistía Internacional, Salil Shetty para continuar \"É hora de que os líderes establezan un debate serio e construtivo sobre o modo en que a nosa sociedade axudará as persoas que se ven obrigadas a abandonar os seus fogares por mor da guerra e a persecución\" O mundo rescata bancos, desenvolve novas tecnoloxías e participa en guerras, mais é incapaz de ofrecer un fogar seguro a 21 millóns de persoas refuxiadas, 0,3 % da poboación mundial. Unha crise para alén do Mediterráneo A crise de refuxiados non se limita ao Mediterráneo. En todo o mundo, as vidas das persoas refuxiadas corren perigo, xa sexa en embarcacións abarrotadas, vivindo en condicións abxectas, con risco de sufrir explotación ou emprendendo perigosas viaxes nas que están a mercé de contrabandistas e grupos armados. Os líderes mundiais deben establecer un sistema xusto de repartición da responsabilidade de as socorrer \" declarou Salil Shetty. O informe incide na apremiante necesidade de os gobernos aumentaren substancialmente o número de persoas refuxiadas que reciben e documenta o drama dos refuxiados en todos os continentes. Devolucións a zonas de conflito Un crecente número de persoas refuxiadas foxen a Paquistán e Irán desde Afganistán debido á intensificación do conflito. Os refuxiados afgáns en Paquistán sofren unha fustigación cada vez maior por parte das autoridades, que xa obrigaron a máis de 10.000 persoas a regresaren a un país devastado pola guerra. En Kenia, as persoas refuxiadas no campo de Dadaab reciben presións para regresar a Somalia. O goberno pretende reducir en 150.000 persoas a poboación de refuxiados do campamento ao finalizar 2016. Máis de 20.000 refuxiados somalís provenientes de Dadaab volveron a Somalia. Máis de 75.000 persoas refuxiadas que foxen de Siria atópanse atrapadas na fronteira con Xordania nunha estreita franxa de deserto . Abusos e violacións para manter a xente fóra No sueste asiático, persoas refuxiadas e solicitantes de asilo de etnia rohingya procedentes de Myanmar viven co temor constante de seren detidas, recluídas, perseguidas e, nalgúns casos, devoltas. Nos centros de detención de Malaisia, os rohingya e outros refuxiados e solicitantes de asilo soportan duras condicións e corren perigo de sufriren enfermidades, abusos sexuais e físicos e mesmo a morte por falta de atención médica adecuada. O informe de AI acusa algúns países da Unión Europea, e a Australia, de empregaren \"abusos e violacións sistémicos dos dereitos humanos como ferramenta política\" para manter fóra á xente. En xullo de 2016, Amnistía Internacional concluíu que os 1.200 homes, mulleres, nenos e nenas que permanecen recluídos no centro de detención de Nauru, fóra do territorio de Australia, sofren abusos graves, trato inhumano e neglixencia. A Unión Europea está a tratar de pechar escuros acordos con Libia e Sudán, entre outros países, para limitar os fluxos de persoas refuxiadas e migrantes. As persoas refuxiadas sofren abusos xeneralizados nos centros de internamento de estranxeiros, onde son recluídas de maneira ilexítima, sen acceso a asistencia letrada, tras ser interceptadas pola garda costeira libia ou detidas por grupos armados e axentes de seguridade. Enfrontados a perigosas viaxes Desde xaneiro de 2014 até xuño de 2015, o ACNUR rexistrou no sueste asiático 1.100 mortes no mar, a maioría delas de refuxiados rohingyas, aínda que é probable que a cifra sexa moito maior. En 2015, máis dun millón de persoas refuxiadas e migrantes chegaron a Europa por mar; témese que case 4.000 morresen afogadas. Nos primeiros nove meses de 2016 xa houbo máis de 3.500 vítimas mortais. Mulleres que atravesaron Libia contaron que nas rutas de tráfico de persoas as violacións son tan habituais que, antes de emprenderen a viaxe, toman pastillas anticonceptivas para evitar quedar embarazadas. Refuxiados e migrantes denunciaron que os contrabandistas mantéñenos cativos para extorsionar as súas familias pedíndolles un rescate. Téñenos en condicións deplorables e, a miúdo, de auténtica miseria, privados de comida e auga e golpeados. As persoas refuxiadas e migrantes que foxen da crecente violencia no Triángulo Norte de Centroamérica son obxecto de secuestros, extorsión, agresións sexuais e homicidios na súa viaxe cara á fronteira de Estados Unidos a través de México. Europa, o lugar máis estable e rico do mundo Hai algún tempo, Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, afirmou, no Discurso sobre o estado da UE, que é necesario acoller os refuxiados para ter \"máis Europa e máis unión\" para a continuación indicar que \"os europeos non podemos esquecer o importante que é o dereito ao asilo, un dos valores máis importantes que existen. A pesar da nosa fraxilidade, da nosa propia percepción de debilidade, hoxe é Europa a que buscan como lugar para o refuxio e o exilio. Europa é, con moito, o lugar máis estable e rico do mundo\" Mais unha cousa son as palabras e outra os feitos, como podemos ver. Ao lugar máis estable e rico do mundo non lle interesan nin refuxiados nin migrantes. Fonte: Amnistía Internacional/ Elaboración propia"}
{"ID": "NOS_55499", "summary": "Rotas as negociacións entre empresa e sindicato a ameaza de feche da dirección colle cada vez máis forza.", "text": "Esta cuarta feira dirección e UXT deron por rotas as negociacións en torno a Sargadelos embora os intentos de emdiación do Consello galego de relacións laborais e esta sexta feira hai asemblea de traballadores para revogar unha delegada de UXT. Dos 49 despedimentos anunciados a mediados de agosto polo administrador único, Segismundo García, xa se levaron a cabo case a metade. A UXT pide a intervención da Xunta e a dirección da empresa reitera ameaza de fechamento da emblemática factoría. Son días de preocupación e incerteza nos que parece que todo o que poida saír mal, sairá mal. E ese non é o mellor dos escenarios para saír da problemática actual. O sindicato socialista insiste en que a actitude de García é propia dun empresario do século XIX e que hai propostas que fai que non son legais. Este, o administrador único, carga contra o sindicato ao que responsabiliza da situación da empresa. Desde UXT sitúan a orixe deste conflito cando \"O Amo\", como designan a García, obrigou os empregados e empregadas a traballar media hora diaria máis e sen remunerar. Esta traballadora opúxose e foi despedida. Denunciou na xustiza e gañou: a empresa tivo que readmitila e indemnizala. Segismundo García, mariñao, tivo negocios en diversos campos, desde a construción e hotelería até nunha cadea de droguerías con presenza na Mariña e o Navia asturiano. O agora administrador único foi o maior accionista individual -20% da propiedade- e quen se opuxo a aquel proxecto de Isaac Díaz Pardo a inicios de século de concentrar a propiedade e dirección de todas as empresas do grupo nunha Fundación, que tería 51% das accións de todas"}
{"ID": "PRAZA_10524", "summary": "Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas fóronse facendo públicos os organigramas dos concellos, que a lei obriga a ter listos como máximo 30 días despois da investidura dos alcaldes e alcaldesas", "text": "Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas fóronse facendo públicos os organigramas dos concellos, que a lei obriga a ter listos como máximo 30 días despois da investidura dos alcaldes e alcaldesasUnha vez investidos os alcaldes e alcaldesas o pasado 15 de xuño, a lei establece que \"dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva, o alcalde convocará a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan precisas\" para aprobar cuestións como a periodicidade de sesións do Pleno, o nomeamento de representantes da Corporación nos órganos colexiados nos que deba estar representada ou informar dos seus nomeamentos de tenentes de alcalde, membros da comisión de goberno e delegacións de áreas de goberno, así como establecer os soldos e organización interna de cada Concello.Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas os alcaldes e alcaldesas das sete cidades galegas foron facendo públicos os organigramas dos seus gobernos, que quedan así configurados:VigoA amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permítelle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao ConcelloEn Vigo a amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permítelle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao Concello. A primeira xunta de goberno celebrouse ao luns seguinte á investidura como alcalde con este reparto de responsabilidades:Abel Caballero, alcaldeCarmela Silva, primeira tenente de alcalde e área de Patrimonio HistóricoJavier Pardo, segundo tenente de alcalde e áreas de Fomento ou Vías e Obras, Servizos, Limpeza, Transportes e AugaElena Espinosa, terceira tenente de alcalde e áreas de Economía, Seguridade e Réxime InteriorMaría José Caride, cuarta tenente de alcalde e áreas de Urbanismo e TerritorioAbel Losada, áreas de Cultura, Emprego e Participación CidadáAna María Mejías, áreas de I+D e Dinamización AdministrativaCarlos López Font, portavoz e coordinador do goberno localJaime Aneiros, área de FacendaManel Fernández, área de DeportesYolanda Aguiar, áreas de Política Social e Candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da HumanidadePatricia Rodríguez, áreas de Contratación, Patrimonio e Xestión MunicipalÁngel Rivas, áreas de Parques e Xardíns, Comercio e Festas especiaisNuria Rodríguez, área de Medio AmbienteGorka Gómez, áreas de Xuventude e EducaciónUxía Blanco, áreas de Igualdade e Normalización LingüísticaMaría Lago, áreas de Festas e TurismoOs concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas e Ana Laura Iglesias, sen área asignada, son tamén deputados provinciais, xunto con Carlos López Font, Gorka Gómez e Carmela Silva, esta última presidenta da institución.A CoruñaNa Coruña Marea Atlántica e BNG garantiron a investidura da socialista Inés Rey con independencia do que pasase nas posteriores negociacións sobre o goberno local, que finalmente asumiu o PSdeG en solitarioNa Coruña Marea Atlántica e BNG garantiron a investidura da socialista Inés Rey con independencia do que pasase nas posteriores negociacións sobre o goberno local ou a organización do Concello. Finalmente tras asinar acordos programáticos con Marea Atlántica e BNG, a socialista gobernará en solitario con este reparto de áreas. Inés Rey, alcaldesa e áreas de Barrios, Seguridade Cidadá e Normalización LingüísticaJosé Ignacio Borrego, primeiro tenente de alcalde e área de DeportesYoya Neira, segunda tenente de alcalde e áreas de Servizos Sociais, Igualdade e Participación CidadáEsther Fontán, terceira tenente de alcalde e áreas de Medio Ambiente e SostibilidadeEva Martínez, cuarta tenente de alcalde áreas de Innovación, Industria, Emprego e ConsumoJosé Manuel Lage, portavoz e áreas de Economía, Facenda e Réxime InteriorJuan Manuel Díaz Villoslada, áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e MobilidadeJesús Javier Celemín, áreas de Educación, Cultura e Memoria HistóricaDiana Cabanas, áreas de Turismo, Comercio e Festas, co Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)OurenseO ex-alcalde Jesús Vázquez non terá ningunha área de goberno no bipartito de PP e Democracia OurensanaEn Ourense o bipartito de Democracia Ourensana e PP repartiu o pasado 26 de xuño as áreas de goberno, entre as que non figura ningunha para o ex-rexedor popular Jesús Vázquez, que compaxinará o seu posto de edil co de senador. Gonzalo Pérez Jácome (DO), alcalde e áreas de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de InformaciónJorge Pumar (PP), tenente de alcalde e áreas de Medio Ambiente, Perímetro Rural e Cooperación InstitucionalMiguel Caride (DO), áreas de Infraestruturas, Augas, Mobilidade e TransportesArmando Ojea (DO), área de Recursos HumanosMario González (DO), área de CulturaMaría Terresa Rodriguez (DO), áreas de Educación, Promoción Económica e EmpregoAna Isabel Rebanales (DO), áreas de Seguridade Cidadá e ComercioSonia Ogando (PP), área de UrbanismoEugenia Díaz (PP), área de Política SocialAna Fernández (PP), área de FacendaMario Guede (PP), área de DeportesFlora Moure (PP), áreas de Participación Cidadá, Turismo, Termalismo, Xuventude e VoluntariadoLugoEn Lugo PSdeG e BNG divulgaron antes da investidura o pacto de goberno e nos días posteriores foron conformando a estrutura do gobernoEn Lugo PSdeG e BNG divulgaron antes da investidura o pacto de goberno e nos días posteriores foron conformando esta estrutura de goberno local:Lara Méndez (PSdeG), alcaldesa e áreas de Seguridade e Novas TecnoloxíasMiguel Fernández (PSdeG), portavoz e áreas de Deportes e Medio RuralÁlvaro Santos (PSdeG), coordinador da área de Desenvolvemento Local SostibleMiguel Couto (PSdeG), área de Urbanismo SostibleMauricio Repetto (PSdeG), áreas de Desenvolvemento Local e EmpregoAna González (PSdeG), coordinadora de Cohesión Social, áreas de Muller, Igualdade e XuventudeOlga López (PSdeG), áreas de Benestar, Inclusión e Terceira IdadePaula Alvarellos (PSdeG), áreas de Economía e Recursos HumanosRubén Arroxo (BNG), primeiro tenente de alcalde e áreas de Mobilidade e InfraestruturasMaite Ferreiro (BNG), áreas de Cultura, Turismo e Promoción da LinguaCristina Fernández (BNG), áreas de Participación e Servizos para a Veciñanza (mercado e cemiterio)Alexandre Penas (BNG), área de Infraestruturas UrbanasFelipe Rivas (BNG), áreas de Educación e Difusión do CoñecementoPontevedraEn Pontevedra BNG e PSdeG divulgaron antes mesmo da investidura de Lores como alcalde o seu pacto de goberno e o reparto de áreasO goberno local formado por BNG e PSdeG fixo público antes mesmo da investidura de Lores como alcalde non só o seu acordo de goberno senón tamén o reparto de áreas. Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), alcaldeAgustín Fernández (PSdeG), primeiro tenente de alcalde e áreas de Educación, Deportes e SaúdeAnabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de FondosAnabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de Fondos Edusi e Grandes Eventos DeportivosXaquín Moreda (BNG), áreas de Urbanismo e Patrimonio HistóricoDemetrio Gómez (BNG), áreas de Obras Urbanas e Transporte PúblicoCésar Mosquera (BNG), áreas de Ordenación do Territorio e InfraestruturasCarme da Silva (BNG), Patrimonio Municipal e AugaEva Vilaverde (BNG), área de Espazos Públicos UrbanosRaimundo González (BNG), áreas de Economía, Facenda, Persoal e ResiduosPaloma Castro (PSdeG), áreas de Benestar e IgualdadeGloria Blanco (PSdeG), áreas de Promoción Económica, Turismo e UniversidadeIván Puentes (PSdeG), áreas de Desenvolvemento Sostible e Medio RuralSantiagoInvestido como candidato máis votado sen lograr maioría, Bugallo está disposto a gobernar Santiago en minoría e ao luns seguinte da investidura xa repartiu as áreas de gobernoEn Santiago o socialista Xosé Sánchez Bugallo foi investido alcalde por ser o candidato máis votado, pero sen lograr maioría. Malia a iso, está disposto a gobernar en solitario e ao luns seguinte á súa investidura xa fixo pública a composición do seu goberno:Xosé Sánchez Bugallo, alcalde e áreas de Promoción Económica, Emprego, Comercio e MercadosMercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e áreas de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción CulturalGumersindo Guinarte, segundo tenente de alcalde, Delegado do Ano Santo 2021 e áreas de Presidencia, Relacións Institucionais e TurismoMilagros Castro, terceira tenente de alcalde e áreas de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e XardínsGonzalo Muíños, cuarto tenente de alcalde e áreas de Mobilidade, Seguridade Cidadá e FestasMarta Abal, quinta tenente de alcalde e áreas de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración LocalJosé Manuel Pichel, área de Medio RuralNoa Díaz, áreas de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas LingüísticasJosé Javier Fernández, áreas de Centros Socioculturais, Barrios e ObrasEsther Pedrosa, áreas de Deportes e Benestar AnimalFerrolFerrol foi a última cidade en ver repartidas as súas áreas de goberno, que serán asumidas en solitario polo PSdeGA última cidade galega en ver repartidas as súas áreas de goberno foi Ferrol este venres despois de que, como na Coruña, o PSdeG confirmase que gobernará en solitario tras ser quen de chegar a acordos programáticos con outras formacións de esquerda pero sen integralas nun goberno conxunto.Ángel Mato, alcaldeAntonio Golpe, primeiro tenente de alcalde e áreas de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e FestasMaría Teresa Deus, segunda tenente de alcalde e áreas de Economía, Facenda, Patrimonio, Promoción Económica, Estatística, Fondos Edusi e Recursos HumánsJulián Reina, áreas de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda, Rehabilitación, Contratación e Recursos InformáticosGermán Costoya, áreas de Seguridade, Tráfico, Mercados e Benestar AnimalEva Martínez, áreas de Benestar Social e Patrimonio HistóricoAna Lamas, áreas de Servizos, Obras, Medio Ambiente e Zona RuralCristina Prados, áreas de Muller, Xuventude e Normalización Lingüística"}
{"ID": "NOS_9885", "summary": "A saída neta de capitais en 2012, sen contar as operacións do Banco de España, foi de 179.221 millóns de euros, case dúas veces e media máis que no ano anterior", "text": "A mediados do ano pasado, o propio FMI alertaba de que no Estado español estaba a se dar unha fuga de capitais \"a grande escala\". O Fondo Monetario Internacional calculaba en 220.000 millóns de euros os que terían saído entre xullo de 2011 e de 2012. Os datos que agora veñen de coñecerse indican que a saída neta de capitais en 2012, sen contar as operacións do Banco de España, foi de 179.221 millóns de euros, case dúas veces e media máis do que no ano anterior, cando fora de case 73.400 millóns de euros. Segundo os datos da balanza de pagos que fixo públicos o Banco de España, as fuxidas de capitais producíronse de xaneiro a agosto, cun récord en marzo de 66.125 millóns de euros, mentres que desde setembro até decembro se rexistaron entradas netas mensais. Alén disto, en decembro de 2012 entraron no Estado español 18.676 millóns de euros, fronte ás saídas de capital de 32.454 millóns."}
{"ID": "PRAZA_9498", "summary": "O presidente popular, que o 1 de marzo de 2009 gañaba as súas primeiras eleccións autonómicas, leva unha década minimizando sentenzas que constatan todo tipo de ilegalidades cometidas na Xunta durante o seu mandato", "text": "Tras atribuír ao bipartito que o precedeu desde prevaricación ata mortes por incendios forestais, o presidente popular, que o 1 de marzo de 2009 gañaba as súas primeiras eleccións autonómicas, leva unha década minimizando sentenzas que constatan todo tipo de ilegalidades cometidas na Xunta durante o seu mandatoTráfico de influencias, negociacións prohibidas a funcionarios, suborno, vulneración dos dereitos laborais, abuso de dereito, desviación de poder, comportamento malicioso. Todas esas ilegalidades, varias delas delitos, veñen sendo constatadas en numerosas sentenzas xudiciais emitidas contra a Xunta ou cargos do Goberno galego desde que hai agora dez anos, o 1 de marzo de 2009, Alberto Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións autonómicas. El, que durante a súa longa campaña para derrubar o bipartito precedente atribuíulle desde prevaricación ata mortes por incendios forestais, leva unha década minimizando as ilegalidades cometidas baixo a súa presidencia ou xustificando que a propia Xunta non as persiga. A súa estratexia neste tempo é a de tratar as sentenzas como se fosen críticas partidistas da oposición e mesmo lamentar que os medios de comunicación publiquen as condenas contra a Xunta pero non as veces en que os tribunais din que cumpriu coa súa obriga e actuou como debía. A condena máis significativa nestes dez anos contra cargos do Goberno galego foi a do caso Campeón de corrupción arredor do empresario lucense Jorge Dorribo. Tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios son os delitos polos que foron condenados, por axudar a Dorribo, o daquela deputado autonómico do PP Pablo Cobián, o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Joaquín Varela de Limia, e o subdirector de Información Especializada dese mesmo ente dependente da Consellería de Economía, Carlos Silva. No caso Campeón o propio Feijóo avalou que a Xunta non acusase aos tres cargos políticos malia si pedir penas contra os outros nove empresarios tamén implicados e fronte ao criterio da Fiscalía de actuar contra todos eles. Tempo despois, o presidente mesmo chegou a facer un recoñecemento público e expreso ao director do Igape condenado.Feijóo avalou que a Xunta non acusase a cargos públicos que acabaron condenados por corrupciónA Xunta tampouco acusou a un dos dous técnicos da Consellería de Cultura e da entidade xestora do Xacobeo condenados por suborno nunha trama de corrupción con arte sacra rehabilitada con fondos públicos, o denominado caso Retablo, con centos de miles de euros polo medio. O caso saldouse coa aceptación por parte da Xunta dun acordo polo que os dous técnicos autonómicos condenados viron rebaixadas as súas penas a multas de só 2.000 e 720 euros respectivamente. \"Delinquir non sae barato\", valorou Feijóo esas condenas.Feijóo tamén avalou que tampouco formule acusación a Xunta, que non está nin persoada na causa, no caso Cela, pendente de xuízo, no que están acusados de malversación de cartos públicos autonómicos na fundación do premio Nobel a súa viúva, Marina Castaño, así como o ex-conselleiro popular Dositeo Rodríguez, a filla deste e o ex-xerente da entidade, dependente da administración autonómica e polo tanto considerados a eses efectos os acusados como \"funcionarios públicos a efectos penais, por desempeñar funcións nunha fundación do sector público\". A renuncia da Xunta a perseguir delitos persoándose nas causas ou formulando acusación contra cargos autonómicos súmase ás reticencias do Goberno galego ao longo da última década a que se cree unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia.O Tribunal Superior chegou a atribuír á Xunta un comportamento \"malicioso\" ao vulnerar o dereito de folgaMáis alá dos rechamantes delitos de corrupción, é habitual que as administracións públicas sexan condenadas por irregularidades na xestión do seu persoal. Non é tan habitual que as sentenzas atribúan a esas ilegalidades unha intencionalidade. Pero así o fixo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao considerar que o Goberno galego actuara de xeito \"malicioso\" ao fixar servizos mínimos da folga feminista do 8 de marzo do pasado ano.O tribunal reprochou á Xunta que veña vulnerando de xeito recorrente o dereito de folga, con numerosas sentenzas que así o certifican. Porén, a resposta de Feijóo foi restar importancia a esas sentenzas e lamentarse de que sexan noticia as condenas á Xunta pero non as veces en que os tribunais certifican que actúa como está obrigada.A Xustiza condenou á Xunta pola morte de dous brigadistas en 2010 despois de que Feijóo criticase ao bipartito dicindo que co anterior goberno popular \"non morría xente nos incendios\"As condenas á Xunta na última década por cuestións laborais chegaron ao punto de establecer, no caso da morte en 2010 de dous brigadistas nun incendio forestal, a existencia de \"relación de causa a efecto\" entre a actuación da administración autonómica, que tardara en desprazar á zona unha motobomba, e o falecemento dos dous traballadores. Dous anos e medio antes, na oposición, o propio Feijóo cargara contra a Xunta de PSdeG e BNG: \"Con nós non morría xente nos incendios\". \"Conxura\", \"maquinación\" ou \"abuso de dereito raiano na prevaricación\" son algunhas das expresións empregadas polos xuíces en condenas contra actuacións da Xunta en materia funcionarialSen chegar a esa gravidade, no seu trato cos seus traballadores a Xunta vén acumulando sentenzas por todo tipo de discriminacións, desde probas de acceso á función pública resoltas de xeito \"discrecional\" ata despedimentos nos que os tribunais ven unha intencionalidade espuria máis alá de irregularidades administrativas. Unha \"conxura\" e \"maquinación\" dun tribunal para amañar unhas oposicións ou o despedimento dunha traballadora cun \"abuso de dereito raiano na prevaricación\", segundo as expresións empregadas polos xuíces, son algúns dos exemplos nese eido.\"Evidente mostra dun nepotismo que, lonxe de perder arraigo, parece reforzarse\", viu o TSXG na Xunta ao crar unha praza para a cuñada dunha alto cargoO pasado outubro o TSXG chegou a apreciar na Consellería de Educación unha \"evidente mostra dun nepotismo que, lonxe de perder arraigo na administración pública, parece reforzarse\". Así o sentenciou ao anular unha praza que a consellería creara \"ad hoc\" para beneficiar a unha cuñada da secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. En varias decisións administrativas os tribunais atoparon desviación de poderNese e noutros moitos casos de discriminación ou favoritismo con funcionarios os tribunais veñen sentenciando que existiu desviación de poder. O mesmo que considerou o TSXG que existiu con outras decisións administrativas do Goberno galego adoptadas en reunións presididas polo propio Feijóo como a de intentar legalizar milleiros de vivendas ilegais en Barreiros con obras sufragadas con cartos autonómicos porque non as acometeran os promotores privados. Tamén desviación de poder atopou un tribunal aínda máis alto, o Supremo, na decisión de paralizar en 2009 autorizacións de parques eólicos outorgados polo bipartito.Un xuíz considerou \"un fracaso estrepitoso do sistema\" que o Sergas puxese en risco a vida dunha muller por un aborto terapéutico que derivou a Madrid e polo que Feijóo acabou pedindo \"desculpas\"E igual que no eido laboral a Xunta recibiu sentenzas que van máis alá de constatar irregularidades administrativas, tamén no eido social e sanitario o Goberno galego foi condenado na última década por actuacións que para os xuíces superan o que se podería considerar un erro médico. Iso podería ser o que houbo nun primeiro momento no caso dunha paciente cuxa vida o Sergas puxo en perigo e mandou a Madrid para un aborto terapéutico no que perdeu o útero. \"Lentitude, falta de reflexos, ignorancia, inoperancia, ineficacia temeraria e falta de sensibilidade\" son algunhas das palabras que empregou o xuíz na condena, pero deixando claro que o reproche ía máis alá dos facultativos que atenderon á muller e sinalando que \"o Sergas desenténdese da situación da recorrente e derívaa a Madrid, para que resolvan alí a embarazosa situación, para que se zafen alí do problema\". \"Representa un fracaso estrepitoso do sistema\", concluía o xuíz nun caso no que o propio Feijóo acabou pedindo \"desculpas\" en público.Se nese caso a Xunta foi condenada por non actuar, tamén hai sentenzas contra ela por excederse nas súas actuacións. É o caso dunha condena ao Goberno galego por rebaixar a dependencia dun home que pedira revisala á alza. O TSXG criticou que ante a petición do dependente a Xunta actuase \"en manifesto prexuízo\" del e lle rebaixase o grao de dependencia en lugar de limitarse a negarlle a revisión. O home acabou falecendo antes de que o tribunal lle dese a razón fronte á Xunta.Noutros casos, sentenzas xudiciais que non condenan á Xunta de xeito expreso si constatan diversas eivas no funcionamento do Goberno galegoAdemais destas e outras moitas condenas, numerosas sentenzas emitidas nos últimos anos constatan, malia non condenar á Xunta de xeito expreso, diversas irregularidades cometidas polo Goberno galego. Foi o caso do arquivo da imputación por prevaricación que pendeu sobre o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, polo xeito en que encargou a dedo a unha empresa o servizo de helicópteros contra incendios sen ningún tipo de contrato polo medio, unha máis das diversas irregularidades detectadas neses servizos polo Consello de Contas, o ente independente de fiscalización da Xunta. O xuíz ratificou que o procedemento fora ilegal pero non viu delito de prevaricación, que require unha intencionalidade, porque non apreciou \"capricho\" na actuación do alto cargo.Do mesmo xeito, numerosas sentenzas veñen evidenciando a incapacidade da Xunta de prestar unha atención adecuada ás máis de 3.000 persoas adultas que tutela a través da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), con só 23 traballadores. Tutelados que exercen a mendicidade e mesmo un que cometeu un asasinato, desvío de responsabilidades propias a outras administracións ou entidades sociais, ou relacións laborais conflitivas no seu seo son algunhas das eivas do funcionamento da Funga que veñen poñendo en evidencia os tribunais nos últimos anos. En moitos deses casos, reflicten as sentenzas, a Xunta nin se persoou nos procedementos xudiciais."}
{"ID": "PRAZA_3568", "summary": "Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polas autoridade e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.", "text": "\"En principio, todo nos fai pensar que isto se vai xeneralizar, aínda que é posible que en Galicia aínda tarde máis que en lugares como Madrid ou Barcelona\"En Galicia hai xa máis de 40 persoas infectadas polo coronavirus e no conxunto do Estado o número de casos conformados sumar os dous mil, mantendo un crecemento que continuará nos vindeiros días. Ademais da atención sanitaria emprestada polo sistema público de saúde, as autoridades levan tempo emitindo recomendacións para control da enfermidade que pasan por limitar o contacto físico, extremar a hixiene e evitar as aglomeracións de xente, unhas recomendacións que se concretaron en medidas e prohibicións este martes.Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polo Goberno español e galego e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.\"É clave que sexamos todos moi corresponsables para manter unha certa distancia social. Hai determinados actos que todos podemos facer e que van axudar a limitar a expansión da enfermidade\"Que valoración se pode facer da situación actual en Galicia? O número de casos é reducido pero aumenta cada día de forma importante. Que podemos esperar para as vindeiras semanas?En Galicia os datos que temos ata agora dinnos que non existe transmisión comunitaria. Temos varios casos que chegaron de fóra e que algúns infectaron a outras persoas, pero non existen focos descontrolados. Isto é o que sabemos ata agora. Como evolucionará? En principio, todo nos fai pensar que isto se vai xeneralizar, aínda que é posible que en Galicia aínda tarde máis que en lugares como Madrid ou Barcelona, simplemente polo menor movemento de persoas. Pero o número de casos, tamén aquí, vai ser moi superior ao actual.\"Entendo que as medidas son razoables. Non axuda que o resto da poboación entremos nun debate público a facer máis consideracións sobre o tema\"Estamos aínda en fase de contención. É posible frear a propagación da enfermidade poñendo en práctica as medidas suxeridas pola administración?É clave que neste momento todo o mundo se conciencie e que sexamos todos moi corresponsables para manter unha certa distancia social. Hai determinados actos que todos podemos facer e que van axudar a limitar a expansión da enfermidade. Por exemplo, debemos evitar dar a man, optando por un tipo de saúdo, digamos, á xaponesa; debemos evitar tocarnos a cara; debemos lavar as mans continuamente, e facelo de forma concienciuda (hai infografías publicadas que explican como facelo correctamente); debemos evitar as aglomeracións de persoas. Creo que é importante facer fincapé na responsabilidade individual ligada ao tempo libre. No horario laboral moitas veces podemos ter pouco control e dependemos do que decida a empresa sobre o teletraballo e demais, pero no tempo de ocio podemos facer eleccións. Procuremos saír menos, evitar os lugares públicos, estar máis en casa, se non é necesario non viaxemos... O coronavirus vai chegar, pero todo isto vai contribuír a atrasar a súa chegada.\"O coronavirus vai afectar a moitísima xente, a millóns de persoas en todo o mundo. Os datos tamén nos din que finalmente a mortalidade non superará un valor que quizais non chegue ao 1%\"As medidas de prevención e control adoptadas ata o momento en España e en Galicia son as axeitadas? Deberían ser máis drásticas? Deberían ter chegado antes?Entendo que as medidas adoptadas son razoables. Non teño a menor dúbida de que as decisións están sendo adoptadas baseándose nos criterios ditados por persoas expertas, epidemiólogos ou virólogos. Por iso creo que non axuda que o resto da poboación entremos nun debate público a facer máis consideracións sobre o tema. Os matices que consideremos que poida haber debemos en todo caso trasladalos nos foros adecuados e non abrir un debate público. Non é responsable facer ruído, o responsable é comunicarlle á poboación o que sabemos e trasladarlle o que a xente pode facer para minimizar o risco e beneficiar o ben común.Sería aconsellable o peche dos centros de ensino en Galicia?Pode que nalgún momento se decidan pechar o centros de ensino ou non. É unha medida que tería os seus pros e os seus contras, sobre todo no caso dos colexios, porque se mandamos os nenos para casa ao final acabarán estando cos avós, e isto pode ser perigoso. Pero esta decisión tomarase en función da situación que exista nese momento, e deberemos aceptala e entender por que se fai.\"O que pretendemos é que ese incremento de casos, esa curva, sexa o menos pronunciada posible. Todo o que sexa gañar tempo permitirá que o noso sistema sanitario non faga crac\"Nos últimos días estase incidindo na necesidade de incidir nas medidas de control e prevención para frear no posible a chegada da enfermidade e, sobre todo, evitar que as infeccións se produzan de golpe, o que podería provocar unha saturación do sistema sanitario. Esa é a gran batalla nestes momentos?Claro, o que pretendemos é que ese incremento de casos, esa curva, sexa o menos pronunciada posible. Todo o que sexa gañar tempo permitirá que o noso sistema sanitario non faga crac. Temos que ser conscientes de que o coronavirus vai afectar a moitísima xente, a millóns de persoas en todo o mundo. Os datos tamén nos din que finalmente a mortalidade non superará un valor que quizais non chegue ao 1%. \"A unha persoa de 30 anos se cadra non lle preocupa demasiado infectarse porque a enfermidade non vai ter efectos graves para ela, pero se despois chega a casa da súa avoa e a contaxia, esa muller si pode estar en risco\"Polo de agora case todos os países están amosando unhas porcentaxe semellantes de mortes pola enfermidade, un 5% de ingresados en UCI e un 80% de persoas que non presentan síntomas ou que presentan síntomas moi leves. Que consecuencias ten isto?Estes datos teñen unha dobre lectura. Por unha banda, unha moi positiva: o coronavirus é pouco mortal e só obriga á hospitalización nuns poucos casos. Pero tamén unha máis problemática: vai haber moitísimas persoas que estean transmitindo a enfermidade e que non se enteren de nada, porque nin saberán que están infectados. Isto non ocorría do SARS ou co MERS, os coronavirus previos, porque unha porcentaxe altísima presentaba síntomas evidentes. Aínda non coñecemos exactamente o índice de letalidade porque ata agora as cifras que se manexan parten das persoas que foron tratadas, pero como digo pode haber moitas que xa padeceron o coronavirus e non foron conscientes. Polo tanto. ao final a porcentaxe de mortes será menor, un pouco por debaixo do 1% probablemente. Con todo, o 1% de varios millóns é un número importante, sobre todo en determinados colectivos, como persoas inmunodeprimidas ou persoas maiores, nas que a letalidade é moi superior. Hai que extremar as precaucións coas persoas de maior idade?Si, por isto debemos ser todos moi responsables. A unha persoa de 30 ou 40 anos se cadra non lle preocupa demasiado infectarse porque a enfermidade non vai ter efectos graves para ela, pero se despois chega a casa da súa avoa e a contaxia, esa muller si pode estar en risco.\"A priori, a moitas variedades deste tipo de virus non lles senta ben a radiación solar e a suba das temperaturas. Pero non sabemos exactamente que vai pasar e polo tanto non o podemos asegurar\"O final do inverno vai axudar a frear o coronavirus?Esta cuestión é moi importante, pero de momento non temos datos suficiente para afirmar algo con rotundidade, nun sentido ou outro. A priori, a moitas variedades deste tipo de virus non lles senta ben a radiación solar e a suba das temperaturas e estase traballando en parte con esta hipótese. Pero non sabemos exactamente que vai pasar e polo tanto non o podemos asegurar.Nunha sociedade avanzada coma a nosa estamos afeitos a vivir cun nivel de certeza e seguridade moi elevado. Pero non sempre hai certezas e de momento só sabemos como debemos actuar esta semana e a que vén e a outra máis. Teremos que asumir que imos vivir cunha determinada incerteza durante un tempo. Hai moitos lugares do mundo nos que se ven obrigados a vivir así sempre.\"Nos últimos anos houbo recortes e seguramente eses recortes incidirán, pero debemos estar tranquilos. Temos un dos dez mellores sistemas sanitarios do mundo\"Está o noso sistema sanitario preparado para enfrontar un número moi elevado de casos ao mesmo tempo, sobre todo dos máis graves, os que necesiten ingreso en UCI?Non podo responder a iso coa autoridade que o poden facer outras persoas, non teño datos directos sobre os recursos dispoñibles. En todo caso, temos que entender que esta é unha situación excepcional e é razoable pensar que o sistema pode atopar problemas para adaptarse e que vai haber dificultades. Os sistemas non están dimensionados para a aparición dunha pandemia non prevista.Nos últimos anos houbo recortes e seguramente eses recortes incidirán, pero debemos estar tranquilos. Somos un país rico e temos un dos dez mellores sistemas sanitarios do mundo. Haberá que cambiar recursos dun sitio a outro ou adiar certos procedementos non urxentes, pero se nós non podemos enfrontar a enfermidade, daquela ningún país do mundo poderá. Nin os Estados Unidos, que non ten sistema nacional de saúde, nin África, que ten unha situación moito peor.\"Que podemos aprender do que pasou en Italia? Pois que hai que tomar medidas, que non debemos ser dubitativos\"Que podemos aprender de como evolucionou a enfermidade en China e Italia, que rexistraron os primeiros casos moito antes ca nós?China é un país moi distinto ao noso, cun sistema cultural e político moi diferente. Quédanos moi lonxe e as medidas que alí se adoptan e o grao de cumprimento da poboación non son trasladables a Europa. Italia si é un país próximo. Que podemos aprender do que pasou en Italia? Pois que hai que tomar medidas, que non debemos ser dubitativos. Non teño dúbidas de que as nosas autoridades están aprendendo leccións do que sucede en Italia."}
{"ID": "NOS_45971", "summary": "O cineasta Oliver Laxe chegou a Cannes acompañado dos dous protagonistas de O que arde, o seu último filme. Benedicta Sánchez e Amador Arias son actores non profesionais e encarnan esta historia rodada no monte galego e en galego. A terza feira, 21 de maio, estreouse na sección Un Certain Regard e colleitou unha ovación de varios minutos das máis de mil asistentes.", "text": "Na presentación do filme na sala Debussy, Laxe salientou que se trataba da primeira obra en lingua galega proxectada nas 62 edicións do Festival de Cannes. E dedicoulla a toda a xente que, como a súa propia familia, tivo que emigrar. El mesmo naceu en París en 1982. Ao seu carón, o director do certame Thierry Fremaux sinalaba que se trataba dun \"filme español pero feito lonxe de Madrid\". O que arde rexistrouse nos Ancares. Elexía e homenaxe ao mundo rural, relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba de saír de prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. As relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura campesiña que se esvae e os desaxustes producidos polas mudanzas, valéronlle á peza de Laxe unha prolongada e emocionante ovación das 1.068 persoas presentes. O que arde compite en Un Certain Regard, unha das principais seccións dun dos principais festivais de cinema do mundo, na que se verán ademais filmes de Albert Serra, Lorenzo Mattotti, Monia Chokri ou Bruno Dumont. O xurado fórmano as actrices Nadine Labaki (presidenta) e Marina Foïs, a produtora Nurhan Sekerci-Porst e os cineastas Lisandro Alonso e Lukas Dhont. Con guión do propio Oliver Laxe e mais de Santiago Fillol, O que arde é unha coprodución galega, francesa e de Luxemburgo e conta co apoio público de Agdic, TVG e Deputación de Lugo. Chegará ás salas comerciais contra final de ano e distribuiráa no Estado español a cooperativa compostelá Numax. Laxe xa obtivo en Cannes o premio Fipresci da Quincena dos Realizadores co seu debut en longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2010). Con Mimosas (2016) fíxose co Gran Premio da Semana da Crítica. Nota: arriba, na parte esquerda da imaxe, Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e Amador Arias posan para os fotógrafos no Festival de Cannes. abaixo, diríxense ao público asistente á estrea de O que arde na sala Debussy. Fotos: Numax Distribución."}
{"ID": "PRAZA_16051", "summary": "A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria reclama melloras de xestión e de financiamento na Atención Primaria e nos Centros de Saúde, lembrando que \"debe ser o eixo da xestión da saúde da poboación\" e que a prevención pode evitar as situacións puntuais de colapso que se producen no inverno por mor da gripe.", "text": "A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC) difundiu este venres un comunicado que analiza as causas da situacións de colapso que se están a repetir nos servizos de Urxencias de varios hospitais galegos. A entidade reclama melloras de xestión e de financiamento na Atención Primaria e nos Centros de Saúde, subliñando que \"o colapso sanitario de xaneiro arránxase en xuño, non en xaneiro\". \"As estratexias de abordaxe dos problemas epidemiolóxicos, como vemos anualmente grazas ao virus da gripe, non pasan pola Atención Hospitalaria que se colapsa por esta época. Tratar así aos cidadáns non é digno. Mal tratar aos profesionais da saúde tampouco\", subliña, lembrando que a Atención Primaria \"debe ser o eixo da xestión da saúde da poboación\" e que a prevención pode evitar as situacións puntuais de colapso que se producen no inverno por mor da gripe. A asociación critica, sobre todo, a xestión dos recursos humanos realizada pola Consellaría de Sanidade: \"falta de reposición de profesionais que se xubilan, temporalidade nas contratacións, non cobertura dos días de descanso...\" A asociación critica, sobre todo, a xestión dos recursos humanos realizada pola Consellaría de Sanidade: \"falta de reposición de profesionais que se xubilan, temporalidade nas contratacións, non cobertura dos días de descanso, crecente asignación de novas responsabilidades a Atención Primaria sen o consecuente incremento da súa capacidade resolutiva nin a dimensión das axendas de traballo, implantación vertical de cambios organizativos sen contar coas achegas no seu deseño e planificación dos profesionais aos que se dirixen...\". \"Faltan 365 días para o próximo colapso hospitalario pola gripe. A crítica fácil, a indiferenza cara aos profesionais dos centros de saúde non serviu para mellorar a atención á gripe deste ano\" AGAMFeC conclúe que \"é urxente cambiar a xestión de recursos humanos para que Atención Primaria poida facer o que se sabe facer: responder as necesidades de saúde da poboación, tanto nos problemas agudos, como nas enfermidades crónicas; con máis énfase no seguimento das persoas que máis o necesitan (pola súa idade, fraxilidade, riscos)\". \"Faltan 365 días para o próximo colapso hospitalario pola gripe. A crítica fácil, a indiferenza cara aos profesionais dos centros de saúde non serviu para mellorar a atención á gripe deste ano\", remata. Hai dúas semanas os presidentes da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC), a Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia (SEMG – Galicia) e a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), asinaron unha carta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia e ao conselleiro de Sanidade, na que solicitaban a retirada do anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, xa que consideraban que \"resulta claramente prexudicial para o desenvolvemento da Atención Primaria\". \"O financiamento da Atención Primaria de Galicia situarase no 13%, lonxe das recomendacións que o sitúan no 25% do gasto sanitario para que o sistema poida ser sostible\" \"O financiamento da Atención Primaria de Galicia situarase no 13%, lonxe das recomendacións que o sitúan no 25% do gasto sanitario para que o sistema poida ser sostible. Se centramos a meirande parte do investimento en curación e tratamento, e menos en prevención e promoción da saúde, característicos da Atención Primaria, o futuro que nos espera é desolador\", alertaban, e demandaban \"melloras estruturais e de financiamento\" da Atención Primaria galega. Críticas polo \"colapso\" Mentres, sindicatos, asociacións profesionais e de usuarios/as, continúan a criticar as deficiencias nos servizos sanitarios galegos e o \"colapso\" nas Urxencias de varios hospitais. É o caso de Compostela. Este venres CIG-Saúde levou a cabo unha acción no Hospital Clínico de Santiago. \"Atópase unha vez máis, nunha situación de cronicidade pola saturación dos doentes, camas e familiares nos corredores, coa consecuente sobrecarga de traballo para as e os profesionais. Unha imaxe habitual ano tras ano\", denunciou o sindicato. Na maioría dos centros de Atención Primaria \"non se cobren os permisos do persoal (vacacións, baixas laborais...), o que obriga a forzar citas a maiores nas axendas do persoal reducíndose a calidade asistencial e o tempo dedicado\" CIG-Saúde sinala que coa chegada do inverno, das enfermidades desta época e coas necesidades das e dos doentes crónicos, se repite a saturación. Asegura que non hai unha alternativa á hospitalización convencional e que tampouco se poden abrir máis camas no Hospital Gil Casares ao non existir máis médicos internistas. E, igualmente, critica que na maioría dos centros de Atención Primaria \"non se cobren os permisos do persoal (vacacións, baixas laborais...), o que obriga a forzar citas a maiores nas axendas do persoal reducíndose a calidade asistencial e o tempo dedicado\". O sindicato vén lembrando nos últimos anos que a Atención Primaria, \"porta de entrada ao sistema sanitario\", non ten persoal suficiente para atendela. \"O colapso en Urxencias é consecuencia das carencias en Atención Primaria\", salientaba hai dous invernos María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, en conversa con Praza."}
{"ID": "NOS_48884", "summary": "A división interna do Partido Popular da Galiza ten paralizado o funcionamento da Xunta e o relevo de Feixoo. Mentres gaña forza a opción dun congreso para elixir o novo presidente do partido e do Executivo galego, os dirixentes populares dan por feito que o novo gabinete será resultado dun pacto entre as diferentes familias da formación.", "text": "Os varóns impuxéronlle un congreso a Feixoo para elixir o seu relevo á fronte da Xunta da Galiza. A folla de ruta para a sucesión trazada polo círculo máis próximo ao presidente galego pasaba pola elección do seu recambio nunha Xunta Directiva do PP, sen consultar as bases do partido e tendo só en conta a opinión dos principais dirixentes. Nesta liña manifestouse até o domingo o mandatario galego, quen nunha entrevista nese día acabou por abrirse á opción do congreso. As razóns do cambio de posición de Feixoo atópanse na presión exercida desde as direccións provinciais do partido na Coruña e Ourense. Tanto é así, que os presidentes da formación nestas dúas circunscricións, Diego Calvo e José Manuel Baltar, defenderon publicamente a fórmula congresual. Nunha dirección semellante, expresáronse unha parte dos populares lugueses, cuxa presidenta, a deputada Elena Candia, nunca agochou o seu interese por facer parte do Consello da Xunta. A volta dos baróns O proceder actual de Feixoo e a nova correlación de forzas no interior da formación retrotrae o Partido Popular galego aos tempos do fraguismo. Outra vez, a dereita no país funciona como unha federación de partidos provinciais, sendo os responsábeis no ámbito galego resultado do acordo entre os diversos baróns. Neste contexto, o futuro presidente do PP galego e da Xunta gozará dun poder moi limitado e condicionado desde os aparatos territoriais. De feito, a maioría das fontes populares consultadas por Nós Diario entenden que Alfonso Rueda será un presidente con escaso peso político. A este respecto, sinalan que a maioría da militancia non o ve como un candidato gañador e capaz de reter a Xunta da Galiza. Ao tempo, indican que o seu nivel de coñecemento social é moi reducido, non chegando a 50%. Porén, a principal pexa é que a súa capacidade vai estar moi limitada polos distintos equilibrios internos. Baltar, Calvo, Candia e Rueda Os dirixentes do PP asumen que o vindeiro gabinete da Xunta será un Goberno de coalición entre as distintas familias populares da Galiza. Neste sentido, tal e como adiantou Nós Diario a semana pasada, asúmese a presenza no mesmo de Diego Calvo, Elena Candia e a cota de José Manuel Baltar. Malia que o barón ourensán estaría disposto a abandonar a Deputación, cansado da política local e temeroso de saír derrotado en 2023, esta opción non está fechada. As eleccións locais de 2023 serán a primeira proba de lume para os novos liderados do PP. Mentres dirixentes populares da Coruña, Lugo e Ourense sinalan a Nós Diario que uns malos resultados poderían provocar a caída de Rueda, desde Pontevedra retrucan que \"as sondaxes actuais indican que na Coruña e Ourense tampouco van ter moito que celebrar\"."}
{"ID": "NOS_13027", "summary": "A reseña sobre o actual presidente da Xunta e candidato do PPdeG á unha segunda reelección pón o ramo á serie de perfís dos e das principais cabezas de lista cara ao 25-S.", "text": "Se hai un trazo de Alberto Núñez Feijóo (1961) que sinalan tanto seguidores como detractoras é o seu colosal pragmatismo. O mesmo que fixo deste votante do PSOE un dos máis sólidos baróns do Partido Popular, e o nome que máis soa nas quinielas para substituír a Mariano Rajoy á fronte do PP español o día que caia en desgraza. O pragmatismo –din– foi o que afastou da carreira xudicial coa que soñaba o mozo Feijóo, licenciado en Dereito na USC. En troca, para axudar economicamente na casa, nun fogar pouco ou nada acomodado, optou por reorientar os seus estudos a opositar unha praza de funcionario na administración autonómica. Apadriñado de Romay Beccaría A súa entrada na administración galega, como interino no Corpo Superior de Administración Xeral, foi chave para abrirlle unha inesperada carreira política. O pragmático Feijóo, malia ter nacido na aldea dos Peares no rural ourensá e mesmo ter sido votante socialista, deixouse cooptar sen resistencia polo líder do sector urbano e máis españolista do PPdeG –o chamado sector do \"birrete\"–, José Manuel Romay Beccaría. O actual presidente do Consello de Estado converterase desde ese momento no seu mentor político, e no sólido nexo que unirá o seu destino ao de Mariano Rajoy. Foi cooptado polo sector do \"birrete\" liderado por Romay Beccaría, a faixa máis reaccionaria e españolista no seo do PPdeG. A súa carreira no ámbito político-institucional enceta en 1991 como secretario xeral técnico da consellaría de Agricultura, Gandería e Montes. En pouco tempo será promovido á política estatal, designado como secretario xeral de asistencia sanitaria no ministerio de Sanidade que dirixía o propio Romay. Foi presidente do Insalud e director de Correos e Telégrafos. Aliás, fixo parte do consello de administración de numerosas empresas públicas. É en Madrid onde gaña a fama de bo xestor con gran perfil técnico. Home de Rajoy En 2003 retorna a Galiza, asumindo a dirección da poderosa consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Un ano despois Manuel Fraga designarao vicepresidente primeiro, o que suporá na práctica nomealo o seu sucesor. Após a derrota electoral de 2005 que dará lugar ao goberno bipartito, e tras a saída de Fraga, Feijóo disputará o liderado do PPdeG, do que será elixido presidente en 2006. En 2009 logrará o retorno do seu partido á Xunta ao colleitar unha maioría absoluta pola mínima. Feijóo colocou a presidencia da Xunta ao ditado da axenda española do seu partido Esa vitoria será chave para asegurar o liderado estatal de Rajoy, fortemente cuestionado nesa altura polas sucesivas derrotas nas eleccións xerais de 2004 e 2008.A lealdade para con o seu xefe de filas estatal foi un trazo determinante nos últimos anos, nos que colocou a presidencia da Xunta ao ditado da axenda española do seu partido, executando de maneira disciplinada todas as instrucións recebidas desde Madrid. A campaña electoral rumo ao 25-S, volve visar o seu patolóxico pragmatismo case parello ao cinismo. Malia terse demostrado como un home de partido, non dubidou en ocultar a súa marca durante a campaña para se presentar coma un freelance. O paradoxo é inda maior, ao ver que o deseño e a narrativa da súa campaña para unha segunda reelección sitúa ao propio Feijóo dentro do mapa de Galiza e baixo un lema netamente galego. O mesmo Feijóo que oito anos atrás se presentara como un técnocrata urbanita e modernizador, azoute do nacionalismo a quen acusou de promover \"mandilóns identitarios\" –polo facto do logotipo das Galescolas incluír unha bandeira galega–, patrimonializando agora para si propio os símbolos e a identidade de Galiza como país. Iso é pragmatismo nivel Feijóo."}
{"ID": "NOS_36747", "summary": "Arturo Pérez Reverte, xornalista español e membro da Real Academia Española, vén de engrosar a súa listaxe de chíos polémicos en Twitter contra Catalunya e o dereito a decidir. Nesta ocasión, lamenta a \"incapacidade\" do Goberno de \"mediocres ineptos\" para modificar as liñas editoriais dos xornais de referencia a nivel mundial.", "text": "Coñecido polos seus chíos reaccionarios en Twitter, Arturo Pérez Reverte aféalle ao Goberno de Marino Rajoy a \"incapacidade\" para mudar as liñas editoriais da imprensa internacional de referencia a respeito de Catalunya. Faino despois de que os grandes medios internacionais se pronunciasen contra a estratexia represiva do Estado español. Nun chío que xa é viral, Pérez Reverte só cita Washington Post, The Time e Le Monde, aínda que son máis os medios críticos co papel opresivo do Goberno de Mariano Rajoy co soberanismo catalán. Di que cuestionan a democracia española, cuestión que semella non agradarlle. \"Máis que o problema catalán, o que me aterra é a incompetencia deste Goberno de mediocres ineptos\", afirma en alusión ao Executivo do PP. \"A súa incapacidade para desmontar no estranxeiro a campaña de desprestixio contra o Estado español\", agrega. Pérez Reverte tense pronunciado nas redes sociais contra o dereito a decidir de Catalunya, mais non só. Tamén ten realizado comentarios machistas, mesmo con insultos cara ás mulleres. O escritor, contrario á linguaxe non sexista, cualificou de \"analfabetos\" a quen denunciaron que \"muller fácil\" estivese recollido no dicionario da Real Academia Española co significado \"Dito especialmente dunha muller: Que se presta sen problemas a manter relacións sexuais\"."}
{"ID": "NOS_5936", "summary": "Galiza sumou este domingo unha nova medalla coa participación de Juan Antonio Saavedra e o bronce que conseguiu na modalidade de carabina tendido 50 metros.", "text": "A participación galega nestes Xogos Paralímpicos rematou este domingo cunha nova medalla pola participación de Juan Antonio Saavedra e o bronce que conseguiu na modalidade de carabina tendido 50 metros. O pontevedrés xa estivera a piques de conseguir metal na distancia de 10 metros e agora conseguiuno na proba que lle deu máis alegrías como a prata nos Xogos Paralímpicos de Londres. O galego recoñeceu que sentiu \"presión\" cando chegou a Toquio pero que o rozar a medalla na súa primeira medalla deulle \"motivación\" para conquistar este domingo o bronce Saavedra: \"Non pillei medalla por dúas décimas o primeiro día e iso serviume de motivación\". \"En Río é que nin me metín en finais e tiña a pantasma roldando a cabeza, pero o primeiro día metinme na dos 10 metros, non pillei medalla por dúas décimas e iso serviume de motivación para hoxe\", apuntou Saavedra tras a proba. O pontevedrés lembrou que este ciclo fora \"moi complicado pola incerteza da pandemia\", sobre todo para un deporte como o seu, \"que é moi de cabeza e hai que estar centrado\". Conta que \"este último mes foi mesmo máis difícil, primeiro pola 'burbulla' de 15 días no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Madrid e logo porque ao chegar a Tokio estivemos parados cinco días sen poder adestrar, encerrados na Vila\". \"A presión psicolóxica inflúe moito. Hoxe era un día moi complicado porque había moito vento e cambiaba moito, e, en xeral, houbo puntuacións baixas. A min tocoume no medio do campo de tiro e víñame o vento de todos lados\", engadiu o galego. Saavedra, que ten discapacidade física nunha man, foi o deportista galego que máis rápido conseguiu clasificarse en todo o Estado español ao conseguir, en setembro de 2018, a medalla de ouro na Copa do Mundo celebrada en Chateauroux (Francia). Nieves, diploma en maratón O galego Gustavo Nieves obtivo diploma na proba de maratón nestes Xogos Paralímpicos de Toquio. Nieves puido ir de menos a máis para levar un diploma paralímpico. O deportista de Lugo perdeu contacto cedo co grupo destacado, mais soubo manterse para ir superando rivais a partir da metade do percorrido e finalizar oitavo cun crono de 2:32.08. \"Estou contento, viñemos a loitar polas medallas, mais non puido ser e conseguir un diploma é unha alegría\", aseguraba ao remate da proba."}
{"ID": "NOS_43854", "summary": "Convoida unha vintena de organizacións políticas, sindicais e xuvenís a un encontro para analizar a posibilidade dunha mobilización unitaria no Día da Patria.", "text": "Causa Galiza vén de se dirixir a máis dunha vintena de organizacións políticas, sindicais e xuvenís para convidalos a manter unha xuntanza na que valorar a convocatoria dunha manifestación unitaria no Día da Patria Galega, unha mobilización que decorrería, indican, en chave \"de ruptura democrática e independencia\". O comité executivo de CG entende que Galiza padece unha situación de \"emerxencia nacional e social\" que non pode enfrontarse desde un cadro autonómico. De feito, Causa Galiza incide no fracaso do modelo autonómico para dar solución aos problemas do pobo galego, un fracaso ao que suma a \"insustentabilidade das teses confederalistas e federalistas da esquerda espanhola\". Por todo iso, afirman, a única opción para a soberanía nacional de Galiza é a independencia. A organización aclara que a proposta deste 25 de xullo unitario non afectaría a actos e iniciativas partidarias dese día. \"O objetivo desta iniciativa (…) é normalizar e por à vista da sociedade galega neste Dia da Pátria a existência dum horizonte estratégico ruturista e independentista que é supra-partidário e é o único capaz de dar alternativa solvente à cronificaçom da Emergência Nacional e Social que suporta a Galiza\". Ao encontro fforon convocados Agora Galiza, ANG, Anova, BNG, Cerna, CNM, Compromiso por Galicia, FPG, Galiza em Rede, MGS, PCPG, UPG, CIG, CUT, Fruga, SLG, Anega, Bátega, Briga, Erguer, Espiral, Galiza Nova, Isca!, UMG e Xeira"}
{"ID": "NOS_8478", "summary": "O servizo de Primaria conta en total con 318 especialistas en atención médica infantil", "text": "O envellecemento das facultativas e facultativos de Pediatría no Servizo Galego de Saúde (Sergas) aumenta. Segundo datos recollidos do cadro de persoal do Sergas, 228 pediatras en activo superan os 64 anos. Tres deles contan con 70 anos de idade, 65 son maiores de 65 anos e 160 teñen cumpridos os 65. A maiores, 25% dos facultativos deste servizo atópanse entre 60 e 63 anos de idade, debuxando en conxunto unha panorámica preocupante nesta especialidade . Unha situación que na Galiza non é nova A situación non é nova. A alta idade dos facultativos de Pediatría vén sendo denunciada de xeito permanente nos últimos anos por organización sindicais do ámbito da sanidade e polas propias entidades profesionais. Médicos advirten a Xunta: \"A actividade asistencial é inasumíbel\" A este respecto, a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria sinalou en 2020 que perto de 85% dos pediatras en activo tiñan máis de 50 anos, 40% deles máis de 55 anos e 35% superaban os 60 anos. Na mesma liña, a Administración galega recoñeceu a prórroga da xubilación a ducias de profesionais pola ausencia de persoal para cubrir as súas prazas. 318 pediatras en Primaria A cifra de pediatras non deixou de caer nos últimos anos na Galiza. Segundo a información fornecida polo Instituto Galego de Estatística (IGE), organismo dependente da Xunta, os centros de Atención Primaria da Galiza contaban en 2004 con 405 pediatras, sendo o seu número en 2021, último ano con datos, 318. Nos últimos 17 anos reduciuse o número de facultativos desta especialidade en 87 profesionais, o que representa unha caída de 22,5%. A este respecto, o voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, sinala a Nós Diario que \"é moi complicado coñecer con precisión o número de pediatras adscritos ao Sergas debido á opacidade da Xunta á hora de ofrecer información\", mais \"estimamos perto de 310 profesionais en Atención Primaria e 150 en Atención Especializada\", indica Martín, o que indica que a metade de pediatras do Sergas ten máis de 64 anos. Sen servizo As consecuencias déixanse notar na atención médica ás crianzas. Sen ir máis lonxe, 199 concellos galegos carecen de pediatra, 86 máis que en 2004, sinalando o Goberno galego, que non contan pediatras comarcas enteiras como Viana, Terra de Trives ou Caldelas. A este respecto, a Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria (AEPap) significa que \"na Galiza hai 7.674 nenos e nenas que non teñen asignado pediatra ou médico de referencia\". Na mesma liña, apunta que no país 12% das prazas de pediatras están cubertas por médicos de familia, unha cifra que na área de Lugo chega a 20% e na da Coruña a 14%. Precisamente, a peor cobertura correspóndese cos espazos rurais e vilegos. A calidade asistencial A falla de profesionais repercute na calidade asistencial. Así, por exemplo na cidade de Lugo, cada pediatra atende 1.083 crianzas; en Vigo atende 1.127 e en Pontevedra 1.293, rexistrándose peores ratios nas áreas non urbanas. SOS Sanidade Pública mobilizarase durante \"todo o verán\" para \"iniciar a recuperación\" da Atención Primaria Sen ir máis lonxe, o distrito sanitario da Mariña só dispón de tres facultativos en Atención Primaria para atender aos menores de 15 concellos. As cifras non son mellores no distrito sanitario de Cee, con dous especialistas para a totalidade das localidades da Costa da Morte. As razóns de fondo As causas desta situación non son de carácter conxuntural. A pediatra do hospital da Barbanza Marián Rodríguez Blanco, en declaracións a Nós Diario, culpa do acontecido \"á falla de planificación. Nós temos un sistema de formación fechado, o sistema MIR, e nun momento pénsase que fan falla menos pediatras porque diminúe o número de crianzas. Porén as necesidades de atención son hoxe máis elevadas porque naquela altura só cubrían pacientes até os sete anos e ademais as enfermidades crónicas son máis frecuentes entres os nenos porque antes moitos non sobrevivían\". Planificación Manuel Martín responsabiliza desta situación \"á ausencia dunha planificación por parte do Goberno galego en función das necesidades de futuro\". Neste sentido, considera \"a taxa de reposición imposta polo Goberno do Estado como un lousa pero a Xunta non pode utilizala como escusa para evadir as súas obrigas porque cando Mariano Raxoi estaba no Goberno non fixo nada por derrogala\". Asemade, sinala convencido a este xornal que \"o problema non se resolve só con aumentar o número de prazas nas Ofertas Públicas de Emprego, hai que contar coas prazas de formación para residentes\"."}
{"ID": "NOS_4282", "summary": "O pesimismo paira sobre o complexo pesqueiro galego cando remata o tempo para un acordo entre o Reino Unido e a Unión Europea (UE) sobre o Brexit. Mesmo nun escenario de acordo negociado, os representantes do sector temen que a frota galega sexa moeda de cambio no novo marco de relacións entre os británicos e os Estados europeos. Nesta liña, defenden unha posición de firmeza das autoridades comunitarias fronte a Londres e demandan que o Goberno español non tolere o sacrifico da pesca, recorrendo, se fai falla, ao dereito de veto sobre o acordo.", "text": "A frota galega prepárase para o peor. A este respecto, a Alianza Pesqueira da Unión Europea, onde se integra a Galiza, denuncia que a Comisión Europea \"está a punto de sacrificar e traizoar\" o complexo pesqueiro comunitario nas negociacións co Reino Unido. O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior da Confraría de Burela, un dos portos máis expostos ás augas británicas, Basilio Otero, agarda que a UE cumpra cos compromisos adquiridos co sector, xa que do contrario \"podería significar a morte para gran parte desta industria, que tanto ten contribuído ás comunidades costeiras de novos Estados da UE\". \"A nosa industria, e non é unha metáfora, está ao borde do abismo e malia as repetidas propostas feitas estamos a punto de ser vendidos, tal e como amosa a última oferta feita pola Comisión Europea aos británicos, sobre todo tendo en conta que estas negociacións están destinadas a renovarse dentro de só seis ou sete anos\", sinalan desde Cepesca, a entidade patronal que agrupa as principais asociacións de armadores da Galiza, quen afirma que \"o único que queríamos evitar era chegar a unha situación de saída do Reino Unido sen ningún acordo asinado, pero a proposta que están realizando agora é igual de negativa, ou peor, para os intereses dos mariñeiros europeos\". A Mariña, co 50% da frota afectada O xefe de frota de Porto de Celeiro, Jesús Lourido, lembra en declaracións a Nós Diario que \"na reunión de decembro ficaron por fixar o 65% dos stocks partillados entre a Unión Europa e o Reino Unido. Segundo se ten filtrado nos últimos días, a Comisión Europea ofreceu ao Reino Unido o 25% do total dos stocks compartidos, o que representa un de cada catro peixes, e isto pon en risco toda a frota da Mariña. Non estamos falando exclusivamente dos arrastreiros ou das embarcacións da pescada senón que afecta outras especies como o xurelo ou a xarda, que tamén están sometidos ao réxime dos stocks partillados. A maiores, están os 30 barcos de capital galego pero que navegan con bandeira francesa. De ir adiante a proposta actual da Comisión Europea sería unha auténtica desfeita para A Mariña, que concentra 50% da frota de Gran Sol do Estado\". A Xunta advirte tamén dos riscos para a Galiza dun acordo co Reino Unido nos termos propostos pola Comisión Europea. Neste sentido, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, dirixiuse na última hora do domingo ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e á ministra de Exteriores, Arancha González Laya, trasladando a súa \"preocupación\" ante a \"deriva\" das negociacións entre a Comisión Europea e o Reino Unido. O presidente galego defende que \"se siga coa liña marcada inicialmente\" nas negociacións, de modo que a pesca \"non sexa usada como moeda de cambio\" para chegar a un acordo. A exposición do sector pesqueiro galego ao Reino Unido é moi importante. 1.400 mariñeiros e 96 barcos, dos cales 30 navegan con bandeira británica ou francesa malia seren de capital galego, traballan no caladoiro de Gran Sol, situado ao oeste das illas Británicas. Segundo un estudo elaborado para a Consellaría de Pesca polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María do Carme García Negro e Gonzalo Rodríguez Rodríguez, tomando como referencia 2016, o Gran Sol supuxo 140 millóns en salarios, 23 millóns en cotizacións da seguridade social e unha cantidade de impostos recadados por produto de máis de 9 millóns. García Negro e Rodríguez Rodríguez destacan que \"para unha economía das dimensións da galega e tratándose de 96, 66 na Galiza, empresas cun tirón de demanda e actividade mantida en 44 sectores, é unha cantidade de relevancia estrutural\". A saída de Gran Sol significaría unhas perdas anuais de 533 millóns de euros. A maiores débese sumar a frota galega das Malvinas, formada por máis de 20 embarcacións, cunha tripulación de arredor de 400 persoas, dedicadas fundamentalmente á pesca das luras, que xa están a notar a suba do prezo das licenzas de pesca e as dificultades derivadas de reformar a súa estrutura mercantil. Se queres seguir coa lectura non tes máis que ir ao teu quiosque polo Nós Diario de hoxe ou mercalo a través da nosa tenda online. Non lle des máis voltas e elixe unha das modalidades de subscrición que temos para ti!"}
{"ID": "PRAZA_2307", "summary": "Este sábado Área Central acolle a primeira xuntanza de inventores e inventoras de Galicia, unha festa do movemento maker que busca poñer en valor os e as creadoras galegas", "text": "Es un argalleiro ou unha argalleira? Gústache fedellar en canto aparello atopas? Montalo, desmontalo, e volvelo construír? En Compostela estase organizando un evento que che pode interesar. Este sábado 17 Área Central acolle a primeira xuntanza de inventores e inventoras de Galicia, unha festa do movemento maker que busca poñer en valor os e as creadoras galegas. A Compostela Mini Maker Faire ocupará durante todo o día as catro rúas principais deste centro comercial, con 70 expositores chegados de toda Galicia e doutras comunidades autónomas, que darán vida a unha programación composta de makers, talleres e mesas redondas. Haberá unha intensa programación de exhibidores e proxectos e produtos relacionados coa tecnoloxía robótica, impresión 3D, cortadoras láser, etc así como o máis innovador en artesanía, gastronomía e máis. Os makers son os argalleiros e argalleiras de toda a vida, é dicir: persoas inquedas que gostan de utilizar o seu talento pensando en solucións a problemas cotiás e que disfrutan compartindo aquilo que saben facer, online ou en persoa, o que permite unha innovación moito máis áxil. Isto está a dar lugar ao que coñecemos hoxe en día como o Movemento Maker. Este movemento baséase na cultura do Do It Yourself ou Faino ti mesmo e a aplicación dos principios do software libre á fabricación. As ferramentas de fabricación dixital democratizáronse grazas ao desenvolvemento de espazos creativos compartidos (FabLabs, HackerSpaces, MakerSpaces e espazos de Coworking) e ao intercambio de coñecementos e información que se xera nestas comunidades de profesionais. Arduino, Impresoras 3D, Open Structures, Open Source Ecology son só algunhas das ferramentas que usan. O movemento maker caracterízase polo tanto por compartir coñecemento e polo seu talante colaborativo. Na feira compostelá haberá de mañá e de tarde talleres en aberto para toda a familia, e un terceiro espazo onde ao longo do día se sucederán mesas redondas sobre tecnoloxía, innovación educativa, espazos colaborativos, gastronomía e makers coa presenza de referentes en cada un dos sectores. Haberá ademáis unha zona específica na que artistas urbanos realizarán intervencións sobre obras de artistas e artesáns de renome o que constituirá un espectáculo ao vivo. Detrás desta iniciativa están Enrique Saavedra e Marcos Saavedra, Matilde Rodríguez e Chus Prol, impulsores respectivamente do Design Thinking, do movemento DoItYourself, e de economía colaborativa.Tamén se conta coa colaboración de moderadores para as mesas de debate: Marcus Fernández, Javier Mosquera, Chus Prol, Iñaki Quenerapú e Paula Cabaleiro. A primeira edición dunha feira deste tipo, The original Maker Faire, foi realizada en San Mateo, California en 2015. O pasado ano chegou á súa novena edición, reunindo uns 1.100 participantes e máis de 130.000 asistentes. Ao redor de 120 comunidades locais organizan de forma independente as súas propias Mini Maker Faires en todo o mundo, un movemento ao que este ano se suma Compostela. Web do evento"}
{"ID": "PRAZA_13450", "summary": "O líder de Abrente advirte \"un clima diferente\" dentro do Bloque e coida que o PP \"pode perder\" a Xunta se o voto non se \"divide\" nas vindeiras eleccións galegas", "text": "\"No BNG hai un clima diferente\". Apenas dúas semanas despois de botar a andar Abrente-Esquerda Democrática Galega, o novo colectivo interno do Bloque, comeza a estruturarse e a presentarse por diversas comarcas do país cunha mensaxe fundamental: na organización frontista segue a haber lugar para a \"pluralidade\" e pode ter un carácter \"unitario\", se ben \"non depende só de nós\". Quen realiza estas reflexións é o líder da nova corrente, o deputado Carlos Aymerich, que este xoves amosaba en Santiago os trazos básicos da súa opción de \"seguir defendendo aquilo polo que levamos traballando moitos naos\" e facelo \"dentro do BNG\", en contraste coas persoas que decidiron marchar, entre eles unha parte significativa de Máis Galiza, a noutrora corrente encabezada polo propio Aymerich, actualmente constituída en partido e integrada na plataforma Compromiso por Galicia. \"O PP sabe que vai baixar en votos e está tentando que en torno ao 10% quede sen representación no Parlamento\" Dende o \"máximo respecto\" ao que suceda fóra o parlamentario explica que os militantes nacionalistas que forman abrente \"viron que o país está por diante\" e que o \"fundamental é construír unha alternativa ao PP\". Ao seu xuízo, os proxectos que agromaron á marxe do Bloque non rematan de \"callar\" e mesmo \"xente que nun primeiro momento\", nun \"impulso\" tras a Asemblea Nacional de Amio, \"marchou fóra\" agora \"está a coller o camiño de volta\", entre outros motivos porque \"dividir o voto beneficia ao PP\", mantén. Nun contexto no que, ao seu xuízo, cada vez cunde máis na sociedade a idea de que \"Feijóo é un presidente pésimo e o seu goberno, unha auténtica calamidade\", a cidadanía \"está farta de que se lle estea a falar de se estamos cómodos nun sitio ou noutro\". \"A xente quere que lle digan que propostas temos para resolver esta situación\" e ese sentimento, asegura, é posible \"convertelo nunha corrente de apoio positivo ao BNG\". \"Se somos capaces de facelo, o cambio é posíbel\", subliña. \"O PP sabe que vai baixar en votos e o que está tentando que en torno a un 10% dos votos\" quede \"sen representación\" no Parlamento, para así \"manter a maioría\". \"Iso é o que se está a xogar\" e \"depende de que nós fagamos as cousas ben\", pero tamén \"de como actúen os demais actores\", ilustra. Así as cousas, Aymerich sinala que dende Abrente se traballará para que o BNG \"presente unha alternativa coherente\", demostrando que \"é unha opción política con futuro e percorrido\" na que segue habendo a posibilidade de \"entender\" o seu proxecto dende ópticas \"distintas\". Cómpre ademais \"facelo con eficacia e incidencia social\", di, porque \"calquera política transformadora que non teña unha práctica social por tras, non serve para moito\". \"Ten que haber debate político e ideolóxico, porque somos diversos\", pero \"sempre guiado pola unidade\", conclúe. Neste sentido, o deputado amósase convencido de que o Bloque \"está avanzando\" tanto \"nas súas propostas\" como \"na forma de presentalas\". Nese ámbito enmarca, por exemplo, a convención nacional celebrada pola formación o pasado maio, un acto que coida que espallou un influxo \"moi positivo\", \"a nivel nacional e nas comarcas\"."}
{"ID": "PRAZA_14570", "summary": "O candidato de Alternativa Galega insiste nunha \"rebelión cívica que xa está en marcha\", mentres Yolanda Díaz apela aos votantes descontentos do PSdeG e incide nos malos datos económicos dun Feijóo \"mentireiro e insolvente\".", "text": "Xosé Manuel Beiras insistiu este luns en Cambre que \"a rebelión cívica xa está en marcha\" e que esta revolta cidadá \"só falta proxectala á política estrita\". Para o candidato de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) á presidencia da Xunta, o \"PP xa está derrotado políticamente\", polo que \"só falta derrotalo electoralmente\" nas urnas. \"É unha forza política reaccionaria, lindante co fascismo, cando o que pretede é reconverter o sistema nun franquismo sen Franco\", asegurou, tras lembrar que a dereita \"non é capaz nin tan sequera de dar resposta as necesidades dos seus\", polo que \"está fracasado\". \"O PP pretende reconverter o sistema nun franquismo sen Franco\", advertiu Beiras Ante máis de 200 persoas, o voceiro nacional de AGE contrapuxo a \"política de fast food dos grandes partidos á da \"cociña caseira que se fai amodo, á da que estamos na sociedade abaixo e á esquerda\". Segundo Beiras, \"a cidadanía perdeulle o respecto ao poder\", polo que agora só quedan dúas alternativas: \"derrubar estas institucións ou que a cidadanía ocupe estas institucións democraticamente\". \"Iso é o que pretende Alternativa Galega de Esquerda\", engadiu. \"O PP ten que facer a súa campaña en estado de sitio, ben gardadiño, en lugares pechados e mallando nos cidadáns que protestan\" Ante un auditorio entregado pero moi variado, Beiras chamou a perder \"o medo\" a un poder que o está a empregar para \"aterrorizar o pobo\", algo que xa non é capaz de facer, algo que demostraría o feito de que o PP \"teña que facer a súa campaña en estado de sitio, ben gardadiños en lugares pechados e arrementendo e mallando nos os cidadáns que simplemente lles berran protestando contra o expolio que están a realizar en Galiza\". \"Se queremos atallar o exterminio que está a levar a cabo en Galiza o PP temos que unirnos e varrelos o vindeiro 21 de outubro\", dixo Beiras, para quen AGE é \"a chave da derrota do PP, a única alternativa de obter o apoio da cidadanía xa cansa e que xa non cría na política\". Pola súa banda, a número dous da lista de AGE e coordinadora xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, insistiu, ao igual que Beiras, en louvar a coalición entre a súa formación e o resto que integran Alternativa e apelou aos desencantados dun PSdeG que tamén ve \"derrotado\". \"Feijóo está encantado de que o seu opositor nos debates sexa Pachi Vázquez\", dixo, para preguntarse despois \"por que diaños non quere debater con Beiras ou con Yolanda?\". Yolanda Díaz apelou aos descontentos do PSdeG e preguntouse se Pachi Vázquez é de verdade unha alternativa Así, e en referencia á quen lle pregunta sobre as posibilidades de pactos postelectorais, Yolanda Díaz di \"tender a man aos que defenden os de abaixo\", pero cuestionouse se os socialistas \"van seguir pactando co PP\" na súa política económica. \"É esta a alternativa?\", inquiriu ao público. \"A alternativa está aquí nesta sala é chámase Alternativa Galega de Esquerda e entre todos lograremos botalos, con b\", respondeuse. Ademais, cualificou de \"mentireiro e insolvente\" ao presidente da Xunta. \"Non é verdade que Feijóo sexa o presidente da solvencia deste país porque os datos do Banco de España está sinalanado que Galicia é pola parte de arriba unha das comunidades máis endebedadas de España, xusto despois de Catalumya, Valencia ou Madrid. Un presidente que endebeda o seu país do xeito que o fixo Feijoo en tan só tres anos, non é solvente\" explicou durante a súa intervención, tras aclarar que o Goberno do PP \"destruíu 135.000 postos de traballo, o noso emprego e o sector industrial\", ademais de \"contraer máis débeda que ningún en toda a historia do país\". \"A débeda supera os 7.300 millóns segundo, o que unido á débeda privada sitúaa en máis de 14.000\", engadiu. \"Feijóo e Rajoy son o mesmo, os das políticas dos recortes, do expolio, da miseria e das mentiras\" \"Feijóo e Rajoy son o mesmo, os das políticas dos recortes, do expolio, da miseria, das mentiras. Dicíndolle non a Feijóo dicísmoslle non ás políticas de recorte do Partido Popular de Mariano Rajoy\", insistiu tras amosar unha fotografía de Manuel Fraga, Núñez Feijóo e Mariano Rajoy xuntos. Algo antes, Mariluz Canal, número seis da lista de AGE, centrou a súa intervención no obxetivo común da coalición, que non é outro que \"botar a dereita de San Caetano\" porque a esquerda ten que estar unida para entre todos \"parar o PP e sacalo da Xunta de Galiza\". Así, presumiu tamén dunha coalición \"natural\". \"Eu vou de número seis, pero imos a por todas; eu quero entrar no Parlamento\", concluíu."}
{"ID": "NOS_31360", "summary": "Os tres sindicatos que manteñen as reivindicacións maioritarias dos traballadores e traballadoras da Xustiza chaman á Xunta a retomar as negociacións. \"Queremos unha negociación real que permita rematar de maneira definitiva co conflito\", afirmaron en comparecencia de prensa os representantes de CIG, CUT-Alternativa pola Xustiza e STAJ.", "text": "A pasada sexta feira, a maioría do funcionarado -52,8%- votou en contra do pacto acadado polo Goberno galego con catro das sete centrais sindicais que apoiaron, durante 80 días, a greve indefinida. Nesta segunda feira, as asembleas de traballadores mandataron a CIG, CUT e STAJ a convocar a Xunta á mesa de negociación. Fixérono para a cuarta feira, 2 de maio, ás dez da mañá. \"Instamos á Xunta a que o mércores acuda á reunión e agardamos que as demais centrais tamén se sumen\", expuxo Óscar Freixedo, membro do comité de folga pola CIG. Os tres sindicatos chaman a USO, UGT, CSIF e CCOO \"a se sumar á loita polos dereitos dos traballadores e traballadoras da xustiza, retomar a unidade sindical e defender a última oferta presentada en conxunto polo comité de folga\". \"Ao persoal non lle valeu o caramelo do preoacordo da Xunta\", esténdese Freixedo, \"manter esa farsa e querer deslexitimar o resultado da votación demostra unha vez máis o talante da Xunta\". Despois de que os funcionarios e funcionarias da Xustiza botasen abaixo o acordo entre Xunta e catro sindicatos, varios altos cargos -o vicepresidente Alfonso Rueda incluído- acusaron aos sindicatos folguistas de \"intimidar os traballadores\" o día da votación. \"Non existe ningunha acta nin ningún atestado levantado sobre eses extremos. O que houbo foron reproches por parte do persoal dirixidos aos catro sindicatos polo que se consideran traizoados e traizoadas\", engade o sindicalista da CIG, \"pola contra coaacionar é convocar unhas votacións sen explicarlle ao persoal que vai votar\". As organizacións sindicais que pactaron co Goberno de Feixóo \"non convocaron asembleas previas para informar dos temos do mesmo\". Impugnación O propio Alfonso Rueda insinuou que os resultados da sexta feira deberían ser impugnados. Ao que Freixedo contrapón o \"sen sentido\" que suporía. As votacións foron convocadas polos catro sindicatos que pactaron coa Xunta, e elas mesmas fixeron as papeletas, o regulamento, permitiron votar a quen figuraba no censo e levantaron acta do resultado. \"Contra quen van recorrer cando non houbo máis parte ca unha nesa votaciçón\", dixo o sindicalista da CIG."}
{"ID": "NOS_19962", "summary": "Representantes da Plataforma entregaron 11.183 apoios para que se modifique o trazado da liña de alta tensión pola zona para protexer a Fraga de Casas Vellas.", "text": "Un total de 11.183 sinaturas foron entregadas por representantes da Plataforma Salvemos Catasós ao Valedor do Pobo, milleiros de rúbricas que demandan a modificación do trazado da liña de alta tensión Irixo-Lalín para evitar o estrago que percorrido previsto na actualidade causaría a lugares como a Fraga de Casas Vellas. O actual trazado suporía, segundo denuncian desde a plataforma e organizacións e colectivos que a apoian, unha ameaza da destrución de parte do conxunto forestal próximo ao Monumento Natural das Fragas de Catasós estimándose que arredor de 2.000 pés serán talados nunha operación que fraccionará fragas e soutos."}
{"ID": "NOS_3985", "summary": "\"En nome da maioría das mulleres galegas digo que ese cartaz ten que rectificarse\", dixo Feijóo, que acusou Ana Pontón e o BNG de \"instrumentalizar o corpo da muller\". Para a nacionalista, os \"argumentos delirantes\" do presidente só pretenden ocultar a incompetencia do seu goberno en canto a igualdade. Feijóo, aliás, ignorou as preguntas feitas por Luis Villares.", "text": "Ás portas da greve xeral de mulleres do 8M a sesión de control ao presidente centrouse na situación da muller no noso país e nas políticas da Xunta ao respecto. Houbo desde a oposición fervenzas de datos e estatísticas para evidenciar que a desigualdade de xénero persiste e tamén propostas sobre a mesa, como unha Lei Galega pola Igualdade salarial ou a creación dunha Valedoría de Igualdade. Desde BNG, PSdeG e En Marea coincidiron en querer situar o presidente nun punto onde tivese que dar conta do feito nestes anos pola igualdade ao tempo que se posicionar respecto ás demandas do 8M. Feijóo, perante esa tesitura, xogou a enlamar o campo. O ataque ao cartaz do BNG polo 8M (\"O máis grande de Galiza está até a cona de...\" ) e ignorar as cuestións formuladas por Luis Villares foron a súa tinta de lura para evitar responder ao preguntado. A primeira en probar este medicina feijoniana – nada estraño por parte do presidente nas sesión de control, por outra parte- foi Ana Pontón. A nacionalista pediulle que explicase o que fixo estes anos PP pola igualdade e realizou unha serie de propostas para avanzar neste eido, como que a administración pública non contratase con empresas condenadas por discriminación á muller. A resposta de Núñez Feijóo foi recorrer ao cartaz do BNG polo 8M. \"Lamento como home a instrumentalización do corpo de muller\", dixo o presidente, engadindo un dardo: \"Penso nisto igual que García Negro\", en referencia ao artigo da ensaísta e ex parlamentar do BNG. E aínda, nunha réplica posterior a outro grupo, volve referirse ao cartaz. \"En nome da maioría das mulleres galegas digo que o cartaz do BNG é impropio e ten que ten [o Bloque] que rectificar\". A estratexia para con Luis Villares foi a de ignoralo na súa resposta (ao preguntar PSdeG e En marea por igualdade o presidente da Cámara agregou as peguntas polo que Feijóo podía responder aos dous conxuntamente) e despois atacalo. O portavoz de En Marea criticouno duramente o presidente pola escasa execución dos orzamentos para políticas de igualdade da Xunta. Tamén atacou o presidente porque na entrevista con Jordi Évole \"a única referencia feita ao seu pobo fose \"dicir que todos os galegos somos contrabandistas\". Feijóo na primeira quenda optou por non responder a Villares mais si o fixo na segunda, ao final do debate. Aí botou man dunhas antigas declaracións de Pablo Iglesias sobre, por exemplo, o xeito de vestir dunha xornalista para negar a En Marea autoridade para acusar o PP de machista. E mesmo tirou de certa ironía para sinalar que os de En Marea estaban \"rabiosos\" porque en La Sexta o entrevistasen a el. \"Esa cadea é so para vostedes?\" Con Fernández Leiceaga o ton e actitude de Núñez Feijóo variou. Convidouno ao debate e a chegar a acordos para avanzar en políticas de Igualdade. O portavoz do PSdeG instouno a \"non mirar para outro lado\" pois após 8 anos de goberno ficar moito por avanzar en igualdade."}
{"ID": "NOS_33878", "summary": "A Consellaría de Sanidade informa de que os brotes detectados no Barbanza e na Mariña permanecen sen cambios, mentres na onda de probas nas residencias máis de 3.000 persoas deron negativo.", "text": "As máis de 3.000 probas realizadas durante o segundo cribado en residencias de maiores iniciado a pasada segunda feira, 22 de xuño, deron resultado negativo na COVID-19, segundo informou a Consellaría de Sanidade este domingo. Nos centros leváronse a cabo 3.110 probas, 2.107 a residentes e as 1.003 restantes ao persoal. O departamento informou que o remate dos tests está previsto \"en dúas ou tres semanas\". Polo momento, permanecen activos tres residentes e un profesional no xeriatrico Santa Teresa de Jornet na Coruña, o único con casos positivos na Galiza. Na Galiza, o número de casos activos de coronavirus aumentou a 310, dous máis que na última xornada da que se teñen datos, mentres que as persoas curadas tamén aumentaron, nun total de cinco, situándose nas 10.611. Nas unidades de hospitalización permanecen catro persoas ingresadas, ningunha delas en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), mentres que as restantes se atopan en seguimento domiciliario. En canto as áreas sanitarias, corresponden á de Vigo 132 casos activos, un máis que o sábado; 72 á de Coruña e Cee, con tres casos activos menos; 25 a de Compostela e o Barbanza, cun menos; 22 á de Ourense, Verín e Valdeorras; 39 a de Lugo, Monforte e a Mariña, con cinco máis; once á de Ferrol e nove á de Pontevedra, cun caso máis. Segundo informa a Consellaría de Sanidade, non se detectaron cambios nos dous brotes localizados nas comarcas do Barbanza e da Mariña. O primeiro mantense con nove positivos e o segundo con 22, logo dos casos detectados onte con máis de 200 probas PCR realizadas na área."}
{"ID": "NOS_37702", "summary": "Ás doce do mediodía, máis de medio milleiro de persoas reuníronse fronte a Delegación do Goberno en Lugo para esixir unha \"solución\" ao problema da industria de aluminio na Galiza.", "text": "'Alcoa sálvase loitando' foi a consigna máis repetida este sábado na concentración fronte á subdelegación do Goberno en Lugo para reivindicar a continuidade da planta de Alcoa en San Cibrao. Ás doce do mediodía, máis de medio milleiro de persoas reuníanse fronte á institución para esixir unha \"solución\" ao problema da industria de aluminio. 'Enerxía solución' ou 'se isto non se arranxa, guerra, guerra', foron outras dos lemas coreados na concentración, na que políticos de distinto signo mostraron o seu apoio ao comité de empresa, aos traballadores e a moitos centos de persoas procedentes dos concellos da Mariña. José Antonio Zan, explicou que \"a marcha máis forte\" está prevista para realizarse \"tamén en Lugo\" e ante o Congreso dos Deputados. \"Hai que ir paso a paso. Esta semana vai ser moi importante\", engadiu. Para o luns está marcada unha reunión de especial importancia co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Para o mércores trasladaranse até o Congreso dos Deputados, onde reclamarán a \"todos os grupos que escoiten á Mariña, a Lugo e o que podería supor perder o 30 por cento do PIB da provincia\" se se acaba \"cunha fábrica como Alcoa\". Prezos competentes Zan tamén lembrou que \"esta semana empeza a poxa de interrumpibilidad\", sobre a que esperan que \"haxa unha rectificación por parte do Goberno e se poñan medios para enmendar os 35 millóns de euros que lle acaban de meter de sobrecusto á planta de San Cibrao e ás electrointensivas de toda España\". O sindicalista de Comisións Obreiras (CCOO) confirmou que hoxe se entregaría á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, un documento \"esixindo a apertura urxente da mesa por Alcoa que prometeu a ministra\" de Industria, Reyes Maroto, \"o día que foi a San Cibrao\". \"Este documento é algo importante, pero non deberiamos estar entregándoo porque a ministra prometeu que en quince días teriamos aberta a mesa e levamos dous meses de espera\" destacou. \"Necesitamos esa mesa e necesitamos que se nos aclare a canto queren deixar o megavatio, non estamos a pedir que nolo poñan máis barato que en Alemaña ou Francia, estamos a pedir que nolo poñan equiparable para poder competir\". O prezo actual de \"30 euros o megavatio de potencia\" non permite esta competencia, asegurou. Situación crítica Na concentración, os traballadores estiveron acompañados por moitos alcaldes da Mariña, como o de Cervo (concello sobre o que se asenta a factoría), Alfonso Villares. El chamou a atención sobre a \"situación, cada vez máis critica\". \"Pasa o tempo e levamos ano e medio sen solucionar o problema de Alcoa e cada semana todo é máis perigoso\", engadiu. Yolanda Díaz acudía como representante de Unidas Podemos, xunto ao secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino. A ferrolá puntualizaba \"o tempo\" que levan traballando en defensa da produción de aluminio primario no país. \"Este é o único centro de España que produce aluminio primario, por tanto existe moitísima preocupación e insistimos en que o Goberno ten que actuar con man dura fronte Alcoa dunha vez por todas\". Ademais, Díaz criticou que a empresa se \"desleixe completamente do país\". No entanto, reclama un estatuto electrointensivo que permita \"ter prezos na industria que sexan competitivos\". \"É imposible producir aluminio primario cos prezos que ten España\", advertiu. Postos de traballo en xogo A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apuntou á posibilidade dunha folga xeral en Galicia ante os escenarios de crises da industria galega, con Alcoa ou Endesa en risco. De todos os xeitos, matizaba que é \"unha decisión que corresponde aos sindicatos\" e en todo caso hai que prestar atención aos \"miles de postos de traballo en xogo nas industrias electrointensivas pero tamén no sector enerxético\". Por todo, non se pode permanecer \"cos brazos cruzados\", sinalou Pontón. Esixe que a Xunta e o Goberno central estean \"á altura das circunstancias\", pero \"até agora o que temos é un presidente da Xunta incapaz de pór unha solución que só busca botar balóns fóra\" e un Goberno estatal que parece \"ignorar cal é a situación tan complicada da industria galega\", sentenciaba. Pola súa banda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou \"pór encima da mesa\" que as negociacións para a formación dun novo Goberno tamén contemplen \"un estatuto para as electrointensivas\". Dos socialistas acudiron á concentración a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da deputación, José Tomé, así como outros rexedores da provincia. Méndez pechaba a quenda de intervencións e mostrou o seu apoio á \"continuidade de Alcoa\". \"Moitas grazas a todos, benvidos a Lugo e Alcoa non se pecha\", concluíu finalmente a alcaldesa."}
{"ID": "NOS_18367", "summary": "A plataforma cifra en máis de 500 os veciños e veciñas que nesta fin de semana tramitaron os recursos contra o proxecto que, denuncian, agocha baixo o pretexto de 'restauración' o depósito de millóns de metros cúbicos de residuos.", "text": "Máis de 500 veciños e veciñas do concello de Teo, na comarca de Santiago, formalizaron nesta semana as súas alegacións contra o proxecto de 'restauración' da canteira de Casalonga por parte da empresa Toysal. Esta fin de semana a plataforma Casalonga Limpa de Residuos estivo no local social da Igrexa de Calo polas mañás para atender dúbidas e recoller alegacións da veciñanza que así llo solicitara. O 20 deste mes remata o prazo para presentar as. \"A veciñanza xa sabe que esta empresa o único que quere é botar 10 millóns de metros cúbicos de residuos no monte para despois poñer terra enriba e dicir que xa está restaurada\", denuncian desde a plataforma. Este colectivo mostra a súa satisfación pola resposta veciñal. Lembra que as alegacións tamén se poden presentar on line e que na súa web hai os formularios precisos para facelo. As alegacións máis comúns son sobre a contaminación da auga das minas e dos pozos das casas, os cheiros, as plagas de insectos e roedores, o aumento de tráfico pesado cargado de residuos, a preocupación polos meniños da unitaria de Casalonga (a 900m da zona cero) e do colexio de Calo (a menos de 2km)."}
{"ID": "NOS_47494", "summary": "Os premios Cidade de Pontevedra, promovidos polo concello da localidade, veñen de recoñecer o labor da Escola de Xadrez e mais do psiquiatra e activista en defensa da sanidade pública Víctor Pedreira. Os galardóns entregaranse o vindeiro 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da cidade, nun pleno extraordinario de honra no Teatro Principal.", "text": "A Escola de Xadrez, fundada en 2001, procuura achegar o xogo á rapazada e promocionala entre persoas de todas as idades. Segundo Carme Fouces, concelleira de Cultura e presidenta do xurado, a asociación é salientábel por, cando menos, tres vertentes: a social, a escolar e a solidaria -apoia proxectos solidarios en campos de refuxiados de Siria e Xordania. No que atinxe ao psiquiatra Víctor Pedreira, Fouces puxo de relevo a súa \"defensa inquebrantábel\" da sanidade pública na plataforma SOS Sanidade Pública e en 40 anos de exercicio profesional. O xurado dos premios Cidade de Pontevedra estivo composto polos concelleiros do BNG Anxos Riveiro, Alberto Oubiña e Pilar Comesaña; do PP Aurora Cañizares e María José Rodríguez Teso; do PSdeG Pomba Castro; e mais por Carme Moreira por Marea Pontevedra. Polos veciños asistiu José Manuel Loureiro, presidente da Federación Castelao, e pola cultura José Luis Estévez Solla, secretario da asociación Cedofeita. Como representante dos medios de comunicación, o xornalista do web PontevedraViva Álex Espiño."}
{"ID": "PRAZA_7634", "summary": "Presenta unha iniciativa parlamentaria na que reclama que Feijóo solicite ao Goberno central a ampliación dos prazos e protexer así \"os grandes servizos públicos\".", "text": "O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na que reclama a ampliación dos prazos para acadar o obxectivo de déficit, o que concedería a Galicia 456 millóns de euros adicionais en 2013. Nesta proposición non de Lei, sinala que a Comisión Europea \"acaba de flexibilizar os obxectivos de déficit para España, o que aínda non se ten trasladado aos requisitos que o goberno lle impón a Galicia\". O PSdeG pide que se \"flexibilice o obxectivo de déficit\" para 2013 e se pase do 0,7% do PIB ao 1,5% Nun comunicado, Losada reclama que o Goberno \"flexibilice o obxectivo de déficit\" para que en 2013, en lugar do 0,7% do PIB, este fose do 1,5%. \"Esta modificación supón sobre uns 456 millóns de euros adicionais, xa que cada décima adicional supón aproximadamente 57 millóns de euros\", destaca. De non facerse, din os socialistas, \"os grandes servizos públicos veranse fondamente afectados\" Así, o PSdeG quere que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para modificar os obxectivos sobre o déficit futuro \"en base ás prórrogas concedidas pola Comisión Europea na senda de consolidación fiscal das finanzas públicas\". Do contrario, advirte que \"os grandes servizos públicos, fundamentalmente sanidade e educación, veranse fondamente afectados\". Losada advirte que a estratexia do PP de centrarse en exclusiva na \"loita sen cuartel contra o déficit\" supón en realidade \"unha ralentización da actividade económica, recesión, incremento do desemprego, caída da recadación fiscal e, polo tanto, ou mais déficit ou unha miseria cruel para unha boa parte da poboación\". Ademais, Losada lémbralle a Feijóo que \"xa organismos económicos internacionais como o FMI recoñecen que esta vía en exclusiva non leva a ningunha parte e só supón mais dificultades económicas para os grupos máis vulnerables da sociedade\". \"O PP alíase co sector cegado pola ideoloxía reaccionaria da loita contra o Estado en favor do mercado\" Apunta ademais que \"o camiño sen saída que supón esta vía de actuación vén sendo denunciado dende hai tempo polos partidos políticos de esquerda en Europa, ao tempo que a case totalidade do mundo académico, que a considera unha vía morta\". Tamén acusa o PP de aliñarse co sector \"cegado pola ideoloxía reaccionaria da loita contra o Estado en favor dun mercado que só busca o seu beneficio\". Apunta que a estratexia de centrar a consolidación fiscal na loita intensa a curto prazo contra o déficit público \"constitúe un erro de enorme importancia que, ademais de agochar decisións exclusivamente ideolóxicas, prexudica enormemente a a Galicia\"."}
{"ID": "NOS_25892", "summary": "O partido integrado no BNG defende o seu crecemento nos últimos anos e aposta na independencia e o socialismo nun acto que tivo lugar en Pontevedra e que contou co apoio de Sortu, CUP e na que tamén participou o voceiro nacionalista Xavier Vence.", "text": "Coa aprobación das teses políticas e unha nova dirección rematou a II Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo (MGS) organización que fai parte do BNG e que defendeu da man do seu líder Rafa Vilar que \"está aquí para quedar\". 'Construír e avanzar. Galiza independentes e futuro socialista' foi o lema da xornada, que tamén ratificou que Isca se confirma como formación xuvenil do propio MGS, que contou coa presenza de enviados de Izquierda Castellana, CUP e Sortu no acto de clausura. Tamén fixo parte do encerramento da xornada Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, que destacou o traballo do MGS dentro do Bloque e denunciou a \"radicalización do neoliberalismo\"."}
{"ID": "NOS_58422", "summary": "Segundo a declaración dos mariñeiros que rescataron os tres sobreviventes do naufraxio, Rial recoñeceu que o seu tío mentía pero que non ofrecería unha versión diferente á súa.", "text": "Familiares dos 21 falecidos no naufraxio do pesqueiro galego Vila de Pitanxo solicitarán nos próximos días á Audiencia Nacional que investigue Eduardo Rial, un dos tres sobreviventes da traxedia e sobriño do patrón do barco, Juan Padín. Segundo confirmaron a Europa Press familiares das vítimas, na súa solicitude tratarán de que o xuíz Ismael Moreno cambie a consideración de Rial a investigado, xa que na actualidade acudiu a declarar na pasada segunda feira a Madrid en calidade de testemuña. Todo iso a raíz do atestado da Garda Civil sobre o caso, no que se inclúen as declaracións dos mariñeiros do buque Praia Menduiña 2, o barco que rescatou os sobreviventes do Pitanxo. Nelas, algúns membros da tripulación aseguraron que Rial dixo que o seu tío mentía, pero que el daría a versión que o seu tío lle dixese. O patrón do 'Pitanxo' insiste na súa inocencia e en que Samuel Kwesi mente \"Entendemos que a declaración de Eduardo Rial non foi veraz, senón que levou a estratexia do seu tío\", lamentaron desde as familias, polo que solicitarán que pase a ser investigado e non testemuña dos feitos porque observan un comportamento que podería supor un suposto delito de encubrimento ou de falso testemuño, entre outros. Xa o pasado 30 de maio a Audiencia Nacional admitiu a trámite unha querela contra o patrón do barco e a armadora do mesmo, Pesquerías Nores Marín, por presuntos delitos de homicidio por imprudencia grave, contra os dereitos dos traballadores e encubrimento. Con todo, no seu día o xuíz excluíu Rial da querela porque xa fora citado a declarar como testemuña, \"sen prexuízo do que resulte das dilixencias a practicar\", sinalou o titular do Xulgado Central de Instrución número 2. A Audiencia Nacional retira o pasaporte do patrón do 'Vila de Pitanxo' Análise dun móbil Noutra orde de cousas, Ismael Moreno tamén autorizou á Garda Civil a analizar o contido do móbil dun dos falecidos no naufraxio do Vila de Pitanxo, que foi atopado xunto co seu cadáver. O obxectivo é acceder, analizar, envorcar e extraer datos coa fin de localizar documentos, arquivos electrónicos, programas informáticos, fotografías, vídeos, axendas, conversacións ou calquera outro tipo de elementos que poidan ter relación cos feitos e axudar na investigación."}
{"ID": "NOS_36975", "summary": "O ministro do Interior, Grande Marlaska, di que se trata de \"protexer a saúde\" dos cidadáns. A decisión implica a volta dos controis fronteirizos entre Galiza e Portugal. Lisboa aplicou a mesma medida esta segunda feira.", "text": "O Estado español restablecerá a partir das 00:00 horas os controis terrestres fronteirizos e impedirá a entrada no seu territorio de todo aquel que non sexa cidadán español, residente no Estado, traballador transfronteirizo, ou ben aqueles que acrediten causas de forza maior. Anunciouno o ministro do Interior Grande Marlaska, que dixo que a medida fora consensuada co resto de estados da UE, e aclarou que non afecta ás mercancías, que poderán circular libremente. \"É pola sanidade e saúde da cidadanía\", xustificou Marlaska esta medida, apenas 24 horas despois de que o Goberno de que fai parte insistise nunha comparecencia pública que o coronavirus \"non entende de territorios\". \"Hai que conter a expansión do coronavirus\", insistiu, e pediu aos españois que \"actúen con compromiso\". A preguntas dos xornalistas, non desbotou que nos vindeiros días tamén se restablezan controis a nivel marítimo e aéreo, fechando o Estado español. Lisboa e Madrid A decisión de Madrid, unida á adoptada por Lisboa no mesmo sentido e que se aplica desde esta segunda feira, supón o retorno dos controis policiais e alfandegarios para transitar entre Galiza e norte de Portugal."}
{"ID": "NOS_18566", "summary": "57% dos fogares nos municipios de menos de 10.000 habitantes recoñecen que chegar a fin de mes suponlle \"dificultade ou moita dificultade\", unha porcentaxe que se reduce sensibelmente nos municipios de máis de 50.000 residentes, onde están nesa situación 48%, nove puntos menos.", "text": "No primeiro trimestre de 2017 máis da metade dos fogares de Galiza, un 51,8%, afirmaba que chegaban a fin de mes con dificultade (41,7%) ou moita dificultade (10,1%). Porcentaxe superior a aqueles que indicaban neste comezo de ano que o facían con facilidade ou moita facilidade (48,12%). Porén, esa realidade non é a mesma en todo o noso territorio e aprécianse nestes datos, da enquisa coxuntural do IIGE, diferenzas importantes segundo o tamaño do concello. Así, naqueles municipios de menos de 10.000 habitantes a porcentaxe de fogares con problemas para chegar a fin de mes é de case o 57%, mentres que os que acaban o mes con facilidade é o 43%. É unha realidade diferente da daqueles concellos con máis de 50.000 habitantes e onde os fogares con dificultades son o 48,5%. Nas localidades entre 20.000 e 50.000 residentes son o 47,8%. É clara a fenda a respecto dos concellos máis pequenos. Loxicamente, esa diferenza dáse tamén ao falarmos dos fogares que chegan sen dificultades a final de mes. Son o 51,5% nos municipios de máis de 50.000 habitantes e case o 53% naqueles que teñen entre 20.000 e 50.000. Nos concellos cuxo número de residentes está entre os 10.000 e os 20.000, volven ser maioritarios os fogares con problemas para acabar o mes: un 55,2% fronte a un 44,8% que afirman que non teñen esas dificultades. Fenda Xa temos tratado en Sermos Galiza as diferenzas existentes en Galiza a respecto de rendas. Non só desde a perspectiva do tamaño dos concellos mais tamén das comarcas. Galiza ten unha fenda interna. Así se recolle no mapa de ingresos medios mensuais por fogar de Galiza, que indica que só 5 das 20 áreas en que divide o noso territorio acadan ou superan esa media, outras 15 fican por baixo. Este indicador sitúa ese ingreso medio mensual por fogar nos 1.915 euros para Galiza. Só ás áreas que inclúen algunhas das principais cidades de Galiza e a súa contorna superan esa media. A saber: as áreas da Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo. Móvense entre o máximo de 2.111 euros de media por fogar na área coruñesa (abrangue as comarcas da Coruña e Betanzos) e os 1.915 da de Pontevedra. Mais hai 20 áreas xeográficas que non acadan esa medias. Algunhas fican moi por baixo deses ingresos medios por fogar de Galiza, como son as de Ourense Sur (comarcas de Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana). Aí eses ingresos son de 1.499 euros, un 30% inferiores aos da área da Coruña."}
{"ID": "PRAZA_9818", "summary": "Un dos membros do comité de folga na Atención Primaria e da Coordinadora Galega de Atención Primaria insiste en que a desconvocatoria do paro non supón aval ningún ás políticas sanitarias dunha Xunta da que agora esperan decisións. \"Non nos fiamos do Sergas porque é experto en incumprir acordos\", di.", "text": "Xosé María Dios é médico no centro de saúde de Outes, un dos voceiros da Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP) e membro do comité de folga, dun paro finalmente desconvocado logo de que o Sergas aceptase todas as demandas esixidas polos seus impulsores para negociar un novo modelo sanitario. Malia as diferenzas entre os diferentes profesionais, todos os colectivos e sindicatos coinciden en que o acordo ao que se chegou coa Consellería de Sanidade non é aval ningún ás súas políticas nin punto final de ningún conflito, senón un primeiro paso que debe ser confirmado coa resposta ás súas demandas. De non ser así, outra convocatoria de folga é máis que probable. O acordo, en realidade, non supón cumprir demanda ningunha senón aceptar unhas condicións para poñerse a negociar...Ese era o mandato que o comité de folga e os sindicatos tiñan da Coordinadora Galega de Atención Primaria. Nesta negociación non estabamos buscando un acordo sobre as nosas reivindicacións, senón reclamando que se conformase unha mesa de negociación transparente, aberta e plural para tratar eses cinco puntos irrenunciables. Unha vez que se aceptou iso, tiñamos que desconvocar, pero iso non significa que aquí rematase nada nin que non se poida volver convocar unha folga. \"Tiñamos o mandato de conseguir unha mesa de negociación e a Xunta aceptouno, pero iso non significa que aquí rematase nada nin que non se poida volver convocar unha folga\"Acadaron, xa que logo, o que pretendían nestas primeiras conversas?Claro. Hai que ter en conta que a formulación do Sergas nun inicio era convocar a mesa sectorial xa existente e nada máis, de aí non pasaban. Mesmo conseguimos máis do que solicitabamos nun principio porque Sanidade comprometeuse a que se creen tamén comisións para abordar problemáticas específicas en diferentes ámbitos. Tiñamos como mandato conseguir abrir esa mesa de diálogo, chamada Consello Técnico, no que participarán todas as entidades que teñen que ver no futuro da Atención Primaria, e a iso engadímoslle a posibilidade que del se deriven comisións para tratar o tema dos profesionais precarios, dos PAC ou doutros conflitos. Que se consegue con ese Consello Técnico de Atención Primaria?Ábrese unha mesa de diálogo permanente que non existía. Até o de agora negociábase por partes, parcelando as conversas que, nalgún caso, eran a nivel de conselleiro ou xerente do Sergas e noutras a nivel de traballadores que tiñan que pedir permiso aos seus superiores para acordar cousas... Agora será un órgano transparente, con participación de todas as entidades implicadas e definitorio para o novo modelo de Atención Primaria.\"Non nos fiamos do Sergas porque é experto en incumprir os acordos\"Fíanse dos compromisos do Sergas?Hai que ter en conta que estamos en época electoral. E non, non nos fiamos porque o Sergas é experto en incumprir os acordos. A nosa expectativa e a nosa confianza está posta en que o vindeiro 26 de abril reúnese a mesa sectorial e na primeira quincena de maio o Consello Técnico e aí veremos cal é a resposta. Temos que pensar que a Administración virá con ganas de negociar, pero se non é así podemos convocar outra folga axiña. Entende a quen é contrario á desconvocatoria de folga?Tiñamos un mandato, que era o de conformar esa mesa de negociación, e cumpriuse. Nese momento tiñamos que desconvocar a folga. Pero os problemas na sanidade seguen e se desde a Xunta non lle poñen freo, haberá unha segunda convocatoria de folga. Isto non é un final de nada, é un principio. Feijóo asumiu este martes algún problema na \"planificación\" do persoal en Atención Primaria pero nega que exista un conflito sanitario...O problema dos PAC leva un ano enquistado, a sanidade pública estase deteriorando día a día, dimitiron todos os xefes de servizo da área de Vigo, hai conflitos permanentes en diferentes zonas, houbo unha convocatoria de folga para tres días... Hai que vivir nunha burbulla, que creo que é o que lle pasa, para poder dicir iso; ou ver e ler só o que che interesa e non saber a realidade. E a realidade actual do sistema sanitario galego é de deterioración e privatización.\"Feijóo ten que vivir nunha burbulla ou só ver e ler o que lle interesa para poder dicir que non hai un conflito sanitario en Galicia\"Cre que na Xunta non se asume que hai un problema?Hai dous meses, Feijóo dixo que tiñamos a mellor sanidade pública do mundo, pero resulta que só uns días despois o Sergas presentou 150 medidas para mellorala, creou mesas de diálogo á súa maneira, engadiu logo máis propostas, reuniu xefes de servizo, recolleu ideas... Non podemos andar polo mundo pensando que todo está ben cando é o contrario. Pode ter que ver nesta aceptación dun novo modelo de negociación o feito de que se acheguen as eleccións?O comité de folga foi negociar sen pensar nin en eleccións xerais, nin municipais nin sindicais, que tamén son axiña. Tiñamos uns puntos determinados que reclamamos e deunos igual que houbese ou non comicios. Conseguimos o apoio de todos os sindicatos agás SATSE e convocamos a folga para lograr algo; conseguimos esa mesa de negociación e desconvocamos esta primeira folga, pero mañá podemos convocar outra."}
{"ID": "NOS_10096", "summary": "O Sermos en papel fai os 100 números e quere celebralo cun concurso fotográfico a través do Facebook. Dúas condicións: ser seguidor/a da páxina de Sermos e que nas fotos apareza o semanario.", "text": "Para participar no concurso e tamén para votar, é preciso facerse seguidor ou seguidora da nosa páxina en facebook: https://www.facebook.com/sermosGz. As fotos han ser enviadas por mensaxe privada a esta páxina. Serán subidas a un álbum no facebook, onde permanecerán ao longo dunha semana. Gañarán as tres persoas que consigan máis \"gústame\". Calendario As fotos han de ser enviadas entre o 12 de xuño e o 25 de xuño ás 12 da noite. Do 26 de xuño ao 3 de xullo, serán subidas ao álbum que levará por título: \"Sermos no obxectivo\" e alí poderán ser votadas. Os resultados coñeceranse o 15 de xullo. Para votar, será preciso facerse seguidor ou seguidora da páxina de facebook de Sermos (https://www.facebook.com/sermosGz ) e logo darlle ao \"gústame\" naquelas fotos que máis gusten. As fotos poderanse etiquetar e compartir pero só contarán os \"gústame\" rexistrados na páxina de facebook de Sermos Galiza. Premios O primeiro premio será unha subscrición de balde durante un ano. O segundo, unha subscrición de balde durante un semestre. O terceiro, unha subscrición gratuíta un trimestre. Se non consegues premios mais de boa gana te subscribirías. Aproveitando que se fixeron dous anos do nacemento de Sermos Galiza e estamos a piques de chegar ao número 100 do semanariio, podes subscribirte por 12 euros ao mes e, se tes menos de 30 anos, por 10."}
{"ID": "NOS_52348", "summary": "A vítima, unha muller de 31 anos, foi trasladada ao hospital e faleceu no mediodía desta quinta feira", "text": "Os Mossos d'Esquadra detiveron na madrugada desta quinta feira un home por –presuntamente– ter asasinado a súa parella cun arma branca. Os feitos aconteceron por volta das 04:00 horas nunha vivenda do Nou Barris (Barcelona), cando as forzas de seguridade foron alertadas da agresión, que tivo lugar após unha discusión. A vítima presentaba un estado de extrema gravidade cando chegaron os axentes, e faleceu horas despois nun centro hospitalario da cidade. O agresor, un mozo de 27 anos, foi detido no momento. Polo de agora, a División de Investigación Criminal de Barcelona investiga o homicidio."}
{"ID": "NOS_38070", "summary": "A AECT Río Miño alerta de colas de até dúas horas no paso de Tui-", "text": "A reclamación pola reapertura urxente de pasos na fronteira entre a Galiza e Portugal, impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño, entra nunha nova fase, ante a situación \"insotíbel\" que sofre a poboación dun e doutro lado, obrigada a cruzar polo único acceso que se mantén aberto desde a imposición das restricións de mobilidade derivadas da crise da COVID-19. Nunha xuntanza mantida pola agrupación coas eurocidades do Miño, ambas as partes acordaron adoptar \"medidas contundentes de protesta\" contra o feche. Segundo explica o director da agrupación transfronteiriza e deputado en Pontevedra Uxío Benítez, o territorio do Miño está \"afogado\" pola existencia deste único paso na fronteira en Tui-Valença, \"o que imposibilita o mantemento das intensas relacións socioeconómicas entre ambas as marxes do río\". As fórmulas de presión, que están en estudo, buscarán pór de manifesto de maneira \"simbólica e chamativa\" o malestar tanto das dirixentes como da cidadanía afectada. Nos vindeiros días convocarase o resto das cidades da \"raia\" para consensuar as medidas de presión de maneira conxunta co fin de que teñan un maior apoio. A pasada semana, o director da AECT Río Miño remitiu ao delegado do Goberno na Galiza a solicitude de reapertura, sen que haxa aínda unha resposta frutífera. Tamén realizou en días previos un encontro co secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) Martín Guillermo Ramírez, quen comprometeu o traslado da protesta polo feche da fronteira á responsábel da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen.\" Na reunión de onte participaron, xunto co director e o vicedirector da AECT, alcaldes e alcaldesas dos concellos de Tui, Tomiño e Salvaterra, así como o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira e os vice-presidentes de Valença, e Monção, que amosaron a súa preocupación polos arrodeos de até 200 quilómetros que deben realizar a diario traballadores e traballadoras transfronteirizos para acudir aos seus postos laborais. As mandatarias consideran que \"non é de recibo\" que as restricións non se teñan modificado desde o inicio do estado de alarma, \"cando era preciso un confinamento estrito e unha restrición clara da mobilidade.\" \"A situación agrávase cada vez máis para a cidadanía transfronteiriza, con colas de até dúas horas no paso\", denuncian desde a AECT Río Miño, que alertan tamén da falta de coordinación entre corpos policiais."}
{"ID": "PRAZA_11555", "summary": "Agora vostede, señor alcalde, pretende mellorar a marca dun dos seus predecesores agraciándonos co espantallo de Mariñamansa, un poleiro de 300 metros de altura, 80 plantas e un millón de arrobas de estulticia.", "text": "«Subiron os ollos e atopáronse co ceo. Baixáronos e o inferno desaparecera. Só ficaba o rescaldo último dos seus propios corpos» (Á sombra dos bonsais, Antón Riveiro Coello)Señor alcalde: A nosa mortificada cidade, tal e como acreditaron máis de sesenta enxeñeiros hai cousa de dous anos, xa conta cunha das construcións máis horríbeis do mundo: a mole do Milenio, esa ponte que imita unha gaivota preñada de toneladas de formigón armado, rañando a barriga contra as apracíbeis augas do Miño para chulearse diante da incomparábel elegancia das súas veciñas. Agora vostede, señor alcalde, pretende mellorar a marca dun dos seus predecesores agraciándonos co espantallo de Mariñamansa, un poleiro de 300 metros de altura, 80 plantas e un millón de arrobas de estulticia.Como ao sabelo non paraba de ferverme o sangue, metín o pasaporte no peto, merquei un billete de ida e volta e voei de Bos Aires a Santiago. Ao pisar terra arrinquei a escape cara Ourense. Quería achegarme alí, ao barrio de Mariñamansa. Mais antes farteime de ir e vir dun lado cara o outro para constatar se nesta lánguida Áurea, talmente esfandangada, aínda podía atopar unha soa cuarta da súa enqueirada pel na que as autoridades e os seus favorecidos –por descoido, claro– se esqueceran de mallar nela.Ao chegar acolá, a Mariñamansa, ceibei a imaxinación e fun alancando de un en un os máis de 1440 chanzos que cumpría vencer para chegar á última planta dese novo desafío á sensatez. No percorrido encontrei oitenta pisos totalmente baleiros: sen ideas, sen propostas, sen proxecto de cidade, sen xente, ... sen nada. E en todos a luz que entraba polas fiestras ensumíase deseguida e apagábase como un candil sen gas, ao bater contra as portas, as paredes e os teitos, sempre tinguidos de gris marengo. No último andar había dúas salas un tanto estrañas. Nunha estaba un estante con centos de libros –105.505 páxinas, tantas como almas hai nesta cidade– cheos de actas de defunción inconclusas, emboutadas de tinta china, asinadas polas autoridades competentes. Na outra, penduraba do teito un enorme mural no que se podía ver un mastodóntico embigo, rodeado dun coro de faunos tocando cadansúa corneta con aparencia de embudes de lata enferruxada.Ah! Regálenos bonsais, señor alcalde! Pois nin con cen espantallos, colocados un enriba doutro, vai ser quen de convencernos de que desde o alto do tellado seremos capaces de apalparlle os seos ao firmamento. Que Dios guarde a V.I. muchos años. Lisardo Quintas Teixeira."}
{"ID": "NOS_26007", "summary": "Desde a Inspección Educativa trasládanse informacións \"contraditorias\" e \"incorrectas\" no caso de funcionarias embarazadas que van realizar a fase de prácticas.", "text": "A Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso a diferentes corpos docentes regula a fase de prácticas para as persoas funcionarias que aproben o concurso-oposición. A base vixésimo primeira establece que a duración desta fase será de catro meses e que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas. CIG-Ensino afirma que constatou que as funcionarias en prácticas que están embarazadas ou ás que lle corresponde gozar do permiso por parto poden ver comprometidos e mesmo conculcados os seus dereitos fundamentais se a Consellería non adopta as medidas oportunas para que poidan desenvolver esta fase do proceso en igualdade de condicións con respecto ao resto de aprobados. Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, considera que\"resulta imprescindíbel que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dite instrucións precisas, dirixidas a todas as Xefaturas Territoriais, para que as baixas ou os permisos relacionados co embarazo e o parto respectivamente entren dentro das xustificacións que permitan esa flexibilización\". Trátase de que en ningún caso se producirá unha discriminación na carreira profesional destas persoas, ben sexa na toma de posesión como funcionariado de carreira como na posíbel adxudicación de destino definitivo."}
{"ID": "PRAZA_11522", "summary": "A meirande parte dos homes nas nosas sociedades non somos machistas. Mais, diante dun problema tan grave na vida de máis da metade da cidadanía, estamos a manter unha pasividade, cando non indiferenza, polo menos cómplice", "text": "A data conmemorativa do 25-N lembra a necesidade de parar o meirande problema de dereitos humanos que temos na Galicia e na Europa toda: a violencia machista. Semella absurda, en termos relativos, a preocupación por outras cuestións secundarias cando non estamos a ser quen de parar esta catástrofe. Sen dúbida existe unha priorización lexislativa, mais non orzamentaria. Falemos claro. Á loita contra a violencia machista o que lle cómpre é financiamento abondo, garantido e blindado: dispositivos electrónicos para maltratadores, formación específica en violencia machista para xuíces, avogados e policías e moitos máis- e mellor dotados- xulgados especializados en violencia contra a muller. Tamén, no ámbito menos cuantitativo e máis cualitativo un modelo de educación en igualdade e unha autorregulación mediática para non repenicar os modelos machistas.Mais permitídeme que, por un día, lembre que non todo neste eido depende do sector público, senón que require tamén da concienciación cidadá, nomeadamente, a de nós, os homes. A meirande parte dos homes nas nosas sociedades non somos machistas. Mais, diante dun problema tan grave na vida de máis da metade da cidadanía, na vida do xénero ao que pertencen as nosas nais e aboas, fillas e netas, parellas e amigas, estamos a manter unha pasividade, cando non indiferenza, polo menos cómplice. Tentarei pór exemplos. Cantas veces tentamos entender os delitos de violencia machista nas drogas, alcohol ou nas doenzas mentais e cantas outras facemos o mesmo con outros delitos violentos? Cantas veces somos tépedos no rexeitamento ao discurso de criminalización do feminismo, sendo tépedos diante do uso da verba \"feminazi\"? Cantas veces homes que se teñen por intelixentes, espelidos e progresistas laianse-laiámonos- de determinadas actitudes do feminismo? Seríamos quen de facer o mesmo referido ao soberanismo galego, ao socialismo, liberalismo democrático ou ao sindicalismo? Non vemos cantas veces somos condescendentes coa loita das mulleres no canto de sermos os seus cómplices?Os homes haberíamos recoñecer que moitas veces o noso desenvolvemento profesional-mesmo algunhas expansións do noso tempo de lecer- foi posíbel pola dedicación ás obrigas domésticas e familiares das nosas parellas e, mesmo, das nosas nais, irmás ou fillas. Cómpre ver nidiamente que moitos temos desfrutado de privilexios persoais por mor do noso sexo.Velaí que sexa tan importante gañarmos conciencia diante desta realidade. Porque os homes podemos facer, temos que facer, moito máis."}
{"ID": "NOS_42372", "summary": "A rexedora de Boimorto, a popular María Xesús Novo, explicou a elDiario.es que intentou resistirse a recibir a dose pero que a aproveitou porque lle dixeron que \"se non habería que tirala\". O BNG xa pediu explicacións por este feito \"moi grave e inxustificábel\" e a oposición en conxunto pide a dimisión.", "text": "O medio de comunicación elDiario.es revelou hoxe que unha alcaldesa do PP, en concreto a de Boimorto, foi vacinada na campaña actual contra o coronavirus do Sergas (destinada a persoal sanitario) malia non ter relación coa actividade médica. A Xunta incorporou á rexedora María Xesús Novo na lista de vacinación prioritaria e esta explicou que se vacinou na residencia de maiores da localidade porque é onde traballa. \"Vacineime porque son persoal da residencia\" alegou novo en declaracións ao medio que tivo a exclusiva. No entanto, no texto especifícase que a súa testemuña non se axusta á realidade porque \"a alcaldesa ten dedicación exclusiva no Concello e ningunha formación que a vincule co mundo da medicina e os coidados\". Así, a teoría da popular é que como rexedora do Consistorio é \"xefe de persoal\" da residencia e ten unha relación laboral porque vai \"todos os días por alí\", o que xustificaría o seu dereito á vacina. A alcaldesa defende, ademais, que \"non\" quería recibir o fármaco malia estar no listado. Mais finalmente non renunciou a ir nesta quenda do medicamento: \"Dixéronme que, se non a puña eu, habería que tirala\". Curiosamente hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, solicitou á xente que estea nas listaxes por erro renuncie á dose. Así chamou á ética individual de cada quen despois de que foran transcendendo casos de persoas tratadas antes de que fora a súa quenda. Dos cargos políticos (no seu momento de fóra da Galiza), o líder do Partido Popular destacou que debían \"dimitir\". Exixen a dimisión Despois de coñecerse o trato prioritario á política de Boimorto, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas, rexistrou unha iniciativa parlamentar para pedir explicacións á Xunta por un feito \"moi grave e inxustificábel\". Pola súa parte, o socialista Pablo Arangüena comentou que Feixoo debe \"resolver esta situación\" e xustificar por que se deu este tratamento \"irregular\". \"Que tome medidas xa por exemplaridade e xustiza social\", incidiu. Mesmo Antón Gómez Reino, de Galicia en Común, criticou que a rexedora aproveitara o seu posto \"para pasar por diante da xente maior\". Así pediron a dimisión inmediata. Pola súa banda, desde a Consellaría de Sanidade aseguraron que están a estudar o caso e \"comprobando a lista que mandou a residencia\" de Boimorto ao departamentos."}
{"ID": "NOS_32356", "summary": "O barco galego foi apreixado por Arxentina acusado de pesca ilegal.", "text": "O buque 'Playa Pesmar uno', do grupo Pesquerias Marinenses, apreixado por Arxentina esta segunda feria por suposta pesca ilegal na súa zona económica exclusiva (ZEEE) ten \"todas as licenzas en vigor\". Afirmouno García Tejerina, ministra de Pesca, en declaración a 'Los desayunos de TVE'. A ministra dixo que o goberno español está en contacto coas autoridades arxentinas para identificar \"con toda precisión\" onde estaba a faenar o con base en Marín. \"O buque tiña todas as licencias e todo en vigor, cando teñamos moi claro onde estaba farase a reclamación oportuna ou asumiranse as consecuencias\", sinalou. Arxentina podería impoñerlle unha multa de até máis de 500 mil dólares en caso de confirmar a acusaciòn de pesca ilegal con 320 toneladas de peixe fresco nas súas adegas. A bordo do buque, 34 tripulantes, a maioría deles galegos, incluído o capitán. Desde a cooperativa de armadores de Vigo, e en declaracións a Europa Press, indican que desde o barco afirman que estaban pescando en augas internacionais, non arxentinas. Estaría, segundo esta versión, a faenar na coñecida como Milla 201, próxima á ZEE arxentina. O pesqueiro galego xa arribou ao porto arxentino de Comodoro Rivadavia, na Patagonia, escoltado polos gardacostas arxentinos."}
{"ID": "NOS_31092", "summary": "Profesor na Universidade CEU San Pablo na actualidade, ocupou como membro do PSOE cargos públicos na Asemblea e no Concello de Madrid.", "text": "O socialista Antonio Miguel Carmona converterase en vicepresidente de Iberdrola España, compañía presidida por Francisco Córcoles. Carmona, profesor de Economía e cunha dilatada traxectoria política tanto na Asemblea de Madrid como no Concello da capital española, será nomeado nos próximos días vicepresidente de Iberdrola España, segundo unha información adiantada polo xornal español OK Diario e confirmada a Europa Press por fontes coñecedoras da designación. O que será novo vicepresidente da compañía en España foi elixido deputado polo PSOE na Asemblea de Madrid en dúas etapas: entre xuño de 1999 e decembro de 2002, e entre xuño de 2011 e xuño de 2015. Posteriormente, foi elixido edil no Concello de Madrid nas eleccións municipais de 2015, permanecendo catro anos no consistorio presidido entón pola alcaldesa Manuela Carmena. Doutor en Ciencias Económicas especializado en crecemento económico e novas tecnoloxías, Carmona comezou a súa andadura profesional dando aulas na Universidade Complutense de Madrid e na actualidade é profesor na Universidade CEU San Pablo. Neste momento, o economista non ocupa ningún cargo dentro do PSOE."}
{"ID": "NOS_18229", "summary": "O terceiro disco de Os d'Abaixo reafirma unha liña que a banda mantén desde os comezosd.", "text": "Comezando a escribir sobre este terceiro traballo de Os D'Abaixo acabo de decatarme de que escribín de todos os seus discos. Como non, se non paran de facer cousas bonitas! Somos a pedra / Os d'Abaixo / Edición de autor / 2021 / Once pezas / 15 euros O máis significativo deste terceiro disco é a incorporación do súper acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto), substituíndo o tamén superacordeonista Xosé Ramón Vázquez (Fía na Roca). O tándem berrogüettil Quim Farinha-Santi Cribeiro nótase. Sempre dixen que para min son como dúas medallistas olímpicas de natación sincronizada. Mais tamén é certo que a estas alturas todos os D'Abaixo empastan á perfección. Cando un grupo chega ao seu terceiro disco soen pasar dúas cousas: que a frescura baixe, que xa farte se non se reinventa... ou que se afiance, continúe coa liña coa que conquistou tímpanos e que eses anos de músicos tocando xuntos se noten positivamente. O caso destes é o segundo, por suposto! As colaboracións son poucas pero moi ben escollidas: Xavi Lozano (saxo barítono e efectos varios), o grande Eliseo Parra (voz e percusións) e, atención, a grandísima María João! Toda unha sorpresa. Unha sorpresa moi agradable. Na miña opinión este terceiro disco diferénciase do segundo principalmente porque en Quixera ser dos paxaros tiñan máis protagonismo as pezas cantadas. Neste Somos a Pedra toman o poder as instrumentais. Por suposto, tamén as hai cantadas, pero as instrumentais destacan máis, e isto non é doado de conseguir. Hai varios temas que me chamaron especialmente a atención: \"Valxe\", fermosísima muiñeira composta por Víctor Antelo, cuns xiros que namoran. \"Muinheira do Verdelhinho\", de Quim Farinha. En case 6 minutos de peza instrumental, ten un desenvolvemento interesantísimo e crece de xeito magnífico. \"A Croa\", tema de Santi Cribeiro e no que case parece que se invoca ao desaparecido Berrogüetto. Foi gravado por Manolo Dourado, con deseño gráfico de Cenlitrosmetrocadrado e o libreto trae un limiar do escritor de novela negra en galego Diego Ameixeiras. Ademais foi gravado ao vivo, algo que non é moi común e que dá bastante frescura ao son final. Gocemos deste Somos a Pedra mentres agardamos o cuarto traballo de Os D'Abaixo! Nom somos nós cascudas negras que nos despachos roubam e medram. Nen tan sequer montes queimados, sujos negócios, favores pagos. Nom somos nós discursos podres dos teus lacaios estafadores. Nem tan sequer as maos doridas que tu desprezas e escravizas."}
{"ID": "NOS_27333", "summary": "O Goberno do Estado, os seus homólogos autonómicos e as forzas políticas deberán afrontar nesta etapa a reforma do sistema de financiamento vixente con varios anos de retraso ao disposto pola lexislación. Non se trata dunha cuestión de técnica xurídica nin de contabilidade pública, senón política.", "text": "As Cortes Xerais deben aprobar un novo sistema de financiamento para os territorios do réxime común ao longo da actual lexislatura. As posicións defendidas polas diversas forzas políticas na última campaña electoral, as declaracións das presidentas e dos presidentes autonómicos sobre as dificultades financeiras das súas comunidades e os acordos asinados polo PSOE con aquelas forzas que apoiaron a investidura de Pedro Sánchez deixan poucas dúbidas ao respecto. Nesta liña, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, dá por feita a reforma do actual modelo no horizonte do segundo semestre de 2020. O actual sistema de financiamento atópase prorrogado desde 2014. Aprobado con rango de lei á volta de 2009, cos votos favorábeis do PSOE e coa abstención do Partido Popular, fixaba na súa disposición adicional sétima a obrigatoriedade de ser revisado en 2014, momento onde comeza unha negociación que continúa até hoxe. Neste longo proceso, que xa acumula máis de cinco anos de retraso, destacou a Conferencia de Presidentes de xaneiro de 2017, cuxo acordo máis importante foi \"o impulso á revisión do sistema de financiamento autonómico, en aras de culminar co acordo de aprobación dun novo sistema deseñado con criterios obxectivos\". Sexa como for, un modelo xurdido para o período 2009-2014 terá, como mínimo, unha vixencia de 11 anos. A maioría das expertas consideran insuficiente as achegas do modelo de financiamento vixente para facer fronte ás necesidades de investimento das autonomías do réxime común, todas agás Euskadi e Nafarroa. Segundo Vicent Cucarella, Sindic Major de Comptes do País Valenciá e un dos grandes especialistas na materia, \"as comunidades autónomas no seu conxunto deberían estar recibindo máis ingresos dos que actualmente reciben. A solución polo tanto pasa por un reparto máis equitativo entre o Estado e as comunidades autónomas que evite os agravios entre os territorios\". Cucarella, en declaracións a Nós Diario, denuncia que \"a ausencia de descentralización no ingreso no Estado español dificulta moito que se poidan levar a cabo políticas económicas de carácter autónomo\". Santiago Lago, a persoa designada polo Parlamento galego para defender a proposta de financiamento pactada no parlamento por PP, PSOE e En Marea, demanda máis recursos para o país no novo modelo. \"A Galiza interésalle que haxa máis recursos sobre a mesa porque existe un problema de insuficiencia xeneralizada. Cantos máis recursos adicionais, máis posibilidades de aumentar o financiamento, pero sobre todo interésalle enormemente que se avance cara á nivelación plena de todos os servizos\", sinalaba Lago nunha entrevista concedida en setembro de 2017. Na mesma liña, solicita ponderar con máis peso no reparto de recursos o avellentamento. 12,2 millóns recadados na Galiza en 2017 O economista Xosé Díaz ten demostrado o carácter ruinoso para o país do actual sistema de financiamento. Nun estudo elaborado en 2019, tomando como referencia a liquidación dos orzamentos do Estado de 2017, última anualidade da que existen dados, sinalaba que Galiza perdeu nese ano 4.570 millóns de euros. O traballo, titulado A liquidación do sistema de financiamento do réxime común en 2017, onde dá continuidade ás investigacións recollidas no volume As contas que nos contan, editado por Sermos Galiza en 2016, afirma que o Estado recadou no país 12.214.084 millóns de euros en concepto de impostos e só reintegrou 7.643.965 millóns de euros. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube"}
{"ID": "NOS_9281", "summary": "As equipas profesionais que loitan contra o lume aseguran que a acumulación de focos activos deixa en evidencia a falta de medios.", "text": "Chegan desde Navia de Suarna ou a Terra Chá para apoiar os labores de extición dos incendios que permanecen activos en Cee, Soutomaior, Porto do Son, Crecente, Arbo, Avión, Vimianzo, Pontevedra, Caldas de Reis ou Cotobade e nos que arderon xa máis de 4 mil hectáreas segundo as estimacións da Xunta de Galiza. Son brigadistas dos servizos públicos de extinción como Héctor López, presidente aliás do comité de empresa de Seaga en Lugo e que asegura que a precariedade coa que traballan, principalmente polas carencias de medios e material, teñen lugar nas \"brigadas dos concellos\", apunta en declaracións recollidas por Europa Press. Comentáronme que está a haber moita descoordinación e que están a facer quendas de moitas horas, di un brigadista de Navia López asegura que o deslocamento de persoal procedente doutras comarcas cara ás de Pontevedra e A Coruña supón deixar \"descuberto\" outros puntos do país como Lugo. \"Comentáronme que está a haber moita descoordinación e que están a facer quendas de moitas horas sen auga nen bocadillos\", sinala Luís Montenegro procedente da Terra Chá. Pola súa banda, José Manuel López apunta unha descoordinación \"total\" e mesmo di que a situación lle lembra a vivida no verán de 2006 cando se produciu a maior vaga de incendios das últimas décadas. \"Chegas e tes empresas de todo tipo, \"Seaga, Tragsa, Natutecnia.... a UME (exército)... suponse que os que coordinan son os técnicos e os axentes mais é un desastre\", di. Aliás, acrecenta, a maquinaria ten \"20 anos e \"non funciona como debería\" e, ao tempo, a redución de persoal e a alta temporalidade laboral levou a que as equipas \"en vez de sete sexan tres\" brigadistas. Así as cousas, afirma, \"co tempo que vai e como está o monte en Galiza, é o que toca\", sentencia, mentres os que máis ollan o ceo agardando a chuvia."}
{"ID": "PRAZA_16196", "summary": "Ferrol acolle este xoves a presentación do libro Poemas do carricanto (Espiral Maior), que recolle a pouco coñecida produción poética do xornalista e tradutor finado en 2010. Os textos foron recompilados por Teresa Barro e un grupo de amigos como Fran Silva e Nicolás Vidal", "text": "O xornalista, avogado e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla (1931-2010) foi tamén poeta. Ao longo da súa vida foi publicando poemas en xornais e revistas, deixando outros en cadernos e papeis sen publicar. Agora todos eles, un total de 37 textos, publícanse no poemario Poemas do carricanto (Espiral Maior), que se presentará este xoves en Ferrol, a súa cidade natal. Na presentación (ás 19.30 horas no salón de actos do Antigo Hospicio) participará Teresa Barro, escritora e compañeira do poeta; Armando Requeixo, crítico e responsable da edición do libro; Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea no Congreso e editor; o xornalista ferrolán Nicolás Vidal e o concelleiro de Cultura da cidade naval, Suso Basterrechea. O volume conta cun epílogo de Xosé Luis Méndez Ferrín, compañeiro de xeración do escritor ferrolán. Méndez Ferrín remata dicindo: \"Fernando Pérez-Barreiro Nolla é un grande poeta do meu tempo. Estou seguro de que seguirá séndoo en todos os tempos futuros da nosa lingua e da nosa estirpe\". A obra \"mestura un cosmopolitismo insólito cun insubornable amor a súa terra\", en palabras dos responsables da recompilación e da edición A obra \"mestura un cosmopolitismo insólito cun insubornable amor a súa terra\", en palabras dos responsables da recompilación e da edición, que destacan que os 37 poemas -escritos entre 1956 ata 2003- beben de De Rosalía, Cabanillas, Rubén Darío, Carvalho Calero ou Noriega Varela, de William Blake, Yeats, Wordsworth, Dylan Thomas ou Seamus Heaney, e de Zhu Ziqing, Liang Zongdai ou Xu Zhimo. A edición incorpora igualmente unha variada información gráfica que amosa a Pérez-Barreiro ao longo de diferentes etapas vitais en lugares de todo o mundo. Fernando Pérez Barreiro Nolla naceu en Ferrol en 1931 e faleceu na cidade inglesa de Lancaster en 2010. Foi avogado, xornalista na BBC, tradutor, profesor universitario en Londres e políglota que dominaba unha ducia de linguas, entre elas o chinés. Impulsou numerosas iniciativas que tiveron a Galicia como cerna e recibiu moitos galardóns polo seu labor intelectual, desde o Premio Nacional de Tradución de España, a medalla Castelao, o Plácido Castro, o Pedrón de Ouro ou o premio de Cultura de Diario de Ferrol. Marchou a Londres en 1963 e xa non regresou a Galicia e, como lembraba Xosé Manuel Pereiro nun obituario publicado en El País en 2010 \"quizais fose a súa discreción e ese afastamento xeográfico, que non afectivo nin intelectual, os que impediron que en Galicia a súa figura e a súa obra tivesen o coñecemento que merece\". Nos anos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e foi este labor de tradutor o que o mantivo en contacto máis directo con Galicia, ademais dos seus artigos en medios como A Nosa Terra ou Tempos Novos. Verqueu a Shakespeare por primeira vez ao galego, en 1972, co Macbeth, e tamén foi pioneiro na tradución de obras chinesas ao galego. Xulio Ríos, director do IGADI (centro de estudos co que Pérez-Barreiro colaborou nos seus últimos anos) destacaba nun artigo en Praza que \"mellor nos iría abandonando os maximalismos de uns e outros e afacéndonos a ese proceder vital do Fernando, encarnación doutra Galicia con outros miramentos, con outros pensamentos, libres pero non individualistas\". No seu derradeiro traballo publicado na web do Grupo Galego de Londres, Non abonda coa lingua, sinalaba que \"a defensa da lingua, que é tarefa nobre e parte do galeguismo de sempre, desvía a atención da defensa dunha cultura e unha sociedade que sexan igualmente creativas\". E concluía que \"o resultado terríbel é que, a quen observa a cultura galega, ofréceselle un panorama no que se expresa en galego unha cultura esencialmente española, a española de hoxe, que supón unha enxurrada de modas, modais e modismos da vulgaridade universal\"."}
{"ID": "NOS_27277", "summary": "Máis de 11.400 sinistros desde xaneiro", "text": "A sinistralidade laboral continúa a ser un grave problema na Galiza, que lidera os índices de mortaldade no traballo a nivel de Estado. Un total de 28 persoas falecen en accidente laboral no primeiro semestre na Galiza. O noso país rexistrou un total de 11.493 accidentes laborais no primeiros seis meses do ano. Entre eles, ademais dos mortais, houbo 207 graves e 11.258 leves. Do total, 27 dos sinistros con falecidos na Galiza producíronse na xornada laboral e un en itínere. Estas 28 vítimas mortais supoñen unha menos que as 29 do primeiro semestre de 2019, aínda que este ano estivo marcado polo confinamento e o estado de alarma a raíz do coronavirus. Evolución Ao longo de 2019 un total de 32.651 traballadores e traballadoras sufriron accidentes na Galiza, sinistros nos que se produciron 62 mortes. Galiza está á cabeza do Estado español en índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores) en sinistros laborais mortais. Duplicamos a media estatal no que é unha constatación máis do preocupante panorama que nos accidentes laborais rexistra Galiza. No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6.05. Empresas Ademais, hai que ter con conta que Galiza é o territorio con máis empresas que superan os límites de sinistralidade laboral. Na Galiza hai medio cento de empresas que superan os límites de sinistralidade, tal e como recolle un informe de CCOO sobre sinistralidade laboral con datos correspondentes a 2018. A Seguridade Social conta co sistema Cepross, un 'servizo de alertas' que ofrece a posibilidade de detectar aquelas empresas que superaron os límites de alerta establecidos. As 45 empresas que na Galiza superaron os límites de sinistralidade representan 18 % das detectadas no conxunto do Estado español. Só Madrid, con 42, achégase aos niveis da Galiza. \"As alertas nesas 45 empresas na Galiza producíronse en 56 EEPP. Polo tanto, existen empresas onde as alertas detectaron máis dunha enfermidade profesional\", explican no documento sindical."}
{"ID": "NOS_6962", "summary": "Nas últimas horas, o país está a sofrer unha grande actividade incendiaria que se concreta en máis de 80 incendios desde este sábado, catro deles de importantes dimensións.", "text": "Máis de 80 incendios que superan as 20 hectáreas de superficie están a asolar Galiza. Só desde as 00h deste domingo rexistráronse un total de 25 lumes. Segundo os dados fornecidos pola Xunta, traballan na loita contra o lume 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas e 20 medios aéreos, alén de 160 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), con 18 autobombas e 6 nodrizas. O Goberno galego informa de que se esperan, nas próximas horas, outros 100 efectivos. En Ponteareas-Padróns rexistrouse un incendio que tivo lugar ás 00.26 desta madrugada e que afecta Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior. Traballan para a súa extinción, segundo a Xunta de Galiza, 2 técnicos, 4 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 5 pas, 1 avión e 3 helicópteros. Tamén participan efectivos da UME. Segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 1.500 hectáreas. En declaracións a Sermos Galiza, veciñas e veciños de Soutomaior lamentan que ao redor das 9h o lume avanzaba polo monte do lugar de Moreira e non había efectivos nin recursos ningúns a esas horas. \"Os reténs non daban feito, porque estaba todo rodeado, había dous focos importantes e priorizaban a zona de casas, porque onde linda Soutomaior con Amoedo (Pazos) había casas co lume na porta\", afirma unha veciña. No concello de Pazos de Borbén, pola proximidade a bens non forestais (principalmente vivendas e mesmo unha gasolineira), foi necesario decretar a situación de alerta 2. De feito, en Amoedo (Pazos) ardeu unha nave de material de construción moi próxima á estación de servizo e un almacén dunha coñecida casa de cervexas. Dada a súa virulencia, este incendio é, arestora, o que máis preocupa aos medios de extinción. A conselleira do Medio Rural desprazouse ao Posto de Mando Avanzado de Pazos de Borbén para supervisar os labores de extinción. Máis incendios Outro lume afecta o concello de Boiro, á parroquia Cures, onde se iniciou ás 00,45 horas e no seu control traballan 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 1 avión e 1 helicópteros. Neste lume foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva, pero xa foi desactivada. Aliás, rexístrase un lume de importancia no concello de Montederramo, que afecta tamén o termo municipal de Vilar de Barrio. Comezou ás 01,01 horas desta madrugada e no seu control actúan 1 técnico, 6 axentes, 9 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero. Colaboran ademais efectivos da UME. Tamén está activo un lume no concello de Cervantes, na parroquia Donís. Para a súa extinción mobilizáronse 11 axentes, 36 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 15 helicópteros e 2 avións. A Xunta insiste en facer un chamamento á cidadanía para que denuncie \"calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento\" e reclama que alerte dos incendios que localicen a través do número gratuíto 085. Cómpre lembrar que os incendios que activos na Galiza poden superar os 80 aos que facemos alusión, pois a Consellaría de Medio Rural non informa dos lumes que afectan menos de 20 hectáreas. O dispositivo anti-incendios da Xunta, desmantelado Os lumes que están a ter lugar en outubro colleron co pé cambiado á Consellaría de Medio Rural, que tería desactivado parte do dispositivo anti-incendios, segundo denunciou o BNG a pasada sexta feira. O deputado Xosé Luís Rivas \"Mini\", criticou a precariedade do servizo \"con traballadores que contan con contratos fixos discontinuos de tres meses\". Parte dese persoal, di, tería sido recrutado de novo durante estes días de lume."}
{"ID": "NOS_43682", "summary": "Café intenso é o título co que a poeta Eli Ríos gaña a primeira edición do Premio Rosalía de Castro de poesía promovido polo Concello de Padrón. A escritora suma un máis a súa listaxe de recoñecementos literarios, desta volta, cun libro no que leva a violencia machista á poesía.", "text": "Premio do Concello de Carral, Illas Sisargas, Figurante, Lueiro Rey, Francisco Añón, Centro Recreativo de Artes, Modesto R. Figueiredo, Pura e Dora Vázquez... e agora primeira edición do Rosalía de Castro que vén de crear o concello de Padrón. A poeta Eli Ríos suma con Café intenso un novo galardón un novo título a súa xenerosa listaxe de premios literarios. O xurado, desta volta, estaba composto polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e as profesoras Dolores Vilavedra, Ana Acuña, Olivia Rodríguez e María Jesús Senín ademais da técnica de cultura, Cruz Taboada que actuou como secretaria. Valoraron a \"proposta innovadora na tradición europea experimental que, a partir do cotiá, constrúe un universo poético narrativo en conexión coas artes visuais\" que ofrece o novo libro de Eli Ríos. Poesía contra violencia machista \"Pode que só nos interese a catro e que as/os demais sigan bruando contra os premios, festexando datas que nos esconden pero… sinceramente… prefiro agradecer a valentía deste xurado que saca á luz un texto no que unha muller é asasinada pola violencia machista porque no momento que a poesía desconecte da realidade, que papel teremos as persoas que creamos na mudanza deste imaxinario que nos mata?\", escribe a escritora no seu blog sobre o libro premiado. A escritora non ofrece, como sinala, unha \"chamada á tristura e á desesperación\", senón á loita, neste caso desde a poesía, na vontade de mover para que a situación mude. nós escoitando o badalo de Marienplatz (Espiral Maior, 2010), Maria, (O Figurante, 2013), Anamnese, (Sotelo Blanco, 2014) ou Diario de fotogramas, (Concello de Ribeira, 2014) son algúns dos seus anteriores títulos."}
{"ID": "PRAZA_19262", "summary": "O xuíz dá cumprimento así ao auto da Audiencia da Coruña, que estimara parcialmente o recurso da Fiscalía e acordara investigalos tamén por un posible delito de homicidio imprudente tras declarar por posible prevaricación.", "text": "Xa hai data para a declaración. O titular do xulgado de instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, citou os dous altos cargos do Sergas investigados por un suposto delito de homicidio imprudente para o vindeiro mércores 22 de febreiro ás 10 da mañá. O que fora director xeral de Asitencia Sanitaria do Sergas -e actual xerente da área sanitaria de Vigo-, Félix Rubial, e Carolina Gómez-Criado, subdirectora xeral de Farmacia, declararán de novo en sede xudicial, onde xa compareceran por un suposto delito de prevaricacións na causa aberta polas eivas no subministro nos tratamentos de hepatite C en Galicia. Os dous altos cargos comparecerán agora como investigados por presunto homicidio imprudente tras facelo xa por suposta prevaricación O xulgado dá así cumprimento ao auto da Audiencia Provincial da Coruña, que o pasado mes de decembro estimara parcialmente o recurso da Fiscalía, ao que se adheriu a plataforma de afectados, polo que os dous responsables investigados serano non só por prevaricación senón por estoutro delito máis grave. Comparecerán por un presunto homicidio imprudente no caso de seis dos oito enfermos falecidos incluídos na causa. A investigación que está aberta trata de aclarar se houbo un atraso ilícito na avaliación de doentes con hepatite C e, xa que logo, na subministración de medicamentos que poderían terlles salvado a vida. Ademais dun suposto delito de prevaricacións, polo que os dous investigados declararon no pasado mes de abril, a Fiscalía atribuíulles tamén o de \"homicidio por imprudencia profesional grave\" ao atrasar a administración dos fármacos \"por razóns orzamentarias\", tal e como adiantara este diario ao destaparse o caso. Desde a Xunta, tanto o presidente Núñez Feijóo como Sanidade defenderon que \"sempre\" se usaron criterios clínicos para a atención de pacientes. Os investigados descargaran toda a responsabilidade nos médicos na súa anterior declaración ante o xuíz Hai agora un ano, o xuíz Lago Louro ditou auto de incoación por prevaricación administrativa e os dous investigados compareceron a prestar declaración a finais de abril, momento no que descargaron toda a responsabilidade nos médicos. Con todo, o maxistrado impedira daquela que tanto a Fiscalía como a representación legal da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C cuestionasen sobre aspectos directamente relacionados coa posible comisión de delitos de homicidio imprudente, algo que si acontecerá agora. Malia as peticións da propia plataforma e de boa parte da oposición, Feijóo negouse a destituír os dous altos cargos e advertiu que ambos \"cumpriran co seu traballo\" e que o auto non lle preocupaba en absoluto. Xa hai varios meses, cando se coñecera a acusación da Fiscalía, o presidente da Xunta fora moi duro cos médicos que formularon as denuncias, aos que cualificou de \"indignos\" e mesmo definira como \"insidias\" as acusacións de que a decisión de non aprobar tratamentos provocara o falecemento de pacientes. Atribuía as demandas a \"leas que hai nos hospitais entre servizos e nos mesmos servizos\" e mesmo fora máis aló ao atribuír á oposición as acusacións do Ministerio Fiscal e cualifícalas de \"disparate\" e \"insulto\" mentres se gababa de \"pagar\" os tratamentos. \"Por dous ou tres pacientes, non me parece lóxico relacionar esas denuncias coa austeridade\", sentenciara. Agora, a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C agarda que a celeridade coa que se chama a declarar os dous investigados sirva para \"reactivar\" un caso que estivo \"moito tempo parado\"."}
{"ID": "NOS_30930", "summary": "A inicios dos anos 40, Alfredo Real era un rapaz de Soutadoiro, no actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), que percorría diariamente os montes coas ovellas da súa familia. Normalmente non adoitaba atopar moita xente polos montes, mais unha mañá cruzouse con dúas mulleres con fusís na ombreira. Eran Chelo e Antonia, de Soulecín, dúas labregas que tiveron que fuxir aos montes de Casaio e que vivían nun lugar que elas coñecían como a \"Cidade da Selva\". As mulleres convidaron a Alfredo a almorzar nun dos campamentos da guerrilla e o Alfredo pensou que sería boa forma de matar a fame cotiá deses tempos tan duros. No campamento, sito no val da Bruña, atopou un grupo de cerca de 20 persoas e, ben lembrou Alfredo cando o entrevistamos, varios xamóns colgados dunha das chozas que compoñían o campamento. Desde entón, Alfredo axudou a guerrilla levando paus a cambio dun diñeiro que para el e para a súa familia supoñían unha salvación.", "text": "Unha das principais características da guerrilla antifranquista no noroeste peninsular é a importancia que tivo na súa conformación o mundo rural e o compoñente labrego. De feito, unha parte moi significativa das guerrilleiras e guerrilleiros que integraron a coñecida como Federación de Guerrillas de León-Galicia tiña unha orixe campesiña. Doutra banda, foi nas contornas rurais onde esta fase da guerrilla en particular tivo un desenvolvemento máis forte. Isto non implica que non houbera guerrilleiros -sobre todo homes- pertencentes á clase obreira ou a distintas profesións liberais ou que a guerrilla non tivese desenvolvemento nas cidades. Porén, a ligazón co mundo rural foi moi estreita, até o punto que o centro de operacións da Federación foi unha contorna especialmente rural, como foi a Cidade da Selva e Casaio en Carballeda de Valdeorras. Baixo o noso punto de vista, esta ligazón co mundo rural é aínda máis estreita por dúas razóns. En primeiro lugar, manexamos a hipótese de que a guerrilla no noroeste pode ser entendida non só como unha loita pola recuperación da democracia representada na II República, máis tamén como un movemento de resistencia das sociedades labregas ante a imposición das dinámicas económicas e sociais do franquismo no mundo rural. En segundo lugar, pensamos que a guerrilla foi, xunto co impacto da industrialización do volframio, un dos factores máis importantes de modernización do mundo rural nos montes da Serra do Eixe. Se ben o estudo da guerrilla antifranquista conta con unha relativamente longa, aínda que irregular, historiografía, os estudos arqueolóxicos sobre este fenómeno son moi recentes. De feito, o único referente no caso do noroeste peninsular e concretamente de Galiza foi a análise arqueolóxica da Batalla de Repil (Monforte) a cargo do arqueólogo Xurxo Ayán. Esta batalla tivo lugar en abril de 1949 e supuxo o desmantelamento do destacamento Santiago Carrillo da IIª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galiza, establecido na casa dunha familia labrega de Cereixa, aquela da familia dos Amaro. Repil foi un dos momentos cruciais da confrontación entre a guerrilla antifranquista e a Garda Civil, sendo un punto de non retorno e de decadencia para o fenómeno guerrilleiro en Galiza. Grazas aos estudos arqueolóxicos, puidéronse non só coñecer detalles de gran relevancia do desenvolvemento desta batalla, máis tamén o impacto que tivo sobre a familia campesiña e as mudanzas na vida cotiá labrega durante os anos 50. A guerrilla foi, xunto co impacto da industrialización do volframio, un dos factores máis importantes de modernización do mundo rural nos montes da Serra do Eixe Doutra banda, en termos patrimoniais, o proxecto de Repil tamén supuxo un revulsivo para a comunidade local, que tivo que confrontar unha memoria traumática do seu pasado recente. A nosa investigación en Casaio é directo debedor deste proxecto. O proxecto Sputnik Labrego O proxecto Sputnik Labrego naceu no ano 2017 co fin de analizar as dinámicas de resistencia e de resiliencia das sociedades labregas na longa duración histórica a través dunha análise arqueolóxica e antropolóxica. Dende esta perspectiva, un caso de estudo moi interesante, polas razóns antes mencionadas, era a guerrilla antifranquista e a Cidade da Selva, un entorno que, segundo o arqueólogo Alfredo González Ruibal, esperaba polo traballo dos arqueólogos. A Cidade da Selva -nome dado polos guerrilleiros asturianos que se incorporaron á loita guerrilleira en Casaio entre 1940 e 1941- era xa coñecida na historiografía como o lugar onde se estabeleceu o Estado Maior da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Porén, como era esta Cidade da Selva e o que implicaba en termos materiais era aínda descoñecido. Así, e durante os últimos catro anos, o noso grupo levou a cabo varias campañas de prospección e escavación arqueolóxica que deron lugar á detección de 22 campamentos e a escavación de seis destes, coa documentación dun dos maiores conxuntos de obxectos arqueolóxicos atopados en contexto e vinculados a unha guerrilla no occidente europeo. Estes campamentos da guerrilla -que nomeamos a través da toponimia local actual- componse de varias estruturas feitas en pedra local (chozos ou cabanas) construídas en diversos puntos de difícil acceso mais sempre en conexión cos cursos dos ríos e as vías naturais de comunicación. A maioría destes chozos foron utilizados como vivendas para durmir, aínda que tamén temos atopadas estruturas que servían para a vixía ou para almacenar as armas e alimentos da guerrilla. Non só utilizaban este tipo de estruturas para desenvolver a loita armada, senón que, sobre todo nos momentos iniciais da represión e a fuxida ao monte, tamén ocuparon estruturas e contornas xa existentes, como os apiarios e as covas. Foi precisamente na escavación dunha destas covas, situada na zona coñecida como Ana de Vacas, onde atopamos unha lanterna cunha pila de carbono dentro -un obxecto, a pila, que atopamos en practicamente todos os campamentos escavados-, o que nos fala das estratexias da comunicación da guerrilla, usando a luz para transmitir mensaxes entre os distintos sitios. Un dos aspectos máis significativos da guerrilla no noroeste foi o importante compoñente local e campesiño Comentabamos ao inicio que un dos aspectos máis significativos da guerrilla no noroeste foi o importante compoñente local e campesiño. Isto pode verse perfectamente nas estruturas dos campamentos. A zona central da Cidade da Selva atópase artellada en torno a dous escarpados vales, coñecidos como Bruña e Morteiras. No primeiro destes vales temos atopados dous campamentos distintos, que tivemos a oportunidade de escavar. O situado na parte máis alta do val é precisamente onde o pequeno Alfredo estivo cos guerrilleiros almorzando e, exactamente como a súa memoria recolleu, conformado por tres edificios distintos construídos preto dunha chaira que, segundo nos contaba Alfredo, foi utilizada polos guerrilleiros para xogar aos bolos e facer música. Este é o grado de control que tivo a guerrilla dos montes de Casaio onde se dicía que era o único onde ondeaba a bandeira republicana. A estrutura que puidemos escavar no campamento da Bruña, rectangular e feita de pedra como as outras, amosaba unha característica curiosa, isto é, dúas estruturas a modo de grandes columnas de pedra na parte dianteira do edificio. A comparación coas casas tradicionais de Casaio déronnos a resposta: tratábanse de dúas columnas para soster un piso superior do chozo. Esta ligazón tan estreita entre a arquitectura da zona e os chozos da guerrilla amosa o importante compoñente local e campesiño, e o seu coñecemento tradicional, para a instalación dos campamentos e a loita guerrilleira. A alimentación e a hixiene guerrilleira Como comentabamos, as nosas escavacións tiveron como resultado a localización dun importante conxunto material que, grazas ás análises que puidemos facer, nos proporcionaron unha gran cantidade de información sobre diversos aspectos ligados á vida cotiá da guerrilla e a súa ligazón coas comunidades locais e a contorna rural. Aquí só falaremos de dous: a alimentación e a hixiene. Un dos campamentos máis grandes dentro da Cidade da Selva é o campamento de Morteiras, formado por cerca dunha ducia de estruturas. Unha das máis interesantes é a que denominamos Morteiras-1, que interpretamos como un almacén e tamén como un espazo para xantar. Ligado a esta estrutura atopamos un importante conxunto de ósos, froitos e legumes que mostran o tipo de alimentación que tivo a guerrilla durante a ocupación da estrutura. Así, sabemos non só que as guerrilleiras e guerrilleiros tiveron unha alimentación especialmente boa, polo menos nos últimos momentos de ocupación da estrutura, senón tamén que criaban animais nos campamentos. Isto sabémolo porque atopamos anacos de mandíbulas de ovellas ou cabras -especies moi difíciles de distinguir a nivel óseo-, materiais que non atoparíamos senón criasen as bestas alí. Grazas ás entrevistas orais sabemos que estes guerrilleiros compraban os animais ás xentes da contorna, moitas de elas familiares directos. Establecíase así una conexión moi forte entre a vida cotiá da guerrilla e as dinámicas sociais e económicas das comunidades locais. A guerrilla xogou un papel importante na introdución de novos costumes sociais ligados á hixiene Outro elemento que sinala a importancia da guerrilla na introdución de novos costumes sociais son os obxectos ligados á hixiene. Na escavación de varios destes campamentos atopamos varias cremas de mans e de dentes -de distintas marcas coñecidas na época como Nievina, Perborol ou Profiden- así como espellos de man ou tesoiras para cortar as uñas. Estes obxectos son un reflexo directo da importancia da hixiene e da súa organización para a guerrilla, que tiña que sobrevivir no monte durante longos períodos de tempo. E tamén amosaría a guerrilla como factor de introdución de novos produtos no contexto da Galiza rural dos anos 40, onde este tipo de rituais de hixiene aínda non estaban incorporadas na vida cotiá. Doutra banda, a aparición da crema de mans marca Nievina sería un marcador da presenza da muller na Cidade da Selva, xa que foi un produto moi utilizado polas mulleres da época. O señor Alfredo faleceu hai máis de dous anos, e con el desapareceu a súa memoria, un tesouro que tivemos a sorte de partillar aínda que fose só por un tempo moi reducido. Unha memoria sobre uns tempos que para nós é un territorio descoñecido sobre o que queremos saber algo máis, mais que para Alfredo e para a xente de Casaio estivo cheo de violencia, trauma e tamén de loita e de esperanza. A arqueoloxía da Cidade da Selva está non só a profundar nese período de grandes mudanzas para as sociedades labregas senón, pensamos, como método terapéutico dos traumas do pasado que subsisten no presente do mundo rural."}
{"ID": "NOS_55327", "summary": "Eleccións Galiza 2020: Qué ocorrería se non acodes á mesa electoral o próximo 5A?", "text": "Se tes que acudir a unha Mesa Electoral e por calqueira cousa non podes acudir, aquí contámosche o que podería pasar. Os servizos de Correos botan fume as portas das próximas eleccións ao Parlamento de Galiza. Entre as cartas que chegan os cidadáns que formarán parte das Mesas Electorais e as solicitudes de voto por correo, moitas veces prodúcense situacións de confusión en torno as xustificacións posíbeis para non acudir as mesas electorais. Eleccións Galiza 5A: Prazos e requisitos para o voto por correo No caso de que foses elixido e non asistas sen xustificación, agárdache unha pena de cárcere de entre tres meses a un ano ou unha multa a determinar. É necesario aclarar que sí existen posibilidades para non acudir a unha mesa electoral, pero non é sinxelo. Se es un dos elixidos para pertencer a unha mesa nas próximas eleccións do 5 de abril, anota os seguintes casos nos que sí é posíbel a renuncia. Motivos persoais que xustifican a sustitución do desempeño do cargo Se es maior de 65 e menor de 70 anos. As persoas en situación declarada de discapacidade, en situación declarada de pensionista de incapacidade permanente absoluta e de gran invalidez. Tamén inclúe ás persoas en situación de incapacidade temporal para o traballo acreditada mediante a correspondente baixa médica. Se estás embarazada, que saibas que as mulleres en período de xestación a partir dos seis meses de embarazo poden non asistir á Mesa e tampouco no período correspondente de descanso maternal, sexa subsidiado ou non pola Seguridade Social. As persoas internadas en centros penitenciarios ou hospitais psiquiátricos tampouco poderán formar parte da Mesa. Esto acreditarase mediante a certificación dos responsábeis dos mesmos. Os camiños inevitábeis das dereitas: afirmaron a estar dispostas a falar \"con quen o pida\" Motivos persoais que xustifican a escusa e que valorará a Xunta Electoral As lesións, doenzas e enfermidades físicas ou psíquicas son as más xustificadas, ademáis das mulleres en situación de risco durante o embarazo nos primeiros seis meses de xestación. Se agardas por unha operación xa confirmada por esas datas, que saibas que a previsión de intervencións cirúrxicas no día da votación, nos días anteriores ou seguintes e se a cita é inaprazábel, podes non asistir á Mesa. Tampouco obrígase a acudir se pertences a comunidades relixiosas con celebracións que sexan incompatíbeis coa participación na Mesa Electoral. Responsabilidades ou razóns familiares xustificadas por sí soas. A condición de nai no período de lactancia natural ou artificial hasta que o meniño cumpla 9 meses. A acreditación faise mediante o libro de familia ou unha certificación no rexistro civil. Coidado directo e continuado de menores de oito anos ou de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Aplícase tamen ós coidados de familiares até segundo grao de consanguinidade, é dicir, avós, netos e irmáns e que, por razóns de idade, accidente ou enfermidades, non poidan valerse por sí mesmos. Os partidos chaman á calma a espera de saber se o coronavirus afectará á campaña"}
{"ID": "NOS_8955", "summary": "A Federación Rural Galega (Fruga) realizará o vindeiro sábado 1 de febreiro a súa III Asemblea Nacional en Lugo (10.30 horas no Pazo de Exposicións e Congresos de Lugo). A organización agraria nacionalista deu os seus primeiros pasos en 2009, recollendo unha traxectoria previa de defensa das labregas e labregos do país. Agora olla cara ao futuro facendo unha análise das novas problemáticas do rural.", "text": "Dez anos e algúns meses pasaron desde que naceu Fruga. O seu coordinador, Manuel Dacal, lembra a Nós Diario que as razóns para crear esta organización agraria xurdiron, daquela, das circunstancias deses anos. \"Algo determinante para crearmos Fruga fora que na Galiza había asociacións que actuaban en distintos ámbitos do rural que decidiron unir o seu traballo e aproveitar as sinerxías\", explica. Estas entidades trataban temas como o sector vitivinícola, o lácteo ou o aproveitamento dos montes. \"Daban unha visión xenérica da realidade do país\", engade. Outra das circunstancias era o factor en común que tiñan todas estas asociacións. \"Non se sentían representadas por ningunha das organizacións existentes naquel momento na nosa terra, sobre todo pola dependencia que tiñan de estruturas e organizacións estatais\", relata Dacal, que engade que \"non valoraban a autorganización das clases populares, neste caso das labregas e labregos que temos no noso rural\". A asemblea fundacional fora o 28 de novembro de 2009 no mesmo lugar onde vai ter lugar a terceira. O coordinador de Fruga asegura que comezar este proxecto \"non foi produto de catro iluminadas ou iluminados, nin de xente que non tiña nada que facer, recollemos a tradición anterior\". En Fruga non deixan de explicar que os alicerces da súa estrutura teñen como base o agrarismo galego de finais do século XIX a principios do XX truncado polo golpe de Estado de 1936 que se recuperou nas loitas de finais dos 70 e principios dos 80. \"Nós bebemos desa tradición e queremos deixar constancia de que Fruga non é unha cousa espontánea, é a evolución lóxica dese proceso\", asegura a Nós Diario. Fitos dunha traxectoria Manuel Dacal lembra varios momentos nos que Fruga foi de suma importancia para o agro galego. \"Mesmo antes de nacer fomos requiridos na Limia pola xente do sector da pataca por un conflito nunha zona de especial protección de aves (ZEPA) que a Consellaría de Medio Ambiente quería implantar sen ter en conta os sectores produtivos da Limia e a poboación en xeral\", explica. Nese conflito desde Fruga conseguiron que non fora adiante tal e como estaba previsto e se tivera en conta a opción dos habitantes desa comarca. \"Estivemos presentes en moitos máis temas, desde a loita polos prezos do leite até agora mesmo coa plataforma de Mina de Touro-O Pino Non que conseguiu botar fóra ese proxecto\", asegura, \"hai toda unha tradición de traballo da que estamos moi orgullosos\", engade. Un futuro difícil para o rural galego Na III asemblea haberá catro relatorios que falarán da traxectoria desta organización, actualización do programa de traballo, expectativas de futuro e, por último, da actualización dos estatutos. \"Para o futuro o noso traballo será moi complexo\", afirma Dacal. En poucos anos a situación do rural galego empeorou de maneira exponencial. \"Hai un devalo profundo do mundo rural cunha diminución da poboación, non só da activa senón da que vive no rural\", sinala o coordinador de Fruga. Explica que cando comezou no mundo agrario en 1988 había 90.000 explotacións de leite, \"hoxe en día só hai 7.000\". As cifras son abraiantes: cada día que pasa pechan 50 explotacións, unha perspectiva non moi boa. \"O futuro do rural, como o futuro do país, hai que enfocalo desde un punto de vista político\" asevera Dacal, \"ou hai un cambio de rumbo político ou con esta política do PP as cousas serán complicadas\", engade. En Lugo a III Asemblea Nacional de Fruga contará coa súa parte de memoria do movemento agrario contemporáneo galego. Ao remate da mesma, após a elección dunha nova xunta directiva, que terá lugar un xantar-homenaxe lembrará ás persoas precursoras do agrarismo nacionalismo do século XX na figura de Emilio López Pérez, 'Milucho'."}
{"ID": "NOS_40815", "summary": "A historia conta que María Pita foi a heroína contra os ingleses que quixeron invadir A Coruña, pero do que non deixou constancia foi do decisivo papel que tiveron as coruñesas no asedio. Unha das máis destacadas foi Inés de Ben, comerciante da Peixaría, que non só deu todos os bens da súa tenda para loitar contra o inimigo, senón que estivo en primeira liña e foi gravemente ferida. O seu valor non foi nunca recoñecido: rematou os seus días viúva, con dous fillos e cega. A única \"xustiza\" que lle concederon foi poder exercer a mendicidade.", "text": "Inés de Ben rematou os seus días na indixencia, pedindo polas rúas da Coruña para sobrevivir e enterrada nunha foxa común da que nada se sabe. Pero o que moi pouca xente coñece desta muller, que viviu na cidade herculina no século XVI, é que foi unha das heroínas que loitaron contra a invasión inglesa comandada por Francis Drake en 1589. Si, o mesmo sitio que puxo nun lugar destacado da historia galega a figura de María Pita. Pero, a diferenza desta última -por certo, bautizada como Mayor Fernández Pita, pois María Pita eran a súa nai e a súa irmá máis vella-, Inés de Ben non ten unha praza co seu nome nin un pazo municipal nin cantidade de asociacións ou escolas. Inés de Ben só ten unha rúa, escondida nun lateral do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e o esquecemento da maior parte da poboación. Pero entón, quen era Inés de Ben? O historiador coruñés José Manuel Fernández Caamaño axuda a debullar un pouco a súa vida: \"Era unha muller felizmente casada, que tiña dous fillos e un negocio que entón se denominaba de quincallería e mercería, que era o que hoxe se coñecería por efectos navais. O estabelecemento estaba situado no barrio da Peixaría, no que é o contorno do actual Cantón e a rúa Real, zona da fachada marítima e da Cidade Vella da actual urbe coruñesa. É todo o que sabemos desta muller. Sobre a súa vida privada non existe nada, nin hai ningún retrato da época que nos permita saber como era\". Inés de Ben non foi a única muller destacada durante a defensa da Coruña, aínda que a figura de María Pita deixa nun segundo plano todo o traballo que fixeron as coruñesas, que se constituíu en definitivo para derrotar a tropa de Drake Esa era a vida que levaba Inés de Ben até a chegada da escuadra de Francis Drake, enviada en 1589 pola raíña de Inglaterra, Isabel I, un ano despois de que a chamada \"Armada Invencíbel\" saíra da Coruña cara ao inesperado desastre do Canal da Mancha. Co inicio do cerco inglés, Inés de Ben converteuse nunha das persoas máis destacadas. E iso que o seu home xa morrera na primeira xornada, o 5 de maio. Segundo Caamaño, ela deu todo o que tiña no negocio para permitir loitar contra a invasión: a quincalla, a mecha que permitía acender a pólvora, picos, palas, cordas e poleas. E se o seu marido morreu na primeira xornada do sitio, ela foi ferida nos últimos días do asedio. Foi alcanzada por dous disparos de arcabuz e tivo que ser trasladada ao Hospital de Ferrol. Inés de Ben non foi a única muller destacada durante a defensa da Coruña, aínda que a figura de María Pita deixa nun segundo plano todo o traballo que fixeron as coruñesas, que se constituíu en definitivo para derrotar a tropa de Drake. Conta Caamaño que moitas mulleres faleceron durante o sitio, no que elas eran as encargadas de carretar e cargar a fusilaría, xa que os homes tan só se ocupaban de disparar. Eran as coruñesas as que \"cargaban os fusiles, metían a pólvora, a bala ou o casco, para abrir fogo co pedernal que tiñan entón\". Porén, só o nome de María Pita quedou nas páxinas da historia, \"e iso que Inés de Ben quedou ferida no cerco e María Pita non sufriu nin unha rabuñada\". Conta Xoán Costa, filólogo e escritor, que a literatura e a historia falan \"menos dunha muller que tiña menos influencia social que María Pita pero que era daquelas que ao primeiro aviso acudía a defender o seu e o de todos\". A todo isto hai que engadir que case a verdadeira traxedia para Inés de Ben comezou tras o cerco, que rematou viúva, con dous fillos ao cargo, medio cega e sen bens. Foi por iso que elevou un preito para recibir unha indemnización, que basicamente é a única fonte documental que queda da existencia desta muller. O texto deste preito pódese consultar no Boletín número 97 da Real Academia Galega, publicado en setembro de 1915 por Eladio Oviedo Arce. Nel indícase que un documento do Arquivo Xeral da Galiza mostra os testemuños de varias persoas que con ela estiveron e que dan fe do importantísimo papel que Inés de Ben levou a cabo nos acontecementos de 1589: \"Inés de Ben, viúva de Sebastián Fernández, ferida con dous balazos polos ingleses na defensa que fixo cando puxeron sitio e entraron na Peixaría desta cidade, sobre que se lle aboe o que lle roubaron, pólvora, balas e corda que subministrou para a defensa\". Non só quedou impedida para traballar, senón que tamén perdeu o seu negocio, quedando na pobreza, e tamén sufriu o falecemento do seu home, o que a deixou como única sustentadora dos seus dous fillos Texto xudicial No texto xudicial, a propia Inés de Ben narra a súa historia: \"Ao tempo no que o inimigo inglés a veu cercar, eu e Sebastián Fernández, o meu marido, tiñamos mercería e facenda de valor de máis de oitocentos ducados e tendo entrado os inimigos na Peixaría desta cidade, eu e o dito meu marido, xuntamente con outras persoas, defendemos o que puidemos até que mataron o meu dito marido e a min déronme dous balazos, un na cabeza e outro na coxa esquerda; e toda a facenda tomáronma e roubáronma; e a pólvora, que era moita cantidade, dina para a defensa desta cidade, e o mesmo o chumbo e a corda, da que non se fixo pago; e así quedei pobre e viúva, como estou, e con dous fillos, que non teño de que sustentarme nin a min nin a eles; e sucedeume que de ditas feridas e balazos quitóuseme case a vista dos ollos e convenme dar información do dito para ir con ela ao rei noso señor para que sexa servido facerme mercé\". Son as únicas palabras que fican de Inés de Ben, das que se pode extraer o decisivo labor que realizou no cerco e as terríbeis consecuencias persoais, de saúde e económicas que se derivaron do conflito, xa que non só quedou impedida para traballar, senón que tamén perdeu o seu negocio, quedando na pobreza, e tamén sufriu o falecemento do seu home, o que a deixou como única sustentadora dos seus dous fillos. Pero ante a posibilidade de que alguén poida dicir que esa era impresión que de si mesma tiña, aparecen tamén no documento oficial os testemuños de varias persoas que confirman o seu papel. Así, fala Antonio Osorio, alabardeiro da Real Audiencia, que sinala que a coñece a ela, así como a Bastián Fernández -así lle chama-, seu marido, e explica que antes da chegada dos ingleses tiñan unha \"moi boa tenda de moitas cousas\" na que había \"pólvora e corda e chumbo\" e cando chegou o inimigo entregaron os materiais para a defensa da Coruña. Tamén se sinala testemuña da morte de Bastián Fernández e de que viu a Inés de Ben carretando terra e pedras para a reedificación da muralla con outras mulleres e \"andando carretando terra cunha esportilla déronlle un gran balazo os inimigos na fronte, que ten roto óso e carne, e sacou moito sangue\". \"E é ese mesmo balazo do que ten sinal na fronte; e logo caeu ao chan e un dos señores oidores, que lle parece que foi o señor don Francisco Maldonado, a fixo levar ao hospital a curar\". Tamén aparece o testemuño de Gregorio Sánchez, soldado da compañía do capitán Juan Varela, que certifica o éxito comercial de Inés de Ben e sitúaa carretando terra e sendo ferida durante o seu labor, mentres que Juan de Luazes Bezerra, alabardeiro da Audiencia sinala: \"Logo que se alzou o cerco viulle as feridas, as cales é cousa notoria que se lle deron no dito cerco, e ao marido matárono no dito cerco e quedáronlle dous fillos e ela pobre e necesitada, por terse curado polo amor de Deus e non terlle quedado ningunha facenda; e dixo a dita testemuña que o trato que Inés de Ben tiña valía ao parecer del máis de oitocentos ducados, pouco máis ou menos\". Pola súa banda, Pedro Fernández, alguacil do correxidor da cidade, certifica que o primeiro tenente de correxidor, Lopo Díaz, lle tomou \"moita corda e pólvora a Inés de Ben e o seu marido\". Tamén puido ver o momento no que a coruñesa foi ferida: \"Veu unha bala dos inimigos e deulle no rostro unha gran ferida e profunda a dita Inés de Ben, que logo a derrubou ao chan, e levantárona a peso, case morta, e tiña roto coiro e carne e saíalle moito sangue; e estivo ela moi mala e a punto da morte\". Ademais, apunta que \"agora quedou tan pobre que anda pedindo polas portas\" despois de perder un negocio que valora en máis de oitocentos ducados. Conta José Manuel Fernández Caamaño que do que non hai constancia é de como rematou esta demanda de Inés de Ben para ser indemnizada, pero o que si está claro é que \"foi unha das heroicas mulleres que permaneceu na primeira fila no asedio á cidade. Quedou viúva e sen nada. O comportamento heroico de Inés de Ben quedou no máis absoluto esquecemento\" Por último aparece a certificación médica do hospital no que foi atendida, da man do licenciado Diego de Salazar: \"Curei Inés de Ven (sic) de moitas feridas graves na cabeza e na coxa esquerda; unha ferida no corneiro da cabeza, dereito, e a outra na coxa esquerda, as cales foron de dous balazos que lle deu o inimigo estando en defensa e amparo da cidade da Coruña cando veu sobre dita cidade: o cal certifico ser verdade e asínoo no meu nome, data en Ferrol a 12 de xullo de 1590 anos\". Conta José Manuel Fernández Caamaño que do que non hai constancia é de como rematou esta demanda de Inés de Ben para ser indemnizada, pero o que si está claro é que \"foi unha das heroicas mulleres que permaneceu na primeira fila no asedio á cidade. Quedou viúva e sen nada. O comportamento heroico de Inés de Ben quedou no máis absoluto esquecemento\". As razóns polas cales non se sabe o resultado do preito teñen que ver co mesmo paso do tempo e coa nosa historia, chea de conflitos. \"Antigamente usábase o papel que se atopaba até para facer pelotas de chumbo para os arcabuces ou para quentarse nos fríos tempos do inverno. Canto máis antigo é o preito, máis complicado é atopar algo, porque o tempo destrúe os documentos\", comenta o historiador. Na indixencia O que si se sabe é que Inés de Ben morreu na indixencia e foi soterrada nunha foxa común. Aínda que non hai modo de saber exactamente onde estaba, xa que ao non existir cemiterios a xente era enterrada nos adros das igrexas, Caamaño aposta por que posibelmente foi levada ao adro da igrexa de San Xurxo, que non está onde agora –ao lado do pazo municipal que leva o nome, precisamente, de María Pita-, senón que se atopaba en Rego de Auga, onde se sitúa actualmente o teatro Rosalía. Mais en 1837 esta edificación eclesiástica foi levada á súa actual situación. \"As foxas comúns levantáronse cando se fixeron os cemiterios. Pero, claro, descubrir iso agora é imposíbel. De Inés de Ben temos pouco, sempre digo que é a heroína esquecida\", sinala Caamaño. Concorda Costa, quen apunta ademais que \"a historia non adoita ser neutral. Levanta uns e derruba outros, non certamente por capricho. Uns saen nos libros e outros non. E Inés non saíu\". O historiador tamén cre que xa é tarde para rescatar o nome desta coruñesa, que \"o deu todo a cambio de non recibir nada. O único que recibiu, de feito, foi a autorización do municipio para poder exercer a mendicidade, que por entón estaba prohibida e moi perseguida. Foi un dos poucos casos nos que si se autorizou, tendo en conta que había que facer un pouco de xustiza con Inés de Ben\". Quen foi María Pita? Por que María Pita si pasou á historia? José Manuel Fernández Caamaño tamén ten as súas dúbidas, partindo da cuestión de que María Pita non contou o que lle ocorrera no asedio até sete anos despois, cando foi encarcerada por ter unha liorta co oidor da Audiencia. \"Alguén na Audiencia, seguramente o seu home, que era escudeiro nela, soubo levar moi ben os seus temas xudiciais e María Pita rematou colmada de privilexios e mercedes\", conta. Pero Caamaño non ve nada claro o seu papel no cerco inglés, o que considera máis ben froito do pulido de autores do século XIX, e segue investigando. \"De María Pita só coñecemos que levantou unha bandeirola do chan. Pero toda a pompa é cuestión dos autores da época, porque ela era analfabeta, de feito os preitos firmábanllos os fillos e a súa irmá. Eu sobre María Pita, en realidade Mayor Fernández Pita, teño moitas dúbidas\", conclúe."}
{"ID": "NOS_36461", "summary": "En relación a estes brotes procedeuse ao estudo de 101 persoas e á realización de probas PCR.", "text": "A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou dous focos no concello de Melide con catro e tres casos, que suman sete positivos mentres se segue coa realización de PCR. Segundo explicaron fontes da área sanitaria, os dous focos foron detectados esta segunda feira. Un deles corresponde a un grupo de amigos menores de 30 anos con catro casos positivos. Pola súa banda, o outro suma tres casos relacionados cun núcleo familiar (o pai, a nai e un fillo), indicaron as mesmas fontes sanitarias. En relación a estes brotes procedeuse ao estudo de 101 persoas e á realización de probas PCR."}
{"ID": "NOS_35150", "summary": "Sanidade conta lanzalo \"nos primeiros días de xullo\" e advirte que esta alternativa vai dirixida a persoas que teñan \"algún problema específico\". A modalidade de 'autocita' comezará a funcionar ao mesmo tempo que os chamamentos da poboación de entre 30 e 39 anos.", "text": "O Servizo Galego de Saúde (Sergas) está \"ultimando a mecánica\" do sistema para pedir cita para vacinarse contra a Covid-19 co obxectivo de lanzalo \"nos primeiros días de xullo\". Este método manterase en funcionamento de forma paralela á xestión de citas que Sanidade vén desenvolvendo de forma habitual desde o principio da campaña de vacinación, con chamamentos programados por grupos de idade. Nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que a ferramenta na que traballan para pedir cita voluntaria servirá para que as persoas pendentes de se vacinar poidan \"acceder a certos días da axenda\" a pesar de que non lles toque por idade. Segundo dixo, o Sergas está pendente de realizar \"algúns axustes\" antes de pór o sistema a disposición da poboación. García Comesaña precisou que esta alternativa está pensada por se \"algunha persoa ten algún problema específico\" como pode ser o caso de estudantes que marchen fóra cunha bolsa Erasmus ou de persoas con algún asunto \"laboral ou educativo\" previsto. Vacinación de 30 a 39 anos O conselleiro de Sanidade confirmou, ademais que nos primeiros días de xullo, Galiza comezará coa administración de primeiras doses da vacina contra a Covid a pacientes de 30 a 39 anos, co obxectivo de dedicar \"todo o mes\" a este grupo de idade. De igual modo, prevé acabar co mes de xullo a aplicación das segundas doses ao colectivo de entre 40 e 49 anos, de maneira que dispoñan da pauta completa. Ademais, abriu a posibilidade de que as persoas de 30 a 39 anos, as próximas en ser chamadas a vacinarse por defecto, tamén poidan pedir cita elas mesmas a través do novo sistema. Pero o conselleiro recoñeceu que será \"complicado\", porque existirá \"o risco\" de que sexan chamados por ambas as vías. Entrega de máis doses García Comesaña explicou que esta semana o Sergas recibirá \"un número máis alto\" de doses do habitual, pero precisou que este aumento se debe a que en semanas anteriores a chegada de vacinas \"se reduciu un 12%\". A isto sumou a \"mala noticia\" de que a recepción destas cantidades extraordinarias \"acaba o 5 de xullo\". \"Non poderemos ir todo o rápido que nos gustaría\", lamentou. Con todo, e a pesar de que \"sempre hai incidencias\", o conselleiro de Sanidade volveu a estimar que \"a finais de agosto\" Galiza alcanzará a inmunidade de grupo, co 70 por cento de poboación cuberta pola vacina. A día de hoxe, segundo o último balance feito público por Sanidade, 68% da pobaoción galega conta con polo menos unha dose e máis de 48% está xa inmunizada."}
{"ID": "NOS_36700", "summary": "A edición deste ano dos Premios aRi[t]mar confirmou a boa acollida que tivo o primeiro traballo en solitario de Xisco Feijoó. A peza Peixe, que dá título ao álbum, foi escollida polo público como Mellor Canción do Ano 2021 na Galiza. Nós Diario conversa con este mestre, coreógrafo, bailador e cantante sobre a súa obra e o momento que vive a música tradicional galega.", "text": "Como recibiu a nova deste premio? Realmente foi unha sorpresa. Un, cando fai estas cousas e é a primeira vez que as fai, o último que espera é que sexa nominado e a maiores gañar. E coa calidade de músicos que había! Foi toda unha alegría. Primeiro traballo discográfico en solitario despois de moitos anos de participar noutros proxectos. Cal é a razón de agardar tanto? Se me paro a pensar coido que a preparación é de case toda unha vida. Levo 30 anos facendo traballo de campo. Fun por vilas pequenas e aldeas para recuperar músicas e cantares. Aínda que esa actividade nunca estivo enfocada a facer un disco, o certo é que tampouco pensaba entrar a dar clases ou que remataría por colaborar con outra xente en varios discos. Fun por vilas pequenas e aldeas para recuperar músicas e cantares Peixe comezouse a xestar hai case dez anos, mais por outros motivos, por intervir noutros proxectos que me propuñan, foise adiando e adiando até que lle tocou o momento. Polo menos agora que o fixen podo dicir que estou convencido de que foi o momento exacto. Como di un amigo meu, produtor do disco e autor dos arranxos, Carlos Quintá, \"mellor sería peor\". Supón un punto de inflexión na súa carreira? Supoño que si, mais como moitos. A miña carreira é moi quebrada nese sentido, en cambios. De dedicarme a ser director dunha agrupación como é Fiadeiro, xurde Trad, a televisión, o baile e dar cursos fóra... Din que non hai que perder o norte e eu sabía onde estaba mais perdinme polo camiño todo o que quixen e máis. É un punto de inflexión mais a vida segue e veremos o que acontece a partir de agora. Din que non hai que perder o norte e eu sabía onde estaba mais perdinme polo camiño todo o que quixen e máis Peixe ten unha visión contemporánea da música tradicional, algo que xa tentaron outros proxectos. Pensa que desta vez a situación é máis favorábel? Pode ser que desta vaia. Moitas veces é unha cuestión que non é nosa. Podemos xogar a ter desde estratexias até intencións mais ao final é o público quen decide, depende de como estea a sociedade. Certo é que é un traballo que está labrado desde hai moito tempo. Probabelmente desde a raíz máis profunda, desde as asociacións de base de música tradicional traballouse moito para volver estar na rúa, por impartir clases para xente que quería bailar na festa da Reconquista, por exemplo, e foi callando na recuperación de festas de música tradicional como os seráns e as foliadas que cada día son máis multitudinarias. Só hai que ver exemplos como a Foliada de Melide ou Couso. Cada día máis e máis xente sabe bailar os pasos. Provoca que a sociedade vexa que esta música e este baile está na rúa. Por este motivo, creo que agora mesmo xa é unha mestura co contemporáneo. A nosa música tradicional está hoxe en día viva, na xente. E volve estar onde tiña que estar: na rúa. É tan moderna como calquera outra tendencia. Pensa que non hai que ter medo a reinterpretar a música tradicional? Exactamente. Está na rúa da maneira que ten que estar. Non hai que esquecer que a nosa música tradicional nace ao abeiro dunha maneira de vivir vinculada ao sector primario. A maior parte da poboación a principios do século XX vivía do sector primario, con pequenas explotacións, e unha vida en comunidade dentro dos seus barrios, aldeas ou lugares. A música tradicional seguiu activa da man de xente que vive hoxe en día e non só pola conservación das avoas e dos avós A música tradicional seguiu activa da man de xente que vive hoxe en día e non só pola conservación das avoas e dos avós. Aceptouse a tradición mais non coas mesmas características. Hoxe en día rara vez teríamos nunha cidade unha labrada mais hai bailes en común e temos grupos de pandeireteiras que se adaptaron como algo natural. A xente non tivo que pedir permisos e licenzas por iso."}
{"ID": "NOS_47774", "summary": "Unha orde xudicial obriga a devolver a Aragón 44 pezas e obras de arte sacra que levaban décadas neste museo catalán. A operación de traslado faise cando hai aínda 4 recursos contra o mesmo pendentes de resolución.", "text": "Desde primeiras horas desta segunda feira desenvólvese no Museo de Lleida unha operación policial para retirar 44 pezas de arte sacra procedentes doo mosteiro de Sixena (Huesca) e trasladalas a Aragón. Desde primeiras horas, tamén, ducias de persoas se concentraron perante o Museo para protestar contra o que cualifican como un \"espolio\" cometido baixo o paraugas da aplicación do artigo 155. Xa se produciron enfrontamentos e cargas. Directores de museos e museólogos concéntranse en Lleida para rexeitar o traslado das pezas, que chegaron á cidade catalá nos 70, cando os monxes de Sixena abandonaron o mosteiro para se trasladar a Barcelona. Vendéronse entón legalmente esas pezas de arte sacra. O operativo policial procede dunha orde xudicial do xulgado de Instrución nº1 de Osca, que asinou unha providencia autorizando a Garda Civil a entrar no Museo de Lleida para recuperar esas obras. Unha decisión que adopta cando aínda fican pendentes de resolución catro recursos presentados contra o traslado das pezas. A providencia do xulgado autorizando as forzas de seguridade a entrar no museo e levar as pezas para Aragón non foi recorrida pola Generalitat, gobernada agora desde o executivo español en aplicación do artigo 155. O ministro de Cultura, Méndez de Vigo, anunciou que darían cumprimento a esa resolución xudicial provisional, ordenando – en virtude do 155 el é o 'conseller' de Cultura- que así se faga. Esta cuestión chega en plena campaña electoral para o 21D. As candidaturas independentistas falan de \"aplicación do 155\" para garantir un \"espolio\". Desde forzas como Catalunya en Comù e PSC tamén se manifestaron contra este traslado."}
{"ID": "PRAZA_4779", "summary": "O xornalista David Reinero inaugura a colección Libros de Praza & Meubook con Angrois. O AVE en anacos, un relato xornalístico que parte do accidente do Alvia para reflexionar sobre o actual sistema ferroviario galego. Os dous grandes partidos, advirte o autor, \"pretenden taparse entre si\" por mor dun medo \"infundado\" ás consecuencias políticas do sucedido.", "text": "David Reinero (Nigrán, 1979) é un dos xornalistas galegos con maior coñecemento no ámbito das infraestruturas. No serán do 24 de xullo de 2013 estivo ao pé das vías de Angrois, informando en primeira persoa do accidente do Alvia en Santiago para o diario El País. Case sete meses despois do accidente, continúa a seguir cada paso da instrución xudicial sobre o sinistro, do que, \"á espera do que determine o procedemento penal\", xa é posible tirar certas conclusións. Algunhas delas, así como unha reflexión política e técnica do actual sistema ferroviario galego son o piar de Angrois. O AVE en anacos, a obra coa que Reinero inaugura a colección Libros de Praza & Meubook, unha iniciativa editorial que achegará ao público lector unha ducia de volumes anuais de contido xornalístico. Neste suceso, advirte o autor, nada é \"branco ou negro\" e os grandes partidos políticos tentan \"taparse\" entre si. O libro empeza no mes de xullo pero non no de 2013, senón no de 2001. Por que decides facelo así? Porque daqueles pos veñen estes lodos. Nunca houbo un proxecto dun AVE galego predefinido. O AVE galego foi unha sucesión de anacos de AVE, de aí o título do propio libro. É un AVE construído en anacos; en 2001 púxose unha primeira pedra que foi vendida como primeira pedra do AVE galego pero que era a primeira pedra da primeira reforma do Eixo Atlántico. Co tempo, a día de hoxe, é o que hoxe os políticos seguen a chamar AVE galego. Un AVE que, integramente, nunca vai ser tal... O Eixo Atlántico nunca vai ser AVE aínda que, cando se abriu, a liña Ourense-A Coruña foi presentada como AVE. Pero de Santiago á Coruña, igual que cando estea aberta ata Vigo, non vai ser AVE. Vai ser un tren de moi altas prestacións que bastante xente considera que abonda para ese percorrido, pero non vai ser AVE. Moitos políticos se esforzaron en dicir que iso xa era o AVE galego xusto ata o accidente de Angrois. A partir de aí houbo unha saída en tromba para dicir \"isto non é o AVE galego nin o AVE español\"... \"Co accidente víronse obrigados a rectificar o que dixeran pero non o que era, porque non era AVE nin nunca o fora\" Esa saída en tromba xustifícase única e exclusivamente pola imaxe internacional do AVE español. O percorrido entre Ourense e Santiago aínda non era AVE cando o inauguraron, pero presentárono así. E co accidente víronse obrigados a rectificar o que dixeran. Non o que era, porque non era AVE nin nunca o fora, serao nalgún momento. Pero a imaxe de que o AVE español tivera un accidente obrigounos a dicilo. O primeiro, o presidente da Xunta. Mesmo con máis paixón que o Goberno central, advertindo das malas intencións de países estranxeiros... Os primeiros días o presidente da Xunta foi máis evidente na defensa do AVE español que o Goberno central. En parte podería ter unha xustificación por que en Galicia aínda se está construíndo o AVE e é lóxico que o presidente diga que aínda precisamos un AVE. Nesa perspectiva é xustificable; na outra é unha defensa un tanto desproporcionada xusto despois dun accidente con estas consecuencias. Esa defensa tan pechada da infraestrutura propiciou a busca rápida dun culpable, o que denominas no libro como \"caza do maquinista\"? \"Houbo unha caza ao maquinista, tanto por parte de políticos como de medios de comunicación\" Era moi doado para os políticos, para os responsables de Renfe e para os medios de comunicación dicir \"hai alguén que asume a súa responsabilidade e xa está\". O complexo é coñecer a complexidade do sistema ferroviario. Houbo unha caza ao maquinista, tanto por parte de políticos como de medios de comunicación. Non a xustifico pero podo comprendela nos primeiros días, cando xa non a comprendo é a medida que vai saíndo máis información sobre a complexidade do sistema ferroviario. Como interpretas que as propias autoridades contribuísen a esa imaxe de que o accidente fora algo tan simple como que unha persoa se despistara? É bastante difícil de xustificar, porque o que está revelando o caso é que a responsabilidade política é difícil de atopala. Hai unha clara responsabilidade técnica porque, como xa se demostrou, o accidente era evitable de varias maneiras. Quen pode evitalo de varias maneiras? Determinados cargos intermedios do sistema ferroviario. Como ben dixeron os grandes partidos cando, entendo, pretendían taparse entre si, un ministro non decide que sistema de seguridade se instala. Pero no momento en que eses políticos tentan cubrirse uns aos outros, eles están asumindo as responsabilidade de tapar eses responsables do sistema que poderían selo tamén da falta de seguridade. Encóbrense, polo tanto, os dous grandes partidos? O que é seguro é que non teñen ningún interese en averiguar absolutamente todas as circunstancias que rodearon o accidente. \"Existe un medo infundado a que haxa repercusións políticas nunha cuestión que é máis técnica\" Por que? É un medo, eu creo que infundado, a que haxa repercusións políticas. Nunha cuestión que eu creo que é máis técnica que política. Unha cuestión técnica que ten moito que ver cos \"anacos\" que titulan o libro. Na construción pero tamén na cadea de responsabilidades... Se hai nisto unha responsabilidade política é a de non controlar o crecemento e a deformación do sistema. Os políticos teñen a responsabilidade non de saber de todo, pero si de interesarse cada certo tempo de como vai o que eles teñen que controlar. Unha das causas do accidente puido ser a ansia por inaugurar en Galicia algo parecido a un AVE? Se fose así, a responsabilidade sería do técnico que asinou a autorización para que un político o fixese. Porque un político non pode tomar esa decisión por si só... Efectivamente. E se decide que hai que inaugurar un tren en tal data, debería haber un técnico que lle diga que non, porque ese técnico é funcionario e o seu posto non debería perigar. O tren inaugúrase e máis dun ano despois acontece o accidente. Durante os primeiros seis días houbo un sistema que podería evitar o accidente e despois, xa non. Por que cres que o agora famoso ERTMS se mantivo desactivado? \"O ERTMS mantívose desactivado por desidia; non hai tanta presión para controlala como para inaugurar novas obras\" Por desidia. E ante esa posible desidia, que eu entendo que é dos técnicos, non hai tanta presión dos políticos para controlala como para inaugurar as novas obras. Sobre esas desidias ou carencias de seguridade está investigando un xuíz que, polo que conclúes no libro, non é especialmente cómodo para as autoridades... Non. Hai autoridades que o chegan a denominar \"o xuíz mediático de Santiago\", descoñecendo outros xuíces que hai en Santiago e que os galegos ben coñecemos. Incómodo? Probablemente, en parte por que os políticos están sorprendidos. Como eles mesmos se autoconvenceran de que o único responsable era o maquinista, cústalles asumir que o sistema ferroviario é máis complexo ca iso e o xuíz está tentando desentrañalo. E o xuíz, ademais de investigar, decide cumprir o principio constitucional segundo o cal as actuacións xudiciais son públicas... E iso tampouco senta ben. A transparencia do xuíz non sentou ben en ningún dos dous grandes partidos de España. Aínda que, por suposto, os xornalistas agradecemos moito esa transparencia, que o único que fai é paliar filtracións interesadas de parte. Contas no libro que sobre o caso hai aínda múltiples incógnitas. Entre elas, esa activación do \"freo do home morto\" por dúas veces durante a viaxe entre Ourense e Santiago Hai moitas incógnitas que probablemente non teñan implicacións penais pero que son fundamentais para evitar que un accidente así se volva producir. Por que se activou dúas veces o freo do home morto que, supostamente, debería evitar perdas de atención do maquinista? É o maior misterio para todos os técnicos consultados. No libro lemos tamén unha reflexión sobre unha das vertentes máis mediáticas do accidente: as vítimas e a actitude da veciñanza de Angrois. Ti contas que non todo é branco ou negro. Hai heroísmo pero tamén \"miserias\". \"En Angrois houbo heroes, pero tamén se roubaron obxectos persoais dos mortos\" En Angrois houbo heroes, pero tamén se roubaron obxectos persoais dos mortos. Á súa vez, dentro desas miserias houbo xente á que lle entregaron cousas de xeito errado e devolveunas. Non todo é negro ou branco, a humanidade é moi variada. Isto, polo tanto, tampouco é tan simple como se nos presentou dende as autoridades entre esas apelacións ao \"espírito de Angrois\" que se sucederon nos últimos meses... De feito, boto en falta que na última fin de semana non houbese ningún acto relacionado coas vítimas... É unha peza moi gorentosa... Por suposto. Calquera político quere fotografarse cun heroe. Neses días traspasáronse moitas fronteiras e en poucos meses houbo outro suceso en Santiago no que tamén se falou de tratamentos informativos excesivos... Eses mesmos medios, pola contra, enchen páxinas e páxinas e minutos e minutos con esoutro crime acontecido en Santiago sobre o que ás veces tampouco hai tantos datos novos e relevantes, como é o asasinato da nena Asunta. Se no caso de Angrois se falou dun tratamento excesivo, ese desapareceu hai tempo. Agora mesmo, pódense contar cos dedos dunha man os xornalistas que están seguindo a instrución do caso do accidente de Angrois, con 79 mortos no sumario. O outro caso segue sendo unha desgraza, hai unha rapaza de 12 anos morta, pero o número de xornalistas que cada día está por tras do caso aínda que non se incorpore nada novo é completamente desproporcionada. O día do accidente moitos xornalistas convertérstesvos tamén en xornalistas de sucesos aínda que esa non fose a vosa especialidade. Pódese abordar un accidente coma este sen caer na bágoa fácil e sen ir alén de contar o que é necesario? É difícil. A min chegóuseme a criticar que puxese nunha información do primeiro día un entrecomiñado dun rapaz que me dixo \"cuando abrí los ojos estaba rodeado de muertos\". Criticóuseme por amarelista, pero foi o que dixo unha das vítimas. Preferín poñelo na boca dunha vítima a describir o espectáculo realmente dantesco que estaba a presenciar. Paréceme unha forma máis axeitada de facelo que arriscarme a que a miña percepción, tal vez nesgada do que estaba vendo, puidese contaminar o relato. Traxedia en Compostela"}
{"ID": "NOS_13279", "summary": "O presidente executivo de Novagalicia Banco vén de mostrar a súa ledicia polo feito de que na Galiza haxa \"un goberno estábel\", en referencia á vitoria do PP, por ser iso o mellor \"para os bancos e a cidadanía\". Tamén apuntou que as mobilizacións de afectad@s polas preferentes están \"politizadas\"", "text": "O presidente executivo de Novagalicia Banco, José María Castellano, mostrouse feliz pola vitoria do PP na cita electoral do domingo. Castellano considera que as urnas deron o triunfo a un \"goberno estábel\", e que este é o mellor \"para o banco, a cidadanía e para todos\". O responsábel da entidade financeira tamén se manifestou sobre a petición de rescate por parte do Estado español, considerando que esta solicitude se fará de forma inminente e que iso é o mellor, pois despexa incertezas. Aínda que Castellano indicou que facía as declaracións \"como cidadán español\", apuntou que non ve moitas opcións de que non se pida o rescate. Preferentes O presidente de NCG tamén se pronunciou sobre as preferentes e subordinadas, que só no que atinxe a esta entidade afectan pola volta de 45.000 persoas. Castellano considera que as mobilizacións e protestas deste colectivo están \"politizadas\" e mesmo afirma que \"entre @s que se moven\" nese ámbito \"non hai afectad@s\", engadindo que nin sequera \"teñen familiares\" nesa situación."}
{"ID": "NOS_37438", "summary": "O adestrador asegura que non contempla outro escenario que non sexa a continuidade do club e defende que a súa \"gran afección\" tamén é un valor económico na presentación do libro 'Depor Vida'.", "text": "A presentación dun libro en galego sobre o fenómeno social que volveu xerar o deportivismo neste último ano convocou ao adestrador do equipo, Fernando Vázquez, en plena vaga de informacións alarmantes sobre o futuro do club logo do ultimato dado pola administración concursal de quince días para resolver a súa situación económica e evitar a desaparición. Porén, o técnico de Castrofeito asegura que \"non se contempla outro escenario que non sexa a viabilidade\" e di seguir traballando na confección dun plantel que ofreza garantías para competir en Segunda división. \"Non teño dúbidas, hai cousas que non me competen, pero teño fe en que o Dépor terá longa vida\", indicou Vázquez, que puxo como exemplo de confianza a renovación do porteiro e internacional arxentino Germán Lux. Así mesmo, o adestrador confirmou que Aranzubía e Ze Castro buscan unha saída e que o próximo venres, cando o equipo volverá ao traballo, contará con algúns xogadores da canteira, aos que se lles unirán \"seis ou sete\" fabrilistas xa na concentración de Monforte. Vázquez participou na presentación do libro 'Depor Vida' d@s xornalistas Rosabel Candal e Xerardo Porto, que tivo lugar na biblioteca veciñal de Monte Alto. Alí, recoñeceu ter sentido \"algo irreal e incríbel\" co trato recibido pol@s seareiros branquiazuis á súa chegada e apuntou que \"unha afección tan grande como a do Dépor tamén crea recursos económicos\". Así mesmo, defendeu a aposta pola canteira \"porque os xogadores galegos non teñen porque ser peores que os vascos\" e, asumindo as dificultades, amosouse optimista cara o futuro \"porque descendimos en paz, sen enfrontamentos, e iso é moi importante\". Sobre o libro, a coautora Rosabel Candal dixo que foi escrito \"sen medo, como sen medo comportáronse @s seareiros do Dépor durante toda a tempada\". Pola súa parte, Xerardo Porto comparou a Fernando Vázquez con Arsenio Iglesias e lamentou que \"tardara tanto en chegar aquí\" mentres que o editor Henrique Sanfiz cualificou á afección branquiazul como \"un fenómeno peculiar a nivel galego, estatal e europeo\"."}
{"ID": "NOS_26190", "summary": "As concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública, que decorreron en cidades e vilas do país, son o limiar para a gran mobilización nacional do 4 de febreiro.", "text": "As rúas galegas volveron acoller importantes mobilizacións na defensa da sanidade pública e contra as políticas de recortes e privatización da mesma. Tiveron lugar na tardiña desta cuarta feira, 24 de xaneiro, en varias cidades e vilas de Galiza, convocadas por SOS Sanidade Pública. Miles de persoas tomaron parte nas mesmas. As protestas realizáronse nas sete cidades galegas, nas cabeceiras de comarcas que até agora constituían unha área sanitaria e que pasarían a integrarse na súa área de referencia (caso de Vilagarcía, Monforte, Burela e o Barco) e naquelas localidades que contan con hospitais comarcais nos que periga a súa carteira de servizos, como Ribeira ou Verín. Para os representantes desta plataforma, esas políticas do PP tradúcense en situación como a que se vive todos os invernos en Urxencias, con colpaso dos servizos. \"Desde o ano 2009, un total de 790 camas nos hospitais, que debilitou a estrutura de Atención Primaria\". As e os representantes de SOS Sanidade Pública alertaron tamén do incremento das listas de espera e dos efectos perversos do 'Decreto de tempos máximos de espera', en vigor desde o 10 de xaneiro, co que o PP pretende combatelo. \"É, directamente, unha fonte de financiamento da sanidade privada\", denunciaron. Nas mobilizacións tamén se denunciou a privatización sinataria, tanto no relativo a concesións -como no hospital de Vigo- como no que se refire a sectorización privada, como POVISA, ou á concertación sanitaria e externalizacións. Mais tamén outras formas máis agochadas de introdución do negocio e os intereses privados na sanidade pública como o procedemento de compra innovadora con financiamento da investigación para empresas privadas; o control da investigación e a formación dos médicos pola industria farmacéutica; o procedemento de adquisición tecnolóxica público-privado do diálogo competitivo ou a introdución de empresas privadas na xestión do servizo como medtronic en cardioloxía. Coas mobilizacións convocadas SOS Sanidade Pública quixo manifestar tamén o seu rexeitamento ás modificacións que o PP pretende introducir na Lei de Saúde."}
{"ID": "NOS_20867", "summary": "Pronunciará el mesmo o seu discurso de ingreso, titulado 'A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica' que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella López.", "text": "O arquitecto pontevedrés César Portela ingresará este sábado como académico de honra na Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa. Pronunciará el mesmo o seu discurso de ingreso, titulado A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella López. Asistirán ao acto o presidente da Ragba, Manuel Quintana Martelo, ademais doutros académicos da institución e autoridades como a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; ou o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. César Portela Fernández-Jardón naceu en Pontevedra en 1937 onde ten o seu estudo de arquitectura e onde compaxinou o seu labor profesional coa docencia. César Portela: \"A boa arquitectura non destrúe a natureza, mesmo é quen de dignificala\" Na súa traxectoria destacan obras como o Museo do Mar de Galiza en Vigo (1993-2003), a Terminal do Aeroporto de Peinador en Vigo (2010-2013), a rehabilitación do centro histórico en Allariz (1991-1997), Ponte Azuma en Shinminato (Xapón, 1992), MuseoDomus e Palexco na Coruña (1994-1995), Faro de Punta Nariga en Malpica de Bergantiños (1994-1995), a Estación intermodal do Prat de Llobregat (2009), ou a Torre de control aeroportuario en Sharm o-Sheikh (Exipto), entre outros. Por estas e outras actuacións recibiu recoñecementos tanto nacionais como internacionais. Destacan a Medalla de Ouro do Consello de Europa en 1982 pola rehabilitación do robledal de Santa Miña; o premio European Urban and Rexional Planning dá European Commission/European Council of Town Planners en 1994 polas actuacións en Allariz; o Primeiro Premio Internacional de Arquitectura en Pedra (Verona) no 2000 pola Domus; o Premio Nacional de Arquitectura no 2000 do Ministerio de Fomento; e os Premios Europeos Philippe Rotthier polo Cemiterio de Finisterre e o Museo do Mar en Vigo no 2005. A Academia reivindica o Día das Artes homenaxeando a traxectoria de Laxeiro"}
{"ID": "NOS_32393", "summary": "[ACTUALIZACIÓN 19:30H] Rato estivo detido durante 7 horas, as que empregaron funcionarios policiais do Servizo de Alfándegas en realizar pesquisas na súa morada e no seu despacho, situados no bairro madrileño de Salamanca. O xuíz ordenou o bloqueo das súas contas.", "text": "Rato foi detido baixo a acusación de cometer tres delitos: alzamento de bens, fraude a Facenda e branqueamento de capitais. O arresto representa un durísimo golpe para o Partido Popular, en vésperas das eleccións municipais. O ex vicepresidente do goberno, artífice do suposto \"milagro económico español\" e ex director xeral do FMI, durmiu na súa morada unha vez concluído o rexisto. En declaracións a El País, manifestou: \"Colaborei coa xustiza porque teño confianza nela\". O discurso do PP abala entre finxir indignación -o portavoz Pablo Casado mostrouse \"abochornado\"- e vender a idea de que con eles no poder non existen espazos de impunidade para ninguén, nen sequer para un dirixente que puido ter sido presidente do Goberno de non ter rexeitado até en dúas ocasións o oferecimento que lle fixo José María Aznar. Por orde xudicial, na tarde da sexta feira (17 de abril) o xuíz instrutor do caso ordenou o bloqueo das contas correntes, depósitos, fondos e préstamos dos que é titular Rodrigo Rato, segundo recolle EFE."}
{"ID": "QUEPASA_532", "summary": "María Bella mantén unha longa conversa sobre filantropía e mecenado na arte e na cultura con Fran Quiroga.", "text": "O pasado 4 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela na sé do Consello de Cultura Galega unha xornada para reflexionar sobre filantropía e mecenado na arte e a cultura. Foi coordinada polo investigador transdisciplinar Fran Quiroga que contou co respaldo do propio Consello e a Fundación Daniel e Nina Carasso. A xornada, de carácter formativo, reflexivo e propositivo, estaba enmarcada dentro dun proxecto de máis longo percorrido -concomitentes- de trazos innovadores -polo menos en España e en Galicia- que desenvolve o propio Quiroga co mezenazgo da Fundación. A idea que sobrevoa en todo momento tanto no proxecto xeral como as distintas pezas que se van axustando a el é a corresponsabilidade da cidadanía para coa arte e a cultura: corresposabilidade á hora de encargar unha obra de arte e corresponsabilidade á hora de facerse cargo do seu financiamento.Ao longo desta entrevista iremos entrando nas fortalezas e debilidades de ambas cuestións á vez que contextualizaremos por que a experiencia e as aprendizaxes que están pasando -concretamente en Betanzos- grazas ao impulso deste investigador poden servirnos como inspiración para nosa comarca. Parque do Pasatempo. Fonte- Asoc. Amigas do Parque do Pasatempo Para facilitar a entrada no tema e dar algo de contexto gustaríame reconvocar a imaxe de cabecera que elixiron para a xornada. Esta mostraba unha foto actual do Parque do Pasatempo (que precisamente acaba de ser declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta tras unha longa demanda cidadá) construído en Betanzos entre 1893 e 1914 por encargo dos irmáns Juan e Jesús García Naveira e financiado concretamente polo primeiro. Ambos irmáns, de orixe betanceiro e de familia humilde, formaron parte desa extensa diáspora galega que buscou saír da pobreza cruzando o Atlántico cara a Arxentina, Cuba, México ou Venezuela. Os García Naveira colleitaron éxito \"facendo as américas\" e converténdose en importantes empresarios que, como no caso doutros apelidos relevantes, dedicaron gran parte das súas fortunas a proxectos de mecenado con fins sociais, educativos ou asistenciales. A xeografía galega posúe moitos xestos similares ao dos irmáns García Naveira aínda que a menor escala, sobre todo no que se refire á construción filantrópica de escolas ou de asilos en moitos dos casos encargadas baixo pautas similares configurando un estilo denominado arquitectura indiana. Na Costa da Morte temos as referencias de Fernando Branco en Cee -benefactor dunhas escolas hoxe sé dun Instituto de Ensino Secundario que aínda leva o seu nome- ou de José Carrera Fábregas en Corcubión -benefactor dun edificio de escolas de artes e oficios, reconvertidas en colexio e recientemente transformadas en sé de Concello-. Entre as escolas, os asilos e outras obras o parque do Pasatempo sexa quizais o proxecto filantrópico deste tipo máis singular da época. Proxectado como parque enciclopédico a idea non era simplemente agasallar a Betanzos cun espazo de recreo e entretenimento senón promover un recurso pedagóxico -unha especie de vangarda de aprendizaxe lúdico- e un apoio sociolaboral para a poboación. María Bella: Podería dicirse xa que logo que o parque do Pasatempo é unha imaxe enormemente simbólica para o mecenado en Galicia, polo menos dun tipo de mecenado e dunha época na que o modelo se replicabana transformándose nunha especie de ferramenta posibilitadora para unha Galicia que atravesaba dificultades. É por iso que a súa imaxe asemella ser sen dúbida evocadora para unhas xormadas dedicadas á cultura do mezenazgo. Pero, a pregunta sería: ata que punto, para Fran Quiroga, esta imaxe quere ser, por unha banda, evocadora dunha práctica do pasado e, por outro, suscitadora ou anunciadora de necesidades que detectas no noso presente?. Podes contarnos desde a túa perspectiva multidisciplinar vinculada ás institucións e á universidade pero tamén sostida desde a independencia e moi atravesada polo territorio e polo popular, que desexos e desacordos discorren por esta imaxe? Antes de comezar, María, quixera enmarcar que non son experto en mecenado e que o meu interese ao redor disto ven como un intento de pensar novas formas de apoio á cultura. Sen ánimo de facer unha análise ampla, coido que na actualidade dous dos grandes problemas que afectan á cultura son a falta de valorización social da cultura (o que implica precarización) e por outro lado unha dependencia coa administración pública o que limita a liberdade de creación. Daquela favorecer un ecosistema que aposta por un mecenado cun compromiso de xustiza social procura tramar outras formas de financiar a cultura. Se entendemos que a cultura é algo máis que industria e nos situamos máis na liña do dereito á cultura cómpre ver como podemos garantizalo, non só como creadores senón tamén como públicos que queremos acceder a outros xeitos de facer cultura, que non sexan mornos ou correas de transmisión dos partidos do goberno de turno. De aí a limitación que supón a dependencia coa administración pública, agora ben, e aqui xurde un dilema, a aposta por un maior mecenado non debe obviar que o Estado ten que garantir ese dereito a cultura, é decir, a relación de a máis mecenado menos Estado é contraproducente. E xa que situamos o Estado e, volvendo a pregunta, temos que ser conscientes de que esas poéticas do retorno que se deron a finais do s XIX e no primeiro tercio do s XX, veñen da man de persoas que emigran e traen unha serie de valores consigo, como o republicanismo ou liberalismo, que procuran un \"desenvolvemento\" do seu territorio de orixe nun contexto no que o Estado -aínda incipiente- non garantía unha educación universal. A alta taxa de analfabetismo viña condicionada por unha ausencia de políticas públicas, de ai a potencia de que a cidadanía tomase o impulso, coa axuda dos emigrantes, na creación de máis de 250 escolas espalladas por toda Galicia. O propio Parque do Pasatempo tiña unha función pedagóxica, unha vontade transformadora, de mellora do benestar cidadá. Xornada sobre Cultura do Mecenado. Foto: Consello da Cultura Galega MB: Nas xornadas mencionouse reiteradamente, e agora comentábalo ti tamén dalgún modo, a necesidade de \"cotidianizar\" a figura do mecenas, intentar que salga da excepcionalidade que lle rodea. Os que traballamos na cultura sabemos ben a dureza que implica defendela e creo que moitas veces a sociedade en xeral non chega a comprender a gravidade que con todo si vemos desde o propio sector. Algo que eu personalmente fago moitas veces para que o outro entenda a condición de precarización e abandono á que está arroxada a cultura é facerlles a comparación co sistema público de saúde ou de educación. Especialmente no contexto maioritariamente rural que ten Galicia, parece lóxico defender que non nos quiten os centros de saúde, nin os hospitais, nin os colexios, que non nos quiten profesores, nin médicos, que non externalicen os servizos, etc. Con todo, a cultura oarece invisible aos reclamos máis básicos, coma se non existise. Si a cultura é o que somos, en presente, en pasado e en futuro e hai tan pouca conciencia para ela, como imaxinas o camiño cara a esa corresponsabilidade de mecenado cidadán? Podes darnos algúns exemplos que ti imaxines? Na xornada un dos relatores, Jabier Larrañaga, deputado foral de facenda e finanzas de Gipuzkoa, falaba dun mecenado participativo e da necesidade de que a administración activase unha plataforma de intermediación distributiva de recursos que veñan do mecenado. É decir, que non sexa a dministración a única beneficiaria do mecenado senón que o active e este chegue a cidadanía, as empresas de economía social, as asociacións, as cooperativas, ao autónomos,... Cómpre ver que a administración non pode execer un monopolio na programación cultural, senón que debe ser un actor máis nese ecosistema cultural. Mais para iso fai falta vontade política… En canto a corresponsabilidadee a través do mecenado cidadá, hai moitos exemplos, por citar algúns, o pago das festas, en todos os pobos son os veciños e veciñas os que fan a festa, con aportacións voluntarias, ou no deporte de base por exemplo; daquela, coido que hai un sustrato nesa corresponsabilidadee, mais a cuestión é como isto pode chegar a proxectos máis experimentais, menos masivos e aquí onde deberíamos enfatizar na idea dos impactos que se xeneran, que a miudo son pouco visbiles a curto prazo, pero que supoñen mudanzas nos imaxinarios ou nos discursos hexemómicos, e esto é moi potente. Por poñer un exemplo, actualmente estamos levando a cabo en Betanzos o proxecto \"Legado Coidado\", co que procuramos que a cidadanía encargue unha obra de arte ao redor do legado dos irmáns García Naveira, trátase de situar a cidadanía no centro do proceso de creación contemporánea. Abrir os marcos de participación abre posibilidades inesperadas, hai ansia de colaborar, mais para iso precisamos orzamentos dignos, neste caso contamos cun orzamento inicial de 75000€ grazas a Fundación Daniel e Nina Carasso, sen a súa colaboración non teriamos a posibilidade de facer un proxecto tan innovador. É unha mágoa, pero as institucións culturais galegas arriscan pouco. MB: En relación ao proxecto \"Legado Coidado\" no que entendo que hai varias figuras en acción -que si non son absolutamente novedosas, aínda non resultan moi habituais no noso contexto- como a do mediador ou a do mecenas ou a do \"encargante\" cidadán colectivo... Cóntanos un pouco o labor de cada unha delas e onde radica ese factor \"novedoso\". \"Legado Coidado\" enmárcase dentro de \"Concomitentes\", a variante española do programa francés Nouveaux Commanditaires que ten producido máis de 400 obras de arte en Europa dende hai máis de trinta anos. O nacemento deste programa partía da inquedanza da desconexión entre a cidadanía e a arte contemporánea e procuraba revertir os procesos de produción da arte, partindo de que a cidadanía, a través do seu desexo, poida encargar/comandar a produción dunha obra. Ademais da oportunidade que supón que a cidadanía poda converterse en comanditaria dunha creación contemporánea o proceso dilue, en parte, a idea romántica do artista e o seu halo creador, xa que ha de compartir a creación coa mediación e a cidadanía, co-crean todos xuntos. Este xeito de facer arte público tece outro contrato social entre o artista e a veciñanza, baseado nunha corresponsabilidadee e xenerosidade por ambas partes. O proceso é complexo, en moitas ocasións a resposta ao desexo cidadá non satisfai ao conxunto dos veciños, mais hai un intento de escoita o que xa de por si facilita a confianza e a capacidade de facer xuntos. No caso de Betanzos, hai un matiz experimental porque estamos adaptando a metodoloxía da Investigacción-Acción-Participativa (IAP) a este proceso. A IAP é un xeito de realizar unha indagación cunha vontade participativa e cun claro enfoque de acción. Son as propias comunidades as que, co apoio de persoal técnico, impulsan e desenvolven un proceso reflexivo extendido co que dotarse de solucións ou ferramentas que respondan a un reto ou demanda cidadá. Este xeito de investigar supón unha ruptura da idea de saber experto e procura que a diversidade de enfoques, ideas ou vontades teña acollida nese proceso; para o proxecto de Concomitentes é un espello ao que mirarse en tanto ten definida claramente uns xeitos de facer, fases e roles que poden replicarse a un proceso de creación artístico participativo, coas salvagardas de que a arte non ten porque ser sempre \"solucionista\". MB: Volvendo á corresponsabilidade respecto ao mecenado e a esa idea de participación cidadá en equilibrio coa responsabilidade do estado para o coidado da cultura. No outro extremo están os perigos dun mecenado dos poderosos que poden chegar ás veces a actuar como lobbies. Poderías valorar o que sucede co filantrocapitalismo? A xornada Cultura do Mecenado procuraba tamén abrir un espazo de diálogo co que pensar un ecosistema máis favorable ao redor da filantropía e servir de termómetro para coñecer posicións de diversos axentes en relación ao mecenado. Moitas das intervencións partían da desconfianza cara o mecenado e por iso cómpre mellorar mecanismos de rendición de contas e de transparencia. Dalgunha maneira nas conclusións que estamos elaborando queríamos enfatizar na idea dun mecenado comprometido ante os retos contemporáneos, non como un espazo de lavado de imaxe, de exención de pago de impostos ou de extractivismo disfrazado de utilidade social. As gadoupas do capitalismo son moi expansivas, polo que é importante que ese mecenado responda a unha verdadeira utilidade social, cun compromiso de transformación social. Hai fundacións como a Carasso, a Fundación Antonino e Cinia en Cerezales (León) ou a Juana de Vega que teñen unha acreditada traxectoria de honestidade do real, polo que creo que o contaxio dese bo facer axudará tamén a acreditar de novo na utilidade do mecenado. Agora ben, non obviemos que existe ese filantrocapitalismo, da nosa man está ser capaz de determinar como é un bo facer filantropía. Xornada Participativa en Betanzos. Fonte- Oscar Gorriz :Concomitentes MB: Para pechar, fagámolo con outra imaxe simbólica e evocadora. No teu perfil de twitter preséntaste subindo as escaleiras do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, museo pioneiro en España froito dun proxecto máis amplo ideado por Luís Seoane e Díaz Pardo que integraba, entre outros, o Laboratorio de Formas, un labor editorial e o proxecto empresarial da fábrica de cerámicas Sargadelos. Díaz Pardo actuou de mecenas moitas veces, o seu proxecto vital en si era case unha obra de mecenado cultural sostido pola rentabilidade dunha fábrica de cerámicas. Como ves este modelo, en certo xeito xa desaparecido? Véxoo con nostalxia e como ese eterno exemplo de incapacidade de proxectar e soster un proxecto tan sólido como foi o Laboratorio de Formas. Non creo que existise no pais un proxecto que equlibrase tan ben a súa aposta ética, estética, política e económica, mentres combinaba industria, cultura e activismo. Recordo ben a visita ao Museo Carlos Maside, ver ese espazo, esas obras, o auditorio que é brutal e ver como está pechado na actualidade, é unha manifestación máis desa nada cotía que atravesa ao sistema cultural galego. Son consciente de que os tempos mudan, e non adoito a ser un morriñento do pasado, mais deberíamos pensar con maior enfase en como coidamos os legados, esas herdanzas, porque estas tamén nos constrúen, que este Museo esté pechado é desalentador, mais o peor de todo é como imos asumindo con tanta normalidade que estas cousas ocurran. Eso sí, pola contra construimos novos equipamentos culturais sen dotacións ou usos previstos. Por rematar con certa ilusión, so lembrar que estando vivo Isaac Díaz Pardo, oito asociacións da comarca de Betanzos organizámoslle unha Homenaxe Popular, chamada Beizóns d. Isaac, e iso reconfórtame coa idea de terlle agradecido ese compromiso vital de transformación. Ogalla existirán máis proxectos así. Entrevista realizada por María Bella, Doutora en Coñecemento Curatorial pola Universidade de Goldsmith. Outros artigos e entrevistas de María Bella Ana Domínguez: \"O Ciclo Etnográfico de Cine Galego ten moito de admiración\"."}
{"ID": "NOS_19535", "summary": "A croloquina e a hidroxicloroquina, empregadas inicialmente para tratar a malaria e actualmente nas doentes contaxiadas por coronavirus, son receitadas a doentes de artrite reumatoide e outras doenzas auto inmunes. As farmacias só poderán repoñelos a medida que as pacientes que sigan un tratamento con estes fármacos os soliciten.", "text": "Hoxe, o Diario Oficial da Galiza publica o acordo, adoptado o 27 de marzo pola Consellaría de Sanidade, polo que se adoptan medidas relativas ao control da distribución e dispensación de especialidades con cloroquina e hidroxicloroquina. Ambos englóbanse nos tratamentos empregados para tratar a infección da COVID-19. A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios xa estabelecera un procedemento de distribución controlada das especialidades con cloroquina e hidroxicloroquina. Da malaria á COVID-19 A investigadora Elena Gómez Díaz, que lidera un grupo de investigación de epixenómica en malaria, explicou nun artigo para The Conversation do 18 de marzo que a cloroquina, e mais a hidroxicloroquina, derivada da primeira, é un fármaco empregado na prevención e tratamento da malaria desde que se comezou a comercializar en 1945. Gómez Díaz a apunta a que o seu emprego \"prolongado e masivo en moitos países do mundo\", desembocou no desenvolvemento de cepas resistentes do parasito que provoca a malaria, polo que o seu uso decaeu e non está recomendado. Porén, nos últimos anos comezou a aplicarse no tratamento de enfermidades auto inmunes como por exemplo a artrite reumatoide, doenza que padecen miles de galegas. Tras o brote da COVID-19, varias investigacións levadas a cabo en China ou en Corea do Sur \"rescataron\" estes fármacos, propoñendo a hidroxicloroquina como \"tratamento terapéutico antiviral\" para tratar a enfermidade. Outras, levadas a cabo no Center for Disesase Control (Centro para o Control das Enfermidades) estadounidense apuntan ao potencial da cloroquina como medida preventiva contra o coronavirus en laboratorio. O pasado 28 de marzo, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, dependente do Ministerio de Sanidade, anunciou a autorización de oito ensaios clínicos de medicamentos para a COVID-19. Un deles estudará o tratamento con hidroxicloroquina, antiretrovirais (empregados para tratar, entre outras enfermidades, a sida) ou unha combinación de ambos aplicado a profesionais sanitarias en contacto con doentes da COVID-19. No tratamento participan nove territorios estatais, 40 centros e un total de 4.000 traballadoras. O Instituto de Saúde Carlos III tamén puxo en marcha outro ensaio no que tamén se analizará o uso deste fármaco derivado da cloroquina. As medidas de Sanidade Dentro das medidas para atender as necesidades de medicación a nivel hospitalario, á vez que se garante a continuidade dos tratamentos a doentes crónicos, a Xunta comezará a monitorizar as existencias das especialidades con cloroquina e con hidroxicloroquina nos almacéns. Ademais, oficinas de farmacia só poderán solicitar a súa distribución no momento no que unha doente a solicite cunha receita do Sergas. Así, reporanse os fármacos a medida que se demanden. De maneira excepcional e temporal estas receitas non poderán dispensarse en formato papel. O DOG inclúe que nas entregas non realizadas polas oficinas de farmacia as doentes deberán achegar un informe ou declaración da facultativa, prescriptora ou colexiada no que se xustifique a necesidade de comezar ou manter o tratamento con estes fármacos \"para unha patoloxía ou patoloxías crónicas determinadas\"."}
{"ID": "NOS_43374", "summary": "O presidente do grupo confederal de Unidas Podemos no Congreso español nega que a reforma da sedición teña que permitir unha maior represión aos movementos populares ou a entrega ás autoridades españolas do president Puigdemont.", "text": "Na sexta feira, Patxi López, en representación do PSOE, e Jaume Asens, en representación de Unidas Podemos, entregaron no rexistro do Congreso español a proposta que, de aprobarse, pronto excluirá do Código Penal español o delito de sedición, polo que foron condenados os presos políticos cataláns. A reforma levantou moito rebumbio e moitas dúbidas, ás que Asens responde nesta entrevista. —Sempre dixo que estaba en política para loitar contra a represión, tamén concretamente a desencadeada despois do Primeiro de Outubro. Como viviu o paso que se deu agora?Desde o punto de vista persoal, é unha gran satisfacción. Empezaba a pensar que esa vitoria non sería posíbel nesta lexislatura. Ora ben, é unha vitoria parcial, non debemos enganarnos tampouco. Pero eu presenteime co compromiso de axudar a resolver o problema político. En Unidas Podemos dixemos que isto pedía diálogo, buscar solucións, e propuñamos os indultos e a reforma do delito de sedición. Entón estabamos moi sós, pero PSOE e ERC fóronse movendo e creo que avanzamos moito. —Que significa que se foron movendo?O PSOE ameazaba con volver aplicar o 155 e dicía que metería a Puigdemont en prisión, que o que ocorría en Catalunya non era un problema político, senón de convivencia e orde pública, e evidentemente estaba en contra dos indultos. Cousa na que coincidía con Esquerra, por razóns moi distintas. Esquerra dicía que eran inaceptábeis, que non se podían admitir. Pero, co tempo, esas ideas que nós suxeriamos fóronse abrindo paso. Houberon os indultos e agora sacouse a sedición do Código Penal. —E que cómpre facer agora?Moitas cousas! É necesario abordar o conflito político, o de fondo, que ten a ver coa ruptura do pacto territorial da transición, cando se anulou o Estatut aprobado no Parlament de Catalunya, no Congreso español e polo pobo. Hoxe, Catalunya é o único territorio do Estado que funciona cun estatuto contra a vontade do pobo e é desa anomalía —non só, pero en boa parte— que emerxe o debate pola independencia, iso non debería esquecelo ninguén. Agora estamos na desxudicialización do conflito, pero o conflito de fondo segue vixente. Da sedición á \"desorde pública agravada\": as chaves da reforma penal —E na desxudicialización, cal é o seguinte paso?Cómpre abrir o debate sobre a malversación. —Está sobre a mesa?Non. Pero é un lexítimo debate a propor. Non podemos esquecer que o delito de malversación actual é tamén unha anomalía. Provén dunha modificación feita no 2015 polo PP, tras o 9-N e pensada pola experiencia da persecución do presidente Artur Mas, a quen só puideron condenar por desobediencia. O delito de malversación actual ten unha redacción moi deficiente e, por exemplo, non é o mesmo, de ningún modo, que haxa ou non afán de lucro. —Que pensa da polémica orixinada pola vinculación da desaparición do delito de sedición e a modificación do de desordes públicas agravadas?Podería derrogarse o delito de sedición de forma máis limpa, como se fixo no caso da insubmisión. Preferiría derrogar a sedición, simplemente. E deixar o resto da reforma para máis adiante. Pero as negociacións políticas levaron a facelo dese modo. —Pero vostede, con Patxi López en representación do PSOE, entregou a proposta no Congreso español…Fai política segundo a forza que teñas. O PSOE sempre vai cara á dereita, pero por sorte non puido pactar o goberno con Ciudadanos e viuse obrigado a pactar connosco. Grazas a isto chegamos até aquí, pero é evidente que cunhas correlacións de forzas máis favorábeis ás esquerdas poderiamos ir máis lonxe. —Era necesaria esta vinculación?Quizais derrogando a sedición abondaría para aforrarmos todas as polémicas, pero esta reforma integral homológanos en Europa e é un avance democrático. Non enganarei ninguén: hai sombras. Pero o resultado é moi positivo. —E entre estas sombras que comenta, cal lle preocupa máis?Que se manteña un tipo penal de delito de desordes públicas atenuadas que persegue a ocupación de espazos ou locais no contexto dunha protesta. Isto lexislouse por mor do 15-M e para coartar as ocupacións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Sempre defendín que ese delito debería derrogarse ou incluír o requisito de que haxa danos persoais ou materiais. O Congreso español terá a última palabra na derrogación do delito de sedición —Hai quen considera que con ese delito na man agora podería perseguirse a ocupación das escolas durante o Primeiro de Outubro.Hai que ter coidado co que se di, porque, se non, acabaremos metendo o medo no corpo á xente e desmobilizando baseándonos en opinións pouco fundamentadas. —Que quere dicir?Que ese delito xa existía antes e ese suposto non é real. Nin agora nin entón podía perseguirse a ocupación pacífica das escolas, tal e como ocorreu no 2017, entre máis motivos porque non se perturbou ningunha actividade; lembre que era unha fin de semana e, por tanto, estaban baleiras, non había clases. —Que queren dicir vostedes cando falan de que non convén asustar á xente?Iso mesmo. A xente debe protestar, ten o dereito de protesta, debe saír á rúa para protestar e se nós mesmos magnificamos as consecuencias que tería manifestarse non facemos ningún favor a ninguén, ten un efecto disuasorio. Hai que tranquilizar á xente e lembrarlle que a protesta é un dereito fundamental que debe exercerse para fortalecer a democracia. —Si, pero despois veñen os xuíces e retorcen os conceptos e condenan de acordo con interpretacións do que o lexislador pensaba.É un risco real que non pode obviarse, nin agora nin nunca. Pero por iso mesmo creo que quen é en política ten unha responsabilidade especial de axustarse ao que di a lei á hora de opinar. O debate público, sobre todo no Congreso, é unha fonte de interpretación que os xuíces poden utilizar para determinar que di a lei, a vontade dos deputados que a fixeron, e por iso é moi importante non dicir o que algúns xuíces seguramente quererían entender, pero que non está na lei, porque logo poden utilizalo en contra. Unha sentenza que \"ameaza\" as liberdades civís en todo o Estado —Pero é un risco moi real. Ocorreu.Si. Durante o xuízo contra o proceso o tribunal suplantou ao lexislador e claramente se extralimitou. É evidente que o risco está aí. Por iso é tan importante facer o relato correcto do que estes cambios significan. O PP agora di que a reforma feita corrixe ao tribunal, pero ocorreu xusto o contrario. O Supremo corrixiu ao lexislador, que é a quen corresponde dicir que é delito e que non. Foi contra a separación de poderes. En España hai moitos xuíces que son políticos frustrados, polo que era importante que o lexislador volvese falar. —Derrogouse a sedición ou substituíuse polo novo delito de desordes públicas agravadas?A sedición non ten sucesión. Isto é clarísimo. Se se quería facer unha sucesión, debería porse na exposición de motivos da lei. Simplemente, non é verdade que a sedición teña continuidade cun nome diferente, como oín dicir a xente do PSOE ou de Junts. Son galaxias distintas. Para que che apliquen desordes públicas fai falta violencia ou intimidación, e o 1-O non a houbo; en cambio, para a sedición non é necesario, segundo o Supremo. A sedición é emparentada coa rebelión, e o novo delito de desordes públicas substitúe á anterior, non á sedición. Ora ben, volverei dicilo: isto non quere dicir que algún xuíz non tente retorcer os conceptos. Pero vai telo moi difícil. —Ao final, se mo permite, as interpretacións van cara a unha soa cuestión: se os feitos de outubro de 2017 foron ou non delito.Non o foron. —Non todo o mundo no Goberno español di isto mesmo.Sobre outubro de 2017 hai tres grandes relatos. Un di que foi unha especie de golpe de Estado. Outro di que aquilo foi o referendo vinculante que leva á independencia. Nós sempre dixemos que non o era, pero que era necesario protexer o exercicio dos dereitos fundamentais que se fixo o Primeiro de Outubro por parte da cidadanía. O ocorrido non era sedición nin era delito algún. Quen delinquiu ese día foi a policía. —O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, dixo este mesmo sábado que si que había delitos e que o president Puigdemont tería que pagalos, entre outras perlas.Iso é non entender que son as euroordes. A pesar da ausencia de probas, a Fiscalía reafirma o cargo de rebelión: \"Foi un golpe de Estado\" —En que sentido?Se Alemaña non extraditou o president Puigdemont foi porque considerou que os feitos non eran delituosos, como explica Gonzalo Boye. Bélxica rexeitou as extradicións ao considerar que o tribunal que a pide non é competente. Isto non cambia agora. —Pero entende que haxa xente preocupada e que se mire con prevención este acordo.Entendo que cambios como estes orixinen incerteza e críticas. Pero a nova lexislación equipárase aos demais países europeos e, por tanto, é máis exixente coas autoridades e menos punitiva. Por exemplo, antes perseguíanse os disturbios feitos por unha soa persoa, era un agravante ir coa cara tapada e perseguíase incitar ás desordes con consignas e mensaxes. Creo que a prevención é polo tratamento do agravante das desordes dunha multitude, pero é que antes era peor. Antes, as penas eran máis altas e só era necesario que os disturbios fosen durante unha manifestación para que che aplicasen un agravante. Algo que era unha barbaridade, porque a maior parte de altercados son durante unha manifestación. Outra cousa é como actúan a policía ou os xuíces. Se te acusan de botar unha pedra e es inocente, iso non o salva ningunha lei. —Xa veremos co tempo…Se hai violencia na rúa, todos os países teñen códigos penais que a perseguen. Esta reforma de agora non é a panacea, pero insisto en que é perigoso, para a protesta, dicir cousas que non son e que poden asustar aos manifestantes. Ningunha acción pacífica está en risco con esta reforma. —Pensan que haberá supostos nos que se poderá utilizar esta reforma para perseguir a desobediencia civil?Non. A desobediencia civil non é violenta. Así de sinxelo. —Finalmente, existe unha certa competición por quen pon a medalla desta reforma. Unidas Podemos? Esquerda Republicana?Cara a Esquerra Republicana só teño palabras de agradecemento. Eles presionaron desde fóra e nós desde dentro. Estoulles agradecido."}
{"ID": "NOS_13920", "summary": "A xornada 'Fóra de plano. As mulleres no audiovisual' reflexionou hoxe sobre a presenza feminina no sector da man de profesionais galegas. Tamén se presentaron os Premios Mulleres no Foco, colaboración da Deputación de Pontevedra e CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais).", "text": "\"Falta a ollada da metade do mundo\", dixo Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, na inauguración da xornada Fóra de plano. As mulleres no audiovisual. O faladoiro reuniu esta quinta feira na sede da institución unha serie de profesionais para debater sobre a tópica á que fai referencia o título, dentro da Escola de Igualdade María Vinyals, abrindo unha colaboración con CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais) que se materializará tamén nos Premios Mulleres no Foco, tres galardóns que contarán con contía económica. \"Normalmente en época de crise as que caen primeiro son as mulleres\", advertiu Cristina Andreu Cristina Andreu, presidenta de CIMA, interveu telematicamente en representación dunha asociación que compón máis de 600 mulleres en todo o Estado. \"Normalmente en época de crise as que caen primeiro son as mulleres\", advertiu, declarando o obxectivo de que en 2025 se alcancen cotas de 50% na dirección de filmes. Destacou, aliás desta entrada en \"contar\" os contidos, outra liña de acción da entidade: que todas as traballadoras do sector teñan as mesmas condicións que os homes. \"Se non hai igualdade de condicións, como se vai primar o talento?\", dixo, en referencia á invisibilidade das profesionais e en defensa de medidas de discriminación positiva. Profesións por xénero As reclamacións non veñen do ar. Chelo Loureiro, vogal de CIMA e representante na Galiza, presentou os datos dun estudo sobre a representatividade das mulleres na longametraxe, desenvolvido pola socióloga Sara Cuenca. O documento constata a existencia de profesións moi feminizadas, como deseño de vestiario (80-100% dos cargos son mulleres) e peiteado e maquillaxe (60-80%). Nos eidos da dirección de arte e a dirección de produción dáse a cifra máis compensada: 40-60%. Esta baixa en ámbitos como a produción (30%), a montaxe (30%) e o guión (23%), chegando aos niveis máis críticos na dirección (19%), os efectos especiais (16%), a composición musical (12%), o son (11%) e a dirección de fotografía (10%). Noemí Chantada, vicepresidenta de CREA, ilustra estes datos coa súa experiencia persoal. Antes de dirixir, foi durante moitos anos operadora de cámara e enfrontou con frecuencia a falta de confianza nas súas capacidade físicas ante o peso dos equipamentos. Elas fan filmes máis baratos \"Onde se moven máis cartos, as mulleres desaparecen\", expresou Loureiro. Os proxectos nas súas mans reciben a metade do orzamento medio dunha longametraxe no Estado, fixado en 2.400.000 euros. Ligada aos orzamentos máis modestos, hai unha menor presenza feminina á fronte de ficcións. \"Onde se moven máis cartos, as mulleres desaparecen\", expresou Loureiro Pola contra, \"onde o cinema apenas ten incidencia, adoita haber moitas mulleres\", engade Loureiro. Na Galiza detéctase un alto número de produtoras, se ben un informe como o de CIMA non é posíbel por falta de acceso aos datos, para o que piden o apoio das administracións. O que pode dar unha idea do panorama é o acceso a axudas e premios. As últimas subvencións leváronas maioritariamente produtoras mulleres (60%), cun importe de 75% do total repartido. Aínda que conseguen levar máis cartos que eles, as películas de maior orzamento están en mans de homes. Así, dos 2.500.000 euros que reparten as axudas públicas, só 978.000 se destinan a filmes dirixidos por mulleres na Galiza, 39% do total cando elas reciben a metade das subvencións. \"Podo autoproducilas porque son historias pequenas\", asegura nesta liña Chantada. \"É importante gañar plano, pero tanto como gañar foco. Como se nos ve?\", pregúntase Camaño Menos presuposto implica tamén menor visibilidade. Aínda así, chégase a unha procentaxe de 21% de recoñecementos públicos para mulleres, conta Loureiro. Dentro destes, as categorías denotan disparidades: 77% galardoan actrices, cousa que non ocorre nos homes (18%). \"O que máis se premia neles é guión, dirección... Nas mulleres, porén, é a presenza máis ostensíbel\", explica. A intérprete Mónica Camaño, tamén participante, alucina co dato (e non por descoñecemento) da actriz como referencia do sector, cando \"ao mellor é a máis precaria de todas, pero ten a visibilidade. O corpo é ferramenta fundamental\". No seu caso, a idade é fonte de discriminación, en contraste co que acontece cos seus compañeiros: \"A partir dos 40 volvinme invisíbel\", asegura, desde aquela apenas traballou en series. Pois como dixo Susan Sontag, cita: \"eles maduran, nós avellentamos\". Tamén 'gañar foco' A representante de CIMA na Galiza admite que se cadra hai \"máis mulleres nas historias, pero con menos diálogo e personaxes moi estereotipadas\", entre as que destaca amas de casa e prostitución. \"É importante gañar plano, pero tanto como gañar foco. Como se nos ve?\", pregúntase Camaño, lembrando ao tempo que o audiovisual é un \"mecanismo de transmisión ideolóxica por excelencia\". Beli Martínez, que alén de produtora é docente, destacou neste senso a importancia da educación e os referentes para \"romper a visión androcentrista\". Un obxectivo para o que cómpre pensar aliás \"noutras minorías\", e non ficar só na \"muller de clase media branca\". Nesta dimensión, Loureiro apuntou que CIMA traballará o ano que vén especialmente co rol das mulleres nas producións para público infantil."}
{"ID": "PRAZA_12781", "summary": "O parlamentario autonómico, Pablo López Vidal, presentou este xoves a súa candidatura á secretaría xeral do PSdeG ourensán. López Vidal, instrumento do alcalde de Ourense, non dubidou en proclamarse sucesor do movemento liderado por Elena Espinosa que disputou en marzo a secretaría xeral ao político do Carballiño.", "text": "A dirección socialista galega encabezada por Pachi Vázquez volve a enfrontarse a un novo desafío. O parlamentario autonómico, Pablo López Vidal, presentou este xoves a súa candidatura á secretaría xeral do PSdG ourensán. López Vidal, instrumento do alcalde de Ourense, non dubidou en proclamarse sucesor do movemento liderado por Elena Espinosa que disputou en marzo a secretaría xeral ao político do Carballiño. Pachi Vázquez coñeceu a decisión de López Vidal o pasado mércores e, segundo puido saber Praza, non lle fixo ningún reproche. Á presentación da candidatura acudiron militantes e algúns dos concelleiros da cidade de Ourense que apoiaron a Espinosa, aínda que non asistiu o rexedor por estar nunha comida. Tamén faltaron catro concelleiros da capital que xa se enfrontaron ao alcalde no congreso galego. A pesar de que os comentarios en privado suxerían que esperaban a inevitable derrota, o candidato López Vidal explicou que \"o partido estaba vivindo un momento de encefalograma plano e non está presente na rúa\" A presentación moi coidada e con representación dos distintos estratos da militancia non logrou espertar con todo a emoción dos asistentes, que non dubidaron en sinalar que \"este movemento facémolo porque non temos nada que perder\". A pesar de que os comentarios en privado suxerían que esperaban a inevitable derrota, o candidato López Vidal explicou que \"o partido estaba vivindo un momento de encefalograma plano e non está presente na rúa\". O deputado autonómico recolleu os adxectivos empregados por Elena Espinosa no discurso de Compostela e falou de \"falta de ambición, discurso de resistencia mentres o PP está a desmantelar os servizos públicos\". Na sede socialista non abundaron os alcaldes que a formación política ten na provincia de Ourense, salvo o de Parada do Sil e o de Entrimo, nin deputados autonómicos, nin a deputada nas Cortes, nin o senador, Miguel Fidalgo A pesar de criticar a falta de implantación territorial, na sede socialista non abundaron os alcaldes que a formación política ten na provincia de Ourense, salvo o de Parada do Sil e o de Entrimo, nin deputados autonómicos, nin a deputada nas Cortes, nin o senador, Miguel Fidalgo. Como veu ocorrendo na fase previa do congreso galego acudiron ás frases tópicas sobre a necesidade de ideas a pesar de que os argumentos solapaban unha crítica feroz á actual Comisión Executiva Nacional. Porén López Vidal evitou criticar a Vázquez publicamente aínda que lle reprochou que \"debería terse en conta que o congreso gañouse por só 30 votos\". Pola contra a dirección provincial prepara un congreso de reafirmación en torno a Pachi Vázquez e un documento político para o debate cheo de referencias á situación actual da provincia. Os socialistas ourensáns escolleron o lema Sabemos Gobernar. Segundo puido saber Praza Pública, o equipo de redactores traballou coa idea de que o PSdeG-PSOE está cada vez máis cerca do poder autonómico. O equipo de redactores traballou coa idea de que o PSdeG-PSOE está cada vez máis cerca do poder autonómico As propostas están formuladas en positivo e recóllense ideas do socialismo clásico como a defensa da sanidade e a educación públicas ou o sistema do benestar. A ponencia socialista recolle unha reivindicación expresa da lingua e a cultura galega e insta aos cargos socialistas a evitar que a identidade cultural e política de Galicia sexa monopolizada por outras formacións políticas."}
{"ID": "NOS_5811", "summary": "A Xunta abriu as cancelas do monte de Corcoesto ao capital estranxeiro para unha explotación de ouro a ceo aberto. Os argumentos da empresa repítense en todos os proxectos mineiros que ameazan Galiza.", "text": "Na declaración de impacto ambiental que autoriza a mina en Corcoesto, a consellaría de Medio Ambiente asume como propios os argumentos da empresa, Edgawater, após cualificar o seu proxecto como \"de interese estratéxico\", simplificando a tramitación de permisos e outorgándolle prioridade. Non é o único exemplo onde a bota do capital estranxeiro se abre paso nos nosos montes na procura da riqueza mineral que hai soterrada. Máis de 400 hectáreas agrarias nas parroquias de San Pedro, Laroá, Fiestras, Rebordechá, Paredes, Moreiras, Faramontaos e Seoane, no concello ourensán de Xinzo da Limia, fican ameazadas por máis un proxecto mineiro a ceo aberto, desta volta para a extracción de feldespato. Segundo vén de alertar o Sindicato Labrego (SLG), as terras son \"das máis fértiles da bisbarra\" e as familias que nelas traballan \"teñen feito investimentos millonarios para facer posíbel unhas producións agrarias que esixen un alto grao de mecanización\". A central agrogandeira calcula que os postos de traballo que se crearán co proxecto de Minecer S.L serán \"ás penas unha ducia\", namentres se pon en perigo un potencial produtivo de 18 millóns de quilos anuais de pataca. Perante o desleixo da Xunta, a veciñanza organizada nunha Plataforma será tamén desta volta a que trate de lle parar os pés á empresa. A febre do ouro sobe e o que nos contan son sempre verdades a medias. A minaría crea emprego A empresa canadense Edgewater ten previsto, efectivamente, dar traballo a 271 persoas en Corcoesto, nin un máis que os que exixe a normativa para falar de actividade estratéxica e acelerar os prazos na obtención de permisos. Porén, nada disto significa que se vaian crear os postos, nin que se vaian manter, nin que se vaia contratar man de obra local. Segundo contempla o proxecto presentado na Xunta, a cambio de arrasar a superficie equivalente a máis de 700 campos de fútbol, a empresa promete que durante oito anos empregarán unha persoa para administración, cinco para almacén e tres para limpeza. Outros 133 obreiros —a minaría rara vez emprega mulleres— estarán sub-contratados, e o resto do persoal será especializado e virá 'de serie'. Cómpre dicir que non hai garantía ningunha de que os poucos empregos que quedan para @s veciñ@s sexan para oito anos. Máis ben ao contrario: o habitual nestes casos é que polo mesmo posto pasen moitas persoas. Con todo, o canto de serea da creación de emprego entoouno tamén a Xunta. No pleno desta semana no Parlamento galego, Feijóo instou os grupos de BNG e AGE a apoiaren a mina de Corcoesto para pórlle freo ao paro que afecta a máis de 270 mil traballador@s na Galiza. A minaría fortalece os lazos sociais Fronte ao argumento empresarial, a realidade é que son xustamente eses lazos o primeiro que destrúen. Montes comunais de parroquias ou aldeas pequenas son un caramelo para estas empresas, que aterran moitas veces en lugares onde xa houbo no pasado unha explotación mineira que si empregaba xentes do lugar —e, cando mesmo, hai un clima favorábel a estas actividades. Como se abre unha fenda na comunidade? Xogando cos prezos das sondaxes que a empresa practica nos terreos que serán explotados para comprobar a existencia de minerais. En Corcoesto —Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso— buscan ouro; en Presqueiras —Forcarei— andan á procura de estaño, tántalo, niobio e litio; da Serra do Galiñeiro —Mos e O Porriño— queren itrio, escandio e minerais do grupo dos lantánidos, terras raras; en Laroá —Xinzo da Limia— ameazan terreos agrícolas para lles arrincar o feldespato. As cantidades que se pagan polas sondaxes varían dun proxecto a outro e dunha casa a outra, dependendo da habilidade para negociar que teña cada afectad@, fomentando a desconfianza entre @s veciñ@s. O impacto ambiental da actividade mineira é mínimo Cunha partida de 800 mil euros a Xunta de Galiza financiará o 80% das prospeccións practicadas por empresas mineiras \"sen ánimo de lucro\". A maioría dos proxectos mineiros que se citaron, e a maioría dos que hoxe procuran riqueza nos montes do país, escollen o ceo aberto como maneira de explotar esa riqueza, a pesar de que con galerías subterráneas a actividade sería máis lenta —duraría logo máis tempo—, requiriría máis man de obra non especializada —implicaría logo máis postos de emprego locais— e a débeda social e ambiental sería moito menor. Para alén do anterior, en Corcoesto empregarán a metodoloxía máis barata, o cianuro, para arrincarlle o ouro ás pedras; e o dióxido de xofre para eliminar os restos de cianuro, segundo a propia empresa lle explicou á veciñanza. O dióxido de xofre reacciona coa auga da atmosfera para producir a chuvia ácida. Porén, Medio Ambiente non contemplou ningunha destas cuestións á hora de conceder a DIA —declaración de impacto ambiental—, aínda tendo riba da mesa un informe do CSIC e da U-Vigo que demostraba que a vella mina fincada neste lugar duplicou os niveis de arsénico no río Anllóns sen ser a ceo aberto nin empregar cianuro. Unhas galerías subterráneas, antigas e cativas deitan 850 quilos de arsénico ao ano nestas augas, que fan parte da Rede Natura. A explotación proxectada será ao aire libre e ocupará 770 hectáreas. A empresa mineira asumiría os danos derivados de calquera accidente que puidese producirse A Plataforma en defensa de Corcoesto e entidades ecoloxistas como Verdegaia, Adega e a Sociedade galega de historia natural, levan tempo desmentindo esta cuestión, e válense dun exemplo acontecido non hai tanto, en 1998, no lugar de Aznalcóllar, en Sevilla, Andalucía. Unha balsa de residuos de metais pesados moi contaminantes procedentes da mina que explotaba a compañía sueca Boliden, partiu por dous dos seus lados e liberou o contido no río Agrio, que baña o parque natural de Doñana e desemboca no Guadalquivir. A empresa non asumiu nin o 1% dos danos, aínda cando o Tribunal Supremo a obrigou, en 2004, a pagar 45 millóns en concepto de indemnización polos danos causados, que Boliden cualificou de \"factor externo\" e recalcou que non pagará nada. A Xunta concedeu a declaración de impacto a Edgewater sen que esta se comprometese a asumir toda a responsabilidade perante a posibilidade de que un desastre ecolóxico como o acontecido en Aznalcóllar se producise na Galiza. A minaría frea o despoboamento A análise dos datos demográficos oficiais di xustamente o contrario: o grao de despoboamento de localidades de Asturies que noutrora se dedicaron á actividade mineira é maior que o rexistrado en calquera concello da Costa da Morte. As vivendas construídas a carón da mina perden valor patrimonial, e as formas de vida que se destruíron non se volven recuperar. A literatura económica refírese a estes lugares como 'localidades pantasma'."}
{"ID": "NOS_56118", "summary": "O pasado mes de outubro fixéronse 90 anos dunha semana fatídica para o capitalismo, con epicentro nos Estados Unidos de América, á que se chegou tras varios anos de falsa prosperidade sustentada na especulación e na facilidade de acceso ao crédito.", "text": "Hai 90 anos o capitalismo viviu a súa primeira gran crise. O coñecido como Crash do 29 sacudiu os alicerces da economía moderna e obrigou a mudar o xeito no que se estaban a facer as cousas. Por primeira vez, os Gobernos víronse na obriga de intervir para mitigar os fortísimos impactos que o libre albedrío provocou no mercado de traballo e no tecido financeiro e empresarial. Antes de que se falase do Black Friday, ese día no que as marcas e os grandes bazares de internet baixan os seus prezos para fomentar un consumo desmedido en poucas horas, houbo dous días negros na historia, e ambos teñen relación co Crash do 29. O primeiro foi o 24 de outubro de 1929, coñecido como Xoves Negro, e o segundo, o 29 dese mesmo mes, o Martes Negro. Tres factores están detrás desta primeira gran crise do capitalismo. En primeiro lugar, a superprodución agrícola, que levou a unha baixada considerábel das rendas agrarias como consecuencia do exceso de oferta e baixada dos prezos dos produtos do agro. Despois, a borracheira crediticia e o subconsumo industrial. A xente acostumouse a pedir préstamos para case todo. E por último e máis importante, a tremenda especulación na bolsa neoiorquina de Wall Street. Os anos previos ao crack foron tempos de falsa prosperidade. A burbulla comezou a crecer hai agora un século. En 1919, os Estados Unidos de América (EUA) emerxían como potencia mundial tras a Primeira Guerra Mundial. Para financiar a súa participación na contenda, o Goberno emitiu os chamados 'Bonos Liberdade', un produto moi rendíbel ao que despois seguirían os primeiros bonos corporativos emitidos polo National City Bank. A xente de a pé comezou a interesarse por estes produtos, ao que tamén axudou que a recente creada Reserva Federal (o banco central estadounidense) mantiña unha política de tipos baixos, que sería detonante tamén da burbulla inflacionista e a posterior borracheira bursátil. O crédito creceu sen medida, ao igual que o interese das persoas polas operacións bursátiles tras a apertura da Bolsa a calquera que puidese adquirir valores. A situación complicouse coa prolifereación de axencias de corretaxe que permitían a venda de accións a crédito e apalancamentos de 1 a 10, é dicir, dez veces superiores ao capital real. Isto provocou, á parte dun exceso de demanda, que dous terzos das accións fosen mercadas con cartos prestados. O inicio da Gran Depresión Todo comezou a mudar a quinta 23 de outubro, cando o mercado de valores mudou de tendencia e comezou a caer con forza. O medo apoderouse da xente ao ver que os títulos perdían 7% do seu valor e se ofertaban paquetes de accións por un terzo do seu valor. Os bancos tiveron que actuar e meteron grandes sumas de diñeiro en compañías estratéxicas. Lograron retrasar a catástrofe uns días. A terza a situación non tivo volta atrás. O batacazo da Bolsa nesa xornada levou á ruína bancos e investidoras de todas as clases por non poder liquidar as débedas. John Kenneth Galbraith, autor do libro O Crack do 29 afirmaba que o factor máis singular da crise foi que \"o peor empeoraba continuamente. O que un día semellaba a fin da crise, demostrábase ao seguinte que só fora o comezo\". E así foi. A Gran Depresión durou até ben entrados os anos 30 do século pasado. Hoover, o presidente americano naqueles anos, adoptou unha serie de medidas moi cuestionadas, como o rescate de bancos, firmas ferroviarias e mesmo Estados, amparándose na tese de que o sistema capitalista reequilíbrase automaticamente. O problema de primar o capital económico sobre o produtivo deixou moitas familias en situación de pobreza extrema. Multiplicábase o número de persoas sen fogar, crecía a delincuencia e proliferaban doenzas de toda clase. As protestas eran continuas e levaron incluso a que o Goberno empregase o exército para conter as manifestantes. O New Deal A solución veu da man do presidente Roosevelt, que puxo en marcha á súa chegada o coñecido como New Deal, un programa que contemplaba medidas como a intervención estatal na economía, axudas ás entidades financeiras, proteccionismo arancelario e impulso das obras públicas. Hoxe, case un século despois, a situación mudou, pero algunhas das políticas monetarias e financeiras que levaron entón ao desastre seguen vixentes. Na saída da última gran crise, a de 2008, que tamén tivo a súa orixe nunha burbulla financeira, os Gobernos deron prioridade ao rescate do sistema financeiro antes que o das persoas. Agora, unha política de tipos baixos trata de manter latexando unha economía que empeza a dar signos de fatiga. Volve o proteccionismo e a guerra arancelaria instigada por Donald Trump, un empresario que dirixe os designios dos Estados Unidos de América. O endebedamento dos Gobernos e das corporacións, que tratan de salvar as súas contas con inxeccións de diñeiro, e o parón do consumo, tanto interno como externo, ameazan con traer de novo a inestabilidade económica e pode que unha nova crise, a segunda do actual século, innerente ao propio sistema capitalista."}
{"ID": "NOS_48988", "summary": "Non é habitual na literatura galega que unha poeta reedite as súas obras. Ainda menos que o faga por xunto nun volume. E, porén, este é o caso de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), que en Mudanzas e outros velenos (Galaxia, 2017) reúne tres libros fundamentais na súa traxectoria.", "text": "Catálogo de velenos -orixinal de 1999, premio Esquío-, Abecedario das árbores (2006) e Mudanzas (2007, premio Caixanova) conforman a entrega de Aleixandre, que leva prólogo da poeta Antía Otero. \"Sen dúbida na traxectoria de Marilar hai unha constante que se repite: a curiosidade por xuntar e ordenar as palabras descarreiradas que gabean polas marxes das follas\", escribe Otero. Atravesados por unha forte conciencia feminista e de pescuda nas zonas negadas da historia, os seus poemas rescriben mitos e narracións, entenden o mundo como tecido por relatos e nel interveñen destemidos. Mudanzas, por caso, subverte as Metamorfoses de Ovidio: \"non traduzo, traizóo / mais talvez sexa a traizón ás túas palabras / a única forma de serche fiel\". Eis unha poética posíbel para Aleixandre. A poeta, prolífica autora de literatura infantil e xuvenil e tamén novelista recoñecida, participou no Batallón Literario da Costa da Morte e mais e Letras de Cal, dous fitos sen os que non se explica a xeración dos 90. En 2016 publicou o seu último libro de poemas, Desescribindo (Apiario, 2016), de alto contido político e coa memoria insurxente como un dos fío centrais. Antía Otero conclúe a súa introdución cunha mención ao discurso que Aleixandre pronunciou no seu ingreso na Real Academia Galega hai agora un ano: \"Prefiro o abruñeiro, unha árbore rebelde e insubmisa, apropiada para as mulleres que saben apañar flores mais tamén, como Rosalía, utilizar as espiñas do pensamento crítico\"."}
{"ID": "PRAZA_5604", "summary": "Algo debe de ir mal nunha sociedade que ten como xornal máis lido o Marca, como revista máis lida, o Hola!, e como programa líder de audiencia nas tardes, Sálvame. Algo debe de ir mal cando aos presidentes do que sexa se lles imputa e se lles recibe con aplausos á entrada e saída do xulgado. Algo debe de ir mal cando aos futbolistas se lles investiga, multimillonarios, por evadir impostos e non reciben a repudia social.", "text": "Algo debe de ir mal nunha sociedade cando un dos libros máis vendidos do ano pasado foi Ambiciones y reflexiones Algo debe de ir mal nunha sociedade cando un dos libros máis vendidos do ano pasado foi Ambiciones y reflexiones (máis de 100.000 exemplares nas primeiras tres semanas; imaxen cantos escritores galegos xuntos temos que unirnos para chegar a ese nivelazo literario). Dende logo que non serei eu quen discuta os méritos literarios da miña colega escritora (un bico para Andreíta, por certo). Estou certo de que está cheo de autoridade literaria, un estilo prodixioso e xiros argumentais sorprendentes. O que se busca nun bo libro, vaia. Seguro que si. Ben pola colega Esteban. Espero de corazón que o ano que vén lle dean o Cervantes ou, cando menos, algún galardón relacionado coa Promoción da Lectura. Meréceo, dende logo, moito máis ca min. E digo en serio. A min non me leu toda esa xente a pesar de que xa publiquei 20 libros, levo un cuarto de século facendo isto, e gañei algún que outro premio. Así pois, só podo constatar a miña inferioridade na xusta literaria. Se alguén merece a celebridade, o asedio dos fans, as ringleiras interminables nas feiras do libro para conseguir as sinaturas, participar en sesudos parladoiros televisivos, é ela. Eu non. Eu son, vistas as vendas, un burricán xuntaletras. Algo debe de ir mal nunha sociedade que no Twitter, en plena campaña electoral, fai que sexa Trending Topic varias veces ao día o rollete hortera de Eurovisión Si, algo debe de ir mal nunha sociedade que no Twitter, en plena campaña electoral, fai que sexa Trending Topic varias veces ao día o rollete hortera de Eurovisión e as posibilidades españolas (flipante: quen se presenta non é España, é TVE!!!; non será iso nacionalismo centralista madrileño tomar a parte polo todo???), e non a campaña para as europeas e as posibilidades españolas (agora si ben usada a palabra) no europarlamento. Que dicir xa das posibilidades galegas....iso non é un tema. Algo debe de ir mal cando aos presidentes do que sexa se lles imputa e se lles recibe con aplausos á entrada e saída do xulgado Algo debe de ir mal, si, nunha sociedade que ten como xornal máis lido o Marca, como revista máis lida, o Hola!, e como programa líder de audiencia nas tardes, Sálvame. Algo debe de ir mal cando aos presidentes do que sexa se lles imputa e se lles recibe con aplausos á entrada e saída do xulgado. Algo debe de ir mal cando aos futbolistas se lles investiga, multimillonarios, por evadir impostos e non reciben a repudia social. Algo debe de ir mal cando en certo concello do sur de Galicia se lle dá máis importancia, cando menos nos xestos do alcalde, á sorte do Celta (ou aos avións e outros asuntos que non preocupan case que a ninguén) que aos asuntos sociais e ás necesidades reais das persoas. Remato: Belén Esteban europarlamentaria xa. Pero xa."}
{"ID": "NOS_7", "summary": "Rabia ao silencio é o título do novo disco de María Xosé Silvar, Sés (A Coruña, 1982). Conversamos con ela sobre o seu sexto traballo de estudo, unha homenaxe á canción de autora revolucionaria. Podes ler un extracto da entrevista publicada no número 341 de Sermos Galiza.", "text": "Por que un disco de versións? Non é un disco de versións. Eu digo que é un disco de versións e non meu porque para considerar un disco meu ten que ser da miña autoría. Pero na realidade a maioría das persoas que fan música, sobre todo as intérpretes, non son autoras dos seus discos e, porén, non lles chaman discos de versións. Buika leva catro discos cantando clásicos e non lles chama discos de versións. Creo que Rabia ao silencio non é un disco de versións. Pero si, non son cancións miñas. Tampouco é importante iso. Non obedece a nada musical, pero é que en min nunca nada obedece a algo musical. É unha homenaxe, saldar unha débeda con esa xente que me ensinou a pensar e a ser libre e a ser valente. Tamén serve para facer certa árbore xenealóxica de Sés. Pero escolle música de intervención, cando nos seus discos digamos orixinais hai tamén rock, blues, corridos, ska... A canción testemuñal, a canción de autora, está sempre ligada a unha determinada estética. Pero iso é real. É como se só lle concedeses a autoría a unha persoa que prescinde da sección rítmica. Eu basicamente sempre digo que escoito folclore, músicas folk. O blues é folclore tamén, o rock & roll da Creedence era folk tamén... É popular, tan popular como Luar na Lubre. A Creedence é tan popular como Ketama. Non inventaron ningún ciclo harmónico nin rítmico. Teñen 300 cancións gravadas exactamente co mesmo, como John Lee Hooker ou Robert Johnson. O que sorprende de Rabia ao silencio non é culpa miña, senón das categorizacións creadas por unha industria á que pertenzo pero que non me inflúe á hora de facer. O que aprendín deles é que se queres podes facer o que queres. O \"estamos condenadas a ser libres\" de Sartre. Por que o fixen? Basicamente porque non podía sacar outro disco porque me dixeran: \"É que sacas moitos discos, para de sacar discos\". Ademais, a min Viglietti presentoumo Jara. A Parra presentouma Sosa. A Atahualpa presentoumo Cafrune. Eu tamén lle podo presentar alguén ás rapazas de 15 anos que non van escoitar un disco antigo. Daquela, é unha forma de pagar o que se me deu a min. Son máis romántica do que parece. As cancións están espidas: voz, guitarra, acordeón, algunha frauta. Como toma esa decisión? Non precisaba máis. Moitas veces preguntan por que. E por que non? Se non lles fai falta máis, non fago falta nin eu, que canto porque alguén ten que cantar. O importante é a canción. Pero se fas un rock & roll necesitas unha batería. Tela na túa cabeza pero a xente non. Aquí non se necesitaba máis, creo que están moi ben resoltas, integradas esteticamente no conxunto instrumental e na lingua. Dábame pavor unha onda ortopédica. Por iso tampouco acudín a hits, que son máis asequíbeis e carece de sentido que eu os achegue. A maiores, algúns temas non os atopaban na discográfica, non estaban nin rexistrados. Son descoñecidos, aínda que a xente diga que os coñece. O caderno do disco contén unha pequena contextualización de cada tema. Aí vese a vontade é pedagóxica. A maioría dos orixinais son dos anos 60 e 70. Na actualidade bota en falta música de contido político? A min gústame moito o que lle chamaban en América Latina canción testemuñal. Porque é un termo imparcial, non alude a unha necesaria modificación ou chamada, senón ao seu carácter de crónica. Boto en falta, si. O carácter individualista do sistema actual vese na produción artística en xeral. O que máis triunfou foi a idea de que ti fas canción política e Maluma non. Ti fas canción política e Shakira non. Que se pode facer canción sen ser política. Que se pode ser un ser humano non político. Esta é chave do triunfo. A desideoloxización vén da falacia da música aséptica ou neutral. [Podes ler a entrevista íntegra no número 341 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_56792", "summary": "Beijing cualifica de \"infundadas\" as acusacións de Washington de sabotar e hackear sistemas informáticos de EUA. Hai quen fala xa da primeira ciberguerra fría. Obama dotouse de \"poderes especiais\" mediante un decreto para facer fronte os ciberataques", "text": "Para o Pentágono, unidades especializadas do exército chinés están detrás dos ataques cibernéticos que en 2012 afectaron a numerosos sistemas informáticos de EUA, gran parte dos mesmos do goberno de Whashington. Unha responsabilidade xa apuntada o pasado mes de febreiro por unha empresa estadounidense experta en ciberseguridade. Mais agora é o Pentágono quen o di. China, para o Departamento de Defensa de EUA, China emprega as súas capacidades para \"respaldar a recompilación de intelixencia contra sectores diplomáticos,económicos e da industria de defensa que apoian os programas nacionais de defensa de Estados Unidos\", e advirte que poderían ser usados por Beijing en beneficio propio. Desde o goberno chino rexeitáronse as acusacións do Pentágono e lembran que os ciberataques con un problema global que non só afecta a EUA. \"Desafío á seguridade e economía de EUA\" O pasado mes de febreiro, Barack Obama asinara un decreto que lle daba \"poderes especiais\" para responder os ciberataques, aos que cualificou o goberno de \"desafío á seguridade e economía de EUA\". \"Os nosos inimigos procuran a capacidade de sabotear a nosa rede de enerxía, as nosas institucións financeiras e os nosos sistemas de control de tráfico aéreo\",afirmara o presidente estadounidense, aliás de \"substraer os nosos secretos corporativos\""}
{"ID": "NOS_33097", "summary": "Centos de familias compraron preferentes por medio da empresa eléctrica, o que lles impide acceder á arbitraxe e as deixa en mans da multinacional, que se amosa pouco disposta a devolver os cartos malia os seus escandalosos beneficios.", "text": "O gran calote conta con múltiples afluentes. Alén dos milleiros de persoas que perderon os seus aforros ao investiren nas participacións preferentes das desaparecidas caixas, con elas como intermediarias tamén houbo centos de familias que mercaron eses produtos opacos -case unanimemente baixo engano- por medio de distintas empresas que tamén os comercializaron, sendo o da eléctrica Fenosa o caso máis estendido en Galiza. Mais ao contrario das solucións -sempre incompletas polo de agora- ás cales poden acceder as persoas estafadas por parte do que agora é o nacionalizado Novagalicia Banco, as afectadas polas preferentes de Fenosa están expostas ao que decida a empresa enerxética, que ten o absoluto control sobre a súa dramática situación. Fenosa vendeu preferentes en 2003 -co PP na Xunta- a pequen@s aforrador@s e en 2005 a institucións. As dúas caixas galegas e o Banco Pastor participaron da operación e, segundo as persoas damnificadas, eses investimentos estiveron sometidos ao mesmo discurso enganoso que no resto dos casos, só que agora non poden acceder á arbitraxe nin están incluídas na quita gobernamental, aínda que si poden intentar revender á propia compañía as súas participacións, seguramente en condicións moi pouco favorábeis. En definitiva, son cartos parados, en poder e baixo todo poder da multinacional, que mantén escasa transparencia sobre o asunto. Toda a información sobre este asunto podes achala no número 41 do semanario Sermos Galiza, xa nos vosos quiosques"}
{"ID": "PRAZA_9450", "summary": "Teñen os empregados públicos e os xestores dos servizos públicos un dereito a non usar o galego no prexuizo dos usuarios? É unha conclusión absolutamente desaquelada e regresiva.", "text": "A mesma Sala do Tribunal Supremo que rectificou a súa doutrina para impedir que os Bancos pagasen o Imposto de Actos Xurídicos das escrituras notariais ven de fixar xurisprudencia a respecto do uso do galego nas Administracións locais declarando a ilegalidade de determinados contidos da Ordenanza lingüística que o Concello de Lugo aprobara no 2012 por unanimidade de todos os seus concelleiros (entón do PP, PSdeG e BNG).A sentenza consolida unha interpretación restritiva da oficialidade da nosa lingua, consagrada no Estatuto e na Lei de Normalizacion Lingüística, segundo a que os usos oficiais do galego haberán ir sempre acompañados do uso da lingua castelá, mentres que o uso desta por si mesmo non requiriría o da nosa lingua. Un rol absolutamente subordinado que minoriza o galego, vulnera o dereito a vivirmos na nosa lingua e afástase da interpretación constitucional correcta consonte aos Tratados internacionais asinados polo Estado español, nomeadamente a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.Velaí que, malia as dificultades que determinan o exercicio desta caste de acción xudiciais, o Concello de Lugo habería recorrer en amparo esta sentenza perante o Tribunal Constitucional e habería esgotar o preito, se cómpre, até o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, na percura dunha doutrina xurisprudencial europea dos dereitos fundamentais que integre os dereitos lingüísticos.Verdadeiramente grave, dende os parámetros xurídico e político, é a confusión xudicial entre o dereito ao libre uso do castelán da cidadanía e das limitacións deste dereito nas relacións xurídicas de suxeición especial a respecto das persoas empregadas públicas e das empresas contratistas e concesionarias, que haberían ser gravadas cunha obriga de uso que agora se anula. Teñen os empregados públicos e os xestores dos servizos públicos un dereito a non usar o galego no prexuizo dos usuarios? É unha conclusión absolutamente desaquelada e regresiva.Existe no noso País unha minoría supremacista (na que sobrancea a radicalizada organización que recorreu esta Ordenanza luguesa) que quere impedir o uso normalizado e oficial da nosa lingua. Unha minoría moi cativa, mais que inflúe de xeito substancial en determinados ámbitos da opinión, da política e da xudicatura e que conecta cunha importante corrente do nacionalismo españolista que quere reverter as moi tímidas melloras legais e sociais que acadou a lingua, a cultura e o autogoberno galegos nos últimos corenta anos.Son momentos, pois, de reaxir e acadar amplos consensos para garantir máis galego e , sobre todo, pleno respecto aos nosos dereitos como falantes e utentes da nosa lingua propia."}
{"ID": "NOS_35794", "summary": "A organización facilitará a localización dos 'zulos' que aínda posúe, segundo avanzan diversos medios.", "text": "ETA anunciará en breve o seu desarmamento unilateral e completo para o 8 de abril. Así están a afirmalo nas últimas horas diversos medios de comunicación, tanto vascos como estranxeiros, que indican que a organización armada vasca anunciará a ubicación dos zulos para facilitar este proceso. Até agora ETA tentou realizar o proceso de entrega de armas a través da coñecida como Comisión Internacional de Verificación, un grupo de expertos internacionais, mais estas tentativas fracasaron por mor do inmobilismo do estado español, con operacións policiais que desbarataron estas iniciativas. Algo moi criticado por diferentes axentes políticos e sociais, como o propio Goberno vasco. Unha das persoas detidas en abril de 2016 no sur de Francia cando integraba un grupo de apoio ao desarme, Jean-Noël Etcheverry, asnunciou esta quinta feira a través de 'Le Monde' que ETA estará totalmente desarmada o vindeiro 8 de abril. \"ETA confiounos a responsabilidade do desarmamento do seu arsenal e na tarde do 8 de abril, ETA estará totalmente desarmada\", declarou De acordo con Le Monde, \"Centos de persoas\" da sociedade civil e numerosos cargos electos da zona norte de Euskal Herria participarían nesa operación de entrega de armas. \"Unha boa noticia\" Nunha comparecencia perante os medios de comunicación, Arnaldo Otegi afirmou que estabamos ante \"unha boa noticia, agardada longo tempo\" e amosou a súa confianza en que \"desta vez si que se chegue até o final no desarmamento\". Para iso, apuntou, terá que haber monitorización da comunidade internacional e implicación da sociedade civil e das administracións. O Lehendakari, Iñigo Urkullu, considera que desta volta \"danse as condicións\" para que se complete o desarmamento e reclamou \"altura de miras e canles de comunicación\" aos gobernos español e francés"}
{"ID": "NOS_43222", "summary": "Desde o PSdeG instan o presidente da Xunta de Galiza a \"dicir hoxe mesmo que garante o pago das nóminas das empregadas e empregados públicos\" ou ben, a asumir que \"non é o presidente que a Galiza necesita\". Así enunciou Gonzalo Caballero, quen ademais amosou a súa \"alarma\" polo \"abrazo\" a Santiago Abascal de cargos do PP galego. O secretario xeral do PSdeG preguntouse se tamén Feixoo \"estará disposto a abrazar Vox cando lle fagan falta os votos\".", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou este xoves as declaracións realizadas polo conselleiro de Facenda nas que chegou a poñer en cuestión o abono das nóminas dos empregados e empregadas públicas e instou Alberto Núnez Feixoo a corrixilo inmediatamente. \"Se con todas as posibilidades financeiras e todos os mecanismos da Xunta, e cun orzamento de case 10.000 millóns de euros, non son quen de eliminar calquera dúbida ao respecto, Feixoo ten que poñer ao conselleiro de Facenda fóra das súas responsabilidades. E se o presidente da Xunta non pode dicir hoxe mesmo que o pago das nóminas, así como ás e aos provedores está garantido, ten que asumir que non é o presidente que a Galiza necesita\", aseverou Gonzalo Caballero esta quinta feira 29 de agosto. O líder do PSdeG reprobou o \"alarmismo político\" que baixo a súa consideración está tentando crear a Xunta O líder do PSdeG reprobou así mesmo o \"alarmismo político\" que baixo a súa consideración está tentando crear a Xunta. \"Leva todo o mes de agosto falando dun agravio a Galiza para confrontar co goberno socialista\", afirmou Caballero en defensa do executivo de Sánchez. Precisamente, sobre o goberno central, Caballero afirmou que este fica \"nitidamente comprometido co financiamento do Estado das autonomías\" e que incluía no seu proxecto de orzamentos un incremento de máis de 7.000 millóns de euros para as comunidades: 4.700 millóns de euros para as entregas a conta e 2.500 millóns de euros máis correspondentes ao IVE. Caballero sinala porén Casado e Feixoo como causantes do bloqueo das contas polo PP ter votado en contra delas, impedindo, segundo o líder do PSdeG, a posibilidade de transferir eses fondos. \"En política hai que ter responsabilidade e, cando un vota, ten que ser responsábel das súas decisións\", advertiu. A ese respecto, Cabellero valorou que Feixoo está xogando coa Xunta en función dos intereses do PP, cunha estratexia conxunta de aparicións públicas na Galiza e no resto das comunidades nas que o PP goberna grazas a Vox. \"Non asumen o resultado das urnas\", observou Gonzalo Caballero, quen considerou probado que a dereita \"é un obstáculo para a gobernabilidade de España e para o financiamento das comunidades autónomas\" coa súa estratexia de bloqueo ao goberno central. \"Se houbese orzamentos ou un goberno en plenitude de funcións, hoxe todas as comunidades terían os fondos\", considerou Caballero. A ese respecto afirmou que a primeira decisión que tomará o goberno encabezado por Pedro Sánchez cando teña plenitude de funcións será transferir os fondos das autonomías e; de non saír adiante a investidura, aplicaranse os mecanismos legais que posibiliten realizar as entregas a conta que corresponden ás distintas comunidades\". Ao fío dos acordos do PP con Vox, o líder do PSdeG amosou a súa \"alarma\" polo feito de que haxa dirixentes do PPdeG que \"saen moi felices dándose apertas con Abascal\", quen estes días estivo na Galiza. \"Preocúpanos, e queremos preguntarlle a Feixoo se ese abrazo é tamén o que o PP galego está disposto a darlle a Vox cando lle fagan falta os seus votos\", inquiriu Gonzalo Caballero, á vista do 'selfie' do líder da ultradereita co candidato popular á alcaldía do concello da Guarda."}
{"ID": "NOS_35691", "summary": "É a cartografía de referencia para o estudo da baixa Idade Antiga.", "text": "A súa autoría é atribuída a Xulio Honorio, un xeógrafo e cartógrafo, cuxos traballos chegan a nós a través das obras dun discípulo recollidos nunha publicación titulada Cosmografía, que aparece citada polo intelectual e estadista Cassiodoro, conselleiro de referencia do rei ostrogodo, Teodorico 'O Grande'. Época: Finais do século IV ou comezos do V / Autoría: Xulio Honorio / Conservación do orixinal: Reconstruído por Konrad Miller tomando como base os traballos de Martín Delrio e de Alexander Riese / Características: Signifícase pola súa gran precisión Os datos biográficos que coñecemos de Xulio Honorio son escasos, porén a súa obra é moi valorada pola totalidade dos cartógrafos, até o punto de sinalar o grande historiador británico Max Laistner que \"a Cosmografía de Honorio representa para a xeografía o que o labor dos epitomadores supuxo para a historia\". O mapa será reconstruído en 1898 polo gran xeógrafo alemán Konrad Miller, que toma como base para o seu traballo a copia da Cosmografía realizada en 1645 por Martín Delrio e as investigacións do seu amigo, o erudito alemán Alexander Riese, autor da máis elaborada edición de Honorio. Miller, un cartógrafo alemán moi admirado, entre outros, por Manuel Murguía, é a gran figura da xeografía histórica europea de finais do século XIX e comezos do XX, debéndoselle ao seu traballo a recuperación e divulgación de cartografías tan importantes como a de Paulo Osorio, Isidoro de Sevilla, Ebsfor ou do Anónimo de Rávena. O destacado especialista na Idade Antiga e historiador francés Yves Moverán sinala que \"a importancia da Cosmografía é que é un dos poucos traballos desde período en que calquera persoa pode confiar\". A obra contén unha precisa relación de mares, illas, montes, cidades, ríos, indicando en moitos casos o seu nacemento e desembocadura, así como información dos diversos pobos de cada unha das catro partes nas que divide o mundo, comezando pola parte oriental, para seguir coa occidental, a setentrional e, finalmente, a meridional. A cartografía de Xulio Honorio retrata un momento chave na historia da Galiza. Coincide no tempo co desenvolvemento do movemento popular orientado pola proposta doutrinal de Prisciliano e por un tempo de gran progreso do país, do que dan mostra a aparición de vultos como Exeria, Paulo Orosio, Baquiario ou o emperador Máximo. Galiza ocupa unha parte significada do espazo ibérico, sendo sinaladas as catro das súas máis significadas cidades Lucus Augusta (Lugo), Bracara (Braga), Asturica (Astorga) e Brigantium (A Coruña)."}
{"ID": "NOS_37970", "summary": "A plataforma tamén cuestiona o texto por estar asentado \"no legado do franquismo\". Asegura que \"foi produto dun acordo co réxime da ditadura para facer prevalecer as súas estruturas\".", "text": "A plataforma Vía Galega vén de cuestionar a Constitución española, que esta ponte celebra o seu día, ao considerar que é \"negadora dos dereitos do pobo galego\" e aínda ten vencellos co \"legado do franquismo\". Desde o punto de vista do colectivo, a Constitución acabou por converterse \"nun obstáculo das reivindicacións nacionais para conseguir autogoberno\". Nun comunicado emitido este domingo sinalan a consideración de que un dos obxectivos do acordo foi \"paralizar os avances das reivindicacións nacionalistas\" -non só as galegas- asentando un marco político e xurídico \"españolizador e centralista\". \"A conformación do chamado Estado das Autonomías non foi mais alá dunha mínima descentralización administrativa, xa que as prerrogativas importantes continúan nas mans do Goberno do Estado co control económico e social\", lamenta. Ao seu entender, existen carencias democráticas como \"negar o dereito dos pobos a decidiren o seu futuro mediante o exercicio de autodeterminación\". Así, insiste, as nacións do Estado non poden decidir por si mesmas. \"Baixo esa Constitución condénase a liberdade de expresión e continúase a actuar contra as liberdades democráticas\", afirma, denunciando que o documento \"nega Galiza como pobo e condena a nosa lingua a ser estranxeira no noso propio país\". Legado franquista A entidade argumenta, sobre o que se refire á memoria, que o texto \"non supuxo unha ruptura co franquismo, xa que foi produto dun acordo co réxime da ditadura, para facer prevalecer as súas estruturas, desde o aparello militar e policial, o poder xudicial e o discriminatorio modelo económico\". Nesta liña, pon en dúbida que Juan Carlos de Borbón fora o sucesor de Franco, así como doutros altos cargos e ministros da ditadura convertidos \"ao constitucionalismo\". En consecuencia, Vía Galega opina a que non hai motivos para celebrar o aniversario da Constitución."}
{"ID": "NOS_39439", "summary": "Renfe recorta servizos e deixa a centos de galegas sen transporte ferroviario para acudir aos seus postos de traballo", "text": "A supresión do tren-hotel é un capítulo máis na lista de agravios ferroviarios que sofre Galiza. Unha situación que podería ter sido ben diferente se o país contase cun ente ferroviario propio. A crise da COVID-19 é a escusa esgrimida por Renfe para recortar servizos. Coa entrada en Fase 2, moitas galegas comezaron a regresar aos seus postos físicos de traballo, entre elas centos de funcionarias da administración en Compostela ás que as frecuencias actuais dos trens Avant, rexionais e media distancia non lles permiten chegar en hora ou obrígalles a facelo con demasiado tempo de antelación. Non son poucas as empregadas públicas e de empresas privadas que estes días tiveron que optar por desprazarse en vehículo particular ou negociar coa empresa para poder teletraballar desde a casa por non poder empregar o tren, que é o seu medio de transporte habitual. O problema e que os trens que operan na Galiza non realizan traxectos dentro da mesma provincia, con contadas excepcións, como o tren que enlaza A Coruña con Ferrol, un dos máis lentos de todo o Estado español, ou o Feve (ferrocarril de vía estreita) que une Ferrol con Ortigueira. Na fase actual, na que os movementos entre provincias non xustificados non están permitidos, é imposíbel garantir ocupacións semellantes as que tiñan antes da crise derivada da pandemia da COVID-19. É de supoñer que se o vindeiro día 8, como indicou Feixoo, Galiza recupera o mando da situación e elimina esta restrición, Renfe responderá con máis frecuencias que fagan posíbel a mobilidade das traballadoras. Promesas incumpridas Foi alá por 2009 cando o entón conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do primeiro Executivo de Feixoo, Agustín Hernández, garantiu a creación dun ente ferroviario galego que se encargaría, entre outras cuestións, de xestionar as liñas de metro lixeiro metropolitano da Coruña, Vigo e Santiago, para as que comprometía un investimento de 12,4 millóns de euros. O ente nunca se chegou a crear, ao igual que a xefatura de proximidade para Galiza, que era o paso previo ao traspaso por parte do Ministerio de Fomento dos servizos de proximidade. De feito, Galiza é dos poucos territorios que non contan con este servizo. Asturias, con menos poboación, dispón de tres liñas, ás que hai que sumar os servizos de Feve. Igual que aconteceu coa autoestrada AP-9, onde o consenso entre as formacións do Parlamento non bastou para que o Goberno do PP en Madrid accedese ao traspaso efectivo da súa titularidade, as demandas para a creación dun ente ferroviario propio na Galiza caeron en saco roto pese a contar entón co apoio dos tres partidos con representación parlamentaria (PPdeG, PSdeG e BNG). O ente ferroviario propio permitiría realizar traxectos máis curtos con máis frecuencias, por exemplo entre A Coruña e Compostela ou entre Vilagarcía e Vigo, que poderían verse complementados cos actuais servizos de media distancia entre A Coruña e Vigo, e os Avant entre Coruña e Ourense. Adeus ao tren-hotel No seu lugar, Renfe recorta servizos. Hai uns días, anunciaba que non tiña pensado retomar no curto prazo os servizos nocturnos entre Galiza e Madrid e Barcelona unha vez se levante o estado de alarma. Apela a motivos económicos, en concreto a unhas perdas anuais de 25 millóns de euros pola prestación do servicio de 'tren-hotel'. De feito, o BNG, que ven de exixir no Congreso das Deputadas a recuperación \"de forma inmediata\" do servizo, xa se fixera eco o pasado mes de outubro das críticas das usuarias cando Renfe anunciara que pretendía rebaixar a calidade do servicio co cambio dos coches do tren-hotel por Talgos máis vellos, o que suporía \"máis atrasos e deficiencias nos traxectos\". Coa libreralización do servizo ferroviario, Galiza ten unha oportunidade para dar entrada a novos operadores que fagan máis competitivo o servizo. O problema é que as decisións seguirán chegando de fóra mentres as competencias non estean no país."}
{"ID": "NOS_24587", "summary": "Na xornada desta fin de semana o RC Celta pode afianzar o seu xogo na súa visita a Elx antes do parón que provocará a selección española. O Lugo, polo seu lado, viaxará até Leganés para tentar mellorar na clasificación mentres Riazor volveu onte a contar con afección visitante, un signo máis da \"nova normalidade\".", "text": "O RC Celta visitará Elx esta fin de semana (domingo 3, 14 horas) coa intención de afianzar a súa posición na liga e reafirmar o seu xogo. Diante terá a un equipo que está un punto menos na clasificación e coa obriga de recuperarse das súas dúas últimas derrotas consecutivas. Todo o contrario que os celestes que contaron as dúas xornadas anteriores por vitorias, malia ser a última contra o Granada nos minutos de desconto. En todo caso, o resultado que saia deste encontro mellorará a puntuación do equipo a tempada pasada. Agora conta con sete puntos cando na edición anterior, nesta altura, levaba seis. Para estar no Martínez Valero, Eduardo 'Chacho' Coudet recuperará ao ganés Joseph Aidoo, despois do seu positivo pola Covid-19, e a posibilidade de que se recuperen Santi Mina e Néstor Araújo, ambos con escordaduras sufridas na última xornada. O Lugo buscará adiantar postos na clasificación Este domingo tamén será o día en que o CD Lugo teña a súa cita en Madrid para xogar a oitava xornada de segunda división no estadio municipal de Butarque contra o CD Leganés (21 horas). O equipo madrileño conta na clasificación cun punto máis que os de Rubén Albés polo que ambos buscarán rematar a fin de semana en mellor posición. Na rolda de prensa previa desde as instalacións do Ceao, o dianteiro boliviano Jaume Cuéllar amosou a súa satisfacción pola recente convocatoria por parte da súa selección e non deixou escapar a ocasión de comentar como están os ánimos diante do encontro contra os de Asier Garitano. \"Contra o Leganés imos loitar e a competir até o final\", asegurou. Sobre a situación do equipo asegura que \"até o de agora estamos a facer todo ben, traballamos moito, mais non estamos a ter sorte cos resultados que estamos a obter\" polo que admite que \"queremos máis\". Volveu a afección visitante ao estadio de Riazor A sexta xornada da Primeira RFEF comezou esta sexta feira para os equipos galegos co partido entre o Celta B e o Zamora que se xoga en Balaídos polo impedimento de que se realizara no campo de Lavadores ano non contar este coa instalación eléctrica adecuada. O encontro, sen rematar ao feche desta edición, é importante para o filial celeste para mellorar a súa actual duodécima posición, con 7 puntos. O segundo encontro da xornada para os equipos galegos foi a visita da SD Logroñés a Riazor, tamén na noite desta sexta e sen rematar ao feche desta edición. Para este partido Borja Jiménez contou cos seus 22 futbolistas dispoñíbeis coa excepción dos lesionados Trigueros, Trilli e Valín. Como novidade, Riazor volveu a acoller afección visitante ao chegarmos a \"nova normalidade\" e a relaxación de medidas de ocupación do estadio. Unhas 50 persoas viaxaron até A Coruña para presenciar o partido en directo. Riazor non contaba con presenza visitante nas bancadas desde o derbi contra o Lugo do 1 de marzo do 2020 e despois xogou a porta fechada os partidos que quedaban daquela tempada. Despois, coas aperturas que indicaban as autoridades sanitarias, o club só permitía a entrada ás persoas socias e abonadas. Fechará a xornada o Racing de Ferrol que se medirá ao Racing de Santander o domingo (17 horas). Na previa ao partido falaron en rolda de prensa Íñigo Alayeto, unha das últimas incorporacións do club, e o porteiro Diego Rivas. Alayeto aseguraba que este domingo será un \"partido duro\" no que teñen \"boas sensacións\" despois do resultado contra o Zamora e \"sabendo que xogamos en casa, onde temos que facer o noso partido\". Rivas, polo seu lado, asegura que no equipo \"queremos rivais fortes como o Santander. Afrontarémolo con moita ilusión\"."}
{"ID": "NOS_48848", "summary": "Baixo o eufemismo das externalizacións agóchanse millóns de euros destinados á privatización, un negocio que lastra a sanidade pública galega. Por algo o noso país é un dos territorios do Estado que máis privatización soporta neste ámbito. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 228 e no que explicamos que o 2017 enceta, a nivel sanitario, con máis recortes e maior lucro para as grandes empresas.", "text": "O estado de saúde da sanidade pública galega vai a peor debido aos recortes e ás recorrentes privatizacións aos que vén sendo sometida nas dúas últimas lexislaturas. De feito, Galiza xa é o cuarto territorio do Estado español coa sanidade máis privatizada. Os orzamentos que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo preparou para 2017 non van encamiñados a curar as eivas da sanidade pública. Todo o contrario. Porfían en manter o gorentoso negocio para grandes empresas, na precariedade laboral do persoal sanitario e na insuficiencia de infraestruturas e prestacións nun servizo básico para o conxunto do pobo. A Consellaría de Sanidade presume de que as contas están estruturadas arredor de catro eixos: \"unha atención integral adaptada ás necesidades dos pacientes, familiares e coidadores; uns profesionais comprometidos e coidados pola organización; unha xestión eficiente que contribúe á sustentabilidade do sistema sanitario; e a adecuación das infraestruturas, dos equipamentos sanitarios e dos sistemas de información ás necesidades de pacientes e cidadanía\". Visión antagónica teñen a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública e as forzas parlamentares da oposición. Manuel Martín, médico e portavoz de SOS Sanidade Pública, asegura, en declaracións a Sermos Galiza, que perto da metade do gasto sanitario –o orzamento de 2017 ascende a 3.600 millóns de euros–, está en mans de empresas privadas, \"existe unha descapitalización brutal que suporía unha dificultade enorme no caso de que un Goberno alternativo ao do PP queira recuperar a xestión pública da sanidade. Habería que facer un esforzo económico e xudicial importante\". [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 228, á venda nos quiosques e na loxa]"}
{"ID": "NOS_19179", "summary": "O auto do arquivo recolle varias críticas cara á investigación que levou a cabo a xuíza Pilar de Lara.", "text": "O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela emitiu o auto de arquivo provisional dunha peza da Operación Pokémon na que permanecían como investigados por un delito de tráfico de influencias, entre outros, o ex alcalde da capital galega Gerardo Conde Roa (PP) e un antigo responsábel de Aquagest, a empresa que entón xestionaba a auga no concello. Apupos e berros de 'corruptos' dan a benvida ao banco dos acusados ao goberno santiagués O escrito, ao que tivo acceso Europa Press, recolle varias críticas cara á instrución que levou Pilar de Lara, a xa ex titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo que foi apartada por unha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) por dilacións en procedementos de corrupción. En concreto, o auto de arquivo, con data de 15 de setembro, recolle que a providencia emitida en decembro de 2019 \"en ningún momento\" indica \"que delito obxecto de investigación nin persoas responsábeis dos mesmos\" deben ser investigadas. Conde Roa non pisará a cadea malia ser condenado por delito fiscal \"Na documentación remitida figura unha zaragallada de datos, ás veces sen conexión entre si, anuncio da existencia de comisión de múltiples delitos e persoas presuntamente responsábeis, con domicilios repartidos por toda a xeografía estatal, pero non se concreta que acción ou accións se lle imputan a cada un deles e a data de comisión de cada unha delas\", explica a maxistrada Elvira Cangado, que incide en que os arquivos incluían \"fotocopias de noticias de prensa\". Os investigados non declararon en sede xudicial Ademais, destaca que, \"salvo erro, non consta a declaración\" en sede xudicial de ningún dos investigados (ademais de Conde Roa, os ex concelleiros do PP José Luis García Belo e Anxo Espadas, o empresario Jesús Fuentes Maceiras e o ex delegado de Aquagest en Santiago, José Luis Míguez). \"Polo que descoñecemos se houbo algunha imputación de delito ou dun feito con posíbel relevancia penal\", engade a maxistrada. Fechan a peza principal da Pokémon con 13 sospeitosos Tal e como se argumenta no auto compostelán, na data de incoación do procedemento \"as declaracións de investigados xa deberían ser tomadas\" e \"todas as dilixencias de investigación practicadas\". Por todo iso, a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago explica que \"non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á formación da causa\"."}
{"ID": "NOS_31592", "summary": "A resolución da Comisión Nacional dos Mercados da Competencia (CNMC) abriu o camiño para presentar demandas até o mes de xullo de 2020 e poder recuperar as cantidades que gañaron as grandes empresas lácteas entre 2010 e 2019.", "text": "A Comisión Nacional dos Mercados da Competencia (CNMC) resolveu en xullo de 2019 sancionar a varias empresas do sector lácteo por acordar os prezos de compra do leite. Con esa decisión abriu a posibilidade de que as explotacións gandeiras puideran reclamar polas perdas que tiveron. Desde Unións Agrarias (UUAA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) informan estes días en encontros e asembleas co sector que teñen de prazo até xullo de 2020 para presentar as demandas. As indemnizacións poden ser millonarias se temos en conta que o período que trata é desde 2010 até 2019. Sindicatos como a Federación Rural Galega (FRUGA) cren que é necesaria unha interprofesional, un lugar onde chegar a unha fixación de prezos mínimos e xustos que evitaría este problema. A resolución da CNMC puxo en evidencia as malas prácticas de empresas galegas como Larsa ou Río e outras como Danone, Lactalis, Pascual ou Nestlé. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_771", "summary": "O número de desempregados rexistrados cae en 5.412 persoas en marzo, unha cifra de novo superior ao aumento de afiliacións á Seguridade Social no país, que conta con 24.000 parados menos que hai un ano, pero tan só 17.000 cotizantes máis, unha tendencia inversa á do conxunto do Estado.", "text": "O actual Goberno galego presumiu sempre do diferencial positivo do país respecto do Estado en canto aos datos de emprego e chegou a presaxiar, en boca de Núñez Feijóo ou da ex conselleira Elena Muñoz, que sería \"das primeiras comunidades autónomas en saír da crise\". As cifras de desemprego do pasado mes de marzo amosan unha leve mellora, pero seguen a mostrar os síntomas dunha economía estancada, na que as contratacións polas vacacións de Semana Santa reducen un chisco o paro rexistrado, pero onde o ritmo de afiliacións á Seguridade Social nin tan sequera está ao nivel da escasa recuperación no conxunto de España. O paro rexistrado baixa en 5.412 persoas respecto ao mes de febreiro Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego quedou en Galicia en 252.137 no mes de marzo, cun descenso de 5.412 desempregados respecto a febreiro, cunha baixada do -2,1%, superior á do Estado (-1,3%), onde o desemprego se reduciu en máis de 60.000 persoas. Segundo estes datos, en Galicia hai 24.326 parados rexistrados menos que hai un ano (-8,8%), un descenso máis dun punto superior ao do Estado (-7,17%). Non obstante, segue haber diferenza entre o dato de paro e de afiliación á Seguridade Social. A media de cotizantes no mes de marzo situouse en máis de 923.000, cun aumento de 5.216 persoas (+0,57%), case 200 menos que a cifra de descenso do número de desempregados. No Estado, a tendencia é contraria, con 160.000 afiliados máis e 60.000 parados menos. Polo tanto, en Galicia o paro baixa máis do que aumenta o emprego, ao contrario que a a nivel estatal. En Galicia hai 24.316 parados rexistrados menos que hai un ano, pero tan só 17.011 afiliados máis á Seguridade Social Esta diferenza no país, menor que noutros meses, é moito máis marcada de ter en conta a diferenza interanual. En Galicia hai 24.316 parados menos apuntadas ás oficinas de emprego que hai un ano, pero tan só 17.011 afiliadas máis á Seguridade Social, unha diferenza de 7.315 persoas, o que indica que hai máis persoas cuxos postos de traballo desapareceron que persoas que se apuntaron no antigo INEM nos últimos doce meses. Isto pode ser debido a que moitos cidadáns renuncian a apuntarse ao paro -porque xa non o ven útil, non teñen dereito a prestación ou porque traballan na economía paralela- ou porque abandonan a busca de emprego. Unha diferenza que segue a lastrar o mercado laboral galego, moi marcado pola emigración, especialmente dos máis novos. Esta escasa recuperación de afiliados á Seguridade Social, aínda que real -o aumento interanual do 1,9% é inferior ao estatal do 3,3%-, volve pór de manifesto unha economía estancada ou, cando menos, cunha recuperación menor da prevista. Tal e como aclararon IGE e INE, o PIB do país pechou o pasado ano cun crecemento do 0,5%, mentres que os Orzamentos Xerais prevían un 0,8% que o Goberno chegou a revisar ata o 1,2%. Os datos amosan o estancamento económico do país durante todo o exercicio e a evolución no número de cotizantes confírmano. Menos de un de cada dez contratos en Galicia son indefinidos e a redución do paro céntrase no sector servizos A lixeira mellora dos datos do paro en Galicia débese, fundamentalmente, ás contratacións pola Semana Santa. Así, a redución do desemprego no país concéntrase no sector servizos, con 3.030 parados rexistrados menos (o 56% do total), seguida da construción, con 1.241 menos. Ademais, a contratación é moi maioritariamente temporal, tanto que menos dun de cada dez contratos asinados en marzo foi indefinido. Do total de case 64.000 contratos, case 58.000 (o 90,8%) foron temporais polos menos de 6.000 indefinidos, mentres que no mes anterior a porcentaxe de indefinidos fora lixeiramente superior, chegando ao 9,6% fronte ao 9,2% de marzo. Por outra banda, o paro en Galicia baixa máis nos homes ca nas mulleres (3.919 parados menos fronte a 1.493 paradas menos). Atendendo a idade, o paro sobe nas persoas menores de 25 anos: hai 61 persoas paradas máis na poboación menor de 25 anos fronte a 5.473 persoas paradas menos maiores desa idade. A taxa de cobertura en Galicia baixa de novo e sitúase no 53,7% Pero a precariedade non afecta só aos empregados, senón que é moito peor entre os que non atopan traballo. A taxa de cobertura do desemprego descendeu no mes de febreiro -o último dato dispoñible- ata o 53,7%. É o peor dato histórico en Galicia, e dos parados que a perciben, menos da metade reciben a contributiva. A Xunta, como era esperable, destacou os datos positivos, o feito de que Galicia fose a terceira comunidade en termos relativos na que máis baixou o paro en marzo e a confianza en que a boa xeira \"continuará nos vindeiros meses\", tal e como destacou a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, que pediu centrar a ollada nas afiliacións á Seguridade Social. Desde o Goberno destácase que os niveis de paro están ao nivel de hai tres anos."}
{"ID": "NOS_39216", "summary": "Por segunda vez en 175 anos de historia a institución acolle a estrea dunha ópera realizada por unha muller. Marta Pazos será a directora de Alexina B., a obra de Raquel García-Tomás que se poderá ver o 18 de marzo de 2023 en Barcelona.", "text": "A directora de escena Marta Pazos dirixirá a ópera Alexina B., de Raquel García-Tomás, na súa estrea no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Será o 18 de marzo de 2023, segundo vén de anunciar esta institución, como parte da programación da vindeira tempada. Será a segunda ocasión que este teatro estrea unha ópera composta por unha muller nos seus 175 anos. A primeira foi en 1974, cando Matilde Salvador estreou Vinatea. Na traxectoria de Pazos xa tivo lugar unha colaboración anterior con García-Tomás. Foi con Je suis narcissiste, obra que quedou finalista dos 'International Opera Awards'. Nela, ao igual que nas súas últimas montaxes, afronta un traballo no que pon en cuestión os prexuízos, o heteropatriarcado e o binarismo de sexo e xénero. Marta Pazos: o risco e a vida en escena A historia de Adélaíde Hérculine Barbin A ópera Alexina B. conta cun libreto de Irène Gayraud e parte das memorias de Adélaíde Hérculine Barbin (tamén coñecida como Alexina B.) persoa intersexual nada en Francia en 1838, a quen lle atribúen o sexo feminino ao nacer. Medra nun convento e, co tempo, traballa de institutriz, ocasión na que se namora dunha das súas compañeiras. Porén, nunha sociedade na que a aceptación da diferenza era complicada e a heterosexualidade a norma, Alexina reivindícase como home: cambia de sexo legal e de identidade para ser Abel Barbin. Mais, incapaz de adaptarse, suicídase na súa soidade. A MIT de Ribadavia outorga o premio de honra a Marta Pazos Alén desta ópera, Pazos está inmersa en varios proxectos máis. O 14 de abril asina a dirección e a dramaturxia na estrea da obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, unha produción do Centro Drámático Galego baseada no texto de AveLina Pérez. Ademais, en xullo presentará en Mérida Safo Fragmento 36."}
{"ID": "PRAZA_8004", "summary": "Facía moito frío e falabamos antes de empezar os escritores e escritoras dos peches das librerías, do estado do sector editorial, das dificultades para exercer o noso traballo como nos gustaría. Falabamos diso e notabamos o frío, o iceberg que se nos viña enriba e que ameaza con acabar con todo pois a Brigada de Demolición que todos sabemos non descansa", "text": "O pasado sábado estiven en Vigo, na entrada do Marco (metáfora marabillosa de como gañar o futuro: foi un centro de tortura e represión hai décadas, hoxe é un Museo de Arte Contemporánea; como o antigo matadoiro de Alcabre é hoxe o Museo do Mar...os de Vigo somos así...), con outros compañeiros e compañeiras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, recitando a Rosalía de Castro. Cando iamos comezar o acto pasaba preto de nós, con toda a súa forza, a Marea Humana da manifestación, pedindo, como Rosalía, xustiza. Un mundo máis xusto. Un mundo vivible. Esperamos a que a manifestación pasase, alentando dende os nosos corazóns aos que tal pedían e, acto seguido, comezamos co recitado. Para a nosa sorpresa, contamos arredor de duascentas persoas as que se concentraron alí para nos escoitar á ducia de autores e autoras que quixemos levar a palabra de Rosalía á xente Para a nosa sorpresa, contamos arredor de duascentas persoas as que se concentraron alí para nos escoitar á ducia de autores e autoras que quixemos levar a palabra de Rosalía á xente. E incluso, cando os \"profesionais\" da palabra cumprimos coa nosa encomenda, foron algunhas persoas do público as que se animaron a achegarse ao libro e ler. Unha, incluso, cantou. En definitiva, un acto fermoso que nos reivindica, tamén, como pobo. Sen embargo, o que quero traer hoxe aquí neste artigo, ademais do xa comentado, era o frío que facía. Que estaba entrando unha vaga de Frío Polar (así dixo o Telexornal). E pensaredes: pois si que non tes de que falar que xa nos falas do tempo. A cultura galega estaba alí, de pé, dignísima, co mellor dos seus sorrisos e aturando a friaxe coma podía. E a xente estaba alí en troques de estar nas súas casas quentiños vendo a tele. Estaban coma nós papando frío Pois si. O importante é que ía moito frío. Os escritores e escritoras que estivemos alí de pé algo máis de unha hora, non parabamos de quencer as mans co alento, de meter as mans dentro dos abrigos, de movernos dun lado a outro por ver de tornar a friaxe dos pés, de dar choutiños pequerrechos por ver de quencer as anatomías. Os calvos coma min nin vos conto como estabamos pola parte de arriba. Mais alí estabamos. A cultura galega estaba alí, de pé, dignísima, co mellor dos seus sorrisos e aturando a friaxe coma podía. E a xente estaba alí en troques de estar nas súas casas quentiños vendo a tele. Estaban coma nós papando frío. Cos libros de Rosalía na man. Enchoupándose da friaxe e da humidade do mar Atlántico que se nos metía dentro. Estaba alí. Aguantando. Por Rosalía de Castro, pola poesía, pola cultura galega e pola lingua. Estaban alí e non marchou ninguén ata que todo rematou. E pareceume unha imaxe perfecta da situación na que estamos e do que nos pasa. A imaxe perfecta dunha cultura que agora queren poñer ao frío a ver se se conxela e morre. Porque parece como que a queren conxelar e así morra de todo. Unha cultura sen abrigo (por repetir a Rosalía que alí nos convocaba) á que lle entran moitas veces ganas de facer xustiza pola man, pero que aguanta escribindo libros, cancións, representando obras de teatro... Que aguanta unida. Arredor dunha palabra poética, dunha fala, dunha bandeira (había bandeiras de Galicia alí tamén). Máis galegos e galegas, en definitiva, dispostos a sairmos do frío glacial no que queren instarlarnos en perpétua hipotermia para, á caloriña da xente boa, a que nos entende, gañar a calor do noso futuro como cultura e como pobo Facía moito frío e falabamos antes de empezar os escritores e escritoras dos peches das librerías, do estado do sector editorial, das dificultades para exercer o noso traballo como nos gustaría. Falabamos diso e notabamos o frío, o iceberg que se nos viña enriba e que ameaza con acabar con todo pois a Brigada de Demolición que todos sabemos non descansa. Mais a pesar do frío, do climatolóxico e do outro, conxurámonos para volver o ano que vén e que sexa máis xente, máis persoas, as unidas arredor de Rosalía de Castro. Máis galegos e galegas, en definitiva, dispostos a sairmos do frío glacial no que queren instarlarnos en perpétua hipotermia para, á caloriña da xente boa, a que nos entende, gañar a calor do noso futuro como cultura e como pobo."}
{"ID": "PRAZA_1583", "summary": "Un informe da intervención xeral advirte de que os fondos municipais \"poden ser insuficientes\" para afrontar en prazo os pagos dos próximos meses. O novo goberno atribúe a situación á \"mala xestión de Negreira\" e asegura que xa está a \"paliala\".", "text": "\"Existe risco de que a solvencia a curto prazo do Concello resulte deficitaria e insuficiente para dar cumprimento de forma puntual ás súas obrigas económicas\". Quen se expresa nestes termos é o interventor xeral do Concello da Coruña, que nun informe encargado polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, vén de alertar de que a xestión económica municipal dos últimos anos puxo o consistorio ao bordo da insolvencia ao aumentar moi notablemente a fenda entre pagamentos e cobros e poñer en serio risco a dispoñibilidade de liquidez, isto é, de cartos para facer fronte ás obrigas cotiás. O informe de intervención que vén de prender as alarmas no Pazo de María Pita realiza unha radiografía das contas municipais con data de 17 de xuño, isto é, catro días despois da toma de posesión da nova corporación e do goberno da Marea Atlántica. Nesa altura, advirte o interventor, a situación económica municipal é a peor dos últimos anos. \"O Concello -di- amosa unha situación de liquidez ou solvencia a curto prazo\" na que se estima que \"a reserva de dispoñibilidade real de fondos líquidos\" pode \"ser insuficiente nos meses de xullo, agosto e setembro para facer fronte puntualmente ao pago das súas obrigas económicas\", isto é, para \"cumprir co límite máximo do prazo\" de pagamento a provedores. O interventor advirte de que os fondos \"poden ser insuficientes\" para afrontar en prazo os pagos entre xullo e setembro Esta situación, detalla, é o resultado da evolución dos \"pagos e cobros orzamentarios nos últimos exercicios, dende o 2011 ata o actual 2015\". Trátase \"dunha evolución na que os pagos van máis rápido que os cobros, con desviacións negativas\" que van dende os 17 millóns a 17 de xuño de 2014 aos \"-39 millóns deste ano 2015, o importe negativo máis alto de toda a serie histórica analizada\". \"Estas diferenzas -conclúe- comprometen e reducen substancialmente a liquidez do concello\". A intervención municipal coruñesa amosa tamén a súa preocupación por \"outro indicador importante para analizar a solvencia a máis curto prazo\": a ratio de liquidez inmediata, isto é, o resultado de dividir os fondos líquidos dispoñibles entre os pagos pendentes ao peche de cada exercicio, e a ratio de solvencia a curto prazo, que divide entre os pagos pendentes a suma de fondos líquidos e cobros pendentes. Unha ratio de liquidez inmediata superior a 1 \"reflicte que os fondos líquidos son dabondo para pagar as obrigas pendentes\", e unha ratio por baixo de 1 \"reflicte que os fondos non son dabondo\", o que implica \"unha insolvencia inmediata a moi curto prazo que pode ser corrixida no futuro segundo a evolución da recadación\". \"A solvencia a curto prazo é moi reducida\" No caso da Coruña a ratio de liquidez inmediata traspasou en 2014 a barreira do 1, ficando no -0,70, o que implica que no peche do pasado ano os cartos na caixa municipa non eran dabondo para afrontar os pagos. Do mesmo xeito, a intervención tamén indica que \"a solvencia a curto prazo é moi reducida e pode existir risco, se segue a tendente mostrada, de que o peche\" deste 2015 sexa tamén negativo. Se a liquidez remata o ano en negativo, advirte, habería que acometer \"unha redución de gasto no orzamento de 2016\", tal e como marca a lei, e o goberno local tería prohibido \"acudir a unha operación de endebedamento a longo prazo para financiar investimentos\". Con estas cifras sobre a mesa o novo goberno da Coruña afirma que fica constatado que \"se atopou cun Concello na peor situación económico-financeira da súa historia recente\" a cal, afirma, \"deriva da mala xestión do executivo de Carlos Negreira\". Os datos contidos no informe da intervención, como as posibles dificultades para cumprir o prazo de pago a provedores en xullo, agosto e setembro, indica, \"podería provocar consecuencias legais como unha eventual intervención de tutela financeira por parte da Xunta\", subliña. O novo goberno atribúe a situación á \"mala xestión de Negreira\" e asegura que xa está a \"paliala\" Estes \"graves problemas económicos\", indica nun comunicado, xa están sendo \"paliados, cando menos parcialmente\", coas primeiras \"medias de contención e redución do gasto, como as de supresión de varios postos directivos, baixadas de retribucións do persoal eventual ou a redución do custo dos cargos electos\". Asemade, di, \"de acordo cos informes da oficina orzamentaria, intervención e tesouraría procederase a variar o orzamento con medidas de contención do gasto innecesario, así como con outras desitnadas a mellorar a recadación para garantir a solvencia e a liquidez\"."}
{"ID": "PRAZA_14063", "summary": "Investigadores do Instituto Max Planck alemán reconstrúen o ADN completo dun grupo humano descoñecido descuberto en 2008 nunha cova do sur de Siberia.", "text": "Canto máis se investiga máis numerosas e mestas son as pólas da árbore da evolución humana, pero as sombras que proxectan tamén son máis intricadas e escuras. Para alumear as zonas descoñecidas da evolución humana, os investigadores somérxense nas profundidades de covas onde viviron os antepasados dos humanos modernos na busca de respostas, e ás veces de sorpresas. Así aconteceu hai catro anos na cova rusa de Denisova, no sur de Siberia, onde os paleontólogos atoparon o óso dun dedo e dous dentes dun grupo humano descoñecido até o momento, e do que agora se reconstruíu o ADN. Os resultados, publicados na web da revista Science esta semana, abren novas posibilidades para tirar do fío da evolución humana. Por primeira vez conséguese reconstruír o ADN completo a partir dun único óso. A calidade excepcional do material conservado no pequeno óso permitiu aos científicos do Instituto Max Planck de Leizpig, Alemaña, reconstruír todo o código xenético. Para conseguilo aplicaron por primeira vez un método desenvolvido por investigador Matthias Meyer que permite duplicar moitas veces fragmentos moi pequenos de ADN até reproducilo por completo. Este sistema xa o empregan os forense pero nunca se adaptara á paleontoloxía. Os investigadores do Max Planck xa conseguiran reconstruír só en parte e con menor calidade o xenoma dos restos de Denisova. Porén agora conseguiran reproducilo cunha calidade semellante á que se obtería de analizar o xenoma dunha persoa actual. Os Denisova son o primeiro grupo humano que se descubre a través do ADN e non comparando a forma dos ósos. Os Denisova son o primeiro grupo humano que se descubre a través do ADN. Este detallado mapa xenético permitíu comprobar a presenza dos xenes que provocan a pel escura e os ollos marróns. A pesar destes puntos en común, o habitante de Denisova ten máis puntos en común cos neandertais que cos humanos modernos. Amais, os xenes do espécime ruso teñen unha maior presenza no xenoma dos habitantes sueste de Asia e de Oceanía, e unha presenza moito menor no dos europeos. O reducido tamaño dos resto si que impide datalos con exactitude. Os investigadores calculan que o individuo investigado viviu entre 82 e 74.000 anos atrás, e que os Denisova se conformaron como un grupo humano diferenciado hai entre 270 e 440.000 anos. Tampouco está claro como e até onde chegaron, nin cando se extinguiron. Agora os investigadores aplicarán este sistema aos neandertais. Agora os investigadores queren aplicar o mesmo método de reconstrución do ADN aos neandertais. Paradoxalmente, este grupo está moito máis estudado e consérvanse moitos máis restos, pero aínda non se puido recuperar o seu material xenético con tanta calidade. Os científicos agardan coñecer mellor como evolucionaron estas especies e que parte do seu xenoma forma parte do noso para deitar un pouco máis de luz sobre as sombras que aínda ocultan a orixe da humanidade."}
{"ID": "NOS_21226", "summary": "\"Costa da Morte\", do director de cine Lois Patiño foi seleccionada para a 66 edición do Festival Internacional de Cinema de Locarno. Competirá na sección \"Cineastas do Presente\".", "text": "O filme de Lois Patiño entra en concurso no Festival Internacional de Cinema de Locarno que terá lugar do 7 ao 17 de agosto. \"Costa da Morte\", a primeira longametraxe do director galego, competirá na sección \"Cineastas do Presente\" nesta 66 edición do prestixioso festival. O pasado ano, Locarno acolleu a estrea de Arraianos de Eloy Enciso, un dos filmes galegos que máis recoñecemento ten tido nos últimos anos. Dirixida por Lois Patiño, o filme retrata a vida da Costa da Morte a través das persoas que habitan esta comarca que foi considerada o fin do mundo. Mar, vento, pedra ou lume teñen especial protagonismo neste filme que se adentra na paisaxe tocada pola voz humana. Nacido en Vigo, Lois Patiño é autor tamén de curtas como Paisaje-Duración, Paisaje-distancia, Na vibración, Esliva ou a máis recente Montaña en Sombra. Trátase dun dos nomes máis relevantes do que se deu a coñecer como novo cinema galego e a súa obra foi presentada en festivais internacionais como o BAFICI, Oberhausen ou Vila do Conde ademais de centros como o Reina Sofía, Georges Pompidou ou CGAC."}
{"ID": "NOS_31591", "summary": "A revisión do Tratado de Non Proliferación segue no aire \"pola Covid\".", "text": "Para o secretario xeral da ONU foi unha combinación de sorte e sentidiño o feito de non se volver usar armamento nuclear no mundo desde que EUA arrasou as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki en 1945. \"Mais con máis de 13.000 armas nucleares almacenadas por todo o mundo, canto pode durar a nosa sorte?\", cuestionábase António Guterres, que nunha tribuna aberta publicada en decembro con ocasión da conferencia de actualización do Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares (1970) comparaba o arsenal nuclear mundial cunha espada de Damocles sobre a humanidade. Esa conferencia estaba convocada para onte, mais foi finalmente suspendida co argumento da pandemia. Tamén nas últimas horas se produciron outros dous eventos de suma importancia para a seguridade dos case 8.000 millóns de habitantes do Planeta, relacionados coa capacidade aniquiladora do armamento nuclear. As cinco potencias que oficialmente contan con el ─China, Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Rusia─ emitiron un inusitado comunicado conxunto deixando por escrito o obvio: \"unha guerra nuclear non pode ser gañada\". As cinco, membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU, asumen como \"principais responsabilidades\" evitar esa contenda, \"reducir riscos estratéxicos\" e traballar con todos os países para \"crear un ambiente de seguridade\". \"Tamén afirmamos que as armas nucleares ─en tanto que continúen a existir─ deberían servir para finalidades defensivas, disuadir agresións e previr a guerra\", engaden no texto publicado nas webs do Kremlin e da Casa Branca. Unha máxima que resume a teoría da disuasión (\"se teño armas nucleares, non serei atacado\") e que reafirma a idea de que un mundo sen este tipo de armamento é unha utopía. \"Abandonar a nosa capacidade disuasoria sen ningunha garantía de que outros farán o mesmo é unha opción perigosa\", afirmaba xa Jens Stoltenberg, secretario xeral da OTAN, tras ser ratificado o Tratado de Prohibición de Armas Nucleares en outubro de 2020. China O Goberno da China, a través do viceministro de Exteriores, Ma Zhaoxu, considerou que o comunicado axudarña a incrementar a confianza mutua e \"a mudar competición por coordinación e cooperación\", segundo recolleu Xinhua. En calquera caso, o director do departamento de control de armas chinés, Fu Cong, asegurou onte que o proceso de modernización do seu arsenal continuará. O control de armas \"que reduza os perigos do moderno e crecente arsenal nuclear da China\" ─en palabras do secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, tras se anunciar en febreiro pasado a prórroga do Tratado de Redución de Armas Estratéxicas (Start) entre Rusia e os EUA─ é unha das fixacións do Goberno Biden. Mais Fu insistiu en que son outros países os que deben dar o primeiro paso, lembrando que \"EUA e Rusia posúen 90% das cabezas nucleares do mundo\". En calquera caso, a tendencia non apunta a un desarme global, senón a que Beijing busca equilibrar a balanza inclinada cara a Washington e Moscova. Irán E o comunicado conxunto, emitido xusto cando se retoman as conversas en Viena para rescatar o acordo de 2015 sobre o programa nuclear iraniano, deixa claro que os socios do club nuclear pretenden que siga a ser exclusivo. Que non haxa novas adhesións, deixando a espada de Damocles en cinco privilexiadas mans. Por agora, envaiñada. Reino Unido carrexou 31 armas nucleares á guerra das Malvinas O Reino Unido despregou 31 armas nucleares durante a guerra contra a Arxentina polo control das Illas Malvinas en 1982, segundo un documento gobernamental desclasificado ao que tivo acceso a web de xornalismo de investigación Declassified UK. O Ministerio de Defensa británico xa admitira en 2003 que a súa flota no Atlántico Sur levaba armamento nuclear; agora coñécese exactamente o seu número. Esta segunda feira fixéronse 189 anos da ocupación das Malvinas polo Reino Unido."}
{"ID": "PRAZA_8477", "summary": "Jorge Riechmann, un dos referentes máis importantes do ecosocialismo e autor de obras coma El socialismo puede llegar sólo en bicicleta, ofrece este xoves no Consello da Cultura Galega unha conferencia titulada Hacia una cultura de la sustentabilidad", "text": "Jorge Riechmann é é poeta, tradutor literario, ensaísta e profesor titular de filosofía moral na UAM (Universidad Autónoma de Madrid) e converteuse nun dos referentes máis importantes do ecosocialismo grazas a obras coma El socialismo puede llegar sólo en bicicleta ou Interdependientes y ecodependientes. Este xoves ás cinco da tarde ofrece no Consello da Cultura Galega unha conferencia titulada Hacia una cultura de la sustentabilidad no marco do ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). Milita en Ecologistas en Acción e en Izquierda Anticapitalista e mantén unha grande actividade nos movementos sociais. Nos últimos anos formulou a vertente ética da súa filosofía ecosocialista nunha \"pentaloxía da autocontención\" que compoñen os volumes Un mundo vulnerable, Biomímesis, Gente que no quiere viajar a Marte, La habitación de Pascal e Todos los animales somos hermanos. Avanza ou retrocede a conciencia ambiental? Seguimos a ver a natureza como un espazo alleo que hai que ocupar e transformar? É unha pregunta que intentei tratar no libro Interdependientes y ecodependientes. Eu diría que estamos nunha situación paradoxal, porque por unha banda hai moito discurso ambiental e iso leva a que mesmo se produzan reaccións de saturación e cansazo, o que os sociólogos chaman ecofatiga. Iso dáse ao mesmo tempo que estamos cada vez peor, se analizamos as prácticas e non as palabras e os discursos, vivimos nunha sociedade cada vez menos ecolóxica. Retrocedemos a pesar de que hai máis discurso no ambiente. Se botamos a vista cara atrás, nos últimos 50 anos, eu creo que hai dúas décadas, os sesenta e os setenta, nos que a conciencia ambiental avanzou. E os tres decenios seguintes foron de retroceso. Parece raro que o diga con Rio 92 e esas cousas. Pero se observamos os feitos e non as palabras, esa é a realidade. Eu falo da era da denegación, un tempo caracterizado con negar a realidade e mirar cara a outro lado. E eses tres decenios son o tempo do avance do pensamento único neoliberal. \"Se analizamos as prácticas e non as palabras e os discursos, vivimos nunha sociedade cada vez menos ecolóxica\" E a crise como está afectando? Semella que as demandas ecoloxistas quedan relegadas por outras cuestións que semellan máis urxentes... Si. Estamos vendo retrocesos ambientais moi importantes que se producen sen que haxa moito debate nin contestación social, coma por exemplo a reforma da normativa de costas ou na política enerxética. Parece que a crise o xustifica todo. \"Estamos vendo retrocesos ambientais moi importantes que se producen sen que haxa moito debate nin contestación social, coma por exemplo a reforma da normativa de costas ou na política enerxética\" Vostede defende o concepto de autocontención fronte ao de decrecemento. En que se diferencian? Non os contrapoño. Creo que a autocontención ou autolimitación é un principio normativo que tería que orientar as políticas e as condutas nunha sociedade que de verdade quixese ser sostible ou sustentable. E non só nas palabras, o que os alemáns chaman Sonntagspredigt, discursos dominicais. Eu falo de catro grandes principios que debe ir da man no camiño a esas sociedades sostibles: autolimitación, biomímese, ecoeficiencia e precaución. A ecoeficiencia podería encaixar nas sociedades capitalistas pero os outros tres atopan un rexeitamento frontal no sistema e é desbotado como contos da avoa. A autocontención pode entenderse como unha xestión xeneralizada da demanda: en lugar de poñer a disposición da economía e da xente cantidades sempre crecentes de enerxía, ser conscientes de que hai límites e asumilos. Cando falamos de decrecemento habería que precisar de que plano estamos falando. Pero do que fala o decrecemento é da idea básica do ecoloxismo nas últimas décadas: non se pode crecer infinitamente nun planeta finito. \"A autocontención pode entenderse como unha xestión xeneralizada da demanda\" Tamén se poñen enriba da mesa conceptos coma a economía verde ou o márquetin verde que espertan moitas criticas dependendo do que se queira dicir con eles e quen os usen... Si. Nesta sociedade de negadores a linguaxe vese sometida a unha erosión tremenda. O mesmo que o 15M dixo con razón \"chámano democracia e non o é\", tamén temos que dicir \"chámano sustentabilidade e non o é\" ou \"chámano economía verde e non o é\" . Podemos botar a vista atrás e ver o que significaba a economía verde nos anos oitenta, por exemplo no libro de Michael Jacobs The green economy. E podemos comparalo co concepto de economía verde que defende a ONU ou as grandes multinacionais. Non teñen nada que ver: Jacobs entendíaa como o camiño cara un modelo distinto, e estoutros o único que pretenden é mercantilizar absolutamente todo: non só os recursos senón tamén os servizos ambientais. E isto lévanos a un escenario terrible. \"O mesmo que o 15M dixo con razón \"chámano democracia e non o é\", tamén temos que dicir \"chámano economía verde e non o é\"\" O capitalismo é incompatible coa sustentabilidade. Pero tamén a esquerda historicamente pecou dun culto ao progreso e ao crecemento e en boa medida mantén ese lastre... A meirande parte da esquerda, e a pesar de todo o que pasou, segue sendo produtivista. As posicións ecofeministas, ecosocialistas ou de esquerda cunha gran preocupación ecoloxista seguen sendo moi minoritarias por desgraza. Escápasenos a velocidade das transformacións políticas e sociais das últimas décadas. E iso lévanos a que ás veces falemos con conceptos zombies, que parece que están vivos e que significan o mesmo que hai medio século pero que non é así. A categoría de progreso en particular debe ser repensada. Identificalo simplemente co cambio tecnolóxico é unha barbaridade hoxe en dia e se cadra ten sentido definilo como unha mellora cualitativa da condición humana. E esa noción de progreso si se pode defender nestes tempos e en función dela observamos que en moitos aspectos estamos retrocedendo. \"Temos que mirar a América Latina: nos procesos políticos de Ecuador, Bolivia ou Venezuela o ecosocialismo ten un peso moi importante\" Cal é o momento actual do ecosocialismo en España e que retos ten por diante? A asunción meramente verbal dalgúns obxectivos leva a que as posicións políticas ecoloxistas reais sexan minoritarias en España. Pero tamén temos que destacar que España deu dous pensadores fundamentais para o ecosocialismo en todo o planeta, Manuel Sacristán e Paco Fernández Buey. En Cuba mesmo queren crear un espazo de debate chamado Paco Fernández Buey, en recoñecemento da súa importancia. Temos que mirar a América Latina: nos procesos políticos de Ecuador, Bolivia ou Venezuela o ecosocialismo ten un peso moi importante aínda que non se traducira en práctica política. E seguramente o ecosocialismo non ten en ningún pais a importancia que ten en Chile. Non sexamos tan eurocéntricos. Vai haber un gran encontro internacional ecosocialista en Quito en xuño, por exemplo. Texto da súa conferencia (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_18124", "summary": "No ecuador do seu terceiro mandato, o presidente xustifica que leve sete anos incumprindo a súa propia lei para dar independencia aos medios públicos galegos argumentando que era peor cos seus antecesores hai unha década O presidente responde á condena por vulnerar a folga feminista pedindo ao BNG que acate as sentenzas de Catalunya", "text": "O presidente responde á condena por vulnerar a folga feminista pedindo ao BNG que acate as sentenzas de Catalunya No ecuador do seu terceiro mandato, o presidente xustifica que leve sete anos incumprindo a súa propia lei para dar independencia aos medios públicos galegos argumentando que era peor cos seus antecesores hai unha década Este martes 25 de setembro cumpríronse dous anos das últimas eleccións autonómicas en Galicia que deron a Alberto Núñez Feijóo a súa terceira maioría absoluta. E este mércores, nove anos e medio despois da súa chegada á Xunta, o presidente galego volveu tirar do seu tradicional argumentario de que os seus antecesores o facían peor para xustificar que el mesmo leve sete anos sen cumprir a súa propia lei para dar independencia aos medios públicos galegos. Pero desta volta Feijóo non só reiterou que a situación era peor co bipartito de PSdeG e BNG que gobernou Galicia entre 2005 e 2009, senón que asegurou que o mesmo está a producirse co suposto control actual de PSOE e Podemos sobre RTVE. A Feijóo preguntáronlle este mércores En Marea e PSdeG no Parlamento de Galicia sobre o seu reiterado incumprimento da lei dos medios públicos galegos impulsada polo PP en 2011, que está a provocar masivas protestas entre os profesionais da radio e a televisión galegas evidenciados nos venres negros e a manifestación que o pasado 8 de setembro recorreu as rúas de Santiago. As respostas do presidente galego foron do tipo \"entre TVE e a televisión galega hai unha gran diferencia, sen ningunha dúbida, pregúntenllo aos profesionais das dúas\" ou \"o modelo de TVE non é o modelo serio, independente e profesional da TVG\". En Marea e PSdeG lembran que sete anos despois aínda están sen cumprir a creación dun consello de informativos, dun estatuto profesional ou a elección parlamentaria por maioría cualificada do director xeral da CRTVG Os portavoces de En Marea e PSdeG, Luís Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga, lembraron que sete anos despois aínda están sen cumprir esixencias da lei autonómica como a creación dun consello de informativos, a aprobación dun estatuto profesional ou a elección parlamentaria por maioría cualificada do director xeral da CRTVG (pola contra, en 2015 o PP blindou a través doutra lei que o actual director, Alfonso Sánchez Izquierdo, siga no cargo de xeito indefinido). Alfonso Sánchez Izquierdo e Alberto Núñez Feijóo [Xunta de Galicia] Para Villares, eses e outros incumprimentos deberan levar ao presidente galego, ao que chamou \"Alberto Putin Feijóo, o tsar dos Peares\", a \"revogar o director xeral por incumprimento notorio das funcións do seu cargo\". Para Leiceaga, a situación supón un \"incumprimento premeditado e desleal, porque nós apoiamos aquela lei, e a apoiamos íntegra, non por partes\". Feijóo xustifica a situación na TVG co seu liderado en audiencia: \"O importante é o respaldo do pobo galego\", di A ningunha desas cuestións deu resposta Feijóo na súa quenda de palabra. Pola contra, ademais de reiterar que a situación era peor durante o goberno galego previo ao seu hai case unha década, asegurou que aquela mesma situación está a darse agora a nivel estatal, atribuíndo a PSOE e Podemos unha \"gran cacicada\" para controlar RTVE. \"O primeiro que fixeron vostedes foi un real decreto lei para incumprir a lei, para cesar todo o consello de administración de RTVE\", dixo Feijóo, que en ningún momento mencionou o concurso público en marcha para elixir o novo responsable con criterios profesionais. Feijóo tamén se preguntou se o modelo que quere a oposición galega para a CRTVG é o de \"La Tuerka\", o programa presentado por Pablo Iglesias. Outro dos argumentos empregados polo presidente galego fronte ás críticas foi o do liderado da audiencia da TVG: \"O importante é o respaldo do pobo galego\", dixo. Premio estatal a Ana Romaní polo histórico Diario Cultural Villares salienta que Ana Romaní vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural ao tempo que é \"vítima do control represivo da CRTVG\" No debate sobre a censura na CRTVG, o portavoz de En Marea salientou que este martes a xornalista Ana Romaní foi recoñecida a nivel estatal co Premio Nacional de Xornalismo Cultural ao tempo que a dirección da radio autonómica vén de cancelar o seu Diario Cultural no seu formato habitual tornando en microespazos en diferentes puntos da programación. \"Ana Romaní é vítima do seu control represivo da CRTVG\", asegurou Villares, para engadir que \"o máis patético é que vostede nin saiba quen é porque é o exótico presidente que non escoita a radio ou ve a televisión do seu país\", lembrando unha afirmación de Feijóo hai uns días na que este admitía que non ve nin escoita os medios públicos galegos pero que le os resumos que lle preparan os seus asesores. A resposta de Feijóo foi argumentar que el non decide nin os nomeamentos nin os cesamentos na CRTVG pero criticando unha suposta dobre vara de medir de En Marea: \"Resulta que cando se nomea a Ana Romaní para dirixir o programa é correcto\", dixo o presidente. O Diario Cultural foi creado por Ana Romaní na Radio Galega en 1990, cando Feijóo aínda non entrara en política."}
{"ID": "NOS_21663", "summary": "O bretón impúxose (35,2%) a Manuel Valls ( 31,5%) na primeira volta. O terceiro candidato máis votado, Montebourg (17,9%) anunciou voto a favor de Benoît Hamon na segunda volta", "text": "Benoît Hamon gañou a primeira volta das primarias do Partido Socialista francés para escoller candidato para as eleccións presidenciais. Con 35,2% dos votos, o ex-ministro de Educación superou o ex-primeiro ministro Manuel Valls, 31,5%. Ambos os dous desputarán este domingo a segunda volta das primarias, pois ningún deles superou 50% dos apoios. O terceiro candidato máis votado foi o ex-ministro de Economía Arnaud Montebourg, que xa anunciou o seu apoio a Hamon, polo que éste ten, en principio, todas as papeletas para ser eleito. \"O imperativo que pesa sobre as nosas costas é a unión das esquerdas. Sen esa unión, non haberá solución, entre o candidato liberal brutal que é François Fillon [escollido nas primarias do centro-dereita, en Novembro] e a familia Le Pen\", dixo. Hamon, de por parte, afirmou que nas primarias houbo unha \"clara mensaxe de renovación e esperanza, expresaron o desexo de abrir unha nova páxina para a esquerda\", mentres que Manuel Valls afirmou que \"na está escrito\". O ex-primeiro ministro xa se puxo en campaña para a segunda volta afirmando que os socialistas terán que escoller o domingo entre \"promesas irrealizábeis e unhas esquerda críbel que asuma responsabilidades\". Coa afirmación \"promesas irrealizábeis\" Vallas atacaba as propostas que Benoît Hamon fixo durante todas estas semanas, como a creación dun rendemento básico universal ou a semana laboral de 32 horas. Outras propostas foron as de protexer na constitución 'bens comúns' como a auga ou o aire. Analistas e medios sitúan este bretón, licenciado en Historia, na liña da esquerda francesa que se inspira en Bernie Sanders ou Jeremy Corbin. Nas primarias socialistas, nas que se presentaron sete candidatos, tomaron parte menos de dous millóns de persoas. Nas que decorreron o pasado mes de novembro para elixir o candidato da dereita gala, a participación superou os catro millóns."}
{"ID": "PRAZA_18911", "summary": "A peza, dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, estrearase en 2023 despois dun amplo traballo de investigación e entrevistas ao longo deste 2022, centenario do nacemento do político vilalbés e dez anos despois do seu pasamento. A obra busca recoller a súa personalidade, \"particularísima e popularísima\"", "text": "Neste ano 2022 conmemórase o centenario do nacemento do político vilalbés e tamén o décimo aniversario do seu pasamentoA plataforma creativa galega ButacaZero, dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, prepara unha peza de teatro político centrada na figura de Manuel Fraga Iribarne e que -baixo o título de 'Iribarne'- se estreará no ano 2023. Antes, ao longo deste ano 2022, ButacaZero levará a cabo un amplo traballo de investigación sobre a figura, a través de entrevistas, improvisacións e outros materiais e procesos. Neste ano 2022 conmemórase o centenario do nacemento do político vilalbés, ministro da ditadura franquista e presidente da Xunta de Galicia, e tamén o décimo aniversario do seu pasamento.Iribarne non será un biopic sobre a vida de Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo é \"chegar a entender non só a figura do político, senón a afectación que tivo -e segue a ter- nas nosas vidas\"Iribarne é un proxecto de investigación escénica arredor da figura de Fraga, cunha fase inicial que se formula como unha serie de entrevistas nas que se conversará \"sobre a importancia do político galego e do seu legado\". ButacaZero abrirá este proceso de creación ao público a través das súas redes sociais, cunha serie de improvisacións teatrais, compartindo, ao tempo, as entrevistas que se realizarán con relevantes figuras do panorama social e político español, incluíndo representantes da cultura, a historia ou o xornalismo.Iribarne non será un biopic sobre a vida de Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo final é \"chegar a entender non só a figura do político, senón, principalmente, a afectación que tivo -e segue a ter- nas nosas vidas\". ButacaZero cita como referentes deste proxecto obras como Ubú rey, de Alfred Harry, ou La imaginación del futuro, do colectivo teatral chileno La Re-sentida.\"Temos a impresión de que polo camiño deseñou non só o que agora é Galicia, senón mesmo o que é España: esa España do turismo, a do destape a dos paradores... Ou o mesmísimo PP\"Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira buscan facer balance dunha personalidade \"particularísima e popularísima\". Subliñan que Fraga \"puido ter sucedido a outro galego, Francisco Franco, pero tivo que se conformar con ser o 'grandísimo presidente dos e das galegas\". Porén, engaden, \"temos a impresión de que polo camiño deseñou non só o que agora é Galicia, senón mesmo o que é España: esa España do turismo, a do destape a dos paradores... Ou o mesmísimo PP\".Nos últimos anos ButacaZero situouse como un referente do teatro contemporáneo galego, grazas a obras como Voaxa e Carmín, #camiños, Despois das ondas ou 32m2."}
{"ID": "NOS_9557", "summary": "Fontes policiais afirman que manteñen aberta unha investigación para esclarecer os feitos que rodean a morte dunha muller duns 70 anos cuxo corpo apareceu sen vida cando ía ser desafiuzada.", "text": "A comisión xudicial atopou na segunda feira nun piso da rúa Perú, no coruñés barrio de Labañou, o cadáver da muller que ía desafiuzar por non poder pagar o importe do alugueiro mensual do inmoble. A investigación céntrase nestes momentos en atopar a filla, pois non se descarta ningunha posibilidade, entre elas un suicidio asistido. Fontes próximas ao caso, que se atopa baixo segredo de sumario, fan alusión a unha nota cunha autoincuplación do falecemento. Foi tamén na Coruña onde tivo lugar un dos despexos que máis protesto social suscitou, o de Aurelia Rei, en febreiro de 2013."}
{"ID": "NOS_43090", "summary": "O ultra fracasa no seu obxectivo de se facer co antigo 'bastión vermello' para así forzar un adianto electoral en Italia. A dereita, iso si, imponse en Calabria. En ambas as dúas rexións, \"desfeita\" do Movemento 5 Estrelas", "text": "Emilia-Romaña resiste o asalto de Matteo Salvini e a súa dereita dura. Nas eleccións deste domingo esta rexión italiana, un dos bastións electorais da esquerda durante décadas, votou maioritariamente polo candidato de centroesquerda, Stefano Bonaccini, que logrou 51,3% dos votos, Case oito puntos por riba do que logrou a aspirante dereitista, Lucia Borgonzoni, que ficou en 43,6%. O Movemento 5 Estrelas desplómase e non chega ao 4% dos apoios nunha das zonas onde naceu con forza. Estes resultados representan un revés para Salvini, que formulou estas eleccións como un verdadeiro plebiscito sobre o gobernó italiano.O líder da Liga Norte, porén, quixo mostrarse contento: \"Por primeira vez en 70 anos a Emilia-Romaña está partida (electoralmente). É emocionante\". \"Non me sinto derrotado, gañas e perdes. Mais se perdo son igual de feliz, ao contrario: traballo o dobre. Terán que esperar os próximos vinte anos para verme canso\". A dereita recoñece que o 'movemento das sardiñas' fixo dano, ao abrir por primeira vez unha mobilización ampla e popular fronte Salvini e o que representa, logrando remobilizar sectores do voto que estaban na abstención cara á esquerda. O gañador en Emilia-Romaña é o PD. O líder do partido, Nicola Zingaretti afirma que \"de Emilia-Romaña chegou un sinal: Salvini sabe dicir os problemas pero non sabe como resolvelos e a xente reaccionou. Salvini perdeu\". En Calabria gañou a dereita, con case 56% dos votos, mentres o candidato de centroesquerda ficaba en 30%. Ao igual que na Emilia-Romaña, o M5E rexistrou uns pobres resultados: neste caso, 7% dos votos."}
{"ID": "NOS_36572", "summary": "Ana Pontón insta a que se asuman responsabilidades e a socialista Marina Ortega pide que Feixoo dea explicacións no Parlamento.", "text": "A vacinación de Josefina Fernández, conselleira delegada de DomusVi, e do seu irmán está a xerar un amplo malestar entre familiares dfe usuarios das residfencias, sindicatos e tamén as forzas da oposición. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a vacinación de Fernández supón unha \"labazada\" á dignidade de Galiza\" e insta aá Xunta a dar explicacións e asumir responsabilidades. Pontón asegurou que o feito de que persoas \"salten a lista\" á hora de porse unha vacina cando \"hai miles á espera\" supón unha \"falta\" da \"mínima decencia\". \"É unha labazada a dignidade deste país\", sostivo a nacionalista, que lembrou que os xeriátricos de DomusVi foron un dos lugares nos que máis impactou a Covid e criticou a \"cara dura\" da conselleira delegada ao \"romper todos os protocolos\" para inmunizarse. \"Creo que é impresentábel, pero a Xunta debe de explicar como é posíbel que unha persona que non forma parte dos colectivos proritarios recibe esta vacina\", manifestou Pontón, que asegurou que hai \"unha responsabilidade\" por parte do Goberno galego que alguén debe de asumir. O PSdeG instou o presidente da Xunta a explicar na Cámara galega as vacinacións \"irregulares\" na Galiza, como a da conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, da alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e os erros na lista da área sanitaria de Pontevedra. A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Socialista, Marina Ortega, manifestou que \"non podemos consentir este tipo de cuestións xa que están pendentes moitísimas persoas vulnerábeis ás que hai que blindar e seguir o proceso de forma sistemática e optimizada\", manifestou a parlamentaria do PSdeG. Ortega subliñou que tanto o presidente como as consellerías competentes deben explicar este tipo de \"irregularidades\" con \"urxencia\". \"A Xunta proporciona a vacina a estas persoas antes que outras que están pendentes, como son os sanitarios que están na primeira liña\", censurou a deputada."}
{"ID": "NOS_20909", "summary": "As escolas rurais vólvense Universidade en Barreiros. O Colectivo Ollomao imaxinou unha universidade nas aldeas, con cursos de formación que se imparten nas escolas rurais e títulos que se chaman \"sementes\". Bota a andar o próximo 21 de outubro.", "text": "Son escolas en lugar de facultades, sementes no canto de Graos. Así é a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto formativo para as aldeas que promove o Colectivo Ollomao e apoia a Deputación de Lugo a través das súas áreas de Cultura e Vicepresidencia. Os cursos, a formación, non teñen que ser só privilexio do mundo urbano, no rural hai espazos como os edificios das antigas escolas rurais que poden ser a base dunha rede de centros de formación. Desta idea partiron en Ollomao á hora de deseñar o proxecto que neste es de outubro se iniciará cun plan piloto. \"Dar vida aos pequenos núcleos rurais e \"motivar\" ás veciñas e veciños a que se despracen para participar nas actividades e utilizar as escolas rurais para o ensino, a transmisión de coñecementos, a alfabetización\", recóllese no proxecto no que se contempla un catálogo de cursos que non está, habitualmente, ao alcance do mundo rural. Barreiro terá universidade e o alumnado á que se dirixe é, en primeiro lugar, os seus propios veciños do rural. \"Recuperar o uso das escolas rurais e aproveitar o capital intelectual das e dos veciños de Barreiros e achegar o rural un catálogo de cursos que polo xeral só se imparten na cidade\", sinalan desde Ollomao dun proxecto que contempla cinco áreas de formación ou sementes: Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Xornalismo e Opinión Pública, Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas e Produción Artística e Publicidade. Os espazos serán as propias escolas rurais, que en Barreiros hai 13 espallados por 8 parroquias do concello. Os edificios terán así novo uso acaído a súa propia historia no ámbito educativo. \"Os proxectos grandes soen ter a súa orixe en sitios pequenos e de colectivos pequenos\", afirmou o vicepresidente Antonio Veiga na presentación dun proxecto que para o responsábel da Área de Cultura, Mario Outeiro é \"se cadra o proxecto cultural e educativo máis importante dos últimos tempos no rural lucense pola clara aposta pola democratización da cultura\". A presidenta do Colectivo Ollomao, Tamara Rubiños anunciou tamén que botarán man das \"potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos\". Para se inscribir compre dirixirse ao correo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Do 21 ao 25 de outubro desenvolverase a semana de portas abertas na que se poderá experimentar nas distintas sementes. Son escolas en lugar de facultades, sementes no canto de Graos. Así é a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto formativo para as aldeas que promove o Colectivo Ollomao e apoia a Deputación de Lugo a través das súas áreas de Cultura e Vicepresidencia. Os cursos, a formación, non teñen que ser só privilexio do mundo urbano, no rural hai espazos como os edificios das antigas escolas rurais que poden ser a base dunha rede de centros de formación. Desta idea partiron en Ollomao á hora de deseñar o proxecto que neste es de outubro se iniciará cun plan piloto. \"Dar vida aos pequenos núcleos rurais e \"motivar\" ás veciñas e veciños a que se despracen para participar nas actividades e utilizar as escolas rurais para o ensino, a transmisión de coñecementos, a alfabetización\", recóllese no proxecto no que se contempla un catálogo de cursos que non está, habitualmente, ao alcance do mundo rural. Democratizar o ensino Barreiros terá universidade e o alumnado á que se dirixe é, en primeiro lugar, a propia veciñanza do rural. \"Recuperar o uso das escolas rurais e aproveitar o capital intelectual das e dos veciños de Barreiros e achegar o rural un catálogo de cursos que polo xeral só se imparten na cidade\", sinalan desde Ollomao, dun proxecto que contempla cinco áreas de formación ou sementes: Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Xornalismo e Opinión Pública, Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas e Produción Artística e Publicidade. Os espazos serán as propias escolas rurais, que en Barreiros hai 13 espallados por 8 parroquias do concello. Os edificios terán así novo uso acaído a súa propia historia no ámbito educativo. \"Os proxectos grandes soen ter a súa orixe en sitios pequenos e de colectivos pequenos\", afirmou o vicepresidente Antonio Veiga na presentación dun proxecto que para o responsábel da Área de Cultura, Mario Outeiro é \"se cadra o proxecto cultural e educativo máis importante dos últimos tempos no rural lucense pola clara aposta pola democratización da cultura\". A presidenta do Colectivo Ollomao, Tamara Rubiños anunciou tamén que botarán man das \"potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos\". Para se inscribir compre dirixirse ao correo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Do 21 ao 25 de outubro desenvolverase a semana de portas abertas na que se poderá experimentar nas distintas sementes."}
{"ID": "NOS_52210", "summary": "O romanceiro tradicional será o gran protagonista na segunda edición do ciclo Flor Nova do Romanceiro, organizado por Sirgo Torcendo, que tratará de ofrecer unha perspectiva renovada das diferentes variantes do Romance Ibérico tradicional, histórico, vulgar ou de cego.", "text": "O Romanceiro, ese conxunto de poemas narrativos transmitidos oralmente, érguese como un punto de conexión, de encontro, das diferentes tradicións que o foron creando, e ampliando, até a actualidade. Desde os romances máis tradicionais até as últimas achegas que abren novos camiños. E entre eses novos camiños atópase Flor Nova do Romanceiro Ibérico, un ciclo de concertos e palestras organizado por Sirgo Torcendo, en colaboración con A Central Folque, que trata de ofrecer unha nova perspectiva das diferentes variantes do Romance Ibérico tradicional, histórico, vulgar ou de cego. A primeira edición de Flor Nova do Romanceiro desenvolveuse na Coruña en 2019, co gallo do Bienio Pidalino. Agora volve aflorar, mais \"dándolle unha volta ao romanceiro ibérico e ao romanceiro tradicional galego, ampliando os enfoques desde os que se podía abordar\", explica en conversa con Nós Diario a directora do ciclo, Belén Bermejo. Así, concertos, palestras e vídeos de divulgación para todos os públicos definen o programa desta segunda edición, que se desenvolverá os días 8, 9, 15 e 16 de outubro. Desde a Compostela rural A localización, algunhas das parroquias máis emblemáticas do rural compostelán: as igrexas de Santo André de Barciela, Santa María de Villestro e San Paio da Sabugueira. \"Nun afán por descentralizar decidimos acudir a parroquias, xa non do centro, senón do rural compostelán\", explica Bermejo. Son espazos \"moi importantes desde o punto de vista histórico\". Algúns atópanse situados \"en pleno Camiño de Santiago, como é o caso da igrexa de San Paio de Sabugueira\", e outros presentan unha arquitectura \"realmente interesante\". Véxase Santo André de Barciela, \"unha pequena xoia\". Son lugares que apenas teñen programación e aos que \"non se lle presta moita atención\", valora a directora. \"Compostela ten un rural moi interesante e moi abandonado\", apunta. Unha perspectiva renovada do Romanceiro O ciclo achegará \"unha perspectiva renovada e enriquecida sobre diferentes variantes do Romance Ibérico tradicional, histórico, vulgar ou de cego, de tempos pretéritos e actuais\", adiantan desde a organización. Renovada desde diferentes enfoques e entendendo o romance de maneira \"poliédrica\", en palabras de Belén Bermejo. Primeiro, partindo do romance como estrutura métrica ou como poema, que \"afonda as súas raíces na Idade Media\" para se conservar e transmitir ao longo dos séculos de maneira oral \"até chegar ao recordo na mente da xente que aínda hoxe os cantan\". Mais partindo tamén da actualidade, das persoas que traballan sobre eses textos, \"como Alba María, que é cantora de romances tradicionais mais realiza as súas propias\" creacións romancísticas e incluso as improvisa. \"É pór o romance na voz de xente que segue a dar unha visión renovada\" do que é ou pode ser este xénero. Diana Baroni e Grupo 1500 A segunda edición de Flor Nova traerá á Galiza a cantora e investigadora arxentina Diana Baroni, quen actuará a canda Rafael Guel. \"Xa ela mesma é un espectáculo que enche o escenario coa súa presenza\", conta Bermejo. Formada en música clásica e barroca, pasou ao mundo da investigación e experimentación no ámbito da música tradicional. \"Os dous fan cousas marabillosas\" vinculadas coa tradición amerindia e latinoamericana, mais para esta actuación Diana Baroni propón \"unha narración na que recrea o ambiente popular e ecléctico da época colonial en América Latina, no que se instala e desenvolve o Romanceiro Ibérico en constante diálogo coas tradicións mestizas\". Realizarase na sexta feira 15 de outubro e contará cunha conversa coa propia Diana Baroni. O Grupo 1500 será outro dos pratos fortes para este encontro arredor do romanceiro tradicional. Referentes no ámbito ibérico de interpretacións informadas de música antiga, neste ciclo afondarán \"no que puideron ser as raíces dentro de toda a literatura dos Minnesänger, pasando polas Cantigas de Santa María, textos medievais que xa apuntan a un certo carácter narrativo\", explica Belén Bermejo, tamén integrante do conxunto. Así pois, nesta Flor Nova ofrecerán ao público asistente \"un repertorio moi fermoso\" no que, entre outras pezas, interpretarán o apócrifo \"Pranto da Frouxeira\", mais nunha \"contrafacta coa música dun romance tirada do Cancioneiro de Palacio\". Nese decorrer, que se desenvolverá o 9 de outubro, o músico Andrés Díaz achegará, na parola co público, \"moitos datos interesantes e curiosos\". Os \"romances\" galegos de nova creación O zanfonista e cantor Francisco do Romualdo, posibelmente \"o único artista invisual verdadeiro que representa os cantos de cego actualmente\", cantará \"romances novos\" so o título \"paus de cego\", co fin de lembrar e traer á actualidade \"aquelas persoas invisuais que os transmitiron e vendían en pregos de cordel\". Será na sexta feira 8 de outubro, a canda o concerto solista de Miro Casabella. Para pór o ramo ao ciclo, o sábado 16 de outubro o conxunto conformado por Alba María e Queco Díaz abordarán os romanceiros galegos de tradición oral e de nova creación que achegan \"todo o sabor da honesta interpretación popular\". Vídeos divulgativos en liña Alén dos concertos, o programa de Flor Nova do Romanceiro Ibérico inclúe actividades de diversa índole: performáticas, diálogos, narracións... Terán lugar antes dos concertos ou integradas neles, e están dirixidas a todos os públicos. Paralelamente ao ciclo de actividades escénicas, o programa inclúe unha serie de vídeos divulgativos que se emitirán ao longo do mes de outubro na canle de Youtube de Sirgo Torcendo. A través de catro capítulos, participarán os especialistas Andrés Díaz, Diana Baroni, José Luís Forneiro e Xabier Moure, recoñecido estudoso do patrimonio e da historia da comarca dos Ancares. Ademais, Alba María realizará un vídeo-obradoiro sobre o romanceiro, no que achegará as chaves para crear o seu propio romance."}
{"ID": "NOS_12868", "summary": "O 19 de febreiro conmemórase o centenario do poeta Xosé María Díaz Castro e desde o centro educativo que leva seu nome no seu Guitiriz natal poñen ao dispor da comunidade educativa diversos materiais para compartir a festa de aniversario. Profesorado e alumando elaboraron actividades, un documental, propostas de xogos... para convidar a toda a comunidade a celebrar unha xornada poética.", "text": "Desde o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz animan a toda a comunidade educativa a conmemorar a festa de aniversario do autor a quen a Academia decidiu dedicar este ano o Día das Letras Galegas. Con este fin, comparten diversos materiais para que o nome de Díaz Castro resoe e que a festa que desde Guitiriz promoven sexa simultanea en todos os centros educativos do país que queiran sumarse á celebración do aniversario. Propoñen, entre outras cousas, que nos centros educativos se proxecte o documental que elaborou o propio alumnado do IES de Guitiriz \"A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro\" (en colaboración con Pasen y Vean Comunicación: http://www.pasenyveancomunicacion.com/). Convidan tamén a partillar unha proposta de actividade de 50 minutos que inclúe xogos sobre a poesía, exercicios arredor do documental elaborados pola profesora María Miragaya a partir dun obradoiro da especialista Chus Otero ( http://www.chusotero.es/). A música ten tamén presenza no programa que o centro propón, da man da profesora Sandra Tenreiro. Os distintos materiais están dispoñíbeis nos enlaces: http://www.alusdomundo.com http://biblodiazcastro.blogspot.com.es/ http://www.edu.xunta.es/centros/iesdiazcastro/ A cambio da xenerosa oferta, desde o Poeta Díaz Castro solicitan que os centros que se sumen á festa lles remitan fotos e documentación da celebración compartida ao enderezo documentaldiazcastro@gmail.com para compartir tamén nas redes sociais."}
{"ID": "NOS_20493", "summary": "Stephanie Llaryora recoñece o seu carácter nómade até chegar á Galiza. Naceu en Florida (EUA) e vivíu na América Latina, Madrid e Euskadi. O teatro é a súa paixón e conseguiu que fose a súa profesión unha vez estabelecida no noso país coa creación da produtora De Ste Xeito. Entrou polo Padornelo amosando o seu humor en monólogos enxeñosos e valentes nos que incorporou a lingua galega que agora fala con soltura.", "text": "No espectáculo 'Eu quero ser galega' atrévese coa análise da nosa identidade. Aproveitou as súas experiencias? Fíxeno desde o que eu sentín. Por un lado sentía moita identificación coa personaxe. Se alguén está onde debe estar todo flúe. Se tes moitas dificultades é que non estás onde corresponde. A miña integración levoume a analizar o que estaba a pasar desde un punto de vista cómico. Tamén tratei o choque cultural que atopei. Busquei a experiencia de alguén que se quere adaptar a esta terra. Galiza ten unha personalidade moi marcada. Impactoume o sentimento de acollida, de moita raíz. Imaxino que tedes incorporada esa historia da emigración e no meu caso cando volvía sempre atopaba acubillo. Coincide coa miña historia da emigración. Atopei un sentimento de moito compromiso e honestidade por parte da xente. A dúbida da que se fala tanto é máis porque tedes moito que dar e igual precisades pensar sobre a persoa que tedes diante. A min encántanme as cousas impredicíbeis e coido que a Galiza é algo impredicíbel. Pola súa meteoroloxía e por ter tanta conexión coa natureza. Creo que me agarda unha historia de vida moi potente. Como foi a súa propia \"galeguización\"? Coa Galiza tiven un amor a primeira vista. Estudei arte dramática en Madrid e vivín en Euskadi. A miña familia é moi nómade e viaxei moito tamén pola América Latina. Participei en diversos monólogos nunha época na que se facían moitos. Un compañeiro tróuxome a traballar e notei que se me abrían moitas portas. Comecei a facer amizades e a miña mellor amiga vivía na Coruña. De repente tiña moito sentido todo o que eu facía aquí. Foi cando me decidín a quedar. Atrapoume, e non sei explicar como, mais xa levo sete anos vivindo aquí. Cal é a idea co espectáculo 'Feminíssimas', que agora representan pola xeografía galega? Queriamos afondar no tema dos feminismos, das diferentes sensibilidades que hai dentro do movemento. As tres actrices e o director quixemos profundizar nesta cuestión. Obviamente somos feministas mais vimos que había debates internos con axendas políticas moi diferentes, que atopas se entras en calquera foro. Queriamos retratar, por un lado, o enfrontamento a través de tres feminismos diferentes mais que as protagonistas fosen amigas. Entra un pulso entre amizade e ideoloxía. A peza narra o encontro de tres mulleres inseparábeis na infancia, que hai quince anos que non se ven e que se atopan pola circunstancia de que haberá un congreso feminista en Vigo. Cada unha delas representa un sector do feminismo: o radical, o liberal e o posfeminismo. Son ideas ben distintas de entender neste movemento, que entran nun forte debate. Identidade galega, feminismos... Non son temas arriscados nun espectáculo? O risco do espectáculo era algo que nos preocupaba, ao principio, polas susceptibilidades que podía ferir. No tempo que levamos de xira vimos que non foi así. A nosa idea nunca foi contar a proposta de quen é máis feminista, senón a de retratar tres feminismos diferentes, polo que as persoas do público poden sentirse máis achegadas a unha das tres tendencias. O máis interesante para min é a análise que poden facer das outras ideas, respectar que se pense doutra maneira, e a explicación biográfica de cada unha. A obra vai máis alá, as persoas que hai baixo as ideoloxías. Como chegamos a pensar como pensamos? É dificil conectar desde a diferenza mais o importante é o respecto."}
{"ID": "NOS_25580", "summary": "\"Dun tempo para acá, a carencia de persoal e a incapacidade do Sergas para atopar substitutos […] converteu a vida do persoal aínda dispoñible nun auténtico inferno\", denuncian os facultativos deste Punto de Atención Continuada.", "text": "\"O PAC do Porriño é centro con maior presión asistencial da área de Vigo fóra do núcleo urbano principal. Habitualmente desempeña a súa función cunha gran infradotación de medios: tanto o persoal como o espazo do que se dispón é claramente insuficiente para a presión asistencial que soporta. Aínda así, grazas ao esforzo e enorme profesionalidade dos seus traballadores, ata a data demostrou ser resolutivo e eficaz\". Así comeza a nota de prensa enviada por sete médicos deste Punto de Atención Continuada (PAC). Un lugar onde o servizo se presta en equipos de dous médicos e dous enfermeiros que fan gardas de 17 ou 24 horas cada catro días. \"Isto é, hai oito prazas de médico e oito de enfermería previstas, e con esta rotación cóbrense todos os días do ano, incluíndo todas as noites, fins de semana e festivos\". Era, como recoñecen os facultativos \"un traballo duro pero levadeiro\". Porén, as cousas varían: \"Dun tempo para acá, a carencia de persoal e a incapacidade do Sergas para atopar substitutos estando obrigados a prestar asistencia igualmente, converteu a vida do persoal aínda dispoñible nun auténtico inferno\". Unha serie de circunstancias (excedencias, vacacións, Baixas…) fan que o PAC vaia ter 4 profesionais médicos menos. Ou sexa, \"Catro médicos pasarán de modo obrigatorio a levar a cabo o traballo que viñan realizando oito\". Esta situación, que debera ser excepcional, afirman os facultativos, é a segunda vez que ocorre en dous meses. \"Tamén debera ser excepcional que o servizo quede descuberto, como ocorreu o pasado 17 de novembro durante dúas horas ao non ser cuberta unha ausencia prevista por vacacións\". Os médicos din que se senten \"co deber e a responsabilidade\" de informar á poboación desta situación. \"Cando acuda por unha urxencia ao PAC de Porriño nos próximos días debe saber que vai ser atendido por profesionais extenuados tanto física, pola dureza das quendas que se están vendo obrigados a soportar, como psicoloxicamente por non saber cando vai terminar esta situación\"."}
{"ID": "NOS_2608", "summary": "O BOE publica esta sexta feira os criterios e requisitos a seguir: desde non coller vehículo nin transporte público para ir até o lugar onde queremos facer exercicio até a prohibición de ir a instalacións deportivas fechadas.", "text": "1) Como é o das franxas? As persoas adultas poderán estar na rúa o tempo que queiran, mais sempre dentro das franxas horarias coñecidas: deportes e paseos de 6 a 10 horas e de 20 a 23 horas; maiores de 70 anos e persoas con dependencia, de 10 a 12 e de 19 a 20 horas; e para as menores de 14 anos fica a franxa de 12 a 19 horas. 2) Pero hai límite de tempo? O BOE aclara que non hai límite de tempo para paseos e deportes dentro das franxas horarias. Ou sexa, non se limita a unha hora. 3) E as menores de 14 anos? As menores de 14 anos continúan coas saídas limitadas a 1 hora diaria, que ademais agora deberánd e facer de 12 a 19 horas fronte á franxa de 9 a 21 horas que tiñan desde o sábado pasado até agora 4) É obrigatorio levar máscara? Non é obrigatorio o uso de máscaras. 5) Pode facerse deporte ou pasear en calquera espazo? Prohíbese o uso do vehículo para desprazarse atá zonas onde se queira facer exercicio ou pasear. O que especifica Sanidade é que os atletas terán que \"manter unha distancia interpersonal con terceiros de polo menos dous metros\". O Goberno tamén establece que durante a actividade física \"deberían evitarse espazos ateigados, así como aqueles lugares onde poida haber multitude\". 6) Sen interrupcións. A actividade física \"na medida do posíbel\" debe ser realizada \"de maneira continuada, evitando paradas innecesarias en vías ou espazos de uso público\". De ter que facer a parada esta deberá ser \"polo tempo estritamente necesario\". 7) E cal é a distancia? Os paseos restrínxense a 1 quilómetro do domicilio mais poderase sobrepasar esa distancia para facer exercicio. 8) Todas as persoas poden saír? Non. Por exemplo, as persoas internas en residencias de anciás non poderán saír a facer exercicio físico. 9) O \"acceso ás instalacións deportivas\" fechadas no inicio da pandemia non estará permitido. 10) A limitación de tempo non afecta aos concellos de menos de 5.000 habitantes, por volta de 200 na Galiza."}
{"ID": "NOS_13521", "summary": "Profesionais da Atención Primaria encaran o outono coas mesmas deficiencias coas que iniciaron o desconfinamento e pasaron o verán: con atrasos, falta de persoal e axendas sobrecargadas.", "text": "A nova realidade na Atención Primaria non dista moito da vella normalidade. A precariedade e a falta de medios continúan nun sector da sanidade pública chave para garantir a saúde dos usuarios, mais tamén do propio sistema sanitario. \"A carencia de persoal e a acumulación de tarefas seguen sendo evidentes\", sinalan desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, dous lastres que sobrecargan a recuperación asistencial nos centros de saúde despois da pandemia e aos que se une agora o seguimento necesario dos novos casos de coronavirus que salpican o territorio. A miña consulta está ao 150% do que vén sendo habitual. \"Gran parte do traballo que teño estes días na consulta consiste en tranquilizar, explicar e resolver todas as dúbidas que me traen os pacientes relacionadas cos dous focos de Covid-19 detectados na localidade nas últimas semanas\", afirma Miguel López del Pueyo, médico de familia en Muros. \"Queren saber se son contacto estreito, se para o seu caso se recomenda unha proba PCR ou cales son as circunstancias nas que se debe realizar un illamento\" e todas estas aclaracións, recoñece, supoñen \"unha sobrecarga\" tanto para el como para os outros tres facultativos que atenden o centro de saúde de Muros -dous están de vacacións-na recta final de agosto. \"Creo que fixemos un bo manexo dos casos de coronavirus detectados na vila e que están controlados, mais iso non impide que a miña consulta estea a 150% do que vén sendo habitual\", asegura Miguel López del Pueyo. Sobrecarga Covid Desde a área sanitaria de Pontevedra, confirman esa sobrecarga derivada do novo coronavirus, tanto nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada. \"Na actualidade, polas características dos pacientes e a clínica que presentan case todo o traballo asociado á Covid-19 recae na Atención Primaria\", manifesta María Armas, médica nun PAC na comarca do Salnés e tamén facultativa de reforzo en Atención Primaria. \"Os pacientes xa non veñen con problemas graves que requiran hospitalización ou coidados intensivos, polo tanto, o labor que durante a primeira vaga de contaxios desenvolveu a medicina especializada agora tócalle asumilo á Atención Primaria\", incide. E faino nun contexto de sobrecarga xeneralizado, engade, con axendas imposíbeis de até 60 pacientes e con todos os programas de pacientes crónicos pendentes de resolver. \"Temos unha carga asistencial tremenda derivada do confinamento á que aínda non se lle deu saída: hipertensos, diabéticos, doentes con patoloxías renais, cardíacas ou oftalmolóxicas. Moitos, á espera\". Tes que valorar, diagnosticar e indicar un tratamento practicamente a cegas. Estes coidados xa representaban un peso engadido antes da pandemia, apunta Armas, \"porque se viña traballando con cotas moi altas de pacientes, axendas densas e poucas substitucións\". A chegada do verán no fixo máis que agravar a situación. \"Durante os meses de estío hai máis ausencias. As vacacións e os permisos aumentaron as intersubstitucións e os reforzos en consulta, como no meu caso. Despois de cumprir co meu horario laboral no Punto de Atención Continuada apoio os compañeiros no centro de saúde, o que supón unha sobrecarga de horas e de traballo insoportábel\". Proba do exceso asistencial ao que se ve sometida a Atención Primaria é a baixa en bloque de media ducia de médicos que se produciu a mediados de agosto no centro de saúde do Grove. \"O seu caso explica moi ben a realidade dos centros de saúde durante o verán, nunha zona costeira e coa presión engadida da Covid-19\", salienta María Armas, quen apunta a necesidade de poñer en contexto este caso. Medicina pouco eficaz \"O Grove quedou sen médicos porque xa non eran quen de asumir as axendas e as consultas baixo o estrés e a responsabilidade engadida que implica unha sobrecarga asistencial que, ademais, hai que xestionar de maneira telefónica\". Armas asegura que se está exercendo unha medicina que a moitas profesionais non lles \"dá tranquilidade\". Son consultas moito \"máis exixentes e difíciles de interpretar, moito máis cansadas\", sinala José María Dios desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. \"Tes que valorar, diagnosticar e indicar un tratamento practicamente a cegas\" engade Armas, quen pon en dúbida a medicina e a calidade asistencial deste tipo de consultas. \"Creo que non é xusta nin eficaz. Pasamos consulta, si; resolvemos realmente, como merecen, os problemas da xente, creo que non\". [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da terza feira, día 25, nos quiosques ou na nube]"}
{"ID": "QUEPASA_266", "summary": "O sorteo da Copa da Costa, un evento pioneiro no fútbol galego. Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. O cadro da Copa da Costa en www.copadacosta.com.", "text": "Nova xornada completa do Fútbol da Costa, nesta fin de semana marcada polo novedoso sorteo da Copa da Costa. Pero non parou de rodar o balón e o domingo tivemos un novo e intenso carrusel tecnolóxico en directo a través de www.futboldacosta.com. Por arriba, na Preferente, unha de cal e unha de area. O Sofán volvía vencer fóra da casa e parece que respira por fin. Non así o Xallas, que caía ante o Dubra e métese en zona de posibles arrastres. Xornada bastante positiva 1ª, onde os máis necesitados sumaron boas goleadas. O Fisterra sumaba unha nova vitoria pero non consegue recurtar co líder. Venceu o Baio, tras dúas derrotas seguidas, e venceu a Esteirana, que segue a súa espectacular escalada na segunda volta. Caían Dumbría e Soneira, deixando ao cadro soneirán algo preocupado. Na Liga da Costa, volve apretarse a cousa. Recorta o Corme dous puntos tras vencer no derbi ao Ponteceso, no partido da xornada, e aproveitando o empate do Mazaricos en casa ante o San Lorenzo. O cadro cormelán colócase a 3 do líder amarelo, e saca xa 7 puntos ao Ponteceso. A 7 do líder fica agora o Volantes, sumando a súa 6ª vitoria consecutiva en Zas. Por arriba, os que parecen dicir adeus a loita polo título son o Baíñas que caía ante o Cerqueda, e o Muxía, que caía ante un Muros que conseguía tres puntos fundamentais na loita por evitar o descenso. Como os do Lira, ante o Cee; ou os Buño ante o Ameixenda, dúas vitorias que valen ouro nesa pelexa. Na 3ª, o líder Coristanco aprazou o partidazo da xornada ante o Castriz polo pasamento dun familiar do seu xogador Lagoa. O Cabana sufriu para meter algo de presión vencendo, non sen apuros, a un Outes que se puxo por diante. Tamén tivo que remontar o Porteño para superar ao Corcubión e seguir afianzando a promoción sen descolgarse da loita polo ascendo directo. Na loita pola promoción, Castrelo e Nantón, que empataron, desaproveitaron unha boa ocasión para achegarse a Outes e Camariñas, que caía no derbi camariñán que supón a sgeunda vitoria do ano para As Baleas. A base Na base, o máis destacado foi o cambio de líder en Xuvenís, onde Os Miúdos sumaban a súa 6ª vitoria seguida ante un Cabana que viña líder e marcha por detrás do cadro muradán polo golaveraxe. O Corme, se vence o seu partido de menos, ficaría en todo caso un punto por riba dos dous, mentres o Fisterra queda a 5 puntos do líder, o Sofán a 9 (tras unha insperada goleada) e Esteirana e Outes (que vén como unha moto) a 10. Xornada importante, a falta 6, en Cadetes, onde o Outes aproveitou que o Zas aprazou o seu partido para igualalo na táboa, mentres o Cee perdeu a ocasión de asaltar o liderato ao perder ante o Sofán, o 4º. En infantís, Dumbría, Cee e Xallas seguen a súa pelexa goleando. Ademais, remataron ademais 4 das ligas de F8, que xa tiñan o campión decidido. Como se pon a Liga de Veteranos Espectacular está a Liga de Veteranos, despois de derrota do líder, Zas ante o Soneira, que deixa a táboa con 3 equipos no alto da táboa (os dous equipos soneiráns xunto ao San Román), e San Lorenzo, que superaba ao Dumbría, ao que distancia case definitivamente, a 2 puntos. Máis información O sorteo da Copa da Costa, un evento pioneiro no fútbol galego. Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. O cadro da Copa da Costa en www.copadacosta.com."}
{"ID": "NOS_12852", "summary": "O 6 de decembro de 1383 era asasinado no Palacio Real de Lisboa Joam Fernandes de Andeiro, un dos máis grandes diplomáticos do século XIV europeo, grande estratega e político, ennobrecido co título de Conde de Ourem e que pasaría á historia como Conde de Andeiro, freguesía do concello de Cambre, onde nacera en 1320. O Concello resgatou esta quinta feira, día 6, a súa figura.", "text": "Achegarse á epopea do Conde de Andeiro é iniciar unha viaxe a unha figura fascinante, obxecto a un tempo de mitificación e esquecemento debido á dimensión e incomodidade da súa biografía. Biografía que o Concello de Cambre pretende resgatar do baúl para a divulgar, contextualizar e dignificar, \"facendo xustiza a un patriota galego inxustisimamente descoñecido cando non menosprezado\", afirmou na mañá da cuarta feira o concelleiro de Cultura, Dani Carballada. O conde de Andeiro defendeu no seu momento unha solución atlantista para afianzar e perpetuar a soberanía da Galiza, vinculando o país a Inglaterra, onde residiu como embaixador, e a Portugal, onde chegou a ser unha figura clave e referencial, que pervive a día de hoxe, en grande medida deturpada, no imaxinario colectivo do país. \"Baixo a súa iniciativa, A Coruña proclamou Fernando O Fermoso de Portugal rei da Galiza, trasladando a súa corte á capital herculina, que chegou a emitir moeda propia e a manter relacións internacionais plenamente soberanas nun período histórico que só rematou logo do asedio e ataque dos exércitos casteláns, tras a derrota, que non rendición, da Coruña, vencida xa o resto da nación\", explicou o edil de Cultura. Conmemoración En colaboración coa Asociación Veciñal A Torre de Andeiro, o Concello conmemorou a I Xornada de Irmandade Galego-Portuguesa Conde de Andeiro. Precisamente, a pista deportiva que leva o nome do conde acolleu a primeira hora da quinta feira un repertorio especial de composicións galegas e portuguesas a cargo da banda de música da escola Sementeira de Cambre en compañía do grupo de música tradicional da entidade. Foi un percorrido por séculos de tradición musical, alén de lingüística, común entre ambas beiras do Miño e que rematou co emblemático Grândola Vila Morena. A continuación, estreouse un pequeno documentario divulgativo sobre a figura do Conde de Andeiro, co obxecto dar a coñecer en apenas 10 minutos os aspectos máis salientábeis da súa vida. A sorpresa da xornada chegou cando ao pé do cruceiro situado nas inmediacións da igrexa de San Martiño fixo aparición o conde de Andeiro, quen, no día en que se facían exactamente 635 anos da súa morte, semellaba estar máis vivo que nunca. Foi posíbel grazas á recreación histórica que realizou o actor e historiador Suso Martínez, que debuxou un percorrido teatralizado pola parroquia e que rematou nos restos da primitiva Torre na que naceu o conde de Andeiro e na que chegou a hospedarse o rei Fernando de Portugal. A presidenta da asociación veciñal, María José Naya, e os concelleiros de Cultura e de Deporte, Dani Carballada e Brais Cubeiro, amosaron a súa satisfacción polo balanzo positivo dun acto que se prolongou pola tarde cun animado obradoiro para crianzas e coa posterior conferencia a cargo da normalizadora lingüística municipal Alicia Longueira e da historiadora Águeda Rei. A palestra derivou nunha sorte de faladoiro en que se reflexionou sobre o devir de Galiza se trunfasen as teses e proxectos de Andeiro. Día do Conde de Andeiro A xornada naceu para ficar, en palabras do Concello de Cambre, \"será de agora en diante o Día do Conde de Andeiro\", afirmou Carballada, que dixo sentirse satisfeito por dar a coñecer \"unha historia que estaba esquecida e soterrada\". \"Nós mesmos, aquí, en Andeiro, sabiamos da Torre e sabiamos da existencia do conde, pero descoñeciamos en grande medida a historia, o seu contexto e a súa importancia, de aí que sexan necesarias iniciativas como esta\", expuxo a representante veciñal. \"Dentro dun tempo o Conde de Andeiro será unha figura popular, moito máis coñecida e valorada dentro e fóra de Cambre, será un atractivo máis, un elemento diferenciador e un factor de orgullo e autoestima para a Galiza toda, ademais dun símbolo da nosa historia común con Portugal\", puxo de manifesto o edil de Cultura ao concluír a xornada. O tamén concelleiro Brais Cubeiro indicou que \"toca primeiramente dar a coñecer máis e mellor o Conde de Andeiro como paso previo para, en vindeiras edicións, afondar e abrir espazos á irmandade, á amizade e ao convivio con Portugal, porque esa é a mensaxe e a filosofía desta iniciativa, consolidar un foro de entendemento e colaboración entre dúas nacións irmás, aberto á participación do tecido asociativo e de axentes sociais e culturais\"."}
{"ID": "NOS_45925", "summary": "A portavoz nacionalista traslada o seu recoñecemento aos galegos e galegas \"que sacan adiante os seus proxectos persoais, empresariais, as súas ideas, que sacan adiante as súas familias sen renderse. Sodes un exemplo\".", "text": "A punto de finalizar o ano, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu dirixirse ós galegos e ás galegas cunha mensaxe de fin de ano na que fai un chamamento á confianza e ao optimismo nun momento en que os datos da pandemia son motivo de preocupación. \"Temos por diante unha situación complexa, mais non nos desanimemos, imos saír adiante e imos facelo grazas ao voso comportamento exemplar e a vosa xenerosidade. Para min é un orgullo ver como seguides afrontando esta pandemia, sodes un espello no que mirarme, un exemplo a seguir e agardo estar a vosa altura\", destaca na súa alocución. A líder do BNG empeza o seu discurso resaltando a aportación e o esforzo do persoal do sistema público de saúde e dos investigadores e investigadoras. \"Grazas aos profesionais da sanidade que nos coidaron e nos coidan, e grazas aos científicos e científicas porque nos deron o escudo protector da vacina\". Tras os agradecementos, Pontón fai unha chamada á confianza e ao optimismo. \"Temos que ser optimistas porque estou segura que imos saír adiante\", afirma a líder nacionalista. 💜Sei que son momentos difíciles, pero hoxe quero convidarvos ao optimismo convencida de que imos saír adiante, porque somos un pobo honesto, traballador e xeneroso. Sodes un exemplo e espero estar a vosa altura. Feliz 2022! 📹 Mensaxe de fin de ano. 👇 pic.twitter.com/ZUZZxGiCWK— Ana Pontón (@anaponton) December 30, 2021 \"O optimismo nace de todos e de todas as galegas que con gran esforzo sacan adiante os seus proxectos persoais, empresarias, as súa ideas, que sacan adiante as súas familias sen renderse; o optimismo da mocidade que loita por un futuro mellor e que ademais nos recorda que temos que coidar o planeta; a esperanza e o optimismo das mulleres que enchemos prazas e rúas porque queremos vivir nunha Galiza con igualdade; o optimismo que nace dos e das traballadoras que nos demostran que temos un gran tecido produtivo, desas pequenas e medianas empresas que asombran cos seus proxectos innovadores\", enumerou na súa mensaxe. \"En definitiva, o optimismo dunha Galiza que o ten todo para saír adiante, porque somos un pobo honesto, traballador e xeneroso. É un momento para ter confianza e optimismo porque temos todo por gañar. Feliz 2022\", conclúe Ana Pontón a súa mensaxe de fin de ano ós galegos e ás galegas, gravada no Parlamento ante unha obra de Quintana Martelo."}
{"ID": "NOS_37329", "summary": "Trátase dun decálogo asumido polas 30 alcaldías nacionalistas e dunha estrutura creada co obcextivo de partillar \"ideas e proxectos\" cara á construción dunha \"Galiza diferente\" desde o local.", "text": "As 30 alcaldías e 12 gobernos de coligazón cos que conta o BNG desde as eleccións do 24 de maio asumiron esta quinta feira no primeiro encontro municipal da organización frontista, un decálogo de prioridades. Aliás, lanzaron 'Concellos en rede por Galiza', unha iniciativa que visa conformar unha estrtura na que partillar \"ideas e proxectos\" á fin de construíren unha \"Galiza diferente\" desde o local. Entre os 10 compromisos prioritarios asinados polas equipas de goberno atópanse a loita contra os despezos, a pobreza ou a violencia machista. Para alén, de se declararen \"insubmisos\" aos ditames da UE através do rexeitamento do Tratado de Libre Comercio que están a negociar a Comisión europea e os EUA. \"Queremos mostrar desde os concellos que hai unha alternativa ás políticas antisociais e antigalegas do PP\", sinalou en comparecencia de imprensa o portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence. \"Estamos nas institucións para defender os intereses de todos e todas, cun concello transparente, dialogante onde o benestar social sexa a prioridade porque queremos estar ao lado das persoas\", explicou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, unha das caras novas que encabezarán gobernos municipais nacionalistas. Tamén Xosé Luís Rivas, Mini, rexedor de Boimorto asegurou que as localidades gobernadas polo Bloque desenvolverán \"unha rebelión sería e tranquila, pero firme\", tamén no rural."}
{"ID": "PRAZA_19756", "summary": "Sen reivindicación ningunha ata o momento, este atentado ocorre nun contexto de complexidades para o presidente ruso Vladimir Putin", "text": "Todo tipo de suspicacias móvense en torno ao escuro atentado terrorista acaecido o pasado 3 de abril en San Petersburgo, con saldo preliminar de once mortos e decenas de feridos. Sen reivindicación ningunha ata o momento, este atentado ocorre nun contexto de complexidades para o presidente ruso Vladimir Putin. As sospeitas preliminares obviamente enfocan sobre a presunta autoría do Estado Islámico, particularmente motivadas pola intervención rusa en Siria desde 2015, e da posible proliferación de redes xihadistas espalladas dende o Cáucaso ruso ata Asia Central, tomando en conta a procedencia kirguiza do presunto autor. Non obstante, o escenario aborda igualmente todo tipo de matices que complican unha diagnose mais certeira sobre as causas deste atentado e as implicacións xeopolíticas que o mesmo pode ter, principalmente para Rusia. Tanto como a capital Moscova, San Petersburgo identifica o centro neurálxico do poder ruso. En materia de terrorismo, con anterioridade Rusia xa recibira atentados similares dentro deste centro neurálxico de poder, con elevadas cifras de mortos. Todos eles ocorreron en Moscova. Os mais importantes foron o secuestro no moscovita teatro Dubrovka en 2002 por parte dun comando chechén (170 mortos), así como tres atentados (dous en 2004 e un en 2010) no metro de Moscova, con saldo aproximado global dunha centena de mortos. Outro atentando relevante contra obxectivos rusos aconteceu en 2004 nunha escola en Beslán, república de Osetia do Norte no Cáucaso ruso, con 334 mortos, a metade nenos, e cuxa autoría foi atribuída a grupos islamitas chechéns e ingushetios. En 2015, o Estado Islámico reivindicou o derrube dun avión que cubría a ruta dende o balneario exipcio de Sharm el Sheij ata San Petersburgo, con 224 pasaxeiros e tripulantes mortos, case todos rusos. A pista xihadista As autoridades e a poboación rusas asumen que o seu país é un obxectivo estratéxico para atentados terroristas. Por tanto, esta perspectiva planea inmediatamente á hora de analizar as causas do ataque ao metro de San Petersburgo, que pode modelarse entre a pista chechén e caucásica ata a penetración de redes xihadistas islamitas, afiliadas ou non ao Estado Islámico ou Al Qaeda. Non obstante, a pista chechén pode perder forza ante a brutal \"pacificación\" de Chechenia en tempos de Putin, investimentos económicos mediante. Moscova fortalece este marco coa perpetuidade dun sistema de autocracia represiva encarnada no seu \"delfín\" Ramzán Kadírov, que permitiu a aparente neutralización dos elementos separatistas e nacionalistas no Cáucaso norte baixo soberanía rusa, principalmente establecidos nas repúblicas de Chechenia, Daguestán, Ingushetia, Kabardino Balkaria e Osetia do Norte. Pode por tanto que esta presunta debilidade dos grupos separatistas caucásicos dificulten notablemente a perspectiva de atribuírlles directamente a autoría do atentado de San Petersburgo. A complexidade aumenta ante a inexistencia dunha reivindicación clara sobre o atentado de San Petersburgo. Horas despois do mesmo, as autoridades rusas, en cooperación dos servizos de seguridade de Kazajstán e de Kirguizistán, identificaron a Abjarzhon Dalilov, un mozo kirguizo de 22 años, como o presunto autor. Se ben con nacionalidade rusa, Dalilov provén da localidade kirguiza de Osh, que ten rexistrado nos derradeiros anos unha intensa actividade de proliferación de redes xihadistas e islamitas. De verificarse a pista kirguiza, este contexto revelaría a cada vez maior expansión de militantes desas repúblicas centroasiáticas ex soviéticas, así como do Cáucaso ruso, en redes xihadistas, afiliadas ou non ao Estado Islámico. No caso caucásico, esta expansión de militantes é mais evidente desde a recente creación do Vilayat Kavkaz, ou Emirato do Cáucaso, con epicentro en Chechenia, Daguestán e Ingushetia. Este grupo orixinalmente correspondía a unha filial caucásica do Estado Islámico que finalmente terminou vinculándose con Al Qaeda, o principal rival do Estado Islámico na supremacía polo control das redes xihadistas a nivel global. Este contexto intúe, por tanto, unha crúa loita de poderes entre ambas organizacións polo control da denominada \"fronte rusa\" do xihadismo. No caso caucásico, o aparente apaciguamento dos elementos separatistas chechéns reforzou as expectativas dos grupos xihadistas por aumentar a súa presenza, evidenciándose incluso un pulso de poder trala creación do Emirato do Cáucaso. Aquí tamén observouse un traspaso de liderados da orixinal fonte chechén a favor do ascenso de líderes daguestanís. Diversas fontes de intelixencia confirman a existencia de máis de 2.000 muyahiddin o combatentes xihadistas rusos en Siria, o cal fai de Rusia o maior exportador de combatentes para o Estado Islámico fóra do mundo árabe. Así e todo, desde 2016 vense rexistrando unha forte expansión de redes afiliadas ao Estado Islámico por Asia Central, contando incluso coa colaboración de grupos islamitas alí existentes (Movemento Islámico de Uzbekistán) e incluso dos talibáns en Afganistán e Paquistán. Neste último apartado, o punto gravitacional de irradiación destes grupos tamén alcanza a Kirguizistán e a fronteira con China, en particular dentro dalgunhas redes xihadistas e separatistas establecidas na rexión autónoma chinesa de Xinjiang. A razón da expansión de redes centroasiáticas por parte do Estado Islámico ten especial incidencia tralas ofensivas por parte das forzas leais ao réxime de Bashar al Asad, con apoio ruso, en Aleppo (Siria), así como da coalición internacional dirixida por EUA en Mosul (Iraq). O corredor Aleppo-Mosul era o centro neurálxico de operacións del Estado Islámico en Oriente Medio, cuxo bastión queda agora practicamente confinado á localidade siria de Raqqa. Por tanto, a necesidade de expandir este centro de operacións do Estado Islámico cara Asia Central e o Cáucaso ruso era un imperativo estratéxico para esta organización. Esta expansión ven sendo unha información recorrente nos servizos de intelixencia rusos e rexionais. En setembro de 2016, o Estado Islámico nomeou como xefe militar a Gulmurod Khalimov (41 anos), natural de Tadxikistán. Antes de unirse ao EI en 2015, Khalimov foi adestrado en forzas especiais antiterroristas tanto polo goberno tadxiko como por Rusia e EUA. Trala súa experiencia combatente en Siria co EI, Khalimov asumiu o seu novo rol como xefe militar en substitución de Tarján Batirashvili, de nacionalidade xeorxiana, mellor coñecido como \"Umar o Chechén\". Batirsahvilli morreu en xullo de 2016 tralo bombardeo estadounidense a Mosul. Este contexto probablemente pode explicar o presunto recrutamento do mozo kirguizo para atentar (baixo a modalidade de \"lobo solitario\" xa anteriormente presentadas noutros atentados) directamente nalgún centro importante do poder ruso alén de Moscova. Desde finais de 2016, o servizo de seguridade ruso FSB ven rexistrando numerosos movementos de presuntos terroristas encubertos dentro da vasta comunidade de traballadores inmigrantes centroasiáticos existente en Rusia. Así, viñan sendo frecuentes as detencións de varios sospeitosos que presuntamente planificaban atentar en Moscova e San Petersburgo. Outras informacións aducían de labores de adoutrinamento por parte de membros destas redes dentro das comunidades de inmigrantes centroasiáticos, frecuentemente estigmatizados e marxinalizados dentro da sociedade rusa. Os equilibrios de Putin Este atentando de San Petersburgo ocorre igualmente nun momento de tensión nas relacións entre Rusia e Occidente sobre as presuntas conexións do Kremlin en EUA e Europa, e que se enfocan principalmente de cara á administración de Donald Trump así como das presuntas conexións rusas con líderes populistas en Europa. Paralelamente, este atentado acontece subitamente nun momento en que diversas protestas contra a corrupción comezaban a potenciarse en Rusia, con numerosas detencións. Desde a súa derradeira reelección en 2012, Putin prohibiu a realización de protestas en Rusia, toda vez están convocadas eleccións presidenciais para 2018, onde Putin busca outra reelección que lle permita unha maioría parlamentaria para impulsar unha reforma constitucional que permita a reelección indefinida. Por tanto, a presunta implicación xihadista no atentado de San Petersburgo pode reestruturar un equilibrio de poder no que Putin agarda manter os seus imperativos estratéxicos. Semanas antes do atentado, Putin recibiu no Kremlin ao presidente israelí Benjamín Netanyahu, ao presidente turco Recep Tayyip Erdogan, ao seu homólogo iraniano Hassan Rouhaní e a Marine Le Pen, candidata da Fronte Nacional para as eleccións presidenciais francesas do próximo 23 de abril. O mesmo día do atentado, Putin recibía precisamente en San Petersburgo ao presidente bielorruso Aleksandr Lukashenko nunha visita que selaba a reconciliación ruso-bielorrusa. Estas disputas víronse recentemente afectadas polos problemas de enerxéticos e de subministro de gas ruso, así como polo distanciamento de Lukashenko co respecto a Putin polo conflito ucraíno e o non recoñecemento de Minsk ao retorno de Crimea á soberanía rusa en 2014. Tanto Le Pen como Trump teñen feito causa común con Putin na estratexia de loita antiterrorista, aspecto que pode acelerarse aínda mais tralo atentado de San Petersburgo, abrindo canais de cooperación que poden reducir a tensión ruso-occidental. As expresións de solidariedade por parte de Trump e Europa tralo atentado de San Petersburgo pode servir a Putin para equilibrar os seus apoios e a solidariedade internacional na perspectiva de colocar a loita antiterrorista como unha estratexia chave da seguridade internacional. Pola súa banda, as visitas de Netanyahu, Erdogan e Rouhaní son igualmente estratéxicas para a xeopolítica de Putin, principalmente no fortalecemento das alianzas rusas na contorna euroasiática e de Oriente Próximo. Israel vese convertendo nun súbito aliado de Putin dentro da súa estratexia en Oriente Próximo, co cal o presidente ruso agarda consolidar a Rusia como un actor de equilibrio nas tensións rexionais enfocadas na guerra siria e na confrontación entre Israel e Irán polo programa nuclear iraniano. Paralelamente, Israel alberga unha importante diáspora rusa que Putin desexa aproveitar como actor relevante, particularmente no sector turístico e de investimentos económicos. Pola súa banda, Turquía celebrará o próximo 16 de abril un referendo de reforma constitucional na que Erdogan agarda consolidar un sistema presidencialista de corte vitalicio. No caso iraniano, o país persa irá a eleccións presidenciais o próximo 19 de maio, onde Rouhaní busca a súa reelección. Putin mantén as expectativas das vitorias electorais de Erdogan e Rouhaní que lle permitan afianzar os seus imperativos estratéxicos. No obstante, este atentado tamén revela certas fisuras en materia de seguridade interna para Rusia, acrecentando as implicacións que este aspecto ten desde o exterior. En mente están dous eventos deportivos. Rusia organizará en 2017 a Copa FIFA de Confederacións e no 2018 o Mundial de Fútbol, os cales potenciarían as expectativas rusas de atracción de turistas e de investimentos estranxeiros. Para líderes populistas como Le Pen, Putin é observado como un aliado que pode axudar a reducir a dependencia estratéxica que Europa ten con Washington, toda vez Rusia é observada por estes liderados como unha especie de \"muro de contención\" do xihadismo islamita terrorista. Pero o atentado de San Petersburgo pode ensinar que a realidade é moito mais complexa do que parece. Putin pareceu explicarlle moi ben estas complexidades a Lukashenko momentos antes do atentado: \"debemos estar preparados para todo (…) ante a enorme cantidade de retos aos que se enfronta o mundo\"."}
{"ID": "NOS_57942", "summary": "A piragua é o medio de desprazamento por auga máis antigo que se continúa a utilizar na actualidade. Aínda que hoxe en día se empregue case exclusivamente para o ocio e o deporte, na súa orixe foi unha ferramenta de supervivencia vital para unha parte da poboación mundial.", "text": "Me contaron lo abuelos que hace tiempo / Navegaba en el César una piragua\", di a célebre canción colombiana La Piragua. \"Por las noches a los remos le arrancaban / Un melódico crujir de hermosa cumbia\". O tema, composto por José Barros, estreouse en 1969, aínda que xa levaba na mente do músico desde os oito anos, cando viu por primeira vez unha inmensa canoa mentres desfrutaba dun baño no río César, en Colombia. O termo piragua engloba dúas tipoloxías básicas: o caiac e a canoa O termo piragua provén da lingua taína e o seu significado orixinario era 'tronco oco'. A primeira referencia que hai en Europa da piragua encóntrase nos escritos de Cristovo Colón. Garcilaso de la Vega define o termo especificando que se trata dunha embarcación sen cuberta. A Real Academia Galega defíneo como unha 'pequena embarcación de remo e, ás veces, de vela, moi estreita, de pouco peso, e con quilla'. Cómpre precisar esta definición engadindo que pode estar tripulada por unha ou máis persoas e que se impulsa cun remo, denominado pa, que, a diferenza das outras embarcacións de tracción manual, non vai vai unido a ela, senón que o suxeitan na man os propios tripulantes. Ademais, nas piraguas, a diferenza doutras embarcacións como as barcas ou as traiñeiras, os ocupantes navegan de fronte. O termo piragua engloba dúas tipoloxías básicas: o caiac e a canoa. A principal diferenza entre ambas as modalidades é que no caso do caiac o remo é de dobre folla, o que permite unha maior velocidade, mentres que a canoa impúlsase cunha pa dunha única folla que se vai introducindo alternativamente a ambos os lados da embarcación. Orixe e historia O piragüismo nace da necesidade das persoas de trasladárense dun lugar a outro a través da auga en traxectos diarios e non moi longos. Para que o percorrido fose o máis rápido e cómodo posíbel, precisábase dunha embarcación pequena e manexábel, fácil de construír e de gardar. A piragua reunía todas estas características. Existe constancia de piraguas no antigo Exipto coas que a poboación se desprazaba polo río Nilo no ano 3.000 a.C. Tamén apareceron representacións de canoas nun mural de 1.150 a.C. na península de Yucatán, en Chichen Itzá, así como gravados de piraguas, datadas no ano 700 a.C., nas ruínas Tikal de Guatemala. Se ben hai constancia de que a piragua foi un instrumento crucial para o desenvolvemento das sociedades de diversas partes do mundo, aquelas nas que cobrou unha maior relevancia foron as árticas. Os esquimós que habitaban as rexións de Alaska, Canadá, Groenlandia e Chukotka, en Rusia, foron os primeiros en empregar unhas barcas recubertas de pel que chamaban qajaq, actualmente transcrito caiac. Estas embarcacións, que comezaron a usarse hai varios miles de anos, poden ser consideradas as máis antigas que continúan a empregarse hoxe en día. Os esquimós fabricaban as súas piraguas cunha estrutura de ósos recuberta de pel de foca e deixaban unha pequena abertura na cuberta co fin de que se axustase ao corpo da persoa tripulante e non permitise a entrada de auga. Adolfo Labrure, autor d'O Polo Ártico e os seus misterios, falaba desa unión da persoa á embarcación e afirmaba que \"se [as xeracións] antigas visen seres como eses, metade persoas, metade barcos, teríanos clasificado como unha raza á parte, con maior razón que aos centauros\". Esa case metamorfose mostrouna o director Robert Flaherty no seu célebre documental Nanuk, o esquimó, estreado en 1922, no que mostra, nunha das escenas, como o protagonista chega á terra na súa piragua e saca dela toda a súa familia, can incluído, que viaxaba protexida no interior da embarcación.Pola súa parte, a outra variedade de piragua, a canoa, parece ter a súa orixe na costa leste de Canadá. Construídas a partir de madeira e ósos, as canoas canadenses tamén estaban impermeabilizadas con de peles de animais, ao igual que os caiacs esquimós. Tamén na zona do Caribe existe unha gran tradición de canoas, construídas principalmente de troncos da árbore jutahy baleirados e modelados. Ao igual que no Ártico, as piraguas foron utilizadas non só para o transporte, senón tamén para a práctica da caza e da pesca, así como tamén para a guerra. Xa na era moderna, o caiac foi introducido en Europa polos ingleses. Arredor de 1850 un avogado escocés, John MacGregor, construíu a súa propia piragua con madeira e tea, baseándose nuns bosquexos esquimós; bautizouna como Rob Roy. MacGregor converteuse no aventureiro máis universal neste tipo de embarcación, no que realizou numerosas viaxes na década de 1860 tanto por ríos como por mares, iniciando a práctica deportiva do piragüismo. MacGregor recolleu as súas experiencias en diversos libros de aventuras que se fixeron moi populares na época, dando a coñecer o caiac como deporte. Outro dos pioneiros do piragüismo deportivo foi Paul Caffyn quen, a comezos da década de 1880, se converteu na primeira persoa en dar a volta a Nova Zelandia en caiac, un éxito que o levou a seguir propóndose retos, como dar a volta a Gran Bretaña en 85 días. A mediados do século XIX comezaron a realizarse as primeiras competicións, que foron adquirindo con rapidez unha gran relevancia no panorama do deporte acuático. Na actualidade, existe unha gran variedade de modalidades de piragüismo de competición: o piragüismo de augas tranquilas, coas modalidades olímpicas de caiac e canoa para un, dous ou catro tripulantes (K1, K2 e K4 e C1, C2 e C4, respectivamente), e o piragüismo de augas bravas, na modalidade de slálom. Tamén se pode empregar a piragua para practicar surf e mesmo polo acuático. Recentemente, foron aparecendo diversos tipos de piraguas innovadoras como os caiacs con vela, que levitan sobre a auga, as piraguas catamarán ou mesmo as movidas por enerxía solar. Aínda que os seus usos cambiasen, sempre quedarán \"los recuerdos en la arena / donde yace dormitando la piragua\"."}
{"ID": "NOS_21004", "summary": "Carta do vicepresidente do Goberno ao Executivo comunitario que pon en cuestión o cerne do acordo de adhesión deste arquipélago autónomo á UE.", "text": "Hai dúas semanas era o Consello de Frisia quen aprobaba unha simbólica moción de censura contra a Comisión Europea, e nas últimas horas foi o Goberno de Åland o que criticou directamente a decisión do Executivo comunitario de non atender as peticións expostas na Minority Safepack. Esta iniciativa cidadá europea ─unha iniciativa lexislativa popular a nivel da UE─, que reuniu 1,1 millóns de sinaturas e recibiu o apoio do Parlamento Europeo, solicitaba á UE medidas para defender, protexer e promover os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas. A Comisión, porén, desbotouna alegando que con desenvolver a lexislación existente abondaba. Nunha carta enviada ao Executivo comunitario, Harry Jansson, vicepresidente do Goberno de Åland ─arquipélago e territorio autónomo baixo soberanía de Finlandia─, sinala que \"o feito de que tantísima xente se unise para pedir a Europa que asegure a protección das minorías nacionais e lingüísticas en toda a Unión mostra ás claras que aínda hai traballo por facer\". Fronteiras dixitais \"Para nós, que vivimos nas autónomas, suecofalantes Illas de Åland, esta é unha importante iniciativa\", apunta, e engade que \"varias das accións que a iniciativa demanda poderían supor unha diferenza real na vida diaria das persoas no noso país\". Entre estas accións salienta, por exemplo, a posibilidade que a Minority Safepack contempla de derrubar as \"fronteiras dixitais\", que impiden, por dereitos de propiedade, ver os contidos audiovisuais na lingua materna emitidos en Estados veciños. Ademais, advirte que o tratado de acceso de Åland á UE (tras o referendo nas illas de 1994) menciona explicitamente que o respecto aos territorios autónomos e ás minorías era parte central da política da Unión."}
{"ID": "PRAZA_4649", "summary": "O deseñador galego Pancho Lapeña participou esta semana en Chile na 1ª Intervención Urbana Internacional de Mosaicos, colaborando nunha obra colectiva de 200 metros cadrados que xa se converteu nun símbolo da municipalidade de Puente Alto, nos arrabaldes de Santiago.", "text": "Ao longo desta última semana veu desenvolvéndose na municipalidade de Puente Alto, un barrio popular nos arredores de Santiago de Chile unha acción artístistica de intervención no espazo público que tivo presenza galega. O deseñador Pancho Lapeña participou nesta 1ª Intervención Urbana Internacional de Mosaicos, colaborando nunha obra colectiva de 200 metros cadrados que xa se converteu nun símbolo do barrio. A obra é continuidade de distintas accións illadas que dende o ano 2004 veñen inzando as paredes desta comunidade de murais. Até agora a máis grande atopábase na fachada do Estadio Municipal, con máis de 150 metros cadrados, e a realizada agora súmase tamén aos máis de catro quilómetros de mosaicos realizados nas estacións e piares do metro. O obxectivo destas intervencións, segundo os responsables municipais, era \"rescatar elementos propios da comuna e a identidade local, como a precordilleira andina, a súa flora e fauna e a vida ao aire libre, e plasmalo todo nos murais cheos de cor\". Durante anos colexios e outros edificios, así como prazas e distintas fachadas e paredes de todo o barrio foron cubertos con murais, que, segundo destacan son apreciados e respectados polos veciños e veciñas, que os consideran unha riqueza da comunidade e que os coidan con máis preocupación que se as paredes estivesen cubertas con algún outro elemento de decoración. \"Estes mosaicos son unha grande exposición ao aire libre, unha das obras de arte máis importantes de Santiago e do país\", destacan os seus promotores. De feito, estes catro quilómetros de mosaicos que suman todas as paredes da zona constitúen unha das intervencións artísticas deste tipo máis grandes do planeta, en competencia só cunha realizada en Tijuana e outra que se está levando a cabo en Italia. Para acompañar este movemento a municipalidade organizou, dende o 13 de xaneiro até o 24 de xaneiro, a devandita 1ª Intervención Urbana Internacional de Mosaicos, na que oitenta mosaiquistas chilenos e extranxeiros compuxeron o mural de 200 metros cadrados fronte ao pazo municipal, baseado na flora local. Os e as artistas, procedentes de Estados Unidos, Arxentina, Francia, Inglaterra, Sudáfrica, Turquía, Croacia, Costa Rica, Nova Celandia, Alemaña, Holanda, Canadá, Suíza, Paraguai, Bélxica, Rusia, Brasil, Polonia, Australia e Portugal dispuñan cada un duns dous metros cadrados para levar a cabo as súas obras. Lapeña salienta a \"intelixencia\" de levar a cabo unha intervención así nun barrio como Puente Alto, \"que non ten unha gran riqueza patrimonial\" e que deste xeito pode contar cun elemento artístico que identifica o lugar Pancho Lapeña participou acompañado da súa amiga chileno-croata Nevenka Pavic, coa que xa colaborara anos atrás a través dunha bolsa de Sargadelos. \"Nevenka e eu compartimos esta clase de iconografía\", destaca Lapeña, que sinala que a súa proposta \"foi un pouco por libre\", pero encaixou moi ben coa obra que levou a acabo unha artista británica que tiña asignado un espazo ao seu carón. Lapeña, que ten experiencia previa na realización deste tipo de murais e mosaicos de gran tamaño, como o que realizou hai meses no centro social da Gentalha do Pichel, en Compostela, salienta igualmente a \"intelixencia\" de levar a cabo unha intervención así nun barrio como Puente Alto, \"que non ten unha gran riqueza patrimonial\" e que deste xeito pode contar cun elemento artístico que identifica o lugar. Lapeña continuará aínda uns días en Chile, onde está levando a cabo unha serie de obradoiros en Coquimbo, nos que traballa cos nenos e nenas para aprenderlles a facer creacións a partir de materiais reciclados, pero sempre enfocando a estética das obras cara aos modelos autóctonos cos que contan na zona."}
{"ID": "NOS_16130", "summary": "Es das 93.000 persoas menores de 60 anos pendente a segunda dose da vacina de AstraZeneca? O Sergas porase en contacto contigo a partir de finais da semana que vén ou a principios de xuño.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, informou na sexta feira de que \"a finais da próxima semana ou a principios da primeira de xuño\" o Servizo Galego de Saúde (Sergas) \"empezará a chamar\" os 93.000 galegos menores de 60 anos que recibiron unha primeira dose de AstraZeneca e que estaban pendentes de completar a inmunización. En declaracións aos medios, reafirmou a postura do Executivo galego: a recomendación, na liña do que \"ven máis prudente\" a Axencia Europea do Medicamento e as sociedades científicas, será \"repetir\" con AstraZeneca. Consentimento informado en ambos os casos En todo caso, a opción de completar a pauta de inmunización Pfizer tamén estará sobre a mesa e os galegos por baixo de 60 anos que están nesta situación poderán elixir entre ambas as vías -con consentimento informado nos dous casos-. E é que, de feito, o presidente galego insistiu en que a Xunta non pode garantir que haxa a subministración suficiente para pór AstraZeneca a todos os que o desexen, á vez que reiterou que a Galiza pediu ao Goberno que lles concrete o número de dose desta marca que van recibir. Na pasada xornada, o presidente galego explicara que para coñecer cal é a vontade dos cidadáns, o Sergas enviará unha comunicación por teléfono móbil que deberá ser respondida polos vacinados (se queren recibir ou non a segunda dose de Astrazeneca). No caso de que pidan recibir o mesmo fármaco, poráselles se hai dispoñibilidade."}
{"ID": "NOS_33793", "summary": "O Parlamento Europeo aprobou por ampla maioría apoiar unha iniciativa cidadá que demanda a prohibición do uso de gaiolas na cría de animais na UE. A resolución parlamentaria, pendente de que a autorice a Comisión, estabelece un período de transición até 2027. Para Estados como España e Portugal fica un longo camiño.", "text": "España: 86.688.972. Portugal: 12.717.810. É o número de animais no sector agrogandeiro destes dous Estados da UE que son criados en gaiolas. Isto é, 89% do seu total en ambos os dous casos. Galiñas, porcos, tenreiros, coellos... que nalgúns casos están recluídos en espazos tan pequenos que nin sequera se poden pór en pé ou cambiar de postura. A nivel comunitario, máis de 90% dos coellos críanse en gaiolas. Tamén a gran maioría das porcas pasan a metade da súa vida confinadas: até seis meses ao ano en estreitas gaiolas, onde paren, e teñen que aleitar as crías a través das reixas. O documental Motherhood (\"Maternidade\"), da neerlandesa Eline Helena Schellekens, reflicte esta situación. Para acabar con ela, 170 ONG polos dereitos dos animais de toda a UE impulsaron a campaña End the cage age (\"Acabar coa era das gaiolas\") co fin de impulsar unha iniciativa cidadá europea (ICE) ─iniciativa lexislativa popular a nivel da UE─. Lanzada o 11 de setembro de 2018, conseguiu nos prazos estabelecidos superar o limiar do millón de sinaturas (1.397.113) e o apoio mínimo en 18 Estados membros dos sete requiridos. Foi entregada o 2 de outubro do ano pasado e esta semana logrou dar un paso máis ao conseguir o apoio do Parlamento Europeo, que tras debatela o pasado 15 de abril aprobou unha resolución instando a Comisión a lexislar para terminar coa cría de animais engaiolados antes de 2027. Houbo 558 votos a favor, 37 en contra e 85 abstencións. Esta ampla maioría é reflexo do sentir entre a cidadanía. O Eurobarómetro especial sobre \"Actitudes dos europeos cara ao benestar animal\" rexistra que 82% dos habitantes da UE consideran que a protección actual non é adecuada e que debe ser mellorada. Período de transición A Eurocámara salientou, con todo, que se debe ofrecer \"un período de transición adecuado\" e con base nunha \"avaliación de impacto con criterios científicos\" e nun enfoque por especies. Ademais, subliñouse que aínda que varios Estados están a aplicar xa con éxito alternativas á cría en gaiolas, cómpre unha lexislación a nivel comunitario para asegurar as mesmas condicións a todos os produtores da UE. O texto aposta por unha política alimentaria máis exhaustiva co fin de apoiar a transición cara a un sistema alimentario máis sustentábel. Mais tamén para evitar que as pequenas e medianas explotacións abandonen a produción de gando e previr que se dea unha maior concentración en explotacións grandes. Agora a última palabra tena a Comisión Europea, que está previsto que se pronuncie oficialmente antes do 30 de xuño. Durante o debate, a comisaria de Seguridade Alimentaria, Stella Kyriakides, non se quixo comprometer ante o Parlamento coa data de 2027, mais afirmou que a transición se daría \"tan axiña como for posíbel\". Tamén dixo que se estuda exixir os mesmos estándares de benestar animal á carne importada fóra da UE. Entre os Estados con lexislacións máis avanzadas están, por esta orde, Austria (3%), Luxemburgo (3%), Suecia (8%) Alemaña (14%) ou Países Baixos (17%). As porcentaxes fan referencia ao número de animais criados en gaiolas. Entre os que están máis lonxe do benestar animal na súa cría, os países bálticos e do Leste. Os que teñen unha maior porcentaxe de animais engaiolados son Portugal e España, con 89%, e Malta, con 99%. Mais por número total, cos seus case 87 millóns, España gaña por goleada. España, un dos cinco Estados da UE que teñen permiso para producir foie gras A resolución aprobada polo Parlamento Europeo tamén demanda á Comisión que presente unha proposta para prohibir as prácticas crueis e innecesarias de engorde de patos e ocas para a produción de foie gras. Moitos Estados da UE e da súa contorna, como Luxemburgo, Noruega, Suíza, Dinamarca, Holanda, Polonia, Finlandia, Alemaña, Reino Unido ou Italia, prohiben a produción de foie de pato ou de oca. A práctica da alimentación forzada foi definida como nociva para o benestar dos animais nun Informe do Comité Científico Veterinario da UE e prohibida posteriormente. Porén, unha excepción a esta norma permite a súa produción en Francia, Bulgaria, España, Hungría e Bélxica, territorios desde onde se exporta o foie gras a todos os países europeos onde a súa venda aínda está permitida."}
{"ID": "NOS_658", "summary": "A xuíza do caso denegoulle na cuarta feira, 6 de xaneiro, a liberdade condicional ao apreciar que hai un risco real de fuga por parte do fundador de WikiLeaks.", "text": "A maxistrada que xulga en Londres o caso de extradición de Julian Assange aos EUA denegoulle na cuarta feira a liberdade condicional ao considerar que existe posibilidade de fuga. A defensa do fundador de WikiLeaks solicitara esta medida despois de a xustiza, en primeira instancia, desbotar na segunda feira que fose entregado ás autoridades do país norteamericano polo risco de suicidio. A fiscalía británica, en representación dos EUA, prepara o recurso a esta decisión dentro do prazo límite estabelecido de 14 días a partir da decisión xudicial, que será presentado ante o Alto Tribunal de Xustiza de Londres (a corte suprema para Inglaterra e Gales). De non lograr o seu obxectivo aquí, aínda podería apelar en última instancia ao Tribunal Supremo do Reino Unido. \"Estou convencida de que hai fundamentos importantes para crer que se o señor Assange é liberado hoxe non cumpriría coa obriga de se presentar ante o tribunal para afrontar o procedemento de apelación\", manifestou a xuíza Vanessa Baraitser no Tribunal de Maxistrados de Westminster, encargado de dirimir na xustiza inglesa e galesa os casos de extradición e terrorismo. A compañeira sentimental de Assange, Stella Morris, manifestou a decepción pola decisión xudicial e pediu o perdón dos EUA. Ao respecto, WikiLeaks anunciou que apelará a negativa á liberdade condicional. Clair Dobbin, avogada que representa os EUA, sinalou pola súa banda que Assange fixo no pasado o imposíbel para evitar a extradición e dixo estar convencida de que tentaría fuxir do Reino Unido en caso de se lle conceder a liberdade condicional mentres dura o trámite das apelacións. Neste sentido, salientou \"a disposición doutros Estados a ofrecer protección a Assange\". Ademais, Dobbin cre que os argumento da saúde mental para impedir a extradición fai que a decisión final \"penda dun fío\"."}
{"ID": "NOS_25769", "summary": "Só un terzo das vítimas denunciou os feitos, recolle a Axencia polos Dereitos Fundamentais.", "text": "Máis de 22 millóns de cidadáns da Unión Europea foron vítimas de ataques violentos no período de 12 meses. Porén, só un terzo o denunciou á Policía. A mocidade, a comunidade LGTBI, as minorías étnicas e as persoas con discapacidade son os grupos de maior risco, segundo o informe publicado onte pola Axencia polos Dereitos Fundamentais (FRA). Un de cada catro cidadáns europeos foron vítimas dalgún tipo de acoso, e máis de 22 millóns (do total de 446 millóns con que conta a UE) foron atacados fisicamente. Non obstante, raramente estes delitos acabaron cunha denuncia, ben por medo ben polas dificultades para faceren valer os seus dereitos. Recólleo o estudo da FRA (polas siglas en inglés), o primeiro deste tipo elaborado a nivel comunitario. \"A gran diferenza entre os datos oficiais e as experiencias da xente deitan luz sobre a verdadeira dimensión do crime na UE. Os resultados dinnos que a mocidade, a xente que non se identifica como heterosexual e a que ten algunha discapacidade vense particularmente afectadas\", sinalou o director da FRA, Michael O'Flaherty. As vítimas, sinala o informe, habitualmente non son coñecedoras dos seus dereitos ou non se lles permite exercelos. E non denuncian os delitos por medo a represalias ou pola intimidación por parte dos agresores. \"A UE conta con leis para protexer os dereitos das vítimas, tal e como sustenta a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE. Cómpre que os Gobernos nacionais fagan máis\" neste sentido, apuntou O'Flaherty. Desde a FRA pretenden que o informe, titulado Crime, seguridade e dereitos das vítimas, guíe as políticas dos Estados sobre a súa protección. Remisos a denunciar Ademais dos grupos de risco citados, tamén fai referencia á violencia que se produce por cuestión de sexo: en tanto que a maioría de agresións a homes se producen no exterior, as mulleres sófrenas dentro dos domicilios, aínda que o acoso de tipo sexual ao que son sometidas elas acontece en lugares públicos. Neste sentido, o estudo reflicte que máis mulleres que homes evitan certos lugares: unha elevada cifra ─83%─ de mozas entre 16 e 29 anos limitan onde van e con quen están, co fin de se protexeren de posíbeis ameazas. As persoas máis maiores, as que contan cun nivel de estudos máis baixo e as que teñen dificultades económicas para chegaren a fin de mes son as máis remisas a denunciar calquera tipo de agresión. Desde a FRA reclaman que os Gobernos faciliten este proceso habilitando outros espazos, alén das dependencias policiais. Por exemplo, organizacións da sociedade civil ou servizos sanitarios, onde ademais de rexistrar os incidentes poidan informar as vítimas dos seus dereitos e orientalas sobre outros recursos de apoio. Testemuñas de crimes Outro dato de interese no informe ─con datos recollidos en 2019 en todos os Estados membros da UE (incluído entón o Reino Unido) mais Macedonia do Norte─ fai referencia á visión que a cidadanía europea ten sobre a seguridade e a súa disposición a actuar en presenza dunha agresión (que contempla un amplo abano, desde alguén golpeando a súa parella na rúa ou un pai dando unha labazada a un cativo até un atentado ecolóxico). Máis da metade das persoas manifestan que intervirían, e unha de cada cinco afirman taxativamente que non o farían. Medo a ser vítima E no estudo tamén se rexistra o medo que a xente ten a ser obxecto dun crime, un número máis elevado que o das propias vítimas. Neste caso, son delitos como os roubos nas contas bancarias ou a violación do domicilio propio as principais preocupacións. Mais non só. De novo os colectivos que máis agresións sofren, como as mulleres; ou os que teñen máis apuros económicas, como os desempregados; ou con problemas para se valeren por si mesmas, como as persoas con discapacidade e enfermas; ou con dificultades de integración, como os nacidos fóra da UE ou as minorías éticas, son os que máis desprotexidos se senten. \"O medo ao crime pode ser case tan daniño\" como o propio crime, sinalou Michael O'Flaherty ao respecto, \"moitas veces mudando como as persoas viven no seu día a día\"."}
{"ID": "NOS_40339", "summary": "Peregrin@s apuparon a Rajoy cando entraba na Catedral. Os presidentes español e galego anuncian no acto oficial de devolución do Códice Calixtino a sinatura de convenios coa Catedral para mellorar a proteción do patrimonio.", "text": "Coa solemnidade que gostan ambos presidentes, Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, decorreu o acto oficial de devolución do Códice Calixtino á Catedral de Compostela. Alén de anunciar a sinatura dun convenio que garanta mellor protección do patrimonio, Rajoy expresou o seu agradecemento a tod@s @s que traballaron \"e perseveraron\" para lograr recuperar o libro roubado en xullo de 2011 e que agora volta á Catedral. Na súa entrada na Catedral, o presidente escoitou apupos e berros de 'fóra, fóra' ou 'non deberías estar aquí', procedentes de peregrin@s que se atopaban no Obradoiro. O presidente escoitou apupos e berros de 'fóra, fóra' ou 'non deberías estar aquí', procedentes de peregrin@s que se atopaban no Obradoiro. Feijóo, pola súa banda, afirmou que ao recuperar o Códice o que se fixo foi \"rescatar a mesma fonte do europeísmo\", mentres o arcebispo compostelán, Julián Barrio, amosaba o seu agradecemento e afirmou que non aforrarán \"esforzo algún\" para protexer o patrimonio. O acto, porén, non sirveu para despexar as dúbidas e preguntas existentes na sociedade galega sobre o acontecido con este caso. Non só sobre a falla de seguridade do Códice en si, senón sobre como é posibel que (versión oficial) unha persoa, o electricista, levase vinte anos roubando da Catedral centos de euros ao día e obxectos de valor sen que ninguén se decatase ou fixese algo. Na investigación apúntase que só en 2004, Ano Xacobeo, esta persoa podería ter sustraído máis de 240.000 euros. Máis xente implicada De feito, a investigación apunta a que máis persoas seguían este proceder de roubar cartos na Catedral (diñeiros que procedería de esmolas e achgas particulares e que non deberían de figurar en ningunha contabilidade, pois non houbo denuncias de sustración). O propio detido, Manuel Fernández Castiñeiras, afirmou na súa declaración que el non era o único en levar diñeiro para a casa: \"Os curas tamén rouban\", afirmou. Fotos: Xunta da Galiza"}
{"ID": "PRAZA_9074", "summary": "Unha oportunidade para o PSOE de Galicia para apostar polas transferencia e demostrar o galeguismo do que presumen (e sabemos carecen) é solicitar a Pedro Sánchez a modificación do RDL 2/2011 para transferir estes peiraos a Galicia", "text": "Esta é unha definición, que no caso e Galicia, é o apelido de 5 autoridades portuarias, en realidade 7 portos. Ven a dicir que estes portos son competencia do Estado en consonancia co interese xeral que regula a Constitución. O artigo 141.1.20 da Constitución marca esta actuación, preservando para o estado aqueles de interese comercial.Non lle escapa a ninguén a enorme fonte de ingresos que supón o movemento de mercadorías en taxas portuarias e servizos. É tamén un nicho importante de emprego e supón a mellor plataforma loxística para Galicia e os seus produtos. Hoxe estas accións están xestionadas polo ente público empresarial Portos do Estado, que a súa vez elixe cinco consellos de dirección en Galicia, un por autoridade portuaria, primeiro gran gasto. Ademais ter cinco direccións comporta xerar competencia entre os propios portos. Unha plataforma loxística envexable que ademais xera un importante factor social e de capacidade de inversión. A posición xeográfica galega é pois un dos valores a ter en conta na competitividade dos peiraos. Mais na realidade prodúcense paradoxos no uso, e falla de un plan de aproveitamento para asentar novas empresas e novos nichos de mercado, neste senso é clara a situación do porto de San Ciprián en Lugo, de uso exclusivo pola multinacional Alcoa, que podía supoñer unha oportunidade de asentamento de empresas. É tamén un problema o exceso de burocracia e a falta de dinamismo na xestión, que leva consigo que ditos portos estean a perder posición e competitividade, como exemplo Vigo, que perde un 6% de tráfico cada ano. Compre tamén ser realistas, toda a riqueza que xera en ingresos revirte en Galicia? Non, claro que non, no ano 2018 en Galicia investiron uns 50 millóns de euros nos 7 portos superando esa cantidade en Alxeciras soamente e duplicando no total Andalucía, con tamén 7 portos.A pregunta clave é, no marco europeo, ten sentido o regular un interese xeral dun estado? Xa o Tribunal Constitucional en sentencia 85/1983 di que interese xeral é aplicable a tódalas administracións, entendemos que Europa tamén. Polo tanto en aras dunha descentralización e deconcentración é lóxico transferir os portos a Galicia. So fai falla vontade política, unha oportunidade para o PSOE de Galicia para apostar polas transferencia e demostrar o galeguismo do que presumen (e sabemos carecen) é solicitar a Pedro Sánchez a modificación do RDL 2/2011 para transferir estes peiraos a Galicia. Por razóns de xustiza e tamén de futuro, xa que estes portos teñen que ser un dos motores do crecemento da nosa economía garantindo a implantación de empresas e polo tanto oportunidades de traballo e proxectando os nosos produtos baixo unha única dirección no canto de cinco, que especialice cada un dos portos."}
{"ID": "NOS_50478", "summary": "Considerada como a futbolista galega máis importante da historia, o xornalista deportivo máis tópico tamén definiría Verónica Boquete (Compostela, 1987), ou tan só 'Vero', como figura nas costas das súas camisolas, como unha «trotamundos do fútbol». Após xogar en 14 clubs distintos de Europa, Asia e América, volve á casa para repoñer forzas até o comezo da vindeira tempada da liga americana. Reproducimos na íntegra a entrevista feita no nº371 do semanario Sermos Galiza.", "text": "Recuperamos na íntegra a entrevista publicada no Sermos Galiza nº371 coa futbolista Vero Boquete co gallo da súa participación no ciclo 'Fálase de...', que esta cuarta feira, día 11, pon o ramo en Pontevedra. Volve de Salt Lake City sendo unha das xogadoras máis destacadas da liga, pero sen lograr o obxectivo de clasificar para os 'play-offs', que lle depara o futuro a Vero Boquete? O feito de non gañar este ano faime volver aos Utah Royals, quero pelexar polo título. Podía decidir por contrato se continuaba ou non, pero decidín quedar. É posíbel un retorno a Europa, e mesmo a Galiza, agora que xa hai fútbol de elite aquí tamén? Si. Cando marchei, hai dez anos, era imposíbel, pero nunca perdín a esperanza de poder retirarme perto da casa, é o que máis ilusión me fai. Fala de volver para rematar a súa carreira, canta lle queda? Creo que bastante (Ri). Cando vexa que non poida facelo, serei honesta comigo mesma e deixareino. Cando iso suceda, a que lle gustaría dedicarse? Quero ser adestradora, como meu pai. Ademais, é algo que ten relación cos meus estudos de Maxisterio, pois un técnico ten moito de educador. No pasado aproveitáronse as datas do Nadal para organizar encontros da Selección Galega. Este ano falou alguén con vostede para participar? Non teño ningunha noticia. Véxoo difícil, polo calendario da Liga Iberdrola e porque leva moitos anos sen facerse. Hai aproximadamente un ano adestrou co Celta para preparar o salto ao fútbol chinés. Cando contarán con equipo feminino os celestes? O Celta feminino está perto, porque é algo que os socios demandan. No seu día falei co presidente, Carlos Mouriño, e sei que a directiva está buscando un modo de poñelo en marcha. Cando e onde? Oxalá fose canto antes, porque Galiza necesita que os seus dous clubs máis importantes teñan un feminino. Falando de clubs galegos, o Deportivo feminino xoga en Abegondo, a máis de 20 minutos da Coruña, sería bo trasladar o equipo a algún campo do centro da cidade? Achegar o equipo á cidade é bo, e mellor aínda a Riazor. Abrilo para algún partido e facer promoción do evento, como fan outros equipos da Liga. E a min, se me dan a escoller, sempre quero xogar no mellor campo, e Riazor é o mellor da Coruña. Varias desas xogadoras do Dépor confesaron tela como ídolo, como se sente? É un grande afago, unha responsabilidade e unha motivación. Hai anos era difícil ter referentes femininos, eu crecín sen eles. Non tiña ningún referente no fútbol? Nin sequera a americana Mia Hamm? Non, cando eu crecín non os había. A Mia Hamm coñecémola agora, porque antes non nos chegaba, non podía vela xogar, nin sabía que había ligas profesionais, seleccións, mundiais... era algo impensábel. Estamos a vivir un grande avance a nivel social, no deporte e no fútbol. Incidindo neses avances, hoxe as xogadoras están pelexando por un convenio que lles garanta unhas condicións vitais mínimas. Como ve o conflito entre patronal e xogadoras? O do convenio é unha necesidade desde hai moitos anos, pero nunca sentiramos que estabamos en posición de poder conseguilo. Iso cambiou. O que piden as xogadoras é algo totalmente xusto, e estou convencida de que están a facer o correcto loitando. Os clubs din que a súa aplicación nos termos esixidos polas xogadoras resulta inviábel... Se os clubs cren que non poden cumprilo é honesto que o digan, pero resulta confuso que a contraparte diga que si que é viábel. Logo, alguén está mentindo ou non ve a realidade. Que vai pasar agora? Penso que se vai solucionar antes do día 16 de novembro (data de inicio da folga), chegando a un entendemento por mediación do Consello Superior de Deportes, a Federación ou a Liga, pero se logo de 18 reunións non foi posíbel chegar a un acordo, é normal que as xogadoras vaian á folga, teñen que loitar polo seu. Non vexo unha saída fácil. Se fose futbolista en activo da Liga, vostede faría folga? A miña postura sería ir ás reunións e intentar solucionar isto. Moitas veces hai terceiras partes que son as que exercen a forza, e neste caso hai unha guerra entre Federación e Liga, e logo a Asociación de Futbolistas, e as xogadoras sempre están no medio. Loitan por algo totalmente xusto, pero que ten moitos matices... é difícil. As orixes do conflito poden estar na redución paulatina na fenda dos estadios de profesionalización entre o fútbol no estado español e o europeo e americano? En España vaise con anos de retraso respecto a Europa e os EUA, pero a evolución está a ser moi notoria. O problema é como de rápido se pode facer. Estes conflitos xa pasaron neses países, e son algo normal para que o fútbol feminino avance. E quen non poida cumprir iso non estará na Primeira, pero iso acabará por ser bo para as xogadoras. Reprodución da entrevista íntegra que se publicou no semanario nº 371 de Sermos Galiza, que saíu á rúa a principios de novembro pasado."}
{"ID": "PRAZA_9232", "summary": "Os datos máis recentes indican que a Igrexa ten en Santiago unhas 130 propiedades exentas de pagar o IBI en virtude da lexislación estatal vixente. Apenas unha corentena delas teñen, sobre o papel, uso estritamente relixioso", "text": "A Igrexa Católica non paga o Imposto de Bens Inmobles (IBI) por unha amplísima parte das súas propiedades. A orixe desta exención está nos acordos asinados polo Estado co Vaticano en 1979, que a fixaron de xeito \"total e permanente\" para a daquela denominada Contribución Territorial Urbana no que atinxía a inmobles como templos e locais anexos, residencias dos cregos, oficinas parroquiais, seminarios ou edificios \"destinados primordialmente\" a seren conventos ou casas de ordes relixiosas. Esta regulamentación actualizouse coa lei que no ano 2002 regulou o réxime fiscal das entidades sen ánimo de lucro, na que a exención do IBI da Igrexa foi incluída entre a das organizacións non lucrativas, agás para as instalacións nas que se desenvolvan determinadas actividades económicas.Os datos máis recentes indican que a Igrexa ten en Santiago unhas 130 propiedades exentas de pagar o IBI en virtude da lexislación estatal vixenteEstas regras de xogo son comúns a todo o Estado, pero impactan especialmente naquelas vilas e cidades cunha presenza máis relevante da institución eclesiástica, que recorrentemente subliña que outras confesións relixiosas, organizacións non gobernamentais ou asociacións e fundacións gozan da mesma vantaxe. Un caso paradigmático é o de Santiago. A Igrexa Católica é practicamente omnipresente na capital galega polos seus numerosos templos encabezados pola Catedral, pero tamén por abondosas propiedades exentas de IBI en virtude da devandita lexislación, a cal impide ao Concello compostelán ingresar uns 740.000 euros ao ano. Esta cantidade sería superior se no cómputo se incluísen as propiedades de entidades ligadas á Igrexa.Os datos máis recentes, do ano 2018, indican que a Igrexa Católica ten ao seu nome en Santiago unhas 130 propiedades exentas de pagar o IBI. A maioría son urbanas e apenas unha decena, rústicas. Desas dez ducias de propiedades urbanas apenas unha corentena son oficialmente inmobles de uso relixioso, se ben baixo ese epígrafe os edificios e locais teñen finalidades dispares. Apenas unha corentena das propiedades da Igrexa en Santiago teñen sobre o papel uso estritamente relixiosoAsí, sobre o papel teñen o mesmo uso relixioso instalacións da catedral e dos diversos templos parroquiais e capelas, pero tamén edificios con finalidades diferentes. Exemplos perceptibles a pé de rúa son casos como o dunha residencia para cregos anciáns nas proximidades do Centro Galego de Arte Contemporánea, parte do amplo complexo de San Martiño Pinario -parte do cal ten usos residenciais- ou un centro de actividades socioculturais nas proximidades do seminario menor, entre outros. En total, o IBI que o Concello deixa de ingresar por estes recintos oficialmente só relixiosos suma case 450.000 euros nun ano. Entre as propiedades en Santiago polas que o Concello tampouco pode cobrar IBI figuran, por exemplo, instalacións de centros educativos concertados coa Xunta como recintos culturais, uso oficial de sete propiedades da igrexa compostelá cuxos recibos de IBI suporían case 140.000 euros nun ano para as arcas municipais se tivesen que pagalo. Case 100.000 chegarían dende as propiedades que formalmente son edificios de oficinas; neste epígrafe figuran, segundo puido comprobar este diario, instalacións tan dispares como o seminario maior da cidade, un colexio, despachos utilizados por Cáritas ou un edificio en cuxos baixos opera unha tenda de produtos para turistas.A institución eclesiástica ten ao seu nome en diferentes barrio da capital galega unhas 40 vivendas que terían que pagar algo máis de 30.000 euros de IBI se non estivesen exentasA estas propiedades exentas de pagamento do IBI engádense as que a Igrexa tería que pagar polas vivendas que ten ao seu nome en Santiago. Esta consideración formal téñena unha corentena de inmobles entre os que destaca a Casa do Deán, na Rúa do Vilar, onde durante lustros estivo a Oficina do Peregrino, inmoble de alto valor polo seu emprazamento e importancia histórica. En zonas emblemáticas do casco vello como a Rúa Nova, pero tamén en barrios como o de Conxo constan vivendas ao nome da Igrexa. En total, o seu IBI suporía algo máis de 30.000 euros.A unha maior distancia en canto a exencións de IBI está a devandita decena de propiedades rústicas, dous centros utilizados por Cáritas que si constan como inmobles de uso benéfico. Tamén un chalé nas aforas con uso oficial de lecer ou hostalería, segundo portais inmobiliarios, ou un baixo comercial na céntrica rúa das Orfas que expertos consultados confirman como da Igrexa e polo que o consistorio deixa de percibir o IBI que lle correspondería."}
{"ID": "PRAZA_15885", "summary": "ENTREVISTA \"Estirpe de sombras, como antes foi Máquina de Guerra, quere ser iso, un croquis da miña realidade, do meu pensamento, da miña experiencia, e que busca ser lido de forma non estática senón que mova, que produza, que sirva para destruír ou para construír algo, pero que non deixe indiferente\". Iso di a poeta ourensá Raida Rodríguez sobre os seus dous libros publicados, dos que falamos nesta entrevista.", "text": "Máquina de guerra, (Estaleiro), o primeiro poemario publicado de Raida Rodríguez, quería ser \"un berro, contra a censura, contra as convencións, contra a aceptación das normas\". E foino. Estirpe de sombras, (Barbantesa), o seu segundo libro, continúa a selo. Ademais de mostrar que, como di a propia autora, \"a voz poética é poderosa porque pode facer cortes no discurso, na linguaxe, nas palabras e nos significados do poder establecido\". Falamos con ela destas dúas obras. \"nación: somos unha estirpe de sombras, calquera pertenza/ énos por igual allea\". Nestes versos sae o título do poemario. Podes explicalo? Antes de explicar o título do libro en si, coido que cómpre ter en conta a distancia que me separa da súa escrita e, polo tanto, da experiencia e dos motivos que me levaron a escribilo. Estirpe de sombras é un conxunto de poemas escrito en 2010, enviado a varios certames de poesía e, un ano despois, esquecido pola autora. No 2013 volvín sobre el e contactei con Penélope Pedreira, que despois dun tempo de espera me confirmou que sería publicado en Barbantesa. E pasou case un ano máis ate que saíu en novembro do ano pasado. O título é uns meses posterior á escrita dos poemas, e en parte pretende ser unha dedicatoria aos meus avós, e é tamén unha referencia moi clara ao pasado -a infancia na aldea foi de todo menos bucólica, e en min ese pasado ten moito peso-. O pasado é o bosque e son as ruínas, dous dos fíos conductores do libro. O título quere ser tamén un agradecemento ás \"hordas de escritura\", parafraseando a Chus Pato, que son todas as voces que me preceden -e me alimentan-: desde Paul Celan á propia Chus Pato, pasando por Herman Hesse, Kafka, Coetzee, todos eles forman parte desa estirpe de sombras, e con eles, e contra eles, escribo. O peso do idioma. A linguaxe que nos atravesa. O idioma que nos constrúe. É unha idea moi presente no libro. Que é o idioma en Estirpe de sombras e por que? Poderiamos dicir que idioma para min é sinónimo de patria; o mesmo poema, como din uns versos do libro \"devén patria\". No pasado non ten sido así porque a patria me viña dada, a miña infancia e adolescencia foron en Galiza e foron monolingües en galego, pero desde que vivo fóra, co paso dos anos, fíxose moi importante para min a escrita como patria porque nela habita o idioma e é o unico, case único, espazo onde habita o idioma. Estou vivindo constantemente en catalán e menos en castelán pero case nada en galego, daquela si que é certo que cando escribo, para min o poema devén patria. E no meu presento caótico, entre o estrés do día a dia, traballar para sobrevivir e coidar as miñas fillas, teño o reto de recuperar aínda ese espazo. \"Fíxose moi importante para min a escrita como patria porque nela habita o idioma e é o unico, case único, espazo onde habita o idioma\" E a voz, que é sombra, vontade de emancipación, desexo..., erosión do Eu? Que é a voz neste libro? Por que \"recuperar a dimensión política da voz\"? Para min a voz poética sempre ten sido unha multiplicidade, un artefacto; volvendo unha vez a Chus Pato, unha horda. Detrás dos textos que escribo non hai un eu, senón unha pluralidade de voces e planos de referencia. Por outro lado, se a mesma vida é profundamente política, a voz, o que dicimos, o que escribimos e como o escribimos, todo iso é facer política. Por iso falo de recuperar a dimensión política da voz. Creo que a voz poética é poderosa porque pode facer cortes no discurso, na linguaxe, nas palabras e nos significados do poder establecido, e eses cortes son á vez unha liberación e unha vontade de transformación. Gústame pensar na posibilidade de transformar o mundo desde a propia voz, desde a forma de sentir e entender a realidade que nos ata e buscar espazos de liberdade, e tamén, como non, construír afinidades. Que o poema traspase o libro e entre na vida, esa sería unha boa consigna. \"A voz poética é poderosa porque pode facer cortes no discurso, na linguaxe, nas palabras e nos significados do poder establecido\" A lectura é sempre un itinerario por un país escuro, un inventario de atrocidades contra a nación, contra o idioma, contra a posibilidade mesma de crear e manter vínculos, din outros versos. En que sentido é cuestionada, neste libro, a posibilidade da nación? Máis que cuestionar a posibilidade da nación o que reflexiono é sobre o feito de ter que situarnos como un \"nós\" -tribo, pobo, nación- como construír algo así nun presente moi cargado de peso e á vez moi baleiro de significado, nun contexto de loita pola supervivencia e de illamento social cada vez máis grande. Reflexiono sobre a necesidade de ir máis alá da herdanza do pasado, de reinventarnos como nación, como \"nós\", nun presente que tende cada vez máis a illarnos como espectadores pasivos vivindo en burbullas case perfectas. Máis adiante: \"a lectura quere ser unha práctica revolucionaria, e non unha/ éxtase, / reapropiarnos do pasado aínda que sexan ruínas\". En que sentido pode ser a lectura práctica revolucionaria? En que sentido é a literatura unha arte panfletaria e non un artefacto para soster o Eu? Falo da experiencia da lectura como algo non estático senón como enerxía que move, que se move; ler é conectar (ou non facelo) con outros corpos e con outras voces que nos apelan, e tamén, por que non, nos alimentan. Eu escribo tamén para agradecer ese pulo e para unir a miña experiencia á estirpe de voces que me preceden. Dado que entendo o libro como rizoma, como artefacto que busca afinidades, penso que a lectura ten que ser algo máis que unha práctica contemplativa. Como xa dixen antes, que a literatura traspase o libro e entre na vida, iso sería un artefacto para soster o eu, todo o demais non deixa de ser un panfleto. Por que? Porque é no propio corpo onde se xoga a loita pola supervivencia. A politica é biopolítica, o corpo é o campo de batalla, e desde esa vivencia, desde esa loita, escribo. \"A política é biopolítica, o corpo é o campo de batalla, e desde esa vivencia, desde esa loita, escribo\" E a escrita? Que é \"desorde, ausencia de límites\". Por que? Creo que é evidente cando se len os meus textos unha certa desorde, confusión de voces, pluralidade de rexistros e planos de referencia. A escrita é moitas cousas para min, mellor dito, ten sido, porque actualmente non a practico, pero está claro que ten unha función moi importante como evasión e á vez como liberación no contexto persoal complexo e ás veces asfixiante no que me teño atopado. Escribir para superar os límites da comunicación ten sido para min un dos retos. Nese sentido, \"-os poemas non son actos de comunicación,/ son interferencias/ illas alzadas para crear discordia,/ interrupcións-interruptores/ abrir os ollos á distancia/ e arredor, construír afinidades/ que rompan\"... Por que os poemas non son actos de comunicación, senón fenda, interferencia, ruína? É a miña experiencia e a miña visión do feito de escribir. Máis que comunicar, o que quero é provocar, conectar no máis íntimo co lector. Estirpe de sombras, como antes foi Máquina de Guerra, quere ser iso, un croquis da miña realidade, do meu pensamento, da miña experiencia, e que busca ser lido de forma non estática senón que mova, que produza, que sirva para destruír ou para construír algo, pero que non deixe indiferente. Un poema é polo demais un organismo complexo, pero tamén un \"corpo sen órganos\" (volvendo a Deleuze) que unha vez producido busca o seu espazo no mundo, conectar con outros \"corpos sen órganos\". En min tamén ten unha parte de ruína, porque escribo a partir do peso acumulado e dos restos que van deixando as pequenas catástrofes cotiás, e non cotiás, ás que nos enfrontamos. \"Máis que comunicar, o que quero é provocar, conectar no máis íntimo co lector\" A alteridade, o Outro, é outra idea recorrente no libro. O Outro, a tribo, a pertenza e non pertenza. Que é, quen é o Outro neste libro e cal é a súa relación co \"nós\"? Ou é esa oposición a que se cuestiona? Por que \"a miña identidade pertence irremisiblemente ao fracaso\"? A escrita é un ir á procura da tribo, á procura da propia identidade e á procura do \"nós\". O Outro sempre é o que se nos opón, o que buscamos, o que necesitamos, pero tamén é un Outro que se afasta, ao que non podemos chegar. A ineficacia do discurso é outra idea presente. Por que? Que ten que ver isto coas \"fendas na paisaxe social sen adscrición de clase, partido ou sindicato\"? Ten que ver con ir máis alá das etiquetas, dos conceptos herdados, de construír o presente e o porvir desde cero porque as teorías do pasado non deron o seu froito. Pero tamén ten unha dimensión da vivencia persoal da comunicación, do fracaso da comunicación, da propia necesidade de inventarse a unha mesma e ao Outro, á tribo, a partir dese fracaso. En Máquina de guerra, o teu libro anterior, falábase dun \"manifesto\" contra \"a escrita, contra as ansias de comunicar, de ocupar efectivamente un hábitat (léase nación, lingua, territorio)\". Hai moita relación entre este libro e Estirpe de sombras? En que sentido pode lerse, ou non, un como continuidade do outro? É tamén pola pegada de Deleuze e Guattari? Os textos de Estirpe de sombras foron escritos no 2010, o ano seguinte de publicarse Máquina de guerra, daquela si que pode afirmarse que hai unha continuidade de temas. En Máquina de guerra tiña moi presente certos descursos filosóficos e vivín o proceso da escrita como algo máis propio dun posicionamento vital e literario, dun comezo. Estirpe de sombras quería seguir afondando nos temas que me obsesionan desde sempre, a comunicación, o fracaso da comunicación, a construción do Outro e o achegamento ao Outro, a reflexión sobre a linguaxe, e, claro está, a volta, a recreación da miña infancia e adolescencia no medio absolutamente hostil que foi a aldea. A consigna, dicía Máquina de guerra, é clara: des-habitar o poema, des-territorializar a linguaxe. Avanza, nese sentido, Estirpe de sombras? Creo que segue os pasos comezados nos textos de Máquina de guerra, no sentido de buscar espazos de liberdade e de crear conexións, de facer rizoma. Que a literatura traspase o libro e entre na vida; a consigna, aínda que reformulada, é a mesma. A \"deconstrución do propio corpo\" e dos corpos alleos estaba moi presente en Máquina de guerra. Por que? O poema, se tivese que definilo, sería como un artefacto explosivo; un bo poema sempre é un estalido: ler a Paul Celan é un estalido pero tamén ler a Gilles Deleuze ou a Nietzsche é un estalido e cando escribo sinto ese estalido en min, no meu corpo, e a partir del, desde el, escribo. Por iso para min escribir tamén ten que ver moito coa forza, coa intensidade, tamén coa dureza, coa loita interna, coa tensión emocional e física. Deconstruír é necesario cando se chega a un punto morto, de non retorno, daquela hai que empezar a construírse desde cero e os poemas de Máquina de guerra foron froito dun momento de reformulación vital. E, claro está, todo sucede nos corpos, e desde os corpos é desde onde nos proxectamos. \"Para min escribir tamén ten que ver moito coa forza, coa intensidade, tamén coa dureza, coa loita interna, coa tensión emocional e física\" Tamén a linguaxe como \"isolador da realidade\" e o, quizais, desexo, de que rexurda o seu poder contestario. Por que? Escribir é á vez unha necesidade e unha decisión, un posicionamento. Nese sentido, Máquina de guerra, na medida en que un libro pode selo, quería ser un berro, contra a censura, contra as convencións, contra a aceptación das normas; de aí o título, unha máquina de guerra, no sentido de poesía como arma contra a linguaxe dos descursos convencionais, que limitan e empobrecen a experiencia que temos do mundo. \"Nese sentido, Máquina de guerra, na medida en que un libro pode selo, quería ser un berro, contra a censura, contra as convencións, contra a aceptación das normas\" Non había, en Máquina de guerra, \"nin revolución, nin proletariado\", nin \"teorías globais\", nin casa que habitar. Que pensas diso agora? (Digo polo debate sobre a superación do pensamento posmoderno e iso). Penso absolutamente o mesmo, máis que nada porque as teorías globais e as etiquetas e os grandes conceptos non teñen mostrado nin aberto camiños para cambiar nada. A revolución, se ha de comezar, comezará desde abaixo. Reinventando a realidade, o que somos. O que si había era conciencia do poder, da linguaxe como ferramenta súa. Pódese saír diso? É posible? O que é posible é facer a linguaxe nosa, sacala dos seus límites. Nese sentido penso que a poesía ten que ser ante todo un espazo para a liberdade e creo que cómpren máis máquinas de guerra, máis artefactos lanzados contra o entramado das normas, dos descursos establecidos e alleantes que nos afastan de nós mesmas e da vida. \"Cómpren máis máquinas de guerra, máis artefactos lanzados contra o entramado das normas, dos descursos establecidos e alleantes que nos afastan de nós mesmas e da vida\" En canto ao xeito no que están escritos, nos dous hai diálogo, por exemplo, moita fluidez e beleza... Es consciente dunha evolución nese sentido? Polo de agora non son consciente de ter evolucionado nin nos temas nin no estilo: a pluralidade de voces, o diálogo, a reflexión e recreación do pasado, son as constantes que sempre me teñen acompañado á hora de escribir. Publicaches algo máis ultimamente ou vas facelo? Non teño publicado nada máis e polo momento non teño perspectivas de facelo xa que agora mesmo escribir é un luxo que non me podo permitir. Pero conservo a vontade de recuperar ese espazo. Algo máis que queiras dicir sobre os dous libros? Gustaríame rematar con palabras que non son miñas pero que sintetizan moi ben o que para min é a escrita. E que son tamén un agradecemento. Son parte dun texto precioso que Claudio Pato escribiu como presentacion para a intervención que fixen no encontro Aforas en Coruña no 2008: Escrita, aberta, conectábel en todas ás súas múltiples dimensións, alterábel, susceptíbel de recibir constantemente modificacións. Escrita que pode ser rota, e alterada, que pode adaptarse a distintos montaxes, debuxarse nunha parede, escribirse en rede e escribirse na planta dos pes dos seres amados, concibirse como unha obra de arte, construírse como unha acción política e como unha meditación. Unha guerra de guerrillas. UN ASUNTO DE PERFORMANCE. NA TENDA DE PRAZA: Estirpe de sombras, na Tenda de Praza"}
{"ID": "NOS_40918", "summary": "A socialista Inés Rei xestionará tamén as áreas de Seguridade Cidadá e Barrios. José Manuel Lage Tuñas, coa carteira de Economía e Facenda, e Juan Díaz Villoslada, Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, aparecen como os executivos con maior peso político dun novo goberno local que, a falta de acordos de coalición, iniciará o mandato como un gabinete monocolor.", "text": "Ao estar constituído por apenas 9 integrantes —un menos dos que tiña o tamén monocolor goberno da Marea Atlántica—, a alcaldesa da Coruña vaise ver obrigada a asumir áreas de xestión, en concreto as de Seguridade Cidadá, Barrios e Normalización Lingüística. A respecto desta última, está por ver se Inés Rey, que alterna o uso do galego e o castelán nas súas intervencións públicas, adopta a lingua propia do país como o seu idioma de expresión habitual dentro da institución. En todo caso, e tendo en conta a historia do PSdeG na Coruña —formación durante longos anos liderada por Francisco Vázquez, dirixente non precisamente comprometido co galego—non deixa de chamar a atención que o departamento que se vai encarregar de promover os usos da lingua na cidade vaia ser dirixido pola número un do goberno local. No goberno, cuxa composición se deu a coñecer esta terza feira, sobrancean dúas figuras: a de Jose Manuel Lage Tuñas, dirixente moi próximo a Valentín González Formoso, líder provincial do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, e a do aínda deputado autonómico (está previsto que dea paso a unha compañeira no Pazo do Hórreo ao rematar o actual período de sesións) Juan Díaz Villoslada. En concreto, Lage Tuñas, representante do grupo na Deputación, asumirá a portavocía do goberno local, ben como as carteiras de Facenda, Economía e Réxime Interior, en tanto que Villoslada xestionará Urbanismo (co prato forte por diante do planeamento da fachada marítima da cidade), Vivenda e Mobilidade. O executivo coruñés terá catro tenencias de alcaldía, en mans de Juan Ignacio Borrego (primeiro tenente de alcalde, con responsabilidades sobre Deportes), Yoya Neira (Igualdade, Benestar Social e Participación), Esther Fontán (Medio Ambiente e Sostenibilidade) e Eva Martínez Acón (Innovación, Industria, Empresa e Consumo). Completan o gabinete Javier Celemín (Educación, Cultura e Memoria Histórica) e Diana Cabanas (Turismo e Comercio, con competencias tamén sobre as festas e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos)."}
{"ID": "NOS_10384", "summary": "O Consello das Mareas vén de desbotar unha alianza con Más País, o partido de Íñigo Errejón, de cara ás eleccións do 10 de novembro. O partido sinala que a decisión de non concorrer cos madrileños ten a ver coas \"dificultades atopadas para que Más País asumise unha auténtica axenda galega\".", "text": "A pasada quinta feira, día 26, o deputado de En Marea Pancho Casal abría ás portas á integración da forza que lidera Luís Villares no proxecto de Íñigo Errejón. Traballaban, sinalaba Casal, nunha \"plataforma multinacional\" que incluiría Compromís e, segundo o parlamentar, o contacto era \"moi fluído\". Porén, o na tarde do domingo En Marea facía público un comunicado de imprensa no que desbotaba o acordo con Errejón. A ruptura debeuse, segundo sinala o partido, ás \"dificultades encontradas para que Más País asumise unha auténtica axenda galega e un marco verdadeiramente confederal no funcionamento da alianza\". Cando fican menos de 24 horas para que conclúa o prazo de presentación de coalicións ás eleccións estatais, En Marea asegura que centra os esforzos en \"promover a candidatura galega única, ampla e que represente os intereses de Galiza en clave progresista\". \"Desde En Marea emprazamos as demais forzas progresistas galegas a sumarse a esta candidatura única co obxectivo de conseguir unha axenda política propia no Congreso e, ao tempo, desenvolver unha axenda social e democrática que atenda as emerxencias que vive o noso país, climática, feminista e social\", recolle o comunicado. Pronunciábase na mesma liña o pasado sábado, día 28, Anova, que di perseguir \"unha candidatura alternativa real e unitaria\" con \"toda a esquerda política e social galega\". O partido de Antón Sánchez facía alusión aos \"valores que levaron en Galiza ao proceso de acumulación de forzas desde 2012\", cando Anova asinaba con Esquerda Unida e Equo o selo de AGE."}
{"ID": "PRAZA_18151", "summary": "A Xunta impón como condición para achegar un complemento de profesorado a volta á clase do alumnado. A ANPA mantén as protestas e manifestouse tras este \"primeiro chanzo\" aínda insuficiente: mantense a \"masificación\" en 4º e a imposibilidade de impartir todas as optativas", "text": "Logo de dúas semanas de peche e dunha folga masiva que baleirou case por completo as aulas no inicio do curso, o IES de Brión retomou este venres certa normalidade. A asemblea que a ANPA convocou a última hora do xoves decidiu por ampla maioría a volta do alumnado ás clases. Foi a condición que a Xunta impuxo para proporcionarlle ao centro un complemento de profesorado de 14 horas que permitirá que non se perda o grupo de reforzo (PMAR, Programa de Mellora da Aprendizase e Rendemento), unha medida de atención á diversidade que as familias sempre consideraron \"irrenunciable\", así como 3 horas máis de Inglés, que permitirán facer desdobramento nesta materia en 4º de ESO. A ANPA aclara que isto \"só é un primeiro chanzo\": \"Non nos damos por satisfeitos e imos continuar reclamando que se atendan as necesidades do instituto\" A oferta está aínda lonxe da petición de tres profesores máis que alumnado, dirección e familias reclaman para \"manter as prestacións do curso pasado\" e evitar a \"masificación\". Así, a ANPA Pedra Viada do IES de Brión aclara que a proposta da Xunta é \"só un primeiro chanzo para atender as necesidades\" do centro e que a recuperación do PMAR é importante pero non suficiente. \"Non nos damos por satisfeitos e imos continuar reclamando que se atendan as necesidades do instituto\", aclaran. Asemblea de nais e pais do IES de Brión / © ANPA Pedra Viada Por iso, a ANPA mantivo a convocatoria para a manifestación á que acudiron familias e que percorreu o camiño que hai desde a estación de autobuses de Santiago á sede da Consellería de Educación. Pretenden con ela deixarlle claro á nova conselleira de Educación, Carmen Pomar, que en Brión seguen pensando que \"queda moito por facer\". Así, continúan a reivindicar máis docentes no centro --mantén os mesmos que hai dez anos malia contar con 180 alumnos máis-- para posibilitar o desdobramento total dos grupos de 4º da ESO e evitar a \"masificación\" nas aulas e a docencia de todas as optativas previstas, algunhas delas premiadas por varios dos seus proxectos, e que a tal hora son inviables por falta de horario e profesorado. O IES de Brión recupera un curso de reforzo en 3º de ESO pero non as optativas nin a posibilidade de desdobrar grupos en 4º \"A unidade que se mantivo durante os quince días de mobilización parécenos ademais un argumento que afortala aínda máis as nosas reivindicacións\", advirten desde a ANPA, que alcanzou un dos seus obxectivos, apremado tamén por unha Consellería de Educación que, ante a crise de goberno e a mudanza no departamento, impuxo un ultimato. \"Volvemos ás clases pero non abandonamos as nosas reivindicacións\", din as familias, que apelan á \"responsabilidade\" ante a posibilidade de que a Xunta non proporcionase nin tan sequera o reforzo achegado no caso de que o alumnado non volvese ás aulas."}
{"ID": "NOS_55272", "summary": "A nova promesa do deporte galego para a Deputación de Pontevedra é un escalador de 14 anos con moito futuro por diante. Por agora, forma parte do programa de tecnificación da Federación Galega de Montañismo á espera de que as competicións volvan á normalidade que agora non teñen pola pandemia da Covid-19.", "text": "Xavier Carballo, do club Montañeiras e Montañeiros de Pontevedra-A Roelo (Aromon) e membro do programa de tecnificación de escalada da Federación Galega de Montañismo (FGM) desde o 2018, foi nomeado o pasado mes de setembro con 14 anos deportista promesa pola a Deputación de Pontevedra. O nomeamento suponlle unha pequena axuda económica no seu camiño a converterse nun escalador de referencia na Galiza. Carballo entrou en contacto co alpinismo no club pontevedrés con 10 anos de idade a partir das escolas deportivas desta entidade. Con 11 anos entrou a formar parte dun grupo adiantado e comezou a mostrar unhas actitudes máis claras cara a este deporte, segundo explica a Nós Diario o seu adestrador e director do programa de tecnificación, José Juan Domínguez. \"Se se collen nestas idades é moito máis fácil e no seu caso tiña aptitudes cunha evolución que nos sorprendeu\", relata. Participou en varias saídas en rocha e en 2019 comezou a súa ascensión nas competicións quedando campión galego de escalada en bloque e terceiro a nivel estatal nas modalidades de dificultade e velocidade. \"Foi a primeira vez que conseguíamos podio para o deporte galego na súa categoría en escalada deportiva\", sinala Domínguez. Futuro prometedor Ademais de ser o adestrador na tecnificación, Domínguez traballa a nivel persoal con Xavier Carballo e coñéceo ben. Asegura que con 14 anos ten moito que dicir aínda a nivel de éxitos deportivos malia que na Galiza non se teñen as instalacións que hai noutros territorios. \"Ten que seguir a nivel persoal, formando parte do programa de tecnificación da federación mais sen contar cun centro deportivo\", explica, \"nós non contamos co centro que hai en Pontevedra e que depende do Centro Superior de Deportes por non estar recollida a escalada como un dos deportes que entren nesas instalacións\". O escalador terá que combinar os seus estudos co adestramento persoal e participando nas competicións galegas e estatais da súa categoría de sub-16. Escalar en tempos de Covid-19 A escalada deportiva suspendeu este ano todas as competicións a nivel galego e a nivel estatal. Non é un deporte de contacto e as instalacións privadas continúan abertas e seguindo os protocolos de seguridade sanitaria de limpeza, emprego de máscara e uso de hidroxel. Ademais, a escalada en rocha, que tamén é moi popular na Galiza, continúa a practicarse a nivel privado. Nas competicións, o máis habitual é que se realice por parellas que non teñen contacto permanente ao facer cada proba por quendas nin tampouco co material empregado. \"A primeira información que tivemos foi que pasarían a realizarse sen público para evitar contaxios\", relata Domínguez, \"mais o problema veu pola elevada concentración de deportistas que veñen de diferentes localidades, polo que ao final optouse pola suspensión total\". Para este adestrador a escalada deportiva é a modalidade máis segura, aínda que sexa unha das que conta con máis practicantes a nivel galego e estatal. Continuidade na canteira da ENAG Desde a FGM continúan os esforzos en potenciar a escalada malia as dificultades que teñen polo impacto da Covid-19. Un dos seus órganos, a Escola Galega de Alta Montaña, a finais deste verán, e co atraso na organización e planificación relacionados co período de confinamento, anunciou que conta cun novo equipo de Novas e Novos Alpinistas Galegos (ENAG) froito dun proceso de selección difícil que se realizou durante dúas fins de semana, un centrado na escalada en neve e na alta montaña e outro na escalada en rocha. Formarán parte deste programa Adrián Álvarez, Daniela Andreia Carvalho, Jaime Larriet e Pablo Brea. Adrián Álvarez explica a Nós Diario que a continuidade após a tecnificación foi por sentirse \"motivado\" e buscar un futuro no alpinismo profesional, que podería pasar \"por adquirir novas destrezas para poder optar ao equipo estatal\". A canteira galega medra e ten futuro."}
{"ID": "PRAZA_18083", "summary": "O Concello emitiu un informe negativo de compatibilidade urbanística e a Xunta tivo que pechar o procedemento de autorización ambiental. Agora, Toysal presenta unha nova iniciativa co que pretende, segundo a plataforma en contra, encher de residuos a zona mineira.", "text": "A comezos deste mes de setembro, o Concello de Teo remitiu á Xunta un informe de compatibilidade urbanística negativo sobre a planta de residuos que a empresa Toysal quere instalar na Casalonga. Neste xoves, a Consellería de Medio Ambiente puxo fin a este proxecto ao pechar o procedemento de autorización ambiental, decisión automática que se deriva da decisión da administración local, que advertira de que a iniciativa incumplía a normativa urbana da localidade e, en especial, o seu PXOM. No entanto, e como xa advertiran desde o executivo municipal, a compañía tiña unha alternativa preparada a esta esperada negativa. O Concello emitiu un informe negativo de compatibilidade urbanística e a Xunta tivo que pechar o procedemento de autorización ambiental Agora, Toysal presenta un novo plan que xa estaba enriba da mesa da Dirección Xeral de Minas no pasado xullo. En lugar de planta de residuos, a iniciativa torna nun Plan de restauración da canteira da Casalonga e baséase, segundo os colectivos contrario, no recheo con residuos do importante burato existente na antiga zona mineira, así como na abertura de novos ocos para refugallos. Agora, Toysal presenta unha nova iniciativa, un plan de restauración da canteira co que pretende, segundo a plataforma en contra, encher de residuos a zona mineira Segundo a plataforma Casalonga Limpa de Residuos, a \"intención\" de Toysal é \"crear na canteira un macrocomplexo de recepción de residuos introducindo, por un lado 90.000 toneladas de residuos orgánicos coa instalación da planta e, por outro, unhas 200.000 ao ano de residuos de obra e outros para esparexelos na terra, a auga e o aire da contorna\". Segundo o colectivo, a empresa faino \"baixo a máscara dunha planta de biogás e un plan de restauración dunha canteira\". Para a veciñanza da zona, unida na plataforma, a emprea propietaria de 41 hectáreas de terreos na Casalonga e con dereito á explotación mineira da antiga canteira desde hai só uns meses, \"dá un paso máis na súa estrataxema para converter nun vertedoiro de grandes dimensións o monte\". A plataforma Casalonga Limpa de Residuos convoca uha gran mobilización para este domingo Por todo isto, a plataforma convocou para este venres 21 unha asemblea aberta con carácter de urxencia para informar á veciñanza da situación e organizar unha gran mobilización que terá lugar este domingo 23 ás 11 da mañá . \"Formarase unha cadea humana ao longo dos máis de 2 quilómetros da estrada que atravesa a canteira\". \"Esta cadea humana, ademais de simbolizar a unión dun pobo en loita, tamén quere deixar unha mensaxe clara: será o muro co cal se vai a atopar calquera actividade que pretenda esnaquizar as nosas vidas envelenando a terra que pisamos, a auga que bebemos e o aire que respiramos\"."}
{"ID": "NOS_27806", "summary": "O Instituto Galego de Vivenda e Solo responsabiliza o Goberno estatal por posuír \"máis de 45%\" da titularidade do denominado 'banco malo'.", "text": "A deputada e portavoz de Vivenda do BNG no Parlamento, Alexandra Fernández, instou esta cuarta feira a Xunta da Galiza a \"comprometerse\" na defensa da trintena de familias de Ares, Burela e Narón ás que a Sareb pretende desafiuzar. Trátase de vivendas que en 2019 pasaron a mans do denominado 'banco malo', a sociedade estatal creada en 2012 para asumir os activos tóxicos do rescate bancario. Nas últimas semanas, a Sareb exixiu ás familias información sobre as nóminas, a declaración da renda, o empadroamento e o libro de familia, \"sen explicarlles cal era a verdadeira finalidade da información solicitada\", tal e como denunciou Fernández, para quen os despexos, ao tratarse dun ente de titularidade estatal, constitúen un \"abuso de poder\". Estas \"prácticas antisociais\", dixo, \"non son admisíbeis en ningún caso\". Neste senso, apuntou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) \"ten capacidade para mediar e prestar asistencia xurídica\" ás persoas afectadas, un servizo que a Xunta xa ofrece hoxe nos casos de ocupación. No caso de Burela, afirmou, o IGVS \"ten un papel máis directo ao ser o responsábel de velar pola vivenda protexida\", xa que o edificio en cuestión goza deste réxime de protección. \"A Sareb repite o mesmo patrón, o abuso sistemático a inquilinos e pór as familias nunha situación de indefensión\", censurou. O IGVS responsabiliza o Goberno estatal O director do IGVS, Heriberto García, delegou as responsabilidades no Executivo de Pedro Sánchez alegando que o Estado é propietario de \"máis de 45%\" da Sareb e, en consecuencia, \"cumpre o papel de arrendatario\" fronte aos actuais inquilinos. Así, amosou o seu desacordo coa actuación desta sociedade estatal e asegurou que a Xunta xa está a contactar con estas familias na procura de posíbeis solucións, \"sobre todo para as que se atopan en situación de vulnerabilidade\". Porén, as persoas afectadas, replicou Alexandra Fernández, \"non recibiron comunicación ningunha por parte do IGVS e descoñecen se contarán coa asistencia xurídica que precisan\" da Administración galega. Pola súa parte, García salientou que a Galiza foi \"un dos primeiros territorios do Estado en estabelecer un convenio de colaboración coa Sareb para mobilizar o parque de vivendas e poder ofrecer unha solución habitacional\". Aliás, lembrou que o Plan estatal de Vivenda 2022-2025, pendente de aprobación, prevé un programa de alugueiro social para estas vivendas do que a Xunta \"non tivo máis noticias\"."}
{"ID": "NOS_47372", "summary": "A veciñanza celebra o carpetazo a este proxecto. O PP impedira en 2013 que o espazo fose declarado parque natural.", "text": "Contundente vitoria dos colectivos sociais e veciñais que durante a última década se mobilizaron sen descanso en oposición ao parque eólico proxectado na Serra do Galiñeiro, situada nos termos municipais de Gondomar, Mos, O Porriño, Tui e Vigo. A Xunta da Galiza vén de anunciar que a empresa promotora, Terra do Vento SL, renuncia definitivamente a levar a cabo o proxecto que lle fora concedido en 2010 nun procedemento no que se adxudicaron até 2.325 megawatts (MW) de potencia enerxética a explotar distribuídos en dez zonas. Este parque, pensado para 13 aeroxeradores e unha potencia total de 39 MW, contaba con informes negativos do Goberno galego tras anos de denuncias da veciñanza, dos colectivos ecoloxistas e dos propios concellos afectados. Aliás, a sociedade creada ex professo para desenvolver este proxecto, xa cesara a súa actividade en 2018, segundo consta no Rexistro Mercantil. Tratábase dunha filial da multinacional madrileña Element Power España SL. Porén, nun primeiro intre a Xunta apoiou o parque eólico. En abril de 2013, o grupo popular impediu co seu voto que o Parlamento declarase parque natural a Serra do Galiñeiro incluíndoa no complexo protexido do Monte Aloia (Tui), a fin de paralizar un proxecto que contaba daquela con máis dun milleiro de alegacións. Este mesmo ano, máis de 60 colectivos da área metropolitana de Vigo volveron reclamar esta medida e a paralización cautelar do proxecto eólico, unha cuestión que, desta vez, materialízase de forma definitiva. \"Loitamos contra un inimigo invisíbel\" Alberto Covelo, presidente da Comunidade de Montes de Vincios (Gondomar) e membro da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, explica a Nós Diario como foi a loita veciñal contra o proxecto: \"Desde o primeiro intre, todas as e os comuneiros decidimos opornos ao parque eólico independentemente da cuestión económica. Daba igual os cartos que puxesen sobre a mesa, porque a riqueza natural que temos é innegociábel\". Dado que a lexislación o permite, Terra do Vento SL eludiu negociar coas persoas propietarias dos montes e solicitou en 2012 a declaración de utilidade pública do territorio, que, de a autorizar a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, permitiría expropiar os terreos. \"A empresa nunca sentou connosco, sabemos o nome da sociedade mais non quen a conforman, a nosa loita foi contra un inimigo invisíbel. Non precisaban negociar porque tiñan a expropiación a man, e só terían que pagar polo espazo no que se situarían os muíños, non polas 400 hectáreas que se verían afectadas\", sostén Covelo. Neste tempo, as e os comuneiros moveron ficha emprendendo diferentes accións, como a inclusión no Ministerio para a Transición Ecolóxica dun piñeiral para a captación de CO2 tras a vaga de lumes de 2017: \"Quixemos replantar con especies frondosas para protexer o espazo, xa que as eólicas aproveitan os incendios para presionar as e os propietarios para vender os terreos\", afirma. \"Agardamos que non veñan outras empresas a tentar desfacer a Serra do Galiñeiro. Deben saber que tras os montes hai unha masa social que non quere outro proxecto diferente ao que nós estamos a desenvolver\", conclúe."}
{"ID": "NOS_91", "summary": "Unhas 300 persoas participaron no acto da CIG para denunciar as consecuencias da reforma laboral", "text": "Vigo acolleu un \"enterro dos dereitos sociais e laborais\", unha mobilización celebrada no marco das convocatorias da CIG en diversas cidades da Galiza contra a reforma laboral. Na cidade olívica, unha comitiva fúnebre partiu da Porta do Sol para percorrer a rúa do Príncipe até o Marco, onde se celebrou o responso, para despois regresar ao punto de partida. O acto, no que participaron máis de 300 persoas, rematou coa intervención do secretario comarcal, Serafín Otero, que lembrou que a CIG seguirá a contestar na rúa os ataques contra a maioría social, a clase traballadora."}
{"ID": "NOS_27254", "summary": "A moza, militante da organización nacionalista Agir, denuncia que foi expulsa da sala onde se realizaba a escolla de prazas polo decano, Miguel Míguez Macho.", "text": "Está no último ano do grao en Dereito e só lle quedan por facer as prácticas. Porén, e malia ter un dos mellores expedientes, non poderá escoller destino porque, segundo denuncia ela propia, foi expulsa da sala onde se realizaba o acto de elección das prazas polo decano, Luis Míguez Macho. En conversa con Sermos Galiza a estudante, Tatiana Maseda, explicou que na quinta feira 24 de outubro, coincidindo coa xornada de folga xeral no ensino á que estaba chamada toda a comunidade educativa, a facultade de Dereito da USC convocou un acto de elección das prácticas do grao. \"Unha semana antes subín ao decanato para preguntar cando sería porque o comprometeran para outubro e xa estabamos a finais e non sabiamos nada\", contou. No decanato dixéronlle que a data non fora aínda marcada. Na segunda feira 21 anunciárona para o 24. Boicote do acto por \"coaccionar o estudantado\" perante a folga As organizacións estudantís Comités, Liga estudantil, Asemblea aberta e a propia Agir consideraron que a intención do decano, Luis Miguez Macho, era \"coaccionar o estudantado\" pois, ao seren prácticas de obrigada realización \"ninguén ía faltar ao acto e non farían greve\". Así que na mañá do 24 realizaron unha acción de boicote e negociaron unha nova data: esta segunda feira, 28 de outubro. \"Tiña hora para as dez da mañá porque dan as quendas en función da nota do expediente e entón tocoume bastante cedo. Cando dixeron o meu nome, o decano comezou a me dicir a berros que non tiña dereito a estar alí, expulsoume da sala de má maneira e diante de todo o mundo e ameazoume con me abrir un expediente porque me tiña identificada\". Denunciou \"abuso de superioridade\" por parte do reitor Malia que a apertura dun expediente debe estar fundamentada e Maseda di que na acción de boicote \"non houbo altercados nin destrución de mobiliario nin nada de nada\", a actitude de Míguez Macho levouna a denunciar perante o Valedor d@ estudante e perante a Vicerreitoría da USC o acontecido e o \"abuso de superioridade\" que apón ao decano. \"Non vou quedar sen prácticas mais non podo escoller praza e vanme quedar as peores\", explica, argumentando que \"as peores\", no seu caso, son aquelas que exixen desprazamento fóra de Compostela \"porque non teño maneira de chegar\". Namentres agarda pola resposta do Valedor e da Vicerreitoría, para esta terza feira 29 o estudantado convocou unha concentración diante da facultade de Dereito (12h) rexeitando o proceder de Míguez Macho para con Tatiana Maseda. O lema do protesto: Fóra fascistas da USC."}
{"ID": "NOS_53262", "summary": "A plataforma Voltar á Terra lanza un Decálogo por un país en pé no que chaman o movemento xuvenil e a mocidade galega a se \"converter en protagonista\" como \"motor imprescindíbel\" do cambio.", "text": "Através dun decálogo pendurado no seu portal web e ao que lle deron leitura esta terza feira (11 de agosto) na cidade de Pontevedra, a plataforma Voltar á Terra defendeu a conformación dunha candidatura galega nas vindeiras eleccións ás Cortes españolas que defenda \"mudanzas socio-económicas necesarias\" e unha \"política activa\" que permita \"voltar á terra ás persoas migradas\", explicou en conversa con Sermos Galiza Rubén Permui, integrante do colectivo. Perante os comicios que terán lugar a finais deste ano, desde esta plataforma popular aseguran que \"máis que nunca\" é \"preciso un grupo parlamentar propio\" na defensa dos intereses de Galiza. O decálogo foi lanzado con 100 sinaturas iniciais que abranguen persoas migradas \"en perto dos cinco continentes\". Persoas de distintos ámbitos profesionais e persoais que representan \"os milleiros que se viron obrigados a marchar\" nos últimos anos. Segundo as cifras oficiais en 2014 o noso país perdeu 24.600 persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 34 anos, só nun trimestre 16.800. \"Non facemos parte das estatísticas do país porque non formamos parte del\", porén, \"temos dereito a exixir voltar\" \"Non facemos parte das estatísticas porque non formamos parte del\", denuncia Permui. \"Non existimos porque estamos fóra\". Porén, acrecenta, \"temos dereito a exixir voltar\". Unha mudanza \"real\" que permita volver á \"xeración mellor formada da historia\". Neste senso, subliña, \"lanzamos un chamamento a toda a mocidade para reclamar o que Galiza precisa\" e rematar co \"problema endémico\" que representa a emigración neste país. Para Rubén Permui a obriga de facer as maletas e marchar na procura dun proxecto de vida é algo \"normalizado\" para o pobo galego. \"Iso é abraiante\". Este mozo que vive e traballa en Barcelona desde \"hai 9 anos\" compara a realidade catalá coa galega e asegura que \"en Catalunya cando un fillo ten que marchar é un drama\" mais \"para nós é algo intrínseco\". \"Faltan medidas que nos permitan ficar aquí e traballar\" pois \"formación temos\". Así é que desde a plataforma Voltar á Terra entenden que un \"grupo parlamentar galego propio sen dependencias\" é unha das ferramentas chave para lograr as condicións que permitan, non só volver a poboación migrada, senón \"frear esta sangría\". Defender os intereses dunha Galiza con futuro Un chamamento que lanzan a \"todas as forzas políticas deste país\" ás que instan a se integrar nunha candidatura galega que denuncie \"a crise endémica que sufrimos, o desmantelamento dos nosos sectores produtivos e o envellecemento impulsado pola emigración\". Mais tamén que \"dende a defensa dos nosos intereses\" pule por \"recuperar os nosos sectores produtivos, e garantir salarios dignos para as clases traballadoras galegas\". Entre as medidas que propoñen no decálogo visan \"desenvolver iniciativas económicas sustentábeis e que poñan en valor o noso ecosistema como un dos elementos chave do futuro\", o \"investimento estratéxico en I+D+I\" como elemento para \"aproveitar a formación académica e laboral das persoas que facemos esta nación\" así como o artellamento dun \"sistema galego de cooperativas en todos os eidos económicos\", entre outras."}
{"ID": "NOS_33090", "summary": "Ex- dirixente do IRA e vice-ministro de Irlanda do Norte, faleceu aos 66 anos de idade por mor dunha rara enfermidade xenética. \"Faleceu o noso camarada. Botarémolo de menos\" di a nota oficial do Sinn Féin.", "text": "O director John Ford afirmaba que ninguén sabe odiar coma os irlandeses, porque neles o pasado está sempre presente. O poeta Seamus Heaney recoñecía emocionarlle a teima desas persoas que, ao longo da historia e contra vento e maré, mantiñan que a illa era a súa patria. John Lyndon, cantante dos Sex Pistols co alcume de 'Jhonny Rotten' e despois de PIL, fillo de irlandeses emigrados a Londres, titulou a súa biografía coa frase que máis escoitou na súa nenez nas rúas londinenses: \"No blacks, no dogs, no irish'. Nin negros, nin cans nin irlandeses. Houbo un político que entendeu o que todo isto significaba e implicaba á perfección. Martin McGuinness naceu en Derry en 1959 no seo dunha humilde e numerosa familia católica sometida, como o resto de familias católicas, ao imperante 'apartheid' que o protestantismo impuña nos seis condados irlandeses baixo dominio de Londres. A década dos 60 foron anos de intensas manifestacións e mobilizacións polos 'dereitos civís' en Irlanda do Norte. Os irlandeses (católicos) reclamaban igualdade de dereitos e de oportunidades que os protestantes (británicos). Os protestantes intensificaron a baza da represión e a violencia, Londres mandou o seu exército a 'poñer orde' e este actuou en Irlanda do Norte coa xenreira, alevosía e impunidade dunha forza de ocupación. McGuinness, ao igual que outros mozos dos barrios católicos, participaba nas marchas e enfrontamentos na rúa contra a policía do Ulster. Ao igual que tamén moitos mozos, entre eles varios dos seus irmáns, deu o paso a finais dos 60 de se alistar nas fileiras do IRA Provisional, os 'provos'. Con apenas 22 anos viaxou a Londres con Gerry Adams para tomar parte nunhas negociacións secretas co goberno británico. A viaxe amosaba que McGuinnes tiña asumido importantes responsabilidades no seo da organización armada republicana. O tándem Adams / McGuinness foi o rostro público do republicanismo estas máis de tres décadas. Adams era o carisma, o líder que viaxaba Estados Unidos para dar mítines entre a comunidade irlandesa e volvía con millóns de euros en doazóns. Era o líder que bromeaba coas vellas que o abenzoaban en Falls Road, arteria republicana de Belfast, e que non perdía o sorriso fronte aos soldados que lle ameazaban nos controis con deixalo sen dentes. MacGuinnes era o home de poucas palabras, pero estas ían a misa. O irlandés ao que nos anos duros palestinos e o CNA (Congreso Nacional Africano) agradecían o apoio e solidariedade irlandesa para coas súas causas. Canda a morte de Nelson Mandela, na 'garda de honra' do seu enterro, un posto de privilexio foi para o Sinn Féin. Alí estaba Gerry Adams, presidente do partido republicano, mais todos sabían que quen tiña que estar era Martin, \"o irlandés de Soweto', 'O negro de Derry'. \"Os irlandeses somos os negros de Europa\", dicían en The Commitments. Houbo un tempo para a guerra e houbo un tempo para a paz. O republicanismo irlandés así o entendeu cando iniciou o proceso de cesar o fogo do IRA e deu paso ás negociacións que culminaron no 'Acordo de Venres Santo'. McGuinness entrou entón noutra fase de loita, como el mesmo dicía, a institucional. Foi durante dez anos viceministro de Irlanda do Norte. 'Cabalgando contradicións', como disque se di agora. Dimitiu hai dous meses por mor da enfermidade que padecía, amiloidose, dando paso a Michelle O`Neill, representante dunha nova xeración do republicanismo irlandés. McGuinness faleceu na madrugada desta terza feira. Varias mans encheron as paredes do seu barrio natal co lema irlandés, que era o mesmo en Soweto, Belfast ou no campo de refuxiados de Ienín: 'Tiocfaidh ár lá' (Chegará o noso día). Reaccións A morte do líder republicano axiña xerou reaccións. Non só en Irlanda e Reino Unido mais tamén noutros países, como Galiza. Ana Miranda ou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresaron as súas condolencias a través das redes sociais. Tamén o fixeron membros da dirección de Anova, como Brais Fidalgo. Ao igual que en Galiza, en Euskal Herria e Catalunya tamén houbo expresións de sentir polo pasamento de McGuinness."}
{"ID": "NOS_44397", "summary": "Crónica de Tamara M. Pastoriza sobre a xornada que decorreu en Bruxelas sobre os ataques á liberdade de expresion no Estado español, organizada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda.", "text": "A conferencia sobre os ataques á liberdade de expresión e de prensa que se producen no estado español -organizada polo grupo ALE-Verdes do que fai parte o BNG e coordinada pola eurodiputada nacionalista galega Ana Mirada- reuniu en Bruxelas distintas voces do xornalismo, da arte e do activismo político e social. A palestra foi un clamor: no Estado español hai represión. Unha represión, denunciaron, amparada pola propia UE. Á cita presentáronse tamén unha morea de medios españois desexosos de atoparse co rapeiro Valtonyc, fuxido da xustiza española. Algúns deses medios, lonxe de interesarse polo recorte en liberdades do que se estaba a tratar no Parlamento, marcharon ao decatarense de que o intérprete mallorquín non se atopaba fisicamente. Quen si estivo na conferencia foron persoas do seu grupo de apoio. Ana Miranda abriu a xornada lembrando Suso Vaamonde, cantautor galego represaliado no ano 1979 por mor dun retrouso cantado nun festival antinuclear en Pontevedra, un Vaamonde que tivo que exiliarse durante catro anos. \"Estamos no 2018 e seguimos tendo persoas no exilio: presos políticos, periodistas, escritores e rapeiros, persoas que por expresarse son condenados e minimizados\", explicou a eurodiputada, quen tamén lle adicou o acto ao recén falecido e xornalista Ramón Chao: \"Para vós van as nosas primeiras palabras\". O evento contou coa participación dos eurodeputados Jordi Solé e Josep-Maria Terricabras, representantes de Esquerra Republicana de Catalunya e que coorganizan esta xornada xunto con outros eurodeputados do grupo Verdes-ALE. Ambos referíronse a que sendo a UE en teoría o espazo máis \"avanzado na protección dos dereitos básicos\", logo result aque inclúe no seu seo \"algúns estados membros\" onde se están a producir \"derivas preocupantes en materia de dereitos fundamentais nalgúns estados membros\", dixo Solé. Lei Mordaza A xornalista Beatriz Talegón analizou durante a súa intervención os tres puntos fundamentais nos que está asentada a regresión de dereitos que se vive no Estado español: Lei Mordaza, modificación do código penal do ano 2015 e a practicamente libre interpretación que se fai en sede xudicial das normas existentes. Talegón insistiu na ausencia dunha separación real de poderes, especialmente despois da reforma no 2015 do artigo 92.4 da Lei Orgánica do Tribunal Constitucional, \"unha porta aberta pola parte de atrás que lle outorga capacidade de sancionar e executar as súas propias sentencias\" e que mesmo foi criticado polo propio tribunal. Tamén criticou o férreo control administrativo que impón a Lei Mordaza, un texto coloca a presunción de inocencia das e dos cidadáns por debaixo da suposta veracidade dos testemuños dos membros dos corpos e forzas de seguridade do estado sobre a presunción de inocencia das e dos cidadáns. E ofereceu un dato alarmente: nos sete primeiros meses de aplicación desta lei foron máis de 10.000 as sancións impostas por faltas de respeto á autoridade ou por desobediencia civil. \"Poder antidemocrático\" O escritor Suso de Toro abriu a súa quenda lembrando a catástrofe ecolóxica do Prestige, \"un episodio no que comprobamos como os medios empregados por parte dun poder antidemocrático sufocaron, ocultaron e illaron a existencia do problema a unha sociedade galega que tentaba actuar para defenderse\". Suso de Toro: \"Un estado non é un estado de dereito simplesmente por ter leis, xuíces e fiscais\" Tamén en relación á non separación de poderes, o autor de Fóra de Si, a súa novela máis recente, asegurou que \"un estado non é un estado de dereito simplemente por ter leis, xuíces e fiscais\". \"Iso existía con Franco, co que tamén había un tribunal de orde pública agora chamado Audiencia Nacional. Segue habendo as mesmas estruturas\", dixo, acusando a dereita española de recuperar a forma que eles consideran \"natural ao estado\". O escritor tamén tivo palabras para o pobo catalán, \"unha cidadanía estigmatizada por discrepar e manter a súa reivindicación\". Xornalistas O segundo panel, centrado na persecución xudicial contra a libre expresión de opinión na rede, contou coa testemuña de Álex García, administrador da canle de Youtube Resistencia Films sobre o que pesa unha causa por suposto enaltecemento do terrorismo, e de Boro, xornalista en medios como Kaosenlared e La Haine, acusado ademais disto por agresión a axentes da autoridade mentres cubría unha manifestación contra a monarquía en Madrid. \"O único terrorismo que coñezo é o que despexa familias, o que asasina con longas listas de espera nos hospitais, que condena a condicións de escravitude á clase obreira e a prisión por expresarnos e que xera guerras noutros países para saquealos. Na miña canle só se enaltece o amor aos oprimidos e o odio ás inxustizas\", dixo Álex García, que se enfronta a unha petición de pena de dous anos de cárcere. Álex García, de Resistencia Films: \"O único terrorismo que coñezo é o que despexa familias, o que asasina con longas listas de espera nos hospitais\" Boro LH mencionou o caso do xornalista navarro Miguel Angel Llamas \"Pitu\", que pasou ano e medio en prisión por participar nun medio de comunicación pechado pola Audiencia Nacional, causa que, máis tarde, foi arquivada pola falta de probas. Un bon exemplo da impunidade coa que a xustiza pode actuar. Boro -condenado a un ano e seis meses de prisión pola Audiencia Nacional por \"enaltecemento do terrorismo\" polo simples feito de compartir publicacións na súa conta Facebook- explicou a perigosidade de opinar no Estado español, \"sempre e cando se difira do goberno\". Un fenómeno que, por outra parte, xulga como unha \"consecuencia da propia historia do Estado español\". Hasél O rapeiro Pablo Hasél tamén puido explicar como a Policía Nacional rexistrou o seu domicilio no ano 2011: fóronllle \"secuestrados\" desde libretas até libros que falan de comunismo, fotografías, ordenadores, camisetas con mensaxes de \"liberdade presos políticos\", así como os aparatos electrónicos dos seus pais e irmás, feito que comparou coas actuacións da Gestapo nazi, \"e todo por facer cancións contrarias ao réxime\", explicou Valtonyc e o colectivo musical La Insurgencia, con até doce persoas condenadas a dous anos de cárcere, estiveron representados polos seus grupos de apoio. Ariadna Suaria, portavoz do grupo de apoio a Valtonyc, quixo resaltar que os delitos de enaltecemento de terrorismo non son máis que \"simples delitos de opinión empregados como caixón de sastre\" para perseguir colectivos minoratarios e desfavorecidos, resaltando que unha terceira parte deste tipo de delitos sexan \"tuits, retuits e brincadeiras\". La Insurgencia Elena López, nai dun dos membros de La Insurgencia acusado de enaltecemento de terrorismo, explicou, en ton irónico, como a xustiza española estaba a ficar curta por non ingresar nos cárceres os pais e familias que educan para ser críticos e libres: \"Sempre lles dixen aos meus fillos que calquera idea se pode defender coa palabra e el, que ao parecer é guiado, faime caso e agora estamos como estamos. O Estado español debe condenarme por criar ao meu fillo para ser crítico e libre\", explicou. O xornalista e escritor Aníbal Malvar fixo fincapé na ignorancia dunha enorme parte da poboación española en relación á persecución que existe por mor da imaxe que se está dando \"desde os grandes medios\". O xornalista apelou á coordinación entre os xornais de esquerdas para cambiar esta deriva nas correntes de información, \"e que casos como o de Valtonyc deixen de ser unha anécdota. Agora parece que si o é porque está fuxido, pero tardou moito en selo. Non o esquezamos\", concluíu. Jean Quatremer: \"A Comisión Europea é unha fábrica de fake news\" O xornalista francés Jean Quatremer, especializado en cuestións europeas, explicou como desde Bruxelas, \"a pesar de non xogar a cabeza no seu traballo\", é moi difícil exercer o seu labor debido aos atrancos que as institucións poñen á libre transmisión de información: \"A Comisión Europea é unha fábrica de fake news. Minte continuamente, como por exemplo misturando euros correntes e constantes, confundindo os dados sobre os recortes nas axudas aos agricultores e as rexións máis pobres. Son fake news institucionalizadas e os xornalistas acabamos sendo cómplices porque a competencia é voraz e non hai tempo de análise\". CRTVG O último panel acolleu as intervencións de varios membros do Comité Intercentros da CRTVG, cuxo presidente Raimundo Méndez (UXT), explicou como o \"favoritismo empresarial\" exercido desde o goberno da Xunta vén producindo grandes desviacións a respeito da misión que un servizo público como a CRTVG ten encomendadas. Esta manipulación continuada dos programas informativos, ben como a vulneración dos principios de veracidade e obxectividade. póñense de relevo con casos como o do 26 de xullo de 2017, data da comparecencia de Mariano Rajoy polo caso Gürtel, totalmente encuberta no medio público. Tal e como explicou Xesús Domínguez (CC OO), os informativos do mediodía da Radio Galega abriron ese día cunhas declaracións de 1998 nas que o xa ex presidente Felipe González comparecía nun xulgado para explicar a investigación polo presunto financiamento dos GAL con fondos do Ministerio de Interior. Andrea de Francisco (CUT) tamén quixo sinalar a precariedade que supón que todo o departamento encargado do tratamento da información na web da CRTVG estea composto por redactores e redactoras en prácticas. Manuel Cereijo (USO) denunciou a eliminación do 'Diario Cultural' na RGG e o feito de que na TVG só existe un programa cultural, o Zigzag. Na súa quenda, Tiago Alvite (CIG) alegou que o contexto \"xurídico-político\" que permite a \"manipulación informativa\" nos meios públicos é o \"sistemático incumprimento\" das medidas previstas na lei dos meios públicos da Galiza, disposicións legais que en teoría deberían garantir a independencia da CRTVG a respeito do poder executivo. A actriz Isabel Risco pechou a xornada co poema A xustiza pola man de Rosalía de Castro, non sen antes reivindicar a memoria doutras mulleres galegas, como María Soliño ou María Castaña, unha historia que, para esta activista política, fica \"aniquilada dentro do coñecemento xeral do Estado español\". Risco tamén quixo deixar patente no Parlamento que o pobo galego, lonxe de ser submiso e calado, é loitador, algo do que deron boa mostra os xornalistas da CRTVG que se desprazaron até a capital comunitaria para reivindicar os seus dereitos."}
{"ID": "PRAZA_2619", "summary": "A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario, celebra este ano a súa Asemblea en Ourense (o vindeiro día 28 de novembro) na que rende homenaxe ao doutor Manuel Peña Rey", "text": "A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario, celebra este ano a súa Asemblea en Ourense (o vindeiro día 28 de novembro) na que rende homenaxe ao doutor Manuel Peña Rey. Esta será a quinta edición do encontro, no que tamén se incorporarán 30 novos irmandiños, persoas comprometidas co idioma galego no desempeño do seu labor profesional. En anos anteriores ISAGA honrou a memoria de Manuel Reimondez Portela (o médico dos pobres da Estrada, autor do libro \"Un médico na aldea\") en 2011; a de Ramón Obella Vidal (investigador, empresario cofundador de Zeltia e galeguista) en 2012; a de Fausto Galdo (pioneiro da Reumatoloxía en Galicia e reputado gastrónomo) en 2013; e a de Xosé Manuel López Nogueira (ilustre psiquiatra compostelán, de profundo coñecemento filosófico recollido no libro \"Dialéctica existencial y psicoanálisis\") en 2014. Neste 2015, ISAGA quere honrar e recuperar para a memoria colectiva a figura do xinecólogo e político galeguista don Manuel Peña Rey. Naceu en Cotobade en 1889 e desenvolveu a súa actividade profesional en Ourense. Na II República foi director do Hospital Provincial e presidente do Colexio de Médicos. Como militante galeguista chegou a ser o presidente do Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO) e fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936. Foi destituído nos inicios de guerra civil, no verán do 36, e estivo encarcerado no Carballiño. Tardou máis de oito anos en ser rehabilitado. Manuel Peña Rey foi un dos pioneiros da Obstetricia e Xinecoloxía en Ourense; non está moi claro se foi o primeiro médico desta especialidade en establecerse na cidade, pero hai constancia documental que acredita a súa presenza desde o ano 1918. Foi o seu mestre Manuel Varela –prestixioso xinecólogo galego afincado en Madrid- quen lle aconsellou instalarse en terras ourensás. Na revista galeguista Nós aparecen, ao longo dos anos, diversas insercións publicitarias das clínicas e sanatorios que puxo en marcha na cidade. O psiquiatra David Simón, que ten escrito en varias ocasións sobre este personaxe, será o encargado de glosar a súa figura. No acto estará presente Manuel Peña-Rey Bouzas, fíllo do homenaxeado, tamén médico e figura destacada do comunismo ourensán: agora é o presidente de honra do PCG. Con este acto de recuperación da memoria histórica ISAGA quere honrar a todos aqueles que, en tempos ben difíciles, souberon manter o seu compromiso co país e coa lingua. Servirán de exemplo ás novas xeracións, para perseverar na tarefa de defender a nosa cultura e o noso idioma, auténtica riqueza que non nos pertence: é un ben da Humanidade enteira, e con ela debemos sentirnos comprometidos."}
{"ID": "NOS_19739", "summary": "Versos en galego e en chinés achegan as poéticas de Alfonso Pexegueiro e Ming Di no penúltimo encontro do ciclo \"Poetas di (n)versos\" que coordina a escritora Yolanda Castaño e se desenvolve no Centro Ágora da Coruña.", "text": "A desta segunda feira día 19, ás 20.30 horas no Centro Ágora o ciclo \"Poetas di(n)versos\" achega as obras dunha creadora da China, Ming Di e un autor galego, Alfonso Pexegueiro que ofrecerán, ao longo dunha hora, a lectura dos seus textos. No caso de Ming Di, a directora do ciclo, Yolanda Castaño lerá os seus poetas traducidos ao galego. Ming Di publicou seis libros de poesía, un deles recentemente traducido ao castelán co título de \"Luna Fracturada\", sen ter participado, sen embargo en ningún recital no Estado. Pola súa parte, Alfonso Pexegueiro é un dos autores de referencia da renovación poética galega aínda que a súa presenza pública en escasa nos últimos tempos. Con doce obras de poesía publicadas, o autor de Seraogna, Hipatia ou Serán os cisnes que volven? ten, entre outros, o recoñecemento do Premio da Crítica."}
{"ID": "PRAZA_336", "summary": "O presidente da Xunta responde ás críticas acusando as forzas da oposición de \"manipular a dor de moitas persoas\" e as súas \"expectativas de curación\". A Plataforma de Afectados considera \"ridículo\" o número de tratamentos con Sofosbuvir aprobados pola Consellaría, un total de 259.", "text": "\"En relación con todo tipo de tratamentos médicos non son os deputados os que receitan. Os criterios non son do PP, son de todos os responsables da sanidade e das comunidades autónomas que conformamos a sanidade pública. Sorpréndeme que haxa deputados da oposción que teñen criterios médicos, técnicos e facultativos. O que están é manipulando a dor e as expectativas de curación de moitas persoas\". O presidente da Xunta respondeu este xoves ás críticas recibidas por parte das forzas da oposición e da Plataforma de Afectados pola Hepatite C rexeitando que se estea deixando sen os novos tratamentos ás persoas que os necesitan e repetindo, coma onte fixera a Consellaría de Sanidade, que \"todos os pacientes que por criterio médico teñan que recibir ese tratamento ou o recibiron ou o recibirán\". Núñez Feijoo: \"Sorpréndeme que haxa deputados da oposción que teñen criterios médicos, técnicos e facultativos. O que están é manipulando a dor e as expectativas de curación de moitas persoas\" A propia Consellaría ofrecía na tarde deste mércores datos oficiais sobre o número de persoas ás que en Galicia lles foi concedida dende o verán a administración dos novos tratamentos contra a hepatite C (Sofosbuvir, Simeprevir e Daclatasvir). A cifra exacta é de 259, dun total de 279 solicitudes cursadas, segundo a Xunta. Porén, dende a Plataforma de afectados cualifícanse estas cifras de \"ridículas\" e sinálase a xestión da Consellaría como \"cruel\" e \"inhumana\". Este xoves unha das voceiras da entidade, Xulia Alonso, lembrou que en Galicia hai 35.000 enfermos e enfermas de hepatite, das que 3.000 están en fase cirrótica. Núñez Feijoo afirmou na súa intervención que o Goberno galego seguirá \"todos os criterios médicos e todos os criterios médicos se están a seguir\". Algo semellante ao que o mércores sinalaron no Parlamento os deputados populares e que, máis tarde, foi subliñado por Rocío Mosquera, que defendeu os criterios seguidos pola subcomisión da hepatite C que decide sobre a concesión ou non do tratamento para os e as pacientes a quen lles foi prescrito polos seus médicos. Para Mosquera, a comisión \"actúa con absoluta transparencia e de forma absolutamente independente de condicionantes externos, aplicando os criterios establecidos e explícitos, e resolve por escrito todas as solicitudes recibidas. Os membros da subcomisión son profesionais do Servizo Galego de Saúde con experiencia e dedicación clínica á hepatite C\". Dende o verán aprobáronse en Galicia 259 tratamentos cos novos fármaco. A plataforma de afectados cualifica esta cifra de \"ridícula\" A Plataforma de Afectados leva semanas esixindo que se faga pública a identidade dos integrantes desta subcomisión, en beneficio da transparencia, e advertiron de que se antes do venres o Goberno galego non o fai, será a propia Plataforma quen revele publicamente os seus nomes. Rocio Mosquera explicou na cámara que \"dadas as características do labor que efectúan, e coa finalidade de garantir a obxectividade e eliminar os conflitos de interese na aplicación dos criterios técnicos vixentes é imprescindible manter os seus nomes no anonimato e evitar por tanto calquera tipo de presión externa que poida condicionar as súas decisións\". Este xoves varios integrantes da Plataforma reuníronse en Vigo co alcalde da cidade, Abel Caballero, que os convidou a intervir no pleno municipal o vindeiro 23 de febreiro e que apoiou publicamente as súas demandas. \"A vida non ten prezo, non se valora en diñeiro. Non vale o argumento orzamentario. Pódense pospor millóns de cousas, pero a vida, non\", afirmou Caballero."}
{"ID": "NOS_29448", "summary": "O prezo medio diario da electricidade descende mañá até 79 euros o megawatt hora (MWh), o que non evita que outubro sexa o mes máis caro da historia.", "text": "O prezo medio diario da electricidade no mercado baixa mañá 36,56%, até os 79 euros o megawatt hora (MWh), sendo este prezo o máis baixo rexistrado neste mes de outubro, que aínda así será o máis caro da historia. Ademais, esta nova cifra supón volver a uns niveis que non se rexistraban desde comezos de agosto, concretamente desde o día 7 dese mes (o último máis baixo, a 65,64€/ MWh). A pesar de que este sábado baixou tamén 29,18% con respecto ao día anterior, o prezo da electricidade no mercado aínda se atopa nuns niveis moi altos respecto ao resto da serie histórica. En concreto, e en comparación co mesmo día hai un ano, o prezo encareceuse 120,85%. Así, o prezo media da luz deste mes de outubro fechará con 212,29 euros/ MWh, é dicir, 56,15 euros por enriba da media de setembro (156,14 euros/ MWh), sendo así o mes máis caro da historia até o de agora. O prezo máis alto este domingo darase entre as 21 e as 22 horas, cando alcanzará os 148 euros/ MWh, mentres que o máis baixo rexistrarase entre as 09.00 horas e as 10.00 horas, cando cotizará a 52,79 euros/ MWh."}
{"ID": "NOS_25599", "summary": "Con motivo do Aberri Eguna, o Día da Patria Vasca que ten lugar este domingo, a ETA reaparece cun comunicado de imprensa no que lamenta que após cinco anos do alto o fogo o proceso de paz non arrincara.", "text": "\"Retrocedendo cinco anos e fixándonos na esperanza colectiva que xurdiu en Euskal Herria, non estamos onde esperabamos\", recolle o comunicado publicado por Gara, que continúa así: \"Non se iniciou un proceso dialogado de paz e resolución, nin cos Estados nin entre as forzas políticas de Euskal Herria, coa excepción de Ipar Euskal Herria\". Así, a ETA lembra que o ofrecido polos Estados español é francés foi o seguinte: \"falta de recoñecemento, desprezo, imposición e opresión, século a século. E por se iso for pouco, cada vez con máis claridade calcinan as nosas bases económicas e produtivas, ao tempo que empobrecen as condicións de vida dos sectores populares e dos traballadores. A formación advirte neste comunicado de que as consecuencias do conflito seguen sen se resolver e que a principal traba das negociacións, que é o achegamento dos presos e das presas, continúa no mesmo punto. \"Non se acadou un acordo democrático que se basearía no recoñecemento do dereito a decidir de Euskal Herria e que superaría definitivamente o conflito político\", engade. O obxectivo: un proxecto popular Tamén sinala que moita xente aínda non aposta na independencia, pero que o dereito a decidir pode ser o eixo común da política vasca. Após, poderíase abrir o camiño ao proceso democrático para a conformación de Euskal Herria, \"o reto é construír un proxecto popular entre todas e para todos\". Para a ETA, o modelo independentista está no outro extremo dos modelos actuais, \"a solidariedade entre todas as persoas e pobos, a igualdade, os dereitos humanos, o reparto da riqueza… deben ser a base. O trato deplorábel que os Estados europeos lles dan a milleiros e milleiros de refuxiados que foxen da miseria absoluta e as salvaxes guerras provocadas polos poderosos do mundo amósanos claramente o que non queremos ser\"."}
{"ID": "NOS_5180", "summary": "Máis de 20 crianzas morreron nunha escola que se derrubou en Cidade de México.", "text": "Apenas dúas semanas despois do terremoto de máis de 8 graos que o 7 de setembro sacudira México, provocando máis dun cento de mortos; un novo sismo afectou o país centroamericano. Desta volta, de 7,, afectando Cidade de México e outros catro estados. O epicentro rexistrouse entre os límites de Morelos e Puebla e danou gravemente a capital. Era a unha e cuarto da tarde hora local -oito e cuarto, hora peninsular-. Medio cento das vítimas mortais rexistráronse en Cidade de México, onde caeron máis de corenta edificios e moitos quedaron gravemente danados. Polo menos 20 crianzas e dous adultos perderon a vida ao se derrubar unha escola de primaria. Hai tamén por volta de corenta persoas desaparecidas. En Puebla desaloxaron quince mil persoas. Dúas horas antes do terremoto realizárase un simulacro conmemorativo do forte sismo que hai agora xusto 32 anos deixara dez mil mortos, a peor traxedia sísmica do país. O presidente Enrique Peña Nieto, convocou o Comité Nacional de Emerxencias para avaliar a situación no país e anunciou o despregamento de tres mil militares na capital, que unidos á Protección Civil e voluntarios buscan sobreviventes entre os cascallos."}
{"ID": "NOS_29299", "summary": "Semes Galiza resalta o crecente problema de recursos humanos e solicitan a aprobación da especialidade de Medicina de urxencias e emerxencias. Pola súa parte, CIG e CCOO denuncian incumprimentos nos pregos de contratación nunha licitación do Sergas de atención no domicilio.", "text": "A Sociedade estatal de medicina de urxencias e emerxencias na Galiza (Semes Galiza) denunciou que se teñen posto en evidencia as \"carencias\" do sistema de saúde, o cal está actualmente \"sumido nunha profunda crise, con escaseza de profesionais sanitarios\", resaltan. Tamén avisan de que os servizos de urxencias e emerxencias da Galiza \"sofren unha importante saturación de pacientes\" e que o persoal sanitario \"está esgotado\". O presidente de Semes Galiza, José Manuel Fandiño, defende que \"nunca se tiñan queixado disto, nin sequera no peor momento da pandemia porque a súa vocación é salvar vidas e iso tenlles permitido aguantar todo este tempo\". Porén, destaca que \"a situación actual vai máis alá de todo isto, xa que os profesionais deste campo séntense con desalento\", polo que se dirixiu ao Presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, para que \"resolva o crecente problema de recursos humanos\". O doutor Fandiño insistiu en solicitar a aprobación da especialidade de Medicina de urxencias e emerxencias, unha cuestión que cualificou \"imprescindíbel\" para evitar que o problema sexa irreversíbel; xa que, de seguir así, advertiu, nos próximos anos non haberá profesionais suficientes para cubrir a cobertura demandada. Resalta o presidente de Semes Galiza que os estudantes de medicina que queren ser especialistas nesta materia vense obrigados a emigrar ao estranxeiro. Do mesmo modo, tamén se dirixiu ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, para pedirlle que interceda por eles na próxima reunión do Consello Interterritorial de Saúde. CIG e CCOO denuncian incumprimentos dos pregos A Central Intersindical Galega e Comisións Obreiras veñen de denunciar \"o incumprimento dos pregos de contratación nunha licitación multimillonaria do Servizo galego de saúde (Sergas) para tratamentos a domicilio\". Ambos os sindicatos aseguran que a adxudicataria está \"recortando as condicións de prestación do servizo\". Entre os recortes no servizo, sinalan que o número de traballadores é \"inferior ao que marcan os pregos\", que non se substitúe o persoal de baixa e que se teñen producido \"despedimentos por cuestións disciplinarias\"."}
{"ID": "NOS_52506", "summary": "A formación galeguista reclama protección para o Couto Mixto e urxe a Xunta a empregar fondos europeos para erguer o rural e parar de discriminalo.", "text": "O Partido Galego desenvolveu esta sexta feira, 13 de agosto, una xornada no Couto Mixto que iniciou cunha lectura dun manifesto ao que seguiu a recepción polo Alcalde de Calvos de Randín e posteriormente a do rexedor de Baltar. Á noite desta sexta feira está tamén prevista a recepción polo presidente da Cámara de Montalegre, onde haberá unha cea de confraternidade. O manifesto do Partido Galego sinala que o Cuto Mixto foi unha realidade de seu de 27 quilómetro cadrados, unha república, que na parte galega-ourensá esta formada por Meaus dos Mixtos, da parroquia de Tosende, que pertence ao Concello de Baltar; e Rubías e Santiago dos Mixtos, que é parroquia e pertence ao Concello de Calvos de Randín. Na parte portuguesa é coñecida como o Alto Barroso e todos os lugares pertencen ao Concello de Montalegre (Tourém, Pitoes das Junias, Mourilhe, Sabucedo, Donoes, Padroso e Sendín). No manifesto, o Partido Galego reclama á Xunta da Galiza para este territorio, ao amparo do artigo 10 da Lei de Patrimonio cultural da Galiza, a súa declaración como territorio histórico de interese cultural. Mais tamén en base ás verbas de Vicente Risco e os datos da poboación destes territorios \"debemos ir moito maia alá\", sinalan, indicando que Vicente Risco, homenaxeado polo Partido Galego o pasado 25 de xullo, afirmaba \"que o aspecto dos pobos e do país a un e outro lado da Raía é idéntico\" No manifesto, sinalan que Couto Mixto, segundo Madoz en 1845 tiña 200 veciños que equivalían a 800 habitantes. En 1864, na opinión do derradeiro xuíz elixido democraticamente, a poboación non excedía dos 1000 habitantes. García Maña, estudoso do Couto Mixto estima que nos mellores momentos unha poboación de 960 habitantes. Risco destaca ademais que o aspecto do país e dos seus habitantes é idéntico a ambos lados da Raia, tanto no que atinxe aos seus aspectos antropolóxicos, trazos físicos, carácter e costumes, como nas clases de cultivos, métodos de traballo da terra, tipoloxía de vivenda etc. Se nos centramos na evolución da poboación, sinala o manifesto, parte fundamental da revitalización ou da progresiva extinción dun territorio, no século XX, resulta o seguinte: A poboación do Estado español medrou arredor de 115% (de 18.617.000 a 40.202.000) Galiza só creceu na franxa costeira, e fíxoo con 38%. Mentres , a provincia de Ourense decreceu 15% (cunha comparativa coa actualidade decreceu 23,26%) . Nos concellos de Calvos de Randín e Baltar a diminución é de 59%. O Couto Mixto tivo unha diminución de 81% Pola contra, no outro lado da Raia, no Alto Barroso de Montalegre, a poboación só decreceu lixeiramente. Por estes datos o Partido Galego fixo este manifesto para \"parar esta declive xa, esta galopante extinción do Couto Mixto, dos concellos de Baltar e Calvos de Randín, e tamén da provincia de Ourense. Os fondos europeos para a recuperación do rural hai que investilos xa na Baixa Limia, e no rural ourensán. Que non nos rouben o que é noso. O Partido Galego chama os galegos e sobre todo a poboación do rural a crer en nós mesmos e a sacar de encima de nós a resignación. Viva a Galicia que esperta, viva a euro rexión Galicia-Norte de Portugal\"."}
{"ID": "NOS_52068", "summary": "Dous caprichos que nos podemos permitir: Doce Golpe a Golpe 2020 e Castro de Untía brut nature.", "text": "Antollo de outono e sobremesa Golpe a Golpe sorprende con esta nova elaboración, un viño doce que conxuga tres técnicas. Chamamos rebusco a unha segunda vendima tardía de uvas sobremaduras con máis azucres naturais. Outra parte faise como viño de palla, unha pasificación sobre palla de acios vendimados. E por fin o viño cocido, unha técnica que Roberto coñeceu no Empordà e que se remonta aos romanos: cocción lenta do mosto para evaporar auga e concentrar azucres. Resultado espectacular con entrada cítrica a pel de laranxa e mandarina. Unha gozada en cada grolo. Verso a verso. Doce Golpe a Golpe 2020 / Vilanova de Arousa / fóra de DO / Roberto Fuentes / 20€ Burbullas de branco lexítimo As condicións climáticas das históricas terras de viño de Betanzos non fan doada a maduración das uvas. Polo mesmo outorgan gran mérito ás persoas que recuperan a calidade da viticultura. Este viño demostra habilidade e adaptación. Facer un espumante require un viño base con acidez elevada que se equilibrará na segunda fermentación en botella. Cal é problema? Hai acidez. Hai ademais unha variedade autóctona singular e aromática. Pois veña. E hai destreza para facer un tipo de elaboración complexa. Feito! Rico espumante fresco e aromático na mesa. Castro de Untía brut nature / Bergondo / fóra de IXP / Ricardo Rilo / 25€"}
{"ID": "NOS_1855", "summary": "Estes son os 24 puntos nos que podes realizarte probas diagnósticas de balde e sen necesidade de cita previa.", "text": "Estamos inmersas nunha auténtica escalada de contaxios, como demostran as últimas cifras facilitadas polo Sergas, que falan de 2.518 novas infectadas en só 24 horas. Este aumento nos casos -agora mesmo no país hai máis de 20.000 activos-, nun momento do ano intrínseco á interacción social e familiar, levou a que a cidadanía tivese que agardar máis de sete horas nunha cola para someterse a unha proba. Para evitar esas escenas, provocadas non só pola demanda, senón por decidir habilitar os cribados sen contar con persoal suficiente para controlar o efecto chamada, e que debería ter anticipado ante o esgotamento dos tests de antíxenos nas farmacias, Sanidade decidiu actuar. A Xunta vén de habilitar 24 espazos en toda Galiza para que a cidadanía poida realizar probas diagnósticas sen cita previa e de modo gratuíto -se ben agora si deixa reservados aeroportos e estacións de ferrocarril a persoas viaxeiras-, agardando que así se deixen de repetir as imaxes das enormes colas de Compostela. Os puntos son os seguintes: Área sanitaria da Coruña-Cee Covidauto do Ventorrillo Hospital Virxe da Xunqueira Aeroporto de Alvedro (só viaxeiras) Estación de tren da Coruña (só viaxeiras) Área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte Delegación Territorial de Sanidade en Lugo Casa do Mar de Burela Hospital de Monforte de Lemos Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco Casa da Xuventude de Ourense Hospital de Verín Hospital do Barco de Valdeorras Estación de tren de Ourense (só viaxeiras) Área sanitaria de Pontevedra-O Salnés Hospital Provincial de Pontevedra Estación de tren de Pontevedra (só viaxeiras) Sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía Área sanitaria de Ferrol Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Área sanitaria de Vigo Explanada do Real Club Náutico Estacións de tren de Vigo (só viaxeiras) Aeroporto de Peinador (só viaxeiras) Área sanitaria Compostela-O Barbanza Hospital Clínico Universitario de Santiago Auditorio Vidal Bolaño Hospital do Barbanza Estación de Tren de Santiago (só viaxeiras) Aeroporto Rosalía de Castro (só viaxeiras)"}
{"ID": "NOS_30539", "summary": "O líder de Podemos asegurou que Galiza ten que elixir o 25S entre \"un presidente disposto a dar a cara pola xente\" e outro que goberne \"polos intereses dos poderosos e do seu partido\", durante a súa primeira e única visita prevista nesta campaña.", "text": "En Marea contou esta terza feira coa presenza do portavoz estatal de Podemos, Pablo Iglesias, que sinalou En Marea como única alternativa contra o PP o 25 de setembro. \"Triplicaron a débeda; Feijóo non só é amigo de narcotraficantes, non só ten no seu partido a corrupción, senón que son malos xestores. Non son só corruptos, son ineficientes\", sinalou Iglesias durante un mitin na Coruña. Sobre os comicios galegos, Iglesias manifestou que \"Galiza non merece Feijóo nin o PP, merece un goberno decente\" e abriu dúas posibles vías para o 25S. \"O vindeiro domingo se elixe entre un goberno do PP e un presidente dos galegos e das galegas, disposto a dar a cara pola xente e non seguir gobernando polos intereses dos poderosos e do seu partido. Non somos coma eles e non o imos ser nunca\", salientou na súa primeira e única visita prevista a Galiza nesta campaña. O portavoz de Podemos referiuse tamén ao clima político no Estado para rexeitar que \"o problema fundamental de España\" sexa a falta de goberno cando \"o problema real é a desigualdade, a precariedade laboral, que os mozos teñan que marchar, que non se podan ter condicións de vida digna, o nivel intolerable de corrupción\". \"Merecer o odio dos que envelenan o pobo será a maior das nosas honras\", dixo Iglesias sobre o escenario político estatal. Iglesias chamou a ignorar as mensaxes contra o seu partido. \"É imposible ser decente en política sen dar medo a quen está acostumado a gobernar de xeito corrupto. Cando se asume estar coa xente normal hai que asumir tamén que os poderosos te van sinalar. Merecer o odio dos que envelenan o pobo será a maior das nosas honras\", en declaracións recollidas en nota de prensa de En Marea. Aliás, recoñeceu que non foi doado conseguir a unidade para a formación do partido instrumental En Marea, pero reivindicou como exemplo do espírito da confluencia o goberno da Coruña que, segundo asegurou, demostra \"que non só podemos ganar senón que alí onde gobernamos o facemos mellor\". Somos o futuro, por iso as enquisas aínda non nos detectan! #HaiMarea #UnPaísXusto pic.twitter.com/7XcBOS5Slx— Luís Villares (@VillaresLuis) 20 setembro 2016 Pola súa banda, o candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, fixo un chamamento ao electorado galego porque, dixo, estamos \"no momento do compromiso, de que ninguén quede na casa, de non se render e dar pasos cara adiante para que o vindeiro domingo a maioría social se mobilice e faga historia\". \"Está todo o país mirando para nós, todo o Estado, está incluso a Troika parada mirando cara nós\", destacou Villares. Villares sinalou o peso das eleccións galegas no panorama estatal, incluso a nivel europeo. \"Está todo o país mirando para nós, todo o Estado, está incluso a Troika parada mirando cara nós. Imos a acabar coas políticas do sufrimento\", reclamou o aspirante da formación instrumental. \"En Marea apelamos ao 100% dos galegos que non queren corrupción, nós apostamos polo cento por cento mentres o tándem Feijóo-Rajoy apelan só ao 70% de indecisos\". O candidato da confluencia reafirmou que a primeira medida dun goberno de En Marea será impulsar unha Lei de Garantías Sociais mínimas fronte as políticas empobrecedoras do PP. \"Os recortes son evidentes, tanto que tiveron que agochar o logo do PP, as siglas e ata o lema. O lema completo era: En Madrid non me queren a ver se en Galicia si\", ironizou Villares, acompañado tamén do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e polos cabezas de lista pola Coruña, Antón Sánchez e Luca Chao."}
{"ID": "PRAZA_12548", "summary": "Dos 925 millóns de persoas que no mundo están subalimentadas, 300 millóns malviven en África. É unha situación inaceptable, especialmente tendo en conta as enormes potencialidades do continente.", "text": "Arredalia, a rede de antigos alumnos en prácticas do IGADI que coordina o xaponés Masashi Oki ven de publicar un interesante conxunto de reflexións sobre as crises de África. Obviamente, a seguridade alimentaria non podía faltar nese sumario. Dos 925 millóns de persoas que no mundo están subalimentadas, 300 millóns malviven en África. É unha situación inaceptable, especialmente tendo en conta as enormes potencialidades do continente. No último informe da FAO advírtese sobre os efectos da volatilidade dos prezos dos alimentos que tanto agrava a vulnerabilidade dos países pobres. África é a primeira vítima desta situación. As causas obedecen a circunstancias directamente políticas pero igualmente ás insuficiencias do desenvolvemento agrícola en moitos dos países afectados. A situación de autarquía que se vive en numerosas zonas así como a desconexión respecto aos circuítos comerciais e a feble mecanización ofrecen un panorama quizais pouco optimista pero revela igualmente os nodos sobre os que actuar de xeito que un pequeno esforzo pode ter efectos inmediatos e relevantes. Segundo a FAO, África conta con 700 millóns de hectáreas de terras cultivables non explotadas e importa o 85 por cento dos alimentos que consome Segundo a FAO, África conta con 700 millóns de hectáreas de terras cultivables non explotadas e importa o 85 por cento dos alimentos que consome. Conta con ríos caudalosos e xigantescos pero só o 3 por cento das terras están irrigadas. Ten no seu subsolo importantes xacementos de fosfatos pero o uso de fertilizantes non chega a 13 quilos por hectárea. É a única rexión do mundo onde a produción agrícola por habitante reduciuse nos últimos vinte anos, con rendementos por hectárea dúas veces inferiores á media doutras zonas en desenvolvemento. Esta situación derívase en primeiro lugar do abandono do rural por parte das elites políticas e económicas dos respectivos países. O gasto público na agricultura rolda o 4%, a terceira parte da cifra asiática Esta situación derívase en primeiro lugar do abandono do rural por parte das elites políticas e económicas dos respectivos países. O gasto público na agricultura rolda o 4%, a terceira parte da cifra asiática. En segundo lugar, da redución do peso da agricultura na AOD dos países desenvolvidos e as súas plataformas de axuda, que pasou do 17% en 1980 ao 5% actual. Nin sequera a adquisición de terras polos grandes grupos agro-industriais ou financeiros derivou en melloras significativas para o conxunto da poboación. Como, por outra banda, cabía esperar. O acaparamento de terras –varias decenas de millóns xa- oriéntase esencialmente cara a exportación. A FAO estima que os 2.000 millóns de africanos de 2050 precisarán máis de 8 mil millóns de euros anuais para satisfacer as súas necesidades de alimentación.… A saída deste dramático circulo vicioso esixe unha reforma agraria que reforce a importancia dos agricultores e investimentos nas infraestruturas que melloren a súa produtividade, dende a irrigación á comercialización A saída deste dramático circulo vicioso esixe unha reforma agraria que reforce a importancia dos agricultores e investimentos nas infraestruturas que melloren a súa produtividade, dende a irrigación á comercialización. Fronte á alternativa da agro-industria, o futuro pasa polas pequenas explotacións e as cooperativas, asegura Olivier de Schutter, responsable de NNUU polo dereito á alimentación. É ben simple e doado se hai vontade."}
{"ID": "NOS_30090", "summary": "O Partido Socialista promove unha carta dirixida ao presidente da Nissan para tratar de evitar o peche da súa planta en Barcelona, mais non fai o propio coa de Alcoa en San Cibrao a pesar da petición do BNG.", "text": "O Partido Socialista promoveu durante a xornada de hoxe o envío dunha carta dirixida ao presidente e conselleiro delegado mundial da Nissan, Makoto Uchida, na que se reclama a continuidade da planta que a multinacional xaponesa da automoción pretende pechar en Barcelona. Porén, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) decidiu non unirse á iniciativa do partido do presidente do Goberno español por non desenvolverse unha iniciativa similar coa planta de Alcoa en San Cibrao, que tamén está previsto que peche, destruíndo máis de 800 empregos. \"Unha vez que non houbo resposta positiva por parte do PSOE, o BNG optou por non asinar a carta dirixida ao presidente de Nissan, por considerar que se estaba ante unha clara discriminación por parte das forzas do Goberno ao noso país e aos intereses do pobo galego\", remarcou o deputado Néstor Rego. O BNG tamén advertiu de que \"tampouco se viu ao PP acordarse dos traballadores de Alcoa e de reclamar que tivesen o mesmo trato\". \"O Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, alén de se dedicar á propaganda, terá que explicar por que os deputados e deputadas galegas non fixeron valer os intereses do noso país para reclamar o mesmo trato para a planta de Alcoa\", engadiu a forza nacionalista. Ademais, reclamou de PSOE e Unidas Podemos que exerzan a súa \"responsabilidade de Goberno\" para garantir a actividade empresarial e a continuidade dos postos de traballo. \"No caso de Alcoa é evidente que a única alternativa real de que isto sexa así é procedendo á nacionalización da empresa para que retorne ao sector público, unha posición que, por certo, defendía a actual Ministra de Traballo -a galega Yolanda Díaz- cando estaba na oposición. O que se precisa, por tanto, é menos propaganda e máis actuacións políticas decididas por parte do Goberno para salvar os postos de traballo\", concluíu o BNG."}
{"ID": "NOS_24661", "summary": "O presidente en funcións de Catalunya e líder de CiU, Artur Mas, e o líder de ERC, Oriol Junqueras, veñen de pechar un acordo de gobernabilidade que implicaba o compromiso de lle por data ao referendo sobre autodeterminación", "text": "O presidente en funcións de Catalunya e líder de CiU, Artur Mas, e o líder de ERC, Oriol Junqueras, veñen pechar un \"acordo total\" de gobernabilidade que implica, segundo adiantou este último, o compromiso de realizar a consulta sobre a independencia en 2014. Con todo, tal e como matizou Mas, unha cláusula permitiría \"polas razóns que fosen oportunas\" unha prórroga deste prazo. Así o acordaron após unha xuntanza mantida esta terza feira na Generalitat, en que Mas procuraba o apoio da formación de Junqueras para o novo Executivo que ficaba suxeito a pactar a convocatoria do referendo. \"Hai un acordo de estabilidade para o Govern, será un Govern estábel e forte, que é o que lle cómpre a Catalunya nestes momentos\", recalcou Junqueras, atallando que o pacto ficará definitivamente fechado na cuarta, após resolver unhas cuestións \"de carácter menor\". Darán conta do acordo no Parlament, onde se realizará na quinta e na sexta un pleno de investidura que permitirá a Artur Mas seguir á fronte do Executivo catalán. Segundo avanzou o líder de ERC, no acordo \"fica garantido\" que @s catalá(n)s exerzan o seu dereito a se pronunciares nunha consulta sobre o futuro do país, así como que se practicarán mudanzas nas políticas económicas e sociais que cualificou de \"imprescindíbeis\". A primeira delas, un imposto aos depósitos bancarios."}
{"ID": "NOS_1139", "summary": "Adestradores e remeiros do club de remo da universidade de Lausanne están a coñecer da man do Centro deportivo Mariñeiro os segredos do remo.", "text": "No 2015 a traiñeira de Mera volvía competir na Liga Galega e amosaba que o remo en banco fixo collía pulo nesta vila que fai parte do concello de Oleiros. Agora, en abril de 2017, adestradores e remeiros do club de remo da universidade suíza de Lausanne desprazáronse até Mera para coñecer a metodoloxía que emprega o centro deportivo coa , tanto no aspecto técnico como no físico. Segundo informa o propio club meracho, realizáronse 4 sesións de adestramentos no mar nas que os remeiros suízos foron poñendo en práctica os conceptos técnicos principais da remada implantada no club de remo de Mera. Tamén se levaron a cabo encontros formativos en terra nos que os adestradores de Mera explicaron determinados aspectos da planificación deportiva que realizan. O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera recoñece \"unha grande satisfacción\" poe esta visita, que considera que supón un importante recoñecemento ao traballo realizado nestes anos por este club de remo galego."}
{"ID": "NOS_53058", "summary": "Afirma que Medio Ambiente enviou cartas aos concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza que opera a planta de Lousame por supostos incumprimentos da normativa de residuos, exixindo melloras e cuestionando a viabilidade do sistema de recollida e compostaxe.", "text": "Adega di que a Xunta está a \"chantaxear\" concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza. Unha acusación que deriva, afirma, da \"ameazante misiva\", na que Medio Ambiente invoca o cumprimento da Lei galega de residuos (6/2021), a normativa estatal (RD 646/2020) e a europea (Directiva 2018/851) que establecen as condicións e obxectivos de reciclaxe das diversas fraccións dos residuos municipais. \"De seguido, sinalan que as cifras de reciclaxe (31,% en 2020) do modelo de xestión da Mancomunidade do Barbanza \"están moi lonxe de acadar estes obxectivos\", a saber, o 50% de reciclado (nova lei estatal de residuos, en tramitación) e un máximo de 40% a vertedoiro en 2025\". Para Adega \"chama poderosamente a atención\" que a Xunta \"só se amose preocupada polos supostos incumprimentos do sistema Lousame, e non comente os resultados do sistema Sogama, que leva case 30 anos amosando as cifras máis baixas de reciclaxe do Estado español\". \"Os resultados son claros\": o modelo Sogama ao que están adheridos 295 concellos galegos aplica tratamentos finalistas (incineración e vertido) a máis de 96% dos refugallos municipais que recibe e xera, reciclando só 3,16%. Facendo uso dos datos subministrados polo Miteco na súa Memoria anual de xeración e xestión de refugallos municipais do ano 2018, previo á pandemia, \"podemos comparar as cifras dos sistemas Barbanza e Sogama\", din. E, apuntan, \"os resultados son claros\": o modelo Sogama ao que están adheridos 295 concellos galegos aplica tratamentos finalistas (incineración e vertido) a máis do 96% dos refugallos municipais que recibe e xera, reciclando só 3,16%. Pola súa banda, sempre segundo indica Adega, o complexo medioambiental do Barbanza (9 concellos) reciclou en 2018 un 13% dos residuos recibidos, compostou a materia orgánica doutro 22,43% e enviou a vertedoiro, sempre previa triaxe, arredor de 64%. A actual Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta foi dende o ano 2012 até o seu actual nomeamento responsábel de asuntos científicos e regulatorios de Coca-Cola Iberia, unha das empresas \"padroas\" de ECOEMBES. Adega insta a Xunta a deixar a \"estratexia do matonismo e a ameaza para tentar desestabilizar o sistema de tratamento alternativo a Sogama da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza\". A Galiza está entre os últimos territorios do Estado a nivel de reciclaxe, así como na produción de compost e no aproveitamento do refugallo que se tira mesturado no contedor verde, e boa parte da responsabilidade é de Sogama, a empresa con maioría pública que xestiona o 80% do lixo do país."}
{"ID": "NOS_57830", "summary": "Segundo informa a canle española Antena3, o banco teríalle concedido ao xenro do Rei un periodo de catro anos para porse ao día nos pagamentos \"a un interese moi baixo\"", "text": "O xenro do Rei, Iñaki Urdangarín, leva seis meses sen pagar a hipoteca da mansión de 600 metros cadrados que posúe no barrio barcelonés de Pedralbes. Así llo confirmou o seu avogado, Mario Pascual, á imprensa de Madrid, ao tempo que xustificaba a actitude do ex xogador de balonmán porque \"ao non ter traballo é complicado\" ter os pagamentos ao día e acrecentou que o duque de Palma está á procura de emprego \"permanentemente\". Dixo descoñecer \"o detalle\" de se o banco lle reclamou as mensualidades atrasadas. Na liña, a canle Antena3 informou de que a entidade bancaria lle tería concedido unha moratoria de catro anos para porse ao día cos pagamentos atrasados, tempo durante o cal ben non terá que pagar ou terá que facelo \"a un interese moi baixo\". Os medios de comunicación quixeron saber se Urdangarín é tamén susceptíbel dun desafiuzamento, espetou que \"esperemos que non, non chamemos o mal tempo\". Urdangarín mercou a medias esta mansión canda a filla do Borbón en 2004. En xaneiro, cando o xuíz do caso Nóos lle impuxo unha fianza de 8,1 millóns a el e ao seu socio Diego Torres, o duque de Palma incluíu a súa metade da casa na listaxe de propiedades a embargar."}
{"ID": "PRAZA_17474", "summary": "A nova secretaria de Estado de Migracións advirte do \"clamor\" para suprimir o voto rogado, que PSOE e PP levan tempo querendo eliminar tras pactar a súa implantación hai sete anos. O novo sistema elevou a abstención no exterior até o 98% pero engadiu garantías ao proceso electoral. O Senado tramita a reforma que multiplicará a colectividade galega no exterior con familias de emigrantes", "text": "Nas últimas eleccións autonómicas de setembro de 2016, a participación das persoas inscritas no Censo de Residentes Ausentes (CERA) volveu estar marcada por unha elevadísima abstención. Roldou o 98%, porcentaxe semellante á de cada convocatoria electoral desde que en 2011 se instaurara a obrigatoriedade de solicitar formalmente a votación. Das máis de 446.000 persoas galegas con dereito a voto no exterior, tan só unhas 19.700 completaron os trámites para exercer o seu dereito. Delas, unicamente 10.777 remitiron o seu sufraxio en tempo e forma. Este sistema, o do voto rogado, é co que queren acabar desde hai tempo PP e PSOE, os mesmos partidos que o acordaran poñelo en marcha hai sete anos co apoio de BNG, CiU e PNV. Nas últimas eleccións galegas, a abstención no voto exterior chegou ao 98%: votaron menos de 12.000 persoas dun censo de 446.000 Axiña lles deixou de gustar este sistema ás dúas grandes formacións, que instaban xa a dar marcha atrás neste aspecto da nova lei electoral aos dous anos de implantalo e que seguiron intentando acabar con el nesta lexislatura. Co cambio no Goberno, os socialistas volveron deixar clara a súa prioridade no caso de impulsar outra modificación lexislativa: rematar de vez cun método que puxo fin á fraude sistemática nos comicios pero que tamén fixo descender a mínimos históricos a participación. \"É un clamor, non só porque o pidan os españois, senón porque os datos están aí, dannos a razón\", dixo este luns Consuelo Rumí, a nova secretaria de Estado de Migracións, durante a súa intervención no pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española. Deixou claro que o Goberno socialista intentará derrogar o voto rogado axiña e que buscará o \"consenso\" co PP en canto a formación conservadora elixa novo líder. A nova secretaria de Estado de Migracións asegura que a derrogación do voto rogado é \"un clamor\" e anuncia que buscará o \"consenso\" co PP para eliminalo Rumí refírese, ao falar de \"datos\", ao espectacular descenso na participación. A baixísima porcentaxe, por exemplo nas últimas eleccións galegas, contrasta coa que se deu nos últimos comicios autonómicos sen voto rogado: Nos de 2009 --cando figuraban no CERA unhas 335.000 persoas--, chegaran a Galicia un total de 101.708 votos e a taxa de participación superara o 30%, chegando ao 35,2% en Lugo. Xa que logo, uns 30 puntos máis que na actualidade. Nas últimas eleccións galegas sen voto rogado a participación exterior foi de máis do 30%, 30 puntos máis que na actualidade Ao tempo que descendía a participación, desapareceron tamén as sospeitas ou denuncias de fraude, os votos de persoas falecidas e o descontrol na recolleita de papeletas, as mesmas dúbidas que volverán pairar agora sobre a posible (e máis que probable) reforma, de non aplicarse maiores e mellores garantías nos comicios. Porque non só PP e PSOE apoian acabar co voto rogado, tamén Unidos Podemos ou Ciudadanos deixaron clara a súa aposta por derrogalo. A contundencia no rexeitamento xorde, en moitos casos, do intento por acabar cos atrancos que a nova, moza e recente emigración atopou nos últimos comicios autonómicos e estatais. Son residentes temporais que denunciaron as dificultades para votar tamén nas municipais, vetados para integrantes do CERA, malia terse apuntando como transeúntes nos consulados. Pouco o nada que ver censo de persoas emigradas e asentadas desde hai décadas noutros países. \"Temos claro que contra a fraude hai que loitar, pero non a costa de impedir e dificultar que os cidadáns españois no exterior poidan votar\", di Rumí, que lamenta que \"elección tras elección vaian diminuíndo os españois que votan\" e que mesmo asegura que o novo sistema \"non eliminou ningún problema\" e \"só dificultou o dereito ao voto\". De feito, recoñece que o PSOE \"recoñeceu moi pronto o seu erro\" e que \"desde 2012 pediu retieradamente a derrogación do voto rogado e que se garantizase que ningún español que quixese exercer o seu dereito se vise privado del por atrancos burocráticos\". Co anterior sistema, todos os inscritos no CERA recibían a documentación electoral na casa sen pedila previamente e podían remitila sen necesidade de que se comprobase a súa identidade O sistema anterior ao do voto rogado implicaba que todas as persoas inscritas no CERA recibían a documentación electoral na casa sen pedila previamente e podían remitila sen necesidade de que ninguén comprobase a súa identidade e os votos incorporábanse ao resultado electoral do interior sen controis que permitisen acreditar, por exemplo, se o elector de que se tratase era unha persoa viva ou, pola contra, xa falecera e alguén votara no seu nome. No entanto, estes controis implicaron tamén notables obstáculos para votar ás persoas que residen temporalmente no exterior, malia ser a súa situación obviamente distinta. Para a nova secretaria de Estado de Migracións, o \"prólogo\" dese \"grande acordo\" para unha reforma electoral \"podería ser\" a proposición de lei impulsada por Unidos Podemos no Senado e aprobada por unanimidade que multiplicaría a colectividade galega e española no exterior coa concesión da nacionalidade a milleiros de familiares de emigrantes. De aprobarse esta modificación lexislativa, tal e como prevén todos os partidos, non só o censo da diáspora galega aumentaría en moito a actual cifra de 516.000, senón tamén a de persoas inscritas no CERA e con dereito a voto, que na actualidade anda roldando as 450.000. A reforma impulsada no Senado multiplicaría o censo de residentes ausentes para as eleccións galegas ou estatais \"De saír a reforma adiante, practicamente toda a illa de Cuba podería pedir a nacionalidade\", explican a Praza.gal fontes expertas no censo electoral galego. A proposta tomada en consideración no Senado corrixiría diferentes discriminacións e ampliaría a posibilidade de adquirir a nacionalidade a milleiros de netos e netas de emigrantes, entre outros casos. Como paradoxo, mentres os descendentes da diáspora aumentarán o CERA, as persoas galegas emigradas --e empadroadas-- noutras partes do Estado seguirán sen poder votar nas eleccións en Galicia. Segundo os últimos datos do INE, algo máis de 7.000 persoas trasladaron a súa residencia a outras comunidades, principalmente a Madrid, Cataluña e Andalucía"}
{"ID": "PRAZA_10724", "summary": "Está demostrado que en Galicia Cs non é opción para aquela xente que quere cambio, non porque vai seguir con Vox e PP a apoiar a eses da Púnica que foron condenados...en Galicia iso non é cambio, é máis do mesmo, ollo pois co voto dobre, ese de dobre moral.", "text": "A hora da verdade na política chega cando toca dar pan ás filas propias, dar o trigo que se dí, iso é o que acontece agora mesmo en Madrid coa máis que probable investidura do PP ó fronte da Comunidade da Púnica e dos Granados e González. En pleno mes de agosto, co concepto madrileño incluído de cidade baleira, vai ser editado un pacto a tres: PP, C´s e Vox como xa pasou en Murcia e tamén en Andalucía. A escusa de que Vox non está no goberno esta ben para os crédulos, mais seguro que Vox está desfrutando. Sorprende tamaño acordo na formación de Albert, que viña a rexenerar e a propoñer, que era todo modernidade, que viña da man dos liberais europeos e tamén en parte dos demócratas, tan modernos foron que se pasaron a apoiar en aqueles que defenden o alzamento de Franco. Será moda vintage? coido que non. Foi fachenda de moitos e moitas, nos que me inclúo, que a formación de Abascal non obtivese representación en ningún concello de Galicia, mais agora en frío, podo asegurar que os 35 que ten C´s e as dúas deputadas no Congreso son ás claras tamén representación de Vox en Galicia, votar a C´s e a Vox viña a ser o mesmo conto, non nos demos conta, pero a realidade é esta.Ciudadanos traizoa con estes movementos a todo o espectro político europeísta que lle deu acollida e apoia moi ben as teses de Le Pen, a que espera logo Macron para darlle o despido ó partido laranxa da súa familia, Renovar Europa? Ollo no mesmo paquete vai o PP de Casado co tímido reproche dun Feijoo cómplice, pensando en 2020. Esta é a triste realidade da política do estado español, non son quen de facer o que se fai en Europa, illar os movementos ultra, pactando con lóxica entre demócratas, aquí o consenso vai por outro camiño. Un camiño como o exemplo da Deputación de Lugo con 1,69 asesores por político, dentro de 4 anos que se presenten só os asesores, é máis lóxico e barato. Espero que dende as organizacións políticas europeas se actúe en consecuencia con este apoio da extrema dereita, dende aquí pedimos contundencia e firmeza nos valore de Europa.Está demostrado que en Galicia Cs non é opción para aquela xente que quere cambio, non porque vai seguir con Vox e PP a apoiar a eses da Púnica que foron condenados...en Galicia iso non é cambio, é máis do mesmo, ollo pois co voto dobre, ese de dobre moral."}
{"ID": "NOS_17273", "summary": "Conseguiu o 20,6% dos votos entre País Vasco e Nafarroa. A esquerda abertzale foi a máis votada en Gipuzkoa e Araba, segunda en Bizkaia (tras o PNV) e tamén segunda en Nafarroa (despois do PP).", "text": "A esquerda abertzale foi o domingo a opción máis votada na Euskal Herria sur (sen Iparralde). Eh Bildu sumou 220.000 sufraxios en País Vasco e Nafarroa, o que supón o 20,6% das papeletas emitidas. Un resultado cualificado como \"extraordinario\" pola coligación independentista, que logra representación no Europarlamento. Eh Bildu é a forza máis votada en 2 das catro 'provincias' vascas ao sur dos Pirineos: Gipuzkoa (feudo histórico da esquerda abertzale, onde tivo o 32%) e Araba, tradicionalmente a menos nacionalista. Aquí Eh Bildu rozou o 20% dos apoios. En Bizkaia o triunfo foi para o PNV, ficando @s independentistas en segundo lugar. E en Nafarroa foi o PP a opción máis votada, seguida de EH Bildu (máis do 20%) e dun PSOE que se desplomou. O PNV mantense como a principal opción en País Vasco, mesmo sumando votos comparado con 2009. Mais en Nafarroa cae á sétima posición O PNV segue a ser, porén, a forza máis votada en País Vasco. Con máis sufraxios que hai cinco anos. En Nafarroa, sen embargo, ficou en sétima posición, tras forzas como UpyD ou Podemos. Campo non abertzale No que atinxe ao arco composto por aquelas forzas que non son propias de Euskal Herria, O PSOE é a terceira forza, cun 12,7% dos votos. Son 13 puntos menos que nas eleccións europeas de 2009 (tivera case o 26% dos apoios). O PP tivo o 12,3% dos sufraxios cando en 2009 lograra case o 19%. Izquierda Unida tamén subiu en Euskal Herria, sobrepasando o 5,8% dos apoios se ben foi superada por Podemos, que irrumpíu no escenario vasco con máis de 72.000 votos (6,8%)."}
{"ID": "NOS_19749", "summary": "Ciudadanos presentará candidaturas nas catro circunscricións galegas ao Congreso e ao Senado. O partido liderado por Albert Ribera aposta en reforzar a estrutura galega de cara ás eleccións galegas de 2016.", "text": "O intenso eco mediático de Ciudadanos a nivel estatal contrasta coa escasa presenza do partido laranxa nos medios galegos. O partido carece de estrutura orgánica en Galiza, suplida polo delegado nomeado desde Barcelona, o boirense Javier Chouza. Malia carecer de aparato de partido no país, o delegado de Ciudadanos en Galiza confirma, en declaracións a Sermos Galiza, que rexistrarán candidaturas ao Congreso e ao Senado polas catro circunscricións electorais do país. \"Estamos pendentes de que estes días nos valide o Comité Executivo de Ciudadanos os candidatos e candidatas após as eleccións primarias que se fixeron no verán\", afirma. Precisamente, a pasada fin de semana, a formación política recolleu sinaturas en vilas e cidades do país como aval para postularse nas listas. O Comité Executivo do partido resolve as listas, con independencia do que se aprobara en primarias Os estatutos da formación confírenlle a potestade ao Comité Executivo, máximo órgano de dirección, para resolver as listas electorais, \"Barcelona pode cambiar a orde ou facer algún tipo de proposta\", confirma. O que xa ten o visto e prace da cúpula é o candidato pola Coruña, Antonio Rodríguez Vázquez. \"É o único candidato que está validado polo partido porque hai máis de 150 afiliados na Coruña e isto fai que quede confirmado de maneira automática, ao contrario que nas outras tres provincias\", apunta. En relación ás propostas programáticas sobre Galiza, o delegado de Ciudadanos afirma que \"serán os candidatos, os números 1, os que leven as propostas\". Con todo, pon de manifesto que, tamén en materia de programa, o centro de decisión está en Barcelona. \"Temos a esperanza de xerar a confianza suficiente a nivel estatal para que Galiza non sexa allea aos resultados\" A falta de implantación de Ciudadanos no país non fai decaer o partido, \"as expectativas son moi boas, a teor do resultado das enquisas, que tamén valoramos con prudencia\". \"O importante é que estamos en ascenso e que traballaremos todo o que poidamos para intentar acadar o maior número de votos veñan de onde veñan\", afirma. \"Temos a esperanza de xerar a confianza suficiente a nivel estatal para que Galiza non sexa allea aos resultados\", engade, \"somos conscientes de que como en Galiza as eleccións aínda non tocaron, non temos tanta proxección en comunidades nas que xa se celebraron autonómicas\". \"O partido estase centrando en Galiza polas eleccións do ano que vén e o equipo do partido a nivel central está en contacto directo con nós\" Javier Chouza, que nos confirma a presenza de Albert Rivera en Galiza na campaña electoral de decembro, deixa entrever a aposta de Ciudadanos nas eleccións galegas de 2016, \"o partido estase centrando en Galiza polas eleccións do ano que vén e o equipo do partido a nivel central está en contacto directo con nós\". A formación laranxa reforzarase a tempo para tratar de conseguir escanos no Parlamento de Galiza. Nos próximos meses, amais da figura de delegado, Ciudadanos contará en Galiza cun portavoz, previsibelmente o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta, e un coordinador. A formación de Albert Rivera abrirá proximamente unha sede en Compostela. Polo de agora, o partido, que en Galiza, segundo fontes da organización, contaría con 650 afiliados e afiliadas, carece de local de referencia, de número de teléfono e de traballadores e traballadoras. Unha situación que mudará antes das eleccións galegas."}
{"ID": "PRAZA_16271", "summary": "Un lucense que sufriu un infarto ás sete da tarde reaviva cunha carta aberta a denuncia sobre a atención a estas doenzas na unidade de hemodinámica do Hospital Lucus Augusti, anunciada pola Xunta para 2011 e aberta en 2014 con horario parcial HEMEROTECA | Os infartos son tratados en Lugo 82 minutos máis tarde que en Santiago", "text": "HEMEROTECA | Os infartos son tratados en Lugo 82 minutos máis tarde que en Santiago O 26 de febreiro de 2011 o presidente da Xunta inaugurou o novo hospital de Lugo. No discurso inaugural do Lucus Augusti Alberto Núñez Feijóo lanzou un \"compromiso\" concreto: \"os pacientes con doenzas do corazón ou de cancro que antes tiñan que desprazarse a Santiago ou á Coruña poderán ser atendidos no seu hospital público de Lugo ao longo deste ano\". Esta promesa supuña levar á realidade algunhas das peticións máis reiteradas por colectivos sanitarios, veciñais e políticos lucenses: instalar no HULA os servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear. A Xunta anunciara a hemodinámica do hospital lucense para 2011, pero comezou a funcionar en 2014 e non abre todo o día Durante estes anos a promesa presidencial foi cumpríndose parcialmente e entre atrasos. A medicina nuclear non comezou a funcionar ata agosto de 2016, apenas un mes antes das eleccións galegas, e a radioterapia fora anunciada novamente en vésperas das municipais de 2015, pero non se puxo en marcha ata marzo do propio 2016 e mediante unha doazón da Fundación Amancio Ortega. O servizo dos prometidos que leva máis tempo instalado é o de hemodinámica, o que atende os infartos de miocardio. Abriu en 2014, pero só está operativa en 'horario de oficina', isto é, de 8 da mañá a 3 da tarde e de luns a venres. O resto do tempo os pacientes de Lugo e provincia teñen que seguir sendo desprazados a outros hospitais, fundamentalmente ao da Coruña. Esta viaxe é a que se viu obrigado a facer recentemente Pedro Díaz, un lucense que sufriu un infarto contra as sete da tarde mentres paseaba. Cando chegaron os síntomas había catro horas que a hemodinámica do HULA pechara e faltaban máis de doce para que volvese abrir, polo que tivo que ser enviado ao hospital coruñés. Pedro resume nesta carta aberta a súa experiencia: Son un paciente de cardioloxía porque hai unhas semanas e sen previo aviso deume un infarto. En principio non era nada previsible, xa que non tiña ningún factor alarmante de risco, pero deume. Eran as sete da tarde e estaba dando un paseo, a partir de aí entrei a formar parte dunha gran familia de afectados que, coma min, sufrimos a enfermidade. Moitísima xente menor de 50 anos que sen motivo aparente se ve de fronte co final. Xente igual ca ti, que estás lendo a carta e que tampouco o esperas. Eu tiven a sorte de poder chegar ao HULA e aguantar despois o desprazamento ata chegar ao CHUAC. Cando che dá un infarto como o meu vanche quedar lesións e o tempo que tarden en abrirche a arteria será fundamental. Vaiche custar entender como é posible que se en Lugo temos un servizo de cardioloxía formado por profesionais preparados para atenderte sen necesidade de perder tempo nun desprazamento que pode ser vital, o Sergas enfróntate a un risco innecesario. Pódovos asegurar que tanto en cardioloxía como en rehabilitación, o HULA está preparado e conta cun equipo de profesionais excelente, só falta que lles deixen traballar. Seguramente é unha decisión cunha gran carga política, por iso cando haxa eleccións eu tamén o terei en conta; o que fagas ti, será cousa túa. Pedro Díaz Os primeiros datos oficiais acreditaron que os infartos eran tratados en Lugo 80 minutos máis tarde que en Santiago, onde o procedemento era o máis áxil de Galicia Esa \"carga política\" do conflito en torno ao servizo de hemodinámica de Lugo resultou evidente nos últimos anos. Vén sendo obxecto de disputas electorais en cada campaña dende que abriu o HULA e estivo na cerna de numerosas mobilizacións cidadás, aguilloadas por datos estatísticos como os que, a comezos de 2015, acreditaron que a mortalidade por infarto na provincia de Lugo duplicaba a media estatal. Apenas dous meses despois da publicación daqueles datos a Xunta anunciou a posta en marcha do Rexistro Galego de Infarto (Regaliam), dependente do Sergas. Da análise dos seus datos, anunciaran, dependería a apertura ou non as vinte e catro horas do servizo de hemodinámica de Lugo e mais do de Ourense, que tampouco ofrece horario continuado. Na primavera de 2016 Sanidade ofreceu os primeiros datos do Regaliam e esas cifras oficiais acreditaban diferenzas de máis dunha hora e vinte na atención aos infartos entre Lugo e, por exemplo, a cidade de Santiago, onde a atención era máis rápida. Así e todo, o Sergas chamara a tomar os datos con cautela e subliñara que os dispares tempos de atención entre territorios non tiñan \"influencia sobre a mortalidade doa pacientes segundo a súa localidade de residencia\". Sanidade reiterou o pasado decembro que manterá o horario parcial porque a atención en Lugo \"cumpre cos estándares de calidade\" Esta consideración contrastaba coa reiterada dende o hospital lucense polo seu xefe de Cardioloxía, Carlos González Juanatey. Nunha conferencia pronunciada a comezos de 2015 o especialista concluíra que só un terzo dos infartos que se producen en Lugo poden ser atendidos no tempo adecuado -menos de 120 minutos- e amosábase seguro de que a apertura da unidade de hemodinámica durante as 24 horas tería un \"impacto indubidable\" nas taxas de falecementos. Cando aparecen os primeiros síntomas do infarto, ilustrara, \"o que hai que facer é correr\". Durante estes anos, así e todo, a posición da Consellería de Sanidade continuou a ser a mesma. Así, a mediados do pasado decembro o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, reiterou no Parlamento que a \"asistencia aos pacientes que sufriron un infarto na provincia de Lugo cumpre cos estándares de calidade\" para \"a mortalidade tras a anxioplastia aos 30 días\", isto é, \"menor do 5%\". A apertura da hemodinámica as 24 horas \"non é unha cuestión económica\", resaltou Aboal, quen asegurou que \"se nalgún momento\" o \"grupo de expertos\" que analiza os datos do Regaliam \"propón a ampliación da cobertura horaria\" en Lugo, \"entón se dotarán os recursos físicos e humanos necesarios\". Naquela mesma sesión a deputada socialista Concepción Burgo, que formulara a pregunta, reiterara a reclamación da apertura total e mais a esixencia de que os datos do rexistro sexan públicos."}
{"ID": "NOS_9872", "summary": "Esta festa fai dez anos na Eira da Xoana, que volve conmemorar con música e lumeiras esta data. Será o sábado 21.", "text": "A Eira da Xoana, en Ramil (Agolada), celebrará este sábado, 21 de decembro, a festa do solsticio de inverno, unha cita coa que levan cumprindo dez anos. \"Festexamos o ano que nace, os días que empezan a medrar, o frío que ven reparador e preciso; celebramos o poder estar e gozar da compaña da xente boa que se achega ata a plena natureza e teremos un recordo para os nosos defuntiños, que sempre deben estar presentes\", indican desde a Eira. E engaden: \"Facemos todo o contrario da moda, da moda da luciría cegadora, da música estranxeira, dos costumes importados, da comida sofisticada, do tabú do pasamento e do consumo desbordante\". Unha festa \"natural, ecolóxica e galega\", como elas propias a definen. Comezará ás 17:00 horas e haberá poesía, música, despedirase o sol desde o castelo de Pambre, queimarase o toro e non faltará a visita do Apalpador."}
{"ID": "NOS_26886", "summary": "O avogado afirma que policías non lle deixaron acceder a comisaría de Girona, onde están os dous rexedores detidos, \"até que fale castelán\". O operativo policial levou á detención dun total de 11 persoas.", "text": "A Policía española detivo esta cuarta feira os alcaldes de Verges e Celrà, ambos os dous da CUP, acusados de desoredes públicas, segundo recollen diversos medios cataláns. Ignasi Sabater e Dani Cornellà foron detidos no marco dun operativo no que o total de persoas detidas elévase a 11. Entre elas, e ademais dos rexedores, integrantes dos CDR e do colectivo xuvenil La Forja. O avogado de Sabater, Benet Salellas, exdeputado da CUP, explicou en Catalunya Radio que os axentes agardaron á saída de casa do alcalde para detelo e que houbo algunha rifa de axentes policiais con veciños que protestaban polo arresto. \"É unha detención desproporcionada e inxustificada\", indica o letrado. O avogado afirma que policías non lle deixaron acceder a comisaría de Girona, onde están os dous alcaldes detidos, \"até que fale castelán\". A última hora da mañá comezaron a saír en liberdade as persoas detidas."}
{"ID": "PRAZA_979", "summary": "A plataforma cívica Somos Nós presentou o seu primeiro informe, feito por 20 expertos, Galicia diante dun novo mandato municipal, que lle vai enviar á Fegamp e aos partidos políticos para xerar consenso arredor dun modelo de financiamento \"máis xusto\" para os concellos", "text": "A plataforma cívica Somos Nós presentou o seu primeiro informe, feito por 20 expertos, Galicia diante dun novo mandato municipal, que lle vai enviar á Fegamp e aos partidos políticos para xerar consenso arredor dun modelo de financiamento \"máis xusto\" para os concellos. Desde Somos Nós sinalan que as eleccións locais presentan unha pluralidade de opcións \"lexítimas e parte da normalidade dun País democrático\". Porén, a plataforma sinala que é preciso superar as diferenzas partidarias en determinadas iniciativas que deben abordarse \"co consenso e a valentía precisas\". Ditas iniciativas estarían encamiñadas a resolver \"vellas inxustizas\" que \"lastran as posibilidades dos galegos\". Por isto, durante a presentación da iniciativa, o líder de Somos Nós, Anxo Quintana quixo salientar que \"canda a outros obxectivos como transparencia e participación, que tamén son importantes, hai algo fundamental, que é que os concellos teñen que administrar servizos básicos aos cidadáns\" porque é unha \"instancia indispensable do mantemento do Estado do Benestar\". \"Canda outros obxectivos como transparencia e participación, os concellos teñen que administrar servizos básicos aos cidadáns A finalidade desta iniciativa é crear unha \"acción conxunta de cidadáns e partidos políticos\" con dous obxectivos no próximo mandato municipal. Por unha banda, conquerir un modelo de financiamento xusto para os concellos e pola outra, ter capacidade para ordenar e lexislar no mundo local desde a realidade social galega e non con parámetros foráneos. Para isto sería preciso que o Estado transferira a Galicia as competencias en materia de réxime local. Quintana afirmou que os concellos teñen a \"obriga constitucional de prestar servizos básicos aos cidadáns pero non é o mesmo facelo a 6.000 cidadáns congregados nun mesmo núcleo que a 6.000 dispersos en 20 núcleos\". Ao fío disto engadiu que \"para que haxa igualdade no trato, esa circunstancia tiña que tela en conta o Estado, algo tan elemental, que supón un feito diferencial, non se ten en conta á hora de repartir o financiamento, polo que as galegas e os galegos estamos discriminados\".\"Vou dar un dato\", concluíu, \"o Estado Español ten 63.000 núcleos de poboación, deses, 35.000 están en Galicia\" Somos Nós subliña a importancia de conquerir un modelo de financiamento xusto para os concellos e ter capacidade para lexislar desde a realidade social galega Un reparto inxusto No seu informe a plataforma explica que xa que os concellos teñen atribuída a competencia institucional de dotar de servizos básicos á súa veciñanza, a participación das entidades locais nos intresos estatais debería estar destinada a posibilitar a execución deste mandato. Desde Somos Nós afirman que para iso sería preciso facer una \"valoración xusta do custo real da prestación de servizos en cada concello, segundo a súa tipoloxía e características\". Quintana subliñou que \"o modo no que está asentada a poboación nun territorio é determinante para calcular eses custos\". A plataforma considera que no reparto actual se \"prima esaxeradamente\" a poboación sen ter en conta \"factores diferenciais galegos\" como o \"modelo de asentamento, o envellecemento da poboación ou a taxa de fecundidade\". Galicia recibe 210 euros por habitante, Madrid 350 euros e Cataluña 320. No reparto estatal, Galicia recibe 210 euros por habitante, Madrid 350 e Cataluña 320 A proposta de Somos Nós propón un novo modelo de participación nos tributos do estado en base a unha proposta de ponderación que se divida nun 65% polo o criterio da poboación, un 15% polas entidades de poboación, un 10% polo esforzo fiscal e un 10% polo envellecemento de poboación e a taxe de fecundidade. Somos Nós calcula que, aplicando estes parámetros sobre a contía total que corresponde no 2015, Galicia tería que recibir o dobre do que actualmente recibe, un \"total estimado de 1.158 millóns de euros\". Quintana afirmou que isto \"pasa en Galicia\" porque somos o \"5% da poboación do Estado e non supoñemos ningún problema político e nós queremos plantexalo. Se isto pasara en Andalucía xa estaría resolto. E non queremos un conflito irresoluble, senón democrático, e por iso nós imos procurar xerar en cuestións como esta posturas de país\". Ao fío disto engadiu que non é \"unha cuestión que vaia formar parte do reto electoral, senón para os próximos 4 anos de mandato\". \"Queremos espertar preguntas de país\", expuxo, \"e contestalas con honestidade dentro da normalidade democrática\" \"Isto pasa en Galicia porque somos o 5% da poboación do Estado e non supoñemos ningún problema político\" No informe a plataforma tamén subliña que \"cómpre deixar constancia\" que unha das \"preocupacións do Goberno\" é a débeda dos concellos, no caso galego é duns 255 euros por habitante, \"tres veces máis baixa que a media estatal de 745 euros por habitante. Somos Nós tamén puntualiza que Galicia está por debaixo da media estatal en gasto municipal, 1048 euros, con 817 euros por habitante. Quintana quixo incidir que o obxectivo do informe é \"xerar consenso entre partidos políticos, institucións e cidadáns, porque sen a forza deste últimos de nada serve o resto\". Concluíu que hai que preguntarse se a cuestión que piden \"é xusta ou non, se Galicia rompería a caixa do Estado con isto ou se España se faría anacos porque as competencias de réxime territorial estiveran en Galicia\". \"É xusto, necesario e beneficioso para todos, polo tanto o consenso pode construírse\", pechou Quintana."}
{"ID": "PRAZA_17712", "summary": "ENTREVISTA A Banda da Loba sacan o seu primeiro disco, Bailando as rúas.", "text": "A Banda da Loba é un deses grupos que, pouco a pouco, concerto a concerto, praciña a praciña, están a construír o seu espazo propio no panorama musical do país. Formado por Andrea e Marcela Porto, Inés Mirás, Estela Rodríguez e Xiana Lastra, a banda que tomou o seu nome de Pepa a Loba mostra no seu primeiro disco, Bailando as rúas, a súa proposta estilisticamente ecléctica, con letras que convidan a xuntarnos e facer de novo noso o espazo público. Tras os retrocesos. Reivindicando a liberdade que nos pertence. Sendo cinco mulleres -catro instrumentistas e unha cantante- que se xuntan, ademais, confiando nas súas propias posibilidades como creadoras. Sen agardar por ninguén. Falamos con Xiana Lastra. O nome do grupo está tomado da historia de Pepa a Loba, á que lle dedicades a canción Pepa, que empeza como se fose un cantar de cego… Por que Pepa a Loba? Cando estabamos comezando coa banda, na que somos todas mulleres, e buscándolle un nome, pensamos en coller algo do imaxinario galego co que puidésemos sentirnos identificadas. Pepa a Loba é un símbolo: unha muller forte que tivo, na vida, que actuar como non se agardaba que actuase unha muller, para defenderse ao ser temida polos homes, polos curas… A historia de Pepa a Loba é moi potente e está moi pouco explotada na nosa cultura. Eu sempre me preguntei como era posible que, tendo unha Robin Hood galega, non lle prestásemos máis atención… \"Sempre me preguntei como era posible que, tendo unha Robin Hood galega, non lle prestásemos máis atención…\" Despois hai outra cuestión, que é que tratamos de demostrar que podemos facelo todo nós. O disco é autoproducido. Eu mesma fago a produción -busco os concertos- e a xestión… Comezamos a traballar as cinco sen saber onde podiamos chegar. E a verdade é que nos está indo moi ben. Estaba a pensar, agora ao escoitarte, que se cadra nalgún momento puido ser máis coñecido o bar compostelán que leva o seu nome que a propia protagonista da historia… Pode ser, e é o que che dicía: a súa historia é pouco coñecida e ademais non sabemos moi ben como foi porque hai distintas fontes que a contan dunha maneira distinta. A nosa canción Pepa é, ademais, o corte máis tradicional, máis folk do noso disco. Porque nos apetecía, porque a historia o pedía. Polo demais, é un disco calidoscópico no que se xuntan estilos moi diferentes. A partir da letra, do que nos di, compoñemos a música, sen poñernos límites. O título do disco é o dun dos temas, Bailando as rúas. E todo o disco ten un sentido diso, de bailar as rúas, de expandir a liberdade… De levar ás rúas o que somos... Si, é iso. Levar ás rúas o que somos e o que facemos, ao noso xeito, sen complexos e sen saber o que vai pasar. Sempre dicimos nos concertos que o que queremos é que xente se exprese con liberdade, que baile, que cante, que fale con nós… \"Sempre dicimos nos concertos que o que queremos é que xente se exprese con liberdade\" Insisto no de bailar as rúas porque me parece que hai algo aí de reivindicación do espazo público. Na vosa presentación como banda falades de poboar os camiños das cidades e as avenidas das aldeas… Hai aí moitas connotacións diferentes. Por unha banda, a dicotomía da aldea e a cidade porque o punto de partida do noso traballo pode estar máis ligado ao rural, pero despois iniciamos un percorrido máis relacionado con músicas máis urbanas coma o pop, o rock, o country… Queremos chegar a xente de diferentes idades, con distintos gustos musicais… \"Como mulleres, facemos fincapé en que somos capaces de camiñar soas se queremos\" Tamén está o que dis da conquista do espazo público. Como mulleres, facemos fincapé en que somos capaces de camiñar soas se queremos, ou acompañadas, pero que podemos facer as cousas por nós mesmas. Iso está tamén no tema Calidoscopio, a mesma metáfora: facemos o que queremos, decidimos como vivir a nosa vida. É tempo de camiñar, de xirar xuntas, de empoderarse, de facer o que nos pete, de camiñar soas se queremos, e tamén de reivindicar os nosos dereitos... No disco adaptades poemas de Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial. Cal é a relación do voso traballo coa poesía? Andrea e Marcea son poetas e eu son moi lectora de poesía. Somos unha banda moi ligada a este xénero. Ademais desa familiaridade coa poesía, no noso círculo de amizades tamén temos varias poetas, coma Celia Parra e Rosalía Fernández Rial… Estamos, ademais, nun momento, na cultura galega, no que se está a facer poesía de moi alta calidade. A potencia que a música e a palabra poden ter por si soas aumenta, ademais, se as xuntamos. \"Procuramos que a nosa música sexa máis lixeira, máis apegadiza, máis dixerible, fronte a unhas letras que son máis profundas, máis metafóricas\" Despois, tamén é certo que procuramos que a nosa música sexa máis lixeira, máis apegadiza, máis dixerible, fronte a unhas letras que son máis profundas, máis metafóricas… Porque queremos que a través dunha música divertida poidan entrar as letras, o que queremos dicir, a mensaxe da canción, o cal é especialmente importante para, por exemplo, o público máis novo. Dicías antes que mesturades estilos. Penso que moi poucas veces entrevistei alguén que dixese que non mestura estilos mais, no voso caso, supoño que pode ter que ver coas vosas diversas procedencias musicais. Sodes cinco e tivestes bandas anteriores. Ten que ver con de onde vimos cada unha, claro. Unhas vimos do tradi, outras da música clásica, do rock, da electrónica… Pero temos un factor común, que é que todas escoitamos distintos tipos de música. Non rexeitamos nada, mentres teña calidade. Hai xente que non fai iso, que só escoita o que lle gusta e que se encaixa aí… Non é o noso caso. Nós tentamos ter a mente aberta. Como che dixen antes, en función de onde nos leve a letra, facemos un tipo de música ou outro. \"O que nos din dos nosos concertos é que ningunha canción soa igual que a anterior\" Todas estudamos en conservatorio, pero Marcela e Andrea veñen da música tradicional, Estela vén da música clásica, Inés estivo en grupos diversos, de rock por exemplo, e eu mesma non sei como definirme porque fixen de todo. Non comezamos coa banda pensando: \"o noso proxecto é facer tal tipo de música\". Houbo quen nos dixo que iso era un erro, pero o que estamos a ver é que non. O que nos din dos nosos concertos é que ningunha canción soa igual que a anterior, aínda que teña a nosa sonoridade. E iso fai o que facemos máis divertido e diverso… Tres segundos parece unha reivindicación da memoria, que é fráxil. A letra é un poema de Celia Parra. Celia é amiga nosa, e sobre todo de Andrea, que foi quen adaptou o poema de Celia. Ben, máis ben desmembroullo, porque adaptar a poesía contemporánea, coa súa métrica, ás estrofas dunha canción, é complicado. Andrea adaptou a letra de Celia engadíndolle algunha frase súa. Fala da memoria, si, no sentido de que é fráxil, si, de que se pode perder rápido, e tamén no sentido de que recordar pode facer dano, de que hai xente que prefire queimar a memoria na lareira da historia, ocultándoa, impedindo que saia á luz. Durante a canción dise varias veces que a memoria é unha escusa para esquecer, e ao final dise que é unha escusa para empezar. Diso vai. Coma un blues empeza dunha maneira e acaba doutra ben distinta. Aí hai un xogo porque este tema non é un blues, é un swing, que ademais se converte despois non nun ska, pero si nun tema que leva a un lugar moi distinto do blues. É a canción coa que comezamos os concertos. Un tema divertido que comeza moi lento e acaba moi rápido, e que xa sorprende á xente nada máis comezar… A letra é tamén de Celia Parra. Despois vén Bailando as rúas. A letra facíame pensar na necesidade de reivindicar as rúas como algo noso, fronte ás leis que tentaron afastar a protesta delas. Se cadra por iso tamén fixestes na rúa -nunha autoestrada- o vídeo dirixido por Alfonso Zarauza... Ten que ver con iso, si, porque é camiñar xuntas, xuntar forzas, non estar caladas… A letra é de Rosalía Fernández Rial. En realidade, todas as cancións son diferentes pero teñen algo existencial, do que está e non está, por iso tamén o branco e negro do vídeo de Zarauza. E Negro azul? Pois a verdade é que é unha letra de Andrea á que a min mesma me custa entender que quería dicir… E Tres en raia? Poderiades ser vós mesmas: tres de vós viñades doutra banda que non foi adiante... Pois é por outra cousa. Escribín esta letra para o fillo dunha amiga, Juanito, que ten síndrome de down. Cando naceu e fun velo, provocoume tal tenrura que escribín esta letra para el. Por iso fala do 21, que é o cromosoma 21: eles teñen tres e nós dous. Por iso o das tres estrelas de mar. Despois, o tema gustoulle á asociación Down Compostela, que decidiu adoptala como o seu \"himno\". Fixemos un vídeo por ese motivo. Abrente si parece ter, claramente, ese sentido \"existencial\" que dicías. O abrente como metáfora da vida, fronte ao horizonte da morte. Si. A letra é un poema de Celso Emilio Ferreiro. Esta foi unha das primeiras cancións que fixemos, porque preparamos esta e outra, Ti e eu, para un concurso de musicalización de poemas que convocou a Fundación Celso Emilio Ferreiro. E Ti e eu. Fala de achegamento entre as persoas, que é outro dos temas máis presentes no disco, como vimos comentando. É un poema que escribiu Celso Emilio Ferreiro para Moraima. Pero si, é o que dis: leva a pensar no amor de parella, pero tamén en calquera tipo de conexión con outra persoa. Afogadas parece falar dun suposto progreso que é retroceso. Por que? Andrea foi ver Os días afogados de Luís Avilés e César Souto e saíu tan impactada que escribiu esta letra. E si, fala de cousas que se fan en nome dun suposto progreso, prometendo postos de traballo, etc, e que na realidade supoñen unha volta atrás con consecuencias nefastas. E Nunca ninguén? Ten un aquel de Manuel Antonio. A letra é de Rosalía Fernández Rial, que é moi manuelantoniana, si. Fala de cando te sentes tan insignificante que parece que non existes. Iso é o que di a letra, pero a música é moi tribal, de moita percusión… Buscamos o contraste porque o que queremos dicir é que, se te sentes así, berra alto para que te vexan. Sae de aí. Tiñades pensado gravar algún tema novo, despois do disco… Fixemos varios, pero o último é Anagnórise, do que temos un vídeo, baseado na historia que conta o libro de María Victoria Moreno. Xa estabamos traballando neste tema antes do Día das Letras adicado a esta escritora, e cando soubemos que llo ían dar a ela, pois aínda mellor…"}
{"ID": "PRAZA_7837", "summary": "O retroceso xa se viña producindo tras cada reforma educativa. Cando a literatura universal é case unha reliquia nos plans de estudo e os programas de historia están cada vez máis condicionados polas identidades nacionais e os intereses políticos, xa só quedaba a filosofía para comprender a evolución do pensamento humano. Agora iso só será para os privilexiados e para os escasos entusiastas vocacionais.", "text": "Un grito percorre á comunidade dos filósofos: Quen teme a filosofía? É a pregunta perplexa dun colectivo que ve ameazado o seu futuro profesional e a supervivencia das facultades de filosofía, e que ve cuestionado o seu traballo de tanto tempo contra o tópico de que a filosofía non serve para nada. Até o de agora era a ignorancia o que se opoñía á filosofía, a ignorancia e o economicismo reinante. Pero agora, se se mantén a LOMCE nos termos actuais, será o propio sistema, a cultura oficial, quen confirme a validez do tópico e desacredite finalmente o traballo dos filósofos. De aí a desolación da filosofía, e a pregunta de quen debe cargar coa responsabilidade de semellante desatino. Que lle teme entón á filosofía? Se se mantén a LOMCE nos termos actuais, será o propio sistema, a cultura oficial, quen confirme a validez do tópico e desacredite finalmente o traballo dos filósofos Á filosofía témenlle algúns dos discursos de éxito na sociedade actual: o discurso da redución da complexidade da vida a consignas e fórmulas baleiras, e o da fragmentación dos saberes en compartimentos sen relación. A filosofía témea tamén o discurso da manipulación das conciencias e da docilidade social, en definitiva o discurso do poder. Sempre foi así, e agora quere poñerse negro sobre branco na lei que regule o sistema educativo. A filosofía témea tamén o discurso da manipulación das conciencias e da docilidade social, en definitiva o discurso do poder. Sempre foi así, e agora quere poñerse negro sobre branco na lei que regule o sistema educativo Unha redución do 66% na asignación horaria das materias de filosofía vai contra todas as recomendacións internacionais e a práctica dos países con mellores índices de éxito educativo. Xunto á desaparición da ética e da educación para a cidadanía, a devaluación da historia da filosofia a unha simple optativa é especialmente grave, e sen embargo está invisibilizada por outras problemáticas, como o modelo lingüístico e o status da relixión, con máis presencia mediática e sen dúbida maior rendibilidade política. Esquécese que só a filosofía pode procurar unha visión integradora do coñecemento humano e das relacións entre ciencia, política e historia no devir das sociedades. O retroceso xa se viña producindo tras cada reforma educativa. Cando a literatura universal é case unha reliquia nos plans de estudo e os programas de historia están cada vez máis condicionados polas identidades nacionais e os intereses políticos, xa só quedaba a filosofía para comprender a evolución do pensamento humano. Agora iso só será para os privilexiados e para os escasos entusiastas vocacionais. Marta Nussbaum, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2012, alertou hai pouco de que unha educación na que as humanidades non ocupen o seu lugar producirá \"xeracións enteiras de máquinas utilitarias\" A filósofa Marta Nussbaum, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2012, alertou hai pouco de que unha educación na que as humanidades non ocupen o seu lugar producirá \"xeracións enteiras de máquinas utilitarias\". Quizá se trate diso. Sen filosofía non haberá claves de acceso ao mundo da cultura e seremos máis dóciles e conformistas. Seremos cada vez máis o soño perfecto de calquera réxime totalitario."}
{"ID": "NOS_34595", "summary": "Follas con poemas de Lupe Gómez e Estevo Creus repartiranse hoxe no Picaversos, coa idea de seren pegadas polas rúas da cidade. \"A Compostelana\", nome da acción, entra na rede da que toman parte La Madrileña, La Porteña e La Parisienne, nas cidades de Madrid, Bos Aires e París.", "text": "As poetas Branca Novoneyra e Olalla Cociña animan cada sesión dos Picaversos, o encontro poético que se reune no pub Modus Vivendi de Compostela, por volta das 21.00. A sesión de hoxe, dedicada ao rock and roll en que participarán Lucía Aldao, Luís Pardo e Alfonso Espiño, ten un elemento especial, nela bota a andar o proxecto de poesía mural \"A Compostelana\", que pon en relación a cidade de Compostela, con París, Bos Aires e Madrid. As organizadoras queren que polas rúas da cidade se atope a poesía e para iso repartirán unhas follas voandeiras para o que solicitan o apoio co fin de as pendurar polas paredes das rúas e prazas. Os versos de Lupe Gómez e Estevo Creus serán os primeiros que se expoñan ao público nesta acción poética participativa. A organización do Picaversos, fai para hoxe á noite unha petición a quen participe no encontro poético: \"Pegade un cartel de A Compostelana de camiño a casa para encher as rúas e mañá a poesía traspasará os muros e as paredes da nosa cidade\"."}
{"ID": "NOS_53594", "summary": "O acto decorreu no Teatro Rosalía.", "text": "Hoxe decorreu no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) a décimo terceira edición das Lúas de Outono, a homenaxe anual ao poeta Manuel María na última cidade na que residiu antes de falecer en 2004. Emotiva despedida a Saleta Goi en Outeiro de Rei: \"A Galiza perde unha muller excepcional\" A edición deste ano estivo marcada pola ausencia de Saleta Goi, compañeira de Manuel María durante case 50 anos e presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. A activista social e política faleceu o pasado 10 de setembro, cando contaba con 90 anos de idade. \"É a primeira vez que nos falta a luz e o sorriso de Saleta\", salientou Alberte Ansede, secretario da Fundación e da Casa-Museo Manuel María, ao comezo da homenaxe. Unha vez comezado o acto, as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante representaron a obra de teatro A lúa vai encuberta baixo a dirección de Tito Asorei, e protagonizado por, entre outros, Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Davide González e o propio Asorei. Falece aos 90 anos Saleta Goi A peza foi a gañadora da segunda edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e leva máis de 50 representacións por todo o país. Tito Asorei explicou en días anteriores ao acto que a obra, baseada nunha peza homónima do poeta homenaxeado, pretende \"ofrecer claramente respostas a moitas preguntas, entre elas, explicar porque o noso país chegou até aquí\". Nun comunicado remitido aos medios, a Casa-Museo Manuel María explicou que o espectáculo \" é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar\". Saleta Goi, muller galega consciente Após decorrer a homenaxe a Manuel María, foi a quenda de Saleta Goi. No mesmo escenario, a cantante Uxía Uxía interpretou un repertorio de poemas musicados que Manuel María lle dedicou a Saleta Goi durante o tempo que estiveron xuntos."}
{"ID": "NOS_53228", "summary": "Os novos contaxios rexistrados aumentan a 111.", "text": "Os novos casos activos de Covid-19 aumentaron a 111 no conxunto de Galiza desopois de permanecer desde o inicio desta semana por baixo do centenar e os casos activos soben lixeiramente por primeira vez tras 25 xornadas consecutivas en descenso. Pola súa banda, os pacientes ingresados descenden a 61 -un menos-. Segundo os datos publicados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta cuarta, aumentan a 16 os pacientes Covid en UCI -un máis- e descenden a 45 os doutras unidades -dous menos-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Pontevedra e O Salnés e Lugo; mantense nas de Ourense, Santiago e Barbanza e Ferrol; mentres que aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee e Vigo. En canto aos casos activos de Covid-19 aumentaron lixeiramente a 1.355, nove máis, despois de acumular 25 xornadas consecutivas de descenso, ao haber menos altas (102) que contaxios (111). No entanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado -o día 15 dese mes había 1.337-. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden unicamente nas de Vigo (-10) e Santiago e Barbanza (-7), mentres que soben nas da Coruña e Cee (+9), Ourense (+9), Pontevedra e O Salnés (+3), Ferrol (+3) e Lugo (+2). Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo repuntaron a 111 e sitúanse por primeira vez desde a segunda feira por riba do cento, tras iniciar a última semana antes do verán con 56; ascender lixeiramente a 60a terza feira e a 65 esta cuarta, o que supón 46 máis que a xornada anterior. En concreto, no conxunto de Galiza foron confirmados 113 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 48 máis que a xornada pasada, dos cales 38 corresponden á área da Coruña e Cee; 23, á de Ourense; 17, á de Lugo; 11, á de Vigo; nove, á de Santiago e Barbanza; oito, á de Ferrol; e sete, á de Pontevedra e O Salnés. En canto á taxa de positividade, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galiza excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro. Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.430 ao non notificar a Consellería de Sanidade vítimas por quinta xornada consecutiva."}
{"ID": "NOS_38195", "summary": "O presidente da Xunta négase a responder sobre a Operación Zeta e pasa ao ataque con desprezo ao xornalismo que lle pregunta.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, amosouse visibelmente molesto cando lle preguntaron pola Operación Zeta, que sinala o seu íntimo amigo Pachi Lucas como \"conseguidor\" de falsos cursos para unha trama de presunta fraude de fondos públicos. \"Defenderme?, Defenderme de que?\", resolveu Feijóo en declaracións á axencia Europa Press. En medio dunha guerra de cifras entre o PP e o PSOE sobre as adxudicacións á trama, o presidente da Xunta quixo sacarse do medio na presentación do novo delegado do Goberno español en Galiza, onde Feijóo contestou con tensión á pregunta. Fogo graneado Mas dificilmente poderá Feijóo contornar esta cuestión no futuro. Nesta semana viuse submetido a fogo graneado por parte da oposición no pleno do Parlamento galego, a cuarta feira. Feijóo en ningún momento citou polo seu nome a Pachi Lucas na cámara, mais saíu na súa defensa ao enfatizar que o seu amigo non está imputado na trama. Feijóo en definitiva nen comparece no Pleno do Parlamento nen permite que se constitúa unha Comisión de Investigación nen tolera ben que se lle pergunte por Pachi Lucas Con efeito, Pachi Lucas non está imputado, embora os investigadores policiais o consideren unha peza clave na trama. O empresario presuntamente artífice da Operación Zeta, Gerardo Crespo, militante do PP, que se acabou revolvendo non só contra Feijóo, senón tamén contra Negreira, ten denunciado nas súas intervencións ante os meios que Lucas non teña sido imputado e teno atribuído a súa amizade, íntima, con Feijóo. Foi precisamente Gerardo Crespo o autor da afirmación de que Pachi Lucas vive \"ás veces\" en Monte Pío, a residencia oficial de Feijóo, e a esta circunstancia apelou esta semana o PSdeG -en concreto Méndez Romeu e Pilar Cancela, secretaria de Organización-. A formación socialdemócrata demandou explicacións a Feijóo de como é posíbel que un particular implicado nunha investigación por presunta corrupción poda pernoctar en instalacións públicas sostidas polos impostos das cidadás e dos cidadáns. Feijóo en definitiva nen comparece no Pleno do Parlamento nen permite que se constitúa unha Comisión de Investigación nen tolera ben que se lle pergunte por Pachi Lucas."}
{"ID": "NOS_24858", "summary": "Máis de 1.500 familias galegas beneficiaranse das axudas para a instalación de enerxías renovábeis nos fogares.", "text": "O aforro enerxético é unha das moitas preocupacións das galegas, e máis coa chegada do frío, co que a factura eléctrica sempre se dispara. Para fomentalo, a Xunta pon sobre a mesa este ano tres liñas de axudas cun monto global de 5,5 millóns de euros que, segundos os cálculos da Administración, poderán beneficiar a más de 1.700 familias galegas. Segundo os datos da Consellaría de Economía, as axudas mobilizarán 12,5 millóns de euros en investimentos para a instalación de fontes de xeración renovábel térmicas, enerxía fotovoltaica e biomasa nos fogares galegos. En concreto, o Goberno galego prevé que as familias beneficiarias poidan aforrar 900.000 anuais nas súas facturas con estas melloras, ao tempo que deixarán de emitir 5.000 toneladas de CO2. En detalle, serán 997 as familias galegas que reciban axudas para proxectos de enerxía renovábel. Os proxectos de enerxía fotovoltaica chegarán a 514 fogares galegos, con axudas que van dos 5.500 euros até os 25.000 euros. A estes habería que engadir as axudas para a instalación de 200 caldeiras de biomasa, con importe máximo subvencionábel de 60.000 euros por persoa beneficiaria."}
{"ID": "PRAZA_12207", "summary": "Ás veces esquézome dela voluntariamente, de Chantada, e collo a mochila ás costas, rumbo á Ribeira Sacra, onde non existen as xeometrías rectas, as verdades rectas, as persoas rectas, as memorias rectas ou os camiños rectos. O único recto que existe na Ribeira Sacra son os socalcos nos que comeza a nacer o viño, fermentado coa mesma tenrura e coidado coa que se coida a unha criança.", "text": "Ás veces é coma unha pantasma silenciosa, cando a percorres na noite pecha bordeando o río Asma, escoitando ao lonxe o fraaa fraaa do ar no millo. Outras veces é coma unha vella decadente e vencida pola vida, porque só fala entre dentes. Ás veces é estarrecedoramente trivial e cotián, sobre todo pola mañá, cando a xente sae e entra coma formigas nos negosios e respóndeche cun ola! apresurado. De vez en cando é luminosamente alegre e vitalista, sobre todo polas noites de fin de semana, cando a xente sae á rúa farta de traballar ou estar en paro e vai procurar evasión nalgún bar atendido por algunha camareira universitaria, farta de facer o amor con intelectuais. De vez en cando mesmo pódeche parecer dunha beleza sublime, se fechas os ollos e tratas de non darlle moita importancia ao seu caótico urbanismo. Ás veces paréceme tranquilizadoramente tradicional e acolledora, cando observo aos xubilados xogar ás cartas con ese sorriso sereno, acostumado a exclamar durante toda a vida arreee carallo! Outras veces paréceme canalla e libertaria, cando che sorprende con algunha asemblea popular de foros e vilas galegas. Ás veces paréceme romántica e inzada de memoria, tal coma un lied de Shubert, cando chove e vou na procura do cheiro a pedra mollada que deixan os adoquíns da zona vella. Ás veces é abafantemente anti-erótica, cando escoitas a cháchara intranscendente e o provincianismo paifoco dos seus políticos. Outras veces é decadente e triste ao mesmo tempo, cando observas a un vello amigo falar sozinho na barra do bar, coas costas encorvadas e a mirada perdida, acompañándose dun vaso de viño baleiro. Outras veces, si, parece a estampa resacosa dun franquismo residual, coas súas misas de Domingo inzadas de xente, as súas miradas hipócritas que interrogan e ti de quen ves sendo?, o seu insoportábel silencio incapaz de chamarlle ás cousas polo seu nome, a súa procesión dos caladiños, a súa amable cortesía desinteresada chea de interese, as visitas periódicas dos seus alcaldes aos funerais e ás mega-paparotas de tíos, primos, sobrinos y demás familia… etc. Ás veces percíboa ausente, afastada e resentida, como as badaladas da igrexa vella e os ouveos dalgún can nocturno, ou como a mirada dalgún pijo, con plata ou sen ela, que non pode soportar que lle plantes un sorriso á vida mentres soltas un improperio tras outro ao goberno. Outras veces síntoa tan próxima que me doe ata no corpo, cando miña nai fala dende a dor da súa propia experiencia vivida, ou cando meu avó mira pola fiestra coa nostalxia e as bágoas contidas por non poder volver á casa de pedra que levantou co suor das súas mans, ou cando vexo entrar ao meu pai pola porta da casa, con mirada ausente e preocupada polo futuro do taller metálico que alimenta á familia. Ás veces esquézome dela voluntariamente, de Chantada, e collo a mochila ás costas, rumbo á Ribeira Sacra, onde non existen as xeometrías rectas, as verdades rectas, as persoas rectas, as memorias rectas ou os camiños rectos. O único recto que existe na Ribeira Sacra son os socalcos nos que comeza a nacer o viño, fermentado coa mesma tenrura e coidado coa que se coida a unha criança, e a reforma gregoriana imposta polos monxes beneditinos da Abadía de Cluny, que unificou o ritual litúrxico do cristianismo en todo occidente. Polo demais, todo na Ribeira Sacra diría que é curvo, sinuoso e misterioso, coma calquera xeografía virxe inzada de memorias por contar, de cancioneiros que rescatar e de camiños por andar. Aquí, na Ribeira Sacra, Fenosa segue pretendendo chupar o sangue e a terra toda do Río Miño dende Belesar a Os Peares, pois, ¡mamma mia!, seica en pleno século 21 os ríos e os montes mancomunais seguen a ser propiedade privada. Aquí, na Ribeira Sacra, Iberdrola derruba igrexas e capelas protexidas en nome do progreso e da modernidade ou modernización. Aquí, na Rivoira Sácrata, bebíase o viño gracias aos brazos e lombo, tolleitos e suorosos, dos braceiros da viticultura heroica, que traballaban de sol a sol durante o día carregados de cestos de uva madura. Dende aquí, despois da conquista Romana da Gallaecia primitiva, os caldos de Amandi chegaban ao estómago dos grandes patricios de Roma, que nada sabían da suor nin dos problemas dos braceiros, nin da viticultura heroica, nin dos problemas das xentes desa provincia do Imperio á que chamaron Gallaecia. Aquí, tamén, Don Núñez Feijoo declara que a Ribeira Sacra é \"o lugar cinco estrelas\" de Galicia, malia que a maior parte dos seus habitantes non aspiren a outra cousa que á emigración, á supervivencia ou a unha humilde casucha nunha leira. Mais nada. A Ribeira Sacra é unha pinga de auga dende a que proxectarse cara afora e cara a dentro dun mesmo. Castros protohistóricos, calzadas romanas, restos paleocristians, templos Barrocos e mozárabes, grandes fortalezas señoriais de época baixomedieval, pontes románicos outrora custodiados por monxes-guerreiros, mercenarios desa alta nobreza galega que andaba sempre a paus entre ela, e fortalezas militares : todo un basto sistema de seguridade local que foi decaendo coa centralización do poder político e económico durante o reinado dos reis Católicos. Coma no resto do mundo, aquí, en Chantada, minúscula pinguiña situada dentro desoutra pinguiña do universo chamada Ribeira Sacra, tampouco o tempo e a memoria estiveron nin están fechados nunha burbulla, e tamén se moven, si, vaia se se moven. Se non vides, eu non sei a que demo esperades."}
{"ID": "PRAZA_18540", "summary": "En 2013 a Xunta impulsara unha suba do 34% do canon de Sogama e ás portas das municipais de 2015, unha rebaixa do 10%. A nova baixada do 10% incluída na lei anexa aos orzamentos está condicionada á redución de refugallos e á mingua no recibo dos concellos, o que para a Fegamp \"atenta contra a autonomía municipal\"", "text": "O lixo xerado pola veciñanza de arredor do 95% dos concellos de Galicia viaxa cara a Cerceda para ser tratado na planta da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), en virtude do modelo centralizado instaurado en tempos de Fraga, fortemente cuestionado dende movementos ambientalistas. No outono de 2013, en plena crise, a Xunta subiu un 34% o coñecido como canon de Sogama, isto é, o prezo que os concellos pagan por cada tonelada de lixo que envían para ser tratado en Cerdeda. En xaneiro de 2015, ás portas das eleccións municipais, a Consellería de Medio Ambiente aprobou unha redución do 10% do canon e agora, en vésperas doutros comicios locais, ultima unha rebaixa doutro 10% que entraría en vigor en 2019 e que irrita a moitos gobernos locais.En 2013 a Xunta impulsara unha suba do 34% do canon de Sogama e ás portas das municipais de 2015, unha rebaixa do 10%Aquela suba \"unilateral\" impulsada en 2013 e adiada entre protestas municipais elevara o prezo da tonelada de lixo dos 61,50 euros ata os 82,10, para despois rebaixalo en 2015 ata algo menos dos 74 -IVE incluído-. Tras as variacións menores introducidas nos dous últimos anos en consonancia coa variación xeral dos prezos -o IPC-, o Goberno galego vén de aproveitar a lei de acompañamento dos Orzamentos de 2019 -un compendio de reformas que muda dun golpe unhas 24 leis- para dar á Consellería de Medio Ambiente a capacidade de \"reducir\" o canon de Sogama ata o 10% \"cando as circunstancias económicas da sociedade o permitan\".Pero este cambio vén acompañado dunha condición. A rebaixa só se aplicará aos concellos \"que certifiquen o compromiso coa redución de residuos\" mediante \"medidas que fomenten a recollida selectiva\", pero ademais que acrediten que \"trasladan a devandita redución\" ao recibo de recollida do lixo á veciñanza. Se non o fan, non se aplicará a rebaixa. O Goberno galego xa manifestou a través do presidente, Alberto Núñez Feijóo, a súa intención de aplicar integramente a rebaixa do 10% para 2019 e numerosos concellos censuran que pretenda facelo coas devanditas condicións sen antes negociar con eles.A nova baixada do 10% incluída na lei anexa aos orzamentos está condicionada á redución de residuos e á mingua no recibo dos concellos, o que para a Fegamp \"atenta contra a autonomía municipal\"A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), asociación que agrupa os gobernos locais e ás catro deputacións galegas, celebrou este mércores a súa xuntanza mensual e fixo evidente a súa contrariedade. A baixada do canon \"debería ser unha boa nova, máis cando hai uns anos Sogama realizou unha suba unilateral\", evidencian. Pero a Xunta obvia agora \"que naquel momento a maioría dos concellos non repercutiron a taxa na cidadanía\" por mor da crise económica, di o presidente da Fegamp e alcalde do Barco, o socialista Alfredo García. \"Agora Sogama pretende que a rebaixa do canon sexa repercutida na cidadanía ou que os concellos reduzan a cantidade de toneladas de lixo xenérico que envían\" e, \"aínda que a redución da taxa podería ser compatible con determinados resultados, a cuestión é que a imposición non procede\".A xuízo da Fegamp \"a baixada do canon ligado\" a estas \"esixencias\" é tanto como \"atentar contra a autonomía municipal\" e por iso a empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente debera \"negociar, no canto de impoñer\". \"A taxa pode vencerllarse a unha redución do recibo do lixo\" e ir ligada \"a determinados resultados\" en canto á xestión dos residuos, admite García, pero \"para chegar a acordos hai que negociar\", advirte."}
{"ID": "NOS_28650", "summary": "Con 94 anos, morreu este domingo en Londres a escritora Doris Lessing, autora e máis de medio cento de libros a través dunha traxectoria coa que conseguiu en 2007 o Premio Nobel de Literatura. A mensaxe de anticolonialismo, feminismo e xustiza social converten os seus libros en arma contra a inxustiza.", "text": "Intelectual comprometida cos problemas de seu tempo, Doris Lessing foi sempre unha escritora atrevida, que non puxo reparos á hora de expresar as súas opinións políticas e sociais. Nacida en Kermanshah, Irán, en 1919, a escritora pasou a súa nenez e adolescencia en Rodesia, lugar onde a lectura se convertería na súa mellor compañeira. O amor entre unha muller branca e un home negro será o tema da súa primeira obra, Canta a herba (1950), título que inaugurará unha longa traxectoria na escrita que ten en O caderno dourado unha das súas obras de referencia, a novela coa que se identificou o movemento feminista. Trátase da historia de Anna Wulf, unha autora que, no medio dunha crise persoal comeza a escribir catro cadernos biográficos de cores diferentes, o negro para a vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a sentimental e o azul no que deita os acontecementos cotiás. Con máis de oitocentas páxinas, O caderno dourado, publicado en 1962, pasou a ser considerado un fito literario e unha das grandes obras do século XX, que á autora lle valeu o recoñecemento internacional. No ano 2009, a obra chega ao galego en tradución de Eva Almazán para a colección Biblioteca Compostela da Editorial Galaxia, co apoio do concello da capital galega. Permeábel ao que acontece ao seu arredor, Lessing comprométese desde nova cos problemas da educación en Rodesia, contra o racismo imperante e contra as inxustizas que veñen das inmensas desigualdades que dividen o mundo. A súa voz maniféstase na defensa dun anticolonialismo que reclama, en especial, para África. A \"responsabilidade\" é, na autora, clave da escrita e da lectura e, nese sentido, a súa obra convértese en materia creada para contribuír a cambiar o mundo, para denunciar a violencia, o racismo, a discriminación ou a marxinación. Por iso África, por iso as mulleres, teñen un papel relevante na súa narrativa, unha escrita que se pon da parte das \"outras\" para darlles protagonismo. Recibiu o Nobel por \"capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a unha civilización dividida ao escrutinio\". A busca da liberdade, que paira en boa parte da súa obra, convértese nun trasunto da súa propia biografía, a historia daquela moza que se independiza con 15 anos e marcha con 31 para Londres co firme obxectivo de se converter en escritora. Busca en Londres unha nova vida e deixa detrás dous divorcios, con dous fillos do primeiro e un do segundo, o único que a acompañará na súa nova vida. Cando a Lessing lle outorgaron o Nobel en 2007 convertíase na premiada de máis idade na historia do galardón. As crónicas dixeron que non estaba nas quinielas. Ela, cando menos, mostrou a súa sorpresa e mesmo o seu desconcerto. Tentou fuxir, na medida das súas posibilidades, do ouropel do galardón aínda que, por veces, a tafera tornouse imposíbel. Houbo aplausos, tamén atrevidos cuestionamentos que viñeron, en especial, dos dous nomes máis coñecidos da crítica literaria americana e alemá, dos que crean canon. Na explicación da concesión, o xurado do Nobel de Literatura acuñou unha frase que tería percorrido. Dicían que Lessing era merecedora do premio por ter sabido \"capturar o esencial e a épica da experiencia feminina, que con escepticismo, lume e poder visionario someteu a unha civilización dividida ao escrutinio\". Repítese agora, en moreas de obituarios, a súa maneira de apreixar a \"épica da experiencia feminina\", esa capacidade que a Lessing a fixo tan querida polo feminismo, esa maneira de levar á escrita a vida das mulleres, desde un eu feminino, que fixo a súa narración especialmente próxima e querida polo feminismo. Instrucións para un descenso ao inferno, Memorias dunha supervivente, A boa terrorista, As aboas, Dentro de min e O vento levarase as nosas palabras son algúns dos seus títulos máis recoñecidos."}
{"ID": "NOS_35351", "summary": "Os galardóns entregaranse nesta cuarta feira nun acto que se vai realizar no Pazo da Pedreira de Pontevedra", "text": "O galego é nestes días unha língua de premio. Así, opremio Via Galego vai para a Asociación de Docentes de Portugués en Galiza e o de Abertos ao Galego para Tuenti Technologies. A principal rede social da xente nova, Tuenti, incorporou o galego como unha opción normal hai uns anos, que escollencada día miles de moz@s. Esta unión de mocidade e novas tecnoloxías fixeron que a primeira edición do premio Abertos ao Galego, outorgado pola Mesa pola Normalización Lingüística, vaia recaer na candidatura presentada por esta empresa nova e con fortísima proxección social. A asociación de Docentes de Portugués en Galiza realiza un importante labor formativo e divulgativo sobre as opcións do ensino do portugués en Galiza. Ademais, o xurado do premio Via Galego considerou que unha entidade como a DPG que promove o ensino do portugués contribúe a paliar a falta de coñecemento e comunicación cos outros territorios do sistema lingüístico a que pertencemos. O acto de entrega dos premios terá lugar esta cuarta feira en Pontevedra."}
{"ID": "PRAZA_18608", "summary": "AXENDA | O domingo están convocadas manifestacións contra a violencia machista nas sete cidades galegas e mais algunhas vilas. Xa este venres e sábado celébranse concentracións ante os concellos, palestras e performances, como a marcha silenciosa non-mixta convocada en Vigo. 102 localidades apoian este ano a campaña En negro contra as violencias machistas Un terzo dos concellos galegos asinan a campaña 'En negro contra as violencias machistas' HEMEROTECA | O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia", "text": "Un terzo dos concellos galegos asinan a campaña 'En negro contra as violencias machistas' HEMEROTECA | O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia O domingo celébrase o Día contra as Violencias Machistas. Ese día terán lugar a maior parte das actividades convocadas polo movemento feminista, que inclúen manifestacións nas sete cidades galegas, pero xa o sábado e o venres hai varios actos programados. \"No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica por parte do Estado é aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo\" \"Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista\", destaca a Marcha Mundial das Mulleres, que sinala que \"no último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a indefensión que sufrimos neses procesos de denuncia\". O venres ao mediodía nos 102 concellos que este ano participan na campaña En negro contra as violencias machistas haberá concentracións ante as sedes municipais, onde se lerá un manifesto. Ademais, ás 19 horas en Vigo está convocada unha manifestación silenciosa non mixta (só as mulleres poden participar). O movemento feminista pídelles ás asistentes que acudan con roupa negra, para marchar polas rúas unha vez que remate a performance que abrirá a mobilización. O sábado no mercado do barrio vigués de Teis levarase a cabo unha nova acción de rúa, na que se convida ás persoas asistentes a deixar un zapato que simbolice cada unha das mulleres asasinadas polo terrorismo machista. Denúnciase \"o abandono que levan tempo sufrindo as mulleres vítimas por parte das administracións e do sistema xudicial, tanto por falta de recursos axeitados como pola visión patriarcal e machista que as segue rexendo\" O domingo terán lugar as mobilizacións máis importantes, con manifestacións convocadas nas sete cidades galegas (a de Ferrolterra partirá dende Narón) mais tamén en vilas como Padrón, A Estrada ou As Pontes. Algunhas delas, coma a de Compostela, estarán encabezadas por un bloque non-mixto. Varias das mobilizacións, coma a de Lugo, rematarán ou pasarán nalgún momento do seu percorrido diante dos xulgados da cidade, buscando \"visibilizar o abandono que levan tempo sufrindo as mulleres vítimas tanto por parte das administracións públicas como do sistema xudicial, tanto por falta de recursos axeitados como pola visión patriarcal e machista que as segue rexendo a pesares de contar coa lexislación integral contra a violencia de xénero\", sinala a Plataforma Feminista de Lugo. Venres Varias localidades. 12 horas. Concentracións ante os concellos. Lectura do manifesto En negro contra as violencias machistas Vigo. 19 horas. Performance e manifestación silenciosa non-mixta (prégase acudir con roupa negra) Sábado Vigo. 11.30 horas. Acción de rúa + teatro imaxe. Mercado de Teis (prégase acudir cun zapato para simbolizar cada unha das mulleres asasinadas) A Pobra do Caramiñal. 19 horas. Teatro-Cine Elma. Debate+Proxeccións audiovisuais+Concerto de Agoraphobia Ourense. 20 horas. Faladoiro: \"Como nos atravesan as violencias machistas\". A Galleira Domingo A Estrada. 11.30 horas. Concentración. Diante do Concello As Pontes. 11.30 horas. Concentración. Praza do Hospital Vigo. 12 horas. Manifestación. Urzaiz Compostela. 12 horas. Manifestación. Praza Oito de Marzo Lugo. 12 horas. Manifestación. Diante do Concello Pontevedra. 12 horas. Manifestación. Praza da Peregrina Narón. 19 horas. Manifestación + batukada + performance. Praza da Gándara A Coruña. 20 horas. Manifestación. Obelisco Ourense. 20.30 horas. Manifestación. Diante da subdelegación do Goberno Padrón. 13 horas. Concentración. Rúa Rosalía de Castro Cangas. 12 horas. Concentración. Ante o Concello"}
{"ID": "NOS_41086", "summary": "O PP atribúe a súa ausencia a un erro da responsable de comunicación. O anterior conselleiro de Educación promoveu hai un mes a celebración dun debate.", "text": "O candidato do PP, Jesús Vázquez, ausentouse dun debate electoral na CRTVG co resto de candidatos e candidatas á Alcaldía en Ourense, gravado este domingo. A formación popular atribuíuno a un \"erro humano\" na xestión da axenda de campaña. Un \"erro\" que asumiu \"persoalmente a responsable de comunicación de Jesús Vázquez\", segundo o comunicado do PP. O candidato popular asegura que avisou aos demais aspirantes á Alcaldía, desculpando o atraso. Vázquez quería que esperasen unha hora e media, segundo o PSOE de Ourense, que negouse a facelo e que criticou a ausencia do anterior conselleiro de Educación como unha mostra da \"falta de interese\" que ten pola cidade de Ourense. \"Non quería ser candidato, tiveron que obrigalo e o demostra cada día, escondéndose e actuando con pouca seriedade\", manifestaron desde a formación socialista. Tan só unhas semanas atrás, o propio candidato do PP pedía o 15 de abril un debate electoral, nunha campaña de varias candidaturas populares."}
{"ID": "NOS_35922", "summary": "A Primeira Guerra Mundial non sucedeu en Galiza pero tamén sucedeu en Galiza. Os seus efectos no comercio internacional, combinados co eco que a Revolución Bolxevique deixou entre as clases subalternas, foron o caldo de cultivo de numerosas revoltas do pan. A Comisión Revolta Popular Marzo de 2018 quere rescatar as acontecidas en Narón cun amplo programa de actos.", "text": "\"Estes acontecementos, completamente esquecidos, tiveron unha importante magnitude\", sinala Ángel Rial, do monllo de asociacións culturais e activistas que promoven a recuperación da súa memoria. O Estado español potenciaba, durante a Gran Guerra, a venda de trigo e outras materias primas aos países en conflito. Os mercados internos ficaban desabastecidos. As mercadorías de primeira necesidade, relata o completo díptico distribuído pola comisión, foron pasto dos especuladores: pan, carbón, aceite ou cera. E o Goberno de Madrid, no canto de procurar vías de solución, agravou a carga sobre o pobo. Impuxo a deputacións e concellos a recadación de taxas de consumo. As revoltas adoitan acontecer, dicía Brecht, nas calexas sen saída. En marzo de 1918 en Ferrolterra, as saídas da calexa estaban clausuradas. As protestas prenderon na feira de Xuvia e nas vilas de Neda e Narón os días 8 e 9, encabezadas por mulleres. O gobernador civil prohibira importar trigo e os prezos eleváranse á estratosfera. Dúas mulleres, Josefa Noval Luaces e Rosa Tenreiro Ameijeiras, remataron feridas de bala. A faísca xa se convertera en incendio. Mulleres organizadas decidiron cortar o subministro de materias a Ferrol. As protestas derivaron en apedramento de negocios de acaparadores e especuladores -de aí o nome popular dos sucedidos: a Revolta das Pedradas. A bisbarra, de novo coas mulleres en primeira liña, xúntase a marchas e accións reivindicativas. En Ferrol, o día 11, son asasinados un neno de 12 anos -Juan Torres- e un mozo de 16, traballador do Arsenal, Valentín Dapena Pereira. Mais o 13 de marzo en Sedes, Narón, os acontecementos atravesan o seu punto de inflexión. É día de feira. Sobre o alcalde e os concelleiros recae a sospeita de acaparadores \"e querer vender trigo por riba dos prezos fixados\". Ademais, os impostos de consumo do concello dispararanse. A Garda Civil e tropas de infantería e cabaleiría, ás ordes do tenente Pedro Alcaide, disolven as multitudes. Houbo polo menos cinco mortos, entre eles Francisco Delgado Vilanova, Valentín Muíño, Manuel Romero Romero e María González e Fernández. Tropas despregadas \"As tropas estiveron despregadas durante máis dunha semana por toda a comarca\", relata Ángel Rial, \"en Maniños, os manifestantes asaltaban o tren. Os xornais de Madrid informaban das revoltas, aínda que as comunicacións estaba cortadas e censuradas\". Ao día seguinte, 6.000 obreiros percorren a distancia que separa Ferrol de Sedes para realizar unha foloral. \"Dáse por sentado que se decretou o estado de guerra e a cidade atópase baixo mando militar\". O 18 de marzo, os soldados iniciaron a retirada. En abril, o Goberno do Estado decretou amnistía, \"pero 30 mulleres continuaban en prisión\". E as revoltas do pan de Narón pasaron á memoria popular. \"Acontece que a Guerra Civil rachou o fío desa transmisión\", considera Rial, \"porque en 1933, en pleno renacemento da República, xa se colocara un monumento en memoria dos mortos. Pero no 36, coo aconteceu en Sobredo, os falanxistas destruírono. A represión fixo que se apagase esta memoria\". Os feitos de Sedes, en plena Restauración, foron outro síntoma do malestar social que atravesaba a nación galega. Campesiños amotinados, en rebelión, houbo en Oseira, en Nebra, en Gulllarei, en Sobredo. E tamén sufriron a brutal represión dun Estado que, co estertor da ditadura de Primo de Rivera, acabaría, debido á presión popular, transformándose na II República. A Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918 busca agora \"tirar o pasado do esquecemento, colcar a lupa sobre el e non deixar que se apague unha vez pase o centenario\", en palabras de Rial. Na estación de comboios de Barallobre (Fene) descubrirán unha placa en recordo, en Neda Leandro Lamas pintará un mural e Narón fará o propio Xelo. Charlas por toda a comarca e un acto en Sedes o 18 de marzo conforman as próximas actividades programadas pola comisión."}
{"ID": "NOS_14729", "summary": "Aprobáronse 58 resolucións, a gran maioría do PP, que ten a maioría na Cámara.", "text": "Houbo debate duro e houbo tamén momentos para o acordo. A última xornada do derradeiro debate do estado da nación desta lexislatura acabou con 9 acordos de resolución acadados por unanimidade dos 5 grupos parlamentares: PP, PsdeG; Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto. Estudar os efectos e consecuencias do Brexit na economía da Galiza, aumentar a superficie agraria útil existente no noso país, conectar os portos galegos co corredor atlántico europeo ou prohibir o uso do glisofato son algunhas desas medidas aprobadas co apoio de todos os grupos. Das 200 propostas de resolución presentadas neste debate aprobáronse 58. Das 40 medidas do PP 34 saíron adiante tal e como se presentaron e 6 modificadas con acordos con algún outro grupo, nomeadamente o PsdeG. Das 40 do PsdG saíron adiante 10, do Grupo Mixto, 9, do BNG, 3 e do Grupo Común da Esquerda, 2."}
{"ID": "NOS_34052", "summary": "O goberno español exclúe as alegacións presentadas polos produtores, o que para sindicatos como SLG, UUAA e Fruga supón tirar toda a validez ao documento. Non se descarta unha volta ás mobilizacións.", "text": "Os gandeiros galegos desconvocaron a semana pasada bloqueos e cercos á industria láctea como un xesto de boa vontade e confianza en que o acordo que se asina esta cuarta feira, 23 de setembro, contemplase parte das demandas e reivindicacións do sector. Mais o goberno español semella non disposto a concesións e xa anunciou que as alegacións presentadas desde os produtores a través de organziacións como UPA (Unións Agrarias en Galiza) ou COAG (á que pertence SLG) non van ser contempladas. Unha decisión que caeu como unha bomba entre os gandeiros. Malestar e decepción son dúas das palabras máis pronunciadas. O acordo non é só que non concrete un escenario que faga posíbel o \"prezo sostíbel\" para o leite, senón que tampouco hai disposición para eliminar os contratos da industria de prezos á baixa. Nin para estabelecer algún réxime sancionador para industria e distribución por se incumpren compromisos. \"Carta branca para os de sempre\", lamentan desde o sector. Por iso, nin SLG nin Unións Agrarias van asinar o documento. \"Carta branca para os de sempre\", lamentan desde o sector. Por iso, nin SLG nin Unións Agrarias van asinar o documento Elías Somoza (Fruga) considera que o acordo que se asina esta cuarta feira \"non achega nada novo\", e que \"non supón un cambio a respecto da situación que padecemos desde hai meses\". Na mesma liña. Xosé R. Cendán (SLG), manifesta a Sermos Galiza que un documento neses parámetros \"non pode ter o noso aval\". Ambas as dúas organizacións recoñecen que entre os produtores o acordo vai sentar \"fatal\", porque após meses de mobilizacións non abre as portas a unha solución. Neste sentido, retomar as tractoradas e mobilizacións é unha opción que non se descarta. Mais, poden retornar as mobilizacións? Tanto Fruga como SLG amósanse cautos e inciden en que un paso así ten que ser decidido e acordado polo sector produtor. Falan de agardar a ver o que decorre nos vindeiros días. \"O sector está cabreado, e con razón, porque se aspiraba a moito máis no documento\"."}
{"ID": "NOS_51932", "summary": "Terían que saír en outubro do correspondente ano académico. Porén, en 2011 non houbo convocatoria, en 2012 reducíronse as prazas en 150 e en 2013 non se publicou tampouco polo de agora. Desde o ministerio de Educación non dan explicación ningunha.", "text": "Hai máis dun ano que o ministerio de Educación tería que ter publicada a convocatoria da bolsas para Formación do profesorado universitario, as FPU, as máis importantes no ámbito da investigación. Para que @s traballador@s se incorporen en 2014 a convocatoria tería que se publicar en outubro de 2013 e non se publicou; e para que se incorporasen en 2013 tería que se publicar en outubro de 2012 e tampouco se publicou. Por tanto, son trece os meses de demora que acumula o departamento que dirixe José Ignacio Wert, desde onde non achegan ningunha explicación malia as queixas d@s bolseir@s. \"Mandamos correos-e de maneira individual para preguntar cando tiñan pensado convocar a bolsa e a resposta é a de sempre: \"proximamente\", \"están en trámite\", \"no se sabe\", \"no te puedo decir una fecha exacta\", \"antes del último trimestre del año\", \"en el último trimestre del año\"... e así até o 31 de decembro, imaxino\". Quen se mostra así de indignada é Paula Pérez, bolseira FPU desde hai case un ano. Na facultade de Ciencias de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, desenvolve un estudo sobre os procesos de contaminación e os comportamentos do solo perante substancias coma os pesticidas. Bolseir@s \"con remuneración e dereitos\" En conversa con Sermos Galiza, dixo que a bolsa foi para ela \"unha oportunidade para seguir investigando do meu\". E o seu é a área de Edafoloxía e Química agrícola. Pérez sinala cara a estas bolsas como \"as máis importantes do Estado\" en materia de investigación porque garanten \"remuneración e dereitos\" para alén de que \"ofrece a posibilidade de nos formar no estranxeiro, mais sabendo que podemos volver e é case a única vía que nos queda para facer o doutoramento de maneira remunerada\". Xustamente este é o punto en que se atopa esta investigadora: agarda pola convocatoria das FPU de 2013 para solicitar unha estadía fóra, en Escocia. \"Se demoran moito máis terei que a pospoñer e non sei até cando, porque primeiro tes que contactar cunha universidade para lles dicir cando tes pensado ir e canto tempo vas estar para que deseñen un proxecto a desenvolver alí, e non podo decidir irme sen saber se me dan ou non a bolsa porque economicamente non me podería permitir esa formación no estranxeiro\", explicou Paula Pérez. Suprimiu as Séneca, despois as bolsas de idiomas, despois intentouno coas Erasmus... Con todo, a teima que o ministerio de Wert ten nas bolsas de estudo e formación non augura bos presaxios. Primeiro suprimiu as Séneca, que estaban asociadas ao programa Sicue e permitían a mobilidade do estudantado dentro das universidades do Estado español. Despois eliminou as bolsas para estudar idiomas no estranxeiro ás que destinaba un orzamento de 22 millóns de euros e que foron substituídas por un programa de inmersión lingüística dunha semana --fronte ás tres semanas da bolsa-- e que se imparte no propio Estado español. Recentemente eliminou as bolsas asociadas ao programa Erasmus, que posibilita a mobilidade do estudantado para se formar no estranxeiro. Malia que se viu na obriga de recuar e manter o desembolso económico no presente curso académico, o desmantelamento destas bolsas semella tamén inminente. A demora en convocar as FPU é máis unha estocada do Goberno español ao ensino público, mais non vén de agora. En 2010 @s bolseir@s incorporáronse ás investigacións con cinco meses de demora, en 2011 non houbo bolseir@s e en 2012 a demora a respeito do periodo habitual xa foi de oito meses. Bolsas para emigrar? \"A xente que ten a bolsa non a vai perder pola demora da convocatoria, outra cousa xa é que decidan finiquitar o programa\", sinalou Carlos Hugo González. Bolseiro FPU desde xaneiro de 2010, está a facer un doutoramento en tecnoloxías da información na Universidade da Coruña. Antes de que lla concederan estivo traballando con contratos por obra \"deses que nunca sabes se che van renovar ou non até o día antes, aínda que eu tiven sorte\". Coñece ben o panorama laboral que rodea o mundo da investigación e, nese sentido, sen desprezar estas bolsas de formación, ironizou: \"ofrecen unha posibilidade estupenda de emigrar a Alemaña porque aquí non hai nada que facer; na Universidade non sacan prazas, no Cesga non hai sitio e no sector privado tampouco abundan as ofertas de I+D\". Traballo \"por amor á ciencia\" Polo de agora, a única mobilización convocada é virtual: @s solicitantes da FPU crearon unha petición na páxina de Change.org e procuran sinaturas. Cómprenlles un mínimo de 2.000 para poder darlle difusión a nivel estatal. Na última convocatoria, con ela xa publicada no Boletín Oficial do Estado, o ministerio de Educación liquidou 150 prazas, pasando das 950 ás 800 e introducindo unha cláusula nova en virtude da cal a estadía no estranxeiro non se pode facer nos últimos seis meses da bolsa. Sen a FPU, que lles queda aos e ás investigadoras? \"Pasar de investigar ou traballar gratis\", como apuntou Carlos Hugo González ou, con Paula Pérez, \"traballar por amor á ciencia\"."}
{"ID": "NOS_52921", "summary": "Afonso Ribas Fraga, Ángel Sicart , Laura Mosquera Escudero e Eladio Fernández Pérez son as propostas do Parlamento para facerse responsábeis da obra social de AFundación. O BNG cualificou o acordo de \"cambalache\" político.", "text": "Os catro membros do padroado de Afundación propostos polo Parlamento foron acordados en dúas xuntanzas da Mesa sobre as candidaturas presentadas por Alternativa Galega de Esquerda, Partido Popular e Partido dos Socialistas de Galiza. Afonso Ribas Fraga, Ángel Sicart , Laura Mosquera Escudero e Eladio Fernández Pérez son os nomes do novo padroado da nova fundación que se corresponde coa antiga obra social das caixas de aforro galegas, que responde á nova marca de Afundación. \"Cambalache\" di o BNG O BNG cualificou de \"cambalache e componenda\" o acordo de PP, PSOE e AGE para designar os padróns da Fundación Obra Social de ABANCA. O voceiro parlamentar, Francisco Jorquera mostrou a súa protesta xa na Xunta de voceiros da pasada sexta feira e lamentou que o Parlamento furtara a posibilidade de debater e votar en pleno os padróns designados e a decisión se tomara nun órgano non político. Criticou que o acordo se tomara contra a demanda cidadá que reclama que decisións como estas se tomen \"con transparencia e con luz e taquígrafos\"."}
{"ID": "PRAZA_11462", "summary": "O día 4 de decembro teremos unha nova xuntanza do Consello Técnico de AP. Nela, esperamos o documento en cuestión e o caso que nos fixo a Consellaría de Sanidade. Xogámonos moito. As organizacións que pretendemos un Novo Modelo de AP, estamos vixiantes.", "text": "O día 13 de novembro, presentóuse na Consellaría de Sanidade un \"documento\", titulado \"Por unha atención primaria vertebradora del sistema de salud. Documento estratégico y de gestión (noviembre 2019)\". Este documento, en español, foi presentado por varios \"expertos\", dunha \"comisión\" encargada pola Consellaría de Sanidade a 16 persoas, entre elas a Rafael Bengoa (vasco) e Jordi Varela (catalán). Estas 16 persoas, foron elexidas polos Colexios Médicos de Galicia e as Sociedades Científicas (algunhas…). A validez das persoas en cuestión, ninguén as pon en dúbida. En palabras do Sr. Antonio Fernández Campa, Xerente do SERGAS (segundo da Consellaría de Sanidade) este informe \"non é vinculante\" (non sabemos si contou con algún orzamento por parte da Consellaría, pero o preguntaremos no Parlamento). Mentra ésto sucedía, 206 persoas, de TODOLOS estamentos da Atención Primaria, levan traballando 6 meses, nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellaría de Sanidade, no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia. O obxetivo fundamental destas Comisións Sectoriais, é crear un marco de diálogo que nos levara a un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, que fora capaz de resolver os gravísimos problemas denunciados polos profesionais e os sindicatos (…e organizacións veciñais, organic¡zacións científicas, organizacións sociais, organizacións de enferm@s, de familiares de enfermos, organizacións políticas, etc.. en xeral, calquera que teña que facer uso do Sistema Sanitario Galego en AP que ben sabe o mal que está).Durante os últimos anos, os gobernos do Partido Popular en Galicia, da man do Sr. Feijoo, foron deteriorando a AP en Galicia, deixando de invertir o que deberían, sobre todo en persoal. Por moito que aumenten o invertido o ano anterior, non compensa, ni de lonxe, o orzamento que tiñamos en 2009. A Tasa de Reposición mal entendida, levou a un déficit de profesionais no Sistema, que masificou as consultas e dificultou o acceso a atención d@s doentes. A AP deteriórase día a día, e así, o PP ten a disculpa para PRIVATIZAR os servizos máis rentables para a xente cercana o PP. Primeiro non invirtes, logo deteriórase e por fín: vendese. A comorbilidade e a mortalidade que estamos vendo como consecuencia do deterioro é evidente. A resposta da administración, é un Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, un documento de \"expertos\" e o Consello Técnico de AP.Ten sentido que 3 organismos diferentes, estén traballando, en teoría, pera o mesmo. A táctica do \"DIVIDE E VENCERÁS\" que sempre tivo bos resultados para o PP no pasado, en temas sanitarios, xa non cola. A xente sabe que as Comisións Sectoriais do consello Técnico están traballando duro...e ben. A Carteira de Servizos de cada categoría na AP está elaborada. O Mapa de Competencias, tamén. As suxestións para resolver os problemas do día a día...tamén. A pregunta do millón é: fará caso a adminsitración o que dí o Consello Técnico? Porá en marcha as medidas que no documento se expoñen? Teremos a posibilidad, ENTRE TOD@S, de ter un Novo Modelo de AP en Galicia, en breve, CONSENSUADO por e para Galicia? O día 4 de decembo do 2019, teremos unha nova xuntanza do Consello Técnico de AP. Nela, esperamos o documento en cuestión e o caso que nos fixo a Consellaría de Sanidade.Xogámonos moito. As organizacións que pretendemos un Novo Modelo de AP, estamos vixiantes. Temos sobre a mesa a realización de mobilizacións, en breve, aínda que esperaremos o resultado do documento que elabore a Consellaría de Sanidade a partir dos traballos das Comisións Técnicas e actuaremos en consecuencia. Váinos moito nesto, empezando polo futuro da Atención Primaria e da Sanidade Pública en Galicia. Depende de TOD@S, de nós tamén, pero sobre todo da administración."}
{"ID": "PRAZA_12890", "summary": "Inacio e Iván Suárez veñen de presentar en Santiago O pobre tolo, ábum no que se retrata o intelectual dun xeito máis \"humano\" durante o seu desterro en Badaxoz. A obra é a primeira que ve a luz en forma de libro dunha serie , na que se inclúe tamén Titoán, obra sobre a mocidade do autor de Sempre en Galiza galardoada co Premio Castelao de Deputación da Coruña en 2011 e aínda inédita para o gran pública ao estar \"medio secuestrada\".", "text": "Inacio e Iván Suárez veñen de presentar en Santiago O pobre tolo, ábum no que se retrata o intelectual dun xeito máis \"humano\" durante o seu desterro en Badaxoz. A obra é a primeira que ve a luz en forma de libro dunha serie , na que se inclúe tamén Titoán, obra sobre a mocidade do autor de Sempre en Galiza galardoada co Premio Castelao de Deputación da Coruña en 2011 e aínda inédita para o gran pública ao estar \"medio secuestrada\". \"Desmitificar a Castelao, devolvelo ao mundo dos humanos\". Así resumen Inacio Vilariño e Iván Suárez o sentido da súa aventura de banda deseñada ao redor do intelectual galego. Os dous veñen de presentar en Compostela o seu álbum O pobre tolo, coeditado por Demo e Libraría Kómic, no que retratan o autor de Sempre en Galiza durante o seu desterro en Badaxoz. É a primeira entrega publicada dun proxecto máis amplo que inclúe un retrato vital de Castelao dividido en oito ábums. \"A idea é realizar oito entregas diferentes. Catro centraríanse na súa vida antes da Guerra Civil e os outros catro, despois da contenda\", explica o guionista Inacio, quen tamén aclara que a intención inmediata é realizar \"os catro primeiros\" volumes. Despois, pouco a pouco. Dous deles xa viron a luz, aínda que só hai un publicado. O que debería ser o primeiro libro publicado é Titoán, obra coa que gañaron o Premio de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2011. Non obstante, ese álbum non chegou aínda ás librarías, xa que a Deputación debe abrir un concurso público para dilucidar que editorial se fai cos dereitos. Iso, polo momento, non aconteceu. Inacio recoñece que esa primeira obra, por circunstancias e polo momento, converteuse nunha obra \"medio secuestrada\". Titoán \"céntrase na vida de Castelao entre os 18 e os 28 anos. Contén unha dimensión moi biográfica que nos retrata a traxectoria do Castelao mozo\" Por ese secuestro, O pobre tolo convértese no primeiro libro publicado desta serie, mais nunha estrutura lineal e histórica, este volume sería realmente o cuarto da saga. O primeiro deles sería Titoán. \"Céntrase na vida de Castelao entre os 18 e os 28 anos. Contén unha dimensión moi biográfica que nos retrata a traxectoria do Castelao mozo\", explica Inacio. Entre o Titoán e O pobre tolo habería dous volumes intermedios nos que xa están a traballar tanto o guionista como o debuxante. Un deles, que podería titularse Do meu diario, xiraría ao redor da viaxe de Castelao a París e a súa vida en Pontevedra en 1921. O outro centraríase en As cruces de pedra, traballo que desenvolvería para o Seminario de Estudos Galegos. Este episodio concluiría co ingreso do autor de Cousas na Real Academia Galega, en 1933. En 1934 iníciase o seu desterro a Badaxoz. É nese punto no que se centra O pobre tolo, título que fai referencia a obra de Teixeira de Pascoaes. \"Leu ese libro naquel tempo de desterro. Iso é un dato real\" Un ano despois de ser escollido membro de número da Academia, iníciase o seu desterro a Badaxoz. É nese punto no que se centra O pobre tolo, título que fai referencia a obra de Teixeira de Pascoaes. \"Leu ese libro naquel tempo de desterro. Iso é un dato real. Sabendo que a lera e coa relación que tiña ese libro coa saudade, coa morriña, parecía que era un título axeitado\", explica Inacio, quen tamén lembra as aventuras dos exemplares da obra que manexou o intelectual galego. \"Perdera o seu exemplar e aproveitou unha viaxe a Lisboa para adquirir outro. Eu preocupeime por saber que fora dese exemplar perdido e descubrín que non estaba na súa biblioteca, que acabou requisada. Entón busqueina, nas biblioteca dos amigos, na de Otero Pedrayo, por exemplo. E non estaba alí. Había un O pobre tolo, pero era o de Antonio Noriega Varela, que non sei por que estaba ali. Esta historia permitiunos darlle un final a ese exemplar extraviado\", sinala. Debuxar a Castelao Inacio foi o impulsor deste proxecto, o \"liante\" que convenceu a Iván Suárez de poñerse diante da folla en branco e comezar a debuxar unha icona tan recoñecible como é Castelao no imaxinario colectivo. Nese sentido, o debuxante tratou de fuxir do evidente e tamén do recargado. Buscou o trazo fino, a sinxeleza no lapis. \"A idea era representalo de forma sinxela para crear unha personaxe próxima. A miña maneira de debuxar é moito máis persoal, máis escura, máis de atmosferas, máis pictórica. Neste caso, eu adapteime para contar a historia de modo máis claro. Tiven que renunciar a moitos tics e a moitas formas de traballar que adquirín ao longo dos anos\", explica Iván Suárez. Esa forma de debuxar sinxela ten como obxectivo crear unha personaxe máis \"próxima\" e ofrecer unha visión de Castelao diferente, afastada dos altares, \"desmitificada\". \"Buscábamos unha perspectiva máis humana, reflectir un personaxe máis próximo e que fora máis alá dun abnegado defensor da causa de Galicia. A pretensión é esa: desmitificar a Castelao, centrarnos máis no home. Devolvelo, en certo xeito, ao mundo dos humanos\", explica Inacio Vilariño que, nese afán humanizador, empregou como documentación para este O pobre tolo a correspondencia de Castelao con persoeiros como Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Xocas ou Bóveda e tamén o Adro de Sempre en Galiza. Esa forma de debuxar sinxela ten como obxectivo crear unha personaxe máis \"próxima\" e ofrecer unha visión de Castelao diferente, afastada dos altares Esa visión máis humana está presente en O pobre tolo como tamén no Titoán e será unha constante ao longo dos diferentes volumes que vaian publicando. Quizais, na quinta entrega -que xa teñen no maxín- esa humanización sexa máis latente. \"Empregaremos unha entrevista real que lle fixeron xa na Guerra Civil en Barcelona, nunha revista de papel cuché de contidos máis lixeiros. Ese é un dato real que nos serve para botar a vista atrás e retratar a súa infancia\", adianta o propio Inacio."}
{"ID": "NOS_31891", "summary": "A axenda do BNG coruñés arrinca na semana que entra coa conferencia E por que non unha República da Galiza, cadrando co aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936", "text": "A axenda de actos cos que o BNG celebrará na Coruña o Día da Patria arrinca esta semana que entra cunha conferencia de Francisco Rodríguez na quinta feira, cadrando co aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936, baixo o título E por que non unha República da Galiza --Portas Ártabras, 20h--. Unha semana despois haberá un acto político na rúa --Agra do Orzán--, e o sábado a formación frontista organizará unha visita aos bos e xenerosos enterrados no cemiterio de Santo Amaro nun acto que estará coordinado por Pilar García Negro, profesora da UdC --a partir das 11h--. Na terza seguinte realizarase máis un acto político --praza Elíptica dos Rosais, 20h-- e na sexta a campaña chegará a Montealto cunha intervención do candidato á Xunta, Francisco Jorquera --Campo de Marte, 20h--. Os actos culminará coa mobilización nacional do 25 de xullo en Compostela."}
{"ID": "NOS_38699", "summary": "A capa do semanario Sermos Galiza está a se converter nunha fonte inesgotábel de reflexión gramatical. Gramática da lingua. Tamén gramática da fantasía, que para iso Uxía e Narf cantan a Galiza imaxinaria. Paga ben a pena ler esta entrevista. E tamén os outros textos que aparecen esta semana. Os intereses galegos en Sermos Galiza.", "text": "Se no número 149 comentabamos un acrónimo que centraba o titular e no número 150 foron as siglas, toca falar hoxe dos sufixos, esas formas que, como se dun líquen se tratar, se apegan á raíz dunha palabra e aportan -din as gramáticas- unha información suplementaria. O de suplementaria daría moito que falar pois nada é suplementario no sistema lingüístico. Naturalmente, existen varias clases de sufixos e o que imos tratar hoxe pertence ao grupo dos alterativos, isto é, aqueles que varían a significación dunha palabra sen variar a categoría gramatical. Apégase a un nome e o resultado é outra palabra que segue sendo un nome. Igual que dunha faba nace outra faba. AZO e -AZO Non é do primeiro AZO do que imos falar. Aínda que non nos falte alento nin folgo para tal. Nin dese ferro que combinado con carbono se utiliza para innumerábeis usos hoxe en día. É de -azo, esa forma á que as gramáticas teiman en atribuír valores aumentativos con matices pexorativos. Como se estiveren a analizar un viño e a falar de aromas retronasais. Ricazo é o exemplo que figura nalgúns dicionarios, aínda que logo na definición non apareza ese matiz despectivo: Ricazo: dise de persoa moi rica. Á marxe desa definición, non moi precisa, atopamos o sufixo -azo en infinidade de contextos indicando acción co valor de \"golpe con\" (zapatazo) ou \"golpe de\" (balazo). Tamén pode significar estado, como na páxina 29 do semanario \"… calafríos, cansazo e letargo \". Tamayazo, Cacharrazo, Martinazo Mais que é o Tamayazo? Que valor ten aí o sufixo? Coñécese como Tamayazo o transfugismo de dous parlamentarios do PSOE na Comunidade de Madrid, Eduardo Tamayo e María Teresa Sáez, que co seu cambio de voto permitiron o acceso de Esperanza Aguirre e o Partido Popular ao Goberno na Asemblea de Madrid en 2003. Na orixe o sufixo adáptase a valor tradicional de acción indicando \"golpe\", neste caso non físico mais de efecto. E a partir de aí pasou a significar, cando acompañando un nome ou apelido, unha acción con pouca ética política. En 2007 atopamos un titular en Galicia Hoxe que di: \"Confírmase o 'cacharrazo' na deputación de Lugo\" Agora, en 2015, o sufixo vén con impulsos anovados. E pasa a ser martinazo: \" Unha deputación para o PP a golpe de 'martinazo\" en alusión a Manuel Martínez, o alcalde de Becerreá (Sermos páxina 7). Sabemos que -iño é o sufixo máis abundante en galego. Esperemos que -azo, con estes novos valores que está a adquirir, non lle dispute o posto."}
{"ID": "NOS_33933", "summary": "Houbo un tempo no que no Estado español se construían vivendas a un ritmo descontrolado. Nese momento fixéronse tantas como en Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña xuntas. Na periferia das cidades e vilas apareceron novos e anódinos bloques de edificios, moitos deles para alimentar a especulación. Porén, a vivenda é un dereito e merece outra maneira de facer.", "text": "Manuel Carbajo e Celso Barrios están á fronte dun estudio diferente que, en aparencia, en 20 anos de traballo fixo moi poucas cousas. Como explica Barrios, iso débese a que dentro de cada obra hai centos de proxectos máis pequenos. Nos últimos tempos estabeleceron relación co grupo Arial, e como parella desenvolven en Compostela iniciativas moi grandes de vivenda, que precisan varios anos para facelas realidade. A súa é unha carreira de fondo. Din no estudio que entenden o traballo como o que facía o médico da vila. Identifícanse con ese profesional próximo e de confianza que ten que atender centos de casos diferentes ao día. Non fan cousas moi exquisitas, pero son útiles á sociedade. Esa proximidade permítelles manter o agarimo nos detalles, a pesar de facer obras moi grandes, encárganse persoalmente de cada parte. Durante o desenfreo, antes da crise inmobiliaria, Compostela medraba cara ao oeste, cara ao novo barrio de Santa Marta. Alí unha familia (que logo sería o grupo Arial) contaba cuns terreos onde se asentou parte deste barrio. En lugar de vendelos, decidiu desenvolvelos pola súa conta. Santa Marta axiña se enchería de grandes edificios insubstanciais, polo que para diferenciarse apostaron nunha arquitectura de calidade. Chamaron a Carbajo e Barrios e xuntos fixeron unhas vivendas diferentes, de vidro e formigón branco na fachada, nos interiores: moita luz. Chamáronlle M6 e foi o comezo da súa relación. Iso foi en 2010, logo estoupou a burbulla e os bancos deixaron de dar crédito, polo que tiveron que buscar unha alternativa ao modelo tradicional de facer vivenda colectiva. Compartir O habitual é que unha empresa constrúa 50 vivendas e logo busque 50 familias que as habiten, cun único beneficiario: o promotor. No entanto, o modelo de cooperativa baséase en que esas 50 familias, xuntas, constrúan as súas vivendas e repartan gastos. Faise en común e o fin é social: dar un fogar ás persoas socias. É unha maneira democrática de facer cidade na que as decisións se toman entre todas e todos en igualdade. O proceso é semellante a facer 50 vivendas unifamiliares xuntas en vertical. Carbajo resúmeo como: \"Na cooperativa, as persoas socias decídeno todo: como vai ser a súa vivenda e as zonas comúns, canto queren gastar... pero tamén corren todos os riscos. É un proceso colaborativo e democrático. Quen vai vivir na vivenda participa en todo, desde escoller o soar até os detalles finais\". O edificio de Galeras contou con 81 propietarios diferentes, con Arial como xestor. Xuntos desenvolveron estas vivendas ao bordo da cidade histórica. Mediante o diálogo entre cooperativistas e arquitectos, en coordinación dos múltiples desexos, chegaron a deseñar 16 tipos de vivenda diferentes. Cada unha encaixa dentro dun gran volume horizontal, próximo á Compostela máis antiga. Está a 200 metros da praza do Obradoiro, rodeado de senlleiros muros de pedra e conventos monumentais. Os arquitectos decidiron buscar o equilibro entre un encaixe nun espazo memorábel pétreo e ter vivendas ateigadas de luz. Fixeron un gran muro de pedra, así semella visto de esguello. Desta maneira, non destaca na contorna de grandes muros, pero visto de fronte está moi aberto. Grandes fiestras enchen de luz e introducen a paisaxe que o rodea en cada estancia da vivenda. A pedra é a protagonista da fachada, que achega monumentalidade, e as columnas de granito forman un brise-soleil (así chamaba o arquitecto Le Corbusier ao efecto parasol da fachada) que protexe do exceso de sol. Detrás do muro atópanse as grandes fiestras, os corredores ou as terrazas. Así, detrás do pano de pedra, o edificio móstrase moito máis lixeiro e transparente. \"A persoas socias decídeno todo: como vai ser a súa vivenda e as zonas comúns, canto queren gastar... pero tamén corren todos os riscos. É un proceso colaborativo e democrático\", di carbajo Ao carón das primeiras vivendas feitas xunto con Arial, o estudio volve traballar coa mesma parella no barrio de Santa Marta, esta vez mediante un edificio en cooperativa na rúa Trece Rosas. Manuel e Celso decidiron facer un edifico branco, sinxelo e rotundo, cunha planta en \"U\" cun patio central. A fachada está composta por unha retícula, mais é necesario integrar os diferentes tipos de vivenda interiores. A fronte conta cunhas pezas de granito verticais encargadas de disimular as variacións de cada piso. Uns queren balcón, outros fiestras quer grandes quer pequenas ou noutras cadra un tabique. Así, pódese compaxinar a sinxeleza e repetición con resolver cada piso como se fose único. Outra peculiaridade deste edificio son os baixos á altura da rúa. En lugar de pór comercios, a veciñanza decidiu dedicar todo o baixo ao lecer e á socialización. Conta con piscina, xardín, zonas de xogo e mesmo un salón e unha cociña colectivos. Neste bloque os baixos son unha extensión da propia vivenda. As nenas e nenos poden xogar nun patio particular sen os perigos do tráfico e baixo a mirada da familia desde a súa casa. No caso de que un veciño ou veciña queira facer unha gran reunión ou festa, pode usar a gran cociña e salón do baixo e, por exemplo, facer un churrasco ao pé da piscina. Mediante os usos compartidos compaxínase ter un piso nunha cidade con vivir como nunha vivenda propia con xardín. Recuperar Este estudio non só fai grandes vivendas, tamén presta atención ao miúdo. De novo en Santiago, xunto á Carballeira de San Lourenzo, ampliaron unha vivenda tradicional. A estratexia consistiu en respectala na súa totalidade, recuperar o patio para o goce da casa e facer a ampliación cara a este. Fíxose unha nova gran galería que achega catro metros máis de fondo á casa, co que se gaña unha estancia en cada planta. O novo volume de vidro dótase dunha celosía de madeira que dá tamén algo de intimidade. O valor da obra de cantaría respectouse integramente, incorporado no deseño. Mantivéronse as partes en pedra, pero tivéronse que refacer os forxados, xa moi deteriorados. Desta vez, construíronse en aceiro pintados de branco, mais coa intención de que recorden aos orixinais de madeira. O resultado é unha nova vivenda que recupera a preexistente e se funde coa ampliación. Última vivenda Pasamos unha gran cantidade de tempo da nosa vida en arquitecturas, pero o edificio no que máis tempo estaremos será o cemiterio: a última vivenda. Este lugar sempre ten unha carga simbólica moi especial. Conscientes dese peso, Carbajo e Barrios foron os responsábeis de proxectaren o cemiterio de Teo. Ao igual que outras construcións municipais desta sorte (non asociadas a ningunha parroquia, como o famoso de Fisterra) está aínda á espera dos primeiros ocupantes. Sitúase nunha ladeira moi pronunciada ás aforas da vila. Os arquitectos decidiron respectar a costa e facer o volume semi soterrado rodeado de cachotes de pedra. Isto pode recordar á tradición funeraria prehistórica das mámoas. Dentro do perímetro de pedra atopamos os nichos nunha disposición en retícula ao redor dun baleiro, o que lembra un pouco ao cemiterio de Bonaval. Estas dúas referencias históricas vencellan a tradición cuns edificios completamente contemporáneos. E o máis importante: fixeron un lugar tranquilo e sereno para o descanso (eterno)."}
{"ID": "PRAZA_17934", "summary": "A web do artista respondeu á pregunta da axencia France-Presse, negando que ese traballo fora da súa autoría. O festival das Meninas de Canido reservara o pasado verán un espazo para o artista e chegou a poñer valados publicitarios e anuncios en prensa no Reino Unido.", "text": "O pasado verán a organización das Meninas de Canido (que esta fin de semana celebran a súa décima edición) realizaron un chamamento público a Banksy convidándoo a realizar un mural neste barrio ferrolán. A mensaxe chegou a ocupar valos publicitarios no Reino Unido (de onde se cre que procede este misterioso artista ou colectivo de artistas) e anuncios en xornais impresos de Reino Unido, Italia e outros países. Meses máis tarde, o pasado mes de abril, o espazo que o festival artístico reservara para el apareceu ocupado por un graffiti no que se vía a dous gardas civís bicándose, imitando o estilo de Banksy. \"A sinatura é idéntica e a pintura está perfectamente traballada, coas características das súas obras; andamos na procura dalgún detalle que poida desbotar que sexa o que pensamos, pero aínda non o atopamos\", afirmara daquela Eduardo Hermida, en conversa con Praza. Este sábado a web de Banksy confirmou para a axencia France-Presse (AFP) que o mural non é da súa autoría: \"Non é un Banksy\". Hermida sinalara que el tamén se puxera en contacto con esta páxina web e que esta nunca lle negara que o mural non fora do artista, segundo explica a AFP. Hermida mesmo afirmara ter recibido un correo electrónico desa web preguntando pola localización exacta do muro onde a imaxe apareceu meses máis tarde. \"Se o artista acode á nosa chamada fai que As Meninas de Canido sexan un proxecto univeral; de tratarse dun triste falsificador, dota á nosa iniciativa da capacidade de reprodución para que os autores descoñecidos poidan ensinar as súas técnicas inspiradas nos máis grandes\", salientara Hermida no momento en que o mural foi descuberto. \"Querido Banksy. Temos reservado un espazo para ti nunha das nosas rúas para que poidas libremente expresar a túa interpretación máis persoal das Meninas e axudarnos a facer do noso barrio un lugar máis fermoso no que vivir. Agardamos por ti. Os residentes do barrio de Canido, Ferrol\", dicía o convite lanzado o pasado verán polo barrio, que semella que terá que seguir agardando."}
{"ID": "NOS_9140", "summary": "A empresa de Beatriz Mato obtivo a autorización administrativa previa para instalar 109 novos megawatts.", "text": "Greenalia obtivo ao longo do presente ano a autorización para construír tres novos parques eólicos na Costa da Morte, un dos territorios nos que as renovábeis teñen alcanzado un maior desenvolvemento nas últimas décadas. Deste modo, a enerxética coruñesa aumenta a súa carteira de enerxía 'verde' a 183,9 MW. Segundo o recente informe presentado pola Asociación Empresarial Eólica, a patronal do sector, a Galiza fechou 2020 con 186 parques eólicos en funcionamento e unha potencia instalada de perto de catro xigawatts (XW) e que permitiu xerar 9.993 xigawatts/hora (XWh), 40,7% da enerxía total producida no país. A esta potencia cómpre sumar os 28,1 megawatts (MW) cos que Greenalia aumentou este ano a súa carteira de renovábeis, a través dos parques eólicos Monte Tourado —tres aeroxeradores e 10,4 MW—, Alto da Croa —dous muíños e 7,3 MW— e Alto da Croa II —tres e 10,4 MW—, todos eles situados en Dumbría e Vimianzo. Greenalia ten hoxe operativos cinco parques eólicos que suman unha potencia instalada de 74,6 MW. Aliás, nos últimos doce meses o Goberno galego outorgoulle as autorizacións administrativas previas para os proxectos Bustelo —dez turbinas e 49,5 MW—, Campelo —once e 40 MW— e Monte Toural —catro e 19,8 MW—, nos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba, o que posibilitou que a compañía aumentase en 246% a potencia instalada. Todos estes proxectos, sumados ao parque O Picoto —promovido por Cortizo Eólicas en Arteixo, composto por un aeroxerador de 3 MW—, incrementan en 140,4 os megawatts instalados nos municipios da Costa da Morte. Este territorio contaba previamente con 34 parques eólicos en funcionamento e unha potencia superior aos 200 MW. E hai outra vintena de proxectos en distintas fases de tramitación a través da Xunta e do Goberno estatal. En 2021, por outra parte, o Executivo de Alberto Núñez Feixoo concedeu a aprobación inicial aos proxectos eólicos Airas, en Alfoz e Mondoñedo, e Prado Vello, en Chantada e Taboada. O primeiro impúlsao Fergo Galiza Vento e prevé a instalación de seis muíños que sumarían 23,4 MW; o segundo, promovido por Breotecnia, erguerá tres turbinas de 9 MW. A Asociación Eólica da Galiza (EGA) considera \"insuficiente\" a potencia instalada no país até o momento e insta a Xunta a suspender a moratoria e sumar \"400 ou 500 MW anuais\". Con todo, cómpre lembrar que a Galiza exporta na actualidade 30% da enerxía que produce, e tres de cada catro megawatts —75,6%— proceden de fontes renovábeis, cumprindo, deste modo, o obxectivo fixado en 74% de cara ao 2030 no Plan nacional integrado de enerxía e clima (Pniec). No conxunto do Estado, a enerxía 'verde' supón hoxe 43,6% do total. Sete declaracións de impacto emitidas Noutra orde, a Consellaría de Medio Ambiente emitiu en 2021 sete declaracións de impacto ambiental (DIA) para tres proxectos de Norvento —Acibal, 12 MW; Farrapa II, 20 MW; Monte Tourado, 21 MW, e Outes, 34,65 MW—, así como para outros tres parques presentados por pequenas compañías. 37% dos parques en trámite presentáronse após o anuncio da moratoria Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, anunciou o pasado 20 de outubro a imposición dunha moratoria aos novos proxectos eólicos que entrará en vigor mañá e ficará activa até xullo de 2023. Unha moratoria, porén, que exclúe os proxectos que o Goberno considere \"vertebradores do territorio\" e non afecta os perto de 200 parques que xa está a tramitar, 57 deles presentados ao longo de 2021. A enerxética coruñesa Greenalia, de cuxo consello de administración forma parte a ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, foi a que solicitou máis proxectos no último ano, dez, seguida da madrileña Green Capital Power, con nove, e Naturgy, con oito. Cómpre salientar que 21 proxectos —37%— iniciaron a tramitación nos dous meses e medio que transcorreron desde o anuncio da moratoria. Os 36 restantes presentáronse entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro. Por outra parte, Green Capital solicitou este ano outros sete parques eólicos a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco); Greenalia, cinco; Volantis Renovables, catro; a norueguesa Statkraft, dous; Enel Green Power, un, e Iberdrola, os dous parques mariños que pretende situar nas costas coruñesa e mariñá, alén do que proxecta nas Fragas do Eume."}
{"ID": "NOS_25001", "summary": "As restricións impiden que poidan expresar os seus sentimentos nas bancadas do Ángel Carro, como sería o normal, mais as redes sociais evidencian que a presión social por parte da afección albivermella para que se produza un cambio de rumbo nun CD Lugo que pasou en apenas dous meses de albiscar os postos de ascenso a Primeira División a descomporse deportivamente ante os seus ollos resulta abafante.", "text": "A gota que rebordou o vaso da paciencia da parroquia lucense foi a derrota, outra máis, e van catro seguidas, ante o Real Club Deportivo Mallorca (2-0). Se ben ese resultado podería entrar dentro da normalidade competitiva que supón xogar ante un dos dous mellores equipos da categoría, e con moita diferenza sobre o resto, a indignación, máis que no resultado, radica en como se produciu o mesmo, pois os albivermellos ían por detrás no marcador xa no segundo 54 de partido e en ningún momento transmitiron a sensación de poder remontar. Aínda que -como se encargou de lembrar Luís César na rolda de prensa posterior ao encontro- tiveron en contra unha arbitraxe moi caseira, que mesmo omitiu un claro penalti na área mallorquina no que o VAR, igual que pasa en Primeira, volveu favorecer o equipo grande, o maior problema dos galegos non foi o home do chifre, senón unha inoperancia ofensiva case á altura da súa debilidade defensiva. Luís césar suma a cuarta derrota seguida e encende todas as alarmas A pesar do cambio táctico a un 4-4-2 máis tradicional, Sampedro segue sen dar coa tecla para reconducir un Lugo que marcha costa abaixo e sen freos, e desde a súa chegada a situación non fixo máis que empeorar, pois sumou tan só tres puntos de 21 posíbeis, unhas cifras incompatíbeis coa permanencia en calquera división futbolística. Na Coruña, onde a etapa do de Vilagarcía como técnico finalizou abruptamente logo dunha única vitoria en once partidos, poden dar boa fe. Por iso resulta aínda máis soprendente que o presidente Tino Saqués, home de gatillo fácil en canto a adestradores se refire, como acredita o feito de que desde a súa chegada a Lugo, de media, cambia de preparador cada 18 partidos, aínda non apostase por un relevo para Luís César, e máis tendo en conta que as súas cifras son moito peores que as do seu predecesor no cargo, Mehdi Nafti -cinco derrotas en 22 partidos fronte a catro en sete- e mesmo ás do técnico que iniciou a tempada e que foi cesado xa na quinta xornada, Juanfran García. Pontevedra e Coruxo complícanse a vida Con respecto á categoría de bronce, nin Pontevedra nin Coruxo, representantes galegos no grupo por eludir a Terceira División e xogar a vindeira tempada na nova Segunda RFEF, foron quen de superar con vitoria os seus compromisos. Os granates, logo do triunfo da pasada xornada ante o Covadonga, empataron (1-1) co filial do Sporting de Xixón e ven como a súa vantaxe sobre o Oviedo B na clasificación desaparece. Pola súa banda, o Coruxo volveu deixar escapar os tres puntos, esta vez ante o Lealtad de Villaviciosa (0-0) e agarda reconducir a situación e, de paso, facerlle un favor aos seus veciños a vindeira xornada ante o segundo equipo ovetense. O Celta B logra o único triunfo nunha dura xornada para Galiza O resultado do choque entre Celta e Sevilla disputado na noite de onte, e do que os horarios da Liga de Fútbol Profesional nos impiden dar a debida cobertura nestas páxinas, determinará o balance final que da fin de semana faga a parroquia celeste. Mais, independentemente do que os do Chacho sexan quen de facer ante o conxunto hispalense, deben sacar peito polo espectacular rendemento do seu filial, que logrou a única vitoria da xornada con selo galego ante a Cultural Leonesa (0-3) cunha espectacular actuación de Solís, que asinou un hat-trick. Con este resultado reengánchase á loita polo ascenso, mais coa cautela que impón a inminente visita a Balaídos do indiscutíbel líder da categoría, o Burgos. No grupo 1-C, o Deportivo da Coruña tamén parecía claro dominador até a súa inesperada derrota co Langreo en Asturias (0-1), o que en combinación co tropezo do Rácing de Ferrol ante o Numancia (3-1) deixa o bloque por xogar o ano que vén na Primeira RFEF máis aberto que nunca, tamén na súa zona baixa, pois o Compostela non puido pasar do empate (0-0) ante o fechacancelas Marino e está xa a seis puntos do Dépor."}
{"ID": "NOS_48567", "summary": "Poden participar bandas emerxentes e tamén consolidadas. Rock en galego é o único requisito para participar no I Concurso de bandas en galego, Novo Cruceiro Rock. O prazo remata o 31 de marzo.", "text": "O Novo Cruceiro Rock leva sete anos como festival que ten como obxectivo a promoción da música en galego. Bandas como Zënzar, Ruxe Ruxe, Invivo ou Familia Caamagno formaron parte do seu programa que na edición deste ano bota a andar unha nova iniciativa, o I Concurso de bandas en galego. Poderán participar tanto bandas emerxentes como consolidadas e a gañadora pechará o cartel do 7º Novo Cruceiro Rock que terá lugar no mes de agosto. Para se anotar na competición cómpre enviar tres temas orixinais cantados en galego (piden, a ser posíbel, enlace de bandcamp ou similar) cunha foto do grupo e unha pequena biografía ao correo novocruceirock@gmail.com. Só entrarán en concurso, advirten, traballos que sexan rock e variantes. Catro bandas escollidas polo xurado participaran nunha fase final que consistirá nunha actuación xa ao vivo o día 1 de maio en Vila de Cruces. Serán protagonistas dun concerto de 40 minutos no que terán que \"convencer ao público e ao resto do xurado\" para converterse en gañadora e formar parte do programa do festival Novo Cruceiro Rock que terá lugar o 7 de agosto. Ademais do premio de ser banda convidada en Vila de Cruces terán un premio en metálico de 300 €."}
{"ID": "NOS_40625", "summary": "Cantas Verbas, un triplo concerto que xuntou no Museo do Mar de Vigo a AldaoLado, Faia e Laura LaMontagne e Pico Amperio.", "text": "A palabra. A música. A poesía. A tradición oral e escrita que é, tamén, modernidade. A diversidade. A creación de comunidade. Todo iso e máis foi o Cantas Verbas, un triplo concerto -cantado e falado- organizado por Xescultura que xuntou no Museo do Mar, en Vigo, a AldaoLado, Faia e Laura LaMontagne e Pico Amperio. \"Só as que non loitan permanecen indiferentes ao paso das ondas\", recitaba María Lado -a metade de AldaoLado- na que foi a primeira das actuacións da noite. Nun poema da súa autoría, cun ronsel mariñeiro moi acaído para a ocasión, sobre o efémero ou sobre a incerteza, que celebra malia todo o \"saber que aínda podemos remar/ remar co corazón ardente\". María Lado percorreu despois, coa súa outra metade en AldaoLado, Lucía Aldao, a historia deste proxecto poético-musical que as une desde hai 15 anos. Co humor que as caracteriza, resumiron todo nunhas poucas palabras: azar, erro, fracaso e parvoira -risa parva por esgotamento-. 15 anos fracasando e defraudando, xa que tras seren anunciadas como poetas, ou humoristas, ou músicas, ou o que cadre, chegan e ofrecen un espectáculo que é todo iso sen cinguirse a nada en concreto. Ou porque resulta difícil, por non dicir imposíbel, rexistrar nomes de shows seus coma Onde estea un cubata que se quite un soneto, que acaban virados, por exemplo, en Onde estea unha cubana que se quite un soneto. María Lado e Lucía Aldao resumiron os seus 15 anos de proxecto xuntas nunhas poucas palabras: azar, erro, fracaso e parvoira. Ou máis aínda, porque o nome AldaoLado pode acabar mutado, como xa pasou, no alcume dun novo poeta inexistente, borrándoas a ambas. Ou porque María, nun momento de debilidade, pode comezar a laiarse porque, tras tantos anos de viaxes por estradas e actuacións por todo o país, a xente segue sen acosalas pola rúa para pedirlles autógrafos. E tanto foi así que acabou escribindo o verso: \"cando me deite cun fan quero foder nunha carballeira centenaria rodeada de cervos\", que un programa de transcrición anglófilo traduciu por \"cando me deite cun fan care of other\" e todo o demais. Toda unha declaración en favor dos coidados que recomendan pedir a todo aspirante a amante. Seguiron despois entre as dúas con versos do libro Todo isto antes era noite de Lucía Aldao ou coa Cover do adolescente morto de María Lado, homenaxe a un dos poemas galegos de Federico García Lorca que mesturaron cunha canción de Miguel Ríos -e cun verso de Xiana Arias-. Chegou despois Faia, que fixo algúns temas do seu disco Ao cabo leirín, froito da investigación sobre a cantigas tradicionais galegas, e que hai xa dous anos publicou en formato vinilo con dúas caras: unha, cantando ela mesma esas cancións en espazos inesperados para un concerto e outra coas gravacións orixinais das mulleres informantes. E así foi tamén a súa actuación do Museo do Mar. Primeiro, o canto de Toutón. Despois, unhas cantigas recollidas por Alan Lomax ou outra transmitida por Avelina de Bembibre. Polo medio, anacos das gravacións orixinais de campo. Xusto despois de que o xiradiscos decidise rebelarse, apareceu Benxamín Otero tocando por sorpresa desde a planta superior do museo para acompañar a Faia en Rosiña anda descalza e no resto do concerto. Un saber feminino O disco -explicou Faia- trata de recuperar as melodías tradicionais e a palabra daquelas mulleres que pasaban o seu saber de nais a fillas e de fillas a netas. Cantigas coma unha belísima copla da montaña de Lugo que lle dá titulo ao disco -un cantar de sega-, un intenso e emocionante tema sobre un represaliado que vai ser paseado, un cantar de berce ou unha tamén moi fermosa habaneira coa que non era nada doado resistir o impulso de botarse a bailar. O mesmo aconteceu despois coa actuación de Laura LaMontagne e Pico Amperio, outra mostra do potencial da reinterpretación dunha tradición musical en constante transformación, neste caso ao mesturala coa música electrónica. Diálogos imprevistos Comezaron co Banharémonos nas ondas de Martin Codax, co que estableceron un diálogo seguramente non previsto co Este é o momento inmediatamente anterior a de María Lado ou o posterior tema de Lorca+Miguel Ríos que fixeron AldaoLado, dunha historia de amor nun río. Seguiron cunha cantiga de Airas Nunes sobre, en realidade, o mesmo tema: o amor e o baile, esa práctica liberadora que, dixo Laura, recuperaremos nun tempiño. Veu logo Porque no mundo mengou a verdade de Xosé Quintas-Canella, un tema sobre a verdade que se nos escapa, tal como -lembrou Laura- explicaba Alejandra Pizarnik. Continuaron despois cun dos seus temas máis coñecidos, a súa interpretación do Ondas do mar de Vigo de Martin Codax, sentido e fermoso poema sobre a ausencia que foi un dos mellores momentos do concerto, coma o popular Senhora de Almortão ou a súa inesquecíbel versión do A Xustiza pola man de Rosalía de Castro. A poeta Luz Fandinho foi quen lle descubriu a Laura este poema, do mesmo xeito que lle ensinou o seu Pola costa vella, co que Laura e Pico fixeron outro dos temas máis coñecidos do seu repertorio. Antes de escoitar a Laura, o público puido ouvir a voz de Luz Fandinho. Como fixera antes Faia coas informantes das que tirou as pezas de Ao cabo leirín. Acabou así un concerto de encontros, de fíos invisibles que unen proxectos musicais converxentes. De amor pola poesía e a música. E veñan moitos Cantas Verbas máis."}
{"ID": "NOS_21514", "summary": "O 1 de outubre remata a temporada de alto risco de incendios, na que os lumes afectaron 13.467 hectáreas segundo os informes da Administración galega. Os responsábeis da política forestal continúan a ligar esta problemática aos incendiarios, con quen prometen ser \"implacabeis\". Porén, esta visión adoita deixar de lado os motivos que levan unha persoa a prender lume, que non sempre se reducen a causar dano. Investigadores e técnicos convidan a afondar nos problemas sociais que o fume pode chegar a ocultar.", "text": "Lume sobre queimado e cinza sobre negro. É a pegada que deixa a temporada de alto risco de incendios forestais que remata hoxe. A falta de que a Consellaría de Medio Rural faga un reconto dos focos e hectáreas de terreo afectados, os informes que difunde no seu portal dan conta dunhas 13.467 hectáreas tocadas polas lapas. Case o dobre que en 2019, con 6.837. Porén, a Xunta non informa de todos os incendios que se detectan, polo que o cómputo total podería ser máis alto. \"Foi unha campaña negra pola traxedia reiterada de territorio queimado no Macizo Central, en Cualedro ou Manzaneda, que volveron arder. Tamén pola traxedia do accidente dun hidroavión en Lobios, na que faleceu un compañeiro\", resume o técnico forestal da Xunta da Galiza e delegado da CIG Xabier Bruña. Impotencia da veciñanza Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, os distritos que máis arderon entre 2007 e 2018 son tamén os que concentran dous tercios dos incendios este verán. Son o distrito XIV Verín A Limia, no que as lapas se espallaron por 5.529,18 hectáreas de terreo; o XII Valdeorras-Trives, no que arderon 2.304,8 hectáreas; e mais o XV A Limia, que suma nos informes da Xunta 3.042,6 hectáreas tocadas polas lapas. Para a veciñanza é terríbel, a nivel emocional xérase unha indefensión aprendida, din María Xesús Blanco e Carmen García A poboación a dos territorios que abranguen está afeita a presenciar como o territorio arde unha e outra vez. \"Para a veciñanza é terríbel, a nivel emocional xérase unha indefensión aprendida ante un problema sobre o cal non hai capacidade de facer nada\", explican a Nós Diario María Xesús Blanco e Carmen García, integrantes de Adega Monterrei. \"Desde pequenas, os lumes eran o normal dos nosos veráns\", engade a segunda. Ambas as dúas aluden a unha sensación de \"mal endémico\" que se estende cada vez que as lapas volven prender. \"É realmente desesperanzador\", contan. \"Por desgraza, a xente xa ve como algo habitual que se produzan lumes nestas zonas, xa o agardan, por dicilo dalgunha maneira\", apunta o enxeñeiro Alberto Freitas, veciño de Verín e colaborador de Adega. A xente xa ve como algo habitual que se produzan lumes nestas zonas, apunta Alberto Freitas Incendiarios previsíbeis Desde a Xunta da Galiza tamén fixeron mención á previsibilidade dos incendios no verán e, nomeadamente, á actividade incendiaria. En setembro, o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, manifestou nunha entrevista coa televisión pública galega que \"xa se prevía unha forte actividade incendiaria\" nese mes e no Macizo Central. Na semana da súa intervención ante as cámaras, arderon 2.000 hectáreas no concello de Lobios que afectaron ao parque natural do Xurés; 1.300 no municipio de Cualedro, onde un incendio previo calcinara outras 1.535 hectáreas este verán. E en Chandrexa de Queixa un foco deixou 850 hectáreas afectadas polas lapas. \"A intencionalidade dos incendios na Galiza xa é un clásico\", afirmou o presidente da Xunta da Galiza, o popular Alberto Núñez Feixoo, neses días. As declaracións e os comunicados en relación á actividade incendiaria do conselleiro de Medio Rural, José González, intensificáronse a medida que avanzaba o verán. \"Responderán polos seus delitos con penas de cárcere e co seu patrimonio, pagarán co que teñan os gastos de extinción\", afirmou no pleno do Parlamento do 23 de setembro. González mantén así unha vía de actuación que a súa Consellaría iniciou hai anos. Tras a terríbel vaga de incendios de 2017, Medio Rural repetiu a súa campaña \"Eu son cortalumes\". \"Facerse cortalumes significa actuar coa máxima precaución no monte, adoptar prácticas respectuosas coa natureza, avisar a través do teléfono 085 dos incendios dos que se teña coñecemento e, sobre todo, denunciar os incendiarios\", informou o departamento en xuño de 2018. Porén, estes discursos non afondan nas intencionalidades que procuran denunciar. E, paralelamente, deixan de lado as múltiples dimensións do problema dos incendios. A realidade económica das áreas máis afectadas, co abandono das explotacións agrarias ou gandeiras das áreas, ou as dinámicas sociais da veciñanza. Afondar nas causas \"O lume leva moitos anos presente, empregado de maneiras distintas, como ferramenta de traballo agrícola, elemento de protesta ou para chamar a atención\", di Xabier Bruña, que na súa tese de doutoramento investigou sobre a participación social na prevención de incendios. O conselleiro de Medio Rural salientou en numerosas ocasións a necesaria colaboración cidadá para frear \"a ameaza\" dos incendiarios. Bruña vai moito máis aló cando se refire á participación social. \"En vez de criminalizar as persoas temos que acompañalas na procura doutro camiño que non sexa o incendio\", propón. Debaixo das lapas subxacen problemas sociais, advirte Juan Picos Unha achega similar á do director da Escola Forestal da Universidade de Vigo, Juan Picos. \"Penso que isto supera a cuestión da maldade, de causar un mal. Debaixo das lapas subxacen problemas sociais. Hai conflitos por lindes, rexeneración de pastos, a motivación de afastar especies coma o xabaril ou o lobo ou mesmo unha protesta pola falta de servizos do rural\", enumera a Nós Diario. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da quinta feira, día 1, nos quiosques ou na nube]"}
{"ID": "PRAZA_2482", "summary": "Núñez Feijóo presentou o Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, que definiu como unha \"aposta polo ámbito rural como lugar no que vivir e traballar\". Os indicadores do IGE amosan a realidade de regresión demográfica, perda de poboación ocupada e crise laboral do sector primario", "text": "Alberto Núñez Feijóo presentou este xoves o Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, que definiu como unha \"aposta polo ámbito rural como lugar no que vivir e traballar\". O Programa significará un desembolso público de máis de 1.186 millóns de euros no rural galego, procedentes na súa maior parte de fondos europeos. Os seus obxectivos principais son mellorar a \"competitividade da agricultura galega\" mediante catro prioridades: a modernización das explotacións, a incorporación de agricultores mozos, a ordenación do territorio e a mellora da produtividade da industria agroalimentaria e forestal. Núñez Feijoo asegurou que o obxectivo deste plan é \"insistir e persistir en que no rural se pode vivir e se pode traballar\" Entre as partidas principais, destacan os 67 millóns de euros destinados a apoiar aos mozos e mozas que queiran instalarase para desenvolver actividades agrícolas, os 166 millóns dedicados á mellora de explotacións, os 57 millóns dirixidos a actuacións de concentración parcelaria e camiños ou os 95 millóns para axudar a industria agroalimentaria. Así mesmo, destinaranse 176 millóns á prevención de danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes ou 116 millóns ao mantemento da poboación agraria nas zonas de montaña. Núñez Feijoo asegurou que o obxectivo deste plan é \"insistir e persistir en que no rural se pode vivir e se pode traballar\". \"Imos insistir nesta idea con novos folgos económicos\", asegurou. Á vista está que a situación das zonas rurais en Galicia non é boa, nomeadamente no que respecta a eses dous aspectos (vivir e traballar) nos que o presidente da Xunta fixo fincapé. O rural non deixa de perder poboación, sobre todo poboación nova, sufrindo un constante avellentamento ano tras ano. De igual xeito, as estatísticas revelan a debilidade das súas actividades económicas, comezando polo esmorecemento do sector primario, fundamental nestas zonas. O Instituto Galego de Estatística compila unha serie de indicadores para o seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural, organizando os datos en función do grao de urbanización dos concellos e das parroquias galegas, en consonancia coa clasificación empregada a nivel estatal e europeo. Divide, deste xeito, o territorio en Zonas densamente poboadas, Zonas intermedias e Zonas pouco poboadas (ZPP). O instituto estatístico define estas ZPP como espazos cunha densidade inferior aos 100 habitantes por quilómetro cadrado e non adxacentes a territorios densamente poboados. A maior parte de Galicia corresponde a este tipo de zonas, parroquias que suman o 91,6% da superficie, pero pouco máis dun terzo da poboación (ao redor dun millón de habitantes). O peso do sector primario, ata hai non moito a base da súa economía, decreceu dende o ano 2010 do 19,9% das persoas ocupadas a só o 13,5%, descendendo tamén a industria, do 29,6% ao 25,1% As estatísticas amosan, ademais, unha continuada regresión demográfica (35 mil na última década), sobre todo nos grupos de poboación máis novos (pasou de 117 mil a 109 mil habitantes menores de 15 anos). A taxa de ocupación entre a poboación en idade de traballar descendeu nos últimos cinco anos do 60% ao 55%. E o peso do sector primario, ata hai non moito a base da súa economía, decreceu dende o ano 2010 do 19,9% das persoas ocupadas a só o 13,5%, descendendo tamén a industria, do 29,6% ao 25,1%. Crece, pola contra o peso relativo do sector terciario, ficando o turismo como un recurso cada vez máis importante nestas zonas nas que nos últimos anos asistimos a un gran crecemento do número de prazas dispoñibles nos establecementos turísticos. Poboación en Zonas Pouco Poboadas. Fonte: IGE Poboación menor de 15 anos en Zonas Pouco Poboadas. Fonte: IGE Taxa de ocupación (da poboación de 15 a 64 anos) en Zonas Pouco Poboadas. Fonte: IGE Poboación ocupada por sectores nas Zonas Pouco Poboadas. Fonte: IGE Capacidade dos establecementos turísticos nas zonas pouco poboadas. En número de camas. Fonte: IGE"}
{"ID": "PRAZA_21101", "summary": "Máis de 14.000 altas epidemiolóxicas nos primeiros dez días de febreiro contribúen a moderar os casos activos e a hospitalización, que rexistra a primeira baixada significativa nas UCI malia seguir por riba do pico da primeira vaga. O Sergas suma 677 novos casos e o gran número de probas ligadas aos cribados contribúe a que descendan as taxas de positividade mentres rexistra unha media diaria superior ás 20 mortes na última semana", "text": "\"Cando un paciente que está na UCI dá negativo aos 15 días e segue na UCI, a situación non muda\" aínda que si o fagan as cifras de hospitalización. Quen lanzou esta advertencia o pasado mércores foi o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Apenas unhas horas despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzase a súa intención sobre unha desescalada \"medida e gradual\" dende as actuais restricións, o titular de Sanidade pedía cautela adiantándose ao inminente efecto sobre os datos da COVID-19 das altas epidemiolóxicas de persoas que se contaxiaron durante as semanas do Nadal, Aninovo e Reis.As máis de 14.000 altas epidemiolóxicas dos primeiros dez días de febreiro contribúen á moderación dos caso activos e tamén da hospitalización, que rexistra a primeira baixada significativa nas UCI aínda que segue por riba do pico da primeira vagaEse gran número de altas epidemiolóxicas (máis de mil ao día dende finais de xaneiro e máis de 14.000 nos primeiros dez días de febreiro) está a contribuír a que descenda con intensidade o número total de \"positivos activos\". Este xoves queda en 16.643 tras diminuír en -989, o maior descenso en vinte e catro horas (das seis da tarde do martes á mesma hora do xoves) dende o inicio da pandemia. Esa diminución alivia moi levemente os servizos de Atención Primaria e rastrexo e un efecto semellante prodúcese nos hospitais, en combinación coas persoas que se recuperan e deixan de estar ingresadas e tamén cos falecementos. O total de persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus, 1.145, é o máis baixo dende o 24 de xaneiro e supón 172 persoas menos ingresadas que hai unha semana, pero segue por riba do pico de hospitalización da primeira vaga.A combinación de recuperacións, altas epidemiolóxicas e falecementos tamén se percibe no total de persoas con test positivo do coronavirus ingresadas nas unidades de coidados intensivos. Agora son 234, o primeiro descenso destacable en varias semanas que non impide, de momento, que este indicador siga por riba do pico da primeira vaga e moi lonxe de abandonar a saturación no conxunto do sistema sanitario público galego.O Sergas suma 677 novos casos e o gran número de probas ligadas aos cribados contribúe a que descendan as taxas de positividadeAs caídas no número de casos activos e nas cifras de hospitalización están relacionadas coas altas, pero tamén coa diminución no número de novos casos detectados que, alén de oscilacións dun día concreto, seguen nunha tendencia claramente descendente. O Sergas suma este 11 de febreiro 677 novos casos rexistrados entre as seis da tarde do martes e as do mércores. Deles, 617 son diagnósticos mediante PCR, o que permite que a media de diagnósticos a sete días siga baixando e se sitúe en 721 ao día na última semana, aínda por riba do máximo da segunda vaga, a única comparable porque daquela o Sergas xa dispuña dunha capacidade diagnóstica semellante á actual.Este descenso de casos novos detectados chega nun contexto no que o número de probas PCR procesadas segue nos niveis máis altos de toda a pandemia. A media de probas PCR procesadas cada día da última semana rolda as 12.000 nun contexto moi marcado pola realización de cribados masivos. Estes cribados, que axudan a detectar casos asintomáticos, tamén contribúen a que descendan as taxas de positividade (porcentaxe de PCR que dan positivo), ao ser realizadas moitas probas a persoas que non están contaxiadas. Así, a positividade media a sete días segue baixando para o conxunto de Galicia e aproxímase ao 5%, o limiar que a Organización Mundial da Saúde sinala como referencia para dar por controlada a pandemia nun territorio. Así e todo, cómpre ter en conta tanto o efecto destes cribados como o feito de que o Sergas utiliza outro tipo de probas (como os test de antíxeno) que non figuran nesta serie estatística en termos comparables ou agregados.Catro concellos con máis de dez mil habitantes con incidencia superior a 1.000A incidencia acumulada a 14 días rolda os 540 casos novos por cen mil habitantes e o intenso descenso do indicador a 7 días augura que seguirá moderándoseO relativo acougo da situación xeral percíbese tamén nos datos de incidencia acumulada (casos novos por cada cen mil habitantes) para o conxunto de Galicia e por concellos. O indicador global de todo o país mantén a súa liña descendente e sitúase arredor dos 540, aínda máis do dobre do fixado polo propio Sergas como primeiro obxectivo (250) para poder afirmar que a situación mellora con claridade. A sete días, a incidencia acumulada tamén descende e achégase aos 200, aínda por riba do pico da primeira vaga, pero cunha intensidade que augura, ao tempo, continuidade na mellora do indicador a 14 días [podes consultar a serie completa destes datos nesta ligazón].Este freo tamén se percibe nos datos por concellos. Son xa só catro (Betanzos, Poio, Ordes e Arteixo) os municipios con máis de dez mil habitantes onde a incidencia acumulada a 14 días supera os 1.000 casos novos e en todos eles a liña tende a descender. Mentres, os concellos que superan os 500 casos novos por cen mil habitantes na incidencia a 14 días tamén van descendendo e roldan os 140 (a pasada semana roldaban os 180).Por cidades, as liñas descendentes son a tónica dominante coa única excepción de Ferrol, que tende a un certo estancamento arredor dos 600 casos novos por cada cen mil habitantes na incidencia acumulada a 14 días. A urbe con maior incidencia acumulada A Coruña, continúa descendendo aínda que segue, de momento, en niveis moi altos (673). Na banda contraria, as cidades con menor incidencia acumulada, Vigo e Lugo, seguen a baixar camiño dos 300 casos por cada cen mil habitantes a catorce días. Todas elas están lonxe, en calquera caso, das incidencias acumuladas que lograran acadar antes do Nadal. Galicia rexistra na última semana unha media de 22 mortes ao día de persoas que contraeran a COVID e o total chega a 2.039, 222 delas nos primeiros dez días de febreiroComo xa auguraran dende os centros sanitarios e a propia Consellería de Sanidade, o último indicador en acougar tras un empeoramento sostido da pandemia é, xunto a ocupación das UCI, o dos falecementos. Isto tamén comeza a suceder en Galicia, onde así e todo se rexistra unha media superior ás vinte mortes ao día na última semana e o total chega xa ás 2.039 tras sumar o Sergas un total de 23, nove delas da última xornada.No que vai de mes de febreiro xa se confirmaron en Galicia 222 mortes de persoas que contraeran o coronavirus, máis que en todo o mes de decembro e máis da metade das rexistradas en xaneiro. Os primeiros dez días de febreiro tamén superan en falecementos oficialmente ligados ao coronavirus a todas as mortes rexistradas noutros seis meses do ano pasado, todos agás abril."}
{"ID": "NOS_13066", "summary": "Reitera a petición dunha reunión con Ferraz", "text": "A presidenta da xestora do PsdeG, Pilar Cancela, reiterou esta segunda feira que non pensa demitir do cargo, desoíndo así as reiteradas peticións que se lle fan nese sentido desde certos sectores do socialismo, liderados por Abel Caballero e Carmela Silva. Mais dixo que está disposta a integrar os críticos. \"Esta xestora representa á maioría do PSdeG mais se hai quen entende que nesa maioría non se sinte representado ou que debe facer parte, nós estamos dispostos ao diálogo e a chegar a acordos\", afirmou. Iso si, lembrou que no seu momento condivouse ás distintas sensibilidades do PSdeG a facer parte deste órgano e \"houbo quen se negou\". Cancela ofrece \"toda a capacidade de diálogo e interlocución\" que faga falla, dixo, pora rebaixar a confrontación existente no seo dos socialistas galegos, ao tempo lembraba que o único que reivindica a actual xestora galega é \"cumprir co calendario previsto\". Sobre a proposta remitida a Ferraz para unha nova xestora na que non figuraría ela, Cancela considera que \"o enfrontamento permanente\" debilita a organización, para alén de pedir que as críticas que se fagan sexa \"construtivas\" e non intentando \"dinamitar\" a actual xestora."}
{"ID": "NOS_42164", "summary": "O pleno municipal aprobou pr unanimidade a declaración, sumándose así ao camiño iniciado por Folgoso do Courel o pasado mes de abril.", "text": "Pantón, na comarca da Terra de Lemos, tamén se declara concello libre de eucaliptos, seguindo así a Folgoso do Courel, primeiro municipio en Galiza en adoptar en pleno municipal unha decisión neste sentido. No pleno de Pantón o apoio á declaración foi unánime, tanto do goberno local (PP, 7 dos 11 concelleiros), como do BNG (2 edís) e PSdeG (2). A declaración adoptouse a raíz dunha moción presentada polos nacionalistas, que advertía de que, embora no concello non houbese grandes extensións desta especie, si que nos últimos temos xa comezan a verse algunhas plantacións. De aí precisamente a importancia deste tipo de decisións, e que se adopten por unanimidade. Entidades ambientalistas e ecoloxistas denuncian desde hai tempo a 'eucaliptización' de Galiza. \"Na Galiza o eucalipto atinxe 500.000 hectáreas e aumentando\", denunciaban a comezos de ano desde Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. Ocupa case o 17% de todo o territorio galego. Por iso, os ambientalistas apostan en prohibir o eucaliptus nitens por invasor e fixar moratoria para o globulus. Estes colectivos, canda entidades como a dos montes veciñais en man común, son moi críticos coas políticas da Xunta en materia forestal, sinalándoa como responsábel de permitir a \"eucaliptización\"."}
{"ID": "NOS_25525", "summary": "En liberdade tres dos trece detidos, entre eles o alcalde de Boqueixón que tivo que facer fronte a unha fianza de 10.000€. O BNG pedirá a dimisión do alcalde socialista de ser imputado.", "text": "O controvertido caso \"Pokemon\" continúa a desenvolverse. A operación xudicial que abaneou a precampaña electoral a menos dun mes das eleccións galegas do 21-O, prosegue a súa marcha. Até o momento xa declararon tres dos trece detidos. O primeiro en facelo foi o funcionario do Concello de Compostela, R.O.F., que quedou en liberdade ás 20:40h desta sexta, sen que se coñeza nesta altura se ficará finalmente imputado na causa xudicial. A detención do Xefe de Servizo de Contratacións do concello compostelán causou sorpresa e estrañeza dado que o seu cargo carece de poder de decisión sobre os procesos de contratación. Fontes próximas ao consistorio da capital galega apuntaron desde o principio o \"rigor\" do funcionario, extremo confirmado onte polo propio alcalde da capital, o popular Ángel Currás, afirmando publicamente que todas as referencias que tiña del \"eran favorábeis\". Tamén pasou polo xulgado o alcalde de Boqueixón, o popular Adolfo Gacio, en liberdade logo de enfrontar unha fianza de 10.000€ mais acusado de delitos de suborno e prevaricación. Os últimos acontecementos arroxarían luz sobre informacións que a mediados deste mes apuntaban a saída de Gacio da alcaldía de Boqueixón, logo de 21 anos á fronte do concello, para asumir un cargo na Embaixada de España en Venezuela. Daquela especulábase con que Gacio sería relevado --co acordo de Feijóo-- polo actual Director xeral de xuventude e voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro, o que esixía que dez integrantes da candidatura renunciasen en favor del, xa que Rodeiro pechaba a lista de suplentes da candidatura popular ás eleccións municipais en 2011. Asemade, o Xerente de Sermasa, A.Q., compareceu tamén diante do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, quedando en liberdade con cargos pasadas ás 2 da mañá deste sábado. Esta mañá están a declarar diante da xuíza Pilar de Lara, o alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, e máis o xerente de Vendex. Rodríguez chegou aos xulgados de Lugo ás 9:40h, despois de ter que recibir atención médica --no día de onte-- por mor dunha dor de cabeza e dunha baixada de tensión. O alcalde estivo 48h incomunicado. Adrián C., o xerente de Vendex, grupo empresarial que está no cerne do caso \"Pokemon\", chegou aos xulgados ás 10:30h. Ambos acusados entraron en sede xudicial no medio dun importante dispositivo policial. Nas vindeiras horas e días está previsto que pasen a declarar os oito detidos restantes, entre os que se atopan un bo número de responsábeis de Vendex e máis o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil --e tamén exconcelleiro do PSOE en Lugo-- Francisco Fernández Liñares. A chave Vendex No centro da causa xudicial atópase Vendex, un importante conglomerado empresarial, que xestiona un bo número de servizos públicos (escolas infantís, limpeza, xestión da O.R.A.) por concesión en Galiza e no conxunto do Estado. De feito, foi o avultado patrimonio --detectado no proceso do caso Carioca-- dun dos seus empregados, J.M.R.P., xerente do servizo da ORA de Lugo e detido o pasado xoves, o elemento que puxo ao xulgado trala pista da presunta trama de corrupción. Con todo, inda non transcendeu a que cifra atinxirían as comisións que supostamente se terían entregado desde Vendex para asegurar un trato favorábel en diferentes concursos públicos. O BNG de Ourense pedirá a saída de Rodríguez se resulta imputado O Consello Local do BNG, forza que integra o goberno municipal de Ourense en coalición co PSOE, acordou que pedirá a dimisión de Francisco Rodríguez no caso de que o alcalde resulte finalmente imputado. Pola súa banda, afiliad@s socialistas de Ourense convocaron para ás 12h de hoxe unha concentración na Praza Maior da cidade para solidarizarse co alcalde."}
{"ID": "NOS_20501", "summary": "Reivindicación e ironía presiden a marcha cívica que este sábado decorreu na Coruña para reclamar a devolución ao pobo de bens como a Casa de Cornide ou o Pazo de Meirás, en mans da familia Franco. Non faltaron ao acto nin o Caudillo, nin o monarca español, para alén de coruñeses representativos do anterior réxime.", "text": "O dictador Francisco Franco e a súa dona Carmen Polo, o monarca español Filipe VI, o alcalde franquista Alfonso Molina e o empresario tan querido polo réxime Pedro Barrié de la Maza. Todos esles estiveron este sábado na Coruña para desfilar polas súas rúas e lembrar a coruñeses e coruñesas que, após 40 anos da fin do franquismo, na realidade da cidade aínda fican pegadas vivas daquel réxime. Como, por exemplo, a Casa de Cornide, un ben aínda en mans da familia Franco. Estas 'personaxes' participaron na Marcha Cívica convocada por Defensa do Común e que tivo o apoio de diferentes colectivos e plataformas. Reivindicación, tratro, ironía... todo iso estivo presente no protesto, que saíu da Praza de María Pita acompañado de varias ducias de persoas. De alí foron até a Casa de Cornide, onde reclamaron a súa devolución. Entre as persoas asistentes, Francisco Jorquera, candidato do BNG ás municipais de 2019. \"Coñecida a presenza na cidade da esposa do Xeneralísimo, o gremio de xoiaría anunciou que pecharán todos os establecementos durante esta fin de semana\", comunicaban con sorna os convocantes do acto, que tamén inqueriron ao monarca español para saber se vai retirar, \"o mesmo que fixo coa súa irmá a infanta Cristina e Urdangarín, os títulos nobiliarios concedidos polo ditador Franco e polo rei Juan Carlos a golpistas e criminais?\". A Casa de Cornide, un edificio do século XVIII de estilo barroco e situado en plena cidade vella coruñesa, tivo a mala sorte de ser vista por Carmen Polo, a quen se lle antollou. E desde ese momento, a máquina do franquismo, púxose a funcionar. Así, 6 de xullo de 1962 anunciouse no BOP a poxa. Acudiron só dúas persoas, o subxefe do Movemento na Coruña e Barrié de la Maza. Gañou a poxa Barrié por 305.000 pesetas. E cando asinou as escrituras, o 3 de agosto, especificou que a casa se transmitía a Carmen Polo. Imaxes: @xlmartinez e @sircivcmb9"}
{"ID": "NOS_55078", "summary": "A orde, publicada no DOG, e a que fixa a base para a renovación dos concertos, non aclara se renovará os convenios cos colexios que segregan por xénero", "text": "O Diario Oficial de Galicia publica esta segunda feira, 1 de abril, a orde para renovar os concertos e convenios cos colexios privados para os vindeiros catro cursos. A Xunta vai investir até 1.000 millóns de euros nese período. Unha cifra que é moi semellante á dos anteriores catro anos. Nesta orde publicada no DOG non se di o que acontecerá neses catro cursos cos cinco colexios onde se segrega por sexo e que nunha sentencia do TSXG invalidaba os convenios.No DOG recóllese que serán prioritarios os concertos dos colexios en rexime de cooperativa. Cómpre lembrar que desde sindicatos e colectivos de pais e nais tense criticado a constante desviación de fondos da pública para a concertada a e a privada que sedeu co goberno de Feijóo."}
{"ID": "NOS_29426", "summary": "O acto é ás 19:00 horas desta sexta na Casa da Cultura. O acto está organizado polo colectivo Terra e o Ateneo Eumés", "text": "Sermos Galiza mantén a súa liña de apresentación en cidades e vilas do país, nunha aposta polo contacto directo e persoal con todos aqueles e aquelas interesados en ter, participar e partillar dun medio de comunicación desde e para Galiza. Desta volta a cita é en Pontedeume. Esta sexta feira ás 19:00 horas na Casa da Cultura desta fermosa vila do norte do país. O acto está organizado polo colectivo Terra e polo Ateneo Eumés. No mesmo, intervirán Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos; e Xurxo Souto, membro do consello de administración"}
{"ID": "NOS_21963", "summary": "Xosé Dios, médico e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública carga contra as políticas do presidente da Xunta desde \"cinco días despois de tomar posesión\", no Día Mundial da Atención Primaria.", "text": "Esta segunda feira, 13 de abril, celébrase o Día Mundial da Atención Primaria nun contexto, o da pandemia da COVID-19, onde os profesionais médicos salientan aínda máis a necesidade de que este servizo sexa o máis forte posíbel. Neste sentido, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública afirma que \"é o recurso sanitario fundamental para garantir unha atención de saúde universal, accesíbel, continuada e equitativa a toda a poboación\". Nun comunicado emitido co gallo desta xornada, a asociación destaca que a Atención Primaria en situacións de emerxencia sanitaria como a actual é \"esencial\" para \"identificar a poboación de risco\", \"evitar novos contaxios\", \"tratar as persoas afectadas nos seus domicilios\", \"evitar traslados innecesarios\", \"informar a poboación\", \"evitar os colapsos e os riscos de acudir aos centros\" e \"tratar outras patoloxías que continúan afectando as persoas\". \"Campaña de descrédito\" Nestes días, a nivel de de todo o Estado, atendéronse mais dun millón de demandas asistenciais, din desde a asociación, que alerta de que os feches de centros de saúde oculten unha \"nova tentativa\" de privatizar este nivel asistencial. Ademais, denuncian que \"desde diferentes ámbitos políticos e sanitarios\", púxose en marcha unha \"intensa campaña\" destinada a \"desacreditar\" o sistema sanitario público. Ao respecto, agardan que o \"apoio manifestado diariamente con aplausos e outras mostras de recoñecemento\", permita impulsar despois da pandemia medidas para \"recuperar os recursos recortados por [o presidente da Xunta, Alberto] Núñez Feixoo\". \"Incumprimento legal\" Segundo Xosé Dios, médico de Atención Primaria no centro de saúde de Outes e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, produciuse un \"desmantelamento sistemático desde a chegada do Goberno de Feixoo\". \"Cinco días despois de tomar posesión eliminou o Plan Galego de Mellora da Atención Primaria, que estaba acordado entre todos os sindicatos, partidos, asociacións profesionais e científicas\", apunta. Un programa elaborado co Goberno bipartito (PSOE-BNG, 2005-2009) onde \"todo aquel que quixo participar participou\" e que \"facía fincapé no tema profesional, de material, novos centros de saúde que facían falla…\". \"Feixoo eliminouno aos cinco días malia as normas que obrigan os Gobernos a cumprir o xa acordado\", engade, e \"posteriormente, fóronse retirando orzamentos ano tras ano de Atención Primaria ─de aí os conflitos, tanto de Vigo como en Compostela, e as folgas─\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_11340", "summary": "A Biblia Kennicott está considerada como o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega. Foi escrita na cidade herculina en 1476, pouco antes da expulsión dos xudeus. É un dos obxectos que se poderán ver na mostra Galicia, un relato no mundo, que se inaugurará na Cidade da Cultura o 14 de novembro.", "text": "En 1476 escribiuse na Coruña unha fermosa biblia hebrea, a Biblia Kennicott, considerada un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen nesta lingua. Foi redactada polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminado por Joseph Ibn Hayyim e sobre ela Carlos Barros escribiu que se trata do manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega. Recibe o seu nome por Benjamin Kennicott, un cóengo de Oxford, que mercou o manuscrito.Trátase do manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galegaA Biblia Kennicott vén de regresar a Galicia temporalmente, para formar parte parte da exposición Galicia, un relato no mundo, que se inaugurará na Cidade da Cultura o vindeiro 14 de novembro. A mostra, comisariada por Manuel Gago, é o primeiro grande evento ligado ao Xacobeo 2021 e contará con pezas sublimes que forman parte da historia de Galicia e que en moitos casos nunca antes puideran ser vistas no país. Así, no Gaiás estará exposto o Libro das Invasións –onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán-, o Cancioneiro da Vaticana –peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa– ou o Mapa de Sawley -considerado un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos que representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante do continente-. Poderemos ver tamén a Santa de Asorey, a Bandeira sinxela do Tercio de Galegos de Buenos Aires ou dous Códices Calixtinos. Hai uns días o propio xornal The Guardian dedicou unha reportaxe a este manuscrito e ao seu regreso a Galicia.A Biblia Kennicott vén de regresar a Galicia temporalmente, para formar parte parte da exposición Galicia, un relato no mundo, que se inaugurará na Cidade da Cultura o 14 de novembroQue é o que fai tan especial á Biblia Kennicott? Trátase dun magnífico expoñente da confluencia artística na España do século XV das tradicións artísticas musulmás, hebreas e cristiás. A obra distínguese pola destacada compenetración entre o calígrafo e o iluminador e componse de 922 páxinas de 300 por 235 milímetros, das cales 238 están ilustradas con cores vivas e lámina de prata, con imaxes ricas tanto en detalles como en simbolismo. Un aspecto destacable atópase tamén no seu colofón, onde se achegaba información sobre o escriba e ás veces sobre o vocalizador, pero que en raras ocasións facían mención ao artista iluminador. Esta Biblia constitúe unha das poucas excepcións, xa que unha páxina completa está dedicada ao artista.En 1476 Isaac, un prateiro xudeu da Coruña fillo de Salomón de Braga, encargou unha biblia iluminada ao escriba Moisés Ibn Zabarah, quen viviu na cidade herculina xunto coa súa familia por conta do seu patrón durante os dez meses que se prolongou o seu traballo escribindo dous folios diarios. Foi realizada apenas uns anos antes da expulsión dos xudeus dos reinos de Castelá e Aragón (1492)A Biblia foi realizada apenas uns anos antes da expulsión dos xudeus dos reinos de Castelá e Aragón (1492), a través do Decreto da Alhambra, que os obrigaba converterse ao cristianismo ou a abandonar o territorio. Sábese que Isaac de Braga abandonou a cidade da Coruña en 1493 por mar coa axuda de armadores e oficiais reais. Viaxa ao norte de África e finalmente a Xibraltar, onde a Biblia foi adquirida por un comerciante escocés. Trátase dun magnífico expoñente da confluencia artística na España do século XV das tradicións artísticas musulmás, hebreas e cristiásA seguinte nova que se ten sobre o manuscrito chega xa en 1770, cando o coengo Benjamin Kennicott suxire aos responsables da Biblioteca Radcliffe de Oxford que adquiran a obra. Alí permanece cen anos, ata que en 1872 foi transferida á Biblioteca Bodleian de Oxford. Non foi ata os anos 20 do século pasado que o manuscrito comezou a recibir a atención de investigadores e expertos. A Real Academia Galga de de Belas Artes conta cun exemplar facsímile, o mesmo que a USC en Compostela. Nos últimos anos a comunidade xudía en Galicia vén realizando apelacións a que a Xunta traballe polo regreso definitivo desta obra á Coruña como \"un acto de xustiza moral e histórica\". Os xudeus en GaliciaA Biblia Kennicott fálanos tamén da importancia que tivo a comunidade xudía en toda Galicia (e en concreto na cidade da Coruña) ata a súa expulsión en 1492. O primeiro documento da presenza hebrea na cidade data de 1375 e hai numerosas referencias a unha poboación numerosa e próspera, cun papel destacado no comercio con Castela e importantes recursos económicos. Unha parte chegara a Galicia fuxindo das persecucións que xa estaban a sufrir en Castela.A Biblia Kennicott fálanos tamén da importancia que tivo a comunidade xudía en toda Galicia (e en concreto na cidade da Coruña) ata a súa expulsión en 1492Ademais da prosperidade económica, a comunidade xudía herculina tiña unha relevante actividade cultural, destacando a existencia dunha escola de iluminadores hebreos, unha das máis importantes do continente.Non se coñece con exactitude a localización da xudaría da cidade da Coruña: a tradición defende que o barrio xudeu coruñés estaría localizado dentro das murallas da cidade, na actual rúa da Sinagoga; outra posible localización é a zona coñecida como A Rabiada, no antigo barrio de Santa Lucía. Foron atopadas varias lápidas sepulcrais hebreas na zona da Palloza, na coñecida como Illa dos Xudeus (no que hoxe é o peirao de San Diego), o que confirmaría a existencia dun cemiterio para esta confesión."}
{"ID": "NOS_57750", "summary": "Acordo do grupo parlamentar de En Marea após unha maratoniana reunión que se prolongou por espazo de máis de 8 horas. As parlamentares negan lexitimidade ao acordo adoptado a pasada sexta feira polo Consello das Mareas -o órgao reclamou a demisión de Quinteiro- e piden un novo expediente informativo. Mais esclarecen que con independencia dos resultados dese procedimento, Quinteiro continuará no Parlamento.", "text": "A maior crise de En Marea desde que existe viveu esta segunda feira un dos seus episodios máis tensos. Unha maratoniana reunión do seu grupo parlamentar, por espazo de máis de 8 horas, resultou na redacción dun acordo de catro pontos sen que ninguén comparecese perante os meios para oferecer declaracións. Optouse polo envío á imprensa dun comunicado. Continúa por tanto o longo silencio de Luís Villares. O acordo foi previamente submetido a votación. 11 parlamentares déronlle o seu voto. Tres abstivéronse. Segundo as fontes consultadas pola SER foron Luís Villares, Paula Vázquez Verao (Cerna) e Davide Rodríguez (sector crítico de Anova). No comunicado remitido á imprensa, o grupo parlamentar enfatiza que \"a situación en que se viu envolta Paula Quinteiro\" foi instrumentalizada polo PP \"para atacala persoalmente e ao grupo parlamentar\". O grupo parlamentar de En Marea rebaixa o acordo do Consello das Mareas -máximo órgao da confluencia- da pasada sexta feira ao afirmar que \"tal e como se produciu\" foi un \"declaración política que non ten consecuencias directas\". E iso porque non se seguiu o \"procedimento regulado\". Para activar ese procedimento regulado, Quinteiro \"vai demandar a apertura dun expediente informativo\"\" ao máximo órgao da confluencia \"no que se informe de todos os elementos que concorren neste caso\". Esta demanda, explicita o comunicado, \"conta co apoio do GP de EM\". En todo caso, a continuidade de Quinteiro no grupo non vai depender da resolución dese procedimento, afirma o grupo parlamentar nun claro desafío á lexitimidade do Consello das Mareas para ordenar o funcionamento da confluencia na institución parlamentar: \"Con independencia do resultado deste procedimento, o grupo parlamentar considera que Paula Quinteiro debe seguir desenvolvendo as súas funcións como parlamentar de En Marea, tal e como xa afirmou en anteriores ocasións o Grupo Parlamentar\". A delicada situación de Villares Este acordo coloca Villares nunha posición moi comprometida. Primeiro revela que está en minoría no Pazo do Hórreo -el e Paula Vázquez Verao defenderon desde o principio a renuncia de Quinteiro- e segundo pono agora nunha situación enormemente desairada como líder orgánico da confluencia perante un pronunciamento explícito do grupo parlamentar -do que el fai parte- en que se nega a efeitos prácticos a potestade do máximo órgao de En Marea para tomar decisións sobre as e os seus deputados na institución máis representativa do país. Noticia actualizada ás 9 horas do 27M."}
{"ID": "NOS_31619", "summary": "Aliás, permanecen activos dous lumes que afectan os concellos de Oímbra e Riós e que calcinaron 150 hectáreas.", "text": "Un incendio activo na parroquia de Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, deixa polo de agora 40 hectáreas calcinadas. Un veciño do lugar que se puxo en contacto con Nós Diario denuncia que este foi \"intencionado\". O BNG reclama á Xunta máis medios ante a acumulación de incendios Segundo explica este veciño, o lume comezou pasadas as 22 horas, e en poucos minutos detectáronse varios focos ao longo dunha pista forestal lindeira co encoro de Portas. Neste sentido, a Consellaría de Medio Rural tamén apunta que o incendio puido ser provocado. \"Constatáronse varios focos de inicio, o que todo apunta a súa intencionalidade\", detalla Medio Rural en Twitter. Incendios e modelo cooperativo Polo de agora descoñécense os efectivos desprazados até o lugar para colaborar nos labores de extinción das lapas. Lumes en Oímbra e Riós No día de onte tamén se notificaron dous novos incendios nos concellos de Oímbra e Riós, dous dos termos municipais máis afectados pola vaga de lumes que está a calcinar este verán a Galiza. Alerta 2 na Paradanta pola proximidade das chamas a un núcleo de vivendas En concreto, o incendio de Oímbra, que tivo o seu punto de orixe na parroquia de Chás, arrasou xa unhas 70 hectáreas, segundo a última estimación de Medio Rural. Pola súa parte, o lume rexistrado na parroquia de Fumaces e a Trepa, en Riós, deixa polo de agora 80 hectáreas calcinadas. Seis incendios continúan sen extinguir e o de Laza alcanza as 2.100 hectáreas En canto ao incendio dos concellos de Laza e Chandrexa de Queixa, resultado da unión de dous focos orixinados nos municipios mencionados, segue a ser o lume activo máis grande no país, con 2.100 hectáreas. Porén, Medio Rural afirmou que está \"practicamente perimetrado\", polo que esta cifra de terreo ardido podería ser a definitiva mentres se avanza cara á súa estabilización."}
{"ID": "NOS_12845", "summary": "Porén, isto non implica unha mudanza da política de Bruxelas fronte a Venezuela.", "text": "A Unión Europea deixou esta cuarta feira de recoñecer Juan Guaidó como presidente interino de Venezuela, tras expirar onte o mandato da Asemblea Nacional que presidía. Nun comunicado do Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell, asegurou que a UE manterá os seus contactos \"con todos os actores políticos e da sociedade civil para devolver a democracia a Venezuela, incluído en particular Juan Guaidó e outros representantes da Asemblea Nacional saínte\". Aínda que afirma que a Asemblea de 2015 é a última expresión libre dos venezolanos nun proceso electoral, a UE evitou apoiar a extensión do mandato de Guaidó como presidente da Cámara e por tanto 'presidente encargado'. En decembro os 27 decidiron non recoñecer o resultado das eleccións lexislativas en Venezuela, ao considerar que non cumpriron os estándares internacionais \"mínimos\" e déronse un mes de prazo para definir a súa relación coa Asemblea Nacional."}
{"ID": "NOS_43267", "summary": "Os días 5 e 6 de outubro a Feira Ecolóxica de Arzúa celebra a súa décima edición consolidada como o maior encontro do sector dos que se desenvolven no país. Produtos naturais, terapia alternativas e producións locais danse cita neste evento que ten o prazo de inscrición aberto ate esta sexta feira día 20 de setembro.", "text": "O Recinto Feiral Terra do Queixo será, máis unha vez, o recinto para o encontro, exposición e venda de produtos ecolóxicos nunha feira que chega neste ano a súa décima edición como unha referencia no ámbito do consumo e terapias alternativas. O sector \"verde\" vólvese atopar na terra do queixo con ducias de postos con produtos á venda e exposición que mostrarán tamén as novidades no ámbito ecolóxico ademais de servir de canle para as producións locais. Artesáns, produtores e produtoras, pequenas empresas do ámbito e público en xeral danse cita neste encontro que ten como obxectivo promover as iniciativas que contribúen a unha vida máis sá e respectuosa co medioambiente. Organizada por Culturactiva xunto co Concello de Arzúa, a feira ecolóxica achega cada ano novidades e iniciativas para un consumo responsábel e iniciativas empresariais novidosas no ámbito da produción ecolóxica. Até o día 20 de setembro continúa aberto o prazo de inscrición para quen queira dar a coñecer os seus produtos ou servizos que poderán solicitar a presenza na feira a través da súa web www.terractiva.org."}
{"ID": "NOS_14854", "summary": "O proxecto musical de 'Sira e o robot' ten ánimo de sacar unha nova entrega das súas aventuras galácticas futuristas en 'galinglego' para Nadal, mais para garantir a continuidade da saga precisan rematar con éxito o micromecenado que teñen aínda en marcha e do que, na recta final, levan só 30% do preciso.", "text": "A saga Sira e o robot, que chegaba o pasado ano á súa terceira entrega, fecha a vindeira semana o micromecenado que pretende garantir a continuidade desta ópera pop futurista. Nela, música, ilustración e teatro mestúranse con moito humor para fomentar a imaxinación e o xogo entre a cativada, coas cancións intercaladas na narración ao modo do musical clásico nunha aventura espacial chea de humor e misterio. O universo dos relatos é a Galiza de 2050, onde o inglés foi declarado lingua oficial xunto co galego. É por iso que Sira e o robot está contado en \"galinglego\", unha mestura de ambos os idiomas, algo presente desde a xénese do proxecto. O seu fondo, segundo explica Mark Wiersma, autor xunto a Miguel Mosqueira, reside \"no prestixio que teñen unha lingua ou outra\", maior no caso do inglés. Ese experimento de facelas cooficiais volveuse tamén \"un vehículo didáctico\" que xorde de dous músicos con moito sentido do humor. Diglosia A metade da banda (o propio Wiersma) é anglofalante de lingua materna e, segundo explica, \"por casualidade, na Galiza, as nenas e nenos experimentan unha certa presión para aprender o inglés\". Aínda que ese aspecto non é o que consideran máis importante, admite que querían \"xogar coa idea da tradución e o prestixio\", co galego ofrece como \"lugar seguro para a oínte, mesmo se é hispanofalante\". \"Falar galego, queiras ou non, é un acto político\" porque \"ou prefires que esta lingua viva ben en toda a súa riqueza ou prefires que morra. Non hai lugar intermedio\", di Mark Wiersma Mais na súa diglosia \"o galego ocupa a posición de forza\", di. Isto, contra unha situación que \"vivimos todos os días na Galiza. O español está moi influenciado polo galego, e o galego desparece polo avance do español\", apunta Wiersma. \"Falar galego, queiras ou non, é un acto político\" porque \"ou prefires que esta lingua viva ben en toda a súa riqueza ou prefires que morra. Non hai lugar intermedio\". Os incendios A terceira entrega de Sira e o robot céntrase na problemática dos incendios que asolan Mega-Metrópole, un asunto que Wiersma tamén relaciona coa actualidade do país e do que se cuestiona a narrativa institucional \"que vai pouco máis alá de botar a culpa ao pobo\". Así, no libro-disco os intereses do malvado Technoduro son evidentes, \"pero ninguén o quere ver\", maquillado por discursos como o publicitario —\"como Feixoo aquí, por exemplo\", engade. A solución para deter a ameaza do lume atópana as protagonistas nunha vella cantiga e na potencia das ondas da guitarra eléctrica. Porén, esta proposta en aparencia tan imaxinativa ten algo de verdade. \"Pensando solucións novidosas, vimos que as frecuencias máis baixas poden apagar lumes\", comenta Wiersma. O tradicional posmoderno \"Como que de quen é? De todos\", dise desa \"sorte de cantiga tradicional posmoderna\" que aparece na trama. Mosqueira e Wiersma gostaban do xogo temporal. \"Eu só podo falar por un de nós, pero creo que a música xogará un papel liberador nos vindeiros anos. Ou talvez será moderadamente ilegal, quen sabe\", di o segundo. Neste senso, fáiselle \"inquietante\" ver os concertos agora, marcados pola pegada da Covid-19, algo impensábel hai 8 meses. \"Creo que a música xogará un papel liberador nos vindeiros anos. Ou talvez será moderadamente ilegal, quen sabe\", comenta Wiersma \"Gustaríame que as artistas interrogasen este asunto máis, cuestionar sempre foi o seu papel (tan necesario), pero agora estamos moi aglutinados e a expresión reificada\". Wiersma é dos que pensa que cómpre pasar o presente \"polo filtro da arte sen medo, sen lealdades e sen piedade. Talvez perdemos cousas que pensabamos antes certas, pero iso dá igual se cun pouco de análise vemos que non o eran\". Cuarta entrega O micromecenado remata en poucos días na plataforma Verkami, co gallo de garantir a continuidade do proxecto, algo que \"é moi complicado xa que nos falta moito e entramos en agosto\", comenta Wiersma. Dos 3.500 euros que precisan aínda non conseguiron unha terceira parte. \"Son tempos difíciles e precisamos aínda pagar a impresión de On fire!\", ao que irían destinados os cartos. A cuarta entrega, prevista para o Nadal, \"versaría sobre o que pasa no mundo actual, partindo de información que está diante dos ollos de todas pero da que pouco se fala. O elefante na habitación, digamos\", adianta o autor. Aparecerá así a personaxe de Guille Cancelas e a súa influencia na vida real televisada. \"El seguía traballando os últimos dez agostos, mentres nós tentabamos 'desconectar' aínda máis\", afirma enigmático."}
{"ID": "NOS_3129", "summary": "O goberno español di que así \"cumpre coa Lei de Memoria Histórica\".", "text": "Carmen Calvo, vicepresidenta do goberno español, anunciou que os restos do ditador Francisco Franco van ser exhumados do Val dos Caídos e voltos a soterrar o 10 de xuño pola mañá no panteón Mingorrubio, de titularidade estatal, no cemiterio do Pardo. Calvo xa avanzou que non haberá comunicación nin imaxes, nin convocatoria pública da exhumación. O executivo español fixa así a data para a exhumación sen agardar a que o Tribunal Supremo decida sobre a suspensión cautelar do traslado dos restos, aínda que tamén abre a porta a que esa data se adíe se o tribunal suspende ou anula a decisión do goberno no marco do contencioso administrativo aberto coa familia do ditador español. No cemiterio de Mingorrubio-O Pardo, onde xa está inhumada a esposa de Franco, Carmen Polo, permite garantir segundo a vicepresidenta española tanto as condicións de \"dignidade e respeto\" como la \"intimidade\" dos familiares. Calvo afirma que con este último paso \"execútase a Lei de Memoria Histórica\" de 2007."}
{"ID": "NOS_24081", "summary": "Primeira sexta feira de 2014 e primeira crítica de cinema do novo curso. Para unha proposta ben suxerente. 12 anos de escravitude, unha reflexión sobre todas as formas que pode adoptar, onte e hoxe,a opresión.", "text": "12 ANOS DE ESCRAVITUDETítulo orixinal: 12 Years a SlaveAno: 2013Duración: 134 min.País: Estados UnidosDirector: Steve McQueenGuión: John RidleyFotografía: Sean BobbittMúsica: Hans ZimmerReparto: Chiwetel Ejiofor, Michael Fassbender, Lupita Nyong'o, Benedict Cumbernbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Sarah Paulson, Alfre Woodard, Brad Pitt SINOPSESolomon Northup (Chiwetel Ejiofor) é un reputado violinista afroamericano nacido libre que vive feliz coa súa familia en Nova Iorque. Tras cear cuns homes que din ter un negocio artístico moi apetecible, esperta nunha cela en Washington. Decátase que foi drogado e que será trasladado ao sur do país onde vai ser vendido coma escravo. Todo esforzo por demostrar que en realidade é un home libre e que foi vítima dun secuestro será en van. Terá que a asumir a súa nova condición se realmente quere sobrevivir, recuperar a súa liberdade e volver estar algún día coa súa familia. CRÍTICATerceira longametraxe do británico Steve McQueen tras \"Hunger\" e \"Shame\" que narra un dos momentos históricos máis vergoñentos da historia dos Estados Unidos. McQueen comezou no mundo audiovisual facendo cinema experimental que se proxectaba en diversas galerías de arte. Desta volta tamén produce \"12 anos de escravitude\" xunto a un Brad Pitt que se reserva, coma non podería ser doutra maneira, un papeliño de home bo e con ideas progresistas, probablemente por propia imposición contractual. Pero iso non estraga o filme porque non aparece demasiado. E ademais o que destaca é, coma sempre, o mao e non o bo. Michael Fassbender é o verdadeiro piar da historia facendo unha interpretación excelente no rol dun violento e sádico terratenente. Tamén fai un bo papel Chiwetel Ejiofor que é o verdadeiro protagonista e sufridor da historia. Un home libre que é secuestrado e, sen poder facer nada, pasa a ser escravo durante 12 anos. Aguanta moi ben o plano. Planos que son ben longos polo gusto que ten McQueen de deixar a cámara fixa durante minutos, tanto en primeiro plano coma en plano xeral, deixando que os actores saquen todo o que levan dentro. Con este recurso, recorrente en McQueen, amosa sentimentos encontrados e deixa fluír as sensacións facendo que o espectador se asome coma se por unha fiestra se tratara e, sen manipulacións nin artificios, faino partícipe da historia. Iso si, por aguantar plano hai algunha que outra secuencia non apta para estómagos ou mentes sensibles. O filme non trata só da escravitude, senón que reflexiona sobre o baixo que pode caer o ser humano, sen deixar de lado unha crítica profunda aos propios escravos Completan o reparto o prescindible Benedict \"Sherlock\" Cumbernbatch; Paul Giamatti, correndo o risco de encadrarse en papeis de tratante de escravos; Paul Dano, facendo de racista recalcitrante; ou Lupita Nyong'o que tamén destaca no papel de escrava favorita do terratenente. Pero a presenza de Fassbender é o que realmente fai gañar enteiros ao filme. Estamos ante unha verdadeira besta da interpretación que actúa desde as entrañas. Ten un par de escenas durísimas nas que realmente mete medo e onde esquecemos o actor e só vemos un home miserable, covarde e cruel co que curiosamente sentimos máis pena que noxo, por un punto humano que Fassbender logra aportar á personaxe con apenas un aceno. Acabamos comprendendo, e case xustificando, por que fai o que fai esa personaxe. Por algo é o actor fetiche de McQueen e actualmente está tan cotizado. Xunto a Fassbender tamén forman parte do equipo \"de confianza\" do director: Sean Bobbitt (fotografía) e Joe Walker (edición e montaxe). Todos eles formaron parte dos tres filmes que fixo ata a data. Na banda sonora está Hans Zimmer, que aposta por unha música minimalista e non intrusiva que potencia máis se cabe a sensibilidade das imaxes e longos planos do filme. Película aclamada pola crítica e cun palmarés de vertixe, e iso que se acaba de estrear fai nada: Mellor Película no Festival de Toronto, Mellor Director polo Círculo de Críticos de Nova Iorque, Mellor Actriz (Lupita Nyong'o) pola Asociación de Críticos de Los Ángeles, 7 nomeacións nos Globos de Ouro e por riba aparece en todas as quinielas para os premios Oscar. O filme non trata só da escravitude, senón que reflexiona sobre o baixo que pode caer o ser humano, sen deixar de lado unha crítica profunda aos propios escravos. De feito deixa no ar a dúbida de quén é máis culpable, se os negreiros ou os propios escravos que asumen o seu papel sen apenas chistar. Por desgraza a pesar da distancia en tempo e espazo tampouco estamos moi lonxe do que reflexa o filme. Por mor da reforma laboral, e outras leis restritivas, os traballadores do noso país van perdendo dereitos pouco a pouco. E pouco a pouco o traballador, sen darse conta, vai asumindo situacións que abeiran o escravismo (do capital) ata que non quedan alternativas. A loita obreira parece a saída seguinte, pero o paso colectivo parece ser o paso máis difícil de dar do ser humano, e máis cando están batendo por un con un estado cada vez máis policial. Isto vén a conto porque o momento en que un home perde toda esperanza de liberdade e asume o rol de escravo está reflectido de maneira sublime na película nun longo primeiro plano no que Ejiofor decide unirse ao triste canto dun coro de escravos. Unha película con excelente ambientación, grandes interpretacións e cunha dirección diferente á media que trata o espectador coa intelixencia que se lle presupón. Moi boa elección na actual carteleira."}
{"ID": "NOS_56583", "summary": "Continúan os festivais na primeira fin de semana de setembro, entre eles a XXX edición do de poesía de Salvaterra de Miño.", "text": "Sexta feira. San Xurxo de Vea (A Estrada). VI edición do Festival Folk. Tocarán Nosoutros, Os Regatos, Os Melidaos e Ce Orquesta Pantasma. Sexta feira e sábado. Salvaterra de Miño. XXX edición do Festival de Poesía. Desta volta irá dedicado ao centenario das Irmandades da Fala. Comezará coa apertura de tres exposicións: paneis das Irmandades da Fala; Debuxos de Negros, de Castelao, e a mostra de fotografías Infinito, de Daniel Pérez. Na sexta feira terá lugar a Noite nas Minas, cun recital de Rochi Nóvoa e a actuación de Sofía Espiñeira. Ao remate, actuacións de O Puto Coro do Exército Froilanista e de Ronco&Foll, ben como a sesión DJ de Espalda Kemada. O sábado será a quenda da artesanía, a música polas rúas e a Liga Nacional de Billarda organizará o Aberto da Poesía. Na sesión vermú Raquel Castro apresentará o libro As terapias da doutora Ledicia e Kneves amosará o espectáculo Servizo discrecional. Continuarán Antia Otero&Isaac Garabatos apresentando Varia, nas Covas de Dona Urraca, e para rematar contarán cun recital de poesía. Pola noite, actuacións de Zurrumalla, Sokram e Familia Caamagno, para finalizar coa sesión DJ de Selecta Alice. Tomiño. Festival Minho Reggae. Toda a información, aquí. Sábado Monforte de Leos. V Festival do Paradiso. Parque dos Condes. Comezará ás 20 horas cunha pancetada popular acompañada dunha foliada. A continuación, dará paso aos concertos de diferentes grupos de música, coas actuacións de Violet Magic Cloud, Miguel Costas, Poetarras, Moon Cresta, Rebeliom do Inframundo, Los Árboles, Cadela Asasina, DJ Darius Weis. Ribadavia. Arteficial. Festival alternativo e diúrno. Decorrerá no conxunto histórico da vila. Comezará ás 12 horas e durará até as 23 horas, e constará de dous escenarios diferenciados, nos cales actuarán un total de 9 bandas musicais, ben como unha zona de mercado alternativo con fanzines, cómcis, roupa e gastronomía do país. Na música estarán Surma, Emilio José, Sequin, Rick&Vera, Thee Blind Crows, Bala, Guerrera, Igmig e Fogbound. Como novidade este ano haberá un terceiro palco, onde tocarán Pálida e Mounqup, ben como un post festival en diferentes locais da zona."}
{"ID": "NOS_45264", "summary": "A Consellaría de Sanidade indica que se deron aumentos con respecto a esta segunda feira en todas as áreas sanitarias. O número de doentes está precendo a maior ritmo nas demarcacións de Lugo e Compostela", "text": "Galiza xa supera os 3.742 casos activos da Covid-19, após unha xornada na que se rexistraron incrementos de doentes en todas as áreas sanitarias. Malia as medidas de seguridade e as precaucións da poboación, o número global de novos casos detectados foi de 203, porén baixou o ritmo de contaxios con respecto a esta segunda feira (271). Con 644 falecementos, debido a unha morte nas últimas horas no hospital de Lugo, o total de positivos que continúan contaxiados é de 3.742. O departamento de Sanidade da Xunta explicou que a área sanitaria da Coruña e Cee é a que segue a acumular máis infectados. Un total de 1.403 pacientes pertencen a esa zona, 11 máis que o día anterior. Pese a estas cifras alarmantes na Coruña, agora hai outras demarcacións sanitarias onde crece máis o número de vítimas. Lugo sumou 29 nas últimas 24 horas, alcanzando as 759 enfermas. En Compostela o aumento foi de 25, quedando así en 607 casos. Ademais, Ourense ten 343 veciñas e veciños prexudicados pola Covid-19 (tres máis que na segunda feira); Vigo rexistra 253 (16 máis); Pontevedra suma 233 (sete a maiores) e Ferrol contabiliza 144 (11 casos máis que un día antes). O número de persoas curadas, atendendo aos datos que manexa a Consellaría de Sanidade, é de 100 persoas máis. Así terían superado esta enfermidade 12.771 galegas e galegos desde que comezou a crise sanitaria. Polo momento, practicáronse 339.206 probas PCR no país, 3652 delas na última xornada."}
{"ID": "PRAZA_5205", "summary": "Por que a Xunta non acatou o informe contrario do Consello Consultivo? Por que levaron este decreto ao DOG con tanta premura, sen respectar o debate parlamentario nin as achegas dos sindicatos? Ten algo que ver o consello asesor da Conselleira, e os seus intereses privados, con esta premura?", "text": "A Conselleira de Sanidade, firme defensora das privatizacións, presenta o seu proxecto de Áreas de Xestión Clínicas (AXC) como unha oportunidade de mellora e de participación dos profesionais. Pola contra, a grande maioría dos traballadores consideran que se trata dunha auténtica ameaza para o sistema e unha trampa para todos eles. A publicación deste decreto de forma tan apresurada (co presidente de viaxe, unha vez máis, por Hispanoamérica, e coas forzas sindicais pendente de novas xuntanzas para discutir o texto) resulta moi difícil de explicar O pasado luns a Xunta de Galicia publicou no DOG o Decreto 36/2014 que regula a creación de AXC no Sergas, e que aprobaron no Parlamento, por vía de urxencia, cos únicos votos do Partido Popular o día 20 de marzo, coa oposición de todas as demais forzas políticas. Tamén se mostran contrarios todos os sindicatos, que teñen convocadas accións unitarias para expresar a súa discrepancia radical con esta norma. A publicación deste decreto de forma tan apresurada (co presidente de viaxe, unha vez máis, por Hispanoamérica, e coas forzas sindicais pendente de novas xuntanzas para discutir o texto) resulta moi difícil de explicar. Tampouco son tranquilizadoras as palabras pronunciadas polo vicepresidente Rueda, quen manifestou: \"Las áreas carecerán de personalidad jurídica propia, con lo cual, al menos en principio, resultarán imposibles de privatizar...\". Aínda que as súas decisións non son vinculantes resulta asombroso que o goberno ocultase este informe, emitido hai dous meses, e que, ademais, non teña en absoluto en conta o seu ditame e as súas consideracións Pero resulta aínda máis alarmante saber que o Consello Consultivo de Galicia lle entregou ao goberno do PP, o día 23 de xaneiro, un informe xurídico no que afirma de forma rotunda: \"O Pleno do Consello, por unanimidade dos seus membros con dereito a voto, ditamina que o proxecto de decreto polo que se regulan as AXC do Sergas resulta contrario ao ordenamento xurídico\". O Consello Consultivo é un órgano de carácter técnico xurídico, \"ao servizo das administracións públicas e ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas\". Aínda que as súas decisións non son vinculantes resulta asombroso que o goberno ocultase este informe, emitido hai dous meses, e que, ademais, non teña en absoluto en conta o seu ditame e as súas consideracións. A AGDSP vén de publicar un comunicado no que denuncia a falta de transparencia e as formas antidemocráticas utilizadas polo goberno galego para impor esta norma, que desperta cada vez máis receos entre os profesionais e que ten a todas as forzas sindicais en contra. Tampouco tranquiliza coñecer a nova composición do equipo asesor da Conselleira, integrado por un 90% de varóns e que, ademais, moitos deles teñen fortes vencellos co sector privado e presentan evidentes conflitos de interese. Ten algo que ver o consello asesor da Conselleira, e os seus intereses privados, con esta premura? A tramitación desta norma está cargada de incertezas. Non achega ningunha seguridade para o sistema e para os profesionais. Mais ben deixa o camiño sementado de preguntas. Por que a Xunta non acatou o informe contrario do Consello Consultivo? Por que levaron este decreto ao DOG con tanta premura, sen respectar o debate parlamentario nin as achegas dos sindicatos? Ten algo que ver o consello asesor da Conselleira, e os seus intereses privados, con esta premura? Ten presa o goberno por mellorar a sanidade pública ou, máis ben, dicta normas que poden beneficiar a outros intereses?"}
{"ID": "NOS_33317", "summary": "O poeta Francisco Cortegoso finou esta cuarta feira, 5 de outubro, o mesmo día en que chegou aos andeis das librarías o seu libro Suicidas (Chan da Pólvora).", "text": "Francisco Cortegoso finou esta cuarta feira, 5 de outubro, aos 31 anos de idade tras unha enfermidade. O escritor puido ver rematada a súa derradeira obra, Suicidas, editada por Chan da Pólvora. Precisamente, o mesmo día que falecía na súa casa de Bora (Pontevedra) o autor, o seu poemario chegaba ás librarías do país. Segundo informa Chan da Pólvora, Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o poeta puidese ver publicada a súa obra. \"Hoxe é un día de inmensa tristura para as persoas que formamos o equipo da Chan da Pólvora. Vaian as nosas condolencias e o noso amor para a súa familia, os seus amigos e toda a xente que o quere\", sinalou a editora nun comunicado. Licenciado en Filoloxía galega, o autor deuse a coñecer como poeta en 2008, na Revista das Letras de Galicia Hoxe con Ningún Home. En 2013 obtivo o premio de poesía Pérez Pallaré co poemario Memorial & Danza. [Esta información foi modificada ás 17.55h porque, por un erro, apuntamos que Suicidas era o seu primeiro poemario, cando xa Espiral Maior lle publicara o poemario gañador do Pérez Pallaré Memorial & Danza]"}
{"ID": "PRAZA_14188", "summary": "Hai tempo que veño observando preocupado a castelanización da lingua literaria no que respecta aos obxectos directos de persoa. Erros gramaticais como \"Sen avisar á súa nai, marchou da casa\", \"Unha roupa axeitada para axudarlle a pasar desapercibido\" ou \"Só pretendía axudarche, non facer mal\" poden ser observados en obras de principiantes así como nas principais plumas da nosa literatura, e até nas edicións máis primorosas.", "text": "Hai tempo que veño observando preocupado a castelanización da lingua literaria no que respecta aos obxectos directos de persoa. Erros gramaticais como \"Sen avisar á súa nai, marchou da casa\", \"Unha roupa axeitada para axudarlle a pasar desapercibido\" ou \"Só pretendía axudarche, non facer mal\" poden ser observados en obras de principiantes así como nas principais plumas da nosa literatura, e até nas edicións máis primorosas. Son influencias dunha lingua na que os falantes se comportan cos complementos, se me permiten a licenza, dun xeito moito \"menos directo\" que os galegos, contravindo algún dos tópicos psicosociais máis arraigados. Sucede isto porque o castelán todo o inunda, mesmo as lecturas internacionais das nosas escritoras E sucede isto porque o castelán todo o inunda, mesmo as lecturas internacionais das nosas escritoras, desde que restituímos a nosa literatura na contemporaneidade. Penetra así a lingua allea nas nosas mentes creativas con todos os seus vocabulario, prosodia e sintaxe tanto cando lemos a Cernuda e a Martín Gaite como cando lemos a Safo e a Hesse, na inmensa maioría dos casos. Como evitarmos isto? É fácil: sempre que non consideremos o castelán o referente culto e serio do galego, poderemos aprovisionarnos de lecturas referenciais noutra lingua. Unha que, por exemplo, non use a preposición 'a' para os obxectos directos de persoa."}
{"ID": "NOS_10760", "summary": "Liñas de uso do colectivo universitario rexistran viaxes completas, mentres Renfe fía a recuperación dos servizos reducidos á demanda.", "text": "Ocorreu, segundo denuncian desde o sindicato CXT, o pasado domingo, cando os trens que partían de Vigo con destino Compostela colgaron o cartel de \"completo\" a partir da media tarde. O motivo, o movemento de estudantado polo comezo do curso universitario, mais tamén a supresión de servizos aplicada por Renfe desde o estado de alarma e nunca reposta por completo, nin nestas nin no resto de liñas. \"Mesmo servizos de dupla composición, que ofertan 500 prazas, foron completos, houbo xente que quedou sen poder viaxar\", expón o coordinador na Galiza do sector ferroviario deste sindicato, Juancho Sánchez Losada, quen asina o escrito que a organización remitiu nas últimas horas á dirección de Renfe e á xerencia de Servizo Público da Galiza, solicitando, de novo, a restitución de servizos ferroviarios no país. O ocorrido esta fin de semana non é, porén, máis que un exemplo das deficiencias do transporte ferroviario galego, agravadas agora polos recortes derivados do coronavirus e das súas restricións. Onte mesmo, o BNG reclamaba ao Goberno español a restitución inmediata da liña de Avant que conectaba Ourense coa Coruña das 06.45 horas, con parada en Compostela, e \"que daba servizo a moitas persoas que estudan ou traballan nestas cidades\", así como a mellora e ampliación das frecuencias e oferta horaria deste tramo e unha rebaixa no prezo. O último pleno municipal de Ourense, do pasado día 2, explicitou as carencias neste transporte a través de dúas mocións, unha impulsada polo PP e outra polo BNG, ambas aprobadas. Recuperación \"a demanda\" Hai dúas semanas, a empresa pública estatal recoñecía que, no ámbito galego, mantén sen circulación 35% dos servizos de media distancia, cuxa recuperación fía ao que \"vaia pedindo a demanda\". \"Renfe está a utilizar como argumento a falta de persoas viaxeiras na liñas do rural e adecuación das circulacións á demanda, esquecendo a súa responsabilidade de servizo público obrigado a ofertar e o aumento dos fluxos de viaxeiros e viaxeiras nos corredores con alta demanda, como o de Vigo-A Coruña\", repón o sindicato, que advirte que a redución de servizos afecta tamén a persoas que traballan en núcleos diferentes dos de residencia. É, segundo o coordinador da CXT, un círculo vicioso no que a falta de oferta se traduce nunha redución de persoas usuarias, que se usa de argumento para non reforzar o servizo. \"A supresión de servizos por mor da pandemia está a afectar principalmente as usuarias e usuarios da Galiza rural, xa que a maioría de trens suprimidos son os que fan paradas en estacións como Redondela, Arcade, Catoira, Pontecesures, Padrón, Guillarei, Caldelas de Tui, Salvaterra, Frieira, Filgueira, Ribadavia, San Clodio-Quiroga, A Rúa, O Barco de Valdeorras, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Sarria e Ortigueira\", enumera a CXT, que lamenta ademais que as liñas Vigo-Ponferrada, A Coruña-Ferrol, A Coruña-Monforte e A Coruña-Ortigueira non permiten, coa actual oferta, a ida e regreso en itinerarios compatíbeis cos horarios do ensino ou das quendas laborais. Ao igual que o BNG, a CXT considera \"incomprensíbel\" a desaparición do Avant que conectaba, na primeira hora da mañá, Ourense con Compostela e A Coruña, \"fundamental para o funcionariado que traballa noutra cidade\", indica Sánchez Losada. Da mesma maneira, o sindicato reclama á dirección da rede ferroviaria a reposición do tren que saía de Vigo ás 06.58 cara a Compostela, e cuxa falta \"afecta en gran medida as poboacións intermedias e rurais\", desde Redondela, Arcade, ou Vilagarcía a Catoira e Padrón. Ademais, pide a reposición da última liña da tarde entre Vigo e A Coruña, con saída ás 21.35 horas. \"Que finaliza o seu horario ás 21 horas non pode volver ao fogar\", alerta, advertindo que estas carencias desincentivan o uso do tren como medio de transporte habitual."}
{"ID": "PRAZA_11477", "summary": "O Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo organiza este 20 de novembro en Bruxelas un acto con testemuños de investigadores e vítimas galegas da ditadura.", "text": "A Eurocámara acolle este vindeiro mércores, 20 novembro, a conferencia Franquismo post Franco, organizada polo Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo co obxectivo de \"dar a coñecer na capital europea a realidade da represión franquista, o espolio da ditadura vixente na actualidade e os pasos que se están dando para rematar coa impunidade\". \"Como demócratas temos a obriga de frear o avance do fascismo no Estado español e en Europa e dar cumprimento á resolución aprobada hai un ano na Eurocámara e prohibir as fundacións vencelladas ao franquismo\", destaca Ana Miranda, portavoz en Europa do BNG, un dos partidos que forma parte deste grupo de Memoria Histórica.A xornada 'Franquismo post Franco' trata de dar a coñecer na capital europea \"a realidade da represión franquista\" ou o \"espolio vixente da ditadura\"Nas xornadas deste mércores participan o presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Telmo Comesaña; a representante da Asociación das 13 Rosas de Asturias, Laura Díez; a neta dunha vítima represaliada, a galega María Lores; e a representante da Asociación de Nenos Roubados, Sol Luque. \"O testemuño destas persoas daranos unha visión ampla do terror que exerceu o franquismo desde os seus inicios e como obedeceu a un plan sistemático de exterminio\", explica Miranda.Tamén participarán dúas persoas, representantes da Comuna ex presos e presas represaliadas por Billy el Niño, Miguel Ángel Gómez, Gus, e Rosa García, que falarán de \"como o franquismo exerceu a tortura como base para manter o seu sistema de terror\". Na xornada deste 20 de novembro estará presente tamén o investigador galego Carlos Babío, autor da obra Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, obra que foi clave na demanda presentada pola Avogacía do Estado co fin de reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público. En Bruxelas estará tamén Manuel Monge, autor de la obra Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo e un dos principais denunciantes do mantemento de honras á ditadura en rueiros e monumentos varios. Ademais, o xornalista Juan Miguel Baquero, autor de El país de la desmemoria, abordará o marco xeral do espolio económico que levou a cabo a ditadura. Telmo Comesaña, Carlos Babío ou Manuel Monge serán alguns dos galegos que participarán nas xornadas sobre a ditaduraA representante da Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina contra o franquismo, Mercedes Sánchez, falará do que supón a existencia das foxas comúns desde hai máis de 80 anos, mentres que dúas avogadas do Colexio de Avogados de Vigo, Jana Calero e Irene Álvarez, explicarán a situación actual das querelas polos crimes do franquismo. \"Teremos en Bruxelas unha intensa xornada para dar a coñecer como o franquismo post Franco aínda segue no Estado español e denunciar a pasividade deste Estado nos últimos corenta anos para reparar as vítimas\", remata Ana Miranda."}
{"ID": "NOS_11037", "summary": "O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, avisou de que, pese a todos os esforzos realizados, o novo coronavirus \"ten aínda moito espazo para se mover\".", "text": "O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, avisou de que a loita contra a COVID-19, a enfermidade que provoca o novo coronavirus, está lonxe de terminar, e instou os países a administrar osíxeno e dexametasona aos pacientes en estado máis crítico. Nunha conferencia de prensa, Tedros comentou que xa se notificaran dez millóns de casos en todo o mundo e que 500.000 persoas perderan a vida como consecuencia do virus. Así, e coincidindo co sexto aniversario da aparición dos primeiros casos na China, avisou de que, pese a todos os esforzos realizados, o novo coronavirus \"ten aínda moito espazo para se mover\". Concienciación Neste sentido, o dirixente do organismo das Nacións Unidas recordou que, até que apareza unha vacina, os Gobernos deben concienciar a súa cidadanía para protexerse a si mesmos e a súa comunidade a través do cumprimento das medidas de hixiene e distanciamento físico; así como implantar iniciativas que conteñan a propagación do virus, e garantir que os profesionais sanitarios contan con equipos adecuados para a protección individual. \"A identificación temperá e a atención clínica salvan vidas. Hai que proporcionar osíxeno e dexametasona a persoas con enfermidades graves e críticas, así como prestar especial atención aos grupos de alto risco, incluídas as persoas maiores en centros de atención a longo prazo, porque salva vidas. O Xapón fixo isto, xa que ten unha das poboacións máis altas de persoas maiores, mais a súa taxa de mortalidade é baixa\", detallou Tedros. Nova reunión Unha vez sinalado isto, informou de que esta semana se vai convocar a segunda reunión para avaliar o progreso en investigación e desenvolvemento e avaliar de novo as prioridades de investigación para a próxima etapa da pandemia. \"Xa aprendemos moito sobre este virus, mais aínda hai moito que non sabemos, e aínda hai ferramentas que necesitamos\", engadiu. Finalmente, Tedros Adhanom Ghebreyesus fixo un chamamento á unidade nacional e á solidariedade mundial para desenvolver unha estratexia común que permita eliminar o novo coronavirus, salvar vidas e minimizar o impacto social e económico do virus."}
{"ID": "NOS_49528", "summary": "Arcadi Oliveres (Barcelona, 1945), economista, pacifista, independentista, é un home que camiña na procura da utopía, esa que na frase de Galeano foxe no horizonte en canto se dá un paso cara ela. Oliveres segue adiante. No 15-M, na construción de Procés Constituent despois, a plataforma que deu orixe ao espazo dos Comuns que el quixo máis amplo. Estivo na primeira liña da política catalá até hai nada. Esta terza feira 10-O estivo na Coruña para ofrecer unha charla sobre políticas de inmigración que inaugura o ciclo de Cooperación Expandida, un proxecto de intervención social que nace na cidade.", "text": "Á mesma hora da entrevista [realizouse na Coruña este 10-O], o president Puigdemont está a punto de facer a declaración de independencia no Parlament. \"Estiven vendo a televisión até hai un minuto e a información é terríbel, estaba a presentadora e dous comentaristas contrarios á independencia…\" Unha hora máis tarde, rematada a entrevista, Oliveres pregunta á organización da charla polo resultado. Inda nada. O profesor, xubilado hai un par de anos na Autónoma de Barcelona onde continúa impartindo algún curso, fica inquedo. Moi cedo esta cuarta feira, antes de tomar o voo de regreso, fai unha reflexión por teléfono sobre o acontecido no Parlament. \"Foi unha declaración axeitada. Puigdemont cumpriu unha expectativa e abriuse a unha negociación. A independencia toma máis forza. É o máis conveniente: paciencia. Veremos cal é a resposta desde o Estado\". A paciencia é unha das virtudes do camiñante. Na charla na Coruña falara dela. -Como se sente estes día como catalán? -Para min a independencia é unha aspiración desde hai uns anos. É algo que foi madurando. De entrada éramos comunistas, pero fomos evolucionando polas agresións desde o goberno central e desde a monarquía. O número de independentistas foi aumentando e hoxe son un máis e considero que é bon que se chegase até aquí. Penso que os pasos déronse debidamente, pero quizá quedaron incompletos. Houbo referendo, mais as forzas de seguridade do Estado impediron a votación e polo tanto os resultados non reflicten a opinión da totalidade da sociedade catalá porque houbo unha parte importante que non participou. -Pensa que foi un referendo sen garantías ou sen lexitimidade? -Non o dígoo polas garantías nin pola lexitimidade do resultado, que penso que está implícita. A Generalitat puxera todas as garantías e eu son fielmente independentista, pero houbo situacións, desde ter que agochar papeletas até as agresións físicas á xente que ía votar, que produciron un referendo non convencional. Gustaríame unha votación convencional. -Cre que o Estado permitirá iso? -Agora mesmo, non. Pero a medida que avancen as cousas, na medida que continúe a mobilización catalá, coa presión internacional… a política monolítica do goberno español pode mudar. -Que valor ten para vostede a declaración que está facendo Puigdemont nestas horas? -Ten un valor simbólico importante porque representa a culminación dun proceso que se fixo dun xeito democrático e en medio de circunstancias adversas e que é cento por cento lexítima. Outra cousa é que pense que as cousas tiñan que ter madurado doutra maneira para que esa independencia fose recoñecida non só por Madrid, senón tamén por toda a sociedade catalá. Fáltanme, digamos, dúas cousas: a cuestión dunha votación convencional e tamén unha definición máis precisa sobre que estrutura política, económica e social daremos a esta Catalunya independente. Porque igual non avanzamos moito… Hai xente que di que primeiro a independencia e despois xa veremos; eu digo que primeiro vexamos iso e, despois, independencia. -Chegar a unha definición moi precisa parece difícil entre concepcións sociais tan dispares como as que poden ter a CUP, por unha banda, e a antiga Convergència, pola outra. -Si, pero algunhas cousas da Constitución e do sistema económico poderían irse definindo. Hai uns anos falábase máis disto, de distintas redaccións da futura Constitución. Non foron, evidentemente, comisións parlamentares. Polo menos que se tivesen definido unhas liñas xerais… -Ve posíbel dentro do marco europeo un modelo económico e social distinto ao modelo capitalista, digamos un modelo de xustiza social? -Estou en contra da Unión Europea e en contra do euro. Fun europeísta, pero levo anos pedindo saír da UE e do euro. Neste momento a Unión Europea é unha institución impresentábel. Polo tanto, ningún interese. Se saír de España significa saír da Unión Europea, estupendo. Non me nego a que Catalunya manteña relacións con Europa a través por exemplo do Consello de Europa, unha institución máis ampla e que defende os dereitos humanos… pero non coas institucións que só defenden intereses mercantís. -Esperaba esta reacción violenta desde o Estado? -Habitualmente, o Estado español sempre reaccionou desta forma. Mesmo eles están lembrado Companys. É absurdo. Esta estrutura política non se pode manter así, resulta insoportábel para os pobos, non só para Catalunya, tamén para Galiza e para Euskadi, mesmo para o pobo canario ou o andaluz… Responde a unha concepción centralista do Estado, borbónica. Neste sentido, Catalunya fai un favor a toda España porque cambiará mentalidades e rachará ese monopolio do Estado. -E esperaba determinadas reaccións de odio desde a sociedade española? -Vexo as dúas cousas. Estiven en Madrid e vin bandeiras españolas, estiven en Euskadi e vin bandeiras catalás… Creo que as expresións de odio contra Catalunya teñen a ver cunha cuestión histórica, educativa, e tamén evidentemente cos medios de comunicación estes días. É horroroso. Non hai neutralidade informativa nin sequera na televisión pública. E así, a opinión pública, que non acostuma a ler moito e séntase no sofá a mirar o que pasa, está condicionada. -Canto queda de franquismo nisto que se chama o réxime do setenta e oito? -Moito. Cando se redactaba a actual Constitución, un dos primeiros rascuños contemplaba a posibilidade de que as distintas comunidades puideran desentenderse de España… até que chegou un señor vestido de militar con un sobre coa redacción dos artigos correspondentes. É una constitución viciada en orixe pola intervención militar, do Exército, na soberanía popular. -Como economista, que efectos terán esas fugas de empresas? -Volverán. Nin me preocupa. O capitalismo mira o peto e móvese dun lado a outro tranquilamente. -Pero seguramente estas empresas, bancos e outras, temen que a independencia veña seguida de nacionalizacións? -Iso está nas bases e nos documentos que se veñen elaborando do que iniciamos hai uns anos e que tomou o nome de Procés Constituent, curiosamente a denominación que se popularizou para o que veu despois. O que se promove, desde moitos sectores e a todos os niveis, empezando polo municipalismo actual, pasa en Barcelona pero tamén en Valéncia e Madrid, non sei na Coruña, é a recuperación da xestión de servizos públicos. -Que foi do movemento Procés Constituent? -Segue activo, funciona, pero en segunda liña. E tamén moitos dos actuais líderes políticos catalás, e falo de Gerardo Pisarello, Xavier Doménech, Jaume Asens ou Dante Fachin, empezaron alí. Pero naquel momento, antes das eleccións autonómicas, non conseguimos o obxectivo, que era unir a toda a esquerda, entendendo esquerda como todo o espazo político á esquerda do PSOE, nunha candidatura. Non houbo acordo posíbel. Xa se sabe que na esquerda cada cabeza quere o seu sombreiro… Procés Constituent segue funcionando e producindo pensamentos respecto de asuntos como a resposta ao TTIP ou as políticas migratorias. -Como valora o papel de Podemos e Iniciativa nestes últimos tempos en Catalunya? -Penso que fixeron un bon labor, pero quizá a estas alturas terían que estar totalmente coa opción da independencia. Cousa que parece que non negan, pero que tampouco apoian decididamente. Mantéñense con certa ambigüidade. Hai síntomas respecto a onde se poden decantar; non de Iniciativa, senón por parte dos Comuns. Tanto Ada Colau como Doménech, en canto viron o que pasou o día 1, parece que están a reaxir. -Se neste momento a independencia non se abre camiño, que quedará? Hai perigo de que Catalunya se converta, para o Estado, na Euskadi sen ETA dos oitenta e noventa? -En Catalunya ninguén puxo un arma enriba da mesa. Pero quero lembrar que en Euskadi, naqueles anos, dicíase que se podería falar de todo sen armas. En Catalunya non hai armas e segue sen falarse… Que pasaría? Quizá o que teñamos que ter é máis paciencia. Estivemos trescentos anos sen liberdade e non custaría tanto esperar medio ano máis. -Vén a falar de inmigración, parece un tema que interesou pouco na política española e non só agora. -Máis alá dos períodos electorais, non interesa moito nin na vida política catalá nin na española nin na europea… e moi pouco na mundial. As políticas migratorias en Europa e nos Estados Unidos son un crime e os dirixentes europeos e estadounidenses deberían ser procesados e encerrados por estas prácticas que supoñen un asasinato masivo de xentes que foxen de guerras que eles provocaron. Son criminais. -Desde que instancias se pode cambiar iso? -Pois están as organizacións non gobernamentais e a intelectualidade… pero é preciso que a poboación actúe. No norte somos uns egoístas, incapaces de ter unha pequena dose de humanidade. Outras instancias, como o Parlamento Europeo ou as Nacións Unidas, poden utilizar a palabra, pero pouco máis. Non teñen competencias nin capacidade económica, e os seus funcionarios están ás ordes das potencias. -Por que os países pobres seguen sendo pobres? Por que non se deu cunha estratexia eficaz para o seu desenvolvemento? -Non hai interese en facelo. Só hai vontade de que sigan dependendo de nós, que nos subministren materias primas e cando o precisemos, man de obra barata e deitar nos seus territorios a nosa contaminación. -E tamén un problema de soberanía? -É que non teñen ningunha soberanía. Estes países poden depender dunha ou dúas grandes multinacionais que explotan os seus recursos. -Xa dixo que non acredita nesta Europa, sempre foi así? A actual configuración estaba xa na orixe da Unión? -Eu fun europeísta, si. Pero agora penso que xa desde o principio, inda que se agochaba moitas veces con aquilo de conseguir a paz entre os países, estaba esa vontade de crear un mercado e nada máis. Hai en Europa, nesas institucións, unha absoluta falta de democracia, as leis fainas o Executivo non o Lexislativo… -Cre que fan falta armas, violencia coa que contrarrestar a violencia dos Estado, para conseguir independencias no Norte e o no Sur? -De ningunha maneira. Non acredito nos exércitos. Ao longo da historia só serviron para dar seguridade aos ricos a base de someter aos pobres. O único soldado que admiro é o desertor."}
{"ID": "NOS_38941", "summary": "Unha intervención artística para conmemorar o 8-M que colga da fachada da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo lembro o traballo sanitario e contén mensaxes de tres milleiros de mulleres.", "text": "A artista plástica e escritora Luz Darriba é, xunto coa súa filla menor Ticiana Ghiglione, a artífice da inmensa 'rede de máscaras' que desde o pasado 8-M adorna a fachada da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, que quixo neste 2021 reivindicar a \"necesidade urxente da corresponsabilidade nos coidados\". Unha intervención artística, \"Coidarnos\", que se tivo que desenvolver en apenas dous meses e que uniu 3.000 máscaras cirúrxicas e as mensaxes doutras tantas mulleres, recollidas a través das redes sociais. \"Quixemos falar dos coidados, que facemos xeralmente as mulleres, e que son invisíbeis, non valorados, non recoñecidos e moitas veces tampouco son pagados como corresponde\", cóntalle a Nós Diario a artista Luz Darriba. Coa intervención \"Coidarnos\", trátase pois de pór en valor estes traballos \"así como tamén o das mulleres sanitarias, que son 70% do total, e estiveron na primeira liña da pandemia e seguen a estar\", recalca. Darriba, filla da diáspora galego-asturiana no outro lado do Atlántico, caracteriza a súa obra pola creación de obras de gran tamaño, colectivas, en feminino e efémeras. \"Trato de levar á práctica ideas que sexan moi sinxelas e se entendan rapidamente aínda que o proceso sexa arduo, duro e nalgúns casos bastante longo\". Con Coidarnos \"imaxinei as máscaras entrelazadas, porque quixen traballar con redes que nos inclúan a todas, as mulleres e as que se senten mulleres tamén\". Mais o traballo colectivo entrañaba, desta volta, unha dificultade engadida por mor das restricións sanitarias pola Covid-19. \"O que fixemos colectivo foi a petición, a través das redes sociais, do envío de mensaxes relativas aos coidados, ao 8-M, ao que conseguimos e ao que nos falta por acadar, e logo inscribíronse nas máscaras, unha a unha\", relata a artista. Acción artística efémera e mostra complementaria O colectivo é para Luz Darriba, \"unha rémora da miña xeración, dos anos 70 e dos procesos que se xeraron entón\", algo que ten instalado como un chip e do que non pensa desprenderse xa que \"onde o individual se pon por riba de todo, pór o acento no colectivo é contracultural\". \"Practicamente todo o que fago é colectivo e penso que así ten que ser, porque as obras sofren un proceso desde que están na miña cabeza até que teñen vida, que se materializan, e que é motivado precisamente polo colectivo, pola interacción de moitas persoas, maiormente mulleres\", argumenta Darriba. E así, esta máxima levouna ao extremo \"Coidarnos\" e a colaboración da súa filla Ticiana, comisaria da mostra \"Coidarnos é un acto político\". Unha exposición que permanecerá na sala Rosalía de Castro, da sede da Deputación en Vigo, para a que se convidou \"a 19 artistas a que interviñesen 10 máscaras cada unha\". \"Un traballo moi bonito e moi interesante de ver\", anima Luz Darriba, que ademais lembra que Ticiana Ghiglione tamén realizou \"unha peza de son que dura máis dunha hora, na que 50 mulleres relevantes da cultura do país dan os seus pensamentos, cada unha desde o seu lugar, sobre o 8 de marzo e sobre como estamos as mulleres e sobre como queremos estar\". A súa novela \"Abril\" fala da Arxentina dos 70 baixo a ditadura Luz Darriba, alén de artista plástica é tamén escritora. Recentemente publicou a súa novela Abril e con ela recuperou \"unha parte que tiña relegada de hai anos e por fin me dei o permiso para expresar tamén dese modo\", conta. Sobre os proxectos de futuro, fala pois da \"promoción de Abril, que até agora non se puido facer; e estou con outro proxecto que aínda está só na miña cabeza pero ten a ver con Maruxa Mallo\", adianta a Nós Diario."}
{"ID": "NOS_54610", "summary": "Commedia, de Contraproducións, e Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, son as dúas obras con máis nominacións na 23ª edición dos Premios de Teatro María Casares: doce e 7, respectivamente.", "text": "Son 12 en total as producións que optan ás xerras deseñadas este ano por Paula Pereira -despois de que a Asociación de Actores e Actrices de Galiza decidisen prescindir das de Sargadelos, en protesta pola deriva da histórica compañía. A leituga, de Emedous con cinco, Invisibles de Redrum Teatro e Casa O'Rei, de Ibuprofeno Teatro, con catro cada unha son as seguintes candidatas. O servidor de dous amos, de Talía Teatro; #camiños, de ButacaZero; Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro; A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos; Arnoia, Arnoia, de Pistacatro; Contos do Recreo, de Redrum Teatro; e Papatapúm, de Elefante Elegante, completan a nómina. As categorías en que compite Commedia son: espectáculo, dirección -Cándido Pazó-, actriz protagonista -Nuria Sanz-, actor protagonista -Víctor Mosqueira-, actor secundario por tripla partida -César Goldi, Avelino González e Marcos Orsi-, adaptación -Cándido Pazó-, vestiario -Suso Montero-, escenografía -Suso Montero-, iluminación -Afonso Castro-, e música orixinal -Fernando Reyes. Divinas Palabras Revolution faino en espectáculo, dirección -Xesús Ron-, adaptación -Manuel Cortés-, actriz protagonista -Patricia de Lorenzo-, actriz secundaria -Mónica García-, escenografía -Suso Montero- e maquillaxe -Fany Bello. A gala de entrega dos María Casares, promovida pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza, será o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro na Coruña. Nota: imaxe de Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego."}
{"ID": "NOS_55863", "summary": "Máis de 12 millóns de ecuatorianas e ecuatorianos decidirán este domingo o novo presidente entre o socialista Lenín Moreno, que representa a continuidade das políticas emprendidas por Rafael Correa, e Guillermo Lasso, ex banqueiro de dereitas que avoga nunha viraxe conservadora.", "text": "O movemento gobernante Alianza PAIS concorre a estas eleccións, por vez primeira en dez anos, sen o presidente Rafael Correa como candidato. É Lenín Moreno, ex vicepresidente, quen encarna o socialismo e quen aposta pola continuidade do proxecto de Correa. Lenín Moreno enfróntase a Guillermo Lasso, que avoga nun cambio conservador. As últimas enquisas, que por lei puideron difundirse no Ecuador até o 22 de marzo, sitúan Moreno en primeiro lugar cunha marxe que oscila entre os catro e os 14 puntos. Porén, algúns medios recollen proxeccións privadas que indicarían que Lasso gañaría terreo. Trátase esta da segunda volta das eleccións. A primeira volta tivo lugar o 19 de febreiro de 2017, cando Lenín Moreno obtivo o 39,36% dos apoios, fronte ao 28,09% do ex banqueiro conservador."}
{"ID": "NOS_23090", "summary": "A Federación galega do Comercio augura a desaparición de estabelecementos no sector e tamén na hostalaría. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, apremou este venres á Xunta de Galicia a que convoque unha mesa industrial para buscar unha \"alternativa\" a Vestas.", "text": "A decisión de Alcoa de parar as cubas na factoría de San Cibrao, Cervo, podería ter graves consecuencias económicas para toda a comarca da Mariña. O comercio galego teme feches de negocios que virían motivados polo apagamento das cubas e a paralización da produción, nos dous próximos anos, na factoría de Alcoa. Para o presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, con esta situación haberá \"feches\" mais xa non só no seu sector senón tamén \"na hostalaría\". Seijas non esconde a \"gran preocupación\" que se instalou no comercio. \"Levamos varias crises acumuladas ás que se fixo fronte e agora sumamos esta nova crise na Mariña con Alcoa e co feche de Vestas\", sentenciou. O responsábel da Federación confesou que reina a \"angustia\" diante \"a incerteza que se nos aveciña\". Razoa que o sector estará \"afectado diante a falta de liquidez e de seguridade económica\" por esta situación. Seijas considera que a parada das cubas afecta \"sobre todo as empresas auxiliares e contratistas que dependen directamente de Alcoa e isto vailles a representar un gran prexuízo\". Desde a Federación cren que o \"prexuízo\" non quedará na Mariña, senón que chegará a todas as comarcas de Lugo\". A alcaldesa de Viveiro pide unha mesa industrial para Vestas O futuro de Vestas tamén preocupa. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, apremou esta sexta feira á Xunta da Galiza a que convoque unha mesa industrial para buscar unha \"alternativa\" a Vestas, sobre todo que se envorque \"para que as traballadoras e os traballadores non queden na rúa\". Loureiro lembrou que o persoal \"chegou a un acordo e a unha paz social\", coa multinacional danesa de aeroxeradores, a pesar do cal máis de 90 persoas, dun cadro de persoal de 115, \"vanse á rúa\", desde o un de xaneiro. Por este motivo pediu \"que se convoque unha mesa industrial pronto para buscar unha alternativa aos traballadores que se van a quedar na rúa\"."}
{"ID": "NOS_30843", "summary": "A iniciativa Xandobela leva desde 2005 fomentando a educación non-formal e a dinamización sociocultural a través da difusión do xogo. Os membros deste colectivo, Nerea Couselo e Chus Caramés, presentan agora a plataforma web somosxogo.gal, unha proposta de divulgación do patrimonio lúdico galego que aproveita a gran creatividade que hai no país. Para comezar, abren un concurso de creación de xogos, unha feira xogantina e unha escola de xogar. A dimensión lúdica, para elas, ten que estar presente en todas as idades e se é en galego, moito mellor.", "text": "Por que é importante o xogo na nosa sociedade? Para nós o xogo é importante por ser unha maneira de sociabilizar moitos valores. Normalmente o xogo relaciónase coa infancia, mais tamén é importante na época adulta. O momento onde máis aprendemos e gozamos da vida é cando temos unha actitude lúdica. Nese eido é onde nós traballamos. A recuperación do xogo forma parte do seu traballo? En todas as súas vertentes. Sobre todo na actitude lúdica, a nivel metodolóxico. Somos educadoras e tentamos aplicar un método nas nosas intervencións. Sempre a través de recuperar o xogo en si ou como parte do patrimonio lúdico galego co que traballamos. A actitude lúdica está presente en case todo o que facemos. En que consiste 'Somos xogo'? É un proxecto que levamos moitos anos ideando, desde que naceu Xandobela. Queremos recuperar a parte positiva e proactiva que nós lle vemos ao xogo, aínda que logo as persoas cando chegan a adultas semellan esquecer que esta actividade non só forma parte da esfera infantil e xuvenil. A idea é visibilizar o potencial do xogo e a metodoloxía lúdica en todas os apartados da vida de calquera persoa. Após anos de proxectos de recuperación, quixemos que se puxesen en valor. Pensamos que no mundo do xogo faltaba moita creación en galego e quixemos partillala co colectivo. Sabemos de moita xente que crea xogos, no ámbito educativo, por exemplo. O profesorado é un gremio moi activo e creativo, sempre está a inventar xogos. Ocorre o mesmo nas familias. Que sacan das experiencias prácticas do xogo, sexa con crianzas ou con persoas adultas? A nosa experiencia sempre é moi positiva. Nas actividades e nas intervencións que facemos, cando levamos ao público xogos tradicionais ou inventados por nós nunha festa ou celebración, propomos xogos totalmente analóxicos. A xente maior recibe os brinquedos con moita alegría por lembrarlles a infancia e as crianzas sorpréndense por non imaxinar que fose tan divertido. O que máis nos gusta salientar destas experiencias é o diálogo interxeracional que se xera. É fermoso, mesmo a nivel emocional. A nivel metodolóxico os resultados tamén son bos. Calquera tipo de contido que queiramos achegar facémolo dunha maneira amena e intuitiva. Para xogar non hai que ter ningunha intencionalidade educativa, é o propio pracer polo xogo. Mais ao mesmo tempo, se se quere empregar para educar ,funciona sempre. Que perigos ten o xogo na actualidade? A realidade é moi diversa. Para as crianzas é unha necesidade, algo moi serio, é a súa función na vida. Co tema da pandemia o seu espazo de xogo natural deixou de existir. Teñen as rúas, as prazas, os parques limitados. Trae moitos atrancos para o seu desenvolvemento social e físico. Non obstante, si que vemos que se están recuperando dinámicas familiares domésticas de volver ao xogo familiar. Cando se podía baixar ao parque, ese tempo lúdico destinábase máis a acompañar a crianza e non tanto a un momento de xogar con ela. Coa pandemia, vemos que as dinámicas mudaron e as familias xogan na casa todas xuntas. Nese aspecto, os xogos de mesa recuperáronse e están a ter moi boa acollida. Ao mesmo tempo, liberáronse moitos materiais, e a nosa idea vai tamén na liña de partillar recursos, xogar xuntos e en galego."}
{"ID": "NOS_41666", "summary": "Esta iniciativa de intelixencia artificial impulsada pola USC e a Xunta aspira á \"total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico\".", "text": "O 'Proxecto Nós' chegou á súa segunda fase. Así se confirmou a pasada semana, coa sinatura dun segundo convenio de colaboración por parte do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e do conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez. 'Nós: intelixencia artificial ao servizo da lingua galega' é unha iniciativa que pretende conseguir a presenza do galego en asistentes de voz, subtitulación automática de contidos audiovisuais, apoio á diagnose médica, servizos de teleasistencia avanzada ou tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións que garantirán a presenza da lingua galega nas contornas dixitais. Agora, nesta segunda fase, os promotores pretenden acadar \"unha ampla variedade de recursos lingüísticos en galego de alta calidade que serán publicados en formato dixital baixo licenzas libres e a través de ferramentas con códigos abertos para ser empregados, libre e gratuitamente, en calquera tipo de soporte dixital polas diferentes institucións públicas, polo tecido económico empresarial e pola sociedade en xeral\". Proxecto Nós: intelixencia artificial para interactuar dixitalmente en galego en todo o mundo A fin de dar a coñecer o estado actual do proxecto, USC e Xunta da Galiza desenvolveron esta segunda feira unha xornada dirixida ao público xeral, mais tamén a universidades, empresas e administracións. O foro decorreu no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Compostela e profundou nesta iniciativa, que aspira á \"total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico\". En concreto, a segunda fase presentada esta segunda feira acomete seis subproxectos en materia de síntese de voz, recoñecemento da fala, xeración automática de textos, sistemas de diálogo, tradución automática e corrección e avaliación lingüística. A xuntanza contou cunha mesa redonda e varios relatorios, e foi inaugurada por Antonio López, Román Rodríguez, a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Galiza (Amtega), María Bobillo, e a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua do Goberno de España, Cristina Gallach. O foro contou con diversos relatorios sobre a orixe, estado actual e futuro do proxecto 'Nós' a cargo de varios investigadores que están a traballar nesta iniciativa, tanto do CiTIUS como do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, un centro de investigación que vén de cumprir medio século de vida investigando en lingüística e filoloxía galegas, así como na tecnoloxía da linguaxe na súa aplicación ao galego. Con esta xornada informativa séguense a dar pasos para avanzar no proxecto 'Nós', que vén de entrar na súa segunda fase. O novo acordo permitirá que este ano os investigadores e investigadoras avancen no traballo de campo, deseñen prototipos dos recursos, experimenten cos primeiros demostradores e creen bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións."}
{"ID": "NOS_45939", "summary": "O goberno nacionaliza Bankia, a cuarta entidade do Estado español, con máis de 10 millóns de clientes e 340.000 millóns en activos", "text": "A nacionalización de Bankia é cuestión de horas, ou como moito, días. Así o confirman círculos económicos, financeiros e do goberno central, dando por feito que a entidade pasará a ser controlada polo Estado. O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) destinou unha axuda de 4.465 millóns de euros a Bankia. Esta cantidade pasará, na operación de rescate, a ser convertida en accións, o que dará ao FROB o 56% de Bankia. De se formalizar finalmente esta nacionalización parcial, xa serían oito as entidades financeiras que tiveron que ser rescatadas polo Estado, entre elas Novagalicia Banco. A decisión de nacionalización parcial tomaríase a petición do novo presidente de Bankia José Ignacio Goirigolzarri, quen xa asumiu o cargo. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, asegurou que \"non quere adiantar acontecementos\" mentres que lanzaba unha mensaxe de tranquilidade ás e aos clientes de Bankia. O PSOE, pola súa parte, xa sinalou que non se opón á intervención- Jorquera: \"A nacionalización de Bankia será temporal para logo vendela a prezo de saldo\" O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, afirmou en relación ás informacións que indican que o Goberno de Rajoy vai anunciar a nacionalización de Bankia, que \"será unha nacionalización parcial e temporal para despois vendela a prezo de saldo e privatizala\". Jorquera considera que as nacionalizacións non poden consistir en \"meter diñeiro público nun banco privado de maneira temporal, para que unha vez saneada a entidade proceder a privatizala de novo\". Sostén o deputado do BNG que o que \"precisamos é unha banca pública de verdade\". E puntualizou que \"non precisamos nacionalizacións ao estilo INI, rescatando empresas privadas con recursos públicos para logo poñelas á venda a prezos de saldo\". Reiterou a proposta do BNG presentada esta semana para que se constitúa unha banca pública."}
{"ID": "NOS_4743", "summary": "O voceiro das FARC en Cuba, Iván Márquez, anunciou esta segunda feira un cesamento ao fogo unilateral até o vindeiro 20 de xaneiro.", "text": "Malia paralizaren as operacións militares após anunciaren o inicio das conversas co goberno de Colombia, o voceiro das FARC no proceso de negociación e número dous da organización, Iván Márquez, anunciou a pasada segunda feira a declaración feita pola dirección ás unidades guerrilleiras de todo o territorio nacional, pola que ordenaban \"a suspensión das operacións militares ofensivas contra a forza pública e os actos de sabotaxe da infraestrutura pública ou privada\", aseguraba Iván Márquez en comparecencia pública desde a cidade da Habana, onde se desenvolven os diálogos cara á paz. A tregua rematará o 20 de xaneiro de 2013 e encamíñase a amosar a vontade da organización armada de \"xerar un ambiente político propicio para o avanzo das conversas, para alcanzar o compromiso de acordar un verdadeiro tratado de paz que poña fin ao conflito social e armado\", asegurou no seu comunicado a guerrilla. As FARC aseguran que a tregua reflicten a súa vontade de xerar un ambiente propicio para o avanzo das conversas O goberno de Juan Manuel Santos continuará coas operacións militares No entanto, o goberno colombiano anunciara antes de partir cara á Cuba que \"non haberá concesións militares, nin cesamento do fogo, nin zonas desmilitarizadas\", afirmou Humberto de la Calle, membro da delegación gobernamental, quen asemade se amosou firme nos posicionamentos que o executivo colombiano manterá nas negociacións. Aliás, após o cesamento ao fogo declarado polas FARC, o ministro de Defensa colombiano, Juan Carlos Pinzón, adiantou que as forzas militares do país continuarán desenvolvendo operacións militares, asegurando que \"é un deber constitucional\" para o exército \"perseguir a todos aqueles criminais que cometeran delitos\", insistiu o representante do executivo de Juan Manuel Santos, quen aclarou, asemade, que as forzas armadas colombianas tiñan \"ordes claras do presidente\". O goberno colombiano asegura que continuarán desenvolvendo operacións militares malia o anuncio das FARC Porén, numerosas organizacións colombianas, saudaron o anuncio das FARC. Neste sentido, a ex-senadora e activista de Colombianas e Colombianos pola Paz, Piedad Córdoba, amosouse \"moi satisfeita e feliz pola mostra de boa vontade das FARC-EP\" e asegurou que a tregua recolle o sentimento de moitas organizacións colombianas a prol da paz. (Re)inicio das negociaciónsA pasada segunda feira, as delegacións das FARC e do goberno de Colombia iniciaron oficialmente na Habana a segunda fase das negociacións de paz. As roldas de diálogo durarán 10 días e procurarán avanzar nas conversos arredor da axenda marcada inicialmente. Entre os asuntos que cómpre tratar, a cuestión agrícola segue a ser a máis controvertida, porén a máis importante para as FARC-EP, que defenden a necesidade dun outro réxime de propiedade da terra e dun modelo de desenvolvemento produtivo que rache co 70% de pobreza padecido no país --máis de 30 millóns de persoas empobrecidas; 12 millóns na indixencia. No entanto, o goberno de Juan Manuel Santos asegurou inicialmente que o executivo colombiano non ía negociar o modelo de desenvolvemento do país. Asemade, debaterán sobre a garantía do exercicio da oposición política da organización armada, a participación cidadá no fin do conflito ou a forma en que este rematará."}
{"ID": "NOS_18132", "summary": "Trátase dunha veciño de Lugo con antecedentes policiais por delitos leves.", "text": "A Policía Nacional española detivo a pasada semana o presunto autor das ameazas contra a integridade física do tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, na rede social Facebook. Rubén Arroxo denuncia na Policía Nacional as ameazas sufridas no 'Facebook' Arroxo denunciou o pasado 13 de xullo no seu Twitter varios comentarios dunha persoa que animaba a \"linchar o Rubén Arroxo\" ou \"cortarlle o pescozo\". O tenente de alcalde puxo en coñecemento da Policía Nacional os feitos. Segundo a investigación dos axentes policiais, trátase dun veciño natural de Lugo, con antecedentes previos por delitos leves, polo que puideron localizalo facilmente. Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo, denuncia ameazas de morte O proceso de identificación tamén foi doado, xa que esta persoa empregou a súa conta persoal, cos seus datos reais, para verter estas ameazas e comentarios ofensivos contra Arroxo. O detido publica habitualmente comentarios despectivos e ameazas contra o Goberno español e integrantes de formacións políticas como BNG, PSOE e Unidas Podemos. Asemade, tamén se poden atopar louvanzas desta persoa ao ditador Francisco Franco no Facebook. Pintadas ameazantes En xaneiro deste ano, Rubén Arroxo xa denunciara no seu Facebook ameazas contra el. Naquel caso, tratábanse de dúas pintadas nas que se podía ler \"BNG ladrones fascistas\" e \"Cono bueno el cono muerto\". O BNG vincula á extrema dereita as pintadas que ameazaban de morte o tenente de alcalde de Lugo \"'Cono' é a palabra que usan para denominarme a min nas redes sociais coñecidos perfís da ultradereita xunto con algún concelleiro e membros do PP\", explicaba o tenente de alcalde de Lugo, que detallou que estas pintadas apareceron nun camiño polo que pasa \"con frecuencia\". En conversa con Nós Diario poucos días despois de dar a coñecer as ameazas, Arroxo explicou que non era a primeira vez que as recibía, pero que si o era en pintadas na rúa. Rubén Arroxo: \"Estamos a construír un Lugo que segue a crecer, e iso a algúns non lles vai ben\" O concelleiro nacionalista non dubidou en sinalar a extrema dereita como responsábel daquelas ameazas. \"Lugo é unha cidade moi tranquila, non adoitan ocorrer estas cousas, pero sempre hai xente que se serve do anonimato das redes ou dunha pintada nun muro para cometer estes actos covardes\", sentenciou."}
{"ID": "NOS_12381", "summary": "A iniciativa anual da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de honrar unha ou un membro da entidade na súa terra viaxa este sábado á Estrada. Nesta ocasión a homenaxe é para Xosé Manuel Martínez Oca, prolífico novelista, que reflexiona para Nós Diario sobre a súa traxectoria.", "text": "Que representa para vostede ser escollido como o autor ao que se lle dedica a homenaxe de Escritor na súa Terra por parte da AELG?Por un lado é unha nova moi agradábel e por outro tampouco lle dou unha importancia excesiva. Creo que é un medio polo que AELG trata de publicitar os nomes das autoras e dos autores que forman parte da asociación. Nese aspecto non me parece mal. A AELG homenaxeará o autor Xosé Manuel Martínez Oca na Estrada O evento procurará achegar a súa traxectoria ao seu lugar de nacemento. Que importancia tivo A Estrada na súa formación como persoa e como escritor?Na Estrada vivín os primeiros dez anos da miña vida polo que significou un período moi importante no meu desenvolvemento futuro como persoa. No acto da AELG procurarei explicar como foron eses anos. Precisamente agora lembrei as amizades que tiña de neno na Estrada e que espero ver no acto deste sábado. Para min, como para todo o mundo, ese período foi de formación. Nada excepcional Na súa traxectoria vital tiveron, daquela, máis relevancia as outras poboacións polas que pasou ao longo da súa traxectoria profesional? Si, tal vez o período que vivín na cidade de Ourense entre os 11 e os 20 anos tivo máis importancia na miña integración literaria. Despois, tamén é certo, que pasei por outras cidades como Ferrol, Cee, Madrid ou Bilbo. Ten unha gran produción literaria e unha non menor presenza en publicacións especializadas e medios de comunicación. Como entende que debería ser a relación entre literatura e prensa?Desde o meu punto de vista creo que os temas culturais, así como tamén os temas literarios, deberían ter máis espazo na prensa diaria e semanal. Aínda así creo que tampouco hai que abusar. Que temas lle soe interesar máis tratar cando se pon a escribir unha novela?Botando unha ollada estes días por riba aos libros que escribín, e recoñezo que dalgúns non me lembro, noto que en gran parte deles case a idea inicial para escribir a historia náceme nunha viaxe. Despois, moitas veces, o texto non ten moita relación coa viaxe que fixen... mais é algo moi curioso. Cesáreo Sánchez Iglesias: \"A obra é unha viaxe a unha terra que é unha galaxia de culturas, de crenzas e de idiomas\" Se cadra, cando estou de viaxe libérome un pouco da monotonía da vida diaria e podo pensar noutras cousas. En relación á temática que máis emprego, varía en cada momento. Un simple encontro pola rúa con alguén e unha conversa pode darme pé a escribir algo. Pola contra, non é a primeira vez que me paran para contarme unha historia coa idea de que a aproveite para unha novela e non me inspira para nada. A verdade é que non teño unha regra fixa. Na súa obra Tres en raia, que publicou Baía Edicións este ano, achégase de maneira directa á experiencia da amizade. Marcáronlle as amizades da súa propia vida?Si, moitísimo. Esta novela realmente parte dun feito real. Un grande amigo meu, Xaime Enríquez, que morreu de cancro de pulmón, nos seus últimos meses de vida pediunos aos amigos máis próximos que buscásemos que fora dos seus outros amigos que se perderan. Despois, a peripecia que relato xa non ten nada que ver coa realidade. Tiven amizades que me marcaron e as súas vidas servíronme para contar con temas para varias obras. Lembro, por exemplo, a novela Todo o peso do ceo (Edicións Luís Vives, 1997) onde conto practicamente a incríbel historia dun amigo de arriba a abaixo. Con esta obra non me custou, como si me aconteceu con outras, perder unha amizade. Podería adiantar a Nós Diario se verá a luz algunha obra nova súa os vindeiros meses?Na editorial que me acaba de publicar a novela, Baía Edicións, contan cunha colección de contos miña que semella que teñen intención de publicar, ao mellor, para o ano vindeiro, non o sei de certo. Por outro lado, estou dándolle voltas a unha novela que xa rematei e deilla a ler a un amigo do que me fío, mais non a vexo con bos ollos polo que aínda lle estou a dar voltas para ver que fago con ela."}
{"ID": "NOS_7124", "summary": "A portavoz de Enerxía, Noa Presas, advirte dos numerosos cambios legais realizados polo Goberno galego para beneficiar o oligopolio eléctrico. Propón un modelo alternativo con medidas que permitan ordenar o sector, protexer o medio ambiente e obter un retorno económico para as e os galegos.", "text": "A repercusión dos grandes proxectos eólicos está a causar unha enorme preocupación entre a sociedade galega. Segundo os datos da Asociación Empresarial Eólica, Galiza situouse ao remate de 2020 como o cuarto territorio do Estado con maior potencia eléctrica instalada, 3.829 megawatts (MW), a través de 186 parques, e as compañías enerxéticas teñen actualmente en tramitación no país máis de 10.000 MW, o que supón aumentar a potencia instalada en máis de 72%. Están actuando \"sen planificación, sen un axuste ás necesidades medioambientais e sociais do noso país e sen o máis mínimo consenso\", indica Presas, portavoz nacionalista de Enerxía Diante deste panorama, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) lanza unha campaña social e política para denunciar e responder á situación de \"espolio e depredación eólica\" que está a vivir a Galiza nestes momentos, cun desenvolvemento \"sen precedentes\" e a implantación de novos proxectos eólicos ao longo do territorio galego \"porque se está facendo sen planificación, sen un axuste ás necesidades medioambientais e sociais do noso país e sen o máis mínimo consenso\". O 'boom' dos eólicos A portavoz nacionalista de Enerxía, Noa Presas, a través dun comunicado de prensa, advirte de que este boom eólico sen precedentes \"non está pensado en beneficio dos intereses galegos, senón para enriquecer o grande oligopolio eléctrico\". Presas recrimina o papel consentidor do Goberno estatal e o do Goberno de Alberto Núñez Feixoo, \"que desde a Xunta está impulsando numerosos cambios legais para achaiar o camiño ás compañías eléctricas, mentres se perde biodivesidade e se perden oportunidades, tamén nun momento de crise económica, de que esta enerxía reverta no país\". Unha tarifa eléctrica galega Para o desenvolvemento da campaña, e segundo indican no comunicado, desenvolverán un conxunto de iniciativas políticas e institucionais, con distintas accións de mobilización social, encontros informativos, reunións con colectivos ou roteiros por espazos naturais afectados. Entre outras, o BNG propón un modelo alternativo que, segundo explica Presas, \"sexa sustentábel, xusto e reverta en beneficio das galegas e os galegos\". Propón a ampliación da Rede Natura e a paralización dos proxectos que lle afecten, salvagardando así espazos de alto interese ambiental No maquete de medidas, desde o Bloque defenden unha nova lexislación e un novo Plan sectorial que ordene o territorio e blinde aquelas zonas que deben estar libres de eólicos, para o que tamén propón a ampliación da Rede Natura e a paralización dos proxectos que lle afecten, salvagardando así espazos de alto interese ambiental e elementos estratéxicos como os recursos hídricos. De igual modo, e co obxectivo de obter un retorno xusto que compense o impacto ambiental e social da explotación eólica, avoga pola participación pública no sector, a través dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura das galegas e os galegos. \"Non imos parar porque nin este espolio nin esta depredación son admisibles; hai alternativa e dende o BNG continuaremos a defendela\", resume Presas."}
{"ID": "NOS_13348", "summary": "\"Levamos todo o curso coidando os nosos alumnos, expuxémonos diariamente ao virus. Cada día ao chegar ao Instituto mirabámonos con medo; e así, entre dobres máscaras e gargantas esnaquizadas, conseguimos chegar á meta do curso máis difícil\". \"E en pago a todos os nosos desvelos a Xunta non nos vacina\". Eis o testemuño da profesora dun IES da Coruña.", "text": "Helena, nome figurado, é profesora dun instituto da Coruña. Inoculáronlle a primeira dose da vacina de AstraZeneca mais, pasadas as 12 semanas, que é o tempo máximo que contemplan o laboratorio e a Axencia Europea do Medicamento para pór a segunda, segue sen cita. A súa situación padécena \"un gran número\" de profesoras e profesores. \"Levamos todo o curso coidando os nosos alumnos, expuxémonos diariamente ao virus. Cada día ao chegar ao Instituto mirabámonos con medo; e así, entre dobres máscaras e gargantas esnaquizadas, conseguimos chegar á meta do curso máis difícil\", advirte a ensinante, que lamenta \"seguir sen cita, arriscándonos a perder a inmunidade\". En conversa con Nós Diario, Helena lembra que por recibir o fármaco de AstraZeneca \"estamos na obriga de asinar un consentimento informado, nun agravio comparativo -engadido ao anterior- co resto da poboación\". \"Todo o mundo está a ser citado seguindo escrupulosamente as pautas marcadas, menos nós. Pero iso si, o presidente Feixoo saca peito falando do ben que vai a vacinación na Galiza e apunta que, en breve, vai vacinar as persoas de vinte anos; o cal aplaudimos todos, pero cumpra a pauta cos que xa excedemos o tempo entre dose\", reclama a profesora. \"Feixoo, ten vostede un grupo de cidadáns cos que está a incumprir as indicacións sanitarias, que ademais están ao seu cargo como traballadores da Xunta da Galiza. Espero que non enfermemos ningún de nós, porque se iso chegase a suceder tería un gran peso sobre a súa conciencia, á parte das responsabilidades de toda índole a que houber lugar\", expresa Helena. \"Estou segura de que vostede, que é máis ou menos da miña idade, está vacinado; como o estaría eu se me vacinasen por idade\", advirte, \"mais claro, como nos catalogaron de esenciais decidiron saltarse todas as normas sanitarias connosco, vostede e o seu conselleiro de Sanidade\". \"Estamos a esperar que nos expliquen a razón deste abandono, e só atenderemos a razóns sanitarias, non a terxiversacións interesadas inventadas polos políticos; dános igual o seu signo\", conclúe a afectada. A Xunta incumpre a promesa de adiantar a segunda dose O Goberno galego, a través do presidente, Alberto Núñez Feixoo, anunciara o pasado 23 de xuño que decidira adiantar a segunda dose do fármaco de AstraZeneca á poboación maior de 60 anos para protexer contra a variante delta -a procedente da India- do coronavirus, como xa o decidira unhas semanas antes o Goberno rexional de Madrid. A delta, con maior capacidade de transmisión que outras variantes, é máis resistente a unha soa dose do medicamento que outras. Ao apurar a segunda inoculación, Sanidade pretendía facer fronte a esa realidade, mais no caso do profesorado non só non se adiantou a segunda dose, senón que continúan a agardar pasada a semana 12."}
{"ID": "NOS_5390", "summary": "Ela é unha das nenas que aparecen nos escasos documentos gráficos das mulleres das Irmandades da Fala, \"miña nai levábanos sempre con ela a meu irmán e a min. Estabamos en todas as salsas\", salienta. É Elvira Varela, filla de Elvira Bao Maceiras e de Bernardino Varela. Recollemos extractos da conversa que mantivemos con ela e que reproduciremos no A Fondo dedicado ás Irmandades que sairá do prelo esta quinta feira, como suplemento do Sermos196.", "text": "Elvira aténdenos na sala da súa vivenda, \"este é o meu altar\" [sinala en dirección aos andeis ateigados de exemplares de gran valor histórico]. \"Colle, colle!\" [entréganos un exemplar do Álbum Nós, de Castelao], \"é orixinal e está numerado\". \"E mira, A man da Santiña, de Ramón Cabanillas, os libretos dedicados a miña nai e a meu pai\". Ela mesma descifra o manuscrito do autor: \"A Bernardo Varela, con alma, vida e corazón, seu irmán deica a morte, Cabanillas. Daquela chamábanse entre eles irmáns. E A Elvira, con vivo agradecemento polo cariño con que encarnou a María Rosa\". \"Xenaro Mariñas dicía que se miña nai se dedicase ao teatro, sería unha tráxica como Sarah Bernhardt\" Falamos dos cadros de declamación das Irmandades e da participación de Elvira Bao en representacións teatrais ao longo da Galiza. \"Contábame Xenaro Mariñas que querían moitísimo os dous, pero que tiñan devoción pola miña nai, dicían que era unha marabilla como interpretaba, e a paixón que ela poñía. Se se tivese dedicado a iso sería unha tráxica como Sarah Bernhardt, adoitaba comentar\". Tamén lembra O Fidalgo, a obra do \"zapateiro poeta\" [Xesús San Luis Romero] . \"O fidalgo era un personaxe real, por aí de Carballo ou Arteixo. Existía. Foron representar o Fidalgo á vila del. Contaba miña nai que lles cortaron a auga no hotel, cortáronlles a luz no teatro... (ri)\". Refírese tamén á énfase coa que Elvira Bao varría o chan nunha das obras que representaba, \"de tanto varrer, e varría de verdade, case afoga a Víctor Casas unha vez\". Mentres narra detalles das representacións, venlle á cabeza o Mal de moitos (de Charlón Arias) e reprodúceo de memoria, con voz de nena. \"Meu irmán e mais eu estabamos metidos en todo. Era o que respirabamos na casa\", salienta. Entre as compañeiras de reparto da súa nai atopábanse as irmás Meléndrez e Carmen Chao Maciñeira. O nacionalismo e a censura de Vicetto Preguntámoslle cal é o pouso que deixaron os seus pais no nacionalismo: \"O que fixo toda esta xente non ten prezo, pois non había nada. O que hai agora, todo o que hai, é por eles. Eles puxeron os cimentos e de aí se desenvolveu todo\". Elvira é todo memoria. E vitalidade. Levántase do que chama o seu \"trono\" (o sofá) e colle a Historia de Galicia de Murguía. \"Teño tamén a Historia de Galicia de Vicetto que lle censuraron na ditadura de Primo de Rivera porque escribira que o tempo non tiña principio nin fin, que o tempo era eterno. Dixéranlle os censores que Si el dios de usted es el tiempo, yo escupo a ese dios\". A Elvira Bao mestra Elvira Varela cóntanos que as mulleres de principios do s.XX \"estaban a bordar, a zurcir calcetíns... Había pouca xente que estudara, pero miña nai estudou Maxisterio. Quixo estudar Pedagoxía e non puido porque había que ir a Madrid\". \"Cando rematou, non tiña idade para presentarse as oposicións e entrou a traballar no Sanatorio (en Oza). No verán viñan colonias de Madrid e Ourense, de sitios nos que non había mar. Eran rapaces, de 14 ou 15 anos, que armaban uns escándalos no comedor... tiraban cos pratos, metíanse coas monxas... Daquela comezou a traballar miña nai. Levaba 18 anos cando a guerra. Total, non lle serviu de nada\". \"María Miramontes e miña nai estaban metidas en todo xuntas\" Preguntámoslle polas Escolas de Insiño Galego de Ánxel Casal e de María Miramontes. Elvira Bao estaba chamada a ser a mestra do grupo de rapazas. \"A escola chegou a funcionar pero miña nai non puido dar clase porque nesa época enfermaron os seus pais. Os dous á vez\". Lembra a amizade que unía súa nai con María Miramontes. \"Estaban metidas en todo as dúas. Míraa aquí está e aquí [amosa fotos]. Ves? E aquí estamos meu irmán e eu\". As monxas que se disfrazaban de asistentas do fogar Falándomos do dereito ao voto das mulleres, Elvira Varela recupera a historia dunha das eleccións nas que súa nai actúa de vogal nunha mesa. \"Viviamos en Rubine e en fronte había un convento de monxas. O día das eleccións, miña nai, xa pensando nos embuchados [alguén que vota por outra persoa] levaba unha lista na que escribira os nomes de todas as serventas que traballaban nas casas. Fixera a lista por mediación da rapaza que traballaba na nosa casa\". Lembra que conforme o servizo doméstico votaba, ela riscaba os nomes. \"Descubriu unha monxa agochada tras un cesto e vestida cun mandil. Era unha monxa do convento! Díxolle que non podía votar porque xa exercera o dereito ao voto\" e o presidente deulle a razón a miña nai. A Agrupación Republicana da Coruña Elvira Bao Maceiras tamén formaba parte da Agrupación Republicana da Coruña, \"era un grupo de mulleres que ían contra a guerra. De político tiñan o nome, que eran republicanas e non monárquicas, pero era unha agrupación cultural\". \"Lémbrome de ela ter as súas reunións nun piso en Santa Catalina, e estar nós alí, con outros nenos. Mentres elas facían o que tiñan que facer, nós xogabamos cos fillos dos donos da casa. Alí había actividades de solfeo... iso é o que era, unha asociación cultural\". \"Miña nai e Amparo López Jean eran un tándem\" \"E claro que defendían os ideais das mulleres, pero era algo cultural. Alí estaban, entre outras mulleres, Amparo López Jean e a miña nai. Eran as que decidían todo, eran un tándem. Por un tempo miña nai era presidenta e Amparo vicepresidenta e viceversa\", engade. Bernardino Varela e as súas armas Amais das anécdotas, Elvira Varela lembra os momentos máis duros a respeito \"do día dos tiros\". \"Ese día estabamos con miña nai no Sanatorio de Oza e alí quedamos, pero meu pai estaba na casa. Dicía que os tiros saían de todas as partes, das garitas do convento das monxas\". \"Como viviamos nun cuarto andar, con moi boas vistas, o veciño do primeiro, que era de dereitas, díxolle á garda civil que podían subir á azotea. Non denunciou a meu pai, pero os gardas entraron na casa e preguntáronlle se tiña armas. Meu pai, que tiña moita retranca\", abriu a biblioteca e díxolles estas son as miñas armas, polos libros. \"Estas son as miñas armas, díxolles meu pai aos gardas, sinalando os libros, o día dos tiros\" Elvira salienta a bondade de seu pai: \"Mira ti, non tiña maldade ningunha. Cando os gardas baixaban as escaleiras, meu pai lembrouse de que tiña agochado tras a biblioteca, por medo a que o colleramos nós, un caxato de estoque que era de meu avó. Tíñalle moito cariño porque estaba tallado. Levoullo á garda civil e díxolles: Se consideran que isto é arma... Así foi como o levaron\". Bernardino botou 15 días apresado, \"xunto á corte dos cabalos, que lle daban couces\". \"Rece por su alma\", dicían de Elvira Bao Aos catro días de liberar a Bernardino, apresaron a Elvira Bao. \"Tenemos acusaciones muy graves contra usted: es usted amiga de la mujer del gobernador (Juana Capdevielle) y de la de Mazariegos. Esas eran as acusacións, cando miña nai só coñecera a Juanita nun acto e tomara un té con ela\". A Elvira Bao trasladárona ao cárcere unha noite. \"Ela non quería, porque ao ser de noite temía que lle pegasen catro tiros, pero a sorte púxose do seu lado. O chofer que a levaba da comisaría á cadea era amigo de meu pai. Anos despois atopámolo na rúa e deulle unha aperta enorme. Contoulle á miña nai que a policía lle pedira que rezase por su alma\". A Suárez Ferrín recortáronlles todas as cartas que escribira na noite na que o mataron A derradeira vontade de Suárez Ferrín non se cumpriu Das experiencias de Elvira na cadea, a testemuña directa das Irmandades da Fala recupera a padecida por Alfredo Súarez Ferrín, alcalde da Coruña. \"O habitáculo no que durmía miña nai estaba separado da capela por un tabique e escoitaba todo. Escoitaba o crego despedir os apresados que ían matar\", afirma. Suárez Ferrín pasou a súa derradeira noite escribindo. \"Cando saíron as mulleres do cuarto no que durmían, miña nai viu unha cesta de vimes, as que se usaban para a roupa do ferro de pasar, ateigada de anaquiños de papel. Recortáranlles todas as cartas. Xa ves, non se cumpriu nin a súa última vontade\". A liberdade, no interior dunha bóla de pan Antes de nos transmitir a posta en liberdade da súa nai, Elvira Varela volve dirixirse cara aos andeis da libraría e trae un anaco de madeira entre as mans. É unha peza rectangular co nome de Elvira Bao Maceira labrado. \"Era a ficha que lle fixera meu pai para pendurar do cesto da comida que lle levaba ao cárcere a mamá\". Precisamente, dun dos restos de pan que Elvira devolvera xunto aos pratos sucios atopábase o pasaporte que lle daba liberdade. A bata de mamá seguiu colgada no cuarto de baño mentres ela estaba no cárcere. Ía soa ao baño a coller entre as mans a bata e a cheirala. Faltábame! \"Miña nai por fin conseguira saber quen a denunciara e por que a apresaran. Era por ostentacións dos seus ideais. A denuncia viña do Sanatorio. Un papel agochado nun buraco que lle fixera ao pan que mandaba de volta á casa narraba a noticia. \"Meu pai enseguida nos levou a meu irmán e a min ao Sanatorio para que lle chorásemos e lle pregásemos ao administrador pola miña nai. El dicía que non podía facer nada, pero aos tres días, xa estaba fóra\", explícanos. Daqueles tempos, o que máis lembra é o olor da bata da súa nai, \"a bata de mamá seguiu colgada no cuarto de baño mentres ela estaba no cárcere. Ía soa ao baño a coller entre as mans a bata e a cheirala. Faltábame!\". A vida en San Roque de Fóra, na fin da Coruña Após a posta en liberdade de Elvira Bao e dadas as recorrentes visitas da policía á casa situada en Rubine, a familia decidiu deixar o centro da cidade para se mudar a San Roque de Fóra: \"Viviamos ao final de todo. Era como a fin de mundo. Estabamos ao lado das cortes dos porcos. Que mal cheiraba alí cando os limpaban... con todo o mexo. Aínda así, en San Roque estabamos ben porque estabamos tranquilos\". \"Meu pai morreu de tristura porque lle mataron todos os seus amigos\" Bernardino e Elvira nunca deixaron de recibir noticias sobre os represaliados. \"As viúvas, as mulleres dos apresados... todos viñan á nosa casa porque dicían que Bernardino lles inxectaba optimismo. Bernardino, ponnos unha inxección de optimismo!\". Mais, ao final, Bernardino, do que Elvira garda o carné das Irmandades, morreu de pena. \"Meu pai morreu de tristura porque lle mataron todos os seus amigos. Eran persoas de ben... Faleceu de cirrose hipática, pero non bebía. Un litro de viño duraba na casa unha semana. Matárono os desgustos\". Entre as saias de María Barbeito, Carmen Parga, Pilar Durán, María Miramontes, as irmás Meléndrez, as irmás Chao Maciñeira ou de Amparo López Jean pasou os primeiros anos de infancia de Elvirita, como a chamaban. Os últimos de Bernardino e Elvira Bao foron por conta duns aforros que gardaban para levar os seus fillos a Barcelona, \"meus pais tiñan gardados uns cartiños para levarnos a Barcelona, pero estaba esperando a que medraramos un pouco. De Madrid non quería saber nada\". \"Eran separatistas\", espeta. \"Bueno, bueno, nacionalistas. O deles eran os cataláns, Catalunya, os vascos...\". Eses cartiños déronnos para vivir, comenta Elvira Varela, que lembra seus pais como \"persoas íntegras\" e que \"sempre defenderon as mesmas ideas\". \"É imposíbel que lles fixesen mal a ninguén\", salienta. \"Meus pais de Madrid non quería saber nada. Eran separatistas. Bueno, bueno, nacionalistas. O deles eran os cataláns, Catalunya, os vascos...\" Antes de nos despedir, Elvira quere contarnos en que pasa o tempo: tece a ganchillo decenas de figuras de animais e bonecos que adornan a súa sala e a libraría que garda tanta documentación. Gostaría de ter os rascuños das conferencias e actos dos que participou a nai, \"cando me vin vivir para aquí busquei por todas as partes, mais non dei con nada diso. Queimárono para evitar problemas\". \"Quizais teña información ao respeito La Voz. No seu arquivo apareceu non hai moito un anuncio por palabras de meu pai ofrecéndose a dar cursos de galego. Era xuño do 1936\". Un mes após de se publicar ese anuncio comezaba o terror na casa de Elvirita."}
{"ID": "NOS_16227", "summary": "Reclama que sexan reasentadas. Entretanto, Grecia adía a execución do acordo con Turquía.", "text": "Esta cuarta feira decorre en Xenebra unha cimeira internacional sobre a crise de persoas refuxiadas. No marco deste encontro o Alto Comisionado das Nacións Unidas, ACNUR, cifrou en un de cada dez (dun total de 4,8 millóns) o número de refuxiadas sirias que se atopan en situación de vulnerabilidade nos campos localizados nos países veciños --principalmente Xordania, Líbano e Turquía-- polo que deberían ser reasentadas nos vindeiros tres anos. A cimeira prevé abordar as fórmulas para levar a cabo o reasentamento destas persoas Cumpre lembrar que, segundo os dados fornecidos pola Comisión europea, a UE só reubicou 937 persoas das 160 mil que se comprometera no mes de setembro. De entre elas, unicamente 18 no Estado español embora ter asumido unha cota de máis de 8 mil en dous anos. Na Conferencia de Xenebra participarán 92 países, seis organizacións internacionais, 14 axencias da ONU e 24 ONG. Tamén o secretario xeral, Ban Ki-moon e o responsábel de ACNUR, Filippo Grandi. Na cimeira abordaranse as posíbeis fórmulas de reasentamento que poderían adoptar os estados como \"traslados humanitarios, visados privados\", \"reunificacións familiares\" ou \"prácticas e programas de empreso\", sinalan desde o Alto Comisionado. Grecia O encontro prodúcese após a sinatura do acordo entre a UE e Turquía que prevé a deportación masiva de persoas refuxiadas desde Grecia. Neste senso e embora estar previsto o debate da aplicación deste acordo no Parlamento grego para esta cuarta feira, finalmente o goberno heleno decidiu adialo por mor das divisións internas en Syriza. A portavoz do goberno di que a lei será presentada \"nos vindeiros días\" e que \"non recoñece Turquía ou outro país\" como \"terceiro país seguro\" Através dun comunicado conxunto diversas persoas da organización amosaron a súa oposición ás deportacións polo que a voceira do executivo, Olga Gerovasili, comunicou que se trasladará a proposta lexislativa \"nos vindeiros días\", sen concretar cando. Segundo Olga Gerovasili o bosquexo elaborado polo goberno \"non recoñece Turquía ou outro país\" como \"terceiro país seguro\" --un dos requirimentos que fan parte do acordo asinado entre o Consello europeo e Ankara. Porén, acrecentou a portavoz do goberno grego, \"a lei porá como condición que un terceiro país só pode considerarse seguro\" se \"respectar o Tratado de Xenebra e non devolver os refuxiados\" ao territorio do que fuxen, segundo recolle a axencia de noticias EFE. Cumpre lembrar que Turquía ten asinada a Convención mais non os protocolos anexos á mesma. Aliás, xornalistas deslocadas en Istambul sinalan que está a deportar a países en conflito, nomeadamente Afganistán, demandantes de refuxio. De acordo co documento asinado entre a UE e Turquía a catalogación de Turquía como 'país seguro' é un elemento chave para desenvolver as deportacións."}
{"ID": "PRAZA_18355", "summary": "A Eurocámara pide a prohibición de grupos e organizacións neofascistas e de \"calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo\". O texto defende a exhumación de Franco e repara en casos como a denuncia imposta aos activistas que ocuparon Meirás.", "text": "O Parlamento Europeo aprobou este xoves unha resolución na que reclama a prohibición de grupos e organizacións neofascistas e coa que abre a porta á ilegalización da Fundación Francisco Franco. Con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións, o documento insta as autoridades estatais a que prohiban de xeito efectivo esas asociacións neonazis e fascistas \"e calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo\". A Eurocámara insta a prohibir \"calquera fundaicón ou asociación que exalte ou glorifique o nazismo e o fascismo\" O Parlamento denuncia con esta resolución que a falta dunha resposta decidida contra estes grupos posibilitou o auxe actual da xenofobia en Europa e lembra no texto o ataque en Noruega en 2011 con 77 persoas mortas, o asasinato da deputada británica Jo Cox en 2016 ou a agresión fascista contra a eurodeputada Eleonora Forenza en Italia. No caso de España, e logo de aprobárense as emendas, a Eurocámara alude á decisión do Congreso de exhumar dos restos de Franco e trasladalos fóra do Valle de los Caídos e asegura que se debe \"proceder á retirada efectiva de todos os demais símbolos ou monumentos que exalten o alzamento militar, a guerra civil e a ditadura de Franco\". E indica que aqueles que non poidan ser retirados deberían ser obxecto dunha contextualización e reinterpretación para contribuír á concienciación pública e á memoria histórica. O Parlamento Europeo insta á exhumación de Franco e á \"retirada efectiva de todos os demais símbolos ou monumentos que exalten o alzamento militar, a guerra civil e a ditadura\" Ademais, respecto de incidentes con grupos fascistas, o Parlamento lembra a investigación aberta contra doce membros da organización neonazi Hogar Social Madrid por incitación ao odio, a condena a varias persoas polo ataque ao Centro Cultural Blanquerna, as ameazas ao presidente de SOS Racismo ou as acusacións que a Fundación Francisco Franco e a familia Franco levou a cabo contra os cidadáns que se manifestaron ante o Pazo de Meirás. Todos os eurodeputados españois votaron a favor da resolución consensuada, pero o PP de Pablo Casado votou en contra das emendas que facían referencia a casos españois como o da entidade fascista ou a do grupo neonazi madrileño. Y lo ha hecho con el voto en contra del PP de Pablo Casado, que votó a favor de la resolución consensuada y en contra de las tres enmiendas incorporadas que mencionan a la Fundación Francisco Franco, al Valle de los Caídos y a Hogar Social Madrid. A resolución aprobada repara nas acusacións da Fundación Franco contra os activistas que 'ocuparon' Meirás e que hoxe declararon en Betanzos Precisamente, neste mesmo mércores foron a declarar nos xulgados de Betanzos os 14 activistas que faltaban por comparecer ante o xuíz tras a denuncia presentada polos Franco contra os protagonistas da ocupación simbólica do Pazo en agosto do ano pasado. Os coñecidos como 19 de Meirás foron apoiados por unha concentración e reclamaron ao Estado que presente xa a demanda civil apra solicitar a devolucion das Torres ao patrimonio público. Concentración de apoio aos 19 de Meirás ante os xulgados de Betanzos / 19deMeirás No Parlamento europeo, a un tempo, a resolución aprobada argumenta que a impunidade da que gozan as organizacións de extrema dereita nalgúns estados membros é unha das razóns que explican o incremento de accións violentas contra a sociedade ou minorías concretas. \"Esta é unha gran noticia para Europa, para a democracia e para o respecto aos dereitos e as liberdades\", di Ana Miranda \"Esta é unha gran noticia para Europa, para a democracia e para o respecto aos dereitos e as liberdades\", subliñou a eurodeputada do BNG e membro do grupo Verdes-ALE, Ana Miranda, tras a votación. Ela foi unha das principais impulsoras dunha resoluciónpromovida polas eurodeputadas Eleonora Forenza (GUE) e Soraya Post (S&D) e que finalmente contou co apoio dos grupos ALDE e EPP. Na resolución, a Eurocámara pide aos países que condenen e sancionen con dureza todos os delitos de odio, de incitación ao odio e de busca de chibos expiatorios por parte dos políticos e funcionarios públicos, xa que estas actitudes \"normalizan e reforzan o odio e a violencia\". Tamén pide medidas contra a propagación desas ideas xenófobas a través de internet e a implicación dos Estados, as federacións deportivas e en particular os clubs de fútbol para queu loiten contra o fascismo e o racismo \"condenando e castigando os responsables e promovendo actividades educativas positivas\". A Fundación Francisco Franco considera a resolución do Parlamento Europeo \"liberticida, sectaria e antidemocrática\" A Fundación Francisco Franco respondeu nun comunicado asegurando que a pretendida ilegalización \"sitiuaríase absolutamente á marxe da orde constitucional\" e cre que a resolución do Parlamento Europeo é \"liberticida, sectaria e antidemocrática sen precedentes\". Ademais, considera que se se puxese en cuestión a súa existencia, debería actuarse tamén contra fundacións como as de Pablo Iglesias, Largo Caballero ou José Barreiro e aquelas \"de corte marxista e mesmo bolivariano\". A entidade fascista acusa o \"goberno frentepopulista\" de intentar \"retorcer a lexislación ou mudala se fose necesario\" para \"desfacerse\" da Fundación Francisco Franco. Tamén ameaza con \"levar ata o final a defensa da casa humilide e precaria pero que conta con dous pilares indestrutibles: a fe en Deus e o amor apaixonado a España\"."}
{"ID": "NOS_14274", "summary": "Isabela II é o nome da mina que unha empresa madrileña pretende explotar en terreos dos concellos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas.", "text": "A compañía española Grupo M-FM 2001, S.L., con sede en Madrid, avanza no seu afán por explotar unha mina de grandes dimensións que ocuparía terreos pertencentes aos concellos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas. O pasado 15 de xaneiro, o DOG publicaba o anuncio do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, mediante o cal se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II. A empresa madrileña, cuxo obxecto social é a solicitude e adquisición de dereitos mineiros e a explotación industrial mineira, solicitou o 20 de xuño 2011 o permiso de investigación mineira. Na solicitude constaba que a mina ocuparía 156 cuadrículas en terreos que pertencen a Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco. A Xefatura Territorial da Consellaría de Economía e Industria resolveu favorabelmente a admisión definitiva da citada solicitude o 4 de febreiro de 2013. É agora cando as persoas afectadas polo permiso de investigación mineira poden acceder ao expediente, que se atopa no edificio administrativo da Xunta de Galiza na Coruña, para presentar as alegacións en trinta días hábiles. A mina afectaría arredor de 4.350 hectáreas Unha mina cinco veces maior que a de Corcoesto Segundo o anuncio do DOG, os terreos ficarían afectados por 156 cuadrículas mineiras, a unidade que se emprega para identificar a localización de concesións mineiras. Cada cuadrícula mineira equivale, aproximadamente, a 28 hectáreas, segundo o Plano Sectorial de Actividades Extractivas, polo que, neste caso, estarían afectadas arredor de 4.350 hectáreas. A mina de Corcoesto, proxecto que grazas á mobilización social naufragou, ocupaba 29 cuadrículas mineiras, o equivalente a unhas 810 hectáreas. Na actualidade, segundo os datos da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, existen na Galiza 362 explotacións activas, á marxe das empresas balnearias e das plantas de envasado de auga mineral."}
{"ID": "PRAZA_7906", "summary": "Tan só o PP votou a favor dunha norma que tamén lle outorga ao Goberno central a decisión, por riba da Xunta, sobre la prórroga de Ence.", "text": "O Congreso aprobou este martes a reforma da Lei de Costas, que dende hai meses esperta as criticas dos grupos ecoloxistas e dos partidos da oposición. A reforma saíu adiante unicamente cos votos do Partido Popular, e CiU abstívose. O resto de grupos votaron en contra dunha norma que só en Galicia legalizará milleiros de vivendas construídas na primeira liña da costa e que até agora se atopan nunha situación de ilegalidade. A Xunta considera que esta medida permitirá regularizar en Galicia unhas 12.500 vivendas, das que 4.500 se beneficiarán de forma directa e outras 8.000 dependerán de que os respectivos concellos realicen os trámites oportunos para delimitar esos núcleos rurais. A Xunta considera que esta medida permitirá regularizar en Galicia unhas 12.500 vivendas O máis preocupante da nova norma é que Medio Ambiente autoriza agora a reducir nas rías a servidume de protección de 100 a 20 metros equiparando as rías a ríos, o que como é evidente afecta de forma moi importante a Galicia. Tamén se ampliarán os prazos máximos das concesións até 75 anos. Ante a perspectiva do vencemiento das concesións vixentes a partir de 2018, establécese a posibilidade dunha prórroga extraordinaria das outorgadas antes da entrada en vigor da lei de reforma, por un prazo máximo de 75 anos. Moitas vivendas e urbanizacións que até agora estaban nun limbo legal pasan a estar dentro da norma e a consecuencia é que todas as rías galegas pasan a estar desprotexidas, a expensas de que calquera poida construír nelas en primeira liña de mar. Guillermo Meijón afirma que \"para Feijóo sería a escusa perfecta. O Goberno permitiralle salvar a cara e exculparse se Ence obtén a prórroga da concesión\" Estes cambios tamén afectan ás industrias, polo que ENCE podería aproveitar a lei para permanecer na ria de Pontevedra \"70 anos máis\", segundo ADEGA. E é que a norma tamén lle outorga ao Goberno central a decisión, por riba da Xunta, sobre la prórroga de Ence. O PP introduciu unha emenda de forma que o Goberno, \"aludindo a causas de interese xeral e mediante unha exposición razoada\", ten a última palabra para poder decidir en contra do criterio do Goberno galego. PSOE e BNG xa alertaron sobre esta posibilidade e socialista Guillermo Meijón afirmou que \"para Feijóo sería a escusa perfecta. O Goberno permitiralle salvar a cara e exculparse se Ence obtén a prórroga da concesión\". ADEGA lembra que a lei de 1988 \"foi a última liña de defensa da cidadanía para salvagardar este patrimonio público fronte ás desfeitas ADEGA lembraba hai uns meses que a lei de 1988 \"foi a última liña de defensa da cidadanía para salvagardar este patrimonio público fronte ás desfeitas, malia a que non poucas veces foron as propias administracións as principais promotoras do seu incumprimento\" e salienta que \"defender as nosas rías, praias, dunas, cantís, coídos e xunqueiras, é protexer un ben común e garantir un futuro sustentábel para as comunidades que viven do litoral\". A asociación cre que a norma supón \"traspasar terreos públicos a mans privadas, tanto por reducir a definición do DPMT como pola ampliación das concesións a 75 anos\". Tamén Ecoloxistas en Acción rexeitan a modificación da Lei de Costas pois \"reduce perigosamente a protección do litoral existente até agora, favorece a privatización e a especulación urbanística incontrolada en boa parte da costa e estabelece infinidade de excepcións sen xustificación\"."}
{"ID": "NOS_49292", "summary": "O pasado 20 de xullo comezaron as festas do Apóstolo deste verán 2021, unha celebración moi agardada despois da súa cancelación o pasado ano. O programa cultural desta festividade conta cunha gran variedade de actividades que van desde actuacións musicais até shows na rúa. Como cada ano, os fogos de artificio da noite do 31 pecharán as festas e o mes.", "text": "As festas do Apóstolo Santiago, quizais a celebración máis importante da Galiza e desde logo a máis agardada do ano, abranguen a segunda quincena de xullo. Debido á situación pandémica, as festas foron canceladas por primeira vez en 2020, despois de séculos rendendo homenaxe ao santo, polo que se iniciou a vía de peregrinación máis universal, o Camiño de Santiago. Santiago de Compostela é recoñecida como unha das tres cidades santas despois de Xerusalén e Roma. Por isto milleiros de persoas de todas as partes do mundo visitan a capital galega ao longo do ano, principalmente a través dalgún dos camiños de Santiago oficialmente recoñecidos. Semella case un rito chegar a Compostela e observar a catedral desde a praza do Obradoiro, que acolle maior número de peregrinos en datas tan sinaladas como as das dúas últimas semanas de xullo, nas que a cidade celebra cada ano as súas festas grandes en honor a Santiago 'O Maior', con numerosos acontecementos e actividades: teatro, concertos, concursos, desfiles ou fogos de artificio, que fan desta conmemoración un dos maiores atractivos da cidade, cuxo santo patrón, que tamén o é da Galiza e do Estado, recibe unha ofrenda desde o ano 1643. A orixe da festividade O 25 de xullo, á par que se conmemora o Día da Patria Galega, tamén se celebra a ofrenda a Xacobe ou Santiago 'O Maior', coñecido como o Apóstolo Santiago, un dos doce 'fieis seguidores' de Cristo. A orixe desta festividade remóntase ao século IX, pois foi durante o reinado de Afonso II que comezou a consolidación da monarquía na Galiza altomedieval, a pesar de ser chamado polos historiadores decimonónicos españois \"rei de Asturias\" polo de negación que había do reino da Galiza. Este rei galego, canda o tamén galego bispo Teodomiro, de Iria Flavia, e o ermitán Paio foron os artífices da descuberta da tumba do apóstolo Santiago. Naquela altura, a Gallaecia era un territorio non ocupado pola expansión musulmá que se estendera pola Península no século VIII, de aí a necesidade de facerlle fronte coa creación dunha igrexa no único territorio peninsular cristián. A 'casual' descuberta dos restos de Santiago 'O Maior' en Compostela supuñan o inicio do culto ao santo e das peregrinacións que o reino cristián da Galiza precisaba para consolidarse. Até o ano 1080 a festa de Santiago celebrábase o 30 de decembro. Será no século XI cando a liturxia romana recolla o 25 de xullo como día de Santiago Apóstolo, deixando o 30 de Nadal para a festa da Translación, que conmemora o transporte dos restos de Santiago até o lugar no que se descubriran no século IX, Compostela, que a partir de entón converterase na cidade de Santiago de Compostela, lugar de peregrinaxe á altura de Roma e Xerusalén. Conta a tradición popular que os restos do Apóstolo foran trasladados desde Palestina até a Galiza de maneira absolutamente milagreira, nunha barca de pedra, remontando pola ría de Arousa, coa intervención da raíña galaica Lupa, con fortaleza no castro Lupario, e coa axuda duns touros bravos que tornaron bois mansos e levaron os restos de Santiago 'O Maior' desde Bastavales a Compostela. No século XII, o arcebispo Diego Xelmírez encherá de gloria e prestixio a cidade compostelá como corazón do reino da Galiza. Entre outras cousas, logrou do Papa o privilexio do perdón dos pecados para quen peregrinase a Compostela o ano en que o 25 de xullo coincidise en domingo, grazas que só outorgaba a igrexa de Roma en anos xubilares, é dicir, cada vinte e cinco anos. Trátase da bula Regis aeterni, a máis antiga que se conserva. Tamén se debe a Xelmírez a elaboración a cargo dos relixiosos da orde de Cluny do Códice Calixtino, libro referencial do xacobeo, que no século XV foi parcialmente traducido do latín ao galego e pasou a ser coñecido como os Miragres de Santiago, recollendo unha Guía do Peregrino, considerada hoxe a primeira guía turística europea. Agora ben, a ofrenda ao Apóstolo Santiago e o espectáculo pirotécnico teñen a súa orixe no século XVII e débese ao papa Urbano VIII quen, en 1630, decidiu que Xacobe (Santiago) fose recoñecido como o único patrón do Estado español. Esta celebración convoca, desde hai catro séculos, fieis e peregrinos diante da catedral compostelá na noite do 24 de xullo para ollar o lanzamento de foguetes e a queima dun castelo, pois así era no seu inicio o espectáculo pirotécnico. As actas escuras Desde que no ano 850 o bispo francés Gotescalco se convertera no primeiro peregrino a Compostela do que se tiña coñecemento, moitos foron os peregrinos e peregrinas que encheron o Camiño Francés e outros que se foron abrindo a través do tempo; pero os avatares históricos levaron a Compostela e á Galiza ao decaemento na fin da Idade Media e boa parte da Idade Moderna, polo que, na escuridade, foise esquecendo mesmo o lugar onde se atopaban as reliquias do santo cristián. Até que, no século XIX, o cardeal Payá"}
{"ID": "PRAZA_8309", "summary": "Os empregados do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol denuncian a actitude da Cámara de Comercio, que leva dous anos sen achegar cartos e do Concello, que non o fixo nos últimos meses", "text": "Os empregados do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol concentráronse este martes diante do Concello de Ferrol para facer público o seu conflito laboral, e o feito de levar sete meses sen cobrar. O Concello de Ferrol posúe o 45% do accionariado de FIMO, e o 55% é propiedade da Cámara de Comercio. A Cámara de Comercio leva dous anos sen achegar cartos e o Concello aínda non o fixo neste 2013. Os traballadores denuncian a privatización das feiras, que -aseguran- serían rendibles para poder paliar a actual situación que padecen. Ademais das débedas cos traballadores e traballadoras en activo, FIMO ten que facer fronte a tres sentenzas xudiciais perdidas a favor de tres dos cinco despedidos da entidade."}
{"ID": "NOS_47229", "summary": "A arbitrariedade dos mapas, a xeopolítica das migracións, o territorio desde as marxes, a nova división internacional do traballo. Sobre estes e outros asuntos fundamentais para comprender o mundo contemporáneo tratarán 15 expertas e expertos na 36ª edición da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, que comeza este 22 de abril.", "text": "Organizada en sesións diarias de mañá, tarde e noite, polo Teatro Principal de Pontevedra pasarán algúns dos máis reputados estudosos e estudosas internacionais do fenómeno, ao tempo que cinco investigadores galegos pensarán \"a fronteira na Galiza\". Será nas sesións de tarde, entre as cinco e as nove. Francisco Rodríguez falará sobre \"a fronteira ausente\" no mundo galego portugués medieval (22 de abril); Cheikh Faye sobre migración e integración en Galiza (23 de abril); Xosé Manoel Núñez Seixas sobre Galiza como pobo migrante (24 de abril); Xosé Luís Barreiro Barreiro sobre \"filosofía, identidades, fronteiras\" (25 de abril); e Paula Godinho sobre a raia galego portuguesa (26 de abril). Mais antes, a socióloga Saskia Sassen, unha das principais teóricas críticas do mundo a respecto da fronteira e as migracións, ofrecerá a conferencia inaugural, esta segunda feira ás dez e media da mañá: Formacións depredadoras vestidas con traxes de Wall Street e matemática algorítmimca. A italiana Emanuela Fornari disertará sobre \"fronteiras epistémicas e revolución espacial\" (tamén ás dez e media, 23 de abril), o portugués Boaventura de Sousa titula a súa intervención Aprendizaxes globais (dez e media, 24 de abril), o catalán Joan Nogué tratará de \"límites e fronteiras\" (25 de abril, ás dez e media) e o español José Solana, dos Sofistas: demolendo fronteiras. As sesión de noite, a partir das oito do serán, responden ao epígrafe xeral Retos e trampas da fronteira. Comezará Ángeles Díez, socióloga, con Emigrantes refuxiados e terroristas, tres consignas da propaganda de guerra (22 de abril); o filósofo John Holloway, de procedencia anarquista, dirá Rompamos todas as fronteiras! (23 de abril); o psiquiatra Joseba Achotegui pronunciará Emigrar en situación extrema (24 de abril); a antropóloga Ángeles Ramírez, Mulleres sen fronteiras (25 de abril). A conferencia de clausura correrá a cargo de Buchraya Hamudi Bayun, ex primeiro ministro da República Árabe Saharauí Democrática. A Semana Galega de Filosofía é unha iniciativa da Aula Castelao de Filosofía, conta co patrocinio do Concello de Pontevedra e mais da Universidade de Vigo e coa colaboración da Xunta, a Deputación, Paradores e o Colexio Provincial de Avogados."}
{"ID": "NOS_18138", "summary": "Piden ao goberno galego o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano, alén doutras medidas e actuacións", "text": "Representantes d@s empregad@s públicos entregan esta cuarta nos rexistros da Xunta e do Parlamento máis de 3.000 sinaturas recolliddas entre este colectivo. Unhas sinaturas con que se demanda o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano. Os apoios recadáronse entre o 28 de novembro e esta semana As e os promotor@s da iniciativa apuntan que \"esta medida non implica renunciar ao dereito da paga extra de decembro do 2012 senón que supón unha medida compensatoria mentres se substancie a vía xudicial ou se produza a eventual recuperación por parte do goberno\". Aliás, lembran que \"se trata dunha medida completamente legal e que non incumpre co RDL 20/2012 que suprimiu a percepción da paga extra de decembro de 2012; foi a Comunidade de Navarra a pioneira ao a anunciar en setembro. Por suposto, tampouco supón un aumento do gasto nin incumpre a conxelación salarial imposta para o ano que vén polos gobernos estatal e autonómico\". Comercio Alén desta entrega de sinaturas, membros da Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos servizos centrais da Xunta contactarán con diferentes representantes do comercio de Compostela para intercambiaren opinións sobre o efecto da retirada da paga extra sobre o comercio local e buscaren apoios mutuos."}
{"ID": "NOS_37741", "summary": "Leo Messi e seu pai Jorge Messi foron condenados pola Audiencia de Barcelona a 21 meses de prisión por cometer tres delitos de fraude fiscal cos que sumaron unha deuda de 4,1 millóns de euros á facenda pública.", "text": "Leo Messi foi condenado, finalmente a 21 meses de prisión, xunto con seu pai Jorge Messi por un delito de fraude fiscal á Facenda pública de 4,1 millones de euros entre os anos 2007 e 2009. A pesar da condena, nin Leo nin o pai entrarán na cadea por ser unha pena inferior aos dous anos. A pena imposta para Leo Messi divídese en tres deltos fiscais diferentes: Sete meses de cadea e 532.313,31 euros de multa por defraudación en relación ao IRPF durante o 2007, sete meses de cadea e multa de 792.300,54 polo mesmo motivo relativo ao ano 2008, e unha multa de 768.387,70 euros e outros sete meses de prisión pola defraudación ao IRPF do curso 2009. Finalmente, non se cumpriu a demanda da fiscalía que pedía prisión só para o pai de Leo Messi, a quen apuntaban como o responsábel da creación das sociedades mediante as que se desviaron fondos a paraísos fiscais. Deste xeito, Leo e Jorge Messi comparten a mesma condena e responsabilidades."}
{"ID": "PRAZA_2933", "summary": "Unha cuestión central que lle corresponderá responder aos estudos académicos é, ao meu ver, se a película (no que se refire tanto a Galicia como a outras nacionalidades) é unha mofa das identidades nacionais, ou una burla do estereotipo en si mesmo, da maneira de ver os \"outros\" do Estado español.", "text": "(Aviso: este artigo contén \"espoilers\"). Chámase Maruxiña e é de Cangas do Morrazo, aínda que iso non o sabemos até que Rafa, o sevillano interpretado por Dani Rovira, aterra na súa habitación na metade da película, medio espido e envolto na bandeira catalá. Até ese momento, coñecémola como a catalá Judit, unha resolta e eficiente wedding planner (como a presenta Pau, o noivo hipster interpretado por Berto Romero). Na súa primeira aparición no filme vemos unha muller elegante (a propia banda sonora así o indica cun tema cargado de \"glamour\"), moderna no seu vestir e cosmopolita nas súas maneiras e linguaxe. Tanto, que o propio Pau, pese a estar comprometido coa vasca Amaia (Clara Lago) parece caer rendido ao seu feitizo. Emporiso, toda esta aparente confianza resulta ser soamente unha tapadeira. Momentos antes de que Rafa irrompa na súa habitación, vémola chorando en pixama, devorando un bote de xeado. Non é aquí a mesma muller. Vese desvalida, tristeira, apoucada. Cando o sevillano senta na súa cama para tratar de explicar a súa caída na terraza, Judit xa non se pode conter. Comeza a expresarse nunha especie de castrapo que desorienta á espectadora (como se parecen o catalán e o galego..., ou non? Ah, pero si está a falar en... galego?). Do galimatías lingüístico que sae da boca de Judit entendemos de repente que ela non é catalá, senón que se chama Maruxiña, procede dunha pequena vila galega, pouco cosmopolita, e que por iso adoptou esta personalidade para poder triunfar na gran cidade. Atopamos polo tanto varios trazos esenciais desta personaxe que reflicten unha maneira de ver Galicia desde fóra. O acento galego (forzado por certo, pola actriz que interpreta o papel, a andaluza Belén Cuesta) é sinónimo de atraso e ruralismo. Non ten cabida no mundo cosmopolita do hipsterismo e da modernidade (ao contrario do catalán, segundo insinúa o filme). É máis, o acento galego é o mesmo en toda Galicia, desde a Estaca de Bares á Serra do Xurés. Usando a fraseoloxía contemporánea, \"todas somos Maruxiña\". A interpretación de Cuesta lembra o acento esaxerado até o cómico de Beatriz Carvajal naquela serie de Antena 3, Lleno por favor (1993), onde a actriz madrileña interpretaba a unha galega casada cun pro-franquista ao que daba vida Alfredo Landa. Pouco cambiou esta percepción en máis de dúas décadas: desde fóra, en Galicia non hai variedade lingüística. E ao contrario das outras dúas linguas \"co-oficiais\" que aparecen na película, o galego merece pouca atención. Nada máis chegar a Cataluña, Koldo (Karra Elejalde) e Rafa danse conta de que, vaia, o catalán é unha lingua distinta ao castelán. Ao longo do filme, fanse varias alusións deste tipo, por medio do subtitulado, ou a través de personaxes que cambian do catalán ao castelán \"para que entenda a xente de fóra\". O vasco goza tamén dun status importante. De feito, o sevillano Rafa remata a historia un tanto \"vasquizado\", declarando o seu amor en éuscaro. Do galego só sabemos que ten un acento gracioso, cuns estraños pronomes colocados fóra de lugar. Porén, Maruxiña-Judit é un personaxe creado non só para o efecto cómico, senón tamén para inspirar tenrura. Na súa conversa con Rafa, cóntanos que leva seis anos namorada de Pau, en silencio! Seis anos de sufrimento amoroso. Maruxiña, e non podía ser doutro xeito, é unha sentimental, estereotipo que como ten demostrado Helena Miguélez-Carballeira (Galiza, um povo sentimental?, 2014) aparece de xeito recorrente na maneira de definir a identidade galega. De feito, a forma de vivir e expresar a sentimentalidade ten unha presenza crucial no filme. Diría incluso que toda a película se constrúe a través deste tropo, xa que serve como risco esencialista para construír as personaxes dependendo da súa orixe: unha sentimentalidade feble, morriñenta, \"feminina\" (galega, Maruxiña); impronunciábel, \"viril\", que \"quere para dentro\" (vasca, Koldo e Amaia); esaxeradamente romántica, dunha masculinidade anticuada (andaluza, Rafa); edulcorada e un tanto falsa, \"afeminada\" (catalá, Pau); aberta e natural, \"normal\" (estremeña, a Merche interpretada por Carmen Machi). Como muller galega, sensible, sentimental e namorada, Maruxiña decátase de contado de por que Rafa apareceu na voda da súa ex-moza: segue namorado dela. Acepta, polo tanto, ser parte dun plan para desfacer a parella de noivos e poder por fin conquistar a Pau. A propia \"yaya\" do noivo, Roser (Rosa María Sardà), mostra, xa na súa primeira intervención, unha preferencia por Judit (á que confunde inicialmente coa noiva), mentres que rexeita continuamente a Amaia: cámbialle o nome a propósito cada vez que se refire a ela, e denomínaa nun discurso público a toda a veciñanza como \"a forasteira\". Mais o final da película, unha vez que o enredo estea desfeito e Amaia marche con Rafa, depáranos unha sorpresa. Roser (aguda avoa catalá que vive no engano de que Cataluña é independente) xa se decatara de que a Judit era unha Maruxiña. \"Tantas empanadas de zamburiña...\", vén a dicir. De novo aparece outro risco esencial dese estereotipo banal da galeguidade: a comida. A Judit traizoouna o bandullo. Non obstante, a yaya suxire que Maruxiña siga a ser Judit, desexosa de que haxa voda catalá (e entre cataláns). A fin da personaxe é polo tanto a desexada para ela: desaparece da escena baixo o brazo de Pau, cosmopolita cidadán do mundo (como el mesmo se define), mais a que prezo: abandonar a súa identidade \"defectuosa\" (a galega rural Maruxiña) para converterse plenamente nunha muller \"mellorada\" (a cosmopolita catalá Judit). A identidade galega, pese a ser recoñecida por algúns dos personaxes, comeza e remata o filme invisibilizada. Máis alá do estereotipo, non deixa de ser este un xeito moi preciso de caracterizar o tratamento da identidade galega no Estado español (e mesmo fóra del). De feito, nunha historia que se constrúe en torno á necesidade de mostrar a \"pureza\" identitaria a través dos apelidos (de aí que Roser lle negue tantas veces o nome, a identidade, a Amaia), nin Maruxiña nin Judit teñen un. A galega é, incluso, minimizada a través do diminutivo (que denota tamén a sensibilidade estereotípica). Chegados a este punto, poderíamos mesmo cuestionarnos que Galicia (a Galicia real e non a \"hiperrealidade\" homoxénea construída como o refuxio turístico da meseta) exista de verdade no filme. Unha cuestión central que lle corresponderá responder aos estudos académicos é, ao meu ver, se a película (no que se refire tanto a Galicia como a outras nacionalidades) é unha mofa das identidades nacionais, ou una burla do estereotipo en si mesmo, da maneira de ver os \"outros\" do Estado español. Ao fin e ao cabo, poderíase dicir que a historia se conta desde o punto de vista do sevillano, que evoluciona do rexeitamento do que non é español a vivir no País Vasco e ter un fillo chamado Aitor (e penso que moito habería que engadir tamén sobre o estereotipo andaluz, que quizais pase máis desapercibido que o vasco e o catalán). O humor xoga coa ambigüidade, e se cadra, pese a que a película non ten o mesmo gancho cómico da súa predecesora, haxa algo máis que roer en Ocho apellidos catalanes do que semella a simple vista."}
{"ID": "NOS_48327", "summary": "Encérranse en once puntos da provincia da Coruña en contra da tesourada practicada no Convenio laboral \"de maneira unilateral e ditatorial\", recortando nos tempos de descanso e penalizando economicamente a enfermidade. Preparan unha andaina do Gaiás a San Caetano e unha caravana reivindicativa que manterán até as vindeiras autonómicas", "text": "Ao redor de 200 traballadoras e traballadores dos centros de Benestar na provincia da Coruña emprenderon nesta segunda feira un feche en forma de asemblea que se manterá até a primeira hora da terza e en que tomarán medidas perante a idea da Consellería de Traballo de \"destruír\" 266 postos de emprego, segundo a última relación publicada, aos que hai que sumar outros 80 de anteriores medidas postas en práctica na Coruña. \"En todos os encerros temos un cartaz que pide a dimisión de Beatriz Mato\", informa José Manuel López Viqueira, voceiro da CIG e presidente do Comité de Empresa --onde contan con representación CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIC--. Atendendo as palabras do sindicalista, a tesourada avalada pola Xunta eliminou artigos do Convenio \"de maneira unilateral e ditatorial\", polos que se recortan os tempos do descanso, penalízase economicamente a enfermidade, desapareceron as compensacións por domingos e feriados e obrígase ás persoas empregadas a se substituíren unhas ás outras durante as vacacións. Alertan, así mesmo, da privatización dalgúns servizos e da eliminación doutros, como fisioterapeutas ou a atención psicolóxica. Os recortes \"repercuten na calidade de vida das e dos residentes\", denuncia López Viqueira, resaltando que o persoal contratado non pode empregar o comedor dos centros xa que Sanidade impide que consuman os seus propios alimentos no interior das instalacións. Do mesmo xeito, restáronse tres días de asuntos propios ou beneficios sociais como as axudas por estudos, vivenda, maiores ao cargo ou visitas ao dentista. \"Tomárona con Asuntos Sociais\", quéixase o presidente do Comité. Explica que non piden recortes en Educación ou Sanidade, senón \"que se deixen de mercar cadeiras de 300 euros para a Cidade da Cultura ou de traer empresas privadas de fóra para facer exposicións aquí\". Os recortes que denuncian son a consecuencia da lei de contención do gasto en persoal da Xunta, aprobada no Parlamento galego en xaneiro. Os feches, que se convocaron en case todos os centros da provincia da Coruña --CAPD A Coruña, Residencias de Maiores Torrente Ballester en Oleiros da comarca de A Coruña; nas Residencias Volta do Castro e Porta do Camiño de Santiago; na Residencia de Maiores de Caranza, no Centro de Menores de Ferrol, e durante a mañá na Residencia de Maiores da Póboa do Caramiñal-- contaron cunha participación do 70% do cadro de persoal, cunha media de 20 profesionais encerrad@s en cada un deles. Unha andaina e unha caravana reivindicativaAs traballadoras e traballadores do centros de Benestar teñen previstas xa outras accións. A primeira delas será unha andaina desde o Monte Gaiás até San Caetano que se celebrará na sexta feira, día 11, e en que participarán \"de 600 persoas para riba, xa que hai autobuses contratados e da zona de Vigo xa non cabe a xente\", sinala López Viqueira. A segunda das accións será unha caravana reivincicativa en que participarán os Comités de todas as provincias e \"que manteremos até as vindeiras autonómicas de maneira rotatoria\" entre o Monte Gaiás, Monte Pío e San Caetano."}
{"ID": "PRAZA_8208", "summary": "A formación que lidera Xoán Bascuas iniciará contactos nos vindeiros días para avanzar nun acordo. Os comicios celebraranse o 25 de maio de 2014.", "text": "Queda algo máis dun ano para as eleccións ao Parlamento europeo e os partidos comezan a moverse para sondear a posibilidade de artellar candidaturas conxuntas con outras formacións. Compromiso por Galicia fixo pública este domingo unha oferta dirixida a BNG e Anova para concorrer conxuntamente nunha candidatura exclusivamente galega que \"antepoña os intereses de Galicia antes que nada\". Aínda non houbo contactos formais pero Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG, afirma que espera unha \"resposta positiva\". Estes contactos comezarán nos vindeiros días. O BNG presentouse no ano 2009 en coalición con ERC, Aralar e outras forzas nacionalistas de esquerda. Porén, nos últimos meses vense falando cada vez con maior intensidade en Catalunya da posibilidade de que CiU e ERC presenten unha candidatura conxunta. Tamén será importante o papel da esquerda abertzale vasca, con quen o BNG mantén lazos cada vez máis estreitos. Pola súa banda, Anova ten pendente a súa Asemblea Nacional, que celebrará antes do verán, e dificilmente adoptará unha decisión antes."}
{"ID": "PRAZA_2807", "summary": "ENTREVISTA Falamos con Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso nas tres últimas lexislaturas. Destaca a súa satisfacción co traballo realizado, tanto polos resultados acadados coma pola colaboración con distintos colectivos", "text": "Olaia Fernández Davila (Vigo, 1954) foi deputada no Congreso en representación do BNG nas últimas tres lexislaturas. Vén de pechar este ciclo, polo que mereceu unha sonora e unánime homenaxe na presentación das listas de Nós-Candidatura Galega, hai dúas semanas. Destaca a súa satisfacción co traballo realizado, tanto polos resultados acadados coma pola colaboración con distintos colectivos e sectores e sinala o debate territorial, a defensa dos servizos públicos e a loita contra a corrupción como os grandes retos da cámara na vindeira lexislatura. Como valoras o teu paso polo Congreso? \"Moitas emendas que presentabamos a proxectos de lei transformaban as leis que finalmente eran aprobadas. E isto era consecuencia do traballo coa xente, con colectivos que eran afectados directamente por esas leis\" A valoración é moi positiva e satisfactoria, por varias razóns. Primeiro polo mesmo feito de representar en Madrid a aquela xente que votou ao nacionalismo, que votou ao BNG, cumprindo un compromiso. Ademais, sentes que recibes un agradecemento por parte desa xente, sentes que non decepcionaches a esas persoas. Ás veces si que che pode dar a impresión de que están botando auga nun cesto, como se di, de que fas un traballo moi grande sen resultados, pero mirando cara atrás, cunha certa perspectiva, ves que o teu labor si deu froitos. Moitas emendas que presentabamos a proxectos de lei transformaban as leis que finalmente eran aprobadas. E isto era consecuencia do traballo coa xente, con colectivos que eran afectados directamente por esas leis. Políticas de igualdade, Lei de Dependencia, lingua de signos... Sobre todo nas dúas primeiras lexislaturas. Esta última foi completamente distinta, debido a que o PP, coa súa maioría absoluta, pasaba o rodillo para aprobar as súas lei. Pero mesmo así, houbo veces en que fomos que de introducir distintos elementos. Dentro do traballo desenvolvido, cales foron os máis satisfactorios, aquelas iniciativas ou debates das que te sentes máis orgullosa? Estou especialmente orgullosa do traballo realizado coas persoas afectadas polas preferentes, cos emigrantes retornados, na redución de IVE en distintos sectores, por exemplo o das flores e plantas ornamentais. Iso si, en moitos deses casos as cousas que se conseguiron e que fixeron que o Goberno rectificase a súa política foron motivadas pola grandísima mobilización das persoas afectadas. Hai moitos temas. Lembro por exemplo a sesión na que se celebraba o aniversario da consecución do dereito de voto para as mulleres, foi un debate moi bonito. Houbo tamén debates ideolóxicos moi interesantes, por exemplo cando se deu o traspaso de poderes do rei anterior ao actual. \"É importante que un Goberno necesite chegar a acordos con outras forzas políticas para poder aprobar cousas\" Era moi distinta a forma de traballar nun Congreso con maioría absoluta do PP e nun Congreso con maioría simple, neste caso do PSOE? Completamente distinto. Eu sempre digo que as maiorías absolutas, sexan de quen sexan, son moi negativas para a democracia. É importante que un Goberno necesite chegar a acordos con outras forzas políticas para poder aprobar cousas. A primeira lexislatura que que estiven eu, o primeiro Goberno de Zapatero, foi un exemplo de como se debe traballar, e naquelas cousas que se aprobaron -que foron moitas- foi importante que o sentir da xente se transmitise a esas normas, que recibiron achegas de varios partidos. Sentes que o teu traballo era recoñecido, que a xente é consciente do traballo que realizan os parlamentarios e parlamentarias? A xente coa que traballamos, os colectivos cos que tratamos un tema para despois levar as súas demandas ao Congreso, a xente que ve máis de preto o teu traballo, votantes nosas ou non, esa xente si que me amosou ese recoñecemento e o seu agradecemento. Andando pola rúa en Vigo, pasoume moitas veces atopar xente que me paraba pola rúa e mo dicía. Pero por outro lado, si que é certo que seguramente o noso traballo é moi pouco coñecido e recoñecido pola gran maioría. O noso traballo tivo moi pouco recoñecemento mediático. \"Vexo a campaña moi polarizada ao redor de catro candidaturas que se presentan no ámbito estatal. E con respecto ás restantes candidaturas hai un certo apagón informativo\" Como estás vendo esta campaña e como ves as eleccións do 20D? Vexo a campaña moi polarizada ao redor de catro candidaturas que se presentan no ámbito estatal, e acabamos de velo no debate televisión do 7 de decembro. Con respecto ás restantes candidaturas hai un certo apagón informativo, xa non falo só de Nós-Candidatura Galega, senón doutras candidaturas que tamén se presentan ás eleccións en todo o Estado. Hai unha predisposición de poderes económicos e mediáticos para centrar a campaña nesas catro candidaturas, esquecendo outras visións. No caso de Nós-Candidatura Galega, temos claro que imos continuar o noso traballo en defensa da xente e en defensa de Galiza, como ata agora fixemos outros deputados e deputadas nacionalistas que estivemos no Congreso. \"Este novo Congreso ten que achegar un cambio de políticas, ten que traballar por mellorar os servizos públicos e para reverter a perda de dereitos da cidadanía\" Que grandes retos terá que afrontar na vindeira lexislatura o Congreso que saia das eleccións do 20D? O debate territorial vai estar presente, como xa o estivo na pasada lexislatura co proceso que se está a vivir en Catalunya, e como xa o estivera antes co Plan Ibarretxe. Por outro lado, este novo Congreso ten que achegar un cambio de políticas, que serán moi distintas ás que caracterizaron esta última lexislatura de maioría absoluta do PP. Estas novas Cortes teñen que traballar por mellorar os servizos públicos e para reverter a perda de dereitos da cidadanía. O novo Congreso ten que traballar tamén para conseguir a eliminación da corrupción política, hai que acabar con esa sensación de república bananeira que provocou o Partido Popular."}
{"ID": "NOS_6891", "summary": "Pelo fato de alguém ser humano, tem direito a uma renda cidadã que lhe garanta uma vida digna, embora frugal.", "text": "A crise economico-financeira de 2007-2008 estremeceu os fundamentos da economia capitalista (este é seu modo de produção) e o neoliberalismo (este é sua expressão política). A tese básica era dar primazia ao mercado, à livre iniciativa, à acumulação privada, a lógica da competição em detrimento da lógica da cooperação e a um Estado mínimo. O lema em Wall Street de Nova York era: greed is good, traduzindo, a cobiça é boa. Quem olha numa perspectiva minimanente ética já podia saber que um sistema montado sobre um vício (cobiça) e não sobre uma virtude (bem comum), jamais poderia dar certo. Um dia irria implodir. A implosão começou com a falência de um dos maiores bancos norte-americanos, o Lehman Brothers, levando todo o sistema bancário e financeiro numa incomensurável crise. Em poucos dias pulverizaram-se trilhões de dólares. Parecia o fim deste tipo de mundo. Oxalá fosse. Curiosamente, os que desprezavam o Estado, reduzindo-o ao mínimo, tiveram que recorrer a ele, de joelhos e mãos juntas Curiosamente, os que desprezavam o Estado, reduzindo-o ao mínimo, tiveram que recorrer a ele, de joelhos e mãos juntas. Os bancos centrais dos Estados tiveram que despejar trilhões de dólares para salvar as instituições financeiras falidas. A máquina de fazer dinheiro rodava em máxima velocidade, dia e noite. Houve como consequência da crise, até hoje ainda não superada, também entre nós, a quebra de milhares de empresas e até de países como a Grécia com altíssimo grau de desemprego. Destruiram-se fortunas mas mais que tudo se criou um mar de sofrimento humano, suicídios e até de fome no mundo inteiro. Dados recentes referem que nos USA uma sobre sete pessoas passa fome. Imaginemos o resto do mundo. Ninguém seguiu a sábia sentença atribuída a Einstein: \"o pensamento que criou a crise não pode ser o mesmo que nos vai tirar da crise\". Temos que pensar e agir diferente. Foi exatamente o que não se fez. Piamente se acredita ainda que este sistema continua bom e válido, a despeito da devastação ecológica que produz, pondo em risco as bases que sustentam a vida. Ele é bom e válido para os especuladores que estão acumulando uma riqueza absurda. Nos USA o 1% dos mais opulentos acumula rendas equivalentes àquela de 90% dos demais norte-americanos. A despeito de todas as reuniões dos G-8 e G-20 para buscar alternativas, a política ecocômico-financeira continua a mesma: fazer mais do mesmo. Isso está desestruturando os países e poderá levar à uma revolta popular mundial com consequências funestas. Piamente se acredita ainda que este sistema continua bom e válido, a despeito da devastação ecológica que produz, pondo em risco as bases que sustentam a vida Duas estratégias foram usadas. A primeira foi a injeção de trilhões de dólares por parte dos Estados para impedir a falência total do sistema. Alem dos trilhões de moeda física lançada no mercado, criou-se um ocmplemento chamado quantitative easing. Na definição que me parece correta da Wikipedia:\"é a flexibilização quantitative que quer dizer, a criação de quantidades significativas de dinheiro novo (geralmente electronicamente) por um banco, autorizado pelo Banco Central dentro de determinadas condições\". Ocorre que este dinheiro novo, ao invés de ser investido na produção e na criação de empregos, foi jogado na corrente especulativa das finanças mundiais. Aqui se ganha muito mais, imediatamente, do que no investimento produtivo que demora muito mais tempo. Desta forma os ganhos vão para os já bilionários, sem solucionar a crise, ao contrario, agravando-a. O outro expediente foram as políticas de ajustes, vindo sob o nome de austeridade. Para garantir os ganhos dos capitais, organizou-se um ataque sistemático aos direitos sociais, aos serviços públicos de saúde e de educação, ao sistema da providência e às aposentadorias. Isso se inaugurou primeiro na zona do euro e agora na mesma lógica no Brasil. Fragilizou-se a já frágil democracia e a diminuição do gasto publico está provocando recessão e desemprego. Pelo fato de alguém ser humano, tem direito a uma renda cidadã que lhe garanta uma vida digna, embora frugal Se tivesse havido pensamento e um mínimo de senso humanitário, uma possível saída poderia ser, aquilo que incansavelmente, vem propondo há muitos anos, o ex-senador Eduardo Matarazzo Suplicy: a renda minima cidadã. Pelo fato de alguém ser humano, tem direito a uma renda cidadã que lhe garanta uma vida digna, embora frugal. Diz um estudioso Antonio Martins:\"Um cálculo do site Swiss Info, ainda em 2009, mostrou que só nos primeiros meses de socorro aos bancos, os Estados gastaram 10 trilhões de dólares; seria suficiente para pagar a cada habitante do planeta US 1422, aproximadamente R$ 4,5 mil\"(cf. site Outras Palavras de 14;07/16). Seria o \"quantitative easing for People\" proposto pele líder trabalhista britânico Jeremy Corbyn. Esse dinheiro circularia no consumo, nos benefícios públicos e superaria o grave padecimento humano pelo desemprego e pela fome. Esta seria uma solução viável, mais ética e mais humana . Ela pode ser ainda realizada. Quem sabe, com o agravamento da crise mundial, não sejamos obrigados a esta solução verdadeiramente salvadora. Leonardo Boff é teólogo, filósofo, articulista do JB on line. Atigo tirado do jornal Carta Maior"}
{"ID": "NOS_5094", "summary": "O candidato socialista á presidencia da Comunidade de Madrid, Ángel Gabilondo, asegurara que non tiña pensado dimitir, mais hoxe confirmouse que non tomará posesión da súa acta como deputado. O anuncio chega após a reunión da Comisión Executiva Federal do partido. Tamén se despediu secretario xeral do PSOE en Madrid, José Manuel Franco.", "text": "A vitoria incontestábel do Partido Popular de Isabel Díaz Ayuso nas eleccións á Comunidade de Madrid segue causando repercusións a nivel político. Após a despedida da política do candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, vén de confirmarse que o cabeza de lista do PSOE, Ángel Gabilondo, tampouco recollerá a acta de deputado. Esta é a segunda baixa nas filas socialistas despois dos malos resultados nos comicios, pois hoxe xa anunciara a súa dimisión o secretario xeral do PSOE de Madrid, José Manuel Franco. Unha xestora asumirá a dirección do partido até que decorra o comité federal a finais de ano. Malia que o ex ministro Ángel Gabilondo asegurara despois da caída dos votos para o PSOE que non tiña previsto dimitir, os peores resultados electorais na rexión coa perda de 13 escanos fan que o candidato decidira non chegar a tomar posesión como deputado. Dado que o político foi trasladado a un centro hospitalario tras atoparse mal despois de vacinarse contra a Covid-19 hoxe mesmo, foron o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, os que confirmaron a baixa, pola que tampouco asumirá o cargo de voceiro do grupo. A decisión é froito da reunión da Comisión Executiva Federal, que analizou a derrota histórica fronte ao PP e admitiu erros estratéxicos. En consecuencia, o tamén presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, apostou en traballar nun novo liderado socialista para Madrid de cara ás próximas autonómicas e municipais, que decorrerán en 2023. Pola súa parte, Ábalos trasladou o seu recoñecemento a Gabilondo por \"asumir a candidatura nun momento complicado\"."}
{"ID": "NOS_16539", "summary": "Aliás, analizamos os efectos da nova Lei de liberdade sexual sobre a internet e as nenas aventureiras protagonistas de grandes obras literarias.", "text": "Como cada sábado, Nós Diario trae entre as súas páxinas un novo número de Sermos Galiza. O semanario protagonízao, desta volta, o incombustíbel artista vasco Fermín Muguruza, que vén de presentar Black is Beltza II: Ainhoa, unha obra de banda deseñada editada en euskera, catalán, español e galego e que estes días estivo presentando no país. Entrevístao Manuel Barreiro. \"Sempre fun un contador de historias e sempre tratei tamén de estar atento, de aprender, de ser unha esponxa do que pasaba o meu redor. Por exemplo, no caso dos videoclips, algúns utilizábanos como ferramenta comercial pero para nós era unha forma de contar cousas. Tamén tiñan ese aspecto lúdico da arte, claro; pasalo ben era unha reivindicación fronte a tanta miseria e tanta represión\", sinala nesta conversa que se publica o sábado. A internet e a liberdade sexual A xornalista Gala Dacosta Diehl estréase no Sermos Galiza cunha reportaxe que leva por título Culpar o culpábel. A internet na nova Lei de liberdade sexual, que permitirá ampliar o campo de acción contra os delitos na esfera dixital. Porén, matiza Dacosta, aínda é preciso realizar unha revisión constante e concienzuda das ameazas de ser unha muller nas redes para entender todas as dimensións da violencia machista en Internet. Nesta peza facemos un repaso do que suporá a aplicación desta lei na Galiza e dos seus precedentes nos últimos anos. Nenas literarias aventureiras A segunda reportaxe deste Sermos asínaa Tensi Xesteira: Nenas literarias aventureiras, de Heide a Pippi Mediaslongas e Anne, a de Tellas Verdes. Neste texto analiza o incremento que se está a experimentar nos últimos tempos na tradución ao galego de obras de todas as linguas, algo que une ao auxe da crítica literaria feminista. \"Na Galiza, grazas a editoriais valentes e tradutoras teimudas, podemos gozar de tres das grandes obras protagonizadas por nenas aventureiras. Como son estas obras? Que supón a súa tradución tantos anos despois? Falamos con Raquel Senra, Patricia Buxán e David A. Álvarez, as persoas intermediarias entre as voces orixinais e a galega\", explica Xesteira. Música, arte e lecer O apartado musical corre a conta de Iago Suárez, que trae as últimas novidades, a comezar por Bafi, do dúo Clo Plas, mentres Xurxo Souto asina o artigo titulado Sempre Pucho, unha lembranza do mítico Pucho Boedo. Como vén sendo habitual, o experto en cinema Andrés Castro analiza os filmes máis destacados, entre eles Blonde, de Andrew Dominik, e Carlos L. Bernárdez ofrece na sección de Arte un artigo sobre os obxectos \"cargados de sentido\" do escultor Enrique Conde. Noutra orde, Xabier Vázquez Pumariño fala da \"progresión xeométrica\" de Isabel II do Reino Unido, mentres, na sección de Libros, Tensi Xesteira fala de Algoritmos, de Xavier Queipo (Galaxia), e Manuel López Foxo afonda en Maruxa Mallo, da autoría de Carme Vidal (A Nosa Terra). Aliás, o colectivo Xea trasládanos á aldea de Queixeliña, en Chandrexa de Queixa. Por último, as dúas páxinas de pasatempos corren a conta de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. *Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario 64 páxinas por tres euros!"}
{"ID": "NOS_4417", "summary": "O secretario de Estado de Economía afirma que a solución dada \"é satisfactoria para a magnitude dos problemas existentes\"", "text": "Que non se queixen de Gutemala que isto podía ser Guatepeor. Eis o consello que desde o goberno español dan aos milleiros de familias estafadas no calote das preferentes, e que ven como se lles vai aplicar unha primeira quita do 43% dos seus aforros (para os estafad@s por CNG banco). O goberno español considera que a quita e a canxe á que van ser sometidos @s posuidor@s de preferentes e subordinadas son as mellores posíbeis. Así o manifestou no Congreso o secretario de Estado de Economía e Apoio á Empresa, Fernando Jiménez Latorre. Para Jiménez Latorre as canxes de preferentes foron \"o máis xenerosos posíbeis\", afirmando que noutros estados a solución adoptada a este 'problema' foi moito máis negativa para os e as posuidoras destes activos tóxicos. \"Conscientes do problema\" O secretario de Estado considera, textualmente, que a solución dada no Estado españól é \"satisfactoria para a magnitude dos problemas existentes\". Afirma, iso si, que o goberno español \"é moi consciente do problema e tratou de activar todos os instrumentos que permite a normativa europea\" nesta situación. Calificou de \"moi estricto\" o protocolo da UE para fixar as quitas, polo que a aplicación que do mesmo fixo o executivo central foi, afirma, \"o máis xenerosa posíbel\". Unhas declaracións que non fan senón anoxar aos estafados polo calote, que nos últimos días intensificaron mobilizacións e protestas, obrigando en 24 horas a suspender cinco plenos muncipais en concellos do sur de Galiza. Unha protesta que, advirten, non van deixar mentres non recuperen os seus aforros."}
{"ID": "NOS_46019", "summary": "Non hai un só Ferrín. Está o autor de libros centrais en todos os xéneros como Con pólvora e magnolias (1976), Arraianos (1992) ou Bretaña, Esmeraldina (1987). Está o escritor de intervención na prensa. Está o militante da esquerda nacionalista dende a refundación despois da Guerra Civil. Todas as faces do poliedro serán analizadas nas xornadas Os mundos de Ferrín do Ateneo de Vigo.", "text": "Con formato de mesa redonda e distribuídas ao longo de catro quintas feiras entre o 20 de setembro e o 18 de outubro na Casa Galega da Cultura e mais no Antigo Reitorado (a última), os debates comezarán co titulado Crónica de Nós. Ferrín e o xornalismo. Participarán Rosa López Fernández da Trabe de Ouro -a revista de pensamento crítico fundada e dirixida polo escritor-, o académico Xosé Luís Axeitos, o xornalista Gustavo Luca de Tena -histórico da Nosa Terra-, Xosé Ramón Pena -coordinador do suplemento Faro das Culturas do Faro de Vigo- e o profesor Xosé Manuel Salgado. O 27 de setembro, os poetas Manuel Outeiriño, Darío Xohán Cabana, Xabier Cordal, Helena de Carlos e María do Cebreiro analizarán a súa obra poética. Entre a pólvora e as magnolias será o epígrafe. Á seguinte semana, o 4 de outubro, será a quenda da narrativa: O tempo nos espellos. Falarán de novo Xosé Ramón Pena, a crítica Ana Salgado e mais as novelistas Rexina Vega e Anxo Angueira. Os mundos de Ferrín rematará o 18 de outubro no Antigo Reitorado cunha palestra sobre o compromiso político do escritor. A deputada de En Marea e dramaturga Ánxeles Cuña, Xosé Manuel Beiras, Manuel San Severiano Caxide, o escritor Antón Dobao e o economista Xavier Vence serán os relatores. Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), unha das principais figuras da literatura galega contemporánea, influínte en innúmeras xeracións de escritoras e escritores, fixo recentemente 80 anos. \"Desde o Ateneo Atlántico cremos que é o momento de renderlle unha homenaxe cidadá a esta figura imprescindíbel\", di a organización das xornadas, \"en recoñecemento ao seu labor inestimábel durante décadas como docente, escritor, intelectual ou animador cultural\"."}
{"ID": "NOS_8850", "summary": "O cefalópodo fora capturado en augas mauritana pola frota china, que faena de onde foi expulsa hai uns meses a galega por un convenio da UE", "text": "Desde primeiras horas da mañá varias ducias de mariñeiros, convocados pola CIG, paralizan a descarga de polbo conxelado no Porto de Vilagarcía. O cefalópodo procede de Canarias mais foi capturado en augas de Mauritania pola flota china. Un caladoiro, o norte-africano, do que foron expulsados hai uns meses máis de 20 barcos galegos por mor dun convenio da Unión Europea. Acordo que, como denuncian desde a CIG, saíu adiante sen que nin Xunta nin Goberno central se esforzasen en defender os intereses do sector galego. Desde a central nacionalista alertan que este polbo conxelado que se quere descargar en Vilagarcía é unha mostra de como se está a prexudicar á frota galega e ao sector de baixura."}
{"ID": "NOS_24283", "summary": "Nas áreas sanitarias de Ourense e Ferrol sitúase por riba do 11%. Galiza suma 308 novos contaxios por Covid, cun descenso na área de Ourense e un aumento na de Santiago", "text": "Galiza estabiliza o número de positivos diarios por coronavirus ao detectar 308 en 24 horas, cinco por baixo que os reportados o domingo e un cento menos que o sábado e a sexta feira. E é que, mentres na área sanitaria de Ourense, actual epicentro da pandemia, os contaxios continúan á baixa, con 74, na de Santiago case se duplican, até os 72. De acordo coa última actualización da Consellería de Sanidade, con datos aé as 18,00 horas do domingo, até o momento realizáronse 553.544 probas na Galiza, o que supón que se fixeron 4.440 PCR en 24 horas, unhas 1.500 menos que no día previo. De todas as mostras tomadas, o 8,5% deixa un resultado positivo, unha importante subida que supón a segunda porcentaxe máis alta de toda a segunda onda da pandemia, tan só superado polo rexistrado en 13 de setembro (9,1%). Isto é que está 3,5 puntops por riba do límite que a OMS recomenda non pasar. En canto ao número de pacientes de Covid-19 que recibiron o alta na última xornada, foron 211, o que eleva o total de curados desde o comezo da pandemia ata os 21.924. Pola súa banda, os casos activos, é dicir, as persoas que aínda padecen a enfermidade na Galiza, creceron en 97 con respecto ao domingo, ata os 4.476 deste segunda feira. Por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco, a pesar de continuar como líder en contaxios diarios con 75, baixa a incidencia. Nos partes anteriores as infeccións detectadas eran de 86 (domingo) e 191 (sábado), cifra récord. O que si subiu nas últimas 24 horas é a porcentaxe de positivos das PCR realizadas, até 11,7%, fronte a 9% reportado unha xornada atrás. Así mesmo, na provincia de Ourense, cuxa capital está confinada, o número de persoas coa enfermidade activa descendeu en 32, ata as 1.514, ao rexistrarse máis altas que novos pacientes. A segunda área sanitaria con máis contaxios detectados é a de Santiago e Barbanza, onde se dispararon até os 72 novos diagnósticos de Covid, fronte ás 40 do día anterior. Nesta zona, que esta segunda feira suma 621 pacientes de coronavirus (+24), a positividade subiu a 9,6%. Tamén soben as novas infeccións na área da Coruña e Cee, até as 66 (+15), co 8,6% de probas positivas e cun ascenso de casos activos a 766 (+21); e en Pontevedra-O Salnés, até as 26 (+5), o 5,1% das PCR feitas, e 511 persoas coa enfermidade (+4). En Ferrol, onde os diagnósticos en 24 horas soben levemente a 21 (+3), os últimos datos reflicten unha positividade récord na segunda onda, do 11%. Na área ferrolá, os pacientes ascenden a 137 (+15). En canto ás 2 restantes, súmanse á de Ourense con baixadas da incidencia do coronavirus. Na área sanitaria de Vigo, en 24 horas detectáronse 24 infeccións (-38) e hai 467 casos activos (+32); e en Lugo-A Mariña-Monforte, os contaxios continúan á baixa con outras 24 PCR positivas (-11) nun día e cun total de 460 pacientes (-2)."}
{"ID": "PRAZA_14287", "summary": "O líder de Anova asegura que a coalición \"non se trabucará de inimigo\" e cre \"imbécil\" a Feijóo por afirmar que, se o PP perde a maioría, en Galicia reinará o \"desgoberno\"", "text": "\"Estamos certos de que imos revolucionar o noso país\". Tras semanas de negociacións, incógnitas e abondoso ruído mediático este martes Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a coalición electoral encabezada por Anova e Esquerda Unida, presentábase por primeira vez en sociedade como tal. Unhas horas despois de pechar e rexistrar ante as autoridades electorais as listas coas que concorrerán aos comicios do 21 de outubro, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras convocaron aos medios como \"portavoces conxuntos\" da alianza. Tratábase de escenificar a posta en marcha dun proxecto que, en verbas da líder de EU, aposta por esa \"revolución\" no marco dunha \"guerra entre os de arriba e os de abaixo\" e para \"combater a troika interna, que se chama Feijóo\". \"Irrompemos con agarimo e con proxecto\", asegura a tamén concelleira ferrolá, nun contexto no que, acrecenta Beiras, AGE afronta a carreira electoral \"non só para irromper\" no Parlamento, senón para \"ser a chave\" tras o 21 de outubro. \"Hai que ser imbécil para dicir esas cousas\", di Beiras sobre as advertencias de \"desgoberno\" lanzadas por Feijóo Nun hotel compostelán e acompañados de dirixentes de ambas formacións cos que comezaron este mesmo martes a deseñar a campaña Beiras e Díaz esforzáronse especialmente que, tamén na súa calidade de candidatos ao Parlamento -ocupan o primeiro e segundo posto da lista da Coruña- teñen a intención de actuar como un \"tándem\".\"Todo cadra\", asegura o histórico nacionalista, para quen Anova e AGE conflúen na \"práctica de levar adiante o que pensamos\". \"Por unha banda están os proxectos estratéxicos e, por outra, os escenarios nos que pode haber unha opción conxunta\" como nestas eleccións, onde se dá unha \"identificación do inimigo principal, esa brigada de demolicións, limpeza étnica e ecocidio que usurpa as funcións da Xunta\", di, en referencia ao PP. É neste contexto no que Beiras retruca, a preguntas dos xornalistas, ás advertencias de Feijóo a respecto do \"desgoberno\" que, para o líder conservador, implica que o seu partido perda a maioría absoluta. \"Non sei se pode haber máis desgoberno en Galicia que os catro anos de Feijóo, ese destrutor do país\", afirma. \"Non se decata de que fai o ridículo cando di esas cousas?\", pregúntase Beiras, en cuxa opinión o actual presidente \"quere dar esa impresión para o electorado menos informado, a ver se arrepaña por aí\". \"Hai que ser imbécil para dicir esas cousas\", sentenza. O dereito de autodeterminación e Syriza Díaz: \"A nosa organización defende o dereito de autodeterminación dos pobos\" A primeira comparecencia conxunta dos líderes de AGE serviu tamén para cuestionar a Yolanda Díaz por un dos aspectos máis comentados ao respecto desta unión: o encaixe entre o ideario de Esquerda Unida e o nacionalismo. \"A nosa organización defende o dereito de autodeterminación dos pobos como democrático que é, faltaría máis que os pobos non poidan decidir cal é o seu futuro\", enfatiza. En opinión de Beiras cómpre deixar a un lado os \"tabús\", ademais de ter en conta que ambas organizacións están \"nun escenario conxunto no plano institucional\", que é \"o terreo de xogo no que se fai a política institucional\", con requisitos como \"o acatamento da Constitución para formar parte das Cámaras\". O que non rexeita Beiras son as comparacións entre a Alternativa Galega de Esquerda e a Syriza grega. \"A min non me gustan as etiquetas postas por mimetismo, pero Syriza é precioso\", di o portavoz nacional de AGE, para quen esa alianza posta en marcha en Grecai é \"unha referencia da que hai moito que aprender e da que algo levamos aprendido\" para, por exemplo, abonda Díaz, integrar organizacións como Equo ou os Ecosocialista, que \"non só se adheriron, senón que tanto uns coma outros forman parte das listas\" coas que AGE se presenta aos comicios. Nesas candidaturas, ademais da coruñesa, encabezada por Beiras e Díaz, figuran Ramón Vázquez e María Xesús Casar, á fronte da de Lugo, David Fernández e Carmen Iglesias, en Ourense e Juan Manuel Fajardo e Consuelo Martínez, encabezando a de Pontevedra."}
{"ID": "PRAZA_3818", "summary": "Agora xa sabemos de onde vén ese odio e esa fobia ás persoas que teñen pluma: teñen actitudes hexemónicamente consideradas propias da muller.", "text": "\"Un pedazo de maricón\". Esa foi a resposta de Raúl cando Carlos Sobera pregúntoulle en First Dates como se describiría. \"Ser gai non é unha personalidade\", \"por culpa desta xente existe a homofobia\" ou \"ser gai non é iso, iso é querer chamar a atención\". Estas eran algunhas das perliñas que podían lerse nas redes sociais por parte de certo sector do colectivo LGTB. Acoso e derribo, iso é o que sufriu o mozo que foi ao famoso programa. O motivo? Tal e como el mesmo explicou: ter pluma. Cinco letras; dous vogais e tres consonantes, que conforman unha palabra sinxela pero con miles de connotacións adheridas tales como feminidade, fraxilidade ou extravagancia. Son moitos os que afirman que unha persoa homosexual non pode ser homófoba, razoamento máis que lóxico tendo en conta que de ser así, eles mesmos estarían a tirar \"pedras sobre o seu propio tellado\". Ben é certo que outra parte da sociedade defende a idea contraria: As persoas homosexuais poden ser homófobas, odio baseado no rexeitamento total á \"pluma\". Baixo esta premisa poderiamos afirmar que o odio neste caso non nace necesariamente do rexeitamento á orientación sexual da persoa, senón á súa forma de expresarse e actuar. Homes que se comportan \"como mulleres\". Homes que se expresan en feminino. Homes que se pintan as uñas. Homes que se poñen vestidos. Homes que falan con cantilena. Homes que rin. Homes que choran. Homes. Non homes que se comportan como mulleres: non. Homes. En marzo de 1990 Judith Butler publica O xénero en disputa. No primeiro capítulo Butler expón a posibilidade de que o xénero, o que ata ese momento moitos percibían como home-muller, non veña implícito no noso ser, senón que se trate dunha construción social. Unha gran torre formada ao longo do tempo por pequenas pezas que nos imos atopando polo camiño; un camiño conformado por un tempo, un espazo e unha contorna social concretos. Con iso Butler abriu unha veda que xa comezaran predecesoras da primeira e segunda onda do feminismo. Agora xa sabemos de onde vén ese odio e esa fobia ás persoas que teñen pluma: teñen actitudes hexemónicamente consideradas propias da muller. Non se odia aos homes con pluma dentro de certo sector do colectivo LGTB pola súa atracción hacia pesoas do mesmo sexo ca eles, senón pola súa ruptura cos roles de xénero. Por non ser o que nunha sociedade heteropatriarcal considérase masculino; por non ser fortes, por non ser os protectores, por non tomar ese papel de activo que encarnan os homes fronte á posición de subordinación e pasividade que se supón que deben adoptar as mulleres. Non é homofobia, é misoxinia."}
{"ID": "NOS_18252", "summary": "\"Desde logo, mentres fun secretario xeral, no PSdeG as traballadoras remataron os seus contratos e non houbo despidos\", reivindicou o ex secretario xeral dos socialistas na Galiza.", "text": "O antigo secretario xeral do Partido Socialista da Galiza (PSdeG) e deputado no Parlamento da Galiza, Gonzalo Caballero, asegurou \"non compartir\" a decisión da dirección do partido de despedir as dúas persoas que traballaban actualmente para o grupo parlamentario socialista, xa que lles fai \"perder coherencia e credibilidade\". Esta semana foron despedid@s dous traballador@s do grupo socialista no @Par_Gal. Bos traballador@s, moi profesionais e intachables nas súas tarefas, quero trasladarlles o meu apoio e solidariedade. @s socialistas debemos defender sempre os dereitos d@s traballador@s. Abro fío 🧵— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) July 29, 2022 Caballero publicou a súa opinión sobre os despedimentos na súa conta de Twitter, despois de que no día de onte se dese a coñecer un escrito firmado pola metade dos deputados e deputadas que integran o grupo socialista no Parlamento galego, e no que tamén estaba incluído o ex dirixente, exixindo ao PSdeG reverter a situación. Deputados do PSdeG rexeitan a decisión da dirección de despedir as traballadoras do grupo parlamentario \"Son despedimentos (\"irregulares\") dun traballador que é indefinido pola reforma laboral e doutro ou doutra contratada até final de lexislatura, en 2024. Non o podo compartir\", explicou. Sobre as dúas traballadoras despedidas, afirmou que se tratan de \"boas traballadoras, moi profesionais e intachábeis nas súas tarefas, quero trasladarlles o meu apoio e solidariedade\". Conversa con Formoso Para o socialista galego, o PSdeG está a tempo de \"rectificar\" e \"reverter\" os despedimentos \"antes de que os traballadores demanden\". Segundo afirmou Caballero, pediu hai dúas semanas ao actual secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, \"que non cometa ese erro\". Quen é quen nas primarias provinciais dos socialistas galegos? \"Desde logo, mentres fun secretario xeral, no PSdeG as traballadoras remataron os seus contratos e non houbo despidos\", reivindicou o ex secretario xeral dos socialistas na Galiza. Caballero subliñou que, \"cando hai conflitos laborais e non hai razóns para despedimentos, os socialistas poñémonos do lado das traballadoras para defender a estabilidade e dereitos laborais\". \"Debemos aplicar na casa o que promovemos na sociedade. Ser coherentes cos nosos valores e ideas é a maior lealdade\", concluíu."}
{"ID": "PRAZA_20778", "summary": "O grupo Maternidades Feministas publicou esta semana as conclusións dunha enquisa na que participaron preto de 300 mulleres, que detallaron os obstáculos que deben enfrontar a diario no sistema sanitario, por parte das institucións ou no mundo laboral. O informe péchase cunha proposta de medidas que presentarán ás administracións.", "text": "Nos últimos meses do pasado ano, o grupo Maternidades Feministas (Materfem) puxo en marcha unha enquisa sobre os obstáculos cotiáns aos que se enfrontan as nais e as súas crianzas, un Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade. A enquisa, anónima, estaba composta por dez seccións que recollía experiencias de violencia institucional, psicolóxica, económica, obstétrica e xinecolóxica ou sexual, ademais de estratexias e propostas de solución, e chegou a case 300 mulleres da comarca de Compostela.O informe recolle numerosos exemplos de violencias e obstáculos, de maior ou menor intensidade, que fan máis difícil o día a día para nais e as súas fillas e fillosA pandemia de Covid-19 atrasou a presentación do informe de resultados da enquisa, difundido o pasado luns, e que agora será entregado ás distintas administracións co obxectivo de \"impulsar iniciativas que melloren as situacións discriminatorias e de violencias machistas\". Na presentación, Mónica Rodríguez Vázquez, coordinadora do informe, destacou que \"as cifras son contundentes: o 98,8% das mulleres participantes afirmou padecer violencia estrutural, preto do 97% das mulleres participantes viviu violencia psicolóxica e case o 99% das participantes viviu violencia cultural\".Para Vanesa Sánchez Villaverde, outra das impulsoras do proxecto, o Observatorio \"é unha necesaria e potente ferramenta para que a partir dos datos e necesidades recollidas as institucións adopten as medidas oportunas e se lexisle en consecuencia\", destacando que o informe non só revela \"unha realidade silenciada\", senón que tamén achega proposta concretas e facilmente aplicable \"para construír melloras para a sociedade\".O Observatorio \"é unha necesaria e potente ferramenta para que a partir dos datos e necesidades recollidas as institucións adopten as medidas oportunas e se lexisle en consecuencia\", destacanO informe recolle numerosos exemplos de violencias e obstáculos, de maior ou menor intensidade, que fan máis difícil o día a día para nais e as súas fillas e fillos: as institucións cheas de escaleiras, violencia nos partos, liñas de autobús que dificultan o acceso, imposibilidade de conciliar, xulgados que ignoran denuncias, despidos ao rematar a licenza de maternidade ou críticas contra a lactación materna, \"entre outras violencias que enfrontan as mulleres nais, aínda que de tan cotiás a sociedade as asuma coma normais ou semellen invisíbeis\", sinala o colectivo.O 86,4% das mulleres participantes na enquisa sufriu algún tipo de \"violencia institucional\". Igualmente importante é a \"violencia económica\", sufrida por máis do 96% das participantes no estudoO 86,4% das mulleres participantes na enquisa sufriu algún tipo de \"violencia institucional\", máis do 50% sufriuna \"en contadas ocasións\" e o 36% \"bastantes veces\", en referencia a problemas xurdidos na atención sanitaria (durante o embarazo e posteriormente), no acceso a edificios públicos ou no transporte público. Máis frecuente aínda é a \"violencia económica\", sufrida por máis do 96% das participantes no estudo. O 48% considera que o permiso de maternidade é \"insuficiente\" e máis do 55% denuncia que \"o feito de ser nai prexudicou a miña carreira laboral, como se tivese que escoller entre unha cousa e outra\". De igual xeito, o 75% sinala que \"hai falta de axudas a mulleres nais\" e unha porcentaxe semellante critica que \"os coidados non están valorados economicamente\". O estudo denuncia que moitas nais ven que en canto rematan a prestación –durante a cal non poden ser despedidas, tampouco no embarazo– finaliza tamén o seu contrato. Ou que a imposibilidade de chegar a fin de mes lles fai acumular xornadas e horas de traballos diversos e precarios, nunha situación de permanente inestabilidade. E subliña que a fenda salarial, o teito de cristal e o chan pegañento multiplícanse no caso das mulleres nais \"aínda que non se amose en ningures, pois os medios, as políticas, os estudos, etc. esconden esta realidade baixo a continua glorificación das virtudes e felicidades da maternidade\".Materfem subliña que a fenda salarial, o teito de cristal e o chan pegañento multiplícanse no caso das mulleres nais \"aínda que non se amose en ningures, pois os medios, as políticas, os estudos..., esconden esta realidade baixo a continua glorificación das virtudes e felicidades da maternidade\"O documento achega datos e, baixo a frialdade das cifras, as denuncias de casos reais a través da testemuña das mulleres que os sufriron: \"Despedíronme dúas veces. Unha ao comunicar o primeiro embarazo e outra o volver da baixa do segundo. As dúas na mesma empresa\"; \"Estando traballando os dous ao poñerse mala a nena sempre tiña que pedir eu permiso para ir buscala e levala ao médico\"; \"Nunha empresa na entrevista laboral chegaron a facerme asinar un compromiso de que non ía faltar ao traballo por ter crianzas\"; Non me era permitido subir con carriño no bus, só coa silla pechada e o bebé no colo\". \"No Álvaro cunqueiro tiven q cambiar os cueiros a miña filla nun alféizar da ventá porque non había cambiadores na zona de consultas de pediatría e unha muller montoume un pollo por facelo alí e chamoume porca\".O 86% das participantes na enquisa dixo ter sufrido violencia xineco-obstétrica, especialmente durante o parto, \"a través de procedementos invasivos como o tacto vaxinal realizado por múltiples persoas, a episiotomía efectuada de forma rutinaria ou o subministro de fármacos e anestesia sen xustificación\"O informe fai especial fincapé na violencia xineco-obstétrica, definida como \"calquera conduta, por acción ou omisión, que, realizada polo persoal sanitario, afecte ao corpo e aos procesos reprodutivos das mulleres, con consecuencias físicas e psicolóxicas\". O 86% das participantes na enquisa dixo ter sufrido esta violencia nalgún momento, especialmente durante o parto, \"a través de procedementos invasivos como o tacto vaxinal realizado por múltiples persoas, a episiotomía efectuada de forma rutinaria ou o subministro de fármacos e anestesia sen xustificación\". O 43% denuncia a realización do chamado 'punto do marido': un punto de sutura de máis á hora de coser a incisión da episiotomía que estreita a vaxina co obxectivo de producirlle máis pracer ao home nas relacións sexuais. Tamén se fai referencia á realización da manobra de Kristeller, que consiste en presionar o abdome da parturenta cara ao fondo uterino para que o bebé saia con maior rapidez ou á manobra de Hamilton, no que se introduce un dedo no colo uterino para desprender as membranas da bolsa de augas para inducir o parto, \"co risco de rotura prematura da bolsa ou sangrado abondoso\". No informe destácase que \"estas prácticas lles foron realizadas sen consentimento e sen informalas debidamente das súas consecuencias\". O informe denuncia a utilización por parte do persoal sanitario dunha linguaxe que infantiliza ou humilla ás mulleres, cunha \"falta de formación en xénero dos e das profesionais que atenden ás mulleres xestantes\"Así mesmo, o Observatorio denuncia que \"alén dos aspectos físicos, esta violencia leva aparellada unha compoñente psicolóxica con secuelas aínda máis graves\" e sinala que se aproveita \"o momento de vulnerabilidade da muller grávida ou nai primeiriza\", empregando o argumento de \"se non o fas, a túa filla vai morrer\", frase que Materfem sitúa na portada da publicación que recolle as conclusións do informe. Denúnciase, igualmente, a utilización por parte do persoal sanitario dunha linguaxe que infantiliza ou humilla ás mulleres, cunha \"falta de formación en xénero dos e das profesionais que atenden ás mulleres xestantes\". E critícase, en xeral, un \"total abandono durante o posparto\", así como a ausencia de recursos de atención psicolóxica perinatal, \"especialmente no manexo das perdas xestacionais\".O Observatorio incide tamén na denominada \"violencia cultural\", aínda máis invisible e invisibilizada, e asentada na difusión dus determinados estereotipos sobre as mulleres, as mulleres embarazadas ou as mulleres nais. E sinala igualmente a \"violencia infraestrutural\" derivada do xeito en que as nosas cidades e vilas están urbanizadas e os seus edificios construídos: \"Como pode ser que miles de nais aceptemos como normais as barreiras arquitectónicas en edificios e autobuses? Como acontece que, na cidade con máis días de chuvia de todo o estado, non existan parques infantís cubertos e o vexamos como un feito natural?\", pregúntase.Dedica un capítulo en exclusiva á \"violencia psicolóxica\", sufrida polo 96% das entrevistadas, de xeito especial durante o embarazo e nos primeiros meses da crianzaFala tamén da \"violencia sexual\" sufrida polas mulleres embarazadas ou xusto despois de ser nais. E dedica un capítulo en exclusiva á \"violencia psicolóxica\", sufrida polo 96% das entrevistadas, de xeito especial durante o embarazo e nos primeiros meses da crianza. Así, o 76% sinala que recibiu \"cuestionamentos e xuízos no relativo á maternidade (se dás a teta ou non, se sobreprotexes ou es desapegada, se voltas traballar ou quedas na casa...)\". E o 78% di que sufriu unha excesiva \"carga mental\" na organización das tarefas da casa, mesmo cando a súa realización está repartida co home. De igual xeito, o 87% denuncia unha falta de formación sobre doenzas femininas (endometriose, depresión posparto, fibromialxia...), que deriva en que sexan consideradas \"como se fosen invencións das mulleres\".O informe lembra que a maior parte destas violencias, mesmo as máis graves, non se denuncianFinalmente, o informe lembra que a maior parte destas violencias, mesmo as máis graves, non se denuncian (apenas o 22% sinala que si presentou algún tipo de denuncia) e pregunta polos motivos. Un 23% afirma que \"non sabía que podía facelo\", un 32% \"non sabía como facelo\" e un 20% di que \"non creo que sirva para nada\". O Observatorio alerta de que os obstáculos para a presentación das denuncias existen realmente, pero conclúe que \"a denuncia é un acto de sororidade para co resto das irmás. É unha maneira de plasmar sobre papel e sumar un relato propio a outros relatos\".O documento péchase cunha serie de estratexias e propostas de actuación para loitar contra esas violenciasO documento péchase cunha serie de estratexias e propostas de actuación para loitar contra esas violencias, dende cambios na lexislación, a esixencia de formación en xénero ao funcionariado, a ampliación dos permisos de maternidade, a posta en marcha dunha renda para mulleres ao coidado de crianzas de 0-3 anos, a promoción da prioridade para as persoas con crianzas, embarazadas e persoas con dificultade de movementos en todos os espazos públicos e privados ou a visibilidade social do traballo de coidados e a súa axeitada remuneración."}
{"ID": "NOS_55248", "summary": "Os celestes remontaron en Anoeta (1-2) e, con 28 puntos, sitúanse a 4 de postos europeos.", "text": "O Celta pon os ollos en Europa. Os celestes remontaron en Anoeta un partido que se presentaba como complicado e os 3 puntos sitúanos agora na sétima posición, a 4 das prazas europeas. O Celta está a gozar dun bo momento, acumulando tres vitorias e un empate nos últimos catro partidos. O Celta gañou en consistencia e aos poucos vai tecendo un fútbol no que o seu gosto polo balón non está reñido con saber ser práctico. En Anoeta enfrontábanse dous equipos xemelgos en non poucos aspectos: Real Sociedade e Celta gostan de ter o balón, de combinar, sofren cando a pelota está no poder dos outros. Os txuri-urdin chegaban a esta cita exixidos, cun Eusebio cuestionado, os leves apupos dunha parte da afección realista ao inicio do encontro daban idea de que as augas non están de todo calmas na casa donostiarra. A Erreala continúa sen coñecer a vitoria no que vai de 2018 Porén, o encontro non empezou mal para a Real, que no minuto 9 adiantábase cando Willian José mandaba ao fondo da rede un centro desde a dereita do incombustíbel Xabi Prieto. Non tiveron os donostiarras moito tempo para paladear o gol. No minuto 20 un claro penalti por man de Juanmi daba a Iago Aspas a oportunidade de empatar. E non errou. O de Moaña, con 12 goles na Liga, figura só detrás de Messi e Luis Suárez no Pichichi. O primeiro tempo foi de oportunidades para ambas as dúas equipas, con alternativas. A Real puido volver adiantarase grazas a un penalti mais Willian José marrou: a bola foi ao traveseiro. Na segunda metade os donostiarras saíron con forza, dispostos a que os 3 puntos ficasen en Anoeta. Durante 20 minutos o partido xogouse no campo do Celta mais a Real non foi quen de furar a defensa céltica, que resistiu o asedio para tomar o mando na segunda metade da segunda parte. No minuto 74 Maxi Gómez rematou á rede un córner tirado por Wass. Tres puntos a bordo e proa a Europa. Ficha técnica Real Sociedad (1): Rulli; Odriozola, Llorente, Raúl Navas, Kevin Rodrigues, Xabi Prieto (Aguirretxe, min.81), Zubeldia, Illarramendi, Canales (Oyardabal, min.61), Willian José e Juanmi (Januzak, min.69). Celta (2): Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.67), Wass, Iago Aspas, Pione Sisto (Brais, min.79) e Maxi Gómez (Cabral min.89). Goles: 1-0, min.10: Willian José; 1-1, min.20: Iago Aspas,de penalti; 1-2, min.75: Maxi Gómez. Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou Jozabed, Lobotka, Zubeldia."}
{"ID": "NOS_57395", "summary": "O Son do Camiño, cuxa segunda edición decorre esta fin de semana no Monte do Gozo de Compostela, atraerá, sempre segundo a organización, milleiros de persoas á cidade. Trinta e tres mil serán as que asistan ás tres xornadas de concertos. Entre as súas consecuencias, unha \"desorbitada\" escalada de prezos na hostalaría.", "text": "Así o avisa a Asociación Hostelería Compostela a través da súa presidenta Sara Santos en declaracións a Europa Press. A agrupación tamén manexa datos sobre a ocupación hosteleira nestes días: un 95%. O festival de música é, así, un factor de promoción turística, que a Xunta, polémica promotora do mesmo, quere relacionar a toda costa co Camiño de Santiago. O proceso de adxudicación en 2018 á unión temporal (UTE) de Esmerarte e Old Navy pola enorme cifra de tres millóns de euros recibiu duras críticas de partidos políticos e asociacións profesionais do sector. Nesta segunda convocatoria as redes fixéronse eco dunha iniciativa relacionada co mesmo: o programa Son Voluntario/a. Son Voluntario/a depende da Dirección Xeral de Xuventude do Goberno galego e supón 36 prazas para que \"mozas e mozos realicen diferentes tarefas e vivan a experiencia do festival desde dentro\". As \"tarefas\" descríbeas o comunicado oficial como \"ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece este evento musical, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental\". Estas persoas voluntarias traballarán en quendas de tres horas e a cambio do seu labor obterán \"un bono de acceso a O Son do Camiño facilitado polos organizadores\" e un \"certificado de experiencias voluntarias expedido pola Dirección Xeral\". Eclecticismo comercial no cartaz O cartaz artístico do Son do Camiño caracterizouse xa na primeira edición por certo eclecticismo estilístico, preocupación máis comercial que artística, a contratación de nomes internacionais que non atravesan o seu período de maior repercusión, e presenza galega na letra pequena da oferta. Este 2019 hai sobre todo unha excepción: a de Rosalía, a música estatal con maior eco internacional do momento. Na cabeceira do festival están ademais Iggy Pop, Black Eyed Peas, Bloc Party, David Guetta, Die Antwoord e Richard Ashcroft. Galegos son, entre outros, Iván Ferreiro, o rapeiro Hard Gz, Ortiga -un do ex integrantes de Esteban & Manuel-, os garaxeiros Familia Caamgno e o peculiar cruzamento entre floclore e electrónica de Baiuca."}
{"ID": "NOS_32577", "summary": "Afectad@s pola fraude das preferentes inician novas accións e aseguran que non pararán até que lles devolvan os seus aforros.", "text": "Após o rescate con fondos públicos da entidade financeira galega e de se faceren públicas as condicións ás que se someterá NCG recollidas no plan de re-estruturación ditaminado desde Bruxelas, persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes inician unha nova campaña para exixiren a devolución do diñeiro defraudado. As accións súmanse ás mobilizacións convocadas perante o Parlamento galego co gallo da constitución da Cámara. Acampar fronte a unha oficina de NGB ou encerrárense nun caixiero da entidade financeira son algunhas das accións iniciadas pol@s afectad@s pola fraude das preferentes e subordinadas que continúan a denunciar o \"roubo\" dos seus aforros. A veciña de Gondomar que ocupou un caixeiro da entidade como protesta asegura que o fai \"por desesperación\" porque \"así non se pode vivir\" A muller que decidiu fecharse de maneira indefinida nun caixeiro en Gondomar asegura que o fixo \"por desesperación\", porén non é a única que dicidiu iniciar en solitario accións de protesta, dúas persoas máis inician unha \"acampada\" fronte a oficina que a entidade financeira galega ten en Cangas, entre elas, un home de 63 anos que malia solicitar o procedemento de arbitraxe en maio deste mesmo ano, asegura non ter recibido resposta. En ambos os dous casos apelan á \"desesperación\" como principal motivación da súa reivindicación após facerse publico que a UE imporá obrigatoriamente unha quita ás persoas afectadas por esta fraude, unha perda que podería supor o 70% dos seus aforros. Aliás, e malia que durante a campaña electoral o Partido Popular prometera solucións para as persoas estafadas, despois dos comicios e da vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, a Xunta de Galiza paralizou o procedemento de arbitraxe --unha medida que fora duramente criticada polas Plataformas de afectad@s. Neste senso, a Plataforma de Lugo anunciou xa a convocatoria dunha manifestación na cidade para o día 15 de decembro As persoas acampadas aseguran que non marcharán até \"chegue unha sentenza xudicial\" que lles obrigue a irse, porén advirten \"xa veremos o que facemos despois\"."}
{"ID": "NOS_35154", "summary": "Habitualmente abouxado nos partidos da selección española do fútebol polas súas conviccións catalanistas, o central do FCB Barcelona chamou na súa conta twitter a \"expresarnos pacificamente\" e a \"non darlles ningunha escusa\".", "text": "Piqué proclama cun cancelo #Votarem, o que provocou a reacción españolista na rede ao se viralizar decontado o hashtag #PiqueForadaSeleccion. \"Desde hoxe até o domingo, expresémonos pacificamente. Non lles deamos ningunha escusa. É o que queren. E cantemos ben alto e ben forte #Votaremos\", escrebeu o barcelonista. Dentro dun clube que xa de por si é un dos símbolos cataláns por excelencia, Piqué personifica as posicións máis próximas ao soberanismo catalán. Des d'avui i fins diumenge, expressem-nos pacíficament. No els hi donem cap excusa. És el que volen. I cantem ben alt i ben fort. #Votarem— Gerard Piqué (@3gerardpique) 28 setembro 2017 A reacción do chovinismo internáutico español non se fixo esperar e o twitter ferve neste momento de chíos que mallan no futebolista catalán. A pelota está agora no tellado de Julen Lopetegui, seleccionador español. Gerard Piqué sempre ten acudido ás convocatorias da equipa estatal."}
{"ID": "NOS_5889", "summary": "Este domingo, día 11, ás 19:30 horas, con saída da Praza da Palloza.", "text": "Diferentes colectivos e asociación convocan para este domingo, día 11, unha manifestación nacional na Coruña baixo o lema \"Ante o odio e a violencia, non mostres indiferencia: xustiza para Samuel\". Será a partir das 19:30 hora, con saída dda Praza da Palloza e remate en María Pita. Entre as convocantes: Avante LGBT+, Amizando, Abrir Fenda, Casco, Coruña Antifascista, LES Coruña e Gotas. A convocatoria está aberta á incorporación e adhesión de máis colectivos. Nun comunicado, lembran como esta segunda feira miles de persoas saíron á rúa en Galiza e o Estado para exixir 'Xustiza para Samuel'. \"Saímos a berrar contra a LGBTIfobia asasina. A dicir que nos están a matar mentres a policía e os medios din que non ten nada que ver que o fagan ao berro de maricón. Atácannos máis e máis mentres vemos como se lexitiman os discursos de odio da extrema dereita\". \"A LGBTIfobia non só vén en grupo a dar malleiras, ás veces tamén actúa a porrazos, co uniforme e o casco posto, ou ninguneando e desprezando desde comisarías e xulgados ás vítimas de agresións LGBTIfóbicas por parte desta xustiza patriarcal e reaccionaria. Imos pelexar e organizarnos contra as agresións LGBTIfóbicas, non só a defendernos\", indican. \"É necesario que nos organicemos, por iso desde diferentes colectivos convocamos mobilizacións contra a LGBTIfobia e a represión en todo o Estado español ao longo desta fin de semana. A solidariedade entre as loitas desde unha perspectiva antirracista, antipatriarcal e anticapitalista é unha das nosas maiores armas\"."}
{"ID": "PRAZA_19298", "summary": "O Concello lanza a súa proposta para limitar o tráfico rodado no seu centro histórico, seguindo o camiño aberto por cidades como Pontevedra ou Compostela. O obxectivo do proceso, en fase de debate, é revitalizar a urbe e frear o deterioro do Barrio da Magdalena, cun 40% de vivendas e locais comerciais baleiros", "text": "O Barrio da Magdalena, construído no século XVIII e declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1983, atravesa dende hai décadas unha profunda crise poboacional e de envellecemento, con milleiros de vivendas baleiras e un tecido comercial en regresión. É, sen dúbida, o lugar de Ferrol no que máis claramente se perciben os efectos da situación que dende os oitenta sofre a cidade. No barrio viven 5.131 persoas, nun espazo de 20 hectáreas, con 3.766 vivendas das que o 40% están baleiras e 944 locais comerciais, dos que o 38% non teñen ocupación. A diferenza doutros centros históricos galegos, A Magdalena conta con poucas vías peonís, de xeito que o 82% das rúas están abertas ao tráfico rodado. O Goberno ferrolán quere impulsar nesta lexislatura un proceso de peonalización xeral do barrio \"participada, flexible nos tempos, ordenada e con alternativas no transporte e no estacionamento\" e que sirva para \"a revitalización da urbe\", o \"freo ao deterioro\" e como \"impulso ao emprego\". Ferrol quere seguir así o camiño aberto por cidades como Pontevedra ou Compostela, pioneiras en procesos de peonalización dos seus centros históricos, convertidas en referentes en todo o mundo e cun indubidable éxito e aceptación social, a pesar de que naceron no medio de grandes protestas de grupos de veciños e comerciantes. No barrio viven 5.131 persoas, nun espazo de 20 hectáreas, con 3.766 vivendas das que o 40% están baleiras e 944 locais comerciais, dos que o 38% non teñen ocupación \"Un barrio peonil, aberto, activo e atractivo é un polo de atracción para asentar novos residentes e novos negocios\", destacan dende o Concello de Ferrol, que subliña o obxectivo de \"fixar poboación\", \"frear o deterioro das vivendas baleiras\" e \"favorecer a ocupación dos baixos comerciais en desuso, coa vontade da de traballar con axilidade administrativa para habilitar -e acadar doutras Administracións- liñas de axudas e subvencións, para favorecer a implantación de novos negocios, que sumen no impulso do pequeno comercio e a hostalaría fronte as grandes superficies do extrarradio\". Ademais de poñer en valor \"o trazado urbano racional herdanza da Ilustración e a súa riqueza patrimonial, urbanística e arquitectónica\", a peonalización contribuiría a reducir as emisións contaminantes e o ruído, mellorando a calidade de vida e a saúde dos e das residentes e das persoas que se acheguen ao centro histórico. \"Atrasar mais un proceso que é lóxico e natural impediría avanzar cara un modelo de cidade mellor, mais humano, accesible, aberto, moderno, activo e vivo\", afirman dende o Goberno ferrolán, que engade que \"a pesar das arestas e dúbidas que pode suscitar, a peonalización vai acontecer mais pronto ou mais tarde e require de valentía política e dun traballo previo e progresivo de didáctica\". Na actualidade xa son peonís as rúas Real, Dolores, Galiano, Carme e Manuel de Cal e parte das rúas María e Magdalena. Coa reforma completaríase a peonalización destas últimas dúas vías, e tamén serían peonís Carme, Rubalcaba, Terra, Concepción Arenal, Coruña, Sánchez Barcáiztegui, Méndez Núñez, Gravina e Arce, aproveitando ademais a remodelación da Praza de Armas. O tráfico rodado dentro do barrio limitaríase ás rúas Sol, Igrexa, Lugo e San Diego. Estacionamento O tráfico rodado dentro do barrio limitaríase ás rúas Sol, Igrexa, Lugo e San Diego Unha das cuestións que sempre espertan máis debates e conflitos á hora de levar a cabo procesos de peonalización é a do estacionamento dos coches. As algo máis de cinco mil persoas residentes do barrio contan cun total de 1.845 vehículos (o 36% dos veciños e veciñas e o 49% das vivendas teñen coche). Na actualidade, hai 3.344 prazas de estacionamento: 1.006 libres e públicas, entre calzada e superficie e 1.058 privadas (garaxes), ademais doutras 1.279 nos aparcadoiros públicos. Polo tanto os e as visitantes dispoñen dun superavit de 1.499 prazas de aparcamento. Na proposta realizada polo concello manteríanse as prazas privadas e en aparcamentos públicos, e a redución de prazas na calzada (de 686 a 259) compensaríase coa posta en marcha de novos estacionamentos gratuítos en superficie, que pasarían de sumar 320 prazas a unhas 1.625, incrementando o superavit para visitantes ata as 2.376 prazas. Estes novos estacionamentos distribuiríanse polas marxes do barrio, de xeito que ningún lugar da Magdalena estaría situado a máis de 300 metros dun deles. Proceso participativo O pasado mércores o Concello de Ferrol celebrou unha asemblea aberta no centro Torrente Ballester para explicar e debater os detalles do proceso de peonalización do barrio. Á xuntanza asistiron máis de 200 persoas, que expuxeron as súas posicións a favor ou en contra das medidas. O alcalde, Jorge Suárez, manifestou o obxectivo do seu Goberno de acadar un \"consenso\" social sobre este tema, sinalando que a proposta está \"aberta\" á \"suma de propostas\". Suárez sinala que o o proceso debe ser \"participado por todos os veciños do municipio, os que teñen o centro como punto neurálxico da súa actividade laboral, comercial, escolar ou de ocio, ampliando un círculo no que, necesariamente, deben implicarse residentes, hostaleiros e comerciantes\". A redución de prazas na calzada (de 686 a 259) compensaríase coa posta en marcha de novos estacionamentos gratuítos en superficie, que pasarían de sumar 320 prazas a unhas 1.625 Ademais, dende o pasado venres, os veciños e veciñas que desexen participar no proceso, poden facelo a través dunha urna -situada na entrada da Casa do Concello- na que poden introducir as súas achegas, dúbidas, propostas, suxestións e ideas na mesma. Nese espazo, na mesa de atención a cidadanía, pódense recoller planos do trazado urbano de barrio \"para sinalar, de forma gráfica, a cidade que queren\". Ademais, foi habilitado un enderezo de correo electrónico co mesmo obxectivo (magdalenapeonil@ferrol.es). A proposta (da que se pode ler aquí un resumo) parte do traballo desenvolvido na última década polos anteriores executivos locais na Axenda 21 (2006), no Plan de Mobilidade de Ferrol (2009), no Estudo de Viabilidade do Transporte a demanda (2011), no proxecto Supermazás do barrio da Magdalena (2013), no Estudo para a implantación dunha nova rede de bus (2013) e no Proxecto de normalización do mobiliario urbano do barrio da Magdalena (2013). Información sobre o proxecto de peonalización e plan de mobilidade exposta no Concello de Ferrol (.pdf)"}
{"ID": "NOS_19930", "summary": "Referente do fútbol a nivel mundial, Johan Cruyff morreu esta quinta feira aos 68 anos após non dar superado o cancro de pulmón que lle diagnosticaran en outubro de 2015.", "text": "Johan Cruyff finou esta quinta feira en Barcelona aos 68 anos ao non superar un cancro que se lle diagnosticara no mes de outubro. Nado en Amsterdam en abril de 1947, este mito do fútbol era colaborador da federación catalá de fútbol en proxectos deportivos e sociais, aliás de ser presidente de honra do FC Barcelona, equipo no que xogou durante tres temporadas intercaladas entre os anos 1973 e 1978 e que, posteriormente adestrou. A súa calidade levouno a ser merecedor do Balón de Ouro até en tres ocasións, en 1971, 1973 e 1974. O máximo expoñente do \"fútbol total\" tamén foi recoñecido pola IFFHS como mellor xogador de Europa e o segundo mellor xogador do século XX. Entre os moitos premios que recoñecen a valía de Cruyff atópase o Premio Creu de Sant Jordi, a máis alta distinción da Generalitat da Catalunya. Un ídolo en Barcelona A chegada de Cruyff a Barcelona non estivo exenta de polémica. Foi a raíz da súa ruptura co Ajax, clube que ás súas costas negociaba o traspaso do holandés ao Real Madrid. Após decatarse, Cruyff decidiu fichar polo Barça por 12.000 dólares mensuais. A súa fichaxe fora a máis cara da historia do fútbol até ese momento (60 millóns das antigas pesetas). Co holandés como xogador e adestrador (do 1988 ao 1996), o Barça vivía un dos seus mellores momentos. A súa identificación con Catalunya tamén o levara a participar até en dúas ocasións en partidos da selección catalá, combinado do que foi seleccionador de 2009 a 2013. A alma mater do Dream Team Cruyff será lembrado en Barcelona por dirixir o coñecido como Dream Team, que viviu o seu momento máis brillante na final da Copa de Europa de Wembley, cando o Barcelona se impuxo a Sampdoria no minuto 111 da prórroga. Era a primeira vitoria do Barça nunha final da Copa de Europa e o equipo de Cruyff pasaría á historia por iso. No seu palmarés como adestrador fican dúas Copas dos Países Baixos co Ajax (1986 e 1987); unha Copa do Rei co Barça (1990); catro Ligas co Barça (1991, 1992, 1993 e 1994) e tres supercopas de España co Barça (1991, 1992 e 1994). Ademais, logrou dúas recopas de Europa (unha co Ajax, en 1987, e outra co Barça, 1989), unha Copa de Europa co Barça (1992) e unha Supercopa de Europa co Barça (1992)."}
{"ID": "NOS_1005", "summary": "O BNG cualifica de \"lavado de cara\" o Real Decreto que o goberno quere aprobar sobre desafiuzamentos e propoñen no canto a adopción dunha batería de propostas, da dazón en pago á moratoria ou variar as taxas de demora, para poñer fin a \"este drama social\"", "text": "O BNG formulará no congreso d@s Deputad@s e no Parlamento de Galiza unha batería de propostas para \"poñer fin ao drama social dos desafiuzamentos\", un problema, sinalan na fronte nacionalista, produto da voracidade da banca e a tolerancia dos gobernos socialista e popular. O voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, a deputada no Congreso, Olaia Fernández, e o parlamentar na Cámara autonómica, Cosme Pombo, compareceron para detallar a ofensiva de propostas e medidas que achega esta organización para crear alternativas aos desafiuzamentos. Fernández Davila lembrou que desde o 2010 o BNG presentou varias iniciativas no Congreso a este respecto, \"que nin PP nin PSOE apoiaron\" e cualificou de \"tomadura de pelo\" e \"lavado de cara\" o Real Decreto que vén de impulsar o goberno, \"pois non dá resposta ao drama social nin achega solucións\". Davila, que quixo facer un recoñecemento social ao movemento social que se xerou en torno á oposición aos desafiuzamentos, reiterou as propostas do BNG sobre esta cuestión. Nesta liña, Davila lembrou que os nacionalistas presentaron iniciativas para que se recolla a dazón en pago, a moratoria ou a posibilidade de converter a hipoteca en alugueiro. Comparecencia de Rajoy Para alén disto, o BNG vén de rexistrar no Congreso unha solicitude de comparecencia de Mariano Rajoy para que explique que pasos e medidas dá o goberno español a respecto dos desafiuzamentos. Pola súa banda, o parlamentar Cosme Pombo deu conta das medidas e propostas do BNG na Cámara autonómica para facer fronte a un escenario de execucións hipotecarias \"que afecta a milleiros de familias\". Parque de vivendas Nesta liña, Pombo avogou porque as vivendas que a banca vai meter no banco malo poidan ser habitadas por familias ou persoas con necesidades económicas. \"Non pode ser que haxa milleiros de casas sen xente e milleiros de persoas sen casa\", apuntou. \"Consecuencias obscenas\" O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, enmarcou os desafiuzamentos como a \"consecuencia macabra\" do comportamento da banca e a tolerancia dos sucesivos gobernos. \"A banca gaña si ou si e as persoas perden si ou si\". Para o voceiro, o Real Decreto do goberno é unha \"burla\" á cidadanía e apelou a \"esa Constitución española da que tanto falan, e que recolle o dereito á vivenda\" para explicar que as achegas do BNG sobre desafiuzamentos \"responden á necesidade e urxencia de acabar con este drama\"."}
{"ID": "PRAZA_6474", "summary": "A xuíza absolve a cinco dos encausados pero unha das condenas implicaría a entrada en prisión dun dos cidadáns xulgados, que recorrerán a sentenza.", "text": "Seis das once persoas encausadas no proceso polo que se xulgaban os incidentes acontecidos en Compostela en 2009 durante unha manifestación de Galicia Bilingüe foron condenadas. En total, once anos e cinco meses de cadea para estes seis cidadáns foi a condena imposta pola xuíza, mentres que outros cinco foron absoltos de todos os cargos. Seis dos once acusados foron condenados a un total de máis de once anos de cadea A sentenza xudicial, que será recorrida, implicaría o ingreso en prisión de Bernardo M., un dos xulgados por aqueles acontecementos, e que foi condenado a un ano e nove meses por un delito de desorde pública e a 2 anos e seis meses máis por outro de atentado. No resto dos casos, Alejandro B. e Narciso V. foron condenados a un ano cada un por desorde pública, pero absoltos de atentado á autoridade. No caso de Aurelio L., Joam P. e Xiana R. a súa condena elévase a un ano e nove meses por atentado á autoridade, ao tempo que foron absoltos tamén do cargo de desorde pública. A petición da acusación para os once mozos xulgados hai agora uns catro meses era de 45 anos. A sentenza implicaría a entrada en prisión dun dos condenados A sentenza, tal e como avanzaron xa varios dos encausados, será recorrida ante a Audiencia Provincial. Os feitos xulgados aconteceron logo dnha contramanifestación durante a marcha que en febreiro de 2009 -a menos dun mes das eleccións autonómicas- Galicia Bilingüe convocou para protestar \"contra la imposición del gallego\". Naquela polémica marcha liderada por Rosa Díez, de UPyD, e que marcou a precampaña daqueles comicios, tamén asistiron destacados membros do PP, como o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, ou a ministra de Fomento, Ana Pastor."}
{"ID": "PRAZA_2996", "summary": "O candidato socialista debulla o programa acordado con Unidas Podemos e outras formacións en pouco menos de dúas horas de discurso, incidindo sobre todo nos aspectos sociais e na defensa do \"diálogo\" en Cataluña. Sánchez conta cos apoios garantidos para ser elixido por maioría simple o vindeiro martes, na segunda votación", "text": "Pedro Sánchez abriu ás nove da mañá a sesión de investidura que debe conducir (en principio o vindeiro martes) á súa elección como Presidente do Goberno. Fíxoo cun discurso de algo menos de dúas horas de duración no que debullou o programa acordado con Unidas Podemos e outras formacións, coma o BNG, facendo fincapé nas reformas e medidas progresistas. O candidato socialista dirixiuse ademais en varias ocasións, de forma directa ou tácita, ás formacións da dereita, criticando o seu \"sectarismo\" e \"insultos\" e sinalando de entrada que \"non vai romper España, non vai romper a Constitución, aquí o que vai romper é o bloqueo á maioría progresista elixida democraticamente\".Sánchez conta en principio cos apoios garantidos para ser elixido por maioría simple o vindeiro martes, na segunda votación, na que só necesita máis votos favorables que contrarios. En principio, e tras o acordo acadado na tarde deste venres co BNG, o candidato socialista suma 167 votos favorables fronte a 164 negativos. Queda no aire a incógnita das consecuencias que poden ter nas votacións a inhabilitación do presidente da Generalitat, Quim Torra, e as presións exercidas en varias direccións tras o acordo acadado entre PSOE e ERC.No inicio do seu discurso, Sánchez defendeu a coalición progresista acadada con Pablo Iglesias e reprochou a PP, Ciudadanos e Vox que se erixan como \"os únicos defensores\" de España. A partir de aí, Sánchez debullou o que para el significa a defensa de España máis aló de envolverse na bandeira, no que definiu como o \"patriotismo social\". \"España é a educación dos nosos fillos, as pensións dos nosos maiores, o coidado sanitario dos nosos familiares\", resumiu Sánchez. Fronte á irrupción da extrema dereita de Vox, Sánchez asegurou que impulsará un marco normativo que ataque os discursos e delitos de odio.Recibido en pé pola bancada socialista e tamén pola que lidera Pablo Iglesias, Sánchez defendeu a \"liberdade\" como un dos alicerces nos que se sustentará a \"coalición\" progresista. Unha liberdade que entende debe protexer algúns dos principios que a extrema dereita pon en cuestión. \"Unha liberdade plena, incompatible co machismo, coa homofobia, coa xenofobia ou co racismo; unha liberdade para realizarse sen sufrir discriminación e menos aínda violencia polo feito de ser muller\", enumerou Sánchez, que aproveitou ese momento para manifestar a súa oposición á \"lei mordaza\" e a súa intención de pór en marcha unha normativa que avale a eutanasia.Outro dos eixos da coalición que liderará Sánchez foi o da cohesión territorial. Sánchez asegurou que o \"conflito político\" en Cataluña é unha \"crise herdada\" que o futuro Executivo abordará desde o \"diálogo\" deixando atrás a \"xudicialización\" que \"tanta dor causou\". \"Hai que retomar a única vía posible, que é a política; a do diálogo, a negociación e o pacto\", proseguiu Sánchez, que matizou que todo iso estará \"amparado pola nosa Constitución\". Fronte a esa situación, Sánchez apostou por \"recomezar\" e \"retomar\" o diálogo para abordar o conflito que -insistiu- ten unha \"natureza política\", polo que debe abordarse desde a política e non pola vía xudicial.O groso do discurso proseguiu co detallado repaso ás cincuenta páxinas do pacto programático con Unidas Podemos. A acción do Goberno de coalición rexerase en catro eixos fundamentais, segundo explicou: a xustiza social, defensa dos servizos públicos, a liberdade e a cohesión territorial. No económico, o de Sánchez foi un discurso socialdemócrata e crítico con algúns mantras neoliberais, con chiscadelas ás posturas esquerdistas dos seus socios de Unidas Podemos. Así, deixou claro que cren \"nunha economía social de mercado\" pero non \"nunha sociedade de mercado\", porque \"non se pode entregar ao mercado a saúde, a seguridade, o porvir, a vida das persoas\", advertiu. \"O diñeiro non sempre está mellor no peto dos que posúen unha fortuna, senón nos servizos públicos\", engadiu.Tras lembrar a súa intención de elevar impostos ás maiores rendas e reforzar o control de sociedades de investimento como as sicavs, afirmou que a clase media non sufrirá unha maior presión fiscal. Tamén lembrou a intención de implementar un ingreso mínimo vital e de derrogar a reforma laboral así como de prohibir por lei futuras amnistías fiscais.O carácter social do Goberno de coalición é no que máis énfase puxo o aspirante á Presidencia, que defendeu a \"blindaxe constitucional do sistema público de servizos sociais como cuarto alicerce do estado do benestar\". O aumento das contías para as axudas ao sistema de dependencia, a fin da LOMCE, a loita contra a emerxencia climática, o rexeitamento rotundo á xestación subrogada son algunhas das medidas que debullou.Un dos momentos máis aplaudidos desde a bancada socialista foi o recordatorio que fixo Sánchez da exhumación dos restos de Franco do Valle de los Caídos. Agora comprométese a devolver os bens \"espoliados\" durante o franquismo aos seus \"lexítimos propietarios\" e á inmediata recuperación para o patrimonio público no caso do Pazo de Meirás, tal e como figura no documento pactado con Unidas Podemos. Así mesmo, o Goberno declarará o 31 de outubro día de lembranza das vítimas do Franquismo e o 8 de maio día en recordo das persoas no exilio. Tamén aludiu á intención de devolver os bens inmatriculados ilexitimamente pola Igrexa a partir da listaxe que elaborou o Ministerio de Xustiza.Sánchez finalizou a súa intervención cun chamamento ao ton conciliador na política, pero ao que as bancadas conservadoras responderon con apupos."}
{"ID": "NOS_24679", "summary": "Pazos de Merexo e o seu acordeón. Dous protagonistas da homenaxe que terá lugar hoxe no Rincón da Baiuca en Muxía. Dous ou un só xa que o mestre Pazos de Merexo e o seu acordeón conviven en grande unión desde hai xa máis de sete décadas.", "text": "No \"Rincón da Baiuca\", en Muxía, ás 20 so serán deste venres 16 de agosto rendiráselle tributo a Pazos de Merexo, toda unha institución no acordeón diatónico. A homenaxe, non podía ser doutra maneira, con música de acordeón da man do propio Pazos e dous confesos admiradores, Xurxo Souto e Manuel, neto do homenaxeado e seguidor da tradición acordeonista. Henrique Rivadulla Corcón tentará darlle orde a este que se presenta como un \"duelo de acordeóns\". De Merexo, aldea de Muxía, tomou o seu nome artístico Pazos, o mestre da Costa da Morte que será este venres 16 homenaxeado no Rincón da Baiuca, con dous acordeóns amigos e discípulos como compañeiros, o de Xurxo Souto e un máis cativo, o de Manuel, neto de Pazos e continuador da tradición que presidiu desde hai case sete décadas a casa de Pazos. O acordeón chegou moi pronto e desde moi lonxe. Pasaba pouco da primeira década de vida cando a Pazos lle puxeron un acordeón nas mans. Viña de Bos Aires e quen o traía era seu pai que pensou que o fillo lle podía dar algún proveito a aquel instrumento mercado por un tío na emigración. Tiroulle e moito. Pazos de Merexo comezou alugando o acordeón nas festas mais, aos poucos, daquela caixa comezaron a saír muiñeiras, mazurcas ou tangos que puxeron música ás festas e palilladas da Costa da Morte e fixeron do intérprete unha figura coñecida e querida na comarca. Desde que pegou nel, o acordeón de Pazos de Merexo só calou nun intervalo pequeno de tempo debido a unha situación familiar dolorosa que non convidaba á festa. Despois volveuse sentir, animado polo fillo que agora está tamén detrás da homenaxe de Muxía. Mestre do acordeón, figura respectada e querida, a dignidade da súa imaxe de músico popular prendeu tamén en Kepa Junquera, que o convidou, cando o seu neto Manuel, a participar no seu novo disco dedicado á música galega."}
{"ID": "NOS_42667", "summary": "Aspiran a consolidarse na zona alta da táboa", "text": "A terceira xornada da Primeira División feminina de fútbol sala promete ser de todo menos tranquila para os equipos galegos da categoría: Burela, Cidade das Burgas, Poio, Ourense e Viaxes Amarelle da Coruña. Esta última escuadra aspira a lograr o seu primeiro triunfo da tempada na pista do Clube Deportivo Leganés hoxe ás 19 horas, ante unhas madrileñas que aínda non debutaron a causa dos casos positivos que detectaron entre as súas xogadoras. A estatística resulta favorábel para as de Jorge Basanta, que sempre foron quen de puntuar nos seus choques máis recentes contra o Leganés, aínda que xa pasou ano e medio desde o seu último enfrontamento. A escasos 15 quilómetros, no Polideportivo Municipal Villafontana de Móstoles volve á acción ás 19.30 horas o Burela Pescado Rubén, logo de padecer un aprazamento a pasada semana a causa do illamento do Intersala Zaragoza. O Burela buscará seguir sumando de tres en tres despois do bo arranque a domicilio fronte a Alcorcón (2-3). \"Imos saír a gañar, queremos levar o ritmo e a intensidade, como sempre, impor o noso nivel e o noso xogo\" asegura unha Ale de Paz, que se declara \"consciente\" de que non poden \"baixar nin a intensidade nin o nivel dos adestramentos\" a pesar dos paróns que poida provocar a Covid-19 ou de lesións como a escordadura de nocello de Jenny. Mais os duelos galego-madrileños non quedan aí, pois o Ourense xoga ás 17 horas de hoxe co Futsi Atlético Navalcarnero, aínda que a diferenza do que acontece co Amarelle e o Pescados Rubén, farao na casa. Separados por apenas dous puntos na clasificación, este igualado choque poderá ser seguido a través da canle de Youtube do conxunto galego, logo de conseguir o obxectivo de lograr a cifra de 1.000 persoas subscritas, para a que estiveron desenvolvendo unha campaña de promoción nos últimos días. Finalmente, Poio Pescamar e Cidade das Burgas enfrontaranse nun derbi ás 19 horas de hoxe no que destaca especialmente a presenza baixo os paus da portaría do conxunto local da gardameta Iria Varela, quen con tan só 15 anos terá que asumir a responsabilidade de substituír dous pesos pesados deste deporte como son Silvia Aguete -lesionada- e Caridad -sancionada-, consideradas as dúas mellores do Estado na súa posición."}
{"ID": "NOS_52414", "summary": "Segundo o último informe de EAPN-Galiza, unha de cada dez persoas está nunha situación de pobreza severa na Galiza. As carencias económicas, provocadas pola \"falta de vivendas dignas e accesíbeis\", agrávanse entre as mulleres e as persoas maiores. Ademais, 53% das pensións están por baixo do limiar de pobreza.", "text": "A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galiza, en inglés) vén de publicar o informe O Estado da pobreza na Galiza 2021, un estudo de carácter anual que analiza o grao de cumprimento da Estratexia Europa 2020 —que instaba a reducir en 25% a poboación en risco de exclusión social de cara ao pasado ano— e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) asumidos en 2015 —diminuír á metade a proporción de persoas que viven na pobreza en 2030—. Segundo o devandito informe, 25,7% da poboación galega estaba en risco de pobreza ou exclusión social —a denominada taxa Arope— en 2020, isto é, 1,4 puntos máis que o ano anterior. Trátase do rexistro máis elevado da última década, xunto co de 2015. \"Quen traballamos nas entidades do terceiro sector sabemos que estes números son realidades que se viven a diario e que intentamos paliar. O que evidencia o informe é que as persoas que sufriron a crise económica de 2008 non chegaron a recuperarse nunca, e isto púxoo de manifesto a pandemia malia que xa o viñamos advertindo nos últimos anos. A este ritmo non imos cumprir os ODS de 2030\", sinala a Nós Diario o vicepresidente de EAPN-Galiza, Daniel Bóveda, quen cualifica as cifras de \"frustrantes\". O pasado ano tamén medrou de forma significativa a taxa de pobreza da Galiza até 22,1% —dous puntos máis que en 2019—, un dato que supera a media estatal —21%— por primeira vez en dez anos. Deste modo, case 600.000 persoas sofren unha situación de pobreza, o que supón un de cada cinco galegos e galegas. Con todo, Bóveda matiza que a pandemia non é a única causa destes rexistros, xa que se trata dunha situación que \"vén de lonxe\". \"É evidente que a crise sanitaria influíu, mais, por desgraza, non nos sorprenderon os datos porque eran os que agardabamos\", di. Incapacidade de afrontar gastos imprevistos Desde a Rede Galega contra a Pobreza poñen o foco no aumento do prezo do alugueiro e a falta de vivendas \"dignas e accesíbeis\", algo \"esencial\" para loitar contra a exclusión social. \"A Consellaría de Política Social soubo actuar neste tempo de emerxencia sanitaria e a interlocución connosco foi boa; porén, para lograr a recuperación das persoas que sufriron a crise non abonda con axudar nos casos máis extremos. Precisamos un investimento social estrutural que aborde os problemas da vivenda, a sanidade, a educación... En definitiva, garantir os piares do estado do benestar\", sostén Daniel Bóveda, quen malia \"celebrar\" medidas sociais coma o Ingreso Mínimo Vital lembra que o investimento debe ser \"transversal\" e producirse \"en todas as áreas\" para atallar o problema. De feito, o informe publicado onte evidencia que o 28% das galegas e galegos non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos, ao tempo que o 15% non se pode permitir unha comida de carne vermella, polo ou peixe cada dous días. Medra a pobreza severa Aliás, 9,4% da poboación da Galiza sofre actualmente pobreza severa, isto é, que unha persoa que vive soa debe sobrevivir con menos de 535 euros mensuais; 1.123 no caso dunha familia con dous adultos e dous menores de idade ao seu cargo. Esta taxa subiu 1,5 puntos a respecto de 2019 e practicamente iguala a media estatal (9,5%). \"Feminización\" da precariedade Malia que nos últimos anos tense revertido a situación de forma notábel, os últimos rexistros indican que a laceira segue a afectar as mulleres en maior medida: 52,3% das persoas en situación de pobreza fronte a 47,7% de homes. Aliás, a taxa feminina incrementouse en 2,3 puntos no último ano, mentres a masculina subiu 1,8. \"Os datos evidencian unha realidade. As familias 'monomarentais' teñen un maior risco de exclusión social, xa que moitas mulleres deben saír adiante soas, co que isto implica a nivel de conciliación, de coidados...\", salienta o vicepresidente de EAPN-Galiza. 52,8% das pensións, por baixo do limiar de pobreza As persoas maiores tamén son especialmente vulnerábeis. En 2020, 46,2% das pensións por xubilación estaban por baixo do limiar de pobreza —688 euros mensuais, en 14 pagas—, e 15,7% deixaban as persoas beneficiarias en situación de pobreza severa —menos de 458 euros—. \"Outro gran reto que temos como sociedade é o coidado, en maiúsculas, das persoas maiores. Mais non só é preocupante a carencia económica, senón que moitos fogares dependen desas pensións\", apunta Bóveda. Así mesmo, 52,8% das pensións no seu conxunto —por incapacidade permanente, xubilación, viuvez, orfandade ou favor familiar— fica por baixo do limiar de pobreza relativa. Convenio de colaboración coa Valedora do Pobo Mañá conmemórase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, e, con motivo desta data, EAPN-Galiza asinará na segunda feira un convenio de colaboración coa Valedora do Pobo a fin de \"facilitar a procura de solucións ás necesidades das persoas máis desfavorecidas\" e desenvolver accións conxuntas. Combater os estigmas e o odio Daniel Bóveda advirte un incremento dos \"discursos do odio\" e os \"estigmas\" cara as persoas en risco de exclusión social: \"É unha realidade que xa estaba aí, pero agora fai moito máis ruído. Tristemente hai representantes políticos que aproveitan unha situación de vulnerabilidade para difundir noticias falsas, criminalizar e estigmatizar unhas persoas que xa teñen problemas abondo\", lamenta. O vicepresidente de EAPN-Galiza considera que se están a incrementar os delitos de odio \"contra todos os colectivos, desde as persoas migrantes ás LGBT\", mais tamén, a nivel particular, contra a xente con graves carencias materiais: \"O termo aporofobia xa non nos resulta descoñecido, porque por desgraza cada vez se utiliza máis\", afirma."}
{"ID": "PRAZA_1453", "summary": "A plataforma que agrupa a alumnado e profesorado de Música, Artes Plásticas, Deseño ou Conservación e Restauración esíxelle á Xunta que \"exerza as súas competencias\" para a integración destas disciplinas no sistema universitario galego. Denuncian a presión dos centros privados", "text": "Os e as estudantes galegas de ensinanzas artísticas, así coma o profesorado destas disciplinas (Música, Artes Plásticas, Deseño ou Conservación e Restauración), continúan na loita pola súa integración no sistema universitario. Unha demanda que vén de vello, despois de que en 2012 unha sentenza do Tribunal Supremo anulase a súa consideración de estudos universitarios, devolvéndoos á súa condición previa de estudos técnicos superiores, equiparables legalmente aos graos e posgraos, pero non integrados no sistema universitario. Unha simple equiparación que en moitos asuntos (bolsas, Erasmus, acceso a outros programas de estudo, dereitos do profesorado...) introduce diferenzas fundamentais. A Plataforma reclama da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que \"exerza as súas competencias\" Este xoves ofreceron unha rolda de prensa no Parlamento na que representantes do alumnado, das asociacións de nais e pais e dos sindicatos leron un manifesto en nome da Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade. A súa principal demanda é que se poña en marcha o establecido do artigo 58.7, da LOMCE, que determina que as administracións educativas poderán adscribir centros de ensinanzas artísticas superiores mediante convenio ás universidades. Subliñan que en Galicia xa se deu o caso de que un centro privado autorizado pasase a impartir títulos superiores de música que non se tiñan implantado nos conservatorios superiores públicos. E salientan que \"igualmente grave\" é a situación dos estudos en Conservación e Restauración en Bens Culturais, que tamén ofrecen as universidades, públicas e privadas, \"o que implica unha discriminación moi negativa para as tituladas e titulados superiores en tanto a suposta equivalencia acaba por non aplicarse en numerosos casos\", sexa no acceso a bolsas para posgraduados, na continuidade de estudos, ou na incorporación ao mercado laboral, \"pois sempre se prima a titulación universitaria\". Subliñan que en Galicia xa se deu o caso de que un centro privado autorizado pasase a impartir títulos superiores de música que non se tiñan implantado nos conservatorios superiores públicos A Plataforma reclama da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que \"exerza as súas competencias\" e publique de forma inmediata unha norma que estableza os criterios para a adscrición dos centros superiores de ensinanzas artísticas á universidade no curso 2015-2016, favorecendo que \"nun período razoable de tempo\" eses centros se poidan integrar plenamente no sistema universitario. A Plataforma afirma que a adscrición e a propia integración \"a ninguén prexudica, beneficia de maneira sensible a todos os integrantes da comunidade educativa e pode ter efectos moi positivos na mellora permanente do sistema cultural galego, pois falamos dos centros onde se forman profesionais na creación e conservación do noso patrimonio cultural\". As entidades que conforman a Plataforma fan tamén \"un chamamento público\" aos reitores das tres universidades galegas para que apoien publicamente esta demanda \"que non persegue outra cousa que mellorar a formación e a investigación en educación artística, facer máis e mellor universidade, e máis e mellor país\". Denuncian que se converteu \"en problema político un problema ben sinxelo de ordenación académica\", unha cuestión na que cren ver a presión de universidades e centros privados de ensino superior Critican especialmente a actitude mantida polo Partido Popular que -lembran- no seu programa electoral para as eleccións xerais de 2008 anunciaba que posibilitarían \"a incorporación das ensinanzas artísticas superiores á universidade, de acordo co marco do Espazo Europeo da Ensinanza Superior\". Denuncian que se converteu \"en problema político un problema ben sinxelo de ordenación académica\", unha cuestión na que cren ver a presión de universidades e centros privados de ensino superior: \"numerosas universidades privadas e centros adscritos a universidades privadas están na actualidade aumentando de forma exponencial a oferta de títulos de grao en ensinanzas artísticas, e acaparando a oferta de títulos de posgrao, incluíndo títulos específicos de doutorado en ensinanzas artísticas\"."}
{"ID": "NOS_49112", "summary": "O comité denuncia a intención da nova propietaria de segregar a produción de ferroaliaxes da actividade das centrais hidroeléctricas, como xa pretendera Ferroatlántica no seu día.", "text": "Xeal, a empresa que aglutina as antigas fábricas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande, vén de presentar un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que avalou o o rexeitamento de Augas de Galiza a autorizar á empresa, entón controlada polo empresario Juan Miguel Villar Mir, a segregar a actividade de ferroaliaxes da produción eléctrica. Á vista do comité de empresa, este movemento \"evidencia unha vez máis que o verdadeiro interese de TPG-Ithaka (a actual propietaria) está no substancioso negocio enerxético\". \"Mentres as fábricas sofren un progresivo deterioro por falta de investimento e o recorte drástico das capacidades produtivas, a empresa non escatima esforzos na súa batalla para conseguir a segregación das centrais\", engaden. Como lembra a representación dos traballadores, o fondo norteamericano xa dera mostras das súas intencións no momento de tomar as rendas do complexo industrial, pois entón xa se negara a retirar o recurso presentado en 2017 por Ferroatlántica contra esta mesma decisión, pese a ser coñecedora da ilegalidade da desvinculación de actividades, \"unha teima na que agora incide presentando este recurso no Supremo\", apuntan. Desde o comité destacan que o fondo chegou con promesas de garantir o emprego e a viabilidade das fábricas, mais que \"o único que hai a día de hoxe son fornos sen actividade, falta de mantemento e investimentos, perda de postos de traballo e unha clamorosa ausencia dun plan industrial\". Ante esta situación, anuncian a súa intención de retomar as mobilizacións semanais cunha concentración esta sexta feira, 15 de xaneiro, ás 19 horas diante de Concello de Cee, \"en defensa do futuro industrial da comarca e do mantemento de todos os postos de traballo\". Por outra banda, sinalan que veñen de solicitar unha reunión coa Consellaría de Economía, Empresa e Innovación, xa que \"transcorrido un ano e medio da venda seguimos sen coñecer o plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións, malia que dito plan xa lle foi requirido pola Administración á empresa hai meses\", polo que exixen unha maior implicación da Xunta neste senso."}
{"ID": "NOS_41162", "summary": "Beijing non ocultou o alivio tras a saída de Donald Trump da Casa Branca, e acolleu con satisfacción a chegada de Joe Biden. Mais con cautela: se ben haberá entendemento en temas como a loita contra a Covid-19 ou o cambio climático, é previsíbel que o novo presidente estadounidense manteña a liña dura noutros asuntos.", "text": "\"Penso que despois deste difícil e extraordinario momento, ambos os pobos chinés e estadounidense merecen un futuro mellor\", declarou hoxe aos medios a portavoz do Ministerio de Exteriores chinés, Hua Chunying, a respecto da chegada de Biden á Casa Branca e o seu discurso inaugural. O novo presidente estadounidense non fixo referencia explícita á China ─tampouco á UE─ e en xeral puxo o foco nos desafíos que afrontará a nivel interno, especialmente a respecto da polarización existente na política e na sociedade do país norteamericano. \"Ao tempo que o discurso de Biden se centrou nos retos domésticos, Trump en contraste puxo en valor as súas políticas hostís cara á China como un logro no seu discurso de despedida\", escribía onte o periódico chinés Global Times nunha reportaxe titulada \"Biden abandona a retórica tóxica de Trump cara á China, mais cómpre valor para reconstruír pontes\". \"China é sincera en retomar o diálogo e a cooperación cos EUA agora que Biden tomou posesión\", sinala o rotativo, que tras consultar con varios analistas políticos do país considera que \"os eidos máis probábeis para romper o xeo serían o cambio climático, a loita contra a Covid-19 e o comercio\". Non obstante Beijing mantén polo momento o escepticismo. Aliados ou/e adversarios Malia que o novo presidente prometeu afastarse da política illacionista de Trump e \"liderar o mundo, non retirarse del\", tamén manifestou en diversas ocasións que manterá a firmeza coa China, país que tanto demócratas como republicanos ven como ameaza nunha nova Guerra Fría, se non xa en marcha si latente. Neste sentido enmarcaríase a designación de Avril Haines como directora de Intelixencia Nacional dos EUA, cargo que acaba de ser ratificado por ampla maioría (84-10) no Senado. Haines ─recolle The New York Times─ defendeu ante os parlamentarios que as axencias de espionaxe debían \"apoiar os esforzos bipartidistas que veñen de atrás para superar a China, adquirino e compartindo coñecementos sobre as intencións e as capacidades\" do país asiático. \"A China é un adversario nalgúns asuntos, e noutros tratamos de cooperar con eles, sexa no contexto do cambio climático ou noutros temas [...]. Mais creo que iso non mitiga de ningunha maneira o feito de que, cando falamos de espionaxe ou dunha variedade de temas estarei centrada, se son confirmada como directora da Intelixencia Nacional, en que é un adversario e que temos que traballar neses temas, en particular contrarrestando as súas accións ilegais, inxustas, agresivas nestes espazos\", declarou na terza feira a preguntas da comisión encargada de avaliala para o cargo. Desde o Observatorio da Política Chinesa defenden que \"a racionalidade debe volver ás relaciones entre a China e os EUA\", \"nun momento decisivo en que o mundo loita contra unha crise de saúde pública inédita nun século e os efectos económicos que carrexa\". Cren que \"a Administración Biden debe deixar de considerar Beijing como a 'némesis ideolóxica' inevitábel de Washington\", algo que se explica por unha \"mentalidade arraigada nas ideas obsoletas da Guerra Fría\", por parte dos \"falcóns partidarios da política dura contra a China da Administración Trump\". Falcóns contra os que, poucas horas despois de Biden asumir o cargo, Beijing anunciou sancións. Un total de 28 altos cargos, encabezados polo ex secretario de Estado Mike Pompeo, polo seu \"prexuízo e odio cara á China\", segundo recolle o comunicado oficial. \"Planearon, promoveron e executaron unha serie de accións de tolos que interferiron gravemente nos asuntos internos da China, socavaron os intereses da China, ofenderon o pobo chinés, e afectaron seriamente as relacións China-EUA\", dise na declaración. No discurso inaugural, Biden fixo referencia á \"batalla pola alma dos EUA\". \"A nosa nación está moldeada pola constante batalla entre os nosos mellores anxos e os nosos máis escuros impulsos. É hora de que os nosos mellores anxos se impoñan\", dixo. Tirando dese fío ─e sen escatimar en críticas ao Goberno Trump─, a portavoz gobernamental chinesa Hua afirmou: \"As dúas partes deben mostrar valor e sabedoría. Necesitamos tomar nota e escoitarnos mutuamente con respecto. É a responsabilidade conxunta dos nosos dous países e tamén a aspiración da comunidade internacional. Non temos dúbida de que os mellores anxos nas relacións China-EUA derrotarán as forzas do mal\". Os Estados Unidos perden influencia entre a cidadanía da Unión Europea e do Reino Unido A maioría da cidadanía europea celebrou a vitoria de Biden nas eleccións presidenciais estadounidenses, porén non cre que esta vaia servir para o regreso dos EUA como o líder global preeminente. Así se desprende do estudo publicado esta semana polo European Council on Foreign Relations, que reflicte unha mudanza substancial na actitude dos europeos cara aos EUA nos últimos catro anos. Neste momento, a maioría da cidadanía nalgúns dos principais países europeos considera que o sistema político estadounidense está roto e que Europa non pode confiar no país norteamericano para que a defenda. Valora máis positivamente tanto as institucións estatais propias como as da UE. Ademais, pensa que a China será unha potencia máis poderosa que os EUA no período dunha década. Os Estados onde está percepción é maior son España (79%), Portugal (72%) e Italia (72%)."}
{"ID": "NOS_26385", "summary": "Da valorización dos microtopónimos ao menosprezo dos macrotopónimos", "text": "A tesourando unha das toponimias máis diversas e amplas de toda Europa, en Galiza non sorprende que cada leira teña o seu nome nin que, en certas partes do país, unha veciña sexa quen de diferenciar até unha ducia de lugares en apenas vinte ferrados de terra. Mais en Galiza non só as leiras reciben o bautismo, tamén unha chea de marcos, cons, penedos, castros e até regos cativos gozan dun privilexio pouco frecuente noutros lugares do mundo: todo un pesadelo para os grandes motores de procura como Google. Lonxe dun mero capricho, o certo é que detrás desta excepcional riqueza toponímica agóchase un milenario proceso de humanización que evidencia o arraigo dun pobo, o galego, que como poucos soubo acadar unha estreita relación co territorio até concibilo como un auténtico fogar. Un vínculo tan forte que mesmo deixou a súa pegada na xenética da poboación galega, tal e como o revelou un estudo dirixido, entre outros, polo profesor Carracedo e que en 2019 vía a luz na prestixiosa revista Nature Communications. A toponimia como identidade Mais se a importancia da toponimia na sociedade galega tradicional radicou principalmente na necesidade dunha identificación das terras de cultivo e da realidade máis próxima, hoxe por hoxe, na era dixital, resulta innegábel que a toponimia foi adquirindo, ademais dun, un forte compoñente identitario e sentimental. Abonda con presenciar os acalorados debates que aínda hoxe suscitan os diferentes nomes de cidades, vilas, parroquias e lugares do país, por pequenos que estes for, pois en realidade, os topónimos nunca deixaron de ser auténticos emblemas nacionais que conxugan lingua, cultura e historia, e que, xa que logo,constitúen a nosa carta de presentación no mundo. Conscientes deste valor, na última década, a aparición de proxectos como Toponimia de Galicia ou Galicia nomeada, nos cales participa activamente a sociedade civil galega, están a se converter nuns excepcionais aliados na conservación e recuperación de milleiros de microtopónimos. Un labor inxente de rexistro que loita contra o paso do tempo naqueles territorios que están a perder os seus últimos moradores e que, ademais,conta con numerosos inimigos, tales como a castelanización (Las Jubias, Las Gándaras, Freijeiro...), cando non a súa substitución por nomes de novo cuño que rachan o vínculo ancestral entre o territorio e os seus habitantes (Ciudad Europa, Los Rosales...). Os topónimos nunca deixaron de ser auténticos emblemas que conxugan lingua, cultura e historia, e constitúen a nosa carta de presentación no mundo Porén, se os microtopónimos están a ser obxecto dun profundo movemento de recuperación, estudo e valorización, isto non semella aplicarse aos seus irmáns maiores, os macrotopónimos, cuxa maior transcendencia non os librou de caeren no máis escuro esquecemento. En realidade, a sorte dos topónimos non pode desligarse da sobrevivencia social das realidades xeográficas á que se refiren e que,no caso galego, atopan o seu mellor exemplo nas vellas comarcas do país, hoxe practicamente baleiras de calquera contido institucional. Un proceso de lenta desaparición que xa fora advertido pola intelectualidade galega dos anos 30 do século pasado, e que vía nas comarcas a organización natural do país fronte ao sistema provincial deseñado por Javier de Burgos en 1833. Os nomes das comarcas Mentres que malogrado proceso de comarcalización dos anos 90 do século pasado representou, para parte da sociedade, un fenómeno novidoso, o certo é que a organización comarcal do país é tan antigo como el mesmo.Para comprobalo, abonda con ollar o papel destes territorios na organización política do reino de Galiza desde os seus primeiros momentos, tal e como pon de manifesto a coñecida como DivisioTheodemiri, escrita durante o reinado de Teodomiro, rei da Gallaecia entre os anos 559 e 570, e no que xa afloran referencias nítidas a territorios como Morracio (O Morrazo), Saliniense (O Salnés) ou Bergido (O Bierzo). En realidade, toda a documentación medieval galega está chea de referencias ás vellas comarcas do país baixo fórmulas como: \"que estin terra de Amaea [...]\", \"e na terra de Fragoso [...]\" Con todo, a [re]comarcalización do país non foi quen de recoller toda esta riqueza onomástica, de xeito que moitos destes macrotopónimos comarcais acabaron sendo substituídos por outros nos que primou o concello máis poboado, tales como a comarca do Asma (hoxe Chantada), a de Baroncelle (hoxe Verín) ou Abeancos (hoxe Melide). Outros foron sinxelamente interesadamente ocultados e substituídos por neoloxismos inexistentes na tradición galega, tales como Ferrolterra (antigo Trasancos) ou a Mariña Occidental (antigamente, Terra de Viveiro). Porén, a maior parte deles desapareceron baixo un proceso que pareceu ignorar as denominacións históricas e cuxo rastro só se mantivo no nome de pequenas parroquias como ocorreu en Montaos (hoxe comarca de Ordes), Céltigos (Xallas) ou Posmarcos (hoxe dividida entre as comarcas de Barbanza e Noia), entre moitos. Paradoxalmente, a maioría destes macrotopónimos históricos foron preservados pola Igrexa galega para dar nome ás súas demarcacións, e aínda hoxe esperan poder reclamar o seu xusto lugar no país dos millóns de topónimos: sen dúbida, a súa volta do esquecemento representa hoxe un dos retos máis apaixonantes da toponimia galega."}
{"ID": "NOS_1511", "summary": "A consulta á militancia de Junts terá lugar o 6 e 7 de outubro.", "text": "A presidenta de Junts per Catalunya, Laura Borràs, e o secretario xeral da formación, Jordi Turull, anunciaron esta quinta feira que o president da Generalitat, Pere Aragonès, ten dous días para rectificar o cese do seu vicepresidente, Jordi Puigneró, antes de que Junts faga unha consulta interna a súa militancia para decidir se abandona o Goberno catalán. O Govern catalán, nunha situación límite Os integrantes da executiva nacional mantiveron unha reunión extraordinaria na mañá de hoxe despois de que Aragonès anunciase a destitución do vicepresidente e conselleiro de Políticas Dixitais e Territorio na última hora de onte. Neste sentido, o president da Generalit xustificara esa decisión no feito de que Puigneró non lle comunicase a intención de Junts de presentar unha moción de confianza contra o dirixente de ERC. En canro a Junts, xa anunciou que non proporá ningún nome para substituír o vicepresidente. A consulta á militancia de Junts terá lugar o 6 e 7 de outubro, anunciaron Borràs e Turull."}
{"ID": "NOS_20382", "summary": "As novas recomendacións do FMI adiviñan que Rajoy adiantará a subida do IVE xunto con outros impostos e a baixada de salarios dos funcioarios privados. O FMI tampouco esquece o sector privado e recomenda tamén un descenso nos soldos das persoas contratadas.", "text": "Na análise do Fundo Monetario Internacional (FMI) referida á situación económica do Estado Español, anuncia que para acadar a \"confianza dos mercados\" é preciso endurecer as medidas que suporán unha baixa do poder adquisitivo de persoas asalariadas cunha inminente rebaixa recomendada de salarios –do sector público de forma especial, mais non só- xunto cun incremento do IVE, como medidas urxentes, o que deixa, máis unha vez á vista sobre quen vai recair o pago do rescate bancario. A institución liderada por Christine Lagarde estima que o déficit orzamentario excederá o 5,3% do Produto Interior Bruto (PBI) e recomenda, polo tanto, axustar a situación coas mesmas medidas que xa se teñen aplicado noutros países sometidos a rescate bancario como son Portugal e Grecia, é dicir, subir impostos e baixar salarios. Penar o consumo O FMI advirte con claridade a Mariano Rajoy que non pode agardar para o próximo ano para a subida de impostos e que compre activar o incremento do IVE e outros impostos que gravan o consumo, medidas que non veñen senón confirmar a liña na que o executivo español estaba a traballar, acorde coas indicacións da institución de Lagarde que reclama que estas medidas deben ser xa lexisladas. Demanda a eliminación tamén da reducción por compra de vivenda. O informe do FMI recolle tamén recomendacións de baixada de salarios para o sector privado cando reclama unha \"solución global, en que os traballadores acepten unha maior moderación salarial, que os empresarios fagan reflectir as rebaixas de custos nos prezos e no aumento do emprego e os bancos se recapitalicen\". No entanto, sinala que o obxectivo de redución do déficit é moi difícil de acadar. O programa de rescate incrementa a vixiancia do FMI sobre o goberno de Rajoy. De todos xeitos, a posibilidade de impago da débeda e do rescate poñen ao gobeno de Rajoy diante dun posíbel segundo rescate que xa avanza a prensa internacional, o The New York Thimes ao Público de Portugal."}
{"ID": "NOS_57929", "summary": "Aumentam os indícios de o presidente da República preferir a continuidade de Passos Coelho, embora estar em minoria na câmara legislativa, ao fronte do governo.", "text": "A crise política em Portugal está longe de ser fechada, desde que o presidente da República, o conservador Cavaco Silva, tem a potestade, constitucional, de indigitar ou não como primeiro ministro António Costa, o líder do PS. A situação é a seguinte: politicamente Cavaco prefere a continuidade de Passos Coelho, mas este não tem a confiança da Assembleia da República, câmara que chumbou o seu programa de governo. Passos Coelho tem o apoio do presidente da República, aliás não o da câmara, justo ao invés de António Costa. Em Portugal já houve governos de gestão, nos anos 1987 e 2011 Todos os olhos estão postos em Cavaco Silva e no que vá fazer. Esta terça feira, durante a sua visita institucional à Madeira, o presidente da República deu uma pista ao desdramatizar esta crise política e ao relembrar que ele próprio foi primeiro ministro dum governo em gestão. Com efeito, de se optar por esta solução, não seria inédita: houve governos de gestão em Portugal nos anos 1987 e 2011. As afirmações de Cavaco foram rapidamente contestadas por António Costa: \"É preciso relembrar que o que se passa hoje é bem diferente do que se passou em 1987 e é também bem diferente do que se passou em 2004\", afirmou o secretário-geral socialista. Aliás, alertou que a Constituição proíbe a dissolução do Parlamento nos primeiros seis meses da legislatura."}
{"ID": "NOS_50856", "summary": "A fachada principal do edificio de San Caetano, en Compostela, anoiteceu onte cunha proxección dobre e xigante da bandeira española. É a maneira da Xunta de Galiza de celebrar o 12 de outubro, denominado \"Fiesta Nacional de España\" ou \"Día de la Hispanidad\" e que en realidade conmemora o inicio da invasión e colonización de América do Sur en 1492.", "text": "A acción do Goberno de Feixoo foi axiña obxecto de chufa nas redes sociais, que xeraron memes sobre o que o franquismo designou \"Día de la Raza\" coma este de @cascarelo: O dirixente do BNG Rubén Cela cualificou o feito de \"pailanada excesiva\". O certo é que a Xunta pon moito máis empeño en afirmar a súa españolidade ca en facer o propio no Día da Patria Galega, cuxo nome oficial, que o PP sempre evita, é Día Nacional de Galiza."}
{"ID": "NOS_50043", "summary": "O borrador do concurso de translados topa coa oposición dos sindicatos. Recorda CIG-Ensino que a Lei de normalización lingüística e do propio decreto do plurilingüismo require o deber de manexar o galego en todas as prazas e en todos os niveis educativos", "text": "A Xunta de Galiza, en virtude do concurso de translados, permitirá que no noso país imparta aulas profesorado que non coñece a nosa lingua. Segundo a proposta da consellaría de Educación, que o sindicato CIG fixo pública a través da súa federación de ensino, Jesús Vázquez incumprirá a Lei de normalización lingüística e o propio decreto 79/2010, que regula a presencia do galego nas aulas. Só terán o deber de manexar este idioma @s docentes especialistas de Infantil; ciencias sociais, xeografía e historia e ciencias da natureza en Primaria; xeografía e historia e bioloxía e xeoloxía en Secundaria; e na Formación profesional. Na mesa sectorial, CIG-Ensino reclamou que se exixa a competencia en galego para todas as materias, considerando \"inconcebíbel\" o borrador do concurso de translados achegado pola consellaría e que non contempla tal requerimento. \"En calquera momento podería exercer cargos directivos ou impartir a súa materia en galego se así o require o Plan lingüístico do centro\", pois o decreto plurilingüe aprobado pola Xunta do PP recolle que serán os propios colexios os que escollan a lingua en que se imparten algunhas materias para completar o famoso 33% do currículo que se lle reserva ao idioma propio do país. Así mesmo, defendeu o sindicato nacionalista que se considere un mérito impartir as aulas en galego."}
{"ID": "NOS_30570", "summary": "Felipe Ces é o creador de Kameleon Vintage, unha tenda de roupa de segunda man localizada en Santiago de Compostela, que naceu froito da casualidade e do infortunio. Felipe rompeu unha perna mentres estaba de Erasmus en Bulgaria, e iso permitiulle centrar todo o seu tempo en deseñar unha tenda de roupa en liña como parte do seu traballo de fin de grao. Ao pouco, o éxito da tenda e a acollida que tivo entre as universitarias e universitarios de Santiago fixeron que se puidera instalar nun local.", "text": "-Cando tiveron a idea de crear Kameleon? Hai cinco anos, nunha viaxe que fixen a Italia merquei nun mercadiño da zona roupa como a que vendemos nós, pero aínda máis barata. Deime conta de que aquí, na Galiza, esa roupa vendíase por moito máis prezo, polo que era un negocio interesante. Evidentemente, non podía ir a Italia a miúdo para conseguir pezas de roupa a ese prezo, así que o deixei un pouco de lado. Pero durante o Erasmus, como rompín unha perna e case non podía saír de festa nin facer viaxes, dediqueime a percorrer as tendas de roupa vintage que hai en Sofía. Penso que unhas trinta tendas de segunda man, cuxos donos non chegaban aínda a entender cal era o verdadeiro significado e o verdadeiro valor do vintage. Cando volvín, decidín centrar o meu proxecto de fin de grao en crear unha tenda en liña con roupa de segunda man. Cando xa vimos que comezaba a funcionar ben, decidimos empezar a vender de maneira presencial nun local. Agora mesmo, Martín, Eva e mais eu somos quen traballamos en Kameleon. A parte máis administrativa e da web lévoas eu, mentres que Martín e Eva encárganse de aspectos máis relacionados coa organización e a difusión das pezas. -Para alguén que non entenda o termo vintage, que tipo de roupa venden? A verdade é que temos un rexistro de roupa bastante amplo. Desde polos de Lacoste até chándales de Adidas dos anos 90, pasando polas crazy jackets. Temos unha parte do que se poderían chamar clásicos, con diferentes chaquetas, polos, abrigos... de marcas moi recoñecíbeis, e despois roupa dun estilo máis deportivo. Principalmente eses son os estilos nos que nos movemos. -Como conseguen a roupa para despois vendela no local? Nun principio, conseguiámola viaxando e indo a diferentes mercadiños. Neses lugares comecei a coñecer varios provedores, aos que acompañaba aos seus almacéns. Iso fixo que me fose moito máis sinxelo adquirir a roupa, porque non tiña que ir posto por posto, senón que podía tratar directamente con eles para conseguir o material. Neste negocio é moi difícil atopar provedores que traballen ben e que non te intenten enganar. Traballei xa con máis de cincuenta provedores distintos. Teño a sorte de que co que traballamos agora estamos moi ben. Deunos a vida na pandemia, e é moi probábel que sen el, Kameleon xa non existiría. O dos provedores é un mundo bastante complicado, e en especial cando xestionas unha tenda online. -Como é para un pequeno negocio subsistir nos tempos de pandemia? Se para calquera negocio xa é complicado, penso que para un pequeno comercio, que traballa cuns ingresos máis ou menos axustados e que ve como se reducen de xeito drástico en pouco tempo, é moi difícil. Tivemos a sorte de que cando as cousas ían ben conseguimos aforrar unha parte de beneficios para trasladarnos a un local máis grande, que tamén implicaba máis gastos, pero que se puido afrontar. Aínda así, foi moi complicado aguantar todo este tempo. -Pensa que as institucións apoiaron o suficiente o pequeno comercio? Eu, por exemplo, sen contar a redución da cota de autónomo, non recibín ningún tipo de subvención nin de axuda especial. O que notei é que cada vez que intentaba solicitar algunha prestación, tiña que facer moitos trámites e achegar moitos datos, o que facía que en moitos casos non me dera tempo a entrar nos prazos de petición. Penso que foi unha carreira en solitario para os negocios máis pequenos. Os traballadores dos comercios máis locais non temos tempo para levar a cabo todas as xestións que son necesarias para acceder ás axudas, porque non damos para máis co propio traballo."}
{"ID": "NOS_26931", "summary": "O sindicato critica o establecemento unilateral de xornadas que poden ser de 38 horas e 15 días ininterrompidos no persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Consellería de Política Social.", "text": "O persoal de Servizos Sociais do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Consellería de Política Social, denuncia a través do sindicato CIG-Administración Autonómica que \"ao longo da maña do mércores 25, e por medio de avisos por WhatsApp e ameazas da directora de area en chamada telefónica\", as direccións modificaron as condicións laborais ás traballadoras. Entre os cambios están o aumento de quendas de até 24 ou 38 horas de xornada e ata 15 días continuados, e cambio de centro de traballo públicos ou integrados dun día para outro. Desde a CIG afirman \"entender\" que a función destas traballadoras e traballadores é \"vital e importantísima dada a crise sanitaria polo COVID 19 e o caos nas residencias de maiores\", mais pensan que iso \"non pode conducir ao abuso\". Segundo o sindicato, a \"improvisación\" é \"de tal magnitude\" que ante a negativa dalgunha traballadora a presentarse na tarde de onte a traballar noutro centro, \"do que se lle informou dúas horas antes e sen coñecer as condicións laborais\", a Xerencia do Consorcio respondeu cunha instrución por escrito \"coa ameaza de que, de non facelo, pode ter consecuencias penais\". Nin a CIG, como representación sindical da maioría do persoal, nin os comités de empresa nin o comité intercentros, declaran ter constancia \"oficial\" desta situación, que cualifican de \"esperpéntica\". Por iso denuncian que \"o estado de alarma non é escusa para pasarse toda a lexislación laboral e de prevención de riscos laborais polo forro\", e exixen a \"negociación urxente das condicións que vai ter o persoal\", sen que se modifiquen de xeito unilateral as condicións reflectidas no convenio."}
{"ID": "NOS_8822", "summary": "O que fora secretario de Organización dos populares galegos nos 90 asegura que por volta do 65% do financiamento do PPdeG era irregular. Crespo cifra en 300.000 euros anuais os cartos (sen declarar) que recadaba para o PPdeG, cifra que nos anos de eleccións aumentaba \"moi notabelmente\". Afirma ter \"papeis\" comprometedores para dirixentes do Partido Popular.", "text": "Pablo Crespo foi na noite do domingo un dos protagonistas do programa 'Salvados' que emite a cadea La Sexta e que neste capítulo trataba da corrupción (#caminodecorrupción). O ex-secretario de Organización do PP galego e un dos principais implicados na trama Gürtel afirmou, con rotundidade, que el mesmo entregou a finais dos 90 a altos cargos e dirixentes do Partido Popular galego sobres con diñeiro sen declarar. Uns cartos, apuntou, que proviñan de doazóns. Diñeiro en B que, sostivo con normalidade, entregaba en man a didirxentes do PP do noso país. Non quixo dar nomes, mais Crespo apuntou a que moitos dos actuais dirixentes do PP que cargan con dureza contra Bárcenas terían que estar calados porque tamén eles cobrarían en B. E, apuntou, \"hai miles de papeis\" en refrenza a que se habería documentos comprometedores para o Partido Popular sobre financiamento ilegal. O ex-secretario de Organización calculou nuns 300.000 euros anuais os que podía recadar para o PP galego en diñeiro sen declarar. Unha cantidade, engadiu, que se multiplicaba notábelmente cando era ano de eleccións. \"Por unha campaña podíamos declarar un millón de euros e o seu custo era de catro ou cinco millóns\", afirmou. Rajoy sabíao Preguntado por Jordi Évole sobre se Mariano Rajoy era coñecedor do financiamento ilegal do PP, Pablo Crespo dixo ter \"a seguridade\" de que \"toda a estrutura do Partido Popular, incluíndo o señor Rajoy, coñecía a forma de financiamento\". O ex-dirixente do PPdeG, que asegurou que estas formas de financiamento \"están regularizadas desde os an os 80\",cifrou en máis dun 80% das doazóns que percibe o PP as que proveñen de construtores de obra pública."}
{"ID": "NOS_7979", "summary": "Yolanda Viñas, a preferentista multada por un comentario publicado no seu perfil de Facebook, non será sancionada. Arquívase así este caso que estaba amparado pola Lei Mordaza aprobada polo PP.", "text": "A preferentista Yolanda Viñas vén de recibir unha notificación da Subdelegación do Goberno na que se lle informa do arquivo da sanción por non seren ratificados polos axentes denunciantes os feitos imputados. A afectada fora sancionada cunha multa de 300 euros pola propia Subdelegación –amparándose na Lei Mordaza do PP- após publicar un comentario no seu perfil de Facebook. Tras recibir o aviso de multa, Yolanda Viñas presentara unha reclamación na que alegaba o dereito á liberdade de expresión no seu perfil persoal de Facebook. Nesta rede social, relatara un caso de represión sufrido polo colectivo de preferentistas no Concello de Tui. Falta de respecto ás forzas e corpos de seguridade Na notificación recibida en xaneiro, Subdelegación do Goberno acusaba Yolanda Viñas de \"falta de respeto y consideración a los miembros de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad, al verter en su muro de Facebook descalificaciones hacía la Policía Local tales como \"podedes botar a man as vosas partes e axitar enérxicamente como fixo algún de vos diante dos nosos vellos...\" \"ou e que non sabiades xa si as tiñades na bragueta ou no gorxa\" \"podedes collelos polo peito e mándalos para corte como tamén fixéstedes eos avós...\" \"podedes poñerlle un xeonllo na cabeza contra o chan como fixéstedes con Lois Baulo, un rapaz cunha gravísima discapacidade psíquica pero non violento que só pediu ir ó baño\" \"nos gañamos 44 xuizos aínda que fostes mentir ó xulgado...\", hechos comprobados en las dependencias de la Policía Local de Tui, Tui (Pontevedra), a la 20:45 horas del día 08/12/2015\". Con esta xa son máis de 50 as sancións só na comarca do Baixo Miño –por valor de máis de 20.000 euros- que foron recorridas perante o Contencioso Administrativo e que concluíron cunha resposta favorábel ás persoas preferentistas. O caso de Yolanda Viña era significativo na medida en que se trataba do primeiro caso de sanción a unha preferentista por expresar a súa opinión nunha rede social."}
{"ID": "PRAZA_15670", "summary": "Os seis parlamentarios recollen as súas actas no Congreso lembrando que a formación galega \"fixo os deberes\" e non contemplan outra opción que non sexa formar grupo parlamentario. A coalición sitúa a política social e o dereito a decidir como condicións para un posible acordo co PSOE.", "text": "Os seis deputados galegos de En Marea acudiron na mañá deste venres ao Congreso dos Deputados para se acreditar e recoller as súas actas. Nun acto protocolario, os parlamentarios da coalición de esquerda reivindicaron o seu dereito a conformar un grupo propio xusto nos mesmos días nos que sobre todo PP e Ciudadanos amosan o seu frontal rexeitamento a que tanto esta formación como En Comú Podem e Podem-Compromís funcionen de maneira independente a Podemos na Cámara Baixa. \"Fixemos os deberes, non cabe outra opción\", advirten. En Marea cumpriu os requirimentos básicos que determinan se unha formación acada ou non o grupo parlamentario ao obter, como establece o artigo 23 do regulamento do Congreso, \"un número de escanos non inferior a cinco e, polo menos, o 15% dos votos correspondentes ás circunscricións nas que tivesen presentado candidatura ou o 5% dos emitidos no conxunto da Nación\". \"En Marea fixo os deberes, non cabe outra opción\", asegura Alexandra Fernández, voceira da coalición \"En Marea fixo os deberes e superou a barreira dos cinco escanos e do 15% dos votos, non cabe outra opción\", insistiu Alexandra Fernández, a que será primeira voceira da formación no Congreso. A coalición obtivo o 26,6% dos votos na Coruña, o 19,3% en Lugo, o 17,8% en Ourense e o 28% en Pontevedra. Pero é ao punto 2 deste mesmo artigo ao que se agarran Ciudadanos, PP e mesmo parte do PSOE para poñer atrancos. Nel aclárase que \"en ningún caso poden constituír grupo parlamentario separado deputados que pertenzan a un mesmo partido. Tampouco poderán formalo os deputados que, no tempo das eleccións, pertencesen a formacións políticas que non se tivesen enfrontado ante o electorado\". Habendo na lista de En Marea candidatos de diferentes partidos e mesmo independentes, a coalición defende que, tal e como aclararon en campaña, a súa formación ten entidade xurídica propia e os parlamentarios representan esta e non as forzas onde militan. Deixaran claro que o seu obxectivo era o grupo parlamentario e o Ministerio do Interior, na súa web electoral oficial pero tamén na mesma noite das eleccións, presentara os seus resultados como unha forza independente e por separado de Podemos. En Marea esíxelle ao PP que permita que o Congreso reflicta a \"maior pluralidade\" do \"novo escenario\" Fernández lanzou unha mensaxe ao PP para esixirlle que permita que o Congreso reflicta a \"maior pluralidade\" do \"novo escenario\" tras o 20D porque esa maior pluralidade \"significa a coralidade de voces, que é o que a cidadanía reclamou nas urnas\". \"Nós presentámonos coa vontade de conseguir un grupo propio; iso é o que está enriba da mesa e non entendemos outra posibilidade\", dixo a voceira de En Marea, que non aclarou se o posible apoio a un presidente do Congreso socialista depende da aceptación por parte do PSOE deste grupo parlamentario galego. \"É un día histórico para Galicia porque os galegos teremos por primeira vez un grupo propio\", insistiu. Feijóo, ademais, uniuse ás voces contrarias ao grupo propio de En Marea e asegura que \"as prioridades desa coalición é facer unha defensa dun referendo de independencia\" e permitir \"dividir en catro grupos\" a mensaxe de Podemos e \"ter máis tempo para actuar\". Así, advirte que, \"de seguir as cousas así, probablemente PP e PSOE podería presentar diferentes candidaturas en cada autonomía\". PNV, CC, ERC, UPyD ou IU tiveron grupo propio sen cumprir os requirimentos básicos do regulamento que si cumpre En Marea A amplísima e flexible interpretación que se leva feito sobre o regulamento do Congreso nos últimos anos para favorecer os grupos doutros partidos é o que fai ver a En Marea nos posibles atrancos unha decisión puramente política e non xurídica. Na última lexislatura, UPyD, co 4,7% dos votos a nivel estatal, puido ter grupo parlamentario grazas á cesión momentánea dun deputado de Foro Asturias. O mesmo ocorrera noutras ocasións con Coalición Canaria ou IU e grazas ao préstamo de parlamentarios do PSOE ou ERC. Tamén nesta última lexislatura, a Mesa do Congreso impediulle a Amaiur formar grupo propio por non ter sumado o 15% dos votos en Navarra malia ter superada esa porcentaxe nas provincias da autonomía vasca. Anos antes, ERC puido ter grupo propio malia non chegar ao 15% en Valencia, onde tamén se presentara. Ademais, durante moito tempo, o PNV tivo grupo parlamentario malia non superar tampouco ese limiar no territorio navarro. Política social e dereito a decidir, criterios para un pacto co PSOE Por outra banda, Fernández tamén lanzou unha mensaxe para o PSOE para que decida se quere un goberno \"alternativo de esquerdas\" ou seguir sendo \"a parella de baile do PP\". Para a voceira de En Marea, a política social e a defensa do dereito a decidir son os dous criterios clave para un posible apoio, pero advertiu que a \"única liña vermella\" é a que divide o PSOE en dous. En Marea insta o PSOE a elixir entre \"o proxecto socialdemócrata e a defensa do dereito a decidir\" ou \"seguir sendo a parella do PP\" A un lado desa liña están \"os que queren continuar o proxecto político do PP, o das privatizacións e os recortes\", que pactan unha reforma da Constitución \"da noite para a mañá de costas á cidadanía\". No outro, na súa opinión, está un PSOE que \"quere recuperar o seu proxecto socialdemócrata\" e outras cuestións como a defensa do dereito a decidir dos pobos, \"pola que apostaba o PSC en 2012\". A coalición aclara que defenderá Galicia \"como suxeito político propio, con especificidades\" e con dereito a decidir É, en definitiva, \"a liña vermella que ten o PSOE entre Susana Díaz e Pedro Sánchez\", engadiu, porque asegura que hai socialistas que estarían a favor do referendo en Catalunya. \"Os socialistas terán que decidir por que proxecto van apostar\", insistiu Fernández, quen subliñou que En Marea defenderá a Galicia como \"un suxeito político propio\" que, \"como nación periférica do Estado ten unha serie de especificidades\" que se porán enriba da mesa, incluído o devandito dereito a decidir."}
{"ID": "NOS_572", "summary": "Proxecto a carón da balsa mineira das Pontes.", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) denunciou esta terza feira que Endesa quere desenvolver unha plantación de 543 hectáreas de Eucalyptus nitens na conca do río Eume, cando hai menos dun mes Augas da Galiza facía unha proposta de sanción de dous millóns de euros a Endesa por \"infraccións moi graves\" na xestión do encoro da Capela, no mesmo río, que obrigou a prohibir durante dez días en 2020 o consumo de auga da billa en Pontecesures. Adega, despois de analizar a memoria ambiental do plantío, acusa Endesa de intentar vender esta explotación forestal como a solución ao teórico risco de lume de zonas de matogueira perto da balsa mineira das Pontes. Mais, entende, esquece que este hábitat cumpre \"unha importante función ecosistémica como reguladores do ciclo hídrico, fixadores de carbono e acubillo dunha variada e sensíbel biodiversidade\", sinala a entidade. En cambio, as plantacións forestais de especies exóticas invasoras como o eucalipto nitens son \"perigosas para os ecosistemas forestais e semi-naturais\", segundo o ditame do Comité Científico Español de Flora e Fauna Silvestres, amais de contar cunha menor diversidade e un elevado consumo de auga. Diante do suposto risco de delincuencia incendiaria que sostén Endesa de non plantar os eucaliptos, Adega lémbralle que estes casos non se relacionan coa cobertura vexetal, como indican distintos informes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, \"e si con outros factores de índole socioeconómica, nos que, por certo, a constante presión das empresas forestais por ocupar cada vez máis territorio ten moito a ver\". Ademais, a asociación ecoloxista cuestiona que no proxecto, Endesa recoñece que haberá un castro e 19 mámoas afectadas pola plantación, que \"podería ser considerada como unha zona arqueolóxica dada a importante concentración de xacementos presentes\", salienta, así como teselas do eucaliptal que entrarán en hábitats de interese europeo e prioritarios. Na memoria, a promotora destaca que non se detectaron especies ameazadas ou en risco. Malia iso, Adega explicou que o traballo de investigación desenvolto permitiulles confirmar que na zona da plantación hai tres anfibios e tres aves que sofren distintos niveis de ameaza, sobre todo a tartaraña cincenta (Circus pygargus)."}
{"ID": "NOS_51230", "summary": "Xornadas maratonianas, precariedade, salarios decrecentes e estrés, marcan as condicións laborais dos traballadores das empresas que contrata a multinacional de Amancio Ortega na montaxe das tendas de Zara no exterior.", "text": "Inditex ten hoxe un volume de negocio de 15.946 millóns de euros --un 16% máis que en 2011-- beneficios despois de impostos por valor de 2.361 millóns --un 22% máis--, un plantel que xa supera as 120.000 persoas e unha arañeira de máis de 6.000 tendas nos cinco continentes que reflicte cada vez unha maior presenza en todo o planeta. Neste senso, o imperio do téxtil é hoxe unha das compañías máis rendíbeis de Europa, a que máis medra no exterior e a que máis réditos reporta aos seus accionistas . E é que a multinacional cuestiona un concepto, o da crise, que non atinxiu en absoluto as grandes fortunas que coma Inditex desenvolven prácticas moi concretas nas relacións laborais que contribúen a incrementar os seus gaños en detrimento dos dereitos da clase traballadora. No número 65 do Sermos Galiza contámosche cales son as condicións de traballo para @s empregad@s de Inditex no estranxeiro."}
{"ID": "NOS_7676", "summary": "O vicepresidente da Cámara de Industria e Transporte azteca afirmou hai uns días con rotundidade que \"os floteis se farán en México\". Representantes sindicais do naval de Vigo e Ferrol recoñecen que \"ninguén sabe o que está asinado neses contratos\" para os buques hoteis e salientan que \"Pemex non decidiu nada\". \"Están a xogar co sector\", advirten, en referenza aos gobernos autonómico e español", "text": "Pemex e o presunto encargo dos seus floteis en estaleiros de Galiza semella o conto de nunca acabar. Após semanas e semanas de vai e vén, de díxomes díxomes e disto e daqueloutro, aínda non hai certeza de que eses barcos hoteis se vaian facer nas factorías galegas. Malia as promesas e anuncios tanto da Xunta como de responsábeis de Navantia e Barreras, os estaleiros que terían que facer eses buques en México poñen en dúbida estes feitos. Así, Urreta Ortega, responsábel da Cámara Mexicana de Industria e Transporte Marítimo, afirmou que ambos os dous floteis van ser construídos no país centroamericano. Unha afirmación que non pasou desapercibida para representantes do naval de Ferrol e Vigo, como Manuel Grandal ou Cesar Rodríguez. Ambos os dous coinciden en que \"após meses e meses a ouvir falar de Pemex aínda non sabemos o que está asinado neses contratos dos que tanto se falou\". Manuel Grandal, naval de Ferrol: \"Navantia ten desde xaneiro todo listo: deseño feito do buque, material localizado, prezos,... mais todo está parado\" Revogar os acordos? A Cámara mexicana insiste en que a construción dos floteis en Galiza debería estar en marcha desde mediados de febreiro. E iso non se produciu. Lonxe das afirmacións feitas polas administracións galega e española, a imprensa local mexicana informa de que Pemex estaría en disposición de revogar os acordos con Navantia e Barreras para a construción dos famosos floteis –acordos aínda sen ratificar-, xa que os estaleiros galegos non presentaron en prazo os avais financeiros requiridos. César Rodríguez, naval de Vigo: \"Após meses e meses a ouvir falar de Pemex aínda non sabemos o que está asinado neses contratos dos que tanto se falou\" Segundo a imprensa de Veracruz, Juan Manuel Urreta Ortega, vicepresidente da Cámara Mexicana da Industria do Transporte Marítimo, explicou que o primeiro dos buques debería iniciarse sobre o 18 de febreiro, mais por mor das dificultades económicas as dúas empresas non presentaron a tempo os avais. De feito, a prensa mexicana xa fala de quebra tanto dos estaleiros de Barreras como de Navantia. Manuel Grandal, da CIG de Ferrol, afirma que \"non sabemos nada sobre o flotel\". Sinala que Navantia ten \"feitos os deberes\" desde principios de ano, cos avais presentados, deseños feitos, material de construción localizado, prezos,... \"mais aquí non se está a construir nada\". Por que? \"Porque non hai orde de execución\", indica. E achega unha explicación para iso: \"Pemex non decidiu se quere (facer en Galiza) os floteis ou non\". Nos últimos tempos, o naval de Ferrol perdeu 2.000 empregos directos e o de Vigo, perto de 8.000 Farangullas Desde o naval de Vigo, César Rodríguez, da central nacionalista, lembra que \"estamos a ouvir a falar de Pemex desde maio do ano pasado, primeiro de 14 remolcadores, despois de 2 floteis... e nada\". Pregúntase que é o que \"está asinado neses contratos, porque ninguén o sabe e o que o sabe non quere dicilo\" e acusa os gobernos de estaren a \"xogar coa desesperación de todo un sector\". Aliás, para Rodríguez Pemex non é a solución para o naval galego; algo que tamén partilla Grandal. Sobre a mesa, e aínda sen solución definitiva, tax-lease, dique flotante, veto... \"iso si que son as cuestións de peso para este sector\"."}
{"ID": "PRAZA_6566", "summary": "A formación nacionalista celebra a súa asemblea deliberativa na que debate sobre a integración \"con xenerosidade\" nun proceso de mestizaxe cos movementos sociais e de empoderamento cidadá: \"Traballemos nas mareas, non sexa que rematemos mareados\".", "text": "Baixo o lema Escoitar para deliberar desenvolveuse a asemblea deliberativa de Anova Irmandade Nacionalista. Baixo as premisas do respecto, da escoita activa, da igualdade e da libre expresión os participantes cooperaron para mellorar e transaccionar propostas orientadas á asemblea nacional que a organización celebrará o 11 e 12 de outubro. O tema máis controvertido foi o da participación dos expulsados na vindeira asemblea nacional As persoas que desempeñaban o papel de moderación e sintetización eran alleas á organización para garantir a neutralidade. A asemblea estruturouse en catro bloques temáticos: ético e de dinámicas de irmandade, organizativo, ideolóxico e político e social. E a reunión desenvolveuse nun clima calmado. Durante a mañá o tema que xerou máis controversia foi o da participación dos expulsados na vindeira asemblea nacional. Tras varias intervencións chegouse ao acordo de presentar a emenda de que os expedientados dispoñan de tres minutos para expor a súa situación e os procesos expedientais. Posteriormente, levarase a cabo unha votación para decidir se poden participar na que eles non estarán presentes. Os puntos que xeraron máis consenso foron a necesidade dunha maior flexibilidade no pago de cotas, a incrementación da cultura feminista e a eliminación do discuso-espectáculo. Portavocía ao unísono O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras interveu durante o segundo bloque ao fío da proposta dun militante de crear unha poliportavocía, un liderádego compartido para chegar a un empoderamento colectivo. Beiras afirmou que levaba defendendo iso \"xa dende o BNG\". \"Nesta última ocasión eu dixen que aceptaba sempre que o de portavoz fose un rol exento de potestade executiva\". O parlamentario lamentou que \"a situación interna de Anova provocou que tivese que dar pasos adiante no canto de atrás\". Nesta liña engadiu que para que exista unha poliportavocía quen a detente debe falar \"cunha soa voz, non ser unha serie de voces disonantes, unha gaiola de grilos\". \"A situación interna de Anova provocou que tivese que dar pasos adiante no canto de atrás\", dixo Beiras Outra cuestión complexa foi a da Comisión Ética e de Garantías. Varios militantes pularon pola súa desaparición e cualificárona como órgano \"feixista\". Tamén xurdiu a idea de conformala por sorteo e que non se derive da Asemblea Nacional para evitar parcialidade. Outra opción proposta foi a de aproveitar as estruturas de mediación doutros movementos sociais para resolver os conflitos. En fronte disto apareceron voces que reclamaron a importancia deste órgano para \"lavar os trapos dentro da casa\". Tamén se debateu sobre as listas abertas ou pechadas para conformar a Coordenadora Nacional. A proposta que xerou máis consenso foi a primeira aínda que o coordinador nacional, Martiño Noriega, afirmou que todos os métodos son bos \"dependendo do momento\". Nacionalismo e mareas Durante a xornada vespertina a organización do nacionalismo plasmouse nalgunhas intervencións que reclamaron unha \"ruptura amigable\" entre aqueles que só contemplan a posibilidade dunha fronte nacionalista e os que prefiren unha fronte ampla. Afirmaron que \"debe ser unha ruptura sen dramatismos, porque con esa xente temos aínda moito que colaborar\". Nesta ocasión o deputado Antón Sánchez foi rotundo: \"eu non estou pola separación, engadir sempre o que se poida pero de cortar nada\". \"Traballemos nas mareas, non sexa que rematemos nós mareados\", reclamou o deputado Antón Sánchez Sánchez tamén foi taxativo nas suspicacias que algúns militantes expuxeron sobre a participación nas diversas mareas cidadás que xorden polo país. O deputado pediu non \"perderse en teorizacións e actuar politicamente\". \"Traballo, traballo e máis traballo, traballar nas mareas, non sexa que rematemos nós mareados\", concluíu. Nesta liña, Noriega explicou que Anova non tiña que avergoñarse de ser un ente \"partidario\" pero si ser quen de, \"con xenerosidade\", integrarse nun proceso de mestizaxe cos movementos sociais e o empoderamento cidadá. Nun marco máis teórico houbo varias intervencións que pediron resaltar nos textos o \"aspecto diferenciador\" do pobo galego, a importancia do internacionalismo e o reto de Anova de ser quen de actualizar a traxectoria do nacionalismo. Para evitar o confronto directo, os asistentes tiñan un cartón rosa escuro para expoñer o seu total acordo ou rosa claro para mostrar un acordo matizado. O obxectivo era a proposta en positivo e evitar o confronto. As e os participantes foron respectusos entre eles e no uso do tempo, polo que a asemblea transcorreu segundo o tempo previsto e sen problemas de orde."}
{"ID": "NOS_42394", "summary": "O conselleiro de Medio Ambiente non quixo comprometerse a que o Goberno galego faga efectiva a sentenza do Supremo que insta a anular a licenza da multinacional pasteira. Desde o Concello de Pontevedra celebran o fallo da Xustiza española, \"unha viaxe mortal para a Xunta, Ence e o TSXG\"", "text": "O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, non quixo comprometerse no Pleno do Parlamento a que a Xunta de Galiza faga efectiva a recente sentenza do Tribunal Supremo, en virtude da cal o acordo do 2003 con Ence deberá ser anulado. A teor deste pacto foi aprobado o Proxecto Sectorial da pasteira, así como as autorizacións ambientais integrais para consolidar a fábrica na ría de Pontevedra. Desde o Concello, o titular de Ordenación do Territorio, César Mosquera, considerou que a maneira de proceder de hai nove anos \"non é máis ca unha radiografía de como funcionan os poderes na sociedade galega\", pois o presidente de Ence era daquela José Luís Méndez --ex director xeral de Caixa Galiza--, o presidente do Goberno galego era Manuel Fraga e o conselleiro de Política Territorial era Alberto Núñez Feijóo. Unha Xunta \"colaboracionista\"Mosquera fixo memoria: \"o Proxecto Sectorial foi aprobado de maneira fraudulenta e cunha agresividade brutal contra o Goberno local. Asaltaron un pleno, pintáronnos as casas aos e ás concelleiras...\". Mais o Concello de Pontevedra \"conseguiu que Ence non se consolidara\" e recorreu á vía xudicial. O TSXG --Tribunal Superior de Xustiza de Galiza-- deulle a razón á multinacional e o Goberno local, \"aínda que somos nacionalistas\", presentou un recurso ante o Tribunal Supremo cuxa sentenza vén de coñecerse agora. \"Mándalle unha viaxe mortal á Xunta, a Ence e ao TSXG\", valorou o tamén deputado provincial polo BNG. Pola execución dese fallo preguntou nesta quinta feira Carme da Silva no Parlamento. E segundo considerou, a \"non resposta\" de Hernández vén a significar que o PP \"non está realmente comprometido con que Ence desapareza da ría\". Nesa liña, a nacionalista denunciou \"a tibieza e ambigüidade\" coa que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, fala dunha posíbel modificación da Lei de Costas que sería \"colaboracionista\" coa multinacional, para que poida perpetuar a ubicación na cidade do Lérez. \"Semella que vostede prefire erixirse en defensor dos intereses da empresa, e non dos e das veciñas\", espetoulle Da Silva ao titular de Medio Ambiente no Goberno galego, quen se limitou a repetir que Ence vai cumprir a lei. A César Mosquera non o sorprendeu a reacción de Hernández: \"hai uns cinco meses xa defendeu o Proxecto Sectorial ante o Supremo dunha maneira bastante fóra de lugar. Ence dixo que quería quedar aí e... ás súas ordes!\" \"Nunca se viu ningún detalle contra Ence no DOG\"Alén desa defensa perante a Xustiza española e tendo en conta que, como lembrou o BNG, \"non é a primeira vez que se modifica a lexislación ad hoc para os intereses\" da multinacional. A deputada da formación frontista pediu a publicación no DOG --Diario Oficial de Galiza-- da orde da Xunta para executar a sentenza do Supremo, unha demanda que chegou tamén desde a Asociación pola Defensa da Ría. Así, a organización ecoloxista exixiu á Xunta que anule os permisos administrativos e ambientais logo de dúas decisións xudiciais. Para a APDR, o Tribunal Supremo contestou en dúas resolucións separadas a un recurso presentado por este colectivo e a outro do Concello de Pontevedra contra a decisión do TSXG de avalar un plan que estabelecía o carácter supramunicipal desas instalacións. Diante da situación, o concelleiro pontevedrés sentenza: \"Tod@s somos moi ecoloxistas, mais até o de agora non se viu ningún detalle no DOG, que é onde teñen que verse, non na prensa untada, que dese a entender que se están a fechar as vías para que Ence fique na ría. Nin con Pachi Vázquez nin con Feijóo\"."}
{"ID": "NOS_24111", "summary": "Devolver servizos e privatizados ao dominio público foi un eixo discursivo do heteroxéneo mundo das mareas e confluencias en 2015. Mais o paso da palabra ao acto deixou poucos exemplos. Un deles foi en Santiago de Compostela, onde o Goberno local que encabeza Martiño Noriega remunicipalizou a ORA e o guindastre e agora prometen facer o mesmo coa auga \"polo ben común\".", "text": "Na capital do país, a empresa Setex Aparki encargábase de cobrar por aparcar e da retirada dos vehículos que o facían mal. Mais un xuíz declarou nulo o contrato. Foi daquela, no outono de 2015, que o Executivo de Compostela Aberta decidiu consultar se era posíbel a xestión directa do servizo. A empresa municipal de transporte Tussa estudouno e a resposta foi afirmativa. O proceso, regulamentado polo miúdo, iniciouse en decembro de 2016. No pleno dese mes, Compostela Aberta contou só co apoio do BNG. PP e PSdeG opuxéronse. \"No PP era unha resistencia agardada\", explican fontes gobernamentais, \"no PSdeG volveu evidenciarse a esquizofrenia en que viviu este mandato. Pedía un calendario da remunicipalización e logo votaba en contra. O Bloque facilitouno finalmente, aínda que non parece unha prioridade para eles\". Non foron as políticas as únicas resistencias. Algúns funcionarios municipais non vían as posibilidades legais de reverter no público o privado. Outros si. A interpretación da lei -que implica moitas máis restricións e dificultades para remunicipalizar que para privatizar- foi outra das batallas chave, por caso no referente á subrogación dos traballadores. \"Puxemos por diante o dereito dos traballadores a manter o seu emprego\", afirman as mesmas fontes. Trinta e seis empregados da ORA e o guindastre pasaron a ser persoal laboral dunha empresa pública do Concello de Santiago. \"A auga é un dereito humano esencial\" Noriega abriu a campaña electoral para o 26 de maio cun chamado a continuar a vía remunicipalizadora. Agora a batalla que pretende dar é a da auga. \"Temos a constancia de que unha ampla maioría da veciñanza apoia a xestión deirecta da auga para garantir máis eficacia e transparencia\", manifestou á prensa este 10 de maio, \"a marxe de beneficio do servizo permitirá implantar políticas públicas polo ben común\". O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, puxo a argumentación de fondo: \"A auga é un dereito humano esencial, e por iso non debera ser mercantilizado como agora. Só así se garante un acceso igualitario para todas as persoas\". Durante o período de Noriega como alcalde de Teo, este municipio asumiu o servizo. A súa pretensión é facer o mesmo en Compostela \"no primeiro tramo de mandato, porque xa hai moito camiño andado\"."}
{"ID": "PRAZA_8435", "summary": "O pasado 5 de abril, o Tribunal Constitucional portugués aprobou o Acórdão nº 187/2013, un fulcral pronunciamento sobre os límites xurídico-constitucionais do austericidio; máis precisamente, sobre os parámetros que debe respectar un dos principais atallos ao dispor dos actuais (des)Gobernos para cadraren os obxectivos de déficit público en función das exixencias da Troika comunitaria: o recorte do gasto público en retribucións dos empregados e empregadas públicos.", "text": "1. O pasado 5 de abril, o Tribunal Constitucional portugués aprobou o Acórdão nº 187/2013, un fulcral pronunciamento sobre os límites xurídico-constitucionais do austericidio; máis precisamente, sobre os parámetros que debe respectar un dos principais atallos ao dispor dos actuais (des)Gobernos para cadraren os obxectivos de déficit público en función das exixencias da Troika comunitaria: o recorte do gasto público en retribucións dos empregados e empregadas públicos. Unha medida con custos políticos, mais tecnicamente cómoda de adoptar, doada de xustificar baixo o manto do interese xeral, a extrema e urxente necesidade no cumprimento dos Tratados constitutivos da Unión Europea, todo baixo a música de fondo tecno-lib de TINA (\"There is no alternative\"). Velaquí unha verdadeira menciña de shock, cun efecto inmediato na rebaixa do déficit público en termos de contabilidade nacional, ainda que con moi negativos efectos perversos sobre o consumo. 2. Pola rapidez dos seus efectos, o recorte das retribucións dos funcionarios/as crea adicción entre os malos xestores públicos. Practicado xa en varias ocasións pola lei de orzamentos do Estado desde o ano 2010 –tanto no Reino de España como na República portuguesa–, mesmo resulta visto con simpatía por importantes camadas sociais, vulnerables ao discurso de desprestixio dos funcionarios públicos Practicado xa en varias ocasións pola lei de orzamentos do Estado desde o ano 2010 –tanto no Reino de España como na República portuguesa–, mesmo resulta visto con simpatía por importantes camadas sociais, vulnerables ao discurso de desprestixio dos funcionarios públicos (e en xeral, do conxunto dos servizos públicos), frecuentemente convertidos polo neoliberalismo dominante en chivos expiatorios da crise, pese a ter acumulado unha perda de poder adquisitivo de aproximadamente un 20%, e pese a que o mito da seguridade do emprego público levan sendo dinamitado catro anos consecutivos, pois desde 2009 hai destrución de postos de traballo no sector público español, por mor da política de forte restrición das taxas de reposición. Dito sexa de paso, no ano 2012, por vez primeira, a taxa anual de desocupación no sector público español superou á perda de emprego no sector privado (-7% fronte ao -4,30%). 3. Nun tempo no que o Estado Social e Democrático de Dereito virou unha caricatura de sí propio, o Acórdão 187/2013 vennos dicer que os diktats da Troika, por moito abeiro que teñan nos Tratados constitutivos da Unión Europea e na presión dos mercados, teñen límites; límites xurídicos, derivados da Constitución portuguesa, que vinculan ao lexislador nacional. Brevemente dito: a Constitución é quem mais ordena. O Acórdão 187/2013 foi instado pola Presidencia da República, á vista da suspensión para 2013 da paga extra aos empregados públicos portugueses (o denominado \"subsídio de férias\", ou 14 mes), contida no artigo 29 da Lei, para todas aquelas persoas cuxa remuneración mensual de salario for superior a 1.100 €. Este recorte do gasto público do capítulo I engadíase tanto ao previsto para o ano 12 verbo da paga de Nadal (o 13 mes), como aos recortes do montante mensual dos soldos públicos, sometido desde a lei de orzamentos para 2011 a unha redución de entre un 3,5% e un 10%. Medidas todas destinadas a acadar a rebaixa de déficit demandada no \"Programa de Ajustamento Económico e Financeiro (PAEF)\" acordado entre o Goberno portugués e o FMI, a Comisión Europea e o BCE: 2012 (5%), 2013 (4,5%) e 2014 (2,5%). En pronunciamentos anteriores, o Tribunal Constitucional portugués xa tivera ocasión de advertir ao lexislador das súas dúbidas sobre a legalidade constitucional do tratamento distinto dos empregados públicos e privados no afrontamento das cargas da crise En pronunciamentos anteriores, o Tribunal Constitucional portugués xa tivera ocasión de advertir ao lexislador das súas dúbidas sobre a legalidade constitucional do tratamento distinto dos empregados públicos e privados no afrontamento das cargas da crise; en concreto, no seu Acórdão n° 353/2012, sobre a Lei que aprobou o Orzamento do Estado para 2012, xa fixo explícita a súa advertencia: \"a liberdade do legislador em recorrer ao corte de remunerações e pensões que auferem por verbas públicas, tendo em vista atingir o equilíbrio orçamental, não seria ilimitada, pelo que \"a diferença entre o grau de sacrifício para aqueles que são atingidos por esta medida e para os que não são não pode deixar de ter limites\", importando ter em conta que \"a dimensão da desigualdade do tratamento tem de ser proporcionada às razões que justificam esse tratamento desigual, não podendo revelar-se excessiva\". Nunha longa e miúda argumentación sobre a natureza destes recortes e os seus parámetros de validez constitucional, o Tribunal portugués subliña o efecto cumulativo dos distintos recortes salariais nos tres exercicios orzamentarios (2011, 2012, 2013), e anula a supresión da paga extra para o exercicio de 2013 xustamente por vulneración \"do princípio da igualdade na sua dimensão de proporcionalidade\" (artigos 13, igualdade no repartimento das cargas públicas, e artigo 2 da Constitución portuguesa), dado que ao xuízo do seu plenario non hai motivación económica ou xurídica abastante para xustificar a sobrecarga dos recortes salariais nos traballadores do sector público fronte aos do sector privado: \"Quando entramos no terceiro exercício orçamental consecutivo, que visa dar cumprimento ao programa de assistência financeira, o argumento da eficácia imediata das medidas de suspensão de subsídio não tem agora consistência valorativa suficiente para justificar o agravamento (em relação ao Orçamento de Estado para 2012) dos níveis remuneratórios dos sujeitos que auferem por verbas públicas\" (parágrafo 41). A valente decisión adoptada polo Tribunal Constitucional portugués ao situar a soberanía xurídica na súa propia Constitución, contrasta poderosamente coas respostas políticas e xurídicas adoptadas en España en materia de recortes do gasto público en persoal. 4. A valente decisión adoptada polo Tribunal Constitucional portugués ao situar a soberanía xurídica na súa propia Constitución, contrasta poderosamente coas respostas políticas e xurídicas adoptadas en España en materia de recortes do gasto público en persoal. Os funcionarios e funcionarias do Reino de España levamos xa enriba do lombo unha rebaixa da masa salarial nun 5% no exercicio 2010, desigualmente repartida entre os seu persoal (Real Decreto-Lei 8/2010, do 20 de maio); a conxelación de retribucións durante os exercicios 2011, 2012 e 2013, nun contexto de inflación interanual de arredor de +5% desde xuño do 2010); a redución de aproximadamente o 7% da retribución no ano 2012, feita mediante a quita da paga extra de decembro contida no Real Decreto-Lei 20/2012, do 15 de xullo. Todos estas contribucións forzosas dos funcionarios e funcionarias públicos do Reino de España ao cumprimento do déficit marcado polo Troika, impostas quer polo goberno estatal, quer polas Cortes Xerais, foron declaradas sistematicamente conformes a Dereito tanto polo Tribunal Constitucional (Autos 85/2011, do 7 de xuño, 179/2011 e 180/2011, do 13 de decembro, 184/2011 do 20 de decembro, ou 128/2012, do 19 de xuño, etc.) como polo Tribunal Supremo (STS de 2 de marzo do 2012), nas distintas cuestións de inconstitucionalidade suscitadas polos xulgados do contencioso-administrativo ao fío da impugnación das rebaixas retributivas estatais por parte dos funcionarios afectados. Mesmo así, o Parlamento de Navarra interpuxo en outubro de 2012 recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-Lei 20/2012, permanecendo pendente de resolución. Porén, o recorte adicional das retribucións (arredor dun 6%) do persoal ao servizo do sector público de Galiza, introducido polo goberno Feijóo no artigo 13 dous da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, presenta serias dúbidas de constitucionalidade 5. Porén, o recorte adicional das retribucións (arredor dun 6%) do persoal ao servizo do sector público de Galiza, introducido polo goberno Feijóo no artigo 13 dous da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, presenta serias dúbidas de constitucionalidade; dúbidas que permitirían resucitar a cuestión nos tribunais españois con algún viso de éxito: É adoptado unilateralmente por unha comunidade autónoma, que carece dos títulos constitucionais que sí ostenta a Administración Xeral do Estado para rebaixar por norma con rango de lei as retribucións dos funcionarios perante situacións de extraordinaria e urxente necesidade económica (nomeadamente, artigo 86 en relación co 149.1.13º e o 149.1.18º da Constitución). A lei de orzamentos da Comunidade Autónoma apróbase sen informe algún da asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia. O recorte é adoptado por unha comunidade autónoma cuxos responsábeis políticos fachendearon tras cada Consello de Política Fiscal e Financieira do ano 12 de ter nunha situación macroeconómica de saneamento e cumprimento do déficit (1,17 do PIB \"rexional\", segundo o último informe rendido perante o Ministerio de Facenda, en plena campaña das eleccións autonómicas galegas); un goberno que non dubida en aprobar desgravacións fiscais diversas na Lei de Orzamentos para 2013, e cuxas prácticas de imputación de facturas a exercicios futuros e demáis trucos contables aos que Feijoo nos ten acostumados (peches \"sorpresa\" de exercicios, etc.) tiran toda a credibilidade sobre a consistencia dos orzamentos do ano 13, único elemento que podería dar certa motivación a un recorte autonómico de retribucións do emprego público. O feito de que a nosa comunidade autónoma sexa a única que recorta por lei as retribucións dos seus empregados públicos no 2013, provoca, ao noso xuízo, unha desigualdade non lícita, nin proporcional nin suficientemente xustificada, do punto de vista constitucional. Esta desigualdade é manifesta no caso das rebaixas impostas sobre os corpos docentes universitarios, que son estatais, e cuxas retribucións – agás os raquíticos complementos autonómicos– son fixadas pola lei xeral de orzamentos do Estado. A Consellaría de Facenda négase reiteradamente a clarexar onde deben as universidades recortar o 5% da súa masa salarial, quizá porque sabe que é inconstitucional, ou quizá porque a súa vontade política de fondo non é reducir as retribucións, senón asfixiar as finanzas das universidades para xustificar o despedimento por causas obxectivas do seu persoal laboral, de conformidade cos requisitos establecidos polo Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro. Os tribunais galegos de xustiza estarán probablemente emprazados no 2013 a resolveren sobre as impugnacións das baixas de nóminas 6. Así as cousas, os tribunais galegos de xustiza estarán probablemente emprazados no 2013 a resolveren sobre as impugnacións das baixas de nóminas que podan vir por mor da execución da nosa Lei 2/2013, ben como a suscitar as correspondentes cuestións de inconstitucionalidade para que o Tribunal Constitucional español se pronuncie ao respecto. A risco de pecar de inxenuo, non perdo a esperanza de que os nosos xuíces e maxistrados garden algo diso que se denomina \"patriotismo constitucional\", e podan seguir algún día o sano criterio dos seus homólogos portugueses nesta materia: pór límites (xurídicos e democráticos) ao poder do capitalismo financieiro global."}
{"ID": "NOS_71", "summary": "O defensa camerunés do Club Deportivo Lugo revela como viven a pandemia as xentes da súa terra natal en contraste a como se leva na Galiza, onde se atopa confinado en compañía da súa parella, que é enfermeira.", "text": "A historia de Serge Leuko (Douala, Camerún) é a dun rapaz que aproveitou a súa oportunidade de subir ao tren do fútbol, da man do mellor xogador da historia do seu país (con permiso do gran Roger Milla), Samuel Eto'o. A fundación do dianteiro de Real Madrid, Barcelona e Inter de Milán deulle a oportunidade de \"crecer como futbolista e como persoa\", algo que Serge Leuko define como \"extraordinario, como que che toque a lotería\". Loitador nato, chegar a facer realidade o seu soño de ser profesional do fútbol non foi nada fácil para un neno saído do barrio de New-Bell, na cidade de Douala, onde moitos dos seus case tres millóns de habitantes son nenos que pasan o día enteiro practicando o deporte rei. \"Os que teñen a sorte de ter un balón\", apostila o hoxe lateral do Club Deportivo Lugo. A pesar da súa xuventude, o seu nome xa forma parte da historia do equipo albivermello, pois en marzo de 2017 converteuse no primeiro xogador do Lugo en ser internacional polo seu país, Camerún, co que desexa contribuír no futuro, ademais de sobre o terreo de xogo, con \"proxectos e ideas para dar oportunidades, como ir á escola, porque alí se non tes a alguén que cha poida pagar, non recibes educación e, polo tanto, non tes futuro\". \"En Camerún cando un neno di que ten fame, é que ten fame de verdade, que na súa casa non hai nada que poida levar á boca; nada é nada\", engade. A crise do coronavirus \"Outra cousa fundamental é a sanidade\", explica un Leuko que está a vivir con especial inquietude esta pandemia, pois no Camerún \"non pode haber confinamento porque a xente ten que saír cada día para buscarse a vida e algo para comer; tampouco hai máscaras, e os mercados só pechan un día para desinfectar e volven á actividade case normal\". Nun país onde a esperanza de vida está nos 58 anos, \"estase máis afeito á morte e a seguir adiante a pesar dela\", comenta o lateral, que non teme un colapso sanitario porque alí \"os hospitais están sempre colapsados, así que non será tan diferente agora co coronavirus\". Mais, polo de agora, todo terá que agardar á esa \"nova normalidade\" da que fala o Goberno, mentres continúa confinado xunto á súa parella, Julia, quen é \"enfermeira aquí, en Lugo, e tamén vive con especial preocupación estes días a pandemia, nos que está a traballar moito\", conclúe o xogador africano do Club Deportivo Lugo."}
{"ID": "NOS_24315", "summary": "Os perto de 6.000 raios que caeron sobre a Galiza desde a tarde da quinta feira orixinaron estes lumes, aseguran desde a Consellaría do Medio Rural.", "text": "Os raios rexistrados a consecuencia das tormentas que marcaron a tarde da quinta feira na Galiza provocaron oito incendios forestais, que afectan unha superficie total dunhas 433 hectáreas en diferentes puntos do país. En concreto, segundo a última información facilitada pola Consellaría do Medio Rural, desde as 20.25 horas da quinta permanece activo un incendio forestal na parroquia de Vilamor, en Folgoso do Courel, que queimou perto de 92 hectáreas. As chamas xa afectaron máis dun cento de hectáreas en Folgoso do Courel Neste mesmo concello está activo outro lume, concretamente na parroquia de Seceda, que se iniciou ás 1.40 horas da madrugada e que, segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 30 hectáreas. Aliás, continúa activo desde as 20.29 horas da quinta un incendio na parroquia de Outeiro, no municipio de Quiroga, cunha superficie calcinada dunhas 60 hectáreas. Tamén está activo desde as 22.09 horas un lume que arrasou 184 hectáreas e que se orixinou na parroquia de Riodolas, en Carballeda de Valdeorras. A metade da Galiza, en risco extremo de incendio forestal: só A Mariña está en nivel moderado Ás 20.37 horas rexistrouse outro lume na parroquia de Saa, na Pobra do Brollón, que arrasou unha vintena de hectáreas. Por outra parte, en Baiona está activo desde as 00.39 horas outro que afecta unhas 27 hectáreas da parroquia de Baredo. Desde as 3.45 horas da madrugada, aliás, estabilizouse un incendio na parroquia da Xironda, en Cualedro, que se iniciou ás 19.03 horas e que queimou 30 hectáreas. E hai escasos momentos declarouse un novo foco en Pradoalbar (Vilariño de Conso), dentro do parque natural do Invernadoiro, que xa queimou arredor de dez hectáreas. Desde Medio Rural detallaron que todos estes lumes foron orixinados polos raios —perto de 6.000, segundo Meteogalicia—, dadas as tormentas rexistradas durante a pasada xornada na meirande parte do país. Estabilizados os focos de Melón e Ribadavia Noutra orde, está estabilizado desde as 14.29 horas o lume rexistrado na parroquia de Quins, en Melón, que se iniciou ás 22.38 horas da terza feira e que arrasou 50 hectáreas. Estabilizado o lume que arrasou 150 hectáreas en Melón e Ribadavia E tamén permanece estabilizado o incendio que comezou na segunda feira, contra as 22.11 horas, na parroquia de Ribadavia, no municipio homónimo, e que afectou unhas 65 hectáreas."}
{"ID": "NOS_30153", "summary": "O responsábel do grupo Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo, Adolfo Cordero, participou no achado da Philogenia gaiae, que recibiu esta denominación en homenaxe á súa filla Gaia.", "text": "A Philogenia gaiae, a especie de libélula que o profesor da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo e responsábel do grupo EcoEvo (Ecoloxía Evolutiva e da Conservación), Adolfo Cordero, descobreu nas selvas amazónicas xunto a investigadoras da Universidade de São Carlos brasileira e da Universidad San Francisco de Quito ecuatoriana, é tan rápida que a súa cor escura fai que resulte moi difícil distinguila entre a vexetación. Trátase dun cabaliño do demo negro \"cunha franxa esbrancuxada no estremo final do abdome, que é o que máis se ve cando voan no ambiente escuro da selva\", segundo explica Cordero, que apunta que estes insectos se caracterizan por \"ser animais de voo rápido, bastante a ras do chan, e que prefiren esas zonas escuras, o que as fai difíciles de atopar e de seguir\". As características desta especie, á que deron o nome de gaiae en homenaxe á filla de Adolfo Cordero, Gaia, están descritas nun artigo publicado na revista científica Zootaxa. Nel, tamén describen por primeira vez á femia da Philogenia macuma, outra das especies deste xénero endémico do Amazonas, da que só se coñecían os machos. Os traballos de campo que deron lugar a esta descuberta foron realizados no ano 2012 na estación de biodiversidade Tiputini, no Ecuador, a carón do parque nacional Jasuni, \"un dos espazos máis importantes no mundo no referido á conservación da biodiversidade\", tal e como salienta o profesor da UVigo. Catalogar as diferenzas No artigo, as investigadoras presentan as principais diferenzas desta nova especie de libélula a respecto do seu conxénere máis similar, a Philogenia minteri. Cordero detalla que se atopan fundamentalmente no cerco, \"os apéndices anais dos machos, que empregan para agarrar á femia polo pescozo\" durante a cópula. Estes, sinala, \"son normalmente moi distintos entre especies e moi parecidos entre os machos dunha mesma especie\". Neste caso fixeron posíbel diferenciar dúas especies que, como sinalan no seu estudo, \"poden confundirse facilmente no campo, pola súa similar coloración\". O traballo de campo realizado en Tiputini permitiu fotografar unha das poucas cópulas que até o día de hoxe se puideron rexistrar do xénero Philogenia. \"Ese é outro dos misterios que temos por resolver, saber cando se aparean\", recoñece Cordero, que indica á súa vez que non atoparon exemplares desta especies en zonas próximas a ríos ou arroios. \"Cremos que só irían á zona do río á ovipositar, pero non puidemos atopar ningunha información sobre as larvas\", engade. Philogenia macuma O xénéro das Philogenia conta con 37 especies, divididas en seis grupos, que están presentes en diferentes países de América central e América do sur. Entre elas atópase tamén a Philogenia macuma, descrita por S. W. Dunkle en 1986, e da que as investigadoras Adolfo Cordero, Diogo Silva Vilela, Rhainer Guillermo Ferreira e Andrea C. Escalada describen por primeira vez unha femia neste artigo. É a quinta femia de Philogenia descrita até o momento. Achárona no 2014 na estación biolóxica de Jatun Sacha, tamén no Ecuador. Cordero confirma que se trata dun xénero pouco estudado e do que \"seguramente aínda hai algunha especie por descubrir\". De feito, segundo trasladan desde a UVigo, diferentes investigadoras, entre as que se atopan as integrantes do grupo EcoEvo, traballan na actualidade na análise da información molecular das Philogenia, que podería servir \"para confirmar que este xénero é tan singular que constitúe unha familia de especies\"."}
{"ID": "NOS_21693", "summary": "Reforza o centro do campo e a liña de ataque, respectivamente.", "text": "O Real Club Deportivo da Coruña continúa perfilando o seu cadro de xogadores da tempada 2022/23. A última incorporación á disciplina do equipo dirixido por Borja Jiménez é o estremo vasco Ibai Gómez. O seu rendemento é toda unha incógnita, a pesar de que conta cunha amplísima traxectoria de máis de 200 partidos na Primeira División distribuídos en nove tempadas no Athletic de Bilbao e tres no Alavés. Non obstante, desde a finalización do seu contrato co Athletic no verán de 2021, o estremo de 32 anos permaneceu 10 meses sen equipo tras \"perder a ilusión\" polo fútbol, até que o pasado mes de marzo, sorprendeu asinando polo Foolad iraní, co que xogou a Liga de Campións de Asia. Agora, a pesar de que non disputar ningún partido da terceira categoría desde que deixara definitivamente a canteira do Athletic en 2012, Ibai Gómez asina polo Deportivo \"totalmente comprometido e ilusionado co obxectivo do club, volver a ocupar o lugar que merece e devolver o equipo á máxima categoría\". Isi Gómez, presentado Na mañá de onte tamén foi presentado Isi Gómez, quen recoñeceu que tiña todo \"moi avanzado\" co Córdoba, pero cando recibiu a oferta do Deportivo \"cambiou todo\". \"Chego con moita ilusión, gañas e tamén responsabilidade por xogar aquí\", declarou o ex de Raio Vallecano, Fuenlabrada, Badaxoz ou Granada. O centrocampista madrileño asinou por unha única tempada, máis cunha opción de renovación automática no caso de lograr unha serie de metas."}
{"ID": "PRAZA_5543", "summary": "O BNG denuncia que o Concello da Coruña licitou este martes a organización e explotación do evento \"que cada vez rexeitan máis cidadás e cidadáns\" e do que a empresa que o xestionou nos últimos se desentendeu ante a súa nula rendibilidade, a pesar das subvencións de cartos públicos existentes.", "text": "O Goberno municipal da Coruña, presidido por Carlos Negreira, parece empeñado en que siga habendo touradas na Coruña, a pesar do maioritario rexeitamento social que esperta este espectáculo e do aparente desinterese amosado polas empresas que nos últimos anos se encargaron de organizar a feira taurina. O Concello sacou a licitación este martes a organización e explotación da feira deste verán, despois de que hai dous meses Eventauro anunciara a súa renuncia á súa opción de renovar a concesión por outros dous veráns. O Concello sacou a licitación este martes a organización e explotación da feira deste verán, despois de que hai dous meses Eventauro anunciara a súa renuncia á súa opción de renovar a concesión por outros dous veráns Cunha asistencia de público moi baixa e unha ampla porcentaxe de entradas e abonos entregados de balde, a organización da feira non é rendible para a empresa, como recoñecian os seus responsables. Mesmo así o Concello da Coruña fai un novo intento, se cadra o derradeiro, por manter esta práctica, que o BNG volveu cualificar este martes de \"espectáculo violento e sanguento\" que \"cada vez rexeitan máis cidadás e cidadáns\". Os nacionalistas lembran así mesmo que no pleno do pasado mes de marzo presentaron unha moción conxunta coa entidade Galicia, Mellor sen Touradas, na que lle solicitaban ao Goberno Municipal que o IMCE non volvese sacar a concurso a organización e explotación da Feira Taurina, aproveitando a renuncia da empresa concesionaria Eventauro a prorrogar o contrato, e que non se volvesen subsidiar, nin directa nin indirectamente con cartos públicos eventos destas características no Concello da Coruña. A pasada semana o Valedor do Pobo anunciou o seu apoio á Galicia, Mellor sen Touradas na súa demanda de que se fagan públicas as subvencións públicas entregadas ás feiras taurinas. En 2013 tan só se venderon o 20% das entradas totais (5.137 billetes dos 25.257 que se puxeron á venda, segundo o expediente do IMCE) e a feira só se puido celebrar grazas ao mantemento dunha subvención pública indirecta de 95 mil euros, consistente no pagamento por parte do Concello de taxas polo uso do Coliseum, montaxe, terra ou persoal. A pasada semana o Valedor do Pobo anunciou o seu apoio á Galicia, Mellor sen Touradas na súa demanda de que se fagan públicas as subvencións públicas entregadas ás feiras taurinas Tres de cada catro coruñeses (o 75,5%) amósanse contrarios a que os cartos públicos sosteñan artificialmente este espectáculo, segundo unha enquisa realizada por Obradoiro de Socioloxía, unha cifra que se achega ao cen por cento entre os menores de 44 anos. Ademais, a organización da feira taurina viuse mesturada co escándalo de corrupción das facturas falsas de Vendex na Coruña, o caso Pikachu."}
{"ID": "NOS_38083", "summary": "Será na Praza de Mazarelos (Compostela) esta sexta feira ás 18h nun acto aberto no que estarán os alcaldes de Ferrol, Compostela e A Coruña.", "text": "Anova, Esquerda Unida e Podemos presentarán publicamente o 2 de outubro o pre-acordo político ao que chegaron as súas direccións políticas fronte ás eleccións ás Cortes españolas. Así o comunicaron através das redes sociais. Será na compostelá Praza de Mazarelos ás 18 horas nun acto \"aberto\" no que tamén estarán presentes \"outros axentes\", din, \"necesarios para o proceso de confluencia\", embora non aclararen cales. O pre-acordo político alcanzado polas tres formacións foi anunciado por Martiño Noriega nunha entrevista concedida á Radio Galega. Ese mesmo día Anova esclarecía que non se trataba dun acordo electoral. \"O escenario no que traballamos é un no que o protagonismo sexa partillado entre os partidos, as mareas e a cidadanía. Unha eventual candidatura unitaria ten que partir da interacción deses tres actores e non do acordo cupular entre os partidos\", sinalaban fontes consultadas por Sermos Galiza. Segundo recolle Europa Press na presentación estarán Xosé Manuel Beiras (Anova) e Yolanda Díaz (EU) para alén dos alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez, Compostela, Martiño Noriega e A Coruña, Xulio Ferreiro."}
{"ID": "PRAZA_435", "summary": "No compromiso de defensa dos dereitos democráticos, o dereito á folga é un termómetro da calidade democrática dun país. Para seguir exercendo ese compromiso en defensa dos dereitos da clase traballadora, temos moitísimos bos e recentes exemplos dos que aprender como se fai fronte aos ataques da troica e da especulación e como se defende o emprego e os dereitos laborais nas empresas.", "text": "Os gobernos do PP de Galicia e de España esfórzanse por estrullar as cifras e estatísticas sobre emprego para demostrar que a situación mellora; e o mesmo con outras variables económicas. Esforzo propagandístico baldío e obrigado ante as múltiples citas electorais deste ano, xa que é clara a evidencia da precariedade do pouco emprego que se crea e a nula reactivación económica pola incapacidade de consumo dunha cidadanía afogada con recortes ou ausencia de ingresos. Milleiros de persoas están sendo xulgadas polo seu activismo social, por defenderen os seus dereitos, por exerceren como cidadanía Non cadra que Galicia nin España vaian mellor no económico nin no emprego se as medidas de recorte continúan e a persecución sindical e social se acentúa. Para os gobernos de Rajoy e de Feijóo, os culpables da crise teñen cara de pensionista, de muller traballadora que cobra menos ca un home por facer o mesmo, de persoa dependente, de traballador maduro en desemprego de longa duración, de paciente de hepatite sen tratamento, de mozo formado emigrado… Contra eles e elas orienta as súas políticas de recorte e austeridade; e coa covardía de non se enfrontaren realmente e coa mesma firmeza contra os poderes especulativos causantes da crise financeira. Milleiros de persoas están sendo xulgadas polo seu activismo social, por defenderen os seus dereitos, por exerceren como cidadanía. Xente solidaria que se mobilizou contra desafiuzamentos, contra o desmantelamento dos servizos públicos, en defensa da sanidade e do ensino público, en defensa do emprego no seu sector e nas súas empresas. Xente que é tratada igual ca criminais e que poden acabar encarcerados. As folgas convocadas contra as reformas laborais do PSOE e do PP no goberno, pero tamén as convocadas a prol do emprego en empresas e sectores, convertéronse en filóns para os gobernos do PP para escarmentar sindicalistas e folguistas combativos. A ameaza do cárcere é o bico da pirámide de ameazas á clase traballadora que exerce os seus dereitos; pasando previamente pola represión e persecución sindical, o despedimento, as listaxes negras. Un patrón de comportamento incompatible coa democracia. A ameaza do cárcere é o bico da pirámide de ameazas á clase traballadora que exerce os seus dereitos; pasando previamente pola represión e persecución sindical, o despedimento, as listaxes negras Coas mobilizacións do pasado 18-F en todo o mundo, lanzouse unha mensaxe: a situación vai cambiar, a cidadanía seguirá tomando conciencia e partido para que a democracia venza á especulación, e para que os gobernos gobernen en favor do pobo que representan, no canto de castigalo con recortes e con represión. A acción sindical internacional marcou como cita clave o 18 de febreiro para desenvolver por todo o mundo mobilizacións sindicais en defensa do dereito de folga. Así o decidiu o Consello Xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), tendo en conta os continuos ataques que este dereito está a recibir en moitos países membros da Organización Mundial do Traballo (OIT), que protexe o dereito de folga co Convenio número 87 sobre liberdade sindical. Non só pretenden vulnerar o dereito de folga os gobernos de moitos países. Tamén o Grupo de Empresarios da propia OIT fai presión para que este organismo internacional o deixe sen efecto, nun cambio sorprendente de actitude tras máis de sesenta anos sen que o dito grupo o cuestionase; agora aproveita para entorpecer o desenvolvemento normal da Organización na súa función protectora dos dereitos laborais no mundo. O Tribunal Supremo de Canadá confirmou nun veredicto histórico que \"o dereito de folga é un elemento esencial de todo proceso de negociación colectiva eficaz protexido pola Constitución canadense\" Esta nova situación está a ocasionar que altos tribunais nacionais se pronuncien ao respecto, ben a instancias dos gobernos interesados ben dos propios empresarios. Concretamente, o Tribunal Supremo de Canadá confirmou nun veredicto histórico que \"o dereito de folga é un elemento esencial de todo proceso de negociación colectiva eficaz protexido pola Constitución canadense\". Para este tribunal, a lei que negaba o dereito de folga para determinados traballadores do sector público, sen dispor doutro mecanismo alternativo, era inconstitucional, e ampara a súa decisión no antedito convenio así como noutros tratados internacionais. En liña coa sentenza do Tribunal Supremo de Canadá e co disposto pola OIT, as confederacións sindicais de CCOO e de UGT rexistraron perante a OIT, o pasado novembro, unha queixa contra o Goberno de España \"por atentar contra a liberdade sindical, o dereito á negociación colectiva e o dereito de folga\", e solicitaron ao Comité de Liberdade Sindical deste organismo unha resposta urxente. As confederacións sindicais de CCOO e de UGT rexistraron perante a OIT, o pasado novembro, unha queixa contra o Goberno de España \"por atentar contra a liberdade sindical, o dereito á negociación colectiva e o dereito de folga\" Ambos os sindicatos detallaron os continuos procesos penais que se están abrindo en España contra folguistas, nunha aplicación retorta do Código penal, que sanciona o chamado delito de \"coaccións para promover a folga\", e outros tipos penais que veñen empregando para criminalizar a actividade sindical, como o delito de atentado, desobediencia ou desordes públicas. Máis de trescentos folguistas están sendo xulgados no estado, e por iso desde ambos os sindicatos instan a OIT a actuar urxentemente, tanto polas repercusións para as persoas afectadas como pola restrición que supón ao exercicio da liberdade sindical e ao dereito de folga, e máis tendo en conta as gravísimas penas privativas de liberdade que levan consigo. No compromiso de defensa dos dereitos democráticos, o dereito á folga é un termómetro da calidade democrática dun país. Para seguir exercendo ese compromiso en defensa dos dereitos da clase traballadora, temos moitísimos bos e recentes exemplos dos que aprender como se fai fronte aos ataques da troica e da especulación e como se defende o emprego e os dereitos laborais nas empresas. Os compañeiros e compañeiras de Lantero déronnos unha lección maxistral de como han actuar os responsables sindicais e o conxunto do persoal ante decisións inxustas En Grecia defendéronse con case unha decena de folgas xerais fronte á troica e os sumisos gobernos gregos e ao cabo conseguiron un novo Executivo que defende a democracia e os dereitos da súa cidadanía. Máis preto, os compañeiros e compañeiras de Lantero déronnos unha lección maxistral de como han actuar os responsables sindicais e o conxunto do persoal ante decisións inxustas. A súa folga e o posterior acordo alcanzado son unha vitoria indiscutible."}
{"ID": "NOS_58539", "summary": "A directora de Nós Diario moderará unha das mesas de debate das xornadas.", "text": "A deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, presentou esta segunda feira as IV Xornadas Contra a Impunidade Franquista, organizadas polo departamento de Memoria Histórica da Deputación os vindeiros 11 e 12 de novembro. No evento, baixo o título As ideas furtadas, debaterase sobre a \"demonización\" de opcións políticas e ideolóxicas deturpadas polo réxime. A nova Lei de memoria democrática, a debate en Pontevedra \"Escollemos as ideas furtadas como tema porque entendemos que o mantemento durante catro décadas de ditadura dun pensamento único fixo que determinadas opcións políticas e ideolóxicas fosen 'demonizadas' e chegasen aos nosos días deturpadas polo relato imposto\", explicou Ortega. A responsábel de Memoria Histórica da institución salientou que \"as vítimas non só foron persoas, tamén se represaliaron determinadas ideas como o anarquismo, a masonería, o republicanismo ou os nacionalismos diferentes ao español\". Un informe da USC cifra en sesenta as foxas que aínda non se exhumaron As xornadas servirá para enumerar máis polo miúdo estas opcións e analizar até que punto \"foron afastadas da actual democracia, ou mal vistas nela, para coñecer se foi total a pluralidade política, e contrapoñer as opcións arrebatadas ás impostas\". Programa das xornadas A primeira conferencia tratará sobre a influencia que ten sobre a cidadanía o relato transmitido desde o poder, e como ese relato se pode utilizar para impor un determinado discurso, \"sexa ou non real\". O poñente será Manu Levín, filólogo, guionista en 'El Intermedio', e secretario de Discurso e Análisis Político de Podemos. Perfomance de familiares de persoas represaliadas polo franquismo no escenario do Canteira Fest A continuación decorrerá a mesa redonda Foi plural a democracia?. Tres persoas que viviron a Transición explicarán a súa experiencia; en concreto, o socialista e masón José Vázquez Fouz; a integrante na Transición de opcións minoritarias no nacionalismo de esquerdas Pilar Allegue; e o anarquista Alberte de Esteban. A xornada continuará coa conferencia Os servicios segredos: ao servizo do rei, a cargo do escritor Fernando Rueda, que falará sobre o papel que tiveron os servizos secretos na ocultación dos escándalos relacionados co rei emérito, tanto na ditadura como na democracia. Resistencia guerrilleira. A memoria postergada Xa o sábado decorrerá unha mesa redonda baixo o título A represión das identidades nacionais. Moderada pola directora de Nós Diario, María Obelleiro, intervirán Aitor Esteban, portavoz do PNV no Congreso; Olaia Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento galego; e Joan Tardá, ex portavoz de ERC no Congreso. Logo chegará a quenda da conferencia O trauma franquista e a memoria da lingua, a cargo do profesor Carlos Callón. O relatorio de clausura correrá a cargo da profesora Ana-Sofía Ferreira, quen fará unha comparativa sobre as políticas públicas de memoria postas en marcha en Portugal tras a Revolución dos cravos e o tratamento da memoria histórica no Estado español."}
{"ID": "PRAZA_9007", "summary": "O Pórtico foi \"encapsulado\" para evitar po e filtracións das obras de restauración que continuarán ata o vindeiro Xacobeo noutros puntos do templo. A Catedral ofrece 50 convites diarios de balde e 100 semanais para veciñanza de Santiago", "text": "No verán de 2018 quedou ao descuberto o resultado de case unha década de traballos -tres deles de intervención directa- de restauración do Pórtico da Gloria, un proxecto que tivo como resultado máis visible a recuperación da policromía da obra do Mestre Mateo, pero tamén a súa recuperación e protección tras moito tempo de deterioración. A apertura ás visitas do monumento tras a restauración financiada pola Fundación Barrié suscitou unha enorme expectación, con arredor de 80.000 persoas en menos de dous meses antes do novo peche para a continuación dos traballos no templo.O Pórtico foi \"encapsulado\" para evitar po e filtracións das obras de restauración que continuarán ata o vindeiro Xacobeo noutros puntos da CatedralEste 2 de xaneiro o Pórtico volveu estar aberto ás visitas, pero con notables mudanzas na forma e no fondo. A que fora portada da vella Catedral románica compostelá está \"encapsulada\", isto é, dentro dunha gran estrutura de madeira que separa o Pórtico do resto do recinto. Esta estrutura actúa a xeito de enorme caixa que evita filtracións e pos procedentes das obras de restauración que continúan noutros puntos próximos da Catedral, as cales \"prolongaranse ata as portas do vindeiro Ano Santo 2021\", segundo cálculos doa Fundación Catedral e do Cabido.A tarifa xeral para visitar o Pórtico son 10 euros; a Catedral ofrece 50 convites diarios de balde e 100 semanais para veciñanza de SantiagoAlén dese \"encapsulamento\" a principal e máis controvertida medida é a do cobro de entradas por visitar o Pórtico. Como avanzara a Catedral, a tarifa xeral por visitar unicamente o Pórtico restaurado é de 10 euros que quedan en 8 coa \"tarifa reducida\" para familias numerosas, persoas en desemprego, estudantes, peregrinos e maiores de 65 anos. No caso dos grupos escolares o prezo é de 2 euros por estudante.Ás visitas pagadas, con guía e dunha duración duns 45 minutos esixen reserva a través do sitio web da Catedral o nas billeteiras do museo do templo, serán de agora en diante o modelo que a Catedral ofrece como prioritario. Existen tamén, ao tempo, convites que deixan a porta aberta ás visitas de balde que reclamaron nos últimos meses o Concello de Santiago e as forzas da oposición parlamentaria, entre outros.Estes convites son un total de 50 \"para o público xeral\" nas visitas de luns a sábado e 100 máis para visitas de veciñanza de Santiago os domingos á tarde. Para retiralos cómpre acudir á billeteira da Casa do Deán -na Rúa do Vilar-, onde cada xornada se distribúen os convites do día seguinte \"por orde de chegada\". No caso dos destinados a veciñanza da cidade cómpre \"acreditar a condición de veciño de Santiago\" a través do carné de identidade ou do certificado de empadroamento."}
{"ID": "NOS_14970", "summary": "Nas novas mobilizacións programadas para este domingo 3 de outubro chámase á cidadanía a acudir con facturas da compañía eléctrica para queimalas. A CIG, que está detrás da convocatoria, insiste en reclamar a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega.", "text": "\"Contra a estafa da luz\", entrar en calor coa queima das facturas. Esa parece ser a premisa para as mobilizacións deste domingo, 3 de outubro, nas que a cidadanía galega volverá exixir unha tarifa eléctrica propia e que pare a subida dun servizo básico como é a electricidade. A promotora da acción, a CIG, insta á xente a acudir coas facturas \"para facer unha queima colectiva, simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética\". Estas últimas chamadas para saír á rúa o domingo coinciden no tempo cun parón na subida do prezo medio da electricidade. Aínda así fica nos 173,65 euros/ MWh, o que o converte no sábado máis caro da historia, segundo os datos do operador de mercado eléctrico designado (OMIE). O sindicato pide apoio social fronte o \"imparábel medre da factura da luz e a impunidade coa que actúan as eléctricas pero, sobre todo, diante do nulo papel que tanto o goberno galego como o español están a facer para garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións accesíbeis\". Horarios e lugares Haberá dous horarios para facer a reivindicación de forma colectiva. Ás 11.30 horas están previstas as protestas na Coruña (Obelisco); Cee (diante do Concello); Carballo (diante do Concello); Betanzos (praza García Irmáns); Compostela (praza Roxa); e Ribeira (praza do Concello). Ás 12 horas será a quenda de exixir a Tarifa Eléctrica Galega e un prezo accesíbel da luz en Pontevedra (praza da Peregrina); Vilagarcía (praza da Galiza); A Estrada (praza do Mercado); Lalín (praza da Igrexa); Ferrol (Cantón); As Pontes (praza do Hospital); Lugo (Subdelegación do Goberno español); Monforte (diante do Concello); Foz (ante a Delegación de Facenda); Sarria (praza da Vila); Vilalba (praza da Constitución) e Ourense (praza do Ferro). Igualmente, as e os consumidores estarán ás 12 horas para loitar polo servizo en Verín (praza do Concello); O Barco (praza do Concello); Vigo (farola de Urzáiz); O Porriño (praza do Concello); A Guarda (praza de Avelino Vicente) e Cangas (praza do Concello). Unha proposta alternativa A CIG non limita a acción a unha protesta cívica, pois xa hai semanas que insiste en dar unha alternativa para conseguir ese \"prezo xusto\". Demándase a creación dunha empresa pública galega de electricidade para controlar esas presas e a fiscalización do resto das concesións hidroeléctricas. Igualmente propón que mude o sistema das tarifas eliminando as portaxes que \"non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico\". O recoñecemento da enerxía como dereito fundamental e tamén a reversión ao público das centrais hidroeléctricas que rematen a concesión, algo que polo de agora a Xunta descartou. Aliás, o manifesto que fixeran público subliñaba a necesidade de que se retiren as centrais, quer nucleares, quer hidroeléctricas, do \"pool do mercado maiorista para fixar o prezo da electricidade\". A central sindical insiste, ademais, nunha modificación transitoria dos impostos e o estabelecemento da Tarifa Eléctrica Galega, unha demanda que vén de vello."}
{"ID": "PRAZA_18007", "summary": "O partido de Pablo Casado rexeitou apoiar a proposta de sanción, aprobada polo Parlamento europeo, que para poder ser aplicada necesita agora da unanimidade de todos os Estados membros no Consello.", "text": "O Goberno de Viktor Orbán abandona as mulleres vítimas de violencia machista. Quere un país sen inmigrantes. O Executivo húngaro viola a independencia universitaria, ataca a liberdade de prensa e reparte entre os familiares do primeiro ministro as axudas económicas que chegan de Bruxelas. Estas son algunhas das conclusións do informe redactado por Judith Sargentini (Verde/ALE), que foi aprobado este mércores pola maioría do Parlamento Europeo e conta co apoio da Comisión Europea. Dos 693 votos emitidos, houbo 48 abstencións; 197 votos en contra e 448 votos a favor. O Consello, que reúne os Gobernos dos Estados, deberá decidir que fai A partir de aquí, o Consello, que reúne os Gobernos dos Estados, deberá decidir que fai. A sanción, a aplicación do artigo 7, suporía que Hungría deixase de participar nas votacións do Consello durante un período de tempo determinado, pero non é fácil que a votación, que require a unanimidade do Consello, acabe en sanción. Mentres que socialdemócratas, liberais, verdes e o grupo da esquerda votaron en bloque -agás escasas excepcións- a favor das sancións á Hungría de Orbán, o Partido Popular Europeo, en cuxas filas se atopa Fidesz, o partido de Orbán, fracturouse. O seu portavoz, Manfred Weber, que aspira a presidir a Comisión co apoio de Angela Merkel, encabezou o voto favorable ao informe sancionador, pero os partidos populares do centro e o leste de Europa non o secundaron. Os de Pablo Casado, pola súa banda, decidiron absterse. Segundo fontes da delegación do PP encabezada por Esteban González Pons, \"non queriamos votar en contra do informe porque sería unha forma de apoiar as políticas de Orbán, pero tampouco queriamos votar a favor do texto porque converte o Parlamento -un órgano político- nun órgano xurídico\". Mentres que socialdemócratas, liberais, verdes e o grupo da esquerda votaron en bloque -agás escasas excepcións- a favor das sancións á Hungría de Orbán, o Partido Popular Europeo, en cuxas filas se atopa Fidesz, o partido de Orbán, fracturouse No entanto, aínda que a posición xeral fo a abstención, os 16 deputados e deputadas da formación popular partiron en tres: oito abstivéronse, entre eles o galego Francisco Millán Mon; Carlos Iturgaiz, Gabriel Mato e Pilar Ayuso votaron contra o informe que pide sancionar a Hungría por vulnerar os \"valores da UE\"; e outros cinco ausentáronse da votación, entre eles o propio González Pons. Os outros catro eurodeputados galegos (José Blanco, José Couso, Lidia Senra e Ana Miranda) votaron a favor do informe. Quen si pecharon filas con Orbán foron os grupos con partidos xenófobos e de extrema dereita; o Grupo da Europa das Nacións, onde está a liga de Salvini; ou o dos Conservadores e Reformistas, onde está o gobernante polaco Lei e Xustiza, encantados co discurso de Orbán e a quen sinalan como referente nun claro intento de conformar unha fronte que aglutine a extrema dereita espallada tralas eleccións de maio. Orbán denunciou o martes en Estrasburgo \"a chantaxe\" do Parlamento Europeo e defendeuse acusando a Cámara de \"atacar o pobo húngaro, que valentemente conseguiu a liberdade levantándose contra a Unión Soviética. Hungría é parte da familia cristiá europea e decidiu vivir sen inmigrantes votando masivamente ao meu partido\". \"Hungría é parte da familia cristiá europea e decidiu vivir sen inmigrantes votando masivamente ao meu partido\", dixo Orbán \"Estou a defender a miña patria porque é unha cuestión de honra\", afirmou Orbán: \"O informe fere o pobo húngaro e a súa honra. En Hungría as decisións tómanas os votantes, pero vostedes din que o pobo non sabe tomar as decisións que máis lle conveñen. Este informe aplica unha dobre vara de medir e extralimítase. A migración non é un asunto de partido, colaboro con quen queira defender as fronteiras, por iso axudo os italianos. Formo parte do PPE, e quizais esteamos a bailar ao son de liberais e socialistas\"."}
{"ID": "NOS_55205", "summary": "A taxa de positividade volve caer e xa está en 1,69%, por debaixo dese 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.", "text": "Galiza continúa con 512 casos activos de Covid-19, mentres baixan todos os demais indicadores, posto que o país rexistra 36 novos contaxios -un menos que nas últimas 24 horas- e 28 hospitalizados, tamén un menos. Do mesmo modo descende a taxa de positividade, que cae até 1,69%. Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas de onte, mantéñense en cinco as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19, pero baixan a 23 as que se atopan en unidades convencionais, unha menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria só sobe na da Coruña e Cee, que conta cun paciente Covid en UCI e seis noutras unidades. Por contra, descende na de Santiago e Barbanza e Ourense. Non se rexistran cambios nas áreas de Vigo, cun crítico e cinco hospitalizados en planta; en Pontevedra e O Salnés, cun só paciente en unidades convencionais; e na de Lugo, que continúa cun paciente en UCI e dous en planta; e na de Ferrol, cun en cada caso. Sen cambios nos casos activos En canto aos casos activos de Covid-19, estes continúan en 512 no día de hoxe, após sete xornadas consecutivas de aumento en toda Galiza, pois producíronse os mesmos contaxios (36) que altas (36). Así, as infeccións activas aumentan en tres das sete áreas sanitarias: Ourense (+7), Ferrol (+2), e Lugo (+1), mentres que descenden nas de Vigo (-3), Pontevedra e O Salnés (-2), Santiago e Barbanza (-7) e A Coruña e Cee (-1). Deste modo, a área da Coruña e Cee mantense como a única que supera o centenar de casos, con 142; seguida da de Ourense, con 106; a de Vigo, con 75; Pontevedra e O Salnés, con 61; Santiago e Barbanza, con 52; Lugo, con 39; e Ferrol segue á cola, con 37. Baixan os contaxios Os novos contaxios de Covid-19 baixan en Galicia a 36 -un menos que nas últimas 24 horas-, desde os 37 da xornada anterior e os 60 da sexta feira. Por tanto, as persoas contaxiadas na Galiza desde o inicio desta pandemia aumentan a 183.225, das que 43.280 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.783, á de Vigo; 27.085, á de Santiago e Barbanza; 21.879, á de Ourense; 21.512, á de Pontevedra e O Salnés; 20.013, á de Lugo; e 11.673 á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- baixou até 1,69% desde o 1,79% rexistrado nas últimas 24 horas, após o 2,74% marcado a xornada anterior, despois de caer a 0,95% na quinta feira. Iso significa que se mantén moi por debaixo dese 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia."}
{"ID": "NOS_16253", "summary": "Unha concentración protestará diante da Subdelegación do Goberno estatal en Ourense pola \"falta de responsabilidades\" dos lumes forestais neste verán. En tanto, a Xunta da Galiza continúa coas tarefas de limpeza das beiras das estradas para prevención, uns traballos cuxo remate estaba previsto a finais do mes de xullo.", "text": "Unha ducia de colectivos e sindicatos concentraranse este sábado diante da Subdelegación do Goberno estatal ás 20 horas \"en protesta pola falta de responsabilidade na vaga de lumes\" nas comarcas de Ourense, Verín, Viana, a Limia e outras do interior do país. Paralelamente, desde o 1 de agosto esténdese a folga \"indefinida\" do persoal técnico do servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta. A organización desta concentración \"de urxencia\" sinala a \"precarización do servizo de incendios\" e lembran \"a morte do traballador Javier Verdim\", o piloto dun hidroavión que faleceu este mes. No mes de xullo, Galiza rexistrou un total de 568 incendios forestais, segundo datos achegados polo conselleiro de Medio Rural, José González. En Cualedro, un lume arrasou 1.530 hectáreas de terreo, o de maio envergadura desde a vaga de 2017. As lapas tamén castigaron o parque do Xurés e municipios como o de Monterrei, Viana do Bolo ou Verín. A Xunta continúa coa limpeza das estradas En tanto, a Xunta continúa cos traballos de limpeza das marxes das estradas galegas para previr incendios forestais. En concreto, está a levar a cabo estas tarefas nas comarcas de Noia, Fisterra, Terra Chá e Ourense. As actuacións \"céntranse na retirada de especies pirófilas e nas rozas das marxes, así como no acondicionamento de sendas peonís\". Estes traballos na marxe das estradas arrancaron no mes de maio, coincidindo co desconfinamento da poboación, nas comarcas da Mariña, O Baixo Miño ou Vigo. Nun comunicado do 4 de xullo, xa iniciada a tempada de alto risco de incendios, a Administración galega informou de que a finais dese mesmo mes estaba prevista a finalización \"de todas as labores programadas\". Porén, estes traballos que fan parte do plan de prevención da propia Xunta, aínda non finalizaron mentres se achega a fin do segundo mes de alto risco de incendios forestais. UXT denuncia prazas sen cubrir nas brigadas O 16 de agosto, o sindicato UXT censurou que, segundo as súas propias estimacións, 20% das prazas das brigadas de dispositivo de extinción de incendios da Xunta estivesen sen cubrir. \"Significa que non se pode garantir a seguridade no traballo\", valorou a central sindical nun comunicado. No mesmo, UXT criticou a \"incompleta e escasa cobertura\" do operativo de extinción de incendios forestais este verán. O sindicato reclamou que se cubran \"todos os postos vacantes e non vacantes, ao igual que as baixas de longa duración\". A falta de cobertura, agregou, percíbese nas categorías de condutores de motobombas e vixilantes."}
{"ID": "NOS_12365", "summary": "As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (Laiovento, 2021) é unha novela da escritora e activista Adela Figueroa Panisse. Unha historia sobre a resistencia ao franquismo na Galiza, sobre a revalorización do rural, do minifundio... Unha historia sobre a vida e as mulleres que a fan posíbel.", "text": "Vén de presentar As mulheres da Casa da Bouça, que conta nesta obra? Nesta obra narro a historia das mulleres que estaban integradas na guerrilla antifranquista galaico-leonesa. Unhas mulleres que, con toda a súa familia, facían parte da resistencia. A novela é unha fábula, un conto, sobre ese feito real. O feito real de que nunha casa do Incio había un dos puntos de apoio para facer accións, loitas, contra o franquismo. Alí houbo un momento no que, nunha acción que destaparon antes de levala a cabo, se produciron tiroteos e enfrontamentos… Deste modo, trato de fabular sobre estes feitos que aconteceron realmente, mais que a memoria colectiva do pobo foi transformando e dándolles carácter popular para que queden como parte da nosa tradición. O núcleo da obra, da historia, é a vivencia desas mulleres... O que lles admiraba aos habitantes da zona era que había mulleres moi valerosas porque chegaban incluso a empuñar as armas. É dicir, esas mulleres non tiñan só o papel de ser enlace e pousada para os guerrilleiros. O da Casa da Bouça é un nome inventado. Non quixen pór a denominación propia da casa porque a xente inda está toda viva... Mais o que si é certo é que na comarca do Incio había tamén guerrillas. Galiza non foi esa zona submisa e vencida que nos queren dar a entender. Con esta novela quero levantar a nosa historia. Galiza non foi para nada submisa. Lembremos que o primeiro núcleo de guerrillas que se creou é este que acabo de citar, o galaico-leonés, e o último que se cerra en todo o Estado español tamén é galego. A través desta novela tento salientar este feito. Tamén reivindicar o papel das mulleres, que está moi esquecido. E, así mesmo, pór de manifesto o contrasentido dun país que vota en maioría pola Frente Popular, mais que acaba por ser esquecido até figurar na historia como un lugar no que non se desenvolveron batallas. A través desta narrativa quero salientar a cultura como o valor supremo para poder defenderse no mundo A revalorización do rural tamén está presente, non si? Eu adoro a natureza e a paisaxe é unha parte importante da novela. Tamén o respecto, a admiración e a louvanza do que é a cultura tradicional galega, coas súas características positivas de cooperación, de traballos en equipo, en grupo… A través desta narrativa tamén quero salientar a cultura como o valor supremo para poder defenderse no mundo. A roupa estendida que aparece no título ten un significado real: este era o sinal que se daba para avisar de que se ía desenvolver unha acción. Alí, nos corredores, secábase o millo e outras cousas… mais cando se deixaba a roupa estendida era unha forma de aviso. Tamén trato a dignificación e a revalorización do minifundio, que tanto se desvalorizou... O minifundio é ecolóxico, é sustentábel e pode dar alimento a unha poboación importante. cando as persoas son criadas nun medio afectivo teñen moitas máis posibilidades de ter unha vida máis satisfactoria A historia é dura mais ten un ton doce para poder avanzar. É unha novela que ten un pouco de todo, partes duras, amábeis… tal e como é a vida. Mais doulle moita importancia ao papel da familia como núcleo transmisor de valores culturais e de afecto, sobre todo de afecto. Penso que cando as persoas son criadas nun medio afectivo teñen moitas máis posibilidades de ter unha vida máis satisfactoria e de sobrevivir diante das adversidades. O que resalto da vida nas aldeas favorecía moito ese núcleo afectivo, que fai colchón. Como activista, que valoración fai do cumio de Glasgow? Estamos vendo como estragamos o que é de todos. Cando estragas os meus ríos, o meu aire, a miña terra… estás a roubarme. Porque é meu mais é de todos. E isto é pirataría. O cumio de Glasgow falla porque está sendo levado por piratas. Os piratas collen o que atopan xa feito por outras persoas e róubano. Este capitalismo desorbitado no que estamos metidas agora é un capitalismo comandado por piratas. E isto temos que telo en conta todos para reclamar a nosa parte, para reclamar que non nos estraguen a nosa auga, o noso aire, a nosa terra… e que poidamos ser autosuficientes en produción alimenticia e enerxética."}
{"ID": "NOS_33320", "summary": "É un dos datos achegados por un novo informe da ONG Save the Children, correspondentes ao período 2005-2019.", "text": "Máis de 26.000 nenas e nenos morreron ou quedaron mutilados como consecuencia da guerra no Afganistán durante os últimos 14 anos, o que supón unha media de cinco menores falecidos ou feridos cada día nese período, segundo un informe de Save the Children. A pandemia de coronavirus emperou aínda máis a situación en Afganistán, aumentando as necesidades humanitarias, especialmente no caso das crianzas. Segundo as estimacións de Nacións Unidas, sete millóns de menores necesitan axuda urxente, porén a petición de fondos para axuda humanitaria en 2020 aínda non conseguiu a metade dos recursos reclamados. O informe da ONG pon de manifesto que entre 2017 e 2019 se rexistraron máis de 300 ataques contra escolas. Ademais, sinala que 3,7 millóns de crianzas, case a metade do alumnado de primaria do Afganistán, non poden asistir á escola. Tamén recolle que 14 millóns de persoas, perto da metade da poboación do país, necesitan axuda humanitaria e máis de sete millóns de menores están en risco de padecer fame en 2020. Neste contexto, tres millóns de nenas e nenos afgáns de menos de cinco anos de idade sofren desnutrición. Conferencia do Afganistán O director de Save the Children no Afganistán, Chris Nyamandi, alertou nun comunicado da grave situación que afrontan crianzas e proxenitores no país centroasiático. \"Imaxinen vivir co medo constante de que hoxe podería ser o día en que o seu fillo morre por un atentado suicida ou un ataque aéreo. Esta é a desalentadora realidade para ducias de miles de nais e pais afgáns cuxos fillos morreron ou resultaron feridos\", afirmou. A pandemia de coronavirus sumouse á \"miseria\" que xa padecían estes menores e é un problema que \"debe ser abordado con novos fondos\", subliñou. \"Nun momento en que as necesidades humanitarias aumentan máis que nunca, trátase dunha loita por garantir os fondos que se necesitan para axudar a poboación\", indicou. Neste sentido, Nyamandi subliñou que a Conferencia do Afganistán que comeza esta semana en Xenebra representa \"un momento crucial\" para que os Gobernos \"reafirmen o seu apoio\" ao país e \"aos seus millóns de nenas e de nenos\" nun momento, ademais, en que \"é máis necesario que nunca\"."}
{"ID": "NOS_35057", "summary": "Desde infantil a fin de primaira. Todo o alumnado do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes xuntou, verso a verso, o poema \"Has de cantar\" de Rosalía, dentro da proposta da AELG.", "text": "A iniciativa do colexio de Fornelos de Montes para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía implicou a cada unha das crianzas do centro, que, de maneira individual e sumando as voces, construíron o poema \"Has de cantar\" de Rosalía de Castro. A actividade entra dentro da proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega que convidou aos centros de ensino a participaren no aniversario da escritora fundadora da nosa literatura contemporánea. \"Has de cantar/ que che hei de dar zonchos\" comeza un cativo dos máis pequenos e, a partir de aí e en parellas, todas e cada unha das crianzas do colexio van poñendo os seus versos para conformaren entre todos un singular recital de sete minutos polo que pasa o conxunto dos nenos e nenas do colexio. Gravado de maneira sinxela cun plano fixo que capta a espontanea maneira de dicir do alumnado, a iniciativa está a ter unha singular acollida nas redes. A proposta da AELG foi secundada por máis dun cento de centros escolares que conmemoraron de maneira moi especial o aniversario da escritora neste ano no que tamén se fan 150 anos da publicación de \"Cantares Gallegos\". O CEIP Doutor Suárez é o centro de ensino de Fornelos de Montes, un concello do interior de Pontevedra especialmente masacrado pola emigración e no que boa parte da súa veciñanza marchou a vivir a Pontevedra e Vigo. As últimas décadas foron de grande descenso de poboación infantil e do nivel de matriculación do centro."}
{"ID": "PRAZA_19096", "summary": "Unha rolda de prensa puxo fin ao peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria e avaliou o proceso que rematou coa absolución de Diego Lores. Despois, veciños e veciñas de Coia levaron a cabo unha toma simbólica da rotonda, \"onde todo comezou\" Diego Lores, absolto trala retirada da única acusación contra el", "text": "O día despois da absolución de Diego Lores era o momento de facer balance do proceso que, finalmente, rematou coa retirada dos cargos que pesaban sobre el. Un proceso marcado por unha onda crecente de solidariedade -en Vigo, en toda Galicia e mesmo en diferentes puntos do Estado- e por unha gran presión social que ao cabo conseguiu forzar o axente da policía local que o acusara a retirar a súa denuncia. Esa solidariedade foi un dos temas que máis se destacou na rolda de prensa que puxo fin ao peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria que este luns deixou de ser de protesta para ser de celebración: \"Isto é unha vitoria de todas\", díxose. Porén, na rolda de prensa foise máis aló da absolución de Diego Lores, e enmarcouse esta \"vitoria\" nun proceso máis amplo de loitas: A batalla veciñal contra a instalación do Bernardo Alfageme nunha das rotondas de Coia e as outras batallas desenvolvidas dende a Oficina de Dereitos Sociais e outras entidade. \"O axente deu un paso atrás e gustaríanos que Caballero e as súas políticas antisociais tamén o desen, que reflexionen cara a onde nos levan\", destacouse. \"Queríamos darlle un peche festivo a esta loita. Pero malia á alegría, non nos queríamos esquecer dos responsables que meteron nesta lea, que aínda seguen facendo trapalladas. Na rolda sinalei especialmente a Abel Caballero, porque aquí en Vigo é quen lle pon cara a toda esta serie de políticas afastadas da xente\", destaca Lores en conversa con Praza. \"Este axente da policía municipal foi utilizado para tentar acalar a nosa protesta, pero despois de usalo deixárono completamente só e ante a presión social destes días non tivo máis remedio que dar un paso atrás\", engadiu, reiterando as críticas contra o Goberno local de Vigo. A mesma reflexión facíase dende Baladre: \"Agora, hoxe, o medo cambiou de bando. O avogado do policía, o mesmo uniformado e a súa contorna, séntense soas. Asústalles a solidariedade, a rede de afectos e de apoios construída ao redor da loita de Coia\". \"É moito o medo que lles xera ver por centos de persoas na rolda de prensa\", engade o colectivo. Para Lores, \"as razóns que nos levaron a meternos na rotonda seguen moi vixentes. Hai moita xente que aínda agarda meses para cobrar os 400 euros escasos da Risga, hai xente á quen lle din que non hai cartos ou que a súa situación de pobreza é responsabilidade súa, estes días soubemos que a Xunta gastou en parvadas a maior parte dos escasos cartos do ticket eléctrico\". \"Hoxe queremos lembrar que hai moitísima xente que sofre violencia todos os días, a violencia de vivir sen recursos suficientes\", conclúe. A rotonda Na rolda de prensa e na marcha que posteriormente rematou coa toma simbólica da rotonda, \"onde todo comezou\", escoitáronse mensaxes coma \"ningunha persoa sen unha vida digna\" e berros a prol da renda básica e da solidariedade activa. E tamén o canto que tan popular se fixera durante a mobilización contra a instalación do barco: \"Non pode ser/ Os cartos na rotonda e as familias sen comer\". O espazo volveu encherse de veciños e veciñas do barrio e tamén de barcos de papel. Alí falou o propio Diego Lores, a súa familia e Manolo Pipas, que leu algúns versos. \"Atopámonos moitas na rotonda. Dotámonos dunha práctica que é un potencial moi grande para, a partir dese fío, seguir xerando dinámicas alternativas ás do poder. Serviu para crear multitude de vínculos e relacións tanto en Vigo coma fóra da cidade. Agora temos construír a partir desas redes, buscando iso que sempre reivindicamos: vivir dignamente como dereito para todas\". Así resumía Diego Lores a importancia que tivera a mobilización social contra a instalación do barco, unha mobilización que en boa medida fixo posible a presión social que nas últimas semanas pugnou pola súa absolución. \"Pechamos esta páxina que foi a rotonda, que tantas ledicias, relacións e agarimos nos deu. Temos que descansar uns días, pensar e avaliar o que isto significou. E despois volveremos ás nosas tarefas: a ODS, a PAH..., cada un ao seu e xuntas, coa experiencia que acumulamos nestes meses e coas relacións que tecemos\", destaca Lores. \"Continuaremos navegando\", díxose na rotonda, entre sorrisos e barcos de papel."}
{"ID": "NOS_33228", "summary": "O fechamento de camas, a poxa de servizos como a esterilización de material entre as empresas privadas e os recortes orzamentarios, marcan a política da Consellaría de Rocío Mosquera. Novas concentracións en defensa da sanidade pública decorrerán esta cuarta feira nos hospitais do país.", "text": "Esta cuarta feira (28 de maio) os hospitais de Galiza voltarán ser o escenario de mobilizacións en defensa da sanidade pública. Convocadas polas centrais sindicais contra o desmantelamento de camas hospitalarias (até 1.200) durante os meses de verán, evidencian o rexeitamento do persoal sanitario a unha política marcada pola privatización e o desmantelamento do servizo sanitario público en Galiza. Ao fechamento das camas súmanselle xa os procesos de privatización dalgúns dos servizos hospitalarios como o informático ou a publicación no Diario da Unión Europea (DUE) do concurso público que entregará á privada a xestión do servizo de esterilización do material sanitario, tamén cirúrxico, e que --advirten @s facultativ@s-- podería pór en risco a saúde das persoas por mor de criterios de esterilidade que ficarán en mans das empresas concesionarias e non baixo supervisión d@s profesionais, como acontece até o de agora. A privatización empeora a calidade do servizo O suposto aforro que pregoa o Partido Popular desde o Goberno galego fica ben lonxe de mellorar a calidade do servizo após a privatización como denunciou a Xunta de Persoal do Hospital da Coruña en relación ao servizo de compras de material. Logo de se entregar este departamento a unha empresa privada, os laboratorios do Complexo hospitalario da cidade herculina adoecían dun \"grave desabastecemento\" que impedía os laboratorios desenvolver as analíticas precisas para unha diagnose acaída d@s doentes. \"No laboratorio de Hormonas, faltaron os reactivos durante 3 ou 4 días\", explicaban hai dous meses @s traballador@s do CHUAC. Naquela altura @s profesionais xa amosaron o seu rexeitamento perante a conselleira de Sanidade que visitaba as instalacións do complexo para 'supervisar' o decorrer das obras das novas Urxencias. Un espazo que, doutra volta, está a ser epicentro de mobilizacións e protestos por mor das \"deficiencias estruturais, de recursos materiais e persoal\" que denuncian desde a Comisión de Centro Especializada. Núñez Feijóo inaugura as novas Urxencias do CHUAC e o persoal denuncia as \"deficiencias estruturais\" do servizo E é que a premura coa que o goberno de Alberto Núñez Feijóo quixo inaugurar o novo servizo --a unha semana das eleccións europeas-- deixa sete días despois as novas Urxencias sen \"a calidade e capacidade asistencial\" que debera. \"Caos organizativo, improvisación, má distribución do equipamento do material e da medicación, instalación de padiolas en áreas que carecen das condicións precisas, xunto á falta de profesionais de enfermería, auxiliares, celadores/as e limpadores/as en todos os departamentos\". Estas son algunhas das deficiencias relatadas pola Comisión de Centro de Especializada do CHUAC, que tamén se manifestarán esta cuarta feira. Os recortes orzamentarios están a atinxir a calidade do servizo segundo denuncian @s traballador@s do Sergas. Un exemplo claro, din, é desartellar camas hospitalarias durante o verán para non substituír o persoal de vacacións. \"Se o seu obxectivo fose mellorar a saúde da poboación e non reducir gastos a forma de resolver a falta de persoal por vacacións sería contradanto substitutos pero a decisión da Xerencia non é esa senón pechar camas e reducir servizos sanitarios\", denuncian desde a Plataforma SOS Sanidade Pública que apoia esta nova xornada de protesto nos hospitais galegos."}
{"ID": "NOS_40252", "summary": "A iniciativa, creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, procura impulsar o galego nas últimas tendencias, sen complexos e coa posta en valor dunha das nosas imaxes tradicionais.", "text": "O fotógrafo José Goris, da Bandeira, e o colectivo Galego en Londres, que naceu nas aulas de lingua galega do Instituto Cañada Blanch de Londres e que hoxe en día trascendeu os muros do instituto e serve de punto de encontro e canle de difusión da galeguidade na capital británica; son os recoñecidos este ano nos premios 'Boina de Ouro'. Estre galardón é unha actividade creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. O lema, \"Modernízate, pon boina\", quere mostrar a intención de renovar a imaxe tradicional da boina e promovela como accesorio de vangarda estética e última tendencia. Ademais, o obxectivo é impulsar a lingua galega no mundo da moda. A actividade que iniciou este proxecto foi un Concurso de Fotografia con dúas categorias: \"Boina de Ouro\" e \"Boina da Simpatía\". O xurado estaba formado por Elena Ferro, a zoqueira de Merza, Celso, de Fotografia Bernabé, Olaia Vázquez, alumna da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, Vicente Amosa, María Seijo, e Séchu Sende, do Clube da Língua do IES Marco do Camballón. José Goris resultou Premio Boina de Ouro 2016, na categoria do concurso onde se valoraba a calidade, orixinalidade, creatividade e o valor sociocultural da fotografía. O premio Boino da Simpatía foi para colectivo Galego en Londres, que participou no concurso con dezaseis fotos entre as que a imaxe dunha rapaza a brincar, Sara Mota, foi a que suscitou mais simpatia entre os membros do xurado. Nesta categoría o obxectivo era impulsar a imaxe da boina con humor e simpatía, de maneira informal, através das redes sociais. O premio nas dúas categorias é unha boina elaborada por Sandra Vilas, a artesá que comezou a manufacturar a súa \"Boina Galega\" a raíz desta iniciativa e que está a mostrarse como un dos accesorios mais valorados e sorprendentes da moda galega desta temporada."}
{"ID": "PRAZA_8465", "summary": "Banca e inmobiliarias estarán obrigadas a declarar cal é o seu parque de vivendas baleiras e a sacalas ao mercado do aluguer. Se non o fan serán sancionados.", "text": "O Goberno andaluz deu un paso á fronte para frear a media de 45 desafiuzamentos diarios que se dan nesa comunidade e que suman máis de 86.000 desde 2007. Vén de aprobar un ambicioso decreto-lei que pon no punto de mira aos bancos: as súas vivendas poderán ser expropiadas por un prazo de tres anos nos casos de familias que vaian ser desaloxadas e nas que concorran circunstancias nas que a súa saída do domicilio supoña unha condena á exclusión social ou unha ameaza para a saúde física ou psíquica. A norma entrará en vigor o xoves, tras a súa publicación no BOJA. Banca e inmobiliarias estarán obrigadas a declarar cal é o seu parque de vivendas baleiras e a sacalas ao mercado do aluguer. Se non o fan serán sancionados Vivenda carece dun cálculo de cantos beneficiarios pode haber desta medida antidesafiuzamento, pero dende a entrada en funcionamento o pasado 8 de outubro da rede de oficinas provinciais do Programa Andaluz en Defensa da Vivenda, que ofrecen asesoramento e intermediación entre afectados e entidades financeiras, logrou a paralización de 964 desaloxos, e 119 familias xa pediron auxilio. O segundo alicerce fundamental desta nova norma é que banca e inmobiliarias estarán obrigadas a declarar cal é o seu parque de vivendas baleiras e a sacalas ao mercado do aluguer. Se non o fan serán sancionados, sendo a falta máis grave penada co pago de 9.000 euros. O volume de vivenda desocupada está ao redor de 700.000 a un millón de inmobles (un 20% do parque andaluz de vivendas). Entre 350.000 e 500.000 pertencen a persoas xurídicas. O diñeiro que se recade irá destinado a financiar políticas para promover o dereito á vivenda. Os particulares en posesión de máis de dúas vivendas tamén son un obxectivo (calcúlase que son uns 246.000 propietarios) Os particulares en posesión de máis de dúas vivendas tamén son un obxectivo (calcúlase que son uns 246.000 propietarios). Neste caso, en lugar da sanción recorrerase a incentivos fiscais e seguros contra falta de pagamentos e danos para que poñan as súas vivendas en circulación. Neste grupo non entrarán os titulares nin de segundas residencias, nin as vivendas que se alugan por tempada nin os apartamentos turísticos. Inconstitucional? A patronal da construción, moi crítica coa nova norma, xa advirte da posibilidade de recorrela por \"inconstitucionalidade\" A posibilidade de que o Goberno central busque algún subterfuxio para frear este decreto, como así fixo en tres ocasiones coas poxas de medicamentos, está aí, pero desde a Consellería de Vivenda crese que non hai físgoa algunha para que acabe ante o Tribunal Constitucional. \"Ten seguridade xurídica tan plena como a lúa chea\", dixo a conselleira, Elena Cortés. A patronal da construción, moi crítica coa nova norma, xa advirte da posibilidade de recorrela por \"inconstitucionalidade\", o que Cortés non teme, para empezar, porque está convencida de que, á parte do Estatuto andaluz, ten unha importante \"ancoraxe\" xurídica nacional e internacional que avala a súa posición. Ademais, lanzou un aviso para navegantes: \"a solución non é máis construción de vivenda\". Houbo discrepancias entre os dous socios de Goberno, pero o PSOE acabou cedendo, en especial, no capítulo da banca A conselleira situou esta medida pioneira a nivel estatal na \"valentía\" dun Executivo que apostou por un \"cambio radical\" para ir á \"raíz do problema\", que é o enfoque da vivenda como un \"dereito humano\" e a defensa da súa \"función social\". Con todo, chegar até aquí non veu exento de problemas. Houbo discrepancias entre os dous socios de Goberno, pero o PSOE acabou cedendo, en especial, no capítulo da banca (a esta non se lle consultou para a redacción do decreto, tampouco aos empresarios da construción). \"Os cambios profundos sempre xeran dificultades. Haberá decretos máis sinxelos, pero este saíu co acordo do Consello de Goberno e é contundente. É o decreto que esta conselleira esperaba\", resumiu Cortés. Unha conselleira que se non estivese no cargo, como manifestou hai unha semana, non dubidaría en participar nos \"escraches\". A súa postura é moi coñecida, porque tamén na ocupación de vivendas baleiras que deron pé ao fenómeno das corralas en Andalucía viu un síntoma de que había que facer cambios legais para que \"non haxa casas sen xente e xente sen casas\". Frase que se converteu na súa máxima. Cortés, que fixo unha presentación de forte carga política deste decreto, tamén tivo unhas palabras de recoñecemento para as plataformas, sindicatos e cidadáns comprometidos con esta causa e contrapuxo ese escenario de Madrid, onde o PP decidirá que acaba facendo coa súa iniciativa lexislativa popular (polo momento, xa non pasará polo Congreso senón que irá ao Senado), con este novo escenario andaluz. Expropiación O desaloxo debe provocar unha situación de exclusión social, o que deberá estar acreditado polos servizos sociais municipais A Xunta expropiará aos bancos de maneira temporal, por un prazo máximo de tres anos, as vivendas que estean inmersas en procedementos de desafiuzamento hipotecario nos casos máis graves de emerxencia social. A Xunta tirará dos seus recursos propios e pagaralles ás entidades un 2% do xustiprezo por ano (é o previsto na Lei de Expropiacións e equivale ao prezo ao que se taxa a vivenda para a expropiación, de forma que se se valora en 100.000 euros, a Junta pagará do seu peto 2.000 á entidade). A pesar das estreiteces orzamentarias, Cortés asegura que hai recursos. Para acollerse a esta medida os ocupantes teñen que reunir unha serie de requisitos. O principal é que a vivenda obxecto do desafiuzamento sexa a residencia habitual e permanente e que a finalidade do préstamo solicitado sexa o pago da casa. O desaloxo debe provocar unha situación de exclusión social, o que deberá estar acreditado polos servizos sociais municipais. Tomarase como referencia para medir a situación de endebedamento respecto das condicións e circunstancias en que se recibiu o préstamo que a hipoteca se multiplicase por 1,5 e supoña máis dun terzo dos ingresos familiares. O tope para acollerse á medida é que os ingresos non superen tres veces o Iprem (o Indicador público de rendas de efectos múltiple, é dicir, o antigo salario mínimo, e que son uns 532 euros ao mes). Sanción por vivenda desocupada O decreto recolle un sistema de sancións leves, graves e moi graves para os bancos, inmobiliarias e entidades de xestión patrimonial que manteñan ocioso e non poñan en aluguer os seus inmobles baleiros. Está tipificado como moi grave, e sancionado con 9.000 euros, non dar uso a unha vivenda, arrendar, transmitir ou ceder o seu uso con destino a vivenda sen cumprir as condicións. Vivenda desocupada Declararase como vivenda baleira aquela que se probe a non habitación por un período de seis meses Serán as que non conten con contrato de subministración de auga e de electricidade ou o seu consumo sexa nulo ou escaso. Outras ferramentas para a detección destas serán o padrón municipal e outros rexistros de ocupantes, recepción de correo e notificacións noutros lugares. Declararase como vivenda baleira aquela que se probe a non habitación por un período de seis meses. Con estes datos crearase un Rexistro de Vivendas Deshabitadas, que se fará en función dun plan de inspección que estará listo no prazo dun mes."}
{"ID": "PRAZA_15852", "summary": "Manuel Gago e Xurxo Ayán desconstroem a golpe de ironia esta arqueologia colonial e paternalista, que envolta num caduco positivismo funciona como um saber-poder de \"expertos en confiscar materiais, fosilizar o pasado e converter espazos vivos en ruínas arqueolóxicas", "text": "Há uns anos, vendimando em São Martinho da Lage, o cabo da casa amenizou-nos o trabalho contando estórias de Figueira Valverde. No folclore local o diretor do Museu da Ponte Vedra, ex quadro do Partido Galeguista e alcalde franquista (1), aparecia como uma espécie de homem do saco, ladrão do patrimonio artístico das paróquias: \"O Filgueira vinha-che ver o cruzeiro e à noite já vinha uma furgoneta para levá-lo não se sabe aonde. Havia que ter tino de agachar-lhe as cousas\". O joven Filgueira já estivera em 1932 envolto no saqueio do milário de Santiaguinho de Mós, que provocara uns disturbios semelhantes aos da expropriação do baldaquino de Urseira –relatados por Blanco Amor em Xente ao lonxe- ou a dos pelouros de Nozelo da Pena, em São Pedro do Viso, Sarreaus. Nesta última paróquia apareceram três tabuleiros com inscrições vinculadas à Civitas Limicorum, aginha baptiçadas como \"os pelouros\" polo povo, e resignificadas como protetores atmosféricos: \"Tal vez el encarecimiento con el que el Señor Bugalhal (o pároco) recomendaría a sus feligreses el mayor respeto a tan preciosos monumentos, fuese parte a que aquellos ignorantes labriegos diesen a creer a pie juntillas que las tales piedras tenían la maravillosa virtud de librarles de todo suerte de granizadas o pedriscos. Lo cierto es que tan hondas raíces echó en todos ellos semejante creencia que llevaban muy mal que los extraños se acercasen a ellas, ni siquiera a copiarlas\" (2). O tom colonial da narração não pode ocultar o certo: que a comunidade protegia um patrimonio que consideraba seu, e que tinha significado para ela, de uma expropriação letrada de qual com toda razão suspeitavam. Em efeito, em 10 de novembro de 1897 as pedras, continua a relatar o presbítero Marcelo Macías García: \"fueron donadas al Museo Arqueológico Provincial (…) por el Señor Obispo de la Diócesis Don Pascual Carrascosa Gabaldón a ruego de la Comisión de Monumentos que designó a él, a Arturo Vázquez y a Benito F. Alonso para que fuesen a recogerles y por más que el digno abad de Nocelo, Don Francisco Rodríguez Gómez, suponía que podíamos verificarlo sin el menor riesgo por haber combatido él en sus predicaciones tan añeja superstición, creímos conveniente por lo que pudiera ocurrir que algunos números de la Guardia Civil de Xinzo estuvieran en Nocelo a nuestra llegada. Gracias a ellos no salimos fuxindo cara a Xinzo, o quedamos esmagados debaixo das pedras como de otra suerte hubiera sucedido al decir de los nocelenses que, noticiosos del objeto de nuestro viaje, invadieron el atrio en son de protesta, mientras las mujeres voceaban desaforadamente desde las bocacalles del pueblo, y un mozalbete, tratando de burlar la vigilancia de los guardias se encaramaba a la torre para tocar a rebato (3)\". A expedição de saqueio, que se encontra com uma resistência paroquial que se organiza ao jeito tradicional, é narrada como uma cerril oposição de gentes incultas à \"doação\" dos pelouros, invertindo a realidade com uma retórica típicamente colonial (4). Mas quando intentam consumar o roubo os armados topam-se com um boicote solidário: ninguém, nem sequer das paróquias vizinhas, quer ceder um carro para transportar os tabuleiros romanos à vila. \"Para salir del paso no había otro recurso que la fuerza. Los guardias trajeron del campo una pareja de bueyes; embargaron un carro: cargáronse en él las piedras, y obligando a un viejecito que lo guiara, salimos casi al oscurecer en dirección a Ginzo (5)\". Em Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, Manuel Gago e Xurxo Ayán desconstroem a golpe de ironia esta arqueologia colonial e paternalista, que envolta num caduco positivismo funciona como um saber-poder de \"expertos en confiscar materiais, fosilizar o pasado e converter espazos vivos en ruínas arqueolóxicas\", à vez que revalorizam uma tradição subterránea de arqueologia comunitária que chega aos nossos días. Alías, num contexto de conflito nacional o poder conjura constantemente os aspectos menos compatíveis da história com a sua narrativa nacional, o que origina conflitos como o do Museu de História da Cidade da Cultura, que ponhem de relevo o trabalho político da ciencia arqueológica (7). Veja-se o que sucedeu no jazimento de Iruña-Veseia, quando em 2005 aparecerom umas peças com inscrições supostamente em êuscaro datadas no século III. Em vez de proceder ao estudo das inscrições a Deputação Foral de Álava resolveu em 2008, numa decisão por tanto política, que eram falsas, expulsou os arqueólogos do jazimento que solicitaron análises científicas (recusadas por desnecessárias \"porque as inscrições são falsas\") e em 2009 apresentou nos tribunais uma querela contra eles. Ao passar a direção do jazimento a um professor de arqueologia da UPV, contratado pola Deputação, o primeiro que se fijo foi retirar 6.000 m3 de terra com uma excavadora (8). Em Palestina, com a ocupação sionista, a \"arqueologia bíblica\" (9), como lhe chama Keith W. Whitelam, atingiu um poder narrativo excecional, no quadro do processo de construção nacional de Israel. Nadia Abu el-Haj (10) desconstruiu minuciosamente esta arqueologia colonial que sistematicamente oculta/relança os aspectos da história que lhe interessam no seu relato, levando assim mesmo a resistência palestiniana a fazer uma arqueologia contra-hegemónica (11) que impida o apagamento na história das culturas não judías da região. O acontecido em Susya, aldeia palestiniana do Sul de Cisjordánia ocupada tras a Guerra dos Seis Dias, é um exemplo brutal. Em 1983 começaram a construir-se os assentamentos sionistas, deslocando a população autóctone, que sofreu sucessivos despejos ao longo de toda a década. Fogem então a umas covas, que também são destruidas polo exército de Israel com o pretexto de umas excavações que visam criar um parque arqueológico sobre a era talmúdica; em 1986 apareceram os restos de uma sinagoga do século VI, e o governo projeta a atração turística \"Susya: povo judeu antigo\". As famílias árabes voltam ser expulsas em 1990, quandos as desterram em camiões até Zif dunction. Muitas regressarão às suas moradas, sem nada mais que uma austera vida de pastores. Em 1991, 1997 e 2001 repitem-se os despejos, derrube de moradas, abatimento de árvores e matanças de gado. Refugiam-se em Yalta e apelam aos tribunais, conseguindo voltar provisoriamente. Não podem usar a água de trazida que atravessa a sua aldeia, nem pisar a estrada dos israelianos, nem mandar as crianças à escola sem proteção, nem obter outra energia elétrica que não seja a dos seus próprios painéis fotovoltaicos… No passado 5 de maio Noam Solberg, juiz do Tribunal Superior de Justiça de Israel, resolveu autorizar o derribo destas cabanas alegando razões arqueológicas. NOTAS 1. \"Eiquí o Filgueiriña parece que non é digno de ser galeguista. Como non trunfamos! Eu avísovos para que andedes con tento con este rapaz\", advertia Castelao a Otero Pedrayo numa carta de 25-x-1935. Castelao, Obras, Vigo, Galaxia, 2000, vol. 6, pp. 217-219. 2. Marcelo Macías García, Civitas Limicorum, Ourense, Imprenta A. Otero, 1904, p. 24. 3. Ibidem. 4. A contraposição entre a turba anónima e as autoridades com tratamento de respeito (\"Señor Obispo de la Diócesis Don…\"), o apelo à ignorância dos indígenas, que devem ser protegidos –mesmo com as armas- de si próprios, a incluso típica dos efeitos de vericidade da etnografia de expressões nativas (\"esmagados, debaixo das pedras\"), etc… 5. M. Macías García, op. cit. 6. Manuel Gago e Xurxo Ayán, Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, Milhadoiro, 2.0. Editora, 2012. 7. Não sóa arqueologia funcionou como um saber-poder na Galiza, eis a paleografia medieval da historiografia castelhanista ou a filología histórica das instituições autonómicas. 8. Gontzal Fontaneda (SOS Iruña-Veleia), \"¿Euskadi en contra del euskara?\", Gara, 7-VII-2015. 9. Keith W. Whitelam, The invention of Ancient Israel: the silencing of palestinian history, Londres, Routledge, 1996. 10. Nadia Abu el-Haj, Facts on the groud: archeological practice and territorial self-farhioning in isreli society, Chicago, University of Chicago Press, 2002. 11. Edward W. Said, \"Freud e o non europeo\", trad. de Manuel Outeiriño, A Trabe de Ouro, nº 100, outubro-novembro-dezembro 2014, pp. 439-455; sobre arqueologia pp. 451-453."}
{"ID": "PRAZA_10220", "summary": "O PSdeG sobe case 14 puntos e convértese na forza máis votada en Galicia por riba do PP, que baixa do 30%. O BNG, na coalición Agora Repúblicas, mellora resultados e obtén o terceiro posto tras superar a Unidas Podemos.", "text": "O PSOE gañou tamén nas eleccións europeas. No Estado e en Galicia. Os socialistas seguiron o ronsel da súa vitoria nas eleccións xerais e venceron con claridade nos comicios en España, con máis de 12 puntos de diferenza co PP, que foi a segunda forza, e case o 33% dos votos. Son 20 escanos para os socialistas e 12 para o PP, que cae catro. Ciudadanos, pola súa banda, suma 7 escanos e aumenta en nove puntos o seu apoio, mentres que Unidas Podemos suma 6 e supera por pouco o 10%. A extrema dereita de Vox suma máis do 6% e 3 escanos, os mesmos que Agora Repúblicas, liderada por Oriol Junqueras. Junts, a lista de Puigdemont, obtén 2, mentres que CEUS obtén 1. O PSOE vence con claridade nas europeas no Estado e en Galicia; o PSdeG sobe 15 puntos no país, onde o BNG é terceira forza e supera a Unidas PodemosO feito de que as eleccións europeas coincidisen desta volta coas municipais en Galicia provocou, como era previsto, un espectacular aumento de participación, ao pasar do 45,4% de hai cinco anos ao 65,3% deste 26 de maio. En España, tamén houbo un importante incremento, ao subir desde o 45,8% ao 64,4% desta ocasión.A nivel galego, o PSdeG converteuse na forza máis votada, aproveitando o impulso das pasadas xerais, mentres que o PP afondou no seu retroceso caendo máis de cinco puntos ao pasar de superar o 35% a baixar do 30%. Os socialistas, pola súa banda, incrementan o seu apoio en Galicia en case 14 puntos, superando o 35%.A esquerda foi nestas europeas a gran vencedora en Galicia, sumando máis do 55% dos votos entre PSdeG, BNG e Unidas Podemos. O Bloque, incluído na coalición Agora Repúblicas, é outro dos grandes triunfadores ao subir catro puntos, duplicar o número de votos e superar a formación morada no país. A esquerda venceu con claridade en Galicia ao sumar máis do 55% dos votos entre PSdeG, BNG e Unidas PodemosUnidas Podemos mantivo a porcentaxe de voto en Galicia coa que a formación morada irrumpira en 2014, con algo máis do 8%. Pola súa banda, Compromiso por Europa, coalición na que se integraba En Marea e a súa candidata, Lídia Senra, obtivo pouco máis do 1% e uns 15.000 votos. Hai cinco anos, AGE, que sentara a Senra na Eurocámara, obtivera máis de 100.000O PsdeG coloca o galego González Casares na Eurocámara ao obter 20 escanos, ía de 8 nas listas, ao igual que o PP a Millán Mon, tamén de número 8. Nin Vanessa Angustia, de Unidas Podemos, nin Juan Carlos Piñeiro de Compromiso por Galicia, incluída na coalición CEUS, obtiveron representación, do mesmo xeito que Lídia Senra. En canto ao BNG, integrado na candidatura Agora Repúblicas xunto a ERC ou Bildu, mellora resultados e obtén case o 12% dos votos.A coalición obtivo tres escanos na Eurocámara. Liderada polo líder de ERC, Oriol Junqueras, preso no cárcere, ten como número dous a Pernando Barrena, de Bildu, e de tres e catro outros dous membros de Esquerra, Diana Riba e Jordi Solé. A galega Ana Miranda, que foi eurodeputada na pasada lexislatura, sitúase na quinta posición e o acordo entre as diferentes forzas garante que sexa parlamentaria durante un período de polo menos un ano, un tempo que se aumentará proporcionalmente segundo os votos obtidos pola coalición en Galicia respecto do total estatal e en comparación co conseguido nos outros territorios. Ademais, e no momento no que o Reino Unido marche da UE, Agora Repúblicas sumaría outro escano. No conxunto da UE, cunha participación algo superior ao 50% e segundo as primeiras proxeccións do Parlamento Europeo, o Partido Popular Europeo gañou os comicios cns 180 representantes, mentres que os socialistas terían obtido 147 escanos, algo por debaixo das sondaxes. En terceiro lugar estaría o grupo dos liberais grazas ao impulso do movemento de Macron, con 102 escanos. As forzas eurófobas, ultras ou radicais de dereitas irrumpirían con forza pero aínda estarían lonxe da minoría de bloqueo."}
{"ID": "PRAZA_8512", "summary": "Esta \"intromisión no debate público\" contrasta no parecer de EsCULcA co \"silencio do propio Valedor acerca de asuntos de público coñecemento que afectaban a súa competencia\"", "text": "O 8 de abril EsCULcA envioulle un escrito a José Julio Fernández no que o insta a presentar a renunciar ao seu cargo de Valedor do Pobo \"co fin de salvagardar ao prestixio da institución\", despois de ter, ao seu xuízo, \"tomado publicamente partido no escándalo suscitado pola publicación de fotografias que relacionan o Sr. Feijóo cun narcotraficante actualmente en prisión\". \"Como comisionado do Parlamento\", lembra EsCULcA no escrito, o Valedor \"debe manter unha escrupulosa imparcialidade, sen amosar apoios públicos a Administración, Partidos ou Grupos Parlamentarios\" (Lei 6/1984 , art. 1), sendo \"incompatíbel o exercicio do cargo co calquera actividade de propaganda politica (art.7)\". \"O señor Fernández comprometeu gravemente a súa obrigada imparcialidade institucional\" No entanto, segundo a entidade, \"o señor Fernández comprometeu gravemente a súa obrigada imparcialidade institucional ao sinalar, como Valedor, que determinadas imaxes fotográficas publicadas do Sr. Presidente da Xunta de Galiza, que centran o debate partidario nestas datas, carecen de interese informativo, o que só pode ser interpretado como unha mostra de apoio a unha opción política concreta, dado que o Valedor non limitou a súa opinión a unha consideración teórica dos límites entre o dereito a liberdade de información e dereito á intimidade, senón que elaborou conclusións sobre o asunto concreto\". Esta \"intromisión no debate público\" contrasta no parecer de EsCULcA co \"silencio do propio Valedor acerca de asuntos de público coñecemento, que afectaban a súa competencia de comisionado de defensa dos dereitos fundamentais e non compremetían a súa imparcialiade institucional\". Denuncian que \"non consta que o señor Valedor se teña manifestado acerca da grave situación da presa galega dona Noelia Cotelo ou acerca das queixas de familias de presos sobre a dispersión penitenciaria ou acerca da ausencia de identifcación dos policías das U.I.Ps, por citar varios temas graves de debate na nosa sociedade que afectan os dereitos en cuestión\", sublíñase. Esta \"intromisión no debate público\" contrasta no parecer de EsCULcA co \"silencio do propio Valedor acerca de asuntos de público coñecemento, que afectaban a súa competencia de comisionado de defensa dereitos fundamentais\" Tampouco ten constancia EsCULcA de declaracións do Valedor \"acerca dos múltiplos relatorios remitidos polo noso Observatorio en que se denuncian vulneracións de dereitos fundamentais e liberdades públicas\". EsCULcA entende que moitos destes asuntos afectan a administracións alleas á autonómica, pero afirma que \"cómpre lembrar que o Valedor ten competencias para dar traslado dos feitos con actuacións e criterio ao Defensor del Pueblo e que, en todo caso, como Comisionado do Parlamento, sempre poderia ter amosado públicamente a sua posición nos medios de comunicación, como fixo de xeito solícito no caso das fotografías\"."}
{"ID": "NOS_12485", "summary": "Nin o Concello de Mos, nin a Xunta nin a empresa organizadora da Volta ciclista (Unipublic) desvelan o custo que ten para a vila do Louro acoller este sábado a penúltima etapa. Porén, roldaría os 100.000 euros, alén dos gastos derivados da organización e a promoción. A oposición mosense di que \"non haberá retorno económico\".", "text": "\"Canto vai custar a Volta ás arcas municipais? Nada\". Así de contundente se mostraba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP), cando a oposición lle preguntaba o pasado ano polo desembolso que faría o Concello para acoller a saída da décimo quinta etapa da Volta ciclista a España 2020. Porén, tres semanas despois do evento recoñeceu que o custo fora de \"exactamente 3.305 euros\", malia que o BNG atopou un tempo despois \"facturas por valor de 6.000 euros\". Así mesmo, o Goberno galego abonou daquela 20.000 euros, e empresarios locais achegaron unha contía idéntica. Este sábado o alto do Castro de Herville de Mos coroa a vixésima etapa, con saída en Sanxenxo, que será a última en ruta —a Volta remata o domingo cunha contrarreloxo entre Padrón e Compostela—. Mais tamén se descoñecen os gastos para o Concello e a Xunta da Galiza, nesta ocasión cunha maior implicación a fin de promover o Xacobeo 2021. A empresa organizadora da Volta ciclista, Unipublic, nunca fai públicos os gastos que cada etapa ocasiona ás entidades locais, mais as tarifas oscilan entre 10.000 euros e un millón en función da relevancia da etapa. O Concello rexeitou informar a Nós Diario do custo do evento. \"Preguntamos en múltiples ocasións no pleno cal será o custo para a vila, mais a alcaldesa nunca quixo informarnos e dixo que se saberá 'cando chegue o momento'. O PSOE tamén o preguntou no Parlamento galego e o PP non deu ningún dato\", lamenta, en declaracións a este xornal, a portavoz socialista, Victoria Alonso. \"O que si sabemos é que este ano o desembolso será maior por acollermos a chegada dos ciclistas\", engade. A este respecto, o líder municipal do BNG, Gustavo Barcia, apunta que o custo \"probabelmente non baixe de 100.000 euros\", mais teme que poida ser \"moi superior\" polas \"reticencias\" a amosar as cifras. Para facer esta estimación baséase en experiencias pasadas de vilas de dimensións semellantes a Mos. Os beneficios, para Vigo Arévalo, pola súa banda, gábase da \"gran repercusión mediática\" que terá este evento para o municipio, que \"vai ser noticia a nivel mundial\". Porén, desde a oposición negan que o investimento do Goberno local vaia ter un retorno económico. \"Só se benefician os veciños que viven nas inmediacións do trazado da etapa, porque de maneira repentina o Concello está a asfaltarlles os vieiros e a acondicionar os accesos. Así actúa este goberno, con improvisación e sen ningún tipo de planificación, mentres en moitas parroquias non se fai nada\", afirma o portavoz de Gañamós, Roberto Carlos Rodríguez. Tamén Victoria Alonso incide nesta cuestión: \"Nestes momentos de pandemia non hai que apostar por campañas mediáticas, senón axudar os veciños e as empresas. Hai un ano pedimos unha axuda de 1.000 euros para cada autónomo e a alcaldesa rexeitouna. Con eses cartos poderían subsistir un par de meses, mais coa Volta... Que beneficio poden obter?\". Neste senso, Gustavo Barcia lembra que Mos \"carece dun núcleo urbano\" e ten poucos estabelecementos hostaleiros e apenas un hostal. \"O ano pasado os equipos aloxáronse en Baiona e Vigo, que novamente serán os municipios beneficiados mentres aquí non sacamos nada\", di. Os tres portavoces coinciden na \"total opacidade\" e na \"falta de diálogo\" coa que goberna o PP, con maioría absoluta desde 2011. \"Acabamos de saber grazas a un veciño que o Concello puxo unha escultura dun ciclista nunha das rotondas do percorrido, e non sabemos o prezo. E recentemente forrou de pedra con motivos da Volta un depósito de auga no Herville que semella que para a alcaldesa quedaba feo, e isto custou 10.000 euros a través dun contrato por exclusividade\", salienta Alonso. A maiores do custo de acoller a etapa, o Goberno local asume outros gastos como as \"horas extra dos axentes policiais\" ou a elaboración de diferentes produtos propagandísticos como maillots e máscaras. Aliás, a Xunta investiu 100.000 euros no asfaltado da subida ao Herville e adxudicou a Unipublic un contrato por valor de 400.000 euros para promover o Xacobeo nas tres etapas que decorreron na Galiza. Mos tínguese de verde para protestar contra o 'pelotazo urbanístico' do Celta en Tameiga A plataforma Auga é Vida fai un chamamento á veciñanza mosense a \"expresar o seu rexeitamento, durante a retransmisión da carreira, á operación urbanística promovida por Nidia Arévalo e Carlos Mouriño [presidente do Real Club Celta] no monte común de Tameiga\", en referencia á cidade deportiva Afouteza, cuxa licenza para a construción dos vestiarios foi declarada \"nula\" o pasado xuño por un xulgado pontevedrés. Así, insta a portar camisolas verdes e bandeiras en contra da construción do centro comercial que o Celta proxecta en Tameiga. Por outra banda, desde Auga é Vida lamentan a \"falta de transparencia\" do Concello a respecto dos gastos derivados da etapa ciclista e temen que o evento se converta \"nun acto de propaganda personalista da alcaldesa\"."}
{"ID": "NOS_24675", "summary": "Nun entorno cultural no que a maioría dos museos son públicos e de acceso gratuíto, o Museo do Pobo, unha das máis importantes institucións culturais do país, vén de emprender unha campaña de captación de novos e novas asociadas. \"Teño un museo\", se chama.", "text": "\"Son os Rothschild, os Guggenheim ou os Thyssen as únicas persoas que poden posuír un Museo?\" pregúntanse desde esta institución cunha campaña que apela á corresponsabilidade colectiva e ao orgullo de ter un museo de todas e todos. \"Teño un museo\" busca sumar persoas que queiran formar parte desta comunidade como estratexia de reforzamento do Museo do Pobo Galego que, segundo afirman os promotores \"só pode vir dunha maior implicación na sociedade galega a través dos socios e socias. Coas súas cotas contribúen ao mantemento económico da entidade, o que é importante; pero non o é menos a inserción doMuseo na sociedade galega a través desta asociación que é o seu alicerce porque canto maior sexa o número de persoas que a conformen e a súa participación na vida do museo, máis se conseguirá un museo forte, independente e plural\". E botan a andar a campaña con dúas caras coñecidas da cultura galega, Antía Cal e Fran P. Lorenzo, xunto coa familia Vázquez, todos eles socios do museo, que se deixan retratar pola cámara de Tino Viz xunto cunha peza que escolleron entre os fondos do Museo. O Museo do Pobo Galego é o maior museo privado de Galiza, aínda que no seu Padroado estean representadas numerosas institucións do país, como a Xunta ou o Concello, ademais de universidades, deputacións e diversos museos. O seu sostemento está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas. Foi fundado en 1976 e as primeiras salas inauguráronse en 1977."}
{"ID": "NOS_42913", "summary": "A presenza de Elnosa na ría de Pontevedra é unha das cuestións máis polémicas e máis cuestionadas dentro da bisbarra pontevedresa. A pesar da oposición social, a consellaría de Medio Ambiente renovou a pasada semana, unilateralmente, a autorización ambiental da empresa química, definindo tal feito coma un imperativo legal.", "text": "O certo é que o mentado procedemento non asegura a cotinuidade da empresa na zona de Lourizán a medio prazo, pois aínda esta por ver se Costas dá o visto bon á prórroga solicitada para manter a súa actividade no complexo de Lourizán como xa fixo no pasado con Ence. O Concello da Pontevedra xa avisa que levará a decisión da Xunta aos tribunais. Polo momento, e após a renovación ambiental, Elnosa xa non poderá utilizar mercurio para a produción de cloro. A Xunta deu o visto bon desta maneira aos plans da compañía de cambiar a súa tecnoloxía e facer outro tipo de produción que a permita manterse en Lourizán. Dende agora, a empresa contará con tres semanas para desfacerse de todo o mercurio almacenado nas súas instalacións, o que, en teoría, baixará o risco medioambiental de maneira inmediata en toda a zona. O regulamento que rexe a Unión Europea impide seguir usando o devandito elemento químico para a producción de cloro, e a empresa comprometeuse a cambiar a forma de o obter nas súas instalacións no prazo dun ano. Segundo o proxecto presentado pola empresa, agora avalado pola Xunta de Galiza, Elnosa achégase a unha primeira fase na que só fabricará hipoclorito sódico a partir de cloro comprado a terceiros. Unha vez feitas as obras necesarias para a reconversión da fábrica e instalada a tecnoloxía de membrana esixida pola UE, poderá retomar a produción coma tal de cloro e demáis derivados químicos. Dende agora, a empresa contará con tres semanas para desfacerse de todo o mercurio almacenado nas súas instalacións O certo é que a renovación ambiental non colle o Concello pontevedrés por sorpresa. A decisión da Xunta é sinalada como \"esperada\", en palabras da tenente alcalde, Carme da Silva, pero que igualmente promoveu a indignación por todos os estamentos do goberno municipal e que senten tal feito como unha nova agresión á ría de Pontevedra. O Concello xa prepara un recurso contencioso-administrativo para frear a autorización ambiental integrada. A idea de ir directamente pola vía xudicial parte da dinámica de que pola administrativa nunca se obtén resposta. O goberno local cree que Elnosa fai unha chantaxe a través dos sesenta postos de traballo aos miles de veciños de Pontevedra. Por outra banda, lembra que, na súa opinión, a nova autorización non se outorga respondendo a criterios industriais nin medioambientais. \"É unha decisión exclusivamente política\", sinala da Silva, que tamén cre que a elección positiva ou negativa sobre tal feito xa estaba tomada antes de o Concello remitir o seu último informe. O goberno local cree que Elnosa fai unha chantaxe a través dos sesenta postos de traballo aos miles de veciños de Pontevedra Xa dentro dos tecnicismos, o Goberno do BNG pontevedrés puxo de manifesto cuestións que non se resolven na solicitude de Elnosa, nin tampouco na resolución do ente autonómico. Preguntas tales como onde verterá Elnosa os seus residuos, ou onde captará a auga e en que cantidade, ben como o traxecto dos camións cheos de cloro que agora deberán achegarse até a fábrica dunha maneira externa; non teñen resposta algunha dentro da nova autorización ambiental. \"Imos utilizar todas as ferramentas que permite a lei para tratar de impedir a fabricación de cloro nun entorno urbano\", insistiu Carme da Silva, durante a súa declaración aos medios, «porque a maioría dos pontevedreses non queremos que Elnosa siga aí». A tenente de alcalde entende que é normal que os seus traballadores loiten polos seus empregos, mais non a costa de \"seguir hipotecando o futuro da ría\". Asemade, da Silva sinalou que a autorización ambiental concedida pola Xunta non permite facer obras na fábrica, cuxa petición debería ser tramitada polo Concello. Se é necesario unha mudanza drástica na producción da fábrica, como tal parecen indicar os feitos, Elnosa deberá pedir a aprobación do Concello para as obras necesarias que o permitan. Existe unha sentenza do Tribunal Supremo que obriga a calquera obra de titularidade privada a obter unha licenza municipal, aínda que esté amparada por un proxecto sectorial. Exemplo claro o de Montecelo: a amplicación do hospital sí que se fará cando se aprobe o proxecto supramunicipal, mais Elnosa é unha entidade privada. Non o poderá facer sen pasar pola casa consistorial. Crónica dun ERE anunciado Elnosa despedirá, nun breve prazo de tempo, a parte do seu cadro de persoal pontevedrés. A dirección da compañía anunciou o pasado 30 de novembro ao comité de empresa a intención de presentar un ERE, que ambas partes comezaron a negociar dende o día 7 deste mesmo mes. Polo momento, non se sabe a cuantía de traballadores, dos 65 cos que conta, que se verán afectados. Non hai razóns económicas de por medio (Elnosa achega números positivos). A motivación do expediente de regulación de emprego non sería outra que o propio cambio na produción de cloro, ben coma a incertidume de futuro, cara á posibilidade de non poder continuar a súa actividade como até agora no complexo de Lourizán."}
{"ID": "PRAZA_16635", "summary": "Os populares rexeitan apoiar unha proposición non de lei do BNG que pide \"instar a Xunta a demandar do Estado que exercite as accións administrativas e legais oportunas\" para recuperar o Pazo tras acordar votar este venres a favor dunha moción case idéntica na entidade provincial", "text": "A pasada semana, todos os grupos con representación na Deputación da Coruña, incluído o PP, presentaron a moción acordada por unanimidade pola que a institución provincial instará o Estado a recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público, baseándose no informe histórico-xurídico que certifica a nulidade da transmisión do inmoble aos Franco. O texto será sometido á votación do pleno este venres 23 e todos os partidos comprometéronse a votar a favor. Só dous días antes, no Parlamento, os populares veñen de votar en contra dunha proposición non de lei presentada polo BNG na que se solicitaba practicamente o mesmo. A moción da Deputación insta o Estado a recuperar o Pazo; a proposición do BNG insta a Xunta a que demande o Estado que recupere o Pazo Concretamente, o Bloque reclamou \"instar a Xunta a demandar do Estado que exercite as accións administrativas e legais oportunas para os efectos de recuperación posesoria e de oficio para o patrimonio público do Pazo de Meirás, e para tal efecto comprometer a colaboración da Xunta\". Pero o PP votou non. A súa portavoz, María Antón, pediu \"calma\" e prudencia e \"deixar traballar á comisión de expertos\" encargada polo Goberno galego e animou a formación nacionalista a \"exercitar as accións legais que consideren oportunas\" a través da Deputación de estar convencida da efectividade do informe elaborado a instancias da institución provincial. \"O PP defende unha cousa na Deputación da Coruña e a contraria no Parlamento galego\", lamenta o BNG O voceiro do BNG na materia, Luís Bará, advertiu de que o PP \"defende unha cousa na Deputación da Coruña e a contraria no Parlamento galego\" e asegura que a proposta nacionalista \"ten plena licenza reclamando que a Xutna actúe\" e emprenda accións legais sobre un Ben de Interese Cultural (BIC) así como abrir un expediente sobre o propio BIC. \"O BNG basea a súa proposta no acordo aprobado por unanimidade na Deputación\", lembroulle. Ademais, o deputado lamentou que o PP rexeitara a proposta do BNG baseada nun informe histórico e xurídico, ao seu entender, \"difícil de superar\" porque \"marca de maneira clara o camiño para a recuperación dese ben\". Pero os populares insistiron na súa negativa, indicando que non cren \"oportuno neste momento\" esa petición, aínda que ven \"moi positivo\" a iniciativa da Deputación, á que instan a levar a cabo as accións legais correspondentes pola súa conta. \"Está fóra de tempo e lugar\", dixo Antón, mentres En Marea e PSdeG presentaban emendas á proposta nacionalista, aínda que todas coa idéntica intención de recuperar o inmoble para o público. O PP xustifica a súa negativa en que \"está fóra de tempo e lugar\" e pide \"calma\" e \"deixar traballar a comisión de expertos\" De cumprir co manifestado e acordado, o grupo popular votará este venres a favor da moción acordada por unanimidade no pleno da Deputación. E unirase á petición de instar o Estado a levar a cabo \"as accións administrativas e xudiciais oportunas\" para a recuperación do Pazo en base ao informe que a institución provincial encargou á Xunta pro Devolución do Pazo. O documento aclara que a transmisión das Torres á familia Franco fíxose a través dun contrato simulado en 1941 cando o ditador levaba utilizando o inmoble desde 1938 e para evitar que pasase a ser parte do patrimonio do Estado. Quen xa non era lexítimo propietario do inmoble asinou nun documento que \"finxiu a existencia dunha nova compravenda\", tal e como se aclara nun texto que debulla as artimañas do xeneral fascista e dos seus familiares para quedar co Pazo."}
{"ID": "NOS_13036", "summary": "O RD 2335/1980 regula o uso de bandeiras a bordo dos buques no Estado español. O expediente aberto a un barco da Coruña por izar a bandeira galega contempla multa de até 120.000 euros.", "text": "Coa lei na man, o armador e patrón galego que se enfronta a unha multa de até 120.000 euros por izar no barco unha bandeira galega de igual tamaño ca española, leva todas as de perder. Se no campo da lóxica, o razonamento deste mariñeiro, Manuel Iglesias, tena toda (\"Por que a bandeira galega non pode ser do tamaño e estar á altura da española nun barco? Non o está nos edificios oficiais de Galiza?\" ), no campo da lei o conto é outro. O uso da bandeira de España e doutras enseñas a bordo de navíos no Estado está regulada polo Real Decreto 2335/1980, do 10 de outubro. Unha norma que contén tres puntos máis que clarificadores: Calqueira barco, sen importar do tipo que for, enarbolará como \"único pavillón\" a bandeira española. Que, ademais, deberá ondear no pao de popa e o cumio do pao máis alto da embarcación. Este RD deixa ben claro que non se poderá izar ningunha outra bandeira se non o está a española. E sempre que as dimensións desas bandeiras non superen o terzo da área da enseña española. Pódese izar a bandeira galega? Pódese, indica esta lexislación, igual que calquera bandeira recoñecidas nos estatuos de autonomía. Pódense izar en portos nacionais e augas interiores, iso si, sempre que estea ondeando a española e a galega non supere 1/3 do tamaño desta. Multas na Ría de Arousa e Armada en Catalunya En xullo de 2013 no Sermos Galiza informabamos das queixas e denuncias de mariñeiros sobre as advertencias de multas e expedientes incoados a pequenas embarcacións de baixura da Ría de Arousa por non levar a bandeira española. En marzo de 2015 contabamos a sanción na Coruña a 2 embarcacións de artes menores por non levar a enseña do Estado español. En outubro de 2012, e segundo recollían diversos medios, un navío da Armada española fixo acto de presenza nos portos cataláns de Cambrills e Roses para obrigar a volver a terra a aqueles barcos pesqueiros que non levaban izada e ben visíbel a bandeira española."}
{"ID": "NOS_39581", "summary": "A imaxe da Penélope que tece e destece a súa tea agardando incansábel polo seu esposo dificilmente se axeita á realidade que por moito tempo transmitiu a representación tradicional da muller mariñeira e rural. O documental A Costa das Mulleres desmitifica esta visión ofrecendo testemuños da vida e o traballo femininos.", "text": "O proxecto audiovisual A Costa das Mulleres foi presentado a terza feira 15 de outubro na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo, celebrando o Día Internacional da Muller Rural. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte está detrás desta iniciativa, desenvolvida a través dunha axuda concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para actividades de igualdade e loita contra a violencia xénero. Como indica Jose Antonio Vila García, xerente da institución, trátase de \"pór en valor o que fixo e fai a muller\", desde os diferentes sectores, achegando unha perspectiva positiva que se distancie das imaxes negativas que normalmente acompañan esta sorte de campañas. As protagonistas Oito pezas de curta duración recollen os testemuños de nove bravas dos 17 concellos da comarca. \"Eu ía ao mar coma os homes, toda a miña vida foi traballar coma unha negra\", di Josefa Carrera, de Muxía, quen tamén lembra momentos críticos como o Prestige, dos que elas tamén formaron parte. Entre as entrevistadas, de idades e perfís moi diferentes, as máis novas tamén atopan o seu lugar. Lucía e Lilian Quintela, de Carnota, inciden sobre o papel da muller deportista. Estas irmás, as únicas rapazas da súa clase que xogan ao fútbol, fan un chamamento ás demais a que se animen a practicar esta actividade. Florentina Atán, de Mazaricos, tamén estaba soa na profesión de taxista: \"Non me aceptaban ben os compañeiros, e eu tamén me atopaba fóra de lugar\". A gandeira Dorinda Moledo, de Dumbría, localiza a diferente educación de homes e mulleres como causa das divisións do traballo por xénero, pero \"non porque as mulleres non se defendan igual\". Por iso, Isabel Tomé, mestra natural de Cee, incorpora a igualdade nas súas aulas, \"se o que fas aquí en cinco horas se desfai despois fóra, é un traballo que vai levar moito tempo\". Carmen Riveiro, de Zas, artesá de liño, reivindica unha profesión propia das mulleres, levada ao territorio dos labores non remunerados. Do mesmo xeito, o sector tradicionalmente feminizado dos coidados atópase representado por Loli Fernández, de Carballo, quen comenta as dificultades da conciliación, e Teresa Ferreira, de Vimianzo, quen considera fundamental \"termos unha boa formación detrás para nos sentir máis seguras\". Futuro O contido quedará axiña en aberto, difundido principalmente a través das redes sociais, a disposición de quen queira empregalo para partillar ou celebrar o papel activo das mulleres no desenvolvemento social e económico. Como di Carmen Riveiro, de Zas, \"aínda se ten que avanzar un pouco máis\". Pablo Cacheda, realizador do proxecto, recalcou neste senso a \"importancia de facer chegar á xente mais nova este recurso audiovisual\". Darlle uso está agora nas nosas mans."}
{"ID": "NOS_20370", "summary": "Foi o primeiro festival de webseries do Estado. Na súa segunda edición, do 16 ao 18 de abril, sorprende con dúas novidades: será internacional e irá alén das webseries.", "text": "A menos de dúas semanas para a segunda edición do Carballo Interplay, o festival preséntase en público con tres grandes novidades que dan fe das medras da criatura ao longo destes doce meses. Pasa a ser internacional, con webseries seleccionadas entre os máis diversos recunchos a un e a outro lado do Atlántico, dende Colombia, Perú, Arxentina, Brasil ou México, até Portugal, Reino Unido ou Francia. Deixa de estar só centrado neste formato de ficción para converterse en festival de contidos na rede e abrirse aos diferentes múltiples formatos, usos e xéneros nos que callan, dende o humor e a performance interactiva até o documental ou a recuperación do patrimonio audiovisual. E, por último, esténdese no tempo. Dende o pasado outono, realizáronse no Fórum da vila un total de 13 obradoiros con recoñecidos expertos e expertas que tocaron a práctica totalidade dos paus do oficio. Este ano foron un total de 43 as webseries seleccionadas (20 nacionais, 18 internacionais e 5 con versión orixinal galega) entre as máis de 144 que chegaron dende os máis diferentes puntos do planeta, mesmo do ámbito anglófono como Estados Unidos ou Canadá. Nesta aposta pola internacionalización, o Carballo Interplay contactou ao longo destes meses cos restantes festivais internacionais do ámbito e forma parte xa, hoxe en día, dunha rede conxunta. A rede dáse cita en Carballo \"O Carballo Interplay servirá de encontro físico a creadores e creadores de Galiza, do Estado e mesmo alén que fan da rede o seu lugar de traballo e experimentación.\" O Carballo Interplay servirá de encontro físico a creadores e creadores da Galiza, do Estado e mesmo alén que fan da rede o seu lugar de traballo e experimentación. O certame servirá pois, non só de escaparate, senón de punto de encontro e de reflexión. Belén Santa-Olalla adentrarase nas claves do éxito no mundo transmedia coa súa Master Class sobre claves e trucos para conectar coa audiencia. Joan Carles Martorell, produtor multimedia e realizador audiovisual, abordará a profesionalización e produción de contidos no Youtube, e CREA, a asociación de directores e realizadores de Galiza, organizará un coloquio aberto con todos aqueles creadores e creadoras que queiran asistir. Así mesmo, no Carballo Interplay daranse a coñecer os traballos da parte máis formativa do festival, tanto dos obradoiros celebrados nos meses previos, dirixidos a profesionais e afeccionad@s, como do Proxecto Neme, organizado con profesorado e alumnado do IES Parga Pondal co fin de involucrar as xeracións máis novas na recuperación do patrimonio audiovisual da zona. O festival máis \"golfo\" Mais no festival haberá lugar, e non pouco, para a diversión. Porque o audiovisual e a rede, con humor, é como mellor entra. O certame abrirase nesta ocasión a un novo formato, o Interfight, \"o I Encontro de labazadas audiovisuais\" entre dous ghits da creación de contidos audiovisuais, @s creadores de todo un exemplo de éxito no mundo das webseries, \"Malviviendo\", e o dúo cómico de posthumor, Venga Monjas. Unha loita na que as armas dialécticas serán as creacións audiovisuais duns e doutr@s, as súas experiencias, as súas concepcións da rede, e os seus mellores e peores vídeos. \"A gala de clausura estará presentada por Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso no seu trasunto como Irmáns Lumieira.\" Outra cara coñecida do audiovisual galego, Belén Regueira, será a encargada de conducir outro formato que xa se probou con éxito o pasado ano no Carballo Interplay, o \"Código Fonte Audiovisual\", a medio camiño entre o monólogo, a proxección de vídeos e a conferencia. Partindo de que as mulleres, e tamén os homes, non nacen como tal senón que aprenden a selo, a xornalista abondará en como as imaxes contribúen a ese proceso nunha sesión titulada con non pouco humor \"Mulleres, homes e o audiovisual que os pariu\". O formato Código Fonte Audiovisual distribúese con licenza Creative Commons BY-SA e xorde no seo de EMBED, unha comunidade que reflexiona sobre o audiovisual contemporáneo e a cultura audiovisual. O riso será o protagonista único no coloquio aberto \"Como facer rir en internet\", cos Venga Monjas, Malviviendo e Burnin' Percebes. O festival chegará ao seu momento grande o sábado, na gala de clausura onde se darán a coñecer os gañadores e gañadoras nas diferentes categorías. Estará presentada, nesta ocasión, por Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso no seu trasunto como Irmáns Lumieira. A música tomará esa noite o relevo para fechar os tres días de festival, co pospunk, o rock progresivo e a electrónica de Igmig e o dispendio escénico e festivo de República Disco Apocalipso. Carballo quere amosar así, máis unha vez, a súa aposta polo coñecemento e pola creatividade, porque a cultura, en verbas do alcalde nacionalista, Evencio Ferrero, é tamén economia, e, como destacou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, un importante espello de proxección en positivo cara ao exterior. *Fotos de Tamara de la Fuente, da presentación, esta terza feira 31, da programación completa do Carballo Interplay."}
{"ID": "NOS_20271", "summary": "A Xunta afogou a política institucional de recuperación da memoria que se desenvolvera durante o bipartito, mais a defensa de accións públicas contra o esquecemento deféndense a nivel institucional no Concello de Pontevedra que bota a andar un programa para recuperar a historia das mulleres que defenderon a liberdade e que terá no \"Simposio sobre a represión franquista contra as mulleres\" dos días 7 e 8 de xuño unha das súas principais actividades.", "text": "Cómpre continuar coa investigación, divulgación e homenaxe ás persoas que defenderon a liberdade e foron por iso vítimas da represión e, en maior medida, das mulleres, dobremente silenciadas. Con este punto de partida, o Concello de Pontevedra desenvolverá unha programación específica encamiñada a dar a coñecer e recoñecer o labor das mulleres na loita contra o franquismo. Unha das persoas que está á cabeza desta programación que quere contribuír a recuperar a memoria está o Concelleiro Luís Bará, Director Xeral de Cultura no bipartito que botou a andar a ampla programación de recuperación da historia que se prolongou en toda a lexislatura mais tivo o seu punto álxido no ano 2006, recoñecido oficialmente pola Xunta como Ano da Memoria. Por vez primeira desde o goberno da Xunta se asumía unha política pública de recuperación da memoria que se fundamentou en tres eixos básicos, por unha banda a investigación -do que naceu o proxecto interuniversitario \"Os nomes e as voces\", pioneiro na recuperación da memoria-, difusión, coa organización de congresos, exposicións, publicacións e apoio directo ás asociacións, e homenaxe, con históricos actos de recoñecemento do papel daquelas persoas que eran memoria viva do golpe militar e a posterior represión. Coñecemento e recoñecemento ás mulleres Pasados xa catro anos da entrada do PP no goberno da Xunta que supuxo o esfarelamento de todas as liñas abertas de recuperación da memoria desde o goberno, en Pontevedra consideran que o coñecemento e o recoñecemento das persoas ás que se lle debe a loita pola democracia non se pode interromper e, nese sentido, nace un programa de actividades que se focaliza de maneira especial nas mulleres, cun dobre esquecemento na historia. As mulleres como peza fundamental da resistencia, como vítimas da represión e depositarias e transmisoras de memoria son as protagonistas deste programa que bota a andar o Concello de Pontevedra a través das súas concellarías de Cultura e Patrimonio, e que integra desde traballo de difusión en barros, parroquias e centros de ensino con proxeccións de audiovisuais e conferencias até a organización das \"Xornadas sobre a represión franquista contra as mulleres\" que terán lugar os días 7 e 8 de xuño. A presentación do proxecto \"Digna rabia\" da man de Ángel Rodríguez Gallardo e M. Victoria Martins, a proxección do documental \"As silenciadas (Historia de mulleres represaliadas na posguerra\" de Pablo Ces con guión e investigación de Aurora Marco ou a apertura da exposición \"Vermellas. Chamábanlles \"rojas\" da USC-Campus de Lugo, comisariada por Carme Blanco son algunhas das actividades que integra o programa. Unha homenaxe cun roteiro da represión franquista de xénero en Pontevedra guiado por Pepe Álvarez Castro terá lugar o venres 28 de xuño a partir das 20 horas. Simposio sobre a Represión O programa xira tamén arredor do \"Simposio sobre a represión franquista em Galiza (1936-1975). As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia\" que terá lugar no Pazo da Cultura os días 7 e 8 de xuño e que xuntará à boa parte das persoas que investigaron e traballaron pola recuperación da memoria das mulleres. Dúas das máis destacadas investidoras e difusoras da historia das mulleres abrirá e pecharán o simposio de Pontevedra. A profesora Carme Balanceo será a encargada de inaugurar ás 17.15 do venres 7 as intervencións coa conferencia \"Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación\" mentres Aurora Marco pechará o simposio o sábado 8 ás 19.15 coa titulada \"Galegas na resistencia antifranquita\" Entre as dúas charlas, darase conta do estado da investigación, das políticas públicas da memoria e o seu desmantelamento, ou de experiencias particulares de recuperación da historia, alén da homenaxe pública tributada a un grupo de persoas que viviron directamente o golpe militar e a represión que veu despois. Entre as distintas intervencións, Andrés Domínguez Almansa presentará os resultados do proxecto Nomes e Voces, Julio Prada falará do franquismo e a represión de xénero, Ana Cebreiros achegaranos á Sección Feminina, Victoria Martíns ás galegas nos cárceres franquistas e Xosé Álvarez Castro á represión contra as mulleres en Pontevedra. Luís Bará repasará as políticas públicas da memoria na Galiza e os grandes fitos de recuperación que tiveron lugar no goberno da Xunta de 2005-2009. A inscrición nas xornadas está aberta e faise a través do enderezo electrónico mulleresmemoria@gmail.com."}
{"ID": "NOS_675", "summary": "No teatro que leva o seu nome, na Coruña, cidade que hai cen anos homenaxeaba a Manuel Murguía, Rosalía de Castro recibirá o recoñecemento popular con voces poéticas e música no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.", "text": "Cen anos despois de que a cidade lle rendera homenaxe a Manuel Murguía no seu oitenta aniversario, Rosalia de Castro será lembrada no teatro que leva o seu nome nun concerto-recital o vindeiro domingo día 19 ás oito do serán. O Teatro Rosalía de Castro acollerá un encontro de música e poesía no que participan o Concello e a Fundación Rosalía de Castro e n o que se sentirán as voces de Anxo Angueira, Dores Tembrás, Elvira Varela, Luz Pozo, Estíbaliz Espinosa ou Xurxo Souto. A Banda Municipal da Coruña, Cantigas da Terra, Lydia Botana, Miguel Ladrón de Guevara, Sito Sedes ou Pedro Lamas porán música a esta homenaxe da cidade á poeta. \"O pobo destas mesmas rúas que ela pisou, o pobo deste mar que ela cantou, o pobo que honrou a Moore como ela o honrou devólvelle hoxe a Rosalía as pisadas, o canto e maila honra. E devólvellas no seu, no teatro da arte, no espazo escénico que leva o seu nome. Rosalía no Rosalía. Afortunada, feliz, luminosa escolla\" escribe Anxo Angueira na presentación do programa da homenaxe. Tres días antes da conmemoración, en Portas Ártabras celebrarase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos coa presentación de dúas novas edicións da obra, a ilustrada por Pepe Barro (El Patito Editorial) e a crítica de Anxo Angueira (Xerais). Ademais de Angueira e Barro, Felipe Senén participará no acto no que tamén se lembrará o aniversario desa outra homenaxe que se quere reivindicar, á que a cidade lle tributou a Manuel Murguía ao facer oito décadas, hai agora cen anos."}
{"ID": "PRAZA_4332", "summary": "A paralización da Xustiza polo coronavirus só está detrás da metade da demora acumulada polas comparecencias pendentes e de dous dos seus catro aprazamentos, nunha causa con múltiples erros e atrasos", "text": "A paralización da Xustiza polo coronavirus só está detrás da metade da demora acumulada polas comparecencias pendentes e de dous dos seus catro aprazamentos, nunha causa con múltiples erros e atrasosO pasado 10 de outubro o xulgado instrutor do accidente de Angrois foi coñecedor dunha declaración xurada dun ex-mecánico de Talgo que aseguraba, seis anos despois do sinistro, que á media hora do descarrilamento \"varios directivos\" da empresa \"deron a orde taxativa de borrar todas as avarías que tiña o tren da base de datos\". Ese mecánico e os tres responsables de Talgo aos que identificou aínda non foron interrogados, e non o serán cando menos ata o 10 de xullo, nove meses despois da denuncia, só dous días antes das eleccións galegas do 12X e ás portas do 24 de xullo, sétimo aniversario do accidente no que morreron 80 persoas. Neste tempo, a paralización da Xustiza polo coronavirus só está detrás da metade da demora acumulada por esas comparecencias pendentes e de dous dos seus catro aprazamentos, nunha causa que xa acumulaba múltiples erros e atrasos. \"A Xustiza lenta non é xustiza\", lamenta o presidente da Plataforma de Vítimas do accidente, Jesús Domínguez, quen pon o foco máis alá do coronavirus e lembra que as demoras \"veñen de atrás, toda a instrución está chea de atrasos\".\"A Xustiza lenta non é xustiza\", lamenta o presidente da Plataforma de Vítimas do accidente, Jesús Domínguez, quen pon o foco máis alá do coronavirus e lembra que as demoras \"veñen de atrás, toda a instrución está chea de atrasos e erros\"A declaración xurada do ex-mecánico de Talgo, facilitada ao xulgado pola Plataforma de Vítimas e que a empresa negou anunciando unha querela contra o seu antigo empregado, chegou cando a Audiencia Provincial da Coruña estaba a piques de decidir se avalaba a proposta do xuíz instrutor de levar xa a xuízo como únicos responsables do sinistro ao maquinista do tren, Francisco José Garzón, por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois, e ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por non avaliar e paliar o risco que alí existía como esixía a normativa.Ao coñecer a denuncia do ex-mecánico do 10 de outubro, un mes despois a Audiencia da Coruña ordenou ao instrutor que a investigase antes de decidir sobre o remate ou non da instrución. Tres días despois o xuíz fixou os días 12 e 13 de decembro para tomar declaración ao denunciante e a tres cargos de Talgo, pero varios avogados de Madrid solicitaron ao xuíz que concentrase nun único día as catro declaracións para facilitarlles e acurtar os desprazamentos e o xuíz adiou as comparecencias ao 23 de xaneiro. O segundo aprazamento chegou despois de que o avogado da plataforma de vítimas advertise de que ese día tiña un xuízo por outra causa noutra cidade, e o instrutor pasou as declaracións ao 13 de marzo, cinco meses despois da denuncia. Para daquela xa había dificultades de movemento polo coronavirus que afectaban especialmente a Madrid, de onde son varios avogados, e o xuíz adiou por terceira vez as comparecencias ata este venres 29 de maio, e fixounas por videoconferencia nun xulgado de Majadahonda. Ese xulgado di agora que non se poden facer alí as declaracións e o instrutor volve adialas, por cuarta vez, para o 10 de xullo, xa de novo en Santiago, \"unha vez cesado o estado de alarma\".Nestes preto de sete anos o caso cambiou de instrutor e fiscal, os maxistrados cometeron erros nos seus autos e a Xunta impuxo dous peritos sen experiencia en materia ferroviariaNeste tempo o sistema xudicial evidenciou diversas eivas e demoras na instrución, na que os propios maxistrados implicados na causa cometeron en varias ocasións erros nos seus autos ao citar normativa ferroviaria ou nomes que eles mesmos acabarían corrixindo posteriormente en novos escritos días, semanas ou mesmo meses despois.Os peritos xudiciais encargados de analizar o accidente tardaron medio ano en comezar a traballar porque dous dos inicialmente elixidos polo xuíz por sorteo de entre os mellores profesionais de cada colexio de enxeñeiros foron substituídos pola Xunta por dous funcionarios seus sen experiencia previa en materia ferroviaria. Posteriormente un deles plaxiaría partes da súa peritaxe da investigación oficial realizada por Fomento que facía responsable só ao maquinista. E os outros peritos terían que pedir en varias ocasións ao xuíz que lles axudase a reclamar a varias empresas públicas e privadas documentos que non lles querían facilitar.Un ano despois do sinistro o primeiro xuíz instrutor, Luis Aláez, conseguiu un cambio de xulgado e un novo maxistrado, Andrés Lago Louro, tivo que tomarse varias semanas para facerse cun sumario que xa daquela acumulaba máis de 40 tomos. Posteriormente o segundo instrutor tomaríase o seu tempo para ir chamando a declarar aos peritos (cinco meses desde que entregaron os seus informes ata que os ratificaron verbalmente). E en maio de 2017 cambiaría tamén o fiscal do caso, despois de que o primeiro, Antonio Roma, centrado só en investigar o maquinista, conseguise outro posto. Agora Lago Louro vén de obter tamén praza noutro xulgado, pero o poder xudicial permitiralle rematar a instrución do accidente de Angrois para evitar as demoras que se producirían cun novo cambio de xuíz."}
{"ID": "NOS_27974", "summary": "Reescribir a \"conquista\" de América, darlles un lugar na Historia ás mulleres, aos pobos, aos desposuídos. Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel Delgado, foi a triunfadora do festival Novos Cinemas de Pontevedra cun relato desmitificador sobre a colonización e a orixe do capitalismo.", "text": "\"Un filme que esculpe a través da súa materialidade sensíbel e agreste unha fantasmagoría que infecta e asombra. Ese asombro é fermoso e necesario, xa que é traballado a través da reivindicación dunha posición revisionista dun pasado colonialista glorificado, nun presente en perigo de glorificalo novamente. Pola xustiza e dignidade dunha cámara que filma corpos coma se fosen paisaxes\". Así xustificaba o xurado internacional do festival Novos Cinemas de Pontevedra a entrega do premio á mellor longametraxe da Sección Oficial ao filme Eles transportan a morte, de Helena Girón (Santiago, 1988) e Samuel M. Delgado (Tenerife, 1987), un recoñecemento que vén sumarse aos xa recibidos en nos festivais de Toulouse, Donostia, Venecia e O Cairo. Eles transportan a morte remóntase a un dos esteos sobre o que descansa o imaxinario hispano (e que volve operar con forza como impulso retardatario): a conquista e colonización de América. A reescrita crítica dese mito fundacional toma a forma dun intento de fuga de tres homes da tripulación de Colón que, tratan de fugarse do barco no que foran enrolados a cambio de no ser executados na Península. O escenario, son as illas Canarias, a primeira etapa da expedición e o lugar de nacemento de Samuel M. Delgado. En Canarias practicáronse moitas das \"tácticas\" que despois se levaron ao outro lado do océano durante a colonización do continente americano \"Eu traballo con Samuel desde hai anos\", apunta Helena Girón en conversa con Nós Diario, \"e a necesidade de localizar a película nestes dous territorios -Galiza e as Canarias- xurdiu dunha forma moi orgánica, moi natural, porque precisabamos destes dous escenarios: un que tivese que ver co Vello Mundo e outro que estivese relacionado cos primeiros descubrimentos. E as illas Canarias estaban sendo colonizadas naquel momento e foron o paso previo á colonización do Novo Mundo. En Canarias practicáronse moitas das \"tácticas\" que despois se levaron ao outro lado do océano durante a colonización do continente americano. Daquela parecíanos moi acaído crear esta dialéctica entre dous territorios periféricos, que todo encaixaba para o que queriamos contar\". Beli Martínez, unha das produtoras da película -unha coprodución de Filmika Galaika con El Viaje, Blond Indian Films e La Banda Negra- incide en que as cinematografías galega e canaria actúan dunha forma moi semellante na súa forma de traballar \"ambas apostan nun cine arriscado e de autor que cuestiona as formas cinematográficas e que cuestionan os relatos oficiais, como é o caso de Eles transportan a morte\". O conquistador e a bruxa A peripecia dos tres náufragos atopa o seu contrapunto noutra viaxe, na Galiza, dunhas mulleres que quedaron no lugar de orixe: alí, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda coa axuda dunha \"bruxa\", dunha curandeira. As dúas viaxes, a dos homes por un lado e a das mulleres polo outro, transfórmanse en eixos narrativos que se complementan na busca das raíces do presente. \"A idea estrutural da película xa estaba, dalgunha maneira na anterior película que fixeramos Plus Ultra, explica Girón. \"Queriamos poñer en cuestión eses mitos do Estado que son, por unha banda, os relatos épicos sobre a conquista, e por outra banda, o estereotipo da bruxa, que tamén ten o seu núcleo inicial no século XV. Neste aspecto serviunos de guía o clásico do feminismo Calibán e a bruxa, de Silvia Federici, que explica como o capitalismo -e, tamén, en certo modo, a modernidade- puido desenvolverse grazas ao proceso de colonización e como ese proceso non tería sido posíbel sen o disciplinamento e control do corpo das mulleres. É moi intelixente como ela traza a relación entre estes dous procesos. E esta idea -que parece moi teórica- axudounos moito a estruturar a película e a escoller esas dúas historias como eixos da narración\". \"A película sempre quixo poñer en valor todas esas memorias que non atoparon o seu lugar e coas que nós sentimos máis afinidade. Para que existan, temos que imaxinalas\", di Helena Girón Beli Martínez sinala, ademais, que é un tema de actualidade, que \"para entender o mundo no que estamos vivindo actualmente é importante volver ao pasado e para comprender a deriva do capitalismo é necesario volver sobre este capítulo da Historia e facer unha lectura crítica do relato oficial. A fin de contas, o que esta pelicula conta é a historia de aqueles dos que nunca nos falaron\". Efectivamente, a relectura da historia toma a forma dun relato protagonizado polos esquecidos, pola recuperación dos pobos como motores da historia. \"Esta foi unha das poucas cousas que tiñamos claras desde o inicio mesmo do proxecto\", declara Girón. \"Queriamos falar de moitos aspectos da morte, mais tamén da morte da memoria dos desherdados, das persoas cuxa lembranza quedan sempre oculta pola Historia oficial e pola normatividade: o patriarcado, o racismo... A película sempre quixo poñer en valor todas esas memorias que non atoparon o seu lugar e coas que nós sentimos máis afinidade. Para que existan, temos que imaxinalas\"."}
{"ID": "NOS_33216", "summary": "Culpa as 50 persoas que se fecharon na biblioteca de Ourense dos \"estragos\" e advirte de que \"non permitirá que queden impunes\". Na rúa, centos de voces responden á actuación policial: 'Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia'", "text": "A consellaría de Educación tamén 'carga' contra @s estudantes. Nunha nota de prensa emitida nesta cuarta feira, arremete contra as 50 persoas que ocuparon a Biblioteca Municipal de Ourense, e que foron desaloxadas pola forza de madrugada por un bo número de antidisturbios. Para o departamento que dirixe Jesús Vázquez, os estragos que o estudantado atribúe á policía española causáronos el@s mesm@s, e avísa@s de que \"non permitirá que queden impunes. \"Romperon unha mesa, provocaron danos nos andeis e fixeron desaparecer unha bandeira de España\", denuncia a nota emitida pola Xunta de Galiza, que recrimina tamén @s alí pechad@s o \"aspecto de suciedade\" que presentaba o edificio público \"polos restos de comida, bebida e velas\". Segundo di, os feitos foron postos en coñecemento do xulgado de Instrución de garda. Para alén de que a narración do desaloxo feita pola Consellaría nada ten que ver coa versión achegada polo estudantado, a nota engade que @s pechad@s \"tiñan colocadas pancartas asinadas por Galiza Nova, Xuventudes Comunistas, Estudiantes sen Futuro e AMI, e deixaron no habitáculo ocupado bandeiras comunistas e nacionalistas galegas\". Centos de berros: 'Rebelión, desobediencia contra a súa violencia'Mais a explicación da Xunta non convenceu aos centos de persoas que se botaron ás rúas nas principais cidades do País para condenar unha actuación policial que os colectivos que convocaran o desaloxo --Galiza Nova, Xuventude Comunista, Adiante, Ami, Liga Estudantil, Liga Comunista Libertaria, 15-M Asemblea Aberta Ourense e Estudantes sen Futuro-- cualificaron de \"represiva e violenta\", alén de manifestaren o apoio ao estudantado ourensán. En Compostela a concentración estaba fixada para as sete do serán na Praza do Toural. Aos berros de 'Menos policía e máis educación' ou 'Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia', ao redor de 150 persoas percorreron as rúas da capital da Galiza baixo o atento ollar da policía española, nunha camiñada polas principais rúas da Cidade Vella que foi aproveitada para protestar polo mesmo polo que se encerraran @s estudantes de Ourense: en contra dos recortes no Ensino público."}
{"ID": "NOS_37687", "summary": "A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento vén de publicar un balance do último ano de traballo das entidades de cooperación internacional con base na Galiza. 'Nós Diario' analiza as chaves deste informe e debulla os retos de futuro das ONG galegas cunha das súas autoras, María Paz Gutiérrez.", "text": "—No informe O traballo das ONGD galegas no mundo. A sororidade entre mulleres, sinalan que 63% das persoas ás que axudan son mulleres. Podemos falar dunha feminización da pobreza?Como en calquera outro ámbito, as mulleres sofren especialmente calquera tipo de crise, agresión ou violencia polo mero feito de selo, e a cooperación internacional ten que incidir neste feito. Por iso, desde as ONGD galegas, desenvolvemos proxectos que teñen como fin último mellorar as condicións e oportunidades das mulleres, incorporando sempre o enfoque de xénero. —As mulleres son tamén maioritarias no voluntariado —70%— e nos últimos anos logrouse que ocupen a meirande parte dos altos cargos das entidades, ao contrario do que acontecía en 2012.Ámbitos como os coidados ou a solidariedade estiveron historicamente protagonizados por mulleres, e a cooperación internacional non é allea a isto. O máis salientábel é que xa non só estamos nas bases, senón que tamén empezamos a ocupar os postos de dirección das nosas entidades. —Que outras conclusións tiraría deste balance?Gustaríame destacar que somos un sector consolidado, forte e profesionalizado na Galiza. Actualmente, empregamos 136 persoas nas oficinas, na xestión de fondos públicos, na intervención directa... Despois de varios anos nos que a cooperación galega estivo de capa caída, da man tamén dun aumento orzamentario, empezamos a traballar mellor, con máis previsión e consolidando procesos, que é a nosa forma de traballar sobre o terreo. SÓ PARA PERSOAS SUBSCRITORAS | Desigualdade e shocks capitalistas no século XXI —O pasado ano colaboraron de forma directa con ONG 25.654 persoas, entre socias, voluntarias e traballadoras. Diría que a Galiza é un país solidario?Sempre o dicimos, somos un país solidario e comprometido, e así o demostramos cada vez que se produce unha gran traxedia humanitaria. Rapidamente nos poñemos mans á obra para achegar axuda e recursos económicos ás poboacións damnificadas. Quizais falta consolidar ese compromiso, que non se reduza aos momentos de maior atención mediática, senón facer apostas a longo prazo. Por exemplo, facéndonos socias de entidades de cooperación internacional. Ese compromiso firme todo o ano dá garantías para facer o noso traballo. —Quizais sexa esa volatilidade da atención mediática o principal problema da cooperación humanitaria.Podemos sacar unha lectura positiva disto e é que non somos inmunes á dor allea, cando a vemos nos medios interpélanos e respondemos. Mais efectivamente ten esa outra cara, o que chamamos os conflitos esquecidos, todos aqueles que tiveron un enorme eco mediático e agora xa non lles prestamos atención. O apoio redúcese, o conflito non, e debemos lembralo sempre. E tamén é unha responsabilidade dos medios. —A ONU advertiu recentemente que estamos a padecer un retroceso de cara ao obxectivo de 'fame cero' en 2030. É este o maior reto á que nos enfrontamos nos próximos anos?A incerteza e a complexidade do momento social, económico e político no que vivimos fai que os retos sexan moitos. Alén da fame está a vulneración sistemática de dereitos. As derivas autoritarias dos gobernos do Salvador, Nicaragua ou Guatemala ponnos as entidades e as nosas sociais locais en perigo, xa que as persoas que traballan sobre o terreo están a ser perseguidas e criminalizadas. E tamén é importante que cando vén unha crise non se recorte en cooperación internacional, algo que xa vivimos no pasado e que agardamos que non volva ocorrer. 19 millóns de persoas, con fame no Iemen A Covid-19 si entende de nacionalidades María Paz Gutiérrez pon o foco en como a pandemia da Covid-19 acentuou a desigualdade: \"Aquí advertíannos de dúas cuestións fundamentais, lavar as mans e evitar os amoreamentos, mais en moitas das poboacións nas que traballamos isto era todo un reto, xa que a auga non chega a todo o mundo e o amoreamento é habitual en moitas vivendas\", sinala. Boa parte dos esforzos das ONGD galegas centráronse nestes dous últimos anos en \"garantir as condicións necesarias para afrontar a pandemia\". Porén, un elemento tan básico e esencial para combater a pandemia como a vacina non se distribuíu polo mundo adiante de forma equitativa: \"Mentres os países enriquecidos acaparaban a meirande parte das doses, en moitos lugares apenas chegaban\", censura. Efectos da Covid: máis riqueza para unha elite e incremento da brecha social"}
{"ID": "NOS_12848", "summary": "O sindicato elixiu Manuel Villaverde no seu Congreso do Leite como novo responsábel do sector lácteo.", "text": "O Sindicato Labrego Galego (SLG) desenvolveu esta sexta feira en Lalín o seu Congreso do Leite, do que saíu elixido Manuel Villaverde como novo responsábel do sector no sindicato para os vindeiros catro anos ─en substitución de Lupe Prado─, nos que estará acompañado por Ana Rodríguez como número dous. O SLG abordou este congreso coa conciencia da crise crónica que sofre este sector, cun feche permanente de granxas por falla de relevo xeracional e expectativas, así como uns prezos do produto en orixe que son sempre os máis baixos do Estado e uns dos máis baixos da Unión Europea. Galiza conta, segundo os últimos datos oficiais, con 6.694 granxas de leite, que representan 55% do total das existentes no Estado español (12.008) e son responsábeis do 31% da produción láctea estatal. Porén, desde o sindicato recoñecen que o feche de granxas no sector lácteo galego \"foi brutal na última década se temos en conta que no ano 2010 había 12.000 explotacións activas perfectamente viábeis se tivesen recibido o necesario apoio da Administración\". De feito cren que estes datos son \"a constatación do fracaso das políticas agrarias da Xunta e do Ministerio de Agricultura, que segue a permitir o desmantelamento dun sector vital para o noso medio rural en aras dunha mal entendida modernidade\". Un dos aspectos sobre o que chaman a atención no sindicato é na falta de terras para dotar as explotacións leiteiras de base territorial suficiente. \"A permisividade da Xunta coa forestación ilegal de terras agrarias levou Galiza a ser un dos territorios da Unión Europea con menor superficie agrícola\", denuncian. Conflito servido A falta de terras e o incremento produtivo das granxas que van quedando fan que o modelo predominante camiñe cada vez cara a unha maior intensificación e, polo tanto, cara a unha maior dependencia de insumos do exterior, o que nos fai especialmente vulnerábeis, advirten. \"Nos vindeiros anos, é previsíbel que a escaseza de petróleo se traduza nun notábel incremento no prezo do millo e da soia importados, dos fertilizantes nitroxenados, do carburante necesario para traballar as terras e transportar as producións... Incremento constante de custos co prezo para o leite en orixe máis baixo do Estado e un dos máis baixos de Europa: O conflito está servido\", alertan. A isto suman que as obrigas para acceder ás axudas da nova PAC ─necesarias para compensar uns prezos artificialmente baixos─ van ser cada vez maiores, sobre todo en relación coas emisións de gases de efecto invernadoiro do gando vacún. No Congreso do Leite falaron polo miúdo disto e doutros desafíos, desde a Lei da cadea alimentaria ou o proceso xudicial iniciado contra o Cártel do leite, até os danos da fauna salvaxe, as relacións coa industria ou o decreto para a nutrición sostíbel do solo agrario."}
{"ID": "NOS_19706", "summary": "Ana Garrido reivindica a autora dos 60 e 70 cun ensaio gañador do premio homónimo", "text": "\"Éste vaise i aquél vaise, / e todos, todos se van. / Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar\", ecoan os versos de Rosalía en Follas Novas. Mais esa hemorraxia migratoria, como retrataba a autora, deixaba atrás \"corazóns que sufren / longas ausencias mortás, / viudas de vivos e mortos / que ninguén consolará\". Desta figura versa precisamente o ensaio gañador do Premio Xohana Torres 2019. Co título Xohana Torres: Das viúvas de vivo á muller navegante a investigadora Ana Garrido salta entre dúas iconas da literatura galega, mais tamén do feminismo. O estudo sobre a obra de Torres enmárcase nun traballo moito máis amplo, co que Garrido persegue esas \"viúvas de vivo\" na literatura galega, opostas ao que se chegou a converter no modelo dominante, que identifica con Díaz Castro e a idea da Penélope que espera eternamente o retorno do emigrante. Fronte a isto, Garrido segue a liña de denuncia rosaliana da muller como parte silandeira da emigración, que sofre ao \"caer sobre ela unha carga de traballo xigantesca\". Nos textos do período das Irmandades da Fala ou do exilio, a profesora detecta como se mestura a imaxe desa muller que agarda coa da \"tola consciente\", pois \"hai pouca saída para a viúva de vivo que non se conforma coa súa situación\", comenta, o que a condena a esa posición de demencia. Isto aparece, por exemplo, no conto final das Historias e invenciones de Félix Muriel (1943), escrito por Rafael Dieste en Bos Aires. A muller navegante Deste traballo, moi extenso e disperso en diferentes revistas como Madrygal ou Abriu, Xohana Torres vólvese elo fundamental porque \"é a que acaba de revolucionar o tema que enunciara Rosalía: a viúva de vivo como denuncia social\". Porén, a investigadora percibía un baleiro de coñecemento arredor da autora, focado sobre todo na súa faceta poética, esa muller navegante que se opón á espera permanente da Penélope idealizada. \"Dos 80 en diante está super estudada, tense falado moito e moi ben dela\", afirma, mais da etapa anterior, nos poucos artigos que atopaba as cousas que non lle cadraban. É o caso de textos de críticas feministas que ven na nai de Maxa, a protagonista de Adiós, María, unha muller que \"claudica ante as necesidades do home e deixa atrás os fillos\", explica Garrido. \"Xohana Torres acaba de revolucionar o tema que enunciara Rosalía: a viúva de vivo como denuncia social\", di Garrido Iso non tiña senso desde a perspectiva activa e implicada da Torres da época, para alén de que na realidade do momento \"moitas mulleres estaban saíndo á emigración; entón Galiza estaría chea de abandonadoras de fillos!\". O que fai a escritora, pola contra, é ofrecer \"outros modelos de muller, moi en relación coa emigración ou co exilio -presente tamén no teatro-, que non se resignan ao papel asignado\", opina Garrido. Neste senso, entende que Maxa comeza a ser \"unha orfa de vivo consciente, aínda que non sabe saír da situación\", chegando a se contemplar a si propia como un cristo ou unha virxe crucificada. \"Esa figura comeza a rachar coa idea de muller galega unida á viúva de vivo, esa matriarca sacrificada que o deixa todo pola familia, que só vive para os demais\", di Garrido. O que ás veces pode mesmo semellar unha imaxe moi feminista, para ela non o é -nin cre que o fose para Torres- porque \"agocha a situación opresiva e de traballo excesivo que viven elas, á parte de que non teñen opción\". Dentro desta gama, a nai de Maxa aparece marcada como a primeira muller que escolle marchar, opción non vencellada aos designios masculinos. \"Ela decide non ser viúva de vivo\", afirma a investigadora. \"A cuestión da emigración feminina aínda hoxe se ve pouco na literatura galega\", observa Garrido Cabe destacar que \"Torres escribe en paralelo á emigración dos anos 60 e 70 a Europa, cando a muller comeza a coller as maletas, moitas mesmo marchan soas\". Este gran cambio \"aínda hoxe se ve pouco na literatura galega\", observa Garrido, se ben destaca autoras como Eva Moreda que si o trataron. En terra de homes Xohana Torres foi unha muller \"rodeada polos homes de Galaxia\", que participa activamente da vida cultural. \"Pero cando miras as críticas que fai das súas obras Carvalho Calero, por pór un exemplo, ás veces non parece que falen da mesma obra\", indica. As referencias á súa \"sensibilidade\" ou a tópicos como \"que se nota que comezou coa poesía\", moi vencellados á escrita feminina. \"Tampouco comprende por que a protagonista de Á outra banda do Íberr (1965) é unha muller exiliada, cando a el lle parece máis interesante o seu home\", comenta Garrido. \"Nin sequera chega a ver que o principal nesa peza teatral é o dilema que ela vive, non sobre volver ou non volver, senón de ser capaz de decidir por si mesma que quere facer\", algo que aparece explícito no texto. A investigadora atribúe isto a que os intelectuais do momento \"non estaban preparados para entendelo\". Logo, moitas críticas beberían deste pouso, pois \"non é tan doado recuperar o potencial tan forte que ten toda a obra de Torres, incluída a anterior aos 80, porque se escureceu na ditadura e nunha época con ese peso machista tan forte\". Outra emigrada A da propia Garrido é unha experiencia de emigración, pois desenvolve este traballo desde a Universidade de Varsovia (Polonia), onde comezou en 2010 a traballar como lectora. Logo ficou a facer o doutoramento cunha oferta do centro. Actualmente está en dous grupos de investigación: GENIA, máis centrado no feminismo, e (Outra)Iberia, que traballa sobre linguas minorizadas (o galego entre elas) con integrantes de diversas facultades. Outra navegante, nuns tempos distintos nos que a emigración, doutro modo, continúa moi presente. Pero iso é xa outra historia."}
{"ID": "NOS_5310", "summary": "Néstor Rego considerou \"inaceptábel\" que o Goberno estatal pretenda gravar o uso das autovías cando na Galiza non existe un transporte público adecuado que poida resolver a mobilidade obrigada.", "text": "O deputado do BNG no Parlamento, Néstor Rego, criticou a medida anunciada polo Goberno español de implantar peaxes nas autovías estatais a partir de 2024 polos \"efectos negativos que tería para as clases populares e para os custos das actividades económicas, que perderían competitividade\", e considerou esta iniciativa \"un roubo, unha medida antisocial e antigalega\". Que data manexa o Goberno español para implantar peaxes en todas as autovías estatais? O deputado nacionalista cualificou \"inaceptábel\" que o Goberno estatal pretenda gravar o uso das autovías cando na Galiza non existe un transporte público adecuado \"especialmente ferroviario\", que poida resolver a mobilidade obrigada e reclama implantar xa as 'cercanías' de Renfe. Para Rego, o Executivo estatal recoñece que se trata dunha medida \"de recorte social\", xa que \"é unha exixencia de Bruxelas polos fondos Next Generation\", a pesar de defender con anterioridade que estes \"non eran condicionados\". O Goberno do Estado regulará o sistema de telepeaxes para facelo compatíbel co resto de Europa Neste sentido, a formación acusa o Goberno do Estado español de pretender facer pasar esta medida por \"sustentábel\", co obxectivo de \"disuadir do uso do vehículo particular\". Iniciativas rexeitando a instalación de peaxes Segundo explicou Rego, o BNG presentou varias iniciativas no Congreso rexeitando esta posibilidade \"polos efectos negativos que tería para as clases populares e para os custos das actividades económicas\". As peaxes da AP-9 soben 3%, por riba da media estatal Aliás, o deputado defendeu que esta medida sería especialmente negativa para a Galiza, \"un país con poboación dispersa, que carece dun transporte público que resolva a mobilidade obrigada e que ten unha localización xeográfica periférica na Península e en Europa que obriga as empresas a utilizar as autovías para colocar os seus produtos nos mercados peninsular e europeo\". Para o deputado nacionalista, \"está ben\" bonificar a liña do Eixo Atlántico durante catro meses, \"mais estaría moito mellor mellorar os servizos, conexións, frecuencias e prezos ao longo de todo o ano; implantar as 'Cercanías' de Renfe en todas as áreas metropolitanas da Galiza; modernizar liñas como Ferrol-A Coruña ou A Coruña-Lugo; conectar Santiago con Lugo e despregar a rede de transporte ferroviario de mercadorías\". A peaxe en autovías non suporá \"agravios\" entre territorios, segundo o Goberno español Rego asegurou que \"resulta sorprendente que este Goberno, que se autocualifica como 'progresista' non teña nunca en conta os custos sociais que decisións como esta poden implicar. Reducir o número de accidentes e de falecementos por violencia viaria debe ser un obxectivo prioritario\", concluíu."}
{"ID": "NOS_13273", "summary": "Familia Caamagno, Sokram, Bala, The Fabulous Resaca Brothers e Croma partillarán escenario esta fin de semana en Ordes, no marco do festival artístico-musical DesOrdes Sonoras", "text": "Sexta feira Eroski ParaísoSantiago de Compostela Teatro PrincipalAté 11.12.201620.30h Eroski Paraíso, da compañía Chévere, é unha comedia que explora a memoria colectiva dunha xeración. Interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez. Vai de bechos, con Charo PitaLugoBiblioteca Pública de Lugo18.00h Charo Pita chegará acompañada dun león, un rato, un sapoconcho... e máis! Espectáculo con historias, adiviñas e cancións para crianzas de 0 a 3 anos. Sábado Desordes SonorasOrdesCampo da FeiraA partir das 12.00h Festival con sesión vermú, roteiro guiado e actuacións musicais de Familia Caamagno, SOKRAM (Dios Ke Te Crew), BALA, The Fabulous Resaca Brothers e Croma. A sesión vermú (de 12.00 a 16.00h) contará coa actuación de Os Do Xalo; Live Painting (a partir das 12.00h) coas intervencións artísticas de NO3L e NÖMADA (Miguel Peralta/ Cestola na Cachola); e roteiro guiado aos murais do DesOrdes Creativas pola vila, realizado polo equipo de Mutante Creativo. Festival de curtasVerín Auditorio Municipal e Casa da CulturaAté 11.12.2016 A primeira edición do festival internacional de curtas Vía XIV abordará tres categorías centrais: Entroido, Emigración e Fronteira. Ademais, palestras, obradoiros de realización de curtas e actividades didácticas diversas. Ruxe Ruxe + Deseqilibrio MentalSantiago de CompostelaSala Capitol21.00h Ruxe Ruxe presenta en directo seu novo disco, 20\". Disco de celebración do vixésimo aniversario da banda galega de punk rock. No concerto estarán acompañados do grupo Desequilibrio Mental. Domingo Tufina, unha princesa porquiñaSan SadurniñoCasa da Cultura18-19.30h Mago Perlán pensa que a súa curmá, a princesa Tufina, vive nun castelo de chocolate porque lle envía cartas manchadas de cacao. Mais a verdade é que Tufina é moi desleixada. Perlán, facendo uso da súa maxia e da complicidade das crianzas, convencerá a Tufina da importancia da hixiene. Un conto para traballar coas crianzas o tema da hixiene e outros valores. Sahebbi (Amigo)Santiago de CompostelaO Dezaseis Até 28.12.2016 Exposición fotográfica solidaria co Sáhara, realizada pola Asociación Sahebbi de Oroso. Trátase dunha mostra que nace coa vontade de colaborar cun centro de integración para menores con diversidade funcional e cunha asociación de vítimas de minas antipersoa. A venda das obras desta exposición destinaranse integramente a eses dous fins. O mundo máxico de PinochoPonteareasAuditorio Reveriano Soutullo18.00h Espectáculo de teatro para o público infantil a carga da compañía Educateatro Producións, unha musical para crianzas maiores de 3 anos. Quarta Feira Guadi GalegoVigoTeatro Afundación20.30h Presentación oficial do seu último traballo, O mundo está parado, no concerto de Nadal da UVigo, coa presenza no escenario de Javier Ruibal."}
{"ID": "NOS_256", "summary": "Galiza ten perante si dous camiños posíbeis: ou se manter no statu quo actual, o chamado marco autonómico, ou ir a unha nova arquitectura institucional, a un país soberano. Sobre o tema debaten en Sermos, e desde posicións diverxentes, un nacionalista, Francisco Jorquera, e un dirixente do PP que se reclama do galeguismo, Xesús Palmou.", "text": "Sermos Galiza. O debate entre autonomía e soberanía ten que partir dun feito, o de que a autonomía xa existe e ten un percorrido de no mínimo 36 anos, desde as eleccións de 1981. A primeira cuestión sería, portanto, facerdes un balanzo deste período. Xesús Palmou. A Constitución de 1978 veu resolver o problema territorial que existía a aquela altura ao estabelecer o estado das autonomías. Naquel momento os constituíntes pretendían que accedesen á autonomía as comunidades que tiñan un feito diferencial, ou sexa, Catalunya, País Vasco e Galiza. Que acontece? Que despois veu o café para todos, un aspecto sobre o cal teño algúns reparos. Para Galiza, o balanzo é sen dúbida positivo. Galiza ten capacidade de autogoberno, pode defender os seus sinais de identidade, a súa cultura, a súa lingua. E, por suposto, ten capacidade para levantar tamén o seu propio proxecto económico, que, claro, está condicionado pola política do Estado, mais tamén pola da UE. Francisco Jorquera. Ben, se estabelecemos a comparación co franquismo é evidente que representou un avanzo. Mais as cousas hainas que analisar en termos comparativos. E se nos compararmos a respeito doutras nacións sen estado, o noso país non mellorou en todo este período. Temos comprometido ter unha base económica propia, algo indispensábel para ter futuro. Temos un país cada vez máis avellantado, unha emigración crónica, unha das taxas de ocupación máis baixas de Europa e un problema demográfico. Polotanto, non se pode dicer que a posición relativa mellorase. E por que? Polas propias limitacións do marco de partida e porque as institucións autonómicas estiveron hexemonizadas por partidos que non tiñan vontade de aproveitar esas ferramentas para construír un autogoberno pleno, logo chegou o café para todos, a homologación de situacións de natureza total e absolutamente distinta, o que son nacións sen estado e o que son rexións. Iso non está na Constitución. Se lemos a Constitución a resultante podería ter sido que accedesen ao autogoberno só Galiza, Euskadi e Catalunya e que nos outros territorios houbese só unha descentralización administrativa. A simetría nen sequer está na Constitución porque non se poden dar as mesmas respostas a realidades obxectivamente distintas e, en troca, apostouse nun modelo cada vez máis simétrico e foise baleirando o autogoberno através dun uso abusivo da lexislación básica do estado que reduciu moitas veces a potestade lexislativa dos parlamentos das nacións a unha simples autonomía político-administrativa. Aquí poderíamos falar tamén do papel do Tribunal Constitucional, que actuou como un árbitro comprado que favoreceu a equipa máis forte, como ficou en evidencia na súa actuación perante o Estatut catalán. E podemos falar tamén do impacto da integración na UE, co Estado español a negociar directamente con Bruxelas asuntos cuxas competencias están residencidas na Galiza. O problema do modelo autonómico, máis alá de se tiña potencialidades de partida ou non as tiña, é que está absolutamente esgotado e fracasado por como se desenvolveu. E Galiza, como se acaba de ver co asunto da venda do Popular-Pastor, carece das competencias necesarias para resolver os seus problemas. Francisco Jorquera «Galiza, como se acaba de ver co asunto da venda do Popular-Pastor, carece das competencias para resolver os seus problemas» Palmou. No ano 78 o ponto de partida de Catalunya, Galiza e o País Vasco era distinto. Apartir daí, quen avanzou máis? Eu entendo que máis Galiza. Como estaba Galiza en 1978? Eramos unha nacionalidade aillada, cunhas estruturas produtivas absolutamente anticuadas, con 30 por cento da poboación activa no sector primario… Que aconteceu ao longo destes anos? Pois que se rachou o aillamento, temos pendente o tema do AVE, mais estamos perfeitamente comunicados co resto de España e Europa. Temos estruturas produtivas perfeitamente equiparábeis ás de Catalunya e ás de Euskadi. No sector primario debemos estar por volta de 8 ou 7 por cento da poboación activa. En todo iso avanzouse e desde logo unha das chaves é que Galiza tivo autonomía e capacidade, aínda que fose limitada. Elaboráronse políticas desde Galiza e para Galiza. Dito iso, pasaron xa 40 anos da Constitución e entón loxicamente é o momento de ver en que cuestións a Constitución se ve superada pola realidade e necesita unha actualización. E o mesmo vale para o noso estatuto. Jorquera. Sen eternizarnos no debate do balanzo, insisto en que o asunto se debe valorar do ponto de vista relativo. Ti falache do sector primario. Eu cando viaxo e vexo como están Italia ou Francia o que observo é un sector primario desenvolvido e moderno, mentres aquí na Galiza o que temos é o campo abandonado. Valla isto como exemplo do que pretendo argumentar. SG. Poñamos agora as luces largas e vaiamos aos modelos antagónicos que defendedes. O aprofundamento da autonomía versus a soberanía. Palmou. Primeiro ten de haber vontade de diálogo. Será nunha mesa de negociación onde se aborde a cuestión. A Constitución necesita unha posta ao día, en asuntos como a adecuación do Senado á súa condición de cámara territorial. É preciso que na Constitución se reflicta que as comunidades autónomas deben participar con voz propia perante a UE naqueles temas (por exemplo, a política agraria) sobre os que teñen competencias. A política agraria da UE claramente non favoreceu as transformacións que o agro galego necesitaba. Despois está o tema do encaixe das comunidades na Constitución, nomeadamente o de Catalunya. Hai que abordalo através dunha reforma da Constitución que permita que España continúe a ser un país da UE cunha Carta Magna en que todos nos sintamos cómodos. En todo caso, eu non estou por ir a un Estado confederal. Non é a solución. Eu iría máis nunha liña de acentuar o Estado federal, non confederal. Non coñezo ningún modelo de estado confederal que teña sido un éxito. Xesús Palmou «O Estado confederal non é a solución. Desde o diálogo, eu iría máis nunha liña de acentuar o Estado federal» Jorquera. Eu, claro, discrepo de Xesús. E creo que se hai un problema de modelo, o que hai que facer é ir a outro modelo. E basicamente o que hai que facer é invertir as relacións que se estabelecen entre o Estado central e os distintos pobos que coexistimos nel. Se admitimos que aquí hai varias nacións, entón haberá que admitir que hai distintos pobos e que teñen que ser suxeitos de soberanía nos seus territorios. O pobo galego o que necesita é plena capacidade de decisión sobre os seus asuntos. Que se recoñeza que é o titular da soberanía na Galiza. En exercicio desa soberanía o pobo galego pode pactar con outros pobos e delegar unha serie de competencias en institucións comúns. Por suposto, iso exixe a vontade de todas as partes; e se non a hai, pois non é pecado ter un estado independente. En Europa nos últimos 25 anos naceron 17 Estados independentes. No ano 1945 a ONU fundouse con 45 estados, agora intégrana 193. É compatíbel ter un Estado independente e á vez participar na comunidade internacional, en termos de igualdade con outros pobos e non de dependencia. Sobre o nacionalismo galego S G. Que fica, se é que fica algo, daquel PP que, en frase mítica de Xosé Cuíña, se situaba á beira da autodeterminación? Palmou. Ben, é evidente que o PP de Galiza é un partido galeguista. Eu, que fun secretario xeral do PPdeG, considérome un galeguista prácticante. Ora ben, para min o galeguismo, máis que unha doutrina política, é un sentimento. E unha actitude. Un sentimento de amor á terra, amor á nosa cultura, amor á nosa lingua, etc. E eu coido que todo iso se mantén nunha grande parte dos integrantes do Partido Popular de Galiza. En consecuencia, non vexo que teña mudado sustancialmente ese aspecto do partido como un partido próximo á terra, próximo a Galiza e, portanto, dentro dunha estrutura estatal, si, mais cun sentimento e unha actitude galeguista. Ese é o Partido Popular que eu quero, polo que eu traballei e coido que é o PP que continuamos a ter actualmente. SG. Nunha entrevista no Sermos250, o profesor Antón Losada dicía que un dos problemas do BNG é a súa incapacidade para captar o que chamaba \"galeguismo conservador\". Que tería de facer o nacionalismo para o atraer? Jorquera. Eu receitas nen teño nen reparto. Mais si vou dar miña opinión. Eu son profundamente de esquerdas, pero creo que todo movimento nacionalista ten que ter unha vocación transversal no ideolóxico e no social e intentar articular unha alianza entre distintas clases que comparten uns intereses nacionais comúns. Ten que ter unhas propostas capaces de conectar cun universo social moi diverso e plural no ideolóxico. Toda forza política ten de adecuar as súas propostas ao grao de desenvolvimento da conciencia social e nacional no ámbito en que lle toca actuar. É ben non pretender ir tan alá que te desconectes de sectores que potencialmente poden acreditar na necesidade de ter forzas políticas propias, e un autogoberno real, embora aínda non vexan claro cal é a túa proposta final. Ou sexa, hai que introducir certa graduación no discurso e ter esa vocación de transversalidade inherente a todo movimento nacionalista. Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 251 publicado a 22 de xuño de 2017."}
{"ID": "NOS_32781", "summary": "O barón socialista salientou que a media anual de investimentos ascendía a 2.000 millóns durante a segunda lexislatura de Zapatero, fronte aos 600 millóns durante o goberno de Rajoy.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu en Lugo esta segunda feira o voto para o PSOE como único \"voto útil\" para recuperar os investimentos en infraestruturas para Galiza. Besteiro asegurou que o PP \"dinamitou\" as partidas mentres que \"os seus aliados\", en referencia a Ciudadanos, non apoian o investimento en infraestruturas. O líder dos socialistas galegos salientou que a media anual de investimentos ascendía a 2.000 millóns durante a segunda lexislatura de Zapatero, fronte aos 600 millóns durante o goberno de Rajoy. \"Para esta provincia, e para as outras, supoñen definitivamente perder o tren\", destacou. Besteiro recordou nese sentido que \"a primeira promesa\" do PP en campaña, a aposta polo AVE a Galiza foi precisamente \"o primeiro incumprimento\" de Rajoy cando chegou á Moncloa. O secretario xeral do PSdeG chamou á cidadanía a votar tendo en conta \"que se compromete e quen non\" coa infraestruturas galegas."}
{"ID": "PRAZA_1789", "summary": "Ambas as dúas formacións anuncian que veñen de iniciar conversas para \"explorar coincidencias e puntos de encontro\". Podemos tería aceptado a conformación dun grupo propio galego no Congreso no caso de que se dea a confluencia, pero nada se aclara sobre unha posible marca electoral.", "text": "Anova e Podemos veñen de anunciar o inicio de contactos entre ambas as dúas formacións en senllos comunicados. A formación nacionalista aclara que iniciou conversas para \"explorar coincidencias e puntos de encontro\" logo de \"encetar\" tamén \"encontros e diálogo con organizacións políticas\" coas que entende que é \"posible encontrar fórmulas comúns de participación en procesos de unidade popular e en alianzas para as próximas eleccións xerais\". Anova di ter \"importantes coincidencias\" con Podemos Galicia tras un primeiro contacto A formación nacionalista di nun comunicado que comprobou \"importantes coincidencias\" logo dun primeiro contacto. Así, asegura que tanto Anova como Podemos entenden \"Galiza como Nación e o Pobo Galego como suxeito de soberanía\" e que ambas as dúas organizacións coinciden en que \"a participación nunhas eleccións ás cortes españolas debe dar lugar a un espazo parlamentario propio que teña a Galiza como o seu espazo de representación\". \"A plasmación da plurinacionalidade debe estar materializada de forma clara nas propostas de carácter electoral\", di Podemos no seu comunicado, no que é menos claro sobre ese posible grupo propio. Podemos tería aceptado a conformación dun grupo propio galego no Congreso e o dereito a decidir, pero nada se di da marca desa posible confluencia Aínda así, Podemos aceptaría a conformación dun grupo propio galego no Congreso e a soberanía deste e da propia Galicia nos procesos de decisión, aínda que nada se aclara da marca coa que esta hipotética confluencia galega acudiría ás eleccións, dado que ningún dos posibles actores nela (BNG, a propia Anova ou as mareas) aceptan a proposta da dirección da formación de Pablo Iglesias de priorizar a súa denominación. Si que di, non obstante, Podemos Galicia que existe o \"recoñecemento expreso\" de que as organizacións políticas \"deben ser ferramentas ao servizo da xente e do cambio, rexeitando tanto a súa función como fin en si mesmas, como aquelas lecturas que fan das organizacións partidarias as únicas intérpretes e canalizadoras da vontade popular\". Ademais, Anova asegura que ambas formacións conciben \"as nosas organizacións como instrumentos da cidadanía do común\" e \"partillan a visión da realidade plurinacional do Estado español e o esgotamento do réxime do 78\". Tamén en que o novo marco para o Estado \"só pode vir mediante un proceso de procesos constituíntes que garanta o respecto das vontades soberanas dos suxeitos políticos das diversas nacións\". Xa que logo, aceptaría tamén o dereito a decidir. Ademais, din concordar en \"facilitar o traballo nos espazos de poder cidadá naqueles concellos en que Anova e Podemos participaron en mareas\", con independencia \"do resultado dos procesos de diálogo para conformación de candidaturas ás eleccións xerais\". \"O proceso de diálogo entre Anova e Podemos continuará aberto co obxectivo de encontrarmos as fórmulas de cooperación para a unidade popular neste intre histórico que estamos a vivir\", remata a formación nacionalista no seu comunicado."}
{"ID": "NOS_50013", "summary": "O Atlético Guardés tiña que regresar á acción este domingo, pero o coronavirus volve dilatar unha parada competitiva que se estende xa por un mes e medio. Pese a todo, José Ignacio Prades (Petrer, 1975), técnico do conxunto galego, reivindica a capacidade de adaptación dunhas xogadoras \"moi fortes mentalmente\".", "text": "—Xa entre outubro e novembro pasado o equipo estivo tres semanas sen competir, outras dúas en novembro e agora, cando por fin ía volver xogar despois de mes e medio de parada, os positivos detectados primeiro no Elxe e despois no Lanzarote atrasaron aínda máis ese regreso á competición. Como se consegue manter a concentración, a intensidade e o ritmo neste contexto tan complicado? Esta situación supón un grande esforzo a nivel mental, sobre todo por parte das rapazas. Estamos caendo na frustración de ver que todo o que propomos, todo o que programamos, non se pode levar a cabo. Intentamos disumulalo como podemos, pero resulta moi complexo para elas non ter un partido no horizonte. É necesario ter sempre un obxectivo competitivo para manter a intensidade, e este xaneiro a cousa ía cambiar, porque chegaba un mes cargado de traballo, de retos... un mes moi complexo, si, pero a caída dos compromisos foi un pequeno golpe para todas. De todos modos, agardamos recolocar o partido de Lanzarote o antes posíbel. Estabamos moi ilusionadas coa idea de ter este domingo o partido de competición europea, pois sabíamos que o rival chegaría tamén moi motivado e nós estabamos traballando ben, concentradas, animadas e con moitas ganas, pero non puido ser. —Poden estas paradas no calendario que vimos comentando estar detrás das numerosas lesións que vén padecendo o equipo nos últimos tempos? Loxicamente, é posíbel que exista algunha correlación entre a non actividade e as lesións, pero non só para nós, senón para a gran maioría de deportistas desta e doutras disciplinas. O certo é que, en última instancia, isto é un reto para todos e todas, para deportistas, preparadores físicos, clubes... todas as que temos que xestionar unha realidade distinta á habitual que nos obriga a adaptaranos. —O partido do domingo contra o Elxe na EHF European Cup tiña que representar o seu regreso a Europa 10 meses despois, pero os positivos nas alacantinas impidiron disputar o choque, o que converte o Atlético Guardés en equipo de cuartos de final. Como afrontaban esta eliminatoria a partido único e como recibiron a nova da clasificación automática? Precisamente no adestramento da tarde da segunda feira comentamos coas xogadoras que tomabamos a eliminatoria pensando que o resultado na ida foi un empate, así que na volta todo partía de cero e este domingo, cando saltásemos á pista, xogaríamonolo todo a unha carta. Para min era unha boa forma de enfocar este choque, pero sabíamos que a cancelación era algo que podía acontecer, que os positivos no Elxe fosen a máis e a eliminatoria non se puidese disputar. Esta situación tan complexa é nova para todas, imos sobre a marcha, facendo un mestrado sobre a mesma tanto xogadoras como técnicos, clubes... até a propia competición. Polo momento avanzamos dúas eliminatorias sen xogar, e recoñecendo que a decisión da organización foi acertada, isto non nos pon contentas, pois preferiríamos conseguilo sobre a pista, malia que recoñezo a nosa fortuna, pois perfectamente poderíamos ter sido nós. —Saíndonos un pouco do curto prazo e pondo a mira no futuro, cales son os obxectivos finais do Atlético Guardés nesta atípica tempada? É tan complicado mirar máis aló do día a día que optamos por non pensar niso, porque cada cousa que pensamos pode cambiar cada semana ou mesmo dun día a outro, e iso é unha auténtica faena. Molesta moito facer un traballo en decembro pensando no que farás en xaneiro e que, de súpeto, as cousas cambien totalmente... É moi difícil traballar así. Por iso penso que marcarse obxectivos a longo prazo é contraproducente agora mesmo. —Eu malíciome que me vai contestar algo similar, pero hai pouco máis dun ano, a finais de febreiro de 2020, renovaba por un ano máis, o quinto consecutivo, como técnico do Guardés. Como se atopa a súa situación contractual a día de hoxe? Si (ri). Polo tema que acabamos de comentar, teño que contestar que aínda non nos sentamos a falar. Certo é que sempre é por estas datas cando retomamos as conversas para preparar o ano seguinte, pero agora estamos tan metidos en saír adiante do mellor modo posíbel que resulta complicado aventurar o que pode pasar o ano que vén. Pero en breve penso que tanto o clube como eu mesmo nos sentaremos para falar do ano próximo e planificar as cousas co seu debido tempo."}
{"ID": "NOS_44063", "summary": "Nais e pais, mestres e veciñanza das Pontes levaban case tres semanas de mobilizacións esperando unha explicación do goberno da Xunta a respecto do anuncio do encerramento do Colexio Monte Caxado o pasado 22 de xuño, o penúltimo día do curso. O domingo comezaron unha marcha por etapas que concluíu este mediodía na Coruña. Despois de xantar, de volta a casa, sentáronse a escoitar ao conselleiro.", "text": "Román Rodríguez subiu á tribuna do Parlamento as tres e media da tarde. O conselleiro de Educación dixo que as medidas adoptadas para a reorganización de centros de ensino se tomaron \"en exercicio das competencias\" do seu departamento, que se trata de \"medidas técnicas, responsables e sensatas\" e que \"en ningún caso pode falarse de encerramentos de centros, pois nos casos dos CPI das Pontes, Porriño e Ribadavia seguirán impartíndose clases de Infantil e Primaria e os de Secundaria pasan aos institutos\" das devanditas localidades. Os alumnos de Secundaria destes tres centros afectados pola reorganización, indicou o conselleiro, son os únicos que pasarán a estudar en institutos das localidades. Nais e pais, profesoras e profesores, e moita veciñanza das Pontes madrugaron esta mañá para completar a marcha de protesta até a sede territorial de Educación na Coruña. Comezaran o domingo e onte chegaran até a entrada da cidade. Están mobilizados en defensa do Colexio Monte Caxado desde o 22, o día que Indalecio Cabana, o xefe territorial de Educación, o inspector xefe, Fermín Lata, e a inspectora de zona, unha funcionaria en prácticas, reuniron ás directivas do CPI Monte Caxado e do CEIP A Madalena para informalas de que, segundo o Decreto 60/2017, o Monte Caxado \"extinguía\" a súa actividade e pasaba a integrarse no da Madalena. As veciñas e os veciños das Pontes colleron os coches (había folga de autobuses) esta mañá para manifestarse na Coruña. A xestión das \"medidas técnicas, responsables e sensatas\" adoptadas por Román Rodríguez leváraos até alí. \"Fai falta tempo para ver, para crer\", dixo o conselleiro desde a tribuna. Durante as dúas semanas seguintes ao anuncio de Educación, nas Pontes houbo fechamento de nais e pais no centro escolar, xuntanza da coordinadora de Anpas dos seis centros de ensino da localidade, asembleas, manifestacións, adhesións da veciñanza á protesta, unha concentración en Compostela xunto aos afectados de Outes (nese caso si se fecha, admitiu Rodríguez), O Porriño e Ribadavia, declaracións públicas de Valentín González, o alcalde de As Pontes e presidente da Deputación que, ademais, ten fillos no Monte Caxado. Pero o conselleiro non foi quen de explicarlles o que explicou esta tarde no Parlamento. Tampouco o explicara -nada dixo da reorganización nin dos colexios afectados como lle recordaron os grupos da oposición- na súa comparecencia parlamentaria, dous días antes de mandar á Inspección, do 20 de xuño. \"Está aquí non por vontade propia, señor Rodríguez, senón pola presión popular\", recordoulle tamén a oposición. O certo é que o decreto de reorganización promove a \"extinción\" do Monte Caxado, a dirección integrarase no CEIP Madalena, e mesmo no DOGA corrixiuse o número de identificación do centro (na primeira redacción aparecía o do Monte Caxado). Os profesores manteñen a prevención respecto do último anuncio de Educación. \"Segundo nos dixo o conselleiro de Educación na reunión que tivemos con el e que fora solicitada polo concello e na que estivo Valentín, o alcalde, a decisión comunicouse o 22 de xuño porque se sabía que ía provocar reacción das nais e dos pais e do profesorado. Así que, dixeron, se o facían durante o curso, provocaría un mal funcionamento do centro. Interferencias. Como é posíbel que nun sistema educativo se poidan facer as cousas así?\", queixábase esta maña o director do Monte Caxado, Juan José Bermúdez. E insistía: \"non damos nada por perdido\". Bermúdez comezou no colexio en 1984, o ano que se inaugurou. \"Aquilo xa foi grazas á mobilización\", conta Antonio, un veciño que se sumou a esta protesta, \"Cacharro Pardo díxonos un día que estaba feito e ás dúas horas presentou a súa dimisión, pero seguimos adiante\". Nos primeiros anos, o Concello asumira parte do gasto do profesorado, \"elixiámolos nós e collíamos os de mellor expediente, logo marchaban porque aprobaban a oposición\", recorda Antonio nun lado da pancarta que recorre o treito desde Matogrande a Monelos. \"Son das Pontes, estudei na Academia Nebrija, que despois foi o Pardo Bazán, que tamén desapareceu. Pecharan tamén o colexio Endesa, adscrito ao Monte Caxado\", apunta o director, \"houbera un bum naqueles anos e chegamos a ter 776 alumnos. Pero este segue sendo o centro con máis alumnas e alumnos, 262, e máis proxectos da vila. Mátase un colexio que estaba nun bo funcionamento, se non non se explicaría este apoio que está tendo da veciñanza, esta mobilización\". Roberto, o día anterior desde Bergondo a cargo do megáfono, di que está na manifestación porque é pai dunha nena que cursa Primaria, que el foi alumno do Monte Caxado, \"empecei en cuarto o ano que se inaugurou\", e que o centro foi mellorando e non comprende as razóns de Educación. \"Tiñamos que estar facendo outras cousas, ou cos rapaces de vacacións, pero queremos ter as cousas claras do que vai pasar co colexio\". José Ángel, pai dun alumno de Primaria -\"teño o neno matriculado, e con actividades extraescolares pola tarde, quero que siga nelas e non sei se haberá un horario de clases que llo permita\"- e Belén, nai de dúas nenas tamén en Primaria, están nas mesmas. Piden explicacións e toparlle un sentido a ese anuncio que os pillou xantando o día antes de fin curso. \"Pedimos perdón pola incerteza\", dixo o conselleiro desde a tribuna. A incerteza vai máis alá dos horarios, ou da integración dos programas do Monte Caxado nos plans da nova dirección. \"Para nós, a atención a diversidade é máis un reto cá unha complicación\", sinala Juan José Bermúdez, o director. \"Foise creando unha cultura que se perde toda\". Hai 55 alumnos que requiren atencións especiais. Mesmo hai un caso dun neno no que o colexio, coa intervención da ONCE, conseguiu integrar. O neno e a nai estaban na manifestación. Tamén Beatriz, mestra e nai afectada -acaba de matricular o neno para o curso que vén-, que ten dúbidas sobre o futuro dos profesores. \"Somos un claustro de 31 persoas, pode haber algunha supresión, e hai unha xubilada que seguro non se cubrirá. Imos dun recorte a outro\". Mañá o alcalde, hoxe á cabeza da protesta vestido de corto e megáfono en man, volverá reunirse cos veciños para falar das accións a seguir. Queren abrir unha vía de diálogo coa Xunta, que parece que comeza a recuar. O conselleiro rematou a súa intervención no Parlamento embarcado nunha disputa política acusando a oposición de \"construír o seu relato sobre unha mentira\" e xustificando as omisións do día 20 na \"responsabilidade\" de que ten que \"dar conta de feitos concretos e a reorganización inda non fora acordada polo goberno\". Nas Pontes, as nais e os país do Monte Caxado non se toman vacacións. \"Hoxe somos máis fortes, somos máis que a semana pasada, e imos seguir até que se solucione isto\", advirte Belén ao final da marcha. No colexio seguía xente no peche, na tribuna do Parlamento houbo tamén xente das Pontes. Escoitaron a Román Rodríguez dicir que teñen \"as portas abertas do servizo de inspección para resolver posíbeis prexuízos\", dicindo que el \"entende a relación afectiva das familias cos colexios\". Quizá, no caso das Pontes, non calibrou ben a forza desa relación. Nas Pontes, unha vila singular social e economicamente, inda queda rastro diso que se chama sociedade civil e que case nunca aparece. Nota: Nas fotografías que van inseridas no meio do texto, da autoría de E.D., aparecen: (1). Na esquerda, o director do centro; (2). Bea, mestra; (3). Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes, co megáfono na man; (4). Un momento da concentración"}
{"ID": "NOS_51026", "summary": "Carlos Aymerich presentou esta mañá no rexisto do Parlamento o escrito de renuncia ao seu escano, obtido nas galegas de Outubro ao encabezar a listaxe do BNG pola provincia de Pontevedra.", "text": "Após 8 anos na Cámara galega -precedidos dunha lexislatura no Congreso dos Deputados- Aymerich volta ás aulas na faculdade de Dereito da Universidade da Coruña. Coa renuncia ao seu escano, anunciada xa a pasada semana, o líder de Abrente patentiza a súa discrepancia coa liña política adoptada pola XIV Asemblea Nacional do BNG. Na Asemblea, realizada esta fin de semana en Santiago, ficou en evidencia que as posicións que defende Aymerich son moi minoritarias neste momento no seo da organización frentista. En conversas con xornalistas, Aymerich reafirmou o seu compromiso -e o do seu colectivo- co BNG."}
{"ID": "PRAZA_6754", "summary": "Asinou un convenio de colaboración con Fiare, no marco dunhas xornadas informativas nas que participou o director de Operacións de Fiare Banca Etica, Juan Garibi. O acordo busca \"situar as persoas no centro de todas as políticas públicas\"", "text": "Fiare Banca Etica é a maior entidade cooperativa de crédito de Europa, un proxecto con máis de 11 anos de percorrido no Estado Español, un traballo que culminou o pasado 1 de outubro co inicio das súas operacións como entidade bancaria dirixidada a clientes particulares. A diferenza con outras ofertas de banca ética é o seu carácter de de cooperativa, de xeito que os seus clientes e clientas son en realidade persoas socias, que como tales participan dos procesos de toma de decisión do banco en condición de igualdade. Fiare conta con máis de 5000 socios e socias en España; tanto persoas individuais coma entidades sociais e algunhas institucións, como concellos, ao redor de dúas ducias, entre eles o de Manzaneda Fiare conta con máis de 5000 socios e socias en España; tanto persoas individuais coma entidades sociais e algunhas institucións, como concellos, ao redor de dúas ducias, entre eles o de Manzaneda. As administracións públicas locais fanse socias de Fiare como mostra do compromiso en construír unha banca ética desde a cidadanía organizada que impulsa unha intermediación financeira baseada nuns valores como a responsabilidade, a solidariedade e o respecto pola contorna. Donostia, Errentería, Ordizia, Azpeitia, Hernani, Oñati (Euskadi), Burlada, Ansoain, Berriozar, Villaba, Huartepa (Navarra). Prat de Llobregat, Sabadell, Cambrils (Catalunya), RivasVaciamadrid (Madrid) ou Albuixech (Valencia) son outras das localidades comprometidas co proxecto. A pasada semana a Deputación de Lugo converteuse na primeira entidade provincial en formar parte da banca cooperativa, grazas ao convenio asinado con Fiare Banca Etica. A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, fixo este anuncio durante a inauguración dunhas xornadas técnicas e informativas, celebradas o pasado venres e sábado no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, nas que participaron o responsable do Grupo Local de Lugo de Fiare Banca Etica, Xabier Bruña, e o director de Operacións de Fiare Banca Etica, Juan Garibi. García Porto subliñou que esta aposta por unha banca alternativa á convencional responde ao obxectivo da Deputación de Lugo de \"situar as persoas no centro de todas as políticas públicas\" García Porto subliñou que esta aposta por unha banca alternativa á convencional responde ao obxectivo da Deputación de Lugo de \"situar as persoas no centro de todas as políticas públicas\", así como ao de traballar sempre de xeito transparente. A achega económica da Deputación pasará a formar parte do capital social de Fiare Banca Etica e estará destinada, ao igual que o capital achegado por todas as persoas socias, a financiar proxectos que prioricen o respecto ao medio ambiente e a creación de postos de traballo en ámbitos como a prestación de servizos ou outras actividades produtivas. Os proxectos son avaliados localmente por unha comisión que en Galicia está formada por cinco persoas elixidas asembleariamente e que cumpren unha serie de requisitos: manter o equilibrio rural-urbano, de xénero, e representar as distintas sensibilidades que conforman Fiare: o mundo ecoloxista, do sindicalismo agrario, de cooperación e do comercio xusto. García Porto concluíu que \"as novas maneiras de facer políticas públicas tamén pasan por comprometerse coas persoas, apoiando o nacemento de proxectos locais cun positivo impacto social\". Este mesmo verán Fiare anunciou a aprobación do seu primeiro proxecto financiado en Galicia. Trátase do Sindicato Labrego Galego, un dos colectivos que hai anos impulsou esta entidade de banca ética, e que hai uns meses recorreu a Fiare Galiza na procura de financiamento, en lugar de buscar un préstamo nunha entidade bancaria tradicional. Un novo Fiare Fiare viña funcionando até agora como entidade de apoio aos actores da economía social, cunha área para particulares mínima, suxeita á lexislación italiana e con moitas limitacións operativas e técnicas. A novidade é que a partir de agora poderá ofrecer de verdade servizos a particulares con toda a carteira básica: banca por Internet, caderno de aforro e a prazos -entre 12 e 60 meses-, xiro de recibos, tarxeta de débito de Servired (caixas rurais) e todas as garantías que teñen as clientas de calquera outra entidade, incluída a cobertura do Fondo de Garantía de Depósito. A prioridade inicial é ofrecer os servizos ás persoas socias que xa son clientas a pesar das dificultades que existían (ao redor de 2.300), dirixirse logo ao resto de persoas socias (outras 3.000) e empezar a abrirse fóra da súa base social coincidindo coa entrada de 2015. A prioridade inicial é ofrecer os servizos ás persoas socias que xa son clientas a pesar das dificultades que existían, dirixirse logo ao resto de persoas socias A participación das persoas socias na toma de decisións, destacan os seus responsables, non vai en detrimento da profesionalidade, como demostra a experiencia en Italia de Banca Popolare Etica, que concedeu créditos por valor de 1.800 millóns e ten unha morosidade do 2% cando na banca convencional española está a superarse o 13%."}
{"ID": "PRAZA_2773", "summary": "Quem vai defender o nosso privilegiado ambiente que produz de todo? Quem a nossa língua e a nossa cultura?. Quem vai parar a degradação cultural e ambiental em que estamos imersas na atualidade?.", "text": "Ontem vi dous debates na TV: No primeiro, na sexta, as pessoas ( três homens e uma mulher, esta por delegação de seu chefe) faziam discursos para ganhar os votos da cidadania. No segundo, na RTVE, quatro cientista( homens) apresentavam o grave problema ambiental em que a Terra está imersa .Falavam do Cambio Climático. Nos dous casos só os homens levaram o discurso e a luta pelas ideias. No primeiro, o Debate da sexta, vi quatro pessoas a competência por ganhar a confiança dos votantes. Presentaram múltiplas problemáticas, mas, para mim nada do importante. Porque as chamadas cousas de viver, nem as tocaram. Desta experiência televisiva, eu faço-me hoje muitas perguntas. Igual a ninguém lhe interessam, mas eu pouso-as cá, por se houver mais gente que a mim, a lhes preocupar: Que vai acontecer com o ar que respiro, a água que bebo, a terra que ando , os alimentos que me mantêm, a energia que me aquece no inverno e me alumia de noite?,( a mim ,a minha familia as minhas amizades, as pessoas que nem sequer conheço, mas que temo pela sua vida como pela minha, etc) Que se vai fazer com o lixo que se produz por toda a parte na atividade humana?. Que vai passar com a pesca, a agricultura, os montes os incêndios florestais?. Que vai acontecer com os transportes, seguiremos a meter chapapote por toda a terra e abandonamos o caminho de ferro convencional?. Que planos para os refugiados/as de guerras e ambientais. Continuaram a petarem nas portas da nossa casa a pedirem acocho? Continuaremos a lho negar? Deplorável o panorama político espanhol!!Nada disso saiu no debate dos políticos Três homens e uma secretária a discutir acerca do meu futuro e o dos meus filhos e netos! E, ainda, um presidente ausente. A olhar o \" televejo\" desde o cómodo sofá duma casa de aluguer .Para aproveitar a ponte da Imaculada( sic) Galiza, não esteve lá. O pior é que a quase nenhum galego ou galega isso lhe pareça problema. Para a crase política não é importante nem a nossa Terra nem as nossas irmãs. Porem, depois de ter visto aquele mão teatro dos políticos em competência ( o teatro é cousa boa, ilustra, educa e faz pensar quando bem feito), passei a ver o programa Millenium sobre o Cambio Climático. Quatro espertos trataram o tema, não só do problema , mas também da perceção que o público tem do mesmo e a incapacidade de fazer com que as pessoas se impliquem em corrigi-lo. Foi um cambio gratificante. Porque percebi empatia, tranquilidade, rigor, e, sobre todo preocupação por algo que me faltou no Debate dos políticos: Preocupação pelo BEM COMUM. Este tomado desde diferentes pontos de vista: A saúde humana: O doutor Ferran Ballester tratou-o em profundidade e com grande capacidade de comunicação: Não podemos respirar um ar que esteja poluído de gazes nocivos e de partículas que obturam nossos alvéolos pulmonares.( As partículas procedem, de preferência da combustão dos carros a gasolina) Perante este problema China está a reagir, porque a taxa de mortandade provocada pela contaminação atmosférica nas suas cidades começa a ser preocupante. Jacob Petrus informou acerca das modificações climáticas e seus efeitos globais, quer no dia-a dia da nossa vida quer na da vida em geral sobre a Terra. Cayetano López, Físico, abordou o gravíssimo problema da energia. Este é o problema fulcral. Quais sejam as fontes da energia e como tratemos este tema condiciona o nosso presente e o nosso futuro. Já não se pode seguir a utilizar combustíveis fósseis, ou fontes não renováveis. Por muitos interesses económicos, políticos ou estratégicos dum país ou doutro. Ao fim isso são misérias em comparação com a gravidade da situação ambiental em que estamos. Não me vale que esta ou aquela companhia seja mais ou menos amiga dum ministro. O importante é PARAR de deitar CO2 na atmosfera sem termos em conta a capacidade da Terra em recicla-lo. Não podemos continuar a alterar a composição do nosso ar comum porque haja oligarquias que queiram garantir seu poder, seu status económico, sem pensar no dano que fazem a milheiros de pessoas, provocando doenças e mudanças ambientais que votam a gente fora de seus países. Não se trata cá de que se subsidiem as empresas dos \"meus amigos\" e se neguem aos que não o são. Trata-se de parar de estragar o ambiente comum. E, para isso é imprescindível mudar o modelo energético abandonando as energias baseadas em carvão, petróleo, gas, e grandes hidroelétricas, para eólicas, solares e pequenas centrais mini hidráulicas. Há que repartir a geração de energia e abandonar as grandes concentrações, de alto impacto ambiental e grandes perdas por transporte. Em todos os produtos temos que achegar a produção ao consumo. Para reduzir gastos em externalidades que , de momento , não se cobram ao consumidor particular, mas que haverá que começar a cobrar porque deteriora o bem comum, o ambiente. Também participou no colóquio Antxon Olabe, experto em Economia Ambiental, sustentabilidade e cambio climático. Todos transmitiram rigor científico, e preocupação polo Comum. Pelas pessoas que estão a sofrer as consequências da crise ambiental. Mas julgo que este último foi especialmente simpático com o padecimento das vitimas do malfazer dos políticos. Espanha ocupa um lugar bem pobre na luta contra as emissões a atmosfera (O terceiro pior de Europa detrás de Austria e de Eslovenia) e a política de bloquear as energias renováveis que este governo tem empreendido desde seu inicio, para alem de suicidas ambiental e economicamente são um atentado á nossa saúde, ao nosso ambiente e ao BEM COMUM. Eu penso que, como contraste, foi muito bom ver aos quatro primeiros,( três mais uma) do debate da sexta á \"pesca\" dos votos, e depois a quatro cientistas falando das cousas que de verdade importam. Mas, todos eram homens. Salvo a Vicepresidenta do Governo da Espanha, que atuava por delegação. E, da minha Terra nada escutei aos políticos. Nem da pesca, nem do leite, nem dos montes, nem dos rios. Nem das , ainda ricas , rias galegas, seus portos, seu lugar de privilegio a meio do oceano Atlântico. Da cultura ancestral nossa. Da nossa maneira de ver o mundo. E será que á cidadania galega nem lhe importa?. E será que já dão a partida por perdida?. Quem vai falar por NÓS no parlamento de Espanha?. Defender a nossa posse privilegiada de excedentária de Energia? Porque, neste mundo faminto dela, nós, na Galiza, produzimos mais do que consumimos. E produzimos a custo do nosso ambiente, asulagadas as melhores terras em baixo de encoros, ou os nossos montes inzados de ventoinhas. Deveríamos, já que logo, termos algum beneficio por isso. Mas para ganha-lo , nós temo-lo que reclamar. Quem vai defender o nosso privilegiado ambiente que produz de todo? Quem a nossa língua e a nossa cultura?. Quem vai parar a degradação cultural e ambiental em que estamos imersas na atualidade?. Se NOS não o fazemos , ninguém o vai fazer por nós."}
{"ID": "NOS_22163", "summary": "O goberno galego destina os enxeñeiros Juan Carlos Carballeira Rifón e José Manuel Lamela, sinalados polo seu papel na causa xudicial do Alvia, segundo informa Europa Press.", "text": "A Xunta designou os mesmos peritos que foron cuestionados polo seu traballo no sinistro ferroviario en Angrois para investigar as causa do sinistro no Porriño. Os enxeñeiros Juan Carlos Carballeira Rifón e José Manuel Lamela, ambos funcionarios da administración autonómica, resultaron os elixidos para participar na apertura e extracción da caixa negra e a posterior inspección dos restos do 'tren Celta', segundo informa Europa Press. A nomeamento prodúcese despois da solicitude por parte do Xulgado de instrución número 2 do Porriño, encargado da causa, de técnicos para realizar os rexistros. Os dous peritos foron criticados polo seu papel na causa do sinistro do Alvia no barrio compostelán de Angrois tanto polas asociacións de vítimas e pola defensa do maquinista. Así consta no escrito que remitiu a Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza ao xulgado instrutor, recollido pola axencia. O rexistro da caixa negra permitirá coñecer a velocidade do convoi, as distancias que percorreu e as sinais que recibiu. O traslado dos vagóns, que xa foron retirados do lugar do sinistro, aprazarase até que os peritos finalicen a inspección. Mentres, a Comisións de Investigación de Accidentes Ferroviarios, dependente do Ministerio de Fomento, continúa coa súa investigación das causas. No análise da caixa negra estarán presentes tamén técnicos de Renfe, ADIF e Comboios de Portugal. O rexistro da caixa negra será fundamental para determinar os motivos do descarrilamento do tren Celta no Porriño. Esta revelará a velocidade do convoi, as distancias que percorreu e as sinais que recibiu. Porén, non haberá rexistros de son na cabina, só das comunicacións co posto de mando de Ourense."}
{"ID": "NOS_14246", "summary": "A Cidade da Cultura de Compostela acolle, este último trimestre do ano, unha mostra que conmemora os cen anos da xeración 'Nós' e da publicación do primeiro número da revista do mesmo nome. Baixo o título 'Galiza de Nós a nós' reúnese material gráfico e pezas icónicas, como o Santiago debuxado por Castelao e chegado desde Morlaix ou o mapa de Domingo Fontán, propiedade da familia de Ramón Otero Pedrayo e cedido agora polo Pazo-Museo de Trasalba.", "text": "Desde o 2 de outubro permanece aberta na Cidade da Cultura, en Compostela, a exposición Galiza de Nós a nós, comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Nela recóllese material vencellado á revista Nós e aos autores que conformaron a xeración do mesmo nome. A mostra \"pon o foco na vixencia dos principios defendidos por Nós, como a dimensión universal da cultura galega, a necesidade de ter unha voz propia no mundo e o carácter aberto e integrador da Galiza\", reza o catálogo. Nela reúnese, por vez primeira, documentación dispersa en distintos arquivos, públicos e privados, e ilustra o desenvolvemento da revista a través dos seus estatutos e dos títulos de membros da Sociedade Nós, recibos, subscricións, axendas, libros de contas, facturas ou a correspondencia entre os redactores e colaboradores do boletín, o que permite ás persoas que a visitan \"rastrexar o devir da publicación\". \"A busca de materiais relacionados co desenvolvemento da revista e a imprenta foi complexa pola época histórica na que se insiren\", comenta a comisaria Ana Acuña, que destaca a colaboración de distintas institucións e que, engade, \"permitiu reunir documentación interesante para reconstruír a intrahistoria de Nós\". A filóloga asegura que \"foi unha parte especialmente emocionante, a medida que ía lendo a revista, encontrar documentación acreditativa do seu percorrido vital, como foron as dificultades económicas; pero tamén encontrar os manuscritos dos artigos, ver como se distribuían para publicar na revista os orixinais lidos no Seminario de Estudos Galegos ou descubrir documentación sobre determinados acontecementos\". A revista desde as novas tecnoloxías e as recreacións O relato histórico-artístico da mostra artéllase en cinco seccións, apoiado en máis de 300 pezas físicas e dándolle preeminencia ao visual. \"Para min como filóloga habituada aos documentos foi unha aprendizaxe pensar unha exposición en pezas e non tanto en papeis\", comenta para Nós Diario Ana Acuña. A mostra reúne tamén obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal \"que poñen o foco nas conexións internacionais da revista Nós e dos seus impulsores\". Entre as pezas recollidas están, por exemplo, o Santiago de Morlaix, o Cristo de Santa Eufemia de Ambía, o puñal de Beluso, ou a estela de Florderrei Vello. As novas tecnoloxías están presentes como elemento de axuda para construír a narración expositivo a través do uso de elementos interactivos, audiovisuais ou de realidade aumentada. Ademais, atendendo á situación xerada pola Covid-19 e para reducir riscos, todos os elementos interactivos da mostra empregan tecnoloxías sen contacto físico, a través de sensores de presenza e de movemento, \"ou mediante dispositivos electrónicos persoais no caso das recreacións en realidade aumentada\". Xoia Software é a empresa encargada das recreacións virtuais que poboan a mostra, como o campamento romano de Aquis Querquennis, a iconografía de Nós deseñada por Alfonso Daniel R. Castelao ou as cidades do século XIX a través da cartografía da época. Completan o percorrido o traballo gráfico do infografista e ilustrador Álvaro Valiño e mais unha peza audiovisual sobre a pegada de Nós na sociedade galega do século XXI, na que participan a poeta Yolanda Castaño, o cineasta Oliver Laxe, a cantautora Faia Díaz, a fotógrafa Lúa Ribeira, o deseñador Carlos Hidalgo, a artista visual Marta Verde, a arqueóloga Rebeca Blanco e o pedagogo Alejandro Sotelino. \"A conxunción de todos estes elementos pode contribuír a entender un tempo e un feito cultural tan importante como foi a revista Nós\", asegura Ana Acuña. \"Coñecer a xeración e a revista supón coñecer de onde vimos e o que somos\", recalca. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]"}
{"ID": "PRAZA_13320", "summary": "A primeira edición da edición portuguesa do festival cumpriu as expectativas e pechouse cun certo relevo xeracional, co triunfo de M83, The Rapture, Black Lips ou Beach House e o éxito das propostas máis bailables.", "text": "O Primavera Sound (até este ano o de Barcelona e a partir de agora tamén o de Porto), axuda cada ano a facermos unha foto fixa da saúde e tendencias da música popular contemporánea. Se temos que guiarnos polas bandas que recabaron o meirande entusiasmo -en Barcelona e no Porto-, digamos por exemplo M83, The Rapture, Black Lips ou Beach House, teremos que concluír que asistimos a un claro relevo xeracional, pero non tanto a unha emerxencia de novos sons. O que a xente quere é bailar, iso parece evidente, ou fuxir a esas outras realidades oníricas ou reais que nos achegou o dúo de Baltimore nun concerto máxico. O que a xente busca é a catarse ou anestesia, que o mesmo serve unha cousa ou a outra. Porto pechou o seu primeiro exame cun notable en canto a asistencia, e malia aos inevitables erros organizativos (en Barcelona tamén pasa todos os anos e levan xa unha década de festivais), o Optimus gustou, o mesmo que o escenario do Parque da Cidade ou o ambiente -moi respectuoso coa música, como adoito en Portugal-. E se a xente quere bailar, M83 e The Rapture atoparon as fórmulas exactas para cunha eficaz mistura de pop, electrónica e post punk interpretar hits perfectamente medidos E se a xente quere bailar, M83 e The Rapture atoparon as fórmulas exactas para cunha eficaz mistura de pop, electrónica e post punk interpretar hits perfectamente medidos, que soan clásicos ou que simplemente se atopan no lugar e no momento preciso. Se cadra hai bandas que teñen o seu momento exacto aquí e agora, e as formacións de Luke Jenner e Anthony Gonzalez teñen no 2012 o seu tempo. Black Lips, The Oh Sees, os cataláns Mujeres (ou mesmo os Dirty Three, a pesar das evidentes diferenzas) xogan a outra cousa, pero o resultado é semellante: pés que se moven, gorxas que berran e corpos que se axitan sen saber por que. Pero por algo será que este grupo de bandas tamén colleitaron o éxito neste festival, nun tempo necesitado de emocións, no que as mensaxes están máis claras que nunca e o que se busca é a acción. E diso vai o punk, fágase agora, en 1979 ou no 2025, de acción-reacción, de bandas gamberras. O resultado demostrou que isto era o que moitos necesitaban. E parágrafo aparte merecen Beach House. Porque se dicimos que non se advirten na música correntes novas consolidadas, Victoria Legrand e Alex Scally necesitan apenas un piano e unha batería para crear un mundo propio. E convenceron, sen pretensións, nun escenario en penumbra, encaixados entre os quilovatios de Neon Indian e M83, xustificando o valor da música por si mesma, sutís e absolutamente demoledores. Canda aos éxitos referidos, houbo tamén decepcións, e estas chegaron da man dalgunha banda consagrada da que se cadra se podía agardar moito máis. Por exemplo duns Spiritualized de brillante repertorio pero pobre selección de temas e posta en escena, seguramente prexudicados por unha chuvia que na tardiña do sábado acadou a súa máxima intensidade. Pero tamén duns Saint Etienne fríos de máis para mover o público da medianoite. Outros veteranos si botaron man de experiencia para ofrecer concertos redondos que se ben non deixarán pegada, xustifican que os nomes de Suede, Mercury Rev, Wilco, Flaming Lips, Codeine ou Rufus Wainwright se escriban con maiúsculas. Se dicimos que no festival se albiscaron síntomas dun relevo xeracional, referímonos ás notables actuacións de Tennis, The Weekend, Wavves, Siskiyou, Baxter Dury ou mesmo de Victoria Falls, ou á sorpresa de Chairlifts Pero se dicimos que no festival se albiscaron síntomas dun relevo xeracional, referímonos ás notables actuacións de Tennis, The Weekend, Wavves, Siskiyou, Baxter Dury ou mesmo de Victoria Falls, ou á sorpresa duns Chairlifts que cun son absolutamente fóra de época -e isto non é unha crítica- fixeron bailar a milleiros de persoas baixo a carpa do festival. Novos seguen sendo The XX, e a pesar de repetir sen moitos cambios o repertorio xa ofrecido, por exemplo, hai dous anos no Vigo Transforma (á espera da publicación do seu novo álbum, este outono, do que ofreceron algúns temas), foron o máis destacado do sábado, cun directo limpo e elegante, máis parecido a unha sesión dun dj que a un concerto dunha banda, por veces. E novos son, igualmente, The Drums, que en cambio seguen sen ser capaces de demostrar no escenario a frescura que si ofrecen nos seus discos. Contraídos, estáticos, con excesivas poses de crooner, o seu directo necesita aínda de quilómetros ou dunha redefinición que deberán buscar no descanso que anunciaron que van tomar dende agora, despois de tres anos de xira continua. Novos son, igualmente, The Drums, que en cambio seguen sen ser capaces de demostrar no escenario a frescura que si ofrecen nos seus discos E así, cun sábado no que a chuvia foi protagonista, pechouse a primeira edición do Optimus Primavera Sound do Porto (que xa confirmou que terá continuidade no 2013), no mesmo día en que España sufría o seu primeiro rescate, uníndose a Grecia, Irlanda e Portugal. Porto e Vigo, capital Berlín, e 25 mil persoas bailando no tempo no que as cousas rematan."}
{"ID": "NOS_7277", "summary": "Unha das galardoadas negou o saúdo ao secretario xeral de Política lingüística mentres portaba un cartaz demandando \"máis apoio real\" para a lingua propia. VÍDEO NO INTERIOR.", "text": "Andrea Martíns protagonizou esta terza feira os premios á calidade lingüística que outorga a USC anualmente. Estes galardóns premian a calidade lingüística do estudantado nos traballos fin de mestrado. E na súa entrega estivo presente Valentín García, responsábel da área de política lingüística do goberno galego. A estudante, unha das galardoadas, negou o saúdo ao secretario xeral cando lle foi entregado o diploma. Ao tempo, portaba ás súas costas un cartaz no que se podía ler \"Xunta, menos postureo e máis apoio real para o galego\". Desta maneira, Martíns quixo facer constar o seu rexeitamento á política lingüística do goberno de Feijóo. \"Paréceme unha hipocrisía que o secretario xeral no seu discurso fale da importancia de promover a lingua galega após aprobaren un decreto que o exclúe\" como lingua vehicular \"en determinadas materias\" ou logo de \"despedir o profesorado dos cursos Celga\", asegurou Andrea Martíns en conversa con Sermos Galiza. Tampouco se esqueceu a estudante galardoada da \"perda de falantes\" que reflicte o último estudo elaborado polo IGE ou das \"dificultades de calquera persoa para desenvolver a súa vida en galego\". Podes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón."}
{"ID": "NOS_28604", "summary": "A CUT indica que a directora da Televisión galega confirmou a desaparición do programa diario ao comité de empresa e cualifica a decisión de \"agresión á produción propia\".", "text": "A TVG bota o feche a 'O Agro', espazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando, e que comezara a se emitir en 1991. A sección da CUT na TVG afirma que a propia directora da TVG, Rosa Vilas, confirmoulle ao comité de empresa \"o que xa levaba días bulindo polos corredores: a inminente desaparición do programa diario O Agro\". Segundo o sindicato, a decisión adoptouse por dous motivos: o recorte nun 75% do financiamento que desde a Consellaría de Medio Rural se adica a este programa e, por outra banda, á necesidade de mais redactores para o Telexornal, polo que xa desprazarían redactores do Agro a esa sección. A CUT considera \"gravísima\" esta decisión, que cualifica de agresión á produción propia, por tratarse dun programa de servizo público con información esencial para un sector estratéxico de Galiza. Critica, alías, que Rosa Vilas se referira a O Agro como uha \"mera sección no programa A Revista\""}
{"ID": "NOS_54722", "summary": "Esta terza feira ingresa 628 millóns.", "text": "Amancio Ortega ingresa esta terza feira 628 millóns de euros por dividendos de Inditex. É a primeira das dúas retribucións que o fundador e primeiro accionista de Inditex perceberá este ano por ese mesmo concepto. En total, 1.256 millóns de euros, o que supón 148 millóns máis que no exercicio anterior, 2016, cando se meteu no peto 1.108 millóns de euros. O consello de administración de Inditex proporá á xunta xeral, que terá lugar en xullo, o pagamento dun dividendo de 0,68 euros por acción; o que supón un 13.3% superior á de 2016. Desa cifra, 0,34 páganse esta terza feira e o resto, outros 34 céntimos, en novembro. Amancio Ortega é o primeiro accionista da empresa, cunha participacióndo 59,3%. A súa filla Sandra Ortega posúe o 5,05% do xigante textil, polo que vai cobrar neste 2017 por volta de 107 millóns de euros. Inditex rexistrou un beneficio neto de 3.157 millóns de euros entre o 1 de febreiro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2017. Un 10% de incremento a respecto do ano anterior."}
{"ID": "NOS_25509", "summary": "A representación teatral gañou o premio de Innovación Educactiva 2019 da Xunta.", "text": "Os Miserábeis como teatro, Os Miserábeis como historia, Os Miserábeis como porta aberta para investigar, interpretar e reactualizar. A novela histórica que Vítor Hugo publicou en 1862 revive, con nova visión, nos escenarios do Morrazo e faino da man do alumnado do IES Illa de Ons. Unha representación que é un proxecto pedagóxico, unha \"revisión contemporánea e feminista\" deste clásico. \"O traballo non só consistiu en mellorar as súas habilidades no teatro, senón que tamén se dedicaron a investigar sobre as proclamas revolucionarias da época, a coñecer as enfermidades ás que se tiveron que enfrontar, os personaxes importantes deste período, etc. Desta forma, aprenderon o sucedido desta etapa, así mesmo comprenderon o que foi subsistir neses tempos, a través dos seus personaxes\", explican nun comunicado desde o centro educativo. Esta cuarta feira, día 19, o Auditorio de Cangas acollerá a representación. Sobre as táboas: Jean Valjean (interpretado por Darío Camiña), o Inspector Javert (Óscar Rodríguez, Fantine (Teresa C. Bernárdez) Cosette (Alba Louzao), tamén unha líder revolucionaria (Alejandra Louzao), Enjolras (Manuel Estévez) e Gavroche (Sara Esperante). Esta representación teatral foi a gañadora do premio de Innovación Educativa 2019 entregado pola Xunta. A función representarse no Centro Social do Mar de Bueu, esta sexta feira, 21 de xuño, ás 20:30."}
{"ID": "PRAZA_6533", "summary": "A Asociación de Medios en Galego rexistra no Parlamento unha proposición de lei que, tramitada a través de AGE e BNG, procura que as axudas e a publicidade da Xunta na prensa sexan \"públicas e obxectivas\", como reclaman os colectivos profesionais e o Consello de Contas.", "text": "\"Transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación\". É unha das principais e case históricas reivindicacións dos medios de comunicación en galego que, agrupados dende hai anos na Asociación de Medios en Galego (AMEGA), veñen de formular unha proposta completa de Lei de Publicidade Institucional que este mércores foi rexistrada no Parlametno. A través dos grupos de AGE e do BNG a entidade asociativa achega ao lexislativo unha proposta que, como a propia asociación, pretende \"cultivar, difundir e socializar o idioma galego\" e facelo \"resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua\". Estes principios foron os que AMEGA lle presentou a todos os grupos parlamentarios, dos cales agarda que \"voten a favor da toma en consideración do texto\" tendo en conta ademais que o propio PP levou no seu programa a aprobación dunha Lei de Publicidade Institucional. \"A cidadanía -afirma a asociación- comprende o valor do pluralismo nos medios de comunicación para unha maior calidade da democracia e nós proclamámonos medios defensores dos servizos públicos\" tanto no ámbito da comunicación como da \"sanidade, educación e prestacións socaiis como elementos de cohesión e avance da sociedade\". Neste ámbito é no que se enmarca a petición de que \"a publicidade institucional\" e, en xeral, as achegas da Xunta aos medios \"se repartan en convocatorias públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións\", tal e como veñen reclamando, lembra, o Colexio Profesional de Xornalistas ou o Sindicato de Xornalistas. A proposta de AMEGA reclama axudas en convocatorias \"públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade\" Ata o momento todos os Gobernos da Xunta viñeron realizando as súas achegas económicas fundamentalmente a través de asignacións directas ás empresas editoras dos medios e, segundo datos do Consello de Contas, apenas un 10% dos fondos se distribúen en convocatorias públicas e competitivas ás que, por outra banda, non todos os medios poden concorrer por mor das condicións impostas. O 90% restante distribúese de xeito discrecional e, en numerosas ocasións, a través de convenios bilaterais que implican a inserción nos medios de novas elaboradas polo Goberno como se fosen noticias. A Asociación de Medios en Galego está formada na actualidade por A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Crónica 3, Praza Pública, Que pasa na costa, Sermos Galiza, Tempos Novos, Terra Cha Xa, Valmiñor.info e as máis de vinte e cinco emisoras de radio locais integrada na rede de Emisoras Municipais Galegas."}
{"ID": "NOS_9133", "summary": "O Parlamento galego aproba de forma definitiva os Orzamentos da Xunta da Galiza para o ano 2022, con 11.627 millóns de euros. As novas contas saíron adiante cos votos en solitario do PP e minguan as partidas para a Atención Primaria.", "text": "A Cámara galega deu esta terza feira, 21 de decembro, o aprobado final aos Orzamentos da Xunta da Galiza de 2022, cos votos a prol do PP e o 'non' de BNG e PSdeG. As contas consignan 11.627 millóns para o ano que vén. O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, tomou brevemente a palabra no pleno para destacar o seu anhelo de que os orzamentos sexan útiles para saír da crise. Non tiveron sorte ningunha das 1.025 emendas que, despois das distintas comisións e trámites, deron chegado ao pleno (465 do BNG e 560 do PSdeG). O PP tumbounas todas. Tampouco hai consenso á hora de determinar canto aumentan os orzamentos de 2022. A oposición volveunos cualificar de \"austeros\", incidindo en que apenas soben 64 millóns de euros, é dicir, tan só 0,55% máis respecto ás contas de 2021 (11.563 millóns). En fronte, o Executivo de Alberto Núñez Feixoo defende que se dá un incremento de 6,9%. A porcentaxe que dan os populares sae ao restar dos orzamentos de 2021 os 685 millóns de fondos extraordinarios Covid que a Galiza recibiu nese exercicio (co que o orzamento de 2021 pasaría de 11.563 millóns a 10.878 millóns). Pola contra, neses cálculos, a Xunta non aplica a mesma regra ás contas de 2022, e si computa no orzamento do ano que vén os 220 millóns que corresponden á devolución do IVE que o Estado adebeda á Galiza do ano 2017. O novo orzamento \"non aumenta nin 1%, polo que máis ben temos unha conxelación\", reprochou a deputada do BNG Noa Presas. No debate, subliñou que \"o peso do Orzamento da Xunta sobre o PIB galego segue a baixar\" e segue a depender en \"máis de 10% da recepción de fondos extraordinarios que van acabar este ano\". Isto significa, explicou, que \"son uns orzamentos austeros, porque o seu alcance depende de fondos extraordinarios e, aínda así, dedican 10% a amortizar unha débeda que non deixou de aumentar desde que o PP entrou no Goberno\". Pola súa banda, o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou que os orzamentos \"non están á altura do que as galegas e galegos necesitan\". Carecen, dixo, \"de estratexia de país, de modelo para a recuperación e de política económica\". \"A falacia fiscal\" En materia de política fiscal, a Xunta destaca que se inclúen novas rebaixas para o vindeiro ano. O Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) rebáixase 10%, co que o tipo xeral pasa de 10 a 9% para reducir a tributación ás familias que adquiren unha vivenda usada. En canto ao imposto de Patrimonio mantense o mínimo exento e bonifícase 25% a cota. En canto ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña as contas -a chamada lei de acompañamento, aprobada no pleno- tomba, cunha emenda do propio PP, o anuncio que fixera Feixoo na presentación dos orzamentos sobre un novo tramo do IRPF para as rendas altas. Así, o PP deixou sen efecto nos orzamentos de 2022 a suba no IRPF de 22,5% a 23,5% da cotización no tramo autonómico para as rendas que superan os 100.000 euros. Desta maneira, suprímese a suba do IRPF para as rendas máis altas contemplada nas propias contas da Xunta. A este respecto, o socialista Gonzalo Caballero reprobou a \"falacia fiscal do PP\", que anuncia unha rebaixa de impostos que \"en realidade só afecta 38.000 galegas e galegos que cobran máis de 100.000 euros anuais\", aos que lles rebaixan 500 euros de impostos. Aos 800.000 galegos e galegas de rendas baixas, dixeron Caballero e a deputada Olalla Rodil (BNG), apenas se lles reducen 12 euros ao ano. Ambos censuraron esta \"alianza de Feixoo cos millonarios mentres se recortan os servizos públicos\". Mentres, o secretario xeral dos populares, Miguel Tellado acusou a oposición de querer \"subir os impostos a todos\". Sanidade e educación Caballero tamén reprobou que se incrementen 6% as partidas para persoal de confianza do Goberno galego mentres este \"despide 868 profesoras e profesores de reforzo e máis de 500 profesionais sanitarios en plena pandemia\". Pola súa banda, a nacionalista Noa Presas referiuse ao recorte acumulado desde a chegada de Feixoo á Xunta en 2009 de 2.400 millóns na Atención Primaria. Nesa liña, reprochou o veto do PP ás emendas do BNG no ámbito sanitario. As emendas nacionalistas recollían partidas para reforzar a Primaria e aumentar o persoal, para novos centros de saúde e atender as necesidades dos hospitais comarcais, así como unha partida de 42 millóns para un plan de continxencia que permitise garantir a atención sanitaria e eliminar as listas de agarda; ademais de 21 millóns para incrementar o Plan de atención á saúde mental. En relación á educación, a nacionalista propuxo un \"acordo polo ensino\" con 105 millóns para reforzar o sistema educativo e dotalo \"do profesorado que precisa\", fronte á supresión de 2.500 docentes en 10 anos. Nos novos orzamentos, Sanidade fica practicamente na mesma cifra que en 2021 (4.587,1 millóns). A Atención Primaria, pese ao seu colapso e a falta de persoal recoñecida polo Goberno e a oposición, a Xunta destinará 1.389 millóns, por baixo dos 1.391 de 2021, e máis lonxe aínda dos 1.436 millóns orzados para 2009 pola Xunta de PSdeG e BNG, xusto antes da vitoria de Feixoo. Redúcese a distancia entre eólicos e casas O Hemiciclo tamén aprobou a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos. A oposición cargou contra a Xunta por empregar esta lei para mudar \"todo tipo de normas\", até 30, á marxe de cuestións orzamentarias, e criticou a emenda do PP que elimina dos orzamentos o tramo de maior gravame impositivo para as renda altas. A deputada Olalla Rodil (BNG) cualificou de \"hipocrisía\" a reforma do sector eólico que estabelece esta lei, ao considerar \"falsa\" a moratoria de ano e medio para novos parques eólicos, e asegurou que o obxectivo da Xunta é \"gañar tempo\" para tramitar máis de 200 expedientes. Denunciou tamén a emenda introducida polo PP para que os parques eólicos admitidos ou de repotenciación non teñan que estar a un quilómetro de distancia das casas, polo que acusou o PP de ser \"representante do oligopolio eólico\"."}
{"ID": "NOS_34134", "summary": "\"Mercado da arte, a arte no mercado\" é a iniciativa promovida pola artista Luz Darriba que se está a desenvolver na Praza de Abastos de Lugo. Corenta artistas participan no proxecto que vende as obras en postos no mercado e inclúe unha máquina expendedora de arte a 10 euros.", "text": "Feiras de arte hai moitas mais que a arte se venda nunha praza de abastos acontece poucas veces. Esta semana está a suceder na Praza de Abastos recén remodelada de Lugo, onde a iniciativa \"Mercados da arte, a arte no mercado\", promovida pola artista Luz Darriba, ofrece a posibilidade de difundir, vender e promocionar a obra de corenta artistas. \"O obxectivo é potenciar a arte, a cultura, toda a actividade creativa, nun momento de mínimos históricos, e facelo nun entorno que tamén é importante promocionar Alimentos para o corpo, alimentos para o espírito, que se interrelacionan nun encontro amoroso e lúdico\", explica Luz Darriba, creadora da idea, a organización e o comisariado do proxecto que conta poder levalo a outras cidades galegas. A iniciativa inclúe, ademais dos postos e numerosas actividades arredor da arte, a instalación dunha máquina expendedora na que se poden adquirir obras orixinais a 10 euros. O proxecto está patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo máis a Asociación Monumental Mercado Municipal. Corenta artistas e moitas actividades O proxecto inclúe, ademais da exposición e venda, obradoiros de pintura, gravado, poesía, máscaras, concurso de fotografía sobre o mercado ou mesas redondas, performances, teatro, música e distintas actividades. Esta quinta feira desenvólvese o Día do Gravado con obradoiros a cargo de Luísa Paz Montenegro e a creación e impresión de obras ademais da actuación do grupo \"A volta do agro\". Para a sexta feira, día 29, o Día da Pintura ofrecerá un obradoiro para todas as idades en distintos horarios impartido por Juan Pablo Mastroianni. Para o sábado día 30 está prevista a celebración do Día da Poesía e o Día do Teatro , cun obradoiro de poesía visual para todos os públicos por Luz Darriba, a actuación do grupo Pinchacarneiro coa súa obra \"Os perseguidores de soños\" para seguir o espectáculo de Chiruca e Paul Baker \"Témolas Frescas!\". Nesta semana, as obras intégranse no mercado a través da intervención dos e as artistas nos postos e nos diferentes espazos. As participantes no \"Mercado da arte\" do mundo da creación en distintas disciplinas son: Dulce Anca, Maribel Aguilar, Nuria Barrio, Alfredo Bongianni, Quique Bordell, Alfonso Castro, Ana Costas, Luz Darriba, Honorio, Julio Leira Sanmartin, Jose Lemur, Germán Limeres, Federico Lojo, Juan José Lomarti, Ignacio López, Noemí López, Juan Pablo Mastroiani, Quique Muruáis, Estefanía Novo, Alfonso Otero Regal, Renata Otero, Ánxela Pardo, Alejandro Pardo, Cristina Mejías Bamio, Luisa Paz Montenegro, Giovana Pereira, Paco Pestana, Xabier Quijada, Baldo Ramos, Xermán Refojo, Viky Rivadulla, Daniel Sanmartin Anca, Peter Schneider, Isabel Somoza, Fernando Tomé, Lola Tourón, Eduardo Valiña, Juan Vila, Helena Villar Janeiro, Zalo."}
{"ID": "PRAZA_918", "summary": "Traballo tramita a petición do presunto líder da trama Zeta para dar de baixa Azetanet no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.", "text": "Xestión contable e administrativa para auditoría, xestión de procedementos tributarios, xestión de recursos humanos, creación de microempresas, financiamento de empresas, tratamento de datos... E así, ata preto dunha ducia. Son as especialidades formativas que Azetanet, a consultoría propiedade de Gerardo Crespo e presunto núcleo da trama Zeta de suposta fraude de subvencións, estivo autorizada a impartir ata hai poucas semanas, cando a propia entidade solicitou a baixa da súa autorización. Mentes a investigación xudicial segue o seu curso foi a propia consultoría, agora quebrada a efectos prácticos, a que pediu a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, requisito imprescindible para poder acceder aos fondos públicos que implica a concesión deste tipo de cursos. Segundo consta no anuncio que a Consellería de Traballo vén de publicar no DOG foi o pasado 6 de febreiro, catro días despois de que Crespo estivese citado a declarar ante a xuíza por primeira vez, cando a consultoría iniciou os trámites para renunciar formalmente á inscrición neste rexistro e, polo tanto á autorización para impartir estes cursos. O proceso iniciouse \"por solicitude da interesada\", Azetanet, que pediu que a baixa se executase \"o antes posible\". Azetanet pediu a baixa no rexistro que permite impartir cursos de Traballo, mentres que á Academia Zeta lle foi revogado o permiso pola Xunta Como fixa a normativa vixente, a directora xeral de Emprego, Ana María Díaz, unha das altos cargos sinaladas por Crespo nas súas declaracións públicas, foi a encargada de abordar a petición de Azetanet. Así, o 31 de marzo acordou iniciar o procedemento de baixa, que inclúe a apertura dun prazo de dez días para a presentación de alegacións dende o momento en que a entidade reciba a notificación correspondente. Dado que Azetanet xa non opera nas súas instalacións do polígono coruñés da Grela esa notificación non se lle puido entregar, polo que o prazo comeza agora, coa publicación no DOG. Este trámite prodúcese apenas catro meses despois de que a matriz das entidades de Crespo, a Academia Zeta, deixase tamén de estar autorizada para impartir estes cursos, co matiz esencial de que aquela baixa se produciu por iniciativa da Consellería e non da empresa. No caso da academia foron revogadas as autorizacións para impartir accións formativas de administración e comercialización de seguros, así como de persoal técnico en materia de consumo. Segundo a Xunta, aquela baixa produciuse porque a academia de Crespo non reunía os requisitos establecidos para optar á organización dos cursos. Acusacións contra o PP Estes trámites administrativos prodúcense paralelamente á investigación xudicial e non gardan, cando menos formalmente, relación directa coa mesma. Neste sentido, o propio Crespo acusou en numerosas ocasións á conselleira de Traballo, Beatriz Mato -coa que noutrora gardou unha aberta afinidade política e persoal-, e ao propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de \"mentir\" e provocar a quebra dos seus negocios para ocultaren as súas responsabilidades políticas e cuestións como as achegas de cartos ao partido que detectou a Policía. O empresario acusa a Feijóo e a Mato de \"mentir\" para ocultaren responsabilidades políticas \"Síntoo moito, pero teño que defenderme; demostrarei que a conselleira e Feijóo menten\", afirmou o empresario e militante do PP o pasado marzo, antes de acudir a un dos trámites previos á querela por supostas inxurias e calumnias contra Mato. \"A conselleira -acusa- calumniou cando dixo frases como que en nove comunidades enganamos\", porque \"para empezar, non traballamos en nove comunidades\". Do mesmo xeito, asegura, Feijóo \"mente\" ao afirmar que foi o propio Goberno galego quen iniciou a investigación, e insiste en que contratou o presunto 'conseguidor' da trama, o empresario Pachi de Lucas, por ser amigo \"íntimo\" do presidente e ser \"protexido de Mariano Rajoy\"."}
{"ID": "QUEPASA_1000", "summary": "Última hora [Xoves 16 - 14:00]: Segundo informa o alcalde de Vimianzo, a vítima \"evoluciona favorablemente con mellores expectativas ca onte. Reacciona a estímulos e ten consciencia. A familia é optimista pero con moita cautela\". Apareceu, autolesionado pero vivo, o suposto autor do delito na praia dos Muíños. A vítima, continúa \"estable dentro da gravidade\", segundo o alcalde da vila.", "text": "Consternación e repulsa contra o acto, pero tamén mareas de apoio para a familia. Así foron as concentracións celebradas esta tarde de mércores 15 de maio, que quedará marcado en negro na Costa da Morte tralo intento de asasinato machista acontecido en Vimianzo. Javier M., de 41 anos, apuñabala 3 veces a súa ex parella diante da súa oficina de Unións Agrarias, e escapaba. Ao longo do día, mentres a vítima, Monste López, xogábase a vida no quirófano, a Garda Civil estivo na súa procura, mesmo con helicópteros, por toda a comarca. Era atopado, dentro da súa furgoneta situada na Praia dos Muíños, arredor das 20:00h, ao mesmo tempo que centos de veciños se manifestaban na praza do Concello vimiancés.Aparecía vivo, autolesionado, pero vivo, e era trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, custodiado polos axentes, antes de ser posto a disposición xudicial. Segundo informaba o propio alcalde vimiancés, Manuel Antelo, durante a concentración, e despois de ler un manifesto semellante ao que lía no pleno extraordinario convocado este mediodía, a vítima atópase en estado \"estable dentro da gravidade\", despois de saír de quirófano. Segundo fontes municipais está \"Sedada á espera de saber se hai secuelas\", pero esperan que saia con vida. Foi un día complicado en Vimianzo, pero os seus representantes políticos demostraron estar por riba das cores, e demostraron unha unidade fundamental para facer fronte á violencia machista. Máis concentracións A primeira hora da tarde, o alumnado do CEIP San Vivenzo concentrábase ás porta dos Concello. Os compañeiros e compañeiras das fillas da vítima quixeron amosar con esta sentida homenaxe o seu apoio á familia. \"Nin unha máis, nin unha menos\", leron os pequenos alumnos despois de recoñece que \"cando toca de preto, síntese máis\". Esta mesma tarde, ás 19:00h, os compañeiras de Unións Agrarias de Santiago concentrábanse ás portas da súa oficina en repulsa da #violenciamachista e ofrecendo o seu ánimo á vítima e a toda a familia. Paralelamente, en Cee, a Organización Feminista Buserana organizaba outra concentración, ás 20:30h, para a comarca de Fisterra. Baixo o lema O machismo mata\", medio centenar de persoas tamén se achegaron á praia 8 de Marzo. Concentración en Cee ante o acto de violencia machista de Vimianzo-Fotos de Rafa Quintáns Mañá continúan as citas, por exemplo en Laxe, onde o Concello convoca unha concentración ás 12:00h diante do Concello. Ademais, ducias de entidades da zona enviaron comunicados de respulsa ao acto e de apoio á familia, e os actos de campaña foron anulados por todos os partidos."}
{"ID": "PRAZA_10764", "summary": "Non faltará nun logo ben próximo unha mente de vocación empresarial -o empresario atleta: hainos suxeitos a todas as afeccións e amizades- que o vexa óptimo para outro hotel ou balneario que engorde máis o seu papo cheo. Iso ou a morte lenta das plantas.", "text": "Hai edificios con bagaxe histórica e/ou arquitectónica -moita, certa ou escasa, tanto ten- que, deshumanizados, acaban morrendo coma plantas. Son, en rigor, construcións que por vontade política -motivada normalmente por un interese privado- ou como consecuencia da neglixencia se deixan morrer. É o caso do vello cárcere da rúa do Progreso, en Ourense. Qué biblioteca daba se a administración quixese!Unha prisión é cousa que sobra en todas as vidas e lugares. Cousa da literatura, por exemplo. Da beira mesma da prisión o tempo e a neglixencia adherida coma carrachas ás sucesivas administracións levou a chamada Escola Normal de Mestras, a Casa do Pobo e o edificio do antigo Colexio Universitario. Mais sobre a vella prisión provincial de Ourense, construída no primeiro cuarto do século XIX, só proxecto do XVIII de Ferro Caaveiro, e abandonada en 1987, pasou en 2001 o proxecto dun hotel balneario que mirou o edificio cos ollos do beneficio privado e non valeu nin para tirarlle a herba que xa daquela lle enchía as engurras. Véñenme recordos con isto, saberán desculpar. Un garda enche a garita de verde e negro, ben á vista o tricornio e a punta da metralladora. Os compañeiros, tamén cargados de ferro, pasean pola beirarrúa co ollar revirado contra as camperas coas que petardeabamos a mantenta, de madrugada e do outro lado da rúa, contra o chan lousado, se cadra por lles dar a réplica a aqueles instrumentos da morte aos que se abrazaban. A falta doutros capitais, por aquí sempre fomos excentes en metáforas. Non é difícil pois imaxinármonos como país cercados polos muros do vello cárcere de Ourense, coma unha xoia inexplorada no medio da mediocridade que a ignora. O alcalde atleta de Ourense, no percurso da ruta que trazou para o propio lucimento, acaba de dicir que non ve clara a inversión, acordada por corporacións anteriores, para reformar a Praza de Abastos, outro edificio insigne. Apóianse, os del, no PP local para ocultar a exposición pública dos cambios no novo Plan Xeral (plan que Democracia Ourensana impugnou non hai moito no xulgado). Escacha así Jácome un ovo na testa desoutro predio histórico. Non faltará nun logo ben próximo unha mente de vocación empresarial -o empresario atleta: hainos suxeitos a todas as afeccións e amizades- que o vexa óptimo para outro hotel ou balneario que engorde máis o seu papo cheo. Iso ou a morte lenta das plantas."}
{"ID": "NOS_33674", "summary": "Discurso nidiamente socialdemócrata de Méndez Romeu no seu debú parlamentario. O portavoz do PSdeG-PSOE acusou o PP de \"aplastar\" as clases traballadoras e \"arruinar\" as clases medias. Concluíu ofrecendo a \"discusión de aquí ao mércores\" de dous pactos: un sobre o emprego e outro sobre a permanencia de NGB \"como entidade galega\".", "text": "Méndez Romeu fixo un discurso inequivocamente socialdemócrata, de defensa dos servizos públicos e a prol dunha política fiscal progresiva, mais en ningún momento fixo a menor referencia ao fortalecimento do autogoberno de Galiza. O que si mostrou foi preocupación pola saúde da Constitución española. Destruír o Estado social, que é o que estarían a facer os gobernos \"de dereita\" da Xunta e do Estado, é tanto como \"baleirar a Constitución española\". Financiar a sanidade con impostos \"Para nós, a sanidade pública é irrenunciábel e debe ser financiada polos impostos\", dixo Méndez Romeu, quen interpelou a Feijóo nestes termos: \"Non conte connosco para impulsar un modelo de negocio\" que debilite o carácter público do sistema sanitario. \"Queremos que os cidadáns só paguen unha vez, através dos impostos, e non tamén cando utilicen os hospitais\", afirmou en alusión ao repagamento sanitario. Se a esperanza de vida en Galiza é das máis altas no mundo é grazas \"á extraordinaria calidade do sistema sanitario público\", o albo das políticas privatizadoras do PP, alegou o portavoz da formación socialdemócrata, quen se referiu tamén ao ensino en termos similares: \"Vostedes da man do ministro Wert apostan por menos axudas, menos bolsas, leva retirado 700 millóns de euros de gasto educativo, leva reducido 1.200 profesores...\", denunciou o portavoz do PSdeG, quen anunciou o apoio do seu partido á folga convocada contra a LOMCE. Por que agora é o PP tan permisivo co Goberno do Estado español? Por que rebaixou a exixencia ao Goberno de España? perguntouse Méndez Romeu. \"Por que se rende agora diante da venda de NGB? Por que permite que se venda agora se hai 5 anos de marxe? Vosté pasará á historia por liquidar 2 caixas e 3 bancos, tamén quere ser o liquidador de NGB. Por que vendelo agora se hai varios compradores interesados?\", inquiriu o deputado do PSdeG. Méndez Romeu reprochou a Feijóo a caída demográfica e a emigración. \"Con vostés os galegos somos máis febles e, ademais, menos\". \"Vosté preside un goberno burocrático. Pide consensos, pero evita acordos\", denunciou o portavoz socialista, que ofreceu a hipótese de pactar \"de aquí ao mércores\" dous pontos: un plan de emprego neto no sector privado e o mantimento de NGB como entidade galega, \"e non vendela a terceiros\". \"Vosté ten os recursos. Isto depende do FROB. Teñen a maioría absoluta, aquí e en España\", indicou."}
{"ID": "NOS_25391", "summary": "Os sectores produtivos primarios de Galiza resultan especialmente golpeados pola crise. Desde finais de 2009 a principios de 2013 destruíronse en agricultura, gandeiría e pesca 22.400 empregos", "text": "A actual crise non deixa sector produtivo indemne. Nin a industria, nin a construción nin os servizos. Mais os sectores primarios (pesca e agricultura) están a ser banidos do mapa. Un escenario que confirman agora datos oficiais publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Así, e entre o terceiro trimestre de 2009 e o primeiro trimestre de 2013, o número de ocupad@s en agricultura e gandeiría pasaba de 68.700 a 53.900 persoas. Unha queda de 14.800 persoas en pouco máis de tres anos. Neste sector perdeuse nesa etapa o 21,5% dos seus empregos. Unha destrución de por volta de trece empregos cada día. Nestes tres anos e medio no campo e no mar perdéronse unha media de 20 empregos diarios Perda constante e acelerada No outro sector produtivo galego, o mar, a situación é aínda peor en canto a perda de persoas ocupadas. No terceiro trimestre de 2009 había 24.000 persoas traballando na pesca e acuicultura. Tres anos e medio despois, a principios de 2013, ese número era só de 16.400, segundo os propios datos oficiais. O que supón 7.600 persoas menos. En porcentaxe, o sector primario do mar perdeu o 31,7% dos e das súas ocupadas."}
{"ID": "NOS_30659", "summary": "O novo presidente ponse ao temón de Chile nun momento de tempestade.", "text": "Unha sondaxe publicada esta semana reflicte que 47% dos chilenos pensan que ao país lle irá \"moi ben\" co Goberno de Boric; 36%, que \"regular\"; e 14%, que \"mal\", mais achega unha aceptación maioritaria (57%) da figura do novo presidente cunha imaxe \"positiva ou moi positiva\" del. Gabriel Boric, o mandatario máis novo da historia do país e o máis novo do mundo na actualidade, asumiu na pasada sexta feira o seu cargo. A súa chegada á Presidencia de Chile, despois da revolución iniciada no outono de 2019, xerou grandes ilusións por mudar as fondas desigualdades que persisten no país 32 anos despois da fin da ditadura. Grandes, tamén, son os retos que afronta. 1. Convención constituínte Tres semanas despois do inicio das protestas, Boric canda outros políticos de distintas tendencias asinou un acordo para mudar a Constitución que aínda rexe no país e que é herdanza do réxime de Augusto Pinochet (1973-1990). Fíxoo persoalmente, sen o apoio do seu partido, Convergencia Social, polo que o éxito do proceso está intimamente ligado ao éxito do propio Boric, que viu neste paso a saída institucional á crise. A asemblea de 155 membros electos encargada de redactar a nova Carta Magna deberá presentar unha proposta en xullo, para ser posteriormente levada a referendo. O recoñecemento da plurinacionalidade chilena, entre outras propostas progresistas, é criticada pola dereita ─que non ten maioría e síntese \"excluída\"─ polo seu \"afán refundacional\". 2. Conflito mapuche Os enfrontamentos na militarizada rexión Macrozona Sur, que fai parte do territorio histórico do Wallmapu, a nación mapuche, foron en aumento nos últimos anos. Neste fanse cen anos do inicio do conflito, coa loita polas terras ─que as grandes empresas madereiras usan para o seu negocio deixando beneficios nulos e si pobreza ambiental a un pobo, o mapuche, con forte vencello económico e espiritual coa terra─ como catalizador. Boric manifestou o seu compromiso cos pobos orixinarios, aínda que entre os mapuches resultou decepcionante non ser incluídos no Gabinete ministerial. O presidente asegurou que así caduque o actual estado de excepción, o 26 de marzo, iniciarase \"unha retirada ordenada das forzas de seguridade\". Nas últimas horas, a ministra do Interior, Izkia Siches, suspendeu as reunións previstas na zona tras ser recibida a súa comitiva con tiros ao aire. 3. Crise económica A desaceleración xeneralizada da economía global e a alta inflación, en parte pola fin dos paquetes de estímulo económico e fiscal relacionados coa pandemia, chega sen que se chegase a solucionar a fonda desigualdade social. Un panorama que será mesmo máis negro pola guerra en Ucraína, coa grave afectación á produción global de alimentos xa anunciada pola FAO, a axencia da ONU para a alimentación e o agro. Ademais, o conflito bélico elevou o prezo do petróleo aos seus niveis máis altos desde 2008, e Chile non produce cru ningún. O país está a ter en 2022 menor expansión do esperado, polo que cun orzamento fiscal tan axustado será que o Goberno de Boric deba manobrar. O seu proxecto estrela é estabelecer unha reforma tributaria progresiva, para que paguen máis as grandes empresas. Porén, nesta inestabilidade económica, sen crecemento, para o financiamento de dereitos sociais non abonda só con subir taxas impositivas. E todo isto para afrontar o maior reto de Boric: cumprir coas altas expectativas xeradas na poboación chilena. O atraso de Felipe VI adiou o inicio da toma de posesión O novo presidente de Chile, Gabriel Boric, atribuíu a un atraso na chegada do rei de España, Felipe VI, que a cerimonia da súa toma de posesión da pasada sexta feira comezase con 15 minutos de atraso. \"Pareceume ben inaceptábel que se atrasase a cerimonia porque o rei de España se atrasou. Mais, ben, son cousas que pasan\", comentou na segunda feira pola noite (madrugada galega) nunha entrevista na canle T13, subliñando que \"un ten que respectar os protocolos estabelecidos\"."}
{"ID": "PRAZA_19064", "summary": "Nos próximos meses En Marea ten por diante o reto de sentar unhas boas bases do que desexamos que sexa un proxecto de cambio gañador, capaz de buscar en común un solución efectiva aos grandes problemas da maioría das galegas e os galegos", "text": "En Marea ten que definir que tipo de forza política quere ser e a súa folla de ruta para conseguilo Enviando a Madrid cinco deputados e unha senadora nas eleccións do 26-X, e 14 deputados ao Parlamento Galego o 25-S (eleccións nas que esta forza sorpassou o PSdG), En Marea converteuse na segunda forza política galega en número de votos. Agora, tras uns resultados extremadamente exitosos para unha forza política tan nova (aínda que non suficientes como para empuxar dende as institucións melloras substanciais na vida das galegas e galegos), En Marea ten que definir que tipo de forza política quere ser e a súa folla de ruta para conseguilo, tarefa na que deberá envorcarse o novo órgano de dirección de En Marea que sairá elixido a finais deste mes de xaneiro. Entre outros retos, deberán abordarse como punto de partida os seguintes asuntos: Constitución de En Marea como suxeito político Unha das cuestións cruciais que debe resolver En Marea é decidir como manterse á vangarda política de España Unha das cuestións cruciais que debe resolver En Marea é decidir como manterse á vangarda política de España, profundando na construción (aínda embrionaria, e máis electoral que social) dun novo \"nós\" capaz de integrar non só a nova onda de persoas activadas politicamente tras o 15-M, senón tamén a boa parte do nacionalismo galego e da esquerda republicana. Para a solidificación de En Marea como un único suxeito de vocación maioritaria e coa potencia suficiente como para mudar nunha forza de goberno en Galicia, terá que haber unha vontade firme, unánime e extremadamente xenerosa de interiorizar e poñer en práctica o \"é máis o que nos une que o que nos separa\". Non será posible traballar e conseguir melloras para as maiorías sociais se se dedican as enerxías a facer oposición a compañeiros de proxecto En clave interna, os inimigos para bater serán as loitas internas entre faccións e a instrumentalización de En Marea para perseguir obxectivos de parte. Será necesario, por tanto, que todos os actores políticos que participen en En Marea sexan conscientes de que os obxectivos de En Marea non teñen por que necesariamente casar cos intereses propios ou os de calquera outra organización na que un milite. Non será posible traballar e conseguir melloras para as maiorías sociais se se dedican as enerxías a facer oposición a compañeiros de proxecto. Ditas metas comúns deben articularse ao redor da xustiza social e ambiental recollidas no programa de En Marea e sintetizadas no slogan das eleccións galegas do pasado 25-S: \"un país xusto\". Por suposto, esta unidade ao redor do que é común non debe ser entendida como uniformidade: debemos ser capaces de convivir na diversidade, integrar todas as sensibilidades e enriquecernos coas achegas mutuas. En calquera caso, para evitar as dinámicas de parte, a mellor vacina é a democratización do poder e da toma de decisións, e por tanto será esencial implementar os mecanismos que maximicen esta democratización. En clave externa, haberá que seguir profundando nun discurso transversal que permita atraer a amplos sectores da sociedade cunha variada procedencia política, considérense ou non de esquerdas, nacionalistas, republicanos, radicais ou de calquera outra categoría. Só así se poderá xerar un \"nós\" (chámese \"pobo galego\", chámese \"os de abaixo\") o suficientemente amplo, compacto e potente como para desterrar as políticas neoliberais e caciquís do PP. A unidade da esquerda é requisito necesario mais non abonda: non será posible gobernar Galicia sen convencer a parte do electorado tradicional do PP e do PSOE e sen mobilizar parte da abstención. Haberá que seguir profundando nun discurso transversal que permita atraer a amplos sectores da sociedade cunha variada procedencia política Para a tarefa de convencer a \"os (e, sobre todo, as) que faltan\" debemos ser quen de xerar confianza e certezas, especialmente entre todas aquelas persoas que están de acordo coas medidas que presentamos no noso programa, pero que por un ou outro motivo votaron a outros partidos ou ficaron na abstención. Esa confianza pódese xerar só a través da praxe, predicando co exemplo. Debemos demostrar solvencia, probando unha capacidade intachable de xestión do público para disipar calquera sombra de medo e para demostrar que a imaxe de \"bos xestores\" do PP é un espellismo. Para iso é fundamental que reivindiquemos e nos apoiemos nos logros das alcaldías do cambio, así como nas iniciativas que saquen adiante os nosos cargos públicos. Hai que evitar tamén evidenciar publicamente pugnas internas (\"se non saben gobernar o seu propio partido, como van gobernar o país?\"); é dicir, as sensibilidades de En Marea non só teñen que permanecer unidas ao redor do común, senón que tamén han de aparentalo. Creación de espazos de militancia e de tecido cultural As sensibilidades de En Marea non só teñen que permanecer unidas ao redor do común, senón que tamén han de aparentalo Se queremos que as galegas e galegos vexan En Marea non como unha mera forza de representación, senón como unha ferramenta que sintan propia e poidan utilizar para mellorar a súa vida, hai que apostar por seguir abrindo En Marea. Aínda que un elevado grao de apertura non está exento de riscos e contrapartidas, as portas abertas á sociedade civil, sen necesidade de afiliarse, pagar cotas ou presentar certificados de pureza ideolóxica, foron unha das claves do despegue de Podemos a nivel estatal e do florecemento das candidaturas municipalistas a nivel local. As estruturas e asembleas abertas destas organizacións serven como interface de contacto, de debate de propostas e de creación de vínculos sociais entre persoas con escasa mobilización política previa. Para abrir En Marea será imprescindible multiplicar e facilitar os mecanismos de participación, eliminando calquera tipo de trabas loxísticas e burocráticas. O incremento de encontros presenciais é necesario pero non suficiente, se temos en conta que as necesidades de conciliación por parte da cidadanía galega sempre serán un factor limitante para a asistencia a estes encontros. Os espazos presenciais de militancia de En Marea, por tanto, deben estar complementados por espazos telemáticos; o importante non é que todo o mundo estea a participar acotío, senón que todo o mundo poida facelo sempre que queira. A creación dun portal telemático de participación (https://medrando.enmarea.gal/), onde calquera persoa pode inscribirse en poucos minutos libre e gratuitamente, é un paso importante (que deberá ser seguido por outros) na dirección da apertura. Por suposto, estas ferramentas participativas deben ir acompañadas de ferramentas formativas para todos os niveis, desde as persoas máis implicadas no proxecto ata as que participan só ocasionalmente. En Marea debe tamén decidir se quere ser unha ferramenta puramente electoral ou se, pola contra, tamén quere promover activamente a construción de movementos e dispositivos culturais para o famoso \"carril lento\" polo que se circula cando non hai eleccións Doutra banda, En Marea debe tamén decidir se quere ser unha ferramenta puramente electoral ou se, pola contra, tamén quere promover activamente a construción de movementos e dispositivos culturais para o famoso \"carril lento\" polo que se circula cando non hai eleccións, como será o caso durante os próximos dous anos. A tarefa prioritaria para este \"carril lento\" é a construción teórica e a posta en marcha dunha alternativa ao armazón socioeconómico actual, é dicir, a cimentación de \"o novo que aínda está por chegar\". Non vale simplemente con negar a realidade que temos. Aínda que é certo que temos xa varias pezas que poden formar parte do debuxo global da alternativa (redes de solidariedade, grupos de consumo e de intercambio, cooperativas, etc.), hai que seguir nutrindo ditas pezas e creando outras novas para, finalmente, poder encaixalas e ter nas nosas mans un modelo distinto ao actual, máis sustentable, máis humano, máis feminista e, en resumo, máis xusto. Engarce coas forzas do cambio doutras escalas territoriais Temos tamén o reto de lograr un encaixe satisfactorio de En Marea coas mareas municipalistas e coas forzas progresistas tanto a nivel español como internacional. A escala local, debemos ser totalmente respectuosos coa autonomía das mareas municipalistas, non usurpando nin tentando desprazalas do espazo político que hoxe ocupan. A coordinación con elas será complexa, especialmente a nivel orgánico, aínda que boa parte dos militantes de moitas delas apoiaron, individual ou colectivamente, a construción de En Marea. A escala local, debemos ser totalmente respectuosos coa autonomía das mareas municipalistas, non usurpando nin tentando desprazalas do espazo político que hoxe ocupan Respecto da escala estatal e superior, convén resaltar que En Marea xurdiu como forza política específica galega, coas súas particularidades propias, pero non hai que perder de vista que hai outros actores políticos en España (país de países) e no estranxeiro que defenden os mesmos principios de xustiza social que En Marea. Por tanto, desde Galicia temos que explicitar que entendemos por \"plurinacionalidade\", e temos tamén que buscar a forma de apoiarnos mutuamente entre as diversas forzas do cambio, mediante confederación ou buscando outro encaixe, mantendo un equilibrio entre a nosa autonomía e a interdependencia coas outras forzas políticas aliadas. Esquiva de dinámicas perniciosas Hai dinámicas e riscos inherentes á participación política, e haberá que facer un esforzo activo para non incorrer neles e evitar así que se desvirtúe En Marea como proxecto político do cambio en Galicia. Entre os devanditos riscos inclúense: - Os repregamentos participativos. A lóxica que permitiu o despregamento actual de forzas do cambio en todo o Estado foi a necesidade de tomar as nosas propias decisións políticas para que ninguén decida por nós, e isto require evitar as estruturas verticais dos partidos políticos tradicionais nos que a toma de decisións queda delimitada a unhas poucas votacións. A apertura e incorporación á vida diaria de En Marea da xente do común (especialmente daquelas persoas que non teñen a vida solucionada e que necesitan con urxencia o éxito dun proxecto de xustiza social) non só valerá como mecanismo de control democrático, senón tamén como motor de ilusión nunha cidadanía que terá nas súas mans unha ferramenta útil para mellorar a súa vida. A apertura e incorporación á vida diaria de En Marea da xente do común non só valerá como mecanismo de control democrático, senón tamén como motor de ilusión - Os repregamentos identitarios. Deberemos asumir e demostrar que En Marea non está aquí para \"defender o de sempre\", senón para actuar como aglutinante de toda esa maioría de galegas e galegos que non sente representada polas forzas políticas tradicionais. Para as transformacións que queremos levar a cabo non sobra ninguén: necesitamos ás persoas republicanas, nacionalistas, de esquerdas, ecoloxistas, decrecentistas, animalistas, etc., pero só con elas non basta, e por tanto ningunha destas sensibilidades pode erixirse en estandarte de pureza de En Marea. É dicir, será preciso renunciar a moitas etiquetas, pois aínda que algunhas delas poden facer que nos sintamos cómodos sempre haberá persoas que as rexeiten. A nosa única bandeira debería ser, de novo, \"un país xusto\". Será preciso renunciar a moitas etiquetas, pois aínda que algunhas delas poden facer que nos sintamos cómodos sempre haberá persoas que as rexeiten. A nosa única bandeira debería ser, de novo, \"un país xusto\" - Os repregamentos de resistencia. En Marea debe renunciar a ser unha forza de resistencia se quere ser unha forza de avance e conquista. Debemos transcender a concepción tradicional da rúa como un espazo de resistencia, un escenario do \"non pasarán\" no que defender os últimos restos do estado do benestar. Por suposto que non hai que abandonar esas loitas; de feito, fai falta apoialas e intensificalas. Pero tamén é necesario saír á rúa dunha maneira positiva e propositiva, non para dicir o que non queremos senón para dicir o que si queremos. Unha rúa na que celebremos e nos enorgullezamos dos éxitos conseguidos nos concellos nos que xa estamos a gobernar ou das melloras que os nosos cargos públicos no Hórreo e nas Cortes leven a cabo, e unha rúa na que se esixan cousas que a día de hoxe parecen unha utopía, como podería ser a renda básica, para seguir empuxando a barreira do posible. - Caer na corrupción. Se algo é capaz de retirar apoios a unha forza política e disparar os niveis de abstención (ou de voto de castigo), é o sentimento de que \"todos os políticos son iguais\". Por iso, a maiores de irreprochables coa xestión do público, temos que ser extremadamente pulcros e rigorosos co noso código ético. O máis mínimo desvío, o máis mínimo indicio de que nós tamén estamos aquí para enchufar aos nosos amigos e meter a man nas arcas públicas, amplificado por uns medios que esperan ansiosamente o momento de dicir \"vedes?, son todos iguais\", levaría á perda da oportunidade de recuperar Galicia para as galegas e os galegos. En Marea ten por diante o reto de sentar unhas boas bases do que desexamos que sexa un proxecto de cambio gañador, capaz de buscar en común un solución efectiva aos grandes problemas da maioría das galegas e os galegos Concluíndo, nos próximos meses En Marea ten por diante o reto de sentar unhas boas bases do que desexamos que sexa un proxecto de cambio gañador, capaz de buscar en común un solución efectiva aos grandes problemas da maioría das galegas e os galegos. É un desafío make or break, pero neste país envellecido, en caída demográfica, preso de redes caciquís e coa cuarta parte dos fogares en risco de pobreza, o que non podemos é fallar."}
{"ID": "NOS_33889", "summary": "O candidato do PPdeG non quer unha dispersión do voto da dereita e chama as bases conservadoras a \"non dar un balón por perdido\".", "text": "Núñez Feixoo insiste en que o PPdeG está aberto \"de par en par\" a calquera dirixente de Ciudadanos que queira sumar\". Un convite que o presidente da Xunta en funcións e candidato do Partido Popular ao 5-A está a intensificar consciente de que vai precisar de todos os votos da dereita. \"Este é o proxecto que imos manter non nos vindeiros días, senón que o imos manter até que se fechen as listas electorais o 1 de marzo\", manifestou Feixoo, no que é toda unha man tendida a que cargos e dirixentes de Cs pasen a se sumar ao PPdeG. \"Estamos dispostos\", dixo o líder popular a preguntas dos xornalistas sobre abrir as portas do partido a xente de Cs. Feixoo é consciente de que cara ao 5-A non hai que dar ningún voto por perdido. Sobre as enquisas que lle dan maioría absoluta chamou a \"non dar un balón por perdido\". Preguntado sobre Vox, lamentou que a formación de ultra dereita \"teña o mesmo obxectivo que Podemos, PSOE e os nacionalistas: botarme\". O candidato, e así o deixou claro no acto de proclamación do sábado pasado, quer xogar a carta de se presentar como a moderación e o centro fronte aos extremos, igualando Vox e o nacionalismo no rol de 'malos' para Galiza."}
{"ID": "PRAZA_12674", "summary": "A ministra de Sanidade confirma que os pensionistas xa non pagarán os medicamentos só a través dos impostos, senón que terán que asumir un 10% do custo, cun copagamento mensual de entre 8 e 18 euros. Os xubilados galegos, coas pensións máis baixas do Estado, serán os máis prexudicados pola medida.", "text": "\"Non falemos de recortes\". A ministra de Sanidade realizáballe esta petición a un xornalista tras a xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde, o órgano que xunta ao Estado coas autonomías -polo tanto, con absolutísima maioría do PP- que viña de dar luz verde á maior reforma sanitaria da historia da democracia española dende a aprobación da Lei Xeral de Sanidade en 1986. Como filtrara o equipo de Mariano Rajoy dende México unhas poucas horas antes, o Goberno central carga o peso da súa reforma na prestación farmacéutica dos pensionistas, nas persoas xubiladas que ata agora recibían os medicamentos que precisaban sen ter que pagar máis que o que xa abonaran vía impostos e que, dende agora, terán que pasar por caixa para pagar o 10% do prezo dos produtos farmacéuticos. Serán achegas que, a priori, poderían semellar menores, xa que estarán limitadas a 8 euros para o que ingresen menos de 18.000 euros ao ano e a 18 para os que cobren máis, se ben en Galicia o seu impacto será maior, dado o inferior nivel das pensións a respecto do resto do Estado. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa avanzaba a mediados de marzo que aplicaría sen modificacións calquera medida que se aprobase neste Consello Interterritorial e, polo tanto, non cabe modificación ningunha por parte do Goberno galego para un paquete de medidas que tamén afecta ás persoas \"activas\", isto é, a quen ten traballo ou a quen estea en situación de desemprego pero cobre unha prestación. Nestes caso, só quen perciba menos de 18.000 euros ao ano seguirá sufragando o 40% dos medicamentos que precise, como ata agora. Os demais terán que achegar un 50% do prezo e, se a súa renda é superior aos 100.000 euros, un 60%. De toda a reforma só saen ben parados dous colectivos: o das persoas desempregadas sen prestación e as que perciben unha pensión non contributiva ou unha prestación de inserción social como a Risga. Serán os únicos que teñan medicamentos sen pagar nada a maiores. Nova estrutura do copagamento farmacéutico Perfís Antes Agora Tope Pensións -18.000 € 0% 10% 8€/mes Pensións +18.000 € 0% 10% 18€/mes Persoas activas -18.000 € 40% 40% - Persoas activas +18.000 € 40% 50% - Persoas activas +100.000€ 40% 60% Persoas desempregadas con prestación 40% 50% - Persoas desempregadas sen prestación 40% 0% 0€ Pensións non contributivas e Risga 0% 0% 0€ Segundo a ministra esta reforma, que ten o cerne no copagamento farmacéutico, garante que o sistema sanitario será \"viable\" no conxunto do Estado sen ter que introducir taxas por asistencia en hospitais ou centros de saúde. Non obstante, recoñece a continuación que a niveis de recadación os ingresos por medicamentos non serán significativos, senón que o seu valor é meramente \"disuasorio\". \"Non supón moita recadación\", admite, nun contexto no que os ingresos non subirán máis de \"punto e medio ou dous puntos\". \"Se quixésemos -advirte- adoptaríamos outras medidas, como a taxa por receita -como propón Catalunya\", que \"cun euro ou dous\" suporía uns \"892 millóns ao ano\". Trátase, insiste, de \"disuadir\" para que \"non se sigan tirando medicamentos\". É este mesmo \"efecto de disuasión\" o que se persegue tamén, asegura, á hora de establecer que os pensionistas pagarán o 10%. \"Había que poñer unha cifra\", resume. Trátase \"dunha medida que nos gustaría non ter que facer, pero garante que a asistencia continúe sendo gratuíta para todos os españois\", engade Mato. Galicia, máis afectada O recorte ou copagamento farmacéutico que vén de anunciar o Goberno central afecta de maneira moi especial a Galicia, un país coa poboación envellecida, onde o número de persoas maiores de 65 anos aumenta a cada ano e coa pensión media de xubilación máis baixa do Estado. Os 450.000 xubilados galegos perciben as pensións máis baixas do Estado, cunha media de 775,50 euros Segundo os últimos datos do mes de marzo, a contía media das pensións de xubilación no país sitúase nos 775,50 euros, case 200 euros menos que a media do Estado, que se sitúa en 940,76. En Galicia, pagáronse en marzo 450.223 prestacións a xubilados, sendo os ourensáns os cidadáns coa pensión máis baixa de Galicia e, xa que logo, do Estado, con 657,78 euros de media. Incluíndo ademais as pensións por incapacidade, viuvez ou orfandade, na comunidade o número total de prestacións ascende a case 731.000 persoas. A poboación envellecida, con máis de 620.000 persoas que superan os 65 anos, provoca que o gasto farmacéutico en Galicia, así como o número de receitas, se sitúe sempre entre os primeiros lugares máis altos dos rankings. Para entender a relevancia dos datos, e segundo o Instituto Galego de Estatística, no país hai 54 concellos nos que máis do 40% da súa poboación supera os 65 anos de idade. Hai dez anos, o número de cidadáns que superaban esa idade non chegaba aos 570.000, mentres que agora xa roza os 630.000 e continúa aumentando. Con todo, en opinión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, \"o novo sistema de achega dos usuarios en farmacia\" está \"encamiñado a acadar un modelo máis equitativo\" e as medidas impulsadas polo Goberno central conducen a \"garantir a solidariedade\" e a \"equidade do sistema público\". Asegura a Xunta que Mosquera mantivo na xuntanza o \"firme compromiso\" de \"evitar o copagamento por prestacións asistenciais\" e defendeu o plan aprobado porque \"haberá unha achega superior por parte dos que máis teñen\". Outras medidas: homoxeneidade autonómica e veto ao \"turismo sanitario\" A homoxeneización podería traer a Galicia novos copagamentos 'importados' doutras autonomías Á marxe das novas taxas farmacéuticas a xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde serviu tamén para avanzar na que vén sendo unha das propostas estrela dos conservadores neste ámbito: a homoxeneización das políticas sanitarias autonómicas. Segundo o ministerio, a súa intención non é outra que \"asegurar que todos os españois teñen acceso ás mesmas prestacións, da máis alta calidade\" e por isto aprobará unha \"carteira común básica de servizos asistenciais\" de \"prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación\", así como o transporte sanitario urxente, \"cubertos de forma completa por financiamento público\", asegura Mato. Fóra deste paquete de prestacións quedan os servizos \"suplementarios\" e \"accesorios\". Os \"suplementarios\" inclúen prestacións \"ambulatorias\" nas que, segundo a ministra, os doentes xa \"participan\" isto é, xa pagan. Os accesorios inclúen \"servizos ou técnicas imprescindibles para certas patoloxías\", como \"cosméticos para pacientes con enfermidades raras\". Ademais, poderían chegar a Galicia novos copagamentos importados doutras autonomías, xa que se \"unificará o criterio de participación dos usuarios en produtos farmacéuticos, ortoprótesis, dietoterápicos e transporte sanitario non urxente\". Ademais destas carteiras de servizos coas que Sanidade prevé aforrar 50 millóns de euros, Ana Mato asegura que se deixarán de gastar 1.000 millóns co veto ao denominado \"turismo sanitario\". Entre reiteracións de que \"todos os españois teñen dereito á sanidade gratuíta\", a ministra anuncia que a súa intención é \"acabar cos abusos\" dos \"estranxeiros que veñen utilizar a sanidade\". Amparándose nun informe do Tribunal de Cuentas, explica, \"incorporarase ao dereito español un artigo\" dunha directiva europea \"que prohibe desprazarse en busca de atención sanitaria\", provocando que haxa \"moitos europeos que teñen máis dereitos sanitarios que os propios españois\". \"Atendemos unha demanda social e aforramos\", conclúe. Todas as medidas recibirán o visto e prace do Consello de Ministros do vindeiro venres e serán aplicadas pola vía do Real Decreto Lei."}
{"ID": "NOS_5959", "summary": "Unha multitudinaria manifestación, máis de 40.000 persoas segundo os sindicatos, percorreu a cidade en defensa dun sector chave para comarca e Galiza horas despois de que Almunia insistise na devolución das axudas do 'tax-lease'. Vídeo no interior", "text": "Milleiros de persoas marcharon en Vigo, con punto de partida na Praza dos Cabalos, para rexeitar a intención de Bruxelas de obrigar a devolver ao naval as axudas do 'tax-lease'. 'Naval, solución' foi unha das palabras de orde da multitudinaria marcha. Mais non a única. Hóuboas contra a política da UE, mais tamén contra os gobernos estatal e galego. A decisión de Bruxelas de se manter nas súas trece, non aceptar a alternativa da delegación que viaxou até a cidade, e insistir en que hai que devolver as axudas do 'tax-lease', xerou unha gran indignación na cidade. Pola mañá, paro de catro horas no naval e marchas de protesta que converxeron ante a sede delegación comunitaria. Alí, un traballador izou unha bandeira negra, de loito pola destrución do sector. \"Reaxir\" E pola tarde, unha maré humana tomou parte na manifestación. Por volta de 15.000 empregos en xogo, dependendunha decisión de Bruxelas. Na marcha, convocada polos sindicatos, representantes das diferentes organizacións políticas. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, expresou \"a indignación\" polo resultado da xunta en Bruxelas e apelou á \"insubmisión. É momento de plantarse e reaxir, Galiza non pode seguir soportando políticas que nos destrúen\". Vence censurou a actuación da UE porque \"non se basea en argumentos xurídicos, senón que é unha decisión puramente política e obedece á presión dos lobbies holandeses e alemáns, que son os que están a concentrar toda a contratación europea. Actualmente teñen unha posición hexemónica no mercado naval, levan todos os contratos debido á situación de parálise que sofren os nosos estaleiros desde que a UE abriu hai dous anos o expediente ao Estado español polo tax-lease\". \"Farsa\" De por parte, Xosé Manuel Beiras, de Age, manifestara nas últimas horas que que \"no naval, asistimos a unha constante e continuada celebración de farsas, que dura un tercio de século\". A viceportavoz, Yolanda Díaz, sinalou que \"non podemos consentir este novo golpe aos estaleiros, dado coa complicidade do Partido Popular, maioritario na Comisión Europea\""}
{"ID": "NOS_47152", "summary": "Tres de cada catro despexos debéronse no segundo trimestre de 2021 ao impagamento do alugueiro.", "text": "O Goberno galego vén alertando nos últimos meses do \"problema agudo\" que supón a ocupación ilegal de vivendas na Galiza. No mes de abril, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, apuntaba que se trata dunha práctica que \"vai in crescendo\", e xustificaba a caída da oferta de vivendas en réxime de alugamento polo \"medo das e dos galegos a que lles ocupen a casa\" por mor da \"inseguridade xurídica\" que, dicía, padecen as persoas propietarias. De feito, a finais do pasado ano o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) asinou un convenio co Consello da Avogacía Galega para dispor un teléfono gratuíto que dea asistencia especializada permanente ás persoas que se consideren afectadas pola 'okupación', un servizo de atención prioritaria do que carecen os colectivos protexidos e as persoas en situación de vulnerabilidade económica ou social. Porén, as cifras desmenten o alarmismo xerado desde a Xunta da Galiza, que provocou o desembarco no país de empresas como Desokupa ou Mi casa no es la tuya, esta última investigada pola Xustiza en setembro de 2020 por un presunto delito de coaccións no despexo dun edificio en Lugo. Segunda taxa de ocupación ilegal máis baixa do Estado O último informe da serie Efectos da crise económica nos órganos xudiciais, que publica de forma trimestral o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), evidencia unha caída das ocupacións ilegais de 18,5% no segundo trimestre de 2021 a respecto do mesmo período do ano anterior, e de 31% en comparanza cos datos de 2019. Así, entre o 1 de abril e o 30 de xuño os xulgados galegos ingresaron 22 demandas por esta causa, fronte ás 32 de dous anos atrás. No primeiro trimestre, a cifra foi de doce. A Galiza fica cunha taxa de 'okupación' de 0,8 por cada 100.000 habitantes, isto é, o segundo rexistro máis baixo do Estado xunto con Euskadi. Só Asturies e Cantabria, con 0,5, teñen un dato menor. Cómpre lembrar, así mesmo, que na Galiza hai a día de hoxe perto de 300.000 vivendas baleiras, o que significa que un de cada cinco fogares está deshabitado, segundo os datos máis recentes fornecidos pola Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN, en inglés) na Galiza. Medran os desaloxos por impagamento do alugueiro Así as cousas, no segundo trimestre de 2021 os xulgados do país practicaron un total de 447 lanzamentos, dos cales 343 —76,7%— se deberon ao impagamento do alugueiro, derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU). En termos globais, supón un incremento de 438,6% a respecto dos mesmos rexistros de 2020, un ano condicionado pola pandemia e pola \"moratoria\" dos despexos en cumprimento da LAU anunciada polo Goberno estatal. Con todo, comparando co segundo semestre de 2019, os lanzamentos totais apenas minguan 32%. Execucións hipotecarias Dos 447 desafiuzamentos, outros 89 correspóndense neste último período con execucións hipotecarias, que se multiplican por nove en comparanza co ano precedente e caen en 36% a respecto de 2019. Con todo, hai outros 164 casos da mesma índole pendentes de se resolver, unha cifra superior á dos dous anos anteriores. Así as cousas, os 15 despexos restantes derivaron doutras causas alén do impagamento do alugueiro e as execucións hipotecarias. Neste apartado quintuplícanse os rexistros a respecto de 2020, e apenas minguan en un caso comparando con 2019."}
{"ID": "PRAZA_11295", "summary": "Tras unha nova avaría nun convoi convencional, desta volta na liña vella Ourense-Santiago, a operadora tivo que recorrer a un tren paisaxístico, pero a súa reducida capacidade provocou unha revolta no Carballiño", "text": "Tras unha nova avaría nun convoi convencional, desta volta na liña vella Ourense-Santiago, a operadora tivo que recorrer a un tren paisaxístico, pero a súa reducida capacidade provocou unha revolta no CarballiñoO AVE está a piques de chegar e, coa progresiva apertura de novos treitos, as liñas de longa distancia e do Eixo Atlántico viron aumentar notablemente nos últimos anos o número de servizos e reducirse os tempos de viaxe. Pola contra, no tren convencional, especialmente a partir do gran recorte de liñas de 2013, os servizos empeoraron ao tempo que os convois continuaron a avellentar. Pero non todos, xa que hai un tipo de tren convencional que si aumentou os servizos nos últimos anos, os trens turísticos, dos que xa existen unha ducia en toda Galicia e a un dos cales tivo que recorrer Renfe este domingo para transportar a parte dos pasaxeiros da liña vella entre Ourense e Santiago, principalmente estudantes, ao avariarse o convoi ordinario. O tren que ía facer o servizo Ourense-Santiago pola vía convencional, especialmente empregado nas fins de semana por estudantes ante o moito máis elevado prezo do Avant que circula pola liña de alta velocidade, non chegou a saír da estación de Ourense e os pasaxeiros foron trasladados a un tren turístico. Porén, a capacidade deste é máis reducida e na parada que fai no Carballiño xa non quedaban asentos para os pasaxeiros que alí agardaban co billete xa comprado. A negativa a viaxar de pé no tren turístico substituto obrigou a Renfe a habilitar un autobús no que transportar a parte da pasaxe.O presidente de Renfe lamenta que anteriores gobernos desatendesen as liñas de proximidade e media distancia, con trens con máis de 40 anos, e di que traballa para mercar novos convoisA avaría do tren orixinal non é nova e ese tipo de incidentes son frecuentes tanto nesa como noutras liñas nas que aínda se prestan servizos convencionais, como a liña de vía estreita do Cantábrico. Este luns o propio presidente de Renfe, Isaías Táboas, de visita en Arteixo, atribuíu as recorrentes avarías no parque móbil convencional a que o anterior Goberno central do PP deixou desatendidas as liñas de proximidade e media distancia, con trens con máis de 40 anos. Agora, asegurou, traballa en licitar a compra de trens novos para ese tipo de servizos.Porén, nos últimos anos en Galicia Renfe tamén apostou por outro tipo de servizos que non son de alta velocidade ou longa distancia senón que empregan as liñas convencionais. Os trens turísticos, que contan con financiamento da Xunta e da Deputación de Ourense, disparáronse ata as doce liñas existentes este ano en días puntuais distintos. Non é que haxa doce trens novos, xa que eses servizos son prestados cuns poucos vellos e pequenos convois reformados que se van desprazando a unha ou outra liña o día concreto en que ten que circular, pero este pasado domingo a súa viaxe entre Ourense e Santiago puxo en evidencia as prioridades das administracións."}
{"ID": "PRAZA_2488", "summary": "O Consello da Xunta aproba o retorno de Diego Calvo á delegación do Goberno na Coruña e Rey Varela anuncia a incorporación do exalcalde de Ponte Caldelas á xerencia do Consorcio de Benestar.", "text": "Galicia non ten Senado. Non hai, polo tanto, un espazo no que recorrentemente acaben un bo número de cargos políticos desaloxados dos seus postos por diferentes resultados electorais. No entanto, cando esta circunstancia se dá adoitan aparecer vieiros nos que recolocar, se non a todos, si a algúns dirixentes que, por diversos motivos, poidan resultar de relevancia para os seus partidos. Así, por exemplo, descóbrense vocacións inéditas ou reaparicións en postos de responsabilidade que pouco ou nada tiñan que ver cos cargos anteriores. Tras as configuración dos gobernos resultantes das eleccións municipais de maio non foron poucos os dirixentes do PPdeG desbancados dos seus cargos locais. Algúns deles foron, nas últimas semanas, recolocados en postos da Xunta. O pau das urnas no 24M xerou unha reacción en cadea no partido de Alberto Núñez Feijóo, que se dispuxo a anunciar a \"renovación\" a través dun \"relatorio político\" e xun \"xiro social\" na política do Goberno. A estratexia de mudanza -lampedusiana para a oposición, real para os populares- chegou á súa cerna a comezos de outubro, cando en plena xornada dominical Feijóo anunciaba unha profunda crise de goberno que implicaba, ademais de cambiar, caras, abdicar de boa parte da estrutura de Goberno publicitada dende 2009, desfacendo algunhas das fusións de consellerías máis polémicas. Ademais da destitución da politicamente queimadísima Rocío Mosquera, a principal nova desa reestruturación da Xunta foi a primeira das devanditas recolocacións. José Manuel Rey Varela, desaloxado da alcaldía de Ferrol pola coalición de Ferrol en Común e PSdeG, consumaba a súa cotización á alza dentro do organigrama popular co salto ao Goberno. Tras ocupar un dos papeis dirixentes na elaboración do relatorio político e poucos días despois de ser nomeado xefe de campaña para as xerais, Feijóo outorgáballe a Rey Varela o departamento estrela do novo organigrama, Política Social, chamado a encabezar a imaxe do Goberno ata as eleccións de 2016 e beneficiado poucos días despois cunha relevante inxección orzamentaria. Diego Calvo retorna á delegación da Xunta na Coruña tras perder a presidencia da Deputación Rey Varela é un dos dirixentes de máis peso do PP na provincia da Coruña como tamén o era outro dos damnificados polos acordos na banda esquerda tras o 24-M, Diego Calvo, presidente da Deputación coruñesa durante o pasado mandato. Despois de tres meses e medio exercendo unicamente a secretaría xeral do PP provincial, o que fora responsable das Novas Xeracións do PPdeG na fin do fraguismo retorna, en virtude dun acordo do Consello da Xunta deste xoves, á delegación territorial do Goberno galego na Coruña, que xa ocupara dende que Feijóo chegou á Xunta, en 2009, ata que en 2011 chegou á presidencia da Deputación. A ata agora delegada, Belén do Campo, pasa a exercer a dirección xeral de Gandaría, na refundada Consellería de Medio Rural. A exvicepresidenta da Deputación de Lugo é nomeada directora de Inclusión Social e o exalcalde de Ponte Caldelas, xerente do Consorcio de Benestar No mesmo Consello que devolveu a Calvo á delegación da Xunta abordáronse tamén dous nomeamentos máis en clave de recolocación, ambos vinculados á consellería de Política Social. Así, o gabinete de Feijóo deulle luz verde ao decreto que nomea como directora xeral de Inclusión Social a María Teijeiro, ata agora edil do PP no Concello de Lugo e, durante o fugaz goberno popular na Deputación lucense, vicepresidenta e responsable de Benestar e Igualdade -o seu labor profesional está vinculado ao eido da igualdade-. Asemade, Rey Varela informou o Consello de que vai nomear xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar a Perfecto Rodríguez, alcalde de Ponte Caldelas ata as pasadas municipais e dende 2002, cando substituíu na alcaldía ao seu pai, que sufriu unha enfermidade repentina."}
{"ID": "NOS_26707", "summary": "Segundo o sindicato, o decreto que se vota hoxe no Congreso \"afonda no abuso patronal, non garante os ingresos das familias nin a recuperación do emprego\".", "text": "A CIG continuou durante a xornada de hoxe o calendario de accións mobilizadoras para esixir políticas \"que permitan unha saída á crise sanitaria, económica e social favorábel á clase traballadora e ás maiorías sociais\". Desta volta, a central realizou concentracións diante da Delegación do Goberno na Coruña, das subdelegacións de Lugo, Pontevedra e Ourense, en oficinas do Servizo de Emprego e da Seguridade Social de Vigo e Vilagarcía, no edificio da Xunta en Ferrol e na Praza de Galiza de Santiago, coincidindo co debate e votación no Pleno do Congreso do RDL 18/2020, unha sorte de \"nova reforma laboral que afonda no abuso patronal, non garante os ingresos das familias nin a recuperación do emprego, malia o seu rimbombante título: Real Decreto-Lei (RDL) de medidas sociais en defensa do emprego\". Este RDL para a prórroga dos ERTE, resultado do chamado Acordo Social, \"evidencia as mentiras do Goberno a respecto de que esta é a primeira vez que se lexisla a saída a unha crise antepondo o interese das maiorías sociais ao interese do capital\". Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, \"este tipo de políticas económicas e recentralizadoras que o Goberno español está a aplicar son o caldo de cultivo para que a ultradereita e o fascismo poidan medrar\". \"A ultradereita non se combate con receitas neoliberais que xa se demostraron fracasadas, haina que combater con políticas sociais\", asevera. As garantías de emprego, \"pura propaganda\" Neste senso, Carril lembra que a garantía de emprego da que fala o Goberno é \"pura propaganda, como se puido comprobar unha vez publicado o decreto 18/2020 no BOE: a suposta prohibición de despedimentos durante seis meses nas empresas que realizaran ERTE quedou reducida á mínima expresión, xa que só se aplicará aos ERTE por forza maior, non aos que teñen causas obxectivas, e ademais os seis meses comezan a contar cando se reincorpora da suspensión a primeira persoa, non a última\". \"Este decreto apróbase cando hai centos de traballadores e traballadoras que aínda non comezaron a cobrar o paro e cando segue vixente e sen trazos de ser derrogada a reforma laboral e da prestación por desemprego de 2012, que meteu un retallo importante ás contías a percibir, pois a partir do día 181, a porcentaxe da contía que se percibe baixa até o 50% da base reguladora de cotización\", alerta. \"Sen vontade\" de derrogar a reforma laboral Sobre este punto, Carril denuncia a \"nula vontade\" do Goberno español por anular integramente a reforma do PP, malia no seu momento ser compromiso electoral das dúas formacións que integran o Executivo. \"O espectáculo bochornoso do outro día a conta do pacto con Bildu evidencia ás claras que non hai interese por avanzar neste camiño, senón, como moito, tocar determinados aspectos cos que lavar a cara. De feito, no acordo de investidura asinado en xaneiro entre o BNG e o PSOE xa se contemplaba a derrogación da reforma laboral e da negociación colectiva, respectando os marcos autonómicos de relacións laborais, mais até o día de hoxe o Executivo de Sánchez non deu ningún paso neste camiño, senón máis ben no contrario\", lembra. Con este decreto dáselle un \"cheque en branco\" ás empresas, que \"seguirán decidindo unilateralmente sobre os ERTE: continuidade e ampliación das causas, duración e modalidade que prefiran, sen control público e sen negociación coa representación sindical, deixando na total indefensión e desprotección os traballadores e traballadoras\"."}
{"ID": "PRAZA_5133", "summary": "Os conservadores dubidan agora da utilidade das guerras de bandeiras tras impulsalas durante anos e cargan contra o PSdeG por pedir que se coloque a enseña da II República Española na Pobra durante o 14 de abril.", "text": "\"En vez de ollar que bandeiras ondean nos seus concellos, analicen como poden contribuír para ser verdadeiramente dignos representantes dos galegos, que merecen outro tipo de propostas máis útiles\". Esta frase ben podería proceder dunha institución gobernada polo nacionalismo ante unha das clásicas peticións do PP a respecto da presenza da bandeira española en espazos públicos. Mesmo podería ser obra dun representante público en resposta a grupos como UPyD, xeralmente ocupados nestas cuestións. Pero é a culminación dun comunicado remitido polo PPdeG á prensa e co PSdeG como destinatario. Neste caso a bandeira da polémica é a da II República Española. En datas recentes os socialistas da Pobra do Caramiñal transmitíronlle ao alcalde da localidade, Isaac Maceiras (PP), a petición da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza para que o vindeiro 14 de abril ondee na casa consistorial a enseña republicana. \"Facer visible ese día non lle fai mal a ninguén\" e pode servir para \"dignificar os perseguidos\" pola ditadura, argumentan. Ante tal petición a dirección galega dos conservadores saíu en tromba contra a proposta, lamentando que \"o novo PSOE de Besteiro aposte por colocar bandeiras republicanas en institucións públicas\". O PSdeG da Pobra pide colocar a bandeira da II República o 14 de abril como homenaxe aos represaliados Na nota, que o PP non atribúe a ningún dirixente en concreto, o partido que sustenta o Goberno galego ve na inicativa socialista unha \"ocorrencia\" e permítese \"recomendarlles que se centren en propostas para mellorar o presente e o futuro\", e \"non empreguen o seu tempo en cuestións de hai máis de oitenta anos\". Preocuparse polas bandeiras é inútil, veñen dicir os populares, ao tempo que lle preguntan ao líder do PSdeG se \"cre que este tipo de medidas\" van permitir que \"gañen apoios entre a cidadanía\". Outras 'guerras de bandeiras' En 2007 o PP vía unha \"obriga moral\" pular pola colocación da bandeira española en todas as dependencias da Xunta A inutilidade que o PP observa agora na colocación dunha ou doutra bandeira contrasta coa súa posición noutros ámbitos, onde iniciou verdadeiras cruzadas políticas vinculadas a teas e mastros. Así, por exemplo, en 2007, xa con Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido, o daquela deputado e actual senador Enrique López Veiga elevou á categoría de \"obriga moral\" a necesidade de que a bandeira de España estivese presente en todos os departamentos da Xunta. \"Están empeñados en desespañolizar Galicia e non o imos permitir\", proclamaba. Máis recentemente, en febreiro de 2012, os populares cargaban con dureza contra o Concello de Culleredo, na altura gobernado por PSdeG e BNG, ante a ausencia da bandeira española da casa consistorial. En xullo do mesmo ano, o PP de Rianxo censuraba que \"o goberno local\", do BNG, \"retire a bandeira española para celebrar o Día da Patria galega\" (Día de la Patria gallega, na nota orixinal), e aseguraban que esa ausencia estaba a provocar un fondo \"malestar\" na veciñanza. A bandeira galega, \"lembraban\", \"nunca foi retirada durante a celebración do Pilar\"."}
{"ID": "NOS_32141", "summary": "A CIG, principal sindicato nesta industria, insta as administracións a implicarse en solucionar os problemas existentes nesta rama da actividade.", "text": "Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta quinta feira diante da Delegación do Goberno na Coruña para esixir solucións para a industria electrointensiva. As persoas concentradas demandan a creación dunha tarifa industrial \"estábel, predicíbel e competitiva\" que recoñeza o estatuto específico deste tipo de empresas con grandes consumos de enerxía. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, puxo o acento na \"grave crise industrial\" que atravesa o sector electrointensivo e perante a que cómpre atopar solucións. No camiño destas, sinalou, un marco estábel para esta industria é obrigado A CIG fixo entrega ao Goberno español, por cuarta vez, da proposta que elaborou para a creación dunha tarifa industrial estábel, predicíbel para a industria electrointensiva. Esta proposta xa foi remitida tamén á Xunta de Galiza, a patronal do sector e mesmo ao comisario europeo de Enerxía. Carril tamén quixo denunciar a actitude do Ministerio, que \"segue negando a CIG, aínda que é a única organización sindical que ten, dende hai meses, unha proposta para as electrointensivas e a pesar de ter a condición de sindicato máis representativo, ser a primeira forza sindical en Galiza e a primeira neste tipo de industria\". A protesta deste quinta feira enmárcase no calendario de mobilizacións que a CIG ten acordado para esixir \"que se adopten as políticas públicas necesarias para defender o interese xeral\". Nese marco, nas próximas semanas presentaranse mocións sobre a creación da tarifa industrial en todos aqueles concellos nos que hai instaladas empresas con grandes consumos enerxéticos."}
{"ID": "NOS_48972", "summary": "Buba, Mira e Rodríguez representarán Galiza", "text": "Logo de brillar no Campionato de España, a Selección da Galiza de Ciclocrós lánzase á conquista dun desafío maiúsculo, todo un reto internacional. Tres das corredoras que subiron ao podio o pasado domingo no Estatal de Xàtiva (Valencia) defenderán unha semana despois as cores do combinado nacional no penúltimo evento da Copa do Mundo 2021-2022: o júnior Ricardo Buba, a tamén júnior Laura Mira e o Sub-23 Miguel Rodríguez. Deste modo, Galiza estará representada na liña de saída da UCI Cyclo-Cross World Cup de Flamanville (Francia), localidade da rexión da Baixa Normandía que recibe este domingo, 16 de xaneiro, os e as mellores especialistas do planeta na modalidade invernal do ciclismo. O programa de carreiras da que será a décimo cuarta xornada da Copa do Mundo -certame da Unión Ciclista Internacional que comezou o 10 de outubro do pasado ano 2021 en Waterloo (Estados Unidos) e que concluirá o 23 de xaneiro en Hoogerheide (Países Baixos)- arrancará ás 09.30 horas coa competición júnior masculina, e a continuación desenvolverase a proba xuvenil feminina (10.30 horas). A quenda dos Sub-23 chegará ao mediodía (12 horas). A estrea do ciclismo galego na competición Até o de agora ningunha corredora galega -nin masculina nin feminina- tivo a posibilidade de participar no que vai de tempada nunha cita da Copa do Mundo, pero o trío convocado polo seleccionador nacional Alberto del Río para viaxar a Flamanville xa gozou esta campaña dunha experiencia internacional, pois as tres ciclistas formaron parte do equipo que representou o Estado español no Campionato de Europa que se levou a cabo a principios de novembro na localidade de Drenthe (Países Baíxos). Con respecto ás súas posibilidades en competición, as tres representantes da Galiza chegan co aval que supoñen os seus grandes resultados no Campionato de España. No certame estatal, o gondomareño Buba (Coruxo) colgouse o ouro na categoría xuvenil; a pontevedresa Mira, corredora do Supermercados Froiz, fíxose coa prata júnior; e o ponteareán Miguel Rodríguez, tamén do Supermercados Froiz, acadou o bronce Sub-23."}
{"ID": "NOS_23532", "summary": "Conversamos coa sobriña-neta de Manuel García Sampayo, un dos \"máis brutais represores do Salnés\" segundo a memoria oral recollida. Sánchez Aríns é autora do libro Seique (Através Editora). Facémolo como punto de partida do A Fondo que publicaremos esta quinta feira co Sermos Galiza sobre os vitimarios da represión franquista.", "text": "Esta quinta feira acompaña o semanario en papel un caderno monográfico sobre os vitimarios da represión na Galiza. Poñémoslles nomes e apelidos a quen exerceu o terror en forma de asasinatos, tortura e humillación. Neste A Fondo, coordinado pola investigadora Cilia Torna e no que escriben Bernardo Máiz, Carlos Nuevo, Eliseo Fernández, Dionisio Pereira, Manuel Pazos Gómez e o propio X.C. Garrido (autor desta entrevista), repasamos a represión levada a cabo no país após o golpe de estado de 1936 desde unha perspectiva diferente á habitual, poñendo o foco nos seus responsábeis. Como adianto do monográfico, publicamos a entrevista a Susana Sánchez Aríns, autora de 'Seique' e sobriña-neta dun represor. Quen foi Manuel García Sampayo? Eu escrevim que foi um fascista tão sem importância que nem sequer aparece nos arquivos. Mas aí errei, pois sim apareceu, num expediente que localizou Xosé Álvarez Castro. Se fazemos caso do cura de Besomanho (Riva-d'Úmia) foi um de los feligreses que merece ocupar un puesto de los más distinguidos por su docilidad, humildad y religiosidad nada comunes, contribuyendo con su buen ejemplo a la moralización de sus compañeros y vecinos. E se atendemos ao informe da Guarda Civil de Cambados colaborou con entusiasmo en el restablecimiento del orden público y en las batidas en los montes para la detención de extremistas. A memória oral apõe-lhe fama de ser um dos mais brutais repressores no Salnês. Ademais de todo isto, Manuel García Sampayo era um dos irmãos da minha avó Glória. Quer dizer, é o meu tio-avô. A memória oral apõe-lhe fama de ser um dos mais brutais repressores no Salnês Hai nas familias dos represores tamén desmemoria? Pola experiência na minha casa, creio que se dão as mesmas atitudes que quando tratamos das vítimas: tanto pode dar-se o silenciamento como a recordação insistente, dependendo também do benefício ou prejuízo que essa figura tenha causado na família. A minha avó escolheu não falar do assunto, igual que a maioria das irmás e irmãos. Eu sei de curmãs do meu pai que nada sabiam desse passado fascista de tio Manuel, e menos da sua fama de repressor. Por contra, tia Ubaldina, outra irmã da minha avó, sempre falou do tema na sua casa, e foi à sua família a quem pudem recorrer para saber. Como se lembra nestas familias e que diferenzas aprecias a respecto das das vítimas? A sensação que recebim toda a vida foi a do medo a pronunciar. A frase que figem leit-motiv da minha narrativa, essa de \"se fez isso aos da casa que faria aos de fora\", escuitamo-la sempre na casa dos avôs. E nunca ninguém foi além. Insinuava-se a maldade, nós podiamos inferi-la das palavras, com o tempo, contextualizando, pudemos imaginar que tipo de danos eram referidos, mas nunca se disse claramente, como se existisse o pudor de admitir que alguem causante de tais atrozidades pudesse partilhar sangue com nós. Era como um evitar nomear o demo, como se calando desaparecessem os feitos. A sensação que recebim toda a vida foi a do medo a pronunciar \"Seique\" é un libro difícil de definir e sen embargo parece que está a resultar un éxito editorial, que che comentan os lectores a respecto do seu interese por unha obra inclasificábel? O que chegou a mim nos lançamentos e encontros com leitoras foi a familiaridade da história que conto. Literalmente. Muitos comentários começavam com um \"também na minha casa, na minha aldeia...\". Até a frase que o coro repite insistente era pronunciada noutros lugares. Creio que esse é um dos acertos do livro: contar a estória que escondia a minha família e que vem sendo uma estória semelhante a tantas outras que escondem outras casas. E fazê-lo respeitando o estilo oral em que essas estórias foram contadas às agachadas, nos escanos das cozinhas ou na escuridade da invernia. Isso reforçou a sensação de proximidade na leitura. En que medida a literatura permite achegarse a unha verdade que na historiografía ten un acceso vedado? Inicialmente eu quigem escrever História, assim com maiúscula. Mas encontrei um obstáculo para fazê-lo: a ausência de fontes. A historiografía requer dados verificados e contas bem botadas. As historiadoras não podedes afirmar nada sem um documento que vos garanta. E isto é um problema em contextos como o da repressão franquista, em que as acções paralegais, como os passeios, não constam nenhures e na que os arquivos foram limpados e saqueados e muitos dos documentos mentem mais que qualquer testemunho oral. Sem ir mais longe, o único que aparece documentado sobre o tio Manuel são essas louvanças morais das forças vivas do lugar e os seus nomeamentos como alcalde. Se atendemos à papelada só podemos afirmar que foi um cidadão sem tacha. Na literatura não estamos coutadas por essas servidões e, mesmo correndo o risco de não ser verídicas, as nossas narrativas podem chegar a ser mais verdadeiras. Todo isto sem entrarmos no debate de se é possível a historiografia fugir à literatura, que eu acredito que não. Em contextos como o da repressão franquista, e as acções paralegais, como os passeios, não constam nenhures e os arquivos foram limpados e saqueados Hai conciencia de débeda da situación social e económica dos descendentes dos represores e en que medida unha persoa de ideoloxía contraria é quen de asumir as súas raíces familiares no terror franquista? Para mim é difícil respostar a isto, pois não me considero descendente de um repressor. Ainda que me toca na família, considero a minha avó uma outra vítima das suas andanças e estou totalmente convencida de que a minha família direta sufriu, muito mais do que é quem de admitir, as acções do tio Manuel, polo que me vejo mais como descendente de vítimas que de vitimários. As pessoas têm perguntado se não me custou falar do tio Manuel e hei de admitir que não me custou nada: não o conhecim nem tenho relação com as suas descendentes diretas, polo que não se deu em mim esse pudor afetivo que sim me produziu, e assim o relato, falar da minha avó como vítima, pois ela nunca quis relatar-se assim. Porém, tendo em conta isto, eu sim assumim o seique como uma responsabilidade cívica. Defendo os princípios de verdade, reparação e justiça para as vítimas da guerra civil e a repressão franquista. E não me parecia justo reivindicar esse lema sem pór em cima da mesa aquilo que eu sabia da verdade histórica: o nome de um repressor, os lugares em que atuava, as vítimas possíveis da sua violência. O pouco que eu conhecia podia servir a alguém para atar cabos, conhecer a verdade e exigir a reparação correspondente. O fermoso desta responsabilidade assumida é que conhecia, sem saber, uma familiar dumas das supostas vítimas de tio Manuel e, quando falamos, ela agradeceu, simplesmente, poder dar nome ao assassino dos seus ascendentes. O ato de reparação foi tão singelo como esse e estava da minha mão (está das nossas mãos): dar um nome. São agora os oitenta anos do golpe de estado e do começo da guerra. Oitenta anos são suficientes. Acredito fundamente em que não se passa nada por admitir o que aconteceu e dizer sem reviravoltas que figeram os nossos familiares daquela. Todo o contrário: podemos contribuír a aliviar o sufrimento doutras famílias."}
{"ID": "NOS_10010", "summary": "Sae do concurso con 5 millóns de débeda a pagar. A empresa pon á venda a tenda en pleno corazón da zona vella de Compostela e o Instituto Galego de Información (IGI).", "text": "Sargadelos fechou 2015 cun beneficio de 70.000 euros, agarda incrementar beneficios neste 2016 e en 2017 iniciar novas liñas de produto, abrindo as portas a crear unha 'marca branca'. \"Podería ser\", dixo o conselleiro delegado de Sargadelos, Segismundo García, que expuxo estas liñas na súa comparecencia para dar conta de que sairon do concurso de acredores, cunha débeda de 5 millóns de euros, á que deberán facer fronte nun prazo de entre 5 e 12 anos. A empresa, e as divisións inmobiliarias das entidades financeiras, pon á venda edificios emblemáticos, como a tenda que posúe en plena zona vella compostelá ou o edificio do IGI, o Instituto Galego de Información, na estrada que une a capital de Galiza co aeroporto de Lavacolla. O IGI foi recado por Díaz Pardo, un dos refundadores de Sargadelos, en 1977. A taxación profesional deste inmble é de 7 millóns de euros, e o da tenda compostelán, 4. Mais Saegadelos está aberto a rebaixar os prezos. García considera que co convenio asinado -con diversas quitas na débeda por valor de máis dun millón de euros- hai posibilidade de que a empresa sexa \"viábel\", engadindo que para iso as cousas teñen que se facer \"ben\". Sargadelos tiña poucos acredores tradicionais, que aceptan con este acordo un 50% de quita da súa débeda (menos do 20% dos créditos dos bancos eran ordinarios). No caso da parte privilexiada, a maioritaria, a quíta varía en cada un dos casos - tanto en bancos coma na Seguridade Social e na Axencia Tributaria - entre ningunha, o 30% e o 50%, segundo explicou o conselleiro delegado. Despedimentos García foi moi crítico cos sindicatos na súa comparecencia, afirmando que \"estamos aquí malia eles\". Entre as súas 2 plantas a empresa ten algo máis de 100 traballadores. O ERE supuxo 70 despedimentos."}
{"ID": "PRAZA_7162", "summary": "Toda multinacional que deslocalice debería ter prohibida aquí a venda dos seus produtos. E quen produciría logo eses bens e servizos para o noso consumo? Os propios traballadores da fábrica abandonada", "text": "É desacougante o escenario que abre na Coruña e Avilés o proceso de despedimento colectivo que Alcoa vén de notificar aos seus empregados. De novo a subvención pública ao capital privado é utilizada como chantaxe, neste caso por parte dunha compañía transnacional que en 1998 se fixo coa estatal Inespal no nome da eficiencia e do libre mercado. Malia este procedemento non afectar á planta de San Cibrao, que si recibirá un xeneroso subsidio ao seu consumo eléctrico, as inminentes vendas das factorías de Bilbao e Alacante suxiren unha estratexia de retirada por parte da corporación estadounidense na procura de traballadores máis baratos e estados máis xenerosos. Este proceso de desindustrialización por deslocalización inscríbese no modelo hexemónico neoliberal que situou o libre mercado como única opción económica e o beneficio como dereito supremo Este proceso de desindustrialización por deslocalización inscríbese no modelo hexemónico neoliberal que situou o libre mercado como única opción económica e o beneficio como dereito supremo. A desregulación, a liberalización, a privatización e a posta do Estado ao servizo das corporacións impulsaron a globalización e deron ao gran capital vía libre para fluír na procura de maiores e inmediatos beneficios e para extorsionar a gobernos e traballadores. Como escribiu Eduardo Galeano, \"os cartos e a xente crúzanse no camiño\"; os primeiros son recibidos no sur con alfombras vermellas e lexións de escravos mentres os segundos intentan chegar aos países do norte. Cidades, estados e rexións compiten por atraer ás multinacionais, ofrecendo xenerosas subvencións, escandalosos privilexios e réximes laborais abusivos que fan as delicias do capital e enchen os petos corporativos de cartos públicos. As grandes corporacións, co soporte necesario dos medios hexemónicos de comunicación, presentan despedimentos e deslocalizacións como resultado inevitable da rixidez do mercado laboral -é dicir, das conquistas sindicais-, forzando unha precarización que se materializa realmente na transferencia ascendente de ingresos; os beneficios non deixan de aumentar e os salarios non paran de caer. O feito é que deslocalizan porque poden colocar aquí os seus produtos igualmente, o cal non ocorrería se as súas importacións estivesen suxeitas a aranceis axeitados. Isto suxire a necesidade dunha resposta contundente á tiranía do capital e dunha transformación nas condicións que nos deixaron á súa mercé. O sociólogo Charles Tilly escribiu que unha nova era comeza \"cando a xente común comeza a utilizar novos xeitos para reclamar os seus intereses\". Cales poderían ser estes xeitos? Toda multinacional que deslocalice debería ter prohibida aquí a venda dos seus produtos. E quen produciría logo eses bens e servizos para o noso consumo? Os propios traballadores da fábrica abandonada Por unha banda, considero que toda multinacional que deslocalice debería ter prohibida aquí a venda dos seus produtos. E quen produciría logo eses bens e servizos para o noso consumo? Os propios traballadores da fábrica abandonada. Sen desbotar o recurso da renacionalización das fábricas privatizadas -como podería ser o caso das plantas de Alcoa-, merece atención o cooperativismo e a xestión obreira como alternativa posible ao corporativismo capitalista. Se unha multinacional pecha unha fábrica e bota aos seus empregados, estes poderían ocupala para evitar o seu desmantelamento e protexer a maquinaria, e a continuación poñela de novo a producir como cooperativa de traballadores. Non se trataría dunha usurpación, pois o artigo 33 da Constitución española proclama a función social da propiedade e recoñece o recurso de expropiación por utilidade pública ou interese social. Non sería tampouco unha temeridade, pois a xestión obreira pode ser eficiente e sustentable económica e socialmente, máxime cando reduce significativamente o custo engadido que implican os obscenos beneficios dos accionistas. Trataríase simplemente da lexítima defensa do dereito ao traballo e da dignidade do traballador, e contribuiría á preservación do noso patrimonio industrial e do noso tecido produtivo. A experiencia das fábricas recuperadas na Arxentina a finais dos noventa, durante a crise terminal do neoliberalismo naquel país, é un bo precedente. Como amosan Naomi Klein e Avi Lewis no documental The Take, a mobilización e o empoderamento dos traballadores ameazados polo desemprego nunha situación de crise similar á nosa abriu o camiño a alternativas viables. Baixo o lema \"ocupar, resistir, producir\", os traballadores de máis de 200 fábricas e empresas que pecharan as portas -dende obradoiros gráficos ou téxtiles até estaleiros e metalúrxicas- pasaron dunha estratexia inicial de procura de acordos co propietario e de ocupación da fábrica ou do seu entorno para evitaren a retirada da maquinaria, a outra baseada na recuperación activa e a posta en funcionamento cooperativo da fábrica como única alternativa ao desemprego. Máis dunha década despois, Brukman e tantas outras fábricas e empresas recuperadas polos traballadores continúan a producir bens e servizos como cooperativas, demostrando que a xestión e a propiedade obreiras non só son posibles, senón preferibles As traballadoras da téxtil Brukman de Buenos Aires resistiron desaloxos, foron detidas e reprimidas, recibiron mostras multitudinarias de solidariedade veciñal e asesoramento universitario, e finalmente estableceron a cooperativa que en 2003 conseguiría a expropiación das instalacións. Máis dunha década despois, Brukman e tantas outras fábricas e empresas recuperadas polos traballadores continúan a producir bens e servizos como cooperativas, demostrando que a xestión e a propiedade obreiras non só son posibles, senón preferibles. Na man dos propios traballadores está o seu futuro."}
{"ID": "NOS_54395", "summary": "As persoas detidas ficaron en liberdade o meso día da operación. O presidente de Córsega, Gilles Simeoni, advirte Francia sobre unha que vía implica \"riscos políticos\".", "text": "As forzas de seguridade francesas detiveron esta semana en Córsega 19 mozos independentistas dentro dun operativo relacionado cuns incidentes acontecidos en 2016 na zona de Corti. A maior parte dos arrestos producíronse nos fogares dos mozos, cun gran despregamento de medios e axentes. Todas as detidas, boa parte delas militantes de Ghjuventù Indipendentista (GI) , ficaron en liberdade no mesmo día do operativo. Gilles Simeoni, presidente do goberno corso, criticou o operativo, afirmando que o mesmo non tiña fundamento algún e advertindo París de que a \"lóxica represiva\" era un camiño que implicaba \"riscos políticos\" e \"degradación\". Desde GI fálase de \"grave provocación\" de Francia contra o pobo corso. Máis de 70 detidas nos últimos meses O presidente corso lembra que \"en poucos meses, máis de 70 mozos foron sometidos a medidas de coacción: custodia, cheques penais, encarceramentos\" e considera que é \"urxente resolver a situación tensa\". Nas eleccións de decembro de 2015 o nacionalismo foi a opción máis votada, pasando a gobernar Córsega por primeira vez na súa historia. 'Pè a Corsica', unión de autonomistas, nacionalistas e independentistas, obtivo o 35,3% dos votos na segunda volta das rexionais francesas, impóndose á esquerda, dereita e extrema-dereita francesa. O alcalde de Bastia, o nacionalista Gilles Simeoni, pasou ser o novo presidente da illa."}
{"ID": "PRAZA_15314", "summary": "Pilar Rojo presume de \"austeridade\" e chama a \"revalorizar a política\" no discurso de apertura IX Lexislatura, pronunciado durante un pleno no que apostou por \"desterrar\" as \"opinións que respondan a unha concepción retrógrada\" da política", "text": "O pleno solemne de apertura da IX Lexislatura autonómica foi coherente co resto de actos do inicio do noveno mandato da historia da autonomía. Tras un discurso de investidura sen escasas novidades e despois do acto de toma de posesión do presidente sen apenas contido e finalizado en tempo récord, a sesión deste martes, máis curta e de trámite que todas as anteriores, tampouco pasará á historia do país. Quizais por este motivo o interese informativo estivo menos no hemiciclo e máis nos corredores do Pazo do Hórreo, onde un dos máis buscados foi o flamante vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen ten encomendada dende o luns a \"interlocución\" do Goberno co Parlamento pero que segue sen aclarar se manterá ou non a súa acta de deputado, imprescindible no caso de que o PP o manteña como plan B para a Presidencia no caso dunha eventual marcha de Alberto Núñez Feijóo. Rueda nega hostilidades entre Feijóo e Javier Guerra, a quen o PP situou na última ringleira de escanos Cuestionado polos xornalistas ao respecto Rueda apostou polo circunloquio e por fialo todo á instrucións que poida ditar o seu xefe de filas. \"A día de hoxe téñoo\", respondeu ao ser preguntado por se terá \"voto\" no pleno da Cámara ao longo da lexislatura. \"O que pase no futuro, no futuro se verá\", evidencia, para despois engadir que realizará o traballo de \"coordinación\" entre o Executivo e o lexislativo con independencia de ser ou non membro do segundo. Na que foi a súa primeira e improvisada comparecencia pública como vicepresidente a Rueda tocoulle tamén ofrecer explicacións sobre a outra novidade do día, a saída da bancada do Goberno do ex conselleiro de Industria, Javier Guerra, a quen o PP situou na última ringleira dos seus escanos. Mentres Guerra camiñaba polos corredores con apariencia de estar aínda a asentarse á súa nova condición de deputado raso, Rueda tentaba espantar os rumores de que o relevo en Industria se produciu entre hostilidades. Non hai enfrontamento entre Guerra e Feijóo, de feito o presidente, di, \"agradeceulle\" o seu \"traballo\" e o \"empeño\" manifestado durante catro anos. \"Eu alegreime moitísimo de velo e ter a ocasión de darlle unha aperta\", asegurou Rueda mentres o ex titular de Industria rexeitaba responder aos xornalistas, cos que nunca rematou de encaixar. Rojo 'vende' \"austeridade\" e pide \"revalorizar\" a política As consideracións a respecto do novo Goberno producíanse unha vez rematado o discurso co que a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, inaugurou oficialmente a lexislatura. Evitando entrar en calquera cuestión controvertida, a xefa do lexislativo aproveitou a súa intervención para vender os plans de austeridade aplicados na institución ao longo do seu primeiro mandato. \"O plan de axuste e aforro está racionalizando de xeito relevante o gasto na Cámara\", afirmou, nunha intervención ateigada de referencias aos \"novos modelos de xestión pública\" e á dotar de maior relevancia ao que, cando menos polo momento, é un dos talóns de Aquiles do funcionamento ordinario do Parlamento: o acceso á información a través da súa páxina web. Rojo pide \"desterrar as opinións que repondan a unha concepción retrógrada da política\" Á marxe das tecnoloxías Rojo coida que \"é o momento de revalorizar a política\" e, para isto, di, a \"honestidade é unha permanente garantía de éxito\". \"Debemos desterrar dunha vez para sempre as condutas, actitudes e mesmo as opinións que respondan a unha concepción retrógrada, anquilosada e estéril da actuación política\", di a popular, quen asegura que \"loitará\" por que o Parlamento acade \"as máis altas cotas de transparencia\", tamén \"facilitando o labor dos xornalistas e dos medios\". \"A divulgación será a máxima posible no marco dunha ampla estratexia de información e educación\", asegura."}
{"ID": "PRAZA_18290", "summary": "En España, José María Aznar, outro paxaro de coidado, amais de quentarlle a orella ao tal Casado –si, ho, ese que apoiou Feijoo– reza en alto para que PP, C,s e Vox deixen de ser \"uno y trino\" para que volvan ser \"uno y solo uno\" e, se é coa chapa de Vox, mellor.", "text": "\"Hai que poñer o sangue tercamente,/ como outro golpe dado contra a nada.\" (Do poema Xunta o río, Profecía do mar, Bernardino Graña). Hai uns días soubemos que no Brasil –alá nas Quimbambas, a diferenza de Venezuela, aí ao lado– está a piques de gañar as eleccións un tipo encadrado na extrema dereita polos medios sistémicos, con absoluta naturalidade, para que a xente do común aprenda a non inmutarse diante dunha ideoloxía que, malia facernos vomitar o fel, inza como as acacias. En España, José María Aznar, outro paxaro de coidado, amais de quentarlle a orella ao tal Casado –si, ho, ese que apoiou Feijoo– reza en alto para que PP, C,s e Vox deixen de ser \"uno y trino\" para que volvan ser \"uno y solo uno\" e, se é coa chapa de Vox, mellor. E aquí, en Galicia, o noso presidente revira e manipula \"A ultima leición do mestre\", sen pórse colorado. Isa é a cor do pano de fondo. É ben certo que as doenzas que padecemos veñen do atrás e os virus mesmo aniñan nos miolos da xente propensa a agripar, pero a pandemia aínda ten cura, malia os calofríos que nos imbúen, mercé ás inclemencias atmosféricas, ou á contaminación ambiental, propias dun outono, no que os ciclóns, creados pola tos dos que teñen a tixola polo mango, fabrican as malditas tempestades que nos arrepían sen piedade, para forzarnos a renunciar ao pan e ao caldo que, histórica e lexitimamente, nos pertencen. Ah! O meu tío Lisardo non se cansa de insistir en que, para frear en seco a intemperie, tan adversa e perigosa, á que contribúen con especial teimosía Feijoo e os que van canda el, obsesionados en minguar a democracia, aniquilar as nosas sinais de identidade e fumigar a pouca dose de suxeito político que nos queda, é imprescindíbel que agrome unha relación de boa veciñanza galeguista, entre BNG, En Marea, CxG e galeguistas sen militancia partidaria para que, dende a unidade de acción, naza unha proposta electoral, con vocación de ser hexemónica nas institución, a fin de sanear a polución que nos engule a esencia e o futuro. Pero, claro, se os dirixentes desas forzas lle teñen pánico a un trato que, malia ser experimental é urxente e necesario, deberían ser as bases dos partidos e a xente do común quen requira aos xefes para que poñan os intereses do País –e a defensa dos valores democráticos– diante dos seus caprichos e intereses particulares. Vaque si? Publicidade"}
{"ID": "NOS_17048", "summary": "Máis un semanario na rúa. Entrevistamos Goretti Sanmartín e Ismael Ramos, falamos de cómo a epidemia de recortes colapsa as urxencias, analizamos como muda o mapa político europeo da man das nacións sen estado, debullamos a renuncia de Feijóo a exercer o autogoberno… Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.", "text": "O mapa político do mundo muda. Rapidamente ou devagar, mais faino. Tamén en Europa, onde a idea da unidade de mercado quixo solapar os anceios dunha parte, máis ou menos cuantitativa, das sociedades dos respectivos territorios que historicamente contan cunha mínima conciencia nacional co argumento de que a división debilita fronte a fortes competidores na esfera económica. 'Vinte e una catalunyas máis'. 'A epidemia de recortes que colapsa urxencias' Horas e horas nas salas de espera, doentes amoreados nos corredores agardando por unha cama e o persoal sanitario exhausto pola sobrecarga de traballo. A escena estase a repetir en todos os hospitais galegos. Durante as últimas semanas e, inverno após inverno, os servizos de urxencias parecen destinados á sobrecarga coa chegada do frío. Pero é inevitábel o caos nos hospitais galegos durante estas datas? Terra Nomeada é un proxecto da RAG e da Asociación Galega de Onomástica, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Damos conta del en 'Chamádeme ben!'. \"Meirás, a medio prazo, serás público. Está encamiñado\" Entrevistamos Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. A tamén concelleira do Bloque en Santaigo de Compostela asegura estar en contra da existencia dos entes provinciais. E defende que o seu traballo na Deputación \"adelgaza a institución e faina máis obxectiva e transparente\". Para 2018 quere \"consolidar o traballo feito\", dentro do que salienta, sobre todo, a cesión de autonomía aos concellos para decidir o gasto. Ningunha nova transferencia de competencias para Galiza en case nove anos de goberno. O balanzo de Núñez Feijóo mostra ás claras a idea e visión que o PP ten do autogoberno, máis próxima a unha simple oficina de xestión administrativa supeditada ao centro de decisión política de Madrid do que a un goberno de seu dunha nacionalidade histórica (como estabelece a constitución española do 78). O acordo de \"cooperación permanente estruturada\" suporá acrecentar o partillamento de esforzos e capacidades militares a nivel europeo. A iniciativa non só non colide coa OTAN, senón que aspira a afianzar o papel da Alianza Atlántica no continente. 'Pesco, a filla europea da OTAN'. Angela Merkel terá de agardar até o mes de marzo para asegurar a súa reelección. E sempre e cando o SPD vire sobre o seu discurso e acabe por reeditar un novo acordo bipartidista coa CDU. Desbotada a coligazón \"Xamaica\" con liberais e verdes, o futuro político da chanceler pasa pola decisión da bancada socialdemócrata. 'Alemaña: unha nova Grande Coligazón?' O mapa galego resultante do proceso de centralización e concentración bancaria deixa varias imaxes para a preocupación: acumulación de negocio e depósitos en poucas marcas, feche de sucursais e perda de empregos, así como aumento da exclusión financeira en cada vez máis partes do país. Falamos disto en 'Así se reparte o pastel bancario en Galiza'. En 'Os salarios que non se recuperan' tratamos da caída do peso das rendas do traballo na economía galega. Pontevedra fechou os actos que cada ano dedica á memoria cunha homenaxe á xente boa e xenerosa que no tempo do medo foi solidaria coas persoas fuxidas e encarceradas ou coas familias marcadas para sempre pola barbarie. Moitas delas foron mulleres que mesmo arriscaron a vida por ser solidarias. De feito, a maioría das pontevedresas asasinadas polos golpistas foron paseadas ou conducidas ao paredón após ser descubertas agochando escapados. 'No paredón por solidarias'. \"O poeta é sempre malinterpretado\" Entrevistamos Ismael Ramos, poeta. \"Na poesía galega fíxose recentemente ese corte entre poesía da experiencia e poesía do pensamento, entre poesía sentimental e poesía política. Paréceme un corte moi inxenuo pero que calla con facilidade\". A perda de galegofalantes, o emprego da creación cultural como pegada feminista e a necesidade de internacionalización son os tres retos fundamentais aos que se enfronta a cultura galega este ano. Retos dos que damos conta en 'Un ano de novos (e vellos desafíos) para a cultura galega'. Ademais, as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Pepe Barro, Guillerme Vázquez, Luz darriba, Tokio e Nachortas, Mario Regueira, Andrés Castro, Mónica Pazos, Olalla Ledo, Colectivo Xea e Xulio Carballo."}
{"ID": "NOS_44573", "summary": "O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, reiterou que o rexeitamento do Executivo español para que se retomen as tarefas para localizar o 'Vila de Pitanxo' é unha \"decisión técnica\".", "text": "O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, reiterou que o rexeitamento do Executivo español de atender a reclamación dos familiares dos 21 falecidos no naufraxio do pesqueiro 'Vila de Pitanxo' para que se retomen as tarefas para localizar o barco e obter imaxes sobre o seu estado é unha \"decisión técnica\". Familiares do 'Pitanxo' insístenlle ao secretario de Estado a \"necesidade imperiosa\" de baixar ao pecio Así o reiterou esta segunda feira en Pontevedra despois de ser preguntado polos xornalistas por unha posíbel operación de traballo subacuático que permita localizar o buque en augas de Terranova (Canadá), após afundirse o pasado 15 de febreiro. \"Esta non é unha decisión que tome nin o delegado do Goberno nin que se tome politicamente. É unha decisión técnica\", asegurou, engadindo que ás familias explicáronselles os motivos \"de forma moi detallada, moi específica e moi directa\" para que coñecesen \"todas as alternativas posíbeis\". \"Non queda outra que ter paciencia\": familiares das vítimas do 'Pitanxo' insisten en baixar ao barco Miñóns indicou que unha vez que se trasladou ás familias ese informe técnico \"non hai máis que achegar respecto diso\". Nese documento explicábase que a pesar de que si existen opcións de baixar ao barco, ningunha delas obtería como resultado o rescate dos corpos, polo que non se acometería ningunha acción xa que o obxectivo último non é posíbel. O delegado do Goberno, que afirmou que a investigación sobre as causas do sinistro, que dirixe a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, \"segue o seu curso\" e que \"non hai ningún indicio\" que lles faga entender que hai que \"actuar ou que facer unha baixada ao barco\". Samuel Kwesi, sobrevivente do 'Pitanxo', citado de novo a declarar polas versións contraditorias sobre o naufraxio Neste sentido, considerou que o Goberno cumpriu o seu \"compromiso\" de buscar \"todas as alternativas posíbeis\" para a recuperación dos corpos, \"que foi o que solicitaron as familias nun principio\" e \"unha vez que os técnicos lles mostraron a imposibilidade de facer iso, estase á espera de que se resolva o que é tamén unha parte moi importante, que é coñecer que pasou\", sentenciou. REXEITAMENTO DAS FAMILIAS Pola súa banda, as familias dos falecidos no naufraxio volveron a expresar o seu rexeitamento ás palabras de Miñóns, asegurando que nunca se condicionou baixar ao barco con atopar os corpos dos aínda 12 desaparecidos. Así, María José de Pazo, filla do maquinista do 'Vila de Pitanxo' e portavoz das 21 familias, subliñou que nas diferentes reunións con representantes do Goberno e nun escrito enviado ao Executivo expresouse a necesidade de baixar ao pecio para axudar a investigar que pasou na madrugada do 15 de febreiro en Terranova, realizando imaxes e vídeos da situación do barco a case mil metros de profundidade. \"Lea os escritos e escoite e non diga escusas. Se non, estea calado porque parece unha falta de respecto ás familias, aos falecidos e a toda a xente do mar\", reivindicou De Pazo referíndose directamente a José Miñóns. \"Non lle consinto que poña escusas falsas de que queremos que se atopen os corpos debido a que se dixo nun primeiro momento que se aparecían os corpos queriamos recuperalos. Isto é normal. Pero sempre a prioridade, tela por escrito, é baixar ao barco e gravar, obter probas\", engadiu."}
{"ID": "NOS_22804", "summary": "O 20 de novembro sae á venda en DVD 'A Esmorga', xusto un ano despois de estrearse nas salas e logo de bater todos os récords dun filme en galego, con máis de 150.000 espectadores.", "text": "'A Esmorga' aínda vive, reivindica o seu director Ignacio Vilar, que está a preparar unha ambiciosa campaña de promoción do DVD para este Nadal, con xira por todas as cidades galegos e cos tres actores principais (Miguel de Lira, Karra Elejalde e Morris) asinando exemplares. O día de saída é o 20 de novembro, un ano despois da estrea nas salas comerciais, nas que acadaron uns 80.000 espectadores, para logo emprender un camiño alternativo por todos os concellos do país, chegando a un total de 150.000. \"Eu non estou de acordo con que sexa alternativo\", quéixase Vilar, \"o sistema cepilla as salas de cine das cidades, así que nós temos que crear as nosas propias salas. Estas proxeccións son comercialísimas: a xente paga 5 euros. É cine comercial puro e duro, que non o recoñeza o ICAA (Instituto de Cinematografía y Artes Audiovisuales) é unha batalla que temos que comezar a dar. Se o sistema nos quita os cines, temos que montalos nós, non queda outra\". O filme en galego máis visto da historia continúa entón o seu percorrido polas vilas galegas, queda a emisión na TVG e en TVE, pero tamén vén de iniciar o seu periplo internacional logo do seu éxito no Festival de Toulouse. \"Imos pechar Francia, vai empezar Arxentina, Uruguai... Agora empeza a parte internacional, que pode ser grande\", anuncia o director. O mes pasado en Toulouse 'A Esmorga' acadou o premio ao mellor director, mellor interpretación masculina ex aequo e mellor dirección de fotografía. \"Competimos con 80 filmes, e que un xurado de profesionais nos deran eses premios para nós é un recoñecemento ao noso cine, e ademais houbo sesións para o público con 400 persoas. O coloquio, por exemplo, foi impresionante, ver como as nosas historias chegan aos franceses, e vían que é un cine diferente e logo mesmo houbo un espectador que comparou os tres personaxes con Baudelaire, Verlaine e Rimbaud, os tres grandes poetas que Blanco Amor coñecía moi ben\". Mais, alén dos recoñecementos, Ignacio Vilar cre que o cerne do éxito foi grazas a que \"empezamos nos cines apoiados por tantos espectadores galegos, iso foi un pulo fundamental para que a película se espallase por Madrid, Cataluña, País Vasco...\" Sicixia Con este filme aínda vivo e coleando, Vilar xa comezou este verán a rodaxe de 'Sicixia', o seu novo proxecto que estará protagonizado por Monti Castiñeiras, Marta Lado e Tamara Canosa. Esta nova fita ten como principal escenario a Costa da Morte, con imaxes da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada). A rodaxe prolongarase até abril de 2016 e realizarase en formato dixital. O título do seu novo traballo provén dun temo de astronomía que nomea a posición na que os centros do Sol, a Terra e a Lúa están en liña recta. Narra a historia de amor entre Xiao, un enxeñeiro de son que percorre espazos singulares de Galiza para gravar os seus sons, e Olalla, unha muller que traballa na colleita de algas na Costa da Morte."}
{"ID": "PRAZA_1771", "summary": "O 22M galego sairá á rúa no vindeiro outono para volver reclamar \"pan, traballo e teito\" e intentará encher a praza compostelá como xa fixera o pasado 29N. \"A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza\", din.", "text": "As Marchas da Dignidade galegas volverán confluír na praza do Obradoiro compostelá o vindeiro 24 de outubro nunha gran manifestación. Así o anunciou este luns o colectivo -que agrupa no conxunto do Estado máis de 300 organizacións e plataformas-, que asegura que volve á mobilización porque \"as razóns\" que os levaron por primeira vez á rúa en Madrid hai dous anos \"seguen máis vixentes ca nunca\". \"A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza\" O 22M galego tratará de encher o Obradoiro como xa o fixera o pasado 29 de novembro nunha marcha na que, como agora, tamén se reclamou \"pan, traballo e teito\" e que seguirá o ronsel que marcara o colectivo a nivel estatal na gran marcha do 22 de marzo de 2014 e que fora tamén o antecedente doutra gran manifestación en Madrid no mesmo mes pero deste 2015. \"A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza consubstanciais ás políticas neoliberais que nos impón a troika\", aseguran as Marchas, que explicarán en rolda de prensa o vindeiro mércores os detalles da convocatoria. A manifestación que se celebrará o vindeiro sábado 24 de outubro celebrarase polas rúas de Compostela e finalizará na praza do Obradoiro, tal e como ocorrera o pasado 29 de novembro, cando varias columnas que partiron de diferentes puntos da xeografía galega camiñaron ata se xuntar na capital galega. Antes, o 21 de xuño, o colectivo rodeara o Parlamento de Galicia nunha convocatoria apoiada polas forzas de AGE e o BNG. Na axenda que se marcaran as Marchas a nivel estatal incluíase a posibilidade dunha folga xeral o vindeiro 22 de outubro, pero esa é unha opción que se \"repensou\" polo cambio das condicións e por un continuo calendario electoral do que o 22M \"non pode abstraerse\", segundo din fontes do colectivo. Na súa xénese, as Marchas contaron co apoio de Anova ou a FPG e tamén de Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, ademais de sindicatos como a CUT ou o SLG."}
{"ID": "NOS_22547", "summary": "A deputada e voceira do PP, Paula Prado, acusa á oposición de aplausar as ameazas de morte proferidas contra o presidente desde a tribuna.", "text": "A voceira popular, Paula Prado, asegurou en comparecencia de imprensa esta cuarta feira que \"os episodios vividos nestes meses no hemiciclo\" xustifican a decisión adoptada pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, mediante a cal vén de impedir a entrada de convidad@s ás sesións plenarias sen o seu previo consentimento. Prado acusa á oposición de usar \"a desesperación da xente en contra do Goberno\" Segundo Prado, desde a tribuna de invitad@s téñense proferido \"ameazas de morte\" @s deputad@s do PP en xeral e ao presidente da Xunta de particular\". A voceira popular apelou ás manifestacións desenvolvidas por persoas afectadas pola fraude das preferentes o pasado mes de decembro nas que, supostamente, un convidado do PSdeG tería advertido ás bancadas do PP que \"o Miño baixará manchado de sangue\" de non se dar unha solución política e colectiva á estafa financeira. Alias, Prado acusou @s representantes do Bloque Nacionalista Galego e da Alternativa Galega de Esquerda de \"amosaren o seu beneplácito\" perante as interpelacións que consideraron ameazas. Neste senso, a deputada popular asegurou que o seu grupo \"xa falou coa oposición en numerosas ocasións sobre este asunto\", mais --acrecentou Prado-- \"eles preferiron usar a desesperación da xente en contra do Goberno con accións cada vez máis esaxeradas\". No entanto, en declaracións a Sermos Galiza, o voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, asegura que tanto o seu grupo coma os demais representantes da oposición non chegaron nin \"a recibir unha notificación formal da restrición dos convites\" aprobada pola presidenta da Cámara e denunciou a presenza de \"persoas convidadas polo Partido Popular\" no pleno. Jorquera: \"@s deputad@s deron onte un exemplo de dignidade defendendo un Parlamento que é do pobo e non do PP\" A voceira popular inisitiu en que a medida procura \"rebaixar a tensión\" no Parlamento. Así as cousas, Jorquera Caselas asegura que o veto imposto á cidadanía non fai senón \"acrecentar a situación de crispación\" social e denuncia que o obxectivo da medida sexa \"apropiarse dunha Cámara que é do pobo galego\" para o que impoñen condicións de entrada que a día de hoxe, o PP segue sen aclarar. \"A saída da Cámara foi un acto político\" \"A presidenta é a que debe rectificar\" asegurou o voceiro nacionalista quen salientou que a ausencia d@s deputad@s do BNG --mais tamén de AGE e PSdeG-- constituíu un \"acto político\" no exercicio, dixo, \"das nosas obrigas como representantes do pobo\". Desde o PP teiman en demandar que a oposición rexeite o soldo da pasada xornada ao entender que \"o traballo de deputado se fai dunha maneira moi diferente\". Porén, Jorquera retruca, \"isto forma parte da estratexia de desprestixio da política\" desenvolvida desde o PP. \"@s deputad@s deron un exemplo de dignidade\" coa súa saída da Cámara como protesta, asegurando que durante toda a xornada @s representantes do BNG, AGE e PSdeG \"estiveron defendendo os dereitos e os intereses do pobo\" e non, ironizou, \"quentando o asento\"."}
{"ID": "NOS_32047", "summary": "Advirten do \"colapso\" que se pode xerar no servizo postal.", "text": "CIG-Correos advirte do grande aumento da carga de traballo que suporá a decisión da Xunta Electoral de autorizar que os carteiros e as carteiras poidan facer o trámite para a entrega da documentación e a recollida do voto nos domicilios particulares. Advirten do \"colapso que se pode xerar no servizo postal pola falta de persoal suficiente; e da ausencia de garantías para que o persoal de Correos realice o proceso con toda a seguridade sanitaria e xurídica que require o exercicio deste dereito\". \"A empresa non ten persoal suficiente para levar a cabo o proceso do voto por correo nestas condicións. As previsións de contratación son as mesmas que para unha eleccións 'normais', polo que de non incorporar máis persoal para este cometido, haberá un colapso total do servizo de Correos\", alerta o secretario de Organización do sector de Correos da CIG, Anxo Álvarez. Álvarez considera que a decisión da Xunta Electoral evidencia \"un absoluto descoñecemento\" da infraestrutura de Correos e que, en plena pandemia, \"estase a trasladar o problema que se podería xerar nos colexios electorais aos traballadores e traballadoras de Correos\". Neste senso, lembra que toda a carga de traballo que se vai xerar é de carácter urxente e inaprazábel, ao que hai que sumar o reparto da propaganda electoral, dos produtos que circulan a diario en Correos e son de entrega obrigatoria máis toda a correspondencia habitual. CIG-Correos demanda \"instrucións claras e concisas que garantan un escrupuloso cumprimento en canto á legalidade de todo o proceso administrativo relativo ao voto por correo por parte de Correos\". Lembran que este proceso xa se vén facendo dende hai anos en determinados Enlaces Rurais de Galiza nos que con frecuencia se producen presións ou coaccións ao persoal de Correos por parte de persoas colaboradoras de partidos políticos. \"Noutras eleccións anteriores xa tivemos que denunciar publicamente estas prácticas mafiosas e caciquís que sofren moitos carteiros e carteiras durante a campaña electoral en relación ao voto por correo\", apunta. De igual xeito, a representación da CIG pide que todo o proceso electoral, tanto a tramitación do voto por correo como o reparto de propaganda electoral, se faga dentro da xornada laboral."}
{"ID": "NOS_26124", "summary": "Varias mobilizacións percorreron as cidades do país para conbvocar a tomar parte no acto en Compostela do 24 de outubro.", "text": "A Coruña, Compostela, Vigo ou Ferrol foron algunhas das cidades galegas que esta quinta feira acolleron mobilizacións e actos convocados polas 'Marchas da Dignidade', iniciativas que son o primeiro paso no camiño para a mobilización deste 24 de outubro en Compostela, onde se volverá reclamar 'Pan, Traballo e Teito'. As Marchas nacen da confluencia dun amplo abano de colectivos, organizacións e entidades en Galiza que, perante o panorama de crise económica, social e política; pulan pola mobilización en defensa dos intereses e necesidades da maioría social. Non é a primeira vez que a Praza do Obradoiro acolle un acto das Marchas da Dignidade. A finais de Novembro do ano pasado milleiros de persoas reuníronse na emblemática praza compostelá para reivindicar democracia e xustiza social. Até o Obradoiro chegaran varias columnas que saíran os días anteriores de diferentes comarcas do país."}
{"ID": "NOS_38413", "summary": "Esta quinta feira hai convocada unha manifestación á que os traballadores chaman a participar á cidadanía da comarca de Ferrol. \"\"É fundamental apoiar a un colectivo que está pelexando polas súas condicións laborais\".", "text": "Fanse 14 días do inicio da greve indefinida convocada nas auxiliares do naval de Ferrol pola CIG para pedir que todas as empresas cumpran os acordos salariais asinados en 2001. \"Que os traballadores non teñan que negociar o seu soldo cada vez que entran nunha subcontrata\", explicaban os convocantes. Dúas semanas despois, a greve continúa e Navantia ameaza cun feche patronal, responsabilizando o paro dos traballadores das auxiliares. Ramón Alfonzo, de CIG-Industria, deixaba claro a comezos de semana que \"a folga é lexítima, a reivindicación é xusta e é necesario, ademais, estabelecer ese marco para evitar a competencia desleal a conta de tirar os salarios á baixa\". Negou que se estea a demandar incrementos de 30%, como afirman as empresas, senón que se pide recuperar o nivel retributivo que se pactara nos acordos de 2001 e consolidalo. \"Estamos a falar de subas entre o 15 e o 4% para as categorías oficiais 2ª e especialistas. Na categoría de oficias 1ª de aceiros, que teñen as diferenzas máis grandes entre o convenio provincial e as táboas, xa cobran por riba de convenio\". A central nacionalista critica que a baza que estea a xogar Navantia ao longo deste conflito, sexa a de \"criminalizar\" a greve e ameazar con denunciar a quen actúa en representación do persoal. \"Non nos imos amedrentar \", advertiu, Alfonzo, sinalando á responsabilidade de Navantia na resolución do conflito, como contratista e como empresa motor da comarca e de propiedade pública. E+Para esta quinta feira, día 19, está convocada unha manifestación que sairá da porta principal de Navantia ás 19:00 horas, na que a CIG anima a participar a toda a cidadanía da comarca."}
{"ID": "NOS_16787", "summary": "A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega emitiu na mañá do sábado un comunicado en que se solidariza coa Associació d'Escriptors en Llengua Catalana dada a \"vixilancia especial\" que padecen institucións literarias catalás nos días previos ao referendo.", "text": "O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de facer público un comunicado en que manifesta a súa solidariedade coa Associació d'Escriptors en Llengua Catalana, AELC, \"na denuncia do sometemento a vixilancia especial da Institució de les Lletres Catalanes e o Servei de Biblioteques de la Generalitat\". A entidade que preside Cesáreo Sánchez sinala que as citadas institucións \"teñen intervidas as contas e as partidas reservadas para as actividades\". Advirte de que se trata \"dun golpe\" do goberno central, que pon \"a cero euros\" a Institució de les Lletres Catalanes e o Servei de Biblioteques de la Generalitat, \"impedindo a realización das actividades culturais que lles corresponden\". Sen actividades culturais A AELG lamenta que o Servei de Biblioteques teña que suspender \"o servizo, actividades de fomento da lectura, xornadas profesionais, traballos do catálogo e do carné único ou a compra de libros\" debido á decisión do Goberno de Mariano Rajoy. Neste contexto, a asociación galega denuncia a \"persecución sen límites\" contra a cultura catalá. \"Non existe ningún motivo, ningunha razón, ningún argumento legal nin paralegal, que xustifique unha actuación que é contraria a un sistema que se autoproclama democrático\", engade a AELG, que esixe a fin da vixilancia especial contra estas institucións."}
{"ID": "NOS_19552", "summary": "O Consello de Ministras e Ministros aprobou esta terza feira o límite de gasto non financeiro, aumentándoo en 53,7% a respecto do ano anterior, unha cifra \"sen precedentes\", chegando até os 196.097 millóns de euros, ao incluír os fondos europeos e dúas transferencias á Seguridade Social e ás comunidades.", "text": "O Goberno español actualizou á baixa as súas previsións do cadro macroeconómico, empeorando a estimación da caída do PIB, a cal cifra nunha redución de 11,2% no ano 2020 e un levantamento de 7,2% en 2021. O primeiro dato é máis duro que o previsto no pasado mes de maio polo Executivo español no Plan de Estabilidade, cando nel prognosticou ante a Unión Europea unha caída do PIB de 9,2%. Pola contra, a mellora do PIB para 2021 é máis positiva que en maio, xa que daquela ficaba en 8,8% (agora en 7,2%). En canto ao déficit público, a previsión está en 11,3% para este ano, un dato superior ao 10,34% anunciado en maio, mentres que a taxa de referencia prevista para 2021 contempla un déficit de 7,7%, o que suporía unha redución de 3,6% nun ano. A pasada semana, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, anunciou a suspensión das regras fiscais en 2020 e 2021, deixando así sen efecto a regra de gasto e os obxectivos de déficit e débeda para todas as Administracións públicas, polo que o Goberno non ten que aprobar unha nova senda de estabilidade orzamentaria. Teito de gasto Así as cousas, o Consello de Ministras e Ministros aprobou nesta terza feira, 6 de outubro, o límite de gasto non financeiro, o coñecido como teito de gasto, do Orzamento do Estado para 2021, que aumenta 53,7%, até os 196.097 millóns de euros, incluíndo transferencias extraordinarias ás comunidades autónomas e á Seguridade Social e parte dos fondos europeos. Trátase dunha \"suba sen precedentes\" do límite de gasto non financeiro, dixo na rolda de prensa a vicepresidenta económica do Goberno español, Nadia Calviño, sobre ese teito que marca o investimento dos diferentes Ministerios e que agora sobe fronte aos 127.609 millóns que estaban previstos para este ano antes de que chegase a pandemia, grazas en parte aos 140 millóns de euros que ao Estado español lle tocan no reparto dos fondos Covid-19 da Unión Europea. Montero sostén que os orzamentos chegarán ao Congreso en outubro A ministra de Facenda, María Jesús Montero, destacou que o límite de gasto é un paso \"moi importante\" para a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado de 2021, xa que hai unha necesidade \"ineludíbel\" de contar cunhas novas contas públicas para impulsar o crecemento, combater a desigualdade e facer realidade o lema de que \"ninguén quede atrás\", así como para canalizar os fondos europeos. Así pois, con estes pasos previos do teito de gasto e o cadro macro, necesarios para as contas públicas, a ministra mantivo que o Goberno estatal presentará ao longo de outubro o proxecto de orzamentos, co obxectivo de que as contas sexan aprobadas a finais de decembro ou principios de xaneiro. Sobre a negociación entre o PSOE e Unidas Podemos, Montero confirmou que se está abordando unha revisión de beneficios fiscais."}
{"ID": "NOS_18934", "summary": "Tras unha reunión con representantes da ANPA e taxistas de Folgoso do Courel, Ana Miranda avanzou que presentará \"unha iniciativa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a discriminación causada pola decisión do Goberno galego\" de modificar o servizo de transporte para o vindeiro curso.", "text": "A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, a deputada parlamentaria Carme Aira e a responsábel comarcal do BNG Rosana Prieto reuníronse este sábado con representantes da ANPA e de taxistas de Folgoso do Courel, promotores das mobilizacións en defensa do actual sistema de transporte escolar do CPI Poeta Uxío Novoneyra. Na xuntanza, as nacionalistas expuxeron as iniciativas políticas a desenvolver para esixir á Xunta de Galiza o mantemento das rutas e paradas actuais, que garanten as mellores condicións para o alumnado e dan emprego a seis taxistas locais. Denunia en Europa A portavoz europea Ana Miranda anunciou que presentará \"unha iniciativa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a discriminación causada pola decisión do Goberno galego que vulnera o dereito á igualdade no acceso á educación ao non ter en conta as condicións específicas das zonas de montaña\". Miranda considera que \"a Unión Europea pode e debe pronunciarse sobre este asunto porque está en cuestión o uso de fondos europeos destinados á mobilidade e porque a licitación das rutas foi publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas\". Emprego e dereito ao ensino Nesa liña, explicou que o plan de transporte da Xunta da Galiza bate de fronte \"coa filosofía dos fondos europeos e incumpre a Estratexia Europea para as Zonas de Alta Montaña, que alude ás necesidades específicas de transporte destas áreas e que se reforzará no novo marco financeiro que se está a negociar nestes momentos en Europa\". A vicepresidenta e deputada provincial Maite Ferreiro salientou que tras a paralización do contrato, motivado polas mobilizacións sociais, \"cómpre manter a presión institucional para que a Xunta da Galiza rectifique e presente xa un plan de transporte que atenda ás necesidades do alumnado ademais de manter os empregos no Courel\"."}
{"ID": "PRAZA_14889", "summary": "O rescate europeo de 7.000 millóns provocaría o despedimento de máis do 20% dos traballadores da entidade, que acabarían na rúa cunha indemnización de 20 días por ano ao aplicárselles estritamente a reforma laboral.", "text": "A troika impón os axustes. O rescate europeo de máis de 7.000 millóns de euros que recibirá Novagalicia Banco podería implicar o despido de máis do 20% do cadro de persoal da entidade financeira galega. Serían un 2.000 traballadores os que acabarían na rúa dun total de 9.250, ao que habería que engadir a supresión de numerosas oficinas. Os despidos afectarían a máis do 20% dos traballadores de NCG Banco Anúnciao hoxe Expansión, pero era algo que xa advertira o presidente de NCG Banco, José María Castellano, na súa última xuntanza cos representantes sindicais, onde avisaba de que tiña as mans atadas en canto aos axustes previstos. De feito, esa mesma troika esixirá tamén que os despidos se realicen aplicando estritamente a reforma laboral e cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de doce mensualidades. \"Teremos probablemente un balance e un cadro de persoal máis reducido\", admitira Castellano hai dúas semanas. O conto agora é saber cantos traballadores se verán afectados por ese axuste. Clodomiro Montero, responsable de CIG-Banca, cualifica estas novas noticias como \"outro baile de cifras\", pero aclara que a troika, \"como contrapartida a esta liquidación, mal chamada rescate, imporá despidos masivos\". \"Nós xa advertimos do que se nos viña enriba, pero é difícil falar de números cando a dirección se nega a facilitar datos sobre as liñas mestras da reestruturación\", engade, tras criticar que \"non hai interlocución coa representación sindical\" na entidade, polo que se \"vulnera o dereito á negociación colectiva\". Os sindicatos quéixanse da falta de información por parte da entidade e piden que se sente a negociar Novagalicia é a terceira entidade con máis necesidade de capital, logo de Bankia e Catalunya Bank, concretamente 7.176 millóns de euros tras os resultados feitos públicos por Oliver Wyman logo da auditoría da banca española que lle encargou o Goberno central. O resultado súmalle algo máis de mil millóns de euros ás previsións iniciais do propio presidente de NCG Banco. Este plan de axuste aprobaríase xa a finais deste mes de novembro, logo de que sexa analizado conxuntamente pola entidade e a Comisión Europea. Os 2.000 despidos unirranse a case outros 2.000 que sufriu a entidade galega desde que comezara a reestruturación do sector financeiro e sumaranse tamén aos que suporá o actual ERE en NCG Banco e que implicará unhas 700 baixas e 1.400 suspensións de contratos. CIG-Banca chamará ao resto de sindicatos a mobilizacións conxuntas contra os axustes e a falta de datos Clodomiro Montero repara no feito de que o Goberno \"primeiro pacte un rescate e logo negocie as condicións\". \"Primeiro pides un préstamo e agora discutes as condicións con quen cho deu\", critica o responsable de CIG-Banca, que destaca que o que está a aprazar o rescate bancario é a discusión \"sobre se o Estado se fai cargo do rescate ás entidades intervidas, o que cuantificaría como déficit público\". Montero advirte xa de que a CIG manterá negociacións co resto de sindicatos con representación en Novagalicia Banco para levar a cabo mobilizacións conxuntas contra os axustes e para reclamar tamén a información e negociación que polo momento se lle está a negar aos traballadores."}
{"ID": "PRAZA_8539", "summary": "Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Xoán Bascuas e Manuel Dios sobre o éxito da manifestación do domingo, e das accións que se deben poñer en marcha para frear a ameaza mineira en toda Galicia.", "text": "Este domingo milleiros de persoas manifestáronse en Carballo contra o polémico proxecto de extracción de ouro que a multinacional canadiana Edgewater quere levar a cabo en Corcoesto. Non é a única ameaza: hai ducias de proxectos mineiros que están comezando as súas actividades en toda Galicia, na procura de ouro, de terras raras e doutros materiais, e aproveitando a crise económica e a grave situación de desemprego para vender as súas bondades. Corcoesto é a punta de lanza, un ensaio. Pero tamén é o lugar no que a xente se está organizando e mobilizando: plataformas sociais coma Salvemos Cabana ou a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, organizacións ecoloxistas e partidos politcos, todos traballan unidos e estiveron o domingo en Carballo. Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo), Xosé Manuel Beiras (Anova), Xavier Vence (BNG), Xoán Bascuas (CxG) e Manuel Dios (EE) sobre o éxito da marcha e das accións que se deben poñer en marcha para frear a ameaza mineira en toda Galicia. En maio haberá un macroconcerto contra a mina. E a comezos de xuño, ao redor do día 5, convocarase unha manifestación nacional galega para protestar \"contra todos os proxectos mineiros que están ameazando numerosas zonas de Galicia co apoio da Xunta\". Manuel Rivas: \"A xente converteuse no río Anllóns: cando a protesta deixa de ser un regato e se converte nun río os gobernos teñen que escoitar\" Manuel Rivas foi o encargado de ler o manifesto na marcha do domingo. O escritor salienta que \"é a unión da xente na rúa o que pode parar esta desfeita. Ten que oírse en Santiago e despois en Canada\" e conclúe que \"a concienciación é un proceso lento ao comezo pero esta mobilización comeza a ser masiva. A xente converteuse no río Anllóns: cando a protesta deixa de ser un regato e se converte nun río os gobernos teñen que escoitar\". Tamén foron rotundas as voces dos representantes dos colectivos ecoloxistas. Fins Eirexas (Adega) afirma que \"a protesta ten que transcender o ámbito local. Son ducias os proxectos mineiros que buscan o beneficio rápido a custa de destruír os recursos naturais e o territorio\". E engadiu: \"que non o dubide Feijoo: a próxima será en Compostela e onde somos tres mil seremos quince mil\". E Nela Abella (Verdegaia) lembrou que \"as mobilizacións están servindo para implicar a toda Galicia e para informar a xente das repercusións desta mina. Estase xestando unha rede de colectivos antiminaría en Galicia que quere ser unha rede de apoio mutuo para compartir ideas e forzas\". De igual xeito Margarida Prieto (SLG) sentenciou que \"a Xunta ten que recapacitar. Galicia non é unha mina. Ten que haber un cambio de rumbo na política do Goberno galego\". As voces dos políticos Fins Eirexas (Adega): \"Que non o dubide Feijoo: a próxima será en Compostela e onde somos tres mil seremos quince mil\" Manuel Antelo (Alcalde de Vimianzo): \"É unha loita por un modelo económico sostible en Bergantiños e a Costa da Morte. Temos moita necesidade de traballo pero non a calquera costa non adoptando actividades que están en desuso en todo o mundo desenvolvido\": \"É unha loita por un modelo económico sostible en Bergantiños e a Costa da Morte. Temos moita necesidade de traballo pero non a calquera costa non adoptando actividades que están en desuso en todo o mundo desenvolvido\". Xosé Manuel Beiras (Anova): \"O Goberno galego non reflexiona porque non ten cerebro: ten neve en lugar de cerebro. Non se trata de facelo reflexionar senón de forzalo a que non poda levar adiante unha operación brutal de saqueo do país. Nesta mobilización os protagonistas son os cidadáns: as forzas políticas só deben ser instrumentos en mans da cidadanía\" Xavier Vence (BNG): \"A cidadanía da comarca rexeita maioritariamente un proxecto que vai provocar moito dano e deixar moi pouca riqueza aquí. En todo caso a riqueza marchará para Canadá e aquí quedará o cianuro\" Margarida Prieto (SLG): \"A Xunta ten que recapacitar. Galicia non é unha mina. Ten que haber un cambio de rumbo na política do Goberno galego\" Xoán Bascuas (CxG): \"Non podemos consentir que os recursos naturais do pais sexan espoliados. Cando hai unha causa xusta é normal que suscite un apoio maioritario dos partidos. Pero ten que quedar claro que o protagonismo corresponde á cidadanía\" Manuel Dios (EE): \"Este é o camiño que debemos seguir: o camiño da unidade e o camiño da presión. Corcoesto responde ao modelo de privilexiar as grandes compañías e este modelo económico depredador\""}
{"ID": "NOS_35263", "summary": "A eurodeputada do BNG participou na comisión con anterioridade.", "text": "A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, foi nomeada esta terza feira vicepresidenta primeira da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en representación do Grupo dos Verdes. Ana Miranda asegura que o escano do BNG na Eurocámara será \"máis social, feminista e ecoloxista ca nunca\" Este comité encárgase de estudar as peticións da cidadanía sobre cuestións que lle afecta ou formular queixas sobre a aplicación do dereito da Unión Europea. O Parlamento Europeo pode chegar a estudar a cuestión en sesión parlamentaria e transmite as súas conclusións aos interesados. Após darse a coñecer o seu nomeamento, Miranda salientou que \"con esta nova responsabilidade o Bloque vése máis recoñecido na Eurocámara, con maior poder e capacidade política para dar máis visibilidade á Galiza e os seus problemas\". Ana Miranda, eurodeputada do BNG: \"Nós non vimos defender os intereses dos 'lobbies', senón os das persoas\" Neste sentido, a eurodeputada do BNG detallou que xa formou parte desta comisión anteriormente, á que levou temas como, entre outros, \"o informe da contaminación das rías galegas, o accidente do Alvia e as reclamacións das enfermeiras en loita\". \"A mellor comisión do Parlamento Europeo\" Miranda asegurou que \"sempre\" colaborou cos demais grupos con representación na Comisión de Peticións \"de maneira leal na que creo que é a mellor comisión do Parlamento Europeo\". Ana Miranda denuncia en Bruxelas a exclusión de 'Nós Diario' das axudas da Xunta á prensa Para a dirixente nacionalista esta comisión é na que \"as persoas, os colectivos e os pobos poden intervir directamente\" para falar dos temas denunciados. Precisamente esta terza feira comparecerán familiares do barco Vila de Pitanxo, afundido en Terranova o pasado mes de febreiro. A vicepresidenta saínte, a eurodeputada verde danesa Margrette Auken, afirmou que non lle cabía ningunha dúbida de que Miranda vai facer \"perfectamente o seu labor, tal e como sempre traballou\". A propia Auken foi quen propuxo o nome da eurodeputada do BNG para substituíla."}
{"ID": "NOS_34495", "summary": "Un tribunal de Ceuta frea a polémica repatriación forzosa de menores marroquís non acompañados, mentres a Audiencia Nacional solicita información ao Ministerio de Interior para avaliar a legalidade das deportacións, que para a Fiscalía e as ONG son claramente ilegais e contrarias á lexislación.", "text": "As accións xudiciais emprendidas por varias ONG, co apoio da Fiscalía, conseguiron frear a deportación masiva de arredor de 800 menores non acompañados de Marrocos presentes en Ceuta desde maio, impulsada polo Ministerio de Interior que dirixe Fernando Grande-Marlaska en colaboración co Reino alauí. Malia que na primeira demanda un xulgado de Ceuta non foi quen de evitar a devolución de sete menores na segunda feira, que xa foran enviados a Marrocos esa mesma mañá, pola tarde, o Xulgado do Contencioso-Administrativo 1 de Ceuta suspendía provisionalmente a repatriación de nove menores. Ao serán, foi o Xulgado de Instrución 2 de Ceuta o que ordenou frear durante 72 horas o operativo para enviar estes menores non acompañados a Marrocos, trasladou Mabel Deu, vicepresidenta primeira do Goberno ceutí. Neste prazo, a Administración Xeral do Estado terá que achegar documentación que avale que estas deportacións están a respectar a lexislación española. Tamén prosperou o recurso presentado a segunda feira perante a Audiencia Nacional pola Rede Española de Inmigración e Axuda ao refuxiado, motivado pola vulneración de dereitos fundamentais. Esta terza feira, a Sala do Contencioso-Administrativo da institución reclamou ao Ministerio de Interior que remita nun prazo de 24 horas o documento da orde do 10 de agosto na que a Secretaría de Estado de Seguridade baseou a repatriación forzosa de menores non acompañados. No escrito, chámase a \"executar as previsións recollidas no artigo 5 do Acordo entre o Reino de España e o Reino de Marrocos sobre cooperación no ámbito da prevención da emigración ilegal de menores non acompañados, a súa protección e o seu retorno concertado, feito en Rabat en marzo de 2007\". Para a Fiscalía de Ceuta, o oficio de Interior non cumpre coa lexislación do Estado, e \"só consta como fundamento xurídica da mesma un oficio da Secretaría de Estado de Seguridade sen sinatura\", sinalan. A política exterior española, na procura de contentar Marrocos O 9 de agosto, a delegada do Goberno do Estado en Ceuta, Salvadora Mateos, reiterou que as relacións co Reino de Marrocos volvían ser \"moi boas\", e advertira que \"nos próximos días\" se podería ver a materialización desas boas relacións. Mateos situou na mellora das relacións bilaterais \"o cambio no Ministerio\" de Asuntos Exteriores, no que José Manuel Albares substituíu a Arancha González Laya. Poucos días despois, facíase público o inicio das deportacións por orde do Ministerio de Interior que encabeza Fernando Grande-Marlaska. A medida, que implicaba a deportación de 15 menores diarios sen informar a Fiscalía, foi criticada por todas as forzas do arco parlamentario do Congreso, agás Vox. Desde as ONG reitérase que o proceso de deportación de menores é ilegal."}
{"ID": "PRAZA_10435", "summary": "Feijóo inaugura con catro anos de atraso unha infraestrutura cuxa primeira fase, o anterior Corredor que xa prevía o actual desdobramento, comezou a construírse sendo el conselleiro de Fraga e en 5 anos quedou obsoleto", "text": "Feijóo inaugura con catro anos de atraso unha infraestrutura cuxa primeira fase, o anterior Corredor que xa prevía o actual desdobramento, comezou a construírse sendo el conselleiro de Fraga e en 5 anos quedou obsoletoO 9 de maio de 2003, catro meses despois de ser nomeado por Manuel Fraga Conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo colocaba a primeira pedra das obras do Corredor do Morrazo, unha vía rápida dun carril por sentido, anunciando que aquela era a \"primeira fase\" da súa futura conversión en autovía con dous carrís por sentido. Este venres, 14 anos despois de rematarse aquela obra, Feijóo inaugurou a prometida duplicación en autovía de 11 quilómetros daquel Corredor previo, unha actuación que o seu primeiro Goberno anunciou en 2010 que estaría en 2015 pero que se demorou catro anos máis pola súa incorrecta planificación. Os 8 anos agora empregados para desdobrar en autovía 11 quilómetros do Corredor do Morrazo veñen bater o récord dos mesmos 8 anos que lle levou á Xunta construír 27 quilómetros da Autovía da Costa da Morte, prometida tras o Prestige pero non inaugurada ata 2016 tras un historial similar de erros na súa planificación. Aquela primeira pedra que o conselleiro Feijóo colocou nas obras do Corredor do Morrazo en 2003 foi a concreción dun traballo previo de planificación da infraestrutura por parte do seu antecesor, Xosé Cuiña, que malia deseñar inicialmente unha vía dun carril por sentido deixou xa expropiados boa parte dos terreos necesarios para unha futura ampliación a autovía. O corredor inicial xa non sería inaugurado por Feijóo senón polo bipartito poucos meses despois de chegar á Xunta en 2005, e só cinco anos máis tarde, en 2010, co PP de novo no Goberno galego, varios accidentes con 8 mortos e un tráfico cada vez máis elevado evidenciaron que a vía quedaba obsoleta e levaron a tomar a decisión do seu desdobramento.A Xunta agardou a despois das xerais de 2011 para anular a primeira licitación tras mantela durante meses coa metade da mesa contratación imputada malia que na oposición Feijóo pedira a dimisión da socialista Caride por unha situación similar no BarbanzaA obra da autovía, que avanzou a golpe de eleccións, foi licitada por primeira vez a comezos de 2011, pouco antes dos comicios municipais daquel ano, cun prazo de execución máximo de 40 meses que debía tela rematada antes de 2015. En plena crise a Xunta argumentou que non tiña cartos propios para asumir os 87 millóns de euros da obra e deseñou aquel concurso como unha colaboración público-privada na que incluíu tamén o mantemento do resto de estradas autonómicas da comarca do Morrazo por 364 millóns a pagar durante 25 anos. Porén, aquel concurso apenas suscitou interese no sector e só se presentou unha oferta, liderada pola despois quebrada Isolux Corsan, que a Xunta considerou irrealizable e a levou a, unha vez superadas as eleccións xerais de novembro de 2011, anular o proceso admitindo que aquel modelo fora errado. Durante o tempo que durou aquel logo frustrado concurso a oposición afeou ao Goberno galego que tres dos seis membros da mesa de contratación estivesen imputados no caso Campeón de tráfico de influencias. Aquilo chegaba despois de que, durante o bipartito, unha situación similar da mesa de contratación da Autovía do Barbanza levase ao propio Feijóo a pedir a dimisión da daquela conselleira socialista María José Caride. Nos dous casos as imputacións acabaron arquivadas.O Goberno galego foi avanzando coa tramitación da autovía xusto antes de varias convocatorias electorais e anunciando as súas demoras e molestias para a cidadanía unha vez superados sucesivos comiciosDurante os seguintes tres anos pouco máis se soubo da prometida Autovía do Morrazo. Ata que o 13 de abril de 2015, un mes antes das novas eleccións municipais do 24 de maio dese ano, a Xunta anunciou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova licitación da construción do primeiro dos tres treitos en que decidiu fragmentar a obra para acometela agora máis lentamente con fondos propios e xa non con colaboración público-privada. Do mesmo xeito, o segundo treito licitouno no DOG o 16 de decembro de 2015, catro días antes das eleccións xerais do 20 de decembro daquel ano.Ese inicio definitivo das obras non supuxo que estas avanzasen sen interrupción. O Goberno galego prometeu que os traballos de desdobramento serían compatibles coa circulación de vehículos polo corredor. Pero non foi así. A Xunta non tivo en conta no seu proxecto nin a afección ao castro de Montalegre que se viu obrigada a protexer mellor cun túnel non previsto inicialmente nin a inestabilidade dun noiro, actuacións que levaron ao Goberno galego a sucesivos cortes da circulación. O primeiro deses cortes de tráfico que incumprían a promesa da Xunta non sería comunicado de xeito público ata o 28 de outubro de 2016, un mes despois das eleccións autonómicas do 25 de setembro dese ano. O corte máis importante, que facilitou os traballos das construtoras e que estas puidesen cumprir os novos prazos comprometidos, prolongouse máis de medio ano, entre finais de 2017 e mediados de 2018, cando Feijóo inaugurou os dous primeiros treitos da autovía, uns 7,3 quilómetros.\"Cumprimos coa palabra dada e hoxe a Autovía do Morrazo é unha realidade\", dixo Feijóo na inauguración deste venres malia os incumprimentos da XuntaAgora, un ano máis tarde, Feijóo volve a unha nova inauguración na Autovía do Morrazo, a dos seguintes 4 quilómetros, que custaron 18 millóns de euros para elevar o total da obra a 56 millóns. \"Cumprimos coa palabra dada e hoxe a Autovía do Morrazo é unha realidade\", chegou a dicir o presidente malia os incumprimentos da Xunta.Os oito anos pasados entre a primeira licitación da obra e o remate dos traballos nos 11 quilómetros da Autovía do Morrazo veñen de supoñer un novo récord de lentitude dunha obra da Xunta tras os mesmos oito anos que tamén lle levou rematar en 2016 os 27 quilómetros da Autovía da Costa da Morte tras a súa primeira licitación en 2008. Esa infraestrutura fora prometida tras o afundimento do Prestige en 2002 e licitada tres veces tras sucesivos fracasos dos dous primeiros concursos. Finalmente a vía, que ía ter 42 quilómetros, foi recortada a 27 pola incapacidade da concesionaria para acometer toda a obra. Uns traballos que custaron uns 200 millóns de euros pero polos que a Xunta terá que pagar uns 600 millóns ao longo dos próximos 20 anos polo modelo de colaboración público-privada elixido para ela."}
{"ID": "NOS_17008", "summary": "O investimento destinado a este programa será de 4.320 millóns de euros até 2031. O presidente do Goberno español afirmou que creará 9.000 empregos durante o próximos dez anos.", "text": "O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, afirmou que o futuro de Navantia Ferrol está \"asegurado\" no \"curto e medio prazo\" co programa das fragatas F-110, co que o Executivo estal agarda \"impulsar o desenvolvemento do tecido industrial e empresarial de toda a comarca\". Ferrol prepárase para un posíbel rexurdir coa volta da actividade a Navantia Sánchez asistiu nesta cuarta feira ao primeiro corte de chapa dunha das cinco fragatas F-110 que se construirán no estaleiro ferrolán e que cualificou de \"acto histórico\". Na súa intervención, o presidente do Goberno destacou que este programa está a ser a \"panca para a transformación dixital do estaleiro\" e, segundo el, converterao nunha \"referencia non só estatal, senón internacional, en materia de fragatas\". O investimento destinado a este programa será de 4.320 millóns de euros até 2031. O presidente do Goberno español afirmou que creará 9.000 empregos durante o próximos dez anos. \"Con este investimento, o Estado español contará con cinco novas fragatas, que van relevar ás actuais da clase F-80, as chamadas 'Santa María' e, cando se complete a construción, a armada contará con 10 modernos buques escolta, sumando as clases F-1001 e as clases F-110\". Exemplo de \"reindustrialización\" Segundo Sánchez, trátase dun \"exemplo máis do proceso de reindustrialización do Estado español, que ten unha economía cun sector servizos moi importante pero ten que apostar pola súa reindustrialización, e niso está empeñado o Goberno español\", incidiu. Neste sentido, sinalou que Navantia Ferrol exerce de \"panca\" para as industrias auxiliares e o resto de estaleiros privados. \"É clave nun sector esencial e histórico do noso país, que emprega unhas 70.000 persoas cun alto nivel de cualificación e que factura 7.500 millóns de euros ao ano\", destacou. O presidente do Executivo estatal lembrou a recente aprobación do Perte do naval, que suporá un investimento de 310 millóns de euros, mobilizar 1.150 millóns de investimento privado e crear \"máis de 3.000 postos de traballo de calidade\". Sánchez tamén se referiu a que o Estado español exporta 90% dos buques civís que constrúe e 50% da produción do sector de defensa e seguridade."}
{"ID": "PRAZA_2544", "summary": "ENTREVISTA A construción, o proceso, volve ser protagonista da obra de Eduardo Estévez, que vén de publicar entrar na casa co fotógrafo Ignacio Castro. Un poemario sobre as pegadas que as persoas deixan nos espazos que as acollen. E nas outras persoas. Estévez está xa a preparar outro libro, de baleas.", "text": "O poeta Eduardo Estévez vén de publicar, con Estaleiro, entrar na casa. Unha obra a catro mans, que asina co fotógrafo Ignacio Castro, sobre as pegadas das persoas nos espazos que habitan. Sobre a nosa relación coa memoria, coa perda. Co tempo. Sobre a poesía como aquilo que non se di pero que está. Falamos con el. entrar na casa é froito dun encontro co fotógrafo Ignacio Castro. Como foi? Ignacio Castro leu o meu libro construcións e viu que había unha relación entre a súa e a miña forma de mirar. Levo tempo dándolle voltas ao tema de mirar dunha maneira diferente. Interésame moito a literatura militante, que a verdade é que envexo, pero a min non me sae. Pois a maneira que atopei de facer algo semellante foi esa: tentar mirar as cousas desde outra perspectiva. Non para levar a mirada dos demais á miña, senón co obxectivo de que o lector se decate de que hai outras formas de mirar. En construcións facía iso mirando aos pequenos detalles. Porque mirar o detalle pode ser outro xeito de ver o total, o xeral. Pois Ignacio Castro envioume unha ligazón para que puidese ver as súas fotos. Intercambiamos varios correos e unha vez e díxenlle que un día podiamos facer algo xuntos. Nunha semana respondeu: facemos? E así foi. Establecemos un diálogo do que o libro é resultado. Non é un libro de poemas con fotos nin un libro de fotos glosadas con textos. Eu escribín textos a partir de fotos, el fixo fotos a partir de textos… e os dous intervimos no que facía o outro. El orientaba os meus textos e eu as súas fotos. Comentas no teu blog que o libro foi rexeitado nas editoras grandes. Non é un libro para mandar a premios. As editoras grandes teñen estruturas ríxidas. É difícil que se saian da súa maneira habitual de facer as cousas. Non é só unha cuestión económica. É moi complicado que saian das coleccións que teñen prefiguradas. As editoras máis grandes non poden deixar de publicar poesía, non poden permitirse iso, pero tampouco lle ven posibilidades de negocio. Mirei tamén nas editoras pequenas, e polo menos responderon. Case a totalidade dixo que o libro lle gustaba pero que non podía publicalo ou non podía facelo sen axuda. Ata que apareceu Estaleiro, que asumiu o risco, eu creo que sen pensar moito na dificultade que ía supoñer publicalo. E eu recoñézolles moito o esforzo que fixeron nese sentido. Quedou un libro moi digno. As editoras máis grandes non poden deixar de publicar poesía, non poden permitirse iso, pero tampouco lle ven posibilidades de negocio O libro fala das pegadas das persoas que habitan as casas. De memoria, de perda, de ausencia, de soidade… Son os temas de sempre da poesía, pero eu tento tratalos dun xeito desdramatizado. Sempre digo que a nostalxia está ben, porque supón lembrar momentos nos que fomos felices. E non porque no presente non o sexamos. Se botamos de menos algo é porque foi bo. E eu tento non ser un poeta chorón. De todas maneiras, o libro partiu dunha historia, que despois é verdade que quedou desdebuxada. Un tipo entra na súa casa e atopa fotos que sabe que son da súa casa, pero do futuro. É como un libro de ciencia-ficción. As fotos danlle a pauta para imaxinar, para construír historias situadas entre o seu tempo e o seu futuro, mirando as fotos. Xunto á perda, que tamén parece que mira ao pasado, está o desexo, que se cadra olla ao futuro. É que na segunda parte do libro hai unha historia de amor, pero isto é secundario. El imaxina a historia dunha muller que entra na súa vida. Así, pode imaxinar unha historia que xa pasou, pero que no seu tempo aínda non pasou. É unha situación ideal: entras nunha historia que xa pasou pero que podes imaxinar totalmente. Ademais, o home está só na casa. Malia que na portada haxa unha porta con dúas chaves, que despois non aparece no interior. As dúas chaves son estrañas porque el está só. Nun principio non ía ir esa foto, pero despois escollémola. Alba Viñas foi a editora. Deulle moito traballo. Espero que non se arrepentise! É verdade que é un libro sobre a memoria, a soidade, os ocos. Pero sobre todo sobre as pegadas, os rastros. Nas fotos non se ven persoas, pero intúense. Son os rastros das persoas nas casas que habitan. É verdade que é un libro sobre a memoria, a soidade, os ocos. Pero sobre todo sobre as pegadas, os rastros \"E as persoas e a felicidade e mais/ desas fisuras/ fáisenos a vida\", di un dos versos. Por que? Ese poema fala dos detalles inconexos. A paisaxe non é continua, sen detalles. Nos ocos, nas fisuras, está a vida. É como nos poemas. O importante son os espazos entre as cousas. A poesía, como falaba estes días cun amigo, é o que non contas pero está aí. O lector pode encher os espazos, os ocos do que ti non dis. Eu quero sempre facer unha poesía clara, que poida entender todo o mundo. Cunha mensaxe clara, que o lector poida levar ao seu terreo. O que non está no texto o lector pode enchelo coa súa forma de ver o mundo. E a poesía é iso: recepción, comunicación. Detalles, ocos, fragmentos. \"A memoria é/ a borralla que o esquecemento/ abandona\", di outro verso. Iso vai nun sentido semellante ao que xa dixen… Aínda que eu creo que a memoria é unha ficción. Desde o punto de vista político, é claro que é unha construción. E desde o punto de vista persoal tamén. É o que nos gustaría pensar que pasou. E tamén é os rastros que deixou en nós a outra xente. Eu creo que a memoria é unha ficción Por que a idea da construción sae tanto na túa obra, entón? Eu penso moito en como fago o que fago. Interésame moito o proceso, a construción. E tamén a construción que cada un fai de si mesmo. Interésanme os procesos máis que os resultados. Desfruto moito co proceso de construción dos libros. Agora estou co proxeto de baleas, que creo que é un dos mellores libros que escribín. É un work-in-progress que fun publicando en internet, con todas as versións de todos os poemas. Se cadra o publico tamén en papel. Compartiches o proceso de creación de de baleas no teu blog: todos os cambios, descartes e rescates de versos... Por que? Hai moitas razóns e seguramente todas teñan parte na decisión. Por unha banda, xa che comentaba o meu interese polos procesos, case máis que polos resultados. Tamén está o feito de explorar as posibilidades da rede para construír obxectos e, á fin e ao cabo, un proxecto \"en construción\" é un obxecto en si mesmo con particularidades interesantes. Ademais, procuraba as opinións dos lectores e lectoras: eu crieime como escritor nun obradoiro literario e sigo a ter certa dependencia das lecturas dos otros durante o proceso de escrita e, sobre todo, de revisión. Eu crieime como escritor nun obradoiro literario Por que a metáfora da balea? Este libro é unha especie de amábel rendición de contas dos anos que pasei en Arxentina\", dis. En que sentido? A balea gústame como imaxe das cousas feitas con vagar. Paréceme un ser poderoso e, á vez, feble. E navegante. En realidade, no libro é case unha escusa. Nalgúns poemas si que é o centro pero en moitos non é máis que unha referencia para manter a unidade do conxunto. A rendición de contas da que falas é máis complicada de explicar: cando eu tomei a decisión consciente de facer todo o posíbel por integrarme aquí, dalgún xeito fixen unha renuncia ás ligazóns que mantiña coa cultura de meu. Durante anos eludín canto puiden as referencias e as relacións con Arxentina. Pero iso todo estaba aí e, nun punto, fíxoseme máis evidente e decidín poñelo nun libro. En realidade cando decido escribir un libro -este ou calquera outro- hai unha razón máis de fondo e ás veces máis difusa que ten máis que ver cunha paleta de cores coa que quero traballar e, sobre todo, cunhas ideas ou reflexións sobre as que me interesa aprofundar. As baleas son unha escusa. En construcións hai varios encontros que non chegan a producirse ou consolidarse. Todo queda nunha sorte de posibilidade que non chega a realizarse. Por que? Outra volta os procesos. É certo que no libro hai encontros que fracasan expresamente pero en realidade cando falo dun encontro posíbel o que menos me interesa é o encontro e prefiro centrarme no transcurso até alí. Tanto ten, en xeral, se o encontro ten lugar ou non. Iso é anecdótico. Ademais, o éxito ou o fracaso do encontro pecharían o texto e eses ocos prefiro que se enchan no momento da lectura. E aforro ter que decidirme por un final feliz ou por un final amargo. Evito aquel polo tópico e este porque non me interesa dar imaxe de escritor sufrinte que iso tamén é, á fin e ao cabo, outro tópico. Cando falo dun encontro posíbel o que menos me interesa é o encontro e prefiro centrarme no transcurso até alí \"A memoria é un instante/ de acougo\", di Derrotas. Por que é tan recorrente nos teus poemas o tema da memoria? As derrotas do título non son fracasos senón singraduras. Unha e outra vez falamos de traxectorias, de procesos. Nós estamos feitos das cousas que nos pasan, como a casa do último libro. Estamos feitos de pegadas do tempo. E a memoria pénsoa como unha maneira de tentar reconstruírmonos, de construír un relato de nós mesmos. Imaxino que, en xeral, as cousas que a constrúen, a maior parte da xente tenas ao seu redor. Digamos que a cultura que nos constitúe forma parte da nosa contorna cotiá. Iso non é o meu caso ou, cando menos, non completamente. Ocórreseme agora mesmo que igual esa é unha causa posíbel desa teima miña pola memoria. 'Os veos da paisaxe' mostra outra das que, quizais, é unha das características da túa poesía, que é a presenza dos sentidos, e non sei se dicir da observación da realidade inmediata. É así? Os veos da paisaxe en realidade é unha especie de exercicio literario a partir dun libro do poeta arxentino Eduardo Mileo. Lera o libro na adolescencia e, froito da casualidade, co paso do tempo funo relendo e foise resignificando: o tempo foille quitando ao libro de Mileo os seus veos. O meu está trazado de referencias ao de Mileo e, desde o punto de vista formal, tentei levar ao extremo ese empeño pizarnikeano pola concentración moi densa de sentido do poema nuns poucos versos. Por Caderno apócrifo da pequena defunta pairan a morte e o desexo, a ansia... Por que? Cal era o obxectivo deste libro? Este é o meu outro libro-exercicio. É unha homenaxe a Pizarnik e funcionou como un xeito de exorcizala. Eu aprendín a escribir poesía lendo a Alejandra Pizarnik e nun punto decidín facerlle algo así como unha homenaxe final. Collín un dos seus libros e fixen outro como se reescribise o de Pizarnik. Ademais, levaba tempo querendo poñerme a máscara dunha muller e atopei a ocasión correcta. O desexo, a ansia, a escrita, a loucura, o desacougo, non son os meus temas senón os de Pizarnik. O libro valeume para liberarme un pouco dela porque me resultaba un chisco tormentosa demais. Sigo adorando o seu xeito de pulir o poema até facelo un croio redondo e perfecto. Pero estou moi lonxe xa dos seus tormentos. Eu aprendín a escribir poesía lendo a Alejandra Pizarnik lúa gris ten algunha conexión con en construción: a casa, as pegadas, a ausencia... Que relación teñen? Ou a idea de lúa gris era máis ben outra? lúa gris é o máis parecido a un libro autobiográfico. Naceu dun soño no que aparecía a casa da miña infancia pero derruída. Afortunadamente a casa segue en pé, pero a imaxe serviume de escusa para facer o libro sobre a infancia e a adolescencia. Tanto ten se o que se conta ten un correlato biográfico estrito ou non. Mirado con ollos xornalísticos hai poemas que falan de cousas que aconteceron e outros que son construcións imaxinarias. E mesmo os que falan de cousas que aconteceron son tamén construcións imaxinarias, claro... E Só paxaros saíron desta boca? De que maneira adianta o que vén despois? Porque realmente hai conexións entre todos os libros. Ese libro empecei a escribilo en castelán, antes de vir para Galiza. Quédame xa tan lonxe... Estaba aprendendo a escribir, diría. Eu crieime nun obradoiro literario en Buenos Aires onde aprendín moitísimo sobre a técnica do poema e deille de comer á paixón pola literatura. Despois, no meu paso por Caracas, participei doutro obradoiro no que aprendín a concisión e a honestidade do verso. Só paxaros é unha primeira tentativa de xuntar as dúas cousas. En realidade estaba aprendendo a falar. Cando premiaron o libro non o entendía. Eu tiña tamén a concurso, no mesmo premio, lúa gris e, cando me chamaron, pensei que estaban falándome de lúa gris. Até o día seguinte non se aclarou a confusión... Foi unha sorpresa enorme -sen contar con que eu levaba moi pouquiño tempo escribindo en galego- pero hoxe queda xa moi lonxe..."}
{"ID": "NOS_16176", "summary": "Entrevista coa xornalista no 'Caderno de verán'.", "text": "Permítelle o labor de xornalista coller vacacións durante o verán? Si collo. Este é o meu primeiro ano con vacacións no verán, os pasados foron de traballo. Durante esta época non adoita haber moito que facer, ademais das celebracións, dos festivais, e de movementos por cuestións puntuais. Xa que por fin pode gozar do seu tempo libre nesta época estival, que pensa facer? Que actividades lle gusta realizar? Eu antes da pandemia era outra persoa diferente. Sempre intentaba buscar voos baratos para marchar de viaxe, cadrando unha detrás doutra, calquera combinación me valía para ir fóra, dentro das miñas posibilidades económicas. A Covid-19 cambiou esa mentalidade e agora dáme algo de medo. Na quenda de agosto que teño libre irei á miña vila, a Corme, e quizais faga algunha escapada polo Estado. Estou desexando que cando remate esta situación poida facer unha viaxe por Europa. Di que lle gusta viaxar, en chave turista ou aventureira? En chave aventureira sempre. Intento mercar os voos máis baratos que haxa e elixo o lugar máis diferente que poida atopar; preparo unha mochila co que necesito e marcho, non me importa se teño que facer moitas escalas. Cando comecei a viaxar prefería telo todo ben planeado, agora vou á aventura total, fago o que me pida o corpo, sempre afastándome das zonas turísticas e visitando o que me recomenda a xente. E no que respecta á Galiza, ademais de Corme hai algún lugar que lle guste especialmente? Gústame moito visitar Ourense, os canóns do Sil, Allariz, Celanova... encántame, a xente é moi acolledora e a zona é incríbel. Vou varias veces no ano e desfrútoo moito. Podería recomendar algo para facer antes de que comece o curso? Agora recomendo a serie POSE, de Netflix. Trata sobre un grupo de mulleres trans e negras no Harlem dos anos 80 e das familias que formaban entre eles ao seren rexeitadas polas súas propias. Mostra moi ben a subcultura underground do baile ball, é moi interesante. Ademais é unha temática que está de plena actualidade. Coido que é unha ficción moi real."}
{"ID": "NOS_1539", "summary": "O Consello de Ministr@s aprobará a Lei de Seguridade cidadá a vindeira esta sexta feira e prepara xa a reforma da Lei de folga para endurecer os servizos mínimos nas greves.", "text": "Así o anunciou o presidente do executivo español, Mariano Rajoy, a quinta feira nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España (RNE). O seu goberno levará a vindeira semana ao Consello de Ministr@s a nova Lei de seguridade cidadá coa que prevé autorizar ás forzas de seguridade do Estado estabelecer perímetros libres de reunións para alén de aplicar duras sancións económicas que abalarían entre os 100 e os 600 mil euros. Rajoy: \"A lei vai na liña dos países democráticos\" Malia as fortes críticas que desatou a medida pouco despois de ser anunciada polo goberno español, para o líder do executivo esta \"non é máis represora\" do que outras e vai \"na liña dos países democráticos\". Mariano Rajoy defendeu na radio pública que \"esta lei conta co apoio de veciños e comerciantes\" e prevé \"as mesmas sancións que a anterior\". Rajoy di que a Lei de Seguridade cidadá \"non é máis represora\" mais a oposición e a cidadanía considérana \"anti-democrática\" Porén, inclúe mudanzas a respeito da aprobada no 1992 dirixidas a evitar manifestacións como as de #JaqueAlRey ou #AbrazaElCongreso. Aliás, ten por obxecto prohibir os escrachos e calquera mobilización que non for previamente notificada e aprobada --con 10 días de adianto-- pola Delegación do Goberno. Chama a atención este cambio normativo tendo enconta que a recente mobilización da Asociación de Vítimas do Terrorismo, após a sentenza do Tribunal de Estrasburgo en relación á Doutrina Parot, si foi autorizada fóra dos prazos fixados pola lexislación vixente e mesmo contou co apoio de destacad@s líderes do Partido Popular. A reforma visa blindar a policías e gardas civís Neste senso, a medida foi pensada, di o Goberno, para garantir a 'protección' dos axentes da policía e a Garda Civil. Aliás, mesmo foi encomendada a súa redacción a un antigo mando dos anti-disturbios do goberno Aznar, como publicou ElDiario.Es. Así, recolle como \"moi grave\" insultar, coaccionar ou vexar as forzas de seguridade. Sanción que podería ascender aos 600 mil euros de multa. Restrinxir o dereito a folga cos servizos mínimos Mais o Goberno español non fica aí. Desta maneira anunciou que están a estudar unha reforma da Lei de folga (1977) para obrigar @s traballador@s a cumprir uns servizos mínimos durante as greves. A medida vén a colación da folga indefinida convocada pol@s operari@s do servizo de recollida de lixo do Concello Madrid e responde ás demandas dalgúns líderes populares, entre eles a alcaldesa madrileña, Ana Botella. Feijóo, partidario da obrigatoriedade dos servizos mínimos O presidente español, avanzou na entrevista coa radio pública, é \"partidario\" dunha lei de servizos mínimos \"para que se cumpran\", dixo. Así, asegurou que encomendou ao seu gabinete estudar esta posibilidade, para o que a ministra de Traballo, Fátima Báñez xa contactou cos líderes sindicais españois. Inquirido por esta reforma, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, amosouse partidario da nova medida na comparecencia de imprensa após a reunión semanal do Consello da Xunta."}
{"ID": "NOS_43934", "summary": "Os versos e o pensamento de Rosalía baten forte para demandar dereitos sociais e nacionais. Os seus poemas convertéronse de novo na voz poderosa que se pon á beira de quen sofre e contra quen detén o poder. O Día de Rosalía festexouse con forza reivindicativa na homenaxe que a AELG lle dedicou no Panteón de Galeg@s Ilustres.", "text": "Os poemas de Rosalía vibraron na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o lugar que cada ano a AELG visita para honrar á escritora, soterrada no Panteón de Galeg@s Ilustres. Desde \"Non che teño medo moucho\" até \"Quen non xime\", os versos de Rosalía tornaron a súa propia homenaxe nun acto no que a xustiza social e o dereito a un futuro digno foron protagonistas. Aconteceu da man das escritoras Marilar Aleixandre, Marta Dacosta, Alicia Fernández, Pilar García Negro, Inma López Silva, Mercedes Queixas e Helena Villar Janeiro que leron poemas nun recital no que quedaba á vista o compromiso da escritora co país e as persoas desfavorecidas. \"Escribir é actuar contra o medo\" comezou Marilar Aleixandre. \"A obra de Rosalía trasluce o seu compromiso coa realidade\" dixo o presidente da AELG no inicio do acto e agradeceulle que teña aberto as portas ao \"campo inmenso da literatura e a cultura galega. Nunha Igrexa de San Domingos de Bonaval no que o frío aterecía ás máis de dúascentas persoas asistentes, Cesáreo Sánchez reivindicou portas abertas para honrar á escritora diante do \"secuestro\" dun espazo pechado ao que só se pode acceder, baixo autorización do arcebispado. \"Triste situación da nosa poeta nacional que agardamos mudar de hoxe no futuro\" lamentou Cesáreo Sánchez quen fixo votos para que nalgún momento a porta principal estea aberta e non sexa preciso empregar, nun acto de homenaxe a unha das figuras máis relevantes da nosa historia, a porta lateral. Rosalía nas colas do paro Cesáreo Sánchez e Rexina Vega leron o manifesto da AELG para a conmemoración no que afondaban na forza reivindicativa da escritora. \"Nestes intres de esgazamento, de destrución das conquistas sociais, de empobrecemento xeralizado, de incerteza, Rosalía axúdanos a ser conscientes, politicamente conscientes, da comunidade de excluídas, desa poboación crecente que avanza cara ao desposuimento e o silencio\" recollíase no escrito. \"Nas tristes colas do paro, nos comedores sociais, nas despedidas dos milleiros de xentes novas que abandonan o país, nos desafiuzamentos, na desesperación das enganadas pola cobiza bancaria, na longa angustia das que agardan unha operación cirúrxica, nas mestras desbordadas, nas avoas que precariamente amparan fillos e netos resoa a voz de Rosalía, dando voz ás que non teñen voz, ás que fican á marxe\" defende a AELG no documento que se leu íntegro en Bonaval mais tamén na morea de actos que na víspera se desenvolveron polo país enteiro. Tamén dela recollen a forza para \"axudármonos a sobrevivir contra as cordas, cada vez con menos aire, cada vez máis feridos, pero vivos, extraordinariamente vivos e conscientes da necesidade de pelexar novos camiños para afirmármonos na nación, na lingua, na clase e no xénero como única posibilidade de existencia digna\". Fundadora da nosa literatura contemporánea, a única que ten unha muller no seu cúmio orixinario, deixou pegada nas xeracións que a sucederon, de maneira especial, nas voces femininas que tamén protagonizaron o acto de aniversario en Bonaval. \"A forza feminina de Rosalía, a asunción plena da condición de muller -sen mistificacións, sen simplificacións doutrinarias- continúa sendo un exemplo, un desafío para o presente, para o futuro\" dixo Xina Vega. Reivindicar tamén co Rosalía a normalidade para lingua a través dos seus versos: \"soia nunha terra extraña / donde extraña me alomean, / donde todo canto miro / todo me dice: \"¡Extranxeira!\". A ofrenda floral co himno galego puxeron fin ao acto antes de que o Panteón de Galeg@s Ilustres botara de novo o fecho. Centos de gaitas nunha alborada conmemorativa Desde primeira hora da mañá, o día amenceu con centos de gaitas a tocar a \"Alborada\" polo país enteiro nunha acción expansiva na que a Asociación de Gaiteiros Galegos participou de maneira activa e que, segundo destacan, chegou a todos os concellos galegos. Na Praza de Vigo, ás dez da mañá, a Fundación Rosalía xunto coa Academia Galega e a Universidade de Vigo desenvolvían o primeiro dos actos institucionais coa presenza do Alcalde de Santiago, Ángel Currás. A alborada soou tamén diante do monumento a Rosalía, ben perto do lugar onde se localiza o espazo no que naceu. A media mañá, a Casa da Matanza, sede da Fundación, abriuse para acoller o acto central no que estiveron ademais presentes o Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez e o secretario xeral de Normalización Lingüística, Valentín García ademáis dos responsábeis máximos das tres entidades organizadoras, Anxo Angueira, Xosé Luís Méndez Ferrín e o vicerrector de Vigo Henrique Costas ademais de representantes de distintas entidades e asociacións. ."}
{"ID": "NOS_32513", "summary": "Os e as universitarias deberán aprobar entre o 90% e o 100% dos créditos para renovaren unha bolsa, segundo contempla o novo réxime de axudas ao estudo que o Ministerio de Educación enviou a Bruxelas. Estas medidas \"multiplican por dous\" o empeoramento das condicións dunha persoa con poucos recursos de acceder a estudos de Grao", "text": "O estudantado que conte cunha bolsa deberán superar entre o 90% --bolsas xerais-- e o 100% dos créditos --bolsas salario-- se queren renovar dita axuda. É a achega feita polo Ministerio de Educación no Plan Nacional de Reformas que o Goberno español enviou a Bruxelas e que o departamento que dirixe José Antonio Wert pretende aplicar no vindeiro curso 2012-2013. En Galiza, os Comités --organización maioritaria no estudantado galego-- aseguran que esta nova disposición non @s colle por sorpresa. \"Non é máis ca unha continuación de todas as políticas que están a desenvolver no Ensino\", explica Daniel Candal, responsábel nacional, lembrando que a tesourada de 3.000 millóns nos Orzamentos apunta á calidade do sistema público e carga nos ombreiros das e dos estudantes o peso económico da súa formación. A consecuencia dos recortes anunciados por Wert supón a maior suba de taxas da historia, mentres o titular do Goberno español, Mariano Rajoy, di que \"non hai cartos para os servizos públicos\" e pide unha 'esmola' de \"uns poucos euros\" entre a cidadanía. Cara a unha Universidade só para ric@sA tradución deses \"poucos euros\" será que os e as alumnas de novo ingreso deberán aportar até 540 euros máis por matrícula e ano, xa que pasan de facerse cargo do 15% ao 25% do prezo do crédito. Facendo as contas sobre unha matrícula que custe de media mil euros, suporá un incremento do 66% na cantidade a pagar. \"Se a suba das taxas deixaba xa fóra do Sistema Universitario ás alumnas e alumnos con menor poder adquisitivo, con esta nova medida o empeoramento multiplícase por dous\", valora Candal, quen considera que o documento levado a Bruxelas \"é un paso máis para aniquilar a Universidade pública\". E é que até o de agora o que se pedía era ter unha cualificación media dun 5 e superar o 80% dos créditos para manter a axuda. Isto era así na maioría das carreiras, agás nas Enxeñeirías, onde a porcentaxe se rebaixaba ao 60%. A tenor deste texto, o Ministerio de Educación pretende que para acceder á condición de bolseira --dunha bolsa xeral, que consiste no pagamento íntegro da matrícula-- no primeiro curso dunha titulación, a persoa deberá obter unha nota de 5,5 puntos nas probas de acceso, con exclusión da parte específica. E para renovar a axuda no segundo ano e nos seguintes do Grao cumprirá superar unha porcentaxe dos créditos matriculados no curso anterior que vai desde o 65% para Arquitectura e Enxeñeirías e o 90% para o resto das titulacións da área de Artes e Humanidades, e Ciencias Xurídicas e Sociais. Para obter unha bolsa salario ou compensatoria --o pago íntegro da matrícula e de axuda mensual para que as alumnas e alumnos non deixen de estudar para se pór a traballar-- haberá que dispor dunha nota media de 6 puntos, e para a renovación haberá que superar a todalidade dos créditos matriculados, con excepción das Enxeñeirías e Arquitectura, onde a porcentaxe baixa até o 85%. No documento de Wert contémplase, finalmente, que non se financiarán con cartos públicos os créditos que se matriculan por segunda ou terceira vez, isto é, as materias suspensas. A xuízo do voceiro dos Comités, Daniel Candal, o propio documento está mal pensado desde a súa orixe: \"enténdese como normal ter o 100% dos créditos aprobados, cando iso non é o normal. É, máis ben, unha excepción\". A organización estudantil aproveita a nova bofetada do Goberno español ao Ensino público para lembrar a xornada de folga nos niveis medio e universitario que está convocada en todo o país para o 10 de maio."}
{"ID": "NOS_5711", "summary": "Os feitos foron denunciados perante patrimonio por un colectivo da comarca, Patrimonio dos Ancares. Os danos afectan catro necrópoles existentes entre os concellos de Navia de Suarna e A Fonsagrada.", "text": "Mámoas destruídas totalmente pola acción de maquinaria pesada e outras seriamente afectadas ao se plantar eucaliptos riba delas ou mesmo chantarlles un poste de cemento no túmulo. Os traballos forestais que estes días se desenvolveron nos Ancares deixaron un importante regueiro de danos ao patrimonio, segundo o que o 'Colectivo Patrimonio dos Ancares' vén de denunciar na administración. Nove mámoas catalogadas, situadas nun espazo de menos de 10 Km entre o Alto do Restelo e Louxas (concellos de Navia de Suarna e Fonsagrada), sufriron estragos como consecuencia de traballos relacionados co eucalipto e o piñeiro. Os danos afectaron a catro necrópoles existentes nesa zona, onde se conservan 34 enterramentos do período Neolítico, como lembra Patrimonio dos Ancares. Na necrópole de Pico do Guencio chantouse un poste de cemento enriba dunha enorme mámoa, ademais de furarlle a parte alta do túmulo. Na necrópole de Peredelo unha tala de piñeiros e transporte con maquinaria pesada danou outras tres mámoas, segundo refire o citado colectivo. Ademais, dúas mámoas sufriron importantes danos na necrópole de Campa do Gaiteiro, resultando unha delas \"practicamente arrasada\" pola maquinaria pesada. Por último, e na necrópole de Campa das Penas de Monterrío, estas tarefas danaron o dolmen de Ferreirúas, \"única na comarca dos Ancares que conserva practicamente completa a cámara funeraria\", e deixaron dúas mámoas \"destruídas totalmente\" ao remover terra e pedras do túmulo e plantar eucaliptos."}
{"ID": "NOS_1347", "summary": "A retrospectiva de Caxigueiro que acollía o Museo de Lugo o pasado ano baixo o título 'A métrica do ilusionismo' deixa pegada nun catálogo que se presenta hoxe ás 12 horas na propia institución. A publicación dá conta da exploración de novos formatos sen perder de vista a perspectiva social que caracteriza o artista.", "text": "\"Despois dunha mostra quedan emocións e con sorte un catálogo\", declaraba Daniel Río Rubal (Mondoñedo, 1955) ao anunciar, a través das redes sociais, a presentación hoxe ás 12 horas de A métrica do ilusionismo. Será no propio Museo de Lugo, que acolleu a exposición homónima deste artista plástico máis coñecido como Caxigueiro entre o 19 de decembro de 2019 e o 25 de febreiro de 2020, e poderase seguir en directo desde a páxina do Facebook da entidade. A mostra reunía unha selección de traballos desde 2005 até a actualidade nunha retrospectiva que condensaba o pensamento e o proceso creativo do autor máis alá do período, nos últimos tres lustros. Nela, alén da faceta máis coñecida de Caxigueiro como escultor, comparecía tamén o uso doutros rexistros igualmente importantes, como a fotografía, a instalación e a poesía. A poesía irriga a creación É esta última dimensión algo que, segundo revela en conversa con Nós Diario, sempre estivo aí: \"Non está separada da miña obra, forma parte dela\". Irrigando a súa creación de maneira máis ou menos visíbel, o catálogo non só inclúe aqueles poemas que aparecían explicitamente nas instalacións, senón que se interna (nunha separata a modo de poemario) nos versos que conforman o substrato da súa obra, facendo, se cabe, máis patente esa vertente lírica que tingue o traballo. \"Eu sempre escribín e sempre fixen fotografías\", asegura Caxigueiro, mais non foi até os últimos anos que incorporou estas dúas facetas no seu discurso expositivo \"Eu sempre escribín e sempre fixen fotografías\", asegura Caxigueiro, mais non foi até os últimos anos que incorporou estas dúas facetas no seu discurso expositivo, como antes fixera coa instalación. E é que aínda que \"un se manexa mellor en certos rexistros\", co tempo \"vaste familiarizando\" co uso doutras expresións, sempre \"cun modo persoal en cada unha delas\". A fotografía como solución No caso da fotografía, a incorporación remóntase a comezos da década dos 90, porén non acada unha presenza notábel até os últimos anos. Caxigueiro confesa que foi aparecendo tamén por condicionantes do \"lento proceso de traballo\" na escultura que o levaron a usar \"materiais que non teñen que ver cos habituais\" para \"resolver algúns problemas técnicos ou para comunicar mellor\". Entre esas limitacións que motivan a exploración noutros territorios creativos, Caxigueiro refire, por exemplo, a dificultade de usar grandes formatos na arxila -desde unha visión contemporánea-, un problema de escala que solventaba acudindo a outros soportes, consonte á maior liberdade actual da arte contemporánea para \"rachar cos prexuízos de usar diferentes rexistros\", di Caxigueiro. Independentemente do medio, a mostra deixa albiscar unha ollada singular. O artista percibe na escolma desta retrospectiva a súa evolución sobre todo no que atinxe ás \"solucións formais\", mais acha que se manteñen inmutábeis \"as características conceptuais\". O seu interese é transmitir \"aspectos sociais\", mais sempre desde un punto de vista plástico que foxe do \"panfleto polo panfleto\" Neste senso, non dubida en sinalar o seu interese por transmitir \"aspectos sociais\", mais sempre desde un punto de vista plástico que foxe do \"panfleto polo panfleto\". Isto conxúgase, aliás, cos seus intereses persoais e íntimos, que se atopan convocados especialmente nesa ampliación de rexistros que lle permitiría \"falar de cousas máis cotiás\". Índole social A métrica do ilusionismo ten como precedente a mostra Narracións, escolma das pezas máis emblemáticas da produción de Caxigueiro entre 1989 e 2004. Se na anterior xa incorporaba a instalación, nesta \"os distintos campos artísticos intégranse para dar forma a un discurso de índole social, atento ao desenvolvemento individual e colectivo do ser humano, crítico coas agresións ás liberdades e ao medio natural, que parte de referentes locais e que ofrece lecturas globais\", sintetiza no catálogo Maite Ferreiro, vicepresidenta e deputada delegada de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo. O deseño da publicación, obra de Diego Núñez, representa \"moi ben\" para Caxigueiro o seu modo de ver, recoñece satisfeito. As imaxes da exposición asínaas Ovidio Aldegunde."}
{"ID": "NOS_34899", "summary": "'Cousa de raíces' -que representa 60 organizacións, colectivos e entidades- chama a apoiar esta iniciativa lexislativa popular a tdas aquelas persoas que aposten no \"bosque autóctono\" e nun \"mundo rural multifuncional e sustentábel\".", "text": "Esta quinta feira presentábase no Parlamento de Galiza a documentación pola que se activa o proceso para recoller sinaturas de apoio para poder debater na Cámara a iniciativa lexislativa popular (ILP) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. A terceira ILP forestal promovida en Galiza en 30 anos. A iniciativa impulsada por Cousa de Raíces propón un cambio de modelo forestal e de política anti-incendios, que evite que sucedan desfeitas como as que se viviron estes días en Galiza ao tempo que senta as bases para un \"mundo rural vivo\". Fins Eirexas (Adega) fixo un chamamento á cidadanía galega a apoiar esta ILP. \"O que queremos é trazar unha liña vermella, os que están ao lado do bosque autóctono, de parte dun mundo rural multifuncional e sustentábel teñen que apoiar esta ILP; o contrario significa poñerse de lado do eucalipto, de ENCE, dos lumes\". Ordenar o territorio, unha nova xestión das masas boscosas, apostar no monte multifuncional ou crear franxas de seguridade son algunhas das propostas concretas recollidas nesta ILP."}
{"ID": "PRAZA_21071", "summary": "Ademais de admitir os populares \"erros\" nas sucesivas redaccións propostas para a nova norma, o Goberno galego escenifica a participación do seu comité de expertos económicos na elaboración dun texto que leva dous meses a tramitación no Parlamento", "text": "Ademais de admitir os populares \"erros\" nas sucesivas redaccións propostas para a nova norma, o Goberno galego escenifica a participación do seu comité de expertos económicos na elaboración dun texto que leva dous meses a tramitación no ParlamentoA Lei de Reactivación Económica que o PP está a tramitar no Parlamento de Galicia desde hai dous meses e que reforma diversas normas previas seguirá abrindo a man en cuestións ambientais, agora tamén nos prazos de caducidade das avaliacións de impacto de determinados plans e proxectos con efectos sobre o territorio. Será a través dunha \"corrección de erros\" formulada polos populares ás súas propias emendas realizadas a un texto proposto por eles mesmos. Ao tempo, e malia que a iniciativa é do PP e leva dous meses en tramitación no Parlamento, o Goberno galego escenifica agora a suposta colaboración no mesmo do seu comité de expertos económicos.Foi o 7 de decembro cando o PP -e non a Xunta, como adoita ser habitual- presentou no Parlamento a súa proposición de Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, na que se reforman diversas normas previas para dar \"seguridade xurídica\" ás empresas. Coa nova norma a Xunta deixará en mans de entidades de colaboración parte da tramitación ambiental de proxecto empresariais, poderá autorizar parques eólicos non previstos na súa propia planificación para o sector, contratará empresas para axudar a outras empresas a obter os seus permisos ou substituirá autorizacións administrativas por declaracións responsables previas.Mes e medio despois de presentar ese texto no Parlamento, cun total de 64 artigos, o PP formulou 46 emendas contra si mesmo coas que engadiu outros 13 artigos completamente novos. Entre outras cuestións reduciu os requisitos para xustificar subvencións da Xunta e estableceu mecanismos para que o Goberno galego poida trasladar o seu funcionariado de consellerías. Pero non quedaron aí os cambios e posteriormente os populares aínda presentaron unha \"corrección de erros\" das súas propias emendas contra si mesmos. Un documento co que retiran unha emenda e mudan outra para engadir ao texto orixinal tres novas particularidades aos procedementos de avaliación ambiental estratéxica. A nova \"corrección de erros\" amplía ata seis ou oito anos a vixencia das declaracións ambientais coas que a Xunta autoriza plans con impacto no territorioO texto anterior facía referencia a unha suposta mudanza dos prazos de vixencia e caducidade das declaracións ambientais que autorizan e condicionan determinadas proxectos, pero esa mudanza non se concretaba. É agora na \"corrección de erros\" na que se establece que a vixencia das declaracións ambientais estratéxicas ordinarias rematará aos catro anos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia se mentres non se aproba o plan para o que foron emitidas, e establece a posibilidade dunha prórroga doutros dous anos se así o decide a propia Xunta, co que a caducidade desas declaracións esténdese ata os seis anos desde a súa formulación. Pola súa banda, para os procedementos de avaliación ambiental estratéxica simplificada -cando os efectos das actuacións sobre o territorio se entende que son menores-, a vixencia das declaracións cesará se non se aproba o plan para o que se emitiron nun prazo de seis anos, pero establecendo tamén unha posible prórroga doutros dous anos, co que a caducidade elévase ata os oito anos. A corrección de erros tamén reduce outros prazos previos de tramitación desas declaracións.O comité de expertos económicos fai agora achegas á Xunta a unha norma que tramita o PP e que o propio Feijóo gabou desde o atril de presidente do Goberno galegoPor outra banda, con estas emendas e correccións de erros xa presentadas a unha lei que leva dous meses a tramitación no Parlamento, o mércores o presidente Feijóo presidiu unha reunión co comité de expertos económicos que asesora o seu Goberno que lle fixeron \"unha serie de achegas concretas á futura lei\". Son achegas formuladas á Xunta e non ao PP, que é quen está a tramitar a norma no Parlamento, e prodúcense despois de que o propio Feijóo anunciase a presentación da norma por parte do seu partido desde o atril de presidente do Goberno galego, gabando desde alí o traballo dunha formación política e non da Xunta.Dous meses despois de iniciar esa tramitación o PP, agora a Xunta di que o comité de expertos sinalou este mércores \"a necesidade de afondar en liñas de traballo adicionais\" ás avanzadas no texto e que \"fixeron unha serie de achegas concretas á futura lei, na liña de mellorar a coordinación entre organismos administrativos; axilizar a tramitación de convenios; potenciar as oficinas virtuais; ou axilizar convenios financiables con fondos europeos\". A denominada Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación non está a ter unha tramitación simple."}
{"ID": "NOS_52218", "summary": "Unha condena por cantar o retrouso dunha canción converteuno no primeiro exiliado da democracia. Aquel episodio popularizou a figura de Suso Vaamonde, mais acabou por ocultar un inxente labor musical e un compromiso cívico que agora recupera Fernando Fernández Rego nunha biografía editada por Galaxia.", "text": "Foi un músico fóra de toda norma, que percorreu camiños moi afastados dos que habitualmente seguen os da súa profesión. O compromiso que Suso Vaamonde mantivo sempre coa terra, co pobo e coa lingua, marcaron unha traxectoria absolutamente singular que lle concedeu un lugar de honra dentro da música popular galega, mais que tamén o condenou a unha especie de limbo: reivindicalo segue a ser comprometido para case todo o mundo. Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo, a biografía que acaba de publicar Fernando Fernández Rego en Galaxia, pretende acabar con todos eses tabús, ao tempo que dá a coñecer unha figura que quedou parcialmente escurecida polo episodio da súa condena \"por inxurias á patria\" e o posterior exilio en Europa e América que derivou dela. \"Autores como Bernardino Graña ou o propio Manuel María recoñecían que os discos de Vaamonde xogaran un papel importantísimo na difusión da súa obra\", explica Fernández Rego \"En certo sentido, aquel episodio non permitiu valorar as achegas de Suso Vaamonde en toda a súa amplitude\", explica Fernández Rego a Nós Diario. \"E creo que é absolutamente inxusto: o traballo que fixo a prol da música popular foi realmente importante, especialmente en canto á popularización da poesía: había moitos poemas musicados de autores clásicos como Rosalía, pero el foi o primeiro en apostar nos poetas contemporáneos. Autores como Bernardino Graña ou o propio Manuel María recoñecían que os discos de Vaamonde xogaran un papel importantísimo na difusión da súa obra\". A carreira de Suso Vaamonde comezou ligada a Voces Ceibes, mais o certo é que nunca acabou de integrarse no grupo. \"Era unha época convulsa na que as polémicas e discusións ideolóxicas alcanzaban unha temperatura realmente alta. E en Voces Ceibes confluíron músicos cunhas personalidades moi marcadas que, naquel ambiente, inevitabelmente chocaban\", di Fernández Rego. Daqueles tempos, a biografía de Vaamonde relata as controversias entre os membros de Voces Ceibes e dalgúns outros cantautores con figuras do mainstream daquel momento, como Juan Pardo ou Andrés do Barro, que foron considerados \"oportunistas\" polo seu emprego do galego. \"En realidade\", aclara Fernández Rego, \"o que sucedía é que os cantautores facían un uso moi político da canción en galego e temían que o uso da lingua por parte de figuras cunha ampla proxección comercial desactivase a súa mensaxe de protesta. Co tempo, moitos deles recoñeceron que, en realidade, todos estaban no mesmo barco, pero a fin da ditadura, dalgunha maneira, propiciaba aquel clima de enfrontamento\". Vaamonde sempre estivo ao servizo de todas as causas populares: alí onde había un conflito laboral ou político, acudía a cantar sen preocuparse de se ía cobrar ou non. Vaamonde sempre estivo ao servizo de todas as causas populares: alí onde había un conflito laboral ou político, acudía a cantar sen preocuparse de se ía cobrar ou non. \"O único que preguntaba era se había suficientes cartos para gasolina; sempre estaba listo para cantar en solidariedade con calquera causa popular. Claro, co tempo aquela actitude pasoulle factura: sempre se queixaba, aínda que con moita ironía, de que, cando non había diñeiro para organizar un concerto, o chamaban a el, e que cando había fondos para pagarlles aos artistas, chamaban a Azucar Moreno. O triste é que esa é unha actitude que aínda se mantén en moitos aspectos da vida cultural galega\", declara o autor da biografía. E malia ese incansábel compromiso, a reivindicación de Vaamonde segue sen facerse dunha maneira clara: \"Por unha banda, algunhas das súas boutades quedaron por riba da súa figura; por outra, o feito de non ligarse nunca a unhas siglas políticas concretas axudou moito a ese ostracismo ao que estivo condenado durante moito tempo\", resume. Dignificar a música popular Durante a conversa, Fernández Rego non deixa de chamar a atención sobre algunhas das cousas que se lle deben a Suso Vaamonde, que non son coñecidas polo gran público e que quedan reflectidas no libro. A súa dedicación á canción infantil, por exemplo, convencido de que o futuro pasaba por levarlles o galego ás novas xeracións. Ou o labor de recollida de cancións tradicionais. \"Sempre ía co seu caderno polas tabernas, facendo amizade coa xente e cantando con eles. Así foi como recuperou, por exemplo, o Pousa, na zona da Estrada, o agora a popularísima Apaga o candil. Non hai que esquecer a súa achega á formación do gran grupo tabernario e popular galego, A Roda\". Un traballo realizado desde o seu propio selo discográfico, Trebón, nuns traballos discográficos que, en moitas ocasións, non están ao alcance do público. \"Creo que ese é un tema moi preocupante\", apunta Fernández Rego, \"e creo que as institucións deberían tomalo máis en serie, xa que non existen selos discográficos na Galiza que poidan afrontar proxectos deste tipo. Faltan reedicións razoadas e anotadas dun material fundamental para a historia da música galega, non só de Suso Vaamonde, senón tamén doutras figuras fundamentais -malia que moi diferentes- como Andrés do Barro, Pucho Boedo ou Ana Kiro. A cultura popular galega sempre se tratou cun paternalismo que acabou por denostala, por encadrala no capítulo da música de verbena. E precisamos dignificala, porque forma parte da memoria colectiva e porque, en moitos casos, acadaron niveis de calidade perfectamente homologábeis cos da música doutros países que tratan mellor ca nós a súa herdanza musical. Un músico que non facía concesións O nome de Suso Vaamonde, segue a ser respectado como o dun auténtico mito da música popular. \"É un esteo da música deste país, e desde uns parámetros propios\", subliña Fernández Rego, \"non se pode asimilar a ningunha das correntes estabelecidas a partir dos anos 70 e 80 do século pasado. Eu identifícoo, sobre todo, con Woody Guthrie, un cantautor que busca a cerna da música do seu país, que se compromete politicamente coas causas progresistas e que non fai concesións. Malia todos os obstáculos que atopou, non se desviou en ningún momento do que lle ditaban as súas conviccións\"."}
{"ID": "NOS_20048", "summary": "O actor vasco Karra Elejalde fálanos da súa experiencia na película A Esmorga ao remate da sesión de dobraxe, realizada en Compostela. Dóbrase ao español xa que tamén el rodou o papel do Bocas en galego. O filme estréase a sexta feira 21 de novembro.", "text": "Con máis de 50 películas na súa traxectoria, Elejalde considera que a rodaxe de A Esmorga foi das máis duras; ora, non oculta a súa satisfacción polo resultado. Agora está, canda toda a equipa, comprometido na súa promoción. -A rodaxe dunha longametraxe en galego é un acontecemento singular, que un actor de fóra asuma representar o papel en galego case un milagre. Non só galego, senón con sotaque de Ourense!! Foi idea do director Ignacio Vilar. Cando me chamaron resultoume estraño, mais el empeñouse e decidín intentalo. Tiven dous coachings que quero reivindicar. Foi unha ousadía, a dicir verdade. -E se aquí o poñen como exemplo contra os atrancos no uso da lingua? Non son exemplo de nada, senón un cúmulo de desastres! Ás veces toca meter sotaque arxentino ou italiano e desta volta foi co galego. Os actores temos que ser solventes. Eu boteime para adiante e os compañeiros dixéronme que o facía bastante ben. Vírono lingüistas e non fixeron grandes críticas. O que acontece é que unha parte da túa capacidade está dedicada a foneticar ben e ao mellor é preciso abandonar outras facetas. -De Oito apelidos vascos, grande éxito de billeteira, a unha película na que se ten que implicar na promoción e ten como obxectivo encher as salas para continuar en cartel. Como afronta estas dúas situacións como actor? \"A Esmorga é das películas máis duras que me tocaron rodar\". Oito apelidos estreouse cando eu rodaba xa A Esmorga. Explicáranme que é un texto do escritor Blanco Amor e que era de obrigada lectura, un máximo expoñente da cultura galega. O tema pareceume marabilloso. Os tres personaxes son unha larpeirada para un intérprete. Trátase dun drama, mais tamén hai momentos nos que son felices nesa esmorga. Son vasco e somos moi parecidos, polo clima, a comida... Interesábame rodar en Galiza. Sentinme como na casa. Estou moi contento co resultado, a verdade. Sufrimos moito, con moita chuvia, moito frío, destemplados... Durante a rodaxe padecemos oito cicloxénese seguidas e tivemos que botar man de neopreno, de camisetas térmicas... A Esmorga é das películas máis duras que me tocaron rodar. Tamén é certo que se non fixera frío, non podería saír bafo das nosas bocas, non hai técnica que o faga. Dos partos difíciles saen os nenos listos. Sempre que se sofre soe merecer a pena e neste caso creo que así é. -E como foi o seu achegamento á novela de Blanco Amor? Pois lina en español e parecíame dificilísima para pasar a película. Hai un monólogo de Cibrán no que o xuíz fai preguntas con puntos suspensivos que pensei que sería imposíbel levalo a guión. O resultado é unha estupenda adaptación. Tivemos tamén un compañeiro para axudarnos na representación dos estados de ánimo e a equipa estivo moitos días dándolle voltas ao texto entre todos para deixalo niquelado. Estivemos quince días traballando arredor da película e iso foi unha axuda inmensa de maneira que cando chegamos xa sabiamos o que tiñamos que facer. En toda a miña carreira nunca fixen unha cousa así, unha preparación tan intensa. -Traballa con dous dos mellores actores galegos, Miguel de Lira e Morris, como foi o encaixe? Dous excelentes actores, compañeiros e amigos. A día de hoxe aos tres lévanos o mesmo representante. Os amigos fanse nas guerras e de aquí saímos amigos. O traballo desta película foi apaixonante tamén por iso. -Comeza agora unha promoción única na historia do cine en Galiza. Ignacio Vilar caracterízase por buscar o encontro directo co público. Que lle parece ese esforzo cando o filme está xa rematado? Ignacio fai que as súas películas se vexan. Coida os seus proxectos non só na rodaxe e a montaxe, senón cando xa van ás pantallas. Cre no que fai e iso nótase. Fixo un traballo de artillaría para encher Galiza de cartaces e agora nos toca estar en foros, a través de mil maneiras. Vai ser marabilloso e temos que implicarnos para conseguir que a xente vaia ao cine e vexa a película. -A exportación é sempre complexa, como cre que se pode ver esta película fóra de Galiza? O acervo cultural é distinto. En Ourense todo o mundo leu a novela. Eu, que me movo no mundo da cultura, descoñecía Blanco Amor. Está o exemplo de Pa Negre mais non é o mesmo. A campaña vai ser moi grande en Galiza e conto tamén con que vaia ben fóra. As expectativas son boas. A que está caendo no cine fai que as cousas sexan moi difíciles, mais se non pensara que vai ir ben non tería vindo a facela. Deixamos toda a carne no asador e agora dependemos de que o público responda. -Da súa traxectoria moita xente descoñece que vostede foi letrista de bandas do rock radical vasco como Hertzainak Foron dos mellores momentos da miña vida, a verdade. Sempre escribín poesía e daquela escribía moitas letras para bandas de rock, entre elas, Hertzainak que vén sendo policía, por aquilo de The Police. Isto vén sendo como se se lle pregunta a Antón Reixa pola movida... pasaron xa tantos anos... mais foi moi bonito."}
{"ID": "NOS_14680", "summary": "A Mesa afirma que os únicos textos escritos en galego na exposición eran: \"Non tocar\".", "text": "A Mesa pola normalización lingüística vén de amosar a súa sorpresa polo feito de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborase cunha exposición, en español, sobre as vodas, bautizos e comunións da familia real, mostra composta en parte por portadas de medios como Hola ou ABC e na que os únicos rextos en galego eran os que poñían \"Non tocar\". A Mesa afirma que Valentín García, presidente da secretaría xeral, participou na clausura da exposición 'Crónica da monarquía española no século XX'. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, pregúntase \"como é que o responsábel de fechar servizos de normalización municipais e de asfixiar economicamente os equipos de normalización dos centros de ensino dedica o seu tempo e o diñeiro de todas e todos nestas actividades que non teñen absolutamente nada a ver cos fins de Política Lingüística\". Hola e ABC \"A mesma Xunta que, entre outros servizos públicos necesarios, está a aniquilar as políticas de apoio ao noso idioma propio, non ten ningún rubor en usar o diñeiro do galego en promover exposicións coas portadas do ¡Hola! e do ABC sobre as vodas, bautizos e comuñóns da familia real española\", apunta o portavoz da Mesa. Callón, que centra as súas críticas no apoio institucional indebido para esta actividade, pregúntase \"cal é o valor normalizador de dita exposición\". Así, \"aínda que nela a presenza do galego se reduce aos avisos de 'Non tocar', centrou a axenda do secretario xeral de Política Lingüística\". FOTO de Xornalcerto: Exposición 'Crónica da monarquía española no século XX\" na Pobra."}
{"ID": "NOS_7104", "summary": "A organización fai público o cartaz da XIV edición do festival de Chantada.", "text": "O Castañazo Rock ten algo diferente a outros festivais do país, para comezar por decorrer a finais de outubro cando a tempada vai tocando a fin. Porén, nen o frío de Chantada nesas datas nen a resaca festivaleira do verán son un problema para se manter como unha data referencial no almanaque. En boa medida porque o cartaz non acostuma defraudar. Tampouco este ano. De facto, a organización vén de dar a coñecer o nome das bandas que actuarán o 29 de outubro no recinto feiral. Ás galegas Nao, Familia Caamagno, Poetarras e Ezetaerre --con quen conversamos recentemente-- súmanse os valenciás La Raíz, os madrileños Def con Dos co seu líder César Strawberry á cabeza e os vascos Esne Beltza, este ano. Así as cousas o festival manterá as súas citas tradicionais coa música de taberna e o correspondente concurso de cantos polas tascas locais e outras actividades que completan o programa."}
{"ID": "NOS_52220", "summary": "Vanessa Somoza é artista plástica e deseñadora gráfica. Naceu hai 42 en Lugo, cidade na que actualmente reside. Traballou varios anos en centros de convivencia da cidade, \"con xente de distintas idades e estratos sociais, o que me fixo coñecer en profundidade as diferentes problemáticas da cidadanía\", afirma. Involucrouse desde nova en movementos como o Non á Guerra, o Nunca Máis e o 15M. No ano 2015 formou parte da candidatura ao concello de Lugo de ACE-Esquerda Unida e en 2016 foi candidata ao Congreso pola coalición de EU-Podemos-A Nova-Equo.", "text": "Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A? O pobo galego xógase o presente e o futuro. Estamos ante unhas eleccións que engloban un proceso constituínte a propósito do país que queremos: ou seguir na decadencia á que nos levou o bipartidismo (sen emprego, servizos públicos nin dereitos); ou elixir o camiño cara a unha sociedade máis xusta e equitativa. Nun ambiente tan polarizado temos que posicionarnos e expresar o noso sentir. Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza? Creo firmemente que estivo ben representada polos meus compañeiros e compañeiras, que mesmo foron premiados no Congreso polo seu traballo. Os meus compañeiros e compañeiras puxeron a Galiza en primeira liña Puxeron a Galiza en primeira liña e defenderon radicalmente as vítimas do accidente do Alvia en Angrois, os traballadores e traballadoras de Alcoa, Isowat, Poligal, os pescadores de Long Hope… posicionándose claramente do lado das necesidades das galegas e galegos. Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza? Os principais problemas de Galiza son os mesmos que os da miña provincia: a precariedade laboral (temos uns dos salarios máis baixos do Estado), a falta de emprego que fai que en Galiza un 22,6% da poboación estea en risco de pobreza (en Lugo un 18%), a falta dun parque de vivenda pública que cubra as deficiencias habitacionais, a precariedade das pensións (tamén das máis baixas do estado), o envellecemento da poboación e a falta de servizos públicos e prestacións sociais, ademais do abandono do rural e do tecido industrial. Os problemas de Galiza agraváronse porque se gobernou en favor dos poderosos en lugar de para o pobo A pesar dos anos e dos diferentes gobernos, os problemas non se solucionaron, senón que se agravaron porque se gobernou en favor dos poderosos en lugar de para o pobo. Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso? Sen ningunha dúbida Yolanda Díaz. Creo que ninguén pode discutir o encomiábel traballo realizado dentro e fóra das institucións en prol da clase traballadora. Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso? Con respecto á miña provincia, asegurar a permanencia de Alcoa con todos os seus postos de traballo e garantir que se cumpran os acordos do Ministerio de Fomento e de Adif con respecto ás conexión de Lugo por tren, modernizando e vertebrando a provincia co resto da península e con Europa dun xeito ecolóxico. Como ve as opcións de En Común-Unidas Podemos na cita electoral? Con moita ilusión, avalada polo traballo dos meus compañeiros e compañeiras que acadaron grandes logros como a histórica suba do SMI. Creo que temos todas as posibilidades porque somos a única opción que ten a vontade política e a posibilidade de gobernar para a clase traballadora, ao non lle deber nada aos bancos ou ás grandes corporacións."}
{"ID": "NOS_56057", "summary": "No Día da Patria Galega, o blog gastronómico Bolboretas no Bandullo achéganos a historia e a receita dunha sobremesa con identidade, a torta de Santiago, a que consideran unha \"icona larpeira tamén para este día 25\".", "text": "O 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega desde que así o decidiran as Irmandades da Fala en 1919, unha data especial e de peso histórico que Castelao definiu como \"a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos\". É por tanto unha xornada a aproveitar para nos reivindicar como nación, para demostrar a unidade necesaria, mais tamén para facer exhibición da nosa identidade galega. E claro, en todos e cada un dos festexos do país o bandullo adoita ser beneficiario. Non ha de ser menos por tanto, no día grande da Galiza. \"Temos unha sobremesa saborosa e elegante que se converteu xa hai tempo nun dos símbolos da nosa repostaría e que consideramos icona larpeira tamén para este día 25, a Torta de Santiago (tamén chamada Torta Real)\" Temos unha sobremesa saborosa e elegante que se converteu xa hai tempo nun dos símbolos da nosa repostaría e que consideramos icona larpeira tamén para este día 25, a Torta de Santiago (tamén chamada Torta Real), que recolle o nome da capital galega, derivado ao seu tempo, como xa sabemos, do Apóstolo hoxe honrado. Antes de vos animar a preparar esta dozura, convén procurarmos nas súas orixes. A pesar da carencia de datos, a maioría das fontes concordan en que a primeira mención a esta torta se encadra na segunda metade do século XVI, coa chegada a Compostela do bispo, inquisidor e reitor da Universidade de Salamanca, Pedro de Portocarrero. Entre os cuestionarios e procura de información arredor dos modos de vivir do estudantado, aparece citada unha torta real que podería ter xa moito que ver coa actual, aínda que na altura o termo torta non estaba tan ligado ao doce, podéndose referir a unha especialidade a base de galiña ou algunha outra ave. Vénse marcando tamén 1838 como a data da primeira receita da Torta de Santiago, achada no Cuaderno de Confitería de Luis Bartolomé de Leybar, entre os manuscritos da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Os ingredientes que se citaban eran: améndoas amargas e doces, ovos, azucre e fariñas. A diferenza coa actual estaría na ausencia das améndoas amargas e das fariñas. Ademais, provoca dúbidas o feito de que se nomee constantemente como biscoito e non como torta e de que textos con indicacións case idénticas xa fosen datados anteriormente en diferentes puntos da Península como Arte de Repostería de Juan de la Mata (1747) ou o Tratado del Arte de Repostería y Licorista de José Solá (1832). Así pois, talvez xa existisen doces similares noutros territorios, mais o Camiño de Santiago e a chegada constante de peregrinos foi decisiva para lle dar o pulo preciso á versión compostelá do amendoado. O paso dos anos provocaría variantes no doce, mais canto á estética resulta imprescindíbel a mención á pastelaría \"Casa Mora\", que comezou a ornamentar en 1924 a torta coa forma da cruz de Santiago pasando a se converter nunha marca de identidade. \"En Compostela, esta torta é unha sobremesa tradicional en múltiplas casas do noso territorio, onde o labor magnífico das nosas admirábeis reposteiras deu lugar a unha larpeirada da que desfrutarmos tod@s, xeración tras xeración, e coa que pórmos fin a xantares e ceas. Tamén nas celebracións deste día da Patria\". Os manuais gastronómicos do século XX xa recollían a Torta de Santiago e algunha das súas variantes, destacándomos a Cocina Práctica de Manuel Puga \"Picadillo\" e especialmente un dos nosos escritores máis salientábeis, Álvaro Cunqueiro. O mindoniense salientaba o éxito das tortas de améndoa en grande parte do territorio galego (Mondoñedo, Viveiro, Allariz, Fonsagrada, Vilalba…) ao tempo que se estrañaba da carencia no momento de amendoeiras: \"Sorprende, hoxe que case non hai amendoeiras en Galicia, o grande gasto que Galicia fixo tradicionalmente en améndoas. Todas as tortas galegas, a compostelana, a de Mondoñedo levan améndoa\". Se atendemos á presenza de árbores froiteiras na Galiza, corresponderíanse máis lambetadas de noces ou abelás que de améndoas; pola contra, como afirma Cunqueiro, sempre houbo un grande interese na nosa cultura gastronómica por este froito seco, desde as tortas até delicias ou colinetas. Deste modo, as tortas de améndoas chegan até hoxe con todo o éxito, presentándose talvez a Torta de Santiago ou Real como produto estrela da nosa repostaría grazas a esa dimensión ofrecida pola chegada diaria de miles de peregrinos á cidade compostelá. Ademais de en Compostela, esta torta é unha sobremesa tradicional enmúltiplas casas do noso territorio, onde o labor magnífico das nosas admirábeis reposteiras deu lugar a unha larpeirada da que desfrutarmos tod@s, xeración tras xeración, e coa que pórmos fin a xantares e ceas. Tamén nas celebracións deste día da Patria. Porque as honras á nación tamén merecen un bo manxar. Receita da Torta de Santiago Ingredientes: 300 gr de améndoa moída 300 gr de azucre 5 ovos 1 copa de brandy (ou o voso licor favorito) 50 gr de azucre glass Elaboración: Comezamos batendo os ovos co azucre até que branqueen os ovos. De seguir, engadimos a copa de brandy e mesturamos de novo. Agregamos toda a améndoa moída e integramos ben todos os ingredientes. Botamos a mestura nun molde baixo, previamente untado con manteiga, e enfornamos a 180º (o forno debe estar prequente), co ventilador, durante 25 minutos. Deixamos que arrefríe totalmente, recortamos unha imaxe da cruz de Santiago e colocámola sobre a torta, máis ou menos no centro, e empoamos co azucre glas. E xa estaría lista para comer. Como vedes, pouca complicación para unha boa recompensa."}
{"ID": "PRAZA_9883", "summary": "Nunha visita ao CIMUS da USC, Ana Pontón e Néstor Rego prometen traballar no Congreso para \"duplicar o investimento en I+D+i\"", "text": "Incrementar os recursos destinados a I+D+i, traer de volta ao talento investigador que emigrou \"por falta de orzamento e oportunidades\" e combater a discriminación das mulleres no ámbito da ciencia son os compromisos que o BNG defende co obxectivo de converter Galicia nun \"referente en investigación\".\"Fallou a pata do financiamento con recortes tanto desde os gobernos do Estado como da Xunta provocando unha emigración de talento\"A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, e o candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, visitaron este martes o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), un centro de referencia da USC en Santiago de Compostela. A visita serviu para que o Bloque debullase as súas propostas en ciencia e investigación.\"Hai un enorme talento investigador, Galiza é unha potencia tamén neste ámbito pero precisa apoio e recursos. Fallou a pata do financiamento con recortes tanto desde os gobernos do Estado como da Xunta provocando unha emigración de talento que necesitamos recuperar\", subliñou Pontón, que foi moi crítica cos Gobernod de Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. \"En 2016, o Estado deixou sen investir o 60% do orzamento en investigación, en 2017 os datos aínda son peores e 7 de cada 10 euros quedaron sen gastar, en 2018 deixouse de investir o 53%, e polo que nos explican as cifras en 2019 vanse mover en porcentaxes similares sen executar\", dixo.O Bloque promete traballar no Congreso para \"duplicar o investimento en I+D+i\"O Bloque promete traballar no Congreso para \"duplicar o investimento en I+D+i\". Tamén comprometeu o seu apoio para \"desenvolver a carreira investigadora\", para evitar \"que os nosos investigadores e investigadoras tiren a toalla porque a día de hoxe estamos perdendo talento que hai que traer de volta\". Finalmente, Pontón fixo un chamamento a rematar coa \"discriminación das científicas e investigadoras, cos teitos de cristal que soportan tamén neste ámbito, e derrubar as barreiras que limitan o seu desenvolvemento profesional\"."}
{"ID": "NOS_20081", "summary": "Un corredor verde identificará o concello de Tomiño, un dos maiores produtores de plantas da península. A iniciativa está promovida polo Concello, a Fundación Xavier Pousa e a Asociación de Cultivos Baixo Miño e busca que o sector produtivo sexa á vez atractivo turístico e marca de identidade.", "text": "\"Cultivando Paisaxes\" é o proxecto promovido polo Concello de Tomiño, a Fundación Xavier Pousa, e ACUBAM, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, que ten como obxectivo crear un corredor verde que sexa o sinal de identidade dun concello que ten como sector prioritario a produción de plantas ornamentais en viveiros espallados por todo o seu territorio. As plantas e árbores que máis se cultivan en Tomiño serán as que se utilizarán para recuperar espazos agora degradados en especial nas estradas do concello, que sexan á vez escaparate do sector nunha iniciativa que implica tanto á administración como as empresas privadas. O proxecto iniciase cunha primeira fase na estrada da ponte internacional que une Goián con Vilanova da Cerveira coa plantación de 85 árbores, 55 liquidámbar, 14 cornus e 16 arces negundo. Na outra beira do río veranse medrar cincocentos arbustos a dúas cores. Cultivar a paisaxe A segunda fase creará dous espazos verdes en Forcadela e en Sobrada, dous puntos da PO-552. Foi a Fundación Xavier Pousa quen ideou o proxecto e o presentou tanto ao Concello como á ACUBAM, que doará as árbores e as plantas. Da Fundación veñen os deseños e proxectos técnicos e o Concello aportará man de obra e materiais. \"O Concello vai investir 15.000 euros, pero se lle sumáramos o prezo das árbores, o proxecto paisaxístico, a retirada de asfalto, drenaxes, traslado de terra e persoal para a plantación, o proxecto ascendería a máis de 120.000 euros\", sinalou a alcaldesa Sandra González no acto de presentación do corredor verde. Os obxectivos que persigue o proxecto son varios e van desde a promoción económica á creación de identidade propia ou ao aumento do potencial turístico da zona. Expoñer a capacidade produtiva do sector do viveirismo, valorar a produción agraria, mellorar a percepción do territorio preservando e recuperando o patrimonio paisaxístico, atraer turismo e favorecer o tránsito por estrada unha vez construída a autovía son os fins que as tres entidades se marcan na iniciativa \"Cultivando Paisaxes\"."}
{"ID": "PRAZA_6211", "summary": "Cantos máis anos van pasando (mesmo cambiamos de século) que sigan existindo desigualdades, guerras que se ceban nos máis febles, pobreza a esgalla e moita, moita miseria para millóns de seres humanos de segurísimo futuro escuro..., ese tipo de cousas só nos poden facer concluir que non hai avance, senón pasos cara atrás", "text": "Hai 45 anos da chegada do home á lúa. Neil Armstrong puxo alí a súa bota ao tempo que pronunciaba unha das frases máis famosas e, probablemente fermosas, de todo o século XX. Aquilo de que a pesar de ser un pequeno paso para o home, en realidade era un gran paso para a humanidade. Fose cousa súa ou da xente de publicidade da NASA, o certo é que a sentenza, pola súa carga simbólica, é perfecta: quen chega non é un señor concreto; quen o fai é toda a humanidade representada por ese señor concreto. Este é un logro colectivo e non só da NASA. Independente de que fose un gol pola escuadra aos soviéticos, quixeron que se vise como un fito de todos, unha conquista da especie. E esa foi unha idea feliz. Este é un logro colectivo e non só da NASA. Independente de que fose un gol pola escuadra aos soviéticos, quixeron que se vise como un fito de todos, unha conquista da especie Eu, que teño 47 anos, medrei enchoupado do optimismo tecnolóxico daquela época que chamaban a da \"carreira espacial\". Como tantos do meu tempo, entre os soños infantís estaba o de ser, cando grande, ademais de futbolista, astronauta. Logo, pelis coma A guerra das galaxias ou series coma Galáctica, ou aquela de Carl Sagan, que nunca me perdía e que botaban na segunda canle na 2 e que se chamaba Cosmos, contribuíron a alicerzar unha paixón polas estrelas e as cousas do firmamento que aínda hoxe me dura e que fai que quede a vivir en todo canto documental de naves, exploracións ou bingbangs boten na tele. Teño, incluso, entre os orgullos da miña biblioteca, anos enteiros da revista Life en español que me permiten reconstruir con bastante fiabilidade a emoción coa que se se viviron aqueles anos nos que parecía que todo era posible e nos que fantasiar con colonizar outros planetas, explorar zonas inimaxinables do universo, contactar con razas extraterrestres coas que iniciar Unha Nova Era era algo para o que faltaba moi pouco. Eu, que teño 47 anos, medrei enchoupado do optimismo tecnolóxico daquela época que chamaban a da \"carreira espacial\" Case que medio século despois, vemos que a sentenza cumpriuse, pero do revés, e que o paso de Neil Armstrong foi en realidade, ben grande, pero que o da humanidade foi moi pequeno. Porque non avanzamos moito. Aqueles días nos que a inmensidade dos logros tecnolóxicos facían presaxiar un mundo novo e mello, fican agora momificados cun verniz inxenuo porque, como o tempo se encargou de demotrar, a humanidade, esa que seica camiñaba, chimpiño a chimpiño co astronauta estadounidense, non avanzou. Se cadra, retrodeceu. Porque cantos máis anos van pasando (incluso cambiamos de século) que sigan existindo desigualdades, guerras que se ceban nos máis febles, pobreza a esgalla e moita, moita miseria para millóns de seres humanos de segurísimo futuro escuro..., ese tipo de cousas só nos poden facer concluir que non hai avance, senón pasos cara atrás, retroceso cruel, unhas doses de dor eterna que semella que non imos ser quen de eliminar nunca. A humanidade non deu grandes pasos de xigante dende daquela. E xa pasaron 45 anos. Case que medio século perdido Podo imaxinar a emoción brutal de Armstrong xusto no instante en que se abría a porta da nave e asomaba a Lúa en toda a súa beleza. Podo imaxinar a forza do seu corazón a lle rebentar dentro do peito. Debeu de ser moi parecida á emoción e forza no peito que sentían os millóns de seres humanos que seguiron o acontecemento pola televisión, marabillados da nosa grandeza. Pero non, a nada que o pensemos, a humanidade non deu grandes pasos de xigante dende daquela. E xa pasaron 45 anos. Case que medio século perdido."}
{"ID": "NOS_16085", "summary": "Empate a cero do conxunto galego, que mandou tres balóns ao pau, e segue sen coñecer a vitoria no que vai de competición. Os celestes melloran sensacións pero seguen acusando a falta de gol.", "text": "Un punto que sabe a pouco. O Celta de Vigo visitaba Ipurúa en busca da primeira vitoria da temporada. O conxunto galego dominou desde o principio a un Osasuna que buscou o xogo directo. Estiveron sólidos en defensa os celestes, despois das dúbidas amosadas o último partido na estrea europea, e levaron perigo en ataque, pero volveron acusar a falta de gol. Un empate a cero que significa o único punto dos vigueses na Liga. O Celta saíu a primeira parte marcando o ritmo do encontro, recuperando as sensacións da pasada campaña. A madeira e o árbitro auxiliar impediron que marcharan o descanso con vantaxe no marcador. Un lanzamento de falta de Daniel Wass, que se estrelou no traveseiro, un remate de Gustavo Cabral ao pau e un gol de John Guidetti, anulado por fóra de xogo, foron as mellores oportunidades dun equipo celeste que mereceu máis. \"Se houbese un ganador teríamos sido nós, mais tampouco me atrevo a tachar o marcador de inxusto\", dixo Berizzo. A segunda metade seguiu o mesmo guión. O conxunto vigués xerou perigo co seu fútbol vertical pero marrou as numerosas chegadas. No minuto 59 chegou unha das xogadas polémicas, cando Iago Aspas foi derrubado na área rival. Os xogadores celestes pediron penalti, pero o árbitro Trujillo Suárez interpretou que non había infracción. O propio Aspas tivo a outra gran ocasión do encontro, pero o traveseiro rexeitou de novo o libre directo. \"Tivemos ocasións para ganar, anda que puideron facernos dano nalgunha contra. Se houbese un ganador teríamos sido nós, mais tampouco me atrevo a tachar o marcador de inxusto\", asegurou o adestrador, Eduardo Berizzo, en rolda de prensa posterior. Ficha técnica Osasuna – 0: Mario, David García, Oier, Oriol Riera (Sergio, min.86), Rivière (Jaime, min.53), Unai, Fran Mérida (Torres, min.61), De las Cuevas, Clerc, Imanol e Buñuel. Celta – 0: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Wass (Radoja, min.86), Pablo Hernández, Señé (Sisto, min.76), Iago Aspas, Bongonda e Guidetti (Rossi, min.62). Goles: sen goles. Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amonestou Oier, David García, Fran Mérida e Torres polo Osasunaa; Guidetti polo Celta. Estadio: El Sadar."}
{"ID": "NOS_32748", "summary": "O etnógrafo Xosé María Lema recupera para 'Nós Diario' un capítulo da historia da Galiza vinculada coa reportaxe publicada no 'Sermos Galiza' do 1 de maio de 2021 baixo o título \"Todas as guerras do noroeste\".", "text": "Na reportaxe publicada no Sermos Galiza, o profesor Emilio Grandío afirmaba que \"Galiza puido ser Normandía (...) Galiza foi lugar de posíbel invasión, a primeira alemá, e a segunda, sen dúbida ningunha, británica, dos aliados\". Está claro que o Goberno de Franco temía unha destas invasións, e non só cando os aliados empezaron a recuperarse tras a vitoria de Stalingrado e co desembarque no norte de África a finais de 1942, co que pasaron á ofensiva. Xa antes, polo menos desde 1940, o Goberno franquista cheiraba que a costa galega podía ser invadida, e a Costa da Morte, pola súa situación xeográfica, era a avanzada ideal. Segundo recolle o cronista local de Baio (Zas) Francisco Romero Lema (1903-1972) nas súas notas tituladas \"Baio no século XX\" -que publicamos en boa parte en 19891 e 20152-, no verán de 1940, \"desde mediados de xullo até mediados de agosto, estivo destacada en Baio unha Compañía de Soldados de Infantaría da Coruña mandada polo capitán Evaristo Marchesi e polos alféreces Leal, Dapena e Segundo\". Case tres anos despois, en maio de 1943, instalouse no lugar da Cacharosa da parroquia baiesa un campamento militar de Artillaría e de Infantaría, con barracóns prefabricados a unha e a outra beira do río do Porto, ao pé da ponte Lodoso, paso obrigado da estrada a Santiago. Segundo as notas de F. Romero Lema, o campamento estivo ao mando do tenente coronel Miguel Ossett. Polos testemuños orais que puidemos recoller en 1988-1989, había dous mundos ben separados entre os soldados e os oficiais, pois estes durmían comodamente nas mellores casas particulares baiesas e divertíanse nas escasas tabernas con partidas de cartas e animadas festas. Lembraban tamén os nosos informantes que todos os días saían dous ou tres destacamentos para vixiaren a costa pola zona de Traba e Camariñas, e outros máis pequenos ían cara ao norte ao litoral de Ponteceso e Malpica. Para a zona de Cee e Fisterra viñan destacamentos de Santiago. O estratéxica que era a nosa costa máis occidental foi escenario de combates aéreos e marítimos da Segunda Gran Guerra O estratéxica que era a nosa costa máis occidental está máis que demostrada con probas palpábeis, sobre todo porque máis dunha vez foi escenario de combates aéreos e marítimos da Segunda Gran Guerra. Un deles foi o do avión inglés Avro Lancaster, que o 20 de agosto de 1942 despegara de St.-Eval (Cornualla) coa misión de afundir o mercante alemán Wesserland, que saíra de Corcubión cargado de volframio para Alemaña. Á altura das illas Sisargas foi interceptado por dous cazas xermanos e librou con eles un combate aéreo que foi presenciado por moitos veciños de Malpica, polo que nos informa o escritor malpicán Xurxo Alfeirán nun interesante artigo3. O aeroplano británico e un dos alemáns remataron esnafrados no chan galego. Anos despois, en 1944, un caza americano viuse obrigado a tomar terra na extensa praia de Traba; o fotógrafo José Vidal fíxolle unha histórica foto4. Desmantelamento apurado no verán de 1944 Para a súa diversión particular, os soldados do campamento da Cacharosa prepararon un campo de fútbol, unha rudimentaria cancha de tenis e, para o baño no verán, un trampolín de madeira nunha zona profunda do río, localmente denominada \"a praia de Su a Agra\". No chamado Campo do Campamento, que tiña pintadas con cal as liñas divisorias e as áreas -algo pouco habitual nos rudimentarios campos que daquela había nas vilas- enfrontábanse os soldados de Artillaría contra os de Infantaría. O fotógrafo José Vidal de Laxe deixou testemuño gráfico dun deses partidos, xogado o 24 de maio de 1944, e tamén da celebración do 18 de xullo de 1943, na que se retrataron os oficiais do campamento, o alcalde de Zas, o párroco de Baio -que tamén tiña rango militar, por ser o capelán castrense-, o xefe local da Falanxe etc. Como é sabido, o 6 de xuño de 1944 aconteceu o masivo desembarque aliado nas praias da Baixa Normandía; en agosto o Exército aliado toma París; o soviético avanza imparábel polo leste e o campamento baiés foi o termómetro perfecto do cambio radical de tendencia do Goberno español, supostamente neutral na contenda europea. A partir do verán de 1944 xa se empezaron a licenciar soldados, cando antes se retiveran varias quintas a pesar do escaso sitio que había nos barracóns. En outubro desmantelouse o campamento definitivamente, a toda présa, cunha misa de campaña e unha festa de despedida. Quedaron durante anos as instalacións deportivas e dous grosos obeliscos de pedra en forma de bala que sinalaban a porta de entrada da zona de Artillaría; serían destruídos contra os anos sesenta. Sempre resultou estraño que ningún historiador galego se interesase por este campamento militar de Baio, testemuño claro do medo que tivera o Goberno franquista de que a Costa da Morte se convertese na avanzada do que puido ser -no canto da Normandía- o inminente desembarque aliado no continente. Galiza puido ser Normandía; afortunadamente non o foi. É de supor que tal asentamento castrense estea axeitadamente recollido nos arquivos militares. Notas1.- Lema Suárez, X.M! (1989): Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa; Concello de Zas (pp.25-29).2.- Rei Lema, X. Mª e X. Mª Lema (2015): 50 anos da historia do fúbol da Costa; Baio (pp. 33-35).3.- Alfeirán, X.: \"Apuntes históricos: Un combate aéreo nas Illas Sisargas\", en La Voz de Galicia 20-08-2017 (edición de Carballo).4.- Fernández Carrera, X.X. (2018): José Vidal, unha vida dedicada á fotografía; Deputación da Coruña (p.287)."}
{"ID": "NOS_58474", "summary": "Após rematar o Plan Aluga, o goberno galego non habilitou un programa de vivenda para mulleres en situación de violencia machista.", "text": "\"Os recursos cos que contan estas mulleres son moi poucos\", conta Rosa Fontaíña desde a Rede contra os malos tratos de Vigo. En conversa con Sermos Galiza explica que logo de rematar --en 2011-- o Plan Aluga (2009) \"non hai axudas\" para aquelas mulleres que se atopan en situación de violencia machista. \"Cando saen dos centros de urxencia\", onde só poden permanecer durante 3 meses, explica, \"dinlles que se busquen a vida\". E a situación é moi complexa en practicamente todos os casos. Sen traballo remunerado (nómina), nen recursos, e con crianzas ao seu cargo, Fontaíña afirma que \"o primeiro que precisan é unha vivenda\". Porén, a Xunta de Galiza non disponibiliza un programa habitacional específico para as mulleres maltratadas. E \"nos orzamentos que está a deseñar o goberno\", sinala, \"pola información que temos non se van incrementar os cartos destinados á violencia de xénero\". \"Nos orzamentos que está a deseñar o goberno, pola información que temos non se van incrementar os cartos destinados á violencia de xénero\" O único plan de vivenda que na actualidade mantén o Partido Popular na Xunta de Galiza é o destinado ás persoas despexadas. Mais nestes casos as mulleres atinxidas pola violencia machista partillan listaxe de agarda con milleiros de persoas en todo o país. Aliás, só poden acceder a el se foron expulsas das súas vivendas. Un feito que non acontece sempre. \"A secretaria xeral de igualdade díxome que van ver de pór en andamento de novo o Plan Aluga, mais nós coidamos que esas partidas non se deberan interromper\". Entre mentres, desde a Rede contra os malos tratos \"tentamos axudarlles no que podemos\" mais \"non temos recursos\". \"Unha barreira máis\" Rosa Fontaíña asegura que unha das medidas que urxen é \"elaborar un perfil de mulleres\" para procurar vivendas partilladas. Así as cousas, para iso son precisos recursos económicos, humanos e materiais cos que a Rede non conta. \"Hai mulleres que viven, mesmo con crianzas, do Banco de alimentos\" Esta realidade, salienta, \"supón unha barreira máis\" para as mulleres maltratadas pois \"non teñen a onde ir\" e \"sofren un retroceso na súa rehabilitación\". \"Non sabemos o que vai pasar\", sentencia. Rosa Fontaíña alerta da \"dramática\" situación que atravesan moitas das mulleres que acoden á Rede contra os malos tratos de Vigo. \"Hai mulleres que están vivindo do Banco de alimentos\", apunta. Nos últimos anos, acrecenta, \"empobrecéronse moito as mulleres e cada día empobrecense máis\". No número 120 do semanario Sermos Galiza debruzarémonos sobre o Plan Realoxa aprobado por Alberto Núñez Feijóo en 2012. As mulleres en situación de violencia machista fican excluídas dun tratamento específico neste programa, como lle confirmaron á Rede contra os Malos Tratos de Vigo desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo. Aliás, das 500 vivendas habilitadas hai dous anos só 37 foron adxudicadas até o de agora. Contámoscho todo no semanario en papel. Esta quinta feira nos quiosques."}
{"ID": "NOS_41572", "summary": "Tan só unha cara nova entre as persoas que acompañarán a Alberto Núñez Feijóo durante esta lexislatura. Fracisco Conde, xurou esta segunda feira como conselleiro de economía dun executivo galego cargado de \"caras coñecidas\", como asegurou o propio presidente da Xunta.", "text": "\"De novo o goberno máis reducido de todas as nacionalidades históricas\", afirmaba Núñez Feijóo na toma de posesión das persoas que serán conselleir@s até 2016. Como xa se adiantaba ao longo da pasada semana, o executivo galego estará composto por oito persoas e poucas sorpresas. De entre todas elas, tan só a chegada de Fracisco Conde á consellaría de Economía racha co esquema do anterior goberno. Porén, Alberto Núñez Feijóo crea --de novo-- unha vice-presidencia --após catro anos sen esta figura-- e sitúa á fronte dela á súa man dereita, Alfonso Rueda. Seis d@s oito conselleir@s foron nas listaxes electorais do PP o 21-O O que arestora segue a ser secretario xeral do Partido Popular, desenvolverá tamén as funcións de conexión entre o executivo galego e o Parlamento para alén de exercer a presidencia, cando o líder do goberno galego estea ausente. Malia que pode considerarse un premio ao que até o momento foi un dos homes fortes de Núñez Feijóo, o presidente da Xunta apurou no seu discurso a rachar con esta idea e asegurou que a súa decisión non procuraba ser un agasallo \"á lealdade\", senón que Alfonso Rueda, dixo, \"é a persoa máis axeitada\" para ocupar un cargo desta responsabilidade. Porén, as primeiras palabras da súa intervención dedicounas á única persoa que fica fóra do novo executivo, Javier Guerra, a quen lle amosou o seu \"recoñecemento\" polo traballo desenvolvido na que dixo, foi a \"etapa máis dura da historia\". No entanto, Alberto Núñez Feijóo asegurou que \"eran precisas mudanzas\" e neste sentido salientou a chegada á equipa de goberno de Francisco Conde. Segundo o líder do executivo, Conde respondía aos \"requisitos\" que exixe o cargo de conselleiro e salientou o seu \"coñecemento teórico, político e económico\". Aliás, afirmou que o seu obxectivo é traballar \"pola Galiza global\", un dos obxectivos cobizados polo presidente para esta lexislatura. Núñez Feijóo loou a figura de Javier Guerra, o único conselleiro que non repite nesta lexislatura As demais consellarías estarán ocupadas polas mesmas persoas que no anterior exercicio. Jesús Vázquez recunca á fronte de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Malia a existencia dunha opinión pública desfavorábel após as sentenzas promulgadas polo TSXG, Alberto Núñez Feijóo confiou de novo no ourensán para renovar a súa responsabilidade. Xunto a el, Elena Muñoz Fonteriz contiuará como conselleira de Facenda e Agustín Hernández como conselleiro de medio ambiente, territorio e infrastruturas á fin de pular por unha \"Galiza máis vertebrada\" que respecte, asegurou o presidente galego, \"as cores azul e verde deste país\". Asemade, o novo executivo contará catro anos máis con, Rocío Mosquera, que recunca na consellaría de Facenda após incorporarse na pasada lexislatura tras a saída de Pilar Farjas cara a Madrid. Pola súa banda, Beatriz Mato levará a consellaría de Traballo e Benestar e Rosa Quintana, Medio Rural e do Mar. Alfonso Rueda pasa a ocupar a vice-presidencia da Xunta pois, \"é a persoa máis axeitada\", asegurou o presidente Alberto Núñez Feijóo, baseou a súa decisión de manter nos seus postos a maior parte d@s conselleir@s pola \"experiencia\" con que contan todas as persoas que tomaron parte do anterior executivo; a necesidade de dar continuidade \"á axenda trazada\" durante a pasada lexislatura e ao apoio que @s galeg@s lle deron a 6 das oito persoas que compoñen o goberno, ao concorreren aos comicios nas listaxes electorais. Desta maneira, Núñez Feijóo quixo salientar o aval que para o seu novo goberno supuxeron os resultados electorais obtidos o pasado 21-O. Así as cousas, o presidente da Xunta de Galiza avanzou que a estrutura administrativa do goberno galego continuaría a mudar en aras dun maior aforro, como xa apuntara no seu discurso de investidura."}
{"ID": "NOS_5178", "summary": "Un beneficiario cobra 1.700 euros anuais menos en Galiza que na media do Estado español.", "text": "A pensión media do sistema, que abrangue diferentes clases de pensión (xubilación, viuvedade, orfandade, incapacidade permanente,..) situouse en xaneiro en 756,2 euros, unha cifra que é un 15,6% inferior á do conxunto do Estado español (896 euros). Son dados do Ministerio de Emprego, que cifra en 753.154 as persoas que en Galiza percebían pensións no comezo deste 2016. A prestación de xubilación (467.517 perceptores en Galiza) fixouse en xaneiro en 857 euros de media, mentres que no Estado español estaba nos 1033 euros. Só a de Estremadura é inferior á galega. As de viuvidade (186.922 persoas no noso país) teñen unha cuantía media de 537 euros, 100 euros menos que a media española. Hai, tamén, 68.745 pensións de incapacidade permanente, por un valor medio de 821 euros; 23.966 de orfandade, e 6.004 a prol de familiares (474 euros)."}
{"ID": "QUEPASA_192", "summary": "O Fisterra xa ten rivais e data de inicio na 3ª División. O calendario da 3ª División en www.futboldacosta.com.", "text": "Despois de coñecer a semana pasada o formato competicional, os equipos da 3ª División xa teñen o seu calendario. A primeira fase comeza o vindeiro 18 de outubro cun Polvorín-Fisterra, e un derbi entre Paiosaco e Bergantiños. Na 4ª xornada o Paisaco terá que pasar por Ara Solis, mentres que o primeiro Bergantiños-Fisterra queda para a xornada 9."}
{"ID": "NOS_36151", "summary": "Esta compostelá vén de incorporarse este luns á dirección dun CDG en tempo de vacas fracas logo dun percorrido profesional que a levou á dirección artística de Teatro La Abadía para logo fundar tamén en Madrid a súa propia compañía, Los Lunes. A chegada de Noia ten xerado unhas expectativas moi altas por mor do seu currículum, pero inversamente proporcionais ao orzamento que terá que xestionar.", "text": "– Xa coñeces a casa, dirixiches en 2013 'Días sen gloria', de Vidal Bolaño. Co teu perfil agárdase unha potenciación da dramaturxia contemporánea e unha renovación xeracional. Cales son os teus obxectivos principais?– Un dos obxectivos é apoiar todo o que poida a dramaturxia galega contemporánea, pero non exclusivamente dos máis novos, e para iso entrarei en contacto con eles para saber que necesidades teñen e como podemos articulalo para empezar a traballar xuntos. Por outra banda, gustaríame reforzar o vínculo do CDG coa profesión, e despois traballar bastante os públicos. Iso é un traballo bastante desagradecido e a longo prazo. Non debemos deixar de pensar como podemos facer para conseguir máis complicidades e apoios por parte dos espectadores. Isto é unha declaración de boas intencións, porque sabes que me incorporei o luns. E, finalmente, unha das principais funcións do CDG é apoiar o teatro galego, e creo que é o momento de potenciar a súa proxección cara a fóra. É algo que se vén desenvolvendo desde hai un tempo, e imos darlle continuidade. – Ti gañaches o concurso público en base a un proxecto que supoño que será o que vas levar adiante, non?– Ademais do que xa comentei, o reforzamento das relacións coas demais institucións culturais galegas, e tamén dentro do posible tratar de conectar cos demais centros dramáticos da península buscando a proxección e o intercambio dos autores galegos. Do proxecto que presentei eu, xa sabes que o CDG é unha unidade de producción, e polo tanto a primeira actividade é de producción, que se traducirá en producións e coproducións. Por outra banda, para reforzar esa actividade, fará actividade formativa, tanto vinculada ás producións da casa como formación continua, e para iso entronca de novo co diálogo coa profesión, coa Asociación de Actores, con Escena Galega, coas compañías, é dicir, tratar de poñer en común os nosos intereses, para cubrir eivas formativas. \"A nosa idea é facer unha primeira estrea a finais do verán, primeiros de outubro\" – Chegas cun currículum impresionante nun momento delicado, quizais o momento máis feble do CDG da súa historia, producindo un só espectáculo ao ano, cando antes eran tres, e cun orzamento mínimo. O teu proxecto supoño que se terá que adaptar a esta realidade...– Claro, por iso che dicía que isto é unha declaración de boas intencións. Eu creo que si estamos nun momento delicado para o CDG e en xeral para o teatro e para a cultura, tanto en Galiza como fóra. Aínda que eu si son optimista neste sentido, trátase de facer de certas carencias virtude. Temos que traballar co que temos e sacar o meirande proveito posible, que pode ser moito. Temos que concentrarnos niso e facelo o mellor posible, buscar sempre un principio de calidade, iso é moi importante. – Por concretar un pouco, neste 2016 ides facer unha produción, non?– Non quero entrar no detalle, porque me incorporei hai tres días e a presentación do plan específico será un pouco máis adiante. Só dicirche que a nosa idea é facer unha primeira estrea a finais do verán, primeiros de outubro. Neste primeiro periodo, vou intentar ser prágmática para entrar en actividade pronto. E cando o tempo non sexa tan acuciante xa poderemos empezar a darlle corpo a outro tipo de proxectos. Agora trátase de ser pragmático e eficaz, para que o Centro non estea parado o menos tempo posible. – O sector teatral galego renovouse a fondo e semella que o CDG xa non é o centro de todo. Desde o sector dise que o teu principal reto será conseguir que o CDG volva a ser parte do tecido teatral do país. Tan mal está a cousa?– (risas) Eu creo que non. As institucións teñen unha evolución segundo a xente que estea nelas. Cada un ten o seu criteiro. Tampouco sería bo que todo xire en torno ao CDG. O que é moi bo é que haxa dúas correntes, iso sabémolo todos. Os teatros institucionais teñen certas cortapisas, certas limitacións que non ten a iniciativa privada. Eu creo que é bo e san que haxa un tecido teatral privado, e hai que alimentalo e canto máis rico sexa, máis rico será o CDG. E canto mellor lle vaia ao CDG mellor lle irá ao sector privado. Entón, trátase de convivir en paralelo e retroalimentarse, canto máis mellor. Si é certo, eu creo que fai falta non só retomar o diálogo coa profesión, para que tamén haxa conciencia de que o CDG ten que ser a casa da profesión galega, pola que teñen que pasar nalgún momento, e da que teñen que apropiarse en certo xeito. E aí vai estar o quid do funcionamento do CDG. É certo que en comparación cos primeiros tempos, o CDG está nunha posicion un pouco máis feble, pero iso débese máis ben non tanto a un discurso artístico, senón á situación orzamental. Trátase de reforzar a institución, pero o quid da cuestión está en buscar apoios, tanto dos profesionais do sector como do público. Escoitar as opinións e as necesidades para poder cubrilas dentro das nosas posibilidades todo o que se poida. \"Eu creo que é bo e san que haxa un tecido teatral privado, e hai que alimentalo e canto máis rico sexa, máis rico será o CDG\" – Estiveches moito tempo fóra, pero gustaríame saber o que opinas da situación do sector do teatro en Galiza. – Ten moi boa saúde, hai moitísimo talento. Falando en termos artísticos, non económicos -porque o teatro nunca foi unha actividade lucrativa- paréceme que a situación do sector é moi boa. Hai compañías novas moi boas en canto a calidade, que non teñen nada que envexar a outras de fóra. O que temos que conseguir é ampliar o escaparate, que se vexan máis. E esta corrente de novidade debería notarse na actividade do CDG. A min paréceme que o panorama é moi bo, moi rico e moi fructífero, con diálogo entre xeracións, que é moi interesante. – Que feblezas salientarías?– Non sei se falaría de feblezas. En Galiza e en todas partes, temos que seguir sempre pensando no seguinte reto, non deixarnos paralizar polas circunstancias de cada momento. Todo é mellorable. Creo que hai propostas novas, hai compañías que entran con moita forza, moi prometedoras e interesantes, e outras veteranas que cumpriron promesas. Compañías cun percorrido, cunha experiencia, con moita calidade e cuns nomes. Podería falarche dos potenciais perigos que poderían correr se non houbese diálogo, se non permanecesemos alerta en todo momento. Precisamente estaba a ler agora un artigo de Camilo Franco que falaba da inestabilidade permanente, e di que o discurso do capitalismo subliña a inestabilidade como unha condición inescusable para a arte. Eu estou dacordo, aínda que o concepto non é inestabilidade, pero non hai que deixar nunca de ter un reto máis grande por diante. Ese é o perigo máis grande da arte en xeral e do teatro en concreto, acomodarte. Non creo que sexa o caso, non creo que estea sucedendo. - Antes falabas da internacionalización, da proxección cara a fóra…- Trátase de que o traballo de determinadas persoas, que é magnífico, se lle poida ampliar a visibilidade. E iso é tamén labor do CDG, tratar de ampliar o escaparate e a visibilidade de determinados artistas galegos e de determinados traballos que se fan aquí. \"Hai compañías novas moi boas en canto a calidade, que non teñen nada que envexar a outras de fóra. O que temos que conseguir é ampliar o escaparate, que se vexan máis\" - Este ano celébrase o 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán e o ano que vén libéranse os seus dereitos. Guede falou coa familia de Valle para intentar representalo en galego por primeira vez na historia, pero volveron a negarse. Cal é a túa idea para celebrar esta efeméride?- Ese é un pequeno escollo, si (risas). Valle é un autor magnífico e que non se pode representar en galego. Non teño aínda solución, porque é unha situación peliaguda que xa se deu no pasado. E tiña un certo sentido, porque un CDG que non monte a Valle-Inclán, pois é unha verdadeira mágoa. É unha perda considerable, pero gustaríame consultar a opinión dos profesionais e das compañías. Tal vez o máis intelixente sexa deixalo para o ano que vén, aínda que non sexa no aniversario. - E á marxe dunha posible montaxe, tes idea de facer algo a maiores con Valle?- A situación agora é poñernos mans á obra canto antes, poder empezar a ver resultados canto antes, por iso hai que ser eficaces e pragmáticos. Pero por iso mesmo, aínda non che podo concretar. Necesitamos un pouquiño de tempo."}
{"ID": "NOS_47993", "summary": "18 entidades veciñais, sociais e de montes de Mazaricos chegaron a un acordo coa empresa Eurus-Desarrollo Renovables, promotora do parque eólico A Ruña, polo que a empresa asumirá gastos destas entidades por valor de 2,2 millóns de euros nun período de 30 anos. Colectivos sociais rexeitan os aeroxeradores no Monte Neme na comarca bergantiñá.", "text": "Un total de 18 entidades veciñais, sociais e de montes de Mazaricos chegaron a un acordo coa empresa Eurus-Desarrollo Renovables, promotora do parque eólico A Ruña, polo que a empresa asumirá gastos de funcionamento e posta en marcha de actividades das entidades en cuestión. En total, recibirán 72.000 euros anuais durante 30 anos, sumando un investimento total de 2,2 millóns de euros por parte da empresa, vinculado á instalación dunha ducia de aeroxeradores en Arcos, Beba, Coiro e Colúns. Segundo sinalan desde o Concello de Mazaricos, o acordo é pioneiro na Galiza, e supón \"o primeiro recoñecemento das comunidades veciñais como actores de pleno dereito no proceso de produción da enerxía eólica\". O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco (BNG), en declaracións a Nós Diario, destacou \"o carácter social deste acordo\", que supón \"a primeira vez que na nosa contorna inmediata se ten en conta dunha maneira tan directa os intereses da veciñanza\". Con esta negociación, insistiu Blanco, asúmese que \"na xestión dos recursos eólicos galegos a propia poboación de cada lugar ten que ser directamente beneficiada da explotación\", nun momento \"no que estamos vendo que hai unha importante problemática cos prezos da electricidade e da produción enerxética\". O mandatario salienta que o acordo promove \"a simbiose\" entre empresas, veciñanza e Concello, marcando un \"precedente que deberían seguir outras Administracións\". O convenio \"é unha mostra doutra maneira de xestionar a enerxía eólica que respecta e ten en conta os intereses da veciñanza\", engadiu o rexedor da localidade. Blanco agradeceu a implicación das partes na procura do acordo e lembrou que tamén o Concello de Mazaricos como institución terá acceso a unha nova fonte de financiamento grazas á taxa de 4% que marca o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) municipal. O proxecto de Eurus achegará 1,2 millóns de euros neste concepto nun primeiro momento e outros 180.000 anuais por actividades económicas e imposto de bens inmobles. \"É destacábel o que supón este importe para un Concello co volume de orzamento de Mazaricos, e como nos permitirá seguir medrando en investimento público e gañando en autonomía financeira\", sinalou o rexedor do BNG, que asegurou que \"se este acordo por megawatt, sumado ao canon eólico da Xunta, se tivera asinado no seu momento para cada un dos parques eólicos actualmente existentes en Mazaricos, seriamos un Concello cunha autonomía financeira moi importante, o que nos permitiría ser autosuficientes en moitos aspectos respecto a outras Administracións\". O rexedor, Juan Blanco, satisfeito O rexedor de Mazaricos, Juan Blanco, considera que o acordo asinado entre 18 entidades veciñais do municipio e a empresa Eurus-Desarollo Renovables marcará un fito na historia do sector eólico na Galiza ao pór en valor a responsabilidade social das empresas e a consideración dos intereses veciñais. Para o alcalde, o acordo é un exemplo de que \"en Mazaricos estamos dispostos a chegar acordos e poñer en valor o potencial produtivo do noso monte, sempre que se respecten os intereses da veciñanza\". Para Blanco, as condicións deste parque en comparación coas de outros \"son coma o día e a noite\". Rexeitamento do proxecto eólico no Monte Neme Diversas plataformas e entidades bergantiñás denunciaron, a través dun comunicado, a intención da Xunta da Galiza de construír \"unha estación macroeólica\". Ademais, critican que o Executivo galego non restaure \"os labores mineiros abandonados do Monte Neme nin drene as augas ácidas das balsas de lodos, froito da minería irresponsábel e do desleixo da Administración\", mais que, pola contra, \"permita a instalación de macroeólicos no cume deste monte sacro\". A empresa que prevé desenvolver o proxecto é Enel Green Power España SLU. Segundo denuncian os colectivos, tratan de construír \"catro macroeólicos de 200 metros de altura\". Alén diso, \"prevese a instalación dunha liña de evacuación que pode ter un impacto moi grave e que tería unha lonxitude e 15km con 64 apoios\", acrecentan. \"As instalacións afectan directamente canles como a Fonte Seca, orixe do rego Bandeira, onde se atoparon restos cerámicos e a coñecida 'arracada' de Cances, unha xoia de ouro galaica da Idade de Ferro\", inciden."}
{"ID": "PRAZA_4725", "summary": "O que já sabemos da Operação Pokemon é mais que suficiente para entender o pânico que cundiu entre o establishment da Corunha quando o passado mês de dezembro a juíza de Lara ordenou entrar no Concelho à procura da documentação", "text": "Por umha série de circunstâncias, tenho mantido contato com duas persoas que conhecem de perto as investigações das operações Pokemon e Pikachu, instruídas pola juíza Pilar de Lara, e com algumhas outras que tenhem trato com ela. Reconheço que me parece umha personagem interessante, ainda que não cometerei a ousadia de falar dela, a quem não conheço persoalmente, e si do seu trabalho, esse si de evidente interesse público. O que já sabemos da Operação Pokemon é mais que suficiente para entender o pânico que cundiu entre o establishment da Corunha quando o passado mês de dezembro a juíza de Lara ordenou entrar no Concelho à procura da documentação Pois bem, o que já sabemos da Operação Pokemon – e o que iremos sabendo à medida que os médios tenham tempo de peneirar os 26 tomos do sumário – é mais que suficiente para entender algumhas cousas. Para entender, por exemplo, o pânico que cundiu entre o establishment da Corunha quando o passado mês de dezembro a juíza de Lara ordenou entrar no Concelho à procura da documentação que comprovasse a comissão dos delitos que já tinha registrados através das numerosas gravações realizadas por ordem sua. Para entender, tamém, por que os principais partidos políticos da cidade e o médio de comunicação de referência na capital corunhesa iniciarom umha campanha para que o sumário da Operação Pikachu fosse transferido a um juiz da Corunha, dando por descontado que teriam maior capacidade de influirem sobre o seu desenvolvimento. E para entender, tamém e por fim, o próprio levantamento parcial do segredo sumarial, umha jogada mestra da juíza de Lara para paralisar qualquera tentativa de afastá-la do caso, pondo a opinião pública ao seu favor. Por certo, dizem os que conhecem bem as interioridades do processo que os delitos presuntamente cometidos nos concelhos de Lugo, Ourense e Compostela não chegam nem perto do ocorrido na Corunha, o qual provavelmente ajude a explicar tanto interesse em que não se conheça – ou, ao menos, em que não se poda provar, porque conhecido já é, se bem que em pequenos círculos. Se algo tem demonstrado Pilar de Lara é que não lhe treme o pulso Se algo tem demonstrado Pilar de Lara é que não lhe treme o pulso. Poderá se discutir – e eu, que não sou jurista, não entro no mérito do assunto – se a sua instrução poderia ter sido mais cuidadosa nalguns momentos, como por exemplo às vésperas das passadas eleições galegas, mas seria mesquinho não reconhecer-lhe a independência com que tem levado o caso, sem lhe importar nem a adscrição política dos imputados nem o nivel do cargo político que ocupem. E isso, apesar de que mui especialmente desde o surgimento da Operação Pikachu as pressões tenhem se incrementado não só sobre ela, senão tamém sobre as persoas que tenhem trabalhado às suas ordens, como por exemplo guardas-civis (a base do seu equipo de policia judicial está composta por membros desse corpo) acossados dentro do próprio quartel onde estão adscritos. Apesar de ser umha juíza de quem a esquerda receia polas suas idéias e de quem a direita não quere nem ouvir falar polas conseqüências das suas investigações, Pilar de Lara tem seguido adiante e acaba de mostrar que está disposta a ir até ao fim e a não perder o control nem da Operação Pokemon (que, lembremos, já provocou a caída de dous alcaldes em Ourense e Compostela e vem de deixar numha situação mui complicada o de Lugo e o relevo de Compostela) nem da Operação Pikachu, a causa separada que trata de esclarecer a trama de corrupção presumivelmente tecida por Vendex em torno ao concelho da Corunha. Hai indícios mui sólidos para, desde o mais escrupuloso respeito à presunção de inocência no âmbito judicial, pedir explicações políticas aos cargos imputados, umha lista na que não podem faltar Liñares, Orozco, Currás ou Flores, entre outros A respeito da Pokemon, já estão as cartas enriba da mesa. Hai indícios mui sólidos para, desde o mais escrupuloso respeito à presunção de inocência no âmbito judicial, pedir explicações políticas aos cargos imputados, umha lista na que não podem faltar Liñares, Orozco, Currás ou Flores, entre outros. Mas a respeito da Pikachu, falta ainda quase todo por sair à luz pública: a rede de corrupção e trato de favor nos museus corunheses, o boicot municipal às empresas concorrentes de Vendex, o control empresarial de quase duas décadas sobre a Concelharia de Cultura (com a honrosa exceção do mandato de María Xosé Bravo, assunto do qual haverá que falar chegado o momento), o intercâmbio de colocações de amigos e familiares ora na Administração municipal ora nas empresas do grupo presuntamente corruptor... E essa, ORA, é outra palavra clave: a concessão da ORA, do serviço de guindastre e da gestão dos estacionamentos na cidade da Corunha. Porque quero conhecer todo o que se cozeu durante anos no meu concelho e que se chegue até às últimas conseqüências, por isso apoio publicamente que seja a juíza Pilar de Lara quem continue com a instrução Porque quero conhecer todo o que se cozeu durante anos no meu concelho e que se chegue até às últimas conseqüências, por isso apoio publicamente que seja a juíza Pilar de Lara quem continue com a instrução, pois polo que tem feito até agora nem penso que mereça ser retirada da instrução da Operação Pikachu nem confiaria mais num juiz nomeado baixo a pressão do PP e do PSOE corunheses, que neste assunto jogam em equipo. E mentres segue a instrução da Pikachu, falemos da Pokemon, do país que nos põe diante dos olhos e da necessidade de remover não só persoas senão tamém hábitos fundamente enraizados, se queremos caminhar cara a um outro futuro onde as instituições e os recursos públicos estejam ao serviço de toda a cidadania e não dumhas poucas empresas com capacidade para comprar vontades e usurpar o que é de todos nós."}
{"ID": "NOS_10881", "summary": "O Fiscal Superior de Galiza pide axilizar a loita contra a corrupción para evitar unha excesiva distancia temporal entre a comisión dos delitos e o seu tratamento nos xulgados. Así mesmo, critica as ansias de protagonismo mediático dalgúns profesionais e considera que as irregularidades políticas e sistémicas \"danan a democracia\".", "text": "Carlos Varela (O Carballiño, 1956) leva desde 2004 á fronte da Fiscalía Superior de Galiza, un posto que aspira a conservar nos próximos meses, cando se abra un proceso de elección adiado tras a dimisión do Fiscal Xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, ao parecer por diferenzas co Goberno central. Figura recoñecida en todo o país; como ocorre cada vez máis no mundo da xudicatura, os problemas de corrupción téñenlle outorgado maior repercusión ás súas opinións e ao seu labor, onde ten sona de traballar con absoluta independencia. Non pode ser doutro xeito. -Malia que no caso dalgúns xuíces xa vén de lonxe, a popularidade ou alta exposición mediática dos fiscais é algo máis recente, pero xa é constatábel, case sempre sendo reducidos a heroes ou viláns. É unha anomalía este feito? A que cre que se debe? - Penso que se debe á aparición do populismo nos asuntos penais. Dáse cando os medios de comunicación visualizan que a noticia sobre o delito vende, dá lucro e acapara portadas. Algúns profesionais da xustiza (xuíces, fiscais, avogados) simpáticos ao populismo acaban por ser reféns das súas propias vaidades persoais, no afán de destacarse como homes ou mulleres de lei, e comezan a levar a cabo actuacións rechamantes, moitas veces absurdas, e pouco consecuentes cun exercicio profesional rigoroso e discreto. Trátase dun desafío de responsabilidade para todos os profesionais da xustiza, dos cales se espera unha actitude de discreción e autocontención, incompatible cos excesos da exposición pública ou do protagonismo mediatico desmedido. -A corrupción é unha das principais preocupacións da cidadanía. Por que creceu tanto (ou polo menos creceu tanto como problema a ollos da poboación)? Dispoñen dos medios necesarios para combatela? - Nestes primeiros anos do século XXI parece que estamos asistindo a un crecemento exponencial deste flaxelo que representa a corrupción. Así, por un lado o numero de casos noticiados ten crecido de unha forma diriamos avasaladora, por outro lado, o número de estudos en torno do problema teñen tamén aumentado. O crecemento e a sofisticación dos aparellos dos partidos políticos tornounos en sorvedores de avultadas sumas de diñeiro, sobrevivindo en función dos correspondentes procesos de financiamento, os cales parecen estar intimamente relacionados con algunhas das practicas de corrupción, nomeadamente da designada como grande corrupción, ocorrida a nivel das elites económica e política. Sabemos tamén da existencia de importantes \"cifras negras\" que aínda non teñen chegado ao coñecemento da xustiza. Precisamos, pois, de medios de combate baseados na detección precoz e preventiva destes ilícitos para evitar un fatal distanciamento temporal entre a súa consumación e o seu enxuizamento. Ao mesmo tempo, cómpre implementar unha metodoloxía adecuada para o tratamento desta criminalidade sofisticada e complexa por parte da xustiza penal. Non é posible conter estas condutas solo coa utilización de medios de investigación convencionais, o que implica adoptar unha actitude distinta da aplicada a delincuencia clásica. A entrevista completa, ao teu dispor no número 130 do semanario Sermos Galiza, xa nos quiosques ou na nosa loxa"}
{"ID": "NOS_35213", "summary": "Os partidos da oposición criticaron a ausencia de autocrítica do Goberno galego na xestión sanitaria da pandemia, en particular nas residencias de maiores. O conselleiro de Sanidade ratifica que Galiza \"está na fase de descenso da curva\".", "text": "Toda a oposición censurou a xestión sanitaria da Xunta da Galiza da pandemia da COVID-19 na reunión desta cuarta feira da Deputación Permanente na que compareceu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a quen lle afearon a súa falla de \"autocrítica\", sobre todo pola situación na que se atopan as residencias de maiores do país. As representantes de PSdeG, BNG, Grupo Común da Esquerda e Grupo Mixto (no que se integran as deputadas de En Marea) manifestaron o seu pesar polos falecementos nesta crise e eloxiaron o traballo das profesionais sanitarias, para a continuación criticar que non compareza o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, con regularidade para dar explicacións. Así, reprocháronlle a \"falla de medios\" denunciada polas profesionais tanto do Servizo Galego de Saúde (Sergas) como nas residencias da terceira idade. O conselleiro de Sanidade ratificou no Parlamento que Galiza \"está na fase de descenso da curva\" de contaxios polo coronavirus, á vez que apostou por \"seguir mellorando\" e \"preparando\" ao país \"para posíbeis fases\" que poida haber a posteriori. Almuiña tamén defendeu o traballo do persoal do Sergas, mais non fixo referencia á precariedade dos contratos que está a oferecer o ente público, que se viu forzado a rectificar en varias ocasións durante a crise. \"Hoxe consideramos que entramos en fase de descenso da onda da pandemia\", subliñou, para trasladar que hai un descenso das pacientes nas UCI dos hospitais galegos até as 96, que se sitúan \"por baixo dos cen\" en semanas. Tamén situou a taxa de letalidade sobre o total de contaxios na Galiza no 4,13%, mentres que no Estado é \"tres veces máis\" e está no 10,4%. Así, incidiu en que \"é a menor de España\". A respecto diso, incidiu que se trata do \"maior reto da historia sanitaria da Galiza\" e insistiu en que, desde o primeiro momento, Galiza intentou \"adiantarse\" e tomar medidas nas súas competencias: valorou as actuacións para o diagnóstico precoz, con \"reforzo do persoal\" con equipos de toma de mostras en domicilio e o COVID-auto, ademais do seguimento domiciliario e o reforzo, entre outras, das unidades de hospitalización. Máis persoal e medios Por parte do Grupo Mixto, o deputado David Rodríguez considerou que \"en moitos casos a desprotección foi indecente\". Mentres que a portavoz do BNG, Ana Pontón, reivindicou pactar un \"plan de desescalada na Galiza e non en Madrid\". A nacionalista defendeu un plan para a atención primaria dotado de 200 millóns de euros. \"A atención primaria vai ter unha sobrecarga e unha complexidade na asistencia que precisa de persoal e medios, deben abrirse todos os centros, salvo casos excepcionais, e o persoal de primaria non pode utilizarse para prestar atención hospitalaria\", sostivo Pontón. Á vez que criticou que Feixoo \"escapa da democracia\" ao non comparecer sobre a crise na Cámara. \"Vémolo 19 veces na TVG e só una no Parlamento, sede da soberanía popular\", abundou. Na súa quenda, Antón Sánchez, portavoz de Común da Esquerda, lamentou que \"desprotexeron ás profesionais\" e criticou a \"mercantilización da saúde\" porque en relación ás residencias puxeron \"o negocio por encima da saúde\". O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, tendeu a man nestes \"momentos de enorme complexidade\" para saír da crise sanitaria, á que, criticou, chegouse \"con menos camas hospitalarias e menos profesionais de atención arimaria\". \"Chegamos cun sistema sanitario máis debilitado\", afirmou Caballero, para insistir en demandar un \"reforzo\" de persoal e de material."}
{"ID": "PRAZA_16006", "summary": "Non deixa de ser vergoñento escoitar como os dirixentes de dereitas (por caso o citado Miguel Tellado) presumen de baixar os impostos ao tempo que acusan as esquerdas de querer subilos.", "text": "\"Miguel Tellado, secretario xeral do PP de Galiza, acusou á oposición de covardía nas súas emendas por, ao seu xuízo, tentar agochar que eses recursos a maiores necesarios para incrementar o gasto terían que saír de maiores impostos á cidadanía\" Non hai gobernante que se prece (tanto conservador como socialdemócrata) que nalgún intre do seu mandato non prometa baixalos impostos. O caso mais recente e, seguramente, o mais mediatice poida que sexa o do actual Presidente dos Estados Unidos (D. Trump) que vén de anunciar \"a maior baixada de impostos da historia dos Estados Unidos\". Unha proposta que inclúe entre as maiores novidades unha redución no Imposto de sociedades de 20 puntos (do 35% ao 15%) e unha eliminación do Imposto de sucesións ademais de cambios no Imposto sobre a Renda. Loxicamente, e como sucede sempre nestes casos, a susodita reforma fiscal, que beneficia as grandes fortunas, terá un importante impacto no déficit orzamentario que experimentará un notable incremento cifrado en 1,5 billóns de dólares (8,1% PIB). Nembargante, non hai que ir tan lonxe para comprobar a veracidade do anteriormente sinalado. Por caso M. Rajoy (PP), presidente do goberno español quen, ben directamente ben ao través do seu Ministro de Facenda C. Montoro, non para de prometer rebaixas fiscais (a última polo de agora, que deriva do acordo asinado con Ciudadanos, está relacionada cos Orzamentos do 2018 e agocha a promesa dunha baixada do IRPF quen suporía un custo para as arcas públicas de 2.000 millóns de euros). Aquí en Galiza vemos como o presidente da Xunta de Galicia (PP), A. Núñez Feijoo, tamén se suma ao carro do seu partido (PP) e, na defensa dos Orzamentos para o ano 2018, promete rebaixas no IRPF e no Imposto sobre o Patrimonio. Rebaixas que se fan, en ámbolos dous casos, nun contexto de déficit fiscal e elevada débeda publica e que van supor menores ingresos para as Comunidades Autónomas e os Concellos. Centrándonos nos casos que nos ocupa (España, Galiza) quero destacar varios feitos relevantes relacionados cos impostos e, xa que logo, co sistema fiscal por que mostran a sen razón e o cinismo de tales promesas fiscais. En primeiro lugar que case todas as promesas fiscais de baixadas de impostos que fixeron os dirixentes populares (PP) foron escasas, moi parciais, de marketing político e, o mais grave, atacan os principios constitucionais de capacidade contributiva, xustiza tributaria e equidade ao tempo que disparan a desigualdade. En segundo lugar que estas ofertas fiscais teñen ademais un impacto negativo nos ingresos fiscais e o correspondente reflexo no balance orzamentario quen provoca maiores incrementos nunha débeda pública que se dispara. En terceiro lugar, o que resulta mais ilustrativo sobre este tipo de promesas, e que se fan cando a presión fiscal respectiva de España, e Galiza, (32,5% do PIB) está entre as mais baixas na nosa contorna (Eurozona: 41,5%, UE: 39,4%) o que elimina como argumento xustificativo unha elevada carga fiscal. Unha baixa presión fiscal que deriva, basicamente, de dous fenómenos sistémicos da facenda española: 1. A elevadísima fraude fiscal, 2. O trato de privilexio as rendas de capital con relación as rendas de traballo. En relación a fraude fiscal -pola que España deixa de recadar anualmente 85.000 millóns de euros (7% do PIB) e Galiza 6.000 millóns (10,4%)- compre subliñar que un 85% do mesmo procede das rendas de capital e moi en concreto das sociedades englobadas no chamado IBEX 35. Sociedades que por outra parte son as grandes beneficiadas da falta de equidade dun sistema fiscal como o español que da un trato de privilexio as rendas de capital. Velaí por caso o Imposto de Sociedades que se o tipo xeral está fixado no 25% da renda, o pago real das grandes sociedades queda moi, pero moi por baixo desa porcentaxe (practicamente ningunha das sociedades do IBEX 35 tributa o que lle correspondería polos seus beneficios anuais, non chegando ao 7% o tipo medio efectivo, habendo incluso moitas que nin cotizan a pesares dos millonarios beneficios que obteñen). Feito que leva a que en España se produza unha perda recadatoria anual de 9.600 millóns de euros procedentes das grandes empresas sendo deste xeito o principal burato das arcas do Estado. Unha realidade fiscal que provoca, xa que logo, unha grande insuficiencia nos ingresos fiscais que contribúe aos déficits fiscais sistémicos de España, e Galiza, quen son un dos motores do crecemento da débeda pública (con Mariano Rajoy a débeda pública española incrementouse en 385.000 millóns de euros: +31,2% do PIB a pesares de ter pagado so en xuros mais de 170.000 millóns de euros. No caso de A. Núñez Feijoo a débeda pública galega incrementouse en 6.600 millóns de euros: +11% do PIB, con un incremento tal das cargas financeiras que xa superan o 90% dos ingresos por débeda). Crecente endebedamento público que se produce a pesar dos grandes recortes no gasto. Por todas estas razóns non deixa de ser vergoñento escoitar como os dirixentes de dereitas (por caso o citado Miguel Tellado) presumen de baixar os impostos ao tempo que acusan as esquerdas de querer subilos. O que realmente fan estes dirixentes neoliberais coas súas políticas fiscais é tanto atacar os principios constitucionais de capacidade contributiva, xustiza tributaria e equidade (art. 31) como disparar o endebedamento público para beneficio da grande banca e os seus socios financeiros."}
{"ID": "NOS_29471", "summary": "O Concello decreta tres días de loito oficial.", "text": "\"Foi un orgullo ser alcalde de Ponteareas\". Así se despedía Xosé Represas hai unhas semanas da alcaldía desta localidade da comarca do Condado, un adeus para se centrar no combate á enfermidade. Represas finou esta madrugada. Represas chegou á alcaldía nas municipais de 2015 e e en 2019 revalidou o cargo, sendo a lista que encabezaba, BNG, a máis votada e a primeira vez que o nacionalismo era a opción con máis votos nesta localidade. Desde a súa saída do concello, a Alcaldía de Ponteareas ocúpaa a tamén nacionalista Cristina Fernández Davila, tenente de alcalde con Represas e a súa substituta, primeiro en funcións e, desde finais de abril, para todos os efectos após a renuncia do ex alcalde. As 14 horas desta segunda feira realizarase un Pleno extraordinario urxente para decretar tres días de loito oficial. \"Represas foi unha persoa entrañábel, querida e apreciada por toda a veciñanza, por enriba das ideoloxías\", sinalan dende o Concello nun comunicado. Xosé Represas Giráldez, natural da parroquia de Xinzo, era Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo e traballou durante décadas nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi membro da Corporación Municipal nos anos 1999 e 2000. Posteriormente, no ano 2007, accedeu novamente á Corporación, sendo concelleiro até a súa recente renuncia por motivos de saúde. En 2015 asumiu a alcaldía da localidade, que revalidou nas eleccións municipais 2019. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e do seu Centro Cultural. Ocupou ademais o cargo de Presidente da Asociación Forestal de Galicia. A noticia causou un gran pesdar en Ponteareas e na comarca. A portavoz do BNG, Ana Pontón, escibriu nas redes sociais: \"Vaise Xosé Represas e deixa un enorme baleiro en todas e todos nós. Foi unha gran persoa: xenerosa, honrada e traballadora, comprometida con Pontereas e con Galiza no corazón. Un abrazo a familia, amizades e á militancia do BNG de Ponteareas. Que a terra che sexa leve compañeiro\". Tamén Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, expresou a súa tristura: \"Tristura polo pasamento de Xosé Represas, quen ata hai poucos días foi alcalde de Ponteareas. Na miña última visita ao concello recordamos como nos coñeceramos hai 25 anos e trasladeille todo o meu afecto e moito ánimo. Síntoo moito. Unha aperta á familia\". Vaise Xosé Represas e deixa un enorme baleiro en todas e todos nós. Foi unha gran persoa: xenerosa, honrada e traballadora, comprometida con Pontereas e con Galiza no corazón. Un abrazo a familia, amizades e á militancia do BNG de Ponteareas. Que a terra che sexa leve compañeiro.— Ana Pontón (@anaponton) May 24, 2021 Tristura polo pasamento de Xosé Represas, quen ata hai poucos días foi alcalde de Ponteareas. Na miña última visita ao concello recordamos como nos coñeceramos hai 25 anos e trasladeille todo o meu afecto e moito ánimo. Síntoo moito. Unha aperta á familia.— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) May 24, 2021"}
{"ID": "NOS_5333", "summary": "O presidente galego informa da compra de 7,4 millóns de máscaras, 625.000 batas de alta protección e 21.920 botellas de solucións desinfectantes após a reunión do Consello da Xunta.", "text": "Unhas 40 empresas trasladaron a súa disposición para fabricar material sanitario na Galiza á Xunta, que adquiriu 7,4 millóns de máscaras, 625.000 batas de alta protección e 21.920 botellas de solucións desinfectantes, segundo salientou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, após a reunión do seu Executivo, que a pasada semana aprobou unha liña de axudas con 10 millóns de euros para apoiar ás industrias que opten por producir estas equipacións. \"O sector téxtil e da confección empezou a fabricar 12.000 batas médicas e hai seis empresas neste momento ao dispor desa fabricación\", manifestou Feixoo, que informou de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pediu á industria a fabricación de mandilóns sanitarios impermeábeis e de que tamén hai ofertas para a produción doutros materiais como pantallas protectoras. Na súa comparecencia, ademais, Feixoo deu conta da posta en marca dun comité de fabricación de equipamento sanitario, que coordinará a realización destes materiais. \"Ten como obxectivo identificar os estándares de calidade e seguridade mínimos\", explicou o titular da Xunta, que detallou que este órgano estará integrado por persoas das consellarías de Economía, Sanidade e Política Social, entre outras. Máis equipos de protección individual Como xa avanzara esta quinta feira na súa intervención na Deputación Permanente do Parlamento, Feixoo trasladou que o Consello autorizou un expediente por 6,7 millóns de euros para pagar o material sanitario xa comprado e \"habilitar crédito\" para o que se \"segue comprando\". Por outra banda, Feixoo dixo que \"quere entender as dificultades\" do Goberno do Estado na compra de material sanitario, despois de coñecerse a adquisición de miles de test rápidos para a detección do coronavirus que eran defectuosos. \"Hai que seguir intentando con toda intensidade comprar test e tamén digo que o mercado está complicadísimo, nada se pode dar por feito até que teñamos os test nos respectivos hospitais\", asegurou. Preguntado sobre se Galiza chegou a recibir parte da remesa de test defectuosos, Feixoo respondeu que \"non lle consta\". De momento, segundo explicou, os hospitais galegos operan cunhas probas \"máis rápidas\" que os PCR tradicionais e que reciben \"non a través do Ministerio, senón a través de laboratorios\" cos que a Xunta ten unha relación contractual \"desde sempre\". Ordenadores para alumnado \"con menos recursos\" O Consello da Xunta tamén trasladou esta sexta feira a compra de 1.000 ordenadores que destinará a aqueles alumnos de familias \"con menos recursos\" para que poidan seguir as clases de virtuais mentres dure a crise do coronavirus. Por iso, avanzou, estes equipos contarán con conexión a internet gratuíta. O presidente galego abundou que tamén se habilitará para os docentes unha plataforma de videoconferencias coas que poderán interactuar cos estudantes e \"impartir as clases en tempo real\" e que os contidos da ferramenta EDixgal estarán \"abertos para toda a comunidade educativa\", é dicir, para uns 95.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de Secundaria. Antes, explicou Feixoo, só estaban dispoñíbeis para o alumnado con \"computadores financiados con fondos públicos\". Suspensión dos contratos pendentes Así mesmo, a Xunta da Galiza acordou suspender os contratos de servizos e subministración que non se poidan levar a cabo polas restricións derivadas da crise do coronavirus, mais avanzou que esta decisión non implicará a súa cancelación. Segundo afondou o presidente galego, desta suspensión quedarán excluídas as contratacións que non estean afectadas pola situación e aquelas que son \"indispensábeis\" para o \"interese xeral\" e o funcionamento dos servizos, nas que a Xunta exixirá \"celeridade\". Ademais, Feixoo referiuse a que \"parar toda a construción\" do Estado con \"carácter xeral\" sería unha \"decisión incorrecta\" e apostou por manter esta actividade coas medidas de seguridade e saúde adecuadas. \"Con carácter xeral, parar toda a construción no noso país entendo que é unha decisión incorrecta. Iso si, a que se manteña ten que ser de acordo cos criterios de seguridade e saúde laboral da empresa, dentro do contexto do criterio de seguridade e saúde laboral que marcou o Goberno\", argumentou."}
{"ID": "NOS_10745", "summary": "O Auditorio da Facultade de Filoloxía da USC acollerá a homenaxe 'Zeca. Maior que o pensamento' o vindeiro 10 de maio. Nela actuarán Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Nacho Faia Lar e Xico de Carinho.", "text": "Cincuenta anos despois, os acordes da canción Grândola, Vila Morena, emblema da revolución que puxo fin á ditadura portuguesa, volverán soar na USC grazas ao acto conmemorativo que, co título de 'Zeca. Maior que o pensamento', acollerá o vindeiro 10 de maio o Auditorio da Facultade de Filoloxía a partir das 19 horas. Na presentación da homenaxe, o reitor da USC, Antonio López, afirmou que Grândola, Vila Morena foi \"o elemento detonante da revolución en Portugal\" e \"rememorar\" ese fito histórico, así como o concerto realizado en Compostela dous anos antes, vai \"pór en valor o peso do movemento estudantil en Compostela\". Que une o Zeca Afonso coa Galiza? Nesta mesma liña, o decano de Filoloxía, Elias J. Feijó, definiu o acto como un exercicio de \"gratitude da Universidade ás persoas que dedicaron o seu tempo e entusiasmo para combater o franquismo, tamén de maneira cultural, artística e lúdica\". Pola súa parte, a cantante Uxía Senlle, que actuará nesta homenaxe, definiu o propio evento como todo \"un acto de amor á obra e á figura do Zeca\". Coloquio e concerto A homenaxe principiará cun coloquio no que participarán Zélia Afonso, viúva de Zeca Afonso; Maite Angulo, viúva do cantante Benedicto García que convenceu a Zeca Afonso para dar en Compostela o concerto de 1972; Francisco Fanhais, presidente da Associação José Afonso; e o ex presidente da Xunta da Galiza, Emilio Pérez Touriño, que presentou o mítico recital. Suso Iglesias conducirá o coloquio e intervirán as estudantes da USC Claudia Pernas e Iria Nande. Memória do Zeca O ramo da xornada será o concerto coa propia Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Nacho Faia Lar e Xico de Carinho. O acto estará conducido polo actor Carlos Blanco."}
{"ID": "NOS_13235", "summary": "As enquisas a pé de urna vaticinan un menor apoio do agardado para o Fine Gael, o partido do primeiro ministro irlandés, que se mantén na primeira posición, seguido do Fianna Fáil, hexemónico durante décadas, mentres que o Sinn Féin se colocaría na terceira posición ao ascender case un 7%. O Partido Laborista sufriría a peor caída.", "text": "Dado o complexo sistema electoral irlandés, os resultados electorais da cita coas urnas faise esperar. Polo de agora só se coñecen os resultados das enquisas a pé de urna. O da cadea pública RTE sitúa en primeiro lugar o Fine Gael, formación conservadora na que milita o primeiro ministro, Enda Kenny, que caería un 5% e obtería o 24,8% dos votos, lonxe do 36,1% dos apoios que conseguiu en 2011. O Partido Laborista, socio dos conservadores no Goberno de Dublín na pasada lexislatura, sufriría a maior das caídas, xa que ficaría só co 7,1% dos votos, cando nas anteriores eleccións obtivera o 19,5% dos apoios. Segundo a enquisa, os dous partidos non conseguirían facerse coa maioría absoluta na Cámara Baixa, que está composta por 158, de maneira que todo apunta a un escenario complexo. De feito, de non haber un gran pacto, non se descarta a convocatoria de novas eleccións en seis meses. O Fianna Fáil sería o segundo partido máis votado segundo a enquisa, ao conseguir o 21,1% dos votos. Esta formación, que gobernou o país durante décadas, chegou a perder 57 escanos nos anteriores comicios, cando ficou con tan só 20 e co 17,4% das papeletas. Todo apunta a que o nacionalista Sinn Féin sería a terceira forza en apoios, ao lograr o 16% dos votos, case un 7% máis que nas anteriores eleccións, cando pasara de ter 10 deputados a 14. Desta maneira, superaría en apoios ao socio de goberno do Fine Gael. O resultado definitivo podería atrasarse até o domingo ou mesmo até a segunda feira."}
{"ID": "NOS_48478", "summary": "\"Priorízase o aforrar diñeiro á conta da saúde e seguridade de cidadáns e pacientes\", indica Satse.", "text": "O Sindicato de Enfermaría ( Satse) critica que, un ano máis, os recortes de verán nos hospitais e centros de saúde de supoñerán menos camas, concretamente unhas 400 na Galiza e 7.000 no Estado, xa que \"se priorizou o aforrar diñeiro á conta da saúde e seguridade de cidadáns e pacientes\", a pesar de que \"a Covid-19 segue entre nós\". O sindicato lembra que reclamou durante a crise da Covid-19 que, dadas as especiais circunstancias deste ano, os servizos de saúde implementasen un \"Plan de Choque\" para mellorar a asistencia a pacientes con coronavirus e ao resto de persoas con calquera outro problema de saúde e reducir as listas de espera, e lamentablemente constatou que recorreron, como todos os anos, a pechar camas para non ter que contratar a máis persoal sanitario. Desta forma, engade, cometen \"os mesmos erros de sempre\" e acredítase que a administración sanitaria pública pouco aprendeu da grave crise sanitaria sufrida polo coronavirus. Así mesmo, critica que os distintos servizos de saúde autonómicos volven paralizar ata despois do verán as consultas externas, as probas diagnósticas e as intervencións cirúrxicas non urxentes. Tamén subliña que os \"recortes\" de verán afectan os centros de saúde, xa que unha alta porcentaxe deles pechan as súas portas polas tardes. \"Os distintos responsábeis sanitarios volveron a primar os intereses económicos en lugar de mellorar a atención sanitaria, e por moito que dixeron o contrario durante os meses da pandemia, non aprenderon dos seus erros pasados e volven botar o 'peche por vacacións' de camas, quirófanos e consultas externas, ademais de centros de saúde\", apunta."}
{"ID": "NOS_7844", "summary": "Unha iniciativa procura a recollida de sinaturas contra o enxuizamento do mozo carballiñés por participar nas Marchas da Dignidade de 2014. Martiño Noriega, Ana Pontón, Fernández Lores, Luis Villares ou Xulio Ferreiro, entre os asinantes", "text": "Na vindeira segunda-feira 19 de marzo, os Xulgados nº 7 de Madrid acollerán o xuízo contra Emilio Cao. O ministerio público pide unha pena de cinco anos e oito meses de cárcere, amais dunha multa de 6.000 euros, pola súa participación nas Marchas da Dignidade. Con este motivo, diferentes representantes políticos e da sociedade civil defenden un manifesto para a absolución deste mozo de vinte anos. O escritor Suso de Toro e a profesora e académica da RAG Marilar Aleixandre presentaron a iniciativa esta cuarta-feira na Libraría Couceiro, en Santiago de Compostela. \"Queremos situar o caso de Emilio Cao dentro da deriva autoritaria do Estado, como demostrou o Tribunal de Estrasburgo emendando a plana ao Goberno español\", declarou Aleixandre. Pola súa parte, Suso de Toro remarcou o carácter represivo do Estado español, e quixo lembrar que \"Mariano Rajoy fixo campaña en contra da Constitución. É normal que pretenda recortar as liberdades recollidas alí\", engadiu Suso de Toro. Por último, Emilio Cao quixo recoñecer que estas dinámicas punitivas non debería ser personificada na súa persoa, senón que se trata dalgo que lle está a acontecer \"a moitas persoas que desafían o status quo\". Asinar o manifesto Toda persoa que queira ler e apoiar o manifesto pode facelo a través do sitio web www.absolucionemiliocao.gal. A páxina xa recolle as sinaturas de varios alcaldes de diferentes sensibilidades políticas, entre os que se atopan catro rexidores das cidades galegas: Miguel Anxo Fernández Lores (Pontevedra), Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago de Compostela) e Jorge Suárez (Ferrol). Os portavoces do BNG e En Marea no Parlamento, Ana Pontón e Luis Villares, tamén quixeron sumarse á iniciativa xunto a outras deputadas nacionalistas, tanto do hemiciclo galego como do Congreso ou do Senado. Fóra do ámbito institucional, houbo diversos persoeirosque se sumaron á sinatura como Carlos Ares, Mónica García, Miguel de Lira e Antonio Durán Morrís; os escritores e pensadores como Rebeca Baceiredo, Xosé Manuel Beiras, María do Cebreiro, X.L. Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Iolanda Zúñiga; e profesoras das universidades galegas como Comba Campoi, Juán Cuevas Álvarez, Antía Pérez Caramés e Teresa Moure, entre outras e outros moitos. De cara ao xuízo do próximo día 19, a plataforma de familiares e amigos de Emilio Cao convoca unha concentración fronte ás dependencias xudiciais madrileñas para apoiar a súa libre absolución deste mozo do Carballiño."}
{"ID": "NOS_39309", "summary": "Un relatorio presentado por un comité de expertos do Consello de Europa asegura que non se están a levar a cabo políticas de defensa da lingua propia. A Mesa pola Normalización Lingüística solicita a Feijóo que mude a súa postura de agresión ao idioma", "text": "O Comité de Expertos do Consello de Europa asegura, despois de recibir todo tipo de informes como o que lle proporcionou o Consello da Cultura Galega, que a Xunta de Galiza non protexe nin promociona abondo o idioma propio do país. Nun estudo publicado agora tamén dá a coñecer como estan outras linguas minorizadas do Estado como o euscara e o catalán. Neses outros casos \"aplauden\" o traballo realizado por eses gobernos. Segundo datos aportados pola MNL \"nestes momentos, nas estimacións máis optimistas, só o 20% do ensino non universitario se desenvolve en galego Entre as críticas máis contundentes de Bruxelas esta a da \"redución gradual\" do ensino en galego e o denominado \"decreto do plurilingüísmo\" que introduciu Feijóo despois da súa chegada ao goberno. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, valorou este informe como moi negativo para a actuación do goberno do Partido Popular e lamentou que \"non se coñecese antes das eleccións autonómicas\", pois \"demostra de forma palpábel que existe unha distancia enorme entre a propaganda do equilibrio lingüístico que vende Feijóo de forma falaz e a dura precariedade en que se encontran os dereitos das e dos falantes de galego\". Segundo datos aportados pola MNL \"nestes momentos, nas estimacións máis optimistas, só o 20% do ensino non universitario se desenvolve en galego e que só o 3% dos centros de infantil das cidades declaran impartir as aulas na lingua do país\". Outro das eivas que se fai público no relatorio do Comité de Expertos é a vulneración de dereitos lingüísticos no sector da Xustiza. A razón é a implantación por parte do goberno de Feijóo dun novo programa informático que impide usar o galego con normalidade nas xestións administrativas máis habituais. Entre as recomendacións do documento publicado por Bruxelas esta a de animar \"as autoridades a promover, mediante un acordo con autoridades portuguesas, a recepción de canles de televisión portuguesas en Galiza\"."}
{"ID": "PRAZA_11874", "summary": "O voceiro de Lokarri recolleu en Compostela o Premio Portapaz que entrega o Seminario Galego de Educación para a Paz. Vídeo no interior.", "text": "O 20 de outubro de 2011 ETA anunciou o \"cese definitivo da súa actividade armada\", tres días despois da Conferencia Internacional de Paz de Donostia, organizada por Lokarri e Brian Currin. En maio Bildu convertérase na forza máis votada nas eleccións municipais en Euskadi e en novembro Amaiur obtivo sete escanos nas eleccións xerais, o mellor resultado da esquerda abertzale na historia. Lokarri viñera realizando un labor silencioso de xerar consensos para o espazo central da sociedade vasca, nin violenta nin inmobilista e de apostar pola solución dialogada dos conflitos e a reconciliación. Esa actividade levou á Conferencia de Paz que levou ao abandono da violencia de ETA. En recoñecemento ao seu traballo, o Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), presidido por Manuel Dios, concedeulle a Paul Rios o Premio Portapaz, Rios recolleu este luns en Compostela. Catro meses despois da declaración de ETA, a situación social en Euskadi é un máis normal? Sempre dixemos que para que o proceso de paz tivese éxito facían falla dúas primeiras condicións: a fin da violencia de ETA e a legalización das forzas políticas da esquerda abertzale. ETA cesou a súa actividade e a esquerda abertzale ten representación política, aínda que aínda non a puidese conseguir a través dunha forza política propia. Obxectivamente a situación indica que estamos nun proceso irreversible. As persoas que estiveron ameazadas agora séntense menos ameazadas, non hai extorsión nin imposto revolucionario. Polo tanto estamos nunha etapa nova, cos seus problemas, pero radicalmente diferente. Iso percíbese na sociedade vasca? Cal é o sentimento que predomina: alivio, alegría, esperanza, escepticismo...? Pois seguramente unha mestura de todo iso. Hai unha parte da poboación que segue sentindo receos. Outra parte que até o de agora se sentía moi ameazada, que agora vive con moita máis tranquilidade, falas con concelleiros, empresarios, e ves que agora non senten esa presión. Hai unha parte que sente moita alegría, e outra que agora está algo preocupada, porque sente que estamos vivindo un certo impasse. Pero o que detectamos é que hai unha vontade xeralizada para aproveitar a situación, para que haxa un bo peche para o proceso, para construír un futuro en paz. Neste tempo tamén cambiou o goberno no Estado, como era previsible. Como valorades en Lokarri a actitude e as accións do goberno de Rajoy? Isto hai que valoralo dende os puntos de vista máis optimista e pesimista. Dende o pesimista, a verdade é que o Goberno non fixo até agora nada para que o proceso avanzase: non quere falar coa esquerda abertzale, nin dialogar con ETA para tratar o tema dos presos. Pero dende unha visión máis optimista, tampouco fixo nada para que o proceso de paz entrase en crise. Eu sempre defendín que á esquerda abertzale había que deixarlle tempo para que fixese a súa evolución e para que xerase un consenso interno. Por iso, sen gustarme a posición do Partido Popular, tamén entendo que acaban de chagar ao goberno e que hai que darlles tempo. Cales son as tarefas máis inmediatas? Desarme e presos? O tema dos presos é o máis simbólico, tanto para a vítimas do terrorismo como para as familias dos presos. Neste momento hai varios procesos en marcha, cada un cos seus suxeitos: hai un proceso de desarme e de certificación da fin da violencia, que o teñen que tratar Goberno e ETA; hai un proceso político, que nalgún momento haberá que tratar politicamente; e hai un terceiro proceso, que é de reconciliación social, de recoñecemento das vítimas, de autocrítica co que se fixo mal no pasado, e de humanización e de eliminación de espazos de sufrimento. Hai que xestionar os tres procesos. Se o Goberno central non dá pasos neste senso, partidos, institucións e sociedade vasca deben chegar a un consenso para chegar a unha folla de ruta para consolidar a paz e despois presentarlla ao Goberno central, para desbloquear o proceso. Que papel debe xogar o Goberno vasco? Estase implicando menos do que debería? A nivel de discurso eu valoro positivamente que o Lehendakari diga que hai que cambiar a política penitenciaria. Como máximo representante da sociedade vasca, ten que exercer o liderado, convocar ao resto de partidos e definir esa folla de ruta. Iso é o que boto en falta. Nalgún momento temos que sentar e falar entre todos. Contemplades unha volta atrás en ETA? Hai tres barreiras de seguridade: unha é a vontade unánime da sociedade vasca, outra que a propia esquerda abertzale non vai aceptar unha volta á violencia e a terceira que tampouco o farán a comunidade internacional nin os mediadores. Pode haber violencia no futuro? Pero en calquera caso non será o mesmo problema: terá un apoio social moi débil, terá o rexeitamento de todos. ETA non ten espazo para a volta á violencia. O gran cambio foi a presión que os sectores que na esquerda abertzale apostaban pola paz fixeron sobre ETA, non si? Iso mantense e aumenta? Si, todo isto consolídase aínda máis despois das eleccións: a esquerda abertzale ve que ten moito máis apoio cidadán sen violencia e ve que ten posibilidade de gobernar, de levar adiante o seu proxecto político. Para que volver a algo que só xera sufrimento, ilegalización e á imposibilidade de desenvolver os teus obxectivos políticos? Este é a final, igual é un final imperfecto, pero é o final. O que pasa é que nesta sociedade, con tanta violencia e tantos anos de sufrimento, se cadra fai falla un plus; noutros sitios estes conflitos abonda con que se diriman nas institución, pero aquí fai falla algo máis. Cal é o papel das vítimas? Que dereitos teñen neste proceso? Teñen dereito ao recoñecemento, ao amparo e á reparación da dor que padeceron, aínda que a reparación nunca vai ser suficiente. Pero máis aló diso, hai que entender que nunha sociedade democrática quen ten a capacidade de tomar decisión de son as institucións, os partidos e a cidadanía. Iso non pode ser substituído pola opinión dunhas vítimas ou outras. Eu comprendo que as vítimas estes días están vivindo unha certa zozobra; o outro día unha vítima de ETA dicíame que por que non sucedera isto hai dez anos, porque deste xeito non tería matado o seu home. Non se pode esixir o esquecemento, nin que algo non manque, pero si hai que atopar espazos para a xestión da dor, non si? O mellor para axudar a unha vítima a xestionar a súa dor é poñer as condicións para que ninguén máis volva pasar polo mesmo. Outra vítima sempre me dicía que con cada asasinato tiña que revivir o do seu familiar, e iso sucedía 25 veces ao ano. Hai que atopar cauces para que as vítimas reconstrúan a súa vida; hai vítimas que atoparán ese camiño e outras non o conseguirán, pero iso é tan persoal que non creo que ninguén teña dereito a meterse aí. Un día preguntárolle a Alex Reid, que exerceu de mediador, que quen lle daba a lexitimidade para buscar unha mediación, e el respondeu que as vítimas do futuro, que non haxa máis vítimas. Cal é o papel do grupo de observadores internacionais? Como valoras a actitude do Goberno español cara a ese labor de mediación? Polo de agora veñen cumprindo unha función moi positiva de xerar confianza nas partes. Eles non veñen para dicir o que hai que facer, senón que veñen para amosar a súa experiencia. Teñen que ser os partidos e a sociedade os que acepten ou rexeiten o seu traballo. E é unha mágoa que o goberno siga sen recoñecer o seu labor. Como recibistes a noticia de que o SGEP vos concedía este premio? Non estamos habituados a estes recoñecementos, e polo tanto fíxonos moita ilusión, tamén por ser o Seminario quen nos outorgaba o premio. Agora o noso labor é máis coñecido e máis aceptado, pero durante moito tempo tan só nos apoiaron de forma continuada o SGEP e outras entidades semellantes en todo o Estado, cando defender a paz en Euskadi era motivo para que che tachasen dos peores pecados. Pero din que os vascos somos un pouco cabezóns, o que ten unha parte mala, pero tamén boa, de que non nos rendemos."}
{"ID": "NOS_53161", "summary": "Nova derrota do Deportivo. 13 en 24 partidos. Por vez primeira en dúas décadas, Riazor pediu a berros a demisión de Lendoiro. Panos brancos toldaron as bancadas ao asubiar o árbitro o final do choque. Concluído o encontro, a resaca foi das que fan época. Houbo incidentes nas cercanías do estadio. DxtCampeón informou de que se rexistraron mesmo cargas policiais.", "text": "A situación, en termos futbolísticos, é cuase irreversíbel. En termos financeiros, após suspender pagamentos, o Deportivo podería mesmo verse abocado á súa liquidación societaria e, consecuentemente, á súa desaparición como clube. Escribíra o clásico que se consumou a traxedia en Riazor. Realmente, esta equipa é ben pior do que a que ascendeu a pasada temporada. Ninguén preenche o oco deixado por Guardado. Nelson Oliveira non é hoxe por hoxe mellor futbolista que Lassad. Marchena é unha sombra do que foi, a anos luz de Colotto. O problema non era Oltra. O problema é que a equipa non ten fútbol para estar en Primeira División. O único que ten son os lampeos dun futbolista crepuscular, Valerón, ao que o físico e a idade apenas conceden 30 minutos sobre o relvado en mínimas condicións competitivas. Do resto só se salva o pundonor de Bergantiños e a clase -demasiado intermitente- de Pizzi. Moi pouca bagaxe para unha viaxe tan exixente como a da liga española. Este 0-2 deixa ao Deportivo con 16 puntos sobre 72 posíbeis. Fican 14 encontros por diante. 42 pontos en xogo. O Deportivo debería obter como mínimo 26. Ninguén no seu san xuízo na Coruña acredita que esa proeza estexa hoxe ao alcance da equipa de Paciência, que, por certo, suma a cuarta derrota consecutiva. Alén do máis, Riazor ditou sentenza. \"Lendoiro, demisión\", berrouse nas bancadas. O descenso á Segunda División non é a día de hoxe o pior que lle podería acontecer nos vindeiros meses a un clube xa centenario. No horizonte está a liquidación societaria (o administrador concursal pode decretar que o Depor non está en condicións de afrontar o pagamento da súa monstrosa débeda, aínda que fose reducida cunha xenerosa quita) e, por tanto, a súa desaparición."}
{"ID": "NOS_30302", "summary": "O Congreso constituínte desta organización, nada das cinzas de Adiante, decorreu no barrio vigués de Teis sob o lema 'Da loita da mocidade ás filas da Revolución'. Reclámanse nas loitas polo socialismo, a liberación nacional e contra o Patriarcado.", "text": "Adiante, a organización xuvenil vinculada á FPG ergueu no outono o puño pechado en sinal de despedida, poñendo fin a unha década de existencia. Unha decisión esta que permitiu o impulso do denominado Proceso MIR, proceso co cal \"impulsar asembleas\" polas comarcas de Galiza e \"fortalecer as posicións independentistas e comunistas organizadas\". Ese proceso ven de callar neste mes de decembro co nacemento de Xeira, que se define como a organización da mocidade comunista galega. O barrio vigués de Teis (\"lugar que ten un especial significado para o comunismo independentista por ser onde residiu o noso histórico camarada Moncho Reboiras, e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo\") foi o escenario. O lema baixo o que decorreu o Congreso constituínte: 'Das loitas da mocidade ás filas da Revolución'. UPG, PGP, PCLN Nese Congreso, Xeira reclamouse herdeira de \"todas as loitas que supuxeron avances para o xénero humano, especialmente a loita polo socialismo e en contra da colonización dos pobos\". Un combate o que engaden \"a loita contra o Patriarcado\" e pola igualdade real. Reclámanse mozos \"dispostos a asumir que aínda viven en nós o legado da URSS, Cuba, Vietnam\". Reclámanse herdeiros da UPG dos anos 60 \"que misturou maxistralmente o marxismo e a liberación nacional\", e din que no seu ADN están gravados o Partido Galego do Proletariado e o Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). Na intervención no Congreso cualifican á FPG de \"o noso partido irmán\". Asaltar os ceos \"Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo\"."}
{"ID": "NOS_5358", "summary": "O Proxecto Cárcere, unha plataforma cidadá nacida hai sete anos para recuperar o edificio da vella prisión provincial da Coruña, será o encargado de xestionar o cárcere durante un ano mediante un convenio co Concello da Coruña, despois de resolta a convocatoria pública segundo anunciou esta tarde en Radio Coruña o concelleiro de Rexeneración Urbana, que non especificou cantas propostas concorreron.", "text": "O vello cárcere da Coruña estará aberto e acondicionado nunha parte para usos públicos \"antes de que acabe o ano\", e o Proxecto Cárcere, plataforma cidadá que agrupa a distintos colectivos que levan anos denunciando o abandono do edificio e elaborando propostas para a súa recuperación, será quen xestione o espazo e se encargue \"de xerar vida cultural, social e sociocomunitaria\" unha vez resolta a convocatoria do Concello, segundo avanzou Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana, que estivo vinculado á plataforma até 2011. Despois do anuncio, os representantes do Proxecto Cárcere que mantiveron o contacto co Concello desde que hai tres meses se lanzara a convocatoria decidiron non facer manifestacións. \"Non temos comunicación oficial\", indicou unha fonte, \"pero estamos desexando que se poida estar alí libremente\". As bases da convocatoria establecen unha cesión gratuíta durante un ano da xestión dos usos do cárcere -que o Concello, pola súa banda, recibiu mediante unha cesión provisional de dous anos da SEPI (Sociedade de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios)-. Haberá unha \"comisión mixta\", do Concello e do Proxecto Cárcere, para facer o seguimento dos acordos, que inclúen un modelo de gobernanza que \"garanta a máxima participación e pluralidade\" e unha reserva dun mínimo \"dun 40% dos contidos da programación\" para actividades relacionadas coa memoria histórica e outras \"que non teñan lugar noutros espazos da cidade con carácter regular\". Xiao Varela sinalou que o Concello xa tramitou todos os permisos e que a semana próxima podería estar resolta á adxudicación das obras, que empezarían a finais de setembro. A rehabilitación da parte do edificio que se abrirá debería empezar a finais de mes. Varela explicou que o cárcere abrirase en \"condicións precarias, pero seguras\". \"Despois da paréntese do goberno Negreira, é alentador comprobar como as políticas de memoria histórica se reactivaron de novo na Coruña e contan cun amplo respaldo político e social\", opinou Fernando Souto, presidente da CRMH da Coruña, unha das entidades que fan parte do Proxecto Cárcere. \"Felicitamos ás persoas que lideran este proxecto, que con paciencia e constancia conseguiron que se abra o cárcere á cidadanía, e seguiremos botando unha man no que poidamos para que o espazo teña unha fonda pegada de recuperación da memoria das vítimas da guerra e da ditadura\". O cárcere da Coruña, inaugurado en 1927, foi presidio até 1999. Despois albergou un centro de inserción e no ano 2009 pechou definitivamente. Para frear o deterioro e conseguir un espazo de uso público no barrio de Monte Alto, a carón do paseo marítimo, o Proxecto Cárcere púxose en marcha en 2010, lanzou un plan de viabilidade no 2011 e un manifesto de alerta polo ruína do edificio no 2013. \"Cada vez que se abriu este espazo suscitou moito interese, téndose rexistrado achegas a el con respecto e con propostas\", lese na documentación presentada agora á convocatoria municipal. Así sucedeu, por exemplo, nunhas xornadas en xuño de 2011, en medio do traspaso de poderes no goberno da cidade. \"Aquilo serviu para que a xente acudira, moita por recordos, e por outras necesidades, e houbo oitenta propostas, daquela había menos partes pechadas… A xente é a que deu a forza, aquilo estivo petado os tres días\", apuntaba Tono Galán, un dos impulsores do Proxecto Cárcere hai unhas semanas a Sermos Galiza. Agora, o Proxecto Cárcere, con xente e colectivos que se foron incorporando polo camiño, terá a ocasión de abrir o espazo e organizar a actividade nel, cando menos 104 días no primeiro ano e catro horas ao día, o mínimo contemplado nas bases iniciais da convocatoria. A cuestión burocrática parece resolta, quedan por precisar os usos. \"Trátase de crear unha asemblea que organice, decida e coordine. Decidirán aqueles que participen do espazo, dalgunha forma iso fai que te responsabilices e compartas esa responsabilidade. O exemplo é o das mancomunidades de montes. A longo prazo, gustaríanos chegar aí, cunha forma xurídica recoñecida. Nin público nin privado, senón mancomunado\", resumía aquí Laura Sánchez a finais de xuño. Fotografías dun dos patios interiores do cárcere e do concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela."}
{"ID": "PRAZA_10407", "summary": "O Ministerio asegura que o preacordo implica manter o emprego e a actividade industrial. O documento será presentado ao persoal o xoves", "text": "Xusto antes do inicio da xuntanza entre o Ministerio de Industria e os gobernos galego e asturiano para abordar as ofertas de compra das factorías de Alcoa na Coruña e Avilés o departamento estatal informou dos grandes trazos da operación. O Ministerio que dirixe Reyes Maroto confirma a existencia dun \"preacordo\" de ambas factorías ao fondo suízo Parter Capital e aseguran ademais que ese pacto traería consigo o mantemento do emprego.\"Cúmprese así o compromiso\" de \"atopar unha solución integral e viable para o mantemento do 100% dos postos de traballo e das capacidades produtivas das dúas plantas\", sinala Industria, que destaca ademais o \"cumprimento do calendario acordado polos integrantes da Mesa de Seguimento\" na que senta os gobernos, a empresa e a representación dos traballadores. Agora, agrega, falta a \"correspondente aprobación interna de ambas partes\" e a \"ratificación\" dos representantes do persoal.O Ministerio asegura que o preacordo implica manter o emprego e a actividade industrial. O documento será presentado ao persoal o xovesTras a información á Xunta e ao Goberno do Principado de Asturias chegará a Mesa de Seguimentoo, o xoves, onde o persoal coñecerá os detalles do acordo. Neste sentido o delegado do Goberno de España en Galicia, Javier Losada, segura que el mesmo se \"ofreceu\" este martes a \"manter unha xuntanza cos representantes do plantel\" que se pecharon na sede do organismo na Coruña para tentar \"desbloquear a situación, proposta que declinaron\".Así e todo, agrega a Delegación, Losada transmitiulles a convocatoria da mesa de seguimento do xoves, onde se \"presentarán os detalles do preacordo\". Fronte ás protestas do persoal, o Goberno de España defende que \"mantivo en todo momento diálogo constante\" co persoal\" e \"agradece os esforzos realizados paro mantemento de todos os postos de traballo ao que se compromete o investidor\"."}
{"ID": "NOS_39203", "summary": "Luís Bará narra a historia desta galega represaliada xunto a súa familia que foi acollida no país veciño.", "text": "Isabel Gómez é un de tantos nomes da represión fascista na Galiza. O seu home, o médico redondelán Telmo Bernárdez foi fusilado o 12 de novembro de 1936 na Caeira (Pontevedra). Os seus fillos maiores, Telmo e Suso, foron apresados e encarcerados pasando polas prisións de Pontevedra, Ponte Caldelas, San Simón, Figueirido e San Cristóbal (Pamplona), o primeiro, e Redondela e San Simón, o segundo. Após saíren da prisión en 1947 e 1936, respectivamente, Telmo fuxiu exiliado para Portugal e de alí para México. Pola súa banda, Suso permanecería no país veciño sendo acollido na casa refuxio de Silo Cal Muíños, natural de Redondela, e a súa compañeira, Amélia Cal Brandao, no Porto. Esa mesma casa e familia, a de Silo e Amélia, dera acubillo a outra das fillas de Telmo e Isabel, Bela Bernárdez, en 1937, unha mestra depurada, ameazada e perseguida polo fascismo. No Porto, Silo e Amélia, tamén deran asilo á nai, Isabel Gómez, e aos seus dous fillos máis pequenos. No seu exilio, para alén de Porto, peramenceron en Paris, Nova Iorq e, finalmente, México. A historia desta familia foi recuperada, narrada e tirada do esquecemento polo activista e concelleiro do goberno local de Pontevedra Luís Bará através do seu blogue Non des a esquecemento. A súa investigación levou Bará a contactar cos descendentes da familia Bernárdez Gómez en México na procura de imaxes de Isabel da que non constaba fotografía algunha nen o seu nome aparecía rexistrado nas extensas listaxes de represaliad@s, \"ao igual que tantos homes e mulleres anónimos\", sinala Luís Bará. Após estabelecer contacto en México, foi desde Porto que chegaron as imaxes de Isabel Gómez, através de Luísa Tiago de Oliveira, estudosa da solidariedade de Portugal, especialmente no Porto, ás persoas exiliadas. \"Non hai memoria sen nomes, sen vidas, sen imaxes... As fotografías son como unha especie de retorno á casa, á Terra\", conclúe Bará quen agarda recibir máis dados para continuar a escribir a historia d@s Bernárdez Gómez."}
{"ID": "NOS_25489", "summary": "A conta reivindicativa Twitter en galego, que xa suma máis dunha década de traxectoria, anima á cidadanía a comezar a usar a aplicación no idioma propio da Galiza.", "text": "Após moito traballo de reivindicación, a conta Twitter en galego vén de animar á cidadanía galega a chiar na lingua da terra. A Mesa pola Normalización Lingüística tamén apostou nese impulso unha vez que a aplicación para o ordenador xa pode ser configurada con normalidade en galego. Twitter en galego, que xa ten máis de 10 anos, explicou esta sexta feira como configurar cada conta para dispoñer da mesma con todas as referencias no idioma da Galiza. A intención da plataforma é seguir loitando pola presenza da lingua neste tipo de ferramentas sociais polo que anima á xente a traballar nese sentido e mesmo achegou unha rápida clase tecnolóxica a través dun chío. \"Entra no teu perfil de Twitter e preme nos tres puntiños de 'More' que se atopan no menú da esquerda da pantalla\", indica. Así, invita ás e aos galegofalantes a acceder ao menú despregábel para seleccionar \"Settings and privacy\". \"A continuación en 'Settings' selecciona 'Account Information' e introduce o teu contrasinal\", aclaran. Xa feito ese paso, a última etapa do camiño cara os chíos polo galego é escoller 'Languages' e no apartado 'Display language' escolle 'Galician (beta) - galego', que aínda está en probas. \"Debes saber que de momento só se pode configurar en galego a versión para computador. A meta desta iniciativa é que nun futuro, cando Twitter o permita, poder chiar tamén desde calquera móbil\", destaca, agardando un paso máis se a xente se mobiliza."}
{"ID": "NOS_30954", "summary": "O PP pide no Congreso investigar a xestión da crise, mais rexeita facer o mesmo na Galiza.", "text": "O portavoz do Partido Popular (PP) no Parlamento galego, Pedro Puy, rexeitou a creación dunha comisión de investigación sobre a xestión das residencias de maiores durante a pandemia, unha cuestión solicitada en reiteradas ocasións pola oposición e por asociacións de familiares e usuarias de centros xeriátricos. En cambio, Puy apelou ao \"consenso\" para debater \"reformas\" na comisión para a reactivación económica e social, cuxa creación anunciou o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, durante o debate de investidura na Cámara galega. Nunha rolda de prensa, após finalizar esta segunda feira, 14 de setembro, a primeira reunión da lexislatura do grupo parlamentar popular, preparatoria da xunta de portavoces convocada para hoxe, Puy incidiu en que no Hórreo hai comisións permanentes \"nas que se poden facer iniciativas no ámbito sanitario e de política social\". \"O traballo parlamentar vinculado á actualidade e ás necesidades do país ten moitos medios polos que discorrer\", engadiu. Así, fronte á comisión de investigación, avanzou que a postura do PP \"é tentar que o traballo desa comisión -a de reactivación económica e social- sexa positivo para saber que fallou e, sobre esa base, propor reformas para o futuro (...) Confiamos en poder chegar a un acordo respecto diso\", sentenciou Puy. Porén, e a pesar do rexeitamento do PP galego á comisión de investigación, o mesmo partido a nivel español si vén de propor unha comisión de investigación no Congreso dos Deputados sobre a xestión da pandemia que fixo o gabinete de Pedro Sánchez. Así o avanzou, ao mesmo tempo que falaba Puy, o presidente dos populares, Pablo Casado, nunha entrevista radiofónica. Tal comisión procuraría determinar \"responsabilidades políticas\" pola \"pésima xestión\" da crise \"que arroxou unhas cifras, non recoñecidas polo Goberno, de 50.000 vítimas e 500.000 contaxios\", asegurou Casado. Demandas ao Estado Puy aproveitou a súa comparecencia para reclamar ao Goberno español que \"retire as limitacións para a reposición de persoal no sistema sanitario público\", unha normativa estatal que regule as sancións polos incumprimentos nas medidas hixiénico-sanitarias impostas, e que a Lei Orgánica de Sanidade Pública \"permita que as comunidades autónomas poidan actuar con máis eficacia na adaptación de medidas que preveñan os contaxios\""}
{"ID": "NOS_27188", "summary": "Sanidade mantén aberta unha investigación sobre a intoxicación leve que afectou varios centros educativos por un menú de peixe servido no comedor escolar.", "text": "De momento son 41, pero poderían ser máis as crianzas afectadas esta segunda feira por intoxicación leve a causa do menú de peixe servido nos comedores escolares de varios centros das zonas de Pontevedra e Marín. Segundo a Federación de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra, todas as alumnas afectadas presentan síntomas similares ás reaccións alérxicas que se rexistraron a pasada semana en varias escolas infantís debido a un menú de palometa. En ambos os casos a cociña estaba xestionada por unha empresa, aínda que se trata tanto de firmas diferentes como de provedores de peixe distintos. Tratáronse de colexios de Infantil e Primaria e no momento no que os monitores se deron conta de que os alumnos mostraban os primeiros síntomas, como erupcións cutáneas ou malestar estomacal, decidiron retirar o prato por seguridade. Investigación de Sanidade Rogelio Carballo, presidente da Federación, apuntou en declaracións a Europa Press que, segundo os primeiros indicios, trátase dun \"caso parecido\" ao que se rexistrou en varias escolas infantís, ao tratarse dunha palometa con nivel de histaminas por encima do normal e que xerou estas reaccións alérxicas. A federación dirixiuse á Consellería de Sanidade para a realización da procedente inspección tanto das mostras gardadas nos comedores como da trazabilidad dos produtos empregados no menú. De momento, o proceso \"está a seguir o seu curso\", aínda que Sanidade conformoulles que nin a empresa nin o subministrador de peixe están relacionados cos casos abertos nas gardarías da Coruña, Hío, e Cangas."}
{"ID": "NOS_10533", "summary": "Eurodeputadas e eurodeputados que se amosan tanto a favor como en contra da independencia uníronse para denunciar perante a Comisión Europea \"a persecución de políticos elixidos democraticamente en toda a UE\" por parte do Estado español.", "text": "Nunha carta dirixida ao vicepresidente da Comisión Europea e responsábel de Dereitos Fundamentais, Frans Timmermans, eurodeputadas e eurodeputados do Partido Nacional Escocés (SNP) e do Partido Laboralista denuncian a \"persecución\" de políticas e políticos cataláns por parte do Estado español, un feito, advirten, \"preocupante\". Alyn Smith, Ian Hudghton, David Martin e Catherine Stihler alertan na misiva de que as medidas represivas adoptadas polo Estado español poñen en risco os valores fundamentais da UE, rexeitan o que consideran un posíbel abuso das euroordes e pídenlle a Timmermans que interveña. Aliás, instan a Comisión a unha \"necesidade real de mediación\" entre Catalunya e o Estado español. As e os eurodeputados, rivais na política escocesa e opostos en canto á independencia, ofrécense a explicar a experiencia co referendo escocés en Bruxelas. O caso de Clara Ponsatí –que ficou en liberdade baixo fianza a pasada sexta feira- uniu ambas as formacións. Por outra banda, o actual ministro de Asuntos Escoceses do goberno británico, Ian Duncan, foi eurodeputado escocés polo partido conservador e pronunciouse a favor do diálogo entre Catalunya e o Estado español en varias ocasións. Ademais, foi observador do referendo do 1-O. 55 parlamentares flamencos envíanlle unha carta a Rajoy Tamén 55 deputadas e deputados flamencos de cinco partidos diferentes do Parlamento flamenco, a Cámara Federal de Bélxica e a Eurocámara veñen de enviarlle unha carta ao Goberno de Mariano Rajoy na que esixen unha solución política para Catalunya, que respeite o resultado das eleccións do 21D, que desactive o artigo 155 e que retire os cargos contra todas as persoas que se dedican á política e ao activismo social. Na carta, expresan a súa \"gran preocupación\" pola crise política e condenan \"con firmeza\" a represión do Estado español e a persecución de políticos eleitos democraticamente. Solicitan que se deixe formar Goberno en Catalunya \"sen obstáculos\" e lémbranlle ao Estado español que, \"como membro da UE, ha de internalizar os valores e normas fundamentais, como o respeito dos dereitos humanos, a liberdade de expresión, a liberdade de asociación e o dereito de autodeterminación dos pobos\". Entre as persoas asinantes atópase o presidente del Parlamento Flamenco, Jan Peumans; o vicepresidente do senado belga, Karl Vanlouwe e os cinco eurodeputados flamencos do grupo Verde."}
{"ID": "NOS_58395", "summary": "O proceso de renovación do PP estase a converter nun calvario para Alberto Núñez Feixóo após ser apartado primeiramente da carreira sucesoria [renunciou a concorrer ao constatar que non tiña hipóteses de ser coroado líder por aclamación] e derrotado nas primarias ao alzarse coa vitoria estatal Soraya Sáenz de Santamaría e comprobar como Dolores de Cospedal era rexeitada por máis do 60% da militancia galega. Agora atópase co partido dividido na Galiza e con perto das 40% das compromisarias e compromisarios –entre eles líderes partidarios tan significativos como o lugués Xosé Manuel Barreiro ou o ourensán Manuel Baltar— apoiando Soraya.", "text": "A candidatura patrocinada por Núñez Feixóo recibiu o voto en contra de máis do 60% da militancia do PP na Galiza que participou no proceso de primarias. A aposta de Feixóo, María Dolores de Cospedal, a grande derrotada do proceso interno dos populares, resultou vencedora na Coruña, Lugo e Pontevedra, malia conseguir unha porcentaxe de apoio moi inferior ao agardado. En Ourense, co apoio do baltarismo, quen venceu foi a ex vicepresidenta do goberno. Así, na circunscrición coruñesa, os resultados de Ferrol e A Coruña evidencian a contestación interna á troika dirixente do PPdeG, conformada por Miguel Tellado, Xosé Manuel Rei e Diego Calvo, persoa que se tiña postulado nos últimos tempos como sucesor de Feixóo. Outro tanto aconteceu en territorio lugués, onde a vitoria de Casado na cidade de Lugo, na Mariña e na Terra Chá puxo ao descuberto as diverxencias da afiliación destas zonas co aparato provincial, encabezado por Helena Candia e desde a sombra por Xosé Manuel Balseiro, significándose a aposta do sector de Raquel Arias no vicesecretario de comunicación do PP. Unha foto semellante atopámola en Pontevedra, o territorio onde Cospedal recibe unha porcentaxe menor de votos, aspecto que as fontes consultadas do partido ligan ao malestar existente coa equipa de Alfonso Rueda. Ourense, por libre Ourense volta a ir por libre. O apoio de Xosé Manuel Baltar a Soraya Sáenz de Santamaría desembocou no triunfo da noutrora todopoderosa vicepresidenta do goberno nesta circunscrición, onde acadou 42,3% dos votos, sacándolle unha vantaxe de 6 puntos a Cospedal e de 23 a Casado. Só os resultados da cidade, onde os próximos ao aparato galego, encabezados polo alcalde Xesús Vázquez, foron quen de facer fronte ao barón provincial, evitaron unha derrota máis escandalosa de Cospedal. [A versión íntegra desta información tela ao teu dispor no Sermos304, disponíbel na rúa e tamén na nosa loxa]"}
{"ID": "PRAZA_15164", "summary": "O colectivo está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco, que impulsarán un programa de actividades de difusión da figura e da obra do dramaturgo.", "text": "Nace en Compostela a Asociación Roberto Vidal Bolaño, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición. O colectivo, que formaliza a súa inscrición como asociación cultural despois de postular con éxito o dramaturgo compostelán para a conmemoración do Día das Letras Galegas, está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco. Baixo a denominación de RVB 2013, a asociación proponse impulsar un programa de actividades nas que o teatro sexa protagonista fundamental, nas que se evidencie o valor literario da obra do dramaturgo e nas que se dean a coñecer os seus aspectos menos divulgados. Outro dos obxectivos que se propón esta asociación é realizar labores de orientación ou asesoría sobre a obra e a figura do escritor, fornecer de materiais para o ensino e canalizar as necesidades que poidan ter colectivos e particulares arredor de RVB, en especial no sector da educación. Tamén é intención da asociación realizar un labor de coordinación entre entidades organizadoras de actividades para evitar duplicidades nas celebracións. Para todo isto, a Asociación Roberto Vidal Bolaño traballa xa na confección da web www.robertovidalbolano.org, que se presentará xunto coa propia asociación no Culturgal o domingo 2 de decembro ás 18h. Mentres, a asociación anima ás persoas e colectivos que queiran achegarse á figura do dramaturgo a contactar con eles a través da dirección de correo-e: info@robertovidalbolano.org"}
{"ID": "PRAZA_17210", "summary": "O considerado 'número dous' da trama corrupta, que vén de sumar 37 anos ás súas condenas pola trama Gürtel, foi secretario de organización do PPdeG de 1995 a 1999 e membro do Consello de Portos de Galicia ata 2005 En Marea, PSdeG e BNG esixen explicacións a Feijóo, que \"apoia\" a Rajoy porque \"nunca serei un Xudas\"", "text": "No marco das celebracións do seu trixésimo quinto aniversario o Parlamento de Galicia editou o pasado ano un libro conmemorativo con breves biografías de todos os deputados e deputadas da historia da autonomía. Nese case medio milleiro de perfís inclúese o de Pablo Crespo Sabarís, secretario de organización do PP galego de 1995 a 1999 e membro do lexislativo durante apenas nove meses, dende que foi elixido nas eleccións de outubro de 1997 como número cinco na candidatura dos populares por Pontevedra ata que foi remudado, no verán de 1998, pola actual responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro. Crespo non pasará á historia polo seu practicamente inexistente labor parlamentario, senón por ser o primeiro membro do lexislativo galego que acabou encarcerado por delitos de corrupción.O nome de Crespo regresou neste maio de 2018 aos titulares por mor da sentenza da peza central do caso Gürtel, na que foi condenado a 37 anos de prisión que se engaden aos 13 do primeiro ditame xudicial firme ligado á rede corrupta. A Audiencia Nacional considerouno culpable dun amplo catálogo de delitos como suborno, prevaricación, falsidade ou malversación como un dos máximos responsables do grupo empresarial liderado por Francisco Correa, ao que chegou xusto despois de abandonar en 1999 o que, de facto, era o terceiro posto en importancia no organigrama do PPdeG.Pablo Crespo, que vén de sumar 37 anos ás súas condenas pola trama Gürtel, foi secretario de organización do PPdeG de 1995 a 1999 e membro do Consello de Portos de Galicia ata 2005O que fora director de sucursal de Caixa Galicia en Vilagarcía de Arousa e presidente do PP local na vila do Salnés non se desvinculou, así e todo, totalmente das institucións galegas cando deixou de ser secretario de organización dos populares galegos nun contexto de enfrontamentos internos e contas turbias. Como recolle a devandita biografía parlamentaria -paradoxalmente ilustrada cunha imaxe de Crespo no banco dos acusados nunha das sesións do xuízo da Gürtel, a levar na súa lapela unha insignia moi semellante ao escudo da Cámara-, o considerado número dous da trama continuou como membro do Consello de Administración de Portos de Galicia, ente dependente da Consellería de Política Territorial ao que chegara en 1996 da man de Xosé Cuíña.Crespo mantivo a súa condición de membro do Consello de Portos cando en xaneiro de 2003 Cuíña foi destituído como conselleiro e substituído por Alberto Núñez Feijóo, quen á súa vez encomendou a presidencia de Portos a quen despois foi alcalde da Coruña, Carlos Negreira. O 'xerente da Gürtel' non perdeu ese asento ata decembro de 2005, cando foi destituído polo Goberno de PSdeG e BNG xunto ao resto de representantes herdados do Executivo de Fraga. Tanto Feijóo como Negreira restáronlle importancia nos últimos anos a esa permanencia de Crespo en Portos, afirmando que non asistía ás xuntanzas do órgano reitor do ente público e mesmo asegurando que nin sequera o coñecían.Outros membros da Cámara condenadosBarreiro encadrara a súa condena nunha \"manobra\" para \"eliminalo\" da vida políticaCrespo, que coñeceu a súa nova condena no cárcere onde xa está a cumprir a anterior, é polo momento o primeiro e único membro da historia do lexislativo galego encarcerado por un caso de corrupción, pero non o único condenado. A principios da década dos 90 o Tribunal Supremo condenou por prevaricación a seis anos de inhabilitación o que fora vicepresidente con Alianza Popular e co tripartito, Xosé Luís Barreiro Rivas, revogando así a absolución que ditaminara a Audiencia da Coruña polo caso da concesión do que ía ser a lotaría galega. Barreiro Rivas, que xa non ocupaba cargos públicos cando a condena foi ratificada, encadrou a sentenza nunha \"manobra\" dos populares para \"eliminalo\" da vida política. O proceso xudicial partira dunha denuncia presentada por cargos do Goberno do ex-presidente Fernández Albor, entre eles Mariano Rajoy, no día antes da moción de censura que derrubaría o Goberno de Alianza Popular.Cobián deixou o escano tras ser imputado e a sentenza do caso Campeón condenouno por tráfico de influenciasMáis recentemente, en 2017, outro ex-membro do Parlamento galego foi tamén condenado nun proceso xudicial contra a corrupción. Trátase do antigo deputado Pablo Cobián, membro da Cámara dende 2009 e ata 2011, cando se viu obrigado a dimitir pola súa imputación na trama Campeón. Segundo a sentenza, Cobián realizou \"funcións de intermediación\" entre o Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da Xunta, e o considerado líder da trama, Jorge Dorribo, as cales resultaron \"determinantes\" para a \"obtención fraudulenta\" dun préstamo público. Tras un acordo coa Fiscalía o ex-parlamentario foi condenado por tráfico de influencias a 8 meses de prisión, dous anos de inhabilitación de 45.000 euros de multa."}
{"ID": "PRAZA_5208", "summary": "Desengánense, en España hai que seguir sendo antifranquistas. Isto é unha maldición que se prolonga por xeracións.", "text": "O que podía dicir de Adolfo Suárez xa o dixen, pero tentar dicir o que estamos a ver e vivindo, describir estas ruínas políticas, iso é unha tarefa tan desesperante como inacabable. Precisamente Adolfo Suárez era, xa desde hai anos, unha pantasma que roldaba e aparecíase nunha apartada torre polas noites para denunciar o seu asasinato. Quen liquidou este intruso que creu que tiña dereito polos votos a gobernar? Todos os que conspiraban, desde o Exército e o rei, até os partidos que aceptaron a Armada formar un Goberno de concentración nacional presidido por el. Naquel tempo podíanlle pór a pistola no peito a un presidente de Goberno, Suárez sabía que as pistolas xa estaban cargadas (Gutiérrez Mellado, tamén; case ninguén lembra aquela figura enxoita sempre á beira de Suárez). Aquel tempo criminal é a orixe desta democracia, unha democracia que naceu amedrentada e con pánico á liberdade O medo do que ninguén fala agora. Aquel tempo criminal é a orixe desta democracia, unha democracia que naceu amedrentada e con pánico á liberdade. O propio Suárez, tan sincero, espía en 1980 a realidade dunha sociedade refén do medo: \"E eu non opino, como moitos, que o pobo español estaba a pedir a berros liberdade. En absoluto, a ansia de liberdade sentíana só aquelas persoas para as que a súa ausencia era como a falta de aire para respirar. Pero o pobo español, en xeral, xa tiña unhas cotas de liberdade que consideraba máis ou menos aceptables... Puxéronse detrás de min e envorcáronse no referendo do 76, porque eu afastábaos do perigo dunha confrontación á morte de Franco. Non me apoiaban por ilusións e anceios de liberdades, senón por medo a esa confrontación; porque eu apartábaos dos cornos dese touro\". Esta democracia e a reiteradamente cualificada de \"modélica\" Transición son fillas do medo, o medo a un monstro chamado \"Exército\". E o medo, nin entón nin agora, pode parir a liberdade. Esta democracia e a reiteradamente cualificada de \"modélica\" Transición son fillas do medo, o medo a un monstro chamado \"Exército\" Enterran a Suárez, ademais do seu fillo toureiro, aqueles que foron donos destas décadas. A súa figura complexa, discutible, pero apaixonada, sincera e con algunhas conviccións de fondo retrata por contraste aos protagonistas da política española de agora. Observen quen preside o Goberno, observen ao Goberno, observen á oposición formal... Observen o tempo de Rajoy e Rubalcaba, pantasmas nun cemiterio político. Suárez non era un profesor constitucionalista, era un político. Acusóuselle e acusa a Suárez de ser demasiado versátil, oportunista, pouco fiable, pouco serio, arribista..., pero, partindo das súas orixes e do seu punto de vista, o que lle interesou foi conseguir un marco para a convivencia. Os científicos da cousa política acúsano tamén de indocumentado e falto de preparación ou cousas polo estilo, coma se a Constitución e todas as súas leis fosen unha obra de valor científico, cando foi unha consecuencia dese intento de dar con algo que fose aceptable para uns e aceptado por outros. Dependendo das circunstancias e da correlación de forzas, da demanda social, a Constitución sería doutra maneira. Non foi unha verdade revelada, non era a palabra divina, foi o apaño que lles pareceu posible aos seus redactores entón. A Constitución non foi unha verdade revelada, non era a palabra divina, foi o apaño que lles pareceu posible aos seus redactores Falando en prata: a Constitución e as súas leis foi o que permitiu o Exército. E sabiámolo todos, absolutamente todos. Aquilo, a Transición, non foi un exemplo de nada, foi pura supervivencia en circunstancias adversas, foi facer política institucional cando non había liberdade senón tolerancia. En realidade, redactar unha Constitución que se quere democrática baixo a ameaza do Exército é unha vergoña, pero quen defenda a democracia e tamén vivise aquilo quizá concorde en que probablemente non era posible outra cousa naquel momento. Ou quizá si, quizá conseguísemos máis, pero pagariamos un prezo maior en sangue. Esa é a realidade. Redactar unha Constitución que se quere democrática baixo a ameaza do Exército é unha vergoña Suárez, ese intruso arribista, incómodo para todos, ese mutante político, recoñeceu a Generalitat no seu exilio e legalizou o PCE e a todas as organizacións de ideoloxía comunista e anarquista. Moitas organizacións legalizadas daquela e que puideron participar na vida política, cos límites que se queira, hoxe serían acusadas de terrorismo ou de calquera outra infamia e probablemente ilegalizadas: esa foi a deriva que tomou aquela democracia que nacía baixo a sombra do medo e que continuaron até hoxe xeracións que seguen amedrentadas. Esa etapa democrática acabou aquí, cun Goberno presidido por quen entón facía campaña contra esa Constitución que agora esgrimen contra as aspiracións democráticas e facíao desde o franquismo. Esa etapa democrática acabou aquí, cun Goberno presidido por quen entón facía campaña contra esa Constitución Así acaba aquela etapa, os que piden política social, os que piden democracia e os que piden liberdade son ilegais ou ilegalizables. Todos terroristas, menos os donos da Constitución, do Tribunal Constitucional, do Goberno, da policía... Este baleiro político. Suárez utilizou a política para dialogar, pactar e integrar nun proxecto compartido; hoxe este Goberno fai política policial. A utilización da policía que fai Rajoy e os seus ministros é de libro, de libro franquista. En lugar de escoitar a quen reclaman o que cren que é xusto, criminalización e pau. Iso complétase cuns medios de comunicación que son a voz do Ministerio do Interior. Acabamos de ver a actuación da prensa madrileña coas marchas sobre Madrid, deron as cifras e a versión da policía. Grazas a que existe internet, se non habería que volver tirar panfletos e arriscarse, como entón, a ser xulgados por propaganda ilegal, organización ilegal e, se aplican o estado de excepción do que xa falan para Catalunya, por terrorismo. Desengánense, en España hai que seguir sendo antifranquistas. Isto é unha maldición que se prolonga por xeracións. Unha imaxe que é un reconto e un final. Seguramente ninguén previra a fotografía de catro presidentes do Goberno e o rei ante o féretro de Suárez, pero esa imaxe espida o baleiro político deste momento: é unha involuntaria coincidencia que narra as décadas pasadas e tamén é un intento de encher o baleiro político que creou esta etapa de Rajoy, a redución da política a gobernación policial. Unha volta ao medo, unha volta á orixe. Onde, se non, poderíannos conducir os franquistas. Falan de reformar a Constitución. Non, xa non abondará cunha chapuza para atopar unha saída a esta crise do sistema político."}
{"ID": "NOS_8833", "summary": "Venceu en categoría masculina e feminina.", "text": "Por terceiro ano consecutivo Cabo de Cruz gañou o campionato galego de traiñeiras. O club barbanzán fixo 'doblete' ao se impor tanto en categoría masculina como feminina na proba desputada en augas de Moaña. As remeiras de Cabo cruzaron a liña de meta cunha vantaxe de 20 segundos sobre as competidoras de Chapela. En categoría masculina, Cabo de Cruz logrou o campionato no que tomaron parte 12 traiñeiras cun tempo de 18:35. En segunda posición, Tirán (18:38) e terceira Samertolameu de Meira (19:01). A Pobra do Caramiñal, Ares, Chapela, Coruxo, Chapela, Vila de Cangas e Cedeira. Os barbanzáns logran, así, a súa terceira bandeira do campionato galego de forma consecutiva (2016, 2015 e 2014). Tirán conquistara cinco camionatos continuado (de 2009 a 2013). Na última década só houbo un campionato galego que non fose gañado por Cabo ou Tirán, o de 2007, que foi para Meira."}
{"ID": "PRAZA_15330", "summary": "DEmándalle á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI", "text": "Alternativa Galega de Esquerda demandoulle este mércores á Xunta \"vontade política\" para acabar cos \"privilexios\" da Igrexa. En concreto, esixe que a Igrexa pague o Imposto de Bens Inmobles (IBI) por todas as súas propiedades, tamén polas de culto. Yolanda Díaz e Xabier Ron presentaron unha pregunta parlamentaria na que lle piden á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI. Ademais pide que a Xunta realice un estudo do custe que lles supón aos concellos os privilexios cos que a Igrexa conta na actualidade. Yolanda Díaz e Xabier Ron presentaron unha pregunta parlamentaria na que lle piden á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI A vicevoceira de AGE pediu tamén coñecer os negocios aos que se dedica a Igrexa: \"se venden produtos teñen que tributar por eles como calquera autónomo\". Yolanda Díaz lembrou que este mesmo mércores a Fegamp pediu suficiencia financeira e salientou a necesidade de incrementar os ingresos que percibe a administración nesta situación de crise. Yolanda Díaz criticou que a Igrexa \"non reverta nada ás arcas públicas\", e que en cambio se lle fan \"transferencias de 10.000 millóns de euros\". Finalmente, Díaz denunciou os acordos \"preconstitucionales\" que o Estado mantén co Vaticano nos ámbitos educacional, xurídico ou culturas."}
{"ID": "NOS_6380", "summary": "Malia o consenso político arredor da monarquía entre os partidos maioritarios no Estado español, este consenso non existe no terreo social, onde a pesar da división existente a opción maioritaria é a de impulsar unha república como modelo de Estado, así como poder votar nun referendo se o sistema monárquico ten que continuar.", "text": "Afúndese a percepción da cidadanía estatal sobre a monarquía, cun incremento de cinco puntos porcentuais nos últimos 365 días da poboación que considera que é \"unha institución doutros tempos que non ten sentido nunha democracia\", até o 53%, revela a enquisa encargada ao Instituto 40dB pola Plataforma de medios independentes. O estudo amosa como no caso de decorrer un referendo para elixir a forma de Estado, o 39,4% optaría pola república, mentres que o 31% estaría do lado da monarquía, unha porcentaxe similar á de persoas indecisas. Maioría a prol do referendo Aínda máis diferenza de pareceres existe se falamos da necesidade de convocar ese referendo, que defende o 43,8% das e dos enquisados. Pola contra, o 36,1% sostén que non é preciso votar, cun 20,1% que non o ten decidido polo de agora. Este traballo, que inquiriu a 1.000 persoas de todo o Estado, é a continuación da primeira serie hai un ano, cando se fan seis exercicios desde a última vez que o Centro de Investigacións Sociolóxicas preguntou pola valoración da monarquía. Precisamente neste aspecto, a confianza da poboación sitúase nun 4,1 sobre 10, por debaixo das Forzas Armadas, cun 6, o Poder Xudicial, co 4,8, e os medios de comunicación, co 4,5. Cun menor índice de confianza está o Parlamento (4), sindicatos (3,7), a Igrexa (3,2) e os partidos políticos (2,9). 46% de insatisfacción coa monarquía Asemade, as cifras apuntan que a satisfacción coa monarquía diminuíu un 6,4%, até o 35,7% das persoas que participaron na investigación, ao tempo que se acrecentou en catro puntos o dato de persoas nada ou pouco satisfeitas, o 46% do total. No que atinxe aos membros da Casa Real, o peor parado é o rei emérito español, Juan Carlos I, cunha valoración de 3,2 sobre 10, seguido da raíña actual, Letizia, con 4,7. Porén, aproba a raíña emérita, Sofía, co 5,6%, e o actual monarca, Felipe VI, co 5,7. O 20% considera que Juan Carlos I se sitúa na extrema dereita política A enquisa da Plataforma de medios independentes ofrece datos sobre a percepción da cidadanía sobre distintos integrantes da Casa Real. Con respecto a Juan Carlos I, fuxido hai máis dun ano nos Emiratos Árabes Unidos, a súa ideoloxía é de extrema dereita para o 20,1% e de dereita para o 25,8%. O 10,2% asegura que non ten ideoloxía. O actual xefe de Estado, Felipe VI, recibe a mesma puntuación no apartado de carencia de ideoloxía e unha puntuación semellante na suma entre dereita e extrema dereita, cun 29,1% na primeira e un 14,2% na segunda, 1,7 puntos porcentuais máis que no anterior estudo. Con todo, os datos amosan como os escándalos dentro da Casa Real son un elemento chave no dano á imaxe internacional do Estado español, posición que apoia o 72,6%."}
{"ID": "NOS_7350", "summary": "Este traballo de Ana Garrido González, gañador do Premio Xohana Torres 2019, propón unha análise da obra de Xohana Torres como unha sorte de macrotexto que desafía as interpretacións máis clásicas.", "text": "O reto ao que se enfronta a crítica feminista faise especialmente arduo cando nos referimos a campos literarios que fuxiron das fronteiras da nación-estado. Espazos onde á capa de subalternidade que implicou sempre ás mulleres escritoras aínda hai que sumar aquela da discriminación por non escribiren nunha lingua de poder. Unha dupla dimensión á que os traballos dos últimos anos de varias estudosas veñen sumando unha terceira, produto da combinación destes dous factores. A muller escritora como símbolo e como bandeira dunha patria oprimida, interpretada en función duns intereses concretos que en tantas ocasións reduciron o seu proxecto literario a aqueles trazos que podían ser usufrutuados polo proxecto comunal. Xohana Torres. Da viúva de vivo á muller navegante / Ana Garrido González / Concello de Santiago – Universidade de Santiago de Compostela / 2020 / 200 páxinas / 15 euros Este traballo de Ana Garrido González, gañador do Premio Xohana Torres 2019, é unha peza máis nesta tendencia que revolta e enriquece as vellas interpretacións sobre as nosas autoras. A proposta de análise da obra de Xohana Torres como unha sorte de macrotexto representa xa un reto que desafía as interpretacións máis clásicas, afianzadas na secuencialidade do seu traballo, dividido en xéneros e períodos. A Xohana Torres dramaturga, a poeta de posguerra, a autora de literatura infantil, a novelista de Adiós María ou a que deixa unha pegada importante na poesía dos 90 non podían ser a mesma, en certa medida porque cumpriron funcións distintas en cada momento histórico. Símbolos como o da muller poeta que segue a estirpe rosaliana, a figura maternal que escribe para crianzas ou a autora que representa o drama migratorio do país foron colocados sucesivamente sobre unha obra que, como analiza Ana Garrido González neste ensaio, ten moitas dimensións inéditas. A perspectiva que nos ofrece este traballo non é exhaustiva, aínda que si mencione case toda a produción de Xohana Torres, o camiño polo que nos leva segue a continuidade entre o seu teatro, as obras máis destacadas da poesía e a novela Adiós María, verdadeiro núcleo da obra. É suficiente porén para descubrir, grazas á meticulosa análise da autora, as interpretacións máis ocultas de todo un proxecto literario. A disidencia das que quixeron ser diferentes, o papel dos espazos, o peso da cultura de masas e unha perspectiva sobre a migración que rompe moitos dos tópicos asociados á muller dentro do proxecto da nación galega. Unha achega con planos novos para seguir a navegar."}
{"ID": "NOS_57528", "summary": "O secretario xeral, Paulo Carril, indica que con medidas como as propostas na iniciativa evitaríase \"o descontrol\" das eléctricas ao tempo que \"os custos da enerxía revertan no desenvolvemento do noso país\".", "text": "A CIG rexistrou no Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de \"Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza\", unha proposta que que ten como obxectivo reverter á xestión pública os saltos e aproveitamentos hidráulicos; a revisión de todas e cada unha das concesións galegas, para ver se están cumprindo as cláusulas establecidas nas mesmas e que, 3 anos antes de que remate unha concesión, a administración inicie xa os trámites administrativos previos para a súa reversión, evitando que regrese ao negocio privado. Paulo Carril, secretario xeral do sindicato, manifestou que \"os poderes públicos e a Xunta teñen que xogar un papel fundamental\" para \"evitar que o oligopolio das eléctricas provoque, como está a ocorrer, peches de empresas; que non se poida utilizar a nosa enerxía para a industrialización e xeración de emprego\". Carril –que rexistrou a ILP xunto con Susana Méndez, secretaria de Organización; Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional da CIG-Industria e Fernando Branco, responsábel do sector de Enerxía da CIG-Industria- lembrou otras iniciativas presentadas pola central nesta mesma liña, como a ILP para unha tarifa eléctrica galega ou a máis recente proposta de creación dunha tarifa industrial estábel. A ILP pretende que os saltos e as centrais hidroeléctricas -que son concesións públicas outorgadas a empresas por un máximo de 75 anos, \"sen ningún tipo de compensación para Galiza, malia o dano ambiental e social que provocan\" - revertan de novo ao poder público e a Xunta, para a explotación deses encoros ben a través dunha empresa pública ou directamente. O secretario xeral da CIG tamén se pronunciou sobre o anuncio da ministra de Traballo de que o goberno non ía intervir en Alcoa. Carril defendeu que \"o aluminio é un sector estratéxico para a economía galega\", ao igual que a enerxía. Lembrou que Alcoa estivo no seu día no sector público e afirmou que \"na SEPI, sería o lugar axeitado onde esta empresa tería que reincorporarse, se Alcoa persiste na súa idea de pechar\". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denunciou ademais que Valerio se reunira en Galiza cunha parte dos sindicatos. \"A CIG é a primeira central sindical en Galiza e a nós onte non se nos convidou a esa reunión\"."}
{"ID": "PRAZA_10398", "summary": "O colectivo de 'Enfermeiras en Loita' publica os resultados dunha enquisa composta por 735 entrevistas a traballadoras e traballadores. Responden deste xeito ao presidente da Xunta e ao Xerente do Sergas, que negaron que existise precariedade no sector. Cada enfermeira asinou unha media 24 contratos no último ano", "text": "Hai uns meses Antonio Fernández-Campa, actual Xerente do SERGAS, afirmou nunha entrevista en televisión que a precariedade \"non é una situación habitual\" e que \"o 85% dos nosos traballadores está en vínculos estables\". Declaracións semellantes ás que nos últimos tempos repetiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que afirmou que o 88% do persoal ten un \"nomeamento definitivo\". A media de contratos asinados non último ano é de 24. A persoa que asinou un maior número de contratos superou os 300Estas palabras resoaron entre o colectivo de traballadoras e traballadores eventuais do Servizo Galego de Saúde, en especial entre as enfermeiras e enfermeiros que levan meses mobilizándose para demandar unha estabilización da súa situación laboral. Para responder ás declaracións de Feijóo e Fernández-Campa, a Asociación Enfermería Sociosanitaria de A Coruña (Aensac) propuxo a realización dunha ampla enquisa entre o persoal eventual que lle puxese datos á situación que están a a vivir. O tempo medio que levan nas listas de contratación do Sergas, á espera de acadar unha praza estable, é de máis de 8 anosEste luns veñen de presentarse as conclusións da Enquisa da Enfermaría galega precaria, un traballo composto por 735 entrevistas realizadas entre marzo e maio. Estas son as principais conclusións do informe:O 89% das entrevistadas din estar en situación de precariedade laboral, un 8,8% afirma que \"quizais\" e tan só un 2,2% opina non ter un traballo precario. O tempo medio que levan nas listas de contratación do Sergas, á espera de acadar unha praza estable, é de máis de 8 anos (8,14 anos). Un 78,7% das enquisadas levan nas listas 5 anos ou mais e un 44,4% do total leva 10 anos ou máis. A media de contratos asinados no último ano é de 24. A persoa que asinou un maior número de contratos superou os 300.Entre as persoas entrevistadas, tan só un 19,2% ten unha vacante ou comisión, unha situación que achega unha certa estabilidade e que permite non depender do encadenamento de contratos, aínda que segue sen ofrecer unha praza estable e mantén a situación de temporalidade. Entre estas persoas que si acadaron unha vacante ou comisión, para conseguila tiveron que pasar 12,2 anos desde que asinaron o seu primeiro contrato no Sergas.A enquisa confirma o carácter fundamentalmente feminino da profesión, cun 89,12% mulleres entre as persoas entrevistadas. O 73,7% non teñen fillos e a súa media de idade sitúase nos 32,2 anos. \"Destacan que \"a eventualidade na Enfermaría Galega non é algo puntual\" senón que \"é algo que vivimos cada día miles de galegos e galegas\"Dende AENSAC conclúese que, á vista deste datos, \"a eventualidade na Enfermaría Galega non é algo puntual\" senón que \"é algo que vivimos cada día miles de galegos e galegas\". Destacan que este colectivo tan precarizado é o que sostén \"un sistema de saúde que sen o persoal eventual, se viría abaixo\". \"O tempo de estar na escuridade rematou. Agora é tempo de coidar a quen te coida. É tempo de coidar á enfermaría\", conclúen.Esta situación de precariedade únese a un número moi escaso de prazas de profesionais, tendo Galicia a terceira peor ratio de profesionais por doente de todo o Estado. Chaman a atención, ademais, sobre o feito de que as vacantes ou comisión non significan unha situación de \"estabilidade\" fronte ao que \"en moitas ocasións expresou a Xunta de Galicia\". Neste senso, lembran que a Lei 55/2003 do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde sinala que \"o persoal interino en praza vacante é persoal temporal\".\"O tempo de estar na escuridade rematou. Agora é tempo de coidar a quen te coida. É tempo de coidar á enfermaría\", conclúenFinalmente, fan fincapé na dificultade que este tipo de persoal precarizado ten, por exemplo, para ter fillos e fillas, lembrando que \"a idade media dos traballadores eventuais do Servizo Galego de Saúde segundo datos do INE, coincide co momento no que a muller adoita ter o seu primeiro fillo\". Unha situación que contrasta coa aparente preocupación da Xunta de Galicia polas baixas cifras de natalidade en Galicia"}
{"ID": "NOS_30920", "summary": "No rural e audiovisual. É a singular combinación do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV014), unha iniciativa promovida pola Asociación Senunpeso que chega a súa sétima edición cun balance de máis de 1.000 persoas participantes nos cursos.", "text": "Vídeo de combate, inventos para o audiovisual, dirección de fotografía, interpretación diante da cámara, bandas sonoras, animación dixital, vídeo con cámara réflex, documental web, creación e xestión de webs con Wordpress, videoclips e interpretación diante da cámara son os contidos dos cursos que nesta edición ofrece o LAV, unha iniciativa que parte do asociacionismo e ten como un dos obxectivos a dinamización cultural nun entorno rural como é o Concello de Vedra. O prazo de matrícula está aberto até o 1 de febreiro e a inscrición formalízase a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org Afeccionados e profesionais poden participar na oferta de cursos cun prezo de matrícula de 50% e gratuíta para o alumnado da ESO a quen se lle dedica dous cursos específicos, un de videoclips e outro de interpretación diante da cámara. Os obradoiros desenvolveranse na fin de semana do 15 e 16 de febreiro e buscan formar ao alumnado en técnicas dixitais do audiovisual, con contido teórico e práctico, na busca de autonomía en comunicación e edición dixital. Audiovisual para todos os públicos aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e con profesioanais do sector como Pepe Penabade, Flor Maceiras, María Yáñez ou Manolo Cortés entre o cadro docente. A filosofía e os obxectivos de Senunpeso explícaos Abelardo Rendo, un dos promotores, no número 82 do semanario Sermos Galiza, xa nos quiosques."}
{"ID": "PRAZA_3925", "summary": "Nada do que estamos a vivir é novo para nós, sendo nós a xeración 9/11. Dende aquela tarde, a poucas horas de volver á escola tralas vacacións de verán, o terror e a esperanza serían xa para sempre os nosos afectos.", "text": "se contempló en mí y odió su imagen Rosario CASTELLANOS. 'Malinche'. Poesía no eres tú. 1972 Nada do que estamos a vivir é novo para nós, sendo nós a xeración 9/11. Dende aquela tarde, a poucas horas de volver á escola tralas vacacións de verán, o terror e a esperanza serían xa para sempre os nosos afectos. Ese mesmo día descubirmos a Zona Zero que eran as sociedades occidentais desde a súa fundación sobre as ruínas de Hiroshima, o destrutivo e incrontrolábel poder tecnocientífico inaugurado polo Manhattan Project e a natureza política dos Estados de Partidos continentais. Coa caída das torres de MYamasaki, caía definitavamente o Estado de Benestar liberal, que desde a fin da Guerra Total fixera posíbel vivir o invivíbel: a civilización capitalista. A estratexia a seguir polo goberno americano e pola súa cúpula militar consistiu no uso dunha bacteria: o Ántrax, co que os medios de formación de masas aterraron á unha poboación en shock durante semanas con novas de arbitrarios envíos dunha substancia que non discriminaba as súas vítimas. Cando nos quixemos dar conta, os ingleses entraban en Basora. Namentres, a este lado dos Apalaches xestionábamos como podíamos a epidemia das vacas tolas e asistíamos ao asedio e disolución do último movemento de liberación nacional europeo, Herri Batasuna. En poucos meses os galegos descubrimos a realidade do capitalismo fósil a uns minutos das nosas casas coa marea negra causada polo afundimento do petroleiro Prestige. As constantes a todos estes acontecementos foron 1) a realidade virtual construída polo poder mediático e 2) a incapacidade cidadá fronte a un poder militar absoluto e xenocida e un poder político tan antidemocrático como indecoroso. Un, que está bastante orfo de todo, sempre considerou a causa feminista como a última esperanza. Unha forma non como calquera outra de revisitar o logos occidental. Liquidadas as organizacións operarias, reducidos os estudantes universitarios, homologados e amaestrados os demáis colectivos que constituen as clases perigosas, en adecuada expresión do finado Wallerstein, xa nada parece poder redimirnos dos modos de produción económico, social e espiritual capitalistas. Nas últimas décadas, a toda a desfeita teórica e política do estruturalismo e posmarxismo seguiron as antiteorías queer ás que se lle xuntaron as intitucións liberais para asegurarse de que nada saia dos límites da linguaxe e do texto e que todas as mudanzas sociais sexan meros espectáculos barrocos. Do Manhattan Project herdamos a departamentalización, a fragmentación do coñecemento en microsaberes que ben vixiados só permiten a destrución do ambiente e das culturas históricas. É a isto que Bolívar Echeverría chama de civilización do cinismo, como a vida se organiza de tal xeito que a sua reprodución supón a destrución dos factores que a fan posíbel, Este, e non outro é o fundamento do Estado Necropolítico (por non abusar do termo neonazi) que veu a substituír o liberalismo dos Trinta Gloriosos. O feminismo administrado polo poder, ese aburridísimo feminismo que nos fai gardar un minuto de silencio tódolos días do ano como quen reza un Pai Noso; ese feminismo de cadeira universitaria, que ensalza a Isabel de Castilla, á condesa de Pardo Bazán ou a Pilar Primo de Rivera como loitadoras pola normalización do suxeito femenino; ese feminismo burgués de demostracións interclasistas no 8M; ese feminismo cuxas reunións de traballo e asambleas tratan da imperiosa necesidade de instalar máis puntos de luz nas nosas poluídas cidades; ese feminismo ridículo, espectacular non pode ser tido en conta por ninguén que pretenda unha crítica xeral do sistema. É así que reivindico a figura de Malinche, esa que o sexismo patriarcal duns cantos imbéciles etnicistas levantou como figura traidora. Figura fulcral da resistencia á destrución dos españois das poboacións históricas americanas, esa figura que liga coa revolución feminista moderna que de ningún xeito buscaba a igualdade de homes e mulleres, senón que busca refacer a orde social, reconstruír as relacións entre os sexos, mudar os desexos e as prácticas sexuais; busca, en definitiva, alterar a vida cotiá. A causa do humán, que vai de Aristófanes a Jeff Buckley, que eu saiba nunca mudou; somos os mesmos seres de razón e de linguaxe revoltados contra a opresión tiránica, contra as supersticións e contra a degradación do noso ser espiritual e da nosa soberanía política. Se Malinche se tivo que enfrontar á destrución dun continente facendo metáforas, tamén podería ter cantado salmos cos Reformistas europeos, alzarse cos mariños de Kronstadt contra o capitalismo de estado soviético ou participar como lexisladora na Viena Vermella. Algo a aprender e que só con accións que partan da realidade experiencial, conscientes da destrución social e que integren os proxectos civilizatorios destruídos polas expansións coloniais capitalistas se pode dar esperanza. Se a entrometida e bulliciosa moza Malinche vivise hoxe en Galicia estaría ocupada en explorar as nosas tradicións espirituais, en refacer a xenealoxía da crítica aos rexímenes totalitarios e das consecuencias dos procesos de acumulación do Capital, das funcións de control social dos medios electrónicos e do poder destrutivo da ciencia moderna. Porque hoxe iso só é posíbel facelo desde as periferias do norte global, unha vez colapsadas as decadentes repúblicas europeas; e por moito que algúns digan ou se vexan obrigados a dicir que Galicia non é colonia nin champú, a teimuda realidade mostra que é unha rexión máis periférica que a mesma Chiapas. A reconstrución farana todas aquelas que coma Malinche hoxe están abeiradas nas marxes, as fillas da clase traballadora, nas que por moi forte que sexa a alienación, a confusión e as contradicións renacen os vellos ideais humanistas de liberdade política, esclarecemento científico e irmandade. Os demais, pode que como Machiavelli teñamos que fuxir aos bosques para salvar a vida ou traballar picando pedra nunha canteira como Howard Roark para non nos obrigen a facer o que non queremos, pero sempre berraremos os versos da feminista chicana Adaljiza Sosa-Ridell: Malinche, pinche / forever with me."}
{"ID": "PRAZA_20343", "summary": "O Ministerio de Sanidade e as autonomías acordan estender os antivirais de acción directa aos pacientes menos graves logo de anos de mobilización das plataformas. O Estado e as comunidades están aínda pendentes de determinar como se financiarán estes medicamentos", "text": "O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas acordaron este mércores estender o tratamento da hepatite C con antivirais de acción directa aos pacientes menos graves, os de grao de fibrosis F0 e F1, polo que se universalizan os medicamentos logo de anos de loita por parte de diferentes colectivos. O acordo alcanzado no Consello Interterritorial de Saúde foi confirmado polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, aínda que na xuntanza non se determinou aínda o que se cadra é o aspecto máis importante: como se van financiar os novos tratamentos para estes doentes. Ministerio e autonomías acordan estender o tratamento da hepatite C con antivirais de acción directa tamén aos pacientes menos graves Sexa como for, esta universalización dos medicamentos supón para a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C (PGHC) e para todos os colectivos do Estado \"unha nova conquista\", tal e como asegura o seu portavoz, Quique Costas. A primeira foi a aprobación do plan estratéxico que entrou en vigor o 1 de abril de 2015 e que permitía que se tratasen todos os enfermos na fase 3 e 4. \"Mantivemos a mobilización para que se puidesen tratar todos os pacientes e non só conseguimos iso, senón tamén que o plan se estendese no tempo\", engade. Refírese Costas á aprobación na xuntanza de ampliar o plan desde o 2018 no que estaba previsto que finalizase até 2020, tal e como confirmou Almuíña sobre un proxecto que, dixo, \"serviu para curar unha porcentaxe moi importante de pacientes cunha enfermidade mortal\". \"Desde 2015 avanzamos en tratar os doentes máis graves e agora avanzamos co resto\", asegurou o conselleiro, que cre que en tres anos se pode \"ter erradicado o virus ou tratado todos os pacientes\". A plataforma galega de afectados asegura que esta universalización é \"unha nova conquista\" da presión social logo de lograr a aprobación do plan estratéxico en 2015 Pero as boas noticias deben confirmarse aínda e para que estes tratamentos se universalicen entre todos os doentes fai falta financialos. Tanto a ministra Dolors Montserrat como outros cargos do Ministerio adiantaran en comparecencias no Congreso un investimento de 200 millóns de euros para ampliación do plan, unha partida que, como lembra Quique Costas, \"non está recollida nos Orzamentos Xerais do Estado\". Na xuntanza do pasado mércores, segundo transcendeu, varios conselleiros de Sanidade autónomicas, tanto do PP como do PSOE, amosaron as súas dúbidas sobre a viabilidade do plan no caso de que non se acheguen cartos. \"É un asunto que non está aclarado e que se debería aclarar axiña\", di o voceiro da PGHC. O Ministerio adiantara un investimento de 200 millóns para ampliar o plan pero a partida non está nos Orzamentos Xerais do Estado \"O que nos toca agora é reclamar que haxa cartos, que os saquen de onde queiran pero que se saquen para que o acordo se cumpra efectivamente\", engade Costas, que advirte de que, no caso de que non exista financiamento abondo, \"pode ocorrer o mesmo que coa lei da dependencia, coa que se recoñeceu un dereito aos dependentes pero á que non se dotou\". \"Agora os pacientes teñen o dereito a ser tratados, pero hai que lograr que sexan tratados\", di. Almuíña, á saída da xuntanza, avogou por ampliar o debate a \"todo o financiamento sanitario\" ao entender que \"sería un erro falar só dunha enfermidade concreta cando temos moitas enfermidades, tratamentos novidosos, pero que evidentemente temos que falalo no seu conxunto\". A plataforma advirte do risco de que pase \"como coa lei de dependencia, na que se recoñeceu un dereito pero que non se dotou de cartos\" Desde a PGHC, Quique Costas asegura que será necesario coñecer máis detalles sobre outros aspectos como o plan de detención precoz que \"permita facer agromar todos eses doentes que forman parte da chamada bolsa oculta\", unha opción que se prevé incorporar ao plan xeral estratéxico e que espera que as autoridades do Ministerio lle aclaren no vindeiro comité de coordinación do devandito plan ao que asistirá como portavoz da plataforma. En canto á cifra de novos pacientes que agora poderán acceder aos tratamentos en Galicia, desde a PGHC recoñécese a dificultade de facer o cálculo aínda que diversos estudos sitúana en arredor de 1.000. Vázquez Almuíña, pola súa banda, destacou que máis de 5.000 pacientes coa enfermidade máis avanzada xa foron tratados, ademais de 300 coas fibroses agora incluídas (F0 e F1) que xa foron tratados ao incluírse nalgunhas das excepcións que incluía o plan. Agora, segundo os seus cálculos, serán 2.000 os que se beneficiarán neste ano dos novos medicamentos, entre os enfermos graves que estaban sen tratar e os leves. A extensión das menciñas, dixo, podería elevar a 18 millóns o gasto sanitario da Xunta. Segundo explicou o conselleiro no Parlamento hai tan só unhas semanas, ata a aplicación do novo plan estratéxico, o Sergas tiña iniciado 1.137 tratamentos para a hepatite C cos novos antivirais comercializados desde o ano 2012. Logo da posta en marcha deste, o número de tratamentos case se cuadruplicou, ata chegar aos 4.188 dous anos despois. Desta cifra, 51 corresponden a segundas liñas de medicación a pacientes con retratamentos con antivirais de acción directa. E mentres, mantense aberta nos xulgados de Compostela a causa que instrúe o xuíz Andrés Lago e na que se investiga o daquela director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial; e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado, aos que se lles atribúen delitos de homicidio por imprudencia profesional grave e prevaricación administrativa. Trátase de aclarar se houbo un atraso ilícito na avaliación de doentes con hepatite C e, xa que logo, na subministración de medicamentos que poderían terlles salvado a vida. A Fiscalía acusara a Xunta de demorar a administración dos fármacos \"por razóns orzamentarias\"."}
{"ID": "NOS_53358", "summary": "A esperanza de vida na Galiza sobre até os 83,6 anos.", "text": "Só 15,7% da poboación galega ten menos de 20 anos, mentres que 58,5% do total está no grupo de idade de entre 20 e 64 anos e máis dun 25,7% ten 65 anos ou máis, segundo deu a coñecer onte o Instituto Galego de Estatística. A respecto da idade media na Galiza, o día 1 de xaneiro de 2021 esta era de 47,74 anos, o que supón unha lixeira suba respecto aos 47,48 anos que se rexistrou en 2020. Entre outras cifras, a poboación galega diminuíu en 2020 0,21%, polo que o peso relativo da Galiza no total do Estado español tamén baixou, pasando de supor 5,94% da poboación estatal a 5,69%. Natalidade e mortalidade En canto á taxa de natalidade, en 2020 naceron 5,65 crianzas por cada mil habitantes. A idade media das nais foi de 32,84 anos e dos pais de 35,48 anos. Respecto ao primeiro nacemento, a idade media da nai galega é de 31,89 anos, un ano máis en comparación con datos de 2010 e 0,4 puntos menos que a media estatal. Pola súa parte, a taxa bruta de mortalidade foi de 12,17 persoas por cada mil habitantes no ano 2020. Esperanza de vida A esperanza de vida media da poboación galega subiu até os 83,6 anos, mais manténdose unha gran diferenza entre os homes e as mulleres, xa que elas viven até seis anos máis que eles. Entre outros datos, a esperanza de vida sen limitacións, é dicir, o número de anos que pode vivir unha persoa sen limitacións no desenvolvemento das súas actividades cotiás, sitúase nos 63,2 anos en homes e 63,1 anos en mulleres. Tamén a esperanza de vida sen limitacións graves fica nos 80,3 anos de media, situándose en 77,6 anos en homes e, pola súa parte, en 83 anos nas mulleres."}
{"ID": "NOS_38443", "summary": "Un informe sobre grao de cumprimento real do Estado dos seus orzamentos nos diferentes territorios mostra que entre 2015 e 2018 ficaron sen executar 1.500 millóns de euros comprometidos para Galiza. A media española é que de cada 100 euros orzados se executen 75. Para Galiza só se executan 69 de cada 100 e para Madrid 114 de cada 100.", "text": "Hai tempo que os orzamentos xerais do Estado (OXE) son tamén unha ferramenta máis de propaganda. A inclusión de partidas de millóns de euros en investimentos e compromisos varios nas contas xerais non implica necesariamente que estas se vaian executar. Porén, proporcionan un altofalante magnífico para que políticas e gobernos do Estado poidan poñer como exemplo de compromiso con determinados territorios as promesas de investimentos millonarios que figuran nesas contas. Un informe elaborado pola Generalitat de Catalunya con dados e cifras da Intervención Xeral do Estado (IGE nas súas siglas en castelán) demostra que o grao de cumprimento dos investimentos e orzamentos deixa moito que desexar nalgúns territorios. Así, hainos claramente beneficiarios e outros que consideran que son claramente prexudicados. Só 5 territorios superan ou igualan a media estatal de execución dos OXE (75,3%). Son Madrid, Aragón, as dúas Castelas e Andalucía Así, no período analizado, 2015-2018, a execución real orzamentaria para Galiza foi de 69,7%. É dicir, que de cada 100 euros que figuraban nos OXE para o noso país só se investiron realmente 69. É unha cifra que fica por baixo da media estatal, onde o grao de cumprimento foi de 75,3%. Estamos a anos luz do grao de execución de comunidades como Madrid (114%) ou Aragón (102%), Castela-A Mancha (83%) mais tamén por baixo doutras máis próximas a nós como Asturies (72%) ou Castela-León (77,8% de cumprimento do investimento previsto). En Catalunya o grao de cumprimento é de 65,9%. De feito, só 5 territorios superan ou igualan a media estatal de execución do OXE (75,3%). Son Madrid, Aragón, as dúas Castelas e Andalucía. O último exercicio, 2018, foi o único con balanzo positivo para o noso país no período analizado: executouse 116% dos investimentos orzados. Mais non logra tapar a fenda acumulada nos anos precedentes: en 2017 só se cumpriu 74% do orzado para Galiza nas contas xerais do Estado, en 2016 ese grao de execución foi de 41,5% e en 2015 ficou por baixo de 64%. Así, e segundo os dados de Intervención Xeral do Estado debullados neste informe, dos máis de 4.600 millóns de euros que se orzaron para Galiza entre 2015 e 2018 ficaron sen executar case 1.500 millóns. Case un de cada tres euros."}
{"ID": "NOS_32559", "summary": "Entre 17 e 20 de outubro a cidade de Quito acolle a Conferencia das Nacións Unidas sobre Urbanización e Desenvolvemento Urbano Sustentábel, coñecida como Hábitat III.", "text": "Catro mil millóns de persoas, o 54,5% de todos os habitantes do planeta, é o estimado da poboación mundial que vive actualmente nas cidades. En 1976, cando foi realizada a Hábitat I, en Vancouver, no Canadá, esta proporción era do 37,9%. Prevese que para 2050 o mundo albergue unha poboación de 9.725 millóns de persoas e que o 66 por cento resida en áreas urbanas, isto é, 6.500 millóns de persoas. O crecemento de poboación que rexistrarán moitas cidades suporá numerosos desafíos para elas, en canto a atender as necesidades dos seus habitantes tanto en vivenda como en infraestrutura, transporte e a provisión de servizos básicos. Este crecemento urbano acentuará moitos dos problemas de habitabilidade que xa hoxe existen, incluídos os derivados da contaminación e respirabilidade do ar. Segundo o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais da ONU (DESA), o crecemento da poboación urbana seguirá durante este século alentado por dous factores: a persistente preferencia da xente de mudarse de áreas rurais a outras urbanas e o crecemento da poboación durante os próximos 35 anos. Estes dous factores combinados engadirán 2.500 millóns de persoas á poboación urbana para 2050. Case o 90% deste incremento producirase en Asia e África, especialmente na India, na China e na Nixeria, que en conxunto representarán o 37% do aumento previsto até 2050. Asia alberga nestes momentos o 53% da poboación urbana mundial, seguida de Europa (14%) e América Latina e o Caribe (13%). Megacidades O informe de DESA sinala ademais que se pasou de 10 megacidades (con máis de 10 millóns de habitantes) en 1990 a 28 en 2014. Toquio é a maior delas, con 38 millóns. Esas megacidades acollen en conxunto a 453 millóns de persoas, ou un 12% da poboación urbana mundial. Delas, 16 están en Asia, 4 en América Latina, 3 en África e un numero similar en Europa, e 2 en América do Norte. Para 2030, calcúlase que haberá 41 cidades con máis de dez millóns de habitantes. Ademais de Toquio, Delhi acolle a 25 millóns de residentes, Xangai a 23 millóns e en Cidade de México, Mumbai e Sãao Paulo residen 21 millóns de persoas respectivamente. Os datos revisados do informe Perspectivas Mundiais de Urbanización reflicten por outra banda que case a metade dos 3.900 millóns de habitantes urbanos actuais residen en áreas urbanas con menos de medio millón de habitantes. Habitat III Hábitat III é como se coñece a formalmente chamada Conferencia das Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentábel. É a terceira dunha serie de conferencias convocadas polas Nacións Unidas que comezaron en 1976, tendo como principal obxectivo fortalecer o compromiso político global en favor do desenvolvemento sustentábel dos asentamentos humanos, tanto rurais como urbanos. Trátase de vigorizar e pór en marcha unha Nova Axenda Urbana, mediante novos compromisos e obrigacións, establecendo unha renovada estratexia global ao redor da urbanización para as próximas dúas décadas A urbanización tornou un proceso global. Segundo ONU- Hábitat, o 54,5% da poboación mundial vive en cidades. En 2050 será o 66% Nova Axenda Urbana Cando se ollan as estatísticas dos últimos 20 anos, \"ao mesmo tempo que a urbanización estaba aumentando, a calidade da planificación estaba caendo\" porque a \"urbanización non se mestura ben con populismo\". Son palabras de Joan Clos, alcalde de Barcelona entre 1997 e 2006, e Director executivo desde 2010 do Programa de Nacións Unidas para os asentamentos Humanos (ONU-HABITAT). Segundo o xefe de ONU-Hábitat, a conferencia de Quito é unha \"oportunidade única para repensar a Axenda Urbana e que os gobernos poidan promover un novo modelo urbano de desenvolvemento que poida integrar todos os aspectos de desenvolvemento sustentábel para promover equidade, benestar e prosperidade compartida\". A urbanización acelerada, é dicir o crecemento e a economía das cidades, é un dos cambios máis transcendentais que se están producindo no noso tempo. O transporte, o impacto ambiental, a xente, a economía, a cultura. Os desafíos dunha vivenda digna, de infraestrutura e servizos básicos. Saúde, educación e traballo. Todos estes son aspectos que conforman a vida nas urbes. Para afrontalos líderes políticos e espertos de todo o mundo daranse cita nos próximos días en Quito, Ecuador. Deberán analizar como encararon eses retos nos últimos 20 anos e definir cal será o rumbo dos próximos 20. Para ter éxito sen dúbida deberán considerar a serio a afirmación do informe DESA e avaliar cais son as verdadeiras razóns desa \"persistente preferencia da xente de mudarse de áreas rurais a outras urbanas\" porque as preferencias da xente non soen ser impulsivas e, neste caso, algo terá a ver a especulación urbanística e a construción como motor de desenvolvemento de moitas economías."}
{"ID": "PRAZA_17084", "summary": "Os populares divulgan a transcrición das comparecencia de Feijóo en 2013 na que seguía a indicar que KPMG fixera unha \"auditoría\" mentres o representante da consultora xa advertía daquela que \"en ningún caso\" o era. Toda a oposición reitera a petición de comparecencia e o BNG asegura estudar accións legais HEMEROTECA (2013) | KPMG nin fixo unha auditoría nin avalou a fusión das caixas", "text": "HEMEROTECA (2013) | KPMG nin fixo unha auditoría nin avalou a fusión das caixas A consultora reitera que non existiu a \"auditoría\" esgrimida pola Xunta como aval á operación Unha petición \"sorprendente\" para \"facer arqueoloxía de asuntos xa tratados\" no canto de abordar \"cuestións máis interesantes\". Ou, simplemente, unha petición \"absurda\". É o cualificativo que para o PP galego merece, en verbas do seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, a esixencia de comparecencia formulada por toda a oposición despois de que a pasada semana Francesc Gibert, executivo da consultora KPMG, reiterase que a súa empresa nunca fixo unha \"auditoría\" nin \"recomendou\" a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Ou, o que é o mesmo, despois de que o representante da consultora repetise no Congreso dos Deputados que o informe encargado pola Xunta en 2009 e entregado en 2010 non tiña o contido que o Goberno galego lle atribuíu ante a prensa e a cidadanía: que se trataba dunha \"auditoría\" que \"avalaba\" a fusión de ambas entidades. Tras as peticións de explicacións formuladas en diferentes foros dende En Marea, PSdeG e BNG, este luns Puy dixo estar \"sorprendido\" por que as verbas de Gibert \"susciten un interese desmesurado na oposición\" cando \"reproduce o que se dixo hai cinco anos na comisión de investigación sobre as caixas galegas no Parlamento galego\". Para sustentar esta afirmación os populares divulgaron á prensa un dossier con fragmentos da comparecencia do propio Gibert no Parlamento galego en 2013, así como das palabras de Feijóo ante ese mesmo órgano. Agregan, igualmente, a reprodución de parte das respostas por escrito da que fora conselleira de Facenda no momento da fusión, Marta Fernández Currás, e da súa recente comparecencia no Congreso. O PP divulga a transcrición das comparecencia de Feijóo en 2013 na que seguía a indicar que KPMG fixera unha \"auditoría\" mentres o representante da consultora xa advertía daquela que \"en ningún caso\" o era Nas transcricións divulgadas polo PP, procedentes das actas de ambas Cámaras, obsérvase como Gibert, efectivamente, xa deixara claro ante o lexislativo galego que o traballo mercado pola Xunta a KPMG \"en ningún caso se trataba dunha auditoría\", entre outras cousas porque \"a información utilizada foi proporcionada polas entidades ou outras fontes\" e a consultora non a \"validou\" de xeito directo. Esta explicación cadra coa do informe, como informou Praza.gal en 2013, pero non coa versión que mantivo a Xunta cando asegurou que manexaba unha \"auditoría de KPMG\" que \"avalaba\" a operación. A propia documentación divulgada polo PP amosa como aínda en 2013 Feijóo seguía a afirmar que KPMG elaborara unha \"auditoría\". Fragmentos das transcricións divulgadas polo PPdeG. Destaques amarelos inseridos polos populares. Nos recadros, as mencións á \"auditoría\" Como veu informando este diario, a ex-conselleira Currás si se matizou a si mesma en 2013, cando tres anos despois de presentar a suposta \"auditoría\" pasou a referirse ao documento como \"informe\" ou \"análise\". Xa en 2018, como fica reflectido tamén nas transcricións difundidas este 14 de maio polo PP, a antiga titular de Facenda optou por falar de \"auditoría de primeiro nivel\" dentro dunha \"primeira fase de análise\". Eses matices non chegaron pola banda de Feijóo ata a pasada semana, cando deu en admitir tras a comparecencia de Gibert no Congreso que a auditoría non era tal. Novas peticións da oposición e \"valoración\" de \"accións legais\" Luís Villares: \"Un dirixente político que mente non merece ser presidente\" A negativa do PP á comparecencia acompañada das transcricións que acreditan que Feijóo e Currás si falaban de \"auditoría\" mentres KPMG negaba que o fose chegan despois de que toda a oposición se reafirmase na reclamación de explicacións. Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, fica acreditado novamente que o Goberno galego recorreu á \"mentira continuada\" para xustificar a fusión das caixas, o que ao seu xuízo deriva nunha \"responsabilidade política\" clara. \"Un dirixente político que mente á poboación non merece ser presidente, a xente non merece gobernantes mentireiros\", afirmou Villares a preguntas dos xornalistas. Ana Pontón: \"Estamos estudando accións legais; se non existe a auditoría e non recomendaba a fusión estaríamos ante un caso de falsidade ou prevaricación\" Pola banda do BNG a súa portavoz nacional, Ana Pontón, reitera tamén a petición de explicacións por un \"caso de gravidade extrema\" que, afirma, levou o Bloque a \"estudar posibles accións legais contra o presidente da Xunta\". Feijóo, di Pontón, \"ten que vir dar a cara para explicar por que dixo que existía unha auditoría que nin é auditoría nin avalaba a fusión das caixas\". \"Estamos estudando accións legais porque se non existe auditoría e se esta non recomendaba a fusión, estaríamos ante un caso de falsidade documental ou de prevaricación\". O presidente, mantén, \"non pode agocharse máis\". No PSdeG o seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, evita referirse abertamente a que o presidente mentise, pero si reitera que, como o resto da oposición, o Grupo Socialista reclama tamén a comparecencia. Feijóo debe \"aclarar as discrepancias entre as súas declaracións no momento da fusión e o que hoxe din os autores do informe de KPMG\". Cómpre, agrega, \"transparencia para coñecer a verdade do proceso e do tipo de traballo encargado á consultora\"."}
{"ID": "PRAZA_11845", "summary": "O deterioro do mercado laboral español, lonxe de afastarse, volve petar á porta. Malia á pasada reforma laboral, ao acordo de negociación colectiva ou á baixada da xa omnipresente prima de risco, xaneiro foi o peor mes de toda a serie histórica en destrución neta de emprego. O paro subiu en toda España en máis de 177.400 persoas. Ata 17 veces máis que no mesmo mes de, por exemplo, 1998", "text": "Suma e segue. Non chorou hoxe a Candeloria nin falta que fixo para comezar o segundo día do mes de febreiro con datos para as bágoas. A destrución de emprego, a verdadeira crise económica española, corre e voa mes a mes sen que amose síntoma algún de pretender deterse. No mes de xaneiro o desemprego aumentou en máis de 174.400 persoas en todo o Estado. Foron 47.000 persoas máis que no mes de xaneiro de 2011, 53.000 máis que dous anos atrás... Así ata continuar nunha sucesión case infinita dun desastre real que non se combate con austeridade, como así o reflicten as estatísticas. Á hora de analizar os datos do desemprego hai que diferenciar entre paro rexistrado e Enquisa de Poboación Activa (EPA). Os datos que coñecemos este xoves son os que elaboran os servizos de emprego e difunde o Ministerio de Trabajo. Hai unha lixeira diferenza entre ambos, de aí que o Goberno central difunda hoxe que o número de desempregados contabilizados estea por debaixo dos 4,6 millóns de persoas cando a EPA xa avanzou que o paro supera con facilidade os cinco millóns. O número de traballadores que perderon o seu emprego en xaneiro aumentou un 4% intermensual e un 8,72% interanual. Estas porcentaxes reflicten que non houbo recuperación do mercado laboral e que as caídas puntuais no número de parados explícanse co chamado efecto estacional do calendario. De aí os datos non foran tan severos no verán (contratación eventual para a hostalaría, por exemplo) ou en setembro (no agro, para as campañas de recollida da uva ou as olivas). En Galicia, desde logo, non hai ningunha fiestra pola que entre esa luz que simboliza as recuperacións en moitos discursos económicos ou políticos. Galicia e a destrución neta Se o desemprego medrou en España un 8,7% no último ano, en Galicia o incremento foi do 10,35%. No último mes a suba foi superior ao 5%, un punto por riba da media do Estado. Isto traduciuse na destrución de máis de 13.000 postos de traballo no último mes e máis de 25.400 no último ano. Foi o chamado terceiro sector (ou o servizos) o que máis persoas mandou ao paro durante xaneiro, con máis de 9.100 persoas. Todos os sectores de actividade eliminaron emprego. O agro foi o menos lesivo para o mercado laboral, con 189 traballadores menos. A industria e a construción eliminaron 1.238 e 1.877 postos de traballo, respectivamente. Asímesmo, a estatística oficial non contabiliza ás persoas que, por exemplo, realizan cursos de formación. O exministro Jesús Caldera permitiu, na primeira lexislatura de Zapatero, crear os denominados Denos (demandantes de emprego non ocupados). Se tomamos estes datos por bos, o paro en Galicia non sería de 270.000 persoas senón de 287.773 galegos."}
{"ID": "NOS_21805", "summary": "A multinacional Janssen solicita á Axencia Europea do Medicamento a autorización para o seu fármaco. Agárdase que as e os expertos teñan un ditame sobre este medicamento no mes de marzo.", "text": "A farmacéutica Janssen xa solicitou a autorización da Axencia Europea do Medicamento (EMA) para a comercialización da súa vacina contra a Covid-19 que destaca, entre outras cousas, por ser un fármaco dunha soa dose fronte aos que se veñen aplicando na Galiza até o momento. É a cuarta para a que se pide o visto e prace. O seguinte paso é que o Comité de Medicamentos de Uso Humano avalíe esta medicina e trasladouse que \"podería emitir un ditame a mediados de marzo, sempre que os datos da empresa sobre a eficacia, a seguridade e a calidade da vacina sexan suficientemente completos e sólidos\". Polo momento, o regulador europeo xa comprobou algunhas informacións da dose dado que houbo un seguimento continuado durante o seu desenvolvemento. Entre outras cuestións, as expertas analizaron a eficacia do produto de Janssen para producir anticorpos e células inmunitarias contra o SARS-CoV-2, que é o que causa o coronavirus. Esta fase despois da petición da compañía céntrase en examinar datos adicionais sobre a calidade, seguridade e eficacia do fármaco. No caso de que a EMA chegue á conclusión de que \"os beneficios da vacina son maiores que os seus riscos, recomendará a concesión da autorización condicional\". A decisión, para ben ou para mal, terá validez nos estados membros da Unión Europea e no Espazo Económico Europeo \"en cuestión de días\". Con independencia de que obteña o aprobado, é a cuarta demanda de autorización despois das de BioNTech/Pfizer, Moderna e AstraZeneca. Estas tres últimas xa se están a distribuír na UE. A de Janssen actúa, segundo explican fontes da EMA, preparando ao organismo para defenderse da Covid-19. Componse doutro virus (un adenovirus) que foi modificado para conter o xene para fabricar a proteína de pico do SARS- CoV-2. Após de ser administrada, o sistema inmunitario recoñece a proteína como estraña e produce os anticorpos."}
{"ID": "PRAZA_4095", "summary": "A pandemia do coronavirus puxo en evidencia dúas leccións fundamentais que debemos tratar de non esquecer nunca: cando os prioritario é que o mundo siga funcionando, cando as necesidades básicas son o primeiro queda patente quen é imprescindible: quen nos coida, nos sana, nos protexe e nos serve todo aquilo que fai que a vida sexa máis levadía, mesmo nos momentos críticos", "text": "Estamos vivindo días atípicos, unha crise que marcará o futuro de cada un de nós e da clase traballadora no seu conxunto. Todos sabemos que as relacións de produción sufrirán modificacións, pero aínda é difícil definir o alcance e as consecuencias exactas destes cambios para o conxunto da sociedade.Todo isto implica que este Primeiro de Maio non pode ser un máis. Non só porque as circunstancias concretas do confinamento nos impide encher as rúas de unidade obreira e de reivindicacións para o conxunto da nosa clase, senón porque as consecuencias sociais e económicas inmediatas da crise sanitaria ofrecen unha dimensión nunca vista para un Primeiro de Maio, polo menos nas últimas décadas. A loita da clase obreira é unha batalla cargada de futuro, e hoxe máis que nunca debemos ter a mirada alzada cara a ese futuro. Estamos nas portas dun novo tempo e as e os traballadores temos que pelexar para que neste novo tempo sexan os nosos intereses, as nosas necesidades, as que se sitúen no centro. Como dixo a ministra de traballo, Yolanda Dìaz, hai uns días: non é asumible que neste país teñamos que elixir entre o paro ou a precariedade.A pandemia do coronavirus puxo en evidencia dúas leccións fundamentais que debemos tratar de non esquecer nunca: cando os prioritario é que o mundo siga funcionando, cando as necesidades básicas son o primeiro queda patente quen é imprescindible: quen nos coida, nos sana, nos protexe e nos serve todo aquilo que fai que a vida sexa máis levadía, mesmo nos momentos críticos. Só a necedade nos pode facer seguir sostendo que o patrón é o elo máis importante da cadea. O pobo é quen máis ordena, pero tamén o que crea riqueza, ofrece servizos e dispensa coidados. A outra lección que nos deixa estas difíciles semanas é que os nosos intereses son incompatibles cos intereses da patronal e a elite económica. Moi poucas veces no último século se puido constatar con tanta claridade que para a clase empresarial a nosa saúde, o noso benestar, é secundario. Para os donos dos medios de produción o primeiro son os seus beneficios. Tivemos que loitar en cada fábrica, en cada comité de empresa para que se tomasen as medidas de seguridade e sanidade necesarias para protexer a saúde das nosas compañeiras e compañeiros; sempre coa oposición e a mala gana dos patróns. Nunca esquezamos estas dúas leccións.No concreto, é o momento de esixir o recoñecemento, con salarios dignos e condicións laborais decentes, a todas aquelas obreiras e obreiros cuxo traballo é vital e se xogan a saúde cada día; de que os sectores esenciais, como a sanidade ou o coidados, sexan integramente públicos. A iniciativa privada ten como obxectivo xerar beneficios, polo que non podemos consentir que ninguén gañe diñeiro coa nosa saúde ou co benestar dos nosos maiores. E, por último, a crise sanitaria puxo de relevo a urxencia de crear unha industria potente propia. Non pode volver suceder que teñamos que esperar semanas por máscaras e epis que protexan ás nosas traballadoras e traballadores.A mediados do século XIX Marx escribiu que «os seres humanos fan a súa propia historia, pero non a fan arbitrariamente, nas condicións elixidas por eles, senón en condicións directamente dadas e herdadas do pasado». E diso vai cada Primeiro de Maio, de facer a nosa propia historia con unión, constancia e solidariedade. Agora estamos nun deses momentos históricos onde as posibilidades están máis abertas que nunca. A principios deste século popularizouse, entre os movementos alterglobalización, o lema \"Outro mundo é posible\". Case dúas décadas despois sabemos, ademais, que o actual sistema xa non é viable. O capitalismo non é compatible coa vida. Outro mundo é urxente e a súa construción empeza hoxe."}
{"ID": "PRAZA_1926", "summary": "A auditoría encargada polo novo goberno local indica que o anterior gabinete executara practicamente todos os fondos en áreas como Obras ou Benestar. O goberno de FeC e PSdeG realizará unha modificación de crédito de algo máis de un millón de euros.", "text": "\"Dende o principio sabíamos que se realizara moitísimo gasto\". Quen fala é a edil de Facenda do Concello de Ferrol, Eugenia Freire, que dende esta semana ten sobre a súa mesa os \"primeiros datos\" da \"auditoría interna\" encargada polo goberno de coalición de Ferrol en Común e PSdeG para coñecer o estado das contas públicas do consistorio, que durante os anteriores catro anos estivo gobernado polo PP con maioría absoluta. O resultado deste avance é que \"con data do 7 de xullo estaba gastado ou comprometido un 64,8%\" do orzamento, compromisos que en catro áreas municipais chegaba ao 90%. Segundo os datos do goberno local, dentro dos órganos nos que se divide o organigrama do Concello o que maior grao de compromiso tiña no momento da análise era o de Benestar, Xuventude e Igualdade, cun 91% de gasto executado, o que implica \"que queda dispoñible apenas medio millón de euros\", nomeadamente 506.000 euros, dos 5,6 millóns iniciais. Dentro deste órgano a área de Benestar ten executado o 91,8% e \"quedan 412.839 euros\", en Xuventude están dispoñibles 9.500 euros, o 4,3% do orzamento inicial, e en Igualdade gastouse o 76,7%. \"A conta corrente asignada á Casa de Acollida atopábase cun saldo de 98 euros\", exemplifica a edil. Na área de Obras \"o gasto estaba executado ao 90%\" e en Benestar a execución superaba o 91%, segundo a auditoría encargada polo goberno local Os datos de fondos gastados ou comprometidos son tamén relevantes dentro do departamento de Urbanismo e Medio Ambiente, cuxo gasto executado rolda o 69,8%, con \"6,2 millóns de euros dos 20,5 iniciais\". Neste caso, na área de Obras \"o gasto estaba executado ao 90,3%, o que supón que o crédito dispoñible é de 174.000 euros\". En Zona Rural \"a porcentaxe realizada é aínda maior\", de case o 96%, indican. As cifras son semellantes en Cultura, Deportes e Turismo. \"No caso de Deportes quedan 135.843 euros, o 5,9% do crédito unicial\", en Cultura, Universidade e Centros queda o 3,2% e en Turismo, o 13,8%\". Onde máis fondos quedaron do anterior goberno é no departamento de Facenda e Patrimonio, onde o gasto executado que herdou o novo goberno ficou no 46,6%. Non obstante, subliñan, \"Cómpre ter en conta que dos 13,3 millóns\" que quedan na caixa \"en torno a 10 correspóndense a créditos destinados a pagar nóminas\" do persoal municipal. Modificación de crédito \"Son datos contrastados con documentos, non hai ningún problema en que se vexan e comproben\", di a concelleira de Facenda, para quen as cifras que emanan da auditoría amosan \"un descontrol, con partidas que están completamente esgotadas\". Este esgotamento, anuncia, é o que \"nos obriga a facer unha modificación de créditos\", xa que \"se ben isto non significa que isto estea todo gastado, si significa que está comprometido\", e \"para mover unha partida xa comprometida, cómpre unha modificación\". Este escenario, di, as prioridades do actual goberno fan que \"se precisen partidas para Benestar, Obras ou Urbanismo\". Para este, \"entre outros fins\", o gabinete que dirixe Jorge Suárez \"fará unha modificación de crédito por importe de 1,1 millóns de euros\"."}
{"ID": "NOS_30451", "summary": "As queixas polo funcionamento da sanidade pública sucédense por toda Galiza. Un dia despois que o presidente Alfonso Rueda recoñecese un verán con \"tensión\" no sistema sanitario, as protestas chegan a diversos puntos do país. Mentres tanto, o Goberno galego responde co feche de 639 camas nos hospitais galegos.", "text": "Os diferentes niveis de atención sanitaria mobilízanse na Galiza. Así, na xornada de onte, centos de persoasprotestaron no Porriño contra o desmantelamento da Atención Primaria na localidade. O acto rematou coa intervención do voceiro de SOS Sanidade, Manuel Martín, que denunciou a falla de profesionais como \"problema central do sistema de saúde\". Neste sentido, advertiu da \"política de recortes aplicada pola Xunta da Galiza, quen \"non só non amplía o orzamento sanitario en primaria senón que o reduce como acontece nesta anualidade\". Sanxenxo Os problemas chegaron, tamén, a Sanxenxo. A vila do Salnés, onde o alcalde ofreceu aloxamento gratis aos facultativos, non contará con profesionais para cubrir as vacacións do persoal de enfermaría e pediatría do Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar. Neste sentido, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo denuncia que \"de dous equipos que habitualmente se incorporaban ao centro para desprazados, só se incorporará o 1 de xullo unha praza de enfermaría e o 7 de xullo, un facultativo; este equipo será, en teoría quen teña que atender todos os desprazados deste concello\". A concentración de onte no Porriño ten continuidade hoxe en Moaña e Tui con dúas novas mobilizacións. O concello do Morrazo, tras 29 semanas consecutivas de protesta en defensa da recuperación do servizo de urxencias, volve saír á rúa ás 21 horas desta sexta feira, coincidindo co traslado do persoal sanitario da vila ao PAC de Cangas e o fechameto dos servizos médicos na localidade. Pola súa parte, a Plataforma pola Sanidade Pública de Tui convoca unha concentración diante do centro de saúde para denunciar a \"falla de médicos no verán, as condicións da sala de espera de urxencias e a falla dunha ambulancia medicalizada\". Moaña e Tui Os casos do Porriño, Sanxenxo, Moaña e Tui non son una excepción. O propio presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, admitiu a cuarta feira na sesión de control do Parlamento da Galiza, \"problemas\" no ámbito da sanidade pública e, moi particularmente, en Atención Primaria, onde se vivirán no verán \"momentos de tensión\". Asemade, desde SOS Sanidade, Manuel Martín, sinala a Nós Diario que \"todo apunta a uns meses moi duros polos recortes executados polo Goberno galego\" e dá por feito \"mobilizacións e protestas en toda Galiza\". A situación non está mellor en Atención Especializada. Onte mesmo, concentrouse o persoal de urxencias do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, que cualifica a situación de \"insostíbel\" e denuncia esperas habituais de 24 a 48 horas en padiolas \"sen distancia de seguridade entre pacientes, obstaculizando saídas de emerxencia que poden ser necesarias en caso de evacuación, vulnerando dereitos fundamentais como a intimidade e a privacidade e limitando necesidades básicas como o aseo\". Outro tanto aconteceu no Barco de Valdeorras, onde a xunta de persoal do distrito sanitario de Valdeorras e a veciñanza mobilizouse na tarde de onte. Hospital do Barco O voceiro do órgano de representación sindical no centro do Barco, Suso Vilasánchez, indicou a Nos Diario que \"o Hospital Público de Valdeorras está deixando de ser un hospital para converterse nun centro de especialidades onde o persoal vén pasar consulta e marcha. Vai camiño de ser un ambulatorio con camas de crónicos e xeriatrías\". Asemade, responsabiliza desta situación ao proceso de centralización sanitario impulsado polo PP, \"onde todo se centrou en Ourense e O Barco foi perdendo recursos, unhas veces coa desculpa de optimizar e outras coa de que non había especialistas que quixesen vir a Valdeorras\". A decisión da Xunta da Galiza de fechar durante os meses de verán un mínimo de 10% das camas en funcionamento nos hospitais galegos ameza con agravar os problemas. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), esta medida significaría reducir en 639 o número de prazas hospitalarias no Servizo Galego de Saúde (Sergas), nun momento de pandemia e de aumento da poboación polo efecto do turismo. Precisamente, onte deputada do BNG, Iria Carreira, afeou no Parlamento da Galiza ao director xeral de Asistencia do Sergas, Jorge Aboal, o feche destas camas nun momento en que \"40.401 pacientes agardan por unha intervención cirúrxica\""}
{"ID": "NOS_14438", "summary": "Resístense ao papel. Porén, os seus nomes ficaron gravados a ferro na memoria popular. O historiador Xosé Ramón Ermida Meilán, un dos coordinadores de Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, o último libro editado por Sermos Galiza, ofrece unha panorámica sobre a crueldade nas accións de represión e castigo ás persoas demócratas. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 259.", "text": "Os máis chegaron a nós entre silencios, en voz baixa e co medo das súas atrocidades aínda cicelado naqueles que viviron entre o terror ou souberon del a través de veciños ou familiares. Outros, os menos, apareceron nas memorias que deixaron as súas vítimas para que algún día se fixese xustiza ou nos testemuños que achegaron á prensa democrática aqueles que deron fuxido da morte que lle tiñan preparada. Son os verdugos da Galiza enteira, o Lis Quibén a aterrorizar Pontevedra ou Fernando Lago Búa, carniceiro entre os carniceiros de San Simón, e tamén Francisco Rodríguez \"O Rabioso\", a ciscar a súa rabia entre as xentes de ben de Vigo e o Tito Cuervo, a percorrer A Mariña de Viveiro a Ribadeo no \"coche do centolo\" sementando a morte e o Vitoriano Suanzes e o Gumersindo Alonso \"O Rubio\" e Buhigas e de Teresa e así até non rematar. A publicación do volume Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, libro editado por Sermos Galiza e que achega por primeira vez unha perspectiva global dos verdugos, non só vai cubrir o baleiro historiográfico sobre o tema, senón que abre a porta para novas investigacións que segan a sacudir este ermo e introducir novas perspectivas nun tema que até agora, agás honrosas excepcións, estivo ausente do debate. A represión e os represores fan parte xa da nosa tradición oral, ao pé dos nosos contos máis clásicos, aqueles que falan de meigas, fadas e encantos, aparecen estoutros que reproducen unhas pautas para o conxunto de Galiza e que escapan da disciplina histórica. Ao longo e ancho do país xorden relatos que nos falan dun mesmo patrón de conduta para os verdugos, un mesmo xeito de morrer, sempre atormentados e lembrando as súas vítimas ou unhas características comúns para significar a súa crueldade. Sería logo necesario un achegamento ao tema desde o campo da antropoloxía. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 259, en que publicamos un especial sobre o Día da Galiza Mártir. Xa na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_224", "summary": "Cinco sindicatos franceses veñen de convocar para o 14 de novembro unha vaga de mobilizacións e protestas con que amosar a súa solidariedade cos países europeos que nese día realzian unha folga xeral", "text": "Francia tamén terá o 14 de novembro unha cita coa protesta contra as políticas de recortes e 'austeridade', no marco da convocatoria feita pola Confederación Europea de Sindicatos e que implicará folgas xerais no Estado español e Portugal. Cinco sindicatos franceses (entre eles os maioritarios CGT e CFDT) veñen de convocar para esa data mobilizacións e protestas con que, apuntan, mostrar a súa solidariedade c@s traballador@s da periferia europea e as súas cidadanías. Nunha declaración conxunta destas cinco centrais, apuntan que exixirán un \"contrato social\" que inclúa estándares comúns, como o desenvolvemento dun salario mínimo equiparábel en cada país. @s manifestantes tamén pedirán unha maior coordinación da política económica e na inclusión sistemática dos custos sociais en calquera decisión. Folga xeral Nese 14 de novembro haberá folga xeral no Estado español e en Portugal, e non se descarta que tamén se sumen Grecia e Italia. Unha fronte dos países periféricos da UE onde as medidas e recortes de Bruxelas e os gobernos están a bater con especial intensidade nas maiorías sociais. Para rexeitar esas políticas, que inciden en maior desigualdade e inxustiza, apuntan nos sindicatos; as centrais, entre elas a CIG, chaman a unha folga xeral que teña unha ampla participación da cidadanía."}
{"ID": "NOS_35757", "summary": "O cartaz da gala, netamente feminino, que terá lugar en Tomiño inclúe as actuacións de Andrea Pousa, A banda da loba, Leilía e Rebeca Santos, unha performance da poeta Tamara Andrés, e será presentada pola actriz Isabel Risco. É o feche do Ano da Lingua organizado pola Deputación de Pontevedra.", "text": "A primeira gala do Ano da Lingua, organizado pola Deputación de Pontevedra, en 2016, foi en Pontevedra; tomándolle o relevo en 2017 Cangas e agora, na edición de 2018, a iniciativa recala en Tomiño. Así o anunciaron a alcaldesa da localidade, Sandra González, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. A cita vai ser o vindeiro 8 de decembro, no Auditorio de Goián, e con entrada de balde. \"Introducimos diferentes disciplinas e diferentes estilos tamén para visibilizar todo o traballo realizado desde os campos que formaron parte da programación do Ano da Lingua\", asegurou Xosé Leal. O cartaz desta edición é totalmente feminino. Así, a imaxe gráfica do cartaz é obra da deseñadora pontevedresa Ana Seoane e inclúe as actuacións musicais da artista tomiñesa Andrea Pousa, así como de A banda da loba e Leilía. O evento tamén contará co espectáculo aéreo de Rebeca Santos, cunha performance realizada ad hoc para este evento pola poeta Tamara Andrés, e será presentado pola actriz Isabel Risco. Ademais da Gala, para ese mesmo día tamén se programan dúas actuacións en horario de mañá. Están previstas para as 12h na praza do Seixo —en caso de choiva está previsto o seu traslado ao Mercado— e consistirán no Concerto Punkinfantil, para público infantil e familiar, e nunha actuación de Blues do País, nunha sesión vermú."}
{"ID": "NOS_16463", "summary": "Os días 20 e 21 de xuño desenvolverase na Casa Pousadoira, en Miño, o I Encontro de Mulleres en Transición. Unha ollada de xénero sobre a crise civilizatoria.", "text": "A filósofa arxentina Isabel Rauber definiu a actual crise do capitalismo como unha \"crise civilizatoria\" que abrangue todos os planos, o económico, o social e tamén o político. Neste senso, Rauber defende unha mudanza que camiñe cara á unha nova civilización. Cara á outra forma de entender todos os aspectos que abrangue a vida. Desde esta premisa parte, tamén, o I Encontro de Mulleres en Transición que terá lugar en Miño os días 20 e 21 de xuño na Casa Pousadoira. Unha iniciativa que xorde arredor do ecofeminismo e visa introducir \"unha visión de xénero\" \"na análise da crise, da xestión que se está a facer dela e do que se nos vén enriba\", explica Begoña de Bernardo, unha das organizadoras. \"As mulleres temos moito que dicir\" A idea xurdíu, conta, \"após a publicación da Guía sobre o descenso enerxético editada pola Asociación Véspera de Nada\", da que é integrante. \"Levabamos varias persoas, entre elas eu, polo menos un ano remoendo na idea de que había que organizar algo\" arredor do que se amosa como \"o fin dunha era\" e, nese senso, \"as mulleres temos moito que dicir\". E é que elas están a recibir \"un dobre impacto\" como traballadoras e mulleres na situación actual. A precariedade e o desemprego atínxenas especialmente e, aliás, acrecenta Begoña, \"os recortes nos servizos sociais reverten directamente nos fogares\" cuxos traballos, sinala, \"recaen principalmente nas mulleres\". A \"crise de coidados\". Eis outra faciana da crise civilizatoria. O \"bon vivir galego\" O programa para este primeiro encontro xirará pois arredor de diversos eixos. \"Teremos unha palestra sobre a vivencia das mulleres no medio rural\" que correrá a conta da europarlamentar de AGEe, Lidia Senra,. \"O rural ten moitas potencialidades\", sinala Begoña, \"cremos que se pode producir unha re-ruralización\" e mesmo, subliña, \"que é preciso\" que aconteza. Que oportunidades brinda e como aproveitalas será unha das cuestións a tratar. Nese senso, debruzaranse sobre o \"bon vivir galego\" da man de dúas experiencias concretas, a da labrega María Fra e o proxecto Druantia, con Charo Lopes. Coidados, afectos e sexualidade Asemade, focarán a atención no terreo das maternidades e da reivindicación do \"dereito a ser nais\" sen que isto supoña \"un obstáculo\" para a independencia das mulleres. \"Hai cuestións que só nós podemos facer como preñar, parir ou aleitar\" mais outros coidados \"están a recaer tamén nas mulleres\" quer no seo do propio fogar, quer os que foron \"transferidos a outras mulleres\" fóra deste, nomeadamente nas migrantes. A sexualidade e os afectos tamén terán espazo nunha dupla xornada que combinará reflexión e lecer. O encontro rematará coa posta en común das participantes das reflexións tiradas ao longo da xornada. \"Queremos que todas as asistentes acheguen as súas reflexións, para contribuírmos ao debate social sobre o que está a acontecer e imaxinarmos o futuro\". A \"perspectiva de xénero\", salienta Begoña de Bernardo, \"é imprescindíbel para a análise\" da realidade mais tamén para \"recuperar unha vida digna\", sentencia."}
{"ID": "NOS_22183", "summary": "O roteiro reivindicativo convocado pola Asociación Monte Pindo rematou no lugar de Chan das Lamas após dúas horas e media de camiñata. Reclamáronse demisións a berros, así como a declaración de Parque Natural para este lugar.", "text": "\"Protección real\" para o Monte Pindo e a demisión \"dos responsábeis da destrución da nosa Patria, que nos fixo ser como somos hoxe\". Coa leitura dun manifesto por parte do presidente e o secretario da Asociación Monte Pindo, Xilberto Caamaño e Mario Maceiras, rematou o roteiro 'Do negro ao verde', no cal se implicaron por volta de 500 persoas malia a intensa chuvia que este sábado caeu tamén en Carnota. Así as cousas, a marcha verde arrincou por volta das once da mañá desde os dous lados do Pindo: desde a praza da Solaina e desde Caldebarcos. O mal tempo obrigou a cubrir as prendas verdes con chuvasqueiros, mais aínda así o obxectivo da acción reivindicativa, devolverlle a vida a un monte arrasado polas lapas, mantívose vivo grazas as cores da roupa e dos paraugas d@s centos de camiñantes. Negro, espido e cheirando a queimado Desde que o lume reduciu a cinzas máis de 2.400 hectáreas deste espazo natural protexido, andar as súas ladeiras ten un cheiro que recorda a catástrofe. Cheira a fume, a queimado, a borralla humedecida pola auga que leva caído. A imaxe dun monte completamente negro e espido impacta. Provoca unha mistura de carraxe e impotencia que contaxia a todas as persoas que fixeron parte do roteiro. \"Este é o paradigma de como o lume non é só a causa dun misto que o prende, senón tamén do desleixo da Xunta\", sinalou Xilberto Caamaño unha vez concluída a camiñata. O acontecido neste fermoso e frondoso monte do cal @s veciñ@s conservan só a lembranza do que foi \"demostra a desastrosa política de prevención\" e deixa ao descuberto \"unha política forestal dirixida aos intereses das grandes empresas da madeira e pasteiras\". A mangueira de Feijóo volve á memoria A imaxe de Feijóo facendo que sofoca un incendio durante a vaga de lumes de 2006 vestido con roupa de marca e sostendo unha mangueira fica tamén na retina de tod@s @s galeg@s. \"Mudou a mangueira polas tesouras de podar\", ironizou o presidente da Asociación Monte Pindo, quen reclamou a demisión da responsábel de Medio rural, Rosa Quintana, e do Medio ambiente e Territorio, Agustín Hernández, pola responsabilidade que tiveronna queima do Olimpo Celta. Berros de 'Monte Pindo Parque Natural' e un prolongado e emotivo aplauso puxeron o punto e final á mobilización, da cal fixo parte tamén o alcalde de Carnota, Ramón Noceda. No pensamento d@s camiñantes, a mesma chamada á loita que aparecía escrita na faixa da plataforma ContraMINAcción, que tamén tomou parte no roteiro: Defendamos a Terra fronte ao capital."}
{"ID": "NOS_16238", "summary": "No goberno de coligazón coa CDU, o SPD leva a carteira de Xustiza. A súa responsábel, Katarina Barley, cualificou de \"absolutamente correcta\" a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein de exonerar Puigdmont do delito de rebelión. Sobre o de malversación Barley avanza que non será tan doado que se autorice a entrega do president a España.", "text": "A decisión do tribunal de Schleswig-Holstein sobre a non extradición de Puigdemont por rebelión -ao considerar que non existiu violencia- non esgota o trámite, sendo que na euro-orde o xuíz Llarena tamén pide a entrega do político de Girona por malversación de caudais públicos, un ilícito penal que podería envolver penas de prisión até os 12 anos. O debate, por tanto, aínda está aberto. O tribunal non se pronunciou ao respeito dese outro delito. Na cuestión terciou a ministra de Xustiza, en declaracións ao Süddeutsche Zeitung. Nelas o que vén dicer é que se as autoridades españolas -en concreto o xuíz do Supremo- tencionan continuar co proceso de extradición terán de explicar e demostrar por que acusan o president da Generalitat de malversación. \"Non será doado\", dixo. \"A decisión dos xuíces de Schleswig-Holstein é absolutamente correcta. Era a que eu agardaba\", afirmou a ministra, e a seguir acrecentou que, no caso de o Estado español ser incapaz de fundamentar a acusación de malversación, \"Puigdemont será un home libre nun país libre, e dicer, Alemaña\". Barley foi un paso alén do estritamente xudicial ao afirmar que neste caso é ben \"falar tamén dos componentes políticos\". Esta declaración encaixa coa realizada esta sexta feira polo portavoz do ministro de asuntos exteriores, Rainer Breul, un departamento gubernamental que tamén está en man do SPD. Breuel pediu que se formase un goberno en Catalunya para \"avanzar cara unha solución política\" do conflito."}
{"ID": "NOS_29857", "summary": "Trump dixo que gosta das conferencias de imprensa e que o seu costume era dar unha case todos os días. Non o fixo até o de agora, apenas a 9 días de xurar o cargo, dada a avalancha de \"noticias inexactas\" que circulan sobre el, alegou. Admitiu que os EUA foron hackeados por Rusia, mais tamén, dixo, \"por outros países\".", "text": "A conferencia de imprensa de Trump pivotou basicamente sobre un asunto: os seus vínculos reais ou supostos con Rusia. O presidente eleito negou o contido do dossier entregado polo senador McCain ao FBI e, como xa fixera en twitter, cualificouno de noticia fraude. Parabenizou os meios que non se fixeron eco del e mostrou a súa confianza en que non fora filtrado por axencias de intelixencia. Caso contrario, alegou, sería unha \"tremenda mancha\" no seu legado. Trump, moi presionado sobre o asunto da hipotética inxerencia rusa na campaña eleitoral, acabou concedendo que \"a respeito do hackeo, creo que foi Rusia\", mais a seguir optou por diluír a responsabilidade da Administración Putin nunha sorte de práctica xeneralizada: \"Creo que tamén somos hackeados por outros países\". E nese sentido sinalou Beijing. O presidente eleito voltou a utilizar declaracións formuladas por Putin como material da súa defensa. \"O presidente Putin e Rusia emitiron un comunicado hoxe no sentido de que esta noticia fraude era unha noticia fraude. Eu respeito que dixese iso\". Perguntado directamente pola imprensa sobre se aceita o feito de que Putin tivese manobrado para el lle gañar as eleccións a Clinton, Trump deixou ver que é un home de empresa e formulou a cuestión en termos empresariais: \"Se Putin gosta de Trump eu considero isto un activo, non un pasivo, porque nós temos unha relación horríbel con Rusia\". A seguir, en ton entre desafiante e burlón, repuxo: \"Vosté considera honestamente que Hillary sería máis dura con Putin do que vou ser eu? Alguén realmente pode acreditar nisto?\". Cámaras nos hoteis nos lugares máis estraños Trump aludiu oblicuamente á hipótese de que Rusia tivese no seu poder algún vídeo seu de carácter sexual tomado durante unha visita a Moscova. Explicou que sempre que viaxa toma precaucións especiais, que sempre está rodeado de garda-costas e que sempre lle insiste aos membros da súa comitiva que teñan tino, que nos hoteis hai cámaras ocultas \"nos lugares máis estraños\". \"Ou vas a modo ou acabarás véndote nalgún programa nocturno na TV\", iso é o que lles di aos seus cando viaxan. \"Esta Administración creou ISIS\" O presidente eleito defendeu a alianza con Rusia porque \"pode axudarnos a combater o ISIS\" e nese sentido non dubidou en acusar a Administración Obama de ter criado o Daesh por ter \"abandonado [o escenario de combate] no pior momento\". \"No baleiro [deixado polos EUA] formouse o ISIS\". E a seguir engadiu: \"Se Putin gosta de Trump, eu a iso chamaríalle un activo, non un pasivo. Non sei se me vou levar ben con Putin, agardo que si, aínda que tamén hai bastantes posibilidades de que non\"."}
{"ID": "NOS_17015", "summary": "Unha declaración pública asinada por colectivos como a CIG, Fruga, Comités, AS-PG e a Federación Galiza Cultura, entre outros, aposta por avantar cara a ese obxectivo.", "text": "Á calor do debate aberto arredor da unidade para afrontar os vindeiros comicios xerais, e logo de que se sucedan varios manifestos cidadás a prol da confluencia, sindicatos e movementos sociais do noso país veñen de tomar a palabra para expresaren o seu apoio a unha \"candidatura nacional galega de unidade\". A través dunha declaración pública de carácter aberto chaman a seguir avantando cara a conformación dese espazo unitario en chave nacional. A iniciativa ten como primeiros asinantes Adega, Agrupación Cultural \"O Galo\", Asociación Galega de Emigrantes Retornados \"Marusía\", Asociación Galega de Historiadores, AS-PG, CIG, Comités, Federación Galiza Cultura, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Galiza Sempre, Fundación Moncho Reboiras, Fruga e a Organización Galega de Comunicades de Montes en Man Común. O texto fica aberto a novas adhesións. Apostan por lograr un grupo parlamentar galego con personalidade xurídica propia e plena soberanía \"As organizacións sociais abaixo asinantes entendemos que as próximas eleccións as Cortes Xerais do Estado constitúen unha cita política moi importante para as lexítimas aspiracións de soberanía e xustiza social do pobo galego\" explican no texto. Por iso xulgan que unha candidatura unitaria é unha iniciativa precisa diante dun \"contexto político-institucional, social e económico como o que estamos a vivir, no que están abertos debates de calado como o do modelo económico e social ou o do dereito a decidir e á libre determinación dos pobos\". \"Galiza, o noso pobo, non pode nin debe ficar á marxe en ningún deses debates, máis ben ao contrario, debemos aparecer como un suxeito con voz propia\" engade a declaración. \"Sumámonos a todas aquelas voces que desde diferentes ámbitos están a defender e promover iniciativas no camiño de conformar unha candidatura unitaria nacional galega, que conte cun amplo respaldo social e político que faga posíbel que por primeira vez se poida conformar un grupo parlamentar galego no Congreso dos Deputados\" proclaman. Un grupo parlamentar que conte \"con personalidade xurídica propia, con plena soberanía na súa toma de decisións e polo tanto non sometido nin supeditado a estratexias políticas estatais, comprometido na defensa dun programa reivindicativo en favor das clases populares galegas e do pleno recoñecemento da soberanía de Galiza como nación que somos\"."}
{"ID": "NOS_17781", "summary": "No centro histórico da cidade de Ourense sitúanse as Burgas, un conxunto de fontes de auga termal con baños abertos ao público. Ao seu carón, agochado hai 40 anos no baixo da praza de abastos, existe tamén un lavadoiro cunha peculiaridade: utiliza auga termal. A pesar desta característica, no actual proxecto de reforma da praza non se contempla este lavadoiro, polo que será derrubado. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 331 de Sermos Galiza.", "text": "\"É paradoxo que algo tan especial coma un lavadoiro destas características non se poña en valor, e ademais na suposta capital termal de Galiza\", afirma Paco Paz, director do documentario Memoria na pedra, xunto con Lucien Petitjean. \"Eu creo que é moi salientábel que haxa un lavadoiro termal nunha cidade, que aínda se empregue, que practicamente a cidadanía non saiba que existe e que vaia desaparecer. Nós fixemos este documentario pensando que quizais eran os derradeiros meses deste espazo\". Este lavadoiro, antigamente situado nas beiras do río Barbaña, desprazouse ás Burgas para aproveitar a auga termal, o que permitía ás lavandeiras deixar de utilizar a auga fría do río para lavar. Ademais, mellorouse unha estrutura que estaba danada e que obrigaba estas mulleres a lavar axeonlladas. Todo este proceso foi promovido por outra muller: Celsa Porto. Hoxe en día, como manifesta Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán, \"parece que non ten moita demanda; pero á marxe do tema especulativo, etnográfico e da funcionalidade do servizo e da propia instalación, poderíase converter nun museo ou ofrecer un tipo de estrutura compatíbel coa instalación actual\". Ademais, critica, en declaracións a este medio, \"na cidade non hai unha verdadeira explotación do termalismo, que non se limita aos baños. O termalismo en Ourense hoxe en día é algo residual, case inexistente, sendo unha potencia mundial\". A cara oculta do termalismo O documentario Memoria na pedra, que se iniciou para poñer en valor este patrimonio, foi gañador do primeiro premio no VIII Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Non obstante, tamén se presentou no Festival de Ourense, no que foi descartado e, polo tanto, non se exhibiu. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 331 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_3223", "summary": "Esta é a realidade de Iemen, un país dividido que sofre en silencio as batallas que se libran dentro dela. Semella afastada esa Arabia feliz regada de futuro; con todo, a esperanza está latente", "text": "Iemen, unha das civilizacións mais antigas do mundo, é un verxel que combina esa beleza natural propia cunha historia abraiante que recollen as Sagradas Escrituras e que silencias os escritos modernos. Situada no extremo sur da árida península arábiga, abrigada polas augas do mar de Arabia e mais do mar Vermello, e habitada durante séculos, leva anos sumida nunha guerra da que non se albiscan indicios de paz e tranquilidade.Iemen é a única república na península arábiga, onde todos os seus veciños están dirixidos por reinados e emiratos. É tamén unha das terras máis fértiles da rexión, famosa polo cultivo do café e polas montañas airosas que recollen o fresco das costas que bañan o país. Na beira leste están as areas brancas do mar Vermello e na beira sur os rochosos areais do golfo de Aden, parapetado por montañas que se estenden ao longo e ancho de todo o territorio; un oasis que fai fronteira co vasto deserto árabe que delimita as propiedades do país.A historia de Iemen remóntase aos comezos da civilización, pois hai datos sobre ela dende hai séculos. De feito, a orixe mesma do nome semella estar na Xénese bíblica, onde se conta que de Ioctán, fillo de Héber, fillo de Xálah, fillo de Arfaxad, fillo de Sem, saíron as tribos que logo poboaron Iemen. O teólogo Evis L. Carballosa afirma que os descendentes de Ioctán habitaron o sur da península arábiga, dende Mesa ata Sefar, e proba diso son os nomes das tribos e poboacións que herdaron os seus nomes: Almodad, cuxo nome podería significar «o amigo» ou «o amigo de Deus», representa os pobos do sur, igual que Haarmot, que alude a unha zona rica en mirra; Xelet identifícase coa tribo iemenita dos salf e Iárah, que significa lúa, cunha que se cre que adoraba a lúa; Hadoram, que vén sendo «Adad é exaltado», era tamén unha tribo arábiga, como Diolah, terra de palmeiras ou dátiles, Abimael, que significa «o meu pai verdadeiro é Deus», e Obal e Iobab. Amais, Uzal designaba a cidade de Sana, a actual capital do país, e Ofir, onde estaban as mellores minas de ouro da época, que se topaba entre Xebá e Havilah, que significa terra onde hai ouro.Dese Ioctán vén o nome do país, que significa dereita. Hai investigadores que defenden a idea de que Ioctán se estableceu no primeiro lugar á dereita que topou despois de baixar dende o norte da península arábiga. Mais hai outra teoría que mantén que o nome de Iemen débese a situación xeográfica do país con respecto a Meca: a súa dereita. No caso da capital, Sana, é tamén coñecida como medinat Sem, a cidade de Sem, xa que se cre que foi este quen a fundou. De Sem provén o xa aludido Ioctán, ou Qahtán, lembrado nun poema revolucionario que recorda as orixes do pobo iemení: «Qahtán é o voso ancestro e o meu/ a xente de Iemen e a vosa posesión e a miña».O feito de estar entre a India e o mar Mediterráneo permitiulle a Iemen ter o control do trafico de especias. Daquela coñecida como reino de Sabá, fíxose tamén famosa pola súa raíña, como documentan as tres grandes relixións monoteístas. As lendas alimentáronse da figura de Bilquis, a raíña de Sabá, e o seu poder traspasou fronteiras. Así, crese que cando unha bubela lle falou a Salomón dun lugar onde había unha raíña que veneraba o sol, este decidiu persuadila e escribirlle unha carta na que lle explicaba que a quen debía adorar era a Deus. A resposta chegoulle en forma de agasallos, que rexeitou, ante o cal a propia raíña decidiu acudir ante el. Os trasnos que acompañaban a Salomón, temerosos de que este namorase e quixese casar, advertíronlle que Bilquis tiña as pernas peludas e pezuños de cabra. A curiosidade foi tal que o monarca mandou construír un chan de cristal baixo o trono. Deste xeito puido enganar á raíña, que pensou que era auga e tivo entón que arremangarse as roupas, deixando á vista as pernas peludas. Aínda que non se sabe de certo se chegaron a casar, conta a lenda que os trasnos depilaron a raíña e esta converteuse á fe que predicaba Salomón.Alén do mito, hai investigacións que constatan que Sabá foi un estado matriarcal cuxo nome significa «receptor do ceo e da paz». Dispóñense de datos que atestan que eran as mulleres as cabezas de familia e as que herdaban. Permitíaselles ter máis dun esposo, quen debía abandonar a casa dos pais para vivir onda ela, que podía divorciarse, e que o facía, orientando a tenda de campaña cara ao leste durante tres noites consecutivas. Amais disto, Sabá era un país rico en ouro e pedras preciosas, cun avanzado sistema de irrigación e cuantiosos xardíns que o orlaban. Nel cultivábanse diversos tipos de especies e dominaba o comercio do incenso, de gran importancia daquela. Nese milenio antes de Cristo, o incenso empregábase para ofrendas, pois críase que o seu fume chegaba ata o ceo por medio dos rezos. Así mesmo, as piras funerarias adoitaban cubrirse con el e permitían que o recendo apagase o cheiro das cremacións. Outra resina moi usada na época era a mirra, utilizada para facer aceites perfumados e cosméticos, así como para preparar os corpos antes do funeral. Tanto a resina como o incenso eran produtos moi demandados e Iemen producíaos a gran escala.O afastamento da rexión permitiulle permanecer libre de conflitos durante séculos e que fose coñecida domo a Arabia Feliz, «Arabia Felix». Mais no século i d.C. os romanos ocuparon Exipto e pasaron a controlar o mar Vermello, o que provocou o declive da ata ese momento prospera ruta do incenso. A fraqueza económica propiciou que o reino cristián de Abisina, a actual Etiopía, gobernase o lugar, que no século vi pasou a mans de Persia.O século vii supuxo un notable cambio para toda a rexión debido á chegada do islam, que axiña se estendeu e levou con el novas formas de goberno. Dese xeito, Iemen estivo dirixida por diferentes califas que lograron manter a cultura propia do país; porén, as diferenzas ideolóxicas entre grupos do norte e grupos do sur comezaron a delimitar as posteriores friccións. Cómpre apuntar que no século x o imanato Zaydi estableceu vínculos importantes coas tribos do norte e coa vertente xiíta do islam. Namentes, o goberno Rasulid, que se fixo co control dende o século xiii, identificouse coas terras do sur e coa corrente sunnita. Esta dicotomía rompeuse coa chegada de mercadores portugueses no século xvi, o posterior dominio dos mamelucos de Exipto e a conquista do imperio otomán máis tarde; un dominio derrubado un século despois grazas á unión do imanato Zaydi, que durou ata entrado o século xix.Iemen desenvolveu unha gran industria cafeteira durante o goberno otomán. A cidade costeira de Moca converteuse no principal porto e vía de importacións do país e, durante 200 anos, no monopolizador do comercio do café. O escritor Dave Eggers combina as lendas nacidas co café coas do propio Iemen, nunha novela biográfica que presenta a historia do país a través dos ollos do seu protagonista: Mokhtar Alkhanshali. Este, fillo de inmigrantes iemenís residentes en Estados Unidos, explora os cafetais e a vida campesiña do país dos seus devanceiros xusto no ano no que estala a última guerra civil, 2015. O novelista e investigador aproveita para facer da obra un manual de historia e para abrir as portas á esperanza. Grazas a este proxecto, a fundación de Alkhanshali, Port of Mokha, conseguiu maior difusión. Así, o café logrou devolver a Moca o seu protagonismo e aos seus cultivadores un traballo remunerado.Tras dous séculos de monopolio cafeteiro, Iemen tivo que procurar outros negocios. O encarecemento do produto, moito máis elevado que noutras zonas do mundo, onde comezou a producirse, provocou a perda do dominio. Por iso, a importancia e o terreo alcanzado polo café foi pronto ocupado polo qat, un arbusto que contén alcaloides similares á cafeína e cunhas follas que masca a maior parte da poboación iemení. De feito, Al-Mugahed sinala que case a metade dos ingresos familiares van para o qat, que adoita mascarse durante catro ou cinco horas ao día. Malia que a OMS a considera unha droga agresiva, é legal en Iemen e moi habitual en eventos sociais e reunións. A súa importancia é tal que hai quen culpa a droga da escalada de violencia do país. Segundo argumentan, os seus cultivos aprópianse de boa parte dos acuíferos que, por mor da seca, provocaron importantes carencias de auga, feito que agravou a fame e a tensión nos febles lazos de unión entre tribos rivais que precisan deses terreos e desas augas para vivir.Eses séculos de auxe comercial serviron para que a poboación se concentrase en núcleos urbanos e que así se construísen os primeiros rañaceos do mundo, edificios de entre catro e oito andares, algúns deles de máis de 30 metros de altura, e feitos con barro, palla e auga. Shibam, coñecida baixo o alcume de «Manhatan do deserto» é un dos mellores exemplos desa arquitectura que comezou no século iv e non deixou de traballarse ata o xvi. Esa planificación urbana, baseada na construción en vertical, está presente en todo o país e é un dos sinais de identidade do mesmo, unha auténtica peza de museo desa etapa de esplendor. O illamento cultural iemení prolongouse dende o século xvii ata o xix, coa ocupación británica de Aden, no sur, e a reocupación otomá do norte. Xa a comezos do século xx, os dous poderes trazaron unha fronteira que non se había derrubar ata 1990. Na beira norte houbo diversas revoltas que remataron, en 1918, coa saída das forzas otomás, que deixaron a rexión en mans do imanato ata a revolución de 1962. Na beira sur, Aden converteuse nun enlace de gran importancia grazas á apertura do canal de Suez, o que provocou a protección británica da zona; con todo, a oposición da Fronte de Liberación Nacional, sumado ao fracaso da política colonial británica, fixo que en 1978 o sur do Iemen conseguise a súa independencia. E así, ata a reunificación, a parte norte creceu baixo o dominio da cultura islámica, mentres o sur se organizaba segundo unha ideoloxía marxista.O 22 de maio de 1990 declarouse oficialmente a República do Iemen. O presidente do norte, Saleh, pasou a ser o presidente da nova república, mentres al-Attas, presidente do sur, pasou a ocupar o posto de primeiro ministro. Ese mesmo ano, a guerra do golfo Pérsico provocou unha enorme inestabilidade na zona, que, no caso de Iemen, derivou nun conflito económico de graves consecuencias. O apoio de Saleh á invasión iraquí de Kuwait suscitou o enfrontamento con Arabia Saudita, que expulsou do país o millón de iemenís que alí traballaban. De igual xeito, Estados Unidos freou a axuda a Iemen e a situación motivou unha gran deterioración económica. Ese desgaste agravouse en 1994, ano no que estalou unha guerra civil que levou a unha fugaz secesión do sur. Saleh conseguiu unificar de novo o país e ditou leis que permitiron que seguise no poder ata o ano 2011, cando as protestas encheron as rúas a pedir a dimisión do presidente, destituído un ano máis tarde a favor de Hadi.A situación do país non deixou de empeorar durante o mandato de Hadi. Asher Orkabi resume con detalle a volatilidade deses anos de cambios de goberno así como as causas que hai detrás. Orkabi explica como a situación actual deriva dunha solución inacabada que só fixo aumentar as friccións entre as diferentes partes; unha delas a dos hutis. Tal e como expón, en setembro de 2014, o movemento tribal huti chegou a Sana e devagar estendeu o seu dominio ata provocar a abdicación do presidente Hadi. Ese control do norte por parte dos hutis, que reclaman a súa lexitimidade, baseada na historia, contrasta co movemento separatista do sur, al-Hirak, que sente o menosprezo dos outros e que se identifica co verdadeiro estado de Qahtán.Á frontal rivalidade entre o norte, que recibe o apoio de Irán e o contraataque de Arabia Saudita, e o sur, que conta coa axuda dos Emiratos, cómpren engadir dúas ameazas contra ambos: por unha banda al-Qaeda, que foi gañando cada vez máis adeptos dende 2009, e pola outra o Estado Islámico, que mantén un pequeno bastión no centro do país; obxectivos, ambos grupos, de operacións contraterroristas estadounidenses. Unha quinta facción dentro da loita fórmano aqueles que encabezaron as protestas da primavera árabe iemení. No medio de todos eles, e sen voz, están os milleiros de inocentes atrapados no lugar onde naceron.O conflito bélico entre as diferentes bandas fai que Iemen viva a peor crise humanitaria do mundo. Segundo os datos recollidos no Plan de reacción humanitaria da oficina da ONU para a coordinación de asuntos humanitarios, OCHA, polas siglas en inglés, o 80% da poboación (24 millóns, dun total de 30'5) precisa de axuda humanitaria, 14'3 de entre eles cunha necesidade severa. O documento amosa que hai 4'8 millóns de desprazados, preto de medio millón deles refuxiados e migrantes, e que unha media de 600 construcións civís acaban esnaquizadas cada mes. A estes estragos hai que sumar o de hospitais, colexios e outras instalacións civís que complican aínda máis a vida diaria. Amais, as minas terrestres e outros restos de explosivos constitúen un perigo constante para a poboación.Entre eses milleiros de refuxiados que fuxiron de Iemen está Alaa Abdoulkader Saleh Bagunaid, quen lembra como o 16 de abril de 2015 chegaba á costa de Djibuti. Abandonou o país coa familia e atrás deixou a casa e as súas pertenzas, e mais o traballo. Confesa que xa non lle queda nada en Iemen e que aínda que Djibuti nunca se converteu no seu lar, aí ten agora un sitio onde traballar e vivir, coa esperanza de poder marchar cara a outro lugar o antes posible. Soña con continuar os seus estudos de informática e con mellorar de traballo para así poder seguir a axudar á familia, separada por mor da guerra. Os pais están en Exipto, cun outro fillo que sofre de problemas mentais, agravados dende a súa fuxida de Iemen, onde vivían con tranquilidade. Unha calma rota que fixo que mudasen o piso onde vivían por un peirao, ao chegaren a Djibuti, e por unha tenda de campaña, ás poucas semanas, no campo de refuxiados de Markazi.Alaa viviu en Markazi, coa familia, dous anos. Alí traballou como voluntario para a ICAN (rede internacional de acción infantil, polas siglas en inglés), onde chegou a aprender xaponés, e colaborou nas actividades do campo para ocupar o tempo libre e manterse enérxico. Por iso, malia a calor, que nos meses máis duros chega a superar os 50ºC, corría todas as mañás e nadaba todos os venres. Así, engorde, foi perdendo o contacto co seu país natal, onde as novas veñen cos novos refuxiados, desesperanzados. Anisa Samir tamén viviu no campo de refuxiados de Markazi. Igual que Alaa, chegou coa familia e axiña comezou a colaborar no campo como mestra de inglés. Iso era o que estudaba antes de partir do porto de Aden; uns estudos que retomou hai un ano, ao volver á casa. Malia aínda sentir certo medo, pois a cidade non é como era antes de 2015, está feliz de continuar os estudos e de estar entre os seus. Recoñece que a longa tempada en Markazi fíxoa madurar e aprender moito, mais devecía por volver ao seu Iemen natal. Agora espera rematar a carreira e traballar dela; talvez monte unha ONG coa que poder aportar o seu coñecemento e un chisco da axuda que tanto precisa o país.Aden renace das súas cinzas amodo. Testemúñao Anisa e a vida ao seu redor, que volve contar con eventos culturais, como a proxección de películas. Hai uns anos, en 2014, traspasaba fronteiras o filme Ana Nojoom bent alasherah wamotalagah, Son Nuyum, de dez anos e divorciada, de Khadija al-Salami; unha crónica sobre a realidade do matrimonio infantil en Iemen. Máis recente é Ashiratum ayam qabel al-zifatu, Dez días antes da voda, de Amr Gamal . Neste caso, a produción amosa unha historia de amor chea de obstáculos provocados polo conflito que comezou en 2015. O orzamento de pouco máis de 25.000 euros e os trinta días de produción e gravación en situacións de perigo, axitación política e inseguridade non foron un impedimento para que se convertese nun auténtico éxito. Aínda que nun principio a película ía proxectarse durante dez días, estivo oito meses en pantalla grazas á gran demanda de público. Uns espectadores que non puideron encher as salas de cine, pois a maior parte dos teatros e salas quedaron esnaquizados durante os sucesivos enfrontamentos; con todo, si lograron ocupar os lugares onde se instalaron as pantallas que se montaban e recollían con cada función.Dez días antes da voda non é só un reflexo da realidade actual iemení, senón tamén un halo de esperanza xurdido do medio do conflito; unha guerra que semella non ter fin, ao contrario que a película. Esta comedia dramática do día a día é un exemplo máis da vida en Iemen, como a que amosa o documental Manal Al-amal, feito por dúas xornalistas iemenís: Manal Qaed Alwesabi, cuxo nome significa determinada, e Amal Al-Yarisi, cuxo nome significa esperanza. Neste caso dáse voz a diferentes nais que presentan o sufrimento de ter fillos aos que non poder alimentar; unha situación descoñecida fóra do país, mais totalmente habitual nel. Esta é a realidade de Iemen, un país dividido que sofre en silencio as batallas que se libran dentro dela. Semella afastada esa Arabia feliz regada de futuro; con todo, a esperanza está latente. A xente iemení segue a vivir e a loitar pola súa vida, consciente de que un cambio é posible e necesario para que nese verxel zarrapicado de rañaceos de adobe volva pronto florecer a paz."}
{"ID": "PRAZA_12147", "summary": "Rubén Ruibal debulla para Praza as súas visións sobre o momento creativo do teatro galego, reivindica a figura de Vidal Bolaño, do que este ano farán dez anos do seu pasamento, e salienta o bo nivel dos autores dramáticos do país: Vanesa Sotelo, Fernando Epelde ou Santi Cortegoso. Video no interior.", "text": "Praza reuniu a pasada semana a Jorge Coira e Rubén Ruibal nun restaurante compostelán para que conversasen ao redor da adaptación cinematográfica que o primeiro está preparando da obra do segundo, Limpeza de Sangue. Falamos con Ruibal sobre distintas cuestións relacionadas co momento actual do teatro galego, tanto a nivel creativo como económico e no que atinxe ao apoio que recibe da administración. Ademais, preguntámoslle sobre Roberto Vidal Bolaño, referente persoal, do que neste 2012 fan dez anos do seu pasamento. Mirade o vídeo elaborado por TingaLaranga AudioVisual e Alberto Ramos. \"Parece que é todo prescindible, a lingua, a cultura... Este goberno é unha brigada de demolición\" \"Temos un nivel espectacular de autores de teatro: Vanesa Sotelo, Fernando Epelde, Santi Cortegoso..., que están conseguindo premios que nunca conseguíramos os autores galegos\" \"É bo que no teatro afeccionado vaian xurdindo máis compañías, esa é a canteira real de público e de actores do teatro galego\" \"Agora que pasaron dez anos, vai sendo hora de tomar a figura de Roberto Vidal Bolaño coa seriedade e o rigor que merece. En tempos de demolición é bo ter presente a unha persoa como el, que era capaz de producir espectáculos nas peores condicións, con tres pesos\" \"Sigo traballando no teatro da maneira que sempre fixen, como un afeccionado\" \"Interésame o teatro como forma de relación social. A xente ten que saír da casa, escapar da pantalla\" \"En tempos de crise, teño ganas de escribir comedia\""}
{"ID": "NOS_44515", "summary": "A Consellaría informa que está a reprogramar as citas dalgunhas persoas maiores de 60, debido ao axuste das doses en cada área. Até o de agora, o número total de vacinas de Astrazeneca administradas en Galiza é de 140.903 doses.", "text": "A Xunta suspende a administración das vacinas de Astrazeneca nas persoas menores de 60 anos. Así, na xornada de hoxe desconvocou as 1.403 persoas, pertencentes aos colectivos profesionais esencias, que estaban chamadas a vacinarse hoxe con Astrazeneca. Ademais, o Servizo Galego de Saúde tamén está a reprogramar as citas dalgunhas persoas maiores de 60 anos, debido ao axuste das doses en cadansúa área sanitaria. As decisións foron adoptadas tras a xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que se realizou onte, e na que se acordou suspender a inoculación da vacina elaborada pola farmaceútica británica, nas persoas menores de 60 anos. Até o de agora, o número total de vacinas de Astrazeneca administradas en Galiza é de 140.903 doses. O acordo incide naqueles grupos poboacionais que pertencen ás profesións definidas como esencias para a sociedade dentro da Estratexia de Vacinación establecida polo Ministerio de Sanidade, aos que se lles reprogramará as súas citas. Neste senso, en Galiza hoxe estaba prevista a vacinación de docentes e persoal de Educación Infantil e Especial, centros de menores, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou Servizo Marítimo, entre outros. Por áreas sanitarias a reprogramación afecta 220 persoas na área sanitaria de Coruña-Cee; 161 na área de Lugo, A Mariña e Monforte; 505 na área de Vigo; 400 na área de Santiago-Barbanza e 117 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. No que atinxe ás areas de Ferrol e Pontevedra-O Salnés, na xornada de hoxe non estaban programadas as vacinacións de colectivos esenciais. Até o de agora, o número total de vacinas de Astrazeneca administradas en Galiza é de 140.903 doses."}
{"ID": "NOS_11547", "summary": "O secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a rectificar despois de que o PP vinculase a súa rúbrica nunha moción de censura contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, á saída do voceiro municipal socialista, Rafael Villarino, dos seus cargos políticos.", "text": "\"Non queremos que o PP asuma actitudes antidemocráticas en Galicia que noutras comunidades asume Vox\", censurou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, após o choque entre as formacións desta semana pola figura de Rafael Villarino nas institucións ourensás. Após participar nunha reunión da executiva socialista en Ourense, Caballero amosou o seu apoio ao deputado e portavoz do grupo municipal socialista na cidade, Rafael Villarino, ao que o Partido Popular quería fóra de todos os seus cargos políticos a cambio de asinar unha moción de censura para provocar o cambio de Goberno local. O representante do PSOE explicou que sacaron unha declaración institucional \"pola calidade democrática e o respecto á cidadanía de Ourense\". \"A cidadanía non pode ser rectificada polos tics antidemocráticos do PP. O que sucedeu ao longo das últimas xornadas é moi grave e non se pode admitir nin consentir\", afirmou, lembrando que Villarino foi elixido nunhas eleccións democráticas. Así pediu unha rectificación pública ao presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ao entender que é o máximo responsábel de que o seu partido tivera un \"intento de converter as institucións en propiedades\" e tentase \"decidir quen pode e quen debe estar nelas e quen non\". \"Vítima de acoso\" O propio Villarino denunciou que esta feira foi \"vítima do acoso e os insultos\" dos populares na presentación dunha idea sobre a memoria histórica no pleno da Deputación. \"A democracia está as portas de Ourense e tena que traer o Partido Socialista porque co Partido Popular estamos nunha espiral de ataques que o único que demostra é que o que o PP tiña de democracia era o discurso e agora ata o discurso perdeu\", subliñou. Pola súa banda, o PP ourensán criticou que o PSOE deixase rematar o prazo que ofreceran para sentar a \"falar dun futuro Goberno de coalición\" -coa condición de apartar a Villarino, que xa dera un paso atrás- que apease Democracia Ourensá e goberno en minoría de Pérez Jácome do Consistorio. Pero para o PSdeG xa é tarde tamén para acabar co \"pacto letal\" que no seu día acordaron Feixoo, Baltar e Jácome."}
{"ID": "PRAZA_5119", "summary": "Dende hai anos cómpre acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para obter o título de grao. Acción Universitaria denuncia que nesta altura xa non hai a posibilidade de matricularse neste ano nas probas internas que realiza a USC.", "text": "Dende hai anos cómpre acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para obter o título de grao. As universidades permiten acreditar o título mediante a presentación de títulos obtidos fóra da institución, e esta acreditación tamén se pode realizar a través dun curso no centro de linguas modernas (con matrículas con prezos superiores a 150 euros) ou ben presentarse as probas de acreditación que organiza este centro durante o curso. Estas probas de acreditación teñen dúas partes, unha escrita que é a proba coñecida como B1-A, e outra oral, a B1-B, sendo necesario aprobar as dúas para obter o título de grao. O problema, segundo denuncia Acción Universitaria, é que dende febreiro xa non hai prazas dispoñibles para realizar a segunda parte da proba na USC, nin no campus de Compostela nin no de Lugo. O colectivo sinala que esta circunstancia deixa os e as estudantes que non se matricularan hai bastantes meses nas dúas probas ante o risco de non obteren o seu título de grao en xuño, tendo de agardar até setembro. Ou ante a necesidade, se queren o título en xuño, de ter que recorreren a unha acreditación externa, cun prezo elevado, e para a que nalgúns casos tamén se pechou o prazo de matrícula. Este grupo lembra que a obtención do título en xuño pode ser necesario para a continuación dos estudos noutros centros ou noutro nivel. O colectivo sinala que \"a causa deste problema é a falta de planificación da USC e polo tanto é a universidade a que ten que atopar unha solución para as persoas afectadas, e non ser estas as que teñan que buscala\" Acción Universitaria denuncia que \"ante esta situación alarmante a resposta do Centro de Linguas Modernas, que se encarga de facer estas probas na USC, amosa pasividade e declara que por agora non se van a aumentar as prazas, que é a nosa responsabilidade por non prever esta situación\". O colectivo sinala que \"a causa deste problema é a falta de planificación da USC e polo tanto é a universidade a que ten que atopar unha solución para as persoas afectadas, e non ser estas as que teñan que buscala\". Acción Universitaria esíxelle á USC que \"amplíe as prazas para realizar as probas de acreditación en lingua inglesa, así como tamén en todas aquelas linguas que non teñan suficientes prazas\"."}
{"ID": "NOS_35409", "summary": "A fin de semana chámase desta volta Culturgal. A grande feira decorre durante a finde en Pontevedra. Mais non todo se esgota no Pazo de Cultura da cidade do Lérez. A oferta destes días pasa tamén pola Festa da Chanfaina, monólogo de Pepo Suevos e diversos espectáculos teatrais ou exposición", "text": "Sexta feira Culturgal Pontevedra Pazo da Cultura 2-4.11.2016 Culturgal volta protagonizado por Sondeseu, Budiño e María Fumaça. A Feira das Industrias Culturais nesta ocasión realiza a súa novena edición con máis de 120 actividades nos espazos Foro, Libro, Infantil, Carpa e Cine. O Auditorio do Pazo da Cultura acollerá tres espectáculos especiais con SonDeSeu (sexta feira 2, 21.30 h), Budiño (sábado 3, 21.30 h) e María Fumaça (domingo 4, 12.00 h). Monólogo Pepo Suevos Arteixo Centro cívico e cultural 21.30h Pepo Suevos achéganos novamente un repertorio no que toca todos os temas existentes, espectáculo no que o bo humor é protagonista. Sábado Teatro para bebés A Coruña Sala Gurugú 18.30h Caramuxo Teatro presenta Ñam!, un espectáculo de teatro para bebés co cal achegarse en familia ao saboroso e suxestivo mundo da cociña. V Festa da chanfaina San Sadurniño Local social de Bardaos 15.00-11.30h Degustación dun dos pratos típicos da zona, elaborado con sangue, carne e especias dentro do recho dun porco, e máis con música ao vivo. Budiño en concerto Pontevedra Pazo da Cultura 3.12.2016 21.30h Presentación da reedición do libro-disco, Paralaia, no seu vixésimo aniversario, espectáculo con Mercedes Peón como convidada especial. Domingo Festa do Pan da Baixa Limia Bande Pereira O programa de actividades inclúe xogos tradicionais, música, taller de panadería, obradoiros, degustación do pan e música tradicional. Animundis Ourense Auditorio de Ourense 12.00h Espectáculo infantil, representación multimedia de música e teatro, composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas letras. Galiza-Cabo Verde: unha irmandade Carballo Pazo da Cultura Até 9.12.2016 Mostra de imaxes que o fotógrafo Rober Amado realizou durante a súa viaxe a Cabo Verde por 6 das 10 illas, do Fondo Galego de Cooperación Valle-Inclán: xenio e figura Santiago de Compostela Colexio de Fonseca Até 16.12.2016 Unha exposición para coñecer polo miúdo a figura de Valle-Inclán, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento. A mostra reúne edicións publicadas ao longo da súa vida, unha escolma dos seus deseños gráficos orixinais, caricaturas e retratos de Valle-Inclán publicados na prensa contemporánea e a proxección internacional do autor no seu tempo. A caza moderna da balea en Galiza Bueu Museo Massó Até 31.12.2016 De Punta Balea a Cabo Morás é unha mostra que aproveita a historia da industria baleeira na Galiza, especialmente na segunda metade do século XX. Abarca diversas seccións como as lendas que foron xurdindo arredor deste cetáceo, os produtos que se aproveitaban da balea, a etapa heroica da caza da balea, a caza moderna e a fin da industria baleeira."}
{"ID": "NOS_29273", "summary": "César Strawberry sentará no banco dos acusados por seis comentarios en Twitter e un rechío. Grupos e cantantes que tiveron que comparecer perante a xustiza polas súas letras e/ou opinións habelos, hainos: De Javier Krahe e Albert Pla a Negu Gorriak ou SA , entre outros.", "text": "A Audiencia Nacional vén de correxir o xuíz De la Mata e ordenar que o cantante de Def Con Dos, César Strawberry, sente no banco dos acusados para ser xulgado por \"enaltecemento do terrorismo\" e \"vexación ás vítimas\" a raíz de 6 comentarios en twitter e un rechío. A Sala do Penal descarta a apelación á liberdade de expresión. O propio servizo anti-terriorista da Garda Civil foi quen peneirou e seleccionou as mensaxes nas redes sociais que levan ao banco dos acusados a Strawberry. Non é o 'frontman' do grupo de rap-metal o primeiro músico que vai dar diante da xustiza polas súas opinións ou letras. No Estado español hai precedentes de abondo. Repasemos algúns deles. En abril do 2014 a Audiencia Nacional condenaba a dous anos de prisión o rapeiro Pablo Hasél por \"enaltecemento do terrorismo\" na letras dunhda das súas cancións. O Supremo confirmaba a condena en marzo do presente ano. Pola Audiencia Nacional tamén pasou o grupo vasco SA (Soziedad Alkólika), que foi xulgado tamén por \"enaltecemento do terrorismo\" polas letras de cancións como 'Explota zerdo'. O tribunal absolveu en 2006 o conxunto de Gasteiz por entender que non había apoloxía de ETA, mais di que a letra da canción en cuestión está á beira \"do tipo penal de enaltecemento\". Mais non só de \"enlatecemento do terrorismo\" se nutren os xuízos da AN contra grupos e músicos. En 2012 a AN impuña unha multa de 900 euros para cada un dos tres integrantes de 'Ardor de estómago' por un delito de 'Inxurias á coroa' nun tema que, curiosamente, facía parte dun disco editado polo Concello de Segovia co gallo da IV Mostra de música xove. Galindo VS Negu Gorriak En 1993 Rodríguez Galindo, daquela teniente-coronel da Garda Civil, demandaba o grupo vasco Negu Gorriak por un delito de danos á súa honra e difamación. A demanda respondía ao tema 'Usterlkeria' (podredume), no que se falaba das relacións deste militar co narco-tráfico, en base a informacións saídas en varios medios (Egin, Diario 16, Egunkaria). Galindo pedía 90.000 euros e que esa canción non poidese nunca interpretarse ao vivo. No 2000 o Tribunal Superior abolvía Negu Gorriak, que celebrou a boa nova con 3 concertos de despedida: un en Baiona (4.000 persoas) e outros 2 en Donostia (13.000 persoas). Galindo foi condenado posteriormente a 75 anos de cárcere polo caso so secuestro, tortura e asasinato de Lasa e Zabala, 2 refuxiados vascos. A Asociación de Vítimas de Terrorismo 'Verde esperanza' e diversos grupos teñen solicitado nos xulgados a paralización de concertos por entender que se aldraxaba ás vítimas ou enaltecía o terrorismo: Fermín Muguruza, SA, Su Ta Gar, Piperrak, Los Chikos del Maíz ou mesmo os italianos Banda Bassotti. Krahe, Albert Pla e \"matar a todos os de Podemos\" En 2012 o xulgado absolvía Javier Krahe dun delito contra sentementos relixiosos a raíz dun vídeo gravado en 1997 e emitido en 2004, \"cociñar Cristo para dúas persoas\". Entre os denunciantes, responsábeis do Centro de Estudios Jurídicos Tomás Moro. En setembro deste ano a Audiencia de Valencia absolvía o cantautor catalán Albert Pla dunha falta de ameazas por dicir que \"mataría a todos os de Podemos e platafirmas cidadás\" aproveitando \"que agora aínda non teñen cargacostas\"."}
{"ID": "NOS_33244", "summary": "A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) súmase ás críticas xeralizadas ante a exclusión das creadoras do Plan de reactivación da Cultura da Xunta da Galiza.", "text": "A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é o último dos colectivos sectoriais en sumarse ás críticas xeralizadas que está a recibir o Plan de reactivación da cultura e o turismo promovido pola Xunta, un texto que cualifican como \"ambiguo, insuficiente e pouco adaptado á realidade dos profesionais da creación gráfica e da ilustración\". O colectivo de ilustradoras, xa \"precarizado previamente e fortemente golpeado pola crise da COVID-19\" considera que se deixan de lado as súa necesidades específicas, \"a pesar de ser o seu traballo a base do propio sector\". Súmanse así a outras asociacións galegas que veñen demandando, para alén da falta de concreción do plan, a intemperie na que deixa o tecido laboral de artistas e técnicas. O colectivo de ilustradoras, xa \"precarizado previamente e fortemente golpeado pola crise da COVID-19\" considera que se deixan de lado as súa necesidades específicas, \"a pesar de ser o seu traballo a base do propio sector\" \"Non se pode esquecer que temos necesidades, sensibilidades e, sobre todo, vulnerabilidades diferentes\", lembran, mais a súa profesión non aparece nomeada en ningún momento, como acontecía co caso da danza. Se ben a ilustración podería estar vencellada ás medidas de apoio ao sector do libro, estas diríxense ás empresas editoriais, librarías, feiras do libro, traducións e bibliotecas... Así, sinalan, quedan á marxe creadoras quer gráficas quer literarias, como tamén reivindicaba nunha entrevista a Nós Diario o presidente da Asociación Galega de Escritoras e Escritores (AELG), Cesáreo Sánchez. Igualmente, é xustamente esta a premisa que deu lugar unha das últimas iniciativas por facer forza conxunta entre estes dous eidos: A creación literaria galega en perigo de extinción. A falta de concreción do plan provoca a incerteza das ilustradoras en canto a se os adiantos de dereitos serán subvencionábeis, unha práctica fundamental no seu campo de traballo. Igualmente, desde AGPI reclaman que as axudas se concedan só a aquelas editoriais cuxos contratos de cesión de dereitos \"estean libres de ilegalidades ou cláusulas abusivas\". Profesionais artísticas Doutra banda, as ilustradoras tamén apuntan a falta de concreción das axudas á creación no ámbito artístico, que observan ao tempo moi difíciles de aplicar á súa actividade. Refírense en concreto ás que se presentan \"como apoio ás artes plásticas (artistas e comisarios), sen especificar que disciplinas están incluídas\". Da mesma maneira, súmanse á denuncia de asociacións como A Colectiva, sen entender que estas subvencións se dediquen unicamente a menores de 35 anos. O fondo do Xacobeo O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, xustificaba a ausencia directa a axudas a creación coa posta en marcha do fondo para proxectos culturais Xacobeo 2021. Está medida, que poderá solicitarse a partir da segunda feira 25 de maio até 31 de xullo contempla o financiamento a iniciativas de empresas, cooperativas, entidades sen ánimo de lucro e autónomos financiadas ao 100% con achegas entre 4.000 e 10.000 euros. Román Rodríguez, xustificaba a ausencia directa a axudas a creación coa posta en marcha do fondo para proxectos culturais Xacobeo 2021 Aínda pendente de publicar a convocatoria, a priori semella tamén de difícil encaixe para as ilustradoras en concreto e as creadoras en xeral, fóra do eido máis industrial. Segundo adiantou onte a Consellaría de Cultura, contemplaríanse servizos como deseño, produción técnica ou subministro de materiais e expresións artísticas, mais non ofreceron detalles concretos de como se desenvolverá. Mudar o paradigma \"A creación gráfica actual é un oficio transversal, que se espalla por diferentes medios e industrias, sendo a figura concreta do creador un suxeito comunmente ignorado pola administración\", reclaman desde AGPI. Igualmente, chaman á unidade do sector ante a crise como \"oportunidade de cambio de paradigma\" dentro da súa marxinación."}
{"ID": "NOS_15058", "summary": "As concesións a empresas privadas de servizos públicos seguen a ser un niño de problemas laborais cando as condicións pactadas non se cumpren. Estes días dous conflitos chegaron ao seu límite coincidindo no tempo e no sector: a recollida e tratamento dos residuos. O primeiro ten lugar na planta de residuos de Lousame e o segundo na empresa Albada en Nostián.", "text": "O Complexo Medioambiental do Barbanza, situado no concello de Lousame xestiona o total dos residuos sólidos urbanos xerados nos concellos de Brión, Lousame e Porto do Son, Muros, Carnota, Rois, Pontecesures e Ames, ademais do papel e vidro procedente da recollida selectiva do municipio de Noia. A maior parte destes concellos están na Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e a xestión é da empresa FCC, S.A. O sistema de tratamento consta da implantación da recollida selectiva e a recuperación dos residuos de envases para a súa posterior reciclaxe. Malia contar con varios recoñecementos pola súa labor o persoal da planta vén denunciando que non contan co suplemento de tóxicos de 25% que teñen todas as traballadoras e traballadores no sector do lixo segundo convenio estatal. O comité de empresa, formado por CIG, CCOO e UXT, levan desde abril advertindo que estarían dispostos a chegar á folga e tiveron unha o pasado 7 de decembro. Agora acordaron en asemblea convocar folga desde o 21 de decembro até o 7 de xaneiro, aínda que teñen previsto reunirse novamente en asemblea o día 28 de decembro para avaliar a situación e decidir se continúan ou non. Paulo Rubido, representante de CIG, explica que hai que \"corrixir as diferenzas que existen nesta planta respecto das outras plantas de tratamento de lixo de Galiza\". En Lousame hai un contacto máis directo co lixo, dado que a separación faise manualmente. Este é un dos motivos polo que segundo Rubido \"é a que ten mellor resultado do Estado español e sexa considerada a segunda mellor planta de recuperación e reciclaxe de Europa\". Recuperar a contrata de Albada na Coruña No caso de Albada a situación é aínda peor. Esta empresa do grupo Urbaser anunciou esta pasada cuarta feira a través de comunicación formal o inicio dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) a 39 persoas. O 9 de decembro o persoal comezara unha folga indefinida polos recortes formulados pola empresa que inclúen o ERTE, unha modificación das condicións laborais, o decaemento do convenio e o despedimento dunhas 35 persoas máis. Hadrián Canosa, delegado de CIG na empresa, admite a súa preocupación logo de que \"a empresa seguira a dar os pasos que anunciou no seu momento\". A mellor opción para o comité de empresa sería que o concello da Coruña rescatase a contrata mais, polo de agora, traballadoras e traballadores non teñen moita información. \"A última reunión que tivo o comité de empresa co concello foi antes do inicio da folga, o 5 de decembro\", afirma Canosa a Sermos Galiza, \"e foi para comunicarnos que estaban estudando a situación\". Agarda que para a segunda feira 16 de abril \"teñan algo máis en firme\" que certifique a recuperación da contrata."}
{"ID": "PRAZA_9083", "summary": "A sentenza que obriga ao Concello compostelán a indemnizar con 620.000 euros a unha empresa de Véndex tras a anulación en 2015 da adxudicación da ORA no ano 2012 reabre na cidade a controversia sobre o impacto económico destes ditames xudiciais. O goberno local subliña que a orixe do pagamento está na \"adxudicación irregular xa advertida\" en 2012 e a oposición atribúeo a unha mala xestión da municipalización do servizo", "text": "Arredor de 3 millóns de euros. É o impacto que, segundo os cálculos do goberno local de Santiago, tiveron xa nas súas arcas as sentenzas xudiciais ditadas durante este período municipal contra decisións de mandatos anteriores. A máis recente, unha indemnización de 620.000 euros á empresa adxudicataria da ORA e do guindastre no ano 2012, é para o gabinete que encabeza Martiño Noriega a tradución a euros da \"incorrecta adxudicación\" do contrato deste servizo en tempos do PP. Mentres, dende a oposición municipal atribúena a unha mala xestión do goberno de Compostela Aberta durante o proceso de municipalización do servizo, que culminou o pasado 2018.O tribunal sentenciou que o Concello compostelán debe indemnizar con 620.000 euros á empresa Doal, do grupo Véndex, tras a anulación en 2015 da adxudicación da ORA de 2012A empresa que recibiu a concesión da ORA e do guindastre foi Setex Aparqui. Foi adxudicada a comezos de 2012, xa co popular Gerardo Conde Roa na alcaldía, para culminar un proceso administrativo que comezara en 2011, aínda no mandato do socialista Xosé Sánchez Bugallo. Pero contra aquela adxudicación reclamou unha empresa que pouco despois sería habitual dos titulares da prensa por motivos ben diferentes: Doal, compañía do grupo Véndex, considerada cerna da trama Pokémon segundo a investigación do caso.Antes da contratación Doal advertiu por escrito ao consistorio compostelán de que a parcela proposta por Setex como depósito de vehículos do guindastre non tiña as dimensións ofrecidas pola empresa para cumprir co concurso -faltábanlle 67 metros- e que, daquela, non cumpría o prego de condicións. Pero a mesa de contratación desbotou esa advertencia, Setex gañou o concurso e Doal levou o conflito ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que en outubro de 2015 lle deu a razón e anulou a concesión.Interpretacións políticas disparesÉ neste punto onde difiren as interpretacións políticas e administrativas dos grupos da oposición e do actual goberno local, que tras a anulación da adxudicación en 2015 decidiu emprender a municipalización. O equipo de Noriega subliña que a asesoría xurídica municipal indicou tras a sentenza que non existía a obriga de dar o contrato á filial do grupo Véndex, empresa que emprendeu un novo litixio. O goberno local subliña que a orixe do pagamento a Véndex está na \"adxudicación irregular xa advertida\" en 2012, mentres que a oposición a atribúe a unha mala xestión do proceso de municipalización da ORA e do guindastreEsoutro proceso xudicial rematou en 2017 noutra sentenza do TSXG, que instou o consistorio a adxudicar a Doal cando xa tiña en marcha a municipalización e o servizo, prorrogado. Daquela o procedemento, lembran ademais fontes municipais, estivo atrancado porque a documentación do contrato de 2012 estaba nos xulgados de Lugo, incautada polos investigadores da trama Pokémon. Así e todo, o Concello \"tentou\" adxudicar o servizo, pero Doal dilatou os tempos. \"Non quixo asumir a xestión\", relatan.No mesmo 2017, non obstante, o propio Tribunal admitiu que non era posible executar a súa propia sentenza porque xa transcorreran os anos do contrato e as súas prórrogas. A esas \"dez prórrogas\", precisamente, alude dende a oposición o BNG local para sinalar o goberno de Compostela Aberta como responsable de ter que indemnizar a Doal. \"Se en 2015 executasen aquela sentenza, hoxe non habería que indemnizar esta empresa\", afirma o edil Rubén Cela. O alcalde, pola súa banda, cre \"moi curioso\" que \"teñan a inconsciencia de tentar xogar ao despiste e dicir que o problema foi proceso de municipalización e non a adxudicación irregular xa advertida\" en 2012.Outras sentenzas con impacto nas arcas públicasSe non prospera o recurso do Concello contra a sentenza que o obriga a indemnizar a Doal con 620.000 euros -576.000 deles polo \"lucro cesante\", o que deixou de gañar pola adxudicación de 2012, irregular segundo o TSXG- este importe engadirase ao doutros ditames xudiciais que afectaron o consistorio da capital galega nos últimos anos. O consistorio tivo que pagar 1,5 millóns á construtora Extraco polo acordo de 2008 sobre o edificio do parque de bombeiros que nunca chegou a ser rematadoO máis cuantioso, de 1,5 millóns de euros, foi para compensar a empresa construtora do parque de bombeiros de Salgueiriños, obra que apenas pasou do esquelete do edificio polo desvío dos seus custos. O Concello acordara esa compensación coa construtora Extraco en 2008, pero non chegara a pagar. Tampouco o fixo o gabinete do PP e unha sentenza de 2016 obrigou ao pagamento.Dunha contía semellante á indemnización á empresa da ORA foi a compensación que outro xulgado decidiu que lle correspondía a Tralusa, a empresa do grupo Monbus responsable do transporte urbano, que reclamara ao non estar conforme cos importes fixados para calcular o custo do combustible dos autobuses entre 2007 e 2011. Segundo destacou o Concello esta semana, as sentenzas ditadas en 2016 o Concello santiagués implicaron pagar uns 600.000 euros adicionais. Fontes municipais agregan que outras dúas sentenzas correspondentes aos anos 2013 e 2014 suman 330.000 euros máis para Tralusa, compañía que, vén lembrando a oposición, segue a prestar o servizo mediante prórrogas tras a finalización do correspondente contrato polo atraso da nova concesión.O Concello compostelán recordaba tamén esta semana que en 2016 chegaron dúas sentenza máis, nas que dous xulgados da cidade condenaron o Concello a devolver uns 395.000 euros, xuros incluídos, a dúas empresas inmobiliarias pola paralización dunhas obras no barrio do Castiñeiriño. Ambas sentenzas consideraran que a empresa municipal Emuvissa \"incumpriu a obriga contractual\" de urbanizar as parcelas \"nun prazo razoable\", polo que o xulgado atendeu a reclamación de resolver os contratos de compra dos predios asinados en 2010 e condenar o consistorio a devolver os cartos.Conflito aberto co Adif cuns 10 millóns en xogoDende o Pazo de Raxoi advirten ademais de que a factura dos devanditos 3 millóns de euros derivados de sentenzas contra decisións orixinarias noutros mandatos aínda pode dispararse máis. Sucederá se o Goberno de España non accede a frear o proceso xudicial no que reclama uns 7 millóns de euros máis xuros polo incumprimento do convenio ligado á construción do viaduto ferroviario de Cornes. O pacto, asinado en 1998, prevía que o Adif puidese desenvolver usos lucrativos -como comerciais ou de vivenda- en terreos da contorna das vías, preto da estación do tren santiaguesa. Para que isto sucedese, cumprían modificacións urbanísticas e outros procesos que nunca chegaron. Os usos lucrativos nunca se produciron e o ente estatal entende que, daquela, é o Concello o que ten que asumir o custo do viaduto cun montante total que, contando xuros, roldaría os 10 millóns. O consistorio discrepa no litixio tanto da argumentación como dos custos aludidos polo Adif."}
{"ID": "PRAZA_6284", "summary": "A polémica canteira da cementeira reinicia a súa actividade logo de dez meses parada e recibe o visto e prace da Xunta malia os expedientes en contra da Confederación Hidrográfica e o Comité Asesor do Camiño e os danos que provoca na Cova Eirós.", "text": "Cementos Cosmos pasa por riba de todo e de todos. A compañía tiña previsto reiniciar hoxe mesmo os traballos na canteira de Vilavella, en Triacastela, situada boa parte dela sobre o xacemento rupestre de Cova Eirós. Farao oficialmente -aínda que algún labor xa se veu realizando nestes últimos días- logo de obter a licenza municipal que non tiña e que provocou que a explotación se mantivese parada durante os últimos dez meses. Agora volve malia que a súa reapertura conta con varios expedientes en contra por afectar a varias localidades, a un tramo do Camiño de Santiago, a un río e ao considerado único santuario rupestre de Galicia. E grazas en parte aos informes favorables que si lle dá a Xunta e que nin colectivos ecoloxistas nin moitas outras entidades logran comprender. A Xunta dálle o visto e prace a unha explotación censurada por diversas entidades Cosmos, pertencente ao grupo brasileiro Votorantim, mantivera un enfrontamento hai agora case un ano. Antigos traballadores e veciños da zona detiveron quince camións que ían camiño da planta que ten na provincia de León ao indicarlle a administración municipal que non tiña permiso para extraer unha caliza que é clave para esta cementeira pola súa calidade. Que seguise sacando material logo de que practicamente desmantelase a actividade na planta de Oural en Sarria non sentou ben entre uns traballadores que denunciaran as intencións da empresa en plena negociación do ERE. Quedara sen unha licenza municipal coa que xa conta desde que comezara este mes de agosto. Cosmos explotou a mina a ceo aberto de maneira ilega e con licenzas provisionais durante décadas Moito antes, e durante catro décadas, a cementeira explotou a mina a ceo aberto de maneira ilegal e con licenzas provisionais. A disposición transitoria 12ª do Lei do Solo, feita no seu día para legalizar canteiras ilegais, permitiulle volver aos traballos. Agora, a intención é abrir tamén de forma temporal a produción de clínker no Oural, pero só durante un mes. Ao tempo, a canteira volverá á actividade continua e reactivaranse unhas extracións que están a ser criticadas por diversas e variadas institucións, así como por asociacións veciñais e grupos ecoloxistas. A plataforma Salvemos Cabana foi quen deu a última voz de alarma, tras denunciar que a Xunta emitiu \"informes favorables\" para esta actividade mineira en Triacastrela malia as \"reticencias\" mostradas polo Comité Asesor do Camiño de Santiago e a pesar das irregularidades sancionadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), entre outras moitas eivas que se pasaron por alto. O Comité Aesor do Camiño advirte da \"incompatibilidade\" dos traballos na mina coa conservación dos valores culturais da zona Salvemos Cabana tivo acceso ao expediente público no que por escrito o Comité Asesor do Camiño advertiu das \"afeccións\" que a explotación mineira pode provocar sobre un trampo do Camiño Francés que, como lembra, é \"itinerario cultural europeo\". \"A operación extractiva a grande escala a ceo aberto, cunha evidente presenza visual nun considerable tramo do Camiño, implica que non se deberan levar a cabo labores de explotación en terreos incluídos no ámbito de protección do territorio histórico\", alertou este Comité no devandito expediente, no que volve advertir da \"incompatibilidade\" destes traballos \"coa conservación dos valores culturais do Camiño nas condicións nas que están descritos\". Malia todo isto, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informou favorablemente sobre a actividade mineira de Triacastela, algo que Salvemos Cabana e outras entidades ven \"incomprensible\". Pero hai máis, xa que un informe da CHMS con data do 16 de xullo faise referencia ao expediente sancionador a Cementos Cosmos por executar, \"sen contar coa preceptiva autorización deste organismo en concas, de obras na canteira situada sobre a Cova de Eirós, consistindo nun ensanche e recrecido dun camiño na zona de policía do río Teixido\". Aínda que este expediente xa caducou, a Confederación avisa de que iso \"non exclúe a posibilidade de iniciar a correspondente acción sancionadora, ao non ter prescrito a infracción e a relativa á realización de danos ou prexuízos que resulte procedente, ou de reparación das cousas que tiña antes de producirse a infracción\". Ademais, estudarán tamén \"se procede a apertura dun novo expediente sancionador\". A Confederación Hidrográfica expedientou a empresa e advírtelle de sancións polas súas infraccións E iso non é todo, xa que dous terzos da Cova Eirós, o maior santuario rupestre de Galicia, sofren esta canteira enriba e xa sufriron os efectos que alí se realizaron durante anos. As detonacións, tal e como explican a Praza expertos e testemuñas no mesmo xacemento, en nada favorecen o lugar e as pinturas rupestres. De feito, xa hai décadas, as extracións acabaron cunha capa natural que protexía estes debuxos dunha humidade que agora si sofre. Agora, a Xunta non permite que se realicen voaduras nas inmediacións de Cova Eirós nin doutras que alí se atopan, pero as detonacións na canteira non lle veñen nada ben. O Goberno galego permite a empresa \"medidas correctoras e compensatorias\", logo dun mal que, como denuncian varias entidades, \"xa está feito\". Ademais, a Cova Eirós está considerado como un dos mellores xacementos paleontolóxicos de Europa pola súa riqueza en restos de Ursus speaeus (un tipo de oso das cavernas). Arredor destes restos xa se escribiron unha tese de doutoramento, varios artigos científicos e incluso os restos atopados na cova participaron nunha investigación coordenada dende o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva, en Alemaña, institución senlleira a nivel mundial. Incluso, na actual campaña de excavacións acaban de atoparse por primeira vez restos cerámicos con decoración no seu interior. \"Se non houbese aquí explotación ningunha, Cova Eirós xa estaría protexida de maneira natural como o estivo sempre\", explican estas mesmas fontes, que advirten ademais do maior perigo para este xacemento arqueolóxico, o maior e mellor conservado de Galicia. \"O problema non é o que ocorra agora, senón a posibilidade de ampliación\". As detonacións e traballos están a afectar a conservación das pinturas rupestres da Cova Eirós Porque a concesión mineira, que tamén afecta a Rede Natura do LIC Ancares-Courel, vese favorecida tamén polo Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia que permite o mantemento e mesmo a ampliación de minas a ceo aberto xa existentes en zonas protexidas. Un longo historial de denuncias e queixas Mentres, a mina acumula denuncias e máis denuncias. Hai dous anos Adega alertaba de que a canteira ocupaba ilegalmente parte dun monte comunal, froito dun escuro acordo ao que o concello chegara coa empresa en 1971. Daquela os montes comunais estaban baixo titularidade municipal. Porén, as entidades que denunciaban esta situación aseguran que a compra-venda é de dubidosa legalidade e nula lexitimidade, porque segundo o dereito galego sobre montes comunais, estes son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables. De igual xeito, alertouse en varias ocasións do prexuízo que a mina podía provocar na Cova Eirós, un dos maiores xacementos arqueolóxicos de Galicia. Ademais da Cova de Eirós, na área están outras dúas covas que aínda non foran estudadas e que poderían ser totalmente destruídas, no caso de que nalgún momento se aceptasen as pretensións da empresa de ampliar a súa explotación. En 2005 Cementos Cosmos solicitou unha reclasificación de recursos para poder estender a súa explotación, concedida en 2008. A Cova da Catuxa e a Cova da Gralleira, as dúas en risco, están aínda sen excavar pero o seu potencia arqueolóxico é altísimo segundo os expertos. Veciños aseguran que Cementos Cosmos xa fixo desaparecer unha cova de grandes dimensións na década dos 80 Ademais, e segundo confirma veciñanza de Triacastela, Cementos Cosmos xa fixo desaparecer unha cova de grandes dimensións achegada á zona central da explotación na década dos 80 e da que algúns veciños gardan estalactitas na casa. Agora, é Salvemos Cabana quen volve mostrar a súa sorpresa ante as facilidades que a Xunta está a dar a explotacións coma esta en Triacastela, unha situación que inclúen na denunciada estratexia de favorecer a implantación da megaminería destrutiva en Galicia e logo da paralización dun símbolo como o de Corcoesto. Un proxecto, o da mina de Bergantiños, que malia ser paralizado pola Administración, segue ameazando. O último indicio, tal e como revelou El País, a presenza dun membro da empresa que prevía explotala na cúpula do lobby mineiro que representa a Cámara Mineira."}
{"ID": "NOS_30679", "summary": "A billarda voltou coa primeira xornada das conferencias Rías Baixas e noroeste. Coredoiras dominou a primeira e APB a segunda.", "text": "O campo de billarda de Nantes, en Sanxenxo, presenciou a inauguración da temporada 2022-23 da Liga Atlántica de Billarda. Dentro da conferencia Rías Baixas, a competición comezou homenaxeando dúas xogadoras centenarias, Vanessa de Gharaboto e Tania de Valpaços Terra Quente. As seleccións de billarda competirán en Abegondo Os equipos máis reforzados lideraron a clasificación. Desta maneira Corredoiras levouse o triunfo con 82 puntos, seguido de Lúa con 72 puntos. O gañador individual da xornada en infantil foi Óscar Caldas de Armadiña de Combarro e en categoría feminina Adriana de Valpaços Terra Quente de Vigo. En infantil, primeiro foi o Raio Verde Xián de Lúa de Forza. A categoría de equipos femininos gañou Valpaços. Na conferencia noroeste a xornada foi no Campo de Fútbol Monte dos Brozos de Arteixo, unhas magníficas instalacións que o Concello de Arteixo puxo a disposición da Federación Galega de Deporte Autóctono, Modalidade Billarda. Andrés Garrido, 'Che': \"A billarda ten aplicación en eidos como as matemáticas\" A vitoria foi incontestábel para APB da Laracha seguido de Lúa de Forza de Sanxenxo. Gañou a xornada Lito Pena de APB e en categoría feminina foi primeira Lu de Lúa de Forza Sanxenxo. A categoría Infantil foi para Kevin de APB e por equipos é líder APB, por diante de Campo da Feira e terceiro foi Lúa de Forza."}
{"ID": "NOS_27542", "summary": "Como un novo encontro na lusofonía, \"Ponte na... escena\" xunta dos días 8 ao 11 de maio no Val Miñor compañías de Portugal, Galiza e Brasil. O festival de teatro, que nace da man do proxecto \"Ponte nas ondas\", inicia a súa segunda edición con vontade de se establecer como espazo estábel para a xuntanza de compañías que comparten unha lingua común con diversos sotaques.", "text": "O xermolo de \"Ponte na... escena\" naceu da inicial relación de \"Ponte nas ondas\" co teatro da man da compañía Limiar de Vigo. O espectáculo \"Os catro da Xunqueira\" mostraba a vontade do grupo teatral de se achegar a obras relacionadas co patrimonio inmaterial, trabe do proxecto que leva vinte anos recuperando a cultural tradicional da Galiza e o norte de Portugal. A obra \"Fahrenheit\" de Limiar Teatro afondou na parcería cando \"Ponte nas ondas\" botou a andar o proxecto das bibliotecas vivas, a memoria que se transmite de xeración en xeración. Ao encontro con Limiar Teatro sumouse o terceiro eixo que deu pé á creación de \"Ponte na... escena\". \"O director de teatro Moncho Rodríguez, afincado en Portugal, promovía o proxecto chamado \"Fafe cidade das artes\", con moita comunicación con compañías do Brasil. Entre eles, Limiar e nós decidimos facer un festival galego-ortugués cun pefil que non existía\", explica Santiago Veloso, fundador e principal animador de \"Ponte nas ondas\". As actividades do programa desta segunda edición esténdense a Baiona e Nigrán, na comarca do Val Miñor na que ten vontade de se instalar, co apoio do concello de Gondomar, sede do primeiro encontro co auditorio Lois Tobío como principal escenário. Vinte aniversario de \"Ponte nas ondas!\" A edición deste ano cadra coa conmemoración do vinte aniversario de \"Ponte nas ondas!\" e o festexo chegará tamén ao festival de teatro que herda a filosofía deste pioneiro encontro da lusofonía. \"O programa é máis ambicioso e abrimos varias liñas novas de actuación, entre elas, a do teatro infantil e xuvenil, coa proposta da recuperación da figura de Barriga Verde no proxecto \"Morreu o demo\" que cadra moito cos nosos obxectivos ademais doutros espazos dentro dunha programación na que participan unha compañía galega, unha portuguesa e catro brasileiras\", explica Santiago Veloso. O programa debuxa a intención da organización de ollar de maneira especial para a cultura da lusofonía de alén mar. \"Boccacione\" de Brasil presentará os espectáculos \"O jovem teimoso que não quería morrer\", tamén para público infantil, e o clásico da literatura brasileira \"A igreja do diabo\", de Machado de Assis. A premiada compañía \"Toca de Teatro\", chega desde a Baia para levar á escena \"Amnésis\". A súa directora, Maren Vargens, fará tamén unha intervención pública no bar Catro Camiños. A compañía da lusofonía instalada en París \"Goudou Teàthre\" incluirá no programa o seu \"Almanaquem para uma viagem\". A idea do Festival é facerse notar na comarca e, con este obxectivo o espectáculo de \"Fafe cidade das artes\" titulado \"Zé do pito o mata \" visitará as rúas de Baiona, Nigrán e Gondomar. As compañías promoverán tamén encontros con grupos amadores co fin de que a súa presenza contribúa ao intercambio de experiencias."}
{"ID": "NOS_35466", "summary": "Verdegaia, Asociación Herpetológica Española e SGHN pediron á Xunta que adopte medidas contra a 'Reynoutria japonica', unha especie vexetal invasiva \"das máis agresivas para o medio ambiente e infraestruturas''.", "text": "A finais do pasado mes de xullo tres entidades e asociacións (Verdegaia, Sociedade Galega de Historia Natural e Asociación Herpetolóxica Española) dirixíronse á Xunta para alerta da presenza da fallopia xapónica (Reynoutria japonica) en lugares próximos ás Gándaras de Budiño, área declarada LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Unha especie vexetal incluída no Catálogo Español de Especies Invasoras e que está considerada como unha das máis agresivas para o medio ambiente e as infraestruturas. \"En Gran Bretaña hai bancos que non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín\" Estas tres asociacións presentaron un escrito diante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para o que recibiron unha \"rápida\" resposta: terano en conta para o ano que vén. As raíces desta especie \"poden destruir elementos coma pontes, estradas, tuberías, canles e casas. A ameaza é tan grande que en Gran Bretaña, onde o seu control custa anualmente 208 millóns de euros, algúns bancos non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín\"."}
{"ID": "NOS_34568", "summary": "No discurso do Comité provincial de Lugo, o actual secretario provincial apostou por unha \"folla de ruta propia\" e deixou aberta a posibilidade de que @ vindeir@ secretari@ xeral do seu partido poda saír dunha votación a través de \"primarias\" e mesmo con \"listas abertas\".", "text": "O comité provincial do PSdeG de Lugo deu as primeiras sorpresas. Diante de 150 persoas, entre delgad@s e convidad@s, o seu secretario provincial e presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, comezou expresando o seu \"recoñecemento e afecto\" ao \"compañeiro José López Orozco\", alcalde de Lugo e presidente do PSdeG. \"Igual que pasou nas anteriores ocasións, e así quedou demostrado, cremos na túa inocencia\", afirmou. Foi autocrítico cos últimos resultados electorais ao recoñecer que foi \"culpa de todos\". Entre as razóns que apuntou para tan malos resultados está en primeiro lugar \"a abstención\" froito dunha \"desafección\" e \"falta de credibilidade\". Para Gómez Besteiro \"a gran maioría destes votantes quedaron na casa, depende de nós que lles ofrezamos algo distinto para recuperar o seu apoio\". Segundo o secretario provincial, o PSdeG ten que falar e discutir de todo \"desde socialdemocracia até o 15-M\". Para Gómez Besteiro \"a gran maioría destes votantes quedaron na casa, depende de nós que lles ofrezamos algo distinto para recuperar o seu apoio\" No mesmo discurso abriu a posibilidade de que o seu partido elixa ao secretario xeral en Galiza a través de \"primarias\". Deixou clara que a súa opción era a de que \"o secretario xeral teña que ser elixido polo voto dos militantes\" e sinalou que, neste caso, a propia militancia ten que ser \"consciente cando haxa bicefalias\". Ao redor das listas abertas e circunscricións únicas apuntou que \"hai que falar do que nós queremos e tamén do que a xente quere do noso partido\". En todo caso apostou pola \"unidade\" no traballo para \"facer partido\". Sobre os principios fundacionais do PSOE asegurou que \"están moi presentes\" e non caer no discurso da resignación e o sufrimento \"que a dereita quere meternos na cabeza\"."}
{"ID": "PRAZA_14954", "summary": "Non todos os mozos españois con estudos que emigran a Alemaña atopan o traballo que esperaban. Moitos espertan no medio dun pesadelo precario.", "text": "O último que imaxinaba Francisco Sánchez cando decidiu probar sorte na capital alemá é que acabaría sendo atendido nun hospital benéfico para persoas sen teito. Fran estudou filosofía na súa Jaén natal e tras acabar a carreira, dedicouse durante un ano a preparar unhas oposicións que os recortes paralizaron. Como non atopaba traballo en Jaén e tiña varios coñecidos en Berlín, hai cinco meses fixo a maleta cuns poucos aforros e o seu título de nivel intermedio de alemán debaixo do brazo. Fran, por suposto, non esperaba atopar un traballo de filósofo. O seu primeiro emprego foi nunha empresa de mudanzas. Fixéronlle un contrato de minijob, aínda que sempre traballaba máis horas en negro. Pagábanlle oito euros máis a propina. A súa xornada laboral duraba de 12 a 16 horas cargando mobles. \"Aínda por riba chamábanme o día anterior, ás veces moi tarde xa pola noite, e dicíanme: Mañá hai traballo. Despois non sabía a que hora volvería á casa. Así non se pode vivir\". Estas condicións fixéronlle renunciar e buscar un novo emprego. Fran asegura descubrir na súa experiencia como emigrante \"unha rede informal de solidariedade que funciona mil veces mellor que as redes oficiais de servizos de emprego ou de axudas sociais\" A súa segunda estación, onde segue traballando, é un centro comercial de luxo nunha das zonas máis caras da cidade. Alí serve comida italiana nunha caseta onde gaña a metade do que facía cargando mobles. Dende hai un mes e medio espera o prometido contrato. Até entón, sobrevive sen seguro médico e o seu compañeiro de piso tivo que adiantarlle o aluguer, xa que ademais atrasan nos pagos. \"Ángel está a axudarme moito, prestoume até o seu cinto, porque se me rompeu o meu e non teño nin para iso. Non quero dramatizar, pero é a verdade\". O seu coñecido prestoulle tamén un abrigo, xa que en Jaén non vai tanto frío e non estaba preparado para os aires berlineses. Fran asegura descubrir na súa experiencia como emigrante \"unha rede informal de solidariedade que funciona mil veces mellor que as redes oficiais de servizos de emprego ou de axudas sociais\". Antes de vir a Alemaña, a Fran expediranlle un certificado provisional de asistencia sanitaria para tres meses. Ao cuarto mes de estar en Berlín tivo un problema médico inesperado. Dirixiuse á embaixada española e explicáronlle que aos maiores de 26 anos que non cotizaran, o cartón sanitario europea só lles cobre os desprazamentos temporais. Alí mesmo déronlle a dirección dun hospital benéfico que atende a persoas sen teito de forma gratuíta. Naquel centro médico di coñecer a cidadáns búlgaros e romaneses, \"xente que non ten dereitos como nós\". Fran está convencido de que neste cinco meses coñeceu \"todas as cloacas de Berlín\". Eternos bolseiros Todo o facían igual que un arquitecto...menos cobrar: 300 euros dáballes a empresa como remuneración polas \"prácticas\" Patricia López, arquitecta galega de 30 anos, mudouse a Berlín hai xa máis de doce meses. Avergóñalle tanto a experiencia que viviu aquí que non quere dar a coñecer a súa identidade nin ser fotografada, polo que o seu nome é ficticio. Patricia veu a Berlín co seu mozo. Ambos traballaban en España como arquitectos antes de quedar desempregados. En febreiro de 2011, a chanceler alemá visitou España e en todos os telexornais deixou ouvir aquilo de que a economía alemá marchaba tan ben que necesitaban especialistas, e que ela \"estaría moi contenta de que fosen españois\". Sen saber alemán pero controlando o inglés, Patricia e o seu mozo fixeron as maletas. Ao pouco de chegar a Berlín atoparon unhas prácticas nun estudio. O idioma non foi un problema, xa que asegura que facían \"todo como un arquitecto normal\". Ambos se encargaban de debuxar os planos finais para a construción de vivendas unifamiliares. Todo o facían igual que un arquitecto...menos cobrar: 300 euros dáballes a empresa como remuneración polas \"prácticas\", para as que non tiñan nin sequera un contrato e que realizaron durante oito meses. Neste tempo Patricia e o seu mozo esforzáronse por aprender o idioma; de feito, ela tomou xa clases do nivel superior. Tampouco pararon de buscar traballo, pero o único que atopan son \"ofertas de prácticas nas que non pagan máis de 400 euros\". Patricia dá clases particulares de español na súa casa e asegura gastar os seus aforros, así como recibir axuda dos seus pais. \"Todo con tal de facer currículo en Alemaña\". Patricia dá clases particulares de español na súa casa e asegura gastar os seus aforros, así como recibir axuda dos seus pais. \"Todo con tal de facer currículo en Alemaña\" Dous colegas da parella, tamén arquitectos españois, traballan noutro estudo berlinés dende hai varios meses totalmente gratis, incluso as fins de semana. \"Son estudios que presentan proxectos a concurso e teñen moita tensión, por iso pídenlles que fagan horas extra\". Patricia ten olleiras e parece como tristeira. Aínda queda a esperanza de atopar traballo noutra cidade alemá como Múnic ou Hamburgo, pero por agora non houbo sorte. \"Hei ir para atrás\", asegura lembrando as súas primeiras prácticas cando acabou a carreira en Santiago, \"esas prácticas estaban mellor pagas que o que nos ofrecen hoxe aquí\". Empezar de cero Os contratos en alemán e en español tiñan un contido diferente en cuestións fundamentais como o salario e as horas de traballo Ana Ruiz Laguna, enfermeira, veu a Berlín desde Ciudad Real despois de rodar durante máis de dous anos por hospitais de toda Castela-A Mancha con contratos temporais. Alí, no mesmísimo taboleiro de anuncios do colexio de enfermaría, atopou a oferta de emprego en Alemaña. Unha oferta gorentosa na que ofrecían un compromiso inicial de contrato de doce meses, un bo salario, un curso de alemán pago pola empresa e a posibilidade de asinar un contrato indefinido tras o devandito período de proba. Enviou o seu currículo e meses despois viaxou para unha entrevista de traballo até a aldeíña de Geldern, preto de Düsseldorf. Ao chegar ao seu destino, despois de pagar a viaxe do seu peto, atopou unhas condicións moi diferentes ás ofrecidas orixinalmente. Os contratos en alemán e en español tiñan un contido diferente en cuestións fundamentais como o salario e as horas de traballo. En Geldern coñeceu a Lorena Santa Candela. Tamén ela veu atraida polas condicións que ofrecía a empresa desde Veda, en Murcia. A Lorena debíanlle dous meses de salario no seu último traballo e a situación volveuse tan insostible para pagar o aluguer do piso que compartía co seu mozo, que decidiu facer as maletas. Segundo o contrato que lles presentaron ao chegar a Alemaña, deberían estar un ano en prácticas cobrando máis nada que 500 euros O seu mozo traballa nunha empresa que anunciou un ERE e a súa nai leva tres anos en paro. \"A miña familia non me pode axudar\", láiase. Tamén ela tivo que gastar uns pequenos aforros na infrutuosa viaxe até Geldern. Segundo o contrato que lles presentaron ao chegar a Alemaña, deberían estar un ano en prácticas cobrando máis nada que 500 euros. Ambas decidiron rexeitar a oferta; outros candidatos aceptárona. \"Non sei de que se supón que deberiamos vivir todo ese tempo\", sinala Ana indignada. Antes de que marchasen, o xefe da empresa de traballo temporal ofreceulles buscar outro posto con mellores condicións nun hospital, para o que necesitaría un par de meses. Nin Ana nin Lorena se podían permitir manterse dous meses en Alemaña sen traballar. \"Teño un amigo que ten unha empresa de produtos cárnicos e podedes traballar aí eses dous meses ata que vos atope outra cousa nun hospital\", díxolles o xefe. Como non tiñan nada que perder, concertaron unha cita no matadoiro. O traballo consistía en empaquetar carne e as condicións, traballar dez horas de luns a venres , así como dúas fins de semana ao mes, por mil euros. A casa púñaa a empresa. Era un piso con dúas habitacións e en cada cuarto había catro e cinco camas. Todos os inquilinos compartían un só lavabo. \"Un piso patera de toda a vida\", asegura Ana. Ambas volveron asustadas ás súas respectivas cidades. \"Coa crise hai moitas empresas que estafan. Nós non asinamos o contrato, pero outros compañeiros si e agora andan de xuízos\" Meses máis tarde, tras seguir buscando traballo en España sen obter resposta, ambas volveron a Alemaña. Esta vez atoparon un traballo en Berlín e esperan que non sexa outro timo. \"Coa crise hai moitas empresas que estafan. Nós non asinamos o contrato, pero outros compañeiros si e agora andan de xuízos\". O feito de que as condicións que lles ofrezan sexan as que se ofrece en Alemaña a unha enfermeira que acaba de rematar a súa formación non as entristece. As súas quendas son de doce días seguidos e dous de descanso. Non hai máis vacacións nin pagas extra máis aló dos días de descanso. Cobran nove euros a hora, tamén cando traballan de noite ou os domingos. O idioma é o que máis lles custa. E é fundamental na súa profesión: \"Non poder comunicarte co teu paciente é unha tortura horrible\", asegura Lorena. Os enfermeiros españois teñen moi boa imaxe en Alemaña, xa que até hai moi pouco tempo a enfermaría era considerada unha formación profesional, mentres que os españois chegaban cunha preparación de catro cursos de universidade Os enfermeiros españois teñen moi boa imaxe en Alemaña, xa que até hai moi pouco tempo a enfermaría era considerada unha formación profesional, mentres que os españois chegaban cunha preparación de catro cursos de universidade. \"Este non é o traballo que aprendemos na facultade. Pregúntannos se sabemos tomar a tensión ou medir a insulina. Iso xa o faciamos en primeiro de carreira\", di Lorena un tanto impaciente. Engade que quere quedar o tempo necesario para aforrar e poder facer un máster en España. \"Talvez así consiga un traballo e poida estar preto do meu mozo\". Ana, escéptica, asegura que ela xa fixo un máster e tampouco lle serviu para atopar traballo."}
{"ID": "NOS_31636", "summary": "Continuamos co serial do noso colaborador Manuel Monge sobre os millentos casos de corrupción que salfiren o Partido Popular, xulgado estes días como institución na Audiencia Nacional por se ter lucrado mediante o uso de prácticas de financiamento irregular.", "text": "Javier Arenas. Ministro de Traballo e Asuntos Sociais (1996-1999), ministro de Administracións Públicas (2002-2003), ministro da Presidencia (2003-2004), secretario xeral do PP (1999-2003). É unha persoa chave nas relacións do PP con Luís Bárcenas. Participou con Mariano Rajoy nunha reunión con Bárcenas (na sede do PP en marzo de 2010) na que chegaron a un pacto que permitiu a Bárcenas seguir cobrando do partido e desfrutar de despacho, secretaria, coche con chófer e avogados pagados polo PP (400.000 euros até decembro de 2012). Noutra reunión con Bárcenas nun restaurante de Sevilla o 14 de decembro de 2012 foi informado da existencia das contas secretas de Bárcenas en Suíza, pero o PP non fixo nada e seguiu pagándolle a nómina mensual. Arenas era un auténtico campión no cobro de sobresoldos. Na contabilidade oficial do PP figura que recibiu 1,15 millóns de euros en sobresoldos entre 1990 e 2011 Arenas era un auténtico campión no cobro de sobresoldos. Na contabilidade oficial do PP figura que recibiu 1,15 millóns de euros en sobresoldos entre 1990 e 2011 e segundo a contabilidade B do PP, é dicir, os papeis de Bárcenas, entre 1997 e 2004 cobrou 225.762 euros en 20 entregas, que figuraban como \"traballos extraordinarios\" ou gastos de representación. Pasaba longas temporadas no hotel Palace de Madrid, pagadas polo partido. Cobraba mensualmente do partido un sobresoldo de 1.562 euros no ano 2000, 1.356 euros en 2001 e 1.383 euros no ano 2002. Frecuentaba restaurantes de luxo e pasaba tres facturas ao PP do mesmo día (19 de decembro de 2001): 997 euros no hotel Ritz, 932 euros no restaurante Errota e 124 euros no Balzac. Con estes antecedentes, Arenas manifestaba que \"el PP ha sido vanguardia contra la corrupción\". Ángel Acebes. Ministro de Administracións Públicas (1999-2000), ministro de Xustiza (2000-2002), ministro de Interior (2002-2004), secretario xeral do PP (2004-2008). Acebes era o ministro de Interior cando, con motivo do atentado terrorista islamista de 11 de marzo de 2004 en Madrid, o goberno de Aznar intentou enganar a opinión pública atribuíndo o atentado a ETA. Cobrou máis dun millón de euros en sobresoldos entre 1990 e 2011, segundo a contabilidade oficial do PP, e 107.100 euros entre 2004 e 2008, segundo a contabilidade B. Foi imputado por presunta apropiación indebida na compra de accións de Libertad Digital co diñeiro negro do PP. Persoa de máxima confianza do PP, fora encargado, xuntamente con José María Michavila, de entrevistarse con Bárcenas, como interlocutores de Rajoy, para controlar a situación cando se coñecen as contas en Suíza e a contabilidade B do PP. Ángel Acebes, imputado no caso Bankia, recolocouse en 2012 en Iberdroa como conselleiro externo do Consello de Administración Tivo unha estreita relación coa trama corrupta da Gürtel e como pago aos servizos prestados, recibía un reloxo de 300.000 pesetas de Special Events, da trama Gürtel, despois da celebración do XIII Congreso Nacional do PP (existe factura con data 21-1-1999). Por outra parte, recibiu 107.100 euros en sobresoldos en 16 pagamentos. Está imputado no caso Bankia (era conselleiro desa entidade) polos delitos de apropiación indebida, falsificación de contas anuais, administración fraudulenta ou deslealdade, e dun delito de maquinación para alterar o prezo das cousas. En 2012 recolocouse en Iberdrola como conselleiro externo do Consello de Administración. Esperanza Aguirre. Neta de José Gil de Biedma Becerril y Oñate, terceiro conde de Sepúlveda; é tamén condesa consorte de Bornos. Ministra de Educación, Cultura e Deporte (1996-1999), presidenta do Senado (1999-2002) e presidenta da Comunidade de Madrid (2003-2012). É unha das dirixentes do PP máis implicadas na Gürtel. José Luis Peñas, ex–concelleiro do PP en Majadahonda que destapou esta trama en 2007, declaraba que \"Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre estaban ao tanto da trama de corrupción de Gürtel, foron avisados dos negocios escuros de Francisco Correa en Arganda del Rey nunha reunión no despacho de Luis Bárcenas. Eu intentei falar cos dirixentes, mais non me quixeron escoitar. Todos sabían o que estaba a pasar e non fixeron nada\". Peñas informaba tamén que recibían un fax da tesourería do PP esixindo que axudasen a unha serie de empresas que cooperaban co PP coas súas doazóns. Francisco Correa, dirixente de Gürtel, facía de intermediario para cobrar as comisións ilegais para o PP, segundo a investigación da Policía. Todos os actos protagonizados por Esperanza Aguirre na precampaña e campaña electoral das eleccións autonómicas de 2003 foron organizados pola rede corrupta a través de Special Events Todos os actos protagonizados por Esperanza Aguirre na precampaña e campaña electoral das eleccións autonómicas de 2003 foron organizados pola rede corrupta a través de Special Events. Un informe policial cifraba en 1,3 millóns de euros as facturas electorais falseadas polo PP entre 2003 e 2004 e así figuraba no computador de Gürtel, no documento con título \"Relación actos E.A.-Beltrán. xls\", que corresponde coas iniciais de Esperanza Aguirre e Beltrán Gutiérrez Moliner, xerente do PP de Madrid. Cando era presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre adxudicaba a dedo a Gürtel 386 actos propagandísticos, a maioría deles irregulares. As adxudicacións realizábanse de forma \"directa e arbitraria\", fraccionando o importe das facturas (686 contratos de menos de 12.000 euros) e violando as leis que regulan os contratos públicos. Con este procedemento, quince empresas de Correa cobraron 6,48 millóns de euros do goberno de Madrid entre 2004 e 2008, cun beneficio de 2,66 millóns de euros. Esperanza Aguirre está tamén implicada noutros casos de corrupción. Foi a principal valedora de Ignacio González, que foi presidente da Comunidade de Madrid e imputado por corrupción, e de Francisco Granados, secretario xeral do PP de Madrid, número dous do goberno de Esperanza Aguirre e principal imputado na Operación Púnica. Eduardo Zaplana. Alcalde de Benidorm de 1991 a 1994 (conseguiu a alcaldía polo voto dunha concelleira tránsfuga do PSOE), presidente da Generalitat Valenciana (1995-2002), ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do PP no Congreso (2004-2008). O financiamento ilegal do PP valenciano, vinculado á trama Gürtel, comezou con Zaplana, segundo a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía. Eduardo Zaplana (E) expresaba nunha conversa con Salvador Palop (S) o 11 de febreiro de 1990 (falaban dunha comisión pola venda dun solar) o seu interese por gañar diñeiro e facerse rico coa política. Esta conversa foi gravada no contexto dunha investigación policial por un caso de narcotráfico, que despois derivou no caso Naseiro sobre financiamento ilegal do PP: E.- E entón lle dis, ben, eu unha comisionciña. Pídeslle dous millóns de pelas ou tres do que queiras... E.- ¿Eh? O que che dei e me das a metade baixo man. S.- Pois se temos que repartir, carallo... E.- E eu dígolle: págalle o contrato a este rapaz que... S.- Se temos que repartir, macho... Temos que pedirlle un pouco máis. E.- Claro, un pouquiño máis. Eu é que non sei nen o que vale o solar nen nada. E despois engadía: \"Teño que facerme rico\". \"¡Ai…! Teño que gañar moito diñeiro, faime falta moito diñeiro para vivir. Agora teño que mercar un coche, gústache o Vectra 16 válvulas?\". Salvador Palop, ex–concelleiro do PP de Valencia, foi imputado no caso Naseiro e faleceu en 2008. Os ministros podían viaxar gratis en Iberia ou con voos militares, pero Zaplana cargaba ás contas públicas, como gastos de representación, 150.000 euros de viaxes en avións privados Os ministros podían viaxar gratis en Iberia ou con voos militares, pero Zaplana cargaba ás contas públicas, como gastos de representación, 150.000 euros de viaxes en avións privados entre 2002 e 2004 e 150.000 euros dunha viaxe a Edimburgo. Ademais, 55.000 euros de catro toneladas de turrón e 183.000 euros en dous anos de galletas, chicles e natillas, segundo recolle Alfredo Grimaldos no seu libro Los ministros \"limpios\" de Aznar. Cando deixa os cargos políticos, Zaplana é recolocado en Telefónica como delegado para Europa, cuns ingresos anuais de máis de 600.000 euros. Con este currículo, Zaplana daba leccións de ética política e dicía en febreiro de 2013 nun debate do Club Información de Alacante: \"A percepción social é que existen moitas similitudes entre política e corrupción e iso é inxusto e falso\". E engadía: \"Un político imputado por presunta corrupción debería actuar con xenerosidade e sacrificarse\". José María Michavila. Secretario de Estado de Relacións coas Cortes (1996-2000), ministro de Xustiza (2002-2004). O seu despacho de avogados tiña contratos coa rede de empresas da Gürtel, recibindo 100.000 euros desta trama corrupta. Desde 2010 é asesor do fondo de infraestruturas de JP Morgan. O bufete de Michavila foi contratado sen licitación pública polo alcalde de Boadilla del Monte, epicentro da Gürtel, para defender a xestión municipal en cinco procedementos. El Mundo publicaba que Michavila pediu seis millóns de euros a Mutua Madrileña como mediador entre esa empresa e a consultora Global Helath, cliente do despacho no que traballaba, para construír unha cidade sanitaria en Boadilla del Monte. Cando era ministro de Xustiza, este ministerio contratou en 2003 os servizos de Special Events por valor de 4.400 euros. Josep Piqué. Ministro de Industria, Enerxía e Turismo (1996-2000), ministro de Asuntos Exteriores de 2000 a 2002 (ocupando esta carteira ministerial o goberno de Aznar apoiou a invasión de Irak e o intento de golpe de Estado en Venezuela contra Hugo Chávez); ministro de Ciencia e Tecnoloxía (2002-2003), presidente do PP de Cataluña (2003-2007). Cando era ministro de industria, condonou en 1998 a Ercros (Piqué foi membro do consello de administración de Ertoil, filial da química Ercros) unha débeda de 8.500 millóns de euros, contraída co Instituto de Crédito Oficial (ICO). Cando era ministro de industria, Josep Piqué condonou en 1998 a Ercros (Piqué foi membro do consello de administración de Ertoil, filial da química Ercros) unha débeda de 8.500 millóns de euros Fracasa como candidato do PP á Generalitat de Cataluña e desembarca en Vueling, como presidente desta compañía aérea (2007-2013). Despois é contratado como conselleiro delegado e vicepresidente segundo da construtora OHL, que fixo importantes doazóns á caixa B do PP, recibindo numerosas adxudicacións de obra pública, entre elas 1.000 millóns de euros do tren de alta velocidade. Compartiu negocios con Iñaki Urdangarín na construtora Mixta África (Piqué ocupou a presidencia desta compañía entre 2007 e 2010). Urdangarín facturou 365.000 euros a esta empresa por asesoramento. Continuará porque aínda quedan outros ministros e ministras \"exemplares\": Rodrigo Rato, Abel Matutes, Alberto Ruiz Gallardón, Federico Trillo, Ana Mato, Jaime Mayor Oreja, José Manuel Soria, Miguel Ángel Arias Cañete e Jorge Fernández Díaz."}
{"ID": "NOS_28163", "summary": "As 62 toneladas fixadas para esta campaña, a metade do ano anterior, leva os barcos rianxeiros desta arte a valorar suspender a pesca até xuño. \"Con esas cotas non se pode traballar\", lamenta o patrón maior, Miguel A. Iglesias.", "text": "Os 170 barcos despachados para faenar ao xeito e que levan traballando desde xaneiro veñen de coñecer a cota que se lles fixou para esta arte: 62 toneladas de sardiña. Unha cifra \"escasa\" e \"ridícula\" en palabras a Sermos Galiza do patrón maior de Rianxo, principal porto de traballo con esta arte pesqueira, Miguel A. Iglesias. É a metade do ano anterior, unha campaña na que tiveron que interromper a pesca en xuño (época da mellor xouba e sardiña) porque xa esgotaran a cota asignada. Por iso, os xeiteiros rianxeiros valoran suspender a pesca con esta arte até xuño, evitando gastar a cota até que o recurso teña o seu mellor prezo. Unha proposta que agora formularán aos representantes doutros portos que tamén traballan co xeito, como A Illa ou Redondela. \"Pero quen é o que fai os cálculos aquí?\" pregúntase Iglesias sobre a asignación da cota para o xeito. Lamenta que malia que estudios e informes indicasen que hai dispoñibilidade de sardiña, o cupo é cada vez máis pequeno. \"Así non se pode traballar\", afirma. Sinala Bruxelas e Madrid como responsábeis dunhas políticas que non só afectan o xeito senón ao conxunto da pesca artesanal. \"Sentímonos desamparados\", resume. O patrón maior rianxeiro considera que o discurso da Unión Europea de promover e defender a pesca artesanal non se corresponde cos feitos de Bruxelas. \"Din unha cousa e fan outra\", apunta, e critica o goberno central porque, \"goberne quen goberne\", nunca \"dan a cara pola frota artesanal\"."}
{"ID": "NOS_13384", "summary": "\"Magnanimidade\" e \"comprensión\" reclamou onte o presidente Pedro Sánchez á cidadanía sobre os indultos aos presos condenados polo procés. As declaracións do mandatario chegaron onte desde a Arxentina e a tan só catro días de que decorra a manifestación do ultraespañolismo en Colón, Madrid.", "text": "Sen valados nin fronteiras. É indiferente onde se atope o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e por moito que cambie de continente a cuestión dos indultos ás presas e presos cataláns condenados polo procés segue a ocupar 100% da axenda política española e a centrar as preguntas dos medios. De facto, hoxe mesmo, e ás portas de que o sábado decorra a manifestación de Colón (en Madrid) convocada polo ultraespañolismo contra os indultos, Sánchez foi abordado sobre esta cuestión pola prensa na súa visita á Casa Rosada de Bos Aires, onde se entrevistou co presidente arxentino, Alberto Fernández. Nunha rolda de prensa conxunta, o mandatario español foi preguntado polos medios sobre a carta que o líder de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Oriol Junqueras, fixo pública esta semana e na que avala os indultos e considera non desexábel unha vía cara á independencia que non pase polo referendo pactado co Estado. En resposta ás preguntas, Sánchez aplaudiu a carta do republicano porque \"calquera paso a favor da distensión é benvido\", e admitiu que \"pode haber cidadáns que poidan ter reservas sobre esta decisión\" despois do procés de outubro de 2017, as leis de desconexión ou a declaración unilateral de independencia. A estas persoas pediu que \"teñan confianza, temos que facer unha aposta pola convivencia e a reparación\", aseverou. Apelou así a transitar \"dun mal pasado a un futuro mellor\", o que \"implica tamén magnanimidade\". O mandatario español recalcou este concepto: fai falla \"comprensión\", \"magnanimidade\" e \"pasos de distensión\". Pese a que non quixo pronunciarse sobre o calendario, insistiu en que o primeiro que terá lugar será a reunión bilateral co president catalán Pere Aragonès na Moncloa e \"despois xa veremos cando se ten que realizar\" a mesa de diálogo. En canto aos rumores sobre a remodelación do Executivo español coa chegada do verán, Sánchez limitouse a afirmar que está \"concentrado\" na vacinación e a recuperación económica."}
{"ID": "PRAZA_16058", "summary": "A Real Academia Galega inicia a conmemoración do Ano das Letras dedicado á autora coa publicación na súa web de contidos especiais dedicados a ela. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan a súa biografía, que fixa o seu ano de nacemento en 1939.", "text": "2018. A anagnórise de María Victoria Moreno (Patricia Carballal Miñán) A Real Academia Galega inicia a conmemoración do Ano das Letras dedicado a María Victoria Moreno coa publicación na súa web de contidos especiais dedicados á autora. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan a súa biografía, que entre outros datos fixa o seu ano de nacemento en 1939, emendando unha confusión que se mantiña ata este momento. Ela afirmaba que nacera en 1941, dous anos despois da data de nacemento real, seguramente para facela coincidir coa das compañeiras de bacharelato, etapa que iniciou tarde debido á situación económica da familia. Aleixandre e Casalderrey subliñan que \"María Victoria Moreno foi unha escritora galega\", sinalando que o seu nacemento en Valencia de Alcántara (Cáceres) \"foi circunstancial\". \"Luís Seoane foi un pintor e escritor galego –non arxentino – malia nacer en Bos Aires, e Italo Calvino un escritor italiano nacido en Cuba\", exemplifican. Destacan que aínda que \"na ditadura franquista non se ensinaba a lingua galega nin moito menos en galego\", ela \"dedicaba parte das clases de literatura española dos venres a ensinar literatura galega, a que as alumnas practicasen a escrita de textos en galego\". \"Contribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno; a poñer en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e gozar coa literatura, coa beleza das palabras\" As autoras conclúen que María Victoria Moreno \"contribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno; a poñer en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e gozar coa literatura, coa beleza das palabras\". \"Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social\", engaden. A biografía destaca o ano 1973 como \"clave\", pola publicación de Mar adiante, o seu primeiro libro, que \"tivo grande impacto na prensa, convertendo a María Victoria nunha das autoras pioneiras da literatura infantil galega\". Tamén salientan o 1988, momento no que Galaxia, por decisión de Carlos Casares, crea a colección Árbore de literatura infantil, que será dirixida durante dez anos por María Victoria Moreno, Antonio García Teijeiro e David Otero. Tamén en 1988 publica Anagnórise, considerado un clásico da literatura xuvenil galega. O texto lembra así mesmo que María Victoria Moreno \"foi unha autora de literatura para a xente nova, mais non só\". A reflexión sobre a súa experiencia co cancro reflíctese nun libro excepcional, o ensaio Diario da luz e a sombra (2004), no que combina a análise descarnada da enfermidade, as súas consecuencias e a recepción social. A sección Tribuna da web da Academia publica igualmente un artigo en forma de carta de Marilar Aleixandre dirixida á autora. O texto remata incidindo de novo na importancia de Pontevedra na vida de María Victoria: \"Aquí viviches no paraíso. Paraíso foi a túa amada Pontevedra. Paraíso as aulas, que non desertaches nin estando enferma. Desde Galicia, que este ano te canta, recibe o noso agarimo. Ti segue teimando\". Precisamente, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá o acto académico do 17 de maio e, semanas antes, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, no que, baixo o lema \"Mulleres de conto\", María Victoria Moreno terá un protagonismo especial. Biografía de María Victoria Moreno na web da Academia Carta dedicada por Marilar Aleixandre"}
{"ID": "NOS_18978", "summary": "A Mesa porá o caso en coñecemento do Consello de Europa e do Consello de dereitos humanos da ONU, na medida en que afecta ao cumprimento da Carta Europea das línguas e aos dereitos civís.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística (AMNL) vén de criticar que o Goberno español manteña a sanción imposta a un home en Rianxo por reclamar que o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) o atendese en galego. O suceso ocorreu o pasado mes de abril de 2021, mais volveu á actualidade coa resolución sancionadora por parte da delegación do Goberno español na Galiza. 🔴 ÚLTIMA HORA | Sancionado por solicitar atención en galego no seu centro de saúde. A Delegación do Goberno teima en sancionar coa «Lei Mordaza» un cidadán que reclamou o seu dereito a ser atentido en lingua galega. Saber máis https://t.co/Jd1yhcl4Xv pic.twitter.com/MffpoLs0kv— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) March 24, 2022 Os feitos decorreron da seguinte maneira: o home reclamou que o persoal sanitario lle atendese en galego, ante o que os facultativos non só fixeron caso omiso, senón que mesmo se negaron a realizarlle unha proba diagnóstica da Covid-19. Nesta situación, a Policía Local desprazouse até o lugar, onde, tal e como critica A Mesa, \"lonxe de recoñer o lexítimo dereito deste cidadán a ser atendido en galego, recolleu no informe policial que o instaron a mudar de lingua e empregar o castelán, xa que 'o persoal sanitario non tiña a obrigación de falarlle galego'\". Nunha nota de prensa, AMNL tamén lamenta que a delegación do Goberno só recoñece como válida a declaración policial e descartando a validez das testemuñas presentes, por manteren unha \"relación de veciñanza\" coa vítima da vulneración dos dereitos lingüísticos. Aplicación da \"lei mordaza\" O presidente da Mesa, Marcos Maceira, criticou a aplicación da \"lei mordaza\" para sancionar este home, e asegurou que \"é especialmente grave que o Goberno español dea absoluta validez a un expediente policial onde se afirma sen rubor que o dereito á atención en galego non existe e que se dea por válida unha actuación baseada na negación dese dereito que resulta na sanción á vítima da actuación policial\". Tal e como explica Maceira, negarlle a atención en galego a este cidadán incumpre os artigos 74.s) da Lei 2/2015 do emprego público de Galiza; o art. 51 que define os requisitos lingüísticos do funcionariado, que debe coñecer a lingua; o artigo 54.11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Ademais, AMNL cosidera este como un caso \"moi grave\" de discriminación por motivo de lingua en virtude do art. 185.1.b) da mesma Lei 2/2015, o que é unha falta\" moi grave\" e pode levar consigo a inhabilitación para a función pública\" Neste sentido, o presidente da Mesa afirmou que instará o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, a \"abandonar toda hostilidade contra o galego, comezando por informar e desenvolver unha campaña de prevención e formación nos dereitos lingüísticos entre as forzas e corpos de seguridade\". Tamén porá o caso en coñecemento do Consello de Europa e do Consello de dereitos humanos da ONU, na medida en que afecta ao cumprimento da Carta Europea das línguas e aos dereitos civís. Ademais, tamén anunciou que a plataforma farase cargo da defensa deste cidadán e dos posíbeis gastos que dela se deriven, incluída a multa, no caso de non prosperaren os recursos na fase administrativa, e as acción xudiciais pertinentes."}
{"ID": "NOS_32071", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya obriga a dar aulas en español a toda a aula con tal de que así o pida un só alumno. Os maxistrados do TSXC critican o que consideran que é unha omnipresencia do catalán no ensino. Somescola lembra que só 17 familias en Catalunya pediron a escolarización en español.", "text": "O TSXC sentenciou que se un alumno pide que que se lle de aula en español, esta petición afectará a toda a clase, e non só a este estudante de forma individualizada. O auto subliña que \"a atención individualizada en castelán conduce a unha situación de discriminación practicamente idéntica á separación en grupos clase por razón de lingua habitual\". O auto do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya ven dar a razón ás familias que exixían maior presenza do español no ensino de Catalunya. O tribunal afirma, porén, que non cuestiona o modelo de inmersión lingüística e recoñece que a constitucionalidade de que o catalán \"sexa o centro de gravidade do modelo de bilingüismo catlán\", mais, iso si,con matices. Os maxistrados critican o que consideran unha omnipresencia do catalán nas aulas: \"Unha cousa é que o catalán sexa o centro de gravidade e outra que ocupe todo o espazo\". Recurso Desde a Generalitat xa anunciaron que interporán un recurso contra esta decisión, que consideran fóra de toda lóxica. A conselleira de Educación, Irene Rigau, manifestou que \"a lingua do grupo non se pode cambiar porque un neno o pida\". Desde o colectivo Somescola.cat lembran que só dezasete familias teñan demandado a escolarización en español e enmarca a decisión xudicial na campaña do PP e Ciutadans que teñen feito do ensino en catalán \"o obxectivo a render\". Piden, aliás, á comunidade educativa de Catalunya a se manter firme e tranquila."}
{"ID": "NOS_31929", "summary": "O arqueólogo municipal do Concello de Ourense, José María Eguileta, achéganos a Castromao, nas Terras de Celanova. Unha nova entrega do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'.", "text": "En relación ao estudo que presenta sobre Castromao indica que as vivendas máis antigas son de planta circular ou rectangulares coa esquina redondeada e as de esquina cadrada xa son despois da conquista romana. Tense indicado que até a chegada dos romanos os castrexos non sabían facer as casas en ángulo. É certo ou simplemente é un mito? Tiña que ver a forma máis primitiva coa suposta forma das cabanas vexetais previas? Tiña esta forma inicialmente redondeada algunha funcionalidade específica, por exemplo en relación a diminuír a resistencia ao vento? As estruturas de planta circular, que non todas se utilizaban como vivenda, son froito dunha tradición construtiva que funde as súa raíces en etapas anteriores. A cultura castrexa non emerxe espontaneamente, se non que debemos vela como a evolución cultural das comunidades de Idade do Bronce que habitaban a Gallaecia nun momento en que noroeste da península hispánica tiña un importante protagonismo na produción e distribución de obxectos de bronce. Será nunha fase consolidada da cultura castrexa e da Idade do Ferro, por volta dos ss. V/IV a.C. cando se \"petrifica\" a arquitectura doméstica, dando paso das cabanas feitas con material vexetal e barro ás de pedra. E fano seguindo a tradición anterior, con estruturas fundamentalmente circulares. Efectivamente, cremos que aí radica a forma circular, que se estende por outras zonas do occidente europeo. Ter atopado en Castromao materiais cerámicos, metálicos e líticos fainos pensar que este castro tiña unha especialización determinada en relación a outros da súa contorna? Podería indicar unha maior estratificación social? As pezas de cerámica doutros lugares atopadas confirmarían un ciclo comercial máis intenso do que puidera pensarse nun principio? Aínda que debemos pensar que eran grupos bastante autárquicos, como corresponde ás sociedades sen estado, os castrexos non se organizaban en comunidades illadas, de tipo segmentario. A cultura castrexa non emerxe espontaneamente, se non que debemos vela como a evolución cultural das comunidades de Idade do Bronce que habitaban a Gallaecia Existía unha estratificación social que se inicia e se vai consolidando na Idade do Cobre (Calcolítico). De feito os intercambios comerciais están presentes dende etapas moito máis antigas, tal e como deducimos de obxectos arqueolóxicos exóticos moito máis antigos, xa no Calcolítico e mesmo no Neolítico. A Gallaecia formaba parte de rutas de intercambio de longa distancia entre pobos mediterráneos e da zona atlántica europea A raíz do descubrimento dos alicerces dunha ermida medieval, xúrdenos a reflexión de como interpretarían os habitantes do medievo os restos arqueolóxicos dos castros, isto é, as construcións que estaban diseminadas nos outeiros. Poden vir de aí -de buscarlle unha explicación- a orixe de moitas lendas que se fraguan en torno a estes poboamentos? As lendas que crea e mantén a tradición popular buscan explicacións para estes asentamentos do pasado que se perderon na memoria. Se Castromao, por poñer un exemplo, se abandona no s. II d.C., é moi difícil que despois de varios séculos aquelas xentes do castro permaneceran na memoria das poboacións que continuaron habitando o territorio. Debemos ter en conta que a idea de Historia é un concepto ilustrado. A cultura popular busca explicacións a fenómenos descoñecidos, neste caso un asentamento con orixe prehistórica, nesas lendas, que ofrecen relatos alternativos sobre lugares habitados que non están ao alcance da memoria colectiva. E se tales sitios puideran ser mentalmente perigosos ou relixiosamente inadecuados para a sociedade, poden \"conxurarse\" por medio dun elemento ou construción de carácter relixioso. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos."}
{"ID": "NOS_8292", "summary": "A eliminación da simboloxía franquista aínda presente na Galiza segue a suscitar posturas diferenciadas entre as formacións con representación no Parlamento galego. Unha disparidade que onte volveu a se manifestar na Cámara durante o debate dunha proposición non de lei que instaba a unha retirada desa simboloxía dos edificios públicos.", "text": "Máis de 650 símbolos e distincións franquistas fican aínda presentes na Galiza, segundo a conta que o sociólogo, investigador e activista pola memoria histórica Manuel Monge publicou no libro Os restos do franquismo na Galiza. Unha simboloxía presente nunha disparidade de maneiras, desde a fachada da Audiencia Provincial de Pontevedra a nomes de rúas —só en Beariz hai catro rúas e prazas adicadas a personalidades do franquismo—, pasando polo xugo e as frechas presentes nun dos botafumeiros da Catedral de Compostela —o deputado nacionalista Luís Bará anunciou esta cuarta feira unha iniciativa ao respecto—. Exixen retirar do Museo Militar da Coruña todas as referencias a Peñamaría de Llano, que participou da represión franquista A comisión de Xustiza e Interior do Parlamento galego debateu esta cuarta feira unha proposición non de lei presentada polo Parido Socialista que demandaba elaborar un informe técnico onde se relacione toda esta simboloxía presente no país, así como a a eliminación da simboloxía e nomenclatura fascista, instando á colaboración con outras Administracións, \"nomeadamente Concellos\". A proposta contou co apoio, ademais da formación socialista, do BNG. O PP votou en contra, polo que a proposta foi rexeitada. \"Difícil de entender\" \"É difícil de entender que a estas alturas haxa que traer aquí unha proposición pedindo á Xunta que cumpra unha lei de 2007 [pola Lei de memoria histórica] e un mandato parlamentar de 2008 [instábase á Xunta a eliminar a simboloxía franquista]\", lamentou Paloma Castro, do PSdeG. A deputada socialista denunciou que desde a chegada do PP á Xunta en 2009 \"non se destina nin un euro a memoria histórica\" e pediu que se impulse un plan de retirada desta simboloxía ao tempo que se \"recupera a memoria das e dos represaliados\". A \"antimemoria\" do PP Luís Bará (BNG) criticou a \"aversión\" do PP a todo o que sexa \"memoria histórica\". Denunciou que estes anos de Gobernos do PP \"afogaron\" economicamente as iniciativas pola memoria mais si tiñan cartos, dixo, \"para dar 44.000 euros aos Franco para abrir ao público o Pazo de Meirás, cando tiñan a obriga de abrilo de balde ao ser Ben de Interese Cultural\". Bará sinalou que a Galiza, canda Madrid e Murcia, son os tres únicos territorios do Estado que non teñen \"ningunha\" política pública de memoria. PP e PSOE poñen trabas á retirada da estatua do contraalmirante franquista González-Llanos en Ferrol Explicou que se a día de hoxe segue a haber estas iniciativas sobre retirada da simboloxía franquista é porque a Lei de memoria histórica, \"malia ser un avance, era insuficiente\". O PP nega ter un pasado \"ligado ao franquismo\" O deputado popular Pazos Couñago acusou a oposición de usar a memoria histórica como \"arma arrojadiza\" contra o PP. Afirmou que a Xunta colaboraba con concellos e co Estado en diversas iniciativas neste campo e criticou que a oposición ataque o PP por un suposto pasado ligado ao franquismo, que negou."}
{"ID": "PRAZA_11371", "summary": "As xuntas electorais están compostas maioritariamente por xuíces e xuízas; para eleccións coma o 10N en Galicia rexen catro xuntas provinciais e vinte e sete de zona", "text": "A Xunta Electoral Provincial da Coruña ordenou a mediados de outubro retirar campañas que o Goberno galego tiña en marcha nos medios de comunicación por consideralas electoralistas. A mesma Xunta Electoral atendeu recentemente un recurso do partido Vox contra o plan de cobertura da CRTVG para as eleccións xerais do 10N e ordenou darlle espazo na información sobre a campaña e mais no debate electoral da televisión pública. Pero, quen é a Xunta Electoral e como se elixe?As xuntas electorais están compostas maioritariamente por xuíces e xuízas; para eleccións coma o 10N en Galicia rexen catro xuntas provinciais e vinte e sete de zonaO funcionamento e composición das xuntas electorais está regulado pola lei electoral dende 1985, no capítulo de dedicado á administración electoral, e encoméndalles \"garantir a transparencia e obxectividade do proceso electoral\" e mais o \"principio de igualdade\" para participar nela. Tanto no caso da Xunta Electoral Central como nas xuntas electorais autonómicas, provinciais e de zona, estes órganos están compostos fundamentalmente por persoas procedentes do mundo xudicial cunha ampla marxe de manobra sobre o desenvolvemento das campañas e dos propios comicios.No caso galego, alén da Xunta Electoral de Galicia -que rexe para os comicios ao Parlamento-, en eleccións como as xerais deste 10N rexen catro xuntas electorais provinciais e vinte e sete xuntas electorais de zona. As súas sedes son instalacións xudiciais e o nomeamento da maioría dos seus membros depende dos órganos de goberno do poder xudicial.Os vogais xudiciais son elixidos por sorteo no Consello Xeral do Poder XudicialAsí, por exemplo, as xuntas electorais provinciais teñen cinco vogais e deles, tres son maxistrados ou maxistradas da Audiencia Provincial de cada provincia que o Consello Xeral do Poder elixe por sorteo entre todos os seus membros. As restantes dúas persoas deben ser, por lei, \"catedráticos e profesores titulares de Dereito ou de Ciencias Políticas e Socioloxía\" ou \"xuristas de recoñecido prestixio residentes na provincia\". Os seus nomes poden ser propostos \"conxuntamente polas candidaturas\" que concorren ás eleccións en cada provincia e \"se dita proposta non ten lugar antes do comezo da campaña\", a designación corre a cargo da Xunta Electoral Central.A composición actual das catro xuntas provinciais galegasNa actualidade, os membros das xuntas electorais provinciais galegas de procedencia xudicial foron nomeados o pasado marzo e os non xudiciais, o pasado abril. A Xunta Electoral Provincial da Coruña, á que lle corresponde decidir sobre cuestións como o plan de cobertura da CRTVG para as eleccións xerais, compóñena os maxistrados Alejandro Morán Llorden, Ángel Judel Prieto e Julio Tasende Calvo, a letrada María José Casal e a profesora da UDC Luz María Puente Aba.Os vogais non xudiciais das xuntas provinciais proceden na actualidade da avogacía e da universidade; algúns deles tiveron cargos políticosEn Lugo, os membros da Audiencia que integran a Xunta Electoral son José Antonio Varela Agrelo, José Manuel Varela Prada e Darío Antonio Reigosa Cubero. Os membros non xudiciais son Luis Lamas, avogado, ex-presidente de Sogama e antigo concelleiro do PP en Lugo -entre outros cargos- e a tamén avogada María Novo, ex-concelleira do PSdeG. En Ourense os xuíces que integran a Xunta Electoral son na actualidade Antonio Piña Alonso, María José González Movilla e Ana María del Carmen Blanco Arce; completan o órgano o avogado Ramón Pérez Nóvoa e a procuradora e ex-concelleira socialista Mónica Vázquez. En Pontevedra, os vogais xudiciais son Jacinto José Pérez Benítez, Jaime Esain Manresa e Francisco Javier Romero Costa; os postos non xudiciais son para juan Carlos Abeigón Vidal, avogado, e Francisco José Torres Pérez, profesor de Dereito da Universidade de Vigo."}
{"ID": "NOS_50065", "summary": "Acción. Reacción. Réplica. Contraréplica. Así están as cousas no seo de En Marea e quen teña algunha dúbida, que lle bote un ollo ás redes sociais. Esta segunda feira, o portavoz da confluencia, Luís Villares, saíu ao paso das críticas formuladas á súa xestión por Xulio Ferreiro. Suxírelle que formule as súas obxeccións nos órgaos internos da confluencia: \"É importante que os comentarios se fagan onde son eficaces\".", "text": "Ferreiro ten difícil trasladar as súas críticas á Coordenadora (Executiva) de En Marea pois nese órgao o sector crítico con Villares carece neste momento de representación, mais si o poderá eventualmente facer no Consello, o máximo órgao da confluencia entre plenarios (asembleas). A resposta de Villares ás críticas de Ferreiro -o líder da Marea Atlántica cuestiona a deriva da confluencia baixo a lideranza do ex xuíz por considerar que con el transita polos camiños trillados da política convencional- foi bastante medida. Por unha banda, o portavoz de En Marea reflectiu sobre as dificuldades que entraña o levantamento dun edificio político novo. \"Construír da nada non sempre é doado\", dixo. Mais ao tempo deslizou unha alusión implícita a que nesa construción non todo o mundo está a achegar o mesmo: \"Nese esforzo colectivo temos que estar todos implicados\". Villares concede, con todo, que \"hai que mellorar moitas cousas\" en relación ao funcionamento da confluencia, mais a seguir subliña que \"hai tres meses\" En Marea nen sequer existía como tal formación política con personalidade de seu \"e agora xa ten unha dirección para debater de política e de cuestións orgánicas\". Inquirido polos meios sobre se vai pedir a Ferreiro que se absteña de manifestar críticas públicas á súa xestión, Villares limitouse a dicer que \"é importante que os comentarios se fagan onde son eficaces\", ou sexa, nos órgaos internos da confluencia."}
{"ID": "NOS_14857", "summary": "Maio está a ser prolífico en novos traballos discográficos: Sonia Lebedynski, Fernando Barroso, Caxade, Xoán Curiel... e o 27 de maio estará na rúa o novo proxecto de Xosé Lois Romero: Aliboria, que \"busca unha revolución para a percusión tradicional\".", "text": "A banda Xosé Lois Romero e Aliboria lanzará o próximo 27 de maio o seu primeiro disco. O álbum, que se presenta levando por título o nome do propio grupo (Xosé Lois Romero e Aliboria) achega un feixe de cantos tradicionais pasados polo filtro desta nova formación que pretende provocar unha revolución no eido da percusión tradicional, dotándoa así dunha anovadora linguaxe e achegando novas fórmulas sonoras a un amplo conxunto de instrumentos que se poden escoitar no disco. \"Todos os instrumentos da música galega, comezando pola gaita, viviron unha incuestionable evolución, agás a percusión tradicional. Pretendemos que neste disco se amose un proxecto evolutivo que poida ser un revulsivo no ámbito musical\", sinala Xosé Lois Romero, músico e compositor coñecido por formar parte de grupos como Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza ou aCadaCanto, xunto a Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. O percusionista Xosé Lois Romero leva anos mergullado no proxecto Aliboria xunto a un grupo de 10 músicos xa consolidados no eido do folclore que atoparon en Romero novos camiños para seguir traballando, e que, tras anos de formación, dan un paso adiante para se converteren en compañeiros de grupo. Así, Alejandra Montero, María Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Cristina Sánchez, Ramón Dopico, Antonio Prado, Jorge García e Cristina Pico conforman Aliboria. Todos eles, na gravación do disco, mesturan a forza dos cantos enxebres con arranxos actuais que combinan instrumentos como as latas, tixolas, sachos, tarrañolas, tambores, pandeiras ou bombos. E son só unha mostra da ampla instrumentación que se pode escoitar neste Xosé Lois Romero e Aliboria, álbum que achega unha rápida radiografía do amplo abano de posibilidades instrumentais que se dá no ámbito da percusión. \"A percusión en Galiza é a máis rica de Europa. No país contamos cunha chea de instrumentos de percusión que están vivos, que se escoitan, que se usan e non hai que ir buscalos ao Museo do Pobo Galego\", sinala Romero sobre un corpo instrumental que se reinventa neste primeiro traballo discográfico da banda. Aliboria Aliboria naceu no seo das aulas de percusión que imparte Xosé Lois Romero. A banda colle o seu nome dun termo galego que fai referencia á extravangancia e á excentricidade, a todo aquilo que sae do común e que busca novas e inexploradas vías para se manifestar. E eses son, precisamente, os obxectivos cos que bota a andar a formación Xosé Lois Romero e Aliboria: explorar novas vías creativas, novos camiños para unha manifestación cultural tan ampla e viva como é a percusión no mundo da música tradicional."}
{"ID": "NOS_10440", "summary": "Nesta quinta feira a poesía adónase do #VenhanMais5 da man do poeta Ismael Ramos.", "text": "-Como avalías o estado actual da cultura galega? -No eido poético penso que a situación é boa, que hai iniciativas interesantes e con futuro (editoras, festivais) e que as novas creadoras veñen pisando forte. Dos demais sectores culturais non sei se me atrevería a facer unha valoración tan positiva. Se tivese que guiarme polo que vexo na cidade na que vivo, Compostela, diría que a situación é boa en xeral, pero ben sei que isto non acontece así no resto de Galiza, e que é aí cara onde hai que mirar: cara onde aínda non se chegou. -Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista? -Que siga medrando, que non se deteña e resista. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Sermos debe continuar sendo unha plataforma para visibilizar a nosa lingua e a nosa cultura, un espazo dende o que seguir construíndo."}
{"ID": "NOS_2991", "summary": "Preocupación veciñal en San Sadurniño, Cabanas, Neda e Fene polo proxecto de Enel Green Power para instalar un parque eólico de 14 macromuíños. O profesor de Economía Aplicada Xavier Simón explicou á veciñanza os efectos da instalación do macroparque.", "text": "A preocupación que está a xerar nos municipios de San Sadurniño, Cabanas, Neda e Fene o proxecto de Enel Green Power (filial de Endesa) para instalar un parque eólico de 14 macromuíños cunha potencia de 78 megawatts, quedou de manifesto nas tres reunións que nestes municipios decorreron esta fin de semana para coñecer o alcance real desta iniciativa. O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Xavier Simón Fernández, membro ademais do Observatorio Eólico da Galiza, explicou os detalles dun proxecto impulsado polo Goberno español e que excede os 50 megawatts, limiar que marca o límite de competencia entre a Xunta e Madrid. O tenente de alcalde do municipio de Cabanas, Iago Varela (BNG), cualificou de \"produtivo\" o encontro no seu municipio, porque \"permitiu aclarar dúbidas entre as e os asistentes, sobre todo no que respecta a como afectaría, no caso de que se leve adiante, aos usos das parcelas en que se colocarán os aeroxeradores e mais nas parcelas próximas\". As repercusións sobre o patrimonio histórico, natural e paisaxístico tamén centraron as preguntas da veciñanza. Cabe lembrar que se prevé a instalación de 14 muíños que terán na subestación das Pontes o seu punto de conexión á rede. Enel Green Power quere construír seis parques na zona noroccidental da Galiza, cunha potencia conxunta de 611 megawatts. As entidades que se opoñen a estes macroproxectos destacan ademais que non se localizarían nas áreas de desenvolvemento eólico deseñadas pola Administración galega. As entidades e particulares teñen de prazo até 27 de xullo para presentar alegacións ao estudo de impacto ambiental. Tivemos asemblea veciñal sobre os eólicos en Lavandeira, e grazas a Xavier Simón quedáronnos máis claros a escala do proxecto ao que nos enfrontamos e os argumentos en contra do seu desenvolvemento. En diante e para ter éxito, a receita é a unión veciñal. pic.twitter.com/NeGsZPAwLQ— Iago Varela Martínez (@iagovarela) July 3, 2021 44 proxectos eólicos na Galiza tramítaos o Estado Dos máis de 130 proxectos de parques eólicos que se están a tramitar na Galiza a través da Xunta e o Estado, 44 son os proxectos que se atopan nas distintas fases de tramitación en Madrid. Contra 36 deles a Xunta xa emitiu informes desfavorábeis por se atoparen fóra das áreas de desenvolvemento delimitadas no Plan Sectorial Eólico ou por impactaren sobre espazos protexidos. Un dos casos máis recentes é o de Pena do Corvo —Iberdrola—, cuxas infraestruturas, sumadas ás dos parques Caaveiro e Tesouro —ambos os dous de Endesa— cercarían as Fragas do Eume."}
{"ID": "NOS_35530", "summary": "A Fiscalía estaba a investigar os contratos, mais non ao rei emérito, posto que no momento dos feitos gozaba de inviolabilidade. Porén, afirma agora que non puido acreditar a comisión dun delito de corrupción.", "text": "A Fiscalía Anticorrupción vén de acordar o arquivo das dilixencias preprocesuais abertas en 2018 relativas ás comisións de até 80 millóns de euros cobradas en relación ao AVE á Meca, ao non poderse acreditar a comisión dun delito de corrupción nas transaccións internacionais. Segundo confirmaron fontes fiscais a Europa Press, a Fiscalía Especializada deu por rematada a investigación, que non se atopaba xudicializada, senón nunha fase anterior —de dilixencias fiscais— que podía concluír en arquivo ou pondo o investigado a disposición dun xuíz. Anticorrupción abriu as dilixencias en decembro de 2018 para tentar aclarar o destino de 80 millóns de euros que, segundo Corinna Larsen, repartiron, entre outros o rei emérito, Juan Carlos I, pola adxudicación do AVE á Meca a empresas españolas en 2011. Na causa investigábanse os contratos mais non o propio Juan Carlos I, posto que no momento dos feitos gozaba de inviolabilidade como monarca. Juan Carlos I, máis unha vez, absolto As causas polas que o rei emérito Juan Carlos I estaba a ser investigado eran múltiples, mais boa parte delas foron sobresidas o pasado mes de marzo por decisión da Fiscalía do Tribunal Supremo. O arquivo das causas contra o rei emérito facilita a súa volta Entre as causas arquivadas, alén da cobranza de comisións polo AVE á Meca coa percepción dunha doazón de 65 millóns de euros de Arabia Saudita, atópanse cotas defraudadas á Facenda Pública no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2008 a 2012 que superan o importe de 120.000 euros que o Código Penal estabelece como \"limiar do delito\". Aliás, detectáronse transferencias recibidas entre os anos 2016 e 2019 polo empresario británico-mexicano Allen Sanginés-Krause por un importe de 516.606 euros; gastos e viaxes sufragados pola Fundación Zagatka do seu primo Álvaro de Orleans; e a pertenza de dous trust (varias empresas do mesmo sector que se unen formando unha soa empresa) en Jersey (illa no canal da Mancha dependente da coroa británica) cando este territorio era considerado paraíso fiscal polo Estado español."}
{"ID": "NOS_25469", "summary": "Do 14 ao 22 de xullo desenvólvese en Vila do Conde, Portugal, a 26ª edición do Curtas, Festival Internacional de Cinema, que este ano ten coma realizador en foco ao israelí Nadav Lapid. Compartimos un texto escrito para o catálogo do festival polo crítico, programador e cineasta Martin Pawley.", "text": "\"Todo é político en Israel, un país no que a separación entre a vida privada e a esfera colectiva é totalmente artificial\". Díxollo Nadav Lapid (Tel Aviv, 1975) ao crítico Ariel Schweitzer nunha entrevista do libro Le nouveau cinéma Israélien, mais a frase serve igualmente para describir todos os filmes do director. Todo é político no cinema de Nadav, que entrelaza o íntimo e o público, a memoria persoal e o peso da historia, unha confrontación entre impulsos opostos que arrastra aos seus personaxes, sometidos a esa lóxica hostil e manipuladora. Así foi desde a primeira curta en adiante, até conformar unha das filmografías máis estimulantes e coherentes do cinema contemporáneo. Faise palpábel esa dinámica entre forzas contrarias na presenza do universo militar. Hai, dunha banda, un malestar evidente, o desagrado ante a visión de homes armados polas rúas, ou, como en Ammunition Hill, o tributo ás fazañas bélicas pasadas por parte dos nenos e nenas dunha escola. Mais tamén está a fascinación polo exército nun país no que o servizo militar segue sendo obrigatorio. O mito do heroísmo, da entrada en combate, o glamour dos uniformes, a mocidade como celebración. O sentimento de pertenza a un grupo, o pracer irreflexivo do sometemento, a disolución inconsciente da propia personalidade en favor dun mandato superior. Así é o fillo maior de Nira, a profesora de parvulario, ou os policías de Ha-Shoter, que teñen a fidelidade e a obediencia como valores supremos. Un clan de machos que festexan a camaradería e a virilidade, esa mesma masculinidade recia e dominante intimamente asociada ao ideario nacional: basta ver as películas que nos anos 70 fixo outro gran cineasta israelí, Uri Zohar, para constatalo. Yaron, o protagonista de Policía en Israel, fai sempre o que se supón que debe, executa coa mesma minuciosidade unha masaxe á súa muller embarazada que a resolución dun secuestro. Mais ao final bastará a visión dun rostro para que esboroe o seu mundo de vigor e disciplina: as cousas non son nunca tan sinxelas. Outra visión, unha imaxe proxectada nunha pantalla -un plano de Teorema de Pasolini- suporá unha ruptura decisiva para o soldado de Lama?, cinco minutos de absoluta perfección (e unha lección maxistral máis de montaxe a cargo de Era Lapid, nai do director). Facerse adulto, a calquera idade, esixe renunciar ao acatamento dócil de certezas dubidosas. Esixe aceptar a complexidade, aínda que doia. En Haganenet un neno de cinco anos, Yoav, mostra un talento excepcional para a poesía. En calquera momento, de súpeto, porase a camiñar dun lado a outro mentres recita versos de inesperada altura intelectual. De onde saen esas palabras? Como pode alguén tan pequeno falar de emocións sofisticadas que non viviu? Para a súa perplexa profesora, ela mesma fascinada pola poesía, por unha beleza que ansía mais non posúe, Yoav é un milagre que require protección nunha sociedade que despreza o talento e o coñecemento. Un país que despreza aos poetas. Non por casualidade a película comeza co marido de Nira tombado no sofá vendo un estúpido programa de televisión. Cando se incorpora para sentar, golpea non unha senón dúas veces a cámara, que se sacode. Dalgunha forma, ese xesto introduce xa o ton da película: rompe a parede invisíbel que separa o espectador do relato, mais rómpea facendo que a imaxe trema. O que treme, por un instante, é o mal gusto e a comodidade. A película revólvese porque é preciso revolverse ante a indolencia, ante a apatía. A poesía é a ferramenta da que se vale Nira na súa guerra contra o mal da banalidade. Nunha sociedade que aplaude as mensaxes triviais e os discursos sen matices, que grita máis que fala, que nega os debates por pura preguiza, non pode haber verdadeira rebelión se non nace da dúbida, de perder o medo a dicir \"non sei\", de perder o medo a dicir \"non\", de asumir, desexar mesmo, que non haxa camiños fáciles. Nira podería afirmar, coma o \"salvaxe\" John de Un mundo feliz de Aldous Huxley, \"non quero a comodidade\". Nira, como John, quere a poesía, o perigo real, a liberdade, a bondade, o pecado. Reclama o seu dereito a ser infeliz, a arriscar a súa vida tranquila e estábel. A súa actitude é moito máis revolucionaria que a dos radicais burgueses de Ha-Shoter. A súa é unha batalla perdida e disparatada, mais irrenunciábel. Non é froito dun idealismo naif, senón unha reacción visceral e sen compaixón contra a vulgaridade. Nira é un personaxe perturbador, un dos máis fascinantes e complexos do cinema deste século, e a interpretación que dela fai Sarit Larry é memorábel. É un piar básico dun filme excepcional, que asombra pola elegancia e gracilidade con que a cámara segue aos actores, en particular os nenos. O que conseguen facer Nadav e o seu director de fotografía Shai Goldman é case sobrenatural: a pantalla énchese co rostro de Yoav ou coa mirada de Nira e desaparece todo o demais, esvaece a dureza urbana de Tel Aviv. Aínda que a cidade estea moi viva no filme, coas súas divisións raciais, os seus ricos despreocupados e os seus artistas snob. Ninguén pode desfacerse da historia. En Kvish, a estrada dun encontro amoroso foi antes o espazo dunha acción violenta co conflito palestino-israelí como escusa. A Shoah é o obxecto de interese da amiga de Emile na mediometraxe homónima, fronte aos desexos bastante máis prosaicos e carnais do seu contacto en Israel; acabarán descubrindo que teñen moito máis en común do que imaxinaban noutro deses xogos dialécticos tan propios do director. Tampouco ninguén pode desfacerse da tradición, mais si queda certa marxe para a rebeldía. O protagonista de Do diario dun fotógrafo de vodas subverte o acontecemento social por excelencia, o matrimonio, con grandes doses de mordacidade e escepticismo. \"Eu xa o vin todo, mesmo vos vin a vós\", dille a uns noivos. Ou \"as vodas son coma os funerais, nunhas enterras aos vivos e noutras aos mortos\". Fronte á felicidade simulada coma proba da submisión ante as convencións, ante os seus ollos e a súa cámara desvélase un profundo malestar. A miúdo hai máis impostura que desexo. A solución pasa por renunciar á comodidade. Por aprender a dicir \"non\". Por aceptar a complexidade, aínda que doia. Filmografía de Nadav Lapid 2002 Proyect Gvul [Proxecto fronteira] - curtametraxe2005 Kvish / Road [Estrada] – curtametraxe2006 Ha-Chavera Shell Emile [A amiga de Emile] – mediometraxe2011 Ha-Shoter [Policía en Israel] – longametraxe2013 Ammunition Hill – curtametraxe2014 Haganenet [A profesora de parvulario] – longametraxe2014 Lama? [Por que?] - curtametraxe2016 Myomano Shel Tzlam Hatonot [Do diario dun fotógrafo de vodas] - mediometraxe"}
{"ID": "NOS_44567", "summary": "Temos a impresión de que, dentro das culturas veciñas á galega, son poucas as que seguen concedendo ese peso simbólico fundamental ao discurso poético.", "text": "Non só contamos con algunhas das editoras que máis poemarios publicaron de toda Europa, senón que a porcentaxe de libros, premios e posibilidades de edición é, a todas luces, enorme para a lingua minorizada dun país de menos de tres millóns de habitantes. É unha intuición que se reforza a pouco que nos acheguemos á creación non canonizada: o interese que xeran os obradoiros de poesía, a poesía na rede ou aquela á que non temos acceso, pois acontece no ámbito privado. Tamén se contabilizamos as frecuentes edicións de autor dedicadas ao eido poético. Ceos de ferro | Sindo Villamayor | Edición do autor | 2019 | 79 páxinas | 12 euros Sindo Villamayor pertence a esta dimensión máis afastada da primeira liña da actualidade poética. Nado na Estrada en 1963, a súa traxectoria como creador está tramada en participacións activas en colectivos literarios e algún que outro premio. Ceos de ferro é un libro autoeditado e, aínda que moitas veces este tipo de obras nos ofrecen unha poesía que destaca pola súa inmadurez, non é o que acontece coa voz poética deste autor. Algo que, en certo sentido, é a primeira sorpresa que nos depara a obra. Nun ton que se relaciona co biográfico, a poesía de Villamayor mergúllanos nun discurso denso, altamente simbólico e mesmo con frecuentes referencias a outros poetas, aínda que sen chegar a un grao de cripticismo que nos afaste do gozo da lectura e sen caer no abuso da cita tan frecuente tamén en determinado tipo de poetas. Artellado en tres partes, Ceos de ferro repasa as experiencias, o amor, e tamén as cidades ás que se refiren eses ceos de ferro do seu título. Un conxunto no que destaca tamén a constante referencia á extinción das paixóns, ao paso do tempo que sedimenta as perdas e á perspectiva da morte. Un ton elexíaco ben destacado no epílogo que a xeito de \"Notas de lector\" asina Eduardo Estévez, e onde se refire como esa raiola de esperanza agardada polo lector nunca acaba por aparecer. Pode ser esta unha das poucas pexas deste traballo poético de calidade: o ton desesperanzado constante que enturba un código con sobrado potencial e que tamén parece falto dunha idea central con máis forza que poida artellar o conxunto. Con todo, Ceos de ferro é unha pequena mostra de artesanía poética, desa que discorre por canles que ás veces consideramos secundarias e que demostra como a importancia que o noso país lle dá á poesía pode deixar os seus froitos nos lugares máis insospeitados."}
{"ID": "NOS_27514", "summary": "O certame 'Vilas en Flor' recoñece a posta en valor da riqueza natural e paisaxística de localidades galegas.", "text": "Allariz acada no certame 'Vilas en Flor' as catro flores de honra que a distinguen \"como unha das vilas máis fermosas da Galiza\". \"Vilas en flor\" é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística. As \"Flores de Honra\" son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo o criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Hai cinco niveis: de unha a cinco Flores de Honra. Este ano participaron 16 concellos de toda Galiza aos que se agarda que se somen moitos máis durante o ano 2020. \"Vilas en Flor\" é unha iniciativa que comenzou a súa andadura no ano 2018 pola mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos impulsado pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Trátase dun programa encamiñado á mellora integral do verde nos concellos para potenciar os múltiples beneficios que xera. Preténdese non só un aumento do número de espazos verdes, senón tamén unha mellora integral da súa calidade así como dos modelos de xestión que deben enfocarse cara a un aumento da biodiversidade e do uso racional dos recursos."}
{"ID": "PRAZA_19270", "summary": "Segundo o discurso hegemónico sobre a língua, sempre oscilante entre o populismo e o miserabilismo, o galego escrito com ortografia reintegracionista seria rejeitada polo \"povo\". A tese já foi devidamente questionada por sociolinguistas como Celso Álvarez Cáccamo ou Mário Herrero Valero, quem chegou a aventurar que, caso de oficializar-se uma normativa reintegracionista, \"poderia haver surpresas\"", "text": "\"Se hizo la experiencia de leer un canto de 'Os Lusíadas' a un campesino gallego y lo entendió todo él, y mejor que si estuviese en castellano\". Boletim da RAG, 1907 Segundo o discurso hegemónico sobre a língua, sempre oscilante entre o populismo e o miserabilismo, o galego escrito com ortografia reintegracionista seria rejeitada polo \"povo\" (1), que o julgaria estrangeirizante e alheio. A tese, mesmo assumida por filoreintegracionistas, já foi devidamente questionada por sociolinguistas como Celso Álvarez Cáccamo ou Mário Herrero Valero, quem chegou a aventurar que, caso de oficializar-se uma normativa reintegracionista, \"poderia haver surpresas\", adiantando \"ainda que a maior oposição viria precisamente não tanto da população em geral, mas precisamente dos setores maioritários do nacionalismo que, ainda afirmando a unidade linguística, parecem preferir um padrão mais próximo do castelhano por motivos não tanto pedagógicos ou populistas como ideológicos\" (2). Justamente isto é o que vem verificando uma já longa tradição de ativismo reintegracionista –ou, melhor dito, de ativismo social de expressão reintegracionista- na Galiza rural. Joám Evans Pim, do Partido da Terra de Lousame, que edita e distribui um pequeno jornal na paróquia de Vila Cova, redigido integramente conforme ao Acordo Ortográfico, reconhece que \"o tema da ortografia é complicado\", mas, chamativamente, \"entre as pessoas mais idosas ou menos escolarizadas não existe problema nenhum e lem de corrido sem apenas atrancos. Fizéramos o teste em casa com a avó de 86 anos e não houve problema. Apenas trocamos alguma palabra que se lhe atrancava\". Isto contrasta com o sucedido \"entre as mais jovens e de idade média (16-50)\", onde \"chega haver rejeição estrema, mesmo agressiva e xenófoba, não tanto pola folha (que ao ser distribuída a mão e entre a gente que nos conhece a nós ou aos da casa não leva a isso), mas especialmente nas redes sociais. A antítese foi o obradoiro de memória (uma escolinha para pessoas idosas que se faz um dia por semana na paróquia para manter as cabecinhas ativas), no que por própria iniciativa levaram a 'folha' para lerem e analisarem em conjunto\" (3). A experiência que tivemos em Ordes com a Associaçom Cultural Foucelhas é mui parecida. Se bem Ordes é uma vila onde houvo uma importante atividade graças à prioneira Associaçom Reintegracionista de Ordes (ARO), a gente da Foucelhas topamo-nos com mais reticências aos nossos cartazes e publicações redigidas em ortografia reintegracionista por parte dos setores nacionalistas e progressistas em geral do que por parte do \"povo\". Assim por exemplo, as companheiras que levaram cartazes à escola da Pontraga (Numide-Tordóia), onde ensaia a popular agrupação folclórica Brisas do Quenllo, surpreenderam-se ao ver como as pessoas mais velhas liam com interesse os cartazes sem apenas repararem nos \"nh\". No entanto, em bares e locais afins os cartazes eram retirados às agachadas, julgando que sair tão rápido do armário ortográfico era contraproducente. Falando com estes amigos, sempre projetavam no povo a sua aversão: \"a ver se me entendes, já saves que eu concordo com isto, mas não é por mim, senão pola gente, que não entende, não está preparada ainda\". Indo já ao pessoal, o encerro levou-me a establecer um tipo de comunicação com as pessoas idosas da minha família que nunca tivera: a comunicação através da escritura, as cartas. De novo o mesmo resultado: as minhas avós e os meus sogros, todos maiores de 70 anos e alfabetizados sobretudo nas escolas de ferrado, não parecem reparar em absoluto nos meus \"anti-populares\" hábitos gráficos. Mesmo leram, por amor paternal, o meu livro em Acordo Ortográfico sem mencionar sequer o tema das estranhas letras. Também é certo que nunca lhes vira, no campo da festa, nenhum estranhamento perante as canções do Quim Barreiros ou da Lambada. Como as categorias linguísticas modernas são impostas polo Estado nas escolas, é natural que quem não foi imbuido delas (nem, por consequente, mantenha uma fidelidade aos capitais simbólicos que proporciona) não perceba a realidade através das mesmas. \"Ghalheghos, portugheses e asturianos entendemo-nos bem\", di amiúde o meu avô. Best-sellers em portugués? Também uma história social da leitura na Galiza nos poderia reparar alguma surpresa quanto às barreiras linguísticas. Sucintamente, pode-se avançar que um dos livros mais lidos entre as classes camponesas, até o ponto de ser conhecido como \"o livro\", estava impresso em português: o Livro de São Cypriano, o popular Ciprianilho (que foi o primeiro livro em português que houvo na mina casa). Segundo escrevia Vicente Risco: \"anda por toda Galiza, en ediciós castelás e portuguesas e en copias manuscritas, podéndose decir que non hai parroquia onde non haxa un polo menos. Téñeno en tanta estimanza que o que o tén nino vende nino empresta, e nun caso ben raro en que alguén se determiñou a vendelo, pedía, hai xa moito tempo desto, 500 pesetas por un exemplar que podía valer 2.50 na librería\" (4). Embora circulassem várias edições, a mais poplar era com diferença a brasileira, mais que a portuguesa ou a castelhana. Era mais popular por motivos óbvios: incluia receitas mágicas de beleza, eróticas e anticoncetivas e, sobretudo, a mui cobiçada polos estripadores de mámoas \"lista de tesouros da Galiza\", com 147 localizações. Outros livros em português mui populares até não há tantas décadas foram os prognósticos do tempo; de facto, é mui recorrente a anedota do rapaz que está a ler num prado e é perguntado por um vizinho que passa por ali: \"e logo que tempo dá o livro?\", a leitura por autonomasia era a dos almanaques. Pois bem, umas destas publicações mais difundidas e vendidas nas nossas feiras estava impressa em português. Manuel García Barros, entre outros, lembrava que na Estrada da passagem do século XIX ao XX \"o libro de máis prestixio era, sin disputa, o 'prenóstico', fose o 'Zaragozano' ou o 'Portugués', chamado iste o 'Borda Leça'\". Curiosas leituras, as do nosso povo. NOTAS: 1. Como sempre di o amigo Rubém Melide, a coerência do discurso populista exigiria falar de \"o pueblo\" antes que de \"o pobo\" (ou \"o povo\"). 2. Mário Herrero Valeiro, Guerra de grafias. Conflito de elites, Através Editora, 2011, p. 256, n. 140. 3. Comunicação pessoal. 4. Vicente Risco, \"Etnografía. Cultura Espritual\", in: R. Otero Pedrayo (dir.), Historia de Galiza, t. 1, Buenos Aires, Editorial Nós, 1962, p. 469. 5. Manuel García Barros, Aventuras de Alberte Quiñoi, Vigo, Edicións Castrelos, 1976, p. 43."}
{"ID": "QUEPASA_902", "summary": "Esta semana celebrouse unha mesa sectorial educativa entre Xunta e sindicatos na que se ía debatir un novo recorte en materia de atención á diversidade. Finalmente, a polémica polas vacinas no profesorado centraron a atención, polo que o debate sobre a posibilidade de engadir un rateo máximo de Auxiliares Técnicos Educativos por número de alumn@s queda pendente. Mentres, as familias do CEIP de Carnota con nen@s con Necesidades Especiais de Apoio Educativo (NEAE), que xa levan un ano de loita ante os continuos recortes, a través da ANPA, envíanlle esta carta ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González.", "text": "Carta das familias de nen@s con NEAE de Carnota Respectable conselleiro de educación señor Román Rodríguez González: Poñémonos en contacto con vostede por mor da Orde que desenvolve o Decreto 229/2011(Articulo 80, punto 4). Como nais de tres nenos con necesidades educativas especiais que cursan estudios no C.E.I.P. de Carnota e o apoio da ANPA deste mesmo, gustaríanos expresar o noso desacordo e a nosa preocupación sobre varios aspectos da citada orde. En primeiro lugar, sentimos gran preocupación pola desaparición dunha figura tan importante coma a dos Acompañantes Terapéuticos Educativos do Sistema Educativo Galego. Polo que deducimos do texto, os únicos profesionais que acompañarían ós nosos fillos despois de aprobarse esta orde serían os coidadores. Repasando as funcións dos coidadores vemos que só teñen funcións asistenciais e en ningún apartado do texto se fai referencia ás funcións de apoio educativo dos coidadores nas aulas. Entendemos, polo tanto, que os nosos fillos non van a ter ningún tipo de apoio para facer as súas tarefas escolares e tememos que non van a poder seguir o programa escolar. En segundo lugar, tamén queremos expresar a nosa incredulidade polo aumento do rateo de nenos para cada coidadora. Segundo o borrador, unha coidadora tería que atender a sete alumnos con diferentes necesidades educativas especiais que estarían cursando estudios en aulas diferentes. Como ben saberá señor Conselleiro cada neno ten unha necesidade diferente en momentos distintos, polo que este pode ocasionar que nalgún intre algún neno teña que quedar sen atención requirida, para as tarefas nas poida necesitar o apoio da coidadora(como pode ser comer a merenda, ir o servicio, un cambio de panal...etc.). Ademais nos tempos que estamos a vivir de pandemia, pode supor un perigo para a vida dos nosos fillos, xa que o persoal tería que andar de clase en clase, para poder atendendo a tódolos rapaces. Agora mesmo o C.E.I.P de Carnota só conta cunha coidadora para tres alumnos con diferentes condicións e consideramos que os nosos fillos precisan de máis atención para poder ter unha escolarización normalizada. Vostede sabe tan ben coma nós que é imposible que unha coidadora poida atender a sete nenos con necesidades educativas diferentes que, en moitos casos, precisan de atención individualizada. Finalmente, só nos queda dicirlle que esperamos que vostede e o seu equipo recapaciten e cambien os aspectos mencionados do citado borrador para que os nosos fillos e tódolos nenos que precisen de apoios educativos nas escolas galegas teñan garantido o seu dereito a unha educación de calidade. Atentamente."}
{"ID": "PRAZA_20764", "summary": "O major dos Mossos, Josep Lluís Trapero, nega que a xuíza avisase a policía catalá dunha posible actividade terrorista en Alcanar ou que a Garda Civil ofrecese os seus TEDAX para analizar a casa. \"Hai quen pon flores e hai quen bota merda\" sobre o labor policial nas pescudas sobre os atentados, lamenta", "text": "Foron moitas as informacións que se publicaron sobre a investigación dos atentados en Barcelona e Cambrils do pasado 17 de agosto. Sobre os preparativos dun masacre maior desde a casa de Alcanar, sobre as indagacións policiais entre os cascallos da que era a súa base loxística, sobre o posible coñecemento da radicalización do imán Abdelbaki Es Satty... Este luns o major dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, desmentiu nunha entrevista en Catalunya Ràdio varias desas informacións publicadas. Trapero mostrouse rotundo e contundente tras denunciar a publicación de noticias falsas sobre a actuación dos Mossos. O major dos Mossos d'Esquadra afirmou que os titulares non afectan o corpo policial, pero si recoñeceu que lle preocupa que os medios \"enganen á cidadanía\", aínda que iso, ao seu xuízo suceda cada vez menos. \"Tres ou catro diarios van inoculando a idea de que isto se podería evitar. Hai quen pon flores e hai quen bota merda\", resolveu. O major dos Mossos lamentou o interese que pode haber tras a publicación de determinadas informacións e defendeu que a policía catalá foi \"moi proactiva e transparente\" á hora de informar, aínda que recoñeceu que aínda \"non é o momento\" de ofrecer detalles sobre algúns aspectos da investigación. Estas son algunhas das informacións que o responsable dos Mossos negou: \"Hai quen pon flores e hai quen bota merda\" sobre os Mossos, lamentou o seu máximo responsable 1. A Sagrada Familia non é un obxectivo confirmado Trapero sinalou que os Mossos non teñen datos que apunten a que a célula xihadista tivese previsto actuar contra a Sagrada Familia. \"Nin nós nin ninguén o ten confirmado\", asegurou o major Trapero, que o que si detallou é algo do que xa informou a policía: que os terroristas querían facer un atentado de maior envergadura, pola cantidade de bombonas de butano que acumulaban e pola elaboración de explosivos. Con todo, insistiu en que se descoñecen os obxectivos. 2. Nega un aviso da xuíza sobre os preparativos en Alcanar O major dos Mossos negou tamén que a titular do xulgado de instrución número 2 de Amposta, que participou na inspección dos cascallos da casa de Alcanar, alertase os axentes de que alí se podía estar a preparar un atentado, tal como informou ABC o pasado xoves. \"É certo que a xuíza de Amposta nos preguntou: 'Cunha bombona de butano pódese facer unha bomba'?\", admitiu Trapero como única referencia a eses feitos, aínda que engadiu que a maxistrada non falou en ningún momento dun posible atentado, como afirmaba ABC con citas textuais. \"Se pensase que a explosión de Alcanar estaba relacionada co terrorismo abriríase unha investigación\", afirmou, lembrando que esa decisión depende precisamente dos xuíces . Sobre o suposto ofrecemento dos TEDAX da Garda Civil para inspeccionar os cascallos do chalé de Alcanar, Trapero negouno rotundamente Trapero sinalou que os Mossos acharon nun primeiro momento 20 bombonas e outros elementos que fixeron pensar aos axentes e o resto de implicados na investigación que a vivenda podía tratarse dun laboratorio de drogas. Só tras a segunda explosión se desbotou esa posibilidade. 3. O ofrecemento dos TEDAX da Garda Civil Sobre o suposto ofrecemento dos TEDAX da Garda Civil para inspeccionar os cascallos do chalé de Alcanar, Trapero negouno rotundamente. \"Non nolo ofreceron, en ningún caso\", dixo. O major dos Mossos indicou que ese ofrecemento carecería de sentido ante os recursos e competencias de cada corpo policial: \"Non se fixo ofrecemento, porque non tería ningún sentido, os Mossos xa teñen o seu equipo de TEDAX\". A Asociación Unificada da Garda Civil e o Sindicato Unificado de Policía denunciaron nun comunicado que os Mossos impediron aos Tedax accceder á casa de Alcanar tras a explosión. 4. A alerta da policía belga que resultou ser unha petición por canles informais Segundo Trapero, a suposta alerta sobre o imán Es Satty foi \"outra mentira máis, unha irresponsabilidade máis\", xa que se tratou dunha demanda de información por correo electrónico \"Isto foi outro titular de xornal falso\", sinalou Trapero, que na entrevista lembrou de novo como se produciu a comunicación entre un sarxento dos Mossos e un axente de policía local da poboación belga de Vilvoorde que lle solicitaba información sobre o imán Es Satty. \"Outra mentira máis e unha irresponsabilidade máis\", resolveu. Trapero lembrou que non houbo ningunha alerta, senón unha demanda de información por e-mail por parte dun policía local belga. \"Pregúntalle a un mosso se ten información sobre esta persoa\", sinalou Trapero, que lembrou que a petición se enmarcaba nas dúbidas dunha mesquita ante a posibilidade de contratar a Es Satty, que non presentaba o seu certificado de antecedentes penais. Trapero lamentou que esa solicitude de información tornase nalgúns medios \"nunha alerta\". Segundo o major dos Mossos, se hoxe se producise esta solicitude, a resposta por parte dos Mossos sería a mesma. 5. O suposto aviso da CIA meses antes Unha das primeiras informacións publicadas escasas horas despois do atentado indicaba que a CIA avisara a policía catalá sobre o feito de que La Rambla podía ser un obxectivo. Tamén o negou Trapero: \"As relacións cos servizos secretos non son competencia dos Mossos\", lembrou. O major sinalou dificultades para obter información internacional por parte do corpo de policía autonómica e afirmou que os servizos de información internacional \"relaciónanse con outros servizos secretos, non coa policía\". 6. A posible axuda que recibiu Abouyaaqoub Nas horas posteriores á captura do terrorista fuxido, Younes Abouyaaqoub, especulouse coa posibilidade de que puidese contar con axuda na súa fuxida, o que implicaría que habería máis persoas implicadas na célula. \"Non temos ningún elemento que nos faga pensar que obtivo axuda, senón todo o contrario\", asegurou o major dos Mossos. Tras o atentado, Abouyaaqoub \"estivo vagando ata o luns\", segundo Trapero, que si detallou que un dos contactos que tivo Younes Abouyaaqoub foi cunha muller a quen tentou roubarlle o coche."}
{"ID": "PRAZA_922", "summary": "O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia formula unha proposta de debates electorais con todas as candidaturas que \"teñan interese informativo\". PSdeG, BNG, CxG e as múltiples plataformas cidadás amosan a súa disposición a acudir, mentres o PP mantén os seus matices.", "text": "O debate sobre os debates ocupou os primeiros compases da precampaña electoral cara ás eleccións municipais en Galicia. Despois de que a dirección do PPdeG lanzase a súa proposta de debates restrinxidos ás formacións que actualmente teñen representación nos plenos municipais das cidades, da que algúns candidatos se desmarcaron e que despois foi matizada pola propia cúpula do partido, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ofreceuse xenericamente a organizar estes encontros electorais. Esa música xa ten letra en forma dunha proposta concreta que o CPXG vén de facer pública e ante a que só resta saber a disposición de todos os potenciais convidados. A entidade que estatutariamente representa a profesión xornalística no país lembra que \"defendeu dende sempre os debates entre as distintas ofertas electorias como unha das condicións necesarias para que a cidadanía tome libremente a súa opción de voto\". Debater entre representantes de candidaturas, evidencian, dten que implicar \"exposición e contraste de propostas\", non loitas \"destinadas a crear espectáculo\" nin \"unha sucesión de ríxidos e constrinxidos monólogos ou relatorios de intercambio de acusacións\". Con estas premisas de partida o Colexio explica os oito piares nos que se asenta a súa proposta de debates municipais abertos. Lonxe das restricións iniciais formuladas polos conservadores o CPXG defende que \"as candidaturas que deben participar son aquelas que teñan interese informativo para a maioría\" do electorado por seren, a priori, as que \"teñan posibiliades de ter representación en cada concello\", con independencia de que estean ou non nas actuais corporacións locais.\"Quen e cantos participan debería ser obxecto de acordo\", resalta a proposta, aínda que en previsión de posibles disensos o CPXG \"resérvase a posibilidade de organizar os debates que considere que poidan ter interese cidadán\". Se algunha das forzas políticas convidadas rexeita participar o Colexio informará a cidadanía \"das circunstancias que motivaron as ausencias que puideron ter lugar\". Neste eventual escenario de desacordo os debates serían previos ao 8 de maio, data de inicio da campaña electoral, evitando así \"posibles reclamacións ante as Xuntas Electorais\" e posibles interferencias destas no desenvolvemento dos encontros. Unha vez organizados os participantes e o xeito en que se desenvolverán o Colexio Profesional de Xornalistas apostará por que cada debate sexa \"un acontecemento social en si mesmo\" e \"non exclusivamente unha cita nun medio de comunicación\". \"Débese celebrar nun sitio aberto ao público\" no que partidos e medios faciliten os convites. \"Se é o caso\", procurarase o patrocinio de entidades cívicas ou culturais. Todo o que aconteza poderá ser retransmitido total ou parcialmente por calquera medio, que poderá reproducir libremente o que as persoas candidatas discutan sobre os temas que \"atinxen á veciñanza de cada localidade e os que preocupan á cidadanía de Galicia\", todo cunha moderadora ou moderador froito do consenso e \"co suficiente prestixio e autoridade\" como para \"dirixir o acto\". As respostas Mesmo antes da formulación concreta das propostas varias forzas políticas xa manifestaron a súa disposición a participaren nos debates que fosen convocados. Así, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, adheríase a resposta de varios dos candidatos socialistas para explicar que o seu partido \"sempre estivo, está e estará alí onde se lle chame para debater\". Tamén o Bloque resaltou en días pasados que todas as candidaturas BNG-Asembleas Abertas \"están dispostas a participar en todos os debates libres de vetos\" aos que sexan convidados os seus membros\", ao \"considerar que o contraste de ideas e propostas entre as diferentes opcións políticas é fundamental nun sistema democrático\" PSdeG, BNG, CxG e as diversas plataformas municipais amósanse dispostos a acudir a todos os debates que se organicen Nun sentido semellante, os candidatos de plataformas cidadás como a Marea Atlántica, a través do seu candidato, Xulio Ferreiro, ou Compostela Aberta, por medio de Martiño Noriega, amosaron a súa disposición a acudir a debates sen restricións. \"O contido da proposta do CXPG parécenos do máis razoable\", sinalaba Ferreiro este martes, ao tempo que critica que o candidato popular na cidade, Carlos Negreira, \"tente facer trampas ás ordes de Feijóo e seguir coa opacidade tamén á hora de medir ideas con outras propostas electorais, especialmente coa Marea\", á que cando menos inicialmente apostaba por excluír. O PP abre un chisco a man pero segue a apostar polos debates limitados, que algunha asociación da prensa di estar disposta a organizar O PP, pola súa banda, abriu un chisco a man nos últimos días. Non obstante, a través do seu voceiro, Miguel Tellado, reiterou a súa aposta por restrinxir os encontros aos grupos con representación municipal. Neste sentido, Tellado deu en explicar que se os conservadores non esixen agora debater só co PSdeG é porque \"non está claro que o PSOE poida ser a segunda forza en cada concello\". Mentres, algúns dos candidatos populares aproxímanse ás propostas lanzadas por algunhas asociacións locais da prensa, dispostas a organizar e moderar os debates restrinxidos."}
{"ID": "PRAZA_16192", "summary": "O pleno de Abadín non é convocado dende marzo de 2017 malia a lei que obriga a reunilo como mínimo cada dous meses, resalta o PSdeG local. \"O que temos en Abadín é un alcalde que bate récords históricos de apoio dos veciños\", alega a líder provincial dos populares, Elena Candia", "text": "O Concello de Abadín, na Terra Chá, ten algo menos de 2.500 habitantes. Nas últimas eleccións municipais o PP arrasou nas urnas con 1.029 votos, o 68,6% dos emitidos, que lle deron 8 dos 11 postos da corporación municipal que no mandato anterior dominaba aínda máis, con máis do 70% dos sufraxios e nove edís. Os tres restantes postos repártense entre o PSdeG (2) e o BNG (1). Dende ese novo triunfo esmagador o alcalde, José María López Rancaño, só convocou catro plenos. É a denuncia que veñen de formular os edís socialistas para evidenciar o que, ao seu xuízo, é un xeito \"autoritario\" de dirixir o municipio, acusación que foi retrucada dende o PP lembrando o enorme apoio electoral do partido no municipio. O PSdeG local vén de optar por reclamar formalmente ante a Valedora do Pobo o que considera \"unha constante e reiterada vulneración do dereito á participación política\" estipulado na Constitución, pero tamén a eli de administración local de Galicia, \"que obriga a celebrar plenos municipais como mínimo cada dous meses\". A fórmula bimensual é, precisamente, a fixada no Concello abadinés, onde a regulamentación vixente fixa, lembra o PSdeG, que os plenos ordinarios se celebren \"os últimos xoves de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro\" ás catro da tarde. No entanto, resaltan, isto non sucede dende marzo de 2017. O pleno de Abadín non é convocado dende marzo de 2017 malia a lei que obriga a reunilo como mínimo cada dous meses, resalta o PSdeG local \"Rancaño está malgobernando o Concello de xeito totalmente autoritario e impoñendo as súas decisións unilateralmente, deixando os grupos da oposición na indefensión\" e impedindo que \"tan sequera presentemos mocións ou propostas\", resalta o voceiro socialista no Concello, Pablo Díaz, quen lamenta que, en última instancia, o rexedor estea a \"desprezar\" a \"cando menos, o 30% dos veciños, que nos elixiron para representalos\". Obvia ademais, resalta, que o propio Tribunal Supremo xa sentenciara nos anos 80 que \"a denegación\" de celebrar plenos \"constitúe unha violación\" dos dereitos fundamentais. O seu grupo, resalta, \"xa presentou numerosas reclamacións solicitando a convocatoria do pleno e pedindo explicacións a Rancaño sen obter resposta ningunha\", polo que decidiron acudir á Valedora e, ao tempo, apelar publicamente á presidenta provincial do PP, Elena Candia, así como ao delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, e ao propio presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. \"Algo terán que dicir\", subliña. Candia, líder do PP en Lugo: \"O que temos en Abadín é un alcalde que bate récords históricos de apoio dos veciños, ese é o dato máis importante\" A primeira resposta dende as filas do PP chegou a través de Candia. A tamén alcaldesa de Mondoñedo amosouse convencida de que \"os compañeiros de Abadín terán unha explicación\" ao respecto, se ben a dirección do partido \"non\" llela vai pedir. Tal e como recolle Radio Lugo, Candia resolve que o Concello abadinés \"ten uns servizos xurídicos\" que \"velan\" polo seu \"funcionamento\" e, en calquera caso, \"o que temos en Abadín é un alcalde que de maneira continuada bate récords en apoio dos veciños e veciñas\". \"Ese é o dato máis importante que temos que ter en conta; quen mellor avalía o facer e os feitos do alcalde de Abadín son os seus veciños, que comicio tras comicio o sitúan co récords históricos de apoio\", resolve a líder popular."}
{"ID": "NOS_18259", "summary": "O semanario en papel Sermos Galiza adianta a súa saída e, desde esta noitiña, estará dispoñíbel na loxa. Trátase dun número de 40 páxinas que abren cunha sección especial sobre o Día da Patria Galega.", "text": "Sermos Galiza celebra o Día da Patria Galega coa saída dun novo número do semanario en papel, que suma xa 356 edicións. Trátase dunha publicación de 40 páxinas das cales 14 están dedicadas ao 25 de Xullo. Comezamos recollendo unha guía sobre os actos nacionais das organizacións políticas e continuamos coa opinión de David Otero e Marga Do Val, tamén centradas no Día da Patria Galega, ao igual que o cadriño de Tokio. Xoán Costa, ademais, publica unha nova entrega de A ollo nu. A continuación, un painel de voces corais representativas a nivel social expoñen que significa para elas o 25 de Xullo e que cómpre facer para socializar este día. Despois é a quenda dos representantes políticos, que escriben cadanseu artigo de opinión. Participan Miguel Tellado (PP); Gonzalo Caballero (PSOE); Ana Pontón (BNG); Antón Sánchez (En Marea); Luís Villares (Grupo Mixto) e Joam Peres (Causa Galiza). Hai espazo para traer a memoria ao presente. Así, Cilia Torna bota a ollada atrás para lembrarnos os acontecementos que decorreron durante a misa de Rosalía o 25 de xullo de 2019. O semanario continúa cunha información sobre o audiovisual sobre Moncho Reboiras que prepara a Fundación Terra e Tempo e cunha reportaxe sobre as feiras medievais que ateigan Galiza este verán. En Política, tamén con motivo do Día da Patria Galega, entrevistamos o máximo representante do Parlamento, Miguel Santalices. E fechamos cunha análise sobre a sesión de investidura do Goberno español. O Fóra de Serie abre cun perfil da artista Yolanda Carvajales e cunha entrevista a Baiuca. A crítica de cinema e a literaria e mais unha información do campo de concentración do mosteiro de Oseira completan a sección cultural dun Sermos Galiza que inclúe o Caderno de Verán, de oito páxinas. O suplemento estival descóbrenos as illas máis descoñecidas da Galiza e o relato inédito de Eli Ríos e Elías Portela. Un paseo por Cambados, o verán de Sés, unha completa axenda sobre o Festigal, o pasatempos e o selfie ao artista Xacobe Meléndrez. A partir desta noitiña, o semanario estará dispoñíbel na loxa e a partir da quinta feira, nos quiosques."}
{"ID": "NOS_9201", "summary": "Continúa a vacinación da xente máis nova mentres a poboación galega coas dúas doses administradas roza 75% do total.", "text": "Galiza vén de superar a barreira dos dous millóns de persoas inmunizadas, após recibir a segunda dose da vacina esta sexta feira un total de 36.158 persoas. Concretamente, son xa 2.004.452 os galegos e as galegas que contan coas dúas doses da vacina contra o coronavirus, o que supón 81,66% da poboación diana e 74,7% da poboación xeral. De acordo co último balance publicado por Sanidade na mañá deste sábado con datos do venres, as vacinas recibidas sitúanse en 4.074.675 ─sen cambios respecto da xornada anterior─. Delas, administráronse, 4.047.960, o 99,3%. Por grupos de idade, até agora foron inoculados 176.864 (+184) mozas e mozos de entre 20 e 29 anos, o que representa 76,6% da poboación nesta franxa susceptíbel de recibir a vacina. Mentres, recibiron polo menos unha dose 254.901 (+225) persoas de entre 30 e 39 anos de idade, o que supón 78,8% do grupo, e a poboación maior de 40 anos que recibiu polo menos unha dose ascende a 1.645.211, 95,6% da poboación diana. Vacinación da xente nova Tamén avanzou o proceso de vacinación dos máis novos, após iniciarse o proceso para maiores de 12 anos esta mesma semana co obxectivo de chegar ao comezo do curso escolar con gran parte dos menores inmunizados. Así, un total de 154.963 mozos e mozas de entre 12 e 19 anos recibiron polo menos unha dose da vacina, 95 máis que na última xornada. En canto ao total poboacional, hai 2.231.939 persoas que recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, 91% da poboación diana e 82,6% da poboación na súa totalidade."}
{"ID": "NOS_35359", "summary": "Moncha Fuentes, Satélite Lume-1, o Festival de Poesía do Condado, Xan Carballal, Soledad Penalta, Rut Balbís, Lucía Freitas e a serie Fariña gañan os Premios da Crítica de Galicia.", "text": "Baixo o lema Teñamos o valor de darnos o futuro desenvolveuse a entrega dos Premios da Crítica de Galicia. Trescentas persoas representativas de distintos ámbitos da sociedade e do mundo cultural da Galiza déronse cita en Vigo no acto de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica. \"Que o canto da rola aloumiñe todos os soños que o noso pobo leva no seu peito e que aínda están por vir\", afirmou Bieito Ledo Bieito Ledo, presidente da Asociación Premios da Crítica de Galicia, apelou no seu discurso ao futuro: «O século XXI está sendo unha época de esplendor na nosa historia. Galiza dedicouse a observar, crear, recoller, xuntar e soñar para que chegase un estourido de grandeza e harmonía en todos os ámbitos da nosa cultura. Os galegos sábense fillos dun paraíso e capaces de definírense cunha soa palabra: NÓS. Amigas e amigos: que o canto da rola aloumiñe todos os soños que o noso pobo leva no seu peito e que aínda están por vir», afirmou. 'O mar que nos leva', de Moncha Fuentes, Premio de Creación Literaria O xurado da XLII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación Literaria, premiou Moncha Fuentes coas súa obra O mar que nos leva. Quixo salientar o xurado «o seu carácter de obra inaugural coa que irrompe unha voz poderosa, que bebe da experimentación coa focalización para narrar desde a memoria, decantándose en parágrafos envolventes, co ritmo narrativo dunha maré imparábel. Comezando cunha ferida do íntimo, a obra progresa cara ao colectivo e social até converterse na novela dunha xeración, expresada cun estilo brillante e unha abraiante madureza narrativa». Satélite LUME-1, Premio de Investigación Na modalidade de Investigación o xurado acordou conceder o premio a Satélite LUME-1 «por supoñer unha achega galega de impacto científico internacional no eido tecnolóxico, que combina a loita contra unha praga do noso país coo o lume, un impacto económico coa creación dunha incipiente industria aeroespacial galega e poñer a Galiza, literalmente, no espazo». Festival de Poesía do Condado, Premio de Iniciativas Culturais e Científicas O Festival de Poesía do Condado gañou o premio da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas. O xurado salientou que se trata «dun dos festivais de máis longa traxectoria no noso contexto que fai un traballo cultural de base desde o asociacionismo nunha vila e coa acción na contorna». Salientouse tamén «a súa continuidade, mesmo en condicións moi adversas, así como a remuda xeracional na organización e a súa evolución ampliando focos». O xurado sinalou que «é meritoria a atención que desenvolveu arredor das culturas poéticas peninsulares e ter feito do poético un espazo de encontro de xeracións e públicos diversos, así como unha liña de traballo comprometida cos debates sociais e unha posición crítica». Xan Carballal, Premio de Música O xurado salientou «de Xan Carballal unha traxectoria longa e un traballo de base moi singular na música clásica, que levou a que centos de rapaces do rural galego puidesen acceder a unha educación musical e cultural, e moitos dos cales están hoxe en importantes formacións». Soledad Penalta, Premio de Artes Plásticas O xurado outorgou a Soledad Penalta Lorenzo o galardón das Artes Plásticas e salientou da artista «a súa longa traxectoria e coherencia e, ao mesmo tempo, a capacidade de investigación con novos materiais, cos que acada unha linguaxe propia, introducindo dun xeito novidosas caligrafías nunha constante renovación iconográfica e conceptual». Rut Balbís, Premio de Artes Escénicas O xurado premiou Rut Balbís polo «seu impecábel e incansábel traballo como bailarina e coreógrafa, pero tamén polo seu constante labor para dignificar e visibilizar a danza na Galiza, en por crear tecido, redes e espazos para achegara a danza a todos os públicos, como é o proxecto RPM que impulsou xunto a outras persoas. Destacamos tres palabras de Rut Balbís; talento, resistencia e xenerosidade». A Fariña (serie), Premio de Cine e Artes Audiovisuais A serie Fariña fíxose co Premio de Cine e Artes Visuais. O xurado salientou que «ademais da evidente calidade das produción e realización e dos traballos dos seus equipos técnico e artístico, polo considerábel esforzo da produtora en apostar por unha historia e uns equipos galegos que lograron situar a Galiza no mapa audiovisual internacional nun momento crucial da produción de ficción para TV, abrindo un sólido camiño para as persoas profesionais, produtoras e historias propias». Lucía Freitas, Premio de Cultura gastronómica Tamén houbo acordo para outorgar por maioría o premio a Lucía Freitas, de quen se salientou «o seu papel como empresaria da restauración e a súa capacidade para interpretar a cultura gastronómica galega cunha extraordinaria ética e coherencia.» «O xurado destaca a súa evolución como cociñeira nunha aposta pola internacionalización que culmina cunha estrela Michelin. Lucía Freitas salienta ademais como exemplo de empoderamento das mulleres na cociña, demostrando que é posíbel ser muller, empresaria e creadora de excelencia no noso sector gastronómico»."}
{"ID": "PRAZA_15543", "summary": "O equipo vigués acumula unha soa vitoria nos dez últimos partidos do campionato e achégase á zona de perigo.", "text": "O Celta perdeu onte por 1-0 no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid na última xornada de liga do ano. A pesares de ser dominado durante case todo o partido, o Celta aguantou o empate ata o último cuarto de hora. Adrián saíu no segundo tempo e marcou coa zurda un gran gol pola escadra no minuto 76 que desnivelou a balanza. O Atlético quedouse despois cun home menos pola expulsión do central Miranda, que viu a segunda amarela por unha man clara na coroa da área. O Celta só tivo a intención de chegar arriba ó principio das dúas partes. O resto do choque foi dominado por un Atlético de Madrid que chegaba as inmediacións da área rival con certa comodidade. O Celta estaba pechado atrás e o seu único recurso era mandar balóns arriba para que Iago Aspas correra e pelexara. Un Iago Aspas que onte estivo bastante só porque Paco Herrera esqueceu os tres dianteiros e formou con tres centrocampistas, Oubiña, Natxo Insa e Álex López na mediapunta, máis liberado de tarefas defensivas, na súa volta ó once titular despois de superar unha lesión. As súas esporádicas chegadas ó ataque eran o único apoio para Iago Aspas. Así, tras uns minutos iniciais esperanzadores do Celta, cedo o Atlético de Madrid fíxose co mando das operacións. Arda Turan, o mellor do choque na noite de onte, empezaba a aparecer no ataque local e Koke disparou ó pau no minuto once tras unha perda na saída de Borja Oubiña. Despois dun cuarto de hora volveu á carga o Atlético cun cabezazo desviado de Godín e un remate fora coa planta do pé de Diego Costa. Pouco despois, Arda Turan dispuxo doutro disparo detido por Javi Varas. Entre tanto, Augusto Fernández rematou mal arriba un centro de Álex López nunha das poucas chegadas celestes. No tramo final do primeiro acto Falcao pisou levemente a Cabral e Diego Costa simulou penalti do central arxentino nun piscinazo que non fixo picar ó colexiado Pérez Montero. O Celta saíu na segunda metade coa pretensión de irse cara a arriba e de inquedar á meta rival. Álex López disparou alto no segundo minuto da reanudación. Pouco despois, en dous minutos o central do Atlético Miranda cometeu dúas accións similares, co brazo estendido sobre a cara de Iago Aspas co balón en xogo, que lle custaron a primeira amarela. Non obstante, o tempo pasaba e o Atlético comezou a ter présa na busca do gol do triunfo. Só ó Málaga, que caeu no último instante, aguantou a igualdade no Calderón máis minutos que o Celta. Polo contrario, ó conxunto vigués sí lle servía o empate e comezou a perder tempo, polo que Javi Varas viu o cartón marelo. O 'Cholo' Simeone movía ó banquiño na busca de solucións. Cristian 'O Cebolla' Rodríguez, Adrián e Raúl García ingresaron no seguinte cuarto de hora. Máis madeira para a ofensiva local. Nunha das carreiras pegadas á cal do uruguaio, mancouse o lateral Hugo Mallo, pero puido rematar o partido. No Celta, entraba Mario Bermejo por Álex López para acompañar a Iago Aspas. Tras un aviso con remate alto de Falcao, Paco Herrera metía a Jonathan Vila por Natxo Insa e colocaba tres centrais para manter o resultado. Ó pouco de cambiar a táctica, nun balón solto na frontal, Adrián enganchou un zurdazo que se colou pola escadra da meta de Javi Varas. Gran gol de gran xogador. O Celta volvía encaixar goles que lle custan puntos nos últimos minutos dos partidos, como lle vén ocorrendo nas últimas datas. Nunha subida polo carril, Hugo Mallo non soubo que facer e desaproveitou unha boa chegada celeste. Pouco despois, unha contra atlética que case acaba en gol rematou cunha dura entrada de Falcao a Túñez no afán por disparar que lle custou a amarela. O Atlético quedouse con dez por expulsión de Miranda, que viu a segunda cartulina por unha man clara na coroa da área. Iago Aspas esvarou no lanzamento da falta. A pesares de estar con dez, nos últimos minutos os locais aferráronse á lección de Arda Turan sobre como aguantar a pelota para non pasar apuros. O Celta remata o 2012 cunha nova derrota e mantén a súa xeira dunha soa vitoria en dez partidos. Á espera do que ocorra na xornada de hoxe, cada vez ve máis preto a zona de perigo. É decimoquinto con 15 puntos en 17 partidos, polo momento dous por riba dos postos de descenso. 2013 debe traer vitorias e puntos se o Celta non quere sufrir no último tramo do campionato."}
{"ID": "NOS_25964", "summary": "Soberana 02 é unha e Abdala, como o poema épico de temática anticolonial escrito por Martí, a outra. Son as dúas primeiras vacinas, das cinco en total en marcha, que comezaron a ser inoculadas de maneira progresiva mais xeneralizada entre a poboación nas últimas horas. A medicina cubana atinxe un novo fito.", "text": "Con tan só 15 anos, José Martí escribiu Abdala, un poema épico de resistencia ante unha potencia invasora, ambientado na histórica rexión de Nubia. \"Noble caudillo: a nuestro pueblo llega; feroz conquistador: necio amenaza; si a su fuerza y poder le resistimos\", son os tres primeiros versos. A historia cubana é unha historia de resistencia. Martí, que ademais de poeta foi militante independentista, heroe da guerra contra a ocupación española, encarna ese espírito que se mantén vivo na actualidade fronte a outra potencia imperial, a maior do mundo no último século. Tendo a tan só 90 millas de distancia ─as famosas 90 millas, uns 145 km─ os Estados Unidos, país que mantén un bloqueo económico sobre a illa desde hai seis décadas, Cuba foi quen de desenvolver e elaborar, non unha, senón dúas vacinas contra a Covid-19 por medios propios (ademais doutras tres en proceso de estudo). Un parto épico, na liña das recoñecidas capacidades do sector biofarmacéutico cubano, bautizadas en consonancia: Soberana 02 ─o nome explícase por si só─ e Abdala, como o poema de 1869. As dúas, \"vacinas conxugadas\" de antíxeno e de proteína de virus. Orgullo sanitario \"Baixo estritas medidas de seguridade, organización, rigor e disciplina transcorre no país a intervención sanitaria aprobada polo Ministerio de Saúde Pública para aplicar o candidato vacinal Abdala a grupos e territorios de risco, con prioridade para os traballadores dese sector e para os estudantes de Medicina\". Desta forma daba conta o periódico oficial Granma, na noite da cuarta feira (madrugada galega de onte), do inicio esta semana do proceso de vacinación en Cuba. Cuarta feira que, non por casualidade, coincidiu co Día Internacional da Enfermaría. O Goberno, inclinado á conmemoración das datas simbólicas desde o triunfo da Revolución de 1959, non desaproveitou a efeméride para incidir nese aspecto que máis enche de orgullo a sociedade cubana interna e internacionalmente. \"¡Por fin potente mi robusto brazo; puede blandir la ruda cimitarra; y mi noble corcel volar ya puede; ligero entre el fragor de la batalla!\", clama o heroe Abdala, presto á loita contra o invasor, no poema de Martí. E brandindo as xeringas coa vacina Abdala, prestos á loita contra a Covid, os profesionais médicos cubanos iniciaron o proceso de inoculación co obxectivo de alcanzar 70% da poboación xa en agosto. De acordo co cronograma anunciado polo ministro de Saúde, José Angel Portal, na Televisión Cubana, o arranque será moderado neste mes de maio, cun obxectivo de 0,82%. A campaña, dirixida primeiro ás poboacións de risco (maiores de 60 anos), é chamada \"intervención de saúde pública\", dado que os ensaios clínicos das dúas candidatas a vacinas aínda non concluíron. Ensaios sen concluír A decisión por parte do Goberno de adiantar a inoculación é idéntica á adoptada por Rusia, pola China e pola India, onde os reguladores nacionais deron luz verde ás campañas de vacinación masiva antes de se completar a Fase 3 das probas clínicas. Esta fase garante a efectividade e seguridade dos fármacos nunha poboación moito maior que as dúas anteriores. O pasado 1 de maio, segundo informou na súa conta de Twitter o Grupo Empresarial BiocubaFarma, concluíu a aplicación da terceira e última dose correspondente á Fase III do ensaio clínico de Abdala nas provincias de Granma, Santiago de Cuba e Guantánamo a 48.000 voluntarios. As autoridades médicas prevén autorizar en xuño o \"uso de emerxencia\" ─a mesma designación dada na UE ás vacinas autorizadas─ para Abdala e Soberana 2. Segundo Portal, as metas voantes na ascensión ao cume do 70% de agosto contemplan ter inoculado ─coas tres doses que requiren cada unha das dúas vacinas, que poden ser combinadas─ 22,6% da poboación en xuño e 33,5% en xullo. O maior salto, polo tanto, darase no último mes cando se teña esa autorización definitiva. Repunta récord O impacto actual da Covid-19 na illa, co peor surto desde o inicio da pandemia, adiantou os prazos a esta semana logo de a comunidade científica da illa asegurar que as vantaxes para comezar xa a vacinación superan os riscos, xa que Abdala \"demostrou ser segura e eficaz para xerar anticorpos\". Con 11,2 millóns de habitantes, Cuba acumula un total de 120.561 contaxios e 778 falecementos. No mes de abril déronse 17.362 casos, 12 veces máis dos que se producían en decembro. A relaxación das restricións aos visitantes desde novembro, a incursión da cepa surafricana e un cumprimento laxo das medidas de distanciamento físico e no uso da máscara entre a poboación propiciaron a repunta. Na pasada cuarta feira, Cuba rexistrou 1.207 contaxios, unha cifra récord."}
{"ID": "NOS_45420", "summary": "Conversamos co candidato do BNG-AA á alcaldía de Vigo a poucas horas de que conclúa a campaña nunha das prazas máis complexas do mapa galego, na que concorren 17 candidaturas diferentes.", "text": "Activista veciñal, sindicalista da CIG, militante do nacionalismo desde hai décadas. Serafín Otero, gábase de liderar unha candidatura composta na súa práctica totalidade por activistas dos movementos sociais e do sindicalismo. Aspira a ser determinante para forzar un cambio de rumbo nas políticas da cidade. Abel Caballero acusa ao BNG de facer parte dunha \"fronte da non\" co PP e EU contra a cidade... \"Defender a cidade para nós é poñernos do lado do povo, das clases populares, fronte quen as agrede\" [Ri] É coñecido que o candidato socialista ten un amplo repertorio de disparates e falsidades. Esta é unha delas. Caballero quixo apropiarse da bandeira de Vigo para tapar con ela o fracaso da súa política, a incapacidade do seu goberno para xestionar e a falla dun proxecto para a cidade. O BNG temos unha idea clara. Defender a cidade non é unha cuestión retórica. Defender a cidade para nós é poñernos do lado do povo, das clases populares, fronte quen as agrede e priorizar dar resposta a súas necesidades. Caballero quere ser o señor feudal dunha cidade-estado illada de todo e enfrontada con todos. Nós queremos que Vigo volva ser o potente motor de económico e industrial de Galiza, pero tamén un motor de cambios para o conxunto da nosa nación. Ao PSOE no Concello e ao PP na Xunta vailles moi ben, cren eles, coa lea localista. Pero quen perde é a cidade, é a veciñanza. Mentres eles se lanzan o escudo de Vigo como arma partidista nin Concello nin Xunta están a dar resposta a situación de emerxencia social que vivimos con máis de 50.000 persoas baixo a ameaza da exclusión social e 32.000 desempregadas. Como valoran os últimos catro anos? Foron catro anos perdidos. Caballero reduciu a cidade ao estético, cunha política superficial e de escaparate que fixo prevalecer o ornamento sobre os problemas reais da xente. Fala de humanizar a cidade, como se para iso abondase con poñer bonitas rúas. Nós non admitimos leccións de humanización. Primeiro porque as iniciou o propio BNG facendo a revolución urbana que supuxo transformar a Praza da Independencia ou o Calvario en zonas peonís. Actuacións que se levaron adiante co PP pero tamén co PSOE en contra. Non admitimos leccións nisto porque sabemos que humanizar non pode ser cambiar losetas e instalar axardinamento. Humanizar é poñer todos os recursos e todas as capacidades das que dispoña o Concello para facer fronte ao desemprego, para axudar o retorno dos centos e centos de mozos e mozas expulsadas pola emigración forzosa. É evitar que centos de vigueses e viguesas non teñan teito baixo o que durmir. Ou que se conten por milleiros as familias que malviven sen poder facer fronte ao recibo da auga ou da luz. Iso é humanizar de verdade. Falan de cambio de rumbo. En que se concreta? A nosa proposta resúmese nunha idea: queremos devolver o Concello á veciñanza. Queremos un Concello ao servizo do povo. Iso pasa por colocar as necesidades da xente como primeira prioridade. Por iso apostamos por máis política de emprego e máis políticas sociais. Por iso expresamos o noso rotundo compromiso para pular pola igualdade real cun Concello feminista. Ou defendemos un novo modelo de cidade, sostíbel, máis verde e en rede, recuperando o noso litoral e impedindo que destrúan o noso monte cun novo macrocentro comercial [en alusión a Porto Cabral], cun novo modelo de recollida do lixo e potenciando o transporte colectivo. Queremos un Concello que trate a cultura como unha cousa de comer e que cree oportunidades para a mocidade. Unha cidade que recupere a memoria botando abaixo toda a simboloxía fascista, a comezar pola Cruz do Castro. \"Queremos devolver o Concello á veciñanza. Queremos un Concello ao servizo do povo\" Pero non se trata só de cambiar as políticas, que loxicamente son o fundamental. Hai que cambiar tamén as maneiras. A veciñanza de Vigo merece un goberno que escoite e que dialogue. Imos poñer fin ao autoritarismo destes últimos anos e desenvolver ao máximo a participación veciñal. Nós non imos instalar un barco nunha rotonda a golpe de porrazos. Queremos crear verdadeiros espazos de poder popular, para que a xente non só opine senón que poida decidir, con medidas como os orzamentos participativos, un novo regulamento de participación cidadá, un novo regulamento de plenos e a realización de consultas veciñais. E moi ligado a isto, á participación, apostaremos por moita máis transparencia para combater o enchufismoe a corrupción. Vigo non merece ter un goberno, como o actual, no que haxa concelleiros imputados por facer negocio co cemento das obras municipais. Vigo ten que deixar de aparecer nomeada en operacións Patos. Ten afirmado que son o BNG-AA é a única candidatura soberanista que concorre en Vigo. Somos a única candidatura en Vigo que aposta pola conquista da soberanía nacional para Galiza. Non é que o diga eu, e que a realidade é esa. É certo que hai algunha organización que se declara nacionalista integrada na Marea. Pero aclarouno o seu propio cabeza de lista, que xa foi candidato por Esquerda Unida nos anteriores comicios. Ao ser preguntado se apostaban pola independencia de Galiza apurouse a clarificar que son un proxecto municipalista e que non teñen proxecto de país. Houbo tamén algún intento de articular unha candidatura con presenza de persoas do independentismo, pero non frutificou. E neste escenario, neste momento, o BNG-Asembleas Abertas é a única candidatura que aposta netamente pola conquista da soberanía nacional para Galiza. Somos a única candidatura que inscribe a súa proposta de cambio para Vigo dentro dun proxecto de transformación nacional. A única forza que estamos a expresar sen complexos que para nós sermos vigueses e viguesas non é outra cousa que o xeito de sermos galegos e galegas en Vigo, en lugar de xogarmos ao localismo interesado. A única opción que puxo enriba da mesa, como un eixo fundamental, a defensa e promoción en Vigo da cultura galega e do noso idioma. Ademais o proceso de asembleas abertas permitiunos incorporar a persoas que no seu momento abandonaran o BNG e que agora como independentes volven apoiar a nosa alternativa. E tamén son moitas as persoas que desde o independentismo xa me expresaron a súa simpatía e vontade de nos apoiar o día 24. Por todo iso, diferencias e matices a parte, estou seguro de que imos contar cos votos de todas as persoas que crén en Galiza como nación e que apostan pola súa plena emancipación. O BNG cogobernou en Vigo co PSOE, logo chegou a algúns acordos puntuais desde a oposición. Que pasará logo do 24M? Nin apoiaremos a continuidade das políticas de escaparate nin permitiremos o retorno da dereita. É a pregunta que máis me fixeron estes meses [sorrí]. Primeiro teño que dicir que estes catro anos Abel Caballero empeñouse en darnos cada día a razón de non termos reeditado un acordo de goberno en 2011. Nós expresamos desde o primeiro minuto con claridade cal é a nosa vocación. Se dalgo pode estar certa a veciñanza de Vigo é que votar ao BNG este domingo vai ser un voto polo cambio. Cambio, si ou si. O BNG non imos apoiar a continuidade das políticas de escaparate, inútiles e fracasadas destes últimos catro anos, nin permitiremos baixo ningún concepto o retorno da dereita dos recortes e a corrupción. Pero a chave é que o BNG sexamos unha forza determinante no pleno, como estou certo de que imos ser. E iso xa non depende de nós, inda que vaia en contra do noso lema [ri]. Depende dos veciños e das veciñas. Nós percibimos que hai unhas enormes gañas de cambio, de xente que quere un Concello centrado nas persoas e que sabe que unha viraxe á dereita só nos conduce ao desastre. Modestamente cremos que temos as ideas, as propostas e a equipa para facer realidade ese cambio e estamos en condicións de lideralo. Pero, segundo as enquisas os seus votos poden ser chave para decantar o goberno se non se dá unha maioría absoluta... A enquisa que vale é a das urnas. O escenario está completamente aberto. Nós formulamos unha proposta clara e consistente de cambio. Facémolo ademais sen partir de cero, con experiencia e tendo acreditado que o nacionalismo é a forza capaz de desenvolver políticas realmente transformadoras en favor do povo. Agora o que toca é que cidadanía decida. Que opte co seu voto entre máis política superficial co PSOE, os recortes do PP ou un tempo novo para a cidade en favor das clases populares."}
{"ID": "NOS_38332", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera que o Goberno español xestionou \"ben\" a catástrofe e absolveu o único cargo público imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luís López-Sors; a única condena que estabeleceu foi por \"desobediencia\" e para o capitán, o grego Apostolous Mangouras. Remata a crónica dunha sentenza anunciada.", "text": "Redes sociais = o dito popular de que 'Mexan por nós' é a mellor síntese que se pode facer da reacción que a absolución do Estado español causou nas redes sociais. Resumo = absoltos os tres acusados dos principais delitos: contra o medio ambiente e danos. Absolto o xefe de máquinas, Nicolas Arguropoulos, do delito de desobediencia civil polo que si foi condenado o capitán do buque, Apostolous Mangouras; impóñenlle nove meses de cárcere, polo que non entrará en prisión. Remata a leitura do resumo que o maxistrado fixo da fundamentación en que basea a resolución adoptada a respeito da marea negra causada polo Prestige Os feitos probados nesta sentenza son constitutivos dun delito de \"desobediencia grave\" do cal é autor Apostolous Mangouras, sinala a sentenza Redes sociais = @anxinho salienta que \"os responsábeis políticos daquela marea negra no mar son os mesmos que agora a provocan nos sevizos públicos\"; @Outes quéixase da \"absolución do goberno pola traxedia\" e ironiza con que \"mandar o Prestige ao quinto pino non debeu influír\"; @UxioNovo fai brincadeira: \"botáronlle a culpa á pistola\"; e @blancafram espeta que unha sentenza con \"cero responsábeis non por esperada é menos indignante\" López-Sors xestionou \"ben\" o afundimento do Prestige ao maxistrado sorpréndelle que fose imputado Tal e como adiantara o maxistrado, o Goberno español fica absolto de responsabilidades penais \"Considérase favorábel o que se decidiu: a contaminación extensa mais non intensa, que favorecese a rápida recuperación do medio ambiente, como de facto aconteceu\". O maxistrado di que \"está á vista\" que as actividades produtivas afectadas pola marea negra fican, a día de hoxe, \"recuperadas\" A sentenza enfatiza que \"non está claro\" cales serían as consecuencias do afundimento de non se ter afastado o barco da costa galega e di que \"é dubidoso que se advertise nalgún momento o alcance dos danos\" pois os colectivos \"que agora abundan no craso do erro daquela gardaron silencio\" O maxistrado atribúe a López-Sors \"imprudencia grave\". Loa o traballo de Nunca Máis e subliña de seguido que \"isto non quere dicir que as súas conclusión foran as atinadas\" Absoloto o capitán do barco, Apostolous Mangouras, e o xefe de máquinas Redes sociais = indignación perante a máis que probábel absolución: @BraisLlorente lamenta que \"once anos despois, ningún culpábel, coma sempre\"; @Caletiweni lembra a vitoria do PP nas eleccións municipais, que sorprendeu en localidades como Muxía, e espeta que \"a primeira condena tiña que ser a dos galegos nas urnas\" porque agora \"ninguén pagará polo desastre\"; @millanfernandez quéixase de que \"A sentenza do Prestige será como todo neste país. Como será o de Angrois. Man de ferro co pobo, luva de seda cos poderosos, hoxe gobernando\" Non se reclamarán responsabilidades penais; só civís Fala o maxistrado de \"dificultade ou imposibilidade\" de atribuír responsabilidades a ningún dos tres acusados pola marea negra. Cabe a absolución \"Non hai ningunha causa que demostre a causa da repentina e irreparábel avaría do buque\", resome a sentenza \"Non se provou a existencia de ondas xigantes e a mera proba estatística non pode demostrar que causara a avaría coas lóxicas consecuencias no naufraxio\", continua o maxistrado ponente Redes sociais = Sorpresa perante a leitura na nosa lingua. Apunta @mediaducia: \"Xustiza en galego\" Isto é novo e marabilloso!\" e @xico_de_nelle di que \"o único bo da sentenza é que se estea a ler en galego\" Redes sociais = Reproches para a decisión da CRTVG de non retransmitir ao vivo a leitura da sentenza. @luscas_gz fala de \"máis un caso de manipulación (e van xa...)\" e @tawil informa da programación que se está a manter e acrecenta o hastag #NuncaMáis Redes sociais = Di @Amalixx que \"hoxe na Galiza lembramos o Prestige coma se fose hoxe mesmo\" \"O estado estrutural do buque era parcialmente precario\" e o seu esnaquizamento \"era previsíbel\", continua a sentenza A CRTVG está a retransmitir a leitura pública a través da súa páxina web. Porén, ao vivo mantén a programación e emite Galicia Lipdub na primeira canle e series infantís na segunda Redes sociais = @jcabalar, que está a cubrir a leitura da sentenza na sede do TSXG, denuncia que \"levaron as pantallas de plasma. Incomunicando o Prestige dende outra sala.Todo o ano nunha nave industrial e hoxe...\" Redes sociais = @cduranestany pregunta \"Que sentido ten tanta expentacion pola sentenza do Prestige se ningun dos acusados que hai esta presente. Non é unha pantomima?\" Ás portas do TSXG concéntrase a Plataforma Nunca Máis para denunciar a \"impunidade\" desta resolución anunciada \"O fallo produciuse a causa dun mantemento deficiente que se lle ocultou á tripulación\", di a sentenza Continúa a leitura pública: o maxistrado ponente fala dunha actuación \"difusa e confusa\" do que daquela era delegado do Goberno español na Galiza, Arsenio Fernández de Mesa Si se reclamou cadea para os outros dous acusados, dous armadores gregos. Porén, ao parecer non entrarán no cárcere por superaren os 70 anos de idade Para o único cargo público acusado pola marea negra, o ex director da Mariña mercante José Luis López-Sors, non se reclamou pena de prisión As indemnizacións por danos están cifradas nos 4.230 millóns. Quen se fará responsábel? O maxistrado ponente da sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza encetou ás 11.04h a leitura pública da sentenza do Prestige. Faino en galego"}
{"ID": "NOS_38552", "summary": "Caen as vendas e medran as dificultades para o sector pesqueiro e marisqueiro galego coa actual enerxencia sanitaria. O Grupo de Acción Local (Galp) Ría de Pontevedra contactou con varias persoas responsábeis de varias varias áreas para explicar como están a vivir as traballadoras e traballadores do mar o estado de alerta.", "text": "A pesca ten un peso relevante na actividade económica da Galiza. Ademais dos traballos directos que crea conta con moitas actividades económicas que dependen dela. Desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Ría de Pontevedra cren que é \"esencial como provedor de alimentos de primeira necesidade e segue a traballar nunhas condicións que nin garanten a seguridade das persoas nin os soldos\". Estes días aseguran que aos problemas para aplicar as medidas de seguridade e protección ante o Covid-19 nos barcos \"hai que sumarlle a caída dos prezos en primeira venda que fai que non compense economicamente asumir os riscos\". Explican que \"a falta de concreción das axudas anunciadas desde o goberno mantén ao sector en alerta, sumando razóns para amarrar\". Prezos baixos Desde a cooperativa San Miguel, a súa presidenta, Beatriz Vázquez, relata que de maneira expresiva a situación. \"Os prezos son horribles, historicamente nunca se viron prezos como estes\". Conta que nin as máis maiores lembran prezos tan baixos sobre todo no peixe fino. \"O peixe sapo, o rodaballo, o linguado non teñen saída porque son de restaurante e estes están pechados\", explica Beatriz Vázquez. Todos coinciden en que, desde que se decretou o estado de alarma no noso país, as vendas de peixe e marisco descenderon En relación aos prezos baixos o patrón maior de Portonovo, Juan José Besada, coincide e engade que unha das razóns é que \"ninguén compra agora mesmo un rodaballo a 30 ou 40 euros quilo porque non están os tempos para comprar esas cousas\". Todos coinciden en que, desde que se decretou o estado de alarma no noso país, as vendas de peixe e marisco descenderon, así como tamén descenderon as cotizacións en lonxa. \"Va a ser meses fastidiados\", sinala a patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, e conta que hai moita preocupación entre as mariscadoras \"os ánimos están moi baixos porque no marisqueo vívese día a día\", engade. O marisqueiro é un sector moi delicado por tratarse de produtos que teñen que comercializarse moi rápido e, moitas veces, non teñen a posibilidade de seren conxelados. O peche da restauración mudou de súpeto todo o panorama. Teñen pechado a flote e a pé desde a terceira semana de marzo e piden o cese das actividades mais os requerimentos, aseguran, son moi complexos. Desde o Galp Ría de Pontevedra sinalan que o peche do canal de hoteis, restaurantes e cafetarías \"desestabilizou por completo ao sector pesqueiro e marisqueiro porque hai especies que non atopan saída nas lonxas\". O secretario da confraría de Bueu, José Barreiro, afirma que \"hai sectores que aínda categorizados como primeira necesidade realmente non existe demanda para os seus produtos, falo de bivalvos, percebes, ourizos, navallas... Non hai quen compre porque gran parte dese volume ía para restauración\" Intermediarios Os prezos baixos, explican desde Galp, non se están a trasladar ao consumidor final, \"algo que pode incidir na intención de compra xa que moitas familias viron minguada a súa capacidade económica e a incerteza ante a duración da corentena retrae a compra de certos produtos\". Para a responsable da cooperativa San Miguel neste momento \"os que se lucran son os intermediarios porque compran o produto baratísimo e o consumidor compra cos mesmos prezos de sempre\". Esta idea é compartida pola responsábel do colectivo de marisqueiras de Lourizán, Vázquez é consciente de que nesta crise \"hai certa picaresca\" para tirar proveito da situación. \"Non pode ser que a xente venda a prezo normal o recurso do mar e o compre a prezos de risa\", asevera. Se a situación continúa non descartan o peche do sector. Prazas de abastos A canle máis habitual para comercializar estes produtos é a praza de Abastos. \"Agora é difícil que a xente vaia a praza\" explica o patrón maior de Portonovo Juan José Besada, \"son espazos para socializar, falar, mirar o peixe, tocalo, e agora iso non o podemos facer\", engade. Esta pode ser unha das razóns polas que para as persoas consumidoras, cre, \"sexa moito máis sinxelo ir a un supermercado e coller o primeiro conxelado que vexan e levalo para casa\". Nas prazas de Abastos tamén notaron a baixada de vendas de produtos do mar. Algunhas, como as de Marín e Pontevedra, tiveron ademais a visita das forzas de seguridade do estado que impediron o acceso aos clientes. \"Desde o Galp Ría de Pontevedra instamos ás autoridades competentes a garantir o acceso das persoas consumidores ás prazas de abastos sempre seguindo as indicacións pertinentes en materia de prevención\". Nas prazas de Abastos tamén notaron a baixada de vendas de produtos do mar Desde o sector trasladan a necesidade de que a poboación continúe a consumir peixe e marisco durante a corentena, \"non só xa polo que supón para o mantemento do emprego e da actividade económica do sector senón tamén por unha cuestión de saúde alimentaria\". Seguridade no sector \"As medidas de seguridade a seguir por parte de toda a cadea de valor do sector para facer unha correcta xestión na loita contra a Covid-19 que achegaron o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Secretaría Xeral de Pesca, así como desde a Consellería do Mar da Xunta da Galiza non son realistas\", aseguran desde Galp. Para a presidenta da cooperativa San Miguel un dos problemas máis evidentes está en garantir que a tripulación do barco que sae a faenar estea libre da enfermidade e asegura que non se fan test no porto antes de embarcar. \"Estamos falando de xente que vai pasar días no mar e que facemos se enferman alí?\", pregúntase Vázquez Piedras. Nos barcos o problema, asegura Besada, \"é a distancia de seguridade\" que asegura \"é imposíbel de respectar\". Pon como exemplo que \"un barco de cerco dos pequenos que pode levar oito persoas e que ten sete metros de eslora, non se pode gardar a distancia de seguridade\". Se falamos das lonxas a situación é distinta. Beatriz Vázquez explica que en Marín e Vigo vanse adaptando ás normas e que o máis problemático é regular o espazo \"cústalles adaptarse a esa distancia de separación\" mais \"pouco a pouco vanse afacendo\" e tamén ás medidas de \"luvas e máscaras\". A lonxa da Coruña vén de suspender as poxas de capturas da flota de baixura e arrastre de litoral Na lonxa de Bueu non se permite que entre ninguén que non sexa directamente usuario \"co cal limitamos o número de persoas e indícaselles que manteñan as distancias\", comenta Barreiro. Con esta situación, a lonxa da Coruña vén de suspender as poxas de capturas da flota de baixura e arrastre de litoral pasando a facerse a comercialización por vía telefónica ou telemática directamente coa casa de vendas. Na contorna da ría de Pontevedra existe unha alternativa de comercialización telemática: a web pescadoartesanal.com, unha plataforma de comercialización conxunta das lonxas da ría que serve de acceso anticipado ás descargas de peixe e marisco nas lonxas. A impotencia de non poder loitar xuntas A situación que se está a vivir no sector da pesca e o marisqueo non ten semellanza con ningunha outra anterior. A patroa maior de Lourizán recoñece que o peor é non poder loitar contra isto \"todas xuntas\" porque \"non nos podemos reunir para traballar, non podemos vernos e discutir estratexias de futuro, ten que ser todo por teléfono\". A unidade doutras situacións agora ten que ser a distancia."}
{"ID": "NOS_43637", "summary": "O número de indecisos supera aos votantes do Partido Popular.", "text": "A fiabilidade das enquisas depende da capacidade para determinar a porcentaxe de participación. A este respecto, un directivo dunha empresa consultora recoñece que \"a ausencia de aproximacións máis ou menos fiábeis aos índices de participación complican moito o noso traballo, ao impedirnos facer extrapolacións. Se non acertas nos datos de participación, a enquisa falla\". Neste sentido, os traballos de campo referidos ás eleccións galegas non semellan ter percibido as circunstancias extraordinarias das eleccións galegas á hora de fixar os índices de abstención. A totalidade dos traballos publicados prevén unha participación electoral de arredor de 60%, unha cifra case sete puntos superior á das eleccións galegas de 2016, comicios decorridos nun escenario aparentemente máis favorábel á mobilización electoral, ao non coincidir cunha situación de emerxencia sanitaria e ao teren lugar fóra da tempada estival. Ademais ningún dos estudos realizados tiveron tempo de detectar na súa mostra o impacto que o rebrote do coronavirus poida provocar no comportamento electoral das comarcas afectadas e doutras áreas da Galiza. O número de persoas indecisas segue a ser alto. Así, por exemplo, o tracking elaborado pola empresa Sondaxe apunta na súa entrega de onte un nivel de indecisión de 26%, cifra superior ao número de cidadáns e cidadás que afirman votar o Partido Popular, cuxa cifra en intención directa se sitúa en 25%. As porcentaxes máis elevadas de persoas indecisas concéntranse nas circunscricións de Lugo, con 30%, e Pontevedra, con 28,9% e as máis baixas en Ourense, con 20%, e A Coruña, con 24%. Máis alá das diferenzas territoriais, os números de persoas indecisas evidencian a existencia dunha ampla bolsa de sufraxios capaz de mover os resultados para un e outro lado. O medo á abstención O medo á abstención é un clásico dos procesos electorais. Uns comicios cunha baixa participación evidencian as fendas do réxime político, cuestionan a calidade do modelo democrático e poñen en dúbida o resultado final das eleccións. Porén, nunha conxuntura como esta, onde a saúde dos electores non esta garantida, o medo vaille dar unha volta á abstención, provocando escenarios inéditos no panorama electoral galego. Así e todo, fica por saber se a baixada na participación vai ser homoxénea ou por áreas xeográficas e lineal ou por tramos de idade."}
{"ID": "NOS_35305", "summary": "Para a décima e derradeira entrega do 5x2, a sección que creamos para conmemorar o V aniversario de Sermos Galiza,xuntamos Felipe-Senén, museólogo e arqueólogo, ademais de ex director do Museo Arqueolóxico da Coruña, con Pepa Rei, profesora de Prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no mundo castrexo. O obxectivo é recuperar unha vella discusión que volve a nós a cada pouco: a posíbel orixe celta da nosa cultura. Deixamos aquí un extracto.", "text": "SG. Vostede diría que Galiza é un país celta? Senén. Eu diría que visto así, na súa diacronía cultural, entendéndoo como un país do occidente atlántico que une a cultura a través dunha autovía que é o Atlántico, si. E ademais, na historia os romanos cando chegan aquí ven os outros e din: \"non son coma nós, son célticos, ou son celtíberos\", e teñen ritos moi ao estilo oriental, de carácter mesmo grego, como visten, o que toman, etc. E ademais aparecen documentos arqueolóxicos, a Estela de Crecente, que está no Museo de Lugo, onde hai un tamarico que presume de céltico, é dicir, que entre os romanos presume de céltico. E logo na época medieval, no Libro das Invasións do século XII no que fala de Breogán, que parte de Brigantia, etc. Logo as lendas do ciclo artúrico están en Galiza, no Cebreiro, no Monte Pindo, que ese é o mundo céltico por excelencia. Como o propio Breogán que se cristianiza, e logo santiños populares galegos, panteístas moitos deles… E logo eu aí vexo unhas permanentes identitarias culturais que venden turisticamente moitísimo. Despois, nese mundo protohistórico hai uns elementos moi propios. A nosa cultura dos castros, tan romanizada, é unha cultura moi particular, moi semellante ao dos hillforts ingleses. E hai unha etnoarqueoloxía viva moi particular, moi identitaria nosa procedente dese mundo chamado occidental atlántico ou, entre aspas, mundo céltico. Pepa Rei. Eu o problema que vexo desde o punto de vista arqueolóxico e artefactual é que non hai fontes escritas. Eu sempre defendín, independentemente de filias e fobias, que a dos celtas é unha liña de investigación que necesita estar aí, pero arqueoloxicamente neste momento é unha parte pouco traballada, hai unha liña de investigación en toda a Península que se chama Etnoxénese e que intenta ver as orixes daqueles pobos cos que se atoparon os cartaxineses e os romanos, que son os galaicos, os astures, os baceos, os celtibéricos, etc. Entón esa liña está aí. Pero a investigación xa sabemos o fráxil que é porque temos unhas desigualdades de coñecemento moi fortes como para ter unha configuración de orixes, procedencias e circuítos moi importante. Iso é moi importante. Pero non só afecta á Península Ibérica. Por exemplo, en Irlanda o céltico é fundamentalmente medieval. O que está claro desde a perspectiva arqueolóxica, sen fontes escritas, é que só temos a cultura material e a estética, que son como faragullas de pan que che permiten identificar rastros e condutas xeográficas. Só sabemos que no Bronce final as relacións atlánticas son moi importantes. Realmente non somos un fondo de saco, como se dicía. Somos atlánticos, marítimos fundamentalmente, realmente nós somos un centro do Atlántico. Esa é a perspectiva que agora temos. [Podes ler o debate íntegro no Sermos Galiza 252 á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "PRAZA_13649", "summary": "A nova onda migratoria obriga as comunidades da diáspora a se reinventar ante a falla de identificación dos máis novos cuns centros galegos asociados ao caciquismo e a dependencia das subvencións.", "text": "Día a día máis xente nova emprende o camiño da emigración, unha rota nunca pechada pero máis transitada por culpa da crise. Porén, moitos dos que hoxe deciden abandonar o país e probar sorte noutras terras pouco teñen que ver co estereotipo do emigrante propio dos anos 60 e 70, e moitos marchan cun título universitario (ou máis) debaixo do brazo. Para ben ou para mal, a nova emigración renova as comunidades galegas da diáspora, e obrígaas a transformarse. Até o de agora, un dos piares destas comunidades eran os centros galegos, unha forma de organización e de actuación na que moita xente nova non se sinte cómoda. Polo menos en Catalunya. É o caso da avogada compostelá Salomé López, que despois de pasar polos centros galegos como o de Barcelona, ten claro que non son para ela. \"Moitos centros viven nunha inercia de servir como área de poder para determinada xente, onde poder aproveitarse de subvencións ou conseguir favores políticos\", asegura López. Un xeito de funcionar que esta avogada relaciona directamente co caciquismo. Algúns exsocios relacionan centros galegos e caciquismo Pero esta visión non é compartida só pola xente máis nova. O polifacético artista Anxo Baranga, que non para de lanzar iniciativas culturais desde o seu obradoiro do barrio do Raval, asegura desde a súa vetaría na comunidade galega que moitos centros seguen a representar unha Galiza dos anos 60 que xa non existe. Unhas críticas moi semellantes ás realizadas pola profesora de galego da Universitat de Barcelona Helena González en Praza Pública. Amais, López ve como un atranco o funcionamento vertical que existe nestas estruturas, que Baranga prefire calificar de \"presidencialismo\", e que impide que moitos proxectos artísticos ou culturais poidan cuallar. Unhas críticas que o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manuel Carrete, rexeita asegurando que a entidade sita nas céntricas Ramblas está aberta a todo o mundo que queira desenvolver actividades culturais. Porén a avogada compostelá asegura que presentar iniciativas é moi complicado até que non gañaches a confianza dos socios máis antigos. \"Impide que xente recén chegada de Galicia con moitas ganas e ilusión de facer cousas non poidan desenvolver os seus proxectos\", asegura. Escudos, misas e procesións A anteiror Xunta Directiva do centro comezara un proceso de apertura e renovación do centro que se viu interrumpido coa chegada do equipo Carrete a principios deste ano. Un dos cambios introducidos foi substituír o escudo do centro por un logotipo máis acorde cos tempos, pero a actual dirección deicidiu volver atrás. \"É o escudo de toda la vida\", asevera Carrete. \"Unha institución tan veterana non pode sufrir tal perda de identidade\", afirma o presidente dun Centro que até desactivou a súa web. Carrete: \"Recuperamos o escudo do Centro de toda la vida\" Alén do simbólico, a sala máis accesible do Centro deixou de ser empregada como local de exposicións de arte contemporáneo para recuperar os cadros costumistas dun socio histórico do centro. Amais destes cadro de temática rural, aumentou a presenza de símbolos católicos, volvéronse organizar misas no Centro e preténdese recuperar unha procesión o día 25 de xullo até a Catedral de Barcelona. Carrete deféndese asegurando que \"non se obriga a ir a ninguén\" e que \"a maioría dos socios do centro son católicos\". \"Misas e procesións, que son respectáveis, marcan a túa orientación política, e as veces nos centros fináncianse cos teus cartos actividades coas que non estás moralmente de acordo\", asegura Salomé López. Unha volta atrás que afasta a moita xente moza dos vellos centros, e que o polítologo galego-catalán Silvio Falcón resumiu en dúas palabras: Viva antes!"}
{"ID": "NOS_27764", "summary": "O Boletín da Real Academia Galega recolle no seu último volume as achegas arredor da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero presentadas no simposio e no pleno extraordinario con motivo do Día das Letras Galegas 2020.", "text": "O boletín nº381 da Real Academia Galega (RAG) xa está dispoñíbel en versión dixital no apartado de publicacións da súa web. Un volume que recolle as achegas arredor da vida e da obra de Carvalho Calero durante o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas. A publicación deixa tamén constancia da despedida da académica Luz Poz Garza (1922-2020), cuxo figura glosan Salvador García-Bodaño e Olivia Rodríguez; e do académico Xosé Luís Franco Grande (1936-2020), ao que lle dá o adeus Ramón Lorenzo. Non se recolle aínda o pasamento do que fora presidente da institución, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, falecido o pasado mes de marzo. As achegas dos relatores e relatoras do Simposio Ricardo Carvalho Calero, que decorreu o pasado mes de outubro na sede da RAG son as que fan a apertura do boletín, cun total dunha ducia de artigos correspondentes aos relatorios presentados nas catro xornadas do encontro. A primeira parte deste recompilatorio intégrana o traballo de contextualización da figura de Ricardo Carvalho Calero no seu tempo a cargo do historiador Justo Beramendi e dos filólogos José-Martinho Montero Santalha e Carmen Blanco. Dolores Vilavedra, Alberte Valverde e María Pilar García Negro participan no volume coas tres investigacións avanzadas no encontro arredor dos estudos sobre literatura de quen foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Pilar Pallarés, Laura Tato Fontaíña e Henrique Rabuñal profundan na súa creación literaria e Henrique Monteagudo, Serafín Alonso Pintos e Eduardo Maragoto abordan as súas ideas e achegas ao idioma. A segunda parte do boletín reproduce as alocucións académicas pronunciadas por Margarita Ledo Andión, Ramón Villares Paz e Francisco Fernández Rei no pleno extraordinario do Día das Letras Galegas 2020, que tivo que adiarse até o 12 de decembro por mor da pandemia. O volume tamén recolle un estudo de Xosé Manuel Vélez Latorre sobre a tradición bíblica na poesía do homenaxeado, con comentario de cinco poemas; e a proposta de reforma das Normas ortográficas e morfolóxicas da Real Academia Galega (1970-1971) presentada por Ricardo Carvalho Calero en 1979, cunha reconstrución dos antecedentes da mesma asinada polo académico Henrique Monteagudo."}
{"ID": "NOS_42374", "summary": "A Rede Museística de Lugo e o Colectivo Agrocuir da Ulloa colaboran na posta en marcha dun proxecto de recuperación da memoria das persoas LGTBI que verá a luz o 28 de xuño. Adrián Gallero coordina desde A Ulloa a creación dun mapa sonoro da memoria queer apegada a territorio.", "text": "-Que é 'Facémonos escoitar?' É unha invitación a pensar, a falar a e a escoitar. A prestar atención ao que se di. Nisto consiste o proxecto que temos en marcha en colaboración coa Rede Museística de Lugo, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Cooperativa Indaga. Lanzamos esta pregunta a toda a poboación das comarcas de Lugo, mesmo da xente que xa non reside aquí pero que pasou a súa infancia ou habitou algún lugar da provincia nalgún momento, co obxectivo de construír colectivamente a memoria LGTBI máis aló das fontes oficiais. Esa historia xa está recollida. Agora o que queremos é crear un relato propio, falado, en primeira persoa e próximo ao territorio. -Como xurdiu a idea de crear un mapa sonoro da memoria LGTBI? A Rede Museística de Lugo fai 15 anos e como lema do seu aniversario escolleu traballar a memoria. Ademais de recuperar a súa propia, desde a xerencia propuxéronnos esta colaboración como proxecto paralelo de reparación da memoria coa temática LGTBI, que a Rede Museística traballa desde hai tempo. -Xa lles fixeron chegar os primeiros relatos? Estamos no proceso de enviarlles a todas as persoas interesadas a información de como facer a recollida, pero si, xa recibimos algunha proposta. Non buscamos grandes acontecementos nin historias espectaculares. Todo o contrario. Buscamos pequenas anécdotas, vivencias ou momentos de todas aquelas persoas ou colectivos que queiran achegar a súa experiencia e de construír esta historia colectiva. De entre o que nos chegou, hai moitas referencias á infancia, un par de historias que falan de lugares que nas últimas décadas foron espazos para diversidade e contamos coa participación dunha persoas que está estudando a historia LGTBI da Galiza durante a primeira metade do século XX que vai aportar acontecementos que tiveron lugar na provincia: en Narla, en Mondoñedo, en Lugo, con espectáculos de transformismo documentados nos inicios do século pasado. Hai moitas variedade e resulta moi interesante. -Que valor cre que ten unha experiencia colectiva coma esta, apegada tamén ao rural? Temos que esperar para ver cal é o resultado final. Hia moita xente que nos pregunta se só estamos buscando historias bonitas, de celebración. E non. É posíbel que recompilemos unha serie de testemuños sobre avances ou experiencias positivas, pero seguro que van chegar outras moitas de vivencias que non, historias relacionadas coa emigración, por motivos de disidencia sexual, ou con situacións incómodas por acoso ou bullying. Pero o máis importante é o feito de dar para construír esta historia desde o territorio e celebrar as testemuñas e os acontecementos que se narren, ben representen avances nesta loita de dereitos LGTBI ben que nos lembren todo aquilo que queda por avanzar. -Xa saben que forma lle van dar á memoria sonora do movemento LGTBI de Lugo? Darémola a coñecer a través de tres actividades principais. O arquivo sonoro démolo a coñecer a través dun mapa interactivo accesíbel vía web, que se vai publicar o 28 de xuño. Ademais, faremos unha selección de testemuños que levaremos a unha exposición itinerante que vai percorrer os catro territorios onde hai museos da Rede -Friol, A Mariña, Ribeira Sacra e Lugo- máis a Ulloa, por esta colaboración co Colectivo Agrocuir. A maiores, o mesmo 28 de xuño, día do Orgullo, faremos un roteiro pola cidade de Lugo acompañadas por diferentes persoas e colectivos que participaron no proxecto. Con elas, iremos percorrendo e coñecendo distintos lugares que se consideren significativos para a historia LGTB da cidade."}
{"ID": "PRAZA_14224", "summary": "O Consello Nacional do Bloque daralle o vindeiro sábado o visto e prace ás súas candidaturas para o 21-O, que pecharán Camilo Nogueira, Antón Bao, Alfredo Suárez Canal e Bieito Lobeira", "text": "As asembleas comarcais do BNG culminan nestes días o debate en torno ás listas electorais coas que a formación frontista concorrerá ás eleccións do 21 de outubro. Despois de que a Executiva Nacional lles remitise ás comarcas a súa proposta o pasado luns, tras os debates desenvolvidos durante esta semana só resta que o Consello Nacional lles dea, o vindeiro sábado, o visto e prace definitivo a unhas candidaturas que xa teñen nomes propios para acompañar a Francisco Jorquera, número un da lista da circunscrición da Coruña e candidato á Presidencia da Xunta. Por tras de Jorquera na lista coruñesa estará no número dous, como hai tres anos, Ana Pontón, que na campaña electoral desenvolverá un rol semellante aos das persoas situadas no primeiro posto das outras tres candidaturas, xa que o aspirante á Xunta reparte a súa presenza polo conxunto do país. A de Pontón é a única repetición en postos destacados a respecto dos comicios de 2009. Así, en Lugo o primeiro posto será para Cosme Pombo, quen fora delegado provincial da Consellería de Vivenda co bipartito. O cartel do Bloque en Ourense será para Tareixa Paz, actual voceira parlamentaria de medio rural e en Pontevedra estará á fronte da candidatura Carlos Aymerich, máis ligado á vida política coruñesa pero nado en Vigo. Suárez Canal, Lobeira, Nogueira e Bao pecharán as listas electorais do BNG Ana Luísa Bouza e Fernando Branco, na Coruña, Isabel Sánchez e Ana Ermida, na lista luguesa, Xosé Manuel Cid, en Ourense ou Carme Adán e Montse Prado, en Pontevedra, son outros dos nomes que, previsiblemente, estarán nos primeiros postos dunhas candidaturas que estarán pechadas por nomes destacados da formación nacionalista, algúns dos cales se despiden da vida parlamentaria coa conclusión da presente lexislatura. É o caso, por exemplo, de Alfredo Suárez Canal, situado no último posto en Ourense, ou de Bieito Lobeira, en Pontevedra. No caso coruñés o peche pono Camilo Nogueira e en Lugo este posto corresponderalle a Antón Bao, actual tenente de alcalde na capital da provincia. De xeito parello ao peche das listas o BNG, que deben estar rexistradas definitivamente nas xuntas electorais o vindeiro luns, os nacionalistas traballan tamén no seu programa electoral que, en verbas de Jorquera, estará centrado en eixos como \"máis soberanía, máis servizos públicos\" e na vontade de \"poñer Galiza a producir\". Con estas liñas básicas, di o aspirante nacionalista, o Bloque concorrerá a uns comicios tras os que aspira non só a colaborar nunha \"alternativa\" de Goberno, senón a impulsar un \"cambio profundo\" que free \"o desmantelamento dos servizos públicos\" e a \"degradación da democracia de das institucións\", di."}
{"ID": "NOS_43881", "summary": "Dará o paso se ten aval xurídico e sanitario.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que o Goberno galego ten pendente a decisión sobre a posíbel retirada das máscara nos recreos dos centros educativos, un paso que en Madrid -segundo anunciou esta mesma xornada a presidenta, Isabel Díaz Ayuso- darase xa desde esta segunda feria, día 24. No caso galego, Rueda revelou que se realizará unha consulta, a través dos servizos xurídicos da Xunta, para determinar se retirar a máscara nos recreos é \"viábel xuridicamente\". \"Se nos dixese que si, exporíase ao subcomité clínico, e se este o ve viábel, esta medida implantaríase en Galiza\", sentenciou Rueda. O vicepresidente primeiro da Xunta confirmou que o Executivo galego deu luz verde, após o aval do comité clínico, a levantar o estado de emerxencia sanitaria decretado en marzo de 2020. Concretamente, a hostalaría que traballa polo día -cafetarías, bares e restaurantes- poderán abrir até as 1,30 horas as sextas feiras e sábados, media hora máis que actualmente. No caso de pubs e salas de concertos, o peche será ás 4,30 horas as sextas e sábados. Mentres, as discotecas e salas de festas, poderán estender o seu horario ata as 5 horas, fronte as 4 horas de tope que hai actualmente, se se acollen ao nivel de seguridade máis alto."}
{"ID": "NOS_37439", "summary": "O vicepresidente primeiro da Xunta evitou pronunciarse sobre a posibilidade de que a presidencia do PP galego sexa ocupada por unha persoa distinta a quen ocupe a presidencia da Xunta.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, pechou a porta a que haxa diferentes candidaturas para suceder o aínda presidente, Alberto Núñez Feixoo, e asegurou que \"haberá acordo\" dentro do Partido Popular (PP) galego para pechar esa sucesión. \"Imos facelo ben e chegaremos a un acordo que daremos a coñecer\", dixo o vicepresidente en declaracións aos medios en Vigo, antes de lembrar en que o propio Feixoo situou a activación do proceso de sucesión na Xunta no mes de abril, para que o novo presidente fose votado no Parlamento galego en maio. Preguntado pola posibilidade de que o novo presidente da Xunta non ocupe tamén a presidencia do PP galego, senón que sexa outra persoa, Rueda sinalou que \"é o que estamos a falar agora mesmo, non o sei realmente\", evitando así pronunciarse sobre unha opción que Diego Calvo abriu na terza feira nunha entrevista na TVG. Engadiu que \"cada un terá as súas opinións\" pero segundo el será posíbel alcanzar un pacto que facilite a sucesión. \"Chegaremos a un acordo, iso seguro\", proclamou. Agradece os \"apoios\" Sobre a súa posición vantaxosa como vicepresidente primeiro da Xunta para substituír a Feixoo no Goberno galego, limitouse a agradecer os \"apoios\" públicos e privados que recibiu. \"Agradezo os apoios, algúns públicos e outros en privado. Agradézoos e pouco máis. Estamos a falar co presidente Feixoo e isto é un proceso que estamos a empezar. Pouco máis que achegar, agradezo os apoios públicos e privados, e pouco máis\", insistiu. Finalmente, matizou que o agradecemento como tal non quere \"dicir outra cousa\" que que el é o presidente do PP en Pontevedra e membro do Goberno. \"Cando chegue o momento, darei a miña opinión como a está dando todo o mundo\", concluíu."}
{"ID": "NOS_31873", "summary": "A cita cinéfila porriñesa sumará esta edición máis de 40 actividades.", "text": "O Festival de Cans, no Porriño, presentou a súa XIX edición e desvelou algunhas das novidades deste ano. O evento, que terá lugar do 17 ao 21 de maio, suma unha xornada de introdución previa ao Día das Letras e retoma os desfiles de chimpíns e os concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans. O director do festival, Alfonso Pato, sinalou onte na presentación \"como pratos fortes\" o coloquio na leira co cineasta Daniel Monzón, o concerto de Amparanoia e a apertura do certame, co primeiro capítulo da serie Rapa de Jorge Coira. Perto de 40 actividades Durante 4 días, terán lugar perto de 40 actividades, desde proxeccións até rutas, máis dunha vintena de concertos, exposicións ou coloquios. Recupera, ademais das proxeccións en casas, baixos e cubertos da aldea, que aumentan a súa capacidade, ou o Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso, a Noite Lasal dos videoclips que volve á praza do Concello do Porriño. A sección 'Furacans' do Festival de Cans aumenta a presenza feminina Ademais das obras a concurso, o Festival de Cans estreará Sinais Furtivos, unha retrospectiva das curtas de Margarita Ledo, que participará na proxección, algunhas, e que este ano recollerá o Premio Pedigree. Acompañarana na noite das homenaxes, Federico Pérez e Javier Tolentino, ademais dos veciños Alfonso González e Marisol Troncoso. As longametraxes Malencolía, de Alfonso Zarauza, Valentina, de Chelo Loureiro, e Un Blues para Teherán, de Javier Tolentino, son outras das proxeccións que se realizarán fóra da sección oficial e que contarán coa presenza dos realizadores. No caso de Javier Tolentino, tamén se verá no xurado de Furacáns e presentando o work in progress do seu novo filme Mar Rojo. Xunto a el, presentarán propostas Rafa de los Arcos, Noelia Muíño, Samuel Lema, Olga Osorio e Miguel Ángel Delgado. Diálogos, coloquios e correspondencias O director portugués João Nicolau, o mallorquino Daniel Monzón e os galegos Ignacio Vilar ou Alfonso Zarauza pasarán este ano tamén por Cans xunto a actores como Chechu Salgado e Tamar Novas ou as actrices Melania Cruz e Mabel Rivera. Tamén o farán realizadores e integrantes dos equipos das curtametraxes que participan na sección oficial desta edición. Margarita Ledo Andión levará o Pedigree de Honra 2022 do Festival de Cans Nicolau será o protagonista do foco internacional que inclúe a proxección previa ao certame das súas tres longametraxes no Centro Cultural do Porriño: A rosa e a espada, John From e Technoboss."}
{"ID": "NOS_27589", "summary": "O candidato á alcaldía, Rubén Cela, asegurou que a formación frentista \"temos claro\" que queren \"unha cidade onde as persoas sexan o primeiro\".", "text": "Na súa intervención nos almorzos de Forum Europa o candidato do BNG-AA á alcaldía de Compostela defendeu declarar a capital galega \"concello libre de despexos\". Neste senso, o nacionalista sinalou que a súa formación \"temos claro o que queremosunha cidade máis humana, onde as persoas sexan o primeiro e se poidan escoitar os nenos e as nenas xogando na rúa\". Entre as propostas defendidas por Cela debullou a aposta da organización frontista en eformular a actual política de vivenda, \"que pasa por entendela como un dereito básico e non un privilexio, salientou. Desde esta perspectiva advogou pola defensa desde o goberno local dos subministros de servizos básicosmunicipais a persoas e familias en situación de vulnerabilidade con tarifas sociais ou sen custo, así como a revisión das ordenanzas fiscais para aplicar criterios de progresividade. Asemade, propuxo impulsar unha oferta de vivenda protexida en réxime de alugueiro para as familias con menos recursos."}
{"ID": "PRAZA_941", "summary": "ENTREVISTA. Bota a andar o festival de curtas Redondela en Curto que se prolongará ata o domingo pola noite. Deber, do vigués Ángel Manzano é a película galega das 16 seleccionadas. Porén, tamén hai unha sección dedicada integramente ao cinema galego. Falamos co director do certame, Fernando Carreira para que nos desvele algunhas claves desta cita cinematográfica", "text": "Bota a andar o festival cinematográfico Redondela en Curto. A cita prolongarase ata o domingo pola noite con multitude de seccións e sesións que farán desta vila costeira o paraíso dos amantes do cinema e, en concreto, das curtas. A obra galega entre as 16 seleccionadas é Deber, do vigués Ángel Manzano, aínda que os asistentes poderán ver máis creacións chegadas desde Galicia na sección Cine Galego. O director do certame, Fernando Carreira cóntanos os pormenores da ineludible cita cultural desta fin de semana ¿Como nace a idea do Redondela en Curto? Pois Redondela en Curto nace hai 11 anos de unha xuntanza o concelleiro de cultura de aquela, Eduardo Reguera. El tiña ganas de facelo e como eu estaba no mundillo do audiovisual falou comigo e así foi a primeira edición. Pero claro, nós non pensamos que iamos chegar ata aquí. Ides xa pola undécima edición, Redondela é unha cita indispensable no mundo das curtas? Si, sen dúbida. A nivel nacional xa é unha cita consolidada, un festival potente e para nós é todo un orgullo e unha ledicia. Por que calquera galego debería achegarse a esta edición? Ben, iso é fácil. Pois primeiro porque a nivel nacional vai haber curtas que só van poder ver neste certame. Segundo, porque as dezaseis películas seleccionadas son as mellores a nivel nacional. Terceiro porque é unha cita co cinema nacional pero tamén co cinema galego. \"Un dos motivos polo que calquera debería vir ao Redondela en Curto é porque as dezaseis películas seleccionadas son as mellores a nivel nacional\" Vin por aí que tedes un cartel case que de Goyas… Pois si, case case, porque un gran número das curtas seleccionadas competían nos Goyas deste 2015 e iso para nós tamén é un orgullo enorme. Iso si, hai máis drama porque non sei o motivo, pero as curtas cómicas son complicadas de atopar. Hai dúas novidades este ano, a de Cine Galego e a de Curtísimas… Si, o ano pasado xa experimentamos con estas ideas. Este ano chegou moito cinema galego, bastante máis que en pasadas edicións, na selección final de 16 irá unha, porque claro, chegáronnos máis de 700, pero outras poderanse ver nesa sección de Cine Galego. E dentro de Curtísimas hai curtas moi curiosas que, aínda que non entran a concurso porque se pasaban da duración, proxéctanse porque son moi interesantes \"Este ano chegou moito cinema galego, na selección final de dezaseis só irá unha, pero as outras poderanse ver na sección de Cine Galego Unha das sesións chámase sesión golfa, o nome é provocativo… Si, non sei se porque o nome é provocativo pero é unha sección que se peta sempre. Aí é onde están as películas máis pintorescas e gamberras do festival. Esta sesión é todo un compromiso, se queres divertirte hai que ir si ou si. ¿Por qué decidistes facer tamén sesións nos bares? Porque é un xeito de incentivar o comercio na vila. De feito, este ano, a Asociación de Empresarios colabora con algúns agasallos que se distribuirán ente o público. É unha oportunidade para que moita xente que vén de fóra coñeza a vila e consuma nela. A sesión golfa é onde está as películas máis pintorescas do festival. Indispensable se queres divertirte O festival vai ser moi longo, oriéntanos un pouco, cales son as citas indispensables? A verdade é que eu non me perdería nada, as 16 películas son moi boas, e por iso as poñemos dúas veces, en pases diferentes para que, se alguén non pode ir a unha das sesións, vaia a outra. Escoitei que este ano vos subides ao carro dos selfies… Si, aproveitamos xa que está de moda, e tamén é unha maneira de incentivar ao público para que colabore a nivel fotográfico e espalle o nome do festival nas redes sociais. Para promovelo máis aínda, nesta cuestión haberá agasallos. \"Subímonos ao carro dos selfies porque é unha maneira de incentivar o público a que colabore\" Que opinión lle merece o cinema galego? Cada vez faise mellor. Das que nos chegaron a concurso eran todas boas. Ata agora chegábanos moito material de animación, este ano non temos ningún. Pero non hai dúbida de que o nivel do audiovisual galego sube cada ano. Está suficientemente promovido? Nunca é abondo. A nivel Galicia, calquera axuda é boa. Mesmo debería haber máis, especialmente para a xente que empeza de cero e tamén para a organización dos festivais, que, ao final, son un axente importante na promoción do sector. \"En Galicia deberían promoverse máis as axudas para quen empeza de cero no audiovisual e tamén para os festivais\" Que medidas tomaría para melloralo? O fundamental é a base, e a base son as escolas. En Galicia fan falta máis escolas de audiovisual para formar talento. Podería ser un sector estratéxico en Galicia? Claro que si, sen dúbida algunha. Grandes películas saíron de aquí e unha canteira importante de grandes autores. Os ingredientes témolos, falta facelo."}
{"ID": "NOS_56841", "summary": "Este distintivo, cuxo outorgamento aparece recollido no Diario Oficial da Galiza (DOG) desta quinta feira, implica o bo facer respecto a protección medioambiental.", "text": "Os concellos de Moaña e Porto do Son xa poden presumir de contar cun galardón ás súas políticas de coidado do medio ambiente. O Diario Oficial da Galiza (DOG) vén de premiar a estes dous municipios coa 'bandeira verde' como recoñecemento ao esforzo na protección da paisaxe e o medio. É a primeira vez que a Xunta concede esta distinción e, para chegar á decisión, o xurado que estudaba as candidaturas tivo en conta a labor feita polos concellos en catro ámbitos. En concreto analizouse a protección da paisaxe, as liñas respecto ao cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsábel de residuos e aquelas accións feitas e previstas a prol da sensibilización e comunicación á veciñanza. No entanto, o premio non quedará só como unha anécdota senón que, segundo fontes do Goberno galego, vai contabilizar a prol de Porto do Son e Moaña cando procuren distintas subvencións relacionadas co patrimonio natural. O país é o primeiro en ter un galardón destas características, que se suman a esas bandeiras azuis que ondean nas praias cada verán. Por outra banda, o DOG deu a coñecer a saída a información pública dos procedementos de rexistro de frondosas autóctonas dez montes situados no interior galego. Tres dos espazos pertencen a Folgoso do Courel, outros tres a Navia de Suarna e o resto están nas localidades de Baleira, Samos, Rubiá e Vilariño de Conso."}
{"ID": "NOS_6751", "summary": "En Pontevedra conmemorouse por primeira vez o Día da Galiza Mártir en territorio galego en 1977. Actos en Pontevedra, Poio, Lugo, Lourenzá ou A Coruña lembran nesta fin de semana ás vítimas da represión fascista que se iniciou en 1936.", "text": "Foi no exilio, na cidade de Bos Aires, onde a Irmandade Galega institúe o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir. Sería só no 2006 cando o Parlamento, recén derrotado o goberno do PP, aprobe unha iniciativa que lle daría carta institucional á conmemoración. Daquela xa concellos como os de Pontevedra e Poio e, en especial, asociacións e entidades de recuperación da memoria histórica levaban anos espallando a herdanza das vítimas da represión en actos e conmemoracións que se celebran arredor da data. Recollemos varias das homenaxes que se celebrarán ao longo desta fin de semana. Pontevedra, a cidade de Bóveda Foi en Pontevedra, no cemiterio de San Amaro no que foi enterrado Alexandre Bóveda onde se realizou o primeiro acto público na terra do día da Galiza Mártir, xa no 1977. En Pontevedra viviu Alexandre Bóveda até os derradeiros días da súa vida e nesta cidade desenvolveu boa parte da súa vida política, organizativa, laboral e persoal. No monte da Caeira, no concello veciño de Poio, foi asasinado aquel 17 de agosto de 1936 que pasaría a ser Día da Galiza Mártir. En Pontevedra e Poio desenvólvense actos en homenaxe a Bóveda e, canda el, a todos e todas as represaliadas despois do golpe militar. Será a xornada na que se lle entregue tamén a Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer o premio á Recuperación da Memoria Histórica promovido pola Fundación Alexandre Bóveda no marco dun xantar colectivo que, como cada ano, terá lugar despois do acto institucional na Caeira que comezará ás 12 da mañá e contará coa intervención do Presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, a Presidenta da AMHM ( Asociación Memoria Histórica Marín ) e membro da Iniciativa Galega pola Memoria, Enriqueta Otero, a filla de Bóveda e Vicepresidenta da FAB, Amalia Bóveda e o alcalde de Poio, Luciano Sobral. Despois da misa e o acto no cemiterio de San Amaro, a xornada rematará coa acto político na Praza de Curros Enríquez no que intervirán Eva Villaverde e Luís Bará, concelleiro de Pontevedra e promotor da recuperación da memoria desde a Xunta no seu tempo de Director Xeral de Cultura. Homenaxe ás vítimas en Lourenzá En Lourenzá, descubrirase unha placa de homenaxe ás persoas represaliadas, despois da celebración dun acto de lembranza que terá lugar na Praza do Conde Santo, ás 13 horas o propio día 17 de agosto. Os actos están organizados polo BNG e a súa responsábel local, Ana Ermida defendeu a herdanza de \"todas as persoas que deron o mellor das súas vidas, que foron perseguidas, sinaladas, estigmatizadas e, nalgún caso, asasinadas na defensa dos ideais antifascistas, que loitaron pola liberdade e pola xustiza\". Fan pública a listaxe dos nomes das persoas que padeceron a represión fascista entre as que se atopan o guerrilleiro antifranquista Luís Trigo Chao, o Gardarríos, e a súa compañeira Antonia Díaz, abatidos o 24 de xullo de 1948, a corporación municipal destituída ou o propio Fernández del Riego, detido sen proceso xudicial e apartado do seu traballo como profesor universitario. Lembranza dos Mártires de San Pedro de Nós en Oleiros Desde hai 18 anos, a parroquia de Nós, Oleiros, acolle o acto organizado pola Asemblea Local do BNG xunto coa a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Sociocultural Vieiros, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica ou Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada. O acto terá lugar na Praza da Liberdade, na casa do Pobo de Nós, unha edificación construída pola Asociación Veciñal \"Os Rueiros\" despois da ditadura, seguindo o legado de persoas como Xaquín Taboada, fusilado en 1937, quecomezara a erguer no 1932 unha casa que sería incautada no 1936. Isabel Risco, Mini e Mero, Bieito Lobeira, Valentín García Bóveda e máis descendentes de persoas que padeceron a represión participarán no acto que terá lugar a segunda feira 18 de agosto ás 20.30 do serán. A Represión de 5.000 persoas de Lugo Familiares de represaliados están convidados a participar no acto que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo desenvolve a segunda feira e no que homenaxeará aos preto de e 5.000 lucenses represaliados polo franquismo na provincia. O acto terá lugar diante do Museo Provincial de Lugo e nel está prevista a intervención do escritor Xosé Miranda, o responsábel da área de Cultura da Deputación Mario Outeiro e Ernesto Vázquez-Rey, da Fundación Alexandre Bóveda. A Deputación de Lugo institucionalizou o pasado ano o Día da Galiza Mártir cun acto de recoñecemento ás vítimas. O obxectivo é \"consolidar unha iniciativa que pretende honrar a todos os homes e mulleres que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen a liberdade, os valores democráticos e os dereitos nacionais de Galiza\", sinalou Mario Outeiro. Ofrenda floral na Coruña O movemento asociativo continúa a ser fundamental na recuperación da memoria histórica galega e, neste sentido, tamén nos arredores deste 17 de agosto son varios os actos que conmemoran ás vítimas da represión por parte de asociacións e entidades cívicas. Entre elas, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o sábado 16 de agosto un acto central de homenaxe a Alexandre Bóveda no paseo que leva o seu nome na zona de Catro Camiños e que terá lugar ás 12:horas. Haberá intervención institucional e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo de Xosé M. Sánchez Rei, presidente da asociación."}
{"ID": "NOS_11405", "summary": "Finiquitar o envío masivo de papeletas ás casas suporía aforrar 50 millóns de euros, afirma Ana Pontón, que lembra que o Bloque xa aplicou esta medida nos últimos procesos electorais.", "text": "Suprimir o mailing e garantir debates nos que teñan voz todas as forzas políticas que concorren por Galiza son as dúas propostas que esta segunda feira puxo sobre a mesa a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en relación coas eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. Os nacionalistas entende que é posíbel aforrar cartos públicos na campaña electoral, propoñendo ás forzas estatais que dean o paso que o BNG deu hai varios comicios: suprimir o envío masivo de papeletas ás casas, máis coñecido como mailing. \"É unha medida que nos permite aforrar 50 millóns de euros e, ao mesmo tempo, gañar en democracia\", subliñou Ana Pontón, \"un aforro real e inmediato de cartos públicos que só require que as forzas políticas estatais deixen de marear e pasen aos feitos\". Lembrou que o Bloque xa aplicou esta medida nos últimos procesos electorais dos comicios europeos, municipais e estatais. \"Manteremos o mesmo criterio o 26X\", indicou. Neste sentido, anunciou que, \"unha vez máis\", o BNG vai facer unha campaña \"austera\", sen pedir financiamento á banca, de novo co esforzo e co traballo da militancia e dos e das simpatizantes. \"Unha fortaleza da que estamos moi orgullosos e da que presumimos\". Debate Pontón tamén anunciou que o BNG vai solicitar debates nos medios de comunicación públicos entre todas as forzas que concorren ás eleccións do 26X nas circunscricións de Galiza. \"Queremos saber se ao señor Feijóo lle aburren e lle cansan os debates, como a Rajoy, ou se está disposto a dar a cara\", indicou, ao tempo que dixo confiar en que a CRTVG \"xogue o papel\" que lle corresponde \"e favoreza estes debates cun formato e un horario de máxima audiencia\". A cidadanía \"ten dereito a ver debater na televisión aos máximos responsables políticos, escoitar e valorar os proxectos de cada partido e decidir desde a liberdade e desde a información\". A preguntas dos xornalistas, Pontón evitou valorar as divisións en relación a En Marea, que atribuíu ás dificultades de casar intereses cando as alianzas son con forzas políticas que teñen o seu centro de decisión en Madrid. \"No BNG temos moi claro que é moi difícil que os intereses das forzas políticas de ámbito estatal coincidan cos intereses das forzas que defendemos unha alternativa nacionalista de futuro para este país\"."}
{"ID": "NOS_38951", "summary": "Malia que os contaxios nas residencias de maiores están nun dos momentos baixos e continúa a campaña de vacinación, a Consellaría de Política Social informou hoxe do incremento de enfermas nas instalacións de Vimianzo. Onte comunicouse o pasamento de dúas usuarias do centro.", "text": "Neste momento hai 225 persoas relacionadas cos centros residenciais galegos infectadas polo coronavirus. É unha das cifras máis baixas dos últimos meses e o certo é que a Xunta comezou a campaña de vacinación polas mesmas infraestruturas, mais ningún espazo está libre de sufrir un novo surto da Covid-19. No balance desta terza feira da Consellaría de Política Social amósase que a residencia DomusVi de Vimianzo xa conta con 38 residentes e 9 traballadoras que deron positivo polo virus. Se ben é certo que o cómputo das persoas contaxiadas nestes espazos baixou en catro en un día, até quedar nas 113, hoxe incorporáronse novas enfermas ao listado de Vimianzo, quer entre o cadro de persoal, quer entre as usuarias. Dáse a circunstancia de que onte mesmo se daba a coñecer o falecemento de dúas persoas vinculadas con esta infraestrutura xestionada por DomusVi, unha empresa que non estivo exenta da polémica polo coidado aos maiores da Galiza desde que comezou a pandemia. De feito, neste momento na DomusVi de Vigo tamén hai unha pequena parte de persoas afectadas. En concreto, son cinco. Porén, despois de Vimianzo, en número de afectadas están a CRAPD Vigo II (12); a Saleta de San Cristovo de Cea (12); a Moledo de Vigo (11) e o xeriátrico de Vilaboa (8). Así mesmo, na residencia Monte Tecla da Guarda hai seis casos positivos. Tanto a San Bartolomeu de Xove como a Vila do Conde de Gondomar teñen catro contaxiadas mentres que o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo ten 4. Na San Antonio de Beariz e na Soremay de Pontevedra permanecen dous doentes, respectivamente. Por último informouse dun caso nos centros Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, Servisenior de Brión, San Salvador de Guntín e na residencia de Covelo. No que respecta aos cadros de persoal, hai 112 operarias e operarios infectados. Neste caso, o liderado é para a residencia de Vilaboa con 10 traballadoras en corentena, seguida da DomusVi de Vimianzo con 9. Na DomusVi Ribadumia, no centro Asilo de Vilalba e na Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, Política Social sigue contabilizando 8 positivos."}
{"ID": "NOS_650", "summary": "A vaga de mobilizacións do agro galego ou o acoso sexual en espazos públicos son temas que debullamos neste nº160, no que entrevistamos o compositor de música culta Paulino Pereiro e dialogan 2 poetas cabo-verdianos. Xa na nosa loxa.", "text": "Máis un número do Sermos Galiza, o 160, recén saído do forno. ´Rebelión na granxa galega' titulamos o Tema da Semana. O agro galego emprendeu este verán, farto do insostíbel da súa situación e do desleixo de Xunta e Estado, unha vaga de mobilizacións que ameaza con se estender, con maior contundencia, ao mes de setembro. Falamos con gandeiros, sindicalistas e coñecedores do sector para ter as chaves que nos permitan entender como se chegou a este escenario e que camiño habería que tomar para saírmos del. 'Ter ou non ter grupo parlamentar no Congreso'. A Declaración de Conxo pon o acento na necesidade de Galiza estar representada cun grupo parlamentar soberano no Congreso, mentres que o I Encontro por unha Marea Galega elude o asunto nas súas conclusións. 'O acoso sexual na rúa, a violencia invisíbel non recoñecida'. É unha reportaxe a dupla páxina. Piropos, tocamentos, miradas… o acoso sexual en espazos públicos é unha das formas de violencia máis comúns que sofren as mulleres cada día e representa a forma de violencia sexual culturalmente máis normalizada. En 'Plan Ferrol: crónica dun fracaso' contamos como o Ministerio de Industria deixa sen investir 45,7 millóns de euros na reindustrialización da comarca de Ferrolterra. Unha reportaxe que completamos cunha entrevista a Cristóbal Dobarro, presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal. \"Ferrolterra é a única comarca do Estado que, após apresentar proxectos, ficou excluída dos empréstimos do Minetur\". Novo Hospital de Vigo e música galega en Albania Poucas semanas despois da súa apertura, o novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo non deixa de acumular críticas e denuncias, que desembocarán nunha nova manifestación o próximo 3 de setembro. O centro sanitario emprende estes días o traslado de doentes desde os cinco hospitais públicos que ficarán pechados ou adelgazados após a operación. Tratamos a fondo este tema en 'A polémica marca a apertura do novo hospital de Vigo'. O compositor Paulino Pereiro (A Coruña, 1957) vén de triunfar en Durres, a segunda cidade en importancia de Albania, coa música de cámara galega. Fíxoo sen apoio ningún por parte da Consellaría de Cultura. Entrevistámolo neste #Sermos160; \"A Xunta non ten o menor interese en presentar a música de cámara galega polo mundo adiante\". Na sección Viaxes na Miña Terra percorremos a costa de Foz da man do colectivo Xea. En 'Dois cabo-verdianos dialogarem sobre linguagens e culturas' danse cita Arnaldo Carlos de Vasconcelos e Corsino António Fortes. A falla de medios humanos e materiais nos centros de atención a dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña tamén é tratado neste número. Na sección de Internacional, debullamos a crise China e as súas repercusións. Na crítica de cinema, 'Notorious', de Hichtcock. \"Lembro sobre todo o mítico bico apaixonado que dá con Cary Grant e que me deixou marcado para sempre, como a moitos/as, supoño. De feito foi por mor da estrita censura do código Hays, que impedía que un bico durara máis de tres segundos, polo que acabou pasando á historia\", escrebe o crítico Andrés Castro E na crítica de libros, 'A galera de Xelmírez': \"Os pobos colonizados adoitan ter unha relación peculiar coa novela histórica, unha relación que se basea frecuentemente na necesidade de impugnar un discurso historiográfico (o da metrópole) que acostuma ser unha parte máis da súa dominación. Neste sentido, a narrativa, como xénero literario. trata moitas veces de suplir os aspectos que caracterizan unha Historia contada cunha perspectiva allea\", explica Mario Regueira. DK E na contra-capa, 'O derradeiro baile de guerra', sobre o último concerto de Das Kapital o vindeiro 4 de setembro. \"Das Kapital detonou hai 5 anos contra o relato asumido e foi unha onda expansiva para derrumbar toda esperanza. \"A esperanza é a desculpa dos negros covardes para non facer nada agora\" aclaraba un graffitti no Detroit que ardía en disturbios rabiosos a finais dos 60. Revolta\". E, ademais, as colaboracións e artigos de Xavier Queipo, Luz Darriba, a columna da AELG que desta quenda toca a Monolo Portas, os cadriños de Nachortas e Tokio, a semana en imaxes..."}
{"ID": "NOS_39531", "summary": "Critican as maneiras que ten a empresa e solicitan que se constitúa de novo a mesa de traballo no Ministerio.", "text": "Traballadoras e traballadores de Endesa nas Pontes, xunto á veciñanza da localidade, concentráronse ás portas da central térmica para protestar polo que cualifican de \"situación de falta de información\" que padecen estes días. Alberte Amado, desde o comité de empresa, explica a Sermos Galiza que comezaron a acción ás 7 horas da mañá desta quinta feira e teñen previsto rematar cara as 18 horas \"para asistir á manifestación de Ferrol\". A marcha que se realizou o pasado 16 de outubro cara Madrid e a posterior manifestación diante do Congreso polo de agora non tivo ningún resultado, segundo explican desde o comité. \"A información que nos chega é toda a través dos medios de comunicación e non houbo ningún contacto coas forzas sindicais por parte do Ministerio\". Desde o comité de empresa afirman que as poucas novas que lles chegan confirman que \"é urxente que se se constitúa de novo unha mesa de traballo no Ministerio para facer un proceso dunha maneira regulada e ordenada, falando das probas e de minimizar o impacto medioambiental\"."}
{"ID": "NOS_15650", "summary": "Comeza maio, mes en que ten lugar a festa homónima que celebra a fin do inverno e a chegada da primavera e dun florecer que acabará dando sementes, e rexeneración. Tempo en que se conmemora a Árbore da Vida, coas raíces na terra e as pólas á luz. Recuperamos a orixe dos Maios.", "text": "Tras as xanelas e as portas do confinamento coronavinario, o ciclo astral ensina o primaveral maio. Atrás queda o canto do cuco, o orneo dos burros, onde os haxa; os merlos e as andoriñas a ir e vir e a construír o seu niño... Mes cos seus recendos a cinamomo e caravel, que celebra as flores como símbolo do futuro froito e conseguintemente de novas sementes, alimento e remedio. Maio das árbores floridas, como ben estudou Vicente Risco e os seus seguidores, entón tamén da celebración da Santa Cruz, como \"arbor una nobilis\", Árbore de Redención que di que é a cristiandade. Mes pois de diálogo cos espíritos vexetais, representados na cultura celta e centroeuropea pola divindade do Cernununs, o cervo coroado de ramas, como deus-árbore, \"greenman\" para os mitólogos ingleses, tan simbolizado na Arte Galega, se o buscamos. Tempo propicio aos bardos, aos trobeiros medievais, aos poetas, ás virxes e ás santas. Mes dos rosarios e das ladaíñas, dos xogos florais, da mocidade, das manifestacións e das revolucións, isto é: de canto implica renovación. Na Galiza é mes no que tamén floreen tradicións antigas Mes de Maio que no almanaque pon remate aos meses con letra \"r\", os tan recomendados na sabedoría popular para xantar lamprea e mariscos. Con tres primeiros días moi celebrados nas urbes, máis que nun mundo rural no que ten orixe e significación, cousas que sempre pasan, xa que ao fin e ao cabo a urbe nútrese da aldea. Na Galiza é mes no que tamén florecen tradicións antigas, as máis romanas, ensarilladas entre herdos célticos que cristianizados pasan e adórnanse no medievo, reiterando a cruz por medio. O luminoso e primaveral Beltaine Maio que para os celtas e celtiberos, de tantas tradicións indoeuropeas, zoroastristas, xunto co novembro do Samaín repartía o almanaque anual en dous períodos: o da Luz e o das Tebras, esa permanente dialéctica na esencia da identidade galega. Maio celta que abre as súas calendas coa festa dedicada ao seu deus Beltaine, Belenus ou Cetsamain, nome do que non se filia proba arqueolóxica nunha Galiza fondamente romanizada e cristianizada, quizais poida que figurado nesas tarascas aínda non interpretadas. Aínda que pola contra abondan topónimos co prefixo bel- que alguén levado pola súa celtofilia poda interpretar inicialmente coa exóticas divindade desaparecida. Deus solar, do lume pois, que na centroeuropa romanizada ten a súa equivalencia co romano Maius Xupiter, o máis grande deus, o que goberna o ceo e os fenómenos atmosféricos. Mesmo en algunhas zonas, como na Galia, tan en relación con Galiza, venerábase unha divindade feminina Belisena, equiparábel á deusa grega Maia, nai de Hermes, a maior das fillas de Atlas e Pleione, as sete Pléiades identificadas con esa constelación estelar que asoma neste tempo que os mariñeiros dicían propicio ás navegacións. En Roma deusa da primavera, Maia Maiestas, a deusa maxestade asociada ás vestais, ás do culto ás flores e ao lume. Maio no que se celebra a vida, a fecundidade, no que puido enxalzar tamén as enigmáticas \"Matres galaicas\", señoras da fartura, nomeadas nalgún epígrafe da Antigüidade como o dun tal Tito Fraterno, segundo recolle a Historia de Galicia de Verea y Aguilar 1852, epíteto local ao que lle dan voltas os historiadores e os antropólogos, ao que lle dan voltas por canto implica de matriarcado antigo. A desaparecida noite de Walpurgis Deuses máis celebrados na derradeira noite de abril, a que abre as calendas de maio, coñecida no mundo de herdos célticos-centroeuropeos como a noite de Walpurgis, popularizada por Goethe no seu Fausto. Na Galiza perdéronse os ritos desa noite, coñécense os de acender fogueiras na cima de outeiros considerados \"sacros\", tempo no que os mozos daban voltas arredor das leiras portando erguidos fachóns de lume, entre outros ritos de fecundidade. Dende a Maía a Noia veñense recuperando nesta noite as fogueiras do Lumapán, lume, frores e froitos. Festa moi celebrada nesa Irlanda avivadora das súas tradicións celtas, especialmente nos outeiros de Uisneach, condado Westmeath, santuario en relación co de Tara no Condado de Meath, o sitio sagrado da Pedra do Destino, este vencellado ao poder real e ás festas de Samaín, mentres que Uisneach estaba en relación co poder espiritual, como couto ou embigo, axis mundi que era para os clans, santuario do culto ao lume que a arqueoloxía asocia con Beltene, entón coas festas de maio. Sitios sagrados onde reforzar as tribos, como proba a abundancia nestes lugares de monumentos megalíticos, de pozos, de pedras asociadas coa \"cama\", en Erín do cristianizador San Patricio. Beltene con prefixo belt- en relación ao deus Bel e o sufixo -tene en alusión ao lume. Festa pois noutrora, e como tantas, con orixe naquelas tradicións do lume e das fogueiras, co mesmo senso que para a Igrexa ten o lume de Pascua ou o San Xoán, de renovación e comezo dun novo tempo, de luz e calor. Festas nas que os druídas tiñan o papel de acender a maxia do lume, facendo pasar o gando e as pertenzas entre as labaradas, como un xeito de purificación fronte ás epidemias. Coa mesma equivalencia que tiñan as saunas nas entradas dos castros, esas \"pedras fermosas\" nas que interaccionan os catro elementos en ritos hixiénicos e de purificación. Irlanda, como Galiza, é un pobo en que perdura esa tradición de celebrar esta conmemoración arredor do lume, se ben na Galiza reconvertidos en sesións de pirotecnia e máis modernamente en videoproxeccións. Maios, festa da árbore florida Celebracións polas que sempre asoman os herdos orientais asentados no mundo celta, entre eles os zoroastristas, en relación co lume que significa luz, purificación... pero as fogueiras do maio perdéronse. Si se avivaron as do San Xoán e as dos Magostos. Namentres perduran nos primeiros días de maio os ritos do culto ás flores e a árbore, como celebración da Santa Cruz e das cruces florais, asociadas aos maios, esas construcións forais sobre complicados armazóns de madeira e arame, monecos, mesmo nenos ou mozos \"vestidos\" de flores e de temas diversos, inicialmente os identitarios, para portalos sobre angarellas en procesión, entre comparsas que pasean de porta en porta, con ramos, \"crocas dos meus castiñeiros\" (canta Curros) e allos porros... cantando retranqueiras coplas, sátiras, os variados cantares de maio... velaquí a orixe das batallas de flores e pétalos, as que co tempo pasaron a ser de papel e confetti... entre cintas e tantos outros elementos comerciais. Tradicións, liturxias reconvertidas ao longo da historia polos reinos da cristiandade, as que, entre tantas cousas, se espallarán e incluso mellorarán en terras conquistadas ao Islam. Sábeno ben os etnoarqueólogos. Costumes que reportan preparar os escenarios e elementos da festa, como erguer no centro a arbore adornada, o Maio Rei, con sona o de Laza, adornar portas e xanelas das casas con ramos, flores, fiúncho, romeu, cinamomo... o fiúncho tan usado para rúas e pisos das igrexas... complementadas con danzas a toque e bater de garabullos, entre ramallos e arcos florais baixo o que pasan os danzantes mozos. A flor como símbolo de mocidade, entre costumes que se repiten no Nadal con novas fórmulas decorativas."}
{"ID": "NOS_13983", "summary": "A renuncia prodúcese a raíz dun caso de corrupción que salpica a primeira ministra (unionista) e abre as portas a unhas novas eleccións nos seis condados da illa baixo soberanía británica.", "text": "Martin McGuinnes, Sinn Féin, renuncia ao cargo de viceprimeiro ministro de Irlanda do Norte, unha decisión adoptada a raíz do escándalo de corrupción que atinxe á ministra principal, Arlane Foster, do unionista DUP. A demisión do republicano sitúa os seis condados de Irlanda baixo soberanía británica na liña de saída para unhas novas eleccións. O certo é que a renuncia de McGuinnes era un paso que se vía vir. O líder do Sinn Féin, Gerry Adams, advertía este mesmo domingo que os republicanos irlandeses non ían consentir que a primeira ministra do Ulster continuase no seu cargo durante a investigación sobre o escándalo de suposta corrupción na xestión do RHI, que lle afectaba a ela. Unhas irregularidades por valor de perto de 500 millóns de euros. O Sinn Féin advertira que ían ser \"intransixentes\" sobre a corrupción, \"tanto no sur como no norte\" da Illa. Este partido avogaba porque a primeira ministra dese un paso atrás de deixase o cargo temporalmente durante a investigación sobre o escándalo RHI entendendo que Foster estaba nun \"claro conflito de intereses\". \"O pobo exixe accións claras e render contas\" neste asunto, afirma MacGuinnes, algo que o DUP e Foster non fixeron. Por iso a renuncia ao cargo."}
{"ID": "PRAZA_15307", "summary": "O borrador da lei educativa situaría o galego como materia \"de especialidade\", por baixo das troncais e das específicas e permitiría que se impartise tan só unha hora á semana e obter o título de ESO sen demostrar competencia nel. O ministro de Educación nega que se ataque o modelo catalán.", "text": "O borrador da reforma educativa dá a volta aos diferentes modelos lingüísticos educativos no conxunto do Estado. A nova normativa que impulsa o Goberno, e que será discutida coas autonomías este martes na conferencia sectorial, supón un ataque directo ao sistema catalán, pero leva por diante tamén os principios doutros modelos, malia a súa febleza na normalización das linguas cooficiais. O galego é un caso. Así, o borrador da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) situará o galego nunha situación aínda máis residual. Segundo este texto, as materias en Primaria dividiranse en troncais, específicas e de especialidade. As primeiras ocuparían un mínimo do 50% do horario lectivo, mentres que as segundas conformarían, como máximo, o 50% do horario. No caso das de especialidade, non se asigna un tempo mínimo. O galego converteríase en materia \"de especialidade\", polo que un centro podería optar por impartilo tan só unha hora á semana É precisamente neste último bloque onde se situarían as linguas cooficiais e, xa que logo, as materias específicas de galego, por debaixo en importancia do castelán e da primeira lingua estranxeira (troncais) e tamén da segunda lingua estranxeira, que é considerada materia específica. E que suporía iso? Segundo advirte a Generalitat, que haxa centros que poidan determinar que ao ensino da lingua propia de cada autonomía tan só se lle dedique unha hora á semana. O galego, obviamente, estaría tamén nesta situación. Os alumnos poderían obter o título de ESO sen examinarse de galego Na ESO a situación sería semellante. As materias tamén se dividen en troncais, específicas e de especialidade, quedando o galego neste último bloque. Neste caso, os alumnos poderían obter o título de ESO sen demostrar o seu coñecemento da lingua galega, xa que na reválida imposta polo Goberno tan só se esixe examinarse dunha das materias do bloque de especialidades, polo que os rapaces poderán escoller entre o galego ou calquera outra materia. Por outra banda, o borrador obriga as autonomías con lingua propia a garantir \"en todas as etapas educativas obrigatorias que as linguas cooficiais sexan ofrecidas nas distintas materias en proporcións equilibradas no número de horas lectivas\". No caso de non ser así, as comunidades deberán ofrecer aos pais a posibilidade de \"escoller a lingua vehicular\" e, no caso de que non haxa oferta na escola pública ou concertada, os gobernos autonómicos terán que \"sufrgar os gastos de escolarización en centros privados\". O Estado permitiría un trato \"diferenciado\" ao galego pero \"nunha proporción razoable\"; se non é así, pagaralle a educación en castelán aos nenos en centros privados O borrador admite que se dea \"un trato diferenciado á lingua cooficial respecto do castelán nunha proporción razoable\" e sempre que \"poida supor a exclusión do castelán\". Se o fixese, terá que ofrecer alternativas, que non son outras que pagarlle a educación privada aos nenos para que estuden no idioma vehicular que lles pete. A falta de concreción en canto ás \"proporcións equilibradas e razoables\" abre a porta a que as familias que esixan unha educación en castelán poidan optar á escolarización privada gratuíta sufragada polo Estado. A norma está dirixida claramente a eliminar o modelo de inmersión lingüística catalán, pero provoca unha chea de dúbidas arredor doutros sistemas como o galego. Que proporción lingüística é considerada \"equilibrada e razoable\"? Pagaráselle a escola privada e en galego a unha familia que reclame unha maior presenza da lingua propia na escola? Cantos centros privados aseguran unha proporcionada presenza do galego no seu currículo escolar? Conferencia sectorial Polo momento, a Generalitat xa vén de anunciar que é \"inimaxinable\" aplicar a pretendida de reforma do ministro Wert en Cataluña, mentres que os sindicatos e a oposición xa se puxeron do lado do Govern, que ameaza cun recurso ao Constitucional se se rompe co modelo instaurado na escola catalá desde hai décadas. Na conferencia sectorial, a consellera Irene Rigaou plantou o ministro e abandonou a xuntanza. Logo, tras a reunión, o ministro de Educación, José Ignación Wert, asegurou que non hai \"ningún elemento que minusvalore a lingua catalá\". \"Díxose que o que se propón neste anteproxecto vai contra a inmersión lingüística. É falso\", asegurou, tras aclarar que o texto \"di o mesmo que a xurisprudencia do Constitucional e o Supremo sobre a inmersión: o catalán pode ser utilizado en proporción superior á do castelán, pero non pode supor a exclusión do castelán ou a súa expresión nominal ou de aparencia. A partir de aí, o que é novidade é que se establece un mecanismo para o castelán vehicular para que ese dereito non quede como unha simple declaración\". Wert insistiu: \"É falso que se ataque o catalán. Nin se diminúe o uso do catalán nin se inclúe calquera elemento de minusvaloración do catalán no ensino, senón que se establece a paridade coa lingua castelá. Utilízase como unha ferramenta política. Non me considero ofendido, pero unha boa parte das comunidades expresaron o seu malestar porque a representante de Catalunya non expresou os argumentos das demais comunidades\". Ademais, Wert asegurou que a lingua cooficial \"ten o mesmo rrango de avaliación que o castelán, dámoslle a importancia da troncalidade\", malia que no borrador as materias en galego, éuscaro ou catalán son consideradas \"de especialidade\". O ministro recoñeceu que houbo comunidades que expresaron a súa desconformidade coa reforma, pero non quixo concretar cales. Wert convocará unha nova conferencia sectorial para o día 19 ante as duras críticas de varias autonomías."}
{"ID": "NOS_7486", "summary": "O Cuarteto Caramuxo semella buscar moito máis a experimentación cos sons, coas estruturas, ver ata onde poden chegar. Mais sen esquecer a esencia dos primeiros tempos.", "text": "Reviravoltas é o terceiro traballo discográfico de Cuarteto Caramuxo. Este cuarteto que tecnicamente non é un cuarteto está formado por catro clarinetes (Felipe Agell, Xoan Carlos Váquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu), acordeón (Marcos Padrón) e percusións (Xulia Feixoo). Reviravoltas / Cuarteto Caramuxo / Nakra / 2021 / Nove pezas / 10 euros O primeiro disco fora un absoluto boom na música galega, eu estivera enganchadísima. Supoño que era difícil non engancharse, a potencia do clarinete baixo e de todo aquilo que soaba tan ben empastadiño non deixaba indiferente a ninguén. Aquel CD puña o protagonismo máis nas melodías, e os arranxos eran moi aditivos: conseguiran a fórmula máxica de Cuarteto Caramuxo. Neste terceiro traballo xa se nota unha maior madurez como grupo. Hai cambios: na formación, como a entrada da potente Xulia Feixoo ou a presenza de Marcos Padrón (jazzero empedernido, e o seu toque nótase). Tamén hai cambios na concepción. Neste Reviravoltas semella que buscan moito máis experimentar cos sons, coas estruturas, ver ata onde poden chegar. Pero non esquecen de todo a esencia dos primeiros tempos; exemplo diso é a peza \"Miña Prima\". No libreto do disco podemos ler: unha volta. A música non é só música. Outra volta. O clarinete non é só un instrumento. Reviravolta. Galiza existe porque existimos nós, e porque antes de nós existiron outras. (Se queredes seguir lendo o texto de Guillerme Inácio teredes que mercalo!). As colaboracións que atopamos son as de Mercedes Peón (que canta o coñecido tema \"De Seu\"), Marilú Campos (percusión miúda) e Jose A. Vilas (electrónica. Xa vos comentei que neste disco experimentaban moito, aínda que no segundo traballo xa abrían camiño). As melodías nas que se basearon son tradicionais, do Cancioneiro de Casto Sampedro. Deconstrúenas, reméxenas ao gusto e recréanse até o infinito. O deseño gráfico, coa técnica do collage, é de Macarena Montesinos e conecta co mar. Sempre me gustou moito esta técnica nos discos, dálle un toque surrealista que me encanta. Por moitas reviravoltas! É o día do patrón. No torreiro soa este pasodobre. As parellas beillan agarradas. A señora Basilia da Pereira, mentres terma da cunca, pensa: 'os fillos de miña filla, meus netos son. Os fillos de meu fillo, poden ser ou non'."}
{"ID": "NOS_25134", "summary": "Tamén galego e en versión subtitulada, A Esmorga estrease esta sexta feira en salas comerciais de Madrid, Catalunya, Euskadi, Pamplona e Palma de Mallorca.", "text": "Desde esta sexta feira, día 8 de maio, o filme de Ignacio Vilar que leva ás pantallas grandes a novela de Blanco Amor, A Esmorga (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG) poderase ver en cines comerciais de Madrid, Catalunya, Euskadi, Pamplona e Palma de Mallorca. A Esmorga atravesa as fronteiras do territorio galego co aval de máis de 60.000 entradas vendidas, 15 semanas en carteleira, 1 nominación aos Goya polo guión e 6 Premios Mestre Mateo. Para a estrea fóra da Galiza, a película acompáñase dunha campaña de promoción coa presenza do director, Ignacio Vilar, ademais dos actores protagonistas, Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán \"Morris\", que participaron nos actos que tiveron lugar en Madrid os días 29 e 30 de abril e o 5 de maio en Barcelona. Blanco Amor en español Ao tempo que o filme saía por vez primeira da Galiza, a Editorial Galaxia distribuía na súa Colección Mar Maior a tradución da novela de Blanco Amor en tradución ao español, nunha edición que conta cun limiar de Manuel Rivas, presente canda Pilar Sampil na presentación de Madrid. En Barcelona foi o escritor e representante de Galaxia, Francisco Castro o que se encargou da presentación do libro."}
{"ID": "NOS_8163", "summary": "'Hoxe en Verín, mañá pásache a ti', unha das consignas nestas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres.", "text": "Centos de persoas concentráronse na tarde desta cuarta feira nunha ducia de vilas e cidades galegas para visibilizar o rexeitamento social contra o peche do paridoiro e as urxencias pediátricas do Hospital de Verín. As protestas estaban convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres para denunciar a \"agresión institucional contra as mulleres de Verín\" que implican estes recortes adoptados polo Sergas. Compostela foi un dos escenarios escollidos pola convocatoria. Ducias de persoas déronse cita sobre as 20,00 horas na Praza 8 de Marzo, após unha pancarta nas que se lía 'Verín non se pecha. Recortar os dereitos das nais é violencia. Xunta culpábel'. As manifestantes entoaron cánticos e consignas como 'Hoxe en Verín, mañá pásache a ti' e 'Servizos públicos e de calidade' para reclamar á Xunta e ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que devolva aos veciños de Verín os servizos recortados no municipio. Tamén portaron carteis con frases como 'Matan o rural e máis sen hospital'. Imaxes como esta reproducíronse noutros tantos municipios, como A Coruña, Allariz, As Pontes, Betanzos, Celanova, Lalín, Lugo, Monforte, O Carballiño, Ourense, Vigo e na mesma Verín, punto central das protestas."}
{"ID": "NOS_34008", "summary": "Os paros de 24 horas decorrerán o 4,11, 15, 14 e 15 de setembro.", "text": "Semaf, o Sindicato de maquinistas e axudantes ferriviarios (Semaf), convoca catro xornadas de greve de 24 horas durante os días 4, 11, 14 e 15 de setembro, segundo fontes deste colectivo recollidas por axencias. O paro é a resposta ao estancamento da negociación do convenio colectivo e aos recortes e falla de medios humanos que,m segundo sindicatos, sofre o servizo. Algúns sindicatos, como é o caso de Comisións breiras, denuncian unha \"grave situación de falla de mantemento dos trens\" e cifran en 1.125 o mínimo de empregad@s máis que se precisarían. Unha denuncia que tamén se fai desde a CGT, sindicato que lembra que o ferrocarril público español é o que conta cun número máis baixo de ferroviarios, con respecto ao resto de ferrocarrís, tanto en número de traballadores por quilómetro de liña, como por millón de habitantes."}
{"ID": "PRAZA_2434", "summary": "Susana Sánchez Arins apressentou na Ciranda, em Santiago, o seu novo livro, seique. Uma história descarnada da repressão franquista, contada desde o lado da família dos vitimários.", "text": "seique, o novo livro de Susana Sánchez Arins, é uma história familiar. E, além disso, uma microhistória da repressão. Un relato descarnado da brutalidade franquista. Contado, por uma vez, desde o lado da família dos vitimários. Sem concessão. Com toda a dureza. seique (Através editora) reflexiona sobre o jeito em que a história se desescreve. Sobre a violência. Sobre a repressão fascista que ficou agachada por exercer-se no ámbito familiar próprio e, subretudo, contra as mulheres. E sobre a necessidade de reivindicar que quem caussou tanto dano não têm direito ao anonimato. Mesmo que seja da família de uma. Porque de nada serve o silêncio. Quando começas a ler parece só um relato de história familiar. Mas é mais do que isso. Um livro ademais muito valente, por tratar-se da tua própria família, que poderia incomodar-se, e muito. Poderia passar, sim. Bom, eu sou da família indireta, e nem sequer conhecim o tio Manuel, polo que não sinto essa empatia ou pudor familiar. A valentia aí não é tanta. E sim, aos descendentes diretos pode incomodá-los, suponho. Mas acho que também têm que falar as famílias dos vitimários. Não podem ficar caladas para sempre, nem guardar informações que podem ajudar às descendentes das vítimas. Porque há que dar um passo adiante e resolver o tema da memória histórica. Não pode ser que só falem as famílias das vítimas, e sempre com medo de incomodar. O único que encontraste escrito sobre ele é que foi presidente da Câmara. Reconstruiste a história, então, com fontes orais. O que conhecia era a história oral porque é a história da família, com as suas lacunas e silêncios. Fui atando cabos e a história incompleta aumentou a minha curiosidade. Sobretudo quando soube do caso dos desenterrados no Curro. Pensei que este meu parente pudera ter que ver, porque a casa familiar estava muito perto, de caminho entre as casas dos passeados e o lugar em que foram assassinados. O meu plano era escrever este livro partindo de fontes documentais. Mas a surpresa foi outra: não havia absolutamente nada escrito. Nem em livros, nem em arquivos, nem em imprensa. Falei com historiadores, reviram as suas notas, e nada. Tinha, por isso, dúvidas porque, como ia escrever a história sem as provas que \"oficialmente\" são exigidas? E, claro, o que me passava a mim é um reflexo do problema que temos para escrever a história da repressão na Galiza. Isto acontece em cada recanto do país no que há alguém a querer saber da guerra e dos anos da fome. Explicas no livro, ademais, que não querias que ficasse no anonimato alguém como o tio Manuel, que causou tanta dor. A história familiar apresentava-o como responsável por situações muito duras, mas sempre dentro da casa, com a parentela. Ao tempo, circulava uma cantilena repetida: E se fora assim de mau com a família, que não faria com os de fora? E isto levou-me a transpor a sua conduta não só fora da família, mas a outras comarcas. Não podia deixar de imaginar quantos haveria coma ele. Gente que fez tanto dano e que foi quem de agachá-lo. Quando fui aos arquivos da Falange, não encontrei nada. Porque os arquivos foram \"limpados\". Do ano 45 para atrás não há nada. E do 45 para diante qualquer pode escusar-se nisso dos tempos e as circunstâncias. Assim, comprovar como houve gente que teve o privilégio de ocultar a sua história de ruindade, enchia-me de raiva. Tiveram bom cuidado de não anotar, de queimar papeis, de furtar-nos a verdade... \"Quando fui aos arquivos da Falange, não encontrei nada. Porque os arquivos foram \"limpados\" Já dizes que não é só que escrevessem a história os vencedores... Porque não é só que escrevessem a história os vencedores, tal como se diz. Não é só que escrevessem a história dando a sua versão. É que a inescreveram, ocultando o que não lhes convinha e negando-lho ao futuro. Em 2016 serão 80 anos desde o golpe de 36. Nós pertencemos à terceira geração, e há muitas coisas que já não poderemos saber nunca. Muitas das testemunhas estão já mortas. E quando puderam falar, não foram quem, de tão machucadas. A história continua a ser-nos furtada nesta suposta democracia em que vivemos. Salientas, por outra parte, a força do agrarismo, do anarquismo, do sindicalismo em geral. A história do povo galego que lutou pelos seus direitos. Passara-me há anos, ao conhecer um livro que escreveu Xosé Carlos Garrido Couceiro sobre Manuel García Barros. Por esta obra soube do movimento agrarista na comarca de Taveirós. Eu tinha a ideia de que o da Estrada era um povo apoucado, de direitas, -é o que tem ler o mundo nas contas eleitorais- e dei-me conta de que na entrada do século XX lutara muito. Depois encontrei o mesmo no Salnés. A câmara municipal de Meis era também um espaço agrário fortemente sindicalizado. E havia canteiras, ademais de lavradores, o que afortalava o associacionismo operário. Agora trabalho na Arouça, e sei pelas investigações de Dionisio Pereira que o sindicalismo marinheiro era muito forte. A questão é que a repressão foi um genocídio programado contra a força enorme de um povo trabalhador que estava a lutar pelos seus direitos. Querem convencer-nos de que somos um povo dormido que preferiu emigrar que lutar. Mas não é verdade. \"A repressão foi um genocídio programado contra a força enorme de um povo trabalhador que estava a lutar pelos seus direitos\" Ao falar de repressão, salientas também o componente de género que tinha. Mulheres rapadas, violadas, passeadas nuas em público... A repressão teve essa dimensão de género, sim. Se vivesse a minha avó, provavelmente eu não poderia escrever este livro. Aliás a história foi saindo à luz quando os avôs morreram. A avó nunca se definiria como vítima da repressão. Mas para mim é um protótipo de mulher represada. Só que como pertencia a uma família poderosa, a repressão que sofreu ficou oculta dentro dos muros familiares. Quando é na casa que se exerce o poder fascista, não se considera que tenha conteúdo político. Já as mulheres implicadas politicamante são silenciadas, como as guerrilheiras, que reivindicou Aurora Marco e que também estão no meu livro, para mais as filhas de, as irmãs de, as esposas de. Sempre são reduzidas ao papel de parentes, mas é por esse papel parental que muitas, também, sufriram o indizível sem ser recolhidas como vítimas. O tio Manuel pudo fazer tanto dano à minha avó porque era a sua irmã e ninguém questionou o seus direitos sobre ela, nem sequer ela própria. E eu lembro a avó falar mal dos comunistas. E agora percebo que por trás das suas palavras estava toda a repressão vivida e a conduta franquista aprendida para sobreviver. Na tua família houve também, então, vítimas. Como as suas mulheres que casam do lado do \"bando\" que não devem. A avó Glória e a bisavó Elena. O avô Ramiro esteve no cárcere, segundo a história familiar porque tinha uma relação extramatrimonial cujo conhecimento o tio Manuel aproveitou, seique, para ir roubar na casa da mulher com que ele estava. O avô foi ao cárcere acusado de ladrão, diz, por não descobrir a senhora. Preferiu carregar com a culpa e abandonar a avó. O que me fez pensar é que se calhar nas casas eram inventadas histórias românticas, sarilhos de saias, para esconder a realidade. Se calhar foi ao cárcere por ser republicano. E a família preferia dizer que era ladrão e mulherengo a que era de esquerdas. Ou quem sabe, ao melhor aquela é a história certa. Mas isto é algo que não pudem comprovar, pois outra vez não encontrei papelada. O tio Manuel é um cacique de livro. O tio Pepe, o tio emigrante que parece tirado dos desenhos de Castelao. É uma coisa que me dava medo, que parecessem personagens, tipos, e não as pessoas que foram. O tio Manuel é um mau de livro, sim. Mas não é um mau inventado. Eu trabalho com os meus próprios recordos também e, claro, na nossa memória intervém a nossa formação, as nossas leituras, pudem ter deformado as suas figuras... Mas o que eu queria não era ficcionar a história, era contá-la como a vivemos. É possível parecem os tipos de Castelao, o qual não é intencionado, porque Castelao escreveu essa mesma época. Porque existiam pessoas assim nessa sociedade. \"O que eu queria não era ficcionar a história, era contá-la como a vivemos\" Quando falas de caciquismo, falas de escravatura. E acáe-lhe bem. É que eu acho que há muita relação. Essa maneira de destruir a consciência de um povo e convencê-lo da sua inferioridade, até da sua animalidade, como salientava Celso Fernández no lançamento do livro. As pessoas que descem dos escravos ainda hoje estão a recuperar-se dessa aprendizagem. É o mesmo modo de proceder do caciquismo e do fascismo. Todo o mundo é inferior a eles e tem que servi-los. Quando nos dizem que o galego é um povo fraco e apoucado, esquecem não só a repressão franquista mas a anterior: as caseiras, a redenção de foros... tudo o que suportaram as galegas. Por outra parte, a mim também me incomodava muito o do fascista bom, fascista mau. Tinhamos outro tio, o tio Ramom, alcunhado na família como o fascista bom porque não matou como, disque, o tio Manuel. E aí comparo com aquela ideia do escravagista bom que não malhava nos escravinhos e dava-lhes bem de jantar e deixava-os descansar os domingos. Mas sem nunca questionar o seu direito à propriedade, a possuir a liberdade de outrem. Porque o tio Ramom participou do mesmo regime de terror que o tio Manuel. E também tirou proveito desse regime. A violência vai tendo mais presença à medida que avança o livro. E, além da repressão, aponta a isso: a violência humana, que mistura as tendências individuais com as do sistema. Há muita violência no livro, mas a realidade foi mais brutal ainda. Está suavizada, não porque eu o decidisse mas por tê-la narrado partindo de fontes documentais, não orais. A Ramón Barreiro não lhe cortaram um dedo, como conto no livro. Cortavam-lhe um dedo cada dia, e escrevia notas para seus pais dizendo que estava vivo e que estava bem com os dedos que lhe restavam. E isto sei-no porque ainda não há dez dias que lho escutei contar à sua sobrinha Elena, que lho narra a Montse Fajardo no livro Un cesto de mazás. É tal a brutalidade da repressão, que me parece um insulto que os repressores tenham o direito de permanecer no anonimato. Eu não quis ser sádica nem exibicionista na exposição da violência, era uma cousa que me preocupava ao escrever e buscar o tom da narrativa, mas também não queria ocultar a realidade. Penso que há condicionantes que favorecem ou apagam a violência. Há gente que tem tendência ao mal, mas depende do entorno no que se desenvolve e constrói como pessoa fomentá-lo ou impedi-lo. Por isso é muito importante que haja sistemas democráticos, com as liberdades e direitos garantidos. Porque o que fazem os sistemas autoritarios e ditatoriais é facilitar que as pessoas ruins exerçam a ruindade. E isso passou com o tio Manuel. Pôde exercer no campo político a violência que exercia já contra a sua família. Uma democracia com liberdades, direitos e justiça garantidos pode conter a violência que todas as humanas levamos dentro. O franquismo deu-lhe o poder a quem levava dentro a brutalidade e a vontade de dominar as outras. \"O franquismo deu-lhe o poder a quem levava dentro a brutalidade e a vontade de dominar as outras\" A noiva é o navío, o teu livro anterior, é a historia duma viagem por mar. Mas parece, en realidade, uma metáfora da viagem que é a vida. a noiva e o navio é um livro que fala de amor e mar, como bem transparenta o título. Quigem fazer meu aquele tópico clâssico do Homo viator, mas centrado no amor e mudando os caminhos polas rotas marítimas. Porque se algo têm em comum o amor e o mar e que ámbos provocam dificuldades, medos, dúvidas, paixões e desamores. Mas em realidade essa foi a segunda escolha: a primeira foi lingüística. No começo o que quigem foi apropriar-me duma língua que me era desconhecida mas que é minha desde sempre, pois faz parte do património galego: a lingua marinheira, neste caso do Mar da Arouça. E o mar da Arouça reaparece em seique, no final, na parte mais rude e violenta, atravês dessas dornas que são tobos de fugidos e esse mar que vomita assassinados. A tripulação quer fazer uma carta nova de navegar, volver situar o mar e a terra. Buscar outro caminho. No teu primeiro livro contavas o processo de construção duma casa, e fazia-lo para reivindicar a possibilidade de um outro jeito de construír o futuro, individual e colectivo. quem sabe se [de]construçom não nasceu em realidade do que se conta no seique: esse arrancar a casa matriz a uma família. Lá falava da necessidade de contar com um porto refúgio, um lugar que simbolizasse isso: a construção de um futuro próprio. a noiva e o navio é a possibilidade duma travessia feita realidade. Se o primeiro livro pedia seguridade e firmeza, o segundo aposta polo risco e a aventura. Tes claro quem és e como és: busca o encontro com outros eu, mas de uma maneira nova. E aí a reflexão centrava-se nos conceptos de amor e de como socialmente estamos obrigadas a estabelecer as nossas relações sentimentais. A nossa sociedade só concebe como normal uma relaçom sentimental heterosexual, estável, de parelha e destinada à reprodução. Penso que uma aprendizagem bem inoculada durante o franquismo. A tripulação da minha dorna reivindica o seu direito a construir uma relação sentimental com normas próprias. O seique, pola sua parte, reclama a necessidade de saber dónde vimos, quais são as nossas raízes, e por isso as árvores, a madeira, têm presença. Mas também aparecem os carros de bois. Porque saber dónde ves é básico para saber que futuro queres oferecer às que venhem atrás. \"Em realidade quigem escrever a história que ninguém me aprendeu\" Pandora leva a culpa de todos os males. E a súa figura coneta-nos con aquiltadas, e tambén com o teu primeiro poemário, no que a preocupação pola mulher já estava presente: mulheres ignoradas, exploradas, humilhadas, represadas.. pero tamén mulheres fortes e rebeldes, \"da caste de mulheres indecentes\"). Pandora leva a culpa de todos os males na história oficial; no poema que eu lhe adico é uma mulher apaixonada que provoca um temporal para que o seu amante não vaia ao mar e volte à cama com ela. E sim, Pandora podia fazer parte das mulheres aquiltadas. Dediquei o meu primeiro livro às casas das que provenho (eiras, portaris, arines) e caim na conta de que faltava uma, porque uma das minhas avós não tem casa nomeada. A minha bisavó era lavandeira e mãe solteira, o que a condenou ao anonimato até na história familiar. Ao não ter casa e não colher num poemário de casas, decidim adicar-lhe um livro inteiro a ela e a todas as mulheres que ficaram fora, na margem ou com uma imagem deformada na história que aprendemos. Em realidade quigem escrever a história que ninguém me aprendeu. Uma história que desse espaço a todas essas mulheres que eu gostava de ter conhecido na escola, nos jogos, na casa, na tevê, e que puidessem ter-me servido de modelo para eu construir-me como pessoa. Gostaria de ter sabido da vida da minha bisavó; gostaria de ter sabido de Hipatia de Alexandria antes dos 25 anos em que a conhecim; gostaria de que alguém me tivesse falado de Erzebet Báthory... E isto coneta com o seique, porque outra vez busco construir a história que ninguém me aprendeu quando nena. E nessa história volta ter espaço a bisavó elena. E as outras avós."}
{"ID": "NOS_56978", "summary": "As variacións rexistradas nos padróns municipais publicadas polo INE describen unha foto fixa na demografía galega. 2.279 residentes menos, 15.926 menores de 35 na emigración.", "text": "A crise demográfica na Galiza non cesa. Segundo os dados publicados polo INE esta segunda feira (15 de xuño) o país continúa a perder poboación. No concreto, residentes. Segundo as cifras oficiais en 2014 os padróns municipais rexistraron unha variación de 2.279 residentes menos en relación ao ano anterior. O dado tradúcese na diferenza entre as 88.396 altas e as 90.675 baixas e resulta a segunda peor cifra desde 1998 após alcanzar as 2.833 persoas o pasado ano. No cerne da cuestión sitúase de novo a migración xuvenil pois, das 19.862 persoas que marcharon para se incribiren noutros territorios do Estado español, o 55% eran menores de 35 anos. Isto é, 19.862 persoas. Este movemento interior aumentou, aliás, a respeito de 2013 pois rexistráronse 892 persoas máis. Pola contra, o número de persoas que migraron cara ao extranxeiro --principalmente Europa-- reduciuse en 1.447 pasando de 11.739 en 2013 a 10.292 o pasado ano. Así as cousas, a tendenza mantense sendo que o 48,4% das persoas que se inscribiron noutros países tiñan menos de 35 anos (4.989 de 10.292, segundo o INE)."}
{"ID": "PRAZA_15090", "summary": "O secretario provincial do PSdeG de Lugo e presidente da Deputación aposta por esta fórmula para evitar bicefalias entre un secretario xeral escollido polos militantes e un candidato votado en primarias.", "text": "O secretario provincial do PSdeG de Lugo e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este sábado no comité provincial do seu partido a celebración de primarias para elixir o secretario xeral do PSdeG-PSOE. Durante o seu discurso Besteiro apostou por \"cambios\" e dixo que \"o secretario xeral probablemente teña que ser elixido co voto dos militantes, ou non, pero logo cando haxa primarias e haxa bicefalias, sexamos conscientes diso. A miña opinión é que o secretario xeral sexa elixido por primarias\". E concluíu: \"se imos elixir os candidatos en primarias, démosles a mesma lexitimidade e logo asumamos responsablemente que tan lexítimo é que haxa un secretario xeral, como que haxa un candidato que non sexa o secretario xeral\". Besteiro chamou a facer \"autocrítica\", cun recoñecemento \"claro e sen paliativos\" dos malos resultados nas eleccións autonómicas e \"non exento de culpa por parte de todos\". Ao seu xuízo, \"a gran forza contra o PSOE nestas eleccións foi, sen dúbida a abstención\" e chamou a debater por que se produce a actual perda de credibilidade dos partidos"}
{"ID": "PRAZA_6974", "summary": "Recibiu o 88,6% dos votos emitidos, nun proceso no que tamén foron elixidos o Consello Cidadán e a Comisión de Garantías Democráticas de Podemos. Alexis Tsipras interveu nun acto no que Iglesias sinalou que, ademais do medo \"o sorriso tamén está a cambiar de bando\"", "text": "Pablo Iglesias ofreceu ante un público entregado o seu primeiro discurso como secretario xeral de Podemos. Un discurso inzado de referencias emotivas á curta aínda que intensa existencia do partido que lidera, pero que se centrou en ofrecer un bosquexo de cales serán as políticas que porán en marcha cando, como anticipou, \"gañemos en novembro do próximo ano\". Entón, advertiu, \"comezarán as dificultades de verdade\". Nunha votación na que participaron 107.488 persoas de de as 251.998 inscritas, Iglesias foi elixido secretario xeral co 88,6% dos votos emitidos, 95.311. Un 8,47% (9.101) fixérono en branco. O equipo de Iglesias, 'Claro que Podemos', tamén copou os órganos internos: o Consello Cidadán e a Comisión de Garantías Democráticas, sendo Íñigo Errejón o candidato máis votado. Nunha votación na que participaron 107.488 persoas de de as 251.998 inscritas, Iglesias foi elixido secretario xeral co 88,6% dos votos emitidos Iglesias arrincou a súa intervención cun longo agradecemento ás persoas e representantes de organizacións que acudiron este sábado ao teatro Nuevo Apolo de Madrid. A portavoz de Guanyem Barcelona, Ada Colau; a deputada valenciana de Compromís, Mónica Oltra, ou un representante do Goberno palestino levaron as maiores ovacións dos asistentes. Tamén destacou a presenza de Joan Herrera e Ernest Urtasun (ICV), Rubén Sánchez (Facua), Oskar Matute (Alternatiba-Amaiur), José Antonio Pérez Tapias (PSOE), Manolo Monereo (IU), representantes da marea verde e da marea branca e dos galegos Yolanda Díaz e Martiño Noriega (AGE) ou do activista coruñés Anton Gómez-Reino, Tone. Antes, o líder de Syriza, Alexis Tsipras, ofreceu un longo discurso no que chamou a todos os países do sur a ter esperanza en que as cousas van cambiar. \"Antes preguntábannos a nós que iamos facer con Merkel cando cheguemos ao poder; agora pregúntanlle a Merkel que vai facer cando cheguemos nós\", asegurou Tsipras entre aplausos do público. Iglesias ofreceu un discurso lonxe do ton mitineiro propio de actos de proclamación coma o que se celebraba hoxe. \"Axitar o medo é unha mala estratexia\", aconsellou o secretario xeral de Podemos aos seus rivais desde un escenario onde volveu a soar L'Estaca de Lluís Llach como peche de festa, acompañada da canción de Mercedes Sosa Todo cambia. \"Non é o que o medo estea a cambiar de bando, é que o sorriso tamén está a cambiar de bando. Cando vos insulten e difamen sorride, porque imos gañar\", pediulles Iglesias aos seus seguidores. \"Non é o que o medo estea a cambiar de bando, é que o sorriso tamén está a cambiar de bando. Cando vos insulten e difamen sorride, porque imos gañar\" O líder de Podemos asegurou que ninguén debería ter medo ao seu partido, xa que Podemos non é o culpable do alto índice de paro, da pobreza infantil, do desmantelamento dos servizos ou de que a débeda excedese o 100% do PIB e reiterou a que será unha das propostas estrela do seu programa electoral e quizais a que foi máis contestada polos seus adversarios: unha auditoría que permita determinar que parte da débeda é lexítima para negociar unha reestruturación, porque \"é a mellor solución\". Inmediatamente, Iglesias saltou ao segundo grande eixo da súa proposta. \"Dinnos que vivimos por riba das nosas posibilidades e dicimos que non. Dinnos que hai que facer máis recortes para ser competitivos, pero iso vai crear máis deflación e menos investimento interno\", expuxo Iglesias, para explicar a solución que propón Podemos: \"O problema non é reducir os gastos, senón aumentar os ingresos\". Iglesias prometeu modificar o sistema tributario español. \"Fai falta diñeiro\", recoñeceu. \"Imos propor unha reforma fiscal para que paguen os que máis teñen e para deixar de depender do financiamento dos mercados internacionais\". O líder de Podemos relacionou directamente a inequidade coa corrupción: \"A corrupción non ten que ver con mazás podres; ten que ver con non pagar impostos e democratizar a economía\". \"O problema non é reducir os gastos, senón aumentar os ingresos\" Como terceiro eixo, un novo sistema produtivo: \"Un modelo precario e e improdutivo non o cambiaremos sen un plan de desenvolvemento integral que nos saque do ladrillo\". Estas medidas son, en opinión de Iglesias, as que asustan aos poderosos, \"aos oligarcas do réxime e aos seus partidos\". \"Quen ten que ter medo? Os que non pagan impostos\", resolveu entre aplausos. No seu primeiro discurso como secretario xeral, Pablo Iglesias entrou tamén en dous asuntos nos que Podemos foi acusado de se por de perfil: o aborto e o encaixe de Cataluña no Estado. O primeiro asunto resolveuno cunha frase concluínte: \"Defendemos que a muller poida elixir cando ten os seus fillos\". \"España é un país de nacións. Por iso defendemos o dereito a decidir e apostamos por un proceso constituínte\" No segundo detívose máis tempo. \"Non somos tan diferentes\", asegurou Iglesias mentres debullaba o número de multimillonarios que hai en Cataluña e en Madrid. En opinión do líder de Podemos, PP e CiU comparten unha defensa das minorías poderosas en contra da maioría social e advertiu tamén contra a 'esquerrovergencia', en referencia a unha posible coalición entre Convèrgencia e ERC. Sobre o futuro de Cataluña, Iglesias deixouno moi claro: \"España é un país de nacións. Por iso defendemos o dereito a decidir e apostamos por un proceso constituínte\". Por último, Iglesias referiuse á UE. \"Converteron Europa nun pesadelo oligárquico\", dixo, para prometer \"recuperar Europa para os cidadáns, para os traballadores e traballadoras. E recuperar aquilo do que somos fillos: liberdade, igualdade e fraternidade\"."}
{"ID": "NOS_33143", "summary": "Na actualidade, 22 millóns de crianzas menores de 5 anos, embarazadas e nais lactantes dependen da alimentación especializada e dos micronutrintes con que as fornece o PMA para evitar e tratar a desnutrición. A pandemia da COVID-19 ameaza a súa supervivencia.", "text": "Outros 10 millóns de crianzas máis en todo o mundo poderían enfrontarse este ano á desnutrición aguda como resultado da pandemia da COVID-19, o que as deixaría a un paso de morrer de fame, segundo as últimas estimacións do Programa Mundial de Alimentos (PMA). A axencia da ONU sostén que a forma máis grave de desnutrición entre os menores podería aumentar 20% como resultado do coronavirus, debido entre outras cousas ao impacto que este está a ter nas familias máis vulnerábeis, que dependen de traballos diarios ou das remesas para subsistir. Ademais, o confinamento e a restrición de movementos en numerosos países están a ter un forte impacto nos medios de vida, agravando ameazas xa existentes como os conflitos e os fráxiles sistemas de saúde. Provocando, tamén, nalgúns casos unha suba de prezos que fai imposíbel facer unhas dieta nutritiva. Ante este panorama, a directora de nutrición do PMA, Lauren Landis, advertiu de que \"de non actuarmos agora, enfrontarémonos a unha devastadora perda de vidas, de saúde e de produtividade nas xeracións futuras\". \"Recibir a nutrición adecuada agora determinará se as consecuencias da COVID-19 para as crianzas se deixarán sentir durante meses, anos ou mesmo décadas\", subliñou nun comunicado. Máis indefensos a doenzas O PMA salientou que as nenas e os nenos desnutridos, especialmente os menores de 5 anos, corren o risco de figurar entre as primeiras vítimas da pandemia e dos seus efectos socioeconómicos, posto que son máis vulnerábeis ás enfermidades e teñen menos capacidade para poder reaccionar. A desnutrición aguda é provocada por un consumo inadecuado de alimentos ou por enfermidades ─entre estas as diarreas continuadas─, ou ambas as dúas cousas, que provoca no neno unha perda repentina de peso. De non ser tratada a tempo, salientou a axencia da ONU, pode levar á morte. Na actualidade, 22 millóns de crianzas menores de 5 anos, embarazadas e nais lactantes dependen da alimentación especializada e dos micronutrintes con que as fornece o PMA para evitar e tratar a desnutrición. A axencia da ONU está disposta a incrementar esta asistencia mais para iso necesita \"urxentemente\" 300 millóns de dólares, advertiu."}
{"ID": "NOS_57087", "summary": "O noso país ten case o 23% de asalariados con contratos temporais, unha porcentaxe por riba da que teñen 27 dos 28 estados que integran a UE. A media europea non chega ao 14%.", "text": "Só Polonia ten unha taxa de temporalidade (porcentaxe de persoas traballadoras con contrato temporal sobre o total de asalariadas) maior que a galega. O resto de estados que integran a Unión Europea teñen menor presenza de contratos temporais no seu mercado laboral. En Galiza, e en base ao estado de salarios e mercado de traballo de 2013 do Instituto Galego de Estatística, esa taxa é do 22,8 por cento. É dicer, que 23 de cada 100 persoas asalariadas que hai no noso país ten un contrato temporal. Só Polonia supera esa porcentaxe, con 27 persoas de cada 100 nesa situación. A media da UE dos 28 é dun 13,7% en taxa de temporalidade, nove puntos por baixo da porcentaxe galega. A temporalidade en Galiza supera a de países golpeados fortemente pola crise, como Portugal (21,4%) ou Grecia (10%). En Galiza, aliás, a temporalidade ten rosto feminino. Un 21,5% dos varóns asalariados ten este tipo de contrato fronte a un 24,5% de porcentaxe cando falamos de mulleres En Galiza, aliás, a temporalidade ten rosto feminino. Un 21,5% dos varóns asalariados ten este tipo de contrato fronte a un 24,5% de porcentaxe cando falamos de mulleres. Unha fenda de tres puntos. Na Unión Europea, esa diferenza é de apenas un ponto (13,3% de taxa de temporaldiade neles por 14,2% nelas). Prexuizos A temporalidade (que expertos e técnicos lembran que vai ligada á precariedade) é un factor determinante do mercado laboral galego. Non o único, mais si de peso, e a tenor dos dados do propio Ministerio de Traballo, cada vez máis. De 87.185 contratos que se subscribiron en setembro, 25.147 foron para menos de 7 días. De entre unha semana e un mes asináronse 9.305, e de 1 a 6 meses supera os 12.400. Só 280 eran de máis dun ano.dos 83.000 convenios laborais, tan só 4.226 son indefinidos. Ou sexa, só un 4,8%, mentres que o 95,2 por cento son temporais. Unha porcentaxe que foi medrando aos poucos desde hai anos, como levan denunciando de forma insistente os diferentes sindicatos."}
{"ID": "NOS_36651", "summary": "Arredor de 800 persoas dánse cita na emblemática praza da capital galega para celebrar o 39 aniversario do 25 de abril. Os cravos vermellos coincidiron cunha protesta d@s estafad@s polas preferentes que seguiron o rexedor compostelán, Ángel Currás, á saída do concello", "text": "Unha ateigada praza do Obradoiro deu cabida a preto de mil persoas que quixeron conmemorar os 39 anos de liberdade en Portugal. Con cravos vermellos, histórico símbolo da revolución pacífica que botou do goberno o ditador Salazar, @s alí reunidos repartiron as letras da inmortal canción de Zeca Afonso. O que estaba previsto era entoar o Grândola unha vez. No entanto, unha vez rematada a primeira volta, de forma espontánea, comezouse un bis que demostrou o sentimento que o himno inspira no pobo galego. Unha vez finalizado, cos puños esquerdo erguidos, agromaron os berros de \"independencia\" e outros que insistiron: \"fascismo nunca máis\". Mais a do Obradoiro non foi só unha cita para @s que querían conmemorar a caída da ditadura no país veciño. Amais d@s peregrinos e turistas que voluntariamente se sumaron ao acto, agregáronse a el @s estafado@s polo calote das preferentes. Momentos previos ao inicio do cantar colectivo, unha protesta desenvolvíase ás portas do concello compostelán. Cando saíu entre apupos o seu rexedor, o conservador Ángel Currás, @s manifestantes botaron a correr tras el, malia os intentos de paralos da policía española. Só chegaron até o Parador Reis Católicos, pois os axentes fixeron un cordón para impediren o paso. Así que tras permanecer alí uns instantes, deron volta para se unir ao canto que o alcalde compostelán non quixo entoar."}
{"ID": "NOS_37321", "summary": "Terceira xornada de protesto en Compostela con centos e centos de tractores nas rúas e, sobre todo, na contorna de San Caetano, rodeada pola tractorada. Feijóo pide \"paciencia\" e anuncia que os recibirá esta cuarta feira.", "text": "Centos de tractores rodean San Caetano, a sede administrativa da Xunta de Galiza, nunha mobilización coa que insisten en exixir que Núñez Feijóo acepte reunirse e escoitar as demandas dun sector afogado pola crise dos baixos prezos. \"Sen gandeiros non fan falta conselleiros\", reza o lema que se ve en folios pegados no cristal de ducias de tractores. \"Se non nos defendedes, non nos valedes\", denunciaba esta terza feira ás portas de Carroufour un gandeiro de Arzúa en referencia á Xunta. A chegada, no serán desta terceira feira, de ducias de tractores a San Caetano provocou momentos de tensión coa policía española. Ao intentar acceder á explanada, os axentes impedírono e cando un axente subiu á cabina dun tractor para instar a parar a un gandeiro, foi apupado ao tempo que se guindaban algúns petardos. Solidariedade das e dos composteláns Seguen os tractores nas rúas de Compostela e segue o apoio da veciñanza da capital de Galiza, que aguanta as molestias de retencións e cortes de tráfico asumindo que é por unha boa causa. Non só a Xunta vai estar cercada, tamén o centro loxístico de DIA no polígono do Tambre. Os gandeiros están dispostos a manter as mobilizacións até que se lles dea unha solución. Por volta de 4.000 tractores en Compostela e uns 1.500 en Lugo. Feijóo pronunciouse esta terza feira. Dixo que o goberno galego \"simpatizaba\" cos protestos mais pedía \"paciencia\" aos produtores á vez que anunciaba que antes de que acabe a semana vai haber boas novas. Mentres, os gandeiros manteñen a mobilización e están resoltos a \"ir a por todas\". Ramón Santalla, da Plataforma en defensa do sector lácteo, insiste en que \"os políticos teñen que poñerse as pilas e procurar solucións para este problema, que as hai\". Esta quinta feira prevén unha nutrida manifestación (a pé) pola capital galega e manter o bloqueo dos puntos máis neurálxicos do tráfico compostelá."}
{"ID": "NOS_56538", "summary": "A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de \"libros que falan de libros\".", "text": "Inmersas no medio dunha situación case surrealista, a pandemia provocada pola Covid-19 levounos a desexar liberar a mente e, de feito, moitas especialistas advirten da necesidade de desconectar a cabeza co fin de non padecer trastornos psicolóxicos. Diante disto, e co Día das Librarías ás nosas portas, os libros que falan de libros (ou a metaliteratura) eríxense como eses mecanismos de defensa, esas barreiras necesarias coas que facer fronte á psicose colectiva e individual. Alén diso, e para as persoas que adoran ler, os libros que reflexionan sobre o mesmo acto da lectura ou aqueloutros que nos levan a lugares máxicos como as bibliotecas ou as librarías, poden ser unha boa terapia. Estas obras metaliterarias poden entenderse como homenaxes a eses lugares de resistencia nos que a cultura sobrevive nun mundo cada vez máis globalizado e de expansión de pantallas dixitais. Os libros sobre libros propoñen unha viaxe interior curativa, e mesmo se fala actualmente dunha tendencia chamada feel-good, que reivindica a necesidade de historias que nos fagan sentir ben, como o mesmo termo inglés expresa. Realizando un percorrido pola nosa literatura e indagando nos estantes das principais editoras do país, recomendamos novelas, ensaios e relatos que teñen o libro e todo o que o rodea como tema principal. Novelas para soñar Quizais o mellor agasallo que lle poderiamos realizar a un libreiro ou libreira sería mercar os libros nas librarías de barrio. Sobre esta idea sostense o argumento de O último día de Terranova (Xerais, 2015), unha historia na que o grande escritor galego Manuel Rivas rende homenaxe a esas librarías que resisten e que continúan librando unha batalla contra o xigante Amazon que non saberemos aínda como ha rematar. Na libraría de Terranova hai libros, moitos, pero tamén hai historias que ateigan as vidas dos familiares e antepasados de Vicenzo: o tío Eliseo, o xornalista Cecilio, os seus pais Comba e Amaro, a enigmática rapaza arxentina Garúa, de modo que temos un espazo máxico, no que tamén está presente a pantasma da guerra civil e do que significou este momento para os libros. Ao igual que en Os libros arden mal e en O lapis do carpinteiro, as verbas saben a clandestinidade e os libros teñen ese cartaz de prohibido, como a liberdade neses anos escuros. A prosa envolvente desta obra fainos ver Terranova como calquera dos lugares nos que a diario desaparece unha libraría, e con ela quedan soterrados os miles de soños, vivencias, cafés e libros que compartiron as persoas que por ela pasaron e a crearon como un fogar, ese fogar no que pensamos cando o mundo é demasiado complexo para o noso entendemento. Rinoceronte Editora, radicada en Cangas do Morrazo, é un dos proxectos editoriais máis interesantes do país, pois conta con diversas coleccións a través das que traen ao galego clásicos contemporáneos e outros máis antigos. No ano 2007 sorprendéronnos cun libro moi breve pero ateigado de humor e de amor pola lectura: Unha lectura fóra do común, de Alan Bennet. Nela, o autor traza os inicios na lectura dunha raíña que se atopa por casualidade co furgón dunha biblioteca móbil diante do Concello de Westminster. Ela, que nunca antes se caracterizara por ser unha lectora asidua, comeza a coller libros por casualidade, até se converter nunha lectora habitual. Aquí tes un pequeno adianto da reportaxe que poderás ler a partir de mañá no semanario Sermos, que atoparás xunto co Nós Diario nas librarías, quiosques, gasolineiras e na nosa loxa online. Gozarás con contidos amplos, variados e de interese como a entrevista a Anselmo López Carreira. Se non queres perder tempo de lectura buscando un quiosque, recibe o pack na túa casa! Hai varias modalidades para facer a subscrición."}
{"ID": "NOS_23801", "summary": "Histórica derrota do Depor diante do filial do Celta. O encontro rematou coa expulsión de Fernando Vázquez por dobre cartón amarelo por protestar.", "text": "O Celta B conseguiu gañar ao Deportivo este domingo nun derbi histórico en Segunda B. Co resultado final de 1-2 con goles de Alfon (24'), Galán (27') e outra vez Alfon (39'), o \"partido do morbo\" achega algo máis aos de Onésimo Sánchez a posicións de ascenso. Nas alineacións, Sánchez contou para o Celta B con Sequeira, Ferrares, Lucas Cunha, Carlos Domínguez, Diego Pamín, Markel, Holsgrove, Alfon, Manu Justo, Bruninho e Josipovic e o Depor saltou ao campo con Carlos Abad, Eneko Bóveda, Mujaid, Álex Bergantiños, Borja Granero, Salva Ruiz, Nacho González, Agbo, Celso Borges, Borja Galán e Diego Rolan. Os primeiros minutos foron de dominio do Deportivo, que forzou varios saques de esquina. Aínda así unha xogada do Celta B no minuto 12 a cargo de Josipovic deu un aviso de que o partido daría moito xogo. O Depor tentouno como a de Rolan no minuto 19 nun erro de Pampín. Os de Vigo seguían avisando e no minuto 24 chegou o premio co gol de Alfon cun disparo cruzado. O Deportivo reaccionou no minuto 27 cun centro de Borges que toca Rolan e remata finalmente Galán. O partido estaba en táboas mais unha xogada do Celta B pouco antes de rematar o primeiro tempo, no minuto 39, finalizou cunha xogada de Alfon que adiantaba outra vez aos de Onésimo Sánchez. A primeira parte rematou cunha posibilidade de empate perdida nun cabezazo de Borges no minuto 42. Segunda parte e expulsión de Vázquez A segunda parte comezou cunha oportunidade de Borges no minuto 52. As protestas de Fernando Vázquez fixeron que levara un cartón amarelo minutos antes de que tamén o levara o celeste Josipovic. O Depor continúa levando a iniciativa e no minuto 64 Vázquez realiza o primeiro troco do encontro e entra Rui Costa por Nacho González. O Celta B non deixou de tentar ampliar o marcador Bruninho tentouno con disparos lonxanos nos minutos 67 e 72. Vázquez move outra vez ficha e retira a Bóveda, Bergantiños e Salva Ruiz facendo que entre Valín, Héctor Hernández e Gandoy. Dous minutos despois fai o mesmo Onésimo e entra Gabri Veiga por Josipovic. As continuas protestas de Vázquez rematan en expulsión no minuto 86 por dobre cartón amarelo. Os últimos minutos do encontro foron de defensa do marcador por parte do Celta B e un cartón amarelo para o porteiro do Celta B. Malia os 4 minutos que engadiu o árbitro o partido rematou con vitoria do Celta B en Riazor."}
{"ID": "NOS_57584", "summary": "O que até hoxe fora directivo de Novagalicia Banco dimite no Consello de Administración desenvolvido esta quinta en Vigo.", "text": "As presións dos últimos días, logo de ser imputado pola Fiscalía, e da demisión de Mauro Varela tras ser admitida a trámite a querela contra el na Audencia Nacional, levaron a Gayoso a deixar a dirección de Novagalicia Banco esta mañá. NGB que será investigada por irregularidades no proceso de fusión e bancarización das caixas, conta tamén nas súas costas coa maior fraude financeira do País, no caso das preferentes. O BNG da Coruña pide que sexa retirado o título de fillo predilecto a Jesús Méndez O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego na Coruña, exixe a retirada do título que a cidade lle outorgou ao exdirector xeral de Novagalicia Banco, ao entenderen que non é merecente de tal consideración ao destapárense as indemnizacións multimillonarias que recibiu, así como \"polo seu nepotismo e súa conduta dende o ano 2007\"."}
{"ID": "NOS_15344", "summary": "A portavoz nacionalista do BNG e líder da formación asegurou no acto da formación en Bonaval que a actual Constituación é garante dun \"centralismo\" que \"produce asimetrías e desigualdades\". No seu discurso criticou a postura do PSdeG ante os orzamentos xerais do Estado para 2021 \"facendo a ola a uns orzamentos que nos maltratan\".", "text": "\"Nós celebramos a nosa vontade de existir, de ser, de estar no mundo desde nós. A nosa vontade de construír a Galiza do futuro, unha Galiza máis forte que a de hoxe\", expresou hoxe a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no marco dun acto que decorreu no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. Na súa intervención, a líder da oposición reivindicou que as e os nacionalistas non ven nada que celebrar nunha Constitución española que \"se emprega como arma contra a diversidade, os dereitos e a propia existencia da Galiza como nación\". Xunto a ela estivo o deputado no Congreso Néstor Rego, quen renuncio a asistir ao acto organizado pola Cámara Baixa. Pontón chamou a mover o \"centro de gravidade\" ante un \"centralismo\" que \"produce asimetrías e desigualdades\". Ante este contexto, apelou a camiñar cara a \"un futuro galego e republicano, de igualdade, xustiza social, desenvolvemento económico, emprego e dereitos para todos\". O BNG, subliñou, persistirá \"cuestionando o réxime\". Nese senso, a súa portavoz nacional considerou preciso que se manteña un debate arredor da \"sacralización\" da Constitución, transformada \"en reliquia a que adorar\" por parte dos \"partidos estatais\". Para a portavoz nacional do BNG, Madrid actúa como \"unha apisoadora\" que concentra e \"absorbe\" o investimento do Estado, \"as grandes empresas\" e tamén o \"talento\". Unha posición reforzada e mesmo \"blindada\" pola Constitución. \"Isto non acontece nos estados realmente descentralizados como Alemaña\", sentenciou Pontón. Orzamentos Xerais do Estado A portavoz nacionalista asegurou no seu discurso que os orzamentos estatais de 2021 son peores que os do PP, cando esta formación \"xa discriminaba Galiza\". \"Non obstante, dous anos despois presentan unhas contan que baixan 104 millóns os investimentos para Galiza mentres estes soben en Catalunya, Valencia ou Ancalucía até 57\", alertou. A líder da oposición lanzou unha mensaxe ao PSdeG. \"É triste ver aos socialistas galegos facendo o mesmo papel que o PP cando gobernaba Raxoi, dar por boa a discriminación a Galiza facendo a ola a uns orzamentos que nos maltratan\", remarcou."}
{"ID": "NOS_6384", "summary": "O acto comezará contra as 18 horas no Auditorio da Galiza, en Compostela.", "text": "A Unión do Povo Galego (UPG) renderá homenaxe este sábado, en Compostela, ao histórico dirixente Bautista Álvarez, unha \"figura fundamental para o nacionalismo galego e para o partido\", coincidindo co quinto aniversario do seu pasamento. O acto decorrerá, a partir das 18 horas, no Auditorio da Galiza, e a el están convocados o conxunto da militancia da formación e máis \"todas as persoas e simpatizantes\" que queiran participar desta homenaxe a un home \"irrepetíbel e fundamental na construción da Galiza actual\". Desde a UPG organizan este evento \"desde a certeza de que quen dedica a vida a unha causa xusta non morre nunca, pois a súa memoria perdura no corazón do pobo\". Unha persoa, precisan, \"que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do pobo galego\", unha meta que perseguiu \"con lucidez, determinación e coherencia até o final\". HEMEROTECA | Outro Bautista Álvarez por recuperar Durante a xornada farase unha lembranza histórico-política da traxectoria de Álvarez, a través das \"distintas etapas\" da súa vida, \"pondo en destaque a importancia da súa figura na construción e reforzamento do partido e do conxunto do movemento nacionalista, así como tamén o seu papel fundamental na elaboración teórica e conceptual do nacionalismo galego contemporáneo\". \"Bautista permanece entre nós e a súa lembranza convócanos a este acto que non é mero ritual, pois á beira da inevitábel e necesaria dimensión humana que se nutre de momentos partillados, de amizade, de camaradaxe, ten unha profunda carga política\", engade a forza nacionalista. A contribución de Bautista Álvarez á \"causa da liberdade do pobo e da patria\", salientan, \"non expirou co seu alento derradeiro, senón que continúa alimentando e fertilizando a nosa loita pola independencia nacional, por unha Galiza soberana e socialista\". A UPG xa realizou o pasado 16 de setembro unha ofrenda floral a Álvarez no cemiterio de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro, día no que se celebrou o seu quinto cabodano."}
{"ID": "PRAZA_15901", "summary": "O paro rexistrado aumentou en 7.639 persoas en xaneiro e a galega foi a terceira comunidade onde máis se incrementou. O país perdeu no pasado mes 15.240 afiliados á Seguridade Social logo de gañar preto de 20.000 en 2015.", "text": "Os datos de desemprego volven traer malas novas para Galicia, terceira comunidade autónoma onde máis se incrementa o paro rexistrado en xaneiro ao aumentar en 7.639 persoas con respecto ao mes anterior. O número de parados inscritos nas oficinas de emprego queda así en 236.447, logo desta suba relativa do 3,34%, tamén a terceira maior e superior á media estatal (+1,4%). O paro rexistrado sobe en máis de 7.600 persoas en Galicia, terceira comunidade onde máis se incrementa Galicia volve situarse no podio do paro no Estado logo de liderar o incremento do desemprego en decembro e despois de que as cifras da EPA alertasen do estancamento na caída do paro e da constante perda do diferencial positivo coa media de España. En termos interanuais os datos melloran ao reducirse o desemprego en 22.555 persoas con respecto a hai doce meses, pero é o quinto mes consecutivo de incremento. No conxunto do Estado, o paro aumenta en 57.247 persoas, incrementándose as cifras en quince das comunidades autónomas, especialmente en Andalucía (9.254) e Madrid (7.978), e descendendo nas Canarias (-1.545) e nas Illes Balears (-811) e quedando a cifra total en 4.150.755. En Galicia, o desemprego sobe en todas as provincias e céntrase fundamentalmente no sector servizos. O paro increméntase fundamentalmente no sector servizos tras a masiva finalización de contratos tras o Nadal Así, o 96% do incremento do paro rexistrado dáse neste sector: son 7.336 persoas que ingresaron nas listas das oficinas de emprego fronte ao 7.639 total, un dato que revela a masiva finalización dos contratos pola campaña de Nadal. Pola contra, o número de parados descende en 8 persoas na agricultura e en 317 na industria e increméntase na construción (544) e tamén no colectivo sen emprego anterior (84). Por sexo, os 236.447 parados galegos distribúense entre 126.315 homes e 110.132 mulleres. Por idade, 11.838 son menores de 25 anos e os 224.609 restantes teñen máis anos. Non obstante, os datos son aínda peores en canto ao emprego. Segundo os datos do Ministerio, Galicia rexistrou no pasado mes de xaneiro 15.240 afiliados menos á Seguridade Social con respecto ao mes anterior. Unha destrución de máis de 15.000 empregos fronte ao aumento interanual de cotizantes de 17.554, quedando a media de cotizantes en 930.883 persoas. Nun só mes, Galicia destruíu o 86,8% dos empregos creados no último ano e o 77,6% dos que creara en todo 2015, cando o número de cotizantes aumentara en 19.641 persoas. No mes de xaneiro, Galicia destruíu case o 90% dos empregos creados no último ano En definitiva, máis de 17.500 persoas pasaron a contribuír ás arcas públicas por medio do seu traballo no último ano, fronte ás máis de 22.500 que deixaron as listas de desemprego. Esta diferenza de máis 5.000 persoas entre a redución do paro e a alta de traballadores é debido a varias circunstancias, como a emigración e fuxida da poboación activa, o desánimo que leva a desapuntarse das listaxes de demandantes de emprego ou o paso á economía en b. Polo tanto, non todo o descenso do paro rexistrado equivale a novos postos de traballo. No conxunto do Estado, o número medio de afiliados á Seguridade Social en xaneiro descendeu en 204.043 afiliados, unha elevada cifra fronte ao aumento en case 530.000 cotizantes con respecto a hai un ano. En canto aos contratos, os indefinidos aumentan en máis do 26% no mes de xaneiro fronte ao descenso do 5,92% con respecto a hai un ano, mentres que os temporais descenderon en máis do 11% no pasado mes pola fin da campaña do Nadal, mentres que se incrementan pouco máis do 1% con respecto a hai doce meses. A taxa de cobertura remata 2015 nun 49,2%: menos da metade dos desempregados percibe algunha prestación por desemprego Ademais, en xaneiro rexistráronse 62.688 contratos, dos que unicamente o 8,9% foi subscrito baixo algunha modalidade de contratación indefinida. Tamén é preocupante a redución da porcentaxe de parados beneficiarios de prestacións por desemprego, xa que a taxa de cobertura rematou o ano 2015 nun 49,2%, 116.184 parados sen ningún tipo de protección. Xa que logo, menos da metade dos desempregados percibe algún tipo de prestación e destes, tan só o 42% ten dereito á prestación contributiva (o 20% do total). En decembro de 2015, último dato dispoñible, en Galicia o número de beneficiarios de prestacións eran 112.624 persoas. O carácter contributivo está en mínimos, tan só o 42,13% das persoas en desemprego perciben prestacións de carácter contributivo, sendo o 53,45% restante asistenciais. Isto supón, contías máis baixas, mentres a media das contributivas é de 785,4 euros, as asistenciais son de 426 euros. >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_23784", "summary": "Mentres que o rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reclama á cidadanía que atenda ás limitacións que recomenda o comité de expertos, o seu homólogo en Barbadás opina que non se dan as circunstancias para restrinxir a mobilidade da veciñanza.", "text": "\"Barbadás non é Ourense\". Así de directo amosouse o alcalde do municipio do interior, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, ao rexeitar as medidas de confinamento que entrarán en vigor a medianoite desta quinta feira despois da orde da Xunta. O rexedor entende que o Executivo da Galiza \"limita dereitos fundamentais sen un soporte de datos sanitarios\" que sosteñan esta decisión. No entanto, foi a recomendación do comité de expertos que asesora á Consellaría de Sanidade na pandemia. Malia este respaldo profesional detrás, Valcárcel estuda pedir á Xustiza que estude esta prohibición de entrar e saír do municipio, máis alá de casos puntuais e xustificados. Só se permitirá a mobilidade por cuestións sanitarias, laborais e educativas. As medidas \"serán acatadas\", pero avisa: \"Non estamos de acordo\". Pensan que Ourense non é comparábel con este concello. Cos coñecementos dos datos que ten, o rexedor asegura que Barbadás non ten o cociente mínimo de contaxios como para estabelecer \"o confinamento da poboación\". \"Non é entendíbel porque hai 40 casos positivos para unha poboación de 11.000 habitantes\", reflexiona. De feito, asegura que a Xunta segue agora o argumento do Ministerio de Sanidade en contra do que votaba hai uns días nunha reunión telemática. Para o alcalde, o aumento dos casos na localidade está relacionado con que \"non se controlou\" a cidade e hai mobilidade intensa entre ambos termos municipais por estar preto. Considerando que a Xunta non apoia ao concello, recrimina que non se confinara \"a tempo Ourense\" e mesmo que as restricións do consumo na hostalaría (só podían ir pequenos grupos de persoas convivintes) desprazou as quedadas a Barbadás. \"Moitos viñeron a este concello\", lamenta."}
{"ID": "NOS_42830", "summary": "O sobre chegou á secretaria da ministra no Ministerio de Industria.", "text": "A ministra de Industria, Comercio e Turismo, María Reyes Maroto recibiu un sobre no ministerio cunha navalla ensanguentada no interior. A que sería vicepresidenta económica se o candidato do PSOE nas eleccións madrileñas, Ángel Gabilondo, sae elixido sería a cuarta persoa ameazada nos últimos días. A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, anunciouno nun acto que decorreu na mañá desta segunda feira sobre diversidade na sede de Ferraz. \"Non ides pasar, ao fascismo dicímosvos non ides pasar. Acabouse, isto vai de democracia!\", exclamou. Segundo indican fontes do Executivo español citadas en diferentes medios, xa se abríu unha investigación. O sobre chegou até a secretaria da ministra no Ministerio de Industria. A navalla estaba dentro do sobre, con marcas vermellas, que aínda non se sabe se é sangue ou pintura, segundo confirmaron a Público fontes do Ministerio. Un CD evitou que o escáner identificase o arma. \"As ameazas e a violencia nunca acalarán a voz da democracia. A liberdade prevalecerá. Moitas grazas por todas as mostras de apoio\", escribiu no seu twitter a propia ministra Dita ameaza sucede catro días despois de que o líder de Unidas Podemos, o ministro da Interior, e a directora da Garda Civil, María Gámez, recibisen un sobre en cuxo interior había catro balas xunto a unha mensaxe ameazante. Após coñecerse a noticia, diversos cargos políticos reaccionaron a esta nova ameaza . Neste sentido, o líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias ofreceu a súa solidariedade a Reyes Maroto: \"Xa está ben de ameazas fascistas\", afirmou. \"As ameazas e a violencia nunca acalarán a voz da democracia. A liberdade prevalecerá. Moitas grazas por todas as mostras de apoio\", escribiu no seu twitter a propia ministra de Industria apóse se coñecer a nova. Precisamente esta segunda feira, o Ministerio do Interior acordou reforzar as medidas de protección para Fernando Grande- Marlaska, Pablo Iglesias e María Gámez. Segundo un documento de Interior, o Goberno español reforzará a protección \"en atención á valoración do risco pola actual ameaza\" despois de que os tres recibisen a pasada semana senllas cartas con cartuchos de bala no seu interior."}
{"ID": "NOS_42358", "summary": "O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, responde á deputada do BNG Ana Pontón que \"a protección máxima que permite a lei\" é a declaración BIC deste patrimonio. Porén, iso non evitará o espolio.", "text": "A única medida que a Xunta está disposta a por en marcha para protexer o patrimonio artístico das extintas caixas galegas, a súa declaración como Ben de Interese Cultural --BIC--, non vai garantir nin a permanencia desas obras na Galiza nin vai impedir que se vendan canda Novagalicia Banco. Confirmouno esta cuarta feira o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, nunha comparecencia en Comisión no Parlamento galego e en resposta a unha pregunta oral formulada pola deputada do BNG Ana Pontón. No concreto, o patrimonio que está en risco ou que ten, no mínimo, un futuro incerto, está formado por até 1.343 pezas de Castelao, Laxeiro, Maruja Mallo, Colmeiro, Leopoldo Nóvoa, Tino Grandío, Luis Seoane, Lamazares ou Leiro ademais de unha relevante mostra de arte contemporánea internacional que vai de Picasso, a José P. Croft pasando por Sean Scully, Manolo Millares ou Manolo Valdés. \"Non entendemos que razoamento se fixo e que decisión se tomou para facer da colección parte activa do banco\", sinalou Pontón, en referencia á colección de Caixa Galiza, tutelada daquela por unha fundación que tiña a propia caixa. A respeito da colección de Caixanova, \"non sabemos cales son as garantías de financiamento para a viabilidade futura da colección de arte\". Na súa resposta, Anxo Lorenzo parabenizouse porque haberá acceso \"ao legado bibliográfico\" e reiterou que a declaración BIC \"é a protección máxima que permite a lei\" e a Xunta non está disposta a facer máis, embora tal declaración evite unicamente que as obras saian do Estado español."}
{"ID": "NOS_4299", "summary": "Case a metade dos franceses, dos alemáns e dos italianos cren que EUA xa non é o actor máis influínte na política internacional. E, sobre todo, unha ampla porcentaxe da poboación francesa –e especialmente da alemá– non o ve un socio fiábel. A reputación da China sobe lixeiramente, sobre todo entre as persoas máis novas.", "text": "O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, inicia mañá a súa primeira viaxe internacional. Europa é o lugar elixido para esta simbólica saída coa que se pretende emendar os lazos rotos durante os catro anos de estadía de Donald Trump na Casa Branca. Unha viaxe \"chea de reunións con moitos dos nosos máis achegados aliados\", apuntaba o propio Biden nunha columna de opinión publicada esta fin de semana en The Washington Post. Entre estas xuntanzas inclúese unha do G7 (o grupo das sete maiores potencias económicas do mundo); e outras no marco da OTAN. Tamén cos representantes das institucións da UE e, finalmente, o encontro co presidente de Rusia, Vladimir Putin, o 16 de xuño na cidade suíza de Xenebra. Para Biden e o seu Executivo, o obxectivo é claro e resúmese no título da súa columna de opinión: \"A miña viaxe a Europa trata sobre os EUA unindo as democracias do mundo\". Unindo e liderando, na liña do xa anunciado en febreiro pasado, ao pouco de asumir o cargo, no seu primeiro discurso á comunidade internacional: \"Os EUA están de volta\". Porén, semella que de cara á opinión pública das democracias occidentais, Biden ten moito traballo por diante para recuperar a posición preeminente que o país norteamericano tivo en Europa nos últimos tempos, a partir da fin da Segunda Guerra Mundial. A vella Europa Así o reflicte o estudo publicado onte, elaborado conxuntamente polo German Marshall Fund e pola Fundación Bertelsmann. O primeiro é un centro de estudos estadounidense de política internacional dedicado a promover a cooperación entre Norteamérica e Europa. A segunda tamén ten unha óptica atlantista, desde unha visión capitalista das relacións. Estados Unidos, segundo este informe, continúa a ser a potencia dominante en 11 dos países a análise. Porén mantense lonxe da aceptación que xeraba no pasado; e nestes case cinco meses de Goberno, Biden non recuperou a baixada sufrida como consecuencia da xestión da pandemia. A sondaxe, realizada entre o 29 de marzo e o 13 de abril, contou cunha mostra de 1.000 adultos e cada un dos territorios seleccionados: Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, Francia, Italia, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, Suecia e Turquía. Onde hai unha percepción maior da influencia que os Estados Unidos teñen na política internacional é nos propios Estados Unidos (81%, cinco puntos máis que en 2020). Seguen o Canadá (68%) e España (65%, a cifra máis alta en toda Europa). Na zona media están Turquía (63%), Suecia (63%), Polonia (62%) e o Reino Unido (58%). E onde menos, en Francia (56%), Alemaña (55%) e Italia (51%). Francia e Alemaña ofreceron resultados moi similares a metade de pandemia, antes da entrada en escena de Biden, con 55% e 54%, respectivamente. Unha cifra que en ambos os dous Estados era uns dez puntos maior no mundo precovid-19. Un dos datos máis salientábeis do estudo e o que reflicte que só 51% dos alemáns ven Estados Unidos como un socio fiábel. Cifra que chega até 60% en Francia, 64% en España, 67% no Reino Unido e ─o máximo─ 76% en Polonia. Mentres, apenas 23% dos turcos confían no Goberno estadounidense. Anódina UE Desde a outra beira do Atlántico, a UE é apreciada como un socio fiábel por 75% dos canadenses, 69% dos estadounidenses. Cifra que se reduce a 51% no Reino Unido e a 39% en Turquía. Este último país é o que peor datos ofrece nos 11 territorios, especialmente en Alemaña e Francia. Con todo, a respecto da súa influencia global, a UE mantense moi por baixo dos Estados Unidos e tamén por detrás da China para a cidadanía dos 11 socios transatlánticos. De media, EUA lidera con 62%, seguida pola China (20%) e pola UE (14%). Rusia ocuparía o cuarto posto (4%), coas porcentaxes máis altas en Turquía (6%) e Polonia (6%). E dentro de Europa, Alemaña é considerado con moita diferenza o Estado máis influínte. Até 60% das persoas consultadas así o consideran. Segundo sería o Reino Unido (19%) e terceiro Francia (7%). Porén, tanto estadounidenses como canadenses cren que é o Reino Unido a potencia europea máis influínte. España (81%), Italia (79%) e Polonia (75%) son os que teñen esa maior percepción sobre Alemaña, por riba dos propios alemáns (71%). A Ruta da Seda mellora a imaxe da China A China consolídase como a segunda potencia máis influínte. Francia (28%), Países Baixos (27%) e Italia (32%) son os que ofrecen datos máis altos neste apartado. No polo oposto, Suecia (14%), Polonia (15%) e Reino Unido (15%). A respecto da valoración da influencia das súas políticas no mundo, é maioritariamente negativa nos 11 países. Considérano así 67% dos alemáns, 63% dos canadenses e 62% dos suecos. Os mellores datos rexístranse en Turquía (34% de valoración positiva), Polonia (35%) e Italia (36%) ─tres países que fan parte da iniciativa das \"Novas Rutas da Seda\" impulsada por Beijing─. Mais é España, con 37%, onde a China logra mellor nota. Ademais, en xeral, a imaxe chinesa mellora entre a poboación máis nova (especialmente entre 18 e 24 anos) e vai empeorando progresivamente nas faixas de máis idade. Por partidos políticos, os Verdes alemáns (81%), o Movemento 5 Estrelas italiano (68%) ou o Partido Republicano estadounidense (63%) están entre os que teñen peor imaxe da influencia política da China no mundo."}
{"ID": "NOS_55518", "summary": "O Hotel San Francisco de Compostela acolle este sábado, a partir das 11 horas, un acto político convocado polo BNG para recibir as delegacións internacionais convidadas ao Día da Patria Galega. A presenza de Oriol Junqueras é a sorpresa da xornada.", "text": "Como é tradición, o BNG convida aos actos do Día da Patria Galega as delegacións internacionais. Participarán este sábado a partir das 11 horas na recepción convocada pola organización nacionalista galega no hotel San Francisco de Compostela. Tomarán a palabra a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda; o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, e Oriol Junqueras, na súa primeira visita á Galiza tras saír da cadea. O ex vicepresident da Generalitat tomará a palabra en representación das organizacións internacionais presentes no acto. Na xornada, a formación nacionalista galega estará acompañada de organizacións políticas de Euskal Herria -Bildu, Sortu, Eusko Alkartasuna-; de Catalunya -ERC, CUP e Poble Lliure-; do País Valencià (Compromís) e das Illes Balears (Mes). Tamén participarán representantes das Canarias, Bretaña, Córsega, Occitania, Palestina, Kurdistán, Sáhara e Venezuela, así como as delegacións do PCP e do Bloque de Esquerdas. O BNG agarda a presenza de máis de 40 delegacións internacionais. Palestra da Fundación Galiza Sempre O propio sábado, día 24, a Fundación Galiza Sempre organizará a palestra \"Solidariedade e Autodeterminación\", a partir das 13 horas desde as redes sociais e a canle de Youtube da entidade. Tomarán a palabra na conversa Cela, Miranda, Junqueras e Pontón. Acto en Compostela o domigo O Bloque Nacionalista Galego recupera a convocatoria dunha manifestación nacional, en Compostela, con motivo do Día da Patria Galega, despois das mobilizacións descentralizadas que decorreron en distintos puntos da Galiza o ano pasado debido á situación de alerta sanitaria. \"Unha Galiza sen límites, cun BNG sen límites\" é o lema da formación nacionalista para o Día da Patria Galega de 2021. A marcha do domingo, que decorrerá de maneira segura, segundo a organización, sairá ás 12 horas da maña da Alameda de Compostela e despois de percorrer diversas rúas da cidade rematará na praza da Quintana, onde pronunciarán os seus discursos o secretario xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, e a portavoz nacional da formación, Ana Pontón."}
{"ID": "NOS_58524", "summary": "O conselleiro de Sanidade avanzou que as medidas que poidan adoptarse na hostalería pola evolución da pandemia tomaranse \"en función das características de cada estabelecemento e non pola incidencia acumulada de cada concello\"", "text": "O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, espera que a vacina contra a Covid para os escolares menores de 12 anos poida administrarse \"canto antes\". Así o manifestou, na reapertura dos centros de vacinación masiva para a administración da dose de reforzo a maiores de entre 70 a 79 anos. Segundo comentou, moitos dos contaxios que se están dando na actualidade rexístranse entre os menores de 12 anos, polo que o conselleiro recoñeceu que \"preocupa o ámbito educativo\". Por iso, avogou porque a vacinación dos escolares poida realizarse \"canto antes\". \"Os brotes non se están centrando especialmente nos colexios\", puntualizou. No entanto, o conselleiro de Sanidade afirmou que \"canto antes\" queren \"facer esa vacinación\" das crianzas. Un terzo da dose actual \"Esperamos noticias nas próximas semanas\" por parte da Axencia Europea do Medicamento para que avale as vacinas infantís, sostivo. \"Falamos da contorna de dúas ou tres semanas\", engadiu. Na Galiza, afirmou García Comesaña está \"todo preparado para empezar a vacinar esa poboación canto antes\". \"Sabemos que será un terzo da dose actual pero estamos pendentes de se vai ter unha presentación diferente\", precisou. Esténdese o uso da terceira sose Sobre a vacinación da poboación de entre 60 e 69 anos e do persoal sanitario anunciada polo Goberno estatal, o conselleiro lamentou que o aviso se realizase \"de maneira sorpresiva\" e sen ser analizada no seo da Comisión de Saúde Pública, polo que solicitou que cesen estes anuncios \"extemporáneos\" e se clarififiquen os criterios de inmunización. Hostalaría Doutra banda, Julio García Comesaña, ratificou que as decisións para a hostalería pola evolución da pandemia tomaranse \"en función das características de cada estabelecemento e non pola incidencia acumulada de cada concello\". Neste sentido, indicou que se poderán tomar outras medidas se a situación o exixe. A vindiera segunda feira representantes da Xunta reuniranse co sector da hostalaría para analizar a situación actual. De entrada, a Xunta opta por non modificar as capacidade e reforzar elementos que dean \"mellores garantías\", como o certificado Covid ou a renovación do aire como elementos diferenciadores. De cara a xuntanza da próxima semana o presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, apuntouesat sexta feira a necesidade de que se poñan enriba da mesa \"indemnizacións\" ao sector ante posíbeis novas restricións."}
{"ID": "NOS_17974", "summary": "\"El BNG es como el Coruña... de Segunda B\" escribiu nas redes sociais.", "text": "Mesturar allos e bugallos é unha arte que a determinados políticos semella dárselle de marabilla e que nas redes sociais ten un campo perfecto para a súa práctica. Na súa conta de twitter @susoporvigo o concelleiro do PP na cidade olívica Jesús M.G. meteu no mesmo cesto o BNG e o Deportivo da Coruña por estar en Segunda B e a polémica estendeuse non só entre internautas da cidade viguesa senón tamén da herculina. E todo principiou cunha opinión a raíz do mal partido do Celta na noite da segunda feira contra o Levante e que rematou con empate a un. \"O Celta aburre as cabras: sen ambición, sen proxecto, sen nada\". Un usuario de twitter, que no seu interfaz se identificaba como militante do BNG, aproveitou para sinalarlle: \"Vamos, como o PP de Vigo\". Foi entón cando o concelleiro, cargo público, respondeu cun: \"Si, siempre hemos sido un partido de Primera. El BNG es como el Coruña... de Segunda B\". O que até entón podía ser o típico pique en redes sociais entre dous usuarios pasou entón a máis e xerou ducias de respostas e reaccións. A comparación do concelleiro axiña xerou un bo monllo de respostas e críticas. Desde quen lle lembrou que o PP é un equipo de Primeira \"en corrupción\" ou \"en recortes\" até quen lle instaba con retranca a \"mellorar o nivel de populismo, que non che chega para acercarte a [Abel] Caballero\". As críticas choveron de celtistas e sobre todo de deportivistas (\"Temos nós máis títulos que concelleiros o PP en Vigo\"). Mais o edil seguiu coa súa particular teima e escribiu: \"Yo echo de menos a Beiras. Vosotros sois un sucedáneo del BNG\"."}
{"ID": "PRAZA_11485", "summary": "Nos últimos 25 anos a cifra caeu un 26% no conxunto do país, aínda que nas cidades se mantivo estable. Galicia é a comunidade autónoma na que máis se reduciu o número vehículos de servizo público. O descenso é especialmente rechamante na provincia de Ourense, cunha caída de case o 40%", "text": "O número de taxis caeu un 26,5% en Galicia, un 31,3% fóra das catro capitais provinciaisEn 1994 había 5.246 taxis en Galicia. 25 anos despois, o seu número descendeu ata os 3.855, unha caída do 26,5%, segundo os datos publicados este martes polo INEO descenso afecta máis ás zonas máis rurais. Os datos do INE ofrecen información desagregada sobre as 'capitais provinciais', neste caso as cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Nestas catro urbes o número de turismos de servicio público mantívose estable nestes 25 anos e mesmo se incrementou lixeiramente (de 776 a 785). Porén, no resto do país o descenso foi aínda máis importante: de 4.470 a 3.070, un 31,3%.No conxunto do Estado español, o número de taxis case non variou entre 1994 e 2019, cun descenso de só o 3,5%. Galicia é, de feito, a comunidade autónoma na que máis se reduciu neste tempo o número de taxis, moi por diante de Estremadura (-22%), Asturias e Castela-León (-13%), Murcia (-12%), Euskadi (-9%), Castela-A Mancha (-8%) e Andalucía (-7%). Canarias, Baleares, Navarra, A Rioxa ou a Comunidade Valenciana mesmo incrementaron o seu número de turismos de servicio público. En Galicia hai máis de 300 licenzas VTC, ao redor de 1 por cada 9 autorizacións para a condución de taxi Estas cifras chegan nun contexto de crecente competencia dos vehículos VTC e as plataformas como Uber ou Cabify, que xa operan na Coruña e a súa comarca. Nos últimos dous os taxistas levaron a cabo mobilización para esixir un maior control á concesión de licencas VTC e tamén aos servizos que prestan. En Galicia hai máis de 300 licenzas VTC, ao redor de 1 por cada 9 autorizacións para a condución de taxi (3.586), segundo os datos da Xunta. Hai tres anos o Real Decreto 1057/2015 estableceu un límite máximo de 1 permiso VTC por cada 30 licenzas de taxi. Porén, varias sentenzas xudiciais determinaron que a administración non pode denegar as solicitudes de novas licenzas VTC realizadas entre 2009 e 2015 e que tampouco se poden retirar as licenzas xa concedidas.En Galicia varias voces alertaron xa do perigo de que desaparezan os servizos de taxi nas zonas rurais e pouco poboadas, onde emprestan un servizo fundamental, dado o espallamento dos distintos núcleos e o avellentamento da poboación. O descenso é especialmente rechamante na provincia de Ourense, cunha caída de case o 40%Por territorios, o descenso é especialmente rechamante na provincia de Ourense, cunha caída de case o 40% (-38,9%), moi superior ás da Coruña (-24,5%), Lugo (-25,7%) e Pontevedra (-25,1%). Ademais, mentres que na cidade de Ourense o número de taxis se mantivo estable ao longo dos últimos 25 anos (106), no resto da provincia a cifra caeu dende os 486 aos 256, un descenso do 47%."}
{"ID": "NOS_38039", "summary": "Con case 84 anos, a cidade do Lérez é, entre as sete principais urbes do noso país, quen rexistra maior expectativa de vida, un posto que a comezos de século ostentaba a capital galega. Ferrol, con 81,7, é a que menos. A fenda entre a primeira e a última aumentou nestes anos.", "text": "En apenas 15 anos a esperanza de vida dos habitantes das sete principais cidades galegas experimentou un avance importante. Se no 2002 ningunha destas urbes (Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Santiago e Ferrol) chegaba aos 81 anos de media de esperanza de vida, no 2015 todas superaban esa barreira e mesmo catro destes municipios superaban a dos 83 anos. Porén, o aumento non foi igual en todas as cidades e nestes anos houbo cambios a ter en conta. Un deles, o de que se en 2002 era Compostela a que rexistraba mellores parámetros de esperanza de vida entre a súa veciñanza (80,9 anos), agora é Pontevedra quen ten ese récord, con 83,8 anos. Se daquela era Ourense a urbe con máis esperanza de vida (80,3 anos), en 2015 ese posto ocupábano, empatadas, Vigo e A Coriña, con 83,3. Quen non varía é Ferrol. A cidade ferrolá continúa a ser a que peores rexistros tiña no 2002 e ten na actualidade. Hai tres lustros a esperanza de vida nese concello era de 79,4 anos de idade e agora é de 81,7. Entón era das poucas cidades galegas que non chegaba aos 80 anos de esperanza de vida e agora é a única que non chega aos 82. Nestes quince anos, e segundo datos do Instituto galego de estatística, aumentou tamén a fenda, nas sete cidades galegas, entre a que ten máis esperanza de vida e a que menos. No 2002 era de 1,5 e agora é de 2,1."}
{"ID": "NOS_1921", "summary": "Entre o tradicional e o sinfónico, o grupo lucense inicia unha pequena xira que, co patrocinio da Deputación, os levará a ateigar cos seus acordes espazos abertos de Lugo, A Fonsagrada, Ribadeo, A Pastoriza e Chantada.", "text": "A área de Cultura da Deputación de Lugo promove o ciclo de concertos Tradición. En Clave Delas, con actuacións en Lugo, A Fonsagrada, Ribadeo, A Pastoriza e Chantada. O grupo de cámara Lucus Ensemble interpretará un repertorio que liga a música tradicional galega coa instrumentación sinfónica. Con dez músicos e dúas voces, a banda interpretará unha escolma propia para ofrecer un espectáculo \"entretido, pensado para ser tocado en exteriores e dar vida ás rúas e ás prazas\", segundo explicou o seu coordinador, Santiago Noriega. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, amosou a súa satisfacción por \"sacar adiante un proxecto que tiñamos entre mans desde o primeiro trimestre do ano e que tivo que ser adiado e modificado polo impacto da Covid-19\". \"Desde o inicio da crise sanitaria, apostamos en manter o pulso da actividade cultural\", apuntou, ideando \"fórmulas alternativas, adaptadas ás circunstancias, e esta programación é un paso máis nese camiño\". Ferreiro remarcou que \"os concertos se levarán a cabo cumprindo cos protocolos estabelecidos polas autoridades sanitarias para previr os contaxios da Covid-19\". Calendario de concertos A praza de San Marcos de Lugo acollerá a sexta feira 4 de setembro o primeiro concerto desta xira, a partir das 19.30 horas. Na Fonsagrada, a cita será o sábado 5 de setembro, ás 19 horas, na praza do Concello. En Ribadeo, a actuación transcorrerá o 13 de setembro no parque de San Francisco, ás 13 horas. O 26 de setembro, Lucus Ensemble actuará na praza do Concello da Pastoriza, ás 18 horas. A xira fecha o 17 de outubro en Chantada, no marco do Festival de Bandas de Música."}
{"ID": "PRAZA_2161", "summary": "Un equipo formado por persoas de universidades e centros de investigación de toda España achega unha nova visión sobre a conquista do noroeste peninsular, con 17 novos sitios arqueolóxicos, situados entre outros lugares no Bierzo, O Páramo, Negreira, Vilanova da Cerveira e entre Sarria e Láncara,", "text": "Pouco sabemos sobre a conquista romana do noroeste peninsular e do que despois foi a Gallaecia. A maior parte dos restos, dende vivendas, calzadas, murallas e outras infraestruturas corresponden ao periodo de asentamento. E mesmo os dous campamentos militares mellor estudados, o de Aquae Querquennae en Bande, e A Cidadella en Sobrado dos Monxes pertencen a un período bastante posterior ao da chegada das primeiras tropas ao territorio. Nos últimos anos distintas achegas foron afondando neste tema, deitando luz sobre o proceso de penetración do exército romano. E a semana pasada un equipo formado por investigadores das universidades de Santiago, Oviedo, Complutense de Madrid e do CSIC presentou un traballo que permitirá avanzar moito no coñecemento desta cuestión. A investigación, cuxas conclusións pódense consultar nesta web, foi presentada no congreso LIMES 2015 en Ingolstadt (Alemaña), a principal reunión científica sobre arqueoloxía militar de época romana. O traballo parte da análise en conxunto de dezasete novos sitios arqueolóxicos -principalmente campamentos militares-, que en parte foran xa publicados polos membros do equipo ao longo dos últimos anos, aínda que outros foron presentados por vez primeira. Na investigación presentáronse seis novos campamentos romanos vinculados ao movemento de tropas na Galicia actual ou nas súas inmediacións. Ata agora descoñecíase como fora o proceso de penetración do exército romano en Gallaecia durante a conquista. Un dos novos campamentos sitúase en Valboa, en Vilafranca do Bierzo, nas portas da vía de acceso natural a Galicia. Tres están situados na Cha de Santa Marta, entre Sarria e Láncara, unha planicie á saída das montañas orientais galegas e que os investigadores identifican como unha posible base loxística romana na que se agruparían e prepararían as tropas antes de entrar no territorio. Dous destes recintos foran identificados previamente, pero non publicados, por Luís López, da empresa Terra Arqueos. Outro campamento inédito atópase ao carón dun paso natural do Miño, no Monte dos Trollos (O Páramo). Estes cinco achados constitúen unha clara ruta de entrada no territorio, unha vía de penetración da que ata agora non había apenas evidencias. Atopáronse outros dous campamentos, situados na zona occidental de Galicia e que polo tanto tería servido para o asentamento e extensión das tropas romanas polo territorio, de norte a sur, empregando a Depresión Meridiana galega. Trátase do recinto de Campos, en Vilanova da Cerveira (Portugal), e o de Cornado (Negreira), que é ata o momento o campamento máis occidental do continente europeo. A aparente desconexión (ata o momento) entre Cornado, Campos e o resto dos campamentos fai máis difícil o seu encadre cronolóxico e a súa función. A súa datación pode ir desde momentos tardorrepublicanos ata o Imperio, pero revelan unha presenza moi temprana do Exército romano na costa occidental galega. Boa parte destas recentes descubertas son froito da utilización combinada de distintas ferramentas tecnolóxicas, entre as que destaca a fotografía aérea (histórica e actual), sistemas de información xeográfica a partir de bases de datos ou modelos dixitais do terreo a través de datos LIDAR. Todas estas observacións deben despois, por suposto, confirmarse sobre o terreo. Os datos, ademais, súmanse á información das fontes históricas romanas que chegaron ata nós. Analizando as fotografías aéreas tomadas polo exército norteamericano en 1956, por exemplo, pódense ver con moita claridade os perímetros dos tres campamentos achados entre Láncara e Sarria, que nas actuais imaxes aéreas son máis difíciles de detectar; a actividade agraria e as plantacións forestais teñen afectado considerablemente á súa estrutura. O equipo de investigadores está conformado por José Costa (USC), Andrés Menéndez Blanco (Universidad de Oviedo), David González Álvarez (Universidad Complutense de Madrid), Manuel Gago Mariño (Universidade de Santiago), Joao Fonte (Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC) e Rebeca Blanco-Rotea (USC). José Costa amosa a súa confianza en que a vía aberta por esta investigación, unida ás cada vez máis frecuentes descubertas de novos sitios arqueolóxicos no noroeste peninsular empregando técnicas coma as utilizadas por este equipo permitirán nos vindeiros anos coñecer con máis exactitude como foron os primeiros momentos do asentamento romano. Web do proxecto"}
{"ID": "NOS_3281", "summary": "Un manifesto asinado por máis de 600 profesionais vincula o retroceso nos dereitos das mulleres cun grave problema de saúde pública se a reforma da lei do aborto, que prepara o ministerio de Xustiza, vai adiante. A intención do goberno español de eliminar o suposto de malformación suporá máis unha pexa no acceso á interrupción voluntaria do embarazo", "text": "A intención do goberno español en aprobar unha lei do aborto que, no mellor dos casos, devolverá a 1985 as posibilidades das mulleres de decidir sobre os seus corpos, vén de provocar a reacción d@s profesionais da medicina. Xinecólog@s, obstetras e expert@s en diagnóstico prenatal veñen de facer público un manifesto contra a modificiación da normativa actual, nomeadamente contra a intención do titular de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, de acabar co prazo de aborto libre: por encima das 14 semanas --en que as mulleres non teñen que xustificar a súa decisión-- até a semana 22 cando se detecte unha malformación no feto ou un risco grave para a saúde da nai. Pasado ese tempo, a interrupción voluntaria do embarazo realizarase conforme á lei aprobada en 2010 se ao feto se lle detecta unha anomalía grave, incurábel ou incompatíbel coa vida. Porén, estes abortos non superan o 3% e son case sempre embarazos desexados, segundo se sinala no documento, que vai camiño das 700 sinaturas. \"A decisión de interromper o embarazo causa moito sufrimento. Se a lei non permite a interrupción da xestación nestes casos --anomalías fetais graves-- á dramática situación sumarase o desamparo legal que sufrirán as xestantes\", sinala o texto, vinculando cun grave problema de saúde pública a perda de dereitos das mulleres e o retroceso social que veñen denunciando as organizacións feministas. O informe da ONU sobre o aborto e a lectura do PPO ministro de Xustiza, pola súa banda, escudouse nun texto de Nacións Unidas para por riba da mesa o endurecemento da lei recortando na sobernía das mulleres sobre os seus corpos, sinalando a respecto da lei de 2010 que \"os discapacitados nacidos e por naceren non poden ser discriminados\". Dixo Gallardón que mudaría a norma \"por convición\", mais tamén porque a ONU \"obriga a o facer\". Con todo, o informe ao que se refire o ministro non só non \"obriga\", senón que o que sinala é que os prazos para abortar un feto san e outro con malformación deberían ser iguais. Para dar cumprimento a esa recomendación existen dúas posíbeis opcións. Eliminar o suposto de malformación --como propón o ministro--, ou en troques ampliar os prazos dos outros dous supostos até os equiparar co contemplado para as anomalías graves. Esta segunda opción suporía que, atendendo a recomendación invocada por Gallardón, se podería mesmo descartar a limitación por supostos e optar por permitir legalmente o aborto libre e sen xustificacións até a semana 22. Aliás, o informe da ONU en que o ministro Gallardón sustentou a súa decisión de aprobar unha norma máis restritiva que a de 1985 inclúe máis recomendacións para o goberno español que o PP tería pasado por alto. Entre elas, que destine \"recursos suficientes para garantir os servizos de asistencia\" a persoas dependentes e que os amplíe para dotar de \"asistentes persoais\" a quen conviva coa diversidade funcional. Pola contra, as axudas á Lei de dependencia fóronse coa 'austeridade', e o acceso de máis pacientes dependentes ficou paralizado. Asegurar o aborto na sanidade pública ou forzar a clandestinidadePor que é importante garantir unha interrupción voluntaria do emabrazo (IVE) libre, pública e gratuíta? \"Porque as explicacións que se dan desde os colectivos anti-abortistas son pura demagoxia. A liberdade de elección non é un eufemismo aquí: trátase de que a muller decida sobre a súa maternidade. O aborto non é unha obriga\". Sonia Deaño —nome ficticio— traballa no servizo de xinecoloxía dun hospital público da Galiza. No pouco tempo que dura a entrevista, da súa boca sae moitas veces a palabra \"demagoxia\" cando se refire aos argumentos que desde os púlpitos se dan contra a IVE: equiparala cun asasinato, dicir que se usa como método anticonceptivo, dicir que quen recorre a ela está contra a vida ou crer que unha lei restritiva vai aminorar o número de abortos. \"O que cómpre é acabar coa situación actual, de inseguridade xurídica, e onde o dereito se garante en función de se se pode pagar ou non unha clínica privada\". \"Cando unha muller ten decidido abortar vai buscar a maneira de o facer, si ou si\", acrecenta, taxativa, Maite Méndez —nome tamén ficticio por expresa vontade da xinecóloga. Coloca esta aseveración para botar embaixo a idea de que unha normativa restritiva lles quitaría da cabeza ás mulleres a decisión de interromper o embarazo, decisión que, tal e como reitera Méndez, \"é sempre moi meditada\". Ao contrario, o número de abortos rebaixarase unicamente \"con información e con educación\". Outra das denuncias é que o PP fixo abanear a condición de 'pública' da propia sanidade. Ampárase nesta premisa Maite Méndez para afirmar que \"hai moitas prestacións en que investir antes de garantir o aborto dentro da seguridade social\". A doutora prefire non responder ao lle preguntar canto custaría interromper o embarazo na súa clínica privada. Porén, recoñece que \"a miña experiencia di que se a muller non ten acceso a un aborto con garantías, recorrería á clandestinidade\". Os abortos na pública non chegan ao 3%Sonia Deaño, xinecóloga nun centro público, é de opinión distinta. \"Cómpre a súa normalización na rede sanitaria pública porque é a única maneira de garantir a súa universalidade e a igualdade de acceso para todas as mulleres\". Hoxe en día, a interrupción voluntaria do embarazo é unha prestación privatizada. Os datos sinalan que o número de abortos que se practican en hospitais públicos non chega ao 3%, e o resto financiaríanse a través de concertos con clínicas privadas. Considerar este dereito como máis unha prestación sanitaria exixe que a obxección de conciencia non se contemple na sanidade pública. É esta unha das maiores eivas para a normalización do aborto, tomando en conta que \"o mesmo profesional pode obxectar no centro público en horario de mañá e practicar abortos ao serán, na súa clínica privada\". A doutora Méndez recolle a crítica lanzada pola doutora Deaño, mais non a comparte. \"Por suposto que o aborto libre ten que estar garantido, na liña en que calquera muller que decida abortar teña a posibilidade de o facer. Mais eu non me meto coa obxección de conciencia. Cada persoa é libre\". Á pregunta de que opción que lle queda a unha muller que non pode pagar unha intervención nunha clínica privada se o aborto público non está garantido, a resposta é clara: \"a clandestinidade\"."}
{"ID": "NOS_20015", "summary": "A subdelegada do Goberno estatal en Pontevedra, Maica Larriba, apuntou que a Lei contra a violencia de xénero \"só estabelece como violencia de xénero cando implica unha relación de parella ou ex parella\".", "text": "A subdelegada do Goberno estatal en Pontevedra, Maica Larriba, insistiu en que se está a investigar na actualidade como \"homicidio doloso\" a colisión mortal rexistrado no municipio de Barro a pasada semana, no que un home levou por diante co seu coche o dunha moza, Jéssica Méndez, á que supostamente acosaba e que faleceu por mor do choque. Larriba foi preguntada pola prensa esta cuarta feira, no marco dunha rolda de prensa en Pontevedra, pola colisión mortal de Barro, polo que foi detido José E., un home de 41 anos acusado de matar a moza, de 29 anos. As primeiras pescudas sobre o accidente mortal dunha moza en Barro apuntan a un crime machista A subdelegada manifestou que \"o suceso que acabou coa vida de Jéssica, de momento, estase tratando como un homicidio doloso\". Así, Larriba lembrou que \"segue a investigación, unha vez que o xulgado ordenou o ingreso en prisión do acusado por este terríbel accidente\". \"Quero aproveitar esta comparecencia para transmitir as miñas condolencias a familiares e amigos da vítima, que están a atravesar un momento moi duro e unha dor intensa pola perda da moza nas circunstancias nas que se produciu\", engadiu. Centos de mulleres saen ás rúas para exixiren a fin da violencia machista Mudanzas na lexislación \"A nosa lei, como vostedes saben, a Lei 1/2004, só estabelece como violencia de xénero cando implica unha relación de parella ou ex parella. Neste momento está a tratarse como un homicidio doloso e estamos á espera do desenvolvemento das investigacións\", sostivo. A subdelegada declinou facer valoracións sobre a necesidade de modificar a lei para que considere como violencia de xénero este tipo de delitos. \"Non teño ningún comentario que facer a respecto diso\", concluíu. Con todo, cómpre salientar que esta mesma cuarta feira a Valedora do Pobo decidiu abrir dilixencias de oficio polo presunto asasinato machista de Jéssica Méndez, e advertiu que casos como este supoñen \"a culminación do acoso a longo prazo\". A Valedora do Pobo abre dilixencias de oficio polo presunto asasinato da muller en Barro Aliás, na terza feira, o delegado do Goberno na Galiza, José Miñóns, apuntou que corresponde ao Ministerio de Igualdade determinar se se trata, ou non, dun caso de violencia machista."}
{"ID": "NOS_44816", "summary": "Nunha entrevista na Radio Galega, o conselleiro de Educación asegura que o curso se iniciou\" cunha gran normalidade\" como consecuencia de que na Galiza \"o sistema educativo funciona ben\".", "text": "O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aseguraba nunha entrevista concedida na mañá deste domingo na Radio Galega que o curso educativo na Galiza se iniciou \"cunha gran normalidade\". En relación ao aumento de casos positivos pola Covid-19 na comunidade educativa, co fechamento dunha escola infantil en Celanova e 421 casos, Rodríguez sinalaba que \"nos gustaría que non houbese ningún caso\" mais \"tendo en conta a media afectada\" no conxunto do Estado español \"os datos son favorábeis\". O conselleiro foi máis alá e indicou que \"temos que estar orgullosos\" ao constatar de que \"os centros funcionan como cortalumes\" con poucos casos por aula. Na mesma entrevista, Rodríguez tamén avanzou a modificación do decreto que regula os comedores escolares dependentes da Xunta da Galiza para que non só familiares de primeiro e segundo grao sexan coidadores. Con esta medida, o conselleiro seguraba que se procura pretenden mellorar o servizo e adaptalo á realidade da Covid-19. Tamén prevé presentarlles ás familias e aos concellos un protocolo para que se poidan realizar actividades extraescolares."}
{"ID": "NOS_11250", "summary": "Modepen advirte da conivencia da Xunta coas empresas.", "text": "A taxa de mortalidade nas residencias privadas é claramente superior á das públicas. Segundo un estudo presentado polo Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (Modepen), con datos referidos até o 19 de abril, os centros de maiores de xestión ou titularidade privada contan con 18.215 prazas, acumulan 827 contaxios por coronavirus e suman 92 mortes. Pola súa banda, as residencias de xestión pública dispoñen de 3.407 prazas, concentran 60 infeccións e totalizan tres falecementos. A estas usuarias de residencias mortas nos propios centros débense sumar outras 100 usuarias falecidas nos hospitais até o día de onte. Os datos desagradados do informe de Modepen sinalan que as porcentaxes máis elevadas de letalidade correspóndense cos centros de maiores xestionados por entidades privadas de carácter mercantil. Así, as residencias de titularidade e xestión privada suman 387 contaxios, 4,2% das residentes, e 65 mortes, 0,7% das usuarias, situándose a continuación os centros de maiores de natureza privada dirixidos por entidades ligadas maioritariamente á Igrexa, con 377 persoas infectadas, 5,1% das residentes, e 26 mortes, 0,40% das usuarias. \"Os motivos da maior mortalidade nas residencias de xestión privada son de carácter multicausal\", explica o voceiro da entidade, Francisco Vizoso Segundo Modepen, \"a probabilidade de morrer pola COVID-19 nas residencias de xestión privada é 5,73 veces maior que nas públicas e a posibilidade de infección é 2,58\". \"Os motivos da maior mortalidade nas residencias de xestión privada son de carácter multicausal\", explica o voceiro da entidade, Francisco Vizoso, que lamenta as \"dificultades para acceder aos datos\", polo \"enorme problema de falla de transparencia da Xunta da Galiza\". \"A falla de medios é o factor primeiro para explicar a maior mortalidade nos centros de maiores privados\", conclúe Vizoso. 'Alimentación mellorábel' \"A alimentación é mellorábel nas residencias privadas. A extensión dos sistemas de catering tamén contribúe a empeorar a oferta alimentaria nos centros de maiores\", sinala Vizoso, que destaca a \"festa das usuarias da residencia de Aldán (Cangas) hai uns días por poder comer peixe sapo despois de anos\", unha vez que a Xunta da Galiza tomou o control após retirarlle a xestión a DomusVi. A elevada privatización no sector da prestación das residencias está provocando unha importante baixada na calidade asistencial, aspecto que tamén critican desde as asociacións de familiares de usuarias ou desde as organizacións sindicais. Modepen amósase moi crítico coas políticas do Goberno galego en relación coa terceira idade. Así, o colectivo denuncia \"a situación actual dos servizos sociais dirixidos aos maiores e dependentes na Galiza, que se caracterizan por ser escasos, estar enormemente privatizados, ter unha calidade moi mellorábel e uns prezos carísimos e abusivos\". Nese sentido esixen, tamén, a derrogación da actual Lei de dependencia, cualificándoa como \"lei neoliberal que debe ser substituída por outra que destaque os intereses da maioría da poboación\". \"A conivencia da Xunta da Galiza cos operadores privados das residencias é absoluta. O Goberno galego leva anos traballando para os amigos, sendo total a identificación do PP coa Fundación San Rosendo en Ourense e sendo tamén coñecida a amizade que une a Núñez Feixoo e a executiva de DomusVi, Josefina Fernández\", salienta Vizoso."}
{"ID": "NOS_2117", "summary": "Quedan pendentes de ser atribuídos dous escanos que poderían darlle á oposicion unha maioría parlamentaria de dous tercios, o que lles outorgaría o máximo poder para derrogar importantes cambios promovidos polo chavismo.", "text": "A Mesa de Unidade Democrática (MUD), a coalición de partidos opositores, obtivo 110 escanos na Asemblea Nacional nas eleccións do pasado domingo dun total de 167, segundo os últimos datos oficiais. Mentres, o partido do presidente, Nicolás Maduro, obtivo 55 deputados. Os tres últimos deputados engadidos pertencen ás circunscricións indíxenas, que tamén se sumaron ao cambio proposto pola candidatura opositora. Os dous escanos pendentes de atribución pertencen a unha rexión do Amazonas e ao estado de Aragua. Este dous escanos máis daríanlle os dous tercios da cámara, co que poderían promover cambios na vixente Constitución de 1999, para designar e destituír autoridades doutros poderes ou para promulgar leis orgánicas."}
{"ID": "PRAZA_6387", "summary": "As organizacións de anpas galegas advirten da \"multiplicación de problemas\" que suporá a lei Wert nun ensino público galego xa danado por anos de recortes. \"É o intento do PP de seguir creando obreiros e do Goberno galego de satisfacer a Rajoy e a Wert\".", "text": "O curso escolar que comeza neste mes de setembro en Galicia semella que volverá chegar \"cargado de conflitividade\", tal e como advirten os sindicatos. Aos recortes no ensino público que as centrais levan anos denunciando engádeselle agora unha aplicación da Lomce impulsada pola Xunta que multiplicará os problemas nos centros. O sindicato maioritario na ensinanza, a CIG, advirte da supresión de unidades, da masificación das aulas, da redución e precarización do profesorado, do empeoramento da calidade, da marxinación da lingua galega ou da degradación xeral. Pero a instauración \"improvisada e apurada\" da lei Wert en Galicia pon aínda máis atrancos, ao ser unha normativa \"imposta\" sen \"formación nin información\" dabonda nin para docentes nin para familias. Sindicatos e anpas advirten que a implantación \"apresurada e improvisada\" a Lomce multiplicará os problemas no ensino público Sindicatos e asociacións de pais e nais advirten da \"segregación do alumnado\", da \"confesionalidade\" que supón a Lomce ou das eivas democráticas que acumula. A maiores, denuncian que se sigan a concertar unidades cos centros que segregan alumnado por razón de xénero malia as sentenzas en contra e a pesar das dificultades económicas ás que a Consellería de Educación adoita aludir para xustificar os recortes e a falta de medios nos centros. \"É unha trapallada\", advirte a CIG, nunhas críticas ás que se unen as diferentes organizacións de anpas, que analizan para Praza as consecuencias que esta implantación \"apresurada\" da lei Wert suporá en Galicia, que volve ser unha autonomía pioneira na aplicación das medidas máis controvertidas do Goberno central de Mariano Rajoy. Tan axiña se fai, que en agosto, vía DOG, unha orde fixou os currículos de 1º, 3º e 5º de Primaria nos que se empezará a aplicar a Lomce cando aínda non se aprobou o decreto, a norma de rango superior que ten que regulalos. O DOG fixou os currículos para os cursos nos que se aplicará a Lomce sen aprobarse aínda o decreto que ten que regulalos Helena Gómez, presidenta da Confapa, lembra que o currículo de Primaria debateuse con numerosas emendas no plenario do Consello Escolar de hai menos de tres meses e advirte de que nin a sociedade, e nin tan sequera os docentes, están o suficientemente informados sobre do que se lles vén enriba. \"Malia os esforzos en informar, a xente non sabe ben o que supón a lei Wert\", explica nunha crítica na que coincide Fernando Lacaci, vicepresidente das Anpas Galegas, que ve na aplicación da norma \"un problema engadido\" que \"podería ser menor se fose consensuada e non imposta polo PP e contestada pola inmensa maioría da sociedade\". \"Se xa é difícil implantar unha norma, moito máis se hai pouco profesorado e poucos medios\" \"É un despropósito absouto porque non hai nin formación in información precisa; ademais, chega nunha situación de recorte de persoal e de medios que é sistemático. Se xa é difícil implantar unha norma, moito máis se hai pouco profesorado e poucos medios\", insiste Lacaci. Helena Gómez coincide pero advirte tamén de que a Lomce \"será o instrumento e a escusa que a Xunta empregue para continuar cos recortes\". \"Se antes os había, agora haberá máis\", din desde a Confapa, que cre tamén que o feito de que \"Galicia fose a primeira comunidade en recortar no ensino público\" faralle máis doado á Consellería continuar con esta política. \"A sociedade está afeita a que lles supriman medios, profesorado e calidade e verá estas novas medidas como algo máis\", denuncia. Gómez pon un só exemplo dos numerosos prexuízos que traerá esta aplicación apurada e improvisada a Lomce. A Formación Profesional Básica non se vai poder impartir en todos os institutos, polo que rapaces duns quince anos veranse obrigados a cambiar non só de instituto, senón de municipio, como ocorrerá con varios alumnos na Pobra do Caramiñal. Ademais, advirte de que \"a volta aos concertos con centros do Opus Dei\" segue a ser \"a maior das preocupacións\" para a Confapa. \"Mentres se nos di que non hai cartos para que os cheques dos libros cubran tamén o material escolar, a Xunta perdoa unha débeda de 12 millóns de euros que manteñen estes centros segregadores, que cobraron unha subvención indebida durante anos\", lembra. Por que tan axiña? Pero por que se aplicará a Lomce tan axiña e dun xeito tan improvisado en Galicia? A resposta, tanto das Anpas Galegas como de Confapa-Galicia é a mesma. \"Responde a motivos ideolóxicos\" e, incluso, á intención de favorecer os intereses particulares do PP no país. Fernando Lacaci cre que a base, tanto da lei Wert como da súa rápida aplicación, débese ao concepto que da educación ten a dereita. \"Mentres os gobernos de esquerdas defenden o ensino obrigatorio como o dereito dun individuo, os do PP veno como un método de inserción na vida laboral\", di. \"A lei Wert é o intento do PP de implantar a fórmula para seguir creando obreiros e manter España como un Estado de man de obra barata\" \"O impulso do PP a esta lei Wert é o intento de implantar unha fórmula que permita seguir creando obreiros para continuar así coas súas políticas económicas que pretenden facer de España un Estado que siga proporcionando man de obra barata; non buscan traballadores cualificados, porque se así o quixesen, non reducirían os recursos como o están facendo\", insiste Lacaci, que ve tamén na Lomce \"o intento por recuperar a preminencia da Igrexa católica na ensinanza\". En canto á présa da Xunta, as Anpas Galegas cren que o Goberno central busca dificultar a futura derrogación da Lomce no caso de que o PP perdese o poder nas vindeiras eleccións xerais. \"Saben que é moito máis difícil derrogar unha norma implantada que outra que só está aprobada; a súa idea é deixar algo xa feito e poñer atrancos na súa supresión\", di Lacaci. Para Helena Gómez, a motivación do Executivo galego é \"ideolóxica\". \"A Xunta quere satisfacer a Rajoy, a Wert e o PP; foi a primeira en recortar e será vangarda na implantación da Lomce\" \"Mentres en Asturias ou Andalucía se apoia o atraso na aplicación da Lomce, aquí quérese satisfacer o PP, a Rajoy e a Wert; igual que foi a primeira comunidade en recortar no ensino, agora quere ser a vangarda na instauración da nova lei\", di a presidenta de Confapa-Galicia, que insiste en que a nova normativa será \"a escusa\" que a Consellería de Educación empregue para \"seguir recortando\", do mesmo xeito que fixo cos concertos con centros segregadores malia a sentenza en contra. \"No fondo, a súa idea é quitarlle valor ao ensino público para que os pais vexan nos centros privados e concertados unha opción alternativa\", engade Lacaci, que cre que a Lomce \"non se poderá implantar, porque nin hai medios, nin formación nin apoio\". \"Será papel mollado\", advirte, ao tempo que Helena Gómez ve nas declaracións do conselleiro Jesús Vázquez, que ataca as anpas e os sindicatos, \"un intento en desviar a atención\". \"Saben que os pais temos a forza da razón e moléstalles que digamos o que está a ocorrer, pero nós estamos encantados con que lles molesten as verdades\", finaliza."}
{"ID": "NOS_10215", "summary": "A actividade nas Cortes españolas quedou limitada, entre outras cuestións, pola breve duración das dúas últimas lexislaturas, a XII e a XIII. Todos os debates relevantes que afectaban a Galiza adiáronse. Tan só a comisión de investigación do accidente do Alvia puido saír adiante, mais tivo un final abrupto en febreiro pasado. É outro asunto que segue pendente; como o do saneamento das rías, a concreción dun estatuto para as empresas electrointensivas ou a transferencia da AP-9, entre os máis urxentes e que terían levado un trámite parlamentario sinxelo. Eis un estrato da peza publicada no número 366 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "\"Nós pedimos no verán que se reabrise a comisión de investigación por respecto ás vítimas e ás familias e porque debe emitirse o informe final, quedan moitas cuestións por aclarar e ninguén asumiu aínda as responsabilidades políticas\", di Antón Gómez- Reino, deputado de Galicia en Común e que participou dos traballos da comisión. \"Para nós foi un golpe máis que a comisión se pechara desa forma en febreiro\", explica Jesús Domínguez, portavoz da plataforma de vítimas do tren. \"Mais durante a comisión sucederon cousas que obrigarían a reabrila, malia que está claro que PSOE e PP van da man e non teñen interese nela\". A comisión celebrou as últimas sesións coas comparecencias de Ana Pastor e José Blanco como exministros de Fomento. As dúas foron a porta fechada. Pastor e Blanco eludiron responsabilidades directas. Despois, polo adianto electoral, os traballos do comité parlamentario remataron sen que as vítimas tiveran ocasión de volver comparecer, como pediran, e sen informe final ningún. O accidente e as demandas de xustiza mantivéronse con dificultade na axenda durante a campaña das eleccións europeas. \"A comisión estivo baleira de contido. Foi un paripé político entre o PP e o PSOE, que nesta cuestión teñen un acordo evidente por repetido. Eu sufrino nas miñas propias carnes: quixen participar nunha das sesións como público e prohibíronme a entrada\", lembra Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo e que convidou as vítimas coruñesas a un mitin nos últimos días da campaña de maio. \"No Bloque, na etapa de Rosana Pérez no Congreso, xa pediramos un control político sobre o accidente, pero ese control nunca se aplicou\". Mais a demanda abriuse camiño en Europa e continuou na axenda duns poucos medios galegos e estatais. \"Hai novas circunstancias, cousas que pasaron na comisión e cousas que pasaron fóra\", di Domínguez, e sinala informacións xornalísticas do pagamento por parte de ADIF de asesores para determinados comparecentes, e o procedemento por infracción da Lei de servizos ferroviarios que a Comisión Europea abriu ao Estado español. Este verán, nunha asemblea en Compostela, as familias das vítimas advertiron do \"enorme desgaste\" que están a sufrir despois de seis anos de pelexa política, xudicial e mediática contra o Estado. Tamén constataron \"a traizón do PSOE\", singularizando a súa decepción na deputada coruñesa Pilar Cancela. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 366 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_19308", "summary": "BNG, PSdG-PSOE e até AGE, que non ten representación no Concello, rexeitan o plan da Confederación Hidrográfica que o PP defende. O concello denuncia que \"todos están a facer demagoxia\" namentres ofrece dados que contradín o propio proxecto.", "text": "\"O plan de encauzamento do río executarase\" e as árbores afectadas \"son 90 e non o dobre, como se está a dicir de maneira interesada\" --e como sinala o proxecto que el propio defende--. Pouco parecen importarlle ao alcalde de Sarria, José Antonio García (PP), os protestos que desde a madrugada da segunda feira están a se desenvolver no municipio en que goberna en contra dun plan da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que conta co amparo do Concello. Nunha entrevista concedida recentemente a un xornal, deixa claro que, se ben as talas de árbores levan dous días interrompidas, seguirán adiante porque o plan \"non é agresivo senón todo o contrario\" xa que \"só se limita a eliminar obstáculos que impiden o paso da auga\". Anegouse algunha vez a contorna de 350m onde a Confederación contratou actuacións? \"Aquí hai un edificio de vivendas, outro do cal só un bar dá á zona afectada, un ambulatorio e un hotel\", explican en conversa con Sermos Galiza fontes da Plataforma Sarriana polo Río, que mantén paralizado o proxecto após encadeárense ás árbores e ir 'acampar' á illa do Muíño do Toleiro. Deses inmóbeis e establecementos, a última grande riada afectou, efectivamente, o hotel e algunhas vivendas. Entón, por que a Plataforma rexeita os traballos que se queren realizar? \"Porque a auga que causa os estragos non vén do río Sarria, senón de máis arriba\". O propio informe realizado pola Confederación Hidrográfica sinala expresamente que as anegacións poderían corrixirse, mais non eliminarse. Aliás, prohibiría tamén calquera traballo en época de enchente --agora--, sinalando que só en época de estiaxe, cando o río vai máis baixo, poderían realizarse obras nas súas marxes. A veciñanza pula por un proxecto que free as enchentes A Plataforma Sarriana esixe que se execute un proxecto para evitar as enchentes. Mais un proxecto \"que aborde de maneira íntegra as causas\" desas anegacións, realizando intervencións sobre o río Sarria, si, mais tamén sobre o río Celeiro --que a Confederación só mencionou no título do proxecto mais non hai ningunha actuación prevista-- e sobre os regatos que van desembocar a ambos os dous cauces. Con esta demanda riba da mesa, a única interacción que existe co concello é a través dos medios de comunicación. \"Nen que isto fose Nova Iorque!\", brincan desde a Plataforma, pois a illa do Toleiro, onde encetaron as talas e onde se mantén a veciñanza, está \"a 20 metros do concello\". O alcalde anunciou unha campaña informativa que será contrarrestada polo colectivo cidadán, segundo acordaron nunha xuntanza realizada esta cuarta feira á noitiña. \"A nosa prioridade é mellorar a difusión da información que manexamos\" para desmentir as acusacións verquidas desde o goberno municipal e que falan de protestos \"total e absolutamente politizados\". #NonSomosCatro \"Aquí hai xente que leva toda a vida a militar no PP, no PSOE, no BNG...\", sinala a Plataforma, malia que o rexedor se mostra desconforme con que os grupos municipais de BNG e PSdG-PSOE \"participen activamente nas protestas, ás que van os seus representantes\" e até con que \"grupos coma AGE, sen representación no concello, critiquen a obra sen nengún rubor\". Sostén José Antonio García que \"todos están a facer demagoxia\". Namentres, as talas están paralizadas --só se cortaron 5 árbores o primeiro día-- e a veciñanza sarriana resiste na illa do Toleiro partillando termos de café para escorrentar o frío. A última acción, unha cazolada que tivo ampla difusión nas redes sociais e que combateu o argumento de que son \"unha minoría\" cun hastag: #NonSomosCatro."}
{"ID": "NOS_5573", "summary": "Manuel Reigosa, (Vigo, 1958) tomou posesión como reitor da Universidade de Vigo hai ano e medio. É o sexto á fronte da institución e prepárase para un ano crucial. 2020 será chave para a captación de talento, para a negociación de máis financiamento público e para o futuro da universidade privada impulsada por Abanca.", "text": "Cales son os desafíos máis urxentes para a Universidade de Vigo? Sempre hai que mellorar en docencia, investigación e transferencia, mais temos dous retos urxentes. O primeiro ten que ver coa captación de estudantes. Os datos demográficos non son os que quixéramos. Nunha década o alumnado en condicións de acceder á universidade irá diminuíndo progresivamente, así que temos que ser moito máis atractivos para o alumnado de fóra da Galiza. Doutra banda, tamén nos urxe captar profesorado e persoal docente investigador con talento. A paralización das contratacións durante os anos de crise mais o envellecemento do cadro de persoal das universidades creadas nos 90 poñen en risco a continuidade de persoal suficiente e formado. Vanse producir moitas xubilacións e debemos estar preparados. Por iso temos que facer que retornen á Galiza moitas das persoas que están levando a cabo carreiras científicas, docentes e investigadoras de éxito polo mundo adiante, co fin de manter e reforzar os niveis de produtividade actual. O recoñecemento da universidade privada promovida por Abanca non está entre os desafíos prioritarios? Eu manteño que co horizonte demográfico ao que me acabo de referir non é preciso ningunha outra universidade. De habela, debería cinguirse ás normas galega e estatal. Debería facer unha oferta complementaria á da universidade pública. Pero agora mesmo o Sistema Universitario da Galiza (SUG) cobre practicamente a totalidade dos estudos que se poden cursar no Estado. É completa e xenerosa, e as súas carencias non as vai arranxar a universidade privada, se ao final se aproba e se pon en marcha. O que teñen que facer os poderes é traballar para que a universidade pública sexa cada vez mellor. Neste sentido, podo sinalar un terceiro reto importante: conseguir que a sociedade comprenda a importancia que ten a universidade pública. É a nosa obriga explicarlle que os euros que se invisten en docencia, investigación e transferencia á empresa retornan creando riqueza e benestar social. Mais para iso, e para competir coas mellores universidades do mundo, precisamos un financiamento superior. O que estamos a recibir dista moito do que se recomenda para unha sociedade avanzada coma a nosa. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_54169", "summary": "Aconteceu na Coruña. O home tirou do vehículo en marcha á muller quen xa o denunciara en anteriores ocasións, igual que outras parellas.", "text": "O asasinato produciuse no polígono industrial de Pocomaco na Coruña. O home tirou do vehículo en marcha á muller causándolle a morte por un forte golpe na cabeza. O home foi detido pola Garda Civil após unha forte resistencia, inidicaron fontes do instituto armado á prensa. O detido contaba xa cunha denuncia por violencia machista presentada pola falecida que foi sobreseída pola xustiza. Aliás, contaba cunha unha ficha aberta pola policía por agresións a anteriores parellas. A investigación policial continúa aberta para esclarecer os feitos. O asasinato tivo lugar seis días despois do acontecido en Foz e suma xa o cinco no que vai de ano en Galiza, 23 no conxunto do Estado español."}
{"ID": "NOS_54864", "summary": "Unha muller de Quiroga con doenza incapacitante denuncia os cambios e retrasos \"sen explicación nin xustificación\" de citas.", "text": "Unha muller de Quiroga leva dous anos sufrindo o que cualifica como \"odisea na xestión de citas médicas\" para poder ser atendida da doenza incapacitante que padece. Unha situación que se agrava após que o traumatólogo lle advertise, afirma a familia desa muller, que se non é atendida \"con rapidez\" pode ficar en cadeira de rodas. A familia denuncia que desde o HULA cambian \"sen explicación nin xustificación\" unha cita urxente. A paciente, que agardaba ser operada de dúas hernias discais, sofre agora tamén vertixe e depresión \"como consecuencia deste longo e desagradábel periplo sanitario\". A muller acumula seis citas sen ser atendida do seu problema, denuncian."}
{"ID": "NOS_56839", "summary": "Sónia Sultuane, poeta moçambicana, lança novo livro. Roda das encarnações. Falamos com ela, transcrevemos o que do livro diz Mia Couto e lemos seus textos.", "text": "Roda das encarnações é a nova proposta poética de Sónia Sultuane, proposta de questionamentos profundos em que a palavra é levada à categoria de agulha com que suturar os rasgões que traz a vida. - Como surge o título?- O título não surge por acaso. É motivado pelo facto de considerar que estou a ter uma segunda chance da vida. - Essa é a principal reflexão? - A principal reflexão da obra gira em torno do tema relativo à espiritualização, esse lado humano que não se toca, sente-se. - Portanto, esta nova proposta em livro não se esgota na beleza da poesia? - Não, é mais de alma e de questionamentos profundos. Quero que os leitores encontrem a vontade de viver, no livro, a fé, e que respeitem a oportunidade de estarem vivos, encontrando na palavra a força necessária para a luta. \"Roda das encarnações\" sai sob a chancela da Fundação Fernando Leite Couto. É prefaciado por Francisco Noa. No lançamento também falou Mia Couto O que diz Mia Couto \"Um livro não se apresenta, tal como não se apresenta uma pessoa. O que vou aqui fazer é apenas partilhar convosco o modo como me aconteceu este \"Roda das encarnações\". O que mais me tocou neste livro foi um sentimento religioso que perpassa por todos os poemas e que se anuncia logo no título. O título fala de encarnações e o título podia ser uma mentira poética mas não é. Este livro trata desse círculo infinito de que faz parte a migração de corpos e almas e de mundos. De um modo muito feliz o título reúne dois conceitos: o da roda e da encarnação. É uma falsa dualidade porque se trata de uma única entidade. Quando se fala em \"roda\" está-se a convocar um tempo circular que não deixa que os vivos se afastem dos mortos. Evoca-se um tempo que reunifica as pontas do passado e do futuro. Quando se fala em \"roda\" está a sugerir um jogo, uma dança, uma relação lúdica com o tempo que só acontece no tempo da infância. E a fotografia da capa é elucidativa: a poeta descalça-se à porta do poema, espaço místico e sagrado, para depois voltar a usar os sapatos quando eles tomaram vida e se encheram de alma. O que se anuncia logo de início, logo no primeiro poema dedicado ao seu filho. é uma espécie de rosário de encarnações. É curioso pensar como o termo \"encarnação\" é partilhado por um conjunto de discursos religiosos como o cristianismo, budismo, hinduísmo e espiritismo. No discurso cristão a palavra foi sugerida no Novo Testamento para designar a vinda de Cristo à terra. Cristo \"encarnou\" porque reconciliou em si mesmo a carne e o espirito divino. A encarnação opera um milagre fundamental: sem ter deixado de ser Deus, Deus se fez homem. Sendo carne e sendo mortal, Cristo fez-se alma immortal dos mortos e dos vivos, dos antepassados e dos vindouros. Este livro é habitado por um sentimento religioso no sentido primordial da palavra \"religião\" que é aquilo que nos leva a nos religarmos a algo que é universal, que é perene e que é sagrado. Um sentimento que não é exatamente o de uma qualquer religião concreta mas de uma religiosidade que nos faz reconectar com o universo. E que nos faz descobrir o mundo com os olhos da infância. Há uma ferida original que é a existência individualizada, dispersa e fragmentada Há um verso em que Sónia diz: a minha alma está cheia de um pedaço de todos.Sucedeu algures no nosso tempo vivido, um rasgão que impede que cada um de nós não seja todos os outros. Há um nó que nos aprisiona numa única pessoa. Há uma cicatriz que nos condena a viver a nossa vida por pequenos pedaços e insuficientes passos. Esse rasgão precisa ser suturado. Quem faz essa costura é a poesia. É com essa agulha e com esse pano que Sónia vai alinhavando versos com a intenção de recuperar o sentido sagrado da palavra. Há um poema em que ela escreve: … caminho com as palavras impressas em meus pésIsto é poesia pura. É como se um livro estivesse escrito na superfície da terra. E como se ao inverso foi a terra que lesse o poeta. Foi a poesia que escrevesse o poeta. É no discurso poético que Sónia Sultuane constrói um idioma universal e que nos reconduz a uma experiência de hamornia absoluta. Neste livro a palavra é revelada como um meio não apenas de chegar ao outro mas de ser um outro. Essa palavra não é já uma coisa mas uma divindade. A essa divindade Sónia se dirige, numa espécie de confissão de uma menina pequena que procura adormecer: ….\" E é que como se me lesses, um livro de contos pagão e panteísta, fazendo calar o tropel sonoro da minha alma inquieta,\". O assunto destes poemas é o mesmo de toda a poesia: a procura de um regresso a casa. Essa casa pode ser uma geografia (aqui se sugere com frequência a Índia). Mas essa casa nunca chega a ser um lugar. Essa casa pode ser uma vida anterior, pode ser a evocação de um espaço de afecto da família e da infância (os poemas que são dedicados são dedicados quase sempre a familiares, numa roda sultuanica, com exceção honrosa do meu falecido pai, o patrono desta casa). Essa casa não é um tempo ou um lugar: é uma viagem, uma travessia, é o amor que apaga fronteiras entre corpos e vidas. Neste livro partilhamos uma casa feita com palavras. Palavras de alguém que não apenas escreve. Alguém que é a própria poesia\" (Mia Couto) O que diz o livro (fragmentos) Roda das Encarnações Sou os olhos do Universo, a boca molhada dos oceanos, as mãos da terra, sou os dedos das florestaso amor que brota do nada, sou a liberdade das palavras quando gritam e rasgam o mundo, sou o que sinto sem pudor, sou a liberdade de mãos abertas, agarrando a vida por inteiro estou em milhares de desejos, em milhares de sentimentos sou o cosmos vivendo na harmonia na roda das encarnações. VocabulárioPor todos os lugares agrestes e sagrados que piso, pelas savanas, florestas e montanhas que me povoam, caminho com as palavras impressas em meus pése viajo no mundo a qualquer hora do dia ou da noite falo em qualquer línguarezo as palavras das mais diversas religiões sem amarras ou falsas convicçõesno meu coração vive todo o vocabulário que só eu entendo e comigo caminhaum vocabulário todo ele sentimento, esperança e perdão para que o amor não morraesquecido em qualquer canto do universo. Entrada para o céuQuando faltarem asas sopra nas tuas mãos as palavras amarradas. Voarão em liberdade poemas encantados. Em forma de genteEm forma de gente que sente perguntaram-me se ainda escrevo poesia se ainda sinto a brisa das palavras os longos vazios decadentes se ainda sinto as noites gélidas e as tempestades nos lençóis brancos onde se deita a solidão e a escrupulosa consciência perguntaram-me se ainda me rio ao sabor do vento das tardes quentes e húmidasse ainda olho feliz o pôr-do-sole esboço prosas cheias de palavras e finais contentes. Sim, ainda escrevo poesia e sou poesia que sentee que tem nos lábios agarradas todas as sílabas e as vírgulas numa fé permanente. Vasculhando memóriasVou abrir a gaveta da distância, para encontrar a saudade, vou vasculhar nas memórias, as lembranças do que não vivi!!! MelodiaQuero o silêncio para descansar nele todos os ruídos do mundo. Quero o silêncio para ouvir a música mais bela da vida a melodia do meu coração!!! NaufrágioQuero soltar a âncora e velejar nesse mapa desconhecido, e se o mar ficar bravo, assobiarei aos céus para negociar a rota directa à lua, e se os ventos forem fortes,aguentarei firme nas coordenadas dessa viagem da vida."}
{"ID": "NOS_31242", "summary": "Un clamor contra a sentenza de 'La Manada\". Iso foi o que se ergueu este serán nas rúas de Galiza, con múltiples concentracións nas cidades e vilas do país. O movimento feminista voltou a mobilizar miles de persoas. Para a grande maioría das participantes nestas concentracións, as institucións non só non protexen as mulleres, senón que as agreden, como mostraría a resolución xudicial que exonerou de violación os agresores da moza madrileña.", "text": "\"Contra todo agresor a manada somos nós\" e \"non foi abuso, foi violación\" foron algúns dos cánticos máis coreados nas concentracións que se viviron este serán na Galiza, algunhas multitudinarias como as de Vigo e Coruña. O movimento feminista galego mostrou, mais unha vez, e despois do grande suceso do 8M, a súa capacidade de convocatoria, chamando a participar nun total de 31 concentracións, nas 7 cidades e nas vilas cabeceiras de comarca do país. \"A complicidade institucional é violencia criminal\", rezaba a faixa portada polas participantes na concentración de Vigo, un alegato contra as políticas machistas dos gobernos do PP que se vía complementado con cartaces con lendas tais como \"se te resistes, mátante; se non te resistes, non te cren; non é abuso, é violación\". A atmosfera nas concentracións abalou entre a raiba e a indignación perante unha sentenza que é recibida polo feminismo como unha resolución xudicial que ampara a violencia machista, como un insulto contra todas as mulleres. Ao noxo e á repulsión por este novo ataque aos dereitos das mulleres -\"no Estado español sae ben barato ser violador\", o comentario aparecía en todas as conversas- uníronse tamén a emoción por tanto berro partillado, a solidariedade coa vítima e a determinación de intensificar a mobilización contra as agresións do patriarcado."}
{"ID": "PRAZA_2555", "summary": "Diana Toucedo estrea en Cineuropa o documental 'En todas as mans'. Un traballo sobre as comunidades de montes galegas e portuguesas. Unha mirada, como noutras obras da mesma autora, ao presente que garda o pasado para ollar para o futuro. Ou á relación dos humanos coa natureza.", "text": "Cineuropa estrea o sábado 14 ás 12:00 horas, no Teatro Principal, o documental 'En todas as mans', dirixido por Diana Toucedo por encarga da cooperativa Trespés. O filme afonda na figura, única en Galiza e no norte de Portugal, do monte comunal, xestionado directamente polos veciños e veciñas a través das comunidades de montes. O equipo de 'En todas as mans' interesouse especialmente, ademais, por aquelas comunidades que están a levar adiante, con toda a afouteza e coa administración de costas a elas, os proxectos máis innovadores no aspecto económico, ambiental e social. Porque representan, se cadra, a mellor maneira de ollar o futuro. 'En todas as mans' foi un encargo da cooperativa Trespés. Tamén fixeras para eles 'Por que non cantades todas', cunha das comunidades de montes de 'En todas as mans'. Que veu primeiro? Un xurdiu do outro, si. Cando estabamos traballando en 'En todas as mans', Samuel, que era nese momento o presidente da comunidade de montes de Zobra, na serra do Candán, propúxonos a idea de gravar as cantareiras. Porque el decatábase de que era algo que se podía perder. E a verdade é que son unhas mulleres súper modernas, cun gran sentido do humor… gustounos moito facer ese proxecto. Xurdiu nese momento pero fixémolo despois. Tamén 'En todas as mans' foi gravado en dous momentos, en 2013 e 2014. Por unha cuestión técnica ou porque tivestes algún problema? Pola axuda de Agadic, en realidade. Porque a maior parte do orzamento que nos ían dar era para o terceiro ou cuarto ano. Entón tentamos facer a rodaxe nos dous últimos anos. Pero ao final foi bo para o proxecto. Así tivemos máis tempo para a investigación. Tamén puidemos ver o gravado na primeira rodaxe e mudar cousas na segunda. Hai moitas entrevistas pero non poñedes o nome de ninguén ata os créditos finais. É porque queriades un retrato coral, sen individualizar? É unha decisión que tomamos xa desde o principio. A idea era entrevistar xente coñecida, como profesores de Universidade, e aos protagonistas das comunidades de montes, os comuneiros. Unha muller que traballa nunha comunidade de montes non é menos importante que alguén que dea unha perspectiva académica, por exemplo. E pareceunos oportuno non individualizar o discurso. \"Unha muller que traballa nunha comunidade de montes non é menos importante que alguén que dea unha perspectiva académica\" O obxectivo é explicar o que é unha comunidade de montes e como funciona, reivindicala como parte do noso patrimonio cultural e natural… Como os concretastes durante o proxecto? Os obxectivos xa estaban claros desde o propio encargo. Alberte Román foi quen contactou comigo e me explicou. Eu sabía o que eran as comunidades de montes pero tampouco coñecía a temática desde dentro. E iso que meu avó era comuneiro!. Ao comezar a afondar no tema, decatámonos de que os galegos e os portugueses temos unha figura única, a comunidade de montes, que permite a xestión directa da nosa contorna polos propios veciños. As terras comunais levan aí séculos, e non é algo moi coñecido. É unha parte do noso patrimonio, e algo exclusivo de Galiza e do norte de Portugal. É parte de nós. E o que quixemos foi falar diso, en positivo. E máis nun momento no que a cidadanía está a reclamar a participación, desde abaixo. Porque as comunidades de montes son, como din os comuneiros, unha escola de democracia. Indo ao concreto, mostramos como as comunidades de montes funcionan de xeitos diversos. E interesábannos especialmente as comunidades que están a apostar por proxectos máis innovadores, en xestión económica, ambiental e social. Ao sinalar eses exemplos, en positivo, pensamos que se cadra podiamos abrir campo para que as comunidades menos dinámicas poidan camiñar cara aí, cara ao modelo baseado neses tres eixes. \"Interesábannos especialmente as comunidades que están a apostar por proxectos máis innovadores, en xestión económica, ambiental e social\" O propio documental é… como varios documentais nun. Dun lado as entrevistas, doutro unha parte máis observacional, da vida cotiá, doutro lado un enfoque da paisaxe bastante artística… Esa foi a aposta, si: tres pés, a nivel conceptual. Dun lado a verbalización do tema a través das entrevistas, para dar información sobre o que son as comunidades de montes. Dirixímonos a un público galego, ademais, pero non de xeito exclusivo, polo que precisabamos que estivese ben explicado para quen non coñeza esta realidade. Doutro lado está o cotiá, o retrato de acompañamento dos comuneiros. E despois a paisaxe, que tamén ten un peso importante. Queriamos que se vise a diversidade: os diferentes tipos de monte… En xeral, a idea non era só dar información, senón que a xente poida sentir o que che están a contar. Case presencialo. Ao mesmo tempo, tampouco se presenta as comunidades como algo perfecto. Fálase de conflito, externo e interno. Do externo: os eólicos, a presión da administración ou o seu abandono, os lumes… A vontade era facer un documental que fale en positivo pero, si, non queremos dicir que todo sexa perfecto. Queremos que se vexa como traballa unha xente que está a liderar proxectos que xeran emprego, contribúen a recuperar biodiversidade… Pero as comunidades de montes son tan complexas como calquera comunidade de veciños. É normal que haxa conflito interno. En canto ao externo, están a soidade, o desamparo da administración, as costas que lles dá todo o universo político. Quixemos salientar o máis significativo, que nos pareceu que eran os eólicos, a praga das acacias, os lumes… E despois subtemas como a gandería… \"As comunidades de montes son tan complexas como calquera comunidade de veciños. É normal que haxa conflito\" No documental explícase como o franquismo roubou gran parte da terra comunal para impoñer a política de repoboación forestal da que aínda hoxe é resultado o estado do monte. Outros conflitos, como os dos eólicos, son máis recentes. Aínda que non sae no documental, co goberno bipartito si houbo un intento de que non fosen só as empresas os que os xestionasen. Despois, a tendencia foi só privatizar. Parece que volve ser como no franquismo. O Estado quere o que non é seu. Aí hai varias cousas, e unha delas é a problemática que supón a lexislación española, que non recoñece as comunidades de montes como territorio veciñal que son. E isto dá lugar a moitos dos conflitos e ameazas que apuntamos. En Portugal a lei recoñece a propiedade pública, privada e comunitaria. En España só a pública e privada. Nese contexto, a unha das comunidades de montes que saen no documental queren cobrarlle o imposto de sociedades, por exemplo. Porque o Estado non entende o que é. A Lei de Montes foi modificada varias veces, pero no se introduciu esta figura. Houbo mudanzas desde o franquismo, porque senón non se terían recuperado boa parte das terras roubadas e agora o monte sería todo dos concellos e do Estado. Pero non mudou a situación o suficiente. E un dos efectos do roubo dos montes puido ser a emigración, como di Araceli Freire. É algo importante do que non se fala. Non é fácil reverter a situación. Pero hai comunidades de montes que están a levar adiante proxectos moi afoutos para transformar e recuperar o que era noso. O documental olla, tamén, ao futuro. Pregúntase se haberá relevo, como fai Samuel. Tamén debaten entre eles se paga a pena, pois un lume -que pode ser unha vinganza- pode arrasar nunha noite o traballo de décadas. Eles saben que traballan a longo prazo. Como dicía sempre un comuneiro de Teis: é o monte que herdamos dos antepasados, pero non é para nós, é para os nosos netos. E iso é parte da filosofía que hai debaixo. Non só nós deberiamos pensar así. Debería facelo todo o planeta. Eles manteñen eses proxectos tan valentes, e subliño o de valentes, porque a da valentía é quizais a impresión coa que máis me quedei. \"Como dicía sempre un comuneiro de Teis: é o monte que herdamos dos antepasados, pero non é para nós, é para os nosos netos\" 'Trinta lumes', outro dos teus proxectos actuais como directora, tamén ten relación co monte… Son varios proxectos que fixen en paralelo, pero non teñen unha conexión tan directa. Si que é o monte a o vínculo dos humanos coa natureza. Pero en 'Trinta lumes' é unha abordaxe diferente, máis observacional. É un retrato do Courel a través dunhas nenas. O que me interesa é a concepción da vida e a morte neste lugar. E a relación do pasado co presente. A vida e a morte xogando man a man. As curtas que fixeras antes como directora tiñan un enfoque máis artístico. Falaban de arte, quero dicir. 'Ser de luz,' por exemplo, que estivo no (S8), falaba tamén un pouco da vida e a morte. É un traballo case de remontaxe. En Barcelona traballei con Javier Mariscal, co escultor Jaume Plensa, co deseñador David Torrents, cun grupo de arquitectura… Si que tiven vontade de achegarme á arte, e ao espazo, por iso o do traballo cos arquitectos. Con David Torrents fixen 'BruumRuum!', que foi premiada… Tamén traballaches na edición de 'La noche que no acaba' de Isaki Lacuesta, ou en 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser' de Alberto Gracia. Como montadora tes moito feito… Si. Con Isaki Lacuesta comezara a traballar xa bastante antes, cun proxecto no CCCB. El estaba traballando nunhas correspondencias con Naomi Kawase, e eu xusto estaba tamén nese momento con Naomi Kawase. En 'Por que non cantades todas?', que se puido ver o ano pasado no Culturgal, as cantareiras non lle daban moita importancia ao que facían. E en parte por iso Samuel insistiu… É que para elas é algo moi natural. Aprenderon a cantar na cociña, coa avoa. Aprecian o que fan, pero téñeno tan naturalizado que tampouco o consideran nada do outro mundo. Elas preservaron ese patrimonio dese xeito. E tamén é bonito: foi desde o íntimo, o cotiá, manter esa tradición con esa intensidade e esa vida. E tamén é algo que periga, porque son xente maior… \"As cantareiras aprecian o que fan, pero téñeno tan naturalizado que tampouco o consideran nada do outro mundo\" En 'En todas as mans' saen bastantes menos mulleres que homes. Hai menos nas comunidades de montes? Ou resultáballes máis incómodo falar para a cámara? A cuestión é que o comuneiro era un representante da casa e, aínda que a lei non o establecía así, normalmente o representante era o home. Aínda que no interior, en Lugo e Ourense, atopamos moitas comunidades nas que eran as mulleres. Os homes traballaban fóra, por exemplo, e eran elas as que estaban á fronte da familia. Hai uns 10 anos que a xestión comezou a igualarse máis nese sentido pero, claro, non é fácil. En calquera caso, si que se amosaron igual de participativas que os homes. Non houbo rexeitamentos a ser gravadas. Web de 'En todas as mans'"}
{"ID": "NOS_38100", "summary": "A ordenación territorial e o aproveitamento multifuncional do monte sitúanse como alternativas para combater o lume que azouta Galiza.", "text": "A Xunta insiste en que a responsabilidade dos incendios forestais é das persoas que incendian o monte e das condicións climáticas que atinxen o país en período estival: seca, altas temperaturas e vento de nordés, coma nestes días. Porén, porque outros territorios como Asturies, Cantabria ou Euskal Herria non viven ano a ano situacións de emerxencia como a que atinxe Galiza ou o norte de Portugal? O catedrático en Xeografía, Rubén Lois, asegura de maneira taxativa que \"falta ordenación territorial\". \"Hai un debate que se abriu hai 8-10 anos, durante o goberno bipartito\" mais que ficou no caixón esquecido a partir de 2009 e que se refire a algúns dos principais trazos do monte galego: \"abandono do rural\", \"inmobilización de terras\" e \"propietarios absentistas\" que empregan as súas leiras en repoboacións con eucaliptos e piñeiros como \"renda complementar\" ou en deixalas \"a monte\" (sen coidar nen traballar). \"Abandono do rural\", \"inmobilización de terras\" e \"propietarios absentistas\" como elementos incendiarios \"No mundo urbano\", explica Rubén Lois, os Plans de Xestión e Ordenación Municipal (PXOM) determinan que tipo de chan é no que estamos, que usos pode ter e de que maneira debemos levalos a cabo, e faino de forma detallada. \"No rural non é así\". As persoas propietarias apenas teñen algunha responsabilidade sobre os seus terreos e poucas obrigas. Neste senso, onde é que se producen principalmente os incendios forestais? \"Terreos pouco coidados\", sinala Lois. \"É certo que hai quen prende lume\" mais existen as condicións idóneas para que facelo se torne nunha catástrofe. A comezar polo polvorín que supón o monocultivo con especies pirófitas --literalmente amigas do lume-- como o eucalipto sen ordenación das propias plantacións, nun contexto de \"despoboamento\" e \"abandono\" dos espazos rurais. \"O rural non pode seguir abandonado\", insiste Rubén Lois, \"ten que haber certa intervención pública\" para promover a súa reocupación e actividade. Hai que introducir o debate\", subliña, \"de que as terras non coidadas ou que estexan a monte deben ter intervención pública\" pois a súa mobilización, aproveitamento e uso con fins produtivos \"reduciría moito o risco\". \"O rural non pode seguir abandonado\", insiste Rubén Lois, \"ten que haber certa intervención pública\" para promover a súa reocupación e actividade Monte vivo para combater o lume E existen experiencias en funcionamento. No número 157 do semanario en papel abordamamos cara á onde camiñar para que o monte deixe de arder aproveitándoo como un recurso. Na Galiza existen case un millón de hectáreas de terreo forestal o que representa máis da metade da superficie territorial do país. Dentro del o monte en man común constitúe un terzo e perto de 7 mil hectáreas no que se están a desenvolver proxectos que procuran unha planificación que valorice e diversifique o aproveitamento do monte através, por exemplo, do incremento da diversidade na floresta como corta-lumes natural A cría de animais en liberdade reduce e controla o \"combustíbel natural vexetal do monte\", a gasolina dos incendios forestais \"O que herdamos do franquismo foron montes inzados de eucaliptos\" cuxa proliferación --a golpe de subvención pública-- \"dificulta o control dos lumes\", explicaba na altura Joana Covelo. En Vincios, Gondomar, a comunidade de montes apostou na repoboación con frondosas autóctones e nos pastos onde crían animais como unha fórmula para mitigar a voracidade dos incendios --de se produciren-- e favorecer a súa extinción. Aliás, optaron polos cogumelos como método de rexeneración dos terreos queimados para alén de campañas de concienciación co que re-conectar socialmente co monte como patrimonio popular através de actividades ao ar libre (escalada, roteiros de sendeirismo) co que pór en valor os recursos arqueolóxicos da zona, entre outras cuestións. Na parroquia de Carballo, en Friol, deseñaron un proxecto silvo-pastoral con cabalos de raza galega que combinan con porco celta e produción micolóxica o que redunda na redución do risco de incendio ao converter o monte nun recurso vivo. A cría de animais en liberdade reduce e controla o \"combustíbel natural vexetal do monte\", a gasolina dos incendios forestais, apuntaba Lito Buján. \"Son auténticos desbrozadores\". Asemade, acrecenta, \"se volvemos traer a xente ao monte as persoas incendiarias sempre se retraen moito máis\" pois está vixiado, no caso de Carballo, por 52 persoas voluntarias comuneiras que compoñen a mancomunidade."}
{"ID": "NOS_23051", "summary": "O representante dos armadores vigueses sinalou que esta medida afectará a unha zona tan dependente do sector pesqueiro como a Galiza.", "text": "O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, censurou esta cuarta feira que Bruxelas \"impoña da noite para a mañá\" un veto a todas as actividades de pesca de fondo, tales como arrastre e palangre, en 94 zonas de Francia, Estado español, Portugal e Irlanda. Touza sinalou que \"sobre 70% da frota\" de 88 pesqueiros españois en Gran Sol pode estar afectada por esta decisión \"inoportuna\". Armadores galegos urxen a Bruxelas subvencións para evitar máis paros En declaracións a Europa Press, Touza sinala que a intención da Comisión Europea de seguir adiante coa proposta da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) para \"implementar estas medidas cara a finais de ano ou principios do ano que vén\" suporía unha \"moi mala noticia\" polo \"forte impacto desde o punto de vista socioeconómico\" para segmentos de frota en Gran Sol. \"Especialmente o palangre e de fondo que se vai a ver moi danado\", detallou, \"pero extensíbel á frota de arrastre e litoral\". \"Hai que ver a letra pequena\" O presidente de ARVI indicou que \"hai que ver a letra pequena\" e agardar pola opinión de Reino Unido, \"xa solicitada\", mais lamenta que esta decisión \"supón un paso adiante na política medioambientalista\" ao \"custo que sexa\". Recriminou que a visión \"medioambientalista\" estivese \"moi por enriba\" da situación socioeconómica en zonas altamente dependentes da pesca como a Galiza. \"Esta medida vai ter moitísimo impacto especialmente na frota da Mariña\", avisa. A Eurocámara respalda as axudas e aos sector pesqueiro e acuícola pola guerra de Ucraína Igualmente, Touza queixouse dunha \"falta absoluta de sensibilidade co sector\", a pesar de ser recoñecido como básico durante a pandemia. Para o armador, nun momento de \"profunda crise\" pola inflación, con especial incidencia en combustíbeis, realízase \"unha medida por trámite de urxencia que a Comisión decidiu pór en marcha\". \"Só solicitamos que as medidas que se adopten a nivel político sexan previamente acordadas co sector\", razoou, ao tempo que chamou a \"estudar\" se é necesario estabelecer zonas de protección en certas zonas, sempre que haxa \"informes científicos que o avalen\"."}
{"ID": "NOS_12833", "summary": "Silvia Rábade e Carlos Tajes volven de xira para presentar o seu segundo disco, 'Happy Lonely People', logo dun parón por razóns de saúde. Galiza, Catalunya e Inglaterra acollerán os seus próximos concertos.", "text": "Este dúo coruñés, sen moita fanfarria ao seu redor, leva nove anos enriba dos escenarios e seis vivindo da música. Compoñen, arranxan, producen e editan a catro mans e cústalle definirse dentro da escena independente: \"Si, supoño que facemos folk-rock, pero en Galiza o termo folk confunde un pouco, e nós non temos anda que ver con este folk. Gústanos berrear e ser rockerillos, pero tamén o contraste con cancións máis suaves\", comenta Silvia. Cal é o segredo de facer unha xira por Europa de forma independente? \"Moito traballo, coñecer á xente correcta e ter moitas ganas de traballar. Nós xa levamos 6 anos vivindo da música\", afirma Silvia con fachenda. O seu último disco, 'Happy Lonely People', presentárono en 2014 no Teatro Colón da Coruña e no García Barbón de Vigo, pero logo tiveron que interromper a xira por razóns de saúde. Agora volveron á estrada con concertos en Madrid e Bilbao e onte comezaron en Pontevedra a súa re-xira galega, que os levará o 23 a Compostela (Sónar), o 7 de novembro a Vigo (Casa de Arriba), o 13 a Ferrol (Sala Super 8) e o 14 a Ourense (Auriense). E logo despegan para Barcelona e Inglaterra, onde farán cinco concertos en senllas cidades. Quedamos coa dúbida do porqué do nome: \"Vén dunha canción que fixemos hai moito tempo e que ten significado para nós\", di misteriosa Silvia Rábade, que tamén nega que comezaran tocando na rúa: \"Comezamos facéndoo en locais e salas, pero logo de facer unha viaxe por Europa en 2008 decidimos facelo durante un tempo e funcionounos ben\"."}
{"ID": "NOS_41755", "summary": "O TSXG declarou ilegal esa medida por se ter aplicado con carácter retroactivo e ordenou que fose reintegrada ao persoal. CIG denuncia \"electoralismo\" na decisión.", "text": "O goberno galego adiantou o pagamento da paga extraordinaria que recortou en 2012 e 2013 ao seu cadro de persoal. Faráo na nómina de agosto e suporá 630 euros máis para as 100 mil persoas que traballan para o executivo. A CIG denuncia \"electoralismo\" na medida e lembra que se trata dunha obriga xudicial A Xunta atribúe o adianto a unha mudanza legal e a evitar a duplicidade de trámites se as pagas se retribuían por separado --en agosto e setembro. Porén, o adianto permítelle ao executivo sacar peito un mes antes das eleccións polo que a CIG denunciou o seu \"electoralismo\". Así mesmo, desde a central sindical nacionalista lembran que a devolución das pagas extraordinarias responde a diversas sentenzas xudiciais, a última en abril deste ano, que declararon ilegal o recorte levado a cabo polo goberno de Alberto Núñez Feijóo con carácter retroactivo. De facto, o executivo sinalou inicialmente a respeito da de 2012 que non acataría a decisión xudicial até se pronunciar ao respeito o Tribunal Constitucional."}
{"ID": "NOS_10200", "summary": "Miles de persoas maniféstanse en San Cibrao para \"seguir dando a batalla\" e con lemas como \"SEPI traidora, A Mariña non perdoa\".", "text": "O comité de empresa de Alcoa manifestouse este domingo, 20 de xuño, na Praza dos Campos de San Cibrao, en Cervo, onde se reuniron entre tres mil e catro mil persoas ─segundo cifras do presidente do comité, Jose Antonio Zan─ para continuar reivindicando \"unha solución viábel para Alcoa\". Zan dixo que van \"seguir dando batalla\" e mostrouse \"moi contento\" coa convocatoria, así como co estado de ánimo dos manifestantes. \"A xente está moi animada, con gana de dar batalla, moi conscientes de que o Goberno debe cumprir co pactado\", en referencia á non intervención no proceso de compra da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), comunicada polo secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, nas últimas semanas. Tanto é así, que Zan confirmou a celebración doutra manifestación, \"proximamente e moi potente\", tal e como se anunciou na concentración de San Cibrao deste domingo. \"Se non hai solución, Goberno dimisión\" A organización repartiu panos co lema \"Salvemos a industria electrointensiva\" e fíxose referencia ministra española de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. \"Se a ministra non quere facer o que se lle manda, que marche para a súa casa\", manifestou a comitiva. Con lemas como \"SEPI traidora, A Mariña non perdoa\" ou \"se non hai solución, Goberno dimisión\", os manifestantes volveron demandar un compromiso claro e firme por parte do Goberno do Estado que facilite a venda de Alcoa. \"Temos a industria necesaria, temos tres grandes firmas interesadas na compra; o único que nos fai falla é que o Goberno cumpra coa súa palabra. O sector ten futuro, non se poden botar atrás cando estamos chegando á meta\", explicaron."}
{"ID": "PRAZA_13273", "summary": "Un informe do Observatori del Sistema Universitari conclúe que os prezos son dos máis caros da Unión e que o sistema de bolsas e axudas aos estudantes é tamén dos máis febles. Ademais, advirte do \"cambio substancial\" nas taxas de matriculación para o vindeiro curso tras a normativa aplicada polo Goberno.", "text": "A universidade pública española é das máis caras da Unión Europea, mentres que o sistema estatal de bolsas e axudas aos estudantes universitarios é un dos máis febles de todos os países membros da UE-21. Así se conclúe dun informe elaborado polo Observatori del Sistema Universitari (OSU) e presentado pola Universitat de Barcelona (UB). Ademais, e tal e como se advertiu na presentación do informe Quant paga l'estudiant? Preus i taxes de la matrícula a Catalunya, a Espanya i al món, o vindeiro curso producirase no Estado \"un cambio substancial nos prezos das matriculacións logo da aprobación sen debate do Real Decreto Lei 14/2012\" que establece un incremento das taxas universitarias segundo dos custos. \"Os prezos poden incrementarse un 66% e o problema radica en que a medida é ambigua e difícil de aplicar sobre un modelo de custos non definido\", lembrou Dídac Ramírez, reitor da UB. Só en Portugal, Holanda, Italia, Irlanda e o Reino Unido os prezos da universidade pública son maiores Segundo o informe, tan só en Portugal, Holanda, Italia, Irlanda e o Reino Unido os prezos da universidade pública son maiores. Polo tanto, España é o sexto país da UE-21 onde os prezos para estudar son máis altos, ademais de ser un país no que se ofrecen moi poucas bolsas. Ademais, compróbase tamén como os estudantes universitarios de España pagan, de media, entre o 19% e o 20% do custo dos seus estudos, un nivel de contribución bastante alto se o comparamos con outros países da mesma área cultural. Máis se se ten en conta a inexistencia de bolsas salario, así como a limitada cantidade de bolsas de estudo que hai no Estado. Se nos fixamos por comunidades autónomas, o estudante universitario en Galicia paga de media un 18,9% dos custos dos estudos, unha cantidade lixeiramente inferior á media estatal (19,88%), pero maior tamén á de territorios como Catalunya, Euskadi ou Cantabria. O informe advirte tamén que o prezo dun mesmo estudo duplícase (no caso dos graos) ou triplícase (nos másters) segundo a autonomía onde se curse. O documento insiste moito no cambio en profundidade que provocará no sistema actual de fixación de prezos a normativa aprobada polo Goberno e recorda que \"por primeira vez\" remítense os prezos aos \"custos de prestación do servizo\", uns custos que non están determinados con precisión nin son homoxéneos, tal e como denunciaron os reitores españoles. Por iso, non se coñece aínda cal será o impacto do Real Decreto sobre as matrículas do vindeiro curso. No entanto, o OSU lembran que de acordo cos seus datos, a aplicación do decreto permitíra unha redución de prozos, xa que aproporción dos custos que cobre o estudante son dun 20% e o decreto lei admite calquera valor no intervalo entre o 15% e o 25%. O informe Quant paga l'estudiant? Preus i taxes de la matrícula a Catalunya, a Espanya i al món é o primeiro estudo do Observatori del Sistema Universitari (OSU), unha plataforma independente de investigación, análise e debate, que ten como obxectivo ofrecer documentación, estudos e opinión constrastad, ademais de elaborar propostas e intervir nos debates públicos sobre a universidade. HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "PRAZA_14329", "summary": "Un estudo de Siemens sitúa as urbes de Galicia lonxe dos mellores indicadores de sustentabilidade e sinala especialmente os problemas de mobilidade da Coruña e Vigo. Neste senso, un informe elaborado polo Espazo Ecosocialista denuncia que nas dúas urbes entran cada día 250.000 e 220.000 vehículos e reclama medidas para fomentar o transporte público e a bicicleta.", "text": "Aprobado baixo en sustentabilidade e suspenso en mobilidade para as cidades galegas. Siemens vén de publicar un informe sobre os distintos parámetros medioambientais que forman parte da xestión urbana analizando a súa situación en 25 cidades españolas, entre elas Vigo, Compostela e A Coruña. Ningunha delas está entre os primeiros postos e só Santiago acada boas puntuacións en eficiencia enerxética, uso de enerxias renovables e calidade do aire. Segundo o informe, o principal problema da Coruña chega coa mobilidade, pois a porcentaxe da población que se despraza ao traballo nun medio diferente do automóbil é do 33,9%, 12,5 puntos por debaixo da media das cidades analizadas. E en Vigo a porcentaxe é ainda inferior: 30,1%. Segundo outro informe realizado polos Ecogaleguistas, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, Vigo suma máis de 220.000 entradas diarias de vehículos na cidade, Compostela rolda as 100.000, A Coruña os 250.000, Pontevedra 55.000, Lugo 60.000, Ferrol 50.000 e Ourense 41.000. A este respecto o partido ecoloxista denuncia que \"as iniciativas das distintas administración son escasas na pretensión de reducir este grave problema e intensas na de incrementalo, como consecuencia dos plans de estradas que as distintas administración veñen propoñendo desde hai décadas\". Vigo suma máis de 220.000 entradas diarias de vehículos na cidade, Compostela rolda as 100.000, A Coruña os 250.000, Pontevedra 55.000, Lugo 60.000, Ferrol 50.000 e Ourense 41.000 En especial critican o Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-2015 (Move) do goberno Feijoo, que pretende duplicar as vías de alta capacidade de Galicia, \"desbaldindo 4.000 millóns de euros dos orzamentos públicos no transporte por estrada, o máis contaminante, o de maior impacto na configuración do territorio, o de maior consumo enerxético e o máis insolidario socialmente\". Galicia conta actualmente con 1000 km de vías de alta capacidade, dato que a sitúa, con 34 km/1000 km2, por riba da media europea, que é de 15,9 km/1.000km2 e ao mesmo nivel que Francia. \"Non precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de transporte que aposte pola proximidade, pola economía local e polo achegamento dos servizos á cidadanía no canto de achegar a cidadanía aos servizos\", din. O Espazo Ecosocialista propón a este respecto a implantación de Planos de Mobilidade Sostible en todas as comarcas, adaptados a súa realidade demográfica e xeográfica. Tamén demanda a potenciación do transporte público colectivo mediante a mellora das frecuencias e paradas, carrís-bus e desenvolvemento dunha rede de ferrocarril de proximidade que abranga as principais vilas e cidades galegas. Igualmente pide o establecemento dunha rede básica de vías ciclistas e o apoio aos desprazamentos a pé. Canda a estas medidas propón outras destinadas a desincentivar o uso dos vehículos privados, como a eliminación de prazas de estacionamento no centro e a creación de estacionamentos disuasorios na periferia, a limitación da velocidade no entorno urbano a 30km/h ou medidas fiscais que taxen o vehículo en función do tamaño e emisións. Informe dos Ecogaleguistas sobre mobilidade sustentable (.pdf) Estudo de sustentabilidade da cidade de Vigo (.pdf) Estudo de sustentabilidade da cidade da Coruña (.pdf) Estudo de sustentabilidade da cidade de Santiago (.pdf)"}
{"ID": "NOS_4923", "summary": "A futura lei de mobilidade sostíbel suporá un recorte no servizo de autobuses", "text": "O BNG presentou no Congreso dos Deputados preguntas relativas á necesidade de que o Goberno rectifique e non aplique \"os recortes nos servizos de autobuses\" na Galiza derivados da futura lei de mobilidade sostíbel. Os nacionalistas instan o Ministerio de Transportes a que \"dea marcha atrás\" no seu propósito de \"recortar as paradas de liñas de autobús\" que afectaría a \"23 municipios galegos\". A outra cara do tren: seis horas de Compostela a València, tres para ir da capital a Lugo O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, apuntou que esta política vai \"na dirección contraria\" a garantir os dereitos dos cidadáns do medio rural a acceder á mobilidade en condicións de igualdade, ademais de ser unha medida que \"promove o uso do vehículo particular\". Así, o BNG insistiu en que o Executivo central debe de retirar a proposta e \"o recorte\" exposto no anteproxecto de lei para os servizos de liñas de autobuses na Galiza para \"contribuír á cohesión social e territorial\" e que \"non aumente a fenda entre as zonas urbanas e rurais ou de menor poboación\". O rural, máis inaccesíbel Nun comunicado, os nacionalistas lembraron que a finais do mes de maio o Ministerio de Transportes presentou o novo mapa de concesións das liñas de autobuses de competencia estatal alegando que o actual non reflicte a realidade. A historia do deficiente transporte público galego Así, segundo os datos achegados polo Goberno, incrementouse a demanda nas contornas urbanas fronte ás zonas rurais que experimentaron unha redución por caída demográfica, ademais de argumentar razóns económicas e \"a necesidade de facer roteiros máis rendíbeis\". O BNG sinala que co novo mapa presentado desaparecerían as paradas de 23 concellos galegos con percorridos \"interautonómicos\", como é o caso das da Pontenova, Meira, Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Palas de Rei, Monterroso, Chantada, Quiroga, Allariz, Ribadavia, Trasmiras, Riós, A Mezquita, Silleda, Lalín, Forcarei, O Porriño, Tui, Arzúa ou Melide. Internet no Courel Por outra banda, o BNG tamén rexistrou no Congreso iniciativas relacionadas coa fenda dixital e as dificultades de acceso a Internet e telefonía en comarcas de Lugo, especialmente no Courel, onde o pasado 25 de maio apagaron a central de telefonía por cobre, o que provocou que numerosas casas quedasen sen este servizo. Galiza ten a peor cobertura de Internet de banda larga do Estado español Ante estes feitos, o BNG demanda medidas \"urxentes\" para reducir a fenda dixital e garantir o dereito da cidadanía para acceder á telefonía e ás novas tecnoloxías \"como un servizo básico universal\". Así, esixe ao Goberno \"acurtar os prazos para a extensión da banda ancha ultrarrápida\" en Lugo, así como no medio rural, para asegurar a cobertura de telefonía e Internet básica para o traballo, a actividade comercial e económica."}
{"ID": "PRAZA_12915", "summary": "Cando falamos de saúde e de beneficios empresarias, o primeiro que nos vén á cabeza é o actual intento do goberno do PP de privatizar a sanidade pública para convertela nunha fonte de ganancias empresariais, aínda que no camiño haxa que deixar sen atención médica ós sectores máis desfavorecidos da poboación. Mentres as persoas defensoras do social vemos a economía como un medio para satisfacer as necesidades públicas vitais, os neoliberais ven as necesidades vitais exclusivamente como oportunidades económicas de conseguir beneficios empresariais privados", "text": "Cando falamos de saúde e de beneficios empresarias, o primeiro que nos vén á cabeza é o actual intento do goberno do PP de privatizar a sanidade pública para convertela nunha fonte de ganancias empresariais, aínda que no camiño haxa que deixar sen atención médica ós sectores máis desfavorecidos da poboación. Mentres as persoas defensoras do social vemos a economía como un medio para satisfacer as necesidades públicas vitais, os neoliberais ven as necesidades vitais exclusivamente como oportunidades económicas de conseguir beneficios empresariais privados. As empresas conseguen os seus beneficios privados en parte grazas a que non se fan cargo dos residuos tóxicos que xera a súa actividade industrial Pero do que queremos falar hoxe é de como as empresas conseguen os seus beneficios privados en parte grazas a que non se fan cargo dos residuos tóxicos que xera a súa actividade industrial, deixando que a xente cargue coas enfermidades derivadas e co seu custe económico. Parte dos ingresos industriais corresponden así directamente á transformación da saúde pública en dividendos privados. A contaminación nuclear non consiste só no seus residuos (que teñen una radioactividade mortal de miles de anos) senón tamén nos accidentes nas centrais nucleares: compensa toda a produción pasada de enerxía nuclear xaponesa a desfeita medioambiental actual do accidente de Fukushima? Durante anos o Reino Unido tirou bidóns de residuos nucleares fronte a Galicia, na fosa atlántica, mostrando así claramente a súa irresponsabilidade empresarial. Estase a utilizar radiación ionizante para esterilizar algúns alimentos e aumentar a súa data de caducidade, sen que haxa estudos definitivos sobre a súa inocuidade. A contaminación electromagnética está por todas partes: desde os cables de alta tensión ata os teléfonos móbiles ou os microondas, co conseguinte aumento de cancro na poboación. Durante anos o Reino Unido tirou bidóns de residuos nucleares fronte a Galicia, na fosa atlántica, mostrando así claramente a súa irresponsabilidade empresarial O quencemento global é moi perigoso porque o seu carácter planetario e os procesos de realimentación fan que sexa algo difícil de reverter unha vez que supere determinado punto de non retorno. A auga vai ser un problema endémico para a supervivencia de centos de millóns de persoas no planeta, á vez que imos ter un clima máis extremo, con períodos prolongados sen chuvia seguidos doutros con riadas e tornados. A destrución da capa de ozono producida por produtos artificiais como os CFC aumenta o risco de cancros ó deixar pasar as radiacións nocivas do Sol. A proliferación de plásticos tóxicos na maioría dos produtos fai que xa teñamos presenza dos seus compoñentes no sangue, coas conseguintes consecuencias na saúde: cancros, desaxustes hormonais, diminución da fertilidade humana, etc. Os produtos artificiais como conservantes, colorantes, etc. están presentes en case tódolos artigos que consumimos, con consecuencias nocivas para a saúde. Os materiais sintéticos industriais como o PVC ou o amianto son fontes de enfermidades en moitos casos mortais. Os metais pesados contaminan todo o noso entorno, desde o chumbo ata o mercurio, pasando polo cobre. Non son biodegradables, senón que se acumulan ó longo da cadea alimentaria intoxicándonos e producindo malformacións no embarazo. Os transxénicos están a estenderse na agricultura, fomentando a resistencia das bacterias ós antibióticos, o abuso de pesticidas tóxicos e a aparición de consecuencias ecolóxicas irreversibles ó introducir xenes artificiais na natureza. Isto ademais do risco de reducir a diversidade natural de especies agrícolas ó centrarse a produción nas poucas especies que venden as multinacionais transxénicas. A táctica que utilizan as empresas para seguir coas súas actividades industriais tóxicas consiste en inverter a carga da proba ó afirmar que non existe ningún estudo que demostre que os seus produtos son nocivos para a saúde A táctica que utilizan as empresas para seguir coas súas actividades industriais tóxicas consiste en inverter a carga da proba ó afirmar que non existe ningún estudo que demostre que os seus produtos son nocivos para a saúde. Sen embargo, o procedemento no ámbito da saúde é exactamente o contrario: do mesmo xeito que un medicamento ten que superar anos de experimentación para demostrar que non representa un risco para a saúde polos seus efectos secundarios, os produtos industriais deberían tamén probar que son inocuos antes de permitirse o seu uso. Non ten sentido someter á poboación a anos de exposición a materiais tóxicos para ter que retiralos ó cabo do tempo pola presión social froito de estudos independentes. O progreso tamén é posible sen que trasladen á poboación os custes de vidas das actividades empresariais tóxicas, valéndose da desinformación sistemática Os neoliberais din que é o prezo do progreso; pero para que isto fose aceptable tería que ser algo aprobado por unha decisión democrática e non pola imposición tecnocrática dunha minoría parasitaria. O progreso tamén é posible sen que trasladen á poboación os custes de vidas das actividades empresariais tóxicas, valéndose da desinformación sistemática. Nos últimos decenios os casos de cancro de mama pasaron de unha muller de cada vinte a unha de cada oito na actualidade. E esta situación de aumento de enfermidades e mortes non é exclusiva dos países ricos senón que se da tamén nos países pobres, nos que a contaminación medioambiental chega a cotas escandalosas pola falta de presión social."}
{"ID": "NOS_39685", "summary": "A Fiscalía helvética investiga se Juan Carlos I cobrou comisións de 10.000 millóns de dólares.", "text": "A Fiscalía suíza está a investigar unha suposta doazón de 100 millóns de dólares ao rei emérito español Juan Carlos I de Borbón efectuada pola contorna de Abdullah bin Adbul Aziz Al Saud, monarca saudita en 2008, ano en que se tería producido o depósito. Segundo sinala o xornal helvético Tribune de Genève nese ano ingresáronse os 100 millóns no banco privado suízo Mirabaud a nome da fundación Lucum, que tería como único beneficiario Juan Carlos I de Borbón. O fiscal Yves Bertossa analiza se o \"obsequio\", termo co que na investigación se refiren ao depósito dos 100 millóns, tería relación co contrato a empresas españolas da construción do AVE á Meca e se o cobro constituiría, por tanto, unha posíbel comisión ao rei español pola súa suposta intermediación entre Arabia Saudita e as corporacións do Estado español que fixeron as liñas de conexión da cidade santa coa alta velocidade. Precisamente, o xornal helvético abriu onte, cuarta feira 4 de marzo, a súa edición en papel cunha foto do rei en portada e titulando a información: \"Unha investigación desvela o diñeiro segredo do rei de España en Xenebra\". O rei tería regalado 65 millóns a Corinna zu Sayn As pesquisas xudiciais tamén rastrexan a retirada de cartos que desa conta tería realizado Juan Carlos de Borbón. Deses 100 millóns de dólares, o rei tería quitado 65 millóns para realizar un \"regalo\" á súa amiga persoal Corinna zu Sayn-Wittgenstein, a través doutra entidade bancaria suíza con sede na Mancomunidade das Bahamas. O avogado de Corinna zu Sayn desvinculou a doazón de supostas comisións pola adxudicación das obras do AVE e asegurou ao rotativo español El País a semana pasada que no ano 2012 ela recibiu un regalo \"non solicitado\" de Juan Carlos de Borbón, \"quen o describiu como unha forma de doazón para ela e para o seu fillo\", polo cariño que lles tiña. O letrado explicou que o monarca \"pasara varios anos de mala saúde\" durante os cales Corinna \"coidou del\". O avogado incidiu ademais en desvincular a doazón do rei a Corinna das supostas comisións que o monarca cobrou pola adxudiciación das obras á unión temporal de empresas polos traballos do AVE. \"A miña cliente non participou dos acordos que levaron á concesión desas obras a empresas españolas\", sinalou. Outra das retiradas de diñeiro que Juan Carlos tería realizado desa conta onde a contorna saudita lle ingresara 10 mil millóns tería sido para obsequiar cun millón unha cidadá suíza coa que supostamente mantivo unha relación. Os ingresos ás dúas mulleres por parte do rei emérito terían acontecido cando transcenderon publicamente as fotos do monarca en Botsuana, presumindo de matar elefantes e coincidindo no tempo cos momentos máis duros da crise económica no Estado español. Foi entón cando supostamente o banco lle tería recomendado retirar os fondos depositados, debido á depreciación da súa \"reputación\". Os audios de Villarejo desataron o inicio das investigacións Foron os audios filtrados do ex comisario José Manuel Villarejo, actualmente en prisión provisional, os que propiciaron no Estado español o inicio das investigacións sobre as supostas contas do rei emérito. Nun destes audios a ex princesa Corinna zu Sayn-Wittgenstein afirma ao empresario Juan Villalonga que Juan Carlos I de Borbón cobrara comisións pola negociación da adxudicacións das obras do AVE á Meca a empresas españolas. Nas gravacións Corinna tamén sinala que o rei utilizou esas comisións recibidas para ocultar parte do seu patrimonio no estranxerio."}
{"ID": "NOS_38689", "summary": "Amigas e amigos, onde están os discursos rupturistas dos que viñan rachar co réxime? Onde os apelos aos procesos constituíntes? As eleccións son úteis para colocarmos a cada quen no seu sitio, algúns xa se colocan antes de pisar moqueta. É rupturista apelar a Xerardo Estévez en Santiago? Éo tanto como apelar a Maragall en BCN.", "text": "As autocualificadas como candidaturas de unidade popular -basicamente coligazóns de forzas políticas actuantes na sociedade- apresentáronse en orixe como os abandeirados municipalistas do rupturismo que tería no Estado o proceso Podemos como referente. Claro que nisto chegou a realpolitik e determinadas retóricas non aguantaron o contraste coa realidade. Un pouco o estilo Errejón: o que mandou para casa a Monedero. Non é só Feijóo quen advoga pola moderación (sinónimo non de templanza, senón de viaxe ao centro, isto é, de dereitización), tamén os estrategas das mareas teñen iso na cabeza, co obxectivo básico de baleirar os celeiros de votos do PSdeG-PSOE. Nisto chegou a realpolitik e determinadas retóricas non aguantaron o contraste coa realidade Os apelos de Martiño Noriega ao herdo de Xerardo Estévez (como sabemos, apóstol do rupturismo) son xémeos aos de Ada Colau en Barcelona ao legado de Pasqual Maragall e espellan o propósito final destes movimentos: o desprazamento do PSOE como principal referencia da esquerda morna, movimento especular simétrico ao de Pablo Iglesias cando, no palco estatal, reivindica a memoria da socialdemocracia. E, porén, un proceso constituínte, social e galego, impulsionado desde abaixo, é hoxe máis necesario do que nunca. O 24M. E tamén o 25M e o 26M e o 27M..."}
{"ID": "NOS_26950", "summary": "Os servizos de atención de saúde mental enfrontan a súa tormenta perfecta. A un tempo, aumentan de maneira exponencial as doenzas mentais derivadas da pandemia, cun importante incremento das patoloxías concentradas de maneira particular nas persoas adolescentes, na liña do sinalado polos informes da Organización Mundial da Saúde (OMS) para os Estados occidentais. Por outra banda, a falla de medios materiais e, sobre todo, humanos, como consecuencia das políticas de recortes aplicadas pola Xunta da Galiza impide prestar a asistencia que require a situación.", "text": "Un total de 7.020 galegas e galegos agardan por unha primeira cita nos servizos de psiquiatría do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo os últimos datos oficiais da Administración galega, referidos a xuño deste ano, o tempo medio de espera para esa primeira consulta no sistema público de saúde é de 37,8 días na área sanitaria da Coruña-Cee, de 32,8 días na área sanitaria de Vigo, de 30 días na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco, de 29,5 días na área sanitaria de Santiago de Compostela-O Barbanza, de 29 días na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, de 28,6 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés e de 27,6 días na área sanitaria de Ferrol. As entidades en defensa da sanidade pública e os profesionais sanitarios desmenten os datos da Xunta da Galiza. Así, por exemplo, o informe de 2020 da Asociación do Defensor do Paciente recolle en relación coa Galiza que \"outros danos atopámolos no deterioro da saúde mental, que precisa un plan estratéxico para poder prestar unha atención psiquiátrica e psicolóxica de calidade, pero, sobre todo, no abandono que sofre este servizo en Atención Primaria\". Na mesma liña cuestiona os tempos de agarda certificados polo Sergas, advirte dunha maquillaxe das esperas para as consultas de psiquiatría e denuncia a ocultación das listas de espera en psicoloxía. O psicólogo clínico do Sergas José Berdullas comenta, en conversa con Nós Diario, que \"as unidades de saúde mental do sistema sanitario galego están cheas, con citas a 9 meses e mesmo con consultas, nalgún caso, a un ano\". \"É certo que hai máis profesionais contratados que hai un ano, pero co actual modelo é imposíbel prestar unha atención mellor\", afirma Berdullas, quen denuncia \"graves problemas de atención, que chegan mesmo á sanidade privada, até o punto de ser moi complicado atopar unha cita nunha consulta privada nun período inferior a tres meses\". Berdullas repara, tamén, nas \"unidades de críticos do Sergas, autenticamente colapsadas, con algunhas áreas sanitarias como a de Santiago de Compostela sen prazas públicas para ofertar\". \"A Galiza posúe as ratios máis baixas de profesionais de saúde mental de todo o Estado\", afirma Pedreira Berdullas alerta que \"desde que se pide unha primeira cita até que decorre a primeira consulta adoitan transcorrer entre tres meses e un ano, co que isto implica para persoas con patoloxías de depresión, riscos de suicidio ou un neno sen problemas previos\". Ao tempo, critica que \"a secuencia das terapias é de tres meses, unha auténtica vergoña que provoca que os doentes non poidan ser ben atendidos e xera unha gran frustración nos profesionais porque sabemos que nesas condicións non podemos atender ben a xente\". \"O dereito a recibir un tratamento psicolóxico axeitado na sanidade pública non é real\", conclúe Berdullas. As listas de agarda, ocultas O psiquiatra da unidade de saúde mental da área sanitaria de Ourense David Simón destaca en declaracións a Nós Diario que \"mentres o Sergas dá a coñecer as listas de agarda de psiquiatría, agocha as cifras de psicoloxía\". Ao tempo, significa que \"os tempos de espera para a primeira cita en psiquiatría son razoábeis pero o problema está nas revisións, cuxa demora é moito máis alongada\". Na mesma liña, advirte dun incremento dos servizos de saúde mental \"no segmento infantil e xuvenil, no público adolescente fundamentalmente, cun destaque dos trastornos de conduta alimentaria, autolesións, intento de suicidios e aumentos dos ingresos en plantas de psiquiatría\". A falla de persoal explica as listas de agarda e os problemas de calidade asistencial. Así, o psiquiatra xubilado e subdirector xeral de Saúde Mental da Xunta da Galiza entre 2005 e 2009, Víctor Pedreira, sinala a Nós Diario que \"a pandemia colleu os servizos sanitarios de saúde mental nunha situación xa moi delicada, despois dunha crise económica que tivo un impacto moi importante na saúde mental das persoas e que deteriorou o sistema sanitario\". \"Sabíamos que estaba mal pero non pensabamos que estivese tan mal\", afirma Pedreira, mentres lembra que \"os datos do Observatorio de Saúde Mental da Asociación Española de Neuropsiquiatría-Profesionais da Saúde Mental demostran que a Galiza ten as ratios máis baixas de profesionais de saúde mental de todo o Estado. Así, no seu último informe de 2016, sinálase que a Galiza ten 2,3 psiquiatras por cada 100.000 habitantes e 0,8 enfermeiros por cada 100.000 habitantes, co que se sitúa á cola do Estado\". Listaxes \"interminábeis\" A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, manifesta a Nós Diario que \"a saúde mental é a grande esquecida do sistema sanitario galego\" e denuncia \"unhas listas de agarda interminábeis\". Abuín considera insuficiente o cadro de persoal deste servizo e lembra que \"as ratios de persoal, mesmo coas últimas incorporacións efectuadas polo Sergas, están por baixo das cifras recollidas no primeiro Plan galego de saúde mental elaborado na década dos 90, sendo conselleiro Hernández Cochón\". Na mesma liña, critica que \"unha das primeiras decisións do Goberno de Núñez Feixoo após chegar ao Goberno galego en 2009 foi anular o plan do bipartito, que fixaba a integración no sistema de profesionais de diversas especialidades\". As ratios de psicólogos clínicos na Galiza son tamén as máis baixas do Estado. \"A situación previa á pandemia xa era desastrosa\", afirma Berdullas, quen lembra que \"na Galiza os psicólogos clínicos non chegamos a 100, cando as recomendacións da comisión asesora de 1997 recollen que se precisan 175 para prestar unha atención axeitada. Ademais naquel momento a atención psicolóxica non era tan demandada, polo que as 135 prazas recollidas no Plan galego de saúde mental de 2020 seguen a ser moi escasas\". Nesta liña destaca que \"estamos á cola do Estado en número de psicólogos clínicos, con 3,5 profesionais por cada 100.000 habitantes, fronte a 5,7 por 100.000 da media estatal e moi lonxe de 18 por 100.000 da Unión Europea\". O Movemento Galego da Saúde Mental ten advertido en reiteradas ocasións desta situación. Así, nun informe elaborado en 2019 sobre os recursos de saúde mental na Galiza afirma que \"a enfermaría está a 49% da dotación recomendada, a psicoloxía clínica a 50,2%, a terapia ocupacional a 32%, o traballo social a 26,8%, e a psiquiatría a un 68%\" e alerta dun déficit \"de 32% de psiquiatras, de 49% en psicoloxía clínica e enfermaría, de 68% en terapia ocupacional e de 73,2% en traballo social\". A pandemia dispara as doenzas mentais A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala nun informe publicado en outubro de 2020 que \"a Covid-19 está a provocar un incremento da demanda de servizos de saúde mental. O duelo, o illamento, a perda de ingresos e o medo están a xerar ou a agravar trastornos de saúde mental. Moitas persoas aumentaron o seu consumo de alcol ou drogas e sofren crecentes problemas de insomnio e ansiedade. A mesma Covid-19 pode traer consigo complicacións neurolóxicas e mentais\". O illamento social, o temor ao contaxio, a incerteza, a angustia financeira ou o medo están a minar a saúde mental de moitas persoas. A este respecto, os diversos estudos publicados alertan dun importante incremento dos casos de ansiedade, depresión e tensión postraumático. Neste sentido, nunha investigación de referencia dirixida pola profesora da Universidade de Otawa Jude Mary Cénat e publicada na revista especializada Psychiatry Research, afírmase que \"a prevalencia do insomnio foi de 24%, a do trastorno por tensión postraumática acadou 22%, a da depresión situouse en 16% e a da ansiedade chegou a 15%\". Víctor Pedreira amósase convencido de que \"a crise económica derivada da pandemia vai agravar a situación\". \"Todas as crises teñen un impacto moi negativo na saúde mental ao aumentar o desemprego e a precariedade, que xera unha inseguridade continua, a angustia ao perder o presente e perdelo todo no futuro. Pérdese a sociabilidade e provoca outros problemas que non están ligados á falla de recursos. O desemprego aumenta as doenzas físicas, por exemplo, está demostrado que xera un incremento das infeccións, provoca trastornos metabólicos, tanto a desnutrición como a obesidade, e golpea a saúde mental, con cadros de ansiedade, depresión ou desafección sexual\", recalca Pedreira."}
{"ID": "NOS_35436", "summary": "As dúas ou tres semanas que ía demorar o Consello das Mareas en nomear Coordenadora (Executiva) viraron xa logo en dous meses. Porén, Luís Villares rexeita que se fale de \"bloqueo\" e avanza que é probábel que o domingo 2A se designe xa a executiva.", "text": "O Consello das Mareas realizou a súa reunión constitutiva o 28 de xaneiro. O 29X, nunha entrevista en Radio Galicia-SER, o portavoz de En Marea no Parlamento, Luís Villares, cifrou en \"dúas ou tres semanas\" o prazo que iría demorar o máximo órgao da confluencia entre plenarios en designar os membros da Coordenadora Nacional (Executiva). A súa previsión non se cumpriu e xa logo van dous meses sen que o Consello se reunise para se dotar dos órgaos de dirección, non só a Coordenadora, senón tamén a Portavocía. Nun encontro coa imprensa esta segunda feira, Villares negou que exista ningún bloqueo no Consello -contra o afirmado por escrito por militantes da confluencia- e avanzou que con toda probabilidade o órgao se reunirá este domingo con, entre outras, a tarefa de designar a executiva. No escrito en que se denunciaba a \"pasividade\" e a \"inacción\" da cúpula de En Marea, as persoas asinantes propuñan a realización dunha reunión do Consello o 2 de Abril, ás 17 horas. Villares dixo aos meios que esa data xa se \"barallaba\" e que había \"un acordo para que [a reunión] fose esta fin de semana\". O primeiro paso para o desbloqueo -a convocatoria da reunión- estaría, pois, sobre a mesa. Falta agora completar a operación coa designación de Coordenadora e Portavocía. \"Parte da inquietude que se transmite\" no escrito dos militantes, admitiu Villares, é \"partillada\" pola totalidade dos membros do Consello, \"na medida en que é necesario botar a andar a dirección e que esa dirección se faga con total normalidade e con respeito aos estatutos da propia dirección\". O primeiro paso para o desbloqueo -a convocatoria da reunión- estaría, pois, sobre a mesa. Falta agora completar a operación coa designación de Coordenadora e Portavocía Villares alegou que a dirección veu funcionando con normalidade desde a súa constitución -tería habido \"varias reunións\"- e, por tanto, negou que existise ningún tipo de bloqueo. O que sí tería habido no seo do Consello é unha proposta de composición da Coordenadora Nacional que, ao seu dicer, \"non se axustaba aos estatutos\" e que obrigou o órgao a unha \"reflexión colectiva\" para estabelecer \"un sistema de funcionamento que respeitase a vontade das persoas inscritas\". \"Iso foi o que fixemos durante estas semanas, estabelecer ou procurar un sistema que acomodase os criterios de funcionamento ao estabelecido nos estatutos e á vontade das persoas inscritas\", dixo. A interpretación da vontade das persoas inscritas nas primarias de xaneiro é o cabalo de batalla na dialéctica interna no seo de En Marea, quer no que atinxe á composición da Coordenadora quer no que ten a ver coa portavocía nacional. Os sectores críticos -as listas Somos Quen liderada polo parlamentar de Anova Davide Martínez e Queremos Participar nucleada por Cerna- demandan a aplicación da proporcionalidade pura á hora de constituír a Executiva, que debería por tanto ter unha moi axustada correlación de forzas: 6 para Máis Alá, 3 para SQ e 2 para QP. A interpretación da vontade das persoas inscritas nas primarias de xaneiro é o cabalo de batalla na dialéctica interna no seo de En Marea Os oficialistas admiten a proporcionalidade, mais discuten a pureza: en función de que normas eleitorais se apliquen a distribución de postos podería ser máis ou menos favorábel para uns e para outros (este asunto xa foi no seu momento polémico á hora de atribuír as prazas no Consello das Mareas, cun recurso de Queremos Participar finalmente desbotado). Canto á cuestión da portavocía, a vontade das persoas inscritas parece clara: votaron como maioritario un documento, o da candidatura oficial, que excluiría Luís Villares da portavocía orgánica -tamén Gómez-Reino, portavoz no Congreso- e configuraría esta como un triunvirato, con dúas mulleres e un home. Este é un asunto que dista de ser pacífico no debate interno: membros de Máis Alá -a comezar polo propio Villares e a continuar por Beiras- discuten que se poda pór o Documento Político votado polas persoas inscritas por enriba dos Estatutos e defenden a candidatura do portavoz parlamentar á voceiría orgánica. Villares tería tamén o apoio de Somos Quen e Queremos Participar."}
{"ID": "PRAZA_16556", "summary": "A perda de control sobre o regreso á atmosfera da Tiangong-1, que se producirá entre marzo e abril, desatou as especulacións sobre a súa 'caída'. A Axencia Espacial Europea deixa claro que as probabilidades de que os cascallos da estación impacten sobre unha persoa son remotas", "text": "A Tiangong-1 foi a primeira estación espacial da China e o seu nome podería traducirse como Pazo Celestial. O aparello foi lanzado en setembro de 2011 e durante a súa vida útil desenvolveu dúas misións tripuladas e outra non tripulada. Esta estación espacial deixou nas últimas semanas de ser obxecto de interese só para publicacións científicas e transitou cara a algúns medios xeralistas, tamén galegos. A causa é que está a piques de regresar á Terra -estímase que o fará entre marzo e abril- e de facelo de maneira \"incontrolada\" porque deixou de funcionar hai un ano. Esta circunstancia deu lugar a especulacións sobre unha eventual caída sobre Galicia -e noutros puntos- que, tal e como explica a Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), é practicamente imposible.A perda de control sobre o regreso á atmosfera da Tiangong-1, que se producirá entre marzo e abril, desatou as especulacións sobre a súa 'caída'Unha vez constatado que os equipos de terra \"perderon o control\" da Tiangong-1, que mide uns 10 metros e medio de longo e pesa unhas 8,5 toneladas, púxose en marcha o plan para o seu regreso. As autoridades chinesas notificaron a incidencia en maio de 2017 ao Comité de Usos Pacíficos do Espazo Exterior, nas Nacións Unidas, e foi activado o mecanismo polo que 13 axencias e organismos espaciais de todo o mundo -entre elas, a ESA, a NASA e a rusa Roscosmos- monitorizan conxuntamente a nave e comparten as súas predicións sobre o momento e o lugar no que a estación chinesa regresará á atmosfera.Pero, de onde xorden as especulacións sobre esa suposta caída? A estación chinesa comezou o ano orbitando a uns 280 quilómetros de altura e a súa inclinación, duns 42 graos, supón que \"o punto de impacto final\" poida ser \"calquera lugar na terra\" situado nunha latitude entre os 42,8 graos norte e os 42,8 sur, en función da hora. O mapa elaborado pola ESA reflicte con claridade como se distribúen as posibilidades polo mundo: os puntos onde é máis probable que se produza o regreso da Tiangong-1 son os de máxima e mínima latitude dentro do devandito rango.Un deses extremos sería no que se atopa Galicia, pero tamén estados dos EUA como Illinois, Nevada ou California, así como Italia, os Balcáns, o mar Negro, o mar Caspio ou a propia China. Ese rango de maior probabilidade de impacto non chega, segundo os cálculos da Axencia Espacial Europea, nin ao 4%, e tamén atinxiría polo sur a, por exemplo Arxentina ou Chile. Apenas un día antes de que se produza a reentrada as axencias internacionais poderán precisar un chisco máis \"en que rexións da Terra\" pode suceder e só arredor de sete horas antes terán capacidade para sinalar unha área de \"milleiros de quilómetros\".A Axencia Espacial Europea deixa claro que as probabilidades de que os cascallos da estación impacten sobre unha persoa son remotasPero, que é o que vai pasar exactamente? Vai caer un enorme aparello do que hai que escapar? En absoluto. A ESA evidencia que ao entrar en contacto coa atmosfera a Tiangong-1 vai escachar e as súas maiores consecuencias serán luminosas, simplemente. Só uns cantos anacos poderían chegar á superficie terrestre. A zona na que eses fragmentos poderían caer sería, en todo caso, de \"miles de quilómetros de lonxitude e decenas de quilómetros de ancho\", evidencia a Axencia, que insta a ter en conta ademais que \"unha gran parte da Terra está cuberta de auga ou está deshabitada\".A ESA ilustra a escasísima probabilidade de que unha persoa poida verse afectada por un anaco da estación chinesa cunha elocuente comparación: \"a probabilidade de ser golpeado polos cascasllos da Tiangong-1 é, en realidade, dez millóns de veces inferior que a probabilidade anual de ser alcanzado por un raio\". E esa probabilidade de que unha persoa remate electrocutada en plena treboada é, segundo as fontes, de 1 entre 300.000 ou dunha entre varios millóns. En calquera caso, semella ser máis probable que a caída dunha estación espacial chinesa sobre Galicia.Seguimento actualizado sobre a reentrada da Tiangong-1 na atmosfera"}
{"ID": "PRAZA_6426", "summary": "A gente 'normal', os de em baixo, tem vontade de construir algo novo, que seja melhor, mais justo socialmente, voltar começar de novo mas para fazê-lo bem. Para isto realizam hoje a maior e mais multitudinária mobilizaçom de toda Europa, na que mais de 500.000 persoas construirám um descomunal V com as cores da senyera, a bandeira catalana.", "text": "Hoje a Catalunha volta a comemorar a sua derrota, há 300 anos, frente às tropas bourbônicas, um 11 de setembro de 2014 que pode ser o último que se celebre sob a arquitetura estatal emanada dessa guerra perdida. Talvez seja também a última vez que se festeje nesta data a diada nacional. É de supor que a nova República Catalám escolherá umha nova efeméride como festa nacional ou como dia da independência. Porque isso é o que se respira na Catalunha: independência. Umha independência que já é mental, que tem de resolver, ainda, um problema de carácter político mas que já está em andamento. Um processo liderado pola sociedade civil e que por isso vai ser imparável. Qualquer democrata que conheça a realidade do que acontece estes dias no Principat deveria sentir inveja sã. Qualquer democrata que conheça a realidade do que acontece estes dias no Principat deveria sentir inveja sã. Umha parte muito importante da sociedade catalám quer questionar todo, quer criar um novo pacto constituinte através do qual poder construir um novo Estado. A maioria das e dos catalães querem utilizar a independência como um instrumento para modernizar o seu país. Querem criar umha nova estrutura institucional que articule a sociedade e que seja substancialmente diferente do anterior. Um debate que nom se fundamenta em ser ou nom ser espanhol, acompanhado de umha linguagem e uns desejos que nom som basicamente anti-espanhois. De facto é algo que na Galiza, e em geral no conjunto do Estado, é ocultado: o atual independentismo catalám tem umha atitude imensamente fraterna e solidária com o povo espanhol. Algo que na Galiza, e em geral no conjunto do Estado, é ocultado: o atual independentismo catalám tem umha atitude imensamente fraterna e solidária com o povo espanhol. Um discurso que sim denuncia as classes dirigentes, políticas e económicas de Espanha às quais culpabiliza, e com razom, de termos chegado até este ponto. Umhas elites culpáveis de nom ter dotado a Catalunha de umhas estruturas de Estado que a defendam e que sejam realmente úteis para a sua cidadania. Uns dirigentes que escolhêrom criar um Estado que nom é valido para toda a sua cidadania mas que som, sim, muito efetivas no benefício próprio daqueles que mandam e também em benefício dos seus centros de poder e decisom. É por todo isto que, estas mesmas elites, querem reduzir todo o conflito a umha questom relativa 'à unidade da pátria'. É também por isto que parte da classe dirigente catalám mostra dúvidas, indecisões, passividade ou mesmo é abertamente contrária. Porque também elas som questionadas e nom só Espanha. Porque também elas se tenhem beneficiado dessas estruturas caducas e ineficientes do Reino de Espanha e porque também frente a elas está construído o processo. A democracia é sempre inimiga de quem prefere, e pode, decidir em 'petit comité' bem seja no palco do Bernabeu bem seja no do Camp Nou. A gente 'normal', os de em baixo, tem vontade de construir algo de novo, que seja melhor, mais justo socialmente, voltar a começar outra vez mas para fazê-lo bem. Para isto realizam hoje a maior e mais multitudinária mobilizaçom de toda a Europa, onde mais de 500.000 pessoas construirám um descomunal V com as cores da senyera, a bandeira catalám. Umha enorme manifestaçom feita com enorme vontade e um enorme civismo que mostrará ao mundo a vontade de democracia deste povo. Fica claro, com isto, que a data do 9 de novembro vai ter de ser um ponto de inflexom 'real' -e é bom remarcar isto porque muitas pessoas nom acreditam ainda- acontecer o que acontecer esse dia. Tanto como se é organizada a consulta, e triunfa a democracia, como se nom se celebra, e triunfa a imposiçom. Em qualquer umha destas duas situações nada voltará ser o mesmo neste pequeno país mediterránico."}
{"ID": "NOS_5151", "summary": "As protestas comezarán a semana que vén e servirán para denunciar o que consideran un fraude na venda das factorías e as centrais eléctricas.", "text": "O comité de Xallas Electricidade e Aleacións (Xeal), antiga Ferroatlántica, acordou onte convocar un calendario de mobilizacións en resposta á decisión da empresa de aplicar un novo ERTE a partir do 24 de setembro, que agrava o proceso de desmantelamento das fábricas iniciado coa operación de compra-venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka. Segundo detalla a CIG nun comunicado, a primeira das mobilizacións terá lugar a vindeira segunda feira. Será unha concentración ás 14.15 horas diante da fábrica de Brens, en Cee. Dous días despois, a concentración trasladarase ao Concello de Cee, ás 19 horas. E xa a quinta, 24 de setembro, coincidindo coa data de inicio do ERTE, farán tamén unha concentración nas centrais hidroeléctricas, igualmente ás 19 horas. Mais estas non serán as únicas medidas. Segundo explican desde o sindicato, veñen de solicitar reunións coa consellarías de Economía e de Emprego para abordar a \"crítica situación das fábricas\" e exixir \"unha intervención inmediata\" da Xunta que pasa, inevitabelmente, por reclamar á empresa que presente o plan de viabilidade ao que obrigan as concesións das centrais e, de ser preciso, que actúe sobre as concesións procedendo á recuperación dos dereitos de explotación de Xeal. \"A dirección de Xeal está a aproveitar a situación de emerxencia sanitaria e un ERTE que foi negociado hai máis de ano e medio con outra empresa e outra representación legal para manter o fechamento dos fornos e recortar aínda máis a produción, comprometendo así a viabilidade das fábricas e dos postos de traballo. Neste senso, hai que subliñar que mentres o mercado das ferroaliaxes baixou en 30%, a actividade das fábricas de Cee e Dumbría baixou en 90% e só están operativos dous fornos a mínima potencia\", denuncia o comité. Tamén insisten na \"fraude\" que supuxo a venda do grupo, xa que, afirman, \"só busca segregar a actividade das plantas de ferroaliaxes das centrais hidroeléctricas e facer negocio coa produción de enerxía, que é o que lle interesa ao fondo norteamericano. Esta é a razón pola que Xeal se negou a retirar o recurso contra a resolución de Augas de Galiza interposto xa no seu día por Ferroatlántica e a deixar sen efecto o ERTE asinado en febreiro de 2019 no marco do grupo Ferroglobe\"."}
{"ID": "NOS_50369", "summary": "A súa extensa e influínte obra poética comezou hai 20 anos con Diario bautismal dunha anarquista morta e chega a Antídoto (2018). Narradora premiada -vén de gañar o Jules Verne de literatura xuvenil-, Emma Pedreira (A Coruña, 1978) e agora obxecto de O des-en-freo, un documental de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro.", "text": "O filme proxectarase esta segunda feira, 17 de xuño, no local da asociación cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Nel participan colegas escritoras como Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferrandáns, Susana Sánchez Arins ou Lucía Novas, o poeta e libreiro Quico Valeiras, a crítica Antía Marante ou o editor David Cortizo. Na presentación coruñesa estarán a propia Pedreira e mais un dos directores, Daniel Chapela."}
{"ID": "NOS_17726", "summary": "O presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, Xoán Costa, e da directora de Nós Diario, María Obelleiro dedicaron unhas palabras ao novo equipo de xornalistas do medio, que sairá á luz, tanto en papel como en dixital, o vindeiro 2 de xaneiro.", "text": "A Redacción de Nós Diario botou a andar durante a xornada desta terza feira tras unhas emotivas palabras do presidente do Consello de Administración, Xoán Costa, e da directora, María Obelleiro. Costa deulles a benvida ás novas e novos xornalistas que se incorporaron á Redacción, definíndoos como a \"peza fundamental\" de Nós Diario, un medio que \"fará normal o que agora non o é\", en alusión a un medio diario en papel en galego. Tamén sinalou que esta xornada de outubro se une á lista de \"datas referenciais\" para Sermos Galiza, da que axiña formará parte o 2 de xaneiro de 2020, día da estrea de Nós Diario, un medio que \"ten Galiza como referente e os intereses galegos como meta\". Textos coa \"maior calidade\" xornalística e coa máxima \"excelencia lingüística\" foron as demandas do presidente do Consello de Administración á Redacción, ofrecendo a cambio \"a máxima axuda da empresa\". Pola súa banda, María Obelleiro dirixiuse ás profesionais da información lembrando que o papel tamén pode ser o futuro: \"Cando estudabamos xornalismo, explicábannos como o nacemento da TV ía acabar coa radio, como o nacemento da internet ía acabar coa TV e como o libro electrónico ía acabar co libro en papel. Nada disto pasou. A apocalipse que se predicía para a prensa en papel non foi tal, segue a ser unha influencia\". Ademais, lembrou que Nós Diario é \"un organismo vivo, que nace sobre o papel, pero que se enriquece coas ideas de todos, con xenerosidade, rigor, ilusión, ganas e traballo en equipo\", engadindo que precisamente con este traballo en equipo se logrará sacar adiante un proxecto \"moi modesto, que comeza de cero, coas todas dificultades que iso implica, mais moi ilusionante\". Indicou que \"a nosa liña editorial pasa pola defensa dos intereses da Galiza. O noso centro de atención está aquí, ao servizo da Galiza e as nosas xefas e xefes son os lectores. A eles debémonos\". Finalmente, Obelleiro dedicou unhas verbas a lembrar a \"tolerancia cero\" de Nós Diario coa manipulación informativa, co incorrecto uso do idioma e coas faltas de respecto á linguaxe inclusiva, que serán \"puntais\" do medio. Nós Diario terá tolerancia cero coa manipulación informativa, co incorrecto uso do idioma e coas faltas de respecto á linguaxe inclusiva, afirmou María Obelleiro Xesús Manuel Piñeiro, o xornalista con máis antigüedade en Sermos Galiza, incidiu neses eidos e tamén dedicou un momento a lembrar os membros de Sermos Galiza que xa non forman parte do proxecto, \"mais sen os cales chegar até aquí sería imposíbel\", destacando entre outros Carme Vidal e Xosé Mexuto. Un novo equipo de xornalistas para un novo medio Nós Diario botará a andar o vindeiro 2 de xaneiro tanto en papel como na rede. Deseñado por un dos máis brillantes grafistas da Galiza, Pepe Barro, as informacións irán asinadas por un equipo de profesionais da información cuxa media de idade atópase nos 35 anos e que conforman unha Redacción que mestura a experiencia de profesionais de ampla traxectoria en medios galegos coa formación máis actual de xornalistas graduadas nos últimos anos na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. lembra que o Nós Diario nace grazas ao apoio das máis de 3.000 asinantes que garantirán a súa estabilidade financeira e anima todas as persoas que non ven satisfeitas as súas ideas de avance social na prensa convencional a se sumar a Nós Diario mediante as distintas modalidades de subscrición (pode accederse aos contidos do diario por só 56 céntimos ao día –no caso da subscrición anual ao diario dixitalizado na nube–). Nós Diario editarase de terzas a sábados, día en que o acompañará un Sermos Galiza remozado a modo de suplemento. Na rede, editarase os 365 días do ano para informar a un público obxectivo de pensamento aberto, actual e implicado, con temáticas que non adoita recoller a prensa convencional, como os feminismos, o traballo, a diáspora, a historia, o ecoloxismo, a lingua, os dereitos e liberdades civís… O diario en papel estruturase ao redor de catro grandes módulos de información: Galiza, Traballo, Internacional e Cultura e Axenda e contará con tres seccións de ruptura: Opinión, En Foco e a Última. Nos próximos tres meses, a Redacción de Nós Diario traballará na posta en marcha do proxecto."}
{"ID": "NOS_14702", "summary": "Adega e Mariña Patrimonio sospeitan que a actuación danou o ben patrimonial catalogado pola Xunta e situado en Santo Estevo de Rececende. Piden á administración galega que investigue se houbo danos.", "text": "Mariña Patrimonio e Adega denunciaron ante o Servizo de Patrimonio unha plantación de eucaliptos en Santo Estevo de Rececende, concello de A Pontenova, por considerar que puido ter causado importantes danos a un ben patrimonial, un castro catalogado pola Xunta. Ambas as dúas asociacións cren que a apertura de pistas, xunto cos aterrazamentos e as remocións de terras no xacemento, así como na zona de protección, puideron afectar este ben. Ademais, \"o castro de O Patelo estaba cuberto por unha frondosa carballeira e, lamentablemente, este bosque autóctono foi cortado e substiuído, posiblemente de forma ilegal, por unha plantación de eucaliptos\", indican nun comunicado. Afirman tamén que de 13 dos 23 xacementos arqueolóxicos que a Xunta inventariou no concello de A Pontenova non teñen as coordenadas, \"polo tanto non están localizados pola administración o que implica a súa desprotección. Esta ausencia de coordenadas é unha mostra máis da incapacidade e da falla de vontade por parte da Dirección Xeral de Patrimonio para solucionar un problema que cómpre atallar canto antes para evitar a desaparición masiva do noso patrimonio arqueolóxico a mans da industria do eucalipto\"."}
{"ID": "NOS_44411", "summary": "Admite ter \"moi claro\" o perfil do candidato para \"liderar o cambio\" na Xunta, mais lembra: \"Debémonos aos procesos internos\".", "text": "O secretario xeral de Podemos en Galiza, Antón Gómez-Reino, asegurou que o novo Goberno que o seu partido prevé formar no Estado da man do PSOE \"vai repetirse en Galiza\" após as eleccións galegas que están previstas para este ano, 2020 Nunha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser, recollida por Europa Press, o tamén deputado de Galicia en Común pola Coruña asegurou que \"por suposto\" haberá investidura do presidente aínda en funcións, Pedro Sánchez, e que o Executivo de coalición que formarán \"vai ser moi positivo\" para Galiza \"O Goberno que estamos a construír en Madrid vai repetirse en Galicia, e a mellor noticia é que Galiza vai estar no Goberno en Madrid\", recalcou. Preguntado sobre se a tamén deputada galega Yolanda Díaz formará parte dese novo Goberno, tal e como apuntan os ruxes ruxes, Gómez-Reino limitouse a responder que \"sería unha magnífica noticia para os traballadores\" do país. \"O fundamental son as medidas\", matizou. De cara ás eleccións galegas, Gómez-Reino dise \"convencido\" de que o tempo de Núñez Feixoo como presidente da Xunta \" acabou politicamente\", polo que estes próximos comicios \"decidirán quen vai liderar ese cambio\". Mentres Esquerda Unida (EU) xa seleccionou á súa coordinadora nacional, Eva Solla, como candidata á Presidencia da Xunta, o partido morado aínda mantén a incógnita á espera de ver se se reedita a coalición entre forzas da esquerda. E é que estes dous partidos comparten grupo no Parlamento galego con Anova, formación nacionalista que tamén formou parte de En Marea e coa que non conseguiron artellar unha candidatura única nas xerais deste 2019. Así, Gómez-Reino admitiu que con Anova \"comparte moito espazo político\" tanto na Cámara galega como en moitos concellos, pero mostrouse \"escrupuloso cos tempos orgánicos doutras organizacións\". \"Para vencer Feixoo non nos sobra xente, senón que nos falta. As portas sempre están abertas\", apostilou."}
{"ID": "NOS_34000", "summary": "Un 13 de novembro, pero de hai 19 anos, produciuse unha chamada que cambiou todo un país. O capitán de navío Apostolos Mangouras fixo unha petición de auxilio, comunicando que o tronco dunha árbore provocara unha brecha no casco do Prestige. Nos seguintes días, unha marea de fuel estendeuse pola costa galega. Mentres o mar se tinxía de cor negro, outro inimigo, invisíbel ao ollo humano, achegábase ao litoral, e as súas consecuencias son aínda hoxe en día descoñecidas para a comunidade científica.", "text": "Emili Teixidor i Viladecàs (1932-2012), un dos escritores cataláns máis importantes e recoñecidos do século XX, publicou no ano 1973 a súa novela Un aire que mata. Tres anos máis tarde, o 1 de marzo de 1976, foi botado ao mar o petroleiro monocasco Gladys na costa de Maizuru, no Xapón. Pouco despois cambiou a súa denominación e pasou a ser coñecido polo seu nome definitivo, Prestige. Como tantos outros buques cargueiros, o Prestige percorreu o mundo polas principais rutas marítimas sen que a meirande parte da sociedade soubese da súa existencia. Porén, o 13 de novembro do ano 2002, as portadas dos principais xornais do país tiveron como protagonista este petroleiro. Atopábase varado a 30 millas de Fisterra, cunha brecha de 15 metros aberta no seu casco e unha vía de auga que expulsaba ao Océano Atlántico a carga do buque, 76.972,95 toneladas de fuel de alta densidade. O capitán do navío, Apostolos Mangouras, enviou un SOS comunicando a situación do buque. A historia do que pasou desde a chamada de auxilio, o 13 de novembro ás 15.15 horas, até o 19 de novembro ás 8 horas, cando o Prestige se partiu en dous e comezou a afundirse, é de sobra coñecida. Como tamén o son as consecuencias da marea negra de fuel que se achegou á costa galega e cubriu as praias cun manto de morte. O desastre do Prestige é, sen lugar a dúbidas, a traxedia medioambiental máis grande que sufriu a Galiza. A fauna e flora do litoral víronse afectados até extremos inimaxinábeis. Tivo lugar un proceso de subordinación e de traslado do control e da loita contra a contaminación marítima. Por exemplo, se ben o centro de prevención e loita contra a contaminación mariña estaba inicialmente na Coruña, axiña se trasladou a Madrid Porén, e aínda que a imaxe das praias galegas cubertas do chapapote negro é unha das máis icónicas deste episodio fatídico, as consecuencias negativas do afundimento do Prestige tamén afectaron as galegas doutras maneiras. En xaneiro do ano 2003, a Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ) impulsou a realización dun estudo epidemiolóxico para avaliar se a exposición ao vertido de fuel do Prestige tivo repercusións a nivel respiratorio ou de xenotoxicidade. Os encargados de dirixir este estudo foron os doutores Joan Albert Barberà, Francisco Pozo-Rodríguez e Héctor Verea. Configurouse un equipo de investigación, no que estaba, entre outras, a pneumóloga galega Gema Rodríguez Trigo, quen vén de publicar unha tese co título de O vertido do petroleiro Prestige e os seus efectos respiratorios e xenotóxicos nos mariñeiros da costa galega. Rodríguez Trigo explica que nese primeiro estudo envióuselles un cuestionario a 9.000 mariñeiros da costa galega, dos que obtiveron unha taxa de resposta do 76%. Posteriormente, escolleron uns 800 mariñeiros dos que responderan ao cuestionario para levar a cabo un seguimento máis específico, con probas respiratorias, análises de sangue... Problemas respiratorios e cromosómicos A pneumóloga explica que \"confirmaron que si existía unha relación entre exporse ao fuel e ter síntomas respiratorios\". Entre as sintomatoloxías rexistradas no estudo do Separ, notificábase que a xente do mar que se expuxera ao fuel do Prestige sen proteccións presentaban maior tose e maior expectoración. Tamén puideron comprobar como existían diversos problemas de inflamación nas vías respiratorias e nos bronquios das persoas afectadas. Por último, as investigadoras observaron alteracións cromosómicas \"que podían aumentar o risco de desenvolver, a longo prazo, algún tipo de enfermidade como o cancro\", aínda que Rodríguez Trigo recoñece que non existe unha conclusión contundente neste sentido, xa que o estudo só se centrou nos síntomas, e non nas derivadas -como cancro ou asma- da exposición ao fuel. Cinco anos despois do primeiro estudo, en 2008, realizouse unha investigación de seguimento co obxectivo de analizar a evolución sintomatolóxica das mariñeiras. \"Mantíñanse tanto os síntomas respiratorios leves e as alteracións inflamatorias a nivel pulmonar como as alteracións a nivel cromosómico\", sinala a pneumóloga que formou parte de ambos os estudos. \"Após o 'Prestige', aumentaron os investimentos en seguridade marítima, mais despois privatizáronse os servizos e volveuse á situación anterior\", di Rubido Ao igual que na primeira pescuda, a segunda non tiña entre o seu obxecto de estudo a análise de que consecuencias podería ter a exposición ao fuel a nivel de contraer diferentes enfermidades, xa que \"non se fixo un diagnóstico de cada suxeito, senón que se tomaron datos xerais da poboación\". O presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, que tamén foi voceiro do Nunca Máis, manifesta que o colectivo tiña constancia de \"case 330.000 actuacións individuais e de voluntariado para traballar na limpeza das praias e do litoral galego\". \"Moitas destas persoas presentaron síntomas tanto cutáneos como respiratorios\", afirma Rubido, para despois criticar que desde as institucións non se levara a cabo un seguimento efectivo destes casos. \"Foi algo que Nunca Máis denunciou no seu momento; non só se trataba dunha traxedia ecolóxica e medioambiental, tamén foi un desastre sanitario\", engade. Neste sentido, a única actuación coñecida da Xunta foi a publicación dun relatorio por parte do Sergas no que se nomeaban as principais afectacións notificadas ao Servizo Galego de Saúde. Pola súa parte, Rodríguez Trigo destaca que o grupo de investigación \"valora facer un estudo para investigar como evolucionaron estas patoloxías\". O problema dun estudo desas características é o custo elevado dos mesmos. Recoñece que \"para facer as dúas pescudas dos anos 2003 e 2008, obtívose financiamento bastante potente do Fondo de Investigación Sanitaria\". Unha situación \"evitábel\" Se en algo coinciden tanto Gema Rodríguez Trigo como Xaquín Rubido é en que \"estas situacións son evitábeis\". A pneumóloga explica que as autoridades e organismos públicos deben dar toda a información posíbel á poboación unha vez que se producen estes desastres. \"Ademais, a Administración debe dotar todas as persoas voluntarias en labores de limpeza de fuel con equipamentos e ferramentas que protexan adecuadamente as vías respiratorias e a pel das persoas; falamos de máscaras, luvas de plástico, traxes...\". Algo que Rubido denuncia que non ocorreu. \"Pódese entender que nun primeiro momento, cando a xente que vive do mar se botou aos seus barcos para recoller o fuel, non houbese medios a disposición, mais días despois todo ese material seguía sen chegar\", afirma o activista, para engadir que \"a Administración actuou tarde e mal\". É tal a importancia de estaren ben protexidas cando se traballa con fuel que no propio estudo do Separ observábase que \"aquelas persoas que empregaron máscaras sempre tiñan menos efectos que as persoas que non a empregaron\". \"No caso de que volva haber novos vertidos -que os haberá, porque tampouco se tomaron medidas a nivel internacional como para evitalo-, é imprescindíbel que ninguén se poña a limpar fuel sen estar ben preparado\", sinala categoricamente Rodríguez Trigo. Os compostos do fuel entran fundamentalmente por inhalación, pero tamén a través do contacto cutáneo ou a inxesta accidental -traballar con fuel e despois comer sen limpar as mans. Cando se produciu o vertido do Prestige, as propias autoridades sanitarias recomendaron que aquelas persoas que presentaran patoloxías respiratorias previas ou crónicas non estivesen en contacto co fuel. A pneumóloga tamén afirma que, sendo menor, o risco para as persoas sas tamén está presente, polo que deben seguirse as recomendacións sanitarias sexa cal sexa a condición clínica da persoa. Estamos realmente preparados para un novo 'Prestige'? En novembro do ano 2019, poucos días despois de que se conmemorase a traxedia do Prestige, a negra sombra do petroleiro volveu estenderse sobre a Galiza cando o buque Blue Star, encargado de transportar residuos químicos, embarrancou en Ares, entre A Coruña e Ferrol. Aínda que finalmente todo quedou nun susto, reavivouse o debate entre a sociedade galega de se o noso país estaría preparado para atender unha catástrofe do tamaño do afundimento do Prestige dun xeito máis eficiente do que se fixo no ano 2002. Para Rodríguez Trigo é fundamental que as administracións -tanto a Xunta da Galiza como o Goberno estatal- conten cuns plans de continxencia desde o punto de vista da saúde, co obxectivo de evitar que se produza outra sobreexposición ao fuel, ou cando menos diminuíla o máximo posíbel. \"A precaución é chave para atender este tipo de sinistros\", conclúe. Mais existe realmente un dispositivo dese tipo preparado na Galiza? Xaquín Rubido declara que \"non estamos dabondo preparados\". E engade: \"Despois do Prestige, houbo un incremento nos investimentos en seguridade marítima, mais anos despois privatizáronse eses servizos e volveuse á situación anterior\". Para o antigo voceiro de Nunca Máis, tivo lugar un proceso de subordinación e de traslado do control e da loita contra a contaminación marítima a Madrid. Por exemplo, se ben o centro de prevención e loita contra a contaminación mariña estaba inicialmente na Coruña, axiña se trasladou á capital do Estado. \"A Galiza perdeu moito nese sentido\", explica Rubido. Critica que tamén existe unha subordinación evidente a Madrid en todo o que se refire á seguridade marítima. \"Os centros de resposta non se melloraron, pero o tráfico marítimo desde o desastre do Prestige duplicouse e triplicouse nalgúns tramos\", sinala. Outra das eivas que poderían indicar a falta de preparación para un novo accidente como o do Prestige é a \"falta de transparencia absoluta\" á hora de dar conta dos resultados da vixilancia por satélite que realiza a Unión Europea. O programa Europeo de Control por Satélite do Medio Mariño leva en funcionamento desde o ano 2007. No entanto, \"despois de catorce anos non hai un informe que acredite o número de vertidos que se produciron, aínda que os avisos cheguen en tempo real ás autoridades e a centros de control de tráfico de Salvamento Marítimo como o de Fisterra\", afirma Rubido. Non existe unha cifra pública do número de vertidos que se producen hoxe en día fronte ás nosas costas, nin de se os barcos que os producen son identificados e penalizados. O propio Prestige segue a ser, dezanove anos despois, un risco para a Galiza. O barco, que continúa afundido a 130 millas das costas galegas e que garda no seu interior mil cen toneladas de fuel, non está a ser vixiado, a pesar de que o ferro se pode degradar e corroer co paso do tempo. Un perigo invisíbel a ollos do conxunto da sociedade, pero que segue presente e asexa o litoral galego, como se se tratase dun aire que mata. O berro do pobo galego O 21 de novembro do ano 2002, oito días despois do accidente do Prestige e apenas 72 horas tras o seu afundimento, un grupo de intelectuais decidiron crear a plataforma Nunca Máis, co obxectivo de \"aglutinar a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsábeis\". Máis de 200 asociacións e colectivos de diverso tipo adscribíronse a Nunca Máis para dar voz á sociedade civil galega. Confrarías de mariñeiros, asociacións culturais, políticas, ecoloxistas, veciñais, sindicais, produtoras e comercializadoras de peixe, equipos deportivos... Ao longo das vilas e cidades da Galiza, Nunca Máis esixiu responsabilidades políticas á Xunta da Galiza, ao Goberno español -ambos presididos naquela época polo PP- e á Unión Europea. A Galiza, representada coa súa bandeira tinxida de cor negra, entoou o berro de todo un pobo unido pola desgraza: \"Nunca máis!\" Desastre sen precedentes Entre 150.000 e 300.000 aves mortas. Esa estimación, publicada pola Sociedade Galega de Ornitoloxía en novembro do ano 2005 converteuse nunha das moitas cifras da vergoña que trouxo consigo a vertedura do Prestige. No conxunto do Estado español só se puideron recoller 23.000 aves, das que 6.120 seguían con vida. 2.466 foron atopadas na Galiza. Todas elas foron transportadas aos oito centros de recepción que se estabeleceron nos concellos de Cervo, Narón, Carballo, Vimianzo, Porto do Son, Vilanova de Arousa, Bueu e Gondomar. Nestes lugares levouse a cabo un primeiro control, tras o que se enviaban as aves aos centros de recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz de Oleiros e de Veral e ao Centro de Rescate de Aves de Campiño (Pontevedra). Por último, e unha vez estaban recuperadas, as aves eran trasladadas a Portugal para a súa liberación. A pesar dos esforzos, só o 10% destes animais sobreviviu."}
{"ID": "PRAZA_1854", "summary": "\"Dedicamos moitos cartos á extinción que deberiamos empregar na prevención, pero os incendiarios non deixan que sexa así\", asegura o presidente da Xunta, que limita a problemática á conduta de determinados cidadáns que queiman o monte \"co interese de facer dano\".", "text": "\"O máis triste é que dedicamos moitos cartos á extinción que deberiamos dedicar a mellorar os montes, a coidalos, á prevención... Lamentablemente, os incenciarios non deixan que sexa así cando aparecen incendios de forma simultánea en 5 ou 6 lugares e á noite co único interese de facer dano\". Con esta reflexión, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, quixo resumir a difícil situación dos montes galegos, asolados por unha nova vaga de incendios neste verán. Nunha entrevista en RNE, o xefe do Executivo galego recoñeceu que o país \"ten un problema\" pero situouno sobre todo no feito de que \"na conduta de determinados cidadáns porque hai moita xente que queima o monte\". \"O máis triste é que dedicamos moitos cartos á extinción que deberiamos dedicar á prevención... Lamentablemente, os incenciarios non deixan que sexa así\" \"É evidente que temos un problema cando nun día hai 66 incendios, cando se queima e prende o monte de madrugada ou os incendios empezan ás 8 ou 9 da noite e os avións non poden voar... Temos un problema pola conduta de determinadas persoas, por moita xente que queiman o bosque, polos incendiarios\", asegurou Feijóo que atribuíu tamén a problemática ao feito de que \"o 70% da poboación galega viva nas cidades e os montes xa non estean tan coidados\". Malia todo, algúns dos máis destacados lumes dos últimos anos tiveron unha orixe fortuíta -como o das Fragas do Eume de 2012-, pero causas estruturais provocaron que os danos fosen maiores. Daquela, o presidente da Xunta tamén culpara os incendiarios. \"Están poñendo ao límite as nosas forzas. Esta actividade incendiaria había tempo que non a lembrabamos e precisamos a axuda dos cidadáns para quen se dedica a queimar o noso patrimonio. É unha actividade destinada a crear o caos\", dixo Feijóo logo nunha comparecencia xunto a Mariano Rajoy, na que cuantificou en 6.000 as hectáreas queimadas no país no que vai de ano. Aínda así, lembrou que a media de hectáreas queimadas anualmente en Galicia non é moi elevada comparada coa doutros territorios a pesar de que hai moitos lumes, \"o que demostra a enorme efectividade do servizo contra incendios porque a maioría dos incendios axiña se apagan e a extensión é contida\". \"Ademais, case todo o que arde en Galicia, máis do 60%, non é arbolado\", engadiu, tras insistir en que no país \"é raro que un incendio pase de 300-300 hectáreas\". Feijóo cre que a media de hectáreas para un territorio como Galicia non é moi elevada Respecto á posible vinculación destes incendios coa nova Lei de Montes que pode permitir a recualificacion de montes queimados, Feijóo lembra que \"en Galicia cada ano hai máis árbores có anterior\". \"Entre a capacidade de reforestación case automática, a repoboación a instancia das administracións ou os investimentos dalgún propietario, o problema é pouco neste caso\", asegurou. Por outra banda, neste mesmo martes os efectivos da loita contra o lume están a traballar para sufocar tres lumes activos nas provincias de Ourense e A Coruña que, polo momento, superan as 330 hectáreas afectadas polas lapas."}
{"ID": "NOS_31488", "summary": "A \"lírica exploratoria\", os seus \"dinámicos concertos\" ou a súa \"frenética\" paixón multiinstrumentista son algúns dos argumentos escollidos pola revista musical británica Songlines para salientar Deixaas, o último disco de Mercedes Peón, entre o mellor facturado en Europa o pasado ano.", "text": "O xornalista Chris Moss é o encargado de redactar a recensión do traballo incluído na listaxe Os 15 albums europeos de cinco estrelas de 2018. No texto considera que Peón contribuíu a edificar \"unha imaxe enteiramente nova para o folk galego\". \"A súa actitude feminista e o seu estilo libre son emocionantemente contemporáneos\", engade. Con Deixaas, a quinta peza da súa discografía, Mercedes Peón apostou na radicalización sonora do camiño iniciado en S.O.S. (2010). Ao incorporar ecos industriais -a canción homónima, cun vídeo gravado nos estaleiros de Navantia, é mostra acabada- e potencia de orixe punk, deu un paso máis alá. \"O seu son é, ao tempo, terroso e industrial. Afástase dos arranxos tradicionais cara algo xenuinamente novo\", escribe Moss, quen tamén se refire á influencia da cultura de club en varios dos cortes ou ao \"abraiante, abstracto pulso\" do tema Plataforma. No que respecta á voz, o crítico británico fala da \"bruxaría branca e mística\" que a emparenta con Camille, Värttinä ou First Aid Kit. \"Mais Peón é menos ortodoxa\", conclúe. Este disco \"nunca aburrido e decote belo\" figura nunha selección en que tamén se atopan a fadista portuguesa Mariza, o gran grupo inglés de folk combativo Stick in the Wheel -a súa obra Follow Them True- ou unha escolma dos igualmente ingleses, e míticos, The Watersons. A revista Songlines, cuxa cabeceira di \"a mellor música arredor do mundo\", fundouse en 19999 e conta con edición mensual en papel. Peón en 'Mojo' Non é esta a única referencia a Deixaas na prensa musical europea. No exemplar de febreiro de Mojo, unha das máis importantes publicacións europeas, aparece unha nota que lle outorga tres de cinco estrelas. O crítico David Hutcheon fala da \"gaiteira folk punk experimental\" que ofrece \"guitarras distorsionadas, poesía galego tamil e percusión forxada na abandonada industria pesada\". \"Unha colaxe de contrastes que se mantén unida a forza de preguntar constantemente sobre cuestións de identidade\", di. Nota: cuberta de Deixaas (2018), o último traballo de Mercedes Peón."}
{"ID": "PRAZA_14466", "summary": "Esta afirmación expresada por Marcelo Ebrard (que vai deixar o goberno da capital mexicana nas mans do seu sucesor do Partido da Revolución Democrática para preparar a súa candidatura ás próximas eleccións presidenciais de México) é aplicable tanto en Galicia como en España. A crítica ó sistema e a apelación a imperativos morais constitúen un primeiro paso imprescindible, pero vólvense estériles se non van acompañadas de propostas tan cribles como ilusionantes.", "text": "Esta afirmación expresada por Marcelo Ebrard (que vai deixar o goberno da capital mexicana nas mans do seu sucesor do Partido da Revolución Democrática para preparar a súa candidatura ás próximas eleccións presidenciais de México) é aplicable tanto en Galicia como en España. A crítica ó sistema e a apelación a imperativos morais constitúen un primeiro paso imprescindible, pero vólvense estériles se non van acompañadas de propostas tan cribles como ilusionantes. A esquerda adoita caer nunha crítica adolescente a todo o que hai, sen chegar á madurez de elaborar propostas realistas para substituír o sistema A esquerda adoita caer nunha crítica adolescente a todo o que hai, sen chegar á madurez de elaborar propostas realistas para substituír o sistema. Resulta comprensible que exista certa dificultade en destacar medidas viables cando a militancia máis ideoloxizada esixe certo discurso ritual, pero iso tamén forma parte do proceso de maduración dos partidos que deben ser capaces de abandonar ladaíñas dogmáticas a favor de propostas instaladas na realidade que, non por iso, teñen por que deixar de ser todo o radicais e revolucionarias que se queira. A superioridade moral da esquerda sobre a dereita é algo que se da por descontado, pero non serve para moito cando está instalado no imaxinario colectivo que a esquerda vale para repartir a riqueza, pola súa cultura solidaria, pero só a dereita é quen de producila grazas á súa insensibilidade social A superioridade moral da esquerda sobre a dereita é algo que se da por descontado, pero non serve para moito cando está instalado no imaxinario colectivo que a esquerda vale para repartir a riqueza, pola súa cultura solidaria, pero só a dereita é quen de producila grazas á súa insensibilidade social. Hai que darlle a volta a tortilla e demostrar que a esquerda é capaz de mostrar un perfil competente, eficiente e eficaz na xestión da cousa pública, sen deixar de presentar ó electorado unhas propostas políticas que supoñan cambios estruturais profundos capaces de ilusionar á cidadanía. Os principios teóricos xerais están moi ben, pero a xente quere ver medidas prácticas viables, para poder ser cridas, e transformadoras, para poder resultar atractivas. Por outra banda, a tendencia a constituír forzas illadas tamén representa unha consecuencia improdutiva desa falta de madurez: non ten sentido que existan partidos ecoloxistas, animalistas, feministas, pacifistas, socialistas, galeguistas, etc. que pretendan levar a cabo propostas políticas de forma independente, cando todos responden a unha mesma posición fundamental de respecto ás persoas, ós animais e ó planeta. Neste sentido resulta moi interesante a proposta do Espazo Ecosocialista de constituír unha \"cooperativa de partidos\", porque permite darlle eficacia á acción política á vez que mantén a especificidade de cada parte no todo (nesta mesma liña, sería desexable que o EE e EQUO Galicia empezasen a colaborar, aínda que mantendo a súa personalidade propia, pensando máis en reforzarse mutuamente e nos obxectivos ecosocialistas perseguidos por ambos que nunha competencia partidista estéril). Resulta moi interesante a proposta do Espazo Ecosocialista de constituír unha \"cooperativa de partidos\", porque permite darlle eficacia á acción política á vez que mantén a especificidade de cada parte no todo Non cabe senón felicitar a tódalas forzas que constituíron a Alternativa Galega de Esquerda por representar este acordo un xesto de xenerosidade e intelixencia que vai ser ben valorado polo electorado. Temos que facer que o seu éxito sexa tal que non poidan caer na tentación de rachar esta unión tralas autonómicas, obrigándoos a prolongar a coalición á vista duns resultados contundentes, coalición que debería servir de modelo para un proceso similar a nivel de España. Nesta liña resulta moi esperanzador tanto a presentación de Izquierda Abierta, o partido promovido por Gaspar Llamazares para abrir Izquierda Unida ás esquerdas que están fora de IU, como a propia posición de IU de crear unha fronte común en todo o estado, posición que vai ser referendada no seu congreso a finais de ano. Pero volvendo a Galicia, a porcentaxe que asegura un escano en cada provincia é o seguinte: na Coruña, 4,17%; en Lugo, 6,67%; en Ourense, 7,15%; en Pontevedra, 4,55%, aínda que na Coruña e en Pontevedra hai que chegar ó 5% para entrar no reparto. Parece case imposible pensar que a Alternativa Galega de Esquerda (formada, lembrémolo, por EU-Os Verdes, Anova, EQUO e Espazo Ecosocialista) non logre un primeiro escano por provincia, tendo en conta que as enquisas dan en torno ó 10% na Coruña e en Pontevedra, en torno a un 7% en Ourense e Lugo, e que o xogo dos restos pode facer que se saque escano nestas dúas últimas provincias con pouco máis do 5 ou 6%. Hai alternativas; o único que fai falla é intelixencia para redactalas e ilusión para transmitilas Na Coruña e en Pontevedra asegúrase o segundo escano con 8,34% e 9,10% respectivamente, o que está ó alcance da man, polo que estariamos falando de seis escanos para a Alternativa Galega de Esquerda, que podería incrementarse en dous máis se os restos nestas provincias occidentais proporcionan o terceiro escano. Evidentemente todo isto depende da abstención posto que unha alta participación obriga a máis votos para obter a mesma porcentaxe. Hai alternativas; o único que fai falla é intelixencia para redactalas e ilusión para transmitilas."}
{"ID": "NOS_32461", "summary": "Durante a execución das obras da autovía A-54 que une a cidade de Santiago de Compostela e Lugo, foi localizado este xacemento arqueolóxico de grande importancia para a investigación histórica da Galiza e, especialmente, para a comarca de Arzúa.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para a conservación e posta en valor dos restos arqueolóxicos situados na proximidade do lugar de Vilantime, no concello de Arzúa, atopados durante as obras da A-54. Eólicos de Iberdrola ameazan a terceira fortificación máis grande da Galiza A organización nacionalista exixe ao Ministerio de Transportes que adopte todas as medidas necesarias, en colaboración e coordinación coa Xunta de Galiza e o Concello de Arzúa, para conservar o complexo arqueolóxico. Tamén demanda que se asegure o depósito das pezas achadas nun museo público galego próximo ao lugar da escavación para a súa exposición, así como levar a cabo un proceso de musealización da zona. Xacemento arqueolóxico de Vilantime Durante a execución das obras da autovía A-54 que une a cidade de Santiago de Compostela e Lugo, foi localizado un xacemento arqueolóxico de grande importancia para a investigación histórica da Galiza e, especialmente, para a comarca de Arzúa. Segundo os datos achegados polo equipo arqueolóxico encargado da escavación, os restos son dunha aldea castrexa da época galaico-romana de 2.000 anos de antigüidade. Destrúen un xacemento arqueolóxico no Rosal para reencher obras dunha estrada A área arqueolóxica actual ten uns dous mil metros cadrados aproximadamente, mais os encargados do estudo apuntan a que o xacemento supera a zona escavada polo momento situada nos terreos expropiados para a construción da autovía. Por exemplo, a escasos metros da escavación actual, hai meses que a mesma empresa arqueolóxica atopou varios restos de edificacións circulares de época calcolítica, datadas entre os anos 1.700 e 3.000 a.C. \"Foi achada unha zona cunha vivenda de catro estancias e outra construción destinada á produción de pan a nivel industrial onde apareceron restos dun forno e varios muíños de man\" explica o deputado do BNG. Nunha zona lindeira, escaváronse dous fornos de 2x2 metros para a cocción de ladrillo e tella romana, únicos na Galiza polo seu formidábel estado de conservación. Novos estragos nun xacemento arqueolóxico pola industria do eucalipto Na vivenda apareceron restos de cerámica, tanto romana como propia da Galiza, así como varias moedas -entre elas, unha do 114 d.C. do emperador Traxano e outra de finais do século III do emperador Galiano- que permiten facer unha aproximación das datas de ocupación. O conxunto está situado ademais a escasos metros dun antigo camiño que comunicaba Arzúa e Sardecoiro, no concello de Santiso, pasando por Maroxo, Montelongo e Pela, do que se ten referencias documentais do s. X, que xunto co resto de achados, podería formar parte da posta en valor da historia do lugar."}
{"ID": "NOS_37906", "summary": "A Unión Cristiá Demócrata aléma, o partido da chaceler Angela Merkel, elixiu a Armin Laschet como novo líder.", "text": "O ministro presidente do estado alemán de Renania do Norte-Westfalia, Armin Laschet, gañou a elección ao liderado da Unión Cristiá Demócrata (CDU), o partido da chanceler alemá, Angela Merkel, no primeiro paso para decidir o candidato que tentará suceder á mandataria á fronte da Cancillería nas eleccións nacionais deste ano. Laschet, de 59 anos, á fronte do estado máis poboado do país e considerado unha opción de continuidade, venceu nunha segunda volta ao crítico de Merkel, o poderoso avogado empresarial Friedrich Merz, tras a derrota en primeira rolda da votación do terceiro en discordia, o experto en política exterior e presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Bundestag Norbert Roettgen. Con todo, nada está decidido. Laschet enfrontarase ao primeiro ministro de Baviera e líder da formación irmá da CDU, a Unión Social Cristiá (CSU), Markus Soeder, considerado agora mesmo como o gran favorito para facerse co nomeamento do bloque conservador. \"Son consciente da responsabilidade que implica este traballo e farei todo o posíbel para facelo ben nas próximas eleccións rexionais e para asegurarme, para as eleccións nacionais que o próximo chanceler, proveña deste partido\", declarou Laschet tras a súa vitoria. Continuidade Laschet, que obtivo 521 dos votos de 991 delegados, fronte aos 466 delegados que apostaron por Merz, emerxe como un líder de partido comprometido coa estabilidade das liñas xerais trazadas pola chanceler, no medio dunha Europa devastada economicamente pola pandemia, e coa dobre intención de restaurar os lazos transatlánticos coa Administración entrante de Estados Unidos e asumir un papel máis importante no escenario mundial. Dos tres candidatos, Laschet foi o maior partidario de Merkel e o máis proclive a manter o seu rumbo centrista, fronte aos desafíos da ultradereita e os separatismos. \"A Alemaña que imaxino é unha Alemaña europea\", declarou Laschet aos delegados antes da votación. \"Necesitamos poder integrarnos, manter unida a sociedade\". Fillo dun capataz de minaría de carbón, Laschet graduouse en Dereito e exerceu como director dun xornal católico e lexislador no Bundestag e no Parlamento Europeo antes de ser elixido primeiro ministro de Renania do Norte-Westfalia en 2017. Os seus vínculos coa comunidade de inmigrantes durante o goberno rexional valéronlle o alcume de \"Armin o Turco\" e o seu comportamento sereno lembra a moitos alemáns á chanceler saínte."}
{"ID": "NOS_22744", "summary": "O obxectivo deste proxecto é fornecer de máis doses aos países máis pobres e con menor acceso á tecnoloxía necesaria para producilas. Mentres tanto, as grandes compañías farmacéuticas seguen a enriquecerse e a vacinación segue rumbos distintos segundo o continente.", "text": "Un grupo de investigadores da empresa sudafricana Afrigen Biologics and Vaccines, xunto coa Organización Mundial da Saúde (OMS), veñen de deseñar unha copia \"case exacta\" da vacina de Moderna contra a Covid-19, sen que esta compañía participase do proxecto. Esta copia da vacina de Moderna foi desenvolta nun centro de transferencia de tecnoloxía liderado pola OMS en Sudáfrica, destinado a crear capacidade para a fabricación de vacinas en países de ingresos baixos e medios. \"As vacinas de Moderna e Pfizer-BioNTech seguen a ir principalmente aos países máis ricos\" Neste sentido, o coordinador do centro, Martin Friede, declarou á revista internacional Nature que o obxectivo deste proxecto \"é capacitar a países pobres para que fabriquen as súas vacinas\", xa que \"as de Moderna e Pfizer-BioNTech seguen a ir principalmente aos países máis ricos\". A empresa privada foi a encargada de rematar a investigación, aplicando o ARNm que codifica unha porción modificada do coronavirus do SARS-CoV-2, e encapsulándoo nunha nanopartícula de lípidos que fai chegar a vacina ás células. Sen implicación de Moderna e Pfizer A OMS intentou involucrar as principais farmacéuticas para que fornecesen de datos e axuda loxística aos equipos de investigación para desenvolver estas novas vacinas, sen que ningunha das compañías respondese. O traballo de desenvolvemento destas copias estivo marcado polas trabas burocráticas de Moderna e Pfizer, pouco proclives a compartir a súa información e mesmo as súas patentes. Pese a isto, un dos investigadores que participaron no proxecto, Patrick Arbunholt, asegurou non sentirse \"intimidado\", xa que os procedementos empregados polo seu equipo \"son bastante xenéricos\"."}
{"ID": "NOS_14003", "summary": "O concerto desenvolvíase nun local nocturno da cidade. No remate dous policías multaron o establecemento pola \"ilegalidade\" da actuación. Formaba parte da Rede Galega de Músicas ao Vivo, de Agadic. Unha campaña pide silencio nas rúas e música nos locais da capital galega.", "text": "Na quinta feira o Ultramarinos programaba un concerto de Xoán Curiel dentro do ciclo da Rede Galega de Música ao Vivo, promovido por Agadic. Guitarra e voz acompañada ás veces por cavaquinho e viola. No fin, dous policías impuxeron unha multa ao establecemento por se tratar, segundo explicaron, dun concerto \"ilegal\". O episodio forma parte da decisión de prohibir a música ao vivo que está a executar o goberno municipal e que atopa coa protesta do sector, dos establecementos de hostalería e da propia cidadanía que se agrupa na Plataforma Compostela Territorio Musical que está a desenvolver unha campaña de apoio á programación musical que, segundo defenden, non xera ruído nas rúas da cidade. A Plataforma Compostela Territorio Musical está a desenvolver na rede a campaña #eudivírtomesenmolestar na que convidan a pendurar unha foto co xesto de pedir silencio nas rúas e defender ao tempo a música ao vivo na cidade. \"Na rúa (e sobretodo de noite), fala baixiño!! Divírtete sen molestar! AXÚDANOS a respectar o descanso d@s veciñ@s!!\", din ao tempo que identifican que o verdadeiro problema é \"o ruído na rúa. Cremos que divertirse e respectar o descanso d@s veciñ@s é totalmente compatible, só debemos mentalizarnos tod@s de que na rúa non debemos berrar, e de que non por facelo nos imos divertir máis\", anotan. Tema sen resolver \"O tema é que non está resolto e, polo tanto, continúa a ser ilegal programar música ao vivo nos locais da zona vella, o que xera unha situación de desordenación\", explica Xacobe Martínez Antelo, voceiro da Plataforma Compostela Musical que desenvolveu unha rolda de encontros entre a veciñanza e representantes de músicos e hostaleiros na que, segundo sinala, se \"resolveu que a música ao vivo non é fonte de ruído nin conflito senón todo o contrario e de aí vén a campaña \"divírtome sen molestar\", polo noso compromiso para solucionar o conflito\". A Plataforma quere concienciar a xente de que a música nos locais non xera ruído, mais o que cómpre é controlar o barullo nas rúas A Plataforma quere concienciar a xente de que a música nos locais non xera ruído, mais o que cómpre é controlar o barullo nas rúas. \"As rúas de maior saturación acústica da cidade como a Raíña ou o Franco non teñen locais que programen música e iso demostra que non son os concertos os que xeran o problema, co cal vivimos nunha situación surrealista á que cómpre poñerlle remedio\", defende Martínez Antelo que pon como exemplo o concerto do Ultramarinos multado polo Concello e programado dentro da Rede da Agadic. \"O mellor que sempre tivo esta cidade, ao meu entender, é a multitude de propostas culturais que un sempre se podía atopar en cada recanto, nas prazas e en moitos locais, propostas de todo tipo, grandes e pequenas, máis profesionais ou máis amateur... e penso que esta era unha das razóns pola que infinidade de xente de fóra visitaba Compostela cada ano.. porque chegaban a un lugar onde se respiraba cultura en todas partes\", anota o músico Xoán Curiel na súa páxina de facebook, na que demanda asinar contra a postura municipal que está na base, entre outros, da anulación do concerto que cada terza feira ofrecían Marcos Pin á guitarra e Xacobe Martínez Antelo no Hervor e Fervor da cidade."}
{"ID": "PRAZA_3426", "summary": "Un milleiro de traballadores da Mariña manifestáronse na cidade das murallas, entregando na Deputación as súas alegacións. Un grupo de manifestantes entraron na sede do ente provincial e mantiveron un encontro co presidente, José Tomé, que lles comunicou o seu apoio.", "text": "Un milleiro de traballadores de Alcoa da planta de San Cibrao, na Mariña, manifestáronse este mércores polas rúas de Lugo en demanda dun mellor estatuto de consumidores electrointensivos que o presentado hai dúas semanas polo Goberno central, reclamándolle ao Executivo que \"rectifique\" e teña en conta as súas alegacións.Os manifestantes, que portaban unha faixa na que se podía ler 'Peche Non. Enerxía, Solución', levaban tamén unha vintena de cruces, aludindo ao risco de peche da factoría que, din, se podería producir se non hai un prezo da electricidade máis baixo para este tipo de industrias.Para o presidente do Comité de Empresa, o proxecto de estatuto que o Goberno central puxo enriba da mesa \"non serve e deixa en moi mala situación a toda a industria de Galicia e do norte de España\"A marcha, que partiu a primeira hora da mañá da Estación de Autobuses (onde chegaran varios autobuses procedentes de Cervo e Xove), rematou na Praza de San Marcos, ante a sede da Deputación Provincial. Alí o presidente do ente, José Tomé, e outros representantes do goberno provincial, saíron a recibir os manifestantes, entrando no edificio un grupo deles. No interior, o presidente do Comité de Empresa, José Antonio Zan, mantivo un diálogo co presidente provincial, José Tomé, quen lle manifestou o apoio da Deputación ás demandas dos traballadores.O presidente da Deputación, José Tomé, manifestoulles aos traballadores o apoio do ente provincial ás súas demandasZan afirmou en declaracións aos medios que o proxecto de estatuto que o Goberno central puxo enriba da mesa \"non serve e deixa en moi mala situación a toda a industria de Galicia e do norte de España\". \"Nos apoiamos as súas reivindicacións, queremos que siga aberta a planta de Alcoa en San Cibrao e que continúen os postos de traballo. Estamos facendo todas as xestións que son posibles co Goberno Central para que o Estatuto se modifique\", declarou pola súa banda José Tomé, que engadiu que \"unha vez remate este prazo de alegacións ábrese un período de negociacións onde existe a posibilidade de modificar o Estatuto\".Nas alegacións presentadas o comité de empresa e sindicatos como CC.OO. reclaman que se identifiquen os consumidores hiperelectrointensivos, como no caso destas dúas empresas, para que teñan unhas condicións específicas que atendan o seu alto custo enerxético de produción, ao igual que se fai en Francia. Consideran que \"non dá solución ás empresas que realmente acreditan unha elevada intensidade de consumo\" ao engadir \"moitas máis empresas\" con menor consumo enerxético e \"esquecerse de quen está pasando\" os maiores problemas. Gonzalo Caballero criticou o \"cinismo\" de Feijóo, que \"intenta caldear o ambiente con fins electorais pero que cando gobernaba Rajoy non facía nada polas empresas de consumo electrointensivo\"Mentres, polo BNG Olalla Rodil manifestou que \"o goberno do Estado debe rectificar e manter os máis de 2.000 postos de traballo de Alcoa\", criticando que \"o estatuto presentado é insuficiente e non serve para resolver o problema da industria electrointensiva\". Finalmente, o candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento \"a traballar a carón do goberno de España para pechar o período de alegacións ao estatuto das electrointensivas con todas as melloras posibles\". Para Caballero, \"a única vía para avanzar é sacar adiante o estatuto\" e \"á vez meter toda a presión a multinacional, que recibiu 40 millóns de euros de axudas ás emisións de CO2 no ano pasado, para que manteña a actividade no centro de Alcoa en San Cibrao\". Caballero criticou así mesmo o \"cinismo\" de Feijóo, que \"intenta caldear o ambiente con fins electorais pero que cando gobernaba Rajoy non facía nada polas empresas de consumo electrointensivo\"."}
{"ID": "NOS_22110", "summary": "Só unha persoa que leva en si o olor da terra húmida e a calor que daba o bafo das vacas debaixo do cuarto, que co seu avó aprendeu a vivir rozada polas balas e que aínda hoxe acariña as pedras coa emoción íntima de saber que esas mesmas pedras as tocaron antes as mans dos seus antepasados, só unha persoa con esa sensibilidade, esas vivencias tan profundas na súa aldea de Vilarmao e cunha inquebrantábel fidelidade ás súas orixes pode escribir unha poesía da vida e da terra como a que libro tras libro nos entrega Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, 1975).", "text": "Non é a súa unha poética da paisaxe, nin é tampouco un canto ruralista ou nostálxico por un mundo que foi e xa non é. Cráter / Olga Novo / Toxosoutos / 2011 / 196 páxinas / 13,30 euros É un canto de quen se expresa coa pel pegada á terra e de quen posúe a certeza de que nese mundo milenario que outros están a destruír, nese paraíso que se extingue, ela viviu desde a súa primeira infancia un estado de felicidade plena que dificilmente poderá alcanzar fóra dese territorio material, sensitivo e humano. Un canto, en definitiva, escrito desde dentro, desde a emoción, desde a vida, desde a raíz. Xa o deixou escrito en A teta sobre o sol, o seu primeiro libro: \"Non busco a perfección senón a intensidade\". Mais non creo que haxa maior beleza que a verdade que expresan os seus versos. Olga Novo leva toda unha aldea dentro de si. Pode imaxinala e andala palmo a palmo cos ollos fechados, casa a casa polo seu nome, leira a leira polo seu nome, a Cortiña, Su a Horta, Su a Eirexa…, ver as súas cores, percibir os seus olores, escoitar as voces familiares das súas xentes, distinguir os sons e as palabras, a linguaxe dos animais e dos ventos, sentir no seu corpo a primeira xeada de novembro ou a floración das cerdeiras. Vilarmao é un canto incesante no seu corpus poético. Collamos, por exemplo, Cráter, onde Vilarmao ocupa practicamente todo o libro. Poema a poema, desde o seu nacemento nun Sinca 1.200 enriba dunha toalla pobre e desde a memoria emocionada de súa bisavoa descalza, Olga Novo vainos conducindo pola súa propia vida e a da súa xente, ao tempo que nos expresa o seu clamor por un rural que agoniza e morre. E en contraposición a ese mundo en extinción, a voz dunha deusa campesiña, vitalista e libertaria, amorosa e visionaria, a voz da poeta, da estirpe das guímaras, que ergue o seu berro contra o aniquilamento dese seu universo. Desde a fiestra do seu cuarto, cos ollos postos na serra do Courel, unha nena de dez ou once anos le, con auténtica fascinación, os versos de Uxío Novoneyra. Tempo despois, aquela nena, Olga Novo, con libros como Nós nus, Cráter ou Feliz Idade eleva Vilarmao á altura do Pía Paxaro. Para que siga a lingua. Para que non feneza a memoria. Para tirar polo futuro como quen tira polas patas dun becerro ao nacer."}
{"ID": "NOS_57916", "summary": "A XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova elixiu Alberte Fernández Silva como novo secretario xeral, cargo que até este sábado ocupaba Alberte Mera. A candidatura encabezada por Alberte Fernández Silva, elaborada desde as bases, foi a única que concorreu ao proceso.", "text": "Galiza Nova ten novo secretario xeral. Alberte Fernández Silva é quen ocupa a partir deste sábado a responsabilidade que ostentaba Alberte Mera. A súa candidatura á Dirección Nacional na XIV Asemblea de Galiza Nova foi a única que concorreu e, segundo explica a organización xuvenil do Bloque, \"foi elaborada desde as bases e o consenso, de maneira plural e con máis mulleres no conxunto da lista\". O obxectivo: relanzar o BNG entre a mocidade Após a súa elección como secretario xeral, Alberte Fernández situou o nacionalismo como \"a alternativa para os problemas do día a día da mocidade galega\". Advertiu de que enceta \"unha nova etapa\" de Galiza Nova, unha etapa en que a organización se marca como obxectivo \"relanzar o BNG entre a mocidade\". Aliás, o novo secretario xeral sinalou que Galiza Nova \"representa o proxecto do nacionalismo xuvenil para a mocidade galega de hoxe, un proxecto vivo e colectivo para construír unha Galiza para a mocidade, onde o traballo digno sexa unha realidade e a emigración cousa do pasado\". Nado en Pontevedra en 1992, Alberte Fernández Silva ten 23 anos e é Graduado en Historia, con especialidade en Historia Contemporánea na USC. Participou do movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e da Liga Estudantil Galega e milita en Galiza Nova dende o 2009. Ana Pontón insta Galiza Nova a ser a voz das estafadas pola crise Na sesión de clausura tamén tomou a palabra a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen emprazou a mocidade a ser \"motor do cambio\" que ten que producirse no país, desde a confianza \"na alternativa\" que representa o proxecto nacionalista e asumindo que a mocidade \"é plural e diversa\". Ana Pontón pediulles aos mozos e mozas que non se resignen e que pelexen polos seus dereitos e polo seu futuro Ana Pontón instou Galiza Nova a ser \"a voz da xeración que está sendo estafadas pola crise\" e a converter \"a loita contra a precariedade e o dereito a vivir e traballar na terra unha prioridade\", desde a confianza nas propias forzas. A portavoz nacional pediulles aos mozos e mozas que non se resignen e que pelexen polos seus dereitos e polo seu futuro, contra as políticas que levan Galiza a ser \"un país low cost que produce emigrantes ou condicións laborais de explotación, con precariedade e salarios de miseria\". A nacionalista chamou a confiar na Galiza que \"perdeu o medo e que quere tomar as rendas do futuro\". \"Vós formades parte esencial desa Galiza con ambición que aspirades simplemente a vivir nun país con oportunidades, con traballo, sen corrupción e con futuro\", sinalou ante as persoas asistentes. Tamén tivo palabras para o secretario saínte, Alberte Mera, \"que deixa unha organización máis forte e unida\". Do novo responsábel destacou \"a capacidade de diálogo e de integración\". [Na imaxe do interior, o novo secretario xeral de Galiza Nova]"}
{"ID": "NOS_45451", "summary": "O proxecto dado a coñecer na mañá do sábado propón acoutar a suba da temperatura por baixo dos 2ºC e realizar \"esforzos\" para que o aumento non pase os 1,5ºC", "text": "O ministro de Exteriores de Francia e presidente da Conferencia Internacional de París sobre o Clima (COP21), Lauren Fabius, presentou o sábado a proposta de acordo contra o cambio climático, que resultou logo dunha longa negociación, pois varias delegacións esixían o seu carácter vinculante. De feito, a presentación adiouse até o sábado por mor da falta de acordo entre as 195 delegacións que tomaron parte do cumio e que deberán ratificar a proposta. Entre as medidas que recolle o texto atópase a limitación a 2ºC da suba da temperatura e realizar \"esforzos\" para que non pase dos 1,5ºC. A meta dunha limitación das temperaturas a 1,5ºC é un reclamo impulsado polos Estados insulares, os particularmente ameazados polo cambio climático. Tamén se avoga por achegar un mínimo de 100.000 millóns de dólares anuais aos países en desenvolvemento a partires de 2020 para facerlle fronte ao quecemento global. Esta cantidade deberá ser revisada, a máis tardar, en 2025. Os puntos que suscitaron unha maior controversia no seo do cumio foron o financiamento por parte dos países ricos e o compromiso global da emisión de gases de efecto invernadoiro. EUA non apoia o carácter vinculante A COP21 comezou o 30 de novembro e conclúe este sábado. Ao longo destes días, un total de 195 países debateron propostas concretas para preservar o medio ambiente. Países como o Ecuador, Venezuela, Bolivia ou Rusia expresaron o seu apoio a traballar polas medidas que contrarresten o cambio climático. Os EUA, pola súa banda, non apoiaron o carácter vinculante da COP21. Hai que lembrar que é o segundo país con maior índice de emisión de gases de efecto invernadoiro. Nunha primeira valoración, asociacións ecoloxistas de todo o mundo consideran moi pouco ambicioso o acordo e advirten de que tratar de reducir a suba da temperatura a 1,5ºC sen medios para o facer é pouco realista. Precisamente, nas últimas semanas tiveron lugar en París mobilizacións de entidades ecoloxistas para reivindicar un acordo que axudase a reverter o cambio climático. Debido ao estado de excepción que vive Francia, activistas do ecoloxismo foron reprimidos e reprimidas."}
{"ID": "NOS_25676", "summary": "Achegados a Hollande xa falan de arquivar promesas sobre dereitos dos inmigrantes.", "text": "Logo de venceren na primeira volta das eleccións presidenciais francesas e desatar a euforia entre os partidos socioliberais europeos, entre eles o PSOE, François Hollande, líder do PSF, afronta a segunda e definitiva volta nas urnas que lle enfrontará ao dereitista Nicolas Sarkozy xogando con lume ao se lanzar abertamente á procura dos votantes ultras de Le Pen, malia asegurar que non comparte a \"obsesión cos inmigrantes\". A aposta do PSF xa provocou que até importantes dirixentes como Ségolène Royal, declarase que de chegar ao poder estudarían \"retirar o compromiso adquirido co dereito a voto dos inmigrantes para as municipais\". Á espera do centrista Bayrou, Hollande xa conta co respaldo do esquerdista Jean Luc Mélenchon e da ecoloxista Eva Joly, ambos moi preocupados ante o renovado ascenso da xenofobia en Francia."}
{"ID": "NOS_33134", "summary": "A intervención no Parlamento do conselleiro de Sanidade evidencia a crítica situación do sistema galego de saúde. De feito, o propio conselleiro cualificou de \"preocupante\" o estado do servizo de Atención Primaria e recoñeceu a falta \"de médicos e enfermeiros\".", "text": "A comparecencia no pleno do Parlamento da Galiza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña serviu para evidenciar a crítica situación do sistema galego de saúde. Tanto é así, que o propio responsábel da área sanitaria do executivo de Feixoo cualificou de \"preocupante\" o estado do servizo de Atención Primaria (AP) e recoñeceu a falta \"de médicos e enfermeiros\" para facer fronte ás necesidades asistenciais da cidadanía galega. Malia a isto, Comesaña eludiu asumir responsabilidades nunhas eivas denunciadas desde hai anos por profesionais do sector e valorou positivamente a actuación do seu departamento. O conselleiro, que acudiu á Cámara atendendo unha petición da oposición, sacou peito da súa xestión e amosouse satisfeito pola resposta a esta nova vaga da pandemia. Neste sentido, afirmou que \"ninguén agardaba unha situación como esta pola elevada taxa de vacinación\" e destacou \"as medidas de prevención adoptadas axustadas ao novo escenario\". Na mesma liña, restou importancia ao impacto do coronavirus na actividade asistencial ordinaria e considerou normais os tempos de agarda nos diferentes niveis do sistema sanitario. As declaracións de Comesaña producíronse tras as queixas dos usuarios e profesionais da sanidade pública, que denunciaron tardanzas de até dúas semanas en Atención Primaria para unha consulta telefónica. A voceira en materia sanitaria do BNG, Montse Prado denunciou que \"non hai ningún centro de saúde co número de profesionais preciso\" e acusou ao PP de \"facelo de libro se queren acabar coa Atención Primaria\". Ao tempo, cuestionou á Xunta pola xestión da pandemia e criticou que en \"16 meses non teñen un sistema de rastrexo eficiente, senón descoordinación, confusión no control e no seguimento dos positivos, nos illamentos e nas corentenas. Un sistema baseado na precariedade, na inestabilidade e nos baixos prezos\". Eivas no rastrexo Prado insistiu na importancia do rastrexo na loita contra o virus e acusou \"ao Goberno de non tomarse en serio\" este labor. \"Nuns casos indican corentena e noutros nas mesmas circunstancias non, persoas desesperadas ante a imposibilidade de contactar co Sergas e ante a falla de indicacións sobre o que deben facer ao dar positivo\", afirmou Prado, que preguntou a Comesaña \"a que agarda para pór en marcha un sistema de rastrexo con persoal suficiente e formado, na vez de ter aos profesionais de Atención Primaria facendo esa labor cando non teñen mans para máis?\". Rastrexadores O parlamentario socialista, Julio Torrado cualificou de \"estrutural\" a problemática do sistema galego de saúde. Neste sentido, volveu preguntar ao conselleiro polo número de rastrexadores da Xunta e lamentou que os responsábeis sanitarios continúen negando a cifra de persoas adscritas a estas tarefas. \"Cal é o número de rastrexadores que hai no Servizo Galego de Saúde (Sergas)?. O señor Feixoo dixo 6.147. Vostede dixo apenas unha semana máis tarde 700. A semana seguinte dixo que non sabía moi ben dicir que era un rastrexador, igual vai sendo hora de que afine o que é\", sinalou Torrado. O voceiro de Sanidade do PSdeG-PSOE urxiu ao Comesaña a \"contratar rastrexadores\". Após de lamentar que o Partido Popular \"este máis preocupado en facer oposición á oposición que en buscar solucións\" reclamou unha nova política en materia de rastrexo que puxera fin \"ao modelo concesional e privatizador\" do Goberno galego. Neste sentido, coincidiu con Prado na importancia do mesmo para responder á pandemia."}
{"ID": "PRAZA_5809", "summary": "O presidente da Xunta desenténdese do futuro político de Currás, que se condena a xestionar o Concello cunha Xunta de Goberno minúscula ao optar por un equipo de edís non electos para chegar ao remate do mandato. Audio no interior", "text": "O pasado martes os edís de Santiago condenados por prevaricación, a metade máis un dos 13 membros do goberno local, comparecían ante a prensa a xeito de despedida. A través da ata ese momento voceira do Concello, María Pardo, explicaban que marchaban \"por imperativo legal\" malia á súa \"impepinable disconformidade\" co ditame xudicial, que se dispuñan a recorrer ante a Audiencia Provincial. A súa dimisión inmediata só tiña unha razón e esta atópase nunha reforma legal do ano 2011 que, para desenvolver a Lei de Partidos aprobada en tempos de Aznar, converteu en \"inelixibles\" ás persoas condenadas \"por sentenza, aínda que non sexa firme\" por delitos contra a Administración pública cando nestas sentenzas se establecese \"a pena de inhabilitación\". Este xoves Alberto Núñez Feijóo tentou obviar este marco legal para atribuír as dimisións a unha decisión do seu partido en clave de responsabilidades políticas.Acabado de chegar do Xapón, Feijóo presidiu a reunión semanal do Consello da Xunta e, tras a mesma, tivo que facer fronte a toda unha vaga de preguntas a respecto da crise institucional en Compostela mentres que non tivo que responder nin unha soa sobre o abordado na reunión gobernamental, centrada en asuntos de trámite e en informes. Os xornalistas insistiron en saber se o presidente da Xunta e do PP apoia a continuidade do atribulado alcalde e non o conseguiu, pero si obtivo unha explicación segundo a cal \"tendo unha sentenza condenatoria no primeiro tramo de Xustiza nos parecía oportuno, de forma inmediata, proceder á dimisión irrevogable de todos eses concelleiros\" e \"foi o que fixemos\". \"Esa é a decisión que corresponde\", e \"era o compromiso do partido\", abonda, obviando que neste caso a vontade política é irrelevante porque a lei non ofrece ningunha outra posibilidade. Feijóo salienta que os edís marcharon polo \"compromiso do partido\"Con esta explicación o líder da dereita en Galicia tentaba reforzar a cerna do seu argumentario: evitar o apoio explícito a Ángel Currás pero procurar facer ver que a de Santiago non é a peor situación posible\". \"O plan en Santiago témolo descrito, estaba claro\" e pasa por unha \"nova etapa\" na que \"ten que quedar garantido o goberno, o orzamento, a execución ordinaria do orzamento, a política municipal e unha maioría para gobernar\". A \"prioridade\", segundo Feijóo, é \"non caer na situación do Concello de Lugo ou de Ourense\", onde os seus alcaldes, do PSdeG, están en minoría e imputados. No caso do lucense Xosé López Orozco a imputación é no caso Pokémon, o mesmo que Currás. Feijóo négalle o \"futuro\" político a Currás pero di que \"lle corresponde a decisión\" de dimitir ou nonNeste contexto Feijóo deslígase da continuidade de Currás porque é a el quen \"lle corresponde tomar calquera tipo de decisión\", aínda que tamén lle nega \"futuro\" político. Ante as reiteradas preguntas sobre Santiago e visiblemente molesto el \"simplemente recorda\" que \"hai alcaldes da cidade de Lugo e da cidade de Ourense, varias veces imputados, con membros das corporacións tamén imputados que levan durante anos proclamando a súa inocencia e tomando as decisións de continuar no cargo de forma evidente, dado que continúan e seguen continuiando dende que se coñece a súa imputación\", afirma, obviando por exemplo as imputacións e investigacións que tamén pesan sobre o Concello da Coruña, do PP.Currás, avocado a unha Xunta de Goberno minúsculaMentres Feijóo se desentende do seu futuro o rexedor compostelán continúa inmerso nas fichaxes para tentar cubrir as nove vacantes do seu equipo de goberno con persoas non elixidas nas eleccións municipais, potestade que lle outorga outra norma que desenvolveu a Lei de Partidos en 2003. Así, e segundo foi transcendendo a través de El Correo Gallego, Currás está configurando un equipo de perfís dispares, no que tanto se inclúe un ex árbitro de fútbol que xa foi concelleiro do PP na Coruña, Raúl García de Loza, como un ex alto cargo da Xunta de Fraga, unha xefa de servizo do Concello, unha integrante das Novas Xeracións dos populares ou a ex decana de Económicas da USC, Maite Cancelo. Xa transcenderon 'fichaxes' como un ex árbitro e antigo edil do PP na Coruña ou a ex decana de Económicas da USCSe estes nomes se confirman na súa totalidade serían xa seis os integrantes do goberno local que non pasaron polas urnas, o que avoca a Currás a xestionar o Concello cunha Xunta de Goberno minúscula. A lei de medidas para a modernización do goberno local do ano 2003, que dotou este órgano de amplos poderes, permitía que o alcalde nomease como membros desta Xunta \"persoas que non ostenten a condición de concelleiros, sempre que o seu número non supere un terzo dos seus membros, excluído o alcalde\". Isto foi así ata que en 2013 o Tribunal Constitucional lle deu a razón ao Parlament de Catalunya nun recurso de inconstitucionalidade interposto contra esta normativa. O TC declarou inconstitucional que participen na Xunta de Goberno os edís non electosAludindo á esixencia constitucional de que \"concelleiros e alcaldes sexan elixidos democraticamente\" como \"manifestación do dereito fundamental de participación nos asuntos públicos\" o TC declarou \"nulo e inconstitucional\" este treito do artigo 126 da lei, polo que a Xunta de Goberno local só pode estar composta por persoas elixidas nas urnas. Isto, no caso de Santiago, implica que só poden compoñer este órgano o propio Currás, a súa tenente de alcalde e os outros dous edís que actualmente forman parte do goberno local. O número de membros da Xunta só medrará se o Alcalde consegue incorporar alguén que fose nas listas electorais do PP santiagués en 2011."}
{"ID": "NOS_51798", "summary": "A Audiencia de Barcelona considera que, ao non apreciar nin intimidación nin violencia -malia as declaracións da vítima- no ataque sexual a unha menor inconsciente na localidade catalá de Manresa, o tipo penal debe ser menor.", "text": "Malia a petición por parte da Fiscalía ao final do xuízo, a Audiencia de Barcelona condenou por delito de abuso sexual -e non de agresión- cinco acusados dunha violación múltiple a unha menor na localidade catalá de Manresa. Deste xeito, impúxolles penas de entre 10 e 12 anos de cárcere. Os feitos ocorreron en 2016, cando un grupo de mozos se introduciu nunha fábrica abandonada para realizar un botellón. En determinado momento, os condenados abusaron dunha menor que inxerira alcohol e consumira cannabis, e que no momento do delito estaba nun estado de inconsciencia, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. O tribunal considera que se trata dun delito de abuso sexual dado que a vítima estaba inconsciente, \"sen poder aceptar ou opoñerse ás relacións sexuais\". Porén, con estes mesmos argumentos, afirma que ao non precisaren de intimidación ou de violencia, os acusados non poden ser condenados por agresión. Na súa declaración ante o tribunal, a cativa dixo que tivera medo e que se sentira intimidada antes da agresión porque tres dos sete acusados compartían unha pistola e facían ademán de cargala. \"Estaba asustada e choraba\", declarou a rapaza, que no momento da violación tiña 14 anos."}
{"ID": "NOS_3412", "summary": "Putin adianta que a eurozona podería quedar sen subministración de gas após oficializar a Comisión Europea que trata de impor un tope aos prezos do gas natural procedente de Rusia.", "text": "A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, presentou onte as propostas do Executivo comunitario para enfrontar a crise enerxética que está a padecer o bloque, e que implicou un aumento xeral dos prezos, chegando a facer insostíbel a produción nas industrias cun maior consumo, amais dos efectos sociais. Para von der Leyen, esta \"situación extraordinaria\" débese a que \"Rusia non é un provedor digno de confianza e manipula os mercados enerxéticos\", polo que os ministros responsábeis do ámbito da enerxía dos Estados membros deberán tomar varias decisións na xuntanza prevista para mañá. Unha das medidas principais que recomendarán é limitar o prezo ao que as empresas poderán comprar o gas ruso, tratando de convencer outros países de que se sumen a este tope, poucos días despois de que o G-7 tomara a mesma decisión. Freo en Bruxelas ao gasoduto entre Catalunya e Francia Tamén procuran estabelecer un imposto aos beneficios extraordinarios das empresas eléctricas, que se aplicaría ás enerxías de menor custo de produción -como as renovábeis-, que se están a ver beneficiadas do sistema de fixación de prezos da Unión Europea (UE), denominado marxinalista, e no que a oferta máis cara marca o prezo. Asemade, \"proporemos unha contribución solidaria\" ás compañías de petróleo e gas que grave as \"súas ganancias masivas\". Segundo a presidenta da Comisión estes beneficios serían \"para axudar as persoas e empresas vulnerábeis a adaptarse\". Con respecto aos plans de aforro enerxético, asegurou que é necesario superar o obxectivo fixado antes do verán (unha redución de 15% no consumo, 7% nos Estados con maior almacenamento), e solicitou implementar \"un obxectivo obrigatorio para diminuír o uso de electricidade nas horas pico\". Ademais, incidiu en que é preciso un fondo de apoio á liquidez para que as empresas encargadas dos servizos públicos de enerxía \"fagan fronte á volatilidade nos mercados\". Gasoduto Nord Stream 2 O mandatario ruso, Vladimir Putin, reiterou nun foro económico en Vladivostok que non están a utilizar o gas como arma enerxética, facendo fincapé en que os problemas do Nord Stream 1 -gasoduto que une Rusia con Alemaña e cuxa subministración esta parada nos últimos días- son resultado das sancións aplicadas pola Unión Europea, o que impide o seu correcto mantemento, polo que se comprometeu a reactivar o bombeo se fican anuladas as sancións neste ámbito. A outra opción, defendeu, sería abrir o Nord Stream 2, que fora bloqueado por Berlín cando estaba listo para ser inaugurado, subliñando que a UE \"meteuse nunha rúa sen saída\" con sancións \"baixo presión dos Estados Unidos\", por mor de que \"queren vender o seu [gas natural] a un prezo tres veces maior\", ao ser transportado en barco. No que atinxe ao límite no prezo do gas ruso, Putin asegurou que \"non subministrará nada se contradí os nosos intereses económicos\", e advertiu que a \"demanda de enerxía é cada vez maior\", acusando a UE de perder a vantaxe competitiva que lle ofrecía o gas ruso cando era un cliente \"premium\", e da que agora se estarían a beneficiar países como a China ou India. Menos gas natural por gasoduto, máis por vía marítima Von der Leyen salientou que desde a entrada de Rusia no conflito en Ucraína o bloque comunitario diminuíu as súas importacións de gas ruso por canalizacións, de 40% a 9% do total, instando a \"recortar os ingresos que Putin utiliza para financiar esta guerra atroz contra Ucraína\". Porén, algúns membros incrementaron as súas compras, como é o caso do Estado español, que foi en xullo e agosto o principal comprador mundial de gas natural licuado procedente de Rusia -por vía marítima-, pagando 750 millóns de euros para usalo sobre todo na xeración de electricidade, sinala o Centro de investigación de enerxía e aire limpos. Nese sentido, a entidade cifra en 158.000 millóns de euros os ingresos de Moscova pola venda de materias primas entre marzo e agosto, 35.000 millóns de euros correspondentes ao gas."}
{"ID": "NOS_21489", "summary": "Afirman que as factorías están a 30% da súa capacidade de fabricación, mentres que a produción de electricidade está a 100%, \"confirmando que o único interese de TPG-Ithaka está no negocio da enerxía\".", "text": "O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas vai retomar as mobilizacións perante a \"grave situación xerada polo progresivo desmantelamento das fábricas e o recorte drástico da produción, que xa levou ao peche do forno 13\". O comité mantivo esta semana unha reunión co secretario xeral de Minas, a subdirectora xeral de Relacións Laborais e o secretario xeral técnico da Consellaría na que volveu pór riba da mesa a necesidade \"inaprazábel\" de esixir da nova xerencia de Ferroatlántica un plan de viabilidade para garantir os niveis de produción e o mantemento dos empregos. A este respecto, o comité alerta que as factorías \"están a 30% da súa capacidade de fabricación, mentres que a produción de electricidade está ao 100%, confirmando que o único interese de TPG-Ithaka está no negocio da enerxía e que a operación orquestrada con FerroGlobe é unha fraude\". De feito, denuncian, a empresa está vendendo catro veces máis enerxía da que compra para fabricar ferroaliaxes, \"algo que contravén claramente as condicións das resolucións da Xunta a respecto de que a produción hidroeléctrica debe garantir a actividade das fábricas\", sinala o presidente do comité, Alfonso Mouzo (CIG). En canto á produción, subliña que o forno 13 estará parado durante todo 2020 e sen data concreta para o seu arranque, nin sequera no horizonte da aprobación do estatuto para as industrias electrointensivas. O resto dos fornos están sometidos a un plan de paradas diarias, entre 10 e 14 horas, \"o que provoca avarías con risco e que haxa que facer reparacións de continuo\". Ademais, a empresa ameaza con cesar tamén o forno 14, o que deixaría a este centro de traballo sen fabricación de aliaxes de manganeso."}
{"ID": "PRAZA_10471", "summary": "Na celebración do cincuentenario do primeiro Estatuto galego, en 1986, o profesor Carvalho pronunciou un breve e humilde discurso no que evocou as súas lembranzas dos anos nos que, xunto a outros moitos galeguistas, participou activamente no impulso da autonomía", "text": "O 28 de xuño de 1986 o Parlamento de Galicia, con apenas media década de existencia, celebrou os principais actos das conmemoracións que a propia institución organizara, aceptando unha iniciativa de Coalición Galega, para celebrar o quincuaxésimo aniversario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936. Ao evento central daquela celebración, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, acudiran persoeiros que participaran directamente no impulso da autonomía galega plebiscitada nas urnas hai hoxe 83 anos.Na celebración do cincuentenario do Estatuto do 36 o profesor Carvalho presentárase como un \"modesto espectador de acontecimentos\" malia á súa ampla participación, xunto a outros moitos galeguistas, no impulso da autonomíaNunha das fileiras daquel acto sentaban o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2019, o etnógrafo Antonio Fraguas, e quen o será no 2020, Ricardo Carvalho Calero. Entre eles, Avelino Pousa Antelo. Os tres, que en 1936 apenas chegaban aos trinta anos de idade, secundaran con entusiasmo todo o proceso estatutario e o impulso ao Partido Galeguista, en cuxa fundación en Pontevedra participara Carvalho en 1931. O veterano profesor, na altura a piques de facer 76 anos, compartira no día anterior as súas lembranzas sobre o Estatuto no Paraninfo da USC noutro dos actos conmemorativos polo medio século do referendo do Estatuto. Fixérao cun breve discurso que é conservado no centro de documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Nunhas verbas inzadas de humildade Carvalho presentábase a si mesmo como un \"modesto espectador de acontecimentos\", unha \"testemunha\" xa que, advertira, \"eu nom som professor de História\".Carvalho redactara xunto a Lois Tobío o anteproxecto de Estatuto, que despois \"foi preciso ajeitar aos limites do Estado\", porque \"a República nom foi federal\", lembrabaCarvalho Calero encadrara as súas lembranzas nun tempo no que \"republicanos vagamente federais\" e \"galeguistas vagamente republicanos\" se viran \"arrastados a um entendimento mais ou menos profundo pola força das circunstâncias\" coa chegada da República. \"Uns e outros pareciamos luitar conjuntamente pola República Federal\", lembraba. E esa foi a aposta que ficou plasmada no anteproxecto de Estatuto que elaborou xunto a Lois Tobío na biblioteca da Facultade de Dereito -actual Facultade de Xeografía e Historia-, no seo do Seminario de Estudos Galegos. \"Comezamo-lo com esta declaraçom: Galiza é un Estado libre drento da Repúbrica Federal Española\", recordaba.\"Mas a República nom foi federal\" e \"foi preciso ajeitar-se aos limites do Estado que os constituintes estabelecerom\", relatou Carvalho aos asistentes ás conmemoracións de 1986. Malia ficar desbotado o anteproxecto el, como militante galeguista pero tamén como integrante da \"primeira promoçom de juristas da República\", participou activamente nos debates para elaborar o texto que acabaría sendo plebiscitado en 1936. As intervencións sobre lingua e economía fixeran de Alexandre Bóveda \"a figura estelar\" da asemblea da que saíu aprobado o texto do Estatuto, lembraba CarvalhoO profesor Carvalho Calero lembrou anécdotas como o convite de Enrique Rajoy Leloup a Xaime Quintanilla, alcalde de Ferrol, para presidir a mesa da Comisión Organizadora, pero tamén fondos debates sobre, por exemplo, a oficialidade da lingua galega, a cal quedou ratificada tras \"um brande discurso\" de Alexandre Bóveda, que \"emocionou e convenceu à Assembleia\" fronte ao criterio de quen non apostaban por ese rango para a lingua do país. \"Este discurso\" e o \"relativo à questom económica figerom de Bóveda a figura estelar de reuniom\", evocou.No que semellou outra aposta por restar importancia ao seu propio papel naqueles acontecementos, Carvalho Calero puxo especial énfase en advertir que el non foi \"observador directo\" do referendo. Estivera nas Cortes da República na xuntanza que foi crucial para reactivar o proceso estatutario e alentou o voto a prol durante a campaña en múltiples actos públicos en diversos puntos do país. Carvalho Calero estivo presente nas Cortes da República na xuntanza clave para reactivar o Estatuto e participou na campaña ata que tivo que viaxar a Madrid poucos días antes do referendoPero \"poucos dias antes\" do 28 de xuño \"tivem que sair para Madrid\" para participar nos exames que \"me converteriam em professor oficial\". \"Ainda que superei aquelas provas, nom pudem regressar ao meu país até cinco anos mais tarde, e em quanto ao meu ingresso efectivo no professorado oficial, nom se verificou até trinta anos depois\", relatou en referencia á represión que sufriu por parte dos golpistas e as posteriores autoridades da ditadura.O papel de Ricardo Carvalho Calero no impulso do Estatuto plebiscitado hai agora 83 anos será unha das moitas vertentes da súa figura que serán lembradas durante o ano 2020. Así será aínda que el mesmo advertise, no devandito acto de 1986, que a súa era pouco máis ca unha \"testemunha sumária\". \"É para mim umha honra que haja quem me considere digno de ocupar para eses efectos esta tribuna\", agradecera aos presentes."}
{"ID": "NOS_20917", "summary": "Fican menos de dous meses para que Nós Diario, o novo medio de Sermos Galiza S.A., vexa a luz. O 2 de xaneiro de 2020 sairá do prelo o diario en papel e mais o diario dixital. Mais a finais deste novembro, verá a luz o primeiro número cero. Tes dúbidas? Resolvémoschas!", "text": "Co comezo da nova década chega o novo diario en galego, Nós Diario cuxa versión en papel e na rede faranse públicas o 2 de xaneiro de 2020. Mais antes poderán coñecerse as principais características do soporte físico grazas ao primeiro número cero que se publicará o 30 de novembro despois destas últimas semanas de probas na redacción do novo medio. Nesta información resolvemos as dúbidas a respecto da saída dun medio tan necesario como agardado. Que temáticas tratará Nós Diario? Traerá ao primeiro plano informativo as temáticas que se botan en falta na axenda mediática da Galiza. Cuestións como a cultura galega, o traballo, os feminismos, a lingua, a diáspora, os dereitos civís, a historia, a memoria, o ecoloxismo... Todo o que interesa a un público de pensamento aberto, actual e implicado, que non ve reflectidas na prensa convencional as súas ideas de avance social. Todo en base a unha ollada construtiva cara á realidade galega para contribuír a que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada. Desaparecerá Sermos Galiza? O diario dixital Sermos Galiza virará en Nós Diario, que permitirá o acceso a todas as informacións publicadas desde os inicios de www.sermosgaliza.gal. O semanario en papel Sermos Galiza, que a semana pasada sumou 372 edicións, desaparece como tal e pasará a formar parte de Nós Diario os sábados, como suplemento de fin de semana. Cando sairá Nós Diario en papel? O primeiro número cero que se fará público verá a luz o 30 de novembro. Coñecerase entón, após semanas de probas internas na redacción, as características estéticas e de contidos do diario en papel e do suplemento de fin de semana, que levará por nome Sermos Galiza, unha chiscadela ao actual semanario en papel, que se reconverterá na publicación que acompañará a Nós Diario os sábados. A partir do 2 de xaneiro verá a luz de maneira regular tanto o diario en papel como o diario dixital. Que días se editará? O diario en papel verá a luz cinco días á semana -algo habitual na imprensa europea-, de terzas feiras a sábados. Unha edición en papel cinco días á semana supón un aforro nos custos de produción que fan viábel o proxecto e porque garante o dereito ao descanso de fin de semana das traballadoras e traballadores. Eses dous días sen edición impresa manteremos actualizado o diario dixital. A subscrición ao suplemento é independente á do diario en papel? Non. A subscrición é a Nós Diario e o prezo inclúe o suplemento de fin de semana Sermos Galiza. Canto custará Nós Diario nos quiosques? De terzas a sextas, 1,50 euros. Os sábados, 3 euros, pois inclúe o suplemento fin de semana. Canto aforro se me subscribo a Nós Diario? Subscribíndote obterás un importante aforro a respecto da compra día a día. Existen varias posibilidades de subscrición. Versión en papel con acceso ao diario dixitalizado na nube: •12 pagamentos mensuais por un importe de 27 euros ao mes. •4 pagamentos anuais por un importe de 78 euros ao trimestre (26 euros ao mes). •2 pagamentos anuais por un importe de 150 euros ao semestre (25 euros ao mes). •1 pagamento anual por un importe de 288 euros ao ano (24 euros ao mes). Acceso ao diario dixitalizado na nube: •12 pagamentos mensuais por un importe de 20 euros ao mes. •4 pagamentos trimestrais por un importe de 57 euros ao trimestre (19 euros ao mes) •2 pagamentos semestrais por un importe de 108 euros ao semestre (18 euros ao mes) •1 pagamento anual por un importe de 204 euros ao ano (17 euros ao mes) Cales serán as características físicas de Nós Diario? O diario en papel editarase de terzas feiras a sábado en 32 páxinas, a cor e artellarase ao redor das seguintes seccións: Galiza, Economía e Traballo, Internacional, Cultura e Axenda. Opinión e En Foco actuarán como apartados de ruptura. A respecto do diario dixital, publicarase os 365 días do ano de maneira ininterrompida, para dar conta de toda a actualidade. Que sustentará a viabilidade de Nós Diario? Nós Diario non conta con ningún gran medio de comunicación detrás. De feito, Sermos Galiza S.A. é unha iniciativa colectiva conformada por máis de 900 accións. Contamos co apoio económico de máis de 3.000 persoas, a cifra mínima de asinantes que garante a estabilidade financeira do medio. Continuamos a medrar. Que é o acceso ao diario dixitalizado na nube? Todas as persoas subscritoras ao papel terán acceso de balde ao diario dixitalizado na nube, que vén ser unha versión en PDF -mais sen posibilidade de descarga- do diario en papel. Ademais, Sermos Galiza pon a disposición das asinantes a modalidade de subscrición só dixital, sen papel, cuxos custos son menores debido a que non é necesario distribuílo de maneira física. Cando se pasará o primeiro cargo? A mediados de decembro de 2019. É posíbel subscribirse a Nós Diario ou facerse accionista de Sermos Galiza S.A.? Si, tes toda a información sobre as distintas modalidades de subscrición na web www.nosdiario.gal. É posíbel subscribirse desde 20 euros cada mes ou, o que é o mesmo, por 60 céntimos ao día, menos do que custa un café. Este sería o prezo da subscrición ao diario dixitalizado na nube. Tamén permanece aberto o prazo para te facer accionista da empresa. Tes toda a información dispoñíbel no teléfono 881959597."}
{"ID": "NOS_14930", "summary": "O escritor e colaborador de Sermos Galiza Xurxo Souto chegou ás 100 arribadas, aos eventos vinculados a Contos do mar de Irlanda, o seu último libro. Conversamos con el arredor deste fito na promoción dun libro galego.", "text": "As 100 arribadas –actos relacionados con Contos do mar de Irlanda (Xerais)-, todo un fito na promoción dun libro galego, representan para Xurxo Souto \"unha experiencia única e marabillosa que non creo que se volva repetir\". O autor explica, en declaracións a Sermos Galiza, como partindo da literatura foi quen de coñecer o país e de levar esas historias a cidades alén das nosas fronteiras. Sinala que, após tantos encontros, aprendeu unha morea de historias. \"Unha das máis fermosas tivo lugar en Froxán, no Courel. Alí contáronme que a casa máis bonita era a do Calexón, que emigrara ao País Vasco e que fora mariñeiro en Terranova. Cando volvía, enchía o patín da casa de follas de bacallau e os rapaces estaban abraiados, dicían que aquilo era un mundo impresionante\". Das cen arribadas saíron o documentario e unha exposición Nas cen arribadas, o libro de Xurxo Souto xerou un fecundo hipertexto, o documentario Dos gaiteiros do mar, de Martín Rodas e Dani Lavesedo e a exposición O pintor Ksal e outras historias do mar (AVV Casco Vello de Vigo). \"No meu caso este hipertexto non ten a ver co virtual, pois foi algo físico e real\", sinala. \"Os gaiteiros forman agora un grupo estábel e O Berbés, a colleu a mostra dun pintor que creaba a bordo de bacallaeiros. Pintaba na sala de máquinas e chegou a expoñer en Terranova, mais non en Vigo. E grazas ao Berbés foi coñecido o seu legado. Fíxate, como terrícola, non sabía que a bordo dos barcos se pintaba e que en Terranova se facían cancións en galego\", salienta. O escritor advirte de que a falta de coñecemento da sociedade arredor do mar \"é un problema\". \"O mar non existe na nosa educación malia ser un elemento económico fundamental. O mar non é pasado, senón futuro, pero tendemos a velo como algo folclórico e pintoresco\", afirma. Este sábado, 22 de outubro, ás 12h, Xurxo Souto convoca un acto conmemorativo en La Naval, un comercio de efectos navais na Coruña que fecha após aprovisionar durante máis de medio século a frota do Gran Sol e de Terranova. En Contos do mar de Irlanda, o escritor recolle a memoria de homes e mulleres do mar, historias descoñecidas que Xurxo Souto recupera e transmite con entusiasmo. Unha delas leva o nome dun mar, o de María Antonia, a muller que rexentaba unha tenda na Coruña e os mariñeiros homenaxearon incorporando aos seus topónimos mariños."}
{"ID": "NOS_29081", "summary": "Segundo os datos facilitados polo Sergas, Galiza reduce os ingresados con Covid-19 a 392 e os contaxios detectados rompen a suba dos últimos días ao descender até 184, mentres a positividade repunta lixeiramente até 2,4%.", "text": "A presión hospitalaria continúa á baixa, aínda que lixeiramente, e sitúase nas 392 persoas ingresadas por coronavirus, oito menos que a xornada anterior. Destas, 82 están en unidades de coidados intensivos, unha redución de sete. Os datos facilitados este sábado polo Sergas indican que os novos contaxios detectados nun día a través de todo tipo de probas volveron a descender, até os 184, despois de toda a semana con pequenos repuntes. Ademais, os casos activos da enfermidade diminuíron en 216, a 3.952 en total, o que supón pasar a barreira dos 4.000. Non se notificaba unha cifra tan baixa desde o 1 de setembro. Alén diso, a presión hospitalaria, en todas as áreas sanitarias descende. Tan só Vigo rompe lixeiramente esta tendencia, xa que aínda que as hospitalizacións baixaron en seis, até as 63, os pacientes críticos subiron até 14. A de maior presión segue sendo A Coruña-Cee, con 133 ingresados poa Covid-19 -nove menos-, dos que 29 -dous menos- están na UCI. En Santiago-Barbanza, os datos reflicten que son 62 as persoas contaxiadas que requiren hospitalización (-1), ao baixar até 13 (-1) os críticos. Tamén descenden os ingresos en Ferrol, até 40 (-1), dos que seis (sen variacións) están en coidados intensivos; en Pontevedra-O Salnés, até 35 (-3), dos que 13 (-1) están críticos; en Lugo-A Mariña-Monforte, a 30 hospitalizados (-3), dez deles en UCI (-3); e en Ourense-Verín-O Barco, cun total de 26 ingresados (-2) e só dous en coidados intensivos (-1). Desde o inicio da pandemia as persoas infectadas na pandemia de coronavirus na Galiza foron en total 113.496. Delas, 27.203 corresponden á área da Coruña; 21.343 á de Vigo; 18.066 á de Santiago; 14.628 á de Ourense; 12.462 á de Pontevedra; 11.767 á de Lugo; e 8.027 á de Ferrol. Realizáronse un total de 1.700.113 probas PCR Galiza levou a cabo até o momento 1.700.113 probas PCR, segundo os últimos datos actualizados pola Consellaría de Sanidade. Na últimas 24 horas realizáronse 6.926 probass, case 1.200 menos que a xornada inmediatamente anterior. En relación á porcentaxe de infeccións por test PCR realizados, ascendeu lixeiramente a un 2,4% tras situarse nun 1,7% nos datos do venres. Así, mantense por baixo de 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias atópanse por baixo deste limiar: Ourense (4,7%), Santiago (4%), Ferrol (3,6%), A Coruña (2,5%), Pontevedra (1,5%), Vigo (1,2%) e Lugo (0,9%)."}
{"ID": "NOS_21976", "summary": "Máis de 10.000 mariños galegos traballaron no país nórdico. Reclaman as pensións que se lles adebedan.", "text": "O Parlamento galego aprobpou por unanimidade demandar que o Estado español inicie unha negociación \"real, inmediata e directa\" con Noruega paradar solución os 'galisik', os 10.000 mariños gañegos que traballaron anos naquel pais e aqos que se lles adebeda as súas pensións. Na iniciativa, presentada por AGE, transacionada co PP e á que se sumaron BNG e PsdeG, pídese ao goberno español que presente unha demanda contra Noruega por incumprir o convenio europeo dos dereitos humanos por discriminar por razón de nacionalidade. Oslo exixía aos galegos embarcados en buques noruegueses que residiran en Noruega para estar no sistema de Seguridade Social, algo que non lle demandaba aos seus nacionais embarcados neses mesmos buques. Esta proposición non de lei foi aprobada na Comisión de Pesca da Cámara lexislativa galega e foi consensuada con 'Long Hope', a asociación que aglutina e representa o colectivo afectado. 'Long Hope' ten presentada unha demanda en Noruega na defensa dos seus dereitos."}
{"ID": "NOS_53574", "summary": "A xornalista Paula Castro prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.", "text": "O pasado 5 de outubro o Comité Intercentros da CRTVG e representantes de preto de 40 organizacións sociais, políticas e sindicais comparecían en rolda de prensa para anunciar a convocatoria dunha manifestación para este domingo, 6 de novembro, en Compostela, para denunciar o \"secuestro\" do que son vítimas a TVG e a Radio Galega e demandar o seu \"rescate\". Comité e organizacións convocantes coincidían en denunciar como o Executivo galego, en mans do Partido Popular, utiliza os nosos medios públicos ao seu servizo e como a actual dirección da Corporación \"antepón os intereses do Partido Popular aos valores de carácter ético-político nos que debe fundamentarse o servizo público, relacionados coas necesidades democráticas, sociais e culturais do noso pobo\". Trátase dunha denuncia que debería alarmar a toda a sociedade galega porque supón un flagrante incumprimento de principios que son básicos para calquera sistema democrático que se prece, como o dereito a comunicar e a recibir información veraz, o dereito de acceso a grupos sociais e políticos representativos e o propio pluralismo político. Porén, unha denuncia tan grave –que, por outra banda vén incidir no que todos os Venres Negros, desde hai xa centos, denuncia o persoal da CRTVG– realizada pola representación conxunta do persoal dos nosos medios públicos e por preto de 40 organizacións sociais, políticas e sindicais de Galiza, non mereceu unha liña na prensa escrita en Galiza, agás a información publicada ao día seguinte por Nós Diario. Un só medio de comunicación, RNE, asistiu á citada rolda de prensa e, xunto a esta radio pública, só medios dixitais se fixeron eco, tanto da convocatoria de manifestación, como das razóns polas que se convoca. O comité intercentros denuncia como o Executivo galego utiliza os medios públicos ao seu servizo e como a actual dirección \"antepón os intereses do PP aos valores de carácter ético-político\" Sumábase así a mediática galega á mesma manipulación e censura que se denuncian na propia CRTVG confirmando o control informativo ao que o Goberno do PP somete ao conxunto de medios de comunicación en Galiza.Un sometemento que non é gratuíto, porque anualmente estes medios de comunicación reciben cuantiosas sumas, en forma de subvencións e publicidade institucional, imprescindíbeis para a supervivencia da maioría deles nun contexto de crise como o que vén arrastrando a prensa escrita desde hai anos. Un sometemento que, en todo caso, non semella colidir substancialmente coa súa liña editorial, claramente escorada á dereita e de costas á realidade do país que os le. Non hai máis que ver o uso, ou máis ben o non uso, que fan da nosa lingua nas súas páxinas ou a sospeitosa minimización, ou directamente ausencia, de informacións relativas ao vizoso panorama asociativo, cultural, político e sindical que actúa en Galiza. Unha mediática na que non hai oco para a crítica ao poder nin ao modelo económico porque, directamente, se elimina a quen diverxe do discurso oficial. Unha sorte de censura previa que, seguindo a máxima de que o que non se publica, non existe, impide ao conxunto da poboación coñecer ideas e opinións que contrasten ou cuestionen políticas que aspiran a que o propio país, como realidade, desapareza. Por iso son tan importantes as demandas das convocantes da mobilización deste domingo. Porque os medios privados, precisamente porque son privados, poden argüír que atenden á súa liña editorial, por máis que unha parte moi relevante da poboación considere que o que fan é manipular. Pero os medios públicos son nosos porque os pagamos entre todas e é nosa tamén a responsabilidade de exixir que atendan a criterios como os que se demandan con esta mobilización: imparcialidade, veracidade e pluralismo informativo \"erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais\". Unha CRTVG que recupere a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento; que promova e defenda a nosa identidade e a nosa lingua; que fomente a través dos contidos a igualdade e a non discriminación; que preste especial atención á programación dirixida á infancia e a mocidade e que, entre outras cuestións, cumpra a súa función estratéxica como motor do desenvolvemento da produción audiovisual independente. Por esa CRTVG, que presente e represente o país real cumprindo a normativa do sector audiovisual público galego en todos os seus aspectos, estamos todas as galegas chamadas a acompañar ás súas traballadoras e traballadores este domingo polas rúas de Compostela. A hixiene democrática do país ben o merece."}
{"ID": "NOS_26827", "summary": "Este pasado día 13, a Fundación Manolo Paz outorgáballe o seu premio Recoñecemento como homenaxe a toda unha traxectoria. Un premio que se une a unha lista de galardóns interminábel e na que destaca o feito de que, xunto con Rafael Moneo, foi a única persoa que recibiu dúas veces o Premio Nacional de Arquitectura. O seu traballo está espallado por toda Galiza e abrangue desde vivendas unifamiliares até a Residencia oficial de Monte Pío, desde a rehabilitación do teatro Rosalía de Castro da Coruña até o Museo das Peregrinacións de Santiago. Sen saír do país, foi quen de sentar maxisterio a nivel internacional. Falamos co arquitecto Manuel Gallego Jorreto sobre a súa traxectoria e a súa visión da arquitectura.", "text": "Que significa para vostede este premio, despois de tantos outros galardóns como recibiu? Pois como todos é unha grande alegría, só que este ten algo especial porque vén dunha fundación que leva o nome dun amigo cuxos obxectivos comparto plenamente. Igual que o escultor Manolo Paz, vostede preocupouse sempre de que a arquitectura mantivese a modernidade sen afastarse da raíz popular. Como se tenden esas pontes? A verdade é que eu son pouco consciente cando estou deseñando un proxecto. Sempre hai unha reflexión moi xeral sobre ese tema, mais logo a construción sae da observación sobre o terreo, sobre o estudo das necesidades da obra concreta e do espazo onde se enmarca. Procuro sempre mirar para adiante e, daquela, tratar de que o edificio en cuestión sexa acorde co seu tempo. Ese é o tema básico. A cultura galega ten unha ligazón coa natureza moi especial e aí xogamos con certa vantaxe, porque existe toda unha tradición en como enfrontar esa correspondencia. Pero si que existe ese desexo de integrar a arquitectura na paisaxe. A relación entre a arquitectura e a natureza son moi complexas. A cultura galega ten unha ligazón coa natureza moi especial e aí xogamos con certa vantaxe, porque existe toda unha tradición en como enfrontar esa correspondencia. A medida que pasan os anos, un vai decatándose de como esa tradición foi influíndo na obra propia, de como estar inseridos na cultura da Galiza nos dirixe cara a unha forma moi singular de dialogar coa natureza. O seu proxecto para a Casa da Historia da Coruña, que non chegou a construírse nunca, difundiu a idea, porén, de que a paisaxe é cultura, de que -como escribiu vostede mesmo- se podía transformar o rural en urbano dunha forma non destrutiva. Cando enfrontei ese proxecto trataba de entender o mundo actual, o que significa a realidade virtual, e tentaba, ao mesmo tempo, defender a realidade xeográfica, existencial. Dalgunha forma, trataba de borrar os límites entre arquitectura e natureza. Creo que se trata dun tema fundamental para o futuro da arquitectura. A esixencia de sustentabilidade é algo moi serio. Non obstante, o maltrato da paisaxe é un tema recorrente cando se fala do urbanismo galego. Vostede sempre se rebelou contra o emprego do concepto \"feísmo\". Hai que pensar que cousas son fundamentais nunha construción, e que sexa bonita ou fea non o é. É certo que a hai que construír pensando en que a obra sexa o máis bela que se poida, mais socialmente hai que esixir que sirva aos seus obxectivos, que facilite a vida dos seus habitantes: que se poida pasear, que non exista o perigo de ser atropelado ao saír ao exterior, que sexa sustentábel, que permita ter unha calidade de vida... Por outra banda, os gustos estéticos son sempre discutíbeis. sociedade é a que ten que reclamar unhas condicións para vivir, demandar a calidade de vida que a arquitectura pode ofrecer. Se a cidadanía non a demanda, a porta seguirá aberta á especulación. Trátase entón de funcionalidade. De funcionalidade mais tamén de salvargardar certos valores éticos e mesmo, se me permites, espirituais. De ter certa sensibilidade cara a cidadanía á que vai servir a arquitectura. A pandemia puxo de manifesto a importancia da arquitectura e do urbanismo. Cre que aprendemos algo, que cambiará a fasquía das cidades e das edificacións? Eu creo que seguirá todo igual, salvo que haberá que modificar algunhas cousas na nosa forma de vivir: haberá que reconsiderar a nosa forma de vida. Mais cambiar a maneira de funcionar do ser humano é difícil. Se cadra, dentro de moitos anos, cando realmente decida a cidadanía... Os cambios deben empezar polos máis débiles, por aqueles que teñen menos medios para mellorar a súa vida. Por exemplo, creo que deberiamos empezar a pensar en cambiar o deseño das residencias de maiores. A sociedade é a que ten que reclamar unhas condicións para vivir, demandar a calidade de vida que a arquitectura pode ofrecer. Se a cidadanía non a demanda, a porta seguirá aberta á especulación. Vostede construíu a casa do Presidente da Xunta por encargo de Fraga Iribarne, malia que en moitas ocasións se posicionou en contra dalgunhas das súas decisións políticas. Non creo que fose unha decisión persoal de Fraga, mais eu creo que era un home intelixente. Algunha vez me comentou que era un movemento beneficioso para el o encargarlle unha casa a alguén que o criticaba. Este non o era o tema principal, mais algo diso había. Tamén debo recoñecer que como cliente, o seu comportamento foi exemplar, non tratou nunca de influír no resultado. É de xustiza dicilo. É curioso que a mesma persoa que encarga esa residencia, tome a decisión de construír a Cidade da Cultura, que é case o reverso, arquitectonicamente falando. É verdade. Eu creo que me encargou a min a casa \"para dentro\" e a Cidade da Cultura, \"para fóra\". Mais tamén é certo que a Cidade da Cultura é o que é porque Eisenman levouna ao límite. Debería ter sido un proxecto máis acorde cos medios de que se dispuña. En realidade, o que se cuestionaba nese momento era se a cultura se podía producir daquel modo, se aquela obra podería por si mesma xerar unha produción cultural salientábel. Foi un exemplo importante de que as cousas non funcionan así, de que era un método bastante artificial. Buscábase unha obra de grandes dimensións, dun arquitecto de fama mundial e, dalgunha forma, cunha produción intelectual destacábel. A min non me gusta a arquitectura que fai, mais iso non significa que non valore o seu traballo. De feito Eisenman renega da funcionalidade da arquitectura, e mesmo defende a irrelevancia do usuario. Si, busca relacións que a min me resultan sorprendentes. Coller unha cuncha de vieira como planta e pretender que iso pode crear unha relación coa cidade histórica de Santiago mesmo me parece unha broma. De la Sota non é só un dos arquitectos máis importantes da Galiza, tamén dos máis importantes de Europa. Vostede formouse con Alejandro de la Sota, un dos grandes arquitectos galegos e talvez un dos máis esquecidos, que podería ser todo o contrario que Eisenman. Que pegada deixou no seu traballo? De la Sota non é só un dos arquitectos máis importantes da Galiza, tamén dos máis importantes de Europa. Era un home moi radical nas súas ideas que deixou unha gran pegada en toda a arquitectura posterior. A súa defensa do racionalismo e da simplicidade influíu moito na miña forma -e na de moitas persoas máis- de ver a arquitectura. A radicalidade do seu pensamento nunca deixou de acompañarme. Existe unha escola galega de arquitectura? Eu penso que unha escola como tal non, o que ocorre é que é sorprendente a cantidade de grandes arquitectos que saen da Galiza. Na historia do último século, desde finais do XIX, existen arquitectos moi relevantes en cada xeración e en case todas as cidades da Galiza. Quizais, como diciamos ao principio, pode deberse a esa especial sensibilidade cara á paisaxe, que nos fai entender dun modo particular as relacións espaciais. Unha forma de estudar as relacións entre as cousas, de considerar como pode modificar unha intervención esas relacións e como pode alterar o espazo que as acolle. Isto é algo que se repite constantemente na cultura galega. Creo que hai algo disto, ademais de, claro, o talento que poidan ter as persoas. Cando fala da relación entre as cousas e co espazo hai que falar da importancia que ten a luz na súa obra. A luz é un elemento máis co que se debe traballar na arquitectura. Hai que estudar como a luz pode dimensionar un espazo, como pode crear focos de atención ou de crear un ambiente propicio para realizar a función que se debe desenvolver en cada espazo. A luz é unha forma de darlle vida ao espazo, de dimensionalo. Se a tes ben focalizada, se lle proporciona orde e unidade a arquitectura, non existe tensión entre o espazo e a persoa que o habita. Aínda que moitas veces se toman decisións por instinto: sabes cando a luz é axeitada igual que sabes cando procede empregar un material ou outro. Logo iso pasa pola peneira da razón, claro. Pero sempre pensando en facer do espazo un lugar amábel, habitábel. O Museo de Arte Sacra da Colexiata da Coruña é unha obra paradigmática neste aspecto. Un edifico que se esfume na luz é algo imposíbel, mais si, nesa obra case o consigo. En todos os edificios hai unha parte de vontade irrealizábel, algo que o edificio quere ser sen chegar a conseguilo. Neste museo trátase dunha escaleira que se perde no ar. Tamén destaca na súa obra a economía de medios, que é algo que parece que se está esquecendo na arquitectura contemporánea. A min gústame comparar o traballo da arquitectura coa literatura: podes contar unha historia cun barroquismo enorme ou podes contala buscando só as palabras xustas para ser preciso e nada máis. Supoño que iso ten que ver co carácter de cada quen, coa forma de ser. Mais a historia hai que contala ben, e os elementos esenciais do relato son os que son. Vostede traballou tamén con Erling Viksjø, un dos grandes representantes da arquitectura escandinava que destaca precisamente por esa simplicidade construtiva. En realidade foi sobre todo Alvar Aalto quen provocou un gran sismo na arquitectura mundial na década de 1960. A arquitectura escandinava apóiase na arquitectura industrial e inspírase no deseño do cotián. No deseño nórdico, calquera obxecto, por común que pareza, é ideado cun grande esmero, atendendo non só á súa forma, senón tamén á cor, ao volume, ao material... Todo está coidado nos seus máis mínimos detalles. E traspasar iso á arquitectura foi un golpe que lle chamou a atención a todo o mundo. A obra de Siza, por exemplo, ten moito que ver con aquela descuberta. Era unha volta a un certo humanismo: tratábase de crear un espazo óptimo para a vida do ser humano. E volvemos ao tema do que falabamos antes: non se pode esquecer que a arquitectura ten un protagonista que é o ser humano. Pode parecer algo requintado, pero é a verdade. Logo podes pensar noutros aspectos que tamén forman parte da arquitectura, como o negocio, por exemplo. Está ben, pero non se pode esquecer o fundamental: para quen se fai. Esa deriva cara a un certo minimalismo é unha característica que comparte cun seu amigo: o arquitecto británico David Chipperfield, a quen mesmo foi quen de convencer para que fixese unha casa aquí. Coñecino nun congreso ao que nos invitaron aos dous en Milán e fixemos unha amizade que dura até o de agora. El dicíame que pasaba as vacacións en Italia e eu faleille con tanta vehemencia de Corrubedo que acabou vindo e si, facendo aquí unha casa na que pasa os veráns (risas). Eu creo que se a idea é o suficientemente potente, condiciona a arquitectura, organiza a obra e, polo tanto, pasa a ser o elemento decisivo, o que lle dá sentido Ese tipo de arquitectura herdeira do clasicismo nórdico funciona moi ben aquí, na Galiza. O que realmente inflúe no éxito dunha determinada arquitectura é como se posiciona un ante a obra e ante a paisaxe. E nese sentido, como xa falamos, a cultura galega ten unha enorme experiencia. Quizais por iso, vostede parte máis da idea que do debuxo para proxectar as súas obras. Eu creo que se a idea é o suficientemente potente, condiciona a arquitectura, organiza a obra e, polo tanto, pasa a ser o elemento decisivo, o que lle dá sentido. Logo vai o debuxo e a construción, pero hai que coidar que todo sexa coherente, que estea intimamente ligado e que uns elementos expliquen os outros. Cando ti ves un piñeiro, podes ver que condicións precisa, como se desenvolve, que formas crea. É unha arquitectura completamente diferente á do carballo, porque o seu espazo é outro. Aí está a coherencia. Vostede construíu practicamente toda a súa obra sen saír da Galiza e, porén, foi quen de crear maxisterio máis alá das nosas fronteiras. Iso do maxisterio... Nunca se sabe, se cadra dentro de pouco tempo ninguén se acorda de Gallego Jorreto. Non se pode pensar niso. O que si é seguro é que só manténdote fiel ás raíces podes traspasar fronteiras. Só se chega a ser universal sendo local. Profundamente. En relación a iso vostede foi moi amigo de Luís Seoane, que tamén chegou a ser universal afondando no propio. Seoane foi un gran creador, un enorme intelectual e unha persoa admirábel que serviu de exemplo a moitos galegos que estamos aquí. Eu creo que foi o pensado máis grande do seu tempo. Coñecino cando me invitaron a un congreso que organizaron el e Isaac Díaz Pardo sobre o deseño contemporáneo. Aí foi iniciamos a relación e eles déronme a oportunidade de contactar e coñecer a moitos exiliados dos que eu non tiña noticia e que me permitiron reconstruír a historia intelectual e artística deste país. A min Seoane sempre me pareceu o intelectual de máis calidade e máis envergadura que existía neste país naquel momento, ademais dun gran artista que posuía un sentimento moi fondo da Galiza. A súa obra tamén resume moitas das cousas que contén este país. Hai algunha que lle pareza especialmente significativa? En todas as obras me pregunto que aprendín de novo, que desafío fun quen de superar. Sempre tratei de enfrontar algún risco que mellorase o anterior e, cando o logro, xa estou contento. En realidade, a traxectoria non é máis que un proceso de aprendizaxe continuo. En xeral, estou contento con todas as obras que fixen. Aínda que dicir isto é unha pedantería."}
{"ID": "PRAZA_21019", "summary": "Tras semanas pechado na casa e saíndo só a recoller o neno na escola infantil e a compra no aparcamento do supermercado, a citación para pasar un cribado de coronavirus asusta, pero resólvese en 5 minutos que poden salvar vidas", "text": "Tras semanas pechado na casa e saíndo só a recoller o neno na escola infantil e a compra no aparcamento do supermercado, a citación para pasar un cribado de coronavirus asusta, pero resólvese en 5 minutos que poden salvar vidasVenres 29, 19.59 horas. Soa e vibra o móbil. Non é un WhatsApp senón un vintage SMS, deses cos que xa só chegan ofertas de baratísimas liñas telefónicas ou citas... para pasar unha PCR: \"O paciente con CIP: 79*****1018 TEN CITA O DÍA 31/01/2021 as 10:33 no punto de toma de mostras COVID situado no Recinto Feiral de Amio-Stgo.Comp\". Unha mensaxe do Sergas que incorpora un enlace á xeolocalización do sitio en Google Maps e outro a un código QR identificador da proba. E unha lembranza: \"En caso de estar pasando a enfermidade, estar illado ou en corentena, non acuda a realizar esta proba\".Aínda traballando nisto da información e pasar medio día escribindo de cousas da pandemia -ah, que tempos aqueles nos que só se falaba do atraso do AVE-, e polo tanto sabendo que se están a realizar cribados masivos en busca de posibles persoas contaxiadas asintomáticas, a mensaxe asusta. O primeiro que penso é en se me é de aplicación esa advertencia de que non vaia se estou illado ou en corentena, porque a miña vida fóra das portas da casa, afortunado eu que podo teletraballar, redúcese a algún paseo (cando non chove) o máis afastado posible da xente, a recoller o neno no exterior da escola infantil e recoller a comida que encargo por internet no aparcamento do supermercado. Cando puntualmente entro neste último, a mercar algún produto fresco en persoa, non paso máis de 15 minutos e sempre con máscara FFP2. Pero e se o neno o ten asintomático e mo pasou? E se mo pasou a miña parella que de vez en cando ten que asistir a algunha rolda de prensa presencial? E se o collín por un espazo mal pechado da máscara? E se agora eu o teño sen síntomas e llo paso ao neno? E o neno aos seus compañeiros e compañeiras na escola? E se...?Domingo 31, 10.20 horas. Xa estou aparcado no amplo aparcamento de Amio, a metros de distancia de calquera outro vehículo e sen ningún problema de tráfico para chegar. Ás 10.25 saio do coche con máscara FFP2 e sen parar en ningún momento de camiñar nin atopar ningunha ringleira de persoas, separado dez metros do asintomático de diante e outros dez da asintomática de detrás, entro nunha das naves nas que habitualmente se poxan xatos ou cochos e acabo diante dunha das varias mesas alí habilitadas con lectores de código QR e unha cadeira branca de plástico de chiringuito de praia, a dez metros do seguinte posto similar. Paso o móbil por diante, dinme o meu nome e eu o confirmo: \"Sente dereito e coa cabeza recta, baixe a máscara só por baixo do nariz pero mantendo a boca tapada\". Fágoo e -non vaia ser que haxa aerosois deses- aguanto a respiración mentres me meten o bastonciño no nariz. Menos de dez segundos despois de apartar a máscara xa a tiña posta de novo. Molestou, pero non doeu, e na media hora posterior só notei que me xerou algo de mucosidade.\"En 24, 48 horas chegaralle unha mensaxe co resultado. Bos días\". Tiven que ser eu quen preguntase que tipo de proba fóra, se PCR ou test de antíxenos. \"PCR\". Catro frases, amabilidade eficiente. Ás 10.32, un minuto antes da hora á que me citaran, xa estou sentado de novo no coche arrancándoo. Martes 2, 9.26 horas. Soa e vibra o móbil tras unha noite de intranquilidade porque non soou e vibrou antes. Non é un WhatsApp senón outro vintage SMS, deses cos que xa só chegan ofertas de baratísimas liñas telefónicas ou confirmacións do Sergas de que agora só tes que seguir facendo a vida de ermitán que xa facías: \"SERGAS INFORMA: El resultado de la prueba PCR realizada al CIP SERGAS 79*****1018 fue NEGATIVO\". Pero e se fose ao revés? E se salvei a alguén?Supoño que outras persoas que pasasen por Amio, esta fin de semana ou calquera outra, terán as súas propias experiencias. Eu prefiro quedarme con que fun un heroe. Cada un fala da feira como lle foi nela."}
{"ID": "NOS_16026", "summary": "Tensión e incerteza nas horas previas do pleno de investidura de Carles Puigdemont, axendado para esta terza feira ás 15 horas.", "text": "A presión do PP sobre Roger Torrent, presidente do Parlament, está a ser brutal nas últimas horas. Ou por vía do anonimato -fontes do partido que detenta o goberno estatal advertiron que o titular da cámara catalá \"ten dous fillos e sabe a que se ater\"- ou a cara descuberta: \"Que Forcadell [anterior presidenta] lle explique por que se asustou [non quixo continuar no cargo no comezo desta lexislatura]\", chegou a dicer en conferencia de impresa esta segunda feira Pablo Casado, portavoz do partido e un dos nomes que -con Feijóo e Cristina Cifuentes- aparecen nas apostas como eventual sucesor de Rajoy. O certo é que todos os ollos están postos en Roger Torrent e no que faga, canda os integrantes da Mesa do Parlament, no pleno que está axendado para esta terza feira ás 15 horas. Xuristas consultados por La Vanguardia indican que esta terza feira Torrent ten perante si basicamente tres opcións. A primeira, a de non tomar en consideración a resolución deste sábado do Tribunal Constitucional co argumento de que finalmente non adoptou ningún acordo sobre a admisión ou non a trámite do recurso do Goberno (en realidade, adiou a decisión ao abrir un prazo de 10 días para as partes apresentaren alegacións). Por tanto, as medidas cautelares -a prohibición da investidura telemática e da delegación de voto, a autorización xudicial como requisito para a investidura presencial- serían nulas ao non se ter tomado ningún acordo sobre a petición do Goberno. A segunda das opcións é pospor a realización do pleno até que o TC finalmente se pronuncie sobre o recurso. A terceira das opcións é dar comezo ao pleno e, a seguir, suspender a sesión até coñecer a resolución definitiva do Tribunal Constitucional. Esta segunda feira, e desmentindo afirmacións anteriores provenientes da súa contorna, o avogado de Puigdemont deixou claro que o president eleito non vai pedir a autorización xudicial a Llarena para asistir ao pleno desta terza feira. E non o van facer porque non lle ven recorrido a ese movimento: o probábel é que, de o facer, Puigdemont tivese que comparecer perante o maxistrado antes da investidura, a asumir o risco de ser detido e encarcerado antes de ter a oportunidade de pisar o Parlament. No canto de demandar a autorización xudicial, Puigdemont optou por pedir amparo ao president do Parlament por meio dun escrito en que pon en evidencia que, na súa calidade de deputado eleito, goza de inmunidade parlamentar e non pode ser detido se non é en flagrante delito. Puigdemont esclarece que na súa calidade de deputado eleito, goza de inmunidade parlamentar e non pode ser detido se non é en flagrante delito E mentres tanto, o independentismo moveu fichas no taboleiro para garantir a súa maioría absoluta, comprometida pola situación de varios dos seus parlamentares eleitos. Esta segunda feira sóubose que renuncian aos seus escanos tres dos catro ex consellers que acompañan Puigdemont no exilio: Meritxell Serret (ERC), Clara Ponsatí e Lluís Puig i Gordi (PDeCat). Só serían inhábeis a efeitos de votación o candidato a president e o ex conseller Toni Comín (ERC), ao non teren demitido como parlamentares. Os presos de Estremera -Oriol Junqueras, Joaquim Forn e Jordi Sànchez- si poderán participar na investidura ao ter autorizado o xuíz Llarena a delegación do seu voto, non así a súa presenza na cámara. Coas renuncias de Serret, Ponsatí e Puig -substituídos por outros tres parlamentares, ao correr as listas respectivas- o bloco independentista conserva 68 votos, isto é, a maioría absoluta na Cámara. Con ela podería eventualmente forzar unha votación -primeiro na Mesa, logo no Pleno- que investise Puigdemont, embora non estivese fisicamente presente na Cámara. Nesa eventualidade é seguro que o TC declararía nulo o pleno e que fiscalía se querelaría contra Torrent e o resto de integrantes do órgao de goberno do Parlament."}
{"ID": "NOS_49574", "summary": "Segundo a consellaría de Educación e ordenación universitaria, a sentenza publicada polo TSXG \"constata a legalidade dos principios en que se basea o Decreto 79/2010\", malia que anula as consultas ás familias sobre o uso do galego no ensino.", "text": "A Xunta de Galiza fica soa fronte ao decreto do plurilingüismo. Após as masivas mobilizacións sociais que amosaron o rexeitamento da cidadanía á norma e dos informes desfavorábeis publicados polo Consello de Europa, o TSXG vén de facer pública a súa sentenza anulando parte das disposicións do coñecido decretazo. Malia o ditame da máxima instancia da xudicatura galega, a consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asegura nun comunicado que o TSXG \"avala o equilibrio entre galego e castelán\" do Decreto 79/2010 e asegura que continuará adiante coas consultas ás familias. O executivo galego bota un pulso á xustiza e di que non adoptará unha decisión até que sexan analizadas as sentenzas emitidas e se resolvan as cinco que aínda fican pendentes de resolver. No entanto, a consellaría liderada por Vázquez Abad, recoñece que o tribunal \"invalida o 5% do decreto\", porén, na Xunta entenden que será esta quen exerza a \"competencia de fixar a lingua predominante do xeito máis consensuado coas familias\". Neste sentido, a Xunta manterá as enquisas ás familias, malia expresarse o contrario na sentenza feita pública a pasada quinta feira. Aliás, Jesús Vázquez, asegurou aos medios de comunicación nun acto público desenvolvido en Arteixo que o executivo galego non descarta a posibilidade de presentar un recurso de casación fronte á decisión adoptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza."}
{"ID": "NOS_13960", "summary": "Remei Sipi (Rebola, Guinea Ecuatorial, 1952) é unha africana da diáspora. Emigrou a Catalunya en 1968, ano en que Guinea Ecuatorial deixou de ser colonia española. As súas orixes están na illa de Bioko, onde teñen unha palabra para alentar a estima das mulleres. Waiso, en bubi, quere dicir 'muller érguete, espílete, dignifícate', un adaxio que lle valeu para traballar desde o activismo cultural e de xénero. Acaba de estar na Galiza para debater sobre feminismo, migración e a experiencia das mulleres africanas. Eis un extracto da conversa publicada no número 325 de Sermos Galiza.", "text": "Cal é a situación das mulleres en África? Seguen sendo as grandes creadoras de estratexias para a supervivencia. Obviamente a súa situación ten moito que ver coa do continente, onde o patriarcado campa libremente. Pero ao seren estrategas da resistencia, loitan día a día. Son mulleres activas que non se dobregan ante as dificultades. Hoxe temos premios Nobel da paz; temos a Ruanda, o único país do mundo cunha representación feminina maioritaria no parlamento; a Nixeria, Ghana, Uganda e Botsuana, entre os cinco países do mundo con máis mulleres emprendedoras... Estes avances no espazo público, teñen a súa réplica na esfera privada? As mulleres africanas sempre desempeñaron un papel esencial tanto na loita polos dereitos de xénero como polos dereitos colectivos. Tamén no ámbito privado. Nas súas mans está a economía popular do tontine, que non pasa polas institucións oficiais nin polos bancos. É un sistema de aforro rotativo e solidario que funciona en toda a África negra e que lideran as mulleres. Unha forma de relación que lles dá moito poder, ademais de achegarlles solucións a elas e ás súas familias. Aínda que non se visibilicen, a loita e os logros das mulleres africanas están aí. Vostede sempre se laia da visión tan simple que temos en Occidente de África e, nomeadamente, das mulleres africanas. É a visión que se ten, en xeral, porque hai un gran descoñecemento sobre o continente. As africanas non somos esas pobres mulleres, parideiras, con oito fillos, á espera de sermos salvadas. Somos mulleres potentes que vivimos circunstancias moi controvertidas, e que malia a todo, seguimos loitando. Mentres, aquí, seguimos vivindo de costas. Porque non hai interese nin curiosidade. Non nos ven. O natural para a xente do norte é a amnesia, evitar calquera relación co outro. Pensan que só queremos recibir, non que tamén podemos aportar. Ese intercambio, de momento, non se normalizou. [Podes ler a entrevista íntegra no número 325 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_16390", "summary": "PERFIL | O ex-rexedor do Grove foi condenado a catro anos por narcotráfico na Audiencia Nacional pero o Supremo absolveuno por un defecto de forma. A demanda polo libro reclama medio millón de euros por dous parágrafos sobre o político, condenado noutro proceso por branqueo 'Fariña', o libro que narra a historia do narcotráfico galego, secuestrado por orde xudicial", "text": "\"Nos oitenta e nos noventa, os contrabandistas das Rías Baixas mesturábanse co partido, ti non viviches aqueles tempos\". Tremendo arranque de sinceridade hai que agradecerllo a un alto cargo do Partido Popular que explicaba así, en privado, os anos de amizade de Alberto Núñez Feijóo co capo dei capi do tabaco naquela época, Marcial Dorado, que aínda hoxe cumpre condena por narcotráfico. Só vivindo aqueles anos trepidantes, nos que presidentes da Xunta e xerifaltes de Alianza Popular e do PP alternaban cos patriarcas do Winston de batea, pode explicarse a figura de José Alfredo Bea Gondar, o alcalde do Grove, condenado por branqueo que logrou unha orde xudicial para sucuestrar Fariña, o libro de Nacho Carretero que debulla as conexións dos clans da droga en Galicia. O tratado vendeu desde hai tres anos 30.000 exemplares, vai pola décima edición e inspira unha serie de Antena 3 que empezará a emitirse nuns meses. Polo momento, Fariña segue nas librarías e este martes situouse no primeiro posto no ránking de vendas de Amazon, á espera de que o ex-rexedor deposite os 10.000 euros de fianza que impuxo un xuíz de Collado Villalba (Madrid) antes de incautar todos os exemplares. Fariña segue nas librarías e este martes situouse no primeiro posto no ránking de vendas de Amazon O fondo do asunto é unha demanda civil por intromisión no honor -aínda por resolver- que Bea Gondar presentou en decembro de 2016 contra Carretero e a editorial Libros del K.O., aos que pide medio millón de euros de indemnización, por dúas alusións que o xornalista galego fai no libro. A primeira cita o procesamiento do alcalde nun sumario por narcotráfico -no que foi condenado primeiro na Audiencia Nacional e absolto finalmente no Supremo-. A segunda relata moi de pasada a súa mediación nun negocio co cártel de Cali. Un dos parágrafos que cita a demanda é un pé de páxina de tres liñas que axuda a explicar un alixo de dúas toneladas de cocaína que naufragou en maio de 1991 na costa coruñesa de Cedeira e do que se salvaron 300 quilos. Segundo narrou o narco Manuel Vázquez Vázquez, alias O Piturro, el entregou a carga \"a tres fulanos que non eran galegos\" e que liscaron nun coche. Na nota ao pé, Carretero explica: \"O coche, tal e como descubriría a investigación anos despois, estaba a nome de Alfredo Bea Gondar: alcalde do Grove, afiliado ao PP (outro máis) e procesado en 2001 por un alixo de dúas toneladas de cocaína\". Unha vez recibida a demanda, as novas edicións de Fariña cuxo secuestro ordena agora o xuíz incluíron a seguinte frase: \"Gondar sería absolto anos máis tarde polo Tribunal Supremo\". A denuncia baséase en dous parágrafos nos que se cita o procesamento do alcalde nun sumario por narcotráfico e a súa mediación nun negocio do cártel de Cali O segundo parágrafo que motiva a denuncia é este: \"Aquel xuño de 1991 Orbaiz Picos ofreceuse ao cártel de Cali para traer 2.000 quilos de cocaína. Fíxoo a través de Alfredo Bea Gondar, alcalde do Grove, por AP en 1983 e 1991 (este último ano gañou con maioría absoluta despois de ser acusado de narcotráfico, aínda que durou dous días no cargo), quen aceptou a proposta e púxose en contacto con Manuel González Crujeiras, O Carallán, ao que xa coñecemos da súa época como colaborador de Sito Miñanco. Dez anos máis tarde, en 2001, foron todos procesados\". A demanda de Bea Gondar reclamaba tamén que se indagase no guión da serie Fariña, que o produtora Bambú estreará en Antena3 durante os próximos meses, para ver se contén alusións ao ex-alcalde do Grove e, de ser así, que se prohibise a rodaxe. Esta petición foi desestimada. En Fariña, o libro, Bea Gondar é pouco máis que un secundario entre os clans das Rías Baixas -ocupa dous parágrafos dun total de 365 páxinas- pero en Galicia escribiu durante décadas páxinas e máis páxinas de xornais primeiro na crónica política e despois da de tribunais. Fixo o tránsito de alcalde desde o franquismo, á UCD e despois a Alianza Popular, onde recalou xunto a todos os seus concelleiros unha vez que gañou as eleccións desde unha formación independente. Resistiu dous anos atrincheirado na casa consistorial sen convocar o pleno para a moción de censura que reclamaba a oposición. Tiveron que sacalo do Concello as forzas especiais e unha resolución do Goberno central Resistiu durante dous anos atrincheirado na casa consistorial sen convocar o pleno para a moción de censura que lle reclamaba a oposición. Tiveron que sacalo do concello as forzas especiais e unha resolución do Goberno central. Un venres de xuño de 1991 foi detido na operación contra o narcotráfico relacionada co alixo do naufraxio de Cedeira e iso non lle impediu revalidar o poder o luns seguinte -a pesar de estar xa en prisión provisional- nun tenso pleno no que non lle votou ningún concelleiro. Ao ser o candidato da lista máis votada, foi investido alcalde. A noticia recibiuna no cárcere, así que non chegou a tomar posesión. A corporación esperou as 48 horas de rigor e destituíuno despois alegando ausencia inxustificada (a causa obvia era que o home chamado a xestionar este municipio turístico das Rías Baixas seguía entre reixas). \"Bea Gondar era un populista e non se pode dicir que nada do sucedido aqueles días estrañase demasiado\" Un xornalista que cubriu aquelas sesións defíneas hoxe como \"episodios bochornosos da historia negra de Galicia\". \"Bea Gondar era un populista e non se pode dicir que nada do sucedido aqueles días estrañase demasiado, pero a verdade é que había xente na vila que o seguiu apoiando sempre\", asegura este redactor por teléfono a eldiario.es coa condición de preservar a súa identidade. A Audiencia Nacional condenou a catro anos de cárcere e a unha multa de 600.000 euros a Bea Gondar, pero o Tribunal Supremo anulou anos despois o sumario instruído polo xuíz Baltasar Garzón. Polo medio, un arrepentido deu marcha atrás á declaración na que implicara a Bea Gondar. A sentenza da AN considerou probado que Bea Gondar participou na operación dunha rede colombiana para \"sacar importantes cantidades de diñeiro de España\" Dos cargos de branqueo, con todo, nunca se librou o ex-rexedor do Grove. Foi condenado primeiro a tres anos na Audiencia Nacional que o Supremo ampliou a catro anos e sete meses. Xa pagou a súa pena. A sentenza considerou probado que Bea Gondar participou na operación dunha rede colombiana liderada por David Tuaty para \"sacar importantes cantidades de diñeiro de España\" en conivencia co director dunha sucursal en Burgos do Banco Espírito Santo portugués. Naqueles anos de realismo máxico en Galicia podía pasar que un recibise medallas de institucións públicas a pesar de estar condenado por tráfico de drogas. Iso sucedeu nos salóns nobres dun hotel na Illa da Toxa en decembro de 2004. O Concello do Grove, daquela gobernado polo alcalde Miguel Ángel Pérez, do PP, celebraba a \"festa da democracia\", un recoñecemento a todos os homes e mulleres que pasaran pola corporación. Na repartición de insignias de ouro e prata xunto ao resto de edís alí estaba na fila Bea Gondar, para escarnio das nais antidroga. Bea Gondar foi condecorado olo Concello do Grove en 2004 malia as súas condenas relacionadas co narcotráfico Hoxe o ex-alcalde tenta pasar por un venerable xubilado que trasladou a súa residencia a Collado Villalba (no noroeste de Madrid) e que vive cunha pensión de 600 euros ao mes. O seu avogado asegurou este martes a eldiario.es que valora pedir unha rebaixa da fianza de 10.000 euros para facela máis acorde aos ingresos do exregidor, pero que en todo caso tentará reunir o diñeiro. El mesmo compareceu a tarde do luns desde a súa residencia madrileña no programa Más Vale Tarde que dirixe Mamen Mendízabal. A conexión en directo deixou unha sentenza súa memorable. Bea Gondar, o político ao que o Tribunal Supremo condenou por axudar a branquear diñeiro ás bandas colombianas, advertiu que non lle parece \"ético dicir mentiras para gañar diñeiro\". Recoñeceu non ler o libro de Carretero e tras asumir que fora condenado por branquear diñeiro negou que este procedese da droga. De paso, comprometeuse a depositar os 10.000 euros que esixe o auto xudicial para secuestrar o libro. O ex-alcalde recoñece que non leu 'Fariña' e asegura que non lle parece \"ético dicir mentiras para gañar diñeiro\" As medidas cautelares poñe en risco a mesma supervivencia dos editorial Libros do K.O., que imprimira xa 10.000 exemplares na décima edición de Fariña para aproveitar o tirón de cando se emita a serie. Tanto a editorial como o autor aseguran que respectan as decisións xudiciais pero confésanse sorprendidos e preocupados. O xuízo sobre a demanda de protección do honor interposta polo ex-alcalde do Grove celebrarase nos próximos meses. Bea Gondar reclama por eses dous parágrafos medio millón de euros."}
{"ID": "NOS_20224", "summary": "Este domingo, como todos os derradeiros domingos de marzo, volve cambiar a hora. Ás 2h serán as 3h. Esta mudanza de horario volve pór de actualidade o desfase horario que padece o país, o segundo maior desfase do mundo despois da China.", "text": "Na Galiza vivimos nunha hora que por posición xeográfica non nos corresponde. O noso horario acaído, segundo a posición xeográfica, debería ser a GTM -1 e non a GTM+1. A día de hoxe, coa GTM+1 estamos dúas horas por diante da hora solar que nos corresponde. Até 1940, o Estado español posuía o horario Greenwich, o fuso horario cero. Foi en 1940 cando deixou de contar co horario solar que lle correspondía e pasou a sumarse á hora de Berlín. Foi esta unha decisión de Franco para agradar a Alemaña nazi e provocou que Galiza sexa un dos países con maior desfase horario entre o reloxo e o tempo de luz solar. De feito, segundo o experto José Antonio Bustabad, Galiza é o segundo lugar do mundo con maior desfase horario, após a China. A raíz da decisión do ditador, os reloxos da Galiza marcan a mesma hora que Noruega ou Suecia, en lugar de situarse no horario solar que lle correspondería ou, cando menos, no horario dos países aliñados no mesmo meridiano, como Portugal ou Irlanda ou territorios como as Illas Canarias (aos que lles correspondería tamén o horario GTM-1). Durante o verán, cuxo horario se abre coa mudanza da madrugada do domingo, as zonas máis occidentais da Galiza padecen unha diferenza de dúas horas e media a respeito da luz solar. Os Estados Unidos ou Australia son referentes no cumprimento do horario solar. Os EUA posúen até seis fusos horarios diferentes, de modo que cada zona se adapta ao fuso que lle corresponde e o mediodía do sol cae coas 12h. Que pasaría se Galiza tiver unha hora diferente á do resto do Estado? En xaneiro, Galiza amence pasadas as 9h (unha hora máis tarde que nas Illes Balears), mais en xuño non se fai de noite até as 23.30h, o que representa un horario irracional e, en consecuencia, un gasto eléctrico sen sentido. Que pasaría se Galiza tiver unha hora diferenciada á do resto do Estado? Segundo especialistas, sería o razoábel para conseguirmos un aforro enerxético e para poder adaptarmos os bio ritmos á dinámica da luz solar. O BNG leva unha década reclamando nas institucións nas que ten representación que Galiza adopte unha hora menos, é dicir, que conte co mesmo horario que Portugal ou que as Illas Canarias. Porén, as iniciativas do Bloque no Congreso e no Parlamento galego non saíron adiante e recibiron mesmo as críticas e ridiculizacións por parte de PP e PSOE. E isto malia que o propio presidente da Comisión Nacional para a Racionalización de Horarios comparteu as teses científicas nas que se sostiveron as propostas do BNG. A modificación do horario volveu poñerse de actualidade cando PSOE e Ciudadanos presentaron o seu pacto para a investidura de Pedro Sánchez. No acordo recóllese a recuperación do horario GTM para o conxunto do Estado español."}
{"ID": "PRAZA_19404", "summary": "As mobilizacións reclamaron a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento de persoas", "text": "Vigo e Compostela acolleron as dúas mobilizacións galegas celebradas este domingo en solidariedade coas persoas refuxiadas e como denuncia da política mantida ata o momento pola Unión Europea. A pasada fin de semanas varios centos de miles de persoas manifestáronse en Barcelona e hoxe as marchas reproducíronse en ducias de cidades de toda España, baixo o lema Non á Europa fortaleza. Acollida xa. \"A Europa Fortaleza é unha Europa Criminal porque é consciente do tráfico de persoas que supón o incumprimento dos acordos de Xenebra. Externaliza fronteiras e militariza os mares, xa sexa na Fronteira Sur, con Marrocos, ou agora en Turquía coa máis recente crise migratoria. Paga millóns de euros a países que non aproban en materia de Dereitos Humanos para que fagan o traballo sucio, ou deixa morrer no mar coa súa política exterior a persoas como táctica disuasoria. 'Se ven que morren, non virán outros', deben pensar\", dicíase no manifesto conxunto. As mobilizacións reclamaron a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento de persoas As mobilizacións reclamaban a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento das persoas que foxen da guerra, a persecución e a miseria. Igualmente esixiron destinar recursos do gasto militar a políticas de acollida e que se cumpran os prazos para a eliminación de fronteiras entre países da UE. \"Opoñémonos á política de cotas, pero xa pasaron dous invernos dende que se acadou o acordo de acoller a 160.000 persoas, sen que se producira a súa acollida e esiximos que se cumpra o acordo de xeito urxente. A crueldade dos nosos gobernantes afástanos e humíllanos. Se non saben como facelo, pregunten a Canadá, un país lonxano pero con vontade política e compromiso\", destacouse. \"Queremos derrubar o muro de prepotencia e insolidariedade que levantou a Europa fortaleza baseándose no egoísmo e na xenofobia fronte a quen foxen do horror\" \"Queremos derrubar o muro de prepotencia e insolidariedade que levantou a Europa fortaleza baseándose no egoísmo e na xenofobia fronte a quen foxen do horror. Faremos cascallos desta muralla da vergoña porque a ninguén demos permiso para levantar fronteiras\", concluía o manifesto."}
{"ID": "PRAZA_19100", "summary": "As axencias reguladoras europea e americana e a mesma axencia española do medicamento deberían revisar a avaliación destes novos medicamentos ou rebater cientificamente as críticas do boletín de información terapéutica de Navarra.", "text": "Os medicamentos aumentan os anos e a calidade de vida. Pero tamén poden prexudicarnos. Tanto en USA como en Europa son a terceira causa de morte despois das enfermidades cardiovasculares e o cancro. Faise imprescindible un control rigoroso do proceso de avaliación dos novos medicamentos antes de estar no mercado e, cando xa os usamos, a súa monitorización por posibles efectos secundarios Faise imprescindible un control rigoroso do proceso de avaliación dos novos medicamentos antes de estar no mercado e, cando xa os usamos, a súa monitorización por posibles efectos secundarios. A aprobación dos fármacos para a súa utilización en humanos é realizada por axencias reguladoras e avaliadoras especializadas en Estados Unidos, a Food and Drug Administration (FDA), e en Europa a European Medicines Agency (EMA). En España a Axencia Española do Medicamento (AEMPS) fixa os criterios de utilización e financiamento dos produtos aprobados pola EMA así como o seu prezo. Está claro que o primeiro criterio de avaliación dun novo medicamento é a seguridade. Despois haberá que pedirlle que cure ou solucione algún problema mellor ou con menos efectos secundarios que os fármacos que xa hai aprobados. Pero o primeiro é a seguridade, que non nos faga dano. Que nos achegue máis beneficio que riscos ou males. Resulta curioso, para empezar, que a Comisión Europea do señor Juncker sacase a EMA da competencia da Dirección Xeral de Saúde e Consumo para trasladala á de Empresa e Industria Resulta curioso, para empezar, que a Comisión Europea do señor Juncker sacase a EMA da competencia da Dirección Xeral de Saúde e Consumo para trasladala á de Empresa e Industria, dependente da comisaría de mercado interno, industria, emprendedores e pemes. Será esta unha nova mostra de que a Unión Europea se preocupa máis das empresas e os mercados que das persoas e a súa saúde?. Recentemente houbo unha polémica sobre este tema en España (seguridade e aprobación dos medicamentos polas axencias avaliadoras) na que participaron o Boletín de Información Farmacoterapéutica de Navarra, o estamento médico con varias sociedades científicas e a industria farmacéutica. Os fármacos cuestionados foron os chamados novos anticoagulantes orais (ACOD), a saber: o dabigatrán (pradaxa®), rivaroxabán (xarelto®), apixabán (eliquis®) e edoxabán (lixiana®). Estes medicamentos viñeron para substituír ao acenocumarol, o coñecido sintrom®, fármaco que se usa para a prevención de embolias Estes medicamentos viñeron para substituír ao acenocumarol, o coñecido sintrom®, fármaco que se usa para a prevención de embolias. Obriga a facer análises no dedo cada certo tempo, polo que é incómodo para o paciente, pero garante que o grao de anticoagulación é o adecuado para cada caso e permite corrixir as doses do anticoagulante se este está afectado por outros medicamentos ou algún alimento. Os novos fármacos teoricamente aportan o beneficio da anticoagulación sen ter que someterse aos controis do sintrom®, aínda que non temos forma de medir a súa actividade en cada paciente nin teñen antídoto (salvo recentemente o pradaxa®), cousa que si ten o sintrom® desde o seu inicio. Foron aprobados pola EMA no 2008 (pradaxa® e xarelto®), no 2011 (eliquis®) e no 2015 (lixiana®). A AEMPS emitiu hai pouco un novo Informe de Posicionamento Terapéutico no que regula o uso destes fármacos e en que casos son financiados pola sanidade pública. Esta faise cargo do gasto, basicamente, cando o sintrom da varios resultados altos, polo risco de hemorraxia, ou baixos, por non ser eficaz, por non producir a anticoagulación necesaria. Foron aprobados cos estudos que aportaron as empresas farmacéuticas nese momento pero, na actualidade, xa temos máis información e o Boletín de Información Farmacoterapéutica de Navarra (BITN) -por que non teremos algo así aquí, en Galiza?- publicou no primeiro trimestre de 2016 un artigo elaborado por Juan Erviti López onde revisa os novos datos e provoca certa incertidume sobre o proceso de avaliación. Ante este artigo saíron en tromba o presidente da sociedade española de cardioloxía, o da sociedade de medicina interna, o de neuroloxía, o do comité científico da sociedade de neuroloxía, o da sociedade de trombose e hemostasia e a de farmacoloxía clínica Ante este artigo saíron en tromba o presidente da sociedade española de cardioloxía, o da sociedade de medicina interna, o de neuroloxía, o do comité científico da sociedade de neuroloxía, o da sociedade de trombose e hemostasia e a de farmacoloxía clínica. Estas persoas, todas xuntas e ben coordinadas, escriben e fan pública unha carta en outubro do 2016 na que critican o artigo de Erviti. Din literalmente \"Las Sociedades Científicas a las que representamos los autores de esta carta desistimos de entrar a debatir los argumentos esgrimidos por el Sr Erviti. Como médicos e investigadores, nos preciamos de conocer la realidad clínica, cada uno en su ámbito de actuación, y las necesidades de los pacientes. Tenemos también unas nociones claras de las dificultades que entraña la investigación clínica. Rebatir una por una las ideas y opiniones que vierte el autor del artículo del BIT de Navarra sería cometer una torpeza similar a la que ahora criticamos.\". Nunca tal cousa vin. Estes seres humanos (que eu saiba non son deuses) desisten de argumentar, de convencer cientificamente e arróganse a potestade nas súas persoas de decidir sobre as necesidades dos pacientes e o que lles é bo ou non. As conclusións do artigo de Erviti son lapidarias e, que eu saiba, aínda non foron contestadas polas axencias avaliadoras cuestionadas, nin a americana nin a europea As conclusións do artigo de Erviti son lapidarias e, que eu saiba, aínda non foron contestadas polas axencias avaliadoras cuestionadas, nin a americana nin a europea. Din así, traducido ao galego: - Os ensaios clínicos que deron pé á comercialización dos novos anticoagulantes contan con \"numerosas irregularidades, incluídas a ocultación e falsificación de datos\". - Non temos información fiable da relación beneficio-risco dos ACOD fronte ao sintrom®. - As axencias reguladoras demostraron ter \"unha falta de rigor preocupante ao aprobar estes medicamentos, facendo caso omiso a distintas deficiencias graves nos ensaios pivotais (refírese aos ensaios clínicos que permitiron a aprobación destes medicamentos), detectadas polas propias axencias reguladoras, como os casos de falsificación de datos\". - As axencias reguladoras deberían facer públicos os datos completos dos ensaios clínicos para garantir a transparencia e así ofrecer información veraz. Deste modo poderase facilitar aos pacientes o mellor tratamento para a súa enfermidade. Erviti non fala de prezo, senón de seguridade, pero a diferenza de prezo entre o sintrom (2,67 € unha caixa, que dura aproximadamente un mes) e os novos fármacos (de 81,30 a 90,86 €) é relevante. Ao prezo do sintrom® habería que sumarlle o valor do proceso de control do mesmo pero aínda así é substancialmente superior o dos novos fármacos. A presión da industria farmacéutica para a prescrición dos novos anticoagulantes é moi importante e cun formato múltiple (congresos, artigos científicos, conferencias, cursos, charlas nos centros sanitarios, asociacións de pacientes, opinións na prensa de diferentes médicos especialistas e de prestixio,...). Os beneficios deste negocio poden ser enormes pero coa saúde non se pode xogar. Os tempos nos que o médico opinaba e santificaba acabaron hai moitos anos. Tampouco se trata de etiquetar negativamente á industria farmacéutica, moi necesaria por outra parte. Mais só a transparencia empresarial e a argumentación científica dá seguridade á cidadanía, aos pacientes e aos propios médicos que prescribimos. Só a transparencia empresarial e a argumentación científica dálle seguridade á cidadanía, aos pacientes e aos propios médicos que prescribimos No caso dos novos anticoagulantes as restricións fixadas pola axencia española do medicamento para a súa utilización son moi prudentes (lembremos: só se deben financiar se o sintrom, fármaco no que se pode medir a súa actividade, non produce suficiente anticoagulación ou produce demasiada, co risco de producir hemorraxias) e as axencias reguladoras europea e americana e a mesma axencia española do medicamento deberían revisar a avaliación destes novos medicamentos ou rebater cientificamente as críticas do boletín de información terapéutica de Navarra."}
{"ID": "QUEPASA_541", "summary": "COVID: Como afecta a nova \"desescalada\" e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.", "text": "A reapertura progresiva da hostalería non tranquiliza aos profesionais do sector de Carballo. A Asociación calificada de \"burla\" a solución da Xunta de abrir só co 50% en terraza e co peche ás 17:00h. Pero tampouco ve cos mellores ollos as axudas propostas polo goberno municipal carballés. Onte o Concello recibía aos hostaleiros e lle trasladaba as principais medidas que están tomando: non se vai cobrar a taxa de terrazas de 2020 nin do 2021; non se vai cobrar o lixo de 2021 e vaise devolver case todo o de 2020. \"Pouca cousa\" para os membros da Asociación de Hostalaría. Os reponsables municipais compartiron que \"non se entenden\" as medidas aplicadas pola Xunta (o peche perimetral coa Laracha ademais do horario restrinxido), que, en palabras do alcalde, supoñen \"unha decisión fatal para a hostalaría pero tamén para o comercio\", xa que non poderán comprar en Carballo os veciños de ningún concello da volta agás o da Laracha. O Concello lembrou ademais as outras liñas de axda, como a tarxeta Sempre Carballo ou o programa PEL Reactiva, onde se presentaron 641 solicitudes, o Concello que máis peticións rexistrou da provincia. Máis novas do COVID 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova \"desescalada\" e a reapertura progresiva da hostalería na Costa. 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte. 30-11-2020: A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu \"rescate Xa!\". 27-11-2020: COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía. 27-11-2020: COVID: Bergantiños dobrega a curva."}
{"ID": "NOS_49173", "summary": "Un percorrido por Vilarrube, un espazo da costa incluído, como case todo o litoral do concello de Valdoviño, no LIC/ZEC \"Costa Ártabra\".", "text": "Na estrada de Valdoviño a Cedeira, ao comezar a baixar a costa de Frádegas, enfrontamos a ría de Cedeira –Reserva Mariña de Interese Pesqueiro- e temos a primeira panorámica da praia Loira ou de Vilarrube, unha imaxe a vista de paxaro na que recibimos unha información do conxunto e que tamén serve para facernos unha idea do percorrido que poderemos armar por este espazo da costa incluído, como case todo o litoral do concello de Valdoviño, no LIC/ZEC \"Costa Ártabra\". Paraxe: Ría de Cedeira (Costa Ártabra) / Concello: Valdoviño / Percorrido: 3 a 5 km / Dificultade: Baixa Para irmos á praia, recollida e abrigada, temos que chegar a Vilarrube e coller o desvío sinalizado, á esquerda, que nos leva ao aparcadoiro onde deixamos o vehículo, e comezamos un percorrido de 3 a 4 quilómetros, que se pode multiplicar se a marea está baixa, por unha superficie de area fina e compacta que se acumula no fondo da ría, no seo do Esteiro, detrás do estreito que forman o monte Burneira e a punta Robaleira. Un inmenso areal que crearon, na punta de Vilarrube, as forzas encontradas, e os materiais que achegan o mar e os ríos das Forcadas e das Mestas no que destaca, ademais da praia, de 1,5 quilómetros de lonxitude, o seu sistema dunar, que supera nalgúns puntos os 300 m de cumprimento, no que segundo a altura, a distancia á auga e os movementos da area, medran diferentes especies vexetais (feos, correolas, carrascas de San Xoán, cebolas das gaivotas, cardos da praia, orquídeas,...) entre as que destaca a presenza da herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum), unha planta en perigo, que na Galiza só se atopa nalgúns sistemas dunares da Costa Ártabra; e a amplitude dos espazos que o devalar da marea deixa ao descuberto: unhas 40 ha de esteiro no río das Forcadas, máis de 100 ha no esteiro do río das Mestas e unhas 70 ha máis de intermareal fronte á praia. Espazos todos eles de características singulares –marismas, lameiros e areais- que acollen especies animais e vexetais especialmente adaptadas ás circunstancias e ambientes propios deses medios, e que serven de refuxio a anátidos (lavancos, patos e parrulos), limícolas (biluricos, píllaras, pilros, gabitas,...) garzas e garzotas, máis numerosas no inverno e nas épocas de paso, e sosteñen, principalmente o do río das Mestas, bancos marisqueiros explotados polas mariscadoras da contorna. O percorrido, que comeza e remata na área de aparcadoiro da praia, pódese facer en calquera dirección e sentido -indo pola praia e volvendo pola trasduna, ir pola trasduna achegarse a un dos esteiros volver pola praia e deixarse ir polo intermareal para camiñar logo polo outro esteiro e volver ao punto de partida- e alongarse na distancia e no tempo en función dos movementos da marea."}
{"ID": "NOS_43638", "summary": "Convocada por CCOO polos continuos recortes e diminución no cadro de persoal.", "text": "CCOO convoca dúas xornadas de greve en Adif e Renfe para 21 de decembro e 7 de xaneiro, e que verán precedidas por unha folga do colectivo de intervención en ruta o 14 de decembro. Comisións Obreiras sinala que o principal motivo do paro é a \"continua diminución\" do caro de persoal de ambas as dúas empresas. Pide un plan plurianual de recursos humanos que permita renovar, rexuvenecemento e o reequilibrio de xénero nos postos de traballo. Recuperar o emprego perdido, mellorar o poder adquisitivo e materializar os incrementos salariais pactados son outras das reivindicacións que CCOO sitúa na orixe desta greve, que se fai en dúas das xornadas de maior volume de pasaxeiros por mor das vacacións de Nadal."}
{"ID": "PRAZA_3889", "summary": "Esta residencia privada convértese na terceira intervida polo Goberno galego, despois dos centros DomusVi de Aldán e Barreiros, en Cangas e Vigo. Ata onte sumaba 79 casos de coronavirus, do total de 1.327 que rexistran os centros asistenciais.", "text": "O incremento no número de contaxios por coronavirus na Residencia Nuestra Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras, obrigou á Xunta a intervir as instalacións. Esta residencia privada, pertencente á fundación do mesmo nome, convértese na terceira intervida polo Goberno galego, despois dos centros DomusVi de Aldán e Barreiro, en Cangas e Vigo. Ata onte sumaba 79 casos de coronavirus, do total de 1.327 que rexistran os centros asistenciaisEste centro converterase en residencia integrada, na que residirán persoas maiores que estean xa contaxiadas. a Xunta de Galicia designará a un empregado público para dirixir e coordinar a actividade asistencial desta residencia privada e garantir así a correcta aplicación dos protocolos e a supervisión médica de todas as persoas maiores que residen alí. A persoa designada polo Goberno autonómico disporá de todos os recursos materiais e humanos neste centro. Os datos do sábado, difundidos pola Xunta este domingo ao mediodía, reflectían un total de 79 casos activos de coronavirus na residencia (61 entre os internos e internas e 18 entre o persoal). Esta residencia privada convértese na terceira intervida polo Goberno galego, despois dos centros DomusVi de Aldán e Barreiros, en Cangas e VigoO número de casos activos nas residencias de maiores e centros de atención á discapacidade pasou no último día de 1.285 a 1.327, un incremento de 42 positivos que representan case a metade do aumento para o conxunto de Galicia. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes, indica a Consellería de Sanidade. Porén, o número total de falecementos producidos nestes centros é xa de 154, o 42,7% de todas as mortes causadas polo coronavirus no país.As residencias de maiores suman un total de 1.161 casos activos (37 máis ca onte) e os centros de atención á discapacidade 166 (5 máis ca onte). Non é a Residencia Nuestra Señora de Fátima, con todo, o centro que acumula máis casos de coronavirus en Galicia. As xa intervidas residencias DomusVi de Aldán e Barreiro suman 112 e 75 positivos, respectivamente, sumando persoal e residencias. Ademais, a DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela) acumula 120 casos de coronavirus e as residencias da Fundación San Rosendo Nuestra Señora de la Esperanza e Divino Maestro, ambas as dúas na cidade de Ourense, teñen 136 e 53 casos respectivamente."}
{"ID": "NOS_10718", "summary": "Os recentes anuncios de Pfeizer e Moderna sobre a eficacia das súas vacinas xeraron beneficios para ambas dúas empresas, provocaron o entusiasmo en medios e Gobernos e foron acollidas con prudencia pola comunidade científica.", "text": "Primeiro foi Pfeizer co anuncio de que a súa vacina ten unha eficacia de máis do 90%. Pfizer e o seu socio alemán, BioNTech SE, eran os primeiros fabricantes de medicamentos en anunciar datos exitosos dun ensaio clínico a gran escala dunha vacina contra o coronavirus. Euforia nas bolsas, nos medios de comunicación e nos Gobernos. Despois foi Moderna, anunciando que a súa vacina tiña unha eficacia de case 95% e que ía solicitar unha autorización de uso de emerxencia en Estados Unidos nas vindeiras semanas. E hoxe mesmo Pfeizer volveu saír á palestra para asegurar que o seu medicamento tamén ten 95% de efectividade. Estes anuncios foron acollidos na comunidade científica con prudencia, que non quer dicir con desconfianza, se ben esta si que foi manifestada desde certos sectores. A Organización Mundial de Saúde (OMS) contabiliza 164 proxectos de vacina contra a Covid-19 desde que este virus deveu en Pandemia. Once deses proxectos están na fase previa á súa comercialización, a fase 3. Entre elas, as mencionadas de Pfeizer e Moderna. Mais non son as únicas. Outros proxectos que están nesa fase son o desenvolvido en China polo Instituto de Biotecnoloxías de Pequín e a empresa biofarmacéutica Cansino e cuxa patente xa foi rexistrada en agosto. Ou o proxecto de vacina 'de Oxford', que é a que agarda distribuír a Comisión europea e da que o Estado español espera recibir por volta de 30 millóns de doses. Ademais, o Estado español autoriza o ensaio clínico da vacina de Johnson & Johnson, tamén en fase 3 O optimismo ante a posibilidade de que en breve haxa vacinas aniña nas Administracións. Pilar Aparicio, directora xeral de saúde Pública do Ministerio de Sanidade, manifestaba en outubro (antes dos anuncios de Pfeizer e Moderna) afirmaba: \"A vacina vai chegar bastante antes do que pensabamos\". Pola súa banda, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, afirmaba recentemente nunha visita a Galiza que confiaba que as primeiras doses poideran dispensarse a primeiros de ano e que en 5 meses unha porcentaxe \"suficiente\" da poboación estivese vacinada. Porén, hai voces que insisten na necesidade da prudencia. Entre elas, J. R. Laporte, catedrático de Farmacoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona, que manifestaba en Nació Digital a respecto dos recentes anuncios 'triunfalistas' por parte de empresas farmacéuticas: \"É un teatro de especulacións bursátiles. Para algunhas ompañías farmacéuticas a especulación financeira é a principal fontes de ingresos, por riba da venda de medicamentos\". No mesmo medio, Pere Cardoma, do servizo de Microbioloxía do Hospital Trias, mostrábase esperanzado cos anuncios: \"É verosímil que teñamos [vacina] máis cedo que tarde\". Non axuda á tranquilidade que a industria farmacéutica, nos contratos que negocia coa Comisión Europea, introducise cláusulas para que os Estados membros compartan a responsabilidade no caso de que as vacinas provoquen efectos secundarios indesexados. A OMS prevé que a vacina contra a Covid tarde uns 18 meses no mínimo, \"e mentres tanto hai u nha necesidade urxen te de tratar os pacientes e salvar vidas\", dixo o seu director xeral, Tedros Adhanom Ghebreyesus. De todos modos, e aínda que a vacina non chegue finalmente até finais de 2021 ou 2022, desde un punto de vista científico obtela en tan pouco tempo é un feito histórico."}
{"ID": "NOS_47198", "summary": "A portavoz nacional do BNG considera \"inspirador\" o proxecto do Frente Amplio que demostrou que se pode saír da crise xerando benestar para a maioría social.", "text": "A portavoz nacional, Ana Pontón, e a eurodeputada, Ana Miranda, reuníronse, no marco da súa viaxe a Arxentina e Uruguai, co presidente uruguaio Tabaré Vázquez, con quen analizaron durante unha hora a actualidade política de ambos os dous países e do contexto internacional, un encontro no que coincidiron en destacar a importancia da colectividade galega neste país. \"Uruguai é, proporcionalmente, o país americano con máis residentes galegos\", indicou a portavoz nacionalista, quen destacou o \"cambio transformador\" que as políticas desenvolvidas polo Frente Amplio trouxeron para a sociedade. \"É evidente que a realidade de Galiza e de Uruguai son diferentes, pero as políticas do Frente Amplio son un referente, demostraron como un país pode saír da crise a favor da maioría social con políticas alternativas ás da dereita, demostrou que é posible saír da crise recuperando emprego e benestar para as persoas\", salientou Pontón. Pontón e Miranda completaron a última xornada en Montevideo con encontros coa diáspora, a través de reunións con responsables do Centro de Galiza e do Patronato da Cultura Galega, co que adquiriu o compromiso de trasladar ao Parlamento a proposta de recuperar o lectorado de galego na universidade de Uruguai, suprimido polos recortes."}
{"ID": "NOS_18090", "summary": "\"A Consellaría de Educación atrasa sen data a valoración do persoal especialmente sensíbel á Covid-19\" e así o recolle a Federación de Ensino de CCOO (Comisións Obreiras).", "text": "Nun escrito presentado na Consellaría, CCOO exixe \"a inmediata valoración das solicitudes presentadas polas traballadoras e traballadores, así como a dispensa de acudiren de maneira presencial ao seu posto de traballo mentres non haxa unha resolución\". Segundo informa o sindicato, na actualidade \"acumúlanse centos de solicitudes\" de docentes que agardan \"para seren cualificados 'persoal especialmente vulnerábel' á Covid-19 e sen que comezase sequera a súa tramitación\". CCOO di que a Administración está \"absolutamente desbordada pola inexistencia de servizos de prevención de riscos laborais en cada unha das xefaturas territoriais\". Declaran que a actitude da Consellaría reflicte a \"nula importancia\" que o departamento outorga á protección da saúde do seu persoal e, de feito, xa denunciaran isto en maio. O sindicato afirma que a Xunta \"fai caso omiso\" do procedemento do Ministerio de Traballo para os servizos de prevención de riscos laborais fronte ao SARS-CoV-2, así como das medidas do Ministerio de Educación para a prevención, hixiene e promoción da saúde fronte á Covid-19. Comisións Obreiras lembra que \"os ministerios definen como 'persoal especialmente sensíbel' aquel que padeza, entre outras, enfermidade cardiovascular, enfermidade pulmonar crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro, enfermidade hepática crónica grave, obesidade mórbida ou ter máis de 60 anos\"."}
{"ID": "NOS_53107", "summary": "Luz verde ao relatorio que critica a actuación xudicial cos presos políticos cataláns. A calidade democrática do Estado español está no punto de mira de organismos europeos. Se nos últimos anos o Tribunal de Xustiza de Estrasburgo botou abaixo diversas resolucións das instancias xudiciais do Estado, nesta ocasión é o Consello de Europa quen cuestiona os xuíces españois.", "text": "O pleno da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa aprobou onte con 78 votos a favor, 28 en contra e 12 abstencións un relatorio onde se critica a actuación da xustiza española contra os dirixentes nacionalistas cataláns procesados pola súa participación no referendo de outubro de 2017 e se demanda a apertura dun proceso de dialogo para resolver o conflito entre Catalunya e o Estado español. A Asemblea Parlamentaria é un órgano estatutario do Consello de Europa composto polos 47 ministros de Exteriores dos Estados membros e unha representación das súas cámaras lexislativas. Fundado en 1940 e presidida pola socialista suíza Liliane Maury Pasquier, a súa función cínguese a investigar, recomendar e aconsellar, tendo un peso significativo os seus informes en materia de dereitos humanos. Tanto é así que o Parlamento Europeo e outras institucións da Unión Europea (UE) adoitan remitir ás recomendacións da Asemblea neste ámbito. O informe, redactado polo deputado letón, Boris Civelics e titulado Teñen que ser xulgados os políticos polas manifestacións feitas no exercicio do seu mandato?, céntrase na persecución aos dirixentes políticos en Turquía e no Estado español. Así, en relación a este último, repasa os acontecementos que teñen provocado os encarceramentos dos dirixentes nacionalistas cataláns após o referendo do 1 de outubro de 2017, a persecución aos exiliados e as causas abertas contra funcionarios públicos pola súa participación neses feitos. O texto reclama \"pór fin aos procedementos de extradición dos responsábeis políticos cataláns que viven no estranxeiro investigados polos mesmos motivos\". Nesa dirección, cuestiona que \"as autoridades españolas tentan conseguir a extradición dos responsábeis políticos cataláns residentes noutros países europeos, malia as diferentes sentenzas en contra en Alemaña, Bélxica e Gran Bretaña\". Asemade, recomenda \"retirar os xuízos aínda en curso tamén contra funcionarios de rango inferior implicados no referendo do 2017 e absterse de sancionar as persoas que teñen sucedido os responsábeis políticos encarcerados polos actos simbólicos que simplemente expresan a súa solidariedade coas persoas detidas\". Toque ao Tribunal de Contas As recomendacións do Consello de Europa reparan nas actuacións do Tribunal de Contas contra os dirixentes nacionalistas cataláns. Así, en relación co organismo fiscalizador presidido por Ramón Álvarez de Miranda, sinala que debe \"garantir que a disposición penal relativa á malversación de fondos públicos sexa aplicada de maneira que a responsabilidade só recaia sobre as perdas reais e cuantificadas para o orzamento estatal ou dos seus activos que poidan ser estabelecidas\". O relatorio critica a tipificación legal dos delitos de sedición e rebelión e aposta por unha nova configuración. Neste sentido, defende \"reformar as disposicións penais relativas á rebelión e a sedición\" co obxectivo de que \"non poidan dar lugar a unha interpretación que converta en inoperante a despenalización da organización dun referendo aprobado en 2005 nin tampouco dea pé a sancións desproporcionadas por infraccións non violentas\". Na mesma liña, considera que a súa actual redacción é unha \"resposta ás frecuentes tentativas dos militares de tomar o poder no pasado\" e cuestiona a súa aplicación aos organizadores do referendo. O documento aposta polo diálogo para solucionar o litixio aberto entre o Estado español e Catalunya. Así, afirma a necesidade de \"estabelecer un diálogo aberto e construtivo co conxunto de forzas políticas de Catalunya, incluíndo aquelas que se opoñen á independencia co fin de reforzar a calidade da democracia española, un dos Estados máis antigos de Europa, pola autoridade do Estado de dereito, a boa gobernanza e o respecto total aos dereitos humanos, sen ter que recorrer á vía penal, pero con pleno respecto á orde constitucional de España\"."}
{"ID": "NOS_6845", "summary": "Voltam a correr o mundo notícias de duros enfrentamentos em Kíev, onde manifestantes oposicionistas e pró-europeus tentaram romper os bloqueios da polícia para invadir o parlamento ucraniano. Mais uma vez a mídia relata os fatos de maneira capciosa.", "text": "A narração dos acontecimentos é, como normalmente ocorre nesses casos, maniqueísta: de um lado, os manifestantes democráticos, pró-europeus e obviamente amantes da liberdade. Do outro, o governo de Yanucovich, próximo das posições da Rússia, portanto inimigo jurado da liberdade e autoritário. Em suma, um regime repressivo e despótico que deve ser descartado. É muito mau que praticamente ninguém tenha se preocupado em ir além das versões ocidentais. Para tentar enquadrar o que está acontecendo às portas da Rússia – um território estrategicamente importante – onde mais que um duro protesto pela suspensão da associação com a União Europeia e contra a política do governo, parece ser, ao contrário, uma verdadeira desestabilização - levada adiante no clássico estilo das revoluções coloridas – com vistas a sequestrar o país para a órbita da União Europeia e da Otan. \"É muito mau que praticamente ninguém tenha se preocupado em ir além das versões ocidentais. Para tentar enquadrar o que está acontecendo às portas da Rússia\" No entanto, bastaria não se deter na superficialidade dos acontecimentos e tentar ir mais fundo, talvez esboçando uma análise sobre a aglutinação de forças heterogêneas que representam a oposição pró-europeia, onde se destacam os \"hiper-democratas\" nazistas do Svoboda (Liberdade), para ter um mínimo de clareza sobre a questão. O papel do Canvas Fora da versão edulcorada e maniqueísta imposta pela mídia, encontramos aqui como o jornalista estadunidense e especialista de questões geopolíticas William Engdahl, obteve informações sobre o papel desempenhado na Ucrânia pelo Canvas (ex-Otpor), organização não governamental sérvia, ativa desde finais dos anos 1990, que se tornou o fulcro da oposição pró-ocidental ao presidente Slobodan Milosevic. Fontes ucranianas de fato explicaram ao jornalista estadunidense que ônibus de todos os cantos do país são mobilizados para a capital, Kíev. Esses ônibus são lotados por estudantes e desempregados contratados para participar dos protestos, que distribuem na Praça Maidan – coração das manifestações – panfletos idênticos aos difundidos em 2011 na hoje famosa Praça Tahrir, do Cairo (Egito), lugar simbólico e palco das manifestações de protesto que levaram à derrubada de Hosni Mubarak. É necessário, além de interessante e instrutivo, fazer uma retrospectiva para percorrer em grandes linhas a história dessa organização, já ativa na tentativa da \"revolução laranja\" na Ucrânia em 2004. O influente \"Center for applied non violent action and strategies\" (Canvas) [Centro para a aplicação de ações não violentas e estratégias] descende da velha ONG \"Otpor!\" (Palavra sérvia que significa resistência), movimento que se forma e conquista apoio durante os bombardeios da Otan sobre a Iugoslávia, quando dá vida a uma forte campanha política e midiática voltada para a derrubada do presidente sérvio Milosevic. Tornou-se assim o coração da oposição pró-ocidental. Uma vez conseguida a queda de Milosevic, a organização em 2001 tentou transformar-se em partido político, apresentando-se nas eleições daquele ano. Mas a operação faliu, com uma chapa que alcançou o mísero índice de votação de 1,65%. Nesse ponto os líderes do Otpor abandonam a ideia de transformação em partido político, decidindo dedicar-se à \"consultoria\". Passam a desempenhar um papel de primeiro plano, colocando à disposição as suas \"competências\", além de uma considerável quantidade de dólares, durante as chamadas revoluções coloridas nos países ex-soviéticos. Movimentos de oposição como Kmara na Geórgia e Pora na Ucrânia, entre 2003 e 2004, passam a contar com o apoio dos líderes do ex-Otpor, que em curto tempo se transforma em Canvas. \"Das revoluções coloridas à primavera árabe, para Otpor-Canvas a passagem foi breve, mas significativamente sempre estiveram voltados para a mesma direção – a que conduz rumo aos interesses dos EUA-Otan no cenário internacional\". A organização Canvas, porém, aparece na ribalta da crônica internacional durante a chamada \"primavera árabe\", onde os movimentos de protesto por meio das redes sociais admitem não só que se inspiram na experiência do ex-Otpor, mas também de receber sua consultoria. Das revoluções coloridas à primavera árabe, para Otpor-Canvas a passagem foi breve, mas significativamente sempre estiveram voltados para a mesma direção – a que conduz rumo aos interesses dos EUA-Otan no cenário internacional. Atualmente o Canvas se declara uma fundação educativa, à qual seria \"proibido receber fundos de governos ou outras fundações\". Na realidade – e isto jamais foi desmentido - o Canvas recebe regularmente enormes financiamentos de variadas proveniências, como a Fundação Adenauer, o Open Society Institute de George Soros, a International Renaissance Foundation, o National Democratic Institute de Madeleine Albright e a ONG estadunidense Freedom House (cujo orçamento é coberto em cerca de 80% pelo governo federal dos Estados Unidos), que inclusive contratou dois membros do Otpor como consultores nos movimentos na Ucrânia e Bielorússia. Os nomes dos financiadores nos levam diretamente a quem está por trás das tentativas, do passado e atuais, de desestabilizar a Ucrânia: a União Europeia e os Estados Unidos, os mesmos que desempenharam um papel fundamental no adestramento dos ativistas sérvios sobre os métodos de combate e desordens na praça. Um ex-agente da CIA, Robert Helvey, foi de fato encarregado de ir a Budapeste (Hungria) para adestrar os membros do então Otpor. Tudo isso, financiamentos e ingerência da CIA, foi confirmado por uma investigação após a queda de Mubarak. União Europeia, Klitschko e os nazistas do Svoboda Uma vez apurado o papel do Canvas, que evidentemente se movimenta a favor de tudo o que vem estabelecido por Washington, é interessante descobrir a conexão entre o heterogêneo ordenamento da chamada oposição pró-ocidental e a União Europeia, além de com os incontornáveis Estados Unidos, como já mencionamos anteriormente. Nesse sentido, figura paradigmática é o ex-campeão de boxe Vitaly Klitschko. Homem forte do partido de direita Udar, capaz de conseguir o apoio estadunidense e europeu, o ex-campeão atualmente indicado como líder da variegada oposição, é respaldado por Victoria Nuland, ex-representante estadunidense junto à Otan sob Bush, que atualmente assume o papel de secretária de Estado para Assuntos Europeus e Euroasiáticos da administração Obama. Nuland pode se orgulhar dos sólidos laços com os círculos neoconservadores: seu marido é Robert Kagan, conhecido falcão, estreito colaborador do ex-vice-presidente dos EUA, Dick Cheney. \"O jornalismo a serviço dos grupos imperialistas é uma forma corrente de prostituição. O capitalismo em putrefação tem necessidade de mentir continuamente. A realidade o acusa, por isso deve ser falsificada\". No que se refere ao lado europeu, o jornal alemão \"Bild\" informa que a chanceler Angela Merkel em concertação com o Partido Popular Europeu (conservador), teria abertamente indicado Klitschko como candidato pró-europeu nas eleições previstas para 2015. Há tempos que a União Democrata Cristã da Alemanha (CDU) - partido da chanceler, juntamente com o PPE – oferece apoio econômico e logístico aos membros do Udar, fornecendo também adestramento político dos expoentes do partido de direita ucraniano. O deputado conservador alemão no Parlamento Europeu Elmr Brok, que esteve em Kíev, chegou ao ponto de pedir aos dirigentes da oposição ucraniana que estejam dispostos a morrer para instaurar um novo caminho pró-europeu. Encerramos esta breve resenha sobre a oposição ucraniana, que em nossas latitudes ainda é definida como \"pró-democracia\" - quando na realidade se trata de uma aglutinação de forças conservadoras e fascistas – como o Svoboda. Derivação direta do Partido Socialista Nacional Ucraniano (SNPU), assume a atual denominação em 1998, depois da eleição do seu líder Oleh Tiahnybok ao Parlamento ucraniano. Recorde-se o aberrante discurso sobre a tumba de um nazista ucraniano, onde vociferou contra \"a máfia judia de Moscou\". Esse partido chauvinista e nazista cujos militantes foram indicados pelo \"New York Times\" como os mais \"temíveis\" manifestantes, autores \"das iniciativas mais provocadoras como a ocupação de edifícios e escritórios do governo\", é fautor do culto a Stepan Bandera, fundador da Organização dos Nacionalistas Ucranianos que em junho de 1941 uniu as próprias forças com as dos nazistas durante a invasão da União Soviética. A autorização para a atuação do Svoboda foi conseguida graças ao partido pró-alemão Batkivshina da corrupta Julia Tymoshenko, atualmente presa por apropriação indébita e fraude, que na última eleição fez aliança com os nazistas decididamente frutífera para estes últimos, que conquistaram 37 cadeiras. Enquanto isso, a sua influência aumenta cada vez mais, graças ao papel proeminente nos violentos protestos em curso. Desinformação da mídia e deslumbramento de certa esquerda Para descrever o papel mistificador da mídia nesses acontecimentos podemos recorrer ao que expressou um alto dirigente comunista, Pietro Secchia, por meio da sua coluna semanal no jornal \"Rinascita\", em 1950. \"Não é de hoje - escrevia Secchia – que a imprensa é um poderoso instrumento do qual se serve a classe dominante para manter a sua ditadura. O grande capital não domina somente com a banca, os monopólios, o poder financeiro, os tribunais e a polícia, mas também com os meios quase ilimitados da sua propaganda e da corrupção ideológica. Jamais, porém, como hoje, a imoralidade da imprensa capitalista se manifestou de forma tão vulgar e abjeta. Houve um tempo, no início da Idade Moderna, até as revoluções do século 18, em que, como escreveu Lênin, a luta pela liberdade de imprensa tinha a sua grandeza porque era a palavra de ordem da democracia progressista em luta contra as monarquias absolutas, o feudalismo e a Igreja. Mas na fase da decadência do capitalismo a imprensa conservadora e reacionária perdeu todo o senso moral e todo o pudor. O jornalismo a serviço dos grupos imperialistas é uma forma corrente de prostituição. O capitalismo em putrefação tem necessidade de mentir continuamente. A realidade o acusa, por isso deve ser falsificada. A fábrica de mentiras se tornou uma arte, uma técnica e uma norma de vida\". As palavras de Pietro Secchia, que mantêm uma extraordinária atualidade, bastam por si sós para descrever o papel dos meios de informação, incluindo os chamados de esquerda, que continuam a manter o dístico de jornal comunista. São fruto de clara má fé as tolices de certa esquerda, que sem qualquer hesitação apoia as políticas imperialistas. Destaca-se sobre os demais o deputado Boccadutri, parlamentar do partido Socialismo e Liberdade (SEL) que no twitter se referiu a \"um povo de jovens que enche as praças para pedir ingresso na UE\". Enquanto isso, o vice-presidente do Parlamento Europeu, Gianni Pittella (Partido Democrata), é autor de um sincero apelo: \"Que a Europa escute o grito de liberdade e amor que vem de Kíev\". Certo, amor pelos dólares americanos e os euros alemães, além de pelo vulgar revanchismo de marca nazista. Fonte:www.marx21.it"}
{"ID": "PRAZA_17132", "summary": "REPORTAXE | A Coruña acolleu este sábado a xornada Mulleres e Música, organizada pola Deputación. No evento puxéronse de relevo os obstáculos que as artistas e profesionais teñen que superar e serviu para elaborar un paquete de medidas para promover a igualdade na música dende as administracións. Por María Yáñez", "text": "Nun panorama tan dividido polo culto ao estilo ou o xénero musical, chamaba a atención ver no mesmo cartel a artistas tan distintas como a cantautora Sés, a baterista de jazz Naima Acuña, a Mar Catarina (Esposa) ou a DJ Cora Novoa. O que as xuntou o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña é o que teñen en común: son mulleres galegas traballando na música, un mundo dominado polo patriarcado, tanto coma outros ou máis. Para conversar e compartir experiencias estiveron na xornada Mulleres e Música que organizou a Deputación da Coruña dentro do programa A cultura é un dereito. O que se acabou partillando, ademais de boa música, foron ideas e tamén emocións: medos, frustracións e inseguridades que talvez non se verbalizarían nun evento protagonizado por homes, pero tamén moita forza: se as mulleres teñen que traballar o dobre para demostrar que valen, pois mans á obra. Ese dobre esforzo acaba supoñendo un empoderamento que xa non ten volta atrás. E alí o contaron todas estas profesionais.Se as mulleres teñen que traballar o dobre para demostrar que valen, pois mans á obra. Ese dobre esforzo acaba supoñendo un empoderamento que xa non ten volta atrásA xornada abriuse pola maña cunha mesa redonda moderada pola xornalista Diana López Varela, na que participaron a música Guadi Galego, a historiadora Lorena López Cobas (autora da Historia da Música en Galicia que publicou Ouvirmos no ano 2013) e Julio Gómez, director do festival Sinsal. Abordaron deste distintas perspectivas a desigualdade e o machismo ao longo da historia da música, na que moi poucas mulleres conseguiron facer da súa actividade musical algo que transcendese a esfera pública, mais alá do ámbito doméstico ao que parecía estar reservada. Hildegarda von Bingen no século XII, Barbara Strozzi no Barroco do século XVII, ou Fanny Mendelssohn, compositora e pianista eclipsada polo éxito do seu irmán Félix, a quen se dicía que lle compuña as obras asinando cun só F., que todo o mundo lle atribuía a el.Guadi Galego comezou na música tomo instrumentista: tocaba a gaita e o piano, porén, en canto a chamaron para formar parte de Berrogüetto \"tiña que cantar, non se concibía ter unha muller nun grupo que non cantase. E tiven que aprender a facelo porque non tiña nin idea\". Así contaba a súa entrada con vinte e poucos anos nunha banda \"que non só era de homes, é que eran o dream team da música folk\" e da que marchou ao cabo dunha década, en 2008, cando \"aprendín a cantar e decateime de que quería usar a voz para dicir o que eu sentía\". Hoxe lidera a súa propia banda con catro músicos máis, \"todos homes e todos feministas\", cos que leva xa tres discos longos e vén de publicar un novo EP, Bóla de Cristal. O pasado 17 de maio puidémolos ver actuar canda Pablo Novoa no programa Late Motiv, de Buenafuente.O Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que se celebra na Illa de San Simón desde hai sete anos, é dos poucos que tratan de cumprir na súa programación criterio de igualdade e de diversidade, unha presenza de mulleres bastante por riba da media no sector. No ámbito estatal, os principais festivais de música non chegan ao 12% de presenza feminina nos seus carteis, mentres que en Galicia esta cifra sobre a penas ao 14%, segundo datos recentes. Para Julio Gómez, codirector do Sinsal, a chave está en facer festivais de concepto, cun comisariado musical no que se se busca a diversidade e se se sae das limitacións da ollada eurocentrista, atopas moitas manifestacións musicais lideradas por mulleres, que de forma natural encaixan na programación. O problema é que \"a maioría dos festivais de música están atados a determinados xéneros, como o rock, que son predominantemente masculinos, e que a moitas mulleres directamente non lles interesa facer\". Con todo, en xeral nos festivais de música a rock e indie a asistencia de mulleres adoita ser de máis do 50%. Como público, estamos aí. A sesión da tarde protagonizárona mulleres que se dedican á música en distintas posicións: artistas, programadoras, técnicas de produción... A xornalista Teresa Cuíñas conduciu unha conversa con María Xosé Silvar, Ses, que non tivo desperdicio. Con 5 discos no seu haber, preto de 25 mil fans en Facebook e himnos como \"Tempestades de sal\" ou \"Non son fada\", Sés é todo un fenómeno musical e mesmo social no noso país. Un éxito que pelexou a base de talento e de facerse respectar no medio de moita hostilidade e machismo, e que aínda pelexa no día a día. \"Hai noites que volvo para a casa chorando de rabia por todas as cousas que teño que soportar por ser muller\", contou Ses con amargura. \"Tes que aturar moitas faltas de respecto. Que me veñan preguntar quen me fai as letras, quen me fai os arranxos, por que vou vestida así… cousas que non se lles ocorre preguntarlle a un músico\". Por riba, di Ses, \"cando te queixas de todo isto parece que vas de vítima, e eu de vítima non teño nada. Oxalá non fose verdade o que conto, pero teño que lidiar con esta realidade todos os días. E teño que caer mal, como calquera muller que ten un posto de responsabilidade. Eu hai xente á que lle caio mal polo simple feito de ser unha tipa seria. Aos homes non lles pasa\".Ses: \"Tes que aturar moitas faltas de respecto. Que me veñan preguntar quen me fai as letras, quen me fai os arranxos, por que vou vestida así… cousas que non se lles ocorre preguntarlle a un músico\"Diante desta loita diaria e esgotadora \"teño dúas opcións: volverme máis punki ou deixalo todo», confesaba Ses, engadindo que «se non fose polas catro mozas de 15 anos que vexo diante do palco coa camiseta de Non son fada, rapazas con sobrepeso que sei que son carne de canón, e que se ven identificadas na miña música, xa o tería mandado todo á merda\". Con esta contundencia Silvar reivindicou esta fraxilidade «que temos as persoas sensibles, aféctanos o que nos rodea e por iso facemos cancións ou o que sexa», e que é a outra cara da seriedade coa que traballa e da rabia que manifesta no seu discurso.Poucos referentes e moita guerra por darA continuación foi a quenda de varias traballadoras da música, que compartiron as súas experiencias, nun panel co título Cando a vida che dá un martelo, e que presentou a xornalista Marta García Márquez. Por alí pasou outra cantautora, MJ Pérez, que con 26 anos ten xa 3 discos publicados, e que apostou pola autoedición para dar a coñecer a súa música. O seu último traballo, Casandra, débelle o título a un mito grego co que se identifica \"porque eu tamén me sinto un pouco tola\". A de Arzúa, quen di que os estudios de produción audiovisual lle deron ferramentas para pór en marcha a súa carreira, decidiu crear ela soa a súa propia traxectoria coa máxima de non se por trabas a ela mesma, pois \"xa as poñerá o camiño\". E está orgullosa súa aposta, que empezou por gravar os seus primeiros discos na casa e o terceiro xa é un disco de estudio, cunha banda, que está a mover por palcos de todo o país mentres pon o compás mirando a Portugal. \"Tecer unha ponte cultural entre Galicia e Portugal é o meu soño\", comenta, mentres anima as presentes: \"Hai moita guerra por dar\".Cecilia Carballido: \"Non lle digamos á xente que facer as cousas é máis difícil por ser muller. Farémolo diferente porque somos diferentes, pero temos que confiar en nós mesmas. Se non nos enfrontamos aos retos non facemos o camiño\"Cecilia Carballido é unha das socias de Cunde, unha cooperativa dedicada á distribución, produción e xestión de espectáculos e doutros proxectos culturais. Tamén fan representación de artistas e levan a Sés, entre outros. Así que esta matemática de carreira e produtora de vocación (\"o meu martelo é unha folla de Excel\") pode dar fe das situacións machistas que viviu a cantante e ela mesma: \"Recoñeces as situacións de machismo polo ridícula que te sentes ao ter que defenderte nese momento\". O seu mecanismo é demostrar a súa valía traballando, nun posto de produción que adoita ser invisible e só se nota cando falla, que é facer que todo funcione e ter capacidade para resolver problemas. \"Non lle digamos á xente que facer as cousas é máis difícil por ser muller. Farémolo diferente porque somos diferentes, pero temos que confiar en nós mesmas. Se non nos enfrontamos aos retos non facemos o camiño\", concluíu.A leonesa Yolanda Villa leva 18 anos á fronte da sala Mardi Gras da Coruña. Confésase unha música frustrada que adoraba o directo e puxo en pé o primeiro local de cidade pensado ex profeso para ser unha sala de concertos. Conta que hai poucas programadoras e xefas de sala no panorama estatal, polo que está máis que afeita a que cando entran os músicos pola porta lle pregunten polo xefe. Pero tamén se gaba de ser unha das salas mellor consideradas no circuíto musical, segundo ela porque \"tratamos ben a xente e somos puntuais\". Celebra \"a cantidade de xente nova que está a facer cousas\" e está encantada de por a súa experiencia ao servizo das que empezan, mentres que confía no asociacionismo: \"é fundamental estarmos xuntas\". Villa é socia fundadora da Asociación de Mujeres en la Industria de la Música (MIM), que naceu en 2016 para velar polo cumprimento da igualdade efectiva de mulleres e homes neste sector. Presentouna a continuación nunha ponencia Tamara Rodríguez, profesional da xestión e comunicación empresarial, que forma parte moi activa de MIM e que deixou claro que o obxectivo principal da asociación é \"desaparecer, que o noso traballo xa non teña razón de ser\". Iso significará ter chegado a unha situación de igualdade na industria musical que aínda está moi lonxe. As súas tarefas máis inmediatas teñen que ver co asesoramento e a elaboración de estudios \"para ver a foto real de como estamos as mulleres na música\", ao tempo que propoñen actividades de formación e capacitación para rapazas novas, en colaboración con concellos e outras institucións. Só 22 persoas en Galicia forman parte polo de agora de MIM, que ten 200 socios e socias en todo o Estado.Mar Catarina: \"Toda a música que me gustaba facíana bandas de homes, como Nirvana, Blur, Pixies… non tiña ningunha referente feminina ata que vin a D'arcy, a baixista dos Smashing Pumpkins, ou a Sofia Coppola no audiovisual\"Mostrarlles ás rapazas que hai outras mulleres facendo música é algo moi necesario, tal como contou Mar Catarina, teclista do grupo Esposa, que cando era pequena non tiña referentes: \"Toda a música que me gustaba facíana bandas de homes, como Nirvana, Blur, Pixies… non tiña ningunha referente feminina ata que vin a D'arcy, a baixista dos Smashing Pumpkins, ou a Sofia Coppola no audiovisual. E daquela empecei a preguntarme por que non había mulleres da miña idade e cos meus referentes que fixesen cousas en galego\". Mar Catarina tomou contacto coa escena do Galician Bizarre, que xuntaba bandas de vilas como Valga, Chantada ou O Grove, que se agruparon en torno ao rock e ao punk a través de MySpace: \"había 30 bandas, das que só 9 tiñan algunha integrante muller\".\"Non hai nada como ver outras mulleres facendo as cousas que ti queres facer para poder superar os teus propios medos\"Para ela é moi complexo analizar os motivos polo que isto sucedía: \"é a escena a que nos exclúe a nós ou somos nós as que non queremos participar?\". Un dos principais retos era ter que traballar o dobre para demostrar que vales, e ela púxose a traballar sacando partido ás súas dúas paixóns, a música e a fotografía: \"Primeiro puxen a miña creatividade visual ao servizo das bandas, facéndolles fotos e deseños\". Así creou o estudio PRENOM, que é ao tempo un selo e un laboratorio audiovisual. E despois meteuse a tocar en bandas como Cudevaso ou Jijiji porque quería ver mulleres enriba do escenario. Quixo convencer a outras, con pouco éxito porque tiñan moitas inseguridades, \"pero empezaron a aparecer mulleres tocando en bandas que nos gustaban, como Isa de Triángulo de Amor Bizarro, María e Patuki de Franc3s, ou as Wild Balbina. Para min foron un referente fundamental e penso que é por aí por onde temos que seguir. Non hai nada como ver outras mulleres facendo as cousas que ti queres facer para poder superar os teus propios medos\".Como poden as administracións promover a igualdade na música?Mulleres e música propúñase tamén deixar un pouso que fose máis alá da xornada do sábado, \"fuxindo do carácter efémero deste tipo de actividades\", tal e como explicaba unha das súas coordinadoras, Arancha Estévez. Así presentouse unha proposta elaborada por Belén Bermejo e promovida pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) canda a asociación MIM, cun paquete de medidas para \"combater o desequilibrio histórico da presenza das mulleres na industria da música\", dirixida sobre todo a institucións que organizan ou financian actividades musicais.É desde o sector público onde se poden facer efectivas estas medidas, como a introdución de cláusulas nas convocatorias de axudas a festivais que as condicionen á presenza de mulleres na programación e nos equipos de traballo, ou a que se eliminen manifestacións musicais que fomenten o sexismoÉ desde o sector público, afirmaron, onde se poden facer efectivas estas medidas, como a introdución de cláusulas nas convocatorias de axudas a festivais que as condicionen á presenza de mulleres na programación e tamén nos equipos de traballo, ou a que se eliminen manifestacións musicais que fomenten o sexismo e a marxinación. Tamén se pide que se incentiven os proxectos que conten cunha política clara de igualdade, e que se garanta a paridade nas comisións, tribunais e xurados que conceden este tipo de axudas.Ademais de actuar no ámbito das axudas, a proposta pide tamén que se promova a formación dirixida a mulleres, no cultural, no musical e tamén en cuestións de xénero, e que se promova a elaboración de e informes para coñecer mellor a situación. Segundo explicou Marián Fernández na presentación da proposta, a penas existen estudos que dean a coñecer a situación en canto a reparto laboral, a participación nas tomas de decisións, os casos de discriminación, a transmisión de estereotipos ou a construción de referentes femininos no sector.A sucesión de relatorios e conversas complementouse cos concertos de Mounqup e Naima Acuña Trío, e rematou cunha sesión a cargo de Cora Novoa. Foi unha das poucas ocasións que tivemos para ver esta DJ ourensá afincada en Barcelona, que é unha das máis importantes representantes da música electrónica a nivel europeo, e que forma parte do cartel do vindeiro festival Sónar."}
{"ID": "NOS_920", "summary": "A carreira da ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato continúa imparábel. Greenalia, compañía que a fichou como directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade, anunciou na sexta feira que a incorpora ao Conselleiro de Administración, ao que tamén se suman o empresario José María Castellano e o seu fillo Pablo Castellano.", "text": "A compañía de enerxías renovábeis Greenalia anunciou na sexta feira que amplía o seu Consello de Administración, que pasa de catro a seis membros. Entre as novas incorporacións destaca a de Beatriz Mato, ex conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018) e de Traballo e Benestar (2009-2015) de distintas etapas de goberno de Alberto Núñez Feixoo. Greenalia fichara Mato, tamén ex candidata do PP á Alcaldía da Coruña nas últimas eleccións municipais, en febreiro de 2020. Un salto á empresa privada nun caso de portas xiratorias. De feito, o seu nomeamento dentro da cotizada supuxo as denuncias de entidades ecoloxistas como Adega, pois a Consellaría que dirixira Mato outorgou a Greenalia diversas autorizacións legais para pór en marcha a central de biomasa de Teixeiro (Curtis). Pasaron pola Consellaría de Mato cinco proxectos de Greenalia, entre eles parques eólicos O proxecto insignia da empresa librábase en xullo de 2017, con Mato á fronte da Consellaría, do proxecto de avaliación do impacto ambiental común, ao non consideralo necesario. Mais non só. Cando a ex candidata do PP á Alcaldía da Coruña exercía como conselleira de Medio Ambiente, pasaron polo seu departamento cinco proxectos de Greenalia, algúns deles parques eólicos. Aínda así, a Xunta da Galiza considerou que, malia acceder á empresa menos de dous anos despois de deixar o cargo, o de Mato non é un caso de incompatibilidade, ao entender que non contravén o que recolle a Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno da Xunta da Galiza por non resolver ela ningún expediente de Greenalia. Si os resolveu a directora xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira Costa, directamente nomeada por Mato e subordinada dela. Mato é partidaria de que se simplifiquen os trámites para a instalación de aeroxeradores A que vai ser nomeada membro do Consello de Administración da empresa de renovábeis fai parte da Dirección da Asociación Eólica da Galiza desde o 8 de maio de 2020, representando, precisamente, Greenalia. Mato, que publicamente se amosou partidaria de simplificar a lexislación para a instalación de parques eólicos, tentou, sen éxito, conseguir a Presidencia da patronal e chegou a postularse mediante o envío de cartas ás socias da entidade para lles solicitar o voto. Na actualidade, Mato é conselleira da telefónica Euskaltel (matriz da galega R), empresa na que recalou o pasado setembro. Aliás, desde marzo exerce como vogal da directiva da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime), a patronal do sector. Outras incorporacións a Greenalia Ademais de Mato, incorpórase ao Consello de Administración José María Castellano, o segundo maior accionista da empresa, por detrás de Manuel García Pardo, e Pablo Castellano, fillo do ex vicepresidente de Inditex. Abandona o órgano o avogado Alberto López e mantense Antonio Couceiro, tamén ex conselleiro do PP en gobernos de Manuel Fraga e hoxe presidente da Cámara de Comercio da Coruña e do Deportivo."}
{"ID": "PRAZA_15811", "summary": "O candidato conservador, apoiado por PSD e CDS-PP, supera o 50% en todas as sondaxes e podería evitar a segunda volta. Pola esquerda, António Sampaio da Nóvoa rolda o 20%, seguido de Maria de Belém e Marisa Matias.", "text": "Portugal celebra este domingo a primeira volta das súa eleccións presidenciais, que decidirán o sucesor ou sucesora de Aníbal Cavaco Silva -que non se pode presentar a un terceiro mandato- e que pechou con polémica a súa traxectoria na Presidencia, coas súas resistencias a aceptar un goberno de esquerdas. A pesar da maioría acadada nas eleccións lexislativas do outono por PS, Bloco e PCP, todo apunta a qua a vitoria nos comicios presidenciais deste domingo corresponderá ao conservador Marcelo Rebelo de Sousa, candidato apoiado por PSD e CDS-PP, que mesmo podería evitar a segunda volta, prevista para o 14 de febreiro. Rebelo de Sousa supera o 50% dos apoios en todas as sondaxes publicadas (entre o 51,8% e o 55%) e distánciase dos seus contrincantes. En 2011 Aníbal Cavaco Silva, candidato único do centro-dereita, gañou xa na primeira volta, cun 52,95% dos votos, superando o socialista Manuel Alegre (19,76%). A esquerda divide os seus votos; o candidato mellor situado é o independente António Sampaio da Nóvoa, reitor honorario da Universidade de Lisboa, que rolda o 20% dos apoios (entre o 16,9% e o 22). Sampaio da Nóvoa conta co soporte de parte do Partido Socialista e de destacados referentes, coma os ex presidentes Ramalho Eanes, Mário Soares ou Jorge Sampaio. Máis atrás aparecen María de Belém, ex ministra en varios gobernos socialistas e ex presidenta do PS. A medida que avanzou a campaña foi reducindo as súas expectativas, roldando na actualidade o 10% (entre o 8% e o 13,3%). Estaría practicamente igualada con Marisa Matias, eurodeputada do Bloco de Esquerda, cuxa candidatura foi crecendo nas últimas semanas, situándose ao redor do 8% dos votos nas últimas sondaxes. Edgar Silva (PCP) ou os independentes Paulo de Morais, Henrique Neto ou Vitorino Silva fican sen opcións. De confirmarse a vitoria de Rebelo de Sousa, abriríase un período de cohabitación entre un presidente conservador e un primeiro ministro socialista (António Costa), que goberna grazas a un pacto de esquerdas con Bloco e PCP. Con todo, Rebelo de Sousa non dubidou en achegarse a Costa e amosarlle o seu apoio para que o orzamento que o Partido Socialista presentou para 2016 poida ser aprobado. Neste plan orzamentario, Costa procurou reverter algunhas das medidas máis impopulares levadas a cabo polo goberno de Passos Coelho e puxo en marcha, tras duras negociacións cos seus socios de esquerda, novas medidas sociais para paliar a delicada situación de millóns de portugueses. Todas estas medidas fixeron que Costa gañase simpatías entre a poboación. Rebelo de Sousa é consciente diso e tomou unha posición conciliadora, que mesmo o afastou do seu propio partido, o PSD, durante a campaña. O PSD e o CDS-PP si veñen apoiando o candidato, pero sen implicarse demasiado. E de igual xeito Rebelo de Sousa mantén unha distancia con estas formacións, baseando a súa mensaxe na súa propia persoa e imaxe."}
{"ID": "NOS_1525", "summary": "A Asemblea Nacional, en mans das forzas opositoras, aprobou o proxecto lexislativo que prevé a posta en liberdade de persoas condenadas por actos de \"terrorismo\", \"instigación ao odio\" e mesmo \"tráfico de drogas de menor contía\".", "text": "Após case oito horas de intenso debate co rexeitamento do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) foi aprobada pola Asemblea Nacional de Venezuela a Lei de Amnistía e Reconciliación Nacional. Un documento deseñado polas forzas opositoras e coa que visan sacar da prisión aos seus líderes, condenados por delitos de \"terrorismo\", \"conspiración\" e \"incitación á violencia\", entre outros, no marco das coñecidas como Guarimbas, mobilizacións contra o goberno bolivariano decorridas en febreiro de 2014 nas que morreron 43 persoas e máis de 800 resultaron feridas. A Lei abrangue todo o período de goberno bolivariano, desde 1999 O documento sinala na súa exposición de motivos que o seu obxectivo é \"pór fin á persecución e ao castigo penal a respeito de determinados delitos, coa finalidade de fechar feridas políticas ou sociais que dificultan a convivencia e crear as condicións propicias para a participación de todos os sectores nos asuntos públicos\". A este respeito, serán obxecto da amnistía os \"todos\" os feitos puníbeis cometidos \"desde o 1 de xaneiro de 1999 até a entrada en vigor da Lei\". É dicir, o período da Revolución Bolivariana. \"Instigar a delinquir\" ou \"causar pánico na colctividade\" Neste senso, serán amnistiados feitos que \"se cometeran pola participación en manifestacións ou protestas ou en reunións que tiveran unha finalidade política\" cando estes se dirixisen \"a cambiar a orde institucional ou o goberno estabelecido, acompañadas ou non de accións consideradas conspirativas\". Así, ficarían en liberdade persoas condenadas por \"instigación á desobediencia das leis\", \"instigación a delinquir\", \"causar pánico na colectividade ou mantela en zozobra mediante a difusión de informacións falsas\", \"obstaculización da vía pública co obxecto de preparar o perigo dun sinistro e demais delitos\" ou mesmo \"asociación para delinquir\". Ficarían en liberdade persoas condenadas por \"causar pánico na colectividade ou mantela en zozobra mediante a difusión de informacións falsas\" Obxectivo: o goberno bolivariano A lei prevé a amnistía para aqueles feitos dirixidos \"contra a política xeral desenvolvida polo Poder Executivo Nacional ou outros órgaos do poder público\", incluído o delito de \"sabotaxe ou accións supostamente violentas contra as eleccións parlamentares do 26 de setembro\", \"os feitos presuntamente constitutivos dos delitos de fraude, estafa e usura vencellados á actividade privada da construción de vivendas\", \"as omisións, inexactitudes ou incumprimentos vencellados á obriga de presentar, dentro dun determinado prazo, a declaración xurada de patrimonio\" ou \"os delitos de fuga e quebrantamento de condena\" para aquelas persoas que estivesen \"procesadas ou condenadas pola comisión de calquera dos delitos puníbeis\" contemplados pola Lei de Amnistía. Amnistíase a \"sabotaxe ou accións supostamente violentas contra as eleccións parlamentares do 26 de setembro\" Para alén disto, tamén se contempla a excarcelación de persoas condenadas por \"delito de tráfico de drogas de menor contía\" sempre que se \"tivesen producido en calquera tipo de reunión de manifestantes\" da oposición. Tamén así, a lei prevé o sobreseimento daqueles procesos xudiciais en curso ou pendentes de sentenza e a posta \"inmediata\" en liberdade das persoas detidas. Maduro avanzou que non ratificará unha lei que \"protexe criminais, narcotraficantes e terroristas\" Após a aprobación pola Cámara baixa venezolana o presidente da Asemblea Nacional, Henry Ramos Allup, remitiu o documento ao xefe de Estado, Nicolás Maduro para a súa ratificación. Neste senso, Maduro avanzou que non asinará o texto normativo pois, asegura, \"están a aprobar unha lei para protexer a asasinos, criminais, narcotraficantes e terroristas\", dixo. \"Teñan a seguridade de que esta lei por aquí non pasa\". O veto de Maduro podería ser sorteado através dunha denuncia no Tribunal Superior de Xustiza do país. Ora ben, sempre que se pronuncie de maneira favorábel ás forzas da oposición."}
{"ID": "NOS_58186", "summary": "O candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, prometeu a creación dun instituto de crédito cuxa finalidade sería o financiamento das Pemes.", "text": "@s socialistas van debullando o seu programa e xa son diversas as promesas electorais anunciadas desde que presentaron o seu candidato á presidencia da Xunta. Esta mesma semana, Pachi Vázquez, comprometeuse nun acto desenvolvido en Vila de Cruces, a crear un instituto de crédito que viría substituír ao actual Igape, do que dixo \"de pouco vale cando financia un crédito que nunca chega\". O candidato socialista, adiantou que a súa estrutura e funcionamento sería moi semellante ao constituído en Andalucía --a proposta do PSOE--. Segundo @s socialistas, o novo instituto encamiñaríase á xeración dun tecido empresarial \"máis competitivo\" a través da creación dunha liña de crédito local, que poña fin aos \"catro anos de desleixo do PP\". Así mesmo, o candidato polo PsdeG-PSOE aseverou que a súa proposta \"permitirá achegar directamente, e en condicións favorábeis, os recursos ás Pemes do sector agrícola, gandeiro, forestal e naval\". A iniciativa presentada por Pachi Vázquez, sitúa de novo no punto de mira a necesidade de crear unha entidade financeira galega e pública que constitúa a principal fonte de financiamento para os sectores produtivos galegos. Neste sentido, o Bloque Nacionalista Galego, levou adiante unha iniciativa encamiñada á creación dunha banca pública galega."}
{"ID": "NOS_57900", "summary": "O persoal mantén o pulso mobilizador contra o intento de venta das centrais cunha manifestación multitudinaria. \"Imos seguir até que a Xunta diga claramente que non se poden segregar as actividades\", asegura o portavoz do comité de empresa.", "text": "A marcha do persoal de Ferroatlántica que partiu hai catro días de Cee rematou este sábado en Compostela cunha numerosa manifestación, entre 8.000 e 9.000 persoas segundo o comité de empresa, en contra da venda das centrais que ameaza centos de empregos na Costa da Morte. Traballadores e traballadoras manteñen o pulso mobilizador contra o intento de segregación do grupo con esta nova xornada de folga. \"Os ríos son nosos, non de Villar Mir\", berraron milleiros nas rúas da capital galega, en apoio do persoal e na defensa dos recursos naturais do país. Para o comité de empresa, se a Xunta acepta a supresión da cláusula que vincula as actividades de Ferroatlántica (as centrais hidroeléctricas e as fábricas de ferroaliaxes) \"será por decisión política e deberá achegar unha sólida xustificación de cal é o interese público que xustifica esta medida\". O portavoz do comité, Alfonso Mouzo, insistiu en que esta decisión suporá a \"ruína\" para a comarca e rexeitou os argumentos do PP de considerar esta decisión como un asunto de carácter técnico. O protesto que partiu da Alameda compostelá –coa presenza entre outros dos voceiros de BNG, En Marea e PSdeG– rematou fronte a sede da Xunta en San Caetano para evidenciar a ampla oposición social ao intento de segregación. Mouzo valorou a manifestación como \"un éxito rotundo\" e como unha mostra da determinación do persoal de continuar a mobilización. \"Son moitos meses de loita con este conflito, desde o mes de outubro. A Costa da Morte está solidaria cos traballadores de Ferroatlántica. Pedímoslle á Xunta que de xeito inmediato paralice a venda das centrais. O interese público xa está moi ben definido nas propias concesión. O pulso vai seguir até que a Xunta diga claramente que non se poden segregar as actividades\", asegura en declaracións a Sermos Galiza. \"Parece que o grupo quere vender á sociedade que agora as centrais son unha carga económica, cando, en toda a súa historia, os saltos de auga sempre deron beneficios que, por certo, non foron reinvestidos na mellora e modernización das fábricas\", salientan desde o comité de empresa que considera \"imposíbel conxugar que a venda das centrais sexa a un mesmo tempo para sufragar o cacarexado plan industrial e para afrontar a avultada débeda do grupo Villar Mir\". Na manifestación que aínda percorrer Compostela tamén está a participar o persoal das minas de Serrabal, explotada por unha filial de Ferroatlántica, e máis delegados dos comités da empresa en Francia, que aseguraron que a compañía ten intencións similares para as súas fábricas no país galo. \"A pretensión é apropiarse dunha parte dos beneficios millonarios que lle reportan a explotación dos ríos Xallas e Río Grande\", sinalou nas horas previas o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que recordou que estes réditos \"permitiron Villar Mir amasar unha grande fortuna\". Centos de persoas marchan en Santiago cara a sede da Xunta. \"As centrais non se venden\" #Ferroatlantica pic.twitter.com/Q0h0wULJpt— Sermos Galiza (@SermosGaliza) 08 xullo 2017"}
{"ID": "PRAZA_16093", "summary": "O ultra arrestado como presunto autor do acoitelamento doutro afeccionado este mércores xa estivo na cadea polo asasinato de Aitor Zabaleta. Tres anos despois da malleira ao seareiro deportivista, ninguén foi condenado nin está investigado malia as investigacións policiais e os testemuños", "text": "Un ultra do Atlético de Madrid foi detido na madrugada deste xoves como presunto autor do acoitelamento sufrido por un seareiro do mesmo equipo de 22 anos nas proximidades do estadio Wanda Metropolitano. O arrestado é Ignacio Racionero, radical neonazi que xa estivo detido pola súa presunta vinculación coa morte do afeccionado da Real Sociedad, Aitor Zabaleta, en 1998. O novo episodio violento de ultras do Atlético chega ao pouco de que unha testemuña protexida sinalase cinco deles polo asasinato de Jimmy Este novo episodio de violencia por parte de ultras vinculados ao Frente Atlético, grupo de extrema dereita situado no fondo do estadio do equipo madrileño, chega poucos días despois de que unha testemuña protexida identificase ante o xuíz a cinco persoas do mesmo colectivo ultra como autores materiais da morte do afeccionado do Deportivo, Francisco Javier Romero, Jimmy, o 30 de novembro de 2014, tras sufrir unha malleira e ser tirado ao río Manzanares. No caso do acoitelamento deste mércores, o presunto agresor pertence a unha facción do Frente Atlético (Suburbios Firm) -expulsada pola súa relación co grupo de ultradereita do Real Madrid, Ultras Sur- e foi detido sobre as 3 de madrugada pola policía nacional. O ferido recibiu tres coiteladas, foi operado na pasada noite e está fóra de perigo. Ten 22 anos e vestía unha camiseta do Frente Atlético. Segundo testemuñas, foi atacado de súpeto polo detido cando falaba con outro mozo ás portas dun bar. Diversos medios falan dun axuste de contas neste grupo ultra de extrema dereita. O presunto agresor detido estivo detido pola morte de Aitor Zabaleta, aínda que foi liberado por falta de probas Racionero, o arrestado, foi un dos 20 imputados polo asasinato de Aitor Zabaleta hai case vinte anos e pasou varios días na cadea, aínda que foi posto en liberdade. Si foi condenado a 17 anos de prisión o seu compañeiro Ricardo Guerra e a xuíza ordenou que se investigase se tamén intervira Racionero naquel acoitelamento, aínda que a causa foi arquivada ao non haber probas dabondo da súa participación na pelexa. No xuízo asegurou que se quixesen agredir a afeccionados da Real Sociedad teríanos \"agredido moito máis do que pasou\". Si estivo en prisión por roubos, foi condenado por un delito de desordes públicas e expulsado como socio do Atlético de Madrid por asaltar o adestramento do equipo, encararse aos xogadores e insultar. Sanitarios atenden o ferido por acoitelamento antes do partido Atlético de Madrid - Sevilla / @EmergenciasMad A testemuña protexida sinala cinco ultras Mentres se segue a investigar esta nova agresión, o pasado luns unha testemuña protexida compareceu ante o xulgado de instrución número 20 de Madrid e sinalou cinco ultras do Frente Atlético como autores da morte do seareiro galego Jimmy. Xa sinalara catro na declaración que ofrecera ante a Fiscalía e logo ante o xulgado de Menores, aínda que meses despois fora desacreditada pola Audiencia Provincial de Madrid nun caso que fora arquivado e agora reaberto. A testemuña sinala cinco ultras do Frente Atlético como autores da morte de Jimmy Os sinalados por esta testemuña, que fora ameazada por varios ultras, son un menor condenado por homicidio pero absolto pola Audiencia Provincial, dous dos catro membros do Frente Atlético que foron excarcerados polo xuíz e outros dous que foran detidos pola policía. En outubro de 2016, o xuíz rexeitara a petición do fiscal de citar como investigados por homicidio e tentativa de homicidio os catro ultras do Frente Atlético que foran detidos pola policía, encarcerados por un xuíz anterior e excarcerados logo por este último por \"falta de probas\". Ao maxistrado non lle pareceran suficientes as detalladas investigacións da Brigada de Información da Policía, nas que se achegaron vídeos, intervencións telefónicas, mensaxes e xeolocalizacións para sinalar un grupo reducido de ultras de extrema dereita que acabou detido e logo liberado. Nel había destacadas figuras do Frente Atlético. Foran eles, segundo as declaracións nos xulgados dos propios axentes, os mesmos que cunha diferenza de apenas segundos mallaran noutro deportivista, que logrou saír a nada do río con vida. A policía declarárase \"estupefacta\" pola liberación dos ultras detidos tras as súas pescudas A defensa usou esa confusión -un ataque que non se correspondía co realizado sobre Jimmy senón co que sufriu o outro afeccionado- para excarcerar os ultras ante a indignación da policía, que se mostrara \"estupefacta\" e amosara o seu desacordo. Mallar no afeccionado deportivista e tiralo ao río non supuxera nada daquela e mesmo a causa que investigaba as lesións fora arquivada. Alén disto, o xuíz tampouco tivera en conta a versión da devandita testemuña protexida. Ante o xuíz de menores, identificou dous dos mesmos presuntos autores que sinalara a policía, corroborou aquela versión e apuntou outro menor, Álvaro C.G., do que se filtraran mensaxes que intercambiara coa súa moza: \"Lo reventamos, sin porra me quedé\". Outras conversas a través do whatsapp deitaban bastante luz sobre a brutalidade exercida polos ultras atléticos e implicaban outros menores. A próxima cita é o 5 e febreiro, para cando o xuíz citou dous axentes que contactaron con esta testemuña no seu traballo. Ademais, ten que resolver a petición da Liga de Fútbol Profesional de citar como testemuña o menor que foi absolto de ser autor material da morte de Jimmy."}
{"ID": "NOS_20926", "summary": "O prezo medio da electricidade no mercado cae hoxe 22,48% con respecto a onte, en concreto, até os 153,85 euros megawatt hora (MWh).", "text": "O prezo medio da electricidade no mercado cae hoxe 22,48% con respecto a onte, en concreto, até os 153,85 euros megawatt hora (MWh), co que acumula a súa cuarta xornada consecutiva de descensos. Así, o prezo medio do 'pool' será 44,62 euros máis barato que os 198,47 euros/ MWh da sexta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). O prezo máximo da luz para este sábado deuse entre as 00.00 horas e as 01.00 horas, con 222,43 euros/ MWh, e o mínimo, de 40,32 euros/ MWh, rexistrarase entre as 15.00 e as 16.00 horas. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do ' pool' para este sábado será 123,19% superior aos 68,93 euros/ MWh do 16 de abril de 2021. Os prezos do 'pool' repercuten directamente na tarifa regulada -o denominado PVPC-, á que están acollidos case 11 millóns de fogares no Estado, e serven de referencia para os outros 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre. De feito, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) constatou que en 2021, no marco da espiral alcista da enerxía, arredor de 1,25 millóns de persoas pasaron do PVPC a unha tarifa no mercado libre a prezo fixo. Medidas para baixar o prezo O pasado 29 de marzo, o Goberno estatal aprobou un plan para facer fronte ao impacto da guerra en Ucraína que inclúe, entre outras medidas, a prórroga da rebaixa fiscal sobre os impostos que gravan o recibo da luz até o próximo 30 de xuño, así como a ampliación do bono social eléctrico até alcanzar os 1,9 millóns de fogares beneficiarios. Ademais, adoptouse unha actualización anticipada e extraordinaria do réxime retributivo regulado das renovábeis, a coxeración e os residuos (Recore) cun axuste de 1.800 millóns de euros co que se baixan os cargos da factura da luz. Outra das medidas acordadas polo Executivo foi unha prórroga até o 30 de xuño da minoración do gas para reducir os beneficios extraordinarios no mercado eléctrico, ampliando o seu ámbito de aplicación á enerxía contratada a prazo e a prezo fixo desde a entrada da norma, de devandito prezo é superior a 67 euros/ MWh. Así mesmo, os gobernos español e portugués presentaron unha proposta preliminar á Comisión Europea para establecer un prezo de referencia para o gas de 30 euros por MWh co fin de abaratar o prezo da electricidade."}
{"ID": "NOS_16735", "summary": "Unha sentenza deixa en evidencia o Grupo Hotusa en Chantada. O imperio de Amancio López Seixas suma outra resposta xudicial ao curriculo do maior consorcio de hoteis do mundo, desta vez na súa propia vila natal. Traballadoras e traballadores logran, por vez primeira, delegadas sindicais nun dos seus departamentos.", "text": "O imperio de Amancio López Seixas mostra a súa peor cara en Chantada. O propietario do maior consorcio de hoteis independentes do mundo decidiu apostar en 2012 por achegarse á súa vila natal instalando un pequeno centro de traballo que ampliou en 2017 até chegar na actualidade a contar no seu cadro de persoal con case 300 traballadoras e traballadores. Delegación sindical Ana Laxe chegou ao grupo Hotusa hai case tres anos e como moitas persoas en Chantada alegrouse de que medrara na vila unha iniciativa semellante. Os problemas viñeron en pouco tempo. En 2019 o persoal do seu departamento decide convocar eleccións sindicais para reivindicar os seus dereitos e denunciar o incumprimento do convenio. A empresa contesta que as condicións son así \"porque a empresa é súa\", explica Laxe a Nós Diario, \"e non pagan nocturnidades porque aseguran que xa cobramos de máis\", engade. Conta como anécdota que cando chegou comentáranlle que \"a única representante sindical era a filla de Amancio\". Ás agachadas, por medo ao despido, falan varias compañeiras e presentan unha listaxe pola CIG. Antonio Niño, secretario comarcal da CIG Lugo, explica a Nós Diario que cando se saben as persoas que se presentan ás eleccións veñen as ameazas. \"Soportaron todo tipo de presións e a ameaza de levarse o centro de traballo a Madrid\". A asemblea ten lugar e a empresa considera que non é legal. Sentenza e calma tensa Agora unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Lugo pon en evidencia a intención de Hotusa e considera válida a primeira asemblea do persoal. Considera que as delegadas non tiveron tempo material de comezar o seu traballo sindical. \"O mesmo día da votación quixo levar a acta o supervisor que tiña que ir a Lugo e en realidade a viaxe era para convocar outra asemblea, con tan mala sorte que primeiro presentou a convocatoria e logo a acta\", engade a Ana Lage. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_13987", "summary": "As dúas formacións políticas celebraron un encontro este martes e coincidiron \"na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social\"", "text": "Esquerda Unida (EU) e a Frente Popular Galega (FPG) celebraron un encontro este martes para analizar as posibilidades \"de confluencia entre as forzas políticas galegas de esquerdas e anticapitalistas\". As delegacións de ambas as dúas formacións, tanto Esquerda Unida coma a Fronte Popular Galega coincidiron \"na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social\", tendo en conta \"a situación actual da política galega\". Neste senso, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifestou que \"ante a emerxencia social e o terrorismo financieiro practicado dende a política do PP, é necesaria a confluencia política\" e que \"a sociedade precisa dunha vertebración política que dea esperanza á cidadanía\". Ambas organizacións parten da premisa de que \"por riba da cuestión nacional, está o problema de clase\" e en consecuencia afirmaron que \"o obxectivo é claro, como tamén é clara a necesidade de refrendar dende as bases calquera tipo de iniciativa ou proceso que vaia a pelexar pola hexemonía dos traballadores\". Este encontro forma parte da rolda de contactos que Esquerda Unida está levando a cabo con formacións galegas de esquerda para analizar a posibilidade de artellar unha fronte ampla e que nos vindeiros días se completará con xuntanzas con Anova, Ecogaleguistas, Equo ou Esquerda Anticapitalista."}
{"ID": "PRAZA_18619", "summary": "Pablo Casado censurou a visita que esta semana fixo Sánchez a Cuba, na que se produciron imaxes practicamente idénticas ás protagonizadas en 2013 e 2016 por Feijóo, quen como líder da oposición tamén criticara a Touriño por non ir á illa a esixir \"liberdade\" HEMEROTECA | Feijóo esquece as súas esixencias de \"liberdade\" ao goberno cubano e eloxia que se \"actualice\" HEMEROTECA | A \"festa televisada\" de Fraga e Fidel Castro", "text": "O 7 de decembro de 2013 o xornal Granma, órgano oficial do Partido Comunista Cubano, levaba na súa capa a imaxe do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo daquela vicepresidente da república caribeña, Miguel Díaz-Canel. A publicación subliñaba que \"ambos dirixentes constataran o bo estado das relacións bilaterais e de amizade entre os pobos galegos e cubano\". Dous anos e medio despois, en maio de 2016, Feijóo regresou á illa en visita oficial e non aforrou eloxios para a \"cordialidade\" e \"interese\" para \"colaborar\" con Galicia por parte do Goberno de Cuba, en proceso de \"actualización\".Feijóo viaxou xa dúas veces como presidente a Cuba despois de cargar en 2007 contra Touriño por non ter a \"valentía\" de aproveitar unha visita á illa para pedir \"liberdade e democracia\"Aquela primeira viaxe de Feijóo a Cuba, hai agora media década, producíase exactamente seis anos despois de que outro presidente galego, o socialista Emilio Pérez Touriño, tamén viaxase á illa para celebrar o centenario do himno galego e mais manter encontros con diversos dirixentes cubanos. Quen na altura era líder da oposición galega, Feijóo, cargara con dureza contra o xefe do Goberno e líder do PSdeG por non demostrar, ao seu xuízo, \"valentía e determinación\" e aproveitar a viaxe para facer \"un xesto máis concreto\" e ser \"claro\" en \"favor da liberdade, a democracia e os dereitos humanos\".Pablo Casado censurou a visita que esta semana fixo Pedro Sánchez a Cuba, na que se produciron imaxes practicamente idénticas ás protagonizadas por Feijóo en 2013 e 2016Quen viaxou esta semana a Cuba foi outro mandatario do PSOE, o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez. E críticas como as lanzadas por Feijóo contra Touriño en 2007, nunca escoitadas contra o presidente galego en 2013 e 2016, reeditáronse dende o propio PP. Así, o líder dos conservadores, Pablo Casado, considerou \"cínico\" que Sánchez condene o franquismo e a Franco, que está \"morto\", mentres \"visita\" a \"un ditador\", en referencia a Díaz-Canel, que \"está vivo e coleando e segue matando xente\", proclamou. Nun sentido semellante, outros dirixentes do PP e medios de comunicación afíns a esta formación cargaron tamén contra Sánchez pola súa visita, a primeira dun presidente Español en tres décadas, e tamén por non aproveitala para xuntarse con grupos contrarios ao Goberno cubano, algo que tampouco sucedeu nas viaxes de Feijóo.Para Casado, \"pasear\" xunto a Díaz-Canel implica \"alardear e apoiar a un ditador\"Con este pano de fondo o álbum oficial da viaxe de Pedro Sánchez deixa imaxes practicamente idénticas ás das dúas visitas de Feijóo. Así, por exemplo, comezou cunha ofrenda floral a José Martí na Praza da Revolución, que preside unha enorme imaxe do Che Guevara, acto ao que tamén acudiu o presidente galego hai dous anos. Sánchez reuniuse co presidente Díaz-Canel no mesmo recinto oficial no que Raúl Castro Recibiu a Feijóo en 2013 e 2016. Igualmente, realizou un paseo a pé polo centro de La Habana co propio Díaz-Canel, que como vicepresidente acompañara a Feijóo polas mesmas rúas en 2013. Para Casado, \"pasear\" xunto a Díaz-Canel implica \"alardear e apoiar a un ditador\".A viaxe de Sánchez incluíu un acordo en materia de dereitos humanos e diversos contactos comerciaisNo que atinxe ao contido das viaxes, a de Sánchez saldouse coa sinatura dun acordo en materia de dereitos humanos e numerosos contactos en materia económica e comercial, así como en compromisos no eido da cultura, entre outros anuncios. Hai dous anos Feijóo asegurara que conversara con Castro sobre o \"novo momento político que está vivindo a illa\" e, tras condoar daquela o Goberno de España a Cuba uns 1.500 millóns de euros de débeda, manifestara a súa esperanza de que a illa puidese \"facer negocios con Galicia\" no marco dun \"novo período de entendemento e de cooperación entre España e Cuba\".En 1992 Fraga incomodara a Aznar coa súa recepción a Fidel CastroA visita de Sánchez a Cuba celebrouse despois das dúas de Feijóo, e ambas máis dunha década tras a histórica viaxe de Manuel Fraga á illa e o non menos emblemático percorrido por Galicia de Fidel Castro en 1992. Malia á evidente incomodidade da daquela cúpula do PP, encabezada por José María Aznar, Fraga recibira a Castro en Galicia con honras de xefe de Estado para acompañalo nunha visita que deixou icónicas imaxes como a da multitudinaria festa de ambos líderes en Láncara, concello natal do pai de Fidel."}
{"ID": "NOS_25285", "summary": "As alcaldesas e alcaldes do Bloque Nacionalista Galego aplauden a \"lección de dignidade, de compromiso, de estar ao servizo do seu pobo\" dos concellos cataláns que deron \"un paso adiante\" para \"defender a súa dignidade como pobo\" e o 1 de outubro colocarán as urnas \"contra vento e marea\". Nun comunicado difundido onte, e que se suma ás mostras de solidariedade que desde todo o Estado están recibindo os concellos cataláns, as alcaldesas e alcaldes do BNG advirten que \"estase a discutir algo máis que o dereito a decidir de Catalunya, estanse discutindo tamén os dereitos e liberdades de todas e todos nós\".", "text": "\"Dende os Concellos galegos que representamos queremos expresar o noso apoio á lexitimidade das aspiracións de mudanza e superación do marco político vixente que a sociedade catalá está a demandar; e como demócratas, rexeitamos a negativa do Estado español a permitir a expresión da vontade popular catalá no referendo do 1 de outubro\", di o comunicado asinado onte en Compostela. As alcaldesas e alcaldes nacionalistas solidarízanse cos seus homólogos cataláns, máis de setecentos, que xa anunciaron que colaborarán no desenvolvemento do referendo do próximo 1 de outubro e afirman que aqueles concellos defenden \"os dereitos democráticos do seu pobo, da súa nación\" e \"respectan o dereito da sociedade catalá a decidir sobre o seu futuro\". Desde os concellos galegos que representan, as alcaldesas e os alcaldes do Bloque afirman que a loita en Catalunya \"é tamén a nosa loita\", e sinalan que \"estase a discutir algo máis que o dereito a decidir de Catalunya, estanse discutindo tamén os dereitos e liberdades de todas e todos nós\". No comunicado, tamén expresan a súa vontade de contribuír ao avance do pobo galego \"na conquista dun novo marco institucional que garanta a plena capacidade de decidir sobre os nosos asuntos en función dos intereses do pobo galego\"."}
{"ID": "NOS_25252", "summary": "Nunha declaración institucional desde Girona, Puigdemont apela a defender con \"compromiso pacífico\" a República e non fai ningunha referencia ás eleccións. Non se dá por cesado no cargo pois, afirma, en democracia só o parlamento pode cesar o presidente.", "text": "Carles Puigdemont chama a unha \"oposición democrática\" á aplicación do artigo 155. Fíxoo a través dunha declaración institucional desde Girona e emitida por TV3. \"Non nos desviemos. Sen violencia, sen insultos, de maneira inclusiva, respectando as persoas e símbolos, respectando os que non están de acordo coa maioría parlamentar\". Esta foi a principal mensaxe que Puigdemont quixo trasladar no seu breve discurso, mais non a única. \"Nas sociedades democráticas é o parlamento o que cesa os presidentes\", lembrou, en referencia á decisión do goberno español de cesalo a el propio, así como ao, vicepresident e demáis membros do Govern a través dos poderes do 155. Unha declaración que indica que non se dá por cesado. \"Onte [pola sexta feira], o Parlament vai cumprir co que os cidadáns votaron o 27 de setembro de 2015\", apuntou Puigdemont, que recoñeceu que coa aplicación do 155 \"entramos nunha nova etapa\". \"Paciencia, perseverancia e perspectiva\", resumiu o dirixente nacionalista, son as claves para esta nova fase. \"Seguiremos traballando para construír un país libre e con menos inxustizas, máis igualdade e máis fraternidade con todos os pobos do mundo, comezando polos de España\", dixo, \"cos que queremos vincularnos desde o respecto e o recoñecemento mutuos\". Na súa intervención, Puigdemont non fixo ningunha referencia ás eleccións convocadas polo goberno español en Catalunya para o 21 de decembro."}
{"ID": "PRAZA_10608", "summary": "O dato de demora media cirúrxica é o máis baixo da serie histórica e a Xunta mantén que non o está a lograr mediante derivacións a centros privados-concertados", "text": "O tempo medio de demora en Galicia para someterse a unha operación cirúrxica dende o momento en que o paciente entra en lista de espera finalizou o primeiro semestre do ano en 56,4 días. Son case cinco días menos de media que no semestre final do ano pasado e unha redución de 1,4 días con relación ao mesmo semestre de 2018, o que converte este dato medio no menor da serie histórica co actual sistema de difusión da información, iniciada en 2015, que trae consigo un apagón informativo ata despois do verán.Estes 56,4 días de media na lista de espera cirúrxica, composta por 34.468 persoas, son tamén inferiores a todos os datos rexistrados ata finais de 2014, cando aínda se empregaba o anterior método. No que atinxe ás consultas especializadas as 168.540 persoas que agardaban a finais de xuño facíano unha media de 37,6 días, atendendo aos datos divulgados este 19 de xullo polo Servizo Galego de Saúde.O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, ve nestes datos unha mostra da boa xestión do seu departamento porque se trata da \"mellor cifra dende que existe rexistro de listas de espera\", isto é, o valor medio máis baixo dende que o Goberno de Fraga comezou a divulgar estes datos, antes das eleccións galegas do ano 2005. Campa pon tamén o foco en que en que esta cifra media está case catro días por baixo do limiar legal dos 60 días fixados na lei de garantías de prestacións sanitarias do ano 2014, regulado por decreto e 2018.O dato de demora media cirúrxica é o máis baixo da serie histórica e a Xunta mantén que non o está a lograr mediante derivacións a centros privados-concertadosConcretamente, segundo o comunicado divulgado polo Servizo Galego de Saúde -estes datos non son abertos-, dende xaneiro de 2018 \"un total de 65.883 persoas se beneficiaron\" do \"dereito\" desa garantía de espera máxima, 16.548 en cirurxía (60 días) e 24.829 en consultas (45 días). Sempre segundo esta nota oficial, \"todos os pacientes foron atendidos en centros do Servizo Galego de Saúde e non se derivou ningún a centros concertados\", di en referencia ao precepto da propia lei segundo o cal a Xunta pode derivar poboación á sanidade privada para axustarse a eses tempos máximos. Así e todo, nos últimos anos existiron diversos testemuños de pacientes segundo cuxa versión o Sergas os puña na disxuntiva de seren operados na sanidade privada ou atrasados na lista de espera.Diferenzas entre hospitaisO dato global de espera cirúrxica, como valor medio, é o resultado de comportamentos moi dispares en función das áreas sanitarias e mesmo dos hospitais. Así, os apenas 34 días de espera media por unha operación nas áreas de Ferrol ou Pontevedra-Salnés contrastan cos máis de 60 días da Coruña e, sobre todo, cos 74,4 días de espera media en Vigo. Na área sanitaria o hospital concertado Povisa segue a ser o gran lastre do sistema, cunha demora media de 78,6 días que incrementa en máis de 2 días e medio o valor medio galego.Hai catro anos a información das listas de espera pasou de ser trimestral a semestral, evitando divulgar os que adoitaban ser os dous peores datos de cada anoEstes datos de espera media cirúrxica, bos na medida en que reducen as cifras de anos previos, son divulgados pola Consellería de Sanidade antes de que, por cuarto ano consecutivo, os indicadores de demora sanitaria non reflictan o efecto da redución de actividade durante o verán. A devandita lei de garantías, en vigor dende 2014, incluíu unha redución da información das listas de espera que a Xunta comezou a aplicar en 2015: os datos pasaron de ser trimestrais a ser semestrais.Esta mudanza na periodicidade da información supuxo que Sanidade suprimise dúas vagas de datos, as do 31 de marzo e as do 30 de setembro. Deste xeito, o Goberno galego evita ter que dar conta dos que adoitaban ser os dous peores indicadores de demora cirúrxica cada ano, os que reflectían os efectos do verán -por peches de camas e menos actividade cirúrxica por mor das vacacións- e mais as saturacións hospitalarias do inverno por episodios como os picos da gripe.Estes datos rexístranse nun contexto no que as devanditas 34.468 persoas anotadas nas listas de espera cirúrxica do Sergas a 30 de xuño son 904 menos que a finais de 2018 e 1.893 menos que no mesmo semestre do pasado ano. Está, non obstante, aínda por riba do valor máis baixo da serie, acadado a finais de 2008 con algo máis de 32.000 persoas a esperar."}
{"ID": "NOS_33474", "summary": "Varias decenas de afectad@s concentraronse ás portas do mitin do PP en Pontevedra no que participaban Feijóo e Rajoy.", "text": "As e os afectados polas participacións preferentes mantiveron durante todo o verán un importante ritmo mobilizador, con numerosos actos de protesta. Un dos de maior impacto foi o realizado na vila de Sanxenxo, onde veraneaba o Presidente do Goberno español Mariano Rajoy. Outro máis recente foi a concentración ás portas do castelo de Soutomaior, o pasado 1 de setembro, no acto co que @s populares encetaban curso político. A súa presenza, moi incómoda para @s populares foi repelida con varias cargas policiais. Parece que o Partido Popular non se librará tampouco dos apupos e asubíos durante a campaña cara ao 21-O. Este sábado, varias ducias de afectadas e afectados protestaron no exterior da praza de touros de Pontevedra onde tiña lugar un mitin do PP coa presenza do seu candidato, Alberto Núñez Feijóo, e máis Mariano Rajoy. As e os manifesantes portaron pancartas nas que se podían ler mensaxes como \"Estafados polos bancos, expropiados polo goberno\" e consignas nas que reclamaban solucións ao Goberno central. Asemade, un pequeno grupo de afectados logrou adentrarse no mitin --ao que só se podía acceder con invitación-- para visibilizar desde as gradas a súa problemática e denunciar o abandono que segundo sinalan padecen do Partido Popular. Ao mostraren as súas camisolas reivindicativas foron expulsados do recinto, sendo insultados polos simpatizantes do PP mentres o abandonaban. Malia o reducido número de manifestantes e non terse rexistrado ningún incidente, a protesta foi acosada máis unha vez por unha numerosa presenza policial, que tentou impedirlles que se manifestaran nas inmediacións á entrada principal da praza de touros, lugar de onde finalmente foron afastados polo cordón policial."}
{"ID": "NOS_49501", "summary": "A Confederación de Anpas galegas presentou unha serie de alegacións ao documento en elaboración.", "text": "A Confederación de Anpas galegas enviou o que cualifica como \"completa batería\" de alegacións ao proxecto en elaboración da Lei do Xogo. \"Facemos un enorme esforzo de participación, malia os atrancos que de sempre nos pon a Xunta\", indican. Para a Confederación, \"están a ser os intereses económicos da industria do xogo e das apostas quen están a ditar as normas que as van regular nun próximo futuro\". Por iso, indican, \"ofrecémonos para estar nos traballos preparatorios desta nova lei, e tamén no observatorio que se debe constituír logo da súa entrada en vigor, tal e como nos corresponde como defensoras dos dereitos das crianzas galegas\". A Confederación avoga en que o negocio do xogo \"non se contamine á mocidade\", para o que pon sobre a mesa una serie de propostas: que os lugares de xogo estean afastados da realidade cotiá de mozas e mozos, ou que xogar teña unha \"accesibilidade difícil, imposíbel para os menores\"."}
{"ID": "NOS_7022", "summary": "Dinahosting nace no ano 2001, hai máis de 20 anos, cando internet aínda non estaba moi desenvolvida na Galiza, sendo así un proxecto pioneiro no país, na península Ibérica e mesmo en Europa na comercialización de aloxamento web. Hoxe esta empresa galega consolidouse como un referente do sector especializada en múltiples servizos referentes á xestión de redes. Paulo Rodríguez é o seu Director de Desenvolvemento e Comunicación.", "text": "—Que produtos e servizos oferta Dinahosting? O núcleo do noso negocio consiste en ofrecer aloxamento web, servizo de correo electrónico, rexistro de dominios e xestión de servidores VPS, Dedicados e Cloud. Ademais da asesoría xurídica especializada en asuntos de Internet, ou a consultaría técnica, para realizar auditorías de seguridade e outras intervencións a medida. En esencia, proporcionamos toda a infraestrutura precisa para que as web e as aplicacións dos nosos clientes funcionen co mellor rendemento e sexan seguras. —Como foi o nacemento do proxecto? Dinahosting naceu en Compostela en 2001, da man de dous emprendedores que montaron unha startup que ofrecía servizos de creación de páxinas web. Naquela fase incipiente da Internet no noso país había moi poucas webs, mais despois medraron rapidamente. Neste contexto de expansión inicial, foi posíbel que a parcela dedicada ao hosting se fixese autónoma e tivese dinámica de crecemento propia. Isto é relevante porque xerou a necesidade de empresas que prestasen un servizo desde a proximidade e comprensión da realidade da clientela, que falase un idioma onde esta se sinta cómoda. É importante non perdermos de vista que a maioría das empresas tiñan sede nos Estados Unidos de América e atendían apenas en inglés. Desde entón esas foron as chaves da nosa orientación de negocio: proximidade, compromiso de calidade e aposta polo capital propio, o humano e o tecnolóxico. —Pasaron de dez a máis de 100 traballadoras e traballadores. A principios de 2000 éramos apenas 10 empregados, manexábamos cinco ou seis extensións de dominio e ofrecíamos dous paquetes de hosting. Hoxe, contamos con 120 traballadores, máis de 400 extensións de dominio, multitude de plans de aloxamento e moitos outros servizos relacionados. Son xa 21 anos sendo a primeira compañía independente do sector no Estado que non está participada por ningunha transnacional ou capital de risco. O noso accionariado segue sendo 100% galego. —Como estruturan o persoal? As áreas nas que se articula o cadro de persoal son Atención ao Cliente, Desenvolvemento, Sistemas e Redes, Comunicación e Márketing, Comercial, Facturación, Administración e Recursos Humanos. Atención ao Cliente e posvenda conforman ao redor do 50% do cadro de persoal. Permítame subliñar este dato, en canto a que é indicativo do peso específico que esta parcela ten no noso negocio. —Que perspectivas de evolución ten Dinahosting? A evolución nestas dúas décadas foi sempre en positivo, e as necesidades actuais de dixitalización dinnos que a tendencia vai seguir nesa liña. Pouco a pouco, os negocios tradicionais van percibindo que o online pode traer vantaxes directas e mesmo oportunidades novas, e aí é onde entramos nós para prestar axuda e acompañalos. \"O principal reto destes anos atrás foi seguir sendo competitivos nun sector cada vez máis concentrado en grandes grupos estranxeiros\" —Cales son os principais obstáculos que tiveron que superar? Pois seguramente o principal reto destes anos atrás foi seguir sendo competitivos nun sector cada vez máis concentrado en grandes grupos estranxeiros con todo o vento a favor para se presentaren aquí cunha política comercial moi agresiva en canto a prezos. Dinahosting é un dous poucos axentes relevantes en xogo neste negocio que se mantén á marxe de capital externo. Contamos exclusivamente con capital propio, e xeramos practicamente o 100% dos nosos postos de traballo aquí, na Galiza. Certo é que cada vez hai unha maior consciencia acerca do importante que é apostar por unha provedora de aquí á hora de contratar calquera tipo de servizo. É aí cando se valora levantar o teléfono e que te atendan no teu idioma, por suposto, mais que tamén entendan a túa lóxica de negocio, ou ter copias de seguranza e alguén que che axude a recuperalas en tempo récord. —É a Galiza un país punteiro nas novas tecnoloxías? Está claro que hai experiencias moi destacadas, tanto no ámbito da investigación universitaria como no campo empresarial, aínda que isto non nos debería facer caer na autocompracencia, porque carencias, hainas, e moito que facer aínda, tamén. Mais se falamos de capacidade o potencial está fora de toda dúbida. Porei algúns exemplos que poden soar típicos mais que non son tan obvios, no sentido que gustaría salientar: Inditex, Estrella Galicia e no seu momento R son casos de éxito que non serían posíbeis se non houbese na Galiza, ademais de visión de proxecto, unhas condicións obxectivas para desenvolver e implementar tecnoloxía propia. Se empresas coma estas naceron e medraron aquí é porque, como mínimo, hai capital humano e tecnolóxico válido. No sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) hai exemplos de empresas innovadoras no seu campo, sen esquecer iniciativas, como a Cidade das TIC na Coruña ou o Gaiás en Compostela, ao redor das que paira un ecosistema con ideas moi interesantes. Mais, quero insistir, que iso non nos faga esquecer as carencias e -como dicimos no sector- os \"to do\" [por facer]. —Como valoran a evolución da rede de internet galega? Hai unha falta evidente de infraestrutura aínda. Segundo datos proporcionados polo Estado, falamos dun 30% do territorio que neste momento non ten acceso a unha boa cobertura de Internet, e en certas coordenadas mesmo en regresión. O feito de non dispoñer dunhas condicións óptimas de conectividade, especialmente nos núcleos rurais, impide que se poidan levar a cabo proxectos de emprendemento, que a xente poida teletraballar, ou simplemente ter condicións de vida homologábeis ao urbano. Hai moito que mellorar neste sentido, para poder facer viábeis todas as oportunidades que nos brindaría o rural. —E a evolución das persoas usuarias no dominio das novas tecnoloxías? Dentro dos nosos clientes atopámonos con diferentes perfís. O nivel de alfabetización dixital é total para aqueles que están completamente enfocados no online e para os que Internet supón a súa única fonte de ingresos. Se falamos dos negocios que utilizan o dixital como un complemento ou apoio simple á súa tenda física, o ritmo de adaptación é loxicamente máis progresivo, pero está aí. A experiencia vivida nos últimos dous anos a raíz da pandemia indícanos que hai unha vontade de mellora en todo o tecido. Por exemplo, a un restaurante pode chegarlle con ter dispoñíbel unha carta dixital, mais tamén pode facilmente introducir un formulario de contacto, e de aí pasar a un xestor de reservas. Cada negocio é diferente e ten as súas propias necesidades e o online revelouse como un compañeiro imprescindíbel para os negocios presenciais. —Que papel deben desenvolver as administracións para facilitar que medre o sector? O noso sector cumpre unha posición central sobre a que pivota toda a economía dun país, por tanto non é posíbel concretar un modelo social e económico que non teña en conta a dixitalización e o desenvolvemento tecnolóxico para que esta se produza. Quizais o papel das administracións sería precisamente o de servir de punto de encontro de todos os ámbitos da sociedade e dos sectores económicos para clarificar cara onde debemos ir e como. Hai múltiples iniciativas neste sentido, mais creo que podemos concordar en que acostuman ser ou parciais ou desagregadas e que o reto é dar cunha unha visión global máis de fondo e a medio e longo termo. Poría como exemplo os fondos Next Generation. Hai unhas importantes sumas de diñeiro que virtualmente estarían dispoñíbeis para investir nun prazo relativamente curto, mais o que nos encontramos é indefinición e, mesmo por veces, falta de entendemento entre as diferentes administracións. —Que significa a lingua galega para Dinahosting? Como empresa galega, en Dinahosting o galego estivo presente sempre. E como reflexo da sociedade galega, é o idioma de uso diario de gran parte da nosa equipa. Falar o idioma do cliente sempre formou parte da nosa filosofía, porque entendemos que non é posíbel darlle unha atención de calidade á clientela se non é no idioma que fala. Para nós é un selo de distinción, que nos axuda a posicionarnos e nos achega valor. Nun sector no que predomina o inglés, somos pioneiros en ofrecer versións multidioma na nosa web e en dar soporte técnico en todos os idiomas da península: galego, castelán, catalán, euskera, portugués e tamén inglés. —Teñen relacións de colaboración con outras empresas galegas? Colaboramos de forma directa co tecido empresarial local a través de asociacións empresariais e colexios profesionais, ademais de coa universidade e con centros de ensino dos que sairán os nosos clientes futuros. Temos compañeiros de viaxe de hai moitos anos. Ademais de proporcionarlles servizos a un menor custo, impartimos formacións e obradoiros sobre dixitalización. Pomos o acento en axudar as empresas que teñen dúbidas sobre os pasos que teñen que dar para crear unha páxina web. \"A Galiza ten unha posición xeográfica realmente única que se sitúa entre a lusofonía e a hispanofonía\" —Cales consideran as principais potencialidades da economía galega? Pois, para comezar, e ao fío da nosa propia natureza empresarial, sen dúbida o seu capital humano: as súas facultades e os seus centros de Formación Profesional, dos que sae anualmente un volume importante de persoas preparadas, con ilusións e boas ideas. Por outra parte, a Galiza posúe unha posición xeográfica realmente única que se sitúa entre a lusofonía e a hispanofonía, o que potencialmente nos permitiría proxectarnos neses dous espazos lingüísticos de alcance internacional cunha total comodidade. \"Habería que ir dando os pasos certos, volvendo ás posibilidades do Eixo Atlántico aínda non maduradas\" Esta é unha posición de privilexio e de gran vantaxe competitiva para desenvolvermos a nosa economía. Loxicamente todo ten o seu proceso natural e habería que ir dando os pasos certos, volvendo ás posibilidades do Eixo Atlántico aínda non suficientemente maduradas e, a partir de aí, seguir medrando. —Que rol desenvolven internet e as novas tecnoloxías na posición da Galiza no mundo? Deberíamos falar de \"Tecnoloxías da Información e da Comunicación\", e feita está puntualización, fica á vista a importancia que estas teñen para o desenvolvemento da nosa sociedade. Así como non podemos deixar de ler, falar e ouvir, sen TIC unha sociedade non podería estar no mundo. —Teñen confianza dunha boa evolución desta posición da Galiza? Son tempos incertos, mais tamén temos que ter confianza no camiño andado e na capacidade para enfrontar os retos. Por descontado, en Dinahosting a nosa forma de entender o negocio é: uns alicerces sólidos, un esforzo na actualización tecnolóxica e máxima atención e rigor no día a día nos fluxos de traballo e na atención á clientela. Sobre esa base sempre é máis doado poder atender da mellor maneira posíbel todo o que veña. Quizais poida ser a nosa achega: tentar ollar cara ao futuro cos deberes feitos."}
{"ID": "NOS_20233", "summary": "A colección 'Feminismos' promovida pola editorial Galaxia segue fornecendo libros que promoven o debate arredor da igualdade entre mulleres e homes. Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto, é un dos títulos máis recentes, e nel a autora coruñesa propón unha viaxe interior e exterior na que saca á luz moitas mulleres galegas de todos os tempos que até hai pouco nos eran descoñecidas. López Souto conta xa con outros libros publicados, como as monografías sobre Concepción Arenal ou Simone de Beauvoir", "text": "Como se relacionan en vostede filosofía e feminismo? Como explicar estas disciplinas mutuamente? A filosofía ten que ver co pensamento humano e, deste xeito, cun dos trazos da idiosincrasia humana que se relaciona coa nosa inevitábel tendencia a reflexionar e interrogarnos polo que nos rodea. Non ten sentido que as mulleres queden á marxe desta característica. Non ternos en conta conduce a un pensamento incompleto. E o feminismo, como calquera movemento social e político, precisa ademais de prácticas e activismo, dunha reflexión ou parte teórica, que por unha banda denuncie as debilidades dunha historia do pensamento e dunha sociedade que cerceen as capacidades da metade da especie e, doutra, oriente sobre as posíbeis accións de cara á incorporación real e efectiva de todo o pensamento e realizacións da metade da humanidade. Cal era o obxectivo ao escribir Mulleres que (nos) dan que pensar? En primeiro lugar, divulgativo. A idea motor era amosar a cantidade de diversas mulleres que estiveron aquí, ao noso carón, contribuíndo coa súa sapiencia, e case sempre desde as marxes, á sociedade na que vivimos. O que somos non é só froito das fazañas dos grandes homes que nos contan. Creo que é preciso que interioricen esta constatación as persoas novas para que non se sintan soas nin crean que a este punto chegamos sen grandes esforzos. Como prendeu en vostede a semente para crear este libro? Levo moitos anos lendo sobre mulleres e de mulleres. Na miña traxectoria vital ir coñecendo a mulleres filósofas, escritoras, aventureiras e tamén rompedoras de carne e óso fíxome -faime- sentir arroupada, e axúdame a reconciliarme comigo mesma e co mundo. É unha sensación íntima e profunda que -supoño- ten que ver con que na infancia e adolescencia culpabilizábame sentirme bicho raro con frecuencia por motivos que logo fun vendo que non eran tan estraños nin especiais. Non quería entrar no corpiño do chamado feminino. Cando Francisco Castro, compañeiro de Facultade e director de Galaxia, me propuxo facer unha recompilación de figuras femininas galegas, estalou a alegría e a ilusión dentro de min. No libro explica que se debe fuxir de considerar as mulleres sempre como pioneiras, xa que entraña moitos perigos. Por que? Detrás das pioneiras adoita haber outras e outras até o infinito. Decote, unha é a primeira da Galiza, outra da Coruña, e outra do barrio de Montealto; ningunha xurdiu da nada, senón doutras en Culleredo, París ou da profunda selva amazónica. Ou sexa, investigar nas fazañas e pensamentos das mulleres, si, pero se nos centramos en pioneiras absolutas, isto podería frear a continuación das pescudas. Se ao falar de pioneiras asociamos isto con que foron excepcionais, córrese o risco de caer na idea de que para facer algo bo sendo muller has de ser tamén extraordinaria, santa ou perfecta. Enfádame que para \"triunfar\" teñamos que ser perfectas no que facemos. Se cadra unha mellor dirección sería a de encadrar as mulleres no seu momento histórico e nas súas relacións con outras mulleres, homes, ideas, acontecementos; con contradicións, torpezas e acertos En caso contrario, parece que seguimos a falar de bonecas bonitas. Destaca moito a forma na que está escrito este libro, pois nel conta trazos da biografía de mulleres galegas de todas as épocas, aínda que tamén está moi presente a súa propia. Como foi a xénese? Entendo que quería deixar moi claro que as mulleres aínda non dispoñen dun cuarto propio para escribir e que teñen que interromper continuamente a súa carreira polas tarefas máis rutineiras, é así? Quería escribir de forma honesta. O que pasou, como creo que lle acontece a demasiadas mulleres, é que me atopei limitada, interrompida por multitude de pequenas obrigas e responsabilidades que teñen un marcado nesgo de xénero. E creo que iso inflúe na miña forma de escribir e pensar. Polo xeral, non me gusta que ocorra isto, porque intúo que hai unha gran parte de imposición social (no coidado de crianzas, maiores e casa continúa asignándose a moitas mulleres unha carga inxustamente maior). Tamén son quen de ver que desas tarefas e forma de vida imposta pódense extraer reflexións e prácticas interesantes. Cales foron os criterios que tivo en conta á hora de falar dunhas mulleres e deixar fóra outras? Intentei que predominase a variedade. Penso que ningún ámbito humano é estraño á inmensidade das mulleres reais, e procurei reflectilo. Cada eido ten as súas particularidades e condicións, co que é moi difícil abranguelo todo ou mesmo seleccionar o máis destacábel. Lin e investiguei até onde puiden, coas miñas limitacións persoais. Tratei de ser seria, mais son consciente de que o que pretendía escapaba ás miñas posibilidades, polo que sen perder de vista o dito, á hora de elixir deixeime levar polas miñas apetencias subxectivas. Ten conciencia do momento no que se decatou de que quería ser feminista? Hai un antes e un despois? Hai moitos momentos. De nena gustábame ler sen freo todo o que caía nas miñas mans e tamén xogar cos rapaces na rúa, e priorizaba iso sobre poñerme guapa, maquillarme ou xogar a cociniñas. Lembro o que me impresionou ler La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán aos 14 anos, de fixarme nos nomes de María Xosé Queizán e Xohana Torres na clase de galego, de pensar \"ao fin, unha muller!\" ao escoitar -en 4º de carreira- o nome de Simone de Beauvoir. Quizais, este último momento foi o que marcou máis un antes e un despois... É mestra de Filosofía no IES Urbano Lugrís da Coruña. Como contribuír a xerar conciencia desde as aulas? É imprescindíbel, e xa vai tardando, que os nomes e formas de vida das mulleres estean integrados nos currículos das materias. Pero mentres iso non aconteza, tócanos facelo a cadaquén desde a súa materia. Unha das maneiras máis claras é a de introducir, do xeito máis natural, referencias a mulleres. Para iso, temos que formarnos, ler, investigar e logo probar a introducir. Eu intento facelo en todas as materias que imparto. Ás veces, capto miradas que transmiten \"xa está outra vez esta co tema\", mais na maioría das ocasións atópome ollos moi abertos e preguntas estimulantes. Na actualidade estanse publicando un monte de títulos arredor do feminismo, e incluso xenealoxías de mulleres. Cre que é unha moda ou que calará na sociedade? Creo que é bo, pero non podo evitar ter medos. De que só os lean as nenas concienciadas, de que unha vez máis as ondas avancen, pero logo retrocedan. De que medren as reaccións dos obstinados nos valores do patriarcado e das linguas viperinas das mulleres que lles seguen a corrente para vituperar as que non o fan. Non obstante, hai que tentar que estes medos sexan acicates para seguir alzando as voces agudas, para denunciar e para sentarnos nas mesas ás que non esteamos invitadas. \"As mulleres, como acotío, fican onde non hai poder\", di no libro. Aínda así foxe do concepto de empoderamento do que tanto se fala na actualidade. Por que? Esquivo o termo porque non teño nada claro que me convenza a súa significación e uso. Empregueino cando se empezou a utilizar a partir da Conferencia Mundial das Mulleres das Nación Unidas en Beijing (1995), porque a idea da estratexia á que se refería, de aumentar a participación das mulleres nos procesos de toma de decisións e acceso a posicións de poder, parecíame necesaria. Non obstante, teño a impresión de que o discurso neoliberal se apropiou perigosamente dela. Si concordo en que é boa a estratexia a de que as mulleres tomen conciencia do seu poder individual e colectivo, pero o de que teñamos que tomar o poder ou posuír o poder pode implicar a aceptación do poder estabelecido sen máis. Cal é a súa perspectiva con respecto ao cambio social feminista? Conseguiremos a igualdade real pronto? Creo non ser excesivamente pesimista, pero para nada opino que poidamos lograr a igualdade real axiña. Os procesos de cambio de conciencia e hábitos sociais son máis ben lentos e, sobre todo, complexos."}
{"ID": "PRAZA_2380", "summary": "A ex parella da acoitelada, detido en Soutomaior, é o presunto autor do crime. Dende 2008, 34 mulleres perderon a vida por causa da violencia de xénero no país", "text": "Outra asasinato machista. Conchi R. P., muller de 38 anos natural da parroquia pontevedresa Ponte Sampaio, foi acoitelada na madrugada deste sábado presuntamente pola súa ex parella, que fuxiu no vehículo da falecida e foi detido poucas horas despois en Soutomaior. O cadáver da vítima foi atopado na rúa con lesións de arma branca. Conchi, de 38 anos, foi acoitelada presuntamente pola súa ex parella, que fuxiu e foi deido poucas horas despois Segundo informa a Garda Civil, un veciño da Pedreira, en Soutomaior, foi detido como suposto autor do crime que acabou coa vida de Conchi e, a falta da autopsia, a principal hipótese que se manexa é que el é o responsable dos feitos. Tal e como lembran as forzas de seguridade, con este asasinato son xa cinco as mortas en Galicia por violencia de xénero no que vai de ano, 34 no conxunto do Estado. Ademais, dende o ano 2008 34 mulleres perderon a vida por causa da violencia de xénero en Galicia, máis de 515 en toda España. A asasinada era unha persoa moi coñecida na localidade, xa que se encargaba do único quiosco, A Xunqueira, que hai na praia fluvial de Ponte Sampaiao e que ardeu hai unha semana. \"Temos que rematar con esta lacra e esixirlle aos poderes públicos que activen os mecanismos legais axeitados para freala\", di Lores O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, transmitiu \"á familia, aos achegados e a toda a parroquia\" o \"pésame\" seu e do Concello e ofreceulles \"todo o apoio que sexa necesario\". Ademais, condenou \"por suposto todo tipo de violencia e especialmente a machista\". \"Temos que rematar con esta lacra e esixirlle aos poderes públicos que activen os mecanismos legais axeitados para freala\"."}
{"ID": "NOS_20754", "summary": "Federación Rural Galega denuncia o constante feche de explotacións leiteiras einsta a Xunta: \"\"Tome a serio o sector lácteo galego\",", "text": "Federación Rural Galega lembra que nestes meses transcorridos de 2017 continúan a fechar explotacións e que o que se paga aos produtores polo leite mantense por baixo da media do Estado español. As explotacións galegas continuaban, en maio, a recibir polo leite moito menos que a media recibida polas granxas no Estado español. Así o reflicte o último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). \"As granxas galegas cobramos de media polo leite 0,299 euros litro, cando a media do estado que está en 0.312, e moi por debaixo dos prezos que cobran os gandeiros vascos 0,344 e os asturianos 0,332\". Fruga lembra que esta situación de baixos prezos non é endémica do rural galego. Durante os anos 2006, 2007 e 2008 tivemos un prezo superior a media española\", afirma, ao tempo que engade que . Galiza é hoxe en día o único territorio no que se paga o leite por debaixo dos 30 céntimos o litro, moi por debaixo dos custos de produción. \"Estes prezos fan que o maior número de abandonos se produzan no noso país, fronte a outras comunidades, caso de Cataluña, na que aumenta o número de granxas que se adican a produción de leite\". Para esta organización agraria, desde a chegada á Xunta de Feijóo o rural galego padece unha política totalmente contraria aos seus intereses. \"Cada vez funcionan menos a mesas negociadoras, as empresas lácteas poden facer o que realmente queiran, limitando produción ás explotacións, empregando parámetros de calidade en función os seus intereses. As empresas teñen en Galiza un lugar para comprar leite barato, sen que por parte da administración se vexa ningún tipo de intervención fronte os abusos das centrais leiteiras\"."}
{"ID": "NOS_22854", "summary": "'Terra Chá' é o libro máis representativo de Manuel María (1929-2004). Traballou nel ao longo de medio século pasando, en sucesivas achegas, dos 55 poemas da primeira edición aos 144 da definitiva. Manuel María abandona a poética intimista, existencial e irracionalista dos libros anteriores ('Muiñeiro de Brétemas', 'Morrendo a cada intre' e 'Advento') e ábrese a unha poesía étnica, antropolóxica e social, ollando a realidade circundante e expresándoa dun xeito directo e intelixíbel.", "text": "Acaso a aspiración dun poeta como Manuel María fose ficar, a través da palabra, na memoria do seu pobo, parte integrante e integrada do mesmo. Manuel María logrouno plenamente. Voz do pobo para o pobo, poeta culto por popular, Manuel era un \"labrego\" sabio. Dono da palabra oral e da palabra escrita, nada deixou fóra do seu canto, facendo de Galiza norte e razón da súa vida. Poeta da súa terra, comprometido co seu País e coa súa xente, iso quixo ser e iso foi. Amais dos libros publicados, sempre minoritarios, un bo feixe de poemas foron musicados e ao funcionaren na mesma frecuencia conceptual e emotiva que os ouvintes, acabaron sendo sentidos e interiorizados como propios. Hogano forman parte do noso patrimonio espiritual. Dentro da extensa obra de Manuel María, Terra Chá ocupa un lugar preferente. Así o amosan as sucesivas edicións, a permanente atención que lle prestou o autor e propia estima en que o tiña. Foi en Parga, a só uns quilómetros do solar nativo mentres cumpría o servizo militar na compaña de Uxío Novoneira, onde abrollou a idea primixenia. O detonante, Do Ermo, de Noriega Varela: \"A poesía de Noriega fixo agromar en min o fondo sentimento pola paisaxe e a identificación total co meu contorno (…) Esta descuberta levoume a unha identificación máis fonda co popular e a considerar os seres humanos como un elemento máis da natureza\", comentou. A lectura en voz alta do libro de Noriega abriríalles aos dous poetas mozos unha maneira nova, diferente, de 'ver a paisaxe e os seus habitantes'. O resultado, sendos títulos emblemáticos das nosas letras: Terra Chá, de Manuel María e Os Eidos, de Uxío Novoneira. \"De súpeto\", comentou Manuel, \"acendeuse dentro de min algo así como unha luz máxica. E, nunha especie de revelación, ollei mentalmente o libro como un poema unitario. Pola noite comecei a escribilo sen ningún esforzo, de xeito case automático. Os poemas agromaban, un detrás doutro, coa mesma naturalidade coa que xorre a auga dunha fonte e, en tres ou catro días, tiña escritos os poemas incluídos na primeira edición do libro (…) A primeira versión escribina en Outeiro de Rei nos primeiros días do mes de agosto de 1953. Meu curmán Pepe Losada prestárame unha máquina de escribir e con ela pasei a 'limpo' os poemas manuscritos\". Terra Chá celebra a bisbarra nativa e percorre a súa xeografía física e humana recollendo valores ancestrais e impregnándoos de respecto e agarimo pola xente, os eidos, os traballos e as festas, os animais e as cousas. Cunha linguaxe coloquial, sinxela á mantenta, Manuel María escribe como fala, na mesma voz, timbre e ton que os receptores aos que se dirixe. O tema central é a reflexión sobre a Chaira, espazo propio que habita, coñece e ama. Pero Terra Chá vai máis aló e constitúese en metonimia, parte que abrangue un todo, trasunto de Galiza enteira, especialmente da Galiza interior. A vivencia da terra e a identificación cos homes e mulleres informan os textos cunha gran variedade de rexistros. Anxel Fole, no limiar á primeira edición, cualifica os versos de \"sinxelos e fondos\" e de \"longa e tristeira\" a Terra Chá, recreándose na descrición xeográfica, nos topónimos, cultivos e costumes: \"Terra de centeo e de patacas e de gando notorro, mais sen viñas nin froitas; terra humilde, sen castelos nin pazos\". Salienta, asemade, a percepción de inmensidade e de soidosa arelanza (\"o silencio é fondo; a lonxanía, azul\" á beira do Miño, aínda \"río neno\"), e os traballos e degaros: \"o pan mouro que os labregos comerán todos os días…\". Paisaxe e humanidade. Esa é a chave. Estrutura A versión actual e xa definitiva de Terra Chá está conformada por varias seccións que pasamos a resumir. \"Soleira\" é un longo poema que o autor asina en Monforte en 1964: Ouh miña Terra Chá, amada [ dende lonxe,poboada de ventos e carpazas,por onde o Miño pasa caladiñopra non despertar tanto silencioque envolve bruscamente ceo e terra!, e que acha correlato e resposta no derradeiro poema, \"Pranto pola Terra Chá\", no que o canto se torna laio: Agora xa non canto. Choro! Os [ tractoresdesfixéronlle a face á miña [ Terra Chá!os ruídos inhumás e roucos [ dos motoresmatáronlle, pouco a pouco, a [ súa soidá. Continúa cun apartado dedicado á Natureza (montes, ríos, árbores, penas e lagoas), elementos arquitectónicos (cruceiros, torres, pazos e castelos), obxectos (zocas de Loentia, Duarría e Formorán; cerámica dos oleiros de Bonxe e Silvarrei), e produtos (queixos de San Simón \"co ar da serra curados\"). Mozas \"de ollos cor abelaira,/ corpo de vimbios vimbiales\", labregos, personaxes históricos (Alonso de Lanzós) e personaxes recentes e actuais (o escultor Víctor Corral, os poetas Chao Ledo, Xosé Crecente, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Xesús Rábade, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo, Miguel Anxo Fernán Vello), conforman a terceira parte, antes de celebrar, \"romeiro cumprido\", as romaxes da Chaira: a Virxe do Monte, en Sistallo (Cospeito); o San Alberte, en Parga (\"dáme un falar verdadeiro/no noso idioma galego!\"); o San Ramón, en Vilalba; os Milagres, en Saavedra ou a Virxe da Saleta en San Xulián de Mos (\"¡Miña Virxe da Saleta, /patrona da miña dona!\"). \"A terra arada e labrada/só quere ser sementada!\" enceta o seguinte corte de dezaseis poemas dedicados ao agro: Leiras, sementeiras, medas, aveños… \"O carro\", popularizado por Fuxan os Ventos (\"Non canta na Chá ninguén./ Por eso meu carro canta./ Canta o seu eixo tan ben/que a señardade me espanta\"), o veludo verde dos prados, e a herba que cómpre gadañar (\"A herba que cura ben,/ que recendo tan bon ten!\"). \"Os Animais\", \"O Tempo\", \"As Arbres\", \"Os Paxaros\", \"As Cousas\"…, en escenas de tinguiduras realistas, nin bucólicas nin idealizadas, que insisten na dureza do clima e dos traballos, inserido o diario vivir nunha atmosfera intemporal e chumbiza. Dramatismo compensado cun certo 'franciscanismo' inxel e cun dicir expresivo e cheo de graza. Resulta revelador que unha das contribucións cimeiras do 'poeta da Terra Chá' sexa a poesía infantil, na que resplandece a eufonía tradicional de ritmos e cantigas. Esa mesma musicalidade é perceptíbel nestes poemas de xinea popular, mesmo costumista: \"¡Hei de ir á Feira do Monte,/ á de Rábade e á de Castro!/ Hei de ir á Feira do Monte/ anque teña que ir de arrastro!\". Aspectos formais Característica común a toda as seccións son as reiteradas prosopopeas, atribuíndolle calidades e sentimentos humanos a fenómenos atmosféricos, elementos naturais, obxectos e animais. A nivel formal, o emprego de cantigas populares e de estrofas clásicas (pareados, cuartetos, sirventés e sonetos) con predominio de versos octosilábicos e de rimas en consonante. E como trazo estilístico definitorio, os moitos signos de exclamación destinados a enfatizar e dar contundencia ao que expresa (aseveración, asombro, súplica, arela…). Finalmente, o tempo que non volve nin tropeza, converteu moitos dos traballos e costumes que Manuel María recolle e canta en Terra Chá en restos dunha época superada, en etnografía do pasado. E, non obstante, o libro conserva indemne a súa forza e a súa vixencia. Bibliografía Manuel María (Obra poética completa) I (1950-1979). Espiral Maior. Opera Omnia. A Coruña, 2001. Terra Chá. Edición de Xosé María Dobarro. Xerais. Vigo, 1984.Tarrío Varela, Anxo. Literatura Galega. Aportacións a unha Historia Crítica. Edicións Xerais. Vigo, 1994. Escolma Terra Chá A Terra Chá somentes éun pobo aquí, outro acolá,mil albres, monte raso,un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voar.O resto é soedá. Dimensiós Ollada a Terra Chá dende as alturasé semellante a un mar en calma:Para medila só valen dúas mensuras:¡ferrados de corazón, fanegas de alma! O ceo O ceo na Chaira é alto e fero:semella talmente un desespero.As nubes andan a correr deprisae tápanlle ó ceo a súa sorrisa.¡A terra homilde está deitadaollando o ceo sen pedir nada! Home Ó home da Terra Chánon se lle oe cantar.É home moi de verdá,mesurado no falar.É home de moita calma,sufrido e traballador:Quéimalle no vrao a almaun duro sol feridore no inverno viráa esmorecerlla a xeada.¡O home da Terra Cháten a alma mancada! Cás A noite é un medo escuro.Andan os cás a ladrarcon un ouveo tan duroque non deixa de soar.O ouveo dos cás pon medonas noites da Terra Chá.¡Semella un agoiro inquedoque chega do máis alá!. Pan O pan centeo é un tesouro:semella a terra que o deu.¡É como a terra mouroporque na terra naceu..! Ríos O Azúmara, o Lea, o Anllo, o Miñoatravesan toda a Terra Chácun paso tan lento e caladiñoque aperta o corazón coa soedá.Un paso calado, quedo e lento;tan lento que semella adormecido.¡Non sei que de grave e tristurentono corazón dos ríos vai metido! O Miño O Miño é vello e é tristeiro:sempre vai mudo e vai senlleiro.No inverno semella que murmuraun segredo con forte voz escura.Un escoita, atento e esperanzado,e o vello Miño sempre vai calado. A fonte Esta fontiña encantadanon é amiga de falar.Está no chan moi calada,que non quere despertara unhas pedras velliñasque están na auga a dormir.E tamén ten por veciñas–desexa non as ferir–a unhas flores pequeniñasque logo queren abrir. Inverno Están os campos nevados,a xente xunto as lareiras,os gandos encortelladose os capós nas capoeiras.As bandadas de aves fríasa berrar polos nabales.¡Son moi pequenos os díase grandes os temporales! Gando O gando da Terra Chá é moi fermoso:ollos grandes, corna levantada;o pelo teixo, fino, moi lustrosoe o paso lento cando fai a arada.En todo o país non o hai mellor:é manso, leiteiro e comedor.¡A San Antón heino de ofrecerpra que o conserve sempre de bon ver! Porcos da ceba Eran ranchos da boa lei.Foron medrando, medrando.¡Moito me escraviceipra os poder ir cebando!Agora xa están cebados.Hai que pensar en matarporque xa van rematadosos nabos para os engrosar.¡Teremos mañá os roxóse haberá festa na casa!¡Hai que cortar os xamóse ir roxando na grasa! Louvanzas das zocas vilalbesas chamadas chinelas A gracia da abidueiraatopou o seu destino,¡fíxose zoca chinela,apreixa un pé feminino!Fíxose zoca chinelaa abidueira lanzal.¡Agora sobor da aceracanta con voz musical!A zoca xa é cancióndelgada como asubíoque aprendeu a abidueirados merlos de xunto ao río.Fíxose zoca chinelaa gracia da abidueira.¡E vai marcando na aceraos puntos da muiñeira!. Muíño roulón Anda a rolar, ledo e cantareiro,o muíño roulón sobre o regueiro.Ó pasar a invernía queda caladoe despois, todo o ano, está parado.Ten paciencia, humildade e corazóno muíño roulón, humilde e bon.¡E non lle envexa ó gran muíñoque moe todo o ano no Pai Miño! Epitafio para Xosé Crecente Vega Nada de canto existe lle era estrano.Viviu con humildade e sinxeleza.Amou, como ninguén, a natureza,a xente, os animais, o cotidiano…Gardou, soio para el, fel e tristeza.O seu canto fermoso, fondo, humano-tan íntimo, tan noso, tan cercano-púxonos, no corazón, paz e beleza.Pastor de soños foi. Flor e semente.Luz de mencer. Faísca de luceiro.Voz namorada, ti: ¡Xosé Crecente...!Escoitando ó Pai Miño silandeiro,xa da Terra Chá eternamente,coa xente súa está: no chao de Outeiro. Ó poeta Miguel Anxo Fernán-VelloTi, amigo Miguel Anxo, de Cospeito,onde é a Terra Chá longa e calada:co verbo teu –laverca namorada–dáslle á patria o canto máis perfeito.¡Que enorme corazón levas no peito!¡Que paixón poderosa e desbordada!¡Que máxica beleza deslumbrada!¡Que varón tan xentil e tan ergueito!¡Sementador de amor e fermosura…!¡Colleiteiro de luz tremelucentenos soños sen usar da mañá pura…!¡Ouh, bon galego, leal e xenerosoque pola vida vas maxicamentecomo o Támboga: lento e misterioso! Carpazas Hai carpazas por miles de milleirose coróaas a neve a propio intento;quéimaas o sol, sofren ventisqueirose falan coas lavercas e co vento.Ninguén ten dó delas, nin as garda,por iso están co medo tan xuntiñas!¡E teñen envexa da súa cor tan pardaaló enriba, no ceo, as estreliñas! Carballos ¡Carballos rexos, potentes,calados ou musicalesque loitais como valentescoas xistras e os vendavales!¡Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!¡Estades na Terra Chá chantadossolemnes e centenarios!¡Como amo a vosa belezada mais baril sobriedade!¡Que sensación de fortezaollando prá eternidade!"}
{"ID": "NOS_38145", "summary": "\"Oink, oink\". Todo un clásico. O Xabarín Clube recibiu o Premio de Honra Ferando Rey da Academia Galega do Audiovisual na gala de entrega dos Premios Mestre Mateo que premiou o animal máis coñecido da galega.", "text": "Un porco bravo que acompaña as crianzas desde hai case dúas décadas. O 18 de abril, o Xabarín Clube fará 19 anos na televisión. Arredor de 138.000 carnés fixéronse do clube do porco bravo deseñado por Miguelanxo Prado. 60.000 crianzas pertencen ao maior colectivo de menores de 18 anos, algunhas xa descendentes das primeiras que se asociaron ao grupo liderado por un xabarín. \"Somos o clube da galega/ por fuciños, por cacheiras\". O programa nacía en 1994 da man de Suso Iglesias con vontade de revolucionar os programas televisivos para a infancia. E abofé que o conseguiu. Desde aqueles inicios nos que a galega se convertía en modelo e referente de nova produción audiovisual para públicos cativos, continúa no equipo o actual director, Alberto Casal, que imprimiu no programa o seu gusto pola cultura popular e, en especial, polo rock. \"Escoller o porco bravo foi unha das claves do éxito. Os que estabamos na súa orixe eramos fillos dos sesenta e levamos á televisión para nenos a cultura popular. A música tivo especial relevancia e o rock do país tomou protagonismo no programa\", destaca Alberto Casal, especialista en rock de produción galega. A través do Xabarín Clube graváronse máis dun cento de cancións en sete discos, nos que participaron a case totalidade dos grupos que estaban revolucionando o panorama musical galego. Siniestro Total, Herdeiros da Crus ou os Diplomáticos de Montealto son só tres exemplos de bandas que lle puxeron a súa música ao programa da xente miúda da galega. O mestre Son Goku \"Son Goku funcionou como profesor de galego para os cativos. Foi dos seus mellores mestres. Agora séguense emitindo series coma Doraemon ou clásicos como Os Picapedra, ademais de ter a satisfacción de emitir os grandes heroes da banda desñeada, coma Tintín ou Corto Maltés, e tamén están recuperándose series coma Heidi ou Marco\", comenta o director, arredor dos debuxos animados que toman parte nas moitas horas que o programa continúa en emisión, desta volta na canle dixital da TVG, en horarios de almorzo, xantar e merenda. \"Graváronse máis dun cento de cancións en sete discos, nos que participaron a case totalidade dos grupos que estaban revolucionando o panorama musical galego\" As series de animación e a música son dous dos elementos dos que se vale o Xabarín para contentar a tropa que cada día se pon detrás das pantallas. Ademais, xoga cunha clara vantaxe. Ao outro lado da pantalla o porco bravo ten sesenta mil membros do seu clube, rapazada que está unida ao programa non só por compartir tempo de lecer, senón por un carné que identifica a existencia dunha especial relación. Que pasa se unha criatura se asocia ao Xabarín? Pois que o día do seu aniversario a foto sairá na pantalla da tele e milleiros de persoas participarán da súa felicitación. Poderán tamén entrar en sorteos e concursos, mais o de meirande valor é saberse pertencente ao club da galega, por fuciños e por cacheiras. O Xabarín tamén sofre recortes; xa non se fan producións propias e redúcíronse investimentos, mais na cabeza do equipo seguen a rolar milleiros de ideas que contan botar a andar cando a treboada esvaeza. A Alberto Casal o entusiasmo de dirixir o Xabarín nótaselle na fala. \"Gústame citar a Leopoldo Panero cando dicía \"na infancia se vive e logo só se sobrevive\". Nacín coa xeración da televisión e traballar para un programa para nenos é un reto interesante. Traballas co imaxinario colectivo\", comenta. E si é certo que nese imaxinario colectivo coou xa o Xabarín Clube, e, canda el, o máis bravú do rock, un \"fondo de armario\" que a cada pouco abraia de novo a cativada, desde Os Resentidos ate os Diplomáticos. Cultura compartida cos pais e as nais coma aqueles Picapedra, Heidi ou Marco que seguen vivos nesta nova xeración de crianzas. Canda Alberto Casal outro nome aparece nos títulos de crédito desde o inicio. É o de Juanillo Esteban, o actor que lle cede a súa voz ao porco bravo. Un porco rockeiro polo que non pasan os anos."}
{"ID": "NOS_7782", "summary": "A metade das persoas no desemprego levan máis dun ano sen atopar ocupación. Son 71.600, das cales case 51.000 acumulan máis de dous anos sen emprego.", "text": "O paro de longa duración atinxe en Galiza 71.600 persoas, case a metade das que están rexistradas no desemprego no noso país, 148.000. Ademais, 50.700 levan sen atopar traballo un mínimo dous anos. Galiza está no podio do Estado español de territorios cunha taxa maior de paro de longa duración (PLD). É dicir, de persoas que levan máis dun ano no desemprego. En 2018 a metade das persoas rexistradas no desemprego no noso país eran paradas de longa duración, un peso que se mantén. Unha porcentaxe que só superaba a nosa veciñanza Asturies, con 50,2%. Así pois, temos seis puntos máis de persoas en paro de longa duración que a media española (44,5%) e que a Unión Europa (45%). A comezos da crise o PLD non chegaba a 3,5 e agora está por riba de 6%. Catro de cada dez persoas no paro na Galiza levan máis de dous anos nesa situación, máis un sinal da cronificación do problema. A suma destes datos con outros que se desprenden do informe de paro rexistrado do Ministerio de Traballo publicado esta segunda feira indican que a recuperación é descoñecida en non poucos fogares de Galiza. Así, no noso país hai 54.200 vivendas con todos os seus activos no paro e 27.000 sen perceptores de ingresos. A precariedade e temporalidade do mercado laboral galego é tal que hai 226.800 persoas asalariadas cun contrato temporal, dos que 3.000 teñen contratos de tan só un día e 11.300 teñen contratos que non chegan nin ao mes de duración."}
{"ID": "NOS_12328", "summary": "A Galiza volve limitar as reunións sociais e recupera as restricións á interacción entre persoas non conviventes despois do horario de fechamento da hostalaría e do lecer nocturno, este último naqueles municipios onde poderá seguir aberto. \"A situación empeorou de forma notábel\", admitiu onte o presidente da Xunta, quen xustificou a necesidade de retomar estas medidas ante a falta de vacinas para protexer a poboación moza, a máis vulnerábel.", "text": "A \"profunda interacción social\" entre os grupos de idade non vacinados está detrás do empeoramento da situación epidemiolóxica da Galiza nas últimas semanas, sinalou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, no transcurso da rolda de prensa posterior á reunión do Comité Clínico que asesora o Goberno galego sobre a pandemia e que acordou endurecer as medidas de restrición co obxectivo de limitar os \"encontros multitudinarios\" e reducir o número de contaxios. Núñez Feixoo referiuse a un incremento exponencial do número de casos que afecta sobre todo á poboación pendente de se sumar á vacinación masiva ou que contan cunha única dose. A poboación menor de 40 anos, nomeadamente os grupos de 12 a 29 anos cunha incidencia acumulada a 14 días que supera os mil casos por 100.000 habitantes. \"Nos últimos sete días 80% das persoas contaxiadas teñen menos de 40 anos\", remarcou. E malia que os \"danos\" desta vaga son menores e difiren dos de ondas anteriores porque a poboación moza \"é máis forte, máis sa e menos vulnerábel\", precisou Feixoo, \"non podemos baixar a garda\" xa que a Covid reserva consecuencias dramáticas tamén para este sector da poboación, con capacidade para enfermar, ingresar na UCI e contaxiar a persoas xa inmunizadas, \"pais e avós\", cuxa infección chegou a cuadriplicarse nas últimas datas. Risco de hospitalización Motivos suficientes para tomar medidas, afirmou o xefe do Executivo galego, aos que sumou as previsións do Comité Clínico a curto prazo en chave asistencial e de presión hospitalaria. Nunha semana (do 11 ao 17 de xullo) triplicáronse os ingresos en planta (de 53 a 153) e duplicouse a entrada de pacientes en UCI (de 10 a 21). Coas taxas actuais, asegurou, \"nos próximos 15 días superaríamos os 400 pacientes hospitalizados e 100 críticos\". En tres semanas, calcula o comité experto, pode haber máis de 1.000 hospitalizados e 200 doentes en UCI. Unha taxa de positividade elevada, estábel na contorna do 10%, e a baixa participación da poboación moza nos cribados, \"só acude 40% das persoas convocadas\", sitúan a transmisión do virus en cotas superiores e disparan o risco de contaxio, ante a sospeita de \"casos non detectados\" que poden estar favorecendo a dispersión do virus. A vacinación, chave Contaxios e positividade convidan a actuar. E a \"actuación radical\", advertiu Núñez Feixoo, é a vacinación. \"Pero temos un problema de abastecemento importante\" que impide contar con doses suficientes para protexer toda a poboación. \"Temos menos vacinas en xullo que en xuño\", e en agosto prevén dispoñer dun número similar que seguirá a frear o número de vacinas dispensadas. Sen vacinas, o Sergas \"non pode garantir a inmunidade da poboación galega, a única medida útil e efectiva\" fronte á Covid, declarou o presidente galego. \"Se tivésemos vacinas a situación sería distinta\" e non sería preciso recorrer ás novas medidas que entrarán en vigor na medianoite da sexta feira ao sábado. Con todo, e malia a carencia de doses \"suficientes\" para completar a vacinación dos maiores de 12 anos antes de rematar o verán, Feixoo avanzou que esta semana rematará a administración da primeira dose vacina ao grupo de 30 a 39 e que entre o 26 de xullo e o 1 de agosto completarase a inmunidade dos de máis de 40 para comenzar a inocular a poboación menor de 29 anos. A hostalaría non fecha Así, a carreira pola inmunidade da poboación galega avanzará baixo novas medidas de restrición e cambios de nivel para unha trintena de concellos que por primeira vez non van supoñer ningún feche perimetral nin tampouco a clausura de bares e restaurantes. \"De que serve vacinar a xente se non ten efecto ningún na hostalaría?\". Con esta pregunta, o presidente da Xunta defendeu o \"valor sanitario incontestábel\" tanto do certificado de vacinación como dun test negativo de coronavirus emitido polas autoridades sanitarias, dous documentos acreditativos necesarios e válidos a partir das 00.00 horas do vindeiro sábado, 24 de xullo, para acceder de forma segura ao interior da hostalaría nos concellos en nivel máximo e alto e aos locais de ocio nocturno en concellos de nivel medio e medio-baixo, onde non será preciso mostrar ningún xustificante para acceder a cafetarías e restaurantes. Ademais, do certificado de vacinación e dunha proba da Covid negativa nas últimas 72 horas, o Goberno galego tamén admitirá a proba de ter superada a doenza. Cambios de nivel Neste sentido, Feixoo avanzou que soben ao nivel máximo de restricións O Barco, A Pobra do Caramiñal, Cambados, Boiro, Sanxenxo, Meaño, O Grove. E quedan no nivel alto Ourense, Avión, Barbadás, O Carballiño, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira, Melide, Burela, Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Tomiño. En conxunto, 35% da poboación galega fronte ao 65% que manterá o nivel medio e medio baixo de restricións. Os cambios de nivel manteñen a hostalaría aberta no conxunto do territorio pero levan aparellado o feche do ocio nocturno nos 36 concellos nomeados, os que contan con maior incidencia. Hostalaría e lecer nocturno Nos municipios en nivel máximo con máximas, a hostalaría poderá abrir até a 1 a 30% no interior e 50% no exterior. A acreditación para acceder a bares e restaurantes será obrigatoria, mais só para os espazos interiores, non para as terrazas. No nivel alta, o control de acceso vaise desenvolver nos mesmos termos, mais a capacidade das terrazas poderase estender até 50%. Nos niveis medio e medio baixo cafetarías, bares e restaurantes poderán abrir tamén até a 1 e non se requirirá xustificante de acceso. Os municipios en nivel medio poderán abrir interior e exterior ao 50% e no medio baixo, ampliar a capacidade das terrazas até o 100%. Se atendemos aos locais de ocio nocturno, o horario de feche prolóngase até as 03.00 coa capacidade limitada no nivel medio a 50% en interior e 75% no exterior e a 50 e 100% no nivel medio baixo, respectivamente. Reunións sociais En todos os casos, as xuntanzas rexeranse polos límites estabelecidos para as reunións sociais, que volven ser de seis persoas no interior e 10 en espazos abertos. Segundo aclarou Núñez Feixoo, estas cotas poderanse sobrepasar en caso de que a interacción se produza entre dous grupos de convivencia, unha concesión que busca facilitar o encontro de familias e amigos durante os meses de estío. Nesta liña, a Xunta volve recuperar as limitacións que impiden o encontro de non conviventes de madrugada, unha vez superado o horario de clausura da hostalaría e o ocio nocturno. Busca acabar con reunións multitudinarias e as \"imaxes de botellón\", polo que quedan prohibidas de 1 a 6 horas en concellos de nivel máximo e alto e de 3 a 6 horas en municipios de nivel medio e medio-baixo.. Estas medidas que afectan ás liberdades fundamentais das persoas terán que contar co autorización do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, a quen a Xunta fará chegar a solicitude \"ben fundamentada\" para facilitar a decisión dos xuíces, advertiu Feixoo. Frear os contaxios As medidas anunciadas polo presidente da Xunta buscan conter a pandemia mentres avanza a vacinación. Os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade confirman un incremento dos casos activos e do número de persoas hospitalizadas pola Covid. Galiza conta na actualidade con 12.889 casos activos, os mesmos que rexistrou por última vez a mediados de febreiro, cando o territorio comezaba a atenuar o impacto da terceira onda. Naquela altura, o número de persoas ingresadas nos hospitais galegos pola Covid roldaba o millar. Agora, segundo o último balance de Sanidade, hai 174 doentes hospitalizados por mor do coronavirus, case seis veces menos. Grazas ás vacinas, a porcentaxe de hospitalización caeu de 6 a 1%. Porén, a preocupación existe. Os pacientes ingresados incrementáronse a respecto do día anterior en 25, todos en planta, polo que non hai cambio na ocupación Covid das unidades de coidados intensivos, que atenden 21 doentes críticos. A presión hospitalaria aumentou en todas as áreas sanitarias salvo na de Ferrol, sen cambios. En canto aos novos contaxios, a cifra no ofrece grandes variacións a respecto das xornadas anteriores e mantense na contorna dos mil novos positivos diarios. A incidencia acumulada sitúase nos 300 casos a sete días e en 466 a 14, sen cambios na cifra de falecementos: 2.443."}
{"ID": "NOS_24346", "summary": "A Televisión Galega non retransmitirá a gala de entrega dos premios de teatro María Casares. A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG) adoptou a decisión logo de que a canle pública se negase a mellorar as condicións da emisión e nin sequera aceptase unha xuntanza con ela.", "text": "\"Ao longo dos últimos meses, e en base ao mandato asembleario de mellorar as condicións ou procurar alternativas, solicitamos reunións cos responsábeis de programas da TVG para lles propoñer mudanzas\", explica nun comunicado a asociación, \"pero a xuntanza nunca aconteceu\". O colectivo remitiu despois as súas propostas por escrito, \"mais foron ignoradas\". As actrices a actores querían que a retransmisión do seu día grande fose na primeira canle da TVG e nun horario razoábel. O ente público, porén, cinxiuse a repetir a estrutura e as condicións de pasdas edicións: retransmisión en streaming na web da compañía, emisión na segunda canle e en horarios \"pouco favorábeis para a audiencia\". \"A AAAG considera que a CRTVG falla na súa obriga de difundir a cultura propia en xeral e a teatral en particular\", di o comunicado. O texto critica duramente as últimas decisións da compañía pública a respecto da información cultural. \"Parece que nin os María Casares nin o sector escénico encaixan nas coordenadas marcadas polo lema #Cultura365 implusado pola CRTVG desde o momento en que se desvirtuou a marca histórica do Diario Cultural\", expón. Tamén se refire á mobilización do persoal, no sindical -con folgas e paros- e no xornalístico -cos Venres Negros contra a manipulación. A 23ª edición dos María Casares poderáse seguir en directo o vindeiro 21 de marzo a partir das nove da noite en Youtube, grazas a un acordo da Asociación de Actores e Actrices coa ampresa ourensá Aleuto Medios Dixitais."}
{"ID": "NOS_7129", "summary": "\"Levamos anos defendendo medidas para abaratar o prezo da luz, como a tarifa eléctrica galega, mais Feixoo vota sistematicamente en contra\", asegurou Pontón.", "text": "A portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, anunciou esta terza feira que a súa formación volverá propor no Parlamento da Galiza a aprobación dunha tarifa eléctrica propia para o país que actúe contra o \"espolio\" enerxético: \"Galiza ten a riqueza, pero son outras empresas as que se 'forran', as mesmas que en plena onda de frío subiron o prezo da luz\", argumentou. Pontón fixo fincapé en que Galiza produce \"moita máis enerxía\" da que consome, mais padece os efectos máis negativos. \"Hai miles de empregos en risco polo custe enerxético e miles de familias non prenden a calefacción porque non poden pagala\", expuxo a portavoz, que tamén salientou que \"ducias de ex altos cargos do PP e do PSOE\" traballan para as eléctricas \"con salarios de escándalo\". \"Levamos anos defendendo medidas para abaratar o prezo da luz, como a tarifa eléctrica galega, mais Feixoo vota sistematicamente en contra\", matizou Pontón. O Parlamento rexeitou esta medida en 2019 por mor dos votos en contra de populares e socialistas. Centro de investigación Por outra banda, o BNG presentou onte no Congreso unha proposición non de Lei para instar o Goberno estatal a crear na Galiza un Centro para a Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía. O edificio construiríase no concello das Pontes, un \"enclave perfecto\" para as nacionalistas. \"O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030 estabelece obxectivos, políticas e medidas para, segundo o Goberno do Estado, alcanzar a neutralidade climática antes de 2050\", indicou o deputado Néstor Rego, salientando que o plan sinala o almacenamento de enerxía nas súas diversas formas como unha das chaves para a descarbonización."}
{"ID": "NOS_32208", "summary": "Máis de 40 persoas feridas e 20 detidas nunha noite marcada polos duros confrontos entre grupos de manifestantes e antidisturbios.", "text": "A terceira xornada de protestas contra a sentenza do Tribunal Supremo sobre o 'procès' rexistrou un aumento da tensión e a violencia. As rúas de Barcelona foron escenario de duros enfrontamentos entre grupos de manifestantes e antidistubios, enfrontamentos que comezaron ao finalizar unha multitudinaria manifestación a favor dos presos e presas independentistas e que se prolongaron até a madrugada. Houbo barricadas, vehículos queimados e lanzamento de obxectos e cócteis molotov en puntos da Gran Vía, respondidos pola actuación conxunta de Mossos e Policía Nacional con balas foam, pelotas de goma e o uso dos furgóns policiais como medio para 'embestir' manifestantes. A capital catalá non foi o único escenario de enfrontamentos, que tamén se produciron noutras cidades, como Girona ou Tarragona (onde unha furgoneta dos Mossos atropelou un manifestante, que tivo que ser hospitalizado). Pasada a media noite, o president da Generalitat, Quim Torra, interviu de urxencia desde o Palau para rexeitar a violencia, unha chamada que nas horas previas realizaran diversos líderes do independentismo, como Oriol Junqueras ou Carles Puigdemont. A xornada desta cuarta feira acolleu o inicio de 5 marchas multitudinarias desde outros tantos puntos de Catalunya en dirección a Barcelona para pedir a liberdade dos presos e presas independentistas."}
{"ID": "NOS_20491", "summary": "O empeoramento da Covid-19 e a falta de medidas específicas para o ensino leva o alumnado universitario a reclamar diálogo e maior flexibilidade para a relaización dos exames de maneira telemática.", "text": "O alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de trasladarlle á reitoría a solicitude de convocatoria dun paro académico \"desde o 18 de xaneiro até a finalización da apertura de actas do primeiro cuadrimestre ou até o cumprimento dos obxectivos\" que fixan no seu aviso en contra dos exames presenciais. As queixas do colectivo universitario galego precipitáronse ante o empeoramento da situación epidemiolóxica tras as festas de Nadal e o inicio do período de exames nas tres universidades da Galiza. Estudantes dos sete campus tentaron, sen éxito, que desde as súas respectivas facultades ofrecesen a posibilidade de realizar os exames de modo telemático, mais o único que conseguiron, ante a falta dun endurecemento das restricións no ensino foi que cada docente decidise sobre a modalidade da proba. Aglomeracións e inseguridade Ás protestas organizadas por diferentes colectivos de alumnado súmanse agora as dos estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC ao entender que malia o compromiso da institución para garantir a seguridade do alumnado \"xa se deron casos de aglomeracións á entrada de parte dos exames que decorreron no centro\". Acusan a USC e aos docentes de desatender o diálogo cas representantes do estudantado e de \"pouca organización\" da mobilidade dentro da ETSE. E a maiores, láianse das dificultades de acceso a Compostela, \"que obriga a romper os feches perimetrais e a facer uso do transporte público\", co risco de contacto que implica. Neste sentido, argumentan que os exames finais do curso pasado realizáronse de forma telemática \"cunha incidencia menor á actual\", polo que instan á Universidade \"a valorar, dos que quedan, os exames que mellor se poden adaptar a esta modalidade sen prexudicar os obxectivos de avaliación de ningunha materia\". Solución dialogada Ante a ausencia de diálogo o alumnado da ETSE avoga por convocar un paro académico que apoie os seus intereses. Non co obxectivo de que todas as materias se avalíen de forma presencial, senón de que as delegacións de cada curso poidan decidir sobre a mellor modalidade en comunicación co colectivo docente. De non ser atendida a súa solicitude, \"o paro académico continuará mentres non se ofreza unha solución a todos aqueles estudantes que decidan non asistir aos exames presenciais para que non lles afecte a avaliación\"."}
{"ID": "NOS_3234", "summary": "Galiza é terra de fotoxornalistas. Quen mellor que nós para mostrar a nosa realidade! Coa pandemia nace Imaxe Covid, un colectivo de seis fotoxornalistas que abren a súa obra a través das redes sociais para documentar o que está acontecendo. Nós Diario faise eco deste proxecto.", "text": "Cando toda a poboación estaba confinada faltaron ollos para mostrar o exterior. O fotoxornalismo que traballa na Galiza fixo estes días que se coñecese o que acontecía no exterior e contouno en fotografías. Partindo da iniciativa do fotógrafo Óscar Corral, naceu Imaxe Covid, un grupo de seis profesionais que queren deixar testemuña do que está acontecendo na Galiza e situalo no mapa mundial dos territorios que sufriron a experiencia. Xunto Óscar Corral participan Brais Lorenzo, Mónica Ferreirós, Miguel Muñiz, Miguel Riopa e Agostiño Iglesias. Proceden de medios e axencias diferentes mais teñen en común o compromiso social. Documentar \"Procuramos reunir esforzos e fotografías para documentar da maneira máis completa posíbel a pandemia a nivel galego\", explica a Nós Diario Brais Lorenzo. Asegura que son conscientes de que están diante de \"algo histórico, unha pandemia a nivel global que para nós, como fotoxornalistas, é apaixonante\". Salienta que saben que están a traballar \"na mesma problemática que hai a nivel mundial mais no noso territorio\". E non é doado. Malia non estaren en contacto directo coa morte, a presenza da dor e do medo é continúa. \"Os sentimentos están aí e a xente está moi sensíbel\", conta Lorenzo, \"eu por sorte non tiven ningún caso coñecido mais sempre tes relación coa veciñanza e ves que a xente ten medo e sofre\". Algo semellante pásalle á fotógrafa Mónica Ferreirós, que traballa para un medio local da Arousa. \"A min afectoume ver o medo na xente maior, tiven a posibilidade de estar nunha asistencia a domicilio e vivín ese medo que asusta\", explica a Nós Diario. Dificultades O proxecto Imaxe Covid pode rematar nunha publicación ou nunha exposición colectiva. O que non contará, se as autoridades galegas non o remedian, é coa imaxe gráfica do traballo que están a facer unha parte das heroínas e herois desta pandemia: o sector sanitario. Os seis membros do colectivo salientan as dificultades e atrancos que están a ter cos gabinetes de comunicación do Sergas, que lles prohiben contar o que acontece no interior dos hospitais. \"A pesar de ser unha nación, un país teoricamente libre e democrático, que presume de liberdade nos medios de prensa, o mutismo nas Administracións públicas é algo co que topas continuamente\", explica o fotógrafo Miguel Riopa. Este veterano profesional di que a situación actual ten certo paralelismo ao que viviu coa catástrofe do Prestige. \"Ao inicio era todo mutismo absoluto, non había datos nin cifras e a idea que querían transmitir era que non pasaba nada\", relata. Os gabinetes de comunicación contan con persoal propio que fornece de imaxes os medios de comunicación. Riopa sinala que esas fotografías dos hospitais \"non achegaran nada e cada un tivo que buscar os seus recursos\". Propón unha reflexión interesante de como actúa o Goberno galego e as autoridades en xeral. \"É curioso que cando os xornais informan do que acontece no estranxeiro non pasa nada e podes mostrar mortos e enfermos, as caras da xente\", explica, \"cando sucede aquí, na túa terra, hai un mutismo absoluto e non podes ensinar o que está pasando\", engade. Este fotógrafo foi dos poucos que conseguiu entrar nun hospital e tivo que ser nunhas instalacións privadas en Vigo. A non cotiandade As eivas para mostrar o epicentro da pandemia trasladan as cámaras ás rúas e aos domicilios. \"A min o que máis me motiva é o social, como a xente leva o seu día a día\", relata a Nós Diario Miguel Muñiz. No seu traballo vemos imaxes emotivas, \"máis positivas que negativas\", asegura. Este fotógrafo captou situacións como a das persoas integrantes do circo Olimpia que quedaron atrapadas polo estado de sitio en Lalín e tiveron que sobrevivir coa axuda do concello e da veciñanza. Da súa experiencia retén a imaxe de dous veciños que \"non se falaban e a forza de saír ás xanelas para animar as sanitarias agora son amigos\". A homenaxe popular de cada serán deu tamén para máis dunha reflexión pola súa parte e cre que \"a xente que participa é humilde, os ricos viven tras de grandes balados... o capitalismo illa as persoas\"."}
{"ID": "PRAZA_5778", "summary": "AGE, BNG ou Podemos esixen a apertura dun novo proceso constituínte que leve á proclamación dunha República. O PSOE apoia o mantemento da monarquía, pero o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aposta por debater a reforma constitucional, e dentro dela a forma do Estado.", "text": "A esixencia dun referendo sobre a forma de Estado e o inicio dun proceso constituínte foron a reacción común entre as forzas de esquerda ante o anuncio do rei Juan Carlos de abdicar en beneficio do seu fillo. Con distintos matices esta foi a demanda que puxeron sobre a mesa dende BNG a Esquerda Unida, pasando por outras forzas que forman parte de AGE, como Espazo Ecosocialista ou Equo. E é tamén a da celebración dun referendo a esixencia que máis se escoitará a partir das oito da tarde nas concentracións que se están convocando nas cidades e vilas do país. Para Beiras, a abdicación do rei é tan só \"un golpe de man\" dos \"partidos da Coroa\" para controlar \"un proceso de retoques da Constitución sen mudar o fundamental\" Para Xosé Manuel Beiras, portavoz de AGE no Parlamento, o anuncio de abdicación do rei é tan só \"un golpe de man\" dos \"partidos da Coroa\" co que o bloque dominante pretende iniciar \"unha segunda transición\" e controlar \"un proceso de retoques da Constitución sen mudar o fundamental\". Beiras afirmou que \"o mesmo ten un Borbón que outro\" e exhortou á cidadanía e ás forzas políticas a pelexar pola \"creba democrática\". \"Hai unha grande oportunidade. Exhorto a todas as forzas políticas que estean de acordo en que precisamos unha democracia efectiva e en que os pobos deben decidir a conversarmos para chegar axiña a unha fronte democrática e popular. Poñamos en común as nosas forzas\", dixo. Para o líder de AGE, este \"réxime político podre\" ficou espido nas pasadas eleccións europeas: \"os partidos da Segunda Restauración Borbónica quedaron deslexitimados, por baixo do 50% malia ter todo ao seu favor, incluído o árbitro\", engadiu. Neste senso, foi autocrítico ao afirmar que \"as esquerdas nacionalistas e as non nacionalistas pero que respectan o dereito de autodeterminación non fomos quen de nos poñer de acordo neste último proceso electoral. De irmos nunha grande alianza respectuosa coas cuestións nacionais e de esquerda rupturista, hoxe os partidos do réxime non chegarían ao 30% de apoio electoral. Debiamos ternos adiantado e impedir este golpe de man\". Para o BNG, \"é a oportunidade para abrir un novo proceso constituínte no que a monarquía sexa substituída pola república, no que se recoñeza o dereito a decidir das nacións sen estado\" Para o BNG, a abdicación do Rei \"é a oportunidade para abrir un novo proceso constituínte no que a monarquía sexa substituída pola república, no que se recoñeza o dereito a decidir das nacións sen estado como Galiza, que permita pór fin á un réxime herdado do franquismo e se limpen as institucións de corrupción\". En opinión de Xavier Vence é hora \"de rematar definitivamente coa herdanza do franquismo, dun réxime baseado nunha transición controlada pola oligarquía e polo exército\". Vence sinalou que o BNG non vai aceptar \"un cambio cosmético\" para que Juan Carlos lle ceda \"un trono impopular e corrupto\" ao seu fillo Felipe. Para o Bloque a actual \"Constitución monárquica\" consagrou un réxime que agora esta en \"crise terminal\" que se plasma nunha \"profunda crise democrática, social e de modelo territorial\" que, en ningún caso, pode pecharse \"nunha cerimonia de aliño guiada pola elite do Estado e polos poderes económicos para desviar a atención sobre os graves problemas do país e as reivindicacións soberanistas das nacións que conforman o Estado\". De igual xeito, Esquerda Unida demanda que a abdicación do rei \"abra un proceso constituínte que leve ao restablecemento da República\". A formación considera que \"os últimos resultados electorais, onde o bipartidismo sufriu un duro embate, xunto cos escándalos de corrupción que afectan á Coroa, teñen provocado a abdicación do Rei, como estratexia para darlle un novo impulso a un réxime decadente e en descomposición\". Esquerda Unida fai un chamamento \"á unidade das forzas políticas e sociais, do sindicalismo de clase\", para presentar \"unha fronte popular republicana que recupere o destruído polas políticas da troika, que recupere os valores republicanos onde dereitos humanos e servizos públicos sexan unha realidade garantida, onde o dereito ao traballo, como aconteceu na II República, sexa un obxectivo constitucional, onde educación e sanidade sexan públicas, universais e gratuítas\". Tamén Podemos, a través de Pablo Iglesias, demandou a celebración dun referendo, e instou aos socialistas a sumarse a esa esixencia: \"O PSOE ten unha oportunidade única de demostrar que non son iguais que o PP\" Tamén Espazo Ecosocialista cre que a abdicación do rei Juan Carlos I se debe \"a maré cidadá cada vez máis ampla que na rúa esixe cambios profundos e democráticos\" e sinala como claves os resultados das pasadas eleccións europeas, que \"supuxeron un forte golpe para o réxime bipartidista\". A formación sinala que \"non se trata soamente dun cambio de tronos senón de abordar un novo proceso constituínte para unha nova democracia que permita abordar os aspectos que durante a chamada transición non se puideron abordar pola tutela das forzas provintes da ditadura, entre elas a da xefatura do estado\". Chama á participación da sociedade civil e dos movementos sociais nesta loita e alerta \"do intento das élites de planear unha estratexia lampedusiana de cambiar algo para que nada cambie\". Na Coruña, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou esta mañá unha moción para que o concello se sume á reclamación da consulta sobre o modelo de Estado. Algo semellante fixo no Congreso o deputado de Compromís Joan Baldoví, que rexistrou unha proposición non de lei na que avoga por que se celebre un referendo e por que o vindeiro xefe do Estado sexa elixido polos cidadáns. Tamén Podemos, a través de Pablo Iglesias, demandou a celebración dun referendo, e instou ao PSOE a sumarse a esa esixencia: \"O PSOE ten unha oportunidade única de demostrar que non son iguais que o PP\", afirmou Iglesias, que advertiu de que \"as elites teñen medo de que se vote\". E igualmente EQUO demandou a celebración dun referendo, e apostou pola constitución dunha \"República cidadá, sostible, laica e que blinde os dereitos que están sendo esmagados durante os últimos anos\". Tamén hai reaccións de Compromiso por Galicia, que pediu a celebración dunha \"consulta popular sobre a Xefatura de Estado\" e tamén a \"apertura dun novo ciclo político para o Reino de España, onde se recoñeza de xeito expreso a súa plurinacionalidade\". O secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, vecomo unha \"oportunidade\" a necesaria aprobación da lei orgánica para regular o proceso sucesorio na Coroa para \"recoller no mesmo o procedemento de consulta popular\". Porén, para Bascuas \"nada podemos agardar do PP e moi pouco do PSOE\". En Catalunya, pola súa banda, ERC, CUP e Procès Constituent pediron a proclamación da \"República Catalá\" En Catalunya, pola súa banda, ERC, CUP e Procès Constituent pediron a proclamación da \"República Catalá\". Outras forzas políticas catalás, como ICV e EUiA incidiron na demanda da convocatoria dun referendo: \"do mesmo modo que os cataláns piden un referendo para decidir o seu futuro, é necesario que se consulte á cidadanía sobre o Estado que queren\". División no PSOE Gómez Besteiro sinalou que chegou o momento do debate da reforma constitucional, en materias coma a organización territorial e financiamento do Estado, pero tamén no que afecta á forma da xefatura do Estado No PSOE hai división. A Executiva do partido manifestou o seu apoio ao príncipe Felipe como futuro Xefe do Estado en termos semellante aos expresados por Mariano Rajoy, pois \"representa o respeto á Constitución e á estabilidade institucional\", afirmaron. Porén, a posición expresada polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, foi máis aberta. Besteiro afirmou que os socialistas son \"esencialmente republicanos, aínda que contribuímos á aceptación da monarquía no 75 porque pensabamos que era o mellor para o país\". E sinalou que chegou o momento do debate da reforma constitucional, en materias coma a organización territorial e financiamento do Estado, pero tamén no que afecta á forma da xefatura do Estado. \"É tempo de afrontar esta reforma baixo o prisma do consenso, como no 78, pero nunha evolución democrática, porque tamén se mide niso a madurez dunha sociedade\", dixo o líder dos socialistas galegos. De igual xeito, o portavoz parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, que se declara \"republicano convencido e militante\", opina que a abdicación do Rei dá \"unha oportunidade para debater o que non foi posible en 1975\". Pola contra, algúns notables do partido como José Bono ou Alfonso Guerra correron a apoiar o mantemento da Monarquía e a criticar aquelas persoas e forzas políticas que defenden a República porque, din, \"España necesita estabilidade\". As Xuventudes Socialistas e a corrente Esquerda Socialista demandaron a celebración dun referendo para que a cidadanía se pronuncie sobre esta cuestión Fronte a eles, as Xuventudes Socialistas e a corrente Esquerda Socialista demandaron a celebración dun referendo para que a cidadanía se pronuncie sobre esta cuestión. \"A cidadanía española ten dereito a escoller a República nun referendum\", sinalou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, que engadiu que \"a República debe congregar en torno a ela a todo o espectro político, de esquerdas ou dereitas. Debe ser un punto de encontro e convivencia cidadá, un espazo común no que non existan suspicacias nin reproches, senón o compromiso do bo goberno e da virtude cívica, características básicas do republicanismo\". E concluíu que \"a xuventude galega non se sente identificada coa Monarquía porque non forma parte de quen aceptou o seu establecemento, polo que ten dereito a decidir en referendum sobre o futuro do modelo de Estado\". As Xuventudes Socialistas de Galicia participarán nas concentracións convocadas para as oito horas desta tarde. Sindicatos A CIG fai un chamamento á \"mobilización social polo dereito a decidir e por unha República galega plenamente soberana\" Por parte dos sindicatos, a CIG considera que a abdicación \"responde a unha manobra para intentar garantir a continuidade da monarquía e do propio sistema\". A central nacionalista sinala que a decisión se produce \"no momento no que o rei e a propia monarquía sofren o maior desgaste da historia; no que a clase traballadora está a sufrir fortes recortes de dereitos laborais e sociais cun gravísimo empeoramento da súa calidade de vida; no que os pobos das nacións sen estado emerxen reclamando o seu dereito a decidir e no que existe un cuestionamento do propio sistema por amplos sectores da sociedade\". E que neste contexto \"parte da burguesía española\" promove esta abdicación para pór en marcha unha nova operación cosmética colocando ao seu herdeiro para intentar salvar, non só á propia monarquía, senón tamén o actual sistema capitalista e neoliberal e un modelo de Estado profundamente centralista\". A CIG fai un chamamento á \"mobilización social polo dereito a decidir e por unha República galega plenamente soberana\". Para CC.OO. \"toda a estrutura político-institucional que deu lugar á Constitución do 78 está cambaleando\" Pola súa banda, CC.OO. pronunciouse esixindo que o futuro de la Monarquía sexa sometido a referendo no marco dun cambio constitucional. O secretario de Organización e Comunicación Confederal de CCOO, Fernando Lezcano, sinalou que nestes momentos \"non só estamos ante unha crise da monarquía, da democracia ou dos políticos, xa que toda a estrutura político-institucional que deu lugar á Constitución do 78 está cambaleando\". Entidades sociais A Asemblea Republicana de Vigo difundiu un comunicado que comeza proclamando o seu \"republicanismo máis ala de quen sexa o titular da Coroa\" e fan un chamamento \"a persistir na loita na defensa da Republica como a única alternativa auténticamente democratica que posibilite a configuración dun estado plurinacional e plurilinguistico onde se respete o dereito a decidir das nacions sen estado como é o caso de Galicia\". A Asemblea dirixe o seu chamamento especialmente \"aos votantes, simpatizantes e mesmo militantes de base do PSOE\" co obxectivo de que \"presionen as súas cupulas e a súa dirección, teña esta o nivel de representación que teña, para que non voten tal regulamento, para que paralicen o proceso de sucesión e para que se sumen á reivindicación e á loita pola República\". Pola súa banda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña convida \"o cidadán Felipe de Borbón a que siga os pasos do seu pai Juan Carlos e abdique\". Sinala que \"se é Felipe a persoa que vai dar unha saiva nova á monarquía, a mellor proba de modernidade é que renuncie ao trono, por ser éste un instrumento de poder anquilosado no pasado. Medieval, por dicir algo suave\". A CRMH pide \"que a razón triunfe, e o delirio monárquico non vaia para adiante. Que sexa a cidadanía quen escolle qué tipo de goberno quere: se monarquía, se República\". \"Xa é hora de que se faga así. Xa lle chegou abondo de aturar as inxustizas da monarquía\", conclúe."}
{"ID": "NOS_9562", "summary": "Entrevistamos a Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo), autora do libro, Cociñando con razas galegas, premio á mellor conciña sostíbel do Estado español cuxas receitas empregan como parte central dos pratos produtos tradicionais galegos e razas autóctonas en proceso de recuperación.", "text": "Blogueira e autora do libro Cociñando con razas autóctonas, Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo) vén de recoller un dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, un galardón internacional que recoñece as mellores obras de cociña sostíbel no Estado español. Mais a cousa non fica aí, porque o premio levará a Rocío e as súas receitas á final que terá lugar en París o vindeiro mes de febreiro. Cociñando con razas autóctonas é máis cá un recetario, recolle e pon en valor as principais razas gandeiras propias de Galiza. Ovella galega, cabra galega, galo de Mos, porco celta, cabalo de pura raza galega e as bovinas cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa, son o cerne dunha serie de pratos autóctonos ideados por Garrido Caramés que recollen, aliás da súa sinatura, o saber facer tradicional \"da miña avoa\", asegurou. Pregunta. Como xorde a idea de escribir este libro de receitas?Resposta. A idea nace da miña colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galiza-Boaga coa que participaba en degustacións e presentacións, mais despois de participar no Fórum Gastronómico de Santiago propuxéronme facer un libro. A Federación quería unha cousa sinxela, non moi longo e de aí saíu este libriño. P. Vén de ser premiado a nivel internacional...R. Si, fíxonos moita ilusión porque é un libro en galego e editado pola propia Federación, sen axuda de ningunha editorial grande. Grañamos no Estado español e agora imos a Paris onde agardamos que saia ben, pois é un libro que gusta moito xa que non só inclúe receitas senón que inclúe unha guía na que se recolle información das dez razas autóctonas que se están a recuperar. P. A produción e o consumo deste tipo de razas é moi escaso, cal era o voso obxectivo?R. Efectivamente. Nós procurábamos dar a coñecer e pór en valor unha produción descoñecida para a maior parte dos consumidores, malia que moitas das razas comezaron a se recuperar hai vinte anos. A publicación do libro está a ser un método moi efectivo para a súa divulgación. P. Que podemos atopar nas túas receitas?Todas as receitas son feitas por min mais baseándome en receitas da miña familia, da miña avoa. Teñen un pouco de tradición e un pouco da miña autoría. R. Onde podemos atopar o libro, haberá unha segunda parte?O libro está á venda en cada vez máis librarías, tamén no meu blogue (http://alareiradomeuabo.blogspot.com.es/) tamén podedes atopar as receitas. O noso obxectivo é que isto sexa o primeiro paso para dar a coñecer os produtos e, quizais despois, facer un outro libro de receitas máis amplo. A verdade é que cada vez se demanda máis carne de raza autóctona en grande medida pola súa calidade ao desenvolverse nun modelo de agricultura extensiva, case ecolóxica. Imaxe capa: Pontevedra Viva"}
{"ID": "NOS_41360", "summary": "O caso será tramitado polo Comité de Garantías da formación, que decidirá cales serán as consecuencias após a saída d@s 6 edís da equipa municipal.", "text": "\"Roma non paga traidores\", aseveraba o cónsul romano Escipión após ordenar a execución daqueles que asasinaran a Viriato traizoándoo. O PPdeG non vai tan aló, mais si que sanciona a quenes rachan filas. Neste senso, @s 6 edís que abandonaron esta semana a equipa municipal de Ames serán expedientados polo partido aos consideraren \"díscolos\" logo da súa ruptura co alcalde. Segundo un comunicado feito público polo propio Partido Popular a decisión foi adoptada ao entenderen que a súa ausencia no pleno municipal deixaba ao rexedor en minoría. Cuestión que se suma, aseguran fontes populares, ás discrepancias públicas amosadas pol@s concelleir@s manifestadas a respecto, non só do alcalde de Ames, senón da propia dirección do PP da provincia da Coruña. Este comportamento é considerado unha \"falta estatutaria\" polo partido de maneira que será o Comité de Garantías da organización política a que decida cales serán as consecuencias derivadas da renuncia á súa acta de concelleir@s."}
{"ID": "NOS_15975", "summary": "As principais problemáticas que lle afectan á mocidade galega: o paro, a elitización do ensino, a tripla discriminación que sofren as mozas galegas, a emigración e o abandono do país, en especial do rural. Xa á venda na nosa loxa.", "text": "Máis de 100.000 moz@s abandonaron Galiza dende que Feijóo chegou á Xunta. O dato é destacado, no artigo introdutorio, por Alberte Mera, coordenador deste A Fondo e secretario xeral de Galiza Nova. \"Mentres a Galiza fica sen mocidade, a Xunta lanza cortinas de fume como o Plano de Emprego Xuvenil, que afonda na precarización e na temporalidade\", afirma. Incide Mera na necesidade de conquistar o dereito a decidir, \"porque é principal decidirmos sobre as políticas a aplicar que Galiza precisa para poder vivirmos na nosa terra\". O suplemento de análise detense nas consecuencias da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, en especial, a elitización do ensino, así como nos problemas organizativos da súa posta en funcionamento. \"O conxunto de políticas neoliberais está deixando cada vez a máis mozas sen poder acceder á universidade\", expón Brais fortes, estudante de enxeñería industrial e responsábel de Universidade dos Comités. \"O A Fondo incide na realidade do desemprego, a precariedade ou os recortes das políticas públicas de dependencia cando afectada é muller\" O machismo nas políticas A avogada Alba María Feixóo fai unha detallada exposición dos datos que desvelan as desigualdades que afectan ás mozas no noso país: como mulleres, por seren novas, e por viviren nun país sen soberanía, subordinado no político. \"A fenda salarial aumentou até niveis próximos aos do ano 1995 sendo o salario das mulleres o 25% do dos homes\" incide nun artigo no que desvela como lles afectan de maneira específica ás mulleres o desemprego, a precariedade, ou os recortes nas políticas públicas destinadas á dependencia. Rubén Arroxo, arquitecto técnico e habitante dunha parroquia lucense, abonda no abandono do rural por parte da mocidade, un problema non só para o campo senón para a economía do país. \"A extinción das poboacións rurais fai que, a día de hoxe, moitos dos produtos que até o de agora produciamos nós, teñan que ser importados\", observa. A cantautora Alba María Rodríguez protagoniza a entrevista desta semana no A Fondo, unha moza de 19 anos que publicará en breve o seu primeiro disco, \"Aínda\", un título que fai referencia ao moito que a súa xeración ten por por contar."}
{"ID": "NOS_18984", "summary": "O goberno español, en funcións, concédelle á celulosa autorización para permanecer na ría de Pontevedra 60 anos máis.", "text": "Através dunha nota de imprensa, ENCE vén de comunicar que o Ministerio de Agricultura español lle concede unha prórroga de 60 anos para continuar a desenvolver coa súa actividade na ría de Pontevedra. Fíxoo malia se atopar en funcións, á espera de que se constitúa o novo executivo saído das eleccións do 20 de decembro. O tempo comeza a contar a partir da data de solicitude da prórroga, en 2013. Desde a celulosa aseguran que a decisión adoptada polo executivo de Mariano Rajoy responde ao \"forte compromiso de investimento\" da empresa. Desta maneira o goberno de Madrid invalida a data de caducidade da concesión que obrigaba a pasteira a abandonar a ría en 2018 e contravén as demandas do goberno local, da Asociación para a defensa da ría de Pontevedra e de amplos sectores sociais que exixen a saída de Ence de Lourizán polos prexuízos ecolóxicos que carrexa. Madrid reservouse a última palabra coa reforma da Lei de Costas (2012) Porén, segundo a dirección da pasteira, as súas instalacións \"cumpren folgadamente\" coa normativa ambiental europea e defenden que a súa actividade xera \"máis de 800 postos de traballo\" en Pontevedra e \"5.000 en toda Galiza\". Aliás,a aprobación da prórroga supón un reto ao executivo municipal encabezado por Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) quen en decembro de 2015 enviaba unha carta ao propio presidente en funcións, Mariano Rajoy, na que exixía que a prórroga non fose concedida \"por un goberno en funcións\" tendo en conta o seu carácter \"trascendente\". Cómpre lembrar que ENCE foi instalada na ría de Pontevedra en xuño de 1958 por orde do réxime franquista. A súa localización deixou o espazo no que se enmarca inútil para calquera actividade marisqueira que ocupaba tradicionalmente a poboación local. Após a reforma da Lei de Costas en 2012 polo goberno do Partido Popular, Madrid gardouse para si a decisión última de prorrogar ou non a permanencia de Ence en Pontevedra. Suba na Bolsa A nova da prórroga do goberno español a ENCE polas vindeiras seis décadas axiña chegou os mercados. A peche de sesión na Bolsa, os títulos da pasteira intercambiábanse a 2,8 euros, unha suba do 6,6% a respecto do peche da xornada precedente, segundo recolle Economía Digital. Consello de Administración A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) afirmaba en 20914 que existía entre ENCE e a Xunta o que cualificaba de \"trama político-familiar\". O presidente da plataforma ambientalista, Antón Masa, apuntaba que o director da factoría de ENCE en Pontevedra e a subdirectora xeral de Coordinación Ambiental da Xunta estaban casados. O que, entende Masa, é un conflito de intereses pois a mencionada subdirección xeral \"é xuíz e parte dos procesos abertos con respecto a ENCE\", en particular sobre a tramitación da Autorización Ambiental Integrada. Mais aínda hai máis, apontan desde a APDR. Esta subdirectora xeral da Xunta foi nomeada en 2002 por parte dun conselleiro de Medio Ambiente (Carlos del Álamo, polo PP) que actualmente pertence ao Consello de Administración da pasteira. \"Fraude democrática e bulra ambiental\" Entre as voces que criticaron a medida do goberno en funcións está Adega. A Asociación ecolóxica para a defensa de Galiza di que a prórroga \"é unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE cun governo en funcións e unha burla á cidadanía e ao ambiente\". O colectivo anuncia que avaliará cos colectivos sociais e políticos \"as eventuais accións de resposta a este flagrante atropelo\", mais considera que está nas mans do governo que xorda das pasadas eleccións \"emendar en boa medida as corruptelas a chafallada administrativa cometidas polo executivo saínte\". PP, satisfeito O portavoz del PP no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, afirma que a prórroga a ENCE achega \"moita tranquilidade a milleiros de familias\" que, directa ou indirectamente, dixo, dependen da pasteira. Moreira resalta que, \"desde hoxe\", esas familias \"saben que xa non existe incertidume sobre o futuro da planta\"."}
{"ID": "NOS_5774", "summary": "As dúbidas sobre as competencias manteñen a depuradora en mal estado e arrisca a vida mariña. O Concello de Bueu garante que non ten potestade sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas -do que é parte Ons-, mentres a Xunta non aclara as súas responsabilidades.", "text": "A Xunta dá a calada por resposta a preguntas de Nós Diario a respecto das súas competencias para abordar obras de mellora da depuradora de Ons (Bueu) após o último episodio de vertedura de augas residuais ao mar. Pola súa banda, o Concello garante que a responsabilidade de actuar no Parque Nacional das Illas Atlánticas -que inclúe como unha falta moi grave as verteduras- non é súa. Malia que na última fin de semana a afluencia de público e o funcionamento do sistema se normalizou, é probábel que estes episodios leven décadas afectando ao hábitat. Os prexuízos causados no mar serían puntuais, ao igual que episodios de contaminación, mais iso non significa que poidan ser minimizados. Desde Ecoloxistas en Acción destacan que o de Ons \"é un exemplo de mala xestión\" da depuradora. A pesar de non ter feito unha análise no terreo, advirten de que as verteduras de augas residuais -como as que decorreron polo menos durante cinco horas na fin de semana do 21 ao 22 de agosto- acostuman causar \"eutrofización\", é dicir, \"baixa o osíxeno da auga e os peces morren\". O exemplo máis claro e preocupante deste efecto sería o acontecido \"no mar Menor\". Ademais de ter incidencia no hábitat das especies mariñas, e pese a que o \"mar é resistente\" e, segundo os ecoloxistas, o feito de que as \"rías galegas sexan máis abertas\" xoga ao seu favor, o mal saneamento de Ons e doutras zonas pode ter consecuencias na saúde das persoas se chega afectar \"ás zonas de baño\", cuxo feche \"é común en verán\" nalgúns puntos da xeografía galega. Ante esta ameaza, da que a veciñanza da illa se queixa desde hai décadas, o Goberno galego só afirmou nalgúns círculos que vai levar a cabo unhas obras de mellora na infraestrutura de saneamento. No entanto, non aclarou as dúbidas deste diario ao redor da posíbel multa que correspondería pagar por caer nunha falta grave tipificada nas normas do parque, entre outras cuestións. No Concello de Bueu descartaron ter competencias e advertiron de que a Xunta nunca traslada información. Deficiencias arrastradas por anos O caso da depuradora da illa de Ons non é único na Galiza, pois as Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) foron obxecto de estudo por parte de Ecoloxistas en Acción o pasado exercicio. Nas súas conclusións, as e os expertos da entidade deixan claro que \"a maioría\" das depuradoras galegas que presentan deficiencias hoxe en día \"arrastran un longo histórico de non conformidades sen que as administracións competentes locais e autonómica leven a cabo as actuacións necesarias para remedialo\". Sexa ou non froito das disputas ou dificultades para acordar de quen son as competencias -normalmente as sanitarias recaen nos municipios-, a realidade é que hai infraestruturas como \"a de Placeres\", en Pontevedra, ou as de Burela, Touro, Maceda ou Soutomaior, que non deixan de dar problemas. Sobre as posíbeis causas dos mesmos, os responsábeis do informe apuntan cuestións moi variadas como a falta de separación de augas residuais e pluviais ou a \"presión demográfica pola afluencia descontrolada de turismo\"."}
{"ID": "NOS_16268", "summary": "Kiev renunciaría a integrarse na OTAN e vería limitado o seu Exército.", "text": "As negociacións entre Rusia e Ucraína parecen avanzar tras case tres semanas da ofensiva militar rusa sobre o país veciño. Ambos os países comezaron nesta cuarta feira a traballar nun acordo de 15 puntos que inclúe un cesamento do fogo e a retirada de das tropas rusas se o Goberno ucraíno declara a neutralidade e acepta límites nas súas forzas armadas, segundo adiantou o diario Financial Times. Este último punto, un dos máis demandados polo Goberno de Vladimir Putin, foi a ficha decisiva para progresar nas conversas de paz durante o sexto encontro entre as partes que se desenvolveu onte. De feito, horas antes, o ministro de Exteriores ruso, Sergei Lavrov, xa mostrara o seu optimismo sobre este asunto. \"Hai unha serie de formulacións dos acordos con Ucraína sobre o estatuto de neutralidade e as garantías de seguridade que están a piques de lograrse\", avanzou Lavrov, mentres que o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, afirmaba que as conversas se estaban a tornar \"máis realistas\". O acordo proposto implicaría que Kiev renuncie ás súas ambicións de unirse á OTAN e prometa non albergar bases militares ou armas estranxeiras; a cambio, contaría coa protección de aliados como Estados Unidos, Reino Unido e Turquía. Sobre isto último, Mykhailo Podolyak, asesor principal do presidente ucraíno, asegurou que a Constitución de Ucraína xa prohibe as bases militares estranxeiras no país, polo que non sería un problema para chegar a un punto en común. Con isto, Moscova busca que Ucraína se converta nun Estado desmilitarizado, ao estilo de Austria ou de Suecia. \"O modelo austríaco ou sueco do que é un Estado desmilitarizado está a ser discutido para Ucraína e pode verse como unha opción para un compromiso\", explicou onte o portavoz do Kremlin, Dmitry Peskov. Tribunal de Nacións Unidas Por outra parte, a Corte Internacional de Xustiza (CIX), o tribunal supremo da ONU, ordenou a Rusia deter inmediatamente a ofensiva militar, en aplicación das medidas cautelares que solicitaran as autoridades ucraínas. Kiev pedira hai dúas semanas á CIX intervir argumentando que Rusia violara a Convención de Xenocidio de 1948 ao acusar a Ucraína de cometer un xenocidio no Donbás e usar iso como pretexto para a invasión en curso. Os países que se negan a acatar as ordes deste tribunal poden ser remitidos ao Consello de Seguridade da ONU, onde Rusia ten poder de veto."}
{"ID": "QUEPASA_184", "summary": "Estrella Galicia como \"tractor\" para o despegue do Polígono de Vimianzo./ul", "text": "O PSOE acorda medidas co SEPES para aumentar a competitividade do Polígono de Vimianzo Esta semana, o director xeral do Sepes, Alejandro Soler recibía en Madrid a varias delegacións da Costa da Morte. Entre elas ás responsables do PSdG de Vimianzo. A candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE, Mónica Rodríguez, acompañada pola secretaria xeral e actual portavoz do PSOE de Vimianzo, Paula Mouzo, acodían para conseguir compromisos que permitan que o parque empresarial de Vimianzo se sume ao crecemento económico da área de Bergantiños. Así, conseguía acordar co SEPES varias medidas de potenciación, entre as que figuran a redución do prezo da parcela, a procura de financiamento a baixo interese, e incluso abrir a posibilidade da modalidade de aluguer con opción de compra. Para o PSOE; o polígono está \"nunha situación de encarecido abandono, debido a inoperancia do goberno actual presidido polo alcalde Manuel Antelo\". E aporta cifras: \"o parque empresarial de Vimianzo consta de 105 parcelas das que somentes hai 13 vendidas e 9 empresas instaladas\". \"Hai que rachar con esta situación\" dixo Mónica Rodríguez. Soler acordou elevar no próximo consello de Administración, e na maior brevidade posible, as medidas de potenciación do parque empresarial de Vimianzo, as cales nese mesmo día procedería a revisar co presidente da SEA, Pablo Aranguena: A redución do custe do m2 da parcela. Posibilitar métodos de financiación cómodos: leasing financeiro, axudas de outros órganos potenciando certos sectores importantes no concello (acuicultura, empresas da produción de produtos ganadeiros, etc), incluso pensar na posiblidade de aluguer con opción de compra de parcelas. Saída da Autovía Outra das cuestións presentes na conversa, que non depende do Ministerio de Fomento senón da Xunta, foi a importancia de proporcionar unha saída cara a autovía dende o Parque Empresarial, para o cal considera importante que dende o goberno central se fagan as peticións necesarias ao goberno autonómico, para enlazar directamente o parque coa autovía. Outras cuestións Na reunión, Rodríguez engadiu dúas peticións máis a ter en conta entre as que están a mellora da potencia-capacidade da depuradora, así como a ampliación da velocidade da banda ancha. Ademais instou ao goberno municipal a que active a posta en funcionamento das cámaras de vixilancia ou que mellore a iluminación."}
{"ID": "PRAZA_721", "summary": "O candidato popular á alcaldía, Jacobo Moreira, defende a permanencia da factoría en Lourizán, a pesar de que nos últimos anos Alberto Núñez Feijoo manifestara con rotundidade que o traslado era \"unha decisión persoal\" e que non había outra posibilidade", "text": "\"Non cabe a posibilidade de manter ENCE na Ría\". Así de rotundo se expresaba en xuño de 2009 Alberto Núñez Feijoo, pouco despois de tomar posesión como presidente da Xunta, subliñando que o traslado da planta a outra localización \"dentro da comarca\" era \"unha decisión persoal\" e unha \"vontade clara\" do seu Goberno. \"Non imos dicir unha cousa e facer a contraria\", engadía. En paralelo, Telmo Martín (portavoz local do PP nese momento) acusaba a ENCE de \"aproveitar a crise para perpetuarse na ría\", sinalando que \"a dignidade de Pontevedra non está en venda\". \"Non cabe a posibilidade de manter ENCE na Ría\". Así de rotundo se expresaba en xuño de 2009 Alberto Núñez Feijoo Desa rotundidade pasouse, en 2013 á unha posición máis ambigua, cando Núñez Feijoo comezou a pedirlle \"xestos\" á empresa para permitir a continuidade da factoría no seu actual emprazamento. Nese momento, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, saudaba a nova Lei de Costas, que permitía que ENCE quedase na cidade \"durante moitos anos\". O pasado venres o candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, eliminaba as posibles dúbidas ou ambigüidades que puidesen quedar con respecto á posición popular nesta cuestión, apoiando publicamente a continuidade de ENCE en Lourizán, sempre que reduza as súas emisións e xer máis emprego, sinalando que \"as condicións mudaron\". Ao igual que Núñez Feijoo hai dous anos, Moreira pediulle \"xestos\" á compañía, afirmando que \"agora lle toca falar á empresa. Temos que ver o que ofrece para quedar\". Un dos argumentos empregados polo PP para xustificar o seu cambio de posición, o da xeración de emprego, está apoiado en análises escasamente fundamentadas, coma a acusación de que Pontevedra é a cidade galega con máis paro, á vista das cifras da EPA, escasamente precisas para o estudo por localidades. Ao igual que Núñez Feijoo hai dous anos, Moreira pediulle \"xestos\" á compañía, afirmando que \"agora lle toca falar á empresa. Temos que ver o que ofrece para quedar\" En efecto, 2018 debería ser a data para a marcha de ENCE-Elnosa da súa actual localización no interior da ría de Pontevedra, pero nos dous últimos anos creceron as presións para a renovación da actual concesión por outros 60 anos, ao abeiro da nova Lei de Costas. De feito, a empresa xa comezou a traballar coa perspectiva de manter o seu emprazamento ata o ano 2078. En outubro aprobouse o regulamento da Lei e a Xunta debe emitir un informe sobre as actividades da planta e o seu impacto que será determinante para a concesión ou non da prórroga. Unha posición favorable da Xunta aseguraría a continuidade de ENCE en Lourizán, e un informe negativo dificultaría moito esta posibilidade, aínda que o Executivo de Rajoy podería desoír a opinión do Goberno galego en base a razóns de interese xeral. Os colectivos que dende hai anos pulan para asegurar o traslado da contaminante factoría acusan o PP de traballar, por acción ou inacción, para permitir que ENCE continúe no interior da ría. Este domingo o deputado de AGE Antón Sánchez acusou a Alberto Núñez Feijoo de mentir, cambiar de posición e funcionar ao ditado da empresa e esixiulle que a Xunta cumpra as sentenzas xudiciais que están sen executar e que obrigan a incoar o expediente de caducidad á concesión de ENCE. Os colectivos que dende hai anos loitan para asegurar o traslado da contaminante factoría acusan o PP de traballar, por acción ou inacción, para permitir que ENCE continúe no interior da ría Nos últimos anos o Goberno galego xa adoptou algunhas decisións controvertidas con respecto ás empresas instaladas no complexo de Lourizán. De feito, en outubro de 2013 presentou como un triunfo un acordo que lle permitía a ELNOSA seguir na ría de Pontevedra tres anos máis aló da data (2014) na que estaba previsto o seu traslado. Este límite, incumprido, fora cualificado anos antes de \"innegociable\" e \"improrrogable\" polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e como \"unha mostra de que cumprimos con Pontevedra\" polo presidente da Xunta. Para Antón Masa (APDR) o acordo demostrou que quen \"marca a política ambiental na ría son directamente Ence e Elnosa, a cuxos intereses está vendido o Goberno galego\"."}
{"ID": "NOS_6353", "summary": "Os \"produtos reclamo\" que empregan as grandes distribuidoras de alimentación para atraer clientela continúan a prexudicar as explotacións do agro galego. Unións Agrarias (UUAA) denuncia que produtos como a leituga ou a pataca están a venderse a prezos que marxinan as hortas do país ao introducirse grandes cantidades procedentes de Marrocos, Exipto ou do sur do Estado español.", "text": "As grandes distribuidoras de alimentación seguen a crear polémica pola guerra de prezos que remata por prexudicar as explotacións agrarias galegas. Nesta ocasión son os produtos da horta os que nos últimos quince días fixeron saltar as alarmas en moitas granxas. Por este motivo, Unións Agrarias (UUAA) realizou esta cuarta feira un acto de sensibilización en Compostela en protesta polo que consideran unha \"imposición\" de prezos baixos que reduciron considerabelmente as opcións para as e os agricultores. O responsábel de coordinación sectorial de UUAA, Félix Porto, sinala que este tipo de accións teñen o seu resultado e dúas das cadeas de alimentación, unha galega e outra valenciana, comezaron a reconducir a situación. \"O custo de produción estivo en torno aos 20 céntimos por unidade e chegóuselles a pagar a 25 céntimos\", asegura. Importación de produtos que abaratan os prezos Desde esta organización agraria demandan que haxa un etiquetado que diferencie de maneira clara os produtos galegos dos que veñen doutros países para que a consumidora ou o consumidor teña toda a información. Na Galiza, por exemplo, teñen constancia da presenza de leituga de Marrocos, Exipto, Bélxica ou do sur do Estado español. \"Non teñen nin os estándares de calidade nin os que están seguindo os agricultores deste país\", asegura Porto. Explica que para que o produto estea no lineal de distribución ten que erguerse ás 5 da mañá, corta as leitugas e lévaas á distribución, polo que cando se mercan \"é un produto fresco que conta con todos os requisitos sanitarios marcados\". Pola contra, apunta que \"descoñecemos como entra ese produtos procedente doutros países\". Lembra que xusto antes da pandemia estaban a realizar unha campaña de prezos xustos, que se interrompeu pola situación sanitaria e a prioridade por parte do sector de ter moita produción e dar un servizo á poboación. \"É curioso que a distribución aproveite esta situación para baixar os prezos\", relata Porto. Desde UUAA non entenden que isto mesmo aconteza con outros produtos galegos. \"Non parece normal que a pataca francesa estea a 1,29 euros o quilo e a pataca galega, que conta con todos os estándares, estea a 0,59 euros o quilo\", denuncia este sindicalista. No caso da pataca, este problema xorde cando é a tempada da nova. \"Temos constancia de moita produción de Exipto, de Andalucía e mesmo de Israel\", explica a Nós Diario Gabriel López, responsábel de produtos agrarios da Federación Rural Galega (Fruga), \"mesmo vemos pataca vella francesa que se leva e véndese competindo coa nosa pataca nova sen selo\", engade. Nestes produtos de consumo masivo asegura que as condicións son moi malas para as explotacións agrarias. Coincide en sinalar que algunhas grandes superficies aproveitaron os problemas de distribución que tiveron ao comezo da pandemia. \"Un exemplo foi que se pagaron 50 céntimos pola unidade das cabezas de repolo na Comarca da Mariña, cando se estaba multiplicar por seis o prezo no supermercado\", indica. Máis implicación da Administración Xulio Rodríguez Bermúdez, labrego de Mondoñedo que forma parte da SAT Labregos de Lugo, é moi crítico co actual sistema que propón o libre mercado deste tipo de produtos. \"Estamos falando de alimentación e de saúde, máis nestes tempos que corren\", reflexiona á vez que pide \"máis implicación da Administración galega, que debería apostar por unha marca propia\" e por controis que impidan a entrada de produtos \"que non sabemos se cumpren coas condicións dos nosos ou se teñen substancias químicas legais nos seus países\". Denuncia que a actual etiquetaxe \"é fraudulenta e a orixe non queda clara cando todos sabemos o que entra polo porto de Vigo cada ano\"."}
{"ID": "NOS_14090", "summary": "Perante a insistencia da redactora, nunha conferencia de imprensa, Jorquera respostou taxativo: \"non compartimos cerimonias de sometemento do público ao relixioso\". Tampouco AGE fixo parte do acto na Catedral rexeitando o que denominou \"hipócritas cerimonias espectáculo\". O funeral civil será esta cuarta feira 31 no parque de Bonaval", "text": "\"Mais, por que non foron? Foi unha decisión en común? Foi algo que teñen nas bases do BNG? --en aparente alusión aos Estatutos-- Hai algunha prohibición expresa? Porque a cidadanía galega reclamou a presenza do BNG nese acto\" Nestes termos literais lanzou unha xornalista da TVG o seu reproche durante a rolda de imprensa en que a formación frontista reclamou que se depuren responsabilidades políticas en relación ao sinistro ferroviario acontecido na curva da Grandeira, que deixou 79 mortes. A traballadora da televisión pública insistiu en coñecer polo miúdo as razóns que levaron ao Bloque a non facer parte dos oficios relixiosos celebrados na Catedral de Compostela. Formulou a súa pregunta despois de que o voceiro nacional do BNG tivese respostado xa a outra que, sobre o mesmo asunto, realizou un traballador de El Mundo: \"por que non mandaron representación oficial ao funeral?\" \"Somos absolutamente respectuosos co acto que se celebrou, mais reivindicamos o mesmo respecto para quen non ten as mesmas crenzas ou non profesa a mesma relixión\", explicou Vence. E chegou entón a batería de preguntas da xornalista da televisión pública, que pechou coa afirmación de que \"a cidadanía galega reclamou a presenza do BNG nese acto\". A explicación ofreceuna desta volta o voceiro do Bloque no Parlamento, Francisco Jorquera: \"a min non me consta que a cidadanía galega reclamase a presenza do BNG. Non sei cales son as fontes que vostede manexa. En todo caso, estamos nun estado aconfesional e cómpre estabelecer unha separación estrita entre os poderes públicos e o ámbito relixioso, que pertence ao privado\". \"O BNG --continuou Jorquera-- tería asistido a funerais privados de vítimas desta catástrofe por respecto. Porén, non compartimos cerimonias de sometemento do público ao relixioso. Son necesarios actos de carácter civil que teñan en conta a pluralidade de sentimentos que existen nesta sociedade\". Funeral civil en Bonaval: cuarta feira, 19h Non só o Bloque rexeitou facer parte dun funeral de Estado de carácter relixioso. Tampouco asistiu AGE. A través dun comunicado de imprensa, a coligación que lidera Xosé Manuel Beiras afirmaba que non tomaría parte \"de hipócritas cerimonias espectáculo\". Mediante unha carta remitida ao presidente da Xunta, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, reclamou para esta segunda feira un funeral civil que dese comezo unha hora antes do relixioso. A proposta non foi para diante até que a presentou a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, nunha reunión esta terza feira en que recibiu o visto e prace dos catro grupos parlamentarios."}
{"ID": "PRAZA_13417", "summary": "Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o encontro, enmarcado no ano galego da Tecnoloxía. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia.", "text": "Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía, enmarcado no ano galego da Tecnoloxía. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia. A día de hoxe hai xa 90 inscritos co que están esgotadas as 75 prazas de participación no congreso, limitadas polo número de ordenadores dispoñibles, polo que calquera nova inscrición será incluída nunha lista de agarda ante posibles baixas. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia Os participantes no congreso recibirán información teórica e práctica, impartida por poñentes de recoñecida experiencia no ámbito do software libre e na súa aplicación á educación. O programa provisional é o seguinte: 2 de xullo 10:00 -11:00 O silencioso dominio do Software Libre. Roberto Brenlla (Tegnix) 11:00 - 12:00 Unha ferramenta de software libre para a formación en ciencias: Epilinux. Miguel Ángel Rodríguez Muíños. Técnico Informático da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia \"educaBarrié na aula de ciencia e tecnoloxía. Aplicacións prácticas para Youtube e Audacity\". Xacobo de Toro Cacharrón.e Susana Vázquez Martínez. Gabinete de Mestres de educaBarrié 12:15 - 13:15 Software libre no centro educativo dixital (sobre Abalar). Agasol Interfaces web a software científico. Mario Rodríguez Riotorto (programador de Maxima) 13:15-14:15 Localización de Software Libre ao galego. Enrique Estévez Fernández, tradutor de Mozilla ao galego e Antón Méixome, Lingüista e coordinador de LibreOffice e Apache OpenOffice. Tradutores de Trasno (Trasno) Sage. Francisco Botana (Uvigo), Promotor do uso de Sage como alternativa a outros softwares matemáticos comerciais. 16:00 - 18:00 Mesa redonda sobre o Software Libre en Galicia. Francisco Botana (Uvigo), Antón Méixome (Trasno), Alberto Couto Losada (Responsable FLOSS da AMTEGA, Xunta de Galicia) (Agasol) 17:00 - 18:00 Maxima, un sistema aberto de cálculo simbólico. Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima) 18:15 - 20:15 Obradoiro de tradución ou localización ao galego. Enrique Estévez Fernández e Antón Gómez Méixome (Trasno) Obradoiro de Maxima, Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima) 3 de xullo 10:00 - 12:00 Metodoloxía copyleft e proxecto Abalar. Pablo Nimo Liboreiro e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Educación) 10:00 - 11:00 Estatística con R. Salvador Naya Fernández (UDC) 11:00 - 12:00 Aplicacións de R no sector de análise de xenomas para xenómica, proteómica e oncoloxía. Miguel Branco (bioinformático) 12:15 – 13:15 Software Libre aplicado á simulación e modelización nas PEMEs produtoras. Dr. Andrés Gomez Tato 13:15 -14:15 Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning. María José Rodriguez Malmierca Ensinar Matemáticas con Scilab Consuelo Castro Vázquez. IES Terra de Trasancos de Narón 16:00 - 17:00 eXeLearning e Moodle na área de Tecnoloxía. Pilar Anta Fernández do IES de Sabón e UDC 17:00 – 18:00 Geogebra na área de Tecnoloxía. Javier Macho Eiras da Escola de Arte Pablo Picasso, e UDC Drupal 6 ou 7? Indicacións para a migración. Manuel Díaz Regueiro 18:15 - 19:15 Competencia matemática e Geogebra. Inés Ben González. IES Vilar Ponte de Viveiro 19:15 - 20:15 Python e Geogebra 5. Manuel Díaz Regueiro 18:15 – 20:15 Obradoiro de Moodle. Pilar Anta do IES de Sabón e UDC"}
{"ID": "NOS_5988", "summary": "Sobreviven en mosteiros, colexiatas, catedrais ou santuarios. Algúns aínda soan na liturxia, pero maiormente van ficando mudos. O patrimonio organístico de Galiza, conformado por arredor dun cento de instrumentos, sofre de certa desidia. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 320 de Sermos Galiza ao respecto.", "text": "É un dos instrumentos musicais esteticamente máis impresionante. Grandes mobles de madeira dos que agroman coleccións de tubos en escala. De son sacro, envolvente. O seu hábitat natural atópase nos edificios relixiosos. Na Galiza, en mosteiros, santuarios, catedrais ou colexiatas. Non son tan habituais en igrexas parroquiais, aínda que algún si hai. Trátase dos órganos, órganos históricos segundo a denominación das expertas, unha área en sombra do patrimonio conformada por arredor dun cento de pezas espalladas pola xeografía do país e aínda pendentes dunha catalogación completa. \"Non sei como explicalo para que non quede un titular\", expón Belén Bermejo a este semanario, \"pero o estado xeral dos órganos é bastante lamentábel\". Xestora cultural, investigadora e música, Bermejo iniciou hai case dez anos e en colaboración co profesor e tamén músico Andrés Díaz o rexistro dos órganos históricos galegos. Descubriron practicamente un cento deles, en inmobles das cinco dioceses. Mais só tiveron tempo de investigar e consignar os de tres delas. \"Xa se perdeu moito patrimonio e o que queda está en mal estado, en risco de perda\", engade.Os órganos estudados por Bermejo e Díaz comezaron a se construír a metade do século XVIII. Dese tempo datan os máis antigos que non sufriron modificacións. Andrés Díaz menciona o da Colexiata de Xunqueira de Ambía, con dous teclados, ou os xemelgos do mosteiro bieito de Vilanova de Lourenzá, armados en 1761, barrocos. Estes últimos, sinala Bermejo, \"están intactos. Un deles nin sequera foi electrificado e conserva o sistema de foles orixinal\". Non é a desidia administrativa, con esta existir, o único perigo ao que se enfrontan os órganos. Nin sequera o maior, entende Bermejo. \"Se non se usan con frecuencia, o deterioro aprópiase deles\", di, \"e na Galiza non hai unha programación musical de órganos\". O desuso, con todo, tamén ten motivacións litúrxicas. As dioceses xa non teñen cartos para asumiren organistas en nómina, como aconteceu no pasado. \"Sucede o que sucede con todo patrimonio que non se usa. Vaise estragando, acumula sucidade, e chega ao punto en que a falta de mantemento provoca que só sirva a restauración completa\". Que, no caso destes instrumentos delicados, é custosa, laboriosa. Pero fundamental. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 320 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_54217", "summary": "A afiliación será quen decida nesa asemblea, que decorrerá o 17 ou o 24 de outubro, se aposta en ir ás eleccións do 20D e, de facelo, con quen e como.", "text": "O 17 ou o 24 deste mes de outubro Compromiso por Galicia realizará unha Convención nacional coas eleccións xerais do 20 de decembro como único ponto da orde do día. Unha asemblea na que a afiliación ao partido galeguista sexa quen decida se querer estar presente neses comicios e, de ser así, \"como e con quen\", en palabras de Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG, en conversa con Sermos Galiza. Bascuas incide en que vai ser a afiliación, as bases do partido, as que vaian decidir finalmente sobre a concorrencia a esa cita coas urnas. Así, cun apoio dun mínimo de 15 militantes pode presentarse a esa Convención unha proposta para acudir aos comicios. Representantes de cada unha das propostas defenderán as mesmas, para abrir unha quenda de preguntas e intervencións. Será a militancia de CXG quen, co seu voto, escolla se quer que Compromiso dea o paso de concorrer nesas eleccións, e de ser así, como facelo. \"Non vai haber posicionamentos desde arriba\", afirma Bascuas, descartando que desde o Consello de Compromiso por Galicia como órgano se vaia optar por unha fórmula de concorrencia en concreto. Programa Para alén deste debate, na Convención tamén está previsto que se fale de cuestións relativas ao programa, fixando criterios que ao entender de CxG deberían de se levar como propostas nunhas eleccións xerais. Cómpre lembrar que a finais de setembro o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou o regulamento para a súa Convención Nacional. No documento programático aprobado daquela polo CPN recóllese que \"o sistema político e partidario xurdido no Estado logo da transición á democracia está en crise, e que a corrupción endémica dos dous principais partidos así como as consecuencias da crise económica e das políticas neoliberais imperantes na Unión Europea constitúen causas fundamentais desta crise que mina a confianza da cidadanía no sistema político español\", neste sentido, \"ábrense tempos de mudanzas no referido á estrutura territorial do Estado, onde Galicia e os galegos e as galegas non podemos permitirnos o luxo de quedar fóra do debate que, dun xeito ou doutro, se vai dar no seo do Estado\"."}
{"ID": "PRAZA_5991", "summary": "Este sábado celébrase a Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, na que sanitarios, profesionais do ámbito xurídico e representantes de asociacións de afectados e familiares analizarán a situación deste ámbito da saúde, moi afectado polos recortes. Falamos con Miguel Anxo García Álvarez.", "text": "A Facultade de Psicoloxía da USC acolle este sábado a Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, na que sanitarios, profesionais do ámbito xurídico e legal e representantes de asociacións de afectados e familiares analizarán a situación deste ámbito en Galicia, moi afectado polos recortes. A xornada de debate, baixo o lema \"Unidos para defender o dereito a un futuro con saúde\" estará composta por distintas mesas de traballo, que elaborarán unha serie de conclusións que servirán de base para unha asemblea final do Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM). Nesta xuntanza adoptaranse decisións para futuras actuacións do Movemento, buscando a defensa desta parcela da sanidade pública. Entre 70.000 e 80.000 galegos e galegas padecen trastorno mental grave, segundo datos do MGSM, e entre 27.000 e 41.000 non poden acceder \"ao sistema de atención á dependencia ao que teñen dereito\". Para Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e portavoz da plataforma, \"os actuais recortes están limitando os dereitos asistenciais destas persoas. Están a ser danados os dereitos asistenciais e son restrinxidas de feito as prestacións sanitarias recoñecidas como dereito por lei á cidadanía\". Falamos con García Álvarez sobre a situación do sector e os obxectivos desta Xornada. \"Noutros ámbitos os efectos dos recortes e da crise económica poden tardar máis tempo en manifestarse, pero na saúde mental o efecto prexudicial da crise é seguro e é importante\" É a saúde mental o ámbito da saúde máis afectado pola crise e os recortes? En canto aos efectos da crise sobre a saúde, estamos seguros de que o ámbito máis afectado é a saúde mental. Noutros ámbitos os efectos dos recortes e da crise económica poden tardar máis tempo en manifestarse, pero na saúde mental o efecto prexudicial da crise é seguro e é importante. Hai informes que deixan claro o incremento do consumo de antidepresivos e ansiolíticos. O cambio nas condicións de vida dunha boa parte da poboación: empobrecida, debilitada, con máis incerteza sobre o seu futuro, privada dalgúns elementos materiais, apartada das redes normais de protección e apoio, privada en parte dos servizos sanitarios e dos sistema de axuda social..., todo isto fai que as persoas, loxicamente, manifesten en forma de trastornos a dificultade para tolerar estas situacións vitais. Falouse moito do incremento dos suicidios, pero supoño que os efectos -ainda que con consecuencias menos terribles- nótanse en capas moi amplas da poboacións, non si? Hai cousas que viñeron pasando e que pouco a pouco se van convertendo en sufrimento psíquico insoportable. A perda de vivenda, a perda de emprego, a pobreza..., é normal que derive en trastornos psíquicos, entendendo isto non como algo estraño á experiencia común, senón como un sufrimento que nun momento determinado adopta un cadro sintomático tal que require de apoio especializado sanitario para poder enfrontalo. En todo isto o incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado na sociedade. \"O incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado na sociedade\" E no medio da crise, a reforma do sistema de atención á saúde mental. En que se está a fallar? A reforma do sistema de atención á saúde mental consistiu nun incremento de dispositivos asistenciais na rede sanitaria xeral para hospitalizar cadros agudos de alteración psíquica e para tratar estas persoas no marco social de asistencia normal, como se trataría calquera outro problema de saúde, e ao mesmo tempo en reducir até pechar os antigos hospitais psiquiátricos ou manicomios. Que pasou? Que avanzando o tempo a reforma foi perdendo forza, arranque e motivos; e ao mesmo tempo foi priorizando uns métodos de tratamento que satisfacían uns intereses comerciais moi poderosos, os intereses da industria farmacéutica, promovendo un consumo excesivo de psicofármacos na sociedade. Foi pechando os hospitais psiquiátricos, onde os dereitos das persoas enfermas eran vulnerados, pero sen crear ao mesmo tempo un sistema alternativo, cos apoios suficientes para poder levar unha vida digna. O que se fixo foi colocar a estar persoas en residencias para maiores, nalgúns casos cun bo apoio profesional, pero noutros casos en condicións case de abandono. \"Avanzando o tempo a reforma foi perdendo forza, arranque e motivos; e ao mesmo tempo foi priorizando uns métodos de tratamento que satisfacían uns intereses comerciais moi poderosos\" Tanto na organización do MGSM coma na programación concreta des Xornada buscouse a intervención de todos as dimensións e actores que xogan un papel determinante na sáude mental, comezando polo ámbito legal... Historicamente os temas legal e da saúde mental sempre foron xuntos. A reclusión do tolo nos manicomios tivo que ver cunha sociedade que se decataba de que certas accións que facían determinadas persoas parecían estar fóra da súa capacidade de responsabilizarse dos seus actos. O primeiro que se facía era considerar que eses actos irresponsables eran consecuencia dalgún tipo de enfermidade, polo que se optaba pola reclusión, pero sen que isto supuxese unha condena penal para estas persoas. A presenza na Xornada e no Movemento de asociacións profesionais do ámbito xurídico remarca esta dimensión legal da saúde mental, totalmente inseparables. O Movemento introduce a novidade de incorporar todos os factores que teñen que ver coa enfermidade mental. Así conséguense incorporar todas as dimensións, achegando as visións e necesidades de todos os actores, dende os profesionais aos afectados e familiares, e tamén é moi importante a presenza sindical, e o seu traballo por garantir que se segue empresando unha atención de calidade dende o sistema público. \"Fíxose unha chamada de atención, reducíronse danos na poboación simplemente polo feito de existir o Movemento e de estar vixilante. Parouse unha redución grande dos recursos asistenciais en Compostela\" Como valoras o camiño percorrido polo Movemento? Que obxectivos perseguides nesta Xornada? Avanzouse bastante nestes tres meses. Fíxose unha chamada de atención, reducíronse danos na poboación simplemente polo feito de existir o Movemento e de estar vixilante. Parouse unha redución grande dos recursos asistenciais en Compostela, ao deter a intención da Xunta de pechar toda unha unidade de especialización durante catro meses. A Xornada deste sábado debe servir para seguir avanzando polo mesmo camiño, fortalecendo un Movemento moi necesario a curto, a medio e a longo prazo, para continuar analizando a problemática que nos atopamos neste ámbito, para mandar ao mesmo tempo unha mensaxe á sociedade de que estamos aquí, e para formular unha alternativa. Programa da Xornada A primeira mesa céntrase nas dimensións legais do que está a acontecer, coa participación do xuíz José Gómez Rey, que abordará a responsabilidade legal do profesional sanitario, e de Antonio Rama Valdés, fiscal de Santiago, que proporá unha visión crítica da actual reforma do Código Penal e as controvertidas medidas que afectan á saúde mental. O Hospital Psiquiátrico de Conxo será o protagonista da segunda mesa, moderada polo psiquiatra do Hospital Gil Casares, Alberte Araúxo. Tomarán a voz os profesionais do centro, subliñando as alternativas que ten por diante o centro de Conxo. O Movemento Galego da Saúde Mental celebrou a súa asemblea fundacional hai tres meses A evolución e a situación laboral dos profesionais centrará a terceira das mesas, a última que se celebrará antes do mediodía. A relación entre a crise e a saúde mental abrirá a quenda da tarde, analizando a asistencia aos máis maiores, a situación da atención á saúde mental da infancia e da adolescencia e a repercusión do actual contexto económico nos casos de suicidio. Para rematar, será a quenda dos dereitos sociais, debuxando a situación sociolaboral, asociativa e participativa das persoas afectadas por trastorno mental grave. O Movemento Galego da Saúde Mental celebrou a súa asemblea fundacional hai tres meses. Trátase dun movemento cívico que pretende a protección da saúde mental en Galicia e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas. Está formado por máis de trescentos profesionais da saúde mental pública de Galicia, profesionais da Xustiza, sindicatos, o Colexio Oficial de Psicoloxía, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, organizacións de familiares e usuarios dos servizos de saúde mental, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ou a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria."}
{"ID": "NOS_47441", "summary": "O fundador de WikiLeaks, acusado de espionaxe, podería ser condenado a 175 anos de cárcere se a xustiza estadounidense o declara culpábel.", "text": "Un tribunal de Londres retomou na segunda feira, 7 de setembro, a vista para decidir se o fundador de WikiLeaks, Julian Assange, debe ser extraditado aos Estados Unidos, onde o espera un xuízo por espionaxe nun controvertido caso onde os seus defensores denuncian unha grave vulneración da liberdade de prensa. Tras unha primeira semana de vistas en febreiro, Assange, de 49 anos, debía volver ante os tribunais en abril mais o proceso viuse atrasado pola pandemia de coronavirus que, segundo os avogados del, impediulles acceder ao cárcere para preparar o caso. Prevese que as vistas duren tres ou catro semanas e estean marcadas polas protestas: os seguidores do experto informático australiano convocaron na segunda feira a primeira ás portas do tribunal. Antes de se pronunciar sobre a solicitude de extradición, a xustiza inglesa debe asegurarse de que non sexa desproporcionada nin incompatíbel cos dereitos humanos. Recluído nunha prisión de Londres de alta seguridade desde a súa detención en abril de 2019 na embaixada de Ecuador ─onde viviu refuxiado nun pequeno cuarto durante sete anos─ Julian Assange podería ser condenado a 175 anos de cárcere se a xustiza estadounidense o declara culpábel. Revelación de torturas Washington acúsao de pór en perigo informantes e activos estratéxicos coa publicación en 2010 de comprometidos documentos secretos sobre as accións militares estadounidenses no Iraq e no Afganistán, que revelaron actos de tortura, mortes de civís e outros abusos. Porén, para o seu comité de apoio, son \"cargos con motivación política\" e \"un ataque sen precedentes á liberdade de prensa e ao dereito do público a saber\"."}
{"ID": "NOS_23354", "summary": "O empate (1-1) sabe a pouco nuns celestes que dominaron o encontro embora non materializar todas as oportunidades.", "text": "Un penalti inexistente a 3 minutos do final deixa o Celta sen a vitoria perante o Elche, un equipo que saltou ao campo con intención de disputar o encontro aos galegos, mais a medida que avanzaba o encontro foise botando atrás e pechando na súa área. O 'piscinazo' deu a oportunidade ao Elche de empatar o partido. Nin os propios xogadores reclamaron penalti. No minuto 60 marcara o Celta (Krohn-Dehli), Durante o partido Orellana e Radoja tiveron boas oportunidades de marcar. O empate supón un parón na recuperación do Celta nos últimos encontros,. Ficha técnica Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja (Pablo Hernández, mkin.88), Augusto, Krohn-Dehli, Orellana (Álex López, min.75), Nolito e Charles (Larrivey, min.84) Elche: Tyton, Damián, Lombán, Cisma, Aarón (Rodrigues, min.70), Adrián, Coro (Álvaro, min.76), José Ángel, Víctor, Fajr e Pasalic (Cristian Herrera, min.67) Goles: 1-0, min.60: Krohn-Dehi; 1-1, min.87: Lombán, de penalti Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Amonestou a Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Álex López, José Ángel, Cisma Campo: Balaídos: 14.386 espectadores."}
{"ID": "NOS_52865", "summary": "Namentres o plenario rexeitaba a proposta da Consellería de Educación, desenvolvíase unha concentración ás portas do Consello convocad@s pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público", "text": "Está é a terceira vez que o Consello Escolar de Galiza revóltase contra unha proposición da Consellería de Educación cos precedentes do decreto de plurilingüismo e a lei de convivencia. Esta vez o portazo foi para o decreto de comedores escolares promovidos polo departamento que dirixe Jesús Vázquez, unha proposta que contou co rexeitamento dos distintos colectivos e organizacións sindicais e estudantís que conforman a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Con 17 votos a favor da súa retirada, 13 en contra e unha abstención, acordábase na tarde desta cuarta feira a devolución do documento ao goberno galego para que o modifique. Dende a CIG Ensino, o seu secretario nacional Anxo Louzao defendeu no pleno a emenda á totalidade e a retirada da proposta de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Ás portas do Consello, cent@s de manifestantes convocad@s pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público amosaron o seu rexeitamento a unha proposta que, consideran, supón un novo golpe á educación universal. Transportado Para Anxo Louzao, o decreto da consellería da educación \"pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades e vulnera o dereito á educación e o deber de estar escolarizado\", sendo que \"elimina o dereito ao comedor escolar gratuíto para o alumnado transportado, non cumpre a función compensatoria nin a social e penaliza a poboación do medio rural\". Segundo a nova proposta de Jesús Vázquez, tod@s @s alumn@s dos centros docentes primarios e secundarios terían de pagar polo comedor, agás as familias que non superasen un teito de 7.000 euros per cápita, independentemente de estaren obrigad@s a usar o transporte escolar ou non. \"Estamos ante un decreto que no canto de asumir que os comedores escolares son unha necesidade de todos os centros educativos e que a administración educativa ten de ser a que directamente se faga cargo deste servizo, golpea as familias máis desamparadas economicamente, atentando, non só contra un dereito, xa que a educación tamén é un deber\", manifestou en declaracións a Sermos Galiza o sindicalista galego. Finalmente, Louzao denunciou a \"actitude autoritaria e antidemocrática da administración do Partido Popular\" por se saltaren o procedemento legal da negociación deste decreto na Mesa Sectorial e por consideraren \"un estorbo\" os foros de debate. \"Agardemos que a Consellaría de Educación acepte a decisión do Consello e non faga ouvidos xordos ao sentir xeralizado\", alegou Louzao, apelando \"á necesidade dun consenso\"."}
{"ID": "NOS_6626", "summary": "A Confederación de ANPAS Galegas pide a Dolores Valiño que investigue o \"abandono\" que sufriu o alumnado durante a pandemia por parte da Consellaría de Educación.", "text": "A Confederación de ANPAS galegas presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo na que denuncia a situación de abandono por parte da Consellaría de Educación que sufriu o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) durante a pandemia. Este colectivo, explica ANPAS Galegas nun comunicado, viu como se pechaban os centros escolares \"e de paso os seus moi contados recursos\". Así, ficaron \"sen máis apoio académico que o que puideran prestarlle, voluntaria, individual e mesmo afectivamente, algúns dos seus docentes\". As instrucións da Consellaría de Educación, que a confederación recolle no comunicado á valedora, Dolores Valiño, relegou nos centros educativos a continuidade das aulas nos domicilios sen fixar diferencias \"en canto ao tratamento do alumnado\". Unha enquisa levada a cabo pola propia confederación, e á que responderon 1.800 familias, revelou que en 60% dos casos o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo estaba a recibir as mesmas tarefas que as súas compañeiras. Noutra da CIG-Ensino, 85% do profesorado enquisado afirma \"que non recibiu ningunha indicación específica para abordar a diversidade empregando a formación a distancia\" A actual lexislación en materia educativa, lembran, asegura a \"calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das súas condicións e circunstancias\". Así mesmo, desenvolve a necesidade dunha educación que actúa \"como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que se deriven de calquera tipo de discapacidade\"."}
{"ID": "NOS_4827", "summary": "Cobiza, de María Reimóndez, pousa numa mui bem estruturada e meditada teoria feminista que serviria (servirá) a muitas para reflexionar sobre preconceitos e (des)certezas adquiridas", "text": "Na Arouça aprendim que podia ter cobiço: desejo de queijo com marmelo, ânsia de uma tarde de passeio, cobiço de que um livro não acabe, ou tenha segundas partes, que bem podem ser boas. Cobiza / María Reimóndez (Ilustrações de Iván R.) / Xerais / 2021 / 18 euros Isso me aconteceu com o Cobiza, de María Reimóndez. Admito que é amiga, mas isso não pode empecer a realidade: o romance parece-me uma alfaia. Uma pequena obra de engenharia em que cada peça cumpre a função precisa, exata. Podemos inserir Cobiza na ficção científica. Em um mundo apocalíptico, dezénios após este que vivemos, o planeta divide-se em dous grandes grupos (não como agora): as Capitais, onde a tecnologia e o poder fazem a vida agradável às suas habitantes (algumas), e os Recunchos, espaços contaminados, degradados e de vida miserenta. Luz, uma rapariga recuncheira, ganha a Lotaria da Fertilidade e passa a habitar na Capital. Luz, tirando de meritocracia (não como agora), acaba por dar em grande científica. Uma das suas criações é a membrana, uma malha de novos materiais que protege espaços concretos (as capitais, o bosque) da contaminação e (também) do controlo tecnológico. Uma membrana é também o que deu criado María Reimóndez com um único material e bem tradicional: a palavra. Muitas são as questões (que nada têm que ver com o agora, lembrai, ficção científica), que ela ligou como fios de teia, sem que sobrem nem faltem na narrativa: as identidades sexuais, o roubo de bebés, a escravidão feminina, o linguicídio, a tecnologia ao serviço do poder e de uns poucos, a espoliação do planeta e das culturas tradicionais, os mares de plástico, o racismo, a construção do relato como álibi da injustiça e, também, ai, a esperança, a possibilidade de pôr essa mesma tecnologia ao serviço, não da humanidade, mas do planeta. A obra conta com um protagonismo coral, em que várias são as personagens que narram, em primeira pessoa, os acontecimentos em que se vem imersas. Não temos uma heroína, mas um grupo de seres (pessoas?) que se aliam para mudarem as tornas. Cada uma dessas protagonistas consegue ter identidade própria, transparente mesmo no estilo: o falar matemático da Dandara, o dizer terroso da Tassi. A obra ganhou o I Premio Pinto e Maragota à Diversidade Sexual e de Xénero. E se algo são as personagens da obra é diversas. Até que ponto! A narrativa pousa numa mui bem estruturada e meditada teoria feminista que serviria (servirá) a muitas para reflexionar sobre preconceitos e (des)certezas adquiridas. Cobiço de virarmos vegetais."}
{"ID": "PRAZA_16887", "summary": "A presenza de organizacións feministas no concello ou de partidos de esquerda no goberno local son, segundo un estudo de Natalia Paleo, os factores máis determinantes no desenvolvemento das políticas de xénero a nivel municipal.", "text": "A investigadora Natalia Paleo vén de publicar As políticas municipais de xénero en España. O caso dos municipios galegos (Laiovento), a primeira análise realizada en Galicia sobre este tema no ámbito local. O libro, que condensa parte do contido da tese doutoral da autora, recolle os resultados dun revelador cuestionario realizado no 2010 nos concellos galegos, que mostra que, se ben o 76% afirmaron desenvolver políticas de xénero, só un 36% amosa un elevado nivel de desenvolvemento das mesmas. Ademais, a presenza de organizacións feministas demostrou ser o factor máis relevante en canto a impulso deste desenvolvemento. Falamos con ela. Distingues tres tipos de estratexias que guían as políticas de xénero: a igualdade de trato, a acción positiva e o \"mainstreaming\" de xénero. Cales son as diferencias fundamentais entre elas? Cal é a tendencia hoxe? No caso de Europa estas tres estratexias políticas foron xurdindo e consolidándose de forma progresiva. Noutros contextos esta evolución temporal non foi exactamente así. De forma moi sintética, a estratexia da igualdade de trato xorde na década de 1970 e caracterizouse por emprender determinadas reformas lexislativas que buscaban garantir que as mulleres tivesen o mesmo acceso á esfera pública, especialmente ao mercado laboral, e o mesmo trato que os homes. O problema principal desta estratexia foi que non cuestionou unha organización social que se sustentaba na discriminación e desigualdades das mulleres. Por iso, os novos dereitos que se outorgaban ás mulleres tendían a ser formais, pero non substantivos. Tras avaliar esta estratexia, entran na axenda política outros problema como as dobres e triples xornadas das mulleres, a segregación sexual no mercado laboral ou a desigual participación social e política das mulleres. A estratexia da acción positiva comeza a aplicarse a partir da década de 1980 e considera que hai unha serie de desigualdades de partida que impiden que as mulleres adquiran a igualdade plena. Deste xeito, buscouse identificar cales eran esas barreiras – coidado de criaturas e maiores, falta de capacitación laboral, ausencia de autoestima e/ou de redes, etc- e puxéronse en marcha medidas específicas para actuar sobre as mesmas e crear así unhas condicións sociais que favorecesen unha igualdade nos resultados de mulleres e homes. \"A estratexia da acción positiva comeza a aplicarse a partir da década de 1980\" Se ben se conseguiron importantes avances, por exemplo, a través das cotas no ámbito da participación política, a critica fundamental a esta estratexia é que seguiu poñendo o foco máis nas consecuencias das desigualdades que nas causas das mesmas. Por exemplo, o roles sociais de mulleres e homes no ámbito doméstico seguiu intacto. Finalmente, a estratexia do \"maistreaming\" de xénero, consolídase tras a celebración da IV Conferencia Mundial sobre a Muller de Nacións Unidas, en 1995. Esta estratexia considera que en xeral todas as políticas públicas contribúen a perpetuar as desigualades de xénero e ten como obxectivo incorporar a igualdade de xénero en todos os procesos, políticas e institucións que conforman as nosas sociedades. O foco xa non se sitúa na atención ás mulleres, senón nas relacións de poder entre mulleres e homes. \"Actualmente na UE lévase a cabo o denominado enfoque dual, aplicándose simultaneamente as accións positivas e o mainstreaming de xénero\" Un dos retos fundamentais desta estratexia é conseguir que todos os novos e numerosos actores implicados, de todas ás áreas políticas, asuman as súas responsabilidades en materia de igualdade de xénero. Unha das críticas que se fai a esta estratexia é que a miúdo se focaliza tanto en conseguir xerar os mecanismos, instrumentos, formación e sensibilización necesaria que precisan todos estes actores para poder aplicar o mainstreaming, que deixa nun segundo plano o obxectivo da igualdade de xénero. Actualmente na UE lévase a cabo o denominado enfoque dual, aplicándose simultaneamente as accións positivas e o mainstreaming de xénero. Ademais, tamén se continua utilizando a vía lexislativa para garantir a igualdade de trato. Existe un debate sobre a incidencia que ten nas políticas de xénero que as representantes políticas sexan mulleres. Cales os argumentos fundamentais deste debate? Que pensas ti ao respecto? Este é un debate vello xa entre as teóricas feministas. O argumento fundamental é que como consecuencia dos roles de xénero asignados, as mulleres teñen unhas experiencias vitais, uns intereses e unhas problemáticas específicas, diferentes aos homes. Tendo en conta iso, considérase que as propias mulleres representantes políticas \"defenderán\" mellor os intereses e demandas das mulleres. Concretamente, tense sinalado que en canto as mulleres constitúen unha masa crítica nas institucións, situada esta aproximadamente no 30%, o comportamento político e as políticas públicas serán transformadas. As análises empíricas amosaron que esta relación pode existir, pero tamén que non se pode desvincular doutras variables como, por exemplo, unha conciencia feminista xeral ou o apoio das organizacións e movemento feminista. Doutra banda, esta formulación teórica recibiu importantes críticas, como por exemplo que é reducionista e esencialista para coas mulleres, ao dar por feito que por ter un corpo de mulleres todas terán un comportamento similar e un pensamento feminista que as levará a actuar a favor da igualdade. Neste senso, considérase que hai outras variables como a raza, a ideoloxía política, a clase social, a orientación sexual etc, que poden ser mellores preditoras do comportamento político. \"A ausencia de mulleres nas institucións denota claramente algún tipo de discriminación directa ou indirecta\" En segundo lugar, tamén parece controvertido sinalar que as mulleres representantes teñen a responsabilidade adicional de representar as mulleres, cando en realidade hai un contexto institucional adverso que en grande medida vai condicionar os cambios que se leven a cabo. Desde o meu punto de vista, o punto de partida debería ser que as mulleres teñen que ser representantes na mesma medida que os homes, por unha cuestión de xustiza social e de bo funcionamento democrático, e a súa ausencia das institucións denota claramente algún tipo de discriminación directa ou indirecta. Algunhas mulleres representarán os intereses feministas e outras non. Evidentemente, cantas máis mulleres representantes haxa, máis probabilidades haberá de que algunhas sexa feministas e teñan polo tanto como prioridade defender os intereses das mulleres. No obstante, quixen comprobar esta hipótese neste estudo, por ser unha das máis analizadas previamente, e a conclusión é que esta variable inflúe pero menos ca outras como pode ser a presenza de organizacións de mulleres e feministas nos concellos ou a cor do partido político no goberno. \"Algunhas mulleres representarán os intereses feministas e outras non. Evidentemente, cantas máis mulleres representantes haxa, máis probabilidades haberá de que algunhas sexa feministas\" Os partidos de esquerda, explicas, foron marcándolles, dalgún xeito, o ritmo ao resto, de xeito que, por \"efecto contaxio\", todos tenden a adoptar medidas, polo menos, de discriminación positiva, porque iso dá lexitimidade. Cal é o efecto disto na efectividade das políticas de xénero? Ben, se ben en principio é positivo que o obxectivo da igualdade de xénero estea consolidado na axenda política, o feito de que todos os partidos se vexan abocados a ter que levar a cabo este tipo de políticas ten o risco de que estas se baleiren de contido e perdan a súa fin transformadora. Tense moi analizado que actualmente conviven concepcións moi diferentes do que se entende por igualdade... Neste senso, creo que tamén é fundamental o papel do movemento feminista, marcando o camiño e esixindo esa transformación social. \"O feito de que todos os partidos se vexan abocados a ter que levar a cabo este tipo de políticas ten o risco de que estas se baleiren de contido e perdan a súa fin transformadora\" Supoño que iso mesmo podería axudar a explicar a viraxe do discurso do PP e de Ciudadanos ante a folga feminista. Visto o éxito, quixeron apuntarse. Cal é a túa percepción sobre o efecto que a folga, e o avance do pensamento feminista en xeral, pode ter nas políticas de xénero? Si, posiblemente. En canto á folga deste 8 de marzo, en primeiro lugar creo que foi un revulsivo de enerxía tremenda para todas as feministas, que desde diferentes posicións estamos traballando para avanzar na fin do patriarcado. Necesitabámolo, mereciámonolo e foi moi reconfortante. Quedou patente que as mulleres xuntas temos moita capacidade de acción e tamén que posiblemente hai máis conciencia social ca nunca das desigualdades que temos que afrontar día a día. \"Quedou patente que as mulleres xuntas temos moita capacidade de acción e tamén que posiblemente hai mais conciencia social que nunca das desigualdades\" Isto é fundamental, quero dicir que a sociedade en xeral sexa consciente das desigualades de xénero e se posicione en contra. A mobilización deste 8 de marzo favorece esta toma de conciencia. Agora ben, que isto se traduza nalgún cambio concreto nas políticas públicas non vai ser doado nin automático. Hai que concretar demandas políticas concretas do feminismo no contexto actual e seguir traballando conxuntamente para que se traduzan en cambios políticos Dúas das túas hipóteses eran que, no caso dos concellos galegos, terían máis presenza as políticas de xénero nos máis grandes e nos situados nas provincias da Coruña e Pontevedra. A hipótese cúmprese, á luz dos datos -que extraedes dun cuestionario que pasastes a todos os concellos no 2010-. Como se explica isto? Ben, a influencia do tamaño dos municipios e da ubicación territorial xa se demostraran previamente noutras investigacións levadas a cabo en Catalunya e País Vasco e por iso quixen ver que acontecía en Galicia. No caso do tamaño dos municipios, ten que ver con determinadas características asociadas ao tamaño como son as competencias asignadas por lei, o número de concelleiras/os, e especialmente o seu tipo de dedicación, os recursos, o persoal técnico... En canto á provincia, ten que ver por un lado coas características socio-económicas que poden compartir os concellos segundo a súa ubicación territorial, e nese sentido creo que tamén se produce un efecto contaxio entres concellos veciños que levan a cabos políticas de xénero, e por outro lado co papel xogado polas Deputacións provinciais á hora de promover a igualdade. O 76% dos concellos dixeron ter políticas de xénero. Case a metade deles tiñan unha concellería ou área de igualdade ou de muller. Menos do 40% tiñan un Centro de Información da Muller. E só o 10% un Consello de Participación das Mulleres. Que incidencia ten o tipo de organismo que sexa no desenvolvemento das políticas de xénero? É máis ben unha cuestión de ter recursos? (Orzamento e persoal especializado). Estes son os organismos que se teñen desenvolvido no ámbito municipal para impulsar as políticas de xénero, e inciden en diferentes cuestións. En principio, a concellaría de igualdade é fundamental para planificar e impulsar tanto directamente como transversalmente estas políticas. Ademais, a súa existencia incide directamente nos recursos tanto económicos como humanos que se destinan a estas políticas. Os centros de información ás mulleres en Galicia están mais focalizados cara a información, asesoramento e atención específica ás mulleres, especialmente aquelas que se atopan nalgunha situación de violencia de xénero. E finalmente os Consellos son un instrumento de participación e comunicación coa organizacións de mulleres e feministas no ámbito municipal. Todos son importantes e inciden no desenvolvemento das políticas de xénero. En canto á orientación das políticas, interpretades que o 15% ten unha perspectiva asistencialista, o 60% entre unha perspectiva asistencialista e transformadora e o 25% unha perspectiva transformadora, relacionada con políticas de mainstreaming. Podes explicar isto? Isto ten que ver co que falabamos antes de que actualmente conviven concepcións moi diferentes das igualdade e do que se entende políticas de xénero. Neste estudo, optouse por partir dunha definición de amplo alcance que permitise analizar a diversidade de situacións. Neste senso, propuxéronse tres obxectivos para as políticas de xénero que analiticamente representan un contínuum entre unhas políticas que perseguen obxectivos transformadores e aquelas que non. E viuse que sobre un 15% do concellos que afirmaban realizar políticas de xénero centraban o seu obxectivo en \"protexer\" as mulleres en risco social. \"Sobre un 25% dos concellos sinalan que teñen como obxectivo transformar os roles de xénero e as estruturas sociais\" Trataríase de políticas que buscan dar solucións individuais a mulleres con determinadas problemáticas, a través de atención e asistencia concreta, pero que non abordan o problema social da desigualdade. En segundo lugar, habería un 61% que buscan promover a participación e presenza das mulleres en diferentes ámbitos da sociedade. Estas políticas tamén se dirixen fundamentalmente as mulleres e se ben tratan de promover a súa presenza en espazos dos que tradicionalmente foron excluídas, no poñen o foco nas causas desas desigualdades. E finalmente, sobre un 25% dos municipios sinalan que teñen como obxectivo transformar os roles de xénero e as estruturas sociais. Estes serían os municipios que están intentando desenvolver unhas políticas máis transformadoras. Estes resultados amosan claramente que o camiño por recorrer no marco das políticas de xénero é aínda moi longo. O desexable sería que todas as políticas de xénero tivesen un obxectivo transformador, que buscasen actuar sobre as causas das desigualdades. \"O desexable sería que todas as políticas de xénero tivesen un obxectivo transformador, que buscasen actuar sobre as causas das desigualdade\" En canto ás accións dirixidas á cidadanía, dentro destas políticas, o 95% din promover accións para o fomento da igualdade na educación ou para prevención da violencia de xénero ou para a igualdade no ámbito socioeconómico; o 60% céntrase no mercado laboral, no ámbito da saúde, no cultural e no empoderamento das mulleres, e só uns poucos se ocupan da corresponsabilidade no fogar e da promoción dunha nova organización dos tempos. Explicas que é preocupante que sexan tan poucos estes últimos. Por que? Paréceme preocupante porque aquí está o quid da cuestión. É dicir, a actual organización social dos tempos e a división de roles de xénero que prevalece sustenta e reproduce as desigualdades entre mulleres e homes. Se non cambiamos iso, dificilmente imos poder avanzar cara unha igualdade plena das mulleres. \"A actual organización social dos tempos e a división de roles de xénero que prevalece sustenta e reproduce as desigualdades entre mulleres e homes\" Na análise dos resultados, explicas que o factor con maior impacto no desenvolvemento das políticas de xénero é a presenza de movementos de mulleres, e sobre todo se se trata de asociacións feministas. Podes explicar isto? Estes resultados corroboran a importancia de que existan en xeral nos concellos organizacións de mulleres. Quixen facer unha distinción entre organizacións feministas e organizacións de mulleres posto que os fins que perseguen son diferentes, sendo claramente as primeiras as que teñen uns obxectivos políticos claros vencellados coa eliminación das desigualdades de xénero. Na hipótese inicial xa salientaba que sería nos concellos con presenza de organizacións feministas onde previsiblemente as políticas de xénero estarían máis desenvolvidas. A análise empírica amosou que así era. \"Quixen facer unha distinción entre organizacións feministas e organizacións de mulleres posto que os fins que perseguen son diferentes,\" Pero tamén se viu que naqueles municipios onde hai organizacións de mulleres que non se consideran feministas, hai mais probabilidades de que as políticas de xénero estean mais desenvolvidas que nos municipios onde non hai ningún tipo de organizacións de mulleres. Estes resultados concordan con obtidos en boa parte das análises comparadas sobre movementos de mulleres que se teñen feito a nivel internacional. As organizacións feministas e de mulleres teñen tido un gran impacto no avance e na defensa dos dereitos das mulleres e nas políticas publicas que se poñen en marcha con este fin. No caso deste estudo, é relevante salientar que se trata do factor que ten máis influencia dos cinco analizados -presenza de mulleres, cor do partido político, tamaño dos municipios e provincia-. Nos resultados tamén sae que se gobernaba o BNG, había un 72,2% máis de probabilidades de que as políticas de xénero tivesen maior desenvolvemento. En cambio, que gobernase o PSdG non aumentaba de xeito significativo as probabilidades. Hoxe os resultados serían distintos -dada a incorporación á esquerda doutras organizacións políticas- mais, desde a túa perspectiva, cal podería ser o desenvolvemento das políticas de xénero nas cidades gobernadas polas mareas? Si, os resultados corroboran a hipótese formulada en relación a que os municipios gobernados polo partidos políticos situados máis á esquerda no espectro político son os que teñen máis desenvolvidas as políticas de xénero. Na lexislatura analizada, 2007-2010, os tres partidos políticos con maior presenza nos concellos galegos eran PP, PSdG e BNG, e utilizouse un estudo do CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) para situalos ideoloxicamente. Concretamente, o que se viu foi que nos concellos nos cales gobernaba o BNG había un 72% máis de probabilidades de que as políticas de xénero tivesen un maior desenvolvemento que nos concellos gobernados polo PP. No caso do PSdG, partido que ocupaba una posición central nesta escala ideolóxica que se construíu, os resultados no eran estatisticamente significativos, é dicir non se puido demostrar que tivesen as políticas de xénero máis desenvolvidas. \"O que se viu foi que nos concellos nos cales gobernaba o BNG había un 72% máis de probabilidades de que as políticas de xénero tivesen un maior desenvolvemento\" Tal e como digo no libro, dende o 2011 o panorama político cambiou moito e sería importante poder ver como variaría esta análise empírica ao entrar as novas forzas políticas a gobernar nos concellos a partir do 2015. Persoalmente, creo que os gobernos municipais das mareas, entre outras cuestións, están destacando precisamente polo impulso que lle están dando ás políticas feministas no ámbito municipal, e creo que constituirán un punto de inflexión non só nos obxectivos de estas políticas, senón tamén na forma de levalas a cabo, de forma participativa, da man da cidadanía e cunha perspectiva claramente comunitaria. \"Creo que os gobernos municipais das mareas están destacando precisamente polo impulso que lle están dando ás políticas feministas no ámbito municipal\" En xeral, só o 35% dos concellos amosaban, no voso estudo, un nivel de desenvolvemento alto en políticas de xénero. Despois veu a crise, o ascenso de Ciudadanos... Como cres que é a situación agora? Na conclusión do libro xa digo que é preciso continuar analizando as políticas de municipais de xénero. Este é o primeiro estudo que se publica en Galicia, e só é un punto de partida, que debería ter continuidade. Por suposto, é especialmente importante ver o impacto que tivo a crise económica nestas políticas no ámbito municipal. \"A crise económica e as políticas de austeridade foron unha escusa perfecta para que os partidos conservadores levaran a cabo importantes retrocesos nestas políticas\" A nivel estatal e galego xa se levaron a cabo diversos estudos que amosan claramente como a crise económica e as políticas de austeridade foron unha escusa perfecta para que os partidos conservadores levaran a cabo importantes retrocesos nestas políticas, a nivel de recursos, de eliminación de organismos dedicados ás políticas de igualdade, de persoal.. mais tamén no contido das propias políticas, incorporando novas políticas como por exemplo as relacionadas coa saúde e dereitos reprodutivos das mulleres, que desafían directamente as demandas e reivindicacións feministas. Polo tanto, supoño que no ámbito municipal tamén se produciron retrocesos importantes durante este tempo."}
{"ID": "PRAZA_17108", "summary": "A plataforma Queremos Galego advirte do \"sobreesforzo\" que para persoas e colectivos supón empregar o galego \"día a día\" en todos os ámbitos da vida e lamenta que a política lingüística da Xunta se reduza a \"propaganda\"", "text": "Un \"sobreesforzo\". É ao que se enfrontan cada día nais e pais, editoriais, medios de comunicación, empresas ou entidades que queren exercer a \"liberdade de vivir en galego\" e facelo \"día a día\" con normalidade. \"A sociedade esta soa\" e malia iso, a lingua galega \"ten todo por gañar\". Son algunhas das reivindicacións que este 17 de maio volveron ecoar nas rúas do centro de Santiago no marco da manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, secundada unha vez máis por milleiros de persoas. Un grupo de nenas e nenos formando as palabras \"en galego\" encabezaron unha comitiva, animada desta volta polo sol, que xunto á reivindicación de apoio por parte das institucións públicas pretendeu ser tamén homenaxe ás persoas e organizacións que \"manteñen o galego vivo\". Esta marcha é tamén a do \"orgullo\" de lograr que o idioma perviva, dixo o voceiro de Queremos Galego e presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no acto final da quintana. A actriz e presentadora Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, conduciu un acto final na que os maiores aplausos non foron desta volta para os discursos lidos ou improvisados, senón para o hip-hop da rapazada do instituto Antón Fraguas de Santiago. Tras gañaren o certame de manifestos do Correlingua 2018 os membros do grupo Franki e os labregos da linguaxe, formado por estudantes deste centro educativo, interpretaron a súa composición Rapea, que a lingua non para, recibida con sorrisos e aplausos entre o público asistente. Nenas e nenos na cabeceira da manifestación / CC BY-SA Galiza Contrainfo O voceiro de En Marea, Luís Villares, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e mais a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, amosaron xunto a diversos membros de cadansúas forzas políticas o apoio da oposición parlamentaria a unha reivindicación que segue a ter un dos seus focos no ensino. A lingua propia de Galicia, lembrou Maceira, segue vetado nas materias científicas e técnicas que, no entanto, si poden ser impartidas en castelán ou inglés. \"Onde está a Lei de Normalización Lingüística, onde está a oficialidade, onde están os acordos unánimes?\", preguntouse o voceiro da plataforma. Participantes na mobilización de Queremos Galego / Praza.gal A xuízo do colectivo, a \"única política lingüística\" exercida dende o Executivo galego nos últimos anos foi a \"propaganda\". Por iso, dixo, \"o galego está na administración, na xustiza, na rede ou nos medios de comunicación só cando actuamos para que estea\". Ese é o motivo, agrega, que leva a Queremos Galego a afirmar que \"todos e todas facemos máis falta que nunca, todos e todas somos o sostén do noso idioma\"."}
{"ID": "NOS_14786", "summary": "Miguel Fernández Cid será o novo director do Marco (Múseo de Arte Contemporánea) de Vigo. Anunciouno esta segunda feira o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen presumiu dun proceso de escolla \"con toda a transparencia, independencia e rigurosidade\". Nin boa parte do tecido cultural da cidade nin a oposición política comparten esa impresión.", "text": "De feito, a Marea de Vigo adiviñara hai máis dun mes o nome da persoa que substituiría a Iñaki Martínez Antelo, cesado a finais de 2017. \"É significativo que o nome do novo director estea xa en boca da xente do mundo artístico\", declarou a inicios de xaneiro o seu portavoz, Rubén Pérez. Ao convulso finiquito de Antelo, entre grandes protestas do sector, seguírono afirmacións municipais segundo as que o centro funcionaría, a partir daquela, sen director. Mais Caballero rectificou e, uns meses despois, abriu un concurso para elixir o director do Marco. Esta segunda feira, a comisión técnica de expertos encargada da selección comunicou a súa proposta unánime, Miguel Fernández Cid. A Marea de Vigo denunciara en xaneiro que as bases do concurso foran \"adaptadas ao currículo\" de Fernández Cid e que nin sequera esixían competencias en galego ou en inglés. Miguel Fernández Cid (Pontevedra, 1956) era na actualidade o director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con sede en Compostela. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes e mais do Consello da Cultura Galego, premio da Cultura Galega de Artes Plásticas outorgado pola Xunta en 2016, foi durante sete anos director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Alí chegara despois da abrupta saída de Gloria Moure. \"É a primeira vez que un director do Marco é escollido por unha comisión de expertos independente en concurso público\", salientou, pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen non perdeu a ocasión de esixir \"desculpas\" aos que \"fixeron disto unha batalla política, porque querían eles nomear o director. Algúns mesmo chegaron a me dar nomes\". Nota: Miguel Fernández Cid, novo director do Marco. Foto: Youtube."}
{"ID": "NOS_4828", "summary": "Cae (3-2) perante un rival ordenado e contundente. Os celestes malia derrota mantéñense terceiros na táboa", "text": "O Girona puxo fin no seu campo á imbatibilidade do Celta nesta Liga. Unha vitoria traballada e labrada a base de oficio e unha equipa ordenada, que soubo facer fronte a un Celta que chegaba a esta cita disposto a levar para Vigo os tres puntos. O primeiro gol dos cataláns, no minuto 22, cortocircuitou un Celta que até entón dominara e fora despregando as súas mellores cartas: defensa firme e segura, control do xogo e ameaza sobre a área rival. A cabezada de Stuani caeu coma unha xerra de auga fría nos celestes: é un deses goles que Antonio Mohamed insiste en que non se poden encaixar. O Girona aproveitou para deixar de sufrir e intentar meter o segundo gol. O celta non tiña fluidez e parecía fóra do partido. Porén, o gol de Aspas empataba o partido e volvía situar os celestes no camiño de pelexar polo encontro. Pouco durou a alegría. Aos 37 minutos, Alcalá marcou tras un saque de esquina. Outro deses goles que lle proen ao adestrador celtista. Trala reanudación, con Boufal por Júnior, o Celta saíu decidido a empatar canto antes. O dominio era claro mais o Girona nunha contra marcou o terceiro gol. Boufal, tras unha longa xogada, acurtou distancias a falta de tres minutos para o final. Ficha técnica: Girona FC (3): Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84), Douglas Luiz, Granell, Borja García (Roberts, min.67), Portu (Aleix García, min.88), Stuani. RC Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Cabral, Júnior Alonso (Boufal, min.46), Lobotka, Beltrán (Brais, min.75), Iago Aspas, Maxi Gómez, Sisto (Dennis, min.66). Goles: 1-0, min.22: Stuani; 1-1, min.34: Iago Aspas; 2.1, min.37: Alcalá; 3-1, min.56: Stuani; 3-2, min.87: Boufal Árbitro: Javier Alberola Rojas, do comité de Castela-A Mancha. Expulsou con duplo cartón amarelo a Cabral (min.92) e amoestou Beltrán e Douglas. Campo: Montilivi"}
{"ID": "NOS_7291", "summary": "Publicamos, a continuación, unha nova peza histórica, de Alberto Lago, no marco da sección \"Torre de Trezenzonio\". Nesta ocasión, fala das pontes.", "text": "Imos falar hoje dumas fortificações na Galiza que cumprirão o seu objectivo tão bem que já não se percebem. A ponte de Pontevedra está numa zona baixa e enlamada, até o ponto de que nos gravados antigos só o caminho sobressai da marisma. Na maré alta queda tam pouco oco nos arcos que malmente pode passar uma barca, e moitas vezes nem isso. Por que se fixo nesse sítio? Por que não onde está a ponte da barca? Uma comparação coa ponte de Ourense, que é da mesma época,deixa claro que a tecnologia da época era suficiente para o fazer. E não é um caso único, há pontes bem altas no curso médio e alto de bastantes rios aqui e em Astúrias, por não ir moi longe. Para nós, o motivo de fazer a ponte dessa maneira é impedir o passo dos barcos polo rio. Queremos dizer que esse efeito não é um defeito da construção. É o objectivo dela. O que passava antes Desde o 844 da nossa era até aproximadamente o ano 1100 a nossa terra estivo sujeita a ataques dos nórdicos, ao igual que a Bretanha a Irlanda e o resto de países da fachada Atlântica da Europa. Os vikingos atacaram as nossas rias e o interior, chegando a sitiar Compostela em duas ocasiões, e entrando até o Courel noutra. A partir de finais do século XII não há mais ataques que chegarem até o interior. Nos séculos escuros é famoso o saqueo de Cangas, que não era uma vila fortificada, polos piratas berberiscos. Mas não é até a toma de Vigo e Pontevedra polos ingleses no 1719 que é tomada uma vila do fundo das rias.E aqui já não estamos a falar de piratas, trata-se duma campanha militar moderna, da que haverá que falar noutra ocasião. O que cambiou depois do século XII foram as pontes. Nas Rias Baixas é onde melhor se pode ver, ainda que há exemplos por toda a beira-mar. As pontes Na ria de Vigo está a ponte de Ponte Sampaio sobre o Verdugo. Aparece citada na História Compostelana, Gelmirez pediu ao conde Raimundo de Borgonha, governador da Galiza em nome do rei Afonso VI,que eliminasse a pontage que se pagava por o passar, e parece que o conde aceitou. Co que já devia de haver uma ponte a começo do século XII. Na ria de Ponte Vedra, a ponte do Burgo sobre o rio Lerez. Esta ponte há ser contemporânea da fundação da vila por Fernando II, já que logo do ano 1169 pouco mais ou menos. Na foto antiga fica bem claro o obstáculo para a navegação. Na ria de Arousa a ponte de Cesures sobre o Ulla. O foro da vila de Padrão é do ano 1164 e a ponte há ser da mesma época. Também concedido polo rei Fernando II. Moi importante, porque fechava um dos acessos à Compostela e o melhor acesso ao interior pola Ulhoa. Na ria de Muros e Noia está a ponte Nafonso sobre o Tambre. Adoita-se considerar que o Afonso do nomeseria o nosso Afonso VIII, filho de Fernando II. Isto dataria a construção entre 1188 e 1230. Não resulta estranho que fosse o último, as dificuldades da construção foram muitas, e tivo que se reconstruir parcialmente no século XIX. A tecnologia da época estava chegando a os seus limites. Como funcionava Estas pontes faziam parte dum sistema de fortificações mais amplo. Não é casual que a construção da maior parte deles fosse na mesma época. Parece que nossos reis Fernando II e Afonso VIII mandaram os fazer ao mesmo tempo que as vilas forjicadas da Beira-mar. Cando no 1230 o reino foi unido á coroa de Castela, deixou de se desenvolver esta política e as vilas da entrada das rias quedaram sem fortificar salvo alguma excepção como Baiona. O que fai tão eficazes a essas pontes é o difíceis que são de destruir. E não chega com tomar as pontes há que destruí-las para eliminar o obstáculo. Os barcos vikingos poderiam passar por debaixo coa maré baixa com tal de quitar o mastro. Mas para voltar teriam que fazer o mesmo. E a única maneira de assegurar o passo seria tomar a ponte côas suas fortificações e defendê-la. Mas isto implica que para passar a ponte de Pontevedra há que tomar a vila de Pontevedra e défende-la e para passar a de Cesures há que tomar Cesures e Padrão. E o mesmo para cada ponte que acharem. Nestas condições uma expedição de piratas deixa de ser rendível moi rápido. E o Minho? Pode parecer raro que o mesmo projecto não se levasse adiante no rio Minho, sendo como é a melhor via para navegar cara ao interior da Galiza. Ao nosso modo de ver há três motivos que o explicam: • À primeira: o tamanho da ponte que seria necessária. Para fazer uma ponte das dimensões das outras teria que ser á altura de Rivadavia. Os cartos e esforço que custaria fazer seriam enormes. E já vimos que a ponte Nafonso estava nos limites do que se podia fazer. • A segunda é que desde o século XII o Minho era uma fronteira e como tal havia fortificações a um lado e outro. O rei Fernando II tivo que trasladar Tui á sua localização atual desde a beira do rio para a poder defender. • A terceira é maiores da anterior: o Minho era uma via comercial desde antigo e, como tal, vigiada. Era mais perigoso que os piratas se colar por onde ninguém os aguardava. Fechar essa via faria mais difícil vender o vinho do Ribeiro aos ingleses. Em conclusão. Pouca gente que passar polas ditas pontes a dia de hoje pensaria que eram algo mais que uma estrutura de transporte, mas tinham outra função igual de importante. Esta função defensiva não é única das Rias Baixas e noutra ocasião haverá que passar revista as pontes que há noutras partes da beira-mar, e ás que não há."}
{"ID": "NOS_36364", "summary": "Para alén de empréstimos, posuía a través de Xesgalicia unha participación do 7% na téxtil.", "text": "A nova da quebra de Caramelo supón unha nova xerra de auga fría para o tecido empresarial galego e para o emprego, nomeadamente na Coruña, onde a destrución dos postos da téxtil súmase aos EREs de Extel, Atento... A firma pide a liquidación ao non poder remontar a situación na que se atopaba e embora a inxección de cartos públicos da Xunta, que sumaban por volta duns 20 millóns de euros. A Xunta, a través de Xesgalicia, ten unha participación dun 7% na firma quebrada. Pagou uns 3,2 millóns de euros polas accións. A isto hai que engadir os 16 millóns de euros en empréstimos públicos na liquidada Caramelo Gestión e medio millón en Caramelo SA. A fin desta empresa téxtil supón o fechamento das súas tendas, da central e o corner que posuía en El Corte Inglés. Perderanse 169 empregos, dos cales perto de 80 en Galiza, a maioría deles na central (61) e 14 en tendas, ademais de 4 no mencionado 'corner'. A compañía, propiedade do grupo Inveravante, de Manuel Jove, apontou nun comunicado que entre as causas da quebra estaba a \"actividade danada pola crise de consumo en Europa e nomeadamente en España\"."}
{"ID": "NOS_17832", "summary": "Os dispositivos de extinción dan por estabilizado o incendio forestal que afecta os municipios de Cualedro e Monterrei, e que arrasou 1.535 hectáreas de terreo, o máis grave desde a vaga de incendios de 2017.", "text": "O incendio detectado no concello de Cualedro o pasado 29 de xullo, na parroquia de San Millán, continúa activo. A raíz do rápido avance das lapas, empurradas polos fachos de vento, o municipio de Monterrei tamén se veu afectado. A veciñanza de San Cristovo, núcleo deste concello, tivo que ser desaloxada das súas casas logo de que a Xunta da Galiza se vise obrigada a activar a situación 2. Outro lume orixinado en Monterrei calcinara previamente un total de 720 hectáreas de terreo. No caso do de Cualedro, desde a primeira xornada na que se detectou a Consellaría de Medio Rural cifra a superficie afectada en 1,535 hectáreas, das que 525 son agrícolas. Segundo o último parte emitido por Medio Rural esta mesma mañá, os traballos de extinción mobiliaron dous técnicos, 42 axentes,105 brigadas, 43 motobombas, seis pas, 13 helicópteros e 13 avións, así como membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME). A última hora da quinta feira, o incendio tomou o rumbo do municipio de Oímbra, alcanzando a área situada entre Bousés e A Granxa. Os medios aéreos conseguiron atallar as lapas e illar o lume ao carón da estrada que une ambas localidades, polo que a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, non chegou a percibir en ningún momento risco para a veciñanza destas zonas. Na mesma área, un incendio orixinado en Chaves, Portugal, cruzou a raia a través do municipio de Vilardevós, a onde se trasladou a Brigada de Reforzo de Incendios Forestais. A fronte do lume, quilométrica, provocou unha densa fumareda. Nesa xornada foi detectado outro incendio no concello de Rodeiro, que está estabilizado e que afectou a unhas 100 hectáreas, mentres que o localizado na Pobra da Caramiñal na sexta feira queimou 42,42 hectáreas. A oposición pide medidas O deputado electo polo BNG, e responsábel da área de Medio Rural durante a pasada lexislatura, Xosé Luís Rivas 'Mini', reclamou medidas de vixilancia específicas para aquelas zonas nas que, ano tras ano, se repiten os mesmos incendios abarcando tamén a mesma área de afectación. É o caso dos municipios de Cualedro e Monterrei, que pertencen ao distrito forestal, o número XIV Viana-Verín, que máis sinistros rexistrou entre 2007 e 2018. Tamén o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, se pronunciou na quinta feira en relación aos lumes rexistrados este verán. O líder socialista criticou a \"situación de falta de coidado do medio rural e a falta de prevención e coidado das masas forestais\". Folga do persoal técnico Este 1 de agosto, arredor dun cento dos profesionais técnicos que integran o servizo de prevención de incendios forestais da Xunta están chamados á folga. Nunha concentración, representantes dos sindicatos organizadores aseguraron que as súas reclamacións non pasan por subas salariais, senón por unha adaptación do servizo \"ao século XXI\". O Diario Oficial da Galiza recolleu onte os servizos mínimos desta folga de carácter indefinido, que fixa en 100% nas tarefas de coordinación durante a tempada de alto risco de incendios."}
{"ID": "NOS_42951", "summary": "Propoñemos a persoas con diferentes perfís que partillen coas lectoras de Nós Diario sete cancións para escoitar nestes días de quedar na casa pola crise do coronavirus.", "text": "Chegamos ao final desta experiencia de música para o confinamento coa actriz Cris Iglesias como convidada. Con ela facemos un percorrido dunha semana, a modo de diario, cunha canción para cada día na casa para quedarnos co importante. Entre os seus últimos traballos figuran a serie Auga Seca, unha coproducción galego-portuguesa, a curta 16 de decembro, de Álvaro Gago, e mais o filme Eroski Paraíso, de Jorge Coira, baseada na peza teatral da compañía Chévere. SEGUNDA FEIRA \"You gotta Be. Porque todo é cuestión de actitude e este tema noventero de Des'ree é un bo motivo para comezar a semana\" TERZA FEIRA \"Guadi Galego é unha sorte que temos na Galiza. A pesar da dureza dos tempos, estamos Cheas de vida! Sempre!\" CUARTA FEIRA \"Varios dos meus amigos, compañeiros de vida musical durante anos, emigraron a Holanda. Alí formaron o grupo Mamihlapinatapai (si, podes volver ler o nome) esencia galega polo mundo, amigos loitadores, eles teñen Galiza moi presente, aquí Chove sempre e nós botámolos de menos\" QUINTA FEIRA \"Dá igual que se achegue a finde… Eu Non quito o chándal neste confinamento, e ti seguro que tampouco. Novedades Carminha arranxa calquer día e non só por seren boa xente\" SEXTA FEIRA \"Desde a túa casa ou onde queira que esteas, non esquezas que nós temos o poder. People have the power de Patti Smith, unha das miñas grandes referentes\" SÁBADO \"Non pode faltar Freedom de George Michael, porque si, gústanme moito os clásicos 90´s e desde que vin o grande espectáculo Shock de Andrés Lima o ano pasado, este tema cobrou ainda máis importancia no meu día a día para darme moita enerxía. Penso nos meus compañeiros de Fariña, o espectáculo, cando nos dispoñemos a saír a escena e sempre esbozo un sorriso\" DOMINGO \"Uxía e Narf levan anos acompañándome nesas noites de sono difíciles. Porque quen puidera agora marchar a Zemambiquo por un tempo, Narf. A súa nana non entende de idades e a poesía feita música cura sempre\" E aquí a listaxe para escoitar as cancións:"}
{"ID": "NOS_45472", "summary": "O sucesor de Feixoo realizou este sábado o primeiro acto de campaña para liderar o PPdeG. No acto asegurou que tratará de deseñar o \"mellor\" Goberno galego sen atarse a cotas territoriais.", "text": "O candidato para liderar o PPdeG, Alfonso Rueda, quen tamén sucederá a Alberto Núñez Feixoo á fronte da Xunta nuns 15 días, decidiuse por Lugo para iniciar a súa campaña interna para liderar o PPdeG no seu 18º Congreso que se terá lugar os días 21 e 22 de maio en Pontevedra. No acto, realizado este sábado, reivindicou reivindicou o traballo do vicepresidente segundo e responsábel de Economía en funcións, Francisco Conde, de quen asegurou que, se o desexa, seguirá con el no novo Executivo galego. O propio Conde acompañoulle no acto, no que interveu tamén a líder provincial, Elena Candia. Rueda formaliza a súa candidatura e promete dar continuidade ao \"estilo Feixoo\" Previamente, fixo un chamamento á \"unidade\" para conseguir a \"estabilidade\" que, ao seu modo de ver, garante os bos resultados electorais e podería sentar as bases non só para contribuír a unha vitoria de Feixoo, agora líder do PP, no Estado español; senón tamén para o seu reto último: unha quinta maioría absoluta consecutiva na Galiza en 2024. Tamén chamou aos seus a evitar discusións que lles tratan, dixo, de \"meter\" os seus rivais políticos coa intención de debilitarlles. Proclamou con contundencia que \"non hai catro\" PPdeG e para \"non fallar a Feixoo\" pediu \"o apoio de todo o mundo\". \"Continuidade\" si, \"continuísmo\" non Durante o acto, Rueda insistiu nunha idea que lanzou xa en días pasados: rexeita o \"continuísmo\" mais si buscará a \"continuidade\" das \"cousas boas\" que herda do seu antecesor, co fin de facelas \"aínda mellores\" e tentando, ao mesmo tempo, \"innovar\". Feixoo dimitirá \"de inmediato\" e Rueda será presidente en maio Esta mesma xornada, nun acto en Compostela como vicepresidente primeiro en funcións, Rueda foi preguntado acerca de se conservaría a todo o equipo do seu antecesor e se mantería a 'tradición' de Feixoo de non responder a cotas territoriais na conformación dos seus sucesivos executivos. Rueda, que deixou a porta aberta a introducir cambios -\"en dúas semanas verémolo\", dixo-, asegurou que el é partidario de contar coas e cos \"mellores\", con independencia da súa procedencia. E subliñou que, en base a este criterio e alleo a cotas territoriais, tratará de deseñar \"o mellor Goberno posíbel\". Poucas horas despois, en Lugo, xa desvelou a intención de, como mínimo, contar co que até o de agora foi vicepresidente segundo de Feixoo, Francisco Conde."}
{"ID": "NOS_32716", "summary": "Causa Galiza chega a este 25 de Xullo cunha boa nova: a Audiencia Nacional retirou a acusación de \"pertenza a banda armada\" contra 9 membros desta organización independentista detidos en outubro de 2015 cun gran despregamento policial e mediático. Falamos con Joam Peres, do comité executivo de Causa Galiza e unha das persoas imputadas.", "text": "A Audiencia Nacional retirou a acusación de \"pertenza a banda armada\" aos 9 militantes de Causa Galiza detidos en 2015 no marco da Operación Jaro. Que valoración facedes dese paso? E como fica o proceso contra estes independentistas após esta novidade? O proceso vivido nestes catro anos é a demostración práctica do que é a Audiencia Nacional: en 2015 sacáronnos da cama de madrugada a punta de metralleta. O benemérito corpo tivo a deferencia de advertir nalgún consello de redacción do que tivemos noticia de que a cobertura informativa das detencións entrañaba perigo porque poderíamos oferecer resistencia armada. A acusación, daquela, era que Causa Galiza era o \"brazo político\" dunha suposta organización armada independentista. Fomos expostos e expostas a un xuízo mediático unánime e inapelábel. O delegado do Goberno español na CAG, Santiago Villanueva, parabenizábase na TVG da \"desarticulación da banda\" e La Voz de Galicia aínda anunciaba recentemente que eramos nada menos que a \"columna vertebral\" de \"Resistencia Galega\". Con todo, a Audiencia Nacional, despois de examinar presuntamente os dados, decidía devolver o status legal ao suposto \"brazo político\" e, paradoxalmente, manter as imputacións \"por pertenza a organización armada\" ás nove persoas procesadas. De existir pola nosa parte unha actividade delitiva organizada, esta canalizaríase a través de Causa Galiza. Que a organización recuperase a condición legal invalidaba todo o proceso, mais non foi así: mantiveron a imputación de \"pertenza\". Finalmente, hai 20 días, a Audiencia Nacional desimputábanos tamén deste delito, co que todo o número montado en 2015 –a \"desarticulación\" da que falaba Santiago Villanueva, Fernández de Mesa, a Guardia Civil e La Voz de Galicia– demostrou ser unha absoluta farsa policial, xudicial, mediática e política. Evidentemente, todo isto responde a un cálculo político. Neste momento, sabemos que iremos a xuízo por enaltecemento, con posibilidade de condenas menores de prisión, de 1 a 3 anos e de inhabilitacións para traballar nas administracións públicas Agora, co proceso xa totalmente deconstruído, manteñen a acusación de \"enaltecemento do terrorismo\", que tamén é falsa, e doce persoas iremos a xuízo a Madrid proximamente por este motivo: nós temos feito parte de dinámicas de solidariedade con independentistas presos, como é público e notorio, mais non se pode dicir que defendésemos no noso traballo político o emprego da violencia. O que sucede é que a tipoloxía delitiva do \"enaltecemento\" é tan elástica e interpretábel que aquí se abre unha auténtica zona de impunidade xudicial. Basta dicir que, no seu día, os actos de memoria histórica sobre a Revolución Galega de 1846 aparecían como material do sumario. Neste momento, sabemos que iremos a xuízo por enaltecemento, con posibilidade de condenas menores de prisión, de 1 a 3 anos e de inabilitacións para traballar nas administracións públicas. Nós chamamos a sociedade galega a avaliar con detención os dados obxectivos existentes, a tirar as conclusións necesarias, a responder perante o xuízo, que será en cuestión de semanas, e, sobre todo, a imaxinar cal pode ser a veracidade doutros operativos que deron continuidade ao noso, como foi a Operación Jaro II contra Ceivar, ou a chamada Operación Lusista de xuño. Denunciades que o independentismo está sometido a periódicos procesos represivos (policiais, xudiciais, mediáticos...) para evitar o seu desenvolvemento e tentar 'confinalo' nunha lóxica represiva que absorba os seus esforzos... Denunciámolo porque é unha realidade obxectiva que isto sucede con certa periodicidade. Na autodenominada \"etapa democrática\" e antes dela: coa UPG en 1975 antes do inicio da fraude da Transición; co PGP e Galicia Ceibe (OLN) antes do referendum estatutario; coa APU en 1991; con AMI en 2005; con Causa Galiza en 2015 unha vez se confirma a vontade de continuidade independentista despois dos acontecementos de 2012… A aposta do Estado é constrinxir o independentismo a unha dialéctica marxinal en que cubrirse dos golpes e denunciar a represión sexa a única ou praticamente a única folla de rota posíbel. Nese círculo vicioso, por encomiábel que sexa manterse en pé, nada hai que facer. Cando entraron nas nosas casas en 2015 non procuraban armas nen bombas. Procuraban desarticular un gromo de proxecto político que saben que ten potencialidade e condicións obxectivas para o seu crecemento e instaurar un estado de pánico na militancia e un cinto sanitario. Cortar a herba a rentes do chan. Coa humildade con que se deben facer este tipo de afirmacións, queremos dicir que non o conseguiron, que tivemos a capacidade para continuar e que nos mantivemos en pé a pesar das dificuldades evidentes de todo o tipo. Non temos vocación de Pepiño Grilo de ninguén e moito menos de factor testemuñal Está aí a cuestión dos presos e presas independentistas. Historicamente, a represión cébase de maneira sistemática nas persoas e organizacións que puxeron sobre a mesa a carta independentista e posibilitaron co seu sacrificio persoal que hoxe exista nación política e unha perspectiva de ruptura. Iso foi así, de maneira tráxica, en 1846; en 1856, cando varios participantes no Banquete de Conxo eran condenados á deportación ás Illas Marianas; en 1936, cando a práctica totalidade dos membros do Comité da Autonomía son asasinados e se producen execucións, encarceramentos, etc. de decenas de cadros e militantes do PG e esa práctica do Estado chega até hoxe. A sombra da represión é inherente á existencia dunha vontade galega de soberanía e non depende dos chamados \"métodos de loita\", como demostra sen resquicio para a dúbida o que sucede en Catalunya. Hoxe, como ocorre desde 1975 de xeito practicamente ininterrompido, existen mulleres e homes independentistas que están presos e dispersados. Son, á marxe da consideración política que merezan a cada quen, a expresión dun problema político de soberanía. Nós reclamamos o respecto para os seus dereitos humanos, políticos e constitucionais, a súa repatriación e, tamén, a súa liberdade e emprazamos o Estado español para que abra vías democráticas á solución do problema galego através do exercicio do dereito de autodeterminación. O lema deste ano de Causa Galiza é 'Independentismo en marcha', unha frase que pon en bandexa a pregunta: en marcha... cara a onde? En marcha cara á edificación dun proxecto político e unha estratexia que aposten de maneira explícita e desacomplexada na independencia nacional e que definan, e constrúan, as condicións obxectivas e subxectivas para a mesma. Hoxe, con Causa Galiza, temos un embrión dese proxecto, mais é evidente que a este gromo hai que lle dar consistencia organizativa, política e ideolóxica, maior participación de independentistas e sobre todo dotalo dunha táctica e unha estratexia que podan abrazar milleiros de patriotas. Esta é a dirección da marcha. Non temos vocación de Pepiño Grilo de ninguén e moito menos de factor testemuñal. Fronte á crise do réxime e do Estado españois é o momento de pór sobre a mesa perspectivas estratéxicas máis do que siglas partidarias Causa Galiza convoca este 25 de xullo, a diferencia de anos precedentes, sen poñer antes sobre a mesa o convite a abrir un diálogo entre as diferentes forzas soberanistas para testar a posibilidade dunha manifestación unitaria. Por que? En convocatorias anteriores, exploraramos a posibilidade dun Día da Patria que, por riba de siglas, materizalizase a converxencia de distintos sectores sobre principios e obxectivos independentistas e ruturistas, que formalmente son asumidos por todos, en vez dunha \"competencia\" velada sobre a capacidade de mobilización de diferentes organizacións políticas cun final xa coñecido. Máis un día de nación do que un día de partido. Pensábamos, e pensamos, que fronte á crise do réxime e do Estado españois é o momento de pór sobre a mesa perspectivas estratéxicas máis do que siglas partidarias. No entanto, é obvio que non existía no pasado, nin existe agora mesmo, aínda, a vontade necesaria para avanzar nesta dirección, que o nacionalismo non-independentista está convencido de ser o único proxecto político nacional viábel e que refuga esta claridade programática e práctica e, por último, que o independentismo organizado, aínda minoritario, carece da capacidade necesaria para impór axendas, ritmos e dinámicas a outros axentes. Á vista da experiencia pasada, e da liña política cotiá e ás prácticas doutros interlocutores posíbeis, decidimos renunciar á tentativa neste momento e agardar a que outras condicións fagan posíbel un Día da Patria que, por riba de proxectos partidarios, poña na rúa a nación que aposta en romper con España, xa que non existe outra concreción posíbel da soberanía nacional. Unha manifestación para reclamar a independencia como \"única saída\" á situación do pobo galego. Incidides en que o autogoberno actual fai parte do problema e non da solución. Remítome aos diagnósticos que tanto o nacionalismo popular como o independentismo fixeron no seu día en relación ao réxime autonómico: o \"autogoberno\" é tan só unha descentralización administrativa, carece de poder político real, é incapaz de contrarrestar as tendencias fortes –laborais, económicas, demográficas, etc.– de fondo que definen o futuro da nación e, aliás, a posibilidade dun alargamento progresivo e periódico dese \"autogoberno\", que no pasado se proxectou como estratexia realista e pragmática, é unha ilusión. Esta é a grande conclusión que, da nosa óptica, se tira do proceso catalán… O independentismo, ou se concreta en estratexia e táctica concretas, fases, obxectivos, medios, etc., ou é unha retórica abstracta de autoxustificación. Ao tempo que esa perspectiva gradualista decai, porque a elevación do teito competencial só será factíbel como encoro de contención fronte a procesos independentistas en fase avanzada, a tendencia real é a contraria: o esvaciamento do réxime autonómico que se executa coas sentenzas dun árbitro caseiro como o TC, a invasión competencial do Estado, etc., mais tamén con decisións que ocorren fóra da esfera institucional estrita, como a venda das caixas, a deslocalización de empresas, etc. Con este panorama, ter como única folla de rota real a xestión da administración autonómica ou o despexo de Feixoo é unha limitación evidente. Non negamos a utilidade, mesmo psicosocial, de despexar o PP, mais a xestión ten uns límites que coñecen mesmo quen apostan nesta perspetiva e carecen de plano B para alén de alusións abstractas ao dereito de autodeterminación, a soberanía e, incluso, a independencia. O independentismo, ou se concreta en estratexia e táctica concretas, fases, obxectivos, medios, etc., ou é unha retórica abstracta de autoxustificación. Como superar o actual escenario no que o proxecto explicitamente independentista non é percibido como alternativa ou opción pola sociedade galega? Non é percibido porque aínda non o é. Temos que ser claros e claras ao respeito e evitar ensoñacións... Existe no plano teórico unha perspectiva e un proxecto estratéxico que poñen en cuestión o status quo actual da Galiza, que se confrontan dialecticamente cos do nacionalismo non-independentista, que van para alén deste, mais suxerir que Causa Galiza é \"a alternativa\" a día de hoxe sería irrisorio. Mudar esta situación de saída é o noso reto, mais requere esforzo e determinación militante, traballo e introdución social, unha folla de rota críbel, a renuncia ao ideoloxismo esquerdista e a comodidade do gueto autorreferencial, etc. As condicións para que un proxecto independentista ascendente ocupe hoxe o seu espazo neste país xa están dadas. Un Día da Patria que se celebra no centenario da asemblea das Irmandades da Fala que denominou esta data como Día Nacional da Galiza, algo que salientastes na precampaña do 25X. Os precursores marcaron un camiño: a afirmación da nación e a perspectiva da súa soberania política, que en cada etapa histórica foi adoptando unha concreción maior. Parécenos significativo que o que comezou en 1919 e desde 1968 é Día da Patria sexa unha data que na maior parte das súas celebracións neste século estivese submetida a prohibicións, clandestinidade, violencia policial, etc. que non se limitan aos períodos ditatoriais vividos, senón que alcanzan incluso o réxime actual. Causa Galiza aínda hai poucos anos mobilizábase no Día da Patria cercada por un cordón policial e por outro de independentistas que protexían a manifestación da acción policial. Agora, á vista da inutilidade desta política, porque a data está asentada, recorren á despolitización e a folclorización do día nacional. A este respecto, o discurso de todos os partidos españois sen exclusións é clarificador. Que tedes que dicir a quen argumentan que na Galiza só é viábel un proxecto nacionalista e que ese proxecto é o que hoxe é social e electoralmente hexemónico? A nosa existencia á marxe do BNG, con vontade de construír un proxecto e unha estratexia independentistas autónomas, é a conclusión lóxica de varias premisas. A primeira, que non percibimos na dirección do BNG a decisión estratéxica de impulsionar un proceso independentista a partir do presente: de facto, á marxe das retóricas congresuais, que deron pasos importantes, avaliamos que a praxe da dirección do BNG está rumada a xerir o marco autonómico e alcanzar unha mellora estatutaria que da nosa óptica é inviábel. A segunda, que achamos imposíbel mudar esa orientación xeral \"desde dentro\", como pretenden outros e outras independentistas, porque dubidamos seriamente do realismo desa opción e rexeitamos supeditar o proxecto independentista a un contentor que non o é, converténdoo nunha \"cor\" máis do arco da vella nacionalista. Por último, existe quen repite a ladaíña de certo sabor colonial de que \"o país non dá para máis\" e risca de \"maximalista\" a reivindicación explícita da independencia nacional e a articulación dun proxecto político e unha estratexia deste tipo. Nós dicimos que, a medio e longo prazo, esa é a única saída á situación actual e que urxe remangarse para construír as ferramentas que fagan posíbel ese proceso. Que é o 'Processo Trevinca'? O Processo Trevinca está intimamente ligado con todo o que expliquei máis arriba. Á espera aínda de como clausuren o noso proceso político-penal, nós evidenciamos –permítase a soberbia unha capacidade e determinación de resistencia política encomiábel–. Restauramos Causa Galiza despois dun ano de ilegalización, fixemos fronte ás consecuencias materiais e subxectivas do proceso e superamos situacións de soidade extrema. A fase que abre este 25 de xullo pode ser a saída do túnel. Con todo, estamos conscientes de que resistir é insuficiente. O independentismo non existe para enfrontar a represión e celebrar unha manifestación anual. Agora corresponde dar máis un paso adiante e ese paso é dotar de fortaleza organizativa e militante este gromo de proxecto político independentista, actualizar e cohesionar os diagnósticos sobre a realidade en que vamos actuar e definir unha estratexia xeral de avanzo independentista. O Processo Trevinca pretende resolver todas estas incógnitas coa participación directa das e dos independentistas que acreditan na necesidade dun proxecto político autónomo doutros proxectos e estratexias que apostan explícita ou implicitamente na mellora estatutaria, ou abrazan a xestión do marco autonómico como única opción sen ningún plano B."}
{"ID": "NOS_35933", "summary": "Compostela acollerá esta quinta diversos actos e iniciativas do nacionalismo, nunha xornada na que o soberanismo será protagonista.", "text": "As rúas de Compostela volverán este 25 de Xullo ser o escenario no que se van desenvolver os diferentes actos e propostas con motivo do Día da Patria Galega, nunha data que vai servir para tomar o pulso do nacionalismo e da proposta soberanista. Será na mesma xornada na que Felipe de Borbón desembarca en Galiza como Rei de España para asistir a un acto da Igrexa católica a escasos metros de onde milleiros marcharán polo recoñecemento de Galiza como nación. BNG A cita principal será ás 12:00 na Alameda de Compostela, lugar de inicio da manifestación do BNG, que este ano decorrerá baixo a lenda 'En pé por Galiza. Soberanía. Democracia. Dereitos'. Desde a fronte nacionalista queren converter a celebración do Día a Patria nunha \"demostración de forza\" para garantir a presenza de Galiza no debate soberanista aberto no Estado, non só como unha aspiración política senón tamén como a mellor ferramenta para resolver os problemas reais da cidadanía galega. Mais o día non remata para @s 'bloqueir@s' co acto da Praza da Quintana. O Campus Sur co Festigal e o xantar de convivio mantén a chama da xornada. Anova Anova-Irmandade Nacionalista realizará un acto político ás 13:00 horas na compostelá Praza 8 de Marzo (na entrada da Rúa de San Pedro), no que decorrerán diferentes intervencións pondo o ramo o seu portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras. Posteriormente, e en Belvís, terá lugar un convivio. Compromiso por Galicia A formación galeguista celebra este 25 de Xullo baixo o lema 'Coa forza do compromiso. Autogoberno e democracia'. Unha ofrenda floral e un acto político ás 12:00 no Panteón dos Galegos Ilustres será o acto central. Posteriormente, os galeguistas desprazaranse até o Parque de Belvís, onde terá lugar o resto de actividades políticas e lúdicas, o xantar, a exhibición de xogos tradicionais e varios concertos. Nós-UP A manifestación de Nós-Unidade Popular sairá da Alameda de Compostela ás 12:30 horas sob a palabra de orde 'República galega, feminista e socialista'. Ás 13:30 será o acto político na Praza do Toural. Belvís será o escenario do posterior xantar e diversas actividades. Causa Galiza 'Para vivermos com dignidade no nosso país. Independência' é o lema da manifestación de Causa Galiza, que sairá da Alameda de Compostela ás 13:00 horas. A organización independentista ten, ademais, convocada a I Romería Popular para realizar en Lasalhe após o acto político."}
{"ID": "PRAZA_5243", "summary": "Armando Requeixo fálanos da obra de teatro infantil Arlequino Viceversa (Edicións Embora), de Diana Varela Puñal, galardoado co Premio Estornela da Fundación Neira Vilas", "text": "Existen eidos da escrita literaria en galego que xogan cunha desvantaxe evidente. En xeral, todo o producido no noso idioma padece dese mal, pero está claro que, dependendo dos xéneros e apostas creativas que esteamos a falar, as eivas aínda se fan máis acusadas. O teatro é, con certeza, unha arte que nunca gozou dunha implantación masiva entre nós, nin o escrito nin sequera o escénico. Houbo, xaora, tempos menos malos e tempos peores, mais desafortunadamente creo que non pode afirmarse, sen obxeccións, que este xénero —nin no pasado nin no presente— teña gozado do favor maioritario do público, ou, polo menos, dunha atención en verdade ampla da que, sen dúbida, é merecente. A teatro infantil —ao que se suman certos prexuízos comparativos respecto desa convención que adoita chamarse literatura de adultos— aínda experimenta un arrombamento maior Por descontado, se isto é así para todo o fenómeno dramático galego, o teatro infantil —ao que se suman certos prexuízos comparativos respecto desa convención que adoita chamarse literatura de adultos— aínda experimenta un arrombamento maior. Por iso é tan importante que existan plataformas que promovan a súa existencia e divulguen as obras que van, aos poucos, xurdindo. Neste sentido, o labor levado a cabo pola Fundación Neira Vilas coa convocatoria do Premio Estornela de Teatro creo que é exemplar, pois posibilita que os nosos creadores acheguen propostas coas que alimentar esa canteira esencial que é o teatro escolar e o teatro dos grupos infantís de asociacións culturais e de veciños. Pois ben, dende hai un tempo as ferrolás Edicións Embora están a colaborar coa Fundación Neira Vilas na publicación dos textos gañadores (por veces tamén dos finalistas) deste certame, que agora edita na nova colección Tren das Cores. Á última das pezas distinguidas co Premio Estornela quero referirme agora, pois Arlequino Viceversa, que así se titula o libro, é unha obra de Diana Varela Puñal que avanza nesa liña posibilista de teatro próximo, moi accesible pola inxeleza estrutural e a depuración estética do texto, que fan posible a súa lectura tanto aos máis noviños como aos que non o son tanto con igual agrado e que dispón toda a loxística escénica de xeito tal que resulta doada a súa adaptación ás táboas sen necesidade de grandes desembarcos. Ofrece unha lectura en valores, con marcado acento para cuestións como a defensa das tradicións propias, a necesaria convivencia interxeracional, a esperanza e a ilusión por vivir, a capacidade para soñar e emocionarse A maiores, Arlequino Viceversa ofrece unha lectura en valores, con marcado acento para cuestións como a defensa das tradicións propias, a necesaria convivencia interxeracional, a esperanza e a ilusión por vivir, a capacidade para soñar e emocionarse e aínda a importancia da solidariedade a a amizade. Ambientada no tempo do Entroido, Arlequino Viceversa —que dende o propio anuncia airexas de homenaxe metateatral— ofrece catro actos nos que vai tecéndose un trama festiva e familiar no que o elemento fantástico tamén comparece e onde hai unha visión amable e esperanzada da realidade. Os diálogos amenos, salferidos polo humor, e a inequívoca empatía que espertan os personaxes fan deste Arlequino Viceversa unha peza coa que Diana Varela Puñal consegue conmover como xa o fixera cos poemarios Fíos ou Animal abismo ou a poética tamén vehiculada para os máis pícaros de As trovas de Midas, títulos aos que agora se engade este título de Embora que confirma o bo momento da autora e do premio do que se fixo acredora."}
{"ID": "NOS_36679", "summary": "Descenso \"drástico\" de casos. Isto é o que leva a Consellaría de Sanidade a levantar as medidas restritivas que padecía Ortigueira desde o 3 de outubro para tratar de frear a Covid-19.", "text": "A Consellería de Sanidade decidiu levantar as restricións no municipio coruñés de Ortigueira tras rexistrarse un descenso \"drástico\" do número de casos de Covid-19 nesta localidade. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión do subcomité clínico da sexta feira, na que confirmou que no resto da Galiza mantéñense as restricións vixentes. Respecto diso, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, destacou que o descenso \"drástico\" de casos de Covid en Ortigueira sitúan a taxa deste municipio por baixo da media de Galicia. Carmen Durán ratificou que iso supón que \"se poidan levantar\" as restricións \"con certa seguridade\" en Ortigueira, mentres que se manteñen o resto de medidas establecidas na Galiza, como a limitación de reunións a 10 persoas. Desde o pasado 3 de outubro ás persoas maiores de 75 anos e as que presentasen algunha enfermidade respiratoria evitar saídas en as horas de previsíbel afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou estabelecementos abertos ao público, co fin de reducir os riscos derivados da coincidencia con outras persoas. Ademais, prohibíronse as actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como a clausura de atraccións de feira. O conselleiro non adiantou medida adicional ningunha para o conxunto da Galiza nin restricións concretas para os concellos."}
{"ID": "NOS_27084", "summary": "A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega realiza o vindeiro sábado 26 de setembro o VI Congreso de Escritoras/es no Pazo da Cultura de Pontevedra que leva por título \"Para que(n) escribimos o futuro?\".", "text": "Segundo a AELG, este é un encontro periódico cuxa finalidade é a de \"dotármonos dun espazo de reflexión sobre a situación do sistema literario no que estean presentes aqueles temas que preocupen ás/aos asociadas/os\". A xuntanza organízase en varios grupos de traballo, que van desde os dereitos de autoría e profesionalización, da man de Francisco Castro; á oralidade como soporte literario, con Antonio Reigosa; o futuro da literatura dramática, con Afonso Becerra; novas formas de edición, con Rosalía F. Rial; a Lusofonía como renovada oportunidade, a cargo de Carlos Quiroga; e formación de lectores/as, con Ledicia Costas. Para rematar haberá unha posta en común de todos os grupos e presentarase a nova web da AELG. O peche estará a cargo do grupo musical Xardín Desordenado, que interpretarán cancións compostas sobre textos de varias poetas galegas de distintas xeracións: Rosalía de Castro, Olga Novo, Enma Pedreira, Pilar Pallarés, Luisa Castro, Marta Dacosta e Cristal Méndez Queizán."}
{"ID": "NOS_23860", "summary": "A portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, urxiu na sexta feira a Xunta a pedir a declaración de zona catastrófica das zonas afectadas polos lumes forestais. Presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a reformulación do sistema de xestión forestal cun servizo de prevención único, profesional e equipado dependente da Xunta, que conta cos recursos orzamentarios necesarios.", "text": "A socialista instou a Xunta a seguir o camiño marcado polos concellos, sinaladamente o do Barco de Valdeorras, e cumpra coas súas competencias para pedir a declaración de zona catastrófica na superficie arrasada polos incendios forestais. Esta fórmula, explicou, \"permitiría axilizar as axudas e medios necesarios para os veciños\". Sinalou que estes incendios puxeron sobre a mesa a \"gran debilidade\" do servizo de prevención e defensa contra os incendios, \"focalizado polo Goberno galego na extinción no canto de adoptar medidas preventivas antes de que comecen os lumes\". Reivindicou un \"servizo único, profesional e equipado dependente da Xunta\", que é quen conta cos recursos necesarios. Denuncian a falta de motobombas e que só \"dous ou tres brigadistas\" teñen que atender un incendio Explicou que os concellos carecen da capacidade orzamentaria da que si dispón o Goberno galego, que destina cada ano 142 millóns de euros á extinción e prevención de incendios. Engadiu a necesidade de \"empregar unha cantidade moito máis importante na prevención que na extinción\", logo de que o informe do Consello de Contas de 2016 sinalara que \"debera ser gastado o 87 por cento en prevención e o 13 por cento en extinción, xusto o contrario do que fai a Xunta\". Ademais de reivindicar a \"reformular a xestión forestal\", cargou contra un modelo de extinción \"máis propio dos anos 90\". Engadiu que o principal problema dos lumes \"radica no abandono absoluto no que se atopa o noso rural, convertido nun territorio improdutivo\". Iniciativas A socialista presentou unha batería de propostas \"en positivo\" para reclamarlle á Xunta que \"poña en marcha de forma urxente un plan de recuperación da actividade agrogandeira e forestal fronte ao despoboamento do rural galego\". Óscar Carrete, voluntario nos labores de extinción: \"Moito posto de mando avanzado e isto é un caos, importámoslles un 'nabo' ás Administracións\" Tamén comprende a \"profesionalización da loita contra o lume\" e \"traballos de prevención durante todo o ano\", sinaladamente antes da temporada de alto risco, \"incluíndo ademais medidas de concienciación cidadá\". Urxiu tamén a realizar plans de autoprotección e evacuación dos núcleos de poboación, e actualizar o dispositivo, implantando unha óptima organización dos medios materiais e humanos."}
{"ID": "NOS_10117", "summary": "Teresa Ribera afirmou que \"a Xunta non brilla polo seu compromiso social nin pola execución de recursos\".", "text": "A vicepresidenta terceira do Goberno español e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, cualificou este luns de \"absolutamente lamentábel desde o punto de vista de fondo, forma e oportunidade política\", as declaracións do candidato a liderar o Partido Popular (PP), Alberto Núñez Feixoo, quen asegurou nesta segunda feira que \"o Goberno está a forrarse coa suba da luz e da gasolina\". Rego: \"Mentres as familias non poden pagar a luz, as grandes eléctricas gañaron 6.500 millóns en 2021\" En declaracións aos medios despois dun acto, Ribera tamén criticou que as declaracións de Feixoo tivesen lugar despois da Conferencia de Presidentes na Palma, na que \"traballaron na importancia de sumar esforzos e manter posicións construtivas\" e cando parecía que iniciaba \"unha viaxe ao centro\". Asemade, lembrou que \"a Xunta non brilla polo seu compromiso social nin pola execución de recursos\". O galego é o Goberno autonómico que menos diñeiro achega ao servizo de dependencia A pesar das acusacións de Feixoo, Ribera mostrou a súa confianza en que estas declaracións sexan un \"desliz\". Defendeu que só así poe deixar de ser criticado pola súa familia europea (PPE), e ser visto como unha oposición responsábel \"nun momento difícil para a sociedade española\". Viraxe ao centodereita Por segunda vez desde que Feixoo anunciou que ía ser candidato á presidencia estatal do PP, o Executivo español enviou unha mensaxe pública ao aínda presidente da Xunta para que leve a cabo unha viraxe ao centrodereita. O Partido Popular europeo, preocupado polo pacto PP-Vox en Castela e León apoiado por Feixoo A pasada semana, con motivo do acordo de Goberno en Castela e León que o PP impulsou con Vox e que contou co apoio de Feixoo, varios integrantes do Executivo español e do PSOE acusaron Feixoo de abrir por primeira vez as portas dun Goberno ça extrema dereita após máis de 40 anos. A primeira decisión de Feixoo á fronte do PP recibiu as duras críticas do secretario de organización do Partido Socialista (PSOE), Santos Cerdán, que afirmou no seu Twitter \"a moderación de Feixoo era isto\", minutos despois de que se dera a coñecer o pacto. Feixoo, disposto a que o PP pacte con Vox en Castela e León O portavoz do PSOE, Felipe Sicilia sumouse ás críticas do seu compañeiro de formación. Tamén en Twitter, publicou \"Núñez Feixoo estréase ao grande. Primeiro tapando as posíbeis corruptelas de Ayuso. E hoxe, permitindo que, por primeira vez, a extrema dereita de Vox entre nun Goberno\"."}
{"ID": "NOS_32432", "summary": "Luis Davila, 'O Bicheiro'.", "text": "Luis Davila é O Bichero. Nos últimos anos o seu humor trascendeu das páxinas dun diario local ás redes sociais e de aí a todos os recunchos do país. Davila acaba de editar un libro onde recompila boa parte dos seus deseños e está a percorrer os teatros galegos da man de Carlos Blanco e dunha das súas personaxes máis coñecidas, Dora Desbrosadora, co espectáculo 'Menú do día!', co que, din, queren pór \"un sorriso\" entre tanta crise. - Os teus cadriños son moi coñecidos, tes mesmo un grupo de fans en Facebook con máis de 22.000 seguidores. Cal é o segredo do humor do Bichero? - Bon, coido que é reflectir nos cadriños o cotián. Gosto cando viaxo de me fixar nos detalles, as maneiras de falar e a forma de ser. Os meus cadriños recollen a idiosincrasia dos galegos. - Boa parte das túas viñetas focan a ollada no rural ou no mar, que teñen estes espazos? - Aí está a autenticidade do que somos. Parto deses ambientes e espazos para desenvolver o meu humor. - Vés de compilar máis de 200 tiras nun libro, 'Menú do día', a situación actual dá boa materia prima @s humoristas para desenvolverdes o voso traballo? - A verdade é que un labor importante dos humoristas é opinar. Aínda que dentro dos meus cadriños hai moita crítica social a respeito do que somos, tamén gosto de denunciar situacións que vexo inxustas. Nestes momentos, nos que choven problemas por todos os lados, se co meu traballo consigo arrincar un sorriso e facer reflexionar doume por satisfeito. - A actualidade tamén centra a obra que estás a presentar por todo o país xunto con Carlos Blanco e Dora Desbrosadora. Como xurdiu a idea? - Carlos chamoume un día á casa. Seguía o meu traballo polas redes sociais e convidoume a xantar en Pontevedra. Na conversa xurdiu a idea de comezarmos a colaborar dalgunha maneira. Os dous partillamos unha mesma idea sobre as cousas e sobre o país. Así xurdiu a idea. Fomos ao longo de 2013 dándolle forma e nos últimos meses ensaiamos moito para axustarmos os tempos de contar e debuxar. - Como está a ser a experiencia pois mesmo trocades os papeis nun intre da obra, non si? - [Ri]. Carlos púxome a proba. Cada certo tempo íame dando ideas de cal quería que fose o meu papel no espectáculo. Para alén de debuxar foi propóndome reptos que fun asumindo con moi bo humor. [Ri]. Un deles foi o de trocar os papeis. Mentres el debuxa eu explico como afronto o día a día coa tira metendo uns gags improvisados. Ao comezo pensei 'a ver como o fago', mais agora estou gozando no escenario. Parte dos reptos que me puxo foi tamén o de saírmos os dous co kilt escocés e mesmo bailar e cantar. Divírtome moito ao seu lado e coido que o público tamén. - Resúltache máis doado, imaxino, sintetizar unha idea cun dos teus cadriños que co monólogo... - [Ri]. Si, debuxando é como mellor me expreso. O monólogo é outro campo no que hai auténticos cracks, entre eles Carlos Blanco. Eu estou moito máis solto cando debuxo. - Como te fixeches humorista gráfico? - Sempre gostei do debuxo. Desde neno. Entretíñame montando as miñas propias películas cun rotulador. Continuei debuxando ao longo da miña vida, nunca deixei de facelo. Até que vin a posibilidade de dedicarme a isto. Comecei a traballar no Faro como deseñador e maquetador. Eles viron que o debuxo me gustaba e a eles o que eu facía. Un día propuxéronme, cando arrincou a delegación no Morrazo, facer unha tira diaria para a sección local. Aos poucos foron dándome máis espazos no xornal. Isto foi no 98. - Contas cunha exposición na que podemos coñecer unha outra faciana túa, Entre Liñas é máis de Luís Davila que do Bichero? - [Ri]. A pintura é unha forma de expresión coa que tento relaxar a cabeza un pouco despois de tanta actualidade e sacarlle punta ao día ao día. Fago unha pintura vitalista, colorista... que reflicte a miña visión da vida. Coido que a miña pintura transmite iso, positividade e bo ánimo. Esta entrevista foi publicada no semanario nº92 do Sermos Galiza (10 de abril de 2014)"}
{"ID": "NOS_35025", "summary": "Este xoves preséntase en Compostela o novo proxecto musical da cantora, bailarina e performer Mónica de Nut, que se asocia co harpista Luís Martíns para traernos 'Raíces aéreas'.", "text": "'Raíces aéreas' son cancións tradicionais de recollida versionadas por unha Mónica de Nut que lle achega a súa voz espectacular e unhas harpas de Luís Martíns -harpista e luthier- que ás veces parecen guitarras eléctricas. Mónica cóntanos máis: \"É un proxecto de Luís Martíns e mais eu, que empezamos a buscar cancións antigas de mulleres, de recollidas, dos anos 50. Era como ir á fonte máis afastada pero ao mesmo tempo máis accesible para chegar a esa sonoridade máis ancestral de Galiza. Hai recollidas impresionantes, dunha riqueza moi grande, de voces moi variadas. Partimos das que máis nos gustaban e recreámolo á nosa maneira. Hai varias versións, algunhas máis electrónicas, con efectos, outras máis acústicas, tratando de buscar a esencia, pero levándoo ao noso xeito de tocar e de cantar\". O disco tamén inclúe algunha improvisación e composición propia e característicos toques eléctricos da harpa eléctrica que podemos chegar a confundir cunha guitarra. Logo hai outra parte do disco, explica Mónica, \"que é moito máis limpa, coa harpa acústica soando sen efecto e a voz limpiña. Hai arranxos moi sinxelos, outros máis elaborados. Nalgunhas das cancións tamén hai algo de zanfona e percusión de Lucía Martínez. Nunha canción toca un radiador que había polo estudo. Cousas pouco habituais, pero deixámoslle liberdade xa sabendo da súa tendencia a buscar outras sonoridades. Eu creo que é un disco tradicional pero libre, porque na música tradicional tocabas co que tiñas ao lado: se había unhas culleres, pois unhas culleres. Se hai radiador, radiador [risas]. E quedou moi ben, son temas moi simples, moi breves, non duran máis de 2 ou 3 minutos. É algo delicado, limpiño e eu creo que lixeiro e luminoso\". Eu creo que é un disco tradicional pero libre, porque na música tradicional tocabas co que tiñas ao lado: se había unhas culleres, pois unhas culleres. Se hai radiador, radiador [risas]. Terceiro disco Este novo traballo é \"máis lixeiro, máis livián, máis flotante\" que o anterior, 'Dos fíos invisibles'. \"Naquel había un peso que descargar, cunha sonoridade de guitarra eléctrica. Aquel era pouco duro. Este para certos ouvidos émáis fácil de escoitar. O anterior era moi de extremos, que podía resultar un pouco agresivo na primeira escoita. Este é máis sutil\". Directo Houbo unha preestrea no Festival da Harpa que tivo lugar hai unhas semanas en Noia, pero non o poderemos ouvir en directo en Galiza até despois de outubro. Só haberá unha pequena ocasión na presentación que ten lugar este xoves na libraría Chan da Pólvora de Santiago. Ás 20.30 horas, en acústico. E logo no Porto (Portugal) e en Errenteria (Euskadi). \"A sonoridade clásica sígoa usando, pero co tempo funa combinando co jazz, co tradicional, facendo experimentos… Todo iso está no disco. Hai partes máis líricas, outras máis guturais, máis étnicas, máis de improvisación, máis melódicas. Preguntámoslle como vai ser ese directo, coñecendo a forza da súa presenza escénica. Vai estar a Mónica de Nut 'performer'? \"É que iso non o podo evitar\", responde. \"Fago cousiñas, xogo coa voz, fago efectos, xogo co público…\" Mónica parte dunha educación musical clásica e dunha formación vogal lírica. \"A sonoridade clásica sígoa usando, pero co tempo funa combinando co jazz, co tradicional, facendo experimentos… Todo iso está no disco. Hai partes máis líricas, outras máis guturais, máis étnicas, máis de improvisación, máis melódicas. É que se eu me poño a crear sae todo iso de min, a miña formación, as miñas vivencias… \""}
{"ID": "NOS_43032", "summary": "Esta fin de semana decorre a sétima edición do Festival dos Eidos, un singular encontro que combina poesía, música, arte, patrimonio e natureza arredor da casa do poeta Uxío Novoneyra. Este ano, a memoria do incendio que calcinou once mil hectáreas na zona estará presente.", "text": "Música, fotografía, cinema, natureza, patrimonio e, sobre todo, poesía, moita poesía. O Festival dos Eidos celebra a súa sétima edición entre o 26 e o 28 de agosto en Parada do Courel, na casa natal de Uxío Novoneyra, sede da fundación que vela polo seu legado. Non é habitual que un festival que se celebra no rural consiga tanto prestixio como o que acadou o Eidos Fest, que foi premiado polo público do Culturgal no ano 2019 e que se fixo acredor do premio ao mellor festival non musical dos Iberian Festival Awards en 2020. Este ano, case obrigatoriamente, o encontro pousa a súa mirada sobre o drama do incendio que asolou a comarca no mes de xullo, deixando máis de once mil hectáreas calcinadas. \"Nós xa tiñamos o programa fechado cando comezaron os incendios\", explica Branca Novoneyra, directora do festival, en conversa con Nós Diario. \"Non se lembra un incendio deste tamaño na zona e non podiamos obvialo. O que fixemos, daquela, foi programar, o día da inauguración, unha exposición no Soto da Rubial coa serie de fotografías que fixo, hai trinta anos, Federico Garcia-Cabezón. Daquela houbo un incendio, tamén no Courel baixo, no que se queimaran moitos castiñeiros. García-Cabezón, que era un fotógrafo que exercía de médico aquí, documentou aqueles castiñeiros queimados e expuxo as fotografías na galería Sargadelos de Santiago. Trinta anos despois, as preguntas e as necesidades da serra do Couel seguen sendo as mesmas\". O singular Festival dos Eidos bota a andar no Courel Poesía en voz alta O Eidos Fest organiza, cada ano, unha lectura de poemas de Carlos Oroza, amigo persoal de Uxío Novoneyra que habitou a casa do poeta na década de 1970. \"Oroza é un poeta moi ligado á poesía oral, ao recitado, e por iso todos os anos celebramos a súa figura con charlas sobre a súa obra e lecturas que gravamos para a Asociación de Amigos de Oroza que existe en Vigo. Este ano, será Nacho Fernández quen se faga cargo da lectura. Trátase de repensar e de reler a obra de Oroza, de igual xeito que revisamos cada ano a obra de Uxío Novoneyra\", declara a directora do festival. Mais a poesía ten o seu acto central o sábado 27, con Manuel Rivas; Lupe Gómez, Pura Tejelo, Jose Luís Gallero e Joseba Sarrionandía como invitados. \"Todos os anos tratamos de elaborar un programa que estea ligado á poesía de Uxío Novoneyra e á súa forma de entender a palabra e a poesía\", aclara Branca Novoneyra. \"No caso de Lupe Gómez, por exemplo, Uxío presentoulle o seu primeiro volume de poemas, Pornografía, a mediados dos noventa. Gallero é un gran divulgador da poesía de Novoneyra en todo o Estado. E de Sarrionandía, que vou dicir? A conexión de Uxío Novoneyra coa poesía vasca era moi forte e a presenza de Sarrionandía no festival responde a un desexo que temos de traer autores e autoras que non verías en escenarios institucionais\". Pura Tejelo é, talvez, a menos coñecida do cartel, mais \"era unha persoa moi ligada a esta casa. Sempre tratamos de que haxa algunha figura vencellada ao Courel entre as persoas que len os seus poemas\". No caso de Manuel Rivas, comparte unha visión do poeta do Courel que encaixa coa idea que os organizadores do festival queren difundir. \"Hai persoas que veñen unha vez ao festival como protagonistas e despois seguen fieis a el como espectadoras, ou ao revés. Rivas é unha desas persoas que están ano tras ano nun lugar ou noutro\". Outra desas persoas que sempre recunca no festival é Xico de Cariño, que porá música ao festival xunto con outras propostas mais experimentais -como as de Clo Plas, Enxeito ou The Rimbaud Company-, máis veteranas -Radio Océano-, ou máis ligadas ao mundo lusófono -como o angolano Alberto Mvundi. Aínda que no plano musical, a actuación máis esperada será a de Ruper Ordorika ás 12:30 do sábado 27. Cambio social O festival tamén toca outros xéneros como a poesía escénica de Nieves Neira ou a proxección do documental sobre Xela Arias Os espazos en branco. Mais o encontro tamén é un lugar de dinamización que inclúe actividades de formación veciñal en laboratorios cidadáns. \"Contamos coa presenza de Marcos García, de MediaLab, que traballa en proxectos de intervención en políticas públicas, desde a participación cidadá até a autoxestión. Esa ollada sobre procesos de cambio forma parte do festival e xustifica a presenza, por exemplo, da creadora brasileira Cinthia Mendonça, da organización de produción artística cidadá Silo, que dirixirá un obradoiro sobre integración da veciñanza nos centros culturais\". Inesgotábeis 'Eidos'"}
{"ID": "PRAZA_15951", "summary": "Os pregos técnicos especifican que a planta de compostaxe traballará coa fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos. Porén, a empresa non leva a cabo esta recollida selectiva. ADEGA denunciou a pasada semana a imposibilidade legal de facer compost a partir de materiais misturados", "text": "\"O material a tratar na nova instalación será FORSU. Enténdese por FORSU a Fracción Orgánica do Residuo Sólido Urbano, procedente da Recollida Selectiva\". Os pregos técnicos do contrato de construción e posta en funcionamento dunha planta de compostaxe en SOGAMA deixan clara a obriga de que a instalación traballe con eses materiais orgánicos procedentes dun proceso previo de recollida selectiva. Así o especifica a lei, como lembraba hai uns días ADEGA, pois a actual Lei de Residuos 22/2011 define no seu artigo 2 o compost como \"emenda orgánica obtida a partir do tratamento biolóxico aerobio e termófilo de residuos biodegradábeis recollidos separadamente\" sinalando que \"non se considerará compost o material orgánico obtido das plantas de tratamento mecánico biolóxico de residuos mesturados, que se denominará material bioestabilizado\". O problema é que nos concellos nos que SOGAMA leva a cabo a recollida e xestión de residuos non se leva a cabo unha separación en orixe da materia orgánica O problema, como denunciaba a entidade ecoloxista, é que nos concellos nos que SOGAMA leva a cabo a recollida e xestión de residuos non se leva a cabo unha separación en orixe da materia orgánica (como si se fai nas localidades que traballan coas plantas de Lousame ou Nostián), xa que vai misturada co \"resto\" no contedor verde. Na propia web de Sogama explícase que os cidadáns deben depositar no contedor verde \"orgánicos (restos de alimentos) e materiais non susceptibles de seren reciclados (cueiros, compresas, panos de mesa de papel...)\". Por este motivo chama a atención que nos pregos técnicos da planta de compostaxe se reitere unha e outra vez que no proceso de produción de compost se utilizarán eses residuos procedentes da \"recollida selectiva\", engadindo que \"durante o período de probas estas poderán realizarse coa fracción fina procedente da PRTE do Complexo Medioambiental de Cerceda\". Na propia web de Sogama explícase que os cidadáns deben depositar no contedor verde \"orgánicos (restos de alimentos) e materiais non susceptibles de seren reciclados (cueiros, compresas, panos de mesa de papel...)\" De forma sorprendente os pregos técnicos destacan que \"a materia orgánica vén ser aproximadamente un 45%\", lembrando a importancia do seu tratamento e valorización da través da compostaxe, como veñen sinalando dende hai anos grupos e ecoloxistas e outras entidades, nas críticas dirixidas a SOGAMA, que na actualidade recupera o 0% da materia orgánica que recibe (xa que non se separa en orixe), fronte a unha reciclaxe do 46% en Lousame e do 38% en Nostián. Os pregos técnicos prevén que a planta de compostaxe ten como obxectivo o tratamento de 15.000 t/ano de residuos FORSU (fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos), que se levará a cabo realizándose o proceso de fermentación en trincheiras. Engade que \"na fracción a tratar de orgánicos tamén poden atoparse produtos reciclables, que son materiais de valor residual elevado\" e que \"a liña de tratamento proposta permitirá obter materiais férricos como subprodutos reciclables\". Finalmente un terceiro tipo de produto contido na fracción de entrada \"constituirá, tralo proceso de tratamento, a denominada fracción rexeito\". Acceso aos pregos técnicos de licitación da planta"}
{"ID": "NOS_11478", "summary": "Coa boca pequena e no informe económico 2012, mais Novagalicia Banco recoñece explicitamente que o seu futuro pasa por ser 'papada' por un grupo financeiro estranxeiro. Ser unha \"filial\", afirman no documento", "text": "Desde a nacionalización de NGB, hai ano e medio, diversas voces alertaron que o banco encamiñábase a un futuro no que o único escenario era ser vendida barata a un grupo financeiro. Foi unha advertencia que, sobre todo, se realizaba desde o nacionalismo político e sindical, mais non só. Tanto goberno galego como dirección de Novagalicia Banco negaron por activa e pasiva esta realidade: Que seguían a procurar investidores estranxeiros, que había máis vías a explorar, que o banco ía continuar en solitario contra evnto e maré Informe Sen embargo, no informe económico de 2012, e como recolle Faro de Vigo, a dirección de NGB recoñece textualmente: \"O escenario máis probábel é a venda a un grupo financeiro de recoñecida solvencia\". Tamén, e nese mesmo documento, apóntase a que \"permita a viabilidade do banco nun prazo indefinido, integrada como filial nun grupo financeiro de recoñecida solvencia, coa marxe de manobra suficiente para xestionar a recuperabilidade\". Situación delicada Novacaixagalicia banco (NCG) pechou 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido esta terza feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Os números vermellos mesmo, antes da devolución de impostos, atinxían os 8.056 millóns de euros. Estes resultados supoñenmultiplicar por 42 as perdas que NCG tivo no exercicio anterior, 2011 (186 millóns de euros). As perdas por deterioro de activos financeiros rondaron os 6.021 millóns de euros.Cómpre lembrar que antidade financeira pechou 2012 cun cadro de persoal na matriz de 5.705 traballador@s e unha rede de 844 oficinas. Desde 2010 despedíuse a 2.011 persoas"}
{"ID": "NOS_2385", "summary": "A segunda xornada (día 13) da histórica regata vai ser un duelo entre a traiñeira gipuzcoana e a bizkaitarra pola emblemática bandeira donostiarra. A representante galega asinou unha digna sexta posición.", "text": "A primeira xornada da regata da Concha, a cita por excelencia para traiñeiras, deixou as espadas en alto entre Hondarribia e Urdaibai (Bermeo). Será na segunda xornadas (domingo 13) cando se decida o vencedor, nunha regata que se prevé emocionante pola escasa diferencia entre as dúas. A representanmte galega, Tirán, acabou de sexta, por diante de San Pedrotarra e Donostiarra, a case 30 segundos de Hondarribia. De feito, a fenda de Hondarribia e Urdaibai co resto das competidoras foi abismal. Sacaron case 15 segundos de diferencia á embarcación que fixo o mellor terceiro tempo, Orio. Os de Orio, malia manter na súa tanda unha pugna con Urdaibai, non puideron manter o alto ritmo dos de Bermeo e acabaron entrando a doce segundos. Tirán pon o ramo con esta participación na Concha a unha boa tempada. Foi a única traiñeira non vasca que logrou clasificarse para a proba na Bahía de Donostia, a máis importante do calendario. Antes da regata, desde o clube galego recoñecían que o posto ao que podían aspirar sería a partir do quinto, pois os catro primeiros ía ser case imposíbel que non ficasen en mans das '4 grandes': Hondarribia, Urdaibai, Orio e Kaiku. E así foi."}
{"ID": "PRAZA_18184", "summary": "O Goberno central confirma que encargou un estudo para abordar \"todos os aspectos xurídicos\" da posible reversión ao público do Pazo tras a reclamación unánime do Parlamento galego e chama a \"avanzar paso a paso, desde o rigor, coa máxima cautela e todas as garantías\"", "text": "Advertiuno o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e confirmouno o delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada. O Executivo de Pedro Sánchez activou o primeiro dos pasos para a recuperación para o público do Pazo de Meirás, logo da petición unánime do Parlamento de Galicia do pasado verán, e encargou un informe á asesoría xurídica do Estado co que busca a mellor fórmula legal para afrontar a reversión das Torres ao patrimonio estatal. O delegado do Goberno en Galicia confirma que o Estado xa encargou un informe á asesoría xurídica para avaliar todos os aspectos xurídicos de cara á devolución É un informe que será \"complementario\" aos traballos xa realizados e que abordará \"todos os aspectos xurídicos máis aló das accións desenvolvidas desde a Deputación da Coruña e do acordo do Parlamento de Galicia\", segundo explica a Delegación do Goberno. O estudo do organismo provincial avala a nulidade da transmisión do Pazo de Meirás aos Franco, mentres que o de expertos encargado pola Cámara céntrase en que as Torres foron espazo institucional durante máis de 30 anos e que por \"forza de uso\" vira en patrimonio público da Administración. En ambos casos úrxese á demanda civil. Segundo fontes coñecedoras do proceso activado polo Estado, o informe xurídico encargado ten como base os documentos tanto da Deputación como do Parlamento, pero o Goberno central entende que, sobre todo este último, son máis un resumo pericial da situación, polo que cómpre avanzar nunha proposta de demanda contra os Franco. Ademais, o Executivo de Sánchez solicitou tamén un estudo a Facenda para afondar na seguridade xurídica e patrimonial das accións que levará a cabo. \"Os informes deben de estar xa moi avanzados\", aseguran as mesmas fontes, que aclaran que o que pretende a avogacía do Estado é asegurarse todo o máximo que se poida o éxito da demanda e evitar unha posible vitoria da familia Franco nos tribunais. Javier Losada aclarou durante unha reunión con representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) que é \"vontade\" do Executivo abordar esta recuperación da memoria histórica, que ten como \"máxima expresión a retirada dos restos de Franco do Valle de los Caídos\" pero que o obxectivo é \"seguir avanzando noutros casos concretos\" como o de Meirás. O obxectivo do Executivo de Sánhez, segundo Losada, é \"avanzar paso a paso, desde o rigor, coa máxima cautela e todas as garantías xurídicas en cada acción encamiñada a facer efectiva a recuperación da memoria histórica\". Esta petición de cautela coincide coa expresada polo PSdeG nos últimos días, cando se descolgou das novas reclamacións dos diferentes grupos do Parlamento para urxir o Estado que activase xa a demanda civil e ante os anuncios de especulación de parte da familia dos Franco co inmoble. No entanto, nos colectivos pola recuperación da memoria e implicados na reversión das Torres non hai tanta paciencia. O Goberno central di centrarse en \"avanzar paso a paso, desde o rigor, coa máxima cautela e todas as garantías xurídicas\" na recuperación do Pazo Xa o pasado martes, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, anunciou en Radio Galicia o encargo deste informe á Asesoría Xurídica do Estado para coñecer todas as posiblidades que se abren para poder recuperar as Torres de Meirás. Tras a xuntanza de Losada e a CRMH esa mesma tarde, a Delegación do Goberno insistiu nunha nota de prensa no inicio do proceso para a recuperación do Pazo e logo de que a oposición en Galicia acusase o PSOE de demoralo de máis. Vista lateral do Pazo de Meirás, en Sada / CC-BY-SA Praza Pública O alcalde de Sada, Benito Portela, urxira tamén á presentación axiña da demanda civil e advertira da espera que o Estado mantiña por un estudo detallado sobre as posibilidades legais pero tamén das posibilidades de que os Franco especulasen co inmoble, como así se confirmou. A visita de representantes da CRMH ao delegado do Goberno tiña tamén a intención de darlle a coñecer a iniciativa que a entidade, xunto a outros colectivos sociais, sindicais e políticos, levará a cabo o vindeiro 10 de novembro, cunha marcha desde Sada a Meirás na que se volverá reclamar a devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás. Precisamente, este mércores o PP rexeitou unha proposición non de lei en comisión que pedía o apio de todas as forzas políticas para as 19 persoas que participaron na ocupación simbólica hai máis dun ano no Pazo de Meirás e que comezaron a ser xulgados a pasada semana tras a denucia da familia Franco. O PP vota en contra dunha proposta do BNG para apoiar as 19 persoas xulgadas pola ocupación simbólica de Meirás O portavoz do PP, César Fernández Gil, anunciou o voto en contra por considerar que o contido da iniciativa nacionalista debía ser resolta nos xulgados ao que o grupo nacionalista respondeu acusando o PP de \"tibios, contemporizadores e pouco claros\" á hora de condenar o franquismo. Mentres, os populares acusaron o PSdeG de rachar a \"unanimidade\" da Cámara logo de non votar a semana pasada unha declaración institucional para reclamar ao Goberno que acelerase o proceso para recupera as Torres. Ademais, no debate no Parlamento Europeo sobre o auxe do discurso de extrema dereita en Europa, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, lembrou que as 19 persoas encausadas séntanse no banco dos acusados pola ocupación simbólica do Pazo para reclamar a súa devolución e volveu pedir a \"ilegalización da Fundación Francisco Franco por apoloxía do fascismo\". A Xunta pro Devolucion do Pazo reúnese este venres A punto de que rematen os tres meses que a lei outorga para que a Xunta poida exercer o dereito de tanteo sobre o Pazo de Meirás, a Xunta pro Devolución do Pazo reunirase este venres na Deputación da Coruña con idea de \"acelerar todas as posibilidades para impedir que a familia Franco burle a lei e blinde a propiedade do inmóbel\". Segundo informa a Deputación, a Xunta pro Devolución do Pazo reunirase con carácter de \"urxencia\" para analizar a nova situación creada \"despois de que un dos descendentes de Francisco Franco rexistrase na Xunta a comunicación que mostra a súa intención de venda do inmoble, condición que a lei marca para dar oportunidade ao Goberno galego a exercer o dereito de tanteo ao se tratar dun Ben de Interese Público\". A Deputación pide \"activar todas as institucións implicadas para impedir unha nova fraude e que os Franco blinden a propiedade que obtiveron por medio dun grande espolio\" O neto de Franco tería presentado, segundo lembra o organismo provincial, a comunicación o pasado 7 de xullo, co cal \"o prazo de tres meses está a piques de rematar\", data na que \"a familia quedaría de mans libres para unha posible venda da propiedade, do que xa demostraron vontade cando o Pazo formaba parte do catálogo dunha inmobiliaria de Santander\". \"Hai indicios abondo para pensar que os netos de Franco queren reeditar o contrato de compra-venda ficticio feito polo ditador para conseguir un documento de propiedade privado do Pazo de Meirás mais, neste caso, á inversa, intentando facer unha venda ficticia que o poña en mans dunha empresa do seu dominio\", lembra a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, que urxe desta maneira \"a activar todas as institucións implicadas para impedir unha nova fraude e que a familia Franco blinde a propiedade que obtiveron por medio dun grande espolio\"."}
{"ID": "NOS_28723", "summary": "A Pobra do Brollón acolle unhas xornadas sobre o desenvolvemento dunhas zonas nas que abrollan proxectos e experiencias contra fatalismos e derrotismos.", "text": "'Programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña' é o título das xornadas que este sábado, 6 de maio, decorren na Pobra de Brollón organizadas por AGEe e o grupo europarlamentar GUE/NGL. Persoas de diferentes ámbitos debaterán e falarán sobre a realidade presente e o futuro destas zonas. \"A alta montaña é unha gran descoñecida\", recoñece Roi Estévez, un dos participantes nas xornadas. Membro da asociación cultural e veciñal Vieiros (Quiroga) e presidente de Souto Vivo, Estévez considera que cómpre definir o que se pretende para estas zonas. \"Queremos unha montaña como foco de traballo, unha montaña para o turismo, unha montaña para acoller xente das cidades?\". Explica en conversa con Sermos Galiza que baixo o termo alta montaña hai diferentes realidades segundo as zonas, \"non todas son iguais\". De aí que un paso que se precisa dar é o da zonificación, isto é, \"definir os obxectivos segundo as características de cada zona, hainas con vocación máis gandeira, outras máis agroforestal...\". E aí entra un concepto importante, a multifuncionalidade. \"No rural non podes apostar todo a unha única funcionalidade\". Carencias Roi Estévez lembra que aínda estamos nunha fase na alta montaña que pode parecer tan superada no resto de Galiza como é a de se dotar de infraestruturas básicas. \"Luz, auga, saneamento. Camiños\", enumera. Servizos dos que se carecen. \"Na miña aldea non temos moitos deles\", aclara. Lograr infraestruturas e servizos e así ter unha base sobre as que asentar e desenvolver vida e proxectos. \"o futuro aquí pasa por rachar con esa mentalidade máis individualizada, de cidade; e recuperar o traballo en común, comunitario. O que aquí se chamaba traballar en concello\". Unha mentalidade de cooperación que está na base dos proxectos que se desenvolven na alta montaña. \"Moitos proxectos pequenos pero que todos xuntos consiguen esa multifuncionalidade\"."}
{"ID": "NOS_39500", "summary": "Despois de negar nun primeiro momento a súa responsabilidade, o Exército de Etiopía acepta a autoría do atentado mais nega que haxa vítimas civís, e defende que o mercado estaba baleiro á hora da operación. Médicos do hospital de Mekelle falan de até 80 mortos.", "text": "Cando menos 60 persoas morreron e varias ducias máis quedaron feridas despois do bombardeo do Exército de Etiopía esta terza feira nun mercado da localidade de Togoga, na rexión de Tigrai, que leva sendo asaltada desde novembro de 2020 por forzas militares etíopes e eritreas. Ademais, médicos do hospital de Mekelle, a capital rexional situada a 25 quilómetros de Togoga, advertiron aos medios internacionais que o número de vítimas continuará a aumentar a medida que sexan rescatadas entre os escombros e que cheguen ao hospital, segundo revela Associated Press, a cifra de falecidas podería superar as 80 persoas. Unha veciña explicou a Reuters que o ataque chegou a unha da tarde cando o mercado estaba ateigado, ferindo o seu marido e a súa crianza de dous anos. Fontes consultadas por Deutsche Welle apuntan que entre as vítimas do ataque hai un alto número de cativas e cativos, amais citan o persoal do hospital de Mekelle que denuncia que os militares etíopes bloquearan o acceso das ambulancias ao mercado xusto despois do bombardeo. A Organización das Nacións Unidas (ONU) transmitiu a súa \"profunda perturbación\" polo ataque e pola restrición as evacuacións provocada polo bloqueo do Exército etíope da zona do atentado. \"Os ataques directos contra civís e ataques indiscriminados están prohibido\", salientou Ramesh Rajasingham, asistente de asuntos humanitarios da Secretaría Xeral da ONU, que reclamou ao Goberno de Adís Adeba que dirixa coa maior celeridade unha investigación urxente do acontecido. Pola súa banda, Stéphane Dujarric, voceiro da Secretaría Xeral da ONU, solicitou maior acceso humanitario á zona. O bombardeo chega cando as informacións dos medios rexionais inciden no avance da Fronte Popular para a Liberación de Tigrai (TPLF). O Exército etíope, que negara nun primeiro momento a autoría do bombardeo, recoñeceu esta quinta feira a súa responsabilidade mais negou que o ataque producira vítimas civís, e sostivo que a operación se desenvolveu contra os integrantes do TPLF nun mercado que segundo o ministro de Defensa, Getnet Adane, estaba fechado. A ONU denunciou nas pasadas semanas a situación preocupante de fame xerada na rexión de Tigrai desde o comezo da operación militar etíope en novembro, estimando que 353.000 persoas están clasificadas na fase de catástrofe humanitaria, e 1,8 millóns máis en fase de emerxencia."}
{"ID": "NOS_12543", "summary": "A causa non tiña moito sustento xurídico até o ponto de no seu día os fiscais cataláns afirmaren que non había materia delictiva. Mais os argumentos de tipo político pesaron na decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya nun auténtico xuízo ao soberanismo catalán, ao chamado procés. Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau son condenados por un delito de desobediencia e son absolvidos do de prevaricación.", "text": "Non prevaricaron (non ditaron ordes inxustas a sabendas do que o eran), mais si desobedeceron. Ese é o delito polo que Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau -presidente, vicepresidenta e conselleira de Educación da Generalitat no momento dos feitos xulgados, novembro de 2014- foron condenados esta segunda feira polo Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. Artur Mas é condenado a 2 anos de inhabilitación (prohibición de exercicio de calquer cargo político eleito) e ao pagamento dunha multa de 36.500 euros. Joana Ortega, a 1 ano e 9 meses e 30.000 euros de multa. Irene Rigau, a 1 ano e 6 meses e 24.000 euros de sanción económica. Terían desobecido a providencia de suspensión do referendo de autodeterminación do 9N ditada polo Tribunal Constitucional cinco días antes da realización da consulta. De nada valeron os argumentos expresados pola defensa segundo os cais o Govern si respeitou a orde do TC ao se desvincular do referendo e ao permitir que este se transformase nunha consulta participativa directamente xerida polo Pacte Nacional pel Dret a Decidir e o seu exército de 40.000 persoas voluntarias. No seu alegato final, o fiscal, Emilio Sánchez Ulled, considerou probado que o Govern si continuou operando a favor da realización da consulta após lle ter sido comunicada a providencia do TC. Este alegato do ministerio público contrasta coa posición que no seu día adoptaron, por unanimidade, os fiscais do TSXC para os cais non existía delito desde o momento en que o TC non emitiu ningunha providencia ad hoc en que se indicasen que aspectos da consulta debían ser suspendidos e en que se explicitasen que cargos públicos tiñan que actuar para impedir que o referendo se levase a termo. A defensa de Mas, Ortega e Rigau apresentarán con toda probabilidade recurso ao Tribunal Supremo. Reaccións CUP. Ve na sentenza o certificado de defunción da vía do referendo pactado, na que aposta Catalunya sí que es Pot, Podemos e Ada Colau. Chaman a acelerar o referendo pactado. ERC. Mostran o apoio a Mas e declaran que o Estado non terá capacidade para frear o procés. PDeCAT. O seu líder, Artur Mas, afirma que acatarán a condena ditada pola xurisdisción española á agarda de construír a soberanía catalá. \"En España perséguense as ideas políticas\", afirma. BNG. Denuncia a dupla vara de medir da xustiza española: luva de seda coa Casa Real e man de ferro cos convocantes da consulta do 9N. Na súa conta twitter, Ana Pontón escrebe: \"Tot el suport a #Mas, @joanaortega #irenerigau. O estado español condena a quen defende a democracia, mentres ampara corrupción e corruptelas\". Podemos. Pablo Iglesias afirma en twitter que \"Artur Mas é o herdeiro do pujolismo, unha das piores expresións da Trama, mais que o condenen por pór as urnas é unha vergoña\". PSC. Pide respeitar a sentenza, mais afirma que a xudicialización da política non leva a ningures. PSOE. Antonio Hernando, portavoz do grupo parlamentar no Congreso, afirma que a sentenza é benévola e consecuencia directa de desobedecer o TC. PP. Pablo Casado, portavoz do partido, festexa que a sentenza \"pon cada quen no seu sitio\" e demostra que non hai ninguén por cima da lei."}
{"ID": "NOS_52811", "summary": "O comité esixe á Xunta a mesma celeridade que con Barreras para atopar unha solución aos problemas do estaleiro.", "text": "As traballadoras e traballadores de Vulcano chegaron esta sexta feira fronte ao Parlamento da Galiza para denunciar os incumprimentos da Xunta e esixir unha solución para a factoría naval viguesa. Poñían fin así a unha marcha reivindicativa que comezou o pasado 1 de outubro en Vigo. O presidente do comité de empresa, Nicolás Sangabriel, reclamou unha implicación igual e \"polo menos a mesma celeridade\" por parte do conselleiro de Industria da que o departamento mantén co estaleiro Hijos de J. Barreras. Entre as súas reivindicacións tamén está a de que a Xunta cumpra cos compromisos que adquiriu coas traballadoras e traballadores de Factorías Vulcano, non só cós da empresa, que non son outros que os de buscar inversores e conservar os postos de traballo se unha vez rematado o ferri a compañía entraba en fase de liquidación Reunión co conselleiro Como indicou o propio Sangabriel, no transcurso desta última etapa entre Padrón e Compostela recibiron unha mensaxe do conselleiro Francisco Conde anunciando que os recibiría esta mesma tarde. No encontro, adiantou o responsable sindical aos medios, pediranlle que atope un inversor que se encargue de que os postos de traballo se manteñan a longo prazo, dada a importancia dun centro de traballo que, como lembrou, emprega máis dun milleiro de persoas cando ten actividade. \"Que ninguén pense que porque nos teñan liquidado imos deixar de defender o noso estaleiro, a factoría e os nosos postos de traballo\", advertiu. Sangabriel tamén sinalou sobre os problemas do sector na Ría de Vigo que \"cando se colabora cun estaleiro, privado, que lle permite dispor de cartos públicos para sacar adiante os seus proxectos, non se pode ceder e non vixiar que se fai con el\". Durante a protesta, o responsábel sindical aproveitou para lembrar as traballadoras e traballadores de Vulcano que a vindeira segunda feira teñen unha cita no Xulgado na que lles comunicarán o expediente de extinción. O xuíz, apunta, vailles preguntar por que non houbo acordo cos administradores concursais e se o considera así, emitirá o auto de extinción a próxima semana."}
{"ID": "NOS_28737", "summary": "O poeta, músico e mestre achegará o seu poemario ao público compostelán na libraría Pedreira acompañado, entre outras persoas, de Sabela Arias, ilustradora do libro.", "text": "Baldomero Iglesias, Mero ((Vilalba, 1951), ten xa un longo percorrido na creación artística galega. Máis coñecido polo seu traballo musical (Fuxan os ventos, A Quenlla) conta coa poesía para deitar os seus pensamentos máis íntimos mais non menos críticos coa realidade que o arrodea. Conta con dous poemarios anteriores publicados como foron 'Na lonxitude do tempo' (Espiral Maior, 2006) e 'Recendos de luz e de sombra' (Fundación Manuel María, 2006). En 'No papel que mudo escoita' (Irmandade Manuel María, 2011) resume en trescentas trinta e oito páxinas o seu mundo vital. En territorio remite con alusións a Vilalba, á Terra Chá, a Mesía, a Lugo e á muralla, a Duarría (Castro de Rei) e en temática aao amor, a Patria, a xustiza,...A presentación en Compostela do libro publicado pola Irmandade Manuel María (Foulas do Rañego, nº 8) será o 31 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Compostela. nela participarán, ademais do autor, Xosé Lois García, Mini Rivas, Xulio Xiz, Alfonso Blanco, David Otero e Sabela Arias xunto a unha participación musical de Raúl Galego."}
{"ID": "NOS_48917", "summary": "O colectivo Espazo 16 foi constituído formalmente como asociación non hai moito, pero a súa pegada no entorno rural do municipio de Barro está sendo moi fonda.", "text": "Espazo 16 conseguiu crear en tan só unha fin de semana un espazo onde peregrinos e veciños poderán convivir e descansar polos seguintes anos. Integrado por catro persoas que ven no rural unha oportunidade de vida e dinamización, conseguiron sacar, neste e no pasado ano, dous proxectos de forte interese social. Non é ningún segredo que o rural galego adoece dunha sangría da súa poboación. As cidades absorben a maioría de nados, e non poucas parroquias afrontan con resignación o futuro incerto. O panorama pode desalentar nun primeiro momento, mais os membros dese peculiar colectivo de Barro viron unha oportunidade para crear novos espazos onde convivan diferentes xeracións, aproveitando os propios recursos dos que dispoñen a man. Na penúltima fin de semana de setembro, o proxecto Un lugar no Camiño tornouse unha realidade. Viña xa anunciado dende hai semanas, mais é certo que no rural, a transmisión de información pode ser máis lenta do que acontece noutros lugares. Financiado por Xuventude, e co apoio do Concello de Barro, a idea era crear nunha fin de semana un novo espazo dentro da parroquia de Agudelo que funcionase de área de descanso tanto para o peregrino coma para o veciño. A construción dun lugar que os veciños sentan coma seu, e non dependa dun terceiro ou entidade superior. Financiado por Xuventude, e co apoio do Concello de Barro, a idea era crear nunha fin de semana un novo espazo dentro da parroquia de Agudelo \"No rural seguen faltando lugares onde a xente poida quedar e pasar o rato\", explica Sheila García, membro do Colectivo Espazo 16. \"Hai anos era habitual que os veciños acudiran aos lavadoiros, ou a igrexa; pero estes espazos foron morrendo ou quedando en desuso. Moitas veces a xente non sae da casa, non fai vida na parroquia, porque non ten onde ir concretamente. A idea e que con este tipo de actuacións volvan ter un lugar onde relacionarse e que sintan coma propio, traballando na súa construción, para que perdure por anos\". Non é a primeira vez que Sheila e o resto da asociación se embarcan nunha tarefa similar. O ano pasado, co proxecto Especies de Espazos, converteron unha vella escola abandonada nun lugar que serve de teito e refuxio para as relacións entre os habitantes da parroquia, ou a posíbeis actividades culturais e sociais. Mesmamente, as charlas de dinamización que ofereceu a maiores Un lugar no Camiño déronse neste espazo que agora coidan e manteñen os veciños. Non é a primeira vez que Sheila e o resto da asociación se embarcan nunha tarefa similar O proxecto elaborouse en tres obradoiros diferentes. O primeiro realizouse perto dunha interxección onde o AVE atravesa a estrada sobre un noiro. Alí, no que antes era unha parede gris e sen vida, rompendo co entorno, atópase agora un fermoso mural colectivo, que anima os peregrinos e alegra a vista dos paseantes. Unha especie de domesticación do lugar, e que ademais serve de indicador, sendo que na zona era habitual que os peregrinos se perdesen. O segundo obradoiro, realizado o domingo 24, supuxo a creación dun artefacto con palés a diferentes alturas, o que permitirá quer sentarse quer tombarse quer apoiarse. Un lugar para descansar ou quedar un anaco, baixo a sombra das árbores próximas. Tamén houbo tempo para plantar algunhas plantas autóctonas. \"Todo o mundo móstrase encantado con estas intervencións, e até se sorprenden de que xente xove queira facelas. Ninguén pon unha pega. O Concello axudounos en todo o que puido, así coma os veciños que sempre están para botar unha man, e ves como, os que non sabían do proxecto, achéganse e preguntan. Mostran interese\", sinala Sheila García. \"Compinches é un adxectivo plural. Nada disto é posíbel se non poñemos todos algo da nosa parte, e enche moito ver que así é\". O terceiro obradoiro, baixo o lema Maneiras de vivir, aglutinou unha serie de charlas sobre iniciativas de éxito, innovadoras e sostíbeis para o desenvolvemento do medio rural. Unha lembranza de que o futuro tamén é posíbel nas parroquias. Participaron Trespés, unha cooperativa de Redondela con proxectos para a dinamización do territorio; a comunidade de montes de San Vicente, cun proxecto de pastoreo de gando vacún nos montes veciñais; Cabana das Bolboretas de Barro, unha adega que se dedica á elaboración dun espumoso a partir das súas uvas albariñas; e por último, Ana Cadavid, veterinaria na zona de Barro. Colectivo Espazo 16 sitúase como unha proposta nacida para a dinamización dun rural que necesita deses espazos de encontro, moitas veces esquecidos pola Administración, ou sen unha capacidade de actuación real ao descoñecer o día a día das pequenas parroquias coma Agudelo en Barro. Polo pronto, o seguinte proxecto xa está voando entre as cabezas dos seus membros."}
{"ID": "NOS_58530", "summary": "O Goberno di que está a a traballar activamente con países como a India ou o Brasil para producila fóra.", "text": "O Ministerio de Saúde de Rusia puxo en circulación o primeiro lote da vacina contra a Covid-19 desenvolvida no país e bautizada como Sputnik V, despois de conseguir completar as probas de calidade requiridas. \"O primeiro lote da vacina Sputnik V pasou as probas de calidade necesarias dos laboratorios do Servizo Federal de Vixilancia no Sector de Saúde e foi lanzado á circulación pública\", segundo sinalou o ministerio nun comunicado recollido pola axencia de noticias Sputnik. Xa na segunda feira, o ministro de Sanidade, Mijail Murashko, anunciou que a vacina comezaría a ser administrada durante esta semana ás primeiras persoas voluntarias, no marco da terceira fase dos ensaios clínicos despois do seu rexistro. A Oficina Nacional de Protección ao Consumidor de Rusia (Rospotrebnadzor) informou de que as probas, realizadas polo centro de viroloxía e biotecnoloxías Vector, estarían completas o próximo 30 de setembro. As autoridades rusas rexistraron oficialmente o 11 de agosto a primeira vacina contra a Covid-19, desenvolvida polo Centro de Epidemioloxía e Microbioloxía Gamaleya. A Sputnik V non provoca efectos secundarios graves consegue xerar inmunidade durante un período que pode alcanzar até os dous anos. Na fase actual, estase a administrar nas probas cunha autorización especial, tan só a persoas dos grupos de risco e baixo un estrito control. Terceiros países Tras a publicación na pasada sexta feira dos resultados das primeiras probas clínicas na revista científica The Lancet, o presidente do Fondo Ruso de Investimento Directo (RDIF), Kirill Dmitriev, dixo en conferencia de prensa que \"estamos a traballar activamente con moitos países para producila fóra de Rusia\", e citou o Brasil e a India."}
{"ID": "NOS_19257", "summary": "A empresa informará da volta á actividade a partir do día 9 de marzo", "text": "Stellantis ten previsto parar a súa produción na factoría viguesa esta fin de semana, na que nin o sistema 1, que monta os Peugeot 2008 e 301 e o Citroën C-Elysée, nin o sistema 2, o encargado da fabricación das furgonetas, estarán operativos. Pero ese paro, motivado pola chamada crise dos microchips ─falla de subministro de semicondutores e outros compoñentes electrónicos─, podería tornar en indefinido, segundo alertan fontes do sector. O grupo automobilístico, que vén de presentar uns beneficios de 13.354 millóns no exercicio 2021 a pesar das paradas de produción, anunciou onte paros na produción da súa planta de Figueruelas, en Aragón, tan só unhas horas despois de comunicar que o sistema 1 da planta de Vigo pararía todas as súas quendas da fin de semana, unha medida que tamén afectaría parcialmente ao sistema 2. Agora, despois de varias suspensións consecutivas nas últimas semanas ─onte retomaron a actividade no sistema 1 após estar parado desde mediados de febreiro─ a empresa decidiu fechar a planta viguesa de forma indefinida e até novo aviso. Desta vez, a decisión non só está motivada pola crise dos microchips, senón que tamén influíu a imposibilidade de acceder a determinados materiais ─fundamentalmente o aluminio e o paladio─ chave para a produción de vehículos polo conflito entre Rusia e Ucraína. Miles de afectadas A medida afectará a todas as quendas e todos os sistemas, co que as máis de 7.000 persoas que traballan na factoría viguesa sufrirán as consecuencias de esta nova parada. A dirección, segundo estas mesmas fontes, comezará a facilitar información sobre a volta ao traballo e a continuidade da produción a partir da vindeira cuarta feira, 9 de marzo. A decisión da empresa pode influír tamén nos seus plans de futuro. Esta mesma semana, o grupo presentou o seu plan estratéxico, no que fixa o obxectivo de alcanzar os 300.000 millóns de euros en ingresos para o ano 2030 e as cero emisións netas de carbono para o exercicio 2038, cunha redución do 50% para 2030. \"O noso obxectivo é ser o número un en satisfacción do cliente para os nosos produtos e servizos en todos os mercados. Prestaremos unha atención excepcional á experiencia completa de extremo a extremo, traballando para eliminar calquera fricción ao longo da cadea de valor\", destacou o seu conselleiro delegado, Carlos Tavares, durante a presentación do plan."}
{"ID": "NOS_12724", "summary": "A proposta de Orzamentos Xerais do Estado de 2023 deixa un investimento na Galiza de 1.077 millóns de euros. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana volve ser o máis investidor pero esquece actuacións chave en materia ferroviaria. A conexión por tren entre Vigo e Portugal queda relegada ao recibir menos de 30.000 euros.", "text": "A proposta de contas públicas do Goberno español para 2023, presentada esta quinta feira pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, recolle un investimento para o conxunto do Estado de 368.088 millóns de euros, destinando a Galiza 1.077 millóns de euros. Malia que o orzamento medra no total estatal en 11,3%, a suba no país fica en 0,21%, superando só en tres millóns de euros a contía asignada no pasado orzamento. Porén, a alza interanual da inflación en 9%, obrigaría a un incremento no investimento no país nesa contía co fin de non desvalorizar en 8,79% as achegas públicas estatais en relación co exercicio pasado. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana é un dos departamentos que máis invisten na Galiza, cunha achega próxima a 227 millóns de euros. Neste sentido, reciben un importante impulso as obras da A-54 entre Arzúa e Melide, con 30,4 millóns de euros e entre Melide e Palas de Rei, cunha contía próxima a 24 millóns de euros, se ben adía o seu remate a anualidade de 2024. Na mesma, liña destaca a partida de 13,7 millóns de euros para o tramo de Vilaboa á Ermida, da circunvalación de Pontevedra, así como de 20,67 para a execución da estrada de conexión do Barco de Valdeorras coa N-120 e a N-563. Os orzamentos do Estado reservan 56,36 millóns de euros para subvencionar as peaxes nos traxectos da Autoestrada do Atlántico. Así, o Goberno estatal mantén a compensación a Audasa pola gratuidade dos movementos internos nos tramos Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala e as bonificacións de recorrencia no uso da autoestrada, até cubrir 100% da peaxe no percorrido de volta sempre que se produza nas 24 horas seguintes. A este respecto, a transferencia á Galiza desa estrada de pago continúa pendente, unha vez que esa posibilidade foi emendada no trámite parlamentario. PSOE e Unidas Podemos fechan de madrugada un acordo sobre os orzamentos estatais de 2023 As infraestruturas ferroviarias atópanse entre as grandes esquecidas deste orzamento. Neste sentido, a articulación ferroviaria interna da Galiza recibe contías insignificantes, sinalándose entre estas a dotación de 185.000 euros para o ferrocarril de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo, 28.000 euros para a circunvalación de Betanzos no tramo da Coruña a Ferrol e 6.700 euros para a conexión do porto da Coruña. Na mesma dirección, non se contempla ningunha partida para pór en marcha un servizo de proximidades nalgunha das áreas metropolitanas ou comarcas galegas. A única excepción neste deseño, son 25,8 millóns de euros dedicados á mellora das liñas entre Monforte e Lugo. Conexión con Portugal Á conexión ferroviaria entre Vigo e a fronteira portuguesa apenas se destinan 29.900 euros, dentro dunha partida plurianual de 1,67 millóns de euros dirixidos a elaborar un estudo informativo que conecte a cidade olívica coa alta velocidade procedente de Portugal, cuxo remate prevé o Goberno luso para 2029. Neste sentido, o Executivo de Pedro Sánchez deixou caducar un estudo elaborado no seu momento polo Gabinete de Mariano Raxoi, que cifraba o importe do total das obras de conexión nos seus tramos galegos en 200 millóns de euros. Miteco O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é o segundo máis investidor na Galiza con 50,33 millóns de euros. Neste caso, a practica totalidade das actuacións consignadas derívanse de compromisos orzamentarios de exercicios pasados, como o saneamento da ría do Burgo na Coruña. Porén, non se recollen propostas para favorecer a transición enerxética, malia contar Galiza con poboacións como As Pontes ou Meirama, en Cerceda, onde se teñen acometido nos últimos tempos importantes procesos de reconversión industrial. Nesta dirección, destaca que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo só achega fondos para promover a internacionalización empresarial e non para o impulso a novas iniciativas industriais. O BNG, decepcionado coas contas de 2023 O BNG valora o orzamento como \"decepcionante, porque non cumpre coa Galiza\" e di que vai traballar para melloralo. O seu deputado Néstor Rego lembra que \"os presupostos na Galiza medran moito menos que noutras comunidades como Madrid, onde crecen 13%, duplicando neste territorio o investimento ao orzado en 2021, sendo previsíbel unha alza semellante en 2022\". Pola súa parte, Antón Gómez Reino (Galicia en Común), amosou a súa \"satisfacción\" coas contas."}
{"ID": "NOS_45497", "summary": "O integrante do comité federal do PSOE confirmou esta terza feira 18 de xullo a súa decisión de apresentarse como candidato á lideranza do PSdeG", "text": "Gonzalo Caballero afirmou esta terza feir estar disposto a traballar e a apresentarse ás primarias ao tempo que declaraba non ter ningún medo ás mesmas. O dirixente vigués, nunha entrevista na Radio Galega, mostrábase optimista aínda que preocupado por conseguir dotar a organización \"dun bon proxecto, dun bon equipo de dirección e dunha boa estratexia\", asunto no que traballará durante o verán para, nas súas palabras, \"configurar unha nova etapa no PSdeG coherente coa nova etapa que abriu o PSOE no Estado\". Con referencia a se Pedro Sánchez lle trasladou a súa decisión de se apresentar ás primarias, Caballero optou por non confirmar nin desmentir. \"Non lle corresponde ao secretario animar ninguén a se apresentar. Cada un ten que ter o seu papel\", declarou."}
{"ID": "PRAZA_19348", "summary": "Entidades de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, O Morrazo e O Salnés rexeitan as achegas por valor de 3 millóns de euros e piden aos organismos públicos que \"non colaboren\" coa pasteira e que retiren o seu apoio aos eventos nos que a empresa colabore.", "text": "Máis dun cento de colectivos de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, O Morrazo e O Salnés subscribiron un manifesto no que cualifican de \"chantaxe\" as axudas económicas que ofrece ENCE a persoas físicas e entidades xurídicas por un total de 3 millóns de euros. Os promotores desta iniciativa aseguraron este sábado que, \"por coherencia\", renuncian a eses recursos. Colectivos de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, O Morrazo e O Salnés rexeitan as axudas por valor de 3 millóns de euros da pasteira Así, concentrados ante o edificio principal do Pazo de Lourizán, a presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Queta Molas, en representación destas organizacións, fixo un chamamento aos colectivos sociais para \"non aceptar as subvencións ou patrocinios por parte de ENCE\". O manifesto insta as institucións públicas a \"non colaborar\" con ENCE e pídelles \"retirar o seu apoio económico e de calquera tipo a aqueles eventos nos que colabore ENCE, e a que fagan pública esta decisión\". Ademais, reclaman \"coherencia\" por parte da Deputación de Pontevedra -actual propietaria do Pazo de Lourizán, que está cedido á Xunta até 2021- para \"non permitir a cesión\" destas instalacións á empresa pasteira e para que esixa da Xunta \"a súa recuperación para uso exclusivamente público\". O manifesto pide aos organismos públicos que \"non colaboren\" con ENCE e que retiren o seu apoio aos eventos nos que colabore \"Non temos os recursos económicos que ENCE emprega para minimizar o grao de oposición á súa permanencia en Lourizán\", constata o manifesto desta \"iniciativa aberta e unitaria\", cuxos promotores se declaran \"conscientes das dificultades dos distintos colectivos\" porque non son alleos a esa situación. Aínda así, rexeitan \"aceptar que unha empresa que contribúe a crear pobreza na comarca tente lavar a súa mala conciencia a base de repartir esmolas\". A declaración cualifica de \"infame\" a prórroga concedida a ENCE por parte do anterior Goberno estando \"en funcións\" e cualifica de \"mal chamado pacto ambiental\" o acordo subscrito entre a Xunta e a pasteira, cuxo propósito é \"seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais\". Os colectivos consideran \"infame\" a prórroga a ENCE, á que acusan de \"seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas\" Os impulsores desta campaña, que representan \"un amplo sector da cidadanía da comarca\", cualificaron o Goberno galego de \"cómplice\" de ENCEante a pretensión da factoría de \"facerse co Pazo de Montero Ríos para instalar alí o seu centro de I+D forestal que sería controlado exclusivamente pola empresa\". O manifesto precisa que esta maneira de actuar \"non é unha política nova para ENCE, que pensa que pode subornar a todo o mundo\". En declaracións a Europa Press, o presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, Antón Masa, asegurou que a actitude da Xunta é \"inadmisible\" e acusouna de \"esquecer\" que xa dispón dun centro de I+D forestal vinculado á Consellería de Medio Rural que \"está a deixar morrer\" por falta de recursos humanos e técnicos. Ademais da APDR, entre o cento de organizacións adheridas ao manifesto atópanse a Cooperativa Mexilloeira de Bueu 'Socomebu', mariscadores de Aldán, as comunidades de montes de Salcedo e Lourizán, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Adega, a Irmandade Illa de Tambo, Amigos e amigas do Museo de Pontevedra, Ateneo de Pontevedra, Aula Castelao de Filosofía e a Federación de Asociacións de Veciños Castelao."}
{"ID": "NOS_21769", "summary": "Unha investigación da Audiencia Nacional estuda se diversos membros do Executivo de Raxoi promoveron unha operación dirixida a espiar o antigo tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, e roubarlle información acusatoria.", "text": "A utilización do aparato do Estado para combater o adversario político fai parte da tradición política española. Sen saír da etapa de Mariano Raxoi á fronte do Executivo estatal, resulta paradigmática a persecución dos dirixentes nacionalistas cataláns polas forzas de seguridade, chegando mesmamente a construír probas falsas para a súa imputación, no marco da coñecida como \"Operación Catalunya\". A campaña impulsada desde o Goberno español, dirixida polo ministro de Interior Jorge Fernández Díaz e executada polos corpos policiais, tiña o obxectivo de debilitar o movemento nacionalista. Os mesmos actores volven ser os protagonistas dun novo episodio de instrumentalización dos órganos gobernamentais ao servizo dos intereses dun partido político. Así, segundo se recolle nunha investigación aberta polo maxistrado da Audiencia Nacional, Manuel García-Castellón, diversos membros do Executivo de Mariano Raxoi promoveron unha operación dirixida a espiar o antigo tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, e roubar parte da información no seu poder, que incriminaba os principais responsábeis da formación nas tramas de financiamento irregular do Partido Popular. O operativo, coñecido na xerga policial como \"Kitchen\", gaña actualidade nos últimos días ao coñecerse que o xuíz prepara a imputación do antigo ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, e da súa colega de Defensa, María Dolores de Cospedal. A decisión de investigar Fernández Díaz e Cospedal é consecuencia de diversas comentarios e anotacións do secretario de Estado de Seguridade no Goberno de Raxoi, Francisco Martínez. Martínez, número dous de Fernández Díaz no Ministerio de Interior, deixou constancia o pasado mes de xaneiro diante dun notario de diversas mensaxes que incriminan o seu superior neste novo escándalo. \"O meu grande erro foi ser leal a miserábeis como Jorge (Fernández Díaz), Raxoi ou Cospedal\", afirmou Martínez, quen nunha mensaxe de móbil ao presidente da Audiencia Nacional chegou a afirmar: \"Ti sabes que me utilizaron. Uns e outros. Eu o único que fixen foi traballar\", contestándolle, este: \"Seino, seino\". As forzas nacionalistas veñen de solicitar unha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, anunciándose unha iniciativa en termos semellantes desde as filas socialistas."}
{"ID": "NOS_51513", "summary": "A Audiencia Nacional abre xuízo oral por unha operación en Rivas que custou 41 millóns de euros á caixa", "text": "A Audiencia nacional abriu esta cuarta feira xuízo oral ao expresidente de Caixanova Julio Fernández Gayoso e 3 exdirectivos máis da entidade, por operacións inmobiliarias supostamente irregulares en Rivas-Vaciamadrid, a través da financeira Proinova, e imponlles unha fianza de responsabilidade civil de 68 millóns de euros. En agosto, a maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela consideraba que hai indicios para xulgar directivos da antiga Caixanova –entre eles o que fora o seu presidente, Julio F. Gayoso- por operacións inmobiliarias en Rivas-Vaciamadrid e que supuxeron un prexuízo para a entidade financeira (hoxe en Abanca) por case 42 millóns de euros. No auto de transformación das dilixencias en procedemento abreviado, a maxistrada entende que os feitos, unha vez finalizada la instrución, son constitutivos dun delito societario continuado na súa modalidade de administración desleal."}
{"ID": "NOS_56190", "summary": "O mozo acusado de \"integración en banda armada\" e \"tenza de explosivos\" negou calquera vinculación \"co nacionalismo galego\" e coa organización AMI --Assembleia da Mocidade Independentista-- \"desde hai máis de dez anos\" e di que o que sabe sobre Resistencia Galega é \"pola prensa\".", "text": "De \"barbaridade até cando non causa danos persoais\" foi como cualificou o uso de material explosivo con finalidade política Hadriam Mosquera, 'Senlheiro', o mozo galego xulgado esta segunda feira na Audiencia Nacional española polos delitos de \"integración en banda armada\" e \"tenza de explosivos\". O ministerio fiscal pide para el 18 anos de prisión. O xulgamento encetou con 45' de demora sobre a hora fixada e coa declaración do propio Mosquera Pazos. O mozo, veciño do lugar de Quistiláns, en Ames, declarou que a caseta onde foi detido o 9 de xaneiro de 2013 era un lugar que frecuentaba tanto el coma as súas amizades e mesmo a veciñanza \"para facer botellón, para combinar ou para fumar porros\". Xustamente isto último era o que, segundo a súa declaración, foi facer o día en que o prenderon. \"Unha persoa preguntoume como me chamaba e inmediatamente despois dez encapuchados botáronse riba de min\". A respeito dos termos que conterían explosivos e que a policía española defende que Mosquera Pazos manipulou, o acusado negou tal extremo e enfatizou que unicamente soubo que era o que había na bolsa \"cando me dixeron por que estaba detido\". Para alén de negar calquera militancia ora na AMI --Assembleia da Mocidade Independentista-- ora nalgunha outra organización nacionalista ou independentista galega, 'Senlheiro' explicou que as cartas incautadas no rexistro ao seu domicilio e pertencentes a persoas presas facían parte da súa actividade solidaria na organización PreSOS. \"Escribíame con moitos presos e a moitos deles non os coñezo\", aclarou, recoñecendo como única militancia \"simpatías\" cara ao sindicato anarquista CNT. \"Estou en prisión pola miña vinculación con algo co que estou absolutamente en contra\", insistiu Mosquera, ao lle preguntar polo seu posicionamento cara ás prácticas de violencia cunha finalidade política. Declaracións das testemuñas O letrado da defensa, Endika Zulueta, encamiñou as preguntas aos 10 funcionarios da policía española que prestaron declaración arredor dos feitos que narraron perante a Audiencia Nacional mais que no seu día non incluíron no atestado que deu lugar á acusación formulada. Dados coma que Mosqueira Pazos levaría postas unhas luvas cando entrou na caseta onde foi detido ou por que se mantiveron como antecedentes contra o encausado unha detención anterior na baptizada como Operación Castinheira (ano 2005), cuxas dilixencias ficaron arquivadas, foron algunhas das cuestións que o letrado vasco formulou quer ao responsábel de redactar as dilixencias quer aos responsabeis do operativo en que foi detido o veciño de Ames. \"Era relevante\", dixeron, que levara luvas, malia non aparecer este dado reflexado no atestado, tal e como recoñeceron. Acrecentaron, aliás, que a Operación Castinheira se mantén como antecedente policial porque, segundo explicaron, 'Senlheiro' non solicitou que se eliminase unha vez arquivada a causa. Un dos funcionarios policiais dixo que \"non me consta\" que tal causa fose arquivada e enfatizou que \"me consta\" que existe unha organización denominada Resistencia Galega, á cal cualificou de \"terrorista\". O encargado da redacción das dilixencias polas que Mosquera Pazos foi encausado asegurou que a frase colocada no atestado --de maneira literal-- que existen \"sospeitas fundadas de que o acusado é membro de Resistencia Galega\" é \"unha opinión, non un feito, baseada na miña experiencia\". Por derradeiro, o responsábel do dispositivo, colocado fronte á porta da caseta no momento da detención, asegurou ter visto o mozo \"toquetear\" os termos que conterían o explosivo e que, malia que tampouco consta no atestado, a primeira evidencia que tiveron da identidade do mozo \"foi cando el propio nos dixo quen era e preguntou quen eramos nós\". En demostrar que a zona onde 'Senlheiro' foi detido é, efectivamente e tal e como el declarou, un lugar \"habitual\" onde se xunta a mocidade e a veciñanza da contorna centráronse as declaracións das dúas testemuñas da defensa. A primeira, un artista gráfico, afirmou ter ido realizar pintadas á devandita construción, parar alí para fumar ou partillar \"unhas cervexas\" de camiño ao río e mesmo nos meses do inverno, pois queda de camiño cara á localidade de Bertamiráns. A segunda testemuña, veciño do lugar, recalcou que \"non é nada extraordinario\" que alguén vaia até alí fumar un porro --como declarou Mosquera Pazos-- \"porque malia estar case derruída ten unha estrutura que permite ficar dentro dela\". 'Senlheiro' leva en prisión preventiva desde xaneiro de 2013, cando foi detido no monte coñecido coma O Instrumento, próximo á vivenda familiar."}
{"ID": "NOS_7533", "summary": "De \"ataque vandálico contra do patrimonio urbanístico, cultura e social da nosa cidade\". Así cualifica o Grupo Municipal do BNG da Coruña a colocación de dúas amplas lonas de publicidade na torre do edificio da estación de ferrocarril, que foi denunciada por Sermos Galiza.", "text": "A concelleira do BNG no Concello da Coruña, Avia Veira, presentou unha batería de preguntas de cara ao próximo Pleno ordinario para pescudar \"quen é responsábel\" da colocación da publicidade na torre do edificio de San Cristovo, un \"ben a protexer e a coidar por todas as Administracións\". Na iniciativa presentada, pregúntalle ao Goberno municipal quen autorizou á colocación das lonas publicitarias para, de ser o caso, \"adoptar as correspondentes sancións recollidas na ordenanza e obrigar á retirada daquelas á maior brevidade posíbel. De ter sido o propio Goberno municipal quen autorizou a instalación da publicidade, o BNG interésase se outros bens urbanísticos e arquitectónicos, como as galerías de Porta Real, a Casa Paredes ou mesmo a Torre de Hércules, \"non van estar libres de se lles colocar nun futuro calquera outro tipo de publicidade\". Ademais, Avia Veira pregunta se a colocación destas lonas, por medio dun soporte metálico, teñen causado algún tipo de dano ou deterioro á fachada da torre da estación e que medidas teñen pensado tomar contra os causantes. Preguntado por Sermos Galiza, o Goberno municipal da Coruña, dirixido por Xulio Ferreiro, non deu ningunha valoración ao respecto."}
{"ID": "NOS_15157", "summary": "A doutrina oficial do PP está a piques de ser refutada pola súa propia práctica política en Andalucía. Aínda este pasado domingo, nunha entrevista na SER, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendía unha mudanza legal para outorgar o goberno directamente á forza política máis votada. En aplicación dese criterio Susana Díaz debería continuar a ter despacho no Palacio de San Telmo, sede da presidencia do Goberno andaluz. Porén, esta mesma segunda feira Feixoo deixou claro que en Andalucía si apoia que o PP, segunda forza máis votada, obteña a presidencia grazas a un acordo que necesariamente incluirá Vox.", "text": "A pesar de ter o seu peor resultado histórico, o PSOE foi con moito a forza política máis votada este domingo nas eleccións ao Parlamento andaluz. Obtivo 33 escanos, 7 máis que a segunda forza, o PP, e 12 por cima da terceira, Ciudadanos. Porén, ninguén dubida de que os esforzos de Susana Díaz para recabar apoios para unha eventual investidura serán baldíos e que consecuentemente a dereita, que ten maioría absoluta na cámara, gobernará Andalucía. Esta mesma segunda feira, o presidente da Xunta, nunha coidada declaración política, deixou entrever que apoia a entente das distintas forzas conservadoras para despexar Susana Díaz do palacio de San Telmo. Non recollía a luva tendida pola presidenta saínte, quen na mesma noite electoral propuña un acordo do constitucionalismo para isolar Vox. \"Os andaluces merecen un goberno, votárono nas urnas, dixéronlle á esquerda que non queren que continúe a gobernar e hai unha opción clarísima para que haxa un goberno distinto ao que ten habido desde que temos memoria\", dixo Feixoo aos medios en Madrid antes de participar nunha reunión da xunta directiva do seu partido. E con efecto si existe unha \"opción clarísima\" para existir un \"goberno distinto\" ao de Susana Díaz. Mais pasa indefectibelmente polo apoio de Vox. PP e Cs non suman suficientes escanos para obteren por si sós a investidura para un candidato conservador. Reúnen 47 escanos e a maioría absoluta son 55. A esquerda ten 50 (33 o PSOE e 17 Adiante Andalucía). Isto significa que a dereita precisa os votos dos ultra de Vox. E esa operación é a que recibiu esta segunda feira o plácet de Feixoo. Mais consciente de que o apoio a Vox pode traerlle certo desgaste electoral ao PPdeG —partido que ao superar 45 por cento do voto ten entre as súas bases electorais sectores bastante distantes das teses do partido ultra—, Feixoo optou por descarregar a responsabilidade do ascenso da formación liderada por Santiago Abascal no partido socialista. De acordo coa súa interpretación, o avanzo da formación nostálxica do franquismo non é máis que \"produto\" do \"disparate\" perpetrado por Pedro Sánchez ao negociar co bloco independentista o apoio á súa moción de censura contra Mariano Raxoi. Feixoo acusou tamén o PSOE de inflar as expectativas de Vox durante a campaña para diminuír as do PP. \"É un produto, basicamente, da esquerda\", dixo, sen facer, claro, á menor alusión a que durante as últimas semanas destacados dirixentes do seu partido, a comezar polo propio Pablo Casado ou Alfonso Rueda na entrevista deste domingo na SER en Galiza, teñen evitado colocar Vox na ultra-dereita."}
{"ID": "NOS_57881", "summary": "A reforma das pensións aprobada polo goberno de Rodríguez Zapatero, daquela coa oposición do Partido Popular, entra en vigor o vindeiro primeiro de xaneiro. A partires desa data e até 2027 as xubilacións encamiñaranse progresivamente cara aos 67 anos, malia que o actual presidente do executivo español, Mariano Rajoy xa anuncia que as reformas continuarán.", "text": "Esta terza feira entra en vigor a lei pola cal a idade de xubilación pasará dos 65 ao 67 anos. O incremento producirase de maneira progresiva e será dun mes cada ano até 2019, a partir de aí e até 2027 serán dous meses de traballo máis durante os nove anos seguintes. Así até cumprir 67 anos, @s traballadoras e traballadores deberán ampliar a súa vida laboral de acordo coa reforma da lei de pensións aprobada de maneira definitiva en 2011 e que se aplicará de maneira efectiva a partir da vindeira terza feira (1 de xaneiro). Neste senso, para cobrar integramente a pensión máis alta, @s traballadoras e traballadores deberán ter cotizados 37 anos ou chegaren a ter cotizados 38,5 anos antes desa idade. Porén, a nova norma tamén modifica o método de cálculo das pensións ampliándoo de 15 a 25 anos. Aliás, a reforma, retrasa a xubilación anticipada de maneira progresiva até os 63 anos fronte á actual idade (61) malia que a súa aplicación adiarase durante os tres primeiros meses de 2013, segundo anunciou o executivo español, en aras dun posíbel acordo cos demais grupos parlamentares. A lei, procura satisfacer os desexos expresados desde Bruxelas, que insistiu de maneira teimosa durante este ano en ampliar a idade de xubilación. Así mesmo, o Consello de Ministr@s da pasada sexta feira xa adiantou que o goberno español continuaría adiante coas reformas argüíndo que o actual sistema de pensións \"é insostíbel\" polo que previsibelmente ao longo de 2013 sexa reformado de acordo coas demandas da UE. Imaxe portada: Xose Lois 'O Carrabouxo'"}
{"ID": "NOS_33187", "summary": "Son cada vez máis as brigadas deseucaliptizadoras que xorden na Galiza. Trátase dunha iniciativa social que consiste en arrincar eucaliptos para repoboar os montes con especies autóctonas e acabar así coa colonización á que se viu abocado o territorio nos últimos tempos. Este sábado tivo lugar unha acción na parroquia viguesa de Matamá da que participou medio cento de persoas.", "text": "Pasaban das 9 horas da mañá do sábado cando medio cento de veciñas e veciños, luvas en man e convocadas e convocados polo Colectivo Cultural e Alternativo Malaherba, dispúñanse a arrincar os eucaliptos dunha extensión de 3 mil metros cadrados en Matamá, parroquia do concello de Vigo, co permiso das persoas propietarias. Levoulles unhas tres horas. Cóntanolo Eduardo Ruanova, presidente da entidade, \"todo comezou hai un ano, após o desastre dos incendios, que arrasaron todo o monte\". O portavoz do colectivo lembra a situación dramática daquela vaga de incendios da que se vén de facer un ano, \"salvamos a xente e loitamos contra as lapas co que tiñamos na man, con capachos, co que fose\". Da negrura das cinzas conseguiron rebrotar os eucaliptos, moitos dos cales xa superan os dous metros de altura. Eucaliptos que hoxe arrincaron máis dun cento de mans protexidas polas luvas. \"O rebrote foi brutal, temos unha auténtica praga\", di Eduardo. Só se salvou a parte do monte inzado de carballos. O resto ardeu. \"A principal problemática reside no monte privado porque o das comunidades de montes, máis ou menos, está normal. Houbo persoas maiores que nos cederon os seus terreos para arrincar os eucaliptos. Falamos de xente que non pode atender o monte\", informa Eduardo Ruanova. O resultado foi satisfactorio tanto en número de exemplares arrincados como de participantes malia que o colectivo percibe certa despreocupación na sociedade, \"hai un ano imperaba o medo porque a xente temeu xa non só polas súas casas, senón polas súas vidas, mais ese temor baixou. Quizais polos medios de comunicación que se afanan en sacar Abel Caballero [alcalde de Vigo] vendéndonos plantacións e todas as estupideces que se fan nesta cidade\". Eduardo Ruanova: \"A semana pasada tivemos unha asemblea de veciñas e veciños e a xente pediunos axuda porque realmente non poden limpar o monte\" O próximo paso, após acabar co eucalipto pequeno nunha zona de 3.000 metros cadrados, é cortar os exemplares grandes e unha vez estean retirados, reforestar. \"Imos continuar con outras partes do terreo. A semana pasada tivemos unha asemblea de veciñas e veciños e a xente pediunos axuda porque realmente non poden limpar o monte. Así, seguimos traballando con voluntarias e voluntarios para tratar de acabar coa eucaliptización\", conclúe o presidente da asociación, que anima a quen queira a se sumar por medio do correo electrónico colectivomalaherba@gmail.com ou das redes sociais. Reforestación Marcos é un dos tres mozos que en 2006 se xuntaron para organizar o festival de rock Os Sons da Lameira, de onde xurdiu Malaherba. \"Nos propios estatutos recollemos a defensa do patrimonio, do medio natural, da cultura e dos vellos costumes de Matamá e desde entón abarcamos todo iso. Facemos diferentes eventos, como a Festa da sementeira do millo, recuperamos un muíño e estamos nestes momentos centrados co monte\", relata. O activista ten a esperanza de que as persoas propietarias dos terreos que lindan coa zona limpa de 3.000 metros cadrados permitan o paso da brigada para arrincar máis eucalipto. \"Queremos reforestar o mes que vén. Farémolo cunhas 10.000 árbores que naceron despois de plantar moita landra o ano pasado após os incendios. Foi unha recolleita na que participamos particulares e tamén centros de ensino e temos todas as sobreiras e os carballos nun viveiro que creamos en fincas de veciñas e veciños\". Macetas, todo tipo de recipientes serven para abeirar a semente da que prenderá o monte autóctono. Para iso as luvas, e as voluntarias e voluntarios de Matamá."}
{"ID": "NOS_49270", "summary": "A directora xeral de Saúde Pública da Xunta da Galiza, Carmen Durán evitou apoiar a posta en marcha dunha \"unha rede en toda Galiza para detectar e alertar da presenza do virus nas augas residuais\" na liña da fornecida polo programa Covid Bens.", "text": "A posición de Durán fíxose pública durante unha xuntanza da comisión de Sanidade, Política Social e Emprego no Parlamento da Galiza, tras facerse eco a deputada nacionalista Montse Prado \"que este proxecto Covid Bens tiña a data de remate a finais de novembro por falta de financiamento e que tan só se retomara temporalmente por petición dos concellos ao director da depuradora diante do crecemento dos contaxios\". A deputada do BNG sinalou que \"a información facilitada permite detectar con antelación a presenza de patóxenos, e polo tanto anticiparse, porque determina a carga viral aínda que as persoas sexan asintomáticas\". \"Un sistema de vixilancia con resultados satisfactorios\" \"Un sistema de vixilancia con resultados satisfactorios. Un modelo matemático que permite calcular cunha marxe de erro mínimo o número de contaxios nunha zona determinada, permitindo acoutar incluso a situación xa non só dun barrio, senón dun edificio e ofrece unha imaxe real do número de persoas positivas por 100.000 habitantes, actualizándose en tempo real\", aseverou Prado. A voceira nacionalista en materia de sanitaria cualificou o proxecto como \"útil\" e \"con grande fiabilidade\" para coñecer a \"verdadeira magnitude da epidemia, nun lugar e momento dado\". Prado lembrou \"que foi capaz de detectar a variante ómicron con 18 días de antelación\", reclamou que \"non sexa pechado pola Xunta nunha gabeta e se estenda ao resto de Galiza\" e defendeu a necesidade \"de ter información para tomar as decisións máis acaídas e contar con ferramentas para saber como está circulando o virus, ou proxeccións de como pode facelo para anticiparse, para cambiar a tendencia e non ir detrás do virus senón diante\". O problema do xogo O deputado socialista Julio Torrado interesouse durante a comisión de Sanidade polas políticas da Xunta da Galiza en relación co xogo e demandou un cambio de rumbo nas actuacións levadas adiante polo Executivo galego. Neste sentido, criticou que \"segue a permitirse a barra libre normativa e compártense actos, premios e encomios recíprocos e públicos entre Goberno e sector empresarial acerca dun problema de saúde pública que está a danar gravemente a moitas persoas e familias\". \"Paralelamente os orzamentos autonómicos 2021 incorporaron medidas de bonificación e axuda a locais do sector do xogo e apostas\" rematou Torrado."}
{"ID": "NOS_32626", "summary": "Todo apunta que Joe Biden intentará reeditar a Presidencia.", "text": "O ex presidente dos Estados Unidos (EUA), Donald Trump, segue a estar presente na axenda mediática do país norteamericano, coa posibilidade cada vez máis real de que volva a presentar a súa candidatura ás eleccións presidenciais que decorrerán en 2014. Trump recoñece a súa derrota Así o insinuou o propio Trump nunha entrevista coa revista New York Magazine, na que anunciou que xa tiña tomada a \"decisión\", e que só falta por saber cando o anunciará. Tamén detallou que, no caso de presentarse, gañaría os comicios. Non é a primeira vez que o antigo dirixente dos Estados Unidos ou integrantes do seu círculo máis íntimo deixan caer que intentará gobernar outros catro anos. De feito, a CNN apuntou que Trump xa tería confirmado a súa contorna familiar que volverá presentarse ás eleccións de dentro de dous anos. A Casa Branca garantiu protección aos asaltantes do Capitolio o 6 de xaneiro Unha sondaxe do diario The Hill apuntaría que, no caso de que o anterior presidente dos EUA volvese enfrontarse co seu sucesor, Joe Biden, esta vez si gañaría os comicios, con 44% dos votos, por 39% do actual dirixente. Biden tamén quere presentarse Pola súa parte, Biden tamén tería a \"intención de postularse\" novamente nos comicios de 2024. Segundo a vicepresidenta do seu Goberno, Kamala Harris, ela acudiría outra vez na candidatura do mandatario. \"Presentariámonos xuntos\", afirmou. Ten Joe Biden demencia? Novas notas alimentan a polémica: \"Entra na Sala Roosvelt, toma o seu asento...\" En marzo deste ano, o propio Biden asegurou que se sentiría \"moi afortunado\" de volver enfrontarse contra Donald Trump, ao que derrotou nunhas eleccións presidenciais en 2020 que levaron ao ex presidente a presuntamente dirixir un intento de golpe de estado contra o Capitolio a comezos de 2021. De presentarse aos comicios de 2024 e gañalos, Joe Biden batería o record do presidente con maior idade dos Estados Unidos en ser elixido, xa que contará con 82 anos. A actual marca tamén a estabeleceu o propio Biden, coa súa vitoria nas eleccións de 2020. O diplomático John Bolton recoñece que os EUA impulsaron golpes de Estado No caso de Trump, chegaría a 2024 con 78 anos de idade. O ex presidente segue a asegurar que goza dunha excelente saúde, mais o falecemento esta sexta feira da súa primeira muller, Ivana Trump, aos 73 anos de idade, volveron espertar as dúbidas nun país no que a volta de Trump podería supor novamente dividir a súa poboación."}
{"ID": "PRAZA_11306", "summary": "Os partidos intentan eludir as limitacións legais dunha campaña reducida a oito días", "text": "Os partidos intentan eludir as limitacións legais dunha campaña reducida a oito díasPor primeira vez o feito de ter que repetir as eleccións xerais despois de que o Congreso non fose quen de nomear un presidente do Goberno tras os comicios do 28 de abril fará que a campaña electoral do 10N quede reducida a oito días en vez dos 15 habituais. Foi un cambio legal aprobado en 2016, tras unha repetición similar e ante o risco de que uns terceiros comicios caesen daquela no Nadal, que fará que desta volta a campaña non comece ata as cero horas deste venres 1 de novembro. Porén, nos últimos días xa chegaron ás caixas de correos cartas de PP e Ciudadanos nas que se pide o voto de xeito expreso, xa que a modificación legal que reduciu a campaña a oito días mantivo que uns días antes xa se permita \"o envío directo e persoal aos electores de sobre e papeletas electorias ou de propaganda\", sen indicar nada ao respecto da prohibición xeral de pedir o voto antes da campaña.Sen chegar ao extremo dos \"Vota PP\" e \"Vota Ciudadanos\" das cartas desas dúas formacións, a prohibición de pedir o voto ata o comezo oficial da campaña electoral xa estaba a ser eludida con todo tipo de fórmulas lingüísticas nos diversos mítines que todas as formacións veñen celebrando nas últimas semanas como se xa estivesen en campaña. O pasado domingo, no mitin que o presidente do Goberno central e candidato do PSOE, Pedro Sánchez, deu na Coruña, os socialistas non estaban a pedir o voto para outra formación distinta cando apelaron a \"votar coa mesma forza que en abril\".En Facebook vén de destaparse o intento de desmobilizar posibles votantes da esquerda impulsado dende a contorna do PPE o mesmo sucede noutro tipo de expresións políticas, como os anuncios contratados en Facebook por Podemos que a Xunta Electoral ordenou retirar por considerar que estaban a facer \"unha petición directa do voto\" malia supostamente limitarse a criticar a PP e PSOE. Nese ámbito de internet, a última novidade vai máis alá de pedir o voto para un partido e vén de pasar ao intento de desmobilizar aos posibles votantes do contrincante, como as campañas tamén en Facebook impulsadas desde a contorna do PP contra outras formacións que veñen de desvelar eldiario.es ou El País.A Xunta Electoral ordenou a mediados de outubro ao Goberno galego retirar varias campañas por consideralas propagandísticasA maioría dos partidos chegan a estes segundos comicios tras declarar publicamente o seu desexo de reducir o gasto e non cansar á cidadanía coas súas mensaxes, pero intentando ao tempo atopar outro tipo de estratexias coas que seguir chegando ao electorado potencial. As formacións puxéronse de acordo en que nesta campaña non haxa carteis colgando nas rúas, e numerosos votantes solicitaron que non se lles envíen correos electorais. Pero formacións como Vox eludiron ese impedimento optando por repartir as súas cartas polo método do buzoneo xeralizado en vez de por correo postal.Outra das prohibicións existentes, neste caso non só durante a campaña senón desde o momento en que se convocan as eleccións, é a de que as administracións fagan propaganda das súas actuacións. A Xunta obviou esa prohibición e seguiu divulgando diversas campañas sobre os seus \"logros\" ata que a Xunta Electoral ordenou retiralas a mediados de outubro por considerar que o Goberno galego infrinxira o veto.Xunta e Goberno central están a multiplicar as convocatorias de \"visitas\" de responsables políticos a diversos lugares ou a súa participación en foros nos que poder lanzar as súas mensaxesUnha estratexia distinta de presenza nos medios de comunicación que están a seguir tanto o Goberno central como a Xunta para sortear tanto a prohibición da publicidade institucional como a de inauguracións é a convocatoria de \"visitas\" de responsables políticos a diversos lugares ou a súa participación en foros nos que poder lanzar as súas mensaxes. Baixo eses formatos xa pasaron nas últimas semanas por Galicia diversos ministros que aproveitaron para presentar o PSOE como o partido mellor capacitado para formar goberno. Igualmente, o presidente Feijóo vén coando en boa parte dos seus discursos en todo tipo de actos oficiais referencias á suposta \"estabilidade\" do seu Goberno en Galicia fronte á inestabilidade que, nos actos de partido, atribúe aos socialistas. Nesta liña, a Xunta Electoral anunciaba este mércores a apertura dun expediente a Pedro Sánchez, semellante aos recibidos por outros cargos en anteriores campañas, por unha entrevista para laSexta dende a Moncloa.Pero isto foi a precampaña. A campaña electoral comeza na medianoite deste xoves a venres."}
{"ID": "PRAZA_7977", "summary": "A renuncia formalizarase no próximo plenario, que se convocará en breve. Nunha carta afirma que algúns \"académicos e persoas externas fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia\".", "text": "Xosé Luís Méndez Ferrín presentou a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega. Este domingo remitiu unha carta na que informaba da súa renuncia, que se formalizará no próximo plenario da institución, que se convocará en breve. O escritor tamén renunciará á súa condición de membro numerario da RAG. No texto agradece a todos os membros da Executiva ao Secretario e \"á maioría dos académicos e académicas polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e cooperación eficiente\". Porén, explica que algúns \"académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia\". Méndez Ferrín pecha a súa carta de renuncia cun \"Viva e floreza a Academia Galega! Viva Galicia ceibe!\". Nunha carta explica que algúns \"académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia\" Este luns o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, denunciou nunha entrevista en La Voz de Galicia un intento de \"colonización\" da institución por parte do ILG e do Consello da Cultura. E a Mesa pola Normalización Lingüística pediu \"explicacións\" por supostas \"presións\" para que a RAG \"non presentase o recurso en defensa do galego no ensino\". Na entrevista Axeitos denunciaba \"a colonización que unha institución, axudada por algunha outra afín, está facendo da Academia. Esa é a causa de certas críticas á actual directiva\". Referíase ao ILG e ao Consello da Cultura Galega e engadía que \"segundo di Política Lingüística, queren unha solución pactada e buscan que a Academia tamén se sume a ese pacto e retire o recurso, pero a Academia non está en venda\". A respecto destas declaracións o comunicado da Mesa esixía que ILG e Consello desen \"explicacións urxentes\" e que \"se hai xente nesas institucións máis interesada en facerlle a pelota a Núñez Feijóo que en defender o galego, o que deberían facer é dimitir canto antes, porque están a prexudicar tanto a esas institucións como ao conxunto da cultura galega. A corrupción ética tamén é reprobábel\". Tres anos de xestión: revitalización da RAG cunha polémica final Xosé Luís Méndez Ferrín converteuse en presidente da Real Academia Galega o 23 de xaneiro de 2010. O seu prestixio intelectual e activismo político anticipaban unha xestión máis contestataria e con máis presenza pública. Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade e Roberto Vidal Bolaño foron os tres autores escollidos para seren homenaxeados nas Letras Galegas neste tres anos, tamén marcados pola reivindicación dunha meirande presenza das mulleres na institución e polos tirapuxas co Goberno galego a respecto de dúas cuestións: o decreto de plurilingüísmo contra o que a RAG presentou un recurso, estimado parcialmente polo TSXG, e a reclamación dun financiamento xusto para a institución. Nos últimos dous anos, a achega económica das administracións reduciuse en máis dun 40%, ao pasar do 1,45 millóns de euros de 2011 aos 861.000 que resultan da suma dos fondos da Xunta e do Estado para 2013, case 600.000 euros menos. Todo, malia o incremento a última hora pactado co Goberno galego. Nos últimos meses a xestión de Xosé Luís Méndez Ferrín foi contestada pola presunta contratación irregular de dous familiares, publicada por algúns medios, e que deu lugar a un intenso debate nalgúns foros e a crítícas dende díversos ámbítos e representantes da cultura galega. Reaccións O socialista Francisco Caamaño sinala que Méndez Ferrín entendeu \"á perfección\" o \"espírito\" da Real Academia, e \"sempre foi coherente na defensa da lingua e identidade galegas\". Caamaño salientou a \"fonda coherencia\" de Ferrín na súa actuación de defensa do galego e contra o decreto do plurilingüísmo, que contrapuxo á \"incoherencia\" da Xunta que tras a sentenza do TSXG \"anunciou a súa vontade de recorrer\" a decisión do tribunal. Pola súa banda, o popular Agustín Baamonde, expresou o seu \"respecto\" pola decisión de Méndez Ferrín e desexou que a súa marcha \"non inflúa no traballo\" da RAG."}
{"ID": "PRAZA_12902", "summary": "Os que coñecemos o labor do Centro Galego estamos preocupados polas actuais dificultades que está a sufrir e contra das que está loitando un herdeiro das terras de Covelo, o presidente Vello. O seu esforzo é conciliador e busca con teimosía obeter un consenso que permita saír adiante e avanzar a pesar do pesado lastre dunha herdanza envelenada. As actuais débedas son o froito da fracasada privatización temporal da xestión mutualista de asistencia médica.", "text": "Cando o presidente Perón visita o Centro Galego de Bos Aires o 28 de febreiro de 1950 e asina no Libro de Ouro dedícalle aos nosos emigrantes en terras arxentinas unha moi axeitada louvanza sobre a grande obra construída. Naquel ano de 1950 -o 7 de xaneiro- morrera alí no cuarto 202 o inesquecible rianxeiro Alfonso R. Castelao e no mes de xullo celébranse as Xornadas Patrióticas coa presencia de Valentín Paz Andrade [Letras Galegas, 2012] quen escribe o seguinte no libro: \"O Centro Gallego de Buenos Aires representa unha culminación do esforzo dun pobo fora do seu lar e no culto ao seu orixe. É a máis radiosa leición de capacidade para a síntesis, para a colectiva integración que un país pode dar e que cecais nin os mesmos galegos poderían dar na Terra. Ten o dobre timbre da solidaridade e da superación, de servicio as necesidades humanas e de promoción das empresas do espírito. Galicia merece todo, mais non podería ser mellor honrada\". O actual Centro Galego naceu o 2 de maio de 1907 aínda que houbo un primeiro centro fundado o 8 de xullo de 1879 pero só con actividade durante tres anos O actual Centro Galego naceu o 2 de maio de 1907 aínda que houbo un primeiro centro fundado o 8 de xullo de 1879 pero só con actividade durante tres anos. En outubro de 1881 organizou os primeiros Xogos Florais de Bos Aires cun xurado formado por Bartolomé Mitre, Nicolás Avellaneda e Lucio Vicente López. O premiado foi Olegario V. Andrade polo poema Atlántida segundo se pode ler na moi recomendable obra Historia del Centro Gallego de Buenos Aires [Centenario 1907-2007] da autoría do doutor Padorno Caldeiro. Os membros do xurado son moi significativos e indicativos da importancia da nosa colectividade. Tanto Mitre como Avellaneda foron presidentes do país e Lucio V. López un destacado político --- Interventor Federal--- e autor da magnífica obra La gran aldea na que recolle os rápidos cambios que se están a producir na capital arxentina coa chegada masiva da emigración europea. Calquera que escriba ou fale sobre o Centro Galego destacará o mérito da unidade de esforzos arredor dunha lareira común onde quecer os ósos coa forza sentimental das vitaminas que formaban parte da apócema chamada identidade. Moitos séculos antes de que os galegos botasen man dunha aspirina xa tiñan unha eficaz cura dos seus males con doses diarias de identidade. Así foi que sementaron futuro na Habana, Montevideo e Bos Aires sendo inmunes aos desalentos. Os fundadores do Centro Galego de Bos Aires desembarcaron na beira riopratense cunha saúde de ferro. Aqueles pioneiros só confiaban nunha antiga e sinxela receita que funcionaba ben, sempre e cando, o corazón estivese cheo de xenerosidade. O mellor para os problemas da pel son as pingas de orballo; as dores de cabeza desaparecen con quince minutos nunha carballeira e se os nervios andan revoltos, mirando as ondas do mar de Fisterra volven poñerse mainiños. Os que coñecemos o labor do Centro Galego estamos preocupados polas actuais dificultades que está a sufrir e contra das que está loitando un herdeiro das terras de Covelo, o presidente Vello Os que coñecemos o labor do Centro Galego estamos preocupados polas actuais dificultades que está a sufrir e contra das que está loitando un herdeiro das terras de Covelo, o presidente Vello. O seu esforzo é conciliador e busca con teimosía obeter un consenso que permita saír adiante e avanzar a pesar do pesado lastre dunha herdanza envelenada. As actuais débedas son o froito da fracasada privatización temporal da xestión mutualista de asistencia médica. Os que queremos ao Centro Galego apostamos pola recuperación e desexamos que axiña os nosos emigrantes e os seus descendentes poidan volver a ser unha firme aliaxe sentimental nunha entidade que forma parte do seu patrimonio persoal. Non esquezamos que os donos son os propios asociados e que os dirixentes son uns socios máis, aos que se escolleu para empuñar as rendas da sociedade. O dous de maio de 1907, na rúa Alsina 946, os fundadores fan constar que os que se reúnen son \"un grupo de entusiastas coterráneos, guiados a cual más, de un entrañable cariño a la región gallega\". Ninguén dubida que o \"cariño\" trasmitido polos fundadores é hoxe necesario tamén para que os actuais dirixentes rematen a tarefa coa fonda satisfacción da misión cumprida. Non esquezamos que os donos son os propios asociados e que os dirixentes son uns socios máis, aos que se escolleu para empuñar as rendas da sociedade Quero facer unha suxestión a xeito de colaboración para intentar que a sección cultural do Centro Galego [Instituto Arxentino de Cultura Galega] colla novos pulos logo dun tempo de escasa actividade. Trátase de dúas propostas: unha sobre a posta en marcha dun Fogón Gayego e outra sobre a creación dun programa de Visitas Culturais. Coido que a misión do Instituto é a de arroupar aos emigrantes para que manteñan acesos os seus sentimentos ao mesmo tempo que se promociona na Arxentina o valioso labor da emigración galega. As reunións arredor do fogón terían lugar os sábados pola tarde logo dos cursos de Cultura Galega que alí se imparten. Os alumnos dos cursos son os principais destinatarios destes fogóns nos que un convidado ou convidada fai o relato da súa vida. Trátase de escoitar e logo participar nun coloquio no que irán xurdindo anécdotas e historias que forman parte activa da historia da emigración galega na Arxentina. As visitas buscan que o Centro Galego sexa coñecido por visitantes e turistas nacionais e estranxeiros. Unha vez ao mes e previa inscrición -recoméndase non máis de 25 persoas- percorrerán as instalacións en paseo guiado e sempre coa compaña de algún membro directivo do Instituto. Coñecerán o cuarto no que faleceu Alfonso Rodríguez Castelao e gozarán vendo as obras plásticas do egrexio rianxeiro e tamén, entre outras, coas creacións de Luis Seoane, Díaz Pardo, Colmeiro, Laxeiro, Maside. Será unha xornada histórica e un gran privilexio poder escoitar cando dona Cristina recorde ao seu avó da Fonsagrada que foi quen fixo do seu pai un \"laburador colectivero\" Poida que non sexa nada orixinal o de propoñer un fogón e unha visita pero do que estou certo é da súa eficacia xa que estamos a meter dos goles ao mesmo tempo. Coa lareira xuntamos os corazóns emigrantes e coas visitas facémonos coñecer fóra do ámbito estrictamente galego. Estou pensando en propoñerlle a miña boa amiga Graciela Pereira que fale con don Carlos Alberto e lle expoña a miña humilde proposta. Se a resposta é positiva haberá que comezar a programar a rolda de convites para abeirarse arredor da lareira. A min paréceme moi axeitado e mesmamente protocolario que sexa a presidenta da República Arxentina a que inaugure o Fogón Gayego. Será unha xornada histórica e un gran privilexio poder escoitar cando dona Cristina recorde ao seu avó da Fonsagrada que foi quen fixo do seu pai un \"laburador colectivero\". As candeas do 105 aniversario anuncian tempos de esperanza para o noso benquerido Centro Galego de Bos Aires... cumpreanos feliz!"}
{"ID": "NOS_7112", "summary": "A livraria Orfeu de Bruxelas acolhe este sábado dia 28 de Setembro a apresentação do livro colectivo \"O Crânio de Castelao\". O coordenador Carlos Quiroga mais o escritor Xavier Queipo são os encarregados de apresentar a obra.", "text": "Com selo de Através Editora, o livro recolhe os relatos de onze escritores lusófonos que partilham um romance coletivo que foi publicado ao tempo na revista cultural Rascunho (Brasil), no Jornal de Letras (Portugal) e mais no semanário Sermos Galiza, numa iniciativa única na história editorial da lusofonia. O livro apresenta-se na livraria Orfeu, singular referente da cultura lusófona em Bruxelas, num ato no que participarão dois dos autores galegos do romance por entregas, Xavier Queipo e Carlos Quiroga. Coordenado pelo escritor e professor Carlos Quiroga, \"O Crânio de Castelao\" é a trama policial criada arredor da desaparição da relíquia do autor de Sempre em Galiza por Miguel Miranda e Possidónio Cachapa, de Portugal; Bernardo Ajzenberg de Brasil, Germano Almeida de Cabo Verde, Luís Cardoso do Timor e Carlos Quiroga, Xavier Queipo, Xurxo Souto, Suso de Toro, Quico Cadaval e Antón Lopo da Galiza, importantes vultos das suas literaturas que partilham um policial escrito a muitas mãos numa língua comum. O lançamento na Galiza começou ao pé do túmulo de Castelao, na Igreja de São Domingos de Bonaval em Compostela o passado 23 de Julho."}
{"ID": "NOS_18104", "summary": "Nas carteleiras dos cinemas galegos está acontecendo un fenómeno inaudito. Coinciden nelas dous filmes galegos e en galego, dirixidos por cineastas novas: A Estación Violenta, de Anxos Fazáns, e Dhogs, de Andrés Goteira.", "text": "Dhogs, unha ficción pura que se vale da linguaxe dos xéneros -thriller, ciencia ficción, western, ángulos surrealistas- para reflexionar sobre a parte escura do ser hummano, encara a súa terceira semana consecutiva nas salas. Logo do seu paso por importantes festivais, entre eles o de Sitges -onde foi a primeira obra galega na súa sección oficial- ou o Bacifi, aguanta en nove cinemas. Os Cantóns da Coruña, Numax en Compostela, os Norte en Vigo, os Duplex en Ferrol, os Abella en Lugo, o Avenida da Estrada e mais o Central da Estrada acollen proxeccións do traballo de Goteira (Meira, 1983). Que tamén se exhibe no Zumzeig de Barcelona e no Artistic Metropolitan de Madrid. A Estación Violenta, filme intimista de aire indie baseado na única novela do xornalista Manuel Jabois, é o debut en longametraxe de Anxos Fazáns (Pontevedra, 1992). Esta quinta feira pre estréase na Sala Numax de Compostela. Despois haberá un cocnerto celebratorio na Capitol con Igmig, Pantis, Rabuda e Contenedor de mierda -o conxunto punk en que toca a propia Fazáns. A partir da sexta feira, 1 de xuño, A Estación Violenta estará nas pantallas dos Norte, os Duplex, os Abella, os Cantóns, o Numax, o Expo de Pontevedra, os Pontevella de Ourense e o Seixo de Marín."}
{"ID": "NOS_36219", "summary": "Un dos procesos fai referencia á polémica venda por parte do ex-presidente, Fernández de Sousa, de case dous millóns de accións", "text": "A Comisión Nacional do Mercado de Valores ten activados unha serie de expedientes sancionadores contra Pescanova, segundo relata El Confidencial citando a fontes xudiciais. Un destes expedientes da CNMV faría referencia á venda de case 2 millóns de accións por Fernández e Sousa semanas antes de que estoupase a crise de Pescanova. Fernández de Sousa, se desfixo nestes últimos tres meses da metade das súas accións, o que supón o 7% das participacións de Pescanova. Outro dos procesos sancionadores está relacionado co engano que a CNMV entende que foi obxecto por parte de Pescanova cando esta lle informou de que no seu consello de administración do 14 de marzo acordara por unanimidade renegociar a débeda bancaria. Algo que foi desmentido horas despois por varios dos conselleiros. Alén destes dous casos, os retrasos, escuridades e deficiencias na información contábel dada por Pescanova tamén será obxecto de expedientes."}
{"ID": "NOS_19582", "summary": "A falta da protocolaria confirmación oficial, Pepe Mel é o novo inquilino do banco branquiazul. Sentará nel xa esta quinta feira en Riazor, face o Atlético de Madrid. É un técnico con experiencia na elite. Sabe de ascender equipas e de evitar descensos.", "text": "Co Betis conseguiu ascender por dúas veces a Primeira División e, nunha efémera experiencia na Premier, no West Bromwich Albion, foi quen de evitar o descenso de categoría. Con esa misión chega a Coruña, para se pór ao fronte dunha equipa desquiciada que non gañou un só partido en 2017 e que sumou como derrotas os seus últimos catro compromisos ligueiros. Mel ten 15 partidos por diante e un calendario endiañado nada máis chegar: quinta feira na casa contra o Atlético e domingo no Molinón face un rival directo na loita por eludir o descenso, o Sporting. Apaña a equipa fóra da zona mortal da clasificación -está dous pontos por cima do descenso e cun partido menos, o aprazado no seu día polo temporal co Betis en Riazor- mais tamén terá de xestionar un grupo coa moral polo chan, un grupo ao que deberá devolver a autoestima. Mel terá de xestionar un grupo coa moral polo chan, un grupo ao que deberá devolver a autoestima Chega a Coruña con Roberto Ríos como segundo treinador e con David Gómez como preparador físico. Ten 53 anos e, para demostrar que non só de futebol vive o home, cultiva a literatura, con tres novelas xa publicadas ás súas costas. Gosta da canteira, como mostrou no Betis, e nos proxectos e meio e longo prazo. Ficha polo que fica de temporada, con opción a unha máis se cumpre o obxectivo. E o obxectivo non é outro que manter a equipa na Primeira División."}
{"ID": "NOS_13604", "summary": "Na Galiza estanse a resolver as solicitudes nunha media de 310 días", "text": "O Tribunal de Contas denunciou esta terza feira o incumprimento por parte das comunidades autónomas da recomendación formulada en 2013 a respecto da resolución das solicitudes de prestacións por Dependencia. A pauta estabelecida sinala un prazo máximo de seis meses entre a data de entrada da solicitude e a de resolución de recoñecemento da prestación, como indica a propia Lei de Dependencia. \"Considérase incumprida a recomendación relativa á adopción de medidas para o cumprimento do prazo máximo legal para a resolución das prestacións derivadas da situación de dependencia, xa que, segundo resulta do novo sistema de información de Dependencia, a 31 de decembro de 2018, este prazo incrementouse no Estado até unha media de 383 días\", apunta o Tribunal. No caso da Galiza, o informe constata unha media de 184 días entre a data de solicitude e a resolución de grao e nivel no período analizado, e de 310 entre a data da solicitude e o recoñecemento definitivo da prestación. Por iso, o organismo insta os Gobernos autonómicos a adoptaren medidas para dar un cumprimento efectivo ao devandito prazo establecido na lexislación vixente. Pagamentos \"indebidos\" Segundo o Tribunal, esta situación \"provoca que as comunidades reciban pagamentos indebidos en concepto de nivel mínimo de protección e que poidan deixar de percibir fondos públicos respecto de quen, malia figuraren nos seus sistemas de información como beneficiarios de prestacións, non constaban no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SISAAD)\". Hogano persiste a \"dificultade de cuantificar\" as achegas efectuadas por cada Administración ao financiamento do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, ao non dispor nos seus orzamentos de gastos de aplicacións específicas destinadas ao rexistro de tales gastos. Por outra banda, o Tribunal propón ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) \"incrementar os procedementos de control interno implantados no SISAAD\" para \"reforzar o intercambio de información con outras bases de datos da Administración\". Deste modo, \"evitaríase o elevado volume de pagamentos indebidos realizados pola Administración Xeral do Estado en concepto de nivel mínimo de protección e as distorsións na información estatística publicada\"."}
{"ID": "PRAZA_4327", "summary": "É moi probábel que a entrevista de Jordi Evole non teña provocado custes electorais significativos para a candidatura de Núñez Feijóo. O que si certificou, en calquera caso, é a grave fatiga de materiais democráticos que padece, na nosa aterra, o chamado cuarto poder.", "text": "Se houbera que buscar o aspecto ou a circunstancia mais chamativa da recente entrevista televisiva de Jordi Evole con Marcial Dorado, onde fixariamos a nosa atención? Nas maiores ou menores habilidades entrevistadoras do xornalista? Na actitude elixida polo narcotraficante para enfrontar o compromiso mediático que tiña aceitado previamente?Os principais medios que conforman o sistema informativo galego decidiron non dar conta -sequera fose brevemente- do contido desa entrevista a pesar do evidente interese que concitaba O mais singular aconteceu nas horas seguintes á emisión do programa. Os principais medios que conforman o sistema informativo galego decidiron non dar conta -sequera fose brevemente- do contido desa entrevista a pesar do evidente interese que concitaba por mor das fotos publicadas polo xornal El Pais no ano 2013 nas que aparecían Dorado e Núñez Feijóo compartindo horas de lecer nun barco. Semellante silencio só pode interpretado como unha medida preventiva utilizada para minimizar a eventual erosión da imaxe do actual presidente da Xunta e candidato electoral para o 12 de Xullo. Unha vez coñecido o contido da entrevista aínda resulta mais evidente que esa decisión de ignorala foi adoptada previamente por medo aos efectos que puidese causar o seu coñecemento na reputación presidencial.Polo demais, Marcial Dorado non descubriu feitos de especial relevancia. Insinuou presións recibidas dende persoas achegadas a Rajoy e a Zapatero e aproveitou a ocasión para criticar a desagradecida ignorancia practicada por Alberto Núñez cara a súa persoa. Recoñeceu que tal distanciamento tiña, seguramente, unha motivación política derivada da imposibilidade de xustificar unha amizade explícita entre un dirixente político e un condenado por narcotráfico. Porén, rematou a cita con Evole afirmando o seu apoio a Feijóo nas vindeiras eleccións ao Parlamento do Hórreo.Unha vez coñecido o contido da entrevista aínda resulta mais evidente que esa decisión de ignorala foi adoptada previamente por medo aos efectos que puidese causar o seu coñecemento na reputación presidencialPoucos dias antes da entrevista con Dorado, emitiuse -no mesmo programa- unha conversa con Sandro Rosell, ex-presidente do Barça acusado de branqueo de capitais e finalmente eximido de responsabilidades penais. Mais alá das diferenzas entre ambos os dous millonarios -reveladoras dos distintos mecanismos de selección das elites nas dúas sociedades de referencia- puidemos comprobar o contraste entre o silencio presente no universo mediático galego e a maior pluralidade que opera, en Cataluña, no sistema privado de comunicación.Na actual situación de grave pandemia sanitaria, é moi probábel que a entrevista de Jordi Evole non teña provocado custes electorais significativos para a candidatura de Núñez Feijóo. O que si certificou, en calquera caso, é a grave fatiga de materiais democráticos que padece, na nosa aterra, o chamado cuarto poder."}
{"ID": "PRAZA_18039", "summary": "As persoas que toman as decisións políticas de maior relevancia no estado español non viven neste mundo. Non viven no mesmo mundo no que o soldo máis habitual non chega ós 1.000 € netos.", "text": "Eu non son economista. Eu son un simple estudante de Educación Social e repartidor de comida a domicilio. Comecei a traballar cando estoupou a crise e toda a miña vida laboral está baseada na inestabilidade e mera subsistencia. Son, basicamente, un máis desta nova clase social chamada \"precariado\", termo acuñado polo profesor Guy Standing. Quería aclarar isto para que se entenda que falo dende a mera experiencia vital, pero, como case calquera, sei identificar cando as cousas non van ben. A recente negociación entre Unidos Podemos e o PSOE sobre unha suba de impostos ás rendas máis altas fixo que me atope escribindo estas liñas. A proposta de Unidos Podemos consistía nunha suba de impostos ás rendas superiores a 60.000 € ó ano. Mirándoo ben, 5.000 € brutos ó mes non é un mal soldo. É 10 veces o que gaña de media un repartidor de comida a domicilio. O goberno negouse a negociar con respecto a esa cantidade e estableceu o solo sobre o que aplicar a suba fiscal en 150.000 € anuais. Quen cobre esas cantidades estará gañando, como mínimo, 12.500 € brutos ó mes. Vós coñecedes a alguén que cobre esa cantidade? Eu, polo menos, non creo. Segundo os datos de Gestha, esta suba só afectaría ó 0,46% dos declarantes, 90.788 contribuíntes exactamente. E namentres, centos de miles de millóns de euros seguen en paraísos fiscais grazas á \"enxeñería\" que fan as grandes empresas e fortunas do Reino de España. Todo isto levoume a pensar que temos un problema moi serio: as persoas que toman as decisións políticas de maior relevancia no estado español non viven neste mundo. Non viven no mesmo mundo no que o soldo máis habitual non chega ós 1.000 € netos. Non viven no mesmo mundo no que a cifra de traballadoras e traballadores pobres cada vez é maior. Non viven neste mundo, porque de vivir nel, a negociación tería sido ben distinta. O pouco que se poda recadar coa modificación do IRPF, aproximadamente uns 400 millóns en todo o Reino de España, só chega para cubrir pouco máis da metade do orzamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. En definitiva, seguimos financiando un modelo de demostrada ineficacia e a poboación segue na corda frouxa sen ningunha rede de seguridade debaixo. E onde quedou o imposto á banca? Cando lin a nova de que o goberno quería implantar un imposto á banca veu á miña cabeza a imaxe do \"Lenin de Tetuán\" do que falan os humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado (No Te Metas En Política) cando refírense a Pedro Sánchez. Pero a miña ilusión durou pouco. Coma sempre, a pouca valentía deste feble goberno acabou por eliminar esa posibilidade. E non era unha idea peregrina, xa que ata o FMI, que non é sospeitoso de esquerdista, recomendou este imposto para subsanar os danos causados por esta banca depredadora que nos levou ata aquí. Precisamos un PSOE que non sexa un instrumento para as elites. Precisamos un goberno que faga política, que confronte a aqueles que nos levaron a esta situación. Recoméndolles que escoiten a Thomas Piketty, economista francés que asesorou ó Partido Socialista francés nas últimas eleccións presidenciais. Piketty defende que cando a taxa de retorno do capital é maior que a taxa de crecemento dun país, a riqueza concéntrase e a desigualdade aumenta. É precisamente o que está a pasar. A xustiza social só será posible a través dunha redistribución efectiva da riqueza. De non ser así, rematará pagando, coma sempre, a clase traballadora. Por este motivo a Renda Básica Incondicional xorde con forza, porque con vontade política seremos capaces de crear un sistema fiscal solidario e efectivo que financie esta idea e forneza o Estado de Benestar, do cal a Renda Básica só é unha parte. Para acadar o dereito a unha existencia digna de toda a cidadanía precisamos que aquelas persoas que nos representan vivan no mesmo mundo no que vivimos o resto. Publicidade"}
{"ID": "NOS_29775", "summary": "Considera \"preocupante\" a decisión de emitilo en horario matinal. \"A encomenda de servizo público que ten atribuída a Corporación de Radio e Televisión de Galicia é incompatíbel coa decisión adoptada pola dirección de agochar a confrontación de ideas políticas nun horario inadecuado para a maioría dos galegos e as galegas, ás 10 da mañá, nun formato reducido dunha hora de duración\", indica.", "text": "O Comité de empresa da CRTVG considera \"preocupante\" a decisión da dirección de emitir o debate electoral entre os candidatos e candidatas dos partidos galegos ás eleccións xerais do 10N en horario matinal. A representación dos traballadores e traballadoras urxe á dirección a mudar a decisión e ofrecelo en horario de máxima audiencia. \"A sociedade galega ten dereito a informarse directamente das propostas que realicen os partidos máis significativos a través dos medios de comunicación de titularidade pública. É a súa obriga como garantes da formación dunha opinión pública plural\". O dereito a recibir información veraz forma parte fundamental dos piares que conforman unha sociedade democrática e diversa como é a galega, indican desde o comité. \"A encomenda de servizo público que ten atribuída a Corporación de Radio e Televisión de Galicia é incompatíbel coa decisión adoptada pola dirección de agochar a confrontación de ideas políticas nun horario inaxeitado para a maioría dos galegos e as galegas, ás 10 da mañá, nun formato reducido dunha hora de duración e dentro de programas como o Bos Días (TVG) ou o Galicia por diante (RG)\". O comité reitera o compromiso dos traballadores e traballadoras da CRTVG co respecto \"á pluralidade da sociedade galega que debe reflectirse en todas as emisións, en especial durante os procesos electorais\"."}
{"ID": "NOS_15952", "summary": "Terceiro día do xuízo polo 9N, a consulta autodeterminista promovida pola Generalitat en 2014 e prohibida polo Tribunal Constitucional español. Desta volta o protagonista foi Francesc Homs, no momento dos feitos conselleiro da Presidencia e actual portavoz do Partit Demòcrata Europeu Català no Congreso.", "text": "Homs declarou como testemuña no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya o mesmo día en que trascendeu que será xulgado polo Supremo -dada a súa condición de aforado- a partir do 27F. Está acusado -do mesmo xeito que Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau- pola pretensa comisión dos delitos de desobediencia grave e prevaricación. Na súa declaración perante o TSXC, reiterou os argumentos expresados esta segunda feira por Mas, Ortega e Rigau: que o Govern tomou nota da prohibición ditada polo Tribunal Constitucional o 4 de novembro, que o TC en ningún momento lles esclareceu o contido concreto do veto e que a partir dese momento a Administración se retirou da consulta e que esta pasou a ser xerida por unha rede de voluntarios. Homs só falou a perguntas da defensa. A fiscalía optou por non o interrogar, cousa que Homs denunciou como covardía: \"Creo que teñen medo das respostas\". O actual chefe de filas do Partit Demòcrata Europeu Català (antiga Convergència Democrática de Catalunya) ve na ofensiva xudicial contra o soberanismo catalán unha estratexia política para \"coaccionar\" o Govern \"polo referendum\" que o Executivo de Puigdemont anunciou para este 2017. A Fiscalía pide para Homs os mesmos 9 anos de inhabilitación que demanda para Ortega e Rigau (10 no caso de Artur Mas). Homs é neste proceso o acusado, mais é o acusador nunha causa que el mesmo promoveu contra o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, por un pretenso delito de \"desobediencia e prevaricación administrativa\" en relación ao incumprimento dunha sentenza do TC obre un conflito de competencias entre o Estado e a Generalitat arredor de subvencións vinculadas ao 0,7 por cento de IRPF. A denuncia de Homs é tamén contra o ex ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, e a secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero."}
{"ID": "PRAZA_17187", "summary": "REPORTAXE A confusión entre a realidade e a irrealidade, a manipulación e impostura, a procura da liberdade ou a denuncia da marxinación, temas estrela dos filmes da Sección Oficial de Cans. Por Montse Dopico", "text": "Ano 2035. Os Estados foron fraccionados e vendidos ás corporacións. Galicia foi adquirida por unha multinacional para explotar os seus recursos naturais. O 80% do territorio está arrasado. Os paxaros migraron. Unha minoría de nómadas resiste as \"leis\" da corporación, que os reprime cos seus soldados mentras promete postos de traballo. Este é o non tan afastado futuro distópico presentado por Paxaro escuro, de Simón Casal, unha das curtametraxes que poderán verse no concurso da Sección Oficial do Festival de Cans. Con intérpretes coma Toni Salgado, Sabela Arán, Carlos Sante e Camila Bossa, este filme é ciencia-ficción, con pel de thriller, mais contén moita verdade. A ideoloxía neocolonial das empresas depredadoras de medios naturais e das persoas que as habitan. Os Estados cómplices, que se venden ante elas. As sociedades anestesiadas pola violencia e as mentiras. As minorías que se negan a ser exterminadas. O xeito no que, ás veces, pechamos os ollos. Até que non nos queda outra que abrilos. Quizais, cando xa non queda opción. \"Todo isto é inútil. Non tedes ningunha posibilidade\", dille, nun momento, un dos personaxes á líder da resistencia. O espectador terá que decidir se hai saída ou non. Mais, desde logo, non quedará indiferente. Os festivais de cine poden ser un bo mirador da fortaleza -ou precariedade- da calidade e variedade da creación do momento. E Cans non é, claro, unha excepción Os festivais de cine poden ser un bo mirador da fortaleza -ou precariedade- da calidade e variedade da creación do momento. E Cans non é, claro, unha excepción. Se Paxaro escuro indica que algo podería está a pasar coa ficción distópica no audiovisual galego -tras o rotundo éxito de proxectos coma Dhogs-, outros filmes deste e outros festivais veñen confirmar que a ficción tende a expandirse, mostrando unha riqueza de xéneros e enfoques cada vez maior. Cara á ciencia ficción tira tamén Amanece despejado, de María Vázquez e Bruno Máez, outra das curtas da Sección Oficial de Cans. Unha muller esperta nerviosa e mal durmida, érguese e prepárase para ir dar á Facultade unha conferencia sobre Philip K. Dick. Mais nada é o que parece. Os diversos planos da realidade, da irrealidade e do soño confúndense mentres a radio celebra que ese día estará despexado, así que non haberá choiva radioactiva. Mais non só o aire, ou a terra, están contaminados. Albíscase un ambiente viciado. Opresivo. De manipulación. O mesmo fenómeno que se agocha tras a nun principio aparentemente inocua La cuarta pared, de Martín Caínzos. Celso, un adiviño de programa televisivo de madrugada, é presionado polos seus xefes porque o seu espectáculo perde audiencia. Tras o que parece un inexplicable golpe de sorte, todo comeza a mudar. Mais os roles confúndense. E non se sabe quen engana a quen. A confusión entre a realidade e a irrealidade alicerzan tamén outras das dúas curtas de Cans, relacionadas, quizais, pola temática da perda. En REM -thriller psicolóxico asinado por Xoán Bregua- Alex (Toño Casais) viaxa entre os recordos da súa filla e parella (María Vázquez), mortas nun accidente, e os seus pesadelos coa axuda dunhas pastillas que potencian a fase REM do sono. Nun bucle infinito, ben representando a través dos constantes saltos no tempo da narración, no que o protagonista non pode evitar volver espertar, unha e outra vez, á dor e á soidade. Non menos inquietante, cunha estrutura narrativa semellante, pero máis abeirado cara ao terror psicolóxico, é Alicia, de Lucas Terceiro. Un pai cóntalle á filla o conto de Alicia no país das marabillas. Mais non sempre é quen de agochar a saída desde o mundo da fantasía. Se cadra porque a dor pesa demasiado. Non menos inquietante, cunha estrutura narrativa semellante, pero máis abeirado cara ao terror psicolóxico, é Alicia, de Lucas Terceiro Nunha chave máis realista, recreando unha atmosfera non menos abafante, sitúase Die Höhle (A cova), de Xabier Rúa. Tres excursionistas vense atrapados nunha cova, sen comida, nin auga, nin roupa abonda para protexerse do terrible frío. Unha mañá, un deles decátase ao espertar de que a súa perna se conxelou. Medos e desconfianzas abrollan e a tensión, nunha situación extrema, aumenta mentres agardan polo rescate. Desde unha perspectiva ben diferente, con feitura de roadmovie, Van, de Claudia Alonso e Cristina Burgos, deixa entrever tamén os conflitos que entrañan as relacións de amizade. Un amigo forza, practicamente, ao outro a marchar de viaxe con el na súa furgoneta. Os problemas non se verbalizan, pero vician o ambiente. Polo camiño atopan outros viaxeiros que lles axudarán a mudar de perspectiva. E a enfrontar, no caso dun deles, a perda. A amizade é sustento fronte a, precisamente, a perda, en Cortoterapia (o como superar una ruptura), de Pedro Sancho. Tomas de sofá nas que Pedro, que acaba de quedar sen parella, tenta superalo facendo \"terapia\", catalizadora de pensamentos calados, cos amigos. En Pingas, de Déborah Vukušić, é a familia o espazo de tensións larvadas e feitos agochados tras discursos sobre o honor e os valores En Pingas, de Déborah Vukušić, é a familia o espazo de tensións larvadas e feitos agochados tras discursos sobre o honor e os valores. Un ex-policía, pai de familia, decide contar no seu 80 cumpreanos uns acontecementos vividos anos atrás que, de xeito indirecto, deron orixe ao que despois foron os seus descendentes. A través dun xogo de imaxes de nenos xogando fronte ao retrato da familia, vaise desentrañando a verdade incómoda. O Festival de Cans olla tamén o cinema feito por galegos fóra do país, e Die Höhle, -o seu director vive en Alemaña-, non é o único exemplo. As Also Sisters, afincadas en Estados Unidos, -autoras de Historia dun satélite- levan á parroquia porriñesa The Film Machine, proposta de xénero de terror que, coma Die Höhle -mais desde outra perspectiva- xoga co medo e as expectativas do espectador, e coma Alicia cuestiona a clásica estrutura narrativa en tres actos e suxire portas que se pechan e mundos que atrapan. E pechados -mais en si mesmos e sen remedio-, atópanse tamén os protagonistas de Escarabana, de Sara Casasnovas, unha curta que trata, a partir dunha historia de vampirismo, da aceptación da natureza de cada quen. Da fame, do instinto ou, se cadra, do lado depredador e salvaxe do ser humano. Do lado do cinema máis social pode salientarse, porén, entre as curtas da Sección Oficial de Cans, a moi premiada Matria, de Álvaro Gago Do lado do cinema máis social, do que olla ás fendas da sociedade actual -e volvendo, desde Sara Casasnovas, ao cinema galego feito en Galicia-, pode salientarse, porén, entre as curtas da Sección Oficial de Cans, a moi premiada Matria, de Álvaro Gago. Un filme que retrata a vida dunha traballadora do sector das conserveiras. Mais, sobre todo, abanea mitos. O \"matriarcado\" galego que consiste en non parar desde o amencer ata a tardiña para facer o dobre traballo das mulleres: ocuparse das tarefas domésticas e levar un salario para a casa. A protagonista de Matria, Ramona -interpretada por Francisca Iglesias- non ten un marido implicado coa familia nin unha xefa comprensiva, senón máis ben todo o contrario. Mais ela, forte e valente, tira, sempre, para adiante. Procura saídas. E refúxiase na relación coa súa filla e coa súa neta. Cun enfoque moi diferente, achegado ao experimental, mais tratando un tema ben actual como é a xentrificación, destaca tamén Después de la bandera, de Carlos Martínez-Peñalver. Eloi emerxe do mar, vestido de traxe e cargando coa súa maleta. Quere paz e tranquilidade, mais non a atopa por máis que o intente. Cunha estrutura circular e un relato desacougante, con toques por veces absurdos e algúns filtros de imaxe, amais de fotogramas de arquivo do primeiro turismo, o filme mostra a incomodidade da imposibilidade de estar só cando se desexa estalo. A soidade, mais desta volta non querida, paira tamén sobre A cat in the window, (Un gato na ventá), de Félix Brixel -outro dos cineastas galegos en Estados Unidos-. A soidade, mais desta volta non querida, paira tamén sobre A cat in the window, (Un gato na ventá), de Félix Brixel -outro dos cineastas galegos en Estados Unidos-. Un relato desde o íntimo que é, coma mostra 'Matria', político. Unha muller imaxina, mentres debuxa sobre un papel, como será o seu futuro cando envelleza. Fantasea cun futuro solitario en Alaska tras unha vida errante, nómada. Unha vida de moito traballo e pouco tempo para querer, para coidar. Entre plans de autonomía, emerxe o medo a non poder ocuparse dos demais. Ao naufraxio. Pero alguén rescata o seu autorretrato da auga. Pono a secar antes de que esfarele. Se traballo e coidados se atopan no cerne de Matria e A cat in the window, Siglo XXI, de David Fidalgo, un dos filmes de animación que forman parte da Sección Oficial de Cans, podería ser o seu reverso. Construído con diálogos reais e recentes, aínda que coas voces deformadas, Siglo XXI denuncia o machismo que se exhibe sen pudor diante das cámaras e o absurdo que navega polas redes sociais. O ruído. Do gañán orgulloso ao \"gatito, gatito\". Uns ladran, de acordo coa súa natureza, e outros -humanos- ornean sen vergoña. Siglo XXI denuncia o machismo que se exhibe sen pudor diante das cámaras e o absurdo que navega polas redes sociais. O ruído A liberdade, a súa ausencia e procura, conectan outros dos filmes de animación de Cans con algúns dos de ficción e imaxe real. Se os mundos de Paxaro escuro ou Amanece despejado remiten a cárceres a ceo aberto, así o fai, doutra maneira, Afterwork de Luís Usón e Andrés Aguilar. Que nos traslada ao imaxinario dos debuxos animados de cando eramos nenos. O home/animal que acaba despenado e escachado perseguendo o seu obxectivo. Alternando animación máis clásica e máis apoiada na tecnoloxía, Afterwork lévanos a un mundo de traballo, soidade e rutina baleira sen fin. E pregunta ata onde somos quen de chegar perseguindo a cenoura que nos mantén no bucle da ocupación tediosa. Con saír do bucle, do mundo coñecido, soña o protagonista de Peixes, de Juan C. Pena. Nunha pequena cova no fondo do mar, un vello peixe cóntalles aos máis novos a lenda dun peixe que quixo saber o que había máis aló do auga. Que persegueu, valente e ilusionado, a luz, ata chegar a outro mundo. Só que saír do noso mundo permítenos contemplalo desde perspectivas inesperadas. Cunha estética moi diferente, mais tamén desde a animación, Sabrina Zerkowitz recrea o mundo do mar, os peixes e os paxaros -protagonistas de Peixes- en Sea, filme sen diálogos no que, tras a chegada dun barco de papel, o mar amosa toda a vida que acolle. O fantástico, e un ton luminoso, xunto a unha técnica de animación con bonecos, son o cimento de Estela, de Ariadna Cordal O fantástico, e un ton luminoso, xunto a unha técnica de animación con bonecos, son o cimento de Estela, de Ariadna Cordal, -outra creadora galega que completou a súa formación en Estados Unidos-. Un filme no que unha nena atopa unha estrela que tenta compartir. Outro dos creadores que están fóra -en Gran Bretaña, neste caso- Borja Santomé, presentará en Cans El reloj, unha curta experimental que, coa técnica de animación que caracteriza o seu autor, -a man e con acuarela-, explora un mundo en branco e negro, no que un home, observador curioso, nos conduce polo cambio, o paso da costa á cidade, enorme e inquietante, e a transformación que a viaxe opera nel mesmo. A migración da costa á cidade alicerza tamén Charkpen (Esperanza), de Paulino Cadórniga, que presentará na Sección Oficial de Cans, na modalidade de non ficción, a dalgún xeito, crónica -de cerne fotográfico- do cambio social e da resistencia que puido construír a través das imaxes tomadas nunha viaxe á Patagonia. Do ruído e a velocidade do centro da cidade á paz da montaña nevada e da costa, o autor quixo simbolizar o paso do caos das sociedades actuais á á vez vella, nova e esperanzadora forma de vida que viu nos indíxenas Selk'man de Río Grande, representada por unha muller, Naa Elesken Selk´nam. Cun enfoque estético semellante, apoiado na fotografía, Guillermo Vázquez explora a paisaxe neboenta e misteriosa do bosque en Forest, propoñendo reflexións sobre a liberdade ou os límites e abismos do noso mundo. Cun alento poético semellante, e un tratamento tamén fotográfico -e con conexións con A cat in the window-, Alicia Alonso artellou Tiempo, reflexión sobre \"a miseria emocional á que estamos abocadas nunha sociedade ao límite de si mesma\", na que as présas, os medos e as mentiras afastan o espazo dos afectos, do tempo que nos debemos a nós mesmos e ás persoas que queremos. De corte máis experimental, coma Forest ou El reloj, e igual de evocadora, mais cun branco e negro logrado a través das imaxes dunha cámara de Super 8, é Rapa das bestas de Jaione Camborda, que trata, desde un enfoque moi diferente ao de Charkpen (Esperanza), de indagar na \"vixencia das tradicións\" e nas \"raíces etnográficas\". Na relación, en concreto, do home co animal. No combate, o contacto. A animalidade do humano. A egolatría. Procurando máis, -segundo sinalou ao presentar este traballo en Curtocircuíto-, o \"vínculo sensorial\" que a historia. O ollar persoal, case íntimo, que de crítica social. Na vertente máis social sitúanse, porén, outros filmes da modalidade de non ficción da Sección Oficial de Cans -que aínda se completa cun apartado de videoclips-. O experimental -con superposicións e negativos en cor- está presente en Salitre nas veas de Adrián Canoura, que tece un relato poético sobre a relación do ser humano -o mariñeiro- co mar e a loita de ambos co tempo, cos seus límites, cada un desde a súa posición. De a cabalo entre o existencial e o social -porque non deixa de amosar o mundo do traballo- Salitre nas veas pode conducirnos a Europa, de Hugo Amoedo. De a cabalo entre o existencial e o social -porque non deixa de amosar o mundo do traballo- Salitre nas veas pode conducirnos a 'Europa', de Hugo Amoedo Europa é xuventude e procura do futuro por parte dun mozo que emigra tentando abrirse camiño no cinema. Mais tamén dúbidas. Soños crebados pola precariedade. Ausencias. Hugo escríbelle, en formato audiovisual, a un amigo. A un dos que tivo que deixar atrás. Para achegar un relato descarnado da realidade do \"self-made man\" sen rede de seguridade na que caer saíndo ileso. Atrapado \"nun traballo de merda\". Comezando sempre. Unha vez e outra. Con proxectos novos para, polo menos, estar ocupado. Para que marchei da casa? Onde vou agora? Onde levo as miñas cousas? E a precariedade dos afectos, ao lado da laboral. As historias que acaban. A perda. Tamén emigrou, sen rede protectora, a protagonista de La mujer invisible, de Noemí Chantada. Unha muller que, tras perder o seu traballo, muda cada día, na súa residencia de Vigo, de roupa e de nome para recibir homes nun piso e poder así tirar para adiante e alimentar o seu fillo. Unha muller que toma a palabra. Sen negar a realidade, nin dramatizar. Amósase optimista, de cara ao futuro. Indigno, di, será non poder pagar a comida, e non \"dar cariño\". Coma ela, outras mulleres invisibles préstannos a súa voz, mais, ao contrario da protagonista, non amosan a súa cara. Na presentación desta curta en Curtocircuíto, a directora falou de mulleres que, ao seren escoitadas, sentíronse empoderadas. Na presentación de La mujer invisible en Curtocircuíto, a directora falou de mulleres que, ao seren escoitadas, sentíronse empoderadas A invisibilidade -caras que non vemos, voces que escoitamos- é tamén o centro de Marxes, curta documental de Sara Chuerches que se achega a un grupo de persoas excluídas que, coma en La mujer invisible, toman a palabra. E tomala é o principio do empoderamento posible. \"Temos moito que achegar, só precisamos que nos escoiten\", di un deles. Non queren condescendencia. Nin caridade. Senón dereitos. E que os escoiten. O peor, din, é o sufrimento e a soidade. Mais calquera pode verse, un día, por conxunción de diversas circunstancias, á marxe do camiño marcado. Nunha espiral da que é moi difícil saír. Nas marxes tamén se viu atrapado Emanuel Xavier, o protagonista de Americano, de Fon Cortizo. Un mozo, latino en Estados Unidos, de familia inmigrante, que reivindica a súa identidade como americano, desde a diversidade. E que, coma as persoas que saen en Marxes ou La mujer invisible, non permite que ninguén fale por el. Hoxe é unha das voces máis representativas do Spoken Word en Nova York. Mais, con 16 anos, sobrevivía nas rúas de Manhattan exercendo a prostitución e vendendo drogas. A poesía, di, deulle unha saída para liberarse da dor e da ira. Devolveulle a palabra."}
{"ID": "PRAZA_12362", "summary": "Ao incremento do PIB rexistrado durante o pasado ano sumouse unha caída na remuneración dos asalariados. Fronte a unha menor remuneración da forza laboral se produciu unha suba considerable do beneficio empresarial", "text": "O Produto Interior Bruto (PIB) medrou en 2011. Non sucederá o mesmo en 2012, dacordo con todos os paneis de previsións. Malia non ter pechado o exercicio en valores negativos, a destrución de emprego acadou as 600.000 persoas. Recortouse en gasto público, en déficit de conta corrente (apenas 8.000 millóns), en investimento empresarial ou en salarios. No caso galego, por exemplo, a remuneración dos asalariados (traballadores por conta allea) encadea dez trimestres en negativo. Moito antes de que comezase o bruído mediático as nóminas foron adelgazando. Lonxe quedaron as épocas en que, xustificado ou non, o incremento salarial se movía por riba do 10% interanual. Non están dispoñibles, polo de agora, os datos de contabilidade correspondentes a Galicia (queda por coñecer os do IV trimestre), mais a análise se pode extrapolar a partir da estatística global do Estado. Á conclusión á que se chega é que se produciu en 2011 un importante incremento das rendas de capital fronte a unha caída moderada nos salarios e do custo laboral. A remuneración dos asalariados encadea dez trimestres en negativo en Galicia Sen descontar a inflación, botando man do indicador de prezos correntes, obsérvase que o PIB medrou un 1,5% a nivel interanual en España. Isto é, aumentou a produción de bens e servizos da economía española respecto do ano anterior. Pero a remuneración global dos asalariados descendeu fortemente trimestre a trimestre nos dous últimos anos, no último un 2,1%. Segundo fontes expertas consultadas por Praza, e malia botar man dos datos con inflación, \"se se descontara as taxas serían inferiores, pero manteríase o signo e as diferenzas\". Rendas. Prezos correntes. Taxas de variación interanuais 2010 /I 2010 /II 2010 /III 2010 /IV 2011 /I 2011 /II 2011 /III 2011 /IV PIBpm -1,5 0,1 1,0 1,7 2,2 2,4 2,2 1,5 Remuneración dos asalariados -3,5 -2,3 -2,3 -2,1 -0,8 -0,6 -0,6 -2,1 Custo laboral unitario -2,1 -2,4 -2,9 -2,9 -2,0 -1,7 -1,5 -2,5 Produtividade por traballador 3,0 3,0 2,4 2,2 2,6 2,2 2,8 3,7 Excedente de explotación bruto/Rendas mixtas 0,0 -3,7 0,3 4,4 5,3 8,8 4,7 6,6 Impostos netos sobre produción 2,8 38,1 31,3 11,4 3,6 -8,7 5,8 -5,1 Como se observa na táboa anterior, o custo laboral por traballador descendeu de maneira significativa no último trimestre de 2011 o que, sumado á caída na remuneración dos asalariados, provocou un incremento importante na produtividade. Iso si, todo o incremento da produtividade foi para o beneficio empresarial,o cal no último trimestre medrou un 6,6% con respecto ó mesmo de 2010."}
{"ID": "NOS_7115", "summary": "\"O discurso da represión é unha total mentira\", asegura o presidente cubano.", "text": "O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, cualificou de \"mentira\" e \"total calumnia\" as acusacións de represión das protestas na illa, que o Goberno cualifica de \"disturbios\". Concretamente, o mandatario comparounas coas \"guarimbas\" venezolanas, como \"parte do famoso manual polo que se conducen os golpes suaves e as súas diferentes fases\". Para Díaz-Canel, trátase dunha campaña nas redes sociais de \"terrorismo mediático\", recolleu o xornal oficial Granma. O obxectivo, argumentou, sería complicar o combate contra a Covid-19 e a creación dun escenario de intranquilidade e incerteza no país. \"As convocatorias en redes sociais son totalmente agresivas, chamando ao asasinato, chamando ao linchamento, ameazando, chamando á destrución de instalacións, chamando ao atentado contra vivendas de persoas, e en particular de persoas identificadas como revolucionarias\", sinalou o presidente cubano durante a reunión do grupo gobernamental para loitar contra a pandemia. \"Ou sexa, que ese discurso de que o Goberno está a reprimir manifestacións pacíficas ou esa petición que fan de que Cuba ou o Goberno respecten a opinión dos cidadáns é unha total mentira e unha total calumnia\", dixo, e subliñou que os que se manifestan non o fan \"de maneira pacífica\". Neste sentido, pediu non deixarse \"intoxicar\" polas redes sociais, lugares onde se pretende \"construír unha realidade\" dunha Cuba \"desordenada, ingobernábel, que está de estalido en estalido\", criticou, e salientou o uso de fotos de apoio á Revolución \"como se fosen actos públicos en contra\". Díaz-Canel recoñeceu que Cuba \"non sempre\" ten \"os resultados que necesitan\", \"non sempre dispón dos recursos necesarios\", mais atribuíu esta circunstancia ao bloqueo por parte dos EUA. Apoio do ALBA Neste sentido, os países da Alianza Bolivariana para os Pobos da nosa América-Tratado Comercio dos Pobos (ALBA-TCP) expresaron o seu \"total respaldo\" ao Goberno cubano a través dun comunicado; repudiaron calquera \"intento de desestabilización\" da illa por parte de terceiros; e exixiron \"o levantamento inmediato de todas as medidas coercitivas unilaterais aplicadas por Estados Unidos\". Cidadáns cubanos saíron ás rúas nos últimos días para expresar o seu descontento pola carestía de produtos básicos, como alimentos e medicinas. As mobilizacións, segundo denuncias dos participantes, foron reprimidas con dureza pola Policía. O Goberno cubano respondeu ás acusacións internacionais sinalando que viu \"escenas peores\" de represión policial en Europa."}
{"ID": "PRAZA_18164", "summary": "Foron asasinados os alcaldes de Cedeira, Boimorto, Fene, Mugardos, Tui, Bueu, Arzúa, Boiro, Cabanas, Cambre, Fisterra, Monfero, Vilasantar, Cuntis, Pazos de Borbén, Tomiño, Marín, Moaña, Lalín, A Guarda, A Estrada... Unha xeografía do terror que se estendeu dende a Galicia mariñeira á labrega, dende as vilas aos concellos máis rurais. 88 edís da provincia da Coruña foron asasinados pola represión posterior ao golpe de 1936", "text": "88 edís da provincia da Coruña foron asasinados pola represión posterior ao golpe de 1936 Nos meses que seguiron ao golpe de estado de xullo de 1936 sete concelleiros de Cedeira foron asasinados polos franquistas, tres deles executados no Castelo de San Felipe (Ferrol) tras ser xulgados por \"rebelión militar\". Sucedeu o mesmo con oito edís de Boimorto, asasinados en Amenal (O Pino) e Ortoño (Ames). Ou con seis dos concelleiros de Fene. Ou con cinco representantes municipais da Estrada, xulgados por \"rebelión militar\" en Pontevedra. E outros cinco representantes públicos de Mugardos ou de Tui. E catro dos concelleiros de Moaña, Bueu ou O Porriño... A represión dos grupos sublevados contra a República foi moi dura nas cidades, pero tamén o foi nas vilas e concellos máis pequenos, tamén nas zonas máis rurais. Sen chegar aos niveis de Ferrol-Serantes (4 edís asasinados e 14 encarcerados, exiliados ou sancionados) ou Vigo-Lavadores (9 edís asasinados e 4 represaliados doutros xeitos), son moitas as localidades de todo o país nas que unha parte importante dos representantes municipais sufriron unha brutal persecución. Como destacaba o historiador Emilio Grandío hai uns días, ao presentar os resultados da investigación Xeración Perdida sobre a represión franquista nos concellos da provincia da Coruña, as corporacións municipais foron un dos principais obxectivos da represión\" en boa medida porque \"o novo réxime quixo castigar os responsables das políticas desenvolvidas no período republicano\". Especialmente as políticas exercidas a partir de febreiro de 1936, momento en que a Fronte Popular gaña as eleccións. \"Facer política nese momento pasaba, inexorablemente, por retomar as reformas do primeiro bienio naqueles aspectos que competían ás administracións municipais, logo de dous anos de parálise\", lemos en Xeración Perdida. \"Esta xente o que intentaba dende o Concello era facer escolas, mellorar a vida da xente. Chegaron a decidir que todos os meses o Concello dedicaría unha partida mensual de cartos para mercar libros e facer unha biblioteca ambulante por Boimorto. Iso é algo imposible de pensar mesmo hoxe\", destacaba hai un tempo Xosé Luis Rivas Cruz Mini, impulsor do proceso de exhumación dos cadáveres dos oito concelleiros da localidade asasinados o 20 de agosto de 1936. En lugares como Boimorto a corporación municipal impulsou escolas públicas, asistencia sanitaria, enterros civís..., creáronse sindicatos agrarios cunha afiliación importantísima e unha grande actividade. A guerra matou todo iso, porque para iso se fixo o golpe militar que acabou coa democracia. A xestión municipal desenvolvida nos meses e anos anteriores ao 18 de xullo de 1936 foi tamén subliñada na homenaxe que se lle tributou en Amoeiro á corporación local republicana, que sufriu directamente a violencia e a represión, comezando polo propio alcalde Castor Sánchez Martínez, asasinado en agosto de 1936. \"Antes da súa xestión en Amoeiro non había case escolas, e despois o nivel educativo de Amoeiro chegou a ser superior mesmo ao que os rapaces podían recibir en Ourense, grazas a mestres coma Rafael Alonso, que foi asasinado. Mestres como Alonso Rodríguez Ansias, que escapou e que viviu emparedado na súa casa 28 anos. Impulsaron o Estatuto de Autonomía, crearon cantinas escolares para os nenos que non podían comer...\", sinalaba o actual alcalde, Rafael Rodríguez. \"A maior parte dos asasinatos foron dirixidos contra líderes sociais, persoas que estaban cambiando a sociedade. A revolución xa estaba feita, estaba facéndose, unha revolución no ámbito educativo, no mundo agrario, nas iniciativas empresariais\" E o mesmo sucedeu por exemplo nas homenaxes de Teo ou Ames. \"O franquismo xerou un discurso sobre que as represalias foron debidas en moitos casos a enfrontamentos persoais e envexas ou a que só se dirixiu contra as persoas moi significadas politicamente, militantes e dirixentes de partidos. É un discurso falso: a maior parte dos asasinatos foron dirixidos contra líderes sociais, persoas que estaban cambiando a sociedade. A revolución xa estaba feita, estaba facéndose, unha revolución no ámbito educativo, no mundo agrario, nas iniciativas empresariais\", destaca Xavier Simón, do Grupo pola Recuperación da Memoria Histórica de Arbo. Galicia era un territorio maioritariamente republicano en xullo de 1936. Porén, o feito de que os sublevados controlasen moi rapidamente Galicia contribuíu a silenciar esta realidade. \"Mentres que noutras zonas, como Navarra, Salamanca ou Valladolid, había un apoio social moito máis amplo ao golpe de Estado, en Galicia había unhas importantes masas de afíns á república, como quedara claro nas eleccións de febreiro de 1936, que deron como resultado dúas Galicias: unha na que gañaron os partidos de esquerda e outra que apoiou as forzas tradicionais. Iso é o que fixo que os franquistas utilizasen a Galicia como un laboratorio de determinados ensaios de control social que despois aplicaron noutros territorios a medida que o exército nacional os ía conquistando\", explica Julio Prada. A violencia para matar a semente No verán e no outono de 1936 foron asasinados ou executados os alcaldes de Arzúa, Ares, Boiro, Cabanas, Cambre, Fisterra, Monfero, Vilasantar, Cuntis, Pazos de Borbén, Tomiño, Vilaboa, Marín, Moaña, Lalín, A Guarda, A Estrada... Unha xeografía do terror que se estendeu dende a Galicia mariñeira á labrega, dende as vilas aos concellos máis rurais. \"As cidades son sempre o foco, onde mellor se ven os cambios, pero nunha Galicia que seguía sendo maioritariamente rural nos anos 30, no rural tamén se vían grandes cambios e unha gran actividade de asociacionismo político e sindical, pero igualmente cultural e mutualista, elementos que articulan a sociedade civil\", explicaba aquí o historiador Antonio Míguez. \"Para min estes asasinatos sempre representaron a imposibilidade de poder termos ilusións sociais no rural deste país\" \"Empregan a violencia para eliminar directamente a esas persoas que os golpistas consideran os seus inimigos, para asasinalas, pero tamén para eliminar ese entramado que hoxe chamariamos sociedade civil. O golpe é un golpe contra toda a tradición liberal que arranca no século XIX, contra todo o que sería a modernidade. O seu traballo é tan radical e tan intenso que en boa medida borran todo iso, borran mesmo a memoria de que todo iso existira\", engade Míguez. \"O poder cambiara de mans coa vitoria da Fronte Popular. Os golpistas tiñan présa, porque o réxime republicano parecía que funcionaba\", apunta igualmente Grandío. \"Os mortos e os que quedaron o único que fixeron foi soñar cunha ilusión, cun futuro distinto e esa ilusión foi afogada, matada e dunha maneira moi dura, moi violenta\", dicía Xosé Luís Rivas ao falar sobre a corporación de Boimorto que fora asasinada. \"Para min estes asasinatos sempre representaron a imposibilidade de poder termos ilusións sociais no rural deste país\", engadía."}
{"ID": "PRAZA_14207", "summary": "O medio de tendencias Disquecool celebra o seu primeiro aniversario cunha festa do máis cool no Liceo Mutante de Pontevedra. Entre as actividades previstas destaca unha xuntanza de ukeleles para tocar O tren de Andrés Dobarro, unha guerrilla de Urban Knitting que embelecerá o entorno urbano próximo ou unhas olimpíadas con probas como o escondite inglés, salto á comba e lanzamento de gafas de pasta.", "text": "O medio de tendencias Disquecool celebra este sábado o seu primeiro aniversario cunha festa no Liceo Mutante de Pontevedra (Rúa Rosalía de Castro, nº 100). As actividades, moi variadas e todas cun toque hipster, comezarán ás catro da tarde e terán un prezo simbólico de dous euros (co agasallo incluído dunha chapa). Porén, pódese colaborar co medio cunha entrada de seis euros, que tamén dá dereito a unha bolsa de tea. Entre as actividades previstas destaca unha xuntanza de ukeleles para tocar O tren de Andrés Dobarro Entre as actividades previstas destaca unha xuntanza de ukeleles para tocar O tren de Andrés Dobarro e por suposto a celebración dunhas olimpíadas especiais con probas como o escondite inglés, salto á comba e lanzamento de gafas de pasta. Os organizadores salientan que \"poderás pór en práctica habilidades xa esquecidas no patio do colexio\". Tamén haberá unha acción laneira ou Urban Knitting,consistente en intervencións que visten de pezas de ganchillo e calceta mobiliario urbano e outros elementos do espazo público. A actividade estará coordinada polas responsables da craftytenda Home Made. A festa pecharase cos concertos de Os Amigos dos Músicos e Santos Morcegos e os dj's Dr. Chou e DJ Chema Ao longo da tarde desenvolverase ademais o concurso O Mellor Hipster, que premiará os máis modernos ou aqueles que demostren máis estilo perante a cámara e no photobooth que se instalará. Ademais, haberá un obradoiro infantil de arxila e outras actvidades para nenos e nenas, unha exposición de arte postal, un reto de escritura a través de twitter e limitado a 140 caracteres e moitos premios, grazas á colaboración de Kalandraka, Xerais, Rinoceronte, Punto G, Kling, Le marché de Rachel, Oitenta, O Gato Cósmico e Laconicum. A festa pecharase cos concertos de Os Amigos dos Músicos e Santos Morcegos e os dj's Dr. Chou e DJ Chema."}
{"ID": "NOS_27895", "summary": "O mellor que podemos facer co partido do Lugo é esquecernos.", "text": "O mellor que podemos facer co partido do Lugo é esquecernos. E para esquecer, o mellor é non falar. Se ten algunha dúbida ao respecto, pode consultar os manuais para borrar a memoria que aplicaron os franquistas na nosa sociedade. O seu procedimento foi todo un éxito, o estado español é o 2º país con máis desaparecidos, coa incrible data de 114.000, Camboia ocupa o 1º posto nesta lista da vergoña. O 6 de abril do ano pasado, eu estaba en Liverpool, era a conmemoración da traxedia de Hillsborough (onde morreron 96 afeccionados do Liverpool por mor dunha avalancha producida polo exceso de aforo no campo do Nottingham Forest e non polas accións dos \"torcedores\" do Liverpool, como dicía a policía inglesa) e sucedeu un feito que me axudou a entender todo o que supón o fútbol. -Queres vir ao partido? -Si. -Pois logo acompáñame. -Canto é? -Nada, é gratis Eu ía procurando unha entrada pola revenda cando se achegou a min un home chamado Michael e díxome: -Queres vir ao partido?-Si- Pois logo acompáñame.-Canto é?-Nada, é gratis-Cómo que gratis?-Sí, sóbrame un carnet do meu fillo e gustaríame que veñas conmigo. A partir daí, fomos os dous andando até a tribuna de Anfield, explicoume que era de Nova Zelandia e que viña cada 15 días a Liverpool desde Londres, 3:30 horas en coche para ver ao seu equipo. Cada vez que escuito que nas gradas do Anxo Carro estamos entre 3.000 e 4.000 persoas, eu, acórdome do meu amigo Michael e pregúntome se a cidade está a altura do equipo que temos."}
{"ID": "NOS_29065", "summary": "Concentración en Vigo contra as restricións en 14 centros de saúde.", "text": "O BNG reclamou esta sexta feira, cunha concentración en Vigo, unha \"rectificación\" do Goberno galego ante a \"inaceptábel\" decisión de restrinxir a asistencia en 14 unidades de Atención Primaria da área sanitaria viguesa, e advertiu de que \"non se pode aceptar como normal o que non é normal\". Así o trasladou a deputada nacionalista Montse Prado que, canda outros deputados e varios alcaldes do BNG na comarca (as rexedoras e rexedores das Neves, Ponteareas, Tomiño e O Rosal), así como portavoces municipais, concentráronse ante a delegación territorial da Xunta na cidade. Prado tachou de \"inaceptábel\" a medida de restrinxir a actividade de 14 centros e advertiu que \"non é normal que a veciñanza reciba unha asistencia sanitaria propia dunha época de guerra, onde os profesionais teñen que escoller a quen atenden e a quen non\". A parlamentar nacionalista denunciou que a decisión de Sanidade tomouse \"sen falar con ninguén, nin cos representantes dos traballadores\" Patoloxías Após lembrar que \"hai outras patoloxías, como as crónicas, que non poden esperar\", a parlamentar nacionalista denunciou que a decisión de Sanidade tomouse \"sen falar con ninguén, nin cos representantes dos traballadores\", e o único que provoca é que se derive a asistencia aos PAC ou aos servizos de Urxencias, \"que tamén están ao límite\". Prado afirmou que o estado da Atención Primaria na Galiza e en Vigo é \"resultado de 12 anos de recorte\" e dunha estratexia do Goberno de Núñez Feixoo para \"deteriorar a sanidade pública\" e \"engordar\" o negocio da sanidade privada. Máis críticas A presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, criticou tamén nas súas redes sociais que o Goberno galego \"unicamente empregou 515 millóns de euros, dos 735 do fondo Covid que recibiu do Goberno do Estado\", mentres a Atención Primaria está \"desbordada\". \"Darán explicacións Feixoo e Rueda? 225 millóns sen usar? É un disparate!\", cuestionou a dirixente socialista. Na mesma liña se manifestou nestes días o Goberno municipal de Vigo, que en palabras do seu portavoz Carlos López Font, denunciou que a Xunta da Galiza non contratou a profesionais a pesar de recibir diñeiro para iso por parte do Goberno do Estado español."}
{"ID": "PRAZA_6049", "summary": "ADEGA esíxelle ao Concello de Lugo que cumpra co compromiso que adoptou en pleno, no ano 2010, de construír unha planta de compostaxe para a comarca", "text": "As rúas de Lugo levan case un mes cheas de lixo, a pesar de que tanto os servizos mínimos coma outras alternativas contratadas por Urbaser e Concellos recollen ao redor dun cento de toneladas cada día. A folga fixo presente a enorme cantidade de residuos que xeramos os cidadáns do século XXI, ou como destaca ADEGA, \"en Lugo estamos a sufrir a visión pública do noso lixo. A folga dos traballadores/as debruzounos bruscamente perante os nosos residuos\". A organización ecoloxista considera que este problema debe servir cando menos para iniciar un proceso de reflexión e debate sobre as distintas formas que temos de xestionar estes residuos. A organización ecoloxista considera que este problema debe servir cando menos para iniciar un proceso de reflexión e debate sobre as distintas formas que temos de xestionar estes residuos Un debate que xa estaba en marcha, en boa medida polo incremento nun 34% do canon que Sogama lles cobra aos Concellos por desfacerse do seu lixo e queimalo. Este argumento económico situou moitas administracións locais ante a pregunta de como pagar menos pola xestión dos seus residuos, un aforro que pasaría en primeiro lugar por xerar menos lixo (seguindo a doutrina dos 4 R's: reducir, reutilizar, recuperar e reciclar) e por explorar distintas alternativas distintas da incineración, comezando pola compostaxe progresiva. \"ADEGA non formula o problema en termos do noxo que produce ver todo o que desbotamos da nosa vida, para as nosas rúas, mas si debemos facer fincapé na cantidade de lixo producimos. Canto e que caro nos sae! Caro en saúde, en estética, en recollida e en limpeza\", destacan. A entidade fai fincapé nos residuos orgánicos, que representan aproximadamente o 50% do conxunto de residuos que producimos. É, ademais, \"o que máis cheira e o de maior risco para a saúde\", e así mesmo, o que se pode recuperar grazas aos procesos de compostaxe. ADEGA salienta que \"este lixo podería e debería ser reciclado para producir compost que se aproveitase no abono de terras e, por tanto, para cumprir co mandato da natureza: a circulación da materia e da enerxía\". A entidade esíxelle ao Concello de Lugo que cumpra co compromiso que adoptou en pleno, no ano 2010, de construír unha planta de compostaxe para a comarca A entidade esíxelle ao Concello de Lugo que cumpra co compromiso que adoptou en pleno, no ano 2010, de construír unha planta de compostaxe para a comarca. E lémbralle igualmente á Xunta que tamén esta administración se comprometeu no actual Plan Galego de Residuos a construír varias plantas de compostaxe por todo o territorio galego. Tamén sinala o exemplo positivo do acordo ao que en Pontevedra chegaron o Concello e a Deputación para a construción dunha planta comarcal de compostaxe. \"Cremos que é o momento de apostar pola compostaxe e a todos os niveis, ben sexa para o tratamento da materia orgánica da comarca nunha planta de compostaxe, ben sexa para o tratamento do lixo orgánico domiciliario, a través da compostaxe caseira\", subliñan, \"deste xeito, reduciríamos cando menos o 50% o volume do lixo que trasladamos a Sogama e poderíamos reutilizar o residuo como compost\". Lembran, ademais, que \"a compostaxe dá moitos máis postos de traballo que a incineración, xa que se precisa dunha mellor recollida selectiva, máis que dunha tecnoloxía cara\". Poñen o exemplo da planta de Lousame, onde fai falla un traballador por cada 380 toneladas de lixo, mentres que en SOGAMA hai unha empregada por cada 2.496 toneladas. Adega calcula que se toda Galicia seguise un sistema coma o da planta do Barbanza, se poderían xerar 2.300 empregos directos. Alternativa a Sogama En Galicia recíclase apenas o 11% dos materiais e non se chega ao mínimo esixido nin sequera no vidro ou no papel. Os datos de 2011 amosan que o 46% do lixo galego se incinera sen valorización e outro 43% vai directamente a vertedoiros Sogama é unha modalidade de xestión dos residuos máis cara por varios motivos, comezando polos centos de quilómetros que ten que percorrer o lixo dende os catro recantos do país para chegar á centralizada planta de Cerceda, e pasando pola escasa eficiencia enerxética demostrada por Sogama á hora de xerar electricidade a partir da combustión de residuos. De feito, a prevención e a reciclaxe deses residuos terían aforrado máis enerxía da que Sogama produciu, pois a súa eficiencia enerxética rolda o 0.3, moi por debaixo do 0.6 esixido por Europa. Pero tamén porque esta planta apenas recupera materiais, non os revaloriza, incumprindo todas e cada unha das recomendacións da Unión Europea, o que levou a que varios grupos presentasen unha denuncia ante as instancias comunitarias. Nesa denuncia salientábase que Sogama \"só queima o lixo\" para reducir o seu volume e para despois acumulalo no gran vertedeiro da Areosa e lembrábase que en 2020 este tipo de vertedoiros estarán prohibidos en Europa. Na actualidade, por culpa de Sogama, Galicia incumpre as normativas europea, estatal e galega en varios aspectos, comezando polas esixencia de que cando menos o 50% por cento dos materiais se recuperen e reciclen. En Galicia recíclase apenas o 11% dos materiais e non se chega ao mínimo esixido nin sequera no vidro ou no papel. Os datos de 2011 amosan que o 46% do lixo galego se incinera sen valorización e outro 43% vai directamente a vertedoiros. En total, Sogama recupera só o 8% dos materiais que lle chegan. Mentres, a media da UE en 2009 ofrece datos moi diferentes: 24% de materiais reciclados, 18% de compostaxe, 20% de residuos incinerados, e un 38% acumulados en vertedoiros."}
{"ID": "NOS_2084", "summary": "Coa axuda do secretario executivo de Adega repasamos a normativa que se está a aplicar no País en materia de minaría. A lei aprobada en 2008 polo bipartito foi a primeira após 1973, mais fica gardada nun caixón. Eirexas reclama qu se aplique, e que desde a Xunta se mova ficha para que os nosos recursos os explotemos nós", "text": "Pregunta: Como está a lexislación en materia mineira? Que pasa coa lei de 2008, aprobada durante o goberno bipartito? Resposta: Esa lei veu clarificar unha serie de cuestións que a lexislación española —de 1973— non contempla, sobre todo no relativo á restauración e ao desenvolvemento da actividade en consonancia coas restricións ambientais e de uso do territorio. Desde o punto de vista ecoloxista, podía ser máis ambiciosa, mais a idea era esa: xa que a minaría ten un peso importante no PIB galego, termos un marco normativo propio. Agora ben, as leis hai que ter vontade de as aplicar! P: Non se aplica, logo? R: [ri] Non. A actual Xunta en absoluto ten vontade de aplicala. Hai toda unha enxurrada de proxectos mineiros que veñen explotar non tanto rochas industriais como a lousa ou o granito, senón minerais estratéxicos, como ouro de Corcoesto. E non será esta a única iniciativa, xa que o cinto aurífero que vai de Malpica a Tui está a ser obxecto de investigacións, por estar moi alto o prezo do ouro no mercado e ser un investimento seguro. O proceder de Feijóo é unha fotocopia do que aconteceu na II Guerra Mundial co volframio: somos fornecedores de materias primas e receptores de impactos. Grandes multinacionais pregadas aos intereses estatais e, naquela ocasión, do nazismo. Agora, neste novo modelo de neocolonialismo mineiro, o que hai son grandes transnacionais que operan en países onde a lexislación ambiental xa nin existe e veñen a outros, como o noso, con políticos propensos a vender estas iniciativas como falsamente xeradoras de postos de traballo e ambientalmente inocuas. Se Feijóo tivese intención de aplicar a lei exixiría, por exemplo no caso de Corcoesto, un seguro de responsabilidade civil como garantía de que un accidente derivado do uso do cianuro non lle saíse de balde a Edgewater. P: Ollemos cara ás Pontes e o proxecto de recuperación de Endesa. Houbo restauración do dano causado? R: O das Pontes é un exemplo paradigmático do 'colle o recurso e corre'. Endesa, estatal no seu momento, recolleu os beneficios e deixou emisións de dióxido de xofre e un impacto paisaxístico enorme. Para a restauración tiraron cara ao máis barato [ri] Que fixeron? Deixar encher a mina de auga, e como non enchía rápido abondo enchufáronlle o Eume! Un río que poucos quilómetros máis abaixo rega un parque natural. Facerlle un bypass ao Eume e crear un macrolago usando gratis un recurso público, a auga. Endesa decidiu experimentar obviando o problema hídrico e sen ollar as consecuencias de colocar non un lago senón unha balsa ácida de 250 metros de profundidade e 12 quilómetros cadrados enriba dunha falla activa. A culpa é dunha empresa con mentalidade colonial e dunha Xunta que mirou sempre cara ao outro lado. P: Visitou Corcoesto en 2011. Agora que viu o proxecto completo... recolleuse algunha das recomendacións? R: O proxecto previo tiña moitos ocos aínda. Atendía ao tipo de explotación, ao volume de recursos... mais non estaba detallada a restauración nin das afeccións ambientais. E após revisarmos o proxecto definitivo atopámonos con que ambas as cuestións seguían sen resolver. Por exemplo, o modelo de explotación: ceo aberto e cianuro. Alternativas? Minaría soterrada como a das minas máis famosas da Galiza, as de Sanfinx —Lousame—. Por suposto, hai reactivos moito menos tóxicos que o cianuro, que está rexeitado polo Parlamento europeo. E tamén aquí hai fallas activas que non se contemplaron. P: Cómpre un proxecto mineiro para crear emprego e frear o despoboamento? R: [sorrí] Nós imos precisar explotar eses recursos. É evidente. Mais deberiamos facelo nós, a través dunha empresa pública, para que os réditos sociais fosen maiores que catro empregos en precario. Mais sería insolidario facer ouvidos xordos das explotacións de litio e coltán que temos, por exemplo, pensando en que xa nos fornecerá o Congo, sabendo que alí son minerais de sangue."}
{"ID": "NOS_35534", "summary": "Profesionais e colectivos en defensa da sanidade pública sinalan eivas en saúde mental, radioloxía e medicina interna ademias doutros servizos cuxa continuidade ou accesibilidade muda en función das ausencias de persoal. Reivindican os hospitais periféricos, así como incentivos profesionais e laborais suficientes para que os comarcais sexan unha escolla voluntaria, nunca unha imposición.", "text": "Perto de 70.000 habitantes da Mariña teñen como centro de referencia o hospital de Burela. É un dos sete comarcais da Galiza, tamén denominados periféricos. \"É un hospital illado pola falta de infraestruturas\" e a perda servizos públicos, precisa o sanitario e activista da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña Adolfo Corral. Segundo explica a Nós Diario, nos últimos anos \"houbo un crecemento en metros cadrados e as fachadas locen máis bonitas, pero gañamos en servizos? Non. Este hospital non ten capacidade para resolver a demanda sanitaria da Mariña\", conclúe. A día de hoxe, profesionais deste distrito sanitario e membros da plataforma destacan eivas en catro grandes especialidades: saúde mental, medicina interna, radioloxía e, até hai pouco, coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO), dous servizos ao cargo do mesmo equipo. O que pretende a Consellaría é secuestrar internistas para que ocupen postos nos hospitais periféricos, pero a imposición non é ningunha solució \"Falamos dun servizo moi sensíbel que está na corda frouxa se non se dota de persoal formado e estabilidade\", afirma Montse Porteiro, voceira do colectivo en defensa da sanidade pública da Mariña. \"Son tres profesionais, normalmente están dous e vimos dunha tempada con un só\" que deixou sen atención domiciliaria 10 dos 14 concellos da comarca; todos salvo Burela, Cervo, Foz e Xove, os primeiros en entrar no programa piloto de HADO. Cinco meses agardando por un tratamento de rehabilitación na Mariña pese a recibir opiáceos pola dor \"insufríbel\" \"O servizo naceu para dar asistencia a toda a comarca\", afirma Adolfo Corral, quen pide asegurar persoal suficiente ante calquera incidencia, para evitar sobrecargar os profesionais de Atención Primaria cun traballo que non lle corresponde mais para impedir \"unha discriminación grave\" entre doentes no final da súa vida. Anatomía patolóxica Adolfo Corral resume a situación noutros tres servizos chave para garantir unha saúde de calidade na comarca. En primeiro lugar nomea unha \"especialidade esencial, esquecida polo feito de non ter atención directa ao paciente\". Fala de anatomía patolóxica. \"A carga de traballo cirúrxico do hospital de Burela requiriría a presenza de tres patólogos a tempo completo, mais só temos un a media xornada\", un déficit, di, que obriga a derivar a Lugo mostras \"irrecuperábeis en caso de extravío\" e que entorpece a detección precoz de patoloxías que poden chegar a comprometer a vida dos pacientes. Radiólogos e internistas Ademais, sinala as carencias en radioloxía e medicina interna que afectan a todos os hospitais da Galiza. No primeiro caso, de cinco prazas estruturais, \"só dispomos de dúas, tres no mellor dos casos\", o que deixa unhas listas de espera \"brutais\" pola falta de radiólogos. En medicina interna, \"de nove especialistas, só catro están á fronte do servizo cun estrés incríbel\". Hai tres anos non contrataban a ninguén e a xente marchou a outros territorios ou á privada \"O que pretende a Consellaría é secuestrar internistas para que ocupen postos nos hospitais periféricos, pero a imposición non é ningunha solución\", apunta Corral en referencia aos contratos de longa duración que ofrece a Xunta con estadías de até catro meses nos comarcais. Cómpren medidas que melloren as condicións laborais e profesionais para que o persoal médico \"queira vir e quedar\", afirma. \"Non se pode tratar isto como se fose o exilio ou un castigo nun hospital de segunda. Trátase de ofrecer estabilidade e incentivos por igual a todos os profesionais e continuidade aos doentes\", conclúe un especialista que elixiu facer vida na Mariña. Mariano Carrero Moure: \"O plan de saúde mental é errático e o acceso aos recursos, desigual\" \"A centralización de recursos en saúde mental non axuda\" A unidade de saúde mental da Mariña, localizada no centro de saúde de Burela, conta neste momento só con un dos tres psiquiatras asignados, o que deixa unha consulta baleira, o equipo de continuidade de coidados sen persoal médico e polo menos \"medio millar de doentes sen cita\". \"O Sergas di que non hai psiquiatras e é certo. Pero hai que botar a vista atrás para entender por que. Hai tres anos non contrataban a ninguén e a xente marchou a outros territorios ou á privada\", afirma persoal desta unidade. \"Mais nas listas de contratación de psicoloxía hai profesionais. Non teñen escusa para non incrementar os cadros que necesitamos para reforzar a psicoterapia e reducir a sobremedicación\". A próxima segunda feira comezará unha segunda psicóloga clínica. Pero non abonda, din, e a centralización de recursos como a unidade de prevención do suicidio, psiquiatría e hospital de día infantoxuvenil en Lugo \"tampouco axuda\"."}
{"ID": "NOS_44460", "summary": "As últimas cifras da Seguridade Social confirman que en 2019 continuaron as baixas nas persoas autónomas que teñen persoas contratadas. Desde a Asociación de Traballadoras e Traballadores autónomas (ATA) piden medidas.", "text": "A situación das persoas afiliadas ao réxime de traballadoras autónomas continúa a dar malas novas. Os últimos datos da Seguridade Social facilitados pola Asociación de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA) constatan unha realidade que afecta, tamén, ás persoas que con este réxime xurídico teñen persoal ao seu cargo. É dicir, a súa perda implica a desaparición, ao mesmo tempo, de varios postos de traballo máis. Galiza contou con anos de recuperación deste perfil mais desde 2016 a súa baixada foi continua. Ese mesmo ano contaba con 28.976 persoas autónomas que xeraban emprego que pasaron en 2019 a ser 28.426. As comarcas cunha maior caída foron as de Ourense, que pasaron en 2016 de ter 3.469 a contar con 3.302 en 2019 (-167). E as de Lugo que no mesmo período pasaron de 4.220 a 4.066 (-154). As zonas máis habitadas tamén sufriron descenso pasando, no caso de Pontevedra de 9.328 a 9.225 (-103). As comarcas da Coruña, que son as que teñen máis persoas autónomas deste perfil, pasaron de ser 11.959 a quedar con 11.803 (-156). Perdas que afectan a outros empregos A perda de autónomas e autónomos non é nada novo para o noso país nos últimos anos, como recoñece a Nós Diario o propio presidente da ATA na Galiza, Rafael Granados. \"Os sectores tradicionais máis afectados seguen a ser a agricultura, o comercio e a industria\" asegura. A destrución de emprego que ten lugar cando unha persoa física autónoma con traballadoras ou traballadores asalariados deixa de selo é máis grave pola propia desaparición, tamén, dos postos de traballo que dependen dela. As cifras que deu a coñecer onte ATA apuntan unha tendencia que nos últimos anos era diferente á estatal. Desde esta asociación salientan varios factores que inflúen na destrución de persoas autónomas que contan con persoal asalariado. \"Cremos que algunhas razóns foron, por exemplo, a incerteza por futuros anuncios do Goberno español e unha profunda recesión no comercio\", opina Granados. O sector pode estar ou non de acordo con algunhas decisións do Goberno mais, segundo ATA, \"o peor é non ter concrecións\". Asegura que \"as autónomas e autónomos viron como aumentaron os seus gastos fixos coas subas da luz, do carburante e do Salario Medio Interprofesional\". Pola contra \"os beneficios son menores que hai 5 anos\", relata a Nós Diario o presidente da ATA. Apoiar a consolidación Con estas cifras na man na ATA cren que é máis positivo coidar a continuidade que centrar os recursos en campañas para animar a que entren novas emprendedoras. \"De nada serve ter máis autónomos se pechan antes de dous anos de actividade\", asegura Granados, \"cando pasamos ese primeiro período é cando asentamos a empresa, temos a clientela, mais tamén é cando precisamos máis axuda para mudar o modelo empresarial ou para actualizármonos en temas como as novas tecnoloxías\", engade. E para ATA ese é un dos principais problemas do comercio galego actual: a loita desigual coas plataformas de venda en liña."}
{"ID": "NOS_10044", "summary": "A sexta vaga deixa na Galiza outro máximo de casos activos ao superar os 28.000", "text": "Catro días despois de Noiteboa, Galiza atinxiu un novo récord de contaxios por coronavirus nunha xornada ao rexistrar outros 3.468 positivos, que son un milleiro máis que os notificados a segunda feira. Así, os casos activos continúan en escalada e superan xa os 28.000 até marcar outro máximo da pandemia. Mentres tanto, a presión hospitalaria sobe con outros sete ingresados con Covid, até alcanzar os 305 en total. No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicados esta terza feira pola Consellaría de Sanidade -actualizados ás 18 horas da segunda-, a cifra de 3.468 implica bater o anterior récord de 3.100 do pasado sábado, 25 de decembro. De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo volve situarse á cabeza ao concentrar 842. Séguenlle a de Santiago-Barbanza, con outros 654 contaxios; e a da Coruña-Cee, con 567. Despois están Pontevedra-O Salnés, con 512; Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 422; Ferrol, con 244; e Lugo-A Mariña-Monforte, con 227. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde da segunda feira, 27 de decembro, a incidencia acumulada da Galiza disparouse ao longo da fin de semana de Nadal ata os 953,47 casos por 100.000 habitantes. No estado, esta taxa está nos 1.206,21 puntos. Para analizar o ascenso da cifra de contaxios detectados no último día, hai que ter en conta que nas últimas 24 horas analizadas realizáronse 12.885 PCR, que son 3.108 máis que a xornada previa. Desde o inicio da pandemia, o Sergas fixo 3.261.145 destas probas. En canto á taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, volveu subir até 21,1% o que implica que se mantén moi por riba do limiar de 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba esta segunda feira ás 18 horas -hora tomada como referencia para os datos publicadosesta terza- un total de 305 pacientes covid ingresados, sete máis que o día anterior. De todos eles, 249 están en planta (tres máis) e 56 en unidades de coidados intensivos (catro máis). A presión asistencial sobe en tres das catro áreas sanitarias. A sexta onda da pandemia da covid-19 en Galiza segue en ascenso despois de superar o domingo os picos das cinco anteriores. Así, Sanidade notifica esta terza feira un novo récord con 28.334 casos activos da enfermidade, tras unha subida de 2.538 nun día. Esta escalada dáse en todas as áreas sanitarias, sen excepcións. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Galiza ascenden a 2.753, ao notificar a Consellaría de Sanidadeesta segunda feira oito vítimas mortais máis correspondentes aos días anteriores. Pola súa banda, 197.844 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse a Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 923 máis que as rexistradas ata o día anterior."}
{"ID": "NOS_5072", "summary": "Os requerimentos do portavoz nacionalista Francisco Jorquera para que se pronunciase sobre as imputacións do 'conseguidor' Pachi Lucas e do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, así como da condena a Marcial Dorado (\"as amizades perigosas\") ficaron sen resposta polo presidente", "text": "Núñez Feijóo saca peito e presume do compromiso e actuación do seu goberno contra a corrupción. \"Somos o goberno máis contundente contra a corrupción\", afirmou o presidente galego en sede parlamentar durante a sesión de control, após enumerar leis como a de transparencia e de financiamento de partidos como exemplos, dixo, dese compromiso. Feijóo respondía deste xeito aos requerimentos do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, para se pronunciar perante \"a lista interminábel de escándalos que salpica o PP\". O nacionalista lembrou que \"no que vai de ano\" o Supremo confirmou a condena a Marcial Dorado, o 'conseguidor' Pachi Lucas foi imputado, e tamén o está o presidente da Deputación ourensá. \"E vostede non dá explicacións\", reprochoulle Jorquera, que acusou tamén o presidente de \"mirar para outro lado ante indicios de que o PPdeG foi unha peza no financiamento ilegal do PP\". O portavoz nacionalista tirou no pleno unha foto do presidente (\"xa ten vostede varias fotos comprometidas\"), desta volta abrazándose co presidente de Iberdrola en 2009 Na súa resposta, Feijóo non se pronunciou sobre os nomes que o BNG puxera sobre a mesa. Botou man do argumentario -xa usado noutras ocasións- de que a corrupción é un poblema que afecta \"ao conxunto da sociedade\", apontando a que tampouco o BNG estaba libre de sospeita. O mandatario mesmo tivo tempo para alertar sobre as \"ideas populistas\" que xurdiron coa crise. Foto \"compometidas\" do presidente Feijóo non convenceu a bancada nacionalista. Jorquera respondeu á lista de leis das que presumiu o titular da Xunta como mostra do compromiso de transparencia cun \"aproba leis para encubrir a súa inacción\" e sacou unha cuestión incómoda para o presidente: o eólico. O portavoz nacionalista tirou no pleno unha foto do presidente (\"xa ten vostede varias fotos comprometidas\"), desta volta abrazándose co presidente de Iberdrola en 2009, após gañar as eleccións. \"Vostede anulou o concurso eólico, como lle pediu o presidente de Iberdrola\", acusouno Jorquera, dardo dialéctico que puxo baixo a luz da última sentenza do TSXG, este mes de febreiro, botando abaixo o concurso eólico do PP. Na súa quenda, Feijóo non se referiu á foto nin ao eólico, o que si fixo cando respondeu a Méndez Romeu (PSdeG), dicindo que \"o 84% do concurso segue adiante\". Mais si acusou o BNG de \"faltar ao respecto á maioría da sociedade de Pontevedra\" pola declaración de 'nin grato' a Rajoy; e de co-gobernar en institucións co PSOE, o que inhabilitaría os nacionalistas para falar \"de corrupción\", segundo el. Chelo Martínez, do grupo Mixto, levou á Càmara o conflito no transporte de residuos de Sogama, cunha nova concesionaria (Copasa) e a subrogación dos 69 traballadores da antiga concesionaria, Transportes Pellejero. Copasa non acepta recoller por escrito o compromiso verbal de contratalos. Martínez inqueriu o presidente sobre a responsabilidade da administración galega neste caso. Feijóo limitouse a dicir que estabamos perante \"un conflito sindical, non un conflito laboral\". AGE non puido realizar preguntas nesta sesión."}
{"ID": "NOS_43768", "summary": "Un dos membros do comité clínico pide manter \"prudencia, vacinación e máscara\", cando o órgano ten que decidir sobre a rebaixa das restricións e o protocolo de Entroido.", "text": "O comité clínico que asesora a Xunta no tocante á pandemia de Covid-19 xúntase na tarde desta terza feira para avaliar a situación e decidir sobre a \"relaxación\" das medidas de restrición, defendidas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo. Un dos seus integrantes é o doutor Pedro Rascado, especialista en Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), subliñou a \"tendencia positiva\" con respecto aos contaxios, que diminuíron nos últimos días. Non obstante, esta redución chega en paralelo ao aumento das persoas hospitalizadas pola doenza. A ese respecto, Rascado explicou que no caso das Unidades de Coidados Intensivos ese aumento é \"contido\", así como moi inferior a outras vagas da pandemia. Nesta reunión do comité, amais da rebaixa nas restricións vixentes, estudarase o protocolo para as festas do Entroido. \"Prudencia, vacinación e máscara\" Aínda que finalmente se modifiquen as medidas para controlar a expansión do virus, o profesional sanitario incide en que a \"principal mensaxe\" ten que ser manter \"prudencia, vacinación e máscara\". Rascado fai énfase en que \"lle diría a calquera que estea aínda sen vacinar que vaia agora mesmo\" e destacou a importancia da máscara. Ao tempo, cuestionou por precipitado o debate sobre a \"gripalización\" da pandemia, por xerar equívocos non desexábeis. Entroido No que atinxe ao Entroido, Feixoo avanzou que se estabelecerá un protocolo máis \"laxo\" e que permitirá unha \"maior interacción\" que no caso das festas de nadal. Pola súa banda, Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, lembrou que o número de persoas que se recomenda nas xuntanzas é un máximo de 10, e abriu a porta a reducir esta cifra \"para diminuír a probabilidade de contaxio nestes eventos\". Medidas principais en vigor — Bares e restaurantes deben pechar a medianoite excepto sextas feiras e sábados, que o fan á 1.00 da mañá; mentres que pubs e discotecas teñen de límite as 3.00 horas. — Toque de recoller para xuntanzas entre persoas non conviventes de 3.00 a 6.00 da madrugada das quintas e sextas feiras, e mailos sábados. — Certificado Covid para acceder aos locais."}
{"ID": "NOS_22122", "summary": "A inicios de século XXI falar de Vulcano era falar do segundo maior estaleiro privado en todo o Estado español en canto a toneladas contratadas. Unha icona que morre. Os administradores concursais da empresa presentaron nun xulgado de Vigo un ERE extintivo para os 69 traballadores e traballadoras deste estaleiro vigués.", "text": "A inicios de século XXI falar de Vulcano era falar do segundo maior estaleiro privado en todo o Estado español en canto a toneladas contratadas. Unha icona que morre. Os administradores concursais da empresa presentaron nun xulgado de Vigo un ERE extintivo para os 69 traballadores e traballadoras deste estaleiro vigués. O persoal pide á Xunta que non deixe caer este estaleiro e incide en que o naval esá nestes momentos nun bo momento, con aumento de pedidos e encargos. Nese escenario, indica, perder 70 operarios e operarias co nivel de experiencia e formación como os de Vulcano é algo que non se pode permitir. En febreiro o sindicalista César Rodríguez advertía do golpe que suporía o fechamento desta factoría: \"A día de hoxe é o segundo estaleiro con máis capacidade de contratar persoal na Ría de Vigo\". O golpe chegou. Agora hai un prazo dun mes para negociar as condicións de extinción dos contratos."}
{"ID": "PRAZA_1810", "summary": "O repto é, pois, importante: garantir a presença dumha voz galega, independente e clara, num debate central; e garantirmos essa presença em todos os campos de loita, a social mas também a institucional.", "text": "Nom podemos mais que saudar positivamente o sucesso, de falarmos em termos de assistência mobilizatória, deste Dia da Pátria Galega baixo parámetros unitários. As virtualidades, nesse aspecto, deste formato fôrom evidentes, igual que podemos afirmar que a visualizaçom no conjunto da sociedade desta mobilizaçom foi corresponder-se com umha mobilizaçom claramente nacionalista. Só assim se podem compreender as contradiçons e vacilaçons suscitadas em diversos atores sobre a sua assistência, mesmo baixo uns parámetros reivindicativos facilmente assumíveis. Porque se bem a unidade é hoje um instrumento imprescindível, nom é um fim em si próprio, mas umha ferramenta necessária desde a que somar vontades na conquista da soberania baixo um programa avançado, que reflicta a urgente realidade de hoje no campo social e na precisa ruptura democrática. É um erro considerar que a unidade tem de tecer-se baixo o parámetro do mínimo aceitável por todos os actores onde só existem cedências unilaterais duns discursos, e nom em achar um ponto comum que tenha em conta a situaçom objectiva e a correlaçom de pesos sociais e políticos de cada um para elaborar as reivindicaçons e programas. Por outro lado, a unidade nom pode concibir-se como um apagamento das forças sociais e políticas que estruturam a sociedade, dividindo esta falsamente em \"cidadáns\" versus \"políticos\", onde a legitimidade corresponde aos primeiros e os segundos som malignos portadores de intençons escuras, onde o primeiro é o \"novo\" e o segundo o \"velho\". Isto só contribui ao propagamento do pensamento neoliberal de sermos só individuos onde \"nom existe tal cousa chamada sociedade\" (Thatcher), um individualismo atroz que pretende ocultar as relaçons de dominaçom que existem numha sociedade com profundas diferenças de classe ou género. Algo que tem relaçom com a proliferaçom de diversos chamados, manifestos e eventos digitais como forma de intervençom, que dificulta a articulaçom política numha sorte de política-espectáculo de sombras, e que, no desenvolvimento e conclusom da convocatoria, refuta a suposta inoperáncia de partidos e organizaçons como articuladores das demandas sociais, já que era fundamental a sua adesom e impulso — ou nom — à convocatória. A unidade para o soberanismo tem de passar, entom, por considerar positiva a soma plural de organizaçons políticas, sociais e culturais, e também pessoas sem adscriçom; pola valorizaçom do caudal histórico de acertos do soberanismo galego nas suas análises sobre o carácter do Estado espanhol ou da Uniom Europeia, do papel exercido e exercente de criaçom de consciência social e nacional através das distintas loitas frente ao \"sentido comum\", que nom é mais que a expressom cristalizada das ideias dominantes. Mas nom se trata só de chegar a estas conclusons e assumí-las no plano teórico, mas de trabalhar na prática baixo estes parámetros na nossa atuaçom social, incluídos os próximos confrontos eleitorais que tem de enfrentar o nosso povo e na definiçom da alternativa que vamos apresentar à nossa sociedade nesse plano. No panorama estatal hoje, além das forças políticas que estruturárom e dirigírom o Estado desde a Transiçom (PP-PSOE), vemos outras de carácter estatal que dim hoje impugnar esse quadro, tanto aquelas que participárom da sua criaçom (PCE-IU) como as de nova apariçom (Podemos). Mas há umha contradiçom fundamental que agroma entre essas forças do reformismo espanhol e aquelas que desde as naçons sem estado nunca aceitamos a reforma do franquismo: é o papel da soberania dos povos. Se os soberanistas galegos vimos como historicamente se faziam reconhecimentos litúrgicos do direito de autodeterminaçom no papel, que eram negados sistematicamente pola prática política, hoje os novos negam, com o mesmo fundo mas em diferentes palavras, a conquista da soberania, relegando-a a termos que aguardar a um processo de carácter estatal e à actual legalidade emanada da mesma Transiçom que supostamente rejeitam. Frente aos \"contos de fadas\" de reformas do quadro constitucional a favor da autodeterminaçom (ou mesmo até de qualquer reconhecimento consequente das naçons), que requerem os inalcanzáveis ⅔ das Cortes espanholas, já que nom há nem possibilidade de tal correlaçom nem vontade dos actores principais de qualquer reforma que reconheça os direitos nacionais plenos, a única ruptura possível desse quadro é a que hoje acontece na Comunidade Autónoma de Catalunya. Ali vemos como a clarificaçom que causa o objectivo dum Estado independente desvenda a verdadeira proposta política deste reformismo: que nada se mova se nom é teledirigido previamente desde Madrid. Assim como todo o \"procés\" desde há anos desvenda também qual é o único caminho possível para a conquista dumha soberania que nos permite também avançar na transformaçom social: o avanço pola via da unilateralidade. A presença dumha voz galega nas novas Cortes espanholas, seja qual for a conformaçom final que garanta que as decisons som tomadas exclusivamente na Galiza, tem de basear-se nom só na defesa dos interesses imediatos das classes populares galegas, for de tipo laboral, ambiental, de defesa dos sectores produtivos ou qualquer outra. É precisa umha orientaçom de defesa clara da ruptura democrática com o estado espanhol, for da Galiza ou do resto de países inseridos no Estado, que denuncie a situaçom de dependência nacional que acelera o despossuimento popular. Retrocedermos a posiçons idealistas negadas pola realidade de \"reformas constitucionais\" impossíveis cozinhadas desde o centro, de \"pactos com o Estado\" para \"estarmos cómodos\" seria um erro fulcral: nom se trata de desprezar avanços pontuais, mas de falarmos sobre as alternativas estratégicas que defende cada quem num momento em que aparece esse debate como central. O repto é, pois, importante: garantir a presença dumha voz galega, independente e clara, num debate central; e garantirmos essa presença em todos os campos de loita, a social mas também a institucional. Para isso precisamos pôr as nossas forças a trabalhar, com inteligência, conhecendo as nossas fortalezas e acertos, e também as nossas debilidades, para minimizá-las. Os próximos meses teremos essa oportunidade."}
{"ID": "NOS_2314", "summary": "Desmond Tutu e Pérez Esquivel defenden a celebración da consulta sobre a independencia nun texto que tamén apoian o cineasta Ken Loach ou o escritor Harold Bloom.", "text": "Dez personalidades internacionais asinaron un manifesto no que piden que os cataláns \"poidan votar sobre o seu futuro futuro\" e critican o inmobilismo do Estado español ao negarse a que acudan ás urnas. Entre @s asinantes atópanse os Premios Nobel Desmond Tutu e Adolfo Pérez Esquivel, o director de cine Ken Loach e o crítico e esctritor Harold Bloom, entre outros. No manifesto 'Let Catalans Vote' (deixen votar aos cataláns), afirman que unha maioría da cidadanía expresou o seu desexo de exercer o dereito de autodeterminación, unha demanda que é \"resultado dun longo desacordo entre os gobernos de Catalunya e España sobre o grado de autonomía cultural, política e financeira\". Os asinantes consideran que, como nos casos de Quebec e Escocia, a mellor forma de resolver o conflito político é utilizando as ferramentas da democracia e que \"impedir que os cataláns voten parece contradicir os principios que inspiran as sociedades democráticas\"."}
{"ID": "NOS_51452", "summary": "Cando preguntan por compositores musicais do Romanticismo, a primeira resposta quizais poida ser Beethoven, mais a Galiza conta coa figura de Marcial de Adalid (1826-1881), quen introduciu este xénero no Estado español no século XIX. Co gallo do seu pasamento hai 140 anos, achegámonos á súa figura a través de Margarita Viso: \"Adalid compuxo o que podía ser o himno que lle faltaba a Galiza no seu momento\", asegura a musicóloga, que en 2020 recibiu o Premio da Crítica na categoría de música.", "text": "Este ano conmemórase o 140 aniversario do pasamento do compositor galego Marcial de Adalid. \"O gran mestre cuxas obras dá gusto interpretar\", indica a este xornal a pianista e experta en Adalid, Margarita Viso, quen o pasado sábado realizou un concerto xunto a Juan Durán na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Marcial de Adalid naceu na Coruña, no ano 1826. \"Formaba parte da burguesía e a tradición musical que existía na familia levou o compositor por este mundo\", conta Viso. Sendo moi neno compón e, con tan só 14 anos, Adalid viaxa a Londres, onde estuda durante catro anos con Ignaz Moscheles. Este último \"era pianista e compositor checo que se relacionou con grandes músicos da época, entre eles Ludwig van Beethoven\", destaca Viso, ao que engade que \"isto fainos ver a relevancia que tiña o coruñés\". Volveu á súa terra, mais pasou grandes tempadas en Madrid e París , onde \"entraba en contacto con músicos da zona para se empapar de influencias actuais\". Isto leva a que Adalid compoña unha zarzuela con \"argumentos galegos\", que tiña como título Pedro Madruga. \"O problema foi que o libretista orixinal, Fernando Fulgosio, morre e a obra queda sen rematar\", relata Viso. \"Mais seguindo con esa idea de escribir unha obra de teatro-lírico sobre un asunto galego, o coruñés viaxa a París e contacta co gran libretista Archille de Lauzières, que mesmo chegou a traballar co compositor Giuseppe Verdi, e refai a idea da zarzuela Pedro Madruga e titula esta ópera Inés e Bianca, cuxo texto está escrito en italiano\", explica a experta na vida e obra do músico. A mala sorte acompaña esta composición, xa que o teatro francés no que se ía estrear a ópera ardeu uns días antes da representación e nunca chegou a ver a luz. Diversas entidades reproduciron parte desta ópera, como a Universidade da Coruña, que interpretou unha reducida versión de Inés e Bianca en 2007, mais nunca completa. \"É unha obra que require uns vestiarios importantes, un coro ben nutrido e uns cantantes profesionais para poder representala como debe ser\", apunta Viso. 'Cantares vellos e novos da Galiza' Entre a importancia das súas obras, como as escritas para piano, Viso destaca a súa colección de cancións. \"Comezou a escribilas en francés, mais tamén compuxo en idiomas como o alemán, italiano, castelán e, as relixiosas, en latín\". Ademais, Adalid recolle temas folclóricos galegos e \"sobre estes temas escribe unhas cancións que recompila en Cantares vellos e novos da Galiza, unha colección que supoñen a fundación do nacionalismo musical galego\", conta Viso. Os catro cadernos, de 25 composicións en total, abrirán a época de cancións galegas de Xoán Montes, Pascual Veiga, Prudencio Piñeiro, \"que escribiron cancións que as coñece todo o mundo, unha gran tradición nosa\", sinala a experta. O himno que Galiza aínda non tiña Da obra do compositor Marcial de Adalid, Viso destaca unha marcha triunfal da Galiza composta polo coruñés baseándose para a súa creación en dous temas populares galegos. Adalid refai a marcha \"ao final da súa vida -falece en 1881- e resulta emocionante ver o seu manuscrito que, malia ao tremor evidente que tiña na man, a música está moi clara\", destaca Viso. \"Eu sospeito que esta obra era o himno que Galiza non tiña aínda\", asevera a musicóloga. Da obra de Adalid pódense distinguir tres etapas. A primeira, a romántica, corresponde á maior parte da súa música para piano só e voz e piano. O estilo destras obras en relación coa súa data de composición e edición no Estado español fai do compositor o introdutor máis importante do Romanticismo musical español, defende o Consello da Cultura Galega. \"Ao igual que existe a arquitectura barroca ou románica, galega, como acontece en Italia e Francia, aquí temos a nosa propia música romántica, cos seus matices, mais que non ten nada que envexar á alemá ou a italiana\", asevera Viso. No respecto á segunda etapa, a clásica, a esta pertencen composicións de sonatas para piano, para piano e violín, cuartetos de corda, marchas e motetes. Na terceira entrarían a creación da ópera, melodías e cantares para voz e piano e algunhas marchas orquestrais. A música galega clásica \"non se dá a coñecer\" Contando cun referente como Marcial de Adalid, Nós Diario pregunta á experta Margarita Viso se existe unha falta de coñecemento sobre a música clásica galega por parte da cidadanía. \"Non se dá a coñecer\", asevera Viso. \"Desde antes da fundación da Asociación Galega de Compositores, en 1987, hai un problema relacionado coa divulgación musical que se escribe na Galiza e existen unha serie de circunstancias que contribúen á invisibilidade destes compositores\". Viso apunta a cuestións locais e internacionais, \"nos modos de produción da aldea global na que vivimos prima o reality show e o consumo de produtos moi inmediatos, e a música de certa altura e con certa dificultade non é un produto para vender\", expón. Segundo apunta Viso, \"as institucións deberían estar máis alerta sobre aquilo que está xurdir, sobre a nosa identidade musical e o fomento da nosa cultura. Estas, aínda que non todas, cometen o erro de fomentar o alleo e non o propio, dando a entender que aquí non hai nada\", critica. Margarita Viso resalta que \"na escola non se estudan as e os compositores galegos contemporáneos. A xente coñece a Rosalía de Castro, mais a Marcial de Adalid, que sería o seu equivalente na música, non. Abórdase a literatura galega medieval galega, que era musicada, mais diso fálase moitísimo menos\", conclúe a investigadora."}
{"ID": "PRAZA_17986", "summary": "Durante catro séculos contouse que Caravaggio tivera que fuxir en pleno éxito artístico despois de asasinar un home por unha disputa nun partido de tenis, pero a cousa foi algo máis complicada", "text": "A finais da Idade Media o tenis comezou a popularizarse por un feito clave: en lugar de xogalo arreándolle golpes á bóla cun pau (o que facía necesaria unha cancha de extensión enorme e dificultaba devolver os puntos), comezaron e empregarse as mans ou pequenas raquetas. Para o XVI era xa toda unha moda entre as clases altas europeas, as que se podían permitir perder o tempo en floreos ociosos. O italiano Antonio Scaino de Saló foi o primeiro en redactar unhas normas, no 1555, para regular o chamado \"xogo da corda\". Nun campo dedicado a este deporte primixenio ocorreu o suceso que lle cambiaría a vida a Caravaggio. Durante catro séculos contouse que o pintor, de nome real Michelangelo Merisi, tivera que fuxir de Roma en pleno éxito artístico despois de asasinar a un home por unha disputa nun partido de tenis. Dicíase que o encontro se xogara nunhas pistas hoxe desaparecidas, preto do Castelo de Sant'Angelo. Na zona segue habendo una rúa da \"Pallacorda\", como se lle chamaba a aquel protodeporte renacentista. Segundo se afirmaba, o pintor non puidera soportar verse derrotado e emprendéraa a raquetazos co rival. Das raquetas pasárase ás espadas e o rival acabara teso. A historia cadra ben co carácter complicado de Merisi. Andrew Graham-Dixon conta nunha magnífica biografía que o pintor facía parte de bandas conformadas por unha mestura de delincuentes e esmorgantes, que percorrían a noite romana buscando xolda e pelexa. Caravaggio era un tipo con moi malas pulgas, capaz de saltar á mínima ofensa, real ou imaxinaria, e susceptible en extremo a que se puxese en dúbida a súa posición social. Durante catro séculos contouse que Caravaggio tivera que fuxir en pleno éxito artístico despois de asasinar un home por unha disputa un partido de tenis, pero a cousa foi algo máis complicada Pero a cousa foi algo máis complicada. Caravaggio e a súa vítima, Ranuccio Tomassoni, coñecíanse de vello e xa tiveran algún enfrontamento nos baixos fondos. A finais de maio de 1606 o tenis foi só a escusa para un duelo, con testemuñas, padriños e todo o que estes eventos debían ter. Raquetas non debeu haber por ningunha parte, máis ben espadas curtas e aguzadas. Os dous contendentes tiñan historias pendentes do pasado, entre elas a disputa polo amor de Fillide Melandroni, outra habitual da Roma subterránea. Se teñen curiosidade por verlle a cara, é a Judith que degola a Holofernes con xesto de noxo no famoso cadro de Caravaggio, e tamén a modelo habitual do pintor nas súas obras finiseculares. De Caravaggio hai un monte de autorretratos, pois era moi afeccionado a facerse aparecer dentro das obras propias. Semella que Tomassoni entrou ao torneo forte. Puxo en dúbida a masculinidade de Merisi, destacando a súa querenza por retratar espido a un axudante, e tentou tallarlle as partes. Caravaggio, furioso, respondeu facendo o propio, e case o conseguiu. Tomassoni falecería por un corte na arteria femoral, sobre a mesa do barbeiro que tentaba pararlle a hemorraxia. Ferido de gravidade pero temoroso da xustiza, o artista escapou de Roma, comezando unha fuxida de catro anos que o levaría a Nápoles, Malta e Sicilia, antes de morrer en Porto Ercole suplicado o perdón polo asasinato que cometera, perseguido e deostado por aqueles que, pouco antes, admiraran a súa mestría escura."}
{"ID": "NOS_30053", "summary": "Falamos con Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio, un colectivo comprometido na defensa e posta en valor do acervo desta zona do norte do país. Acumulan ducias de denuncias polos danos causados en castros e xacementos por, sinalan, \"a industria do eucalipto\".", "text": "- O pasado mes de maio denunciabades un novo estrago nun castro, desta volta no da Rilleira, e atribuíadelo, máis unha vez, á industria do eucalipto. Xa non é unha novidade en vós facer denuncias deste tipo. - Non é novidade, non, só o ano pasado, conxuntamente con Adega, presentamos 50 denuncias deste tipo. - Caen en saco roto ou teñen algún tipo de percorrido? - O volume de denuncias é demostrativo do que non fai a Xunta. Son consecuencia de que mira para outro lado e de que consinte este tipo de situacións. - Chegastes a levar este tipo de denuncias contra a industria do eucalipto e os danos que xera nos xacementos a Bruxelas... - Levamos, grazas a Lidia Senra [eurodeputada de AGEe] e no marco dunha comisión con representantes de diferentes sectores da cultura galega. Alí falamos con comisarios de patrimonio e expuxémoslle o que estaba a acontecer. Unha dinámica que tamén mantivemos aquí, como cando nos reunimos con representantes de grupos parlamentares. A destrución do patrimonio por mor do monocultivo de eucalipto é masiva, afecta a moitisimos xacementos arqueolóxicos... - Algo que non é limitado á Mariña... - Non, evidentemente, se ben nós centrámonos nesta zona. Temos a listaxe de fichas dos xacementos dos que a Xunta ten constancia na parte norte da provincia de Lugo, por volta duns 500. E sabemos que hai uns 250 que están con eucaliptos. Ademais, co avance do eucaliptos 'nintens', máis resistente, esta especie está a chegar a zonas onde antes non alcanzaba, zonas altas, que son onde hai moitos campos de mámoas, que están en serio perigo. - Deses 500 xacementos dos que falabamos poderiamos cifrar en 70 os que se poden garantir que non se verán afectados por eucaliptos. Despois están os 250 que xa están afectados. Dos outros 250, 70 pódense salvar, que son os castros costeiros e urbanos, onde está prohibido plantar esta especie. - Cal é o estado de saúde do patrimonio na comarca? - Na Mariña hai moitos xacementos, algo que non é raro en toda Galiza mais hai xente que di que aquí hai un volume maior, quizás pola proximidade ao mar. Moitos están cubertos por eucaliptos, mais da época en que se plantaron a man, polo que non todos os xacementos teñen que estar destruídos. O problema é agora, cando tanto as novas plantacións como as cortas fanse empregando maquinaria pesada. - Cales son os principais riscos para o patrimonio da Mariña? - O risco principal é a industria do eucalipto. - Tedes advertido tamén da necesidade de actuar para preservar e protexer xacementos perante os efectos de fenómenos naturais, como no caso do forno romano da praia das Catedrais, ameaqzado polos temporais - O nivel do mar está a subir e iso afecta a nosa costa. Nós o que advertimos é que hai xacementos arqueolóxicos que, a medida que se van dando cada vez máis estes fenómenos, van desaparecer poloo que cómpre intervir antes de que iso aconteza. - No caso do forno da praia das Catedrais avisamos a Patrimonio de que aquilo estaba alí e que había moitos restos arqueolóxicos na contorna, que sería bo recollelos. No informe de Patrimonio afirmaban que non había restos arqueolóxicos. Entón fixemos unha campaña con Adega e outras asociacións para demandar que se escavase ese forno que ía desaparecer. Tardaron anos en facelo, e nese tempo perdeu moito material, mais finalmente fixérono por mor da presión popular. E atoparon miles de fragmentos de cerámica, víronse as estruturas do forno e documentouse. Un día de inverno virá un temporal que destruirá esa estrutura, seguro, mais polo menos fica documentada, rexistrada e púxose a salvo material arqueolóxico. - O papel da administración non está a ser todo o dilixente e efectiva que debera, polo que se desprende das vosas denuncias e actuacións... A administración, ou polo menos parte dela, na maioría dos casos é incompetente e fai as cousas mal. Nas destrucións de xacementos pola industria do eucalipto, cada vez que lles comunicamos ou denunciamos un caso, miran para outro lado e non interveñen. Será polo poder que ten esa industria mais a pesar da gravidade dos danos que ocasiona, non pasa nada. E iso que a propia Xunta nos informes recoñece danos graves mais despois son incapaces de actuar e acaban arquivando todo e legalizando as actuacións, actuacións que son claramente ilegais. - Nas últimas décadas houbo unha evolución na sociedade a respecto do seu patrimonio, aumentando o interese por el e a concienciación a respecto da súa problemática. Notades isto tamén na zona da Mariña? - Déronse grandes avances. Unha das nosas tarefas é a de divulgar, dar a coñecer o patrimonio e a súa importancia. A través de conferencias, de roteiros, de visitas... e a resposta é moi boa. Estes días tivemos unha charla en San Miguel de Reinante (Barreiros) á que asistiron máis de cen veciños. Falabamos da praia de Arealonga, onde hai unha turbeira. Cando hai un temporal, as correntes sacan a area e debaixo da area... hai un bosque! Un bosque de verdade, vense os troncos dos árbores e incluso en ocasións poden verse as follas. É un bosque fosilizado. Isto haino en varias partes de Europa mais a de Reinante ten unha peculiaridade: aparece fauna. Algo que só hai noutro caso, nas Illas Británicas. Hai restos de cervos, de cabalos... O avance do mar está a desfacer esta turbeira e hai unha serie de veciños que recollen os osos dese bosque fosilizado para levarllos a unha paleontóloga que está a estudar este tema. Algúns dos restos teñen unha antigüidade de 4.000 anos. Pois ben, nesta turbeira tan importante e única en Europa, o concello de Barreiros dedícase no comezo de verán a meter paleadoras para 'adecentar' a praia para os turistas, o que é unha auténtica animalada."}
{"ID": "NOS_51660", "summary": "A xornada futbolística trouxo a final da tempada na Primeira División, con derrota do Celta no seu adeus. Non moito mellor lle foi ao seu filial, que perdeu a oportunidade de vivir unha derradeira data tranquila, escenario oposto ao de Dépor e Rácing, que xa teñen o foco posto en chegar do mellor modo ao play-off.", "text": "O fútbol é un deporte no que nada está garantido. O Celta de Vigo B leva practicamente toda a segunda volta da competición instalado nalgunha das catro posicións da clasificación que dan dereito a disputar a fase de ascenso á Segunda División, pero iso de nada vale se na última xornada non fecha o campionato nun deses postos de privilexio. Os rapaces dirixidos por Onésimo perderon unha grande oportunidade de conseguilo ante o Rácing de Ferrol nun derbi galego disputado ante o seu público no estadio de Balaídos e que rematou con triunfo pola mínima (0-1, Dani Nieto) dun conxunto departamental que xa tiña practicamente asegurada a súa presenza nun play-off que comezará a primeira semana de xuño. Tranquilo está tamén un Deportivo da Coruña que semella render mellor sen presión, pois ante o Valladolid Promesas realizou un dos seus mellores partidos da tempada (0-4, Miku por dúas veces, Quiles e Álvaro Re). A goleada non só serviu para certificar o segundo posto ligueiro, senón para intuír por que homes e estratexia pode optar o técnico branquiazul, Borja Jiménez, no tramo decisivo do torneo. Celta, adeus sen brillo O primeiro equipo do Celta dixo adeus á máxima categoría cun partido gris marcado pola situación interna dun club en descomposición, o Valencia de Peter Lim, inmerso nunha fonda crise económica, social e institucional que levou a que máis de 10.000 persoas se concentrasen contra el no exterior de Mestalla. Non obstante, o único que importa é o plano deportivo, e aí foi mellor a escuadra ché. Un tanto do ex celtista Maxo López e un gol en propia porta de Araújo estabeleceron o 2-0 definitivo. O Lugo perde no penúltimo partido de Albés O Club Deportivo Lugo disputou o seu penúltimo partido na Segunda División na tempada 2021/22 e con Rubén Albés no banco albivermello. Lamentabelmente, os da Cidade da Muralla non puideron facerse coa vitoria (1-0 a prol dos maños) a pesar de que, especialmente na primeira parte, melloraron a imaxe que viñan ofrecendo nas últimas semanas. O preparador do Lugo laiouse da \"falta de acerto\" dos seus homes, e criticou a expulsión de Xavi Torres evidenciando que \"en toda a tempada\" nunca tiveron \"superioridade numérica\"."}
{"ID": "NOS_26782", "summary": "Obama conseguiu ao termo da cimeira do G20 o apoio de 10 Estados á súa causa bélica contra Siria. Entre eles, o Estado español. Alemaña non está entre os Estados que asinan unha declaración en favor de que se dea unha \"resposta internacional forte\" a Siria, a quen se atribúe a responsabilidade do ataque químico do 21 de Agosto.", "text": "O G20 non se axeonllou perante Obama. En realidade, a causa bélica contra Siria -sustentada só en \"conviccións\" e \"crenzas\" de Washington, en ningún material probatorio- apenas obtivo o apoio de 10 Estados dos que conforman o G20. Berlín optou por non emprestar a súa asinatura á declaración negociada por Obama en San Petersburgo. Tampouco asinaron Sudáfrica, Indonesia e Brasil, alén de Rusia e China, que teñen deixado moi claro que vetarían no consello de seguranza da ONU calquer agresión a Siria. Foi especialmente belixerante contra a posición de Washington o presidente ruso, Vladimir Putin. Atribuiu a responsabilidade do ataque químico aos autoproclamados rebeldes. O presidente ruso insinuou que, de se producir o ataque norteamericano, Moscova prestaria apoio militar a Siria Putin mantivo un encontro a soas con Obama por espazo de 30 minutos. Ningún dos dous se moveu das súas posicións previas. Putin considera que o ataque estadounidense representaría unha agresión aos intereses rusos na zona. De acordo con The Guardian, o presidente ruso insinuou que, de se producir o ataque norteamericano, Moscova prestaría apoio militar a Siria. \"Presumo que todo o que atinxe ao suposto uso de armas químicas é unha provocación por parte dos rebeldes, que agardaban conseguir asistencia por parte do estranxeiro, refírome a asistencia dos países que os teñen apoiado desde o principio da guerra. Esta é a esencia da provocación\", dixo Putin. Rusia considera que o suposto ataque con armas químicas é unha provocación dos autoproclamados rebeldes para conseguir un maior apoio \"estranxeiro\" Putin engadiu que o uso da forza contra Siria sería ilexítimo. \"O uso da forza contra un Estado soberano só é posíbel se iso se fai en defensa propia -e, como se sabe, Siria non ten atacado os EUA- ou baixo a autorización do consello de seguranza de Nacións Unidas\". O presidente ruso enfatizou que \"como un participante na nosa discusión dixo [non citou o seu nome], aqueles que axen doutro xeito póñense eles próprios fóra da lei\". Apoiaron a declaración promovida por Washington Australia, Canadá, Franza, Italia, Xapón, Corea do Sul, Arabia Saudita, o Estado español, Turquía, e o Reino Unido. A declaración non contén explicitamente ningunha referencia ao ataque militar contra Siria (está redixida en termos abstractos, fala dunha \"resposta forte\", mais non dun \"ataque\"). De facelo, non podería ter sido asinada polo Reino Unido, dado que o Parlamento británico votou en contra do envolvimento do país nunha guerra contra Damasco."}
{"ID": "NOS_30154", "summary": "Algunha novísima poesía parece nacer na carencia. De certa devastación arredor. A precariedade é a súa paisaxe vital. Horizontes pechados lindan o seu territorio. a situación actual, o libro co que Laura R. Cuba (Burela, 1993) vén de gañar o premio Victoriano Taibo de poesía, así o entende: \"quixera romper todo / o que xa está roto\".", "text": "Estruturado en catro partes, a obra recolle poemas escritos ao longo de seis anos. Concretamente nos seis últimos anos. Atravesados de experiencia, por veces agónicos e por veces gozosos, correspóndense a \"diferentes etapas vitais\", segundo explica Cuba. A escritora, xornalista de profesión e colaboradora entre outros medios de Sermos Galiza, recoñece e defende ademais a pegada narrativa nalgúns dos textos. a situación actual rexistra, ao mesmo tempo, un proceso de liberación. O que comeza desolado -\"acendes as luces todas da casa / espantar os estraños, sentirte acompañada // invadir o carril contrario / a propósito\"- e atravesa estepas de violencia psíquica, laboral ou familiar, desemboca na apertura de tímidas liñas de fuga. O antídoto contra a intemperie neoliberal e os seus demoños, suxire, é o amor. Poemas que non temen enfrontar a Galiza contemporánea, abren as portas a tranformacións e os novos modos de ver o mundo. Hai citas a poetas -Olga Novo, Lupe Gómez, Lou Reed-, teleseries -Scrubs-, redes sociais. E no mundo precario en que se desenvolven non faltan, con todo, ángulos de humor amargo: \"todos somos / enfermos terminais // (tecleei en google / comprobando se o verso / era orixinal)\". Entre as poetas que máis le, Laura R. Cuba menciona Lupe Gómez, María Lado, Charo Lopes ou o vasco Joseba Sarrionandia. \"Hai pouca poesía social\", afirma. a situación actual encaixa, dalgún xeito, na etiqueta. Polo menos se esta fai tamén referencia á exploración do vínculo entre o individuo e a colectividade, outro tema central da súa escrita. Gañadora dalgún certame poético cando estudaba no insituto, a situación actual será o seu primeiro libro publicado. A edición é resultado do galardón, convocado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns e dotado ademais con 3.000 euros. O xurado formárono as escritoras Marta Dacosta, Iria Misa, Miguel Anxo Mouriño, Gonzalo Navaza e Rafa Vilar, este último gañador o pasado ano con Escoracións, e salientou \"a voz intimista moi forte\" e \"a capacidade de poetizar o cotián con sixeleza e fondura a un tempo\"."}
{"ID": "PRAZA_12307", "summary": "O impulso de Brasil como doador de relevancia na cooperación internacional dentro dos países do Sur amplía as perspectivas da xa considerada sexta potencia económica mundial como un actor emerxente a nivel global. En 2011, segundo datos da Agência Brasileira de Cooperação, os recursos financeiros brasileiros achegáronse a mais de 65 países, a maioría da África lusófona e América Latina, triplicando o monto da axuda exterior brasileira na última década.", "text": "O impulso de Brasil como doador de relevancia na cooperación internacional dentro dos países do Sur amplía as perspectivas da xa considerada sexta potencia económica mundial como un actor emerxente a nivel global. En 2011, segundo datos da Agência Brasileira de Cooperação, os recursos financeiros brasileiros achegáronse a mais de 65 países, a maioría da África lusófona e América Latina, triplicando o monto da axuda exterior brasileira na última década1. Este papel de Brasil como actor emerxente da cooperación internacional ven precedido polo seu fortalecemento económico na última década, así como unha visión multilateral das relacións internacionais que permitiu a Brasilia inserirse nos principais foros internacionais Este papel de Brasil como actor emerxente da cooperación internacional ven precedido polo seu fortalecemento económico na última década, así como unha visión multilateral das relacións internacionais que permitiu a Brasilia inserirse nos principais foros internacionais (OMC, ONU, BRIC, IBSA, FMI), en pos da igualdade de oportunidades no comercio internacional e a loita contra a pobreza e a exclusión social. Un caso inédito de cooperación exterior Baixo esta premisa, a implicación institucional do goberno de Lula da Silva (2003-2011), continuado agora coa súa sucesora Dilma Roussef, permite involucrar ata seis ministerios brasileiros como axentes da cooperación internacional, sendo estes os de Desenvolvemento Rural, Desenvolvemento Social e Loita contra a Fame, Pesca e Acuicultura, Ambiente, Agricultura, Gandería e Subministros, e Relacións Exteriores2. Coido que, por tanto, o brasileiro sexa un caso inédito onde un país desenvolvido ou en desenvolvemento implique a tantos ministerios na axuda exterior. Con especial énfase na cooperación técnica en agricultura e seguridade alimentaria, aínda que tamén noutros sectores como a saúde, educación, formación profesional, medio ambiente ou deportes, o avance da cooperación internacional brasileira ven manifestándose nos derradeiros anos. Desde 2003, Brasil impulsa cun millóns de dólares anuais o Fondo IBSA para Aliviar a Pobreza e a Fame Desde 2003, Brasil impulsa cun millóns de dólares anuais o Fondo IBSA para Aliviar a Pobreza e a Fame3, tomando como plan piloto os programas Fame Cero e Bolsa Família creados polo goberno de Lula e que permitiu neste última década a superación da pobreza extrema para aproximadamente trece millóns de familias pobres brasileiras. A implicación brasileira neste Fondo IBSA permitiulle inserirse con gran impacto en proxectos de axuda ao desenvolvemento en Cabo Verde, Guiné-Bissau, Haití, Palestina, Camboxa, Laos, Serra Leoa, Vietnam e Burundi, así como abriu a xanela para novos proxectos en Sudán, na recen independizada Sudán do Sur e Timor Leste. En 2008, a Agência Brasileira de Cooperação mantiña 236 proxectos de cooperación técnica en 58 países, principalmente en América Latina, Caribe e África, pero sen esquecer Asia Central, Asia, Oriente Próximo e Oceanía. Por tanto, a cooperación técnica brasileira achegábase a contextos tan diversos e distantes como Timor Leste, Palestina, Sudán ou Afganistán. En 2010, Brasil asinou 21 convenios internacionais coa Comunidade do Caribe (CARICOM), así como acordos bilaterais con Xamaica, Guíana, Suriname e Haití. En setembro de 2011, a Oficina Rexional da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO polas súas siglas en inglés) e o Ministerio de Desenvolvemento Social e Combate á Fame de Brasil, asinaron un compromiso sobre programas de cooperación alimentaria en América Latina e o Caribe a través da conformación do Fondo de Cooperación Internacional Brasil-FAO, creado en 2008 en base ao programa Fame Cero e que permitirá expandir na rexión proxectos de alimentación escola, axuda humanitaria, fortalecemento da sociedade civil, pesca e acuicultura. Inspirado tamén no programa Fame Cero e a través da FAO e do seu Programa Mundial de Alimentos (PMA), Brasil impulsa o Programa de Compra de Alimentos (PAA polas súas siglas en portugués), na que a través de achegas valoradas en mais de 2 millóns de dólares, o goberno brasileiro comprométese na compra local de alimentos para beneficio das clases rurais en países vulnerables como Etiopía, Malawi, Mozambique, Níxer e Senegal4. Un factor clave neste sentido constitúe a presenza do brasileiro José Graziano da Silva como presidente da FAO desde xaneiro de 2012, tomando en conta que Brasil é un dos 10 principais países doadores da PMA. Cabe destacar que esta relevante implicación brasileira en programas de cooperación internacional igualmente pode albergar razóns de carácter político, a fin de consolidar a pretensión de Brasilia por erixirse nun polo emerxente e alternativo no sistema internacional Unha cooperación con acento político? Cabe destacar que esta relevante implicación brasileira en programas de cooperación internacional igualmente pode albergar razóns de carácter político, a fin de consolidar a pretensión de Brasilia por erixirse nun polo emerxente e alternativo no sistema internacional. A preponderancia de América Latina e África nos programas de cooperación internacional desenvolvidos na derradeira década por parte de Brasil, pode dalgún modo corresponder igualmente a unha estratexia política orientada a gañar influencia e, eventualmente, atraer o voto dos países do Sur á hora de fortalecer diversas demandas brasileiras nos foros internacionais, especialmente no relativo á reforma da ONU (coa inclusión de Brasil na eventual ampliación do seu Consello de Seguridade) así como abarcar un maior poder de decisión brasileiro no FMI e na OMC. Neste apartado compre igualmente considerar o papel que xogan as empresas multinacionais brasileiras, tales como a enerxética PETROBRAS, con importante presenza en países como Bolivia, Mozambique ou Paraguai5. En todo caso, a preponderancia que ten a solidariedade e a cooperación internacional na formulación brasileira dunha axenda exterior multilateral obriga a valorar, de forma positiva, porqué o Sur traza o seu propio camiño dentro da inevitable transformación do sistema internacional. Brasil, por tanto, marca unha relevante pauta de actuación. (1)(2) FRAYSSINET, Fátima, \"Brasil afianza su modelo de cooperación internacional\", Inter Press Service en español, 29 de febreiro de 2012. (3) DEEN, Thalif, \"Brasil impulsa cooperación Sur-Sur\", Inter Press Service en español, agosto de 2011. (4)(5) FRAYSSINET, Fátima, \"Brasil afianza su modelo de cooperación internacional\", op.cit"}
{"ID": "NOS_33185", "summary": "Os concellos da fronteira do Miño lanzaron hoxe un S.O.S. simbólico desde a Ponte da Amizade para reclamar a apertura de máis pasos que faciliten a mobilidade das e dos traballadores transfronteirizos a ambos lados da raia.", "text": "Os concellos da fronteira do Miño, da man dos seus alcaldes e alcaldesas e do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, lanzaron hoxe un S.O.S. simbólico desde a Ponte da Amizade para reclamar a apertura de máis pasos que faciliten a mobilidade das e dos traballadores transfronteirizos a ambos lados da raia. A de hoxe foi a primeira protesta das e dos rexedores, que consideran \"inxusto\" que a fronteira que asume 50% de todos os tránsitos entre España e Portugal só teña habilitado un paso en Tui-Valença. Aseguran que a solución pasa se unicamente por poñer medios: controis da Garda Civil e dos GNR. \"Mantendo todas as garantías, todos os controis sanitarios, pedimos máis pasos abertos\", subliñaron. O acto reivindicativo destacou por ser a primeira acción conxunta das e dos 13 rexedores de ambos lados da fronteira (mandatarias de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Caminha, Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço), ao que tamén se sumou o de Paredes de Coura (o 14). A través dos seus voceiros manifestaron que continuarán coas protestas até seren escoitados, tamén implicando á cidadanía, e incluso se negarán a celebrar a centenaria tradición do Acto de Recoñecemento de Fronteiras atéa que os gobernos centrais e responsábeis políticos escoiten e dean solucións ás súas reivindicacións. O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, lembrou que o 17 de marzo pecharon as fronteiras deixando unicamente nove pasos abertos entre ambos estados, só permitindo o de Tui-Valença no Miño pontevedrés. Destacou a importancia da fronteira do Miño, que con 70 quilómetros dos 1.200 de toda a raia entre España e Portugal, un 5%, asume o paso de 50% dos vehículos de España e Portugal. \" Estes alcaldes e alcaldesas representan unha poboación de 150.000 habitantes. Estamos a falar da fronteira con maior dinamismo social e económico de toda Europa\", subliñou. Benítez destacou que a apertura de pasos para traballadores e traballadores vén xa de 28 de abril, cando os concellos fixeron unha declaración conxunta que se remitiu á Xunta e aos gobernos centrais español e portugueses. \"Queremos a apertura total para os traballadores e traballadoras transfronteirizos nos pasos. É unha cuestión de medios, de ter gardas civís e GNR a controlar o paso transfronteirizo, igual que en Tui e Valença\", destacou o nacionalista, que subliñou que nestes momentos estase a trasladar á xente traballadora o custe económico de aumentar en centos os quilómetros para ir traballar. Outras das demandas é que a desescalada se faga coordinadamente para que haxa coherencia entre un lado e outro da fronteira. \"Non ten sentido que se permita abrir a Fortaleza de Valença do Miño cando non poden pasar os clientes de toda a vida que son a xente galega\", explicou Benítez. Analizando o impacto Pola súa parte, o vicedirector do AECT Rio Minho e presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira. Fernando Nogueira, destacou que a protesta se debe a que \"sentimos que estamos a ser obxecto dunha inxustiza tremenda por parte dos nosos Estados. Non están a darnos a atención que merecemos\". Salientou que dos 64 pasos que existen entre España e Portugal 0s cinco con máis movemento de vehículos están no río Miño: a primeira Tui-Valença, a segunda Salvaterra-Monçao e a quinta Tomiño-Vilanova de Cerveira. En canto ás cifras de impacto económico, Nogueira salientou que o AECT Rio Minho encargou un estudo á Universidade de Vigo, pero á falta dos resultados, dixo, \"basta ser observadores para ver que está todo parado\". Indicou que só en Vila Nova de Cerveira hai 4.000 traballadores directos dos que mais de 20% son traballadores da Galiza. \"Estes peches da fronteira son un problema. Os nosos gobernantes que están en Lisboa e Madrid aínda non coñecen esta realidade e non o ven como algo prioritario. A maioría das fronteiras non teñen a importancia económica que ten a do Miño\", finalizou."}
{"ID": "NOS_8838", "summary": "Unha semana despois de rematado o prazo para a presentación de propostas para a xestión do cárcere da Coruña, o Concello continúa sen informar do número de solicitudes presentadas. Só Proxecto Cárcere fala abertamente do seu plan, que se basea nunha autoxestión inspirada na man común e recea da inxerencia municipal.", "text": "\"Eles apostaron por outra vía, a vía electoral, a máis directa, e aí están, conseguírono\", di Tono Galán, un dos veteranos do Proxecto Cárcere, unha plataforma de colectivos cidadáns da que fixeron parte Rocío Fraga e Xiao Varela, concelleiros de Marea Atlántica, o goberno municipal da Coruña. En xuño de 2011, o mesmo día que se fechaban unhas xornadas de portas abertas no cárcere auspiciadas por María Xosé Bravo (BNG) desde o departamento de Cultura, no Concello recibía o bastón de mando Carlos Negreira (PP). \"As xornadas, tres días, foran un éxito. Non houbo ningún tipo de axudas, cada colectivo achegou os seus recursos. Dixéronnos aí está a porta e… Cada vez que abrías, viña alguén e propuña algo. Aí empezou a idea da autoxestión\", conta Tono. \"Pero chegou Negreira e eliminou uns obradoiros de gaitas que o goberno anterior tiña programados para agosto. Houbo xente que pensou que aquilo non daba para máis, viuse que ía para moi longo e moitísima xente foise. Optaron por outras vías, pero ninguén dixera que isto ía ser fácil e rápido\". Seis anos despois, en maio deste ano, Xiao Varela, á fronte da Concellaría de Rexeneración Urbana, xunto con outros responsábeis municipais, entre eles á de Participación Cidadá, Claudia Delso, convocaron unha reunión con movementos sociais interesados na recuperación do cárcere. Explicaron que o convenio asinado en xaneiro polo Concello co SEIP (Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios), dependente do Ministerio do Interior –unha cesión por dous anos–, e un investimento municipal de 300.000 euros para rehabilitar cubertas e parte da estrutura do edificio, permitíalles abrir un proceso de concorrencia para \"contribuír á recuperación para o uso cidadán dun edificio de características singulares e importante valor simbólico, promover a posta en marcha de modelos innovadores de xestión independente e colaborativa e incrementar a oferta de programas de dinamización e sociocultural da cidade\". A idea do Proxecto Cárcere encaixaba coma unha luva na oferta do Concello. Para o goberno municipal, necesitado de dotar dunha política pública de efectos prácticos palpábeis o departamento de Participación Cidadá, a idea do Proxecto Cárcere axustábase á perfección nas bases teóricas do empoderamento da cidadanía que iniciativas como o Dillo Ti ou o CoLab parecen lonxe de concretar. Porén, o tempo, a perspectiva dos actores e as distorsións que impón a realidade política –hai una Comisión Aberta en Defensa do Común, máis dun cento de entidades, que reclaman a devolución sen custe algún de espazos e terreos en mans do Estado, entre eles o cárcere, mentres a Xustiza dirime a última fase do litixio da cidade co Estado por un convenio asinado nos días de Paco Vázquez polo que o Concello pagaría para recuperar o cárcere cando ficase sen uso– fai que as luvas non sexan fáciles de vestir. O Concello dubida. En xaneiro, días despois de asinar co SEIP, apresouse a abrir o cárcere, fechado desde 2011. Nunha mañá gris, a porta abriuna Celsa Díaz, unha presa política dos anos da Transición. Xiao Varela guiou a visita entre cascallos explicando os proxectos do Concello e o alcalde comprometeu o inicio das obras de rehabilitación para a primavera. Alleos, veteranos da cadea contaban como naqueles tempos de chumbo, cando xa non estaba ben visto matar, alí dentro se organizaban eles, os políticos e os comúns, mesmo se facían a comida que querían. O réxime podrecera e non estaba ben visto matar nin sequera os roxos. Alí dentro usárase o garrote. Así mataron, por exemplo, Manolito Bello, un mozo comunista ao que cada 11 de xullo se honra no cemiterio de Oza. E a outros. A José María Saavedra, socialista, que caera en Ourense co grupo de Camilo de Dios; e en medio das bombas, ferido, pedíralle a Camilo que o rematara alí. Camilo, o último guerrilleiro vivo, conta que non foi quen, que lle deu o revólver e díxolle que se matara el. \"Caeu outra granada, véxolle o ollo colgando, sen moas, cuspindo sangue… e dixen 'bueno, pois está morto'\", conta sempre Camilo. Volvéronse encontrar no cárcere da Coruña. \"Déronlle garrote vil. O día que o mataron pasei a noite máis amarga da miña vida. Deixoume un reloxo de herdanza\". Foucellas e Gomes Gaioso foron asasinados polo mesmo procedemento. Daquela, nos anos corenta e cincuenta, estaba ben visto matar. A finais dos setenta, contou Celsa este xaneiro, mandaban \"que arrincásemos a herba do patio porque querían que todo fose gris\". As obras inda non comezaron. O Concello recibiu críticas por asumir gastos de rehabilitación. A memoria histórica dilúese nas condicións municipais para conceder a xestión do cárcere. Fica incluída nun paquete preferente de programas de dinamización xunto á \"posta en valor dos novos creadores locais e a promoción de actividades que non teñen lugar noutros espazos da cidade con carácter regular\". E, mentres, desde o Proxecto Cárcere, desconfían da determinación do goberno municipal para deixar a xestión en mans da xente. Onte mesmo, na quinta feira, tres técnicos dos departamentos de Rexeneración, Participación e Culturas mantiveron unha reunión con membros da plataforma para pedir máis información sobre a proposta presentada hai xa dúas semanas. O Concello non informa se hai máis propostas do que a do Proxecto Cárcere. A semana pasada, a xustificación foi que inda que xa rematara o prazo de presentación, podían terse rexistrado documentos que non se recibiran. En agosto, segundo as bases da oferta pública, debería ficar resolvida a concesión. \"Na convocatoria o que se pide é unha proposta de dinamización socio cultural do espazo, e, ademais, que nesa dinamización puidesen xuntarse colectivos diversos. Na nosa proposta iso está aberto, calquera colectivo que queira unirse, estaríamos encantados de que o fixese\", explica Alberto Fortes, outro dos membros do Proxecto. \"Hai exemplos no Estado de cesións municipais de lugares para a autoxestión, como LaFábrika detodalavida en Estremadura, ou Tabacalera en Madrid no que unha parte está cedida aos colectivos, ou o Campo de la Cebada que se xestiona desde a asociación de veciñas da Latina\". \"É unha especie de convenio de dinamización en que, neste caso polo menos, non hai cartos. Porque o Concello non porá cartos para que haxa persoal ou para outras cousas\", engade Laura Sánchez, quen como Alberto chegou ao Proxecto Cárcere após daquel verán de 2011. O Concello pagará a luz, a auga e a conexión a internet. \"Trátase de crear unha asemblea que organice, decida e coordine. Decidirán aqueles que participen do espazo, dalgunha forma iso fai que te responsabilices e compartas esa responsabilidade. O exemplo é o das mancomunidades de montes. A longo prazo, gustaríanos chegar aí, cunha forma xurídica recoñecida. Nin público nin privado, senón mancomunado\". Na reunión de maio alguén preguntou a Claudia Delso se habería un garda de seguridade na porta do cárcere. \"Non imos recuperar a seguridade privada que había nin a destinar a esas tarefas a ningún funcionario público\", dixo a concelleira, que insistiu en que a entidade concesionaria debería garantir a apertura ao público durante un mínimo de 104 días o ano e 4 horas o día. Os criterios de avaliación das propostas, que premian a incidencia na gobernanza, suxiren unha aposta desde o goberno pola autoxestión. \"Eu creo que queren ser observadores de primeira fila dun experimento social e poder aproveitar a experiencia para mellorar cousas na xestión municipal. É unha investigación empírica, e eles teñen esa vontade indagatoria. Están interesados nestas posibilidades de alternativas á xestión pública\", di Tono Galán. Haberá unha comisión de seguimento cada tres meses integrada por representantes do Concello e da entidade concesionaria. \"Todo isto entra dentro desa liña de participación cidadá que o Concello quere explorar. Está por ver até que punto deixan que esa participación sexa non guiada. Non sabemos cal é o seu eixo político. Se o seu ánimo é intervencionista\", anota Laura Sánchez. A memoria e o financiamento O cárcere inaugurárase en 1927, fora prisión até 1999, reconvertida ese ano en centro de inserción social até o seu fechamento en 2009. O Proxecto Cárcere naceu a finais do ano seguinte. Ao principio a urxencia era salvar o edificio da derruba. Despois María Xosé Bravo pensou nel para un aproveitamento para usos culturais e memorialísticos. O goberno bipartito perdeu as eleccións do 2011. O impulso da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, que fai parte da plataforma, decaeu. Os colectivos máis atentos a novas fórmulas de xestión mantiveron a aposta. \"É lei\", asegura Galán, \"os colectivos acaban sendo de sete u oito persoas, mais nos últimos meses entrou xente moza e recuperamos vitalidade\". En menos dun mes debería coñecerse a elección do Concello. Antes de final de ano deberían executarse as obras de recuperación dunha parte, aproximadamente un quinto, do vello cárcere. No Proxecto Cárcere contan con botar andar a asemblea e o programa de actividades a finais de ano. As propostas incluídas no seu plan van desde unha Oficina de Atención ás Vítimas do franquismo até un taller para bicicletas. Pero iso non é o importante agora. \"En canto abras as portas aparecerán novas posibilidades\", confía Galán. Comezando polo financiamento. \"A sociedade está afeita a ter un proxecto, un financiamento, unha persoa que dirixa, un ente detrás… Aquí non. Aquí é un caos, entre aspas, poden suceder cousas inesperadas. Cando dúas persoas casan a xente fai agasallos. E aquí hai xente preocupada e que no momento en que se abra cunha estabilidade mínima vai mirar para o cárcere doutro modo. Esa pode ser unha base\". \"En calquera caso, somos cautelosos\", insiste Fortes, \"sabemos que as cousas non saen de hoxe para mañá\". E recoñece que se foron habituando aos avatares políticos. A cesión do SEIP ao Concello rematará antes de 2019, antes das próximas municipais. \"Desde o principio optamos pola fórmula da negociación directa coas institucións, e volveremos a negociar con quen sexa\". Fortes non contempla a posibilidade de que o concurso fique deserto malia as dúbidas do Concello que se revelan na falta de información pública a respecto do proceso. \"Sería un pouco raro, está asinada a rehabilitación, sería investir para telo fechado\". Nota: As fotos inseridas no meio do texto, todas da autoría de E.D., son (1).-Celsa Díaz, ex presa, abriu as portas en 2017. Imaxe da visita ao cárcere en xaneiro; (2).- Corredor exterior. Imaxe da visita ao cárcere en xaneiro deste ano; (3).- Panóptico, área que entrará dentro da rehabilitación na primeira fase; (4).-Celas. Imaxe da visita ao cárcere en xaneiro deste ano."}
{"ID": "NOS_43201", "summary": "Varios actos reivindicativos en distintos puntos da AP-9 esixirán este sábado ao longo do día unha \"Galiza sen peaxes\". O BNG reclamará o cumprimento dos compromisos das concesionarias das autoestradas.", "text": "Na peaxe da AP-9 en dirección A Coruña ás 13-00 horas, na autoestrada Cabanas-Fene na saída de Vilar do Colo ás 17.45 ou na peaxe de Campañó-Pontevedra ás 17.30 horas serán nos puntos nos que ese desenvolverán os actos reivindicativos convocados polo BNG baixo o lema \"Galiza sen peaxes\". Na protesta, condutores e condutoras que participen, farán o pagamento nas peaxes con céntimo e repartirán material informativo entre @s usuari@s da autoestrada. As demandas da formación nacionalista concrétanse na conxelación dos prezos das peaxes, o cumprimento dos compromisos das concesionarias en relación á calidade do servizo e o inicio do rescate público das autoestradas \"que teña como punto final a súa integración dentro da rede viaria galega e acadar a súa gratuidade\". Entre os elementos que destacan na merma da calidade do servizo atópase a redución de numero de persoas encargadas do cobro nas peaxes, a insuficiente iluminación e o deficiente asfaltado."}
{"ID": "NOS_48582", "summary": "O Govern foxe do eufemismo. O referendo de 1-O é un referendo de autodeterminación. Así figura explicitamente no spot que acaba de facer rular a Generalitat de Catalunya.", "text": "A meio da súa conta twitter, o Govern acaba de tornar público o vídeo institucional co que quer alentar a participación na consulta autodeterminista de 1 de Outubro. ▶ Spot Referèndum #1OCT: Ara més que mai el futur de Catalunya és a les teves mans pic.twitter.com/MnlY6FqNAR— Govern. Generalitat (@govern) 7 de setembro de 2017 Tamén esta quinta feira o Govern aprobou un decreto de medidas complementares ao da convocatoria do referendo en que aparece a papeleta das votacións. A pergunta á que terán de responder as e os cataláns -e que na papeleta aparece redixida en catalán, español e aranés, as tres linguas que serían oficiais nunha Catalunya independente, é: \"Quer que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?\"."}
{"ID": "NOS_58159", "summary": "Alberto Gallego é o fundador da axencia de viaxes Ruteart, unha compañía turística en liña que aposta por un modelo turístico para o noso país diferente e respectuoso coa natureza. A súa oferta de viaxes móvese desde roteiros descoñecidos polas paraxes naturais galegas até viaxes internacionais a lugares como México, Perú, Grecia ou Mauritania. Ademais, a axencia de viaxes tamén conta cun forte compromiso co monte que galego, ao que apoia con proxectos de reforestación con especies autóctonas.", "text": "-Que define a Ruteart como compañía de viaxes? Ruteart é unha plataforma web onde a xente pode atopar as mellores experiencias alternativas do mercado. Ofrecemos rutas diferentes e únicas, que provoquen un investimento real e diferente no lugar de destino, cun forte compoñente responsábel e sostíbel. Non somos a típica axencia de viaxes, tal e como se entenden. O propio feito de estar en liña e ofertar un turismo alternativo é significativo. Deseñamos viaxes de autoría, é dicir, viaxes a man, de xeito artesanal, e dentro do turismo slow ou máis tranquilo. O obxectivo é que a xente desfrute o máximo posíbel da experiencia e non teña que andar a correr baixo uns parámetros moi marcados. Traballamos con grupos moi pequenos, o que axuda a que as persoas se coñezan entre elas, e viaxamos a lugares que quizais non son tan coñecidos, pero que non por iso deixan de ser espectaculares. Por exemplo, agora temos un roteiro por Trevinca, que é un lugar moi fermoso pero moi descoñecido mesmo na Galiza. Trevinca ten un dos mellores ceos para poder ver as estrelas. Os grupos sempre van acompañados dunha persoa experta que facilita coñecer en profundidade os lugares visitados, e non só o máis típico. -As viaxes que organizan céntranse na Galiza ou traballan con outros territorios internacionais? Até o de agora, entre que levamos moi pouco tempo no mercado e o estalido da pandemia de coronavirus, estamos máis centrados no territorio da Galiza, e imos seguir por ese camiño, porque nos parece moi interesante redescubrir a nosa terra. Aínda así, temos pensadas varias viaxes no Estado español e noutros países. Por exemplo, temos xa dúas viaxes programadas para o México e o Perú, e probabelmente imos comezar a traballar con máis xente. Mesmo influencers recoñecidos na Galiza. A idea é ofertar viaxes a Grecia, a Chile, a Xordania, a Mauritania... estas xa son viaxes máis especiais. -Que acollida ten este modelo de axencia de viaxes e de oferta turística alternativa entre a xente? Moi boa, a verdade. A xente está a chegar a nós dicindo que compartimos o tipo de viaxes que a eles lles gustan, que están un pouco cansados do de sempre... Sobre todo, que lles encanta que sexa un turismo que aposte polo compoñente sostíbel. Iso é algo importante, porque nós compensamos a pegada de carbono que producimos. Traballamos con pequenos proxectos na Galiza para a reforestación do monte con especies autóctonas do país. Ademais, tamén estamos inmersos nun proxecto no Perú para a reforestación da selva amazónica. Temos varias clientas que despois de volver da primeira viaxe connosco axiña se apuntaban a novas experiencias. -Son moitas as voces que reclaman un cambio no turismo que se oferta desde a Galiza. Comparte vostede a impresión de que outro modelo turístico é aplicábel para a nosa terra? Penso que si. Como dicía antes, temos moito por descubrir aquí na Galiza. Penso que o turismo galego está moi centrado nos mesmos lugares e destinos de sempre, e o noso obxectivo é traballar neses outros destinos non tan coñecidos pero igualmente fermosos. Queremos que toda a xente poida desfrutar dun estilo de turismo diferente e que os propios habitantes dos destinos turísticos teñan un beneficio real e perdurábel no tempo. Iso conséguese mantendo e respectando as tradicións e culturas de cada zona. É fundamental tanto para o turismo da Galiza como para o sector turístico en xeral. Todas deberíamos afondar neste tipo de turismo."}
{"ID": "PRAZA_4521", "summary": "O Observatorio da Política Chinesa, promovido polo IGADI, debulla neste texto o máis relevante da actualidade política desta superpotencia, nun ano no que definiu as liñas mestras das reformas que se levarán a cabo na vindeira década.", "text": "Hai case unha década que o IGADI botou a andar, en colaboración coa Casa Asia o Observatorio da Política Chinesa, que todos os anos edita un informe que recolle o máis relevante da actualidade política desta superpotencia. O informe 2014, que vén de ser publicado, repasa nas súas case noventa páxinas o que cualifica de \"un ano curto na política chinesa\". Iniciado en marzo, coas sesións lexislativas nas que se culminou a transición no cumio do poder tras o XVIII Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), celebrado a finais de 2012, e finalizado en realidade en novembro, coa Terceira Sesión Plenaria do Comité Central, \"que definiu a axenda da nova fase da reforma, a que debe conducir a China en 2020 (en 2021 celebrarase o centenario do PCCh) ao obxectivo dunha sociedade acomodada, sentando as bases definitivas dunha transformación que culminaría a modernización en 2049 (centenario da fundación da República Popular China)\". O informe, que chega á súa oitava edición, debulla as claves que determinan o devir da axenda chinesa nas ordes política, ideolóxica, económica, social, ambiental, dereitos humanos, nacionalidades minoritarias, cultural, tecnolóxico, as relacións con Taiwan e en materia de política exterior, completadas cunha ampla cronoloxía que nos ofrece un fiel retrato dos feitos máis destacados que acapararon a atención, tanto interna como internacional. O texto afonda ademais nos cambios operados nas elites territoriais e ao impacto da loita contra a corrupción nas elites dirixentes, tanto a nivel local como central. Destaca, igualmente, que \"en 2014 China debe iniciar a materialización das políticas aprobadas en novembro\". Algunhas xa foron implementadas pola Asemblea Popular Nacional, como as modificacións en materia de planificación familiar, e outras van tendo o seu reflexo experimental na Zona Piloto de Libre Comercio de Xangai, que pode marcar o rumbo para o conxunto do país nos vindieros anos. O informe conclúe que \"sexa como for, 2014 traerá novidades que só poden comprenderse a partir dos debates que tiveron lugar en 2013. De aí a importancia dunha aprehensión das súas vectores esenciais, unha tarefa á que pretende contribuír este novo informe\". Descarga aquí o informe Política China 2014 (.pdf)"}
{"ID": "NOS_13613", "summary": "A problemática da saúde mental sempre estivo presente na sociedade. Agora, coa pandemia, aumentaron os casos coincidindo coa crise. O Movemento Galego da Saúde Mental cre que a Xunta incumpre o seu propio plan. Nós Diario conversa desta situación coa súa voceira, a psicóloga clínica Rosa Cerqueiro.", "text": "Que opina de que se fale de \"pandemia\" na saúde mental? Fálase de pandemia de saúde mental como se fora algo novo cando, en realidade, os problemas de saúde mental levan con nós moitos anos. Estamos á cabeza do Estado español nesta problemática. Ao estar relacionada con factores sociais, socioeconómicos, sociodemográficos e de estrés é certo que a pandemia tensou aínda máis o malestar da poboación. Nunha situación que xa de por si era mala a nivel de aumento dos problemas de saúde mental, coa pandemia estes aumentaron. Hai estudos que sinalan un gran aumento da ansiedade e da depresión nas consultas da sanidade pública e da sanidade privada. Nesta última nunca antes acontecera que os gabinetes tiveran problemas para citar a pacientes novos. Podería empeorar? Preocúpanos o desbordamento da Atención Primaria. En 2020 baixaran as derivacións á saúde mental por estar os centros de saúde fechados e non haber atención presencial, todo estaba enfocado ás urxencias da Covid-19 polo que fora unha baixada falsa artificial. Agora podería acontecer o mesmo co anuncio de que só se atenderán urxencias relacionadas coa Covid-19. Moitos pacientes quedarán fóra e repercutirá na saúde mental por chegar tarde. A atención sanitaria é en cadea e as profesionais notan a presión pola sobrecarga, por non poder facer máis do que xa fan. Agora hai ampliación de horarios e teñen que traballar o dobre. Cre que a saúde mental queda relegada na sanidade pública?. Sempre quedou en segundo plano. Ten que ver con prexuízos e estereotipos que se manteñen como sociedade en xeral. Revitimízase á persoa que ten un problema mental. Lígase a ter problemas persoais cando son condicionantes sociais que agravan calquera tipo de problema. Sempre se falou de que era a irmá pobre do sistema. É un dos principais atrancos que ten a xente para pedir axuda, tamén desde o ámbito profesional. Ás veces somos os peores no sentido de non pedir axuda ao verse como un signo de debilidade. E a situación de tensión é extraordinaria. A discriminación é un problema que ven de lonxe e forma parte da sociedade. Non se pode estar mal. Vese como unha debilidade de carácter estar mal e trasládase a todos os ámbitos da sociedade, incluído o persoal sanitario. Que opinión lle merece o Plan de Saúde Mental Poscovid da Xunta? Comezou no 2020, houbo contratacións e abríronse dispositivos asistenciais. Mais, tendo en conta os propios documentos planificadores da Xunta de hai 25 anos, o Plan queda á metade do previsto... hai 25 anos. Polo medio pasaron varias crises. O aumento de profesionais que propón, e que ademais non se cumpre, non chega para cubrir a demanda actual que aumentou estes dous anos. O desenvolvemento do Plan, por riba, é desigual segundo cada área sanitaria. Un tema grave, que se levou en decembro ao Parlamento, foi que unha unidade de prevención do suicidio que se puxo en marcha en Pontevedra en xuño fechou en outubro. Sen contar con que, por exemplo, non hai esa unidade en Compostela e non sabemos moi ben a razón. A publicación de casos individuais que vivimos o último ano servirá para concienciar á Administración e á sociedade? Creo que si. Había certa necesidade e a xente está animándose a falar de que está mal, que non sempre se está ben e precísase axuda. Por este motivo a Administración ten que estar á altura."}
{"ID": "NOS_12680", "summary": "Este proxecto, declarado \"de utilidade pública\", comparte infraestruturas co parque eólico das Encrobas. Ambos os dous promóveos Naturgy.", "text": "Medra a presión social contra os parques eólicos proxectados por Naturgy na contorna da central térmica de Meirama, que afectarían os concellos de Carral, Cerceda e Ordes. Así, os colectivos SOS Encrobas, Petón do Lobo, Adega, Sindicato Labrego Galego, Ecoloxistas en Acción e Salvemos a Comarca de Ordes están a preparar arredor de 300 documentos de alegación en contra do parque eólico denominado Meirama. Cómpre salientar, como xa informou nesta cuarta feira Nós Diario, que o Diario Oficial da Galiza (DOG) vén de someter a información pública o parque eólico das Encrobas, promovido tamén por Naturgy na mesma contorna, e que sumaría outros catro aeroxeradores aos trece do proxecto Meirama. Aliás, segundo figura na documentación achegada pola empresa enerxética, ambos os dous compartirían infraestruturas, polo que podería tratarse dun caso de \"fragmentación artificiosa\" tendo en conta que a potencia total dos parques sería de 69,5 megawatts (MW), polo que, de se tramitaren como un único proxecto, deberían ser tramitados a través do Estado por superaren os 50 MW. \"Desde SOS Encrobas lanzamos unha alerta de espolio e incidimos na importancia de aumentar aínda máis a mobilización social e colectiva. Ou paramos todas estas iniciativas ou converterán toda a zona en industrial para lucro propio\", alerta a entidade, a través dun comunicado. Así mesmo, fai fincapé no feito de que tanto As Encrobas coma Meirama fosen declarados \"de utilidade pública\" —permitindo a expropiación dos terreos—, xa que, afirman, \"a utilidade pública é nula porque están proxectados para beneficio único e exclusivo da promotora\". SOS Encrobas convida a veciñanza interesada a unha reunión informativa que decorrerá mañá no Campo da Feira de Cerceda para informar sobre o procedemento para presentar alegacións, cuxo prazo remata o 7 de setembro para o parque Meirama e o 19 para o das Encrobas."}
{"ID": "PRAZA_11967", "summary": "A plataforma de asociacións en defensa da sanidade pública analiza os servizos de saúde de todo o Estado e alerta do empeoramento do Sergas. Nos últimos dous anos mellora no ránking de gasto por habitante, aínda que minguou a poboación e aumentaron os maiores de 65 anos.", "text": "\"Blindar a sanidade pública é urxente. É unha tarefa inxente para a que se precisan medidas valentes e consensuadas. Para isto podes contar coa lealdade de Galicia\".O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciaba estas palabras no acto co que, o pasado luns, o Servizo Galego de Saúde conmemoraba o seu vixésimo aniversario. A receptora das verbas era a ministra de Sanidade, Ana Mato, e no acto estaban presentes a práctica totalidade dos responsables do Sergas desde o inicio da súa andaina, a comezos dos anos 90. Dende aquel momento a prestación sanitaria en Galicia experimentou un salto exponencial. Por exemplo, dos 36 centros de sáude cos que contaba o país en 1989 pasouse a ter case 400 e incrementou o número de quirófanos en máis dun terzo. Ao tempo, a esperanza de vida subiu en máis de cinco anos. Pero fronte a estas evidentes melloras apareceu a crise económica e as mensaxes de recortes máis ou menos inevitables, dando lugar a un panorama incerto para os servizos públicos sanitarios e para a súa sostibilidade para o futuro, cuestionada mesmo desde o propio Goberno galego. Neste contexto, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública vén de elaborar un completo informe sobre o estado da cuestión en todo o Estado, unha detallada radiografía na que Galicia non sae especialmente ben parada. Non en van, estes colectivos, formados esencialmente por profesionais sanitarios, trazan un panorama caracterizado pola redución do gasto público en saúde, a mingua de servizos e a precarización dos postos de traballo dos conxunto do persoal. O número de maiores de 65 anos aumentou en máis de 40.000 en apenas dous anos En termos puramente económicos unha primeira ollada podería levar a pensar que o Sergas resiste a crise mellor que outras autonomías. En termos comparativos, Galicia pasou de ser a undécima comunidade en gasto sanitario por habitante en 2010 a ser a oitava en 2012. Non obstante, estes datos desinchan ao ser contrastados cos datos poboacionais. Segundo o Instituto Galego de Estatística, desde 2010 a poboación galega diminuíu en 2.231 habitantes. Mentres, as persoas maiores de 65 anos aumentaron en 42.940, chegando a ser 629.477 a finais do pasado ano. Deles, 93.600 son maiores de 85 anos, un incremento de case 3.000 en apenas un ano. Gasto sanitario das autonomías por habitante 2010 2011 2012 Euskadi 1623,08 Euskadi 1.563,68 Euskadi 1557,78 Navarra 1543,12 Navarra 1.528,59 Asturias 1495,9 Extremadura 1509,72 Asturias 1.495,93 Navarra 1424,51 Asturias 1507,15 Extremadura 1.390,56 Aragón 1371,87 La Rioja 1443,94 Aragón 1.364,49 Castilla y León 1353,00 Aragón 1419,37 Castilla y León 1.348,92 Extremadura 1334,74 Castilla y León 1360,62 La Rioja 1.347,11 La Rioja 1298,01 Cantabria 1347,47 Murcia 1.346,9 Galicia 1262,77 Castilla la Mancha 1346,52 Cataluña 1.292.45 Cantabria 1230,44 Murcia 1334,25 Castilla la Mancha 1.283,08 Murcia 1219,89 Galicia 1333,39 Galicia 1.266,13 Andalucía 1174,43 Cataluña 1298,84 Cantabria 1.232,16 Canarias 1161,97 Canarias 1295,36 Canarias 1.135,75 Cataluña 1128,24 Andalucía 1180,09 Andalucía 1.121,69 Madrid 1104,52 Comunidad valenciana 1122,79 Madrid 1.103,16 Baleares 1066,82 Madrid 1108,14 Comunidad valenciana 1.078,95 Comunidad valenciana 974,82 Baleares 1066,37 Baleares 1.003,32 Castilla-La Mancha sen datos A esta poboación minguada e envellecida é a que ten que atender un cadro de traballadores que segundo os cálculos da Plataforma, diminuirá notablemente en pouco tempo. Ao tempo, as súas condicións laborais empeorarán. Concretamente, o informe destaca a medida que a Xunta está a piques de aprobar segundo a cal unha gran parte dos profesionais que cheguen aos 65 anos terán que xubilarse de xeito forzoso. Desas baixas só se cubrirán un 10%. Isto supón que, dos 1.900 médicos que cumprirán a idade de xubilación nos vindeiros catro anos, só serán substituídos uns 200. Ao mesmo tempo, o cadro de persoal funcionario do Sergas contará con menos apoio doutro persoal, como os interinos, que poderán ver reducida a súa xornada laboral ata nun 33%, coa conseguinte tesoirada nas súas remuneracións."}
{"ID": "NOS_26868", "summary": "A gala de homenaxe ao dramaturgo decorrerá o domingo na Coruña.", "text": "O actor, dramaturgo e autor Manuel Lourenzo recibirá unha homenaxe nacional por parte da Federación Galiza Cultura á que están convidadas todas aquelas persoas que desexen asistir, até completar capacidade: as que coñecen a prolífera traxectoria de Lourenzo desde hai décadas e as novas xeracións que o sitúan no mapa cultural galego grazas á súa interpretación de Terito na exitosa serie Fariña. A cita será este domingo 19 de decembro ás 19 horas no Teatro Rosalía da Coruña. A colectividade de asociacións culturais quere pór de relevo a figura de Lourenzo, un piar básico no impulso das artes escénicas no país, no que puxo en marcha -ou axudou no proceso- escolas, compañías e proxectos teatrais de recoñecido prestixio. A vicepresidenta de Galiza Cultura, María Antonia Pérez, falou do artista como \"un home de teatro, un exemplo na defensa do uso do noso idioma no eido da creación e na representación teatral\", así como un camiño de máis de medio século \"dedicado a erguer un teatro asentado nos alicerces da nosa cultura, inscrito na contemporaneidade e comprometido cos intereses do noso pobo\". Entidades e colectivos como a Escola Dramática Galega, O Facho, Casahamlet ou Teatro Circo, por enumerar só algunhas, non se entenden sen pensar en Manuel Lourenzo, ao que despois de participar en máis de 200 espectáculos, tócalle recibir unha \"cesta natalicia\" das persoas que queren e admiran a este autor teatral nacido no Valadouro. Música, comedia, teatro De feito, o director artístico da gala que decorrerá este domingo, Quico Cadaval, avanzou na presentación desta quinta feira que o agasallo estará conformado por \"jazz, comedia, canto tradicional, a palabra verdadeira do teatro, música teatral, arias de ópera, a conciencia crítica, a lembranza emocionada e a danza\". Para conseguir esa perfecta engrenaxe de artes, a federación -que conta co apoio da Deputación da Coruña e do Concello- vai subir ao escenario a Mónica de Nut e Virxilio da Silva; Mofa e Befa; Bernardo Martínez e Fito Ares (baixo o nome de Grus Grus); o propio Quico Cadaval; a compañía de danza de Ana Beatriz Pérez e Armando Martén; Luísa Merelas, Cristina Domínguez e Xesús Pisón. Nesta festa polo actor tamén se celebrará que está moi avanzada a edición especial da súa obra completa, de sete volumes."}
{"ID": "QUEPASA_260", "summary": "A completa oferta de visitas guiadas aos tesouros patrimoniais de Vimianzo. A Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo volve crear.", "text": "Ten gañas a xente de ver, de coñecer, de saír… Seguro que este verán a completa oferta de visitas guiadas polos elementos patrimoniais de Vimianzo triunfa. Como triunfa a Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo, que comezou o verán cunha cifra histórica de visitantes. A pesar de abrir as portas o 5 de xuño, foron case un milleiro de persoas as que acodiron a ver as palilleiras, aos oleiros, ás tecedeiras do liño, ao ebanista, ao cesteiro, á sombrereira… demostrando o importante atractivo turístico que representa para os visitantes que se achegan á Costa da Morte. Só en 2016 as cifras do mes de xuño foron mellores, e iso que este xuño aínda non se admitían visitas de grupos organizados en excursións e e viaxes. De entre todos os visitantes foron maioría os procedentes da propia comunidade, un 72% dos turistas, sobre todo porque non se permitiron os desprazamentos entre comunidades ata ben entrado o mes. E o máis habitual foron os visitantes que se achegaron á fortaleza vimiancesa en parella, supoñendo un 46% do total, seguidos por familias nun 33% e grupos de amigos nun 13%."}
{"ID": "NOS_38118", "summary": "A EMA cre que, \"como moi tarde\", o novo fármaco que ataca directamente as variantes da Covid-19 será aprobada no outono.", "text": "O xefe de Estratexia de Ameazas Sanitarias Biolóxicas e Vacinas da Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés), Marco Cavalieri, adiantou esta quinta feira en rolda de prensa que o organismo prevé aprobar as vacinas contra a Covid-19 adaptadas a Ómicron e outras variantes o vindeiro mes de setembro. \"A nosa prioridade é garantir que as vacinas contra a Covid-19 adaptadas sexan aprobadas, como moi tarde, en setembro, para que estean listas para o despregamento das novas campañas de vacinación na Unión Europea (UE) no outono\", apuntou. Deste modo, dixo Cavalieri, \"os fabricantes poderían axustar as súas liñas de produción\" aos tempos que marca a UE na súa estratexia de vacinación. A desigualdade na vacinación ameaza cun atraso dunha década no desenvolvemento \"Os ensaios clínicos das vacinas adaptadas deben demostrar que son superiores ás actuais vacinas autorizadas da Covid-19 contra Ómicron e outras variantes\", engadiu Cavalieri. Son efectivas as novas vacinas? O pasado 19 de abril a farmacéutica estadounidense Moderna avanzou que a vacina que está a elaborar adaptada ás variantes Beta, Delta e Ómicron é \"2,2 veces\" máis efectiva que o fármaco xenérico que se aplicou fronte á Covid-19. Cando se administrará? A respecto da inoculación da que sería para boa parte da poboación a cuarta dose, o relatorio de vacinas do Consello Interterritorial de Saúde, decorrido esta cuarta feira, avogou por adiala o máximo posíbel. En concreto, as persoas expertas apuntaron a finais de 2022 para inoculala, no inverno, cando os virus respiratorios son máis frecuentes, a fin de non ter que administrar daquela unha nova dose de reforzo. Aliás, para entón poderían estar xa no mercado as vacinas específicas contra Ómicron e outras variantes."}
{"ID": "NOS_57538", "summary": "A Dirección Xeral de Patrimonio vén de sancionar con 4.800 euros ao propietario dunha parcela a carón do Camiño de Santiago Primitivo onde se fixo unha plantación de eucaliptos, segundo nos informa ADEGA.", "text": "A resolución da Dirección Xeral de Patrimonio responde a unha denuncia presentada por ADEGA Lugo por mor dunha plantación de eucaliptos en de Palas de Rei, en pleno Camiño Primitivo. Trátase dunha infracción administrativa grave por incumprimento da Lei do Patromonio Cultural de Galiza (art. 91), sancionada con 4800 euros e reposición da legalidade, ao danar un ben do patrimonio cultural galego. Segundo nos informa ADEGA, a parcela obxecto da plantación está situada dentro do espazo delimitado de protección do Camiño Primitivo onde se atopan dous elementos ligados ao patrimonio material e inmaterial asociado ao Camiño Primitivo, que son \"Os penedos da Casacamiño\" e \"Os penedos do Hospital\". Estas curiosas formacións de seixo acubillan lendas sobre máxicos castelos nos que habitaban seres míticos. Estes elementos culturais do camiño Primitivo veríanse afectados pola plantación de eucaliptos, ademais de quedaren totalmente ocultos unha vez que o eucaliptal medre. A organización ecoloxista tamén denunciou esta plantación diante de Medio Rural por supoñer un cambio de usos non autorizado, pero a administración de montes, ao contrario que a cultural, non advertíu infracción ningunha. Segundo ADEGA, \"dase a casualidade de que hai aproximadamente 2 anos esta mesma zona sufriu un lume que calcinou totalmente a parcela agora forestada con eucaliptos. Consideramos\" que esta plantación con especies pirófitas no mesmo lugar afectado polo lume non é casual, afonda no deterioro do solo e vai en contra do artigo 59 da Lei de Montes, algo que non veu ou non quixo ver Medio Rural. A asociación lembra que no combate contra o eucalipto hai algunhas ferramentas legais (Lei de Montes, Lei do Patrimonio Cultutal, Lei de Conservación da Natureza) que permiten á cidadanía defenderse contra esta invasión. Sen as denuncias dos colectivos ecoloxistas (máis de 1100 só en Lugo desde a aprobación da Lei de Montes, a maioría resoltas, segundo os seus datos) \"a situación sería moito pior\"."}
{"ID": "NOS_31116", "summary": "Non é a primeira vez que o presidente estadounidense desenvolve comportamentos erráticos.", "text": "O presidente dos Estados Unidos (EUA), Joe Biden, participaba esta cuarta feira nunha conferencia sobre a fame, cando no medio dunha intervención comezou a preguntar por unha lexisladora falecida nun accidente de tráfico hai dous meses. Ten Joe Biden demencia? Novas notas alimentan a polémica: \"Entra na Sala Roosvelt, toma o seu asento...\" Nun vídeo compartido en redes sociais pode verse como Biden, durante o seu discurso, comeza a dicir \"Jackie, onde estás? Onde está Jaclie? Estaba seguro de que estaría aquí\". \"¿Está Jackie aquí, dónde está Jackie?\"El presidente Biden llama a una representante que murió el pasado mes de agosto. pic.twitter.com/2yo230JdG8— Helena Villar (@HelenaVillarRT) September 28, 2022 O presidente estadounidense preguntaba pola lexisladora do Partido Republicano Jacqueline R. Walorski, unha das organizadoras do foro. Walorski faleceu o pasado 3 de agosto nun accidente automobilístico no que tamén morreron dous traballadores da dirixente política. Presentarase Donald Trump ás eleccións dos EUA en 2024? Segundo reportaron varios medios de comunicación internacionais, a Casa Blanca non quixo facer, polo de agora, ningún comentario con respecto a un novo episodio de confusión de Joe Biden. Ten Joe Biden demencia? Non é a primeira vez que o comportamento errático do presidente dos Estados Unidos leva a medios de comunicación e rivais políticos de Joe Biden mostran as súas dúbidas sobre o estado cognitivo do dirixente estadounidense. Por que está sendo investigado o fillo de Biden? O pasado mes de xuño, fotógrafos de varios medios de comunicación captaron unha tarxeta de notas, en cuxo anverso podían lerse instrucións para o presidente. \"Vostede entra na Sala Roosevelt e saúda os participantes\", recollía o primeiro punto, \"vostede toma o seu asento\", continuaba, cos pronomes resaltados, en maiúscula, sobre o resto do texto. Após \"Entra a prensa\", a seguinte instrución instábao a facer \"comentarios breves\". Finalizaba cun \"Vostede agradece aos participantes\" e un \"Vostede vaise\", outra vez cos pronomes en maiúscula. Outros episodios que puxeron a lupa sobre o estado mental de Biden ocorreron cando se perdeu no patio da Casa Branca, a súa residencia oficial; cando non puido ler de maneira axeitada un texto do teleprónter; ou cando sufriu unha caída dunha bicicleta ao tratar de baixar dela. De Trump a Biden: Mudanzas e constantes na política internacional dos EUA Os balbucidos frecuentes, as vacilacións, os problemas de orientación e o feito de amosarse ante as cámaras, ao rematar unha intervención, perdido, saudando a ninguén e dando voltas sobre si mesmo espertaron en varias ocasións a alarma sobre un deterioro cognitivo."}
{"ID": "PRAZA_97", "summary": "O documento é unha síntese dos nove traballos elaborados no 2014 por 30 economistas, empresarios e directivos galegos para combater a crise demográfica, mellorar o tráfico portuario galego ou a internacionalización da economía", "text": "O Foro Económico de Galicia vén de presentar un documento con 50 propostas para mellorar a economía do país. O texto é unha síntese dos nove traballos elaborados no 2014 por 30 economistas, empresarios e directivos galegos con distintos obxectivos: combater a crise demográfica, estudar o investimento en infraestruturas, a mellora do tráfico portuario galego, da construcción naval, do complexo alimentario terra e mar, do financiamento público de Galicia, ou o impulso da internacionalización da economía galega e a estratexia de marca país. Os seus impulsores salientaron, ademais, que estas medidas de reactivación da economía galega non terían un custe engadido para as contas públicas. Na presentación do documento, este xoves, subliñaron tamén os graves efectos provocados pola crise e Santiago Lago sinalou, por exemplo, que o emprego perdido en Galicia durante a crise non se recuperará, cando menos, ata a vindeira década. Pola súa banda, o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, pediu levar a cabo novas apostas, medidas imaxinativas e non aplicadas ata o de agora para mudar as tendencias económicas: \"Hai que ter suficiente imaxinación para as políticas que son necesarias para Galicia\". Propoñen diversificar a internacionalización empresarial, incrementando a orientación exportadora das empresas fóra da Unión Europea Os impulsores deste documento condensan as súas 50 propostas nun décalogo de aplicación nos vindeiros anos: Piden que as terras de 1.600.000 propietarios de fincas rústicas sexan postas a disposición de ao redor de 35 mil explotacións agrarias a través da reactivación do Banco de Terras Aumentar en 1.400 compañías o número de empresas exportadoras (na actualidade son 6.100, en 2020 deberían ser 7.500). Diversificar a internacionalización empresarial, incrementando a orientación exportadora das empresas fóra da Unión Europea (con especial prioridade aos destinos de América Latina e dos países emerxentes) e ampliando os produtos e os sectores de actividade con presenza nos mercados internacionais. Crear estratexia internacional de Galicia como marca-país e establecer unha Secretaría Xeral ou Consellería de Asuntos Internacionais que actúe como atalaia para a aplicación de diferentes propostas neste eido e evite disfuncións, solapamentos e diferenzas de criterio ao dotarse dunha harmonización e dirección política propia. Atraer 400 millóns de euros anuais de investimento estranxeiro ou retorno galego. Entre 2007 e 2014 o investimento estranxeiro en Galicia situouse nos 187 millóns de euros anuais. Incrementar a poboación moza nunhas 20.000 persoas, a través do fomento da natalidade. Reducir as saídas dos emigrantes galegos mozos que buscan as oportunidades fóra e facilitar o retorno de emigrantes e a implantación de proxectos empresariais e os investimentos dos galegos emigrados e dos seus descendentes, en Galicia. Aumentar nun 10% o número de escolas infantís en Galicia e crealas tamén en empresas grandes ou en polígonos industriais, con accesibilidade universal e tarifas non disuasorias. Septuplicar o actual Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) para Galicia. Na actualidade Galicia recibe 42.9 millóns de euros. A proposta é que se sitúen nos 300 millóns de euros anuais. O obxectivo é converter o fondo nun instrumento de desenvolvemento que impulse a converxencia interrexional e compense a perda de importancia que, a partir de 2014, terán os fondos europeos. Establecer a obriga legal (regulada polo Parlamento) de realizar análises rigorosas, independentes e transparentes de custe-beneficio para proxectos de infraestruturas que superen un determinado importe que se fixaría de partida nun límite de máis de 5 millóns de euros. Concentración da explotación da terra. Proponse a reactivación dun instrumento xa creado, o Banco de Terras, como mecanismo para impulsar a mobilidade para lograr que as terras de 1.600.000 propietarios de fincas rústicas sexan postas a disposición de ao redor de 35 mil explotacións agrarias. Portos con servizo porta a porta, dominando todo o percorrido da mercancía, actuando conxuntamente coas empresas líderes na súa área de influencia e asociándose a operadores loxísticos internacionais. Estaleiros especializados en buques máis sofisticados. Co obxectivo de impulsar a mellora da competitividade e o crecemento das empresas da industria naval galega no marco dun mercado globalizado e con grande intensidade competitiva fomentando a especialización de actividades e a xeración de maior valor engadido e emprego. Descarga aquí o documento (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_1779", "summary": "Os familiares do ditador volven incumprir a normativa que os obriga á apertura do inmoble cando menos catro días ao mes. O alcalde de Sada culpa a Xunta, á que acusa de facer \"oídos xordos\" ante as súas deuncias e de \"eludir a súa responsabilidade\".", "text": "A familia Franco volve impedir as visitas ao pazo de Meirás, que permanecerá pechado en agosto malia as queixas do Concello de Sada, que censura que se impida o acceso a este Ben de Interese Cultural (BIC) no mes no que a localidade conta con máis turistas. Ao igual que leva ocorrendo anos, os familiares do ditador incumpren a normativa que obriga á apertura do inmoble cando menos catro días ao mes. Os familiares do ditador incumpren a normativa que obriga á apertura do inmoble cando menos catro días ao mes A empresa encargada de xestionar as visitas non reserva visitas neste mes á queu fora residencia de Emilia Pardo Bazán e que foi regalado tras a guerra civil ao xeneral Francisco Franco a través de bonos supostamente voluntarios -que non eran tal- e de descontos a funcionarios da época. O alcalde de Sada, Benito Portela, responsabiliza a Xunta porque \"fai oídos xordos\" ante as denuncias do incumprimento do deber que ten a familia Franco e incide \"no que custou conseguir o nomeamento do pazo como BIC\". \"Agora, desde o Goberno galego eluden a súa responsabilidade ao non exixir aos propietarios que se permitan unhas visitas xa de por si moi restrinxidas\", asegurou a Radio Coruña-Cadena SER. De feito, non se permiten gravar vídeos nin sacar fotografías e está prohibida a visita á antiga biblioteca, entre outras estancias. \"A Xunta elude a súa responsabilidade ao non exixir aos Franco que permitan as visitas\", di o alcalde de Sada A polémica sobre o pazo de Meirás chega un ano despois de que tamén se dera no pasado verán, cando ademais a revista Hola! publicara unha portada onde a neta do ditador, Carmen Martínez-Bordíu, posaba na entrada da que fora residencia de Emilia Pardo-Bazán -posteriormente roubada ao pobo polo franquismo- para \"anunciar a súa ruptura\" nunha \"exclusiva\" na que o medio destacaba a súa entrada \"por primeira vez\" na \"histórica casa familiar\". Porque malia ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e tras determinarse a súa apertura ao público hai xa tres anos, a familia Franco sempre puxo atrancos a cumprir coa lei que a obriga a abrir o inmoble cando menos catro días ao mes. Foi hai máis de dous anos cando os herdeiros do ditador facilitaron un calendario de visitas e logo de que reclamasen á Xunta que sufragase os gastos de seguridade, como así fixo durante ben tempo, e de organización. A Xunta deixou de financiar os gastos de seguridade e organización das visitas logo de gastar máis de 50.000 euros A Xunta deixou de financiar os gastos de seguridade e organización das visitas, das que se encarga unha empresa privada contratada polos Franco. Antes, e desde que o pazo se declarou BIC, os convenios non só se limitaran a \"regular as condicións para o desenvolvemento das visitas\", tal e como afirmaba a Xunta. Ademais disto, tres acordos entre o Goberno galego e a familia do ditador tiveron un impacto de máis de 50.000 euros nas arcas públicas. O primeiro destes convenios, asinado para poñer en marcha as visitas ás que obrigaba a declaración do pazo como BIC que promovera o bipartito, implicou un gasto de 9.513 euros para pagar un servizo de seguridade privada aínda que, admitía daquela a propia Xunta, a Lei de Patrmonio Cultural non \"obrigaba\" a facer tal achega económica. En agosto de 2011 Cultura pactaba cos Franco unha addenda ao convenio inicial que implicaba sumarlle 23.000 euros para a mesma finalidade. Como informou Praza Pública, na primavera de 2012 saía á luz un terceiro acordo, desta volta por importe de 21.200 euros, polo que a Xunta seguía asumindo os gastos derivados da seguridade e dos guías das visitas. En total, polo tanto, o gasto ascendeu a 53.713 euros que saíron do erario e non do peto dos Franco."}
{"ID": "NOS_10644", "summary": "A morte e o fin da poesía. Juan Tallón recompón o derradeiro día da vida de Cesare Pavese, Anne Sextos, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik en Fin de poema, obra coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey e que presenta en Compostela. Dá por pechada así unha etapa literaria. Sabe cara onde camiña mais non como, confésanos.", "text": "Presenta Juan Tallón en Compostela, na libraría Couceiro hoxe día 5 ás 20 horas, o seu novo libro Fin de poema (Sotelo Blanco) cando se anuncia na rede un título máis El váter de Onetti, que en horas estará en librarías. Entre tanto, Tallón adiantou as primeiras trinta páxinas na rede e iso, sen el o querer, fai ben máis difícil chamalo para falar de Fin de poema. Tallón confesa aversión polas entrevistas e presentacións e relata todas as que lle fixeron despois da publicación de A pregunta perfecta. Mesmo así atrevémonos a chamar e preguntar nunha que anunciamos como non-entrevista, non vaia ser. Tallón relata en El váter de Onetti o pouco que lle gusta promocionar os seus libros e mesmo relelos unha vez finalizados. Memos así, responde con singular amabilidade, mesmo tirándolle ferro ao relato autobiográfico deitado nesas trinta páxinas que botarían para atrás a calquera xornalista que ousara erguer o teléfono para lle preguntar, \"Por que escribe?\". Certo é que a pregunta non ven a caso con Juan Tallón, a literatura, como diría o poeta, vénlle de dentro e nótase mesmo en toda a metaliteratura coa que adubía mesmo as súas novelas. \"Con A pregunta perfecta e Fin de Poema nalgunha medida entendo que pecho unha etapa na que a literatura é material narrativo da miña propia literatura. Acontece isto polo interese que teño por descubrir o meu propio traballo como escritor. Os outros sérvenme para traballar comigo mais se non pechei, si entornei esta etapa\" explica, despois de poñer en literatura \"o caso Aira-Bolaño\" e aventurarse agora con catro poetas que son, ao tempo, catro mitos da nosa contemporaneidade. \"O escritor escribe e paréceme que aí conclúe a súa tarefa. Un autor é tamén un tipo que vai para a súa casa e cala\" Confesa que escribe o que lle fai feliz e adéntrase así no seu imaxinario literario, nas figuras de poetas que buscaron unha morte tráxica cando o fin da poesía era un feito. Se algo une a Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik é a poesía e o suicidio e son estes os dous elementos cos que Tallón constrúe a obra que lle valeu o premio Lueiro Rey de novela curta na súa recente edición. Non é a primeira vez que o autor visita a historia literaria para o seu traballo creativo. Aconteceu xa en A pregunta perfecta. (O caso Aira-Bolaño) e regresa de novo nese El váter de Onetti, o seu primeiro libro publicado en español, aínda que o autor quere explicar que o orixinal está escrito en galego e ao non ser publicado adiantouse a tradución en Edhasa. Liberar unha ferida Nesta nova obra, Tallón relata no inicio en primeira persoa o abandono do xornalismo e disecciona o oficio de escritor, para alén mesmo do feito creativo. \"Máis alá de telas escrito, non tiña grandes cousas que dicir sobre a novela, aínda que fose miña. Precisamente por ser miña. O escritor escribe e paréceme que aí conclúe a súa tarefa. Un autor é tamén un tipo que vai para a súa casa e cala\" anota nesas primeiras páxinas de El váter de Onetti onde a metaliteratura está de novo presente. \"Se por min fose, evitaría calquera glosa sobre o que eu mesmo escribo. Prohibiría as promocións. Ao menos, prohibiría as miñas\" sinala dunha posición que posibelmente explique nas presentacións de Fin de poema, o libro que o trae de novo a Galiza. \"Cando un escolle para este proxecto literario a estes catro autores suicidas non se fai gratuitamente. Son escritores que me estiveron \"molestando\" moitos anos e co libro arrinco a astilla, libero a ferida. Non pasan en balde por min\" apunta, explicando a orixe de Fin de poema. En certa medida, nos catro, o fin da literatura, do poema, da creación, significa tamén o fin da vida e esa é a teoría que defende Tallón na novela. \"Trato de desenvolver a idea de que os catro deciden matarse cando advirten que a poesía acabara para eles, o fin do verso. Deixaron de escribir e produciuse un silencio insoportábel, desapareceu esa baranda á que se agarraban para con caer no baleiro. No momento no que xa non está perderon o equilibrio e carón\", afirma para explicar o tráxico desespero da ausencia de literatura-vida. Ten, malia iso, o autor vontade de defende que non é ese o único camiño, noutros casos \"chegou o momento de calar e calaron\" e bota man do inmenso Juan Rulfo para quen a vida continuou despois da escrita e a súa literatura perviviu para sempre. Aspiración esta de todo escritor, \"que os seus textos sexan quen de facer felices ás persoas mesmo despois de mortos os seus autores\". Outravolta, vida e literatura, sobre os que Tallón reflexiona a cada pouco. \"Trato de desenvolver a idea de que os catro deciden matarse cando advirten que a poesía acabara para eles, o fin do verso\" Co proxecto, a morte Sen embargo, falar con Tallón da súa obra e do seu proxecto literaria é fácil e do mesmo xeito que el mostra admiración polos mitos da literatura, o escritor atopa agora os seus seguidores na rede, algúns entusiastas. \"Teño catro que fan confianza nos meus textos, non son moitos mais están dispostos a acompañar a miña obra até onde se dirixa, por veces mesmo por lugares nos que non sabes se hai saída\". O escritor confesa que ten un proxecto literario. Non sabe por onde camiñará mais si onde quere chegar. \"Non sei como chegar e iso é importantísimo. Non traballo con mapas senón con brúxulas e niso ando\" comenta. Di que escribe o que lle gusta escribir e niso síntese afortunado. \"Se tes un proxecto tes que ir con el a morte\", de novo vida e literatura. Gabancioso ao afirmar que só se as cousas veñen moi mal dadas volvería a unha redacción, en conversa, Tallón é moito máis matizado. \"Continúo a facer xornalismo mais non me gustaría volver a unha redacción. Paseino mal e marchei moi farto. Agora tómome tempo e iso é unha felicidade. Cada artigo leva o que eu decido e pódome permitir escoller o que fago\" comenta, contento de estar nunha situación que desexa case toda persoa que estea no oficio. Despedímonos e Tallón volve matizar a súa aversión ás promocións que, no fondo, tampouco é tan afiada. \"Prodúceme certo fastío, pásoo mal e cústame falar de meus libros. No momento no que me poño a pontificar sobre a miña literatura sei que todo vai ir a peor. Sería fantástico que se promocionaran os libros por si só\" apunta mais, como non vai poder ser, polo de agora responde con suma amabilidade ás preguntas sobre a súa literatura."}
{"ID": "NOS_21527", "summary": "O PP vén de eliminar mediante unha enmenda á lei presentada no Senado as axudas á vivenda. A deputada do BNG, Carme Adán, revelou a operación en comisión parlamentaria e mostroulle aos deputados do PP a enmenda pola cal o goberno prescinde das axudas coñecidas como subsidiación de préstamos.", "text": "O PP elimina as axudas á vivenda por medio dunha enmenda presentada no Senado á Lei de medidas de flexibilidade e fomento do mercado do aluguer de vivendas. A deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, revelou a operación na comisión parlamentaria na que mostrou o texto defendido polo PP en Madrid ao tempo que denunciou que o goberno galego, en concreto o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) asuma a decisión e non \"pense facer nada ao efecto\". Miles de familias afectadas \"Miles de familias galegas fican sen un dereito que xa tiñan recoñecido polos Plans de vivenda en base aos que asinaron os seu créditos e mercaron as vivendas\" denuncia a deputada. Adán repartiu entre aos membros do PP na comisión de Economía unha copia da enmenda para que \"coñezan o que o seu partido defende e vota en Madrid\". Lamentou que na súa intervención o secretario xeral do IGVS, non ofrecera ningunha aalternativa \"para as persoas que xa tiñan adquirido o dereito ás axudas poidan seguir pagando a súa hipoteca\"."}
{"ID": "NOS_30206", "summary": "O Goberno central está capacitado desde esta terza feira 5 de novembro para fechar páxinas web e redes sen orde xudicial e por motivos de orde pública.", "text": "Terza feira, 5 de novembro, o Boletín Oficial do Estado publicou o Decreto Lei que aprobara o último Consello de Ministros de Pedro Sánchez onde se aborda a seguranza pública en materia de administración dixital e telecomunicacións. Con esta medida, o Goberno poderá intervir e pechar páxinas web e redes sociais sen contar con autorización xudicial e por motivos de orde pública. Esta nova iniciativa de Sánchez nace das intencións do Goberno de frear o desenvolvemento da denominada República Dixital Catalá. O executivo fica habilitado para, en caso de desordes públicas, bloquear perfís e soportes dixitais Desta maneira, o executivo fica habilitado para, en caso de desordes públicas, bloquear perfís e soportes dixitais. O decreto non fai referencia a Catalunya mais aséntase nos acontecementos producidos após a sentenza do procés e as convocatorias realizadas desde Tsunami Democràtic. Agora será o Congreso dos Deputados quen teña que debater e aprobar ou tombar o decreto, mais desde o día seguinte á súa publicación no BOE é válido."}
{"ID": "PRAZA_4218", "summary": "A Consellería de Política Social atribúe ao Goberno central a responsabilidade de fixar os criterios para a volta a uns centros que adoitaban abrir ata agosto", "text": "A Consellería de Política Social atribúe ao Goberno central a responsabilidade de fixar os criterios para a volta a uns centros que adoitaban abrir ata agostoA Consellería de Política Social vén de abrir, a partir deste sábado e durante dez días hábiles, isto é, durante as dúas próximas semanas, o prazo para as solicitudes de matrícula nas escolas infantís da súa titularidade e concertadas entre 0 e 3 anos para o próximo curso a partir de setembro. Porén, aínda non hai data nin protocolos para a posible reapertura antes duns centros que, a diferenza da educación para idades superiores, adoitaban abrir mesmo en agosto.O Diario Oficial de Galicia publica este venres as resolucións polas que se convocan os procedementos de adxudicación de prazas para as escolas infantís dependentes da propia Xunta a través da Axencia Galega de Servizos Sociais, para as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que comparte cos concellos, para as privadas concertadas e para os fillos e fillas do persoal da propia administración autonómica nos centros da súa axencia.A Xunta establece que \"o prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución\" no DOG, isto é, a partir deste sábado. As solicitudes presentaranse \"preferiblemente\" a través da sede electrónica da Xunta, salvo para o persoal empregado público que será \"obrigatoriamente\" por esa vía.O Goberno galego, condicionado polo coronavirus, abre a convocatoria máis tarde do habitual e faino sen saber aínda se as escolas infantís reabrirán nalgún momento do que queda de curso ata setembro, o que dificulta a planificación da conciliación por parte de pais e nais. Este xoves a Consellería de Política Social indicaba que está \"á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros\", despois de que a Consellería de Educación, responsable a partir dos 3 anos, xa establecese pola súa conta que as aulas só reabrirán de xeito voluntario para o alumnado de 2º de Bacharelato e FP a partir do 25 de maio.Gratuidade para segundos fillos e sucesivos e apertura ata as oito da tarde de cando menos unha escola infantil por cidade son as principais novidades para o próximo cursoPolítica Social salienta como principais novidades para o próximo curso nas escolas infantís a gratuidade para segundos fillos e sucesivos e que \"en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias\", solventando así un dos moitos problemas para a conciliación que seguen a poñer os centros públicos. A Xunta tamén lembra que ten dispoñible o Bono Concilia, unha axuda económica para que as familias que non obteñan praza en centros públicos ou concertados poidan pagar parte da matrícula nalgún privado, cuxa reapertura tamén está condicionada aos protocolos que decida a Administración."}
{"ID": "PRAZA_8416", "summary": "Os socialistas reclaman no Parlamento copias dos contratos de subministro enerxético do Sergas nos anos nos que Feijóo tiña \"relación\" co narco e era, ao tempo, número dous de Sanidade. O BNG subliña que o \"infamante\" é que Galicia teña que seguir \"soportando\" a un presidente \"relacionado con delincuentes\"", "text": "Feijóo e o PP terán que seguir falando de Marcial Dorado, mesmo despois da comparecencia que o presidente da Xunta vai protagonizar o vindeiro mércores no Parlamento. Os socialistas veñen de anunciar, a través do seu deputado José Luis Méndez Romeu, que se dispoñen a indagar por vía parlamentaria os eventuais \"intereses\" do narcotraficante e as súas empresas en contratos coa Xunta nos anos en que Dorado tiña \"relación\" con Feijóo. Nomeadamente, reclaman formalmente \"información e copia da totalidade de contatos de subministro enerxético, de combustible e informáticos realizados\" por Sanidade e os seus centros hospitalarios entre 1992 e 1998. Dez anos de relación \"que non era nada ocasional\" xustifican, a xuízo de Méndez Romeu, xustifican que \"se comprobe\" se os contactos entre Feijóo e Dorado estaban ou non \"exentos de intereses\", toda vez que o actual presidente galego era, no momento de tomárense as fotografías publicadas por El País, secretario xeral da Consellería. O requerimento, considera, faise aínda máis necesario ao seguir saíndo á luz informacións que \"cuestionan a integridade moral do presidente\", a quen ve caendo en \"contradicións flagrantes\" a respecto da relación co narco. Feijóo, di, está \"indo por tras\" das noticias e \"quedando en evidencia por faltar á verdade\", comezando polas \"datas da súa relación cun dos máis recoñecidos narcotraficantes de Galicia\". O PSdeG asegura ter constancia de \"contratos entre empresas do narcotraficante e o Sergas\" A relación entre ambos era \"estable\", enfatiza o socialista, toda vez que se producía \"non só en Andorra ou nos Picos de Europa, como dixera confundir o presidente como efecto secundario da neve, debía ser temporada de inverno -ironiza- senón que agora se coñece que se estendía a Ibiza e Cascais\". \"Coñécese xa a celebración de contratos de subministros de servizos entre empresas do narcotraficante e o Sergas -asegura- e concesións administrativas da Consellería de Pesca polas mesmas datas\". Por todo isto, afirma, Feijóo \"non pode continuar a contribuír ao descrédito do Goberno de Galicia\" e \"debera dimitir\", para que \"se poida pasar páxina deste lamentable episodio\". \"O infamante é soportar un presidente así\" Tamén o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, insistía este venres na necesidade de que o presidente deixe o seu cargo. Despois de que Feijóo dese por concluída a \"infamia\" á que di estar sometido, o líder nacionalista coida que o verdadeiramente \"infamante\" é que \"un país democrático coma o noso teña que soportar un presidente\" con \"relacións estreitas con delincuentes con causas tan graves como o narcotráfico\". \"A infamia é a súa\", di, que \"pretende prolongar\" a súa estancia no poder \"en base á maioría absoluta\" do PP. Vence coida que Feijóo está a dar \"unha imaxe deplorábel\" que \"Galiza non merece\" A xuízo de Vence o tempo que Feijóo permaneza na cadeira da Presidencia da Xunta servirá para \"dar unha imaxe deplorable\" do país que Galicia \"non merece\", máis aínda porque \"cada vez que fala descóbrense máis mentiras e contradicións\" e, ao tempo, \"máis detalles dunha prolongadísima e estreitísima relación\" con Marcial Dorado. \"As declaracións do xuíz\" Vázquez Taín sobre as supostas conversas telefónicas entre Feijóo e Dorado alén do ano 2000 -o xefe do Goberno mantén que cortou os contactos en 1998- non son, para o nacionalista, máis que unha nova \"mentira\" que se suma a \"unha morea\", \"demasiadas para un gobernante\" que xa está \"máis centrado nos seus problemas e nos do PP\" que nos de Galicia, censura."}
{"ID": "PRAZA_7598", "summary": "Máis de 3.000 traballadores rodean o Concello e solicitan a marcha do rexedor ou que empece a presionar en Madrid. Denuncian o atraso na construción do flotel de Pemex e volven reclamar o dique flotante.", "text": "O naval volveu saír este mércores á rúa para reclamar máis carga de traballo nos estaleiros, así como solucións á grave crise que leva sufrindo o sector desde hai anos. Máis de 3.000 obreiros de Navantia e empresas auxiliares marcharon pola mañá desde a factoría ata o Concello de Ferrol, onde pediron a dimisión do alcalde, José Manuel Rey Varela, tras rodear o edificio. Os traballadores advirten de que despois do verán xa non haberá traballo ningún en Navantia A falta de traballo e de información clara sobre os floteis de Pemex volven acabar coa paciencia duns traballadores que lembran que nas gradas dos estaleiros apenas hai actividade e a falta de expectativas tras o verán. Ante este negro panorama, os operarios reclaman que se aclare e se axilicen os encargos coa petroleira estatal mexicana, dos que aseguran non saber nada aínda, así como que se adxudique dunha vez por todas o prometido dique flotante. Os operarios solicitan a dimisión do alcalde de Ferrol se non empeza a presionar en Madrid Ademais, os traballadores lembran que por cada semana de atraso co flotel, pérdense entre 150 e 200 traballos na comarca. Mentres, o PP segue prometende que os dous buques de Pemex se construirán en Galicia, malia que está pendente un concurso para a licitación e a pesar das dúbidas que provocan as últimas informacións chegadas desde México e o feito de que o contrato sexa en realidade cunha filial norteamericana e non coa matriz. Xa que logo, comezar os traballos no primeiro trimestre deste ano xa semella imposible, segundo denuncia o comité, que lamenta o escurantismo de Xunta e Goberno central sobre estes contratos e sobre o sector naval en xeral. O vindeiro luns celebrarase a comisión de seguimento do dique flotante. Para o vindeiro mes de febreiro espérase, ademais, unha gran concentración en Compostela."}
{"ID": "NOS_51245", "summary": "A redución, por exemplo, nos voos comerciais que proporcionan datos ás axencias poñen en risco as predicións sobre os desastres naturais. Por outra banda, a Cimeira do Clima prevista para novembro foi adiada a 2021.", "text": "A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) expresou a súa preocupación polo efecto da pandemia do coronavirus na cantidade e a calidade tanto das observacións e os prognósticos meteorolóxicos como da vixilancia atmosférica e climática. A redución nos voos comerciais que proporcionan datos ás axencias de meteoroloxía, así como o paro na actividade dos traballadores que rexistran as condicións terrestres e atmosféricas en moitos países, poñen en risco as medicións meteorolóxicas e as predicións sobre os desastres naturais. Less airline traffic due to #COVID19 has reduced the amount of in-flight measurements of temperature & wind.@WMO is concerned about how the scaled-back and lower-quality data could impact weather observations, forecasts & extreme weather warnings. https://t.co/hSIfHe5Yp0 pic.twitter.com/Qo23vpdIPa— United Nations (@UN) April 1, 2020 Os datos do Sistema Mundial de Observación, recollidos en 193 países, sobre o estado da atmosfera e a superficie do océano, a través de instrumentos terrestres, mariños e espaciais, permiten elaborar análises, prognósticos, advertencias e alertas meteorolóxicas. No caso do tránsito aéreo, as medicións da temperatura ambiente e da velocidade e dirección do vento realizadas durante os voos son unha fonte de información moi importante tanto para a predición meteorolóxica como para a vixilancia do clima, explican desde a OMM. \"As consecuencias do cambio climático e da crecente cantidade de desastres de natureza meteorolóxica non cesan. A pandemia da COVID-19 leva consigo un desafío adicional, e pode agravar os riscos asociados a múltiples perigos a nivel dun único país\", sinalan. Cimeira do Clima, adiada Por outra banda, a Cimeira do Clima da ONU que debía desenvolverse na cidade escocesa de Glasgow entre o 9 e 20 de novembro, a COP26, adiarase a 2021, aínda sen unha data concreta, por mor da pandemia. #COP26 has been postponed due to #COVID19. This decision has been taken jointly by the COP Bureau of the @UNFCCC with the UK and partners Italy. Tackling climate change remains a key priority for the UK and the international community.https://t.co/480CKVV3E1 pic.twitter.com/ugTAXt9iVT— COP26 (@COP26) April 1, 2020 \"Á vista do impacto mundial e continuo da COVID-19, a celebración dunha COP26 ambiciosa e inclusiva en novembro 2020 non é posíbel\", sinalou nun comunicado o anfitrión principal deste evento, o Goberno británico."}
{"ID": "PRAZA_14729", "summary": "Case 2,23 millóns de galegos están chamados a votar este domingo nunha xornada que comezará ás 9 da mañá. Os resultados definitivos coñeceranse a partir das 22 horas.", "text": "Un total de 2.229.184 galegos está chamados a votar este domingo nas eleccións autonómicas para as que haberá habilitadas un total de 4.000 mesas nuns 2.500 colexios electorais de todo o país e ntre as que se distribuíron xa 55 millóns de papeletas. Así o detallou o secretario xeral de Presidencia, Valeriano Martínez, xunto ao diretor xeral de Relacións Institucionais, Gonzalo Ordóñez. Ambos os dous destacaron que o censo total elévase até os 2.696.566, ao sumar os 400.000 galegos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (Cera). Segundo explicou Valeriano Martínez, hai 2.770 representantes da Administración autonómica que serán os encargados da recollida de información que enviarán á central de datos a través de máis de 1.700 PDAs, algo que axilizará o proceso, xa que abrangue o 7% das mesas electorais. O reconto restante realízase a través de chamadas telefónicas que son gravadas. Tal e como destacou Martínez, esta será \"a primeira vez\" que todas as instalacións utilizadas para a recollida de datos son da Xunta, cun centro de datos repartido entre as instalacións do Executivo galego en San Caetano e da Cidade da Cultura, onde se atopa boa parte do armazón tecnolóxico e profesional de seguimento. O primeiro avance de participación será ás 10.15 A xornada electoral arrinca ás 8.30 da mañá coa constitución das mesas, mentres que os colexios quedarán abertos ás 9. Ás 10.15 terá lugar a primeira comparececncia da Xunta con datos e incidencias, mentres que o primeiro avance de participación chegará ás 12.30; o segundo, ás 17.30. Ademais, logo de pecharse os colexios ás 20 horas, coñeceranse tamén os primeiros datos \"significativos\" do escrutinio entre as 21.30 e as 22 horas, malia que Presidencia non foi capaz de determinar a hora fixa na que se coñecerá os datos co 100% escrutado, ante as posibles incidencias e a espera polos datos dos residentes ausentes. Os datos en tempo real do escrutinio poderanse seguir tamén a través da web http//eleccions2012.xunta.es, na que haberá información a tempo real dos datos por concellos e provincias."}
{"ID": "NOS_38984", "summary": "As recentes sentenzas xudiciais —dúas nos últimos tres meses— contra a autorización por parte da Xunta dos proxectos eólicos O Iribio e Roncudo puxo contra as cordas o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, que insistiu en que o Goberno galego \"só autoriza\" os parques \"con todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais\".", "text": "O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, subliñou na súa intervención parlamentaria desta cuarta feira que a Xunta \"só autoriza\" os proxectos eólicos que cumpren \"todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais\". Así se pronunciou en resposta a senllas preguntas formuladas no pleno da Cámara por Luís Bará (BNG) e Noelia Otero (PSdeG) sobre o desenvolvemento do sector eólico na Galiza. Na súa quenda, Conde sinalou que o obxectivo da moratoria de ano medio e medio estabelecida pola Administración galega é avaliar os 275 expedientes presentados até o de agora coas \"máximas garantías\". \"Todos os proxectos que se tramitan na Galiza axústanse á normativa e só se autorizan aqueles que cumpren con todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais\", incidiu. Aliás, co gallo de reforzar a \"compatibilidade\" coa protección do medio ambiente e as actividades do sector primario, lembrou que a Xunta propuxo unha nova limitación na distancia dos aeroxeradores A respecto dos núcleos rurais, urbanos ou urbanizábeis, pasando dos 500 metros actuais a cinco veces a altura total do muíño. Xunto con isto, sinalou que se están a impulsar diferentes ferramentas para achegar información aos concellos, á cidadanía e ao resto de entidades interesadas, como a rede de información provincial de proxectos eólicos, a Guía divulgativa da tramitación dun proxecto eólico ou a Oficina de información a propietarios de terreos —para informar sobre métodos e criterios de valoración—, así como a normativa aplicábel para a clasificación e cualificación do solo. No caso concreto do parque eólico de Corme (Ponteceso), Conde destacou que a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que anula a súa repotenciación por reducir á metade o prazo para consultar o informe de impacto ambiental e presentar alegacións \"non é firme\", e que \"na Galiza a última palabra tena sempre a lexislación e a normativa\". Aliás, o conselleiro sostivo que a repotenciación permitiu mudar 61 aeroxeradores antigos por outros sete máis modernos e eficientes sen aumentar a potencia, o que supón unha redución de case 90%, co \"correspondente beneficio ambiental e paisaxístico\". Críticas da oposición Na sesión plenaria, o deputado do BNG Luís Bará lanzou unha pregunta a Conde: \"Que máis ten que pasar para que o PP pare definitivamente a súa política eólica depredadora para favorecer as grandes empresas eléctricas?\". O parlamentario aludiu, en concreto, ás irregularidades detectadas pola Xunta e a documentación da empresa concesionaria do proxecto eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade, e salientou tamén a sentenza do TSXG sobre o parque do Roncundo —o de Corme—, que cualificou de \"contundente\" por determinar que o Goberno do PP \"vulnerou as directivas comunitarias e lexislación ambiental\". Sobre este proxecto, Francisco Conde trasladou unha \"mensaxe de tranquilidade e confianza\" e afirmou que, detectado o erro da promotora na relación de bens e dereitos afectados, xa se abriu de novo o prazo de información pública para a presentación de alegacións. E remarcou que a súa aprobación dependerá exclusivamente de se se axusta ao que di a lei do que digan todos os órganos consultados, incluído o propio concello. Cómpre lembrar, a este respecto, que o fallo pronunciado —tamén polo TSXG— en outubro pasado en relación ao parque eólico do Iribio concluíra que as empresas eólicas \"ampáranse\" no \"baleiro legal\" da lexislación ambiental galega. Pola súa parte, Noelia Otero (PSdeG) censurou o \"fracaso\" da política enerxética da Xunta, que considerou que se caracteriza polas \"improvisacións lexislativas\" realizadas de \"forma unilateral\" e que só xeran \"divisións e inseguridade xurídica\" entre os diferentes actores implicados."}
{"ID": "NOS_5008", "summary": "Secretário geral entre 1992 e 2004 e membro do atual Comitê Central, defendeu que Portugal prepare a saída do euro. Pagar a dívida em escudos seria uma forma de a reestruturar, prévia devaluação.", "text": "Portugal vive uma \"soberania limitada\", afirmou na sua intervenção perante o Pleno do XX Congresso Carlos Carvalhas, quem falou da saída do euro com maior clareza do que Jerónimo de Sousa no acto de abertura. Sem soberania plena, denunciou Carvalhas, Portugal \"está nas mãos do Banco Central Europeu\". Nos últimos anos, alegou o ex secretário geral do PCP, Portugal teve de pagar juros a um ritmo anual de 8 mil milhões de euros. O XX Congresso do PCP vai-se encerrar este domingo."}
{"ID": "NOS_15431", "summary": "O ditador recibira este nomeamento en 1939, após finalizar a Guerra Civil.", "text": "A corporación municipal de Ribadeo vén de aprobar a retirada do título de alcalde honorario do concello ao ditador Francisco Franco. A decisión de suprimir estas honras que obtivera en 1939, unha vez rematada a Guerra Civil, foi unánime. O BNG, o PSdeG e o PPdeG deron o visto e prace á proposta que partía da Alcaldía. Segundo recolle a moción aprobada, as e os técnicos do Concello de Ribadeo comprobaron recentemente que unha acta municipal do 6 de xullo de 1938 recolle o recoñecemento como alcalde honorario a Francisco Franco. Desta forma, a proposta que chegou ao pleno desta semana indicaba que o nomeamento representaba unha \"exaltación\" á figura de Franco. En consecuencia, considerouse \"preciso que sexa retirada\" dada a \"obrigación moral e legal\" do Concello de \"eliminar todo rastro da ditadura franquista\". \"Ribadeo non merece ter a un ditador como alcalde honorario\", subliñou o texto. Por iso, acordouse a revogación daquel acordo plenario do ano 1939 e a retirada do recoñecemento a Franco \"por ser incompatíbel coas leis democráticas vixentes\" e \"como símbolo de xustiza e de reparación\"."}
{"ID": "PRAZA_8982", "summary": "A CIG celebra esta fin de semana o seu VI Congreso Confederal, no que o actual secretario xeral, Suso Seixo, optará á reelección no seu cargo. Rexeita o pacto social, \"do que só saca beneficio o poder o capital\", e aposta por manter a política de \"confrontación\" coas políticas da Xunta e do Estado.", "text": "A CIG celebra esta fin de semana o seu VI Congreso Confederal, no que o actual secretario xeral, Suso Seixo, optará á reelección no seu cargo, á espera de que se presenten ou non candidaturas alternativas. O líder da central nacionalista insiste na \"confrontación\" coas políticas do PP no Goberno central e na Xunta e no rexeitamento dun pacto social cuxo apoio por parte de CCOO e UGT ve na orixe das dificultades para lograr a unidade de acción sindical en Galicia. Que tipo de acción sindical terá a CIG nos vindeiros anos? Haberá continuidade no rexeitamento frontal ás políticas dos gobernos do PP? Será unha acción de confrontación e de continuidade porque a liña seguida ata o de agora xa foi de total confrontación coas políticas que se están a levar a cabo tanto polo Goberno español como pola Xunta. Son políticas que teñen demostrado que non serven para saír da crise, que xeran máis desemprego, máis recesión e máis pobreza e que recortan dereitos e precarizan as condicións laborais. Son políticas antisociais que non se precisan para saír desta situación. Seguiremos en confrontación total con elas, iso está claro. \"Temos que ser máis áxiles na resposta inmediata aos problemas e manter unha comunicación máis fluída cos traballadores\" Vostede anunciou algún cambio organizativo na central sindical, en que consistirá? É evidente que a situación do mundo laboral cada vez é máis complicada. Estase a fomentar o individualismo nas empresas, hai moita desregulación e a propia situación da negocaciación colectiva quedou bastante debilitada. Isto obríganos a mellorar os nosos métodos de traballo para ser moitos máis áxiles á hora de chegar aos centros de traballo e de tratar de organizar a xente nas empresas. Temos que ser áxiles tamén no funcionamento dos organismos e nas resposta inmediatas ás problemáticas. Temos que buscar mecanismos que nos permitan ser moi metódicos e constantes no traballo e que lograr que haxa unha comunicación moi fluída entre o sindicato e os traballadores. Pero implican eses cambios unha modificación organizativa? Hai aspectos por pechar na unificación dalgunhas federacións para facer unha estrutura con menos federacións e máis potentes. Este debate leva tempo enriba da mesa e xa se fixo algo, pero aínda nos quedan outras fusións. A ver se nestes anos conseguimos pechar este proceso e facelo co firme convencemento de que a única maneira de enfrontarse a estas políticas económicas non é a través de movementos espontáneos, senón a través da organización e da eficacia nas respostas. \"A resposta da CIG na situación actual sempre foi unitaria, áxil e contundente; temos claro o tipo de sindicalismo que facer\" A homoxeneidade da central sindical e a resposta común ante a crise non está en perigo... Nos últimos catro anos púxose de manifesto que non. A resposta da CIG a estas políticas de recorte de dereitos e antiobreiras foi sempre moi unificada, bastante áxil e contundente. Nese sentido, todas as correntes que traballamos dentro da CIG estamos moi unificadas en canto ao tipo de sindicalismo a facer. Os propios relatorios que presentamos no congreso, tanto de organización como de acción sindical, practicamente contaron co apoio unánime do consello confederal do sindicato e isto é moi significativo. \"O pacto social provoca a cesión de dereitos e favorece a desmobilización dos traballadores\" A CIG insiste no seu rexeitamento do pacto social, supón isto un atranco máis á hora de acadar unha maior unidade de acción sindical no país? Non dificulta, senón que é demostrativo de por que non é posible máis unidade de acción entre as tres grandes centrais sindicais de Galiza. Temos visións moi distintas de como enfrontar a crise económica e de que facer nun momento como este. Xa tivemos diferenzas ata agora porque non cremos no pacto social, que tradicionalmente o que provoca é a cesión de dereitos e a rebaixa nas condicións de traballo. Son acordos que favorecen á desmobilización e non axudan á toma de concienciación dos traballadores nin á súa organización. Esa é a experiencia que temos, incluso algunha en épocas moi recentes. Como cal? Durante a presidencia de Zapatero asinouse un acordo supostamente para o crecemento e para o emprego e nin houbo crecemento nin se xerou máis emprego. Agora si, o que quedou amarrado foi o incremento da idade de xubilación aos 67 anos e o incremento no número de anos necesarios para calcular a base reguladora, ao pasar de 15 a 25. Unha vez máis, vese que neste tipo de acordos quen saca beneficio é sempre a mesma parte: o poder, o capital e a burguesía. No momento actual, habería que preguntarse para que hai que buscar un pacto social. Pregúnteo... Que se vai conseguir? A cambio de que? Vai deixar o PP de facer as políticas que vén facendo? Vai retirar a reforma laboral, a da negociación colectiva ou a das pensións? Vai facer unha política fiscal distinta? Vai incrementar o investimento público ou apostar polo tecido produtivo? Pois non, é impensábel, igual que é impensábel que a patronal vaia ter unha conduta diferente á que ten. A que imos ao pacto social desde unha postura de debilidade e de desmobilización? O único que se fai é ceder dereitos e enganar a xente xerándolle expectativas sobre algo que non é real. O que aquí hai é unha loita de poder entre o que é o capital e o mundo do traballo e unha loita polo modelo social que vai saír desta crise. Se sae o modelo actual, que favorece ás elites económicas, ou un modelo que favoreza máis aos intereses da maioría. Isto é o que está en xogo e iso non se resolve nestas mesas de pacto social. \"O ideal sería a unidade de acción, pero a CIG ten unha visión moi distinta á de CCOO e UGT sobre como defender os dereitos da clase traballadora galega\" Daquela, mentres CCOO e UGT opten polo pacto social, a unidade de acción seguirá lonxe. O pacto social é unha confirmación máis das dificultades que temos para conseguir a unidade sindical neste país. Xa intentamos en materia de negociación colectiva ir a uns acordos conxuntos para a negociación, pero tampouco conseguimos que CCOO e UGT se aviñesen a unha plataforma reivindicativa ante un tema tan importante coma este. Temos visións moi distintas respecto de como defender os dereitos da clase traballadora galega nun momento como o actual. O ideal sería ter capacidade para ter unha unidade de acción sindical porque é moi necesaria, pero a realidade é esta. \"Se podemos chegar a un acordo para unha única candidatura, mellor porque reflictiría a unidade real que hai hoxe na CIG\" Presentaranse candidaturas alternativas no congreso da vindeira fin de semana? Ata o xoves á mañá hai prazo e non sabemos as candidaturas que vai haber. Hai a posibilidade dun acordo para unha única candidatura para a Executiva e a Secretaría Xeral e esperamos que se confirme axiña, pero non sei se se confirmará a presenza dalguha outra alternativa. De todos os xeitos, o proceso non rompe para nada o funcionamento da central sindical. Estamos afeitos a que se presenten tres ou catro candidaturas e iso forma parte da normalidade interna da CIG. Se podemos chegar a un acordo para que haxa unha única candidatura, pois moito mellor porque sería un reflexo real da unidade que hai hoxe no sindicato. De non ser así, pois farémolo con total normalidade. O importante é o día despois, que manteñamos unha actitude unitaria e uniforme á hora de responder á crise porque nos permitirá facelo con máis forza e axilidade. Ao demais, aínda que é importante, non lle dou demasiada transcendencia."}
{"ID": "NOS_42581", "summary": "Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero son aCadaCanto, as catro beiras dunha agrupación que sorprendeu coa súa nova visión sonora de Rosalía. En \"A Rosa d´Adina\" achéganse a seis poemas da autora que esta sexta feira se sentirán no Salón Teatro de Compostela.", "text": "\"A Rosa d´Adina\" xunta de novo a catro dos grandes nomes da música galega para recrear á poeta que se converteu na máis recoñecida \"letrista\" da canción galega. Con este novo traballo, o cuarteto xirou por todo o país e recala agora en Compostela, nun concerto que terá lugar no Salón Teatro ás 21 horas e no que volverán a poñer música aos poemas de Rosalía, como levan facendo desde que no pasado verán presentaran o novo traballo no Claustro da Catedral de Tui, dentro do festival \"Música no Claustro\". Por medio do festival, aCadaCanto presentouse no Fesitval Hifa, en Harare, Zimbawe e levarán o seu traballo ao Estival, cun concerto o día 5 de xullo nese encontro musical que se desenvolve en Cuenca. A proposta de A Cada Canto foi a última das aportacións musicais no ano de Rosalía, no que se conmemorou o 150 aniversario da publicación de \"Cantares Gallegos\" con \"Rosa d´Adina\" (Músicas de Salitre), seis poemas trasladados á voz de Guadi Galego e Xabier Díaz coa guitarra de Guillerme Fernández e o acordeón de Xosé Lois Romero, unha formación que por segunda vez asinaría un disco, logo de se presentar cunha proposta que nacía polo encontro dos catro músicos sen, en principio, aventurar continuidade. \"Dende a Limia\", \"Tecín\", \"Este meu camiño\", \"Levoume o río\", \"Onde pousei a infancia\" e \"Aló\" son os seis poemas que A Cada Canto recolle no seu disco."}
{"ID": "PRAZA_1222", "summary": "ENTREVISTA Un 11 de outubro de 2012, ao remate dunha folga estudantil, Jon Sáez foi presuntamente agredido por policías en Ourense. Recentemente foi xulgado e condenado, xunto con outros estudantes, por delitos de desorde pública e atentado.", "text": "Recibo a Jon na estación de tren de Ourense, no barrio da Ponte. Coma sempre, positivo, animado, en aparencia forte, só por dentro leva algo de inquedanza polo resultado dunha sentenza que, ao final, seralle desfavorable. Militante das Xuventudes Comunistas e Esquerda Unida dende os 16 anos, licenciando en Ciencias Políticas e da Administración, traballador e curtido xa na loita estudantil, aos 23 anos, en 2011, xa encabezara a candidatura á alcaldía de Ourense polo seu partido, e en 2012 presentárase como número 4 na lista da provincia ás autonómicas por Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Con 27, ten sobre si o peso dunha sentenza penal e, afirma, dun \"proceso político\" contra a súa persoa e seis estudantes máis. Un 11 de outubro de 2012, ao remate dunha folga estudantil, Jon atopábase ante as portas da Biblioteca Pública da cidade manifestándose xunto a outros estudantes pola educación pública e tentando entrar no centro, fronte a un cordón policial que llelo impedía. No transcurso da protesta, foi presuntamente agredido por policías que lle racharon os lentes, sendo reducido violentamente e esposado. Cando conseguiu quitar as esposas e escapar, denunciou os feitos ante a prensa, cun parte de lesións que demostraba os feitos. No primeirísimo atestado despois dese episodio o seu nome non figuraba, el non existía. Mais cando foi denunciar publicamente a violencia policial, de súpeto atopouse a si mesmo denunciado xunto a outros estudantes por \"atentado á autoridade\". O xuízo pasou, e viviuno coa \"conciencia limpa\" e \"tranquilo\", aínda que \"preparado para afrontar calquera das posibles sentenzas\", porque sabía que \"calquera cousa\" podía pasar. Agora que me atopo con el por segunda vez, enfróntase a unha sentenza de dous anos de prisión, pola que non terá que entrar no cárcere debido a que non ten antecedentes, mais pola que si deberá pagar unha multa de 3.200 euros. \"Dende a distancia observas as cousas con maior perspectiva e dáste de conta de todo o sensentido que foi este proceso persecutorio\". As feridas están por dentro: a rabia, a \"resignación\". Por fóra, só unha patilla remendada dá testemuño daquel día. Jon aínda non puido cambiar os lentes. Seguramente vexa as cousas doutra maneira a partir daquel momento. \"Atópome realmente ben. A miña conciencia está limpa, non calquera pode dicir iso, a verdade. O meu avogado xa está preparando o recurso\" Estás recibindo tratamento? Dis que sufriches insomnio e ansiedade. Pois si, dous días despois da celebración do xuízo pedín vez no médico de cabeceira, xa que a ansiedade era evidente, e supoño que repercutiu negativamente en min, ocasionándome ese insomnio. Recibín uns ansiolíticos que estiven tomando durante unha semana, mais non hai mellor ansiolítico que o cariño da xente que te quere e o apoio dos teus amigos, compañeiros, coñecidos e ata dos descoñecidos. E agora, como te atopas? Atópome realmente ben. A miña conciencia está limpa, non calquera pode dicir iso, a verdade. O meu avogado xa está preparando o recurso ou seguramente xa o teña redactado. É un despropósito todo isto pero irase ata onde sexa necesario para que a verdade saia á luz e se faga xustiza. Até que remate todo o proceso político, non haberá que pagar nada, polo que aínda que xa estamos barallando opcións, non hai nada pechado respecto ao de reunir diñeiro. Ao mellor faise un concerto. \"Como a propia policía recoñeceu no xuízo (penso que de forma involuntaria), estásenos a xulgar a nós porque existen fichas policiais ilegais\" É verdade que a policía te vixiou? Como tes constancia disto? Teño constancia disto, xa que algúns funcionarios dos xulgados mo comunicaron a título persoal despois de que eu xa me decatara. Durante aproximadamente dous meses diante da miña casa había aparcado un coche, se non lembro mal un Renault de cor vermella; eu vivo nunha casiña cos meus pais no barrio do Pino e na zona onde eu vivo coñecémonos todos e sábese de quen é un ou outro coche, polo que se aparece algún novo o primeiro que se fai ao chegar a casa é dicir (como dixen eu) \"mamá, ti sabes de quen é ese coche? e ti papá, sabes de quen é?\". Obviamente ninguén o recoñeceu, nin eles nin familiares que viven preto de min, nin ningún veciño, polo que a desconfianza é total, ata que, tempo despois, grazas a estas persoas do xulgado, verificas esa tolemia por parte da policía, que en vez de protexernos dedícase a vixiarnos. Por que cres que se vos está a xulgar a vós concretamente, e non a outros? Pois como a propia policía recoñeceu no xuízo (penso que de forma involuntaria), estásenos a xulgar a nós porque existen fichas policiais ilegais; isto quere dicir que sabían a por quen ían e lles daba igual que estivésemos alí ou non. De feito, un rapaz que aparecía chamado a declarar tivo que demostrar que el non estaba alí ese día para que o sacasen do proceso político, e eu mesmo o día dos feitos non aparezo no atestado policial, é dicir, eu segundo dixo a policía nin estaba o propio día dos feitos: incorporáseme ao proceso político días despois cando dou unha rolda de prensa denunciando as agresións que sufrín ese día, e por vinganza incorpóraseme a dito proceso. \"A actitude deles era chulesca e agresiva, debe de ser que lles gusta mallar en menores de idade\" Se isto non é un proceso político por parte da policía non sei que pode selo; cando se fala de xuízo político gústame salientar o proceso completo, non o xuízo en si, xa que creo que o xuíz se decatou en todo momento de que os acusados debiamos ser os acusadores e a policía -que é quen nos acusa- debería ser a que se sentase na bancada dos acusados. Imos ao momento en que ti estabas, xunto a outros estudantes, en primeira liña diante da Biblioteca Nodal de Ourense. Que era o que se pretendía e por que? Cal era a actitude de axentes e manifestantes? Cada un pretendía unha cousa (risos). Quero dicir que foi algo espontáneo, non había nada programado por así dicilo, eu persoalmente o que pretendía era que o barullo desaparecese e así poder decidir entre os alí presentes que facer, se marchar, se entrar na biblioteca, se concentrarnos alí, etc., mais non puidemos falar nada xa que a policía comezou a cargar violenta e temerariamente contra nós, eu o primeiro. A actitude deles era chulesca e agresiva, debe de ser que lles gusta mallar en menores de idade. \"Eu en ningún momento denunciei os feitos, xa que naquel momento dixéronme que non fixera ruído por temor a represalias, e eu sinceramente tiña medo de ir denunciar\" E como se desenvolveron os acontecementos? Ti chegaches a pór unha denuncia por agresións, así como pola rotura dos lentes. Eu podo saír de alí, xa que a policía, a cabalo entre unha detención ilegal e unha chea de temeridades, quítame as esposas que me puxeran -non sei por que e nunca o saberei; penso que nin eles o saben-. Saio polo meu propio pé, nun primeiro momento en volandas por parte da xente, e diríxome cara ó centro de saúde onde se fai un parte de lesión; polos lentes nada, un pouco de pegamento e ata hoxe que se me seguen soltando as patillas de vez en cando, téñoas que seguir pegando (risos). Eu en ningún momento denunciei os feitos, xa que naquel momento dixéronme que non fixera ruído por temor a represalias, e eu sinceramente tiña medo de ir denunciar; de feito sempre se fala de como unha policía que agrediu a unha rapaza que estivo alí ese día se mofaba dela dicíndolle \"si si, vai denunciar se queres, a ver se che fan caso\". Días antes un grupo de estudantes de Secundaria tentara pecharse nesa mesma biblioteca. Cres que isto influíu na actitude dos axentes? Non sei que pode influír na actitude de xente que vive dos nosos impostos para chegar ó punto de torturar a menores de idade en público e ante a mirada de centos de persoas. \"As probas que presentaron estaban manipuladas, e a propia policía non presentou probas que testemuñas puxeron a disposición policial, supoño que con ánimo de esconder a realidade\" Dis que se manipularon probas. Hai una foto na que se te ve cun aceno expresivo de dor, e por tras, unha porra. Porén, esa mesma foto córtase de xeito que non se vexa a arma nas probas achegadas pola policía, que di ademais que non empregou a forza de ningún xeito. Creo que iso se resposta por si mesmo. Eles din que non empregaron porras, pero calquera que estivese alí sabe que iso é falso. As probas que presentaron estaban manipuladas, e a propia policía non presentou probas que testemuñas puxeron a disposición policial, supoño que con ánimo de esconder a realidade. Ben, non é unha suposición, é unha afirmación: fixérono con premeditación e aleivosía. Ademais, hai uns vídeos aos que aluden pero non están expostos como proba publicamente... Esas son as probas que unha testemuña puxo a disposición da policía, testemuña que non sei que credibilidade pode ter, cando as probas que achega fanse desaparecer por parte da policía. Gustaríame saber se a versión que dá no xuízo é orixinal ou tamén foi adulterada por parte da policía. \"O policía que supostamente agredo di nun primeiro momento que o agredo cara a cara, por diante. Logo cambia a sua versión e di que lle dou tres puñazos polas costas; ese mesmo policía non me recoñece na rolda de recoñecemento\" Que máis contradicións existen, entre policías e testemuñas? Por exemplo, o policía que supostamente agredo di nun primeiro momento que o agredo cara a cara, por diante. Logo cambia a sua versión e di que lle dou tres puñazos polas costas; ese mesmo policía non me recoñece na rolda de recoñecemento; outro policía di que fun eu quen agrediu o policía pero que non me puido ver agredíndoo nin puido ver como foi a agresión, etc. etc. etc. Viches algunha agresión de estudantes a policías, coma o golpe coa man que recoñeceu dar un dos rapaces acusados? Non, eu non vin a ningún neno pegarlle a ningún policía, e o rapaz que recoñeceu iso non o vin na miña vida. A primeira vez que o vin foi no xuízo e teño serias dúbidas de que fixese algo ou de que estivese alí. De feito, o que penso é que ese rapaz se autoinculpou por medo a unha sentenza maior, xa que ó autoinculparse o que consegue é unha redución de condena e non ir ó cárcere. A ti ofrecéronche iso? Si, por suposto. Ofrecéronme pactar a condena. Nun descanso durante o xuízo, os avogados viñeron dicindo que se queriamos asumir a culpa e a condena, para así non ir ó cárcere. Pero eu dixen que non podía asumir esa carga. Non podía declarar algo que non fixera. \"Todo o que sexa defender o público, defender os dereitos da maioría ou que sexa loitar polo ben común inmediatamente vese reprimido e se non calas e segues a defender o xusto, as consecuencias serán peores\" Cres que este xuízo ten conexión con outros de marcado carácter político, coma o do 4-F en Barcelona, o de Alfon e o de Isma e Dani en Madrid? Por que esta represión xeneralizada dos movementos de rebelión cívica? Algo apodrece neste réxime? Teñen que ver uns con outros, por suposto. Todo o que sexa defender o público, defender os dereitos da maioría ou que sexa loitar polo ben común inmediatamente vese reprimido e se non calas e segues a defender o xusto, as consecuencias serán peores. Creo que esta é unha variable aplicable a todos os casos, polo cal é obvia a relación. Algunha organización política ou social solidarizouse contigo? A nivel autonómico, só Alternativa Galega de Esquerda (Anova, Esquerda Unida, Espazo Ecosocialista e EQUO) e BNG. A nivel municipal, Anova, BNG e Esquerda Unida e Xuventudes Comunistas, obviamente. Valóranse positivamente todos os apoios, aínda que hai que facer unha crítica aos partidos do réxime. E serven tamén para darnos de conta do que é a solidariedade. En Bilbao faise un muro humano para evitar unha detención, mentres que aquí dicimos \"Pobriño, a ver se tes sorte\". Non hai campañas para denunciar isto. Parece que o feito de que unha persoa vaia ao cárcere sen ter feito absolutamente nada non é importante para algunhas organizacións. Queda aí a reflexión. Seguiredes defendendo a educación pública? Cales son as próximas mobilizacións? Pois parece que o período mobilizador polo de agora está parado, pero por suposto séguese a defender a educación pública, tamén universal, totalmente gratuíta, en galego e de calidade, xa que é o piar fundamental para o conxunto de calquera sociedade. E por último, xa persoalmente: pensas volver presentarte á política con AGE ou EU? Pois recentemente rexeitei presentarme ó proceso de primarias aberto en Esquerda Unida para elixir o candidato de cara ás eleccións municipais, xa que se empregaría a inxustiza que se está a cometer con este proceso político tanto contra min coma contra o conxunto da miña organización, cousa que non estou disposto a asumir de ningunha das maneiras. O futuro dirá, penso que xa cumprín en política un primeiro ciclo que se iniciou alá por 2007 cando fun por primeira vez nas listas electorais de EU ó Concello de Ourense, posteriormente fun candidato á alcaldía en 2011 -cando se duplicou o número de votos obtidos na cidade-, e uns meses máis tarde, con toda a ilusión do mundo, fun de número 4 nas listas ó Parlamento de Galicia, sendo esta a participación máis salientable. Teño 26 anos e aínda queda moito por camiñar. \"A revolución non se fai soa, organízase dun xeito ou doutro, polo que esperanza non haberá se non hai compromiso, se non hai militancia, se non hai conciencia de clase, se non hai solidariedade\" Cales son as túas esperanzas de cambio para este ano? Esperanza é sinónimo de revolución, esperemos que se dea a revolución, conformaríame con iso (risos). De todos os xeitos a revolución non se fai soa, organízase dun xeito ou doutro, polo que esperanza non haberá se non hai compromiso, se non hai militancia, se non hai conciencia de clase, se non hai solidariedade, desinterese, altruísmo, se en esencia non hai xuventude labrando o seu camiño, e como a xuventude é o sustento principal da esperanza, só lle podo pedir a todos os rapaces que de verdade tremen ante as inxustizas, que se organicen, que se organicen para cambiar de sistema, non para darlle trazos amables. Se entre a reforma ou a revolución, escóllese a segunda, sempre quedará a esperanza."}
{"ID": "NOS_9658", "summary": "O municipio de Bakaiku é o último, por agora, en se adherir a esta iniciativa impulsada por 'Gure Esku Dago' e que decorrerá o vindeiro 19 de xuño.", "text": "Bakaiku, un pequeno concello navarro, é o último, polo de agora, en se sumar á iniciativa impulsada por 'Gure Esku Dago' pola que diferentes concellos vascos realizarán o vindeiro 19 de xuño consultas populares sobre a independencia de Euskal Herria. Son xa 25 os municipios que anunciaron que ese día poñerán as urnas para que a veciñanza poida votar e decidir sobre o estatus do seu país. A maioría dos concellos son da comarca do Goierri, tradicionalmente un pulmón da esquerda abertzale, mais tamén os hai de Bizkaia e Nafarroa. En abril darase a coñecer a pregunta. Até entón, comisións populares nos concellos implicados realizarán diferentes actividades e propostas en torno a esta consulta, abrindo o debate á veciñanza e máis concellos. \"Comeza a xeira da decisión\", sinalaron desde 'Gure Esku Dago' nos inicios desta iniciativa. En xuño queren realizar un acto masivo en Bilbo a prol do dereito de autodeterminación. \"Gure esku dago é unha dinámica popular que pretende integrar os 3.000.000 de cidadáns que viven neste pobo\", sinalou Alex Zenarruzabeitia, un dos responsábeis desta plataforma. Os referendos populares a decorrer en 2016 teñen un antecedente en 2014, cando vilas como a navarra de Etxarri-Aranatz realizou unha consulta entre a súa veciñanza sobre a independencia de Euskal Herria, gañando o Si a esta opción."}
{"ID": "NOS_34423", "summary": "Rexeitou o recurso presentado pola defensa do secretario xeral de Sortu que apelará agora ao Supremo.", "text": "Nun auto emitido pola Sala Cuarta da Audiencia Nacional española esta segunda feira e que recolle o diario basco Naiz, o tribunal desestima o recurso presentado pola defensa do secretario xeral de Sortu, encarcerado polo caso Betaragune e condenado a 6 anos e medio de inhabilitación a partir da súa saída de prisión, no mes de marzo. Con esta decisión desde a Audiencia Nacional tentan que o líder abertzale non poida candidatarse nos comicios ao Parlamento basco de 2016. De facto, non podería facelo a ninguhas eleccións até 2021. Porén, o Tribunal Constitucional xa se ten pronunciado ao respeito aclarando que naquelas sentencias en que non fiquen expresamente sinalados os cargos para os que se faría efectiva a inhabilitación enténdese que non foi imposta. O caso de Otegi é igual ao do parlamentar Iker Casanova a quen non puideron impedir tomar posesión do seu escano no Parlamento basco O propio ministro de Xustiza, Rafael Alcalá, así o expresou ao fío do caso Otegi. \"Cando se declara unha inhabilitación xenérica estabelécese que, se non se concreta, pode interpretarse por non posta\", dixo após saír publicado no diario El Mundo que Otegi podería ser lehendakari. Neste senso, existe xa un precedente. O parlamentar basco Iker Casanova xulgado e condenado a 7 anos de cadea. Recuperou a liberdade en 2011 e en setembro de 2014 asumiu o escano após a demisión de Laura Mintegi. Na altura, a Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado sinalou que non podía vetarse a entrada de Iker Casanova no Parlamento ao non se ter detallado na sentenza para que cargos se estabelecía unha inhabilitación especial. A defensa de Arnaldo Otegi recorrerá ao Supremo."}
{"ID": "PRAZA_13787", "summary": "A secretaría xeral de Medios defende a \"transparencia\" da acción publicitaria de Industria mentres a oposición e os sindicatos esixen a súa retirada", "text": "A crise económica provoca treboadas políticas inimaxinables hai poucos anos e tamén respostas pouco habituais. O inicio dos trámites por parte da Consellería de Industria para contratar, por case un millón de euros, unha campaña para transmitir unha imaxe \"competitiva\" de Galicia e \"optimismo\" ante a propia crise vén de ser un exemplo máis. No mesmo día en que esta contratación, que avanzou Praza Pública, comezou o seu percorrido ao ser publicada no Diario Oficial de Galicia, representantes da oposición parlamentaria e dos sindicatos esixiron a súa inmediata \"retirada\". E na mesma xornada a Secretaría Xeral de Medios, órgano dependente da Presidencia da Xunta que aglutina a política de comunicación do Goberno, saíu ao paso das críticas argumentando, entre outras razóns, que a acción publicitaria supón un \"apoio\" para os medios galegos. A Xunta sinala que, malia os \"momentos economicamente moi duros\", non se debe \"deixar desprotexidos os sectores empresariais nin ao sector publicitario e mediático\" Ante os reproches recibidos o departamento que dirixe Alfonso Cabaleiro sinala, nun comunicado remitido á prensa, que esta é \"unha campaña necesaria\" e \"útil\" que ademais se rexe \"por criterios de transparencia -a Lei de Transparencia do ano 2006 obriga a isto-\". Trátase, di a secretaría xeral, dunha \"campaña pública, oficial\" que \"ao contrario do que facía o Goberno bipartito, non se esconde en mecanismos administrativos opacos\". Do mesmo xeito, este organismo gobernamental asegura ser \"consciente de que estamos nuns momentos económicos moi duros para todos\", pero \"iso non debe levarnos a deixar desprotexidos nin os sectores empresariais nin ao sector publicitario e mediático galego\". \"Unha publicidade clara, transparente e pública -abonda- é tamén unha forma de axudar ás empresas galegas, así como a eses dous sectores que están a sufrir como ningún a crise\". Sen mencionalos, a resposta de Medios prodúcese despois de que a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, considerase en rolda de prensa que é \"indecente e inmoral\" que \"en plena crise, nun momento con recortes drásticos a toda a poboación\" o Goberno \"dilapide\" un millón de euros \"en publicidade e propaganda\". Do mesmo xeito, dende a CIG valorouse esta operación de Industra como un verdadeiro \"insulto\", xa que \"mentres rebaixan os salarios, as prestacións por desemprego e as pensións e suben os impostos\", seguen a \"gastar en campañas de autobombo para vender fume\". Esta campaña en concreto, co \"rimbombante título de Galicia competitiva\", sinala o sindicato nacionalista, prodúcese mentres \"o orzamento destinado a I+D\" está \"polo chan\". A enésima controversia en torno á política publicitaria do Goberno chega mentres a Lei de Publicidade Institucional, prometida polo Executivo dende o inicio da lexislatura, non remata de chegar ao Parlamento. O conselleiro responsable desta área, Alfonso Rueda, considerouna \"urxente\" no comezo do mandato e o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que formaría parte do paquete de vinte e tres leis co que aspira a pechar os catro anos de goberno."}
{"ID": "NOS_14876", "summary": "Despois de que se coñecera que o Goberno do Estado ten un borrador para regular as festas de Nadal e evitar un incremento dos contaxios por coronavirus, a Consellaría de Sanidade puntualizou que ten a súa propia proposta, que levará ao consello interterritorial que analiza a evolución da pandemia.", "text": "A Xunta, a través da Consellaría de Sanidade, non coincide ao 100% coa idea do Executivo de Pedro Sánchez para controlar a expansión da Covid-19 durante as próximas festas de Nadal. Por iso esta cuarta feira presenta no consello interterritorial de sanidade e seguimento da pandemia unha iniciativa que, entre outras cousas, quere contabilizar de forma distinta ás crianzas. O borrador Propostas de medidas de saúde pública fronte á Covid-19 para a celebración das festas do Nadal que achegou o departamento de Salvador Illa aos diferentes territorios fala de que as reunións, quer familiares, quer sociais, teñan un máximo de seis participantes. Ademais, habería un confinamento entre a unha e as seis da madrugada os días 24 e 31 de decembro, é dicir, en Noiteboa e Noitevella. No entanto, a Consellaría de Sanidade ten algunhas alegacións, que van ser analizadas a partir de hoxe. Malia que o conselleiro, Julio García Comesaña, non quixo especificar demasiado as súas ideas, si avanzou que na Galiza -se a situación epidemiolóxica permite saír da casa e ter encontros- habería que adaptar o número máximo de participantes ou comensais. Mentres o Goberno estatal propón seis, a Comunidade de Madrid quere que poidan atoparse dez cidadás. Tamén se estuda como dar as mesmas posibilidades de gozar do Nadal a aquelas persoas que non teñen convivintes. Pero foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, o que comentou máis profundamente algúns aspectos do documento galego. No caso das galegas e galegos que viven sós, hai \"unha proposta\" que aínda \"non está fechada\". \"O que si me parece razoable é que o cómputo de crianzas sobre adultas debería ter unha metodoloxía distinta\", incidiu, se ben serán consultadas expertas en pediatría. O obxectivo é que se feche un acordo común para todos os territorios e, despois, se informará das previsións para Galiza. Sempre á espera do que suceda co ratio de contaxios."}
{"ID": "NOS_31311", "summary": "Ana Pontón pide que o goberno español pida perdón polas vítimas de Angrois, como fixo co YAK 42, e que os responsábeis políticos que recortaron a seguridade no tren galego \"paguen por ese erro\".", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a representante da formación frentista no Parlamento europeo, Ana Miranda, compareceron esta sexta feira para dar conta do debate que terá lugar o 25 deste mes na Comisión de Peticións do Parlamento europeo, unha cita á que asistirán responsábeis de seguridade ferroviaria da Comisión Ferroviaria Europea (ERA) e o seu director Jofer Dopplbauer após cuestionar o informe remitido polo Estado español, Adif e Renfe da investigación do accidente de Angrois. Miranda explicou que o BNG conseguiu en Bruxelas a terceira rolda de reunións coa Axencia Ferroviaria Europea para tratar o accidente do Alvia e anunciou que a Asociación de vítimas de Angrois achegará nova documentación para abrir novas liñas de investigación que esclarezan definitivamente o ocorrido Afirmou que a Axencia Ferroviaria Europea cuestionou \"o Estado español, o Goberno, RENFE e Adif\" ao detectar \"falta de independencia dunha investigación \" da que facían parte empresas públicas implicadas no accidente ferroviario. A isto engádese que a Asociación de Vítimas non tivo ningunha oportunidade de \"ser escoitada\", polo que o BNG pedirá dende Bruxelas a \"comparecencia dos directivos da Axencia Ferroviaria Europea no xuízo de Angrois\". De por parte, Ana Pontón insistiu na necesidade de seguir investigando e lamentou que a Asociación de Vítimas teña que seguir \"peregrinando\" a Bruxelas ante a insensibilidade dun goberno que non \"escoita ás familias e afectad@s\". Para a portavoz nacionalista, é mester que se asuman responsabilidades polo que apelou a crear comisións de investigacións nos parlamentos galego e español e esixiu que o goberno español \"pida perdón polas vítimas de Angrois ao igual que fixo coas vítimas do Yak 42"}
{"ID": "NOS_36722", "summary": "Mantivo esta hipótese como causa horas despois de que o ministerio de Interior a dera xa por desbotada. Piden tamén a comparecencia de Feijóo para que dea conta dos protocolos que se puxeron en marcha e que informe da seguridade na rede ferroviaria galega", "text": "O delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, terá que explicar no Parlamento galego por que \"alentou a tese do atentado\" como causa do accidente ferroviario rexistrado en Angrois, en que morreron 79 persoas. Así llo demandan os grupos parlamentares de BNG e AGE, que reclaman conxuntamente a súa comparecencia para que aclare por que nas horas inmediatamente posteriores ao accidente \"formulou nas súas manifestacións públicas a hipótese de que se podería tratar dun atentado\", hipótese que mantivo incluso cando o ministerio de Interior xa a desbotara e os primeiros dados permitían tamén descartala. Segundo BNG e AGE, este comportamento é \"impropio\" dun representante político, subliñando que as valoracións dunha catástrofe que saian por boca do máximo representante do Goberno español na Galiza \"non se poden fundamentar en simples conxeturas ou presuncións, moito menos cando non existía ningún indicio que avalase esta tese\". Que Feijóo explique as condicións de seguridade da rede ferroviaria galega Os dous grupos parlamentares reclaman tamén de maneira conxunta a comparecencia na Cámara galega do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que explique o funcionamento dos protocolos e operativos de emerxencias despregados na noite do sinistro, así como as condicións de seguridade que afectan á rede ferroviaria galega. Así as cousas, AGE e BNG queren saber por que o nível de alterta 2 demorou \"máis de dúas horas\" en ser activado e a que se deberon os \"numerosos\" fallos de coordinación e a \"carencia\" de material que denunciaron @s profesionais. Aliás, entenden que Feijóo debe aclarar por que o sistema ERTMS non funcionaba malia estar instalado, por que non era compatíbel co Alvia --o comboio sinistrado-- ou como é posíbel que a desaceleración de 200km/h a 80km/h nun tramo moi curto do traxecto \"dependa unicamente do maquinista\"."}
{"ID": "NOS_50713", "summary": "Unha historia perturbadora e emocionante ao mesmo tempo, non apuntalada sobre os xiros de guión, senón sobre as consecuencias dos actos.", "text": "O escritor William Lindsay Gresham estaba afiliado ao partido comunista pouco antes de enrolarse co bando republicano na Guerra Civil española. Alí escoitou varios relatos que marcaron toda a súa obra. Un dos doutores contaba como o alcoholismo o levou a traballar nunha atracción de feira pola que a xente pagaba por ver como gateaba a catro patas sobre o seu propio excremento ou mordía cabezas de polos vivos, entre outras accións degradantes. Este relato en concreto inspirou a máis famosa das súas novelas: Nightmare Alley, levada ao cinema un ano despois da súa publicación no filme homónimo de 1947 protagonizado por Tyrone Power e Joan Blondell. A canella das almas perdidas (Nightmare Alley) / Guillermo del Toro / EUA-México-Canadá / 2021 / 150 min. A parella formada por Guillermo del Toro e Kim Morgan non escribe un remake daquela, senón que adaptan a novela directamente. Malia ser unha historia escura chea de misterio, o director mexicano cínguese á trama prescindindo de calquera elemento fantasmagórico ou fantástico e así poder centrarse na prestidixitación, no engano, poñendo as cartas sobre a mesa desde o principio. Non por iso prescinde de efectos especiais, que os hai e, como sempre, están a un altísimo nivel, pero en A canella das almas perdidas xogan ao servizo da trama. A cousa vai dun buscavidas (Bradley Cooper) cun pasado turbio que cae nunha feira ambulante pouco antes do estalido da II Guerra Mundial. Alí sente unha fascinación inmediata por unha moza (Rooney Mara) que desencadea a atracción eléctrica de Tesla. Mentres lle fai as beiras, aprende os trucos e segredos para ser un mentalista infalíbel. Cando pensa que ten o espectáculo mental dominado, o buscavidas promételle o ouro e o mouro á moza e foxen da feira. Até aquí o primeiro acto. O segundo e terceiro corresponden ao auxe e caída aos infernos do protagonista. Unha historia perturbadora e emocionante ao mesmo tempo, non apuntalada sobre os xiros de guión, senón sobre as consecuencias dos actos. Isto impregna dun aire clásico que encaixa á perfección coa época na que se desenvolve a historia. Nos últimos anos semella case imprescindíbel que nos estean sorprendendo cada cinco minutos, mais del Toro prefire poñer o foco en como se vai fraguando o descenso ao máis escuro da alma humana. Filme de autor con aroma a cine clásico, brillante no estilo e cun elenco impresionante no que tamén destaca o deseño de produción, o vestiario e os decorados, xunto coa dirección de fotografía de Dan Laustsen, xa indicado ao Oscar por A forma da auga e habitual na filmografía de Guillermo del Toro. Atención á secuencia final."}
{"ID": "PRAZA_3107", "summary": "A vista oral pola morte de 43 persoas en 2006, nun sinistro con semellanzas que facían evitable o de Santiago de 2013, comeza o próximo luns 27 e durará seis meses", "text": "A vista oral pola morte de 43 persoas en 2006, nun sinistro con semellanzas que facían evitable o de Santiago de 2013, comeza o próximo luns 27 e durará seis mesesO próximo luns 27 de xaneiro, 13 anos e medio despois do accidente do Metro de Valencia que custou a vida a 43 persoas, comezará o xuízo contra oito ex-directivos da entidade encargada de xestionar os ferrocarrís da Generalitat Valenciana. A vista oral prolongarase durante seis meses e entre os preto de 300 comparecentes que están previstos figura, para a sesión número 48 do xuízo e como perito xudicial experto en infraestruturas ferroviarias, Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade na Circulación de Adif e que está imputado polo accidente de Angrois, xunto co maquinista, por non avaliar como fixaba a normativa o risco de despistes como o que sufriu o condutor que existía nesa curva de Santiago.Nin en Valencia nin en Santiago había sistemas automáticos que freasen os trens se os maquinistas non o facían e malia que as administracións insisten en que non eran obrigatorios a Xustiza discrepaO accidente do Metro de Valencia ocorreu o 3 de xullo de 2006 cando un convoi descarrilou a uns 80 quilómetros por hora nunha curva limitada a 40 provocando 43 mortes, entre elas a do maquinista. O de Santiago sucedeu o 24 de xullo de 2013 cando un tren Alvia descarrilou a uns 180 quilómetros por hora nunha curva limitada a 80 provocando 81 mortos, pero aquí salvouse o maquinista, que admitiu que se despistara e non freara a tempo.Nos dous casos non había activo ningún sistema automático de control da velocidade que frease os trens se os maquinistas non o facían, e malia que as administracións responsables das dúas infraestruturas insistiron en que non o obrigaba a normativa e que eran os condutores os únicos responsables de respectar a velocidade en cada punto das respectivas liñas, a Xustiza vén discrepando. Á espera do que poidan resolver os respectivos xuízos, os autos xudiciais das instrucións dun e doutro caso reflicten numerosas semellanzas entres os dous sinistros que evidencian que, tras ocorrer o primeiro en 2006, o segundo de 2013 puido ser evitado.Nas súas peritaxes en Valencia Cortabitarte vén exculpando á administraciónNo accidente do metro foi nomeado no seu momento perito xudicial Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade na Circulación de ADIF. Á espera do que poida agora declarar verbalmente no xuízo, as súas anteriores comparecencias e peritaxes nesa causa exculparon á administración dicindo que o sinistro non era previsible. Posteriormente Cortabitarte foi imputado pola suposta omisión dos seus deberes no accidente de Santiago. Malia actuar como perito en Valencia antes do sinistro de Santiago, non só non tomou medidas no seu posto en Adif para evitar que se producise o segundo accidente senón que el mesmo autorizou a Renfe para que desconectase a bordo dos trens Alvia o sistema de control constante da velocidade que evitaría o sinistro e que permaneceu avariado durante meses.A Fiscalía pediu en fases previas que non se tivesen en conta as peritaxes de Cortabitarte por falta de independencia pero a Audiencia de Valencia remitiu a decisión ao xuízo oral que agora comezaA imputación de Cortabitarte en Santiago fixo que a Fiscalía pedise en Valencia que se rexeitase a súa peritaxe alí por falta de independencia, pero a Audiencia Provincial de Valencia rexeitouno dicindo que iso é algo que non se debía decidir naquelas fases previas da instrución senón no xuízo oral que agora comeza, 13 anos e medio despois do accidente e con oito ex-directivos no banco dos acusados. Neste tempo, ademais, Cortabitarte librouse hai ano e medio de ser xulgado por outro accidente cun maquinista morto en Arévalo en 2010 pola aplicación da denominada doutrina Botín, ao non ser acusado nin polo fiscal nin pola acusación particular senón só pola acusación popular do sindicato de maquinistas Semaf. Mentres, no caso do accidente de Angrois, con Cortabitarte e o maquinista como únicos imputados, a investigación continúa acumulando demoras seis anos e medio despois do sinistro."}
{"ID": "NOS_54421", "summary": "Tres federacións responsabilizan o goberno galego dunha implantación \"precipitada\" e \"improvisada\".", "text": "Esta terza feira arrancaba o novo plan de transporte por estrada da Xunta e para as tres federacións que representan a gran maioría do sector, foi un inicio con \"innumerábeis problemas e inconvenientes\", do que responsabilizan o goberno galego por unha implantación \"precipitada e improvisada\". Esta terza deixan de estar en vigor as anteriores 580 concesións ás que renunciaron as distintas empresas. Anetra, Fegabús e Transgacar, que representan 90% do sector, afirman que as persoas usuarias tiveron que soportar horarios \"irracionais\" en moitos servizos, así como falla de información sobre as novas rutas. O plan suprime paradas e horarios tradicionais en diferentes zonas. Afirman que houbo contratos que foron asinados esta mesma segunda feira e denuncian que non hai unha web ou punto de información centralizado onde as persoas horarias poidan enterarse das novidades e consultar novos horaios e liñas. Para as tres federacións, o plan foi elaborado de forma precipitada, á marxe do sector e iso ten consecuencias. Ademais, tamén se denuncia que non se está cumprir coa acordada subrogación de traballadores e traballadoras, o que supón un novo punto de conflito. A CIG acusa UTE) de Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez de se negar a subrogar 15 traballadores na Mariña no marco do novo plan de transporte. A liña regular por estrada da Mariña-Viveiro-Ribadeo encargábase Arriva Noroeste, pero a citada UTE fíxose coa adxudicación sen asumir a totalidade do persoal subrogábel."}
{"ID": "NOS_13759", "summary": "Na factoría da Coruña", "text": "O Xulgado do Social número 1 da Coruña condenou Alu Ibérica por lesionar o dereito fundamental á liberdade sindical na súa vertente do dereito á folga, após estimar os argumentos dos sindicatos CCOO, UXT e CIG e do comité de folga após a convocatoria da mesma o pasado 26 de decembro polo despedimento dunha compañeira. Na sentenza, que se pode recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), ordénase \"o cesamento inmediato do comportamento vulnerador dos dereitos fundamentais conculcados pola parte demandante, permitíndose ao comité de folga o acceso ao centro de traballo a fin de poder exercer todas aquelas funcións e obrigacións que lle son propias\". Ademais, condena á demandada a abonar a cada un dos sindicatos demandantes e cada un dos membros do comité de folga unha indemnización por importe de 6.250 euros \"como resarcimiento polos danos e prexuízos provocados por tal actividade vulneradora de dereitos\". Entre outros argumentos, a sentenza sostén que está acreditado que a demandada \"impediu\" o exercicio dos seus dereitos \"a todos os membros do comité de folga, xa que desde o día 26 de decembro de 2020 dá ordes expresas para impedir que ningún dos seus integrantes poidan acceder ao centro de traballo e aos locais sindicais, sen que se atope xustificado o seu proceder\". Para iso, remítese ao manifestado en xuízo polo inspector actuante neste caso. \"Intromisión\" Da actuación da empresa, indica que \"constitúe unha intromisión ilexítima do dereito de folga e frustra as lexítimas expectativas que son inherentes a esta medida de conflito colectivo avocando aos demandantes á interposición dunha demanda\". O despedimento do presidente e de varios membros do comité de empresa de Alu Ibérica marcou un punto de inflexión na búsqueda dunha solución á situación que vive a fábrica da antiga Alcoa na Coruña. Nesa lila. a pasada seta feira os secretarios xerais da CIG, CCOO e UXT anunciaban o inicio dunha voaga de mobilizacións e unha \"gran manifestación\" na cidade da Coruña para o vindeiro día 27 de marzo."}
{"ID": "NOS_25985", "summary": "A Asemblea Nacional debate esta terza feira a Lei Khomri que Hollande ameaza con aprobar vía decreto.", "text": "Máis unha xornada de mobilizacións na Franza, e van unha ducia delas nos últimos catro meses. Desde que o goberno de François Hollande iniciou o proceso parlamentar para a aprobación da reforma laboral, coñecida como Lei Khomri, organizacións sindicais e estudantís para alén do movemento Nuit Debout manteñen protestas e greves sectoriais como mostra de rexeitamento e oposición popular. En París foron despregados 2 mil efectivos policiais Esta terza feira (5 de xullo) e coincidindo co debate parlamentar da reforma, volven saír ás rúas en Paris, Tolouse e Nantes entre outras cidades. Neste senso, só na capital francesa despregáronse por volta de 2.000 efectivos policiais. Porén, a oposición á lei Khomri non se atopa unicamente nas rúas. Nas propias ringleiras do Partido Socialista francés existen voces contrarias a unha medida que, entre outras cuestións, deixa en mans das empresas a fixación dos salarios e das condicións laborais das traballadoras e traballadores. Un dos puntos quentes da proposta. Hollande ameaza con aprobar por decreto a reforma se non consegue o apoio parlamentar Pola súa banda, a dereita francesa tampouco gosta da iniciativa. Ora ben, pola consideraren frouxa. De non saír adiante na Asemblea Nacional, Hollande prevé a súa aprobación através dun decreto lei. As organizacións sindicais xa anunciaron que manterán un encontro na cuarta feira (6 de xullo) para acordar as accións que adoptarán de saír aprobada. Neste senso, advertiron de que este verán \"haberá sorpresas\"."}
{"ID": "NOS_34289", "summary": "A parlamentar de En Marea no Congreso xa esgotara o límite de mandatos estabelecido nos estatutos da organización. Solla encabeza a única lista á asemblea nacional da formación esquerdista, que se vai realizar o 3 de xuño en Compostela.", "text": "Vicepresidenta segunda do Parlamento galego e secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla (Vigo, 1984) vai relevar Yolanda Díaz como referente orgánico de Esquerda Unida ao encabezar a única candidatura que obtivo os avais precisos para concorrer á Asemblea Nacional da organización, axendada para o 3 de xuño. No conclave, convocado baixo a lenda xenérica de A Forza das Ideas, vanse debater e votar os documentos políticos e organizativos, o informe de xestión e a tese estatutaria. As votacións vanse realizar con carácter previo á asemblea presencial a meio de sistemas telemáticos -o web da organización ou unha aplicación para dispositivos móbeis. Esta quinta feira, en conferencia de imprensa, Eva Solla reafirmou a \"aposta inequívoca\" de Esquerda Unida pola \"unidade popular\", embora enfatizase que esta ten de ser \"real\" e o máis participativa posíbel. Nese sentido, o secretario de Organización saínte, Rubén Pérez, advogou por que \"En Marea retome o camiño horizontal de inicio\", en liña coas críticas verquidas días atrás por Yolanda Díaz á nova maioría da organización, a liderada por Luís Villares. Díaz criticou o ex xuíz por pactar con Queremos Participar, a corrente encabezada polo parlamentar Davide Rodríguez, e Somos Quen, a nucleada arredor de Cerna, e por \"excluír\" sensibilidades como a da propia Esquerda Unida, a Marea Atlántica e sectores de Anova e Podemos. Rubén Pérez avanzou que na asemblea nacional están chamados a participar por volta de 250 persoas delegas eleitas nas diferentes organizacións locais e comarcais."}
{"ID": "PRAZA_133", "summary": "A comisión de Medio Ambiente da Eurocámara vota este mércores o primeiro informe sobre o regulamento que prohibirá as redes de deriva, nas que a Comisión incluíu inicialmente o xeito por mor da información serodia de Xunta e Goberno central.", "text": "Exame en Bruxelas. O centenario sector pesqueiro do xeito ten este mércores na capital comunitaria a primeira das cruciais votacións que definirán, en última instancia, se pode seguir existindo. A comisión de Pesca do Parlamento Europeo terá sobre a mesa o relatorio elaborado polo eurodeputado italiano Marco Affronte sobre o futuro regulamento que prohibirá o uso nas augas comunitarias das redes de deriva, unha arte de pesca agresiva para o medio ambiente na que, por mor da información serodia dende os gobernos galego e central, a Comisión Europea incluíu tamén ao xeito. Tras o encontro mantido co sector o pasado decembro a instancias do BNG o propio Affronte é partidario de que o veto non afecte a este sector tradicional de Galicia, se ben a súa aposta debe ser ratificada polos membros do organismo parlamentario. Mentres, a Xunta segue tentando paliar os efectos do seu xeito inicial de proceder. Como xa lles avanzara aos propios xeiteiros, no seu texto Affronte indica que a posibilidade de que non haxa \"ningunha posibilidade de excepción, como propón\" o Executivo comunitario, \"resulta desproporcionada\" porque \"podería ter repercusións negativas para algunhas comunidades costeiras locais\" e \"prohibir inxustificadamente a pesca artesanal sostible\". Así as cousas, o parlamentario, pertencente ao Movemento Cinco Estrelas, propón \"permitir aos Estados que non apliquen a prohibición total e permiten a continuidade de determinadas actividades actuais de pesca\" durante \"un tempo determinado\" mentres \"recollen datos\" que permitan concluír se son prexudiciais para o medio ambiente ou, como o xeito, non o son. Miranda defende, a través de Bildu, emendas para que \"a prohibición non afecte a artes sostibles como o xeito\" Ademais dese texto con alusións máis ou menos xenéricas ás posible excepcións a Eurocámara votará tamén as seis emendas presentadas pola voceira do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, a través do eurodeputado de Bildu, Josu Juaristi, co obxectivo de tentar que o xeito fique explicitamente fóra do veto. Así, nesas achegas Miranda sinala que na \"pesca da arte menor do xeito\" non se \"producen capturas incidentais\", isto é, non se atrapan especies protexidas como tartarugas ou golfiños. Asemade, tentará que quede escrito que \"a prohibición non afectará ás artes sostibles como o xeito, regulado por normativa en competencias exclusivas de ordenación pesqueira, como no caso da Galiza, que posúe competencias propias en materia de regulación das artes menores da pesca e do marisqueo\". A votación definitiva en pleno realizarase na contorna do mes de abril A aprobación destas emendas e doutras, como na que o PP pide a retirada do texto por \"carecer de base científica e poñer en perigo a actividade\" con \"redes de deriva de modo sostible\", ou na que Podemos reclama que \"queden exentas da prohibición\" as \"pesquerías a pequena escala que utilizan métodos tradicionais\", facilitarían o camiño para a supervivencia do xeito, cuxo próximos exames se realizarán a finais de marzo na Comisión de Pesca da Eurocámara e, na contorna do mes de abril, no plenario do lexislativo europeo. A proposta debatida en pleno será a que sexa enviada á Comisión e ao Consello Europeo -os Estados membros-, de onde sairá o regulamento definitivo. Feijóo, a Bruxelas o día 2 Así as cousas, a nacionalista Ana Miranda manifesta o seu optimismo a respecto do apoio ao xeito por parte do Parlamento Europeo e tamén dende a Comisión. Esas boas perspectivas chegan despois de que o propio comisario de Pesca, Karmenu Vella, confirmase a pasada semana que valora a posibilidade de excluír o xeito desa prohibición xeral e que o fai grazas á información que os xeiteiros ofreceron na súa visita á capital da Unión Europea. Para Miranda a estas alturas do proceso está máis que \"confirmado\" que \"antes desa visita da delegación organizada polo BNG a Comisión carecía da información necesaria porque nin o Ministerio de Pesca nin a Xunta lla facilitaron\". A Comisión ratifica que valora non prohibir o xeito grazas á información fornecida dende o propio sector Neste contexto será no que, por primeira vez dende o inicio do conflito, se produza a primeira intervención directa do presidente da Xunta. Segundo confirman fontes da Comisión Europea consultadas por Praza Pública o vindeiro día 2 de febreiro Alberto Núñez Feijóo reunirase en Bruxelas co comisario Vella. Mentres, dende Compostela, o Goberno galego defende que non participou no trámite de alegacións do proxecto de regulamento porque non tiña que facelo e, ao mesmo tempo, o voceiro do PPdeG en materia pesqueira, José Manuel Balseiro, pídelle á Xunta a través do parlamento unha copia desas alegacións que, confirma a UE, non existiron."}
{"ID": "NOS_4419", "summary": "Ocasión única para gozar de rock do bon desde a exuberancia dos Herdeiros da Crus e a diplomacia bravú do lendario combo de Xurxo Souto até o toque punk de Marky Ramone, o único supervivente da mítica banda.", "text": "Sábado. Malpica de Bergantiños. Nordestazo rock. Con Herdeiros da Crus, Marky Ramone (único membro en activo do mítico grupo The Ramones, do que foi batería), Os Diplomáticos de Monte Alto, Bastards, Agoraphobia, Blunk. A sesión vermú, por volta das 15 horas, acollerá os directos das bandas The Phantom Dragsters (Ourense), True Mountais (Viveiro) e Serj (Vimianzo). Haberá tamén degustación en foodtrucks ou clases de surf e un concurso de maquetas. Lalín. Pazo de Liñares. 20.30 horas. Estrea da obra musical Alba de Gloria, de Rogelio Groba, peza tributo a Castelao. Coa Orquestra de Cámara Galega. Toda a fin de semana Pontevedra. Exposición Meu Pontevedra. Castelao 1916-1936. No Museu de Pontevedra (sexto edificio, rúa Padre Amoedo 3). Estará aberta até o 11 de setembro."}
{"ID": "NOS_26285", "summary": "O colectivo Interior Galego Vivo denuncia o \"continuísmo\" do proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022. \"Para o rural significa afondar na discriminación e na falta de investimentos\", advirte. Pon de manifesto, ademais, que as liñas de axuda para a reserva da biosfera na Ribeira Sacra, procedentes dos fondos Next Generation, beneficiarán axentes externos e favorecerán a xentrificación.", "text": "Interior Galego Vivo advirte de que os orzamentos galegos para 2022 prevén 6,4 millóns, procedentes dos fondos da UE Next Generation, para a área de rehabilitación integral (ARI) da Ribeira Sacra e para a reserva da biosfera. O colectivo advirte de que estas axudas \"beneficiarán axentes externos e non a poboación local, favorecendo con este modelo a xentrificación e a especulación coa vivenda en aldeas moitas veces xa case practicamente baleiras\". Tamén cualifica como \"cativo\" o cofinanciamento para o servizo de atención ao fogar e para escolas infantís. Aseguran que este modelo \"obriga a concellos que perden poboación e recursos a achegaren cada vez proporcionalmente maiores recursos\". O Plan de acción da paisaxe só contempla 13.211 euros por concellos para instalar sinaléctica Critica o colectivo a ausencia de política industrial, \"centrando os exiguos investimentos no turismo\", así como a ausencia do plan para o porto seco, \"no capítulo de infraestruturas a Xunta repite un ano máis a partida para os accesos do Porto Seco coa N-120 (750.000 €), sempre sen executar\". \"Unha vergoña que mostra o desleixo das administracións con Monforte e a súa comarca, dado que a Xunta non conta cun proxecto integral de desenvolvemento industrial para a zona sur, que debe ir parello á modernización ferroviaria e impulso ao taller de Renfe\", expón Interior Galego Vivo nun comunicado de prensa. Ademais de advertir de que o Plan de sustentabilidade turística non chega a proxectos da mocidade nin favorecen investimentos que fixan poboación, denuncia que o Plan de acción da paisaxe só contempla 13.211 euros por concellos para instalar sinaléctica. A aposta polas \"macrorresidencias\" de maiores, a falta de investimentos en materia sanitaria e a falta de partidas por concellos como Laza, Xinzo, Manzaneda, Chandexa de Queixa, Chantada, Samos, Quiroga, Trives, Sober, Vilalba, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao... son outras das denuncias que formula a entidade. O colectivo lamenta que o proxecto de contas de 2022 non conte con proxectos de importancia para o seu ámbito territorial. \"Non existen liñas transformadoras nin tractoras de cara á integración das axudas europeas para saír dunha estrutura económica cada vez máis dependente e pauperizada\", denuncia. Interior Galego Vivo defende \"unha fiscalidade rural\" e a reforma do financiamento local, e empraza a Xunta a \"estar realmente ao servizo das galegas e galegos que viven, manteñen e producen no medio rural\"."}
{"ID": "NOS_48682", "summary": "Centenario das Irmandades da Fala, entrevistamos Antón Sánchez (Anova), explicamoso o inxusto do financiamento local imposto polo goberno central... Todo isto e máis xa na nosa loxa.", "text": "Máis un número máis do semanario Sermos Galiza, o 196. Un número no que adicamos un protagonismo especial ás Irmandades da Fala, de cuxa creación se fixeron 100 anos este 18 de maio. O noso suplemento 'A Fondo' aborda polo miudo a presenza feminina nas Irmandades, para alén da entrevista que no propio semanario facemos o ensaísta Emilio Ínsua, que vén de publicar 'A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)'. \"Foron o primeiro cerebro colectivo do país\", dinos a respeito das Irmandades. Un modelo inxusto A posición maioritaria entre o municipalismo é contraria ao modelo de financiamento local do Goberno central, considerado como agravante dunha discriminación histórica cos concellos do país. Tratámolo en 'Concellos sen financiamento', reportaxe na que contamos como os 314 concellos galegos deixaron de ingresar polo menos 1.376 millóns desde 2004, segundo cálculos realizados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). 'Xentes de aquí e de acolá tiran da lingua co gallo do Día das Letras', a nosa reportaxe sobre a multitudinaria manifestación do 17 de maio convocada por Queremos Galego. \"Chámome Raquel, son de Marín mais levo aquí [Compostela] seis anos vivindo. Son neofalante. Comecei hai tres anos [a falar galego] e tomei a decisión nesta manifestación\", coméntanos unha das participantes cuxo voz recollemos neste número. Premio ao xornalismo cultural do Sermos Recollemos tamén neste número o premio ao xornalismo cultural que na I Gala do libro galego se concedeu a Sermos Galiza. Por vez primeira, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galiza e a Asociación Galega de Editores convocaron os premios de maneira conxunta. Xoán Costa, presidente do Consello de Administración, recolleu o premio -unha escultura de Francisco Pazos- e agradeceu o recoñecemento ao labor \"dun diario e dun semanario de intereses galegos, intereses que son os que están detrás desta gala\". Antón Sánchez. Entrevistamos Antón Sánchez (Alicante, 1974), deputado e coordenador nacional de Anova. \"Na Galiza En Marea vai estarlle disputando a hexemonía ao PP. Creo firmemente niso. Polo tanto, a correlación de forzas aquí na Galiza non vai ter nada a ver coa que houbo no Estado o 20D. Nós antes de xogar o partido non renunciamos a nada\". Tamén falamos nas páxinas do semanario adicadas da contundente resposta de Ana Pontón á proposta de Carolina Bescansa de facer unha mesa polo cambio na Galiza. A líder do BNG subliña que desde o 20D Podemos antepuxo os seus intereses partidistas aos desexos sociais de desaloxar Rajoy da Moncloa. O director do Instituto galego de análise e documentación internacional (Igadi), Xulio Ríos, reflexiona neste número sobre \"a descalcificación da acción exterior de Galiza\". A proxección do noso país cara a fóra foi a menos nos últimos anos. En 'Unha República catalá fóra da OTAN, a UE e o euro?' A plataforma Constituïm presentou publicamente un borrador para a Constitución da Catalunya independente. A destitución temporal de Dilma Roussef, baixo a forma de golpe parlamentar, serve para impor o retorno ao neoliberalismo. O novo Goberno golpista prepara un duro pacote de recortes sociais e pretende mudar o papel que o Brasil estaba a xogar a nivel rexional e internacional. A esquerda brasileira chama a combater o golpe con mobilización e corrixindo a deriva posibilista dos últimos anos de Goberno do PT. 'Os oligarcas toman o poder e suspenden a democracia 180 días'. Sete anos de Gobernos de Núñez Feijóo, dúas lexislaturas durante as que o paro aumentou na Galiza o duplo que a media estatal. Sete anos nos que o número de persoas no desemprego pasou de 167.000 a 227.900 e nos que se destruíron máis de 150.000 postos de traballo. Oito voces axúdannos a entender a magnitude desta traxedia. Falamos con economistas e sindicalistas sobre 'Sete anos de Feijóo: a realidade dun país parado'. E en Análise abordamos 'Bolsas de pobreza e exclusión social'. 'Losada: o mentor na sombra' é a achega que nos fai Justo Beramendi. Mario Regueira en 'O océano nunha cunca' debulla a Antoloxía poética de Manuel María (Escolma de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela). Na crítica de cinema, Andrés Castro cóntanos de 'Turbo Kid'. Olalla Ledo, de por parte, fálanos dunha cuta que navega pola rede, 'Lorchos e fanecas'. Da man de Xurxo Souto descubrimos Pelepau, unha orquestra de percusión coa cor do tamboril. Paula Mariño lévanos á Pinacoteca Fernández del Riego, en Vigo. E da man do Colectivo Xea percorremos 12 km nunha ruta por un Lugar de Importancia Comunitaria: Veigas de Ponteliñares. E aínda máis: banda deseñada da man de Alfonso Barreiro, o traballo do Fervedoiro para recuperar Xohán Xesús González e a selfie.entrevista a Borxa Tenreiro, gañador do premio a artigos nornmalizadores do Concello de Carballo."}
{"ID": "NOS_33188", "summary": "O Ministerio de Defensa e o Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento da Defensa levan uns anos tentando desfacerse de bens de todo tipo na Galiza. Malia os esforzos, a maioría dos procedementos quedaron desertos. O último terreo que estaba anunciado foi dos poucos capaces de captar a atención dalgún comprador.", "text": "O Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento da Defensa (Invied), un organismo creado polo ministerio para desfacerse de centos de propiedades inutilizadas e facer caixa, está a fracasar no seu intento de dar saída á bolsa de bens dos que dispón na Galiza. Malia que a última oferta que lle quedaba activa, a do campo de tiro de Bando, preto de Santiago, saíu ben e obtivo 982.286,20 euros en primeira poxa estes días, moitos outros terreos foron retirados por carecer de interese para os compradores. Defensa posúe vivendas, locais, garaxes e terras por toda a nación e xa hai uns anos que comezou unha nova vaga de ofertas inmobiliarias para tentar vender espazos que non entran nos seus plans. Do que saíu ao mercado, apenas tivo cambio de mans algunha propiedade. Moitas foron polémicas e quedaron sen mercar pola oposición cidadá. O último intento de conseguir diñeiro –no futuro sairán novos solares á venda pois, por exemplo, o ministerio xa confirmara que pretendía desfacerse dunhas instalacións abandonadas no polígono da Grela, na Coruña– e a excepción que confirma a regra foi a poxa pública do campo de tiro de Bando, pola que se abriu un único sobre cunha oferta este 21 de xullo. Case un millón de eurosA finca en cuestión ten 901.180 metros cadrados e pedíronse por ela, en primeira instancia, 982.286 euros. \"As construcións da zona de vida do antigo acuartelamento e campo de tiro foron, na súa maioría, eliminadas e as que quedan están en ruína\", indican no Invied. Engaden que os camiños \"interiores están inutilizados pola vexetación que os cobre case na totalidade\". \"A propiedade adxudicouse provisionalmente en primeira poxa\", confirmaron fontes de Defensa a este xornal. Porén, \"a tramitación exixe o informe favorábel da asesoría xurídica do Invied O.A. para que o director xerente acorde a aprobación e adxudicación definitiva\". Non indicaron quen foi a persoa ou empresa interesada. A pesar deste acordo, a realidade é que o resto da campaña inmobiliaria impulsada desde Madrid non saíu como se esperaba. En Ferrol, A Coruña e outras localidades quedaron desertas as distintas poxas e tamén os procesos de venta directa. Polémicas e burocraciaFoi o caso dun solar no número 24 da rúa Adelaida Muro da Coruña. Non houbo ofertas nin cando o prezo se rebaixou a 1,4 millóns de euros e, debido á localización, parece que foi a presión pública a que impediu que saíran interesados para promover vivendas. \"Quedou deserto na cuarta poxa o 7 de febreiro de 2019. Estivo en venta por adxudicación directa até o 7 de febreiro de 2020\", confirman en Defensa. En onde avanzan que \"está en estudo a tramitación dunha nova subasta, que exixe nova taxación e pregos\". \"Se outras propiedades non están en adquisición directa é previsíbel que estean na mesma situación que o solar da referencia\", inciden. Desde o Invied aclaran que cando rematan os tempos das poxas e para facer ofertas hai que reiniciar a burocracia. Mais o brazo inmobiliario de Defensa non se rende."}
{"ID": "PRAZA_1923", "summary": "Se prezamos a paz, a liberdade e a soberania, se de verdade somos quem de nos ponher na pel de todos os que padecem a guerra e a injustiça, nom deveríamos calar ante as impunes rotinas do crime, contra a institucionalizada vontade do imperialismo imposta pola força.", "text": "No momento da fundaçom da OTAN, um senador norte-americano, Tom Connally assegurou que o seu tratado de constituiçom nom instituía umha aliança militar, senom umha uniom contra a guerra mesma, e mesmo assegurou que se tratava do \"oposto dumha aliança militar\". Kissinger reconhece no seu livro \"Diplomacia\" que nengum estudante de história aprovaria de realizar essa mesma valoraçom, e que em poucas ocassons as alianças militares nomeiam os países contra as que se dirigem, senom que descrevem as condiçons que explicam a sua conformaçom. Era innecessário ponher nome ao inimigo quando este era tam bem conhecido -e formidável- mas a OTAN, instrumento privilegiado do imperialismo estado-unidense, nom só nom dessapareceu trás o sumiço do seu principal rival, senom que ampliou os seus associados, as suas funçons e os seus espaços de actuaçom. Só aplica a liçom de realismo político que os atenienses ensinaram aos melios no 416 a.C. sobre as razons do direito quando nom existe igualdade -\"os dominadores imponhem o possível e os débis sometem-se\"-, umha ensinanza repetida incessantemente na história e que Clausewitz resumiria ao definir a guerra como um simples acto de violência que obriga ao inimigo a se submeter à vontade alheia. No entanto, mudou notavelmente a retórica justificativa. A guerra contra o terrorismo, as revoluçons de cores, o direito de intervençom humanitária, a defesa da democracia, som algumhas das fibras do imperialismo militar contemporáneo. A linguagem retorce-se mas o legado som as maiores crises da história recente, a realidade que apenas podemos reter entre a avalancha de informaçom diária: massacres contra as povoaçons civis e toda caste de crimes de guerra; milhons de refugiados externos, que pelejam depois contra as cínicas fronteiras, leis e polícias dos seus agressores para atopar umha guarida; violência geralizada e sectária; desmantelamento dos Estados e as instituçons sociais prévias; espólio dos recursos naturais e materiais, extremadamente ricos, por medio de máfias e oligarquias, mesmo teocráticas; destruiçom da cultura, património e memória histórica dos países atacados. E o próximo inimigo já tem nome. A inminente ofensiva da Aliança Atlántica vai-se desenvolver em Sorotan, que nom é membro da aliança mas enfrenta-se a problemas internos e à ameaça dum Estado vizinho mais poderoso. Neste pequeno país de Cerasia dilucida-se um conflito entre Kamon e Lakuta, que tem a sua origem no control dos acuíferos e da água, devido à desertizaçom, ao desecamento dos aquíferos e em última instáncia ao cámbio climático. Segundo a OTAN, Lakuta rejeita a arbitragem internacional, polo que se fai preciso enviar quase 40.000 militares para invadir o Sorotan. E o próximo inimigo já tem nome. A inminente ofensiva da Aliança Atlántica vai-se desenvolver em Sorotan, que nom é membro da aliança mas enfrenta-se a problemas internos e à ameaça dum Estado vizinho mais poderoso O país e o conflito som fictícios, mas nom os tambores de guerra, os disparos dos fuzís ou os passos dos soldados. Entre o 28 de setembro e o 6 de novembro, mais de 30.000 militares participarám da operaçom Trident Juncture em três Estados do sul de Europa, o espanhol, Portugal e a Itália. Estas manobras, o maior exercício militar em décadas, involucrarám a máis de 24.000 militares, mobilizarám maquinária militar por terra, mar e aire, empregarám armamento real e terám uma alta visibilidade. A OTAN deixa claro, mesmo nos seus treinamentos, que nom pretende só defender os seus membros de eventuais agressons, senom defender os seus interesses lá onde estejam em jogo. A narrativa é parte fundamental desta guerra, e a OTAN preocupa-se de enfatizar o seu compromisso com os direitos humanos, o papel de agressor dum terceiro Estado e a violaçom do direito internacional, mesmo com a inevitável cumplicidade de diversas ONG's convidadas a participar na operaçom. Este cenário de crise, que pretende provar a Força de Reacçom da OTAN (NRF), tem muito en conta tanto a posiçom geoestratégica russa, e eventualmente a chinesa, como a situaçom no sul do Mediterráneo e outros cenários como a Síria e Irám, a área do Sahel ou o golfo de Guiné. O governo de Madrid, com quatro bases norte-americanas desde os 50, está a reforçar nos últimos anos os seus compromissos com a aliança à que pertence desde 1982, e com a que colabora em operaçons em Afeganistám, Líbia, Iraque, Kosovo, no Báltico -com caças nas proximidades de Rússia- ou na fronteira síria com o desplegamento de míseis balísticos, ademais de comprometer-se a instalar novos centros de operaçons aéreas e terrestres em Torrejón e Bétera. Assim, Espanha pretende incrementar a sua achega militar e financeira a este bloco militar, em contraste com o maior recurte experimentado em servizos sociais, em educaçom ou sanidade -a OTAN aspira a que os Estados membros aumenten o seu orçamento de defesa até un 2% do seu PIB, o que representaria duplicar o gasto espanhol. Queiramos ou nom, somos já parte desta guerra global e permanente, e mesmo a Brilat, com base em Figueirido, terá um papel na Trident Juncture. A reacçom popular contra a guerra do Iraque há mais dumha década nom chegou a questionar a existência da OTAN e a continuidade do seu longo historial de ingerência e agressom A reacçom popular contra a guerra do Iraque há mais dumha década nom chegou a questionar a existência da OTAN e a continuidade do seu longo historial de ingerência e agressom. Polo contrário, esta aliança arvora-se o direito de atacar em qualquer país do mundo, com escusas mínimas de fabricaçom de conveniência. A invasom do Sorotan prefigura as guerras e as vítimas reais do futuro. Lakuta, agressor punido, é só a metáfora precisa: um país que nom existe porque pode ser qualquera; um Estado que nom conhecemos, que nom situamos nem no mapa nem em continente algum polo momento, do que nom sabemos nada em realidade, mas que rapidamente se transforma em inimigo ante o que toda resposta é sempre moderada. Se prezamos a paz, a liberdade e a soberania, se de verdade somos quem de nos ponher na pel de todos os que padecem a guerra e a injustiça, nom deveríamos calar ante as impunes rotinas do crime, contra a institucionalizada vontade do imperialismo imposta pola força."}
{"ID": "PRAZA_1511", "summary": "O BNG, xunto outros partidos do grupo mixto e Izquierda Plural, rexistran no Congreso unha iniciativa para que o Goberno permita procesalos ou extraditalos. Carlos Slepoy, avogado da demanda en Arxentina, lembra que o Estado incumpre resolucións da ONU e critica a actitude do PP.", "text": "O BNG e outros partidos do grupo mixto (Amaiur, Compromís, ERC e Geroa Bai), xunto coa Izquierda Plural veñen de rexistrar no Congreso unha iniciativa para que o Goberno central tome de vez as medidas necesarias para poder xulgar en España os acusados na querela aberta en arxentina contra os crimes do franquismo e impulsada polo galego Darío Rivas. BNG, Amaiur, Compromís, ERC, Geroa Bai e Izquierda Plural piden ao Goberno que tome as medidas para xulgar os acusados na querela arxentina Olaia Fernández Davila, voceira do BNG no Congreso, xunto a representantes do resto de formacións compareceu con Carlos Slepoy, un dos avogados da demanda arxentina contra o franquismo, que explicou outra vez que España \"incumpriu unha norma básica do dereito internacional\" ao impedir a extradición dos acusados ao tempo que tampouco permite que sexan xulgados pola xustiza española. Nesa querela hai vinte acusados, dezasete deles aínda vivos, entre os que se atopan ministros do franquismo, xuíces, torturadores e un médico que se apropiou de nenos. Así, as formacións políticas reclaman nesta proposición non de lei que o Executivo cumpra coa norma de dereito internacional aut dedere aut judicare (extraditar ou xulgar) e permita que estas persoas sexan xulgadas nos tribunais que lles correspondan en España. Carlos Slepoy lembra que España \"incumpre unha norma básica do dereito internacional\", así como as esixencias da ONU Tal e como lembrou tamén Slepoy, a mesma ONU, a través dos seus relatores especiais, cualificaron estes delitos como crimes contra a humanidade, polo que pide a España que cumpra as resolucións internacionais e remita aos xulgados competentes no Estado o auto do xulgado de Bos Aires no que se imputaron todas estas persoas. Todo co obxectivo de que devanditos xulgados estuden e trasladen ao Ministerio Fiscal estes casos, para citar a declarar aos imputados e impulsar os correspondentes procesos penais. O segundo punto da proposición reclama a España que se non acepta xulgar a estas persoas no Estado revogue a súa decisión anterior e permita agora a extradición. Slepoy insistiu en que as Nacións Unidas instaron o Goberno español a extraditar ou xulgar e subliñou que os crimes cometidos durante o franquismo foron crimes contra a humanidade que non poden ser amparados por ningunha lei de amnistía. O avogado da querela cre que a \"a impunidade que protexe o PP terá repercusión internacional\" e pide ao PSOE que se una á petición O avogado arxentino sinalou que en España houbo reparación para as vítimas do terrorismo e sempre se perseguiu os autores deses delitos, mentres que no caso do franquismo non houbo recoñecemento de \"nin unha soa vítima\". Carlos Slepoy expresou a súa confianza en que o PSOE, aínda que non asinou a iniciativa, si a apoie na súa tramitación, mentres admitiu que o PP se negará a esta proposta \"do mesmo xeito que se negou a colaborar coa xustiza arxentina\". Esta posición, segundo o letrado, \"pon en evidencia a impunidade que protexe o PP\" e \"terá repercusión internacional\"."}
{"ID": "NOS_32957", "summary": "Recollemos íntegro un artigo publicado en O Diario sobre o desenvolvemento de relacións diplomáticas entre varios países do Medio Oriente.", "text": "Parecem estar a desenvolver-se nos últimos meses iniciativas diplomáticas que visam o estabelecimento do diálogo entre vários países do Médio Oriente. Podem ou não ter sucesso. Mas representam um sinal positivo, sobretudo no sentido de abrir a possibilidade de contrariar o rumo caótico que o imperialismo tem tentado impor na região. Tiveram lugar nos últimos dias vários acontecimentos relativos à crise síria que indicam uma aceleração dos contactos, entre os países da região e fora de ela, para procurar alcançar uma solução política para o conflito. Estes contactos tiveram começo no passado 19 de Junho com a visita do filho do rei saudita, Mohammad bin Salman, que ocupa os cargos de ministro da Defesa e de segundo príncipe herdeiro, a Moscovo. Esta visita teve lugar no contexto de uma agudização do conflito do Iémen, que se converteu num perigoso e ruinoso atoleiro para os sauditas. Ao mesmo tempo, alguns peritos aperceberam-se de uma progressiva perda de controlo por parte da Arabia Saudita dos terroristas que tem patrocinado na Síria, Iraque e outros países. Existe também um alto nível de frustração entre os líderes sauditas perante o fracasso dos seus planos no sentido de derrubar o governo do Presidente Bashar al Assad. Este foi o momento escolhido pelo Presidente russo, Vladimir Putin, para promover o seu ponto de vista para uma solução global dos conflitos na região. Putin afirmou a existência de um triângulo de segurança saudita-sírio-egípcio e disse que se os terroristas conseguirem rompê-lo, invadirão toda a região e atingirão a Europa e a Asia Central Putin confirmou a Bin Salmán o firme apoio da Rússia à Síria sob a liderança de Bashar al Assad e explicou-lhe como vê a realidade sobre o terreno na Síria, onde o Exército sírio mantém uma clara vantagem no campo de batalha. O presidente russo afirmou a existência de um triângulo de segurança saudita-sírio-egípcio e disse que se os terroristas conseguirem rompê-lo, invadirão toda a região e atingirão a Europa e a Asia Central. No final do encontro, o príncipe saudita expressou a sua aprovação a uma iniciativa russa para mediar entre Riad e Damasco. Dez dias mais tarde, a 29 de Junho, teve lugar a visita a Moscovo do ministro sírio de Exteriores, Walid Muallim, do seu adjunto Faisal al Mekdad e da conselheira de imprensa do presidente Assad, Buzaina Shaaban. Foi nessa ocasião que Putin falou de uma colaboração entre os países da região, incluindo Arabia Saudita, contra o terrorismo. A delegação síria não ocultou a sua surpresa. A questão levou Muallim a dizer que para tal se precisaria de um \"milagre\". Mas Putin insistiu em que esta solicitação fosse transmitida ao seu homólogo sírio. Apenas três pessoas estavam ao corrente do assunto: Assad, Muallim e o chefe da Segurança Nacional da Síria, major general Ali Mamluk. Segundo o jornal Al Akhbar, os serviços de informações russos foram encarregados de comunicar com Mamluk, a quem expressaram o interesse dos sauditas na realização de um encontro. Estes últimos apenas enunciaram uma condição: que a reunião tivesse lugar em Riad, algo que Damasco não rejeitou. Ao cabo de algumas semanas, Mamluk viajou a Riad a bordo de um avião russo e ali reuniu-se com Bin Salmán na presença do chefe do serviço de Informações saudita, Saleh al Hamidan. Al Akhbar referiu que um responsável russo abriu o encontro pronunciando um discurso sobre a conjuntura na região, o perigo do terrorismo e a necessidade de o confrontar. Mamluk atribuiu à Arabia Saudita e outros países a inteira responsabilidade pelo que se passa na Síria, pelo seu apoio ao terrorismo e seu financiamento do mesmo Mamluk tomou a palavra a seguir. Assinalou que o terrorismo é uma ameaça para toda a região e se aproxima do território saudita.Atribuiu também à Arabia Saudita e outros países a inteira responsabilidade pelo que se passa na Síria, pelo seu apoio ao terrorismo e seu financiamento do mesmo, e acusou o regime saudita de haver incitado a deserções no Exército sírio. Lamentou a alteração verificada na política da Arabia Saudita relativamente a épocas passadas e que este país tivesse seguido a via do Qatar, cujo papel tem sido totalmente destrutivo em países como Tunísia, Líbia, Egipto e outros estados. A situação do Exército sírio melhora sobre o terreno e ninguém, nem sequer a Arabia Saudita, espera agora poder conseguir o derrubamento do Presidente Assad. Deste modo, o terrorismo obriga agora todos os países a colaborar frente ao inimigo comum, referiu Mamluk, que concluiu manifestando a sua esperança numa mudança de postura por parte da Arabia Saudita. O príncipe herdeiro pareceu convencido, embora o lamentasse, de que o regime sírio vai perdurar. Isto animou o visitante a propor-lhe um encontro com um alto responsável sírio, algo que Bin Salmán pareceu aceitar. Ben Salman disse que o problema da Arabia Saudita com a Síria é que este país \"tem marchado durante muito tempo atrás do Irão, contra quem mantemos uma grande confrontação a nível da região, e faz parte da aliança iraniana Por sua parte, Ben Salman disse que o problema da Arabia Saudita com a Síria é que este país \"tem marchado durante muito tempo atrás do Irão, contra quem mantemos uma grande confrontação a nível da região, e faz parte da aliança iraniana\". \"No Líbano, haveis seguido o Hezbollah, que gravita na órbita do Irão e controla o Líbano para fazer com que este país se converta num protectorado iraniano\", afirmou Bin Salmán. Desejou, todavia, que o seu encontro com Mamluk fosse \"um preludio\" e que \"nos escutemos uns aos outros\". Os dois protagonistas estiveram de acordo em prosseguir os contactos, embora sem designar de momento nenhum representante para esse fim. Na semana passada, uma delegação dos Emiratos Árabes Unidos visitou Damasco, no que parece ser a primeira reactivação dos canais de contactos entre os governos sírio e emiratiano desde há quatro anos. Parece também, segundo Al Akhbar, que Mamluk visitou varias vezes Abu Dhabi nestas últimas semanas e tem recebido numerosos visitantes dos EAU em Damasco. Encontro em Mascate O passo seguinte parece agora ser um encontro tripartido em Mascate, capital de Omã, entre os ministros de Exteriores da Síria, Walid Muallim; Irão, Mohammad Yavad Zarif e Arabia Saudita, Adel al Yubeir. Os sírios estão convencidos de que a Arabia Saudita tem mais necessidade de tais contactos do que a Síria. Neste sentido, Muallim pôs como condição para a Síria aceitar o encontro de Mascate que este seja público e que mostre a vontade dos sauditas em deter o seu apoio ao terrorismo a vários níveis. Por seu lado, a parte síria parece disposta a transmitir aos sauditas informação pertinente relativa à segurança no seu país. O Irão proprom a criação de um Grupo de Soluções para a região com o fim de lutar e eliminar o terrorismo O Irão, por seu lado, apoia esta iniciativa e está interessado em propor a criação de um Grupo de Soluções para a região com o fim de lutar e eliminar o terrorismo na mesma e procurar soluções pacíficas para os conflitos. Neste contexto também, o chefe dos Serviços de Informações da Arábia Saudita poderia visitar Damasco em finais de Agosto, segundo fontes bien informadas. Não resta dúvida de que uma das razões da visita será a de obter informação sobre os sauditas que actuam na Síria. Mais de 200 deles estão encarcerados pelas autoridades sírias e outros 700 juntaram-se aos grupos militantes que lutam contra o Exército. Todos estes esforços diplomáticos poderão ou não ter êxito. Entretanto, parece que os norte-americanos e europeus deixaram nas mãos da Rússia os esforços de mediação entre sauditas, por um lado, e sírios e iranianos, por outro. Neste contexto, espera-se antes do fim do ano a visita a Moscovo do rei saudita, Salman bin Abdulaziz al Saúd. Isto é visto como ainda outro esforço suplementar da Rússia para favorecer o processo de acordos políticos na região."}
{"ID": "NOS_44299", "summary": "O avanzo do reconto indica que o republicanismo irlandés obterá 4 eurodeputad@s (3 na República e 1 nos 6 condados); coa súa aposta por \"unha Irlanda unida, soberana e d@s iguais\". En 2016, centenario da Revolta de Páscoa", "text": "\"Ninguén poderá tirarlles nunca da cabeza que a súa illa é unha única nación\". O poeta nor-irlandés Seamus Heaney resumira con esta frase a teimosía dos seus compatriotas republicanos. Unha teimosía na que levan séculos e que o Sinn Féin vén de referendar nas eleccións deste domingo. O reconto, aínda non completado, apunta a catro parlamentarios do Sinn Féin en Estrasburgo. Destes catro, tres sairían electos polas circunscricións da República de Irlanda, onde o SF andaría por volta do 17% dos apoios. O cuarto corresponde aos 6 condados baixo soberanía britanica, o 'Ulster'. Aquí o Sinn Féin sobrepasa o 25% dos apoios. É logo o SF o único partido con vocación (e representación) de ver na illa unha unidade política. No 'Ulster' os outros 2 escanos a elixir para Estrasburgo van parar ao unionismo (UUP e DUP). Na República, o Fine Gael atinxiría 4 deputados, por 3 do SF, 2 do Fianna Fail, 1 dos verdes e 1 independente. Obxectivo: 2016, centenario da Revolta de Páscoa A folla de rota do Sinn Féin ten unha data marcada no calendario: 2016. Centenario da Revolta de Páscoa e ano que virá marcado por eleccións. Medios irlandeses(como Irish Times) apuntan a que o SF quere dar o salto e consolidarse como forza referencial a ambos os dous lados da fronteira."}
{"ID": "NOS_8086", "summary": "O sector agrogandeiro demanda o cumprimento da Lei de cadea alimentaria.", "text": "O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Estado español, Luis Planas, valorou esta terza feira que a Lei de cadea alimentaria \"está a funcionar\" e asegurou que \"se non estivese a funcionar, evidentemente, as cousas serían moi diferentes\". Xosé Lois Lamazares: \"O futuro pasa por potenciar proxectos vencellados ao territorio\" Porén, no marco das reivindicacións do sector agrogandeiro e as queixas de que non se está controlando que se cumpra a Lei da cadea alimentaria, Planas admitiu que \"non está todo feito nin moito menos\". \"Fica moito por facer en cumprimento da lei, está no Boletín Oficial desde decembro do ano pasado e imos crear o rexistro electrónico de contratos a partir do 1 de xaneiro de 2023\", explicou o ministro. Tres de cada cinco persoas que abandonan o agro son mulleres Con todo, o titular de Agricultura contrapuxo a situación actual a anteriores crises e dixo que nesta \"conseguimos que haxa un equilibrio dentro da cadea, e por tanto, un progreso\". \"É moi importante que todos, Administracións públicas, organizacións agrarias e cooperativas, contribuamos ao efectivo cumprimento da lei porque é pioneira, innovadora na defensa dos intereses de agricultores e gandeiros\", defendeu Planas. Medidas contra a seca Ademais, Planas, tamén valorou esta terza feira as medidas do Executivo español fronte á seca e avogou pola colaboración con todas as Administracións públicas para mellorar a dispoñibilidade hídrica actual. \"Espero que en lugar de polémicas, sumemos forzas\", apostilou. Por outra parte, avogou por investir en regadío sostíbel e a utilización de augas rexeneradas, xa que, ao seu xuízo, \"é un elemento fundamental, porque non se trata de regadío si ou non, trátase de bo aproveitamento da auga\". Ten relación a proliferación de eucaliptos coa seca? \"En cada lugar as respostas son diferentes, estamos a traballar conca por conca en relación coas respostas\", aclarou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Estado español."}
{"ID": "PRAZA_11495", "summary": "De 10.350 millóns de euros inxectados para rescatar a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova apenas foron recuperados 1.000 coa súa venda e o Banco de España xa dá o resto por perdidos. Os fondos do conxunto do rescate financeiro que non van ser recuperados superan os 65.000 millóns, segundo os últimos cálculos do regulador", "text": "Algo máis de 9.000 millóns de euros. É a factura -máis ou menos- definitiva, para as arcas públicas na súa práctica totalidade, do rescate de Novacaixagalicia, a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova. A mesma que, segundo os xestores das desaparecidas grandes caixas galegas ía ser viable. A mesma que, atendendo ao asegurado pola Xunta baseándose nunha \"auditoría\" da consultora KPMG que non era tal, ía estar gañando cartos apenas media década -2.671 millóns de 2010 a 2015, dicía- despois dunha unión que precisaría 1.200 millóns de euros en axudas que, non obstante, a entidade fusionada podería devolver, auguraban aqueles optimistas prognósticos.De 10.350 millóns de euros inxectados para rescatar a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova apenas foron recuperados 1.000 e o Banco de España xa dá o resto por perdidosO Banco de España vén de actualizar, como vén facendo dende 2013, os seus cálculos sobre o custo real do rescate financeiro. Faino a partir dos datos fornecidos polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), o organismo creado polo Estado para canalizar os rescates e polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGDEC), a entidade participada polo Estado e os bancos para actuar en caso de quebra das entidades e que está financiada polas propias entidades, aínda que tamén tivo intervención estatal na crise. No caso das caixas galegas, o FGD interveu durante a crise das participacións preferentes.No caso da fracasada fusión das entidades galegas, convertida en Novagalicia Banco antes da súa venda ao venezolano Banesco, o resultado é que de 10.350 millóns de euros inxectados, 9.404 do estatal FROB, apenas foron recuperados 1.000. Un buraco total superior aos 9.200 millóns de euros que aínda medra un chisco máis tendo en conta na suma ao Banco Gallego, que estaba controlado por Caixanova e despois por NCG, e que acabou sendo rescatado con 245 millóns de euros e adxudicado ao Banco Sabadell pola cantidade simbólica dun euro.Como explica o propio Banco de España, o diñeiro recuperado procede esencialmente da venda das entidades que foron rescatadas, nos casos nos que isto sucedeu. O rápido proceso de poxa dos restos de Novagalicia Banco acabou coa súa venda a Banesco, que transformou a entidade en Abanca. A empresa sudamericana logrou a compra por pouco máis de 1.000 millóns.Os apenas 1.000 millóns recuperados proceden da venda de Novagalicia Banco ao venezolano Banesco, que tras transformar a entidade en Abanca está a lograr beneficios dende o primeiro anoA estas cantidades recuperadas sumáronse uns 70 millóns que diversos empresarios galegos achegaran a Novagalicia Banco, os cales despois dixeron sentirse estafados e litigaron nos tribunais para tentar recuperalos. En total, 783 millóns retornaron ao FROB e 290 ao FGD. Polo camiño quedaron 8.621 millóns de euros públicos do FROB que xa foron dados por perdidos e outros 656 do FGD que teñen idéntica consideración. Mentres, tras a súa posta en marcha como nova entidade, Abanca está a lograr uns moi bos resultados financeiros. No seu primeiro ano xa gañou máis do que o Estado pediu a Banesco para quedar con Novagalicia Banco e a súa conta de resultados segue sendo moi positiva. No terceiro trimestre de 2019 o seu beneficio neto foi de 401,9 millóns de euros mentres segue a impulsar a súa actividade con operacións como a compra da rede do Deutsche Bank en Portugal en 2018 e, neste 2019, a adquisición do Banco Caixa Geral, a rede española da Caixa Geral de Depósitos de Portugal.Dous anos e medio coa investigación parada no ParlamentoMentres o Banco de España -que no seu informe oficial sobre o rescate despachou a fusión galega en apenas dúas páxinas de 250 sen sinalar culpabilidade ningunha- segue a actualizar os datos do diñeiro perdido na desaparecida Novacaixagalicia e no conxunto do rescate, no Parlamento de Galicia a comisión de investigación sobre a fusión de Caixa Galicia e Caixanova acumula dous anos e medio de parálise total. Son máis de seis dende que abriu por primeira vez.Máis de seis anos despois de que a comisión de investigación das caixas abrise por primeira vez, as reclamacións da oposición para retomala e redactar as súas conclusións seguen a ser ignoradasTras mantela bloqueada dende antes das eleccións europeas de 2014 e ata despois das eleccións galegas de 2016 -\"para arrefriar o debate\", xustificaran posteriormente-, o PP galego accedeu a reabrir a investigación política sobre as caixas en 2017 coa intención declarada de procurar un peche rápido, sen aceptar novas comparecencias e apenas admitindo algunha documentación nova, como a sentenza que levou ao cárcere a algúns dos ex-directivos. Dende aquela, a comisión apenas moveu uns poucos papeis e todas as reclamacións da oposición para retomar os traballos, incorporar máis comparecentes e redactar as conclusións foron ignorados polo grupo maioritario da Cámara galega.En total, máis de 65.000 millóns perdidos e cun ollo en BankiaAlén das entidades galegas, o que o na altura ministro de Economía, Luis de Guindos, definira como un \"préstamo\" no que \"as concidións se van impoñer aos bancos e non á sociedade española\" e que, segundo Mariano Rajoy, as entidades rescatadas ían ter que \"devolver no seu momento\", deixa tras de si un buraco superior aos 65.000 millóns de euros. Eses son os últimos cálculos do Banco de España, uns 1.300 millóns máis que nas anteriores estimacións.Dese diñeiro que xa se dá por perdido, 42.642 millóns saíron do FROB, cálculo que é realizado dando por suposto que Bankia será privatizada e que da súa venda o Estado podería lograr 9.560 millóns de euros. Se isto non sucedese ou o diñeiro da venda fose menos, a factura subiría aínda máis. Polo momento, o efectivamente recuperado son 5.225 millóns de euros dos case 80.000 achegados ás entidades rescatadas.Polo momento, o recuperado apenas supera os 5.000 millóns dos case 80.000 inxectados; o Banco de España agrega ao seu cálculo os 9.500 que se prevén captar no caso de que Bankia sexa finalmente privatizadaAtendendo aos datos divulgados polo Banco de España, o rescate máis cuantioso e o que deixará nas arcas públicas un maior buraco mesmo no caso de que se produza a venda polo importe previsto foi precisamente o de Bankia, entidade nacida da fusión de Caja Madrid con outras de menor dimensión -Bancaja, Caja Canarias, Caja de Ávila, Caja Segovia, Caja RIoja e Caixa Laietana-. Aquela operación, liderada polo ex-ministro Rodrigo Rato, actualmente encarcerado, precisou 24.000 millóns de euros de axudas das que se dan por perdidos mías de 14.000, que poderían chegar ata 23.000 se a venda non sae segundo o estimado.O seguinte maior rescate foi o de Catalunya Banc, a entidade resultante da bancarización da fusión de varias caixas catalás -Caixa Catalunya e as caixas de Manresa e Tarragona-. Fóranlle inxectados mías de 13.869 millóns de euros dos que foron recuperados algo menos de 1.200 coa súa venda ao BBVA, que gañou a poxa organizada polo FROB. A continuación sitúase o rescate da Caja de Ahorros del Mediterráneo, que supuxo un buraco aínda maior porque dos 12.474 millóns do rescate apenas retornaron 16. A cuarta maior inxección de diñeiro público e o cuarto maior buraco do rescate foi o das caixas galegas."}
{"ID": "NOS_26212", "summary": "A Plataforma Galega polo dereito ao aborto non parará para conseguir que o anteproxecto de lei presentado polo ministro Gallardón non sexa definitivamente aprobado. Inicia distintas mobilizacións que terán o punto forte nunha manifestación central en marzo en Compostela.", "text": "Nin un minuto de calma, anuncian desde a Plataforma Galega polo dereito ao aborto que están a traballar en distintas iniciativas para dinamizar o rexeitamento ao anteproxecto de lei presentado por Gallardón. No mesmo día no que o ministro presentaba o texto en rolda de prensa despois de ser aprobado polo Consello de Ministros, a Plataforma convocaba distintas concentracións en cidades e vilas ás 19 horas para manifestar a súa máis rotunda oposición a un texto que definen como involucionistas e que retrotrae os dereitos das mulleres máis de trinta anos atrás. A partir de agora, desenvolverán diversas accións encamiñadas a recabar apoios contra a lei e informar do que supón en canto ao recorte de liberdade para as mulleres. A Plataforma Galega traballa con marzo como horizonte, mes no que agardan convocar unha manifestación central en Compostela. Integran a plataforma distintas organizacións feministas, políticas e sindicais entre elas CIG, Anova, BNG, CCOO, CUT, Esquerda Unida, UGT ou FPG, Asociación Ve-la luz, Dorna, Andaina ou Mulheres Nacionalistas Galegas. O BNG presentou en rolda de prensa distintas medidas contra a lei, entre elas, mocións nos concellos, a protesta de rúa e a solicitude no congreso de comparecencias do Ministro de Xustiza e a de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade."}
{"ID": "NOS_711", "summary": "Sete focos de lume seguen activos. Os máis importantes afectan ao monte Alba e a serra do Galiñeiro. Un veciño de San Andrés de Comesaña de 70 anos perdeu a vida mentres enfrontaba as lapas.", "text": "Vigo respira. Despois dunha noite intensa onde o lume axexou o centro da cidade, con pequenos focos incendiarios na Praza dos Cabalos, a ladeira do monte do Castro ou o barrio de Navia, a choiva apareceu contra as 4 da madrugada e o vento amainou. As precipitacións foron escasas e a cidade abría os ollos coas rúas practicamente secas. No entanto, esa tregua do clima axudou a controlar e extinguir a meirande parte dos focos que afectaban zonas habitadas. Pero a tranquilidade é só parcial. A alerta continúa presente no ánimo da veciñanza que hoxe transita con rostro serio e triste. Seguen activos até sete focos. Os máis importantes incendian inda arestora o monte Alba e a serra do Galiñeiro, dúas áreas emblemáticas do cinto verde que envolve o casco urbano e axe de pulmón da cidade. Os operativos antiincendios continúa a traballar en distintos puntos das parroquias de Coruxo, Zamáns, A Madroa, Freixo, Fragoselo e Valadares. O lume cobrouse unha vítima mortal. Trátase dun veciño da parroquia de San Andrés de Comesaña, de 70 anos, que arredor das 22h caeu do muro no que se encaramara para axudar a unha veciña a frear as lapas que se aproximaban ás súas vivendas. Polo momento, unhas 25 persoas recibiron atención médica por causa da inhalación de fume. Durante a noite desaloxouse a unhas 400 persoas con carácter preventivo, segundo informaron fontes municipais. A metade realoxouse en diferentes hoteis habilitados. A veciñanza comezou a retornar paseniñamente ás súas vivendas, conforme se extinguiron os focos que as ameazaban. A situación é de relativa normalidade. A factoría de PSA reiniciou a produción após suspender a quenda de noite por causa do fume. Os centros de ensino abriron, agás o colexio da Sobreira e o instituto de Valadares, inda que nalgúns se rexistrou unha menor afluencia de alumnado, especialmente crianzas de educación infantil. Os lumes complexizaron o deslocamento até a cidade olívica desde Ourense, o que impediu que persoal público se incorporase aos seus postos, afectando, entre outros, ao Hospital Álvaro Cunqueiro, que embora traballa con normalidade. Incendiarios Inda sen esclarecer as causas concretas da vaga de lumes que asediaron a cidade, a hipótese dos lumes provocados é a dominante. Especialmente no caso dalgúns focos rexistrados en zonas céntricas da cidade, como a Praza dos Cabalos ou o monte do Castro, sen relación con outros lumes. A este respeito, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou en rolda de impresa esta mañá de \"sorprendentes\" estes focos. \"Non obedecen á lóxica\", remachou. Falla de medios e información Unha das queixas da poboación é a evidente insuficiencia dos medios de extinción, malia se teren mobilizado todos os efectivos dispoñíbeis de bombeiros, policía local e protección civil. De feito, foi a veciñanza organizada a que, caldeiros en man, logrou frear o avance das lapas e mesmo sufocou os focos máis reducidos. \"Non había medios. Achegouse un camión e dous bombeiros e tivemos que ser os veciños e veciñas quen tiramos das mangueiras\", explica para Sermos Galiza un veciño de Navia. Os improvisados operativos veciñais coordinábanse por mensaxería e redes sociais, e vivironse momentos de intraquilidade por causa da desinformación. A denuncia da falla de medios non se limita ao operativo de extinción. As carencias en materia preventiva son tamén albo da crítica veciñal. \"O que ardeu na Avenida de Europa ou no Castro foi maleza que leva semanas sen retirarse\", denuncian. As deficiencias no mantemento das zonas veredes da cidade é unha constante desde hai varios meses, e puido ter sido un factor que facilitou o prendido dos lumes no casco urbano. A falla de información actualizada e verificada por parte de fontes oficiais foi unha constante durante toda a madrugada. O Concello de Vigo limitouse a colgar no seu sitio web institucional un comunicado xenérico no que se chamaba á \"serenidade e a calma\" e na que se declaraban controlados os focos no casco urbano. Porén, ao tempo que o alcalde comparecía en varios medios de comunicación reiterando esa mensaxe, a veciñanza afanábase en combater a pé de rúa os lumes que se aproximaban ás súas vivendas. O rexedor non informou inda de que se se activou o plan de emerxencia municipal nin de que plans de contixencia puxo en marcha. Limitouse a reiterar que se mobilizaran todos os efectivos posíbeis. \"Tivemos que informarnos a través de wasap e das redes\" lamentaba outra veciña desaloxada de Navia. O Goberno local non habilitou ningunha canle oficial de comunicación."}
{"ID": "PRAZA_13600", "summary": "Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, salienta o comunicado publicado por Ecoloxistas en Acción, que reclama \"garantir o emprego nas concas mineiras\", pero avanzando \"cara a un futuro sen carbón\", que é \"o maior inimigo do clima\"", "text": "Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, salienta o comunicado publicado por Ecoloxistas en Acción, que reclama \"garantir o emprego nas concas mineiras\", pero avanzando \"cara a un futuro sen carbón\", que é \"o maior inimigo do clima\". O peche das nucleares e das centrais de carbón son as prioridades máis urxentes na construción dun sistema eléctrico sustentábel. Polo exceso de potencia instalada, o Estado español está hoxe en condicións de prescindir tanto do carbón como da enerxía nuclear, mais falla vontade política e sobran presións dos lobbies nuclear e do carbón. Ecoloxistas en Acción salienta \"as graves consecuencias ambientais que ten a xeración eléctrica a partir do carbón\" e demada nun comunicado Unha transición xusta a unha economía sen carbón. \"Cómpre garantir o emprego nas concas mineiras, mais a proposta non pode ser a de seguir extraendo o mineral para o seu uso como combustíbel, senón para o avanzo cara a un futuro sen carbón\". As centrais de carbón duplicaron a súa produción a respecto de 2010, o que fixo que aumentasen un 25% as emisións de gases causantes do cambio climático do sector eléctrico Segundo os datos provisionais de Rede Eléctrica de España (REE), en 2011 baixou a demanda de electricidade, até situarse nun nivel similar ao de 2006. Porén, as centrais de carbón duplicaron a súa produción a respecto de 2010, o que fixo que aumentasen un 25% as emisións de gases causantes do cambio climático do sector eléctrico. En Galicia tamén aumentou a produción de electricidade a partir de carbón, nas térmicas das Pontes e Meirama, o que seguramente -aínda non hai datos oficiais- provocou que se invertese a tendencia dos últimos anos á redución das emisións do sector eléctrico galego e, por extensión, do país. Desde 2008, após o esgotamento das minas das Pontes e Meirama, as centrais galegas só queiman carbón de importación. Ao longo de 2011 ENDESA descargou no porto exterior de Ferrol 27 barcos con 3,7 millóns de toneladas de carbón procedente de Indonesia e destinado á central das Pontes. O carbón é o maior inimigo do clima A xuízo de Ecoloxistas en Acción, \"é urxente deixarmos de utilizar carbón, a fonte que máis emisións de gases de efecto invernadoiro xera, para produción de electricidade, comezando polo carbón de importación, extraído moitas veces sen as mínimas garantías laborais, sociais nin ambientais, e seguindo polo procedente da minería a ceo aberto dentro e fóra das nosas fronteiras, a forma de minería que máis impactos ambientais ten e menos empregos xera\". ... Segue lendo en Un claro no bosque"}
{"ID": "NOS_4696", "summary": "Airam, autor de tres dos catro tantos dos lugueses, foi o protagonista dun encontro que supón a 13ª vitoria do CD Lugo nesta tempada. A recta final preséntase complicada: enfrontamentos cos cinco primeiros clasificados.", "text": "Catro a cero. O Xerez non foi quen de lle tusir a un CD Lugo que,con esta vitoria, suma 13 partidos gañados nesta tempada en Segunda (fronte a 1 perdidos e 7 empatados). E xa está de 11º na táboa, garantindo a permanencia. Algo que, ao comezo da competición, non moitos auguraban. Porén, a equipa de Lugo opta polo realismo. Teñen 46 puntos, e sitúan a permanencia en 50. \"Unha vez que atinxamos eses cincuenta puntos si que estaremos salvados\", reflexiona Manu, capitán do clube. O CD gañou de forma incontestábel, sendo Airam o protagonista, autor dos tres catro goles lugueses. Foi un encontrono que o equipo do MIño non deu opción aos andaluces. Moi diferente a aquel encontro de outubro de 2012 nos que os de Xerez gañaron,e con tres xogadores expulsados, ao CD Lugo por un a cero. Unha recta final con citas contra os líderes de Segunda Nos seus últimos catro encontros, o Lugo sumou tres vitorias (Xerez, Rácing e Murcia) e un empate (Numancia). Foron dez puntos que serviron para que os lugueses toquen coas súas mans a permanencia. O vindeiro encontro será co Elche, o líder de Segunda. E por diante ten citas co Alcorcón (segundo na táboa), Girona (quinto), Vilareal (cuarto), Barcelona B (noveno) e Almería (terceiro). Así pois, un final de tempada do máis complicado."}
{"ID": "NOS_32990", "summary": "O informe do organismo estatal amosase contrario a que se lle reste autonomía aos concellos e lembra que as institucións provinciais non son de representación directa.", "text": "Mesmo un referente sistémico do actual réxime español como o Consello de Estado, onde participan figuras como o conservador Romay Beccaría ou a ex-vicepresidenta Fernández de la Vega, sae en contra dun dos plans estelares do Goberno do PP, posto que emitiu un informe sobre o anteproyecto de Lei da Reforma da Administración Local no que lanza serias críticas ao citado texto porque pode \"reducir en exceso\" a autonomía municipal para favorecer ás Deputacións e ao Executivo central. \"A lei é tan carente de parámetros legais que pode considerarse un cheque en branco ao goberno\", sinala o informe do organismo consultivo, que tampouco considera axeitada a escasa participación que tiveron as autonomías na súa confección. \"A lei é tan carente de parámetros legais que pode considerarse un cheque en branco ao goberno\", sinala o informe Respecto das Deputacións, malia non poñer en dúbida a súa existencia -cada vez máis discutida e que o PP quere manter e aumentar en competencias dentro dun proceso con intencións recentralizadoras- o informe do Consello de Estado advirte de que estas institucións provinciais \"son entidades locais de representación indirecta\", recoñecendo así certas eivas de lexitimidade democrática. Tamén recorda que o seu papel e \"funcional\", non o central que lle daría a Lei de Rajoy segundo a cal asumirían as competencias de moitos concellos, especialmente os máis pequenos."}
{"ID": "PRAZA_1212", "summary": "O COB arrasou ao Breogán no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo encontro, tamén na cidade das Burgas.", "text": "O Club Ourense Baloncesto iniciou a serie final dos play-off de ascenso gañando e convencendo, e mesmo metendo algo de medo. Os ourensáns derrotaron o Breogán de Lugo por un contundente 83-52. 1-0 para o COB. O domingo ás 19 horas, tamén no Paco Paz ourensáns, asistiremos ao segundo partido da serie, deste #derbidomiño, caracterizado pola boa relación entre os dous clubes e as dúas afeccións. Unha delas estará na ACB o vindeiro ano, acompañando ao Obradoiro compostelán. O factor campo e o apoio do público local (máis de 4.500 persoas encheron o pavillón) foi sen dúbida determinante no dominio ourensán, que xa gañaba 19-11 ao remate do primeiro cuarto cun excelente Markos Suka. Porén, foi no segundo cuarto cando o COB marcou diferenzas que, ao cabo, serían definitivas. Ao descanso o Ourense dobraba os luceses no marcador, gañando 40-20. No terceiro cuarto, o Breogán intentou recortar as diferenzas, con intensidade e buscando as posibles debilidades da defensa do COB. Porén, a fortaleza defensiva do Ourense Balonceso foi incontestable, o que unido ao acerto de Marcos Suka e Chase Fieler, fixo que a marxe se seguise ampliando. 62-37 a dez minutos do final. O Breogán non baixou os brazos, pero estaba claro que o partido e o primeiro punto da serie quedaban na casa, cunha renda que, ao final, superou os trinta puntos (83-52). Markos Suka sumou 13 puntos e 5 asistencias, con 22 de valoración; e Chase Fieler acabou con 16 tantos anotados, 10 rebotes e 22 de valoración. Guillermo Rejón e Cristian Díaz tamén completaron un bo partido para o COB. Polo Breogán, tan só Osvaldas Matulionis (13 puntos), Daniel López (10) e Alejandro Llorca (9) mantiveron os lucenses vivos. O domingo, máis."}
{"ID": "PRAZA_12117", "summary": "A manifestación, convocada pola CIG, tamén reclamou o mantemento dos postos de traballo nos centros de Igualdade e Benestar.", "text": "Un milleiro de traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar, convocados pola CIG, reclamaron este sábado o mantemento do carácter público sestes servizos. Esixiron que se manteñam todos os postos de traballo Os traballadores, que percorreron o centro histórico de Compostela, entre as prazas do Toural e da Quintana, pediron que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia. Así mesmo, solicitaron que todos os centros de nova apertura sexan de xestión pública e por tanto dependan directamente da Administración, incluídos os centros para os que xa se convocou a licitación da xestión privada. Finalmente, esixiron que se manteña o carácter público de todos os centros da rede así como o mantemento de todos os postos de traballo existentes a día de hoxe. Unha vez rematada a manifestación celebrouse unha asemblea de traballadoras e traballadores na Escola de Maxisterio, en Xoan XXIII."}
{"ID": "PRAZA_11397", "summary": "O 11 de novembro é o Día da Lembranza dos soldados mortos en batalla, pois foi nesta data cando se detiveron as hostilidades na Primeira Guerra Mundial. O día é coñecido como o Día da Mapoula, pois era a flor que medraba nos campos de Flandres no medio das bombas. Contrapoñemos ese día da Mapoula, da Lembranza, da Paz, coa agresión militar que Turquía iniciou o pasado 10 de outubro", "text": "O 11 de novembro é o Día da Lembranza dos soldados mortos en batalla, ou do Armisticio, pois foi nesta data cando se detiveron as hostilidades na Primeira Guerra MundialTodos os que viviron en Inglaterra saben que o 11 de novembro é un día que se celebra con fervor e emoción cada ano. É o Día da Lembranza dos soldados mortos en batalla, ou do Armisticio, pois foi nesta data cando se detiveron as hostilidades na Primeira Guerra Mundial entre o exército británico e alemán. As armas calaron ás 11 horas do día 11 do mes 11 do ano 1918.É un día importante alí, e celebrado en toda a Commonwealth, desde Canadá ata Sudáfrica, pero en especial en Australia e Nova Zelanda, pois a participación do corpo expedicionario destes dous países no conflito, o destacamento ANZAC, contribuíu curiosamente á formación do seu carácter nacional. E iso que a acción de máis renome na que interviron, o desembarco en marzo de 1915 na península de Gallípoli, na Turquía europea, foi un fracaso.O día é coñecido como o Día da Mapoula, pois era a flor que medraba nos campos de Flandres no medio das bombasO día é coñecido como o Día da Mapoula, pois era a flor que medraba nos campos de Flandres (Bélxica), no medio das bombas; alí tiveran lugar cruentas batallas nos anos 1914-1915, nos primeiros compases da Gran Guerra. Desas flores fala un famosísimo poema, «Nos campos de Flandres», a elexía a un amigo escrita polo poeta e médico militar canadiano John McCrae. O 11 de novembro todo o mundo leva na súa vestimenta unha mapoula (poppy), que inza paredes, monumentos e carteis das vilas e cidades, acompañada do lema Lest we forget ('para que non esquezamos'), que tamén procede doutro poema, neste caso de Rudyard Kipling. KurdistánContrapoñemos ese día da Mapoula, da Lembranza, da Paz, coa agresión militar que Turquía iniciou o pasado 10 de outubroContrapoñemos ese día da Mapoula, da Lembranza, da Paz, coa agresión militar que Turquía iniciou -como se non tivéramos xa suficientes conflitos bélicos no mundo- o pasado 10 de outubro. Ese día os turcos, coa farisaica connivencia de EE.UU., invadiron a Federación Norte de Siria ou Rojava ('occidente', en kurdo), formada polos cantóns de Afrin, Kobani e a Yazira. Falamos dunha rexión autónoma onde viven 2 millóns de kurdos, maioritarios pero compartindo territorio con outras etnias. A escusa de Erdogan, o presidente turco, é combater as milicias kurdas sirias do YPG -ata agora aliadas e carne de canón de Washington na loita contra o ISIS- que el considera que apoian ao ilegal Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) de Turquía.Previo ao ataque, varios centos de soldados de EE. UU. abandonaron covardemente as súas bases na zona. E iso que coincidiu no tempo coa axuda esencial da intelixencia kurda na operación de EE.UU. para eliminar ao líder do ISIS, Al-Bagdadi, que se efectuaría o 27 do pasado mes. É difícil ser máis ruin!O noso agarimo vai á Rojava, comprometida contra o fanatismo relixioso, e que promove a participación con equidade das mulleres na sociedade, tan necesaria no mundo musulmánAsí o exército turco tivo campo libre na invasión, denominada «Manancial de paz» (un exercicio máis de cinismo e fake news), que a comunidade internacional espreita con falsas queixas e melifluas condeas, a pesar das ameazas de limpeza étnica e de que é un chanzo máis na política de Turquía dos últimos 100 anos -con fitos funestos como o xenocidio armenio de 1915- que ten levado a perseguir aos kurdos, prohibir a súa lingua, oprimir a súa cultura e a negar a sua propia identidade étnica.O noso agarimo vai á Rojava, a esa pequena parte da nación kurda comprometida contra o fanatismo relixioso, e que promove a participación con equidade das mulleres na sociedade, tan necesaria no mundo musulmán. Oxalá que cando cheguemos ao Nowrouz ('novo día'), a festa do aninovo kurdo, que se celebra o 21 de marzo, cando no Kurdistán e na diáspora kurda de medio mundo se acendan as fogueiras e todos bailen arredor do lume, vexamos algo máis de luz."}
{"ID": "NOS_34109", "summary": "A sorte estaba botada desde que a CUP anunciou a súa abstención. Non houbo marxe para a surpresa e Jordi Turull fracasou no seu primeiro asalto á investidura. Enfrentaba a sesión sabendo que en primeira instancia tiña a batalla perdida, sabendo que esta sexta feira comparecería perante o xuíz Llarena sen ser o president da Generalitat. O seu discurso foi na liña da restauración do autogoberno catalán, un mundo post-155. Non houbo nen rastro de referencias nen á República nen á ruptura independentista. Si fixo ofertas de diálogo. Co Estado e coa CUP.", "text": "\"Temos de ser capaces de chegar a un acordo porque a xente demanda unidade\", dixo Turull desde a tribuna aos 4 escanos cupaires. A abstención da formación anticapitalista -referendada esta quinta feira nun consello nacional extraordinario- inviabilizou a investidura, que só podía prosperar en primeira volta coa maioría absoluta dos votos. E agora? Turull podería ser investido president en segunda votación nun par de días (sábado) sempre que obtiver máis votos a favor do que en contra. Salvo mudanza pouco probábel da CUP, o bloco soberanista JxCat-ERC só podería consumar o seu obxectivo se renunciasen aos seus escanos Carles Puigdemont e Toni Comín, exiliados en Bruxelas. Non parece probábel que o vaian facer. Puigdemont, segundo xente da súa contorna, aínda non renuncia a que, nunha última reviravolta dos acontecimentos, puidese acabar el a lexislatura como president, perspectiva que neste momento cabería cualificar como política ficción. Turull ten, aliás, un problema a maiores. Está chamado a comparecer esta sexta feira perante o xuíz Llarena. O maxistrado até podería tomar a decisión de o enviar á prisión, após acordar o seu procesamento. Turull xa estivo na cadea de forma preventiva, sob os cargos de rebelión, sedición e malversación de fondos. Foi posto en liberdade previo pagamento dunha fianza de 100.000 euros. Turull ten, aliás, un problema a maiores. Está chamado a comparecer esta sexta feira perante o xuíz Llarena. O maxistrado até podería tomar a decisión de o enviar á prisión No discurso desta quinta feira, Turull debuxou con clareza un programa de recuperación do auto-goberno, de restitución das competencias invadidas polo Goberno do Estado cando activou o 155, o mesmo día, 27 de outubro de 2017 en que o Parlament aprobou unha declaración de independencia con ar de pronunciamento retórico. O candidato demandou o control dos aeroportos e os portos e a plena autonomía fiscal. Non se situou, por tanto, na lóxica da construción dunha República catalá independente, xusto o que lle apuxo a CUP, o argumento empregado pola formación anticapitalista para lle negar os votos precisos para a súa investidura. Turull debuxou con clareza un programa de recuperación do auto-goberno, de restitución das competencias invadidas polo Goberno do Estado cando activou o 155 Con todo, o núcleo duro da súa intervención foi un apelo ao diálogo, dirixido por unha banda ao Estado e, por outra, á CUP, consciente o candidato de que o procés embarrancaría se se consumar o cisma entre o bloco ERC+JxCat e a formación anticapitalista. A mensaxe á CUP é que a sociedade pide unidade e que no programa que oferecía como candidato non hai \"renuncias\". A respeito do estado, Turull perguntouse \"por que no vai ser posíbel o diálogo\". \"Ou non negociou o president Macià? Ou non negociou o president Tarradellas con Suárez? Por que non vai ser posíbel o diálogo. A voz e os representantes de máis de dous millóns de cataláns non merecen nin ser escoitados?\", dixo. Non houbo sorpresas na votación. A candidatura de Turull foi rexeitada ao obter apenas 64 votos afirmativos (JxCat e ERC) por 65 negativos (Cs, PSC, Catalunya en Comú e PP). A CUP completou o taboleiro de marcas coas súas 4 abstencións, a chave do xogo."}
{"ID": "NOS_2010", "summary": "Representantes dos comités de empresa avisan de que en menos de medio ano as instalacións da antiga Bazán van quedar sen ocupación.", "text": "Os alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal mostraron o seu apoio, por unanimidade, á reclamación de carga de traballo e ocupación que os integrantes dos comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol trasladaron aos rexedores nun encontro mantido no Concello de Ferrol. No mesmo, pola parte laboral alertaron que en menos de medio ano as instalacións da antiga Bazán van quedar sen ningunha ocupación, unha vez abandone o estaleiro o segundo dos buques do tipo AOR que están a construír para a Armada de Australia, e até que se inicie o corte de chapa das futuras fragatas F-110 para a Armada Española, previsto para 2022. Mentres que no caso do estaleiro de Perlío, dedicado agora á construción de jackets e estruturas flotantes para a eólica mariña, a demanda céntrase no poder executar tamén proxectos máis ambiciosos, como subestacións para estes parques, que até o momento están a ser confiadas aos estaleiros da Baía de Cádiz. En menos de medio ano as instalacións da antiga Bazán van quedar sen ningunha ocupación Por parte do ámbito político os rexedores transmitiron que apoian estás demandas e destacaron que vinculado ao sector naval, ademais dos operarios da empresa principal, existen miles de postos de traballo en compañías auxiliares. No encontro tamén se lles trasladou aos traballadores que xa cursaron unha petición de entrevista cos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica para tratar a situación dos dous centros de traballo situados en ambas as marxes da Ría de Ferrol. Incidiron tamén en que o asunto será trasladado á Xunta."}
{"ID": "NOS_1218", "summary": "O evento pasará polas sete grandes cidades da Galiza: Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense.", "text": "Este sábado ten lugar a I Volta ao libro, un evento que pasará polas sete grandes cidades da Galiza (Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense). Este proxecto da Federación de Librarías da Galiza levará a que unha serie de ciclistas percorran, entre as 16 e as 20 horas, cada unha das localidades facendo paradas nas etapas-librarías estabelecidas. O percorrido total é de 70 paradas-librarías. A Volta da libraría Hobbit de Vigo e rematará na Padre Feixóo de Ourense, coa presenza do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e a presidenta da Federación de Librarías da Galiza, Pilar Rodríguez. A Volta pode seguirse a través das redes sociais da entidade organizadora e cada etapa ten unha hora estimada de chegada a cada local, para facilitar a participación no sorteo de vales de libros vinculado á actividade. Trátase dun concurso que consta de 20 vales de 10 euros, para libros, que se repartirán entre as persoas que envían fotografías dos e das ciclistas durante o evento ao correo comunicación@librarias.org. As bases para participar no Sorteo poden ser consultadas na web da federación. As persoas participantes teñen que ser seguidoras da entidade nas redes sociais e poden enviar as imaxes até o día 27 de setembro. Os vales serán sorteados aleatoriamente. \"Gustaríanos que esta primeira volta sexa a primeira de moitas, ás que ir engadindo accións, pero todo irá en función da evolución sanitaria favorábel\", afirman desde a federación, coa idea dunha nova edición cara a final de ano."}
{"ID": "NOS_9005", "summary": "Nos aeroportos de Alvedro e Peinador os voos só operan baixo demanda.", "text": "Os aeroportos galegos, como era de esperar, rexistraron o peor mes de marzo en décadas no que a tráfico de viaxeiros se refire. Polas terminais de Alvedro, Peinador e Lavacolla, rebautizada como Rosalía de Castro, pasaron 151.220 persoas o pasado mes, o que representa un descenso superior a 60% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos facilitados onte polo xestor aeroportuario Aena. No caso do aeroporto compostelán, o de maior tráfico da Galiza, a caída rexistrada en marzo foi de 63,2%, cun total de 77.934 viaxeiras transportadas. Peor parado saíu o de Vigo, con 66% de baixada e só 28.811 pasaxeiros. Por último, pola terminal coruñesa de Alvedro pasaron en marzo 44.475 persoas o que supón 59,1% menos que no mesmo mes de 2019. Os malos datos de marzo cortan a tendencia á alza que estaban a experimentar os aeroportos de Alvedro e Rosalía de Castro, non así o de Peinador, que desde o plante de Ryanair ao Concello de Vigo sumaba varios meses en negativo. A caída de marzo tamén tingue de vermello as cifras do acumulado do ano, que apuntaban un novo récord histórico tanto no Rosalía de Castro como en Alvedro. Após a caída de tráfico do pasado mes, a terminal compostelá queda con 433.057 usuarias no primeiro trimestre do ano, 22% menos que nos tres primeiros meses de 2019. No caso do aeródromo coruñés, o descenso é de 12,6%, xa que pasaron polas súas instalacións 254.231 pasaxeiras. En Peinador, a caída é moito máis acusada, de 30,4%, só superada na rede de aeroportos de Aena polo de Xerez (35,7%). Entre xaneiro e marzo atravesaron a terminal viguesa un total de 158.691 persoas. Baixo demanda As cifras de Alvedro e Peinador poden empeorar no mes de abril, xa que o xestor aeroportuario Aena decidiu limitar a operatividade en ambas as terminais, deixando a competencia de voos que non sexan esenciais en función de se hai demanda ou non. Esta decisión supón, na práctica, o feche destes aeroportos, o que deixa ao aeroporto Rosalía de Castro como o único plenamente operativo da Galiza. Aínda así, a situación tardará en normalizarse e será difícil para as tres terminais, especialmente para Vigo, rematar o ano en positivo."}
{"ID": "NOS_2707", "summary": "O presidente do Ecuador, Lenín Moreno, que atribuíu despectivamente aos \"abázcaros correístas\" as mobilizacións na súa contra viuse na obriga de trasladarse a Guayaquil desde a capital Quito.", "text": "\"O que sucedeu estes días en Ecuador non é unha manifestación social de descontento fronte a unha decisión de Goberno. Non, os saqueos, o vandalismo e a violencia demostran que aquí hai unha intención política organizada para desestabilizar o Goberno e romper a orde constituída, romper a orde democrática\". Nunha mensaxe televisada, o presidente do Ecuador, Lenín Moreno, anunciou esta segunda-feira ao mediodía (noitiña, na Galiza) que se trasladara a Guayaquil -cidade localizada a 421 km ao suroeste de Quito, a capital do país- alén da propia sede do Goberno \"de acordo coas atribucións constitucionais que me competen\". A chegada duns 20 mil indíxenas ás rúas de Quito forzou o mandatario a tomar esta decisión. Segundo informan diferentes axencias, os enfrontamentos foron a máis durante a noite, convertendo as estreitas rúas do centro histórico nun campo de batalla entre manifestantes e a Policía. O Executivo de Moreno viuse acurralado nas últimas datas. A pasada terza-feira, 1 de outubro, adiantou unha serie de medidas destinadas a recortar o gasto público, entre estas, a retirada de subsidios para a compra de combustíbel e a redución dos ingresos para o funcionariado. A iniciativa gobernamental responde ás esixencias do FMI (redución do gasto público, incremento de ingresos e reforma laboral) logo de abrir unha liña unha liña de axudas económicas ao Ecuador por un importe de 10.200 millóns de dólares. Após as medidas anunciadas o 1 de outubro, os primeiros sectores en protestar foron o do transporte e o estudantado. A réplica por parte do Goberno chegou coa aprobación na quinta-feira, 3 de outubro, do Estado de Excepción cunha vixencia de 60 días. Estes días continúan as mobilizacións co horizonte nunha folga nacional para a cuarta-feira, 9 de outubro. Ruptura Correa-Moreno Lenín Moreno chegou ao poder como o sucesor do ex presidente Rafael Correa no Goberno e á fronte de Alianza País, o movemento político de esquerda detrás do proceso Revolución Cidadá (tal e como se autodenominou o período 2007-2017 en que Correa gobernou o país). Porén, axiña se evidenciou a ruptura entre Correa e Moreno. Este último emprendeu un camiño cara ao \"socialismo moderno\" que, porén, os seus críticos cualifican de \"pseudoesquerda\". Moreno, de feito, atribuíu despectivamente as recentes protestas aos \"abázcaros correístas\", en referencia a Correa, unha designación que levou a unha unidade sen precedentes en Ecuador baixo a etiqueta de Revolución de los Zánganos (#RevolucionDeLosZanganos). Nestes dous últimos anos, o Goberno de Moreno negociou o acordo co FMI, alén doutras polémicas medidas dentro do espectro da esquerda como a volta dos militares estadounidenses ao Ecuador (con permiso para utilizar o aeroporto das illas Galápagos) ou a entrega do fundador de WikiLeaks, Julian Assange, ás autoridades británicas."}
{"ID": "NOS_36391", "summary": "Os feitos tiverom lugar na prissom de Aranjuez, onde Antom Santos Peres está á espera de juizo", "text": "O preso independentista galego Antom Santos Peres sofreu a passada quarta-feira umha agressom física por parte de persoal funcionário da cadeia de Aranjuez, segundo afirma e vém de denunciar publicamente o coletivo antirepresivo Ceivar. Em base ao relatório de Ceivar, Antom, atopava-se no módulo de isolamento,onde tivo que passar sete días por terem-se negado a compartir cela ao ingresar em prissom. Na galeria na que se encontrava havía também presos políticos vascos, com os que puido falar pola janela, o qual puido desatar o que aconteceu depois. A quarta-feira, os funcionários de guarda, \"sacarom a berros a Antom da sua cela, dizindo-lhe de muito malas maneiras que tinha que recolher todo, posto que o íam mover de galeria\". Umha vez fora da cela, \"obrigarono a borrar o seu nome da porta\" (nos módulos de isolamento é habitual que escrevam com xiz o nome do preso ou presa na porta, para saber quem é que esta dentro). Negou-se, e acto seguido batéron-lhe na faciana em dúas ocassións. O dia seguinte dos feitos ,e ainda no módulo de isolamento, Antom protestou pola agressom com um protesto carcerário, consistente em rejeitar a comida da bandeja e dirigindo umha instáncia à direçom do centro denunciando o acontecido. Denuncia no julgado Umha semana depois Antom encontra-se de novo no seu módulo, à espera de iniciar o cumprimento das duas sançons que lhe restam. Umha vez consultado com o exterior, decidiu denunciar a agressom perante os julgados ordinários de Aranjuez. Antom Santos e a súa companheira María Osorio forom detidos a principios de dezembro pasado em Lugo, onde morabam, incomunicados e transladados á Audiencia Nacional."}
{"ID": "PRAZA_10386", "summary": "En Ribadavia a alcaldía recaeu no PP ao votar a súa propia candidatura e non a do PSdeG os edís de Ribeiro en Común", "text": "A política en xeral e a municipal en particular sempre ten un lugar para o imprevisible. Máis aínda cando se trata da elección das alcaldías, cando as razóns partidarias e ideolóxicas se combinan coas locais e, en ocasións, mesmo coas persoais. Algunhas ou mesmo todas estas variables estiveron sobre a mesa nas sesións constitutivas de, cando menos, tres concellos. En Mondariz, Catoira e Fene non operaron as lóxicas de bloques e nin sequera as directrices xerais das direccións de cada partido.Nos dous primeiros destes concellos os votos do PP foron cruciais para elixir a alcaldía pero non para un aspirante popular, senón para os cabezas de lista do BNG. En Mondariz o novo alcalde é Emilio Barros, do Bloque, que con 3 edís foi segunda forza da corporación liderada pola formación Alternativa por Mondariz, con 4. Os 3 votos dos nacionalistas, os 2 do PP e o único do PSdeG déronlle a maioría absoluta a Barros, que negou negociación ningunha cos populares e que, en declaracións aos medios, asegurou que a súa intención é buscar apoios \"progresistas\" para gobernar.Pontón xa avanzou medidas contra o candidato do Bloque en CatoiraOs votos dos populares tamén foron clave para que erguese o bastón de mando o candidato do BNG en Catoira, Xoán Castaño, que foi segunda forza con 3 edís, por tras dos 5 do PSdeG, que gobernaba a vila dende había tres décadas da man de Alberto García. Os 3 concelleiros do PP votaron a candidatura de Castaño e converteuse en rexedor, se ben pouco despois a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, anunciaba que a Executiva Nacional prevé tomar \"medidas\" contra Castaño, toda vez que o \"criterio\" xeral pasaba por \"facilitar gobernos alternativos ao PP apoiando á forza nacionalista ou de esquerda que recibise máis apoio nas urnas\", neste caso os socialistas.En Fene os socialistas votáronse a si mesmos e propiciaron que a alcaldía fose para o PP e non para o BNGMentres, en Fene, o prexudicado foi precisamente o BNG. Tras un mandato marcado pola moción de censura que desaloxara o nacionalista Juventino Trigo da alcaldía, os números apuntaban cara a unha maioría de esquerdas: 6 edís do BNG, 4 do PP e 1 de EU fronte a 6 do PP, primeira forza. Pero, como informa Ferrol 360, tras dúas semanas de tensión e tirapuxas que apuntan tamén cara ao persoal, os socialistas optaron por votárense a si mesmos e non a Trigo, alcaldable do BNG. E, deste xeito, o popular Gumersindo Galego volveu recoller o bastón de mando por ser a forza máis votada entre sonoras protestas contra a decisión do grupo socialista.En Ribadavia a alcaldía recaeu no PP ao votar a súa propia candidatura e non a do PSdeG os edís de Ribeiro en ComúnOnde tampouco haberá goberno de esquerda malia existir números para a súa conformación é en Ribadavia. Alí o popular César Fernández Gil substitúe dende este sábado na alcaldía ao socialista Ignacio Gómez. Aínda que os socialistas (4 edís), Ribeiro en Común (3) e o BNG (1) suman maioría absoluta, superando os 5 edís do PP, o descarrilamento das negociacións dá a alcaldía ao PP. A confluencia da vila reclamaba, entre outros aspectos, que Gómez se retirase e deixase paso a outro candidato socialista. Finalmente Ribeiro en Común votou polo seu propio candidato, Brais Fidalgo, e o aspirante do PP logrou o bastón de mando como primeira forza."}
{"ID": "NOS_21399", "summary": "Logo dos 274 falecementos provocados polo coronavirus nos centros de maiores, 44,10% das vítimas mortais provocadas pola epidemia no total da Galiza, as residencias continúan coa mesma falla de medios que provocaron a traxedia. As mobilizacións que decorreron no día de onte en todas as cidades así o lembraron.", "text": "A\"nova normalidade\" non dá chegado ás residencias da Galiza. Unha vez superada a primeira vaga da pandemia do coronavirus, que puxo ao descuberto a realidade dos centros de maiores, os problemas que causaron a alta mortalidade nos xeriátricos seguen sen solucionarse, ao tempo que xorden outros novos, como consecuencia do confinamento. Mentres a Xunta da Galiza prepara unha homenaxe para o vindeiro sábado en Compostela, as vítimas do coronavirus e as asociacións de familiares de usuarias e usuarios critican a falla de vontade do Goberno galego para mellorar a situación dos residentes. A residencia de DomusVi de San Lázaro, en Compostela, é o centro de maiores con máis mortes por coronavirus. Segundo sinala a Nós Diario o portavoz da asociación de familiares de usuarias e usuarios do centro, Xavier Quián, \"faleceron 53 persoas entre a residencia e os hospitais, case un terzo dos residentes totais. Ademais 37 traballadoras e traballadores contaxiáronse, ao incumprir a empresa os protocolos estabelecidos para este caso. Ao tempo, destaca Quián, tamén \"houbo persoas que retiraron os seus familiares da residencia, uns para levalos á casa e outros para cambialos de centro\". Ocultismo na información Xavier Quián insiste en ser prudente: \"O día 15 ábrese a residencia de San Lázaro ás visitas e a partir de aí imos ter datos máis precisos sobre o estado dos usuarios e usuarias. Porén as informacións que nos chegan preocúpannos. As consecuencias físicas e psicolóxicas de 60 días de confinamento son evidentes na xente maior, polo que sabemos, malia que a dirección do centro en todo este tempo só se dirixiu a nós en dúas ocasións e nunha delas só ás familiares das prazas privadas\". \"Nós agora estamos traballando cos avogados para que canto antes presenten as querelas\", conclúe Quián. O xeriátrico de DomusVi do Barreiro, en Vigo, suma 47 falecementos por causa do coronavirus. O portavoz do colectivo de familiares do centro, Paulino Campo, en declaracións a Nós Diario, cualifica de \"caótica\" a situación da residencia e denuncia que \"volvemos aos inicios da pandemia, o persoal é absolutamente insuficiente malia as baixas de residentes, os usuarios e usuarias están tristes e apagados e a comida é bazofia. Tanto é así que a xente trasladada ao centro de Patos (Nigrán) quere volver alí pola alimentación que recibían, con peixe fresco, pero tamén polo trato\". As queixas pola situación da residencia continúan. Así, Paulino Campo afirma que \"nos últimos días téñense presentando varias denuncias diante dos servizos de inspección de Política Social por eivas graves na atención aos usuarios\". Na mesma liña, lamenta que \"o centro do Barreiro non entrou aínda na primeira etapa do plan de reactivación aprobado pola Xunta para as residencias, o que non só nos impide visitar e coñecer de primeira man a situación dos nosos familiares senón que os teñen fechados nas habitacións e non os levan a dar paseos, cos problemas que lles ocasionan\". A Xunta négase a inspeccionar a alimentación A mortalidade no centro DomusVi de Aldán en Cangas foi tamén moi elevada. Segundo sinala a Nós Diario o presidente da asociación Vellez Digna, Xosé Bernárdez, \"fáltannos 37 persoas na residencia, se ben a catro leváronnos os familiares, polo que xa podedes saber do número de falecementos. O persoal segue sendo escaso, até o punto de que a día de hoxe faltan 11 auxiliares. Ademais volven servir aos residentes unha comida insípida, de ínfima calidade e moi escasa. Diante da denuncia que presentamos aos servizos de Inspección da Xunta, dinnos que non se meten porque a dieta está avalada por un nutricionista\". \"Fan falla máis traballadores e traballadoras nas residencias\", indica Bernárdez, quen lembra que \"a xente que foi ao hospital durante o coronavirus chegou a eles deshidratada e isto debeuse á falta de atención nas residencias. Outro tanto acontece co importante número de caídas nas residencias, con persoas que caen até 50 veces, e a maior parte delas a consecuencia da ausencia de persoal\". \"Queremos saber cantos morreron de verdade nos centros de maiores, Feixoo organiza unha homenaxe o día 13 pero non nos di o número de mortes. Tamén, o presidente da Xunta debe explicar por que non se lles deu unha oportunidade ás 127 persoas que morreron nas residencias sen levalas ao hospital, cando as UCI na Galiza non estaban colapsadas\", conclúe Bernárdez. As queixas dos familiares destas tres residencias non son un caso illado. Así, a portavoz dos familiares dos usuarios do centro de maiores de Celanova, María Rodríguez, lamenta, en conversa con Nós Diario, que o servizo de enfermaría neste xeriátrico que padeceu 13 mortes segue sendo insuficiente. Ao tempo, desde os colectivo de vítimas critican que a traxedia provocada polo coronavirus non está levando as direccións dos centros residenciais a adoptar as medidas necesarias para mellorar a calidade asistencial e facer fronte con garantías a un rebrote da pandemia."}
{"ID": "NOS_34199", "summary": "Turismo de Galicia terá un stand propio no evento católico no que repartirá material promocional e informativo. A feira é un punto de encontro para \"fabricantes e consumidores de produtos relixiosos\"", "text": "Turismo de Galicia, a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, participará desde o vindeiro xoves 29 de agosto e ata o domingo 1 de maio na IV edición da feira de carácter relixioso Expo Católica, que terá lugar no recinto feiral do World Trade Center de México Distrito Federal. Os lemas desta nova edición son Todos xuntos e Celebra a vida e para a súa promoción e difusión contarase co apoio de Radio María e María Visión. \"A feira Expo Católica trata de servir de punto de encontro de fabricantes, distribuidores e consumidores de artigos relixiosos\" Esta feira celébrase cada ano nunha cidade distinta e a pasada edición. \"Co seu carácter internacional, nesta feira reúnense expositores de diferentes países como Bolivia, Colombia, Estados Unidos e España, ademais de numerosos procedentes de todo México\", indican desde a Xunta. Galiza participa cun stand de 18 metros cadrados no que se repartirá \"material promocional e informativo dos diferentes Camiños de Santiago, respondendo así ao grande interese que alí suscita a peregrinación a Santiago, dado que México é a nación de fala hispana que máis peregrinos achega despois de España\"."}
{"ID": "PRAZA_8036", "summary": "Levamos demasiado tempo escoitando falar de encrucilladas históricas, momentos críticos e puntos de inflexión, polo que todo este tipo de adxectivacións foron perdendo o impacto que se lles supón. Todos os indicios apuntan a unha mudanza de rexime no Estado español, co cuestionamento de tres pezas chave que sustentan o actual status quo: a monarquía, o modelo territorial e a Constitución do 78.", "text": "Levamos demasiado tempo escoitando falar de encrucilladas históricas, momentos críticos e puntos de inflexión, polo que todo este tipo de adxectivacións foron perdendo o impacto que se lles supón. Todos os indicios apuntan a unha mudanza de rexime no Estado español, co cuestionamento de tres pezas chave que sustentan o actual status quo: a monarquía, o modelo territorial e a Constitución do 78. Para sermos máis específicos, o que acontece agora é que ese cuestionamento, que sempre existiu, pasou de ser unicamente sustentado por sectores minoritarios - no noso país incardinados abrumadoramente no movemento popular e nunha esquerda independentista fragmentada - a ser asumido por amplos sectores sociais e desde focaxes ideolóxicas distintas e mesmo antagónicas. Así, o modelo territorial é cuestionado dunha óptica autodeterminista en Catalunya e Euskal Herria - tamén na Galiza, aínda que expresado non tanto nun maior apoio social e electoral coma nunha viraxe das posicións tácticas e estratéxicas das organizacións nacionalistas -, mais tamén desde unha visión recentralizadora do estado; a Constitución é cuestionada como garante dos dereitos que proclama nas mobilizacións sociais, nomeadamente nas derivadas do ronsel do 15-M e nas de persoas afectadas pola estafa bancaria das preferentes e os desafiuzamentos, mais tamén é cuestionado desde aqueles sectores que xulgan excesiva e contraproducente a amplitude dos dereitos de manifestación, reunión e folga. A monarquía, en fin, xa non se cuestiona só desde a esquerda. Dende plataformas da extrema dereita cuestiónase abertamente a institución, e mesmo a FAES chega a plantexar a posibilidade dunha república española presidencialista e centralizadora. a Constitución é cuestionada como garante dos dereitos que proclama nas mobilizacións sociais, nomeadamente nas derivadas do ronsel do 15-M e nas de persoas afectadas pola estafa bancaria das preferentes e os desafiuzamentos, mais tamén é cuestionado desde aqueles sectores que xulgan excesiva e contraproducente a amplitude dos dereitos de manifestación Por expresalo en termos clásicos: que o rexime vai mudar é unha evidencia, cara onde o vai facer dependerá da correlación de forzas, e é aí onde a esquerda nacional galega terá que implementar novas estratexias xa que de momento, e perdón pola obviedade, estamos perdendo a batalla. No anterior cambio de rexime a creba democrática foi a alternativa da esquerda nacional que non entrou no pacto da reforma. Soberanía nacional e soberanía popular fronte ás reformas cosméticas, unha alternativa programática que era percibida como tal pola gran masa social. Son moitas as circunstancias históricas que mudaron desde aquela. Entre elas, quizais a máis importante, a perda da hexemonía social da esquerda; é indubidable que o labor dos think tanks da dereita xermolou con forza na produción social do pensamento popular. Non podemos xogar coas cartas marcadas na nosa contra, precisamos dun novo taboleiro, e para construílo non podemos partir de vitimismos (\"o pobo non entende\") senón do recoñecemento da incapacidade de incidirmos nos acontecementos, de vehiculizarmos o descontento nas institucións e de que iso vén dado pola aceptación a xogar con esas cartas. Xa que logo, haberá que crear novos marcos discursivos, con incidencia especial nas alternativas radicalmente incompatíbeis co existente e o praticábel desde a legalidade vixente. Non menos importante resulta o que se deu en chamar - seguindo a terminoloxía de Xosé Manuel Beiras ou David Rodríguez - a \"ruptura de pontes\" entre a esquerda política e a esquerda social. Aquelas organizacións que viñan da loita antifranquista e funcionaban con amplas conexións sociais deviron en estruturas fosilizadas, burocracias esclerotizadas que converteron o partido nun fin en si mesmo no canto dunha ferramenta para a transformación social. É fronte a iso fronte ao que xorde unha nova realidade á que non podemos dar as costas: unha cidadanía que se mobiliza sen tutelas, en rexime de autoconvocatoria e se declara apartidaria, pero que é tan parte da esquerda como a organizada en estruturas partidarias, sen a cal nengunha converxencia realmente abranxente resulta hoxe posíbel. Só mediante a forma partido movemento, construindo a nación por abaixo sen por iso renegar da política institucional, poñendo sempre por diante os intereses da Galiza e do seu povo traballador, o soberanismo galego poderá avanzar e recuperar o espazo perdido a nivel social e tamén electoral. Xorde unha nova realidade á que non podemos dar as costas: unha cidadanía que se mobiliza sen tutelas, en rexime de autoconvocatoria e se declara apartidaria, pero que é tan parte da esquerda como a organizada en estruturas partidarias Mais, iso sí, unha circunstancia histórica non variou: a necesidade de unir forzas face o enemigo común e pola alternativa común, a aposta pola fronte ampla. Calquera intento de facer esa unión que estea supeditado a estratexias de engorde partidario, de recuperación da iniciativa, de hexemonización da protesta está, hoxe máis que nunca, condenada ao fracaso. Tanto ten que se faga desde estruturas xa consolidadadas pero desprestixiadas, que desde outras novas artelladas a partir dun éxito acadado precisamente por xerar expectativas dunha nova forma de facer política. O primeiro reto hoxe para a esquerda política é o de recompor as alianzas coa esquerda social para articular un amplo movemento capaz de mobilizar e organizar a maioría social agredida en prol desa creba democrática do século XXI. Podemos traballar por iso ou podemos continuar en liorta perpetua para ver que fracción exerce a hexemonía... sobre un furado no mapa, no que antes estaba a nosa nación"}
{"ID": "PRAZA_7555", "summary": "N'A Torre e Pousa de Dumia recupero todo tipo de aparellos histórico-humanísticos para tentar me achegar á realidade social da Terra de Cervantes, como antes se chamaba o país d'Os Ancares. E, por suposto, neste estudo provócase un intenso diálogo cos canons da xenealoxía, máis que útiles á hora de elaborarmos unha investigación como esta.", "text": "O día 27 de setembro de 1932 e ás sete do serán, no Salón de Actos do palacio de S. Marcos de Lugo, sé da Deputación provincial, auspiciada polo Comité de Cooperación Internacional de Lugo, Ramón Gómez de la Serna proferiu o seu relatorio-mala Variedades, unha das súas por entón celebradas conferencias en que o artista ía falando á vez que sacaba aparellos dunha mala que levaba canda si. Mesmo cando eu propio recuperaba esta información para unha das miñas investigacións xa hai unha manchea de anos, non puiden máis que imaxinar o meu labor pesquisador, e facelo visualizando o bo de D. Ramón tirando obxectos da súa mala de pel coa que se acompañaba naquelas exquisitas intervencións. Unha investigación é algo que se procura. Tal que camiñar para un coñecemento mellor, debe aceptarse como o que é, con todos os desvíos e as incertezas que implica. Investigar é, sempre, coñecer, de aí que sexa algo, nos nosos días claro, raro, curioso e adoito xulgado polo vulgo máis vulgar como unha perda de tempo. Non é estraño que nos preguntemos se produce, xera, estimula ou xestiona o pracer. Non o é en absoluto. Nada, pois, está menos fóra de ton que facérmonos esta pregunta. Así, porque a busca fundamental do individuo, na actualidade estriba na persecución do pracer, para unha mente sa, consciente do valor e do papel do ser humano na sociedade, investigar e desenvolver un cometido intelectual sempre é pracenteiro. Redunda, provoca, xera, excita e estimula a psique, a actividade intelectual, propia e unicamente humana. Está claro que tras calquera investigación seria, polo xeral se implica a edición dun libro, un agasallo que quen investiga ofrece á súa comunidade. Contodo, polo xeral tamén, nas poucas presentacións de libros e traballos que hoxe decoran a vida das nosas vilas e cidades, tal agasallo semella non ser interpretado así pola poboación: xa que logo, neses casos a afluencia humana é máis ben cativa, mesmo nalgúns practicamente inexistente; e dígoo así porque coñezo algún que outro caso ao respecto. Mais, claro tamén, sabemos todos e todas que se quixesemos ver xente, interactuar con individuos, deberiamos ir a un campo de fútbol, a un bar ou a unha baiuca, talvez conectármonos, vía Internet, a un chat deses. Nestes foros, evidentemente, nada poderemos achar que nos estimule o cerebro de xeito intelectual –ou si?— , mais quizais tamén estea ben despoxarse da nosa capa de homo intellectualis –se é que o somos— e descender aos infernos da simpleza, da superficialidade, da animalidade en fin. Daquela, sexa polo que for, o certo é que quen se presenta como espectador ou espectadora a unha presentación de calquera traballo editado, posúe unha sensibilidade especial, rara, e que cre na actividade intelectual como compromiso, lealdade, fidelidade, solidariedade cara á persoa en tanto que peza dunha comunidade determinada. Xa que logo, quixen comezar este relatorio coa esencia do que é, do que constitúe, unha investigación tal que estímulo, mesmo tal que orgásmica e pracenteira sensación, tal que fenómeno normal da persoa, isto é, do individuo que é persoa –hainas, e moitas, que non o son!; aínda que non por iso deixa de baterlles o corazón nin (iso é o peor) un pode deixar de sufrilos— , tal que actividade habitual en quen pensa e utiliza o intelecto. Mais como é lóxico, malia que podería non ser así, no meu caso a escolla da problemática investigadora non dependeu –en min nunca o fai!— do acaso, aínda que algo así –como non!— da inspiración persoal de quen investiga, de min mesmo. No meu caso, pois, sempre sen perder de vista o proceso de destruturación psicolóxica (o suicidio, en termos de Durkheim) que rexe na nosa actual sociedade, iso si, malia a noxenta proxección de costumes cibernéticos, que proclaman a interactividade e a interacción; sempre hai un aquel que, máis aló do punto de partida ou desde el propio, diríxese cara a un sentido didáctico. Talvez por deformación profesional –da que, non obstante, estou moi orgulloso— , talvez porque creo firmemente na miña débeda social fronte á miña comunidade, a galega. Cuestión de tomada de consciencia, claro. Cuestión de compromiso. E baixo ese senso didáctico é onde e como se substenta o meu ánimo e afán interdisciplinario que non só rexeita senón que profunda nun campo aliado e expresado a través da socioloxía, a ciencia política, a antropoloxía, a economía dunha perspectiva cientista que, en principio, podería resultar xenealóxico-heráldica. E, por suposto, tampouco rexeito da xenealoxía, interesante ciencia onde as haxa, e da heráldica. Só así comprenderemos parte do noso pasado e, neste último caso, por medio dunha linguaxe, un código simbólico capaz de nos conectar moito máis claramente co obxecto análise de estudo. Non é, portanto, máis que unha nova maneira de estudar o social, e elucidar con facilidade as diferentes problemáticas que se abordan en calquera traballo exploratorio. Dun modo comprensivo, ao encarar os recursos teóricos presentados como aquilo que son, simples instrumentos aínda que indispensábeis para tornarmos intelixíbel a realidade, isto é, tal o que son con efecto, instrumentos; particularmente creo nun traballo que trate de validar coñecementos científicos para substentar unha aproximación nada, absolutamente nada, irreal. Apelo sempre, pois, ao espírito sociolóxico de Weber. Nunca, pois, nunha investigación concreta –cando o é, evidentemente— as perspectivas teóricas se encadran de forma unívoca nunha ou noutra abordaxe específica, xa que, embora, conxugan diferentes trazos delas. Con efecto, o social é ao mesmo tempo estruturación, acción transformadora e sentido, de modo que a comprensión dun fenómeno pode esixir que esas tres dimensións sexan tomadas en consideración conxuntamente. Falo agora do meu recente libro A Torre e Pousa de Dumia. Estudo de historia social de Terra de Cervantes, que me publicou a ferrolá Edicións Embora na súa colección Punto de Investigación. E falo, así mesmo, de análise de historia social, de achegamento e de reorientación dunha nómina de individuos no xadrez da sociedade medieval, moderna e contemporánea. Así pois, n'A Torre e Pousa de Dumia recupero todo tipo de aparellos histórico-humanísticos para tentar me achegar á realidade social da Terra de Cervantes, como antes se chamaba o país d'Os Ancares. E, por suposto, neste estudo provócase un intenso diálogo cos canons da xenealoxía, máis que útiles á hora de elaborarmos unha investigación como esta. Daquela, quen desde a ignorancia trate de xustificar que a obra ou este tipo de traballos encerran un panexírico da nobreza, da fidalguía, dos propietarios e da caste dos Dumias, amais de estar no seu dereito, farao desde o descoñecemento máis supino ou, claro, desde a envexa e/ou o complexo de inferioridade patolóxico máis evidente. E quen, ao chou deste traballo, fale de xustiza social, de cambios e de privilexios periclitados, quen a aproveite para explicar o interese, máis que evidente, de se facer un/unha mesma dentro da sociedade, debería revisar o seu estado mental e se caso formarse, de paso, un mínimo. Porque eu, que debo todo o que son e represento ao meu traballo e que, portanto, son un deses homes que lograron un posto na súa comunidade por virtude dun sempre incansábel traballo –que os habemos— estou moi orgulloso da miña realidade e procedencia. Xa que logo, con amor, cun inmenso amor case semellante ao que sinto pola miña Pilar, e exactamente igual ao que aplico cando estudo a lírica medieval, a vangarda galega ou cando redixo calquera traballo de creación; síntome orgulloso de ser galego, de ser lucense e, por suposto, de ser fillo e neto de quen son. Agora ben, comprendo quen non o estea: as súas razóns terá e eu, líbreme o Demo, non as vou xulgar. Nin tempo tería para facelo. Desde a Galiza, sempre; desde Lugo, sempre; desde o traballo e por vontade dun home que desde neno tivo de loitar con moita forza para demostrar o que outros e outras non deben demostrar nunca e para chegar ao destino académico e intelectual que cría debía ocupar; quen se achega a este traballo achará a propia historia das terras de Cancelada e a das do país de Neira, unha historia adubada pola maxia do agarimo que unha persoa entregada á investigación e á escrita galegas só lle podería dedicar. Evidentemente, non vos é pouca cousa!"}
{"ID": "NOS_9495", "summary": "O director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo, debe comparecer o vindeiro 9 de xaneiro no Xulgado de Compostela. O motivo da demanda radica nunha serie de manifestacións realizadas no Parlamento polo director xeral contra unha traballadora.", "text": "O Xulgado do Social de Compostela admitiu a trámite unha demanda de tutela de dereitos fundamentais e indemnización de danos e prexuízos fronte á CRTVG presentada por unha traballadora da compañía. O director xeral da Corporación de radio e televisión de Galiza, Sánchez Izquierdo, deberá comparecer o vindeiro 9 de xaneiro nos xulgados da capital de Galiza. A demanda ten a súa orixe na comparecencia do 30 de outubro de Sánchez Izquierdo perante a Comisión parlamentar permanente de control da CRTVG. Entre as preguntas a responder polo director xeral, unha do PSdeG sobre a noticia publicada a principios de mes por diversos medios que informaban como unha traballadora da CRTVG fora obrigada a omitir en directo unha noticia negativa para o PP. \"Menoscabo da súa honra profesional\" Segundo o texto da demanda, á que tivo acceso Sermos Galiza, o máximo responsábel empresarial da CRTVG \"excédese nas súas funcións\" e realiza unha intervención en sede parlamentar \"da que se destila a revelación de datos protexidos da traballadora, unha serie de acusacións de transgresión do réxime disciplinario empresarial, e un continuo menoscabo da súa honra profesional nunha diatriba atentatoria dos seus dereitos fundamentais\". No concreto, indícase na denuncia, o director xeral descualificou a traballadora durante a súa comparecencia por estar en prácticas, para alén de acusala \"de insubordinación laboral e graves ofensas a compañeiras de traballo\". Ademais, explícase na demanda, Sánchez Izquierdo tamén acusou esta persoa de \"descoñecemento ou mentir sobre as normas deontolóxicas tanto profesionais como empresariais\". Para poñer o ramo, o comparecente na comisión revelou (\"até en 3 ocasións\") a condición de afiliada sindical da traballadora, \"circunstancia non comunicada á empresa nin publicamente pola mesma\". Así pois, prosegue, o director xeral realizou en público, \"na máxima Cámara de representación de todas as galegas e galegos, cuxa emisión se realiza en aberto e en directo para toda a poboación\", unha \"permanente descualificación\" da valía profesional da traballadora, \"como reacción ás súas lexítimas discrepancias e ás súas queixas e demandas fronte a empresa\" Vulneracións A demandante considera que se dan unha serie de vulneracións do dereito á liberdade sindical, do dereito á intimidade e do dereito á honra e dignidade profesional, entre outros. \"Hai un desprezo á honra e á dignidade da traballadora no traballo, ao constituír esta conduta escarnio público con ampla difusión da súa persoa e sobre todo, da súa valía profesional como xornalista\", recolle o texto da demanda. Por todo isto, solicítase que se condene á parte demandada a unha indemnización por danos e prexuízos pola contía de 105.000 euros, así como que se condene o director xeral a ler a sentenza na vindeira reunión da comisión de control parlamentar da CRTVG, e que ese auto se publique na intranet da compañía e que se remita por mail a todo o cadro de persoal. Fontes do comité de empresa contactadas por Sermos Galiza consideran moi grave o sucedido na comisión parlamentar do pasado 30 de outubro. Pregunta de En Marea En Marea vén de presentar unha pregunta para a súa resposta na comisión parlamentar de control á CRTVG sobre esta demanda. No texto da cuestión, a formación pide explicacións a Sánchez Izquierdo a raíz das súas declaracións na comisión do pasado 30 de outubro e que deron pé á demanda. Así, pregúntalle pola revelación feita por el da afiliación sindical da traballadora ou polas acusacións de \"insubordinación laboral\", entre outras. Tamén lle pregunta sobre que fará en caso de que a demanda contra a CRTVG dea nunha sentenza condenatoria. Aliás, tamén fará En Marea varias preguntas sobre a denuncia de manipulación informativa presentada pola traballadora, que foi obrigada a omitir en directo unha noticia negativa para o PP. En Marea denuncia que \"a censura e protección dos intereses informativos do PP é constante\" e pide a Sánchez Izquierdo que explique o proceder da compañía."}
{"ID": "NOS_26542", "summary": "A Xunta mantén a decisión de reabrir o vindeiro día 25 os centros de ensino para que o alumnado de segundo de bacharelato ou segundo de ciclos medio e superior de FP poida, de forma voluntaria, volver ás aulas até xuño. Na mesa sectorial de ensino que tivo lugar onte, a Consellaría de Educación rexeitou a petición dos sindicatos de adiar a reapertura dos centros até o vindeiro curso, se ben admitiu algúns matices ao protocolo para o regreso á docencia presencial.", "text": "O alumnado de segundo de Bacharelato ou de ciclos de Formación Profesional que decida reincorporarse ás aulas o vindeiro día 25 –en caso de confirmarse o paso da Galiza á segunda fase do desconfinamento– deberá encargarse de desinfectar o material que empregue, o seu pupitre e a súa cadeira, tanto na aula como na biblioteca, con independencia do labor dos equipos de limpeza. É unha das pautas que fixa o protocolo da Consellaría de Educación coas medidas de prevención na reapertura dos centros educativos, debatido onte cos sindicatos na mesa sectorial de ensino. Fronte á posición do conxunto das organizacións sindicais, contrarias á recuperación da docencia presencial nas últimas semanas de maio e primeiras de xuño por falta de garantías sanitarias, a Xunta segue adiante coa reapertura, que deixa en mans dos equipos directivos dos centros cuestións de calado, desde o abastecemento de boa parte do material de prevención e hixiene (xel, panos, luvas...) até a decisión sobre o número máximo de alumnos e alumnas por aula. O protocolo delega tamén nas directivas a organización das quendas dos equipos de limpeza –que deberán realizar un mínimo dunha desinfección completa ao día–, a promoción de \"rutas seguras\" de chegada ao centro, a organización das saídas e entradas das aulas –con distancia interpersoal de dous metros e escalonadas– e o número de profesorado de garda para garantir a seguridade, ou a capacidade máxima de cada un dos posíbeis espazos que se vaian utilizar para recreo e o tempo de duración do mesmo. \"Para dúas semanas que van ser, falta moita organización e déixanse demasiados aspectos á improvisación e ao presuposto dos centros, que teñen a responsabilidade de artellar todo cunhas medidas sanitarias demasiado no aire\", censura desde a federación Anpas Galegas o seu presidente, Fernando Lacaci, quen achaca á Consellaría a falta de protocolos \"moito máis claros e pormenorizados\". Sen apoiar unha volta indiscriminada ás aulas, en Anpas admiten \"a necesidade das familias do alumnado que se presenta ás probas de ABAU dunha atención específica\", mais censuran o \"nivel de improvisación\". \"O que se lle vén dicir aos centros é 'defendédevos como poidades e facede como vos cadre\", critica Lacaci. Sindicatos como a CIG advirten tamén que as medidas organizativas da Consellaría de Educación \"desbotan todo o esforzo realizado pola comunidade educativa para a implantación da teleformación, incluída a recente adaptación das programacións didácticas\" e avogan por que, de non se manter a teledocencia, sexa o criterio docente o que determine a presencialidade do alumnado nos centro. \"O profesorado que teña que atender a docencia presencial vai ter que desatender a teledocencia\", observa o secretario nacional de ensino da CIG, Suso Bermello, en consonancia coas críticas de UXT, que, como sinala a responsábel de ensino Paula Carreiro, tamén cuestiona como o profesorado vai poder estar na clase e, ao tempo, atendendo o alumnado que opta por non incoporarse e o de outras etapas educativas. Segundo observa Bermello, menos de 5% do total do profesorado galego imparte de forma exclusiva segundo de Bacharelato. O profesorado poderá manter a teledocencia por conciliación ou risco para a saúde A Consellaría de Educación si admitiu onte unha modificación a petición dos sindicatos, que ten a ver co profesorado vulnerábel ao coronavirus. Fronte á previsión inicial, estas docentes non terán que retornar aos centros en espera de que se lles conceda a exención do traballo presencial. Educación admite tamén que, por cuestións de conciliación, profesorado con descendencia menor de 12 anos ou con diversidade, ou que teña persoas maiores ao cargo, poida eludir a volta aos institutos neste curso, como tamén reclamaban as forzas sindicais. A ollos da secretaria de ensino de CCOO, Luz López, esta ampliación dos supostos nos que o profesorado pode manter a teledocencia \"deixa patente a necesidade de que a Xunta cubra as baixas e as ausencias\", máxime ante a inminencia das ABAU."}
{"ID": "NOS_32214", "summary": "Rexistráronse en 2016 un total de 5.683 denuncias, 473 máis que en 2015. En Galiza hai rexistradas como vítimas en 2016 un total de 5.104 mulleres", "text": "Os xulgados galegos recibiron o ano pasado un total de 5.683 denuncias por violencia machista, o que supón 9 % máis con respecto ao ano anterior, 2015, cando se presentaran 5210. En apenas un ano, pois, a cifra de denuncias rexistradas aumentou en 473. Son datos dos que informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. A maior parte dos casos (4.303) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima. Segundo os datos estatísticos feitos públicos polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galiza aparecen como vítimas 5.104 mulleres en 2016. A taxa de violencia de xénero (vítimas por cada 10.000 mulleres) é na Galiza do 36,23 persoas fronte ás 56,70 do conxunto do Estado. O número de ordes e medidas de protección solicitadas en 2016 nos xulgados galegos foi de 1.693, das que se adoptaron 1.134, o que supón un 22 % máis de medidas concedidas que en 2015."}
{"ID": "PRAZA_16844", "summary": "A Unidade Militar de Emerxencias depende do Ministerio de Defensa, que vén cobrando medio millón anual da Xunta por participar no dispositivo de prevención dos incendios. O delegado do Goberno central en Galicia tamén esquiva por segunda vez a petición de comparecencia na comisión de estudo HEMEROTECA | Só ENCE e o Goberno de Rajoy se negaron a acudir á comisión de incendios do Parlamento galego", "text": "HEMEROTECA | Só ENCE e o Goberno de Rajoy se negaron a acudir á comisión de incendios do Parlamento galego \"Todas as administracións teñen un deber xenérico de colaboración\" e \"o lóxico é que comparezan nesta comisión de estudo\". Son palabras do voceiro do PP no Parlamento, Pedro Puy, quen nos primeiros días de abril asegurou compartir a contrariedade dos grupos de En Marea, PSdeG e BNG pola negativa a acudir ao órgano que estuda o acontecido na vaga de incendios dos pasado outono manifestada polos dous únicos representantes do Goberno de España que foran convocados: a Unidade Militar de Emerxencias e o delegado do Executivo de Rajoy en Galicia, Santiago Villanueva. Esa unanimidade na petición concretouse nunha nova solicitude por parte do Parlamento que xa tivo resposta, en ambos casos negativa e, pola banda da UME, incluíndo un convite para o presidente, Miguel Santalices, a visitar as súas instalacións \"se vén por Madrid\". No gaso do delegado gobernamental, funcionario autonómico de carreira e antigo director xeral de Emerxencias da Xunta (2009-2014), a resposta ao novo convite incide en que non \"procede\" que un cargo dependente \"da Administracion Xeral do Estado\" compareza ante un Parlamento autonómico. Deste xeito, o mesmo cargo que hai escasos días participou na conmemoración do trixésimo sétimo aniversario do Estatuto de Autonomía remítese á documentación que si deu en enviar ao Parlamento -sobre o dispositivo estatal que participa na prevención e extinción das lapas, así como un informe meteorolóxico- e agarda que sexa \"de utilidade\" para os traballos da comisión. O delegado do Goberno central en Galicia tamén esquiva por segunda vez a petición de comparecencia na comisión de estudo No que atinxe á UME a resposta remitida dende o Ministerio de Defensa volve estar asinada polo tenente xeneral xefe desta unidade, Miguel Alcañiz, como xa o estaba a primeira negativa. Tras recibir a segunda solicitude de comparecencia, na que Santalices o animaba a \"reconsiderar\" a \"non comparecencia\" na comisión, o mando militar \"recalca\" o \"máximo respecto que temos na UME polo labor dos parlamentos autonómicos\". Se ben, \"dito isto, debo informalo que tras elevar consultas, persisten os mesmos motivos de dependencia e suxeición administrativa que nos fixeron declinar a súa primeira solicitude\". A Unidade Militar de Emerxencias depende do Ministerio de Defensa, que vén cobrando medio millón anual da Xunta por participar no dispositivo de prevención dos incendios Xunto a este texto impreso o responsable da Unidade Militar de Emerxencias engade tres liñas manuscritas. Nelas remite \"unha forte aperta\" ao presidente Santalices e agrega: \"se vén por Madrid, estaremos encantados de que visite a Unidade\". Dáse a circunstancia de que a \"dependencia e suxeición administrativa\" que a UME alega por segunda vez para non colaborar co Parlamento de Galicia non é outra que a respecto do propio Ministerio de Defensa, a través do cal foi cursada a petición. O departamento ministerial actualmente dirixido por María Dolores de Cospedal participa dende comezos de século no dispositivo de prevención de incendios da Xunta previo pacto de financiamento por parte das arcas galegas. Así, como informou este diario, Defensa vén recibindo en torno a medio millón de euros anual por estes labores e os importes cobrados na última década roldan a suma duns 6 millóns."}
{"ID": "NOS_51948", "summary": "\"Ser divertidos e de utilidade\". É o desexo da Real Academia Galega á hora de presentar o Portal das Palabras, unha plataforma que buscar airear, modernizar, dinamizar e abrir a institución de Tabernas á sociedade por medio das palabras.", "text": "As palabras son as protagonistas e, a través dela, no \"Portal das Palabras\", a iniciativa que hoxe se botou a andar promovida pola Real Academia Galega máis a Fundación Barrié, pódense atopar vídeos, xogos ou noticias arredor da semántica da nosa lingua. A Academia busca tirar o po e abrirse e, desta maneira, os propios académicos e académicas saen á pantalla para explicar dúbidas e contidos semánticos, a plataforma recibe preguntas da cidadanía e pódese consultar a través de teléfonos ou tabletas. Unha modernización que se aprecia mesmo no rexistro empregado pola institución, moito menos ríxido e máis cercano ás novas xeracións. \"Xa fedellastes? Xa xogastes? Se o teu é a curiosidade polas palabras, somos o teu portal!\". Así, nin máis nin menos, anima a RAG a consultar o novo portal a través de twitter, a rede na que a nova iniciativa se promove desde hoxe. Na plataforma recóllense tamén recursos didácticos para a aplicación nas aulas. Seccións imaxinativas e dinámicas segmentan o portal que inclúe un espazo para as \"palabras de moda\". \"Canto sabes\", \"dimo con letras\" e \"A ver se das?\" son os tres xogos que están en portada, canda, por exemplo, palabras asinadas que amadriñan persoas coñecidas. Á presentación asistiron ademais do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero e o da Fundación Barrié, José María Arias, o secretario da RAG Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez e Xesús Ferro tamén da directiva da Academia. Como \"acontecemento no eido da lexicografía galega\" definiu o portal Alonso Montero, que presenta esta iniciativa na que a Academia leva máis de un ano traballando. Sumar o traballo do Seminario de Lexicografía xunto coas innovacións tecnolóxicas e as aplicacións didácticas foron os tres elementos que destacou Henrique Monteagudo deste proxecto que responde, ao seu ver, a vocación de servizo da Academia á sociedade galega de hoxe. O convenio entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié foi asinado a comezos do ano 2012."}
{"ID": "PRAZA_20250", "summary": "Dous detidos e máis dun cento de identificados tras unha marcha na que parte dos manifestantes foron desaloxados con contundencia do antigo colexio Peleteiro, que ocuparan durante a protesta contra o peche do Escárnio e Maldizer do pasado 30 de maio. Vídeo no interior.", "text": "Cargas policiais, tensión, dous detidos e varios identificados. Ese foi o balance tras a marcha na que máis de medio milleiro de persoas protestaron este sábado en Compostela de novo polo desaloxo dun centro social ocupado -o Escárnio e Maldizer da zona vella- hai tan só uns días. A entrada de varios dos manifestantes na antiga sede do colexio Peleteiro, agora abandonado, aumentou a tensión dunha protesta que discorrera sen incidentes. Os axentes antidisturbios cargaron contra as persoas que protexían a entrada e logo contra os que se mantiñan no interior e que denuncian que foron acurralados. A policía cargou para desaloxar as persoas que entraran no antigo colexio Peleteiro e as que se mantiñan concentradas ás portas A marcha non fora notificada e os axentes policiais impediron aos arredor de 700 manifestantes acceder á zona vella, á que se dirixían tras saír da Alameda compostelá. A manifestación transcorreu sen problemas polo Ensanche, vixiada constantemente por un cento de antidisturbios e un helicóptero que sobrevoaba a zona. Sobre as dez da noite, unhas cen persoas aproveitaron o paso pola rúa República Arxentina para entrar nas antigas instalacións do colexio Peleteiro, abandonado desde hai unha década, ao berro de \"un desaloxo, outra ocupación\". Logo dunha asemblea no interior, a metade dos presentes saíron pero o resto quedou dentro e varios centos de manifestantes permanecían concentrados fóra. Foi daquela cando se disparou a tensión. Varios furgóns policiais e mesmo axentes non uniformados desprazáronse á zona para levar a cargo unha primeira carga e dispersar os que se concentraban ás portas do Peleteiro. Parte dos manifestantes marcharon cara a outras rúas do Ensanche, onde se produciu outra carga e mesmo se dispararon bólas de goma, e outra permaneceu sentada ás portas do antigo recinto educativo. Axentes antidisturbios lanzaron botes de fume para entrar no colexio Peleteiro A policía desaloxou un a un aos que estaban sentados -tamén golpeando coa súa porra se había resistencia- para logo lanzar botes de fume ao interior e acceder dentro coa axuda dos furgóns policiais ou escaleiras. Os que permanecían dentro foron desaloxados e identificados -segundo algún implicado mediante cargas- e parte deles foron trasladados a dependencias policiais, das que varios saíron mentres 200 persoas permanecían concentradas fóra. Foron, finalmente, máis dun cento os identificados en total. Pasada a unha da madrugada, o helicóptero policial continuaba sobrevoando a cidade. Antes da carga no interior do Peleteiro, axentes da policía -tamén algún de paisano- apartou a prensa, mesmo con empurróns, esixindo insistentemente aos xornalistas algún carné que os acreditara como traballadores de medios de comunicación. Finalmente, os dous detidos foron postos en liberdade con cargos e os altercados non provocaron ningún dano no mobiliario urbano. A manifestación celebrada este sábado é a terceira convocada polo colectivo okupa logo do desaloxo e tapiado do centro social Escarnio e Maldizer levado a cabo o pasado 30 de maio por orde xudicial. Xa naquel mesmo día, unha protesta rematara con cargas policiais e algunha detención."}
{"ID": "NOS_6542", "summary": "Hoxe, 30 de marzo, Día Internacional das Traballadoras do Fogar, cómpre recordar a gran precariedade na que viven as traballadoras deste sector tan esencial para a sociedade", "text": "O colectivo das traballadoras do fogar e de coidados é un dos máis precarios da sociedade, tanto a nivel galego como a nivel estatal. Se ben as labores do fogar conforman un sector totalmente esencial para a sociedade, as persoas que traballan nel, mulleres case na súa totalidade, non contan coas condicións laborais que deberían ter. Con motivo do Día Internacional das Traballadoras do Fogar, a ONG de cooperación para o desenvolvemento, Oxfam Intermón, entre cuxos obxectivos recolle \"a promoción da xustiza de xénero\", presenta os datos do seu informe \"Esenciales y sin derechos. O cómo implementar el convenio 19 de la OIT para las trabajadoras del hogar\", que demostran a difícil situación que vive este sector, sendo un dos máis golpeados pola precariedade e a pobreza no mercado laboral. Con respecto á Galiza, o informe recolle cifras moi preocupantes. No territorio galego hai un total de 34.561 persoas empregadas no sector dos traballos do fogar, das cales o 97'9% son mulleres. Ademais, unha cuarta parte do total de traballadoras do fogar e de coidados son mulleres estranxeiras, as cales adoitan estar dobremente discriminadas, mentres que a nivel estatal a cifra sube a máis da metade. Cómpre destacar tamén que a porcentaxe de parcialidade involuntaria no sector é de case un 60%. As traballadoras do fogar conforman o 5'7% do total de mulleres empregadas na Galiza, e seguen sen contar cunhas condicións laborais dignas. Segundo o propio colectivo, as afectadas adoitan enfrontarse con traballos sen seguro nin contrato, mesmo cando se trata do coidado de persoas dependentes como crianzas ou maiores, condicións que se agravan no caso das traballadoras internas. O sector das traballadoras do fogar e de coidados de persoas dependentes empeorou de forma notábel durante a pandemia Esta situación agravouse aínda máis durante a pandemia debida á Covid-19 que, pese a demostrarse a importancia do seu labor, as condicións do sector empeoraron de maneira notábel. Actualmente, no conxunto do Estado español, o 32'5% das traballadoras do fogar vive no límite da pobreza. Por todo isto, Oxfam Intermón pide que se teñan en conta as traballadoras do fogar e que se equiparen os seus dereitos ao do resto de persoas asalariadas.Nesta situación de pandemia, o clixé de \"coidar a quen nos coida\" non debería reducirse ao persoal sanitario. O colectivo de traballadoras do fogar e de coidados de persoas dependentes carga sobre os seus ombros un labor fundamental para saír desta crise."}
{"ID": "NOS_37800", "summary": "Baixo o lema \"Todas con dereitos, ningunha con medo\"", "text": "A Secretaría das Mulleres da CUT anuncia a convocatoria de folga xeral de mulleres para este 8 de marzo baixo o lema \"Todas con dereitos, ningunha con medo\". Deste modo, este 8 de marzo transcorrerá a cuarta folga xeral de mulleres convocada consecutivamente por esta central sindical en Galiza. No acto de rexistro da convocatoria de folga ante a Xunta estiveron presentes traballadoras do sector da conserva que denunciaron \"o difícil que é conciliar a vida laboral e a dos coidados, sexa unha cativa ou un familiar maior\". \"Cando entramos a traballar, non hai ningún sitio público que se faga cargo dos nosos familiares ao cargo\", advirten e reclaman solucións ante o Goberno galego. As traballadoras da conserva esixen máximo respecto pola súa saúde ante a covid19 e o absoluto respecto polas súas condicións de traballo. \"Como central sindical, sentímonos orgullosas de convocar por cuarto ano consecutivo folga xeral de mulleres, de loitar por todas e de fortalecernos as unhas ás outras. Imos por todas e a por todas!\", reivindican dende a Secretaría das Mulleres da CUT. Dende a CUT inciden na loita das mulleres obreiras e o feminismo de base \"ante a expansión da extrema pobreza e da represión a raíz da covid-19\". \"As obreiras, sexa asalariadas ou non, estamos en pé e decididas a a loitar por todos os dereitos para todas as persoas até que ningunha, absolutamente ningunha, teña medo\", sosteñen as sindicalistas e feministas que chaman á unión do feminismo de base na loita contra este sistema patriarcal e capitalista. \""}
{"ID": "NOS_44421", "summary": "Estados Unidos de América e a Unión Europea acordaron esta pasada sexta feira suspender temporalmente os aranceis que provocaron as axudas de Airbus e Boeing, tras unha chamada entre o presidente estadounidense, Joe Biden, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen.", "text": "O novo presidente dos EUA comezou a mudar a súa relación coa UE. Esta pasada sexta feira aceptou feira suspender temporalmente os aranceis que provocaron unha resposta na mesma liña por parte da UE coa conseguinte preocupación dos sectores que comerciaban nese ámbito territorial. Von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, anunciaba a nova \"como símbolo dun novo comezo\" que, polo de agora, ten un período de catro meses. Bruxelas explicou que este é un primeiro paso para resolver as disputas aeronáuticas, algo ao que ambas as administracións comprometéronse. \"Estas noticias son excelentes para as empresas e industrias a ambos os dous lados do Atlántico e é un sinal moi positivo para a cooperación económica nos próximos anos\", informou Von der Leyen a través dun comunicado. Aranceis por valor de 7.500 millóns de dólares A raíz do conflito, Washington impuxo aranceis a exportacións europeas por valor de 7.500 millóns de dólares, mentres que Europa facía o propio con exportacións norteamericanas por valor de 4.000 millóns de dólares. Os aranceis transcendían os produtos de aviación civil e gravaban produtos alimenticios como o queixo, o aceite, o viño ou a oliva. Esta conversa telefónica entre Biden e Von der Leyen, é a primeira en profundidade desde o cambio de presidente nos EUA e serviu para poñer sobre a mesa o futuro da relación económica entre a UE e Estados Unidos, marcada polos rozamentos comerciais e tecnolóxicos. Vacinas e clima. Ademais, abordaron outros desafíos conxuntos como a xestión da pandemia do coronavirus e a campaña de vacinación, un aspecto no que prometeron cooperar. \"A UE e Estados Unidos de América son dous dos principais produtores de vacinas e temos un forte interese en traballar xuntos para o bo funcionamento da cadea de subministracións global\", indicou a conservadora alemá. Por iso, a líder do Executivo europeo ha convidado a Biden a participar no cume de Saúde do próximo 21 de maio en Roma, co obxectivo de estreitar lazos na loita contra o coronavirus e afrontar xuntos a preparación #ante futuras pandemias. En materia de cambio climático, Bruxelas aproveitou para agradecer a decisión de Biden de devolver aos EUA ao acordo de París e, coa idea de coordinar próximos accións en materia climática, convidou ao enviado especial para o Clima, John Kerry, a participar nunha reunión do Colexio de Comisarios."}
{"ID": "NOS_47523", "summary": "Confían en que os axustes do Goberno español non afecten aos programas de 'Emprego con Apoio', e lembran á Xunta que esta modalidade supón un aforro a respecto do emprego protexido nunha vida laboral de 20 anos", "text": "Down Galiza sobe ao carro das organizacións que se queixan da erosión dos dereitos sociais coa campaña de recortes emprendida pola dereita española e amparada pola dereita galega. A través dun comunicado, a federación --en que se integran sete institucións de síndrome de Down do país-- manifesta a esperanza de que os axustes orzamentarios do Goberno español \"non afecten\" ao impulso dos programas de Emprego con Apoio, destinados á inserción laboral das persoas con diversidade funcional. Até o de agora, estes programas --que levan máis dunha década en vigor-- estiveron apoiados polo Executivo autonómico. Down Galiza lembra no seu escrito que unha persoa que traballa nun Centro Especial de Emprego custa á Administración un mínimo de 7.500 euros/ano durante toda a súa vida laboral mentres que unha persoa que traballa mediante Emprego con Apoio custa o primeiro año 9.000 euros, o segundo 6.000 euros e o terceiro e sucesivos 4.500 euros, o que supón un 36% de aforro a respecto do emprego protexido se tomamos como exemplo unha vida laboral de 20 anos, e un 44% de aforro nunha vida laboral de 30 anos. Por isto, agardan que desde a Xunta de Galiza non só non se supriman estes programas, mais que se faga \"o esforzo para mantela e mellorala\". E engaden que as persoas con discapacidade intelectual que traballan na empresa ordinaria non supoñen ningún gasto ao Sistema de Atención á Dependencia (SAAD) e contribúen de xeito activo coas cotizacións ao sistema de Seguridade Social e pagando impostos ao erario público."}
{"ID": "NOS_57984", "summary": "\"A depredación xeográfica que supoñen os procesos urbanísticos da sociedade capitalista, desde a industrialización, colonizou o mundo\". A partir desta idea, o arquitecto andaluz Kike España falará esta tarde (19.30 h) na Fundación Luís Seoane da Coruña sobre \"ocupacións permanentes de edificios, ocupacións temporais do espazo público a través de asembleas\" ou da \"colonización turística\".", "text": "España, ademais de arquitecto, activista e investigador urbano, titula a súa conferencia -esta tarde ás sete e media do serán- A disolución da cidade. O urbano como territorio de invención e autoorganización. Vencellado aos procesos sociais derivados das prácticas do 15M, España aposta por \"reiventar o fenómeno urbano para que pase a estar ao servizo dos seus habitantes\". E fai referencia a exercer \"o dereito á cidade\" -segundo as teses do urbanista marxista Henri Lefebvre- e apoiar \"novas prácticas de reapropiación de solares baleiros, edificios abandonados ou terreos ermos\". O arquitecto, cuxa intervención na Fundación Seoane pechará o ciclo de conferencias do \"proxecto artístico social\" Xeografía, memoria e capital cívico, tamén porá o foco na \"recuperación de servizos públicos, redes de apoio, e novas formas de sindicalismo social\" e en \"experiencias fundamentais\" para \"contrarrestar os procesos de secuestro do espazo no proxecto neoliberal actual\". O proxecto en que se intregran as xornadas que rematan este serán coa conferencia do arquitecto Kike España foi comisariado por Juan de Nieves e Pablo Fanego. Promóveo a Concellaría de Cultura, Deportes e Coñecemento da Coruña."}
{"ID": "PRAZA_17505", "summary": "Tiña, maldita sexa, unha profunda tristeza inconfesable, descubriu en Ordesa, Huesca, que a súa vida era un continua espera", "text": "Non fago mais que atopar xente coa mesma teima ca min Fran Pérez, Narf first thing you learn is that you always gotta wait I'm waiting for my man Lou Reed Tiña, maldita sexa, unha profunda tristeza inconfesable, descubriu en Ordesa, Huesca, que a súa vida era un continua espera. Tivo que esperar para nacer, o médico estaba vendo un partido de fútbol do Mundial 1974*. Tivo que esperar para dicir que o Ulises é prodixioso. Tivo que esperar a que nacera a súa filla para que por fin percorrera os Camiños abertos por Magín Blanco. Tivo que esperar en Lexington Avenue por un dear... dear friend que tiña o seu disco de John Cale dende hai vinte anos e que ainda non llo devolveu. Tivo que esperar a saber que non tiña a posibilidade de inventar. Tivo que esperar cincuenta e catro recreos ata que lle deixaron tirar un penalti, por suposto fallouno. Tivo que esperar para a liberación de oxitocinas e endorfinas a que quedara libre a chambre d´hôtel* que ocuparon en Bruselas os amantes Annie Arnaux e Marc Marie. Tivo que esperar no aeroporto de Lanzarote só e lendo Salvaje Oeste de Juán Tallón. Tivo que esperar que M. fora ao FNAC de Nantes e lle comprara un cd de Jacques Dutronc e France Gall. Tivo que esperar as festa de San Pedro para bailar de novo coa orquestra Urugai: Ao Uruguai, guai/eu non vou, vou/ que lhe teño medo ao mar. Tivo que esperar a ler a Andrés Neuman para poder copiar a cita de Martin Amis: Artist are waiters. Tivo que esperar vinte e un anos para chamarlle a unha muller doce Jane. Tivo que esperar a escribir sobre as razóns pólas que escribiu uns relatos titulados Pílulas Efervescentes. Tivo que esperar a ser un afamado ghost rider. Tivo que esperar a ter na man seis euros estratéxicos (con tres euros estratéxicos xa non chega para conquistar o mundo) para ingresar na Galiza Imaxinaria. Tivo que esperar a coñecer a Luis Vila Pillado, my dear companion, para que lle dixera que a señora Dolly Parton era fantástica. Tivo que esperar a escribir alguns poemas intelixibles por falta de raíces en Santiago de Compostela. Tivo que esperar nunha tarde de xuño dez longos e interminables minutos a que o escritor Manuel Vilas comezara a presentación da súa NOVELA na libraría Cronopios e ao que lle reprochou que chegara tarde (o escritor de Barbastro ,vestido de negro pero sen un big straw hat, simple e educamente respondeulle: hey white boy, o primeiro que debes aprender é que sempre tes que esperar). Nota: *O partido de fútbol era o RDA contra a RFA. O médico ía coa RDA, pertencía ao Partido Comunista de Galicia. O resultado foi un cero para a RDA con gol de Jurgen Sparwasser, de quen as malas línguas dicían que polo gol recibiu como agasallo unha casa e un coche. * A habitación era a 223 do hôtel Amigo de Bruselas: https://www.roccofortehotels.com/hotels-and-resorts/hotel-amigo/"}
{"ID": "NOS_1696", "summary": "Oito ex alumnos denuncian acoso sexual no colexio do Pilar, de Vigo, xestionado pola congregación dos Maristas. Un relixioso deste centro xa fora condenado hai máis dunha década por tocamentos a dúas nenas.", "text": "A denuncia pública de oito ex alumnos do Colexio do Pilar en Vigo, integrado na rede educativa da congregación relixiosa católica dos Maristas, de abusos sexuais e violencia sistémica por parte de catro relixiosos do centro entre 1964 e 1969, levou a Provincia Maristas Compostela (que inclúe Portugal, Galiza, Asturies e Castela e León) a condenar esta terza feira os supostos episodios acontecidos no colexio. No comunicado, os maristas piden \"perdón por fallarlles e non telos protexido\", amais de laiarse \"profundamente desta situación\" e pórse a disposición das vítimas. Tamén informou de que foi aberta unha investigación para esclarecer os feitos denunciados. \"A existencia de vítimas é un recordo permanente\" dos erros do pasado, afirman, e condenan \"calquera tipo de situación de maltrato ou abuso\". \"Traballamos día a día para que non se volvan producir\", advirten. Un dos ex alumnos que fixo pública a situación sinalou a Europa Press que non é unha cuestión de vinganza senón de xustiza, e animou aquelas persoas que sufriran situación de abuso e maltrato a denuncialo. Na querela, os ex alumnos acusaron catro relixiosos entre os que se atopa o director do colexio entre 1964 e 1969, Agustín Antón del Cueto, que ao igual que o resto de acusados xa faleceron, segundo informou a congregación. Ademais, os ex alumnos concluíron que \"ese colexio era unha organización pederasta\", e que os abusos contra eles foran sufridos por moitos máis estudantes desa época, como comprobaron ao volver xuntarse anos despois. Pederastia nos Maristas En 2009, Fernando Vecino, relixioso que traballaba na secretaría deste mesmo colexio, foi condenado a dous anos de prisión e ao pago de 14.000 euros de indemnización por facer tocamentos a dúas nenas. O ano pasado, o Tribunal Superior de Catalunya condenou a 21 anos e 9 meses de cadea a Joaquín Benitez, profesor dos Maristas en Sants-Les Corts (Barcelona), polo abuso sexual contra catro alumnos menores de idade entre 2006 e 2010. Ademais, a Congregación dos Irmáns Maristas chegou un acordo con 25 vítimas de delitos de abuso que xa prescribiran para indemnizalas en conxunto con 400.000 euros."}
{"ID": "NOS_11642", "summary": "O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta pola Covid-19 ascende a 31, ao pasar a esta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco e caer o nivel en Mesía e Ordes.", "text": "O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este domingo até os 31, dous máis que na xornada anterior ao entrar nesta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco e rebaixarse en Mesía e Ordes. Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte, Lugo, Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo. A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol (máis de 76 casos nunha semana), Pontevedra (máis de 96), Compostela (máis de 112), Lugo (máis de 112) e Ourense (máis de 120). Mentres, en situación dúas (na cor laranxa do mapa) sitúanse 23, dous máis que o sábado. Do total, 17 repiten nesta lista: Neda, A Coruña, Cambre, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso, Cuntis, Soutomaior, Bóveda, Ponteareas, Nigrán, Brión e Salceda de Caselas. Na alerta laranxa entraron este sábado Pontedeume, Noia, Boqueixón e Monterrei, nas que se eleva o nivel de alerta; mentres que tamén ingresan neste grupo Mesía e Ordes ao mellorar a súa situación respecto ao sábado, xa que se atopaban marcados en 'vermello'. Por contra, saen do nivel laranxa e pasan a amarelo Vilaboa, Carral e Boiro. En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes --só Vigo e A Coruña, neste caso-- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos."}
{"ID": "PRAZA_12846", "summary": "Agás sorpresa, Fomento instaurará o cobro de peaxes nas autoestradas gratuítas para o vindeiro 2013. A Xunta asegura que a medida non se aplicaría nas autovías de titularidade autonómica, pero si afectaría a dúas vías que suman 465 quilómetros e a un país \"periférico dentro dun Estado periférico\" no que o 43% da rede de alta capacidade xa é de pago.", "text": "Nin si, nin non, nin todo o contrario. Fomento medita cobrar peaxe nas autovías a partir do vindeiro 2013. Semella decidido, pero non hai membro do Goberno que se atreva a confirmar unha decisión que saben que sería unha importante pinga máis no vaso do descontento social polos recortes e o aumento do cobro en determinados servizos públicos como educación ou sanidade. Incluso a titular do ministerio implicado, Ana Pastor, saíu pola tanxente cando se lle preguntou por esa posibilidade. \"Traballamos por un transporte en España que sexa máis eficiente e de calidade e que supoña a menor carga posible ao erario público; é todo o que podo dicir a día de hoxe\", asegurou a ministra de Fomento en Asturias. O que cala outorga, disque. En Galicia, o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, non desmentiu a posibilidade dese cobro extra nas autovías até o de agora gratuítas, pero coidouse moito de ampliala a nivel galego. \"A Xunta non ten previsto aplicar peaxes nas autovías de titularidade autonómica\", dixo no Parlamento tras as preguntas da oposición, pero non puido negar que esa sexa a idea para as de titularidade estatal: \"É algo que se está a considerar pero, en todo caso, (o cobro) estaría vinculado ao mantemento destas propias autovías e consistiría en que o usuario contribúa a financiar o mantemento destas estradas\". Se facemos caso ás palabras de Puy, os condutores non terían que pagar peaxe nas autovías autonómicas, pero si o farían nas de titularidade estatal: a Autovía do Noroeste e a das Rías Baixas, que suman un total de 465 quilómetros, bastante máis da metade do total de quilómetros de autovías, que suman preto dos 700. O pago nestas estradas uniríase ao que xa se fai nas autopistas que percorren o país e que superan os 300 quilómetros. O 43% da rede de alta capacidade de Galicia é de pago, fronte ao 25% no conxunto de España Galicia xa conta cunha porcentaxe de autopistas de pago en relación ás autovías gratuítas moito maior que no conxunto de Estado. O 43% da rede de alta capacidade de Galicia é de pago, fronte ao 25% a nivel estatal (3.000 quilómetros de pago fronte aos preto de 12.400 de autovías). A implantación do que xa se denomina \"peaxe branda\" nas autovías prexudicaría de maneira clara a Galicia, non só pola relevancia que teñen na vertebración do país, senón polo carácter periférico da comunidade autónoma. Así o cre tamén Carlos Nárdiz, experto na temática e decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia. \"Somos unha rexión periférica dentro dun Estado periférico\", advirte, tras destacar que \"a competitividade económica ten tamén moito que ver cunha dotación de infraestruturas axeitadas\". \"De aplicarse esta peaxe branda, debería facerse de xeito igualitario en todo o territorio español, pero establecendo unhas marxes que puidesen aplicar as autonomías e que permitise ter certa flexibilidade para que as zonas periféricas aplicasen unha taxa mínima que se limitase unicamente aos gastos de conservación\", explica Nárdiz, que cre que sería unha forma de non afectar \"a competitividade económica de Galicia\". O Colexio de Enxeñeiros propón flexibilidade na aplicación da peaxe para que non afecte a competitividade dunha rexión periférica como Galicia A construción de autovías en España, como tamén lembra Nárdiz, fíxose con fondos europeos e co obxectivo de integrar zonas periféricas como a Península Ibérica na área central máis potente economicamente. A instauración de peaxes, de facerse de maneira unitaria, suporía un revés para unha Galicia \"coa dobre condición periférica\". O decano do Colexio de Enxeñeiros recoñece que a decisión do Goberno \"é complexa\", pero entende que é o lóxico de seguir a senda do resto de países europeos. \"Hai que profundar en establecer algún tipo de tarifas porque España ten un modelo singular que xa non existe na Unión Europea, que leva tempo aplicando a Euroviñeta\", di Nárdiz, en referencia ao pago que grava o transporte pesado e non os particulares, xusto o contrario do que se está a propoñer desde o Goberno central. Para Carlos Nárdiz, a Administración \"debería explicar moi ben a proposta\", xa que a medida \"é impopular, e máis nesta crise que está a afectar de maneira inxusta a uns sectores máis que a outros\". De todos os xeitos, o decano do Colexio de Enxeñeiro entende que a cidadanía \"debería sentir que, de aplicarse a medida, tamén repercutiría favorablemente na conservación de todas as estradas, non só das que se vexan afectadas pola peaxe, senón nas estradas alternativas que deberían ser mellores e máis seguras\". Podería ser, pero a experiencia en Galicia non é moi positiva. As queixas polos elevados custos das peaxes nas autopistas galegas son constantes, ao igual que polas deficiencias no seu mantemento. Hai catro anos, un colapso mantivo incomunicadas durante catro horas as principais cidades de Galicia tras unha xeada que cubriu a AP-9. Abríronse expedientes xudiciais sobre a responsabilidade penal de Audasa, empresa concesionaria, por neglixencias graves e incluso se abriu o debate sobre a nacionalización da Autoestrada do Atlántico. Todas as forzas políticas galegas responsabilizaron a empresa pola súa malia xestión e reclamaron a súa titularidade pública. A día de hoxe, percorrer en ida e volta a AP-9 de norte a sur (de Ferrol a Tui) costa 35 euros e a concesión esténdese até o ano 2045. As protestas pola implantación da peaxe no tramo A Coruña-A Barcala da AG-55 tamén foron constantes durante anos, ao igual que as dúbidas sobre a eficiencia da autoestrada de peaxe entre Santiago e Ourense, cuxo tramo costa 5,50 euros e cuxa concesión non remata até o ano 2074. En Cataluña, a concesionaria Albertis calcula que 2.500 condutores, un 1,5% dos usuarios sa AP-7 e da AP-2, secundaron a campaña #novullpagar, iniciada por un condutor que hai quince días colgou un vídeo en internet na que se negaba a pagar a peaxe. A protesta, apoiada por Esquerra e Solidaritat, denuncia o que consideran unha inxustiza polo elevado e masivo das peaxes. En Galicia, a oposición xa deixou claro o seu rexeitamento á proposta de pago nas autovías. Dende o PSdeG Abel Losada lembra que estas infraestruturas viarias \"construíronse cos impostos de todos os cidadáns\", \"moitas delas con fondos europeos\", polo que, de aplicarse, trataríase dun \"novo repago despois de cobrar impostos\". \"Se o Estado precisa fondos, o que ten que facer é unha reforma fiscal progresiva, equitativa e xusta\", xa que \"calquera outra alternativa\" non supón outra cousa que \"abrir a porta ao negocio privado\". Na mesma liña, a voceira do BNG, Ana Pontón, advirte que, de concretarse, este sería \"un novo imposto regresivo\" para os cidadáns, como xa o é o IVE, que ademais \"suporía un problema para a reactivación da economía\" e non suporía solución ningunha para a crise económica. A decisión, o vindeiro venres no Consello de Ministros, do que se espera agora un pagamento para as autovías que antes eran gratuítas."}
{"ID": "PRAZA_3978", "summary": "As probas PCR acadan un novo máximo e fan aflorar 169 casos novos; os positivos activos aumentan un 1,91% e chegan aos 6.416 nunha xornada con nove falecementos máis, tres de persoas que viviran en residencias de maiores. O groso dos novos positivos activos concéntrase na área sanitaria máis afectada, a de Ourense", "text": "Polo que sinala como \"un erro na transmisión de datos\", Sanidade indicou o 21 de abril de 2020 que incorporara 6.780 novas probas PCR cando en realidade eran 1.425 máis. Consulta aquí os datos correctos e actualizadosA base de datos do impacto do coronavirus en Galicia incorporou para este martes, 21 de abril, os resultados de 6.780 probas PCR, as que resultan concluíntes sobre o diagnóstico do coronavirus. Esta cantidade de test supón duplicar nunha semana as realizadas cada vinte e catro horas e un dos seus efectos é que provocan o maior número de novos positivos dos últimos dez días. Son, concretamente, 169 novos, o cal así e todo non provoca que se disparen os positivos activos, que fronte ao incremento do 10% de probas realizadas, aumentan un 1,91% (120 máis) e chegan aos 6.416. [Un cento de novos casos de coronavirus agroma cada día en Galicia, a cuarta parte que en marzo]As PCR acadan un novo máximo e fan aflorar 169 casos novos; os activos aumentan un 1,91% e chegan aos 6.416 nunha xornada con 9 falecementos máis, tres de persoas que viviran en residenciasAo contrario do que sucedera na xornada anterior, os datos fornecidos este martes por Sanidade si reflicten un incremento de altas superior ao de positivos activos. As altas hospitalarias de persoas afectadas pola covid-19 chegan xa a 1.588, un 2,58% máis, nunha xornada na que os falecementos chegan aos 464. Este dato implica un aumento do 1,98% no número de persoas falecidas; son nove máis que un día antes e delas, tres eran persoas que viviran en residencias de maiores e dependentes. Unha faleceu na propia residencia, a Concepción Arenal da Coruña. [Consulta aquí polo miúdo a diferenza entre novos casos e o aumento de positivos activos]Cos datos incorporados este 21 de abril, as probas PCR realizadas en Galicia xa foron, segundo o Sergas, 74.419. Cómpre ter en conta que o número de PCR non equivale ao número de persoas ás que se lles fixo a proba, xa que cada paciente pode precisar máis dunha.Dos novos positivos, 17 corresponden a persoas residentes en centros de maiores (977 en total, segundo Sanidade). As persoas infectadas entre o seu cadro de persoal pasan de 419 a 406.Maior descenso nas UCI dende o inicioAs persoas na UCI seguen baixando e son 101 tras a maior redución porcentual en vinte e catro horas dende o comezo da pandemiaFronte ao afloramento de novos casos que acompaña o incremento de probas, a presión da pandemia nos hospitais, un dos maiores temores das autoridades sanitarias dende o inicio, continúa á baixa. O total de persoas hospitalizadas por mor da covid-19 en Galicia descende nesta xornada un 0,7%, pero a mingua concéntrase sobre todo nas UCI. As persoas que precisan de asistencia en unidades de coidados intensivos en Galicia por mor do coronavirus son agora 101, unha redución do 6,48% que é a maior en termos porcentuais dende o inicio da pandemia. Mentres, as persoas ingresadas en unidades ordinarias, en planta, aumentan en apenas dúas e chegan a 603.Con este descenso da hospitalización, o groso dos casos novos segue a concentrarse na poboación que deu positivo e está illada no seu lugar de residencia. Están nesta situación 5.712 persoas, case o 90% do total, un 2,24% máis. Cómpre ter en conta que neste apartado tamén se inclúen as persoas con diagnóstico positivo que viven en residencias de maiores e persoas dependentes.O maior incremento, na área máis afectada: OurenseA incidencia ourensá xa chega a 423 positivos activos por cada 100.000 habitantes; na área con máis casos, a da Coruña, sitúase nos 257Nesta xornada o incremento de positivos activos non se distribúe de xeito homoxéneo. Case a metade dos incremento de positivos activos -120 en toda Galicia- está na área que destaca por riba de todas as demais pola súa alta incidencia da pandemia, Ourense. A área ourensá, que abrangue toda a provincia, suma 50 casos novos e xa conta con 423 casos por cada 100.000 habitantes para un total de 1.293. A área con máis casos totais, a da Coruña, suma nove positivos activos este martes e chega 1.417 e nela a incidencia está en 257 casos por cada 100.000 habitantes.Tamén é significativo o incremento de positivos activos na área de Vigo, que chega a 1.162 tras sumar 20 máis, un número semellante aos 17 activos que se engaden en Santiago. En calquera caso, ningunha destas áreas chega -nin de lonxe- á incidencia que sofre Ourense."}
{"ID": "NOS_22227", "summary": "O presidente da Generalitat, Quim Torra, ten previsto poñerse en contacto co presidente e co xefe do Estado españois \"de forma urxente\". As formacións políticas falan de \"vinganza\", \"barbaridade\" e de \"negación de direitos\". Mesmo desde o FC Barcelona afirman nun comunicado que \"a prisión non é a solución\".", "text": "Quim Torra: \"Cataluña vive unha hora negra\" O presidente da Generalitat, Quim Torra, acompañado polos membros do Govern e polo presidente do Parlament, Roger Torrent, comezou a súa intervención sinalando: \"Rexeitamos esta sentenza por inxusta e antidemocrática\". \"Hoxe máis que nunca sentímonos solidarios. As reivindicacións de Cataluña son unha realidade permanente na súa historia. A condena é un insulto á democracia e á sociedade catalá\", engadiu, Torrent sinalou ademais que \"facer un referendo non é un delito. O dereito á autodeterminación é un dereito das nacións\". Ademais, informou que vai pedir a súa comparecencia no Parlament e que ten previsto mandar cartas ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e ao xefe do Estado, Filipe VI, \"de forma urxente\". Carles Puigdemont: \"Unha barbaridade\" \"100 anos de prisión en total. Unha barbaridade. Agora máis que nunca, ao voso carón e ao das vosas familias. Toca reaccionar, como nunca. Polo futuro das nosas fillas e dos nosos fillos. Pola democracia. Por Europa. Por Cataunya\", escribiu no Twitter pouco despois de coñecerse a sentenza o preseindente no exilio, Carles Puigdemont. Ada Colau: \"O conflito que vivimos en Catalunya é político\" A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, asegurou que o xuízo \"polas condicións nas que se desenvolveu\" supuxo \"un retroceso no estado de dereito\" cunhas acusacións que respondían, segundo a súa opinión, máis a unha \"vontade de vinganza que a facer xustiza\". \"O conflito non se resolverá con máis xuízos e prisión\", manifestou. \"O conflito que vivimos en Catalunya é político\", engadiu. ERC: \"Non é unha sentenza, é unha vinganza\" Nunha conferencia de prensa no Parlament, o portavoz de ERC no Congreso dos Deputados, Gabriel Rufián, afirmou que a sentenza é a \"maior agresión\" contra Catalunya desde o xuízo e fulsilamento do presidente catalán Lluís Companys. Acompañado por deputados e dirixentes do seu partido, Rufián considerou que \"a inmensa maioría da poboación catalá, vote quen vote, de ser demócrata, comparte que é unha salvaxada o que pasou hoxe\", e defendeu que esta sentenza multiplicará a indignación que supuxo a sentenza do Estatut en 2010. \"A miopía, o salvaxismo e a barbaridade que demostran a xente que subscribe que apoia e que está louvando esta sentenza é brutal. A irresponsabilidade é histórica. O que se acaba de publicar non é unha sentenza, é unha vinganza. E as vinganzas en política sempre saen mal\", ha alertado. Ademais, a deputada de ERC no Parlament Marta Vilalta engadiu ao respecto que \"a democracia morreu no Estado español\", augurando que provocará un terremoto político e social en Catalunya. Junts per Catalunya: \"Contra a sentenza, independencia\" O portavoz de Junts per Catalunya, Eduard Pujol, dixo en conferencia de prensa dende o Parlament que a sentenza era unha \"condena a Cataluña\", mentres que a voceira da formación no Congreso dos Deputados, Laura Borràs, afirmou que a Xustiza española é \"inhumana\". \"Contra a represión, máis urnas e máis democracia. Contra a sentenza, independencia\", agregou a deputada no Parlamento español. Pujol, pola súa banda, incidiu en que a condena as e os líderes do procès é unha condena á democracia, á política e a Cataluña\". \"Cen anos de prisión son unha absoluta barbaridade\", salientou. CUP: \"É nas rúas onde o pobo se defende\" Dende a Candidatura de Unidade Popular (CUP) chamaron a mobilizarse nas rúas contra a sentenza. \"É nas rúas onde o pobo se defende. Amnistía, autodeterminación, desobediencia\", é a entrada que ten fixada na súa conta de Twitter a formación independentista. Os seus dirixentes lideraron en Barcelona unha manifestación de protesta polas rúas de Barcelona. Pouco antes das 13h, esta marcha chegou á céntrica Praza de Catalunya con berros de \"Liberdade, presos políticos\". Ademais, tamén en Twitter, o deputado da CUP no Parlament Carles Riera escribiu que a condena supón \"99 anos e seis meses de inxustiza. 100 anos de negación de dereitos e de liberdades fundamentais\". E engadiu: \"100 motivos para a solidariedade, 100 razóns para loitar até que volvan á casa, até que sexamos libres\". Catalunya En Comú: \"Grave retroceso democrático non só para Catalunya\" O portavoz de ECP, Jaume Asens, cre que a sentenza supón un \"retroceso democrático\" que, segundo el, marcará unha das páxinas máis negras da historia de Catalunya. \"Responde máis a unha vontade de vinganza que a unha vontade de xustiza. É un precedente grave e un retroceso democrático non só para Catalunya, senón para o resto do Estado\", criticou en conferencia de prensa canda a presidenta da formación no Parlament, Jéssica Albiach. Asens defendeu a necesidade de traballar para conseguir a liberdade das e dos condenados, e fixo un chamamento aos partidos para procurar a forma máis efectiva de que saian do cárcere. Isto, para eles, pasaría por unha reforma do Código Penal do delito de sedición, aínda que sen desbotar outras opcións como a amnistía. FC Barcelona: \"A prisión non é a solución\" \"O FC Barcelona, como unha das entidades de referencia de Catalunya, e de acordo coa súa traxectoria histórica...\". Así comeza o comunicado emitido polo senlleiro club de fútbol catalán ao respecto da sentenza, da que di \"non é a solución\". \"A resolución do conflito que vive Catalunya pasa, exclusivamente, polo diálogo político\", consideran, e chaman á \"liberación dos líderes cívicos e políticos condenados\"."}
{"ID": "NOS_43402", "summary": "Ás espera de novidades no Pontevedra, o Dépor, Celta B e Racing de Ferrol anuncian poucos reforzos e moita canteira nesta tempada.", "text": "O movemento de fichaxes e reforzos das canteiras chega tamén á Primeira RFEF. O Deportivo conta con doce futbolistas do equipo que dispoñen de contrato e sete reforzos, entre os que figuran os retornados Valín e Gandoy que xogaron cedidos o pasado curso. Por áreas, a portaría semella estábel con Mackay, Brea e Edu Sousa. O Albacete de De la Barrera, último obstáculo para o ascenso do Dépor Diante, na defensa, aínda hai dúbidas como a posíbel volta de Antoñito, a continuidade de Celeiro e a suba de Barcia do Fabril. Continúan os centrais Lapeña, Jaime, Trilli, Héctor ademais de Álex Bergantiños. As novidades veñen no mediocampo coa incorporación de Isi Gómez e Olabe. A maiores volve o canteirán Gandoy. Aínda sen confirmar, faltaría un terceiro dianteiro que sumara a liña de ataque de Victor Narro e Gorka Santamaría. Á espera da súa oportunidade, desde a canteira agardan quenda xogadores como Alberto Benito, Valín, Lapeña ou o mesmo Víctor García. O Celta B sen fichaxes Pola banda do Celta B, con Claudio Giráldez á fronte aínda que non foi presentado oficialmente, chegan dez canteiráns e ningunha fichaxe no horizonte. O técnico porriñés, que dirixiu a pasada tempada á Xuvenil División de Honra, perde parte dos xogadores da tempada pasada. O novo adestrador incorporará seis futbolistas que coñece ben: Manuel Fernández, Tincho Conde, Hugo Sotelo, Damián Rodríguez, David da Iglesia e Hugo Álvarez. Previa da Segunda e a Primeira RFEF: O Celta B busca fechar a Liga en postos de 'play-off' Continuidade no Racing de Ferrol O Racing de Ferrol, pola súa parte, aposta por repetir equipo. O seu director deportivo, Carlos Mouriz, e o técnico, Cristóbal Parralo, traballan coa idea da continuidade e seguirán Gazzaniga, Diego Rivas, Joan Salvá, Álex López, Dani Nieto, David Castro, Quique Fornos, Pep Caballé, Fran Manzanara, David do Pozo, Héber Pena, Luís Chacón e Jon García. Seguen pendentes as renovacións de Joselu e Fernando Pumar aínda que se dan por seguras segundo fontes do propio club. En relación aos reforzos, polo de agora están o central Tomás Bourdal, o dianteiro Manu Xusto, o extremo dereito Carlos Vicente, o medio centro defensivo Jesús Bernal e o lateral Brais Martínez."}
{"ID": "NOS_35440", "summary": "\"Los perdedores fuera de España\", bandeira española e águia imperial. Así apareceu o monumento á memoria na Cruz de Maceira, no día despois da celebración dun acto fascista en Marín.", "text": "O monumento á memoria das persoas represaliadas do Morrazo na Cruz de Maceira apareceu esta terza feira pintado coa bandeira española e a aguia imperial e a lenda \"los perdedores fuera de España\". As pintadas foron realizadas o día despois da celebración dun acto de exaltación falanxista na Igrexa vella de Marín. Na madrugada da segunda á terza feira é cando a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín sitúa a realización das pintadas fascistas no monumento aos represaliados da comarca na Cruz de Maceira. Non é a primeira vez que este espazo de referencia da memoria na comarca do Morrazo aparece agraviado por intervencións fascistas xa que o pasado ano outra aguia imperial amencía na grande pedra na que se lembra ás persoas represaliadas no lugar. A pintada desta semana, unha bandeira española a cores na que se estampou de novo a aguia imperial e a lenda \"los perdedores fuera de España\" acontece xusto no día seguinte da celebración dun acto de exaltación falanxista no adro da Igrexa vella, no que aínda se mantén a lembranza en pedra a José Antonio Primo de Ribera. Segundo ataque \"A do pasado ano foi menos agresivo que esta nova. Daquela o concello reparouno e en abril fixemos o acto anual da memoria da comarca. Por esa zona hai uns transformadores coas paredes cheas de frases fascistas\", explica Enriqueta Otero, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, que xa presentaron a denuncia na policía e esixen unha investigación para esclarecer os feitos. Canda o Pozo da Revolta, a Cruz de Maceira é un lugar central para a memoria da comarca do Morrazo. \"Alí fixéronse asasinatos e levábase á xente para lle dar malleiras e deixala tirada. Se preguntades a calquera persoa da comarca situaría a Cruz de Maceira e o Pozo da Revolta como os escenarios da represión\", afirma Enriqueta Otero ao tempo que lamenta que se sigan consentido actos de exaltación fascista como o que se desenvolveu o pasado domingo en Marín. \"A Igrexa tense tamén que dar conta do que significa permitir estas celebracións. Non se lle deu importancia á homenaxe do domingo\", comenta. Na Cruz de Maceira xa non se pode ler a lenda esculpida na grande pedra que homenaxea aos represalidados no lugar. Canda a lembranza, no monumento escribiuse un poema de Celso Emilio Ferreiro que di \"\"Pode o corpo ser vencido/ pode o dereito ser torto / mais o lume que alampea / máis o lume que alampea / xamais o veredes morto\" e que agora fica tamén oculto pola bandeira española e a aguia imperial. A veciñanza de Marín, Vilaboa, Cangas, Moaña e Bueu participara na inauguración do monumento en abril de 2012 no espazo que garda a memoria da represión na comarca."}
{"ID": "NOS_15812", "summary": "Após os conflitos pola mina de lignito de Cerceda e a súa conversión en lago tras o feche, veciñas das Encrobas anuncian mobilizacións contra os plans eólicos de Naturgy nos terreos da térmica de Meirama.", "text": "Máis de catro décadas despois das primeiras loitas labregas contra a mina de carbón e a central térmica de Meirama e unha década após o proxecto de encher o oco para a súa conversión en lago, a loita veciñal rexurde na parroquia das Encrobas (Cerceda). Desta vez, convocadas polo colectivo 'Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas', as veciñas e veciños mantiveron unha reunión de urxencia a pasada quinta feira no local social de Pontoxo para informar do proxecto de parque eólico de Meirama que Naturgy ─a antiga Gas Natural Fenosa─ somete a avaliación de impacto ambiental por parte da Xunta. Segundo o proxecto remitido ao Goberno galego, o parque eólico, formado por 15 aeroxeradores de 200 metros de altura na punta da pa, deixaría rodeada de muíños a aldea da Lousa e deixaría algúns deles a menos de 500 metros das casas. Sen beneficios para a poboación O colectivo veciñal estivo a preparar estes días documentos de consideracións inicias contrarias a este parque eólico para remitir á Consellería de Medio Ambiente antes desta terza feira por parte das persoas afectadas directa ou indirectamente. As veciñas das Encrobas considera que o parque eólico non revertirá na poboación, senón que traerá novas afeccións «a unha zona de total sacrificio». Por ese motivo solicitan á Xunta para que elimine a comarca de Ordes do Plan Eólico Sectorial da Galiza e a Naturgy que, unha vez desmontada a central, devolva os terreos para uso público e realización de actividades sustentables, respectuosas co medio e coa veciñanza «que leva xa demasiados anos padecendo todo tipo de agravios e contaminación pola actividade industrial»."}
{"ID": "NOS_58146", "summary": "As operacións datan do ano 2004. Desde a Zarzuela arguméntase que é un empréstito persoal para que comprasen o palacete de Pedralbes", "text": "A Fiscalía Anticorrupción detectou importantes ingresos de cartos desde as contas do Rei de España a un depósito bancario conxunto da súa filla Cristina e o seu xenro Iñaki Urdangarin. Segundo a Axencia Tributaria, estas operacións datan do 2004, e así o fai constar nun informe que a axencia achega ao sumario do caso Nóos. O Borbón tería feito dúas transferencias bancarias, cada unha delas por 600.000 euros. Un voceiro da Casa do Rei, en declaracións á axencia AFE, sinalou que a transferencia de 1,2 millóns de euros foi desde a conta persoal do Rei, e foi un empréstito para que a súa filla puidese mercar o palacete de Pedralbes, onde vive con Urdangarín. A operación, apunta, foi rexistrada ante notario e declarada a Facenda pola infanta"}
{"ID": "PRAZA_3955", "summary": "Os falecementos de persoas residentes en centros socioasistenciais, 184, xa son o 42,7% do total, e os casos activos o 23,3%", "text": "Os falecementos de persoas residentes en centros socioasistenciais, 184, xa son o 42,7% do total, e os casos activos o 23,3%Ata este venres, segundo os datos oficiais facilitados este sábado polo Sergas, faleceron por coronavirus un total de 184 persoas residentes en centros de maiores ou dependentes, o 42,7% do total de 430 falecidas en toda Galicia. Porén, na última semana o ritmo da incidencia nese tipo de establecementos acelerouse, de xeito que xa representan máis da metade das mortes dos últimos días. Ademais, dos 6.147 casos activos en toda Galicia, 1.436 rexístranse en residencias (o 23,3%), sexa de residentes ou do persoal que as atende, 33 máis que un día antes. En concreto, 895 son persoas que viven en residencias de maiores (sete máis que un día antes), 117 en residencias de discapacidade (22 máis que o día anterior, cun significativo aumento de 9 a 25 casos entre os residentes no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña) e 424 é persoal dos centros (dous máis).Neste contexto de aceleración dos casos en residencias a respecto do resto da poboación, con tres delas xa intervidas pola Xunta en Vigo, Cangas e Valdeorras e unha pechada na Fonsagrada, seguen a producirse denuncias de eivas na súa xestión e atención que xa viñan sendo advertidas hai anos desde diversos eidos, como o Consello de Contas ou o Consello de Bioética de Galicia.A asociación de traballadores de residencias de Galicia (TReGa) pon o foco en residencias de Aldán e RibadumiaDesde a asociación de traballadores de residencias de Galicia (TReGa) critícase que responsables de centros públicos e privados están a realizar entre o persoal \"caza de bruxas buscando aos culpables das filtracións á prensa en vez de realizar as súas funcións\", situación que se denuncia en residencias de Aldán ou Ribadumia. Nesa última residencia TReGa sinala que \"os traballadores levan máis de 10 meses concentrándose\" para denunciar que o centro non contrata o persoal necesario para o normal funcionamento do centro\" e que o seu persoal traballa \"quendas de 9 e 10 días sen librar, sen cubrirse incapacidades temporais, permisos retribuídos, licenzas, etc.\" Segundo TReGa, \"a resposta da dirección é a de castigar estas actitudes, destinando os postos penosos e sen rotacións a este colectivo de traballadores\" que protestan.A Fiscalía xa está a vixiar de oficio a situación das residencias de persoas maioresPola súa banda, a Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias (REDE) vén de formular dúas novas denuncias ante a Fiscalía Superior de Galicia contra os propietarios, xestores e directivos de todas as residencias de maiores de Galicia nas que se detectaron casos de coronavirus. A entidade xa formulara denuncias puntuais anteriormente e a propia Fiscalía xa vén vixiando e solicitando de oficio datos ás administracións de cada falecemento que se rexistra nas residencias. Agora a entidade reclama á Fiscalía que investigue directamente ás persoas responsables das residencias por ata sete delitos, entre eles \"omisión de socorro\" e \"denegación de auxilio\"."}
{"ID": "NOS_23955", "summary": "O Goberno galego está estudando a posibilidade de instalar \"hospitais de campaña\" en Compostela e na Coruña. Tamén podería facelo en Ferrol. Na terza feira, a Xunta dará coñecer a súa decisión.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asegurou este domingo que o Sergas estuda a posibilidade de instalar \"hospitais extramuros\", os coñecidos como \"hospitais de campaña\", en Compostela e na Coruña. Así o afirmou en resposta ás preguntas dos medios na rolda de prensa en que deu conta da reunión telemática dos presidentes das autonomías co xefe do Executivo español, Pedro Sánchez. \"Onte tivemos distintos contactos con xerentes de hospitais, concretamente co da Coruña e co de Compostela ante a eventualidade de ter que prever ampliar os aforos dos hospitais fóra dos recintos hospilatarios públicos e privados\", sinalou, \"ese risco existe\". Afirmou que na Coruña e en Compostela hai máis posibilidades de que se instalen hospitais de campaña, e engadiu que Ferrol tamén podería necesitar dunha área hospitalaria extra. \"Démoslles aos xerentes a posibilidade de que nos fagan unha proposta oportuna e mañá probabelmente teñamos unha decisión tomada sobre o lugar en que preveriamos un hospital extramuros\", expuxo Feixoo, que avanzou que na terza feira comunicaría o resultado das decisións. Uso da rede privada A pregunta do número de camas e prazas UCI de hospitais privados está empregando o Sergas, Feixoo dixo non dispor do número, \"mais si estamos utilizando camas e UCI no conxunto da Galiza\". Afirmou que \"intentamos levar os pacientes aos sitios máis protexidos\" e asegurou que toman a decisión de desvialos a centros privados en función da dimensión deses hospitais, dos compoñentes e equipamentos cos que contan, do número de camas UCI, de se son centros médicos ou cirúrxicos ou da carteira de servizos. Salientou que a rede de hospitais privados \"está a disposición do servizo público\" e advertiu de que \"se tivésemos algún hospital que non está a ser leal co servizo de saúde, actuaríamos coa Inspección de Sanidade\"."}
{"ID": "PRAZA_7618", "summary": "Un grupo de traballadores da antiga empresa Privilege de Narón confía en gañar a poxa e facerse coa compañía que os deixou na rúa hai un ano. Achegarán todos os cartos da súa indemnización a unha iniciativa \"bonita e distinta\". \"Mellor apostar polo proxecto e traballar todos xuntos que quedar na casa cobrando o paro\", din.", "text": "Unha unión solidaria para salvar a empresa e os postos de traballo. Iso é o que están a facer os antigos operarios de Privilege, factoría de taboleiros de pedra de Narón, que loitan polo seu futuro co obxectivo de facerse coa compañía que hai ano se declarou en quebra. Estes 45 obreiros pelexan por quedar con ela e por ser eles mesmos empregados e xestores. Unha solución colectiva ante unha crise que xa os empurraba ao paro, como a tantos outros. A quebra da empresa animou a 45 obreiros a facerse coa empresa e manter os postos de traballo Os que foran empregados desta firma de Ferrolterra impugnaron hai tan só uns días a poxa notarial da súa fábrica e as bases do concurso, logo de que non se tivese en conta a creación de emprego que propoñen. Este mesmo venres, presentarán o recurso ante os xulgados co que pretenden que se teñan en conta outros factores no baremo. \"Queda en manos do xuíz decidir agora se adxudica a compañía a calquera das dúas ofertas ou se a poxa se efectúa como cremos que se debe facer, con outras bases, tendo en conta o mantemento dos postos de traballo e non a alternativa, que é a de liquidar a empresa e levar todo fóra\", aclara Francisco Zurita, voceiro do comité de empresa. Nesa poxa, o grupo de 45 obreiros -dos 77 que conformaban a fábrica- loitan por facerse coa planta contra Poliver, conformada polos herdeiros do grupo italiano Quarella, o accionista maioritario (60%) da empresa, que obtivo cuantiosas axudas públicas pero que acabou por declararse en quebra hai un ano. A oferta de Seaquarz é de 2,6 millóns, fronte a de 6 dos antigos donos, pero a sospeita do comité de empresa é que o grupo empresarial conta con desmontar a fábrica, levar a maquinaria a Italia e reactivar alí a produción. Os traballadores, pola contra, pretenden seguir coa actividade en Narón e manter 45 empregos. O accionista maioritario solicitou hai xa perto dun ano o concurso de acredores, feito polo cal os empregados non queren que se faga coa totalidade de Privilege. Para logralo, contan co apoio da oposición no Parlamento galego, pero tamén coa do Concello de Narón, cuxa corporación xa advertiu o seu apoio \"incondicional\" ao plan do cadro de persoal, prometendo facer \"todo o posible\" para manter a fábrica. Os traballadores agardan que a Xunta cumpra a súa promesa e colabore con 2,5 millóns a través de créditos participativos Agardan tamén que a Xunta, que conta co 40% do accionariado, cumpra as súas promesas e colabore co proxecto cos 2,5 millóns que anunciara, 1,5 de crédito participativo a través Xesgalicia e outro millón avalado polo Igape. \"Prometéronnos axuda en varias ocasións e o anterior conselleiro de Economía, Javier Guerra, comprometérase con nós; teñen toda a información no seu poder, incluído o plan financeiro\", aclara Zurita. De feito, foi o propio Javier Guerra o que lles propuxo aos traballadores facerse coa empresa para manter a actividade e os postos de traballo. A Xunta procurara un comprador pero, pola razón que fose, non conseguiu ningún. \"O interese pola nosa parte xurdiu cando comprobamos que a idea que tiña a empresa era abandonalo todo\", conta Zurita, que lembra as primeiras reunións entre os compañeiros para buscar alternativa. Os operarios dedicarán as súas indemnizacións por despido ao capital da nova empresa Comezaron a traballar na iniciativa, sabendo que o feito de que todos os implicados tivesen experiencia na actividade e na empresa podía poñer as cousas máis fáciles. Pero facían falta cartos. Bastantes cartos. O seu primeiro capital será o das indemnizacións dos 45 traballadores, que irán destinadas integramente á futura compañía. \"É unha forma distinta e bonita de atopar solucións\", conta Zurita, que cre que é ilusionante \"apostar por unha compañía e un proxecto traballando entre todos en lugar de quedar na casa cobrando o paro\". \"É bonito e diferente; apostamos por un proxecto traballando entre todos en lugar de quedar na casa cobrando o paro\" O risco existe, pero a súa experiencia e os seus contactos semellan garantirlles emprego e unha carteira de clientes na que levan tempo traballando. A empresa Privilege está situada no polígono naronés das Lagoas desde 1991 e chegou a ter cen persoas empregadas. O 60% das súas accións pertencen a Quarella e o 40% que queda é público, coa participación de Xesgalicia (20%) e Sepides (20%). A planta fabrica aglomerado de pedra para cociñas, ademais doutros usos."}
{"ID": "NOS_56487", "summary": "O rexedor padecía desde hai anos unha enfermidade que non o apartou da Alcaldía. Foi operado en 2018, mais volveu ao cargo pouco despois desa intervención. Pazos, de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), gobernaba en coalición co PSOE.", "text": "O rexedor de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos, vén de falecer na xornada de hoxe no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de ser ingresado esta fin de semana debido aos efectos dunha longa enfermidade de pulmón. O alcalde, representante de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), tiña 63 anos e seguía á fronte do Consistorio -agora nun goberno bipartito co PSOE- a pesar dos efectos da súa doenza. Estivo traballando até a sexta feira, pero logo empeorou a súa saúde. De feito, a pasada semana convocara para esta segunda feira un encontro no que pretendía pór fin a unha crise do Executivo municipal por un enfrontamento entre os concelleiros Mariano Abalo e e Eugenio González, este último representante do PSOE. Pazos era moi apreciado na localidade pois sempre amosou o compromiso co cargo público malia as citas médicas para tratar o cancro que tiña de continuo. Segundo Faro de Vigo tan só deixou a Alcaldía de forma temporal en outubro de 2018. Foi para someterse a unha operación que só o mantivo apartado das súas responsabilidades como rexedor un mes. Traxectoria na Galiza O político estaba á fronte do Consistorio de Cangas desde 2015 pero xa tiña moita experiencia na política. Previamente fora concelleiro da vila dúas veces: nos 90 con Esquerda Unida-Esquerda Galega e con ACE de 2007 a 2009. Ademais, representou a Esquerda de Galicia no Parlamento galego, onde acompañou a Anxo Guerreiro após que se dera unha coalición co PSdeG que dirixía Abel Caballero en 1997."}
{"ID": "PRAZA_20040", "summary": "A empresa xestiona 14 parques comarcais en Galicia financiados polo Goberno galego e as deputacións en virtude dun modelo inugurado na etapa de Fraga. Bombeiros e mandos teñen prohibido facer declaracións sobre as emerxencias nas que interveñen HEMEROTECA | A Xunta ábrese á fin dos parques de bombeiros privados tras anos impulsándoos", "text": "A empresa Veicar, que xestiona 14 parques comarcais de bombeiros en Galicia, prohibiu a todos os seus efectivos, tanto bombeiros como mandos, facer declaracións aos medios de comunicación. Así figura nun código interno remitido ao persoal o pasado 10 de marzo pola dirección desta firma, á que o Goberno galego e as deputacións provinciais da Coruña, Lugo e Ourense adxudicaron a xestión das emerxencias en catorce zonas. O protocolo de actuación remitido ao persoal dos seus parques permite mandar comunicados de prensa \"para informar a poboación\" en caso de intervencións en sucesos graves pero a información só se poderá enviar a catro medios de comunicación elixidos por ela e sempre con copia aos directivos de Veicar. Nas instrucións remitidas aos bombeiros dos parques de Verín, Valdeorras e A Limia detállase cales son os correos electrónicos aos que se deben mandar os comunicados. Os medios elixidos son as edicións locais de La Voz de Galicia, La Región, Faro de Vigo e unha emisora da Cadena COPE, ademais dun par de portais web sen apenas audiencia. Para remitir información a outros medios, a empresa subliña que deberá solicitarse permiso á dirección. A empresa xestiona 14 parques comarcais en Galicia financiados polo Goberno galego e as deputacións en virtude dun modelo inugurado na etapa de Fraga As ordes que os xestores de Veicar, con 220 bombeiros en nómina, enviou aos seus efectivos e mandos explicitan que as notas de prensa \"só se realizarán nas intervencións que teñan certo nivel de gravidade ou que poidan resultar notorias na zona de influencia dos parques\". Nelas, \"poderase achegar ou non algún documento gráfico sempre que este cumpra con todos os requisitos para ser enviado ao exterior do parque\". Os bombeiros tamén reciben pautas por escrito de como ten que ser a redacción deses comunicados que se remitirán a eses medios de comunicación elixidos: \"Non haberá ningunha mostra de subxectividade, nin se farán referencias a datos non probados, nin posibles causas hipotéticas, manterase sempre unha imaxe de calma, e evitarase realizar comentarios que poidan crear discrepancias. Están expresamente prohibidas as manifestacións alleas á intervención, de corte laboral ou que poidan supor unha crítica ao persoal interveniente, os medios, os procedementos ou calquera outra cuestión de corte interno do parque, empresa ou Consorcio\". Bombeiros e mandos teñen prohibido facer declaracións sobre as emerxencias nas que interveñen O manual de relacións cos medios de comunicación de Veicar apunta que a autoría dos comunicados de prensa compete aos xefes de servizo de cada parque comarcal aínda que na súa ausencia poderán informar os responsables de cada quenda. O protocolo de Veicar remata con dúas advertencias: \"Non se poderá realizar ningunha outra comunicación de carácter profesional aos medios, agás que exista unha comunicación expresa para iso por parte da empresa. Cadaquén é responsable unicamente das notas de prensa que escribise\". A circular detalla que esa normativa interna entrou en vigor o mesmo día en que foi remitida ao persoal. No entanto, un portavoz oficial de Veicar apuntou a eldiario.es que o protocolo \"é un documento vivo e que xa se está negociando unha nova versión cos traballadores\". Este membro da dirección sinala que \"a empresa xamais puxo trabas aos medios de comunicación\". \"Achegáronse os enderezos dos que solicitan información habitualmente, pero esa lista é ampliable\", asegura a preguntas deste diario. Veicar é unha das empresas que estivo na orixe da privatización dos bombeiros de Galicia, onde só os das cidades teñen a condición de funcionarios. A firma, que se reconverteu e pasou de ser unha carroceira de vehículos á xestión das emerxencias a través de adxudicacións de diferentes Gobernos galegos desde a época en que Manuel Fraga era presidente, emprega a 220 bombeiros baixo un modelo de xestión único en España a través de subcontratas que dependen dos consorcios provinciais que financian ao 50% o Goberno galego e cada unha das catro deputacións. O sistema está amparado pola polémica Lei de Emerxencias de Galicia, contra a que se manifestaron reiteradamente os bombeiros dos parques públicos e privados para conseguir que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo reverta o modelo. As fontes internas consultadas sosteñen que o protocolo da comunicación da compañía trata de establecer un férreo control da comunicación e establecer sancións para evitar que os bombeiros se pronuncien contra a privatización do servizo."}
{"ID": "NOS_46910", "summary": "No Estado español xa se confirmaron sete positivos e hai unha trintena máis sospeitosos.", "text": "A Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de facer un chamamento para que se rastrexen os contactos das persoas contaxiadas da varíola do mono, por mor da vaga de casos desta rara enfermidade nun número cada vez maior de países, os máis recentes o Estado español, Portugal, Italia, Suecia e os Estados Unidos. De feito, a Comunidade de Madrid mantén os sete primeiros positivos confirmados na cuarta feira polo Ministerio de Sanidade e suma agora outros 28 sospeitosos, alén doutro en Canarias. En Portugal hai unha vintena de contaxios. Se se sospeita de padecer a varíola do mono, os pacientes deben ser illados, recomenda o organismo sanitario, preocupado polo rápido espallamento desta doenza. Síntomas O período de incubación da varíola do mono é de entre 6 e 16 días, malia que pode oscilar de 5 a 21. A infección ten, segundo explica a Organización Mundial da Saúde (OMS), dúas fases. A primeira, de \"invasión\", que se caracteriza pola febre, cefalea intensa, dor lumbar, dor muscular e falta de enerxía. O período de erupción cutánea —entre 1 e 3 días despois do inicio da febre—, cando aparecen as distintas fases do exantema, que polo xeral afecta primeiro o rostro e logo esténdese ao resto do corpo. As zonas máis afectadas son o rostro —95% dos casos—, as palmas das mans e as plantas dos pés —no 75% dos casos—. A eliminación completa das costras pode tardar até tres semanas. Esta variedade da varíola, propia dos simios, transmítese aos seres humanos a través de diversos animais salvaxes, como roedores e os propios primates, mais ten unha propagación secundaria limitada de persoa a persoa."}
{"ID": "QUEPASA_248", "summary": "Onte día 10 rexistrabase o falecemento dun home de 87 anos no CHUAC, procedente da Residencia DomusVi de Carballo, onde hoxe 11 falecía tamén unha muller de 75 anos. Son un total de 25 persoas as falecidas na residencias carballesa no que vai de ano, e 13 na de Vimianzo. A tendencia segue baixando a nivel global e tamén nos Centros de ensino", "text": "Tras analizar os datos da Laracha, o Sergas ofrece hoxe os resultados do cribado realizado en Vimianzo e Camariñas na semana do 18 ao 22 de xaneiro. En Vimianzo foron citad@s 4.435 veciñ@s, e acodiron 2.670 (o 60%), dando un resultado de 12, o que representa o 0,44%, o que sería unha taxa de incidencia acumulada de 440 casos por cada 100.000 habitantes.Vimianzo mantense hoxe con arredor dos 40 casos activos, 29 novos casos e unha taxa de incidencia acumulada de 410 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. Pola súa parte, en Camariñas o número de citad@s foi 1.510, pero só acodiron 917 (un 60,7%), sendo 6 o número de positivos, un 0,65%, ou en cifras de taxa de incidencia acumulada, 650 novos casos por cada 100.000 habitantes.Camariñas a día de hoxe ten 13 casos activos, 5 novos casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e unha taxa de inciencia de 94 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. Tendencia á baixa Aproveitamos para repasar os datos e comprobar que só Carnota, Muxía e A Laracha manteñen tendencia positiva, pois o resto de concellos, e comarcas amosan unha lixeira baixada na última semana. Bergantiños segue a ser a zona coa taxa acumulada máis alta, superando os 700 novos casos por cada 100.000 habitantes (Malpica supera os 1.000 e Carballo, Coristanco e A Laracha os 800 aínda). Centros de Ensino A tendencia tamén baixa nos centros de ensino. Son hoxe 111 casos en toda a comarca (20 menos que a semana pasada), en 36 centros afectados (10 só en Carballo) (6 menos que a semana pasada), e só 4 aulas pechadas (polas 7 do día 4). Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0 CAMARIÑAS CEIP O Areal 2 0 CARNOTA CEIP do Pindo 2 0 CARNOTA IES Lamas do Castelo 1 0 CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 2 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0 CARBALLO CPR Artai 4 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 6 1 CARBALLO CEIP Fogar 1 0 CARBALLO IES Monte Neme 4 0 CARBALLO CEIP Netoma-Razo 3 0 CARBALLO IES Parga Pondal 12 0 CARBALLO CRA Ponte da Pedra 4 0 CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 2 0 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0 CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 7 0 CEE IES Fernando Blanco 5 0 CEE IES Agra Raices 4 0 CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 3 0 CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0 CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 1 1 FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0 LAXE CEIP de Torrexallóns 1 0 LARACHA CEIP Alfredo Brañas 2 0 LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 7 1 LARACHA ES Agra de Leborís 3 0 MALPICA CEIP Milladoiro 3 0 MALPICA IES Urbano Lugrís 2 0 MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0 MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 1 0 MUXÍA CEIP Os Muíños 1 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0 SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 3 0 VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 6 1 VIMIANZO IES Terra de Soneira 2 0 VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0 ZAS CPI de Zas 1 0 TOTAL 36 111 4 Máis novas sobre o covid 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións."}
{"ID": "NOS_38150", "summary": "O aínda secretario xeral de Podemos na Galiza admitiu na mañá da quinta feira que aspira a a Secretaría Xeral da formación política como unha moción de confianza após presentaren dúas membros de Podemos as súas candidaturas.", "text": "Nunha entrevista concedida á Radio Galicia-Cadena Ser, Breogán Riobóo admitiu que decidiu presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral de Podemos como unha \"moción de confianza\" para revalidar o cargo. Di non entender \"en base a que presentan unha candidatura á Secretaría Xeral\" Ángela Rodríguez e Carmen Santos cando o cargo de secretario xeral \"está en vigor\". \"Eu até o día 15, cando comeza o proceso de primarias como tal, non falo. Non digo absolutamente nada, porque entendo que a Secretaría Xeral segue en vigor e por iso fun á reunión de Madrid\", sinalou na entrevista. \"No momento en que dúas compañeiras, á marxe do que din os documentos e os estatutos, anuncian as súas candidaturas á Secretaría Xeral, vendo isto, véxome na obriga de presentarme e de tomar este proceso como unha moción de confianza\", engadiu. Nunha recente entrevista publicada no Sermos Galiza nº187, Breogán Riobóo xa daba conta das chaves da súa candidatura á reelección como secretario xeral de Podemos na Galiza, que a día de hoxe se atopa xerido baixo unha xestora imposta por Madrid e capitaneada polo senador García Buitrón."}
{"ID": "NOS_56272", "summary": "A lei de Seguridade Cidadá e a reforma do Código Penal entrarán en vigo o 1 de xullo após seren aprobadas no Congreso español.", "text": "Unicamente cos votos a favor do Partido Popular, a Cámara Baixa española aprobou esta quinta feira (25 de marzo) a Lei de Seguridade Cidadá --coñecida como Lei Mordaza-- e a reforma do Código Penal. Após este último trámite, ambas as dúas medidas entrarán en vigor o 1 de xullo malia as críticas e denuncias da oposición, as organizacións de dereitos humanos e as advertencias das institucións internacionais. E é que até os relatores especiais das Nacións Unidas se dirixiron ao executivo español para lle sinalar que a Lei de Seguridade Cidadá supuña unha vulneración dos dereitos de expesión e manifestación, como tamén o fixo a Unión Europea en relación coas 'devolucións en quente' de migrantes na fronteira que legaliza a reforma. Porén, a forza maioritaria da Cámara, o Partido Popular, rexeitou ao longo do proceso lexislativo as emendas presentadas pola oposición e unicamente incorporou as súas, entre elas as propias devolucións no valado de Ceuta e Melilla. Así, coa incorporación dalgúns matices vía emenda o texto aprobado esta quinta feira no Congreso pune o deslocemento de bens e inmóbeis público; gravar as actuacións policiais, a ocupación de oficinas ou entidades bancarias; a venda ambulante (top manta), queimar contedores do lixo, frear un desafiuzamento, negarse a ser identificado polas FSE ou mesmo as reunións ás portas de infraestruturas que sexan consideradas servizos básicos para o estado. Neste senso, estes delitos serán punidos de acordo cunha baremación dos mesmos como falta \"leve\", \"grave\" ou \"moi grave\" con sancións económicas entre os 100 e os 600 mil euros. De igual maneira, a prescrición dos mesmos variará de 6 meses, 1 ano e 2 anos de acordo cos mesmos criterios. A outra norma aprobada hoxe polo Congreso é a reforma do Código Penal deseñada polo anterior ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, e á que se incorporou o pacto anti-jihadista asinado por PP e PSOE após os crimes no Charlie Hebdo. Os delitos de \"enaltecemento do terrorismo\" serán punidos con 3 anos de cadea Através deste novo marco instáurase a cadea perpetua baixo o epígrafe da pena peramente revisábel. Aliás, os delitos de \"enaltezamento do terrorismo\" pasan a ser punidos con 3 anos de cadea o que levaría a calquera persoa condenada por tal cuestión a ingresar en prisión, mesmo se non conta con antecedentes penais. Asemade, tipifícase como delito a consulta ou visualización de páxinas web 'jihadistas' ao as considerar penalmente como \"adestramento terrorista pasivo\". Mesmo as filtracións de información serán consideradas un delito no novo Código Penal. Segundo o artigo 197 bis será considerado \"terrorismo\" o que \"por calquera medio ou procedemento vulnerando as medidas de seguridade estabelecidas para impedilo e, sen estar debidamente autorizado, acceda ou facilite o acceso, ao conxunto ou parte dun sistema de información\". Este feito será punido con penas de prisión de \"6 meses a 2 anos de cadea\". Todas as forzas da oposición amosaron o seu rexeitamento durante o debate parlamentar a ambas as dúas normativa. Desde o BNG a deputada Rosana Fernández acusou o goberno español de pretender practicar \"a ideoloxía máis reaccionaria e represora vulnerando grande parte dos dereitos e liberdades fundamentais\". Desde a organización frontista aseguran que o PP \"responde con máis represión\" á \"crítica social\"."}
{"ID": "NOS_46643", "summary": "A líder da oposición asegura que a decisión, que só beneficia \"ao 0,02%\" de galegos, adoptouse \"na rúa Xénova\"", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que rectifique o seu anuncio de elevar até o 50 por cento a bonificación do imposto de patrimonio por ser \"un pelotazo fiscal aos millonarios\" fronte a unha \"maioría social que o está pasando mal\". En declaracións aos medios antes de acudir este sábado á Romaría de Santa Minia, en Brión (A Coruña), a líder nacionalista lamentou que Rueda adopte esta decisión \"que non se tomou na Galiza\", senón \"na rúa Xénova\", na sede estatal do PP. \"O presidente da Xunta simplemente é un delegado do que lle mandan en Madrid\", insistiu Pontón, tras unha semana na que o mandatario andaluz, Juanma Moreno, anunciou a bonificación da totalidade do imposto de patrimonio. Así, tras sumarse Rueda a esta rebaixa -pero cunha \"senda propia\" da Galiza, segundo alegou-, a líder da oposición galega reprochoulle que \"prescinda\" para os orzamentos de 2023 \"de máis de 30 millóns de euros\" das arcas autonómicas \"que serían importantes para que houbese máis bolsas de estudo, máis axudas a pemes, para dinamizar o comercio e rescatar a sanidade pública\". \"É unha medida lesiva, antisocial e que simplemente beneficia para que sigamos vendo como as rendas máis altas gañan cada vez máis e máis nun momento no que se necesita o contrario: distribuír a riqueza\", insistiu. Pontón acusa Rueda de \"esconder\" novos recortes \"O goberno do 0,02%\" Neste contexto, a poucos días da comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento galego para debullar os detalles dos orzamentos autonómicos de 2023, a portavoz nacional do BNG pediulle a retirada desta medida que \"só\" beneficia \"ao 0,02 por cento do país\". \"Demostra que o PP é o goberno do 0,02 por cento mentres que o BNG representa a alternativa para o 99,98 por cento do país\", engadiu. Pontón tamén se queixou de que, a tres días desa comparecencia, a oposición aínda \"non coñece\" cal é o anteproxecto de orzamentos da Xunta, polo que demandou esa documentación. Unha opacidade que lle fai preguntarse á líder do Bloque \"que máis oculta\" neses orzamentos. \"En todo caso, imos pedir que se retire esa medida antisocial que Rueda aplica seguindo o que lle mandan desde Madrid e que demostra até que punto carece de goberno para a Galiza e aplica o que outros deciden sen ter en conta as necesidades do País, nun acto de submisión aos intereses do PP de Madrid\", afondou. En calquera caso, a portavoz nacional do Bloque avanzou que votarán \"en contra\" desa rebaixa fiscal por ser \"antisocial\" e por decidirse \"en Madrid\". A oposición critica o anuncio de Rueda de aumentar a bonificación ao Imposto de Patrimonio: \"É unha burla\""}
{"ID": "NOS_9608", "summary": "Observadores internacionais afirmam que globalmente as votações foram transparentes. Não será necessário, em princípio, ir a uma segunda volta.", "text": "A Frente pela Libertação de Moçambique continuaria a ser a primeira força do país quer nas presidenciais quer nas legislativas, segundo os primeiros dados divulgados esta quinta feira após as votações se realizarem ontem. A vitória é tão clara que parece muito pouco provável que as eleições tenham de irem a uma segunda volta. Com o 50% das mesas eleitorais já contabilizadas, o candidato da Frelimo Filipe Nyusi seria com muito o mais votado, com o 61,2% dos sufrágios. Por trás dele apareceria Afonso Dhlakama, da Resistência Nacional Moçambicana (RNM), com o 31% dos votos, enquanto que Daviz Simango, do Movimento Democrático Moçambicano ficou com o 7,7%. Nas legislativas, a Frelimo ganha também, embora com menos percentagem que Nyusi, ao conseguir o 58,11% face ao 28,9 da Renamo e ao 11,7 do MDM. A batalha pelo controlo do país -e dos seus recursos naturais: gás, petróleo e carvão- não conclui com estas eleições A oposição da RNM apressou-se a denunciar irregularidades e a não reconhecer a vitória da Frelimo, até o ponto de o seu porta-voz, António Muchanga, declarar à agência AFP que \"nós não aceitamos o resultado destas eleições (…). Podemos dizer categoricamente que ganhámos estas eleições\". Estas denúncias não assemelham terem o respaldo dos observadores internacionais deslocados ao país. Particularmente significativo a respeito disso foi o depoimento realizado pela responsável dos observadores da União Europeia, Judith Sargentini, quem disse à AFP que a consulta eleitoral correu globalmente bem. \"Notámos algumas irregularidades, mas diria que, no conjunto, até ao momento do encerramento [das urnas], correu bem\", alegou. Três coisas parecem, aliás, evidentes. Primeiro, a Frelimo continua a ser a força com mais apoio popular no país, mas esse apoio vai decrescendo (em 2009, o seu candidato obteve o 75%). Segundo, as feridas da guerra entre a Frelimo e a RNM -assinaram a paz em Setembro passado- demorarão muito em fechar e, de facto, durante a jornada eleitoral se registaram milhentos confrontos armados. E terceiro, a batalha pelo controlo do país -e dos seus recursos naturais: gás, petróleo e carvão- não conclui com estas eleições."}
{"ID": "NOS_11914", "summary": "Constitúese a plataforma \"Monfero di non\" neste municipio, após se coñecer o pasado 29 de maio o parque eólico que prevé construír Iberdrola.", "text": "A veciñanza de Monfero afectada polo parque eólico Pena do Corvo, que o pasado 29 de maio iniciou a súa tramitación a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco), constituíu este domingo a plataforma \"Monfero di non\", avalada por unha trintena de persoas no seu acto fundacional O proxecto, promovido por Iberdrola, prevé a instalación de trece aeroxeradores cuxas aspas alcanzarían os 200 metros de altura e contarían cunha potencia total instalada de 58,5 megawatts (MW), alén dunha subestación transformadora e unha liña aérea de alta tensión que atravesaría nove municipios lindeiros \"Decatámonos do proxecto pola súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), mais nin sequera o Concello, segundo afirma, sabía nada. Chegan aquí con estas formas e dannos un mes para presentar alegacións sen que dispoñamos dos medios ou coñecementos para facelo\", sinala a Nós Diario Iñaki López, un dos promotores da plataforma. López fai fincapé nas dimensións do parque e o impacto que tería de se aprobar: \"A poligonal afecta 35 lugares habitados das parroquias de San Fiz, Vilachá e Queixeiro, e inclúe os conventos de Caaveiro e Monfero, así como parte do parque natural das Fragas do Eume\", expón. Porén, salienta que o impacto vai \"máis aló\" do que se pode visualizar nun mapa: \"Estamos a estudar os efectos que tería para a saúde, así como o dano ao tecido socioeconómico, xa que a poligonal fragmentaría os montes\", explica, e lembra a importancia do sector primario no municipio. Aliás, salienta que moitas veciñas e veciños \"non son conscientes\" de todas as afeccións que poderían provocar os aeroxeradores e o tendido eléctrico. Nesta segunda feira organizáronse \"grupos de traballo\" para recoller sinaturas contra o proxecto, arredor de 200 polo de agora. O prazo para presentar alegacións ficará aberto até o vindeiro 28 de xuño."}
{"ID": "PRAZA_8051", "summary": "A Mesa denuncia que o Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde o paciente foi derivado para o preoperatorio, só dispuña de documentación en castelán.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o Sergas obrigou un paciente a adiar unhas probas por solicitar a documentación en galego no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde fora derivado para un preoperatorio o 5 de febreiro. Segundo A Mesa, no hospital solicitáronlle que asinase unha serie de documentos, mais cando o paciente os pediu en galego, dereito que lle recoñece a lexislación vixente, desde o hospital dixéronlle que non dispuñan deles. O propio paciente informounos de que a Secretaría Xeral de Politica Lingüistica dispuña dun servizo de asesoramento lingüístico e un acordo co Sergas polo que se comprometía a traducir este tipo de documentación nun máximo de 30 minutos. Porén, tras realizar unhas consultas, a empregada do Hospital indicoulle que se non asinaba os documentos en español tería que marchar e agardar na súa casa a que enviasen a documentación á administración da Xunta e esta lla devolvese traducida, co conseguinte retraso nas súas probas e operacións. Segundo A Mesa, o paciente \"non aceptou renunciar aos seus dereitos lingüísticos\". Tras presentar outra reclamación ante o Sergas, da que tampouco obtivo resposta, contactou coa Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar o caso. O propio paciente informounos de que a Secretaría Xeral de Politica Lingüistica dispuña dun servizo de asesoramento lingüístico e un acordo co Sergas polo que se comprometía a traducir este tipo de documentación nun máximo de 30 minutos A raíz dun caso anterior no Hospital Nuestra Señora de Fátima, en Vigo, desde a Xerencia do Sergas emitiuse unha nota informativa a todo o persoal onde se puña a disposición de quen o precisase o servizo de tradución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e indicábase que esta emitiría a tradución do documento que fose en non máis de media hora. Para a Mesa \"este novo caso deixa en evidencia a pouca efectividade da medida, e que das declaracións de boas intencións á concreción na realidade dos feitos hai un trecho ben grande que a Xunta que preside Núñez Feijóo nunca está disposta a percorrer\". Desde A Mesa denuncian estes feitos como \"un inadmisíbel intento de coaccionar os cidadáns para que non poidan exercer os seus dereitos lingüísticos legalmente recoñecidos, xogando cun tema tan sensíbel e fundamental como a saúde das persoas\" e engade que \"se non saen máis casos á luz non é porque na maioría dos hospitais se respecten os dereitos lingüísticos dos pacientes senón porque esta é unha chantaxe terribelmente efectiva\". Para a Mesa, \"se non saen máis casos á luz non é porque na maioría dos hospitais se respecten os dereitos lingüísticos dos pacientes senón porque esta é unha chantaxe terribelmente efectiva\" Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, salientou que \"as discriminacións lingüísticas son frecuentes nos hospitais galegos, e desde A Mesa hai anos que as vimos denunciando. Casos semellantes como os do Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo ou do Complexo Hospitalario das Illas Cíes foron tamén obxecto de debate parlamentario na pasada lexislatura, polo que estas discriminacións non son novas nin descoñecidas para o SERGAS nin para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e se continúan a se producir é porque desde a Xunta non se fai nada por solucionalo\". Por esta razón A Mesa pola Normalización Lingüística puxo o caso en coñecemento da Conselleira de Sanidade e mais da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sen obter polo momento resposta ningunha, e tamén o trasladou aos diferentes grupos parlamentarios da oposición con representación no Hórreo."}
{"ID": "NOS_34673", "summary": "O pasado luns 15 de marzo coñeceuse o gañador do IX Premio Manuel Lueiro Rey de poesía, promovido polo concello de Fornelos de Montes.", "text": "O gañador desta novena edición do Premio Manuel Lueiro Rey resultou ser o escritor e pintor galego Xurxo Alonso, co seu traballo As vaidosas agonías. Caracterizado polo verso longo, a habelencia rítmica e o gran abano de voces e citas, o poemario resulta ser, segundo o propio xurado, unha obra de elaborada arquitectura e dunha gran ambición estética. As vaidosas agonías fala da loita do eu ante a ruína dun mundo que se desfai no que se demostra a importancia da palabra Xurxo Alonso, pintor fundamentalmente de paisaxes abstractas e conceptuais, é tamén recoñecido polo seu labor de escritor, o cal se viu premiado en numerosas ocasións. Algúns dos premios literarios máis salientables cos que conta Alonso son o Premio de poesía Concello de Carral nas edicións do 2004 e no 2019, o Premio Fermín Bouza Brey no 2003, e o recente Premio Manuel Lueiro Rey neste 2021. O Premio Manuel Lueiro Rey, nace como homenaxe ao ilustre poeta que lle dá nome ao propio premio e ten como obxectivo promover a poesía galega. Na súa novena convocatoria, o xurado destacou o bo nivel dos 37 traballos presentados, así como a gran diversidade temática destes. O xurado, conformado por Luís Cochón, Emma Pedreira, Xerardo Quintiá, Mercedes Queixas e Armando Requeixo, xunto coa coordinadora do premio Carmen Carreiro, decidiron outorgarlle o premio a Xurxo Alonso pois, aseguran, o seu traballo impúxose sobre os demais."}
{"ID": "NOS_49384", "summary": "Será o vindeiro 16 de xuño en Bexo, no concello de Dodro.", "text": "As brigagas deseucaliptizadoras non paran. Desde a súa constitución o pasado mes de abril xa realizaron varias actuacións. A primeira –e que foi o seu lanzamento público- foi o 21 de abril en Froxán, no concello de Lousame, onde a brigada da Barbanza eliminaba eucaliptos e acacias nunha zona de monte comunal. Pouco despois, 26 de maio, a brigada do Ribeiro erradicaba acacias na aldea de Lentille (Cenlle), nunha acción na que tomaron parte voluntarios de Vigo, Compostela ou Lugo entre outras localidades. E xa hai unha nova acción: vai ser o 16 de xuño en Bexo, no concello de Dodro. \"O Castro de Bexo, en Dodro, como tantos outros elementos do patrimonio cultural galego que acollen os nosos montes, encóntrase degradado e oculto pola invasión de eucalipto que non só impide o seu coñecemento e gozo pola sociedade se non que, lume após lume, converte esta paraxe única e con espectaculares vistas da ría de Arousa e brañas do Ulla nun deserto baixo aparencia verde\". O sábado 16 de xuño as brigadas teñen convocada unha roga e albaroque en Bexo en parcería coa Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro. O Castro de Bexo, explican as brigadas, tamén coñecido como \"As Murallas\" está catalogado por Patrimonio e é un dos asentamentos máis grandes de toda a zona, pola súa posición estratéxica. No último ano a Comunidade de Montes en Man Común Cruz do Avelán ten acordado a súa recuperación, redactando un proxecto de xestión arqueolóxica que inclúe a erradicación do eucalipto en todo o seu perímetro. Tamén nos últimos anos se realizaron varias intervencións de retirada desta especie."}
{"ID": "QUEPASA_100", "summary": "Onte faleceu unha muller de 90 anos na Residencia DomisVi de Carballo.", "text": "Parece que segundo pasan as primeiras semanas deste 2021, vanse notando as consecuencias do Nadal, tamén nos centros de ensino. Non tanto como se esperaba vendo os casos a nivel xeral, pero a subida é importante. A día de hoxe temos nos 19 #concellosQPC un total de 105 positivos en 44 centros, con 8 aulas pechadas. Unhas cifras que nos devolve a finais de novembro, pero que duplica as cifras de decembro. Así, moitos concellos tomaron decisións como o de Laxe, que levou a cabo durante a mañá do luns, a de desinfección e limpeza do comedor e da cociña do CPI Plurilingüe \"Cabo da Area\". Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas CABANA CPI As Revoltas 1 0 CAMARIÑAS CEIP Ponte do Porto 9 0 CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 2 0 CAMARIÑAS CEIP O Areal 3 0 CARBALLO E.I As Landras 1 1 CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 1 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 8 0 CARBALLO CPR Artai 6 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 1 0 CARBALLO CEIP Fogar 3 0 CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0 CARBALLO IES Monte Neme 4 0 CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 1 CEE IES Fernando Blanco 2 0 CEE IES Agra Raices 6 0 CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0 CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0 CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 5 0 CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 0 CORISTANCO CRA de Coristanco - Santa Comba 1 0 FISTERRA CEIP Areouta 1 0 LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 5 1 LAXE EEI de Traba 1 0 LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 9 0 LARACHA ES Agra de Leborís 3 0 MALPICA CEIP Milladoiro 1 0 MALPICA IES Urbano Lugrís 1 0 MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0 MUROS IES Plurilingüe Fontexería 2 0 MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 2 0 MUXÍA CEIP Virxe da Barca 1 0 MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0 SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0 VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 2 0 VIMIANZO EEI de Carnés 1 1 VIMIANZO IES Terra de Soneira 6 0 VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0 TOTAL 44 103 8 Máis artigos sobre o covid 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 13-01-2021: COVID: Vimianzo pon o foco nos bares. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións. 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus. 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25. 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición. 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús. 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións. 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño. 10-12-2020: COVID: \"Vasos comunicantes\" de norte a sur. 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca. 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte. 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova \"desescalada\" e a reapertura progresiva da hostalería na Costa. 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte."}
{"ID": "NOS_35636", "summary": "A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña conmemora dez anos de existencia.", "text": "-A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fai dez anos. Que balance faría desta década de historia? A Comisión nace en 2004 nunha asemblea aberta á que acode a cidadanía, convocada por Manolo Monge, entón presidente, para traballar sobre a situación na que se atopaba a simboloxía franquista da cidade. Desde entón, conseguiuse cambiar totalmente a mentalidade da cidadanía. O goberno municipal dicía que non existía simboloxía franquista senón que era \"histórica\". Co traballo que se fixo pasou a considerarse franquista e non só pola aplicación da lei senón pola conciencia da cidadanía. Fíxose un traballo de investigación sobre os nomes da rúa, como se chega a tomar esa decisión na aplicación dun regulamento que dicía que se escollía para que os actos meritorios de quen levaba o nome fosen repetidos polas xeracións futuras. A xente descoñecía os por ques deses nomes e atopámonos cunha relación que enxalzaba, entre outros, a quen exercera a represión franquista. \"Pedirémoslle ao Valedor que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello da Coruña\" -Esa orixe levou logo á organización formal? Vimos a necesidade de organizarnos baixo a forma xurídica de asociación. Comprobamos que había un déficit importante de divulgación. A memoria estaba ocultada na cidade, en especial, polo papel do vazquismo. Borrárase, por exemplo, que existira unha Coruña emerxente, con moitos colectivos sociais interesante. Galiza, en xeral, era unha nación con forza a nivel asociativo. Na cidade, chegamos a identificar máis de vinte asociacións que pretendían a mellora da sociedade, non só a nivel social senón tamén intelectual. Urxía facer ese traballo de divulgación e reivindicación. Nace, como dicía, da situación esperpéntica de que a cidade continuase a conservar nomes franquistas que, seguen existindo dez anos despois, mais agora existe unha mentalidade social en contra. Poño por caso, o propio PSOE que en 2004 negaba a existencia de nomes franquistas dez anos despois afirma que cometeron un erro por non eliminar a simboloxía, como sinalou a súa actual candidata. Conseguimos que mudara esa mentalidade. -Queda moita pegada do franquismo entón en rúas e espazos públicos? Moita. O Concello aprobara un acordo no que se decidía a retirada de 55 elementos de simboloxía franquista e non se cumpriu. Algo se avanzou mais aínda persiste. Esixirmos que se elimine o nome do General Sanjurjo, General Mola ou Juan Canalejo. Conseguimos gañar nos xulgados un preito contra o concello pero queda moito por facer. Ademais deste ámbito que foi o xermolo da nosa historia, seguimos outras liñas de actuación como, poño por caso, homenaxear e dar a coñecer xente represaliada. A divulgación é un dos fundamentos da memoria histórica. Organizamos tamén a visita do relator de Nacións Unidas a Galiza e levamos a cabo actuacións conmemorativas en distintas partes da Coruña como o monumento no Portiño ou o de homenaxe ás vítimas. Cambiamos tamén a conciencia arredor de como os Franco se fixeron co Pazo de Meirás que pasou de doazón a roubo. Quixemos que o rigor presidira os nosos traballos e, por iso, a investigación e a colaboración de expertos foi fundamental. -Nesta conmemoración anuncian que se dirixirán ao Valedor do Pobo para denunciar o incumprimento da Lei da Memoria Histórica na Coruña. En varias ocasións puxémonos en contacto con institucións para reclamar o cumprimento da lei e o recoñecemento das vítimas. Agora enviaremos unha carta ao Valedor para denunciar que continúa a haber presenza de simboloxia franquista nas rúas da Coruña. Pedirémoslle que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello. O alcalde dixo que si cumpría e nós esiximos un calendario para ese cumprimento. -De cara ás vindeiras eleccións decidiron dirixirse ás distintas organizacións políticas para pedirlle que recollan nos seus programas a recuperación da memoria. En que consiste esta demanda? Se seguimos as declaracións públicas dos políticos concluiríamos que todo o mundo está de acordo no cumprimento da lei, o que é moi fácil porque non marca pasos. Logo acontece que temos casos como o do PSdG-PSOE cun secretario Xeral como é o actual presidente da Deputación de Lugo que fala de tolerancia 0 co pasado franquista mais na cidade de Vigo hai un alcalde do mesmo partido que se nega a derrubar a cruz do Castro mesmo en contra dunha sentencia xudicial. Demandamos contundencia no cumprimento da lei e non tolerar a existencia de elementos que impidan o desenvolvemento dunha democracia madura. -Por que decidiron apoiar a querela arxentina contra os crimes franquistas? Apoiamos e continuamos nese compromiso. Oxalá outros países, en especial os que acolleron o noso exilio, se posicionaran de igual maneira contra a situación de indefensión das vítimas. Para nós é importante manter a querela. Se un estado non defende os intereses dos seus cidadáns calquera outro ten obriga de facelo. Hai delitos que non teñen fronteiras. A querela arxentina, nese sentido, é unha porta aberta. -O seu traballo bate con moitos organismos, como o Concello da Coruña, foi sempre así nestes dez anos? \"Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas\" Neste tempo compre destacar un momento de gran relevancia no apoio institucional á memoria na Galiza. Falo do compromiso que manifestou a Consellaría de Cultura no bipartito que, de saída xa fixo a declaración do Ano da Memoria. Tamén algúns concellos fixeron un traballo importante. Compróbase tamén que o cambio de tendencia política deu as costas a memoria. A creación do proxecto Nomes e Voces, promovido desde a Consellaría de Cultura no que participaron institucións e administracións foi fundamental á hora de que as vítimas e familiares puideran falar. Digo que foi un momento fundamental da memoria porque se foi ás súas casas e se lles solicitou a doazón da memoria. As asociacións colaboramos activamente no proxecto para que as casas se abriran e esa dor fora compartida e se dera a coñecer o que acontecera. -As vítimas continúan a padecer un trato inxusto? Precisamos un recoñecemento coas vítimas e ese é aínda o papel angular do traballo pola memoria. Adoitase encadrar a memoria histórica nos departamentos de cultura e historia mais ten outra vertente moi importante que é a da xustiza social. Nacións Unidas atinou ao falar de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición. É preciso reclamar maior xustiza para as vítimas do franquismo. O estado non está en perigo por crear unha comisión sobre estes temas. A xustiza coas vítimas continúa a ser unha débeda. Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas. E fundamental que as novas xeracións saiban o que aconteceu."}
{"ID": "NOS_49495", "summary": "Os votos de PP e CiU converten en lei a reforma laboral que levaba en vigor desde finais de febreiro e contra a cal se mobilizaron na Galiza máis de 200.000 persoas o 29M. Modificacións no acceso ás pensións en relación ás 'lagoas de cotización' e o maior poder outorgado á empresa para decidir de maneira unilateral o 10% da xornada laboral ao ano atacan especialmente ás obreiras", "text": "A maioría da que goza o PP no Congreso español e o apoio de CiU converteron en lei esta quinta feira unha reforma laboral \"aínda máis dura\" que a que entrara en vigor o 12 de febreiro, e que provocou unha folga xeral, a do 29M, que na Galiza mobilizou máis de 200.000 persoas. Así as cousas, a ofensiva da dereita e do capital contra os dereitos da clase obreira reforza o poder das empresas e precariza as condicións laborais d@s traballador@s, nomeadamente das traballadoras. A indemnización por despedimento fica xeralizada nos 33 días e cun tope de dúas anualidades. O empresariado pode despedir augurando posíbeis perdas no futuro, sen tutela xudicial algunha, con 20 días e un máximo de doce meses. Os votos do PP e de CiU botaron abaixo até cinco emendas á totalidade e 656 ao articulado no Congreso; e tres vetos e 574 propostas de modificación no Senado. A formación conservadora introduciu na Cámara Baixa a redución a un ano da prórroga indefinida dos convenios colectivos non renovados, que duraba dous no texto orixinal. @s 4.000 traballador@s que aínda non renovaron o seu convenio a día de hoxe, cifra que afecta a todo o Estado español, atoparanse totalmente indefens@s diante da empresa. Alén do anterior, outra das emendas que vén modificar o decreto que está actualmente en vigor dará máis poder á empresa para mudar de maneira unilateral as condicións de traballo, ao autorizarlas a dispor de até un 10% da xornada anual, fronte ao 5%. Esta medida afecta especialmente ás mulleres, pois son elas as que fican sometidas con maior frecuencia a xornadas duplas e triplas. Xa na Cámara Alta, o PP introduciu o 12 de xuño once emendas, entre as que cabe destacar unha iniciativa que modifica a lei 27/2007 sobre o acceso ás pensións da xubilación, no referido ás 'lagoas de cotización'. Segundo esta modificación, á hora de calcular a base reguladora das pensións, cando exista unha lagoa os primeiros 4 anos integraranse coa base mínima de entre todas as existentes; e o resto de mensualidades co 50% dese mínimo. Máis unha vez, son elas as principais afectadas. A carón da feminización das pensións non contributivas, cabe tomar en conta a menor taxa de ocupación feminina; a desigualdade salarial; e as diferencias na vida laboral de mulleres e homes, marcadas pola precariedade e a feminización do coidado d@s fill@s e familiares dependentes, coas conseguintes lagoas de cotización. A pensión media das mulleres é, no Estado español, un 40% máis baixa que a dos homes. E Galiza posúe as pensións máis baixas."}
{"ID": "NOS_33135", "summary": "Os nomes de Navarret, Margolles, Fariñas, García, os Torviso ou \"O Barquillero\" ou Rosalía Alonso están entre os máis de 23 asasinados. José Fernández rematou en campos de concentración e outros como López Durá ou Pérez Prieto tiveron que se exiliar.O BNG homenaxea o domingo día 18 aos máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo que sofriron represión despois de 1936", "text": "O vindeiro domingo, 18 de agosto, o Bloque Nacionalista Galego homenaxeará a todos os veciños e veciñas de Ribadeo que foron vítimas da represión franquista nun acto que se celebrará a partir das 12:00 horas no Cantón dos Moreno e no que a máis das intervencións de Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, e Ana Ermida, responsábel comarcal do BNG, se procederá ao descubrimento dunha placa conmemorativa no que foi fogar do derradeiro alcalde republicano da vila, Rafael Fernández Cardoso, coa lenda \" Na memoria dos demócratas e dos republicanos de Ribadeo\". \"Os nacionalistas homenaxerán a máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas\" A placa conmemorativa situarase na casa de Fernández Cardoso, sita na Praza de Abaixo, porque foi alí onde o nacionalista Pérez Prieto organizaría, na tarde do 18 de xullo, as milicias armadas que actuarían en Ribadeo até o 28 de xullo. Ademais, Fernández Cardoso foi militante de Unión Republicana e alcalde de Ribadeo en dúas etapas, mais morrería en Bos Aires, no exilio, a principios dos anos 50 e sería enterrado con restos de terra de Ribadeo que fixo chegar o alcalde franquista Pancho Maseda. Esta non é a primeira vez que o BNG homenaxea aos ribadenses que sufriron o franquismo, nin tampouco é a primeira ocasión na que os nacionalistas lembran aos demócratas da Mariña, algo que levan facendo desde fai 12 anos en diversos concellos, porén a convocatoria deste ano ten unha particular significación pola dimensión, tanto cualitativa como cuantitativa, que a represión tivo en Ribadeo, como pola natureza da mesma en coherencia co alcance que acadou na vila a resistencia, así como pola forza do movemento frentepopulista e nacionalista e tamén polo que o Concello achegou ao esforzo do proceso de cambio que no nacional e no territorial significou a II República. Con este acto, os nacionalistas homenaxerán a máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas. Na homenaxe lembraranse os asasinados, como Navarret, Margolles, Fariñas, Garc ía, os Torviso ou \"O Barquillero\" ou Rosalía Alonso, pénsese nos máis de 23 asasinados deste Concello, os exiliados como López Durá, membro do Comité Executivo do Partido Galeguista, concelleiro en Santiago de Compostela, exiliado a México onde continuou a súa loita nacionalista como delegado do Consello de Galiza e como fundador do cumio local da UPG, ou Pérez Prieto ou os que remataron en campos de concentración dos nazis como José Fernández Fernández, ribadense preso nos campos de concentración de Krems-Gneixendorf XVII-B e Mauthausen onde sería liberado polo Exercito Vermello. Son 152 os nomes, homes e mulleres que se van lembrar, a listaxe dos nomes da dignidade, ribadenses que foron asasinados ou que padeceron a represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición, sempre trunfan as destes últimos. Por todos estes motivos, con este acto, que se celebrará o domingo 18 de agosto, un día despois do Día da Galiza Mártir que lembra cada ano o asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira pontevedresa, desde o Bloque Nacionalista Galego convidan ás e aos ribadenses a realizaren un acto de xustiza e de dignidade, honrando a memoria daqueles e daquelas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática. Na homenaxe lembraranse os máis de 23 asasinados deste Concello\" O Concello de Ribadeo está a levar adiante un proceso de restauración da memoria no rueiro da vila; unha pequena homenaxe que comezou o 14 de abril coa inauguración da rúa Rafael Fernández Cardoso e que terá continuidade nos próximos días coa apertura da rúa Imáns Pérez Prieto, na memoria dos militantes nacionalistas exiliados e condenados a morte, Manolo e Claudio, este último presidente do Partido Galeguista no período republicano e destacado colaborador da UPG nos anos 60 e 70."}
{"ID": "PRAZA_748", "summary": "Galicia conta agora cun tren decente entre A Coruña e Vigo, pero non ten servizos de cercanías que o alimenten de viaxeiros procedentes de fóra das cidades centrais. Isto chámase \"comezar a casa polo tellado\". Semella que a mobilidade cotiá e diaria sostible dos cidadáns de Oleiros, Ames, Poio, Baiona, Culleredo, Sada, Teo, Marín, Nigrán, Redondela, etc... non é unha prioridade", "text": "Os medios de comunicación informaban onte da entrada en servizo do treito de alta velocidade ferroviaria entre A Coruña e Vigo. O traxecto entre as dúas maiores cidades galegas será só de 70 minutos. E eu pregunto: Percorrer 150 quilómetros en 70 minutos é propio dun tren de alta velocidade? Cómpre reflexionarmos sobre o caos conceptual que acompaña a posta en servizo do novo \"tren bala galego\", como xa se escoita por aí. Moito ruido e poucas noces. Plantexarei seis cuestións de xeito breve e esquemático para expoñer o meu punto de vista. Un tren de alta velocidade (TAV) non pode ter cinco paradas en 150 quilómetros. Conceptualmente, iso pode ser un \"rexional\", ou mesmo un \"media distancia\", pero non un TAV. Non un AVE Primeira. Un tren de alta velocidade (TAV) non pode ter cinco paradas en 150 quilómetros. Máis que nada, porque un TAV non para cada 30 quilómetros. Conceptualmente, iso pode ser un \"rexional\", ou mesmo un \"media distancia\", pero non un TAV. Non un AVE. Segunda. O novo tren veloz vai polarizar aínda máis o territorio galego, ao reforzar os grandes nodos urbanos do Eixo Urbano Atlántico: A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo. Ferrol, unha vez máis, queda á marxe. As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia falan da Metrópole Ártabra, rexida pola Coruña e Ferrol. Con este novo tren, trónzase de facto esta Metrópole Ártabra, ao quedar Ferrol aínda máis descolgado do que xa está. De Lugo e boa parte do interior de Galicia (agás as contornas de Ourense), nin falemos… Como imos reequilibrar o territorio galego así? Semella que a mobilidade cotiá e diaria sostible dos cidadáns de Oleiros, Ames, Poio, Baiona, Culleredo, Sada, Teo, Marín, Nigrán, Redondela, etc... non é unha prioridade Terceira. Galicia conta agora cun tren decente entre A Coruña e Vigo, pero non ten servizos de cercanías que o alimenten de viaxeiros procedentes de fóra das cidades centrais. Isto chámase \"comezar a casa polo tellado\". Semella que a mobilidade cotiá e diaria sostible dos cidadáns de Oleiros, Ames, Poio, Baiona, Culleredo, Sada, Teo, Marín, Nigrán, Redondela, etc... non é unha prioridade. É evidente que non hai vontade de solventar o problema dos atascos de tráfico nos accesos ás cidades. Os residentes das primeiras e segundas coroas urbanas das cidades seguirán condenados a empregar o coche para ir ao traballo, mentres escoitamos un renovado discurso sobre a mobilidade. Non é posible que haxa mobilidade sostible cando non hai medidas de fomento efectivo do transporte colectivo (nomeadamente ferroviario) nas áreas metropolitanas e urbanas galegas. O novo servizo ferroviario non ten conexión con ningún dos tres aeroportos galegos Cuarta. A nova liña é unha sentenza de morte para núcleos como Ordes, Padrón, Pontecesures, Portas, etc. Un bo exemplo é a nova estación Padrón-Barbanza, que nin está en Padrón nin no Barbanza, como o seu propio nome NON indica. Está no medio do campo, cun impresionante park and ride que pouca xente vai empregar. Ogallá me equivoque, pero vaise repetir a triste sorte da estación Ordes-Fosado. Quinta. O novo servizo ferroviario non ten conexión con ningún dos tres aeroportos galegos. Nada máis que dicir sobre este tema. Sexta. A liña, a 31 de marzo de 2015 (un día despois da súa inauguración) aínda non conta con sistema de seguridade ERTMS nin ancho internacional. No día despois da inauguración a bombo e platillo, a maior parte dos cidadáns terán que seguir empregando o coche, padecendo atascos e aparcando a prezo de ouro para poder ir traballar. Hai obras que son amores, pero non prioridades."}
{"ID": "NOS_47642", "summary": "Para profesionais do sector e para A Mesa a ''exclusión'' do galego da dobraxe elimina o idioma do audiovisual e afecta a postos de traballo.", "text": "Un informe elaborado pola Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galiza (Apradoga) sobre a situación do sector manda un sinal de alarma, advirten desde a Mesa pola Normalización Lingüística. Neste informe de profesionais da dobraxe recóllese como é un sector, dí A Mesa, \"en proceso de desmantelamento en Galiza, con graves consecuencias de precariedade laboral e de perda de postos de traballo\". Un documento no que se recollen reivindicacións necesarias para atinxir un mínimo de presenza do galego nun ámbito fundamental como é o do audiovisual. A plataforma presidida por Marcos Maceira lembra que xa propuxo a comezos de marzo seis medidas urxentes polo galego. Entre elas, estaban as que tiñan relación co papel normalizador que debe cumprir a CRTVG \"e nomeadamente co establecemento de convenios e acordos con outras canles, distribuidoras e produtoras, que permitan que as dobraxes cheguen a todo o público a través de toda as canles de TV, do cinema ou do mercado de DVD cunha atención especial aos produtos audiovisuais destinados ao público infantil e xuvenil\"."}
{"ID": "PRAZA_16454", "summary": "Centos de xubilados e xubiladas volven saír á rúa en Galicia, desta vez convocados por UGT e CCOO, para denunciar a \"suba de merda\" do Goberno central do 0,25% das súas pensións.", "text": "A pasada semana, milleiros de galegos e galegas manifestáronse nas cidades e vilas galegas -e tamén no resto do Estado- en demanda de pensións dignas. A maior parte dos e das participantes eran xubilados e xubiladas e unha das principais demandas nas concentracións convocadas por Modepen (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas) e outros grupos era a suba das actuais pensións por riba do actual 0,25% anual, que se sitúa por baixo do IPC. O pasado martes, foi o colectivo de xubilados e pensionistas da CIG o que se manifestou coas mesmas demandas, esixindo que se garanta o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional. Neste xoves, volveron saír á rúa centos de pensionistas convocados por UGT e CCOO. Os manifestantes reclaman \"pensións dignas\" e advirten de que a súa defensa é \"cousa de todos\" Desta vez, protestaron con lazos marróns nas sete cidades e en municipios como Foz, Viveiro ou O Barco para denunciar a \"suba de merda\" do Goberno central do 0,25% das súas pensións. Na protesta de Compostela, no Toural, as persoas xubiladas reclamaron \"pensións dignas\" e aludiron á defensa que \"todos\" deben facer das devanditas pensións. \"Máis pensións e menos corrupción\" ou \"mans arriba, isto é un atraco\" foron algunhas das consignas nunha mobilización que contou coa presenza do voceiro de En Marea, Luís Villares. O secretario xeral de Xubilados de UGT Galicia, Valentín Tato, asegurou que con esta campaña de mobilizacións búscase \"visibilizar ese cabreo xeral que existe entre os pensionistas; xa voten ao PP ou a calquera outro partido, porque o cabreo é xeral\".\"Todo o mundo séntese case vilipendiado por ese insulto, que é un insulto esa esa do 0,25%, que representa para unha pensión media un euro e medio ao mes\", critica Tato. \"Non se pode permitir o luxo de ter un sistema de pensións tan deteriorado como o está convertendo o PP\" Ademais, Carlos Pardo, da comarca de Santiago e Barbanza de CCOO, cre que con estas protestas \"está a tentarse facer ver á sociedade que non se pode permitir o luxo de ter un sistema de pensións tan deteriorado como o está convertendo o PP\". Así, esixe que as subas das pensións \"sexan dignas e que garantan o poder adquisitivo\", e que o Pacto de Toledo \"se mova para chegar a acordos que permitan manter o sistema de pensións\", e \"iso implica mellorar o sistema de ingresos\". UGT pide ao Goberno que \"recapacite e tome nota\" de que \"hai que derrogar a reforma de 2013 de pensións\", supeditada aos ingresos e gastos da Seguridade Social, á vez que reclama que se actualicen en función do IPC. Segundo o sindicato, a suba das pensións cústalle ao Estado 300 millóns de euros, mentres se se actualizasen co IPC sería 1.500 millóns. Sobre isto, \"din que non se pode\" facer ese incremento, \"con todo, acaban de salvar as autoestradas con máis de 1.500 millóns, que finalmente poden ser 3.000 millóns\", contrapoñen. Ademais, Tato cualificou de \"bobada\" a última proposta do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, de rebaixa do IRPF, xa que está destinada a \"maiores de 80 anos\" e ás rendas máis altas, de forma que case non tería incidencia entre os pensionistas galegos."}
{"ID": "PRAZA_17119", "summary": "O Auditorio de Galicia acolle até o 7 de outubro unha exposición do traballo en Galicia de Català-Roca, un dos autores que máis contriburíron a modernizar a imaxe do país que se proxectaba cara fóra.", "text": "Había unha Galicia na que pagaba a pena vivir, malia todo, nun tempo de ditadura, represión, silencio e escuridade. Mais non era a da estampa folclórica nin a do imaxinario colonial. Non era a das imaxes que proxectaron, cara fóra e cara dentro, o clixé da terra remota, misteriosa, salvaxe e inexplorada. A das rúas melancólicas, neboentas e desertas. Inertes. Era a dunha sociedade viva. A dun pobo que amosaba a súa dignidade. A súa loita por tirar para adiante. Por avanzar. Que non precisaba ser descuberta nin contada por un Outro superior. Senón ser representada de acordo co relato que emanaba da súa propia realidade. E iso logrou Català-Roca, como antes o fixera, entre outros, José Suárez, ou como despois o fará Anna Turbau. O Auditorio de Galicia, en Compostela, acolle até o próximo 7 de outubro a exposición Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976. Unha das primeiras fotografías que poden verse nada máis comezar a camiñar polas salas que acollen esta mostra é a dunha señora de avanzada idade fronte ao mar, co seu pano á cabeza e o seu mantelo. O seu ollar é canso, mais directo e seguro. A súa postura é rexa. A súa actitude, case desafiante, fálalle ao fotógrafo. -\"A ver que contas de nós\", podería estar a pensar.- Ela fálanos a nós. Do mundo do traballo e da muller, tan presentes na obra galega de Català-Roca. Mais tamén dun pobo que merecía un espello que lle devolvese unha imaxe na que puidese recoñecerse. E non unha estampa para o consumo do viaxeiro ocasional que observaba, desde o prexuízo, unha orde social que consideraba graciosamente incivilizada, inversa e inferior ao modo de vida propio. A muller fálanos a nós. Dun pobo que merecía un espello que lle devolvese unha imaxe na que puidese recoñecerse. E non unha estampa para o consumo do viaxeiro ocasiona Català-Roca chegou a Galicia por primeira vez no 1956, contratado pola Dirección General de Turismo. Xa era, entón, con 34 anos, un fotógrafo recoñecido. De a cabalo dunha vespa primeiro, e cun seat 600 despois, inicia un percorrido de idas e vidas que durará 20 anos e que o levará por 28 vilas do país, unhas veces por encargo do Ministerio de Turismo e outras para realizar traballos para editoriais. O réxime franquista comezara un camiño de -relativa- apertura e ambicionaba transformar a súa imaxe cara ao exterior. Do 62 ao 69, Manuel Fraga comandou o Ministerio de Información e Turismo, desde o que promoveu o desenvolvemento da industria turística. Català-Roca participa da construción dese novo tratamento gráfico que a ditadura arelaba. Mais tamén subverte, dalgunha maneira, o encargo. No ensaio Sombras desoladas, o historiador José Luis Castro de Paz comenta como, no cinema español dos anos 40, a realidade -o caciquismo, a represión, a pobreza- coábase, aínda que fose en segundo plano, entre os arquetipos promovidos polo réxime. Català-Roca participa da construción dese novo tratamento gráfico que a ditadura arelaba. Mais tamén subverte, dalgunha maneira, o encargo Non era, porén, no caso do traballo de Català-Roca, que a realidade conseguise revelarse, teimuda e rebelde, fronte á propaganda. Porque el sabía ben onde quería mirar. \"Eu non son un fotógrafo deses que van coa cámara botada ao colo e disparan moitas fotografías, non. Vía unha escena na rúa e na miña cabeza xurdía a fotografía. Logo ía coa miña cámara, naqueles anos unha rolleyflex, e recuperaba esa fracción da realidade\", dicía. As fraccións que escollía estaban poboadas de vida. Feitas de xente que traballaba, que se relacionaba e se divertía nas feiras e festas como fixera sempre, ou que comezaba a viaxar. Enfocadas desde o \"neorrealismo das angueiras cuotidianas\", tal como o define o escritor Bieito Iglesias no libro Català-Roca en Compostela. 1956-1965, (Novaniké, 2015). As fraccións que escollía estaban poboadas de vida. Feitas de xente que traballaba, que se relacionaba e se divertía nas feiras e festas como fixera sempre, ou que comezaba a viaxar Se había que fotografar unha ponte, Català-Roca facíao, pero retratando as lavandeiras que traballaban na ribeira. Se había que retratar a rúa, el procuraba o movemento, a acción: o mozo, esperto, atento e sorrinte, co carro de bois; as mozas que van de paseo coa saia e as mangas curtas; o neno que baila. Unha sociedade dinámica, activa, que quere ser moderna, mellorar a súa vida, deixar atrás a escuridade, non grazas ao franquismo, senón pese a el. Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976 é o resultado non dun proxecto expositivo, senón dun proceso de investigación máis amplo, realizado polo crítico Anxo Rabuñal, sobre a imaxe da Galicia contemporánea e a súa evolución. Unha sociedade dinámica, activa, que quere ser moderna, mellorar a súa vida, deixar atrás a escuridade, non grazas ao franquismo, senón pese a el No libro Català-Roca en Compostela. 1956-1965 -que foi, tamén, iniciativa súa-, Rabuñal explicaba: \"A Compostela de Català-Roca está escasamente feita de monumentos, e si de xente. Pero tamén entre a xente Català escolle. Nin dignas autoridades, nin pintorescos peregrinos, nin misas solemnes. Català retrata unha cidade de persoas na vida, cidadáns na rúa, señoras de volta da praza, mulleres con cousas na cabeza, leiteiras de Calo, homes de traxe co cigarro na boca, nenos de mans nos petos, quintos coas mans detrás, un garda que ordena o tráfico, coches estacionados na rúa, unha familia carrexando pinas onde hoxe está La Salle, paisanos admirando a fonte dos cabalos, as Marías de paseo\". Parte destas fotos poden verse no Auditorio e outras non. Mais a filosofía é a mesma en todo o traballo de Català en Galicia. \"A Compostela de Català-Roca está escasamente feita de monumentos, e si de xente. Pero tamén entre a xente Català escolle. Nin dignas autoridades, nin pintorescos peregrinos, nin misas solemnes\" No mesmo volume, Anxo Rabuñal indica que \"para Català a fotografía era un oficio, e o seu escenario as rúas. Nese sentido podemos dicir que a súa é unha fotografía política, pois ocúpase do que sucede no espazo e no tempo da relación social, de xeito que tomar fotos é unha maneira de intervir e opinar\". Os anacos da vida histórica conservados nas súas fotografías \"deseñan\", segundo Bieito Iglesias, \"un contrapunto á cidade levítica e tópica, o contemplar ese tempo recobrado o espectador nota as ulideiras e o cheiro dunha humanidade aldeanega, case pisa o cisco depositado nas rúas polos bois e cabalorios\". A insistencia en retratar figuras populares podería deberse, na opinión de Iglesias, a unha simpatía polo \"bo salvaxe\" roussoniano, \"encarnado aquí na efixie da leiteira ou pescantina\". Mais, sexa como for, coas posibles ambigüidades, contradicións e interpretacións aparte, non cabe dúbida de que Català-Roca fuxiu do estereotipo marcado polo foto-álbum de imaxes de rúas deshabitadas e ensoñadoramente molladas. Instantáneas que parecían falar dunha sociedade agochada, calada, ausente, quizais submisa. Con medo a mostrarse. Ao contrario das mulleres que lle amosan a Català, orgullosas, no escenario das súas casas precarias, as colchas feitas coas súas propias mans, verdadeiras pezas da mellor artesanía. A exposición Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976 comeza, precisamente, coa tradición do foto-álbum que precedeu o traballo de Català-Roca. Coas primeiras fotos de Galicia, de Andrés Cisneros, do 1856. \"Desde o álbum de Andrés Cisneros de 1856, a fotografía configurou para Compostela e para Galicia enteira un repertorio iconográfico característico, que induciu durante décadas determinadas maneiras de encarármonos. Os fotógrafos anteriores á cámara automática ofrecían unha imaxe lavada de todo o que puidese significar movemento, transición ou cambio\", indica Rabuñal no folleto da mostra. \"O espazo así fotografado movíase nun tempo lento, histórico, de séculos, raramente se vían persoas habitando eses espazos. Procurábase unha imaxe fóra do tempo diario, que retratase o inmutable, paisaxes pintorescas, importantes monumentos quedos e frontais, testemuñas centenarias do paso efémero e insignificante da vida popular\". Mais \"Català mudounos o tempo. Introduciu a imaxe fotográfica de Galicia no dinámico mundo moderno no que o escenario está cheo de figuras que se moven, que rúan as rúas, mandando ao faiado o imaxinario reaccionario, cursi e tristón que ata entón viña facéndose\", engade. \"Català mudounos o tempo. Introduciu a imaxe fotográfica de Galicia no dinámico mundo moderno no que o escenario está cheo de figuras que se moven, que rúan as rúas\" Na primeira parte da exposición, a xeito de antesala da mesma, poden verse imaxes e/ou álbums de Cisneros, Chicharro, Ksado…, xunto a algúns indicios da aparición dunha fotografía máis humanizada, como a de Ruth Mathilda Anderson, coa súa imaxe etnográfica. Nunha serie de vitrinas poden contemplarse guías de Galicia editadas entre os anos 40 e os 70. Existía unha fotografía que retratara ou retrataba, con enfoques diversos e ás veces contrarios, a vida, a xente -Pacheco, Caamaño, García Rodero, José Suárez, Manuel Ferrol, Alberto Martí-, mais non era a imaxe que o pensamento hexemónico consideraba que debía exportar. Non era, -sobre todo as imaxes da vertente máis social-, o imaxinario das guías de Galicia. Noutra vitrina móstranse libros de fotografías de Català-Roca, e con eles pode pasarse á que pode considerarse a primeira parte do percorrido, centrado na foto do mundo do traballo. \"Ha de ser a propia imaxe quen dea a explicación, e hai que facer o esforzo para comprendelo por un mesmo\", pode lerse nunha das paredes, enriba dunha foto dun burriño, un dos elementos recorrentes na obra de Català-Roca. Algúns elementos cromáticos, -como esta sorte de mensaxes impresas nas paredes, con fragmentos de fotos de Català tratados en cor- e a luz -abríronse xanelas que normalmente permanecen cegas- reciben a quen se adentra no mundo de Català-Roca. \"Luminosidade, dignidade, humor, poética e linguaxe de vangarda\". Así resume Anxo Rabuñal as, podería dicirse, ideas, que alicerzan a súa visión de Català-Roca, plasmada na exposición. A poética que emana das fotos. Un home coa chaqueta ao lombo cruzando unha ponte. A ría poboada cun carro de bois e, ao fondo, as mariscadoras. Un barco que entra no porto de Vigo. Imaxes que evocan o cine. A literatura. Porque cada unha conta a súa historia. Coma a da señora que mira ao fotógrafo. Imaxes que evocan o cine. A literatura. Porque cada unha conta a súa historia. Coma a da señora que mira ao fotógrafo Afirmou o crítico e profesor Joán Fontcuberta que \"o conflito entre a forma e o contido, entre experimentación e testemuña, quedou hoxe obsoleto, en parte grazas a Català-Roca\". A pegadas das vangardas percíbese xa desde as primeiras fotos que poden verse na mostra. As diagonais tracexadas polo perfil das redes, nas imaxes do mundo do mar. Picados e contrapicados atrevidos, como o que nos deixa ver un home traballando nun pozo de barro, pasándolle un caldeiro a outro que o agarda na superficie, nas fotos sobre a olería. Ou a Berenguela, collida co capitel da Fonte dos Cabalos, nunha composición imposible que demostra o oficio do seu autor. Ou a Catedral, en segundo plano tras un neno montado nunha atracción das festas no Obradoiro. Mais é unha vangarda que serve para facer documentalismo. Rabuñal subliña, do xeito de traballar de de Català, a súa capacidade \"épica\" e \"narrativa\", a súa técnica de \"caza\", e non de \"pesca\". Vía un encadramento, unha composición, unhas liñas claras, e agardaba. Sen precisar efectismos nin manipulacións. Como cando capta o paseo dunhas mozas, tras as formas dunhas embarcacións en construción nuns estaleiros, nunha imaxe que podería ser un fotograma dun filme dos 50. Rabuñal subliña, do xeito de traballar de de Català, a súa capacidade \"épica\" e \"narrativa\", a súa técnica de \"caza\", e non de \"pesca\" As fotos non teñen marcos. Nin as protexen cristais. Na súa distribución, procurouse que, entre elas, quedasen ocos, silencios. Buscando a \"liviandade na contemplación\", segundo explicou Rabuñal. Que non desexaba un exceso de discurso. De cartelas. De texto. A través dunhas palabras de Bieito Iglesias, o responsable desta exposición convida, de feito, a mirala con aire \"despreocupado e curioso\". Como o Català que viaxaba por Galicia en vespa. Como o Nanni Moretti de Caro diario. Mais Rabuñal amósase, tamén, convencido de que non sairemos da mostra sen ter aprendido algo. Porque a cultura, di, só ten sentido se é coñecemento e non espectáculo banal, motivo polo cal é tan difícil levar adiante en Galicia, -salienta-, unha \"proposta cultural coma esta\", aínda que, ao final e, tras moito furar, poida realizarse, aínda que sexa cun orzamento mínimo. \"O sistema profesional é tan precario, que proxectos coma estes só se levan adiante por compromiso cun campo de investigación e de estudo. O discurso dos \"profesionais da cultura\" é, nestas circunstancias, un espellismo\", asegura. E máis nun sector onde -afirma- só certos axentes -o comisario, o técnico cultural…- se consideran como intermediarios lexitimados para mediar entre os artistas e as institucións. A mostra reúne 120 fotografías, das máis de 1.200 tomadas por Català-Roca nas sete campañas que realizou en Galicia. Faltan unhas ducias por publicar, nun libro que fará de catálogo da exposición e que está pendente de publicación. Tomadas no seu conxunto, estas imaxes permiten reconstruír os itinerarios que seguiu o artista, \"unhas veces marcados polas encargas (catedral, campanarios, artesanías, ofimática…)\", mais tamén deixan observar \"os desvíos que tomou, as paradas fóra da ruta\", escribiu Rabuñal en 'Català-Roca en Compostela'. E iso é o que, nomeadamente, mostra a exposición do Auditorio. Os labregos. As redeiras. Os mariñeiros. As leiteiras. As cigarreiras. As mariscadoras. As vendedoras no mercado. Os oleiros... Tanta xente traballando, que se ve tamén na segunda parte, dedicada á vida lúdica, -a festa, a saída da misa, o cine…- e mesmo na terceira, -os bañistas, os veraneantes e despois os turistas- centrada no turismo e que chega á primeira etapa do Burgo das Nacións, en Santiago, con algunhas fotos cun toque futurista. Dicía Encarna Otero, a quen atopamos na exposición ao visitar a mesma con Anxo Rabuñal, que \"a nada que puxese a cámara no mundo do traballo, alí estaban as mulleres\". E así é. Moitas delas, con sellas na cabeza. Coma cariátides. Rectas, rexas. Respondese a unha sensibilidade de tipo plástico -que Rabuñal relaciona co cubismo-, débase ou non a algunha intención por parte do autor, son retratos da dignidade dun pobo traballador. Que non refuga a mirada nin baixa a cabeza."}
{"ID": "NOS_39633", "summary": "O Fondo Monetario Internacional avoga por unha ''ampla reforma'' do mercado laboral para reducir o paro. Propón tesoiradas en salarios e prestacións.", "text": "O Fondo Monetario Internacional (FMI) ten un plan para acabar co desdemprego. Un plan que pasa por recortar o salario mínimo e por baixar a prestación de desemprego, ademais de minguar a presión fiscal ao emprego. Estas son só algunhas das achegas que desde o FMI fan á Eurozona, afirmando que as mesmas van valer para combater o desmprego, principalmente o xuvenil. O FMI asume o dogma neo-liberal de que con peores salarios e con tesoiradas sobre as prestacións dos desempregados faise máis doado 'mover' o mercado laboral e que esas medidas van favorecer o medre do emprego e da economía. Propón, tamén, políticas activas en eidos como o turismo ou a hostalaría, por seren estes onde radican aquelas empresas que empregan preferentemente a mozos. A realidade Un informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG alerta da gravidade da situación: dos 166.800 empregos destruídos nos primeiros catro anos da crise, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Malia ser a xeración máis formada da historia de Galiza, desde a CIG denuncian que os e as mozas galegas \"non atopan traballo, polo que se ven na obriga de emigrar\". Tal é así que en 2012, 25.472 mozos e mozas de entre 20 e 34 anos abandonaron Galiza, 2.122 ao mes, perto de 70 cada día."}
{"ID": "NOS_6658", "summary": "Un sector complexo, heteroxéneo e fulcral para Galiza e que está a capear unha crise na que coinciden diversas causas e factores. Mariñeiros, mariscadoras e bateeiros facturaron en 2013 por volta de 46.700.000 euros menos que no exercicio anterior. Unha queda de 128.000 euros diarios.", "text": "Segundo os propios dados oficiais da Xunta de Galiza, o mar é a principal empresa de Galiza. Xeraba en 2011 un total de 17.499 empregos directos, quer na pesca extractiva (12.522, mariñeiros e mariscadoras) quer na acuicultura do mexillón (4.947 bateeir@s). Empregos directos, aos que sumar indirectos e inducidos. Laboral e economicamente, un alicerce fundamental para Galiza, e non só a costeira. O mar en Galiza son 18.000 postos de traballo directos Mais o sector do mar tamén nota a crise. Unha palabra na que se engloban diferentes e heteroxéneas causas, posto que baixo o paraugas de 'sector do mar' viven sub-sectores diferentes: do mariñeiro de baixura que anda ao chinchorro ou ao xeito ao de gran altura que traballa co palangre de fondo. Da mariscadora ao bateeiro. Mais todos eles están a pasar momentos delicados. Segundo os cálculos extraídos dos propios datos da Consellería do Mar, a facturación en primeira venda veuse abaixo en Galiza en 2013. Case 47 millóns de euros menos que no exercicio anterior. Desa cifra, uns 27 millóns de 'perdas' proceden das quedas en pesca extractiva e 19,5 millóns no mexillón, produto no que Galiza loita por se manter como referente mundial contra marés vermellas, competencia ilegal e desleixo da administración. A queda na facturación afectou a todos os grupos: mariñeiro de baixura, bateeiro, mariscadora... En todos os grupos A caída na facturación afecta a todos os grupos ou categorías de especies. Galiza facturou menos neses 12 meses en peixes, mais tamén en bivalvos (ameixa, ostra, navalla, vieira, zamburiña ou berberecho), en cefalópodos (polbo, choco, lura, xibia..), en crustáceos (percebe, centola, nécora, camarón...) A que se debe? Pois á queda de capturas e á queda de prezos, principalmente. No caso dos e das bateeiras, ás marés vermellas e ás flutuacións en mercados tradicionais. Foi 2013 un ano duro para o sector. Neste 2014 comeza un lento recuperar nalgúns sectores, mais non así noutros."}
{"ID": "PRAZA_18327", "summary": "A Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre xunta asociacións contra a mina de Touro, os vertedoiros de Miramontes ou Lesta, a planta da Casalonga ou o megaparque eólico de Ordes. Reclama a modificacion da lei para ampliar o prazo para alegar a proxectos deste tipo no rural. Alerta veciñal ante o risco contaminante de tres proxectos industriais que arrodean Santiago", "text": "Alerta veciñal ante o risco contaminante de tres proxectos industriais que arrodean Santiago A plataforma contra a mina de Touro-O Pino, o colectivo contra o vertedoiro de Miramontes ou o de Lesta, a plataforma contra a planta prevista na Casalonga, afectados pola actividade mineira de Erimsa en Frades ou Mesía, a asociación en contra do megaparque eólico de Ordes ou a de defensa do río Sar. Todos eles uníronse xa na Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, acumulando esforzos na batalla contra as agresións ao medio natural que sofre a contorna da capital galega. Colectivos contra a mina de Touro, os vertedoiros de Miramontes ou Lesta, a plata da Casalonga ou os eólicos de Ordes únense na Rede Presentada este luns en Santiago, a Rede reclama a modificación da Lei de Iniciativas Empresarias de Galicia, a coñecida como Lei de depredación, para que se amplíen así os prazos para as alegacións a proxectos no rural. Esa é unha das reclamacións dentro do seu obxectivo fundamental de defensa da contorna ambiental da comarca compostelá, nos seus máis de 50 concellos e cunha poboación de 400.000 persoas. A Rede reclama a modificación da Lei de Iniciativas Empresariais para ampliar os prazos de alegacións e únese na defensa da contorna ambiental da comarca compostelá A Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre xorde logo de que o pasado verán foran varios os colectivos que se uniron para facer fronte común para diferentes problemas medioambientias da zona. Á espera de incluír tamén asociacións da ría de Muros-Noia, Leandro del Río, voceiro, destacou na presentación que todos os grupos pertencen a \"un territorio pefectamente acoutado cunhas características físicas e morofolóxicas específicas\". Ese sobre o que pretenden actuar para evitar males maiores e, por exemplo, \"sanear os impactos que xa teñen a mina de Touro, as redes eléctricas en Ordes e o escándalo que é o vertedoiro de Grixoa\". Un dos propósitos é facilitar a coordinación das diferentes plataformas, así como das reclamacións no ámbito político. Ademais, procuran xa que a Fiscalía actúe no caso do vertedoiro de Grixoa, dos eólicos en Ordes para evitar a súa instalación ou no tema da planta de residuos prevista na Casalonga, teoricamente \"paralizada\" pero que agocha \"esa teoríca restauración da canteira que non deixa de ser probablemente un vertedoiro encuberto\". \"A lexislación actual está favorecendo a implantación de industrias e actividade altamente contaminantes que moitas veces non son de capital galego ou español\" \"A lexislación actual está favorecendo a implantación de industrias e actividade altamente contaminantes que moitas veces non son de capital galego ou español\" advirte Leandro del Río, que advirte de que moitas veces \"o beneficio que se pode sacar\" de determinados proxectos con importante impacto \"é inferior ao que ten a gandeiría en todos os concellos afectados\". Ademais, critican o desleixo da Xunta no control destas actividades e advirten dunha actividade en positivo, con documentación, proposta de alternativas e propostas de modificación lexislativa. O vindeiro martes 23 terá lugar xa unha reunión en Rois onde se irá debullando ante a cidadanía a situación medioambiental que sofre a comarca de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_19200", "summary": "A libraría compostelá inicia este mércores con Margarita Ledo Tac, Tac, Tac, un proxecto comisariado por Suso de Toro, que escolleu oito autores e autoras que unha vez ao mes escribirán a máquina un relato nun curto espazo de tempo, un texto que só existirá nese papel e que só poderá ser lido alí.", "text": "No tempo dos soportes dixitais, no tempo no que o propio concepto de copia pon en cuestión o soporte mesmo, a libraría Numax comeza esta semana un proxecto -Tac, Tac, Tac- que parte da creación nun marco analóxico, dando lugar a unha obra única. O proxecto, comisariado por Suso de Toro, convocará en Numax unha vez ao mes a un autor ou autora (escollidos por el), que nun curto espazo de tempo deberán redactar un breve conto (cunha extensión dun folio) nunha vella máquina de escribir. O texto só existirá nese papel e só poderá ser lido alí, na libraría, durante un tempo limitado O texto (ao que as súas autoras e autores poderán facer correccións a lapis ou con tipex: \"as correccións son o sal que enriquece o texto primeiro\", di o comisario) só existirá nese papel e só poderá ser lido alí, na libraría, durante un tempo limitado. A experiencia, que servirá como escusa para falar dos procesos creativos, comezará este mércores ás 20 horas con Margarita Ledo. A acción quere poñer en valor o que significa \"volver facer unha cousa, un folio que sostén palabras escritas, que contén un texto\", destaca Suso de Toro, para quen o proxecto nace da reflexión sobre a experiencia do que é ser escritor: \"alguén que vive nunha esfera de linguaxe confrontada coa vida e as súas continxencias fóra, no mundo. O mundo virtual da linguaxe en paralelo ao mundo experiencial\". A intención de De Toro é \"darlle unha volta á constatación de Walter Benjamin sobre a perda de aura da obra de arte no tempo da súa reprodutibilidade técnica e, tamén, sobre o valor e o poder da unicidade fronte as reproducións\". A intención de De Toro é \"darlle unha volta á constatación de Walter Benjamin sobre a perda de aura da obra de arte no tempo da súa reprodutibilidade técnica e, tamén, sobre o valor e o poder da unicidade fronte as reproducións\" \"Vén ser un apelo á memoria e á experiencia de quen escribiu a man, a máquina despois, acompañado da percusión dos tipos que batían na fita de tinta e no papel. A soidade de cando non se escribía só texto sen tacto nunha pantalla senón que se fabricaba unha cousa: un papel tintado. A añoranza da mínima fisicidade do oficio, o estrañar manchar os dedos de tinta e sentir o ruído da nosa ferramenta, o lapis ou as teclas a bater\", explica. \"Naturalmente, tamén ten a ver co fetichismo. O noso desexo creador de cousas sagradas ou ás que lle queremos atribuír carácter máxico\", di. O Instituto Rosalía de Castro e Domohomo Arquitectos colaboran na posta en escena (atrezzo) desta actividade, \"que require dun recanto confortábel e inspirador tanto para o autor ou autora que deixe alí o seu conto como para quen entre na libraría e queira sentar a ler tranquilamente o texto do mes\", destacan os e as responsables de Numax."}
{"ID": "NOS_15011", "summary": "A Delegación do Goberno español informou que hai 688 as mulleres vítimas de malos tratos na Galiza usuarias do servizo de atención telefónica 24 h 'Atenpro' e 113 maltratadores condenados están vixiados permanentemente con dispositivos de control telemático.", "text": "O sistema de seguimento policial de violencia de xénero (VioGen) na Galiza conta na actualidade con 4.057 casos activos, segundo os datos achegados polo delegado do Goberno español, José Miñóns, con motivo da inauguración das III Xornadas Formativas a Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nesta materia. Trátase dunha actividade organizada pola Delegación do Goberno con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller. Miñóns, na súa intervención, destacou o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero como un \"instrumento efectivo e necesario\" ademais de lembrar que desde a súa aprobación \"transferimos á Xunta e aos concellos galegos máis de 37 millóns de euros para proxectos de prevención e tratamento de casos de violencia machista\". 688 mulleres vítimas Segundo informou Miñóns, 41 concellos galegos contan co sistema VioGen. Alén diso, cifrou en 688 as mulleres vítimas de malos tratos na Galiza usuarias do servizo de atención telefónica 24 h 'Atenpro' do Ministerio de Igualdade. Ademais, precisou que \"113 maltratadores condenados están vixiados permanentemente con dispositivos de control telemático\". Fóra das xornadas, en declaracións aos medios de comunicación, apelou á formación como un elemento \"básico\" para axudar ás vítimas e evitar que \"unha soa muller sufra esta persecución machista\". Preguntado sobre as demandas doutro xulgado contra a violencia de xénero na Coruña, admitiu que é unha petición que se fai tamén \"noutras zonas da Galiza\" e asegurou que están a traballar desde o Goberno niso, recoñecendo que se necesita \"a formación necesaria para os xulgados\" que nestes momentos non hai."}
{"ID": "PRAZA_5811", "summary": "Un estudo da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, coordinado pola profesora Alba Nogueira, alerta de que o emprego do galego se ve penalizado polos indicadores internacionais de avaliación.", "text": "A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística analizou o uso da lingua galega na investigación e na ciencia, a través dunha investigación dirixida pola profesora Alba Nogueira (USC), coa colaboración de Frank Fischer e Lucía Meixús Tourís e de varios especialistas en dereito lingüístico de universidades vascas e catalás. De feito, o informe péchase cunha comparación da negativa situación da lingua galega cos avances que nas últimas tres décadas se produciron nos sistemas universitario e investigador vasco e catalán. A primeira conclusión do estudo é que a presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e académica, en boa medida porque os indicadores internacionais de avaliación favorecen a publicación en inglés A primeira conclusión do estudo é que a presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e académica, en boa medida porque os indicadores internacionais de avaliación favorecen a publicación en inglés, prexudicando o uso de todas as demais linguas, incluída o castelán, e moito máis as linguas minorizadas coma o galego. No informe, Alba Nogueira sostén a este respecto que \"se se bota unha ollada ás revistas incluídas nos índices de citación, tanto de ciencias experimentais como de ciencias sociais, poderase comprobar que apenas é posible atopar nesas listaxes revistas noutras linguas que non sexa o inglés\". O informe engade que \"a investigación local norteamericana circula como se fose universal, pero o proceso inverso é penalizado en termos de avaliación da actividade investigadora\". E que, dado que \"o peso do inglés é abafante e tende a medrar debido a que as decisións de política científica en relación coas avaliacións (acreditacións, sexenios) só de forma moi residual se apartan do SCI ou o Journal Citation Reports (JCR) como parámetros de indexación\", a dificultade de someter a avaliación traballos científicos realizados en galego, catalán ou éuscaro \"revélase dobremente complexo\". Destacan que as cifras do uso do galego nas aulas son \"pobres e reveladoras dun desleixo que contrasta coas experiencias catalá e vasca\" O informe da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, titulado Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica, inclúe tamén os resultados dunha enquisa realizada ao profesorado que emprega o galego na docencia, co fin de identificar as dificultades que atopan no labor investigador na lingua propia. Os autores do informe sinalan que \"cómpre dar pasos para avanzarmos no uso do galego na docencia\" para que os profesionais que saian das universidades galegas \"poidan ser quen de usar terminoloxía especializada nos seus respectivos ámbitos do saber\". E destacan neste senso que as cifras do uso do galego nas aulas son \"pobres e reveladoras dun desleixo que contrasta coas experiencias catalá e vasca\". De feito, os datos correspondentes ás teses de doutoramento presentadas en Galicia son moi reveladores: entre o 60 e o 70 por cento utilizan o castelán, seguido do inglés, lingua empregada no 20 por cento das teses, unha cifra que vai en aumento. O galego sería a terceira lingua, desencendendo en 2012 por debaixo do 10 por cento, e superando por pouco o portugués, que rolda o 5 por cento. Neste senso, os autores do informe propoñen que a administración apoie a realización de teses en galego mediante unha política de bolsas de doutoramento, \"como se fai en Euskadi\". Nas enquisas que forman parte desta investigación, apenas o 44% dos profesores das universidades galegas afirman que usan a lingua galega para publicar textos científicos. O 8% publica en exclusiva en galego e outro 36% empregan o galego e o castelán. A lingua maioritaria é o inglés cun 41% de docentes que só utilizan esta lingua. O dominio do inglés é moito máis claro nas áreas técnicas (67%) e nas ciencias experimentais (71%). Galego e castelán só acadan proporcións importantes nas Ciencias Sociais e nas Humanidades. Ademais, só o 45% dos docentes que din publicar en galego, afirman facelo en publicacións científicas. De feito, sete de cada dez docentes que non publican nunca en galego explican que a razón é que \"non existen publicación en galego na miña disciplina\". Propostas Tamén se propón apoiar a tradución ou publicación de monografías científicas en galego, apostando por que a Xunta apoie economicamente \"un grupo seleccionado de publicacións que usen o galego Entre as propostas que realiza o informe para reverter a situación destacan a introdución de incentivos retributivos polo uso da lingua, que se pode converter nun \"estímulo eficaz\" para acompañar os plans de normalización nas universidades, sobre todo nun momento de recortes salariais. Tamén se propón que o uso do galego nas aulas sexa unha das variables do financiamento por obxectivos das universidades. E tamén se fai un chamamento a sistematizar os recursos terminolóxicos e a financiar traducións de materiais docentes, software e outros recursos e actividades. Tamén se propón apoiar a tradución ou publicación de monografías científicas en galego, apostando por que a Xunta apoie economicamente \"un grupo seleccionado de publicacións que usen o galego, en solitario ou xunto a outras linguas\". O informe destaca que \"as publicacións periódicas son a canle de difusión do coñecemento científico, pero a existencia dunha forte concentración da industria editorial en mans anglosaxonas non debe impedir a existencia de iniciativas noutras linguas\". O documento chama igualmente a \"adoptar accións conxuntas das universidades das comunidades autónomas con lingua propia ante a ANECA e a CNEAI co fin de que na formación do persoal avaliador, na fixación de criterios e na propia avaliación se introduzan criterios de corrección que non disuadan ou penalicen a presentación de traballos de investigación realizados nestas linguas ou que traten problemáticas ligadas a contornos máis locais\". O documento lembra que \"a divulgación do coñecemento científico na sociedade, especialmente dirixido a escolares, é tamén un xeito de asociar o galego a rexistros de prestixio\" O informe tamén recomenda \"incrementar o apoio ás actividades de divulgación científica realizadas polas universidades e outros entes e organismos\" e que os medios de comunicación públicos se impliquen na divulgación científica en galego. O documento lembra que \"a divulgación do coñecemento científico na sociedade, especialmente dirixido a escolares, é tamén un xeito de asociar o galego a rexistros de prestixio\". O documento incide así mesmo en que as actividades de transferencia do coñecemento que realizan os grupos de investigación á sociedade tamén poden servir como difusoras da lingua galega. Lembra a este respecto que tanto as entidades académicas como a propia Xunta de Galicia \"deben facer cumprir as súas normas de uso do galego na contratación e na prestación de servizos\". Descarga aquí o informe Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica (.pdf)"}
{"ID": "NOS_16458", "summary": "Na ponencia que tivo lugar esta sexta feira o grupo do BNG abandonou a sesión acusando o PP de querer facer un \"pucheirazo\" electoral. Pola súa banda, AGE non asistiu á xuntanza.", "text": "PP e PSdeG-PSOE ficaron sós esta sexta feira na ponencia que tramitará a reforma da lei electoral e coa que o grupo maioritario na Cámara pretende recortar o número de escanos no Pazo do Hórreo. Para alén da ausencia do grupo parlamentar de AGE, que rexeitou \"tomar parte dunha fraude á cidadanía\", @s deputad@s do BNG abandonaron a sesión acusando o PP de querer facer un \"pucheirazo electoral\" pasando de 75 a 61 cadeiras. O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, asegurou en declaracións aos medios de comunicación que o PP quer \"empregar a súa maioría\" para \"impór unha reforma á medida dos seus intereses\". E é que tanto BNG como AGE aseguran estar cert@s de que as intencións d@s populares é conseguir \"un Parlamento menos representativo e menos plural empregando como \"coartada\" o argumento do aforro, subliñou Francisco Jorquera. O BNG abandonou a ponencia porque, din, o PP está a preparar \"un pucheirazo electoral\" Pola súa banda, a vicevoceira de Alternativa, Yolanda Díaz, sinalou que o PP prepara un \"golpe de Estado figurado\" para garantirse \"unha maioría\" que, dixo, \"non ten nas rúas\". Cumpre lembrar que os resultados eleitorais deitados polos comicios europeos situan os apoios do PP en Galiza nos mínimos históricos e que a redución de até 14 escanos permitiría a configuración de amplas maiorías con menos votos. Así as cousas desde o Partido Popular afirmaron que a súa proposta é \"exquisitamente neutral\" e non atende a intereses partidistas, sinalou o seu portavoz no Pazo do Hórreo, Pedro Puy. Aliás, asegurou que o número de deputad@s a recortar \"non é inamobíbel\" ao tempo que acusou ás forzas da oposición de non achegar \"algunha alternativa\". AGE non asistiu á xuntanza argüíndo que non participa \"nunha fraude á cidadanía\" O PP oponse a aforrar prohibindo o envío de propaganda e papeletas ás casas Mais o certo é que si. Desde as bancadas do BNG @s nacionalistas propuxeron acometer o aforro através da supresión do mailing. \"Prohibir o reparto de papeletas polas candidaturas e envío de papeletas e propaganda electoral por correo\", suporía dixo Jorquera, un \"aforro moi superior á redución de escanos e melloraría a calidade da democracia dificultando calquera tentativa de coartar aos cidadáns á hora de emitir o seu voto\", acrecentou. O PSdeG mantense entrementres exista, din, \"unha mínima oportunidade de diálogo\" Mais desde o Partido Popular rexeitan manter o número de cadeiras embora amosarse dispost@s a negociar cantas, pois entenden que \"é o mellor momento para facer un esforzo de redución dadas as circunstacias que acompañan o conxunto da sociedade e das administracións\". A única formación que se mantivo na ponencia foi o PSdeG que declinou abandonar a sala afirmando que non sairán dos \"órgaos parlamentares\" entrementres exista \"unha mínima oportunidade, non de acordo, senón de diálogo\". José Luís Méndez Romeu descartou que PSdeG e PP poidan acadar un pacto a respeito do \"groso da reforma\" mais amosouse disposto a negociar a \"incompatibilidade máxima\" que a norma rexerá para @s parlamentares. Como tamén se regulará a obriga de declarar publicamente o patrimonio d@s deputad@s."}
{"ID": "NOS_52304", "summary": "Desde electrodomésticos a baterías de coche, pasando por refugallos de todo tipo, foron sacados polos voluntarios que participaron nesta actividade de Adega.", "text": "A oitava edición da limpeza simultánea 'Móllate polos ríos' logrou mobilizar a máis de 600 persoas en 45 concellos de Galiza nesta iniciativa impulsada por Adega. Máis de 13 toneladas de lixo foron retiradas de ríos e regatos do país no marco dunha acción destinada a coidar os ríos, mais tamén, como afirma a asociación, a \"concienciar a sociedade da necesidade de que estean ben conservados\". \"Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, altofalantes, baterías de coche, pilas e os electrodomésticos tampouco faltaron. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... \". Unha acción notábel e que desde Adega lembran que \"o voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta\". Nesta edición participaron un total de 54 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de Adega, centros de ensino…) e tamén 5 concellos que organizan directamente esta actividade."}
{"ID": "NOS_10930", "summary": "A AELG propuña en 2010 á cidadanía agasallar cun libro en galego e cunha flor as amizades e as persoas queridas para festexar o Día de Rosalía, alén doutras accións que iría acollendo con grande aceptación a sociedade. Este ano o seu acto ten lugar na imprenta Juan Compañel, na rúa Real de Vigo, baixo o lema \"Teus doces cantares\", cunha ofrenda floral seguida da lectura pública dun manifesto que vertebra as múltiplas iniciativas, con especial transcendencia no ensino, que loitan por resistir ás limitacións dun 2021 marcado pola pandemia.", "text": "O Día de Rosalía conmemora este 2021, por décima vez baixo este nome, o aniversario do nacemento da autora auroral das nosas letras. Trátase dunha efeméride que conseguiu en moi pouco tempo expandirse ao ancho e longo do país, un auténtico milagre que respira dos azos populares, coa institucionalización completa aínda de costas, condición que se presenta como seguinte chanzo. Foi a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a que marcou un antes e un despois un acto de homenaxe que, no 125 aniversario do pasamento da autora, supuxo \"andar de novo o camiño dos que trasladaron o corpo de Rosalía\", explica o presidente da entidade Cesáreo Sánchez, collendo o \"testemuño\" do que tivo lugar o 25 de maio de 1891, desde o pé da rosaliana Casa da Matanza até a igrexa do convento de San Domingos de Bonaval (Compostela). Miles de persoas e centos de asociacións apoiaron a iniciativa que procuraba redignificar a figura de Rosalía. O 24 de febreiro converteríase despois nunha data para reivindicala grazas ao \"empeño do ensino, das ensinantes conscientes, que o levaron aos centros escolares\", agradece Sánchez, así como ás asociacións culturais e veciñais que o tomaron como propio. Neste senso, a AELG abriu unha porta e a sociedade entrou, cunha recepción moi favorábel, que leva a pensar que o recoñecemento conectaba con \"algo que estaba aí dentro do pensar e do sentir de moita xente\". Así, o manifesto que cada ano lanza a AELG actúa como vínculo entre todos os actos e actividades do país, seguindo as propostas da entidade ou artellando outras novas. Na escola O éxito desa aproximación de Rosalía á xente tivo especial calado entre as xeracións máis novas, o que ten un pouso \"fermoso e esperanzador\", en palabras de Sánchez. Desde a primeira liña, conta a profesora de primaria, ademais de vogal da AELG, Beatriz Maceda, que este ano está a ser particularmente difícil polas limitacións dos protocolos sanitarios. Ao traballar con aulas burbulla, non puideron \"tecer esa rede entre toda a escola, facendo algo en común\". Porén, na liña das actividades propostas para \"cantar a Rosalía\" están musicando sos seus versos con \"ritmos máis actuais\", gravando individualmente as estudantes. Anxos García, do IES Fragas do Eume (Pontedeume), lembra que o ano pasado viviron unha festa fantástica, lendo fragmentos das súas obras, que rematou cunha cunca de caldo. A cativada di, no fondo do teléfono, que non se acorda, até que ela lles indica que ía disfrazada de Rosalía. Este ano coincide en que está a ser moi complexo. Con todo, están intentando adaptarse ao dixital. Nesta liña, Manuel Fálquez, director do CEIP de Pazos de Reis (Tui), recorda desde plantacións de árbores até concertos. Este curso tiveron que traballar por aulas. Malia todo, intentarán hoxe realizar no patio un recital, co alumnado separado en grupos burbulla. \"A figura de Rosalía é un referente no noso centro por ter a autora unha relación directa con Padrón\", di Matilde Pena, do IES Macías o Namorado. O alumnado séntea moi próxima e desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traballan para trasladar \"unha Rosalía actualizada e con proxección de futuro\". O 24 de Febreiro é así unha data destacada, se ben a poeta ten presenza ao longo de todo o curso con distintas actividades e de maneira transversal, a través de \"lecturas, vídeos, entrevistas, tik-tok, instagram...\". Todo isto fica \"recollido e artellado a través do noso blog Nós, rosaliando\", explica Pena. Coma ela, todas as docentes salientan os froitos do traballo desenvolvido e a boa acollida da autora. Maceda, por exemplo, asegura que hai tres poemas que toda a rapazada coñece, procurando ampliar agora o espectro: \"Airiños da miña terra\", \"Campanas de Bastabales\" e \"Negra sombra\". Sánchez cre que isto ten a ver coa actualidade dunha obra que \"non precisa ser xustificada no tempo que foi escrita\", pois segue vixente, mesmo con visións do feminismo anticolonial e de clase. Maceda opina que os últimos tempos contribuíron a modernizar a imaxe de Rosalía e que os efectos da dinamización se notan. Por iso, agarda que o Parlamento oficialice unha data que é unha realidade en moitos centros. Institucionalización Xa son 66 concellos, sengundo conta Sánchez, os que non só recoñecen o día, senón que o inclúen na súa programación cultural. A eles engádense tres das catro deputacións, á agarda de que se sume a de Ourense, a única que fica hoxe fóra. Desde a AELG coidan que \"é hora de que o Parlamento tamén se pronuncie\", pois Educación aínda non inclúe o Día de Rosalía no calendario escolar. E para unha normalización completa \"é importante que chegue a todas as capas da sociedade\", tamén a das administracións, salienta Sánchez. Onte, na Alameda de Compostela, fronte á escultura de Rosalía, a portavoz do BNG, Ana Pontón, participou cunha representación de responsábeis do seu partido nunha ofrenda floral á autora, na véspera do seu nacemento. No acto chamou a \"recoñecer unha Rosalía de Castro que foi pioneira, na defensa da nosa lingua, dos dereitos nacionais da Galiza e da liberdade das mulleres\". Esa Rosalía \"feminista, inconformista, rebelde que rompeu moldes\", que segue a ser un \"referente imprescindíbel\", quer na obra quer na biografía, especialmente para as xeracións máis novas. Para o BNG, afirmou, non abonda con que o 24 de febreiro se fagan boas palabras, cómpre \"pasar da retórica á acción\". Por iso adiantou que levarán ao Parlamento unha iniciativa para oficializar a data, pór en marcha un instituto Rosalía de Castro de defensa e promoción da lingua galega, cunha ollada clara cara á internacionalización, e facer unha aposta clara pola difusión e a investigación arredor da autora. Internacionalización Anxo Angueira, reelixido a finais do pasado ano presidente da Fundación Rosalía de Castro, declaraba en entrevista con Nós Diario a internacionalización da figura de Rosalía como liña fundamental na folla de ruta para os próximos anos. O sociolingüista bengalí Anik Nandi, nado na India, reside actualmente en Compostela e estivo a desenvolver nos últimos anos a investigación \"As políticas lingüísticas de resistencia familiar\". A tese, que non rematou na Galiza mais que ten como obxecto de estudo o galego, parte dun interese pola situación da nosa lingua que non se entende sen a figura de Rosalía. \"Síntome moi identificado con esa dor, esa morriña que ten ela\", confesa Nandi, cuxo poema favorito é \"Adiós ríos, adiós fontes\". Este é un dos que traduciu para a súa lingua, sentíndose identificado pola pegada da experiencia migratoria que coloca a obra de Rosalía nunha dimensión \"universal\". \"Quen vai ser máis emigrante que Rosalía, que nunca tivo casa propia?\", pregúntase. El é precisamente un dos convidados do faladoiro que promove a Fundación Galiza Sempre, Unha ollada internacional sobre a figura de Rosalía, que terá lugar hoxe ás 20 horas a través do Facebook. Moito por facer Estes dez anos de traballo ilusionado, deixan para Sánchez a percepción de que \"Rosalía é capaz de soster todo o peso da nación en construción\". Un labor \"fértil e esperanzador\" de recuperación que, \"aínda así, creo que acaba de comezar\", comenta, \"fálase moito dela, pero coñécese aínda pouco a súa obra\". O presidente da AELG opina que a nosa autora máis internacional será recoñecida na medida \"en que o sexamos as e os galegos nos nosos dereitos nacionais\". Nese senso, destaca que se hai algo que permanece inalterábel desde aquela homenaxe que marcou un punto de inflexión é que \"non entrabamos libremente, senón autorizados, a un lugar tan simbólico como o Panteón dos Galegos Ilustres\" que a día de hoxe, reivindica, segue sen ser \"accesíbel\" á cidadanía. Chama por iso a rescatar dese secuestro, que pode deitar un manto de sombra ou de silencio, quer a Rosalía quer a outras grandes figuras, facendo de \"onde están os símbolos de todo un pobo\", un lugar público."}
{"ID": "PRAZA_10594", "summary": "Miguel Franqueiro colabora dende hai anos coa Real Filharmonía de Galicia e tamén con outras bandas internacionais. Tras pasar esta proba o director da banda de Sober \"terá que facer programas coa Scala con frecuencia\"", "text": "O director da Banda de Música de Sober, 'fichado' en Milán. Miguel Franqueiro, natural de Boqueixón, acudiu á considerada como unha das óperas mías importantes do mundo, o Teatro alla Scala de Milán, para realizar unha audición de tuba baixo o modelo de \"proba a telón\", isto é, sen contacto visual co xurado. Competían con \"máis de corenta\" aspirantes e, de entre todos eles, resultou gañador do posto para reforzar a súa orquestra.Tras pasar esta proba o director da banda de Sober \"terá que facer programas coa Scala con frecuencia\"Franqueiro interpretou obras de autores como Blazevich, Wagner, Léo Delibes e Verdi para lograr un posto que, sen abandonar a dirección da banda de Sober, lle outorga unha nova proxección internacional tras un duro procedemento de selección. Non en van, tras unha primeira selección chegaron á final só tres persoas, que tiveron que tocar a tuba e tamén o cimbasso, un instrumento tradicional de Italia.\"Esixía unha gran preparación e moita concentración\", resume Franqueiro. De agora en diante, confirma o Concello de Sober, o director da banda \"terá que facer programas coa Scala con frecuencia\", xa que a súa orquestra \"ofrece funcións diarias para as que necesitan músicos de reforzo\". Este novo labor súmase outros que xa viña exercendo, como o de tuba de reforzo na Real Filharmonía de Galicia.Miguel Franqueiro colabora dende hai anos coa Real Filharmonía de Galicia e tamén con outras bandas internacionaisA proxección exterior deste músico galego vénse ampliando dende hai anos. Así, xa colaborou tamén coa Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, pero tamén coa Orquestra de RTVE, a Orquestra do Liceo de Barcelona ou a Filharmónica do Teatro Regio de Turín.A súa incorporación á orquestra da Scala chega \"nun ano moi importante para a formación\" de Sober, destaca o concello. A emblemática banda de Sober atópase inmersa na celebración do seu 150º aniversario."}
{"ID": "PRAZA_4650", "summary": "A iniciativa está promovida por Libera, que pide unha modificación lexislativa coma a que recentemente se aprobou en Zaragoza, Funegirola ou Barcelona. Na meirande parte das cidades de Europa é unha práctica habitual.", "text": "A Asociación Animalista Libera iniciou hai uns días unha petición online na que insta o Concello da Coruña, en concreto a Mª Begoña Freire Vázquez, Concelleira de Tráfico, a modificar a normativa que na actualidade prohíbe o acceso dos animais domésticos ao transporte público na cidade. Na iniciativa, que dende un comezo buscaba recoller cinco mil apoios e que xa roza as catro mil, pídese unha flexibilización desta normativa, para permitir o acceso fixando unhas determinadas condicións, como xa comezaron a facer algunhas cidades do Estado, como Barcelona, Zaragoza ou Fuengirola, e como é habitual na meirande parte de Europa. A iniciativa está promovida por Libera, que pide unha modificación lexislativa coma a que recentemente se aprobou en Zaragoza, Funegirola ou Barcelona. Na meirande parte das cidades de Europa é unha práctica habitual Na actualidade, segundo a ordenanza de protección e tenza de animais da Coruña, estes só poden subir no autobús \"nun transportín ou modelo análogo\", o que dificulta moito a viaxe para os cans medianos ou grandes. A petición lembra que moitos cidadáns empregan as redes do autobús público para trasladar cans e gatos ás clínicas veterinarias, ou tamén para achegarse a unha área canina, que na Coruña só existe no Parque de Santa Margarida. Libera salienta que \"flexibilizar esta situación supón mellorar a convivencia e realizar unha importante tarefa de sensibilización a favor da protección e respecto cara aos animais, fomentando tamén a fin da exclusión dunha porcentaxe de potenciais usuarios\". Dende o 1 de xaneiro en Zaragoza as preto de 150.000 persoas que conviven con algún animal doméstico poden viaxar con eles no transporte público da cidade. Iso si, esta medida está suxeita a condicións, pois os animais deben viaxar na parte traseira de autobuses e tranvías e deben ir atados e levar bozo. Na meirande parte das cidades de Europa o acceso permítese dende hai moito tempo, e en moitos lugares se ningunha obriga de levar atados os animais. Dependendo das cidades, os animais teñen que pagar unha parte do billete ou non."}
{"ID": "PRAZA_3932", "summary": "A disparidade responde a dous xeitos de presentar os mesmos datos: o Ministerio indica o total de casos acumulados e a Xunta distingue entre activos, falecementos e altas. As 95 persoas que figuran como falecidas nos datos do Sergas e non nos do Ministerio, que si as computa no total de casos acumulados, correspóndense cos falecementos nas residencias", "text": "Dende hai días agroman nas redes sociais, e tamén en círculos xornalísticos e políticos, comentarios e preguntas a respecto da diferenza das cifras sobre o impacto do coronavirus en Galicia en función de se a fonte consultada é o Servizo Galego de Saúde ou o Ministerio de Sanidade. En realidade, esa disparidade responde ao xeito de presentar os mesmos datos en dous aspectos: o número de casos acumulados e, dende a pasada semana, tamén os falecementos por covid-19 en residencias de persoas maiores e dependentes.A disparidade responde a dous xeitos de presentar os mesmos datos: o Ministerio indica o total de casos acumulados e a Xunta distingue entre activos, falecementos e altasA primeira das diferenzas remóntase xa aos primeiros días da pandemia. Dende o inicio, o Goberno central informa cada día do \"total de casos confirmados\", mentres que a Xunta o fai a respecto de positivos activos. Ambas administracións detallan tamén as persoas falecidas pola covid-19 e as que foron dadas de alta. Mentres que o Sergas inclúe a cada persoa só nunha desas tres columnas -positivo activo, alta ou falecemento-, o Ministerio engade cando corresponde cada caso ao epígrafe de falecemento ou alta, pero sen restalo do \"total de casos confirmados\", un acumulado que nunca descende.Deste xeito, o número total que cada día ofrece o Ministerio sobre Galicia -con datos fornecidos pola Xunta- é o resultado de sumar os positivos activos, altas e falecementos dos que informa a Consellería de Sanidade. Agás algunhas disparidades menores nos primeiros días da crise sanitaria, esta cifra cadra dende hai semanas. Así, por exemplo, este 16 de abril o Goberno central sinala que en Galicia se rexistran 7.873 casos \"confirmados\" e o Sergas indica 6.085 positivos, 1.383 altas e 405 falecementos. A suma destas cantidades dá como resultado os mesmos 7.873 casos. [O descenso da hospitalización por coronavirus en Galicia acada o seu maior ritmo e a metade de novos casos son en residencias]As 95 persoas que figuran como falecidas nos datos do Sergas e non nos do Ministerio, que si as computa no total de casos acumulados, correspóndense cos falecementos nas residenciasA segunda diferenza prodúcese dende a pasada semana e ten que ver co número de falecementos, menor na estatística do Ministerio no referido a Galicia que nos datos do Sergas. Dende o día 8 de abril, Sanidade suma á súa estatística o número de persoas falecidas polo coronavirus en residencias de maiores e dependentes, o cal non facía ata ese momento malia ofrecer a Xunta varias versións contrapostas ao respecto. Faino tras aprobar o Goberno central un novo protocolo co que obriga as autonomías a fornecer ao Ministerio esa información dos centros residenciais.Malia tratarse dunha obriga chegada dende o Estado, eses datos das residencias non están aínda incorporados á estatística de falecementos pola covid-19 que ofrece o Ministerio. A razón, explicaron o ministro Salvador Illa e o doutor Fernando Simón, coordinador de Emerxencias Sanitarias, é que os datos fornecidos polas autonomías aínda non están completos nin son homoxéneos e, ata que non sexan totais e harmonizados, non os sumarán.Esa é a razón pola que, ata este 16 de abril, o Sergas contabiliza 405 falecementos por coronavirus en Galicia e o Ministerio, 95 casos menos que si inclúe na columna de \"total de casos confirmados\". Esas 95 persoas faleceron en residencias."}
{"ID": "NOS_8058", "summary": "O BNG reafirmouse como unha forza soberanista este 28 de xuño de 2017, no 81 aniversario do Estatuto de 1936. A organización liderada por Ana Pontón apresentou esta cuarta feira o documento Un paso adiante, unha declaración programática coa que quer explicitar a súa vontade de superar o marco autonómico. Como? A meio dun grande debate social e dun \"acordo de país\" a se materializar no Parlamento.", "text": "Un paso adiante non é un manifesto que se propoña ficar apenas no terreno da pura retórica. A intención do BNG -após a súa apresentación aos distintos axentes sociais e a todas as forzas politicas- é que o documento abra un debate no Parlamento galego. A formación nacionalista proporá, anunciou Ana Pontón, a criación no Pazo do Horreo dunha ponencia \"para dar un paso adiante e reclamar un novo status para Galiza que nos recoñeza como nación e que nos dote de novos instrumentos cos que poder dar solucións ás demandas e aspiracións dos galegos e galegas do século XXI\". O BNG concibe esta oferta de diálogo ás demais forzas políticas como unha \"proposta xenerosa\" visando \"voltar a colocar Galiza no mapa político\" e, ao mesmo tempo, impulsar o que a formación liderada por Ana Pontón ten chamado a \"axenda galega\", a listaxe dos asuntos (investimentos do Estado na Galiza, transferencia da AP9, criación dunha banca pública, concerto económico) que teñen sido o núcleo da actividade das e dos nacionalistas nos últimos meses. Un Paso Adiante tería como obxectivo final a consecución dun \"grande acordo de país\" que deixe atrás o corsé autonomista. O documento ten forma de decálogo e, xa no seu pórtico, no primeiro ponto, proclama a condición de Galiza como nación e o seu direito á autodeterminación. A seguir, ponto dous, reclama a capacidade plena de decisión sobre a economía nacional e a posta en marcha dunha banca pública. Un Paso Adiante pide aínda -terceiro ponto- o concerto económico e -cuarto ponto- competencias exclusivas para a planificación dos servizos públicos, ben como a xestión plena da seguranza social e a implementación dunha estratexia contra a violencia machista. Máis: a articulación dun novo modelo administrativo e territorial coa supresión da provincia como división xeográfica e circunscrición eleitoral e a aposta na comarcalización (quinto ponto), desenvolvimento dunha política lingüística que teña como obxectivo a recuperación de falantes (sexto), a asunción de todas as competencias en materia de transporte (sétimo) e o estabelecimento dun poder xudicial propio para Galiza como última instancia (oitavo). O decálogo de propostas complétase coa asinatura dun acordo nacional polo monte e o saneamento integral das rías (noveno) e a asunción de competencias en materia de asuntos exteriores (dez), para o goberno galego desenvolver relacións internacionais en función dos intereses do país. Pontón advoga por \"unha acción política con visión de país\" que sexa quen de \"integrar a maioría social nun proxecto compartido de nación\" Perante o debate territorial en curso no Estado, con Catalunya na vangarda da reivindicación dos direitos nacionais, só caben dúas posicións, enfatizou Ana Pontón, acompañada de dirixentes e de militantes do BNG, durante o acto de apresentación deste manifesto. \"Ser meros espectadores ou protagonistas, pasividade ou activismo\". Nesa encrucillada \"o BNG aposta polo activismo\". O asunto é non voltar a repetir os erros do pasado, a ausencia da Galiza do debate aberto no Estado durante a chamada transición de 1978, un proceso en que o país \"non existiu politicamente e pagamos cara esa exclusión\", dixo Pontón. \"Temos a obriga de aproveitar esta oportunidade para conseguir un cambio de verdade e non podemos perder de novo este tren\". Nesa tesitura, entende a líder do BNG que o nacionalismo é máis necesario do que nunca para \"mudar a fondo o actual marco político e institucional\", un modelo autonómico \"que non lle permitiu a Galiza desenvolver todo o seu potencial\". E como se consegue iso? A xuízo de Pontón, a chave pasa por \"unha acción política con visión de país\" que sexa quen de \"integrar a maioría social nun proxecto compartido de nación que aspira a ser libre e a garantir o progreso e o benestar social\"."}
{"ID": "NOS_20105", "summary": "Un grupo de estudantes das diferentes universidades galegas promoveu unha enquisa online na que se recolleron \"8.012 respostas\" entre a fin de semana e a pasada segunda feira.", "text": "Universitarias e universitarios galegos queren que se escoite a súa voz a respecto da xestión que se está a facer no ensino superior durante este crise sanitaria derivada da expansión do coronavirus. Para iso, un grupo de estudantes de diferentes centros galegos promoveu unha enquisa online na que se recolleron \"8.012 respostas\" entre a finde de semana e a pasada segunda feira. Estudantes das universidades de Compostela, Vigo e A Coruña participaron desta enquisa, segundo trasladan as promotoras, que reclaman unha \"folla de ruta\" que lles permita saber que materias van ter que estudar co obxectivo de poder organizarse \"nunha situación que é nova para todos\". \"Somos conscientes de que probabelmente non haxa unha solución excelente, nin boa; e moito menos que poidamos saber cal é a máis óptima. Pero para a tranquilidade de todos, precisamos pedir unha folla de ruta\", salientan. 77% do estudantado que respondeu á enquisa di que agora ten \"máis volume de traballo\" que cando o curso funcionaba con normalidade. Así, 40,7% di que bota \"entre catro e seis horas\" diarias \"traballando\" e 34,8% refire \"máis de seis horas\". Os problemas non parecen vir da aula virtual, coa que 60,5% asegura non ter problemas. Porén, 66,7% destes estudantes resposta que si á pregunta \"tes problemas co profesorado?\". E os motivos principais para estes conflictos, segundo a enquisa, son a \"falla de comunicación e información\", o \"exceso de traballo\", que o profesorado \"non se readapta e flexibiliza a materia á actual situación de confinamento, emerxencia e alerta social\", a \"falla dun método claro de avaliación\", que os mestres \"non están a impartir clase, pasotismo\", os \"horarios\", \"problemas de conexión\" e a \"falla de material dispoñíbel para realizar as tarefas tendo en conta a situación de confinamento\". O feito de que o segundo cuadrimestre estea avanzando fai que máis da metade conteste que o \"teletraballo\" non é \"a mellor maneira de dar clase\". Así, a maioría tamén está dacordo na \"suspensión definitivas das clases\": 28,2% quere que ademais se aprace o calendario e 48,5% opta porque non se toque. Unha ampla maioría (92,7%) pide que se busque outro método de avaliación na actual situación. Aquí, tamén moitos aceptarían ser avaliados mediante \"traballos online\". \"A avaliación online vese posíbel, polo menos nalgúns casos e tal e como se plantean agora as materias, en case 90% dos casos\", apuntan as organizadoras da enquisa. A idea que non semella triunfar é a de que o calendario se extendese máis aló de maio, onde só 37,2% do alumnado que respondeu a esta enquisa contesta afirmativamente. Con estes datos pretenden chegar \"ao Ministerio de Universidades, ás reitorías, ás comisións de Educación… A quen sexa que teña que tomar esta decisión e a quen sabemos que lle corresponde unha enorme responsabilidade, peso e dificultade\". \"Coas nosas respostas queremos aportar a nosa axuda para obter a mellor solución para todos nós, para o ben educativo e, así mesmo, para a sociedade no seu conxunto\", engaden. Debido á \"boa aceptación\" da consulta, din, estabeleceuse un modelo a nivel estatal que continúa aberto \"coa fin de procurar unha solución común, igualitaria e xusta ante unha situación excepcional que nos afecta a todos, e que, entre todos, debemos procurar unha solución\"."}
{"ID": "NOS_27087", "summary": "As enemistades dentro do grupo municipal socialista non eran ningún segredo nos ámbitos máis locais, pero agora saen á luz debido ao cruce de acusacións derivado da marcha de Eva Martínez Acón do Goberno local da Coruña.", "text": "No medio do conflito xurdido na Coruña pola destitución da edil Eva Martínez Acón, a dirección do PSdeG insistiu esta sexta feira en que o primeiro pago da rexedora, Inés Rey, ao partido desde que está no cargo coincidiu no tempo co cese da súa compañeira. Rey aludiu á falta de compromiso co traballo de Martínez Acón para afastala do seu goberno, mais a afectada explicou que esta decisión viña dada porque pedira que se aboasen as cotas pendentes co PSOE. Hoxe, o vicesecretario xeral do partido, Pablo Arangüena, informou nun escrito de que si se deben pagos e o primeiro da alcaldesa foi de \"300 euros\" esta mesma semana. O número dous do PsdeG, próximo ao núcleo socialista ao que pertence Martínez Acón, sostén que a cantidade abonada \"non cobre as achegas que lle corresponden após 16 meses de dedicación ao seu cargo\". No mesmo documento que mandou á agrupación local, Arangüena subliña \"a data de hoxe, seguen existindo achegas pendentes por parte de concelleiras e concelleiras da Coruña, incluíndo casos nos que aínda non se realizou ningún ingreso\". \"Todos os cargos públicos teñen a obrigación de cumprir coas súas achegas económicas desde o seu nomeamento e no tempo en que desenvolven as súas funcións\", lembrou o representante do PSdeG. Aliás do puramente económico, este cruce de acusacións pon de relevo o enfrontamento que existe entre distintas vertentes da formación política, mesmo no seo do Executivo local. Era de sobra coñecido que hai diferenzas entre as e os agrupados con secretario xeral Gonzalo Caballero e aquelas persoas que apoian á dirección do PSOE na Coruña. As leas veñen desde antes das eleccións municipais, cando houbo certas tensións para conformar a lista que concorrería pola cidade."}
{"ID": "PRAZA_18417", "summary": "Ao trasladala á froitaría do supermercado a traballadora solicitou mudar de sección pola escoliose que lle impide cargar pesos. Un detective contratado por Mercadona seguiu á empregada durante a baixa e a empresa esgrimiu a información obtida como motivo do despedimento, que a xuíza non acepta", "text": "En decembro de 2011 Lucía Piedrafita comezou a traballar na sección de perfumaría dun supermercado Mercadona. Case seis anos despois, en abril de 2017, a empresa trasladou esta traballadora coruñesa ao departamento de froitaría do establecemento, onde os traballos diarios de reposición de mercadoría implican o trasladar \"a diario\" elementos de entre 5 e 12 quilos de peso. \"Aos poucos días\" de comezar no novo posto Lucía \"comunicou\" á encargada do supermercado que a escoliose que padece \"dende a infancia\" lle impedía cargar eses pesos sen dor e por iso solicitou \"un cambio a outra sección\". Aquela conversa foi o inicio dun procedemento de incapacidade temporal, pero tamén dun tirapuxa coa empresa que derivou no despedimento de Lucía mentres estaba de baixa baseándose nos seguimentos dun detective privado contratado para a ocasión. O despedimento vén de ser anulado polo xulgado do social número 3 da Coruña ao considerar que se baseou nunha \"discriminación por discapacidade\". Ao trasladala da perfumaría á froitaría a traballadora solicitou mudar de sección por mor da escoliose que lle impide cargar pesos elevados Segundo consta na sentenza, datada no pasado 14 de setembro e a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, a encargada do supermercado condicionara a posibilidade de cambiar de sección a Lucía á opinión da \"medica da empresa\", que considerou que non existía \"ningún impedimento\" para que a traballadora cargase pesos porque pasara \"como apta sen limitacións\" o recoñecemento médico do ano previo, 2016. Foi así como a encargada concluíu, segundo os feitos probados da sentenza, que Lucía tería \"que habituarse a manexar as caixas de froita\". Tras a decisión, os efectos do peso levárona en poucos días a un proceso de incapacidade temporal e baixa médica na que un doutor do Servizo Galego de Saúde acreditou que padecía \"lumbago, escoliose e lumbaxia por esforzo físico no traballo\". Alén do control do Sergas, a propia responsable médica da empresa seguiu de cerca o proceso. \"Falou coa traballadora en oito ocasións\" ata finais de xuño \"sobre o seu estado de saúde\", a respecto de \"que vida leva\" ou \"que actividade fai\", alén de examinar os informes médicos que a propia Lucía achegou. Aínda que a doutora encargada da rehabilitación da traballadora \"lle dixo que non podería\" seguir a manexar os devanditos pesos \"polo estado da súa columna\", dende o 1 de xullo de 2017 Mercadona retiroulle o complemento de incapacidade por \"superar a duración emedia estándar establecida para a súa patoloxía\". Mobilización da CIG ante un supermercado Mercadona na Coruña / CC BY-SA-NC CIG Seguimento cun detective privado antes de despedila O detective contratado por Mercadona seguiu á traballadora mentres realizaba compras e a empresa esgrimiu esta actividade como motivo para o despedimento, que a xuíza non acepta Pero os controis non se limitaron a xuntanzas e manexo de informes médicos. \"A empresa contratou un detective privado para que efectuase un seguimento\" á traballadora entre o 15 e o 19 de setembro de 2017 e neses días considerou que xuntara probas dabondo para despedila pola vía disciplinaria. O detective controlouna mentres \"conduciu un vehículo na localidade na que vive\" e realizou \"compras de roupa\", ademais de ir a un supermercado. Mercadona esgrimiu que esas actividades ordinarias acreditaban que Lucía si podía traballar no posto da froitaría, pero tras examinar as probas de todo o proceso a xuíza subliña que \"en ningún momento\" quedou \"acreditado\" que \"mercase artigos de considerable peso\" e conclúe que esas accións \"non son incompatibles\" coa \"patoloxía\" ósea da traballadora. A empresa, pola súa banda, argumentou durante o proceso que o despedimento \"non é nulo\" porque non foi \"unha represalia\" pola implicación sindical da traballadora nin tampouco \"unha discriminación por razón de discapacidade\" ao non \"cumprirse os requisitos\" para que o sexa polo feito de que Lucía estivese en situación de incapacidade temporal. Mercadona alegou ademais que tramitou convenientemente a comunicación do despedimento -a través dun burofax- e que botala do seu posto de traballo estaba \"xustificado\" porque \"realizou actividades que dificultaban a súa recuperación\", afirmaron en virtude da información obtida cos seguimentos do detective. Juan Roig, presidente de Mercadona, nunha imaxe de arquivo / © Mercadona A CIG advirte que Mercadona \"pretendía que este fose un despedimento exemplarizante\" e lamenta que \"nesta empresa calquera discrepancia teña que resolverse na vía xudicial\" Para a CIG, que acompañou e representou a traballadora en todo o proceso, a sentenza deixa claro que Mercadona \"pretendía que este fose un despedimento exemplarizante\" porque \"nesta empresa non se pode estar enferma e moito menos cunha discapacidade\", considera o responsable da área de comercio da federación de Servizos do sindicato na Coruña. \"Mercadona, en vez de adaptarlle o posto ou mudala de sección, como obriga a lei, optou por rescindirlle o contrato\" no canto de volver situala nun posto como o que desempeñara previamente durante anos sen \"ter problemas de saúde derivados do traballo\". \"Nesta empresa, se te pos enfermo pasas a estar nunha lista negra\", resumen dende a central sindical. A empresa, que defendeu o despedimento como \"xustificado\", é condenada a readmitir a traballadora, pagarlle os salarios pendentes e indemnizala Este é o pano de fondo co que a sentenza -contra a que cabe recurso- conclúe que Mercadona incorreu neste despedimento nunha \"discriminación por discapacidade\" e condena a compañía á \"readmisión inmediata\" da traballadora, a pagarlle os salarios que deixou de percibir neste tempo agás os do período de incapacidade e mais a indemnizala con 6.251 euros. A CIG, \"satisfeita\" coa sentenza, lamenta non bostante que \"calquera discrepancia laboral nesta empresa teña que se resolta pola vía xudicial\" porque \"en Mercadona, as relacións laborais non existen\". Mostra disto, destaca o sindicato, é que \"aínda coa sentenza na man, Mercadona dixo non recoñecer o informe médico e que ía facer o seu propio ditame\". A CIG valorou publicamente esta sentenza mentres, case ao mesmo tempo, o presidente de Mercadona, Juan Roig, interviña no Congreso Nacional de la Empresa Familiar, celebrado en Valencia, para debullar as claves do éxito da súa compañía. Entre os treitos máis destacados do seu discurso por diversos medios figuran as súas alusións ao \"lío político autonómico\", as súas aseveracións a respecto de que algúns empresarios non teñen \"boa imaxe\" porque \"non saímos e deixamos que os demais o fagan\" ou as súas chanzas a respecto da linguaxe inclusiva, falando de \"empresas y empresos\" e subliñando que se refería a \"empresarios y empresarias\" porque \"hay que decirlo así, si no hoy día a uno lo meten en la cárcel\""}
{"ID": "NOS_47500", "summary": "Xesús Pintos, daquela cosecretario comarcal da CIG en Ferrol, foi detido en outubro daquel ano no marco dun protesto de traballadores e traballadoras do naval. Denunciou agresións e insultos durante a súa estancia na comisaría: \"Estaba esposado a unha cadeira na comisaría. Un policía batíame mentres o resto miraban\". O sindicato nacionalista impulsa unha campaña pola súa absolución.", "text": "Xesús A. Pintos era en outubro de 2012 co secretario comarcal da CIG. O día 5 dese mes foi detido nunha movilización na que máis de 300 traballadores do Naval protestaron no acto de incio de campaña do PP en Ferrol pola responsabilidade deste partido na situación do sector. Durante a súa estancia na comisaría denunciou ser obxecto de agresións e insultos. \"Estaba esposado a unha cadeira na comisaría. Un policía batíame mentres o resto miraban\". Pintos vai ser xulgado o 12, 13 e 14 de novembro, acusado de \"atentado\". \"Resulta intolerábel que sendo el o agredido se enfronte agora a unha acusación de atentando, pola que a Fiscalía lle pide dous anos de prisión e a acusación particular (exercida por un axente de policía) tres anos. Pero pola contra, a Fiscalía non tivo en conta a denuncia presentada por Pintos para que se investigaran as agresións que sufriu na comisaría\", afirmou Manuel Grandal, actual responsábel da CIG na comarca, esta quinta feira na presentación da campaña 'Xustiza para Pintos', impulsada polo sindicato nacionalista para pedir a absolución do seu compañeiro. O caso de Pintos non é illado, indica a CIG, senón que no resto do país están abertos varios procesos xudiciais e administrativos contra traballadores e traballadores, motivo polo que CIG ten en marcha unha campaña contra a criminalización da mobilización social e na defensa dos dereitos e liberdades baixo o lema \"Non hai represión que pare a loita obreira\". O proceso aberto contra López Pintos foi cualificado polo secretario xeral da CIG, Paulo Carril, de \"pantomima, fraude e montaxe\". Estamos, dixo, ante \"un ataque descarado contra o sindicalismo, a mobilización social e a folga como ferramentas fundamentais da clase obreira para a defensa dos nosos dereitos e a mellora das condicións de vida\". A CIG fai un chamado ás demais centrais sindicais e organizacións sociais para que se sumen aos actos e iniciativas que se convoquen no marco desta campaña."}
{"ID": "NOS_41426", "summary": "300 mil ruaingás xa foron expulsadas á forza de Myanmar e 176 das súas 471 aldeas foron destruídas. A antiga Birmania continúa baixo o control, de facto, do exército que impulsa esta nova vaga de violencia que a ONU cualificou de \"limpeza étnica de manual\". Eis un extracto da información publicada no número 264 do semanario Sermos Galiza.", "text": "Myanmar, a antiga Birmania, apenas forma parte da axenda internacional. Malia ser o país máis poboado do sueste asiático e un importante activo xeoestratéxico, pola súa localización e riqueza en materias primas, fica fóra dos focos. A crise humanitaria provocada polo éxodo forzoso de 400 mil ruaingás, que foi cualificada polo Alto Comisionado de para os Dereitos Humanos da ONU, Zeid Ra'ad Al Hussein, como unha \"limpeza étnica de manual\", colocou o país, que leva décadas baixo o poder do todopoderoso exército birmano, no centro da actualidade internacional. O relato dominante fala dun conflito inter-relixioso entre a maioría budista Bamar e a minoría ruaingás, de culto musulmán. Pola súa banda, o goberno de Myanmar, que goza do patrocinio dos EUA e que está liderado in pectore pola premio Nobel da Paz, Aung San Suu Kyi, xustifica a vaga de violencia por causa dos presuntos ataques realizados polo Exército de Salvación Arakan Ruaingás (ARSA) contra nove instalacións policiais. No entanto, o conflito real non se axusta a esa narrativa que obvia factores fundamentais como son a loita de clases no seo dun dos países máis pobres de Asia ou os intereses xeoestratéxicos que alentan a conivencia de grandes potencias, como os EUA ou a China, co réxime de Myanmar. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_40901", "summary": "Este sábado o presidente dos EUA falou perante 9.000 persoas nun mitin en Florida. Nel perpetrou un alegato contra o que cualificou como \"meios deshonestos\". E nel inventou un atentado, un falso ataque que nunca existiu, en Suecia.", "text": "Pode o presidente dos EUA referirse nun discurso público a un atentado imaxinario? Pois si, acaba de ocorrer e mostra que as equipas de comunicación de Trump, ao que en teoría deben pór ao día da actualidade, están tan verdes como o propio presidente. Trump discursaba o sábado perante un ateigadísimo auditorio e largaba o seu consabido discurso sobre a necesidade de vetar a entrada de inmigrantes provenientes de países de maioría musulmá (non todos, están exentos aqueles que viven en países onde as súas empresas fan negocio, como Xordania ou Arabia Saudita). Na súa intervención foi cando deslizou unha alusión á comisión dun atentado en Suecia como proba palpábel do que pode acontecer se os gobernos non endurecen as súas políticas. Só un pequeno problema. O atentado non aconteceu. Non existiu. Ante o escándalo evidente (o ex ministro sueco Carl Bildt perguntouse en twitter que fumara Trump), o presidente dos EUA reaxiu atribuíndo a falsa historia a unha reportaxe que vira en Fox News, a televisión cabeceira da direita norteamericana. No mitin en Florida, Trump non só defendeu a súa política anti-migración, vetada polo poder xudicial do seu país, senón que tamén atacou os meios de comunicación que lle son críticos, aos que cualificou de \"media deshonestos\" e os que acusou de inventaren noticias para o prexudicar neste comezo do seu mandato."}
{"ID": "NOS_34855", "summary": "Prestarán declaración na Audiencia Nacional esta terza ou cuarta feira, segundo fontes da defensa. As catro persoas detidas están incomunicadas.", "text": "As catro persoas detidas esta fin de semana pola Garda Civil na Galiza no marco da 'Operación Lusista' e acusadas de pertenza ou colaboración con Resistencia Galega son trasladadas a Madrid, segundo confirmaron a Sermos Galiza fontes da defensa. As previsións dos letrados defensores é que esta terza feira, ou máis tardar cuarta, pasen a disposición xudicial na Audiencia Nacional. Os avogados non puideron falar cos detidos, sometidos a incomunicación, nin teñen coñecemento oficial dos cargos que se lles imputan. De non levantarse a incomunicación cando declaren ante o xuíz as persoas detidas estarían asistidas por un avogado de oficio. Antom G.M 'Toninho', Asunción L.C. Miguel G.N e Joam M.S son os catro independentistas detidos este sábado e domingo. A Garda Cilvil acusa os dous primeiros de ser \"máximos responsábeis de Resistencia Galega\" mentres que a Miguel G.N e Joam N.S considéraos \"colaboradores\". Nas últimas horas diferentes organizacións e colectivos amosaron a súa solidariedade para coas persoas detidas e denunciaron o que consideran unha \"criminalización do movemento independentista\". Entre elas, Causa Galiza, FPG, Ceivar, Briga, Agor Galiza, Galiza Nova, Xeira, Erguer, Mocidade pola Independencia, o sindicato CUT, Sortu (Euskal Herria), Yesca (Castela), Arran (Catalunya). O movemento anti-represivo convocou para esta segunda feira concentración de repulsa ás detención. Compostela: 20:30 Praza de Cervantes Ferrol. 20:30 Praza Amada García Vigo 20:30 Farola de Urzaiz A Coruña 20:30 Obelisco Pontevedra 20:30 Peregrina Burela 20:30 Praza do Concello Ourense 20:30 Praza do Ferro Lugo 20:30 Praza Maior"}
{"ID": "NOS_3357", "summary": "O concello de Vigo centra toda a súa imaxe de promoción estes días no Nadal. Un dos atractivos que emprega é o 'Cies Market', unha feira con postos de gastronomía, artesanía e obxectos decorativos. Varias irregularidades denunciadas polo persoal contratado para esta actividade puxeron en alerta a CIG que presentou varias denuncias após comprobar falta de hixiene, precariedade e inseguridade laboral.", "text": "\"A maior fraude do Nadal en Vigo\". Deste xeito denomina a feira de Nadal 'Cíes Market' de Vigo Transi Fernández de CIG-Servizos. A actividade, un dos puntos fortes da promoción da cidade nestas datas, ten un escuro trasfondo que a central sindical deu a coñecer nunha rolda de prensa na que participaron algunhas traballadoras da feira. As diferentes denuncias que formularon comezan desde o mesmo proceso de licitación da feira. \"O alcalde asegurara que este tipo de feiras de Nadal crearía emprego e medraría a economía na cidade e non é certo\", afirma Fernández. Para confirmar esta idea presenta información pública \"que se pode consultar na propia páxina web municipal\". O proceso de licitación foi para unha asociación madrileña, a Agrupación de Empresarios na Organización de Eventos, Ferias e Mercados da Comunidade de Madrid (AMFE). \"Estaba concedido en maio\", asegura Sefi Romero de CIG-Banca, \"publicouse na plataforma de contratación do Estado o 14 de novembro con prazo até o día 21 de novembro e un xornal da cidade publicou que estaban coa instalación o 20 de novembro, un escándalo\". O prezo de licitación foi de 1 euro malia que logo AMFE alugara os postos por cifras que podían chegar a 8.000 euros. \"Unha parte dos espazos que non alugaban xestionounos directamente a través da Empresa de Emprego Temporal (ETT) Synergie\". Precariedade laboral \"As propias traballadoras denuncian unha situación que para nós é escravismo puro e duro\", asegura Transi Fernández. Segundo o sindicato as condicións laborais dos contratos que se fan \"non se cumpren, os horarios son falsos e logo as categorías nas que traballan son outras diferentes das que lles dixeron\", engade. A chamada que realizou a ETT antes de comezar a funcionar era de 100 postos de traballo polo que acudiron persoas de Vigo e de toda a comarca. \"Xente de Ponteareas, de Pazos de Borbén, do Morrazo que tiñan que vir até Vigo e que moitas veces non traballaban\", explica Sefi Romero. Suspensións de última hora por mal tempo e sen ningún tipo de compensación e xornadas de 12 horas ininterrompidas son outras \"singularidades\" da feira denunciadas por CIG. Falta de hixiene A falta de hixiene é unha constante na feira desde o inicio, segundo denuncia CIG. \"O persoal non ten o carné de manipulación de alimentos e non hai hixiene nos postos\", relata Transi Fernández, \"non empregan luvas, non teñen roupa axeitada e a que teñen están obrigadas a deixarlla logo do uso do día á compañeira da seguinte quenda\", engade. A sindicalista explica que a empresa alugou as instalacións do antigo BBVA para empregar como almacén. \"O primeiro día non tiñan nin auga nin luz e tiveron que limpar coa luz de móbiles\", asegura Fernández. Desde CIG pensan que a oposición municipal debería de ocuparse deste tema pola súa gravidade O local continúa a funcionar como almacén e as propias sindicalistas puideron comprobar que no seu interior a feira garda bebidas e alimentos sen ningún tipo de refrixeración. \"Comprobamos que había pizzas e salchichas sen ningún tipo de protección\", conta Fernández, \"se a cidadanía vai mercar a esta feira que saiba que paga un prezo moi por riba do normal en alimentos nesas condicións\". Por outro lado desde CIG pensan que a oposición municipal debería de ocuparse deste tema pola súa gravidade. \"Como sindicato non podemos ocultar esta situación\". O sindicato denunciou esta quinta feira o \"incumprimento\" da normativa de seguridade alimentaria na feira 'Cíes Market' diante a Sanidade e o Concello de Vigo con varios escritos presentados nos seus rexistros. Ademais remitiu outro á Inspección de Traballo para poñer no seu coñecemento as condicións laborais do seu persoal."}
{"ID": "NOS_47626", "summary": "O PSdeG desenvolverá unha consulta á militancia antes de se celebrar o Congreso nacional de xullo. No entanto, a escolla da secretaría xeral terá lugar nun Congreso por delegad@s e estará suxeita á condicionalidade fixada desde Ferraz. Até o momento, só Xosé Ramón Gómez Besteiro é oficialmente candidato. O ex ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, liga a súa candidatura \"á correlación de forzas\" que detecte no partido.", "text": "O pulso entre Galiza e Madrid saldouse en táboas. Nin o PSdeG celebrará eleccións primarias vinculantes nin Ferraz puido evitar que a militancia da federación galega participe de maneira directa na escolla da súa secretaría xeral. O acordo acadado entre Pachi Vázquez e Alfredo Pérez Rubalcaba permite ao PSdeG a realización dunhas \"primarias consultivas\" en que @s socialistas elixirán @ nov@s secretari@ xeral do partido. Gómez Besteiro enceta esta cuarta feira a súa rolda de contactos coas agrupacións locais na procura de apoios Porén, estas terán un carácter consultivo e estarán suxeitas a ratificación polo Congreso nacional que se celebrará o vindeiro 6 de xullo. Aliás, Madrid impuxo unha serie de condicións que manteñen a celebración da consulta no marco estatutario do PSOE. E é que a boleta coa que a militancia do PSdeG emita o seu voto deberá incluír o nome d@s compromisar@s que actuarán a modo de delegad@s no máximo órgano de decisión do PSdeG. Até o momento, só o lucense Xosé Ramón Gómez Besteiro presentou formal e oficialmente a súa candidatura. Neste senso, esta cuarta feira encetará a súa rolda de contactos coas agrupacións locais para recadar apoios cara ás eleccións primarias. Así as cousas, a falta de se aprobar o regulamento 'ad-hoc' que rexerá o proceso electoral, fica tempo dabondo para outros nomes saíren a acompañar o de Besteiro na carreira até a secretaría xeral. Francisco Caamaño non descarta presentarse ás primarias Co ex ministro de Fomento José Blanco fóra de xogo pola súa imputación no caso Campión -será xulgado após petición de suplicatorio-, fica en pé a opción de Francisco Caamaño como rival de Besteiro. En declaracións á imprensa, o que tamén fora membro dos gobernos Zapatero liga a súa candidatura á \"correlación de forzas\" que vaia detectando durante estas semanas no seo do partido. Isto é, se ve que ten opcións de gañar, concorrerá. Do contrario, deixará vía libre a Besteiro."}
{"ID": "NOS_43758", "summary": "'Rachar co presente, construír o futuro' é o lema da cita, que decorrerá este sábado 7 de febreiro en Compostela.", "text": "Isca! realiza a súa V Asemblea Nacional esta fin de semana en Compostela, nunha xornada que decorrerá o sábado no Colexio Maior San Clemente (Campus Sur) sob o lema 'Rachar co presente, construír o futuro'. Na cita procederase, tal e como sinala a organización xuvenil, a actualizar \"as nosas análises políticas sobre a situación da mocidade e do movemento independentista e revolucionario galego\".O acto de clausura terá lugar ás sete do serán e será aberto para todas as persoas que se queiran achegar até alí. Entre as diferentes cuestións e temas a debate estará a acción de Isca! nas diferentes organizacións do nacionalismo, \"desde un punto de vista autocrítico e realista [...] para expandir, no seo do movemento popular galego, un espazo político de clase, comunista e independentista. Con humildade mais con firmeza no discurso e na praxe\"."}
{"ID": "NOS_2277", "summary": "A Real Academia Galega pecha o ano Fraguas cun simposio dedicado ao etnógrafo que protagonizou o último Día das Letras Galegas. Entre o 26 e o 28 de novembro, máis de vinte especialistas afondarán na vida e na obra de Antonio Fraguas (Cotobade, 1905-Compostela, 1999). Contribúen á organización o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a fundación a nome do autor.", "text": "Un concerto a cargo de Óscar Ibáñez e unha mesa redonda titulada Antonio Fraguas na cultura galega -dirixida polo presidente da RAG Víctor Freixanes e con María Xosé Fernández, Antonio Reigosa e Francisco Díaz-Fierros- abrirán na sede académica da rúa Tabernas, na Coruña, os encontros, que despois se desprazarán a Compostela, en concreto ao Museo do Pobo Galego. Do emblemático centro foi director e presidente ge é, talvez, a obra que sintetiza as preocupacións e labores de Fraguas. A segunda das xornadas o 27 de novembro dedicarase á xeografía e a arqueoloxía, con dous debates. O primeiro coordínao Clodio González e nel participarán Francisco Durán, Valerià Paül e Camiño Noia. Tratará da xeografía e o seu ensino. Despois o académico Henrique Monteagudo moderará a mesa sobre arqueoloxía, da que farán parte Francisco Calo, Felipe Arias e María Pilar Prieto. O 28 de novembro será a quenda da etnografía e o folclore. A debruzar a primeira destas disciplinas \"antes e despois de Fraguas\" contribuirán Manuel Mandianes, Clodio González e António Medeiros, coordinados por María Concepción Losada. A segunda mesa redonda, Etnografía e antropoloxía no contexto galego do século XXI. Situación e perspectivas de futuro, contará con Cristina Sánchez, Xosé Carlos Sierra e Xerardo Pereiro, con moderación de Luzia Oca."}
{"ID": "NOS_45427", "summary": "A eléctrica lograría salvar o informe desfavorábel da Xunta ao parque de Caaveiro ao beneficiarse da política do PP de facilitar a implantación de proxectos vencellados a un contrato de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA).", "text": "Alcoa xa ten a súa primeira terna de candidatas para fornecer de enerxía o complexo industrial de San Cibrao (Cervo). Após os acordos de compravenda a longo prazo (coñecidos como PPA) asinados con Greenalia e Capital Energy, a multinacional norteamericana anunciou onte a sinatura dun acordo con Endesa para a subministración de enerxía 100% renovábel por dez anos. Segundo explicou a eléctrica propiedade da italiana Enel nun comunicado, o subministro comezará en 2024, ano no que Alcoa prevé reiniciar a súa produción e arrancar as cubas de electrólise despois de dous anos paradas. Para dar resposta a este compromiso, que segundo os cálculos da eléctrica precisa dunha potencia en carga base de 154 megawatts (MW), Endesa sinala que será a súa filial, Enel Green Power, a encargada de fornecer esa enerxía a través de 900 MW de nova capacidade renovábel que xa está a tramitar na Galiza. Neste senso, a eléctrica afirma que \"a Xunta da Galiza foi informada do preacordo entre ambas as compañías e ocuparase da coordinación para o avance do proxecto a plena satisfacción de todas as partes implicadas\". Vía prioritaria A manobra pode ser especialmente satisfactoria para Endesa, xa que pola vía do PPA, en virtude do compromiso da Xunta de priorizar a tramitación de parques eólicos que destinen 50% da súa produción á industria a través destes acordos, a eléctrica verá acurtados os prazos para desenvolver os devanditos proxectos, mais tamén poderá aproveitar a oportunidade que brinda o Executivo galego para implantarse en zonas nas que, por outra vía, non podería facelo. Esa mesma condición é a que pretenden aproveitar tamén Greenalia e Capital Energy para levantar parques en áreas non autorizadas para este tipo de proxectos e que, nalgúns casos, mesmo teñen informe desfavorábeis da propia Xunta. É o caso do parque eólico Borrasca (84MW) que Greenalia promove nos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Xove, Foz, Lourenzá e Mondoñedo, e do de Fonte de Barreiros (96 MW) que Capital Energy impulsa en Barreiros e Ribadeo. Os proxectos de Endesa No caso de Endesa, a eléctrica promove un parque eólico nos concellos de Fene, Neda, Cabanas, A Capela, San Sadurniño e As Pontes que xerou un forte rexeitamento social e un aluvión de alegacións (perto dun millar) pola súa proximidade ás vivendas, mais tamén polas afeccións á fauna, á flora e ao patrimonio e por contar cun informe desfavorábel da Xunta ao estar proxectado fóra das áreas de desenvolvemento eólico. O de parque eólico de Caaveiro (78 MW) é un dos seis que proxecta Endesa. Tamén están Badulaque (90 MW e que afecta os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Moeche, As Somozas e As Pontes); Barqueiro (150 MW nos de Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Cerdido, Moeche, As Somozas e As Pontes); Moeche (53 MW en San Sadurniño, Moeche, As Somozas e As Pontes); Santuario (180 MW nas Pontes, Xermade, Vilalba e Guitiriz) e Tesouro, de 60 megawatts, nas Pontes e A Capela. Acordo con Abanca Na mesma liña que o subscrito con Alcoa, Endesa fechou o pasado mes de setembro un acordo de compravenda de enerxía 100% renovábel de orixe galega para cubrir 70% da demanda de electricidade das oficinas e sedes de Abanca en España e Portugal por un período de dez anos. Daquela, Endesa xa indicaba que o contrato ─en vigor desde o pasado 1 de xaneiro─ suporía a construción dun novo parque eólico no país, sen especificar a súa localización. Do que si deron conta ambas as entidades é que esa enerxía procede \"integramente\" de parques eólicos situados na Galiza, inicialmente dos xa existentes no norte do país, aínda que a eléctrica aclaraba que, a partir de xaneiro de 2023, a enerxía será xerada por novas instalacións renovábeis de Endesa (tamén sen especificar cales) que están en proceso de tramitación."}
{"ID": "PRAZA_8618", "summary": "A formación presentou diversas iniciativas contra a reforma da Lei do Aborto impulsada por Alberto Ruíz Gallardón. Carme Adán manifestou que \"a lei do aborto non debe ser modificada, en todo caso, mellorar algunha das súas carencias\"", "text": "As deputadas do BNG Carme Adán, Ana Pontón, Tereixa Paz e Montse Prado presentaron este luns unha serie de iniciativas contra a reforma da Lei do Aborto impulsada polo Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. A este respecto a portavoz de Política de Igualdade do BNG, Carme Adán, manifestou que \"a lei do aborto non debe ser modificada, en todo caso, mellorar algunha das súas carencias\" e advertiu de que \"a Conferencia Episcopal e o PP non poden decidir sobre as liberdades sexuais e reprodutivas das mulleres\", denunciando que a lei de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do Embarazo, aprobada en 2010, \"foi freada\" en Galicia pola Consellería de Sanidade, \"que non garantiu que nos hospitais públicos as mulleres puideran facer uso desta prestación\". Carme Adán afirmou que o Goberno de Madrid e \"de maneira cómplice o de Galiza\" lexislan seguindo os ditados da Conferencia Episcopal Carme Adán afirmou que o Goberno de Madrid e \"de maneira cómplice o de Galiza\" lexislan seguindo os ditados da Conferencia Episcopal, como aconteceu na Lei educativa e agora pretenden facer o mesmo modificando a Lei do Aborto. A consellería de Sanidade e a Secretaría de Igualdade do Goberno de Feijóo, explicou Adán, estableceron unha rede \"nada obxectiva\" de apoio ás mulleres xestantes integrada por 16 organizacións das que 11 son \"de corte ultrarelixioso\". Neste escenario, as declaracións do Ruíz Gallardón están a producir \"grandes inquedanzas\" sobre o futuro dos dereitos a reproducir das mulleres, concluíu Adán. Batería de propostas Un retroceso agora na Lei do Aborto provocará que as mulleres con menos recursos se sometan a intervencións pouco seguras e non regradas: \"volveremos outra vez a clandestinidade\" O BNG rexistrou diversas iniciativas co obxecto de acadar \"un compromiso real\" do Presidente da Xunta co dereito reprodutivo das mulleres. A este respecto as deputadas nacionalistas pediron a eliminación dos folletos \"da Red Madre\" que neste momento se reparten na Sanidade pública e denunciaron \"a guía de apoio á maternidade\" publicada na páxina oficial da Secretaría Xeral de Igualdade por apoloxía á mencionada Red, integrada fundamentalmente por asociacións \"ultraconservadoras\" e financiadas con fondos públicos. Carme Adán asegurou que un retroceso agora na Lei do Aborto provocará que as mulleres con menos recursos se sometan a intervencións pouco seguras e non regradas \"volveremos outra vez a clandestinidade\", dixo, \"e polo contrario as mulleres con recursos volverán abortar no estranxeiro\". \"Unha volta atrás nos dereitos das mulleres\" \"Estamos vivindo unha volta atrás nos dereitos das mulleres\", manifestaron as catro deputadas do BNG, en referencia non só á reforma do aborto, \"un novo recorte nas liberdades e dereitos das mulleres\", senón a outros aspectos \"Estamos vivindo unha volta atrás nos dereitos das mulleres\", manifestaron as catro deputadas do BNG, en referencia non só á reforma do aborto, \"un novo recorte nas liberdades e dereitos das mulleres\", senón a outros aspectos. Os datos relativos ao paro feminino e a emigración das mozas son \"aterradores\", dixo Adán, que demandou que a Consellería de Sanidade ofreza \"información obxectiva\" a respecto do embarazo, lactancia e da interrupción voluntaria do embarazo, pois \"non se debe recortar en escolas infantís, conciliación, comedores escolares, a maternidade debe ser garantida con outras políticas de igualdade\", concluíu."}
{"ID": "NOS_34840", "summary": "A decoración da portada da igrexa de Santa María de Tomiño acusa as influencias do Románico bracarense, sobre todo no motivo da terceira arquivolta, denominado por Vasconcellos, no seu traballo sobre o Románico Portugués, \"lanças\". Este motivo podémolo ver nas portadas occidental e norte da Catedral de Braga, e noutras igrexas na súa área de influencia. Isto dota Santa María de Tomiño dunha gran singularidade, xa que nela conflúen dúas das tendencias estilísticas máis importantes do momento: Tui e Braga.", "text": "A igrexa de Santa María de Tomiño pertenceu a un antigo cenobio feminino. Situábase nun val fértil bañado polo Miño, onde se erguían diferentes mosteiros que formaban parte da nómina da Diocese de Tui, cuxa actividade se estendeu até o século XV. A súa historia non é moi coñecida. Todos os datos que temos proceden da documentación existente no arquivo da Catedral de Tui que, fundamentalmente, fai referencia ás súas propiedades. Grazas a estes documentos tamén podemos percibir a modestia do mesmo. Polo que parece, durante o seu último século de existencia non superou o número de catro relixiosas, e mesmo a súa abadesa, Dona Mariana de Soutomaior, no ano 1450, figura como abadesa tamén do de Santa Baia de Donas, no Val Miñor, segundo indica Ernesto Iglesias Almeida (1992) na súa investigación sobre o mosteiro. A data de fundación non está clara, aínda que todo parece indicar que por volta da primeira metade do século XII estaría en funcionamento. O primeiro dato documentado é do ano 1149, e fai referencia á súa abadesa Urraca de Troncoso, que ingresou no mosteiro logo de enviuvar. Moi relevante para historia do mesmo é a doazón realizada por D. Fernando II, xa no ano 1170, de Tomiño á Igrexa de Tui e ao seu bispo, ou outros datos, non menos interesantes, como os 60 soldos recibidos no ano 1199 no testamento de Urraca Fernández. Estas e outras noticias axúdannos a entender a historia e o devir do mosteiro. Este mosteiro era o prototipo dos modestos cenobios beneditinos de tipo rural, con poucas propiedades, na súa maioría dedicadas ao cultivo, amais dos muíños e casais Como é ben sabido, daquela as ordes relixiosas xogaron un papel moi importante na difusión da arte Románica e Gótica por Europa. No caso da Diocese de Tui, hai que lembrar que até ben entrado o século XV se estendía máis aló do Miño até o río Limia. Neste amplo territorio, o número de mosteiros suxeitos ás diferentes ordes, na súa maioría beneditinos e cistercienses, debeu ser cuantioso tal como se desprende da documentación conservada. Segundo apunta Margarita Vázquez Corbal, actualmente apenas se conservan restos de 32 cenobios (entre os que se contan igrexas, e outros elementos escultóricos e construtivos) espallados por toda esta área. Alén diso, pola súa especial situación territorial fronteiriza podemos, mesmo, chegar a falar dunha escola con características propias. Esta particularidade fai que encontremos exemplos como o da Igrexa de Santa María de Tomiño, na que destaca a fusión das tendencias irradiadas desde dous dos principais focos: a diocese tudense e a bracarense. Esta última é probábel que irradiase doutras construcións de igrexas hoxe portuguesas, mais daquela sitas no territorio da tudense. O mosteiro de Santa María de Tomiño pertencía á orde beneditina, que foi a que mellor asimilou aquén e alén Miño, os presupostos artísticos da Catedral de Tui nos seus edificios. Respecto disto, Margarita Vázquez fala dun estilo \"beneditino tudense\", e cobra cada vez máis forza a idea da existencia de talleres itinerantes, que traballaron nas diferentes construcións, erguidas ao longo do territorio da diocese. Só desta maneira se poden entender as grandes similitudes que existen entre elas. Este mosteiro era o prototipo dos modestos cenobios beneditinos de tipo rural, con poucas propiedades, na súa maioría dedicadas ao cultivo, amais dos muíños e casais. Actualmente só queda en pé a igrexa de uso parroquial. Ten planta dunha soa nave e ábsida rectangular con cuberta de madeira sobre trabes, ao igual que a igrexa de Santa Eulalia de Donas (Gondomar), coa que garda grandes similitudes tamén desde o punto de vista decorativo. No seu exterior destaca a portada occidental, que presenta un tímpano liso resgardado por catro arquivoltas de rica decoración floral e xeométrica, tanto na rosca como na cara interna, rematadas cun gardapó liso. Precisamente esa decoración e estrutura son as que relacionan este templo directamente coa Sé de Braga, e outras igrexas da súa influencia. Na Igrexa de Santa María de Tomiño destaca a fusión das tendencias irradiadas desde dous dos principais focos: a diocese tudense e a bracarense Na menor das arquivoltas pódese ver unha decoración de bólas e medias canas; na seguinte unha decoración vexetal ondulante; na terceira, un motivo xeométrico continuo (descrito por Vasconcellos (1918) como \"lanças\") cun remate de soga, e, na última, que está coroada por liñas de tacos, unhas rosetas inscritas en círculos. Os motivos das últimas dúas arquivoltas son os que acusan, particularmente, a influencia dos talleres bracarenses. Estas decoracións de tipo xeométrico adáptanse aos diferentes elementos arquitectónicos: arcos, cimacios ou capiteis, e teñen a súa orixe no mundo castrexo, por iso alcanzaron unha ampla difusión no norte de Portugal e no sur da Galiza. Estes arcos, que asentan sobre cimacios de decoración entrelazada, están sostidos por columnas de fuste liso e capiteis de tipo vexetal, moi estilizados e con diferentes motivos de follas. A portada e a fachada sufriron modificacións en diferentes momentos. Segundo Margarita Vázquez, non debe descartarse a posibilidade de que as xambas rematasen en cabezas de animais, como sucede noutros exemplos da zona, como Sobrada (Tomiño), Tebra (Tomiño), Pexegueiro (Tui) ou San Fins de Fiestras (Valença). A torre que podemos ver hoxe é froito dunha reforma do século XIX. Mais, ante todo, o que cómpre destacar é que o interese desta igrexa non só se centra na súa portada, senón no seu rico traballo escultórico, tanto o dos canzorros do exterior como o dos capiteis interiores, debedores dos talleres tudenses. Mentres as escenas relixiosas se situaban, normalmente, en zonas privilexiadas, os exteriores das igrexas e os lugares máis secundarios eran enfeitados con imaxes relacionadas co pecado e a luxuria, co obxectivo de lanzar unha mensaxe moralizante e pór de relevo que os comportamentos non decorosos debían quedar fóra do templo. Na fachada norte, sosteñen a cuberta dezanove canzorros de temática variada. Destacan os figurados, entre os que encontramos unha cabeza de carneiro, que adoita relacionarse coa rivalidade; unha cabeza de simio, que simboliza o mal, xa que utiliza a mesma arma que o demo: a imitación; unha cabeza de cabra, que representa a luxuria; un can que leva as patas á boca, un boi ou unha aguia coa cabeza volta. Complétase o conxunto con algúns motivos de decoración vexetal, e outros de planos superpostos. Neste mesmo lado, consérvase unha porta murada con arco de medio punto e decoración de bólas, situada nun dos muros da actual sancristía, que podería ser o que resta dunha antiga capela desaparecida que existía nas inmediacións da igrexa, dedicada a San Xoán Bautista. Ernesto Iglesias Almeida apunta a posibilidade de que fose para uso dos poucos veciños que podía haber nas inmediacións, e a igrexa do mosteiro estivese só destinada para uso das relixiosas. Esta estrutura adheriuse ao muro norte quedando á vista soamente tres dos seus canzorros: un con cabeza de cabra, outro de planos inclinados e un terceiro, moi curioso, no que se representa un home que está a soportar sobre os seus ombros un fuste de viño. Neste caso, non hai unha interpretación clara. Segundo Tobío Cendón representaría a necesidade da moderación no beber, mentres que Margarita Vázquez o relaciona coa popular actividade vinícola propia da zona. Na cara sur da ábsida quedan á vista 9 canzorros, con decoracións moi similares ás comentadas anteriormente. Neste mesmo lado, no muro da nave, outros vinte e dous canzorros forman parte do conxunto. Neles, alén do xa mencionado, atopamos outras iconografías como dúas aves peteirando nunha folla, un becerro, un que representa un réptil, neste caso relacionado coa tentación e, por último, un home bebendo dun barril, en clara alusión ao vicio e aos excesos. A porta deste lateral presenta un lintel realizado cunha lauda, que posibelmente teña que ver co sepulcro de pedra que se encontra no adro da igrexa, e que hoxe se utiliza como tarro para as plantas. Unha decoración variada No interior encontramos un espazo diáfano con cuberta de madeira e trabes sostidas por canzorros na nave; no presbiterio, unha bóveda de canón de cachotaría, de dous tramos, e, aos pés da igrexa, un coro alto de madeira. A decoración, como xa comentei, cómpre relacionala cos traballos escultóricos da Catedral de Tui. Os exemplos máis interesantes son os capiteis do presbiterio. No arco triunfal, no lado esquerdo, temos un de tipo vexetal, e no dereito un historiado, o máis coñecido da igrexa. Nel figuran tres personaxes de pé, vestidos con hábito e a cabeza toucada. As dúas personaxes dos extremos abrazan a do centro, que leva a man ao peito. Unha iconografía parecida podémola encontrar na xa mencionada igrexa de Donas. Na súa cara interna, o capitel mostra dúas figuras afrontadas, que parecen representar un híbrido de felino e simio, moi similar aos que hai na catedral de Tui. Neste caso, pénsase que o seu significado ten que ver coas bondades da vida en comunidade, e cos perigos e as tentacións que perseguen ás monxas, e como esta vida pode afastalas. A partir da súa decoración pódense estabelecer, polo menos, dúas etapas construtivas Os outros dous capiteis presentes no presbiterio tamén son de grande interese. O da esquerda mostra unha decoración entrelazada, como se se tratase de serpes con cabezas monstruosas, e o da dereita revela motivos de tipo vexetal, parecidos aos do arco de triunfo, pero neste caso cunha cabeciña que se asoma entre as follas. Un modelo tomado directamente do taller tudense, e que está presente noutros mosteiros beneditinos da diocese. A partir da súa decoración pódense estabelecer, polo menos, dúas etapas construtivas. Unha primeira que se iniciaría, como era común, pola ábsida e que iría avanzando cara aos pés, marcada pola presenza dun mestre formado ao abeiro da Catedral de Tui. E unha segunda, ben diferente, representada por un mestre relacionado coas maneiras da catedral de Braga. Do primeiro toman a labra dos capiteis e canzorros, e da segunda a decoración das súas portadas románicas. Por todo isto, a igrexa de Santa María de Tomiño é un exemplar curioso no que conflúen as dúas orientacións estilísticas, que nos revela as estreitas relacións que sempre houbo entre a zona do Baixo Miño e o Norte de Portugal."}
{"ID": "PRAZA_2289", "summary": "Luis Montes, presidente da asociación Derecho a Morir Dignamente, ofrecerá este mércores en Cangas un coloquio sobre os dereitos e garantías dos enfermos terminais.", "text": "O caso de Andrea volveu poñer sobre a mesa o debate sobre a morte digna en España. O seu caso, a pesar de que tanto os pais coma o Comité de Ética pedían a retirada do soporte vital, acabou nos tribunais e tivo que ser un xuíz o que determinase -despois de varios días- a resolución. E todo isto a pesar de que a A Lei Básica da Autonomía do Paciente establece que os usuarios poden \"decidir libremente, despois de recibir a información adecuada, entre as opcións clínicas dispoñibles\" e que tamén teñen \"dereito a negarse ao tratamento\". E a pesar de que Galicia, coma outras comunidades autónomas, conta cunha lei propia que regula os dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais. Porén, o caso de Andrea demostrou as lagoas aínda existentes neste campo en España, motivadas principalmente pola pervivencia do artigo 143.4. do Código Penal, que castiga a eutanasia e o suicidio asistido. Demostrou tamén unha posición cada vez máis maioritaria na sociedade que entende que non se debe prolongar innecesariamente a vida se isto leva aparellado un grande sufrimento. A asociación Derecho a Morir Dignamente (DMD) leva anos traballando para conseguir que se despenalicen a eutanasia e o suicidio asistido e promovendo \"o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida, e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala\". A entidade pronunciouse sobre o caso de Andrea, destacando que \"lamentablemente, o conflito entre unha familia que desexa exercer os seus dereitos e un equipo asistencial que ignora o que establece a lei e impón as súas crenzas persoais aos valores e á vontade do paciente é unha ultraxe habitual\" e criticando o \"inmobilismo dos grupos de poder fundamentalistas da sacralidade da vida, afeitos a impoñer os seus valores\". O seu presidente, Luis Montes, intervirá este mércores en Cangas, nun coloquio sobre os dereitos e garantías dos enfermos terminais organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. O acto comezará ás 20 horas no Salón de Plenos do Concello, coas intervencións de Emilia Irimia Fernández (presidenta de DMD Galicia), Carmen Nores (portavoz da Plataforma en Cangas) e o propio Luis Montes, con quen falamos. \"Este caso provocou un sufrimento colateral que se podía ter evitado, se o equipo asistencial -trala deliberación mantida coa familia ao longo do verán- tivese retirado as medidas de soporte vital\" Que valoración final fas do caso de Andrea? Este caso provocou un sufrimento colateral que se podía ter evitado, se o equipo asistencial -trala deliberación mantida coa familia ao longo do verán- tivese retirado as medidas de soporte vital. Esta foi a resolución final do xuíz e non podería ter sido outra, pois a posición da familia -rexeitar un tratamento que consideraban inútil e desproporcionado- axustábase ao dereito. Ao final o equipo asistencial, presionado por toda España, viuse obrigado a cumprir o ditame do Comité de Ética do hospital. Quero destacar a valentía e o cariño demostrado polos pais de Andrea. Por fin Andrea pode ter un descanso, que ben o merece. A valoración final é positiva. Como se podería ter evitado ese sufrimento? Como se pode evitar noutros casos? A solución pasaría por cumprir o ordenamento xurídico, que non se teña que chegar a unha xudicialización dun tema médico. Os familiares deben poder retirar o consentimento a medidas que non fan máis que ampliar o sufrimento. \"O que cambiaría de verdade as prácticas é un código penal non punitivo coa morte a petición\" Temos unha Lei de Autonomía do paciente que lle recoñece unha serie de dereitos, temos tamén en Galicia unha recente Lei de garantías da dignidade dos enfermos terminais... Ata que non se modifique o Código Penal seguiremos asistindo a este tipo de situacións? Os parlamentos autonómicos teñen unha competencia limitada neste campo e dependen dun marco xurídico máis amplo. A lei galega non pode legalizar a eutanasia nin o suicidio asistido porque o código penal as prohibe no seu artigo 143.4. O que cambiaría de verdade as prácticas é un código penal non punitivo coa morte a petición. Poderíase regular a limitación ao esforzo terapéutico, estarían claras as pautas de sedación paliativa terminal nos pacientes que o solicitaran, e dentro dun protocolo de morte a petición os pacientes de intenso sufrimento poderían pedir terminar a súa vida. A derrogación dese artigo aclararía moito máis o estado normativo desta cuestión. Cres que na vindeira lexislatura, cunha composición distinta das cámaras, se poderá mudar este artigo? Na próxima lexislatura parece que rematará o bipartidismo, parece que non haberá estas maiorías absolutas e eses rodillos. E parece, ademais, que a cidadanía quere participar e exercer a democracia. Eu son positivo sempre, e creo que vai estar sobre a mesa unha lei de dispoñibilidade da propia vida. Vai haber debate e posiblemente antes de que remate a lexislatura teremos esa lei. É unha demanda da cidadanía e os partidos van ter que aceptar ese plantexamento que temos a maioría. \"Hai que retirar dos comités de ética asistencial toda tendencia confesional que limite os avances de dereitos da cidadanía\" Que valoración fas da acción dos comités de ética? As súas decisións deberían ter máis peso? As decisións dos comités de ética non son vinculantes, pero a min cústame crer que un equipo asistencial ignore un ditame dun comité de ética e faga o que fixo o do Hospital de Santiago. Para opoñerse a un ditame do comité de ética hai que dar razóns de por que te opós. E neste caso non deron esas razóns. Os comités de ética van ter moita importancia no futuro, non só en temas relacionados coa morte digna, senón tamén en asuntos ligados ás células nai e a terapia rexenerativa. Hai que darlles máis peso ás entidades cidadás e menos a organizacións confesionais. Hai que retirar dos comités de ética asistencial toda tendencia confesional que limite os avances de dereitos da cidadanía. \"Os debates sempre son abertos polos cidadáns, coa súa coraxe, o seu protagonismo e as súas demandas. En España o debate sobre a dispoñibilidade da propia vida abriuno Ramón Sampedro\" Nos últimos anos a sociedade española avanzou no debate sobre a morte digna? Avanzouse, sen dúbida. Os debates sempre son abertos polos cidadáns, coa súa coraxe, o seu protagonismo e as súas demandas. En España o debate sobre a dispoñibilidade da propia vida abriuno Ramón Sampedro e despois continuárono Jorge León, Inmaculada Echevarría, Carlos Santos, Madeleine Z... Co seu testemuño esixiron o cumprimento dos nosos dereitos constitucionais, pois temos dereito á vida pero contra as agresións de terceiros. A vida convértese nun mal indesexable se non se corresponde coas nosas peticións. Vivir nunhas condicións de intenso sufrimento non se pode permitir. E a cidadanía é moi clara neste punto: máis no 80% quere que os médicos poidamos atender estas peticións cando se dan nun contexto de gran sufrimento. Ninguén pode obrigar a vivir a ninguén."}
{"ID": "NOS_56054", "summary": "A Plataforma en defensa da Sanidade Pública convocou para hoxe unha protesta cidadá ás 12 horas diante do edificio do Sergas, na Coruña. O pago dos medicamentos e as ambulancias non urxentes polos pensionistas son algúns dos temas que denuncian no que denominan 'contrarreforma privatizadora'", "text": "Esta fin de semana entrou en vigor o RD 16/2012, cos recortes na Sanidade pública. A Plataforma SOS Sanidade Pública considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha \"contrarreforma privatizadora\" que pretende restrinxir a atención sanitaria a un conxunto limitado de prestacións sanitarias para favorecer seguros privados complementarios. Considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha \"contrarreforma privatizadora\" Desde esta Plataforma sinálanse os puntos que, a partir de agora, rebaixarán os dereitos da cidadanía con respecto a sanidade pública: o pago polos pensionistas de medicamentos, o aumento dos pagos das receitas os demais cidadáns con problemas de saúde, a exclusión do financiamento de medicamentos de amplo uso, o pago de servizos de ambulancias non urxentes, alimentos especiais, ou a exclusión do dereito ao atención a persoas inmigrantes explotadas na economía mergullada. Concentración na CoruñaDesde a Plataforma consideran que \"hai motivos abondo\" para que a xente proteste contra estas medidas. Por iso convocaron unha concentración para hoxe ás 12 horas diante do edificio do Sergas (rúa Durán Loriga) na Coruña. SOS esixirá ao novo goberno que salga das próximas eleccións autonómicas en Galicia que anule a aplicación do RD 16/2012 como o fixo, ata agora, o Goberno do Pais Vasco."}
{"ID": "PRAZA_11744", "summary": "Nas peores horas do paso da borrasca Fabien chegou a haber uns 80.000 fogares galegos sen luz. Os datos máis recentes do Inega indican diferenzas de ata 20 horas na duración media dos cortes de luz durante os temporais entre as cidades e o rural galego", "text": "Na noite do sábado ao domingo, as peores horas do paso da borrasca Fabien por Galicia, arredor de 80.000 fogares galegos quedaron sen subministro eléctrico. A eléctrica Naturgy chegou a admitir arredor de 78.000 puntos de subministro afectados, aos que cómpre engadir os que dependen doutras empresas como Viesgo, que actúa nas áreas da provincia de Lugo onde noutrora a clientela era de Barras Eléctricas.Nas peores horas do paso da borrasca Fabien chegou a haber uns 80.000 fogares galegos sen luzAínda que o número de fogares afectados polos cortes foi descendendo durante a xornada do domingo -60.000, 44.000, 29.000 ou 17.000, foron algunhas das cifras ofrecidas pola antiga Fenosa durante a xornada-, na mañá deste luns aínda eran 4.000 os que continuaban sen luz, fundamentalmente nas provincias de Lugo e Ourense. Nalgúns casos, o corte xa duraba dous días nos que, especialmente en áreas rurais, cumpriu botar man de xeradores eléctricos e grupos electróxenos preparados nas casas, precisamente, para cando chegan os cortes que adoitan traer consigo os temporais.A antiga Fenosa defendía o pasado febreiro que realizara cuantiosos investimentos para evitar cortesCaídas de árbores e pólas sobre os tendidos e torres eléctricas estragadas polos fortes ventos son as causas máis habituais dunhas interrupcións do subministro que nos últimos días lembraron episodios anteriores como o do forte temporal de febreiro de 2017 ou o paso do ciclón Klaus, a comezos de 2009. Tras os temporais de 2017 a Xunta anunciara a apertura dun expediente informativo á antiga Fenosa -daquela, aínda baixo a marca Gas Natural Fenosa-, que aínda o pasado febreiro deste 2019 aseguraba que a súa filial Unión Fenosa Distribución (UFD) aseguraba que investira máis de 600 millóns de euros en tres anos para evitar cortes e, no caso de producírense, acurtar a súa duración.As áreas rurais, as máis prexudicadasAlén das percepcións individuais ou dos casos máis locais, si é posible medir o impacto dos cortes de luz e a súa duración. Faise a través dun índice de calidade do servizo chamado TIEPI (Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada) que mide, en horas, \"a hipotética duración da subministración referida á potencia total instalada nunha zona\", equivalente á \"suma da duración real de todas as interrupcións\" superiores aos tres minutos, explica o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).Os datos máis recentes do Inega indican diferenzas de ata 20 horas na duración media dos cortes de luz durante os temporais entre as cidades e o rural galegoAs bases de datos do Inega -aínda que cunha presentación dispar e non aberta. distinguen catro zonas para calcular o TIEPI. Urbanas (cidades de máis de 20.000 puntos de subministración eléctrica), semiurbanas (de 2.000 a 20.000 puntos), rurais concentradas (de 200 a 2.000) e rurais dispersas (menos de 200 puntos e núcleos illados, agás polígonos industriais ou residenciais). As áreas rurais son, á luz dos datos, as máis prexudicadas en episodios como os temporais que vén de sufrir Galicia.Así, atendendo á base de datos máis recente do Inega, que abrangue o período de 2003 a 2016 -non recolle, daquela, os fortes temporais de 2017- amosa como no episodio meteorolóxico máis adverso da serie, o ciclón Klaus do 2009, a duración media dos cortes de luz nas zonas rurais dispersas de Galicia achegouse ás 30 horas de duración e nas rurais concentradas estivo por riba das 20 horas. Mentres, nas cidades, o corte medio non chegou ás dúas horas.Os temporais marcan o ritmoUnha ollada a outra serie histórica dispoñible en informes do propio Inega -aínda que sen posibilidade de reutilizar os datos- permite observar unha notable mellora na duración dos cortes de luz en Galicia dende os anos 90 e ata comezos de século, cando a súa duración ficou estable. E, en calquera caso, condicionada polos episodios meteorolóxicos adversos, moi especialmente no rural. Aínda que estoutra base de datos non detalla os cortes nas zonas rurais dispersas, si permite observar como fóra das cidades os temporais marcan o ritmo. Non en van, os propios informes do Inega así o advirten para anos como o 2001 ou o 2009, marcado polo devandito ciclón Klaus. Naturgy deslocalizou recentemente a atención telefónica que ofrecía dende OurenseEstes cortes de luz son, frecuentemente, obxecto de debate político. Así, por exemplo, nos últimos días a voceira do BNG en materia de industria e enerxía, Noa Presas, censuraba que dous anos despois \"seguimos sen saber que concluíu a Xunta co seu expediente informativo\" á actual Naturgy. O propio BNG, ratifica a formación, reclamou no Parlamento sen éxito copia completa do expediente para coñecer o seu contido. A situación, lembra a parlamentaria, agravouse ademais recentemente polo feito de que a atención telefónica ás avarías xa non se realiza dende Galicia, dada a deslocalización do servizo ata agora prestado dende Ourense pola empresa Unitono.Hai unha década, tras o paso do temporal Klaus, o actual presidente da Xunta e outros cargos do PP atribuíran directamente ao Goberno galego os cortes de luz. Para os conservadores, os efectos daquel ciclón sobre a rede eléctrica e o feito de que ata 200.000 fogares quedasen sen luz eran, en última instancia, consecuencia da \"pasividade da Xunta\" e da \"ineptitude\" de quen daquela era o seu presidente, Emilio Pérez Touriño."}
{"ID": "PRAZA_18252", "summary": "As afirmacións do deputado Toni Cantó sobre unha suposta \"desaparición\" do castelán na vida pública galega son o último episodio dunha década na que os de Albert Rivera tentaron implantarse en Galicia mediante sucesivas polémica coa lingua galega no albo Doce votos de deputados por Galicia a prol de que o funcionariado poida ignorar o galego", "text": "Hai agora dez anos en Galicia comezaba o segundo curso escolar desde a entrada en vigor de o decreto 124/2007 de promoción do galego no sistema educativo, que desenvolvía de xeitp practicamente literal o estipulado para o ensino no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL) aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004, aínda con Manuel Fraga na presidencia da Xunta. Nun clima político xeral marcado pola segunda vitoria electoral do PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero e a aplicación do novo Estatut de Catalunya, en parte da prensa galega comezaron a xurdir titulares sobre unha asociación chamada Galicia Bilingüe, que prometía \"dar mucha guerra\" contra unha suposta falta de \"liberdade\" e o PPdeG virou a súa postura. O decreto, proclamaba, era a vía para \"impoñer\" o galego.Este é o marco no que fixo a súa aparición en Galicia a que daquela era unha forza política practicamente inédita fóra de Catalunya: Ciudadanos. Fíxoo na primavera de 2008 para mostrar o seu \"total apoio\" a Galicia Bilingüe fronte á \"ameaza do nacionalismo excluínte contra a liberdade\" e contra o que denominaron \"galleguización\". Pouco despois, en setembro do mesmo ano, a \"Federación Norte\" do partido volveu pronunciarse en Galicia para \"aplaudir\" un informe no que o lobby empresarial Club Financeiro de Vigo defendía a tese dunha suposta marcha de empresas de Galicia e outros problemas económicos motivados pola \"falta de liberdade\" lingüística. O informe, presentado apenas dúas semanas despois da caída de Lehman Brothers, era para Ciudadanos mostra de que o galego tornara nunha \"fronteira que dificulta actividades financeiras, económicas e comerciais\".Manifestación preelectoral Albert Rivera sumárase á manifestación contra a política lingüística da Xunta en 2008 xunto a múltiples dirixentes do PPdeG, cuxa vitoria en 2009 fora aplaudida por Ciudadanos Con este pano de fondo chegou a carreira cara ás eleccións galegas de 2009, nas que a guerra lingüística era unha das bandeiras do PP. O 8 de febreiro, ás portas da campaña electoral, Galicia Bilingüe convocou unha manifestación en Santiago contra a política lingüística da Xunta e Ciudadanos apresurouse para sumarse: \"Este é un problema nacional\", afirmara nun comunicado no que aseguraba ademais que en Galicia \"empresarios e comerciantes\" xa non eran \"libres usar a lingua que prefiran nos seus negocios\".Os grandes protagonistas daquela marcha foran algúns dos principais dirixentes do PP galego, como Alfonso Rueda, Carlos Negreira, Corina Porro ou Ana Pastor. Feijóo, de viaxe en Sudamérica, puido evitar acudir. Xunto a eles manifestouse a daquela líder de UPyD, Rosa Díez, pero tamén o presidente de Ciudadanos, Albert Rivera. Aquelas eleccións deron a maioría absoluta ao PP de Alberto Núñez Feijóo e Ciudadanos emitiu un novo comunicado: \"A chegada do PP á Xunta supuxo un avance relativo na defensa dos dereitos tan atacados por socialistas e nacionalistas\", consideraron.Guerra lingüística municipal, 'Xogo de tronos', Toni CantóDesde 2009 celebráronse dúas eleccións galegas máis. Nas de 2012 Ciudadanos non presentou candidaturas e en 2016 si o fixo, pero ficando en apenas 48.500 votos, un 3,38% do total que deixou o partido laranxa sen representación parlamentaria. O seu referente neses comicios foi Cristina Losada, xornalista colaboradora habitual de medios conservadores que nos anos álxidos de Galicia Bilingüe se mostrara abertamente favorable ás súas teses. Durante a campaña Losada mostrou serias dificultades para expresarse en público falando galego.Nas municipais C's logrou 16 edís en Galicia, algúns dos cales se lanzaron tamén á guerra lingüísticaAntes dos comicios autonómicos Ciudadanos si lograra en 2015 representación en varios concellos con algo máis de 28.000 votos. Algúns dos 16 concelleiros obtidos lanzáronse tamén á guerra lingüística, mentres que outros ignoran o asunto. Foi o caso de Ferrol, onde a súa única concelleira se estreara na política local pedindo a derrogación da normativa municipal en materia de uso do galego, vixente desde finais dos anos 90 do século pasado.Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, os de Rivera lograron un deputado pola Coruña tras unha campaña na que os seus candidatos chegaran a fuxir dos xornalistas para non ter que responder preguntas sobre as súas propostas concretas para Galicia. Unha de esas elas chegou nun mitin na Coruña, onde o partido laranxa suxeriu que Galicia sería un bo escenario para a serie Xogo de Tronos. A iniciativa propúxoa Marta Rivera de la Cruz, escritora nada en Lugo, candidata de C's ao Congreso por Madrid e actual deputada. Rivera de la Cruz, como Losada, protagonizara varias polémicas na década anterior porque, desde o seu punto de vista, fora marxinada en Galicia por mor de non escribir nin expresarse habitualmente en galego.Toni Cantó puxo voz á última batalla idiomática de C's para reclamar que o funcionariado non teña que coñecer galego, euskera ou catalán para traballar onde se falan estes idiomas Rivera de la Cruz, precisamente, descendeu outra vez á area lingüística nas últimas semanas. Fíxoo para defender ao tamén deputado de C's Toni Cantó, encargado de defender no Congreso unha proposta para impedir que o funcionariado deba coñecer galego, euskera ou catalán para traballar nas comunidades onde son falados estes idiomas, que non saíu aprobada malia ao apoio do grupo do PP. As teses de Cantó sobre unha suposta \"desaparición\" do castelán en determinados ámbitos da Administración e a vida pública galega suscitaron, a partes iguais, hilaridade e indignación entre políticos, colectivos de defensa do galego como A Mesa e usuarios de redes sociais.No marco desta polémica Cantó xustificou a súa postura cun artigo publicado polo xornal La Voz de Galicia ante o que regresou a controversia, pero tamén as mofas a través das redes. Neste contexto Rivera de la Cruz utilizou a súa colaboración habitual con outro diario, o lucense El Progreso, para adherirse ás teses do seu compañeiro. \"Toni Cantó tiene razón\", afirmou para defender ao deputado fronte ao \"ejército de odiadores\" ao que alcuma como \"talibanciños\". O problema, considera, é a \"imposición lingüística\", pero tamén os \"complexos\" do PP galego. Segundo os datos oficiais máis recentes, o uso do galego está en obvio retroceso, especialmente entre as xeracións máis mozas."}
{"ID": "NOS_3139", "summary": "Os apupos ao rei Felipe e a presidente do goberno, Mariano Rajoy, as pancartas que recordaban ás autoridades españolas a súa participación no comercio mundial de armas e unha inmensa expresión de solidariedade coas vítimas dos atentados do 16 de agosto definiron a manifestación que baixo o lema No tinc por (Non teño medo) recorreu o centro de Barcelona esta tarde.", "text": "\"Non imos consentir que nos humille nin que nos venza o terrorismo. Porque cando eles golpean, en vez de dividirnos atópannos máis unidos que nunca na defensa da liberdade e a democracia desde nosa diversidade de culturas e crenzas\" , advertiron Rosa Maria Sardà e Míriam Hatib, encargadas de ler o manifesto que puxo o ramo á marcha, informa o xornal NacióDigital. Foi unha marcha case en silencio, desde os xardíns de Gracia até a praza Cataluña, miles de persoas detrás dunha soa pancarta: Non teño medo. Miles de barceloneses saíron a rúa para mostrar a compaixón coas vítimas e un rexeitamento do terror. Tamén para dar unha lección de dignidade. As autoridades a un lado, as principais, como o rei Felipe VI ou o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, abertamente contestadas pola xente con berros de \"fóra! fóra!\". Carles Puigdemont, presidente da Generalitat, e a alcaldesa Ada Colau acompañaron ao Xefe do Estado e ao Presidente do Goberno mentres se dirixían a pé cara a cabeceira da manifestación entre a repulsa da xente. As autoridades situáronse detrás dos representantes dos servizos de emerxencia e corpos de seguridade que levaron a pancarta. Cidadáns con esteladas e carteis con diferentes lendas alusivas á paz e a convivencia entre culturas marcharon detrás. Tamén unha gran pancarta cunha mensaxe para as autoridades: \"As vosas políticas, as nosas mortes\" e cidadáns portando retratos do exministro de Defensa, Pedro Morenés, do rei de Arabia, de Felipe VI, de Aznar, de Blair ou de George W. Bush. \"Barcelona clama contra o terror e o cinismo do rei e do PP\" titula a esta hora o decano dos dixitais cataláns, Vilaweb, unha crónica na que subliña o contraste entre os aplausos das veciñas e veciños aos integrantes dos Mossos d'Esquadra e da Guárdia Urbana e os berros contra o rei e Rajoy aos que, indica o xornal, \"numerosas pancartas acusaban de traficar con armas e manter complicidades cos réximes que dan soporte aos grupos xihadistas\". Na marcha tamén tomaron parte varios representantes políticos galegos, como o presidente da Xunta, Núñez Feijoó, os alcaldes da Coruña e Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, e líderes políticos como Carmen Santos ou Yolanda Díaz, mentres o BNG estivo representado polo seu grupo de militantes en Cataluña. A manifestación, convocada pola plataforma Lafede.cat que reúne a 112 colectivos xunto a outras organizacións como o Ómmiun, era a primeira da democracia na que participaba Felipe VI, que foi obxecto directo das críticas mesmo polos promotores da convocatoria. \"O problema non é só o terrorismo, senón a venda de armas, os acordos con países que fomentan o fanatismo. E iso non podemos combatelo con represión soamente, senón impulsando a paz, a convivencia e os dereitos humanos\", declarou a NacióDigital Tono Alvareda, presidente de Lafede.cat."}
{"ID": "NOS_145", "summary": "As propostas do BNG, En Marea e PSdeG procuran reorientar por volta de 2.000 millóns de euros.", "text": "\"O PP non vai aplicar o rolete\". O portavoz parlamentar do Partido Popular, Pedro Puy, manifestábase nunha entrevista así de rotundo no inicio desta lexislatura e afirmaba que no período que se abría ían aplicar o diálogo. Esta segunda feira, na que hai o debate de totalidade no Parlamento galego dos orzamentos 2017 e da Lei de Acompañamento, vai ser unha boa oportunidade para tomar o pulso ao compromiso que Puy expresara en outubro. De comezo, o PP xa deixou claro que ía rexeitar as emendas de devolución. O debate, pois, vaise a dar nas nomeadamente en torno ás emendas ao estado de gastos e acompañamento (lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación que acompañan as contas). Como informa Europa Press, son por volta dun milleiro de emendas Desde o BNG rexistráronse máis de 300 emendas, ás que hai que sumar as perto de 60 a 2 anexos. Os nacionalistas propoñen reorientar uns 900 millóns de euros para que se destinen a política social, emprego ou servizos públicos. O plan retorna (para favorecer a volta dos mozos que tiveron que emigrar) ou o resgate do Hospital Álvaro Cunqueiro, son aslgunhas das propostas, así como establecer un plan galego contra a violencia de xénero, que se dote economicamente. Tamén apostan en habilitar unha partida de 12 millóns de euros encamiñada a financiar unha renda de garantía social, ben como outro fondo de por volta de 4 que se dirixa a atender os casos de exclusións social máis urxentes. A respecto dos sectores produtivos, os nacionalistas queren que se destinen 55 millóns de euros a un Plano de Industrialización, 30 para financiar actividades pesqueiras e 40 para o o medio rural. Un cento de emendas foron as presentadas por En Marea ao documento de Orzamentos 2017. Afectan a uns cincocentos millóns de euros. O grupo parlamentar de Luis Villares pon sobre a mesa propostas como a de destinar 15 millóns de euros a un plan de emerxencia contra a precariedade laboral, ou ben destinar ao ensino público cartos que se dirixen a concertos coa privada, algo que tamén propoñen facer na sanidade. O deputado Manuel Lago considerou que os orzamentos elaborados polo PP \"son restritivos, contrarios á economía e antisociais\". Do incremento de 259 millóns previsto, 185 destinaranse a \"pagar o que a Xunta lle roubou antes aos empregados públicos\". \"Por tanto, redúcense en termos reais e iso convérteos nunha das razóns que explican o forte retroceso da economía e, por tanto, do emprego\", advertiu. O PSdeG rexistrou 600 emendas. Son uns 600 millóns de euros os que coas mesmas queren reorientar a campos como o emprego, o I+D ou recuperar servizos públicos. Piden incrementar os ingresos ao tempo que reducir os gastos. A respecto deste último aposta en reducir salarios de altos cargos e publicidade."}
{"ID": "NOS_17202", "summary": "Máis de 200 profesionais do sector no Ribeiro tomaron parte na asemblea para demandar unha liña de axudas directas para paliar as perdas.", "text": "Ribadavia acollerá o vindeiro sábado, 13 de maio, unha manifestación de viticultores do Ribeiro para denunciar o que entenden que é un \"abandono\" e \"falta de apoio\" da Xunta após as xeadas que xeraron perdas millonarias no sector. Así se acordou nunha asemblea, segundo informa Unións Agrarias nun comunicado, e na que tomaron parte máis de 200 viticultores. Os produtores reclaman axudas directas ás explotacións afectadas pois estamos perante un \"problema de primeira magnitude\" e que \"que leva por diante un sector en catro denominacións -O Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra- polo que a primeira opción pasa por indemnizar aos agricultores por metro cadrado de viña danada, de maneira similar a como se fixo en 2016 na Ribeira Sacra cando a saraiba arrasou a subzona de Sober\". No comunicado, cualifica de \"escusa pobre o manifestado respecto diso pola conselleira, xa que non se ampara na legalidade, posto que se poden trasladar axudas directas de ata 15.000 euros por explotación\". Por iso pide á Consellería do Medio Rural \"que recapacite e indemnice os afectados, e se non se pode compensar por quilo de uva, que se faga por metro cadrado, como se fixo na Ribeira Sacra\"."}
{"ID": "NOS_52008", "summary": "A primeira lei do taxi galega permitirá aos profesionais do sector prestar os seus servizos de transporte en varios municipios se cumpren unha serie de requisitos e limitará o número de licenzas vixentes.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, adiantou ao termo da reunión semanal do seu Executivo, que a nova normativa do taxi prevé que nas cidades con máis de 150.000 veciños (Vigo e A Coruña) será dun vehículo por cada 900 habitantes. Así mesmo, nos concellos cunha poboación igual ou inferior a 20.000 habitantes, estipúlase unha licenza de taxi por cada 1.500 habitantes, cun mínimo de dous por municipio. O sector conta agora mesmo con 4.000 traballador@s na comunidade e xera un \"impacto\" na economía galega de 160 millóns de euros. Ademais, existen en Galiza 138 vehículos dedicados á actividade de arrendamento con condutor e xestionados por 18 empresas. O sector conta agora mesmo con 4.000 traballador Na nova norma, ademais de dar \"seguridade xurídica\" ao sector ao \"harmonizar\" os requisitos para recibir unha licenza e \"limitar\" o seu número, incorpóranse outras novidades como a posibilidade de traballar, de forma \"voluntaria\", en áreas de prestación conxunta. Para poder facelo, necesitarase un informe favorable de \"os dous terzos\" dos concellos que a integren e que esta porcentaxe sexa equivalente, polo menos, ao 75 por cento da poboación da área.Ademais, a nova lei propón habilitar un único número de radiotaxi para toda Galiza e buscar \"unha única imaxe de calidade\" na comunidade. Esta imaxe \"única e recoñecíbel\" tería \"bos\" efectos para os propios taxistas e os usuarios do servizo, a xuízo do xefe do Executivo autonómico. Do mesmo modo, o texto lexislativo aspira a \"mellorar a accesibilidade\" a persoas con mobilidade reducida ou que sofren algún tipo de minusvalidez. Segundo Feijóo \"deberán dar servizo preferente ás persoas con mobilidade reducida e prevese a implantación progresiva de taxímetros que emitan sinais perceptibles por persoas con minusvalideces visuais e auditivas\", concretou o presidente."}
{"ID": "PRAZA_4824", "summary": "Ao redor de corenta mil persoas manifestáronse este venres en Vigo convocadas por SOS Sanidade Pública, unha marcha que este venres se repetirá en Pontevedra. Criticáronse os recortes, a \"discriminación\" desta área sanitaria e demandouse un novo hospital, cun financiamento \"100% público\".", "text": "\"Estamos fartas e fartos de que o raposo esté a cargo das galiñas e que traballe a favor de intereses privados preparando súa porta xiratoria ante un cese que chegara antes que tarde, para intentar salvar o presidente. O presidente Núñez Feijoo é o culpable, o aprendiz de bruxo da xestión sanitaria e é o obxectivo de esta manifestación. Ou cambia a súa política co Sur de Galicia ou sairá pola porta que as e os profesionais e o pobo de Madrid teñen aberto\". Deste xeito pechábase o manifesto lido este xoves pola noite ao remate da gran manifestación \"contra o demantelamento da sanidade pública\" que percorreu as rúas de Vigo. \"O presidente Núñez Feijoo é o culpable. Ou cambia a súa política co Sur de Galicia ou sairá pola porta que as e os profesionais e o pobo de Madrid teñen aberto\" Ao redor de 40 mil persoas acudiron á convocatoria de SOS Sanidade Pública para protestar contra os recortes na sanidade pública, \"a perda de calidade asistencial pola reasignación de pacientes\" e a \"descapitalización\" da área sanitaria de Vigo, Pontevedra e O Salnés, tras a nova ordenación na que estas dúas últimas comarcas pasan a ter como centro de referencia Compostela, no canto da cidade olívica, unha medida que para SOS Sanidade Pública \"non persegue mais obxectivo que a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago, a expensas do detrimento do de Vigo\". Tamén se esixiu a finalización do concerto con Povisa e que o novo hospital público da cidade teñan un financiamento \"100% público\". Ao redor de 40 mil persoas acudiron á convocatoria de SOS Sanidade Pública para protestar contra os recortes na sanidade pública, \"a perda de calidade asistencial pola reasignación de pacientes\" e a \"descapitalización\" da área sanitaria de Vigo, Pontevedra e O Salnés A marcha partiu ás oito da tarde da Praza de España e tardou 45 minutos en chegar á Porta do Sol, onde se leu o manifesto final. A mobilización foi apoiada por todos os partidos políticos agás o PP, e na súa cabeceira, ademais dos representantes sindicais e doutras entidades que conforman a Plataforma SOS Sanidade Pública, puido verse a portavoz do PSOE no Congreso, Soraya Rodríguez, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e outros representantes e cargos de AGE, PSdeG-PSOE, CxG ou BNG. Ademais da faixa principal, metros máis atrás aparecían tamén outras, correspondentes por exemplo á xunta de personal do Chuvi, a xunta de personal de Galaria e a plataformas comarcais en defensa da sanidad pública. O manifesto, lido por Manuel Martin, voceiro de SOS Sanidade Pública, fixo fincapé na reordenación decidida pola Consellaría de Sanidade, que divide Galicia en tres grandes áreas sanitarias (A Coruña, Compostela e Vigo), e que lle recorta a Vigo unha cuarta parte da súa poboación de referencia. O argumento empregado pola Xunta para a adscrición de Pontevedra e O Salnés a Compostela é a redución das listas de espera na cidade olívica, pero os manifestantes reclamaron investimentos, a fin dos recortes e a habilitación de novas infraestruturas para mellorar a atención sanitaria e reducir as listas de espera da primeira urbe de Galicia. \"Subtraenlle aos Hospitais de Vigo áreas tecnolóxicas vitais, recursos humanos, a dotación tecnolóxica que os acompaña e afectará a calidade dos servizos prestados, o que demostra a continuada actitude da administración de infradotar a área viguesa. O Sur de Galicia nunca quixo nada mais que o que outras teñen pero non vai permitir que os xustos froitos do esforzo da súa cidadanía e da súa contribución económica a Galicia sexan subtraídos con esta nova agresión\", denunciaba o texto. O manifesto tamén destacaba o inicio \"dun movemento de denuncia e loita, agora estendido xa por toda Galicia e tamén ao resto do Estado como a vitoria da marea branca madrileña demostra\". E sinalaba que a paralización da privatización dos hospitais madrileños \"é unha gran vitoria que celebramos enviando as e os profesionais e ao pobo de Madrid a nosa máis cordial noraboa porque pararon unha política que pretendía acabar coa sanidade pública primeiro alí, pero máis tarde, pouco a pouco, en todo o Estado, como a pertinaz política da Xunta demostra\" Tamén se volveu reclamar a construción dun novo hospital público, pois doutro xeito, Vigo \"terá un hospital privatizado, encollido, con insuficientes recursos profesionais e tecnolóxicos para atendernos xa na actualidade, non falemos do futuro, tal como convén ao hospital privado, POVISA, que parasita e chantaxea dende a su apertura, fai décadas, á nosa Sanidade Pública\". Os colectivos en defensa da sanidade pública están preparando unha mobilización a nivel galego para o vindeiro xoves 27 de febreiro Este venres 14 de febreiro está convocada en Pontevedra unha nova manifestación, con demandas idénticas á deste xoves en Vigo. A marcha partirá ás oito da tarde da Praza da Ferraría. De igual xeito, os colectivos en defensa da sanidade pública están preparando unha mobilización a nivel galego para o vindeiro xoves 27 de febreiro."}
{"ID": "NOS_46394", "summary": "Chaman á mobilizacións e á desobediencia para garantir o dereito a votar nesa xornada fronte os intereses \"das forzas conservadoras do Estado e das elites españolas e catalás\".", "text": "CUP e outras organizacións da esquerda independentista catalá - SEPC, Arran, Endavant, COS e Alerta Solidària – presentaron a campaña de cara ao referendo do 1 de outubro, unha campaña que baixo o lema \"Escombrem-los!\" (Varrámolos!) presenta un mapa dos Países Cataláns cunha rapaza que vasoira en man varre fóra do territorio Artur Mas, Jordi Pujol, Mariano Rajoy, Aznar, José María Aznar, Filipe VI, Florentino Pérez ou o toureiro Juan José Padilla, entre outros. O referendo non trá lugar senón hai mobilización popular e desobediencia ao Estado español, indica a esquerda independentista, que sitúa as votacións do 1-O como un paso para abrir un proceso constituínte do que naza a \"República dos Països Catalans socialista e feminista\". A campaña presentouse diante da Cámara de Comercio de Barcelona, un \"espazo de poder económico e político\" a combater. No acto tomaron a aplabra Mar Ampurdanès (Arran) e Laura Gisbert (SEPC), e contou coa presenza das deputadas da CUP Anna e Mireia Vehí. Gráficamente, este cartaz de campaña inspírase nos pósteres clásicos soviéticos, en concreto nun no que aparece Lenin varrendo zarismo, burguesía e a igrexa."}
{"ID": "PRAZA_12762", "summary": "Mentres Pulcinella #nohandejadonada e Arlequino #vanaportodo andan envurullados no reparto da culpa, a min, alguén extraordinariamente taladrada co sonsonete da escusa diaria pola herdanza recibida, só me inquieta non poder deixar tras de min un bálsamo cicatrizante a tanta ferida aberta ao enorme colectivo #cadadíavivimospeor", "text": "Sosteño que o mundo se divide en enunciados dos que che dan a vida ou dos que pola contra contribúen a matarte un pouco máis cada día. No primeiro grupo viña destacando un con forza, polo menos até o de agora. Un especialmente recorrente nas tertulias e espazos programados para o debate (canto faltará para que os mercados aproben a proxección dun reality 24 horas sobre 24 horas sobre o xénero do debate máis alá daqueles centrados no fútbol, no chachareo ou no adoutrinamento pseudopolítico a partir da descualificación?). Eran apenas dúas palabriñas: \"Falta pedagoxía\". Fal pedagoxía: Algo así como unha medida social de difícil transmisión pero cun contido latente de amplo e positivo espectro Podo –podía─ andar ás minchas que así que escoitaba iso de \"Falta pedagoxía\" dispoño –dispúñame─ a prestar especial atención porque sabía estar escoitando ou lendo un resorte que viña a enfatizar algo importante. Algo así como unha medida social de difícil transmisión pero cun contido latente de amplo e positivo espectro. Supoño que o inconsciente aínda me traizoa coa nostalxia dun pasado próximo, dunhas cadencias de ritmos interiorizados durante décadas de benestar relativo que agora desaparecen, porque todo isto era na altura na que nos queriamos socialdemócratas ou algo similar. Así que cando nestes días escoito ou leo nos medios encargados de transmitir os sapos do réxime inquisitorial do neo-reformatorio a benquerida \"falta pedagoxía\" sinto como a traizón é dobre. Cando nestes días escoito ou leo nos medios encargados de transmitir os sapos do réxime inquisitorial do neo-reformatorio a benquerida \"falta pedagoxía\" sinto como a traizón é dobre. Dobre por saber que son os que agora invocan a pedagoxía para xustificar o inexplicábel os que máis e mellor están a defender un bucle absurdo entre o \"Letra con sangre entra\" Goyesco e un atroz \"We don't need no education\" (nin sanidade) (nin cultura) (nin autonomías) (nin televisións e medios públicos [plurais]) (nin dereitos). Para que? Ji, ji, ju, ju que guai que cando che saquen a fotografía onde pasas outra navallada de a venres para que os de sempre digan que aplauden as medidas da DESMEDIDA© os asesores pedíronche que por favor sorrises coa seguridade do deber cumprido (?) a xogo co bótox desa estraña beatitude inquebrantábel marca da casa. Agardemos tan sequera que xa que o paquete de solucións que nos amose a luz ao fondo do túnel ha de vir de México lindo, Slim e Vázquez Raña mediante, canda menos non inclúa os elementos propagandísticos colaterais. O caso é que sospeito que a escalada de despropósitos argumentativos para endereitar a ese \"furcionariado\" que só \"le xornais e toma cafeses\" e a eses xubilados aos que se lle pide un pequeno esforzo O caso é que sospeito que a escalada de despropósitos argumentativos para endereitar a ese \"furcionariado\" que só \"le xornais e toma cafeses\" e a eses xubilados aos que se lle pide un pequeno esforzo cunha pensión que seica reciben en cuncas de café de catro a catro (que zuna lles entrou co café… estaremos xa nas mans do Tea Party?) non haberá de quedar na tasca. Creo que xa logo haberá de vir a obsesión coa orde e a hixiene así que cando veñan facer xabón cos restos deste pelelliño pido por favor garden algún fondo reservado no Bundesbank para asegurar boas reservas de Aloe Vera. Preocúpame que estas febras poidan resultar correúdas en fel con tanta entronización do delirio: élles o que ten alimentar á plebe con dieta única de sopas de burro canso e vinagre diario. Mentres Pulcinella #nohandejadonada e Arlequino #vanaportodo andan envurullados no reparto da culpa, a min só me inquieta non poder deixar tras de min un bálsamo cicatrizante a tanta ferida aberta ao enorme colectivo #cadadíavivimospeor Mentres Pulcinella #nohandejadonada e Arlequino #vanaportodo andan envurullados no reparto da culpa, a min, alguén extraordinariamente taladrada co sonsonete da escusa diaria pola herdanza recibida, só me inquieta non poder deixar tras de min un bálsamo cicatrizante a tanta ferida aberta ao enorme colectivo #cadadíavivimospeor. Iso e que aínda ninguén propoña unha unión de intereses comúns entre os países periféricos ao CDU de Dona Merkel porque a este paso podemos acabar sendo o cento e a nai ou que alguén diga que da era do neoabsurdo mal chamado surrealismo polos hiperrealistas do fracaso intolerantes coas curvas do inconsciente só se sairá cando se lle poñan nomes e apelidos a esa entelequia coñecida como Mercados que tan só bota macrocifras por fóra para pretender rotundidade no espellismo. Na banlieau quelqu'un m'a dit que a corrosión do óxido todo o salfire. As ovellas cada segundo que pasan estamos máis e máis negras de preocupación, de fartura. Puidese ser que algún día nos declaremos por fin insubmisas no beo. Comezamos a cansar de tanto ter que aturar o discurso único por e para as Bla Bla Black Sheep."}
{"ID": "PRAZA_2225", "summary": "Nos orzamentos de 2009 algo máis de 7.000 millóns estaban destinados a funcións sociais, que neste 2015 ficaron un chisco por riba dos 6.000. Sanidade e Educación sufriron cadanseus recortes superiores aos 300 millóns de euros.", "text": "Tras o pau sufrido polo PPdeG nas pasadas eleccións municipais, co peor resultado nuns comicios locais en Galicia dende que existe o partido, os conservadores lanzáronse a anunciar toda unha batería de medidas no ámbito social, algunhas destinadas a paliar recortes aprobados e aplicados polo propio PP. Prevención dos desafiuzamentos, redución do copagamento farmacéutico, recuperación parcial do préstamo dos libros de texto ou a creación dun órgano de seguimento do denominado Plan social contra a desigualdade económica foron algúns dos anuncios que acompañaron os primeiros compases dun 'xiro social' que, para traducirse orzamentariamente, precisaría dunha inxección de 1.000 millóns de euros que dificilmente poderán chegar. Os primeiros acenos sociais cos que o gabinete de Alberto Núñez Feijóo tenta recuperar posicións cara á transcendentais citas electorais que veñen foron solemnizados o pasado luns coa posta en marcha da nova estrutura do Goberno, que inclúe a disolución dunha das fusións de consellerías aprobada en 2009 e o nacemento do departamento de Política Social, con José Manuel Rey Varela á fronte. Segundo o presidente, tomou a decisión de reforzar o \"eixo social\" porque, \"aínda que a crise comeza a ser pasado para algunhas persoas, aínda non é cousa pretérita para moitas galegas e galegos\". Por iso, asegura, \"creamos unha nova conselería dedicada con carácter exclusivo á atención daquelas persoas que ven a recuperación soamente nos xornais\". Nos orzamentos de 2009 algo máis de 7.000 millóns estaban destinados a funcións sociais, que neste 2015 ficaron un chisco por riba dos 6.000 Ás portas do derradeiro debate de política xeral da lexislatura e, sobre todo, da tramitación dos derradeiros orzamentos do mandato, unha ollada cara a atrás permite concluír que os incrementos que poida xestionar Rey Varela non poderán, segundo os datos que manexa a Xunta, chegar ao grao de investimento que o PP atopou ao retornar ao poder. Tras tomar posesión Feijóo tivo entre mans o orzamento aprobado pola coalición de PSdeG e BNG, con máis de 11.000 millóns de euros de capacidade de gasto dos que algo máis de 7.000 estaban reservados para funcións sociais, segundo datos da Consellería de Facenda. As últimas contas públicas en vigor, as de 2015, contaron cun 14% menos de fondos nestas partidas, que se traduciron nunha redución de algo máis dos devanditos 1.000 millóns de euros. Atendendo aos libros orzamentarios deses dous exercicios, é posible observar que as sete funcións que poden ser incluídas dentro do investimento social sufriron reducións, aínda que non todas coa mesma intensidade. No eido sanitario, o departamento que xestiona un maior volume de recursos públicos de toda a Xunta, a caída foi de máis de 370 millóns de euros. En Educación o Goberno galego recortou por riba dos 350 millóns e en promoción do emprego, máis de 200. Sanidade e Educación sufriron cadanseus recortes superiores aos 300 millóns de euros En funcións orzamentariamente máis modestas como vivenda, a tesoirada foi de algo máis de 40 millóns de euros, recorte semellante á da función de \"outros servizos sociais comunitarios\". Outra partida, a de cooperación ao desenvolvemento, foi reducida á mínima expresión, pasando de máis de 11 millóns en 2009 a pouco máis de 4 en 2015. Mentres, a función de acción e promoción social foi a que menos sufriu, cun recorte un chisco superior aos 300.000 euros. A recuperación dos 1.000 millóns de euros perdidos non se producirá, en ningún caso, nas contas de 2016. É posible realizar este prognóstico porque, aínda que o trámite parlamentario dos orzamentos aínda non comezou, si foi aprobado xa o teito de gasto para o ano 2015. O Goberno galego prevé poder gastar o vindeiro exercicio 438 millóns máis que no presente, polo que, aínda que todos eses fondos fosen parar a funcións sociais, o 'xiro social' reporía, en termos orzamentarios, pouco máis dunha terceira parte do que foi recortado durante os anos de crise económica."}
{"ID": "NOS_15287", "summary": "\"Intentaremos facer unha Maruxaina segura\", asegurou o alcalde de Cervo, para despois de advertir que \"non hai que baixar os brazos e seguir traballando neste sentido\".", "text": "A festa da Maruxaina, que decorrerá o vindeiro sábado 13 de agosto no concello de Cervo, contará con \"máis seguridade\" que as edicións anteriores, segundo adiantou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares. O caso da Maruxaina agrávase coa gravación de relacións sexuais O obxectivo do aumento dos efectivos de seguridade é intentar evitar que se repita o ocorrido en 2019, cando alguén, aínda descoñecido, gravou 87 mulleres ouriñando e algunhas parellas mantendo relacións sexuais, todo isto sen o seu consentimento. Moitas das imaxes remataron colgados en varias páxinas web pornográficas. O rexedor de Cervo asegurou que se despregará un maior operativo para ese día, facendo especial fincapé en que \"como todos os anos\" hai eventos neste municipio, pero que este \"é, probabelmente, o máis multitudinario, o que máis xente reúne\". Unanimidade no Parlamento: Gravacións como as da Maruxaina pasan ser violencia machista \"Agora xa case pasou a pandemia, están a recuperarse aqueles tempos de antes. Espérase, por tanto, máis xente e espérase moitas persoas con ganas de festa e de vivir a Maruxaina\", sinalou. Necesidade do dispositivo O alcalde argumentou que \"é máis que necesario estabelecer\" este dispositivo. Neste sentido, aínda queda pendente unha reunión da Xunta Local de Seguridade \"para ver os distintos medios de seguridade que se van a dispor para ese día\". A valedora pide \"perspectiva de xénero\" na habilitación de aseos públicos para evitar episodios como na Maruxaina Os efectivos de vixilancias estarán compostos polos \"corpos de seguridade do Estado español e tamén polos membros do Concello de Cervo, xa sexa a través da Policía Local ou dos GES\". \"Intentaremos facer unha Maruxaina segura\", asegurou Villares, para despois de advertir que \"non hai que baixar os brazos e seguir traballando neste sentido\". Declaran 20 novas vítimas da Maruxaina Tres anos despois de que se producisen as gravacións das mulleres, a investigación que leva un xulgado de Viveiro continúa, neste caso coa toma de declaracións das vítimas."}
{"ID": "PRAZA_10492", "summary": "A CIG detalla \"ameazas e extorsións\" e \"situacións de acoso\" por parte da empresa ás persoas que se presentaron ás eleccións sindicais, nas que por primeira vez concorre a central nacionalista. Denuncia que mesmo un dos traballadores foi despedido ao negarse a retirar a súa candidatura", "text": "O pasado verán as denuncias sindicais, confirmadas pola Seguridade Social e Inspección de Traballo, obrigaron a Coren a integrar no seu cadro de persoal a 1.350 falsos autónomos. Estes falsos autónomos levaban anos realizando as súas funcións a través de Servicarne, unha falsa cooperativa que recibe encargos de matadoiros e empresas de procesado de carne de todo o país. Este pasado mes de maio o Ministerio de Traballo confirmou que Servicarne é unha falsa cooperativa.A CIG detalla \"ameazas e extorsións\", \"situacións de acoso\" e \"prácticas mafiosas\" por parte da empresaDespois de que as denuncias da CIG e doutros sindicatos forzasen á empresa ourensá a recoñecerlles os seus dereitos laborais a estes traballadores, agora a central nacionalista denuncia que Coren está tentando evitar que presente candidaturas por ves primeira nas eleccións sindicais que se deben celebrar este mes de xullo. A CIG detalla \"ameazas e extorsións\", \"situacións de acoso\" e \"prácticas mafiosas\" por parte da empresa, que estaría a chamar \"unha por unha e de xeito individual a cada unha das arredor de medio cento de persoas que integran a candidatura da CIG para manter xuntanzas que duran até tres e catro horas, co obxectivo de que renuncien a presentarse pola central e opten por facelo na candidatura que promove a empresa e que é a única con representación no comité\".Segundo a CIG, a empresa está a ofrecer \"melloras nas condicións laborais\" aos traballadores que renuncien á candidatura e, no extremo contrario, castigos e ameazas a quen se negue. De feito, denuncian que un dos traballadores foi despedido por este motivo. Praza.gal púxose en contacto coa empresa para coñecer a súa versión dos feitos, sen obter resposta.Coren \"baixo ningún concepto quería que a CIG tivese candidatura, polo que comezaron coas ameazas verbais dicíndonos que era mellor que nos presentaramos pola candidatura da empresa\"O empregado compareceu hai uns días en rolda de prensa para explicar a súa situación, detallando que foi despedido dous días despois de manter unha xuntanza con representantes da empresa, que lle esixiran que renunciase a presentarse ás eleccións sindicais. \"Cando pasamos a formar parte do grupo entendemos que era o momento de comezar a traballar para ter unha representación sindical digna co obxectivo de lograr melloras laborais\", dixo o afectado.Coren \"baixo ningún concepto quería que a CIG tivese candidatura, polo que comezaron coas ameazas verbais dicíndonos que era mellor que nos presentaramos pola candidatura da empresa; ante a miña negativa chegan incluso a ofrecerme mellorar as miñas condicións laborais, pero como me sigo a opoñer optan por despedirme dous días despois da reunión\", engadiu.A CIG anunciou a posta en marcha dunha campaña \"contra a represión sindical\". Ademais de recorrer xudicialmente a rescisión do contrato convocaranse protestas e faranse repartos informativos. E, así mesmo, levarase a cabo unha concentración diante do establecemento de Coren na rúa Eulogio Gómez Franqueira dous días antes do acto de conciliación polo despido, previsto no SMAC para o día 11.\"Estamos fartos/as da impunidade coa que actúa Coren e da falsa imaxe pública que se obsesiona por cultivar de que é un modelo de creación de emprego e de desenvolvemento, cando é exemplo de precariedade, explotación, clientelismo, caciquismo e represión\", sinalou Paulo Carril.O sindicato lembra que a pesar da integración teórica dos antigos falsos autónomos, a súa igualdade de dereitos laborais está aínda lonxe\"Vai haber candidatura\", subliñan dende o sindicato, que sinala que contan \"cun amplo grupo de compañeiros e compañeiras que saben o que se xogan, que se arriscan e que se presentan por parte da CIG\" e que \"vendo o que está pasando e as prácticas mafiosas da empresa, os traballadores están reafirmados na súa escolla\". Durante anos estes \"falsos autónomos\" sufriron unhas condicións laborais \"de escravitude\": \"Sen horario fixo, sen salario mínimo, sen cobrar as baixas, sen vacacións nin permisos, baixo ritmos salvaxes, con enfermidades profesionais sen recoñecemento e con represión laboral e sindical\", detalla a central. O sindicato lembra que a pesar da integración teórica dos antigos falsos autónomos, a súa igualdade de dereitos laborais está aínda lonxe. Recoñecemento de antigüidade, aspectos de seguridade e outros elementos salariais, de vacacións e de días libres, están entre as demandas da central."}
{"ID": "NOS_29078", "summary": "O ex-presidente da Generalitat Jordi Pujol renuncia aos cargos honoríficos en CDC e CIU e ás súas prerrogativas pola súa condición de ex mandatario do goberno catalán. Pujol tería tomado a decisión en conversa con Artur Mas antes de dar a coñecer que mantiña unha fortuna en paraísos fiscais.", "text": "A sexta feira, nun encontro co presidente da Generalitat Artur Mas previo a darse a coñecer que o ex-presidente mantiña unha fortuna en paraísos fiscais, Pujol teríalle anunciado a súa vontade de renunciar aos cargos honoríficos en CDC e CIU, máis ás prerrogativas das que goza súa condición de ex-presidente do goberno catalán. O propio Artur Mas fixo pública a decisión de Pujol nunha conferencia de imprensa que se desenvolveu esta terza feira no Palau da Generalitat na que sostivo que o seu antecesor lle tería comunicado a decisión nun encontro que tivo lugar antes de dar a coñecer publicamente a noticia de que tiña unha grande cantidade de cartos ocultos durante 34 anos en paraísos fiscais, segundo sinalou, provenientes da herdanza de seu pai. Pujol deixará de recibir a pensión de máis de oitenta mil euros na súa condición de ex-presidente ademais da renuncia ao coche oficial e chófer e ao despacho no paseo de Grácia. Mas lamentou a situación do que chamou o seu \"pai político\" e afirmou que sentía unha \"grande dor persoal e como presidente do país\" ademais de engadir que Pujol estaba a poñer \"as máximas facilidades\". Mas informou esta terza feira ao resto do goberno da decisión de Pujol e a vindeira quinta feira o Parlament de Catalunya debaterá a comparecencia do ex-presidente para dar conta da orixe dos cartos e as razóns para que fosen ocultados en paraísos fiscais."}
{"ID": "NOS_2237", "summary": "Humor e irreverencia contra o machismo e contra a linguaxe politicamente correcta. Esa é a aposta do BNG no seu lema para o 8M: \"O máis grande de Galiza está até a cona de...\". De cobrar menos polo mesmo traballo. Dos asasinatos machistas. De asumir en exclusiva os coidados nas familias. Perante a \"desigualdade\", a \"violencia contra as mulleres\" e o \"neomachismo\" dos gobernos español e galego \"non caben a medias tintas\", enfatizou Ana Pontón.", "text": "O BNG parodia abertamente o cartaz e o lema empregados pola Xunta no Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero -nunha campaña oficial que levantou grande polémica ao comparar as mulleres con monumentos- e bota man dun rexisto coloquial para ilustrar até que ponto as mulleres están fartas do dominio patriarcal. A orixe da campaña, revelou na súa apresentación Ana Pontón, haina que procurar nas constantes mostras de machismo oferecidas desde os despachos oficiais dos gobernos do PP. Abonda con dous exemplos. O primeiro tivo como protagonista o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, cando interpelado sobre a discriminación salarial que sofren as mulleres afirmou que \"non nos metamos niso\". O segundo serían \"as campañas paternalistas e cousificadoras da Xunta, toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres\", di Pontón quen apresentou na rúa do Hórreo, ao pé do Parlamento galego, unha campaña que coordena a secretaria de Muller da Executiva Nacional do BNG, Noa Presas. \"Dicímoslle ao PP e ao señor Feijóo, e estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona, repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltradas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simples feito de ser mulleres\", dixo Pontón. Ante o 8M, obxectou a líder nacionalista, \"non valen de nada as campañas rituais nen os lazos lila que seguramente veremos en moitas solapas de señores do PP, e tampouco valen de nada as palabra baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defenden a igualdade e os dereitos das mulleres\". Entón? Pois o que vale é a acción social, daí que Pontón fixese un chamamento explícito a participar nas mobilizacións axendadas co motivo do 8M, a comezar pola manifestación nacional convocada en Vigo este 4M e a seguir pola greve do propio 8 de marzo: \"Que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas\". No texto do cartaz o BNG explica así por que as mulleres galegas están até a cona: \"porque ser seremos o máis grande de Galiza, mais sufrimos unha fenda salarial do 28,7 por cento, 4.135 euros menos ao ano polo mesmo traballo e 22.500 mulleres galegas declaran traballar a tempo parcial para asumir coidados familiares\"."}
{"ID": "NOS_47268", "summary": "O portavoz do grupo parlamentar do PSdeG-PSOE desbótase como opción para liderar o partido nas próximas eleccións galegas.", "text": "En conversa co director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, o portavoz do grupo parlamentar do PSdeG-PSOE, José Luis Méndez Romeu, analisa, nunha entrevista a dupla páxina, a actualidade política e debrúzase especialmente sobre a situación do seu partido, marcada pola provisionalidade após a demisión de Gómez Besteiro como secretario xeral. Alén desta conversa, o Sermos189 pon o foco sobre o negocio da AP-9 -negocio para o capital norteamericano- e as dramáticas cifras de siniestraliedade laboral que apresenta o noso país. A nova entrega do semanario terá tamén espazo para o Ano Manuel María, cunha achega do profesor Freixeiro Mato; ben como para o filme Lobos Sucios, cun texto de Olaia Ledo ou para o libro Os Elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coelho. O Sermos trae tamén unha nova columna do deseñador Pepe Barro e o calendario do mes de Abril da autoría do fotógrafo Xan Muras."}
{"ID": "NOS_57131", "summary": "O local da Alexandre Bóveda da Coruña acolle un acto sobre 'O negocio das eléctricas' organizado polo BNG da Coruña. Debullamos con Fernando Branco Parga, ex-parlamentario nacionalista, o que hai en torno á tarifa eléctrica.", "text": "Fernando Branco Parga estará esta cuarta feira na Coruña, nun acto organizado polo BNG da cidade herculina no local da AC Alexandre Bóveda a partires das 20:00 horas: 'O negocio das eléctricas'. Estarán tamén a deputada Carme Adán e Xosé M. Golpe, asesor enerxético. A tarifa eléctriva volve estar de plena actualidade.. Un pouco o que vou tratar de expoñer na miña intervención é como funciona o sistema eléctrico, que é o déficit tarifario, porque a tarifa é tan alta... Temos que lembrar que o Estado español é o terceiro coa tarifa doméstica máis cara entre 30 países europeos, e é o octavo en canto a tarifa industrial. E iso a que se debe? Fundamentalmente, a dúas cuestións. Por un lado, hai toda unha serie de custos que están na tarifa e que non debían estar aí, senón nos orzamentos xerais do Estado. Historicamente cargáronse na tarifa uns conceptos que non deberían ir aí, como son o da política de renovábeis, as primas de capacidade, a extra-peninsularidade... E iso é unha decisión política. E a segunda cuestión? É o sistema de retribución no mercado maiorista, que funciona como unha poxa diaria as 24 horas do día e que favorece que dá o prezo o que entra máis caro. É un sistema no que sempre teñen beneficios as nucleares e as hidráulicas. No acto tamén estará Carme Adán, deputada do Bloque Nacionalista Galego, e Xosé M. Golpe, asesor enerxético, \"que fará unha mostra explicativa de que é cada concepto que figura nun recibo, cales son os erros máis comúns que hai nas facturas, como reclamar...\" Cal é a alternativa que propoñen o sistema actual? Galiza é excedentaria na produción de enerxía. Defendemos unha tarifa eléctrica galega. Isto é, a tarifa componse basicamente de dous conceptos: peaxes e custo enerxía. Calculamos, por exemplo que cunha tarifa eléctrica galega reduciríase a peaxe nun 30 por cento, e iso son moitos cartos tanto para as familias como a nível industrial, dando así unha vantaxe ás empresas que están ou se asenten aquí. Un dato a ter en conta é que na tarifa actual a nivel de estado xa hai certas compoñentes territoriais: Por exemplo, pagamos entre todos 1.800 millóns de euros anuais para que a enerxía non saia máis cara nas zonas extra-peninsulares, como Canarias ou Balears."}
{"ID": "NOS_31845", "summary": "O referente da imprensa británica de calidade, estandarte tamén global através da súa edición on line, enviou un xornalista a visitar Pontevedra durante uns días para escribir unha reportaxe sobre a súa transformación urbana. \"Para min, isto é o paraíso\", titulou Stephen Burgen a súa crónica sobre a cidade que \"proibiu\" os coches.", "text": "Burgen viu a cidade, enchoupouse dela, conectou co seu ritmo humano —apenas ruído nas rúas, baleiras de automóveis— e tamén falou cos artífices políticos da transformación, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro César Mosquera, a quen The Guardian apresenta como o responsábel das infraestruturas da Boa Vila. \"Antes de eu ser alcalde, 14.000 carros pasaban por esta rúa cada día\", díxolle Lores a Burgen, debruzados sobre as xanelas do seu despacho. \"Circulaban máis carros nun día do que persoas vivían na cidade\", relatoulle o rexedor ao xornalista de The Guardian. O xornal británico captou con sinxeleza o 'modelo Pontevedra' e é que realmente se trata dun deseño tan simples como efectivo: a cidade ten de ser das persoas, non dos vehículos. \"Como pode ser que as persoas idosas ou as crianzas non podan andar comodamente polas rúas por culpa dos coches?\". Na pergunta lanzada por César Mosquera ao xornalista inglés habita o espírito da transformación emprendida pola equipa liderada por Lores hai xa 19 anos. \"Como pode ser que a propiedade privada —os coches— ocupen o espazo público?\", remachou o concelleiro a súa argumentación. O xornal británico captou con sinxeleza o 'modelo Pontevedra' e é que realmente se trata dun deseño tan simples como efectivo: a cidade ten de ser das persoas, non dos vehículos A peonalización do centro da cidade, a redución ao mínimo da presenza de carros no entramado urbano, unha política desenvolvida ao longo destas dúas décadas, non só humanizou Pontevedra, senón que salvou vidas, resalta o traballo de The Guardian. \"Os beneficios son numerosos. Nas mesmas rúas en que 30 persoas morreron en accidentes de tránsito desde 1996 a 2006, só tres faleceron nos seguintes 10 anos e ningunha desde 2009\", subliñou Burgen, quen remarcou aínda outro dado de importancia non menor: a mingua en 70 por cento das emisións de C02. The Guardian non pasa por alto a filiación política de Miguel Anxo Fernández, \"membro do esquerdista Bloque Nacionalista Galego\", de quen di que é \"unha rareza na solidamente conservadora rexión do noroeste\". Burgen tampouco perde a oportunidade de consignar que Pontevedra é a cidade de Mariano Raxoi —na reportaxe dise equivocamente que o ex presidente naceu á beira do Lérez, cando en realidade o fixo en Compostela. Lores, por súa parte, tampouco perdeu a oportunidade de lle dicer ao xornalista de The Guardian que Raxoi nunca mostrou o menor interese nun deseño urbano que ten feito gañar a cidade un feixe de premios internacionais."}
{"ID": "PRAZA_10629", "summary": "A Garda Civil detén en Lugo unha presunta terrorista que xa fora investigada anteriormente e que celebrara publicamente accións como a de hai dous anos en Catalunya.", "text": "A Policía Nacional e a Garda Civil detiveron en dúas operacións, unha en Gipuzkoa e outra en Lugo, catro persoas pola súa presunta implicación en delitos relacionados co xihadismo e os seus órganos de propaganda. A operación desenvolvida en Galicia pola Garda Civil, baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución número 5 e da Fiscalía da Audiencia Nacional, rematou coa detención dunha muller de 45 anos na parroquia de Galdo, en Viveiro, como presunta autora de delitos de terrorismo. A presunta terrorista xa fora detida en 2018 logo de ano e medio de investigaciónsSegundo o comunicado difundido pola Garda Civil, esta persoa --de nacionalidade española segundo fontes consultadas por este diario-- xa fora detida en 2018 logo de máis dun ano de investigacións e tería amosado \"a súa intención de replicar en Galicia un atento de características similares\" aos levados a cabo por unha célula xihadista en Barcelona e Cambrils en agosto de 2017. Residente e natural da Mariña, o seu é un caso de peculiar conversión a outra relixión, sen antecedentes coñecidos dese credo nin moito menos de actitudes violentas, máis aló dos contactos mantidos a través de grupos en redes sociais. Desde aquela primeira detención, a agora detida asumiu \"numerosas medidas de seguridade coa intención de eludir a vixilancia dos investigadores\". Segundo as forzas de seguridade, estas medidas foron levadas a cabo na súa actividade en Internet, nas redes sociais, así como no uso de comunicacións telefónicas e no seu comportamento na vida real. Segundo a Garda Civil, ademais de consumir propaganda producida por diversos grupos terroristas, a detida \"celebrou publicamente accións violentas\", en concreto os ataques realizados en Catalunya hai dous anos. As forzas de seguridade decidiron a súa detención logo da investigación e \"atendendo á reincidencia e ao incremento do nivel de risco\". O obxectivo, di o comunicado, é o de \"neutralizar esta ameaza á seguridade pública e determinar se a muller puidese estar sendo instrumentalizada ou influída por alguén\". Ademais, a Policía Nacional detivo tamén tres presuntos colaboradores do Daesh en Gipuzkoa por propagar ideario xihadista a través das redes sociais. Os detidos \"pasaron de ser meros consumidores desta propaganda a usar os seus perfís virtuais como ferramenta de adoutrinamento e enaltecemento do terrorismo\"."}
{"ID": "NOS_28586", "summary": "Os críticos de 'Bases Podemos' piden que de cara ás eleccións galegas a candidatura \"non se limite a un pacto de siglas\".", "text": "A corrente crítica 'Bases Podemos' non queren que a opción do partido de Pablo Iglesias para as autonómicas \"non se limite a un pacto de siglas\", no que semella unha referencia a En Marea, \"senón que abra as portas a un proceso máis amplo e democrático, actuando como pegamento nun espazo onde todos se sintan a gusto e poida desenvolver políticas de transformación xurídico-social axeitadas ao que demanda a maioría da cidadanía\". Este colectivo mesmo afirma no comunicado que \"queremos corrixir Pablo Iglesias, de quen cremos que é refén dos intereses partidistas de EU e Anova\". Unha afirmación que chega en plena crise interna de Podemos Galiza, con enfrontamento aberto entre a dirección estatal e secretario xeral galego. Neste sentido, 'Bases Podemos' xa avanza que non se presentará como colectivo nos comicios internos para renovar os máximos órganos galegos do partido. Porén, aclararon que calquera persoa ligada a Bases Podemos \"é libre de participar a título individual dentro da candidatura que crea conveniente\"."}
{"ID": "NOS_48748", "summary": "A súa obra circula polos museos e galerías de todo o mundo, pero el permanece chantado no lugar de onde procede traballando a madeira e a pedra para dar conta da súa mirada sobre o mundo. Francisco Leiro (Cambados, 1957) fálanos de como aborda esta etapa de confinamento, de como o corpo articula a súa linguaxe e de como a fraxilidade do corpo dá lugar a iso que chamamos arte. \"No mundo de Leiro, a postura do corpo é a metáfora das ideas\", escribiu Miguel Anxo Murado. Para observar esas ideas, cómpre educar o ollo e abrirse ao que os seus personaxes nos contan.", "text": "-A pandemia colleuno traballando no taller de Cambados. Como enfronta este período de confinamento? Non quero pecar de soberbio, pero a miña profesión baséase en estar confinado, no estudo, traballando, así que non me podo queixar. Boto de menos ir a un bar ou a un restaurante comer, pero máis ou menos sigo facendo a vida que fago todos os días. -Ou sexa, que até pode ser un momento produtivo. Os artistas estamos recluídos, polo que é posíbel que haxa bos resultados a medio prazo. A cultura non é algo que requira unha atención constante, no sentido de estar permanentemente visitando exposicións ou museos. A cultura e a arte son un fluído que circula continuamente entre as persoas, e este é un bo momento para reflexionar sobre o que entendemos por cultura. Bastante dispersos andamos todo o ano: a soidade tamén axuda. -Desde o punto de vista económico, como está afectando este feche universal o mundo da arte? Non sei, hai xente que non pode saír a comprar roupa á rúa Serrano, pero está aforrando unha chea de cartos [risas]. Vivimos nun mundo –e esa é unha das cousas que temos que reformular– que se basea no consumo masificado. A década de 1970, cando se teorizaba tanto sobre a sociedade de consumo, era un chiste comparado co que vivimos agora. Estamos nun sistema que non se ordena segundo as necesidades, senón segundo a capacidade de desbaldir. E agora estamos gastando no que necesitamos, estamos descubrindo o esencial. A min paréceme moi simpático que desaparezan dos supermercados o lévedo e a fariña, que a xente estea facendo pan na casa. Quen nos ía dicir isto hai dous meses? E tamén estamos descubrindo o valor humano da tecnoloxía cando quedamos cos amigos polas redes para tomar unha caña ou para contactar coa familia. E quizais atopemos outras cousas porque, por exemplo, estase demostrando que se pode facer televisión desde a casa. Eu a última vez que fun a un estudio de televisión quedei impresionado co aparato que hai montado para retransmitir. E agora faise desde un piso. -E no seu caso, a pandemia está inspirando obra nova? Eu déixome ir e que as cousas vaian xurdindo. O meu traballo sempre seguiu varios camiños e un deles está moi relacionado con temas sociais ou políticos: unha recompilación de obras deste tipo puideron verse no Kiosko Afonso da Coruña, en 2015, na exposición Esculturas sentidas, que mostraba pezas baseadas no Prestige, na catástrofe de Ruanda, na guerra de Siria… Pero todo isto é só unha parte do meu traballo, unha parte da \"oferta\", digamos. -Dígoo porque na súa obra o corpo é protagonista e neste momento, o sufrimento do corpo é algo que está nun primeiro plano da actualidade. Si, nese sentido, a referencia na miña arte sempre é o corpo humano. Para min constitúe o vocabulario básico, con el podes contar o que queiras. O cerebro está moi relacionado co corpo e o drama do corpo é o que aparece na arte. A arte contemporánea non se basea na representación realista do corpo senón na súa sublimación para narrar o que nos interesa. Se para contar algo concreto preciso que unha figura teña tres ou catro pernas en vez de dúas, pois póñollas… -O que se ve sempre na súa obra é a fraxilidade do corpo, a insignificancia á que se enfronta o ser humano. Como ve agora esa vulnerabilidade da que somos todos máis conscientes? As cousas repítense. Hai un tempo xa fixen unha peza que se titula Ébola, que ten algunha relación con esta situación que estamos vivindo. Un personaxe que leva unha máscara que está entre o cirúrxico e o peteiro dun paxaro, en lembranza daqueles médicos do século XV que se enfrontaban á peste e que efectivamente tiñan esa forma angulosa onde metían unha herbas aromáticas para protexerse das exhalacións. Esa máscara pode enfrontarse desde moitos puntos de vista: pode ser humorística ou pode mostrar o drama. A máscara oculta e protexe, si, pero sempre están os ollos detrás. Detrás dunha muller musulmá co rostro tapado sempre hai unha mirada, uns ollos. Por moito que unha persoa se tape ten que ver, ten que deixar ese balcón que son os ollos, e a través deses buracos podes trasladar o que hai dentro. Fíxate, con todas as grandes polémicas que houbo sobre o uso do veo e agora imos ter que andar todos tapados. A inspiración non é moito máis que iso: observar e entrar nun estado de dúbidas que che faga reformular o teu luga na vida -En 2014 vostede presentaba unha serie de obras baseadas nos personaxes da Divina Comedia de Dante. Figuras cargadas con grandes pedras, dobradas polo peso, que estaban entre o sufrimento e a esperanza. Unha idea de purgatorio que agora parece moi actual. Aqueles eran personaxes inspirados polo Purgatorio de Dante. Agora mesmo eu non sabería dicir se estamos purgando nós ou estamos sendo purgados. A natureza fai as súas purgas cada certo tempo e nós, que pensamos que tiñamos todo controlado, vemos como se nos derruba o mundo por un bichoco. Non sei, dalgunha maneira, pode que unha purga tamén sexa un mecanismo de selección natural, ou de reequilibrio. -Ese enfrontamento coa natureza non é nada novo na súa obra. A presenza protagonista da madeira sempre remite ao mundo natural e, nalgún momento, o drama ábrese paso. É curioso, porque eu lembro unha anécdota… O meu avó Paco sempre presumía de que superara a gripe de 1918 porque se fechou na bodega a facer o viño. No outono aquel empezou a morrer xente e coincidía que estaban vendimando. El, co pretexto de que tiña que encargarse de prensar o viño, de encubalo… dicía que estivera varios meses encerrado alí, na casa dunhas tías que lle pasaban a comida por debaixo da porta. Segundo a súa versión, librara da gripe polos vapores do viño, polo alcohol. En realidade, salvouse porque se illou, porque estivo alí metido durante o tempo que fose. Supoño que exaxeraba, non creo que estivese alí moito máis dun mes, pero o certo é que varios irmáns del morreron naquela pandemia e el librou por ese illamento que agora é protagonista. -Vostede móvese entre dous mundos case antagónicos, entre Cambados e Nova York, onde a pandemia agora está sendo particularmente cruel. Porén, a grande urbe por antonomasia, fai agromar a parte máis social da arte a parte de observador da humanidade que ten todo artista. Nova York é un escaparate incomparábel, unha especie de central de baterías que inxecta enerxía, tanto positiva coma negativa. Nese sentido, tamén che fai reflexionar sobre isto que estamos falando: déixache claro que non es nada, que es un bichiño máis dentro dun grande organismo. E creo que iso é bo, é unha cura de humildade. Tamén é certo que é unha cidade moi competitiva, alí nada dura moito máis de quince días e iso obrígate a seguir investigando, a convencerte de que nunca está todo feito e que sempre se pode ir máis alá. No fondo, é unha cidade que inspira, porque a inspiración non é moito máis que iso: observar e entrar nun estado de dúbidas que che faga reformular o teu lugar na vida. Só con meterte no metro e percorrer Manhattan de arriba a abaixo xa levas toda unha lección de como é a humanidade, un mapamundi en miniatura. E a min gústame o comportamento humano. Hai moitos clixés equivocados: aínda sendo, en moitas ocasións, deprimente, Nova York é unha cidade amábel e solidaria. Ninguén está disposto a perder o tempo, pero non é tan inhumana como pode parecer a primeira vista. -A cidade convértese nun observatorio a partir do cal se van perfilando proxectos que, logo, traballará en Cambados, daquela. O que máis fago alí é debuxar e maquetas para proxectos novos. Moitas veces veño cunha carpeta de debuxos que me serve para traballar o resto do ano sobre o que deseñei. -O debuxo convértese no testemuño desa observación, na faísca que logo prende na madeira ou na pedra. Os escultores baseámonos no debuxo: o debuxo é o berce da escultura, especialmente para un escultor orgánico coma min. Tanto para a idea inicial como para desenvolver o proceso: durante a elaboración da obra segues debuxando, segues buscando novos ángulos que a completen. Benvenuto Cellini dicía que a escultura ten 250 ángulos diferentes. Na actualidade, coa omnipresenza da fotografía, parece que a escultura só ten un punto de vista. Dá a impresión de que as revistas de arte e os medios, en xeral, sempre fotografan unha obra desde o mesmo ángulo, que resulta privilexiado. Pero non, a obra escultórica pode verse desde moitos lugares e cada perspectiva é diferente, descobre novos significados. -O debuxo é entón a primeira pegada da idea. O principal na arte é a idea, o concepto. Durante o século XX déuselle moitas voltas a este asunto e acabou converténdose nun problema semántico, pero a idea é o principal. Logo vén o problema da execución desa idea, pero no fondo ambas as cuestións van da man. Leonardo da Vinci tivo a ocorrencia de pintar unha muller cunha mirada e un sorriso especiais e cos pinceis rematou \"idealizando a idea\". A execución da obra procede desa idea inicial e forma un continuum con ela. -Falabamos antes das esculturas que retrataban a catástrofe do Prestige, aqueles voluntarios que recollían chapapote, e que tamén levaban máscaras. Chegamos con iso á idea dos novos significados que adquire a obra de arte dependendo do contexto do espectador: de súpeto, aquelas figuras cobran outro sentido. Falta espontaneidade á hora de enfrontarse á obra de arte? Habería que ensinarlle á xente a mirar, non fechar os significados que poida ter unha obra. Non se lle pode dicir ao público: \"isto é tal cousa\", porque restrinxes a interpretación. En moitas ocasións a xente pregunta e quere que lle explique o significado dunha obra concreta e eu procuro calar. Pero en ocasións, caio na trampa e trato de explicar a peza, e en canto comezo xa estou arrepentido, xa me dou de conta de que estou empobrecéndoa. A persoa que se enfronta á obra ten que ter máis liberdade para ver o que ten diante. -Un bo exemplo podería ser o célebre \"sereo\" de Vigo, que comezou cunha polémica un pouco absurda sobre a súa estética e acabou sendo un emblema da cidade. Estamos pouco habituados a abrir os ollos, a permitir que haxa unha mirada máis aberta ante a arte? É certo que hai persoas cunha mirada máis profunda e outras cunha mirada máis superficial, pero pódese ensinar á xente a ver unha obra de arte, a ver máis alá do epidérmico, o que hai detrás das pinceladas ou dos volumes dunha obra. A boa arte ten esa especie de duende que esperta moitas emocións, e que non se ven a primeira vista. O ollo hai que educalo. -O humor, ás veces, pode ser unha ferramenta para conectar con esa mirada da persoa espectadora. As súas obras, en moitos casos, tiran dese humor para relaxar un pouco a relación con quen está mirando. Hai que pensar que eu son un escultor figurativo pero, digamos, \"serodio\". Todas as formulacións da escultura figurativa liquidáronse entre finais do século XIX e principios do século XX. Dos construtivistas rusos para aquí, a escultura figurativa quedou nun lugar case residual. Eu sigo empeñado en sacarlle partido á figuración, pero, dalgún modo, teño que situarme nunha especie de ambigüidade, coma se no fondo non o tomase moi en serio. E claro que vai en serio, pero é case unha exaltación do absurdo, unha posición un tanto falsa. Isto conecta un pouco con esa idea da que falabamos da fraxilidade humana. A representación do corpo na arte ten unha orixe relixiosa, é sempre a representación do home como algo que vai máis alá da súa materialidade. En Europa, até o Renacemento, o único que se representaba eran santos e, de feito, na Galiza, a nivel popular, ás imaxes seguen chamándolles \"santos\". E eu ás veces teño as miñas dúbidas sobre a natureza do meu traballo, sobre que fago eu representando estas figuras, estes bonecos…Que significa isto? E o humor, ou ese toque irónico, é un pouco a escultura burlándose de si mesma. -Falando de santos, hai pouco puidemos ver, na exposición Galicia, un relato no mundo [comisariada por Manuel Gago], a Santa de Francisco Asorey, un dos artistas que vostede sempre cita entre as súas fontes de inspiración. E resulta curiosa esa asociación entre o sagrado e o traballo manual, como unha muller traballadora acaba sendo \"canonizada\" polo pobo. Asorey sempre estivo moi preocupado pola representación da muller. Hai que lembrar a Nai de door, do Museo Diocesano de Bilbao, que ten máis elementos en común cunha pachamama que co habitualmente asociamos a unha representación da Virxe María. Son figuras que se relacionan coa muller-terra, que nace do chan para xerar a vida. Esta obra que dis, a Santa, é marabillosa: unha muller nova pero co corpo xa moi traballado, co ventre dunha muller que xa pariu, que ten as mans grandes e marcadas polos labores do campo, chantada no chan aguantando o peso que leva ao lombo… É unha deusa, non unha \"santiña\". Con estas mulleres, Asorey lograba ir máis alá do que representaban as obras. -Como encaixa isto nun mundo da arte cada vez máis dependente do mercado? A imaxe que se dá habitualmente ten pouco que ver con estes valores que a arte pretende transmitir, parece vivir nesa contradición permanente. O mercado da arte sempre foi así. Eu lembro de novo ver nos telexornais ese tipo de noticias extravagantes: \"Un pintor australiano pinta coa barba, colgado dos pés, sobre un lenzo; a obra vendeuse por non sei cantos miles de dólares\". Esa imaxe que se transmite pode ter que ver con que os artistas das vangardas, moitas veces, facían ese tipo de cousas para transgredir, para chamar a atención. E claro, o gran público queda con esas anécdotas e non co que había detrás, que era algo máis interesante. Pero a arte é moi extensa e ten moitos estadios: hai unha arte de luxo e unha arte máis accesíbel. O que si asusta hoxe en día é o fenómeno das subastas, as cifras que se pagan por boutades que non teñen nada detrás e que marcan un pouco a imaxe pública do mundo artístico. A arte sempre estivo ligada ao luxo, ás clases podentes, desde as cifras millonarias que pagaban os señores medievais polas reliquias dun santo. Case como agora: se tiñas uns notarios que fosen capaces de acreditar que aquel óso era dun santo ou dunha santa, podías pedir cifras escandalosas por el. Ese fetichismo segue existindo arredor do mundo da arte: cando pasas duns determinados prezos o que estás comprando non é unha obra de arte, é un fetiche, unha reliquia. Arte e relixión son o mesmo, saen da mesma zona do cerebro."}
{"ID": "NOS_5097", "summary": "Cando restan pouco máis de 24 horas para que remate o prazo para lograr a investidura e evitar unhas novas eleccións, arredor de 200 persoas concentráronse na praza de Sant Jaume para pedir un acordo de última hora entre Junts pel Si e a CUP.", "text": "Cando apenas ficaban 36 horas para que Artur Mas, como president en funcións, teña que asinar unha nova de convocatoria de eleccións, arredor de 200 persoas saíron á rúa para se concentrar na praza de Sant Jaume e así presionar Junts pel Si e a CUP co fin de que cheguen a un acordo. \"Non se pode deixar de intentalo até o derradeiro minuto\", sinalaron as organizacións independentistas convocantes nun comunicado aos medios. As persoas concentradas berraron, amais de \"Independencia\", \"Non queremos traidores, somos 72\" ou \"Somos soberanos\", e leron un manifesto no que instaron a Junts pel Si e a CUP a teren \"sentido común\" e a non desaproveitaren a representación independentista que ambas as candidaturas conseguiron no Parlament. Tamén criticaron as \"actitudes partidistas\" de que non fan posíbel a investidura. Tardà: \"Se Mas dese un paso ao lado, a súa figura crecería\" Tardà critica a \"mirada curta\" de Mas e da CUP O deputado de ERC no Congreso Joan Tardà sinalou este sábado en declaracións a Rac1 que \"se Mas dese un paso ao lado, a súa figura crecería moito máis do que xa creceu\". Criticou, ademais, a \"mirada curta\" de Mas e da CUP e advertiu de que se pode estar perdendo \"unha oportunidade de ouro\". Diante dunhas eventuais eleccións, Tardà avisou de que Esquerra, que \"nestes momentos non dispón da ferramenta para dar un paso adiante\", loitará contra o abstencionismo, pois teme que haxa persoas que non queiran ir votar porque están \"feridas\". Tamén sobre unhas posíbeis eleccións, Muriel Casals, deputada de Junts pel Si, e ex presidenta de Ómnium Cultural, sinalou este sábado en declaracións a Catalunya Ràdio que gostaría da reedición da fórmula Junts pel Si, aínda que recoñeceu que \"non é seguro que se faga\". Se non se reedita, considerou, os independentes terán menor peso."}
{"ID": "PRAZA_1861", "summary": "PSdeG, AGE e BNG cren insuficiente o mecanismo autonómica de loita contra os lumes e CCOO, UGT, CIG e CSIF denuncian a \"falta de medios na loita contra a vaga de lumes\" e acusan a Medio Rural de achegar datos de efectivos \"que non se corresponden coa realidade\".", "text": "A vaga de incendios que volve asolar os montes galegos neste verán e as máis de 6.000 hectáreas -segundo dixo Alberto Núñez Feijóo- que xa se queimaron no país no que vai de ano volve provocar as críticas de oposición e sindicatos á política contra os lumes que leva a cabo a Xunta de Galicia. O presidente alertou dunha actividade dos incendiarios \"nunca vista\" e culpabilizou case en exclusiva a quen \"intenta facer dano\" das insistentes lapas, que levan anos sendo un problema en Galicia. O PSdeG cre \"inoperativo\" o sistema de birgadas municipais e AGE acusa o PP de \"facilitarlles o chisqueiro\" aos incendiarios coa Lei de Montes Desde o PSdeG, o seu voceiro de Agricultura, Pablo García, cre que a vaga de lumes \"demostra que o sistema de brigadas municipais de extinción de incendios non funciona, é inoperativo, insustentable e caro\". Pola súa banda, a parlamentaria do BNG, Carme Adán, acusou o presidente da Xunta de estar \"desaparecido\" mentres os montes arden e cre que ante a vaga de incendios a única política do Executivo \"é rezar ao Apóstolo para que chova\". Ademais, a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, foi máis aló e acusou o PP de facilitar aos incendiarios \"o chisqueiro para incendiar o país\" coa aprobación da Lei de Montes que permite a recualificación de terreos queimados. No entanto, as críticas non chegan só da oposición. Os sindicatos volven denunciar precariedade dos servizos contra-incendios. Así, a CIG censura a falta de medios tanto humanos como materiais no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) neste verán. Segundo denuncia a central nacionalista, en Ourense, onde os lumes están a afectar con máis forza, traballan dúas persoas nalgunhas brigadas que tiñan que estar compostas por sete, ademais de non cubrirse as baixas ou as vacantes do servizo. \"Mentres a Xunta nunha actitude totalmente propagandística dedícase a entregar camións motobombas novos a concellos da mesma cor política para que os teñan aparcados ou que a mediados de agosto non teñan aínda contratados a condutores nin brigadas, os camións motobombas do SPDCIF caen a cachos\". aseguran, tras criticar tamén que o Executivo do PP reducise de 83% a 35% de empregados públicos no Servizo contra incendios o que, ao seu ver, afecta negativamente á eficacia e coordinación. Esixen, así, que se cubran axiña as vacantes e que se dote de medios materiais e vehículos necesarios para desenvolver un labor seguro e eficaz. CCOO, UGT, CIG e CSIF denuncian a \"falta de medios na loita contra a vaga de lumes\" Do mesmo xeito, UGT denunciou que o servizo contraincendios da provincia de Lugo ten actualmente unhas 40 prazas de brigadista sen cubrir, que conta con motobombas cunha antigüidade de \"máis de 15 anos\" e que os traballadores reciben un \"escaso\" avituallamento para os lumes. Díxoo o brigadista e delegado do comité de empresa da Consellería de Medio Rural na provincia, José Manuel López Pérez, quen incidiu en que \"hai brigadistas con máis de 60 anos en extinción directa\" e en que hai brigadas nas que só están tres persoas, pois quedaron \"entre 35 e 40 prazas sen cubrir\". Ademais, as organizacións sindicais CCOO, UGT, CIG e CSIF xa avanzaron que o vindeiro xoves comparecerán conxuntamente para \"denunciar a falta de medios na loita contra a vga de lumes que está asolando Galicia\". Segundo din nun comunicado, demostrarán \"que os datos achegados pola Consellería de Medio Rural en relación aos efectivos que aparecen no Plan de Incendios Forestais (Pladiga) non se corresponden coa realidade\". A Xunta responde e di que o dispositivo contra os incendios é \"o máis potente de España\" Respecto das críticas de sindicatos e outras formacións políticas ao dispositivo, o Goberno autonómico indica que \"Galicia conta co dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais máis potente de toda España que, en conxunto, pode chegar a alcanzar as 7.000 persoas velando polos montes galegos\"; \"un dispositivo idéntico en persoal que o ano anterior\". Ademais, conclúe a Xunta, ao comezo da campaña de risco elevado, o 1 de xullo, \"estaban xa cubertos o 100% dos postos de técnicos, o 98,1% dos 388 postos de axentes e o 94% dos 1.839 postos de laborais do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais\"."}
{"ID": "NOS_10958", "summary": "O tremor produciuse pouco antes das 7.30 horas da mañá. O epicentro localizouse a uns 22 quilómetros de profundidade", "text": "A vila de Boborás, na comarca do Carballiño, rexistrou esta quinta feira un terremoto de magnitude 2 na escala de Richter, segundo información sísmica do Instituto Xeográfico Nacional. En concreto, o tremor produciuse pouco antes das 7.30 horas da mañá. O epicentro localizouse a uns 22 quilómetros de profundidade, no concello de Boborás. Os rexistros oficiais indican que hai só uns días, en 21 de decembro, esta mesma zona rexistrou outro movemento sísmico. Foi, concretamente, o veciño municipio de San Amaro, onde se produciu un terremoto de magnitude 3.1. Ademais, hai apenas unha semana, 19 de decembro, outro tremor de magnitude 2.1 afectou o municipio pontevedrés de Vilaboa."}
{"ID": "PRAZA_3492", "summary": "A enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es sitúa o PP ao límite da maioría, con entre 36 e 38 escanos, e sen socios pola dereita con representación no Parlamento que lle permitisen completala. O PSdeG recuperaría a segunda posición ao medrar entre 6 e 8 escanos e o BNG tamén lograría unha pronunciada suba, mentres que Galicia en Común descendería notablemente con relación a En Marea", "text": "A enquisa de Celeste-Tel sitúa o PP ao límite da maioría, con entre 36 e 38 escanos, e sen socios pola dereita con representación no Parlamento que lle permitisen completalaPor primeira vez dende 2009, panorama aberto a un mes das eleccións galegas. Esa é, cando menos, a fotografía que ofrece a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es sobre os comicios ao Parlamento de Galicia para o vindeiro 5A. Segundo este inquérito, o PP ten en risco a súa maioría absoluta e, daquela, a porta está aberta a un eventual cambio de Goberno. Os populares poderían pasar dos seus 41 escanos a entre 36 e 38, no límite da absoluta e sen socios pola dereita con representación no Pazo do Hórreo para completar a maioría.O Partido Popular sería outra volta a forza máis votada en Galicia co 43,9% dos votos. Isto implicaría que os de Alberto Núñez Feijóo descenderían uns catro puntos a respecto de hai catro anos e deixarían polo camiño máis de 60.000 votos Non obstante, o PP galego continuaría, segundo este inquérito, cunha fortaleza moi superior á mostrada polo propio partido a nivel do Estado e polo propio PPdeG nas eleccións xerais celebradas en 2019. Mostra disto é que, atendendo aos datos da sondaxe, o vindeiro 5 de abril tanto Vox como Ciudadanos non darían logrado escanos por ningunha circunscrición.Segundo a enquisa, o PSdeG recuperaría a segunda posición ao medrar entre 6 e 8 escanos e o BNG tamén lograría unha pronunciada suba, mentres que Galicia en Común descendería notablemente con relación a En MareaAtendendo á enquisa, o PSdeG recuperará folgadamente a segunda posición e estaría en condicións de encabezar un eventual Executivo da esquerda. A formación de Gonzalo Caballero tería o 25,2% dos votos, máis de sete puntos por riba de 2016, e incrementarían a súa representación entre 6 e 8 escanos, ata roldar un intervalo de 20 a 22.Os datos da enquisa tamén auguran un ascenso do BNG. A organización que encabeza Ana Pontón medraría arredor de 5 puntos, ata achegarse ao 14%, e recuperaría a condición de terceira forza política con ata 3 escanos. Xusto o contrario sucedería no eido da coñecida como esquerda rupturista. Galicia en Común obtería uns 8 puntos menos de apoio cidadán que os logrados por En Marea hai catro anos e dos 14 escanos da antiga confluencia pasaría a 8, segundo esta enquisa. Esta correlación de forzas difire doutros inquéritos coñecidos nos últimos días, nos que o ascenso do Bloque é maior e a representación de Galicia en Común, máis cativa.Os escanos finais de Pontevedra e Lugo, claves no posible cambioSempre atendendo a esta enquisa, todo semella indicar que o vindeiro 5A a batalla polos escanos finais pode valer un Goberno. Moi especialmente, di o inquérito, en Pontevedra e Lugo. O inquérito prevé que PP e PSdeG disputen un escano en Pontevedra e que populares e Bloque pugnen pola acta final de LugoA baixada do PP gardaría certas semellanzas, por circunscricións, co acontecido no ano 2005. Perdería un escano na Coruña e en Pontevedra baixaría entre un e dous. Ese segundo escano pontevedrés estaría en disputa entre os populares e o PSdeG, exactamente como hai década e media, cando ese transcendental deputado final acabou dependendo do voto do estranxeiro. En Lugo tamén habería unha pugna estreita polo escano final, no seu caso entre os populares e o BNG. A sondaxe, mentres, dá por máis probable que os populares perdan outro escano en Ourense, o noveno, catro anos despois de arrebatarllo ao PSdeG por apenas 200 votos.A esquerda é maioría na mocidade, a máis escasa e a máis abstencionistaA enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es ratifica tamén a fenda xeracional no electorado galego e a maior tendencia á esquerda entre a poboación maís moza, que é tamén a máis escasa e a máis abstencionista. Non en van, entre o electorado de 18 a 30 anos, Galicia en Común sería a primeira forza seguida de preto polo BNG e co PSdeG a continuación. O PP quedaría nesta franxa de idade en cuarta posición, con apenas o 7%.Entre a poboación maior de 65, a maioritaria no electorado galego, o PP conserva con amplitude a condición de primeira forzaNa seguinte franxa, de 31 a 44 anos, a esquerda seguiría liderando encabezada, neste caso, polo PSdeG (16,6%). O PP xa é neste sector segunda forza (12,6%) seguido do Bloque (10,1%) e Galicia en Común (8,5%), di o inquérito.A situación invértese, como adoito, entre a poboación maior de 65 anos, que é tamén o sector maioritario entre o electorado galego. No seu caso, as candidaturas do PP superarían o 30% de apoio, duplicando amplamente a segunda forza, o PSdeG, e con BNG e Galicia en Común en cifras residuais. Os de Feijóo tamén lideran as preferencias da poboación de entre 45 e 64 anos."}
{"ID": "PRAZA_10359", "summary": "A Xunta reprocha ante o TSXG no litixio polos papeis das caixas os \"exiguos prazos que, unilateralmente, decidiu o Parlamento\" para que o Goberno entregue á oposición a documentación que pide. Eses prazos foron fixados en en 2015 co voto do PP", "text": "A investigación política sobre a fracasada fusión de Caixa Galicia e Caixanova leva dous anos paralizada no Parlamento cando xa transcorreron seis dende que foi aberta por primeira vez. No entanto, o que si segue adiante é o periplo xudicial de parte dos seus ex-directivos, e tamén nos tribunais, o litixio iniciado polo deputado Antón Sánchez (En Marea) ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para tentar que a Xunta lle facilite ata seis documentos sobre o papel que xogou o Goberno na fusión. Alén de afirmar que, en realidade, Sánchez xa ten toda a documentación reclamada, a Xunta tamén xustifica ante o Tribunal Superior que non vulnerou os seus dereitos como membro da Cámara e cuestiona a normativa que estipula os dereitos dos deputados para reclamar e recibir papeis do Goberno. Esas regras están incluídas no Regulamento do Parlamento aprobado na súa última versión en 2015, isto é, con maioría absoluta do PP e cos votos a prol tamén do PSdeG. Segundo a Xunta do PP, a normativa impulsada polo PP fixa prazos non \"factibles\".A Xunta reprocha os \"exiguos prazos que, unilateralmente, decidiu o Parlamento\" para que o Goberno entregue á oposición os papeis que pide; eses prazos están fixados no Regulamento, aprobado en 2015 baixo maioría absoluta do PPIgual que antes da reforma, o artigo 9 do Regulamento indica que os deputados e deputadas teñen dereito a reclamar da Xunta todos os documentos e informes que o Goberno teña no seu poder. Unha vez realizada a petición formal, a Xunta debe achegar a documentación en 30 días ou, no mesmo prazo, xustificar as razóns legais que lle impiden facelo. O escrito presentado polo letrado da Xunta que representa o Goberno neste litixio, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, evidencia que os grupos parlamentarios dirixen ao Executivo un \"volume inxente\" de peticións de documentación, alén doutras figuras parlamentarias de control. Por iso, razoa, \"pretender\" que \"se estarán infrinxindo os dereitos fundamentais\" dos deputados\" se a Xunta non cumpre \"estritamente cos exiguos prazos que, unilateralmente, decidiu o Parlamento\" -os fixados polo Regulamento aprobado con maioría absoluta do porpio PP-, deixa a Administración nunha \"situación perversa\", ante a \"dificultade práctica nunha situación moi complicada\".O letrado da Xunta di ao Tribunal que a \"limitación de medios cos que conta a Administración\" impide cumprir os prazos parlamentarios que o propio PP aprobouAdemais das peticións de papeis a través do artigo 9, relata o mesmo escrito, o Goberno ten que atender as formuladas dende as diferentes comisións e responder preguntas orais e escritas, todas elas con prazos taxados. \"Non resulta, en ocasións coma esta, factible dar cumprimento ao pedido neses prazos coa limitación de medios cos que conta a Administración e atendendo á diversidade e complexidade do reclamado\", xustifica. Deste xeito, continúa, aínda que os deputados -neste caso, Antón Sánchez- estean \"no seu dereito\" de pedir papeis a través dunha comisión -a de investigación das caixas- e pola vía do artigo 9, isto \"multiplica\" o traballo da Xunta, que como \"non pode chegar a todo nos prazos\", decide \"priorizar\". Por iso se atrasou na entrega dos papeis das caixas que así e todo, insiste, xa facilitou.Na súa defensa do Goberno galego o letrado agrega un argumento máis. Na súa actual versión, o Regulamento \"parece recoñecer que o incumprimento do prazo de 30 días non implica automaticamente unha privación do exercicio \"das \"funcións\" dos deputados. Chega a esta conclusión porque actualmente a norma parlamentaria inclúe -dende 2015- a posibilidade de \"converter a petición en pregunta de resposta oral\" unha vez que \"verifica\" que a Xunta non lle enviou a documentación en prazo.Case 700 peticións no que vai de lexislatura, o 70% atendidasPara xustificar que debe atender un gran \"volume\" de peticións que \"dificulta dar resposta a todas\" nos \"exiguos prazos que marca o Regulamento do Parlamento\" a representación legal da Xunta achegou tamén ao Tribunal Superior un informe da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias que detalla o número de peticións de documentación formuladas polos grupos parlamentarios no que vai de lexislatura. Estas cifras foron publicadas en varias ocasións polo propio Parlamento, pero non o fai dende 2017.Ata o pasado febreiro o PSdeG formulou 398 peticións de documentos, En Marea 153 e o BNG, 128; o PP presentou 10 das que xa lle responderan noveSegundo as cifras incluídas no informe remitido pola Xunta ao TSXG, ao que tamén puido acceder Praza.gal, ata finais de febreiro os grupos parlamentarios formularan 689 peticións de documentación á Xunta e delas, 465 foran respondidas -algo máis dun 67% do total-. Ata ese momento o grupo parlamentario que máis peticións realizara fora o PSdeG (398), seguido de En Marea (153) e do BNG (128). Como adoito, o grupo que sustenta ao goberno é o que menos documentación pide por esta vía; ata febreiro o PP realizara 10 peticións e a Xunta xa lle contestara 9 delas.A Xunta pide ao Tribunal que, se a condena, non a obrigue a entregarlle ao deputado Antón Sánchez todos os papeis das caixas que pideEste ritmo de respostas mellora un chisco o do primeiro ano de lexislatura. Daquela, cando o Parlamento si fixo públicos os datos, a Xunta non entregara á oposición a metade dos documentos que pedira. Esa mellora relativa tamén é defendida polo Goberno ante o Tribunal, ao que indica que o feito de ter case o 70% das peticións atendidas implica estar \"dentro dos estándares habituais da actividade parlamentaria comparada\".Con todos estes argumentos o Goberno galego pide ao TSXG que non admita o recurso interposto por Antón Sánchez. En caso de que o admita, pide que o rexeite integramente e, se isto non é así, que na súa condena á Xunta non estipule a obrigatoriedade de lle entregar os documentos da fusión que pediu, senón que só \"obrigue\" a realizar \"algunhas das respostas previstas\" no artigo 9 do Regulamento, isto é, a entregarlle os papeis ou a achegarlle un documento explicando as razóns legais polas que non llos dá."}
{"ID": "NOS_39572", "summary": "A acción de protesta reclamaba o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo que remata en xullo e que, coa nova reforma laboral aprobada polo Partido Popular, a partir de entón \"van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer\"", "text": "Delegad@s sindicais e traballadoras do comercio de alimentación da CIG, CCOO e UGT desenvolveron en Vigo unha nova protesta para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo. A mobilización consistiu en mercar gran cantidade de produtos para devolvelos a continuación, o que provocou largas colas en dous supermercados da cidade. Dende a federación de Servizos de Vigo da central nacionalista informaron que a iniciativaenmárcase na campaña iniciada a nivel nacional para presionar á patronal coa fin de desbloquear as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería. A súa secretaria comarcal, Transi Fernández, advirte de que a vixencia destes convenios remata en xullo e que, coa nova reforma laboral aprobada polo Partido Popular, a partir de entón \"van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer\". A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conquistados nos últimos anos."}
{"ID": "NOS_39386", "summary": "Un estudo de Unicef Galiza destaca os usos e as prácticas máis problemáticos da poboación adolescente na contorna dixital.", "text": "Unha de cada catro persoas adolescentes da Galiza fai un uso problemático da internet, as redes sociais e os videoxogos. Segundo revela o informe Impacto da tecnoloxía na adolescencia na Galiza. Relacións, riscos e oportunidades, elaborado por Unicef Galiza en colaboración coa USC e o Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría Informática, a frecuencia, a intensidade e a escasa supervisión marcan as relacións das crianzas e da poboación adolescente na contorna dixital. O estudo que vén de presentar a entidade coincidindo co Día da Internet Segura é un dos máis ambiciosos e de maior profundidade realizados até o momento en Europa. Recolle as opinións de máis de 3.000 adolescentes dunha vintena de centros de secundaria da Galiza ─50.000 adolescentes de 265 centros de todo o Estado─, dos que 90,8% recoñece conectarse a internet todos ou case todos os días. Ese vínculo cotián, aseguran, proporciónalle alegría a 97,9%, diversión a 82,9%, tranquilidade a 81,9% e apoio e comprensión a 71,5%. Son as sensacións máis positivas que extrae o alumnado galego da súa experiencia en liña, que non impiden outras prácticas e datos \"preocupantes\". Múltiples perfís nas redes Di o informe que un de cada catro adolescentes na Galiza usa internet e as redes socias de forma intensa e sen supervisión. Case 98% do alumnado de ESO da Galiza está rexistrado nalgunha rede social e 80,5%, ten conta en tres ou máis redes sociais. Con todo, o dato máis salientable, salientan as responsábeis do estudo, é que seis de cada dez mozos e mozas teñen máis dun perfil nunha mesma rede social, \"perfís que utilizan selectivamente para se relacionar coa familia e coñecidos ou con grupos de iguais. É moi doado para eles e supón un risco moi grande en termos de sexting e ciberacoso\", resalta a Nós Diario Irene Marín, coordinadora de Unicef Galiza. Cinco de cada dez adolescentes recoñecen ter contactado con descoñecidos a través de internet e, outros tantos, ter aceptado persoas estrañas en chats e redes sociais. Unha porta aberta ao grooming e o sexting, identificados pola propia rapazada como prácticas cada vez máis habituais e os riscos principais da rede. De feito, catro de cada dez enquisados asegura ter recibido algunha vez mensaxes de contido erótico ou sexual e un de cada dez, unha proposición sexual por parte dun adulto. Dous de cada dez poderían estar a sufrir ciberacoso. Xogo e apostas en liña O estudo tamén repara nos videoxogos, no xogo e nas apostas en liña. Estímase que uns 3.000 estudantes de ESO da Galiza probaron polo menos unha vez. Un 45,5%, para gañar cartos. Polo que se refire aos videoxogos, seis de cada dez adolescentes defenden que se trata da súa principal canle de lecer e entretemento, aínda que cinco de cada dez recoñecen empregar xogos non recomendados para a súa idade. \"A supervisión parental non é moi adecuada en relación ás pantallas ─só 34,9% da rapazada recibe límites─, por iso é o momento de pór todos estes datos enriba da mesa e implicar a sociedade para abordar o uso problemático das redes sociais, mudar os riscos e garantir a privacidade real da rapazada\", resume Irene Marín. Acompañamento fronte á vitimización das crianzas na rede \"Non fai falla ser un experto en redes sociais para acompañar os teus fillos na súa vida dixital\". Esta mensaxe vai dirixa a pais, nais e titores da poboación moza e é parte da campaña #EducaTRIC que Unicef Galiza pon hoxe en marcha con recomendacións a familias, rapazada, industria e institucións públicas co ánimo de promover a protección dos dereitos da infancia e a adolescencia no ámbito dixital Para construír unha contorna \"segura, saudábel e equitativa\"."}
{"ID": "NOS_1401", "summary": "Apela a seguir traballando para recuperar outros bens \"expoliados\".", "text": "Un dos coautores do libro 'Un pazo, un caudillo, un espolio', Carlos Babío, atribuíu a \"a loita democrática e reivindicativa de xente comprometida\" que o pazo pase a patrimonio público. Expúxoo en declaracións aos xornalistas ás portas do pazo de Meiras ante o que lamentou o contido da reunión celebrada a cuarta feira polas administracións, que cualificou de \"vergoña\" desde o punto de vista social. \"Fixeron negacionismo da representación\", dixo ao argumentar que para definir os usos débese ter en conta aos sectores sociais que participaron dunha ou outra maneira na reivindicación do pazo para o patrimonio público. \"Óbviase esa participación\", censura. En particular, Carlos Babío criticou o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, do que dixo que non estaba a representar a sociedade galega. \"Tenta facer política partidaria\", expuxo. Con todo e despois de \"moita impunidade\", considerou que esta quinta feira dáse \"un salto de xigante\" e apelou a seguir traballando para recuperar outros bens \"espoliados\"."}
{"ID": "NOS_10945", "summary": "O Palacio da Moncloa acolleu o encontro entre os presidentes galego e español, Alberto Núñez Feixoo e Pedro Sánchez, unha reunión que ficaba pendente de realizar desde a reelección do mandatario galego o pasado mes de xullo. O titular da Xunta aproveitou para instar Sánchez a apostar por unha lei de pandemias fronte ao estado de alarma e o recoller obrigatorio, nomenclaturas que non considera acaídas. +", "text": "O estado de alarma é o instrumento legal \"máis sólido\" para combater o coronavirus, defendeu a Moncloa nunha nota difundida após a xuntanza que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feixoo, mantivo co xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, esta sexta feira, 29 de xaneiro. Con todo, Feixoo, que compareceu en solitario após a reunión, asegurou que atopou Sánchez \"receptivo\" ante a proposta de dotar o Estado dunha lei sanitaria que permita aplicar restricións fronte a pandemia, con seguridade xurídica e sen ter que recorrer ao estado de alarma. A ese respecto, o presidente galego considerou que a pesar de que se logre inmunizar gran parte da poboación en 2021, seguirán producíndose gromos e, por iso reafirmou a importancia de pór en marcha unha norma \"que ampare certas medidas\". O titular da Xunta xa enviou en 2020 unha proposta de lei de saúde a Sánchez con carácter estatal, mentres que na Galiza está previsto que o Parlamento debata en febreiro unha iniciativa polo PP co mesmo espírito. Feixoo tamén instou Sánchez a mudar o estado de alarma para que os gobernos autonómicos poidan adiantar o recoller obrigatorio para antes das 22 horas, e mais para teren a posibilidade de confinar domiciliariamente a poboación en zonas concretas dos seus territorios. Uso de máscaras FFP2 Como xa adiantara o mandatario galego esta semana, propuxo regular a nivel estatal en que casos sería necesaria a utilización das máscaras FFP2, e pediu que haxa criterios homoxéneos á hora de recomendar o seu uso en certos ámbitos como o do transporte.Este debate foi suscitado esta semana no Consello Interterritorial do Sistema de Saúde por varias comunidades.Recepción de vacinas En canto ao atraso na chegada de vacinas, Sánchez expresou a súa \"confianza\" na fortaleza das institucións europeas para conseguir un nivel óptimo na subministración e Feixoo emprazou a concretar un calendario de vacinación \"para que os cidadáns saiban cales son os criterios de en que mes e en que orde van aplicar estas vacinas\". Ademais, Feixoo pediu que a repartición das doses atenda as porcentaxes de poboación por grupos de idade que cada territorio ten, polo que se Galiza conta con maior volume de maiores de 80 anos, a porcentaxe de vacinas a recibir cando toque inmunizar este grupo terá que ser maior que a de comunidades que teñen unha porcentaxe da terceira idade inferior. E ao revés, dixo, cando toque vacinar as persoas de menor idade. Así mesmo, o titular da Xunta solicitou do Estado a eliminación da taxa de reposición, polo menos na Sanidade, para poder cubrir a totalidade de postos de persoal que se xubila. Financiamento En canto aos fondos europeos de recuperación, Feixoo solicitou que o Estado faga a repartición seguindo \"criterios homoxéneos\" e estimou que a Galiza ten un déficit de 600 millóns de euros entre o que lle corresponde por número de poboación protexida e o que o Estado está a transferir con fondos como os React-EU. Ademais expuxo a Sánchez os 108 proxectos que xa lle enviara en 2020 para candidatar Galiza aos fondos europeos Next Generation. Segundo comunicou Feixoo, Sánchez comprometeu que estes fondos se obterán por concorrencia competitiva. Ave en 2021, AP-9 sen data No segundo semestre deste ano estará en servizo o AVE a Galiza, segundo Sánchez dixo a Feixoo. En canto á Ap-9, fontes da Presidencia da Xunta confirmaron a Nós Diario que \"non se falou de data\" en que se aplicarán as bonificacións das peaxes desta autoestrada -comprometidas nos orzamentos do Estado-. Segundo Presidencia, isto \"corresponde ao Goberno\" e a Xunta o que pediu é que se faga canto antes, \"comprendendo as dificultades que pode supor un real decreto\". Pese a non haber data concreta, Sánchez prometeu que a baixada das peaxes será realidade, que se liberará o tramo Vigo-Redondela e que se fará a transferencia da autoestrada a Galiza, cuestión que esta semana se debate no Congreso. Feixoo tamén solicitou a transferencia das competencias de Costas e que en materia de herdanzas se eliminen os impostos na renda. O presidente galego afondará nestes puntos nunha reunión co ministro José Luis Ábalos e tratará as cuestións industriais noutra coa ministra Teresa Ribera, aínda que xa aproveitou para pedir a Sánchez que as medidas de transición enerxética non prexudiquen empresas na como a pasteira Ence. Exixiu carga de traballo para Navantia, impulsar a venda inmediata de Alcoa e solucións para a crise industrial que azouta concellos como Meirama ou As Pontes. \"Oportunidade perdida\" A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que Feixoo \"volva\" da reunión \"coas mans baleiras\" e engadiu que \"o único que trae é un novo atraso na data de chegada do AVE\". A nacionalista considera que a xuntanza foi unha \"oportunidade perdida de solicitar un confinamento para frear a dramática evolución da pandemia\". Antes de que acabase a reunión, Gonzalo Caballero, líder do PSdeG, pediu a Feixoo \"deixar a confrontación\" e non seguir \"buscando a confusión\" con \"debates estériles\" sobre as máscaras ou o recoller, e pediulle actuar fronte á pandemia."}
{"ID": "NOS_57814", "summary": "O deputado provincial de patrimonio, Xosé Lois Penas, e representantes dos concellos aos que atinxe o proxecto do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, mantiveron unha reunión en Teo na que avanzaron na posta en marcha do proxecto.", "text": "A limpeza e mantemento dos petróglifos, a compra dos predios nos que se sitúan os xacementos en Monte Piquiño (Teo) e a creación do Centro de Interpretación Rupestre de Villestro (CIRVI) foran as tres primeiras iniciativas que a finais do pasado ano se decidiran implementar no proxecto do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre. A pasada terza feira a Deputación da Coruña e os cinco concellos con terreos integrados no parque -Ames, Brión, Compostela, Teo e Val do Dubra- avanzaron nesta folla de ruta. Após a xuntanza en Teo o encargado de Patrimonio na Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, indicou que o obxectivo é \"a preservación, protección e promoción dos petróglifos\" e que sexan \"accesíbeis para toda a cidadanía\". Investimentos Penas lembrou que se destinarán 125.000 euros para a limpeza das tres rutas e a contorna dos petróglifos, e para a implementación dun sistema de xeolocalización e fichas de catalogación na páxina do proxecto. Para a compra dos predios en Monte Piquiño onde se sitúan os petróglifos, destinaranse 50.000 euros; no caso da creación do CIRVI, que se localizará na antiga escola unitaria de Villestro, en Compostela, investiranse 150.000 euros. Cómpre lembrar que estas accións están recollidas no Plan Director do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, redactado pola empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L. e que fora presentado no último trimestre de 2021. A Presidencia cambiará a Brión Na vindeira xuntanza de Compostela Rupestre está previsto que se materialice o cambio de Presidencia do Consello Director, que pasará a ser asumida polo Concello de Brión."}
{"ID": "NOS_44272", "summary": "A editorial de Cangas publica en galego dúas obras mestras da novela gráfica ou crónica xornalística deseñada: 'Gorazde, zona segura' e 'Palestina', do maltés-americano Joe Sacco.", "text": "Joe Sacco é un dos grandes nomes da banda deseñada internacional. Nado nun pequeno país do Mediterráneo (Malta) vai desembarcar nestes días nun pequeno país do Atlántico (Galiza). E vaino facer a través de dúas das súas obras, posibelmente as súas mellores creacións; e grazas ao traballo e compromiso da editorial Rinoceronte e con tradución de Rafael Salgueiro. Palestina: na franxa de Gaza ten 296 páxinas e o seu prezo será de 20 euros. A medio camiño entre a banda deseñada underground e a crónica xornalística, foi publicada de forma serializada desde 1993 até 1995. Sacco estivo máis de dous meses nos territorios ocupados, e desa vivencia tirou experiencias e opinións coas que foi tecendo o que moitos consideran unha pequena xoia da literatura do século XX. Palestina é moito máis que un libro de banda deseñada. Nesas perto de 300 páxinas hai traballo de campo, crónica xornalística e relato de viaxes. Unha completa e documentada narración a través de cadriños para explicar o día a día da ocupación e humillación que sofre o pobo palestino. \"Non son obxectivo, mais si honesto\", afirmou Sacco. Por este traballo obtén o premio American Book Awards en 1996. Na súa edición definitiva conta cun limiar a cargo de Edward W. Said Guerra nos Balcáns A outra obra de Sacco que se publica no noso idioma é Gorazde, zona segura. 240 páxinas en branco e negro que poderá adquirirse por 19 euros. Foi publicada no ano 2000 e aborda a guerra civil en Bosnia oriental. Por este traballo de banda deseñada, Sacco recibe o galardón Guggenheim Fellowship. @s lector@s son testemuñas, a través das páxinas deste documento gráfico que é Gorazde, de todo o horror que aniña nun conflito como o desatado nos Balcáns na pasada década dos 90."}
{"ID": "NOS_35377", "summary": "Os militares que ocupan o cargo de gobernador civil en Pontevedra caracterízanse por desenvolveren un duro labor de represión nos destinos anteriores: Mateo Torres Bestard nas Baleares; Francisco García Alted tivera unha actuación durísima como gobernador de Málaga, onde se \"encargou persoalmente de dirixir a represión [...]\" e, tal e como recollen os testemuños, \"só con oír pronunciar o seu nome produce pánico en toda a provincia\"; e o seu antecesor, o comandante da Garda Civil Manuel Gómez Cantos, é o protagonista deste monográfico.", "text": "Unha das singularidades que presenta a actuación de Manuel Gómez Cantos, que contaba cunha sinistra fama pola súa actuación nas terras estremeñas e andaluzas e que tiña o encargo prioritario de rematar co problema dos \"fuxidos\", foi a política seguida neste asunto. Os montes do Xiabre e Lobeira nas terras do Salnés, as montañas próximas a Vigo, Mos e Porriño, o Val Miñor, as comarcas do norte da provincia e outras servían de refuxio a estes perseguidos. Cunha organización incipiente cometían diversas accións, de tipo económico ou de represalia contra colaboradores do fascismo, que preocupaban as autoridades do réxime. O vicerreinado de Gómez Cantos Sorprendentemente, o comportamento de Gómez Cantos foi radicalmente diferente da durísima persecución que dirixira anteriormente. A primeira medida foi decretar a posta en liberdade de todos os presos gobernativos, o que significou o regreso aos seus domicilios dun bo número de persoas encarceradas sen ningún tipo de xuízo e unha corrente de simpatía cara a súa persoa. Mantivo varias reunións con familiares e cos propios escapados, como a realizada o 30 de abril presentándose na zona do Calvario, acompañado dos capitáns do mesmo corpo Bernal e Chacón, mantendo unha entrevista con catro fuxidos; acordou con eles que acudisen o dous de maio a reunirse con el nun lugar de Cabral. Diante da promesa de \"cariño e comprensión\" para todos os que se presentasen, foron moitos os que o fixeron. Leváronos ao goberno civil para tomarlles a filiación e darlles cea e aloxamento. O gobernador comentoulle aos xornalistas: \"Veno vostedes? Como años. Xa son meus e farán todo o que lles mande\". O 31 de maio presentáronse novos fuxidos e Gómez Cantos convida os doutras provincias a seguir os mesmos pasos. O 7 de xuño, tras unha entrevista co \"gran coco da serra Vicente Guillén\" e os seus irmáns, anuncia a terminación completa do problema dos fuxidos na provincia. O gobernador, a semellanza do seu protector Queipo de Llano, utiliza os medios de comunicación nunha campaña mediática na que se publican cartas de gabanza e adhesión á súa persoa, algunhas encabezadas con \"Querido papá Manuel\". Aínda que foi un número elevado o de presentados, houbo algúns que desconfiaban, non se suman á dinámica proposta polo gobernador e volven ao monte. Un número significativo dos presentados optaron por volver a agocharse cando se decataron de que se repetían as detencións e os xuízos, foi o caso do dirixente comunista Pastor Torres. Gómez Cantos durante a súa etapa de mando instaura unha sorte de vicerreinado con fortes doses de populismo, arbitrariedade, personalismo e utilización sistemática dos xornais, nos que dispuña de tribuna diaria; a semellanza coa actuación de Queipo era indiscutíbel. Proponse acabar persoalmente cos problemas de abastecemento de alimentos, escaseza de vivenda e paro obreiro; a loita contra a fraude e unha fixación obsesiva contra a \"vella política\" caracterizaron a súa actuación. Precisamente o seu carácter despótico e o enfrontamento con sectores poderosos e con influencias a alto nivel (Portanet, a patronal viguesa) terminarían por propiciar o seu relevo.Nada máis chegar, a mediados de abril de 1939, visita a praza de abastos pontevedresa para coñecer o problema das subsistencias e para adoptar as medidas precisas coa finalidade de acabar radicalmente coas prácticas fraudulentas. Como primeira medida impón 75 pesetas de multa ou 15 días de cárcere a unhas 40 vendedoras que non acataran as ordes dadas sobre venda ao peso e fixación de prezos. Con respecto ao comercio de carne, ameaza con multas de 5.000 pesetas e fechamento de carnizarías. Aproveita para advertir mediante a prensa: \"Ah! E moito ollo coa lingua e cos xestos. Sabemos nós e sábeo o Sr. Gómez Cantos, como se fala na praza por carniceiros e pescantinas e como a paciencia e a bondade teñen un límite, pode haber desgustos moi grandes\". Se che interesa esta reportaxe, podes ler o texto ao completo mercando o xornal de mañá nos quiosques e librarías ou na nosa tenda online. Para garantir que tes todos os capítulos do novo coleccionábel de Nós Diario, non dubides en subscribirte!"}
{"ID": "NOS_58247", "summary": "Representantes sindicais e do cadro de persoal concentráronse perante o Parlamento para exixir a readmisión das 84 persoas despedidas na Galiza.", "text": "O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na empresa pública Tragsa comezou en 2013. As previsións da entidade era rescindir 1.336 contratos porén, na altura a cifra ascende a 307 no conxunto do Estado español. De entre eles, o 25% (84) só na Galiza, o que converte o noso país no territorio máis atinxido. O Supremo validou o ERE que declarara nulo a Audiencia Nacional A decisión de Tragsa foi recorrida en 2013 perante a Audiencia Nacional española que deu a razón ao cadro de persoal e declarou nulo o ERE. Porén, en decembro de 2015 o Tribunal Supremo, contradicindo a decisión anterior, validouno. Desde o comité de empresa consideran \"inxusto\" e \"fraudulento\" o ERE e reclaman a intervención do goberno galego para que se readmita o persoal despedido toda vez que as contas da entidade reflicten beneficios económicos nos últimos anos e, ao tempo de se produciren os despedimentos, Tragsa está a contratar novo persoal. Ora ben, \"en condicións máis precarias\", afirman. \"Non concorren as causas\" que aduce a empresa para xustificar o ERE, afirma o secretario do comité e integrante da CIG, Antonio Ferreño mentres decorre a concentración no Pazo do Hórreo. \"A empresa en 2015 xa xera beneficios\", explica, \"só tivo dous anos con perdas, 2013 e 2014\" sendo que na actualidade conta con \"reservas de capital por riba dos 200 millóns de euros\". Antonio Ferreño (CIG): \"A empresa en 2015 xa xera beneficios e na actualidade ten reservas por riba de 200 millóns de euros\" Así mesmo, acrecenta Ferreño, tampouco existiría \"causa organizativa\" pois calcularon as necesidades de persoal \"co dado de 2009\". \"No momento no que se producen menos encargos entende que a xente sobra\", di. Porén, \"están a substituír traballo estábel por eventual\", apunta, o que introduce novas \"condicións de traballo e salariais\" ao novo persoal. A empresa, dependente da SEPI mais da que tamén é accionista minoritaria a Xunta de Galiza, apela á sentenza do Supremo para xustificar o ERE. \"Cómpre lembrar que o cumprimento da sentenza só é obrigatorio en casos penais\", sinala Antonio Ferreño. Ora ben, afirman desde o comité de empresa, a decisión do Supremo \"senta xurisprudencia\" para outras empresas públicas o que podería ser utilizado para xustificar expedientes de regulación de emprego \"sen custes sociais\" noutras entidades \"de maior implantación, como Navantia, por exemplo\". \"Cremos que estamos a pagar o pato\"."}
{"ID": "PRAZA_20009", "summary": "ENTREVISTA Un documental de Celia Parra e Esferobite analiza o panorama internacional da videopoesía a través da experiencia dos e das videopoetas, entre eles pioneiros galegos coma Antón Reixa.", "text": "\"O primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía\". Así se presenta Versogramas, un proxecto da produtora Celia Parra e os directores Belén Montero e Juan Lesta que iniciou hai unhas semanas unha campaña de micromecenado en Verkami. Os seus obxectivos son partillar o \"abraio\" ante o traballo dos creadores e creadoras deste formato e reivindicalo como xénero independente, ademais de axudar a derrubar os mitos que poidan quedar sobre a poesía como arte seria e difícil. Falamos con Celia Parra, coprodutora executiva de Versogramas, -que naceu como unha idea súa-, e con Belén Montero, guionista do mesmo, e codirectora, xunto con Juan Lesta. Esferobite asina a produción, e Isaac Garabatos a música orixinal. Xa faciades videopoemas. Como chegades ao proxecto do documental, desde a vosa experiencia? Celia: A idea naceu hai xa anos como un proxecto de mestrado, no que tiven como titora a Fernanda del Nido. Xa entón contactei con Esferobite -Belén Montero e Juan Lesta- para ir máis alá do proxecto de máster, e comezamos a traballar xuntos. Eu xa era poeta pero foi daquela cando descubrín o mundo da videopoesía, que me apaixonou. Belén e Juan eran, ademais, os compañeiros ideais, porque fixeran videocreación e algúns videopoemas moi interesantes… O documental forma parte dun proxecto máis amplo, que inclúe un libro+DVD que publicaría Galaxia. En que consiste? Celia: É un proxecto transmedia. Primeiramente pensamos só no documental, pero despois engadimos outros formatos para tratar o tema dun xeito máis amplo. Versogramas é, así, un documental, un webdoc, unha exposición, unha longametraxe experimental que recolla a nosa visión sobre a videopoesía e un libro+DVD que incluirá o documental e textos arredor dos videopoemas de autores e autoras galegos, en principio… A peza central de Versogramas é o documental, que se ramifica no resto dos produtos. Que é o webdoc? Celia: A idea é que calquera persoa poida experimentar coa videopoesía. A través dunha plataforma que é coma un xogo, no que o usuario ou usuaria poida crear o seu videopoema, subindo os seus propios materiais, buscando materiais online ou escollendo materiais da biblioteca do webdoc. Despois, a plataforma proporciona unhas guías que van levando á persoa por todo o proceso: análise do texto, uso de metáforas, traballo coas imaxes, selección de música… O obxectivo é que a persoa cree o seu propio videopoema, que despois pode compartir nas redes sociais, e que quedará na base de datos do webdoc. O webdoc é un proxecto que levariamos adiante coa axuda de A Navalla Suíza. Porque polo momento son todo proxectos. O documental é o máis avanzado. Tedes unha campaña de micromecenado en marcha para financiar o documental. Como está a ir? Celia: Si, a campaña é para o documental. O seu obxectivo é afianzar a comunidade de videopoetas que xa existe e concentrala arredor do proxecto. Neste momento xa temos máis ou menos un 70% do proxecto financiado, e queremos completar o financiamento para facer un produto mellor. Levamos 20 días. Quédannos outros 20 e conseguimos a metade da cifra que nos propuxemos. As recompensas que ofrecemos están relacionadas coa poesía, o vídeo e a videopoesía. Un poema asinado, un pase para ver o documental… A campaña está dirixida ao público en xeral, a institucións, centros culturais, educativos… \"A campaña está dirixida ao público en xeral, a institucións, centros culturais, educativos…\" Cal é o panorama actual da videopoesía en Galicia? Celia: Hoxe hai festivais de videopoesía en todo o mundo: Berlín, Massachusetts, Viena, Cork… Hai unha rede de festivais especializados. En Galicia a videopoesía está a relacionarse moito co mundo educativo. Hai certames de videopoemas, a AELG ofrece obradoiros de videpoesía… Tamén hai mostras de videopoesía, festivais de curtametraxes que consideran a videocreación e, dentro dela, os videopoemas… Ademais, hai que lembrar que algúns dos pioneiros da videopoesía, coma Antón Reixa ou Yolanda Castaño, son galegos. Nos 80 xa se facía videopoesía en Galicia. No documental, unha muller vai abrindo caixas que representan distintos conceptos. Que queriades contar sobre a videopoesía? Celia: Fronte ao mito da poesía como algo serio e difícil, mostramos un xeito diferente de vela. Non queriamos converter o documental nun relato aburrido nin historicista, senón achegar a videopoesía á xente, pensando nun público amplo. Por iso optamos por unha estrutura temática. Temas que son comúns á historia da literatura, do vídeo... Que son parte da vida e cos que calquera pode empatizar. \"Non queriamos converter o documental nun relato aburrido nin historicista, senón achegar a videopoesía á xente\" Comezamos pola linguaxe, que á o principio de todo. As palabras toman corpo, os corpos atráense e fusiónanse e despois sepáranse, co que vén a soidade, e a memoria do que foi, e despois a sociedade de novo, porque as persoas xúntanse, e a sociedade representa tamén o malo que hai en nós, pero tamén a esperanza do cambio… Así pasamos polos oito conceptos básicos: Linguaxe, Corpo, Amor, Soidade, Memoria, Sociedade, Mal e Cambio. A partir destes conceptos básicos, os e as videopoetas entrevistados explican como levan eses temas aos seus videopoemas, que técnicas utilizan, como son os seus procesos, cales son os seus referentes… Como seleccionastes as persoas entrevistadas? Celia: Fixemos unha busca inicial en función dos nomes máis presentes no panorama internacional: a partir de presenza en festivais especializados, premios recibidos, traxectoria… Tamén a través dos programas dos festivais, de traballos de investigación sobre o tema, de videoartistas… Aquí, por exemplo, falamos con Manolo González, que foi dos primeiros en falar sobre videocreación en Galicia. Buscamos a través de recoñecementos: premios, mencións, seleccións en festivais, proxeccións físicas, recompilatorios… E decatámonos ademais de algo no que no repararamos, que é que hai bastantes máis mulleres videoartistas que homes. Entrevistamos 16 videoartistas, mais ao final incluímos material duns 40, e moitas delas son mulleres. \"Hai bastantes máis mulleres videoartistas que homes\" Belén: Ademais de fixarnos na traxectoria e características do seu traballo, tivemos en conta distintos criterios. Non hai un perfil definido. Por exemplo, temos artistas que teñan investigado sobre videopoesía. Algúns acuñaron palabras para definila cando aínda non se a recoñecía como xénero. Outros son poetas, outros son xente do audiovisual que fan videopoesía… Tamén temos algún músico, coma Swoon, (Marc Neys), que é a referencia do xénero na actualidade. Internet e se cadra as mostras de arte contemporánea deben ser as principais canles de difusión… Celia: Moita da vida da poesía está, si, en internet. Na rede hai bases de datos de videopoemas, como Moving Poems, que fan un traballo curatorial, comentan obras. A videopoesía atópase entre os tres mundos: internet, o audiovisual e a arte. Moitos dos entrevistados son videoartistas, fan videos para museos… No documental procuramos que estivesen reflectidas as distintas formas de distribución: na rede, nos circuítos da arte contemporánea, centros culturais… Salientades que é unha viaxe \"emocional\" cara ao \"descubrimento\" da unión de poesía e vídeo. Por que? Celia: Porque queremos emular, e compartir, o que foi para nós a descuberta da videopoesía. A primeira vez que eu vin un videopoema quedei abraiada. Pareceume unha forma incrible de transformar a poesía. Queremos que o público sinta ese abraio que sentimos nós. Hai videopoemas que son marabillas visuais, outros que teñen un enfoque moi íntimo e provocan emocións moi concentradas… Queremos axudar a que parte do público que aínda non se achegase moito á poesía, lle perda o medo. Tampouco pretendemos substituír o libro. Só abrir unha xaneliña máis para a poesía. \"Tampouco pretendemos substituír o libro. Só abrir unha xaneliña máis para a poesía\" O documental é, en si mesmo, segundo salientades, unha peza de videocreación. En que sentido? Belén: A proposta foi de Celia, que contactou con nós, xa coa parte de videocreación pensada. Nós vimos do documental e da videocreación, fixemos traballos nese ton máis experimental que buscaba ela. A nosa proposta foi centrarnos, precisamente, nos creadores. De todos os axentes que traballan arredor da videopoesía, quixemos que falasen eles, os propios creadores, das súas obras. Xunto á súa visión, damos a nosa, a través dunhas pequenas cápsulas que acompañan as entrevistas cos videopoetas. \"De todos os axentes que traballan arredor da videopoesía, quixemos que falasen eles, os propios creadores, das súas obras\" O percorrido polas caixas é, subliñades, metáfora da evolución da videopoesía, da adaptación do texto escrito ao fluír do tempo, a gráfica, o deseño… De que maneira? Belén: As caixas están encadradas en temas universais. Partimos da linguaxe, como orixe. Primeiro ouvimos falar, despois aprendemos a falar, escoitamos aos demais, logo vén o amor, a soidade… ata chegar ao bloque do cambio. Hai un fío argumental no que todos os temas vanse relacionando. Había un abano moi grande de camiños polos que tirar, moitas cousas que poden contarse desde os inicios da videopoesía. Preferimos centralo nas pezas que parten do texto poético e que, a partir de aí, o poeta, ou o poeta coa axuda dun realizador, fai unha película... \"Había un abano moi grande de camiños polos que tirar\" Celia: Hai dous perfís, sobre todo. Xente que vén da poesía e fai vídeos cos seus propios textos, engadindo imaxes e música, e xente que vén do vídeo, que colle textos doutras persoas ou escribe os seus e engade as súas imaxes, compón música… Tamén se dan os dous a un tempo. O estilo visual e de montaxe teñen tamén un ton experimental, aplicado á parte visual, gráfica, audio, encadres, escenarios… Así, as entrevistas son presentadas de xeito \"non convencional\". Podedes explicar isto? Belén: Non son entrevistas ao uso. Xogamos coa pantalla dividida, a fragmentación… Adaptamos, en cada entrevista, o escenario e o tratamento da imaxe ao tema, buscamos unha continuidade co videopoeta que vén despois… Está moi coidado niso. Celia: Tampouco o proceso de gravación é o convencional. Nun principio pensamos en gravar os artistas galegos aquí e despois contratar as entrevistas con artistas de fóra. Ao final imos traer aquí a case todos os videoartistas. O documental estará en galego, castelán e inglés. \"O documental estará en galego, castelán e inglés\" Subliñades tamén que contades a \"experiencia\" da videopoesía. Desde unha postura non teórica, non académica… Belén: Os videopoetas falan, como diciamos antes, desde a súa experiencia. Hoxe hai teses e outros traballos de investigación sobre videopoesía, pero os referentes que toman son os videopoetas. É un xénero que tivo a súa explosión nos anos 60, que agora volve tela con internet e plataformas coma vimeo… No documental falamos con xente que é parte da historia da videopoesía, coma Antón Reixa, que é máis coñecido pola música, as películas, ou mesmo pola videocreación, pero que normalmente non é identificado como videopoeta, malia que facía vídeos cos seus propios poemas… A videopoesía segue a ser menos coñecida, se cabe, que a videocreación. \"O que nós queriamos era facer un achegamento desde a experiencia dos e das videoartistas, co formato, ademais, dun documental experimental\" Celia: Si, en España e Latinoamérica a videopoesía volveuse os últimos anos obxecto de estudo e si, hai teses… O corpus teórico xa existía: o manifesto da videopoesía, os estudos feitos polos videocreadores… O que nós queriamos era facer un achegamento desde a experiencia dos e das videoartistas, co formato, ademais, dun documental experimental. É a primeira longametraxe do mundo sobre videopoesía… Antes fixéranse ensaios, cousas máis parciais… Pero nada coma isto. Temos prevista unha versión curta de 52 minutos e unha longa de 70 minutos. \"A relación entre texto e vídeo é complementaria\" Si? Iso parece moito afirmar… Dicías que en España e Latinoamérica se desenvolveu máis o campo da videopoesía nos últimos tempos… Celia: Tampouco é o obxectivo facer unha historia da videopoesía, pero si hai un boom dos videopoemas, en canto a comunidade, a estudos académicos… E é posible que a España chegase máis tarde. Tendo en conta que os primeiros expoñentes do xénero poden localizarse nos anos 70, 80… Antes había cine poético, por exemplo, pero non pezas que levan un poema ao audiovisual, con imaxe, son, música… Aínda que un videopoema non é tampouco unhas imaxes que ilustran un texto. A relación entre texto e vídeo é complementaria."}
{"ID": "NOS_3416", "summary": "A Rede Galega por un Rural Vivo convocou este domingo unha mobilización virtual na que, para participar, só é preciso fotografarse reivindicando o monte galego, en especial todos aqueles montes afectados polos proxectos de parques eólicos.", "text": "Nesta xornada de domingo está a decorrer na rede social Twitter a I Manifestación Fotográfica Dixital por Aldeas con Horizonte na Galiza, unha iniciativa da Rede Galega por un Rural Vivo. Esta rede integra asociacións e colectivos de diversas localidades e comarcas galegas que manifestan a través desta acción o seu rexeitamento cara a proxectos eólicos que consideran \"abusivos\". \"Non estamos en contra da enerxía renovábel, senón todo o contrario\", anunciaban nun comunicado, \"mais si dun modelo produtivo que empobrece as localidades onde se xera a enerxía e reduce o potencial crecemento destas áreas\". Fronte a este sistema, a rede tamén se compromete a investigar e divulgar \"outras formas de produción de enerxía máis xustas, como o autoconsumo ou a produción de enerxía colectivizada para o consumo local\". Para participar neste iniciativa tan só é preciso escoller o monte a reivindicar, preparar o cartaz e fotografarse para logo sumarse á iniciativa desta plataforma que se creou o pasado mes de xaneiro. O seu obxectivo é o de paralizar os proxectos de parques eólicos nas áreas rurais, acadar un marco legal que protexa o rural e o medio e darlle visibilidade ao \"espolio\" que sofren. Da Rede Galega por un Rural Vivo forman parte: Salvemos a Comarca de Ordes, na que se integran veciñas dos municipios de Ordes, Mesía, Frades, Trazo, Tordoia e Cerceda; a Asociación 3 de maio, de Negreira, veciñas de Ponteceso, Mazaricos e A Baña, a plataforma Salvemos O Iribio; o colectivo Non Máis Eólicos, con integrantes de Coristanco, Carballo, Santa Comba e Tordoia, a asociación de afectados polo parque eólico de Outes e Mazaricos, e o colectivo Quixote, de Outes."}
{"ID": "PRAZA_6087", "summary": "O comisario de Fiscalidade advirte de que o Goberno de España pode \"cooperar ou non para eliminar a dupla imposición, segundo crea conveniente\". As plataformas que agrupan as persoas sancionadadas lamentan que Facenda incumpra os seus \"compromisos\" e subliñan que seguen a recibir sancións.", "text": "A pelota está no tellado do Goberno de Mariano Rajoy e, máis concretamente, no do Ministerio de Cristóbal Montoro. É o que vén dicir o aínda comisario de Fiscalidade da UE, Algirdas Šemeta sobre as multas que o Executivo español lles vén impoñendo con xuros de demora ás persoas emigradas que non tributaron polas pensións de xubilación que perciben dos Estados europeos nos que traballaron por non saber que o tiñan que facer. A través do que ata o pasado día 1 era eurodeputado por Aralar, Iñaki Irazabalbeitia, o BNG instou a Comisión a pronunciarse sobre a situación destas arredor de 25.000 persoas retornadas da emigración. \"Mentres se dan casos de fraude fiscal nun estado de corrupción que toca a membros do partido do Goberno os emigrantes retornados, que traballaron toda unha vida no estranxeiro chea de privacións e contribuíndo a mellorar tamén a economía doutros países vense nun baleiro xurídico\" produto dunha \"interpretación con fins recaudatorios do Estado español\". Este procedemento, din, é \"discriminatorio\" e por iso reclamaban solucións para esta \"dupla imposición\". A xuízo da Comisión as \"desvantaxes derivadas da aplicación\" de réximes fiscais estatais coma este \"non supón, en principio, unha discriminación\", toda vez que \"o Dereito da UE permite aos Estadosmembros configurar os seus procedemenots de fiscalidade directa\". Segundo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE, explica Šemeta, \"a dupla imposición non é contraria\" ás normas xurídicas comunitarias, o que non implica que sexa obrigatoria. \"Os Estado membros -aclara- poden cooperar ou non para eliminar a dupla imposición, segundo crean conveniente\" e a Comisión, admite, está \"facultada para formular propostas de lexislación\" para \"mellorar\" o asunto, pero só se os Estados as aproban por unanimidade. \"Os Estados membros poden cooperar ou non para eliminar a dupla imposición, segundo crean conveniente\" Con este pano de fondo o Executivo comunitario, que dende agora dirixirá Jean Claude Juncker, \"está traballando para determinar o xeito en que as administracións tributarias dos Estados membros poderían facilitarlles as cousas aos cidadáns en situacións transfronteirizas\", por exemplo \"mediante a mellora da cooperación entre as administracións tributarias para eliminar a dupla imposición, unha mellor información á cidadanía e a existencia de impresos tributarios común\" que eliminasen, por exemplo, as dificultades idiomáticas. \"Non só non se está cumprindo o compromiso, senón que cada día continúan chegando novas sancións\" Ao tempo, conclúe o comisario, as autoridades da Unión están \"examinando as lexislacións fiscais dos Estados membros para detectar indicios de medidas discriminatorias nos ámbitos concretos da tributación das persoas móbiles e dos traballadores fronteirizos\", entre outros aspectos, \"no que respecta ás súas pensións de xubilación\". No caso de detectar \"existencia de discriminacións\" a Comisión resérvase o dereito de \"poñer en marcha procedementos de infracción\". As plataformas que agrupan estes emigrantes, pola súa banda, censuran que se lles siga \"dispensando tratamento de defraudador fiscal\", máis aínda cando \"despois dun acordo unánime do Parlamento galego\" a Xunta \"trasladou o compromiso da Axencia Tributaria de revisar un a un todos os expedientes coa finalidade de, comprobada a ausencia de ánimo de defraudar, retirar todas as sancións impostas e proceder á devolución do cobrado\". \"Malia isto -lamentan- os emigrantes retornados estamos constatando como non só non se está cumprindo o compromiso, senón que cada día continúan chegando novas sancións\"."}
{"ID": "NOS_47474", "summary": "Carballo é hoxe un museo ao aire libre. A arte urbana cambioulle a faciana á vila. Todo comezou con O Carballo, obra de Paula Fraile e Roberta Venanzi, e despois chegaron moitas máis. Hoxe o concello acolle as pegadas das e dos mellores artistas a nivel internacional que mudaron a ferruxe das fachadas por vistosos e orixinais lenzos", "text": "Carballo é hoxe un museo ao aire libre. A arte urbana cambioulle a faciana á vila. Todo comezou con O Carballo, obra de Paula Fraile e Roberta Venanzi, e despois chegaron moitas máis. Hoxe o concello acolle as pegadas das e dos mellores artistas a nivel internacional que mudaron a ferruxe das fachadas por vistosos e orixinais lenzos. Carballo ten a fermosura dos vales fértiles de Bergantiños e do litoral da Costa da Morte, mais a súa capital, ao igual que moitas das cidades galegas, padeceu o crecemento desordenado e que afectou os tecidos urbanos desde mediados dos anos sesenta. O proxecto Derrubando muros con pintura naceu en 2013, da man do Goberno local, para mellorar e embelecer a faciana da vila con pinturas nas paredes, muros e edificios e para rexenerar espazos deteriorados. A vila converteuse en escaparate do cambio social e da libre creación cidadá. É o epicentro da arte urbana na Galiza Desde entón, as paredes de Carballo comezaron a falar e convertéronse nun verdadeiro museo ao aire libre, con propostas artísticas moi variadas que medran ano tras ano, sorprendendo as persoas nos seus paseos polas súas rúas bergantiñás, onde poden atopar, case en cada recuncho, as obras de grandes dimensións de artistas de todas partes do mundo. Da man do concelleiro Xosé Regueira, Derrubando muros con pintura naceu cos propósitos de proxectar unha imaxe positiva dentro e fóra de Carballo, afastada dos estereotipos pexorativos e, consecuentemente, xerar nas e nos carballeses unha mellora na concepción do propio. Ademais, e desde unha perspectiva económica, estas obras de arte públicas supoñen unha boa oportunidade turística para a vila, que ve nelas un reclamo máis para as persoas que se queiran achegar até alí. Os inicios Os primeiros pasos foron coordinados pola artista italiana Roberta Venanzi e a manchega Paula Fraile, que comezaron co mural inaugural O Carballo nunha medianeira dun vello edificio da rúa do Sol, unha das principais entradas á vila. Meses despois, un equipo de artistas locais uníase á andadura, que continúa até o día de hoxe. Carballo leva derrubadas máis de medio cento de superficies no seu núcleo urbano que propician a chegada de visitante Na actualidade, Carballo leva derrubadas máis de medio cento de superficies no seu núcleo urbano, o que propicia a chegada de visitantes curiosas ás que lles dá a benvida e acolle desde a súa faciana máis embelecida. Deste xeito, a capital bergantiñá posiciónase, con axuda doutras iniciativas, na vangarda contemporánea cunha oferta cultural moi competitiva e de calidade, sen nada que envexar a outras cidades de maior envergadura poboacional, como Melbourne, coñecida como a capital mundial do stencil (estampado con plantillas), ou Málaga, co barrio das Lagunillas e o Soho Barrio das artes, dous exemplos de renovación urbanística a través da pintura e da arte urbana. Grazas a Derrubando muros con pintura, Carballo fíxose un oco no mapa da arte contemporánea urbana, e o seu exemplo dá boa conta da importancia de incluír a arte na rúa como unha forma de revitalización e renovación urbana. Consideradas durante anos como unha forma de vandalismo, estas expresións artísticas son quen de empregar a rúa como lenzo en branco para construír verdadeiras obras de arte. Por moitos anos de arte na rúa e de entender o espazo público nun sentido amplo, como lugar de relación social e construción colectiva e como escaparate do cambio social e da libre creación cuidada! Rexenera Fest: museo ao aire libre en Carballo O Rexenera Fest de Carballo é unha cita coa arte urbana que desde 2015 actúa como axente rehabilitador contra as políticas construtivas dos anos 60, especialmente visíbeis na capital bergantiñá. Cada ano, artistas da Galiza e doutras partes do mundo achegan a súa obra a este museo ao aire libre que son as rúas da vila, cunha veciñanza que colabora activamente co fin de renovar espazos deteriorados e mellorar a paisaxe urbanística. Esta interacción entre cidadanía e arte fai que cada vez sexan máis as veciñas e veciños que ceden de forma voluntaria e gratuíta as súas paredes privadas para que sirvan de lenzo en branco ás artistas participantes, nun proceso aberto no que tamén as visitantes poden ver de perto o traballo de cada obra desde o comezo até o final. Este proxecto comezou no cambio de almanaque entre 2013 e 2014, cun mural dunha folla de carballo. Foi o xerme que agromou no proxecto Derrubando muros con pintura. Desde entón o Concello de Carballo, epicentro da arte urbana na Galiza, reivindica tamén a profesionalización desta arte a grande escala, así como a protección do sector. As edicións Durante unha semana, as artistas participantes traballan en distintas localizacións, ás que as persoas poden achegarse para apreciar a habilidade e o proceso artístico de cada obra. A cuarta edición do Rexenera Fest tivo lugar do 23 de maio ao 3 de xuño de 2018, cando cinco muralistas deixaron candansúa obra para este crecente museo ao aire libre, ademais de seminarios, masterclass, microconferencias, música en directo e un roteiro guiado. Este ano as artistas e os artistas convidados foron: Lula Goce (Galiza), Bosoletti (Arxentina), Daniel Muñóz \"SAN\" (Cáceres), Milu Correch (Arxentina) e Doa (Galiza), que crearon motivos urbanos e vexetais en fachadas que anteriormente estaban comidas pola ferruxe e o paso do tempo. Anteriormente, converteron en lenzo a vila de Carballo as sinaturas de Aryz, Dulk, Miguel Peralta, Bordalo II e Pixel Pancho en 2015; de Natalia Rak, Isaac Mahow, Hyuro, Case Maclaim, Novenoel e Cestola na Cachola en 2016, e de Animalitoland, Isaac Cordal, Nada (Iria Fafián), Sekone, Btoy, Curiot, Yoseba MP, Saturno, Cinta Vidal, Jorit Agoch e Powone, en 2017. Todas e todos eles contribuíron a facer de Carballo unha referencia do street art."}
{"ID": "NOS_22255", "summary": "BNG e PSdeG volveron demandar un maior investimento de recursos na sanidade pública para evitar \"problemas\".", "text": "O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admitiu os \"problemas\" no ámbito da sanidade pública, e en concreto na Atención Primaria, que se producirán no verán, cando se agravarán os \"momentos de tensión\". Paula Prado, sobre a sanidade, \"non é un problema de diñeiro, somos a envexa de España\" Porén, Rueda afirmou que o Goberno galego si actúa e cada área sanitaria \"ten un plan específico fronte a continxencias\" para o período estival, ao tempo que culpou destes problemas á inacción do Goberno central. \"Estamos preparados\", sentenciou, en resposta ás duras críticas da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez. As eivas na sanidade pública e a alza dos prezos centrarán o pleno do Parlamento Tanto Pontón como Álvarez insistiron en que a Xunta debe \"investir máis\" en sanidade e favorecer \"mellores condicións\" para o persoal. Só así, coincidiron, a Galiza \"empezará a ver\" que a situación mellora. A Atención Primaria, ao borde do \"colapso\" Ambos representantes da oposición situaron a Atención Primaria ao borde do \"colapso\", mentres que Rueda insistiu en que o Goberno español debe impulsar medidas para achegar solucións \"estruturais\", e escusou que xa había \"os mesmos problemas\" na etapa do bipartito. A imparable privatización da sanidade pública galega O portavoz socialista leu varios recortes de prensa de días pasados, nos que profesionais criticaban o que definiu como \"unha xestión nefasta\" da sanidade por parte da Xunta Pola súa parte, Ana Pontón sinalou que \"intentar culpar os profesionais sanitarios como o fan vostedes é moi grave\", para despois volver a pór enriba da mesa o plan de choque con 200 millóns de euros para Atención Primaria que propón o BNG. \"Probe a investir máis en sanidade e verá como os problemas son menores\", incidiu. Comesaña: \"Os galegos poden ir tranquilos aos seus centros de saúde\" Rueda cargou contra BNG e PSdeG, aos que acusou de manter unha actitude de \"docilidade\" co Executivo de Pedro Sánchez. \"O seu catastrofismo e o seu exercicio de amnesia e de docilidade non axuda nada. Igual lles vén ben, pero nin cura enfermos, nin axuda á sanidade pública\", concluíu."}
{"ID": "NOS_53044", "summary": "A competición di adeus á Galiza na tirada de hoxe", "text": "\"A falta de pan, boas son as bicas\", como di o vello proverbio, así que en ausencia de ciclistas do país na Volta Ciclista a España, como na época do finado Xacobeo Galiza de Ezequiel Mosquera e compañía, a afección ten que conformarse con ver como a última gran rolda transcorre por territorio galego. Así, tan só un día despois de acoller a etapa raíña, na que Primoz Roglic se vestiu co maillot vermello de líder logo de voar sobre as durísimas ramplas do miradoiro do Ézaro, o pelotón tivo que afrontar unha etapa desas que as publicacións especializadas definen como \"rompepernas\", e que comunicou Lugo con Ourense nun percorrido de 207 quilómetros no que se subiron o Alto de Escairón, o de Guitara e o da Abelaira, todos eles portos de terceira categoría. O gañador foi Tim Wellens, o belga do Lotto Soudal, adxudicándose así a súa segunda vitoria parcial após lanzar un sprint nos últimos 200 metros no que superou Michael Woods, segundo, e Zddenek Stybar, terceiro. Desde o primeiro momento moitísimos corredores, como Rémi Cavagna ou Gorka Izagirre intentaron escaparse do pelotón, mais non sería até os 43 quilómetros de percorrido cando sete ciclistas -os anteriormente mencionados Wellens, Woods e Stybar xunto con Dylan Van Baarle, Marc Soler, Thymen Arensman e Pierre Luc Perichon- collerían unha ventaxe que acabaría por ser decisiva. A pesar de que o pelotón fixo esforzos por capturar os fugados, chegando a reducir a súa vantaxe a menos de dous minutos, acabou por renderse e a partir dese momento os integrantes do grupo de cabeza comezaron os ataques co obxectivo de facerse coa vitoria de etapa. Con todo, chegaron unidos á pancarta do último quilómetro, sendo Tim Wellens o máis listo nese sprint final."}
{"ID": "PRAZA_219", "summary": "Dende este xaneiro, cada semana Diego Giráldez ollará dende este Patio de luces as novas máis salientables (ou non) do mes. Comezamos polo principio, asomándonos ao mes que se dispón a rematar.", "text": "Dende este xaneiro, cada semana Diego Giráldez ollará dende este Patio de luces as novas máis salientables (ou non) do mes. Comezamos polo principio, asomándonos ao mes que se dispón a rematar. Xaneiro SEMANA 1 Hai tarxetas que caducan. Cando hai cinco anos Sara González atopou as tarxetas de crédito no chan, vomitaba con mestría. Era bulímica. Utilizounas ilegalmente para comer e matar a ansiedade. Estaba enferma. Hoxe está mellor. Criou un par de fillos e conseguiu pagar as indemnizacións impostas por aquel delito menor. Pero este ano, para ela, arrancou mal: un Xulgado do Penal, e un erro dos avogados poderían enviala a prisión durante seis meses se non paga unha multa de 1.440 euros. O que gastaba un directivo de Bankia nunha noite de putas e flores tirando das tarxetas de crédito opacas, que non caducan. Sara solicitou un indulto, coma un corrupto afín. Kalashnikov. O xoves día oito, entre os adoquíns de París, colábase a tinta vermella que parodia o sangue fresco. E todo por ter como primeiro mandamento a sátira. Como Voltaire, que tamén era francés e blasfemo e un día decidiu que \"cando o fanatismo gangrena o cerebro, a enfermidade é casi incurable\". Pois iso, que nin Zeus nin Manitú. É preferible tomar en serio tan só aos personaxes de ficción que estean catalogados como superheroes. Ao final, calculen a ironía, os que atentaron para paralizar unha revista foron abatidos nunha imprenta SEMANA 2 Consellería de Efectos Placebos. Os enfermos que colapsan os servizos de urxencias dos hospitais galegos teñen a culpa. E todo porque \"o 70% dos cidadáns non se vacinaron contra a gripe\", dicía o xoves Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade. Iso non llo di á cara a un colega meu, hipocondríaco, que dende que decidiu vacinarse agarra un gripazo anual dos de suar na cama con ouriñal ao carón. Para Mosquera, que as padiolas atasquen os corredores non ten que ver con que -como informou este diario- o SERGAS recortara 1.400 profesionais sanitarios dende 2009. Eviten coller gripes por enriba das súas posibilidades. Coia, città aperta. Esta mesma semana, na que a Juan Carlos I atribuíaselle unha nova \"filla da Transición\", Abel Caballero comparaba a rotonda do barrio de Coia coa Fontana de Trevi. Ese mesmo día viron a Anita Ekberg lanzarse polo tobogán de DiSanremo, en Samil. Santísimo Círculo de Sevilla. A segunda semana de xaneiro remataba dun xeito tranquilizador: o líder de Podemos berrando en Sevilla que haberá Semana Santa. Menos mal, todos temos un traxe de costaleiro no fondo de armario ao que sacarlle o máximo partido. SEMANA 3 O xuízo do electricista. Hai tres garaxes na historia da arquitectura contemporánea que son emprazamentos clásicos: aquel no que Doc fabricou o DeLorean, o do chalet da exministra Ana Mato, e o de Manuel Fernández Castiñeiras, o \"electricista da Catedral\". O que neles se garda, de súpeto, faise invisible para o resto. \"Eu nunca vin feixes de billetes de 1,7 millóns de euros\", declaraba no xuizo a muller do ladrón confeso do Códice. \"Non me sorprendeu que comprara vivendas porque aforrabamos moito, sobre todo el\", dixo con aires de Infanta. Algún día, Castiñeiras terá que devolver o condensador de fluzo. Bárcenas e os colegas de módulo. Na noite do xoves 22, Bárcenas saía do cárcere e erguía unha man con catro dedos. Era un xesto de despedida para os seus compañeiros do Módulo 4, prometérallelo. Coa man que lle quedaba solta dáballe a primeira labazada a Rajoy: \"Le he hecho caso. He sido fuerte\". O extesoreiro dicía que estaba a meditar pedir a reincorporación no PP. \"Que monte un cos colegas que deixou en Soto del Real, os que tiña fóra non son de fiar\", reaccionou o camareiro ante un comentario dun tertuliano televisivo de moda. A troika era un mito. Durante un tempo, non se falou doutra cousa en Atenas: Afrodita púxolle os cornos a Hefesto con Ares. O marido, para vingarse, teceu unha rede na cama na que sabía que os ía atopar. Cando estiveron atrapados, Hefesto chamou aos deuses do Olimpo para que os viran espidos, aí, humillados. Gañou Syriza. SEMANA 4 \"Grecia non é España\". Outra portada enferma de La Razón que se facía viral un luns. Voceiros de partidos que se desmarcaban do acontencido en Grecia e que antes chamaban \"homólogos\" aos líderes do \"Pasok\" e \"Nueva Democracia\". Unha antiga foto de Tsipras con Lidia Senra rapidamente tuiteada por ANOVA. Demis Roussos gardado na recámara. Un F-16 grego estrelábase contra un hangar en Albacete. As novas do comezo da derradeira semana de xaneiro xiraban arredor de Grecia. Natural. Feijóo virtual. Esta semana, Feijóo anunciaba unha nova lei de transparencia \"das máis avanzadas de Europa\". Ao día seguinte presentaba en FITUR un botafumeiro virtual. O artiluxio naif está pensado para atraer turismo, suponse que o botafumeiro virtual tamén."}
{"ID": "NOS_16490", "summary": "Despois de meses de negociacións entre familia e institucións, o Legado de Maside permanecerá en Compostela, tal e como desexaba o artista. O Consorcio da cidade adquirirao por 430.717 euros, dos que a metade serán achegados pola Deputación da Coruña.", "text": "A obra de Carlos Maside que conforma o Legado estará exposta permanentemente no edificio de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela. Accederase á mostra polo Xardín das Pedras que Falan -un proxecto do escritor Suso de Toro acabado de inaugurar. \"O acordo permitirá que as obras permanezan en Compostela, cumprindo así o desexo do artista\", sinalou nun comunicado o Consorcio de Santiago, organismo de cooperación interinstitucional formado por Xunta, Goberno do Estado e Concello de Compostela. O Legado de Carlos Maside (Potecesures, 1897-Compostela, 1958), ate agora propiedade da familia do pintor, contén 21 pezas: 13 óleos sobre lenzo, un pastel, tres gouache e catro debuxos a lapis. Escolleunos o propio artista, nome fundamental da xeración da República ou Os Novos, como testamento pictórico."}
{"ID": "PRAZA_13615", "summary": "Un estudo conclúe que, cando estea rematada, a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e Madrid terá un número potencial de usuarios semellante ao do eixo que conduce a Barcelona", "text": "O pasado marzo o deputado de Convergència i Unió no Congreso Pere Macías expuxo dun curioso xeito a posición da súa formación política a respecto da política de infraestruturas do Estado. En pleno debate sobre os primeiros Orzamentos do Goberno de Mariano Rajoy, Macías puña de novo sobre a mesa o que, a xuízo de CiU, é un agravio comparativo entre Galicia e Catalunya ou, en sentido amplo, entre Galicia e Levante. O parlamentario converxente considerou un exceso que o PP mantivese e mesmo aumentase, cando menos sobre o papel, o investimento que realizara o Goberno do PSOE no AVE galego. Durante o debate o popular ourensán Celso Delgado botaba man das comparacións: \"vostede ten a oportunidade de viaxar de Madrid a Barcelona hoxe mesmo con 28 trens, dos cales 27 son AVE, os galegos temos un tren diurno e dous nocturnos; aspiramos simplemente a ter o mesmo que vostede xa goza\", sinalou. \"Eu nunca aspirarei a ter uns percebes como os seus\", retrucou Macías. Os Orzamentos Xerais do Estado reservan, cando menos sobre o papel, 1.174 millóns para o AVE en 2012 Alén do anecdótico, o intercambio de opinións entre Delgado e Macías é unha boa mostra dos receos que o tren rápido entre Madrid e Galicia causa en diversos puntos do Estado, tanto na formación gobernante en Catalunya como tamén noutras latitudes ideolóxicas e mediáticas, tamén madrileñas, dende as que con frecuencia se apela á escasa \"rendibilidade\" que terá esta liña, apelando a deixala en segundo plano para priorizar, por exemplo, o corredor mediterráneo. Mentres as estreiteces orzamentarias o férreo control que chega dende Europa enchen de dúbidas os 1.174 millóns de euros -862,4 para a conexión con Madrid e 312,5 para o Eixo Atlántico- que prevén para esta infraestrutura as contas estatais de 2012, case once anos despois da colocación da primeira travesa do AVE galego un estudo tenta tombar ou, cando menos, por en dúbida cuestionamentos como o de CiU. Elaborada pola sección de Ferroviarios de UGT Galicia, esta análise detense nunha comparación entre Galicia e outros territorios nos que xa funciona unha conexión directa a Madrid por AVE, tanto no referido a hábitos de transporte como no que atinxe a características sociais, económicas e demográficas. Así, por exemplo, os autores do estudo apóianse en datos oficiais do Ministerio de Fomento e de Aena para debullar o volume de pasaxeiros que se move cada ano entre Madrid e Galicia, por unha banda, e entre Madrid e Catalunya, por outra. Unha vez cruzados os datos o resultado, admiten, pode chegar a ser sorprendente. Coas correspondentes correccións, conclúen que a capital do Estado e o territorio catalán intercambian 10,05 millóns de persoas ao ano. Mentres, entre terras galegas e madrileñas viaxan 11,02 millóns de persoas. Tendo en conta que parte delas proceden do norte de Portugal, matizan, a cifra estaría no entorno dos 10,3 millóns de persoas. De cada 100 viaxes entre Madrid e Galicia, 72,8 realízanse en vehículo privado e apenas 2,3 en tren Esta semellanza de movementos de persoas entre territorios tan dispares ten a súa diferenza nos medios de transporte empregados. Así, de cada 100 viaxes entre Catalunya e Madrid, 29,3 realízanse en vehículo privado, 5,7 en autobús, 15 en tren, 49 en avión e 0,4 por outros medios -esencialmente, o taxi-. Mentres, en Galicia o vehículo privado é o protagonista en 72,8 de cada 100 viaxes, o autobús en 2,7, o avión en 21 e o tren en apenas 2,3. Existe, polo tanto, detallan, unha ampla marxe de crecemento para un ferrocarril competitivo. Comparación territorial e socioeconómica O segundo gran paralelismo que realiza o estudo de UGT fíxase na primeira liña de AVE inaugurada no Estado, a que une Madrid e Sevilla. A capital andaluza e a súa provincia, explican, abarca uns 14.000 quilómetros cadrados nos que vive 1,9 millóns de persoas e conta cun produto interior bruto de algo máis de 34.000 millóns de euros. Estas cifras son, para os autores desta panorámica, equiparables cun dos apoios fundamentais da alta velocidade galega, o eixo atlántico. As provincias da Coruña e Pontevedra, detallan, abranguen 12.445 quilómetros cadrados, contan con 2,1 millóns de habitantes e apóianse nun PIB de 42.000 millóns de euros. Ademais, engaden, cómpre ter en conta a potencia exportadora da provincia pontevedresa e a posibilidade de captar pasaxeiros e mercadorías de Portugal. Entre Madrid e Sevilla, abondan, circulan 19 trens rápidos cada día. A viaxe entre Ourense e Madrid \"non debera superar as súas horas\", afirman os autores do estudo Para argumentar a súa tese de competitividade os autores do estudo realizan unha aposta aínda máis concreta. Cunhas frecuencias axeitadas e partindo de que se vaian cumprir as velocidades de ata 350 quilómetros á hora, a viaxe Ourense-Madrid \"non debera superar as dúas horas\". Polo tanto, propoñen, sería posible que dous trens que partisen dende A Coruña -vía Santiago- e de Vigo -pola variante de Cerdedo- se convertesen nun só convoi na estación ourensá a cal, di, tamén cómpre conectar convenientemente con Lugo. Todo isto, manteñen, sería máis rendible que, por exemplo, construír o AVE entre Valencia e Castellón, tamén en proxecto. Así e todo, este estudo de UGT non é máis ca unha achega máis nun anubrado panorama, no que as promesas de Fomento escurecen ao bater coa conxuntura económica e tamén con outros estudos. Así, por exemplo, a comezos de 2011 saía á luz un estudo encargado polo propio ministerio a unha consultora que situaba os limiares da rendibilidade nunhas escasas tres frecuencias diarias do AVE Madrid-Galicia. En calquera caso, e á espera da data definitiva, todo semella indicar que aínda haberá tempo para abondosos debates antes de que esa ruta ferroviaria sexa unha realidade. Contido íntegro do estudo"}
{"ID": "NOS_15089", "summary": "A estratexia do PP -enfriar a campaña- deu os seus froitos e a decisión da CRTVG de trasladar o debate á G2, tamén.", "text": "O debate na G2 da pasada sexta feira -gravado a quinta- apenas fixo un 1% de share, máis ou menos o promedio de audiencia da segunda canle da TVG. Isto supón, en termos absolutos, que apenas 11.000 persoas viron o contraste de impresións entre @s candidatos a Europa de BNG, AGE, PSdeG-PSOE e PP. A decisión da CRTVG de colocar o debate na súa segunda canle, nunha franxa horaria de audiencia residual, levou o BNG a formular un recurso contra o plano de cobertura da TVG e a RG. A demanda da formación nacionalista -que argumentaba que a programación do debate na G2 era tanto como condenalo a que o visen moi poucas persoas- foi rexeitada pola xunta eleitoral provincial. En contraste coa TVG, a TVE si decidiu colocar en horario de máxima audiencia, e através da súa primeira canle, os debates eleitorais, quer o realizado a pasada semana entre Cañete e Valenciano quer o que programa esta noite (22.15 h) con PP, PSOE, Coaligación por Europa, IU, UPyD e ERC. Exclúese a coligación Os pobos deciden, na que está integrado o BNG. A estas alturas da campaña, é ben evidente que o PP aposta nunha campaña de perfil moi baixo e incentiva a abstención, ao considerar que a mobilización d@s votantes -nun momento en que a irritación social coas súas políticas é moi maioritaria- prexudicaría as súas hipóteses de vitoria."}
{"ID": "PRAZA_16814", "summary": "Continuamos coa información doutros tres alcaldes franquistas, que aínda teñen rúas na Coruña e outro tipo de distincións. Despois de máis de corenta anos de democracia, hai que acabar con esta vergoña.", "text": "Continuamos coa información doutros tres alcaldes franquistas, que aínda teñen rúas na Coruña e outro tipo de distincións. Despois de publicar nestas páxinas o artigo sobre Sergio Peñamaría de Llano, recibín algún correo de amigos historiadores animándome a seguir difundindo estas biografías de alcaldes franquistas, e recibín tamén algún correo invitándome a abandonar este traballo: \"Rogaría no envíes panfletos revolucionarios, ya que no nos interesan. Harías una labor mucho mejor a la sociedad, trabajando a estas horas, pagando tus impuestos y contribuyendo con ello al estado del bienestar, en lugar de perder el tiempo tú y hacérnoslo perder a los demás con chorradas que no nos dan de comer\". Si, aínda quedan persoas así. José Pérez-Ardá y López Valdivieso José Pérez-Ardá y López Valdivieso aparece sinalado como participante na represión Foi combatente co exército sublevado en 1936. Pérez Ardá xa figuraba, como tenente alcalde, na corporación municipal –chamada Comisión Xestora Municipal– que se constitúe o 18 de agosto de 1938. Participa, xa que logo, na represión que se exerce na cidade a todos os niveis. O historiador Luis Lamela refírese aos consellos de Guerra contra José Miñones, Suárez Ferrín, Ramón Maseda, Francisco Mazariegos, Francisco Prego, os Irmáns da Lexía, etc no seu libro A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. E fala de \"cientos de consejos de guerra celebrados, a veces varios durante la misma jornada, y muchos más cientos de individuos sometidos a unas acusaciones artificiales –delitos políticos o ideológicos, traición o sublevación– convertidos por los fiscales en delitos genéricos y graduaciones inexistentes, que tenían como resultado final el fusilamiento o la cárcel, y en donde las penas de prisión aunque fuesen perpetuas serían consideradas por los reos una bendición divina\". José Pérez-Ardá y López Valdivieso aparece sinalado como participante nesa represión: \"Y en la designación de los tribunales, publicados en las órdenes de plaza, se harían familiares durante aquellos meses los mismos nombres- ...coronel Enrique Cánovas Lacruz, fiscal Hernán Martín-Barbadillo, Manuel María Puga Ramón, el alférez honorífico del Cuerpo Jurídico Militar, José Pérez-Ardá López...-, que hicieron, unos en los tribunales y otros en la Fiscalía, de la sentencia de muerte aplicación sistemática al preferir enviar a decenas de personas frente al pelotón de fusilamiento, que a dejar algún individuo capaz de combatirles más tarde aunque solamente fuese politicamente\". E remata así Luis Lamela: \"No obstante tantas muertes dictadas en sentencias durante aquellos años, no conozco la existencia de testimonio alguno de los componentes de los tribunales militares coruñeses, que mostrase compasión, pesar o disgusto por lo sucedido. La ausencia de compasión y caridad para con los desprotegidos fue una constante asumida por quienes la disciplina castrense justificaba el asesinato sistemático con premeditación y alevosía, dictando unas sentencias injustas y egoistas, enviando al paredón a los que solamente, y ya era mucho, tenían ansias de libertad, de justicia y de progreso\". Pérez Ardá preside, como alcalde accidental, o Pleno municipal de 23 de xuño de 1939 que concede ao ditador Franco a Medalla de Ouro da cidade e o nomeamento de Alcalde de Honra Xosé Enrique Acuña en Sumarísimos e tantas outras historias (17-11-2016) fala de \"avogados que, con rango militar, pasaron a desenvolver labores nos consellos de guerra en distintas cidades galegas. José Pérez-Ardá y López sería outro exemplo de actuación en consellos. Actividade á que sumaría a de ser vogal en 1938, en representación da Falanxe, do Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de La Coruña, cesando o 25 de agosto de 1939. Así recollía a \"Vicepresidencia de Gobierno, Orden de 2-6-1939, nombrando el personal que ha de constituir los Tribunales Regionales, Juzgados Instructores Provinciales e civiles especiales de Responsabilidades Políticas\". Para o Tribunal Regional de Coruña aparece: \"De FET. y de las JONS.: Propietario, don José Pérez Ardá López, abogado y excombatiente\" (BOE 5-6-1939). A Lei de Responsabilidades Políticas declaraba \"la responsabilidad política de las personas, tanto xurídicas como físicas\", que dende o 1 e outubro de 1934 \"contribuyeron a crear o a agravar la subversión de todo orden de que se hizo víctima a España\" e a partir do 18 de xullo de 1936 \"se hayan opuesto o se opongan al Movimiento Nacional con actos concretos o con pasividad grave\". O preámbulo desa lei sinalaba o obxectivo: \"Próxima la total liberación de España, el Gobierno, consciente de los deberes que le incumben respecto de la reconstrucción espiritual y material de nuestra Patria, considera llegado el momento de dictar una Ley de Responsabilidades Políticas, que sirva para liquidar las culpas de este orden contraídas por quienes contribuyeron con actos u omisiones graves a forjar la subversión roja\". Até setembro de 1941 tramitáronse 229.549 expedientes a través de 18 tribunais rexionais, segundo Manuel Álvaro Dueñas. En aplicación da citada lei, o xuíz instrutor debía pedir información sobre o presunto responsábel \"Al Alcalde, Jefe Local de FET e das JONS, Cura Párroco y Comandante del puesto de la Guarda Civil del pueblo en que aquel tenga su vecindad o su último domicilio\". Esta lei estivo en vigor até a súa derrogación o 13 de abril de 1945. A Lei de Responsabilidades Políticas foi un instrumento fundamental da represión, con todo tipo de sancións para persoas vivas ou para persoas asasinadas polo franquismo (executadas ou paseadas), que tiñan que asumir tamén as súas familias. Esta lei sinalaba distintos tipos de sancións: \"inhabilitación absoluta, inhabilitación especial. Estrañamento. Relegación ás nosas posesións africanas. Confinamento. Desterro. Perda total dos bens. Pago de cantidade fixa, perda de bens determinados\". Entre os encausados por este Tribunal figuraban intelectuais e políticos como Ricardo Carballo Calero, Francisco Pérez Carballo, Manuel Guzman García etc. José Miñones, coñecido como \"Pepe Miñones\", elixido deputado polo Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 e fusilado polos fascistas, é un exemplo do espolio de todos os seus bens e é distinguido pola CRMH como Republicano de Honra 2018. Era unha persoa de absoluta confianza da ditadura franquista, que participou activamente na represión e por iso foi designado a dedo como alcalde en tres mandatos Xoán Antón Pérez-Lema, no seu artigo Os roubos non reparados do franquismo (Praza Pública, 3-7-2017) concreta as repercusións desa lei: \"Nos primeiros meses posteriores á rebelión facciosa de 1936 incautáronse na Galicia bens e grandes sumas de diñeiro de persoas e familias non afectas ao golpe de Estado. A primeiros de 1937 o réxime franquista institucionalizou estes desapoderamentos ilegais. O sistema evolucionou até o desapoderamento deseñado polas Leis de Responsabilidades Políticas e de Represión da Masonería e do Comunismo. Moitos galegos foron desposuídos dos seus bens e diñeiro de xeito ilegal e aínda non foron reparados. Velaí o caso do secretario do Concello da Coruña, Joaquín Martín (republicano centrista) condenado á morte e executado o 31 de agosto de 1936. A responsabilidade civil derivada da condena ascendeu a un millón de pesetas da época. A súa viúva, filla do esgrevio coruñés Médico Rodríguez, aínda pregaba lastimeiramente da ditadura no 1954 que lle levantasen o embargamento sobre os bens herdados do seu home. Outros casos salientábeis foron os do deputado republicano Miñones Bernárdez (principal accionista da Electra Popular, logo adquirida de saldo pola Fenosa de D.Pedro Barrié) ou do secretario de Relacións Internacionais do Partido Galeguista, Plácido Castro\". Pérez Ardá preside, como alcalde accidental, o Pleno municipal de 23 de xuño de 1939 que concede ao ditador Franco a Medalla de Ouro da cidade e o nomeamento de Alcalde de Honra. No seu discurso, Pérez Ardá fala do \"profundo cariño y gratitud que nuestra ciudad guarda para el invicto caudillo salvador de España e ilustre hijo de esta provincia\". Era unha persoa de absoluta confianza da ditadura franquista, que participou activamente na represión e por iso foi designado a dedo como alcalde en tres mandatos: de 11 de outubro de 1939 a 22 de febreiro de 1940; de 1 de maio de 1943 a 26 de xuño de 1944 e de 7 de xaneiro de 1969 a 21 de xaneiro de 1974. Foi tamén procurador nas Cortes franquistas nos períodos 1943-1944 e 1971-1974. Ten unha rúa, un retrato na palacio municipal de María Pita e un monolito fronte á piscina municipal de Riazor, lembrando os seus tres mandatos como alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte Foi tenente alcalde na corporación que se constitúe o 18 de agosto de 1938, en plena represión franquista. Era primeiro tenente alcalde no Pleno de 23 de xuño de 1939 que concede a Franco a Medalla de Ouro e o nomeamento de Alcalde de Honra. Alcalde da Coruña de 13 de agosto de 1963 a 20 de decembro de 1965. Foi tamén procurador nas Cortes franquistas (1961-1964). A proposta do Ministro do Exército, o ditador Franco concedeulle a Gran Cruz da Orde do Mérito Milirar con distintivo branco (BOE, 5-10-1964). Ten rúa na Coruña, retrato en María Pita, un busto detrás do palacio municipal e un Colexio de Educación Infantil e Primaria. Eduardo Ozores Arraiz Eduardo Ozores estaba no núcleo organizador da sublevación e, como persoa de confianza dos sublevados, poucos días despois do golpe é encargado da Garda Municipal. Posteriormente participa nas columnas galegas dos golpistas, que combaten en Asturias O 18 de xullo de 1936 era capitán no Rexemento de Artillería nº 16. Participou activamente na sublevación militar contra a República, como enlace da súa unidade cos golpistas, en contacto co capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, como recolle Carlos Fernández en El alzamiento de 1936 en Galicia. Despois da vitoria electoral da Fronte Popular, \"o capitán Rañal preparara o 18 de abril de 1936 un golpe de forza contra o Goberno Civil da Coruña, que fracasou. Descuberto o complot, foi xulgado, xunto con outros xefes e oficiais da Guarda Civil e trasladado como disponible forzoso a Pozoblanco na provincia de Córdoba\". Eduardo Ozores estaba no núcleo organizador da sublevación e, como persoa de confianza dos sublevados, poucos días despois do golpe é encargado da Garda Municipal. Posteriormente participa nas columnas galegas dos golpistas, que combaten en Asturias. Ascende a tenente coronel en xullo de 1944, antes de ser designado alcalde. Foi alcalde da Coruña de 7 de maio de 1946 a 22 de abril de 1947. Foi tamén procurador das Cortes franquistas. Ten rúa e retrato en María Pita. O manifesto Os tempos son chegados, promovido en 2009 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que foi apoiado por historiadoras/es, xente da cultura e numerosas entidades, dicía: \"Non merecen ningún tipo de recoñecemento público os alcaldes da ditadura Eduardo Ozores Arraiz, Sergio Peñamaría de Llano, José Pérez-Ardá e Eduardo Sanjurjo de Carricarte, ben porque xogaron un importante papel, como militares, na sublevación fascista de 1936 conta a República, participaron na represión ou asinaron penas de morte como fiscais militares\". Despois de máis de corenta anos de democracia, hai que acabar con esta vergoña. Continuará. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_26114", "summary": "A confluencia vive os seus momentos máis críticos, cun confronto aberto entre pablistas e errejonistas. A terceira vía de Carolina Bescansa faise a un lado. A politóloga compostelá non optará a ningún cargo en Vistalegre II.", "text": "O confronto interno en Podemos está servido. É un combate político aberto entre dous proxectos dificilmente conciliábeis, un que tería como obxectivo a curto prazo conquistar a hexemonía no espazo da esquerda (Iglesias) e outro que quer constituír un partido de \"maiorías e de goberno\" (Errejón). Carolina Bescansa, secretaria de Análise Político e Social, cofundadora da organización, e Nacho Álvarez, responsábel de Economía da dirección, tentaron abrir unha vía alternativa que evitase o choque de trens entre pablistas e errejonistas e procurase unha síntese dos proxectos. Promoveron a iniciativa Pensando Vistalegre. Falaron cuns e con outros. O seu labor de mediación non deu froitos e, destarte, ambos asinaron esta quinta feira un comunicado en que anunciaban que non concorrerían a ningún cargo en Vistalegre II, que non farían parte de ningunha candidatura. Aínda que nos últimos días Bescansa se situara nunha calculada equidistancia entre Iglesias e Errejón, en realidade comezou o proceso situada na órbita do secretario xeral, até o ponto de ter participado na elaboración do documento político de Podemos para Todas, a plataforma dos pablistas para o conclave dos días 10, 11 e 12 de febreiro. Portanto, a dinámica destes días levou primeiro a Bescansa a se distanciar de Iglesias e segundo a decidir a vía do abandono ante a evidencia de que non era posíbel unha converxencia entre os dous pesos pesados da organización. Bescansa e Álvarez acusan os \"equipos máis fortes\", en alusión ás candidaturas de Iglesias e Errejón, de \"estaren axindo de costas á vontade de diálogo e acordo, vontade que é partillada pola grande maioría das persoas inscritas en Podemos\". Iso explicaría por que \"non podemos integrarnos en nengunha das listas que competirán pola dirección política da organización\". Desaparecen do taboleiro podemita? Non, máis ben, adoptan a actitude de agardar e ver como se desenvolven os acontecimentos: \"Non queremos retroceder nen eludir a nosa responsabilidade. Sinxelamente cremos que seremos máis úteis traballando para a recuperación dos grandes debates políticos que fundaron Podemos, e para impulsar os acordos que terán que se producir após Vistalegre. Nestes momentos, iso só o poderemos conseguir dando un paso cara á marxe nesta escena\"- Tres candidaturas En definitiva, en Vistalegre II confrontarán tres candidaturas: a encabezada por Pablo Iglesias, a liderada por Íñigo Errejón e a promovida por Anticapitalistas. A candidatura oficial incorpora como número dous Irene Montero, chefe de gabinete de Iglesias, e o gurú dunha socialdemocracia digna de tal nome Viçenc Navarro como número tres. Mais tamén aparece Gloria Elizo, deputada e presidenta da polémica Comisión de Garantías que os errejonistas consideran entregada ao secretario xeral do partido. Errejón irá, entre outros, con Rita Maestre, a candidata falida a líder madrileña do partido, o responsábel de Internacional Pablo Bustinduy e o xuíz Illanes. A lista de Anticapitalistas encabézaa o eurodeputado Miguel Urbán e canda el aparece a dirixente feminista Beatriz Gimeno. 457.796 persoas inscritas para votar Vistalegre II ten dous momentos. O primeiro e decisivo é o período de votación telemática. Aí poden participar as persoas inscritas, neste momento perto de medio millón (457.796). Votarán as tres listas ao Consello Cidadán (con cadansúas ponencias) e a secretaría xeral, para a que concorren Pablo Iglesias (candidato das tres correntes) e o pouco coñecido deputado andaluz Juan Manuel Moreno Yagüe, activista do 15M. O segundo momento é o plenario, que decorrerá os días 10, 11 e 12 deste mes no Palacio de Vistalegre. As persoas inscritas poderán comezar a votar a partir deste sábado, 4 de febreiro. O período eleitoral conclúe o 11F. Os resultados coñeceranse o 12F."}
{"ID": "NOS_20991", "summary": "Os comités de Alcoa, Ferroatlántica e Celsa Atlantic convocan manifestación 20 de maio en Compostela.", "text": "Unha manifestación demandará o 20 de maio en Compostela medidas e solucións que garantan o futuro do sector electrointensivo galego, sometido a unha importante crise que afecta máis de 5.000 empregos directos. A mobilización partirá da explanada do estadio de San Lázaro e rematará ante o edificio da Xunta, en S. Caetano. Esta marcha unitaria reclama aos gobernos español e galego medidas que permitan avanzar nun novo marco regulatorio da enerxía estábel, predecíbel e competitivo. Unha ferramenta, demandan, que permita garantir a actividade produtiva deste sector, importante en comarcas como A Mariña, A Coruña e Costa da Morte. O convocatoria foi feita polos presidentes dos comités de Alcoa A Coruña, Juan Carlos López Corbacho, de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, de Celsa Atlántica da Laracha, Agustín Méndez, de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, Santiago Paz, e de Ferroatlántica Sabón, Alberto Ferreiro. Instaron tamén a Xunta a que \"deixe de botar balóns fóra\", faga uso das competencias que ten e traballe para dar solucións \"á situación agónica na que se atopa o sector dende hai meses, con ameazas á continuidade da fábrica de aluminio de San Cibrao ou os expedientes de regulación de emprego formulados por Ferroatlántica para as súas instalacións de Cee, Dumbría e Sabón, nas que a dirección, malia non executar aínda os ERTEs, mantén parados varios fornos\"."}
{"ID": "PRAZA_6613", "summary": "O actual proceso de globalización económica, ao contrario que o que tivera lugar entre finais do século XIX e principios do XX, coincide coa aparición dun número moi importante de novos países. Mentres a primeira globalización fora a dos grandes imperios, o actual período de apertura económica parecería seguir tendencias opostas.", "text": "O balbordo político e mediático que acompaña a cuestión do dereito a decidir en Cataluña, ao igual que o fixo no recente referendo escocés, impide analizar e comprender as razóns de fondo polas cales neste momento coinciden no tempo varios procesos similares na Unión Europea. Nunhas xornadas celebradas fai uns días en Santiago de Compostela, encol do artellamento territorial do Estado, puidemos escoitar algunhas reflexións interesantes procedentes do ámbito académico sobre esta cuestión. Mentres a primeira globalización fora a dos grandes imperios, o actual período de apertura económica parecería seguir tendencias opostas Un dos traballos presentados, neste caso polo profesor Jaume Ventura, apuntaba a que o actual proceso de globalización económica, ao contrario que o que tivera lugar entre finais do século XIX e principios do XX, coincide coa aparición dun número moi importante de novos países. Mentres a primeira globalización fora a dos grandes imperios, o actual período de apertura económica parecería seguir tendencias opostas. Sen embargo, como ben apuntou o autor, a grande diferenza reside na aparición de institucións políticas e económicas de ámbito internacional que, en moitos casos, substitúen aos Estados-nacións en funcións que lle eran básicas. Aparecerían institucións como a OMC ou o FMI que regularían as transaccións económicas cada vez máis globais ou outras de carácter militar como a OTAN, que mudan significativamente o carácter e necesidade da función estatal de defensa. Evidentemente tamén se referiu o profesor a aparición da Unión Europea, mais posiblemente por falta de tempo coido que non lle prestou suficiente atención a este fenómeno que vai moito máis alá dunha mera alianza, asumindo xa competencias fundamentais como a política monetaria e un papel moi relevante en áreas como a enerxía, agricultura ou pesca. Deste xeito, no noso caso vivimos nos últimos decenios un encollemento dos servizos que outrora prestaban os Estados, aportando así a estabilidade necesaria para os territorios e persoas de cada un deles. No caso español isto coincide coa aparición do Estado Autonómico, no que as CCAA pasan asumir boa parte dos servizos básicos do Estado do Benestar e outras políticas sectoriais. Isto é, das tres funcións do Estado que tradicionalmente identifica a Facenda Pública, grosso modo, a de estabilización recae xa en gran medida no eido superior (UE), a de redistribución sigue nos Estados pero cada vez hai máis forzas que levan á necesidade de situala tamén en Europa (para complementar así a de estabilización) e, finalmente, a de asignación de servizos públicos reside en boa medida nos ámbitos rexionais e locais. Evidentemente todo isto non significa a fin do Estado Nación, nin moito menos, pois sigue existindo como provedor de funcións importantes e sobre todo como espazo de referencia cultural e simbólica de forte ancoraxe Evidentemente todo isto non significa a fin do Estado Nación, nin moito menos, pois sigue existindo como provedor de funcións importantes e sobre todo como espazo de referencia cultural e simbólica de forte ancoraxe, en moitos casos polas políticas de uniformización que historicamente o acompañaron. Mais o certo é que as mudanzas sinaladas inciden no afloramento de discrepancias territoriais alí onde estaban latentes e onde as comunidades locais foron quen de impulsar os espazos propios de referencia cultural e política. Nacións pequenas e abertas, altamente competitivas e fortemente cohesionadas. Tomemos nota tamén en Galicia."}
{"ID": "NOS_5652", "summary": "Unidos das mans percorreron a zona vella compostelá baixo un forte despregamento policial.", "text": "Unhas 300 persoas volveron renovar, máis un ano, o seu compromiso e solidariedade para cos presos independentistas galegos, unha solidariedade que tomou forma na cadea humana que convoca Ceivar e que este ano chegaba á súa IX edición. Após unha concentración na céntrica Praza de Galiza, que é paso entre a Zona Vella e Ensanche -e perante un forte despregamento policial- as persoas participantes colléronse das mans para percorrer varias vías e rúas da capital de Galiza cunha mensaxe de apoio e solidariedade para cos preso. O acto finalizou na Praza do Toural coa leitura dun manifesto e o Himno Galego. A fin da dispersión e as medidas de excepción, a repatriación dos presos independentistas a Galiza, a fin dos operativos policiais e xudiciais contra o independentismo ou o recoñecimento do carácter político das persoas presas foron algunhas das reivindicacións que estiveron presentes nesta mobilización."}
{"ID": "NOS_50033", "summary": "A proposta irá ao próximo pleno municipal da vila, que terá lugar na segunda feira, 22 de febreiro. Pídese a supresión dos vestixios da ditadura, xa que é preciso avanzar \"cara a restitución da memoria democrática\" no concello.", "text": "O BNG de Ribeira vén de anunciar que o próximo luns levará ao pleno municipal unha iniciativa para instar á corporación a eliminar os símbolos do franquismo que aínda son visíbeis nesta localidade costeira. O grupo entende que é tempo de erradicar esa simboloxía que lembra a ditadura pois xa van varios anos de parálise nos avances cara as demandas da memoria histórica. A proposta do Bloque incide na necesidade de \"avanzar\" na supresión dos restos da ditadura e \"camiñar cara á restitución da memoria democrática no Concello de Ribeira\". Desde a formación a nivel local lembran que xa van cinco anos sen que houbera melloras neste sentido, pois en Ribeira aínda hai mesmo lavadoiros \"con símbolos totalitarios, distincións a militares golpistas como José María Rivera de Aguilar e Fernando Suárez Tangil\", sendo estes últimos considerados fillos adoptivos do municipio. Alías, insisten na retirada do rueiro das referencias a \"falanxistas como Diego Delicado ou Rodríguez Bautista\". Desde o punto de vista do partido nacionalista, que continúen existindo este tipo de homenaxes é \"unha completa anormalidade pois, nunha sociedade con principios democráticos, non pode haber cabida para que haxa honras e distincións a membros que participaron e apoiaron a ditadura\". Apuntan quer á represión dalgunhas persoas como aos asasinatos durante o franquismo. \"Que se manteñan en 2021 estas honras e distincións deixa en evidencia que hai que seguir traballando para que desmantelar os privilexios e favores da ditadura\", engaden, con preocupación. Dada esta situación mesmo achegaron documentación informativa ao resto de grupos para poder debater con coñecemento da historia. Por exemplo, no caso da avenida dedicada a Miguel Rodríguez Bautista propoñen rebautizala como avenida das Heroínas de Sálvora ou dedicala a Xosé Neira Vilas, mais están abertos a outras posibilidades de consenso. O que si remarcan é que, de saír adiante a idea, os cambios teñen que decorrer antes do 30 de xuño deste ano."}
{"ID": "QUEPASA_1062", "summary": "A implantación desta nova aplicación posibilitará a comunicación directa e instantánea da cidadanía coa entidade", "text": "A asociación Íntegro, a entidade de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, vén de poñer en marcha un novo servizo de comunicación dirixido tanto aos seus socios/as como á cidadanía en xeral. Trátase dunha App gratuíta para dispositivos móbiles que posibilitará a comunicación directa e instantánea coa entidade a través da plataforma dixital Bandomovil, presente xa en máis de 800 concellos de toda España. Coa implantación desta nova aplicación, a entidade pretende dar un salto tecnolóxico e adecuarse aos novos tempos ofrecendo información puntual e detallada sobre as actividades e programas que desenvolve ao longo do ano. A partir de agora, cun só click todas as persoas que o desexen poderán recibir de forma sinxela, rápida e inmediata información actualizada sobre o día a día da entidade. Ademais, a través da nova aplicación a comunicación cos destinatarios/as será bidireccional, xa que tamén poderán poñerse en contacto directo co centro de Nantón para notificar incidencias, facer consultas e/ou enviar calquera tipo de proposta que consideren oportuna para mellorar o funcionamento do centro ou a posta en marcha de novas iniciativas. Para poder desfrutar deste novo servizo, os interesados/as tan só teñen que descargar nos seus dispositivos móbiles a nova APP, dispoñible tanto para os terminais Android (a través de Play Store) como para IOS-Apple (App Store). No primeiro caso, bastará con buscar \"asociación Íntegro\" mentres que no segundo poderá facerse a través da aplicación \"bandomovil\" seleccionando \"íntegro\". A implantación deste novo soporte de comunicación foi posible grazas á colaboración da empresa segoviana Bandomovil, unha plataforma líder en España especializada en desenvolver aplicacións móbiles destinadas a facilitar a comunicación entre os cidadáns e as institucións, organizacións, clubes e/ou cooperativas que o precisen. Desde o pasado mes de xaneiro, tamén ofrece este servizo de forma solidaria a todas as entidades benéficas e asociacións sen ánimo de lucro que o soliciten."}
{"ID": "NOS_32387", "summary": "Sada celebra esta fin de semana a novena edición da Festa da Xiba, una cita coa gastronomía na que participan máis de 80 establecementos da vila. Animación musical, premios directos e un concurso de tapas conforman o resto da programación.", "text": "A Concellaría de Promoción Económica e Turismo organiza esta fin de semana a IX Festa da Xiba de Sada. Cunha programación onde destaca a xa tradicional ruta gastronómica polos bares da vila, as persoas asistentes a estas xornadas poderán degustar, a través do concurso de tapas, as propostas que teñen preparadas os 13 locais participantes, todas elas co cefalópodo como protagonista. Estes pratos, que serán servidos en forma de tapa con cada consumición ao prezo de 1 euro, poderán degustarse nos 13 locais que toman parte do concurso, e que están divididos en tres zonas do casco urbano: Centro da vila, zona da praia e Porto. No centro, as propostas serán: Xiba na súa tinta do bar A Lagoa, tartar de xiba con garabanzos e crocante do Rincón de Burgos, e nido de xiba do bar Antoxos. Na praia, os asistentes poderán probar o brazo de xiba do bar A Nosa Viña, o guiso de xiba de La Esquinita, a xiba \"Costa da Morte\" do mesmo mesón que lle dá nome, xiba en arroz caldoso da Marola e croqueta de xiba do Sada Bay. Na zona portuaria participarán o Mesón Nordeste coas súas albóndigas de xiba, o restaurante Ría de Sada cunha tapa de xiba en salsa de albariño e lagostinos, El Canalla cun molete de xiba en tinta con alioli de aguacate, e o Covad'anca, coa súa \"perla das mariñas\". Todas as propostas serán avaliadas por un xurado profesional composto por Maruxa Quiroga, directora executiva de Tastelab, Marcos Balboa Beltrán, presidente de Jóvenes Empresarios de Galicia, e Fernando España, administrador do grupo Eres de Tapas Si, entre outros."}
{"ID": "NOS_50802", "summary": "Elena Valenciano defende que é a persoa máis capacitada para liderar ao partido na próxima cita electoral poucos días despois de que se filtrase a determinada prensa esa posibilidade.", "text": "A pesar de ter mergullado ao PSOE no seu peor momento desde a Transición, o actual secretario xeral do partido, Alfredo Pérez Rubalcaba, semella disposto a recuncar como sexa no seu cargo e mesmo a presentarse de novo ás eleccións xerais, tal e como o indican os movementos que na súa contorna, tanto mediática como na dirección do partido, comezan a ser visíbeis. Logo de filtrar Rubalcaba á prensa máis achegada que está a sopesar a súa intención de ser candidato nos próximos comicios estatais, agora é a vicesecretaria do PSOE, Elena Valenciano, a que nunhas declaracións a La Sexta insistiu nesa posibilidade, da que se amosou partidaria: \"A min Rubalcaba paréceme ilusionante, de futuro, de presente. Non atopo un candidato mellor no PSOE, que é do que se trata\". Valenciano negou que antes das eleccións de 2011, Carme Chacón tivese que renunciar a presentarse a unhas primarias obrigada pola dirección do PSOE e repetiu que @ candidat@ do seu partido para as próximas eleccións sairá \"da militancia\". Nestes mesmos días, e sen espertar demasiada expectación, o PSOE galego prepara a consulta a afiliad@s para escoller un líder entre o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez. Ultimamente, o PSOE está a recibir de novo fortes críticas desde a esquerda, nesta ocasión polo seu pacto co PP para non profundar nas responsabilidades políticas da traxedia de Angrois."}
{"ID": "NOS_43948", "summary": "Máis de 170 mulleres asinan un comunicado no que se reivindica a acción de protesto contra o concerto da Praza do Correxidor como \"consensuada\" pola asemblea da plataforma e na que se procuraba denunciar o \"lavado de cara\" do Concello en materia de igualdade.", "text": "A Praza do Correxidor de Ourense acollía na noite (22:30 horas) do 8 de marzo unha serie de concertos \"subvencionados\" pola Concellería de Cultura de Ourense no marco dunha iniciativa da Concellería de Igualdade. Esa xornada o feminismo galego convocara greve laboral, de consumo, de coidados e estudantil. A asemblea de Galegas 8M Ourense decidiu, \"por unanimidade\", desenvolver unha acción \"para expresar a nosa desconformidade con este tipo de actos nun día de reivindicación como é o Día das Mulleres\", explican nun comunicado asinado por máis de 170 persoas. Consideran que este concerto era un \"lavado de cara\" por parte do goberno local nunha data como o 8M para tapar unha lexislatura con medidas contrarias á igualdade e ás mulleres. \"Como xa ten expresado o movemento feminista en Ourense noutras ocasións, o 8 de marzo non pode servirlle a gobernos, contrarios aos intereses das mulleres, para facer un lavado de cara\", afirman para citar a seguir algunhas decisións adoptadas polo executivo dirixido polo PP nestes anos na cidade: \"Abandonan as mulleres vítimas de violencia machista xa que non queren xestionar a casa de acollida\", \"suprimen as Aulas de igualdade dirixidas á xente adulta\", \"suprimen o programa Nexus de prevención de violencia de xénero e recupérano de xeito precario sobrecargando o traballo de quen o desenvolve\", \"suprimen o programa Agarimos de prevención dirixido principalmente a institutos\"... e así até 14 medidas que denunciaron neste 8M. Galegas8M afirma que ese 8 de marzo entrou na Praza \"ás 22.30h con parte da batukada feminista e unha faixa na que se podía ler \"O Partido Popular paga concertos e pecha a casa de acollida, desmantela a igualdade, quere derrogar a lei do aborto\" para pendurala da varanda da praza. Permanecimos na praza até as 23.25 horas coreando consignas de protesta contra a política de igualdade do Concello de Ourense, por todas e cada unha das prácticas que durante o ano teñen lesionado a política de protección e defensa das mulleres da nosa cidade\". En ningún caso, indica, ese acto foi contra o movemento cultural ou o mundo da cultura. \"Estamos enormemente sorprendidas ante as acusacións que se verten contra nós por parte dunha integrante dos colectivos contratados para este concerto pois en todo momento deixamos claro que a nosa crítica é contra as políticas do Concello e e en ningún caso contra as artistas e os grupos, moitos deles propostos por nós nalgunhas ocasións para que foran contratadas para actos\". Lamentan e critican \"as graves acusacións de agresións e o sinalamento de compañeiras e a publicación dos seus nomes nos medios, coa única intención de mancar\", apontan. Por iso demandan a retirada do comunicado no que se sinala a compañeiras \"e unha desculpa ante as calumnias que se verteron sobre nós\"."}
{"ID": "NOS_41433", "summary": "A vice-voceira de AGE interpelou o presidente da Xunta para lle exixir que \"nos diga a verdade\" a respeito da súa relación con Marcial Dorado e o testaferro deste, Manuel Cruz. Yolanda Díaz denunciou que a documentación achegada polo executivo galego en relación cos contratos con empresas do narco son unha \"trapallada\"", "text": "Subiu o ton no escándalo Dorado e, após un mes de se faceren públicas as imaxes entre Feijóo e o narcotraficante arousán, seguen a saír novos dados. Neste senso, a vice-voceira de AGE preguntoulle a Alberto Núñez Feijóo se \"é certo\" que após o pasamento de Manuel Cruz nun accidente de tránsito o actual presidente da Xunta de Galiza chamou ao Sergas para \"pedir que non se lle fixese a autopsia\". Díaz dixo, aliás, que o chófer do ex-conselleiro de Sanidade, Romay Beccaría, era \"un narcotraficante\", que \"andaba de pistola\" e desenvolvía \"actividades ilícitas\". Pola súa banda, Núñez Feijóo limitouse a despachar as acusacións dá deputada de AGE cualificándoas de \"inxurias\", mais non deu ningún dado que permita concluír que o dito pola vice-voceira de AGE sexa falso. Feijóo dixo que o executivo galego non dispón dos contratados asinados pola Xunta co narcotraficante Dorado con anterioridade a 2003 Feijóo, que acusou a parlamentar e o seu grupo de \"manchar\" o Parlamento, dixo que o executivo galego non dispón dos contratos asinados pola Xunta coas empresas do narcotraficante arousán con anterioridade a 2003. A deputada de AGE exixiu que a administración galega lle entregue ao seu grupo parlamentar a documentación solicitada en relación coas contratacións e non \"esta trapallada\", insistiu amosando a relación de pagamentos entregada pola Xunta, documentación \"sen validez legal\" algunha --aseverou. Yolanda Díaz insistiu en exixir a demisión do presidente da Xunta ao considerar que \"non é honrado\"."}
{"ID": "NOS_28530", "summary": "O veterano líder republicano deixa a presidencia do centenario partido irlandés após 35 anos no cargo. O relevo vén da man dunha muller da beira sur da fronteira británica, da República de Irlanda.", "text": "Mary Lou MacDonald (Dublín, 1969) é a única candidata a suceder Gerry Adams na presidencia do Sinn Féin. Unha candidatura ratificada oficialmente a mediados do presente mes e que se concretará no congreso que o vindeiro 10 de febrero realizará o histórico partido republicano en Dublín. MacDonald, vicepresidenta do SF, asumirá entón a presidencia, o posto que Gerry Adams ocupa desde 1983, hai 35 anos. Gerry Adams anunciou en novembro pasado que deixaría en 2018 a presidencia nacional do Sinn Féin. Chegou ao cargo en 1983, nunha Irlanda do Norte en pleno conflito armado entre o IRA, e paramilitares unionistas e estado británico e vai deixalo cun SF a piques de ser primeira forza nos seis condados nun escenario onde hai anos que desapareceu a violencia armada. \"Dirixir significa saber cando chegou o momento do cambio. O momento chegou\", dixo un Gerry Adams emocionado na clausura do congreso onde realizou o anuncio. \"O Sinn Féin non é un culto, estamos listos para gobernar para o pobo\" Mary Lou MacDonald é a vicepresidenta do Sinn Féin e, desde 2011, deputada e portavoz da formación no Parlamento da República de Irlanda. Con anterioridade foi eurodeputada. Comezou a militar en política de moza, no Fianna Fáil, o partido conservador creado por Éamon de Valera en 1926 como escisión do Sinn Féin. Deixou esta militancia en 1998 para, posteriormente, adherirase ao republicanismo e á esquerda que representa o SF. Ten asumido importantes responsabilidades internas no partido republicano e é unha das persoas de peso do seu Ard Chomhairle (Executiva). \"O Sinn Féin non é un culto, estamos listos para gobernar para o pobo\", manifestou para se referir á vontade do partido de cambiar a política irlandesa. Non oculta que gostaría de ser a primeira presidenta republicana da República de Irlanda. Actualmente o SF é a terceira forza, cun 14% dos votos. As seguintes eleccións serían en 2021. Catro anos para conseguir a Taoiseach, o posto de presidente, cuxo primeiro ocupante fora aquel 'Eamon de Valera, fundador do partido onde McDonald comezara a súa andaina política. O Sinn Féin non tiña una presidenta desde que Margaret Buckley ocupou o cargo, entre 1937-1950. Ademais, e como inciden desde Innesfree1916, o liderado do SF volta ao sur da illa, á República de Irlanda, após case catro décadas en Irlanda do Norte. dESDE QUE EN 1983 Adams e Martin McGuinnes tomaran as rendas."}
{"ID": "NOS_51694", "summary": "'Os povos deciden' tería o 2,1 % dos votos. O barómetro preelectoral sinala que o PP acadaría entre 20-21 deputad@s, o PSOE entre 18 e 19 e Izquierda Unida-Anova, 5. ERC tería 2 representantes e 'Podemos' atinxiría un escano. A coligación de PNV, CIU e CxG obtería 3.", "text": "A coligación para as eleccións do 25 de maio formada polo BNG e EH Bildu xunto con outras formacións ('Os povos deciden') atinxiría un escano na Eurocámara e obtería o 2,1 por cento dos votos, segundo unha enquisa do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) que se fixo pública esta quinta feira feira. O PP gañaría os comicios cun apoio do 33,7% dos sufraxios (20-21 escanos), mentres o PSOE conseguiría 18-19 deputados, cun 31% dos votos. Ambas as dúas formacións baixan sensíbelmente a respeito dos resultados obtidos hai cinco anos. Izquierda Unida (9,3 %) sería terceira forza nestas eleccións europeas, segundo os dados do CIS, e tería cinco representantes. Precisamente o quinto posto é o que ocupa nesa listaxe a representante de AGE, Lidia Senra. UpyD obtería 3 postos no Europarlamento. A coligación da que forma parte Compromiso por Galicia (con PNV e CiU) acadaría nas eleccións do 25 de maio 3 eurodeputados (5,5% dos votos) e a candidatura de ERC lograría 2 deputad@s (3,7 %). De feito, o candidato de Esquerra, Josep María Terricabras é o mellor valorado, cun 4,46. Podemos, a formación representada por Pablo Iglesias, tamén entraría na Eurocámara, cun escano e o 1,8% dos votos. Ficarían sen representación Ciudadanos, Vox ou Primaerva Europea (Compromís e Equo). A abstención sitúase nesta sondaxe no 23,8%.Porén, esta porcentaxe só atinxe as respuestas directas das persoas enquisadas. Nos comicios de 2009 a abstención fora do 55%. A enquisa fíxose entre o 7 e o 26 de abril e ten unha marxe de erro do 1,5%. O tamaño da mostra é de 4.737 entrevistasfeitas en 398 concellos de 49 provincias."}
{"ID": "PRAZA_4345", "summary": "Gonzalo Caballero reta a Feijóo a dous debates cara a cara e tres cos líderes das principais formacións políticas. Ana Pontón aposta por dous debates entre todos os partidos e Galicia en Común cre que \"cantos máis, mellor\".", "text": "A oposión vai detallando as súas propostas de debates de cara a unha campaña electoral atípica e marcada pola pandemia e polas críticas dos partidos ao que consideran un \"uso partidista\" dos medios públicos por parte da Xunta a favor do PP. Gonzalo Caballero (PSdeG) propón un mínimo de cinco debates ao PP: dous de ida e volta entre Feijóo e el e tres entre os líderes dos principais partidosA mes e medio dos comicios do 12 de xullo, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo ao PP a celebración dun mínimo de \"cinco debates\" electorais, \"dous de ida e volta co principal partido da oposición\", o propio Partido Socialista, e tres máis \"entre os líderes políticos dos principais partidos con representación parlamentaria e os que determine a Xunta Electoral\". Para o candidato socialista á presidencia da Xunta, ademais, Feijóo \"debería asumir tamén\" debates territoriais nas sete principais cidades de Galicia, completando unha proposta, xa que logo, dun mínimo de cinco debates pero dun máximo de doce. \"En todos os debates que estea Feijóo, eu vou estar; nos medios públicos e nos medios privados\", asegurou Caballero, que asegurou que tan só a Cadena SER fixera xa unha proposta para un debate entre as principais forzas políticas. O BNG responde á proposta de dez días de campaña do PP cunha \"contraproposta\" que inclúe un debate a dobre volta na TVG entre os líderes dos principais partidosAsí, e mentres Feijóo lembra que é \"tradicional\" que a CRTVG propoña un debate e que el irá a ese de ser proposto, a oposición pídelle máis e en diferente formato. Desde o BNG, e ante a proposta do presidente do PP de recortar a dez días unha campaña que legalmente ten que durar quince, lanzouse unha \"contraproposta\" coa que aceptar esa redución de facto. \"Dez días de campaña ligados a un debate a dobre volta na TVG en horario de máxima audiencia, maior implicación dos medios públicos na cobertura informativa das eleccións garantindo a neutralidade, e envío conxunto das papeletas de todos os partidos por correo porque iso suporía un aforro importante nun momento no que cada euro conta\", explicou a voceira do Bloque, Ana Pontón. A formación nacionalista aposta por ese debate a dobre volta na televisión pública e entre os candidatos e candidatas á presidencia das principais forzas políticas do país. A proposta é considerada \"razoable\" por Galicia en Común, que non fixo unha proposición concreta pero que xa aclarou que \"cantos máis debates, mellor\" pero cinguidos ás organizacións políticas \"con representación\" en Galicia. \"Cantos máis debates mellor e que sirvan para garantir que a cidadanía galega acoden ás urnas co voto formado\", asegurou Antón Gómez-Reino, portavoz de Galicia en Común, nesta semana. A formación aclara, no entanto, que a súa aposta é por un \"plan global\" sobre a campaña que \"vaia máis aló\" e regule os detalles dunha situación \"anómala\" e con moitas circunstancias que clarexar."}
{"ID": "NOS_37055", "summary": "Docentes dos cursos de formación para adult@s en lingua galega advirten que o conflito que manteñen coa Xunta de Galiza non é só laboral. Afirman que a postura da Administración galega constitúe \"unha agresión contra a lingua\" e unha \"revancha\" contra eles por defenderen os seus dereitos.", "text": "O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, tentou en sesión parlamentar --inquirido polo BNG-- reducir o conflito co profesorado do Celga a un \"problema laboral\", o que contrasta coa visión que teñen @s profesionais da formación para adultos en lingua galega, para quen a actitude da Xunta de Galiza reflicte \"absolutamente\" unha agresión contra a lingua. A intención da Xunta, advirten, \"é prescindir da formación en lingua galega dentro do posíbel\" pois, \"a oferta que hai actualmente é ridícula\". \"Este foi o último punto, mais desde a Secretaría Xeral levan anos querendo desfacerse da formación para adultos en lingua galega\", salientan desde o colectivo de docentes. Á redución do número de cursos e recursos que vén padecendo o Celga desde hai anos súmase agora o despedimento dunha boa parte do profesorado especialista que os impartía. Un litixio que podería custar caro á Consellaría de Educación após resolvérense as denuncias presentadas pola CIG-Ensino nas provincias de Lugo e Ourense. Un conflito \"caro\" para a Xunta Á espera de que a Inspección de Traballo adopte unha posición en relación ao persoal destas dúas demarcacións e de se pronunciar tamén en relación aos cursos de linguaxe específica e tribunais de avaliación, a suma que deberá abonar a Consellaría ascende a 200.000 euros de sanción por manter de maneira irregular o profesorado durante anos. \"Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta. Simplemente tiñamos obriga de facer declaración da renda mais ningún tipo de dereito\", explican @s docentes. \"Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta\" Porén, a inspección foi taxativa na súa resolución e non só recoñeceu a existencia dunha relación contractual entre a administración e o profesorado do Celga, senón que obrigou a dar de alta @s traballador@s, algunhas delas con até 20 anos de antigüidade. Mais, en troca de dar de alta @s empregad@s, O goberno galego botoun@s á rúa. A \"revancha\" de Valentín García \"A Xunta as veces que nos reunimos, a título individual ou através dos sindicatos, non quixo recoñecer a nosa relación laboral. Dicía que eramos profesorado colaborador. En ningún momento tivo intención de negociar ou falar con nós. E, aliás, recorreu a resolución da inspección de Traballo, renegando de nós como traballadoras, malia que o informe di que somos persoal traballador da Consellaría de Educación e, no concreto, da Secretaría Xeral de Política Lingüística\", subliñan. E como pano de fundo, a actitude do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. \"Dixo expresamente nunha xuntanza que mantivo con Anxo Louzao [secretario xeral da CIG-Ensino] e un representante do profesorado que isto era unha revancha. Que nos tiña avisado. E que ía evitar que nós traballasemos pois teñen como obxectivo eliminar o noso colectivo\", denuncian. \"Nunha xuntanza Valentín García dixo expresamente que isto era unha revancha\" Esquirois A actitude da Xunta e do propio Valentín García é para @s docentes do Celga \"represiva\" e, aliás, \"caciquil\". Neste senso, lembran que sen faceren públicas as listaxes de docentes que impartirían os cursos \"ofertáronlle o noso traballo a persoal con praza asignada e uns ingresos\". Persoal, apuntan, que estaba chamado a non aceptar a oferta en solidariedade co colectivo de docentes despedido. Porén, malia o éxito da campaña desenvolvida pola CIG-Ensino nos centros de traballo e coa que conseguiron que a maior parte d@s profesor@s de Lingua e Literatura galega rexeitasen a proposta da Xunta, houbo quen decidiu impartir as aulas. \"Iso ten unha palabra que é esquirol\", enfatizan ao tempo que denuncian a falta de formación na materia por parte dalgunhas desas persoas. \"Hai profesorado que aceptou impartir os cursos que nen sequera coñece os métodos de avaliación e dificilmente poden preparar ao alumnado en 2 meses para adquiriren as competencias necesarias. O alumnado fica nunha indefensión total\". Cuestión que tamén lles preocupa. Aliás, desde o colectivo de docentes do Celga salientan que a situación actual deixou \"a moitos de nós\" non só \"sen emprego\" senón tamén \"sen ningún ingreso\"."}
{"ID": "PRAZA_10771", "summary": "O secretario xeral, García Egea, solicitou á Oficina de Patentes nomes similares para as 17 comunidades autónomas ao tempo que dirixentes populares apelan á unión das dereitas mentres en Galicia aspiran a seguir gobernando en solitario", "text": "O secretario xeral, García Egea, solicitou á Oficina de Patentes nomes similares para as 17 comunidades autónomas ao tempo que dirixentes populares apelan á unión das dereitas mentres en Galicia aspiran a seguir gobernando en solitarioO pasado 25 de xullo, o Día de Galicia, e ao tempo que fracasaba en Madrid a segunda votación de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno central, o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, rexistraba ao seu nome, con enderezo na sede do partido na rúa Génova de Madrid, a marca Galicia Suma, a semellanza da Navarra Suma coa que nas pasadas autonómicas os populares concorreron alí ás eleccións coligados con UPN e Ciudadanos. A solicitude produciuse ao tempo que dirixentes populares veñen apelando á unión das dereitas para evitar que a fragmentación lles faga perder votos e representatividade, pero mentres en Galicia o PPdeG confía en poder seguir reeditando o próximo ano a maioría absoluta coa que Feijóo vén gobernando en solitario.As solicitudes agora realizadas por García Egea inclúen tanto as 17 comunidades autónomas como a marca España Suma, en todos os casos cun deseño similar, coa cor azul do PP nas letras e no que o símbolo da suma varía as súas cores en función das de cada bandeira autonómica. En todos os casos o tipo de servizos que se relacionan coa marca son de xeito expreso actuacións de tipo político.En Navarra, onde Unión del Pueblo Navarro (UPN) é o partido dominante do centro-dereita, PP e Ciudadanos acudiron ás autonómicas en coalición con esa formación baixo a denominación Navarra Suma. Similares propostas de unidade da dereita para evitar a perda de representación pola fragmentación do voto formularon diversos dirixentes populares en Cataluña ou Euskadi, ata o momento sen éxito.Feijóo xa secundou iniciativas conxuntas de PP, Ciudadanos e Vox como a manifestación do pasado febreiro na praza de España de Madrid e defendeu o pacto das tres formacións para gobernar AndalucíaPorén, en Galicia os populares, empezando polo propio Feijóo, veñen gabándose de ser a única formación que segue sendo capaz de gobernar unha comunidade autónoma con maioría absoluta. O presidente galego considera que o PP é a \"mellor oferta\" electoral en Galicia, pero ao tempo Feijóo tamén secundou iniciativas conxuntas de PP, Ciudadanos e Vox como a manifestación do pasado febreiro na praza de España de Madrid en defensa da \"unidade nacional\" e defendeu o pacto das tres formacións para gobernar Andalucía. Agora, a iniciativa do secretario xeral do PP de reservarse o uso da marca Galicia Suma chega despois de que o PP galego perdese a condición de formación máis votada tanto nas eleccións xerais como nas europeas, retrocedendo a rexistros da época de Alianza Popular."}
{"ID": "NOS_705", "summary": "Segundo a axencia de noticias Reuters, altos funcionarios de Finanzas da Eurozona traballan xa sobre a hipótese de que Chipre saia da zona euro.", "text": "Viceministros de finanzas, altos funcionarios do Tesouro dos 17 Estados da zona euro e representantes do Banco Central Europeu e da Comisión mantiveron hoxe unha teleconferencia arredor da cuestión chipriota. Chipre non tomou parte nesta rolda de contactos telemática. As fontes consultadas por Reuters apuntan a que se abordou o cenario do hipotético abandono de Chipre da zona euro. A preocupación básica do Eurogrupo, na eventualidade de Chipre deixar a moeda única, é que non se produza un efeito contaxio que arrastre tamén a Grecia."}
{"ID": "NOS_43794", "summary": "\"É mao para Catalunya\" mais tamén, acrecentou o líder de Unió, \"é mao para España\". O portavoz de CiU nas Cortes españolas instou o presidente español a \"dirixir\" e \"encabezar\" unha \"resposta\" perante o avanzo soberanista.", "text": "Josep Antoni Duran i Lleida demandou esta semana ao presidente do goberno español, Mariano Rajoy, que actue perante o avanzo soberanista en Catalunya pois, do contrario, advertiu \"atoparémonos cunha declaración unilateral de independencia que algúns aprobarán no Parlament\". Unha situación que o líder de Unió entende \"non é boa para Catalunya mais tampouco para España\". Duran considera que unha declaración unilateral só deixaría \"inestabilidade política\" en Catalunya e no Estado Nunha intervención desenvolvida no Congreso d@s deputad@,s o portavoz de CiU considerou que canto máis tempo deixa pasar o Estado español na procura dunha solución pactada ao que definiu como \"conflito político catalán\" menores son as posibilidades de atopar un punto de encontro entre as posicións soberanistas e unionistas. O líder de Unió insistiu en considerar que a independencia de Catalunya --que sinalou, conta cun amplo apoio social-- non xera senón \"inestabilidade política\" e \"desconfianza\", nomeadamente, para os intereses económicos da oligarquía que Unió representa. Mariano Rajoy di que non mudará de estratexia política Así, emprazou o executivo de Mariano Rajoy e, concretamente ao presidente, a iniciar un proceso de diálogo que agrupe \"os principais partidos\" do Congreso e as \"institucións do Estado\" co obxecto de frear unha posíbel declaración de independencia emanada do Parlament de Catalunya. O goberno español di que imporá a integridade territorial No entanto, Rajoy insistiu en continuar coa mesma estratexia que até o de agora. Non facer nada para alén de pregoar a suposta importancia que para Catalunya e o Estado representa o mantemento da unión territorial, un argumento que hai tempo fai augas en Catalunya como reflectiu a manifestación convocada o pasado 12 de outubro na capital catalá. Cristóbal Montoro: \"A Constitución define a indisolubilidade de España, e polo tanto non hai nada que discutir\" Para o goberno do Partido Popula,r a súa axenda política a respeito do proceso de ruptura iniciado en Catalunya continuará polo mesmo vieiro se ben algúns dos ministros do executivo de Mariano Rajoy están a radicalizar o ton do seu discurso. Neste senso, o responsábel de Facenda, Cristóbal Montoro, advertiu ás forzas independentistas que se fará cumprir a Constitución española, pois \"non hai nada que discutir\", dixo, ao se fixar na mesma a \"indisolubilidade de España\". Asemade, insistiu, o goberno español imporá \"a primacía\" do marco xurídico que, di, \"ninguén pode pretender vulnerar\". Así mesmo, a portavoz d@s populares en Catalunya, Alicia Sánchez Camacho, demandou a Duran i Lleida que rache coa coligación entre Convergència e Unió para evitar, dixo, que se puider producir a declaración unilateral. Porén, as forzas independentistas (Convergència, ERC e as CUP) continuarían a ser maioritarias na Cámara catalá."}
{"ID": "NOS_16151", "summary": "Sobre as supostas comisións do AVE á Meca.", "text": "As formacións soberanistas e independentistas representadas no Congreso volveron rexistrar esta cuarta feira, canda Más País, unha petición para crear unha comisión de investigación sobre o rei emérito Juan Carlos I. BNG, ERC, JxCat, CUP, PNV,Mas País, Compromís e EH Bildu queren que o Congreso investigue a trama vinculada ás \"presuntas ilegalidades\" cometidas polos membros da Casa Real española con Arabia Saudita. Segundo un comunicado, as oito formacións políticas que presentan a petición fano debido aos indicios de supostos delitos de Juan Carlos relacionados con \"branqueo de capitais, recadación de comisións e fraude fiscal\" despois de que se coñecese que a Fiscalía anticorrupción da Corte Suprema investigará ao rei emérito precisamente por mor dunha comisión encargada por Arabia Saudita pola construción do AVE entre Medina e A Meca. Por outra banda, esta solicitude xurde logo dasdeclaracións da ex amante do rei emérito, a empresaria Corinna zu Sayn-Wittgenstein, onde afirma que tería recibido supostamente presións e incluso ameazas por parte dos servizos secretos españois e da Casa Real,. Ademais de todo isto, Corinna tamén sinala que Felipe VI ten coñecemento desta campaña de acoso, difamación e persecución contra ela e a súa familia."}
{"ID": "NOS_38721", "summary": "Ricardo Antunes, sociólogo brasileiro, visita Galiza convidado pola CIG para presentar a súa última obra titulada O privilégio da servidão. O Novo Proletariado de Serviços na Era Digital, un traballo no que explica a relación entre as novas formas laborais que aproveita o sistema capitalista para obter máis beneficios a través dun sector servizos cada vez con máis presenza na nosa sociedade.", "text": "A fala de Ricardo Antunes é didáctica e directa. Atende as preguntas acompañado dunhas cantas follas de papel que lle serven para deseñar esquemas que estruturan un discurso que concibe indispensábel para entender unha realidade tan complexa como é a do sistema laboral do mundo actual. Do mesmo xeito deixa na mesa titulares en positivo malia o futuro que enmarca nunha crise global de moi difícil solución. Vostede fala na súa obra Adeus ao trabalho da terciarización sen límites, de que a clase traballadora fórmana os escravos do século XXI. Confirmouse esta idea estes últimos anos? Publiquei Adeus ao trabalho no Brasil en 1995. Respondía ás teses eurocéntricas da fin do traballo onde se falaba que a técnica sería a dominante. Algúns, como Manuel Castells, facían apoloxía desa tecnoloxía. Mostraba nese libro que a tendencia de terciarización, informalidade e precariedade en Europa, daquela unha excepción, tenderían a ser a regra. E a regra do traballo regulamentado, con dereitos tendería a unha menor dimensión. Acho que esa tese se confirmou. Agora co meu libro O privilégio da servidão: O novo proletariado de serviço na era digital tento mostrar como coa enorme explosión dos servizos e a súa privatización o capital descubriu que estes poderían ser rendíbeis e lucrativos. Foi cun movemento moi complexo. Non hai ningún país do mundo no que a economía non estea baixo control do capital financeiro Non hai ningún país do mundo no que a economía non estea baixo control do capital financeiro. E o capital financeiro impón un neoliberalismo moi duro. Ao mesmo tempo, xunto con iso, nós temos un proceso de reestruturación produtiva do capital que é permanente. O capital non para de se desenvolver de modo tecnolóxico e científico. Desde a era dos computadores, das chamadas mutacións microelectrónicas dos anos 70, o capital non para. A tecnoloxía está ao servizo das grande corporacións. Nese novo deseño o traballo con dereitos non interesa. O capital financeiro precisa de liberdade plena para producir e reducir custos. Non ten un coágulo de humanidade. O traballo é considerado custo. O máis espectacular para o capitalismo de finais do século XX cara ao século XXI foi a conversión dos servizos nun sector amplamente capitalista. Non é difícil imaxinar que na Galiza os servizos públicos hoxe son menores que vinte e cinco anos atrás. Privatizouse moito o sector público e a nivel mundial igual. Como consecuencia a traballadora ou traballador asalariado do sector público ou o do sector de servizos pasou a ser comandado pola lóxica capitalista. O capital di que non che vai dar seguro, saúde, xornada de oito horas... di que traballarás cando teña traballo e tes que estar dispoñíbel sempre. Non é difícil imaxinar que na Galiza os servizos públicos hoxe son menores que vinte e cinco anos atrás Como hai moito sobrante de traballo e clase traballadora desempregada ou con traballos precarios en varias partes do mundo, os capitais flexibilizaron de tal modo que a empresa moderna sexa na industria, na agricultura ou nos servizos, volveuse flexíbel. A lexislación do traballo favoréce. Que papel xogou a crise de 2008 nesta situación? Decisivo. A crise de 2008 en canto expresión dunha crise estrutural do capital non é unha crise da redución da taxa de lucro. Estamos vivindo un momento da historia da humanidade moito máis complexo. Vivimos unha crise estrutural do capital onde a destrución de forza de traballo sucédelle a millóns, non a milleiros. Súmaselle a destrución da natureza con traxedias medioambientais en todas as partes do mundo onde as grandes empresas multinacionais fan a súa exploración violenta. A crise estrutural do capitalismo cuestiona o futuro da humanidade. En relación ao traballo os capitais din agora que se acabou a conciliación, agora toca a devastación do traballo mundial A crise de 2008 non foi autónoma, tivo a súa orixe en 1973 cando o grande ciclo de expansión do capitalismo chegou ao seu punto máis alto e iniciou o proceso de descenso. O importante da crise de 2008 é que o corazón da crise foi o capitalismo avanzado, bateu nos EUA, Europa e Xapón. Como consecuencia desa crise xurdiu o que eu chamo a 'Era das rebelións' que aconteceu en zonas tan distantes como EUA ou o mundo árabe. Esta explosión de revoltas mundiais non se converteu nunha 'Era de revolucións'. Non houbo unha conversión de rebelións a revolucións. Os capitais conseguiron estancar as rebelións, derrotalas, e abriuse a partir de 2015 unha 'Era de contrarrevolución mundial'. A vitoria de Trump nos EUA é unha mostra disto, Orbán en Hungría, Duterte nas Filipinas ou Salvini até onte na Italia. En relación ao traballo os capitais din agora que acabou a conciliación, agora toca a devastación do traballo mundial. Acabar co público, coa lexislación protectora do traballo. Que haxa liberdade para que os capitais se movan, privatizar todo o que interesa aos capitais. Que método de defensa ten a clase traballadora diante deste panorama? O primeiro desafío é que esta 'Era de contrarrevolución' tamén é finita. A destrución é tal, vémolo estes días en América Latina ou mesmo en Barcelona, nun mundo tenso. Martin Wolf escribiu no Financial Times que o capitalismo nos levou a un burato tan grande que non vai ser fácil saír del sen transformacións profundas. Cales serían esas transformacións? Ese novo proletariado de servizos que non para de moverse do sector público ao privado ten que defenderse. No século XIX para o XX os sindicatos tiveron que deixar de ser sindicatos artesanais para seren de grandes empresas. Non foi fácil mais conseguiuse. No século XX os sindicatos foron de masas e no século XXI os sindicatos teñen que entender a nova morfoloxía do traballo. Quen é esa clase traballadora actual? Masculina, feminina, indíxena, LGBT, moza ou menos moza e cales son as súas cuestións vitais. A clase traballadora sempre inventou a súas respostas para as súas situacións No século XX os sindicatos aprenderon a seren de categorías (metalúrxica, ensino) con máis ou menos regulamentación do traballo conseguiron dereitos, cando a terciarización era marxinal. Hoxe o mundo está invertido. Como represento a unha traballadora das plataformas dixitais ou da industria hostaleira? Como a quen estea en Uber ou traballe para Amazon? A clase traballadora sempre inventou a súas respostas para as súas situacións, só que estas non son milagrosas. Apréndese coas loitas. Por exemplo en maio deste ano houbo a primeira tentativa de folga mundial de Uber. Non chegou a ser mundial mais eu non coñezo ningunha folga desde sempre na que a primeira fora a máis importante. Ao mesmo tempo que o traballador de Uber é individualizado, separado un do outro e controlado por plataformas e por algoritmos, empregou a mesma plataforma para convocar a folga. É unha forma de loita. Hai un ano o responsábel e Uber humillou un traballador que gravou e compartiu nas redes sociais e caeu. Son formas de loita que están a nacer. O desafío fundamental dos sindicatos é que comprendan cal é esta nova clase traballadora O desafío fundamental dos sindicatos é que comprendan cal é esta nova clase traballadora que os obrigará a contar con novas prácticas sindicais. Penso que os sindicatos de clase teñen que retomar as cuestións vitais. É importante loitar polo aumento salarial mais hoxe teñen que falar da sociedade que queremos. Rematouse a 'Era da conciliación', o capital xa non quere máis conciliación nesta 'Era de contrarrevolución'. Temos que procurar novas formas de representación de acción e loita da clase traballadora. Estamos entrando nun modo de vida imposíbel que tentan ter controlado pola violencia. Acontece aquí na Galiza que até unha traballadora ou traballador pode ser detido por facer folga. Volvemos ao século XVIII? Normalizouse a represión? Vémolo en Chile, Bolivia ... A violencia é a resposta que ten o capital tamén contra os Gobernos de esquerda? Os Gobernos de esquerda en América latina foron moi moderados. Lula non caeu pola súa actuación, caeu porque a crise que comezou en 2013 obrigou o Goberno do Partido dos Trabalhadores (PT) a facer mudanzas neoliberais radicais e o Goberno non podía facer iso. No caso de Chile a poboación cansou do neoliberalismo. Chegará a hora en que a poboación europea tamén canse. Aquí terán o seu papel os inmigrantes. En Italia xa teñen o seu sindicato."}
{"ID": "NOS_43354", "summary": "Ano 1972. Mason Skyles é un diplomático estadounidense destinado en Beirut. Tras un terríbel incidente na embaixada marcha a Boston para dedicarse á empresa privada. Dez anos despois a CIA chámao para que retorne ao Líbano e faga de negociador.", "text": "Máis de dúas décadas tivo que agardar, no \"caixón dos esquecidos\", o guión que escribira Tony Gilroy alá por 1992. Seica os anos noventa resultaba incómodo producir unha historia que falaba sen tapuzos do colonialismo dos EUA, mostraba unha OLP (Organización para a Liberación Parestina) corrupta e apuntalaba a idea dunha Israel belixerante e hostil que procuraba calquera escusa para invadir o Líbano. Mason Skyles é un diplomático estadounidense destinado en Beirut. Co gallo da visita dun congresista, organiza unha festa na embaixada á que asisten diversas autoridades do Líbano. A CIA preséntase de súpeto para levarse a Karim, un rapaz acollido baixo o paraugas do matrimonio Skyles que resulta ser o irmán de Abu Rajal, un perigoso terrorista relacionado cos atentados das Olimpíadas de Munich'72. A sombra do Mossad (servizo secreto israelí) é demasiado alongada así que Mason negocia para que non leven ao rapaz. A cousa acaba mal así que marcha a Boston para intentar esquecerse de todo. Dez anos despois a CIA volve chamar a súa porta para unha operación de alto segredo. Un trepidante thriller de espionaxe, ao máis puro estilo John Le Carré, dirixido por Brad Anderson (O maquinista, Transsiberian) e interpretado, no rol protagonista, por un Jon Hamm (Mad Men) en estado de gracia que se calza a pel dun negociador atormentado, pragmático e incapaz de perder ao póker. Está secundado pola sempre solvente Rosamund Pike (Gone Girl) facendo de cicerone/enlace do protagonista, nun deses papeis moi próximo ao de \"chica bond\" pero aquí bastante desaproveitado se nos atemos ás aptitudes da actriz. Mágoa. A trama mestura intriga política con brotes de acción a fin de manternos en vilo toda a metraxe. Entremedias vai dando cera a todo o mundo… a todo salvo ao protagonista que semella ser o único que permanece impoluto e inalterábel. Lóxico: é o heroe. O resto si, todos teñen algo turbio que agochar. Os norteamericanos manexando o cotarro como mafiosos, a OLP máis corrupta que os casos illados do Partido Popular, a milicia Amal enfrontada coa milicia cristiá, estes á lea cos drusos. Por se fora pouco, tamén pululaba por alí o exército sirio e, como dicíamos antes, o exército israelí andaba ao axexo para ver se podía sacar tallada… E claro, todos pelexados entre si. Tras desenrolar con moito tino toda esta complexidade política, resulta moi estraño e, porqué non dicilo, tamén decepcionante, presenciar unha desenlace tan condescendente e tipicamente americana (si, coa bandeirola ondeando ao vento). Cheira a imposición da produtora máis que nada porque, acto seguido \"arranxan\", dalgunha maneira, cun epílogo que retoma o nivel ao que se viña mantendo todo o filme. Con todo, é un versátil thriller político moi recomendábel para amantes das historias de espías á vella usanza. O refén Beirut (EUA 2018, 109 min.) Dirección: Brad Anderson Guión: Tony Gilroy Fotografía: Björn Charpentier Música: John Debney Elenco: Jon Hamm, Rosamund Pike, Idir Chender, Mark Pellegrino, Leïla Bekhti, Kate Fleetwood, Shea Whigham, Dean Norris, Hichame Ouraqa"}
{"ID": "PRAZA_7244", "summary": "O presidente da Xunta desdeña as candidaturas municipalistas vinculándoas dialecticamente cos accidentes no mar e repróchalle a Yolanda Díaz, de AGE a \"renda\" de Pablo Iglesias, de Podemos. O xefe do Executivo saca peito ante os datos da pobreza e pola súa xestión industrial.", "text": "A sesión de control deste mércores no Parlamento comezou, por todas as bandas, cunha mensaxe de lembranza, preocupación e ánimo pola desaparición de tres bateeiros mentres traballaban en augas próximas a Corrubedo, en Ribeira. Aínda que ningunha das preguntas ao presidente tiña temática marítima todos os grupos e o propio Alberto Núñez Feijóo quixeron expresar a súa preocupación polo enésimo accidente no mar, unha actitude de \"solidariedade\" que ao remate da sesión ficou empañada por un inusitado xiro argumentativo do xefe do Executivo que, en resposta a Alternativa Galega de Esquerda, deu en lanzarse á precampaña municipal vinculando dialecticamente as mareas do mar coas mareas políticas, denominación que adquiren algúns dos movementos que están a traballar en candidaturas para as eleccións de maio. Despois de que, en diferentes treitos das súas intervencións, o presidente lanzase afirmacións como que os prezos da luz están a baixar, en resposta ao BNG, a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, instouno a \"baixar de Monte Pío\", a súa residencia oficial, para comprobar fenómenos como a \"pobreza enerxética\" ou o \"incremento da desigualdade\" e da exlcusión social que reflicten informes como o FOESSA, elaborado a instancias de Cáritas. \"Levamos tempo conectando co pobo, porque o coñecemos ben\" e por iso \"non nos botan con be, nos votan con uve\", retrucou o presidente, que reivindica \"o que fixemos\" para que \"a taxa de exclusión e de pobreza severa\" sexan \"inferiores ás de España\". O presidente repróchalle a Yolanda Díaz a \"renda\" de Pablo Iglesias Para o presidente esa \"verdade contundente\" prodúcese grazas á que a \"estratexia\" do Goberno que dirixe é \"a dos máis febles, a dos servizos públicos a pesar da recesión\" e a de \"traballar con humildade sen insultar a ninguén\". Foi neste punto no que para a reivindicación da xestión propia optou polas metáforas mariñeiras, non sen previo paso, como noutras intervencións, por Podemos. \"Hai outros que falan de que ninguén pode cobrar máis de 1.500 euros e acreditan rendas superiores a 70.000\", proclama, en referencia aos ingresos de Pablo Iglesias en 2013, publicados polo partido e correspondentes, obviamente, a cando aínda non era eurodeputado e non tiña salario como tal. \"Eses -prosigue o presidente- son os das mareas; as mareas o que producen en Galicia é a morte dos mariñeiros\" e \"esas son as únicas que nos preocupan\", conclúe. Pobreza en Galicia Alén das preocupacións municipais e das metáforas máis ou menos afortunadas o presidente da Xunta insta a ler en positivo o devandito estudo sobre a pobreza. A oposición e, nomeadamente, Yolanda Díaz, tenta \"enganarnos a todos\" cando alerta deste fenómeno porque, en realidade, \"somos a comunidade con menor porcentaxe de persoas en exclusión severa\" e \"a nosa baixada de salarios é inferior á de España\". \"Sei perfectamente no país no que vivo\" e \"coñezo perfectamente a situación do meu pobo, non é necesario que mo reflicta cada día\", repróchalle á parlamentaria de AGE, á que insta a estar \"atenta\" á xuntanza do Consello da Xunta deste xoves, no que \"imos aprobar unha estratexia do plan de inclusión social\". O PSdeG pide saber se Pachi de Lucas participou nas negociacións con Pemex O titular da Xunta saca peito a respecto dos datos da pobreza en resposta a AGE, fai o propio coa situación de Alcoa para responderlle ao BNG e algo semellante acontece co PSdeG, que o cuestionou polas \"promesas incumpridas\" para o sector naval. \"Levamos dous anos cumprindo; o noso compromiso é conseguir carga de traballo e estamos cumprindo, era a viabilidade dos servizos públicos e estamos cumprindo\". O voceiro socialista, José Luis Méndez Romeu, instouno ademais a aclarar \"que pintaba nas negociacións con Pemex\" o presunto conseguidor da trama Zeta, Pachi de Lucas, \"o seu particular pequeno Nicolás\". \"De que me fala, quere volver manchar a negociación de Pemex?\", repregunta o presidente."}
{"ID": "NOS_8208", "summary": "As asembleas comarcais debaten agora e ata o 22 de outubro os documentos político e organizativo antes do plenario do 7 de novembro.", "text": "O BNG presentou esta quinta feira o lema de XVII Asemblea Nacional, que decorrerá o 7 de novembro no Coliseum da Coruña, e que supoñerá o peche dun ciclo iniciado en 2016 cando Ana Pontón foi eleita portavoz nacional, tamén nunha asemblea na cidade coruñesa. \"Gañar unha nova Galiza!\" é o lema escollido polo BNG para a cita de novembro, na que desembocarán as asembleas comarcais que principiaron xa este 4 de outubro até o 22 deste mes. Ademais, está previsto que días antes se realice un novo Consello Nacional -máximo órgano de decisión entre asembleas-, horizonte que, aínda que non se fixou nin interna nin publicamente, sería o que se manexa para coñecer como moi tarde o resultado da reflexión persoal de Ana Pontón sobre o seu futuro á fronte da organización. Na presentación da campaña, na que participaron os responsábeis na área de Comunicación da fronte nacionalista, Xavier Campos e Olalla Rodil, ambos os dous mostráronse convencidos do apoio social, non só entre a militancia do BNG, para que Ana Pontón \"lidere o cambio que Galiza trecisa\". Campos subliñou o seu respecto co proceso aberto en agosto por Ana Pontón, que é \"quen ten que marcar os tempos\". En todo caso, expresou que tanto e,l como Rodil, como \"a totalidade da militancia e a inmensa maioría da cidadanía galega que quere un cambio político, queren que Ana Pontón sexa a persoa que lidere ese cambio\", sentenciou. Olalla Rodil destacou que no seo do BNG \"as decisións tómanse de maneira asemblearia\" e, por iso, será a militancia quen \"determine a liña política dos próximos anos\" Durante a presentación da imaxe da asemblea, Olalla Rodil destacou que no seo do BNG \"as decisións tómanse de maneira asemblearia\" e, por iso, será a militancia quen \"determine a liña política dos próximos anos\". Nova etapa Neste sentido, destacou que o BNG \"pecha unha etapa\", a comprendida entre 2016 e 2021, un período que, segundo o balance realizado, \"permitiu recuperar a voz de Galiza no Congreso, manter a representación na Eurocámara e pasar a ser a alternativa política do país e liderar a oposición\". Así mesmo, reivindicou a \"maior capacidade\" lograda noutras institucións e, de feito, o BNG ten agora no horizonte as municipais como punto marcado para gañar impulso electoral antes das eleccións galegas. Olalla Rodil, deputada e viceportavoz parlamentar na Cámara galega, tamén remarcou a \"renovación e actualización do proxecto do BNG\" nos últimos anos, nos que tamén houbo unha renovación clara de equipos, non só con Ana Pontón senón da súa contorna máis próxima. O lema para a próxima asemblea nacional é ' Gañar unha nova Galiza', unha idea que quere trasladar o BNG, a da súa intención de lograr nas próximas eleccións galegas un peso suficiente que lle permita alcanzar San Caetano. \"Poñernos a traballar para que en 2024 a Xunta estea presidida por unha muller e por unha muller, Ana Ponton, feminista e nacionalista\", manifestou Xavier Campos. O lema de campaña complétase cun 'x Galiza', que se empregará como etiqueta na campaña que se prepara para as redes sociais con motivo da Asemblea Nacional, na que tamén o BNG se propón saír coa idea de \"sumar máis e máis persoas para o proxecto político, consolidar a alternativa e lograr o cambio político transformador\". \"Poñernos a traballar para que en 2024 a Xunta estea presidida por unha muller e por unha muller, Ana Ponton, feminista e nacionalista\", proclamou Xavier Campos. \"Ilusión, esperanza e ambición política\" A parte gráfica, pois, consolida esa idea de \"saír a gañar desde o primeiro día\". \"É un lema claro que transmite perfectamente ilusión, esperanza e ambición política, gañar unha nova Galiza\", proclamou, antes de aclarar que non é só \"a expectativa e ilusión da militancia, senón fundamentalmente unha expectativa social que vai máis aló dos votantes do BNG\". Convencidos, pois, de que hai \"unha maioría social que quere cambio e ten como referencia clara a Ana Pontón para gobernar e presidir a Xunta\". \"Queremos gañar e gobernar para transformar o país, cunha nova Galiza\", aseverou."}
{"ID": "NOS_40861", "summary": "Isaac Xubín e Ruper Ordorika están estes días por Galiza nunha mini-xira. Un recital no que música e poesía, galego e euskera, ispen para nós Joseba Sarrionaindia. Falamos cos dous nunha pausa durante a proba de sonido para a actuación compostelán.", "text": "Isaac Xubín, escritor e tradutor, traducíu Joseba Sarrionaindia ao galego, un traballo, 'Tempo de Exilio', que foi merecedor do prestixioso premio Etxepare, que concede a fundación do mesmo nome. Ruper Ordorika, un dos renovadores da música vasca, vai cara as catro décadas de traxectoria, un camiño no que varios treitos levan a compaña de Joseba Sarrionaindía a través das súas letras. Sarrionaindia, Sarri, é o verdadeiro protagonista do recital embora non estar presente. Ou quizás si. Após o realizado esta terza feira en Compostela, as seguintes citas son cuarta feira en Vigo ('De catro a catro', 20:30) e A Coruña (libraría 'Linda Rama', 20:30). - Como naceu este proxecto? De onde partiu a idea que deu lugar a esta mini-xira tans ingular por Galiza? - Isaac Xubín: 'Tempo de Exilio', a tradución ao galego de poemas de Joseba Sarrionaindia, recibiu o premio Etxepare, que na súa dotación económica destina unha parte a promocionar e axudar a difundir a obra premiada. É de aí de onde saen estes recitais con Ruper por Galiza. - Mais xa tiñades colaborado... - Isaac: A única experiencia que tiñamos antes foi no festival Literaturia, en Zarautz, onde coincidimos os dous, e como xa sabiamos que habería algo disto partillamos escenario nunha canción de Ruper con letra de Sasrrionaindia, 'Martin Larralde', que eu receitei en galego. Saiu ben e xa se activou isto. Non vexo a sociedade galega, por dicilo así, a empoderarse dos recursos necesarios para defender o idioma - Un poeta como Joseba Sarrionaindia, cunha produción tan ligada ao euskera, traducido ao galego e agora interpretado en recitais en Galiza. É tan complexo como soa ou foi máis doado? - Ruper Ordorika: Ten a súan complexidade, ten. 'Tempo de Exilio' é a primeira antoloxía que hai da poesía de Sarrionaindia traducida. Había catro ou cinco poemas traducidos ao español en Madrid na editorial 'Ardora', no libro 'Ocho poetas raros' e pouco máis. Iso xa dá idea de que isto é un pouco excepcional. O personaxe nisto é Isaac, que fai de ponte, que pode referirse ao texto orixinal. Para min poder facer isto, este proxecto, é un premio. Hai catro anos xa estiven en Compostela con Kalandraka e para presentar un libro de poetas vascos traducidos ao galego, no que figuraba Sarrionaindia e a tradución era de Isaac, até parece que por aí xa andaba o xerme disto (sorrí) Para min poder facer isto, este proxecto, é un premio - Vedes, finalizados estes tres concertos (Compostela, Vigo e A Coruña), unha continuidade a este proxecto, con este modelo ou ben con outro formato? - Isaac: A min persoalmente gústame pensar nos proxectos, e máis se son tan excepcionais como este, como algo que ten un principio e un fin. E pensei nisto como esta xira de tres días, mais a verdade é que, non sei, a verdade tampouco pensei moito niso (ri) - Ruper: Isto tamén ten a súa dose de improvisación. Veremos o que pasa... - Como vedes a relación entre dúas culturas como a galega e vasca? De habela, claro. Haina? Considerades que houbo un achegamento? Viven de costas unha a outra? - Isaac: Eu, persoalmente, creo que hai moito coñecemento superficial mais pouco coñecemento profundo. A proba é que eu non tería que ter sido, por idade, o tradutor de Joseba Sarrionaindia, tería que ser alguén da súa xeración. Que tardase tanto en se traducir ao galego a obra dun gran escritor tan próximo xeograficamente é proba non necesariamente de desinterese mais si de descoñecemento. \"Culturalmente houbo un diálogo entre Galiza e Euskal Herria\" - Ruper: Eu teño unha visión un pouco diferente. De rapaces, no grupo Pott [del facían parte Bernardo Atxaga, Joxe Mari Iturralde, Sarrionaindia e Ruper Ordorika, entre outros] seguiamos bastante de cerca o que se facía en Galiza. Eu coñezo máis daquela época que do que se fai agora: Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra... Mais tamén entramos nun tunel de afastamento, desde a miña experiencia, repito. Hai que ter conta que Gabriel Aresti xa traduciu hai décadas cousas do galego. Temos traducido a Castelao ao euskera hai moitos anos, o que era importante para nós. Curiosamente agora, que hai moita máis información a man parece que está todo como máis lonxe. Pero, insisto, é na miña opinión. E isto que digo para a literatura tamén o podo dicir para a música. Eu coñecía naquela época aos cantantes galegos e agora coñezo moito menos. - Isaac: Ligando co que falabamos do pouco coñecemento profundo, todo o mundo coñece 'Sarri, Sarri' mais moi poucos saben de que vai (rí). É como unha metáfora: coñecemos a canción, si, vale, chegounos aquí, mais non temos nin idea de que vai. Mais si, si que é certo que culturalmente houbo ese diálogo ao que se refería Ruper. Un dos pecados dos que adoece a cultura galega é que a literatura ocupa un espazo que apenas deixa osíxeno a outras facetas e expresións - De feito o propio Sarrionaindia facía parte dese diálogo: coñecedor da literatura galega, admirador de autores como Manuel Antonio, traduciu poetas galegos.. - Isaac: Certo, de feito que a primeira escolma que hai de Sarrionaindia sexa en galego non é casualidade. - Ruper: Hai que ter en conta que el tamén traduciu portugués e coñece ben esa lingua. - Sarrionaindia é un autor moi versionado na música vasca e por cantantes e grupos de estilos moi diferentes. En Galiza non atopamos unha figura equivalente, se ben tamén é unha música, a galega, onde, refírome ao rock, non se recurriu tanto a letras de poetas como na vasca.. - Isaac: Precisariamos alguén que fixese letras. Un dos pecados dos que adoece a cultura galega é que a literatura ocupa un espazo que apenas deixa osíxeno a outras facetas e expresións: música, teatro, audiovisual. Porén, o que chegou aquí a Galiza, da cultura vasca, na nosa xeración non era tanto a literatura como a música. O idioma é un paraíso no que entro sempre a gusto - Ruper: As miñas primeiras cancións con textos de Sarrionaindia son do século pasado, de 1983, cando el xa estaba preso. Desde entón fixen moitas cancións con textos del mais non só eu, moitisimos outros empregan os seus poemas para as súas cancións. Que se musiquen tantos poemas del e tamén doutros autores ten unha vertente positiva, claro. Mais tamén ten outra que, e non me gustaría que soase cínico, dá que pensar: a miudo o euskaldun é moi inseguro sobre o seu coñemento da lingua e ás veces busca un talismán. E cando usas un poema dunha persoa tan recoñecida como Sarri pois é como se estiveses a salvo, ninguén vai dicir \"vaia merda que fixeches!\". A min custoume un tempo ter a seguridade de poder escribir os meus propios textos, recurría ao que escribira Atxaga, Sarri.. Eu adoito sempre dicir que un bo poema non fai necesariamente unha boa canción, unha boa canción é un xénero en si propio e se ben sempre lle gusta a poesía, tamén ás veces lle pode gustar un retrouso que di 'tararí-tururú', ou un anuncio na rúa. Todos lembramos cancións con letras parvas, non é? \"No mundo hai un intercambio cultural que nos obriga a pensar doutro modo a supervivencia das linguas minoritarias\" - Ambos os dous tendes a lingua como unha ferramenta de traballo mais tamén como co que crear, moldear ao tempo que é algo persoal e íntimo... Como vedes a súa situación? - Isaac: Hai un mes botaron do seu traballo en Cork, na República de Irlanda, a unha persoa por falar gaélico. Creo que aquí, en Galiza, a xente considera que a panacea e a salvación do galego vai vir cando as administracións coiden o galego e lle dean dereitos e protección. E iso non ten porque suceder necesariamente. Irlanda é un estado independente e pasan aínda cousas como a que acabo de contar. O exemplo que nos dá o País Vasco, a onde non miramos simplesmentre porque a súa lingua pertence a outra familia, é que se queres algo, faino ti, non agardes a que cho dean. Mais non vexo a sociedade galega, por dicilo así, a empoderarse dos recursos necesarios para defender o idioma. E isto non é unha carencia que a sociedade galega teña só no que respecta ao idioma A min custoume un tempo ter a seguridade de poder escribir os meus propios textos, recurría ao que escribira Atxaga, Sarri.. - Ruper: Nós vimos dunha noite moi escura, noite que en certos aspectos aínda continúa. Debemos ter en conta que a unificación do vasco escrito ten 50 anos, moi pouco tempo mais abondo para empezar a revisar as cousas. Cando se institucionalizan estes temas, deléganse, e ser unha lingua minorizada significa que sempre tes que facer un esforzo extra. Fas o teu traballo e, ademais, tes que dar unha explicación, porque enfronte tes culturas moi poderosas. Hai moita máis xente agora que fala euskera que antes mais xa non fica nin un só monolingüe en euskera. Tamén falan, polo menos, español ou francés. E iso cando somos moito máis consumidores que actores leva a que como consumidor cultural moita xente en Euskadi se comporta como o consumidor medio europeo e isto require outro tipo de visións. Para min o idioma é o material que eu moldeo, é un paraíso no que entro sempre a gusto, sempre aprendo, para min é fundamental para entender o que fago. Fico con iso, as consideracións sociolingüísticas son moi complicadas,mais importantes. Non só a cuestión da relación de poder, que basicamente é iso. No mundo hai un intercambio cultutral que nos obriga a pensar doutro modo a supervivencia das minorías"}
{"ID": "NOS_12483", "summary": "O BNG de Pontevedra lanzou unha banda deseñada feita por Kiko Dasilva coa que desenvolverá unha campaña diferente, por tutatis!", "text": "A piques de comezar a campaña electoral o BNG de Pontevedra lanzou unha orixinal idea coa que achegar o seu proxecto á veciñanza da cidade do Lérez. Con retranca, @s nacionalistas presentaron Lorix e Mosquerix, unha adaptación da coñecida banda deseñada Astérix e Obélix que vén asinada da man do debuxante Kiko Dasilva. En páxinas de cómic preséntase a cidade galega Pontevedrum, un reducto de insubmisión ao imperio hispánicus dominado polo PPromano. Na banda deseñada aparecen personaxes sobradamente coñecidas da cidade, para alén do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lorix e Raimundo Mosquerix, concelleiro de Infraestruturas. Tamén Moreium \"centurión dos exércitos PPromanos e monicreque do imperio\" e Agustinus, líder dos \"socialistum hispánicus\" que \"sempre se esconde cando Pontevedrum necesita axuda\". Unha orixinal iniciativa que chegará ás caixas de correo de toda a veciñanza através do buzoneo que desenvolverá o BNG."}
{"ID": "NOS_18194", "summary": "Embora estar aínda nos seus primeiros pasos, ideas.gal abre un oco como espazo de reflexión, debate e análise tendo Galiza como eixo central. Falamos con Xavier Campos, un dos seus responsábeis, sobre unha iniciativa aberta impulsada desde a Fundación Galiza Sempre.", "text": "- Nace ideas.gal para construír un 'discurso da soberanía'? - A idea é impulsar un espazo de encontro onde crear argumentos e socializar a idea de que Galiza ten futuro se nós, os galegos, decidimos e nos propoñemos construír ese futuro propio. E aí entendemos que a auto-organización xoga un papel de importancia. Queremos con ideas.gal facer un espazo amplo, aberto, de diálogo e debate, sendo conscientes de que hai moitas persoas e moitos colectivos cos que podemos confluír e aprender, cos que construír argumentos, cos que debater, sobre Galiza. Vivimos uns tempos nos que xorden toda unha serie de retos por diante e cremos que lles hai que dar unha resposta en chave propia. \"O gran reto que temos é facer ver á maioría da sociedade que un cambio das cousas en Galiza ten que vir da man do dereito a decidir sobre o noso\" - Destaca nestes primeiros pasos que apostades en abrir 'cancha', en incorporar opinións e achegas de persoas que, como Fran P. Lorenzo ou H. Miguélez Carballeira, a priori non son voces que un espera atopar neste tipo de proxectos. - É algo buscado. Queremos que nesta tarefa teñan voz colectivos e persoas de diferente tipo e que forman parte dese campo amplo e heteroxéneo que temos Galiza como suxeito de referencia. A partir dese convencemento hai espazo para toda esa pluralidade. E ese é un dos valores que cremos que debe ter ideas.gal, achegar esas voces procedentes de espazos que non están nesa dinámica estritamente política nin, por dicilo así, en coordenadas estritamente nacionalistas mais que teñen cousas interesantes a dicir. - Ideas.gal pon logo interese en falar e comunicar 'para fóra' dos círculos máis concienciados en torno ao soberanismo... - A gran necesidade e o gran reto que temos é facer ver que un cambio das cousas en Galiza ten que vir da man do dereito a decidir sobre o noso. E iso, que no nacionalismo temos moi claro, hai que ser quen de trasladalo 'cara fóra'. A utilidade real para Galiza da soberanía, para os seus sectores produtivos, para unha maior igualdade, para construírmos outro modelo diferente... Ideas.gal queremos contribuír a ese debate, a dar argumentos para convencer e a socializar eses argumentos. - Ten o 'discurso' soberanista que explicarse mellor? Que achegar argumentos para ser quen de 'atraer' a esa parte da poboación galega que se está a 'politizar' e que aposta nun cambio, mais no que a cuestión nacional nin se contempla? - Necesitamos facer ver que o social e o nacional non van desligados en Galiza, senón o contrario. O noso país precisa gobernarse a si propio e cando afirmamos isto non estamos a realizar unha declaración de intencións `identitaria'. O nacional é material, a defensa da soberanía plásmase no concreto, como pode ser na defensa dos sectores produtivos. Certo, hai xente que se move para cambiar o 'statu quo' actual e cun potencial mobilizador importante, e que non contempla o dereito a decidirmos como pobo. O que queremos transmitir e fortalecer é a idea de que só desde a soberanía se pode dar unha verdadeira transformación deste país. \"O noso país precisa gobernarse a si propio e cando afirmamos isto non estamos a facer unha declaración de intencións `identitaria'\" - Estades a tecer unha serie de relacións e contactos con proxectos doutros países que se moven en parámetros semellantes aos de ideas.gal Si, con fundacións en Euskal Herria (Iratzar) ou ben o Ciemen, en Cataluña, e tamén coas que forman parte do grupo europeo ALE. - Estades satisfeitos do decorrer destes primeiros pasos desde que se activou o proxecto ideas.gal? - O balance que facemos é moi positivo. Comezamos de forma experimental en decembro nas xornadas en Lugo nas que se avaliaba a etapa autonómica e as consecuencias para o noso país dun modelo que entendemos claramente esgotado. Aos poucos fomos engadindo opinións, como a de H. Miguélez Carballeira, que xerou certo debate nas redes sociais, o que consideramos importante pois quer dicir que hai capacidade de debate e que onde hai iso hai unha sociedade viva, que se interesa e participa. A nosa idea é que cunha periodicidade de dous meses ir desenvolvendo diferentes temas monográficos, abordándoos de diferentes perspectivas. E sempre apostando en incorporar novas voces."}
{"ID": "NOS_23648", "summary": "Antom Santos foi detido en Lugo o 3 de decembro de 2011 sob a acusación de pertencer a Resistencia Galega, sendo condenado pola Audiencia Nacional en 2013 a 10 anos de prisión (o Supremo rebaixaría a pena a 7 anos e 9 meses).", "text": "\"Non foi un xuízo xusto\", opina o pai de Antom Santos, Xosé Luís, \"por iso se presentou recurso pedindo a súa nulidade, pois para nós é unha evidencia que se vulnerou o dereito a defensa \". \"Levan a alguén e durante días non sabes nada, non sabes nin sequera onde está. E ese alguén é o teu fillo\". Xosé Luís Santos Cabanas fala desde a súa casa en Teo, perto de Compostela. Unha casa que desde decembro de 2011 ten como punto de referencia Aranxuez, a 650 km, onde está a prisión na que o seu fillo Antom permanece preso vai para case tres anos. \"En certa forma, nós tamén estamos presos alí\", recoñece, como sabendo que aos e ás familiares das persoas presas non é de aplicación aquela frase de Joseba Sarrionaindia: \"As prisións constrúense para que os que non están dentro pensen que están fóra\". O 3 de decembro de 2011 Antom era detido en Lugo, acusado de pertenza a Resistencia Galega. Aplicáronlle a Lei Anti-terrorista e desde entón e até agora, vai camiño dos 3 anos, xa só puido velo en prisión, e en moitas das visitas só a través dun cristal. Como afronta unha nai ou pai unha realidade así? A detención en si xa é un golpe moi, moi duro. Que lle apliquen a lei anti-terrorista, que pases días sen saber nada del... van engadindo máis momentos duros: Levan a alguén e durante días non sabes onde está. E ese alguén é teu fillo. A el detivérono un 3 de decembro. Ao día seguinte, o 4, chamounos un amigo para dicirnos que detiveran a Antom. Podes imaxinarte como se recibe unha nova así... e non tiñamos información de nada. O día 7 os pais de María (detida a canda el) dinnos que está na prisión de Soto del Real. Iso foi catro días despois de que o detivesen en Lugo! Estivemos catro días sen saber nada del. O 8 de decembro puidemos falar con el por teléfono. 45 segundos, nin un máis, non llo permitiron. O día 9 fomos a Aranxuez, onde estaba preso. Informámonos de que unha persoa que é encarcerada ten dereito a ver os seus familiares directos a fin de semana seguinte. Chegados alí, os funcionarios negábanse a deixárnolo ver. Insistimos en que tiñamos dereito e entón parece que aceptaban, levándonos a un locutorio, mais o locutorio estaba baleiro, Antom non estaba alí, tíñano incomunicado... Eses feitos denunciámolos perante o Xulgado de Compostela. \"Para visitar o noso fillo, en cerca de tres anos levamos máis de 25.000 quilómetros percorridos, e xa non somos uns nenos, os anos pesan\" Foi pasadas dúas semanas do día da detención cando puidemos velo por primeira vez, con cristal polo medio. Mais tamén para iso tivemos que aguantar: Após percorrer outra vez 650 km para chegar até alí, un funcionario chegou a nos dicir que para poder velo tiñamos que ter autorización del desde dentro. Iso era imposíbel porque durante esas 2 semanas non tivemos ningunha posibilidade de falar con el, non nos deixaban. Atópaste nunha situación surrealista. Por moito que argumentes ante eles é como falar cunha parede. Dicíamoslle que eramos os pais e el limitábase a respostar: \"Serán los padres, pero yo no sé si él quiere verlos\". Consideras logo que a política penitenciaria tamén pune os familiares das persoas presas? A persoa presa pásao mal. Tamén os que estamos fóra en certa maneira estamos presos. Ves que a política penitenciaria está chea de trabas, de cambadelas... para ir desgastando, minando, punindo... Un exemplo é o das chamadas telefónicas. Antom ten dereito a facer 8 de 5 minutos cada unha. Chamadas a realizar a unha serie de teléfonos previamente autorizados. Para que che autoricen tes que mandar o nº cos teus dados e unha factura que confirme que ese teléfono é teu. Pois ben, nós non tiñamos facturas en papel porque había tempo que nolas remitían por mail. Imprimímolas mais a Prisións non lles valía porque non era un orixinal. Recordo que pasaron máis de dos dous meses até que lle autorizaron a chamarnos. O das visitas é outro mundo. Tes que pasar por un arco detector de metais que sempre lles pita ás mulleres, rexístranas a case todas. Vanche levando de tramo en tramo do cárcere, pechando ás túas costas unha reixa antes de abrir a de diante. Antom ten dereito durante o mes a un 'vis a vis' (cara a cara) íntimo e a outro familiar, que cae sempre en días de semana, co que iso implica porque obriga a facer mil malabares a nivel laboral. Nós pedimos con certificados que, por motivos laborais, puidésemos visitalo en fins de semana. Dixéronnos que si, mais que entón sería unha vez cada tres meses no canto dunha cada mes. Decidimos visitalo pola semana, claro, solucionando como puidemos os problemas nos nosos respectivos traballos. \"Lembro que no xuízo na Audiencia Nacional os que estabamos no público tivemos cara de abraio os catro días ante o que alí pasaba\" Consideras que existe unha lexislación especial para aplicar a pres@s como @s condenad@s ou acusad@s de pertenza a Resistencia Galega? Polo que é a miña experiencia propia, todas as familias de presos, independentemente da súa condición ou motivo da detención, sofren dalgún ou outro xeito unha política penitenciaria de gran crueldade que pode ser cualificada de 'surrealista'. Podería poñerche un bo quiñón de anécdotas de despropósitos nas relacións dos familiares coa cadea dos que fomos testemuña. Mais no caso de Antom e os outros presos independentistas está a aplicación da dispersión e que son xa de entrada catalogados FIES (Ficheros de Internos de Especial Seguimiento) con todo o que iso supón. Hai normas e medidas para complicar as cousas que semellan máis simples. Por exemplo, os paquetes que podes enviarlle. Apenas poden ir libros e roupa, mais aínda así tamén é unha odisea entregarllos. Cando detiveron a Antom un amigo que foi preso político baixo o franquismo deume unha serie de consellos... e non valían para agora porque na actualidade é máis duro! Eles, daquela, podían recibir paquetes de comida da casa, por exemplo. Agora non, o preso só pode mercar no economato da prisión cuns vales (previo ingreso desde fóra da prisión de diñeiro para ese preso)... Ademais, un paquete para un preso só o pode levar ao cárcere unha persoa autorizada. E na prisión de Aranxuez cando imos ao 'vis a vis' con Antom non nos autorizan a pasar o paquete aproveitando a visita. O paquete só pode entrar os días que a cadea determina, que non teñen por que coincidir coa visita dalgún familiar ou dalgún amigo, e no noso caso estamos a falar desa distancia de 650 quilómetros que hai que percorrer. Hai familiares que denuncian que non hai máis lóxica tras algúns trámites penitenciarios que a de procurar desesperar as persoas Desesperan, a verdade. Agora vén o inverno. En Aranxuez as temperaturas son baixo cero. Queremos facerlle chegar un paquete con roupa de abrigo e vai ser unha odisea. Tardamos máis de 2 meses en poderlle pasar unhas zapatillas de deporte, porque el practica atletismo e adestra tamén en prisión. As que tiña estaban desfeitas... Asistiu ao xuízo na Audiencia Nacional e mesmo escribiu despois un artigo ('Castelao na Audiencia Nacional española') na que cualificaba o que alí viu como todo un esperpento... Eu era a primeira vez que asistía a un xuízo, nunca estivera nun. E a imaxe que levei foi dun puro esperpento. Eu consideraba que nunha institución como a Audiencia Nacional o mínimo que se lle esixía aos xuíces era estar espertos. Mais houbo un maxistrado que estivo durmindo todo o tempo. Non dabamos crédito. O presidente daquel Tribunal colocaba o micro de tal maneira que ninguén entendía o que dicía. Só se lle ouviu ben cando ordenou expulsar os peritos da defensa (Carlos Taibo e Bernardo Máiz). Eles, que tanto din da importancia das formas e que tanto din coidar todo ese boato...e cando falaba a defensa pechaban os ollos, que pasaban a abrir na quenda da acusación. Lembro que os que estabamos no público tivemos cara de abraio os catro días do xuízo. \"Presentouse un recurso pedindo a nulidade do xuízo por entender que non se respectara o dereito á defensa. Ese recurso está agora no Tribunal Constitucional\" E no que respecta ás acusacións feitas contra Antom Santos... Eu non vin que alí se presentase nin unha soa proba clara e contundente que validase as acusacións contra Antom e os seus compañeiros. O único que presenciei foi como o que levaba meses lendo na prensa procedente de 'fontes policiais' volvía dicirse alí unha e outra e outra vez. Mais finalmente condenóuselle por pertenza a RG Eu creo que RG está a ser empregada como unha escusa para mantelos presos e tamén para intentar introducir medo noutros sectores. Estamos a derivar a escenarios moi perigosos nos que a min poderíanme deter simplemente polo que digo nesta entrevista e a ti por publicala. O Tribunal Supremo rebaixou a sentenza condenatoria da Audiencia Nacional a Antom, de dez anos de prisión a 7 anos e 9 meses grazas un recurso da defensa, recurso que manteñen perante o Tribunal Constitucional Presentouse un recurso pedindo a nulidade do xuízo por entender que non se respectara o dereito á defensa. Ese recurso está agora no Tribunal Constitucional, como paso previo necesario para poder ir a Estrasburgo. O certo é que non temos moita confianza no TC, sinceramente non cremos nin que sexa admitido a trámite. O TC estase vendo que se caracteriza polas súas sentenzas sempre a favor dos poderes establecidos, está moi situado á beira desa dereita cerrada que goberna o Estado Español. E mentres se segue todo este procedemento eles teñen que seguir en prisión, mentres o tempo segue correndo. O pleno do Concello onde vivides e de onde é Antom, Teo, aprobou unha moción na que denunciaba a dispersión á que se sometía ao voso fillo e pedía a fin das 'políticas de excepción'. É importante que o goberno do concello onde vivimos sexa consciente do que se ten que pasar como consecuencia de ter un fillo na cadea, do que significa para as familias e para os amigos o afastamento dun familiar, de que en cerca de tres anos levemos máis de 25.000 quilómetros percorridos, e xa non somos uns nenos, os anos pesan. Agradecemos e valoramos ese paso. Tamén polo que supón de rachar con ese disco raiado que durante meses sofremos na prensa e tamén durante o xuízo e que parecía gravado pola mesma persoa, presentando a Antom como algo que sabemos que non é. El estaba implicado en movementos e proxectos nos que loitaba por unhas ideas e por uns obxectivos. Salvando as evidentes distancias, non o vexo moi diferente do que está a facer a ANC en Catalunya, que traballa a prol da conciencia nacional do seu país. Asistín no seu día ao pleno e non entendín a insensibilidade da representante do PSOE e do PP, e a do concelleiro independente. Falaban \"polo libro\" dunha situación que non coñecen. Non lles desexo a ningún deles que pasen por un trago semellante ao que nos tocou a nós. Se cadra é mellor para eles persoalmente que sigan sen saber nada da política penitenciaria española, e digo persoalmente, pois no político estas actitudes de insensibilidade, de mirar para outro lado e de descoñecemento da realidade pola que estamos a pasar uns veciños do concello .... no político meréceme outra consideración. \"El resiste dunha maneira abraiante, algo que eu, sinceramente, non sería quen. Aguanta o temporal, sabe abrigarse\" @s familiares d@s independentistas presos mantendes contacto ou relación? Ter un familiar directo na cadea fai que se estabeleza algún tipo de relación especial con outras persoas na mesma situación, non é? Mantémonos en contacto, mais de xeito informal. Cos pais de María Osorio ( a compañeira de Antom) hai máis relación, xa desde que ambos os dous foron detidos en decembro de 2011. Tamén temos contacto con familiares de Eduardo, de Teto, de Carlos Calvo, coa xente de 'Senlheiro' (Hadrián Mosquera). Non hai unha relación estábel mais sabemos onde estamos. Todos viaxamos no mesmo tren, por dicilo dalgún xeito: Sofremos nos nosos lombos os kilómetros até as prisións, as mesmas dificultades e preocupacións, as mesmas relacións difíciles co sistema carcelario... Podes visitar a Antom unha vez ao mes. Como o notas após 33 meses en prisión? A última vez que o vin foi en agosto e xa non volverei a poder velo até o 'vis a vis' do 17 de setembro. El resiste dunha maneira abraiante, algo que eu, sinceramente, non sería quen. Aguanta o temporal, sabe abrigarse. É unha persoa que organiza moi ben o tempo: investiga, escribe, le moito... mesmo recuperou unha afección que deixara na adolescencia como é o debuxo. Fai deporte, atletismo, cuns adestramentos duros. E mantén unha relación correcta co resto dos presos, civilizada sabendo o difícil que é aquilo. El está en rexime de FIES o que supón, entre moitas outras cousas, que lle interveñen todas as conversas orais, escritas, telefónicas... É algo ao que non acabo de afacerme. Que a carta que lle escribo a meu fillo vai ser lida por unha terceira persoa, un funcionario. \"Algo ao que non acabo de afacerme: que a carta que lle escribo a meu fillo vai ser lida por un funcionario\" Hai unha especie de 'mandamento' non escrito que asegura que o que a familia dun preso non poden permitirse nunca é o 'pecado' de se vir abaixo... A situación é dura mais Antom resiste ben. Aínda que el alí dentro pase por momentos difíciles nunca nolos vai contar para non nos preocupar. E igualmente ao revés. Temos algo máis dunha hora cada mes para estar xuntos, cun cristal polo medio, cando a visita non é das chamadas \"vis a vis\"; polo que hai que aproveitar o tempo para cousas importantes e non para deprimirnos. Hai que sacar forzas de onde sexa, mesmo perante os funcionarios de prisións para non caer no seu xogo e manternos no noso sitio. Tentamos manternos enteiros, dignos e conscientes dentro dunha situación excepcional. Non é doado. Mais non pode ser doutro xeito. Foto: GZContrainfo"}
{"ID": "NOS_34963", "summary": "O Monte do Gozo acollerá este ano unha edición especial do Festival Son do Camiño, o Son do Camiño \"Perseidas\". No cartaz, que se coñeceu na mañá da sexta feira, apenas hai representantes da música galega nin presenza feminina.", "text": "Con limitación de capacidade e todas as medidas de seguridade. Mais non só. Tamén cunha presenza abafante de música española e con apenas representantes da música galega. Así será a edición especial do Festival Son do Camiño \"Perseidas\". Unha crítica que xa se formulara, ao igual que a escasa presenza de mulleres, na presentación do festival en marzo de 2020. Unha edición que tivo que ser cancelada a causa da pandemia. Na mañá da sexta feira presentaron o cartaz, no que destaca a presenza de músicos españois como Rozalén, Vetusta Morla, Izael, Raphael, Melendi ou Loquillo. Así, o día 14 de xullo actuarán Rozalén e Guadi Galego; o 15, Camilo e Pablo Lesuit; o 16, Andrés Suárez, Xoel López e Sabela; o 17, Vetusta Morla e Furious Monkey House; o 22 Ara Malikian; o 24 Beret e David Rees; o 29 Estopa e o 30 Izal e Maren. En agosto, o día 7 actuará Loquillo e o 8 Melendi. Queixas nas redes sociais O cartaz provocou na mañá da sexta feira as primeiras reaccións nas redes sociais: \"Un cataz horríbel que case non leva artistas nin música en galego. Máis unha vez O Son Do Camiño e a Xunta non confían nin invisten na nosa cultura\". \"Era unha oportunidade para reivindicar os artistas en galego (que temos moitos e de calidade) e a sensación é que poderían ter máis protagonismo. É complexo programar para un festival tan grande nesta situación, pero había ganas de ver unha aposta clara polo galego no Son\", afirmaba outro usuario. \"Como vemos que non tedes en conta a música en galego, imos pensar que é porque non coñecedes moitas bandas. Deixamos esta ligazón con 2 artigos: Un que conta cunha lista de máis de 500 bandas de música en galego e outro coas nosas listas de Spotify Cara sorrinte coa boca aberta e ollos riseiros\", comentaba outra persoa. A artista Pauliña engadía: \"Bravo polas catro bandas galegas que tocan, polo resto... en vez de darlle cartiños á cultura en galego e as/os artistas de aquí... parece que non se dá feito oco nestes festis... ademais despois do ano de pandemia. Bah, non digho nada...\". Tamén se pronunciou ao respecto a deputada do BNG Mercedes Queixas: \"A Xunta visibiliza a súa aposta pola reactivación do sector musical galego no Son do Camiño Perseidas. As voces femininas e o talento máis innovador en galego en minúscula, secundarizado e na sombra. Concepto subalterno e subsidiario. Insulto á cultura do país\". As entradas estarán á venda o 11 de xuño."}
{"ID": "NOS_1544", "summary": "As redes espellan sempre como se vive na rúa esta data simbólica. Chíos de toda sorte e condición, anónimos e célebres. Pasen e vexan.", "text": "Parabéns a todos os galegos e galegas no #DíaDeGalicia, especialmente aos que están lonxe da súa terra. Unha forte aperta. pic.twitter.com/8wCJehgmUB— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) 25 de julho de 2017 Feliz #DiadaPatriaGalega #DiaDeGalicia #DíaNacionalDeGalicia— Pilar Cancela (@PiliCancela) 25 de julho de 2017 Somos unha nación e como dicía Castelao: Galiza só deixará de loitar pola súa liberdade cando a consiga! #DiaDaPatriaGalega #GalizaCeibe— Ana Pontón (@anaponton) 25 de julho de 2017 Toda a minha força e apoio para a gente que se move algo polo país e está hoje na Alameda. #DiadaPatriaGalega #DiadaMatria— TodoMal Edição Verão (@Tawil) 25 de julho de 2017 https://t.co/4KeII7pJ8t— Avia#TodasAsCorunhas (@AviaGV) 25 de julho de 2017 Hoy mi tierra celebra la festividad de Santiago, significativa para toda España. Os deseo un feliz #DíadeGalicia. MR— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 25 de julho de 2017 Feliz dia da Galiza #DiadaPatriaGalega #DiaDaMatria✊ pic.twitter.com/hxgi9gUN8V— Davide Manzaneda (@DavideManzaneda) 25 de julho de 2017 Vaia! Imos queimar Twitter con tantos cancelos:#DíadeGaliza#DíadaPatriaGalega#DíadaMatriaGalega#25deXullo#DíaNacionaldeGalicia— Twiter en galego (@chio_en_galego) 25 de julho de 2017 Podes chamarlle #diadegalicia #DiaNacionaldeGalicia ou #DiadaPatriaGalegaÁmaaQuéreaFaite unha persoa digna delaE faino 365 días ao ano— Xoán Bascuas (@Xoan_Bascuas) 25 de julho de 2017 pic.twitter.com/5FqpxbnWaM— Carmen 🍑 (@carriegude) 25 de julho de 2017 Ouvi agora \" nos metemos na esquinha\" já estamos na manif do BNG— jacobo fernández (@brian_habana) 25 de julho de 2017 Oxalá algún día puidésemos celebrar o día da nosa patria todas as galegas xuntas e sen fixarnos en que partido milita cada unha...— Andrés del Valle (@PaRtOx51) 25 de julho de 2017 Este #25deXullo homenaxeamos en Mugardos ao alcalde republicano Prieto Balsa, fusilado polos golpistas. #NaciónConMemoria #ManifestoEU pic.twitter.com/bYdL5wAInr— Esquerda Unida (@EsquerdaUnida) 25 xullo 2017 \"Que a vida non me sorprenda xamais desprevenido, calado e neutral\"#DíaDaPatria https://t.co/4hNaURElNU pic.twitter.com/FTJizEqEHi— senegalego (@CheikhGade) 25 xullo 2017 Viva Galiza ceibe!! pic.twitter.com/8gHMxHxBZc— Tereixa Paz (@TereixaPaz) 25 xullo 2017 En común poñémoslle rostro #AGaliciaQueQueremos pic.twitter.com/z6COK5gT8r— Luís Villares (@VillaresLuis) 25 de julho de 2017 \"Non se pode entender Galicia sen as súas mulleres\" @CarmenSantosQ #25xullo #díadamatria #feminizarpolítica pic.twitter.com/AOrzqOEDCw— Podemos Galicia (@Podemos_Galicia) 25 de julho de 2017 Cando levas a túa terra no corazón, todos os días son o Día de Galicia. Feliz 25 de xullo! #OrgulloGaleguista pic.twitter.com/gqiAfy2Ahw— Aitor Bouza Manso (@AitorBouza) 25 de julho de 2017 .@AntonSanchezG \"queremos dotar ao pobo galego de todo o poder para autogobernarnos, é darlle unha patada aos que nos espolian\"— anova (@anovagal) 25 de julho de 2017"}
{"ID": "NOS_40298", "summary": "Nunha sección do sábado do programa \"No es un día cualquiera\"", "text": "Soan uns acordes da muiñeira de Chantada e fala a través das ondas un dos colaboradores do programa de Radio Nacional Española No es un día cualquiera. En conversa co presentador, Carlos Mesa, o colaborador Xosé Castro debulla na sección 'cocretas' diferentes erros na linguaxe oral. A melodía da muiñeira coincide coas anécdotas relacionadas cos galegos e galegas. \"Guasear cunha amizade\", \"amortiguar a apoteca\" ou \"fulanito traballa no polígano\" son algúns dos exemplos remitidos por usuarios e usuarias das redes sociais a Xosé Castro, o \"comentalisto\", que os sábados ás 9.40 horas participa no magazine conducido por Carlos Mesa. \"Non sei por que na Galiza moita xente di polígano, tamén teño escoitado polígamo\", conta Castro. A maiores, o colaborador comparte novas de medios de comunicación. Coas dos medios de comunicación galegos, as 'galinoticias', volve soar a muiñeira e o colaborador comparte un \"Ai, carballeira! Árdelle aí!\". Entre outras, recolle unha partida de Monopoly xogada por rapazas e rapaces do Barco de Valdeorras ou o atraco dun estanco da Silva, \"un Fast and Furious galego\", na parroquia cedeirense de Rodís con correcións incluídas ao xornal. O tratamento destes erros e da información compartida na sección provocou as queixas dun ouvinte do mesmo, que decidiu poñerse en contacto con Nós Diario. \"Eu estou afeito a escoitar as xeneralidades na prensa española referidas aos galegos e galegas, pero o que fan paréceme de mal gusto e unha maneira de ridiculizarnos\", explica por teléfono sen querer compartir o seu nome. Nun dos programas aos que fai referencia este ouvinte, o propio presentador e mais o colaborador fan referencia a un correo electrónico enviado, presuntamento, por unha persoa galega cunha queixa similar á súa. \"Non temos nada en contra dos galegos, nin moitísimo menos\", responde ao reclamante o presentador. \"Alguén dixo iso? Alguén puido dubidar? Sendo eu galego de pro\", cuestiona Castro, este último facendo referencia á súa propia orixe. \"Non nos rimos de ninguén, senón con alguén\", comenta Castro, \"algunhas destas cocretas dicímolas nós, é simplemente rir de algo divertido\". Para quen escoita, as xustificacións non abondan. \"Están tan afeitos que non se destacan de que o que fan é ofensivo\", salienta este ouvinte sinalando que as risas a costa das anécdotas compartidas no programa resultan \"excesivas\"."}
{"ID": "PRAZA_18063", "summary": "Os integrantes da formación presentaron hai meses un recurso contra a sentenza de dous anos e un día, que os levaría ao cárcere polas letras das súas cancións. O Ministerio Fiscal pide desestimar o recurso e manter a condena ditada o pasado mes de decembro e sinala que as súas letras incitaban á comisión de actos de terrorismo. ENTREVISTA | \"É impensable que o meu fillo poida ir ao cárcere por escribir unhas cancións\"", "text": "ENTREVISTA | \"É impensable que o meu fillo poida ir ao cárcere por escribir unhas cancións\" O pasado 5 de decembro a Audiencia Nacional condenou a 2 anos e un día de prisión aos 12 integrantes do colectivo de hip-hop La Insurgencia, seis deles galegos, ao concluír un presunto delito de \"enaltecemento do terrorismo\" nas letras das súas cancións. A sentenza (que contou co voto particular dunha das maxistradas, que os considera inocentes) levaríaos directamente ao cárcere, a pesar de carecer de antecedentes, e implicaría tamén oito anos de \"inhabilitación absoluta\". O grupo presentou hai meses un recurso contra o ditame. Agora a Fiscalía vén de pronunciarse contra este recurso, recomendando que sexa desestimado e que se manteñan as condenas da sentenza, enviando estes rapaces a prisión. O escrito da Fiscalía acusa os integrantes de La Insurgencia de inculcar \"unha cultura de odio que por si mesma indirectamente incitaba a comisión de actos de terrorismo\". E conclúe que \"a pena imposta, a mínima legal, non pode estimarse desproporcionada en relación cos contidos expostos publicamente\". Es resposta ao expresado polo Ministerio Fiscal, os representantes de La Insurgencia aseguran que agardarán polo pronunciamento a Audiencia Nacional sobre o seu recurso e que, no caso de manter a pena imposta, recorrerán ante o Tribunal Supremo. Nas últimas semanas a Sala de Apelacións da Audiencia Nacional rebaixou de dous anos e un día a nove meses a condena que inicialmente impuxera a Pablo Hásel polas letras das súas cancións, atendendo á recomendación que tempo atrás realizou o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que condenara o Estado Español polo castigo imposto a dous mozos que queimaran unha foto do rei Juan Carlos I. O Tribunal de Estrasburgo determinou que a queima de fotos constituía un acto de liberdade de expresión, lembrando que \"a liberdade de expresión se extende a informacións e ideas que ofenden, chocan ou molestan\". Nos últimos días tamén chegou o rexeitamento de Bélxica a entregar a España o rapeiro balear Valtonyc, descartando que as súas cancións estean relacionadas co terrorismo en calquera das súas formas e lembrando que se inscriben dentro dun dereito fundamental como é a liberdade de expresión. Hai uns meses comezou a difundirse un manifesto de apoio aos doce condenados. \"Quérennos caladas. Quérennos con medo. Coa súa represión queren mostrar que levantar a voz está penalizado\", comeza o texto, no que o Grupo de Apoio a La Insurgencia en Vigo anima \"a persoas, colectivos e artistas solidarias a adherirse a este manifesto, a colaborar connosco e a crear máis grupos de apoio nas distintas localidades, para que neste 2018, nin La Insurgencia, nin ninguén, entre no cárcere por expresar opinións\". \"Temos esperanza de que o Tribunal Supremo corrixa un pouco a situación. Pero non nos conformamos, apostamos pola absolución, ningunha outra sentenza sería xusta\", dicía hai uns meses en conversa con Praza a viguesa Elena Dafonte, nai dun dos rapeiros condenados, Saúl Zaitsev, de só 21 anos."}
{"ID": "PRAZA_8207", "summary": "O Bloque pecha a súa XIV asemblea cunha aposta por artellar un \"movemento soberanista multicor\" e entre berros de \"independencia\"", "text": "A mediados de 2009 o BNG, aínda noqueado pola abrupta saída da Xunta, traballaba na súa candidatura para as eleccións europeas. Sobre a mesa estaban, esencialmente, dous nomes: o da actual eurodeputada Ana Miranda e o do economista Xavier Vence, quen optou por dar un paso atrás e pechar simbolicamente a lista. De prestixioso currículo académico e cunha longa traxectoria no apoio ao nacionalismo e, nomeadamente, ao BNG, o profesor optaba por non dar o salto aos focos do que se dá en chamar política activa. Este domingo Vence culminou o movemento exactamente contrario. Do pequeno paso atrás de hai uns anos pasa a dar un paso adiante sensiblemente maior e máis arriscado: liderar o Bloque no que, probablemente, é o momento máis comprometido da súa historia. A XIV Asemblea Nacional da formación frontista nomeouno, co 96% dos votos, portavoz nacional \"nun contexto de reveses electorais, de zozobra\". \"Non esperaba verme neste compromiso\", ironizou ante o plenario antes de dispoñerse a tentar \"recuperar o pulso\" da organización e un reto que semella aínda máis ambicioso, pular por un \"Estado propio\" para Galicia. \"Non imos ser máis os do non\", asegurou o novo líder nacionalista nun longo discurso de ton marcadamente académico. \"España desapareceu coa peseta\" e, \"como todos os imperialistas fracasados\", os dirixentes estatais \"tentan recentralizado todo\". \"Se eles rompen o modelo autonómico non nos imos limitar a criticalo\", senón que \"imos formular a nosa proposta en positivo\", a saber: \"soberanía, dereito a decidir\" e, en última instancia a devandita consecución do Estado. Vence asegura que o Bloque non vai ser \"os do non\", senón que vai formular propostas \"en positivo\" baseadas na \"soberanía e no dereito a decidir\" Esta clarificación do horizonte estratéxico do Bloque non é para Vence \"ningunha deriva soberanista\", dado que o nacionalismo galego aposta pola soberanía \"dende a Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918\", lembra. Non obstante, coida que \"o verdadeiro perigo para unha forza nacionalista sería entrar nunha deriva autonomista\" e o BNG \"nunca foi autonomista, nunca o fomos e nunca o seremos\", o que non implica que non defenda as institucións autonómicas. \"Somos os únicos\", afirma, xa que \"os demais só as ocupan\". Non apelar á soberanía \"en van\" Pero Vence apela ironicamente a non pronunciar a reclamación soberanista \"en van\", xa que \"todos os que estamos aquí sabemos que hai unha diferenza fundamental entre a xeometría e a política: a distancia máis curta case nunca é unha liña recta\". Botando man de citas habitualmente alleas ao discurso público, o líder do Bloque parafrasea a Lenin para ilustrar que aos nacionalistas lles corresponde ir \"paso a paso e só un pasiño por diante do pobo\" e por iso hai que apelar á soberanía \"só cando veña ao caso\", \"petando na alma do pobo ata crear un estado de opinión revolucionario\", citou a Castelao. Esta \"folla de ruta\", un \"reto enorme\", \"inmenso\", non debe realizalo o Bloque en solitario, a xuízo do novo portavoz nacional. Ben ao contrario, di, o BNG debe participar dun \"movemento social multicor pola soberanía, no que unha parte dos militantes do BNG participarán man con man\" xunto a \"todas as organizacións políticas, sindicais, sociais, feministas, estudantís, veciñais...\", un \"proceso capitar de debate sobre as vantaxes da soberanía, cadaquén co seu perfil\". \"Non se trata de abrir escolas de filosofía en todas as parroquias\", advirte, senón de encetar \"unha andaina de longo percorrido que vaia alimentando a conciencia nacional\". \"Non facelo nos últimos anos fai que o país estea como está\", afirma. Vence apela a constituír un \"movemento soberanista multicor\" e a \"convencer a certo nacionalismo de que a soberanía non é meramente cultural\" E, que papel xogan esta estratexia as demais forzas nacionalistas? Cómpre, dende a súa óptica, \"convencer a certo nacionalismo de que a soberanía non é un asunto meramente cultural, lingüístico ou identitario\". \"Non faltan tampouco os que se apuntan ao discurso de que este é un momento excepcional e que non debemos de falar de soberanía\", senón de \"contradición esquerda e dereita\". \"Eu pregúntolles a estes amigos: cal é o espazo no que nos queremos enfrontar e derrotar á dereita? Alemaña, Estados Unidos?\". \"O trotskismo mal asimilado fai estragos\", conclúe. Así e todo, e malia ás hostilidades que aínda persisten, Vence coida que o roteiro soberanista debe ser compartido \"con todas as forzas nacionalistas\" mentres o BNG tenta converterse \"nunha forza decisiva neste país a todos os niveis\". Isto só o fará se \"cambia os estilos, os modelos\" e os seus membros se dispoñen a \"abrir o corazón\" nun \"exercicio diario de pensar no que nos une\". \"O futuro é do BNG\", augurou Vence para pechar, cincuenta e catro minutos despois, o seu discurso ao berro de \"viva Galiza ceibe e popular\". O plenario respondeu con intensos aplausos e, por primeira vez en moito tempo, os berros de \"BNG, BNG\" combináronse cos de \"independencia\"."}
{"ID": "NOS_39124", "summary": "\"O Goberno español leva décadas facendo do racismo institucional a súa política fronteiriza\", censuran desde a comisión de liberdades civís do Parlamento, que urxe a comparecencia en Bruxelas do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.", "text": "A comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Interior (LIBE) do Parlamento europeo vén de solicitar a comparecencia o próximo outono do ministro do Interior español, Fernando Grande-Marlaska, para explicar a actuación do Estado español o pasado 24 de xuño en Melilla, cando morreron decenas de persoas que tentaban cruzar a territorio europeo. A decisión tomárona os coordinadores da comisión parlamentaria nunha reunión decorrida esta quinta feira en Bruxelas, e estenderán a invitación para comparecer ante eles á Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) e á Asociación Marroquí de Dereitos Humanos (AMDH). Primeiras vítimas após o acordo entre España e Marrocos: Ascenden a 37 os mortos ao tratar de saltar o valado de Melilla O Parlamento de Bruxelas valora ademais enviar unha misión á cidade autónoma e a Marrocos para estudar en primeira liña a situación, aínda que esta iniciativa e o seu posíbel calendario será discutida de novo en próximas reunións da comisión. A proposta de celebrar un debate sobre o ocorrido na fronteira de Marrocos con Melilla a finais de xuño, onde morreron cando menos 37 persoas e decenas resultaron feridas, xorde a iniciativa do grupo de Esquerda Unitaria (GUE). Nun comunicado remitido aos medios logo de que a comisión parlamentaria dese luz verde a este debate, o eurodeputado de Anticapitalistas e promotor da proposta, Miguel Urbán, criticou a estratexia dunha \"Europa Fortaleza\" na fronteira exterior da UE e apuntou a responsabilidade do Goberno español no sucedido no valado. Centos de persoas lembran as vítimas do \"masacre\" de Melilla e urxen unha investigación independente \"Estas mortes teñen culpábeis e é o réxime marroquí, mais tamén teñen responsábeis: o Goberno español, que leva décadas facendo do racismo institucional a súa política fronteiriza\", asegurou. A comisión de dereitos civís na Eurocámara manterá a súa próxima xuntanza o 5 de setembro, mais a data definitiva do debate dependerá tamén da dispoñibilidade do ministro Grande-Marlaska e do resto de entidades convocadas."}
{"ID": "NOS_50051", "summary": "Tirán, 5ª na Xeral, e Cabo (7ª) néganse a ser simples figurantes nunha Liga ACT na que Orio e Urdaibai marcan o ritmo. Na Liga Galega, Amegrove achégase a Samertolameu grazas á vitoria na casa.", "text": "Intenso fin de semana de traiñeiras en augas galegas, que acolleron non só as competicións da Liga Galega, senón tamén as da ACT, que recalou en Sanxenxo e Bueu, onde se batiron as súas 12 tripulacións. Orio e Urdaibai, con Kaiku e Hondarribia no ronsel, mostraron outra vez que son as catro grandes embarcacións desta ACT. En augas galegas, a primeira cita (Sanxenxo) foi para os de Urdaibai, nunha regata memorábel facendo fronte a ventos de case 20 Km e mar picada, malia o que os seus vogadores remaron tramos perto das 40 paladas por minuto. Orio foi segunda e Hondarribia terceira. A representación galega acabou sexta (Tirán) e oitava (Cabo), demostrando que no 'tramo medio' da ACT son clubes a ter moi en conta. Se ademais comparamos orzamentos dos diferentes clubes que compiten na ACT, os resultados dos galegos é para enmarcar. O domingo, en Bueu, a vitoria foi para os de Orio, que se impuxeron a Urdaibai e Hondarribia. Tirán finalizou sétima e Cabo, oitava. Na Xeral, encabezada por Orio, os de Moaña van cuartos e a tripulación barbanzá sétima. Urdaibai, que comezou con -95 puntos por sanción, vai de última, mais roendo a diferenza regata tras regata. LGT Nas Liga Galega de Traiñeiras, na categoría A mantense Samertolameu na proa, encabezando a táboa, mais cunha Amegrove que tras vencer o domingo na casa (regata no Grove) está tan só a 2 puntos dos de Meira. Vilaxoán, terceiros, están dispostos a demostrar esta temporada o que se viña comentando desde hai tempo: que é unha embarcación disposta a dar que falar. En cuarto posto está a traiñeira de Mugardos, cun bo inicio de temporada e representando o remo do norte do país. Na categoría B Mecos e Bueu empatan no primeiro posto da clasificación (16 puntos) e os terceiros (Coruxo) están a só un punto. Salgado-Perillo, cuartos, están a tres. A regata desta fin de semana en augas de Bueu axudou a esa táboa tan apretada coa vitoria de Coruxo (segundos foron Bueu e terceiros, Mecos). As vogadoras Na regata da Liga de traiñeiras feminina, que decorreu en augas mecas, o triunfo foi para a traiñeira de Samertolameu, tripulación que se mantén na cabeza da claisificación xeral, por diante de Cabo da Cruz e SD Tirán."}
{"ID": "NOS_30455", "summary": "Guía para non te perderes esta fin de semana.", "text": "O tolleito de InishmaanFerrolTeatro JofreSexta feira20.30hUnha historia entrañábel e sorprendente versión moderna do clásico universal, agora dispoñíbel no teatro galego da man de Contraproducións. Presentación ILP en defensa do MonteSan SadurniñoCasa da Xuventude de San SadurniñoSexta feiraPresentación pública da iniciativa lexislativa popular (ILP) para que se debata no Parlamento galego sobre a necesaria protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. Unha campaña de recollida de sinaturas que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo. II Foliada en MeiraMeiraPraza do ConventoSábado21.00hCoas actuacións de Bouba, Picurruchos e Airiños da Freba, con obradoiros de canto, pandeireta e baile, así como un premio de vestiario de época, e exposición fotográfica. Velorio InfaustoPontevedraPraza da Peregrina/ Praza da VerduraSábadoA partir das 12.00hComeza o evento coa recreación da botica de don Perfecto Feijoo, e a actuación de Foula e Os Alegres. Máis tarde, ás 18.00h, velorio de Ravachol na sala mortuoria (prégase a asistencia de loito rigoroso). A saída do cortexo fúnebre acompañado do seu séquito e das diferentes comparsas será ás 21.00h, até chegar á Praza da Ferraría, onde se procederá á incineración do finado. Festa da FilloaBoqueixón LestedoDomingoA partir das 12.30hAdemais da exaltación gastronómica, unha media de 1.500 filloas cada hora, organízase un encontro de \"xenerais\". O segredo do tendalCambadosAuditorio Municipal da XuventudeDomingo18.00h\"Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras\". Teatro para as crianzas, historias incríbeis e manipulación de obxectos. Concerto SingularPontevedraTeatro PrincipalDomingo e segunda feira11.30hPíscore (Galiza) presenta o espectáculo \"Concerto Singular\", unha musicomedia xestual, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal. XXIV Festival Internacional de teatro UniversitarioSantiago de CompostelaTeatro Principal De segunda a quinta feira.21.00hAdemais da última produción escénica da Aula de Teatro da USC, Pasar por Nida, tamén acollerá interesantes traballos procedentes de Italia, Granada e Lituania."}
{"ID": "NOS_35637", "summary": "Os sindicatos piden a Correos que traslade unhas \"instrucións moi claras\" a todo o persoal para enfrontar o proceso electoral que culmina o 12 de xullo.", "text": "Correos mantivo esta terza feira unha xuntanza cos sindicatos para valorar o acordo da Xunta Electoral Central que lle indica á empresa que poderá recoller os votos no domicilio das electoras e electores. Anxo Álvarez, delegado da CIG en Correos, conta a Nós Diario que a empresa non se compromete a contar co persoal \"preciso\" para enfrontar o proceso electoral que culmina o 12 de xullo e que na reunión desta mañá escoitou as propostas dos sindicatos sen resolver a maioría das dúbidas que xenera o sistema que van aplicar. Álvarez salienta que todas as forzas sindicais solicitaron que Correos achegue unhas \"instrucións moi claras\" para todas as traballadoras e traballadores sobre como terán que \"proceder\" cando teñan que recoller un \"voto a distancia\". Neste sentido, alerta de que é preciso \"evitar coaccións\" de representantes de partidos políticos no momento no que unha persoa vaia decidir o seu voto desde o seu domicilio. \"Imos defender o principio de veracidade das traballadoras de Correos\", asevera este representante sindical a Nós Diario. Así, a CIG defendeu no encontro coa dirección de Correos que se cubran todas as vacantes por vacacións ou baixas laborais que hai a día de hoxe na empresa e que se contrate a máis xente para ter o persoal \"preciso\", pois considera que \"o aumento do voto por correo neste momento é impredecíbel\". Pola experiencia que temos, penso que é moi difícil que os votos non cheguen ás urnas. O problema vai vir antes, no proceso até que os votos se consideran emitidos e están no poder de Correos \"Moitas prazas de Correos non están cubertas a 2 de xuño e ese traballo está a ser asumido polo resto dos equipos, coa sobrecarga correspondente\", evidencia. Desta maneira, Anxo Álvarez explica que o \"colapso\" do que alertaron os sindicatos desde que se convocaron as eleccións galegas pode chegar xa no proceso de solicitude do voto e na entrega da documentación electoral. \"Pola experiencia que temos, penso que é moi difícil que os votos non cheguen ás urnas. O problema vai vir antes, no proceso até que os votos se consideran emitidos e están no poder de Correos. O día das eleccións temos rutas excepcionais para repartir votos por toda Galiza\", detalla. Voto a distancia Correos trasladou na reunión de hoxe que a semana que vén habilitará na súa páxina web o servizo para solicitar o voto a distancia, tal e como ditaminou a Xunta Electoral Central a pasada quinta feira. Os sindicatos, que pediron que se garantan os recursos materiais de protección contra o coronavirus para a plantilla, estiman que unha traballadora precisa entre 20 e 30 minutos para atender a cada electora que opte por este novo sistema para votar desde a casa. Ademais, a empresa aceptou unha demanda da CIG para que o persoal de Correos non teña a obriga de acceder en ningún caso aos domicilios, hospitais ou residencias de maiores para recoller un voto. Voto persoal Por outra banda, Anxo Álvarez lembra que \"o voto en Correos non é persoal\" porque co protocolo xa vixente para o voto por correo só se especifica que hai que identificar á persoa no momento da \"solicitude do voto\" e da \"entrega da documentación electoral\", mais no momento de entregar o voto \"pode facelo calquera\" na oficina ou entregándollo a un carteiro ou carteira. O delegado da CIG mostra a súa preocupación diante dun proceso electoral no que o \"incremento\" deste sistema de votación pode ser \"máximo\" ao estar \"alentado institucionalmente desde a propia Xunta da Galiza\". \"O que poñemos en dúbida é o sistema, non o labor do persoal de Correos\", destaca."}
{"ID": "PRAZA_7015", "summary": "O presidente do Goberno de España asinará este xoves con Feijóo un convenio na sede da Presidencia da Xunta e despois entregaralle o Premio Fernández Latorre a Xosé Luís Barreiro Rivas, quen o sucedeu na Vicepresidencia da Xunta tras a moción de censura de 1987. O Goberno do que formaba parte Rajoy denunciou a Barreiro para tentar frear a operación.", "text": "\"Soy Rajoy y voy a Raxoi, a una junta de la Xunta\". É a frase que, a mediados dos 80, plasmaba a teimosía de Mariano Rajoy, primeiro deputado e despois vicepresidente da Xunta, en non falar galego en ningunha das súas actividades oficiais. A chanza, plasmada polo debuxante Xosé Lois nun cadriño n'A nosa terra, era o resumo da actitude que quen, como lembrou hai poucas datas o xornalista Anxo Lugilde en El Progreso, non participou na votación da Lei de Normalización Lingüística de 1983, aprobada por unanimidade no Parlamento do que el era deputado. Sen tocar o galego Rajoy foi tamén quen defendeu a posición do Goberno de Gerardo Fernández Albor no debate da moción de censura que en 1987 converteu en presidente ao socialista Fernando González Laxe. Algúns deses escenarios e algúns dos protagonistas daqueles acontecementos serán revisitados este xoves por quen agora é presidente do Goberno de España. Segundo vén de confirmar La Moncloa Rajoy protagonizará dous actos en Galicia. O primeiro terá como escenario o Pazo e Raxoi, sede da presidencia do Goberno galego ao que o conservador ía ás devanditas juntas. Alí asinará un \"protocolo de intencións entre o Goberno e a Xunta de Galicia para a restauración do conxunto catedralicio de Santiago\". Xusto despois viaxará a Arteixo para, na sede de La Voz de Galicia, entregar o premio Fernández Latorre, concedido pola fundación do editor do diario coruñés. O receptor dese premio será Xosé Luís Barreiro Rivas, o veterano profesor de Ciencias Políticas da USC e destinatario, naquela moción de censura, de boa parte das iras políticas dun Rajoy a quen acabaría por suceder na vicepresidencia da Xunta. O episodio que converte este acto en, cando menos, unha ironía histórica, remóntase ao outono de 1986. Despois de varios anos como home forte do Goberno dun politicamente irrelevante Fernández Albor, o roteiro de Barreiro pasaba por ser candidato á Presidencia nos comicios de 1989, todo isto coa bendición de quen entonces era xefe da oposición no Congreso dos Deputados, Manuel Fraga. No entanto, os acontecemos foron derivando nun plan de desgaste interno do presidente que o 30 de outubro estourou co anuncio, tras o Consello da Xunta, da dimisión de Barreiro e de cinco conselleiros máis, mentres que outros tres puñan o seu cargo á disposición do presidente, nun movemento abertamente destinado a derrubalo. Rajoy chegou á vicepresidencia da Xunta tras a dimisión de Barreiro Rivas e da práctica totalidade do Goberno de Albor en 1986 Pero o intento de desbancar a Albor derivou nun apoio pechado por parte de Fraga, que o avalou para cubrir as baixas dos dimisionarios con novos conselleiros, entre eles Rajoy, que o 5 novembro tomaba posesión como vicepresidente nun dos escasísimos actos nos que se lembra unha intervención súa en lingua galega. Na primavera do ano seguinte Barreiro abandonaba Alianza Popular e impulsaba a fundación da Unión Democrática Galega, paso previo á integración en Coalición Galega. Xa como coaga prestou o seu apoio á moción de censura que daría lugar ao tripartito tras unhas sesións parlamentarias nas que o propio Rajoy foi o látego de AP contra el mesmo e os demais rebeldes, ademais de contra o PSdeG de González Laxe. Moción de censura e proceso xudicial Tal e como ficou reflectido no Diario de Sesións do Parlamento, no pleno do 22 de setembro de 1987 o aínda vicepresidente Rajoy dirixíase ao candidato González Laxe para preguntarlle, en referencia a Barreiro, se cría que \"o seu, cos antecedentes dalgúns posibles membros do Goberno, pode ser un Goberno estable\". Nun discurso pronunciado integramente en castelán o conservador instaba o socialista a aclarar se era certo o que \"dixo o señor Barreiro, que vai ser presidente da Xunta en decembro\". \"Porque se o señor Barreiro vai ser presidente en decembro eu, dende logo, apoio ao señor [Pablo González] Mariñas [na altura, líder do PNG] para que o sexa\". \"Porque ademais, a min -ironizaba- o señor González Mariñas é un home que si me gustaría que fose presidente\". En setembro de 1987 Rajoy aseveraba que \"posiblemente, dentro de pouco\" tería que \"abandonar a vida política\" Nese mesmo discurso Rajoy aproveitaba para dicirlle \"agarimosamente\" a González Laxe \"unha cousa\" que, case trinta anos despois, ten tamén a súa carga de ironía histórica. \"Lémbrese vostede das palabras desinteresadas que lle di, dende esta Cámara, quen posiblemente dentro de pouco teña que abandonar a actividade política\", dixo, en referencia a si mesmo. \"Señor Laxe, ande vostede con moito coidado\", recomendou, antes de dirixirse ao conxunto dos \"señores socialistas\" para sinalar que \"ao señor Albor e a quen estivemos con el durante estes duros dez meses co veleno dentro [de novo, en referencia ao grupo de Barreiro] nos xulgará a historia, non nos xulgarán vostedes\". \"Vanlles dar vostedes unha enorme labazada á democracia e vánllela dar a todos os galegos\", concluíu. Alianza Popular tentou frear a moción de censura coa denuncia contra Barreiro, a quen Rajoy lle entregará o premio este xoves en Arteixo Ese debate rematou coa vitoria da moción de censura e a conformación do tripartido de PSdeG, Coalición Galega e PNG. Non obstante, no día previo a esta votación o Goberno de Albor e Rajoy presentou nun xulgado de Santiago unha denuncia contra Barreiro por presunta prevaricación na concesión do que ía ser a primeira lotaría dependente da Xunta, chamada Tres en raia, adxudicada como vicepresidente de Albor a unha empresa, Sociedad General de Juegos de Galicia, que aínda non se constituíra. Esa concesión nunca chegara a entrar en vigor porque o propio gabinete de AP a anulou, pero os populares botaron man dela para tentar frear a censura nun proceso que en 1988 derivou no procesamento de Barreiro tras unha investigación na que tivo que declarar, entre outros, o propio Rajoy. A Audiencia da Coruña absolveu a Barreiro pero, tras un recurso da Fiscalía, o Supremo condenouno en 1990 a seis anos de inhabilitación no que daquela considerou \"unha manobra perfectamente instrumentada para eliminar un señor da vida política\". Case tres décadas despois daqueles acontecementos Rajoy será quen homenaxee o seu sucesor na vicepresidencia. Segundo informa La Voz o xurado do premio destaca a \"ampla e diversa traxectoria de Barreiro Rivas como columnista e analista político, ademais da súa intensa actividade académica, editorial e política\". Asemade, \"subliña o prestixio que acadou como coñecedor proundo da vida política e social do país\". Toma de posesión de Rajoy como vicepresidente da Xunta en 1986, no arquivo da TVG"}
{"ID": "PRAZA_20289", "summary": "As monitoras/es que no 2016 impartimos cursos para a Consellaría do Medio Rural seguimos sen cobrar. Para moitas de nós vai aló máis dun ano desde que se realizou a primeira acción formativa e aínda agardamos por unha cantidade que para a Xunta de Galiza ten carácter pouco menos ca irrelevante.", "text": "A cantidade non vos é tan avultada como para pór en risco un orzamento da Administración Pública, nin para desencaixarlle a contabilidade. Pero a Xunta segue sen pagala. E é nosa. Porque a gañamos co noso esforzo, co noso traballo. Vivimos nunha sociedade onde o xeito de desenvolver a vida é establecer un valor de cambio entre a forza de traballo que exercemos e o efecto que produce nas ganancias do sistema. Chámase salario e non pagalo significa conculcar o dereito á supervivencia. Non pagalo equivale a precarizar, a someter, a violentar a quen se lle adebeda. As monitoras/es que no 2016 impartimos cursos para a Consellaría do Medio Rural seguimos sen cobrar. Para moitas de nós vai aló máis dun ano desde que se realizou a primeira acción formativa e aínda agardamos por unha cantidade que para a Xunta de Galiza ten carácter pouco menos ca irrelevante. Que máis podiamos facer máis que agardar. Agardar a que esta Administración que leva demasiado tempo con reviravoltas, adiando o pagamento, decida solventalo. E soportámolo pacientemente durante moitos, demasiados meses. No medio ano longo que vai do 2017, nin unha soa palabra, nin unha comunicación sobre o atraso, nin unha simple nota que nos recoñeza a débeda, que nos explique por que e canto máis teremos que agardar. Silencio. Un silencio que nos condena e a promesa permanentemente incumprida de \"cobrar ides cobrar, seguro\" coa que algún/ha xefe/a de servizo nos tenta apacentar. Contestacións por voz, desas que no Procedemento Administrativo non outorgan garantía algunha, nin recoñecemento explícito de nada. Mesmo nos chegan a pedir confianza. Unha confianza cuxa demostración empírica radica no mesmo principio ca os milagres do Corpiño (ou calquera outro que propoñades). E se fora a primeira vez... Algunhas de nós, cansas desta inmobilidade, solicitamos por escrito a primeiros de maio, o recoñecemento da débeda e o saldado da conta. Porén continuamos co mesmo resultado: A calada por resposta. O silencio que na práctica significa seguir xogando connosco a escondela, a ver se co aburrimento deixamos dar a murga e o esquecemos. Como fan coa dependencia, ou co emprego, ou coas listas da atención sanitaria; e tantas outras cuestións públicas que desantenden! Pero non, non esquecemos. E saímos publicamente a verbalizalo, a dicir que a Xunta debe e non paga, que a xestión deste asunto é escura e que nos sentimos estafados, violentados, roubados no único que podiamos aportar, a nosa forza de traballo. Que xa cansamos de quedar caladas/os. Que mentres vemos como a diario se gastan milleiros de euros en publicidade institucional seguen a dar voltas para que cobremos unha cantidade ridícula se o comparamos co orzamento da propia Consellaría. Que non ten xustificación agás apelando a infravaloración do traballo e, por extensión, a minusvaloración de todas nós. Que ao goberno da Xunta de Galiza tráelle sen coidado a formación, o emprego e o benestar das persoas e con esta desvergoña demóstrano a diario. Que mentres se empoleiran deixando que o tempo pase, seguen convencidos de que, chova de onde chova, permanecerán catro anos máis desfacéndose deste e doutros servizos públicos, abandonando traballadores/as, sen que lles custe un chavo politicamente. Pero nós dicimos que xa non hai escusa, nin prazos nin farrapos de gaitas. Que tiveron tempo de sobra para arranxar isto. Que non sigan xogando a pita cega. Calquera desculpa que se poña xa non a cremos, por máis que se nos insista, por máis que a conselleira veña en persoa a rogarnos máis tempo. Que isto vai das necesidades da xente, aínda que ás veces non sexamos máis ca peóns na partida que xogan día tras día connosco, co traballo, coa economía, coa educación. E aburren. Fartan. Abonda de mentiras, de estafas, de aproveitarse de nós. Seguramente a fin de mes, todas e cada unha das persoas que forman o goberno teñen garantido un salario que din que merecen. Pois nós tamén. E o traballo cumpriuse. Agora pagade. É o noso pan."}
{"ID": "NOS_34616", "summary": "O Observatorio da Cultura Galega vén de publicar un informe con datos sobre o panorama musical galego, que adiantan unha pequena melloría en canto á música clásica, pero non se albisca ningunha melloría na música popular.", "text": "O estudo A música en Galicia, o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega, amosa unha pequena melloría en canto á música clásica, categoría na que se incrementou o número de concertos, asistentes e recadación, co que se rompe coa tendencia á baixa dos últimos anos. En 2015 realizáronse 1.135 concertos de música clásica (14 máis que en 2014), aos que asistiron 253.599 espectadores (17.521 máis que o ano anterior) e a recadación situouse en 1.030.670 euros, o que supuxo un incremento dun 30%. Ese avance non se traslada á música popular xa que continúa á baixa no número de concertos, espectadores e recadacións. En 2015 houbo 3.646 concertos (en 2014 foron 3938), asistiron 945.041 espectadores (o ano anterior 1.011.270) e recadaron 5.744.517 euros (351.872 euros menos que en 2014). Desde o último Xacobeo os datos relativos á música clásica no noso país amosaron unha tendencia á baixa. Segundo as cifras do 'Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2016', o Observatorio constata no seu último documento de traballo unha pequena melloría nos últimos datos dispoñibles, que datan de 2015. Hai máis concertos (1150 fronte a 1136 do ano anterior), un aumento no número de espectadores (253.599 fronte a 236.087) e unha suba notoria na recadación, que pasa de 763.565 a 1.030.670 euros, o que supón o 2,7% da recadación total no Estado. Con todo, Galiza segue no sétimo lugar en número de concertos, por detrás de Valencia, Madrid, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Castela e León. O gasto medio por habitante sitúase nese ano en Galiza en 0,38 euros (en 2014 era de 0,28). Sen recuperación na música popular A música popular goza de peor saúde e, segundo as cifras contabilizadas no 'Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales 2016', hai un menor no número de concertos, espectadores e recadación. En 2015 houbo 3.646 concertos (en 2014 3.938), asistiron 945.041 espectadores (en 2014, 1.011.270) e recadáronse 5.744.517 euros (en 2014 6.096.389). Con todo, houbo máis espectadores por concerto, o que permitiu incrementar lixeiramente a recadación por concerto (de 1548,1 a 1576) e o gasto medio por espectador (de 6,0 a 6,1). O 81,9 % dos concertos realizados en Galiza corresponden con estilos musicais de pop e rock, que contaron con 625.000 espectadores. Séguenlles os de música folk, que atraen ao 9,3 % do público e se sitúan 7,2 puntos por riba da media estatal, cun 4,7%. Con respecto á recadación, segundo o Observatorio, en 2015 prodúcese unha creba con respecto á melloría rexistrada en 2014, cando se inverteu a tendencia baixista iniciada a partir de 2010 e que era común a Galiza e a España. Fronte aos 6.069.389 euros de 2014, recadáronse 5.744.517 euros. Son 195.000 euros menos e sitúase no 3,1 % da recadación total no Estado. O gasto medio por espectador é de 6,1 euros, 3,5 menos que a media estatal e case o dobre do que se gastaba en 2010 (que era de 3,6 euros). Os reis da música folc Por comunidades autónomas, Galiza foi unha das que ten unha media máis baixa de espectadores por concerto, só superada por Andalucía, Baleares e Castela-A Mancha. Outro dato que revela as diferenzas co resto do Estado, é a porcentaxe de concertos de música folc, que en Galiza se sitúa no 4,7%, mentres que no Estado está no 1,4%. Claro que o flamenco supón o 8,6%, cando en Galiza non chega ao 1%. E, en número de espectadores, o folk supón o 9,3% do público, mentres o total de España é de 2,1%."}
{"ID": "PRAZA_17418", "summary": "O meu tío Lisardo opina que Feijoo non leva acento, non. O que leva é unha pexa nos miolos que nunca lle vai permitir considerar aos galegos como a súa prioridade. E senón que a próxima vez non tarde quince días en contárnolo, porque Madrid lo vuelve loco, oh!. E, en galego, por favor.", "text": "«Escoitei dicer que hai unha montaña / e no interior da montaña unha caberna / e na caberna un corazón que pode ser á vez un vaso / ou a inscrición dunha lenda» (Heloísa, Chus Pato) Diga o que diga e conte o que conte, é evidente que, despois de toda unha vida querendo ser madrileño, nas últimas dúas semanas, Feijoo non fixo outra cousa que non fose tratar de convencer ao mundo mundial e aos poderes fácticos internos, externos e medio pensionistas, que el era o herdeiro lexítimo daqueloutro que tocou a chanca co rabo metido entre as pernas, máis coñecido por \"Eme punto Rajoy\". As prepotentes plumas da prensa española, e os preclaros tertulianos madrileños, estaban tan obsesionados en convencernos de que o \"salvador de Galicia\" tamén sería quen de salvar España, que mesmo se esqueceron de botar as contas para comprobar se, entre todos eles e os fans do unxido –ou untado, xa sabes–, don Alberto Núñez Feijoo, dispuñan do quórum necesario para concederlle o camarín de presidente do Partido Popular a un tipo de provincias, que tanto se tiña esforzado nos últimos tempos en falar sen acento galego e en tratar de pórlle lume a algún que outro documento, indiscretamente agochado no portapapeis da señora Santamaría. Así que os sabios alquimistas, que cocen e manipulan a información en Madrid, para vendérnola enlatada aos da periferia, no canto de analizar e indagar se as cousas acabarían acontecendo realmente como eles querían, decidiron pórse a discutir se o apelido do señor dos Peares debería levar ou non acento, para, chegado o momento, evitar que houbese algún indocumentado en ortografía parda que escribira Feijó-o, cargando a pronuncia no primeiro \"ó\" e deixando o segundo como unha vogal muda –ou máis ben enmudecida– no canto de recrearse nun \"o-o\" longo e pausado que lle pechase o camiño a calquera outra interpretación da partitura. Pero os fenómenos do conto mediático, malia negalo con absoluta naturalidade, decatáronse finalmente de que a entoación non foi nin \"óo\" nin \"oo\". Foi oh!. E mira se foi oh! que cando, o pasado luns á tardiña, o tal caeu da burra, acabouse erguendo do chan coa milonga de no puedo fallar a los gallegos porque sería también además fallarme a mí mismo. Oh! Ah! O meu tío Lisardo opina que Feijoo non leva acento, non. O que leva é unha pexa nos miolos que nunca lle vai permitir considerar aos galegos como a súa prioridade. E senón que a próxima vez non tarde quince días en contárnolo, porque Madrid lo vuelve loco, oh!. E, en galego, por favor. Publicidade"}
{"ID": "NOS_8712", "summary": "Un acordo de país que logo negociar en Madrid. Iso é o que plantexa o BNG. Que a súa proposta de confección dunha axenda galega non sexa unha iniciativa partidaria, senón que naza do consenso no seo dunha ponencia parlamentar. Así o expuxo esta segunda feira en conferencia de imprensa Ana Pontón.", "text": "O país está politicamente desaparecido no estado e precisa do concurso de todas as forzas políticas para facerse un oco na orde de prioridades da Moncloa. Así o entende o BNG e por iso esta segunda feira Ana Pontón, en conferencia de imprensa, propuxo criar unha ponencia no Pazo do Hórreo para dar forma a unha axenda galega de asuntos a reivindicar en Madrid. \"Queremos que haxa unha unión como galegos e galegas para defender aquilo que é xusto e ao que temos dereito frente ao Estado\", esclareceu Ana Pontón, daí que o BNG teña claro que \"os intereses de Galiza\" deben estar por enriba \"dos intereses partidistas\". Que se abra a consensuar a axenda galega con outras forzas non significa que o BNG non teña claro cais son os trazos mínimos sobre os que edificar o temario dunha negociación con Madrid. Aí están a transferencia da AP9, a abordaxe do devalo demográfico, o pagamento dos 182 millóns de euros que o Estado debe a Galiza en materia de financiamento ou a dotación de máis fondos para combater a emigración xuvenil e a violencia de xénero. Aliás, tamén hai espazo para as infraestruturas neste catálogo de demandas, desde a conclusión do AVE e a implantación de cercanías até o traslado a Galiza das competencias sobre os portos de interese xeral, \"cos que o estado está a facer caixa pero aos que discrimina en materia de investimentos\", dixo Pontón en clara alusión ao distinto tratamento que o Ministerio de Fomento outorga ás dársenas de Valencia e A Coruña. Que se abra a consensuar a axenda galega con outras forzas non significa que o BNG non teña claro cais son os trazos mínimos sobre os que edificar o temario dunha negociación con Madrid Desde o prisma do BNG, a axenda galega ten tamén necesariamente que incluír o reforzamento do autogoberno do país, na perspectiva do avanzo na súa capacidade de decisión. \"Galiza precisa un novo marco político que nos defina como nación e nos dote de novas ferramentas para afrontar os problemas que temos, ferramentas como un concerto económico —que garanta a recadación e xestión íntegra de todos os nosos recursos financeiros— ou unha tarifa eléctrica que permita abaratar a factura da luz\". \"Estamos nun momento importante de mudanzas no estado, nun momento evidente de mudanza de ciclo e Galiza non pode continuar desaparecida da política estatal, porque iso significa perder oportunidades e temos moito que gañar se confiamos nas nosas propias forzas\", enfatizou a líder nacionalista, quen non dubidou en lanzar dardos dialécticos ás forzas do vello bipartidismo: \"Este país non pode ser o escenario dun pim pam pum para as forzas estatais, cun PP e PSOE que mudan de opinión en función de se están no goberno ou na oposición\"."}
{"ID": "NOS_44312", "summary": "A formación nacionalista denuncia que os orzamentos de Madrid non inclúen nin un só euro para unha zona degradada que causou estupor entre emisari@s do Parlamento europeo pero que segue sen solución após anos de denuncias.", "text": "O BNG na Coruña presentou o sábado unha moción de cara ao Pleno municipal deste luns coa que reclaman a inclusión dunha partida nos orzamentos xerais do Estado para o 2015 para o \"saneamento, recuperación e rexeneración da ría do Burgo, un sector estratéxico da cidade e da comarca no que cómpre investir para facer del motor de reactivación económica e de creación de emprego\". Emisari@s do Parlamento europeo visitaron hai meses esa zona -así como outras da Galiza- e saíron escandalizados do deplorábel estado destes ricos recursos naturais, cuxa degradación leva anos sen ser reparada malia as múltiples protestas que así o piden. \"A Ría debería ser un motor de reactivación económica e de creación de emprego\" afirma o grupo municipal do Bloque \"Dado que o desemprego sobe –só o mes pasado incrementouse en máis de 200 persoas- e seguirá a subir, @s nacionalistas emprazan o Goberno central a dotar a ría do Burgo dunha partida de cinco millóns de euros co fin de crear emprego na cidade e na comarca\", engade o Bloque na súa iniciativa. Para que \"a consignación non fique en papel mollado\", tamén o instan a acordar un calendario de actuacións, mediante prazos reais para o inicio do Plano de rexeneración da ría, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as actuacións para o seu saneamento integral. Así mesmo, a formación nacionalista denuncia que \"a decisión do Goberno de España de destinar cero euros á ría do Burgo nos orzamentos para 2015 e seguintes confirma que todas as declaracións realizadas tanto polos responsábeis políticos das distintas administracións, entre elas as realizadas polo Goberno de. Negreira, son un paripé e supoñen unha ofensa, un desprezo e o abandono do colectivo marisqueiro\"."}
{"ID": "NOS_45617", "summary": "As tropas sirias están a piques de gañar a batalla de Aleppo, unha vitoria que, segundo analistas militares, podería outorgar a vitoria na guerra ao goberno de Al Assad. O Exército regular e os seus aliados -a milicia iraniana Hezbollah e Rusia- ocuparon o centro histórico da cidade e controlan as tres cuartas partes da súa zona oriental, até agora en mans das forzas opositoras.", "text": "Se finalmente o Exército sirio recuperar o control sobre toda a cidade, a guerra podería estar a piques de entrar no seu epílogo. Nas últimas semanas, foron moi intensos os bombardeamentos da aviación rusa sobre a zona oriental de Aleppo e o contributo da milicia iraniana Hezbolá -ten alí destacados 5 mil combatentes- ten sido decisivo no desenvolvimento das hostilidades. A ofensiva lanzada hai catro semanas polo Exército está a piques de conseguir todos os seus obxectivos. Os chamados rebeldes batéronse en retirada do casco vello da cidade, por non estaren en condicións de resistir o asedio. Neste momento, as tropas regulares sirias e os seus aliados controlarían as tres cuartas partes de Aleppo. A canle televisiva de Hezbollah, Al Manar, informou de que as tropas sirias permitiron a formación dun corredor humanitario para a evacuación de milicianos rebeldes -entre eles yihadistas- aos que se insta a abandonar o casco vello, visando interromper os bombardeamentos e a destrución do patrimonio histórico-artístico desta cidadela medieval. Rusia anunciou que quen non se sumase á evacuación sería tratado como terrorista. Os rebeldes demandan un cesar o fogo de no mínimo cinco días e a evacuación imediata de 500 persoas que precisan de atención médica, sob supervisión de Nacións Unidas. Mentres tanto, a canle libanesa Al Mayadeen revelou que Israel tería lanzado un ataque á base área de Mezze, perto do centro de Damasco, coa pretensión de castigar posicións controladas por Hezbollah."}
{"ID": "NOS_11418", "summary": "Setas, froitos do bosque, castiñeiro ou piñeiro. Estas son algunhas das alternativas descritas polas persoas expertas ás que Sermos Galiza lles lanzou a pregunta de se existe unha alternativa economicamente viábel á eucaliptización. Iso si, todas destacan que cómpre crear unha industria que lles engada valor. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 284.", "text": "O 17% do territorio galego está cuberto de eucalipto. Inzou mesmo o imaxinario do rural. Nalgunhas aldeas xa distinguen entre o \"eucalipto do país\" e o novo. O \"eucalipto do país\" é o globulus, o que leva décadas entre nós, o máis común, sobre todo na costa. O novo é o nitens, que está gañando territorio a pasos axigantados no interior, máis resistente ás xeadas. Tal é o ritmo de expansión do nitens que no borrador do novo Plan Forestal a Consellaría de Medio Rural -pese a recoñecer a necesidade de limitar o eucalipto- admite que conquistará 25.000 hectáreas máis. Asemade, a Xunta promete que vai pór límites ao eucalipto. O certo é que límites xa hai, pero o Goberno non os fai cumprir. O Plan non inclúe a moratoria a novas plantacións que estabeleceu Portugal e reclama a Iniciativa Lexislativa Popular Cousas de Raíces. Esta ILP contra a \"invasión do eucalipto\", promovida inicialmente por ADEGA, e a que se sumaron ducias de colectivos, xa recolleu miles de sinaturas en defensa dun \"monte diversificado e multifuncional\" e está a organizar coloquios por todo o país. Que di a Xunta? O argumento da Xunta é que o eucalipto é o activo máis importante actualmente do monte polo que, ante a falta de alternativas, \"non é posíbel reducir a súa ocupación actual con carácter retroactivo\". Hai alternativas que proporcionen ás persoas propietarias do monte uns ingresos dignos e ademais deteñan a eucaliptización? Hainas, e ben coñecidas. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 284, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_26472", "summary": "Hai quen elixe ser mestre como forma de estar no mundo. Adela Leiro e Mon Daporta son un bon exemplo disto. Após unha vida dedicada ao ensino e cunha morea de publicacións ás súas costas, esta parella de Cambados, tan achegada á terra e lonxe de acomodarse na xubilación, publica agora Galiza, un país de primeira. Un libro que pretende \"subir a nosa autoestima como pobo\" e que, amais, faino dun xeito solidario: Todo o recadado será destinado á Asociación Galega Contra a Atrofia Muscular Espiñal (GaliciAME). Nesta conversa é Adela quen responde, pois Mon Daporta opta por cederlle a voz. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 300 en Sermos Galiza.", "text": "Coñecemos o suficiente a nosa terra? Vós percorredes cada ano todo recuncho de Galiza e descubrídenolo, co colectivo XEA, na sección \"Andar e Ver\", deste semanario. Canto máis vamos por aí, máis nos damos de conta do pouco que coñecemos Galiza, e iso que percorremos todos os concellos do país. Levamos case corenta anos dando voltas e aínda temos na casa unha lista enorme de sitios que nos faltan. En xeral, hai pouco interese en coñecer o próximo. É unha cousa que nos meteron desde sempre: o de aquí non tiña valor e entón, non se lle da. Nós queremos darlle a volta á tortilla. Temos de todo e de primeira. Como inflúe o territorio no xeito de ser das persoas? Por natureza, as persoas adáptanse á paisaxe, aos cambios estacionais, á luz, ás plantas ou aos animais. Antes estábamos en comuñón coa contorna e agora o estamos co supermercado. A terra forxa unha forma de ser ao longo da historia. Constrúese en miles de anos pero pode desaparecer en nada. Os grandes medios de comunicación e internet fan que todos nos centremos no mesmo á vez, de maneira que escoitemos a mesma música, comamos a mesma comida e nos interesemos pola mesma paisaxe e polos mesmos estereotipos. A contorna inflúe nas persoas pero estas inflúen moito máis na contorna. Se non botamos man de mantela ou de desenvolvela dunha maneira harmoniosa, imos por separado: nós por un lado e a natureza por outro. Hoxe vese moito abandono, tanto de espazos naturais como de terreos cultivábeis, e case sempre vén causado por un desenvolvemento pouco sustentábel. Coa chegada da UE os gandeiros galegos tiveron que mudar a súa forma de traballo tradicional por explotacións intensivas, investindo unha millonada de cartos en facer naves. Agora resulta que a Comisión Europea queren lexislar xusto ao revés, obrigando a que as vacas pasten libres. Iso xa o facíamos nós antes de forma natural, e chamábannos atrasados por traballar na terra como animais. [Podes ler a entrevista íntegra no número 300 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_24688", "summary": "Persoas expertas sinalan que a reinfección, moito máis probábel após contraer Ómicron fronte a outras variantes, podería darse seis meses após o primeiro contaxio.", "text": "A variante Ómicron da Covid-19 podería significar a fin da pandemia en Europa, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). \"É posíbel que a rexión estea a achegarse á fin\", asegurou recentemente o director xeral da OMS para o continente, Hans Kluge. \"Cando a vaga de Ómicron diminúa, haberá unha inmunidade xeral durante algunhas semanas e meses, quer pola vacina quer porque as persoas serán inmunes debido á infección, e tamén unha redución debido á estacionalidade do virus\", defendeu. Porén, o certo é que no momento actual os contaxios seguen nas maiores cifras desde marzo de 2020 por mor da alta transmisibilidade desta variante —se ben os seus síntomas reverten menor gravidade para as persoas vacinadas—, e neste contexto xorde a pregunta: Podo volver contaxiarme da Covid-19? Segundo un informe do Imperial College de Londres do pasado mes de decembro, o risco de reinfectarse con Ómicron é 5,4 veces maior que con Delta. \"Se recibes dúas doses da vacina, pasados tres meses a túa protección contra a infección ou a hospitalización mingua arredor de 30% ou 40%\", apunta, por outra parte, o doutor Gregory Poland, director do Grupo de Investigación de Vacinas da Clínica Mayo (EUA). Coa dose de reforzo, explica, a inmunidade pode alcanzar entre 75% e 85%. Outro estudo elaborado por persoas expertas das facultades de Medicina de La Jolla e Mount Sinai (EUA) apuntan un período mínimo de protección contra o coronavirus de arredor de oito ou nove meses. En declaracións recentes á canle pública británica BBC, Salvador Peiró, investigador en farmacoepidemioloxía da fundación española Fisabio, apuntou que, \"en teoría\", a reinfección é posíbel, malia que resulta \"extremadamente rara\" nos meses seguintes á superación da Covid-19, máxime no caso de ter recibido a terceira dose da vacina. Malia que aínda se descoñece canto tempo e capacidade ten a variante Ómicron para producir reinfeccións, as persoas expertas sinalan un período mínimo de cinco ou seis meses."}
{"ID": "PRAZA_19022", "summary": "ENTREVISTA Ialma presentan o seu quinto disco, 'Camiño. De Bruxelas e Santiago', no que a emigración é protagonista. \"A liberdade non é tanta desde o momento en que a normalización do idioma non ten o empuxe que podía ter\", din.", "text": "\"Camiño é a viaxe de todas as persoas que teñen que deixar a terra na que naceron para buscar un mundo novo\". Con palabras coma estas preséntase o novo disco de Ialma, 'Camiño. De Bruxelas a Santiago'. Un percorrido de ida e volta pola tradición, pola lingua, polo encontro entre distintas culturas. Na que os maiores transmiten a esencia e os novos recollen a semente. Para ser mellores. As galegas en Bruxelas Verónica Codesal, Magali Menendez, Natalia Codesal e Marisol Palomo ollan á emigración neste novo traballo. E á liberdade e a xustiza. Falamos con Marisol, aproveitando o seu paso por Compostela nas vacacións de Nadal. Xa as fotos do disco deixan claro de que se fala: a emigración… Si, e de pequenas non nos decatabamos da importancia do que nos estaban transmitindo as nosas familias. A avoa de Verónica cantaba e bailaba. A miña avoa escribía poemas en galego e aínda emigrada tiña medo. Seguía tendo medo de que a Garda Civil viñese petarlle á porta. Este disco ten moito que ver con iso: a importancia do que nos transmitiron os avós. A miña avoa cantaba e escribía en galego, aínda que me falaba en castelán, porque daquela era así… Ao pai de Verónica pegábanlle na escola por falar galego… \"A miña avoa escribía poemas en galego e aínda emigrada tiña medo. Seguía tendo medo de que a Garda Civil viñese petarlle á porta\" E vós, como vos xuntastes? Nos centros galegos é onde aprendiamos a bailar e a tocar a gaita. É curioso: hai unha gaita belga, pero é un instrumento pouco coñecido alí... Pois comezamos a cantar para acompañar o baile. Unha vez fomos a un programa de radio belga, 'Le monde est un village' e o presentador díxonos que tiñamos que seguir cantando… Para que te fagas unha idea de como foi: o pai de Verónica, ao principio, dicíalle que lle era mellor aprender un oficio. Despois foi a Eurovisión, empezou a ter o status de artista -en Bélxica é un oficio recoñecido, cobras o paro se non tes traballo-, e o pai xa comprendeu e díxolle que adiante. Hoxe Verónica, que é o motor de Ialma, vive de cantar. Canta en varios grupos. Natalia é mestra, Magali traballa na Comisión Europea e eu levo a presidencia do Centro Galego de Bruxelas… \"Unha vez fomos a un programa de radio belga, 'Le monde est un village' e o presentador díxonos que tiñamos que seguir cantando…\" 'Camiño' é o voso quinto disco. O anterior é 'Simbiose', de 2011, co que xa cumpriades 10 anos. E hai unha evolución nos cinco discos, que son todos distintos. O primeiro era o máis tradicional, de recuperación do canto galego. Naquel momento pensabamos que había que cantar co nariz, co bico moi pechado, pero despois decatámonos de que, claro, así é como cantan as mulleres maiores porque non teñen máis forza… En todos os discos está presente a música tradicional que nos transmitiron os maiores. Tamén hai moitos músicos que nos axudan: Uxía, Mercedes Peón, Guadi Galego, Quique Peón, Xurxo Fernández, Leilía… Sempre nos reciben cos brazos abertos, lévannos a coñecer mulleres maiores que cantan… Para facer o tema 'Grixoa' falamos cunha señora que nos contou moitas historias. Ela preguntaba, pero vós non viñades cunha gravadora para escoitarme cantar? E é que para nós eran tan importantes as súas historias como a música… \"Os músicos galegos sempre recíbennos sempre cos brazos abertos, lévannos a coñecer mulleres maiores que cantan\" Algunhas desas historias transmitidas por xente maior, precisamente, cóntalas en directo nos concertos de presentación de 'Camiño'... Son historias da emigración. Historias moi fortes que gardan similitudes: familias divididas, xente desaparecida… Miña nai e os seus irmáns eran orfos e metéronos nun convento en Madrid. Miña nai escapou con 18 anos porque escoitou que se collía o tren a Amberes ao chegar pagábanlle o billete e dábanlle traballo. No convento pegábanlle moito, pechábana nun cuarto cheo de ratos, unha noite cortáronlle a trenza para vendela… Moitos españois marcharon a Bélxica en condicións semellantes. Meu pai era mineiro e fillo de roxo, polo que tamén tivo que buscar un sitio ao que marchar… A Bélxica marcharon moitos asturianos mineiros. \"Miña nai escapou con 18 anos porque escoitou que se collía o tren a Amberes ao chegar pagábanlle o billete e dábanlle traballo\" Temos un programa didáctico que levamos polos centros de ensino. É unha neta que fala coa avoa e a avoa vaille contando historias. A avoa conta que non se podía falar en galego, nin comer bo pan, nin cantar e bailar despois do toque de queda, nin falar de política… As historias que vai contando reflicten ben as cancións do disco. Ao final a avoa morre, pero antes convídanos a coller o camiño de volta, a descubrir os seus segredos, que para iso só fai falla un pao para apoiarnos, forza para avanzar e ganas de compartir, como no tema que dedicamos aos refuxiados: a necesidade da confianza na xente, do amor... Rematamos co 'Ai la la', que entendemos como unha canción internacional, e bailando. \"A avoa conta que non se podía falar en galego, nin comer bo pan, nin cantar e bailar despois do toque de queda, nin falar de política\" \"Bótannos fóra\", di 'Cantar do refuxiado'. Si, cando comezamos a levar o proxecto didáctico do que che falaba polas escolas non pensamos que fose estar tanto de actualidade. Despois foron os atentados de Bruxelas. E era moi importante transmitir a idea de que non temos que vivir con medo, temos que acoller a xente que chega… A música pode servir para transmitir esa mensaxe, esas emocións… Hoxe o disco é número 1 en Bélxica. \"E era moi importante transmitir a idea de que non temos que vivir con medo, temos que acoller a xente que chega…\" Ademais, non é exacto que nós fagamos unha música de minorías en Bélxica. Porque hai moita xente que se identifica co galego-portugués. Conectamos moi ben coa xente galega, portuguesa, angolana… E o fermoso é que toda esa xente aprópiase do que facemos. Sénteno como algo seu. En Bélxica facémolo en francés, inglés ou flamenco. Cando o fixemos en Santiago no Womex, a nena comeza falando castelán pero acaba falando galego… \"Conectamos moi ben coa xente galega, portuguesa, angolana… E o fermoso é que toda esa xente aprópiase do que facemos\" Despois, cada tema ten a súa historia. Neste disco, ademais, hai moi poucas estrofas en castelán porque tentamos traducir as letras a galego cando están en castelán. E o que queremos transmitir é unha mensaxe positiva sobre o galego como unha lingua que pode ir ao sur, ao norte ou a onde queira. Nas historias pode haber tristeza, melancolía, pero tamén alegría, emoción e optimismo. \"Nas historias pode haber tristeza, melancolía, pero tamén alegría, emoción e optimismo\" Como en 'Simbiose', varias letras falan de liberdade. 'Baila bela fada' di que non se podía cantar nin bailar nin dicir a verdade. 'Novo alén' fala de censura, fame e inxustiza… É que as nosas familias marcharon por falta de liberdade. Iso é o primeiro. E, para nós, a mellor maneira de expresar este tipo de historias é cantando. A nós xa non nos poden quitar a liberdade. Ou non da mesma maneira. Hoxe pódese falar galego, e cantar en galego, e o galego é unha das catro linguas recoñecidas en España. Pero se non lle damos valor, pode perderse. Por iso non podemos deixar de reivindicalo e non podemos esquecer o traballo dos pais e dos avós. Por outra banda, a liberdade non é tanta desde o momento en que a normalización do galego non ten o empuxe que podía ter. Certo que houbo un rexurdimento, e a iso axudou o folk, a recuperación da tradición… pero temos que seguir dándolle importancia á esencia, a cultura, a lingua, á liberdade e ao respecto á diversidade. \"A liberdade non é tanta desde o momento en que a normalización do galego non ten o empuxe que podía ter\" Despois, tamén é moi importante dicir que coas letras colaborou con nós Brais Fernandes, que é un amigo de hai moitos anos. El ten unha cabra, Cachicula, que leva con el a todos os lados. Pois no noso disco tamén está Cachicula. Como é tan auténtica, unha vez nun control nun aeroporto mandáronlle un veterinario, a ver se podía pasar Cachicula. Está feita de la, de cunchas de mar… de elementos que vai incorporando en cada país que visita. \"A idea de Brais é transmitir o sabor das linguas, das culturas, dar importancia á diversidade das linguas\" Brais transmite, -di-, as emocións de Cachicula. Entendeu tan ben o que queriamos dicir. Foi tan bonito… A idea de Brais é transmitir o sabor das linguas, das culturas, dar importancia á diversidade das linguas, o orgullo de falar unha lingua propia… El traballa moito en campamentos por Europa, con xente que fala linguas minoritarias e que pertence a clases sociais baixas. Transmítelles o orgullo de ser o que son. Diversidade tamén hai no son. En 'Simbiose' e antes podía detectarse algo de rap, de pop, de música medieval, ritmos americanos… Neste disco hai mesmo flamenco… 'Na túa lembranza' é o tema que dis. Fala da historia do avó de Verónica, un andaluz que casou cunha galega. Era roxo. Tiña a fouce e o martelo tatuados… É unha canción dura pola historia que conta, mais cantada coa rabia e a emoción de lembrar a alguén que sufriu polas súas ideas… En Bélxica atopamos un cantante andaluz, Esteban Murillo que, deuse a casualidade, tiña un avó mineiro que lle ensinara a tocar e a cantar que tiña unha historia parecida ao de Verónica. No disco podes ver unha foto de Natalia de nena vestida de flamenca. É un pouco o tópico: vestíante de flamenca porque viñas de España. Pois nesta canción tamén está iso, a relación co flamenco, con España… Esteban, que vive en Charleroi, ten o que os andaluces chaman \"duende\", unha sensibilidade especial. No disco está tamén, por exemplo, a relación da cultura galega coa vasca en 'Galeuska'. Inaki Plaza colaborou con nós tocando a txalaparta. 'Doutras terras' fala de emigración, e todo o disco está dedicado ao camiño, as persoas que teñen que deixar a terra. Un camiño de ida e volta… Si, ademais o que pasa é que… como se houbese moita xente que se aproveitou da emigración e que non lle deu as grazas como merecía. E nós tamén temos unha misión nese sentido, que é mostrar, como che dicía, con forza e alegría, que temos que darlle importancia, recoñecer a xente que loitou por nós desde a emigración. Pensa na emigración en Cuba ou Arxentina, todo o que puido facerse en Galicia co diñeiro que enviaron. A xente maior de Cuba coa que puiden falar contaba que ata o pementón recibían por carta… E hai moita xente que non puido volver a Galicia, por non poder economicamente, porque non se ía integrar… \"É como se houbese moita xente que se aproveitou da emigración e que non lle deu as grazas como merecía\" A miña familia non puido volver ata que eu tiña 14 anos, con Franco xa morto. Cando cheguei aquí xa coñecía Galicia porque mo contaran todo… Pois cantando podes falar de todas estas cousas con máis liberdade. Aínda que a liberdade, xa o falabamos antes, non é tanta. Se eu falo mal da Xunta sei que lle poden quitar axudas ao centro galego. De feito, dixen nunha entrevista en 'Galicia en el mundo' que me parecía que os emigrantes estaban a ser utilizados politicamente, pois no Pleno do Consello de Comunidades Galegas había momentos en que parecía que foran alí só para buscar votos… \"A miña familia non puido volver ata que eu tiña 14 anos, con Franco xa morto\" Mais, ao que iamos: nós cantamos en galego e tentamos que Galicia se coñeza fóra, que a nosa tradición se manteña. É moi bonito ver como consegues cousas: como unha nena árabe que nos contou que antes ría da avoa cando tentaba transmitirlle a tradición, pero que a partir dese momento ía escoitala e pedirlle que cantase… Tamén tivemos un neno árabe que fixo unha letra moi boa na que falaba de como os discriminan por ser musulmáns. Queriamos gravalo, pero a profesora díxonos que podía prexudicar a súa familia. O rapaz tiña 13 anos. Como dicía, a liberdade non é tanta. Pero creo que algo conseguimos coa nosa música. 'Maneo en Bruxelas' fala de gobernar a propia vida, de Bruxelas a Santiago… Da mesma maneira que hai xente que volve a Galicia, moita xuventude galega está a marchar a Europa. Son camiños que se cruzan. E conseguir volver á terra é algo moi bo. O 'Ai la la' é para nós un canto internacional nese sentido. Todos os pobos teñen o seu 'Ai la la'. Temos que aceptar a xente que é diferente a nós. Non temos que ter medo e desconfianza. Descubrir outras culturas fai máis rica a nosa. Bruxelas é unha capital multicultural na que todo o mundo é diferente. \"Temos que aceptar a xente que é diferente a nós. Non temos que ter medo e desconfianza\" En 'Voa voa' colabora Lucilla Galeazzi. Lucilla é moi defensora da música tradicional, un día nun concerto díxonos que lle gustaba o que estabamos a facer e que tiñamos que seguir. Iso foi antes de gravar o primeiro disco. Ela é parte do noso camiño, dese camiño que percorremos neste disco. Traducimos a galego parte da letra e quedou moi ben. \"Respira a iauga e a terra\", di. E iso é o primeiro que facemos cando chegamos a Galicia. Pisar pedras, ver o río… É un pouco a natureza de Galicia en imaxes. E para nós as imaxes son moi importantes. Da mesma maneira que é moi importante ver, coñecer as señoras que nos ensinan a cantar. Despois, o ritmo da tarantela italiana tampouco é tan distinto do da muiñeira galega. 'Seremos' fala de futuro, de esperanza, da verdade que está nos nenos… 'Bicada pola lúa' tamén asocia futuro e infancia. O futuro que está nas xeracións ás que se transmite a tradición, supoño. En 'Seremos' cantan nenos e nenas de 14 nacionalidades distintas. Son alumnos de Natalia. Verónica dálles clase do que se chama -en francés- \"espertar musical\". Aprenden ritmos e cancións do mundo. 'Seremos' fala de dignidade, de paz, de semente nova, e aos nenos, claro, gústalles que lles fales así, dándolles a importancia que teñen para o noso futuro. \"En 'Seremos' cantan nenos e nenas de 14 nacionalidades distintas\" E 'Compostela'? Quentin Dujardin é o noso produtor, ademais de tocar no disco varios instrumentos. Un cineasta francés, Freddy Mouchard, estaba a facer unha reportaxe sobre o Camiño de Santiago. Quentin traballou con el na música e buscaba para os Pirineos unha música con forza, con voces… Escoitara falar de Ialma e chamounos. Nós estabamos no proceso de preparación do novo disco. Gustoulle moito o noso traballo e nós pedímoslle que quedase, que compartise con nós os arranxos do disco. Foi un encontro, primeiro, humano, e iso é algo moi importante sempre para nós. El tiña claro, ademais, que quería poñer as voces por diante da música. Traballou moito con nós as voces… axudounos moito. O outro músico que nos acompaña sempre é Didier Laloy, co acordeón. Leva con nós desde o principio. Mais tedes máis colaboradores no disco: Ross Ainslie, Jonathan de Neck, Olivier Hernández, Sébastien Taminiau, Rémi Decker, Raf de Backer, Boris Schmidt, Fred Malempré, Stephan Pougin, Philippe Mobers e Nicolas Scalliet, só na música. Lieve Boussauw na imaxe… Hai moita xente que nos acompaña, si. E moitas veces é froito de encontros. Un frautista escocés que atopamos nun concerto en Canadá, por exemplo. E estamos moi agradecidas a todos. Didier, por exemplo, tiña 10 grupos, e decidiu deixalos todos menos o seu propio proxecto e Ialma. Nós non podemos pagarlle o que el cobra polos concertos: é un músico moi coñecido que toca por todo o mundo. Pero quere acompañarnos. \"Ialma ten unha entidade musical propia, da que a música tradicional é a base\" Dicías ao principio que os primeiros discos eran unha cousa como máis purista. Hoxe a base é a música tradicional, pero é algo máis. Mestura. Ben, é o normal en tantos grupos galegos… Temos as raíces no DNI, claro, pero é o que nos dicía Vítor Belho cando cantamos no Womex. El dicía que se non naceramos na emigración, non fariamos o que facemos. Ialma ten unha entidade musical propia, da que a música tradicional é a base."}
{"ID": "PRAZA_14690", "summary": "CCOO e UGT convocarana este venres logo de consensuar a data, que coincide cos paros en Grecia e Portugal. A CIG xa anunciara que se uniría tras aprazar a prevista para setembro.", "text": "A próxima folga xeral será o mércores 14 de novembro. Así o acordaron xa os dous sindicatos maioritarios CCOO e UGT, segundo confirmaron fontes sindicais a eldiario.es e a outros medios, aínda que aínda hai varios pasos por diante para a súa convocatoria, que se formalizará este venres. Ese mesmo día, o 14N, tamén terá lugar un paro xeral en Grecia e Portugal. A CIG secundará con case total seguridade a convocatoria, xa que hai pouco máis dun mes anunciara que aprazaba o paro que tiña previsto para o pasado 26 de setembro á espera de que as dúas organizacións estatais \"finalmente se decidisen\". Agora que xa o fixeron, todo semella indicar que a folga xeral será apoiada polas tres principais centrais sindicais de Galicia. Haberá folga xeral e Grecia, Portugal e España e, posiblemente, noutros países como Italia Tratarase dunha mobilización coordinada con outros países europeos, tal e como buscaban CCOO e UGT. Precisamente, os seus secretarios xerais, Ignacio Fernández Toxo e Cándido Méndez, están estes días en Bruxelas asistindo á reunión do Comité Executivo da Confederación Europea de Sindicatos (CES), onde están a pechar os detalles cos seus socios europeos. Ademais dos paros xerais en España, Grecia e Portugal para o 14N, os sindicatos están a tratar de programar máis mobilizacións durante esa semana noutros países europeos, como Italia. Grecia xa convocou outra folga xeral para o 18 de novembro. O venres, as dúas centrais reunirán aos seus máximos órganos de decisión -o Consello Confederal de CCOO e o Comité Confederal no caso de UXT-, onde ratificarán a convocatoria de folga para o 14 de novembro. Posteriormente, reuniranse coas máis de 150 organizacións que forman parte do Cumio Social, para aprobar o día do paro xeral. Será, polo tanto, o venres cando a convocatoria de folga farase pública de forma oficial. Será a primeira vez que se convocan dúas folgas xerais de 24 horas nun mesmo ano no Estado O trámite para convocala comezará a semana que vén. Os sindicatos terán que acudir ao Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), un paso imprescindible para chamar á folga. Uns días despois, rexistrarana no Ministerio de Emprego. Será a primeira vez que se convocan dúas folgas xerais de 24 horas nun mesmo ano no Estado. O paro practicamente coincidirá coa data na que Mariano Rajoy gañou as eleccións o 2011: o 20 de novembro."}
{"ID": "NOS_20322", "summary": "César Mosqueira, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, anunciou a convocatoria dun concurso internacional de ideas para musealizar o convento.", "text": "A Deputación de Pontevedra convocará un concurso internacional de ideas para definir como se realizará a rehabilitación do convento de Santa Clara para incorporalo ao Museo de Pontevedra. Anunciouno onte o vicepresidente desta institución, César Mosqueira, nunha visita ás antigas instalacións das clarisas xa preparadas para iniciar as sondaxes arqueolóxicas e os estudos de paramentos e historiográficos. O \"soño\" de Pontevedra con Santa Clara convértese en realidade O responsábel político do Museo manifestouse convencido de que se presentarán \"os mellores especialistas do mundo en museos para ver que posibilidades hai de organización\", achegando as mellores solucións posíbeis para o uso do edificio como museo. En canto aos prazos, Mosqueira afirmou que o obxectivo é ter información suficiente do estudo arqueolóxico e histórico artístico de cara a setembro-outubro para poder concretar as bases sobre as que abrir o certame. Sobre iso, no contrato dos estudos estabeleceuse unha cláusula pola que a empresa adxudicataria terá que informar en tempo real dos achados. Os \"pequenos tesouros\" Após realizar traballos de limpeza nas distintas dependencias do convento, segundo o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, agora pódense visualizar moito mellor e facilitar a realización das sondaxes. Nelas estase a facer unha escolma de \"pequenos tesouros\" a conservar entre os moitos entullos e residuos acumulados durante os 700 anos de uso das clarisas na súa \"cápsula do tempo\". Entre as pezas conservadas están elementos tales como móbeis, recipientes, baúis ou enreixados. A danza incorpórase ao 'Híbridas en Santa Clara' Finalmente, o concelleiro de Patrimonio Histórico de Pontevedra Xaquín Moreda anunciou que seguirá a programación cultural no convento."}
{"ID": "NOS_34622", "summary": "O barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) dá unha vitoria socialista nas europeas do 26 de maio e unha nova caída do PP. Tamén obterían representación na Eurocámara, alén de Agora Repúblicas, Junts per Catalunya e a coalición liderada polo PNV.", "text": "O barómetro do CIS publicado esta quinta feira prognostica que Agora Repúblicas, a marca da concorrencia ás europeas entre BNG, ERC e EH Bildu, obtería o 26 de maio tres representantes no Parlamento europeo. As eleccións europeas volverían dar, como nas xerais de 28 de abril, unha vitoria ao PSOE, que sería a forza máis votada e tería 17/18 europarlamentares (ten 14). O PP, que tiña 16 representantes, tería segundo o CIS entre 11 e 12. Ana Miranda vai de quinta na candidatura de Agora Repúblicas que lidera Oriol Junqueras; NIcolás González é oitavo na dos socialistas e MIllán Mon ocupa o mesmo posto na lista europea do PP. O terceiro posto sería para Ciudadanos, que atinxiría 8/9 cadeiras na Eurocámara (tiña 2), os mesmos que Unidas Podemos-Cambiar Europa. Nesta lista, a galega Vanessa Angustia vai de posto número 10. A extrema dereita de Vox obtería entre 4 e 5 representantes. Junts per Catalunya obtería 1 e CEUS, a coalición liderada polo PNV e que leva no posto número 3 un representante de Compromiso por Galicia, obtería 1 eurodeputado. En principio, e segundo este traballo do CIS, non lograría ter presenza na Eurocámara a coalición da que fan parte Compromís e En Marea. O barómetro elaborouse en base a 18.000 entrevistas, que son 2.000 máis que o preelectoral das xerais do pasado 28 de abril."}
{"ID": "NOS_4537", "summary": "A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) lamenta no apartado sobre a historia da infraestrutura se obvie o feito de que as melloras foron acometidas por presos políticos de maneira forzosa.", "text": "A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) acusa ao xestor aeroportuario AENA (Aeroportos Españois e Navegación Aérea) de manter \"oculta\" información ao respecto de que o aeroporto de Compostela, actual Rosalía de Castro -antes Lavacolla- foi ampliado por un grupo de presos políticos do réxime franquista. A entidade fai referencia ao sitio web que fala do aeródromo galego e da súa historia e remarca que a relación co franquismo non aparece explicada. A través dun comunicado, responsábeis da ARMH describen que o portal de AENA conta como se creou a infraestrutura e hai \"un lapsus entre 1937 e 1947\", período no que \"centos de traballadores forzados foron obrigados\" a traballar na súa ampliación e mellora. Tratábase dos batallóns disciplinarios de soldados que funcionaron desde a Guerra Civil até entrados os anos 40. O fillo de Julián Ibáñez, un dos presos, solicitou \"en varias ocasións\" a AENA a inclusión desa parte da historia no relato da páxina web, nun exercicio de memoria histórica. A pesar dos seus intentos, Ibáñez \"só recibiu acuse de recibo\". Pola contra, entenden que non hai \"ningunha vontade por deixar de ocultar a dura historia dos presos republicanos\" que levaron a cabo labores na infraestrutura de forma forzada. \"Non se pode ocultar a memoria e o sufrimento de todas estas persoas perseguidas polas súas ideas, obrigadas forzosamente á construción do que hoxe é un ben público e o que supuxo para eles padecer a durísima represión que padeceron por parte da ditadura franquista\", advirte a ARMH."}
{"ID": "PRAZA_15387", "summary": "Por que se os medios de comunicación son garantía democrática hai tantos entregados á Voz do seu Amo? Por que se alguén fai este tipo de preguntas vai ser inevitablemente cualficado como radical? Por que aínda tantos por ques?", "text": "Por que se a sanidade pública española está considerada unha das mellores do mundo (a pesar de listas de espera, etc) queren que sexa privada? Por que se sempre que goberna a dereita se producen involucións nos dereitos máis básicos aínda así seguen gañando as eleccións co voto maioritario precisamente dos que máis sufren esa clase de política? Por que si está claro que as monarquías son unha rémora medieval e as sociedades evolucionadas optan por suprimilas por aquí seguen vixentes? Por que se a educación na lingua propia do país é recoñecida polas máis importantes institucións educativas do mundo como a fórmula axeitada, hai tantos por aquí obsesionados con facela desaparecer? Por que se todo o mundo ten que cumprir coas súas obrigas fiscais a igrexa e os clubes de fútbol son tratados con tanta delicadeza cando non eximidos? Por que se constitucionalmente todos somos iguais ante a lei, tes máis posibilidades de entrar no talego canto máis pobre sexas? Por que se no mundo hai máis mulleres que homes eles seguen gobernando e decidindo por elas? Por que algúns xornais galegos, a pesar de que un fai as declaracións en galego, por costume as pasan ao castelán? Por que se a violencia de xénero é un obxectivo problema os gobernos reducen os recursos para acabar con el? Por que se sabemos que o bo, o xusto, o ético, é coidar da xente maior que nos deu tanto, se esnaquiza con tanta naturalidade o sistema asistencial de coidado e protección? Por que se o sistema educativo debe aprender a igualdade o ministro fala de segregar por sexos e resultados académicos? Por que se sabemos que hai miles de cativos que morren ao día por cuestións doadas de evitar, permitimos esas mortes? Por que se sabemos que a felicidade é algo profundo e importante reforzamos dende a infancia primeira un consumismo feroz coma se fose o paradiso na terra? Por que se vivimos nun estado aconfesional (que non laico) moitas veces son os bispos os que semellan lexislar? Por que se os medios de comunicación son garantía democrática hai tantos entregados á Voz do seu Amo? Por que se alguén fai este tipo de preguntas vai ser inevitablemente cualficado como radical? Por que aínda tantos por ques?"}
{"ID": "NOS_25193", "summary": "É neste momento un dos combos franquicia do jazz galego, un trío con cada día maior proxección internacional. Sumrrá toca este domingo en Compostela na Casa das Crechas (20 h).", "text": "Respaldados polos temas do galardoado V Journeys, o seu último traballo, Sumrrá comeza este domingo un mini-ciclo de concertos nun dos seus cenarios fetiche, a Casa das Crechas, con actuacións tamén programadas os próximos 22 e 29 de outubro. Se algo caracteriza este combo compostelán é a súa orixinalidade e a calidade do seu repertorio, tanta que lle permite defender os seus concertos sen recorrer aos inevitábeis standards ou a versións dos clásicos. Formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o baterista L.A.R. Legido, Sumrrá ten un directo moi fresco e unha posta en escena con múltiples rexistros, sen descoidar aspectos até teatrais e/ou circenses (con especial destaque para as habelencias do dono das baquetas, o inclasificábel Legido)."}
{"ID": "QUEPASA_55", "summary": "O festival de contidos dixitais, que foi presentado hoxe en rolda de prensa, congregará a próxima semana na capital de Bergantiños unha completa panorámica da innovación na rede a nivel galego, estatal e internacional.", "text": "O Concello de Carballo acolleu esta mañá a presentación da sexta edición do festival de contidos dixitais máis importante do Estado, o Carballo Interplay, que a próxima semana ofrecerá na vila toda unha panorámica da innovación na rede a nivel galego, español e internacional. Unha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e un programa de actividades con encontros, obradoiros, relatorios e espectáculos nos que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet compoñen esta nova entrega do Interplay, cita de referencia para o sector dixital global. Como vén sendo habitual, todas as actividades do Carballo Interplay son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo, menos a formación e a programación profesional, para as que hai que inscribirse previamente. O concelleiro de Promoción Económica da vila, Xosé Regueira, asegurou na rolda de prensa de lanzamento do festival que grazas ao Interplay o nome de Carballo é coñecido e recoñecido en moitos ámbitos e en moitas latitudes. E o alcalde da localidade, Evencio Ferreiro, abundou na capacidade do evento para conquistar ao público \"de Carballo, de Galiza e de máis alá\". A directora do Interplay, Sonia Méndez, pola súa banda, explicou que na Sección Oficial do festival o público poderá ver unha selección de 34 webseries de todo o mundo e, dentro do programa de actividades, salientou a presenza -por primeira vez en Galicia- das cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López, \"figuras de referencia tanto no sector dos contidos dixitais como no feminismo\" que congregan a millóns de seguidoras e seguidores nas redes sociais e que ofrecerán seu show de humor con trazas de musical fallido, Hermostra, o venres 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. Arxentina é, de feito, o país convidado desta ambiciosa edición do festival e as persoas que asistan á xornada profesional que terá lugar o xoves 4 de abril poderán coñecer a representantes de cadeas e plataformas do país e mais ao director do do Buenos Aires Webfest, festival de referencia no mundo das webseries. Participarán tamén, no Día PRO, responsables das principais plataformas de contidos dixitais do Estado. Pola súa banda, María Yáñez, responsable de actividades do Interplay, recordou que o festival pon o foco, unha vez máis, nas mulleres creadoras e xuntará tres nomes de referencia no audiovisual dixital -Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman- para falar de como a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. Manuel Bartual e El Hematocrítico, a familia Prieto Flores ou David Sainz e Teresa Segura son algúns dos nomes propios que completan o programa desta edición. Unha selección da creatividade galega na rede Yañez explicou, tamén, que na súa sexta edición, o Interplay continúa a ser un dos principais impulsores da creación de series web en Galicia a través de dúas das súas iniciativas: o Campamento Kamikaze que se desenvolverá dende comezos de semana en Razo e o Premio a proxectos de webserie en galego, cuxos finalistas se deron a coñecer hoxe mesmo. A comedia Válgame Deus! dirixida por Rubén Rodríguez e protagonizada por David Perdomo; a serie futurista Amnesia das novísimas Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin; a resposta ás fake news que propón A mafia da verdade, de Cristina Moreira; e a historia do peculiar millenial Xan, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo, competirán no pitching público que terá lugar o xoves 4 no auditorio da Casa da Cultura de Carballo, perante o xurado formado por Sandra Lesta, Nati Juncal, Enrique Lojo e Xosé Regueira. Ademais de coñecer o Código Fonte Audiovisual das Aldaolado e de gozar coa gala de clausura que conducirá o actor galego Alberto Rolán, o Interplay presta especial atención este ano á explosión de creatividade que está vivindo a rede galega, con Youtubers,Instagramers e moitas rapazas e rapaces novos exhibindo o seu talento nas redes. Polo Interplay pasarán Marcos López, creador dunha das canles máis populares do Youtube en galego, Telejaita; Miguel Silva Conde, gañador do premio Youtubeir@s 2018 con Aquel-e; Laura Cruxeiras, que triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista co dúo Branca e Tinta; o artista coruñés Edu Fernández, a medio camiño entre a videocreación, a parodia e a seriedade de calquera youtuber profesional que se fixo viral en 2015 con \"Chica de la Coru\"; a crítica millennial, feminista e queer Olaxonmario; a xornalista da TVG Alba Mancebo; e mais a actriz e presentadora María Mera, moi activa nas redes sociais, nas que se converteu nunha verdadeira influencer da maternidade. Tamén compartirán as súas experiencias na rede as actrices Lucía Regueiro, María Vázquez e Iria Sobrado, entre outros."}
{"ID": "NOS_5675", "summary": "Catalunya enfróntase o 25 deste mes a Venezuela. Un partido no que si estarán Gerard Piqué ou Xavi Hernández.", "text": "O Real Valladolid non permite que dous dos seus xogadores e o seu adestrador se incorporen á convocatoria da selección catalá para paticipar no encontro que esta segunda feira, 25 de marzo, vai disputar Catalunya contra Venezuela no estado Montilivi. O club anunciouno a través dun comunicado no que expresan que os xogadores \"Rubén Alcaraz e Jordi Masip\" mais o seu adestrador, Sergio González, non teñen permiso para acudir á convocatoria da selección catalá. Deste xeito, estes tres deportistas non poderán estar presentes nese encontro. O partido si que vai contar coa presenza de xogadores como Gerard Piqué, Xavi Hernández ou Marc Bartra (Betis), entre outros."}
{"ID": "NOS_41613", "summary": "Sumaríanse ás 3.400 millóns de persoas que subsistían con menos de 5,5 dólares ao día en 2018, o que suporía que máis da metade da poboación mundial viviría na indixencia.", "text": "Outros 500 millóns de persoas máis sumidas na pobreza como resultado do impacto económico do coronavirus. Esa é a estimación á que chegaron investigadores do Kings College London e a Universidade Nacional de Australia a petición de Oxfam, que chama a adoptar medidas urxentes para axudar os países en desenvolvemento, como a cancelación da súa débeda externa, co fin de evitar que a cifra se faga realidade. Segundo advirte a ONG no seu informe Elixamos dignidade, non indixencia, a análise apunta a que o parón económico provocado pola pandemia podería sumir na pobreza entre 6% e 8% da poboación mundial, un retroceso dunha década na loita contra esta lacra, e de mesmo 30 anos nalgunhas rexións, como África e Oriente Próximo. #COVID19 LATEST: Half a billion people could be pushed into poverty by coronavirus.https://t.co/xaywj0CN9I#InequalityVirus pic.twitter.com/CZM0xTTclG— Oxfam International (@Oxfam) April 8, 2020 A cifra, de cumprirse, suporía que tras a pandemia máis da metade da poboación mundial podería vivir en condicións de pobreza. Segundo o Banco Mundial, 3.400 millóns de persoas vivían con menos de 5,5 dólares ao día en 2018, último ano para o que hai datos. Ao comezo da crise, salienta Oxfam, a Organización Internacional do Traballo (OIT) estimou unha destrución de 25 millóns de empregos en todo o mundo, máis que durante a crise económica de 2008, mais as estimacións actuais dos expertos apuntan que só nos Estados Unidos se poderían perder 37 millóns. Pola súa banda, o Programa da ONU para o Desenvolvemento (PNUD) calcula que en África se poderían destruír case a metade dos empregos, mentres que as previsións indican que, a nivel global, os traballadores poderían sufrir unha perda de ingresos de ata 3,4 billóns de dólares."}
{"ID": "NOS_58084", "summary": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, condicionou hoxe no Parlamento o acatamento sen presentar recurso ás sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) sobre o decreto do galego a que o BNG acepte o resto da norma. En resposta a unha pregunta do voceiro do grupo do Bloque, Francisco Jorquera, na primeira sesión de control da lexislatura, Feijóo ofreceu \"aparcar as diferenzas\" en materia lingüística e retomar o \"consenso\" sobre a base das sentenzas do tribunal galego, que según a súa interpretación avalan \"o 95%\" da normativa.", "text": "Jorquera replicou coa reclamación dunha \"discriminación positiva\" para o idioma propio, que se utiliza, afirmou, en menos dun 20% das clases de ensino non universitario, a pesar de que na consulta ás nais e pais, cuestionada polo TSXG, o 40% das familias prefiren o galego. \"Sufragará a estes pais a escolarización en centros que usen o galego como lingua vehicular?\", preguntou con ironía o deputado do BNG, en referencia a posibilidade así estabelecida na reforma educativa de José Ignacio Wert. \"Retome o consenso que vostede mesmo rachou e derogue o decreto da vergoña\", instoulle a Feijóo. O galego úsase en menos dun 20% das aulas de ensinano non universitario, a pesar de que na consulta aos pais, cuestionada polo TSXG, o 40% das familias prefiren o galego O presidente insistiu: \"Se vostede está de acordo co TSXG, eu acepto ese pacto e non se recorren (as sentenzas)\". Mais Feijóo non aclarou cal será a actuación da Xunta nos tribunais se ese acordo non se produce, aínda que sí avanzou que seguirá \"cumprindo\" o seu programa electoral e que explorará se \"é posible mellorar a liberdade\" de nais, pais e alumnado. O tribunal con sede na Coruña anulou os puntos do denominado decreto do plurilingüismo referidos á consulta ás nais e pais en educación infantil e que permite ao alumno utilizar o galego e o castelán sobre a base das súas preferencias, salvo en algunhas materias. Na súa última quenda, Feijóo arremeteu contra o BNG por se comportar, dixo, \"como unha SGAE de titularidade do galego\", \"E que acaso o galego é do BNG, e nos van dicir que podemos e onde o podemos falar?\", continuou. O presidente da Xunta tamén preguntou se o modelo do Bloque é o catalan e engadiu: \"Dígao, porque a nosa aposta é a do bilingüismo cordial\". As preguntas do PSdeG e AGE ao presidente da Xunta tiveron a ver cos últimos datos do paro en Galiza, dos cales Feijóo se defendeu apelando ao do conxunto do estado e ao de comunidades autónomas como Cataluña ou Andalucía. Especialmente, sobre os desta última, que co 35% de desemprego e a petición de case 5.000 millóns de euros do fondo de rescate \"perxudica a Galicia e ó resto de comunidades autónomas\". O voceiro socialista, Pachi Vázquez, pediu a Feijóo que non se escude máis na herdanza recibida que \"a propia\" do presidente, en tanto que Yolanda Díaz, de AGE, lle solicitou que abandone o seu cargo se non ten fórmulas para facerlle fronte ao crecemento do desemprego. Nun debate bronco, en que a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, chamou á orde a tres diputados de AGE, entre eles Xosé Manuel Beiras, Feijóo aproveitou a situación económica para defender o apoio da Xunta á explotación por unha empresa canadense dunha mina de ouro en Coscoesto, en Cabana de Bergantiños, moi criticada polas organizacións ecoloxistas. \"Apoia vostede a inversión e a creación de 1.400 empleos en dez anos?\", preguntoulle a Díaz, para demandar a continuación \"respecto polas iniciativas que crean emprego\"."}
{"ID": "PRAZA_13387", "summary": "A coordinadora de asembleas constituirá no seu vindeiro cónclave unha \"organización política perdurable, aberta e enmarcada dentro do nacionalismo e da esquerda plural\" tras os acordos da xuntanza deste sábado.", "text": "A coordinadora de asembleas nacionalistas do denominado Novo Proxecto Común (NPC) decidiu este sábado a convocatoria dunha asemblea nacional constituínte para o vindeiro 14 de xullo en Compostela e da que sairá \"unha organización política aberta, enmarcada dentro do nacionalismo e da esquerda ampla e plural\". Na xuntanza celebrada en Teo, e na que estiveron representadas preto de 50 asembleas nacionalistas comarcais e locais de todo o país, acordouse a creación de dúas comisións: unha técnica-organizativa destinada á preparación da devandita asemblea nacional e outra encargada da redacción dos documentos políticos, programáticos e organizativos do NPC, que terá como misión a confluencia nos textos das diferentes achegas xurdidas dos debates levados a cabo nas diferentes asembleas de zona. O NPC dá un paso máis na conformación dunha organización política \"perdurable, nacionalista e de esquerdas\" Logo desta xuntanza, o NPC dá un paso máis na conformación dunha organización política \"perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma\", tal e como aclaran fontes da coordinadora. Xa que logo, o vindeiro sábado 14 de xullo debería ser a data fundacional dunha formación que traballa baixo o principio de \"adscrición individual\", pero que conta co apoio inicial do Encontro Irmandiño ou Movemento pola Base, entre outros grupos, e en cuxos debates participaron persoas pertencentes a outros colectivos como Causa Galiza, Partido da Terra ou a Frente Popular Galega. Así, a coordinadora de asembleas nacionalistas fai \"un chamamento a todas as persoas interesadas neste proceso a participar nas asembleas comarcais e locais\" ou \"xa directamente\" na asemblea nacionalista do próximo mes de xullo, no caso de non teren participado en ningunha xuntanza anterior. O NPC chama así a \"todas as sensibilidades políticas dentro do galeguismo, do nacionalismo e da esquerda inclusiva e plural\". \"A xuntanza achegou moitas sensibilidades diferentes e foi máis plural e diversa que anteriores convocatorias\" Ademais, fontes da coordinadora convocante amosaron a súa \"satisfacción\" polo resultado da xuntanza deste sábado, da que destacan a asistencia \"de representantes de máis asembleas que a da última convocatoria\" e da presenza tamén de \"moitas diferentes sensibilidades\". \"A reunión foi máis plural e diversa do que realmente pensabamos\", chegan a recoñecer as mesmas fontes. A idea da nova organización política asemblearia, cuxa denominacion oficial se decidirá no vindeiro 14 de xullo, é a de concorrer ás próximas convocatorias electorais, pero as futuras alianzas non se abordarán até despois da súa asemblea nacional. Compromiso por Galicia, grupo que xunta a Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecosocialista, deberá agardar a cando menos mediados do verán para comezar as negociacións pertinentes co NPC, que tampouco descarta establecer contactos con outras forzas de esquerda de cara a futuros comicios."}
{"ID": "NOS_46439", "summary": "Atopámonos ante unhas taxas de inflación insoportábeis. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), os prezos incrementáronse na Galiza, no mes de febreiro, un 8% interanual. Dato alarmante no que aínda non se recollen algunhas das subas producidas como consecuencia da guerra na Ucraína ou polos paros de actividade e distribución no Estado español. Isto fai agoirar novos incrementos no curto prazo e a posíbel -e temida- estanflación no medio.", "text": "Vivimos un período de suba xeneralizada de prezos que implica a perda de poder adquisitivo de todas as galegas e galegos e o drástico empobrecemento de altas capas da nosa sociedade. Notámolo cando vamos ao supermercado, a encher o depósito do coche, pagamos a factura da luz ou calefacción, cando vemos reducido o valor dos nosos aforros ou aumentan os impostos que pagamos polo mesmo produto ou servizo. Nunha situación como a actual, cunha suba explosiva dos custos enerxéticos, loxísticos, de materias primas e un tecido produtivo aínda moi debilitado polas consecuencias das anteriores crises, pode supor a inviabilidade de moitas actividades económicas do país. Esta situación aféctanos a todas e a todos no plano individual porén, tamén no plano colectivo. A alta inflación condiciona o conxunto da nosa economía, aínda non recuperada das consecuencias da crise de 2008 e, moitos menos, das da pandemia da Covid-19. Vémolo na industria electrointensiva, incapaz de producir cos actuais custos da enerxía; no sector do transporte ou na nosa frota pesqueira traballando por debaixo de custo; no noso sector agrogandeiro incapaz de facer fronte á alza de prezos en todos os elementos que interveñen no seu proceso produtivo: desde as forraxes e fertilizantes até gasóleo dos tractores, os plásticos de ensilar ou a luz para muxir e conservar o leite. Vémolo tamén nunha hostalaría e pequeno comercio, especialmente castigados pola pandemia, incapaces de asumir agora o sobrecusto enerxético e de materias primas dos seus negocios. En condicións normais, unha alta inflación reduce o consumo, a produción e, como resultado, o investimento e o emprego. Porén, nunha situación como a actual, cunha suba explosiva dos custos enerxéticos, loxísticos, de materias primas e un tecido produtivo aínda moi debilitado polas consecuencias das anteriores crises, pode supor a inviabilidade de moitas actividades económicas do país e a destrución de tecido produtivo dificilmente recuperábel. Nunha Galiza e nun Estado como o español cun alta taxa de paro e precariedade e moi dependente enerxeticamente do exterior, estas altas taxas de inflación terán unhas consecuencias agravadas que poden facer que un problema que se prevía conxuntural poida tornarse nun problema estrutural. Podemos pasar dunha alta inflación á temida estanflación: a combinación de altas taxas de inflación con baixa taxas de crecemento e alto desemprego. Todos os sinais de alarma están aí: industrias electrointensivas como Alcoa, Megasa ou Ferroatlántica fechando ou parando polos altos custos enerxéticos. Empresas como Stellantis (antiga Citroën) paralizadas por falta de subministros. Gandeiros sacrificando animais antes de tempo por non poder pagar os pensos para alimentalos. Parte da nosa frota amarrada porque o peixe capturado non dá para pagar o gasóleo ou o sector do transporte perdendo diñeiro cada día que fai unha ruta. Todo isto verase agravado por posíbeis feches patronais noutros sectores, como o da construción, e polas consecuencias da interrupción das cadeas de produción e distribución. Esta combinación pode ter consecuencias catastróficas para outros sectores, de por si, xa moi tocados. Trátase pois dunha situación insostíbel que esixe medidas extraordinarias e contundentes. E, precísanse xa. A dispoñibilidade e o prezo da enerxía condicionan a calidade de vida da maioría da poboación e a marcha da economía dun país. Enerxía: ben de primeira necesidade Non podemos producir, desprazarnos, iluminar, quentarnos, comunicarnos, cociñar ou pór a lavadora sen enerxía. A dispoñibilidade e o prezo da mesma condicionan a calidade de vida da maioría da poboación e a marcha da economía dun país. Hoxe en día, para calquera de nós, a enerxía é un ben de primeira necesidade, tanto ou máis que moitos alimentos. Porén, non é tratada polos nosos gobernos como tal. No caso dos carburantes, atopámonos cunha suba da gasolina do 29% no mes de febreiro e dun 25,9% do gasóleo con respecto ao mes de febreiro do ano anterior. Durante o mes de marzo, chegamos a perforar todos os récords, atopando gasolineiras ofertando -por vez primeira na historia- combustíbel por riba dos 2 €/l. O mesmo acontece coa bombona de butano, que roza xa os 20 euros € (case un 40% máis cara que hai só un ano). A luz leva subindo desde hai meses. Atopábase en prezos inasumíbeis desde moito antes do inicio da guerra na Ucraína. En decembro de 2021 superaba os 300 €/MWh. No mes de febreiro deste ano, a electricidade subiu no Estado español un 111,5% con respecto a febreiro do ano anterior. En marzo, chegaría a alcanzar, nos tramos máis caros do día, os 700 €/MWh... Esta descontrolada suba dos prezos da enerxía acontece ao tempo que os beneficios das grandes empresas enerxéticas non deixan de medrar (entre as tres grandes eléctricas do Estado español obtiveron máis 6.500 millóns de beneficio no exercicio pasado) e os directivos dos xigantes enerxéticos españois cobraron dividendos estratosféricos (o presidente de Iberdrola embolsouse 13,2 millóns en 2021 e o de Repsol 4,2 millóns de euros). É indecente. Que os prezos da luz, o gas ou os combustíbeis sexan os prezos que teñen experimentando maiores alzas nos últimos tempos resulta dobremente grave ao se tratar de algo dificilmente substituíbel no curto prazo e porque a enerxía fainos falta tanto para o consumo final (luz, calefacción, desprazamentos, etc.) como para todos os elos da produción e distribución de bens e servizos (polo que, máis cedo que tarde, acaba redundando na suba doutros produtos e servizos). Ademais, polo que deixa entrever o propio Goberno (que xa renunciou a formular a súa primeira proposta de limitar o prezo da luz a 180 €MWh), ademais de tardías, as medidas que está disposto a adoptar serán insuficientes. A inacción dos Gobernos galego e español Ante esta suba xeneralizada dos prezos -principalmente no sector enerxético- nin a Xunta de Galiza nin o Goberno español teñen tomado ningunha medida efectiva para mitigar os seus efectos. Esta inacción contrasta coas actuacións que outros Estados europeos están a tomar en diferentes direccións: Fixación de prezos máximos: Romanía aplicará un prezo máximo para a enerxía e o gas, ao igual que Eslovenia xa fixou un prezo máximo de 1,5 €/l para o gasóleo e a gasolina e Hungría de 1,3 €/l. Eslovaquia puxo tope ao prezo da electricidade e manterao conxelado até 2024, non podendo subir dos 61,21 €/MWh Descontos directos: Francia descontaralles 15 céntimos por litro de combustíbel a agricultores, gandeiros, transportistas e persoas autónomas. Portugal desconta 30 céntimos por litro a empresas de transportes de mercadorías e servizos de transporte de pasaxeiros. Irlanda abaratou até 20 céntimos o litro de combustíbel. Baixadas de impostos: Bélxica aprobou rebaixas no IVE do gas (do 21% ao 6%) e de electricidade até situalo no 6%, así como rebaixas nos impostos especiais dos combustíbeis. Italia reduciu do 25% ao 5% o IVE do gas. Polonia baixou o IVE dos combustíbeis do 23% ao 8%. Reino Unido aprobou unha rebaixa do imposto municipal de 150 libras para compensar a suba dos prezos. Portugal vai axustar o Imposto de Produtos Petrolíferos (ISP) e baixou o IVE do 23% ao 13% sobre os primeiros 100 KWh consumidos. Cheques-axuda: Países Baixos entrega cheques de 200 euros aos fogares máis vulnerábeis. Bélxica dá cheques de 200 euros para a calefacción ademais de proceder a conxelar as tarifas ferroviarias. Francia entrega un cheque enerxético de 100 euros para as rendas máis baixas e outro cheque para compensar a suba de carburantes de 100 euros para todo francés ou francesa que cobre menos de 2.000 euros ao mes. Alemaña aprobou un paquete de cheques enerxéticos por importe de 13.600 millóns de euros. Axudas aos sectores máis afectados: A maioría de Estados europeos están a implementar axudas específicas, de diferente índole, para os sectores económicos e sociais máis afectados por esta escalada de prezos. A pregunta é obrigada: que fixeron os Gobernos galego e español ao respecto? A resposta é clara: nada. O primeiro botarlle a culpa ao segundo e o segundo botarlle a culpa a Putin. Para Galiza, Alberto Núñez Feixoo é un presidente ausente, máis preocupado pola súa xira española como futuro xefe de filas do PP que do país que formalmente preside desde a distancia. Para o conxunto do Estado español, Sánchez é un presidente que decidiu non tomar ningunha decisión até o día 29 de marzo e as que tomou, como a criminalización das protestas sociais e negativa de dialogar co sector do transporte mobilizado ou o cambio de posición a respecto do Sáhara e as consecuencias que da mesma se poidan derivar nas condicións de chegada do gas alxerino, van na dirección contraria á resolución do problema. Ademais, polo que deixa entrever o propio Goberno (que xa renunciou a formular a súa primeira proposta de limitar o prezo da luz a 180 €MWh), ademais de tardías, as medidas que está disposto a adoptar serán insuficientes. Algunhas das medidas que se poden tomar no curto prazo serán tan só parches. Porén, de existiren ou non, pode ser a diferenza entre poder saír adiante -aínda que sexa malamente- ou fechar a persiana definitivamente. É momento de solucións A sociedade galega non poden agardar máis. A situación é crítica. Cada día que pasa, as consecuencias non se incrementan liñalmente senón exponencialmente. Nalgúns casos, lamentabelmente, serán irreversíbeis. Algunhas das medidas que se poden tomar no curto prazo serán tan só parches. Porén, de existiren ou non, pode ser a diferenza entre poder saír adiante -aínda que sexa malamente- ou fechar a persiana definitivamente. Nese sentido, resulta imprescindíbel tomar medidas como a baixada temporal de impostos en alimentos e enerxía, a suba de salarios, pensións e prestacións sociais para evitar o empobrecemento e garantir o consumo ou axudas directas aos sectores máis afectados. Esas medidas son precisas e -sobre todo- urxentes. Porén, se algo nos ten demostrado a pandemia da Covid-19 e esta crise inflacionista é que precisamos cambios estruturais. Medidas como a creación dunha banca pública ao servizo das maiorías sociais e de dar crédito á nosa pequena e mediana empresa; a creación dunha empresa pública de enerxía que non especule, que trate a enerxía como un ben de primeira necesidade e que se poida facer cargo das concesións enerxéticas que van caducando no país e creando outras novas; unha reformulación drástica do sistema tarifario enerxético que sexa socialmente xusto e sostíbel e que posibilite que un país produtor enerxético como o noso se poida dotar dunha tarifa eléctrica galega pensada para facer máis competitiva as nosas empresas e menos custosa a factura da luz dos nosos fogares e negocios; a intervención pública do mercado da vivenda para tratala como un dereito e non como un ben de luxo especulativo ou unha revisión integral do noso sector primario, apostando por pór o país a producir e pola soberanía alimentar cunha produción sostíbel e de calidade. Os poderes económicos españois e os seus altofalantes políticos non van por aí. Apostan por manter os privilexios do oligopolio enerxético, pedir \"contención salarial\" e que esta crise a volvan pagar as traballadoras e traballadores mediante a depreciación dos seus salarios. Ante iso, as clases populares galegas só teñen unha ferramenta válida: a mobilización popular, a presión política e sindical e o apoio de forzas que, como o nacionalismo, non só denuncian a situación, senón que están a pór en riba da mesa medidas serias, contrastadas, viábeis e que poderían mellorar as condicións materiais de vida de milleiros de galegas e galegos. É o momento de formular propostas e alternativas de calado. Cando poderían ter maior aceptación popular medidas tendentes a rematar cos oligopolios, coa especulación, a favor da intervención pública na economía ou á creación de novos instrumentos públicos para intervir en sectores estratéxicos? Cando imos ter un mellor momento para facer pedagoxía política de como funciona a UE e do grao de submisión da mesma aos intereses norteamericanos e das consecuencias negativas que a política \"atlantista\" ten para a propia UE? Cando imos ter mellor ocasión para visualizar o noso espolio enerxético ou as consecuencias da eucaliptización e o abandono das terras de cultivo? É o momento de facérmonos valer como pobo e como clase. De facérmonos valer nas institucións e nas rúas e demostrar, máis unha vez que, na Galiza a protesta social ante os abusos contra as clases populares non será copada, oportunista e cinicamente, pola extrema dereita por mor da incomparecencia dunha esquerda confinada socialmente e desmantelada ideoloxicamente. Non será así, porque existe un forte movemento nacionalista que estará, onde sempre estivo, ao carón do pobo traballador galego e das clases populares na defensa dun futuro de prosperidade, xustiza social e liberdade para Galiza. Vémonos o 3 de abril nas rúas de Compostela. \"A culpa é de Putin\" Vivimos un profundo proceso de infantilización da política. Tratan o pobo coma parvo simplificando e manipulando o discurso até extremos moi soeces. Un claro exemplo tivémolo cando Pedro Sánchez afirmaba no Congreso dos Deputados que a crise de prezos que vivimos é responsabilidade de Putin e \"só de Putin\". Evidentemente, non é así. A suba de prezos comezou moito antes da guerra en Ucraína e non é unicausal. Conflúen nela toda unha serie de elementos que a explican: desde o aumento da demanda mundial -sobre todo despois dos confinamentos e restricións da pandemia-, a escaseza de materias primas por mor do aumento da demanda a nivel planetario e unha maior especulación coas mesmas en mercados cada vez máis desregularizados, o aumento dos custos enerxéticos, a ruptura da cadea de subministros, o incremento dos custos loxísticos (especialmente dos fretes marítimos) ou inestabilidade política, que vai alén de Ucraína con conflitos como o da China-Taiwán, Alxeria-Marrocos ou restricións a países petroleiros como Venezuela ou Irán. A segunda volta da non derrogación da reforma laboral Esta situación aféctanos a todas. Porén, non por igual. Aféctalle especialmente a quen menos ten: persoas no paro, con empregos moi precarizados ou xubiladas. Todas elas veranse drasticamente empobrecidas. A suba do SMI nun 3,6% é absolutamente insuficiente. Non compensa, nin de lonxe, a suba xeral dos prezos. É dicir, traballando o mesmo cobramos menos. Quen dificilmente antes chegaba a final de mes, agora non chega. Trátase da cronificación da precariedade, dos \"ERTE-permanentes\" e a consolidación das e dos traballadores que, a pesar de ter traballo, non poden saír da pobreza. Nese contexto, o chamado \"Pacto de rendas\" será a segunda parte da non derrogación das reformas laborais do Partido Popular no que o \"Diálogo social\" (no que seguen a excluír as centrais sindicais maioritarias na Galiza e Euskal Herria) vira nunha trituradora de dereitos e conquistas sociais, avalada pola esquerda española."}
{"ID": "NOS_52476", "summary": "O vindeiro 16 de xuño celebrarase en Barreiros, na parroquia de Celeiro de Mariñaos, a primeira edición do festival Ao Son do Masma. A iniciativa parte do colectivo cultural Ollomao e do grupo Tumba e Dálle.", "text": "O festival contará coa actuación de Quempallou, que vén de editar o seu cuarto disco, como punto cume da xornada. Actuará, ademais, o grupo anfitrión, Tumba e Dálle, xunto con Tanto Nos Ten e Os Modernos. Ademais dos concertos da noite, a organización prevé actividades ao longo de toda a xornada. Entre elas, a organización dun roteiro polo Masma, o río que atravesa o concello e á beira do cal celebrará o festival. O fin é reivindicar a posta en valor deste espazo que no seu momento constituíu tamén un importante motor económico para o concello de Barreiros, e en torno ao cal centra este ano a súa actividade o Colectivo Cultural Ollomao co fin de reivindicar os recursos económicos e naturais da zona. Xa ao mediodía comezarán as actuacións musicais do Grupo Arandela de O Inicio, que acompañarán o resto da xornada. Ao longo da tarde, terán lugar diversos obradoiros de baile, instrumentos musicais e artesanía, e celebrarase o I Aberto de Billarda do Masma. Actividades para as que a organización contará coa colaboración doutras asociacións locais, como O Arco da Vella ou O Varal, co fin de estabelecer pontes de colaboración co tecido cívico da zona. O espazo da festa estará animado ademais por numerosos postos de artesanía (instrumentos musicais, alimentación, complementos...). Á hora do xantar, a organización contará con racións e bebidas a prezos módicos.A iniciativa , en verbas da presidenta do Colectivo cultural Ollomao, Tamara Rubiños, pretende ser un espazo no que se dean encontro \"as persoas afeccionadas a esta música e os numerosos músicos e músicas que hai ao longo de toda A Mariña\". O festival, explica o compoñente de Tumba e Dálle, Xoán Manuel Díaz Branco, nace con vocación de continuidade e ante a necesidade de crear na costa de Lugo un festival referente para a música do país con vocación de continuidade."}
{"ID": "NOS_44035", "summary": "Cinco anos despois do asasinato da activista polo medio ambiente e os dereitos dos pobos indíxenas Berta Cáceres, a Xustiza hondureña condena o autor intelectual, o presidente da empresa que pretendía construír o encoro, e resérvase a opción de seguir investigando a familia propietaria da empresa.", "text": "\"Unha vitoria dos pobos do mundo que acompañaron este proceso, da comunidade solidaria e dos dereitos humanos\", así definiu Berta Zúñiga, unha das fillas da asasinada Berta Cáceres, o fallo unánime da Sala I do Tribunal de Sentencia con Xurisdición Nacional de Honduras, que declarou culpábel esta segunda feira a David Castillo, presidente executivo naquela altura de Desarrollos Energéticos S.A (DESA), empresa que construía o encoro ao que se opuña Cáceres. O xérmolo da condena como coautor do asasinato de Castillo é o encoro Agua Zarca, que afectaba directamente o río Gualcarque e o territorio do pobo lenca, que ademais de formar parte vital da súa supervivencia é considerado sagrado. A construción, impulsada pola empresa propiedade da familia Atala Zablah, atopou a resistencia de Cáceres, do povo lenca, dos pobos indíxenas e dos movementos ecoloxistas, agrupados no Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (Copinh), fundado pola activista en 1993 e no que era coordinadora. A importancia do seu traballo para paralizar as obras do encoro e a animadversión contra DESA froito das compaña nacionais e internacionais, como recoñeceron as maxistradas e maxistrados do caso, levou a que Cáceres fora perseguida durante anos, recibindo medidas provisionais de protección da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos desde 2009 a par que recoñecementos internacionais como o premio Goldman. Mais, isto non evitou que fora asasinada a tiros o 3 de marzo de 2016 cando durmía na súa casa na cidade da Esperanza, departamento de Intibucá, no oeste de Honduras. Primeiro xuízo En novembro de 2018, sete persoas recibiron un veredicto de culpabilidade polo asasinato de Cáceres, entre eles Douglas Geovanny Bustillo, xefe de seguridade de DESA e tenente do Exército hondureño condenado a 30 anos de prisión, que fora adestrado polas forzas armadas dos Estados Unidos. Así como dous militares máis. O Tribunal Penal Nacional nunha resolución unánime sentenciou que foran contratados por DESA para executar a defensora do medio ambiente e dos dereitos dos pobos indíxenas, debido as perdas financeiras provocadas pola loita polos dereitos humanos da coordinadora de Copinh. Autor intelectual En marzo de 2018, o presidente executivo de DESA, David Castillo, intentaba abandonar Honduras cando foi detido no aeroporto de San Pedro Sula como suposto autor intelectual do crime. A sentenza do tribunal confirma que o ex presidente de DESA e oficial de intelixencia do Exército de Honduras que recibiu adestramento en Estados Unidos, \"ordenou a morte de Cáceres como parte dun plan para eliminar calquera obstáculo que interferira coas operacións de DESA sobre o río Gualcarque, territorio ancestral do pobo indíxena lenca\". Despois da revisión dos seus móbiles, a maxistratura considera probado que organizou e coordinou o asasinato, mantendo contacto permanente cos condenados e co resto de directivos da empresa. O 3 de agosto está convocada unha audiencia na que o tribunal comunicará a condena a Castillo, o delito de coautor de asasinato está penado no Código Penal hondureño con entre 20 e 25 anos de prisión. A declaración de Castillo como coautor intelectual do crime permite ao tribunal seguir investigando, o que foi celebrado pola Conpinh, que defende levar a xuízo á familia Atala Zablah, que consideran os verdadeiros responsábeis do asasinato. \"As estruturas de poder non lograron corromper a xustiza\" Para Berta Zúñiga, \"o fallo significa que as estruturas de poder non lograron corromper a xustiza\", e reclamou que se siga investigando a familia Atala Zablah, propietaria de DESA. Asemade exixiu a cancelación definitiva da construción do encoro Agua Zarca, e que se desmonten as redes criminais que quedaron expostas no xuízo."}
{"ID": "NOS_5665", "summary": "A Real Academia Galega fixo público un comunicado no que acusa o Goberno de España de discriminar a lingua galega e reclámalle que outorgue validez aos documentos expedidos na nosa lingua.", "text": "\"Esta institución vese na obriga de manifestar á opinión pública que considera totalmente inaceptable dita decisión, como un claro caso de discriminación contra o idioma galego, ou máis precisamente, contra as persoas que o empregan\", sinala o comunicado que a Academia dirixe ao Goberno de España, referíndose ao rexeitamento de solicitudes de bolsa por teren adxuntados certificados na nosa lingua. A Real Academia Galega esixe que os documentos expedidos na nosa lingua sexan recoñecidos como válidos. Co documento, RAG considera que \"resulta abraiante que en declaracións públicas de fontes do propio Ministerio se xustifique o atropelo alegando que o inglés é o idioma da ciencia (como se a preferencia por este idioma na comunicación científica fose política do propio Goberno español), e parece intolerable que cualifique como \"residual\" o número de persoas que viron rexeitada a súa solicitude por presentaren documentación en linguas diferentes ao castelán e o inglés\".Ao seu ver o cualificativo de \"residual\" é \"en si mesmo moi expresivo do desprezo con que o Ministerio actuou neste caso: desprezo cara aos dereitos das persoas e menosprezo cara ao propio idioma\". Sitúa a Academia a resolución deste problema e outros similares en que sexan \"automaticamente recoñecidos como legais a todos os efectos os certificados expedidos nas linguas cooficiais sempre que se ateñan a formularios normalizados, legalmente establecidos e aprobados\". Reclama por iso que sexan admitidas as solicitudes que que o Goberno de España, de acordo coa Xunta, \"tome as medidas oportunas para garantir a validez oficial dos certificados expedidos en galego e impedir así novos casos de flagrante discriminación lingüística\". Contra a Lei Wert O documento que a RAG dirixe ao Goberno de España en protesta pola discriminación do galego pode ter continuidade proximamente se, como o presidente Xesús Alonso Montero anunciou, a institución con sede na Rúa Tabernas se posiciona definitivamente contra a Lei Wert. Nunha entrevista realizada recentemente na Radio Galega, Alonso Montero fixo público que a Academia estaba a estudar manifestarse contra a Lei Wert e o seu ataque á lingua, a proposta do escritor Manuel Rivas. Alonso Montero non aforrou críticas á figura de Wert, a quen definiu como \"o caradura máis grande que deu Europa desde o século XIII\"."}
{"ID": "PRAZA_10759", "summary": "O goberno local recorre ante a Audiencia Nacional a prórroga de 20 anos outorgada polo Goberno central ao propietario da antiga fábrica de louzas de Pontesa en Pontesampaio, empregada xa só como depósito malia estar asentada en parte sobre marismas. \"Consideramos que deben ser terreos para desfrute público ao servizo da veciñanza\", di", "text": "O goberno local recorre ante a Audiencia Nacional a prórroga de 20 anos outorgada polo Goberno central ao propietario da antiga fábrica de louzas de Pontesa en Pontesampaio, empregada xa só como depósito malia estar asentada en parte sobre marismasA loita contra a prórroga da concesión de terreos litorais da ría de Pontevedra que ocupa desde 1958 a fábrica de Ence é a máis rechamante, pero non é a única que o Concello de Pontevedra mantén para recuperar espazos costeiros degradados para o uso cidadán. O goberno local vén de decidir presentar un recurso ante a Audiencia Nacional fronte a decisión do goberno central, a través do departamento de Costas, de prorrogar outros 20 anos a concesión de terreos similares, gañados en parte a marismas, que desde 1961 ocupa a antiga fábrica de louza de Pontesa, en Pontesampaio, sobre a ría de Vigo, unha instalación que xa só se usa como almacén.O espazo da concesións, entre as desembocaduras dos ríos Verdugo e Ulló, ocupa máis de 35.000 metros cadradosTres anos despois da concesión a Ence dos terreos que aínda ocupa sobre a ría de Pontevedra, a ditadura outorgou outra concesión de Costas tamén en Pontevedra pero sobre a ría de Vigo, a onde se estende parte do termo municipal. Alí, na parroquia de Pontesampaio, xunto á foz do río Verdugo que a separa de Arcade, xa no Concello de Soutomaior, o réxime facilitou os terreos nos que se instalou a fábrica de cerámica e vaixelas de Pontesa. Tras a crise do grupo Álvarez á que pertencía e o peche da fábrica, as instalacións pasaron a mans doutra empresa, Itaipu-Trade, propiedade dun empresario da zona emigrado a Brasil, que foi dando saída ás últimas producións de Pontesa e empregou as naves como almacén. Ese, o de depósito en emprazamento privilexiado, en terreos gañados en parte ao mar nas desembocaduras dos ríos Verdugo e Ulló, é o destino que seguirán a ter as naves e o recinto que ocupaba Pontesa, segundo a prórroga da concesión agora outorgada por Costas e que abrangue máis de 35.000 metros cadrados. Unha prórroga doutros 20 anos da que discrepa o Concello de Pontevedra, que considera \"desconcertante o criterio que utiliza Costas para conceder prórrogas para diferentes terreos públicos\", salientando que ao propio consistorio se lle esixen numerosos trámites para poder arranxar espazos urbanos que se asentan sobre terreos costeiros mentres que a prórroga dos terreos de Pontesa foi outorgada \"sen nin sequera solicitarlle un informe ao Concello de Pontevedra\".\"Consideramos que deben ser terreos para desfrute público ao servizo da veciñanza\", di o goberno local\"O Concello de Pontevedra amosou en repetidas ocasións o interese en recuperar todos os terreos de dominio público, en defensa da cidade, porque consideramos que deben ser terreos para desfrute público ao servizo da veciñanza\", salienta o goberno local. Unha actuación similar, a recuperación do dominio público marítimo-terrestre ocupado por unha concesión industrial, similar á que desexa para os terreos de Ence en Lourizán, sobre a ría de Pontevedra."}
{"ID": "PRAZA_13671", "summary": "Os colectivos en defensa dos cabalos do monte e as festas dos curros manifestáronse este domingo na cidade, acompañados dun cento destes animais, en protesta contra o Decreto Equino da Xunta que, denuncian, \"pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes\"", "text": "Os colectivos en defensa dos cabalos do monte e as festas dos curros manifestáronse este domingo en Vigo en protesta contra o Decreto Equino da Xunta que, denuncian, \"pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes\". Varios centos de persoas, acompañados dun cento destes animais, despois de realizar unha concentración previa en Vincios, camiñaron dende Castrelos até a Praza de España para regresar despois a Castrelos. A escolla do lugar non foi casual, e velaí as curiosas imaxes nas que os cabalos de verdade pasean a carón dos cabalos de bronce que significan esta céntrica praza. O decreto, aprobado o 14 de xuño, obriga a colocarlle un microchip a cada animal cun custe de 40 a 50 euros, algo que para moitos destes colectivos é \"inasumible\", e provocará a morte destes animais, aseguran. Ademais, a norma obrigará aos titulares destos cabalos en semiliberdade a subscribir un seguro civil de danos fronte a terceiros. O decreto establece que os cabalos salvaxes capturados que non estean identificados co dispositivo electrónico e que non sexan reclamados polo seu propietario poderán ser enviados directamente ao matadeiro. A Consellaría do Medio Rural asegura que co decreto se crean as condicións necesarias para \"garantir o correcto desenvolvemento\" da produción equina en Galicia. Defende que o texto establece as condicións de convivencia entre os propietarios das terras nas que pastan estes animais e os gandeiros que a usan ou pretenden utilizar e, además, asegura nunha meirande seguridade viaria. Representantes dos curros de Sabucedo, A Groba e O Galiñeiro entre outros afirman a este respecto que os curros non teñen unha finalidade de lucro, senón que procura principalmente manter unha tradición Os colectivos que se manifestaron este domingo denuncian que o texto legal \"ignora a especificidade de curros e cabalos salvaxes, moi diferentes explotacións gandeiras\". Representantes dos curros de Sabucedo, A Groba e O Galiñeiro. entre outros. afirman a este respecto que os curros non teñen unha finalidade de lucro, senón que procura principalmente manter unha tradición. SOS Groba, pola súa banda, salienta que \"Galicia conta co privilexio de ter entre a súa fauna os cabalos salvaxes e unha raza propia, o Pura Raza Galega, que está en perigo de extinción no seu estado primitivo, o salvaxe\". Xilberte Manso: \"o noso cabalo do monte ten un grande valor e moi pouco prezo\" Xilberte Manso, voceiro de SOS Groba, destaca que \"os cabalos salvaxes forman parte do noso patrimonio cultural e natural. Son os protagonístas das festas etnográficas dos curros e as rapas, festas que teñen unha grande tradición en todo o noso país e que teñen segundo sexa o lugar de celebración, unha características especiais que as fan aínda máis valiosas pola variabilidade\". E conclúe: \"o noso cabalo do monte ten un grande valor e moi pouco prezo\", salientando de novo o nulo interese dos criadores no feito de lucrarse: \"non hai interese económico primordial, non hai comercio como tal, non hai beneficio económico algún por ter animais no monte. Como exemplo dicir que estáse pagando por un poldro entre 20 e 40 euros; por unha femia fertíl, de 100 a 150 euros, e por un animal adulto para o matadoiro 50 a 100 euros\". Manso denuncia que o decreto confunde e mestura \"os cabalos salvaxes con dono e marcados, nun grupo dos que poderíamos chamar 'ilegais', e que si necesitan certo tipo de control\" e salienta que \"todos os cabalos salvaxes nas serras do Galiñeiro e a Groba están marcados e identificados\". Conclúe que \"con este decreto o único que se crea é un grande problema e unha condea dos cabalos salvaxes a desaparecer\" pois \"os seguros son cada día máis caros e as compañías aseguradoras poñen atrancos para asegurar os cabalos e obrigan a facer outros seguros ligados aos dos cabalos. Asemade habería que engadir o prezo do microchip. Hoxe ser propietario de cabalos salvaxes supón facer un desembolso de diñeiro que non se recupera de nengún xeito, e asumir os riscos de que as compañías\". Ese ano suspendéronse os seis curros que se celebraban no Val Miñor, na primavera e no verán, como medida de presión Este ano suspendéronse os seis curros que se celebraban no Val Miñor, na primavera e no verán, como medida de presión. Manso defende que \"é necesario un regulamento especial\" e demándalle á Xunta que escoite estes colectivos: \"Nós brindamos o noso apoio e traballo para conquerir consensos e buscar as canles de comunicación necesarias entre as partes do mundo científico, propietarios, comunidades de montes, asociacións ecoloxístas e administracións para que non teñamos que laiarnos en pouco tempo da perda anunciada\". S.O.S dos cabalos salvaxes. Artigo de Xilberte Manso (SOS GROBA)"}
{"ID": "NOS_40375", "summary": "A crise social que acompaña a pandemia do coronavirus está poñendo a proba as capacidades dos bancos de alimentos galegos, mais tamén está a demostrar o nivel solidario da sociedade, organizada e tamén a nivel individual, segundo constatan desde as entidades.", "text": "A semana pasada, a federación do bancos de alimentos de Vigo fechaba con 40.000 quilos de comida a súa primeira operación solidaria online, na que fixeron parte unhas 1.500 persoas. Este impulso testemúñano tamén Conchi Rey e Amadora Núñez, presidentas do banco de alimentos Rías Altas, que presta servizo nas áreas da Coruña, Ferrol e Compostela, e do de Lugo, dúas entidades que sosteñen a súa actividade no traballo voluntario de varias ducias de persoas. \"Notamos moito as doazóns, tanto de empresas, moitísimas, e de asociacións como de particulares. Houbo quen nos ingresou toda a súa nómina dun mes\", corrobora agradecida a fundadora do banco de alimentos de Lugo, que se declara \"unha voluntaria máis\", pero co coñecemento que dan trece anos xa de actividade. Se en 2007 a súa organización foi proba da crise \"enorme\" que se viña enriba da xente, hoxe Núñez lanza consignas optimistas ante a \"preocupación\" e o \"medo\" que volve ver en moitas das súas usuarias. \"A cousa estábase estabilizando, a xente estaba atopando traballo...\", reflexiona. Co confinamento, o volume de familias que precisan da axuda do banco subiu, desde as 1.200 que atendían na sede de Lugo cada semana até as perto de 1.500, que sobrepasan as 2.000 coas que atenden desde A Mariña e Monforte. \"De aquí saen semanalmente entre 15.000 e 17.000 quilos de alimentos\", cuantifica Núñez, sobre un banco que, malia o confinamento, mantén case intacta a súa fórmula de traballo: dúas xornadas de reparto –terzas feiras, para familias de Lugo cidade e arredores, en dúas quendas en función do número de membros, e sextas feiras, para a xente que vén doutras poboacións– e recollida na propia nave, coidando as medidas de prevención sanitaria, con distancias e tempos taxados e axuda de Protección Civil para axilizar as entregas, que realizan persoas voluntarias de dúas entidades sociais. Para aquelas que non poden saír da casa pola corentena, persoal da Cruz Vermella está a realizar repartos. No Banco Rías Altas teñen claro quen son as persoas ás que esta crise está deixando sen recursos básicos como os alimentos. \"Familias que ían xustas e ás que agora non lles dá, porque están en ERTE, houbo despedimentos, hai atrasos nos cobros... Tamén autónomos que acababan de montar negocios. E despois está a economía somerxida, que estaba aí e agora sae a flote: mulleres que traballaban limpando casas, coidando persoas maiores ou crianzas... traballos sen regularizar\", avalía Conchi Rey. Desde os seus catro almacéns da Coruña, Compostela e Ferrol, o banco Rías Altas traballa mediante convenios con 181 entidades sociais, que son as que entregan os alimentos. \"Unhas 22.000 persoas\", sinala a presidenta, que estima que a carga de traballo aumentou 50% no confinamento, até acadar os 15.000 quilos que entregan a diario. Nestes días, o banco tamén colabora cos servizos sociais municipais para prover de alimentos familias vulnerábeis. Ese aumento enfróntano grazas aos \"centos e centos\" de particulares que doan comida ou diñeiro, das Administracións e, tamén, das empresas e cadeas alimentarias, \"que se están portando\". Cubrir os almorzos e merendas para as crianzas no confinamento Aínda que a liña de traballo é similar á habitual, os bancos de alimentos teñen moi en conta que, polo confinamento, as nenas e nenos teñen que almorzar e merendar na casa. \"Ademais do leite, que xa é de sempre, estamos repartindo moitísimo cacao e moita galleta\", sinala desde o Rías Altas Conchi Rey, quen salienta tamén a salsa de tomate, como aderezo para os pratos de pasta e arroz das máis pequenas, con algo de proteína. Tamén no banco de alimentos de Lugo pensan estes días nas crianzas, e os seus repartos inclúen patacas fritidas ou algunha outra \"chuche\". \"Hai que darlles algunha alegría\", admite Amadora Núñez, quen engade o queixo, o mel e os xeados dos lotes. Estes levan tamén verdura fresca e varios tipos de froita –o de hoxe, mandarinas e plátano–, \"porque nas casas con menores necesitan unha alimentación completa\", recalca a voluntaria."}
{"ID": "NOS_4955", "summary": "A parlamentar do Bloque acudirá a uxencias por mancaduras nas pernas e afirma que presentará denuncia pola \"carga desproporcionada, non só contra min\", sinalou, senón \"contra tod@s\". Vídeo no interior.", "text": "A deputada do BNG, Montse Prado, asegurou en declaracións a Sermos Galiza que acudirá a urxencias após recibir \"uns cantos porrazos\" por parte das forzas policiais. Neste senso, Prado confirmou a este medio que presentará unha denuncia polo tratamento recibido \"non só cos mariñeiros tamén durante a concentración dos alcaldes\" cando varias deputadas do BNG --Tereixa Paz, Carme Adán-- e o portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence, foron empurrad@s polos axentes. \"O que aconteceu cos mariñeiros foi un ataque indiscriminado\", conta a deputada do Bloque quen rexeita recibir un tratamento especial \"por ser parlamentar\", subliña. \"Estaban cargando contra todo o mundo, contra min coma contra calquera outra cidadá\". A parlamentar nacionalista, que se atopaba na manifestacións convocada pola frota do cerco, foi mallada polos axentes ao lles recriminar o tratamento que estaba a recibir un dos detidos. \"Parece que non tratan con persoas\", díxolle Prado ao axente, quen lle respondeu: \"estamos aplicando el protocolo\". ) O BNG pide que se interrompa a sesión parlamentar perante as cargas e o PP oponse Montse Prado considerou \"tremendo\" que o Partido Popular non se avise a interromper a sesión parlamentar. \"Desde o BNG pedimos unha cuestión de orde e solicitamos a convocatoria dunha xunta de portavoces para demandarmos que cesasen as cargas policiais\", explica a deputada. Porén, o Partido Popular rexeitou adiar a sesión. \"Como diante do que estaba a acontecer se pode seguir con normalidade?\", preguntouse a parlamentar do BNG, \"os mariñeiros só queren comer, levan meses sen poder ir ao mar, sen gañar un euro\", denunciou Prado. Após a negativa do grupo maioritario os grupos parlamentares do BNG, AGE e a deputada do Grupo Mixto, Carmen Iglesias, abandonaron a sesión en sinal de protesto pola actuación policial e do goberno galego. Suspendida a sesión parlamentar perante o protesto da oposición A deputada nacionalista asegurou que \"o Parlamento ten que actuar e non quedar á marxe cando están cargando fóra\", insistiu. A presidenta da Cámara suspendeu a sesión após decaeren as cinco proposicións iniciativas que serían debatidas esta tarde logo de que BNG e AGE abandonaran o Pazo do Hórreo. O pleno foi suspendido após a saída da Cámara d@s deputad@s do BNG, AGE e Grupo Mixto Os mariñeiros e armadores exixen manter unha reunión co presidente da Xunta de Galiza do que queren \"un compromiso firme\" para presionar a Madrid e reclamar un reparto das cotas \"xusto\". Segundo as fontes consultadas por Sermos Galiza, a delegación do cerco rexeita reunirse coa conselleira do Mar, Rosa Quintana. O BNG pide a comparecencia do ministro de Interior e exixe a demisión de Suárez As deputadas da organización frentista nas Cortes españolas demandaron a comperecencia do ministro español de Interior, Jorge Fernández díaz pola \"brutal e desmesurada actuación policial contra mariñeiros do cerco, preferentistas, cidadáns en xeral, e alcaldes e parlamentares, diante do Parlamento galego esta tarde\". Para a parlamentar do Bloque, Rosana Pérez , \"o grao de represión policial é propio de tempos pretérixos\" e insta o executivo de Madrid a render contas. Asemade, a organización nacionalista solicitou a demisión do delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez."}
{"ID": "NOS_5267", "summary": "Os novos contaxios baixan a 145.", "text": "Os novos contaxios de Covid-19 detectados baixaron a 145 após a repunta rexistrada esta cuarta feira, e o número de casos activos reduciuse a 2.954, recuperando a tendencia do inicio de semana, cando se encadearon cinco xornadas consecutivas en descenso. En canto aos pacientes hospitalizados con este coronavirus, descenderon a 188 -tres menos-. De acordo cos datos actualizados na mañádesta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta cuarta, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid ingresados en UCI hospitalarias mantéñense en 40, mentres que os que permanecen noutras unidades de hospitalización descenderon a 148, tres menos. No relativo ás diferentes áreas sanitarias, a presión hospitalaria reduciuse en tres das sete, en concreto na Coruña e Cee, Ferrol e Pontevedra e O Salnés; mentres, subiu en Lugo e Santiago e Barbanza; e mantense sen cambios en Ourense e Vigo. En canto aos casos activos de Covid, despois da repunta desta cuarta feira, Galiza volve experimentar un descenso nas súas cifras. Así, no conxunto da Galiza baixaron a 2.954, que supoñen 98 menos que no día anterior. Iso débese a que houbo máis altas (241) que contaxios (145), ao que se engaden dúas persoas falecidas. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas elas, con 32 menos na Coruña, 29 menos en Vigo, 12 menos en Lugo, 10 menos en Pontevedra e O Salnés, 7 menos en Santiago e Barbanza, 6 menos en Ourense e 2 menos en Ferrol. Con respecto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba baixaron a 145, é dicir, 78 menos que na xornada previa. Desta forma, sitúase en cifras similares ao comezo da semana. Pola súa banda, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizado-- baixou a un 2,3 %, após subir a un 2,4 % na xornada anterior, de forma que volve ás cifras rexistradas ao comezo desta semana. Así, segue por baixo do 5 % que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Galiza acumula desde o inicio da pandemia 2.397 persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19, após notificar esta terza feira a Consellaría de Sanidade dous novos óbitos."}
{"ID": "NOS_28326", "summary": "Os foxos de lobos, construcións para atrapar e matar estes animais, son relativamente comúns nas montañas galegas, norte de Portugal e zonas limítrofes.", "text": "A súa construción adoita remontarse centos de anos, pois xa desde o medievo está documentado o seu uso. Porén, son un dos elementos da nosa etnografía menos coñecidos, debido ao moito tempo pasado desde que deixaron de empregarse. O seu estado de conservación, en xeral, é de total ruína e abandono, e os seus restos fican invisíbeis na paisaxe dos nosos montes. Porén, nos últimos anos algúns volveron aparecer entre a vexetación, mesmo se reconstruíron parcialmente e sinalizaron. É o caso do foxo de Entrecabezas, en Viana do Bolo. Paraxe: Terra de Viana | Concello: Viana do Bolo | Dificultade: Media | Percorrido: 3 quilómetros ida e volta Moi perto de Ardexarxe, aldea da parroquia de Fradelo, están os montes que separan os vales dos ríos Conso e Camba. Un pouco antes comeza a subida por unha pista sinalizada, de breve percorrido pero bastante pendente no seu treito final. Imos pola banda leste do monte, enxergando aos nosos pés os pastos das chairas de Val de Outeiros, nun segundo termo Viana e as localidades que se espallan ao seu redor e, finalmente, no plano superior, as serras que polo nacente culminan nas Trevincas. No medio desta ampla panorámica salientan as Borreas de Caldesiños, cos cortados vermellos das vellas minas de ouro romanas, ou tamén a actual explotación mineira da Penouta. Chegados ao alto, o horizonte abre tamén cara ao poñente, coa serra de Queixa estendida de norte a sur sobre o Conso. Nunha pequena chaira, significativamente chamada Entrecabezas, atopamos dous pequenos cumes: o Picoto e o Outeiro do Picoto. Este é o lugar onde se atopa o foxo de lobos, cunha situación estratéxica para recibir as batidas desde todos os puntos cardinais. A singularidade do de Entrecabezas é que ten forma de \"X\", componse de catro paredes converxentes de máis dun centro de metros. Ao escorrentaren os lobos cara a riba estes víanse abocados polas paredes de pedra a rematar caendo no buraco do centro, onde os mataban ou capturaban para seren levados polas aldeas e recibir a recompensa da veciñanza. Só outros dous foxos galegos teñen esta mesma estrutura, pois o normal é que sexan de só dúas paredes converxentes. O que tamén fai moi recomendábel a visita a este lugar é que se recuperou o ano pasado, coa reconstrución do propio foxo e de parte dos muros que o compoñen. O labor de cantaría permite decatarse de como serían estas trampas nos tempos en que estaban en funcionamento. A roza da vexetación da contorna tamén permite apreciar o conxunto do foxo e o lugar que ocupa na paisaxe. Isto contrasta coa situación que atopamos hai unha década, cando un mar de piornos medio queimados ocultaban as pedras dos muros tiradas no chan e o foxo central atuído. É de gabar a iniciativa de pór en valor este foxo."}
{"ID": "NOS_43618", "summary": "A proposición de lei pretende modificar o artigo 4 do estatuto de autonomía de Asturies para facer \"oficial no seu ámbito territorial\" o galego-asturiano. No Principado hai por volta de 40.000 galego-falantes.", "text": "O galego – tal e como recolle o portal lingua.gal- ten falantes en 15 concellos que fan parte do Principado de Asturies: Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión. O filólogo e membro correspondente da Real Academia Galega Henrique Costas apontaba en 2014 que entre o Eo e Navia asturiano había por volta de 40.000 galego-falantes. Malia esta realidade, o galego-asturiano ou galego-oriental apenas ten recoñecemento ou protección neste territorio. En febreiro de 2016 o concello asturiano da Veiga declaraba oficial o galego, o primeiro do Principado en dar o paso. Agora, catorce deputados asturianos (9 de Podemos e 5 de Izquierda Unida) rexistraron unha proposición de lei de reforma do estatuto de autonomía para outorgar oficialidade ao asturiano e ao galego-asturiano. Estes parlamentares apelaron ao resto de deputados no hemiciclo asturiano para se sumar a esta iniciativa. A reforma, rexistrada a pasada sexta feira, contempla unha modificación do artigo 4 do estatuto de Autonomía: \"O asturiano e o castelán son linguas oficiais de Asturias. O galego-asturiano é tamén oficial no seu ámbito territorial e nas relacións da cidadanía coa administración autonómica. Unha lei da Xunta Xeral establecerá o réxime de uso e aplicación nas distintas administracións, tanto do asturiano como do galego-asturiano\". Desde A Mesa pola Normalización Lingüística, e a través do seu presidente Marcos Maceira, xa mostraron o seu apoio a esta reforma."}
{"ID": "NOS_42202", "summary": "O XIV Ciclocrós Castelo de Maceda-Copa Deputación de Ourense puxo punto final a unha edición 2021 do Campionato da Galiza de Ciclocrós que pasará á historia pola súa espectacularidade e no que Irene Trabajo e Iván Feijoo demostraron por que son non só futuro, senón tamén presente, desta disciplina no país.", "text": "O fin de festa da tempada nacional mesturou na localidade alaricana de Maceda todos os ingredientes característicos do ciclocrós para ofrecer un grande espectáculo deportivo: o mal tempo, a lama, a emoción e un circuíto do máis completo, que contribuíron a configurar neste 2021 unha das edicións máis potentes do Campionato da Galiza. Nunha xornada que honrou á especialidade invernal do ciclismo, as dúas principais referencias galegas nos últimos tempos, a elite Irene Trabazo (XSM) e o tamén elite Iván Feijoo (Academia Postal-Abanca), encabezaron o palmarés do XIV Ciclocross Castelo de Maceda-Copa Deputación de Ourense. Un total de 15 títulos puxéronse en xogo nun evento organizado polo Club Ciclista Maceda na décimo sétima e última cita dun calendario que arrancou a principios de outubro. Nesas primeiras carreiras deste curso non puido ser da partida Irene Trabazo debido a unha lesión, un contratempo que non lle impediu despedir o ano revalidando a coroa lograda en Ferrol no ano 2020. A marinense dominou con autoridade a proba elite/Sub-23 e júnior nun escenario enlamado, pero máis escorregadizo que pastoso. Trabazo impúxose en solitario, cun rexistro de 42 minutos e 14 segundos, acumulando case tres minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada e gañadora júnior, Laura Mira (Supermercados Froiz). Terceira rematou a elite Isabel Castro (Condado Bike) e cuarta, acadando o segundo posto entre as júniors, a local Sarela Conde (Academia Postal-Abanca). O conxunto anfitrión colleitou tres podios máis na carreira raíña feminina. Andrea García, quinta na táboa absoluta, venceu entre as Sub-23 logo de superar a súa compañeira de equipo Noela Saa. As cores do Maceda tamén as luciu a terceira elite, Xiana Conde, e as outras dúas medallas que se repartiron nesta quenda conseguíronas Uxía Soto (Supermercados Froiz), terceira júnior, e Laura Fernández (Avanza-O Porriño), terceira Sub-23. Altibaixos na proba Sub-23 masculina Despois de case tres meses de ciclocrós na Galiza, o derradeiro capítulo da competición elite/Sub-23 masculina resultou o máis emocionante da campaña 2021. O circuíto deseñado na ladeira do Castelo de Maceda, e no que leva anos acumulando éxitos, tornou de novo no coto privado de Iván Feijoo. O alaricano, defendendo o uniforme do equipo local, sufriu unha avaría na primeira volta cando rodaba a carón de Miguel Rodríguez perseguindo Samuel González (Máis Que Bicis) ao romperlle o cable do cambio electrónico como consecuencia de terse enganchado cunha vara. Feijoo perdeu posicións até poder cambiar de bicicleta, mentres por diante o Sub-23 Rodríguez situábase primeiro e abría oco. Obrigado a remontar, o elite do Academia Postal-Abanca foi adiantando rivais até que a falta de dúas voltas para a conclusión alcanzou o ponteareán do Supermercados Froiz. Deste modo, a vitoria absoluta decidiuse de modo épico nos metros finais da carreira. Feijoo cambiou o ritmo e dobregou Rodríguez por só seis segundos, festexando así o seu primeiro título como elite cun tempo de 53.22. O podio completouno o compañeiro de equipo do gañador, Saúl López, que entrou a 1.31 de Feijoo. As cadetes María Filgueiras e Tomás Pombo confirman a boa saúde da canteira galega A canteira do ciclismo de montaña galego continúa gozando de boa saúde, como confirmou a cadete María Filgueiras (Río Miera), quen se impuxo na súa categoría tras protagonizar unha soberbia actuación e cruzar a liña de meta por diante de Aroa Otero (Avanza-O Porriño), sendo terceira Lorena Patiño (Compostelano). Pola súa banda, Tomás Pombo (Cambre) ergueu os brazos na modalidade masculina, estando escoltado no podio por Martín Díaz (Caimanes) e Gael García (Compostelano)."}
{"ID": "NOS_33936", "summary": "A proposta activaríase cando se superase a incidencia acumulada de 100 casos por 100.000 habitantes por coronavirus e houbese unha presión asistencial considerábel nos hospitais.", "text": "A Comisión de Saúde Pública, na que están representadas as comunidades e o Ministerio de Sanidade, debaterá esta tarde se recomenda o peche do interior da hostalería a partir das 23 horas se se atopa nun territorio en risco medio de Covid-19 e con alta presión hospitalaria. A proposta, segundo confirmaron fontes sanitarias a Europa Press, activaríase cando se superase a incidencia acumulada de 100 casos por 100.000 habitantes por coronavirus e houbese unha presión asistencial considerable nos hospitais e nas camas de unidades de coidados intensivos (UCI). \"Trátase de dotar de máis relevancia á situación hospitalaria na evolución da pandemia. O punto clave é o tema hospitalario, xa que agora mesmo a maioría de contaxios prodúcense en nenos menores de 11 anos, que non van ao hospital\", explican estas fontes, que precisan que se trata \"practicamente\" do mesmo 'semáforo' de medidas que se debateu a semana pasada na Comisión, aínda que finalmente non se alcanzou un acordo. O documento que se debaterá nesta terza feira, proposto polo Relatorio de Alertas, recolle tamén a proposta de pechar o lecer nocturno ás 1 horas e bailando sempre con máscara. Nos locais de hostalaría, como restaurantes, bares ou cafeterías, tamén se debería restrinxir a ocupación máxima o 50% en zonas interiores. No caso de risco alto, cando se produce unha incidencia por riba de 300 e a presión asistencial é aínda maior, a proposta para debater expón que non se pecharían os interiores da hostalaría, senón que poderían abrir ao 2% de ocupación, con seis persoas por mesa pero pechando ás 23 horas. En risco extremo, cunha incidencia por riba de 500, si se pecharía o interior da hostalaría. Con esta actualización, o estado español atoparíase en risco medio en canto á incidencia acumulada a 14 días, xa que se sitúa por riba de 100, mais non cumpriría os parámetros na ocupación hospitalaria, que aínda se mantén no 2,33% no caso das camas hospitalarias e no 5,70% nas UCI."}
{"ID": "NOS_28328", "summary": "A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (ALEG) e a Asociación Galega de Editores publican de maneira conxunta un \"Calendario profesional do libro e a lectura\" que recupera o Día de Rosalía, eliminado do calendario oficial da Xunta.", "text": "O 24 de febreiro é unha das 35 datas que o \"Calendario profesional do libro e a lectura\" recolle para o ano 2014. O \"Dia de Rosalía de Castro\" volve estar sinalado despois de que o \"Calendario do Libro e a Lectura\" distribuído pola Consellaría de Cultura o eliminase das datas a celebrar no ano. A AELG e a AGE botan a andar de maneira conxunta un calendario no que se recollen 35 datas relacionadas co mundo do libro e a literatura. Desde o Día da Ilustración do 30 de xaneiro até o Día da Edición do 17 de decembro, o Calendario inclúe desde as feiras do libro, até citas e certa,es anuais de relevancia como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Gala das Letras, O Escritor na súa Terra, Viñetas do Atlántico, Día Internacional da Tradución, Día da Biblioteca, Culturgal ou o Día da Edición ademais de eventos internacionais nos que o mundo editorial e creativo galego están presentes como o Salón do Cómic de Barcelona, Liber ou Feira do Libro de Fránkfurt. Da autoría de Fausto Deseño Asociados, o calendario ten como obxectivo promover e coordinar conxuntamente as distintas celebracións arredor do libro e a litertura. Está disponíbel na páxina web da AELG."}
{"ID": "PRAZA_1045", "summary": "Os alcaldables de PSdeG, BNG, Compostela Aberta, Compromiso e Ciudadanos acuden ao encontro convocado polo persoal do Concello compostelán, ao que o alcalde e aspirante do PP non foi por consideralo \"un postureo político\".", "text": "Coincidencia en evitar un goberno do PP agás en Ciudadanos, onde \"xa se verá\" Este martes estaba convocado un debate electoral en Santiago. Non o organizaba ningún medio de comunicación, nin o Colexio de Xornalistas ou outra institución. Quen emprezaban os candidatos á alcaldía a contrastar as súas propostas eran os traballadores e traballadoras do Concello, que a través dos seus representantes na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa, convidaron as formacións políticas a explicarlles como queren abordar a cuestión laboral no consistorio. A data non foi unha elección ao chou: o debate foi un dos actos centrais da xornada de folga coa que o persoal do Concello de Santiago esixía a recuperación de dereitos \"recortados\" e a aplicación do convenio colectivo, entre outras cuestións. Todas as forzas políticas convidadas responderon afirmativamente agás unha, o PP, cuxo candidato e actual alcalde, Agustín Hernández, considerou o acto un \"simulacro de debate\" e un \"postureo\". Con estas condicións de partida os organizadores conseguiron sentar á mesma mesa os alcaldables de PSdeG, BNG, Compostela Aberta, Compromiso por Galicia e Ciudadanos. Nun ateigado salón os candidatos ofreceron o seu diagnóstico da situación da cidade en xeral e da política de persoal en particular, un dos ámbitos nos que, segundo os traballadores, os gobernos de Gerardo Conde Roa, Ángel Currás e Agustín Hernández conseguiron \"romper a paz social\". Reyes: \"Catro anos de desgoberno están a piques de rematar\" A defensa do público foi a nota dominante na maioría das intervencións. Tras \"catro anos de desgoberno que, por sorte, están a piques de rematar\", di o socialista Francisco Reyes, o que agora toca é revisar o \"plan de axuste\" aplicado polos alcaldes populares e aplicar os acordos previos, a comezar polo convenio colectivo. \"É unha magoa\" que Hernández \"non vos diga á cara o que nos di a nós nos plenos\" sobre o funcionariado, ironizou o candidato do BNG, Rubén Cela, para quen as escoitas do caso Pokémon son unha boa mostra da concepción que o actual goberno ten do persoal municipal: \"Querían xente que asinase sen ler\", resume. Cela: \"É unha mágoa que non vos diga á cara o que nos di a nós nos plenos\" Para o cabeza de cartel de Compostela Aberta, Martiño Noriega, o divorcio entre persoal público e dirixentes políticos no Concello compostelán ata chegar á folga é o enésimo capítulo dunha \"concepción monárquica\" do poder que, di, Hernández herdou dos seus antecesores que, coma el, sinala, desenvolveron unha \"privatización partidaria\" do goberno local. Practicaron a \"desconfianza nos traballadores\" como unha \"consecuencia\" máis das \"corruptelas\" e mesmo \"maltrataron\" funcionarios concretos, como o secretario e a interventora, relevados por Conde Roa dos seus postos, aos que veñen de retornar por orde do TSXG. Remunicipalización de servizos Noriega aposta por trasladar a Santiago o \"gran reto\" da remunicipalización da auga Neste contexto, unha das preguntas lanzadas aos candidatos por parte dos asistentes foi a respecto da posibilidade de rescatar servizos agora en mans de empresas privadas para facelos \"retornar\" á xestión directa municipal. Neste punto tanto os actuais grupos da oposición como Compostela Aberta e CxG apostan por avaliar as actuais concesións e comezar a reversión por aquelas nas que sexa máis doado facelo. Se del dependese, indica o candidato de Compromiso, Xosé Antón López, pasaríalles \"algodón e lupa\" a todas as concesións e tentaría de comezar a volta ao público polos centros deportivos e socioculturais, a auga e a limpeza. López tentaría comezar as remunicipalizacións polos centros deportivos e socioculturais e a limpeza A xestión das multas e da disciplina urbanística, por parte de PSdeG e BNG, ou o \"gran reto da recuperación\" da xestión da auga, para Compostela Aberta, serían os primeiros pasos dunha remunicipalización á que o candidato de Ciudadanos lle pon máis matices. Así, Javier Sánchez-Agustino pregúntase \"que máis dá quen preste o servizo\" mentres o faga con \"eficiencia por riba de todo\". Ante as críticas recibidas, o ex edil popular afinou un chisco a súa posición indicando que \"o administrado é o máis importante\" e que a súa aposta é por non \"demonizar\" nin a xestión pública ni a privada."}
{"ID": "NOS_22678", "summary": "Ambos decorrerán en Vigo este domingo, 11 de outubro, unha data que o independentismo leva comemorando desde hai 14 anos.", "text": "O 11 de outubro, data na que sectores do independentismo celebran o Día da Galiza combatente, acollerá dous actos, un organizado por Primeira Linha e outro por Causa Galiza. Ambos coinciden en canto ao lugar de realización, Vigo. 'Anos 80, umha década de luita independentista' é a palabra de orde elexida por Causa Galiza para unha campaña na que realiza palestras informativas para poñer en valor, sinala, unha época de experiencias políticas e organizativas no independentismo. Para poñer o ramo, CG convoca para este domingo, ás 12:00 horas, unha cocnentración na Praza da Vila (oficialmente, Praza da Constitución) de Vigo. De por parte, Primeira Linha tamén escolle Vigo para a celebración deste 11 de outubro. 'Orgullo comunista. A luita é o único caminho' é o lema elexido por este partido, que organiza un roteiro polo monte Galiñeiro (Vigo) e un xantar de confraternidade. \"Reivindicaremos o papel histórico dos comunistas galegos e galegas na luita em defesa dos interesses da classe obreira e do povo trabalhador desde a segunda década dos anos vinte\", afirman no manifesto."}
{"ID": "PRAZA_12850", "summary": "Antón Reixa enfronta nas vindeiras semanas dous retos. Un máis fugaz, pero se cadra máis emotivo: o regreso dos Resentidos nun concerto único, o 12 de maio en Ourense, que acompaña a publicación do disco de homenaxe A tribo toda baila. O outro, a posibilidade case segura de asumir a presidencia da SGAE co reto a adaptar a xestión de dereitos de propiedade intelectual a un novo contexto tecnolóxico e social ao que a industria cultural veu chegando tarde estes últimos anos. Audios no interior.", "text": "Antón Reixa enfronta nas vindeiras semanas dous retos. Un máis fugaz, pero se cadra máis emotivo: o regreso dos Resentidos nun concerto único, o 12 de maio en Ourense, que acompaña a publicación do disco de homenaxe A tribo toda baila. O outro, a posibilidade case segura de asumir a presidencia da SGAE co reto a adaptar a xestión de dereitos de propiedade intelectual a un novo contexto tecnolóxico e social ao que a industria cultural veu chegando tarde estes últimos anos. Cos Resentidos pasaba algo curioso. Parecía que ningún grupo os reivindicaba de forma explícita, parecía que non había unha ligazón clara co pop-rock que se fixo despois en Galicia, máis identificado co bravú nun casos ou con referentes foráneos noutros. A excepción era, por exemplo, Ataque Escampe, que xa no seu primeiro ep cantaba aquilo de Non teñas medo, así son as cousas. E que veña Antón Reixa e nos baixe a hostias!. Seguramente se debía en parte ao propio eclecticismo dos Resentidos, do punk ao pop, do rap á cumbia china. Ou á súa orixinalidade, difícil de imitar. Con este disco de homenaxe nas mans sodes máis conscientes do voso legado, da influencia que exercede no pop-rock galego? Nunca tivemos conciencia de ningún tipo de transcendencia do que facíamos, traballabamos sempre coa inmediatez e a enerxía de facer as cousas porque nos interesaba facelas, porque desfrutábamos. Nacemos no 82 e a partir do 84 vémonos abocados ao profesionalismo, co que non contabamos. E unha das alegrías deste tributo é ver como estas 19 cancións supoñen un punto de vista novo sobre parte do noso repertorio. Tiñamos unha carencia rara, que eramos moi pouco imaxinativos para tocar as nosas propias cancións de forma imaxinativa, gravábamos e tocábamos en directo de foma parecida. E despois tamén nos vemos reconfortados por unha cuestión de tipo estatístico: mentres nos anos oitenta nós eramos o único grupo de pop que cantaba en galego, agora hai moitísimas bandas que militan no rock, no pop ou no techno e tamén no galego, e iso é moi importante. Mentres nos anos oitenta nós eramos o único grupo de pop que cantaba en galego, agora hai moitísimas bandas que militan no rock, no pop ou no techno e tamén no galego, e iso é moi importante Chamaba a atención o coñecemento que tiñades, e como o aplicábades na vosa música, da música que se facía nese tempo: Devo, The Residentz, Cabaret Voltaire, Talking Heads... Tiñamos unha visión moi internacional da música, que estes grupos tamén comparten. Iso debeuse á riquísima discoteca de Rubén Losada, tamén á enorme xenerosidade de Julián Hernández de Siniestro, e despois había un rigor máis clásico de pop e de r&b de Alberto Torrado e Javier Soto, e todo iso conformou as influencias do grupo. Dialogábamos con moita sinceridade con ese repertorio, non nos sentíamos menos orixinais por facelo. Tamén facíamos o noso tributo a eses grupos que nos interesaban. Foi unha mágoa que non se aproveitase ese momento para crear unha industria musical potente en Galicia. Asúmoo como unha frustración. No ano 90 tentamos asumir ese papel producindo o primeiro disco dos Diplomáticos, pero foi un esforzo que non tivo continuidade. Antes era máis facil para un grupo ser coñecido? Era moito máis fácil antes, sobre todo porque nos anos oitenta os grupos de pop eramos unha novidade sociolóxica, despois da ditadura e da Transición, e despois de que nos anos setenta se levase máis o rock sinfónico cantado en inglés. Os oitenta foron unha conquista popular do lecer, despois dos anos Transición. Pero hai unha frustración, que xa detectamos daquela: toda a miña discografía, con Resentidos e con Nación Reixa, desenvolveuse en Grabaciones Accidentales e despois cunha compañía vasca. O que quero dicir é que non se xerou unha industria musical forte en Galicia que lle dera eco e resonancia á música que se empezou a facer nos noventa, que era bastante mellor en estética e en técnica do que fomos nós. Pero o que vexo dende o presente é que foi unha mágoa que non se aproveitase ese momento para crear unha industria musical potente en Galicia. Asúmoo como unha frustración. No ano 90 tentamos asumir ese papel producindo o primeiro disco dos Diplomáticos, pero foi un esforzo que non tivo continuidade. Nos 90 houbo un feliz rexurdir da música folk e o pop-rock quedou relegado, ao meu ver de forma inxusta. Sempre que se volve ao pasado hai unha mitificación. Pero hai unha cousa que segue sendo un valor e que se bota de menos: Aqueles foron tempos frívolos, moi frívolos, pero foron tempos dunha tremenda tolerancia e creatividade Canto hai de mito na imaxe que quedou da Movida? Sempre que se volve ao pasado hai unha mitificación, os retrovisores sempre producen unha certa distorsión do que reflicten. Pero hai unha cousa que segue sendo un valor e que se bota de menos: Aqueles foron tempos frívolos, moi frívolos, pero foron tempos dunha tremenda tolerancia e creatividade. Para nós foron os mellores anos da nosa vida. E esa liberdade e esa tolerancia é añorada por moitos artistas e afeccionados á música, e é lóxico que se volva a mirada atrás. Aquel contexto libertario e aberto de creación non se volveu repetir. En canto ao que é a pulsión creativa, había dúas cousas: a absoluta inocencia e espontaneidade de todos os que estabamos alí, non lle dabamos importancia; e tamén que todo o que agora se engloba como a movida de Vigo, ou a movida de Galicia, nós non o percibiamos como tal. Non tiñamos unha visión homoxénea nin trascendental. Ataque Escampe dixo nunha entrevista que a influencia que exerceran Os Resentidos neles se expresa na convición de que hai que tratar o público coma se fosen maiores de idade. Iso tiña moito que ver coas túas letras... O das letras era unha devolución que lle facía ao grupo por ser un analfabeto musical. Iso era moi típico das bandas punkies, o que non sabía tocar un instrumento, pero escribía as letras acababa cantando. Debe ser por iso que me preocupaba de traballar moito as letras. As letras eran importantes, pero tamén creo que a proposta dos Resentidos terá sido imposible sen esa proposta musical tan heteroxénea e tan internacional. Pero tamén grazas a esas letras Os Resentidos falaban do presente, adquirían ese compromiso: reconversión industrial, inmigración... Todas esas cuestións volven perversamente contra nós, como unha espiral. Fíxate onte, nas manifestacións do primeiro de maio un dos temas máis recorrentes era a crise do sector naval en Galicia, que foi unha das referencias épicas que tivemos os grupos nos anos oitenta. Ou Abdul, e a multiculturalidade na sociedade actual. Son as cousas que lle dan valor á música, a súa capacidade de permanencia e vixencia histórica. Fomos a primeira xeración de galegos e galegas sen complexos, asumíamos a nosa condición de ser de Galicia con absoluta naturalidade, con positividade Nos oitenta asistimos a unha actividade cultural que semellaba que tentaba construír unha modernidade galega con identidade de seu. Todo iso quedou truncado? Hai algo que nos marcou a todos, tanto os que utilizabamos o galego coma os que empregaban o castelán. Fomos a primeira xeración de galegos e galegas sen complexos, asumíamos a nosa condición de ser de Galicia con absoluta naturalidade, con positividade, e iso formaba parte da idiosincrasia de todo o movemento cultural de Galicia nos oitenta. Creo que o mellor diso permanece na colectividade creativa. Vós triunfastes en todo o Estado cantando en galego. Sería posible algo así hoxe en día? É máis difícil agora? Obxectivamente agora é máis difícil. Fundamentalmente debido á propia estruturación da industria musical e a unha certa desafección pola diversidade lingüística en España. Pero sempre hai excepcións esperanzadoras, como Manel ou o rock euskaldún, que se mantén vivo. Hai elementos para pensar que é posible."}
{"ID": "NOS_4671", "summary": "Na súa primeira fin de semana na carteleira, 'Sicixia' logrou posicionarse entre os cinco filmes máis vistos en Galiza.", "text": "Segundo datos de Rentrak Spain, a estrea do último filme de Ignacio Vilar está a ser existosa. A longametraxe protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado (Premio Mellor Actriz, XXI Cinespaña de Toulouse) mídese esta semana a grandes filmes da factoría Hollywood e do cinema español sen complexos. Estreada na mesma semana que superproducións como 'Aliados' (protagonizada por Brad Pitt e Marion Cotillard) ou 'La Reina de España' (dirixida por F. Trueba e protagonizada por Penélope Cruz), 'Sicixia' non só se sitúa entre os 5 filmes máis vistos da carteleira na meirande parte das salas galegas senón que ocupa mesmo o primeiro posto en cinemas coma Numax (Santiago de Compostela), Compostela, Bergantiños (Carballo), Xunqueira (Cee), Dúplex (Ferrol), Seixo (Marín) e ocupa o segundo e terceiro posto respectivamente nos cines Norte (Vigo) e Os Cantóns (A Coruña), segundo informa a produtora."}
{"ID": "QUEPASA_491", "summary": "A praia de Estorde recupera a calidade \"excelente\" das súas augas", "text": "O ano pasado eran 7 as praias da Costa da Morte onde non te deberías ter bañado. Segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente, que vén de sacar o seu informe anual sobre a calidade das augas de baño, baseándose na presencia de bacterias de orixe fecal, procedentes habitualmente da falta de saneamento. Este verán poñen a axencia pon o foco en 5 areais, que volven suspender o exame de calidade: as praias camariñás de Camelle e Area da Vila; as ceeses de A Concha e Lires; e a muradá Praia Virxe do Camiño (Muros). Concretamente, na Concha (que tivo que ser limpada polo alumnado do Manuela Rial ante a parálise municipal) e Camelle, o cartel é rotundo: \"Prohibición permanente do baño\". Mentres, na Virxe do Camiño e Area da Vila, o Sergas é máis benévolo e sinala un \"Recoméndase non bañarse\". Imaxe aérea da Area da Vila Caso singular de Lires O caso de Lires é paradigmático, pois ademais de perigosa (véxase o rescate da semana pasada), a auga non está tan limpa como parece. O Mapa de zonas de Baño do Sergas xa non contempla a súa análise, despois de estar 5 anos con datos de mala calidade de augas sen que as administracións fagan nada por solucionalo. Só calidade \"boa\" Segundo o Sergas, a meirande parte das augas das nosas praias son excelentes. Pero ademais dos puntos vermellos das praias de Camelle, Camariñas, Cee e Muros, sinala como puntos amarelos (auga de calidade \"boa\") as praias malpicás Area Maior e Seiruga; a camariñá de Lingunde; a praia carballesa de Razo, as carnotás do Pindo e Corna Becerra (Quilmas); a pontecesá Arnela; e as muradás da Rocha e o Cabo. As conversións O ano pasado fora Sardiñeiro o que recuperara a súa excelencia. Este ano tamén Cee é protagonista das boas novas, da recuperación da calidade das augas de Estorde, que volve ter auga de calidade ˝excelente\" tralas obras realizadas na desembocadura do regato."}
{"ID": "NOS_29340", "summary": "Centenares de persoas maniféstanse en Compostela en contra dos plans de Toysal para levantar un \"vertedoiro encuberto\" na Casalonga (Teo).", "text": "Centos de persoas participaron este domingo nunha marcha que percorreu as rúas de Compostela para exixir a paralización dun proxecto que pretende instalar \"un vertedoiro encuberto\" na canteira de Casalonga, no municipio coruñés de Teo, a mans da empresa de residuos industriais Toysal. A Xunta estaría traballando durante un ano \"ás agachadas\" nun terceiro plan de restauración da canteira ─o primeiro e o segundo foron rexeitados por non contar con autorización ambiental─ para \"uso forestal\", unha afirmación que non se cre a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, entidade convocante. Ademais, os participantes protestaron contra as afirmacións de titularidade privada por parte de Toysal e a Deputación dun camiño arredor da canteira que, segundo o presidente da plataforma, Jaime García, \"é público\". Para demostrar a súa aseveración, parte dos manifestantes partiron ás 8,30 da mañá desde a canteira en dirección á capital galega atravesando este carreiro, nun percorrido no que \"todo foron facilidades\" por parte dos concellos de Teo, Ames e Compostela, apuntan desde a organización. Pancarta na Alameda Xa ao mediodía, concentráronse na Alameda compostelá ─ao berro de 'Toysal fóra'─ tanto as persoas que marcharon a pé desde a canteira como aquelas que decidiron subirse ao bus que habilitou a plataforma. Unha vez alí, a manifestación retomouse ás 12.30 horas en dirección ao centro histórico. Antes do seu inicio, procedeuse á instalación dunha nova pancarta co lema 'Casalonga Limpa de Residuos, Vertedoiro Non!!', en substitución á anterior que protestaba contra a mina de Touro-O Pino. A manifestación transcorreu pola Praza do Toural, rúa de Xelmírez e rúa da Conga, con cánticos como 'Casalonga residencial, paraíso natural', 'Lévannos a pedra e tráennos a merda' ou 'Se a canteira se explota, a xente non vos vota', para finalizar na Praza da Quintana. Lectura de manifesto Neste emprazamento, procedeuse á lectura dun manifesto que, entre outras cuestións, buscaba denunciar a consideración da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos como \"parte non interesada\" no proceso da canteira tras varias solicitudes e a intención de Toysal de \"verter 10 millóns de residuos cúbicos na lagoa\". Ademais, desde a plataforma instaron a catro institucións a parar este proxecto. En primeiro lugar, á Dirección Xeral de Minas, para que declare \"a caducidade mineira\" da canteira; á Dirección Xeral de Medio Ambiente, co obxectivo de que declare como \"espazos naturalmente protexidos\" aqueles restaurados, como é o caso da lagoa de Casalonga; ao Parlamento galego, limitando os usos do chan rústico; e finalmente, ás Cortes Xerais, para que modifique o Decreto 975/2009 sobre rehabilitación de espazos mineiros. Para levar a cabo estas demandas, a plataforma contou co apoio doutras asociacións e organizacións, entre elas, a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, que conseguiu parar o proxecto de mina en Touro. Un veciña membro da plataforma afirmou que gañaron \"unha batalla pero non a guerra\" e que seguen \"vixiantes\". Por outra banda, a plataforma veciñal de Casalonga asegurou que contan co respaldo de entidades a nivel nacional como 'Bierzo Aire Limpo' ou 'Toledo Aire Limpo', entre outras."}
{"ID": "NOS_34932", "summary": "Unha derrota deixaría os galegos fóra da Liga ACB", "text": "O Pazo Provincial dos Deportes de Lugo acolle nesta quinta feira ás 20.30 horas da tarde o partido máis importante no que vai de tempada para o Leite Río Breogán, un choque tan decisivo que, de perdelo, suporía dicir adeus definitivamente ao ascenso á máxima categoría do baloncesto estatal. Logo de caer derrotado no primeiro partido da derradeira eliminatoria da LEB Ouro ante Covirán Granada -verdugo do Leyma Básquet Coruña nas semifinais-, a escuadra lucense encara o encontro coa presión que supón a obrigatoriedade do triunfo, mais coa vantaxe e a tranquilidade que outorga afrontar un desafío de tal magnitude ante o propio público, que se reunirá nas bancadas do Pazo en número non superior a 1.500 persoas. Ademais, o Breogán ten na súa propia historia o modelo a seguir para lograr darlle a volta á situación, pois na tempada 1998/99 conseguiu o primeiro ascenso á ACB en toda a súa historia logo de superar unha derrota no primeiro partido da última rolda ante Melilla Baloncesto. E non só na casa está o espello no que mirarse, pois a pesar de que a estatística indica que 75% dos equipos que gañan o primeiro asalto rematan por facerse coa eliminatoria, nesta última década existen dous importantes precedentes, como son a remontada do Ford Burgos de Andreu Casadevall ante un Destino Palencia que comezara con firmeza no seu primeiro partido na casa durante a tempada 2013/14, e a xesta de Lucentum Alacante na 2012/13, onde anulou a vantaxe obtida por Morabanc Andorra no Poliesportiu e rematou igualando unha serie que se resolveu ao seu favor co plus de ter o factor campo na súa contra. Xa que logo, todos estes precedentes poderían ser empregados por Diego Epifanio para motivar os seus homes de cara a lograr un triunfo que desemboque nun hipotético terceiro e decisivo encontro o vindeiro domingo no Pazo Municipal dos Deportes de Granada. Sergio García, un ano máis á fronte do Leyma A derrota do Básquet Coruña ante Covirán Granada impediu que dous equipos galegos se disputasen a única praza en xogo na ACB na finalísima da LEB Ouro. Porén, este último tropezo non embazara gran tempada da formación laranxa, polo que a directiva tomou a determinación de renovar o contrato do técnico Sergio García. Deste modo, o preparador donostiarra volverá afrontar o reto do ascenso na inminente campaña 2021/22, que agarda que sexa \"normal, é dicir, con público, sen pandemia, sen lesión, con dous ascensos e con máis certezas no modelo de competición\". A Covid-19 deixa Tamara Abalde fóra do Eurobasket O baloncesto galego perde unha das dúas representantes coas que contaba no inminente Eurobasket, pois Tamara Abalde causa baixa por Covid-19. A pesar de estar vacinada, de non contar con ningún tipo de síntoma, de levar en illamento desde a pasada sexta feira e de dar negativo nos test desde antonte, o seleccionador Lucas Mondelo tomou a determinación de prescindir dos servizos da competidora galega, así como da manacorí Alba Torréns, tamén afectada polo virus. Afortunadamente, a súa substituta será outra galega como é Paula Ginzo, e isto non supón a exclusión de Abalde dos Xogos Olímpicos, pois reincorporarase á concentración o 5 de xullo."}
{"ID": "NOS_56567", "summary": "Este ano cúmprense 20 anos da publicación do primeiro número de 'Feros Corvos', a revista do Batallón Literario da Costa da Morte que se fundara un ano antes. E quixemos lembrar aqueles tempos de axitación poética cun dos seus protagonistas, o poeta Miro Villar, que ademais foi tamén presidente da primeira xunta directiva da asociación.", "text": "- Como xurdiu o Batallón? - Xa había un humus, un caldo de cultivo, unha serie de colectivos que xa funcionaban na Costa da Morte, entre eles o colectivo \"Un Medio\" de Cee e o \"Arre Sentelha\" da Terra de Soneira, que estaban a funcionar de maneira autónoma. En determinado momento viuse que podiamos confluír e ampliar a base destes colectivos. E así naceu o Batallón Literario da Costa da Morte en maio de 1996. - E a idea de crear un medio de expresión como 'Feros corvos'? - Os primeiros meses de vida do Batallón eran moi intensos. Faciamos recitais en lugares de todo tipo, mesmo campos das festas, en bares ou alí en onde se nos convidase, en festivais antimilitaristas, onde cadrase naqueles momentos... E vimos unha necesidade de potenciar todo isto e dotarnos dun medio de expresión, polo que creamos un díptico, con catro páxinas, feito con escasos medios, en multicopia, a cor, que se distribuía de balde alá por onde iamos e nos bares da Costa da Morte. Esa era a nosa intención, chegar á maior xente posible, porque o obxectivo último do Batallón era levar a poesía a pé de rúa. Basicamente a poesía, porque a maioría eramos poetas, aínda que tamén había narradores. E aí confluiamos xente que xa tiñamos publicado, como eu mesmo, o meu irmán Rafa ou Marilar Aleixandre, con xente que non tiña nada na rúa e que, curiosamente, anos despois ten libros publicados. Fáloche de Modesto Fraga, os irmáns Creus -Estevo e David-, Alexandre Nerium, Xaime Trillo... O Batallón serviu para dar voz a moita xente que estaba empezando a publicar os seus textos en follas voandeiras que con posterioridade se incorporaron ao discurso literario galego - O Batallón trouxo un esplendor da poesía en movemento. - Si, aquela era unha época -a mediados dos 90- no que non era doado publicar poesía. Era un momento similar ao de hoxe, pecháranse coleccións e non era doado conseguilo, fóra de Espiral Maior. Entón aquela era unha maneira de levar a poesía a outros lugares onde nós criamos que tiña que estar, máis a pé de rúa. Pero non era algo que inventasemos nós. Collemos experiencias anteriores doutras épocas para buscar un maior contacto co público lector. Aquela era unha época -a mediados dos 90- no que non era doado publicar poesía. Era un momento similar ao de hoxe, pecháranse coleccións e non era doado conseguilo. - Coa perspectiva que dan os anos, cal cres que foi a incidencia do Batallón na vida cultural galega de hoxe? - Non creo que teña que ser eu quen calibre iso. Deberían ser persoas que non participaran da experiencia. Hai varios traballos sobre o Batallón que o calibran, pero na miña opinión serviu para dar voz a moita xente que estaba empezando a publicar os seus textos en follas voandeiras que con posterioridade se incorporaron ao discurso literario galego. E despois a darlle unha maior visibilidade á poesía cara ese público lector. Eu creo que eses son os dous principais éxitos do Batallón. Eu, desde logo, considérome satisfeito con que varias das persoas que participaron chegasen a ter unha obra propia consolidada. Para min iso xa xustifican os esforzos que tivemos nesta angueira. Eu observo que están a xurdir proxectos dun tempo a esta parte moi interesantes, como editoriais como Apiario ou Chan da Pólvora - E como ves o estado actual da poesía na Costa da Morte? - Nin mellor nin peor que noutras zonas do país. Hai iniciativas igual que noutros lugares e a poesía tamén está na rúa, como no Festival do Condado. É unha experiencia que é exportable e que hoxe podería ter un sentido tamén. De todas formas, eu observo que están a xurdir proxectos dun tempo a esta parte moi interesantes, como editoriais como Apiario ou Chan da Pólvora, que son pequenos pero teñen xa unha traxectoria e creo que un futuro de moita forza. Penso que é un momento moi bo para a creación poética no país, a pesar de que as grandes editoriais lle continúen a dar as costas. Por exemplo, Sotelo Blanco desapareceu do mapa e Xerais e Galaxia publican a 'contagotas'. Pero hai xermolos de actividades, outra vez, en lugares pouco habituais coma naquela época. Por tanto, eu son optimista neste momento."}
{"ID": "NOS_37004", "summary": "BBVA Research prevé un crecemento do PIB de 3,4 en 2022 na Galiza, e de 2,3% en 2023.", "text": "A Galiza figura no furgón de cola do Estado español en canto ao crecemento da súa economía até 2023. Esta é unha das conclusións do último Observatorio Rexional de BBVA Research, que rebaixa as previsións tanto en 2022 como en 2023 polo impacto que vai ter a invasión de Ucraína, as sancións impostas á economía rusa e o incremento en prezos, sobre todo nos combustíbeis. A este respecto, o departamento de estudos do BBVA indica que os territorios cunha maior intensidade de uso da enerxía no seu Produto Interior Bruto (PIB) e máis dependentes de produtos importados serán os que menos crecerán no bienio, e cita Galiza, Aragón, Castela e León, Cantabria, Euskadi, Asturies, Nafarroa, A Rioxa e Castela-A Mancha. Segundo explican desde BBVA Research no seu informe, a volatilidade nos mercados internacionais e os custos da enerxía golpean máis nos territorios orientados á produción de bens, e en particular ás intensivas en produción de enerxía. O bloque de territorios industriais do norte vese máis afectado. A inflación leva por diante as melloras salariais dos últimos anos Por contra, o menor impacto da pandemia favorece en maior medida aos territorios cunha actividade máis orientada ao turismo e os servizos persoais, apunta o documento. Xunto a este factor, outro dos que condicionan a evolución futura da economía galega será a participación da enerxía e os combustíbeis no gasto familiar. Neste senso, BBVA Research argumenta que nos territorios coa poboación máis dispersa, como é o caso da Galiza e as dúas Castelas, o gasto en carburantes é maior, o mesmo que sucede nos que teñen unha elevada mobilidade, como é o caso de Madrid. Por baixo da media Así, o departamento de estudos do banco considera que a economía galega, na que a inflación supera con moito a media estatal ─10,5% en marzo fronte a 9,8% no Estado─ fechará 2022 cun crecemento do seu PIB de 3,4%, mentres que a media prevista para o conxunto dos territorios ascende a 4,1. Porén, a diferenza será aínda máis acusada en 2023, un exercicio para o que BBVA Research prevé unha taxa de crecemento de 2,3%, un punto por baixo da media estatal (3,3%), só por diante Asturias (2%), Castela e León (2,1%) e igualada con Cantabria. En materia de emprego, a previsión de crecemento é de 1,6% para 2022 ─a media estatal sitúase en 2,1%─, mentres que para 2023 estará en 1,2%, fronte 1,7% do conxunto de territorios."}
{"ID": "PRAZA_12643", "summary": "As Xornadas Literarias do Concello de Neda, organizadas conxuntamente coa Facultade de Humanidades de Ferrol, estudan durante tres días unha figura da literatura universal, de Joyce a Virginia Wolf ou Kafka. Nesta ocasión, o protagonista será a poesía de Bob Dylan, que será analizada por Manuel Candelas (Universidade de Vigo), Vicente Araguas, que publicará este ano unha escolma de cancións de Dylan traducidas ao galego, César Candelas, ou o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela, recoñecido dylaniano.", "text": "En 1966 nun concerto en Manchester, despois de que un fan furioso lle berrase \"Judas\" cando Dylan colleu a súa guitarra eléctrica, o de Minnesota díxolles aos integrantes da súa banda \"play it loud\" (tocade forte). Desta vez trátase de quitarlle o volume a Dylan, de retirar a música toda para atopar o que hai debaixo: as letras, as cancións, os textos que para moitos dende hai anos o fan acreedor dun Premio Nóbel de Literatura, ou cando menos digno aspirante a el. O Concello de Neda acollerá a semana que vén as súas xa tradicionais Xornadas Literarias, que despois de ser dedicadas a Joyce, Kafka, Cortázar, Pessoa ou Virginia Wolf, na súa décima edición xirarán ao redor de Bob Dylan. Coma todos os anos, este evento, organizado pola Biblioteca Municipal de Neda e a Facultade de Humanidades de Ferrol (Universidade da Coruña), contará con expertos académicos, escritores, a colaboración do CGAI e coa participación do clube de lectura do Instituto Fernando Esquío, que leva semanas estudando a obra de Dylan. Entre os participantes destaca a presenza, por exemplo, de Manuel Candelas, profesor de Literatura da Universidade de Vigo, que ofrecerá a conferencia inaugural, o mércores 18 na Facultade de Humanidades. As xornadas contarán coa participación do ex conselleiro de Cultura Roberto Varela, recoñecido dylaniano E tamén de César Candelas, autor teatral e creador do blog +dylan, ou Vicente Araguas, que en breve publicará en Xerais unha escolma de 62 cancións de Dylan traducidas ao galego (co título de O meu amor fala caladiño, tradución do primeiro verso de Love minus zero), ou do ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en calidade de dylaniano e fan incondicional do músico. Como salienta o propio Araguas, \"Roberto Varela foi alumno meu de inglés en Lasalle en Santiago. Pensaba que aquel fora un ano perdido, por moitos motivos, pero non o foi tanto se conseguín introducir a Dylan a un rapaz de 14 anos da parte do Salnés. Roberto Varela é agora un gran dylaniano\". \"Se non foi máis coñecido como poeta foi porque quedou sepultado polo Dylan músico, algo que non lle pasou a Brassens porque Brassens era un músico máis limitado\" Músico ou poeta? A primeira pregunta que se podería facer é sobre a altura literaria de Dylan, alén da calidade e complexidade das letras das súas cancións. Para Araguas, \"por riba de todo está o música, pero hai un excepcional letrista, que se non foi máis coñecido como poeta foi porque quedou sepultado polo Dylan músico, algo que non lle pasou a Brassens porque Brassens era un músico máis limitado\". En cambio, para Manuel Candelas é a presenza da música o que lle acabou dando aos textos de Dylan a súa dimensión actual: \"a música amplifica por vía emotiva, xa que forma parte da educación sentimental de moitas xeracións\", pero considera \"natural, case obrigado\", que Dylan sexa protagonista dunhas xornadas literarias: \"a influencia de Bob Dylan na poesía contemporánea, por obvia, parece fóra de toda discusión. Non se explicarían moitos fenómenos literarios sen o seu concurso\". En opinión de César Candelas, \"Bob Dylan é un músico excepcional e nel a letra é a música e viceversa. Son inseparables. Se recitas en voz alta Once upon a time you dressed so fine, threw the bums a dime in your prime, didn't you?, entón estás cantando Like a Rolling Stone. Queras ou non\". \"Non é doado colocalo nunha soa liña poética\" Non resulta doado situar situar o Dylan poeta nun estilo, corrente ou xeración. Como lembra Araguas, \"aparece nas escolmas da xeración beat, aínda que moi collido polos pelos\". Para Manuel Candelas, \"non é doado colocalo nunha soa liña poética\" pois \"Dylan conta historias en moitas cancións, en forma de crónicas ou coma romances ou baladas de persoaxes derrotados. Noutras describe o mundo en forma de caos permanente, cun punto sicodélico, probablemente influido polos poetas norteamericanos beats (o Ginsberg que o acompañou no Rolling Thunder Revue) ou polo propio Kerouac. Outras veces, Dylan tira de simple resumo de relación amorosa (co seu engadido doloroso) co propósito de arrimarse ao espíritu do blues\". Moitos Dylans nun só Bob Dylan ocúltase detrás de moitos personaxes, crea trampas para chegar á súa identidade real. \"Dylan finxe, como todo poeta, citando a Pessoa. Pero é que Dylan é en si mesmo un home de mil pezas\", lembra Araguas. E efectivamente, segue habendo zonas grises na biografía dun home que ocultou ou disfrazou parte da súa identidade e que nos seus 50 anos no mundo da música atravesou moitas e moi distintas etapas, tanto no estilo dos seus discos coma na súa actitude vital. No imaxinario popular quedou marcado o personaxe do cantante comprometido, do rapaz que tocaba a guitarra contra as inxustizas no Greenwich Village de comezos dos sesenta \"O que si sei é que Dylan non minte nunca cando canta\", salienta cun certo candor de fan César Candelas. E aínda que a inmensa maioría das súas cancións falan de amor, \"da paixón amorosa\", en palabras de Manuel Candelas, no imaxinario popular quedou marcado o personaxe do cantante comprometido, do rapaz que tocaba a guitarra contra as inxustizas no Greenwich Village de comezos dos sesenta. \"Xa lle gustaría a el mesmo arrumbar con ese mito: leva toda a vida intentándoo, pero resulta imposible\", di Manuel Candelas, e Araguas salienta que é curioso como ficou esa imaxe, cando a protesta en Dylan está \"sobre todo no segundo e terceiro disco, e despois nalgunha canción solta máis adiante, en cancións dedicadas a algunha causa concreta\" e cando \"o gran Dylan chega máis tarde, con Bringing It All Back Home, Highway 61 Revisited e Blonde on Blonde\". Un disco, unha canción, un verso Disco. Vicente Araguas: Blonde on Blonde. Manuel Candelas: Blonde on Blonde. César Candelas: \"O que vai saír en maio\" Canción. Vicente Araguas: Desolation Row. Manuel Candelas: Sad eyed lady of the lowlands. César Candelas: Mozambique Verso: Vicente Araguas: \"My love, she speaks like silence\". Manuel Candelas: \"\"With your mercurial mouth in the missionary times\". César Candelas: \"Someday, little girl, everything is gonna be new / Someday, little girl, you'll have a diamond as big as your shoe\""}
{"ID": "PRAZA_8798", "summary": "Botticelli pintará na súa Primavera tres mulleres novas danzando baixo as ponlas dunha árbore, douscentos anos despois. Séculos máis tarde, un escritor francés recriará a súa frieza á sombra doutras mozas en flor. Ambos loitando contra a imposición dunha grisenta e desalentadora moral. Perdido no tempo, o noso Poeta aventaría neste maio con renovada fascinación a irrupción, un novo triunfo da invencíbel primavera.", "text": "A primavera enforna unha revolta incandescente. Baixo a súa irreverencia non hai lugar para a represión. A submisión da beleza aos designios relixiosos da virtude é unha linguaxe incomprensíbel para a estación por excelencia. Un poeta galego, na sombra en retirada do século XIII, acendeu un facho para alumear esa beleza \"mudando en clara luz a escuridade\", tal e como prescribira ese precursor do racionalismo que é o poema do Gato Pángur do irlandés Libro de Kells . De Airas Nunez sabemos que foi autor dunha parte das Cantigas de Santa María e que era clérigo. Pouco máis De Airas Nunez sabemos que foi autor dunha parte das Cantigas de Santa María e que era clérigo. Pouco máis. A respecto deste último dato, a confusión terminolóxica é doada. Giuseppe Tavani, autor dunha monografía canónica sobre o poeta publicada por Galaxia, cuestiona tal condición apuntando á tradición europea do termo naquela altura. \"O termo clérigo, máis ca no senso dunha pertenza precisa do poeta ó clero regular, debe ser entendido máis ben como indicativo da súa calidade de home de letras, como tal simple tonsurado,...\" No rigor da cosmovisión medieval a ousadía de Airas dá en desatar o Renacemento. Nun entorno de oficial marxinación nas artes de calquera motivo non relixioso, a natureza ábrese camiño a través dunha lírica esplendorosa. As xeracións de magníficos poetas sucédense, facendo uso dunha abraiante versatilidade apreciábel na diversidade de rexistros, na brillantez e orixinal inspiración da súa obra, que transita no gume do tolerábel pola omnipresente teocracia. Airas sitúa na súa ao meu ver obra capital a tres mulleres novas que bailan á sombra das avelaneiras en flor. Recupera deste xeito unha liña directa coa tradición clásica. A cantiga é atípica. Non é de amor, non é de amigo en sentido estrito senón de maneira tanxencial. O amigo non se agarda. Ámase, mais non ten figuración. É posíbel mesmo que aínda non exista, que estexa por aparecer na vida das mozas. Elas falan de \"se amigo amar\", mais de existir tal amigo, non ronda polo aveledo. Así teiman, de feito: \"Por Deus, ai amigas, mentr´al non fazemos/so aqueste ramo frolido bailemos\". Airas sitúa na súa ao meu ver obra capital a tres mulleres novas que bailan á sombra das avelaneiras en flor. Recupera deste xeito unha liña directa coa tradición clásica A despreocupación da muller que baila en liberdade (o \"bailas e faisme libre\" de Uxío Novoneira ) ten sido unha recorrente fonte de preocupación para todas as expresións do fenómeno relixioso na Historia, obsesionadas co control da conduta moral feminina. Na cantiga de Airas as mozas florecen ao tempo que o fan as avelaneiras. Os seus corpos novos experimentan o indómito alporizar dos sentidos que provoca a primavera. Os adxectivos do Poeta – belidas, louçãas – acrecentan a connotación pecaminosa, convertida ademais en impúdico convite á transgresión (\"quem for louçãa como nós louçãas / so aqueste ramo d´estas avelãas verrá bailar\"). O baile supón, do mesmo xeito que o cabelo solto, a roupaxe ou a nudez, outro dos albos referenciais na represión relixiosa contra a muller. Boa fe dan ao respecto as moi detalladas actas procesais da inquisición, que debullan a delirante instrución, a repugnante tortura practicada nos interrogatorios e a depravación dos representantes da divindade ao se enfrontar á ameaza da identidade feminina. Airas sentiu esa fascinación pola beleza de seu, pola muller danzante, indómita, sen amigo, deleitada na cálida mocidade que a posúe Airas sentiu esa fascinación pola beleza de seu, pola muller danzante, indómita, sen amigo, deleitada na cálida mocidade que a posúe. Relacionou esa xuventude en flor coa natureza en fervor primaveral e ao facelo, puxo conceptualmente fin á Idade Media. Botticelli pintará na súa Primavera tres mulleres novas danzando baixo as ponlas dunha árbore, douscentos anos despois. Séculos máis tarde, un escritor francés recriará a súa frieza á sombra doutras mozas en flor. Ambos loitando contra a imposición dunha grisenta e desalentadora moral. Perdido no tempo, o noso Poeta aventaría neste maio con renovada fascinación a irrupción, un novo triunfo da invencíbel primavera."}
{"ID": "NOS_56348", "summary": "A corporación buenense é a primeira da Galiza en pronunciarse ao respecto, uníndose a outros 15 municipios que aprobaron declaracións na mesma liña, todos de Catalunya", "text": "Anunciaran o debate para o primeiro pleno de xaneiro, mais non cumpriu tal debate. O Concello de Bueu aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo municipal do BNG en que insta á Xunta de Galiza a demandar que o Goberno español proceda \"á prohibición do uso de balas de goma\" aos antidisturbios. Polo mesmo acordo súmase á campaña estatal Stop balas de goma e pasa a sumarse aos outros 14 municipios que quitaron adiante en 2012 un manifesto con similar obxectivo, todos en Catalunya. O BNG de Compostela solicitou xa a moción para presentala tamén á corporación que goberna con maioría absoluta o conservador Ángel Currás. No texto denúnciase que desde 1990 máis de 25 persoas perderon un ollo no Estado a causa destes proxectís. Tamén houbo mort@s. En 1995 o impacto no seu ventre producido por unha bala de goma disparada por axentes da Ertzaintza --colocándolle a pistola en contacto directo co corpo-- asasinou a Rosa Zarra namentres facía parte dunha mobilización contra a carga policial durante o enterro de Lasa e Zabala, asasinados polos GAL en 1983. Máis recentemente, en 2012, máis unha pelota de goma tamén disparada pola Ertzaintza matou o siareiro do Athletic Íñigo Cabacas, quen botou catro días en estado de coma a causa das lesións cerebrais que lle causou o impacto do proxectil. Así as cousas, o grupo que presenta a denuncia en Bueu, o BNG, salienta que algunhas forzas e corpos de seguridade do Estado \"son das poucas policías que utilizan balas de goma en manifestacións e eventos públicos\". \"O Parlamento Europeo, tras uns feitos acaecidos en Irlanda do Norte en 1982, nos que morreron 12 persoas e sete delas menores de 15 anos, instou aos países membros á prohibición deste tipo de armas contra a poboación civil\", e pronunciouse no mesmo sentido en 1984 e en 1997. Aliás, sinala o texto desta iniciativa que estes proxectís poden acadar unha velocidade de 720 quilómetros por hora. Alerta, así mesmo, de que poden danos permanentes en órganos vitais e que son dificilmente controlábeis, xa que ao seren disparadas defórmanse e non seguen unha traxectoria predefinida."}
{"ID": "QUEPASA_1047", "summary": "O seu Departamento de Audiovisual e Multimedia, creado por técnicos municipais, vén de crear unha nova APP para teléfonos móbiles", "text": "O Concello de Santa Comba é un auténtico pioneiro en materia de comunicación dixital. É, sen dúbida, o Concello que máis accións directas realiza para reducir a fenda dixital. A comunicación directa coa cidadanía a través das novas ferramentas dixitais son unha realidade. E ademais, sen gastar un duro. En calquera outro concello ter un servizo de comunicación municipal que inclúa un community manager, mensaxería instantéa, gravación e de plenos (unha TV online, vaia), creación de contidos para a web municipal, impartición de cursos de alfabetización dixital, e mesmo unha APP (a novidade da temporada, da que agora falamos), custaría un importante (pero seguramente rendible) investimento. Pero o de Santa Comba non é un concello calquera. Poucos concellos contan cun grupo de técnicos municipais tan comprometidos, traballadores e versátiles como os Marcelo Recarey, Manuel Vilariño, José María Suárez ou José Manuel Vázquez. Un grupo de profesionais entregados aos seus veciños, que saben o que significa reclicarsel aboralmente levando os seus hobbyes ao servizo do pobo. Eles son os responsables de toda esta marea de información. Como primeiro dato: cando calquera deles sube un documento ou anuncio municipal a dous servizos como Facebook ou wuasap chega de forma inmediata a máis de 8.000 usuarios. Si se utilizan todos os seus servicios telemáticos públicos poden chegar os 50.000 en só un mes. As fiestras dixitais do Concello de Santa Comba A nova APP \"Concello de Santa Comba Xa tiñan unha dende hai anos, pero departamento de Audiovisual e Multimedia acaba de lanzar unha APP para teléfonos móviles xa dispoñible na playstore. Esquelas, traballo, prensa, farmacias, solicitar citas para o centro de saúde ou revisión da ITV, escoitar os plenos ou recibir ofertas de traballo entre outros… Diferentes empresas están ofertando apps similares a un coste que ronda os 6.000 euros que en Santa Comba gracias a maña dos seus traballadores saíulle gratis. Nun só día xa ten 300 descargas pero desde o concello non esperan que sexa o servizo máis demandado. Para os que a queiran disfrutar desde xa, deixamos aquí o enlace directo de descarga para subscribirse na Playstore. Redes sociais As súas redes sociais son seguidas dirariamente por preto de 6.500 personas. O Grupo de Facebook de \"Avisos Concello Santa Comba conta con 1.617 usuarios. O máis popular con todo tipo de información é o Santa Comba Info+ con 4.864 seguidores. Whatsapp O departamento en cuestión xestiona seis grupos de avisos de wuasap que teñen 1.576 membros. Os usuarios reciben todo tipo de avisos de interese xeral, sobre todo de desenvolvemento de actividades, bandos, ofertas de emprego e alertas de temporais recibidas polo 112 Galicia. Televisión online Tamén teñen activo un canal de TV en Youtube con 598 suscritores. Santa Comba é un dos contados concellos que graba en video as sesións plenarias, e aínda que de momento non as emiten en streaming, en menos de 12 horas teñenas subidas a rede, incluso en fins de semana, nun exemplar xesto de transparencia. As sesión plenarias da nova lexislatura teñen preto de 5.500 visualizacións en cinco meses.Neste canal o concello publica todo tipo de videos promocionais das súas actividades como o autocross, rallymix, carreira popular, gala do deporte ou cabalgata de reis. En todo caso, cómpre asegurarse de ter unha velocidade conexión superior a 2Mbps para poder disfrutar de este contenido cunha mínima calidade. Os videos máis vistos son a charla técnico táctica co adestrador David Vidal, incluso dentro dos vestiarios e organizada conxuntamente polo propio concello Xalleiro e o medio Quepasanacosta, que supera as 20.000 visualizacións.Séguelle a entrevista con Marcos Rodriguez Pantoja \"El niño Lobo de Sierra Morena\", que veu a participar en Santa Comba nas xornadas do lobo con un total de 9.879 visualizacións. O terceiro video máis visto é o pleno da moción de censura a José Antonio Ucha con 5.346 visualizacións. Páxina web Si estos datos son espectaculares para un pequeno concello de algo máis de 9.000 habitantes os datos da súa páxina web non quedan atrás. A súa web santacomba.es ten 40.000 entradas mensuais. O meirande éxito da web e pódese decir que de todo o servicio de información público do concello son as esquelas. Creado en colaboración coas funerarias, as cales se lle facilitou un acceso directo da web para que poideran elas mismas subir os datos xa directamente, este servizo conta con máis de medio millón de entradas (exactamente 566.235) en algo máis de dous anos, está rondando as 350 entradas diarias. Cursos de alfabetización dixital O informático municipal leva a Aula CeMIT con paixón, e fai un verdadeiro uso de modernización e inclusión tecnolóxica con cantidade de cursos, como os exitosos cursos de formación a persoas maiores no uso dos teléfonos móbiles."}
{"ID": "NOS_32267", "summary": "O Mareantes RCP celebra o seu 25º aniversario, o 17 de marzo, cun partido entre a selección galega absoluta e a de España Sub 19. O choque entre a selección nacional e a estatal será posíbel grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.", "text": "O rugby galego medirase contra España no amigábel que organiza para o vindeiro 17 de marzo o Mareantes RCP. O partido fai parte dos actos do 25º aniversario do clube pontevedrés e contará coa nosa selección absoluta e a de España Sub-19. O encontro poderá disputarse grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que brinda as súas instalacións do Centro Príncipe Felipe, tanto para o partido como para que España poida concentrarse neste partido internacional. O día anterior, o 16 de marzo, xogarán os veteranos do Mareantes e o Arrasate."}
{"ID": "PRAZA_6271", "summary": "Nun comunicado, o representante de Espectáculos Lito lembra que a súa forma de traballar é que as súas orquestras \"non compartan cartel\" coas formacións doutras empresas, pero ameaza con demandar o alcalde de Monforte polas súas declaracións.", "text": "Non gustaron nada en Espectáculos Lito (a axencia que xestiona as actuacións da Panorama e doutras 80 orquestras) as declaracións do alcalde de Monforte, que hai uns días acusou a empresa de \"chantaxear\" o seu Concello, tras anular a actuación prevista para o 12 de agosto por non ter obtido no concurso público a concesión para organizar o resto dos concertos das festas. Nun comunicado moi crítico remitido aos medios de comunicación, Ángel Pérez Martínez, administrador da empresa, nega que a súa axencia tentase \"chantaxear\" o Concello de Monforte e urxe o rexedor, Severino Rodríguez, a que rectifique publicamente as súas palabras, ameazándoo cunha posible demanda. A empresa esixe que, no caso de que se queira contar cun concerto da Panorama ou da París de Noia, o resto das actuacións do programa de festas tamén lle sexan contratadas No comunicado, iso si, o representante de Espectáculo Lito recoñece e defende o seu modo de actuar á hora de contratar as súas actuacións cos concellos e promotores de festas. En efecto, a empresa esixe que, no caso de que se queira contar cun concerto da Panorama ou da París de Noia, o resto das actuacións do programa de festas tamén lle sexan contratadas. No texto, Ángel Pérez lembra que a súa forma de traballar é que as súas orquestras \"non compartan cartel\" coas formacións doutras empresas. Esta condición, asegura, foille comunicada en todo momento ao Concello de Monforte, algo que nega o rexedor monfortino, Severino Rodríguez. E aquí é onde comezan as diverxencias entre as versións ofrecidas por Espectáculos Lito e o alcalde. Severino Rodríguez asegura que xa o pasado mes de setembro apalabrou unha actuación da Panorama para o vindeiro 12 de agosto, no marco das festas da vila, un acordo que -di- confirmou hai uns poucos meses. Porén, Ángel Pérez afirma que non existía compromiso ningún para que a orquestra tocase ese día, e que só reservaron a data até que se resolvese o concurso que adxudicaría o resto de días de verbena. Dado que que no concurso a oferta presentada por Espectáculos Lito non foi a escollida, a axencia descartou tamén a actuación do día 12. Ángel Pérez afirma que non existía compromiso ningún para que a orquestra tocase ese día, e que só reservaron a data até que se resolvese o concurso que adxudicaría o resto de días de verbena Outro punto no que difiren as dúas versións é nas ofertas que, segundo Severino Rodríguez, Espectáculos Lito lles realizou aos concellos de Sober, Chantada ou Sarria, para actuar o día 12 e cun prezo moi reducido con respecto ao habitual. Estas ofertas foron confirmadas polo propio alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián. O representante de Espectáculos Lito non nega que ofrecesen o espectáculo a outros concellos, pero afirma que a oferta non se limitou aos limítrofes a Monforte. Ángel Pérez defende que non se produciu un intento de chantaxe e acusa o alcalde de Monforte de tentar obter \"réditos políticos ou electorais a conta do bo nome da Orquesta Panorama e desta oficina de representación\". Esíxelle a Severino Rodríguez unha \"rectificación pública\" e ameaza, no caso de non producirse, con adoptar medidas legais contra el."}
{"ID": "NOS_45297", "summary": "Miguel Ángel Lumbres, tripulante peruano que residía en Cambados, e Juan Antonio Cordero, mariñeiro e patrón de pesca de 55 anos e veciño Lepe (Huelva), súmanse aos corpos identificados do naufraxio do 'Vila de Pitanxo'", "text": "O tripulante peruano Miguel Ángel Lumbres foi o segundo identificado do naufraxio do 'Villa de Pitanxo', o barco que naufragou o pasado martes fronte ás costas de Terranova, segundo confirmaron os familiares. Miguel Lumbres, que residía en Cambados, enrolouse no 'Vila de Pitanxo' no último momento, ao ser chamado polo armador debido a que un tripulante dera positivo por coronavirus na PCR previa que realizan todos os mariñeiros. De familia de pescadores en Perú, chegou a Cambados hai 14 anos, dous anos antes que o seu primo Miguel, quen atendeu esta semana aos medios, nunha conversa na que expresou a dor da familia ante o tráxico accidente. Miguel Lumbres comezou na pesca do cerco e levaba agora dous anos traballando para o Grupo Nores. \"El sempre buscaba unha oportunidade\", subliñou o seu primo, quen lembra que se dedicou xa antes ao cerco. Terceira vítima mortal Poucos minutos despois coñecíase o nome doutra das vítimas. Trátase de Juan Antonio Cordero, mariñeiro e patrón de pesca de 55 anos e veciño da localidade onubense de Lepe. O número de corpos identificados elévase, pois, a tres, após o de Rogelio Franco. Segundo indicaron as autoridades ás familias, os traballos de identificación dos sete corpos recuperados proseguirán ao longo deste sábado. Xunto aos sete corpor sen vida, que arribaron hoxe a porto a bordo do 'Praia Menduiña II', chegaron tamén os tres sobreviventes do naufraxio: o patrón do barco, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial Padín, así como o mozo ganés Samuel Kwesi, residente en Marín que se atopan \"ben\" pero \"moi afectados animicamente\", segundo lles trasladaron ás familias. Após a identificación, comezarase coa tramitación por parte das autoridades canadenses e españolas para a repatriación dos corpos."}
{"ID": "NOS_56152", "summary": "De 73 anos, leva 16 retido sen cargos na súa contra.", "text": "Un home de 73 anos de nacionalidade paquistaní, o máis ancián dos que están encarcerados na prisión que Washington ten na illa de Cuba, na baía de Guantánamo, foi notificado nas últimas horas que se aprobara a súa liberación tras máis de 16 anos preso, informou a axencia de noticias Associated Press. Saifullah Paracha, que foi detido polos seus supostos lazos con Al Qaeda, nunca chegou a ser imputado por ningún cargo. Tal e como é habitual, a notificación da liberación carecía dunha explicación detallada. Simplemente comunicaba que Paracha \"xa non é unha ameaza en curso\" para os EUA, sinalou o seu representante legal, Shelby Sullivan-Bennis. Paracha, que tiña a súa residencia nos EUA e unha propiedade na cidade de Nova York, era un home de negocios adiñeirado no Paquistán. As autoridades argumentaron que se trataba dun \"facilitador\" de Al Qaeda que axudou cunha transacción financeira a dous dos organizadores dos ataques do 11-S. El sostén que non sabía que eran membros de Al Qaeda e nega calquera vínculo con organizacións consideradas terroristas polos EUA. Dereito internacional Washington, que capturou a Paracha en Tailandia en 2003 e trasladouno a Guantánamo en setembro de 2004, defende que o dereito internacional ampara a detención indefinida sen presentar ningún cargo. Porén, organizacións como Human Right Watch consideran que non se trata de prisioneiros de guerra ─non hai un conflito entre Estados─ e polo tanto Guantánamo é ilegal. Paracha, que padece diabetes e unha doenza cardíaca, compareceu en novembro por oitava vez ante a comisión que revisa a situación dos reclusos. Esta comisión foi instaurada polo presidente Barack Obama co fin de previr a liberación de presos que as autoridades consideraban que poderían levar a cabo accións hostís contra os EUA tras saíren de Guantánamo. 40 prisioneiros Ademais de Saifullah Paracha, o Goberno do presidente Joe Biden aprobou que outros dous presos de Guantánamo sexan liberados para a súa extradición a varios países que imporán medidas de seguridade na súa contra, segundo detallou The New York Times. Trátase de Abdul Rabbani, paquistaní de 54 anos, e Uzman Abdul al Rahim Uzman, un iemení de 40. Ningún foi imputado durante as dúas décadas que levan baixo custodia. En Guantánamo hai na actualidade 40 prisioneiros: 12 imputados por crimes de guerra e un condenado; outros 19 son considerados demasiado perigosos para seren trasladados a un terceiro país, e o resto agardan a extradición desde hai anos."}
{"ID": "PRAZA_17838", "summary": "Tamén solicita autorización sobre as batidas autorizadas no último ano e o seu resultado. Lembra que a poboación do lobo en Galicia leva décadas estable e avoga por prácticas preventivas, información e por un pagamento de indemnizacións xustas. O Goberno galego recortou este ano un 25% o orzamento para compensar os danos provocados por este animal", "text": "ADEGA vén de dirixir un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural solicitando que suprima as autorizacións para cazar lobos. A entidade ecoloxista sinala que se trata \"dunha práctica anacrónica, acientífica\", que \"non proporciona solucións de coexistencia coa gandería, condiciona a ecoloxía da especie\" e que \"perpetua unha visión negativa sobre o papel e función que o lobo xoga no medio natural\". ADEGA solicitoulle tamén á Xunta información sobre o número de batidas concedidas no último ano e o seu resultado. En concreto, a entidade amosa a súa \"preocupación\" polas \"condicións que poden estar detrás da autorización\" das recentes batidas celebradas en Abadín e Vilalba, que non deron con lobo ningún. ADEGA solicitoulle tamén á Xunta información sobre o número de batidas concedidas no último ano e o seu resultado A asociación destaca que dende os censos dos anos 80 a poboación do lobo na Galica ofrece un tamaño semellante. O lobo está presente no 72,17% do territorio galego, máis en Lugo e Ourense e en menor medida na provincia de Pontevedra. Con todo, é o norte da provincia de Pontevedra e o sur da de Ourense a que presentaría concentracións maiores. O censo de lobo ibérico realizado entre os anos 2013 e 2015 cifraba as mandas de lobos existentes en Galicia en 90, 14 delas compartidas con Asturias, Castela-León e o norte de Portugal. O número total de lobos en Galicia situaríase así entre os 600 e os 800 exemplares. A asociación destaca que dende os censos dos anos 80 a poboación do lobo na Galica ofrece un tamaño semellante \"Non hai máis lobos, a poboación non medra e mantense sumida nun control ilegal polo que morren de 200 a 300 exemplares anuais, practicamente o mesmo numero dos que nacen\" sinala ADEGA. A entidade engade que si hai un incremento na contabilización dos danos debido á mellora no rexistro das comunicacións do 012 e á maior publicidade das axudas \"e non por un incremento da poboación\". \"As axudas compensatorias e as que incentiven un maior e mellor manexo preventivo deben incrementarse, e non decaer coma acontece neste último ano\", subliña a organización. En 2016 o número total de reses mortas por ataques de lobos (ou doutros animais) foi de 1.573, fronte ás 1.258 de 2015 e ás 1.466 de 2014, unha cifra que se mantén estable nesta década, e que tivo o seu máximo en 2010 (1.733). Neste tempo descendeu o número de ovellas mortas, pero incrementouse o de vacas. Lugo é a provincia con máis reses mortas, con máis dun terzo do total. As axudas convocadas pola Xunta para paliar os danos producidos polo lobo para o ano 2018, publicadas en xaneiro, achegan 279.958 euros, cen mil euros menos dos que se achegaban na orde correspondente ao pasado ano (379.958) e inferior tamén á convocatoria de axudas para 2016 (358.958 euros). Sobre as batidas, ADEGA lembra que aínda que están previstas no Plan de Xestión do Lobo de 2009, \"precisan de informes técnicos e autorizacións rigorosamente xustificadas\", algo que non sempre se cumpre Sobre as batidas, ADEGA lembra que aínda que están previstas no Plan de Xestión do Lobo de 2009, \"precisan de informes técnicos e autorizacións rigorosamente xustificadas\", algo que non sempre se cumpre. A entidade sinala que \"unha aplicación rigorosa do Plan resultaría suficiente para proporcionar solucións sen necesidade de recorrer a unha medida tan drástica, polémica e daniña\". Ademais, lembra que os controis \"poden ter un efecto contrario ao pretendido e incrementar os danos. Non existe evidencia científica que demostre o éxito deste tipo de actuacións\". \"Pedímoslle á Xunta que poña en marcha un plan de divulgación e sensibilización sobre a especie, tal e como marca a normativa. Sobre o lobo infórmase con escaso ou nulo rigor, e só fai falta unha desas noticias para que a nivel local cause un impacto ecolóxico crítico para a especie\", explica ADEGA. Prevención e pagamento xusto de indemnizacións \"De manterse un presuposto anual acorde cos danos producidos, e de efectuarse os pagos en poucas semanas, así como simplificando o método de tramitación, avanzaríase moito na mellora de solucións para favorecer a coexistencia\" \"Matar lobos é algo anacrónico e as alternativas de xestión pasan por activar protocolos de manexo preventivo do gando, que vén mostrándose coma a maneira máis efectiva para reducir os danos\", resume. Ademais, engade que as medidas preventivas \"deben completarse cun áxil e xeneroso pago de medidas indemnizatorias por danos\". \"Unha insuficiente dotación, xunto cos atrasos acumulados e a tardanza en facer efectivas estas axudas son un problema que impiden alcanzar unha solución\", sinala. \"De manterse un presuposto anual acorde cos danos producidos, e de efectuarse os pagos en poucas semanas, así como simplificando o método de tramitación, avanzaríase moito na mellora de solucións para favorecer a coexistencia\", din. Neste sentido, dende ADEGA avógase por cambios na tramitación. \"Os danos que sexan certificados in situ polos Axentes de Medio Ambiente como ataque seguro de lobo, sexa suficiente dita acta pra resolver o pago en cuestión de días, sen necesidade de agardar ao ditame da comisión de valoración de danos. Só naqueles casos onde os Axentes puideran apreciar dúbidas razoables da orixe dos danos pois someter a verificación á comisión de valoración\", sinala."}
{"ID": "NOS_33710", "summary": "A bisneta de Manuel Rodríguez, alcalde asasinado polos fascistas, tomará parte n acto, e outros familiares de veciños represaliados polo franquismo estarán no acto, que será o sábado 31 de outubro.", "text": "O Mes da recuperación da Memoria Histórica de Cuntis vai ter un broche especial este sábado, 31 de outubro, coa celebración dun pleno simbólico para restituír a derradeira corporación da II República neste concello, destituída e represaliada polo golpe de estado franquista de 1936. O acto decorrerá na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres. Estará presidido polo alcalde, Manuel Campos Velay, que abrirá unha quenda de intervencións dos portavoces dos grupos con representación na actual corporación. Posteriormente será a quenda de Vanessa Fuentes Guerra, bisneta de Manuel Rodríguez, Alcalde republicano en 1936 e asasinado polos franquistas, que abrirá unha posterior quenda de intervencións de familiares de cuntienses represaliados durante a ditadura. O acto, que estará acompañado pola música de Manoele de Felisa así como de Mini e Mero; rematará na Horta do Cura onde terá lugar a descuberta dunha placa que honrará a todas as cuntienses represaliadas durante a ditadura franquista."}
{"ID": "QUEPASA_150", "summary": "Leilía, De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria e Os do fondo da barra serán os pratos fortes da XII Festa Galega de Malpica", "text": "Este verán a música tradicional galega volverá a inunda as rúas de Malpica con motivo da celebración da XII Festa Galega, que terá lugar os días 16 e 17 de agosto. Unha festa que conxuga o mellor da música galega contemporánea, que este ano estará representada por bandas como Leilía, De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria ou Os do fondo da barra. Non serán os únicos que convirtan Malpica no epicentro da música folk durante toda unha fin de semana. Pronto chegarán máis novidades, pero cómpre ir reservando a data. Leilía tocarán o venres 16 de agosto. O sábado 17 celebraranse os outros tres concertos, nos que reuniremos estilos moi diferentes da música galega de hoxe e de sempre."}
{"ID": "NOS_26211", "summary": "Un grupo de militantes das xuventudes do Partido Popular apuparon @s estafad@s polo calote das preferentes que se manifestaban ás portas da Audiencia Nacional española coincidindo coa declaración de Cospedal. Vídeo no interior", "text": "Desprazáronse desde Castela A Macha para amosaren o seu apoio á secretaria xeral do Partido Popular. Ao berro de \"Cospedal! Cospedal!\" unha vintena de moz@s agardaban ás portas da Audiencia a chegada da líder popular. Xunto a el@s, estafad@s polo calote das preferentes manifestábanse tamén perante o Tribunal para denunciaren o roubo dos seus aforros por Bankia --entidade financeira resultante da fusión de Caja Madrid con outras caixas españolas. A mocidade de NNGG rematou por trocar os seus apoios a Cospedal en asubíos e mofas @s estafad@s. As risadas d@s simpatizantes do PP logo se moveron polas redes sociais que converteu oz hastag #NNGGdelPP e #NuevasGeneraciones en trending topic."}
{"ID": "PRAZA_7344", "summary": "Na súa mensaxe de fin de ano o presidente da Xunta destaca o crecemento económico e a creación de emprego. Fai tamén referencias á mocidade e á lingua, a pesar das estarrecedoras cifras de paro e emigración moza, e do descenso de galegofalantes.", "text": "O presidente da Xunta pronunciou este mércores a xa tradicional mensaxe de fin de ano, e no conxunto das súas palabras a idea clave que podemos tirar é a do optimismo. Un optimismo desbordante ante o 2015, mesmo no referido á situación económica. Dende o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, no Porriño, Alberto Núñez Feijoo salientou que \"a Galicia que decrecía economicamente é agora unha Galicia que aspira a crecer un 2% o próximo ano e a Galicia que destruía emprego é agora unha Galicia que está empezando a crear emprego\". Engadiu, iso si, que isto \"non é dabondo para levar a tranquilidade a tantos fogares con problemas\" pero \"é un limiar necesario\". Para, a seguir, enumerar unha serie de vitorias estatísticas, coma a \"mellor marca de exportacións e balanza comercial\" ou o incremento da débeda pública por debaixo da media das autonomías. No seu optimista discurso non houbo mencións aos centos de milleiros de galegos e galegas en situación de pobreza, pero si pasaron dende as recentes cifras de visitantes ata os contratos en automoción e estaleiros No seu optimista discurso non houbo mencións aos centos de milleiros de galegos e galegas en situación de pobreza, pero si pasaron dende as recentes cifras de visitantes (\"este ano batemos o récord de viaxeiros internacionais\") ata os contratos en automoción e estaleiros (\"os anuncios recentes de contratos e investimentos nestes sectores non son unha casualidade, nin un regalo. Competiamos cos mellores do mundo, e gañamos\"). Tamén a corrupción, da que se limitou a afirmar que \"xuntos podemos gañar unha batalla crucial que atinxe á limpeza da nosa vida pública\" e que \"existe a forza necesaria para vencer individuo que militan no seu interese persoal. Está na indignación cidadá que producen, tamén na dos cidadáns que nos dedicamos á política e que asistimos a como se desvirtúa o servizo público polo que tratamos de dar o mellor de nós mesmos\". Sobre a corrupción política limitouse a dicir que \"xuntos podemos gañar unha batalla crucial que atinxe á limpeza da nosa vida pública\" Núñez Feijoo mesmo fixo referencias á mocidade, a pesar das estarrecedoras cifras de desemprego xuvenil e de emigración: \"Galicia é a catedral de Santiago; Galicia é este Centro Tecnolóxico; Galicia son as mozas e mozos. Pasado, presente e futuro\". E tamén ao idioma galego, sobre o que dixo que \"Galicia é tamén unha lingua, unha lingua que expresa o que fomos, o que somos e o que queremos ser\" e para o que pediu \"recuperar\" o clima de \"complicidade afectiva que se sobrepuxo ás dificultades\". Un discurso baleiro de contido no que non houbo mención ao descenso de falantes, nin a medidas concretas para reverter esa situación; tan só un \"todos sabemos que o galego nos enriquece, e mesmo nos facilita estar no mundo con boas ferramentas expresivas\". Núñez Feijoo gabouse igualmente de \"dicir a verdade\" sinalando que \"mentres a demagoxia cae no simplismo e trata o pobo como menor de idade, a misión do gobernante democrático é dicir a verdade, con toda a súa complexidade, a unha cidadanía adulta\". Núñez Feijoo: \"A misión do gobernante democrático é dicir a verdade, con toda a súa complexidade, a unha cidadanía adulta\" O presidente da Xunta abriu o seu discurso destacando que \"nos transos máis aciagos, Galicia non parou de esforzarse, de investigar, de estudar, de emprender\" e que \"Galicia atravesou unha crise, pero o noso xeito de ser e de facer nunca estivo en crise. Os nosos valores mantivéronse en pé\". E pechouno cunha mensaxe semellante, falando \"dunha Galicia que nunca se resigna, dunha Galicia que escribe o seu destino. Seguirémolo facendo neste 2015\" e concluíndo \"que o xa avanzado foi na dirección axeitada\"."}
{"ID": "PRAZA_4859", "summary": "O ex presidente da Confederación Hidrográfica do Miño e antigo edil en Lugo, Francisco Fernández Liñares, admitiu ante a xuíza os pagamentos que as empresas da suposta trama lle facían como \"agradecemento\" e que sumarían uns 300.000 euros. Audio da declaración no interior.", "text": "No inicio do outono de 2012 estouraba a Operación Pokémon. A xuíza Pilar de Lara ordenaba varias detencións e as primeiras en saltar aos titulares da prensa foron as dos alcaldes de Ourense e Boqueixón. Xunto a eles compartía protagonismo Francisco Fernández Liñares, ex presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e antes home forte dos gobernos de Xosé López Orozco no Concello de Lugo. Ao ser chamado a declarar ante De Lara o que fora responsable en Lugo de áreas tan sensibles como Seguridade Cidadá, Urbanismo ou Economía admitiu que recibira pagamentos de múltiples empresas por importes que, sumados, achéganse aos 300.000 euros, pero antes quixo facer ver que, cando menos de palabra, estaba arrepentido do que fixera ata había pouco tempo. Despois de ser informado de que sentaba ante a xuíza como \"suposto autor de varios delitos de suborno, prevaricación, tráfico de influencias, falsidade documental\" ou \"revelación de segredos\", Liñares solicitou poder \"empezar\" por \"manifestar\" o \"meu absoluto arrepentimento\". Así consta na gravación desa declaración, incluída na parte do sumario sobre a que xa non pesa o segredo e a cuxo contido tivo acceso Praza Pública. O ex edil empezaba pedindo perdón porque \"só faltaba que non o fixese\". Esas desculpas, veu dicir, non chegaban tanto polo feito de que enriquecerse irregularmente sexa intrinsecamente malo, senón porque o fixo en plena crise económica. Liñares di estar arrepentido por enriquecerse \"ilicitamente\" nun \"momento de tanta crise\" El, admitiu no xulgado, fíxose \"cun patrimonio indebido\" mediante o \"abuso\" dos cargos que ostentaba e, polo tanto, \"ilicitamente\". E \"nun momento de tanta crise\", no que \"tan mal o pasan moitas persoas\", o que corresponde é \"resarcir á sociedade\" a través de Facenda, do Ministerio de Xustiza ou \"onde proceda\". No inicio desa longuísima declaración Liñares amósase disposto a devolver \"a parte do meu patrimonio que corresponde ao que ilicitamente gañei\", porque consideraba que \"é o que procede e, en certa maneira, é o que pide a opinión social\". \"Iso é de agradecer e, cando menos, hónrao se o arrepentimento é sincero, como me dá a impresión\", retrucoulle a xuíza. Pagamentos mensuais das empresas Tras o acto de contrición a xuíza entrou en materia instando a Liñares a ratificar se, como viñeran averiguando os investigadores, fora receptor de cartos de múltiples empresas concesionarias de servizos públicos. Lonxe de negalo, Fernández Liñares admitiu eses cobros e \"a fórmula\" a través da que se realizaban. \"Todas eran empresas amigas miñas, coñecidas\", evidencia o ex edil, e pagaban porque quedaban \"moi agradecidas\" por seren receptoras de contratos públicos. Esa, sinala, era a razón das súas \"doazóns\" e \"compensacións\". \"Todas eran empresas amigas miñas, coñecidas\" que quedaban \"moi agradecidas\" por ter contratos públicos, declarou Segundo Liñares non había \"ningún pacto previo\" ou \"porcentaxe establecida\" para os cartos que ía cobrar. Non obstante, \"a través de Javier Reguera\", funcionario do Concello de Lugo ligado a Liñares por, segundo o sumario, unha \"excelente relación\", recibía cada mes un sobre con 1.500 euros como contraprestación pola concesión á empresa Cechalva do servizo municipal de guindastre en Lugo. \"De parte de quen\" chegaban eses cartos? Preguntou a xuíza. \"Non sabería dicirlle con exactitude\". Ese diñeiro enviábao \"a empresa en si mesma\", respondeu o imputado. A través dun sistema semellante chegaban tamén os pagamentos de Doal, a empresa do grupo Véndex que xestiona a ORA en Lugo. Neste caso, a asignación eran 1.000 euros ao mes. Pero, \"por que se estableceu esta retribución mensual, en vez dun pagamento único como noutras ocasións?\", cuestionou De Lara. \"Non sabería contestarlle\", retrucou Liñares, quen explica que Doal realizaba ese \"agradecemento por que se lle concedese a ORA\", aínda que, asegura, \"eu non fixen nada para que se lles dese\" esa adxudicación. Se cadra, especula, os pagamentos periódicos realizábanse porque \"lles parecería máis doado de camuflar, ofrecéronmo eles\", afirma. \"E vostede non dixo que non\", abondou a xuíza."}
{"ID": "NOS_43134", "summary": "A Galiza vai rompendo coa súa micofobia corenta anos despois da publicación do primeiro libro de divulgación e tras sesenta anos de cursos e actividades de formación. Estamos nun ano de seca que augura unha mala tempada silvestre, agravada polo cambio climático, o abandono do rural e a man do home que provoca incendios e protagoniza recollidas indiscriminadas. Os cogomelos son unha riqueza natural que se deben protexer e recoller seguindo a normativa vixente e boas prácticas.", "text": "Cogomelos hainos todo o ano e en case todos os sitios. Certo é que os de maior calidade e en maior cantidade comezan a saír de xeito espontáneo no medio natural cando empeza a chover e a temperatura é suave. Por iso as estacións máis propicias para a súa fructificación son o outono e a primavera. Non queren nin exceso de calor nin de frío, pero si moita humidade. Na maioría dos casos prefiren terreos estercados, aínda que poden aparecer nos hábitats máis hostís, entre pedras ou no medio do asfalto. Galiza sempre foi un lugar rico en cogomelos, malia a escasa tradición na recollida e consumo até hai pouco máis de medio século, cando en 1961 o Centro de Investigacións de Lourizán comezou a impartir charlas e cursos que contribuíron á mudanza dos sentimentos cara a estes habitantes dos bosques. As avoas non tiñan receitas de cogomelos, xa que non os recollían por medo. Foron \"cousas de meigas\" até que a divulgación empezou de xeito formal para amosarlle á xente que había cogomelos saborosos e que alimentaban polas súas vitaminas, que podían sandar polas propiedades medicinais e tamén advertir do risco doutros que podían causar a morte. Neste período mudaron moitas cuestións relativas a este fantástico mundo. Apareceron sociedades micolóxicas, libros, cociñeiros e receitas... e os cogomelos pasaron de ser cousas do demo a elementos de prestixio culinario. Aínda que non é doado cociñar cogomelos e moitas veces mesturamos especies sen ter en conta as texturas, os sabores, os tempos de cocción, os cheiros... A investigación científica tamén foi avanzando aínda que queda moito por estudar. Moitos cogomelos mudaron de nome, incluso varias veces, e algúns que tradicionalmente eran consumidos cambiaron de catalogación e pasaron en casos a ser indixestos ou tóxicos. É imprescindíbel manterse actualizado para non errar, identificalos polas súas características físicas e coñecer o nome en latín, común para toda a comunidade científica internacional. Os cogomelos teñen moitas partes con diversas formas e cores que poden mudar no seu proceso de crecemento e, en función das condicións climatolóxicas, ás veces en moi curtos períodos de tempo, incluso en poucas horas. Algúns poderiamos velos medrar con algo de paciencia. A riqueza natural que constitúen de por si como Reino Fungi, sufriu e sofre distintas cuestións que deberían preocuparnos moito. Os fungos, e os froitos dalgúns deles que son os cogomelos que vemos a simple vista, son depuradores do medio natural. Son os encargados de limpar os restos vexetais e animais, son os socios de determinadas plantas ás que protexen, son alimento de animais e tamén dos homes. O cambio climático está moi presente no mundo fúnxico, desaparecen certas especies e aparecen outras típicas doutras latitudes. A man do home por medio da recollida indiscriminada ou os incendios acaba con parte desta riqueza e o abandono do campo tamén se nota moito entre os afeccionados aos cogomelos, xa que onde había praderías, agora hai monte e, en moitos casos está sen limpar, inaccesíbel e nada propicio para a fructificación de especies. Cogomelos silvestres nos hábitats galegos hainos comestíbeis, sen valor culinario e tamén tóxicos e mortais. Por esta cuestión é imprescindíbel a precaución e a formación botánica no momento de achegarse a este mundo. Non hai regras de identificación popular e todos os anos hai ingresos hospitalarios por consumo de cogomelos tóxicos na Galiza, incluso algún desenlace fatal. Unha das últimas mortes por consumo de cogomelos foi en Quintela de Leirado, na Terra de Celanova, no outono de 2020. En anos tan secos como este 2022, sen case precipitacións no verán, a tempada forte non pinta ben, aínda que a cousa pode mudar se a chuvia fai aparición con certa persistencia. Ademais debemos lembrar que non todo é apañar cogomelos para comer. En moitos casos o paseo lúdico, o feito de facer exercicio, recoller o lixo que tiran outros, fotografar ou identificar especies poden ser cuestións tan satisfactorias como levalos á tixola. Cómpre sinalar que existe unha normativa na Galiza que debemos coñecer e que nos limita a cantidade recolectada a dous quilos por persoa e día e nos marca as prácticas na recollida. Non se poden empregar apeiros agresivos como sachos ou angazos, debemos saír cunha cesta para recollelos evitando unha bolsa de plástico e teremos que arrincalos coa axuda dun coitelo pola base tratando de non danar o medio. O mellor para aqueles que se acheguen por primeira vez ao mundo dos cogomelos é participar en cursos de iniciación que se celebran por toda a Galiza e ir da man de alguén que teña certa experiencia e formación. Hai que empezar pouco a pouco, sen pretender sabelo todo en curto prazo de tempo. Cómpre recordar que existen milleiros de especies só na Galiza. O ideal sería iniciar esta formación na escola, aínda que este labor de sensibilización está nun estadio embrionario na maioría dos casos. Hai colexios que organizan todos os anos charlas, saídas e clasificación de exemplares, pero son os menos. Dado que algúns cogomelos somos quen de cultivalos, poucos, en caso de non ter formación para a recollida sempre queda compralos frescos no mercado, aínda que non sempre están nas mellores condicións. Tamén podemos mercar cogomelos baixo diversas fórmulas de conservación como a conxelación, envasado en bote ou deshidratados. Esta última é probabelmente a mellor fórmula de conservación, xa que moitos cogomelos gañan aroma e non deixa de ser un método doado e económico. Comestíbeis A Macrolepiota procera é o cogomelo máis introducido na cociña galega. De feito é o único cogomelo que ten medio cento de nomes populares en distintos lugares da Galiza, os máis estendidos \"cogordo\" ou \"zarrota\". É dos primeiros cogomelos en aparecer coas primeiras choivas. Tradicionalmente este cogomelo era recollido cando aínda non abrira o sombreiro, práctica hoxe prohibida, xa que de facelo así impediriamos que as esporas, que están na parte inferior do sombreiro, caian ao chan e permitan que o ciclo vital poida desenvolverse. Non deixa de ser un risco tamén recollelo pechado pola posibilidade de confusión con outras especies que poden presentar certa toxicidade. Non debemos recoller ningún cogomelo nin moi novo nin moi vello. A M. procera aparece en distintos hábitats: praderías, beiras de estradas e montes ou terras de cultivo, caracterizada por un pé atigrado con anel móbil e engrosamento na punta e lamelas brancas. Presenta un sombreiro con mamelón central e escamas marróns, que poden desaparecer en caso de moita chuvia e unha carne branca que non cambia de cor en contacto co aire. Cogomelo versátil na cociña, exquisito na prancha, en revolto, como San Xacobe con xamón e queixo, empanado ou en empanada. Este cogomelo non se cultiva, polo que en fresco só podemos telo na tempada silvestre no monte e nalgúns mercados tradicionais. Podemos conservalo conxelado unha vez que estea pasado pola tixola, xa que deshidratado non gaña nada. Tamén aparece nos primeiros compases o champiñón, con variedades como o Agaricus campester. Un cogomelo miúdo que contrasta nas praderías verdes pola súa coloración branca. Con olor agradábel, ten un pequeno pé con restos de anel e lamelas inicialmente rosadas, que acaban sendo cor chocolate, case negras. O sombreiro branco pode presentar escamas na parte superior de tonalidade parda. A carne é branca e non cambia de cor en contacto co aire. Existe unha variedade tóxica que cheira de xeito desagradábel e tingue de cor amarela intensa en distintas partes do cogomelo, como na punta do pé. A variedade A. bisporus é un dos cogomelos máis cultivados do mundo e podemos atopalo todo o ano en fresco nos supermercados. Na Galiza houbo algunha explotación de cultivo, aínda que na actualidade a maioría dos que podemos mercar proceden da Rioxa e Castela a Mancha. Estes champiñóns son habituais en pizzas e preparados ao allo, máis son excelentes tamén na prancha, guisados e ao forno. Podemos incorporalos incluso nunha ensalada ou en cru nun \"carpaccio\". Tamén fan unha excelente crema e podemos preparalos en tempura. Se as chuvias persisten, aparecen os Boletus edulis, dos cogomelos máis apreciados. Caracterizados por un pé groso e carnoso, que podemos empregar na cociña e por ter tubos, unha especie de esponxa en lugar de lamelas na parte inferior do sombreiro. Son cogomelos de gran porte. Teñen a carne branca de cheiro agradábel e presentan unha tonalidade marrón na parte superior. Aparecen baixo carballos, castiñeiros ou piñeiros. Son cogomelos simbióticos, polo que benefician as especies arbóreas onde medran e non existen cultivados, aínda que si se poden micorrizar plantas vivas. Si que aparecen comercializados conxelados, secos ou en conserva. Son cogomelos que combinan perfectamente nunha sobremesa con mazá ou nun licor, ata nunha sopa ou caldo. Cómpre sinalar a presenza cada vez maior do B. aereus, máis escuro e de moita mellor calidade culinaria para moitos autores. Tamén aparecen outros moitos cogomelos comestíbeis e algúns que incluso nin valoramos, como o xénero Russula no que hai varias especies de interese culinario. Trátase dun xénero pouco apreciado polas dificultades que existen en moitos casos para diferenciar unha especie doutra e pola escaseza de carne. Son cogomelos que están frecuentemente atacados por vermes e moitos deles son moi picantes. Tóxicos Tamén podemos atopar cogomelos tóxicos na Galiza. O primeiro que teriamos que coñecer é o causante da maior parte das intoxicacións graves e mortes, a Amanita phalloides. Cogomelo abundante, de presenza vistosa e bo sabor, que comeza a provocar síntomas graves tras seis horas de inxestión, ao atacar os órganos vitais. De característica cor verde oliva no sombreiro, presenta lamelas e carne branca. O pé pode ter reflexos verdes ou ser branco, cun anel en forma de saia e unha volva na parte final. Pode compartir o mesmo espazo físico con excelentes comestíbeis. Existen outros cogomelos de gran toxicidade, como o Paxillus involutus, de tonalidade marrón e moi habitual en distintos hábitats. Un cogomelo que tempo atrás era consumido tras unha cocción prolongada e cambio de auga para eliminar toxinas termolábiles, pero que na actualidade está catalogado como tóxico."}
{"ID": "NOS_31916", "summary": "Esta tarde, ás catro, remata o prazo para a presentación de aspirantes.", "text": "Cando restan pouco máis de 48 horas para que a militancia e simpatizantes (previo abono de 2 euros) de Compromiso por Galicia escollan as súas candidaturas na Convención Nacional de Primarias, que se celebrará este sábado en Compostela, non se coñecen oficialmente @s precandidat@s que aspirarán a encabezar as listas provinciais. No web de CxG non figura a esta hora ningún aspirante. Ás 16:00h de hoxe remata o prazo para a inscrición de pre-candidaturas. A presentación das mesmas require que se entreguen un mínimo de 25 avais, asinados por militancia da súa circunscrición. Nas propias filas de Compromiso agromaron posicións que apostan por non concorrer ás eleccións do 21-O Polo momento, manéxanse oficiosamente os nomes de Xoán Bascuas e Xosé Manuel Pérez-Bouza, quen manifestaron publicamente a súa intención de aspirar a encabezar as candidaturas de Coruña e Ourense, respectivamente. O ex-popular Rafa Cuíña tamén transmitiu --a través das redes sociais-- a súa decisión de optar a ser cabeza de cartel por Pontevedra, poucos días antes de que a ex-conselleira nacionalista, Teresa Táboas, anunciase a súa retirada da política activa. A praza de Lugo é unha verdadeira incógnita. Con todo, ningún dos presumíbeis aspirantes fixo pública a motivación da súa candidatura nin os puntos nos que se basea a súa proposta electoral. As incertezas que rodean esta convocatoria de primarias, acrecéntanse despois de que Espazo Ecosocialista anunciase que abandona Compromiso para se sumar á coalición AGE, con Anova e máis EU, da que CxG ficou excluído. Nas propias filas de Compromiso agromaron posicións que apostan por non concorrer ás eleccións do 21-O e agardar a próximas convocatorias para consolidar o seu proxecto político. Unha interpretación singular das \"primarias abertas\" Desde a dirección de CxG proclaman que as deste sábado serán \"as primeiras eleccións primarias abertas da Historia de Galiza\". Porén, o seu formato e desenvolvemento amosa que o proceso terá pouco a ver coa fórmula que se aplica por diferentes partidos en numerosos países -Chile, Ecuador, Arxentina ou Uruguai, entre outros. @s participantes da Convención apenas poderán coñecer e escoitar as propostas d@s precandidat@s momentos antes de iniciarse as votacións As primarias abertas son unhas eleccións nas que @s votantes dunha determinada circunscrición, seleccionan as persoas que serán candidatas para concorrer nun proceso electoral político, habitualmente comicios nos que se designan cargos unipersoais. Defínense como abertas na medida en que permiten a participación, como elector@s, de persoas non afiliadas á organización política. A principal referencia deste tipo de elección son as primarias norteamericanas, un macroproceso no que se nominan @s aspirantes á presidencia dos EUA polo partidos Demócrata ou Republicano. A experiencia máis recente en Europa foi o proceso de designación do candidato presidencial do Partido Socialista na Francia, do que saíu escollido François Hollande. Existen diferentes variantes dentro do formato de primarias abertas. Nos EUA, por exemplo, a elección é indirecta, xa que @s electores escollen @s delegad@s que elixirán @ aspirante na súa respectiva convención, en troques, no caso francés a escolla foi directa. O certo é que na práctica totalidade das primarias abertas no mundo, estas veñen precedidas por campañas públicas nas que @s aspirantes dan a coñecer os fundamentos da súa candidatura, permitindo que o electorado coñeza --con tempo suficiente-- e poida contrastar os diferentes perfiles que concorren. No caso das primarias de CxG non foi así, e @s participantes da Convención apenas poderán coñecer e escoitar as propostas d@s precandidat@s momentos antes de iniciarse as votacións."}
{"ID": "NOS_9520", "summary": "O tráfico na autoestrada AP-9 caeu un 5,5 por cento con respecto a 2011. Desde 2007 vai encadeando descenso de vehículos que circulan por ela", "text": "O tráfico na AP-9, a autoesdtrada que percorre Galiza de norta a sur, desde Ferrol ata a fronteira con Portugal, caeu no primeiro mes do ano un 5,5 por cento, un descenso a engadir aos que vén rexistrando de xeito consecutivo desde 2007. Así, dos 24.711 vehículos que, de media, circulaban polla AP-9, en xaneiro deste ano este índice baixou ata os 20.667 coches. Segundo os datos do Ministerio de Fomento sobre o tráfico en autoestradas de titularidade do Estado, recollidos por Europa Press, esta autoestrada perdeu tráfico de forma consecutiva dende 2007, cando circulaban de media 27.029 vehículos de media segundo o índice de intensidade media diaria (IMD). Dende 1990, agás os descensos consecutivos de 2008, 2009, 2010 e 2011, é dicir, nos anos centrais da crise económica, só se producira nunha ocasión un descenso de viaxes, foi no ano 1992 con respecto a 1991, cando a AP-9 perdeu un 6 por cento do tráfico."}
{"ID": "NOS_26510", "summary": "A crise de representatividade abre o debate sobre a necesidade de introducir mudanzas no modelo de democracia actual cara á incorporación de mecanismos de participación e control cidadán.", "text": "Poder do pobo. Eis o significado de democracia na súa tradución orixinal do grego antigo. Porén, embora ser considerada a fórmula de goberno máis xusta, o modelo desenvolvido na Europa occidental -baseado na representatividade de institucións eleitas pola cidadanía- atópase desde hai un tempo cuestionado. A desafección abriu unha fenda no sistema político actual marcada pola \"desconfianza cidadá sobre as institucións representativas, unha forte visión crítica sobre o papel dos partidos\" e \"a sensación de afastamento entre cidadanía e institucións políticas representativas\". Así definen os profesores e investigadores Mayor Fuster e Joan Subirats os trazos fundamentais que caracterizan o que conmunmente se denominou crise de representación e que devén dun proceso \"radical\" de \"transformación das bases de socialización e artellamento político\" nos que se alicerzaron \"as relacións entre sociedade e institucións representativas\". O estourido desoutra crise a respeito do modelo de democracia implementado no Estado español após 1978 visa pór fin ao denominado \"modelo de democracia concentrado\". Aquel en que \"os momentos electorais acumulan as tensións e debates no espazo civil\" deixando en mans de \"profesionais\" os \"mecanismos de control e debate o resto do tempo\", explican Fuster e Subirats no artigo Crise de representación e de participación publicado na revista Arbor en 2012. Desde 1978 no Estado español só foron convocados dous referendos, en 1986 e 2005 Eis o cerne, para @s analistas polític@s, da crise de representatividade e en boa medida a causa da desafección cidadá a respeito das institucións políticas, a falta de participación no proceso de toma de decisións. Nomeadamente naquelas que lles atinxen máis directamente. \"O principal problema é que os partidos concorren ás eleccións con programas que, ao cabo dun tempo non aplican e mesmo poden facer o contrario\", sinala o profesor da USC, Andrés Cernadas. Este investigador, especializado en cuestións relativas á participación cidadá, amósase certo de que \"a cidadanía non se sente representada\" e, por iso, \"reclama máis que eleccións cada 4 anos\", pois, \"nese período poden existir cousas importantes sobre as que quere decidir\". \"Nunha sociedade como a actual, na que se multiplican as fontes de información e medran os espazos de contraste de ideas\", para Fuster e Subirats \"non semella lóxica\"a \"concentración temporal\" do exercicio democrático, senón que, pola contra, \"resulta máis efectivo\" potenciar unha \"democracia de control que inflúa e oriente a acción de goberno\" através de \"formas de democracia permanente\", sinalan. \"Os novos movementos sociais reclaman consultas periódicas á cidadanía\" sobre aqueles asuntos que lles inflúen, acrecenta Cernadas en conversa con Sermos Galiza. DOUS REFERENDOS EN 36 ANOS Porén, este feito contrasta coa realidade do Estado español. Desde 1978 tan só foron convocados dous referendos. En 1986 con motivo da adhesión á NATO e en 2005 co gallo da Constitución europea. As grandes mudanzas lexislativas foron acordadas -en termos xerais- polas dúas grandes forzas políticas en alternancia de goberno, PP e PSOE, sen consultar a cidadanía. Un dos exemplos máis paradigmáticos foi a aprobación da reforma do artigo 135 da Constitución española. \"Un pacto de fin de semana\" aprobado pola vía de urxencia, en palabras de Andrés Cernadas, para priorizar o pagamento da débeda a calquera investimento público. Unha reforma lexislativa que condicionou de maneira notábel a vida da cidadanía mais para o que non foi consultada, como en outras ocasións. No Estado español, basta con revisar a hemeroteca, a participación cidadá nos asuntos públicos máis que non ser habitual é unha rareza. Cando menos en materia institucional. Mais, por que? \"É unha cuestión de vontade política\", explica Andrés Cernadas, se ben –acrecenta-- \"o marco xurídico pode que non o facilite\". Neste senso, as consultas populares poden ser desenvolvidas por calquera dos tres niveis administrativos (localautonómico-estatal) embora estaren condicionadas ao exercicio das competencias que lles foron transferidas. Isto é, após a reforma en 2003 da Lei orgánica do Poder Xudicial, aprobada en resposta ao Plan Ibarretxe, a xustiza española castiga con penas de prisión e mesmo de inhabilitación absoluta á autoridade pública que convoque ou autorice unha consulta popular sen lle seren atribuídas \"expresamente\" as competencias nesa materia. Así, o goberno español resérvase o dereito de convocatoria de referendos e consultas en materias conflitivas como a reforma da Constitución e, nomeadamente, fronte ao debate independentista. Aliás, ao tempo que se reserva o dereito de convocatoria, non o exerce. Embora, \"ter potestade para exercer un dereito\" existe \"a prerrogativa de executalo ou non\", sinala o profesor Cernadas. \"Depende da vontade política\". E no Estado español esta semella non existir. O MODELO SUÍZO Porén, acontece que noutros territorios, o normal é votar e someter a consulta popular múltiples e diversos temas. \"O extremo é Suíza\", apunta Andrés Cernadas. \"É un país cunha cultura da implicación cidadá que constitúe unha rareza no sistema global\", explica. A poboación suíza conviviu con referendos e consultas antes mesmo de se aprobar a Constitución de 1848. Nese contexto, a poboación pode exercer os seus dereitos políticos através de diversos mecanismos de democracia directa que conviven co carácter representativo das súas institucións. Así, a Carta Magna suíza formaliza referendos de carácter obrigatorio aos que deberá ser sometida mudanza lexislativa que interprete a Constitución, así como para a adhesión do territorio a un tratado internacional. Asemade, outras leis ou decretos serán sometidos a consulta -se teñen unha duración de máis dun ano- cando un mínimo de 50 mil persoas así o solicitaren nun prazo de 18 meses desde a súa promulgación. Aliás, as Iniciativas Lexislativas Populares deben estar avaladas por 100 mil persoas mais a súa transformación en lei é automática –ao contrario do que acontece en Galiza ou no Estado español que deben ser tomadas previamente en consideración polo poder lexislativo, o Parlamento. Neste senso, a Asemblea Federal poderá presentar –de discordar da ILP-- unha alternativa, iso si, estes textos deberán ser votados de maneira que a cidadanía elixa entre unha ou outra proposta. NOS EUA TAMÉN SE VOTA Un caso menos extremo mais tamén paradigmático en relación co proceder español é o dos EUA. Conxuntamente coas eleccións lexislativas ao Congreso e o Senado, diversos estados norteamericanos someteron a consulta popular até 140 propostas de lei sobre múltiples asuntos. A legalización da marihuana (nos estados de Alaska e Oregón); a penalización do aborto (no estado de Colorado); o control de armas (en Washington) ou a fixación dun salario mínimo para os Estados de Alaska, Arkansas, Nebraska e Dakota do Sur. Os resultados non foron os que se agardaba e, por exemplo, a cidadanía rexeitou incrementar as retribucións salariais mínimas a 10 dólares a hora, o que leva a reflexionar sobre cando preguntar e se todas as cuestións deben ser consultadas. \"Non todo pode consultarse, pois poderiamos rematar con decisións ilóxicas e irracionais mais aquelas cuestións que afecten a cidadanía si deberían ser votadas\" \"Calquera extremo pode ser malo\", sinala Andrés Cernadas. \"Persoalmente coido que non todo pode consultarse pois poderiamos rematar con decisións ilóxicas e irracionais\", mais \"aquelas de sentido común que afecten a cidadanía si deberían ser votadas\". Cernadas exemplifícao a respeito do \"modelo de cidade que queremos\", \"a implantación dunha economía máis ou menos restritiva\" ou o \"modelo produtivo\" a desenvolver. E neste senso, unha Proposición de lei presentada na Cámara galega polo BNG visaba o desenvolvemento do marco legal necesario para que o pobo galego puider pronunciarse –através de diversas ferramentas-- naqueles asuntos que lle afectan. Galiza é, segundo determinan os estudos do profesor da USC, Andrés Cernadas, un exemplo de territorio onde \"non hai participación\". As conclusións que se tiran das súas investigacións remataban coa idea de que \"hai moi poucas cousas que reseñar\" en relación con outros territorios e iso, en si propio, era xa un resultado significativo. \"Unha das causas disto é que apenas hai cultura participativa, a xente está acostumada a non facelo despois de votar\" e delegan o proceso de toma de decisión nas persoas eleitas como representantes. Asemade, acrecenta, \"a fórmula de participación e os asuntos decídeos un político\" polo que \"a cidadanía non sente interese\". Esta reportaxe apareceu no Sermos Galiza nº 123, publicado o 20 de novembro de 2014"}
{"ID": "NOS_44884", "summary": "Estudantes que tiveron sobresaínte no bacharelato e selectividade levaron camisolas contra a lei de Wert no acto na Universidade compostelá", "text": "Alumnado, á que a USC lle recoñece a excelencia e aproveitamento sobresaínte nos estudos de bacharelato e nas probas de acceso á Universidade, levou posta as camisetas da campaña en contra da LOMCE (da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) ao acto celebrado no auditorio de Galiza de Santiago de Compostela. Así o relatan desde as asociacións de pais e nais, como a da Costa da Morte, que aplauden este \" xeito de rexeitar unha lei que liquida a igualdade de oportunidades, ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que só unha minoría do alumnado acceda á consecución da titulación. Unha lei elitista, antigalega, recentralizadora, clasista e segregadora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación correspondente en ESO e en Bacharelato\"."}
{"ID": "NOS_25019", "summary": "En setembro de 2015, a UE comprometérase a acoller 160.000 persoas refuxiadas a través dun sistema de cotas. Porén, tan só foi quen de acoller 1.683, procedentes de Italia e Grecia.", "text": "Após dous meses desde que a UE e Turquía asinaran o polémico acordo en virtude do cal as persoas refuxiadas chegadas ás costas gregas serían devoltas ao país dirixido por Erdogan, apenas se coñecen dados sobre o balance do número de persoas acollidas. E é que a UE, por cada persoa deportada a Turquía se comprometera a acoller outra. Aliás, a UE comprometérase a liberalizar os visados das persoas turcas; pagaríalle 6.000 millóns a Turquía e aceleraría a súa integración á comunidade. Porén, en setembro de 2015 a UE xa quedara en acoller 160.000 persoas refuxiadas a través dun sistema de cotas, mais este sistema resultou un fracaso á vista dos números. E é que só 1.683 persoas foron resituadas. Trátase dunha cifra insuficiente tendo en conta a magnitude da situación. En 2016, segundo a ACNUR, chegaron 194.845 persoas refuxiadas por mar en Europa, a gran maioría a través das costas gregas. Pola súa banda, o Estado español comprometérase a acoller 16.000 persoas refuxiadas entre 2016 e 2017, isto é, un total de 2.000 persoas ao mes. Con todo, até este mes de maio, o Estado español tan só acollera 18 persoas. A pasada terza feira chegaron ao aeroporto de Madrid 20 refuxiadas, 13 sirias e 17 iraquís, e forman parte das 586 persoas que deben chegar ao Estado antes de finais de xuño. Un dos problemas cos que se atopan as persoas refuxiadas é a falta de recoñecemento da formación que recibiron nos seus países. Moitas delas son persoas cualificadas e formadas en cursos e universidade, mais o Ministerio de Educación obriga a certificalos. Segundo a Cruz Vermella é difícil que as refuxiadas porten as certificacións enriba cando foxen dos seus países e se xogan a vida para chegaren a Europa, polo que reclama que se solucione este problema a través de probas de coñecemento."}
{"ID": "PRAZA_16966", "summary": "A inmigración non dá compensado a baixa natalidade, que se ve agudizada pola emigración. A taxa de paro xuvenil é en 2018 apenas tres puntos superior que en 2009, mentres que a proporción de mozas e mozos cun traballo é trece puntos inferior A loita contra a precariedade, no centro das reivindicacións sindicais do 1 de maio", "text": "A loita contra a precariedade, no centro das reivindicacións sindicais do 1 de maio A CIG anuncia unha folga xeral para o martes 19 de xuño CCOO e UGT reclaman que a suposta fin da crise chegue aos traballadores As grandes cifras do mercado laboral galego non deixan lugar a dúbidas no que a grandes titulares se refire. En Galicia a Enquisa de Poboación Activa (EPA) leva catro anos a reflectir unha tendencia á baixa do paro, xusto despois dende que a comezos de 2014 este indicador tocase teito, chegando a roldar as 400.000 persoas á procura dun posto de traballo. O desemprego descende e faino rápido. Concretamente, o seu ritmo é o dobre que o da creación de postos de traballo. As razóns son varias pero pódense resumir nunha perda continuada de poboación por mor dunha natalidade á baixa dende mediados dos anos 80 do século pasado, circunstancia que chegada de inmigrantes non dá compensado e que é agudizada pola emigración, fenómeno que afecta especialmente á mocidade. Esta combinación de factores é un dos focos deste Primeiro de Maio no país, un día de reivindicación obreira contra a precariedade no que mozos e mozas son cada vez menos. A inmigración non dá compensado a baixa natalidade, que se ve agudizada pola emigración Os datos acumulados no INE e mais no IGE non deixan lugar a dudas no que atinxe á minguante poboación xuvenil. A base de datos da oficina estatística estatal permite remontarse ao que é considerado como último ano completo previo á crise económica, o 2007, cando Galicia chegou a rexistrar máis de 100.000 persoas menores de entre 16 e 24 anos a traballar mentres que a poboación desta idade que estaba en situación de desemprego non chegaba ás 20.000 persoas. As inactivas -que non traballaban nin buscaban emprego por estar a estudar, por exemplo-, mentres, eran unhas 140.000 mozas e mozos. Tras unha década de perda poboacional a radiografía é elocuente. A poboación xuvenil inactiva reduciuse levemente, ata a contorna das 138.000 persoas. Mentres, a mocidade de entre 16 e 24 anos que ten un posto de traballo en Galicia non dá chegado ás 40.000 persoas -case 60.000 menos que antes do inicio da crise- e a poboación parada nesta franxa de idade achégase cada vez máis a niveis previos á crise, roldando as 20.000 persoas novamente despois duns anos nos que roldou as 40.000. Na actualidade traballan 80.000 mozas e mozos menos en Galicia que no ano 2009 A radiografía que ofrece o INE encaixa coa que se atopa nas bases de datos do Instituto Galego de Estatística, menos amplas en canto a franxa de tempo pero máis precisas á hora de debullar a situación laboral da mocidade. Concretamente, neste caso, das persoas de entre 16 e 29 anos. No inicio da serie de tempo da oficina estatística da Xunta, que comeza en 2009, rexistrábanse máis de 200.000 persoas neste treito de idade que tiñan un posto de traballo en Galicia; a ampla maioría (unhas 180.000), a tempo completo e as restantes 33.000, a tempo parcial. Case unha década despois traballan en Galicia 80.000 mozas e mozos menos; 83.300 fano a tempo completo e quen teñen un traballo a tempo parcial son arredor de 30.000. A destrución de emprego xuvenil foi, daquela, fundamentalmente a tempo completo. O factor demográfico é tamén obvio neste caso. A poboación xuvenil que traballa en Galicia é no comezo de 2018 é agora un 45% inferior que nos inicios de 2009, pero as mozas e mozos de 16 e 29 anos que están en situación de desemprego tamén se reduciron, pasando duns 60.000 en 2009 a pouco máis de 40.000 en 2018, isto é, unha redución de case o 35%. A taxa de paro xuvenil é en 2018 apenas tres puntos superior que en 2009, mentres que a proporción de mozas e mozos cun traballo é trece puntos inferior Así e todo, a demografía non é a única explicación, toda vez que as taxas de emprego, actividade e ocupación da poboación galega de entre 16 e 29 anos reflicten un menor dinamismo do mercado laboral que nos comezos da crise. A mesma serie temporal do IGE, a que comeza no ano 2009, amosa que hai case unha década practicamente a metade das mozas e mozos tiñan traballo, mentres que un 23% estaba no paro. Isto daba lugar a que practicamente o 65% da poboación xuvenil galega estaba incorporada ao mercado laboral, xa fose traballando ou á procura dun emprego. Despois dos peores anos da crise, nos que as taxas de paro chegaron a superar ás de emprego, o panorama mudou de maneira notable. A taxa de paro leva case cinco anos a descender e está apenas tres puntos por riba da de 2009: un 25,8% no inicio de 2008 e o devandito 23% do ano 2009. No entanto, a taxa de ocupación é ben diferente á daqueles anos: o 36,2% do primeiro trimestre deste ano supón estar trece puntos por baixo dos niveis de 2009. A taxa de actividade tamén se reduciu de xeito evidente: do 64% de 2009 ao 48% que deixa a metade da minguada poboación de 16 a 29 anos fóra do mercado laboral galego."}
{"ID": "NOS_19028", "summary": "Os galardóns recoñecen traballos de investigación aplicada, casos de éxito en transferencia de coñecemento e casos de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía", "text": "A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galiza 2021 coa pretensión de recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas galegas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento. Na súa sétima edición, os galardóns divídense en tres categorías. O premio \"Francisco Guitián Ojea\" distinguirá un traballo de investigación aplicada para recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galiza. O premio \"Fernando Calvet Prats\" destacará un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, froito da colaboración cunha empresa. Irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida. E o premio \"Ricardo Bescansa Martínez\" galardoará un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, froito da colaboración cun grupo de investigación galego. Irá destinado á empresa que implantara con éxito a tecnoloxía transferida. Hai tres categorías, dotadas cada unha delas con 6.000 euros e un diploma acreditativo Aos dous primeiros premios poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación emprazados en Galiza, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro, poderán optar empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado na comunidade. En ningunha das tres modalidades poderán resultar galardoados grupos de investigación ou empresas que foran premiadas nalgunha das tres edicións anteriores do certame, así como tampouco as académicas e académicos da RAGC. O prazo para a recepción de solicitudes ábrese 1 de marzo e pecharase o vindeiro 30 de abril. A tramitación das candidaturas farase de modo telemático, a través dun formulario específico para cada categoría dispoñible nas webs da RAGC (https://www.ragc.gal) e de GAIN (http://gain.xunta.gal). Unha vez cumprimentado, o formulario será remitido ao enderezo electrónico ptt@ragc.gal."}
{"ID": "NOS_49291", "summary": "Presentará mocións en todos os municipios onde ten representación inspiradas no \"espírito de Riotorto\" contra medidas coma o repagamento dos fármacos porque \"queremos que a Xunta desobedeza a Madrid e siga a cubrir medicamentos que hoxe teñen asignación orzamentaria pública\".", "text": "O BNG impulsará desde os concellos en que goberna e naqueloutros onde ten representación mocións en que chama a unha \"rebelión cívica\" inspirada no que denominou \"espírito de Riotorto\" para combater o \"atentado\" do PP contra o modelo do benestar. Anunciouno esta segunda feira o voceiro nacional da formación frontista, Xavier Vence, quen enfatizou que a responsábel de Política municipal, Goretti Sanmartín, está a traballar xa \"man a man\" con rexedor@s e concelleir@s do Bloque para frear desde os executivos municipais medidas coma o repagamento dos fármacos. Todo isto porque, en palabras de Vence, \"queremos que a Xunta desobeceza a Madrid e que siga a cubrir medicación que hoxe ten asignación orzamentaria pública\". \"Contestación\" nos concellos e nas rúas Con ese obxectivo, @s nacionalist@s impulsarán unha \"estratexia\" amparada nunha vía dupla. Dunha banda a resposta social nas rúas, apoiando as mobilizacións convocadas diante de todos os hospitais da Galiza para o 8 de novembro e a manifestación nacional que decorrerá en Compostela o 17 dese mesmo mes. Doutra banda, a resposta institucional, con todos os concellos gobernados polo BNG xa declarados insubmisos perante o repagamento. \"Estamos a demostrar con feitos que é posíbel outra política que preserve os dereitos sociais\", dixo Vence en rolda de imprensa. Para alén dos municipios que cubrirán o gasto en fármacos con diñeiro público --Riotorto, Mondoñedo, Monforte, San Sadurniño, Ribadeo, Allariz, Zas, Vimianzo, Póboa do Broullón--, citou tamén a decisión do concello de Pontevedra de romper o teito de gasto ou o apoio que desde o concello de Tomiño se está a dar aos bancos de alimentos para comedores escolares. Con todo, o chamamento \"á contestación\" esténdese a todos os gobernos locais do País. Dixo Xavier Vence que este \"plan de resposta á política agresiva de recortes\" ten que servir para facer fronte á \"doutrina do shock\" que está a aplicar o PP no ensino, na sanidade ou no sistema de pensións. \"Ten que haber unha rebelión cívica encabezada polos concellos, que son os que están máis próximos á cidadanía\", concluíu o voceiro nacional do BNG. Que goberne a listaxe máis votada é \"anticonstitucional\" Na súa comparecencia perante os medios de comunicación, Vence valorou tamén o anuncio do presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a respeito dunha posíbel reforma eleitoral impulsada polo Goberno español para que goberne a listaxe máis votada, isto é, para vetar as coligacións entre forzas políticas. O nacionalista cualificou a iniciativa como \"máis un golpe á democracia\" e subliñou que, \"se non se retorce a letra da Constitución\" española, esta non permitiría o que o PP pretende. Porén, sinalou tamén que \"non me sorprendería\" que @s conservador@s \"forcen\" a Carta magna para darlle \"un sentido antidemocrático\", pois os gobernos \"deben ser escollidos polos parlamentos\"."}
{"ID": "NOS_17349", "summary": "Fran Pérez, daquela aínda non era Narf, mantivo unha intensa relación co teatro que lle durou toda a vida.", "text": "Branca Cendán -actriz directora e ex responsable do CDG- cóntanos que o músico formou parte do equipo fundador de Chévere xunto con ela mesma, Miguel de Lira, Xesús Ron e Pepe Sendón. Todo comezou no coñecido pub compostelán Atlántico, que funcionou como auténtica lanzadeira da compañía que logo levaría o Premio Nacional de Teatro. A oficina primixenia de Chévere estaba xusto enriba do pub. É a época de Nicho Varullo, actividade que Fran Pérez compaxinaba co teatro. Fíxose cargo da banda sonora de 'Río Bravo', aquel exitosísimo espectáculo de Chévere. El poñía a música e Pepe Sendón a letra, nunha alianza que daría vizosos resultados nos seguintes anos. Desde entón e até o 1998 esta parella asina a música de Chévere, ademais de fundar a Sala Nasa en 1992, xunto co resto da compañía. Nas viaxes a festivais internacionais con Chévere, Pérez entra en contacto co mundo lusófono, especialmente a través do Festival Internacional de Tondela. Froito disto Chévere remata presentando 'Annus horribilis' en Maputo (Mozambique), feito que leva ao músico a conectar con músicos locais e a interesarse polas músicas africanas. De aí xurdiría despois o proxecto Bumba cos Timbila Muzimba en 2005, que logo recuperou para presentar no Womex 16 o pasado outubro. Á marxe das composicións e de tocar en directo nos espectáculos (a maioría das obras de Chévere son musicais), Narf ten participado tamén como actor en numerosas obras desta compañía. A última, na 'Ópera dos tres reás' dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luís Tosar na época en que Branca Cendán guiaba a compañía pública galega. \"Fran é o amigo e compañeiro co que todo o mundo quere traballar. Ademamais do seu talento creativo, é moi xeneroso e xera bo rollo ao seu redor\", conta Cendán, que aínda fala del en presente."}
{"ID": "NOS_6399", "summary": "É posíbel que non lle acaia adxectivación ningunha. Que a memoria sexa só iso, memoria; e que a pretensión de arrexuntala non sexa máis que unha trampullada. Primeiro engadíronlle o de \"histórica\", sen reparar no símil que propuxera o finado historiador británico T. Judt de comparalas con dúas medias irmás. Unha, a memoria, nova, espelida e fermosa, a outra, vellouqueira, aburrida e de escaso atractivo; pero que non poden vivir unha sen outra. A historia precisa do rego constante da memoria e esta vese alterada con frecuencia pola primeira. Agora quérenlle aquelar o engadido \"democrática\", cando é evidente que pouco democrático hai na memoria, sempre persoal, verdadeira, indiscutíbel, subxectiva, certa, \"vasmo dicir ti a min que o vivín\", pódeche retrucar unha testemuña si lle argúes desde o andel da aburrida academia. Así que, na verdade, do que vai o asunto é de non chamarlle ás cousas polo seu nome.", "text": "Se na vez da Lei de memoria histórica de 2007 ou de memoria democrática como agora propón o ministro denominado da Presidencia, de Relacións coas Cortes e de Memoria Democrática, Félix Bolaños, denominasen o anteproxecto Lei de condena da ditadura franquista ou algo parecido non teriamos que andar con estes equilibrios verbais. O que, de novo, se pretende é cumprir cun \"inescusábel deber moral\", loábel nos termos e expresións que emprega e nos que se inspira, pero que ten uns reparos de substancia aos que nos referiremos máis adiante. O borrador supón un avance substancial no rexistro e recoñecemento das vítimas; na retirada da simboloxía, revisión de condecoracións e títulos ou extinción de fundacións; na localización e identificación das persoas desaparecidas e nas exhumacións; no acceso a arquivos e rexistros civís así como na salvagarda dos lugares de memoria; de recoñecemento do movemento memorialista; mesmo dunha certa protección para os investigadores ao considerar que dar a coñecer nomes de autoridades e funcionarios públicos non é contraria á normativa de protección de datos, ou mesmo ao crear a figura dun fiscal de sala para a materia e un réxime de sancións. Xa veremos que percorrido ten este último aspecto e mesmo o anteproxecto, só unha proposta que nin aprobada foi polo goberno. E os reparos. No noso parecer, o primeiro, a validación da Lei de amnistía 46/1977 de 15 de outubro, anterior polo tanto á constitución de 1978 a que con tanta fachenda se alude como configuradora do actual réxime e á que se lle procura unha lexitimidade democrática foránea na sinatura por parte do Estado español, o 30 de abril de 1977, do pacto internacional de dereitos civís e políticos. Na práctica converteuse nunha verdadeira lei de punto final empregada para frear os procesos xudiciais Non é preciso ser moi perspicaz para decatarse de que na práctica se converteu nunha verdadeira lei de punto final empregada para frear os procesos xudiciais, como pon de manifesto que as propias vítimas tivesen que recorrer á xustiza arxentina ou ao procesamento de Martín Villa pola xuíza Servini. En segundo lugar, porque ao longo do preámbulo procúrase a lexitimidade en disposicións externas, como a recomendación do Consello de Europa de 2006, empregada xa como apoio argumental da Lei de 2007, ou o informe de 2014 do relator de Nacións Unidas, Pablo de Greiff, na vez de facelo, en exclusividade, nun proceso de reflexión propio, interno; o que vén demostrar que unha parte da sociedade española segue a considerar o golpe do 36 como necesario e a ditadura que o seguiu un inconveniente comprensíbel, ou, cando menos, que unha parte substancial dos seus representantes políticos así o considera. Nun caso ou noutro estariamos ante a supervivencia desa \"anomalía hispana\" á cal nos referimos para simplificar unha análise máis acaída. A lexitimidade da monarquía Repúdiase e condénase o golpe de Estado do 18 de xullo e decláranse nulas todas as condenas e sancións e ilexítimos os órganos que as emitiron; pero non ilegais. Se así se declarase, tamén o sería a monarquía fundamentada na legalidade franquista que o anterior monarca xurou por dúas veces, a primeira como príncipe en 1969, a segunda como rei en 1975, poucos días despois da morte de Franco. Féchase a porta a calquera tipo de recoñecemento patrimonial, a calquera caste de reparación ou indemnización de índole económica ou profesional Tamén o sería o actual monarca herdeiro daquela legalidade ditatorial. En todo momento se fecha a porta a calquera tipo de recoñecemento patrimonial, por parte do Estado, de calquera Administración pública ou de calquera particular, a calquera caste de reparación ou indemnización de índole económica ou profesional. Simplemente a reparación será parcial, pois esta non afectará á acumulación apropiada por parte do estado ou de empresas do traballo escravo, e as propiedades roubadas, polo estado ou por particulares, non serán devoltas ou resarcidas. Nin se repara o mal causado as vítimas por funcionarios do Estado durante a denominada Transición, nin se fai o mínimo aceno para que algunhas institucións, como a igrexa e outras, emitan algún xesto en demanda de perdón polo moito dano cometido. Pódese coincidir ou non na valoración política da Transición, no que era ou non posíbel na altura, pero máis de catro décadas despois andar a canear até cos xestos só serve para pór de manifesto a escasa consolidación da democracia española, xustamente pola súa orixe transaccional e non de quebra coa ditadura. Veremos se chega a bo porto o anteproxecto e en que condicións."}
{"ID": "NOS_49456", "summary": "Após de votar maioritariamente o 17 de abril concorrer en solitario ás eleccións galegas, Compromiso por Galicia encetou na mañá do sábado o proceso de elección da persoa que encabezará o cartaz da formación política.", "text": "Compromiso por Galicia elixirá o seu candidato ou candidata á presidencia da Xunta nunhas eleccións primarias abertas a todas as persoas que desexen participar. Así o anunciou na mañá do sábado o partido, que aprobou o regulamento destes comicios. \"Con isto abrimos xa o procedemento para elixir o noso candidato ou candidata á presidencia da Xunta, así como os cabezas de lista das outras tres circunscricións provinciais\", puxo de manifesto o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas. O proceso para elixir candidato ou candidata concluirá o 29 de maio, día en que terán lugar as eleccións primarias abertas, \"convidamos toda a cidadanía galega non só a votar, senón tamén a se presentar como candidatos\", salientou Bascuas. As eleccións primarias de Compromiso terán lugar un día após de realizar o PSdeG as súas primarias para escoller cabeza de lista."}
{"ID": "NOS_7356", "summary": "Galiza 1968. A consciencia avivada, o volume colectivo publicado por Sermos Galiza, é un dos finalistas na categoría de Divulgación da IV Gala do Libro Galego 2019. Organizada pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza, a entrega de premios será o 11 de maio en Compostela.", "text": "Ademais, o redactor de Sermos Galiza Daniel Salgado é tamén finalista no apartado de Traxectoria no xornalismo cultural. Galiza 1968, coordinado por Xosé Ramón Ermida Meilán, aborda as mobilizacións estudantís que abalaron o país no axitado final da década dos 60. Pero non só, xa que se debruza igualmente sobre os modos de vida e os costumes da época. Achegan textos ao volume Pilar Allegue, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carmo García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero e Xesús Sanxoás. Na mesma modalidade de Divulgación é finalista o libro Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro, que en parte recolle artigos publicados no semanario Sermos Galiza. \"Con estes premios preténdese rcoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galiza\", sinalan as entidades organizadoras, \"mentres que as modalidades de Iniciativa cultural, Fomento da lectura, Proxecto literario na Rede e Xornalismo cultural recoñecen a traxectoria de varios anos e valoran a constancia ao longo do tempo\". A escolla de finalistas nas 15 categorías xorde das \"bases asociativas das tres entidades convocantes. Posteriormente é sometida a un proceso de revisión e fallo por parte dun xurado externo\". Os premios non teñen dotación económica. A Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal de Compostela o 11 de maio, conta co apoio do Concello da capital, a Xunta de Galiza e a Deputación da Coruña. Veaquí todos os finalistas en todos os apartados da Gala do Libro 2019: Ensaio e investigación - As orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago).- Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).- Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia).- Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento).- Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (editores) (Editorial Galaxia).- Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia). Divulgación - Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).- Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra).- Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza).- Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia).- Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia).- Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora). Narrativa - Besta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).- Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia).- Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia).- Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)- Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia). Infantil - Kusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia).- Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia).- O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora).- Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).- Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia). Xuvenil - A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).- A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia).- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).- Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia).- Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia). Libro ilustrado - Macedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial).- Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora).- Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia). Libro de banda deseñada - Animalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia).- O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor).- O puño e a letra, por VV. AA.(Edicións Xerais de Galicia).- Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia). Iniciativa bibliográfica - A gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza.- Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.- Colección Feminismos, por Editorial Galaxia.- Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do \"25-0 Día de FGL en Galicia\"), por Alvarellos Editora.- Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora. Tradución - A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora).- A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).- Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora).- O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, Belatz, por Manel Cráneo (Demo Editorial).- Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora). Poesía - ...as neuronas irmás..., de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia)- Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora).- Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Edicións Xerais de Galicia).- Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia).- Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora).- Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario). Teatro - A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).- A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).- Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).- Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).- Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María). Libro mellor editado - Galicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia).- Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora).- O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia).- Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora).- Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora). Iniciativa cultural ou fomento da lectura - Asesoría de Bibliotecas Escolares.- Chan da Pólvora (libraría e editora).- Kalandraka TV.- Libraría BD (Vigo).- Libraría Cartabón (Vigo).- Salón do Libro de Pontevedra. Proxecto literario na rede - BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil.- Brétemas, de Manuel Bragado.- Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa.- Kalandraka TV.- ogalego.eu, por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel. Xornalismo cultural - Daniel Salgado.- Montse Dopico.- Ramón Nicolás.- Revista Luzes.- Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso)."}
{"ID": "NOS_39698", "summary": "Dionisio Pereira (A Coruña,1953) é un das voces autorizadas nos estudos da memoria na Galiza. Autor dunha abondosa bibliografía arredor dos movementos sociais e político no período republicano e sobre a represión franquista e autor dunha investigación sobre o papel da patronal pesqueira na represión que se distribúe a quinta feira no coleccionábel Os nomes do Terror", "text": "Leva moito tempo estudando a realidade do movemento obreiro na Galiza mariñeira, como explica a súa fortaleza e a súa capacidade de loita no período republicano e moi particularmente naquelas semanas previas a 18 de xullo de 1936? Un tempiño levo, si, aínda que con intervalos para outras investigacións. Non se debe esquecer que, na altura da IIª República, a industria pesqueira e os seus derivados é o único sector económico verdadeiramente estruturado do país, dende as tarefas extractivas ate a transformación do peixe e as industrias asimiladas. O sector entra nesta etapa logo dun medre acelerado nos anos 20, nos que se incrementa de xeito exponencial a flota e a produción de conservas de peixe, concentrando, daquela, moita man de obra na beiramar tanto masculina como feminina. A demanda de tripulantes e de persoal para as industrias auxiliares e de transformación, non deixou de medrar dende finais do século XIX e o que nun comezo era unha man de obra procedente da pesca artesanal, fragmentada no local e submisa no social, transmutou de xeito paralelo á implantación dunha pesca intensiva, mecanizada e máis esixente no traballo a bordo e nas fábricas de conserva, nunha clase mariñeira e nun proletariado feminino máis concentrados e combativos, logo dunha longa experiencia conflitiva que ten os seus alicerces na derradeira década do século XIX. Daquela, na última etapa da IIª República, coa pesca industrial ou de transición xa moi desenvolvida, a Federación Regional Galaica de la Industria Pesquera (CNT) contou con máis de 18.000 mariñeiros e traballadoras da conserva e da salga, con presenza en 48 portos do noso litoral e unha taxa de sindicación situada entre o 25-30% do total dos pescadores. Resumindo, esta federación libertaria foi herdeira dunha tradición de loita que agromou, mesmo, nun segmento onde o traballo asalariado non era maioritario, pois a retribución era, e segue a ser, á parte, mediante quiñóns, mais no que a opresión e a desigualdade social percibíase con claridade. A CNT contou con máis de 18.000 mariñeiros e traballadoras da conserva e da salga afiliados, con presenza en 48 portos do noso litoral e unha taxa de sindicación situada entre o 25-30% do total dos pescadores Nalgunha das súas publicacións teste achegado de xeito demorado aos números da represión nas filas do sindicalismo mariñeiro, de xeito sintético podíanos explicar o seu alcance e a que lóxica respondeu? Compre advertir, que nos referimos a unhas cantidades que deben ser cualificadas como de mínimos, porque aínda non coñecemos o volume de persoas que foron obxecto de expedientes de responsabilidades civís ou políticas, ou estiveron detidas con carácter de gobernativas. Dito isto, máis de 300 mariñeiros foron asasinados e máis de 1.000 padeceron Consellos de Guerra ou outro tipo de represalias; deles, máis de 20 foron asasinados e, logo, fondeados nas rías, de maneira que non apareceron máis. A explicación de conxunto, obviando casuísticas individuais, non é outra que se pretendeu esnaquizar ese tecido asociativo cuxa grande combatividade puxo en cuestión o dominio dos armadores e fabricantes, quer no económico, quer no político, na maioría das poboacións da beiramar e singularmente nas Rías Baixas. Ao cabo, compre dicir que bótase de menos unha investigación a fondo e de ámbito galego, sobre a represión padecida polas mulleres do mar. O que acontece na maioría da Galiza mariñeira non se entende sen coñecer a confrontación social no mundo do mar que xa viña de lonxe Conserveiros, salgazoneiros e armadores, case sen fisuras, adheríronse desde o primeiro momento a trama golpista e posteriormente xogaron un papel decisivo no asentamento do novo réxime, cal é na súa opinión a causa desta adhesión incondicional? Basicamente, porque as patronais vinculadas ao negocio marítimo entenderon que o réxime republicano non lles aseguraba a continuidade das relacións de produción nas que eran hexemónicos e, a carón doutros sectores reaccionarios, durante a Fronte Popular xa comezaron a conspirar contra a República para achanzar o camiño para un golpe. De feito, moita xente de mar estaba convencida de que a durísima \"guerra da sardiña\" desenvolvida na primavera de 1936 nas Rías Baixas, nun contexto de depreciación do peixe decidida pola Patronal viguesa, pretendía máis que nada abanear a República. Por outra parte e dende un principio, os militares golpistas deixaron ben claro coa ilegalización dos sindicatos mentres as asociacións patronais continuaban abertas, a súa determinación para eliminar o contrapeso sindical nos peiraos e facilitar o retorno ao \"ordeno y mando\" imposto polos armadores. Sinala no seu artigo que \"a represión tivo un inequívoco carácter \"de clase\" ou que \"unha parte significativa da Patronal organizada alentou aos militares para que se aplicase a \"xustiza de clase\", até que punto o acontecido en 1936 non é outro capítulo máis da loita de clases por outros medios? O que acontece na maioría das vilas mariñeiras galegas e tamén no ámbito marítimo dos tres grandes portos da pesca industrial, Vigo-Bouzas, Coruña e Marín, non se entende sen coñecer a confrontación social no mundo do mar que xa viña de lonxe. De feito, no capítulo galaico da historia da loita de clases, ocupan lugares senlleiros a referida \"guerra da sardiña\", o nivel organizativo acadado na Coruña polo \"Despertar Marítimo\", o conflito das motoras sardiñeiras de Moaña que durou un ano entre 1933 e 1934, e o amarre das parellas de arrastre de Bouzas acontecida en 1932 e que polarizou en sentido clasista a cidade de Vigo e contorna durante seis meses. É un intre decisivo da loita de clases nos peiraos, porque resolveu mediante a violencia extrema a conflitividade neste espazo e deu pé á militarización da actividade marítima e á implantación dunhas relacións laborais regresivas, logo do golpe militar. Foi, ao cabo, unha represión de clase, na que sinalados armadores e fabricantes se implicaron directa ou indirectamente nas represalias. Máis 300 mariñeiros foron asasinados e máis de 1.000 padeceron consellos de guerra ou outro tipo de represalias, deles, máis de 20 foron fondeados nas rías, de maneira que non apareceron máis O caso do armador de Bouzas, Víctor Feijoo Montenegro, é paradigmático, mais a pouco que afondemos en moitas vilas da beiramar, aparecerán apelidos significados debruzados nos castigos. Un inciso: aínda está por estudar a intervención dos militares nestes, a carón dos armadores; en Moaña, nas memorias de Luís Pérez \"Nacidas\" se destaca a presenza de mariños do Polígono Naval de Marín, nas sesións de tortura que os armadores argallaban na que fora sede do sindicato Fraternidad Marinera, entre eles do capitán de navío Francisco Bastarreche. Porén, só pretendemos enxergar os verdugos como suxeitos políticos defensores duns intereses determinados, o que non exclúe a complexidade do comportamento humano. Así, no seu \"lusco fusco\" particular, o devandito Montenegro e os controvertidos irmáns Massó, impediron males maiores e protexeron a certos colaboradores de ideario liberal e galeguista, tal que Paz Andrade, Manuel Gómez Román ou Federico Ribas. Con todo, a conclusión non pode ser outra que a patronal dos principais portos pesqueiros foi implacábel cos seus inimigos de clase individuais e colectivos, aproveitando todos os recursos que puña ao seu alcance a autoridade militar emanada do golpe para desactivalos. Agás no caso do complexo pesqueiro carécese na Galiza de estudos a fondo sobre o papel das diferentes patronais na organización da represión, porén cos dados que temos até que punto é extrapolábel o papel da patronal pesqueira a outros sectores empresariais? A pregunta non ten unha resposta taxativa, porque hai poucos traballos sobre a patronal doutros ramos económicos, que albisquen as súas relacións co movemento militar e coa ditadura posterior. En todo caso, Eliseo Fernández, Víctor Oia e eu mesmo temos constatado, que nas principais cidades galegas a visíbel relación entre os conflitos laborais do período republicano e a represión mortal neste espazo urbano, confirma a vontade das novas autoridades de rematar pola brava coa loita de clases na Galiza. Neste contexto debe considerarse o papel das distintas patronais. O devandito non quere dicir, sen embargo, que a represión na Galiza urbana só estea relacionada coa confrontación clasista, pois hai capas medias que apenas participan na loita de clases e tamén resultan moi prexudicadas polo seu compromiso antidinástico."}
{"ID": "NOS_24833", "summary": "Fontes de Salvamento Marítimo sinalan a 'Nós Diario' que aínda se descoñecen as causas do sinistro, que será investigado \"posteriormente\".", "text": "Fontes de Salvamento Marítimo confirmaron na mañá desta quinta feira a Nós Diario que os nove corpos atopados dos mariñeiros falecidos, así como os tres sobreviventes do naufraxio do buque 'Vila de Pitanxo', regresarán a terra esta sexta feira. En concreto, os servizos de rescate de Halifax (JRCC Halifax) confirmaron, alén da suspensión definitiva do operativo de busca, que está prevista a chegada ao porto canadense de Saint John contra as 11 horas —hora da Galiza—, malia que aínda non se determinou cando serán repatriados. A bordo do 'Praia Menduíña 2', aliás, están os tres mariñeiros rescatados, ao igual que sete dos nove corpos atopados até o momento. Os outros dous repousan no 'Nexus' canadense. Salvamento Marítimo di non coñecer aínda as causas do sinistro, que se investigará \"posteriormente\" A respecto das causas do sinistro, desde Salvamento Marítimo afirman non ter coñecemento de reporte ningún do JRCC Halifax e apuntan que a cuestión se resolverá \"posteriormente\", cando se inicie unha investigación. As condicións climatolóxicas adversas dificultaron enormemente a operación de busca, segundo precisaron fontes do dispositivo de rescate, que na cuarta feira xa advertían das baixas probabilidades de achar o resto da tripulación. O Goberno do Perú identifica cinco mariñeiros Por outra parte, o Ministerio de Asuntos Exteriores do Perú confirmou esta cuarta feira que entre os corpos recuperados na operación de rescate hai catro tripulantes con pasaporte peruano e outro coa dobre nacionalidade."}
{"ID": "NOS_43470", "summary": "Há alguns meses, aquando do vigésimo aniversário da CPLP, comentei que a CPLP era uma espécie de prisão para nós.", "text": "Vivemos numa ditadura do Português, pois no nosso consciente essa é a nossa Língua e faz parte da nossa identidade como Nação. Mesmo o nosso ensino bilíngue ainda é muito imaturo e não consegue dar resposta aos nossos problemas, pois a grande maioria da população em Moçambique não fala Português, mas sim uma outra língua local. Por que é que as pessoas que falam, por exemplo, o changana não podem aprender a ler e escrever em changana? Por que é que não criamos alianças com países vizinhos para falarmos as nossas línguas em comum? Nós metemos na cabeça que a Língua Portuguesa é nossa esposa e todas as outras línguas que falamos são nossas amantes, obrigadas a viver na clandestinidade e longe dos espaços públicos. É a CPLP sustenta essa ideia de nós mesmos, fazemos parte desta \"comunidade\" e não criamos uma comunidade de países que falam swahili ou makhwua. A grande maioria da população em Moçambique não fala Português, mas sim uma outra língua local Na África do Sul, por exemplo, nos hospitais há cartazes em línguas locais. Isso facilita o acesso a este serviço. Mas as nossas línguas locais são praticamente invisíveis na esfera pública. Pouca é a nossa literatura em línguas locais e as grandes editoras investem mais em Português. Imaginem quantos escritores já perdemos assim! Temos eximios contadores de historias, mas o seu legado fica pela oralidade. Outros jovens de países vários tiveram opiniões semelhantes. Qual é a relevância da CPLP nos dias de hoje? Por que é que as pessoas que falam, por exemplo, o changana não podem aprender a ler e escrever em changana? O Ministro dos Negócios Estrangeiros Português, Augusto Santos Silva, tem uma opinião diferente. Para ele, a Comunidade baseia-se num princípio de igualdade entre todos: \"São Estados soberanos, iguais em direitos, iguais em responsabilidades. Têm um traço de união fundamental, que é a língua portuguesa, uma língua que pertence a todos, na diversidade com que a usam e enriquecem.\" – 20 anos de CPLP: a melhor juventude. No entanto, as bases onde se apoia a CPLP têm origem na teoria do luso-tropicalismo e é por isso que é difícil falarmos numa relação de amizade e apoio mútuos, quando durante todos anos houve – e ainda há – um desequilíbrio na distribuição de poder. No Brasil, quando participei do Festival do Rio tive o privilégio de assistir o filme moçambicano Comboio de Sal & Açúcar, do realizador brasileiro radicado em Moçambique Licínio de Azevedo. Para a minha surpresa o filme, falado em Português de Moçambique, estava legendado para o Português do Brasil. Achei ridículo! Quando as novelas brasileiras são transmitidas aqui não assistimos com legendas! É como se o nosso Português fosse um dialecto primitivo imperceptível aos outros falantes da Língua Portuguesa. Não sei se os filmes de Portugal tiveram o mesmo tratamento, por exemplo. Mas de qualquer uma das formas já demonstra uma certa arrogância dos brasileiros ao assistir uma obra cinematográfica moçambicana falada em Português. Para a minha surpresa o filme, falado em Português de Moçambique, estava legendado para o Português do Brasil. Achei ridículo! O mesmo se pode dizer do exame de Português a que estudantes moçambicanos são submetidos quando se candidatam a bolsas de estudo no Brasil. Para que serve essa tal Comunidade dos Países de Língua Oficial Portuguesa (CPLP) senão para legitimizar a língua como elo comum a todos? Por que então, há uma hierarquia do Português que se fala? E outra coisa, se a língua é de facto de todos, nós temos tanto direito de alterá-la e usá-la como melhor acharmos no nosso contexto como qualquer outro falante de outro país. Da mesma forma que o Brasil tem palavras e expressões próprias, que nós tentamos entender, nós também temos as nossas e não sinto que estas sirvam de impedimento para quem vê o filme. Da mesma forma que o Brasil tem palavras e expressões próprias, que nós tentamos entender, nós também temos as nossas A propósito, é exactamente esse o grande debate em torno do Novo Acordo Ortográfico. O acordo é um acto violento contra os diferentes léxicos dos Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa (PALOP). Supostamente o objectivo do Acordo é facilitar o intercâmbio cultural e científico e ao mesmo tempo ampliar a divulgação do idioma, no entanto é uma forma de nos obrigar a falar como os brasileiros e os portugueses falam, como se a língua deles tivesse se desenvolvido por auto-combustão e não pelos mesmos processos de transformação que acontecem em todas as línguas (neologismos; estrangeirismos; etc). Na mais recente cimeira da CPLP, realizada no Brasil, falou-se de um projecto de livre circulação dentro da CPLP. Neste momento o mais urgente é a facilitação na obtenção de vistos de residência e o reconhecimento de diplomas, o que tem sido especialmente difícil para os Portugueses e Brasileiros a viver em outros países. O Novo Acordo Ortográfico é um acto violento contra os diferentes léxicos dos Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa (PALOP) Para nós africanos habituados a mendigar para obter vistos e acostumados com a nossa condição de cidadãos de segunda classe, isto é um tema antigo que já deixou até de ser urgente. Não se sabe como irá funcionar ou quais as implicações da livre circulação para aqueles que aderirem ao projecto, mas certamente não irá beneficiar todos de forma igual. Há muito que a Europa e a América do Sul beneficiam da migração africana, aliás, não sei o que teria sido do Euro sem os imigrante (e/ou afrodescendentes) a vestir a camisola dos ex-colonos. Hoje Portugal surpreende-se pelo talento proveniente dos PALOP. Já não servimos apenas para trabalhar nas obras ou como empregadas domésticas, mas também somos artistas, engenheiros, médicos, etc. As descobertas de riquezas mineiras em países como Moçambique e Angola atraem vários empresários, especialmente aqueles que falam o Português Com muito esforço as comunidades afrodescendentes começam a ganhar espaço central e com as recentes crises na Europa e América do Sul, os movimentos de migração começam a acontecer em várias direcções. Adicionalmente, as descobertas de riquezas mineiras em países como Moçambique e Angola atraem vários empresários, especialmente aqueles que falam o Português. É importante que esta nova dinâmica fuja do ideal colonial de irmandade e promova o uso de todas as variantes da mesma língua. Agora queremos o Português na ONU. Mas que Português? O \"novo\" ou o Antigo? E acima de tudo… Será que quando o Presidente Moçambicano falar na ONU, os restantes Presidentes da CPLP precisarão de legendas também? Este texto está tirado do blogue da autora."}
{"ID": "NOS_3065", "summary": "As críticas contra a decisión do xurado nas galas do festival de Benidorm chegan desde diversas frontes. Mentres os parlamentarios no Congreso dos Deputados do BNG, Galicia en Común e senadores do PP exixen explicacións á dirección de Radio Televisión Española (RTVE), o comité de empresa desta compañía pide \"deixar sen efecto\" o triunfo de Chanel e investigar as \"notábeis irregularidades\".", "text": "A sección sindical de Comisións Obreiras (CCOO) de RTVE non se fía do veredicto do xurado na final do festival de Benidorm. Así, nun comunicado emitido onte sinalan que \"as presuntas irregularidades son importantes, tan notábeis que se debería deixar sen efecto a elección da canción que representará España no festival de Eurovisión\". Os representantes de CCOO en RTVE reclaman que \"as distintas direccións implicadas deben aclarar, de maneira urxente, como e quen seleccionou o xurado do Benidorm Fest. Coa mesma urxencia RTVE debe facer públicas as actas das votacións e as incidencias rexistradas, todas no seu conxunto. RTVE debe aclarar urxentemente as relacións entre membros do xurado e a cantante Chanel Terrero. Debe quedar claro se hai conflito de intereses, debe quedar claro o sentido do voto das persoas que, no xurado, teñen ou tiveron relación coa cantante gañadora do festival\". Un dos presentadores da gala, o xornalista e primeiro ministro de Cultura de Pedro Sánchez, Màxim Huerta, vén de engadir máis dúbidas respecto do xurado do certame. Tanto é así que en declaracións ao programa de Telecinco Socialité afirmou que \"tanto Felix Bergsson como Marvin Dietmann -ambos os dous parte do xurado internacional- estaban emocionados con Tanxugueiras, pero o voto é individual\", e se as representantes do xurado estatal votaron á baixa a canción galega dándolle máis puntos a outras opcións, \"isto desmóntase\". As declaracións de Huerta confirman unha actitude por parte dos xuíces españois na final do festival dirixida a prexudicar Tanxugueiras. Isto xa foi denunciado en relación coas semifinais, onde as actas do xurado difundidas polas redes sociais recolleron que as puntuacións máis baixas para o grupo galego procederon dos membros españois do mesmo. Pola contra os integrantes do órgano de nacionalidade non española outorgaron a máxima actuación ás pandereiteiras. Congreso dos Deputados Os responsábeis de RTVE, entidade organizadora do evento, deberán aclarar no Congreso os criterios do xurado -sempre que a Mesa do Congreso non vote en contra das iniciativas do BNG e Podemos presentadas para tal fin-. A este respecto, o deputado do BNG, Néstor Rego, e o voceiro de Galicia en Común e deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, así como sete senadores do PP, teñen formalizado diversas iniciativas. Concretamente Néstor Rego reclama a comparecencia do presidente do ente público \"para informar sobre os criterios utilizados na elección do xurado profesional do Benidorm Fest, o sistema de votacións utilizado e a falla de transparencia\". Gómez Reino reclama coñecer os criterios de elección do xurado e que se realice unha auditoría sobre o cumprimento das bases. E desde o PP, sete senadores preguntan se RTVE coñecía os vínculos dun membro do xurado coa gañadora do festival, a cantante Chanel."}
{"ID": "NOS_14305", "summary": "O Pleno extraordinario acordou esta cuarta feira presentarlle á multinacional a súa proposta, mais antes queren consultar o seu contido cos servizos xurídicos dos sindicatos.", "text": "As intensas reunións desta semana e a pasada entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa en San Cibrao (Cervo) continúan sen ter aínda un resultado concreto. Nun comunicado emitido hoxe, a representación sindical explicaba que unha vez analizada a proposta da multinacional que, entre outras, sinalaba como imprescindíbel a finalización da folga, acordaba unha \"contraproposta\" coa que continuar as negociacións. Antes de enviala sinalan que \"será valorada polos avogados de todos os sindicatos\". Esta contrapropuesta responde, segundo explican os representantes das traballadoras e dos traballadores, á situación na que existe un despedimento colectivo aínda sobre a mesa, xa que, aínda que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o anulou, a multinacional recorreu esta decisión, polo cal \"négase a desistir\" dese proceso. Fontes da dirección da empresa recriminaran a semana pasada que o comité expuxera \"exixencias adicionais\". Despois disto, esta pasada segunda feira, o comité ofreceu suspender a folga se a dirección senta a negociar e se se compromete \"por escrito\" a non parar \"ningunha das series\" e ao mantemento do persoal e da produción nas instalacións da Mariña. No comunicado, o comité expón que, \"debido a que continuamos nun proceso de ERE do que Alcoa se nega a desistir, acordamos unha proposta que leve a un acordo definitivo para que (a empresa) se sente a negociar unha venda coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)\". Tras as decisións da xustiza, que impediu á compañía parar as cubas de electrolisis e anulou o despedimento colectivo que pretendía levar adiante, Alcoa volveu reunirse co comité despois da festa de Reis, sen acordo. Esta segunda feira retomou o encontro que se prolongou durante a terza feira e no que trasladou esa proposta \"definitiva\". Alcoa, despois da sentenza xudicial, asegura estar disposta a negociar unha venda á SEPI malia rexeitar as ofertas no seu momento desta e da multinacional británica Liberty House. En declaracións aos medios, José Antonio Zan, presidente do Comité, afirmaba onte que non terían \"ningún problema en chegar a un acordo\" coa multinacional \"a condición de que\" teña \"garantías\" en relación cunha \"saída á problemática da planta\", mais agora mesmo a empresa \"non desestimou continuar co proceso de ERE\"."}
{"ID": "NOS_44396", "summary": "As fotos do presidente da Xunta con Marcial Dorado indignan a unha gran parte da cidadanía galega. En Change.org vén de se abrir unha recollida de sinaturas para pedir a Núñez Feijóo que demita. \"Porque non é digno para presidir o goberno de todos e todas as galegas\"", "text": "Abriuse a primeira hora da mañá e está a recibir ducias de sinatura por minuto. Manuel Dios creou en Change.org a petición de demisión de Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galiza, un cargo para o que queda invalidado ante a cidadanía, sosteñen os impulsores, após as súas fotografías cun capo do narcotráfico. \"Porque non é digno para presidir o goberno de todas e todos os galegos, porque non é cribel nas súas explicacións en relación coas fotos co capo galego Marcial Dorado, condenado a 14 anos de cadea por narcotráfico\". Así comeza a petición. Na mesma pregúntanse como un alto cargo de Sanidade na década dos 9 0podía ter o descoñecemento de que a droga estaba a borrar do mapa a toda unha xeración en comarcas como as da Ría de Arousa por mor da droga e consecuencias (como a Sida). Feijóo de vacacións con Dorado mentres milleiros de persoas se manifestaban contra os narcos en Vilagarcía ou Vigo E lémbralle a Feijóo que cando el tiña amizade e pasaba as vacacións con Marcial Dorado, miles de persoas convocadas polas nais de Erguete, de Esperta Cambados, e de tantas outras entidades, maioritariamente de nais desesperadas, convocaron unha gran manifestación en Vilagarcía e logo en Vigo, reclamando, entre outras cousas, o isolamento social dos narcos, para evitar a súa impunidade e ostentación públicas, tan habitual daquela, especialmente en Arousa\". \"Porque Galicia non merece un Presidente que, nos anos '90, buscou a amizade dun capo, viaxou con el, paseou no seu barco, visitou a súa mansión na Illa, propiedades imposibles de gañar honradamente\"."}
{"ID": "NOS_6053", "summary": "Sermos Galiza afonda na reforma que marcou o principio da fin dos grandes psiquiátricos monográficos que mantiñan as persoas con trastornos mentais severos encerradas, lonxe da súa comunidade. O novo modelo de traballo promove a integración destas doentes no seu contorno e a recuperación do lazo social perdido, pero a falta de planificación e de novos recursos asistenciais aínda manteñen as persoas enfermas tradicionalmente excluídas en situación de abandono. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Co desexo dunha psiquiatría comunitaria como pano de fondo, o modelo actual que rexe a saúde mental é de consulta ambulatoria. Profesionais da psiquiatría, da psicoloxía e da enfermaría ao servizo dunha demanda desbordante con dificultades para traballar en equipo. Así o describe Ramón Ramos, psiquiatra con actividade profesional na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra. \"Os trastornos comúns ocupan a maior parte do tempo e os casos máis severos sofren a lei de atención inversa. Os máis graves son os que menos atención reciben; o que esixe revisar a ética das intervencións e preguntarnos como seguimos deixando abandonados este tipo de pacientes\". Na actualidade, apenas se desenvolven programas específicos de atención ao trastorno mental severo, un dos obxectivos esenciais da reforma psiquiátrica que promoveu o apagamento dos hospitais psiquiátricos tal como se coñecían para favorecer a atención dos problemas de saúde mental da poboación no ámbito comunitario, potenciando os recursos asistenciais a nivel ambulatorio e domiciliario. Por primeira vez, \"a saúde mental entra a formar parte do sistema sanitario para gozar do mesmo recoñecemento que calquera outra especialidade amparada polo Sistema de Saúde\", explica Miguel Anxo García, psicólogo clínico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e membro do Movemento Galego de Saúde Mental. Unidades de rehabilitación Pasaron máis de 30 anos e os antigos manicomios foron fechando. Só permanece aberto o Hospital Psiquiátrico de Conxo. Agora son Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica, reguladas polo Decreto de 1994 que rexe a saúde mental na Galiza. Ese texto estabelece o número de centros e os recursos necesarios para cada área sanitaria do país. Catro en total. Conxo, na da Coruña; Calde, na de Lugo; Piñor, na de Ourense, e o Nicolás Peña, na de Pontevedra. As catro unidades comparten obxectivos, o mesmo perfil de pacientes e, en boa medida, a organización espacial. Como \"lugares de vida\", di a psiquiatra Chus Gómez, son espazos singulares. Na actualidade é a responsábel clínica das Unidades Hospitalarias de Rehabilitación Psiquiátrica Hospital de Piñor, e como tal, coñece moi ben as persoas internas no seu centro. Sabe os nomes, os trastornos que sofren, como lles afectan e as particularidades sociais, económicas e familiares que as rodean. Alí, como nas outras unidades, conviven persoas con trastorno mental severo, de longa duración e con gran sufrimento psíquico; persoas vulnerábeis polo seu padecemento, en risco de exclusión social e necesitadas de coidados especiais. A dinámica propia dos antigos manicomios desapareceu. Xa non se trata de institucións totais que regulan as 24 horas do día e estabelecen a organización do espazo social e de todo canto ocorre dentro dese espazo sen consideración algunha das peculiaridades dos suxeitos que acollen. \"Nós tratamos persoas, non diagnósticos\", sentencia Chus Gómez, quen cre fundamental respectar a subxectividade de cada doente. Se ben, semella cada vez máis difícil nun momento en que a forma de entender e de abordar a enfermidade mental provocou unha \"explosión de trastornos e de xente diagnosticada\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_14518", "summary": "O vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, asegurou que os xuros do rescate de 100.000 euros feito polo Eurogrupo á banca española afectarán ao déficit \"porque son un gasto\". Xusto o contrario do que dixo o presidente do Goberno español", "text": "\"Quen dá cartos nunca os dá gratis, pon condicións e quere saber que se fai con ese diñeiro\". Así de taxativo se manifestou o vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, ante os micros dunha emisora española, respecto do rescate ao sistema financeiro de até 100.000 euros acordado polos ministros de Economía e Finanzas da zona euro. Póndose na postura de Bruxelas, Almunia levou a contra a Mariano Rajoy. Asegurou que \"os xuros do préstamo\" feito polo Eurogrupo afectarán ao déficit e que \"con certeza que haberá condicións\". \"Son os estados membros os que poñen a facilidade do préstamo, e todo préstamo leva parellas unhas condicións. Non é só devolver o préstamo\". As palabras do vicepresidente da Comisión Europea contradín as pronunciadas este domingo polo presidente español. Rajoy vendeu o seu éxito, insistindo en que \"quen presionou fun eu\" á hora de tomar esta decisión, e recalcou que \"non afectará ao déficit público\" e que \"non hai condicións\" na concesión dos cartos. Con estas palabras, Rajoy desmentiu ao seu ministro de Economía, Luis de Guindos, quen dixera que os xuros xerados por ese préstamo computarían como gasto a efectos do déficit. Joaquín Almunia recuperou esta segunda a explicación dada por De Guindos: \"O préstamos non computa como déficit, mais si como débeda; os xuros si, porque son un gasto\"."}
{"ID": "NOS_27104", "summary": "A popular canción partisana italiana, antada agora en catalán, galego e italiano, convértese nun alegato a favor da liberdade de expresión e pensamento, chiscadela a Silvio Rodríguez incluída. VÍDEO NO INTERIOR", "text": "'Bella Ciao', a coñecida canción partisana italiana, tivo múltiples versións en todos os estilos posíbeis, desde a canción de autor ao folck celta, do reggae ao punk. O tema vén de ter agora unha nova lectura, especial por quen a fai e as circunstancias en que se fai: desde o seu exilio en Bruxelas, o rapeiro Valtonyc grava 'Bella Ciao' para defender a liberdade de expresión e contra a represión. E non o fai so: canda el, diferentes músicos e intérpretes da escena belga, entre elas 'Ialma', o grupo galego-belga que desde o 2000 leva espallando música galega por toda Europa. \"Por Suso Vaamonde\", comeza dicindo Valtony no vídeo, rendendo así homenaxe ao cantautor galego que hai 38 anos tivera que exiliarse pola letra dunha canción. A partir de aí, e co fondo de 'Bella Ciao' cantando por Ialma, rapea o mallorquín en catalán. Retrousos en galego na voz de Ialma: \"E a xente / que vai pasando /Ouh Bella Ciao / dirame \"que bela flor!\", ou \"Esa flor é dun namorado / amante da liberdade\". A canción liga entón co fraseo en castelán que recolle a letra do 'Ojalá' do cubano de Silvio Rodríguez. A versión fíxose viral en internet, con miles de visitas en poucas horas."}
{"ID": "NOS_20689", "summary": "É un batería e performer, que leva o ritmo e a percusión máis alá, sen parar de investigar e colaborar con outras músicas e artistas. Leva 20 anos integrando o grupo Sumrrá, próximo a sacar o seu sétimo disco, e a pasada semana realizou unha intervención artística, nas pistas de patinaxe próximas ao Parlamento, en Compostela.", "text": "Cóntenos como foi esa experiencia de performance e como chegou a ela? O Festival de Artes Performativas, Plataforma propúxome facer unha intervención sonora en relación coas obras realizadas por Manuel Eirís. Unha serie de debuxos producidos a través do rastro que deixan os patíns nas pistas e que se expuxo na Fundación Granell. Así que me pasaron o seu material e a partir diso empecei a traballar co que considerei que era a súa proposta artística. Púxenme a unificar o momento no que estiven eu nesta última época, e cheguei á fenda da obra, da pictórica, pero tamén da sonora. Propuxen, dalgunha maneira, un cadro, dispuxen os obxectos e logo co skate, co que o artista traballaba a súa obra, construín un disparador de auga en base ás catro rodas. A representación xa non sei se foi cadro ou praza ou espazo, ou que foi finalmente. E como é que se decidiu a empregar a auga? Coa auga empecei hai moitos anos, xa en Madrid cando estudaba. Realmente o meu traballo empezou no CEDI (Centro de Encontro para o Desenvolvemento da Improvisación), onde nos deron unha educación moi global, ensináronnos a responsabilizarnos do espazo e do tempo que nos toca vivir como creadores ou investigadores ou artistas. Alí escollín como traballo final o expresionismo abstracto e elixín o traballo artístico de Jackson Pollock. E como todo ten que ver con todo, a partir de aí, dos disparadores de pintura, creei o aquófono. A auga sempre está e a min alucíname como elemento, porque é vida e depende de como te relaciones con ela sempre extraes coñecemento, sobre todo en canto ao ritmo. O ritmo ten que ver con absolutamente todo, porque todo é ritmo, incluso o ruído é ritmo e o silencio ten un ritmo. Pero a acción produciuse nun día de choiva? Si, había tormenta, que podía desembocar en tormenta eléctrica, pero eu non tiña dúbidas porque tamén sabía que para min era unha oportunidade. E o que sucedeu foi único, porque ao chover daquela maneira o instrumento xa non soaba só porque eu o accionase, senón polo efecto da choiva. Encantoume algo que sucedeu alí a nivel creativo, ou de onde situarte, eu estaba no centro... entre o medio que percute e o medio que recibe esa información. Vivín unha sensación excepcional, que tamén era un pouco proceso e busca artística do momento. O meu corpo podía parar os disparos e non chegaban a tocar nos elementos que tiña detrás, así que tamén estaba a traballar co silencio dese tiro que non chegaba ao seu lugar. Sempre me interesou, aínda que soe paradoxal, quitarme do medio, crear cousas que funcionen por si mesmas. E que hai dos seus outros proxectos e de Sumrrá? Xa levamos 20 anos e desde o primeiro momento conservamos a idea de que somos tres individualidades absolutamente diferentes, pero entendemos que ese é o seu gran potencial. Agora mesmo estamos a traballar co sétimo disco, xa a piques de entrar no estudo a gravar. Sumrrá para min reúne esa esencia que ten un grupo, como se fai e que significa, porque é moi diferente traballar para un grupo que para un líder. E logo tamén formo parte da Orquestra Galega de Liberación, que naceu agora para a improvisación libre. Traballo con Valentín Caamaño Trío, con Gerson Tineo, que é un pianista de excepción, con toda a xente do freejazz, as colaboracións con Pablo Seoane ou Alexandre Vargas... Tamén traballo con músicas coma Nastasia Zürcher ou Faia Díaz, coa que estou a preparar un novo proxecto xunto a Nacho Muñoz. E polo demais, a miña casa é a casa da música, aínda que agora co confinamento cambiou algo a cousa."}
{"ID": "NOS_15912", "summary": "Durante esta semana está a ter lugar o festival #follow20, un ambicioso proxecto que arranca este ano coa idea de dar orixe en 2021 á Galician Design Week, integrada nos circuítos internacionais. 'Nós Diario' debulla os obxectivos desta \"edición cero\", que procura conectar o sector coa sociedade do país.", "text": "Durante esta semana transcorre o Festival do Deseño Galego #follow20. Trátase dunha \"edición cero\", destaca Alex Rico desde a organización. É unha iniciativa na que levan traballando máis dun ano: \"Este debe ser xa o plan D ou E\", brinca o creativo sobre as múltiplas reformulacións ás que obrigou a cambiante situación. Con todo, \"empeñámonos en facelo igualmente, aínda que non era o que tiñamos na cabeza\". Iso si, a vista téñena posta en 2021, cando contan con levar a cabo a primeira Galician Design Week, dentro do circuíto de citas internacionais en lugares como Barcelona, Londres, Nova York ou México. O pouso de fondo que motiva esta iniciativa é o de conectar a poboación galega coa realidade do sector. \"Queriamos reivindicar o valor do deseño, que está aí desde que unha persoa se ergue até que se deita, porque o colchón tamén é deseño industrial\", di Rico. A cuestión reside, pois, en facelo \"máis evidente\" para lle prestar atención e decatármonos do seu valor. Entre as persoas participantes atopamos a Marcos Dopico. As letras coas que len o titular desta nova son da súa autoría, igual que outras fontes que emprega a versión en papel de Nós Diario: Atlántica Serif Display, Máis Grotesk e Isacc. O tipógrafo e docente da Universidade de Vigo aprecia a iniciativa do #follow20 de maneira moi positiva, pois non abundan as propostas deste tipo, con frecuencia por parte da Asociación Galega do Deseño (DAG). A súa importancia reside para Dopico na divulgación na sociedade, xa que moita xente aínda \"non ten moi claro\" o que implica este universo das industrias creativas. E é que, a pesar do bo momento que poida atravesar o sector, \"queda moito por facer\". Dixital e presencial A programación ten nesta edición inicial un peso fundamental do dixital, sen esquecer o formato físico, adaptado ás actuais circunstancias, o que implica, \"por desgraza, cunha interacción moi limitada\", sinala Rico. Mais a acollida está a ser boa, quer no virtual -a través de Instagram- quer no físico -co núcleo na exposición da praza de Lugo (A Coruña) ou na carpa na que as creadoras mostran o seu proceso en vivo. Aliás, a programación inclúe múltiplos contidos dixitais, desde unha microserie documental até conversas entre profesionais ou unha revisión de portfolios. De cara ao futuro aspiran a se converter nun \"catalizador de experiencias\" para o tecido profesional galego, nunha edición \"máis física, moi vitaminada e que nos sitúe no circuíto internacional\", asegura Rico. Isto, conciliando tamén unha oferta de ocio \"máis amábel\", para achegarse aos diferentes públicos. O deseño, omnipresente pero invisíbel O deseño na Galiza está, para Rico, \"pouco promovido\" e acusa \"unha fuga de talentos crónica\". De feito, moitas das profesionais que teñen a obra exposta no #follow20 non viven nin traballan no país, destaca. Todo isto explícase pola falta de valorización do seu traballo que o festival quere axudar a paliar. Para Dopico o sector atravesa un bo momento polos profesionais que existen. Porén, pon o foco nos \"retos\" que enfronta o deseño, un deles centrado noutra das súas facetas: a de docente. A formación require dun sistema permanente e con apoio á investigación que permita o mantemento dunha cadea profesional e con consciencia do deseño desde o país. Actualmente, \"a maioría de profesionais son autodidactas ou formados fóra\", sinala. Igualmente, desde unha óptica empresarial, Dopico considera oportuno \"aprender a confiar no traballo dos deseñadores\". Nese descoñecemento xeral do deseño atópanse disciplinas como a tipografía, que Dopico debullou na súa intervención no festival con formato web. O tema enmárcase nas súas investigacións recentes arredor do deseño tipográfico vencellado ao territorio e a aplicación na identidade corporativa, ao tempo que o sitúa nas correntes internacionais."}
{"ID": "PRAZA_3011", "summary": "Esta semana ábrese unha pequena xanela de oportunidade para que as esquerdas españolas, o progresismo territorial e máis os soberanismos galego, catalán e vasco poidan colaborar nun programa común para afondar nas liberdades e na democratización do Estado", "text": "Vaia por diante a miña falla de confianza a respecto das esquerdas españolas, que amosaron a súa radical inutilidade ao longo deste ano. Velaí a miña desconfianza de que cumpran a xeito os seus compromisos con Galicia, malia a boa xestión dos tempos e das-súas estreitas-oportunidades que ven de facer o BNG. Mais a coalición extremista das tres dereitas (nucleadas arredor de FAES e da Coroa) obrígame a lle dar a esta maioría (que non a este goberno) un voto temporal de confianza. Por exclusión, certamente. Porque os discursos dos líderes da dereita extremista (Casado, Abascal e Arrimadas) amosaron o peor desa coalición entre o capitalismo castizo de amiguetes (o do BOE, o do palco do Bernabeu,. sempre refractario á libre competencia) e o que o profesor da USC Antón Losada, sempre acaído nas súas definicións, alcumou de patriotismo de puticlub. Como dixo aqueladamente Aitor Esteban (PNV) as dereitas extremistas españolas son como aquel home WASP (anglosaxón, branco e protestante) que manifestaba fronte ás minorías que USA era dos WASP e as minorías todas estaban de visita. Pois iso. Seica o Estado é deles e os demáis estamos de visita. Somos, pois, cidadáns e deputadas de terceira categoría. Para a tripla coalición da praza de Colón millóns somos malos españois e pertencemos á \"cáscara amarga\".Fronte esta visión patrimonial, clasista e catastrofista da vida pública, as esquerdas españolas haberán decidir o que queren ser de maiores. Se seguen xogar a medioñentos progres que lle mercan a idea da España nación única ás dereitas ou se decatan de vez que sen o concurso do soberanismo galego, catalán, vasco ou canario non suman para afirmar e aprofondar as liberdades que este día negou o tripartito das dereitas.Porque, ao longo da historia das nacións e pobos do Estado español, o progreso canto ao recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e do dereito ao autogoberno e á a libre decisión das súas distintas nacións foi sempre unido canda o progreso das liberdades e das políticas sociais.Esta semana ábrese unha pequena xanela de oportunidade para que as esquerdas españolas, o progresismo territorial e máis os soberanismos galego, catalán e vasco poidan colaborar nun programa común para afondar nas liberdades e na democratización do Estado, pór a economía ao servizo das maiorías sociais e devolverlles ás nacións do Estado a capacidade real de autogobernarse e decidir o seu futuro. Dende o fondo escepticismo deste desconfiado galego: vento nas velas…"}
{"ID": "NOS_44861", "summary": "Máis unha vez, a tensión derivada do calote das preferentes estoupou nun concello do sur de Galiza. Nesta ocasión, Ponteareas, onde o grupo de goberno do PP tivo que liscar por unha xanela antea presión de ducias de afectad@s. Nesta vila, o calote afectou a 800 persoas.", "text": "Concelleir@s fuxindo por unha xanela da Casa do Concello de Ponteareas. Así finalizou o pleno nesta ocalidade do sur de Pontevedra. Unha sesión na que ducias de estafad@s polo calote das prefrentes exixiron ao grupo de goberno, do PP, que os apoiasen de xeito firme e decidido, mesmo prantando cara ás direcións autonómica e estatal do partido. A resposta do rexedor popular, que acusou ao voceiro d@s estafad@s de non estar afectado polo calote das participacións preferentes, alén de dicirlle despectivamente que era \"un sindicalista\", non axudaron a calmar os ánimos. Aliás, ás portas do Concello había concentradas por volta de 200 persoas, vivíndose intres de tensión (o xefe da Policía Local resultou ferido ao caer polas escaleiras após un empurrón). Un importante desplegue, con tres vehículos da Garda Civil e unidades da Policía Local, que pecharon as portas da Casa do Concello para evitar a entrada dos e das concentradas. O alcalde non deixou entrar á oposición Aliás, o rexedor de Ponteareas, do PP, non deixou entrar aos concelleiros da oposición ao pleno, argumentando qiue non se atopaban alí á hora fixada para o inicio da sesión."}
{"ID": "NOS_27483", "summary": "Nun vídeo divulgado pola Mesa este veciño afirma que a contestación que levou no centro de saúde cando pediu ser atendido en galego foi \"vaya a la tienda del barrio, que allí lo atienden, paleto\". Vídeo no interior", "text": "A Mesa pola Normalización denunciaba esta segunda feria que a delegación do Goberno español en Galiza propón sancionar un cidadán cunha multa de 600 euros por reclamar ser atendido en galego nun cribado da Covid19 en abril. A entidade divulga agora un vídeo nas redes sociais nas que este veciño, co rostro pixelado, explica a súa versión do que aconteceu aquel 17 de abril. Sempre segundo esta versión, el estaba no centro de saúde para someterse a un cribado da Covid e solicitou á repecionista ser atendido en galego, momento no que esta lle respondeu, segundo el di, \"váyase a la tienda del barrio que alló lo atienden, paleto\". Recoñece que ficou desconcertado pola resposta e que comentou a dúas sanitarias do centro a resposta que aababa de recibir: \"Dixéronme que non podían facer nada\", afirma, e procedeu a abandonar o centro de saúde. Foi entón, di este veciño denunciado que prefire manter o anonimato, cando topou con 2 axentes da Policía Local, que se dirixiron a el, segundo a súa versión, para dicirlle \"que quen era eu para pedirlle a unha funcionaria que falase en galego, que estábamos en España\". \"De aí a un mes recibín unha notificación de denuncia de 600 euros\", indica. \"Non dou creto\", conclúe. Policía En resposta á denuncia realizada pola Mesa, o xefe da Policía de Rianxo, Raúl Frieiro, sinalou a través do FB deste corpo: \"Nós non entramos en cuestións lingüísticas. Fomos chamados porque estaba alterando a orde nun dispositivo de cribado en plena pandemia\". Frieiro engadiu que, coa súa actitude, o denunciante incluso interrompeu o desenvolvemento da actividade no centro médico e que «faltou ao respecto aos axentes actuantes»\""}
{"ID": "PRAZA_8201", "summary": "A pelicula segue a única ambulancia de Sofía con unidade de reanimación e segundo o xurado \"confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao bordo do colapso social e económico\"", "text": "O Festival Internacional de Documentais de Tui xa ten gañador. O xurado, formado por Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, decidiu outorgar o premio Play-Doc 2013 a Sofia´s Last Ambulance. O filme de Ilian Metev que xa fora galardoado como mellor documental no prestixioso festival de Karlovy Vary e recibido con entusiasmo por crítica e público na súa presentación internacional en Cannes, segue a única ambulancia de Sofía con unidade de reanimación unha noite calquera. Segundo a acta do xurado: \"Sofia's Last Ambulance amósanos tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafíos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao bordo do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer\"."}
{"ID": "NOS_55608", "summary": "O Consello Constitucional Invalida só dous puntos da polémica lei en defensa do laicismo.", "text": "O Consello Constitucional, o organismo encargado de velar en Francia polo respecto da Carta Magna na lexislación, validou o groso da polémica lei en defensa do laicismo que busca frear o que o Goberno francés cualifica de \"separatismo islamista\". A consulta ao organismo xudicial foi presentada por deputados da esquerda e da dereita do arco parlamentario, ao consideraren que a lei aprobada era \"antimusulmá\", para uns, e \"demasiado branda\", para outros, respectivamente. O Consello Constitucional, no entanto, invalidou dúas disposicións. A primeira, referente ao endurecemento no criterio da clausura de asociacións que supostamente fagan apoloxía do radicalismo relixioso. E a segunda, sobre a non renovación dun permiso de residencia a un estranxeiro que se opoña aos valores da República francesa (condensados na separación entre relixión e Estado, que data do ano 1905, e no lema oficial republicano: Liberdade, Igualdade e Fraternidade). Malia caeren estas dúas disposicións do texto orixinal, o ministro do Interior, Gérald Darmanin, felicitouse en Twitter pola decisión do Consello Constitucional. Entre outras medidas, a lei limita a escolarización en casa como maneira de loitar contra o adoutrinamento e somete a un maior control financeiro as asociacións culturais e lugares de culto, exixindo ademais o compromiso de respectar a igualdade entre homes e mulleres. Tamén loita contra os denominados certificados de virxinidade e os matrimonios forzados. A norma, aprobada este ano nas dúas cámaras francesas, é o último intento do Goberno de Emmanuel Macron para controlar o que considera deriva extremista da relixión musulmá, vista como xerme dos ataques terroristas sufridos no país. O presidente recibiu fortes críticas por parte da comunidade musulmá. E tamén se viu presionado polo Exército: en maio pasado, un grupo de militares advertiu dunha \"guerra civil\" se o país continuaba a se \"esborrallar\", ademais de criticar as \"concesións\" ao islamismo. \"Intervención excesiva\" Porén, para o sociólogo francés Vincent Geisser, a lei chega dun diagnóstico sociolóxico con base en datos estatísticos febles e \"fará legal a intervención excesiva do Estado francés nos asuntos dos musulmáns\". \"É coma se houbese unha permanente amnesia francesa. Esquécese que os musulmáns traballaron duro na loita contra o terrorismo e o extremismo, mesmo contribuíron máis que algúns franceses\", sinalou nunha entrevista na axencia turca Anadolu."}
{"ID": "NOS_52222", "summary": "Un ensaio sobre participación política e solidariedade internacionalista abre o libro da 33ª edición do Festival de Poesía no Condado. \"Facer política. Co inxusta, inexpugnábel e corrupta que é a política. Pois precisamente por iso cómpre facer política\", di. Escríbeo un dos grandes autores vascos vivos, case un mito: Joseba Sarrionandia (Iurreta, Euskadi, 1958).", "text": "O seu texto e outro do preso político catalán Jordi Cuixart, presidente de Òmnium Cultural, son o pórtico do volume colectivo coas achegas das poetas participantes no evento, que decorrerá o sábado 31 de agosto en Salvaterra do Miño dedicado ao internacionalismo. E no que participarán Luz Pichel, Xiana Arias, Lara Rozados, Quico Valeiras, Xespi, Margarita Ledo, Iolanda Zúñiga, Laura Ramos Cuba e Carlos da Aira. \"É ilóxico falar de globalización e de cosmopolitismo en abstracto sen ter en conta que a vida de tres cuartas partes da poboación está marcada dunha ou outra forma por un pasado colonialista, pola expansión do capitalismo a escala global a partir do século XV\", argumenta Sarrionandia, poeta, narrador e ensaísta. A participación política e a tenrura dos pobos titúlase un prólogo polo que transitan Rosseau, Castelao, Augusto Monterroso, Emmeline Pankhurst ou o Che Guevara. As teses da contribución de Sarrionandia, o Sarri da célebre canción de Kortatu, veñen coincidir coas explicacións que ofrece a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, impulsora do festival, sobre a escolla temática da edición: \"A SCD do Condado [impulsora do festival] quere levar a Salvaterra do Miño a solidariedade cos pobos que, como o galego, loitan polos seus dereitos nacionais e sociais no camiño da independencia, como poden ser os pobos vascos, catalán ou irlandés\", sinalan os promotores, \"mais tamén apoiamos as causas dos países os cales vén ameazada a súa soberanía polo imperialismo, como é o caso da Venezuela, Siria ou Cuba\". Para afondar na cuestión servirá a Mesa das Ideias. Nela sentarán a debater o xornalista portugués Bruno Carvalho, a activista do colectivo Mar de Lumes Olaia Chaves, a portavoz do BNG en Europa Ana Miranda e o representante da Frente Popular para a Liberación de Palestina (FPLP) Fayed Badawi. A músicaMais o Festival de Poesía no Condado, cuxa orixe se remonta aos anos da restauración democrática e que celebrou a súa primeira edición en 1981, naceu xa como o cruzamento de palabra e música, escritoras e bandas. Xornada cultural lúdica e aberta, convoca xentes de toda a Galiza. O Partido Popular intentou este ano criminalizar o encontro baixo unha singular acusación: que fai \"apoloxía do independentismo\". Quedou en desafortunados, desinformados titulares de prensa e mais nada. En todo caso este 31 de agosto, haberá \"recitais poético musicais\" de A Tol, Malvares de Moscoso, As Tres Nebrosas e Cinta Adhesiva. E un amplo programa puramente musical. Ameaça de Bombo, De Ninghures, o rap feminista de Flow do Toxo, Sapoconcho sen Poncho, o ska punk de combate de Liska ou o clasicista rocanrol de The Lelli Kelly's fan parte dun cartel que conta con tres das artistas de maior repercusión do pop galego actual: Sés, Familia Caamagno e Dios Ke Te Crew. O limiar de Joseba Sarrionandia remata con José Martí, poeta e patriota cubano, precursor do panamericanismo revolucionario, que no seu día se dirixiu ao río Niágara nos seguintes termos: \"...Que sexan libres e xustos todos os pobos da terra: que non empregue ningún o poder obtido pola liberdade en lla arrebatar aos que se amosaron dignos dela; que se un pobo ousa poñer a man sobre outros, non lle axuden ao roubo sen que saias, oh Niágara, dos bordos, os irmáns do pobo desamparado\". Nota: o escritor vasco Joseba Sarrionandia na Habana en 2016."}
{"ID": "NOS_34117", "summary": "Haberá unha mostra de fotografía en varias rúas da cidade da Coruña. Aliás, está prevista unha representación no Teatro Colón e unha xornada sobre arte e saúde na Fundación Luís Seoane.", "text": "O Festigual, proxecto impulsado pola Fundación Emalcsa na Coruña co obxectivo de impulsar unha cultura máis inclusiva, afronta o groso da súa programación con máis actividades artísticas e tamén fornecendo aprendizaxes especializadas. Un dos pratos fortes da semana será o achegamento a toda a sociedade, a través dunha exposición sobre a inclusión que estará nas rúas. En concreto, trátase dunha mostra de fotografía que pendurará dos farois da cidade e que leva por título \"Unha mirada desde a diversidade\". As imaxes poderán desfrutarse ao camiñar polos Cantóns de Méndez Núñez, a avenida do Porto, a praza de Lugo, Primo de Rivera e a praza de Ourense. A iniciativa foi creada pola axencia Nós Why Not, a primeira firma de fotografía cun cadro de persoal formado por persoas con discapacidade intelectual. PlaTEA e o pirata desde a perspectiva de xénero Ademais, na quinta feira, 18 de novembro ás 20 horas, o escenario das propostas igualitarias será o Teatro Colón, onde haberá unha representación feita, pensada e interpretada para todos os públicos. Levaraa a escena unha compañía canaria, PlaTEA -integrada na Fundación DISA que promove o teatro como terapia e método de inclusión para persoas con trastorno do espectro autista-. Este colectivo converte En busca de Barbarroja nunha \"disparatada aventura musical con perspectiva de xénero sobre o famoso pirata e a súa intrépida filla Sister Ping\". A entrada será gratuíta até completar a capacidade. A creatividade, unha ferramenta para a saúde Como acción de fechamento do Festigual esta semana, a Fundación Luis Seoane acollerá a xornada Arte e Saúde, coa que a organización deste evento pretende dar unha maior visibilidade \"á importancia da arte e a creación como ferramenta para a saúde comunitaria\". Estas sesións están creadas e coordinadas por Rebeca Ponte e Carlota Pérez, e contarán coa presenza do profesor do Master de Arteterapia da Facultade de Girona, Álvaro Prats, e a responsábel de proxectos arteterapéuticos nos hospitais Puerta del Hierro e La Paz de Madrid, María del Río Diéguez. As prazas para acudir son gratuítas se ben requiren inscrición previa."}
{"ID": "PRAZA_10306", "summary": "A Xunta deu a coñecer este luns o borrador da futura Lei do Xogo, que foi cualificada como \"ambigua\" ou \"incompleta\" por expertos e asociacións veciñais ou de afectados pola ludopatía. Juan Lamas (AGAJA) cre que moitas das medidas introducidas para evitar que xoguen os menores non serán efectivas", "text": "A Xunta deu a coñecer este luns o borrador da futura Lei do Xogo, que substituirá á norma vixente, que data do ano 1985. Sobre o proxecto paira a necesidade de poñer couto á expansión das tendas e salóns de apostas e de introducir elementos que limiten o risco de adiccións e de captación de usuarios menores de idade, un sector da poboación no que as apostas están a introducirse con rapidez, xerando importantes problemas.O texto, como xa fora adiantando nos últimos meses, introduce elementos de seguridade no acceso de menores e varias limitacións para a apertura de novos establecementos. No anteproxecto establécese que todos os locais de xogo deberán ter control de acceso para evitar a entrada de menores e das persoas que figuran voluntariamente no rexistro de prohibidos. Así mesmo, o número de autorizacións para a apertura de salóns e tendas de apostas limítase ás que xa existen na actualidade e ás que están en tramitación.\"Fai máis dano a casa de apostas do barrio de Navia a 20 metros dun parque infantil que a 100 metros dun parque escolar\"Con todo, o borrador feito público foi recibido con críticas por parte de expertos e das asociacións de afectados polo xogo, que coinciden en considerar o proxecto \"morno\", \"incompleto\", \"ambiguo\" e mesmo \"pouco valente\". Así opina tamén Juan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA) e director técnico de FEJAR (Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados). \"Non recolleron ningunha das alegacións que presentáramos no seu día\", critica, lamentando sobre todo a ausencia de todos os elementos relativos coa prevención. \"Un imposto especial, recadado pola propia actividade do xogo, debería servir para introducir programas de prevención\", di e propón que \"a Lei do xogo debería ser auspiciada polo Ministerio de Sanidade e non polo organismo regulatorio do xogo, como é Facenda\". \"Non recolleron ningunha das alegacións que presentáramos no seu día\"Lamas concorda con algunha das medidas introducidas no texto, como o incremento das distancias mínimas entre colexios e casas de apostas (\"é algo que levamos 20 anos reclamando\", sinala), pero reclama que estas distancias mínimas se establezan tamén en relación cos parques infantís ou coas instalacións deportivas. \"Fai máis dano a casa de apostas do barrio de Navia a 20 metros dun parque infantil que a 100 metros dun parque escolar\", di.A norma prevé que propietarios dos locais de hostelería pasarán a ser responsables de que ningún menor faga uso das 3.600 máquinas instaladas nos seus establecementos, ao igual que na actualidade fan coas máquinas de venda de tabaco. O incumprimento desta norma será considerado unha infracción moi grave, sancionada con multas de entre 18.001 e 100.000 euros, unha cantidade que se elevarían en caso de reincidencia.\"Nós fixéramos unha proposta, para que fose a propia máquina a que controlase o acceso, facendo obrigatorio o uso do DNI electrónico para apostar nela. Pero non foi tida en conta\"O directos terapéutico de AGAJA ve aquí un dos puntos máis frouxos da norma. \"Os controis de acceso nos salóns están moi ben, é algo que tamén levamos anos e anos reclamando. Pero a Xunta parece que esquece que concedeu 3.600 licenzas para máquinas de apostas en bares e aí non vai haber ningún control de acceso, porque o dono do bar non se vai facer responsable\", di. \"Isto non se vai facer efectivo. O que di a lei é que se o collen, recibirá unha multa. Pero é como se houbese unhas normas de seguridade vial pero ningún radar ou policía para controlar o seu cumprimento\", engade. \"Non hai que protexer os menores dun xeito paternalista, senón que simplemente hai que cumprir a lei. Por lei os menores de 18 non poden xogar, e punto\", subliña.\"Nós fixéramos unha proposta, para que fose a propia máquina a que controlase o acceso, facendo obrigatorio o uso do DNI electrónico para apostar nela. Pero non foi tida en conta\", explica, concluíndo que \"ao final, esas cousas que eles anuncian como novidosas e como unha lei do século XXI queda nunha lei do século XVIII\". \"Claramente os operadores de xogo estaban contentos na reunión e seguirán contentos, porque manteñen as súas 3.600 licencias en bares e as súas tendas e salóns de apostas abertos\", di. \"O maior problema xa non é a ludopatía, senón que é unha cuestión de hábitos de vida e de ocio, sobre todo na mocidade\", conclúePara Lamas, que anuncia que AGAJA presentará un documento con alegacións nos vindeiros días (o 17 de xuño é o último día para facelo), \"a norma convértese nunha sucesión de medidas correctoras dos efectos máis graves do xogo, simplemente para lavar a cara\". Destaca que \"quen está reclamando medidas e controis é a sociedade civil, e as administracións van a remolque: asociacións de veciños, entidades xuvenís, formacións políticas...\" e reclama unha acción máis decidida por parte da administración, sobre todo no que atinxe á mocidade: \"O maior problema xa non é a ludopatía, senón que é unha cuestión de hábitos de vida e de ocio, sobre todo na mocidade\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_6174", "summary": "Gallardón afirmou este luns que levará ao Consello de Ministros o seu proxecto de reforma \"este verán\". O PP segue xogando cos tempos, pero a data escollida podería ser este venres, para aproveitar a desmobilización social estival e evitar que Rajoy teña que explicar publicamente a medida.", "text": "\"Eu creo que estou en condicións de dicirlles que o proxecto se aprobará antes de que remate o verán, pero o verán remata en setembro\", vén de sinalar o Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, na inauguración dun curso de verán en San Lorenzo de El Escorial. Preguntado por se podería concretar algo máis, limitouse a afirmar que \"para min o verán remata exactamente igual que para o Instituto Nacional de Meteoroloxía, non sei exactamente que día de setembro\". O PP segue xogando cos tempos no seu empeño por aprobar unha reforma da lei do aborto que poería limitar notablemente este dereito, situando España trinta anos atrás, cunha das lexislacións máis retrógradas de Europa. Dado que o PP quere evitar por riba de todo que o presidente do Goberno dea explicacións públicas sobre esta polémica reforma, dende hai tempo barállase o 25 de xullo como data máis probable para a aprobación A proposta debe ser aprobada polo Consello de Ministros antes de iniciar o seu trámite parlamentario. Sempre se barallou a idea de que os populares buscaban superar este trámite a finais de xullo, aproveitando a desmobilización social propia do mes de agosto, e limitando así a contestación inmediata nas rúas. O texto durmiría nas Cortes até setembro, para poder ser aprobado antes de final de ano, o máis lonxe posible das eleccións autonómicas e municipais de maio, procurando prexudicar na menor medida posible as opcións electorais dos conservadores. Só se celebrarán dúas xuntanzas do Consello de Ministros antes das vacacións de agosto: o do venres 25 de xullo, e o do venres 1 de agosto, pero neste está previsto que compareza Mariano Rajoy, por tratarse do derradeiro Consello do curso político. E dado que o PP quere evitar por riba de todo que o presidente do Goberno dea explicacións públicas sobre esta polémica reforma, dende hai tempo barállase o 25 de xullo como data máis probable para a aprobación. A Plataforma convoca a cidadania galega a \"permanecer alerta e a amosar a unidade, a enerxia de todas as mulleres galegas e mesmo o acompañamento de moitos na defensa dos nosos dereitos\" e a \"sair á rúa\" Colectivos feministas de todo o Estado, entre eles a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, manteñen dende hai meses unha Alerta Feminista, a convocatoria de concentracións e manifestacións en todas as cidades na tarde do día que o Consello de Ministros aprobe a reforma. A Plataforma convoca a cidadania galega a \"permanecer alerta e a amosar a unidade, a enerxia de todas as mulleres galegas e mesmo o acompañamento de moitos na defensa dos nosos dereitos\" e a \"sair á rúa\". Nesta convocatoria salientan que \"estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo. Hoxe a loita feminista cobra moita máis importancia non só para combater as políticas de cortes da dereita, mas tamén na defensa das nosas liberdades, de ser nais ou de non o sermos, de ter dereito a un aborto libre, gratuíto e na sanidade pública\". Este luns as comunidades autónomas de Andalucía, País Vasco, Asturias e Canarias pedirán a retirada da reforma da lei do aborto durante a quenda rogos e preguntas da Conferencia Sectorial de Igualdade, xa que este asunto non está incluido na orde do día. Nos últimos meses a reforma promovida polo Partido Popular foi superando os derradeiros obstáculos en órganos consultivos controlados politicamente polo propio PP. Así, o 13 de xuño o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) aprobou o ditame presentado pola vogal conservadora Carmen Llombart sobre a contrarreforma. Tamén lle deron o seu visto bo o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Consello Fiscal. Os grupos da oposición esixíronlle ao PP que remitise a súa proposta ao Consello de Estado, que xa realizou un informe (favorable) sobre a lei de 2010."}
{"ID": "NOS_27356", "summary": "Alfonso Rueda foi investido onte no Parlamento presidente da Xunta da Galiza, o sexto da etapa autonómica, após ser elixido co si de 41 deputados do PP e 33 en contra da oposición. \"Quero gobernar para toda a Galiza\", dixo o novo titular da Presidencia, que tomará posesión oficial do cargo mañá sábado. Ana Pontón presentou os eixos do programa do BNG para o Goberno \"do cambio que vén\" e Luís Álvarez (PSdeG) ofreceu diálogo ao novo presidente.", "text": "A elección de Alfonso Rueda non disipa a sensación de que máis que ante o inicio dunha nova etapa política na Galiza cun novo presidente á fronte estase ante o tramo final de lexislatura cun simple cambio de titular na Xunta. Unha sensación que as propias intervencións de Rueda nas dúas xornadas da sesión de investidura encargáronse de alimentar, a teor da valoración feita pola oposición. \"Esgotado\", \"pasado\", \"gris\", \"baleiro\"... Os cualificativos do BNG e PSdeG sobre o discurso do candidato —agora xa elixido presidente— non eran precisamente de entusiasmo. Ambas as dúas formacións expuxeron onte antes da votación as súas respectivas propostas alternativas de Goberno, ás que o portavoz do PP, Pedro Puy —que tivo que se ausentar do Pleno por un infarto— situou como \"antagónicas\", intentando poñelas como exemplo de que nacionalistas e socialistas non serían quen de se entender. Non hai alternativa posíbel ao PP, veu dicindo, nunha mensaxe que o PP repite desde hai tempo procurando que calle. Rueda anuncia un punto e seguido a 13 anos de Feixoo Un cambio que xa está \"en marcha\" A líder da oposición, Ana Pontón, subiu á palestra para confrontar esa mensaxe e situar o día de onte no marco dun proceso de \"cambio galego\" que xa está en marcha. Defendeu que \"é posíbel\" unha Galiza \"mellor\" que a que deixan estes 13 anos de Gobernos de Feixoo e que vai continuar Alfonso Rueda. \"Neste debate estamos ante dous modelos\", afirmou Pontón, o do PP e o do BNG —\"o vello ou o novo; o pasado ou o futuro\"— e o nacionalismo \"está preparado para gobernar\". Debullou os 10 \"obxectivos estratéxicos\" que conforman o proxecto do BNG para gobernar a Galiza, do reforzo dos servizos públicos, ao impulso económico e laboral, do pulo ao autogoberno á relación con Portugal... \"Comezou a conta atrás para un cambio de goberno que o BNG quer liderar\", concluíu a portavoz. A súa intervención foi seguida con comentarios de desaprobación entre as bancadas do PP, polo que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, tivo que pedir silencio. Pontón foi, ademais, albo das críticas máis duras de Alfonso Rueda no debate, no que mesmo a acusou de estar nunha \"investidura dos mundos de yupi\". A nacionalista reiterou que \"hai outra maneira de entender o país\" diferente á do PP e que pasa pola confianza nas capacidades dos galegos e galegas. Rueda, na súa quenda de resposta, apelou ao \"todos somos España\" e a pedir \"lealdade\" ao rei Felipe VI fronte a propostas \"rupturistas\". Man tendida Luís Álvarez (PSdeG) tendeu a man a Alfonso Rueda \"para resolver os problemas da sociedade galega\". O portavoz parlamentar da formación socialista era consciente de que tiña que buscar un discurso propio para evitar pasar desapercibido entre o candidato a presidente a líder da oposición. Crítico coa xestión do PP na súa primeira intervención, na segunda quenda trasladou a Rueda \"unha oferta de diálogo do PSdeG\". Cal e area. Advertiu a Rueda que malia \"a inoperancia\" do PP ao longo destes anos a Galiza \"funcionaba\" e que os galegos, \"tan pronto se convoquen eleccións\", darían \"carpetazo\" ao Partido Popular. As cinco tarefas que Rueda ten como novo presidente Máis do mesmo O PP, pola súa parte, como non podía ser doutra maneira, mostrou o seu apoio á candidatura de Rueda e o programa de Goberno que este presentou a pasada terza feira. Pedro Puy acusou o BNG e o PSdeG de \"distorsionar o debate\" ao asistir á sesión de investidura para presentar os seus respectivos programas de Goberno alternativos. \"Como eses familiares lonxanos que aparecen na voda para roubarlle o protagonismo aos que casan\", comparou. Alfonso Rueda, minutos antes da votación, reiterou unha mensaxe que xa deixou clara nestas semanas, a de que \"a nova etapa non estará marcada pola ruptura. Será continuidade da boa\". Por se ficaba algunha dúbida, volveu proclamar o seu \"orgullo\" polo feito nestes 13 anos da man de Alberto Núñez Feixoo. Ratificada a elección parlamentar de Alfonso Rueda, Ana Pontón, e Luís Álvarez saudaron o novo presidente. Agora, o presidente da Cámara enviará unha comunicación telemática oficial da súa elección ao rei Felipe VI. E mañá, sábado, toma de posesión. Pedro Puy sufriu un infarto durante a sesión de investidura O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, sufriu unha síndrome coronaria aguda no debate de investidura e foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, onde foi sometido a unha anxioplastia (introdución dun catéter até a arteria obstruída do corazón). Está ingresado na UCI, xa estabilizado, onde permanecerá uns días. Foi este o momento máis crítico da xornada e todos os participantes no debate desexaron unha pronta recuperación ao popular. No transcurso da sesión tamén houbo tempo para citar letras de cancións como a Coti e o seu \"Hai días eternos que amencen esgotados\" (Luís Álvarez); ou aquela de \"Non é amor é obsesión\" (Ana Pontón). A portavoz do BNG mesmo se preguntou que pode ser iso do 'estilo Rueda' e deu tres alternativas do que significa: \"Ante un problema invéntate un dato; ante un problema, compárate cos que están peor e, se estas dúas non funcionan, ante un problema, bótalle a culpa ao Bloque\". Álvarez asegurou que podía resumir o discurso de Rueda en tres palabras (\"Vaia por deus!\") e Pedro Puy (PP) mesmo ironizou cunha investidura na que malia haber só un candidato, a oposición parecía presentarse como tal."}
{"ID": "NOS_45205", "summary": "A manifestación antitaurina regresa este sábado, convocada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra, coincidindo co primeiro día da Feira da Peregrina.", "text": "A plataforma Touradas Fóra de Pontevedra convocou para este sábado 13, a partir das 20 horas, unha manifestación para protestar contra as corridas de touros na praza de San Roque que acollerá hoxe o primeiro dos festexos da Feira da Peregrina. O colectivo fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que secunden a protesta, que partirá e rematará na praza da Peregrina e incluirá a lectura dun manifesto. \"Queremos que toda a cidadanía antitaurina de Pontevedra veña con nós á manifestación\", declarou a portavoz da asociación, Vicky Estévez. Remarcan desde o colectivo que \"nestes dous anos de pandemia a cidadanía botaba de menos os concertos, os festivais e as festas, pero ninguén botou de menos as touradas. A cidadanía pontevedresa é claramente antitaurina\". Aínda que se seguen celebrando corridas en Pontevedra, desde o colectivo antitaurino celebran que ano tras ano o seguemento e apoio público a estes espectáculos mingua. \"A maior parte da cidadanía móstrase contraria as touradas, a Deputación cortou coas axudas directas e indirectas e tamén o convenio asinado polo Concello coa praza de touros foise reducindo en cuestión de cartos co paso dos anos\", declaran, ao tempo que arremeten contra a lei de Benestar Animal da Xunta. \"Se hai touros en Pontevedra é porque a Xunta saca as touradas da lei de Benestar Animal. Se non se cambia esa lei non podemos dicir adeus as touradas e dedicar o coso de San Roque a outros fins culturais para toda a cidadanía\", conclúen. Máis de 200.000 sinaturas contra a volta das touradas a Pontevedra Campaña de Galiza Nova Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, desenvolveu ao longo desta semana unha campaña contra as touradas para denunciar que este acto de tortura animal se siga levando a cabo na cidade de Pontevedra. Diversas accións nas rúas que culminaron onte en Soutomaior, onde penduraron unha faixa xigante do Touro de Osborne co lema \"Touradas nunca máis\". Con esta iniciativa, queren concienciar a mocidade e animala a mobilizarse este sábado 13 na manifestación que sairá ás 20:00h dende a Peregrina. A tauromaquia e a lingua no ensino centran o pleno no Congreso"}
{"ID": "NOS_39808", "summary": "Este sábado Compostela acolle baixo o lema 'Construíndo a unidade' unha xornada impulsada polo Encontro cidadán. Falamos con Marilar Aleixandre, integrante da Coordinadora da 'marea.gal'.", "text": "- Após a elección da Coordinadora, integrada por 7 persoas, que rumo toma o Enconcotro cidadán por unha marea galega (Ecmg)? - A elección dunha Coordinadora era algo que se facía necesario e que xa se tiña en mente desde o inicio. O 'grupo impulsor', por definilo así, do que callou neste Encontro Cidadá eramos sobre todo xente de Compostela e nós tiñamos claro que isto era algo moito máis amplo. Queriamos que a Coordenadora non fose simplemente reflectir o 'grupo impulsor', senón que toda a pluralidade e voces que hai estivesen e se sentisen representadas. De feito, na Coordenadora só hai 3 persoas do 'grupo impulsor'. - Este sábado 12 de setembro hai un novo encontro, que vós calificades de 'xornada pola confluencia'. Que se procura con el? - Están convidadas as marés municipais que hai no país, unhas 70, os movementos sociais, as organizacións políticas, as e os cidadáns que queiran participar... Entendemos o do sábado como un paso máis dentro dun proceso que non comeza agora. A xuntanza que tivemos o 22 [de agosto, refírese ao 'I Encontro por unha marea galega'] foi un avance e agora seguimos a camiñar nesa dirección, sendo parte da cidadanía que está aí, achegando. Teño claro que a cidadanía galega demanda unha candidatura polo cambio. A esa cidadanía é á que nos diriximos, esa xente que quere unha candidatura unitaria, que faga forza, que achegue a ese proceso constituínte que se pode dar... \"A cidadanía galega demanda unha candidatura de unidade\" - E que papel xogan as diferentes organizacións políticas? - As mareas ensinaron unha cousa moi importante: un proceso no que persoas sen afiliación participan e involúcranse en política. Invalida isto aos partidos? Non, claro, son axentes moi importantes. O que nós pedimos a estas organizacións que participen no encontro é que digan o que poden achegar cada un deles a esa candidatura unitaria. Que cada partido explique o que entende que pode achegar a este proceso común. Porque estamos nun momento no que a xente espera que haxa unha candidatura común. - Ese vai ser, logo, un dos campos do encontro do sábado, que os partidos se pronuncien... - Vai haber unha mesa de partidos, por decilo así, mais tamén grupos de traballo en diversos ámbitos. Queremos que a xente participe e se dea unha discusión produtiva a respeito de certas cuestións. Unha delas, o programa, partindo de reducir as diferencias que poida haber e pulando por construír consensos. Un consenso, por exemplo, é a defensa do público, que é algo que une a todos. Tamén haberá que debater a fórmula xurídica da candidatura: partido instrumental? Coligazón? Outras fórmulas?. E o Código ético tamén é outra das cuestións en torno á que falar. \"Nós e Iniciativa pola Unión estamos turrando polo mesmo\" - A cuestión do grupo parlamentar galego segue sobre a mesa. Está o Encontro cidadán a favor? - No noso manifesto citamos xa a cuestión do grupo parlamentar galego. Remítome aí, ao acordado pola xente naquela xuntanza que tiveramos en Santa Susana [a primeira deste colectivo, feita na primavera] A nós impórtanos para que é ese grupo parlamentar, a finalidade do mesmo. Que pretendemos con ese grupo? Nós o que pretendemos é mudar o goberno e aí habería que cooperar con outras forzas. O grupo parlamentar galego ten que ser unha ferramenta do cambio. Hai xente que cando se fala de grupo parlamentar parece que se limita a facer un cálculo matemático, porque para ter grupo parlamentar hai que obter máis do 15% dos votos nas catro provincias galegas. E hai outra xente que pensa no grupo e na candidatura unitaria porque aposta no cambio político. É como partillar piso (rí): hai quen o fai coa simple mentalidade de partillar gastos e hai quen o entende como algo máis, como convivencia (rí). - Encontro Cidadán e Iniciativa pola Unión. Dúas plataformas a falar da necesidade dunha candidatura unitaria. Vai haber confluencia entre elas? - Hai até seis manifestos a prol dunha candidatura unitaria. Convidamos a todas ao encontro feito o pasado día 22 de agosto. Nós saímos á luz pública a mediados do pasado mes de xuño, a partir de aí xurdiron máis iniciativas que convocaban cousas similares, polo que deben ellas responder. Nós iniciamos este camiño e se hai nova xente que aposta por percorrelo, pois benvidos. Nós tivemos xa unha reunión con 'Iniciativa pola Unión' e están convocados ao encontro deste sábado. Temos unha boa relación e estamos turrando polo mesmo, pola unidade. - A arrancadeira: cre Marilar Aleixandre que vai haber unha candidatura única e unitaria? - Son optimista. Desta vez danse as condicións para que haxa esa candidatura e a cidadanía, a xente, demanda iso. Repito, son optimista, se non o fose non estaría nisto (rí). Está ao alcance da nosa man; se cada actor neste proceso pensa no que pode achegar, creo que si, que a vai haber. Hai moita xente que está traballando para iso. Galiza estivo na vangarda do cambio nas pasadas municipais e queremos estalo agora."}
{"ID": "PRAZA_16673", "summary": "Os votos populares determinaron as cancións triunfadoras no concurso promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela. A seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até o 20 de maio.", "text": "A banda da Loba con \"Bailando as rúas\" e Salvador e Luísa Sobral con \"Amar pelos dois\" son as gañadoras do certame aRi[t]mar de música galega e portuguesa, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Os votos populares escolleron ambas as dúas cancións por diante de De Vacas con \"Amodiño\" e Tiago Bettencourt con \"Se me deixasses ser\", que ficaron en segundo lugar; e de MJ Pérez con \"Casandra\", Ana Bacalhau con \"Leve como uma pena\" e Carolina Deslandes con \"A vida toda\", en terceira posición. Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2018. Precisamente, a seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até o 20 de maio. A Banda da Loba, que se presenta como \"Música con M de Muller\", publicou a finais do pasado ano o seu primeiro disco, Bailando as rúas A Banda da Loba, que se presenta como \"Música con M de Muller\", publicou a finais do pasado ano o seu primeiro disco, Bailando as rúas, que contén once temas a partir de textos de Rosalía Fernandez Rial (\"Bailando as rúas\" e \"Nunca ninguén\") e Celia Parra (\"Tres segundos de memoria\" e \"Coma un blues\") ou de Celso Emilio Ferreiro (\"Ti e eu\" e \"Abrente\"). Coincidindo co Día de Rosalía, o mes pasado, entrevistamos a Xiana Lastra, unha das súas compoñentes, que destacaba que \"Temos moita sorte, porque a verdade é que no eido da poesía contemporánea temos un nivel enorme en Galicia\". Pola súa banda Salvador e Luísa Sobral acadaron unha enorme popularidade a partir da participación de \"Amar pelos dois\" no último certame de Eurovisión, onde a canción representante de Portugal se fixo co triunfo. Salvador e Luísa Sobral acadaron unha enorme popularidade a partir da participación de \"Amar pelos dois\" no último certame de Eurovisión, onde a canción lle deu o triunfo a Portugal aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. Participan tamén as comunidades educativas e sociais da Facultade de Filoloxía da USC, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior."}
{"ID": "NOS_26135", "summary": "Un estudo da UVigo analiza a relación entre rendemento e idade na Liga en 154 xogadores. O resultado confirma con datos a importancia de valorar a idade para o posto a desenvolver nesta categoría.", "text": "Procurar o máximo rendemento dun equipo de fútbol é a máxima dos servizos técnicos dos clubs. Ao falar deste deporte na área profesional, a decisión de fichar determinadas xogadoras ou xogadores condiciona orzamentos que na Liga de Fútbol chegan a ser millonarios. Coa idea de analizar os condicionantes que actúan directamente na súa capacidade física, un equipo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo realizou un seguimento de 154 xogadores de primeira división entre as tempadas 2012-2013 e 2019-2020. O Celta anuncia a renovación de Iago Aspas o Día da Patria Galega O resultado, publicado agora no Journal of Science and Medicine in Sport, unha das principais revistas científicas internacionais que existen da área das ciencias do deporte, confirma con datos a importancia de valorar a idade para o posto a desenvolver en cada equipo desta categoría. Os investigadores Ezequiel Rey, Miguel Lorenzo e Carlos Lago descubriron ao longo de oito tempadas que por cada ano que pasa, a distancia que os xogadores da primeira división do fútbol estatal percorren no campo a máis de 21 quilómetros por hora, a velocidade que se considera como unha acción de \"alta intensidade\", diminúe 1,8%. A idade, un condicionante positivo segundo o posto No estudo, elaborado grazas a un convenio coa Liga de Fútbol Profesional, certifícase que á vez que empeora o rendemento físico destes deportistas segundo van cumprindo anos (un 20% en 10 anos), melloran as súas prestacións técnico-tácticas, xa que a porcentaxe de pases que realizan con éxito aumenta 0,25% cada tempada. Este outro dato determinaría, segundo este traballo, que hai postos e funcións dentro dos propios equipos nos que a idade xogaría a favor. \"Os achados permiten entender en que postos pode ser interesante manter futbolistas veteranos e en cales sería mellor firmar xogadores novos. Dá pistas moi interesantes da valoración de mercado dos xogadores\", destaca Carlos Lago. Neste sentido, o catedrático explica que se se trata de xogadores que \"constrúen o xogo\", como sería o caso de centrocampistas ou mediocentros, \"a idade non é un impedimento, xa que interesan xogadores que dominen o xogo\". O reitor da Uvigo aposta no alumnado \"doutras latitudes\" para lograr o \"relevo xeracional\" Pola contra, asegura o investigador, \"nos postos que teñen maior demanda física, laterais e interiores, é máis difícil descubrir xogadores de máis de 30 anos que sigan mantendo un rendemento moi alto\". Levando estes resultados á actualidade, o único equipo galego este ano que xoga na máxima categoría estatal de fútbol, o Celta de Vigo, conta con catro xogadores no equipo que superan os 30 anos. Ademais do porteiro, Agustín Marchesín (34), figuran na defensa Hugo Mallo (31) e na dianteira Iago Aspas (35) e Augusto Solari (30). O caso de Aspas é singular polo inicio de tempada que esta a ter o moañés. O estudo explica que hai casos nos que o rendemento técnico mellora. \"Cantos máis anos ten un xogador, máis domina e entende o xogo\", sinala Lago. Para Miguel Lorenzo isto \"podería ser un dos factores que explique que haxa futbolistas con traxectorias moi longas, que conseguen seguir xogando a idades moi avanzadas\". A combinación ideal é reunir experiencia e xuventude Non é o primeiro estudo que realiza esta facultade da UVigo sobre o rendemento e a idade de deportistas no fútbol profesional. En 2019 realizouse un traballo no que tamén participaban os investigadores Ezequiel Rey e Carlos Lago, comparando as idades de todos os xogadores que competiron na Liga de Campións desde a 1992-1993 até a 2017-2018, período no que a idade media dos futbolistas pasou dos 24,9 anos aos 26,5. As universidades traballan para \"dar solución\" ao persoal investigador afectado pola reforma laboral A conclusión sinalaba que non existían diferenzas na idade media entre os equipos con maior éxito na competición e aqueles que non superan a fase de grupos. Daquela Lago recomendaba que \"a combinación ideal para ter éxito sería ter xogadores con experiencia, que entenden mellor o xogo, con dominio da profesión, mais tamén xogadores novos, con fame de gañar títulos e de crecer\"."}
{"ID": "NOS_2958", "summary": "Laiovento publica unha escolma da obra científica e divulgativa de Ricardo Carvalho Calero entre 1930 e 1987, editada por Pilar García Negro.", "text": "«Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero», declara rotundamente Pilar García Negro, replicando a frase que el mesmo empregara para referirse a Ramón Otero Pedraio. Así introduce a profesora o volume Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación, que vén de se reeditar revisado como preludio ás Letras Galegas 2020. O título, publicado por Laiovento, escolma a obra científica e de divulgación desenvolvida polo ferrolán entre 1930 e 1987. Como afirma o texto editorial, o libro pretende «dar conta –ben que mínima, significativa– do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX». A antoloxía recolle artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica e discursos que conforman o ronsel de seis décadas dedicadas á investigación, crítica e divulgación da nosa lingua, literatura e cultura. Destacando a fidelidade textual, a escolma preséntase de grande interese para profesorado e estudantado, así como para o xeral do público."}
{"ID": "NOS_25308", "summary": "O xigante multinacional das teleseries aterra na Galiza. Un thriller rural baseado na novela A desorde que deixas, de Carlos Montero, será a primeira rodaxe de Netflix no país. O actor compostelán Tamar Novas é un dos protagonistas e a empresa galega Vaca Films, a produtora.", "text": "A teleserie comezará a rodaxe o 21 de outubro e relata unha historia de \"ameazas, embustes e misterios\" que envolven a Raquel (Inma Cuesta), nova profesora do instituto da vila, e a súa colega Viruca (Bárbara Lennie). Tamar Novas intepreta o home de Raquel, Xermán. A dirección do filme é de Silvia Quer e Roger Gual. Os guionistas son Javier Folgado, Andrés Seara e o propio Carlos Montero autor da novela orixinalmente escrita en castelán, lingua en que transcorrerá a teleserie. \"E ti canto vas tardar en morrer?\" Así de contundente é a nota que Raquel atopa no seu bolso o primeiro día de traballo. Ela é profesora de literatura e acaba de aceptar unha suplencia no instituto da vila do seu marido. A súa ilusión por impartir aulas baterá cun alumnado que a recibe con esa macabra benvida. Axiña descubrirá quen era a profesora á que substitúe e como marcou a vida de todos."}
{"ID": "NOS_39292", "summary": "A operadora ferroviaria segue co desmantelamento do servizo público após a forte redución de liñas e xa prepara a \"liberalización\" do sector. Haberá arredor de 500 despedimentos en todo o Estado que serán máis nos próximos tres anos", "text": "Continúa o desmantelamento dos servizos ferroviarios públicos. Após a redución de liñas e de estacións que afectou a cincuenta trens e deixou sen actividade ningunha a 22 paradas en Galiza, agora tócalle ao persoal. Renfe anunciou un ERE que deixará no Estado a 500 persoas sen traballo, das que 160 poderían ser no país segundo os cálculos do sindicato CGT, xa que tamén ADIF estaría afectada. Ademais, este só é o comezo dun plan a máis longo prazo, xa que os despedimentos previstos polo ministerio de Fomento son máis de 1.500 no prazo de catro anos. Renfe iniciará en breve a negociación cos sindicatos, que xa amosaron as súas reticencias a algunhas das pretensións da empresa após a primeira toma de contacto. No fondo destes recortes aparece tamén un camiño cara a privatización. Renfe prepara o que chama \"liberalización\" -que completará o actual goberno do PP pero xa foi preparada polo anterior, con José Blanco como ministro- e para a que reestruturará a actividade segregándose en catro empresas. Tres delas herdarán os negocios actuais de transporte de viaxeiros e de mercancías, ademais dos talleres, mentres que a cuarta farase co negocio de aluguer de trens a novos operadores privados, nun proceso que a medio prazo pode acabar coa desaparición total da Renfe como servizo público."}
{"ID": "NOS_19549", "summary": "\"Reclamamos unha solución definitiva que garanta a atención á diversidade no noso centro\", din desde a asociación de nais e pais do CIP Cruz do Sar.", "text": "Unha 'andaina reivindicativa' percorreu esta quinta feira as rúas do concello de Bergondo para protestar contra os recortes no Centro Público Integrado (CPI) Cruz do Sar. A asociación de nais e pais do centro denunciou que este \"non poderá enfrontar con garantías as necesidades educativas de máis de 30 nenos e nenas con diversidade funcional por mor da denegación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica e o recorte da xornada na especialidade de Audición e Linguaxe\". \"Non queremos discriminar\" En declaracións a Nós Diario, María José Ferreño, presidenta da asociación de nais e pais relatou que \"é totalmente necesario un segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica no centro porque non queremos discriminar, queremos que os nosos rapaces socialicen\". Feche no IES de Cedeira \"contra os recortes\" de profesorado De acordo con Ferreño, esta situación xa era coñecida por parte da Consellaría de Educación, xa que \"a finais do curso pasado comunicamos estas necesidades á Consellaría e o mes pasado tivemos unha reunión con inspectores da Xunta onde lles deixamos claro cales eran as reivindicacións, e aínda así non se atenderon as demandas\". \"Reclamamos unha solución definitiva\" Momento durante a andaina reivindicativa en Bergondo (Foto: Nós Diario). Ao finalizar a andaina reivindicativa, á que se xuntou o IES Rego da Trabe de Culleredo desde a asociación de nais e pais do centro leron un manifesto en que solicitaban unha \"solución definitiva\" a este problema e destacaban que \"a totalidade das nais e pais do alumnado do CPI Cruz do Sar de Bergondo, asinantes deste manifesto, denunciamos o desleixo institucional da Consellaría, que coa súa decisión de non atender a demanda de necesidades do centro, deixa as nenas e nenos con necesidades educativas especiais nunha situación total de desamparo institucional\". A Xunta defende o recorte de docentes no IES Punta Candieira \"Reclamamos unha solución definitiva que garanta a atención á diversidade no noso centro\"."}
{"ID": "NOS_25180", "summary": "O impago grego ao FMI non é algo extraordinario na historia económica. Investigadores de Harvard consideran os 'defaults' inherentes á economía global e para nada un fenómeno anormal como a ortodoxia quer facer crer. O primeiro 'default' da historia, iso si, foi en Grecia, no 377 A.C.", "text": "Grecia non pagou esta semana os 1.600 millóns de euros adebeados ao FMI e o Fondo non tardou en declarar o país heleno \"en mora\" e comezar os trámites para adoptar as medidas precisas cara un 'default' (cesamento de pagamentos) que economistas ortodoxos e medios de comunicación presentan como algo extraordinario e anormal na economía. E non é así. Polo menos isto é o que se recolle nunha reportaxe de Max Seitz na BBC, que fala con economistas e expertos, para alén de debular informes e estudos de organismos como a ONU para er unha visión real e en perspectiva do que é a realidade do 'default'. Até o século XIX os 'defaults' derivaban na súa inmensa maioría de causas extraordinarias, como revolucións ou guerras. Mais na idade contemporánea iso cambiou e o cesamento de pagos pasa estar vinculado a manobras e sarillos financeiros. Seitz cóntanos como os economistas Kenneth Rogoff e Carmen Reinhart, da Universidade de Hardvard, contabilizaron os 'defaults' de débedas soberanas -as declaradas por estados- entre 1800 e 2000: 250 cesamento de pagos en dous séculos, un promedio de un cada ano. \"A conclusión dos investigadores de Hardvard é que os defaults son inherentes á economñia global, non sendo tan raros ou anormais como desde algúns estados poderosos, economistas ortodoxos e medios de comunicación queren facer crer\". Desde 1950, máis de 600 casos de reestruturación da débeda Segundo dados da ONU, desde 1950 producíronse máis de 600 casos de reestruturación da débeda, afectando a 95 estados. Deses casos, 180 foron compromisos con acredores privados (bancos, posuidores de bonos estranxeiros) e o resto con entidades e organismos internacionais de crédito. Os estados que incorreron en máis 'defaults' Na reportaxe da BBC mesmo se inclúe unha 'listaxe' dos estados que máis incorreron en cese de pagamento. De entender o 'default', explica, como crise de débeda externa, o pior pagado da historia é o Estado español, con 14 crises relacionadas cos incumprimento dos seus compromisos financeiros. Francia incumpríu en 9 ocasións e Alemania (incluíndo Prusia, Hesse, Schleswig-Holstein e Westfalia) 8 veces. Estados Unidos en 6, igual número que Grecia. En Grecia aconteceu o primeiro 'default' da historia, no 377 Antes de Cristo, cando 12 polis decidiron non cumprir coas súas obrigas financeiras. En realidade, e como recolle a nova da BBC, hai moi poucos países que nunca deixaron de pagar as súas débedas. Entre eles, Suíza, Finlandia, Noruega ou Bélxica."}
{"ID": "PRAZA_1849", "summary": "O Mirante do mes de agosto amosa que PP e PSOE confirman a súa lenta pero sostida recuperación desde as municipais, instalándose comodamente por riba do 50% dos votos. Podemos cae un punto dende o mes pasado e as forzas nacionalistas melloran a súa expectativa electoral.", "text": "Os resultados da edición de agosto de O Mirante, o panorama electoral elaborado polo sociólogo Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, veñen condicionados pola publicación da estimación trimestral do CIS, que segue inchando ao bipartidismo en 3 puntos, pola aparición en escena dunha nova casa de sondaxes, TNS Demoscopia, que publica semanalmente unha proxección para a cadea televisiva Antena 3, e por unha estimación anómala na casa Simple Lógica, que se consolida non como a máis nesgada pero si como a máis inconsistente das que publican estimacións regularmente. Cabe advertir que cada vez resultan menos fiables estas enquisas para as xerais, por mor da máis que previsible presentación de candidaturas de unidade popular ou de base cidadá, así como da creación e ruputra de coalicións electorais en varias Comunidades A pesar das novidades o sistema de cálculo neutraliza os desvíos de forma satisfactoria e non se rexistran cambios bruscos en comparación coas porcentaxes ofrecidas desde o mes pasado. Si cabe advertir que cada vez resultan menos fiables estas enquisas para as xerais, por mor da máis que previsible presentación de candidaturas de unidade popular ou de base cidadá, así como da creación e ruputra de coalicións electorais en varias Comunidades. Con certeza até o momento en que se coñezan a ciencia certa cales son as papeletas que terá diante o elector, e até o intre en que estes tomen conciencia de cales son as candidaturas, o voto estimado polas enquisas debe considerarse unha aproximación provisoria á realidade, e, coma sempre, máis unha fotografía fixa do momento demoscópico que un prognóstico ou predición electoral. Segundo os nosos cálculos, o bipartidismo confirma a súa lenta pero sostida recuperación desde as municipais, instalándose comodamente por riba do 50% dos votos. O maior cambio neste último mes súfreo Podemos ao perder algo máis dun punto en estimación de voto. O centralismo democrático evidenciado na confección das listas para as xerais parece estar afectando ao sector máis ideoloxizado e informado do seu electorado. O maior cambio neste último mes súfreo Podemos ao perder algo máis dun punto en estimación de voto O principal beneficiado do retroceso de Podemos é Esquerda Unida, que sobe nove décimas anque segue por baixo do limiar do 5% en case todas as circunscricións, o que en virtude da lei electoral limita enormemente a súa representación parlamentaria. Ciudadanos sobe lixeiramente ou cando menos detén a caída que viña experimentando desde o seu cumio demoscópico, previo ás eleccións municipais. Practicamente todas as formacións nacionalistas melloran lixeiramente o seu nivel de voto, anque en escanos o avance sexa limitado. O máis destacado é o crecemento da porcentaxe do PNV e a recuperación por parte do BNG do segundo escano no Congreso, sempre a teor do que din as enquisas estatais cuxos resultados por comunidades son moito menos representativos. A caída de Podemos supera a suba do PSOE e a suma dos representantes de ambos afástase da posibilidade da maioría absoluta. Cabe lembrar que a coalición de goberno PSOE+Podemos é a opción preferida por unha maioría de cidadáns españois, a teor das últimas enquisas do CIS e de Encuestamos, que avaliaron todas as combinacións dous a dous entre as catro forzas principais. Neste horizonte só a gran coalición PP+PSOE sumaría 176 escanos Neste horizonte só a gran coalición PP+PSOE sumaría 176 escanos. Sería preciso o concurso de máis forzas noutras combinacións para sumaren a maioría absoluta no Congreso."}
{"ID": "NOS_31672", "summary": "Afirma nun comunicado que o seu obxectivo é tamén manter unha \"relación prioritaria\" coa Alianza Libre Europea (EFA).", "text": "O eurodeputado da coligación Europa dos Pobos, Jon Juaristi, tomará parte no grupo parlamentar da Esquera europea unida - Esquerda verde nórdica (GUE/NGL, nas súas siglas en inglés). Así o confirmou nun comunicado de imprensa. Juaristi --que partillará escano coa europarlamentar do BNG, Ana Miranda-- integrarase no mesmo grupo que Syriza (Grecia), Sinn Fein (Irlanda), Die Linke (Alemaña) ou Podemos e Izquierda Unida (Estado español). Aliás, explicou, manterá unha \"relación prioritaria\" coa Alianza Libre Europea (EFA), asociación de partidos que pula polo dereito de autodeterminación das nacións e no que se integraron con anterioridade dous dos grupos que actualmente integran a coligación EH Bildu (Eusko Alkartasuna e Aralar). Fontes do BNG consultadas confirmaron que a eurodeputada Ana Miranda se integrará na ALE-Os Verdes Neste senso, Juaristi indicou que o seu obxectivo para este período será traballar na construción de \"liñas de colaboración\" entre ambos os dous grupos á fin de \"impulsar de maneira máis efectiva\", dixo, os obxectivos que o levaron a se candidatar ás eleccións europeas. Isto é, \"aumentar a implicación europea no proceso basco, o recoñecemento do dereito a decidir en Euskal Herria e sumar forzas en favor dun novo modelo socio-económico diametralmente oposto ás políticas da Troika\". Fontes consultadas por Sermos Galiza, aseguraron que o BNG pasará a tomar parte no grupo da Alianza Libre Europea-Os Verdes, onde tradicionalmente se integrou, durante os 18 meses que lle corresponderá o escano no Parlamento."}
{"ID": "PRAZA_14393", "summary": "\"Xa me gustaría que a maxistratura operase con esa rotundidade en períodos normais e coa mesma vara de medir para todos\", di o cabeza de lista na coruña por AGE, que vén de integrar o Espazo Ecosocialista", "text": "Non gusta Xosé Manuel Beiras de abordar nas súas comparecencias públicas asuntos diferentes aos da convocatoria para así non distorsionar a mensaxe. Pero ao portavoz nacional de Anova e cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) na Coruña non lle resulta doado non \"indignarse\" e manifestar o seu punto de vista cando é cuestionado por asuntos controvertidos dende as bancadas de prensa. Ese esquema repetiuse este mércores, cando AGE convocou á prensa para presentar a integración na coalición do Espazo Ecosocialista e, na quenda de preguntas, Beiras foi instado a posicionarse sobre a denominada operación Pokémon, que investiga unha presunta trama de subornos, prevaricacións e branqueo de capitais e que xa se saldou con detencións de representantes de PP, PSdeG e BNG. \"Non vos riades, que o conto é triste\", parafraseou a Castelao para abordar o que para o histórico nacionalista é unha \"operación espectáculo\". Beiras: \"En Ourense lévase decenios falando do que pasa na deputación e nunca houbo iniciativas deste tipo\" \"Xa me gustaría que a maxistratura operase desa maneira e con esa rotundidade ao longo dos períodos normais\", di Beiras, en referencia ao inicio dos apreixamentos a apenas un mes das eleccións. Gustaríalle tamén ao candidato de AGE que esas actuacións tivesen \"a mesma vara de medir para todos\" xa que, por exemplo, sen saír da provincia de Ourense, \"lévase decenios falando do que pasa na deputación\" con \"determinada familia moi poderosa\". \"E nunca houbo iniciativas deste tipo\", constata. \"Tamén se está falando moito do alcalde de Ourense\" pero, \"en cambio\", afirma, \"din\" que o outro rexedor detido \"é un alcalde dunha aldea\", cando \"o señor [Adolfo] Gacio -alcalde de Boqueixón ata o pasado martes- foi sempre o brazo dereito de Romay Beccaría\" ou, o que é o mesmo, o \"testaferro político dun dos homes máis poderosos do PP\", xa \"no franquismo\", cando Romay exercía de secretario de Estado de Manuel Fraga, \"cando foi a traxedia de Gasteiz\". \"Este señor Gacio, coñecido na redonda como monseñor\" é, polo tanto, colaborador directo \"dunha das pezas fundamentais do Opus Dei na política do PP\", acrecenta. Así as cousas, a Beiras non lle cabe dúbida de que con operacións coma esta \"se pretende que se diga que todos son iguais\" para que así, pola vía da \"abstención\", poida volver \"saír o PP\". \"É horroroso estar falando destas cousas\" porque \"todo iso, a mesma merda é\", sentenza. Neste contexto, o líder de Anova chama a \"ter en conta\" que nos comicios do 21-O hai \"unha alternativa absolutamente limpa e non porque nunca gobernase, que tamén gobernamos\", senón \"porque cumprimos\". \"No noso caso, se algún se atopase nesa necesidade, poderíamos dicir que evidentemente dimitiría\", pero \"non se daría a situación que obrigase a dimitir, esa é a cuestión\", subliña. Integración dos ecosocialistas e expectativas electorais Noriega: \"Imos ser fundamentais para provocar a derrota de Feijóo e do PP\" Á marxe da Pokémon Beiras deulle a \"benvida\" a AGE ao Espazo Ecosocialista, cuxo voceiro, Xoán Hermida, enmarcou esta integración nun \"proceso acumulativo na esquerda nacional\". Os ecosocialistas, di, elixiron \"a esquerda rupturista\" como \"terreo de xogo\" tendo en conta \"o prioritario, desprazar o PP e as políticas da troika que a dereita económica está impoñendo\". Este proceso de integración de forzas, ademais de Anova e Esquerda Unida, unida ao panorama político xeral, está a inxectar importantes doses de optimismo en AGE. Nesta liña, e tamén á luz dalgúns inquéritos, o responsable de acción institucional de Anova, Martiño Noriega, ve constatado que \"hai un segmento de cidadanía que amosaba moita distancia co sistema de representación actual\" e que \"comeza a mobilizarse en torno a un proxecto ilusionante como AGE\". \"Imos ser fundamentais no proceso electoral\" para \"provocar a derrota de Feijóo e do PP\", asegura Noriega, para quen as enquisas amosan \"o noso chan\"."}
{"ID": "NOS_11008", "summary": "A contratación inminente de dous pediatras para Verín permitirá reabrir a atención aos partos \"nos primeiros días de febreiro\". Ao anuncio do Sergas seguiron as palabras do presidente Feixoo, quen adiantou que as xestantes que queiran parir no hospital comarcal deberán asinar \"un consentimento informado reforzado\".", "text": "Nove días despois do seu nomeamento como directora do distrito sanitario de Verín, Guillermina Agulla anunciou a contratación de dous pediatras que permitirá a reapertura da sala de partos \"nos primeiros días de febreiro\", dous meses após a súa clausura. A través dun comunicado, a xerente do Hospital de Verín avanzou, ademais, que o Sergas está traballando \"na redacción dun novo protocolo cos servizos hospitalarios implicados que permita retomar a atención aos partos\", con toda a seguridade e garantías para as crianzas. Desde o servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do hospital comarcal, o seu xefe, Javier Castrillo, asegura que non foron convocados a ningunha mesa de traballo para crear un novo documento, \"e non aceptaremos ningún protocolo no que non participemos. Se se acorda elaborar un novo, terá que ser consensuado\", afirma en declaracións a Nós Diario. Consentimento \"reforzado\" Sobre a declaración do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na que adiantou que farán \"un consentimento informado reforzado para que as familias que queiran seguir parindo en Verín\" poidan facelo, o xefe de Xinecoloxía mantén que non sabe nada. \"Non sei se o dixo con intención, pero empregou un termo pouco afortunado que conduce a unha interpretación equivocada. Non vai haber un risco especial. Aquí lévase a cabo a actividade médica e cirúrxica acorde coa dotación do hospital\", incide. O consentimento reforzado, aclara, \"ten que ver coa protección de datos e unha mellor identificación dos pacientes\", e é un dos consentimentos deseñados pola Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia dos que botan man. Con todo, Castrillo recoñece que no seu servizo non adoitan entregar consentimentos informados cando se trata dun parto, \"xa que non é algo que se elixe\", como unha cirurxía programada. Desde o Sergas, de momento, non dan máis detalles."}
{"ID": "NOS_6159", "summary": "Pide que a nova Lei do Audiovisual do Estado iguale para o galego as cotas estabelecidas para o castelán nas plataformas dixitais", "text": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e mais a Secretaria Xeral da Mesa, Celia Armas, presentaron esta segunda feira ao presidente e ao vicesecretario da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo, a Iniciativa Queremos audiovisual en galego, que conta co apoio unánime das forzas políticas galegas para que a nova lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o goberno estatal inclúa o galego nas medidas de protección da dobraxe, da lexendaxe, das audiodescricións e do financiamento anticipado establecidas para o español. Maceira recordou que a Lei do audiovisual que se debaterá en próximas datas no Estado é unha transposición dunha directiva europea que busca garantir a difusión e creación nas linguas europeas. \"Sen audiovisual non hai futuro para ningunha lingua nin cultura\", abondou, \"e por iso a lei fixará unha cota mínima de dobraxe, lexendaxe, audidescricións e financiamento de producións no Estado Español por parte das plataformas de emisión audiovisuais (5% de ingresos)\". Armas salientou, pola súa banda, o aval das máis de 33.000 sinaturas coas que chegou a Iniciativa Xabarín ao Parlamento galego. O texto aprobado por unanimidade no Parlamento galego instaba a: \"que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda\" e mais a \"reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App\". A delegación da mesa trasladou á directiva da RAG que \"é da máxima relevancia para o futuro da lingua galega\" que a nova lei audiovisual inclúa a demanda unánime do Parlamento Galego e as alegacións presentadas pola entidade de defensa da lingua, baseadas neste acordo parlamentar\". \"Cómpre actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente\", recorda Maceira, \"e que, ao tempo, é un dos máis empregados polo público en xeral e a mocidade e infancia e particular\". O proxecto de Lei xeral de comunicación audiovisual elaborado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital obviaba a pluralidade lingüística do Estado e rexeita a protección específica do galego, do éuscaro e do catalán. O proxecto de lei estabelece que os servizos de televisión lineal deben reservar \"a obras audiovisuais europeas polo menos 51% do tempo de emisión anual de su programación\". Desta porcentaxe, gardará \"como mínimo 50% a obras en castelán ou nas linguas cooficiais\", precisa. Na mesma liña, fixa unha cota de obra audiovisual europea de \"polo menos 30%\" nos catálogos dos servizos baixo demanda como Netflix, HBO ou Amazon Prime; da cal, \"como mínimo 50% se reservará a obras en castelán ou nalgunha das linguas cooficiais\"."}
{"ID": "NOS_27532", "summary": "A \"Asociación proCentenario de Nós 2020\" organiza o 30 de outubro, por terceiro ano consecutivo, unha xornada reivindicativa desde o 2010 cando se institucionalizou por parte do concello e a Deputación de Ourense como \"festa local de interese cívico-cultural\".", "text": "A ambiciosa proposta en 2010 da \"Asociación proCentenario de Nós 2020\" (ApCNós2020) nos actos de conmemoración do 90º aniversario da publicación da revista \"Nós\" (1920-1935) de conseguir para o ano do seu centenario a Capitalidade Cultural Europea segue en pé. Os primeiros foron nomear ese día como de \"festa local de interese cívico-cultural\" e a participación conxunta de institucións e organizacións sociais así o avalan. Aínda que a crise económica, social e política adiou en parte algunha das propostas @s organizador@s do \"Día de Nós, a Nación-Cultura Galega\" queren \"renovar o seu compromiso de consolidar esta festa cívico-cultural da nosa Cultura clásica\". A primeira enciclopedia científica das Humanidades de Galiza \"A revista que naceu en Ourense foi, en realidade, alén de relicario das esencias patrias, a primeira enciclopedia científica das Humanidades de Galiza escrita en galego\". Desde a ApCNós2020 apuntan que a importancia desta publicación representa a \"alta Cultura propia trenzada nos seis rubros clásicos: geos, (a Terra), cronos (a Historia), etnos (o Pobo), logos (a Lingua) e sofos (o Pensamento) do que a poiesis (as Letras) é a expresión circia, perdurábel e requintado\". Lembran que fixaron \"como tradición persoal e colectiva\" toda unha cosmovisión e unha sensibilidade \"de cada unha das galegas e cada un dos galegos que nos sentimos formantes dunha patria orixinal da Humanidade\". Actos O día 30 de outubro vai ser unha xornada festiva con actos que comezarán nos Xardíns e Praza do Padre Feijoo pola mañá, entre as 12,30 h. e as 13,30 h., coa lectura pública de páxinas da revista Nós, a cargo d@s directiv@s, soci@s e compromisari@s da ApCNós2020. Actuará como mantedor Uxío Novo, directivo da ApCNós2020, coincidindo co aniversario do pasamento de seu pai, o poeta do Courel. Intervirán como lector@s convidad@s nesta edición os membros de Sarabela Teatro e unha persoa en representación da corporación municipal de Ourense que lerá unha declaración institucional. Despois lerase o \"Manifesto Ourense 2020\": capital galega da Literatura e procandidatura a capital europea da cultura\", como inicio da campaña de recollida de asinaturas na cidadanía a prol do manifesto. O gaiteiro Marcos Foxo abrirá e pechará o acto coa interpretación da \"Anterga Alborada de Ourense\" e o \"Himno galego\". A organización ten previsto o Salón Nobre do Liceo-Recreo de Ourense como lugar alternativo en caso de mal tempo. Pola tarde, entre as 17,30 h. e as 18,30 h. realizarase unha ofrenda cívica a@s escritor@s e artistas ourensáns no camposanto de San Francisco de Ourense. Participarán a propia directiva da ApCNós2020 e representantes de institucións e entidades locais e provinciais. Despois Camilo F. Valdehorras, escritor e presidente da \"Asociación proCentenario de Nós 2020\", guiará ás persoas asistentes por un roteiro centrado na vella Auria dos séculos XIX e XX, \"auténtica capital das letras e do espírito renacentista de Galiza\", en palabras da propia organización. Nesta actividade tamén contarase coa participación da gaiteira Lucía Pérez. Nos actos colaboran o Liceo-Recreo de Ourense, Sarabela Teatro, Grupo AuriaNós de Ourense, A.C. Bela Auria, Círculo Poético Ourensán, Gremio Literauria, a Fundación Uxío Novoneyra e CIG-Ourense, entre outras."}
{"ID": "NOS_29886", "summary": "Pedro Marcos, especializado en pneumoloxía, é director médico de hospitalización e urxencias da área sanitaria da Coruña e Cee. En conversa con Nós Diario, resalta a importancia de levar máscara cando nos encontramos nun espazo fechado con persoas coas que non convivimos ou de tentar trasladar o ocio ao aire libre.", "text": "Cos datos actuais, podemos falar dunha segunda vaga?Eu creo que xa sen ningunha dúbida, pódese ver a nivel europeo e estatal. Dentro da Galiza estamos xa en plena segunda onda. En base á experiencia e investigacións destes meses, cales son as condicións que facilitan un contaxio?Aprendemos día a día desde marzo. Na primeira vaga comprobamos que os contaxios son máis probábeis en lugares moi fechados, nos que se concentra moita xente que fala alto ou que canta, dan lugar a brotes máis descontrolados. A día de hoxe moitos gromos prodúcense nas relacións familiares ou de amizade. Culturalmente cústanos manter as distancias, baixamos a garda e quitamos a máscara. Aí xorden bastantes casos. Hai estudos que falan da propagación do virus a través de aerosois (gotas microscópicas que expulsamos ao respirar), con casos de contaxios mesmo cando se garda a distancia.Si, é das cousas que aprendemos. En cambio, en espazos fechados e mal ventilados nos que hai persoas xuntas durante un tempo, sobre todo se falan (tamén se amosou que o ton da voz inflúe), os aerosois teñen unha responsabilidade maior nos contaxios. Ás veces incluso aínda que se leve a máscara correctamente. No exterior non hai risco cero, pero é practicamente mínimo. Considera daquela que nos espazos de traballo se deben adoptar as mesmas medidas que, por exemplo, nun colexio? Máscara obrigatoria sempre e ventilación?No posto de traballo, está claro que se debera levar a máscara. E estar atentos a ver se se pode ventilar ou non. Tamén é certo que non temos detectado demasiados casos en oficinas, por exemplo. Con todo, hai que apostar polo teletraballo e tentar reducir a presencialidade. E ter especial coidado nas áreas de descanso, con máquinas no café, onde subimos e baixamos as máscaras ao falar. Volvendo aos contaxios ao aire libre, ten daquela fundamento fechar os parques infantís?Na medicina pode pasar case calquera cousa, pero o que di a experiencia é que ao aire libre, nos parques, a probabilidade de infección é baixísima. Máis agora, que temos que levar obrigatoriamente a máscara. Pode que se indique o seu fechamento buscando indirectamente outro obxectivo, pero non directamente para impactar nas infeccións. Temos que trasladar a nosa socialización a paseos ao aire libre ou ao ocio no exterior?Sen dúbida, toda vida social que poidamos facer ao aire libre será beneficiosa. Sen acumular persoas, claro. É certo que na Galiza temos o tempo que temos, pero penso que si que está comezando a mudar o comportamento. Coa baixada de temperaturas preocúpalles a confluencia da Covid-19 con outras infeccións respiratorias?Desde logo, pero penso que hai que intentar velo dunha maneira optimista. A gripe ataca moito os nosos anciáns e anciás, e tamén temos en conta os virus respiratorios que contaxian os nenos. Pero observo como en Australia, por exemplo, a gripe foi practicamente ridícula. Digo pensar en positivo porque a gripe e o coronavirus combátense cos mesmos escudos, as máscaras, o lavado de mans. Tamén a vacina no caso da gripe, claro. Póndonos na situación de que o coronavirus desapareza polo menos déixanos esas medidas para a gripe, que sabemos que non vai desaparecer. Medidas como a máscara chegaron para quedar?Por suposto. Aínda que nun escenario no que se erradique o coronavirus, se iso acontece, penso que será común empregala na época invernal, cando chegue a gripe. Non se percibirá como unha rareza ver unha persoa pola rúa ou cando accede a un centro hospitalario con máscara. Volvendo a esta segunda vaga, como están a percibila no día a día no hospital?A finais da semana do 19 comprobamos un cambio de tendencia, con máis doentes diagnosticados no día a día. Por iso advertimos que se estaba a perder un pouco o control da situación, con máis casos na rúa. Hai unha porcentaxe deses doentes diagnosticados que requiren hospitalización, e destes, uns poucos, o ingreso nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Temos máis casos que no repunte de finais de agosto, con máis de 90 ingresados, e sabemos que os vindeiros días serán duros. Hai un plan de continxencia e estamos preparados."}
{"ID": "PRAZA_16767", "summary": "Un avión da TAP que non puido aterrar no Porto por pouca visibilidade foi rexeitado en Vigo por falta de sitio e acabou en Lavacolla cunha alerta por pouco combustible", "text": "A Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC), dependente do Ministerio de Fomento, acaba de emitir o seu informe final sobre a aterraxe que un avión da aeroliña portuguesa TAP realizou o 10 de outubro de 2016 no aeroporto de Lavacolla, en Santiago, cunha emerxencia por pouco combustible. A investigación conclúe recomendando aos centros de control de Santiago e Porto que establezan \"un procedemento de coordinación\" entre eles, así como á propia aeroliña que os seus tripulantes informen mellor aos controladores das situacións de pouco combustible. O incidente produciuse despois de que un Airbus A-319-111 da TAP, con 75 pasaxeiros e seis tripulantes a bordo, que voaba entre Madeira e Porto non puidese aterrar nese aeroporto por falta de visibilidade por meteoroloxía adversa. O seu aeroporto alternativo era Vigo, e os pilotos avisaron en varias ocasións de que ese sería o seu destino se non conseguían aterrar en Porto, para o que regularon o uso de combustible. Pero Vigo tiña xa completa a súa capacidade de estacionamento e os controladores desviaron o avión cara a Santiago. Un avión da TAP que non puido aterrar no Porto por pouca visibilidade foi rexeitado en Vigo por falta de sitio e acabou en Lavacolla cunha alerta por pouco combustible Nese percorrido o avión foi quedando sen combustible, pero a tripulación non o comunicou nunha primeira fase (alerta denominada Minimum Fuel) senón só nunha segunda (Mayday Fuel) que se produciu cando xa superara o aeroporto de Vigo. Segundo os investigadores, malia ter todos os seus lugares de estacionamento xa ocupados, a terminal de Vigo puido \"adoptar medidas temporais extraordinarias para aceptar á aeronave\" se fose coñecedora antes da súa situación. E mesmo antes de chegar a ese momento, cando o avión aínda sobrevoaba Porto, Vigo, como aeroporto alternativo, puido informar da súa saturación temporal e \"con esta información a tripulación podería decidir proceder directamente ao aeroporto de Santiago xa que daquela o combustible remanente a bordo o permitía\". Pero ningún deses avisos se produciu, polo que o avión acabou aterrando en Santiago \"cun remanente inferior ao combustible de reserva final\". Os investigadores piden aos aeroportos implicados que establezan \"un procedemento de coordinación que facilite a información de dispoñibilidade dos aeroportos que poidan considerarse de alternativa en caso de meteoroloxía adversa severa\" Segundo o informe agora emitido polos investigadores, a causa do incidente foi \"a incorrecta xestión da capacidade dos aeroportos de alternativa, por parte das dependencias implicadas, nunha situación de meteoroloxía adversa, e a non realización por parte da tripulación da comunicación Minimum Fuel, segundo se establece no Manual de Operacións do operador, que permitiría ao aeroporto de Vigo adoptar medidas temporais extraordinarias para aceptar á aeronave implicada\". O informe engade que \"como factor contribuínte sinálase a falta de previsión do Centro de Coordinación de Operacións (CEOPS) do aeroporto de Vigo para informar da saturación da plataforma, o que non permitiu a Control do Tránsito Aéreo informar puntualmente á tripulación implicada\". Ante esas conclusións, o informe da comisión emite tres recomendacións. Por unha banda, pide á TAP que \"imparta formación específica ás súas tripulacións no que respecta ao uso das comunicacións de Minimum Fuel e Mayday Fuel e as súas implicacións\". Por outra, o informe di que, \"sendo os aeroportos de Vigo e Santiago os aeroportos de alternativa principais do aeroporto de Porto, e viceversa\", os investigadores recomendan aos xestores dos denominados centro de control de área terminal de Santiago e dos controladores de aproximación de Porto que establezan \"un procedemento de coordinación que facilite a información de dispoñibilidade dos aeroportos que poidan considerarse de alternativa en caso de meteoroloxía adversa severa\"."}
{"ID": "NOS_49690", "summary": "O ministro anuncia que o executivo español \"substitúe na maioría dos pagamentos esenciais\" o Govern.", "text": "O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, decidiu redobrar o control ás finanzas da Ganeralitat a dúas semanas do 1-O e despois de que o vicepresident, Oriol Junqueras, fechásese a enviar o informe que acreditaba que o Govern non gastaba un euro no referendo. Montoro comuniciou que o Estado será de agora en diante quen se fará cargo do pagamento da maior parte das facturas de Catalunya, tanto de aquelas que non sexan servizos básicos como as que si, limitando tamén as operacións de endebedamento. \"Ante a situación de manifesta ilegalidade, instauramos un mecanismo de control de pagamentos absolutamente necesario para garantir os pagamentos da Generalitat, de xeito que a posición non prexudique as súas finanzas, nin as do resto de España\", xustificou o ministro."}
{"ID": "NOS_4004", "summary": "O teatro debe falar do que pasa fóra do teatro, comentar as cousas que lle van preocupar ao público antes e despois da función.", "text": "Mais debe explicar algo que non nos expliquen o telexornal e a prensa periódica, algo que escape da panorámica xeral que habitualmente nos impoñen desde os medios. As fillas bravas e o mito de Casandra, de Chévere / Dirección: Xron / Elenco: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar / Texto: Manuel Cortés Manter a distancia co punto de vista hexemónico, digamos, impón explicar o que frecuentemente se nos oculta, ou, polo menos, empregar un argumentario diferente, pór a cámara nun ángulo orixinal que revele unha perspectiva distinta, un pretexto para volver pensar no asunto que esteamos a tratar. As fillas bravas e o mito de Casandra parte dun enfoque moi suxestivo: a Casandra outorgóuselle o don da profecía, pero, por estas cousas que teñen os deuses, o seu don transformaríase nunha fonte de frustración, xa que ninguén crería os seus augurios. Algo así sucede cos científicos que veñen predicindo o cambio climático e as catastróficas consecuencias que implica: non lles fixemos demasiado caso, non acreditamos gran cousa nos cataclismos que vaticinaron. A partir desa interesante formulación, non obstante, Chévere entrégase a repetir o que xa escoitamos moitas veces desde instancias con altofalantes máis potentes, o cal nos deixa tan frustrados como Casandra, esperando esa volta que lle asigne algo de orixinalidade ao discurso. A compañía entrégase ao humor herdado da montaxe anterior As fillas bravas, e por momentos parece esquecer o tema que lle serve de coartada para esta segunda parte. O humor de Chévere tende a empregar formas populares para tratar unha actualidade tirando a deprimente, para deixar que o sentido do humor fure na realidade deixando ao descuberto as contradicións que a conforman. Desta vez, as formas vense máis importantes que o fondo, e o resultado é un espectáculo no que as alusións rematan en si mesmas, no que a complicidade se dá máis coa propia compañía que cunha visión do mundo que pretende facer comedia a partir das traxedias do día a día. Polo lado das formas non hai queixa: a montaxe sostense no traballo das actrices, que segue sendo tan competente e hilarante coma sempre. A creación das personaxes posibilita que a realidade e a ficción se atopen no escenario e que o público recoñeza unha forma de estar no mundo que non anda moi lonxe do patio de butacas, que se observa desde unha distancia curta, aceptando a parte que nos toca. Desde ese punto de vista, a resistencia segue aí e dá sinais de continuidade. Mais quizais sobraba un didactismo que só rabuña na superficie do que se quere tratar e que tal vez atope o seu lugar en funcións escolares máis que en salas para adultos."}
{"ID": "NOS_17845", "summary": "A Federación de Libreiros de Galiza decidiu non aplicar a subida do IVE ao material escolar até o 15 de outubro, unha vez pasado o inicio do curso. Unha medida que toman despois de comprobar que se estaban a facer mercas masivas para evitar o pagamento da subida imposta polo goberno do 4 ao 21%.", "text": "Arredor do 95% das librarías galegas se estima que non subirán o IVE do material escolar a comezos do curso.Mediante un cartel identificaranse os establecemenos que se acollan a esta recomendación da Federación de Libreiros de Galiza. A entidade que agrupa a representantes das librarías galegas sinalou que chegan a tomar esta medida unha vez se detectou a compra masiva de material escolar co fin de fuxir da suba imposta polo goberno. As librarías asumirán a suba até o 15 de outubro, unha vez pasado o periodo de volta ao colexio. A aplicación do 4 ao 21% do IVE realízase en todo o Estado pero a federación galega é a primeira que exime aos seus clientes do pagamento ate un mes e medio despois do que tería que ser a súa aplicación. Despois de dar carpetazo á gratuidade dos libros de texto, a noticia da eliminación da redución do IVE dos materiais escolares como libretas, folios ou bolígrafos provocara o malestar das persoas máis afectadas, de maneira especial, as agrupacións de anpas. A través da deputada Carme Adán, o BNG presentara en xullo no Parlamento Galego unha interpelación na que instaba ao goberno de Feijoo a valorar o impacto social e económico da subida do IVE nos materiais escolares e demandaba actuacións para frear as consecuencias no inicio do curso. Reclamaba do goberno de Feijóo que non se aplicara a medida e que, de non \"ter valentía para o facer\" que desenvolvera actuacións encamiñadas a que nenos e nenas que vivan en casas con dificultades económicas podan acceder ao material escolar preciso para o novo curso. O goberno de Feijoo non anunciou ningunha das dúas posibilidades e é agora a Federación de Libreiros a que decide tomar a decisión de librar á familia da subida do IVE a inicios do curso."}
{"ID": "PRAZA_307", "summary": "ENTREVISTA Marcos López, responsable de OQO Filmes, fálanos da técnica do 'Stop Motion' coa que a literatura infantil e xuvenil cobrou vida grazas á animación e a este selo propio dentro da editora.", "text": "A literarura infantil e xuvenil tamén ten que ser innovar, meterse nos contos e facer que cobren vida, crear animación na nosa lingua, explorar. OQO Editora tívoo claro alá polo ano 2008, cando decidiu especializarse en Stop Motion. Un proxecto que ten selo propio dentro da propia editora que é pioneira neste eido e que se chama OQO Filmes. Entrevistamos o seu responsable Marcos López. Cal foi era o voso obxectivo e por que optastes polo Stop Motion? En OQO filmes optamos pola técnica do Stop Motion porque cremos que é a máis axeitada para trasladar a diversidade estética dos álbums ao mundo da animación e para educar a ollada dos pequenos espectadores. Os escenarios e personaxes existen fisicamente e son fotografados frame a frame en diversas posicións para dar a sensación de movemento. Os personaxes constrúense en base a unha estrutura de arame de aluminio. Despois son revestidos de esponxa, formando o volume dos corpos. Posteriormente cóbrense cunha capa de tea, cosida como nos bonecos de trapo, o que lles dá un característico acabado final moi artesanal. Esta opción permítenos obter unha imaxe máis cálida, moi próxima ao mundo dos cativos, porque se asemellan aos peluxes que habitan nos seus cuartos. Que materiais empregades cando facedes Stop Motion? Reutilízase? Intentamos quitarlles o máximo partido posible ás texturas como elemento plástico, algo que tamén está presente nos decorados. Reutilizamos e reciclamos. Empregamos materiais naturais como a madeira para os mobles e as estruturas das casas, pedras, pólas que dan efecto de árbores, terra, area para o chan, etc. Os ollos e algunhas das bocas dos personaxes son modelados á parte nunha pasta especial que se chama fimo, de xeito que poden ser intercambiables e se acoplan nos bonecos. Así créanse as diferentes expresións e os movementos de boca dos personaxes. Un dos obxectivos estéticos que perseguimos é acadar un resultado natural, de maneira que se prescinde, na medida do posible, de efectos especiais. Neste sentido cremos que a técnica do Stop Motion permite chegar a ese acabado, acadando así que se poidan animar fluídos ou gases sen recorrer a efectos de posprodución. Traballar con materiais reais permítenos chegar aos nenos dun xeito máis directo, facéndolles sentir máis próximo o proceso creativo: parece tan sinxelo que ata un neno podería facelo. \"Traballar con materiais reais permítenos chegar aos nenos dun xeito máis directo; parece tan sinxelo que ata un neno podería facelo\" Como entendedes OQO Filmes? Entendemos OQO Filmes como un espazo de creación de animadores de todo o mundo. Así, directores e directoras de referencia mundial na técnica do Stop Motion acoden a Pontevedra para a realización de diferentes proxectos. Zé Carlos Pinto, o director de Cocorico, os mexicanos Luis Téllez, Juan José Medina ou Karla Castañeda, o arxentino Ismael Mon, o chinés Zhan Jian, o catalán Claudi Sorribas, o valenciano Pascual Pérez Porcar ou o galego Borja Guerrero forman parte do elenco de directores e directoras das producións de OQO. Na actualidade contamos con tres series producidas Os contos no camiño, Caracois e Cocorico, todas recoñecidas con premios internacionais e emitidas en diversos países da nosa contorna, América e Asia. En que proxectos estades a traballar na actualidade? Nestes momentos estamos a traballar na segunda temporada de Cocorico, que naceu como un álbum ilustrado que está pendente de reeditar. É un dos éxitos da nosa editora tanto en papel coma en formato audovisual. A segunda temporada conta cunha axuda da Agadic e a participación da Televisión de Galicia, que tamén participou na primeira que acadou un grande éxito no Xabarín Club. Todas as series de OQO filmes, incluída Cocorico, son distribuídas internacionalmente por Edebé audiovisual. \"Apostamos pola nosa lingua como vehículo de transmisión necesario, sobre todo para os pequenos\" Que linguas empregades na rodaxe? Que actividades desenvolvedes relacionadas co ensino? A lingua orixinal de gravación sempre é o galego e a partir de aí cada canle de televisión internacional fai a dobraxe ao idioma do país. Nós apostamos pola nosa lingua como vehículo de transmisión necesario, sobre todo para os pequenos. Ademais da produción audiovisual OQO filmes desenvolve actividades de alfabetización audiovisual. O programa Nós tamén creamos! é un programa de dinamización lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Innovación educativa e a Compañía de Radiio Televisión de Galicia que lles propón aos máis pequenos pasar de ser espectadores a creadores de contido audiovisual realizando curtametraxes de animación en galego a partir dun álbum de OQO. O programa está inserido no Plan Proxecta e nel participan unhas sesenta escolas por curso escolar. Nas tres edicións do programa escolares de toda Galicia elaboraron máis de 200 curtametraxes en galego que se poden ver na web infantil da TVG."}
{"ID": "PRAZA_20759", "summary": "Non se trata de se recrear nos laios, tampouco de re-unir nada, no plano electoral ou fóra del, senón de movimentar tendencias e ambicións xerando un terceiro espazo que actúe sobre esas feblezas que nos catapultan cara a atrás cando outros consolidan os seus avances ou pisan o acelerador aínda a pesar das incertezas", "text": "O diagnóstico está bastante estendido: a pouco que nolo miremos, toparemos cunha Galicia que retrocede, camiño do desmantelamento e a irrelevancia, sen unha estratexia de futuro que preserve as vigas maiores da súa identidade. Os últimos anos \"progresamos adecuadamente\" nesa liña en todos os ámbitos. Hai resistencias, aspectos positivos e iniciativas loables, sen dúbida, pero na percepción global dos que participamos da idea dunha Galicia de seu, que abarca moitos sectores de diferentes eidos, predomina un alarmado pesar respecto a cuestións elementais. Numerosas persoas e sectores, que van moito máis alá das organizacións estritamente nacionalistas de hoxe, alertan das encrucilladas que nos condicionan en aspectos clave. Un parámetro que poucos cuestionarán é a desaparición de facto de Galicia da nómina do \"problema nacional\" en España, espello do retroceso experimentado na capacidade de traducir politicamente o sentimento identitario da cidadanía galega. Hai intelixencia abondo para impulsar procesos de rexeneración, mais cómpre artellalos a partir da nosa propia realidade, fuxindo da imitación doutras que están en tempos distintos e avanzan a ritmos para nós inalcanzables. Por máis que admiremos esas capacidades ou se importen debates, é no noso entorno e cos pés na terra onde deberamos centrar a formulación dun discurso tan autóctono como realista. O contrario só pode levar a aquel nacionalismo de campanario do que falara Tobío. Non se trata de se recrear nos laios, tampouco de re-unir nada, no plano electoral ou fóra del, senón de movimentar tendencias e ambicións xerando un terceiro espazo que actúe sobre esas feblezas que nos catapultan cara a atrás cando outros consolidan os seus avances ou pisan o acelerador aínda a pesar das incertezas Non se trata de se recrear nos laios, tampouco de re-unir nada, no plano electoral ou fóra del, senón de movimentar tendencias e ambicións xerando un terceiro espazo que actúe sobre esas feblezas que nos catapultan cara a atrás cando outros consolidan os seus avances ou pisan o acelerador aínda a pesar das incertezas. Este empeño é difícil de implementar desde a política partidaria aínda que non se poda nin se deba prescindir das forzas políticas. Precisamos de mecanismos transpartidarios, de persoas con capacidade inclusiva e de desbloqueo para pensar o futuro e ir mais aló dos límites da política de plató. Nos últimos corenta anos creouse organización pero pouca sociedade. A sociedade civil debera ser agora o motor do rexurdir, dese novo enfoque complementario que o país precisa para superar a precariedade identitaria. Recompoñer esa ilusión require perspectiva, xenerosidade e discurso. Os think tanks que hai no país, pese á súa modestia, teñen unha importante función a cumprir neste aspecto para mover entornos e tender pontes coa vontade de xerar ideas compartidas, un programa de mínimos que devolva a iniciativa a unha sociedade comprometida coa viabilidade futura do país."}
{"ID": "NOS_8849", "summary": "O major dos Mossos, Josep Lluís Trapero, negouse a que o Ministerio do Interior dirixise a policía integral de Catalunya após a Fiscalía reclamase o seu control por parte do Estado.", "text": "O Ministerio do Interior trata, por todos os medios, de se facer co control policial dos Mossos d'Esquadra nos días previos ao referendo convocado para o 1 de outubro. Xa o fixera após os atentados de agosto en Barcelona e Cambrils, cando puxo en dúbida o traballo da policía catalá. Nunha reunión que tivo lugar na quinta feira para avaliar o estado da orde de \"impedir a celebración\" do 1-O e na que participaban os mandos en Catalunya da Policía Nacional, a Garda Civil, a Garda Urbana de Barcelona e os Mossos, o fiscal superior de Catalunya, José María Romero de Tejada, anunciou que deixaba en mans do número tres do Ministerio do Interior, Diego Pérez de los Cobos, a coordinación da política de seguridade no país. Precisamente, De los Cobos, xefe de Gabinete de Coordinación e Estudos da Secretaría de Estado, asistira á reunión e afirmara que o control sería \"puntual\". Segundo informa La Vanguardia, Trapero opúxose e lembrou que os Mossos son a policía integral de Catalunya, con plenas competencias e con capacidade para garantir a seguridade nos próximos días. O major dos Mossos solicitou por escrito a orde de ter por riba un político do Ministerio do Interior. O fiscal deu por concluída a reunión e citou os presentes a un novo encontro que terá lugar o sábado. Até o momento é a Xunta de Seguridade de Catalunya, a través dunha mesa, o organismo que regula a coordinación entre todas as policías. O major dos Mossos insistirá hoxe en solicitar que sexa ese organismo, de carácter técnico e non político, o que xestione a coordinación nos días previos ao 1 de outubro. Máis efectivos da Policía e da Garda Civil A diario seguen chegando a Catalunya máis efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil. Oficialmente non se coñece a cifra, pois Interior alude a \"motivos de seguridade\" para non revelala. Nin sequera os Mossos teñen constancia do número de policías nacionais e gardas civís que recalaron no país ao longo destas semanas."}
{"ID": "NOS_38733", "summary": "Ou unha Galiza autonómica nun Estado de tendencia máis ou menos federalizante ou una Galiza soberana. Non hai termo medio. Levamos 36 anos na primeira. O contraste entre ambos deseños, as dúas Galizas posíbeis, foi o miolo dun duelo dialéctico de altura entre Xesús Palmou, ex secretario xeral do PPdeG, e Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre e ex portavoz parlamentar do BNG. O debate Palmou-Jorquera aparece no Sermos251, xa na rúa. Eis aquí un avanzo. VÍDEO NO INTERIOR.", "text": "-Sermos Galiza. Poñamos agora as luces longas e vaiamos aos modelos antagónicos que defendedes. O aprofundamento da autonomía versus a soberanía. -Xesús Palmou: Primeiro ten de haber vontade de diálogo. Será nunha mesa de negociación onde se aborde a cuestión. A Constitución necesita unha posta ao día, en asuntos como a adecuación do Senado á súa condición de cámara territorial. É preciso que na Constitución se reflicta que as comunidades autónomas deben participar con voz propia perante a UE naqueles temas (por exemplo, a política agraria) sobre os que teñen competencias. A política agraria da UE claramente non favoreceu as transformacións que o agro galego necesitaba. Despois está o tema do encaixe das comunidades na Constitución, nomeadamente o de Catalunya. Hai que abordalo através dunha reforma da Constitución que permita que España continúe a ser un país da UE cunha Carta Magna en que todos nos sintamos cómodos. En todo caso, eu non estou por ir a un Estado confederal. Non é a solución. Eu iría máis nunha liña de acentuar o Estado federal, non confederal. Non coñezo ningún modelo de estado confederal que teña sido un éxito. Palmou: \"Eu non estou por ir a un Estado confederal. Non é a solución. Eu iría máis nunha liña de acentuar o Estado federal\" Jorquera: \"Se admitimos que aquí hai varias nacións, entón haberá que admitir que hai distintos pobos e que teñen que ser suxeitos de soberanía nos seus territorios\" -Francisco Jorquera: Eu, claro, discrepo de Xesús. E creo que se hai un problema de modelo o que hai que facer é ir a outro modelo. E basicamente o que hai que facer é invertir as relacións que se estabelecen entre o Estado central e os distintos pobos que coexistimos nel. Se admitimos que aquí hai varias nacións, entón haberá que admitir que hai distintos pobos e que teñen que ser suxeitos de soberanía nos seus territorios. O pobo galego o que necesita é plena capacidade de decisión sobre os seus asuntos. Que se recoñeza que é o titular da soberanía na Galiza. En exercicio desa soberanía o pobo galego pode pactar con outros pobos e delegar unha serie de competencias en institucións comùns. Por suposto, iso exixe a vontade de todas as partes; e se non a hai, pois non é pecado ter un estado independente. En Europa nos últimos 25 anos naceron 17 Estados independentes. No ano 1945 a ONU fundouse con 45 estados, agora intégrana 193. É compatíbel ter un Estado independente e á vez participar na comunidade internacional, en termos de igualdade con outros pobos e non de dependencia."}
{"ID": "PRAZA_14489", "summary": "Varias organizacións xuvenís do Estado, entre elas as galegas Liga, Comités e Agir, convocan o 'Día Internacional de Loita Estudantil' para \"protestar contra as reformas e recortes levados a cabo na educación e impostas pola UE e o gran capital\".", "text": "A campaña tamén terá os estudantes na rúa. Varias organizacións estudantís e xuvenís do Estado, entre elas as galegas Liga Estudantil, Comités e Agir, convocan para o vindeiro 11 de outubro o Día Internacional de Loita Estudantil, unha xornada na que pretenden \"protestar contra as reformas e recortes levados a cabo nos últimos meses na educación\" e \"reivindicar a soberanía dos pobos\", e na que os tres colectivos convocan unha folga xeral no ensino universitario e medio do país. As tres organizacións galegas convocaron este mércores unha rolda de prensa para presentar unha xornada de protesta motivada polos \"recortes, reformas e diminución de dereitos sociais, políticos e culturais\" aplicados aproveitando \"a escusa dunha crise creada polos mesmos que están a xestionar o poder desde diferentes marcos\". \"Estannos levando a un sistema escravista, onde os ricos son máis ricos e os pobres son máis pobres\", explican. Varias organizacións do Estado convocan unha folga xeral no ensino \"contra os ataques do Goberno central\" á educación O obxectivo é unha mobilización que se desenvolva en varios lugares do Estado para \"denunciar os ataques do Goberno central ao ensino\" e enmarcado no \"internacionalismo e a solidariedade entre os pobos\". De feito, a protesta está convocada por organizacións estudantís e xuvenís de Galicia, Asturias, Cataluña, Euskadi, Aragón e Cantabria. No comunicado conxunto de todos estes colectivos, lembran que as comunidades autónomas \"están a aplicar as decisións do Goberno central sen ningún tipo de reparo, demostrando unha vez máis que baixo o capitalismo e o autonomismo non é posíbel a soberanía e a independencia dos pobos que se atopan indefensos ante as reformas impostas desde a UE e o gran capital\". \"Non lles abondaba coa mala situación na que se atopan xa as linguas e culturas dos pobos, senón que agora buscan destruílas ata a súa desaparición recortando os orzamentos en educación e cultura\", insisten, tras denunciar que se \"aproveita a crise institucional\" para \"tentar uniformar as nacións dentro do estado para que a súa estrutura poida seguir existindo\". \"Xustifican todo isto dicindo que non hai diñeiro, as ganancias nos mercados de alta gama aumentan, e tamén o gasto militar ou os soldos dos políticos\", aseguran todas as organizacións convocantes, que cren que \"xa non hai quen crea esa gran mentira de que non hai cartos\" e que se está a acentuar aínda máis o \"proceso de privatización da universidade\" que levan anos denunciando. Chaman a unirse \"á loita por unha educación pública e digna para todos, para poder construír a nova escola que nos eduque como persoas libres\" Por todo isto, din unirse \"á loita por unha educación pública e digna para todas, para poder construír a nova escola que nos eduque como persoas libres\". \"A única alternativa posíbel é unha escola pública, laica, popular, antipatriarcal, digna, e que cumpra con todas as necesidades lingüísticas e culturais de cada nación\", reivindican. En Galicia hai previstas, cando menos, manifestacións en seis cidades En Galicia, hai previstas polo momento manifestacións en seis das sete cidades ás 12 do mediodía dese 11 de outubro, á espera da confirmación de Ferrol. Os lugares de saída das marchas son os seguintes: na Coruña, o campus de Elviña; en Compostela, a praza do Toural; en Vigo, a praza dos Cabalos; en Lugo, en Intercentros, no Campus; e en Ourense fronte a delegación da Consellería de Educación. O inicio da protesta en Pontevedra está aínda por confirmar."}
{"ID": "NOS_8289", "summary": "Diante do amplo debate que está a ter lugar en relación aos ventres de alugueiro, o BNG vén de facer público o seu posicionamento contrario. Advirte o Bloque da \"mal denominada\" xestación subrogada e do que implica para as mulleres.", "text": "Ventres de alugueiro ou maternidade subrogada? A propia denominación xa connota o posicionamento ideolóxico. E o BNG teno claro, elixe ventres de alugueiro. O demais son, para a formación nacionalista, \"eufemismos\" que pretenden \"banalizar e medicalizar dun xeito aséptico o que é en realidade unha práctica que ten como piar básico a explotación con fins económicos do corpo das mulleres, nomeadamente das mulleres máis pobres\". A formación frontista posiciónase abertamente contra os ventres de alugueiro cando o debate está máis candente que nunca, máxime cando se está a xestar unha iniciativa lexislativa popular ao respeito. Unha ILP, di o Bloque, \"impulsada por asociacións detrás das cales hai intereses económicos claros (clínicas privadas, bufetes de avogados...) e co apoio explícito de Ciudadanos\". O BNG denuncia nun comunicado o feito de que as mulleres sexan utilizadas \"como incubadoras\", así como \"a desigualdade na relación contractual que se pretende\"; é dicir, \"unha persoa ou unha parella con capacidade adquisitiva recibe, a cambio dun prezo, compensación económica ou resarcimento económico, unha crianza xestada no ventre doutra muller dunha posición económica inferior\". O BNG defende que a maternidade non é un dereito As e os nacionalistas salientan que \"non é unha necesidade vital ter descendencia biolóxica, polo que a maternidade non se pode considerar un dereito como tal. Ante a premisa patriarcal, cómpre insistir en que unha muller non é menos muller por non ser nai biolóxica\". Na mesma liña, din que a paternidade biolóxica tampouco é un dereito. \"Unha proposta contraria á legalización baseada nun rexeitamento da mercantilización do corpo das mulleres non entra en contradición co compromiso do BNG coa loita contra a discriminación por razón de xénero ou orientación sexual\" A respeito das reivindicacións do colectivo LGBTI, que se pronuncia maioritariamente a favor da legalización dos ventres de alugueiro, argumentando un suposto dereito á paternidade igualitaria, o grupo de traballo LGBTI do BNG \"apoia incondicionalmente esta proposta, elaborada polo Grupo de Traballo de Acción Feminista, entendendo que unha proposta contraria á legalización baseada nun rexeitamento da mercantilización do corpo das mulleres non entra en contradición co compromiso do BNG coa loita contra a discriminación por razón de xénero ou orientación sexual e coa loita do colectivo LGBTI para conquistar os seus plenos dereitos\". Altruísmo? Sobre o suposto altruísmo ao que recorren os colectivos que apostan na \"xestación subrogada\", o BNG advirte de que se trata de \"casos específicos e moi minoritarios\" e de que \"a casuística individual minoritaria non pode servir de pretexto para deixar a porta aberta á banalización e sistematización desta práctica\". \"Resulta evidente que este suposto altruísmo dunhas poucas mulleres só se utiliza para agochar o verdadeiro propósito da pretendida legalización desta práctica: a explotación comercial dos corpos das mulleres pobres e a compra-venda de crianzas\", acrecenta a formación dirixida por Ana Pontón, que tamén sinala que o Parlamento Europeo xa alertara \"desta nova forma de explotación das mulleres en 2015 no seu Informe anual sobre os dereitos humanos e a democracia no mundo (2014)\". A institución europea tamén se pronunciara en contra na resolución de 5 de xullo de 2016. \"Non se debe confundir o dereito das mulleres a disporen libremente do seu corpo (aborto libre e gratuíto, sexualidade...) coa mercantilización deste\", salienta o BNG, quen critica que os contratos asinados priven as \"mulleres xestantes\" do dereito a disporen libremente do seu corpo. Os contratos, engade a formación nacionalista, poden chegar a regular todos os detalles da vida da muller xestante. O BNG tamén pon o foco na \"dignidade das crianzas\", ao entender que tamén se ve vulnerada, pois \"pasan a ser tamén obxecto de contrato mercantil, sendo así que a parte contratante pode mesmo escoller por catálogo as características xenéticas da súa futura criatura\". \"Estamos perante unha nova forma de dominación e de violencia contra as mulleres ao expolas ao tráfico reprodutivo, cousificando o seu corpo\" \"Estamos perante unha nova forma de dominación e de violencia contra as mulleres ao expolas ao tráfico reprodutivo, cousificando o seu corpo\", afirma o Bloque, que chama a \"non caer na trampa de considerar o alugueiro de ventres unha manifestación de as mulleres disporen libremente dos seus corpos, xa que o incentivo é –se ben non en todos os casos, si maioritariamente– económico\". Desta maneira, pon de manifesto que esta práctica \"afecta sobre todo as mulleres máis empobrecidas que, ademais, reciben tan só o 10% do lucro que xera a industria dos ventres de alugueiro en países como Rusia ou Ucraína, ficando a maior parte en mans de intermediarios\". \"Nada indica que a súa legalización no Estado español serviría para paliar esta situación enraizada no funcionamento normal do neoliberalismo\". O BNG engade no comunicado que \"non nos debemos deixar enganar polos termos empregados, eufemismos tecnicistas que pretenden agochar a realidade: unha situación de desigualdade estrutural que provoca que as mulleres \"aluguen\" o seu corpo, poñendo en risco a súa saúde en beneficio de quen pode pagar, unha nova forma de violencia e trata de persoas, mercantilizando o que non debe ser obxecto de comercio: a vida\". \"Non se pode pretender que se trata dun acto supostamente altruísta cando existe un intercambio de diñeiro por un servizo prestado, pois, por moito que se chame \"compensación económica resarcitoria\", en realidade non é outra cousa que un pagamento que entra dentro da lóxica capitalista\", conclúe o Bloque."}
{"ID": "NOS_57686", "summary": "As de Muros-Noia e Arousa presentan os peores rexistros.", "text": "As rías galegas rexistraron 265 verteduras contaminantes até inicios desta semana, dos cales 243 non cumpren os límites e 22 están en investigación. Segundo datos actualizados da Xunta, das 1.648 verteduras detectados en Galiza ao 28 de setembro de 2021, hai 790 dentro dos límites, 593 que xa foron emendados e 265 contaminantes. A Ría de Muros-Noia é a que padece o maior número de verteduras en Galicia (63 contaminantes e seis en investigación), seguida pola Arousa (53 contaminantes e 12 en investigación). O resto de verteduras confirmadas -sen incluír os que están en investigación- repártense do seguinte modo por rías: Ferrol (28), Ares-Betanzos (18), Pontevedra (17), Vigo (16), Ortigueira (13), Camariñas (11), Baiona (8), Corcubión (4), A Coruña (3), Barqueiro (3), Corme-Laxe (2), Viveiro (2), Foz (1) e Cedeira (1). A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, considera que a futura lei da Augas mellora de xestión do ciclo integral da auga -cuxo prazo de consulta pública incrementouse en 15 días tras as queixas realizadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)- e suporá unha ferramenta \"eficaz\" para atallar esas verteduras. Así, expón que actualmente a Xunta asume a xestión de 28 depuradoras en Galiza, no que considera \"privilexios\" para eses municipios. Por iso, ábrese agora, coa nova lei, a oportunidade aos concellos que o soliciten voluntariamente de que a Xunta se encargue da súa xestión de servizos da auga, no que ve como un \"trato igualitario\". Iso si, os concellos que soliciten esa xestión terán que cumprir a condición de realizar antes unha auditoría da rede para detectar e emendar deficiencias. Ademais, o texto recolle que, no prazo dun ano desde a súa entrada en vigor, deberán actualizarse os convenios vixentes entre Augas de Galiza e os 28 municipios cuxa xestión de depuradora leva a Xunta."}
{"ID": "NOS_32896", "summary": "Desde as sete da mañá están abertos os colexios electorais onde 1.500.000 votantes decidirán se o seu país se integra en Rusia ou ben se mantén na Ucraína. A consulta decorre con alta participación (un 64% a primeira hora da tarde) e normalidade en Crimea malia a tensión internacional.", "text": "Por volta de 1.600.000 crime@s teñen dereito a voto nesta consulta, que se realiza este domingo após 24 horas de vertixe. Nunha soa xornada, a do sábado, esta península con pouco máis de 2 millóns de habitantes veu como a Rada suprema de Ucraína (Parlamento) disolvía a Asemblea Popular de Crimea ou como no Consello de seguridade da ONU se debatía sobre a legalidade da súa consulta. Estados Unidos e 13 estados máis pediron que se declarase ilegal, algo vetado por Rusia (China abstívose). Aliás, Kiev acusou Rusia de que 80 militares, con 4 helicópteros e 3 tanques, entraran en territorio ucraíno lindante a Crimea, en Jerson. Hai 1.208 colexios electorais, onde 1.600.000 crime@s poden exercer o seu dereito a voto. Ás 12:00 a participación alcanzara o 50% segundo medios rusos Desde as seta da mañá están abertos os 1.205 colexios electorais. O primeiro ministro crimeo, Serguéi Aksiónov, foi dos primeiros en votar. Partidario de se reintegrar en Rusia o sentido do seu voto non é difícil de adiviñar. De feito, todos (medios, analistas internacionais, chancelarías occidentais...) dan por feito que o resultado vai ser favorábel a que Crimea volva a Rusia. O último censo elaborado (de 2001) sinala que nesta península o 59% dos habitantes son rus@s, por un 24% de ucraín@s e un 12% de tártar@s. Representantes destes últimos, a minoría tártara, chamaron a non votar e boicotar a consulta. Motivacións varias As cédulas de votación para esta consulta recollen 2 preguntas: \"É vostede partidario de a República autónoma de Crimea se unir novamente a Rusia?\" e \"É vostede partidario de reinstaurar a constitución da República de Crimea e que Crimea sexa parte de Ucraína?\". Vencerá a que teña máis votos sempre que supere o 50%. A opción vencedora ten que superar o 50% dos votos O corresponsal Mike Collet explicou en Reuters que as motivacións que moven a gran parte d@s crime@s a optar por volver a Rusia son varias, e non só que sexan eles propi@s rus@s. Apunta así a que hai quen argumenta que é unha vía na que mellorará a situación económica do país. E hai quen, sinala, ve nesa vía a única defensa contra unha Kiev-Ucraína que está en mans de \"nazis\" e \"fascistas\" após o \"golpe de Maidan\". A 'Primavera rusa' de Crimea Richard Galpin, da BBC, destaca que a consulta se estivo a vivir estes días nun ambiente de aparente tranquilidade (se ben escaseaba a propaganda a prol da Ucraína) que contrastaba co balbordo que o referendo causa alén das fronteiras da península. As reservas de ouro de Ucraína (por valor de 2.000 millóns de euros) foron sacadas do país con destino a Estados Unidos Tamén hai quen apunta a que é lóxico e democrático que Crimea decida en referendo o que quere ser e con quen. \"Máxime tendo en conta que a última decisión ao respecto foi tomada hai 60 anos por un presidente alcólico sen ter en conta a ninguén\". Frase en referencia a Krushev, que en 1954 regalou Crimea a Ucraína. As reservas de ouro ucraínas saíron para EUA As reservas de ouro da Ucraína foron trasladadas na madrugada da sexta feira pasada (7 de marzo) para os Estados Unidos, segundo informa o diario ruso Iskra, de acordo con fontes dun ex-alto funcionario do Ministerio das Finanzas ucraíno. Esta información, di, foi confirmada polo ex-executivo do Goldman Sachs, William Kaye, en King World News, que salienta que o ouro foi levado por un longo período de tempo. Un ex-alto funcionario do Ministerio das Finanzas da Ucraína confirmou que os novos líderes ucraínos, apoiados polos Estados Unidos, ordenou o transporte do ouro para a Reserva Federal dese país. De acordo co World Gold Council, as reservas de ouro da Ucraína eran de 42 toneladas en febreiro deste ano, equivalentes a case 2.000 miillóns de dólares (de ouro, a 1.370 dólares a onza), que ben poden compensar os 5.000 millóns de dólares (en billetes) co que Estados Unidos apoiaron os 'rebeldes' que hoxe están no poder. Kiev xa afirmou públicamente a súa opinión de que o referendo de Crimea era un limiar para unha invasión rusa."}
{"ID": "NOS_46619", "summary": "Na quenda de réplica, o presidente Feixoo entrou no corpo a corpo con moi malos modos e certa prepotencia. Foi paternalista con Villares e despectivo co nacionalismo. Para empezar, tirou de currículo e dixo que pola cámara pasaran até 19 representantes da oposición e todos dicíndolle que o seu proxecto estaba agotado. \"E aquí sigo\", remarcou.", "text": "Feixoo devolveu unha por unha todas as críticas da oposición combinando o desprezo cos datos, \"os datos que ofrece un presidente da Xunta\", engadiu para enfeitizar a súa autoridade. Con Caballero e o PSOE foi directo no contragolpe: \"Hai algún proxecto máis esgotado que o do PSOE, que non foi quen de gobernar nin de formar goberno\". Con Luís Villares mostrouse paternalista, e mesmo convidou ao líder de En Marea a \"poñerse de lado do PP e non do PSOE\" en casos como Endesa. Despois, intentou humillalo. Lembroulle que el, Villares, era o líder da alternativa da oposición só hai uns meses e preguntouse se era \"sólida\" aquela proposta dun goberno alternativo \"presidido por Villares\". A Antón Sánchez respondeulle con Venezuela, como antes fixera con Ana Pontón e Bildu. Feixoo utiliza o desgoberno en Madrid contra quen se poña por diante. Da igual que sexa Anova. \"Non ás térmicas, non ás eólicas, non ás eléctricas... Cal é a súa política enerxética?\", preguntoulle a Antón Sánchez. \"Alá vostede e a súa forma de facer oposición\", comezou Feixoo a súa diatriba contra Ana Pontón, o Bloque e o nacionalismo galego todo... \"O que é intranscendente é a dimensión do BNG. Se di que Galiza é un bonsái, que dimensión tería o BNG nese bonsái? A Galiza máis cativa é a do nacionalismo. Vostede cre que toda Galiza está equivocada e só vostedes están no certo. Iso si é excluínte\", díxolle a Ana Pontón ante de amentar a Bildu e a ERC. Despois, rexeitou a proposta do BNG do concerto económico, \"por lesiva para o país\"; a tarifa eléctrica, \"que é ilegal\"; e pediulle a Pontón que \"se tomase en serio as cifras\" en cuestións como a emigración e o PIB galegos. Emprazouna que retirara a expresión \"pirómana\" para cualificar a política forestal do goberno, \"non na merecemos\". E dixo que o BNG non pode criticar a fusión das caixas, \"cando antes era favorábel\". Pontón agardou a súa quenda para pechar a cuestión: \"Non dicimos que Galiza sexa un bonsái, dicimos Feixoo está convertindoa nun bonsái\". E deixou outro asunto para a reflexión. \"Dixo que en Euskadi o Goberno do Estado non pecharía unha empresa como As Pontes, non lle fai iso reflexionar sobre o seu papel como presidente da Xunta?\". ."}
{"ID": "NOS_31193", "summary": "Unha parte das persoas infectadas polo coronavirus van ser trasladadas á residencia integrada estabelecida no Cegadi, en Compostela.", "text": "A Xunta vén de intervir a residencia Asilo de Vilalba logo de que o gromo do que se falaba hai unhas horas e que afectaba a 30 persoas se disparase até os 132 positivos. Un dos obxectivos é o de reformar o persoal de atención. Polo momento, segundo as autoridades sanitarias hai 114 usuarias e usuarios enfermos así como 18 traballadores. Porén siguen facéndose probas para comprobar a afección real da Covid-19 nesta instalación. Unha vez avaliada a situación, as consellarías de Sanidade e Política Social apostaron nesta medida para garantir a calidade asistencial. Así o explican nun comunicado no que tamén falan da necesidade de protexer correctamente ás e aos residentes e ao cadro de persoal desta infraestrutura. Ambos departamentos xa mandaron equipos de traballo ao xeriátrico para avaliar a situación de maneira permanente e máis polo miúdo. Desde o Sergas comunicaron que se ocuparán de que haxa unha atención sanitaria axeitada no centro residencial vilalbés malia o gran número de doentes e a baixa obrigada dunha parte importante do persoal. Para iso algunhas e algúns dos contaxiados polo virus serán eenviados á residencia integrada que se montou no Cegadi, en Compostela, para dar atención a estes casos excepcionais."}
{"ID": "NOS_19637", "summary": "A Cúpula dos Povos, evento paralelo a Rio + 20 que acontecerá entre 15 e 23 de junho no Brasil avoga pola apresentação de soluções práticas já existentes contra a crise socioambiental.", "text": "A Cúpula dos Povos, evento paralelo a Rio + 20 que acontecerá entre 15 e 23 de junho no Aterro do Flamengo, trabalhará em três frentes principais em relação à conferência oficial das Nações Unidas a ser realizada no Riocentro entre 13 e 22 de junho, quando chefes de estado debaterão o desenvolvimento sustentável. o Aterro do Flamengo, os objetivos, além do fortalecimento dos movimentos sociais nacionais e internacionais, serão a denúncia das falsas saídas para a atual crise socioambiental e a apresentação de soluções práticas já existentes contra essa crise. Uma dessas soluções é a agroecologia, que produz alimentos sem o uso de agrotóxicos, não maltrata o solo e gera empregos e renda a partir da agricultura familiar. \"Essa dupla, essa combinação de agroecologia com agricultura familiar, é o potencial maior do ponto de vista de resultados e do ponto de vista social, econômico e ambiental\", diz Jean Marc van Der Weid, economista e ambientalista, integrante da Articulação Nacional de Agroecologia, ressaltando a importância de ela não poder ser operada integralmente em sistemas de grandes propriedades. \"Ela não tem nenhuma necessidade, ao contrário do que diz o pessoal do agronegócio, de expandir novas áreas de cultivo. Tem um potencial produtivo suficiente para alimentar a população, economia de água, economia de energia. Enfim, tem todas as capacidades de responder a um conjunto de questões\". Questões integrantes da crise socioambiental como a pobreza contemporânea decorrente da marginalização e expulsão dos trabalhadores agrícolas para as zonas urbanas. \"Quando você trabalha em agroecologia, você procura a máxima diversidade possível, porque você tenta aproximar um sistema artificializado, que é a agricultura, dos sistemas naturais. Nós estamos lidando portanto com um sistema que vai ser tão diversificado que a mecanização vai ser limitada. Se é assim, se esta é a economia que a gente vê para o futuro, significa que nós vamos precisar de muito mais camponeses do que nós temos hoje\", diz van Der Weid. Tirado de cartamaior.com.br"}
{"ID": "NOS_18314", "summary": "Por un ensino digno e de calidade. O alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela iniciou esta terza feira un paro indefinido. Busca respostas e solucións a todos os problemas que, segundo denuncia, soportan a diario desde hai varios anos no seu centro de estudos.", "text": "A folga, convocada pola organización estudantil Asemblea Aberta de Medicina, concentrou de forma masiva o estudantado de todos os cursos. \"O decano sabe das nosas reclamacións e das propostas que hoxe poñemos enriba da mesa para tratar de reverter unha situación caótica que para nada contribúe a unha formación ordenada e de calidade\", aseguran. \"Son problemas de vello, que cada nova promoción herda da anterior, porque ninguén permanece tanto tempo na facultade como para esixir dunha vez por todas unha solución definitiva. Se decidimos ir á folga é porque non podemos nin queremos seguir deixando este legado\". Os problemas máis serios para os futuros médicos e médicas comezan en terceiro. Nese momento non só inician as prácticas senón que a docencia empeza a recaer en persoal clínico que se ve obrigado a moverse continuamente entre o hospital e a facultade. \"E moi a miúdo, non aparece ninguén. Temos materias que imparten até 15 profesores, e non habería ningún problema se tiveramos un horario oficial aprobado polo coordinadora de cada displicina indicando cando e quen vai impartir cada aula ao longo de todo o curso\" explica o colectivo estudantil. Falla de planificación e coordinación académica A falta de coordinación entre o profesorado non só ocasiona un descontrol das aulas e un esforzo extra por parte do alumnado para recuperar clases, e incluso exames, fóra do horario oficial; tamén redunda nunha calidade docente deficiente. \"Hai conceptos que se repiten unha e outra vez en diferentes aulas, e outros que pasan totalmente inadvertidos. Non pode ser que non atendan a temas fundamentais como pode ser a exploración básica da paciente. Nos servizos especializados non se explica, porque o seu obxectivo é outro; e coa teoría non abonda. Reclamamos máis talleres prácticos que nos preparen para crear a historia clínica e abordar a paciente de forma integral desde o primeiro momento\". \"Temos materias que imparten até 15 profesores, e non habería ningún problema se tiveramos un horario oficial aprobado polo coordinadora de cada displicina indicando cando e quen vai impartir cada aula\". Desde a Asemblea Aberta de Medicina destacan que a súa loita non é contra o profesorado. Non poñen en dúbida a súa capacidade pero reclaman unha organización eficaz que comprometa os coordinadores de cada materia e cada departamento coas súas responsabilidades. \"Case sempre son as delegadas e os delegados de clase os que acaban resolvendo os desaxustes: programan horas lectivas fóra do horario oficial cando hai necesidade de recuperar aulas, fan as listaxes dos grupos de prácticas, suplen a falta de información e de comunicación oficial cando as canles habilitadas non funcionan. E poucas faces o fan, nin a Aula nin o Campus Virtuais son operativos para organizar as nosas axendas como estudantes de medicina\". Unha vía eficaz O alumnado de Medicina da USC reclama unha vía eficaz e o compromiso dos responsábeis da facultade para solucionar de forma definitiva os problemas que os estudantes soportan un ano tras doutro. Con este obxectivo presentáronlle varias propostas ao decano, entre as que destacan a redución das clases presenciais e a descentralización das prácticas hospitalarias. \"Propoñemos eliminar as clases que se repiten ou se solapan, e cando sexa posíbel, que poidamos elixir en que área sanitaria facer as nosas prácticas\". \"Queremos que a comunicación coa facultade e coa Universidade sexa máis áxil. Queremos acabar coas faltas de respecto cara ao alumnado por parte do persoal docente pero sobre todo queremos optimizar e aproveitar ao máximo o noso tempo de formación. Propoñemos eliminar as clases que se repiten ou se solapan, e cando sexa posíbel, que poidamos elixir en que área sanitaria facer as nosas prácticas. A de Santiago está sobrecargada, e por riba, hai persoas que podendo facer as prácticas de atención primaria na súa zona de referencia, pagan até 200 euros ao mes para poder desprazarse ao seu destino\"."}
{"ID": "PRAZA_5256", "summary": "Unha viguesa coa síndrome de Harry Benjamin loita por que o Sergas cumpra as sentenzas xudiciais e lle facilite a operación cirúrxica que lle permita adecuar o seu físico ao seu sexo. Ante as dilacións do Goberno, pídelle ao Valedor do Pobo que interceda polo seu caso.", "text": "Charlotte Goiar é unha muller que padece a síndrome de Harry Benjamin, un transtorno do desenvolvemento sexual polo cal a persoa nace e medra cos xenitais do sexo oposto. Diagnosticada dende os sete anos de idade, esta viguesa recibe dende 1991 tratamento hormonal pero tamén psiquiátrico, toda vez que a súa doenza lle provocou unha síndrome ansioso-depresiva a causa da \"falta de tratamento cirúrxico\", explica. En maio de 2013 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza firme na súa demanda contra o Servizo Galego de Saúde, instando a sanidade pública galega a asumir a operación que precisa Charlotte. Un ano despois vén de acudir ao Valedor do Pobo para tentar que o mandato xudicial torne en realidade. \"Dende esa data -explica na súa queixa- permanezo á espera de que se me realice a cirurxía\", demorada \"sen explicacións convicentes\". Esa demora levouna unha vez máis aos xulgados tras o ditame do TSXG en novembro do pasado ano, cando un xulgado vigués \"requiriu ao Sergas para que no prazo dun mes dese cumprimento\" á resolución. Pero \"tampouco nesa ocasión se cumpiu o mandato dado polos tribunais. A tardanza e o propio proceso xudical \"véñenme causando graves problemas emocionais ao impedirme realizar un proxecto de vida normalizada\", salienta. A Xustiza dálle a razón a Charlotte e obriga o Sergas a atendela A situación complícase aínda máis polo feito de que \"a cirurxía que preciso non se realiza en calquera centro da sanidade española\", xa sexa pública ou privada. O Sergas, explica Charlotte, \"indica como referencia\" o hospital Carlos Haya de Málaga, centro hospitalario que, \"a requerimento do xulgado\", xa sinalou que \"non ten experiencia\" na técnica cirúrxica que precisa este caso. Tantos anos de tratamentos fan que sexa a propia afectada quen \"coñece de xeito pormenorizado\" os centros que realizan estes tratamentos. Por iso reclama \"que me deriven ao Hospital Clìnic de Barcelona, posto no que neste centro coñecen o meu caso, para acelerar a avaliación e realizar a operación\" cun doutor que é quen de realizala. \"Non é unha cirurxía estética nin un capricho\" \"Toda esta información vén sendo desprezada polos poderes públicos, prolongando así a miña espera e a desesperación de non poder curar a patoloxía xenética que veño sufrindo toda a vida\", relata. Por iso pídelle ao Valedor que \"interceda ante a Xunta e poida operarme, curar a miña enfermidade e comezar a miña vida, que xa é hora\". Dende maio de 2013 \"estou agardando pola Xunta e dilatan o proceso, e creo que hai motivos ideolóxicos, padezo unha enfermidade moi grave, non é unha cirurxía estética, non é un capricho\", subliña. O PSdeG lamenta a actitude \"hipócrita\" da Xunta, na que ve \"transfobia\" Na súa xuntanza co Valedor a cidadá estivo acompañada pola voceira do PSdeG en materia social, Carmen Gallego, e polo voceiro do grupo LGTB do partido, Fito Ferreiro. \"A Xunta ten que acatar as sentenzas xudiciais que obrigan o Sergas a sufragan a operación, eu mesma lle pedín á conselleira que atenda esta persoa, di que si e despois non fai nada\", censura, no que define como \"actitude hipócrita e incomprensible, a non ser que falemos dunha ideoloxía rancia\". \"Estamos ante un tema de transfobia\", abonda Ferreiro, nun contexto no que \"o Goberno Feijóo fai fotos con colectivos de gais e lesbianas perso despois non actúa\"."}
{"ID": "PRAZA_856", "summary": "Os políticos teñen nos seus gabinetes aos mellores expertos en comunicación política. Nietzsche xa dicía que cando arde a casa esquecemos todo, ata a comida. E debe ser certo. Repasamos uns exemplos paradigmáticos de como non debe facerse a comunicación en casos de crise.", "text": "Sancho le prometió con muchas veras de coserse la boca o morderse la lengua antes de hablar palabra que no fuese muy a propósito y bien considerada 'El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha' Miguel de Cervantes, 1605 Sen comunicación non hai acción política. Non serven para nada os programas electorais e a ideoloxía se non se é capaz de transmitilos á cidadanía. A comunicación política sempre ten intencionalidade, o político fala dunha cara da moeda e ignora a que menos lle favorece. A súa é unha versión interesada do que sucede. A priori isto pode parecer perverso pero nunha sociedade democrática son moitos os comunicadores políticos, polo que existen múltiples versións interesadas do que sucede. Así, ao cidadán chéganlle diversas mensaxes persuasivas con distintas interpretacións do mesmo suceso. A conclusión final razoaraa coa suma de todas estas parcialidades recibidas. O comunicador político ten dereito á interpretación parcial da súa verdade Polo tanto, o comunicador político ten dereito a esa interpretación parcial da súa verdade, que canda as outras verdades, conforman a realidade que debe interpretar o destinatario último, o cidadán. O problema chega cando o político non quere persuadir, senón manipular. Ás veces, a manipulación sae ben, pero outras, sobre todo en situacións límite ou de crise, pode ser catastrófica. Regra de ouro: non se minte \"A verdade nunca che vai prexudicar... A non se que che prexudique e non a saibas utilizar\" é unha afirmación do experto en relacións públicas Howard Rubenstein que condensa á perfección como xestionar a nivel comunicativo unha situación crítica. O esforzo do político ten que concentrarse na exactitude das informacións que ofrece porque é a única maneira de controlar os rumores e atallar versións antagonistas. É importante seleccionar ben as canles e os medios informativos que mellor cheguen aos potenciais afectados polo que está ocorrendo. Un caso paradigmático que quebrantou reiteradamente esta regra de ouro foi o Prestige. O 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige comeza a escorarse a uns 50 quilómetros de Fisterra. A noite do 14 de novembro, as autoridades españolas dan a orde de afastar o barco a unhas 120 millas das augas xurisdicionais. Aí comeza a viaxe sen retorno do buque que vai deixando un regueiro de fuel ao seu paso. O temporal provoca que o deteriorado estado do barco empeore e, finalmente, afunda, provocando un dos maiores desastres ecolóxicos a nivel europeo. O tratamento do Prestige esixía o establecemento e seguimento dun plan de crise desde o principio que, no caso de existir, obviamente non se aplicou. A maioría dos medios de comunicación comprenderon que debían responder a unha necesidade informativa e fixérono moito antes que as autoridades políticas. A primeira información de interese sobre o rumbo do barco ofrecíaa o instituto hidrográfico portugués. A isto sumáronse as vías de investigación abertas por Francia, mentres que o Goberno español negábase a crear unha comisión de investigación. A primeira información de interese sobre o rumbo do Prestige non a ofreceu o Goberno, foi o instituto hidrográfico portugués O ronsel de mentiras que verteron os responsables políticos chegaría para escribir un tratado do que non se debe facer en comunicación política. Comecemos polo, daquela, delegado do Goberno en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa: \"Probablemente o chapapote non toque a costa galega\", afirmou, \"o destino do chapapote no fondo do mar é converterse en adoquín\", sentenciou sen rubor ou \"hai unha cifra clara, e é que a cantidade verquida non se sabe\". Continuamos co Conselleiro de Pesca da Xunta, Enrique López Veiga que, o 15 e o 17 de novembro declaraba, consecutivamente \"Co Prestige a 60 millas o risco non é alto\" e \"todo o chapapote que tiña que chegar á costa galega xa chegou\". Non menos impactante é a declaración do Director Xeral da Marina Mercante, López Sors que, tamén o 17 de novembro dicía \"non se pode falar de marea negra; son manchas grandes e dispersas\". Tamén dignas de mención son as palabras do, xa finado, Presidente da Xunta, Manuel Fraga que, o 15 de novembro afirmaba que o perigo \"máis grave\" xa pasara e que se era preciso volvía \"bañarse en Palomares\". Seguramente a declaración máis épica foi a do ministro de Defensa, Federico Trillo, que o 20 de novembro (e probablemente despois de ver algún filme bélico) afirmaba: \"Pensamos en bombardear o Prestige para fundilo ou facer arder o chapapote\". Para rematar esta (breve) enumeración de todos os dislates que se dixeron desde o poder político do Prestige deixamos ao actual presidente do Goberno, Mariano Rajoy que o 21 de novembro aseguraba que o chapapote non ía \"chegar ás Rías Baixas\", dous días máis tarde que \"afecta a unha parte importante da Coruña, pero non é unha marea negra\" e ao día seguinte que \"a dous graos de temperatura, o chapapote chegaría a un estado sólido polo que, en pricipio, o combustible non se verterá\". A verdade nunca che vai prexudicar... a non ser que che prexudique e non a saibas usar O Prestige era un reto complexo. Requiría a consulta a expertos, a coordinación entre o Goberno central e a Xunta, cautela e, sobre todo, información para os cidadáns. Neste caso, o Partido Popular non estivo á altura. Importante: o mundo é unha aldea O 11 de marzo de 2011 o Estado Español sumiuse na conmoción tras os atentados perpetrados por Al Qaeda. Á marxe do debate partidario que isto xerou, é evidente que os protocolos de actuación que usou o goberno estaban obsoletos e non contaban cos medios de comunicación interpersoal que permitiron a telefonía móbil e internet. O ministro de Interior por aquel entón, Ángel Acebes, compareceu nos días posteriores aos atentados dúas veces cada xornada coa mensaxe intencionada de que a autoría correspondía á banda terrorista ETA. De pouco serviron. O sábado 13 de marzo a prensa de toda Europa achacaba o atentado a Al Qaeda e o Goberno, ante a incredulidade cidadá, negábao en reiteradas roldas de prensa. Semellaba unha estratexia baseada na esperanza de que a dúbida se sostería ata despois das eleccións do día seguinte. A estratexia comunicativa do 11M parecía baseada na esperanza de que a dúbida se sostería ata despois das eleccións do día seguinte Pero Acebes xa se atopaba ante unha cidadanía que se comunicaba en tempo real a través de novos medios informativos de acceso individual que lles transmitían unha nova versión dos feitos. E entón, tivo lugar a eclosión. Nas manifestacións multitudinarias diante das sedes do Partido Popular os móbiles xogaron un papel fundamental. Foi ese día, por primeira vez, cando os medios de comunicación personalizada lle tomaron o relevo a radio, prensa e televisión. A aldea gobal de MacLuhan operou no caso do 11M. A exactitude, fundamental Cando non ofreces datos, detalles e cuestións concretas dun feito, estás transmitindo, ou ben que mentes, ou ben que non te preocupaches o suficiente por esa cuestión. En marzo de 2013 El País sacou en portada unhas fotos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado. As instantáneas eran do 1995, cando Feijóo era número dous da consellería de Sanidade e nelas ambos homes gozaban dunha xornada en iate. Feijóo non ofreceu datos, detalles nin cuestións concretas das súas vacacións con Marcial Dorado, con isto deu a imaxe de mentir Por aquel entón Marcial Dorado xa fora detido na Operación Nécora e a prensa fixérase eco do seu nome en varias ocasións. Porén, Feijóo asegurou reiteradamente que cando o coñeceu \"non sabía nada do seu pasado nin da súa actividade\". O xefe do executivo galego, resulta un pouco contraditorio cando, a posteriori afirma que \"cando preguntei díxome que estivera relacionado co contrabando, pero nunca fora condenado\". Feijóo afirmou que desconfiaba do \"tren de vida\" de Dorado pero estas inquietudes non lle impediron ao líder dos populares galegos compartir varios viaxes co narco. Cando o interpelaron sobre isto, Feijóo afirmou \"Creo que fun a Andorra, non o sei. Recordo que había neve, parece ser que eran os Picos de Europa?\". Imos ver, de verdade algún cargo institucional é capaz de pensar que estas declaracións non van ser a mofa da opinión pública? Como non se ía acordar? E non sería máis fácil e moito máis serio contar onde estiveron con precisión e seguridade? Por certo, o outro implicado neste espiñoso asunto, Marcial Dorado, afirmou desde prisión que a última viaxe xuntos fora a Ibiza no 1998. Moita máis exactitude por esta parte. O Titanic da comunicación política Pero sen lugar a dúbidas que onde de verdade fixo augas a comunicación política gobernamental no Estado Español foi na crise do ébola. Non se sabe se existían protocolos de actuación, pero se os había non se lles fixo nin caso. Cando se trata de saúde, a comunicación vólvese imprescindible, neste caso porque afectaba a todos os cidadáns do Estado Español e, se me apuran, ao mundo enteiro. Como precedente á xestión dramática da crise do ébola temos a da intoxicación do aceite de colza. Se hai unha frase que resume o mal que se fixeron as cousas é a do, por aquel entón, ministro de Sanidade, Jesús Sancho Rof \"O mal cáusao un bichiño. É tan pequeno, que se cae da mesa, mátase\". En situacións de crise, os consellos dos expertos en comunicación dos gabinetes, adoitan caer en saco baleiro É moi probable que, hoxe en día, os políticos conten con grandes expertos en comunicación nos seus gabinetes. Pero habitualmente, cando hai problemas, os seus consellos caen en saco baleiro. O primeiro erro cometido polos políticos foi a tardanza en informar e, cando o fixeron, só transmitiron medo e incertidume, pero iso só foi o comezo dunha longa lista de eivas. A, daquela, ministra de Sanidade, Ana Mato, deu unha rolda de prensa que só serviu para propagar rumores e sementar pánico. Non foi capaz de responder con claridade e contundencia. Chegou a dicir, ante algunha das cuestións que lle preguntaron que non sabía e que se enterara \"pola prensa\". Suponse que a máxima responsable de Sanidade debe estar ao tanto cada minuto do que está ocorrendo para ofrecer unha información clara e actualizada e o maior número de veces posible. Posteriormente, a ministra foi relevada e colleu o temón a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáez de Santamaría, unha acción que veu a confirmar o que os cidadáns xa sabían a aquelas alturas: que Ana Mato non estaba preparada para ser ministra. Nas roldas de prensa da crise do ébola a ministra Ana Mato non foi quen de responder con claridade e contundencia Outro comunicador a analizar é o conselleiro de Sanidade de Madrid, Javier Rodríguez. Cando á auxiliar Teresa Romero lle diagnosticaron ébola, o político afirmou que a sanitaria \"mentía\" e, desde ese intre, comezou un vía crucis de roldas de prensa e declaracións en radio e televisión para matizar as súas palabras, moitas veces, empeorando a situación. En El Programa de Ana Rosa afirmou que para quitar ou poñer un traxe \"non é preciso un máster\", en relación co feito de que a sanitaria, presuntamente, se contaxiara por non recibir formación suficiente para usar o material para a enfermidade. Tamén comentou que unhas persoas \"teñen maior capacidade de aprendizaxe que outras\". Daquela, por unha banda o conselleiro vén a dicir que a formación do persoal sanitario para afrontar a crise non é tan importante e chámalle boba á enfermeira, culpabilizándoa da situación. Esa é unha pésima estratexia pois a enfermeira era, precisamente, quen a sociedade identificaba como vítima dunha mala xestión política. O intelixente tería sido ofrecerlle moito apoio, estar moi pendente da familia e deixarse ver no desempeño deste papel (e non sacrificar ao seu can). Na crise do ébola os erros máis importantes foron a negación, parálise e silencio, mentira, precipitación e confusión Canto ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo en televisión \"Os meus colegas europeos estanme felicitando pola información que lles estamos dando\". Informaban a Europa e non aos cidadáns? A humildade é moi importante porque cando estás no medio dunha crise, nunca sabes que pode pasar. En vista do desenlace final probablemente os homólogos europeos de Rajoy rebaixaran o nivel das felicitacións. Polo tanto, hai un compendio de erros. Para empezar o da negación: negáronse responsabilidades. Cando se confirmou o contaxio, era bo admitir que se produciran fallos e que se melloraría coas medidas oportunas. No canto disto, culpabilizouse á enfermeira. Por outra banda está o erro da parálise e o silencio. A ministra, malia á gravidade da situación, escudouse no silencio durante días. Está tamén a mentira. Faltouse á verdade ao dicirlle á cidadanía que todas as medidas eran correctas e que todo estaba controlado. Outra eiva importante foi a da improvisación. Un virus perigoso como o ébola esixe un guión ben definido e pautado. Cando se deixa marxe á intuición, cométense erros, como foi o caso. Tamén debemos subliñar a precipitación. Na crise do ébola víronse accións precipitadas, desconectadas e illadas.O desencontro, e constantes contradicións entre o Goberno e os profesionais sanitarios levaron por diante a credibilidade. A precipitación comunicativa, provocou problemas novos, ao introducir novas variables de interpretación e desdebuxar a imaxe da saúde pública no Estado Español. A seriedade e a coordinación son básicas para xerar tranquilidade. E se cadra, unha das grallas máis importantes que cometeu o Goberno foi a da confusión. O síntoma máis vizoso dunha democracia é o seu nivel de transparencia. Cando os responsables institucionais son ambiguos ou confusos aparecen as interpretacións múltiples, o caos e a porta aberta da especulación. Como puidemos ver, Nietzsche tiña razón niso de que cando arde a casa esquecemos todo, ata a comida. Por iso, na comunicación política o mellor que pode facer o comunicador é poñer as cousas sinxelas: ofrecer a información dispoñible con transparencia e veracidade; designar portavoces expertos que saiban transmitir nun código adecuado as mensaxes; evitar rumores e mensaxes contraditorios que xeren alarmismo e respectar a intimidade dos afectados. Cando se producen estes erros básicos é porque hai un fondo de inadecuada, inexistente ou ignorada estratexia de comunicación pública. E isto, unha boa estratexia de comunicación, ademais de fortes eivas nos protocolos, foi o que lle faltou aos casos que aquí expuxemos."}
{"ID": "NOS_3780", "summary": "A asociación vén de converterse na primeira entidade galega en ser acreditada como asociación consultora do patrimonio inmaterial, logo da celebración da 10ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial celebrada en Windhoek (Namibia) do 30 de novembro ao 4 de decembro.", "text": "Ponte nas Ondas poderá exercer as función consultivas que o Comité Intergobernamental da UNESCO lle solicite, referidas a expedientes presentados para inscribir elementos na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial. Pode ser consultada en programas, proxectos e actividades relacionados co artigo 18 da Convención e no impacto dos plans de salvagarda dos elementos inscritos na Lista de Salvagarda urxente. Esta asociación está integrada maioritariamente por profesorado de ensino público (escolas, institutos e universidades) de Galiza e do Norte de Portugal. Desde hai 20 anos vén desenvolvendo un labor de transmisión e posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito educativo e tamén no cultural cunha importante actividade pública de promoción e recoñecemento deste patrimonio. Ademais, conta con destacados especialistas no ámbito do patrimonio inmaterial que defenden a existencia do patrimonio común galego-portugués e que veñen realizando tareas de estudo e investigación en diversos eidos relacionados con esta cultura común, tales como Alexandre Parafita, Álvaro Campelo, Carlos Nogueira, Ria Lemaire, Antonio Reigosa e Xosé Manuel Cid. 10 anos na loita Ponte nas Ondas foi a asociación promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO, a primeira candidatura multinacional nacida a partir de centros educativos. Ademais, sumáronse ao proxecto gran número de comunidades de portadores como as asociacións integradas na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, as comunidades de montes e baldíos de Galiza e do Norte de Portugal, facultades universitarias, concellos, asociacións de artesáns ou de músicos tradicionais... Precisamente, o pasado 25 de novembro, coincidindo co 10 aniversario da presenza do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da Unesco en París, Ponte nas Ondas celebrou a Gala do Patrimonio no Teatro Municipal de Tui."}
{"ID": "NOS_51734", "summary": "Juan Luis Arregui, presidente da factoría, confía en que a Lei de Costas que aprobará o executivo español renove a licenza da pasteleira pois di o seu traslado é \"inviábel\"", "text": "Arregui recoñeceu esta cuarta feira que o escenario que a empresa manexa a respeito do futuro da pasteleira é ben distinto do que agardan as organizacións ecoloxistas ou mesmo o Concello. O presidente de Ence asegurou que a factoría previsibelmente permanecerá en Lourizán para alén de 2018 e o certo é que a modificación lexislativa que está a piques de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy permitirá a Ence renovar a súa licenza até 75 anos máis. Así de seguro se amosou o presidente de Ence no acto de sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra. Neste senso, o popular Rafael Louzán tamén se amosou convencido do mantemento da pasteleira pois asegurou --xunto con Arregui-- que o traslado da factoría é \"inviábel\". Embora as organizacións ecoloxistas e a corporación municipal alerten desde hai décadas das graves consecuencias medioambientais derivadas da actividade de Ence, o presidente da Deputación provincial amosouse ledo de que a empresa mantela \"a ollada posta en Pontevedra\" pois a factoría, dixo, \"xera actividade económica, emprego e riqueza na cidade, na comarca e na Galiza\". A bóla está agora no tellado da Xunta de cuxo informe ambiental dependerá a permanencia da pasteleira. No entanto a posición amosada polo popular Rafael Louzán deixa máis que aberta a posibilidade de que Ence fique na ría e conte co visto e prace da administración galega. Cómpre lembrar que os gobernos de Manuel Fraga aprobaron a renovación da licenza á pasteira até 2018, malia que o TSXG considerase que a prórroga non se axustase a dereito. O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, amosouse moi crítico coas declaracións do presidente da Deputación do que dixo \"acaba de quitar a carauta\". Para o rexedor do BNG \"se a alguén lle quedaba algunha dúbida\" as verbas de Louzán deixan claro para o alcalde que o PP \"está porque Ence quede en Lourizán\"."}
{"ID": "NOS_28219", "summary": "Enléase o caso da detención dun traballador do grupo parlamentar de AGE vinculado presuntamente á tenza e difusión de pornografía infantil. Esta terza feira trascendeu que en 2009 militantes de EU de Ferrol xa denunciaran o uso dun computador da sede da organización para acceder a webs con contidos de pornografía infantil.", "text": "Anova, segundo recolle un teletipo de Europa Press, demanda a Yolanda Díaz, coordenadora de Esquerda Unida, \"explicacións públicas\" sobre este caso. O traballador detido polo seu pretenso envolvimento en prácticas delictivas de difusión de pornografía infantil é un vello colaborador da dirixente de Esquerda Unida. Foi asesor seu durante o executivo bipartito co PSdeG-PSOE que gobernou no seu día o concello de Ferrol. En 2009, militantes de EU denunciaron o acceso desde un computador da organización a páxinas web de pornografía infantil. Yolanda Díaz deu traslado dos feitos á xustiza, que arquivou o asunto ao non achar probas. Os militantes que apresentaron a denuncia foron expulsos da organización. O asesor mantivo o vínculo con Yolanda Díaz e en 2012 incorporouse ao grupo parlamentar de AGE, con adscrición á coordenadora de Esquerda Unida. Anova, segundo Europa Press, quer que Yolanda Díaz dea explicacións para esclarecer que, dado que a xustiza no seu día arquivara a denuncia, \"non tiña por que saber que había risco de que reincidise\". AGE rescindiu cautelarmente o contrato do traballador. Esquerda Unida suspendeuno de militancia, á espera de que se coñezan con exactitude os cargos que eventualmente poderían pesar contra el. A organización que lidera na Galiza Yolanda Díaz -por boca do seu secretario de Organización, Rubén Pérez- manifesta que as explicacións \"as dá a organización, non as persoas\", segundo as declaracións recollidas por Europa Press."}
{"ID": "PRAZA_17442", "summary": "A chegada de Mariano Rajoy a presidencia do goberno de España o fronte do partido mais corrupto de Europa (PP) supuxo a posta en marcha de durísimas políticas de axuste fiscal e rebaixa salarial –as máis duras da Unión Europea- que provocaron que España pasará o ocupar o liderado en desigualdade e exclusión social.", "text": "Se a gobernanza de J.M. Aznar (1996-2004) pasará a historia de España como aquela na que se disparou a corrupción (practicamente tódolos que foron ministros dos respectivos gobernos están imputados e moitos deles xa condenados), a de M. Rajoy (2011-2018) farao non só por seguir a senda corrupta (M. Rajoy sendo presidente de goberno foi citado a declarar como testemuña no xuízo do caso Gürtel: a primeira vez que sucedía na democracia. Ao tempo o PP era imputado por corrupción no mesmo caso) senón tamén por ter provocado, coas súas políticas, que a desigualdade se disparara como nunca en España e, xa que logo, en Galicia. Non por casualidade M. Rajoy foi o primeiro Presidente dun goberno español na democracia cesado mediante unha moción de censura avalada por un amplísima maioría parlamentaria (180 escanos, 4 por riba da maioría esixible) que se viu acompañada dun grande apoio social (mobilizacións de pensionistas, mulleres, batas brancas, corrupción…). A chegada de Mariano Rajoy a presidencia do goberno de España o fronte do partido mais corrupto de Europa (PP) supuxo a posta en marcha de durísimas políticas de axuste fiscal e rebaixa salarial –as máis duras da Unión Europea- que provocaron que España pasará o ocupar o liderado en desigualdade e exclusión social. Unha evidencia que nin a propia Comisión Europea, adaíl do austericidio, é quen de negar. Unha situación da que tardaremos décadas en saír. Os gobernos de Mariano Rajoy puxeron en marcha unha serie de reformas laborais neoliberais (ataque aos sindicatos e a negociación colectiva, facilidade no despido, desregulación e liberalización laboral …) que tiveron un enorme éxito pois están provocando un gran descenso das rendas de traballo. Na realidade España é un dos estados da Unión Europea onde a chamada \"devaluación interna\" vía redución dos salarios foi mais intensa. Unha redución que supuxo que o peso dos salarios na riqueza global (PIB) sexa o mais baixo das últimas décadas (47,6% no 2016). Unha caída salarial que, nembargante, apenas repercutiu nas exportacións (argumento utilizado para xustificar a baixa salarial) sendo o saldo mais favorable da balanza comercial froito realmente da caída das importacións (14 puntos en termos reais) e do consumo interno (11 puntos). En realidade a quen beneficiou a caída dos salarios foi as rendas do capital (42,1% do PIB) quedando así ao descuberto o real obxectivo das reformas laborais: aumentar os beneficios empresariais. Na práctica estas reformas laborais provocaron un enorme deterioro do mercado laboral. Si ben é certo que nos derradeiros anos houbo unha certa recuperación do emprego, España segue sendo un dos estados europeos con maior taxa de desemprego (16,7%) e menor taxa de ocupación (62,1%). Unha recuperación de emprego que ten lugar a costa de que se dispare a precariedade tal que mais do 90% dos novos contratos son precarios. Unha precariedade que está acadando cifras descoñecidas nas décadas anteriores: se a porcentaxe de traballadores con contrato temporal disparouse ao 27% a de ocupados a tempo parcial está no 15% e ambas (42%) subindo. Unha precariedade que afecta tanto a remuneración salarial media (-14%) como ao número de horas traballadas (durante os gobernos de M. Rajoy perdéronse en España mais de 3,5 millóns de horas de traballo: mais emprego pero menos traballo). Unha precariedade que coloca a moitos/as traballadores/as españois nunha situación limite: por primeira vez en España o ter un posto de traballo non evita o caer na pobreza xa, que segundo a OCDE, España pasa por seren o estado europeo con maior número de traballadores pobres (14,1%). Se a política laboral destes años disparou a desigualdade o mesmo sucedeu coa política fiscal do sr. Montoro (PP) quen, segundo os técnicos de GESTHA. pasará a historia como o peor Ministro de Facenda. A súa preferencia por primar a imposición indirecta (47% do total dos ingresos tributarios), moi especialmente o IVE (37%), e a súa practica inanición fronte a elevadísima fraude fiscal (o valor da economía somerxida en España equivale 25% do PIB, a fraude fiscal o 20%: unha das mais elevadas da eurozona) ademais de afectar negativamente aos ingresos fiscais favorece descaradamente as rendas altas pois leva a que sexan as rendas baixas (clases populares) quen soporten unha maior carga fiscal. Outra das grandes reformas postas en marcha polos gobernos de Mariano Rajoy foi a drástica redución do gasto público, moi especialmente do gasto público social e o enorme recorte do emprego público o que supuxo practicamente o desmantelamento do xa deficitario Estado de benestar. Unhas reducións de gasto i empregos públicos que si afectaron a tódalas funcións públicas de benestar, serían o ensino (do 4,6% ao 3,8% do PIB), a sanidade (do 6,7% ao 5,8%) e a dependencia (do 0,7% ao 0,2%) as mais damnificadas. Uns recortes que fan que España pasara a situarse entre os estados europeos que menos gasto público destina as funcións de benestar (5 puntos por baixo da media na Unión Europea) e a colocarse como líder en recortes. Uns recortes que, como confirman tódolos estúdeos e informes serios, afectan maiormente as clases de rendas medias e baixas (clases populares) polo que disparan unha desigualdade xa de seu moi elevada. Asemade a aplicación de estas políticas tivo un efecto macroeconómico enormemente negativo xa que debilitou a demanda quen a súa vez provocou unha caída moi forte da actividade económica (-7% do PIB). Se nas vésperas da crise o PIB per capitá español estaba no 101% da media na Unión Europea, no ano 2017 baixaría ao 92%. Un período durante o cal España pasou a situarse entre os estados europeos con taxas de risco de pobreza (21,6%) e niveis de desigualdade mais elevados (34 en índice de Gini para unha media na UE de 30) Un dos argumentos mais utilizados polos gobernos de Mariano Rajoy para xustificar estas políticas autenticamente \"austericidas\" foi o da necesidade de reducir os déficits e ás débedas públicas. Obxectivo que, como todo o mundo sabe, está sendo un auténtico fracaso, como non podía ser doutro xeito. Durante os mandatos de Mariano Rajoy a débeda pública española non parou de medrar, pasando do 69,5% ao 97,9% do PIB. Sobran comentarios. Poida que nunca, na curta historia da democracia española, estivera tan xustificada unha moción de censura e tan acertada a súa resolución. Publicidade"}
{"ID": "NOS_41384", "summary": "O ex presidente dos Estados Unidos de América apoia aos candidatos próximos nos comicios \"de metade de mandato\".", "text": "Á espera de saber se anuncia a súa candidatura á Casa Branca para 2024, o ex presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, comezou a dar pasos nas eleccións de metade de mandato, nas que republicanos e demócratas se xogan o control do Congreso e o de varios Estados. Trump conseguiu datos electorais sensíbeis para tratar de ser electo Trump volveu insinuar nun mitin en Ioawa que \"moi probabelmente\" se presentaría ás eleccións. Porén, os seus asesores estiveron persuadíndoo para que non anunciara as súas pretensións até que non terminen estas eleccións para evitar queimarse antes de tempo, estivo facendo campaña por aquelas candidaturas republicanas que lle son afíns e sobre todo atacando posíbeis rivais nas primarias. O magnate organizou eventos en Iowa, lugar do primeiro caucus republicano da historia, que fai desta unha praza simbólica para quen aspira a presidente, ou en Pensilvania, Ohio e Florida, estados importantes nestas eleccións de onde poden saír algúns dos seus rivais nas primarias. Un exemplo é o do gobernador de Florida, Ron DeSantis, quen aínda non fixo oficial ditas aspiracións. O Partido Republicano fecha filas arredor de Trump após a investigación por subtraer documentos da Casa Branca As súas diferenzas quedaron de manifesto nas últimas datas, despois de que decidise apostar por Joe O'Dea, un político moi crítico con Trump, para ocupar un lugar no Senado dos EUA. O magnate respondeu non convidándolle a un mitin convocado no sur do Estado. Teorías negacionistas As teorías da conspiración sobre un posíbel fraude electoral nas eleccións presidenciais de 2020, que gañou o presidente Joe Biden, continúan máis presentes que nunca dentro dun Partido Republicano onde a metade das súas candidaturas ao Congreso son partidarias de dar credibilidade ás acusacións infundadas de Trump."}
{"ID": "NOS_57488", "summary": "Cantora com concertos consecutivos nos dias 1 e 2 de Julho.", "text": "Braga e Lisboa, em Portugal, foram os palcos escolhidos para dois concertos consecutivos de Aline Frazão.A primeira actuação será esta sexta-feira em Braga, no norte de Portugal, no Theatro Circo, a propósito da XXI edição da entrega do Grande Prémio da Literatura dst. Um dia depois, a cantora angolana segue para Lisboa, onde marcará presença no Festival Silêncio, num concerto acústico (voz e guitarra). Para o mês de Agosto fica reservada uma actuação no Festival Sol da Caparica, no dia 11, também em Lisboa."}
{"ID": "NOS_51333", "summary": "Co lema \"Non ao peche\", empregado durante a loita da comarca de Verín pola reapertura do paridoiro, un pub verinés fixo un anuncio sexista dunha festa de Entroido, cunha imaxe cosificadora dunha muller que o sindicato SATSE denunciou.", "text": "\"Non ao peche\" foi un dos lemas máis empregados pola veciñanza da comarca de Verín para demandar a repartura da sala de partos e das urxencias pediátricas. Tamén pola cidadanía que apoiou a súa causa, que durante dous meses fíxose eco das protestas da poboación con mobilizacións ou en redes sociais. Hoxe, un bar da vila de Verín empregou ese mesmo lema para anunciar unha festa pola noite de compradres, xunto a oración \"Xa mandaron pediatra. A indignación medrou nas redes non só pola banalización das mobilizacións sociais que supón, senón polo emprego cosificador da imaxe dunha muller nun uniforme que pretende remitir ao persoal de enfermaría. Nos propios comentarios en redes sociais, varias usuarias animaron a presentar reclamacións ante o Observatorio de Imaxe das Mulleres, un organismo do Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades. O sindicato de enfermaría Satse foi un dos primeiros en pronunciarse publicamente ao respecto, censurando a publicación do bar e reclamando a súa eliminación. \"Desde Satse levamos anos demandando a todo tipo de administracións públicas, institucións privadas, empresas e medios de comunicación que non recorran a este tipo de estereotipos retrógrados e sexistas cando se refiren públicamente as profesionais da enfermaría\", anunciaron as súas integrantes nun comunicado. O sindicato demanda a inmediata retirada do cartel machista publicado polo bar, así como que a persoa que o realizou se retracte publicamente. Do contrario, o Satse anuncia que levará a cabo as denuncias correspondentes, \"comezando polo Observatorio da Muller\". \"A través deste tipo de imaxes que estas campañas lánzanse a sociedade, principalmente aos homes novos, unhas determinadas pautas de conducta nas relacións entre homes mulleres que lexitiman un trato agresivo e ofensivo, e polo tanto este sindicato loitará para a súa erradicación\", continúa o comunicado. As enfermeiras tamén se unen nas reclamacións de non minusvalorar os logros da cidadanía de Verín. \"Que xa teñamos unha pediatra débese a súa loita\", apuntan."}
{"ID": "NOS_23800", "summary": "Ducias de mobilizacións convocadas pola CIG-Muller denunciaron nunha xornada de loita nacional as \"celebracións e conmemoracións hipócritas\" daquelas entidades e administracións que recortan, acotío, os dereitos das mulleres.", "text": "\"Estamos FARTAS!\" foi o lema escollido pola Secretaría de Muller da Confederación Intersindical Galega (CIG) co gallo do 8 de marzo. Centos de mulleres mobilizáronse por todo o país para denunciaren a perda de dereitos sociais e laborais e a \"hipocrisía\" daquelas empresas e administracións que \"recurtando os nosos dereitos\" celebraron e conmemoraron esta sexta feira o Día Internacional das Mulleres. Neste senso, vilas e cidades galegas enchéronse de reivindicacións na defensa do traballo digno para o que se elixiron emprazamentos que representaban importantes conflitos laborais como El Corte Inglés de Vigo, o Centro Comercial Odeón en Ferrol ou a Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza en Compostela onde se rexistraron despedimentos, casos de acoso laboral e de represión sindical. CIG-Muller lanzou un chamamento a prol da \"mobilización e contestación social\" diaria evitando que a defensa dos dereitos das mulleres \"se cinga a unha data\" \"Estamos fartas de empresas que amparándose nunha reforma laboral e nunha lexislación inxusta tentan obter beneficios a costa do lombo das mulleres\", aseveraron desde a central sindical. Reducións salariais, aumento da xornada laboral ou empeoramento das condicións de traballo verbo da aplicación da reforma laboral foron algunhas das denuncias escoitadas polas rúas da Galiza esta sexta feira. Berros, que clamaron contra \"a mesma opresión\" asegurou a secretaria confederal de Mulleres, que a denunciada hai máis dun século cando foi fixada a data do 8 de marzo. \"O sistema capitalista segue abrindo fendas entre as clases sociais, e segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos prexudica tanto como antes\" salientou Margarida Corral quen insistiu en que a loita en prol dos dereitos das mulleres \"non pode cinguirse exclusivamente a unha data\" senón que é preciso continuar adiante coa mobilización e contestación social \"de maneira diaria\"."}
{"ID": "PRAZA_13920", "summary": "Luis Gregorio Ramos Misioné foi o pioneiro. O primeiro galego en acadar unha medalla olíimpica nun deporte no que Galicia achega nove dos dez metais conseguidos pola delegación española nuns Xogos. Cinco delas de David Cal, ao que considera \"un fenómeno, algo excepcional\".", "text": "Luis Gregorio Ramos Misioné (Lugo, 1953) foi o pioneiro. O primeiro galego que gañou unha medalla en piragüismo e o primeiro galego en acadar un éxito olímpico, á marxe dos acadados polos futbolistas aló polos anos 20 e 30. Este lucense, que segue vinculando ao deporte –é delegado no Club Fluvial da cidade– asegura estar \"enchido de orgullo\" pola última fazaña de David Cal, pero lembra que o padexeiro de Cangas \"é un fenómeno, algo excepcional\" nunha disciplina que cambiou moito desde que el conseguira aquela prata en Montreal 1976 en K-4 1.000 metros. Ramos Misioné gañou unha prata en Montreal 1976 e un bronce en Moscova 1980 Acadou tamén un bronce en Moscova 1980, no K-2 1.000 metros, e converteuse nun mito para o deporte galego e de Lugo, onde hai unha rúa co seu nome. \"Daquela o material era moi diferente e non había tanta tecnoloxía; cambiaron as pas, as piragüas... Todo evolucionou no deporte, ao igual que evolucionaron as marcas\", asegura Ramos Misioné, que lembra aínda a excepcional remonta de Cal o pasado mércores en Londres. \"Sabía o que tiña que facer e fixo o que tiña previsto: gardar ao principio e acabar con forza ao final\", conta Ramos Misioné, que cre que a táctica do padexeiro do Morrazo foi \"a adestrada durante moito tempo\". \"Un non vai cambiar o que ten pensado durante catro anos; puido ser mellor, pero é evidente que tamén puido ser peor\", di este medallista olímpico, que considera \"sen dúbida\" a David Cal \"o mellor piragüista da historia de España\". Das dez medallas olímpicas na historia do piragüismo español, nove teñen acento galego Porque das dez medallas olímpicas que o piragüismo acadou para a delegación olímpica española na historia dos Xogos, a metade pertencen a David Cal. Das outras cinco, catro delas tamén contan con participación galega: a do propio Ramos Misioné, a do tudense Enrique Míguez e a de Carlos Pérez Rial, ouro con Saúl Craviotto en Pequín. \"Galicia sempre foi por diante no piragüismo, sempre fomos os mellores\" E hai algunha explicación? \"Galicia sempre foi por diante no piragüismo\", explica Misioné, que lembra como en México 68 o Club Fluvial de Lugo xa contaba con representantes olímpicos. \"Logo fundouse o Tudense e máis tarde máis clubs en Ourense... Mentres noutras autonomías case non había equipos e tiñan poucas licenzas, logo chegamos a máis dun cento de clubs e unhas 5.000 licenzas mentres noutros lugares o número era moito menor\", recorda, tras louvar o traballo de Santiago Sanmamed á fronte da federación galega. \"Sempre fomos os mellores\", insiste. \"Se a Federación Galega o segue facendo como o fixo até o de agora, as cousas seguirán indo ben\", engade Misioné, que non opina o mesmo dos resultados da delegación española en Londres. \"O de David Cal é un enorme éxito, pero é a excepción; no resto, foi un fracaso porque case non houbo clasificados para os Xogos, exceptuando as invitacións\", explica, tras insistir: \"Lembremos que Cal adestrou de maneira independente, á marxe de todos os demais\". Porque o recoñecemento a David Cal é innegable, así como o era cando Ramos Misioné gañou as súas medallas. \"Había moitos medios de comunicación, pero sentiámonos recoñecidos porque daquela España non gañaba nada e nós, os piragüistas, eramos unha excepción\", asegura quen agarda que as novas xeracións de rapaces sigan o ronsel dos padexeiros do Morrazo. De Cal, pero tamén de Teresa Portela ou de Carlos Pérez Rial."}
{"ID": "QUEPASA_128", "summary": "O Concello anuncia que Casa do Oleiro de Buño será un centro de día antes de que remate o ano", "text": "O terremoto político provocado pola dimisión do edil Alfredo Cañizo do grupo de goberno, xa ten ten resposta por parte do alcalde Walter Pardo. \"Queda absolutamente claro que a intención do concelleiro non adscrito non se corresponde co obxectivo de buscar o ben da veciñanza malpicá, senón que máis ben responde ao seu interese particular. O único que está a facilitar desde xa é o atranco político e a demora na acción municipal que pide a cidadanía\", lamenta o rexedor socialista. Afirma que \"desde a conformación do goberno local, o grupo socialista tratou por todos os medios de facilitar a comunicación tanto cos membros do Bloque Nacionalista Galego no Concello como co concelleiro non adscrito. A actitude deste último ao longo destes anos foi, como ben sabe a propia veciñanza e as persoas que forman parte da corporación municipal, unha problemática á hora de sacar adiante acordos e mesmo executar proxectos que contaban co visto bo do resto do pleno\".Considera que sempre se \"tiveron en consideración, sen excepción, todas as propostas\" e que \"o diálogo\" estivo sempre presente. E Pardo tamén lanza dardos congtra o edi expulsado no seu día por Ciudadanos. \"Non aceptei nin aceptarei xamais que un compoñente do goberno local que presido actúe por libre para favorecer a determinadas persoas, queréndose escapar das normativas dos procedementos administrativos legais\". O socialista valora con \"satisfacción estes máis de dous anos de goberno, e asegura que \"seguiremos traballando polo ben de todas as familias ás que representa este equipo de goberno. Centro de Día A polémica coincide coa sinatura do contrato das obras de reforma da Casa do Oleiro de Buño nun centro de día, gracias aos 272.000€ de investimento por parte da Xunta. Unha sinatura que permitirá cubrir unha demanda histórica da veciñanza antes de que remate o 2020."}
{"ID": "NOS_43747", "summary": "O presidente da construtora ACS ten un vínculo de proximidade co fundador da compañía enerxética.", "text": "Tal e como leva informando Nós Diario nas últimas semanas, a compañía Capital Energy pretende construír un parque de eólica mariña (PEM) flotante en plenas Rías Baixas, a menos de 30 quilómetros das Illas Cíes e do litoral do país, (a 27,9 km da costa da Guarda). 34 aeroxeradores mariños fan perigar a pesca no sur da Galiza O proxecto, nomeado Volanteiro, ten prevista a instalación de 34 aeroxeradores de 15 MW de potencia e 260 metros de altitude, cunha potencia total instalada de 510 MW. A enerxía producida polos 34 muíños sería conducida a través dunha liña de evacuación polo fondo mariño de 45,4 quilómetros, adentrándose 10 km nas augas do interior da ría de Vigo. Outra liña de evacuación, por terra e de 22,76 km, levaría esta enerxía até a subestación eléctrica de Pazos de Borbén. Neste sentido, o proxecto garda relación, aínda que sexa de maneira indirecta, co primeiro accionista e actual presidente da construtora ACS, Florentino Pérez. E é que Pérez, un dos empresarios españois con maiores vínculos políticos e cuxa presenza no desenvolvemento das principais infraestruturas da Galiza é manifesta -véxase o caso das autoestradas que conectan o país-, é o antigo sogro do fundador de Capital Energy, Jesús Martín Buezas. Quen está detrás dos proxectos da eólica mariña na Galiza? Martín Buezas, cun patrimonio estimado superior aos 500 millóns de euros, é coñecido no sector empresarial como 'O zar das enerxías renovábeis'. A súa compañía, fundada en 2002, saltou ao panorama mediático en outubro de 2021, cando se fixo con máis de 1.400 dos 3.123 MW que naquel momento o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) sacou a poxa pública. 10.000 millóns en enerxía renovábel en 5 anos Segundo publican varios medios especializados en economía e no sector enerxético, a intención de Martín Buezas é investir unha cantidade superior aos 10.000 millóns de euros en proxectos de enerxía renovábel durante o período 2020-2025. Deses 10.000 millóns de euros, 2.000 millóns estarían destinados ao PEM Volanteiro, tal e como recolle o proxecto que Capital Energy enviou esta semana ao Miteco para a súa tramitación. As augas galegas, albo da eólica mariña con case a metade dos MW tramitados polo Ministerio Non é a única compañía de Martín Buezas coa ollada posta nos recursos da Galiza. A súa filial Green Capital Power, con sede social en Madrid, viu como en marzo deste ano a Xunta autorizaba a construción do parque eólico do Reboiro, emprazado na serra da Lagoa entre os concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo. A memoria deste proxecto recolle a instalación de 11 aeroxeradores de 4,5 megawatts cada un, cunha altura de 121 metros e 158 metros de diámetro de rotor, unha potencia total de 49,5 megawatts e unha produción anual de electricidade esperada de 172.367 megawatts hora ao ano. O Estado incumpre a súa propia moratoria á eólica mariña Outro dos proxectos promovidos pola compañía do ex xenro de Florentino Pérez é o do parque eólico Legre, que afecta os concellos de Oza-Cesuras e Mesía e contra o que a veciñanza e distintos colectivos sociais e ambientais presentaron en agosto máis de 2.500 alegacións, ao entender que o proxecto levaría por diante corenta explotacións agrarias da zona."}
{"ID": "NOS_4912", "summary": "Relacionados cunha moza ingresada no Hospital de Ourense", "text": "O seguimento dun caso importado de Covid-19 nunha moza procedente de México, ingresada no Hospital Universitario de Ourense, detectou tres positivos máis no concello de Beariz, dous deles importados tamén. Así o informou a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que explicou que a moza procedente de México permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense \"por unha patoloxía non relacionada co virus\" e que tivo PCR positiva. O tres positivos máis detectados confirmados por PCR en Beariz corresponden dous deles a casos \"importados\", puntualizaron as mesmas fontes, \"e con nexo familiar con esta\". Todos eles, destacaron as mesmas fontes da área sanitaria nun comunicado de prensa, permanecen \"en illamento e seguimento domiciliario\"."}
{"ID": "PRAZA_285", "summary": "Será a soma de tantas ausências reverberantes a que nos permita construír um movimento popular quem de debuxar um mapa ao revês, um plano para repartir por toda a parte e exibir em todas as paredes do imaginário coletivo. Só mudando os pontos cardinais poderemos orientar-nos num mundo tão desbussolado.", "text": "A inversão é um dos mais produtivos aproveitamentos de qualquer herança cultural: para Yeskov, homens e meigos impuseram um regime obscurantista e tirânico na Terra Meia, fronte uns orcos -vilmente difamados por Tolkien- amantes da paz e a razão; uns poucos filmes exaltam a dignidade dos povos originários da América do Norte, primeiro aniquilados e depois demonizados no western como arquétipo de \"mau\" de cinema; Torres-García debuxa uma América invertida para que a ponta do seu continente assinale insistentemente o Sul, \"o nosso Norte\"; Michel Tournier expõe qué é Sexta-feira, e nom Robinson Crusoe, enchido de racismo, quem resgata o outro da ignorância; numha das mais formosas propostas, Borges e Cortázar assomam-se a um mito que acendeu a imaginação por milénios, e sonham o Minotauro como uma vítima inocente, um poeta brutalmente assassinado por um defensor da ordem estabelecida. E não podemos esquecer o fetichismo da mercadoria marxiano: o capitalismo é o mundo da inversão entre sujeito e objeto, na que os produtos do trabalhador escapam ao seu controle, aparecem cheios de vida e controlam o seu criador. Os vencedores não só acostumam escrever a história, senão também muita literatura, guiões cinematográficos, planos, mitologia e, com certeza, páginas e páginas de jornais Se calhar, se estas descrições iluminam mais que os relatos originais é porque ali é onde tudo estava ao revês: os vencedores não só acostumam escrever a história, senão também muita literatura, guiões cinematográficos, planos, mitologia e, com certeza, páginas e páginas de jornais. Enquanto a reviravolta do vigente é por essência explícita e chamativa, o multifacetado pensamento dominante cobre-se com roupagens de neutralidade, inelutável como a gravidade, capaz de imprimir marcas profundas para nos obrigar a amar os opressores e odiar os oprimidos. Assim, a extravagante realidade não impediu o sucesso desta recente mudança de lugar: a nossa língua é um monstro encerrado num labirinto de leis no que a gente é sacrificada; uma besta que devora direitos e liberdades, analfabetiza e arrepanha insaciavelmente fundos públicos, apesar da sua manifesta inutilidade para o progresso social, cultural e económico; a ignorância é um direito humano e a educação um menu à carta para as famílias. Se não podemos subestimar tantas insensatezes é só porque alcançaram a hegemonia para determinar o leme do executivo galego, que tem um paradoxal fundamento na existência da língua. Poderíamos perguntar, maliciosa e bretchianamente, se não iria tudo mais rápido de reclamarmos a dissolução do povo que criou o galego e fazer com que o governo elegesse outro. Se por argumentos fosse, documentaríamos a marginação histórica, debulharíamos mais uma vez a miúda oferta em galego nos mais diversos âmbitos fronte a língua ubíqua, resgataríamos de novo tétricas e recorrentes estatísticas -como as últimas do Instituto Galego de Estatística- que confirmem a dimensão do furacão enquanto o governo dinamita diques e queima livros, não só de forma figurada. Mas a inversão oficial não funciona por razões aquilatadas em balanças, senão por mera tautologia, por elevação dos megafones. Esta batalha não a ganharemos se a travamos no terreio escolhido por quem domina a arte da guerra. Só mudando os pontos cardinais poderemos orientar-nos num mundo tão desbussolado No entanto, sabemos que não é o galego anomalia antropófaga nem agressor selvagem e primitivo, senão aprazível animal de pel de veludo e olhos infindos, insubstituível no ecossistema; não fortaleza e armadilha para estrangeiros, senão cidade aberta a quem chega; não erro entretecido entre milheiros de muros, senão memória, vozeiro e guia para evadirmo-nos de tantos labirintos, também o tormento económico. Também nós teremos que insistir -e não precisamos de mentiras- e romper muitos megafones, á vez que construimos os nossos próprios. É o relato censurado, e sem embargo próximo, acessível para quem o buscar, o único que conta a verdade. Será a soma de tantas ausências reverberantes a que nos permita construír um movimento popular quem de debuxar um mapa ao revês, um plano para repartir por toda a parte e exibir em todas as paredes do imaginário coletivo. Só mudando os pontos cardinais poderemos orientar-nos num mundo tão desbussolado."}
{"ID": "PRAZA_7145", "summary": "ENTREVISTA Manuel González Ramallal, doutor en Socioloxía, experto en socioloxía do deporte, galego e deportivista reflexiona sobre o futuro do fúbol e as bancadas tras o asasinato do afeccionado ultra do Deportivo en Madrid a pasada fin de semana.", "text": "Manuel González Ramallal é doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña e actualmente profesor no Departamento de Socioloxía da Universidad de La Laguna, nas Canarias, e membro do Instituto Universitario de CCPP e Socioloxía. A socioloxía do deporte, en en especial o vínculo existente entre este e os medios de comunicación, centran as súas investigacións. É oz autorizada para analizar a violencia no fútbol e todos os comportamentos que o rodean, máis aínda en todo o debate xurdido tras o asasinato en Madrid do afeccionado ultra do Deportivo. El, membro da Asociación Española de Investigación Social Aplicada ao Deporte, coruñés, deportivista e habitual da bancada de Riazor, coñece como poucos o tema. Enterouse dos graves incidentes a primeira hora da mañá. \"O primeiro que me invadiu foi a tristura e certa impotencia de que sigan pasando. Logo, co tempo, todo se foi transformando porque chegan informacións dun e doutro sentido e un non ten unha opinión formada, nin tan sequera agora mesmo, de por que suceceu ou de como se pode minimizar a violencia. E digo minimizar porque a violencia é un problema social de moi dificil solución. Houbo demasiado ruído, moito del mediático, con informacións moi sesgadas e completamente diferentes dependendo da procedencia, case tomando paratido por unha cor ou outra. E non quero entrar na cor exacta da información. Hai dúas historias paralelas\". Estará no medio a versión mais achegada á realidade do que pasou? Seguramente o punto medio será o máis axeitado, pero falta moita información. Os discursos están capados porque chegan sobre todo das institucións: da Comisión Antiviolencia, da Liga ou da Federación, aínda que esta non se implicou e tampouco parece normal. Os que non falaron foron os afeccionados, que en parte sufriron as consecuencias. E non me refiro aos seareiros radicais, senón aos afeccionados que sofren as consecuencias en forma de certas medidas represivas que se están a tomar, non consensuadas, moi ao paso da alarma social e do acontecemento cando este tema nunca foi tratado cando debeu ser tratado. Agora, tras un asasinato, tómanse medidas que son unha fuxida cara a adiante. \"Agora, e despois dun asasinato, estanse tomando medidas que son unha fuxida cara a adiante\" A que medidas se está a referir? Ao peche da bancada en Riazor, ás propostas de que os equipos poidan descender se teñen certa conivencia cos ultras... E dígoo porque estamos falando de cousas que non están definidas. Onde establecemos o límte dunha afección con sentimento de identidade, como atmosfera, ese límite que determina que nun mesmo espazo ocupan sitio unha minoría violenta e outras que só van a divertirse, a animar? Hai moita indefinición aínda como para tomar medidas moi pouco reflexivas e non consensuadas por parte de todos os protagonistas. Di que falta darlle voz aos afeccionados. Sempre me preocupou a falta de voz do afecionado, e non daquel que se comporta de maneira violenta, senón da gran masa. Desde a UE estanse intentando artellar canles para unha interlocución formal coa bancada. Os afeccionados teñen que deixar claro que non son potenciais delincuentes, que por ir ao fútbol e beber dúas cervexas non son potencialmente agresivos. Falta elaborar aínda un certo consenso. Hai unha democratización incompleta do fútbol español, sen dúbida. \"Falta elaborar un consenso e falta darlle voz á afección; a democratización do fútbol español é incompleta, sen dúbida\" Cales son os problemas desas medidas? Un dos problemas é que todas estas medidas aplícanse de igual maneira a todos os supostos grupos radicais, que ademais están indefinidos porque non se sabe moi ben quen son, nin uns nin outros. Moitos dos rapaces que foron ao fútbol desde pequenos en Riazor socializáronse na mesma bancada que ocupan os Riazor Blues, que tiña un ambiente basicamente san, pero un non é cego e ve que dentro dese grupo, como noutros, hai xente que comete actos violentos. \"O límite debe estar no delito relacionado co acontecemento deportivo, que deberia supor unha sanción máis aló da económica\" Pero ten que haber un límite, non si? Eu creo que o límite debe estar no delito, no ter cometido algún tipo de delito relacionado co acontecemento deportivo. Aí debería estar a fronteira e iso, dependendo do tipo de delito, debería supor algún tipo de sanción, incluso máis aló da económica ou incluso a través de actividades sociais. Hai modelos en Europa que funcionaron á hora de reducir en moito a violencia. A onde hai que mirar? Hai modelos que se poden mirar e dos que se pode aprender, como o inglés. E tamén en Alemaña, onde conseguiron unir a tradición da inchada de sempre que anima co fútbol moderno, onde os intereses económicos e das televisións tamén importan. En España, desde o ano 1995, chegaron os cartos das televisións e tamén operacións financeiras moi opacas. Equipos como o Mérida, o Extremadura, o Salamanca... Onde están agora? Tiñamos un modelo de Liga das Estrelas que non ía a ningures, non era un modelo concreto, senón un modelo que se sostiña baixo unha riqueza puntual do fútbol, pero agora non se sabe cara a onde vai. Hai competicións absolutamente rancias como a Copa tal e como está montada ou unha Liga onde a emoción brilla pola súa ausencia e cunha centralización en dous ou tres equipos como moito. E ao resto que lles queda? Sentir as cores, animar e ir ao campo porque saben que van ver gañar pouco ao seu equipo e o xogo tampouco os vai apaixonar. Van porque é o equipo da súa cidade ou da súa terra. Por iso moitas destas medidas que se queren aplicar deben ser moi matizadas en cada caso e moito máis reflexivas, dándolle voz aos afeccionados que non son radicais nin violentos e que teñen dereito a expresarse. \"As medidas que se aplican para acabar coa violencia deben ser moito máis matizadas e reflexivas e dándolle voz aos afeccionados non violentos\" Hai xente que se pregunta por se o ambiente no fútbol se resentirá con estas medidas... E esa é unha pregunta que eu tamén me fago. O outro día escoitei nalgúns medios que non pasara nada porque o fútbol seguía, pero para os que cremos que o fútbol é algo máis que velo pola televisión e que é tamén ambiente, é moi triste. Tense que chegar a unha solución de consenso onde non se borre de vez todo o que representa unha afección que anima. E non só falo da Coruña e de Riazor, senón de moitos casos. A policía ten que facer un esforzo en non aplicar medidas indiscriminadas, senón tratar de seleccionar e afinar. Unha vez identificado un elemento violento, hai que practicar as vixilancias e medidas oportunas. Non é de recibo que non se declarase partido de alto risco o do pasado domingo e esta fin de semana si se declare un Tropezón-Oviedo. Non teñen sentido as reaccións que están a xurdir. Parece obvio que a marca Riazor Blues queda en cuestión tras varios episodios conflitivos. As palabras teñen un sentido e un simbolismo. Estar detrás dunha pancarta que pon Riazor Blues, se se queren facer lecturas sesgadas, vai supor un problema para os que alí se sitúen. Quizais o de borrón e conta nova é unha solución, pero cóstame moito traballo analizar porque todo está moi recente. Hai que agardar para tomar solucións, pero o problema da marca está aí e iso é algo innegable, porque unha bufanda dos Riazor Blues lévaa un Blues pero tamén unha persoa maior. E o problema é cando pasamos de bufandas a outras cousas. Claro que ten que ver co fútbol cando se utilizan unhas cores para darse labazadas, pero por outro lado o fútbol é paixón e moitas persoas non entenderiamos este deporte se non existise esa paixón, pero unha paixón controlada, que ten que ter certos límites, pero non desde logo criminalizar os que senten o fútbol dunha maneira diferente aos que se conforman con ver o fútbol pola televisión. \"Moitos non entenderiamos o fútbol sen a paixón, pero controlada; non se pode criminalizar os que o senten de maneira diferente aos que se conforman con velo na televisión\" Tamén parece obvio que a política ten moito que ver nestas liortas ou problemas entre grupos ultras. Hai moitos que temen que a unión dos ultras denominados antifascistas non axude para resolver o problema da violencia. Un dos catalizadores destas persoas que entran nestes conflitos é este contacto ideolóxico. Ao final é o que hai detrás como construcion pseudoideolóxica, pero non creo que se trate dun discurso político construído, senón un discurso moi emocional, entre bos e malos. Pero este é o argumento que manexan, o que xustificaría para eles o conflito ao dividir entre fascistas e nazis e esquerdistas e perroflautas. Tamén serve isto a determinados grupos radicais para unirse, para sentirse parte de algo e efectivamente, baixo ese paruagas paraideolóxico moitas persoas van seguir este camiño. Polos indicios que hai, parece que así vai ser. Como afeccionado e habitual de Riazor moitos anos, que cre que pasará no estadio a partir de agora? Sería facer case de agoreiro, pero creo que se a curto prazo non hai conflito grave ningún, tamén haberá un maior control policial. Moitas persoas que ían tranquilamente a ese fondo vanse sentir moi observadas, o cal pode incomodar tamén. Se non pasa nada grave nestas próximas semanas, e creo que non vai pasar, probablemente todo volva ao seu lugar. Haberá algunha selección de determinadas persoas ás que lles impedirán ir ao estadio ou aos desprazamentos, pero todo continuará como está se non se desde as institucións non se estuda con profundiade o tema e se establecen matices. Os matices son moi importantes. Non é o mesmo unha gran cidade que unha como A Coruña, onde se percibe un sentimento de tristura porque é un lugar pequeno onde os sentimentos se comparten. En Madrid, seguramente, hai xente que non sabe nin o que pasou e á maioría daralle igual o tema dos ultras. E non digo que uns sexan mellores que outros, pero si que hai matices sobre o grao de violencia histórica dos diferentes grupos. Hai que valorar todo e ver o significado social de cada movemento. \"Club, autoridades e afección deben facer un esforzo compartido para identificar os que non os representan e provocan problemas\" Pero algo hai que facer, non si? Deberíase facer un esforzo desde o club, as autoridades e a propia afección para identificar esas personaxes que non os representan, que están a provocar problemas e que llelos poden provocar a eles mesmos. Debe ser un esforzo compartido e que non pode ser dun día para outro. O propio grupo dos Riazor Blues debería facer un debate interno e reflexionar sobre o que foron, o que son e o que queren ser e a partir de aí ver a pertinencia ou non de continuar coa marca."}
{"ID": "NOS_55213", "summary": "O movemento Mocidade Galega pola Memoria realiza na vindeira segunda feira o seu primeiro acto público para dar a coñecer os obxectivos e accións que guiarán a súa actividade. 'Nós Diario' conversa con Diego Bará, un dos promotores deste proxecto que tenta involucrar á xente nova nos procesos memorialistas.", "text": "Recentemente dicía en declaracións a Nós Diario o vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda e neto do histórico galeguista represaliado, Valentín García Bóveda, que \"se miramos cara ao futuro, temos moito que recuperar\", en referencia á devolución do Pazo de Meirás ao dominio público e en clara oposición ás mensaxes que instan a \"non tocar o pasado\". Con ese mesmo propósito nace o movemento Mocidade Galega pola Memoria (MGM), que na vindeira segunda feira, 16 de agosto, organizará na praza de Santa María de Pontevedra —ás 20 horas— o seu primeiro acto público para dar a coñecer os seus obxectivos. \"A memoria histórica é unha materia pendente no noso país. Hai diferentes asociacións e movementos que están a lograr grandes avances, mais falta involucrar á xente nova\", sinala a este xornal un dos seus promotores, Diego Bará. Para el, a mocidade debe xogar un papel \"moi activo\" en defensa dunha \"verdade\" que \"non se está a ensinar\" no actual sistema educativo. \"Moitas mozas e mozos non coñecen a nosa historia porque a partir dunha falsa Transición pretendeuse ocultar, e rachouse co pasado sen vontade ningunha de dalo a coñecer. Nos institutos ofrécese un relato manipulado, é difícil que a mocidade de hoxe coñeza toda a verdade\", engade. A Illa da Memoria Malia non estar aínda constituída de forma oficial a organización, o pasado domingo a MGM realizou unha primeira acción simbólica en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), fronte á Illa de San Simón (Redondela), a fin de denunciar o uso que se lle está a dar \"como espazo de goce e lecer\". Durante o Goberno bipartito recibira a denominación de Illa da Memoria, mais a chegada de Alberto Núñez Feixoo a San Caetano en 2009 provocou que perdese este título e pasase a ser cualificada como Illa do Pensamento. \"Estanse a organizar diferentes actividades [coma o festival de música SinSal] que non respectan o espazo nin a súa historia. San Simón foi un campo de concentración durante o franquismo e isto é algo que pouca xente sabe, polo que cómpre reivindicarmos a illa como un lugar de memoria e de homenaxe ás vítimas\", argumenta Bará. Homenaxe ás vítimas do franquismo O acto de presentación da MGM decorrerá en Pontevedra na véspera do Día da Galiza Mártir [17 de agosto], unha escolla que non é casual. \"É unha data moi significativa para os colectivos memorialistas galegos e queremos presentar o noso traballo e obxectivos rendendo homenaxe ás vítimas do franquismo. Contaremos coa presenza de familiares de persoas represaliadas\", adianta. \"Nestes primeiros días estamos a artellar unha campaña de apoios con persoeiros de diferentes ámbitos como a cultura. Xente moza, con forza e habilidades comunicativas como María Prado Rúa [creadora de contidos dixitais], que nos pode axudar a levar a nosa mensaxe ás persoas máis novas e permitir que coñezan unha historia absolutamente descoñecida\", salienta. 🗣➡️ \"As mozas tamén estamos concienciadas. Loitade por un mundo máis xusto\"..@rua_prado María é creadora de contido en galego. Grazas polo teu apoio. Seguimos💜 pic.twitter.com/w0qyQnOAmC— m_g_memoria (@m_g_memoria) August 7, 2021 Tamén Carlos Babío, Goretti Sanmartín, Mercedes Queixas, Luís Bará ou Alberte Mera amosaron estes días publicamente o seu apoio á iniciativa. .@cbabio protagonista da loita pola recuperación do Pazo de Meirás envía o seu apoio a Mocidade Galega pola Memoria. Grazas, Carlos! Seguimos sumando nesta andaina ✊🏽 pic.twitter.com/OmkbDeQibZ— m_g_memoria (@m_g_memoria) August 9, 2021 .@oalberte \"é moi importante o papel da mocidade para a verdade, a xustiza e a reparación das vítimas do fascismo e a denuncia para que ningún crime quede impune\" Neste 12 de agosto contamos co apoio de Alberte Mera. Grazas polo teu traballo na memoria de Moncho Reboiras ✊🏽🏽 pic.twitter.com/4kAwfwFSPU— m_g_memoria (@m_g_memoria) August 12, 2021 \"A Xunta e o Estado actúan con certa equidistancia no tocante á memoria\" O Goberno do Estado levará nas vindeiras datas ao Congreso o seu proxecto de Lei de Memoria Democrática, un texto que tenta afianzar os propósitos recollidos na Lei de Memoria Histórica de 2007 e cuxas accións deixou sen financiamento o Executivo de Mariano Raxoi. Aliás, a Administración vén de gañar a súa primeira batalla xudicial aos Franco no xuízo pola titularidade do Pazo de Meirás. Mais, a pesar destes avances, fican aínda numerosas homenaxes a distinguidos membros da ditadura por todo o país. \"Até o de agora non houbo un traballo constante por parte das Administracións, tanto a Xunta coma o Estado actúan con certa equidistancia. O Goberno galego non moveu un dedo pola recuperación de Meirás\", lamenta Bará, quen bota en falta \"máis políticas públicas que defendan realmente a memoria\"."}
{"ID": "PRAZA_17156", "summary": "O Goberno galego esixe un estudo do efecto en toda a comarca de Vigo e non só no concello de Mos do centro comercial que o club di necesario para garantir a viabilidade do complexo O Concello de Vigo impugna o centro comercial do Celta en Mos por planificarse sen analizar os seus efectos na cidade", "text": "O Concello de Vigo impugna o centro comercial do Celta en Mos por planificarse sen analizar os seus efectos na cidadeO Goberno galego esixe un estudo do efecto en toda a comarca de Vigo e non só no concello de Mos do centro comercial que o club di necesario para garantir a viabilidade do complexo\"As administracións teñen o deber de facilitarlle ao Celta, que é un club de primeira, unhas instalacións da súa mesma categoría\". Con estas verbas avalaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 15 de decembro, o proxecto do Celta de construír a súa nova cidade deportiva nun monte comunal do concello de Mos limítrofe co termo municipal de Vigo. Cinco meses despois o Goberno galego vén de emitir os seus primeiros informes sectoriais sobre o proxecto no marco da súa avaliación ambiental e son varios os departamentos autonómicos que cuestionan as características do proxecto por non ter en conta o seu impacto en toda a comarca ou sobre a cidade de Vigo senón só no municipio que o albergaría.A cidade deportiva do Celta en Mos está a ser tramitada por ese Concello a través dunha modificación puntual do seu plan de urbanismo, aprobado hai pouco máis dun ano. Prevé expropiar 864.000 metros cadrados de monte, a metade de propiedade comunal, para outorgarllos en concesión ao Celta, que construirá neles un centro comercial de 120.000 metros cadrados co que facer viable as súas instalacións deportivas, que inclúen un estadio de entre 6.000 e 11.000 espectadores, sete campos de fútbol regulamentarios, outros tres de menores dimensións, pavillón e piscina.A proposta de modificación urbanística someteuse a exposición pública en xaneiro e agora a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático vén de emitir, con data do pasado día 16 de maio, as condicións que debe cumprir o denominado estudo ambiental estratéxico que deben elaborar agora os promotores do complexo para garantir que cumpre todas as normativas sectoriais que o afectan. Boa parte das obxeccións agora amosadas pola Xunta son similares ás alegacións formuladas polo Concello de Vigo, crítico co proxecto por impulsarse xunto ao seu límite municipal sen ter en conta os seus efectos sobre a cidade.O Instituto de Estudos do Territorio pide estudar \"localizacións alternativas\" e cuestiona \"a necesidade de implantar un centro comercial\"De momento, na súa resolución a Dirección Xeral de Calidade Ambiental recolle as obxeccións que nesta fase inicial xa formularon outros varios departamentos da administración. E ela mesma pon o foco sobre a intención dos promotores de impulsar un centro comercial da envergadura do alí previsto argumentando que non existe ningún no termo municipal de Mos pero obviando os varios xa existentes ou en proxecto a pouco máis de dous quilómetros dentro do termo municipal de Vigo. \"Cómpre xustificar suficientemente a necesidade de ocupar solo para implantar unha nova área comercial das dimensións previstas cun estudo da oferta e demanda existente tanto no municipio de Mos como na área urbana que conforma cos concellos próximos\", reclama o Goberno galego.Hai dous meses o responsable da proposta urbanística do Celta, o arquitecto Javier Rivas, que foi xerente de Urbanismo en Vigo, admitía a este diario que sería desexable unha visión supramunicipal do complexo pero argumentaba que a lexislación só obriga a analizar o municipio no que se empraza o proxecto, algo que agora a Xunta rexeita.Urbanismo pide \"xustificar axeitadamente a elección da expropiación como sistema de actuación\"Pero esa non é a única obxección que pon a Xunta ao proxecto tal e como está formulado na actualidade. O Instituto de Estudos do Territorio cre que \"pode provocar efectos paisaxísticos significativos\" e pide estudar \"localizacións alternativas que xeren unha incidencia visual menor e a necesidade de implantar un centro comercial\". E a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo di que \"dado que o obxectivo da modificación é a implantación de usos e dotacións privadas, cómpre xustificar axeitadamente a elección da expropiación como sistema de actuación\" e pide aclaracións sobre as previsións de abastecemento de auga e xustificar que os espazos libres propostos cumpren coas dimensións mínimas.A Xunta sinala también erros formais do proxecto como \"incoherencias respecto á superficie do ámbito afectado\" ou \"lendas ilexibles que non reflicten a conexión cos sistemas xerais existentes\"Pola súa banda, o Ministerio de Fomento advirte de que o complexo debe estar condicionado ao trazado da nova autovía entre O Porriño e Vigo alternativa á perigosa A-55 cuxo desbloqueo vén de prometer o propio presidente Rajoy e pide estudos de tráfico específicos sobre o efecto do tráfico da cidade deportiva sobre as vías estatais máis próximas.Xunto con estas e outras esixencias das diversas administracións públicas implicadas que agora formula de xeito conxunto a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, o departamento autonómico tamén sinala a existencia no proxecto de \"incoherencias respecto á superficie do ámbito afectado\" ou \"lendas ilexibles que non reflicten a conexión cos sistemas xerais existentes\".Agora os promotores do proxecto deberán ter en conta estas esixencias para elaborar o estudo ambiental estratéxico do complexo, documento que despois deberá ser exposto ao público durante dous meses ao tempo que se obteñan os informes sectoriais definitivos sobre o complexo."}
{"ID": "PRAZA_4558", "summary": "A implantación (non o modelo) de Boloña nas universidades galegas deixa moito que desexar. É certo que non todo é negativo e que na filosofía de promover a autonomía dos estudantes, a división de clases expositivas, interactivas e titorías, serviu para deixar un pouquiño atrás o sistema absurdo de aulas maxistrais", "text": "Nos últimos días véñense escoitando voces críticas coa aplicación do modelo de Boloña nas universidades galegas. Por non ser menos, pretendo neste artigo amosar a miña opinión ao respecto; opinión construída a partires da experiencia como docente universitario e non – téñase en conta- como experto ou estudoso do tema. O detonante parece ser que foi a data dos exames da convocatoria do primeiro cuadrimestre, xusto á volta das vacacións do Nadal, unha cuestión illada que nada ten que ver coa filosofía do modelo universitario Europeo. De feito en cursos pasados non acontecía así, senón que os exames desa convocatoria comezaban na terceira semana de Xaneiro. Así acontece este mesmo curso noutras universidades españolas, polo que semella ser unha opción escollida no sistema universitario galego, por moito que algúns opinadores aproveitaran para pontificar sobre os males da universidade española en xeral (si, tamén para equivocarnos debería servir a Autonomía da que nos dotamos). O detonante parece ser que foi a data dos exames da convocatoria do primeiro cuadrimestre, xusto á volta das vacacións do Nadal, unha cuestión illada que nada ten que ver coa filosofía do modelo universitario Europeo Efectivamente, non semella ter moito sentido realizar as probas de avaliación xusto á volta dun período de teórico descanso, pola mesma razón que era aínda peor o sistema que imperou durante varias décadas e que foi substituído polo actual, que fixaba os exames de recuperación a primeiros de setembro, logo dunhas vacacións tres veces máis longas que as de Nadal. Non pasou tanto tempo. Se falamos de datas de exames, a miña experiencia dime que a celebración dos exames de recuperación entre finais de xuño e primeiros de xullo, é un grande acerto pois entre outras cousas evita o \"desconecte\" estival dos estudantes (e profesores). Quen lles escribe tampouco entende cal é o problema de concentrar en seis meses tódolos exames do curso (cun período de catro meses polo medio). Poderemos discutir o sistema de avaliación, pero o anterior aspecto paréceme trivial. A implantación (non o modelo) de Boloña nas universidades galegas deixa moito que desexar Todo o anterior non é óbice para afirmar que a implantación (non o modelo) de Boloña nas universidades galegas deixa moito que desexar. É certo que non todo é negativo e que na filosofía de promover a autonomía dos estudantes, a división de clases expositivas, interactivas e titorías (que case en ningures son presenciais, por falta de capacidade), serviu para deixar un pouquiño atrás o sistema absurdo de aulas maxistrais onde a avaliación de coñecementos consistía en reproducir non exames o exposto polo profesor coa mínima desviación posible, sen reflexión algunha. Se non se avanzou máis neste eido foi por dúas razóns, en primeiro lugar pola inexistencia de recursos suficientes que posibiliten unha atención máis personalizado ao alumnado e, en segundo lugar, polas resistencia a mudar o chip por parte do noso gremio. Se as aulas seguen a impartirse á maneira de sempre, o sistema seguirá sendo o de sempre e dando os resultados de sempre. Mais non se trata unicamente dunha cuestión de recursos ou de mudanzas de rutinas, senón tamén de ordenamento dos plans de estudo. O número de materias dos grados é excesivo, canto menos en comparación coa media Europea, ao igual que tamén o son as horas de docencia presencial. Como consecuencia elévase a carga docente dos profesores. Unha redución de materias e das horas presenciais axustaría tamén a carga lectiva, resultando en máis tempo para a atención personalizada dos alumnos e para a investigación. Trátase dunha cuestión de eficiencia. Na miña opinión, se non se camiñou nesa dirección foi por unha resposta ate certo punto racional dos departamentos e facultades diante da lóxica institucional existente. Así, os plans da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación foron e van (agora con máis forza se cabe) no sentido oposto: cargar aos profesores de máis horas, baixo a filosofía de que sobra profesorado e de que traballamos pouco. Diante deste escenario non é raro que os departamentos loitaran para encher ás titulacións de materias (as súas), e dese xeito evitar reducir dimensión e capacidade de incidencia. É importante reflexionar sobre cal é o modelo máis acaido para equilibrar e compaxinar a labor docente coa investigadora Finalmente, aínda que este é un tema diferente e máis profundo, coido que é importante reflexionar sobre cal é o modelo máis acaido para equilibrar e compaxinar a labor docente coa investigadora. Mesmo se é pertinente manter como figura principal a do profesor docente e investigador cando en moitos casos só se realiza convenientemente unha das funcións. Do mesmo xeito, é moi necesario facer valer os resultados da avaliación tanto da calidade docente como da calidade investigadora para incrementar a eficacia do sistema. Se hai algún sector do sistema público onde iso non debería resultar complicado, este é o da educación universitaria. Poñámonos a iso e deixemos discusións de cafetería (universitaria)."}
{"ID": "PRAZA_11455", "summary": "O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia denuncia que o veto prexudica os intereses laborais dos e das traballadoras e tamén \"algo moito máis importante\", a calidade dos servizos públicos socioeducativos", "text": "\"Están en xogo non só os intereses laborais das/os profesionais, senón algo moito máis importante: a calidade dos servizos socioeducativos que se ofrecen dende a administración pública\"As educadoras e educadores sociais de Galicia levan moito tempo demandando que a Xunta regularice e \"dignifique\" a súa profesión a través dunha reforma da Lei de emprego público e da convocatoria de postos de traballo desta especialidade (educación social). O pasado 6 de novembro publicouse no DOG a convocatoria da especialidade 'Educadoras/es', con 90 prazas, sen esixir nesa convocatoria como requisito a titulación de Educación Social. Esta semana o PSdeG-PSOE levou á cámara as reivindicacións deste colectivo, presentando unha moción para regularizar a profesión. A iniciativa contou co apoio dos restantes grupos da oposición, pero foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular. Ante o bloqueo exercido polo PP, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) alerta de que \"están en xogo non só os intereses laborais das/os profesionais desta disciplina, senón algo moito máis importante: a calidade dos servizos socioeducativos que se ofrecen dende a administración pública\".O PP rexeitou promover unha Lei de Profesionalización da Educación Social para \"visibilizar, dignificar e reivindicar o papel destes profesionais como axente de cambio na nosa sociedade\"A proposta socialista apostaba por promover unha Lei de Profesionalización da Educación Social para \"visibilizar, dignificar e reivindicar o papel destes profesionais como axente de cambio na nosa sociedade\". A deputada Noela Blanco salientou a importancia desta profesión para \"abordar necesidades sociais ás cales dan solución con actuacións específicas\", como por exemplo fronte aos problemas de convivencia, as novas modalidades de exclusión ou a necesidade dun reparto máis equitativo dos bens. E advertiu de que a ausencia de regulación desta profesión \"fai que non estean claros os límites e o alcance da mesma, tanto nas entidades públicas, nas entidades privadas como no terceiro sector\".\"Tendo en conta que nos encontramos ante servizos públicos que en moitos casos atenden a persoas en situación de vulnerabilidade, cobra aínda máis importancia garantir que ditos servizos sexan prestados por profesionais acreditadas/os\", sinala o Colexio, que engade que en Galicia \"existe unha titulación universitaria, a de Educación Social, implantada dende mediados dos anos 90\".O CEESG subliña que a aceptación doutras titulacións distintas de educación social \"é un agravio e discriminación para as educadoras/es sociais, así como un factor que incide na calidade dos servizos socioeducativos ao non garantir o carácter interdisciplinar que debe caracterizar os equipos profesionais e a especialidade neste campo\". E lembra que a creación do título de Educación Social tivo lugar \"ao detectarse dunha necesidade de formación universitaria especializada á que non daba resposta ningunha titulación das existentes con anterioridade\".A día de hoxe, hai máis de 4.000 persoas tituladas en Educación Social en Galicia\"A Xunta de Galicia debería dar exemplo na defensa do dereito da cidadanía a recibir unha atención especializada, así como na defensa dos dereitos das persoas que investiron esforzo, tempo e cartos nunha formación universitaria oficial, recoñecida pola administración pública\", di o Colexio, que salienta que a día de hoxe, hai máis de 4.000 persoas tituladas en Educación Social en Galicia.O CEESG afirma que seguirá defendendo \"que a única titulación que debe ser admitida no proceso selectivo de \"educador/a\" é a de Educación Social (diplomatura ou grao)\" ante a Dirección Xeral de Función Pública e as organización sindicais, ás que critica a súa negativa a defender as súas reivindicacións.Ademais, mantense aberta a campaña online que lle reclama á Xunta o recoñecemento profesional da Educación Social, e que xa recolleu máis de cinco mil apoios."}
{"ID": "NOS_20463", "summary": "O candidato do PSOE pola Coruña pide explicacións polas concesións da Xunta á empresa da irmá do líder do PP. Pachi Vázquez amosouse convencido de que, malia ás enquisas, serán quen de mobilizar o electorado indeciso.", "text": "O cabeza de lista pola provincia da Coruña polo PSOE, o ex-ministro Francisco Caamaño, asegurou na Coruña durante un acto sobre servizos sociais que \"Feijóo debe saber que non convén mesturar a política cos negocios\". Fixo alusión así ao repunte das informacións relativas á adxudicación por parte de Xunta de contratos á empresa da irmá de Feijóo -Eulen- por un importe de 1,4 millóns de euros, boa parte deles sen concurso público. Caamaño cualificou os datos como \"inquietantes\" e reclamou unha resposta do candidato do PP, do que dixo agardar \"que dea explicacións\", e insistiu: \"Espero que non faga como os contratos de Pemex\". \"Quero que non volva ocultarnos cousas, como xogar co de Pemex, do que aínda non sabemos nada malia que dixo que o ía amosar todo, espero que non vaia pasar o mesmo que coa auditoría a favor da fusión das caixas galegas que tampouco vimos. Esa non é a forma de gobernar, nin de ser coherente\", engadiu. O candidato socialista pola Coruña sinalou que hai noticias que sorprenden en relación a Feijóo \"porque por exemplo, paseou nun avión privado dun millonario, cando el criticaba doutros situacións semellantes\". Pachi Vázquez quere mobilizar indecisos Pola súa banda, o candidato á presidencia da Xunta do PSOE, Pachi Vázquez, fixo un inciso na preparación do seu debate con Feijóo e atendeu as cámaras dunha emisora de televisión estatal, onde amosou de novo a súa aposta por conseguir o voto das persoas que aínda non o teñen decidido. \"Hai un 40% de indecisos. Moitos deles estanse decantando polo PSOE así que temos moita esperanza nun bo resultado\", dixo. En relación á crise, o líder socialista fixo fincapé en que con Feijóo a débeda de Galiza multiplicouse por dous e que o desemprego na comunidade está entre os máis altos do estado. Por iso, dixo defender que \"a crise débena pagar os que máis teñen, non espremendo as familias ou recortando pensións\". Pachi tamén defendeu a dimisión do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, malia a crer na súa \"inocencia\"."}
{"ID": "NOS_41456", "summary": "'O libertador ibérico' liderou o secuestro do barco luso 'Santa María'.", "text": "A sala MBA da Cinemateca Nacional de Caracas (Venezuela) proxecta na tarde desta terza feira, 11 de outubro, o documental Xosé Velo. O libertador ibérico, dirixido por Aser Álvarez, de Arraianos Producións, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Esta obra audiovisual repasa a vida de Velo (Celanova, 1916; São Paulo, 1972), coñecido por liderar o secuestro do navío luso Santa María co fin de chamar a atención sobre as ditaduras que daquela rexían o Estado español e Portugal. Aser Álvarez recupera do esquecemento os escritos do \"libertador\" Xosé Velo A censura evitou, durante décadas, que na Galiza se soubese máis desta figura transcendental para a cultura galega, mais agora, da man de Aser Álvarez, podemos coñecer o seu labor colaborando co exilio galego no Brasil ou Venezuela, así como a súa infatigábel loita antifascista e na procura dunha sociedade democrática e xusta. Vocación de poeta Mais a verdadeira vocación de Xosé Velo, apuntaba recentemente Álvarez nunha entrevista en Nós Diario, era a de poeta: \"Pero o seu compromiso non lle deixou desenvolver esa parte da súa obra; vivía nun perpetuo estado de emerxencia, no que sempre había outras tarefas que resolver\", sostiña. O cincuentenario do pasamento de Xosé Velo descubrirá a súa obra inédita Velo militou durante a II República nas Mocedades Galeguistas canda Celso Emilio Ferreiro. O golpe de Estado de 1936 sorprendeuno en Compostela e, após ser detido polas tropas fascistas, foi obrigado a combater no bando do xeneral Franco. A imposición do réxime fascista non supuxo un impedimento para seguir a loitar pola liberdade, e en 1945 foi novamente apresado en Vigo e acusado de participar de movementos antifranquistas e galeguistas. Aproveitando un permiso de liberdade condicional, foxe e en 1948 chega a Portugal, paso previo a asentarse en Venezuela."}
{"ID": "PRAZA_16834", "summary": "CON VÍDEO O comité de folga reclama a \"inmediata convocatoria da mesa de negociación\" tras máis de dous meses de paro indefinido e despois de ser expulsado da sede da Xunta A Xunta rexeita reunirse co persoal de Xustiza en folga tras case tres semanas sen facelo", "text": "A Xunta rexeita reunirse co persoal de Xustiza en folga tras case tres semanas sen facelo A axenda oficial do presidente da Xunta incluía este sábado un único acto público. A asistencia contra as sete e media da tarde no teatro Principal de Pontevedra ao acto central do Día das Artes Galegas, dedicado neste 2018 pola Academia de Belas Artes ao arquitecto Alejandro de la Sota. O xefe do Goberno galego estaba na cidade dende últimas horas da mañá, xa que acudiu a mediodía a un acto do PP, e á hora anunciada dirixiuse ao teatro. Pero, cando estaba a apenas 200 metros, na contorna da Praza de España, decatouse de que ás portas do acto o agardaba unha vintena de representantes do persoal da Administración de Xustiza que leva máis de dous meses en folga. Como recolle Diario de Pontevedra, o presidente deu media volta e marchou para esquivar a protesta e non \"boicotear\" o evento, segundo recolle este xornal. O conselleiro Román Rodríguez quedou como representante do Goberno galego nun acto ao que si asistiron con normalidade membros doutras forzas políticas e que se celebraba apenas vinte e catro horas despois de que a propia Xunta decidise non sentar, o pasado venres, á mesa de negociación que o comité de folga reclamaba retomar. O persoal pedía que a Vicepresidencia explicase o suposto aumento de 300 euros ao mes ao que aludiu en varias ocasións Alfonso Rueda e por iso acudiu á sede central da Xunta, en San Caetano. Pero o Goberno \"non só non compareceu, senón que utilizou a Policía para botar fóra\" a delegación sindical, denunciaron. @ARueda68 eres moi valente cando estás coa policia. Pero NON tes valor a pasar por diante d@s camisetas azuis. #folgaxustiza pic.twitter.com/xQDGkdEVy5 — @pablovaleiras (@pablovaleiras1) 14 abril 2018 Membros do comité de folga ás portas do Teatro Principal de Pontevedra, onde conversaron co deputado do BNG Luís Bará Con este pano de fondo e mentres o atasco de asuntos pendentes non deixa de medrar nos xulgados o comité rexistrou este sábado unha nova solicitude formal de negociación. \"Tras dous meses de folga o comité continúa a ser avalado polas traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza para continuar coa negociación en defensa dos seus dereitos\", sinala o escrito, no que os sete sindicatos dan \"resposta ás declaracións da Administración realizadas en diversos medios estes últimos días\", así como ao \"escrito remitido pola Dirección Xeral de Xustiza\" na que apenas dous días antes se \"manifestaba vontade negociadora\". O comité de folga rexistrou unha nova solicitude formal de negociación tras ser expulsado da sede da Xunta Aínda que esa vontade \"non se correspondese coa posterior actuación, onde por parte da Xunta se impediu a entrada aos membros do comité de folga ao recinto de San Caetano\", a represntación do persoal \"solicita a inmediata convocatoria da mesa de negociación para retomar\" as conversas que, lembran, foron \"rotas por parte da Administración\". O vicepresidente Rueda, pola súa banda, reiterou a preguntas da prensa tras o devandito acto de partido en Pontevedra que o seu departamento está a \"facer todo o posible\" para poñer \"fin ao conflito\". Este último desencontro produciuse tras unha semana no que, alén de non retomar as negociacións, o Goberno galego apostou pola crítica frontal aos representantes do persoal. Así, despois de que o comité de folga trasladase as súas reivindicacións ao Congreso dos Deputados e llas fixese chegar ao ministro de Xustiza tras manter senllos encontros con En Marea e PSOE, o propio Feijóo instou a \"todos os galegos\" a \"ver\" que \"esta folga deixou de ser unha reivindicación sindical\" e que o persoal mobilizado \"empeza a ter relación con determinados grupos políticos\". Mentres, calcúlase que os xuízos suspendidos poden superar xa os 20.000 e os salarios perdidos polo persoal en folga indefinida suma uns 3 millóns de euros dende o pasado 7 de febreiro. O atoamento pode ser aínda maior se finalmente se concretan os paros anunciados por membros da xudicatura e mais da fiscalía en reclamación de máis independencia xudicial e de melloras condicións laborais. Ao tempo, cunde entre o colectivo a sensación de que o Goberno galego apostou pola estratexia do esgotamento dos folguistas para buscar a fin do conflito."}
{"ID": "NOS_28719", "summary": "O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu máis de 2.000 hectáreas nos últimos días. O lume arrasou case por completo a súa reserva integral mentres segue á espera da aprobación dun novo Plan reitor de uso e xestión complementario do Plan de ordenación dos recursos naturais revisado en 2009 após a súa creación en 1993.", "text": "No ano 1993 declarouse o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, un espazo protexido que superaba as 20.000 hectáreas repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muíños. A canda a súa creación aprobouse o Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) á espera dun Plan reitor de uso e xestión (PRUX) que chegou en 1998 e que quedou obsoleto tres anos máis tarde. Desde entón, o espazo protexido espera un novo plan. Un marco obrigatorio por lei e necesario para a planificación dos usos que se poden dar sobre o territorio e os requirimentos baixo os que se deben desenvolver para facelos compatíbeis coa conservación da área e das especies protexidas. Segundo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o PRUX \"ten un valor real, malia o desinterese da Administración por concretar as normas que determinen o que se pode e o que non se pode facer dentro dos sus límites\". O parque natural é a máxima figura de protección na Galiza. En 2018, máis de dúas décadas despois da declaración do parque natural, a Xunta iniciou o procedemento para a aprobación do PRUX. \"A Lei de conservación da natureza de 2001 derrogada pola Lei de patrimonio natural e da biodiversidade da Galiza, de 2019, estabelecía dous anos para a aprobación dese plan principal desde a creación dun parque natural. Un prazo que desapareceu da última norma e que parece querer restarlle responsabilidade á Administración, por máis que segue sendo preceptivo e esencial para a xestión e conservación destes espazos protexidos\", sinala Beltrán Puentes, investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela no ámbito do Dereito Público. Abandono e desprotección O parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés non é o único que bota en falta o seu Plan reitor de uso e xestión. \"Dos seis parques naturais cos que conta Galiza na actualidade, tutelados directamente pola Xunta, só tres dispoñen de PRUX, os tres aprobados no último ano\", afirma Fins Eirexas, secretario xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega). Os PRUX dos parques naturais do Invernadeiro e Serra Enciña da Lastra aprobáronse en setembro de 2019. O do parque natural Monte Aloia actualizouse en febreiro de 2020. \"O parque natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán foi declarado en 1992. Suma case tres décadas de espera para saber cales son os límites que rexen o aproveitamento dos seus recursos\", salienta Eirexas. \"O parque natural das Fragas do Eume creouse en 1997 e non foi até 2017 que se iniciaron os trámites para dotalo dun plan reitor, agora paralizado\". Galiza non só ten poucos parques naturais, e pequenos, senón que é o territorio do Estado con menos porcentaxe de superficie protexida pola Rede Natura. O parque natural é a máxima figura de protección na Galiza. \"E malia a riqueza de hábitats e a diversidade de especies, contamos cun número ridículo de espazos protexidos que, ademais, se xestionan sen as ferramentas necesarias para a súa conservación, mesmo con medidas prexudiciais para a súa custodia\", inciden desde Adega. Neste sentido, Fins Eirexas sostén que \"o uso e ordenamento dos parques naturais colide cos intereses turísticos e urbanísticos que se dan a contorna do parque de Corrubedo ou cos intereses do sector da madeira que operan nas Fragas do Eume. O Goberno galego prefire sacrificar a xestión dos espazos protexidos, tamén no Xurés e noutras áreas de valor, onde ten consentido carreiras de 4x4 que arruinaron especies custodiadas\". Obrigas legais \"Non pode ser que, nin para os espazos naturais de maior interese nin para as especies en perigo, a Xunta estea a incumprir a súas obrigas legais, que pasan pola creación dos plans de uso e xestión e os plans de recuperación e conservación das especies ameazadas\", engade Serafín González. Plans que non teñen carácter de lei, apunta Puentes, pero que poderían ter \"carácter normativo sempre que impoñan obrigas e cargas sobre os suxeitos. O que sucede é que son máis ben descritivos, e calquera sinal de norma queda nunha mera declaración de intencións\". Para o presidente da SGHN a desidia da Administración galega a respecto do patrimonio natural de máis valor tamén se advirte na \"insignificante\" dotación orzamentaria que adxudica a cada espazo e na supresión das direccións dos parques naturais. \"Non hai unha vontade real de que os parques funcionen ben. Dunha banda, falta investimento para poder executar medidas beneficiosas para o desenvolvemento sustentábel e a conservación eficaz de cada espazo, que a Xunta obstaculizou ao eliminar as súas direccións particulares, instaladas sobre o terreo, e crear unha superdirección única en Santiago, afastada da realidade e das necesidades dos distintos territorios\". Custodia fronte aos lumes \"Galiza non só ten poucos parques naturais, e pequenos, senón que é o territorio do Estado con menos porcentaxe de superficie protexida pola Rede Natura\", engade Beltrán Puentes. \"Como figura de protección é menor, pero á vista do noso patrimonio é un dato significativo. Hai 15 anos que nin se amplía a superficie protexida nin se declaran novos espazos\". A raíz do problema dos lumes é social, e segue sen abordarse. Insistir na intencionalidade e dedicar todos os esforzos á extinción non resolve o problema nin exime de responsabilidade. Na práctica, sinalan unha pasividade administrativa que impide a consolidación dunha planificación eficiente dos recursos e usos dos parques naturais, así como das medidas necesarias para a súa conservación, cuxas consecuencias se observan, unha vez máis, no incendios forestais. O lume arrasou en días pasados a reserva integral da Baixa Limia-Serra do Xurés. No que vai de verán arderon máis de 3.000 hectáreas nunha zona \"declarada reserva da biosfera, de interese comunitario e de especial protección para as aves; mais sen rastro de actuacións propias dun territorio de especial protección\", asevera Serafín González. \"O Xurés arde desde hai 50 anos, ao igual que o Macizo Central. Zonas de montaña, afectadas polo despoboamento, onde se privou a xente do uso do monte como ferramenta agrícola e gandeira sen brindarlle alternativa, onde as repoboacións forestais forzosas iniciadas polo Estado hai xa perto dun século desataron unha conflitividade que deu pé ao emprego do lume como protesta\", e que se estendeu no tempo como solución para todo, afirma González. \"A raíz do problema dos lumes é social, e segue sen abordarse. Insistir na intencionalidade e dedicar todos os esforzos á extinción non resolve o problema nin exime de responsabilidade\", engade. \"Urxe un plan de desenvolvemento que garanta unhas condicións de vida dignas tamén desde o punto de vista ecolóxico\", conclúe."}
{"ID": "NOS_52593", "summary": "A valedora do Pobo considera que 2020 foi \"un ano difícil para os dereitos humanos\" e reclama que \"a realidade poscovid\" sexa \"mellor que a anterior\".", "text": "A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, recoñeceu que 2020, co impacto da pandemia, foi \"un ano difícil para os dereitos humanos\", como ocorre, dixo, cando hai algún \"desastre\" deste tipo. \"A realidade poscovid debe ser mellor que a anterior\", reclamou esta sexta feira, 2 de xullo, na súa comparecencia na comisión de Peticións da Cámara galega en que presentou o informe da Valedoría. \"As dificultades na procura dos dereitos humanos non nos deben levar ao desánimo, senón a reforzar o noso compromiso. Non deixaremos de prestar atención aos problemas anteriores, que se agudizaron coa situación da pandemia como a desigualdade de mulleres e homes, a violencia de xénero, violencia e acoso, explotación humana, persoas con discapacidade, discriminacións, colectivos desfavorecidos, dereitos dixitais, medio ambiente\", citou a valedora. Evidenciou, ademais que a pandemia obrigou a incidir especialmente en aspectos como o sistema sanitario, servizos sociosanitarios, traballo decente e fenda dixital. Un ano duro Desde 14 de marzo de 2020, día en que foi declarado o primeiro estado de alarma para facer fronte á crise sanitaria, até 21 de xuño, día en que decaeu; o alto comisionado xestionou un total de 222 asuntos relacionados coa pandemia e abriu 33 actuacións de oficio, unha tendencia á alza con respecto a 2019 que se mantivo até final de 2020. Os asuntos totais nese ano alcanzaron os 2.912, é dicir, 28% máis que en 2019, incremento similar ao rexistrado no número de persoas que se dirixiron á valedora para solicitar asesoramento, que creceu 27%, até os 7.526. Na quenda de intervención dos grupos políticos, a deputada do PP Paula Prado destacou a \"boa dinámica de traballo\" na relación entre a Valedoría e as Administracións, que non a viron como \"unha policía, senón colaborativa\". \"Parécenos ben que siga nesta liña\", remarcou. O deputado do BNG Daniel Castro puxo o acento na necesidade de reforzar a \"Valedoría do Pobo no mundo rural\" e en que se faga fincapé en temas como vivenda e sanidade e perspectiva de xénero\". Pola súa banda, a socialista Noelia Otero pediu \"ambición\" para a resolución dos problemas das galegas e galegos e advertiu de que \"non hai sociedade que resista sen a solidez dun sistema baseado na xustiza social\"."}
{"ID": "NOS_27659", "summary": "Os equipos galegos do Noia, Burela e O Parrulo Ferrol xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei de fútbol sala. A competición será os días 15 e 16 de novembro.", "text": "Esta terza feira tivo lugar no salón Luís Aragonés da Cidade do Fútbol das Rozas, en Madrid, o sorteo de todos os emparellamentos referentes á cuarta eliminatoria da Copa do Rei de Fútbol Sala, nos que xa entran os equipos da Primeira Federación Futsal, coa excepción do FC Barcelona e Mallorca Palma Futsal, que participan na UEFA Futsal Champions League. No bombo estaban tres clubs galegos: o Noia Portus Apostoli, o Pescados Rubén Burela e O Parrulo Ferrol. Un Noia de Primeira en fútbol sala Emparellamentos a partido único O sorteo resolveu que o Noia, ao estar na máxima categoría estatal, sexa o único galego en ter que desprazarse ao xogar co Sala 5 Martorell FS en Catalunya. O equipo catalán milita na Segunda División, na que ocupa a quinta praza na súa tempada de regreso á categoría de prata con dez puntos. O Pescados Rubén Burela recibirá na Mariña ao Viña Albali Valdepeñas. O equipo de Castela-A Mancha, pola súa parte, vén de ser derrotado na última xornada na súa casa polo Noia Portus Apostoli, a formación rebelación do campionato. O Parrulo Ferrol tamén xogará na casa, neste caso no Polideportivo da Malata, contra o Xaén Paraíso Interior FS. O Parrulo e Valdetires potenciarán o fútbol sala feminino en Ferrol O equipo andaluz ten experiencia nesta competición na que conseguiu un subcampionato na tempada 2018-2019. Na actualidade está oitavo na clasificación da Liga Nacional de Fútbol Sala. A rolda da Copa do Rei será a través dun partido único e constará de tres equipos de Segunda B, once equipos de Segunda Federación Futsal e catorce de Primeira Federación Futsal. Todos os encontros terán lugar entre os días 15 e 16 de novembro, quedando emparellados con equipos de Primeira os clubs de menor categoría, que gozarán da condición de local."}
{"ID": "NOS_55699", "summary": "O goberno da Xunta introduce dúas modificacións á Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos que levarán a unha maior desprotección dos bens de interese cultural.", "text": "A través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos, a Xunta introduce dúas modificacións da Lei de Patrimonio Cultural que conducirán a unha maior desprotección dos bens patrimoniais. Unha delas afecta ao planeamento e outra directamente á protección dos bens. Coas modificacións o goberno de Feijóo dá pasos atrás na protección do patrimonio e faino a través dun mecanismo de rápida tramitación e sen debate social. Até agora, a Lei de Patrimonio contemplaba que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, contaba con tres meses para elaborar un informe sobre sobre a afección aos bens patrimoniais. Se o informe non se emitía neses tres meses, a actuación non se podería levar a cabo xa que se consideraba unha resposta negativa até a emisión dun informe de carácter positivo. Coa reforma que a Xunta promove a través da Lei de Acompañamento, no caso de que a Xunta non emita o informe no prazo establecido considerarase automaticamente que é favorábel. O atraso administrativo que acumula unha Dirección de Patrimonio mermada de persoal contribuirá así a que os proxectos se desenvolvan sen o control que ate agora se establecía sobre os bens patrimoniais. Urxente e sen informe do CES A Xunta opta ademais para esta reforma por realizala a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos o que facilita unha rápida tramitación, pola vía de urxencia, sen informe ao Consello Económico e Social e sen o asesoramento de ningunha das instancias implicadas, nin sequera o Consello de Cultura Galega, organismo estatutario que ten como un dos obxectivos o asesoramento ao goberno e ao Parlamento en materia cultural e patrimonial. Ademais do artigo 32.4, a lei sufrirá tamén modificación no 53.1que ten a ver coa protección dos bens inmóbeis catalogados. Da mesma maneira, se o informe non se emite en tres meses, a resolución considerarase favorábel o que permitirá a calquera organismo ou particular efectuar un proxecto mesmo sendo afectado un ben patrimonial. O grupo parlamentar do BNG vai solicitar a retirada das modificacións que afectan á Lei de Patrimonio e reducen a protección sobre os bens patrimoniais."}
{"ID": "NOS_17747", "summary": "A Plataforma Galiza con Catalunya denuncia que se está a \"poñer en evidencia que se está aplicando o artigo 155 da Constitución de maneira encuberta\".", "text": "Esta cuarta feira terán lugar en Galiza varais concentracións para denunciar e rexeitar o operativo que se está a desenvolver en Catalunya. \"Están poñendo en evidencia que se está aplicando o artigo 155 da Constitución de maneira encuberta\", afirma a plataforma Galiza con Catalunya, convocante destas mobilizacións. Por iso, reiterou, \"queremos expresar a nosa máis rotunda condena a estes feitos\". Hora e lugar: Ferrol: 20:30 h na praza Amada García Diante do edificio da Xunta Lugo: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno A Coruña: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno Compostela: 20:30 h na Praza do Toural Vigo: 20:00 h na Farola de Urzáiz Pontevedra: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno Ourense: 20:30 horas, Subdelegación do Goberno Manifestación o día 30 A plataforma Galiza con Catalunya -constituída por organizacións sociais, culturais, políticas e sindicais galegas en apoio ao proceso catalán- anunciou a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro sábado día 30 de setembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda, \"en apoio á democracia e ao dereito a decidir do pobo catalán\". En representación da Plataforma, Olaia Chaves sinalou que as organizacións que a conforman uníronse \"por unha causa común que é a defensa dos dereitos colectivos dos pobos e a defensa da democracia\". Denunciou que se cualifique como \"referendo ilegal a un acto lexítimo de expresión da democracia\" A preguntas dos xornalistas respecto da posibilidade de que se impida a saída da manifestación, a portavoz da plataforma lembrou que non houbo problema algún cunha manifestación de características semellantes que se fixo en Euskadi a semana pasada.O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, aclarou que xa está comunicada á delegación do Goberno e asegurou que \"si ou si, o día 30 vai a haber esta manifestación á que chamamos a todas as galegas e galegos a participar\"."}
{"ID": "NOS_21301", "summary": "A fronte nacionalista considera que a proposta do PP chega tarde coa Comisión e agarda que sirva para resolver problemas como a estafa das preferentes", "text": "O viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, valora que o PP rexistrase finalmente a posta en marcha da Comisión de Investigación das Caixas mais advirte que chega tarde, \"que os traballos xa tiñan que ter comezado, tal e como reclamou o BNG en reiteradas ocasións\". Aymerich defende que estes traballos non só \"miren ao pasado\", que non servan só para facer \"arqueoloxía\" do que sucedeu senón que tamén achegen solucións tanto para evitar a liquidación de Nova Galicia Banco como para resolver asuntos como a estafa das preferentes. O deputado nacionalista lembra que o BNG sempre defendeu unha Comisión de Investigación que esclareza todo o que aconteceu coa xestión das Caixas e depure responsabilidades polas indemnizacións millonarias dos ex directivos, pero tamén unha investigación que evite que Galiza fique sen unha ferramenta como Nova Galicia Banco, que segue tendo o 40 por cento do negocio finaceiro galego."}
{"ID": "NOS_47541", "summary": "A Orgaccmm exixe que declarar os montes veciñais como unha figura de protección ambiental e cultural e que se teña en conta que as comunidades de montes son en si mesmas dinamizadoras do rural.", "text": "Representantes da Organización galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm) entregaron esta cuarta feira no rexistro do Parlamento da Galiza máis de 12.000 firmas que avalan unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para protexer os montes veciñais como figura diferenciada tanto da propiedade privada como da pública, evitando así que poidan \"privatizarse\" para o seu uso comercial. Xosé Alfredo Pereira, presidente da Orgaccmm: \"Pretenden roubar o monte ás persoas comuneiras\" Esta iniciativa, tal e como explicou o seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, ten como obxectivo preservar o carácter específico comunal dos montes veciñais, e que se recoñeza como tal este tipo de propiedade. Por outra parte, os promotores desta ILP exixen declarar os montes veciñais como unha figura de protección ambiental e cultural e que se teña en conta que as comunidades de montes son en si mesmas dinamizadoras do rural. Comuneiros piden que parte dos fondos europeos vaian a desenvolver a economía rural Para a entidade, é esencial que se manteña o carácter comunal da propiedade destes espazos, incluso traspasándoa a unha comunidade de montes contigua en caso de non existir poboación suficiente, pero evitando que poida pasar a mans privadas que dediquen estes espazos a explotacións comerciais, como a madeira ou a minaría, dixo Pereira \"Dirección contraria\" a Medio Rural. Neste sentido, apuntou o presidente da Orgaccmm, a iniciativa vai en \"dirección contraria\" ao borrador co que, critica, a Consellería do Medio Rural pretende modificar a lexislación dos montes comunais. Vía libre ás empresas madeireiras para ficaren coas terras comunais \"Levamos anos denunciando que a Consellaría de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular (PP), que empresas de diversa índole, forestais, madeireiras, eólicas ou mineiras, poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais\", manifestou Pereira. Para o presidente da organización de montes veciñais, a posibilidade de xestión privada ou comercial destes montes en man común, ou que se dea acceso á súa xestión a persoas alleas á veciñanza dunha determinada zona implica \"roubar\" este terreo, concluíu."}
{"ID": "NOS_6280", "summary": "Os orzamentos do Estado de 2021 recollían un investimento para Galiza de 832 millóns de euros. Malia que a cantidade consignada representaba unha baixa de 11% en relación con anterior anualidade, as partidas incorporadas ás contas públicas non foron investidas na súa totalidade. Segundo recolle unha liquidación orzamentaria remitida polo Goberno aos deputados do PP, o Estado só investiu na Galiza 69,7% do aprobado.", "text": "As contas públicas do Estado de 2021 destinaban para Galiza 832 millóns de euros. A contía significaba unha baixa de 11% do presupostado para o país en 2020 e significaba a cifra máis baixa desde 2004. Precisamente, desde esa anualidade o investimento previsto na Galiza superou en todos os exercicios os 1.000 millóns de euros, agás en 2017 que sumou 924, 6 millóns de euros e en 2019 cando se situou en 936, 7 millóns de euros. A caída dos investimentos provocou unha dura reacción do PP e do BNG e xerou grande malestar nas propias filas dos socialistas galegos, unha parte dos cales afearon a Gonzalo Caballero a súa posición submisa cara a Madrid. Un dos motivos centrais das queixas era que o retallo orzamentario producíase ao tempo que aumentaba o gasto no conxunto do Estado en 50%, chegando a un incremento de 83% en Murcia, de 63% en Asturias, de 57% en Valencia e de 56% en Nafarroa, O Goberno do Estado, nunha recente resposta a unha pregunta escrita dos deputados populares, recoñeceu que o Executivo de Sánchez só investiu na Galiza 69,7% do consignado para 2021. Segundo estes mesmos dados, ficaron sen executar na Galiza nese exercicio 260 millóns de euros, sendo transferida unha parte importante desta contía a financiar diversas actuacións na Comunidade de Madrid. A orientación das contas de 2020 situouse na liña dos fondos Covid e React-EU. O primeiro repartiu entre todas as comunidades 16.000 millóns, con Madrid á cabeza con 3.346 millóns e Galiza nos postos de cola con 735 millóns O criterio de reparto repetiuse co fondo React-EU, que reservou para Galiza 441 millóns, 4,4% do total do fondo de 10.000 millóns. Madrid gaña Madrid veuse favorecida en 2021 cun investimento de 800 millóns de euros, practicamente 600 millóns máis do previsto nos orzamentos do Estado. As novas partidas achegadas polo Goberno dirixíronse a diferentes actuacións, entre elas librar de peaxes as estradas A-2 e A-4 , a adquirir novos edificios públicos, aumentar as dotacións de centros de ocio ou museos e asignar máis fondos diversos programas gobernamentais como o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. A operativa aplicada en 2021 a execución das contas públicas non é un caso illado. A redución por parte do Estado do investimento inicialmente previsto ven sendo unha práctica habitual. Sen ir máis lonxe, o Goberno de Raxoi deixou sen executar na Galiza entre 2011 e 2018 actuacións aprobadas nos orzamentos por un importe de 2.590 millóns de euros"}
{"ID": "PRAZA_2776", "summary": "A recadación tributaria en España, e Galiza, descansa maiormente sobre as clases populares –clases de rendas medias e baixas-: case as súas tres cuartas partes.", "text": "Unha de tantas reformas pendentes no estado español é a reforma fiscal. España conta actualmente con un sistema tributario que amais de non seren o que correspondera a realidade económica e territorial española, de coadxuvar a desigualdade e os desequilibrios territoriais crecentes, de intensificar a crise económica na que seguemos inmersos non compre o mandato constitucional. \"Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, de ningures, terá carácter confiscador\" (Constitución Española, art. 31.1). O sistema fiscal español é, de sempre, un sistema deficitario dende o punto de vista da recadación. Un déficit que se reflicte en que a presión fiscal en España (32,5% do PIB) está situada 7 puntos por baixo da media na Unión Europea (39,5%) (GESTHA: www.gestha.es. Tódolos datos aquí utilizados son recollidos dos informes desta organización). Un déficit que, sen desbotar o impacto da crise sobre a recadación, deriva fundamentalmente de dúas circunstancias: 1. O elevadísimo nivel de fraude fiscal, 2. O trato extremadamente favorable as rendas de capital. En relación ao primeiro punto –fraude fiscal- os datos mais fiables sitúan o valor en España da economía somerxida nun 24,6%, en Galiza o 25,6% -equivalentes a 14.200 millóns de euros-, unha porcentaxe que está mais de 10 puntos por riba da media na Unión Europea (13/14%) -40.00 millóns de euros-, que en Galiza son 11 puntos –mais de 6.000 millóns de euros- (GESTHA). Como podemos veren a incidencia da fraude fiscal na recadación tributaria e, xa que logo, na baixa presión fiscal resulta indiscutible en España e, incluso mais, en Galiza. Unha fraude fiscal que, debe sinalarse, nun 72% procede das grandes fortunas. Pero sendo importante o peso da fraude fiscal na baixa recadación, así como os efectos propios da crise e a conseguinte caída dos ingresos, hai outro factor que coadxuva fortemente a este baixa presión fiscal e que non é o outro que a propia estrutura do sistema tributario español que como dixen antes non se corresponde nin coa realidade económica española nin tampouco coa equidade no tratamento fiscal. En España, en Galiza sucede algo practicamente similar, a recadación tributaria descansa maiormente sobre o IRPF -42% da recadación total-, o IVE -30%- e o Imposto de Sociedades -13%-. Como podemos ver so o IRPF supón case a metade da recadación tributaria total: un IRPF que nun 84% procede das rendas do traballo. Si a elo lle engadimos que o IVE grava mais as rendas medias e baixas (GESTHA) entón vemos que a recadación tributaria en España, e Galiza, descansa maiormente sobre as clases populares –clases de rendas medias e baixas-: case as súas tres cuartas partes. Poderase entón dicir que a caída na recadación tributaria influíu de xeito decisivo a crise económica coa conseguinte caída do emprego e do consumo. Pero si ben iso é certo esta caída non xustifica por se mesma a baixa presión fiscal: os datos que se manexan din que nestes anos de crise a caída na recadación por IRPF foi do 11% e no IVE do 40% pero no Imposto de sociedades foi do 60% -unha porcentaxe moi superior-. As caídas no IRPF non xustifican por si soas a baixa presión fiscal nin moito menos. Outros son os factores que, como dicía, están mais relacionados coa fraude fiscal e a estrutura do sistema tributario español. Un sistema tributario que veu desaparecer practicamente os Impostos sobre patrimonio e sobre sucesións, a aparición de múltiples formulas que permiten incrementar as deducións no Imposto sobre sociedades especialmente as grandes empresas, un tratamento moi favorable ao grande aforro, a aparición de novas figuras fiscais (SICAV, ETVE) que, de novo, permiten as grandes rendas do capital pagar menos: elisión fiscal (GESTHA). Incluso a propia estrutura do IRPF –que supón case a metade da recadación total- deixa en evidencia a falta de equidade do sistema tributario español. Ao analizar aquela obsérvase como a partir de determinados niveis –os mais altos- o tipo impositivo diminúe –pola dualidade do gravame e menor imposición as rendas de capital- converténdose así nun imposto regresivo (GESTHA). O mesmo sucede co Imposto de sociedades no que as grandes sociedades –aquelas que facturan por riba dos 1.000 millóns de euros- teñen uns tipos nominais claramente inferiores as propias pemes grazas a proliferación de deducións e réximes especiais de que as grandes sociedades poden beneficiarse (GESTHA). Logo do sinalado deberan quedar poucas dúbidas da urxente necesidade de emprender en España, e Galicia, una ampla, profunda e rigorosa reforma fiscal en aras tanto dunha maior democracia e equidade fiscal como dunha grande mellora na recadación. Unha reforma que reduza a carga fiscal das rendas baixas e garante un tipo efectivo para as rendas do capital –entre un 20 e un 30% en vez dun 5 ou un 6% como agora-. Unha reforma que fai imprescindible, para que sexa eficaz, unha nova estrutura da Axencia Tributaria Española con un maior protagonismo das Axencias e os Parlamentos Autonómicos e unha maior e mellor coordinación entre ambas axencias –central e autonómicas-. Velaí, agora que estamos en vésperas electorais, un elemento a considerar pola cidadanía galega encol das candidaturas: as súas propostas en materia de reforma fiscal. Unhas propostas que segundo sexan –en relación o fraude fiscal e ao tratamento das rendas de capital- marcaran non so a súa posición fronte a crise económica e os desequilibrios sociais e territoriais senón tamén os intereses que realmente defende cada candidatura."}
{"ID": "PRAZA_18797", "summary": "Vanesa Sotelo acadou o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de Teatro -galardón que distingue o máis destacado da década entre a produción literaria en todas as súas vertentes- polo seu texto dramático Nome: Bonita.", "text": "Vanesa Sotelo acadou o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de Teatro -galardón que distingue o máis destacado da década entre a produción literaria en todas as súas vertentes- polo seu texto dramático Nome: Bonita. \"Manifesta o valor testemuñal ao respecto das mulleres represaliadas ao longa da historia, nun entrecruzamento de linguas e culturas, a partir da figura da cagançeira brasileira\", sinalou o xurado do galardón, que tamén destacou o texto por revelar \"unha voz dramática moi sólida\". A historia de Nome: Bonita céntrase en Alma, unha botánica que viaxa ao Nordeste de Brasil para realizar unha investigación. Desapegada da súa terra e da súa familia, o encontro con Alba -unha actriz obsesionada pola figura da cangançeira María Bonita e neta dunha portuguesa e dunha exiliada galega- lévaa a indagar nas súas propias orixes. A obra, que emana dunha memoria que parece ameazada, deita unha mirada sobre o século XX e os seus silencios a través da historia de tres xeracións de mulleres. Praza.gal fala coa dramaturga Vanesa Sotelo sobre Nome: Bonita, pero tamén como directora da erregueté, a revista galega de teatro que neste 2018 cumpre 35 anos de traxectoria. Que significa recibir o Premio Mondoñedo 10 que distingue Nome: Bonita como o mellor texto dramático da década?En primeiro lugar, significa un impulso e un recoñecemento importante, sobre todo tendo en conta as obras que ficaron de finalistas. Todas elas contaban cunha traxectoria importante, foron premiadas ou foron representadas cun percorrido de éxito entre a crítica e o público. Nome: bonita foi un proxecto escollido en 2014 polo programa de desenvolvemento de Dramaturxias Actuais do INAEM (Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais), polo que foi escrito cunha calma e nunha serie de anos pouco habitual. Síntome convencida e satisfeita polo resultado. Agora, o premio sacou a obra do esquecemento e suscita interese por coñecela.Saír do esquecemento ou, cando menos, dunha sorte de invisibilidade é difícil para os dramaturgos e dramaturgas. Non resulta fácil a edición dos seus textos nin a súa representación. É a dramaturxia galega invisible?\"Vivimos en contradicións permanentes. Por un lado, podemos dicir que estamos nesa invisibilidade, pero ao tempo contamos cunha serie de nomes para ter moi en conta non só a nivel galego, senón a nivel estatal\"Vivimos en contradicións permanentes. Por un lado, podemos dicir que estamos nesa invisibilidade, pero ao tempo contamos cunha serie de nomes para ter moi en conta non só a nivel galego, senón a nivel estatal. Contamos con universos moi fortes, con voces de moita potencia. Pero supoño que faltan apoios. Preguntámonos veces: \"Para que creamos?\" ou \"Por que escribimos?\" Non o sabemos, pero en realidade si: se non o facemos, desaparecemos. Pero, pola contra, cando o facemos non acabamos de ter a suficiente visibilidade. Todas estas contradicións permanentes responden a fraxilidade non só do sistema teatral, senón de todo o sistema cultural. Malia todo, dentro desa fraxilidade, temos moitas cousas polas que seguir adiante e moitas cousas que celebrar. Un premio como Mondoñedo 10 deixa ás claras o gran nivel dos nosos autores e autoras.Por parte das dramaturgas e dramaturgos facemos o que temos que facer: escribir. O que pasa é que, rara vez conseguimos as condicións máis propicias. Temos que reivindicar determinadas cousas. Por exemplo, que cando menos os textos premiados sempre sexan levados a escena. Ao final, esa é a única maneira de medirse co público, coa sociedade. Nós somos produto desta nosa sociedade e escribimos para ela. Precisamos que nos devolvan a mirada.\"O exceso de amor polo teatro acabará matándonos\". Ese foi o titular que deu no Faro de Vigo nunha entrevista ao respecto deste premio Mondoñedo 10. O continuar facendo teatro a pesar de todos os pesares que se viven no sector resulta contraproducente?\"Esta é unha pelexa pola supervivencia que leva á extenuación, á autoexplotación e a un queime de arelas que tamén pode conducir ao mesmo: a desaparición\"A ver. É un asunto complicado. Antes referíame a necesidade de seguir facendo, aínda que pareza que as veces este traballo non ten un froito económico. E mesmo, en moitas ocasións, nin sequera un mínimo recoñecemento. Ás veces, simplemente estás ante o baleiro e non sabes quen está ao outro lado. Dá a sensación de facer as cousas malia todo e nas condicións que sexan. A situación empúrranos a pensar que o teatro non ten o suficiente peso na sociedade e deixa de ter presenza. E se non tes esa presenza, calquera cousa acaba desaparecendo e sen que pase realmente nada. Entón, tes certa obriga ou responsabilidade de seguir facendo, sobre todo por manter todo o que se conseguiu no pasado. Temos un teatro profesional, temos unha escola de arte dramática, temos unha mínima estrutura, pero non acabamos de ter normalidade nin unha programación estable. Nin sequera un reclamo claro por parte do público. Así, entramos permanentemente nunha especie de perigo de extinción, que empurra a facer, sexa como sexa. E facélomo precisamente para sobrevivir e para sortear a extinción. Esta é unha pelexa pola supervivencia que leva á extenuación, á autoexplotación e a un queime de arelas que tamén pode conducir ao mesmo: a desaparición. Resulta todo un chisco contraditoria toda esta lóxica, pero é a idea que estaba implícita nese titular do Faro de Vigo. Pero tamén hai que ter clara outra cuestión. Neste momento en que falamos sempre da rendibilidade nos campos do material e do económico, cómpre lembrar que hai unha serie de valores que son necesarios. Igual son menos útiles, materialmente falando, pero necesarios para que unha sociedade sexa crítica e creativa.No ano 2011, o Centro de Documentación Teatral do INAEM entrevistouna nun vídeo que se pode consultar na rede. Nesa conversa, vostede lembraba que ao longo dos textos que conforman a súa obra, atopábanse dúas grandes liñas de conexión: o encerro e a violencia. Sete anos despois, segue a ser así? \"Vendo as noticias ou mirando un pouco o mundo que nos arrodea podes constatar o noso carácter violento e a nosa clara tendencia ao autodestrutivo\"A verdade, é que ambas as dúas liñas seguen moi presentes. Agora mesmo estou deseñando un proxecto novo e decátome de que, malia que intento non me repetir, as dúas ideas continúan a ser persistentes. Hai cousas que nos atravesan e nos constitúen. A violencia, dende logo, é unha delas. Simplemente, vendo as noticias ou mirando un pouco o mundo que nos arrodea, podes constatar o noso carácter violento e a nosa clara tendencia ao autodestrutivo. Cando escribo, sempre me interesa abordar este mundo e poñer ao límite os meus personaxes.No caso do encerro, recoñézoo dende as miñas primeiras obras. Comecei deseñando espazos delimitados. Por exemplo, es Campo de covardes. Esa obra xeraba un espazo delimitado polas cerraduras. O encerro, en calquera caso, está ligado a outro elemento: ao silencio. Representa a incomunicación e a incapacidade das palabras para expresar determinados estadios. En Nome: Bonita, seguen a ser unha constante tanto a violencia coma o encerro. É algo esencial, desafortunadamente, ao ser mesmo da humanidade.Vinculado ao silencio, atopamos a desmemoria como outro elemento de violencia. Recollendo a pregunta dunha das personaxes da obra, que doe máis? A memoria ou a falta dela?Posiblemente, o que máis pode chegar a doer é a conciencia da falta de memoria. O texto, dalgunha maneira, resúmeo nun personaxe que sabe que vai perder a memoria. Despois, tamén está a certeza de que unha parte da memoria colectiva e da historia falta. Entón, Nome: Bonita está pensando non tanto para falar do pasado, senón para deitar unha mirada dende a muller do século XXI sobre o pasado, sobre a historia. Estamos ameazadas por iso: pola falta de memoria no futuro e pola certeza de que hai unha memoria que nos foi roubada. Debemos reconstruíla.\"O esquecemento non se impón, pero si o silencio\". Esa é outra frase que recupero de Nome: Bonita para preguntarlle. De verdade o esquecemento non se impón? Esa cita xorde dunha conferencia en Vigo. Pareceume demoledora. Procedía das vivencias dunha muller represaliada. Dicía que o silencio se pode impoñer. A ela impedíronlle a voz, estaba estigmatizada como unha das perdedoras. Pero esa muller non esquecía a súa propia vida, non lla podían sacar da cabeza. Esa imposibilidade real de impoñer o esquecemento, dalgunha maneira ten que estar e ten que servir. Pode ser que o silencio impida que vexamos moitas cousa, pero hai unha verdade que ten que saír á luz. Eu vou poñer un pouco de esperanza, malia que temos moito esquecemento sementado na sociedade. E moito enterrado no silencio. Pero hai que manter a confianza e a esperanza en que esas vivencias, esas verdades, van loitar por emerxer e por ser recuperadas. Se conseguimos que algo quede, sexa nos textos, sexa contado de boca en boca, conseguiremos que o esquecemento non nos aniquile.En Nome: Bonita, atopamos unha escena dun grupo de muller que traballando nunha factoría deciden crear a súa propia empresa. Pero antes de dar ese paso, teñen que aguantar ao xerente dicíndolles unha frase: \"Cando máis caladas, máis bonitas\". O silencio, outra vez non?Si, pero realmente o importante desa escena é a organización destas mulleres, que deciden darlle a volta ao mundo. Por outra banda, neste 2018, entre o movemento feminista, a folga do 8 de marzo, a defensa do aborto en Arxentina ou a resposta contra Bolsonaro, atopamos unha serie de movementos globais que amosan que estamos a superar o silencio. Estamos superando o de \"caladiñas\". Son mobilizacións exemplares que teñen os seus antecedentes. E en Nome: Bonita lembramos esa loita.Neste 2018, a erregueté cumpre 35 anos de traxectoria. Que balance facemos da cabeceira? Sobre todo desta última etapa, na que vostede asumiu en 2016 a dirección.\"Para a erregueté, as administracións son un lugar ao que recorrer, pero tamén está o sector. E por suposto, o propio público\"Os aniversarios sempre son motivo de celebración. Sobre todo, para celebrar que seguimos aquí. A nosa vontade é seguir existindo, pero sen esquecer que hoxe por hoxe é a única publicación de teatro que resiste. Hai un motivo de alegría, pero tamén de preocupación: celebramos 35 anos en soidade. Iso reflicte a situación delicada dos medios de comunicación, sobre todo nos especializados na cultura. En calquera caso, a revista segue existindo e conservamos o amor incondicional polo teatro co que naceu este proxecto. Cando tomei a dirección da revista, decidimos darlle renovación a imaxe e impulsar a difusión a través da nova páxina web. Tamén apostabamos por camiñar cara á profesionalización. Dous anos despois, esa meta segue no horizonte e segue bastante afastada.Precisa máis apoio a erregueté? Refírome non só ao apoio institucional, senón tamén ao propio sector teatral. Para a erregueté, as administracións son un lugar ao que recorrer, pero tamén está o sector. E por suposto, o propio público. O público debería, ou podería estar tamén interesado, en entender a revista como algo necesario. Para nós, toca traballar estas tres áreas: o sector, a administración e o público. Por outra banda, a erregueté conta cunha función esencial como editora de teatro. A cabeceira publica catro textos por ano e adoita propiciar a tradución de diversos textos. Todas estas son as liñas de traballo que temos abertas e coas que continuaremos. E se falamos do sector, sempre houbo un intercambio entre a revista e a profesión. É esencial e seguirá a producirse."}
{"ID": "NOS_4485", "summary": "A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG) vén de adiar a convocatoria dos Premios de Teatro María Casares, que neste 2021 acadan a súa 25ª edición. O aprazamento da entrega de premios xa ten un antecedente na entrega de galardóns do ano pasado, no que os gañadores se deron a coñecer no mes de novembro, e non o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, como é habitual. Non obstante, existe unha diferenza: no 2020, só se aprazou a cerimonia de entrega, xa que todo o proceso de votación tivera lugar durante os meses de xaneiro e febreiro. Desta vez, será todo ese proceso o que sufra un atraso por mor da pandemia e das medidas sanitarias tomadas para paliar as súas consecuencias.", "text": "O aprazamento da entrega de premios xa ten un antecedente na entrega de galardóns do ano pasado, no que os gañadores se deron a coñecer no mes de novembro, e non o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, como é habitual. Non obstante, existe unha diferenza: no 2020, só se aprazou a cerimonia de entrega, xa que todo o proceso de votación tivera lugar durante os meses de xaneiro e febreiro. Desta vez, será todo ese proceso o que sufra un atraso por mor da pandemia e das medidas sanitarias tomadas para paliar as súas consecuencias. A AAAG decidiu adiar a convocatoria ante a os sucesivos impedimentos creados pola situación sanitaria. Por unha banda, as sucesivas restricións á mobilidade e aos aforos dos espazos culturais alteraron dunha forma moi importante a programación teatral de 2020 e, en consecuencia, os votantes dos galardóns tiveron moitas dificultades para ver os espectáculos estreados nese ano e emitir os seus votos. Pola outra, a incerteza que se estende sobre o sector para os próximos meses é aínda maior. Xosé Barato, da xunta directiva da AAAG, afirma que \"pola información que temos, todo apunta a que a situación non vai estar en absoluto normalizada e, mesmo poñéndonos no suposto máis pesimista, hai posibilidades de que os teatros estean pechados durante un tempo. Daquela non ten sentido facer plans para celebrar un acto que, por natureza, é a ocasión en que toda a profesión se xunta\". A cancelación de todos os actos culturais en concellos como Ourense fai temer que outros sigan por esa vía. Un novo peche dos teatros? Non só se prevé que as restricións medren e que as dificultades para chegar ao público continúen a agrandarse, senón que a cancelación de todos os actos culturais en concellos como Ourense fai temer que outros sigan por esa vía. \"É unha das ameazas que existen\", continúa Barato. \"Nós levamos desde marzo pensando nas distintas continxencias que se poden dar e, ata o de agora, as cousas se desenvolveron algo mellor do que imaxinabamos: en marzo estabamos convencidos de que non se podería facer teatro durante todo o 2020 e, aínda que a situación dista moito de ser normal, si que houbo algúns elementos que permitiron que a profesión fose defendéndose. Agora hai que valorar os escenarios posíbeis e é moi probábel que os teatros se pechen durante algún tempo de aquí ao verán\". Algunhas voces suxiren que, para eludir o anunciado adianto do \"toque de recoller\" ás 20:00 horas, as funcións poderían adiantar os seus horarios para poder manter unha certa actividade, pero iso non evita máis que un dos problemas. \"Todo vai moi unido\", di Barato. \"Agora o debate está posto nese hipotético adianto do toque de recoller e, efectivamente, ese adianto podería salvar algunhas funcións. Mais hai que ter en conta que as restricións á mobilidade seguen en activo, en moitos casos dun xeito aínda máis taxativas, e iso impide que o público poida moverse entre concellos para acudir ao teatro: hai que ter en conta que as cidades reciben moita audiencia dos concellos veciños\". \"A nosa loita está centrada en axudar ás persoas que fan posíbeis as artes escénicas e a Agadic, desde o principio da crise sanitaria, insiste en manter unha visión moi estreita do que é a profesión teatral\", explica Xosé Barato, da AAAG O papel da Axencia Galega de Industrias Culturais Nesta situación, que de novo se prevé moi conflitiva para o sector, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) segue mantendo unha posición que non coincide coas expectativas das profesionais: \"A nosa loita está centrada en axudar ás persoas que fan posíbeis as artes escénicas e a Agadic, desde o principio da crise sanitaria, insiste en manter unha visión moi estreita do que é a profesión teatral\", explica Barato. \"Xa desde a presentación daquel famoso Plan de Reactivación Cultural criticamos que todas as medidas estean dirixidas á distribución, ao desenvolvemento de actividades. Mais existen outras posibilidades que axudarían a soster a investigación e as estruturas empresariais necesarias para a actividade escénica. Se o que se pretende é manter o emprego, propiciar que as persoas que traballan nas artes escénicas poidan superar unha crise de enormes proporcións, hai que ver máis alá das funcións concretas. Hai que entender que a creación escénica é moito máis que unha función de teatro, que un espectáculo xa rematado, e apoiar todo o traballo que hai detrás dunha obra, desde a investigación até a formación dos profesionais\". Malia que moitos concellos fixeron un grande esforzo por \"recolocar\" os espectáculos suspendidos durante os meses de confinamento, a AAAG considera que o período de parada entre marzo e mediados de xuño é un tempo perdido para as artes escénicas: \"esa recolocación de funcións suspendidas ocupou o espazo de novas funcións\", continúa Barato. \"Para actores e actrices foron meses perdidos e, aínda que a nosa profesión está moi afeita a moverse dentro da precariedade, a situación de moitas profesionais empeza a ser dramática. E a Agadic sempre se pechou en banda a poñer en marcha axudas ás traballadoras, non entende que a creación sen creadoras non é viábel\". Os premios Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario. Durante a gala, entréganse o Premio de Honra Marisa Soto e lese o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. \"Os premios non son só uns galardóns entregados pola profesión: son a ocasión de xuntarnos e mostrarnos como un colectivo cohesionado. Non ten sentido celebrar unha gala que prescinda dese papel que xogan os María Casares dentro do noso sistem cultural\", remata Barato."}
{"ID": "NOS_23626", "summary": "Durante case 2 horas declarou como testemuña da Gürtel Mariano Rajoy, a primeira vez que un presidente do goberno en exercicio participa nun xuízo. A estratexia de Rajoy foi a de asegurar que ignorou e ignora como se xestionan as finanzas do Partido Popular. O presidente da sala da Audiencia Nacional considerou impertinentes un bon feixe das perguntas realizadas pola acusación, o que facilitou as cousas a Rajoy.", "text": "\"Recórdoo perfeitamente\". A estratexia de Rajoy na súa declaración como testemuña perante a Audiencia Nacional non foi a de se acubillar en eventuais lagoas da súa memoria. A declaración é histórica por ser a primeira vez que un presidente en exercicio comparece perante un tribunal como testemuña. Faino no caso Gürtel, unha causa de corrupción en que o propio PP está a ser imputado como tal, por presuntamente se ter beneficiado economicamente da trama investigada. As primeiras perguntas da acusación gravitaron arredor de cal era o organigrama do Partido Popular durante os primeiros anos da trama e que competencias tiña Rajoy durante a época en que asumiu a dirección de campañas eleitorais. Rajoy esclareceu que a última vez que dirixiu unha campaña foi \"hai 17 anos largos\" e enfatizou que as súas funcións eran estritamente políticas. \"Coñecía vosté os aspectos económicos?\" [da campaña], perguntou a acusación. \"Absolutamente non\". \"As miñas responsabilidades son políticas. Non de contabilidade\", respondeu tamén Rajoy á cuestión de se coñecía a existencia dunha contabilidade B, a que tería levado como tesoureiro Luís Bárcenas. Pablo Crespo No interrogatorio, a acusación interesouse por coñecer a relación entre o presidente do goberno e Pablo Crespo, figura central na trama da Gürtel e a finais dos 90 secretario de Organización do PPdeG. Rajoy dixo que no momento en que Crespo estaba ao mando do partido na Galiza el xa non tiña responsabilidades na organización galega, \"eu estaba en Madrid\". A súa relación -\"política e nada estreita\"- era só a que se producía ao coincidir en actos políticos do PPdeG cando Rajoy, ministro no Estado, voltaba a Galiza nas fins de semana. Asegurou a este respeito que non tivo nengunha relación con Crespo unha vez que este, xa desligado dos seus cargos no PPdeG, se mudou a Madrid para alí traballar con Francisco Correa, o cerebro da trama. Reaccións políticas A primeira no cenario estatal foi a do líder de Unidos Podemos, Pablo Iglesias. O secretario xeral da formación morada dixo que plantexaría ao PSOE -co que mantén un comité de coordenación no Parlamento- a petición de comparecencia no Pleno de Rajoy. Amagou, mais unha vez, coa formulación dunha nova moción de censura, a única forma de remover Rajoy da Moncloa porque, enfatizou, el non vai demitir. Por súa parte, Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, reiterou a súa petición de demisión: \"Hoxe, 26 de xullo, é un día negro para a historia da nosa democracia. Señor presidente, pense en España e dimita\". O BNG marcou posición sobre asunto a meio dun comunicado en que a formación nacionalista tilda a declaración de Rajoy de \"prepotente\" e, afirma, supón un retrato dun PP \"trufado pola corrupción\". Anova, por súa parte, opta como valoración por dedicar grosos epítetos a Rajoy, de quen di que é un \"presidente indecente, colaborador necesario da trama corrupta do Partido Popular. En Marea, nun comunicado xa vespertino, tamén avaliou o testemuño de Rajoy. De acordo con Luís Villares, o presidente do goberno español \"ignora todo ou mente, se fose o primeiro caso está claro que un presidente non pode descoñecer todas as cousas que suceden baixo a súa responsabilidade; no segundo caso, no caso de mentir, Rajoy xa quedaría descualificado\"."}
{"ID": "PRAZA_5920", "summary": "O pleno compostelań, con só catro dos 13 membros que debería ter o PP, oficializa as renuncias e dimisións e dálle luz verde á incorporación do gabinete de Agustín Hernández. Currás tenta adiar o pleno ordinario de xuño, que tería que afrontar de novo coa bancada do goberno practicamente baleira. Unha plataforma cidadá traballa en mobilizacións contra a corrupción. Audio no interior", "text": "Apenas dous minutos, tantos como edís sentaban na bancada do PP. Foi o tempo que o aínda alcalde de Santiago, Ángel Currás, precisou para oficializar nun pleno extraordinario as baixas dos sete edís do seu goberno condenados por prevaricación e a dimisión da edil de Educación, imputada na Pokémon. Mentres ao seu carón sentaba a súa número dous, Reyes Leis, que xunto a el mesmo aglutina todas as competencias do Concello da capital, Currás leu a que vén ser a acta de defunción política do seu gabinete e, ao tempo, a luz verde para a entrada no consistorio do equipo comandado por Agustín Hernández e composto, na súa maioría, por persoas que non foron elixidas nas urnas. Os asentos baleiros do pleno municipal fronte aos escanos ocupados pola oposición de PSdeG e BNG tornaron este mércores nunha crúa metáfora da situación do Concello santiagués, unha escena que Currás semella querer evitar a toda costa. Nun escenario de parálise política o rexedor convocou para este xoves unha xunta de portavoces na que, segundo foi transcendendo, lles proporá aos representantes socialista e nacionalista adiar o pleno de xuño, que debería celebrarse o xoves 26 e, polo tanto, que implicaría desenvolver unha sesión ordinaria cun goberno de catro persoas no que dúas delas acumulan a totalidade das responsabilidades. \"Unha imaxe vale máis que mil palabras\" Á espera desa Xunta de Voceiros as forzas da oposición, aínda sumidas nunha certa estupefacción, sitúan a imaxe ofrecida no pleno polos conservadores como mellor resumo do acontecido. \"Unha imaxe vale máis que mil palabras\", ilustra o nacionalista Rubén Cela, para quen a situación é xa \"absolutamente patética e terríbel\" e, ademais, pórtico dun episodio inédito, o que suporá que \"por primeira vez na historia de Santiago e do municipalismo galego\" haxa \"o goberno dunha corporación municipal coa maioría dos seus membros como concelleiros non electos\". Para o socialista Francisco Reyes o que vén agora é unha \"intervención pola porta de atrás\" na que, tras o \"epílogo do drama\", Hernández nomeará \"dixitalmente a quen o van elixir como alcalde\". A oposición ve a situación \"patética e terríbel\" cun goberno \"non por vontade popular, senón do Partido Popular\" \"A decisión pode ser legal, pero a todas luces é unha auténtica fraude democrática\", acrecenta Cela, quen apela a non concentrar toda a responsabilidade unicamente en Currás e nos seus colaboradores máis directas. Este \"tristísimo final\", di, deriva da \"responsabilidade colectiva do PP\" e da súa dirección, que \"amparou e avalou unha candidatura encabezada por Gerardo Conde Roa sabendo quen era e o que podía saír de aí\" e tamén \"mirou cara a outro lado\" ante \"cada nova causa xudicial\". Mentres uns e outros dubidan da capacidade para gobernar dun equipo que, entre outras cousas, estará limitado polas sentenzas xudiciais que impiden que os non electos formen parte da Xunta de Goberno, Reyes lamenta a \"foto\" que está a ofrecer Compostela: \"Imos ter un goberno non por vontade popular, senón por vontade do Partido Popular\". Plataforma cidadá A inédita situación municipal está a provocar consecuencias tamén fóra do Pazo de Raxoi, desta volta nunha non menos inédita de forzas políticas e sociais para censurar a actuación do PP. Xusto antes do pleno extraordinario unha ducia de organizacións -Anova, Asemblea Aberta, BNG, Candidatura do Povo, CxG, EQUO, Espazo Ecosocialista Galego, EU, NOS-UP, Podemos, Santiago de Corruptela e Stop Desafiuzamentos- anunciaron a súa intención de promover accións para procurar que a cidadanía se \"impoña a estes déspotas coa protesta na rúa e tamén co traballo conxunto\", a comezar pola organización dunha asemblea aberta o vindeiro día 25 na Praza do Toural como paso previo a unha \"manifestación pola recuperación da dignidade compostelá e contra a investidura ilexítima de Agustín Hernández, a quen non consideramos o noso alcalde\". Unha ducia de organizacións convocan unha asemblea aberta para o día 25 co obxectivo de emprender mobilizacións \"A corrupción impregnou o goberno municipal\", di unha das voceiras da plataforma, Mar Lopes, que no nome do conxunto das organizacións critica que \"o goberno do PP decidise escapar cara a adiante, continuando coas prácticas corruptas\" e actuando de forma \"despótica\". \"Só dan conta ante os seus cómplices\" mentres a veciñanza, di, \"só contamos para pagar os impostos que financian as súas corruptelas\". A situación, láianse, \"tornou insostíbel\" cun Concello \"paralizado\" pola \"corrupción\" e polas \"loitas internas do PP\". \"Non renunciamos a sentirnos orgullosos deste concello, a cidade é de todas e todos, non do Partido Popular\", conclúen."}
{"ID": "NOS_57936", "summary": "Nova mobilización das Enfermeiras en Loita", "text": "Durante os anos máis duros da crise, o sistema galego de saúde deixou de contratar enfermei-ras. \"Non se traballaba\", asegura a Nós Diario Catuxa Lagarón, membro do colectivo Enfermei-ras Eventuais en Loita. \"Daba igual que estiveras máis arriba ou máis abaixo na lista. Non se cubrían as prazas dispoñíbeis e polo tanto non había traballo\". Aquela situación de máxima precariedade animou a moitas profesionais da enfermaría a probar sorte noutros territorios do Estado e tamén en distintos países de Europa. \"Desde o ano 2009, produciuse unha fuga de Enfermeiras da Galiza que aín-da hoxe estamos padecendo\", explica Lagarón. \"Agora que a demanda é tan alta, traballamos todo o ano\". Mais isto non significa que traballen en mellores condicións, recalca a enfermeira. Enfermeiras na emigración Non hai datos oficiais sobre o número de profesionais da enfermaría que emigraron ao longo da última década. \"Estimamos que durante os anos de crise máis grave emigraron da Galiza 25% das promocións\", sinalan desde Enfermeiras Eventuais en loita. Cantabria, País Vasco, Catalunya foron algúns dos destinos de referen-cia dentro do Estado español. O Reino Unido foi, de entrada, e até a consolidación do Brexit, o destino europeo preferido polas enfermeiras. \"Na emigración atoparon unhas condicións descoñecidas aquí na Galiza: estabilidade, formación e especialización pagadas, investigación financiada, promoción laboral, unha mellor remuneración, vacacións retribuídas e un recoñecemento da súa valía profesional \", di Catuxa Lagarón. Polas que marcharon \"Moitas están desexosas de volver\", engade, pero as condicións laborais que se manteñen na Galiza non alentan o seu regreso. \"Están dilatando o seu retorno á espera de que as mobilizacións contribúan a mu-dar a situación\". Agora mesmo, incide \"deixarían un contrato estábel por outro de días\". O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita dedícalle o mes de febreiro a todas as colegas que tiveron que emigrar. Onte fixérono de forma expresa cunha concentración ás portas dos principais hospitais do país, con pancartas informativas e de denuncia, mais con cinta adhesiva sobre a boca en sinal de protesta polo veto do Sergas á liberdade de expresión dentro dos centros sanitarios. \"Feixoo vén de anunciar que se prohibe a colocación de carteis que poden resultar inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións. Mais sacan a súa propia campaña publicitaria dos logros que din conseguidos\", criticou o colectivo durante a lectura do seu manifesto. Fin da precariedade \"Somos un dos colectivos pro-fesionais máis numerosos do Estado. Na Galiza gradúanse anualmente 500 enfermeiras, e a pesar disto, o Sergas ten cada vez máis dificultades para cubrir o persoal, sobre todo na época de vacacións\", denuncia Catuxa Lagarón, quen sinala un sistema de traballo incompatíbel coa vida e coa conciliación de moitas profesionais. \"Somos unhas 10.500 nas listas de todo o territorio e máis da metade están en suspensión de chama-mentos\" porque non queren ser escravas dunha dinámica ineficaz que segue outorgando 80% de contratos precarios, insiste. \"Pedimos que as cousas cam-bien e loitamos para facer posíbel que todas poidamos tra-ballar na nosa terra\", conclúe"}
{"ID": "NOS_26074", "summary": "O estoupido foi ás catro da madrugada e causou danos materiais na porta do edificio. O alcalde de Beade, Senén Pousa, volveu recentemente ao albo da polémica por reiterar públicamente as súas simpatías franquistas.", "text": "A Garda Civil investiga unha explosión que, sobre as catro da madrugada deste luns, causou diversos danos materiais na Casa do Concello de Beade, segundo informa a Radio Galega. O alcalde da vila, Senén Pousa, volveu defender publicamente hai uns días o réxime de Franco. Este rexedor, do Partido Popular, ten organizado durante anos misas en honra do ditador para alén de defender o sistema franquista. Unhas declaracións e actos que non lle significaron reprimenda nin medida disciplinaria algunha por parte do seu partido. Alcalde: \"Non sabemos se foron os mesmos que os da basílica do Pilar de Zaragoza\" En declaracións a Europa Press, o rexedor e Beade afirmou que o estoupio \"foi horríbel\" e que se escoitou \"en toda a vila\" así como \"na do lado\". Preguntado sobre a posíbel autoría, Pousa afirmou: \"Non sabemos quen foi, non sabemos se foron os mesmos que na basílica do Pilar e Zaragoza\". Pola súa banda, o ministro do Interior, Fernández Díaz, atribúe os feitos a unha \"operación radical\"."}
{"ID": "NOS_49768", "summary": "A Mesa prepara a denuncia diante do Consello de Europa pola \"vulneración\" do Goberno español da Carta Europea das Linguas. O presidente da Mesa entrevistarase co Valedor do Pobo o próximo día 9 de decembro para lle solicitar que interveña no caso das discriminacións contra o galego.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística suma coa entrevista co Valedor e a próxima denuncia diante do Consello de Europa dúas novas iniciativas na liña de \"facer todo canto está ao seu alcance\" para evitar a discriminación que sufriron as persoas que viron como as súas solicitudes de bolsas foron rexeitadas por teren presentado documentos en galego. \"A actuación do Goberno español supón unha vulneración moi importante da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias\", sinala Carlos Callón, para explicar a presentación da denuncia diante do Consello de Europa, acción que non interfire coas posíbeis que se enceten nos tribunais de xustiza esixindo que se cumpra a lexislación. Carlos Callón valorou que, en vésperas do aniversario da Constitución, esta actuación do Goberno español semella como se \"Mariano Rajoy quixese festexar a Constitución do 78 negando de facto a oficialidade do galego e, ademais, recoñecendo tamén de facto a oficialidade do inglés\". Refírese o presidente da Mesa a que na convocatoria foron aceptados os formularios en inglés mais non en galego nin catalán nin vasco."}
{"ID": "PRAZA_17507", "summary": "Segundo datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, no ano 2010, 170 empresas galegas mudaron o domicilio fiscal a Madrid movidas pola menor presión fiscal. Menos mal que ninguén declarou a independencia, logo falan da fuga de Catalunya.", "text": "Madrid absorbe como un burato negro parte do potencial de crecemento de Galicia. É difícil explicar isto sen caer nunha certa tendencia a converter o discurso nun dogma. Mais é unha realidade que frea moito o crecemento de Galicia e a capacidade de xerar sinerxías de crecemento. A rexión da capital do reino de España non ten potencia económica propia; non xera enerxía, non ten mar, non ten materias primas, non transforma, case non ten agricultura pero embárgantes acumula o 31,8% de empresas do Estado e o 13,8 % do PIB relacionado coas exportacións, ten moito mérito se temos en conta que é un páramo que non ten capacidade de produción ningunha. Galicia sofre esta rémora en moitas das nosas principais empresas produtivas e tamén de servizos, sufrindo unha trampa mortal nas posibilidades de crecemento e de asentamento empresarial e sobre todo sufrindo os recortes e perda de servizos públicos aplicados dende a Xunta para cadrar as cifras. Un exemplo claro e o que sucede con Alcoa, multinacional americana que no seu día recibe o agasallo de Aznar para mercar a fábricas públicas de Alumina Aluminio presentes en San Ciprián e Coruña. Supón o 30% do PIB da Provincia de Lugo pero que ten o domicilio fiscal en Madrid. Outro exemplo moi significativo é o dos coches de renting e de flota empresarial, todos pagan a matriculación e o imposto nun pequeno concello madrileño, que se beneficia de todas as empresas de España. Segundo datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, no ano 2010, 170 empresas galegas mudaron o domicilio fiscal a Madrid movidas pola menor presión fiscal. Menos mal que ninguén declarou a independencia, logo falan da fuga de Catalunya. Madrid é xa que logo unha sorte de paraíso fiscal para as empresas galegas e un burato negro por onde se perde a calidade de vida e a capacidade de inversión do noso País. Ollo agora tamén empeza a atraer competencias. Moitos de estes cambios de domicilio fiscal non son reais, polo tanto existen mecanismos para denunciar este fraude, pero claro ós políticos dependentes da metrópole: xa sexa Génova, Ferraz, A Complutense ou a Rúa Alcalá non lles interesa que a capital imperial sufra en detrimento dos que somos de outra zona. Ó final Madrid concentra moito voto. Galicia precisa xa que logo políticos que non miren a Madrid e sexan capaces de reclamar o noso, non por teimas de independencia, simplemente para que os galegos e galegas vivan o mellor posible co que somos quen de xerar, e depós se sobra axudar ó resto. Publicidade"}
{"ID": "NOS_2978", "summary": "As vías do comboio deixan de ter instalado o sistema ERTMS, propio da alta velocidade, a catro quilómetros da chegada á estación de Compostela, xustamente á altura de onde se produciu o accidente ferroviario", "text": "\"Outro sistema de freado no tren tería evitado a traxedia\". Así o manifestou nun comunicado de imprensa o director xeral do sindicato de maquinistas e axudantes ferroviarios (Semaf), Juan Jesús García Frailes, convencido de que se o comboio sinistrado tivese instalado o sistema ERTMS, propio da alta velocidade \"e que non depende tanto do factor humano\" o accidente de Angrois non se produciría. \"Non entendo por que\" o Alvia que cubría o traxecto entre Ferrol e Madrid non tiña instalado este dispositivo, \"máis efectivo e automático\", fronte ao ASFA, máis antigo e que non é capaz de almacenar coa mesma precisión información referida á via, ás condicións de circulación e ao propio comboio. Malia que o condutor recoñeceu nunha comunicación coa estación de Compostela --realizada por radio e namentres se atopaba atrapado na cabina do vehículo-- que viaxaba a 200km/h no tramo anterior á curva onde se produciu o sinistro, polo que non lle deu tempo a frear e a tomou a 190km/h cando o linde de velocidade está fixado nos 80km/h, desde o sindicato Semaf informan de que o traballador non era unha persoa sen experiencia, senón que coñecía ben o trazado e que levaba facendo ese percorrido desde 2011, cando foi inaugurado polo ministerio de Fomento. García Frailes confirmou tamén que non foi posíbel abrir aínda a caixa negra do comboio sinistrado. \"Fai falta tensión para a poder abrir\" polo que o xuíz encargado das investigacións ordenou colocala noutro tren para poder dar leitura aos dados que almacena. O tramo en que se produciu o sinistro é liña de tren convencional. Porén, catro quilómetros antes, é alta velocidade."}
{"ID": "NOS_34710", "summary": "Aliás, as autoridades israelís desaloxaron un centro deportivo social no que acampaban varias crianzas.", "text": "A policía de Israel accedeu esta segunda feira ao domicilio do gobernador palestino en Xerusalén, Adnan Ghaith, no barrio de Silwan para levalo preso, sen que nestes momentos se coñeza o motivo da detención, a número 17 desde que Gaith asumiu o cargo en 2018. Mohamed Safa: \"Israel quere baleirar de poboación palestina Xerusalén\" Segundo detallou a axencia de noticias palestina WAFA, integrantes dos corpos e forzas de seguridade do Estado de Israel rexistraron e \"saquearon\" a vivenda do gobernador nomeado pola Autoridade Palestina, antes de levalo con eles. Non é a única redada levada a cabo polas autoridades israelís no día de hoxe. A policía accedeu na mañá desta segunda feira ao local do Club Al Hilal de Xerusalén Este, para rexistrar e interrogar os traballadores e crianzas que se atopaban de campamento nos terreos deste colectivo deportivo e social. Novo ataque de Israel á poboación palestina na mesquita de Al Aqsa, en Xerusalén Despois de levar a cabo estes rexistros, os axentes procederon a expulsar estas crianzas sen que existise motivo aparente para facelo. Retención de fondos Por outra parte, a Autoridade Palestina denunciou o \"roubo\" realizado por Israel ao reter fondos por valor de 170 millóns de euros, procedentes dos impostos que Israel recada en territorio palestino é que transfire despois ao órgano de goberno do territorio ocupado de Cisxordania. Fayez Badawi: \"O que fai Israel é unha limpeza étnica\" Israel xustificou esta retención de fondos polo envío de recursos a presos palestinos e familias refuxiadas, e na capacidade que lle outorga unha lei aprobada en 2018 e que xa foi empregada en varias ocasións. Pola súa parte, o portavoz da Presidencia da Autoridade Palestina, Nabil abu Rudeina, denunciou que a decisión do Estado israelí \"é contraria ao Dereito Internacional\", polo que solicitou á comunidade internacional que \"inste a Israel\" para que acabe con esta práctica. Que papel xoga a UE en Palestina? Aliás, abu Rudeina asegurou que \"o Goberno de Israel debe revisar as súas posicións e decisións para evitar que a situación chegue a un punto perigoso\"."}
{"ID": "NOS_13940", "summary": "A presión hospitalaria descende. Hai 48 doentes Covid ingresados en UCI e 581 noutras unidades.", "text": "Os novos contaxios de Covid-19 soben na Galiza até os 7.005, 2.162 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 65.841 -uns 1.500 menos-, e os pacientes hospitalizados baixan a 629 -nove menos-. Segundo os datos actualizados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 da terza, descenden a 48 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -dúas menos- e a 581 as hospitalizadas noutras unidades -sete menos-, mentres que 65.212 permanecen en seguimento no seu domicilio. Con todo, en conxunto, hai 21 doentes ingresados máis que hai unha semana. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria só aumenta en dúas: na de Santiago e na de Ferrol, mentres que se alivia nas outras cinco: A Coruña, Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra. Presión hospitalaria En concreto, na de Vigo seguen oito pacientes Covid en UCI, pero baixan a 86 os ingresados noutras unidades -cinco menos-. Na de Pontevedra, aínda que aumentan a oito o críticos -un máis-, descenden a 84 os hospitalizados noutras unidades -sete menos-. Na de Ourense redúcense a seis o críticos -un menos- e a 72 os doutras unidades -un menos-. Na da Coruña seguen 11 en UCI, pero caen a 142 os ingresados noutras unidades -un menos-. Pola súa banda, na área sanitaria de Lugo aínda que se manteñen 57 pacientes Covid ingresados en hospitalización convencional, descenden a sete o críticos -un menos-. Pola contra, na área de Ferrol segue un paciente Covid en UCI, pero aumentan a 43 os hospitalizados noutras unidades -un máis-. Na de Santiago redúcense a sete o críticos -un menos-, pero increméntanse a 97 os doutras unidades -seis máis-. Caen os casos activos A Galiza mantén a tendencia descendente de casos activos por quinta xornada consecutiva con 65.841, que supoñen 1.509 menos que o día anterior. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas, coa de Ourense á cabeza (-278), seguida da da Coruña (-274), Lugo (-261), Vigo (-240), Pontevedra (-209), Santiago (-130) e Ferrol (-117). Con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.338; seguida da da Coruña , con 14.141; Santiago , con 10.158; Pontevedra , con 7.711; Ourense, con 6.767; Lugo, con 6.610; e Ferrol, con 3.116. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días segue á baixa na Galiza até situarse en 3.007,07 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.267,21 de media estatal. Novos contaxios Os novos contaxios de Covid-19 volven aumentar. Soben até os 7.005, que supoñen 2.162 máis . Así, desde o inicio da pandemia ascenden a 393.068 os contaxiados por coronavirus, dos que 92.451 corresponden á área de Vigo; 83.062, á da Coruña; 59.604, á de Santiago ; 6.767, á de Ourense; 46.511, á de Pontevedra; 40.577, á de Lugo; e 22.875, á de Ferrol. O número de persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 sitúase en 2.897, despois de notificar a Consellaría de Sanidade catro novas vítimas. En concreto, Sanidade informou do óbito dunha muller de 92 anos no Chuvi de Vigo e de tres homes, dous deles no Chuac da Coruña de 74 e 90 anos, e outro de 95 anos no Hospital de Monforte de Lemos."}
{"ID": "PRAZA_5405", "summary": "A 12ª edición do encontro, organizado tamén pola Facultade de Humanidades da UDC, estará dedicado a Alessandro Manzoni. Celebrarase do 23 ao 25 de abril, e será inaugurada por Giovanni Albertocchi, quen falará da relación entre o escritor e a poética da verdade.", "text": "A 12ª edición das Xornadas Literarias, organizadas polo Concello de Neda e a Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, estarán dedicadas este ano ao autor italiano Alessandro Manzoni. O encontro celebrarase do 23 ao 25 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro e contan tamén coa colaboración da Embaixada de Italia en España e o IES Fernando Esquío. As xornadas abriranse o día 23, ás 20 horas, no campus de Ferrol, cunha conferencia de Giovanni Albertocchi, que falará da relación entre o escritor e a poética da verdade. Nos días seguintes as xornadas trasládanse á Casa das Palmeiras de Neda. O xoves, ás 20:00 horas, falarán Giovanni Albertocchi (\"Os noivos: a construción da novela histórica\") e José Manuel Sande, programador do CGAI (\"Manzoni no cine\"). A xornada inclúe a proxección do filme I promesi sposi, dirixido por Mario Camerini en 1941. O venres, ás 20:00 horas, o clube de lectura do IES Fernando Esquío renderá tributo a Alessandro Manzoni. Ademais, intervirá Xavier Rodríguez Baixeras, que falará sobre \"Algúns aspectos en torno á traducción galega de Os noivos\". Para rematar, os músicos Enrique Agrelo (violinista) e Andrés Pazos (pianista) ofrecerán un concerto de clausura con música italiana do século XIX. O encontro literario coorganizado polo Concello de Neda e a Facultade de Humanidades da UDC estivo dedicado en anos anteriores a autores como Julio Cortázar, Marcel Proust, Fernando Pessoa, William Faulkner, Fiódor Dostoievski, Franz Kafka ou Virginia Woolf, abranguendo a maior parte das grandes literaturas europeas, até chegar a este ano, consagrado ás letras italianas. En cada edición contaron coa participación de expertos académicos galegos e doutros países, así coa de escritores e tradutores, e actividades complementarias relacionadas co cinema e a música, así como coa participación do alumnado do clube de lectura do centro de ensino local. Alessandro Manzoni foi un escritor, poeta e dramaturgo italiano da época da Romanticismo. É coñecido sobre todo polo seu novela histórica I promessi sposi (Os noivos), ambientada entre 1628 e 1630 en Lombardía, e publicada en galego por Galaxia. Aínda hoxe está considerada unha referencia básica dentro da literatura italiana e na fixación dun canon para esta lingua."}
{"ID": "NOS_38348", "summary": "Perto de 500 tractores e unha manifestación dunhas mil persoas exixen en Arzúa futuro para o sector lácteo.", "text": "Pasaba pouco das once da mañá cando os primeiros tractores saían de Arzúa en dirección a Melide. Sobre as 14:30 chegaban de Melide os primeiros tractores que abrían a marcha para unha manifestación en que participaron unhas mil persoas e que percorreu parte da vila para rematar diante do Concello. Representantes políticos dos concellos da comarca; algúns alcaldes na cabeceira xunto a representantes sindicais. Lectura dun manifesto en que se reivindicou o dereito a producir a prezos xustos e o queixo de Arzúa como un dos produtos de calidade incuestionábel que é necesario reivindicar. O comercio fechado desde as 12, mais tamén algunhas oficinas. E moitos romeiros a perguntar a razón da tractorada. A manifestación finalizou antes de que chegase a totalidade dos tractores procedentes de Melide. Entre os alcaldes o de Boimorto, Xosé Luís Rivas, Mini, fixo o percorrido cos tractores; outros estiveron na pancarta de cabeceira. A mobilización prodúcese despois de que o pasado día 6, a tractorada chegara a Chantada co mesmo obxectivo de reclamar prezos xustos para o leite. O vindeiro 12 de agosto, os tarctores dirixiranse a Lalín, nunha máis das manifestacóns convocadas para esixir futuro para o sector do leite."}
{"ID": "NOS_40587", "summary": "O Sonoro Maxín vén de presentar o seu novo disco Setedezasete, toda unha homenaxe a un Ourense que non é lugar senón sentimento. Este grupo nace no ano 2007 nesta cidade e xorde da unión de varios músicos de Lamatumbá e Cinnamon Gum. A súa música achégase a ritmos tropicais e bailables buscando crear unha verbena actual e con conciencia. Falamos con Ico, o seu cantante, sobre o seu último traballo que levarán de xira por toda Galiza este mes de maio.", "text": "- O Sonoro Maxín fai cumbia que non é cumbia, transforma e versiona ritmos latinos e até empregades nalgún momento o termo \"Galiza Tropical\", de onde sae esta paixón por este tipo de música?- Vén de lonxe, vén dos membros do grupo. Sempre nos gustou achegarnos dalgunha maneira a estes ritmos. Máis que tropicais, a nós gústanos moito o popular. Os ritmos bailables e os que son moi próximos, para poder interpretalos así se queres con banda ou ti soíño ou soíña cun acordeón ou unha guitarra. Os nosos temas están moi próximos a iso. Pero tamén buscamos o que sexa bailable, entón achegámonos aí ás cumbias, aos merengues, ás rumbas precisamente por iso. Tamén ten moito que ver o tema do acordeón. Desde sempre o acordeón está moi presente nos nosos temas. Nesas músicas o acordeón é un instrumento de referencia e por aí van os tiros. O tema de \"Galiza tropical\" gústanos usalo para unir os dous lugares, os dous momentos ou as dúas referenzas musicais: a galega que é a nosa, e a tropical, que é a referencia á cumbia, ao merengue, etc. \" Na canción deixamos ver moitas das situacións que conseguen que a moita xente o día a día se lle faga como unha guerra case.\" - Entendédelo entón un pouco como unha forma de achegar a música ao público?- Si, claro. É unha maneira de achegar esas músicas. Tamén é un intento por facer a verbena un pouco máis moderna. A verbena nosa, unha festa que sexa de baile pero que sexa máis de agora, que sexa deste século e que estea máis vinculada ao social e á política. - Quen escoite as vosas cancións enseguida se decata de que distan moito dunha verbena convencional. As letras, para comezar, están cargadas de significado. Que mensaxe buscades transmitir?- Dentro do baile é remover un pouco os pés pero tamén que a cabeza actúe dalgunha maneira. É cambiar ideas no escenario, cambiar ideas cando escoitas unha canción ou trocalas unhas por outras. Ou transmitir o que ti sentes. É importante. No momento que nos tocou vivir pois están en cada imaxe que vemos, en cada momento que vivimos pois hai cousas coas que non estamos de acordo, que non estamos contentos, contentas, entón pois intentamos transmitir sobre todo dende un punto positivo. Intentamos facer ver que pode ser construtivo, que pode ser, aínda que sexa unha crítica, unha cousa para construír todos e todas xuntas. \"Queremos facer unha verbena moderna, deste século\" - Neste último disco sacastes unha canción que se titula Así se constrúe unha bomba. A súa letra está cargada de denuncia social e comeza con ritmos de inspiración árabe. Que mensaxe queriades transmitir?- Agora mesmo vemos cada día nas noticias momentos de violencia, de guerra… nós quixemos facer o contrapunto. É dicir, preguntarnos quen realmente constrúe esas bombas, quen fan realmente que estas situacións sexan posíbeis. Nós temos moi claro e na canción deixamos ver moitas das situacións que conseguen que a moita xente o día a día se lle faga como unha guerra case. \"Queremos remover un pouco os pés coa nosa música pero tamén que a cabeza actúe tamén dalgunha maneira.\" - Setedezasete é xa o segundo disco de O Sonoro Maxín, tiñades pensado chegar ata onde chegastes? Cando se decide a gravación deste traballo?- Nós como grupo temos unha forma de ser un pouquiño fóra do circuíto normal. Nós cando temos cancións novas o que facemos é metelas no directo. As cancións dalgunha maneira, dámoslles un tempo, para que a xente as reciba, para que os amigos, familiares, toda a xente que nos escoita as reciba e que nos veña de volta, cando están un pouquiño maduras. Cando nós e o público as metemos dentro, é o momento de pasar ao estudio. Nesta ocasión, moitas das canción levabamos xa tempo con elas. Hai algunha que incluímos novas porque estaban xa aí a punto de saír pero é unha maneira de facer as cancións, que medren un pouquiño no directo e que a xente faga a súa achega. - Como foi a gravación deste disco?- Contamos coa produción de Marià Roch. A verdade é que foi unha experiencia moi boa. É moi distinto facer as cancións no directo que preparalas para un disco. Entón quixemos contar cunha produción que non nos coñecese aínda e que puidese facer as súas achegas desde a \"ignorancia\". É dicir, collelo con frescura. Creo que nos axudou moitísimo a darlle aínda outra volta á maioría dos temas. \"Dámoslle tempo ás cancións antes de gravalas, para que as reciban amigos, familia e o público e que nos veñan de volta.\" - Comentabas noutras entrevistas que durante a gravación do primeiro CD deixastes un pouco de lado os directos, aconteceu o mesmo na gravación deste novo disco?- Si, porque tamén como grupo, aínda que nos gustaría, non podemos dedicarnos a dúas cousas ao mesmo tempo. Agora mesmo todos e todas estamos compaxinando o da música con outros traballos. Ademais coñecémonos ben e sabemos que se nos centramos nunha cousiña, van saír mellor as cousas. Agora mesmo despois de tres meses de ensaio, empezamos cos directos e agora xa é o que nos toca. Deixar un pouquiño de lado o tema do estudio até outra volta que nos toque e agora centrarnos nos directos. Pero é simplemente unha cousa de coñecemento do grupo e de como funciona. - O sete e o dezasete son os días de feira en Ourense e é o nome do voso novo disco, que importancia ten esta cidade para o voso grupo?- Este disco fala moitísimo de Ourense, fala en moitísimas cancións e fai moitísimas referencias pero o grupo entende agora mesmo Ourense case máis que como un lugar, como un momento da nosa vida. As cancións fan referenza pois a festas moi persoais que celebramos nós, a amigos concretos… Fala das Burgas, fala do Miño, pero máis que un lugar é unha forma de… , un sentimento, un momento das nosas vidas no que nos sentimos moi ben realmente, moi positivos, con moita enerxía e quixemos pois dalgún xeito reflectilo nas nosas cancións. Falar de Ourense, falar deses momentos bonitos que vives cos colegas, na túa casiña, nos ensaios… Pois foi a maneira de botalo nas letras e nas músicas. Máis que un lugar é un sentimento, un momento da nosa vida, o Ourense das cancións. \"Agora mesmo entendemos Ourense case máis que como un lugar, como un momento da nosa vida.\" - É un momento pasado ou actual?- É neste preciso momento. As cancións das letras, os arranxos das letras son moi actuais, son de fai meses e entón foron vivencias que están aí moi moi próximas no tempo. - Que esperades desta xira?- Agora estamos na primavera, no mes de maio, estamos nas salas e é simplemente dar a coñecer un pouquiño o disco para que vaia soando para prepararnos para o verán. O verán aquí en Galiza é moi potente en canto a concertos e en canto a festas. É unha preparación. Un pouquiño de mostra, preparando, pechando o concerto dalgunha maneira. Poñernos en contacto de novo porque levamos bastantes meses sen saír en salas. É volver ver a xente, volver a que nos digan, a que nos falen, a que berren, bailen e canten con nós as cancións de novo. \"Esta xira é para dar a coñecer o disco pero tamén é unha preparación para o verán.\" - Tedes algún outro proxecto pensado para o futuro? Que pasos vai seguir O Sonoro Maxín?- Agora estamos centrados en presentar o disco, facer xiras e prepararnos para o verán. Logo do verán quizais haxa algunha novidade máis pero é cuestión de darlle algo de tempo e que vaia para adiante. De momento estamos centrados neste disco."}
{"ID": "NOS_28404", "summary": "O 3, 4 e 5 de decembro de 1977, máis de 20 mil tractores trancaron as estradas da Galiza en protesta contra a cota empresarial agraria e o réxime autonómico. 40 anos despois recuperamos a memoria daquela mobilización e da oposición das labregas e labregos galegos á cota empresarial. Acompañamos esta peza de Cilia Torna cunha reportaxe fotográfica daquela xornada de loita realizada en Navia de Suarna polo dirixente nacionalista Xesús Méndez. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 274.", "text": "Hai 40 anos, concretamente o, 3, 4 e 5 de decembro de 1977, máis de 20 mil tractores trancaron as estradas da Galiza en protesta contra cota empresarial agraria e en oposición ao réxime autonómico. A tractorada, convocada polas 15 mil persoas presentes na asemblea celebrada en Lugo o 26 de novembro polas Comisións Labregas, tiña o obxectivo de darlle continuidade a unha loita que viñan mobilizando de xeito masivo desde o mes de setembro. Así, ao longo de outubro e novembro a contestación maciza das labregas e labregos paraliza o cobro do tributo nunha parte moi importante dos concellos da Galiza, comezando o 2 de outubro en Triacastela e estendéndose nesa mesma semana a outras localidades como Val do Dubra, A Baña, Ordes, Cervantes, Palas de Rei, Guitiriz, Xinzo de Limia, Baños de Molgas, Ribadavia, Silleda ou A Estrada. Será neste contexto cando aparezan por primeira vez os tractores como instrumento da loita labrega, ocupando no mes de outubro a capitalidade de Palas de Rei –onde 200 vehículos, algúns con bandeiras galegas coa estrela, impiden o cobro do tributo–, e desfilando en novembro polas rúas de Chantada, até formar unha caravana de 300 aparellos portando faixas con lendas de \"Fóra a cota empresarial\" e \"Non máis roubos\". Galiza ficou tomada polos tractores. Segundo os dados recollidos nun informe interno da comisión do rural da UPG, organismo deste partido que xogou un papel decisivo na dirección e orientación do conflito, máis de 200 mil persoas mobilizáronse ao longo dos tres días, concentrándose tractores e mesmo carros do país na práctica totalidade dos concellos cabeceiras de comarca, con especial incidencia no norte do país, precisamente onde as Comisións Labregas contaban con máis penetración, e co comercio fechado en boa parte das zonas afectadas. A campaña de axitación social e as propias xornadas nas que as rúas permaneceron ocupadas polos vehículos agrarios desenvolvéronse nun escenario dunha forte represión policial e de grande agresividade do españolismo fronte ás demandas labregas, até o punto de que só a ANPG e a UPG apoiaron a protesta. A dureza das forzas da orde, utilizando armas de fogo contra os manifestantes en diversas localidades de Galiza, provocou o ingreso no hospital do veciño de Sarria Elías Vázquez, ferido por disparos da garda civil, respostando os labregos cun feche de 800 persoas na catedral de Lugo e manifestacións en diversas localidades, como Meira, Corgo, Outeiro de Rei ou Sarria. [Podes ler a peza enteira no número 274 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_16062", "summary": "A Mesa informa que hai no mínimo 4 persoas denunciadas pola Garda Civil en base a esa lei por participar na mobilización de setembro pasado.", "text": "\"En relación ao acontecido na Toxa, acabamos de saber que o Goberno español aplicará a 'Lei Mordaza' ás persoas que se manifestaron en defensa da toponimia galega\". Con esta mensaxe nas redes sociais informaba A Mesa pola Normalización Lingüística das consecuencias para varios defensores do galego de participar na mobilización de setembro pasado contra a deturpación do topónimo arousán no marco do 'Foro La Toja\". \"En resposta a unha pregunta formulada polo deputado Néstor Rego no Congreso, sabemos que se identificou como mínimo catro persoas e se procedeu á súa denuncia por parte da Garda Civil\", explican desde a organización na defensa do idioma. A mobilización decorreu o 20 de setembro e na mesma participaron varias ducias de persoas que reivindicaban que non se \"barbarizase\" o topónimo da Toxa. \"Sabemos que se identificou como mínimo catro persoas e se procedeu á súa denuncia por parte da Garda Civil\" Axentes da Garda Civil empurraron e bateron os participantes na concentración baixo o lema \"A Toxa, polo seu nome\", para denunciar a deturpación do topónimo da illa por parte do Foro La Toja. Algúns dos participantes, como o presidente da Mesa, Marcos Maceiras, acabaron polo chan. A Garda Civil impediu que a concentración discorrese na ponte, e participantes na mobilización criticaron a \"actitude\" dos axentes. \"Non aceptaron nin dialogar e actuaron con moi malas maneiras, con empurróns contra Marcos Maceira ou a deputada Montse Prado, que simplemente querían falar\", indicaban aquel día varios participantes. \"Mesmo Marcos caeu ao chan\". Tres semanas despois, o 16 de outubro, A Mesa volvía congregar ducias de persoas na Toxa na que denominou 'Marcha da Dignidade', unha nova mobilización na defensa do topónimo da Toxa. Explicacións Pola súa banda, o deputado nacionalista Néstor Rego manifestou a través da súa conta de twitter que \"rexistraremos unha nova iniciativa exixindo explicacións e a rectificación deste despropósito\"."}
{"ID": "PRAZA_5371", "summary": "A Plataforma pola defensa de Corcoesto denuncia ante Europa o Plan Director da Rede Natura por dar \"total liberdade de acción\" ás mineiras e Salvemos Cabana ameaza con levar aos tribunais a vixencia da autorización ambiental malia supor unha contradición legal.", "text": "A alfombra vermella e o enguedello legal cos que a Xunta facilita a propagación de grandes proxectos mineiros, tamén a ceo aberto, en Galicia xa están no punto de mira das autoridades europeas e poderán acabar tamén ante a xustiza. A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, xunto as asociacións veciñais de Cereo e Valenza, presentaron o pasado venres unha denuncia ante a Comisión Europea contra o Plan Director da Rede Natura ao considerar que dá prevalencia e \"total liberdade de acción\" ás actividades extractivas fronte ao deber de protección e conservación de lugares protexidos. Ademais, Salvemos Cabana vén de anunciar tamén que empregará \"todos os medios legais\" para lograr \"a anulación definitiva\" da autorización ambiental da mina de Corcoesto logo de que a Xunta confirmase que segue vixente malia a contradición legal e de criterio co Valedor que iso supón. Entre as posibilidades está a de recorrer a decisión da Consellería de Medio Ambiente ante os tribunais. O Plan da Rede Natura será avaliado pola UE e a vixencia da DIA de Corcoesto podería acabar nos tribunais O caso é que a anulación do proxecto mineiro de Corcoesto, iniciativa paradigma para moitos da política mineira pretendida pola Xunta, non fixo acabar cos temores dos colectivos contrarios á \"minería contaminante e salvaxe\", que ven en cada unha das decisións do Goberno, normativas ou non, un novo chanzo máis no camiño de rosas ao favor das multinacionais do sector extractivo. Así, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, xunto ás asociacións veciñais, entenden na súa denuncia ante a Comisión das Comunidades Europeas e dirixida ao secretario xeral da Comisión que o Plan Director da Rede Natura da Xunta supón a infracción \"de seis directivas comunitarias e de catro decisións da UE en relación á necesaria conservación dos hábitats naturais, da flora, da fauna, o medio mariño, das aves silvestres e a agresión e non ampliación dos ligares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica\". Ademais, incide nan \"no ampliación de Lugares de Interese comunitario (LIC) e na \"prevalencia de usos extractivos\" que suón \"sobre o deber de protección e conservación de lugares da propia Rede Natura\". O Plan Director da Rede Natura supón a infracción de seis directivas comunitarias e iría contra catro decisións da UE, segundo os denunciantes A Plataforma, como o resto de grupos ecoloxistas, ve neste plan un camiño aberto para a especulación e para a instalación en espazos protexidos de actividades prexudiciais para o medio ambiente, mesmo canteiras, minaría a ceo aberto ou piscifactorías. Así, advirte de que malia que a Rede Natura contempla a exclusión de determinadas actividades no seu espazo, o plan da Xunta \"permite na práctica que calquera das zonas de maior valor ecolóxico de Galicia sexa susceptible de ser intervida pola industria extractiva\". \"Dáse total liberdade de actuación ao sector mineiro dentro dos territorios protexidos porque o decreto abre as portas á legalización encuberta de decenas de explotacións que actualmente están a operar de maneira irregular\", insiste. Ao tempo, recorda que con este plan, \"poderanse autorizar con carácter excepcional novas actividades extractivas ao descuberto naquelas áreas que sexan consideradas como zonas con potencial mineiro polo Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia ou que queden incluídas nun concello mineiro, tal e como está definido na Lei de Ordenación da Minería de Galicia\". Xa que logo, unha maraña legal sempre favorable ao sector e que no caso do Plan Director supón \"un grao de desprotección evidente da propia Rede Natura\". \"O Decreto está nos mínimos en termos de protección do territorio e da biodiversidade e hai unha redución do nivel de protección para favorecer intereses especulativos. Como pode unha norma permitir a minería ao descuberto nun espazo da Rede Natura?\", pregúntase a plataforma, que advirte de que incluso unha avaliación ambiental negativa, o Plan pode autorizar usos e actividades por \"razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica\". \"Esperamos que esta denuncia sirva para que a Comisión actúe de xeito rápido, reestablezca a legalidade comunitaria e impida que este despropósito da Xunta vaia adiante\", rematan os denunciantes. A DIA que non debe seguir vixente Pero non son o Plan Director da Rede Natura nin as diferentes normativas favorábeis á minería contaminante os únicos elementos dos que se vale a Xunta para favorecerlle o camiño ao sector. A confirmación de que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de Corcoesto segue vixente é o último exemplo. Malia o criterio contrario do Valedor do Pobo e de todos os colectivos contrarios á iniciativa mineira, o Goberno galego asegura que a autorización ambiental seguirá vixente até finais de 2017, o que facilitaría -e moito- o relanzamento do proxecto. Salvemos Cabana advirte de que a normativa que impide a vixencia da DIA dun proxecto cancelado estaba vixente ao aprobarse a autorización en 2012 Por iso, o colectivo Salvemos Cabana advirte de que o Real Decreto Lexislativo 1/2008 -actualmente derogado- polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental estaba vixente no momento de aprobación da DIA de Corcoesto a finais do 2012 e non deixa lugar a equívocos. Sinala que \"a DIA do proxecto ou actividade caducará se unha vez autorizado ou aprobado o proxecto non se tivese comezado a súa execución no prazo fixado pola comunidade autónoma\" e que \"en tales casos, o promotor debería iniciar novamente o trámite de avaliación ambiental do proxecto\". Xa que logo, a cancelación do proxecto por parte da Xunta \"anula automaticamente a DIA positiva emitida pola Consellería, dado que a non autorización do proxecto impide que poida existir o prazo de execución pertinente que de aprobarse tería fixado a Administración autonómica\", tal como figura no artigo 14.1 do Real Decreto 1/2008. Por iso, Salvemos Cabana está disposta a acudir aos tribunais no caso de que o Executivo teime na vixencia da tramitación ambiental, aínda sabendo que sería un proceso caro e lento. Colectivos contarios á minería contaminante saben que a actual lei mineira en Galicia pon alfombra vermella a calquera proxecto \"Resulta lamentable que a Administración pública poida funcionar de correa de transmisión dos intereses dunha empresa privada, obviando tanto os informes técnicos que reiteradamente alertan dos perigos ambientais como do masivo rexeitamento social que xerou esta iniciativa en todo o territorio galego\", insiste Salvemos Cabana, que pide a colectivos e cidadanía \"non relaxar a tensión e manterse vixilantes\". Porque todos os colectivos saben que, coas normativas que seguen vixentes e está a aprobar a Xunta en canto ao sector mineiro, a anulación definitiva de Corcoesto só sería unha batalla gañada. A actual Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, a maraña legal que favorece calquera explotaicón e a Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, sobre todo mentres non se active a revisión da Directiva Europea de Avaliación Ambiental, non son máis que novos chanzos nunha alfombra vermella cara a unha fácil e doada explotación mineira en Galicia. A guerra será moito máis longa."}
{"ID": "PRAZA_662", "summary": "Os sindicatos e as organizacións estudantís únense nunha convocatoria unánime este martes contra o decreto que, segundo advirten, será \"letal\" para as clases populares e para o sistema universitario e afondará na privatización do ensino. Cosulte os horarios e lugares das manifestacións.", "text": "A Universidade vai este martes á folga contra o chamado decreto 3+2. E faino tras unha convocatoria unánime na que se xuntan os sindicatos CIG, CCOO, UGT, STEG e CSIF, ademais das organizacións estudantís Comités, Liga Estudantil, Agir, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes, entre outras. CIG, CCOO, UGT, STEG CSIF e as organizacións estudantís únense nesta convocatoria de folga contra o decreto 3+2 Logo das manifestacións e do paro de hai un mes, a comunidade universitaria volve ir á folga e saír á rúa contra o famoso decreto, que suporá a eliminación de titulacións e a fusión de graos, que se reducirán a tres anos e a 180 créditos desde os catro anos e os 240 actuais, unha medida que para os seus críticos suporá a súa devaluación e a obrigatoriedade de cursar dous anos de máster -que agora dura un- e asumir prezos elevados para unha maioría dos alumnos. Un novo modelo que facilitará a competencia das universidades privadas, que non poden competir nin en calidade nin en prezo coa oferta pública de graos, pero si o poden facer na de máster. Todos os convocantes coinciden en advertir dunha medida que será \"letal\" para as universidades galegas, afogadas xa polos recortes e a política de austeridade imposta polos gobernos do PP. E todos cren que suporá unha limitación para o acceso das clases populares aos estudos universitarios e un favorecemeto para a súa mercantilización e privatización. Os convocantes coinciden en que a medida suporá unha limitación para o acceso das clases populares á universidade De feito, os sindicatos e as organizacións estudantís cren que este só é un chanzo máis nunha política que provocará que a cualificación obtida pola maioría de estudantes non será dabondo se non se cursa finalmente un mestrado ao que non todo poderán acceder, ao seren estes \"moitos máis caros que os graos\". No fondo, os críticos ven como intención final a de desviar os devanditos mestrados á privada, que xa ten un peso máis alto na súa oferta que a pública, o que suporía tamén menos profesorado, menos calidade e menos investigación. O decreto 3+2, segundo sindicatos e organizacións estudantís, será \"un novo golpe\" nun sistema universitario galego que xa conta cun precario financiamento, moi lonxe do 1% do PIB que se adoita reclamar para un ensino de máxima calidade e logo da redución dos seus orzamentos en case 90 millóns de euros nos últimos cinco anos, o incremento do importe de taxas e matrículas ou a perda de 350 profesores e case 1.300 investigadores. O decreto será \"un novo golpe\" para un sistema universitario galego afogado polos recortes e con 350 profesores e 1.300 investigadores menos \"Nova forma de privatización\" \"Temos que demostrar que o estudantado galego está en contra, que queremos unha universidade pública e de calidade\", din pola súa banda as entidades xuvenís que apoian e convocan esta folga. No seu comunicado conxunto, Comités, Liga e Agir insisten tamén na \"nova forma de privatización da universidade pública\" e de \"darlle ás universidades privadas a licenza de implantar este sistema, podendo ter ofertas moito máis flexíbeis, mentres que as universidades se ven obrigadas a unha reestruturación completa cun custo económico inviábel para a situación económica na que se atopa o ensino público\". \"Os estudantes de ensino medio ven reducida a posibilidade de poderen estudar na universidade pública por estar esta a converterse nun privilexio\", advirten, tras lembrar que o decreto \"profundiza nos falsos mitos que comezaron con Boloña\". \"Venderon a especialización e empregabilidade, e para a maioría do estudantado iso traduciuse en elitización e precariedade. Aquelas que poidan pagar un mestrado terán traballo na empresa privada que o oferte, e a maioría, as que só poidan pagar os tres anos de grao, terán na man un título inservíbel co que acceder a un traballo precario\", din. Ante isto, as organizacións chaman a \"baleirar as aulas o 24 de marzo, enchendo as rúas para participar nunha xornada de folga e demostrar a oposición a esta reforma\". As manifestacións convocadas nas sete cidades galegas partirán, todas ás 11.30 horas, desde os seguintes lugares: A Coruña: Praza de Pontevedra. Ferrol: Praza España. Lugo: Edificio Sindicatos. Ourense: Xefatura Territorial de Educación. Pontevedra: Praza da Peregrina. Compostela: Alameda. Vigo: Praza América."}
{"ID": "NOS_31329", "summary": "Organizacións de dereitos humanos critican o goberno español polo trato a inmigrantes na fronteira marroquí. Até 73 persoas foron devoltas a Marrocos após saltaren o valo por Melilla, nunhas condicións que vulneran os tratados internacionais e a Lei de estranxeiría. Entrementres a policía marroquí atacou brutalmente os campamentos de saharauis na fronteira", "text": "Unha vulneración dos tratados internacionais, un procedemento ilegal e unha violación dos dereitos humanos. Así cualificaron as organizacións non gobernamentais Amnistía internacional, Cear --Comisión española de axuda ao refuxiado-- e SOS racismo, a expulsión de 73 persoas inmigrantes que chegaron até a illa de Tierra, a escasos metros da costa de Marrocos. A alerta dos colectivos en defensa dos dereitos humanos sobre o tratamento que os gobernos español e marroquí están a dispensar a estas persoas vén sumarse á xa emitida para condenaren o ataque da policía marroquí esta segunda feira, contra os campamentos que inmigrantes subsaharian@s teñen colocados entre Segangan e Marihuari, na fronteira con Melilla. Superviventes informaron ao diario El Telegrama de que non é a primeira arremetida, mais si \"a máis cruenta e sanguenta\". \"Matáronnos a paus. Viñeron de noite e á mañá, e mallaron en nós até que nos partiron os ósos. Levaron algúns a Oujda, e a outros deixáronnos morrendo nos bosques\". Di o devandito diario que quen fala é Abderrahaman, un mozo de 25 anos que non pode camiñar porque lle partiron, literalmente, as pernas. Cando o atoparon tiña unha tostada de pan e un batido que lle deron por caridade, mais \"ninguén nos axuda porque teñen medo de que mallen neles tamén\". Das persoas que conseguiron superar o dobre valo e entrar en territorio español, 73 foron devoltas a Marrocos. \"É unha expulsión colectiva e, polo tanto, prohibida polos tratados internacionais e pola Lei de estranxeiría, que estabelece un proceso con garantías como o dereito á asistencia letrada e a un intérprete\" para as persoas que van ser deportadas, informou Amnistía internacional. Para alén do anterior, AI critica que o ministerio español do Interior non facilitou \"os mecanismos imprescindíbeis\" para coñecer se estas persoas foxen dun conflito ou son vítimas de persecución en Marrocos, a onde foron devoltas. Sobre este punto falou tamén Abderrahaman, o mozo a quen lle partiron as pernas. \"Coma sempre, a garda civil devólvenos. É moi frustrante porque xa entraches. Chegas moi canso, cheo de feridas e detéñente para te expulsar de novo a Marrocos para que aquí nos maten a paus. En Marrocos non nos queren, e no Estado español tampouco. Levo aquí máis dun ano, entrei dúas veces a Melilla e devolvéronme outra vez. Aquí só nos mallan, maltrátannos. Non existen os dereitos humanos. E non podemos volver á casa, volver é imposíbel\". Activistas en prol dos dereitos humanos denuncian que a situación non é nova. As medidas do exército marroquí en contra d@s inmigrantes en situación irregular que queren cruzar a fronteira ao Estado español foron amplamente criticadas, pois acaban estas persoas ora mortas ora malferidas, ou abandonadas no deserto, ou nas instalacións do CIE --Centro de internamento para estranxeir@s-- de Mauritania, un 'Guantanamiño', como denominan as organizacións non gobernamentais. Criticado polas condicións infrahumanas en que alí se habita, amoread@s, e financiado polo goberno español. Amnistía internacional chegou a falar de \"xenocidio silenciado\", e denuncia que o executivo de Mariano Rajoy \"obra con coñecemento\" da situación que lles agarda ás persoas deportadas, documentada pola propia AI en forma de \"vulneracións de dereitos, malos tratos, abusos e violacións que nunca son investigadas e fican impunes\". Para alén de El Telegrama, ningún medio de comunicación español se fixo eco desta información."}
{"ID": "PRAZA_1092", "summary": "O Mirante Os socialistas ascenden soben 1,7 puntos, case o mesmo que cae Podemos, e o PP perde sete décimas, practicamente o mesmo que gaña Ciudadanos. O BNG sobe unha décima que lle axuda a asegurar un dos seus escanos no Congreso.", "text": "Tras o empate, o adianto. Tras varios meses como terceira forza política o PSOE consolida unha lixeira tendencia á alza cara ás eleccións xerais previstas para finais deste ano e adianta a Podemos en estimación de voto, o que implica que os de Pedro Sánchez se achegan un chisco máis a un PP que, malia seguir en primeira posición, continúa á baixa tamén en plena campaña electoral das eleccións municipais, que tamén son autonómicas en trece comunidades do Estado. Segundo a edición de maio d'O Mirante, o panorama electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, se os comicios ás Cortes Xerais se celebrasen agora o PP continuaría como primeira forza política, aínda que cun 25,3% dos votos e entre 111e 118 escanos. Isto supón unha caída de practicamente 20 puntos a respecto das eleccións de 2011 e un descenso de 7 décimas en relación a O Mirante de abril. A posible perda de escanos do partido de Rajoy segue preto dos 70. No que atinxe aos socialistas a alza que prognostica este estudo situaríaos cun 21,8% dos votos, unha suba de 1,7 puntos que é, practicamente, o que cae Podemos (1,6). Este resultado daríalle ao PSOE entre 91 e 93 escanos, case 10 máis que na anterior edición deste panorama electoral e unha decena menos dos que ten agora. O partido que encabeza Pablo Iglesias, pola súa banda, emerxería no Congreso dos Deputados con entre 65 e 74 asentos, un resultado histórico para unha nova forza pero menos amplo que en análises electorais anteriores. Os tres postos de cabeza péchaos Ciudadanos, que medra 6 décimas, case o mesmo que cae o PP, e ralentiza o seu elevado ritmo de crecemento dos últimos meses. Mentres por riba o PSOE pasa por diante de Podemos na banda máis baixa Esquerda Unida semella aproveitar ese freo dos de Iglesias para deter, cando menos neste intre, o trasvasamento de votos cara ao novo partido. A formación que nestes comicios estará encabezada por Alberto Garzón recupera unhas catro décimas ou, o que é o mesmo, case un 10% do seu voto estimado. Este 4,6% dos sufraxios outorgaríanlle á coalición de esquerdas 3 ou 4 escanos, mentres que o grupo de La Izquierda Plural ten 11 na actualidade. Outra forza de implantación estatal, UPyD, segue perdendo folgos e mesmo comeza a ter en risco o seu escano de referencia, o de Rosa Díez por Madrid. IU aproveita o freo de Podemos e UPyD segue a caer, mesmo tendo en risco o escano de Rosa Díez No que atinxe ás forzas nacionalistas e soberanistas, no caso catalán Convergència i Unió comeza a tomar unha certa vantaxe a respecto de Esquerra Republicana, se ben os apoios agregados a ambas formacións descenden e fannos a apenas catro meses das eleccións catalás. No caso de Euskadi as forzas soberanistas tamén recúan en voto estimado, un lixeiro retroceso que fai que se equilibren as súas forzas nesa hipotética nova correlación de forzas no Congreso. En Galicia o BNG recupera unha décima a respecto da anterior edición d'O Mirante, ascendendo a un 0,6% que viría asegurar, cando menos, un dos seus actuais escanos. O BNG ascende unha décima que viría asegurar, cando menos, un dos seus dous escanos Neste escenario a única posibilidade de sumar unha maioría absoluta a dúas bandas continúa sendo a denominada \"gran coalición\" entre PP e PSOE, unha opción que, sobre todo pola banda socialista, vén sendo desbotada dende hai semanas. Este escenario xorde a partir da análise denominada house effects, na cal o autor do estudo analiza todas as fontes de inquérito dispoñibles, calculando o nesgo que cada casa de enquisas aplica aos seus traballos e achando un promedio entre elas."}
{"ID": "NOS_22448", "summary": "Neste número 19 do Sermos Galiza falan Feijóo, Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas. E metémoslle o dente aos programas electorais. Mais tamén damos voz aos afectados polas preferentes, analizamos o que significa a contrarreforma na xustiza do PP, entrevistamos a Xabier P. Docampo ou percorremos a Ribeira Sacra en Outono da man de Xea. E hai moito máis. Queres coñecelo? Nesta sexta no teu quiosque", "text": "Galiza ten unha cita co seu futuro o 21-O. E desde Sermos Galiza, conscientes da importancia desta data, falamos cos candidatos das forzas en concorrencia: PP, PSOE, BNG, AGE e Compromiso. Mais tamén debullamos os seus programas electorais polo miúdo.. . Tamén temos un oco para lembrar aquelas primeiras autonómicas de 1982 da man de Lois Diéguez, deputado electo polo BNPG. E damos voz a vari@s afectad@s polas preferentes que sinalan a entidades financeiras e gobernos galego e de Madrid como responsábeis do calote que abrangue a perto de 100.000 galeg@s. E neste número 19 tamén abordamos as claves do xizo do Presgtige ou a mobilización social que, en diferentes ámbitos, houbo nesta última lexislatura. Na sección de social tratamos desde a recente folga estudantil até o engano da Xunta aos e ás dependentes, pasando pola proposta do PP de cobrar á cidadanía por trámites xudiciais, nunha medida que pon a xustiza a servizo dos ricos. En internaciional abordamos a recente Folga Xeral en Portugal e as eleccións en Venezurla. Mais este Sermos número 19 dá moito máis de si: Entrevistamos a Xabier P. Docampo, falamos de Picaversos e en Okapi contámosche que Barrigaverde volve a Lugo polo San Froilán. E na contra, Suso o do Dazaseis, toda unha institución. Xa non tes excusa para non ir ao quiosque. Prensa en papel, en galego, desde Galiza e para Galiza."}
{"ID": "NOS_52917", "summary": "Os orzamentos do Estado para 2017 só contemplan unha exigua partida dun millón de euros para o saneamento da Ría do Burgo, unha obra valorada polo propio Goberno español en non menos de 46. Ante esta situación, Ana Pontón reclama a Feijóo que \"mova o cu\" para este mesmo ano comezar a dragaxe da ría.", "text": "Non acaba de chegar a hora do saneamento para a Ría de Burgo, un clásico nas demandas da formación nacionalista galega, un clásico dos incumprimentos por parte do Goberno do Estado de compromisos e prazos que se prorrogan unha e outra vez. Esta terza feira, e á beira deste espazo natural, Ana Pontón mantivo unha reunión coa Asociación de Mariscadoras e Mariscadores da Ría do Burgo. A exigua dotación orzamental para 2017 prevista nas contas do Estado enviadas por Montoro ao Congreso pairou en todo momento sobre o encontro da líder da formación soberanista coas traballadoras e os traballadores do mar. O BNG denunciou que con estes orzamentos se volta a aprazar a dragaxe dos lodos que empecen a recuperación integral dunha ría cun potencial enorme de criación de postos de traballo, por volta dos 2.000 directos (nestes momentos apenas fornece de emprego a un cento de mariscadoras). \"É como se estivesen despedindo miles de traballadoras e traballadores sen facer nada por o evitar\", obxetou Pontón, quen no encontro coa Asociación de Mariscadores e Mariscadoras da Ría do Burgo estivo acompañada pola concelleira do BNG na Coruña Avia Veira. O propio goberno español estima o valor do saneamento a realizar en 46 millóns de euros. Aliás, só orzamenta un millón para 2017. Practicamente nada. É por iso que o BNG vai propor no Parlamento galego unha resposta unánime contra estas contas e, alén do máis, vai demandar a Feijóo que a representación do PPdeG no Congreso non avale os orzamentos mentres estes non contemplaren investimentos básicos para Galiza. \"Teremos que pedirlle a Feijóo que cumpra co de Galiza primeiro [slogan utilizado polo presidente da Xunta] e que mova o cu en defensa dos intereses deste país, porque cada ano os lodos avanzan no fondo da ría e non se pode esperar máis\". Nun encontro coa imprensa, Pontón detallou as iniciativas que o BNG vai despregar sobre este asunto: Denunciar no Parlamento europeu os sucesivos incumprimentos das autoridades estatais. Cumpre lembrar a este respeito que en 2013 -e a iniciativa da portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana MIranda- unha delegación da euro cámara visitou a Ría do Burgo. Criazón dunha comisión de impulso e seguimento \"onde estean as administracións, a asociación de mariscadoras e todos os axentes sociais dos concellos afectados, incluída a Universidade da Coruña\". Estabelecimento de compensacións para as mariscadoras e mariscadores que se vexan forzados a interromperen a súa actividade profisional durante o tempo en que se realice a dragaxe."}
{"ID": "PRAZA_16319", "summary": "Organismos estatais e internacionais seguen a evidenciar que descoñecen se alguén supervisa os bidóns radioactivos da Foxa Atlántica 35 anos dos últimos vertidos nucleares fronte ás costas galegas: quen vixía?", "text": "35 anos dos últimos vertidos nucleares fronte ás costas galegas: quen vixía?Organismos estatais e internacionais seguen a evidenciar que descoñecen se alguén supervisa os bidóns radioactivos da Foxa AtlánticaVarios ministerios e departamentos inferiores do Goberno de España veñen de evidenciar, a través de varias respostas oficiais sobre os residuos radioactivos vertidos durante anos fronte a Galicia por varios países europeos, que estes non son obxecto das súas propias preocupacións e que nin sequera teñen claro se alguén está a vixiar o estado deses bidóns. En varias respostas a preguntas sobre eses residuos realizadas pola Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, varios departamentos desvían responsabilidades de xeito cruzado cara outros tanto estatais como internacionais.Praza.gal publicou o pasado novembro, coincidindo co 35 aniversario da fin dos vertidos na denominada Foxa Atlántica, que unha ducia de organismos estatais e internacionais eran incapaces de aclarar se alguén vixía con algún tipo de programa permanente de supervisión, ou cando se fixo por última vez, uns bidóns que nalgún caso se están a aproximar xa ás sete décadas de antigüidade. Tras publicarse esa investigación, a Asociación Petón do Lobo formulou ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente unha solicitude de información sobre os residuos preguntando quen ten competencia para vixiar eses bidóns, cando se realizaron as últimas investigacións e cando serán as próximas. Medio Ambiente, que no seu momento non quixo contestar a preguntas similares formuladas por este diario durante varias semanas, si respondeu á asociación, pero sen aclarar as cuestións formuladas.Medio Ambiente remitiu a Enerxía e cando este lle devolve a responsabilidade, o primeiro ministerio volve desviala cara a FomentoNunha primeira contestación por escrito do 25 de xaneiro, a Oficina de Información Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente di que, tras consultar ás súas direccións xerais de Calidade e Avaliación Ambiental e de Sostibilidade da Costa, as dúas indican que non teñen competencia nin información ao respecto. Medio Ambiente dille á asociación que traslada as súas preguntas ao Ministerio de Enerxía porque considera que pode ser esa a autoridade competente.O 9 de febreiro o mesmo Ministerio de Medio Ambiente contesta novamente á asociación facilitándolle a resposta que ofrece Enerxía. Nela, ese departamento indica, como xa contou este diario, que \"a realización do inventario dos residuos sólidos vertidos ao mar foi solicitada ao OIEA [Organismo Internacional da Enerxía Atómica] polas partes contratantes da 'Convención para a prevención da contaminación mariña polo vertido de residuos e outras substancias'\", a denominada Convención ou Convenio de Londres, pero engadindo Enerxía que sobre esa convención \"corresponde o seu seguimento ao ámbito de actuación do Ministerio de Medio Ambiente\".Ante esa resposta que o alude directamente, Medio Ambiente contesta á asociación, tras consultar \"novamente\" á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa, cun novo desvío da responsabilidade cara a un terceiro ministerio, o de Fomento. Argumenta Medio Ambiente nesa súa segunda resposta que \"o Convenio de Londres, se ben ten unha incidencia clara no medio ambiente, non é en sentido estrito un convenio de protección do medio mariño\", polo que entraría dentro do ámbito competencial da Mariña Mercante, dependente de Fomento.O Ministerio de Medio Ambiente atribúe a responsabilidade a nivel internacional á Axencia Europea da Enerxía Atómica, mentres que o Ministerio de Enerxía fíxaa no Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA)Pero esa segunda resposta de Medio Ambiente non queda aí. Tras lembrar que na actualidade están prohibidos novos vertidos nucleares, Medio Ambiente engade que \"o seguimento de vertidos históricos en augas internacionais, como é o caso consultado compete á Axencia Europea da Enerxía Atómica, e en España o organismo que pode ter máis información é o Consello de Seguridade Nuclear\". Porén, na explicación previa do Ministerio de Enerxía que motivara esa segunda resposta de Medio Ambiente, o primeiro sinalaba que o organismo co que está en contacto o seu dependente Consello de Seguridade Nuclear no referente a analizar a radioactividade mariña non é a axencia europea senón o OIEA. Pero o Consello de Seguridade Nuclear, contactado no seu momento por este diario, negou saber nada da cuestión.O intercambio de responsabilidades entre os ministerios de Medio Ambiente, Enerxía e Fomento é similar ao existente a nivel internacional entre os diversos organismos contactados por este diario e todos coinciden en ser incapaces de dicir cando se vixiaron eses residuos por última vez e cando está previsto que se volva facer, limitándose a asegurar que non hai probas de que a súa radioactividade estea chegando á costa, que é o que de xeito periódico revisa o Goberno central.Hai un mes a Comisión Europea respondeu ao PSOE que o Goberno español non ve necesario vixiar eses residuosTras a publicación da investigación realizada por este diario, varios partidos políticos formularon preguntas sobre a vixilancia deses residuos nos parlamentos de Santiago, Madrid e Bruxelas. A primeira resposta ao respecto chegou novamente de fóra de España, cando a Comisión Europea respondeu a mediados de xaneiro ao eurodeputado socialista e ex-ministro de Fomento José Blanco que non tiña \"coñecemento de novos estudos científicos sobre o estado dos residuos radioactivos vertidos na foxa atlántica\". A Comisión Europea, engadía, \"tampouco foi informada polas autoridades españolas de ningún plan para levalos a cabo. As autoridades españolas non plantexaron á Comisión a necesidade de tales estudos\".Ao igual que agora a asociación ecoloxista galega, tamén Greenpeace, que no seu momento loitou da man de mariñeiros galegos para que rematasen os vertidos, reclamou que se vixíe o estado deses residuos e que se fagan responsables deles os estados que os verteron."}
{"ID": "NOS_19168", "summary": "Francisco José Garzón, o maquinista do tren accidentado en Angrois, ficou en liberdade con cargos após declarar por espazo de case dúas horas ante o xuíz. Garzón admitiu que cometeu unha imprudencia. O maxistrado retiroulle o pasaporte por espazo de 6 meses e inhabilitouno para conducir trens, tamén durante un tempo cautelar de 6 meses. Con todo, o maquinista esquiva o pior escenario para el, o ingreso en prisión imediato.", "text": "O maquinista ficou en liberdade con cargos após declarar durante dúas horas. Iso si, e segundo informa El País, retiróuselle o pasaporte e terá que comparecer no xulgado unha vez á semana. Ademais, o maxistrado inhabilitouno para conducir comboios durante seis meses. Francisco José Garzón entrou, esposado e custodiado pola policía, nos xulgados de Compostela por volta das 18:20 do domingo, a piques de se cumprir o prazo límite de 72 horas para ser posto a disposición xudicial. Unha vez dentro, os seus avogados estudaron por volta dunha hora o informe preliminar elaborado pola Policía Nacional. Só despois diso, Garzón pasou perante o xuíz instructor do caso, Luis Aláez. Perante o maxistrado declarou durante case dúas horas, respondendo ás preguntas do xuíz. Segundo diversos medios, Garzón recoñeceu ter cometido unha imprudencia. O xuíz decretou a súa liberdade con cargos. O maquinista pasou a noite na Comisaría da Policía Nacional de Compostela, a onde foi trasladado por axentes despois de que o sábado pola mañá fose dado de alta no Hospital de Compostela, onde se atopaba desde o accidente ferroviario de Angrois, no que faleceron 79 persoas. Durante a súa estancia hospitalaria acolleuse ao seu dereito a non declarar. Francisco José Garzón estivo no centro das criticas de Renfe e Adif desde un primeiro momento, sinalándoo como o responsábel do tráxico sinistro do 24 de xullo. A hipótese de exceso de velocidade e/ou despiste foi a barallada polas empresas ferroviarias. Mesmo se está a investigar as chamadas feitas desde o seu móbil nos minutos previos ao accidente por se das mesmas se pode desprender a existencia de despiste do condutor. Caixas negras, sen abrir Por outra banda, as caixas negras do Alvia sinistrado seguen aínda sen abrir e custodiadas pola Policía. O que vai atopar o perito nas caixas van ser tódolos datos de ruta do tren. Velocidade, instrucións dos semáforos e das balizas das vías, tódalas conversas que se produciran na cabina, datos de utilización dos freos e se o maquinista pasou por alto algunha instrución da folla de ruta."}
{"ID": "PRAZA_14650", "summary": "O peor é que ao candidato Feijóo (ou Rajoy ou Rosa Díez ou Mario Conde) lle funciona ese modus operandi. Iso é o realmente terrible desta nova realidade: que lles funciona. A Feijóo abóndalle con dicir tres simplezas e listo...aínda que sexan trolas máis ou menos claras. Non necesitan moito máis nesta realidade de renuncias á lóxica e de aceptación irracional de case que todo. Por iso me atrevo a dicir, aínda que vai soar elitista e fatal, que si que é certo que un pobo ten os gobernantes que merece. Os políticos son o seu espello. Por iso o 21-O gañarán os simples.", "text": "Aló por finais dos 80 do século pasado fiquei profundamente impresionado despois da lectura de El imperio de lo efímero de Gilles Lipovetsky. Na obra anunciábase dun xeito profético o que despois vimos convertido en espantosa normalidade: o triunfo do discurso baleiro, do simple, do superficial e máis básico a todos os niveis. Na política, nas artes e, por suposto, nas relacións humanas. Segundo o seu acertado criterio, abríase a porta ao trunfo dos simples, dos limitados mentais que, nunha situación de rebaixa intelectual colectiva, haberían afacerse co poder. Pensemos nas belenestébanes ou espanzaguirres ou marioscondes ou na simpleza dos programas televisivos ou a apoteose orxiástica e a parálise neuronal que provoca o fútbol. Na obra de Lipovetsky anunciábase o triunfo do discurso baleiro, do simple, do superficial e máis básico a todos os niveis O autor francés explicaba como a precariedade mental da meirande parte dos discursos en vigor, rebaixados ata a parvura pola agresividade televisiva, implicaban que cada vez se entendese todo moito menos e, polo tanto, que as posibilidades de manipulación, medrasen exponencialmente. Dende o PP este tipo de práctica é máis frecuente e, daquela, un insulto á cidadanía e un escándalo democrático. Non hai argumentación de ningunha clase Hoxe vemos, nesta campaña electoral que soportamos, máis tamén no día a día, ese trunfo da simpleza. Moi en especial na emisión de consignas políticas por parte da dereita. Na esquerda algo menos. Pero tamén, claro. Tamén na nacionalista, si. Pero dende o PP este tipo de práctica é máis frecuente e, daquela, un insulto á cidadanía e un escándalo democrático. Non hai argumentación de ningunha clase. Non se dan datos nin razóns nin se enarbolan complexas (nin simples) teorías para darlle un mínimo de peso á idea de que merecen a reelección. Todo se reduce a frases feitas e mantras máis ou menos efectistas, renunciando a toda clase de aparataxe racional que excite a intelixencia do electorado. Un pobo ten os gobernantes que merece. Os políticos son o seu espello. Por iso o 21-O gañarán os simples Mais o peor non é iso senón que ao candidato Feijóo (ou Rajoy ou Rosa Díez ou Mario Conde) lle funciona ese modus operandi. Iso é o realmente terrible desta nova realidade: que lles funciona. A Feijóo abóndalle con dicir tres simplezas e listo...aínda que sexan trolas máis ou menos claras. Non necesitan moito máis nesta realidade de renuncias á lóxica e de aceptación irracional de case que todo. Por iso me atrevo a dicir, aínda que vai soar elitista e fatal, que si que é certo que un pobo ten os gobernantes que merece. Os políticos son o seu espello. Por iso o 21-O gañarán os simples."}
{"ID": "NOS_6679", "summary": "Familiares e amigas dos tres mozos de Altsasu encarcerados hai agora 1.000 días subiron este sábado, 10 de agosto, ao monte Beriain. Escolleron ese simbólico lugar para presentar a nova campaña de apoio a Jokin Unamuno, Oihan Arnanz e Adur Ramírez de Alda.", "text": "Os tres rapaces fixeron mil días en prisión cando aínda non hai sentenza firme. Un incidente nocturno cuns gardas civís de paisano e febles probas circunstancias leváronos a actual situación. A Fiscalía do Estado chegou a acusalos de delito de terrorismo, finalmente descartado. A contorna dos detidos nunca deixou de denunciar o sucedido e o desproporcionado do caso. O Tribunal Supremo fixou a vista para analizar os recursos da defensa e as impugnacións da acusación a estes recursos. Antes, amigas e familiares percorrerán vilas e cidades de Euskal Herria para recoller mensaxes de apoio aos presos, informa Naiz.info. Esa foi a iniciativa que comezou este 10 de agosto no monte Beriain, en Nafarroa. \"O día de hoxe foi como todo o proceso. Estivo anubrado, había pedras e costas, mais por intres vimos o sol\", declarou Bel Pozueta, da plataforma Altsasu Gurasoak: \"Hoxe chegamoas á cima do Beriain, pero a verdadeira cima será a liberdade dos nosos fillos\"."}
{"ID": "NOS_49463", "summary": "A Deputación de Pontevedra presentou a nova tempada da marca que reúne a oito festivais. Outro festival, o TerraCeo de Vigo, confirmou a actuación de Salvador Sobral, Abe Rábade e A Zowi.", "text": "O 'Rías Baixas Film Festival' presentou esta quinta feira a terceira tempada coas citas de Tui (Play Doc do 4 ao 8 de maio) e O Porriño (Festival de Cans do 18 ao 21 de maio), e reafirma a aposta pola industria audiovisual. A marca aglutina, ademais, a XI Primavera do Cinema de Vigo (do 6 ao 11 de setembro); o XV FIC Bueu (do 11 ao 24 de setembro); o Galician Freaky Film Festival (23 e 24 de setembro e do 28 de setembro ao 1 de outubro); o VII Festival de Cinema Inclusivo de Vigo (do 18 ao 22 de outubro); o 50º Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía (do 21 ao 30 de outubro) e o VII Festival Novos Cinemas de Pontevedra (do 13 ao 18 de decembro). Pontevedra lanza a marca 'Rías Baixas Film Fest' \"O impacto do audiovisual galego é cada vez maior e conflúe con outras disciplinas, mais non é suficiente, hai que ser ambiciosos e chegar máis aló\", afirmou no acto o director do FIC Bueu, Manuel Pena. Mentres, a responsábel de programación do Festival Primavera do Cinema, Ana Gontad, animou a volver ás salas e aos festivais \"despois de dous anos de pesadelo pandémico\". Sobral, Abe Rábade e A Zowi no TerraCeo de Vigo O artista portugués Salvador Sobral, gañador de Eurovisión en 2017, xunto co pianista galego Abe Rábade e A Zowi únense á terceira edición do Festival TerraCeo de Vigo. Abe Rábade toca de noite e ao aire libre as súas composicións do confinamento Segundo anunciaron os seus organizadores nun comunicado, Abe e Salvador conservan unha amizade forxada desde a admiración mutua, motivo que os animou a estar en Vigo o próximo 19 de agosto na terraza do auditorio Mar de Vigo xunto coa Zowi. Esta actuación \"reafirma\" as dúas liñas de programación que terá este ano o Festival: por unha banda, internacionalización, e por outra, o aumento da presenza feminina, ademais de buscar estilos musicais variados."}
{"ID": "PRAZA_16463", "summary": "ENTREVISTA | A CIG rexistrou paros de dúas horas por quenda para este 8 de marzo e convocou concentracións nas principais cidades e vilas. Falamos con Margarida Corral, secretaria confederal de mulleres do sindicato.", "text": "CIG, UGT e CCOO rexistraron a convocatoria de paros parciais para ese 8 de marzo nas franxas horarias comprendidas entre as doce da noite e ás 2 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo. O sindicato convoca ademais concentracións nas principais cidades e vilas galegas ese 8 de marzo e fixo un chamamento a participar en todas as mobilizacións que para esa tarde sexan convocadas polo movemento feminista galego, e previamente, a secundar a manifestación nacional unitaria deste domingo en Vigo. Falamos con Margarida Corral, secretaria confederal de mulleres da CIG. \"Galicia é a segunda comunidade do Estado que máis litixios presentou no último ano por motivos relacionados coa conciliación\" Entre as múltiples razóns que xustifican a convocatoria da folga feminista no eido laboral, cales cres que son as principais? Imos á folga polas múltiples discriminacións que sufrimos acotío, a pesar da lexislación existente. A máis evidente é a salarial, que seguimos a padecer e que ten moitos motivos: por unha banda segue a haber casos de mulleres que reciben un menor salario polo mesmo traballo, ademais hai obstáculos no acceso da muller a certos empregos e a promocións nunha empresa. Tamén polas discriminacións que teñen que ver coa conciliación. Este é un problema que sofren todos os traballadores, pero en moita maior medida as mulleres. Ademais, isto supón en moitos casos o inicio de procesos de acoso laboral e poden supoñer despedimentos. Galicia é a segunda comunidade do Estado español que máis litixios presentou no último ano por motivos relacionados coa conciliación (redución de xornada, permisos de lactación, excedencias...). E, terceiro, o acoso sexual, que maioritariamente sufrimos as mulleres, e que chega a situacións de agresión sexual e violacións no lugar de traballo. Por citar tres razóns, simplemente, porque poderíamos falar da precariedade contractual que sofren as mulleres ou da contía das pensións que reciben as mulleres, que segue a ser en Galicia das máis baixas do Estado. \"Por que se lle dá máis valor a un emprego técnico -un aparellador ou aparelladora- que a un emprego que consiste en coidar as persoas na última fase da súa vida? Iso ten que ver co machismo que permea a nosa sociedade e coa división sexual do traballo\" A folga é tamén unha folga de coidados, pero entendo que esta non se pode desligar dos temas laborais, porque determina tamén moitos dos obstáculos que neste sofre a muller, non si? Nós levamos moitos anos denunciando esa dobre ou tripla xornada de traballo, unha carga emocional e física que sufrimos as mulleres, que lle engadimos á nosa xornada laboral (en ocasións de máis de 8 horas) a xornada dos coidados, do fogar, de atender meniños e meniñas, así coma outras persoas da nosa contorna, os nosos e as nosas maiores. Todo iso non está regulado nin valorizado. Eu quero ir máis alá e incidir na segregación que existe no mercado laboral: por que as profesións feminizadas, por chamarlles así, teñen menos valor económico que as profesións masculinizadas? Por que se lle dá máis valor a un emprego técnico -un aparellador ou aparelladora, un enxeñeiro ou enxeñeira- que a un emprego que consiste en coidar as persoas na última fase da súa vida? Iso ten que ver co machismo que permea a nosa sociedade e coa división sexual do traballo. O traballo dos coidados é un traballo invisible, que se asume que se fai de balde e do que xa se presupón que é responsabilidade das mulleres. \"Mulleres e homes podemos ter un traballo asalariado porque temos na maior parte dos casos a mulleres que se ocupan do noso traballo de coidados. Por iso é tan importante que neste 8 de marzo haxa un paro de coidados\" E hai que ter en conta, finalmente, que mulleres e homes podemos ter un traballo asalariado porque temos na maior parte dos casos a mulleres que se ocupan do noso traballo de coidados. Por iso é tan importante que neste 8 de marzo haxa un paro de coidados. Porén, son moi crítica con que se fale de folga de 24 horas de coidados, porque iso é mentirnos a nós mesmas: as mulleres hoxe en día non estamos en condicións de facer unha folga de coidados de 24 horas. \"Para nós é exitosa dende xa, con independencia do que suceda o 8 de marzo, porque fomos quen de levar a realidade das discriminacións a todas as empresas\" Esta, ao ser unha folga distinta, hai que valorala en termos distintos, en canto ao seu éxito ou impacto? Correcto. Nin na valoración da folga nin na cuantificación do éxito. É unha folga completamente revolucionaria, sexa cal sexa o formato que se escolla. Para nós é exitosa dende xa, con independencia do que suceda o 8 de marzo, porque fomos quen de levar a realidade das discriminacións a todas as empresas. O feito de divulgar a convocatoria, o feito de falar do tema en todos os lugares e todos os ámbitos, está facendo que homes que nunca chegaran a pensar e a falar desta problemática especifica teñan que facelo. E tamén moitas mulleres, que ata agora non identificaran a situación de discriminación. A propia convocatoria serve para ser conscientes de que mudar esta realidade depende de nós, e de que se pode deixar de conmemorar o 8 de marzo como unha data festiva e lúdica (que tamén pode selo), pois é unha data de combate. Cremos que a mobilización vai ser moi importante, porque a convocatoria está moi estendida, e comeza a haber unha conciencia do problema e de que hai que dar un paso máis aló. \"Cos paros de dúas horas as mulleres da panadarías, das peixarías, dos supermercados... poderán participar na folga e ir ás mobilizacións convocadas, atoparse co resto das súas compañeiras e facer un berro colectivo\" Dende a CIG facedes unha convocatoria de dúas horas por quenda. Outros sindicatos fixeron convocatoria de 24 horas. Cal dos dous formatos é máis efectivo? Consideramos que con este formato de paros de dúas horas imos conseguir que moitas máis mulleres fagan folga que no caso de ter convocado unha folga de 24 horas. Para nós foi un longo debate, moitas de nós queriamos ir a unha folga non xa de 24 horas, senón indefinida, porque estamos moi fartas de que estes temas non se teñan en conta. Pero cremos que cos paros de dúas horas as mulleres da panadarías, das peixarías, dos supermercados... poderán participar na folga e ir ás mobilizacións convocadas, atoparse co resto das súas compañeiras e facer un berro colectivo, ser parte dun movemento internacional, dun todo. Non é o mesmo que as que traballan nunha grande empresa ou na administración pública, onde é moito máis doado difundir estas cuestións. Ademais, este paro de dúas horas vai servir como ensaio-erro para outro tipo de convocatorias máis ambiciosas no futuro, por exemplo o ano que vén. \"Non é ideolóxico recortar os dereitos de conciliación ou conxelar as pensións? Iso tamén é ideoloxía. Os gobernos do PP levan moitos anos recortando os dereitos das mulleres\" Nos últimos días a folga está an recibir críticas de Ciudadanos e PP, que din que a folga é ideolóxica, que ataca ao capitalismo, que está politizada. Que opinades destas declaracións? Pois algunha desas declaracións teñen razón. Claro que é unha folga ideolóxica. Non o podemos dicir así, porque nola ilegalizarían. Pero acaso non é ideolóxico recortar o dereitos á interrupción voluntaria do embarazo das mulleres? Non é ideolóxico restarlles dereitos ás persoas LGTBI? Non é ideolóxico recortar os dereitos de conciliación ou conxelar as pensións? Iso tamén é ideoloxía. Os gobernos do PP levan moitos anos recortando os dereitos das mulleres. E as mulleres levamos moitos anos denunciando a hipocrisía de quen se pon medallas e á vez recorta dereitos. E o respecto a estes dereitos pasa por responder a quen os está atacando. É que se pode ser feminista e non ser anticapitalista? Pódese ser nacionalista e non ter unha perspectiva de clase? Pódese ser muller e non ser feminista? Nós entendemos que non."}
{"ID": "NOS_27692", "summary": "O BNG considera que as medidas anunciadas por Alberto Núñez Feijóo son un exemplo do \"proceso de renuncia\" e \"entrega\" do autogoberno aos intereses \"recentralizadores\" do PP. Aliás, alertan á cidadanía da perda de democracia que suporá a redución de parlamentares prevista polo goberno da Xunta.", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e o voceiro parlamentar da organización frontista, Francisco Jorquera, compareceron en rolda de imprensa após a última xornada do debate sobre o estado da nación para facer un \"balanzo xeral\", asegurou Vence, das medidas anunciadas polo presidente da Xunta. Desde o Bloque quixeron \"lanzar a voz de alarma\" sobre o conxunto de decisións anunciadas por Alberto Núñez Feijóo e que responde, aseguran @s nacionalistas, á posta en práctica \"do plan de recentralización política\" que o PP está a deseñar desde Madrid. Xavier Vence e Francisco Jorquera denunciaron que a redución do investimento das autonomías defendido por Madrid e Bruxelas suporá un recorte de 400 millóns de euros en Galiza Neste senso, o voceiro nacional da fronte sinalou catro exemplos que virían a reflectir o \"proceso de renuncia e entrega\" das ferramentas coas que Galiza conta para se autoxerir mais que o Partido Popular está a entregar ao Goberno central. Así, para o BNG a redución do número de escanos no Parlamento galego, a renuncia a defender a continuidade de NGB e a súa conversión nunha entidade pública ou a redución orzamentaria que Mariano Rajoy aplicará a Galiza --co visto e prazo de Alberto Núñez Feijóo-- supoñen \"o desmantelamento do autogoberno\" e, como consecuencia, denuncian desde a organización frontista, \"reflicten o compromiso\" do líder do executivo galego co \"plan de recentralización\" política do PP. Reducir o investimento de Galiza para blindar o gasto de MadridO portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, criticou con dureza a medida anunciada polo goberno español e Bruxelas que reducirá o investimento das Comunidades autónomas para o vindeiro exercicio. Neste senso, os límites fixados para a capacidade de gasto dos territorios --que no caso galego podería supor un 5% menos-- procura blindar a capacidade de gasto do goberno central embora isto supoña para Galiza contar con \"400 millóns de euros menos\", segundo os cálculos do Bloque, que a Xunta deberá retallar das súas propias competencias. Feijóo anunciou unha redución no IRPF galego porén o goberno español subirá o tramo correspondente a Madrid Así o alertou o líder da organización frontista que asegurou, este recorte supón un chanzo máis no proceso recentralizador e terá o seu correlato na merma da \"calidade dos servizos públicos\" que en boa medida son xestionados pola administración autonómica. Asemade, denuncian desde o Bloque, a redución do IRPF que o goberno de Núñez Feijóo prevé aprobar esta sexta feira no Consello da Xunta, limitará máis unha vez os ingresos da Xunta entrementres o goberno español prevé o incremento do tramo deste imposto que lle corresponde cobrar. Asi, o voceiro parlamentar da organización frontista, Francisco Jorquera, criticou que o PP rexeitase a proposta de resolución achegada pola súa formación dirixida a procurar un novo modelo de financiamento para Galiza. Para o deputado \"quedou demostrado\" que \"a oferta de diálogo\" pregoada polo líder do executivo galego \"non é críbel\" pois, salientou\" \"Núñez Feijóo entende o acordo só como a obediencia ás súas políticas\". A redución de parlamentares, un golpe á democraciaOs portavoces do BNG avaliaron tamén a anunciada reforma que o Partido Popular prevé aprobar desde o pasado ano 2012 e que visa reducir o número de escanos do Pazo do Hórreo dentro da forquita estabelecida polo Estatuto de autonomía. O Bloque ve na redución de escanos unha estratexia do PP para blindar a súa maioría absoluta malia a perda de votos Neste senso, Xavier Vence, quixo \"dar a voz de alarma á cidadanía\" sobre as consecuencias que para \"a democracia\" terá este recorte cuxo obxectivo, dixo, \"é reducir a pluralidade\" e \"a oposición\" ao tempo que o Partido Popular \"pretende garantir a súa maioría absoluta\" aínda cando \"perde votos\". Á espera de que @s populares rexistren no Parlamento a proposta, todo apunta que a reforma blindará as provincias do interior --Lugo e Ourense-- en detrimento da representación das máis poboadas. Algo que deixará, por exemplo, indicou Vence, \"o voto de Pontevedra\" cun valor dúas veces menos ao doutras circunscricións electorais. A medida é para @s nacionalistas \"non só un xogo a curto prazo\" senón \"a redución da importancia\" que teñen as \"institucións e o autogoberno\" de Galiza."}
{"ID": "NOS_21982", "summary": "Un realizado polo Instituto Ragon do Hospital Xeral de Massachusetts, en EUA, e outro co apoio da Autoridade de Preparación e Resposta ante Urxencias Sanitarias (HERA) da UE.", "text": "Dous novos estudos científicos dados a coñecer esta sexta feira, un realizado nos EUA e outro na UE, confirmarían a eficacia dunha dose de reforzo para neutralizar a variante do coronavirus Ómicron. O primeiro, elaborado polo Instituto Ragon do Hospital Xeral de Massachusetts, avaliou a efectividade de Pfizer, Moderna e Janssen contra a variante da Covid-19 que máis se está a estender e que a piques está de desprazar a Delta no mundo. \"Detectamos moi pouca neutralización [...] cando usamos mostras tomadas de persoas que foran vacinadas recentemente con dúas doses da vacina de ARNm ou unha dose de Johnson & Johnson. Mais as persoas que recibiron tres doses da vacina de ARNm tiveron unha neutralización moi significativa contra a variante Ómicron\", asegurou o autor principal do estudo, Alejandro Balazs. Máis resistente O segundo, elaborado por científicos franceses e belgas, entre outros do Instituto Pasteur galo, en colaboración coa Autoridade de Preparación e Resposta ante Urxencias Sanitarias (HERA) da UE, fíxose co obxectivo de estudar a sensibilidade de Ómicron aos anticorpos en comparación coa variante Delta. Os datos mostran que a nova variante é resistente á maioría dos anticorpos terapéuticos, así como aos adquiridos tras pasar a propia enfermidade e pola vacina. Con todo, observouse que é neutralizada por unha dose de reforzo, a mesma conclusión que o estudo estadounidense. \"Agora temos que estudar a duración da protección da dose de reforzo. É probable que as vacunas vólvanse menos eficaces para ofrecer protección contra a contracción do virus, pero deberían seguir protexendo contra as formas graves\", explicou Olivier Schwartz, coautor do estudo."}
{"ID": "NOS_51164", "summary": "Este domingo de mobilización contra a planta de Ence na Ría de Pontevedra, Nós Diario conversa con Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), ás portas de que a Audiencia Nacional resolva sobre os recursos contra a prórroga de 60 anos concedida á pasteira en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Raxoi.", "text": "Após o parón do último ano por mor da pandemia, a anual marcha contra celulosas volve ás 12 horas deste domingo 4 de xullo desde as alamedas de Marín e Pontevedra e até as instalacións da planta de Ence. Marchan baixo o lema \"Fóra xa\" para exixir o fechamento definitivo e inmediato da actividade da pasteira en Lourizán (Pontevedra). Nós Diario conversa con Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), -Que esperan da decisión da Audiencia Nacional? Esperamos a mellor solución para a Ría de Pontevedra: que decidan que a concesión de Ence rematou xa en 2018. Sabemos que é difícil que a Audiencia Nacional se postule así, mais entendemos que a posición de considerala legal até 2073 tampouco debera ser unha resolución xudicial, non só porque iría absolutamente contra da lei, senón tamén porque iría contra a doutrina do Estado e a doutrina defendida pola Avogacía do Estado. É posíbel que adopten outra decisión, manter a concesión até 2033, unha solución que non compartimos e que recorreríamos. -Cal será o camiño se a Audiencia Nacional decide manter a concesión até 2033 ou 2073? Podería haber recurso no Tribunal Supremo e perante a Unión Europea. A vía legal é importante mais, para nós, é moito máis importante a vía da mobilización social e entendemos que para que unha decisión xudicial sexa respectuosa coas leis ambientais depende moito da mobilización social que exista nese momento. -Como será a marcha deste ano? É un ano raro, o ano pasado non convocamos a marcha anual por responsabilidade e vemos que a sociedade en xeral está desmobilizada. Con todo hai un ambiente moi favorábel a asistir á protesta, hai moito cabreo. A nosa asociación fixo 34 anos, moita xente dos que empezamos estamos nos 70 anos de idade ou por riba e algúns xa non poden facer todo o percorrido da marcha de ida e volta, mais veñen ao inicio. Pero, por outra banda, cada ano vén mías xente moza e seguen coa protesta. -Este ano houbo ademais unha preocupación engadida na ría polos niveis de mercurio achados na contorna de Ence. A procedencia do mercurio é dunha empresa que foi de Ence no pasado, Elnosa, unha electroquímica que produciu cloro de sosa e derivados. O que saíu agora á luz, algo que nós xa sabíamos e do que tiñamos alertado, foi que Ence denunciou que por culpa de Elnoa os seus terreos están cargados de mercurio. Mais Ence, se denunciou, foi para non ter que asumir o custo de eliminar ese mercurio dos seus terreos. Ence non tivo a prudencia de impedir o paso de mercurio ao seus terreos pero ademais foi corresponsábel con Elnosa durante todo o tempo que esta empresa pertenceu a Ence. Por outra banda, hai máis mercurio do que di Ence, hai máis mercurio nas barxas da pasteira e tamén no que chaman a canle perimetral, que é unha cale dun pequeno río que desviaron ao redor da empresa e no que durante un tempo tamén se verteu o mercurio de Elnosa. Exiximos por tanto á Xunta que faga asumir os custos da eliminación do mercurio a Ence e que lle obrigue a asumir a súa responsabilidade na cuestión ambiental. -Mais o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, considera que non só é preciso o mantemento de Ence senón que a Galiza precisa dunha segunda pasteira. A Xunta da Galiza estivo sempre ao servizo de Ence. A política ambiental da Xunta en Pontevedra dítaa Ence e non acabamos de entender que razón pode levar á Xunta a defender de maneira tan desmedida Ence e os postos de traballo derivados desa actividade cando non o fai con outras empresas, e permite o fechamento doutras instalacións ou que Abanca, privatizada, feche unha multitude de oficinas deixando na rúa moitas e moitos traballadores e sen servizo moita poboación do rural galego. Porque hai distintas varas de medir? Non abonda para xustificar este trato de favor o feito de que haxa personalidades moi importantes do PP sentadas no Consello de Administración de Ence, é como se o presidente da Xunta e o Goberno da Xunta estivesen recibindo algún favor económico, persoal ou grupal. -Teme que a Xunta beneficie o modelo Ence cos fondos Next Generation e reforce a súa presenza na ría? Non está claro aínda que no proxecto Next Generation para unha planta de fabricación de fibra vaia empregar pasta elaborada por Ence ou por unha suposta nova celulosa que se dedicaría exclusivamente á fabricación de pasta para fibra, que é un sistema produtivo diferente do que ten hoxe Ence. En todo caso, estes fondos deben ser investidos nas necesidades que ten o pobo galego e non nas de determinadas empresas."}
{"ID": "NOS_12452", "summary": "Que facer coa cultura? Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) convoca un encontro aberto o próximo 25 de febreiro en Compostela para dar resposta aos principais interrogantes arredor dun sector cultural en tempo de crise.", "text": "Como un proceso participativo de debate, con encontros con axentes da cultura galega e persoas interesadas no seu desenvolvemento presenta a AGPXC os debates que están a realizar arredor do documento \"Pensamentos sobre: que facer coa cultura?\", un texto base que ten como intención \"contribuír ao debido proceso de reflexión sobre a cultura que entendemos é preciso nestes momentos\". Despois de que hai máis de medio ano se desenvolvese con numerosa participación o primeiro dos encontros na Coruña, a AGPXC convoca un novo debate xa que entenden que dentro do mundo da cultura \"hai unha necesidade clara de xuntarse e falar para poñer en común estratexias que melloren o noso presente e enfoquen camiños futuros para a nosa cultura\". A nova cita será o día 25 de febreiro na Galería Santiago ás 16.30 e prevese unha duración de catro horas. O debate terá como base o documento elaborado pola AGPXC -disponíbel na súa páxina- no que consideran que a crise \"está a servir de coartada para desmantelar as estruturas culturais e poñer en perigo o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento\". Para a Asociación, o mundo da cultura non está a vivir de maneira allea ao momento económico que afecta á sociedade mais denuncian que \"os axustes orzamentarios en si mesmos non son o problema principal, sono se están acompañados de improvisación, falta de análise das súas repercusións, ausencia de estratexias alternativas e en demasiadas ocasións, se connotan un abandono de funcións\"."}
{"ID": "NOS_7326", "summary": "En pleno debate sobre os piores orzamentos do Estado para Galiza desde 2004, o BNG lanza a campaña \"Contra o Agravio\". Este foi un dos acordos adoptados polo Consello Nacional da formación frontista na súa primeira reunión após a súa XVI Asemblea.", "text": "Os orzamentos do Estado para 2017 son os que pior tratan Galiza desde 2004 en termos absolutos e, se descontarmos a inflación, os menos dotados desde 1996, desde o primeiro goberno Aznar. Nese contexto, e cun Feijóo á defensiva por vez primeira en moito tempo (o presidente da Xunta chegou a dicer que os orzamentos, se non se chegan a executar na súa totalidade, serían decepcionantes), o BNG pon a sexta marcha e lanza unha campaña de denuncia da política estatal a respeito de Galiza -e tamén de socialización das súas alternativas- sob o rótulo xenérico de \"Contra o Agravio\". A campaña será intensa, con actos por todo o país, e será o Día da Patria Galega, coa grande manifestación nacional, quen lle poña o ramo. No seu discurso durante o Consello Nacional -segundo informa o BNG en nota de imprensa-, a líder da formación soberanista, Ana Pontón, chamou a \"cambiar o rumo\" porque \"estamos a viver unha recentralización brutal que é un pésimo negocio para o país\". E os temas de Contra o Agravio? Pois son aqueles que xa están a nuclear a intervención política do BNG durante estes meses. A saber, a necesidade de impulsar un novo modelo de financiamento para o país -o concerto económico-, a demanda da transferencia da AP9 e o fin \"da estafa das peaxes cando se rescatan as radiais madrileñas\", a reivindicación de infraestruturas ferroviarias dignas e o cumprimento dos prazos do AVE, o espolio enerxético... \"Debemos unirnos en defensa dos intereses da Galiza, só así poderemos cambiar situacións tan inxustas e discriminatorias\", enfatizou Pontón, quen puxo Feijóo no albo das súas críticas: \"Isto pasa porque temos un goberno na Xunta incapaz de dar a cara por Galiza, pasa porque Feijóo é unha marioneta en mans de Rajoy\". Galiza Avanza O Consello Nacional acordou tamén pór en marcha a Estratexia Galiza Avanza, co que se dá cumprimento a un dos mandatos da asemblea de Palexco, unha folla de rota na que, salienta a organización nacionalista, \"terá especial relevancia a preparación das eleccións municipais\". Nese sentido, o máximo órgao do BNG entre asembleas marcou o obxectivo de ter designados os candidatos e candidatas para as municipais 2019 no prazo dun ano."}
{"ID": "NOS_5870", "summary": "\"A Audiencia Nacional é un tribunal fascista que persegue os movementos políticos que lle interesan\" e \"a primeira causa de morte nos hospitais é a privatización\": duro alegato de Willy Toledo para explicar por que no Estado español non hai democracia", "text": "No Estado español non hai democracia. Ao redor desta premisa xira o libro de Willy Toledo Razones para la rebeldía. E ao redor dela xirou tamén o taxativo alegato que o actor pronunciou na presentación pública desta obra. A primeira, na fronte da monarquía, á que cualificou como \"absolutamente anacrónica, antidemocrática e que aínda seguimos tragando\". Fronte a esta situación, colocou riba da mesa o seu desexo: \"Co hinchado que está o Borbón e o pimple que lle mete ao corpo, espero que nos dure ben pouquiño\". \"Este señor coárono co argumento de que salvou a democracia após o 23-F. Agardo que como non hai argumentos para coarnos o señor Felipe e a súa esposa Letizia teñamos o coraxe, a valentía e a determinación de non permitir que se prolongue esta monarquía fascista nin un só día máis após a morte do Borbón\", un monarca, acrecentou Toledo, \"escollido por un ditador fascista e criminal ao que el lle rendía pleitesía e lle lambía os pés desde os anos 60\". Mais o actor chamou á reflexión non só ao redor da familia real española. \"A Audiencia Nacional é un tribunal fascista que persegue os movementos políticos que lle interesan\" As torturas e os malos tratos de que acusa á policía volveron ocupar espazo destacado na intervención do actor, e como exemplo da falta de democracia no Estado colocou tamén o sistema xudicial e a política penitenciaria, subliñando que a Audiencia Nacional española \"é un tribunal especial de ideoloxía fascista que se dedica, basicamente, a perseguir os movementos políticos que lle interesan\". Definiu a 'doutrina Parot' como \"unha cadea perpetua que aplican cada vez que lles presta\" e acusou ás FCS de ambas prácticas \"de maneira sistemática e xeneralizada a miles e miles de detidos\". As cargas dos antidisturbios, cuxas imaxes anegaron as redes sociais, servíronlle a Willy Toledo para reforzar a súa acusación: \"se á plena luz do día e en plena rúa se comportan así, non quero imaxinar o que fan nos calabozos\". E as denuncias d@s pres@s foron o outro argumento esgrimido, recalcando que tales denuncias \"non son xamais investigadas nin por un só xuíz, incluído o gran adalid da liberdade e dos dereitos humanos, o señor Garzón\", ironizou o actor. \"A primeira causa de morte nos hospitais é a privatización\" Por derradeiro, colocou as (contra)reformas do Executivo español no albo das súas 'razóns para a rebeldía' para afirmar con contundencia que \"a primeira causa de morte nos hospitais é a privatización\". Arremeteu duramente contra os recortes practicados en dous dereitos fundamentais, saúde e educación, para concluír a súa intervención cunha sonora labazada ao presidente español, a súa equipa en Madrid e o resto de gobernos do PP: \"están a nos matar sistematicamente, pouco a pouco, sen que se note\"."}
{"ID": "NOS_36776", "summary": "Está na Galiza cun grupo de estudantes de diversos países para aprender español. No interior podes ver como interpreta 'Os Pinos'", "text": "Quince rapaces e rapazas de China, Indonesia, Filipinas, Malasia ou India están na Galiza desde hai unhas semanas participando en 'Campus Spain' -no que está o Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo-. Entre estes estduantes está Nicho, cuxo vídeo cantando o Himno Galego á perfección en Balaídos está a se estender polas redes. E non é a primeira vez! Nicho xa gravara outro vídeo hai unhas semanas no que tamén cantaba o himno nacional galego. A propia 'Canteira Celeste', perfil oficial da canteira do Celta parabenizou o estudante polo seu compromiso e sentimento. No marco deste 'Campus' os e as participantes visitan diferentes localidaeres, institucións e espazos, entre eles o estadio do Rc Celta, onde Nicho gravou, bandeira do equipo aos ombros, 'Os Pinos'. 😱😍 S-E-N P-A-L-A-B-R-A-S⠀🏟 Fai uns días, un grupo de estudantes asiáticos visitaron o estadio #AbancaBalaídos por medio de @campus_spain. Un destes mozos animouse cantando o himno galego a pé de campo 🗣️🎶⠀💙 Grazas polo voso cariño e sentimento pola nosa lingua! pic.twitter.com/VA0csUg4XL— Canteira Celeste (@CanteiraCeleste) November 30, 2020 😊 Tras siete semanas en Vigo, uno de nuestros alumnos de #EspañolLCA canta el himno gallego mejor que muchos de nosotros. Además, hoy cumple años. ¡Muchas felicidades, Nicho! 🎉🎂¡Gracias, @campus_spain, por el vídeo!#centrodelinguasFUVI #proudofourstudents pic.twitter.com/3RWi6O1JrQ— Centro de Linguas (@CdlUvigo) November 24, 2020"}
{"ID": "PRAZA_5446", "summary": "O presidente da Xunta aférrase aos datos do padrón de 2012 e obvia os de 2013. O INE e o IGE acreditan a saída de mocidade ao estranxeiro, a mingua de poboación xuvenil e o incremento continuado do envellecemento.", "text": "Nunha das pezas que compuña o proxecto audiovisual Hai que botalos!, concibido para tentar sacarlle as cores ao derradeiro Goberno de Manuel Fraga ante as eleccións autonómicas de 2005, o personaxe que representaba o patrón da dereita española maldicía reiteradamente \"á memoria\", cualidade humana que lle impedía vivir plenamente na realidade que contribuíra a crear nos seus anos de poder autonómico. Algo semellante, pero mudando a memoria polas estatísticas, é o que lle está a acontecer a quen era vicepresidente daquel Goberno. Nestes días Alberto Núñez Feijóo conmemora a súa media década na Presidencia tentando facerlle ver ao país que o panorama é mellor do que herdou do bipartito, en xeral pero tamén nun ámbito particularmente sensible: a demografía, a emigración e o paro xuvenil. Este argumentario foi o que achegou Feijóo o pasado mércores á súa cita co control da oposición, que PSdeG, AGE e BNG formularon en clave de balance. Méndez Romeu, Jorquera e Díaz reprocháronlle a Feijóo que nada está mellor que en 2009. No medio das acusacións opositoras o presidente deu en admitir que, se cadra, as cousas non están \"mellor que hai cinco anos\", pero agora, asegura, a mocidade \"sae menos\" de Galicia que cando gobernaba a coalición de PSdeG e BNG. No fragor da batalla dialéctica co voceiro do Bloque mesmo chegou a cualificar de \"problema inventado\" a preocupación do nacionalista polo éxodo xuvenil. Feijóo aferrouse aos datos do padrón de 2012 e obviou os de 2013 Se ben é certo que o presidente non mentiu abertamente nesa sesión parlamentaria non o é menos que non dixo toda a verdade. Para retrucar as acusacións do resto de grupos Feijóo aferrouse aos datos do padrón de habitantes do ano 2012 e non aos máis recentes, do ano 2013, publicados hai escasos días polo INE e nos que fica claro que o país perdeu nun ano case 30.000 persoas de entre 15 e 24 anos. Non obstante, se a ollada ao panorama poboacional e migratorio se realiza cunha perspectiva un chisco máis ampla a pólvora dos foguetes polos cinco anos de mandato tende a ser humedecida polas pingas da realidade. Entre 2008 e 2012 diminuíu a emigración xuvenil a España pero aumentou ao resto do mundo O propio instituto estatístico do Estado deixa claro na súa análise de movementos migratorios que o retrato robot da emigración galega é o dunha persoa moza que marcha a Madrid ou a Sudamérica. Neste contexto, tan só no ano 2012 -último ano dispoñible- está acreditada a marcha de 25.000 persoas das cales en torno ao 55% tiñan entre 20 e 35 anos. Unha análise máis detallada da mesma base de datos permite coñecer que dende o ano 2008, o derradeiro gobernado integramente polo bipartito, descendeu lixeiramente a emigración de persoas de ata 30 anos que deixaron Galicia para ir a outro punto do Estado, pero aumentou máis dun 20% o número das que colleron a maleta para facer a súa vida noutro punto do mundo, cifra que superou as 4.000 en 2012. Menos mocidade, máis persoas maiores O preocupante retrato da poboación galega e das súas perspectivas de futuro complétaa a información completa do padrón á que parcialmente se aferra o presidente. Partindo dos últimos datos definitivos analizados polo Instituto Galego de Estatística, os de 2013, e botando a vista atrás ata o comezo da crise, en 2007, é posible tirar a conclusión de que Galicia ten agora un 11% menos de habitantes de entre cero e 34 anos. Mentres, as persoas que superan esta idade aumentaron un 6%. No caso das maiores de 85 anos a cifra incrementouse nun 25% e xa son case 100.000. Case 14.000 mozos e mozas 'desapareceron' do padrón entre 2007 e 2013 O retrato tampouco mellora ao ollar polo miúdo a evolución dos diferentes grupos de idade nestes anos. Así, por exemplo, no ano 2007 vivían en Galicia 162.258 persoas de entre 20 e 24 anos e cinco anos despois rexítranse 156.055 de entre 25 e 29. Faltan, polo tanto, máis de 6.000 destes mozos e mozas. Algo semellante acontece ao observar a poboación de entre 25 e 29 anos en 2007, que ascendía a 213.344 persoas, e ás que en 2013 tiñan entre 30 e 34, 205.954. Neste caso, a diferenza é de máis de 7.000. Faltan, polo tanto 13.593 mozos e mozas."}
{"ID": "NOS_30513", "summary": "As amortizacións e perda de profesionais nos centros da rede pública vai prexudicar o servizo e dificultar a conciliación, afirman. Anpas como a da escola de Vilagarcía impulsan unha recollidas de sinaturas.", "text": "A partir do mes de setembro na escola infantil 'A Galiña Azul' de Vilagarcía deixarán de contar con 2 prazas das que viñan dispoñendo desde a inauguración deste centro da rede pública da Xunta: unha educadora e unha PSX. A maiores, vaise suprimir unha praza de mestra que non se chegara a cubrir. ·Unha política de 'recortes' que non afecta exclusivamente ao noso centro, senón que atinxe a un total de 35 escolas da Rede xa en funcionamento e a 14 de nova apertura no curso 2015-2016\", afirman desde a ANPA 'O Año Pitaño', que impulsa unha recollida de apoios para pedir ao Consorcio Galego de Benestar que cese nesta política. Piden \"a paralización das amortizacións de persoal na Rede Galega de Escolas Infantís A Galiña Azul e conservación da parella educativa como piar fundamental da Rede\". Prexuizos Sosteñen as familias que con estes recortes vai haber un deterioro do servizo que se lles presta ás crianzas, \"xa que se van ter que limitar moitas das actividades que desenvolvían ata o momento ao non contar con persoal suficiente para levalas a cabo\". E non só iso. Tamén, afirman, \"vai dificultar a conciliación das familias: ao ter só unha persoa de referencia, e se esta causa baixa por calquera motivo, as crianzas poden ter que pasar a un novo período de adaptación improvisado e sen planificación posible por parte das familias\". Na súa petición, esta ANPA lembra que un dos eixos principais – e que aínda podemos ler na propia páxina web- do Consorcio Galego do Benestar é \"a aposta pola calidade vertébrase arredor de dous elementos fundamentais: a redución da ratio de alumnos/as por educador/a e a formación continua. Para facer posible o primeiro, apóstase pola parella educativa\". Figura que desaparece despois das amortizacións plantexadas, afirman as familias."}
{"ID": "NOS_21217", "summary": "Un percorrido case chan polo que, seguindo o trazado da antiga liña do ferrocarril que transportaba o mineral e o ferro das minas da contorna de Vilaoudriz ao porto de Ribadeo, imos remontando o curso do río Eo entre San Tirso e a Pontenova.", "text": "Desde a Pontenova, onde recollemos información na oficina de turismo, desprazámonos a San Tirso e comezamos ao pé da antiga estación, o primeiro edificio que se atopa á beira da estrada desde a principal, na que vai a El Llano. Paraxe: A Mariña / Concello: A Pontenova, San Tirso de Abres / Percorrido: 12 quilómetros / Dificultade: Baixa Na primeira curva entramos no túnel de San Tirso. Á saída xa estamos preto do Eo que, unhas veces visto e outras sentido, levaremos entre 10 e 15 metros por debaixo ao longo de todo o percorrido, acubillado entre as ringleiras de árbores caducifolias autóctonas: freixos, pradairos, salgueiros, ameneiros (moitos danados polo fungo) e, en moitos lugares, nunha segunda e terceira liña, detrás deles, carballos, castiñeiros e loureiros co seu mato natural (todos eles ameazados polas masas de eucaliptos que cobren as abas dos montes). Ao río é case imposíbel achegarse polo abrupto do terreo, de forte desnivel, coa verticalidade aumentada polo recheo que se fixo para pasar o trazado da vía. A 1,5 quilómetros da saída temos que cruzar a estrada Lugo-Ribadeo. Seguindo a ruta logo chegamos, antes da boca do seguinte túnel, aos restos da central eléctrica de Louredal, construída, segundo informa o panel indicador que se atopa á beira do camiño, para subministrar enerxía a unha fábrica de lentes ópticas que nunca chegou a funcionar, pero produciu electricidade para alimentar vivendas da zona. Máis adiante vese a presa. Neste tramo o camiño é bastante despexado, até chegarmos á ponte que hai ao pé da central eléctrica. Cruzamos a ponte e logo un pequeno túnel para seguir até un punto onde o ruído do río e a cor branca da auga chaman a nosa atención. Ao pouco atopamos unha baixada a un refuxio de pescadores e á presa da central, da que o río se descolga nunha fervenza artificial, á beira da que se atopa unha escada para a peixes. Dous quilómetros e uns túneles máis adiante chegamos ao límite de Asturias, onde remata o camiño de terra e entramos na Galiza, onde o camiño está asfaltado. Pasado o desvío a Saldoiriña e antes de chegarmos a Ervelle hai outra baixada ao río cunha pontella, estragada, que comunicaba os lugares anteditos con Saldoira, na outra beira do río e ao pé da estrada principal. Pasado Ervelle o camiño segue á sombra até chegar ao forno do Boulloso. Avanzamos para pasar ao pé da área deportiva e de lecer da Pontenova e completar o último tramo do percorrido ao pé dos fornos."}
{"ID": "PRAZA_20096", "summary": "Debe ser unha forza política con soberanía de seu, que non se supedite a forzas alleas nin a grupos de presión. Ese debe ser o camiño a seguir para acadar o obxectivo de mudalo todo.", "text": "\"En Marea naceu para mudalo todo\" eis unha das primeiras consignas que se poden ler na súa web. Non semella un obxectivo sinxelo, mais xa desde o seu nacemento, tentou mudar aspectos impotantes: En Marea non nace como un partido clásico ou unha coalición de partidos, senón como un proxecto político de adscrición individual, onde teñen cabida persoas que militan nalgún partido ou organización, persoas que acabaron desencantadas no seu momento ou quen ate o de agora non pertencera ou non se vira representada por ningún dos partidos existentes. Deste xeito, pretende ser un espazo aberto, de cooperación, onde as persoas sexan partícipes do proxecto, facéndoo seu, decidindo sobre tódalas cuestións relevantes da axenda política, caracterizándose pola pluralidade, a transversalidade e a aposta por unha organización de esquerda nacional útil para o país. A participación e a implicación e compromiso das persoas é esencial, tanto neste como en calquera proxecto que pretenda ter unha incidencia real no seu contorno. A xente precisa que as súas opinións sexan valoradas, que as súas necesidades sexan cubertas e as súas propostas tidas en conta, precisan vieiros de participación que lles permitan sentir que o proxecto é seu. Estes procesos de participación non están libres de atrancos, debates ou contradicións, mais superalos tamén é parte do proceso, dando forza ao proxecto e ás persoas que o fan, construíndo novas alternativas e xeitos de facer. Débese ter presente que cada concello ten as súas características, as súas demandas e necesidades, as súas potencialidades e aspectos a mellorar, e quen mellor as coñece son as persoas que viven nel, polo que é esencial que as súas demandas, propostas e peticións sexan escoitadas e trasladadas ás institucións para buscarlle solucións. Para artellar esa participación cidadá, tendo en conta a diversidade da que falaba, En Marea debe apostar por constituír asembleas territoriais, co obxectivo de dotar dunha ferramenta eficiente ás persoas para trasladar as demandas e necesidades do seu concello ou comarca, propostas, inquedanzas, etc. ás institucións, dotando a estas asembleas de recursos de apoio (formativos, informativos, etc.) e descentralizando a toma de decisións para que estas sexan debatidas, traballadas, etc. En Marea debe seguir mudando, medrando e consolidándose para non traizoar a confianza que a cidadanía galega puxo nela. Debe ser unha forza política con soberanía de seu, que non se supedite a forzas alleas nin a grupos de presión. Ese debe ser o camiño a seguir para acadar o obxectivo de mudalo todo."}
{"ID": "NOS_46920", "summary": "A Xunta segue sen intervir, denuncia o sindicato nacionalista, que critica a \"indeferenza\" que está a amosar o goberno galego neste conflito a pesar dos concertos con millóns de euros públicos que asina con este hospital.", "text": "Doce días de greve de fame de tres traballadores, e 4 días dun dos empregados despedidos. \"Comezan a ter problemas serios na súa saúde\", afirman desde a CIG nun comunicado. Un comunicado no que lamentan seguir sen \"ningunha resposta por parte da dirección e da Xunta \".malia que na xuntanza mantida polo comité de empresa coa delegada da Xunta en Vigo hai uns días esta comprometérase a mediar. \"Non entendemos que non interveña nesta situación, nunha empresa financiada con cartos públicos e que atende 139.000 usuarios que sofren unha precariedade asistencial e cun cadro de persoal de 1350 traballadores e traballadoras, que levamos mais de seis anos sufrindo esa situación\". O sindicato nacionalista pregúntase como pode ser que non interveña cando se vén de asinar o concerto por 10 anos con recortes: \"73 despidos, reducións de xornada ao 45% do cadro de persoal, quendas que non nos deixan conciliar a vida familiar con ata cinco horarios distintos na mesma semana e a redución dos nosos salarios ata un 22%\". Cómpre lembrar que centos de delegad@s da CIG de Vigo percorreron esta quinta as rúas da cidade en manifestación para esixir a readmisión dos 13 traballador@s despedid@s en Povisa e rexeitar a \"actitude fascista\" da dirección do hospital."}
{"ID": "NOS_20726", "summary": "Nas pasadas cinco xornadas detectáronse dous abrollos de coronavirus no municipio de Vigo e outro no concello do Saviñao. Na Coruña e Oleiros procúranse as persoas que estiveron en locais de ocio nocturnos nos que traballou un porteiro que deu positivo.", "text": "Como xa anunciara a pasada semana, a Xunta publicou onte no Diario Oficial da Galiza a recomendación de limitar a vinte e cinco persoas as reunións en espazos privados. Hoxe, segundo trasladou a Consellaría de Sanidade, divulgarase a listaxe de países e áreas de alta incidencia de coronavirus, cuxos visitantes deberán comunicar ás autoridades sanitarias galegas os seus datos de contacto obrigatoriamente. Ambas as disposicións chegan logo de cinco xornadas consecutivas nas que Galiza rexistrou un aumento do número de casos activos da Covid-19. Así denomina a Xunta da Galiza a cifra de persoas cunha proba de coronavirus positiva nunha xornada concreta. Se o 23 de xullo esta ascendía a 163 casos activos, onte o Sergas informaba de 232, aínda lonxe das cifras de marzo e das da maioría dos demais territorios do Estado. Ao tempo, o número total de \"curacións\" ou altas epidemiolóxicas é de 97. Se ben a Consellaría de Sanidade non especifica os novos casos localizados cada día, pódese deducir polos datos fornecidos que sumaron 149 entre o 23 de xullo e o 27 de xullo. Neste último día, localizáronse 23 positivos máis. E, segundo o último informe emitido polo Instituto de Saúde Carlos III, en case a metade dos casos detectados na Galiza desde o 11 de maio descoñécese a orixe do contaxio. Focos na Galiza As modificacións das medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria coinciden coas orixes coñecidas dos abrollos detectados desde o pasado mes de xuño na Galiza. Isto é, a \"importación\" de casos doutras áreas e do Estado ou do estranxeiro, que posteriormente contaxian a patoloxía en reunións familiares ou con persoas próximas . Así foi no primeiro foco detectado tras a fin do estado de alarma, o da comarca do Barbanza, que na actualidade xa non conta con ningún positivo activo nin persoas en corentena. Desde aquela xornada, as autoridades sanitarias informaron de diversos abrochos máis espallados pola xeografía galega. O da comarca da Mariña foi o que rexistrou o maior número de persoas que deron positivo nas probas da Covid-19, obrigando ao fechamento de varios concellos e mais á limitación da mobilidade ou a restricións de aforo nos locais e na restauración. No municipio de Betanzos localizáronse, a mediados do mes de xullo, dous focos diferentes. Paralelamente, os seis casos positivos detectados en Vilalba e Xermade foron rastrexados para estabelecer unha posíbel conexión co brote da Mariña. No concello de Vigo, asistentes a unha festa nun barco deberon gardar corentena logo de manifestárense dous casos positivos entre os días 23 e 24 de xullo. Na mesma localidade informouse na xornada de onte de dous abrollos familiares, con tres e dez positivos por Covid-19 respectivamente. Nos municipios do Porriño e do Saviñao tamén foron detectados dous abrochos familiares, con seis e quince positivos. No da Coruña e no veciño Oleiros activouse a procura de contactos que estiveron nos locais nos que traballa un porteiro que deu positivo en Covid-19, mentres do clube de fútbol Fuenlabrada suma 18 casos activos. Para abranguer e conter os abrochos, a Xunta puxo en marcha en maio unha plataforma tecnolóxica de rastrexo. Unha das patas de prevención da Covid-19 xunto coas medidas de seguridade e mentres non se atope unha vacina ou tratamento efectivo contra a Covid-19. Rastrexo de contactos Con cada positivo detectado, actívase a procura das persoas que estiveron en contacto coa enfermidade. Despois dunha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique o paciente como caso sospeitoso de coronavirus, solicitaráselle unha proba PCR. Unha tarefa que desenvolve desde o mes de maio unha plataforma tecnolóxica integrada daquela por unha equipa de vinte profesionais, que os sindicatos sinalaron como outro exemplo de \"privatización\" da Xunta. Non hai consenso no número de rastrexadores co que se debería contar por cada 100.000 habitantes. Un estudo da Universidade John Hopkins dos Estados Unidos estabelece un mínimo de 30, polo que na Galiza serían precisos cando menos 810 profesionais. Porén, o número actual de operadoras da plataforma é descoñecido, pois o Sergas non o actualizou nin respondeu as cuestións ao respecto. Na pasada semana, en rolda de prensa, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, cifrou en \"máis de 6.000\" as persoas con funcións de \"detección e seguimento\" da Covid-19. Unha cifra que pode chamar a engano, xa que nela o líder do Executivo galego incluíu persoal da Atención Primaria ou de Medicina Preventiva. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da terza feira, día 28, nos quiosques ou na nube]"}
{"ID": "NOS_14133", "summary": "Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume rexistrado en Seadur, que segundo os primeiros indicios puido ser ocasionado por un raio, iniciouse o mércores ás 20.59 horas.", "text": "Dous incendios forestais permanecen activos no municipio de Larouco, concretamente nas parroquias de Seadur e Freixido. O primeiro deles afecta unhas 110 hectáreas e, o segundo, nestes momentos unhas 100 hectáreas. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume rexistrado en Seadur, que segundo os primeiros indicios puido ser ocasionado por un raio, iniciouse o mércores ás 20.59 horas. Debido ao vento na zona reactivouse e permanece activo a esta hora. Conforme ás últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 100 hectáreas e no seu control participan un técnico, nove axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, unha pa, unha unidade técnica de apoio, catro helicópteros e dous avións. A Xunta aproba un Pladiga que nace inzado de críticas pola \"falta de medios humanos\" Pola súa parte, o incendio rexistrado na parroquia de Freixido empezou ás 7.26 horas desta quinta feira e as últimas estimacións cifran a superficie afectada en máis de 20 hectáreas. No seu control traballan tres axentes, seis brigadas, dúas motobombas, catro helicópteros e dous avións. Incendios da cuarta feira Dous incendios forestais que afectan o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés foron rexistrados nos concellos de Entrimo (parroquia da Illa) e Lobios (parroquia de Riocaldo). Así o informou a Consellería do Medio Rural, que detalla que, segundo os primeiros indicios, estes lumes, que xa foron estabilizados, puideron ser causados por un raio. Bombeiros forestais cifran en 300 as prazas sen cubrir En concreto, o incendio de Entrimo rexistrouse ás 21.07 horas da cuarta feira e quedou estabilizado ás 21.51 horas. As primeiras estimacións cifran a superficie afectada en menos dunha hectárea. Pola súa parte, o incendio de Lobios empezou ás 20.33 horas e quedou estabilizado ás 22.16 horas."}
{"ID": "NOS_51777", "summary": "Unha España enrocada coma nunca fronte ao dereito dos pobos a decidir, os Orzamentos de Estado para 2015 e diversas entrevistas. Isto e moito máis neste semanario. Xa á venda na nosa loxa.", "text": "Chegamos ao número 116 do Sermos Galiza cun semanario no que o tema central se debruza sobre a reacción autoritaria do Estado español contra a demanda dos pobos a decidiren o seu futuro. Unha cuestión de máxima actualidade co proceso catalán. Tamén falamos das marés, plataformas que nacen coa intención de seren 'tsunamis' por unha democracia radical e que non teñen data de caducidade coas municipais. Debullamos os Orzamentos Xerais do Estado, unhas contas anti-sociais e que son reflexo dos incumprimentos para con Galiza. Tamén falamos de como na Galiza do século XXI mantense un ferrocarril do XIX ou do 'Clan Méndez' e os seus negocios de familia a Caixa Galicia. Lírica medieval profana e Brasil en Vermelho E este nº 116 trae aínda máis. Falamos con Manolo Ferreiro, autor do glosario da lírica medieval profana e de como salienta a importancia da auto-estima para os pobos. Entevistamos a J. Reinaldo Carvalho, editor do Vermelho, que afirma que \"para a direita brasileira a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje\". Coñecemos a Sandra Fernández, galega gañadora do campionato europeo e mundial de motonáutica con Viaxes na Miña Terra percorremos a praia das Catedrais e a illa Pancha e preguntámonos pola unidade social en Vigo contra a Xunta e o Concello. Entevistamos a J. Reinaldo Carvalho, editor do Vermelho, que afirma que \"para a direita brasileira a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje\". E celebramos cunha torta galega o 50 aniversario de Mafalda! Falamos con varias persoas para nos adentrar máis neste personaxe. Feminismo e islamismo Neste número entrevistamos a Wadi N-Dacheitani, feminista islámica que nos explica que é preciso \"descolonizar o feminismo de visións autoritaria, excluintes e etno-centristas\". Unha conversa con Daniel R. Cao e Alberto Pombo, do café-libraría 'Linda Rama' pon o ramo este número. Agardamos que gostedes!"}
{"ID": "NOS_56880", "summary": "Podémonos sentir na casa no aeroporto ou antes ao ver o país desde o avión, baixo a cuberta da estación do tren, onde aparcamos o coche e no portal ao chegar en cadeira, andando ou ao deixar a bicicleta.", "text": "Cando voltamos á casa tras unha viaxe, sexa curta ou longa, preto ou lonxe, podemos sentirnos chegar antes de atravesar a porta. É dabondo con sentir a chegada a nosa cidade ou lugar. Onde, cando ou por que temos esta sensación? Cales serían esas portas e momentos nos que nos consideramos na casa? Cal foi o lugar máis lonxe da casa no que nos temos sentido na casa? Chegar é, moitas veces, desexar chegar, sexa tras unha longa xornada, viaxe fatigosa ou emigración forzada. Pois como di o poeta: \"non acharás outra terra nin outro mar. A cidade irá en ti sempre. Voltarás ás mesmas rúas. (...) Pois a cidade é sempre a mesma\". E ó contrario e de forma máis íntima, hai persoas que ademais de botar a chave, teñen que escarrancharse no sofá, abrir a neveira, ulir o cheiro da súa casa e mesmo ducharse ou durmir para sentirse plenamente de volta a casa. Pois \"a casa ten unha cousa moi boa que é a chave, un chega, bota a chave, e o mundo queda fóra\". Outras precisan recuperar as súas rutinas: saír co seu animal, facer deporte, tomar o café, periódico mediante, e mesmo ir directos ó bar sen pasar antes pola casa. A sensación de chegar é clara cando se abandona o medio de transporte. Podémonos sentir na casa no aeroporto ou antes ao ver o país desde o avión, baixo a cuberta da estación do tren, onde aparcamos o coche e no portal ao chegar en cadeira, andando ou ao deixar a bicicleta. Mais \"só o rótulo da estación di de verdade o nome da cidade; o demais son citas, máis ou menos fieis, dese único documento orixinal\". Moitas veces son as referencias urbanas persoais: esa árbore, aquel banco, rebasar a última curva, tocar ese elemento urbano ou pasar baixo ese edificio, as cousas que sinalan a nosa chegada. Tamén poder ser determinados cheiros: a ría, a porto, a froiteiros, a monte baixo ou directamente a bares. Outras veces son referencias formais: ver o nome no rótulo da estrada, o límite municipal ou o noso destino ó lonxe, atravesar a ponte que conduce á nosa cidade ou pasar baixo limiares como o soportal ou a porta da muralla ou recinto. De maneira extrema, cruzar a fronteira tras deixar un país en conflito ou antipático pode supoñer un alivio como o de entrar en casa. Se o tempo de volta foi longo e aceptando que existe unha Casa Nai, será a proximidade dos nosos a que nos fará sentir na casa, pois \"o importante non é ter onde ir, se non onde volver\". Con todo, somos máis de xente que de lugares e a máis sofisticada videochamada xamais substituirá o fogar que é un abrazo dos nosos. Non importe onde."}
{"ID": "PRAZA_7058", "summary": "O presidente de RTVE anuncia que se reiniciarán \"o antes posible\" as emisións que decidiran suprimirse para aforrar e que afectaba milleiros de mariñeiros galegos embarcados en altura que protestaron xunto a outros colectivos pola decisión agora revogada.", "text": "Radio Exterior de España (REE) reiniciará \"o antes posible\" as súas emisións en onda curta en canto resolva as cuestións técnicas e financeiras vinculadas a esta operación. Veno de anunciar o presidente de RTVE, Pedro Sánchez, na comisión de control parlamentario onde compareceu por primeira vez desde que tomara posesión do seu cargo hai un mes. A noticia é un alivio para milleiros de armadores e mariñeiros galegos, que desde que coñeceron a intención da emisora pública criticaron a medida que afecta moitos traballadores do mar, embarcados en altura, que quedarían sen unha emisión moi valorada para eles e que era a únic posible en moitos barcos pesqueiros, sobre todo os de menor tamaño, que non contan coa tecnoloxía axeitada. Radio Exterior reiniciará \"o antes posible\" unhas emisións por onda curta que cesaran hai máis dun mes REE deixou de emitir o seu sinal por onda curta o 15 de outubro e desde aquela representantes de federacións e sindicatos de xornalistas, cooperantes, pesca e radioescoita no Estado reclamaron a permanencia dunhas emisións que son seguidas por entre 4 e 10 millóns de oíntes, varios miles deles mariñeiros galegos. Foi o pasado 19 de outubro cando o Faro de Vigo desvelaba os plans do Goberno central de poñer fin á emisión en onda curta, xustificada no custe deste servizo (1,2 millóns de euros anuais) e a que recepción de REE no exterior estaba garantida grazas á transmisión a través de Internet e vía satélite. Porén, dende o primeiro momento asociacións de armadores e mariñeiros criticaron unha medida que podería deixar milleiros de traballadores do mar sen esta emisión. Mariñeiros, asociacións de xornalistas, cooperantes e sindicatos crearan unha plataforma en defensa da onda curta Non hai moito, o director de Radio Exterior de España, Antonio Szigriszt, reiterara que o Goberno non daría marcha atrás na súa decisión, aínda que o secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, deixaba a porta aberta a \"buscar alternativas\" e logo de que o Ministerio anunciara que emitiría un informe á Secretaría de Estado de Comunicación e á dirección de RTVE. Ante esta situación, creouse a Plataforma en Defensa da Onda Corta de Radio Exterior de España, impulsada pola Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e formada tamén pola Confederación Española de Pesca (Cepesca), Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), Asociación Española de Radioescucha (AER), Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), e as federacións de servizos de UGT FeS-UGT e CCOO. O seu obxectivo foi facer presión ante o Goberno. Destacan a importancia que este servizo ten para moitos colectivos no exterior (sobre todo mariñeiros e cooperantes) e lembran que BBC, Radio France Internationale, Deutsche Welle, China Radio Internacional ou Voice of America non só manteñen a súa emisión en onda curta, senón que mesmo a \"reforzan\". O BNG presentou unha serie de iniciativas parlamentarias, tanto no Congreso dos Deputados coma na Cámara galega, instando o Goberno a manter o servizo de onda curta de REE por \"ser un servizo público de grande importancia para as frotas pesqueiras\" e tamén \"por constituír unha vía de comunicación para a emigración en xeral\". RTVE anuncioulle o cambio de decisión ao BNG, que advertira da importante \"vía de comunicación para a emigración e as frotas pesqueiras\" que supón Radio Exterior Precisamente, e a preguntas da deputada nacionalista Olaia Fernández Davila e doutros parlamentarios, Pedro Sánchez asegurou que \"RTVE é sensible ás necesidades dos españois que demandan este tipo de emisións, como pescadores de altura, misioneiros, cooperantes, colectivos de emigrantes ou empresarios\", tras recoñecer que a decisión agora revogada debérase ao \"alto custo\" do seu mantemento. \"En canto tecnicamente resulte posible, reiniciaranse as emisións\", que complementarán outras vías como o cable, internet e a TDT. O presidente de RTVE, en resposta ás dúbidas do BNG, recoñeceu que as emisións non eran posibles no Gran Sol desde hai tempo, pero dixo descoñecer os \"detalles técnicos\". Iso si, insistiu en que \"onde haxa necesidade, vai chegar a onda curta\" e recoñeceu que tivera conversas con varios ministerios e coa Xunta de Galicia que o levaron a reconsideran a decisión inicial. \"Non obstante, no futuro, a onda curta, queiramos ou non, desaparecerá\", advertiu Sánchez, que asegura que a BBC tan só emite unha hora diaria de luns a venres en onda curta. Nas últimas semanas, a Cooperativa de Armadores de Vigo lembrara a través dun comunicado de prensa a importancia desta emisión dadas as \"especiais circunstancias de traballo que arrastran os esforzados tripulantes\", sinalando que \"ata que se produciu o seu actual silencio, Radio Exterior de España permitiulles sentir que, aínda estando lonxe das súas casas e da súa terra, se mantiña ese vínculo, ao facelos partícipes do día a día\". A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) lembraba que, mesmo habendo alternativas técnicas para recibir a emisión (a transmisión vía satélite), en moitas ocasións a instalación desta tecnoloxía nos barcos acada un prezo \"tan elevado\" que impide que poida ser pagado polos responsables das embarcacións. Algúns dos equipos empregados para a emisión e que agora pasan a estar inutilizados ou van ser malvendidos foron adquiridos hai apenas tres anos por 400 mil euros. A audiencia de Radio Exterior en todo o mundo é de entre 4 e 10 millóns de oíntes Un informe de CC.OO. calcula a audiencia de REE en todo o mundo en entre 4 e 10 millóns de oíntes e asegura que o 80% segue as emisións a través daonda curta. UGT, pola súa banda, denuncia que algúns dos equipos empregados para a emisión e que agora pasan a estar inutilizados o van ser malvendidos, foron adquiridos hai apenas tres anos por 400 mil euros. Propón que, no caso se que sexa imprescindible reducir custes, Radio Nacional opte por fórmulas coma a escollida pola BBC, que pasou de emitir en 25 linguas a facelo en 15. Na actualidade REE emite en seis idiomas (inglés, francés, portugués, árabe, ruso e sefardí), ademais de en castelán."}
{"ID": "PRAZA_10243", "summary": "O 26M fixo volver prender as alarmas no PPdeG por segunda vez nun mes; o PSdeG superounos en votos nas europeas e quedou a menos dun punto de facelo nas municipais. A suma dos socialistas, do BNG e das principais mareas no 26M supera nunhas 250.000 papeletas o resultado do PP", "text": "Un dos grandes titulares da noite electoral do 26M foi o esborralle das mareas municipais nas cidades nas que emerxeran directas ao goberno en 2015: A Coruña, Santiago e Ferrol. Outro, ligado con este, foi a perda de poder urbano do PP, que nun episodio inédito non deu entrado no xogo da alternancia dos gobernos das cidades xa fose por empeorar resultados -A Coruña, Santiago, Ourense-, por non mellorar dabondo -Ferrol, Lugo- ou por afondar nunha desvantaxe sideral -Vigo-. Outro máis, a imposibilidade de regresar ás deputacións que perdera e o que, de consumarse, será un terremoto político de seu: a fin da maioría absoluta dos Baltar en Ourense.Estes focos de atención, unidos á dinámica estatal, deixaron nun segundo plano o resultado global galego dos dous comicios celebrados en Galicia o 26 de maio, municipais e europeos. Ambos prenderon alarmas na sala de máquinas do PP e deron azos pola banda esquerda, moi especialmente no PSdeG, cara a unha carreira cara á Xunta de inminente saída. Non en van, a porcentaxe de apoio aos conservadores en ambas citas fíxoos retroceder aos tempos da vella Alianza Popular, o partido que Manuel Fraga refundou para convertelo no PP.O 26M fixo volver prender as alarmas no PPdeG por segunda vez nun mes; o PSdeG superounos en votos nas europeas e quedou a menos dun punto de facelo nas municipaisUn mes despois de que, nas xerais do 28A, o PSdeG fose a forza máis votada en Galicia nunhas eleccións por primeira vez na súa historia -ou, o que é o mesmo, un mes despois de que o PP non tivese tal condición desde que foi fundado-, a historia repetiuse na votación á Eurocámara e estivo a piques de facelo na dos concellos. Os socialistas quedaron case catorce puntos por diante do PP en Galicia nas europeas (35,05% fronte a 29,81% dos votos, segundo o reconto provisional) e foron superados polos de Feijóo nas municipais por unha estreita marxe de menos dun punto (33,35% PP, 32,76% PSdeG).No caso das municipais o ascenso do PSdeG ten varias fontes. Entre as máis destacadas, a recolleita de voto perdido polas mareas municipais e o éxito de Abel Caballero en Vigo. Estes e outros factores encadrados na vaga iniciada nas xerais catapultounos a niveis de voto na contorna do 35%, inéditos dende os tempos de Emilio Pérez Touriño e José Luis Rodríguez Zapatero, pero cunha diferenza: daquela, cando máis preto estiveran do PP tíñano 4 puntos por diante e agora xa o deron superado dúas veces. Os populares quedan tamén por baixo do nivel de apoio cidadán acadado no que ata agora fora o seu maior devalo dende a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas de 2009, o ciclo electoral das europeas de 2014 ás xerais de 2015. Daquela quedaran na contorna do 35%, o que na cúpula conservadora se interpretara como un risco real de perder a Xunta toda vez que entre En Marea como coalición -na altura, segunda forza- e o PSdeG superaban o 46% dos sufraxios. Nos comicios deste 2019 o voto da esquerda superou o 50% e o do PPdeG non chegou ao 35%; o PSdeG regresa a niveis de tempos de Zapatero e Touriño, pero daquela nunca superara o PPEse mesmo limiar, do 46%, é o que superaron nas pasadas municipais os votos dos socialistas agregados aos do BNG, que malia descender un chisco con relación aos anteriores comicios locais, si ascende a respecto das galegas de 2016 e as xerais deste mesmo ano. Sumando os das tres grandes mareas ata agora gobernantes na Coruña, Santiago e Ferrol e as candidaturas ligadas a En Marea a porcentaxe achégase ao 50% no conxunto de Galicia. Os sufraxios obtidos polo PSdeG (494.526), o Bloque (187.894), as listas abeiradas por EM (22.289), Marea Atlántica (25.290), Compostela Aberta (10.651) e Ferrol en Común (10.249) chegan a superar os 750.000, mesmo os 760.000 tendo en conta a ascendente Alternativa dos Veciños. Mentres, o PP ficou en 503.000, que chegan a 532.000 sumando a Ciudadanos.Se atendemos ao 28A, a agregación dos resultados do PSdeG, En Común, En Marea e BNG supera o 55%. A diferenza con relación a hai catro anos é que, fronte a estas sumas da esquerda, o PP non chegou ao 30% nas xerais e nas municipais, sen excesiva competencia viable pola dereita, quedou no 33%. En eleccións galegas o PP nunca baixou do 40% na media galega coas súas actuais siglas. O seu menor nivel de apoio dende a refundación foi en 1989, un 44% que lle serviu para bater o daquela presidente da Xunta, o socialista Fernando González Laxe, cunha axustada maioría absoluta. A cota máis alta en comicios ao Parlamento logrouna Fraga en 1997, achegándose ao 53% dos sufraxios. Polo momento descoñécese cando os populares porán a proba ese nivel de apoio nos comicios galegos nin se o farán con Feijóo á súa fronte. Fronte ao PP estarán, con toda probabilidade, o socialista Gonzalo Caballero e a nacionalista Ana Pontón. Resta saber tamén como e con quen concorrerán as formacións noutrora agrupadas en torno a En Marea.Gonzalo Caballero dá por aberto \"un novo tempo político no país\" porque \"a cidadanía dixo 'non' a Feijóo en abril e volveullo dicir en maio\"Estes números, unidos ao poder territorial que gañarán a partir do vindeiro xuño en vilas e cidades -ademais de manter cando menos tres deputacións- levan a dirección do PSdeG a dar por aberto \"un novo tempo político no país\", en verbas de Gonzalo Caballero. \"Estamos moi satisfeitos\" porque \"a cidadanía galega volveu dicir non a Feijóo nas urnas\", afirma o secretario xeral dos socialistas, para quen \"o mapa dos resultados\" do 26M permite \"ver que existe unha maioría social de progreso e de esquerdas\" en Galicia. \"Dixéronlle 'non' a Feijóo en abril e volvéronllo dicir\" e por iso, afirma, \"imos traballar arreo para reeditar\" o \"cambio de ciclo\" nas autonómicas que, agás en caso de adianto, se celebrarán en 2020.Pontón tamén ve \"un cambio de ciclo\" e di estar convencida de que \"comezou a conta atrás do PP\" en GaliciaO BNG, pola súa banda, concorda coa análise de que \"estamos ante un cambio de ciclo político\". Para a súa portavoz nacional, Ana Pontón, os resultados das municipais ratifican o \"avance\" da súa formación, á que ve en condicións de impulsar un \"novo tempo político\" e \"deixar atrás un decenio nefasto para Galiza\". \"Comezou a conta atrás do PP e o BNG será protagonista, cun proxecto sólido e unido para o cambio nas próximas eleccións galegas\", afirma. Feijóo, mentres, afirmou nunha primeira valoración que malia ter \"máis apoios que o PSOE en Galicia\" nas municipais e \"máis porcentaxe de votos que o PP\" no conxunto do Estado, o resultado do 26M estivo \"lonxe de ser o desexado\" e \"polo tanto, traballaremos arreo para seguir sendo a forza política de referencia dos galegos\", afirmou na noite electoral."}
{"ID": "NOS_21145", "summary": "Entrevistamos Marina Blanco Aparicio, pneumóloga do Chuac.", "text": "En que consiste o labor que desenvolve unha pneumóloga, esa tarefa que agora comeza a coñecerse un pouquiño máis, pero que moitas persoas antes desta crise sanitaria non saberían definir con exactitude? É importante que se saiba ben o que facemos, porque a morte sempre se produce porque o corazón non funciona ou por non respirar, por iso se lle chama parada cardiorrespiratoria. Se algunha desas dúas cousas falla, non che hai nada que facer. Xa que logo, as dúas únicas especialidades imprescindíbeis son a cardioloxía e a pneumoloxía, de todo o demais non se morre. De aí a gravidade da COVID-19, porque afecta fundamentalmente á función respiratoria? Claro. A complicación que teñen estes doentes é puramente respiratoria. Os que non evolucionan ben, que afortunadamente son os menos, presentan complicacións no aparato respiratorio, principalmente por insuficiencia respiratoria ou por unha pneumonía grave que acaba co doente nun distrés e conectado a un respirador. É esa a principal complicación que se pode presentar? De feito é \"a complicación\". Todo o demais pode dar un pouquiño de inflamación noutros órganos, no fígado, alteracións de ril... pero nada diso compromete o doente, o que o compromete é a afectación respiratoria, na que a pneumoloxía é moi importante, porque hai dúas formas distintas de actuar sobre esa complicación respiratoria: nun principio con métodos de soporte respiratorio non invasivo, que poden consistir en poñer osíxeno con aparatos especiais, ou no que chamamos ventilación non invasiva, que é a través de respiradores cunha máscara na cara, sen necesidade de intubar o doente. Mais nesta pandemia non é o desexábel usar estes sistemas polo risco de diseminación do virus, porque son sistemas de presión, mais nalgúns doentes hai que empregalos. E no caso dos que xa están moi graves hai que colocarlles un tubo e conectalos a un respirador na UCI. É o único que se pode facer por eles? Para manexar a insuficiencia respiratoria que non responde a outras medidas, si. No caso das persoas doentes que teñen que quedar na casa, como se supervisa a súa evolución? As que están con moi poucos síntomas, e non teñen ningún factor de risco, dáselles instrucións para que saiban cales son os sinais de alerta e cando teñen que chamar. O seu tratamento é só para baixar a febre, e non necesitan ningunha supervisión especial. Para o outro grupo, que xa está conformado por doentes que teñen factores de risco, ou síntomas un pouquiño máis intensos, púxose en marcha un sistema de telemonitorización nos seus domicilios, entregándolles un aparato para medir o osíxeno e facendo un rexistro diario de constantes que envían a través dunha tablet da que tamén se lles fai entrega. Logo, desde o hospital, temos persoal encargado de monitorizar todos os datos, de maneira que se xorden signos que aconsellan derivar ao centro hospitalario, faise. E dentro do hospital, como é o traballo diario na unidade de pneumoloxía ante esta situación de pandemia? Agora a nosa dedicación está centrada, maioritariamente, en doentes da COVID-19. Nós, que normalmente dispoñemos dunha zona de hospitalización, contamos agora con dúas adicionais só con doentes de coronavirus, e os que teñen outras patoloxías pneumolóxicas permanecen illados noutra área cunha serie de medidas moi estritas para evitar o contaxio. A maioría do cadro de persoal estamos agora dedicados á pandemia, e unha minoría encárgase de atender as consultas imprescindíbeis doutras doenzas, en persoa ou por teléfono e internet, preferibelmente. Están vostedes alí no CHUAC, como xa temos visto que aconteceu noutros lugares do Estado español, preparados para unha hipotética saturación do centro polo aumento continuado de doentes? Se ben é certo que cada vez hai máis doentes, tamén se van abrindo cada vez máis zonas habilitadas para elas dentro do hospital. En principio empezouse por ocupar as áreas cirúrxicas, pois fóronse reducindo e agora lévanse a cabo só as máis urxentes, as que non poden esperar. Tamén hoxe se van ocupar despachos da zona de consultas... o equipo directivo do hospital, que é quen se encarga de organizalo todo, ten previsto plans B, C e todos os que fagan falta. Como é o día a día dunha profesional da pneumoloxía? Chegar e vestirse, ver o listado de doentes que hai ingresadas, revisar as súas historias clínicas. E até aí o procedemento habitual, pero o que cambia é que temos que adoptar unha serie de medidas para entrar en cada habitación que supoñen un gran consumo de tempo e moitas limitacións, porque os Equipos de Protección Individual (EPI) limitan moito a mobilidade, a visión. Son moi incómodos. Cun desgaste físico e moral brutal, supoño. Si. Facemos xornadas maratonianas, que non sabemos cando rematan, sen horarios. Aguantamos uns EPI que son unha tortura para as que levamos gafas, por exemplo. Non encaixan dentro do equipo, crávanse no nariz... é un exemplo dunha carga engadida que cada unha a leva como pode, porque dramas hai moitos."}
{"ID": "PRAZA_1122", "summary": "O actual presidente do Goberno central era secretario xeral nos anos nos que a formación se financiou irregularmente e por riba do límite legal. Os papeis de Naseiro demostran todas as irregularidades cometidas polo partido para lograr a primeira maioría absoluta no país.", "text": "O presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, dirixía o PP galego na campaña que se financiou ilegalmente para que Fraga chegase á Xunta. Aquela contenda electoral estivo marcada polo exceso de gasto dos conservadores que, segundo a documentación que vén de publicar en exclusiva eldiario.es, superou con moito o límite legal permitido para gastos electorais. Rajoy dirixía o PP galego na campaña na que Fraga se financiou ilegalmente Rajoy era o número dous do PP galego durante eses meses nos que a súa formación recibiu unha partida de 500 millóns de pesetas enviada por Génova para gastos electorais. O límite legal para aquela campaña eran 235 millóns. Só coa achega de Madrid, Rajoy e Fraga dobraban a fronteira de gasto que marcaba o límite da legalidade. Rajoy mantívose no posto até xuño de 1990. \"Había moito diñeiro en mans do PP\", lembra, en declaracións a esta redacción, o daquela candidato socialista Fernando González Laxe. Segundo o relato do adversario de Fraga, \"os xornais daquela época estaban cheos de páxinas enteiras de publicidade do PP\". Naqueles anos, a Fraga non lle faltaba financiamento e Rajoy estaba á fronte do aparello que organizaba a desmedida campaña que dirixiu Dositeo Rodríguez. O actual presidente do Goberno central estaba á fronte do aparello que organizaba a desmedida campaña do PP en 1989 O PP declarou ante o Tribunal de Contas un gasto electoral de 199 millóns de pesetas naquelas eleccións, pero os papeis que gardou Rosendo Naseiro demostran que a formación mentiu ao órgano fiscalizador e que gastou arreo para garantirse o Goberno galego. Esta actuación ilegal queda ao descuberto nun dos múltiples documentos que Rosendo Naseiro conservou durante os últimos 25 anos e que eldiario.es desvela en exclusiva. O documento titúlase Comentario al cierre del ejercicio económico de 1989. Nel explícase que en 1989 o partido encaixou \"172 millóns de déficit\". \"O devandito déficit -asegura o documento- estivo motivado polas achegas que por valor de 500 millóns de pesetas enviou a Tesouraría Nacional do partido a Galicia para atender os gastos da Precampaña e Campaña Galega\". Fraga estivo a piques de fracasar no seu intento de maioría absoluta e o voto emigrante acabou por decidir a vitoria Naqueles anos, Fraga decidira deixar a Aznar ao mando de Génova 13 e volver a Galicia para acabar a súa carreira política. O PP estivo a piques de fracasar no seu intento de obter maioría absoluta. O escano 38 marcaba a fronteira do éxito ou o fracaso e nese punto quedou Fraga: 38 escanos, suficientes para gobernar en solitario e apoiados fundamentalmente no voto emigrante, que acabou por decidir a vitoria para o veterano político. Manuel Fraga viaxou nove días a Arxentina e Brasil poucos meses antes de se iniciar a campaña electoral Como se demostrou na noite electoral, a campaña galega tiña un carácter internacional e o candidato do PP viaxou sen descanso a Latinoamérica para garantirse o voto dos emigrantes, cun censo de 60.000 votantes. Poucos meses antes de se iniciar a contenda, Fraga protagonizou unha viaxe de nove días a Arxentina e Brasil para visitar os Centros Galegos no Exterior, convertidos xa nun santuario para a captación do voto para as eleccións galegas. Uruguai, Arxentina e Venezuela eran a finais dos 80 os territorios dourados na procura do voto ausente. O PP tiña fondos e aplicouse en cambiar a deriva tradicional que puña, daquela, aos socialistas lixeiramente por riba en apoios no estranxeiro. Rajoy e o contrabando Os papeis de Naseiro demostran que o PP contaba xa naquela época con posibilidades de gasto moi por riba do que marcaba a lei. Ao diñeiro enviado por Génova, o PP galego sumaba as achegas recollidas en Galicia e as doazóns que, naqueles anos, estaban intimamente ligadas ao mundo do contrabando. As vinculacións entre o PP e o contrabando están claramente explicadas no artigo Política de contrabando que a edición galega de El País elaborou en 2013. Rajoy coñeceu de primeira man o desembarco no PP de personaxes relacionadas co narcotráfico Mariano Rajoy, como presidente da Deputación de Pontevedra (1983-1986), coñeceu de primeira man o desembarco no PP de personaxes relacionados co tráfico de tabaco e posteriormente co narcotráfico. Nos 80, a complicidade entre os tabaqueiros e a dereita política galega era aceptada socialmente na costa sur de Galicia. Nas contornas do PP empezaron a instalarse figuras como Nené Barral, alcalde do PP en Ribadumia desde 1983 e que acabaría detido por contrabando de tabaco, ou Pablo Vioque, home forte do partido en Vilagarcía e que acabaría no cárcere por narcotráfico. A última polémica relacionada co PP e o narcotráico golpeou a Feijóo polas fotografías xunto ao narco Marcial Dorado Segundo fontes do Partido Popular galego daqueles anos, Rajoy nunca aprobou aquelas relacións coas que tivo que cohabitar durante anos e cuxa sombra se estende até os nosos días, pero foi testemuña de excepción. A última polémica relacionada co PP e o narcotráfico golpeou de pleno ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por unhas fotografías antigas xunto ao narcotraficante Marcial Dorado. A publicación das imaxes obrigou a Feijóo a comparecer para dar explicacións sobre a súa relación pasada co narcotraficante, agora ingresado en prisión. Daquela rolda de prensa quedará para os arquivos os titubeos do presidente galego cando tentou explicar o seu desmemoria sobre unha viaxe con Dourado aos Picos de Europa do que dixo \"recordo que había neve\"."}
{"ID": "QUEPASA_323", "summary": "Presentan a adaptación do circuito cultural \"Auga e sal\" en lingua de signos e con material para cegos", "text": "Emotiva foi a presentación que acolleu o adro da excolexiata de Muros o pasado sábado. A Asc. Soc. Cult. Auga e sal presentaba a nova adaptación do seu circuito cultural \"Auga e sal\" en lingua de signos e con material para cegos. Deste xeito, a partir de agora calquer persoa xorda pode facer os circuitos \"auga e sal\" interpretados en lingua de signos gracias aos novos folleto, materiais audiovisuais, interactivos… Así mesmo as persoas cegas contan cun folleto en braille con contidos e relevos de imaxes e a páxina web accesible. Foi Alfonso Mera, o promotor do proxecto e presidente da \"Asc. Soc. Cult. Auga e sal\", o que abriu o acto, facendo un percorrido polos primeiros pasos, o presente e o futuro do proxecto, incidindo na importancia da posta en valor do patrimonio e a súa difusión, para chegar a todas as persoas. Mera repasou como foron as rehabilitacións, o deseño de roteiros, a creación da imaxe corporativa,… para demostrar pontencial dunha das vilas mellor conservadas da costa galega. Todo, cun obxectivo social principal: a xeración de emprego. Montse París, coordinadora e guía do proxecto, centrouse nas emocións, no espírito #Augaesal, nesa liña de concienciar sobre a importancia da conservación, intentando chegar a todo o mundo, sen barreiras. Interviu tamén Iker Sertucha Lista, presidente de FAPXG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), acompañado dunha intérprete, resaltando vehementemente o traballo da asoc. en prol da accesibilidade de todo tipo. Comparou o proxecto muradán con outros de ciudades e vilas máis grandes de Galicia, con máis medios e proxección, e mesmo con proxectos públicos, e que non fan o esforzo que fai \"auga e sal\". Laura Salvador, técnica de rehabilitación da fundación ONCE, resaltou a sensibilidade do proxecto, calificándoo de fermoso e agradecendo o traballo en favor da xente cega. Finalmente, Daniel Pérez Espasandín, lembrou o papel da igrexa neste proxecto. Ao remate, o centro de interpretación acolleu unha proxección audiovisual en lingua de signos, previa ao ágape na Praza de San Pedro. Como detalle, os organizadores ficaron sorprendidos da única presencia da actual alcaldesa, Inés Monteagudo, e dous edís de CxG, a pesar de estar invitada toda a corporación. MÁIS INFORMACIÓN murosaugaesal.com. Facebook: Muros vila de auga e sal."}
{"ID": "PRAZA_20154", "summary": "MAPAS INTERACTIVOS Unha parte importante destas localidades sitúase na provincia de Ourense. Entre 2001 e 2014 Galicia concentrou o 39% de todos os incendios do Estado e o 80% deles foron provocados. Consulta os datos, concello a concello, nestes mapas interactivos", "text": "Entre 2001 e 2014 houbo en Galicia 87.367 incendios de máis dunha hectárea, o 39% de todos os que se produciron no conxunto de España. en total, arrasaron unha superficie de 370.000 hectáreas (o 24% de todo o queimado no Estado). Estamos a piques de entrar no verán, o período do ano no que habitualmente teñen lugar os incendios máis virulentos. Un bo momento para repasar as características e a localización do lume, botando man dos datos achegados polo proxecto España en Llamas da Fundación Civio, unha investigación financiada a través dunha campaña de crowfunding que entre 2011 e 2014 foi quen de recoller e publicar unha información moito máis detallada que a publicada polo Goberno central. Grazas á súa investigación podemos hoxe localizar concello a concello todos os incendios rexistrados nese período 2001-2014, para ver por exemplo como só 15 concellos concentran o 25% das hectáreas queimadas en Galicia (91.126 das ao redor de 370.000). Trátase de Manzaneda, Cerdedo, Viana do Bolo, Cualedro, Laza, A Gudiña, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Quiroga, Pazos de Borbén, Avión, Vilariño de Conso, Carnota, Vilardevós e A Mezquita. 11 dos 15 sitúanse na provincia de Ourense. Se sumamos as superficies queimadas nos 40 concellos máis afectados polo lume, o resultado é que esas 40 localidades concentran ao redor da metade das hectáreas ardidas. Se en lugar de analizar a superficie queimada, ollamos para o número de incendios, vemos como neste caso son A Cañiza, Viana do Bolo, Muíños, Manzaneda, A Gudiña, As Neves, Mondariz, A Mezquita, Salvaterra de Miño, Ribeira, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Santa Comba, Boiro e Ponteareas as primeiras localidades da lista. De novo, cunha clara maioría ourensá, pero con maior presenza de concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña, sobre todo do Barbanza e do Baixo Miño. Os datos oficiais do Ministerio analizados por España en llamas recollen que o 80,2% dos incendios que se produciron en Galicia neste período foran provocados, unha porcentaxe moi superior á media española (55,89%) e á que só se achega Cantabria (79,7%), ficando o resto de comunidades autónomas moi por detrás: A Rioxa (50,9%), Castela e León (50,2%), Estremadura (47,6%), Asturias (40,3%) ou País Vasco (38,2%), descendendo por debaixo do 25% en Cataluña, Madrid, Navarra ou Aragón. Cruzando os datos da superficie queimada en cada concello con outras variables, podemos observar unha certa correlación positiva entre a perda poboacional e o envellecemento dos seus habitantes e unha maior cantidade de espazo afectado polo lume. Tendo en conta, iso si, que correlación non equivale a causalidade e que o carácter rural e previamente despoboado dun concello pode determinar unha maior incidencia do lume máis que a propia evolución demográfica. As gráficas amosan que os concellos que entre 2001 e 2014 perderon máis poboación (coeficiente de correlación de 0,2132), víronse nese tempo máis afectados polo lume. E o mesmo sucede con aquelas localidades máis envellecidas, cunha maior media de idade dos seus habitantes (un fenómeno ligado directamente á perda poboacional), cun coeficiente de correlación de 0,1962."}
{"ID": "NOS_1958", "summary": "Herrera procura un 9 no mercado de inverno e non lle falta razón.", "text": "De ter un 9 con garantías, probabelmente o 1-1 co que se saldou o Málaga-Celta teríase tornado en vitoria celeste. O Celta despregou por momentos un xogo de grande calidade sobre o relvado andaluz, passing game de alta escola. O Málaga pagou os efeitos da proeza do Camp Nou (o 2-2 na ida copeira entre semana) e cedeu o balón á equipa galega. O Celta controlou o xogo, mais non foi quen de furar a baliza moi ben defendida por Caballero. Nun rapto racial o Málago puxo o 1-0 no taboleiro de marcas, gol de De Michelis (m. 36). O Celta demorou moito en rendibilizar o seu bon fútbol. Conseguiuno finalmente Augusto (m. 76). Javi Varas, o gardamallas, tamén tivo os seus momentos de gloria. Após este empate, o Celta suma 19 pontos. A súa saúde clasificatoria continúa a ser preocupante. O seu fútbol, non. Por veces engaiola. Mas fáltalle definición. O 9 que procura Herrera no mercado de inverno. Estaremos atent@s."}
{"ID": "PRAZA_19685", "summary": "Foi elixido con 18 votos dos 19 académicos presentes nun plenario do que se ausentaron os académicos críticos coa súa candidatura, aos que pide que se unan para \"facer o camiño xuntos\". O novo dirixente reclama a colaboración de todas as institucións a prol da lingua \"e non cada un na súa leiriña\"", "text": "Tal e como estaba previsto, Víctor Freixanes converteuse este martes no 15º presidente da Real Academia Galega (RAG). O escritor, xornalista, profesor e editor foi apoiado no plenario extraordinario por 18 dos 19 académicos presentes (só houbo un voto en contra), obtendo así a maioría absoluta xa na primeira votación. Coa ausencia anunciada de varios académicos críticos coa súa candidatura, outros tres escusaron a ausencia e o xa novo dirixente da institución apelou á unidade \"para avanzar no camiño do encontro\" e reivindicou a vitoria da sua candidatura, que cualificou de \"continuísta\" porque, dixo, \"foron catro anos de intenso traballo e para sentirse orgullosos\". Freixanes foi elixido con 18 votos dos 19 presentes nun plenario no que se ausentaron os académicos críticos O equipo directivo da RAG estará composto por Henrique Monteagudo, que repite como secretario e Andrés Torres Queiruga, que recunca como vicesecretario, ademais de por Marilar Aleixandre (tesoureira) e Fina Casalderrey (bibliotecaria e arquiveira), que substitúen na directiva outras dúas mulleres: Rosario Álvarez e Margarita Ledo. O importante apoio a Freixanes, segundo advertiran fontes da actual directiva, supón para eles unha mostra elocuente do interese por rematar de vez coa división que se vive dentro da Academia desde que se iniciase este mandato que vén de rematar. No entanto, as diferenzas internas quedaron patentes coa ausencia de seis académicos críticos. \"A lexítima discrepancia é unha riqueza\", dixo Freixanes, que no entanto, asegurou que lle tería gustado que os discrepantes \"estivesen presentes para dicir que non estaban de acordo\". \"Fixen a máxima concentración parcelaria posible, pero non é o ideal porque iso sería que todos estivésemos aquí\", engadiu en presenza de todos os académicos que votaron. \"Fixen a máxima concentración parcelaria posible, pero non é o ideal porque iso sería que todos estivésemos aquí\", di Freixanes As ausencias xa foran anunciadas nunha carta á RAG asinada por Manuel González, candidato do sector crítico afín a Méndez Ferrín e que se enfrontou ao presidente saínte Alonso Montero no anterior proceso electoral. Na misiva, argumentaba a súa decisión en que estes académicos non queren ser \"corresponsables dunha vía que profunda na división da Academia\", que entenden que representa a candidatura encabezada por Freixanes. O académico desvela que se dirixiu en febreiro ao entón presidente, Xesús Alonso Montero, para solicitar que se tente \"propiciar un diálogo franco entre todos os membros do plenario para analizar a situación da RAG e tratar entre todos de atopar a mellor solución\". González asegura que a institución \"está a vivir un momento crucial\" no que existen dúas vías: a de \"profundar nas divisións\" ou a de buscar \"a reconciliación\" entre todos os sectores. Ademais, cre \"precipitada\" a convocatoria do proceso electoral e asegura que a idea do sector crítico era a de conformar unha candidatura única coa integración de dous membros deste colectivo na executiva, un deles ocupando a secretaría, que finalmente foi \"rexeitada\" a pesar de existir \"puntos de coincidencia\" en conversas mantidas co propio Freixanes. Tampouco, dixo, se tería aceptado un executivo de persoas afastadas do conflito que os dous grupos propiciaran en 2013. O novo presidente reivindica o período de Alonso Montero pero pide unidade para \"facer o camiño xuntos\" Fontes do sector máis afín a Alonso Montero, pola súa banda, aseguraron que González e o sector crítico -entre os que se inclúen González ou Xosé Luís Axeitos, entre outros- \"non tiñan o apoio necesario\" para conformar unha candidatura e mesmo critican que, sen eses avais no plenario, pretendese obter dous postos na directiva malia non contar nin moito menos coa metade dos apoios na institución. Freixanes fixo un chamamento a \"aqueles que teñan diferenzas\" a que \"se sumen porque o camiño témolo que facer xuntos\". O académico Xosé Luís Axeitos, outro dos ausentes e máis críticos coa actual executiva, tamén lamentara en diferentes declaracións a falta de unidade e consenso na RAG e contrastou as figuras de ex-presidentes Barreiro, Fernández del Riego ou Ferrín coa de Alonso Montero ou Víctor F. Freixanes. Apela ao positivismo Víctor Freixanes, que lembrou que a corporación \"traballa gratis\", chamou ademais á colaboración entre as diversas institucións que pulan pola lingua e pola cultura galega \"sen complexos\". \"Debemos traballar xuntos e non cada un desde a súa leiriña\", insistiu quen empregou un símil futbolístico para explicitar os seus obxectivos: \"Se estamos ben colocados, xogamos con entusiasmo e cada un sabe o que ten que facer, podémoslle gañar a calquera equipo\". \"Ninguén se apunta ás defuncións nin aos enterros e o galego ten vida\" Respecto ao impulso ao idioma, Freixanes insistiu en \"convencer\" e en apelar ao positivismo. \"Ninguén se apunta ás defuncións nin aos enterros e o galego ten vida\", asegurou quen entregou por escrito o seu programa, no que insistiu na importancia de buscar \"novas estratexias de comunicación para a lingua que enriquezan e fortalezan o que a se está facendo nos últimos anos desde a Academia\". Ademais, apelou a \"procuarar vías de diálogo construtivo con todas as forzas políticas parlamentarios e cos representantes do Goberno\" e mostrouse a prol de \"conseguir espazos de colaboración e de consenso tamén neses ámbitos\". En canto aos obxectivos inmediatos da RAG, Freixanes marcou a celebración do Día das Letras como prioritario, pero tamén a futura Gramática Normativa da Academia e \"cuestións orzamentarias\". \"Estamos nunha constante procura de recursos\", dixo. \"Hai que comprometerse coa RAG os 365 días do ano, pero tamén deben pedirnos responsabilidades\", rematou."}
{"ID": "NOS_28058", "summary": "ACT e LGT emproan a recta final de temporada con varias embarcacións en liza polo primeiro posto.", "text": "Aínda hai liga. Liga da boa. Da de toletes, estrobos e remos. Aínda hai Liga. Tanto na Liga ACT (12 traiñeiras vascas, cántabras e galegas) como na Liga Galega-A (8 embarcacións) ou na Liga Galega-B (9 tripulacións). Todo aberto na recta final da temporada de traiñeiras. Para quen goste, deses finais que se achegan e xa veñen augurando apostas dobladas, grandes paroladas a pé de peirao sobre ciabogas decisivas e a inevitábel frase de \"se chega ser na miña época...\". Non hai (aínda) vencedores claros. E iso é bo. Na ACT as representantes galegas van cuarta (Cabo) e quinta (Tirán). Gañaron a pulso estar entre as 5 mellores traiñeiras do mundo Na San Miguel ou ACT a regata desta fin de semana en Zarautz proporcionou nas súas dúas xornadas grandes doses de emoción e mesmo a polémica sobre os tempos que resucita de cando en vez. A vitoria foi para Kaiku, 19:39:92, empatada con Orio, que rexistrou o mesmo tempo. As representantes galegas (Cabo e Tirán) rexistraron nesta cita uns 'discretos' 7º e 8º postos. Na clasificación xeral (e a falla de 6 xornadas para poñer o ramo), Hondarribia e Orio encabezan a táboa con 138 e 137 puntos respectivamente. Practicamente un empate. O terceiro posto, para os de Kaiku, con 122. Mais os de Sestao non renuncian a seguir a dar a batalla no que resta de temporada e non se conforman coa terceira praza. En cuarto posto, Cabo de Cruz, e de quintos, Tirán. As traiñeiras galegas están no primeiro tramo da táboa (son 12 as embarcacións que compiten na ACT), unha moi boa nova para o remo galego. Cun orzamento moito máis baixo que as rivais vascas e cántabras, as traiñeiras galegas están a facer unha campaña excepcional, principalmente os crucenses, que voltaban á ACT. Na Categoría A da LGT Samertolomeu mantense firme na proa. Mais Amegrove non pensa floxear e está a só 4 puntos Liga Galega, todos a proa No que atinxe á Liga Galega de Traiñeiras, tamén aquí non se pode apostar polo de agora por un gañador claro. Na categoría A (8 embarcacións) estamos a 4 regatas do final. Cunha clasificación liderada por Samertolomeu de Meira (69 ptos), seguida de Amegrove (65) estas 4 xornadas que fican prometen emoción. Xa a certa distancia, Mugardos (terceiro posto) e Vilaxoán (cuarto) tamén manteñen a súa particular pugna polo bronce. Na LGT-B Coruxo, Bueu e Mecos prometen unha desas fermosas batallas finais sobre as augas Na categoría B (9 traiñeiras a competir) son só tres as xornadas que fican para que finalice. A táboa está encabezada por Coruxo (77 puntos), mais a moi escasa distancia de Bueu (75) e Mecos (74). Os grovenses baixaron o ritmo nas últimas tres regatas, caendo dos primeiros postos, mais non están dispostos se render, polo que Mecos aínda aspira a dar a sorpresa. E na categoría feminina, Samertolomeu vai de primeira (12 ptos), por diante de Cabo e de Tirán. Nesta categoría só queda unha regata (en Ferrol) para poñer o ramo."}
{"ID": "NOS_44161", "summary": "O mapamundi de San Andrés del Arroyo é unha das 69 ilustracións que fai parte dunha versión dos comentarios da Apocalipse de San Isidoro, elaborados polo abade de Santo Toribio de Liébana no século VIII e conservada até a desamortización de Mendizábal de 1836 no mosteiro de San Andrés del Arroyo.", "text": "Logo foi custodiado desde 1882 na Biblioteca Nacional de París. O manuscrito está formado por 167 páxinas escritas en pergameo e outras 69 de miniaturas con ouro e prata, o que supón un importante corpo ilustrativo de grande interese artístico e paleográfico. Época: Arredor de 1220 / Autoría: Anónima / Conservación do orixinal: Biblioteca Nacional de París / Características: Garda semellanza coas portadas das catedrais románicas A diferenza doutros beatos existentes, que adoitan recoller o nome dos autores do traballo, descoñécese a procedencia e a data exacta da súa elaboración. Porén, a maioría da historiografía coincide en situar a súa orixe no mosteiro de San Pedro de Cardeña, polas semellanzas que garda con outros traballos deste escritorio. A este respecto, os estudosos da obra significan que estamos diante dunha das máis modernas versións conservadas dos beatos, dunha feitura claramente románica e cuxas representacións gardan moitas similitudes coa decoración dos pórticos das catedrais románicas do século XIII. A orixe do mapamundi está asociada ao monarca Fernando III. Neste sentido, Gonzalo Menéndez-Pidal considera que a suntuosidade do traballo, con gran cantidade de ouro e prata. apunta que se trata dun encargo do futuro rei para doarllo ao mosteiro palentino de San Andrés del Arroyo, unha abadía feminina da orde do Cister, fundada por Mencía López de Haro e ligada desde a súa orixe a coroa de Castela, naquela altura un reino independente do galego con quen mantiña unha forte confrontación. A caligrafía e as miniaturas da obra sitúana dentro na última etapa dos beatos. Así, seguindo a tradicional clasificación fixada por Gonzalo Menéndez-Pidal emparenta coas copias de Lorvao e Huelgas. Segundo certifica este autor, a totalidade das cartas deste período presentan a maiores das semellanzas estéticas concordancias en relación coa toponimia empregada e similitudes sobre as solucións técnicas adoptadas. O deseño da carta de San Andrés del Arroyo agocha todo o programa político da monarquía castelá nun momento de duro conflito pola hexemonía no espazo ibérico. Así as cousas, o mapa designa tres grandes centros para cada un dos reinos peninsulares: Sevilla como referencia da área árabe, Compostela para o reino galego e Toledo, impulsada polos reis de Castela como polo rival da capital galega."}
{"ID": "NOS_24000", "summary": "Após ficar de baixa unha semana ao se someter a unha cirurxía menor, a consellaría de Educación recortou en 168 euros a retribución da mestra. Unha sentenza obriga o departamento a recuar.", "text": "A consellaría de Educación terá que devolver os 168 euros que descontou a unha profesora após solicitar esta unha baixa médica derivada dunha operación cirúrxica. Así o dispón a sentenza xudicial que dá a razón á docente, quen alegou que o recorte salarial se lle estaba a aplicar fóra da Lei 1/2012, que impón os descontos por baixas médicas. No concreto, o departamento que dirixe Jesús Vázquez fixo valer unha instrución interna que non ten rango de lei e que foi ditada pola propia consellaría. Nela recoñécense como intervención cirúrxica unicamente as incluídas na carteira de servizos do sistema sanitario público. A lei non estabelece cales son as doenzas que dan dereito a cobrar o 100% do salario e cales non, mais si estabelece tres excepcións ao recorte: as hospitalizacións, as intervencións cirúrxicas e as baixas por maternidade/paternidade. CIG-Ensino, cuxos servizos xurídicos levaron o caso desta docente, ven na actuación da consellaría \"un claro afán recadatorio\" e exixen que non se \"castiguen\" @s empregad@s públic@s por padeceren unha doenza, instando a que se derroguen os apartados da Lei 1/2012 que reducen o salario d@s traballador@s con baixa médica."}
{"ID": "NOS_32152", "summary": "\"Orgullo\", afirmou sentir a candidata do BNG á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, pola forza do feminismo galego que voltou a manifestarse masivamente o 8-M, e instou ás mulleres que encheron as rúas a trasladaren a súa loita ás urnas \"para facer posíbel o cambio real da man do BNG\". Nese sentido, Pontón sinalou", "text": "Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, sinalou como \"irrenunciábel\" a consecución dunha \"sociedade de mulleres libres e iguais\", e amosouse convencida de que \"esa rebeldía, loita, e dignidade se expresará alto e claro nas urnas o próximo 5-A\". A líder nacionalista afirmou que as mulleres apostarán \"por un cambio galego cun Goberno que vai pór no centro as políticas de igualdade e de defensa dos dereitos\", ao tempo que sinalou que esa alternativa é a que representa o BNG. \"É tempo de mulleres, de avanzar e de plantar cara aos discursos negacionistas da extrema dereita aliada de Goberno do PP\", sinalou Pontón, apelando a non dar \"nin un paso atrás\" ante discursos machistas e antigalegos da ultradereita \"coa que Feixóo non dubidaría en aliarse para gobernar a Galiza se for necesario\", alertou. \"Por unha vez, teño que dar a razón a Feixoo cando advirte dun BNG presidindo o Goberno a partir do 5-A\", ironizou Pontón, \"porque ese é o noso obxectivo: liderar o cambio galego, abrir un tempo novo, facer historia e que por primeira vez unha muller, nacionalista presida a Xunta de Galiza\", dixo. A líder do Bloque fixo estas declaracións na presentación da candidatura nacionalista na Coruña, que encabeza ela mesma, seguida do actual deputado Xosé Luís Rivas, 'Mini'; a escritora e profesora Mercedes Queixas, a ex deputada no Congreso Rosa Pérez. Na lista tamén figura o investigador Carlos Babio sobre o espolio do Pazo de Meirás pola familia Franco. En relación ás advertencias sobre a ultradereita, Pontón quixo salientar de Babio que é \"un home que planta cara ao neofascismo da familia Franco, exemplo de dignidade e a valentía\". No acto expuxéronse liñas chaves do BNG para territorios da circunscrición da Coruña como a rexeneración das rías do Burgo e de Ferrol, o impulso dun plan de reindustrialización, garantir unha tarifa eléctrica galega que abarate o custo da luz, crear un servizo ferroviario galego e un plan específico para a Atención Primaria."}
{"ID": "NOS_34724", "summary": "Inmigración, Catalunya... Campos sobre os que Ciudadanos e PP están a construír a nivel de Estado un discurso acorde co extremismo da nova dereita europea. Tamén vale ese discurso para Galiza? Respondémolo no número 311 do semanario Sermos Galiza. Eis un extracto.", "text": "Entre as valoracións que se realizaron após a vitoria a finais de xullo de Pablo Casado sobre Soraya Sáenz de Santamaría na desputa pola secretaría xeral do PP houbo varias que alertaban que se entraba nun novo escenario no que a pugna entre Partido Popular e Ciudadanos ía traducirse nunha intensificación do discurso españolista -xa de por si de alto grao- e a dereitización en cuestións como a inmigración ou o combate aos autogobernos de determinados territorios. Pasou pouco máis dun mes desde aquela vitoria pola secretaría do PP e neste tempo populares e ciudadanos deron varios exemplos a nivel de Estado de como os seus discursos son case que idénticos en temas como o da inmigración ou belixerancia co nacionalismo. Discursos que se retroalimentan cos que Xabier Arzalluz denominara Brunete mediática, cada vez con máis peso: un exemplo, o dixital El español, de Pedro J. Ramírez, ten 32 millóns de persoas usuarias únicas, segundo dados da OJD. Mais eses discursos a nivel estatal callan en Galiza, teñen tamén réplica no noso país por parte deses partidos? Ou somos, parafrasando Os Resentidos, un Sitio Distinto? \"Vivimos unha enxurrada de supremacismo españolista alicerzado na lóxica do \"a por ellos\" que se opón a calquera expresión do dereito a decidir\", opinaba o avogado e analista político Xoán Antón Pérez Lema en Sermos Galiza, \"e que tamén quere deconstruír substancialmente a máis ou menos limitada recuperación nacional acadada polas cidadanías galega, vasca e catalá a carón da descentralización política de 1978\". [Podes ler a peza íntegra no número 311 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_19086", "summary": "Alexandre Mouriño centrou o seu traballo de fin de carreira en Arquitectura no deseño dunha rede de vías para ciclistas na cidade que suma 52 quilómetros, conecta entre si todos os barrios e evita grandes pendentes. A metodoloxía empregada pode ser aplicada en calquera localidade.", "text": "O vigués Alexandre Mouriño presentou o mes pasado o seu traballo de fin de Master en Arquitectura e Urbanismo na Escola Superior Gallaecia (Vila Nova de Cerveira), unha proposta de rede de ciclovías para a cidade olívica. O estudo ofrece un deseño dunha rede duns 52 quilómetros de vías ciclistas que conectan todo o centro urbano de Vigo, cuns criterios de conectividade, proximidade e comodidade. Porén, a investigación vai moito máis aló de achegar un trazado máis ou menos extenso ou detallado para esta rede, senón que desenvolve unha metodoloxía que permite definir e cuantificar o grao de aptitude ciclista dunha vía, o que facilita que poida ser empregado en calquera cidade e sistematizado a través de aplicacións informáticas. \"No caso concreto da cidade de Vigo chegouse á conclusión de que a topografía da cidade, aínda sendo de elevada complexidade, pode ser soporte dunha rede ciclable, xa que a rede proposta evita transcorrer por viarias con pendentes maiores do 5% (salvo excepcións en tramos moi curtos)\", explica. A proposta final \"cumpre tamén cos requirimentos de conectividade, amenidade e rapidez que lles esixe a este tipo de infraestruturas de mobilidade urbana\", di. \"O obxectivo é que todos os habitantes da cidade teñan a menos de 250 metros da porta das súas casa algún treito da rede ciclable\" Eses 51.88 quilómetros da rede proposta compóñense dunha rede estrutural ou primaria e dunha rede secundaria ou capilar, \"cunha vocación máis servil que funcional\", traballando no interior dos barrios, chegando a a centros escolares, grandes centros de traballo ou zonas verdes, entre outros puntos xeradores de tráfico. O obxectivo é que todos os habitantes da cidade teñan a menos de 250 metros da porta das súas casa algún treito da rede ciclable \"ou, o que é o mesmo, a un minuto pedaleando a unha velocidade de 15 km/h\". Mouriño achega a súa investigación dende o punto de vista do urbanismo, deixando a solución final escollida para cada treito -ciclovía, carril bici, carril bus, ou calquera outra modalidade- ao persoal experto en enxeñaría. \"O tipo de infraestrutura ciclista que se debe implementar en cada tramo dependerá do grao de aptitude ciclista a este previamente asignado\", indica, deixando abertas \"as medidas mínimas, solucións de interseccións, iluminación, aparcadoiros e calquera outro tipo de elemento físico\" que a rede debería igualmente incorporar. Mouriño concluíu que \"a pendente non resulta ser o factor máis influente á hora de realizar a elección dunha ruta, senón o poder circular por rutas seguras, cómodas e directas\" Mouriño concluíu que \"a pendente non resulta ser o factor máis influente á hora de realizar a elección dunha ruta, senón o poder circular por rutas seguras, cómodas e directas\". \"Isto contrarresta de forma evidente o leitmotiv que durante anos deixou a Vigo á cola de cidades españolas no tema da mobilidade ciclista, abrindo novos horizontes para que esta realidade empece a cambiar a medio prazo\", destaca. \"O cambio na repartición modal do transporte que están a vivir as grandes cidades do mundo deberíase comezar a aplicar, aínda que con anos de atraso, na cidade máis importante de Galicia\", engade. No caso de Vigo, o arquitecto espera que o seu traballo \"contribúa a unha repensada das políticas de mobilidade na cidade, que até agora se mostraron alleas por completo ás novas tendencias a nivel nacional en canto a mobilidade sustentable. Poderíase así realizar unha aposta decidido por este medio de transporte, ecolóxico, económico, saudable e divertido\". Nos vindeiros días Mouriño presentaralle o seu traballo ao Concello de Vigo, para que valoren a súa posible aplicación para conformar unha rede de itinerarios e vías ciclistas da que neste momento carece a cidade. \"Hai moito traballo por facer neste senso en todas as cidades galegas, pero o caso de Vigo é especialmente significativo. Nin sequera se chegara a desenvolver o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable dentro do Plan Xeral\", explica. Mouriño está a iniciar os seus estudos de doutoramento en Valladolid, un lugar no que os debates e propostas sobre mobilidade sustentable e alternativa están moi avanzados. E alí continuará a súa investigación ampliando a súa análise a outras cidades e desenvolvendo unha ferramenta informática, na que xa comezou a traballar conxuntamente cunha empresa da cidade castelá. A metodoloxía empregada \"O cambio na repartición modal do transporte que están a vivir as grandes cidades do mundo deberíase comezar a aplicar, aínda que con anos de atraso, na cidade máis importante de Galicia\" O obxectivo da investigación era realizar o trazado dunha rede \"que tivese en conta os principais condicionantes para a mobilidade ciclista adaptándose así da mellor forma ás necesidades das persoas usuarias deste medio de transporte\". Para iso era necesario definir a aptitude ciclista das principais vías do núcleo urbano de Vigo. Evidentemente, nesta aptitude o grao de pendente é un factor importante -en ocasións decisivo- e moito máis no caso da urbe olívica, unha cidade de costas cuxa topografía ás veces foi usada como argumento para non empregar a bicicleta ou promover o seu uso. \"As complexas características topográficas de Vigo supoñen un reto para a implantación dunha rede deste tipo, habitualmente máis asociadas a cidades que se desenvolven en territorios chairos ou de suaves pendentes\", recoñece Mouriño. O investigador realizou un mapa de pendentes dos 958 quilómetros que conforman a rede viaria de Vigo e chegou á conclusión de que case un terzo das rúas da cidade (31.58%) teñen unha pendente igual ou menor ao 5%, o que as converte en \"totalmente aptas\" para acoller fluxos ciclistas. A análise foi máis aló e incluíu \"dez condicionantes para a mobilidade ciclista\", dende a densidade de tráfico nas vías, o seu ancho e o tipo de vehículos que circulan por elas, a diferenza de velocidade entre a bicicleta e o resto de vehículos, ata o número e tipo de interseccións. Pero tamén a calidade paisaxística, exposición ao vento e o sol, a saturación acústica ou os posible malos cheiros. Ademais da pendente, Mouriño valorou a densidade de tráfico nas vías, o seu ancho e o tipo de vehículos que circulan por elas, a diferenza de velocidade entre a bicicleta e o resto de vehículos, o número e tipo de interseccións ou a exposición ao vento Estes parámetros foron incorporados a través de case 400 enquisas a usuarios e usuarias habituais da bicicleta en Vigo, \"que valoraron o peso de cada condicionante na elección de rutas urbanas\", o que permitiu cuantificar a importancia de cada elemento, indo máis aló de valoracións cualitativas. Neste traballo foi moi importante a colaboración de colectivos como A Golpe de Pedal ou a Masa Crítica. Mouriño destaca neste senso que isto lle permitiu \"xerar matrices numéricas que os relacionan de forma matemática, podendo axuntar o impacto de todos eles nun único resultado de tipo numérico\", importante para conformar un modelo replicable noutros contextos e, ademais, empregable por aplicacións informáticas. \"A enquisa revelou aspectos inesperados: un deles foi que, a pesar da complexa topografía da cidade, os usuarios non consideraron que o gradiente fose o principal hándicap á hora de utilizar as súas bicicletas, senón que outros parámetros directamente relacionados coa seguridade, como o diferencial de velocidade co resto do tráfico rodado, a densidade de tráfico ou o tipo de vehículos que circulan polas diferentes vías, tiñan maior influencia á hora de escoller unha ou outra ruta que a pendente\", explica. O importante, engade, é que \"un bo deseño anula de forma inmediata estes condicionantes secundarios, conferíndolle unha sensación de seguridade moi elevada ao usuario\". Tras esta análise, Mouriño sistematizou o grao de aptitude ciclista das vías de Vigo, concluíndo que o 46.6% dos quilómetros que compoñen a malla viaria do ámbito de estudo posúen unha aptitude elevada (en grao 1, 2 ou 3) para o desenvolvemento da mobilidade ciclista. E que só un 29.79% destas vías non son aptas baixo ningunha circunstancia para o usuario medio. Finalmente, procedeu a identificar as zonas xeradoras (residenciais) e atractoras de tráfico, en base á densidade poboacional é a distribución dos centros educativos, centros de saúde, áreas comerciais, museos, edificios institucionais, zonas verdes, áreas deportivas e estacións de tren, autobús e barco. No trazado estrutural incluíu tamén \"puntualmente e de modo extraordinario\" algúns treitos, como o de Gran Vía entre Urzáiz e Praza de España, que non cumpren as condicións ideais en canto a pendente. \"Aínda así e debido ao seu carácter simbólico e ao seu poder de visibilización considerouse a súa inclusión final na rede. Esta decisión baseouse na opinión recorrente entre algúns dos entrevistados segundo os cales certos tramos deben de incluírse na rede polo seu carácter simbólico-representativo dentro da cidade\", explica. Unha aplicación que pode ser usada en calquera cidade Destaca que o seu modelo permite \"a adaptación do proceso a outros ámbitos con características morfolóxicas, topográficas ou climatolóxicas diferentes\", camiñando cara a unha \"metodoloxía unificada para o cálculo de redes ciclistas\" Mouriño busca que a ferramenta que desenvolveu facilite a planificación de redes ciclistas en contornas urbanas consolidadas, acadando \"unha máis estreita relación entre as características demandadas polo usuario e as ofertadas pola rede deseñada\". Destaca que o seu modelo permite \"a adaptación do proceso a outros ámbitos con características morfolóxicas, topográficas ou climatolóxicas diferentes\", camiñando cara a unha \"metodoloxía unificada para o cálculo de redes ciclistas\". O investigador comenta a este respecto as dificultades que en ocasións están a atopar os técnicos á hora de desenvolver Plans de Mobilidade Urbana Sustentable, \"un tema que no noso país carece da tradición necesaria para o seu completo dominio\". \"A ferramenta -engade- non só ten utilidade para os ciclistas, senón para calquera persoa que se mova por medios non motorizados. Así, por exemplo, pódese empregar para o calculo das rutas máis comodas para persoas con mobilidade reducida ou para persoas maiores con dificultades para subir pendentes, podendo deseñar así o Concello unha serie de rutas de mobilidade adaptadas que axuden tamén a estes colectivos\". \"A ferramenta non só ten utilidade para os ciclistas. Pódese empregar para o calculo das rutas máis comodas para persoas con mobilidade reducida ou para persoas maiores con dificultades para subir pendentes\" Mouriño imaxina posibles usos a través das tecnoloxías, por exemplo \"unha aplicación para dispositivos móbiles que consiga calcular de forma sinxela o grao de aptitude ciclista da trama viaria (estanse xa desenvolvendo ferramentas similares, pero só mediante a análise da pendente), que poida facer un cálculo inmediato da ruta máis conveniente entre dous puntos, exista ou non infraestrutura ciclista\". \"Isto abriría un amplo abano de posibilidades de mellora da ferramenta en función das informacións xeradas polos propios usuarios\", di. Ademais da necesaria adecuación das vías urbanas e da aplicación de normativas, \"ningunha nova infraestrutura poderá ser implementada con éxito sen o debido acompañamento de políticas de promoción do uso da bicicleta\" \"Os espazos urbanos poden dar cabida a este tipo de infraestruturas e á circulación peonil en detrimento do automóbil privado, contribuíndo a xerar contornas urbanas máis saudables que satisfagan as necesidades da cidadanía\", comenta. Porén, sinala que ademais da necesaria adecuación das vías urbanas e da aplicación de normativas que favorezan o uso da bicicleta ou os desprazamentos a pé, \"ningunha nova infraestrutura poderá ser implementada con éxito sen o debido acompañamento de políticas de promoción e dignificación do uso da bicicleta, levadas a cabo polos principais actores sociais da cidade\". \"A educación, concienciación e promoción son elementos de estímulo absolutamente imprescindibles para conseguir introducir este medio de transporte sustentable dentro da baralla da repartición modal dunha cidade\", di. \"Máis ciclistas na rúa crean unha masa crítica, o que incrementa a seguridade dos ciclistas e o respecto dos condutores cara a eles, facilitando a presenza de máis bicicletas nas rúas e creando un círculo virtuoso\" \"En España, dende os últimos anos da ditadura, todo o mundo quería un coche como símbolo de status, mentres que o uso da bicicleta era visto como algo propio de persoas sen recursos, ou de ecoloxistas. Nos últimos anos o seu uso está sendo cada vez máis habitual, pero aínda hai moito traballo por diante. No norte de Europa levan máis dun século potenciando a bicicleta como medio de transporte nas cidades. E en España, en cambio, falta cultura ciclista. En ocasións apóñense razóns para non empregar a bicicleta, sexan as pendentes ou a climatoloxía, que se es ciclista sabes que non son tan determinantes\", explica. \"Máis ciclistas na rúa crean unha masa crítica, o que incrementa a seguridade dos ciclistas e o respecto dos condutores cara a eles, facilitando a presenza de máis bicicletas nas rúas e creando un círculo virtuoso\", conclúe."}
{"ID": "NOS_32054", "summary": "Cando falas con el nunca esqueces que fundamentalmente é un home da cultura. El tampouco o esquece. En realidade, é un escritor na política (\"o que vexo inspírame máis a escribir teatro que poesía\", confesa). Procura sempre a palabra exacta e, aínda que ás veces suspende o fío da conversa para dar co vocábulo preciso, non por iso o seu discurso deixa de ser fluído. Nesta conversa falamos de orzamentos, da hipotética aterraxe de Feixóo en Madrid (\"talvez haxa máis fotos con Marcial Dorado, talvez en mans de quen filtrou o vídeo de Cifuentes\"), da situación interna de En Marea, de Paula Quinteiro, do relacionamento da confluencia co BNG...", "text": "É sexta feira e falamos na redacción de Sermos. Tomamos fotos aquí e tamén nos exteriores, fronte á estación dos camiños de ferro de Compostela. Fernán Vello é todo menos un político convencional. Nen unha frase feita, nen rastro da obsesión por che colocar un titular, unha máis que saudábel reticencia ao uso da retórica do politicamente correcto. Concede que o teatro e a política son mundos conexos e el -como, por outra banda, todo o mundo- tamén ten unha certa posta en escena. A flexión na voz, os silencios mentres a mente selecciona o adxectivo certeiro, a orquestración da linguaxe non verbal, os acenos, as mans, todo comunica. Poeta, dramaturgo, ensaísta, editor, autor de innúmeras colaboracións na imprensa. E agora portavoz -o cargo é rotatorio- de En Marea no Congreso. -Para comezar gostaría que fixeses unha avaliación global dos orzamentos do Estado para Galiza, unhas contas que, por segundo ano consecutivo, destinan menos de mil millóns de euros ao investimento territorializado no país. -Ben, hai que ter en conta que en 2017 xa baixaban en 437 millóns en relación a 2016, un 33 por cento de caída. Se consideramos que neste 2018 se produce unha subida de 1,3 por cento -un aumento pírrico- debemos concluír que son uns orzamentos á baixa, conxelados, e indica que hai unha parálise por parte do goberno no que atinxe a Galiza en xeral e no que atinxe a Lugo en particular. Lugo sofre de xeito directo esta caída. Pasa no conxunto estatal dun 0,8 a un 0,6 por cento do investimento. Isto demostra que non hai un proxecto político claro sobre as infraestruturas e equipamentos para o país. O PP non ten un proxecto para Galiza. Iso é o que reflicten estas contas. -No debate parlamentar, Feixóo fixo a trampa de atribuír a Galiza partidas de Defensa como se fosen investimento especificamente destinado ao país. -Feixóo é cómplice do atraso, do castigo que o noso país sofre ano após ano, especialmente desde que goberna o PP. Feixóo é un presidente que practica unha pasividade... pois asombrosa. Vive nun pavillón de repouso, semella estar nunha sala de espera dun médico agardando a atención, ou semella estar percorrendo un salón dos pasos perdidos. E mentres tanto no país existen eivas, problemas endémicos que non se solucionan, pensemos por exemplo no mantimento das estradas na provincia de Lugo -que é un tema que a min me preocupa especialmente- ou pensemos nas vías de titularidade estatal na Mariña, nun estado absolutamente terceiromundista, de feito aí están as e os veciños a se mobilizaren nos últimos anos de xeito continuo. Ou reparemos tamén no atraso nos camiños de ferro ou a demora na construción da autovía Lugo-Santiago, Lugo continúa aínda incomunicada coa capital do país... Leva case quince anos en obras e ten un horizonte en principio de remate do conxunto fixado para 2022, mais, dados os graos de inexecución orzamental que se veñen arrastrando, non parece un prazo moi críbel. E perante todo isto, que fai o presidente Feixóo? Pois cala, cala, fai mutis polo foro, non reivindica o que o país merece por sentido da xustiza e da distribución e das necesidades reais, e practica o escapismo, a pusilanimidade, mirar para outra banda. Reparemos que no Parlamento galego o PP apoia a transferencia da AP-9 para logo en Madrid dicer o contrario. E perante iso non hai unha reacción por parte do presidente da Xunta. É un presidente escapado. -Baixan os orzamentos por segundo ano consecutivo, mais -fóra do que é a oposición política e sindical- o certo é que no que se dá en chamar a sociedade civil tampouco é que haxa un rexeitamento social moi perceptíbel a estas contas. A que o atribúes? -É unha pergunta para unha análise sociolóxica. A sociedade civil si que se está rebelando... Aí temos, por exemplo, o 8 de marzo, as mulleres están cobrando unha conciencia política, e logo están os pensionistas. Na Galiza estes movimentos fixéronse notar de xeito significativo, non só nas cidades, tamén nas vilas. Polotanto, si hai reaccións sociais que nos fan ter esperanzas. Outra cousa é que no conxunto do país o tema dos orzamentos... -Estou pensando en empresarios, armadores, en colexios profesionais. Estou pensando niso. -A impresión que teño é que no noso país a xente si que se mobiliza. Pensemos na sanidade, nos protestos na Mariña luguesa, en Monforte. Hai mobilización. En Galiza existe unha base social que si se activa en determinados momentos. O problema é que esa base social, esa activación da conciencia social, non se traduce por desgraza no plano político nunha realidade estrutural, formal, que provoque mudanzas. Aí hai un problema. Esa mudanza non se produce, produciuse despois do Nunca Máis, alí houbo unha emerxencia popular, non? Ben, niso estamos, en intentar reactivar a base social. Mais a día de hoxe a dereita continúa a controlar resortes e determinadas organizacións sociais. Aí a esquerda temos que facer autocrítica e analizar isto e procurar fórmulas que leven a que se produza unha mudanza definitiva. Eu non creo que Galiza sexa conservadora per se, ou que exista unha maldición de carácter bíblico que diga: \"Galiza é conservadora\". Non, é un país complexo, unha sociedade castigada coa emigración -un fenómeno que ten un carácter histórico e que volta a estar no primeiro plano- , a xente moza procura traballo fóra do país, hai un gravísimo problema demográfico. Somos un país castigado, mais somos tamén un país resistente porque existe unha base social consciente de si propia e eu nese sentido teño certa positividade. E esa base haina que activar. E aí a esquerda ten que facer autocrítica e poñer en marcha mecanismos tendentes á unidade de acción. Iso conséguese tracexando mapas de estratexia, conséguese poñéndose de acordo nos mínimos necesarios. Nos concellos e nas deputacións faise moitas veces. Haino que facer tamén no plano nacional. O que me preocupa é que pasan as décadas, pasan os anos e o PP continúa a gobernar con maioría absoluta. O país vaise esfarelando. O idioma, os sectores produtivos... Na Galiza non hai practicamente I+D+I... -Entendes o apoio do PNV aos orzamentos? -O PNV ten un problema. Falabamos antes da revolución cívica dos pensionistas, pois no País Vasco ten unha expresión moi poderosa esa rebelión, sobre todo en Bilbao. Agora veñen as municipais, así que o PNV terá que explicar á sociedade vasca como articulou este apoio. É ben certo que hai unha serie de contraprestacións, o cupo vasco mantense, hai unha elevación orzamentaria, negociou o aumento das pensións. En fin, tentará de vender esa mercadoría política. Pero un goberno como o do PP, o de Raxoi, eu creo que está amortizado, acabado, non ten futuro. Isto é un exercicio por parte do PNV de auxilio a un corpo estragado, ao corpo dun afogado que necesita revivir nunha carreira que conduce á desaparición, porque o Partido Popular está absolutamente infectado pola corrupción... Eu sempre lembro aquela frase de Augusto Roa Bastos que di que o poder de infección da corrupción é máis letal que o das pestes. O PP ten unha peste dentro, cun grao de depravación... A min a forma en que acabaron con Cifuentes pois tampouco me pareceu de recibo. Ese encarnizamento, esa forma de destruír a persoa, pois... -É algo moi español, é a Inquisición, non? -Si, si. Efectivamente. A Inquisición practicou esas formas. E hai aí resabios, hai atavismos. -E son formas moi pouco cristiás, porque en teoría o cristianismo advogaba polo perdón. -Si, son moi pouco cristiás. Home, hai unhas responsabilidades políticas evidentísimas. Por tanto, tiña que demitir por esas responsabilidades políticas, e non por un problema talvez de carácter psicolóxico, dunha pulsión persoal, de cleptomanía. É unha materia complexa. No que non estou de acordo é no encarnizamento. Na destrución da persoa. Iso é, como dicías, moi pouco cristián, de liberal non ten nada e ademais é anti-humanista. Digo isto porque eu creo que na política, sexa cal sexa a dimensión ideolóxica, é necesario que exista de forma transversal un humanismo, un humanismo político. E nesa transversalidade hai que pór en primeiro lugar a dignidade da persoa e despois o ben común. E aquí pouco hai diso. -Ti estás neste momento nun miradoiro privilexiado. No centro do cenario, o PP aparentemente está a se esboroar. Ves Feixóo aterrando en Madrid coas fotos de Marcial Dorado na mochila? -Eu dicía que Feixóo está perdido nun salón dos pasos perdidos. Agardando a Godot. Na espera desa sala de espera está a agardar o ditame do médico. O diagnóstico. As pexas que ten non só son un conxunto de fotografías, que por certo talvez existan máis fotografías que aínda non viron a luz... -Máis fotografías? E quen as ten? O delegado do goberno que avisou Feixóo da existencia das que si se publicaron? -Pois ao mellor as ten a mesma persoa -no sentido abstracto- que tiña o vídeo de Cristina Cifuentes. En todo caso, que talvez existan máis fotografías é vox populi nos mentideiros xornalísticos de Madrid. -E cres que sairán á luz no caso de Feixóo se postular abertamente como relevo de Raxoi? -Non o sei, non o sei. O que quería dicer é que esas pexas, esas manchas que ten Feixóo -e digo isto no plano político, con todo o respeito para o plano persoal- non son talvez o máis importante, porque fan parte do pasado e porque, dito isto entre aspas, foron explicadas. Para min o máis importante é a súa xestión política. Esa é para min a súa pexa maior. Que o noso país con el non progresou. Que talvez existan máis fotografías de Feixóo con Marcial Dorado é vox populi nos mentideiros xornalísticos de Madrid. -Si, mais aos ollos dos seus partidarios esa xestión pode ser máis un aval do que unha pexa. -Pode ser, eu o que quería dicer é que para min o máis grave do presidente da Xunta é a súa ineficacia política. -Ti non o ves como relevo de Raxoi? -Non, non o vexo. -Apostarías en que continúa Raxoi? -A ver, eu creo que a lexislatura actual vaise completar [chegaría até 2020]. Vaise completar porque o apoio do PNV aos orzamentos xa o garante. Os de 2019 poden prorrogarse e xa chegamos a 2020. Ao PP non lle interesa en absoluto abrir hoxe a hipótese dun adianto eleitoral porque ten o alento na caluga de Cs. Necesita gañar tempo, restabelecer o partido, liberar o partido das pezas corruptas que aínda ten e intentar unha rexeneración. -Mais con Raxoi ao mando iso é complicado. -Raxoi é unha figura amortizada e claramente esgotada. Hai uns ciclos e el xa os cumpriu sobradamente. Creo que el ten consciencia diso e que vai proceder en consecuencia. -Debrucémonos agora sobre a situación interna de En Marea. Ti partillas o criterio expresado por Carmen Santos [secretaria xeral de Podemos Galiza] de que En Marea é unha fórmula que non funciona? -En Marea é unha constelación que inclúe dentro sistemas distintos nunha galaxia, e aí hai planetas que xiran coas súas órbitas e unha matriz desa galaxia, que provoca o movimento harmónico de todos os astros. Hai diferenzas internas, tamén de cosmovisión política, e ás veces prodúcense contradicións, evidentemente. Mais hai que lembrar que existe un documento, o Documento de Mazarelos, para min fundamental, un texto base que hai que cumprir e en que se di con clareza que Galiza é un suxeito político soberano e, polotanto, hai unha dimensión nacional do país como nación que é recoñecida por todas as forzas políticas que compoñen En Marea. Tamén se estabelece nese documento o dereito a decidir, o dereito á autodeterminación. Iso hai que cumprilo. -Mais talvez aconteza que nalgúns sectores da confluencia haxa unha asunción puramente formal e non práctica dos contidos dese documento. -Pois cando se produce algunha ruptura na expresión política hai que lembrar os fundamentos. Ás veces, os seres humanos, e non o digo por Carmen Santos, dígoo en xeral, ás veces desenvólvense con contradicións, e con tensións, en fin, non hai un estado de pureza en que todo sexa perfeito. -A contradición permanente do libro de Martiño Noriega e Daniel Salgado... -Si, a contradición permanente se se quer acudir a esa metáfora. Mais se o pensas ben, a contradición non debe ser permanente. A contradición debe ser temporal. E é bon que existan contradicións no plano temporal, pero deben ser resoltas. Calquera contradición existente debe ter un período de resolución e a esa resolución hai que chegar en base ao debate, en base ao acordo, sabendo que en política os acordos deben ser renovados. Non hai nada feito porque si e rematado, sobre todo en procesos como este de En Marea. Ten que haber unha viveza e unha actualización, como os programas informáticos, que hai que actualizalos. Iso faise entre seres humanos intelixentes, coas súas diferenzas, pero cun obxectivo final. E o propósito final da esquerda en Galiza -e aí inclúo o BNG- debe ser liberar o pobo galego do goberno da dereita. Isto parece xa algo carpetovetónico. Galiza parece gobernada pola dereita xa case eternamente, non? Houbo, si, parénteses de gobernos de esquerda, hai que recordar o bipartito especialmente... Pero, claro, parece que hai un ditame da historia que nos impón a dereita. E non, non ten por que ser así. Olla o que vou dicer: estamos no ano do centenario do Manifesto de Lugo [a asemblea das Irmandades da Fala de 1918]. Pois penso que sería moi interesante, e digo isto pensando nos intereses do país e na conciencia histórica da esquerda nacionalista, que o BNG entrase nunha fase de diálogo, de inter-diálogo, con En Marea e coas forzas que compoñen En Marea, para atinxir unha posibilidade de goberno na Galiza das esquerdas. O BNG é unha peza principal aí. Hai que ser consciente do estado da realidade. E ao mellor non tanto do desexo. La Realidad y el Deseo [o volume que engloba a poesía de Luis Cernuda]. O desexo vai por unha vía e eu teño clarísimo cal é o meu. Eu advogo por unha República galega, por un Estado confederal que recoñeza os espazos autónomos, republicanos, unha República Española Confederal, con España presente, aí tamén sería desexábel que entrase Portugal, unha Confederación Ibérica. Advogando por iso, penso que sería necesario que o BNG.... -Estás pensando nunha fórmula de coligazón eleitoral? -Non sei o formato. Por que digo isto? Porque pasan as décadas e estamos na situación en que estamos. En Marea é segunda forza no Parlamento, mais necesitamos acumular e sumar e ampliar as nosas forzas. E contar tamén con organizacións cívicas de todo tipo. Sumar as persoas. Un proxecto global da esquerda en Galiza -como se demostrou cos máis de 410.000 votos obtidos nas eleccións ao Congreso de decembro de 2015, un resultado que nunca se producira na historia do país- ten un enorme potencial se se produce a unidade, no formato que se decida, como resultado do diálogo que debe ter lugar previamente para chegar a un acordo. Galiza vaise salvar se somos quen de artellar unha grande Marea da esquerda política e social e eu aí penso que ten que estar o BNG. E estou persuadido de que sería moi bon para o BNG. Galiza vaise salvar se somos quen de artellar unha grande Marea da esquerda política e social e eu aí penso que ten que estar o BNG -Desde Madrid como vives o conflito que se está a producir no grupo parlamentar de En Marea no Pazo do Hórreo? -Vívoo con moita distancia. Eu estou centrado no meu traballo, agora nesta fase, ademais, que son portavoz, voceiro, pois multiplícanse as responsabilidades e o traballo, así que non teño tempo material para acompañar o asunto de perto. Non coñezo os pormenores do que está a acontecer. -Mais desde a túa perspectiva Paula Quinteiro debería demitir? -Non entro no tema. Eu son un deputado de En Marea en Madrid. A miña responsabilidade é a que é. En Marea no seu conxunto ten a suficiente intelixencia e capacidade para resolver calquera tipo de problemas que se poda producir no seu seo. Eu creo que deben ser resoltos. Non se debe cultivar o conflito porque si. Os conflitos producidos en calquera organización -porque se producen en calquera organización!- deben ser resoltos no seo da organización. Non deben ser amplificados e eu négome por método a participar, a opinar, a entrar nestes temas. Xa o dixen antes, o feito de estar en Madrid distancia moito, segues a cousa desde a imprensa, mais tes unha distancia no plano físico e tamén no psicolóxico. Eu respeito calquera posición. Respeito a de Paula Quinteiro, que non quer demitir. É unha persoa á que ademais aprezo no plano persoal. Mais non entro en absoluto nestes temas. Non entro no tema de se Paula Quinteiro debe demitir. Eu son un deputado de En Marea en Madrid. A miña responsabilidade é a que é. Dito iso, respeito a súa posición. É unha persoa a que aprezo. -Como está o poeta? -[Ri]. Ben, ben, ben. Agradézoche a pergunta. Está cuestión toca no corazón, toca no corazón. Pois verás, estou preparando a saída da edición en castelán do Diario do Estremecemento. Estou a preparar a edición da obra poética reunida. Estou a traballar tamén nun libro que vai saír en México... En fin, quero manter o poeta e o escritor nun mínimo de actividade porque a política come todo, non? Come todo porque a túa cabeza céntrase absolutamente no traballo político. Pero eu procuro manter un nível de leitura -eu son leitor basicamente, máis que escritor son leitor-, leitura ademais en papel, leitura de libro, e iso si que o vou mantendo. E procuro non esquecerme do que é a miña propia obra, que sempre ten de ser un magma con vida. Procuro cumprir cos proxectos e coas ofertas que me fan, moitas delas fóra de Galiza. Agora vai saír tamén unha antoloxía de poesía en Madrid, na que colaboro. E logo voltei a escribir teatro, unha obra que xa tiña, remateina. E supoño que voltei a ela porque a política tamén é un teatro, non? O Congreso é un teatro. Hai unha acción, hai un espazo... -A política turra máis de ti cara ao teatro do que cara á poesía? -Neste caso, si. E son absolutamente sincero. Descubro que a condición humana no espazo da política móstrase de forma moito máis... como diría? transparéntase dun xeito absoluto. As persoas, a propia convivencia política cos adversarios, o propio espazo político no que participas xunto con outras forzas, todo iso é un conglomerado no cal a condición humana se precipita. E iso é algo que a min me interesa moito. Sempre pensei que a literatura é un exercicio de indagación permanente sobre a condición humana. Entón, voltei a esa obra de teatro que hai tempo deixara sen rematar, voltei a ela con novas focaxes, está rematada e é unha reflexión sobre o poder. Sobre o poder centralizado. -É unha reflexión abstracta ou concreta? -É abstracta, mais tamén concreta, sobre o poder. Digo isto porque participei de varios modelos de personaxes reais. Eu que sei! A personaxe que máis centraliza a obra -porque se trata dunha crítica ao poder directa, encarnizada, radical- está inspirada na figura de Donald Trump. Unha figura moi teatral, esperpéntica. Podemos acudir á metáfora real do Ubú Rei [obra teatral de Alfred Jarry]. É unha figura grotesca que ten poder, que o exerce, vai por aí... -A última pergunta: es autor dun libro de conversas con Xosé Manuel Beiras que é todo un clásico diríamos da política galega -até poderíamos dicer que do xornalismo deste país. Imaxínate que eu son un editor e que che propoño o teu retorno a este xénero. Con que parlamentar do actual Congreso o farías? -Non teño dúbida. Ningunha. Eu faría un libro de conversas -excelente, ademais, non por min, senón polo resultado que iría ter polo perfil do personaxe- con Joan Tardá [portavoz de ERC no Congreso]. Hai moitos ingredientes na súa figura humana e política que a fan moi interesante. O tema de fondo sería o de Catalunya. No libro proxectaríase toda a súa experiencia parlamentar, todo o seu coñecimento, sería unha espléndida reflexión do político sobre a realidade de Catalunya, todo o procés, e sobre o republicanismo, do que eu, alén de máis, participo."}
{"ID": "NOS_12296", "summary": "Acusan o Executivo local de prevaricación e violación de secretos", "text": "Os edís na Baña César Ramos e David Gontán (Agrupación independente Compromiso A Baña), acompañados dos xuristas Xoán Antón Pérez Lema e Borxa Colmenero Ferreiro, fixeron entrega na Fiscalía nesta quinta feira, 23 de setembro, de documentación recompilada sobre contratacións realizadas nos últimos dous anos no Concello da Baña e, segundo indican, por ser presuntamente constitutivos de delitos de prevaricación administrativa. Achegaron tamén probas documentais de posíbel delito de violación de secretos. Compromiso xa criticou hai meses atrás o Goberno da Baña (PSOE) polo sistema de contratación \"pouco transparente e que non garante a igualdade de oportunidades e as seleccións de persoal que non respectan os principios de mérito e capacidade dos seus aspirantes\". A Valedora do Pobo xa reprobara o Goberno local pola falta de cumprimento das obrigas de publicidade activa ou de oficio derivadas tanto da lei de contratos do sector público como das leis de transparencia. O Goberno bañense, que recoñece este incumprimento e tamén a situación irregular de contratos de empresas -que deron lugar a diferentes reparos de legalidade emitidos por intervención-, continúa a día de hoxe, case un ano despois, sen emendar os incumprimentos. Así o indica Compromiso, que fai entrega na Fiscalía dun informe para que se proceda á apertura de dilixencias informativas. César Ramos subliñou que levan \"multitude de plenos criticando e pedindo información referente á forma de contratar escura e de dubidosa legalidade\" do Goberno local, e criticando \"as políticas radicalmente parciais e partidistas que levan a cabo para favorecer empresas e xente afín ao PSOE\"."}
{"ID": "PRAZA_472", "summary": "Hernández obvia a Currás e Conde Roa e asegura que a \"lexislatura\" municipal foi \"durísima\" por mor das protestas cidadás. Feijóo insta a obviar aos \"da coleta\" e reclama que quen votou ao PP en 2009 e 2011 o volva a facer agora.", "text": "O PP clausurou este domingo en Santiago a súa convención municipal. Foron dúas desas xornadas nas que o dress code impón que os traxes e americanas sexan substituídos por xerseis -maiormente de pico- e/ou camisas sen gravata para, co micrófono na man e nun escenario con cadeiras de brazos, transitar entre o ton mitineiro e a conversa entre militantes máis ou menos pretendidamente informal. Ao celebrarse en Compostela o alcalde da cidade, Agustín Hernández, tivo que exercer como anfitrión. E alí, ante a plana maior do seu partido, admitiu que este mandato municipal foi calquera cousa menos tranquilo, menos \"turbulento\". Pero por nada vinculado aos innumerables avatares protagonizados polo PP da capital. Hernández, terceiro alcalde da cidade en tres anos tras substituír no cargo a Ángel Currás, leva varias semanas tentando escapar da sombra que cobre o Pazo de Raxoi dende a primavera de 2012. Foi daquela cando o primeiro alcalde do PP, Gerardo Conde Roa, tivo que ceder o bastón de mando aos nove meses de logralo pola fraude fiscal na que incorreu coa súa empresa construtora. Conde Roa está imputado no caso Pokémon, igual que Currás, quen saíu pola porta de atrás da política tras a condena por prevaricación de máis da metade do seu goberno por decidir pagar con fondos públicos a defensa xurídica dun edil tamén presuntamente implicado na suposta trama corrupta. Hernández obvia a Conde Roa e Currás e mantén que o mandato municipal foi \"durísimo\" por mor das protestas cidadás Con este pano de fondo Hernández explica que a \"lexislatura municipal\" foi \"durísima\". Pero, por que o foi? Polas manifestacións que se celebraron, polas protestas de diferentes colectivos sociais. Algunhas, dixo ante os seus, mesmo chegaron ao Parlamento, tanto diante do Pazo do Hórreo como na súa tribuna de convidados, na que rebentou a indignación de, por exemplo, persoas estafadas coas preferentes ou doentes de Hepatite C que claman polo seu tratamento. Hernández obvia a fenomenal treboada que o seu partido causou no consistorio santiagués e o mesmo fai o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que se limita a gabar o \"sentido común\" do rexedor. En clave galega e estatal Feijóo aproveita o sexto aniversario da súa primeira maioría absoluta para tentar esconxurar un dos principais temores dos conservadores: a fuga dos votos que lles outorgaron as súas amplas vitorias do pasado. Por iso pide que \"os que votaron ao PPdeG nas eleccións autonómicas de 2009 e nas municipais e xerais de 2011 acudan ás urnas este ano co mesmo entusiasmo\". Feijóo: \"Dos da cella pasamos aos da coleta\" Ao partido que sustenta o Goberno da Xunta, evidencia Feijóo, non o \"inspira\" nin \"as ideas dunha empresa de marketing\", \"nin o independentismo\" nin tampouco \"Venezuela\", senón \"os cidadáns, o galeguismo\" e \"os emigrantes galegos en Venezuela\". \"Dos da cella pasamos aos da coleta\", chancea o presidente, quen entre o desdén ás mareas municipais -\"con tanta sigla e tanta escisión calquera non se marea\", di- augura que \"así como lles dixeron aos da cella 'así, non', agora lles dirán aos da coleta 'así, tampouco\". Seguir lendo en Propósito de emenda, o espazo de crónica política do Obradoiro de Praza Propósito de emenda, crónica política no Obradoiro de Praza"}
{"ID": "NOS_49765", "summary": "Luís Pirucha (Portonovo, 1982) vive nas marxes. Pinta, fai música e escribe, que saibamos. E faino autoeditándose, en papel, na rede e nas farolas da súa cidade e das cidades que visita. A curiosidade que nos suscitou o seu primeiro libro, 'Luisteratura', levounos a entrevistalo.", "text": "- Pola linguaxe, pola nudez, pola rotundidade, lémbrasme a Lupe Gómez, que sacou o seu libro, autoeditado como o teu hai uns vinte anos...- Ah, pois non a lin. O de ler non é o meu. Coñézoa, sei quen é, pero non lin o libro. - No teu libro tamén está presente o absurdo, o naif, o humor... e certa crítica social. Cóntame un pouco cal era a túa idea ao escribir 'Luisteratura'.- Non empecei a escribir cun obxectivo, senón que os obxectivos foron aparecendo conforme ía escribindo. Por exemplo, ao comezo non utilizaba a linguaxe inclusiva, pero como ía publicando nas redes sociais, fun aprendendo un pouco de todo, sobre o xénero, do público, de quen me lía. No segundo libro si que son máis crítico, contra a familia e contra outras cousas, como as típicas historias heterosexuais. - Falas dun segundo libro que vas sacar...- Si, contaba que saíra máis tarde, pero xa estará listo o mes que vén. - Titúlase 'Ministerio de Asuntos de Asuntos Literarios' e é o que estás a publicar no teu blog, non? - No blog hai cousas antigas e cousas novas. Hai textos no segundo que son máis antigos que o primeiro. O primeiro libro foi unha especia de 'demo', de maqueta, para probar, para ver como funcionaba. No segundo xa teño relatos moito máis extensos, porque sendo descoñecido e comezando para moita xente sería moi canso relatos tan longos. \"Vendo como escribo, é imposible que gañara algún premio. Quen vai dicir \"o gañador deste premio é o relato titulado 'Saír pola cona'?\" - Non empezaches a túa carreira literaria como todo o mundo, tentando gañar a premios. - Si e non, porque hai tempo insistíronme con isto e mandei a concursos, pero iso non é para min. Vendo como escribo, é imposible que gañara algún premio. Quen vai dicir \"o gañador deste premio é o relato titulado 'Saír pola cona'\"? - Estás a dicir que o sistema literario galego é algo pacato?- Pois si. - Dis que petaches en moitas editoriais e non fuches quen de conseguir que che publicaran. - O mundo da literatura nunca foi o meu, nunca me interesei até que empecei a escribir, e a xente que coñecía recomendoume mandar aquí e alá, e ao final é unha maneira de autoenganarse. E ao final, se non te collen, que fas? Nada? - Pero xa sacaches unha segunda edición...- Si, fixen unha edición de 200 para empezar, así que decidín tirar máis, e estase vendendo ben. - Quixeches publicar en papel despois de telo publicado na rede, e tamén pegas poemas e microrrelatos polas farolas, polas rúas...- Si, decidín pegar na rúa fragmentos de contos ou contos enteiros, e hoxe por exemplo, peguei en Compostela, que é onde vivo, pero tamén cando viaxo. É unha maneira de compartir, de facer chegar a literatura á xente. Eu, que non son moi de ler, sorprendeume ver unha parella interactuando cos meus textos na rúa. - Asumes e recoñeces que non les. Pero escribes. - Eu intento ler, vou á biblioteca, e collo un libro, pero a maioría dos libros parécenme sobrecargados, demasiado descritivos. A min gústame máis o directo. Entrou, caeu e morreu. O resto cánsame moitísimo. - Entón non te ves escribindo unha novela de 400 páxinas. - Non, e menos co meu estilo. Eu intento meter moitas historias, algunhas absurdas e ilóxicas, eu sería incapaz de facer iso. Tolearía antes de chegar á metade. - Este segundo libro segue o camiño do primeiro. Relatos moi curtos...- Si e non. Neste hai relatos máis extensos, de máis de 10 páxinas. Non quero forzar a ninguén a que colla un libro que non lle gusta. Outro dos motivos polos que comparto todo é para que a xente que colle o libro saiba o que hai nel. Nese sentido quero ser moi transparente. \"Eu escribo como se vomitara todo o que gardei na miña vida e agardo que cando remate o terceiro teña rematado con todo o meu pasado. Realmente é como unha autobiografía pero extraña e rara\" - Como os vendes?- Eu máis que vender, chámolle distribuír, porque o prezo é moi baixo (4 euros), eu son o intermediario, a min non me queda nada máis que a satisfacción de coñecer xente nova e pouco máis. - Tes un 'eu' moi presente no libro. Si, claro. Sempre me preguntan que cousas son reais e cales non. Hai xente que dá por feito que son reais e claramente hai moitas cousas que é imposible que o sexan. Eu conto as miñas vivencias, ou doutra xente, esaxeradas e ridiculizadas. Hai moito meu dentro dese libro, e do segundo tamén. Aínda que agardo que no terceiro haxa bastante menos. Eu escribo como se vomitara todo o que gardei na miña vida e agardo que cando remate o terceiro teña rematado con todo o meu pasado. Realmente é como unha autobiografía pero extraña e rara. A verdade é que nunca pensei que chegara a escribir. Ler non, pero escribir encántame. - Es un artista total: pintas, debuxas...- Si, e tamén fago música, pero cousas marxinais. Non é algo destacable, pero máis adiante gustaríame ter un grupo de música, pero hai que ter moita afinidade e é difícil atopar xente. Tamén me gustaría facer cine no futuro. Todo é cuestión de probar, experimentar e ser feliz. A escrita sírveme para ordenar as miñas ideas. Eu falando son moi incoherente, pero escribindo, podo expresar cousas que están en min."}
{"ID": "NOS_43960", "summary": "Os vindeiros 27 e 28 de febreiro a cidade de Lugo acolle o festival A Candeloria. Música, xogos populares, pasarrúas e cantos de taberna para facer festa arredor da muralla en pleno mes de febreiro.", "text": "Con bandas como Boikot, Los Chikos del Maíz, Habeas Corpus, Ruxe Ruxe, Nao e Terbutalina desde a organización salientan que o seu obxectivo é cubrir ese \"oco musical\" pendente na ampla oferta cultural luguesa. De antemán advirten que A Candeloria non ficará fechada no Pazo de feiras e congresos senón que visa tornar a cidade amurallada nun multitudinario evento, tamén a ceo aberto. Conversamos con Manu Fernández, un dos seus organizadores. Quen está detrás do festival A Candeloria?Somos tres os que cocemos o tema [ri]. Marcos, Laura e máis eu. Mais detrás disto hai moita máis xente sen a que non sería posíbel sacalo adiante. Desde a Deputación de Lugo están a axudarnos moito e tamén centos de persoas que colan os cartaces, partillan os nosos contidos e eventos nas redes sociais; voluntarios que se ofreceron para traballar neses días e tamén os grupos. Todos eles son importantes. Comezástedes no Clavicembalo e agora pensades en encher o Pazo de Feiras e Congresos. Vaia salto, non si?O ano pasado no Clavi había 200 persoas e outras tantas estaban fóra tentando entrar. Era moita xente. A nosa fórmula continúa a ser a mesma e é moi rudimentaria. Baseámonos na venda das entradas, de camisolas e mesmo de rifas pola rúa [ri]. Non vou dicir que en Lugo non haxa oferta cultural mais o noso obxectivo foi sempre cubrir ese oco musical dentro das nosas posibilidades. Non fixemos nada imposíbel. No cartaz levades bandas coñeciñas en Galiza e outras de sona internacional. Foi difícil contactar?Hai determinadas bandas que polo seu caché ou bagaxe era máis complexo acceder a elas mais detrás do cartaz o que hai é traballo, traballo e traballo. Porén, queremos salientar que non hai bandas de máis ou menos calidade. As dez son brutais embora algunhas teren máis sonas que outras. É un pracer poder contar con todas elas. \" Queremos pór unha pedra para que o festival se asente e se torne nunha tradición, nunha data a apuntar no almanaque festivaleiro\" Como está a ser a acollida?Toda Galiza está a ter moito interese. O que nos parece incríbel é que bandas de nivel internacional e estatal están a amosarnos o seu interese através das redes sociais e do portal web. Levamos vendidas máis de 700 entradas e aínda quedan días. É xenial tendo en conta que este festival non se coñecía até o ano pasado. A Candeloria sairá do propio Pazo?Teremos concurso de cantos de taberna, xogos tradicionais, concertos acústicos, pasarrúas... Queremos que Lugo sexa unha festa eses días. Ogallá sexa un éxito, cando menos estamos a facer todo o posíbel porque así sexa. Queremos pór unha pedra para que o festival se asente e se torne nunha tradición, nunha data a apuntar no almanaque festivaleiro. A data vén a cubrir un espazo orfo entre @s festivaleir@s, o inverno. Son todo vantaxes?Si e non. Ten as súas vantaxes porque non hai ningún festival \"competidor\", por así dicilo, nen outros eventos semellantes. Mais ten as súas desvantaxes porque os festivais nútrense moito do turismo tamén e nós non contaremos con iso. Mais tentaremos facelo o mellor posíbel para que sexa un éxito. Galiza é un país de festivais?Coido que si. E, cando menos aos que eu vou, son todos festivais humildes mais moi traballados. Non lucrativos, ademais. Todo o que se fai vai focado a que a xente o pase incríbel e todo o que se gaña, como na Candeloria, vai destinado a que o festival mellore."}
{"ID": "PRAZA_17046", "summary": "Un manifesto impulsado por persoeiros da cultura aglutina a protesta pola supresión do programa, que consideran \"un ataque frontal á lei\" e que inclúen nunha política que levou a Radio Galega a ser \"cada vez menos galega\": \"Non foi creada para traducir axendas e contidos das cadeas estatais\". Medra a inquietude en torno á Radio Galega pola fin do 'Diario Cultural' e das desconexións locais", "text": "A anunciada supresión por parte da Radio Galega do programa Diario Cultural no seu actual formato ergueu a protesta e indignación no mundo cultural e artístico de Galicia, así como o rexeitamento da oposición política. A dirección da CRTVG, segundo confirmou tras presentar a nova programación ao comité intercentros, ten decidido suprimir o emblemático espazo conducido por Ana Romaní e diluír os seus contidos en magazines e informativos, pero privándoo da súa independencia e franxa horaria propia. Un manifesto aglutina a protesta pola desaparición do 'Diario Cultural' e a desgaleguización da Radio Galega Numerosos colectivos --como a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), o Colexio de Xornalistas ou A Mesa-- alzaron a súa voz e pediron á Radio Galega que rectifique. Agora, un manifesto lanzado por un grupo de persoeiros do ámbito da cultura aglutina esa protesta, reclama á CRTVG que \"cumpra a lei\" e lémbralle que \"os medios de comunicación públicos son patrimonio de todas, de todos\". O grupo promotor do manifesto Non imos ficar caladas, que pode ser asinado aquí, está composto por Xurxo Souto, Ledicia Costas, María Reimóndez, Manuel Bragado, Cesáreo Sánchez Iglesias, Rosalía Fernández Rial, Eli Ríos, Mercedes Queixas, Margarita Ledo Andión, María Xesús Nogueira, Fran Alonso,, Manuel Rivas,, Dores Tembrás, Xiana Lastra, Marcos Maceira e Suso de Toro. Xurxo Souto, Manuel Rivas, De Toro, Margarita Ledo, Manuel Bragado ou Ledicia Costas son algúns dos impulsores do texto No texto, os seus impulsores advirten de que \"ningunha dirección é propietaria do Diario Cultural\" e aseguran que, despois de 28 anos de traxectoria, o espazo é \"un referente, patrimonio de todas, de todos os galegos\". \"A existencia de medios de comunicación públicos é un gran triunfo colectivo desta sociedade, un instrumento definitivo para o futuro da propia lingua\", insiste o manifesto, que cre que a súa aparición \"permitiu a difusión do talento de miles de artistas que decidiron desenvolver en galego a súa creatividade\". \"Ningunha dirección é propietaria do 'Diario Cultural', é patrimonio de todas, de todos os galegos\" \"A expresión máxima desta revolución da intelixencia é o Diario Cultural, un espazo caracterizado pola calidade na forma e nos contidos, que definiu un estilo de seu\", din sobre \"un contorno de comunicación que acolle, e co que se senten identificad@s, a inmensa maioría das creadoras e creadores deste país\". Ademais, o manifesto lembra que a desaparición de Diario Cultural \"súmase á supresión dunha boa parte da programacion cultural da radio e a televisión públicas, como aconteceu con Libro Aberto, Planeta Furancho, Onda Vital, Alalá ou Eirado\". Para os impulsores do texto, é necesario lembrar que a Radio Galega \"non foi creada para traducir as axendas e os contidos das cadeas estatais\". \"Naceu para ser o referente primeiro da literatura, da música, do teatro, do cinema, das artes plásticas, de todas as formas de cultura que produce esta sociedade. Exactamente como leva facendo, dun xeito espléndido, dende hai 28 anos, o Diario Cultural\", insisten. \"A Radio Galega non foi creada para traducir as axendas e os contidos das cadeas estatais\" No manifesto considérase a desaparición do programa \"un ataque frontal á propia lei\" e lembran o punto 1 do artigo primeiro da lei de creación da Compañía da RTVG, no que se lle atribúe a súa \"misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e cobertura xeográfica, social e cultural\". \"A pesar deste mandato, a Radio Galega é cada vez menos galega, tamén en materia xeográfica\", quéixanse, ao referirse tamén á \"eliminación das desconexións locais cos contidos propios de cada cidade e das súas áreas de influencia\". \"Curioso paradoxo, o medio que, por definición, debería informar máis de preto, desatende o contorno máis próximo\", denuncian. \"A Radio Galega é cada vez menos galega, tamén en materia xeográfica\" \"Cómpre lembrarlle aos actuais responsables que non dirixen unha compañía privada -este medio é propiedade de todas e todos- e deben cumprir a lei. E cómpre lembrarlle tamén ao conxunto da sociedade que temos o dereito e deber de demandarllo\", remantan, tras proclamar \"longa vida á creatividade e ao talento\". \"Longa vida ao Diario Cultural!\"."}
{"ID": "PRAZA_7153", "summary": "Tres de cada catro vodas celebradas en Galicia nos seis primeiros meses do 2014 (73,5%) foron exclusivamente civís. O cambio de hábitos dos galegos e galegas foi moi acelerado: No 2000, 8 de cada 10 matrimonios consagrábanse aínda nos templos.", "text": "A relixión e, en concreto, a Igrexa católica, están perdendo peso e importancia na nosa sociedade a un ritmo moi acelerado. Nos hábitos, no ensino, nas prácticas relacionadas co sexo seguro ou na decisión das mulleres sobre os seus corpos a opinión da Igrexa cada vez é menos relevante socialmente. Tamén o é o seu papel en certas prácticas simbólicas, coma as cerimonias de unión matrimonial. A Igrexa comeza a desaparecer mesmo destes ámbitos nos que mantiña unha certa presenza polo poder da tradición. Segundo os últimos datos publicados polo INE, esta mesma semana, tres de cada catro vodas celebradas en Galicia nos seis primeiros meses do 2014 (73,5%) foron exclusivamente civís, e non realizaron polo tanto unha segunda cerimonia relixiosa para consagrar a unión. O resto, un 26,5%, apenas 869, si que mantiveron este rito, ben a través da relixión católica (a maioría), ben por outras confesións. En Galicia o peso da relixión é aínda menor que no conxunto de España, onde representan o 27,1%. No ano 2000, oito de cada dez vodas (77,7%) aínda pasaban polas igrexas Analizando os datos dende 1996 observamos un proceso moi acelerado de desaparición das vodas relixiosas, sobre todo a partir do ano 2000. Así, en 1996, hai 18 anos, oito de cada dez vodas (79,8%) aínda pasaban polas igrexas. Daquela, a proporción de matrimonios católicos e doutras crenzas era maior en Galicia que no conxunto do Estado, onde representaban o 76,9%. Catro anos máis tarde, no 2000, as porcentaxes apenas mudaran, e as vodas exclusivamente eran só o 22,3% do total. No ano 2000 celebráronse 9.305 vodas nas igrexas galegas. Neste 2014 o número final roldará as dúas mil O cambio comeza a producirse a partir dese ano, e de forma acelerada. Un lustro máis tarde as vodas non relixiosas eran xa o 36,9% do total, e en 2010 chegaban xa ao 54,5%. A tendencia mantívose nos últimos anos, reducíndose polo tanto as vodas relixiosas, que pasaron do 45,5% do 2010, ao 33,3% do 2013 e ao 26,5% no que levamos de 2014. No ano 2000 celebráronse 9.305 vodas nas igrexas galegas. Neste 2014 o número final roldará as dúas mil. Ano Matrimonios Pola igrexa Só polo civil % de vodas civís 2014* 3.530 869 2.595 73,5 2013 8.491 2.834 5.657 66,6 2012 9.420 3.653 5.767 61,2 2011 9.164 3.816 5.348 58,4 2010 9.707 4.415 5.292 54,5 2005 10.938 6.901 4.037 36,9 2000 11.981 9.305 2.676 22,3 1996 11.551 9.212 2.339 20,2 Matrimonios en Galicia pola súa forma (1996-2014). *Os datos de 2014 refírense ao primeiro semestre. Fonte: INE"}
{"ID": "PRAZA_19467", "summary": "Debido á erosión do chan logo de non cumprir co prometido, e á inexistencia de canalizacións, a pouca terra que quedaba nas parcelas afectadas pola ocupación temporal desaparece coas choivas e acaba no río. Canda a terra viaxan os marcos que puxeron para delimitar as fincas", "text": "Dende que no 2001 os presidentes do Goberno de España e da Xunta de Galiza na altura, José María Aznar e Manuel Fraga respectivamente colocasen a primeira pedra do AVE galego, as promesas de finalización da monumental obra non fixeron máis que sucederse e incumprirse a alta velocidade. Porén, o \"cristo dos tempos modernos\" fixo parada en Galiza fai xa moito tempo, e dende entón son moitos os galegos e galegas que sofren as consecuencias. Este é o caso dos veciños e veciñas da parroquia de Isorna, no concello coruñés de Rianxo. Por alí pasa o eixo atlántico de alta velocidade que enlaza A Coruña con Vigo e que deberá enlazar con Madrid dende Santiago de Compostela cando o total das obras finalicen. Esta liña, de \"tren rápido\" non de AVE, foi inaugurada ás presas o 30 de marzo do ano 2015, oito anos máis tarde do que estaba previsto cando comezaron as obras. Ademais disto, foi inaugurada sen estar finalizada e sen que funcionara o sistema de seguridade ERTMS que desgraciadamente tan famoso se fixo logo do accidente de Angrois por non estar activado. O comezo das obras supuxo para moitos veciños e veciñas a expropiación definitiva ou temporal das súas fincas para a realización das obras do viaduto construído sobre o río Ulla que enlaza os concellos de Catoira e Rianxo. Nese momento a empresa concesionaria das obras comprometeuse a devolverlles os terreos no seu estado orixinal cando finalizaran os traballos. Nada máis lonxe da realidade. En agosto do ano 2015, xa inaugurada a liña de \"tren rápido\", os veciños comezaron a recibir por correo a comunicación do remate das obras e replanteo das fincas. Cando se achegaron até a zona atopáronse coa desagradable sorpresa de que os terreos non estaban ben delimitados, carecen de accesos e atópanse en moi mal estado, xa que as augas non están canalizadas, o que fai á súa vez que os marcos que puxeron no seu día para delimitar as fincas corran ladeira abaixo cara o río cando a barro e a terra que acaban no fondo do cauce do Ulla, a pesar de que esta tamén era unha das indicacións recollidas na resolución de 17 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral de Medio Ambiente, pola que se formula declaración de impacto ambiental sobre o \"Estudo informativo do proxecto de acceso ferroviario a Galiza. Eixo Ourense-Santiago\". Debido á erosión do chan logo de non cumprir co prometido, e á inexistencia de canalizacións, a pouca terra que quedaba nas parcelas afectadas pola ocupación temporal desaparece coas choivas e acaba no río. Canda a terra viaxan os marcos que puxeron para delimitar as fincas, uns cilindros de formigón de escasa profundidade dos que quedan poucos na súa posición orixinal. Ademais disto, cómpre sinalar a denuncia de moitos veciños que apuntan que non se fixo coa terra retirada algo semellante ao que se indicaba na resolución antes citada, senón que pola contra, moito do material retirado era directamente volcado no mar. O cristo dos tempos modernos fixo parada en Isorna, trouxo progreso, levouse as terras, os marcos, os camiños, levou a memoria de moitos veciños que atónitos teñen que convivir cunha vías soportadas por uns piares monstruosos polas que pasa un tren que no que nunca viaxarán."}
{"ID": "PRAZA_7591", "summary": "Entregaremos, como todos os anos, os PREMIOS PORTAPAZ, nesta ocasión, a STOP DESHAUCIOS, unha decisión unánime da Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz, pola súa firmeza nonviolenta, de denuncia social, pero sobre todo de apoio e solidariedade, para coas familias afectadas. A entrada será libre e todas e todos estades convidad@s.", "text": "Como cada ano, cando se achega o 30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz, data na que lembramos o aniversario do asasinato do Mahatma Gandhi (1948-2013), os colexios e institutos de Galicia, o seu profesorado máis activo e comprometido coa Educación para a Paz, anda axitado na procura de recursos para organizar as actividades, de aula e de centro, que tradicionalmente preparan arredor desta efeméride ecopacifista recoñecida. Desde o 10 de Decembro de 1985, data na que se constituíu oficialmente o Seminario Galego de Educación para a Paz, non paramos nin un só ano na promoción e difusión desta celebración A nós, ó Seminario Galego de Educación para a Paz, énchenos de satisfacción e de ledicia todo este rebulir na busca de poemas, cancións, pequenas pezas teatrais, manifestos, unidades didácticas, recursos que, con tanta ilusión, poñemos a disposición dos centros escolares na nosa web: www.sgep.org e que sabemos son moi utilizados para esta conmemoración, e tamén durante o resto do curso académico, de maneira transversal, en materias concretas, ou na titoría. Desde o 10 de Decembro de 1985, data na que se constituíu oficialmente o Seminario Galego de Educación para a Paz, non paramos nin un só ano na promoción e difusión desta celebración nas aulas e na vida, ás veces con poucos apoios institucionais, ou ningún, e sempre arredor de ideais e valores universais, como son, o fomento da cultura da paz e a nonviolencia, a igualdade entre homes e mulleres, a convivencia democrática, a resolución pacífica dos conflitos, o diálogo e a mediación, a xustiza e a solidariedade, a cooperación, as virtudes cívicas, a cidadanía e os dereitos humanos. As violencias, sobre todo as de carácter estrutural, están caendo con especial virulencia sobre os sectores máis febles e desfavorecidos da sociedade, pero tamén, cada vez máis, sobre as clases medias Hoxe vivimos momentos especialmente preocupantes, non só porque a crise económica está afectando, cada vez con máis intensidade, á maioría da poboación, senón porque as violencias, así, en plural, pero sobre todo, as de carácter estrutural, aquelas que están directamente relacionadas coa inxustiza (as inxustizas de hoxe son as guerras de mañá), están caendo con especial virulencia sobre os sectores máis febles e desfavorecidos da sociedade, pero tamén, cada vez máis, sobre as clases medias. Son moitos os nenos e as nenas, os adolescentes, que viven con especial angustia a realidade diaria das súas familias, a perda do emprego dos seus pais e nais, o desafiuzamento das súas vivendas, os recortes na educación e na sanidade, mesmo na cesta da compra de cada día, ou os aforros de tantos anos polas participacións chamadas preferentes e que en Galicia afectan a nada menos que a 70.000 familias. Estas circunstancias están presentes nas nosas escolas e institutos, para quen queira velas... Son moitos os nenos e as nenas, os adolescentes, que viven con especial angustia a realidade diaria das súas familias, a perda do emprego dos seus pais e nais, o desafiuzamento das súas vivendas, os recortes na educación e na sanidade Por todo isto, o 30 de Xaneiro, o Día Escolar pola Paz, non pode pasar de esguello por esta realidade. Hoxe, máis que nunca, temos que apelar ós valores cívicos e democráticos, á cooperación, á solidariedade, ó apoio, á axuda mutua, para coas principais vítimas dunha situación que non provocaron e reclamar, con tanta xente, xustiza, distributiva e penal, para coas persoas que nos levaron a esta situación e que, lamentablemente, diante dos nosos ollos, viven con total e absoluta impunidade. Mentres a maioría da poboación sofre e ve ameazadas as súas condicións de vida e de traballo, a propia dignidade humana, base da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, os casos de corrupción política ou económica van en aumento e observamos -con indignación- como a mentira, o cinismo, o engano masivo, os contravalores sociais que tratamos de desaprender nas aulas, avanzan e se estenden. Neste contexto, de crecentes dificultades económicas para tantas persoas, a mesma democracia, como tal, vese tamén moi resentida, como os dereitos constitucionais, os valores de cidadanía e os propios dereitos humanos. Por iso sorprende -aínda moito máis- que a nova Lei de Educación, a LOMCE, promovida polo ministro Wert, sen diálogo algún coa comunidade educativa, non só pretenda retroceder moitos anos no modelo educativo, coas reválidas e a relixión avaliable, senón que mesmo teña prevista a derrogación da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, unha materia que resulta, hoxe por hoxe, moito máis necesaria, e porque tiña asumidos plenamente os obxectivos, contidos e metodoloxías da Educación para a Paz. Sorprende que a nova Lei de Educación teña prevista a derrogación da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos Por todo o anterior, o lema escollido para a celebración deste Día Escolar pola Paz, sobre o que suxerimos reflexionar e actuar nos centros escolares, non podía ser outro: Educación, Cidadanía, Dereitos Humanos... como non? Entregaremos, como todos os anos, os PREMIOS PORTAPAZ, nesta ocasión, a STOP DESHAUCIOS, pola súa firmeza nonviolenta, de denuncia social Os actos centrais, nesta ocasión, serán en Ourense, na Praza de San Martiño, con alumnado de 6º de Primaria do Colexio de Practicas, que están reciclando e decorando paraugas vellos para transformalos en Paraugas para a Paz, símbolo de acollida, de protección, a que todas e todos necesitamos. Será ás 12:00 do mediodía, con música, manifesto pola paz, pedidos dos cativos, e a colaboración do concello. Pola tarde, ás 19:00 horas, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela, entregaremos, como todos os anos, os PREMIOS PORTAPAZ, nesta ocasión, a STOP DESHAUCIOS, unha decisión unánime da Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz, pola súa firmeza nonviolenta, de denuncia social, pero sobre todo de apoio e solidariedade, para coas familias afectadas. A entrada será libre e todas e todos estades convidad@s."}
{"ID": "NOS_21713", "summary": "Esquerra Republicana de Catalunya, o Bloque Nacionalista Galego, a Candidatura d'Unitat Popular, EH Bildu e Junts reclaman que Defensa e Asuntos Exteriores explique o motivo polo que asume \"o risco de alimentar a tensión no conflito\" en Ucraína.", "text": "O pasado sábado, saíu do Arsenal Militar de Ferrol a fragata Blas de Lezo en dirección ao mar Negro, no medio das tensións entre Rusia e a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), encabezada polos Estados Unidos. A partida do buque, que se integrará nunha das agrupacións da OTAN adicadas a garantir a reacción inmediata en caso de que o conflito escale, espertou as críticas das formacións soberanistas no Congreso. Simultaneamente, Esquerra Republicana de Catalunya, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), a Candidatura d'Unitat Popular, EH Bildu e Junts, rexistraron unha solicitude para dean explicacións a ministra de Defensa, Margarita Robles, e mailo de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares. As forzas políticas efectuaron o trámite para que sexan as comisións de Defensa e Asuntos Exteriores, as que acollan as intervencións para que os membros do gabinete xustifiquen as razóns que levan o Executivo estatal, conformado polo PSOE e Unidas Podemos, a participar de maneira directa na crise. Na solicitude dirixida á titular de Defensa, incídese en que ten que brindar explicacións por unha decisión que ten \"o risco de alimentar así a tensión no conflito\". Ademais, no escrito no que se reclama a comparecencia de Albares, exixen que detalle \"a posición e implicación do Estado\", así como \"as accións que ten programadas\" diante da escalada nas tensións. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou hai uns días a participación de efectivos militares do Estado na zona, cuestionando que non se aposte polo diálogo e as solucións diplomáticas."}
{"ID": "PRAZA_14415", "summary": "O PP acabou coa universalización sanitaria. O #21O non está en xogo se lle cobramos ou non aos europeos que usan o nosos servizos sanitarios. Decidiremos se profundamos na liña da desigualdade e solucións caritativas que nos ofrecen Feijoo e Rajoy ou se construímos unha sociedade libre, democrática, que prima ás persoas e busca reducir as enormes desigualdades sociais existentes.", "text": "Con este goberno podemos esquecer o artigo 1 da Lei Xeral de Sanidade, 14/1986, que di que \"son titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria todos os españois e estranxeiros que teñan establecida a súa residencia no territorio español\". O PP acabou coa universalización sanitaria, e con moitas outras políticas, co RD Lei 16/2012, de 20 de abril. O financiamento sanitario faise polos impostos (directos e indirectos) desde 1999, pero con esta nova norma introdúcese de novo a condición de asegurado (e beneficiario) para poder acceder á asistencia sanitaria, deixando fóra do sistema a quen gañe máis de cen mil euros, aos inmigrantes sen papeis e posiblemente irán aparecendo outros afectad@s ao aplicar a norma. O financiamento sanitario faise polos impostos (directos e indirectos) desde 1999, pero con esta nova norma introdúcese de novo a condición de asegurado (e beneficiario) para poder acceder á asistencia sanitaria Os criterios para considerar asegurada a unha persoa no RD Lei 16/2012 deixaban fóra do sistema a miles e miles de persoas. Tan escandaloso foi que o Ministerio corrixiu posteriormente os criterios no RD 1192/2012, de 3 de agosto, para deixar fóra claramente aos inmigrantes sen papeis e aos que a suma das bases liquidables do IRPF da máis de cen mil euros, permitindo de facto o acceso ao resto de residentes. Finalmente en Galiza os inmigrantes sen papeis van ser atendidos, probablemente con múltiples problemas e trabas burocráticas, mediante o chamado programa galego de protección social da saúde pública da Consellaría de Sanidade. Esta é unha decisión, sen dúbida, moi influída polo escenario preelectoral e pola maioritaria crítica, ás veces declarada insubmisión, de profesionais e de organizacións científicas. Feijoo xa destacou tamén na desactivación de tarxetas sanitarias en outubro pasado. Negou unha e outra vez a súa responsabilidade, mentindo reiteradamente tamén nisto. Botoulle a culpa ao INSS pero ao final non resistiu a presión política e cidadá Rajoy é belixerante cos dereitos das persoas pero Feijoo adiantouse na obrigatoriedade de ter 183 días de residencia para poder recibir asistencia sanitaria. Utilizou un procedemento tan pouco democrático como a lei de orzamentos de 2012 para cambiar o artigo 4.1. da lei 8/2008 galega de saúde, que di \"que o dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma\". Lembremos que Feijoo xa destacou tamén na desactivación de tarxetas sanitarias en outubro pasado. Negou unha e outra vez a súa responsabilidade, mentindo reiteradamente tamén nisto. Botoulle a culpa ao INSS pero ao final non resistiu a presión política e cidadá, cos medios de comunicación presentando a cotío múltiples persoas sen tarxeta, e viuse obrigado a activalas de novo cun código galego de asistencia sanitaria. Estas son as formas deste señor, sen debate, sen posibilidade de emendas, co discurso populista contra os inmigrantes, só reactivo ante a presión da rúa cando hai risco electoral. A escusa destes cambios lexislativos foi o turismo sanitario. Seica viña xentío de todo o mundo a curar aquí os cancros ou a operarse de algo. A escusa destes cambios lexislativos foi o turismo sanitario. A Ministra Mato tentou convencernos das bondades de recortarnos dereitos e de que os que nos opoñemos a esta lei somos uns inconscientes que non sabemos que o país non está para festas solidarias. Seica viña xentío de todo o mundo a curar aquí os cancros ou a operarse de algo. Como se non soubésemos ben os lugareños que non é tan doado conseguir a intervención de cataratas ou a prótese de cadeira ou dunha valvulopatía, por poñer algún exemplo de listas de espera indecentes. Xa non digamos un transplante como tamén se dixo polos PPopulares. Minten de novo! Pero quen se pode opoñer a que se lle cobre ás mutuas a asistencia causada polos accidentes de tráfico ou polos accidentes laborais ou que se lle facture ao National Health Service pola atención aos ingleses ou como non, aos usureiros alemás polas atencións que lles damos aquí? Ninguén! Iso está claro, pero para identificar aos morosos non era necesario toda esta cara montaxe administrativa nin deixar sen dereito á asistencia sanitaria a grupos de persoas. No fondo do que estamos a falar é do modelo de sociedade. Que sucederá cando este grupo de cidadás excluídos do sistema sanitario público, financiado tamén cos seus impostos, reclamen que se lles desgrave o seu gasto sanitario privado? A realidade é moi outra. No fondo do que estamos a falar é do modelo de sociedade. Que sucederá cando este grupo de cidadás excluídos do sistema sanitario público, financiado tamén cos seus impostos, reclamen que se lles desgrave o seu gasto sanitario privado? E se se lles permite a desgravación fiscal aos que gañan máis de cen mil euros, que van pensar aqueles que xa agora teñen contratada unha mutualidade privada, aínda que non gañen esa cifra da exclusión, e xa piden agora tamén a desgravación. Rajoy iniciou o camiño dunha sanidade pública de beneficencia. Falta saber cando chegaremos. O mesmo fixeron en educación, por exemplo, co pago dos libros de texto e o uso de axudas, menores cada ano, para mercalos a quen ten unha renda escasa, ou tamén nos servizos de dependencia, privatizando os poucos servizos públicos existentes e ofrecendo uns raquíticos cheques asistenciais. Os modelos están claros: A caridade (posible) fronte á redistribución da riqueza. Servizos privados para ricos e de beneficencia para pobres no lugar de acceso igual aos mesmos servizos para todos Os modelos están claros: A caridade (posible) fronte á redistribución da riqueza. Servizos privados para ricos e de beneficencia para pobres no lugar de acceso igual aos mesmos servizos para todos, gratuítos no momento de uso e financiados progresivamente en función da renda. O #21O non está en xogo se lle cobramos ou non aos europeos que usan o nosos servizos sanitarios. Decidiremos se profundamos na liña da desigualdade e solucións caritativas que nos ofrecen Feijoo e Rajoy ou se construímos unha sociedade libre, democrática, que prima ás persoas e busca reducir as enormes desigualdades sociais existentes. Non se debaten solucións técnicas para a crise senón cal vai ser a estratexia política de deseño da sociedade do futuro."}
{"ID": "NOS_38646", "summary": "As conexións ferroviarias son unha das máis grandes eivas para a articulación territorial da Galiza. O seu desenvolvemento é unha expresión do rol que cumpre o país no Estado e dun deseño que prima outros territorios. A exclusión da Galiza da rede de tren de proximidade é un dos exemplos máis evidentes.", "text": "Coincidindo coa celebración do Día Mundial sen Coches, a Plataforma pola Defensa do Tren da Coruña concentrouse esta quinta feira na cidade herculina para reivindicar o ferrocarril como a mellor alternativa. \"E temos que defendelo porque levan anos desmantelando o tren convencional e desaproveitando a rede que temos\", sinalaron desde o colectivo na protesta. A historia do deficiente transporte público galego Precisamente, o proceso de desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias nos últimos 30 anos na Galiza foi resultado da presión social e política. A este respecto, Francisco Rodríguez, que desde o Parlamento da Galiza impulsou en 1995 unha resolución unánime para dotar o país de ferrocarril á altura dos tempos e que no Congreso dos Deputados reivindicou conectar Galiza coas redes de alta velocidade, sinala a Nós Diario que \"o Goberno de Aznar forzado, xa con Cascos como ministro de Fomento, como consecuencia da presión que chegaba da Galiza, procedeu a mudar os deseños anunciados por Arias Salgado, onde Galiza ficaba fóra da alta velocidade\". Protesta da Plataforma pola Defensa do Tren da Coruña Rodríguez considera que \"as actuacións ferroviarias acometidas nestas tres últimas décadas non teñen contribuído á articulación territorial do país\". É certo, engade, \"que as obras executadas non estaban previstas e nese sentido asumiron as nosas propostas. Porén, realizáronse conforme aos seus criterios e orientacións\" e destaca as actuacións do eixo atlántico e da alta velocidade entre Ourense e Compostela. \"A primeira das obras fíxose con miseria, modificando módulo a módulo, máis non chegou a alta velocidade, por iso se denomina tren de altas prestacións\", sinala Rodríguez, que significa que \"o tramo entre Santiago e Ourense xa o impulsa o Goberno do Estado pensando na conexión do AVE da Galiza con Madrid\". Rego centrará as súas demandas de cara aos orzamentos xerais na implantación dun servizo de tren de proximidade As pautas do desenvolvemento da alta velocidade ferroviaria no Estado son unha anomalía en todo o espazo europeo, xa que ningún dos países ten como obxectivo unir as súas cidades máis importantes coa capital estatal. O deseño dos trazados dos camiños de ferro españois responden a razóns ideolóxicas dirixidos a coser o edificio estatal, prescindíndose na súa definición de dar prioridade a demanda potencial do tráfico nas liñas a modernizar e da necesidade do tráfico de mercadorías como función a realizar polo sistema ferroviario. \"O criterio de expansión da alta velocidade ferroviaria seguiu o que foi normal desde a primeira parte do século XVIII\", a radialización das redes de comunicación en España\", escribiu o economista catalán Germà Bel. A expresión máis evidente do programa político ao que responde a planificación ferroviaria do Estado na Galiza é a exclusión do país da rede estatal de proximidades. Neste sentido, trátase dun dos poucos territorios do Estado que carecen deste servizo, significándose a ampla malla de proximidades actualmente en funcionamento. Contan con proximidades ferroviarias Asturias, Cantabria, Euskadi -arredor de Bilbo e Donosti-, Catalunya, Madrid, o País Valencià, Murcia e Andalucía, con tres redes na área de Sevilla, Málaga e Cádiz. As razóns dos Executivos español e galego para oporse ao servizo ferroviario de proximidade no país responden a criterios orzamentarios e a non consideración da mesma como unha prioridade. Áreas urbanas como Vigo (300.000 habitantes), Pontevedra-Vigo (700.000) ou Ferrol-A Coruña (650.000) superan en poboación zonas onde veñen funcionando desde hai anos as proximidades, nalgúns casos en cidades de 270.000 residentes e noutros en áreas urbanas de 400.000. O caso de Ferrol-A Coruña A liña Ferrol-A Coruña é un caso paradigmático deste deseño discriminatorio para o país. Nese sentido, a propia Xunta recoñece que a liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol non sufriu modificacións nos últimos 107 anos e que a súa incorporación ao eixo atlántico ferroviario suporía un investimento de cando menos 800 millóns para un traxecto de 25 minutos, capaz de competir en tempo e prestacións coa autoestrada AP-9, que hoxe en día é a única alternativa para cubrir en pouco máis de media hora os perto de 40 quilómetros que separan ambas as cidades. FEVE O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou onte o desmantelamento do servizo ferroviario na liña de ancho métrico, a antiga FEVE, exemplificándoo no mal estado en que se atopa a zona de acceso da estación de Xuvia (Narón) e o recorte no persoal de atención para o control de acceso e venda de billetes. O BNG reivindica un tren de proximidade \"do século XXI\" Rego exixiu a ampliación, con carácter permanente, dos servizos e converter a liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo \"nun verdadeiro servizo de proximidade competitivo e adaptado ás necesidades das persoas usuarias\". A liña con Portugal, materia pendente Jesús Gamallo, director xeral de Exteriores da Xunta, estivo onte na reunión preparatoria do cumio bilateral Estado español-Portugal que Viana do Castelo acollerá en outubro. Entre as propostas da Xunta para debater no cumio figura o impulso do tren de alta velocidade Vigo-Porto e a obra da saída sur ferroviaria de Vigo"}
{"ID": "NOS_13428", "summary": "É a nona edição do festival que se irá realizar de 6 a 15 de novembro. Tudo está disposto para reunir, mais uma vez, o melhor da cinematografia atual, apostando na interligação do cinema com literatura, a música e as artes plásticas.", "text": "Jovens cineastas emergentes junto com autores fundamentais na historia do cinema; a descoberta de novos talentos ao tempo que a homenagem a personalidades marcantes na história do cinema. Isto é, basicamente, o LEFFEST de 2015 que terá lugar do 6 ao 15 de novembro em vários espaços de Lisboa e Cascais com uma programação de cinema, música, literatura e artes visuais. O filme de abertura, segundo revelou esta quinta-feira a organização, será Mia Madre, contando com a presença de Nanni Moretti, que em 2007 apresentou em Lisboa O Caimão. Também se junta aos convidados do festival o violinista israelita Ivry Gitlis, 93 anos, embaixador da Boa Vontade da UNESCO, a quem o compositor italiano Bruno Maderna dedicou Piece for Ivry. Entre os filmes portugueses selecionados para a competição estão Montanha, de João Salaviza e Jogo de damas, de Patrícia Sequeira O festival oferecerá leituras de escritores como Don Delillo, John Berger, Juan Goytisolo, Luis Miguel Cintra ou Bernardo Carvalho. Dois são os focos de interesse no âmbito das homenagens: o ator Luís Miguel Cintra, que anunciou recentemente que deixará de representar em teatro, e Wim Wenders, que, com imagens captadas em Portugal, inaugurará uma exposição de fotografia, Entre os filmes portugueses selecionados para a competição estão Montanha, de João Salaviza e Jogo de damas, de Patrícia Sequeira. Knight of cups, de Terrence Malick, encerrará o festival."}
{"ID": "NOS_4178", "summary": "Permitiu que un banco non pagara unha débeda de 47 millóns de euros.", "text": "No medio da crise enerxética que está a padecer Alemaña, influída pola situación en Ucraína e por unha seca que dificulta o acceso ao carbón que precisan as súas centrais térmicas, saltou á palestra pública unha investigación de corrupción que salpica o chanceler, Olaf Scholz, do Partido Socialdemócrata (SPD), que lidera unha coalición xunto aos liberais e aos verdes. O coñecido como escándalo \"cum-ex\" foi destapado onte pola prensa alemá ao transcender que unha comisión de investigación ao respecto do Parlamento de Hamburgo reclamou a comparecencia de Scholz o 19 de agosto para pedir unha explicación. O motivo desta convocatoria -a segunda do chanceler diante deste comité- son 218.000 euros atopados nunha caixa de seguridade do Banco Warburg da cidade, e que pertencen ao ex deputado do SPD no Bundestag, Johannes Kahrs. Segundo o medio público alemán Deutsche Welle, \"a historia parece un emocionante thriller de fraude financeira\" que leva varios anos sendo investigado. As transaccións \"cum ex\" foron consideradas ilegais polo Tribunal Federal Supremo en 2021, e consisten en trasladar accións rapidamente a través de moitas mans para evitar o pago de impostos, chegando a obter beneficios pola devolución dunhas taxas que nunca foron aboadas. Polo xeral, as empresas pagan aos seus accionistas dividendos unha vez ao ano, e logo teñen que pagar 25% de taxas por eles. Este sistema, polo que están baixo investigación as entidades bancarias, naceu para evitar ter que asumir este pago. Mediación co banco En 2016, cando as autoridades xa estaban tras a pista desta fraude fiscal, Kahrs organizou unha xuntanza con Scholz -daquela alcalde de Hamburgo- a Christian Olearius e Max Warburg, dous dos accionistas máis importantes do Banco Warburg, cos que se chegou a reunir até en tres ocasións. Pouco despois, o Goberno de Hamburgo permitiu que caducase unha reclamación fiscal para recuperar 47 millóns de euros que debía o banco á localidade por impostos non pagados grazas a estas transaccións. Tamén estivo a punto de caducar outra reclamación de 43 millóns, mais o Ministerio Federal de Finanzas interveu pouco antes de expirar o prazo. Presentan un acordo de Goberno en Alemaña. Scholz será chanceler Na cidade hanseática, os medios locais subliñan que a Fiscalía chegou a revisar os correos electrónicos de Scholz durante a súa etapa na Alcaldía e especula cun posíbel pago do banco a Kahrs pola súa mediación para evitar ter que efectuar o pago, polo que está imputado por tráfico de influencias. Até o de agora, a pesar de que nega ter efectuado transaccións ilegais, o Warburg viuse obrigado a devolver até 155 millóns de euros ás Administracións alemás. Pola súa parte, Scholz reiterou que non lembra os detalles das súas conversas cos accionistas do banco e que non sabía nada dos cartos que Kahrs gardaba nunha caixa de seguridade da entidade. Esta quinta feira, un xornalista inquiriu Scholz se os banqueiros podían manter os cartos roubados após coñecelo. \"Non serías capaz de fundamentar esa afirmación se tiveses que facelo\", respondeu o chanceler visibelmente enfadado, antes de advertirlle que teña \"en conta iso cando diga algo así\", recolle o Frankfurter Allgemeine Zeitung."}
{"ID": "PRAZA_156", "summary": "A Asociación Galega de Fútbol Gaélico lanza unha campaña de 'crowdfunding' para conseguir fondos que lle permita ao combinado do país viaxar aos Emiratos para participar no mundial da disciplina, o primeiro deporte no que competirá unha selección galega oficial.", "text": "A selección galega competirá nos primeiros Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico que se disputarán entre o 5 e o 8 de marzo do vindeiro ano en Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos. Será o primeiro combinado galego -masculino e feminino- que xogue de maneira oficial un torneo, neste caso xunto a países como Arxentina ou Suráfrica, entre outros moitos. A selección de fútbol gaélico será o primeiro combinado galego que xogue de maneira oficial un torneo Pero para lograr o obxectivo e estar presente no Mundial, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) precisa conseguir os cartos que lles permitan viaxar aos Emiratos nunha viaxe que non é nada barata. Andan á procura de patrocinios e chamarán á porta das administracións. E tamén acaban de abrir unha campaña de crowdfunding na que calquera pode achegar o seu gran nun obxectivo ilusionante e histórico. O seu obxectivo son 5.500 euros. As achegas van desde os dez euros ata os 250 e cada unha delas será respondida cun agasallo por parte da AGFG, desde cursos de fútbol gaélico, camisetas e material oficial da selección ou billetes para o primeiro partido do combinado en Galicia neste ano 2015. \"Se cres que un proxecto así paga a pena, non deixes que a falta de fondos deixe na casa a túa selección\", di a Asociación no vídeo no que anima a colaborar co combinado galego. A Asociación Galega vén de abrir unha campaña de 'crowdfunding' para conseguir os cartos necesarios para poder viaxar ao Mundial \"Non queremos que un xogador válido deportivamente non poida competir por causa económicas\", contaba a Praza Pública Wenceslao García, un dos impulsores do deporte no país, delegado da confederación europea e comisionado para a selección galega. O obxectivo agora é conseguir o financiamento para que as 26 persoas que formarán a expedición oficial galega das dúas seleccións poidan desprazarse a Abu Dhabi. O Mundial contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, no masculino divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os equipos campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. O equipo galego masculino queda encadrado neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e ao que se engadirían, no caso de confirmarse a súa presenza, as seleccións de Italia, Francia e a India. No caso da feminina, haberá un só grupo englobando os equipos campións e seleccións. A participación de Galicia no Mundial chega tan só catro anos despois da fundación do primeiro club no país A presenza de Galicia neste Mundial é histórica, non só para o fútbol gaélico, senón para o deporte galego en xeral, ao ser o primeiro combinado nacional recoñecido oficialmente. Todo comezou hai xa catro anos, cando un grupo de rapaces da Coruña puxo en marcha o primeiro equipo de fútbol gaélico do país. Os Fillos de Breogán comezaron unha aventura nun deporte irlandés, de 130 anos de historia pero do que pouco máis se sabía que semellaba unha mestura entre fútbol e rugbi. Impulsaron un club e soñaban con conseguir máis conxuntos cos que xogar. Na actualidade, esta disciplina conta cunha liga galega con 15 equipos (oito masculinos e sete femininos) afiliados na Asociación Galega e coa súa propia selección oficial recoñecida pola federación irlandesa que rexe este deporte a nivel global."}
{"ID": "NOS_16293", "summary": "A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte, a exclusión financeira. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Unha situación que xa afecta a milleiros de galegas e galegos nun mundo onde sen conta bancaria, non existes. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco. Eis un extracto da reportaxe publicada en Sermos Galiza 252.", "text": "O proceso de reestruturación bancaria tivo varias consecuencias, entre elas, e non menor, o fechamento de entidades financeiras. Sabémolo ben na Galiza, un país cunha poboación dispersa e onde, entre 2008 e 2016, botaron o fecho 936 oficinas bancarias. É dicir, o 37% das existentes. Temos agora 1.603 sucursais, as mesmas que había a finais da década dos 70. Se en 2008 a nosa ratio era de 9,2 oficinas por cada mil habitantes, agora é de 6. Unha tesoirada que se realizou, nomeadamente, a costa do rural e, nas cidades máis poboadas, daqueles barrios máis golpeados pola crise. É importante ter estes dados en mente para entender un problema que ao longo destes anos vai a máis e que mesmo xa motivou que a Comisión Europea se tivera que pronunciar: a exclusión financeira. Falamos de exclusión financeira para nos referir a aquela xente que fica á marxe ou ten dificultades para acceder ao uso de servizos e produtos financeiros. O economista Joaquín Maudos, nun dos estudos máis completos sobre exclusión financeira, cifraba en 2015 en 41 concellos e máis de 61 mil persoas as que se atopaban nesta situación na Galiza. En apenas un lustro aumentaron en 57% os municipios galegos nesta situación e o número de galegas e galegos atinxidos pola mesma incrementou nun 200%. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 252, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_20252", "summary": "O grupo parlamentario do Bloque rexistrou varias iniciativas para obter unha explicación sobre este adiamento con \"graves consecuencias para as e os pacientes\".", "text": "O BNG denunciou hoxe a situación que están a padecer algunhas e algúns pacientes da Unidade de Traumatoloxía Pedriátrica de Ourense, que ven como decorre o \"aprazamento sen causa xustificada\" das revisións que tiñan previstas nestas últimas semanas. A formación nacionalista denuncia que mentres as e os doentes teñen \"graves consecuencias\" por este atraso nas súas citas cos especialistas, ao Sergas \"non lle consta\" que haxa problemas no servizo. Por este motivo, o grupo parlamentario presentou na Cámara galega diversas iniciativas nas que pide coñecer que está a suceder na área de traumatoloxía da sanidade ourensá. En concreto, preguntan polos motivos polos que a unidade \"está a aprazar sen explicación da causa que o puidese xustificar, a cita para comprobar a evolución do estado da columna vertebral\". Por exemplo, mentres non se resolva a situación están afectados \"adolescentes con escolioses significativas e ás que se lles prescribiu o uso do corpiño ortopédico\". Ante a posíbel resposta vinculada á Covid-19 e ás súas repercusións na carga de traballo do persoal, non lle vale a explicación porque, di, \"estas demoras producíanse con anterioridade á pandemia\". Esta é outra das loitas sanitarias no distrito ourensá pois hai nada tamén houbo protestas pola intención da Xunta e do Sergas de expedientar ao xefe do Xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, que foi defendido por toda a veciñanza malia que sen éxito."}
{"ID": "NOS_49306", "summary": "A Xunta Electoral Provincial da Coruña estimou a reclamación de Vox e declarouno grupo político significativo, a razón dos votos que obtivo nas pasadas eleccións xerais de abril. A súa decisión abre a porta á participación de Vox no debate electoral da CRTVG.", "text": "A Xunta Electoral Provincial da Coruña estimou a reclamación de Vox sobre o plan de cobertura da campaña electoral da CRTVG. Nun comunicado, a formación lembrou que esta queixa foi formalizada o pasado 29 de outubro, ao considerar que o Plan non respectaba o pluralismo político e social, a igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa na programación dun medio público. Unha vez presentada a reclamación, a Xunta Electoral da Coruña acordou recoñecer a Vox como grupo político significativo, baseándose nos resultados obtidos pola formación nas anteriores eleccións xerais do 28 de abril de 2019. Entón o partido obtivo 81.126 votos, 5,25% do total dos emitidos na Galiza, o que supera o 5% que esixe a Instrución da Xunta Electoral Central 1/2015 para recoñecer a un grupo político con esta categoría. O outro grupo recoñecido como grupo político significativo é o BNG, que nas eleccións locais acadou 12,47% dos votos. A partir desta categoría o BNG foi incluído pola CRTVG no debate electoral de novembro proposto polo ente público. A decisión da Xunta Electoral da Coruña abre a porta así á participación de Vox no debate."}
{"ID": "PRAZA_10835", "summary": "A Audiencia de Pontevedra avala unha sentenza previa que deu a razón ao pai para garantir o \"interese superior dos fillos\" porque \"os beneficios das vacinas son innegables\"", "text": "A Audiencia de Pontevedra avala unha sentenza previa que deu a razón ao pai para garantir o \"interese superior dos fillos\" porque \"os beneficios das vacinas son innegables\"A Audiencia de Pontevedra vén de autorizar a un pai a vacinar os seus dous fillos en contra da negativa da nai a facelo. O tribunal considera que esa é a decisión que garante o \"interese superior do fillo\" ante as posturas encontradas dos proxenitores e o argumento da nai de que a vacinación en España é voluntaria.Nun auto do pasado 22 de xullo avanzado este martes por Faro de Vigo e ao que tivo acceso este diario a Audiencia de Pontevedra ratificou unha sentenza previa dun xulgado de primeira instancia de Vigo que en novembro do pasado ano, co aval da Fiscalía, xa dera a razón ao pai fronte á nai, separados desde hai anos. Agora o tribunal ratifica en segunda instancia a decisión de autorizar ao pai a vacinar os fillos porque \"os beneficios das vacinas son innegables\". O tribunal admite que en España non existe obriga de vacinar senón \"unha simple recomendación\", pero ante as discrepancias dos proxenitores opta por defender o \"interese superior do fillo\"O caso remóntase ao ano pasado, cando ante a negativa da nai a vacinar os seus fillos, que agora teñen 11 e 7 anos, o pai, asistido polo avogado vigués Guillermo Presa, recorreu á xustiza ordinaria para obter autorización para facelo el. En novembro un xulgado de primeira instancia deulle a razón, pero a nai recorreu alegando que previamente os dous proxenitores \"adoptaron de mutuo acordo a decisión de non vacinar os seus fillos e que a vacinación en España é voluntaria\".A Audiencia de Pontevedra ratifica agora aquela sentenza e resta importancia ao feito de que inicialmente o pai estivese ou non de acordo con non vacinalos, algo que o proxenitor negou. O tribunal admite que en España non existe obriga de vacinar senón \"unha simple recomendación, polo que a decisión final sobre se vacinar ou non os fillos corresponde aos seus pais\", pero ante as discrepancias actuais dos proxenitores o tribunal céntrase en analizar o \"interese superior do fillo\".O tribunal matiza que \"non pode quedar ao arbitrio dun dos proxenitores\" a decisión de cando vacinar e remite ao calendario de vacinación infantil do Sergas\"Non se discute o dereito dos proxenitores a defender as crenzas que estimen oportunas ou o sistema de educación e vida dos seus fillos que consideren máis adecuado, pero sempre que non resulte prexudicial para os mesmos\", di a Audiencia, que lembra as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en favor da vacinación e salienta que \"a maioría dos estudos científicos sobre a materia levan a concluír que os beneficios das vacinas son innegables tanto a nivel individual como poboacional\" por riba dos seus posibles efectos secundarios.Xa a sentenza de primeira instancia establecera que \"as reticencias\" manifestadas pola nai -que non se consideraba 'antivacinas' pero que tiña \"prexuízos sobre a seguridade das vacinas\"- \"non están avaladas por datos científicos nin obxectivos\". \"Debemos concluír que o acordo adoptado [polo xulgado de primeira instancia] toma en consideración o superior interese dos menores, o que nos leva a desestimar o recurso de apelación interposto e a confirmar dita resolución\", conclúe a Audiencia.O auto engade que \"evidentemente non pode quedar ao arbitrio dun dos proxenitores decidir se desexa vacinar os fillos e en que momento\" e incide en que a facultade de decisión outorgada ao pai e agora ratificada \"está condicionada a que a mesma se realice conforme ao programa e calendario galego de vacinación infantil\" establecido polo Sergas."}
{"ID": "NOS_52938", "summary": "O líder do PP acusa Pedro Sánchez de \"covarde\".", "text": "O líder do PP, Pablo Casado, dixo esta segunda feira que o silencio do presidente español, Pedro Sánchez, ante os \"ataques\" ao rei amosaba \"unha complicidade absoluta e unha profunda covardía\". Subliñou que Sánchez leva tres días \"desaparecido\" en lugar de \"dar a cara\" e defender o monarca español. \"Sánchez non defendeu o rei de España durante 3 días, é dicir, a todos os españois que votaron hai 40 anos para que a forma de estado fose a monarquía parlamentar e, hai 6 anos, que Felipe VI a encarnase. É un recordatorio para o señor Garzón e o señor Iglesias, aos que os españois non votaron para estar no Goberno\", dixo Casado. Nunha entrevista con Onda Cero, Casado pediu a Sánchez que defenda publicamente o rei e a \"unidade nacional\", ao tempo que asegurou que os que queiran unha república no Estado español deberían levar ao Parlamento unha reforma da Constitución para a que, afirma, son conscientes de que non teñen o apoio parlamentar suficiente e están a tentar \"facer atallos\" \"claramente ilegais e covardes\", como \"este espectáculo contra o rei\". Casado criticou duramente a Sánchez por estar \"desaparecido\" e non dicir \"nada\" ante estes \"ataques\" contra o liderado do Estado. \"Amosa absoluta complicidade con estes ataques, xa que non os nega, pero tamén unha fonda covardía porque tenta que o seu propio electorado non censure o que está a facer, que é poñerse de acordo cos que queren destruír a unidade nacional\", subliñou."}
{"ID": "NOS_15394", "summary": "O secretario xeral do PSOE asegura que non investirán Rajoy como presidente e reclama para o seu partido a presidencia do Congreso.", "text": "Pedro Sánchez compareceu esta cuarta feira (23 de decembro) perante os medios de comunicación após o encontro que mantivo na Moncloa co presidente español en funcións, Marino Rajoy. O secretario xeral do PSOE asegurou que o seu partido non apoiará \"a continuidade do Partido Popular\" á fronte do executivo embora, dixo, como partido maioritario ten a posibilidade de procurar apoios para formar goberno. De o conseguir, Sánchez di que o PSOE asumirá o papel de \"líder da oposición\". Porén, a composición da Cámara baixa após as eleccións do 20 de decembro déixanlle @s populares pouca marxe de manobra. Neste escenario, @s socialistas tamén tentarán facerse co executivo español para, defendeu Sánchez, dar \"abertura\" a unha \"nova etapa política\" cun \"goberno de cambio\", \"progresista\" e asentado no \"diálogo\". \"Non imos aceptar a hipótese de novas eleccións\" apuntou facendo referencia a aquelas forzas políticas, no concreto Podemos, que teñen amosado nas últimas horas a súa disposición a unha nova convocatoria electoral. Fronte a iso, Pedro Sánchez ofreceu \"tender pontes\" e avanzou, explorarán posibilidades de goberno. Aliás, reclamou para a súa formación a presidencia do Congreso e asegurou que traballarán para que a composición da Mesa reflicta a \"pluralidade\" da Cámara, nunha chiscadela a Podemos e Ciudadanos. Asemade ofreceu unha \"reforma constitucional\" para resolver \"o conflito\" con Catalunya mais baseada na \"soberanía nacional\" de \"todos os españois\"."}
{"ID": "NOS_15796", "summary": "A número 1 por Pontevedra de Candidatura Galega pide redobrar esforzos na última semana de campaña perante \"unha nova oportunidade para que Galiza estea no Congreso\".", "text": "A cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, asegura que a formación vai estar \"moi por riba de todo o que din as enquisas\". Adán destacou que \"nós non lle temos medo a ningunha enquisa\" e apelou a redobrar esforzos na última semana de campaña. \"Temos que poñernos as pilas e falar coa xente para trasladarlle o que nos xogamos o 20D. Temos que mirar ao fronte porque queremos unha nova oportunidade para que Galiza estea no Congreso\", afirmou durante un mitin en Bueu. \"O nacionalismo levou historicamente os problemasde Galiza ao Congreso\", salientou Adán Adán salientou a traxectoria do nacionalismo galego e do BNG -como forza integrada na candidatura- durante as últimas dúas décadas no hemiciclo en Madrid. \"Foi o que levou historicamente os problemas do mar de Bueu e de Galiza ao Congreso, non as forzas estatais que están a outras cousas\", salientou a número 1 de Nós, que animou a \"mirar os programas electorais doutras forzas políticas\" onde dixo que non aparece Galiza nin \"compromisos reais co noso país\". Reivindicou que o BNG leva \"moitos anos facendo nova política alí onde goberna\", e puxo como exemplo o concello de Bueu. \"Vichedes a forzas estatais defender coa mesma vehemencia a nosa pesca que a oliva en territorios distintos do Estado?\", preguntou Adán. No acto participaron tamén a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e os candidatos de Nós Valentín Bóveda e Xosé Collazo. \"Non precisamos de mendigar, en parte polo orgullo de sermos galegos, e tamén por todo o que temos\", sinalou o neto de Alexandre Bóveda, que agradeceu o traballo feito polos nacionalistas para \"a recuperación da xustiza\"."}
{"ID": "NOS_23948", "summary": "Un intento frustrado de \"mudanza\", un xuízo contra un investigador e diferentes e contraditorias sentenzas sobre a titularidade do mobiliario e a posibilidade de indemnizar os Franco, cruce de acusacións entre Administracións... Os últimos 365 días, desde que o Pazo de Meirás volveu ao dominio público, foron frenéticos para un movemento memorialista que lembra que o futuro do edificio aínda non se decidiu.", "text": "Esta sexta feira cúmprese xustamente un ano desde que o Pazo de Meirás retornou de forma oficial a mans do Estado. Aquel 10 de decembro a xuíza Marta Canales, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, que decretou a devolución do recinto ao dominio público, entregou as chaves á avogada do Estado Consuelo Castro Rei, nun acto cargado de simbolismo que explicitaba a primeira derrota do franquismo nos tribunais. O Tribunal Supremo terá a última palabra Porén, malia a xovialidade da xornada aínda quedaba moito camiño por percorrer, xa que a familia Franco presentou un recurso de apelación perante a Audiencia Provincial, que foi rexeitado o 12 de febreiro de 2021. Mais esta nova resolución xudicial, se ben ratificou o Estado como lexítimo propietario do recinto, tamén abriu a porta a que os herdeiros do ditador fosen indemnizados ao entender que posuíran o inmóbel \"de forma pública, pacífica, ininterrompida e de boa fe\" e, polo tanto, tiñan dereito a cobrar polos \"gastos útiles e necesarios\" da xestión do pazo entre 1938 e 1975. Se ben a lei estabelece que os \"necesarios\" cómpre abonalos incluso aos posuidores de \"mala fe\", os \"útiles\" só corresponderían no caso de se demostrar a citada \"mala fe\". O Concello de Sada foi a primeira Administración implicada en recorrer este punto no Tribunal Supremo, e poucos días despois, por mor da presión dos colectivos memorialistas, sumáronse ao recurso o Concello e a Deputación da Coruña, a Xunta da Galiza e o Goberno estatal. Tamén os Franco protestaron a través desta vía, mais co obxectivo de recuperar a titularidade do pazo. Mentres o Supremo non se pronuncie a respecto destas dúas cuestións, o futuro de Meirás fica no ar. A \"boa\" ou \"mala\" fe será determinante no litixio polo pazo \"A cuestión da boa fe é esencial para determinar a propiedade do edificio, que é o núcleo do preito. Os Franco din que en ningún caso pode pasar ao Estado, mais nós entendemos que si porque foi o posuidor durante a ditadura, e xestionaba Meirás igual que o Pazo do Pardo [en Madrid] ou calquera outro edificio de titularidade estatal. Con independencia da escritura, que foi fraudulenta, cando se atribúe a propiedade a Franco entendemos que evidentemente pertence ao Estado, e así debe seguir sendo\", sinala a Nós Diario o avogado do Concello de Sada, Miguel Torres. A Audiencia xustificara a \"boa fe\" dos herdeiros do ditador argüíndo a \"falta de probas\" de que a familia do ditador tivese sido consciente de que o contrato de compravenda asinado en 1941 era \"fraudulento\", algo que este tribunal si recoñeceu. Mais Torres salienta que a parte demandada tampouco acreditou en ningún momento ter actuado de \"boa fe\". Xuízo contra Carlos Babío O mesmo día en que a Audiencia Provincial emitiu esta sentenza, Carlos Babío, investigador e coautor do libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, declaraba ante a Xustiza pola vía penal acusado polos Franco por un presunto delito de \"inxurias e calumnias continuadas\" tras a súa intervención nun programa de televisión no que relataba, precisamente, o que reflicte a súa obra froito de varios anos de investigación. A finais de maio volveu sentar no banco dos acusados polos mesmos feitos, mais desta volta a través da vía civil pola suposta \"vulneración do dereito á honra e á intimidade persoal e familiar e da propia imaxe\", unha acusación da que foi absolto apenas dúas semanas despois ao desestimar a demanda interposta polos avogados da familia do ditador. \"As persoas e institucións que loitamos contra a impunidade do franquismo acabamos nun xulgado por denunciar que foi unha ditadura na que se roubou e abusou da xente. É unha anomalía democrática, o mundo ao revés\", sostén Babío, en conversa con este xornal. Noutra orde, o pasado novembro a Xustiza sobreseu provisionalmente a causa aberta contra os '19 de Meirás' pola toma simbólica do pazo en 2017. Os bens móbeis, en disputa O pasado 20 de abril, a Audiencia Provincial revogou o auto asinado por Marta Canales, no que se ordenaba depositar a favor do Estado todos os bens móbeis e accesorios do Pazo de Meirás. Nove días despois, o Xulgado de Primeira Instancia atendeu a petición dos Franco, após coñecer a decisión da Audiencia, de dispor dun prazo [dun mes] para realizar a \"mudanza\" e levar todo o mobiliario, incluídas as estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, que, ao estaren protexidos baixo a denominación de Ben de Interese Cultural (BIC), non se poden retirar sen o consentimento do Goberno galego. O avogado da familia, Luis Felipe Utrera-Molina, solicitouno ante a Xunta, que non chegou a autorizar o traslado. A familia Franco intentou retirar o mobiliario cun camión de mudanzas O Parlamento galego acordou o 5 de maio, por unanimidade, instar o Executivo de Alberto Núñez Feixoo a modificar o decreto que regula o BIC do Pazo de Meirás para incluír os bens móbeis, algo que aínda non se concretou. \"A declaración de BIC é fundamental, e por iso o Concello sempre instou a Xunta a facelo, porque é a Administración competente. Parécenos esencial para a significación do conxunto histórico-artístico do pazo\", di Miguel Torres. O Goberno sadense encargou recentemente ao historiador Manuel Pérez Lorenzo, coautor do libro sobre Meirás, a elaboración dun inventario dos perto de 800 bens móbeis do pazo. \"A intención deste informe é delimitar que bens estaban no recinto antes de 1938 e cales foron engadidos durante a ditadura. Os primeiros estarían afectados pola operación que permitiu que o pazo chegase a mans do ditador, e polo mesmo procedemento agora deberían retornar ao dominio público de forma conxunta co inmóbel. E os segundos foron incorporados a un edificio que ten a consideración de 'público', ao tratarse dunha das residencias do xefe do Estado. Moitos proceden do patrimonio nacional, e outros foron simplemente espoliados ao pobo. Deben ficar no pazo todos os bens que encaixen nunha destas categorías\", explica a Nós Diario. O Estado só reclamou a propiedade de 133 bens. \"Non falamos dos pantalóns ou o neceser do neto de Franco, senón de elementos cun enorme valor histórico e cultural\", sinala Carlos Babío. Entre o mobiliario, que segundo Manuel Pérez está \"moi mal conservado\", atópase a mesa na que Emilia Pardo Bazán escribiu parte da súa obra. Mais o significado destes móbeis vai máis aló da figura da escritora: \"Trátase dun edificio que focalizaba o poder político cada verán. Alí celebráronse Consellos de Ministros e asináronse decretos-lei como o que en 1975 permitiu executar os últimos cinco presos da ditadura. É, probabelmente, o maior símbolo da impunidade franquista xunto co Val dos Caídos\", sostén o historiador. Os Franco intentaron trasladar o mobiliario o 6 de maio cun camión de mudanzas ao que as autoridades estatais competentes impediron o paso. Cinco días despois, a Xustiza coruñesa suspendeu o prazo que se concedera aos herdeiros do ditador para retiralos. E o 20 de maio prohibiu todas as actuacións en Meirás até a celebración do litixio polo mobiliario, que decorrerá os días 13 e 14 de xaneiro de 2022. O papel das institucións O 26 de xuño a daquela vicepresidenta primeira do Goberno estatal, Carmen Calvo, encabezou un acto institucional en Meirás sen a presenza do movemento memorialista, que se concentrou ás portas do recinto exixindo \"máis feitos e menos fotos\". \"As Administracións, nomeadamente a Xunta e o Estado, están cando nos estamos, e desaparecen cando deixamos de mobilizarnos. O Goberno galego é quen realmente ten competencias para protexer os móbeis, mais só se move na medida en que o facemos nós. Este foi un ano agridoce pola actitude das institucións, que botan as culpas as unhas ás outras e, mentres, a casa sen varrer\", lamenta Babío. As vítimas do fascismo puideron visitar o pazo a comezos de xullo, días antes de que os xardíns —o interior do edificio aínda non é accesíbel— volvesen abrir para o público xeral. Entre o resarcimento das vítimas e Pardo Bazán A Xunta celebrou en setembro a cerimonia de entrega das Medallas Pardo Bazán en Meirás, unha decisión moi criticada tanto polo movemento feminista como polo memorialista. \"É moi evidente que o recinto está intimamente ligado á escritora, que foi quen deseñou, construíu e habitou as torres e merece un espazo. Mais o pazo non retornou a mans públicas por terlle pertencido, senón porque o posuíu Franco a través de coaccións e represión, e por iso debe servir para explicar como funciona unha ditadura e que consecuencias ten, porque conta cun valor pedagóxico enorme\", expón Pérez Lorenzo. Babío, así mesmo, lembra que o franquismo \"non só quería matar, que tamén, senón borrar os seus inimigos da historia\". Por iso, di, cómpre resignificar Meirás para contribuír a que os seus nomes \"non desaparezan\"."}
{"ID": "NOS_6818", "summary": "Máis dunha vintena de festas en centros escolares e espazos públicos da Galiza darán vida a unha das actividades máis importantes no ámbito do ensino arredor da lingua.", "text": "Concertos, obradoiros, regueifas e máis actividades arredor da lingua centrará unha nova edición do Correlingua 2022 nos centros educativos da Galiza. As primeiras festas terán lugar no mes de maio e gozarán de continuidade no outono con máis propostas inspiradas na idioma e na promoción do galego no contorno escolar. As carreiras pola lingua terán que esperar. \"Aínda que xa estamos quitando as máscaras e recuperando a normalidade, non foi posíbel este ano recuperar as carreiras e seguimos na liña dos anos anteriores, coas festas e as actividades nos centros\", detallou onte o presidente da Asociación Cultural Correlingua, Suso Bermello, na presentación desta nova edición na sede da Deputación de Lugo. Vinte anos coa lingua de fóra Camiño de recuperar o seu formato habitual, en xuntanzas presenciais ao aire libre, o Correlingua deste ano volverá emitir en directo, a través de You Tube, algunhas festas e actividades para facilitar a participación do alumnado desde as aulas.O calendario de propostas estenderase durante case todo o curso, desde os primeiros días de maio até os últimos de outubro, en dúas quendas que se van desenvolver baixo o lema 'Fálame!'. Música e improvisación O obxectivo, dinamizar o uso da lingua nos centros educativos a través da música e a improvisación. As festas inaugurais do Correlingua 2022 percorreran o eixo atlántico de norte a sur, con paradas en varios colexios e oito espectáculos en espazos públicos, o Pazo da Cultura de Pontevedra (4), a Alameda de Compostela (11), o Teatro Principal da Estrada (12), o auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (18), o Auditorio municipal de Vigo (19), a praza do Seixo Tomiño (20), o Auditorio Municipal de Cangas (27) e o Pazo da Cultura de Narón (31). Chegado o outono, o Correlingua viaxará polas escolas de Ourense e Lugo, onde se despedirá o día 26 no Auditorio Gustavo Freire, precisou Ana Vigo, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. O cartel das festas estará encabezado polo grupo gañador do concurso Cantalingua, Mekánik Rolling Band, ao que se sumarán os dous finalistas Paco Nogueiras e Pauliña. Ausencia da Xunta Suso Bermello destacou o interese e a alta participación das escolas nunha actividade que para a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro \"demostra a vitalidade arredor da lingua no mundo do ensino. Desde a Deputación cremos que estamos na obriga de colaborar con estas propostas, especialmente cando vemos que a institución que debería facelo, a Xunta da Galiza, se desentende por completo\" censurou. Pola súa parte, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sinalou que o Correlingua pon de manifesto o enorme \"activismo no ensino galego arredor da lingua\" ademais da \"gran motivación coa lingua e coa súa promoción\" que se aprecia nas aulas. Neste sentido, insistiu en que esta actividade \"non pode ser ignorada todos os anos pola institución que xustamente ten as competencias educativas, como fai a Xunta da Galiza ao non apoiar ao Correlingua\", concluíu."}
{"ID": "NOS_45768", "summary": "O formato non é usual. O maratón-retrospectiva da compañía Voadora en Vigo é unha fórmula singular que ofrece a oportunidade de achegarse á traxectoria artística da compañía con máis nomeacións aos Premios María Casares. Se perdiches algún espectáculo de Voadora, este é o momento.", "text": "Será o vindeiro 1 de marzo como programación especial do 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo. En varios espazos da cidade e durante toda a xornada poderanse ver accións, espectáculos, concertos, unha mesa redonda e prometen tamén sorpresas en escena ou mesmo no autobús nun singular maratón teatral protagonizado por Voadora, unha das compañías máis premiadas e recoñecidas do panorama teatral do momento que é, entre outras cousas, a que ten posibilidade de acadar premios en máis categorías dos María Casares polo seu último espectáculo. O alumnado da ESAD participará tamén cun workshop e o día 20 de marzo presentarase no Auditorio do Concello A Tempestade, a nova montaxe da compañía. A compañía, con sede en Santiago, naceu 2007 e está integrada por Hugo Torres, José Díaz e Marta Pazos, directora ademais de actriz. O programa do Marathon é o seguinte: 16h Casa Arines. Nun filme sempre pop. Mesa redonda integrada por Inma López Silva, Manuel Xestoso e Camilo Franco. 17h Auditorio do Concello de Vigo \"Quen goste de poesía que grite: \"miseria\". Coa colaboración da ESAD de Galicia 17:30h Autobús con saída da Praza do Rei. 1º Fotograma de super8. 18:00h Auditorio Afundación. Waltz. Espectáculo estreado no 2013. Premio da Crítica de Galicia 2013. 3 Premios IndiFest (Mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e premio do público). Premio María Casares mellor vestiario. 19:15h Autobús con saída da rúa Marqués de Valladares 2ª Fotograma de super8. 19:30h Hall do Auditorio do Concello de Vigo. Merendola, Petiscos ofrecidos polo ALT15 para continuar a xornada con ánimo. 20:00h Auditorio do Concello de Vigo. Tokio3. Espectáculo estreado en 2012. Premio da Crítica de Galicia 2013. 5 Premios María Casares, Finalista Premio MAX Mejor espectáculo revelación, 3º Premio Nacional para Directoras de Escena. 21:30h Hall do Auditorio do Concello Party. Fin de Festa no hall do Auditorio Municipal Concello de Vigo con convidado especial"}
{"ID": "NOS_1557", "summary": "Debaten Valentín García e Pilar García Negro.", "text": "A Lei de normalización lingüística suma para o mes 37 anos sen ningunha mudanza, malia os varios intentos de reforma en sede parlamentar. Debería actualizarse? María Pilar García Negro: A lei é de 1983 e continúa inmodificada. Ten eivas conxénitas e outras adquiridas. As primeiras dependen dun réxime constitucional estatutario que supón un corsé limitante e restritivo para a necesaria normalización da lingua e temos que facer constar unha falta absoluta de aplicación durante décadas. Unha lingua normal pertence a todas as clases sociais, serve a todas as funcións. Por tanto, o obxectivo da normalización da lingua galega é facela visíbel e ouvíbel social e publicamente. Esta misión importantísima da chamada autonomía galega non se cumpriu en absoluto ao longo destas décadas. Aprobouse por unanimidade, en 2004, un Plano xeral de normalización da lingua galega, un belo documento, en papel, nada máis, que non se puxo en práctica nunca. En resumo, xuntouse a fame coa necesidade, pois temos unha sociedade infelizmente afeita por subordinación e imposición da lingua oficial do Estado a percibir a súa propia lingua como doméstica, rebaixada e supeditábel ao español. Temos tamén unha actuación dos poderes públicos absolutamente lamentábel e atrévome a dicir que mesmo ilegal, porque estes poderes públicos e esta autonomía galega nacen grazas a un elemento distintivo tan forte e tan contundente como é a posesión dunha lingua propia. Nós Diario pon sobre a mesa se é necesario actualizar a Lei de normalización Valentín García: Coincido coa profesora García Negro nalgúns aspectos, aínda que a análise que eu fago é distinta. A de normalización, como todas as leis, debe modificarse, adaptarse aos tempos, pero a miña primeira diferenza con vostede está en que eu considero esta lei moi avanzada para o tempo en que lle tocou nacer. Un exemplo: asenta que a única forma oficial da toponimia na Galiza é a galega. Isto noutras comunidades non é así. Ademais, non podemos negar que puxo os alicerces para que o galego accedese a ámbitos en que o seu uso non era normal. Á marxe de todo isto, hai unha parte en que coincidimos e aínda que considero que a lei ten percorrido, seguramente podería actualizarse, tendo en conta que as circunstancias sociais, socioecononómicas, culturais e mesmo lingüísticas de 1983 non son as mesmas que temos hoxe. As persoas que a redactaron, como Camilo Nogueira ou Ramón Piñeiro, non podían supor cal ía ser a realidade comunicativa hoxe, coas novas tecnoloxías, coas redes sociais, cos medios de comunicación... O galego, como calquera outra lingua no mundo, tivo que avanzar e terá que seguir avanzando. García Negro: As evidencias falan por si mesmas. É unha lei que permite por activa ou por pasiva que haxa concellos dentro do territorio que durante anos -e esa foi unha batalla que nos custou caro- manteñen o nome deturpado; unha lei a cuxo abeiro se pode ditar un decreto de plurilingüismo que é o herdeiro daquel bilingüismo do franquismo que se usa como ideoloxema para impedir ou entorpecer a necesaria normalización do galego, a súa presenza normal e pública, a aclimatación en novos ámbitos; unha lei que, sendo lonxeva como é, permite que nesta última década se diten decretos que garanten a exclusión, por tanto a represión directa do galego, en ámbitos como na función pública ou prohibindo, expresamente co pretexto dun ensino mal chamado plurilingüe, a utilización do galego como vehicular en determinadas materias ou que utiliza directamente a conveniencia do alumnado de aprender inglés para sepultar aínda máis o galego. Case 40 anos despois, a evidencia flagrante imponse cando temos perante nós o que temos, unha mingua enorme no uso doméstico, familiar e primario do galego, e unha mingua, ou como moito estancamento, no uso escrito e visíbel fóra dos catro lugares rituais que non teñen menor efecto multiplicador. Non lle imos atribuír a unha lei capacidades máxicas, mais quen debe aplicala e con todos estes requirimentos non o fixo nunca e na última década houbo agresións directas. Podo citar a título de exemplo a denuncia recente do PP para eliminar a presenza do galego na orde relativa ás escolas infantís municipais da Coruña. García: En relación á toponimia, houbo conflitos nalgúns concellos puntualmente, mais non podemos por iso xeneralizar e dicir que a lei non é o suficientemente clara. Outra cousa é que concellos, unilateralmente, en aras, creo eu, de non fomentar o conflito social non decidisen actuar con máis contundencia, pero a lei é tallante nese sentido. A respecto de que ten 40 anos, xa daquela moitas voces auguraban que era unha lei nefasta para a lingua. Eu creo que non lle foi tan mal nestes últimos corenta anos. Evidentemente, é unha lingua que segue tendo carencias e necesidades, mais tamén pasou moitas probas e tamén nos está dicindo que, aínda que non está nunha situación igual que o español, atópase con fortaleza nas redes sociais, nas tecnoloxías, nos medios... Corenta anos na vida dunha lingua non é un período tan longo. Sobre a última década e o ensino, temos problemas de uso, que non de coñecemento, por iso sempre digo que o decreto non é tan nocivo como se di cando as estatísticas do ano 2018 recollen que 86% da poboación galega con maior ou menor medida sabe escribir galego. É un dato histórico. Ademais, o galego segue a ser maioritario, pois 51,8% fala só galego ou máis galego que castelán. Son cifras que non ten ningunha lingua cooficial dunha autonomía do Estado. Non hai ánimo de diminuír a proxección social da lingua e non se deixou de traballar con ela, creo que nese sentido Galiza pode estar orgullosa de como tratou a súa lingua. Evidentemente hai moitas cousas que facer e outras que se puideron facer mellor e nas que teremos que traballar no futuro. García Negro: Á lingua galega na ultima década non lle foi mal, foille peor. Eu a Valentín pódolle supoñer a mesma vontade positiva a respecto do galego que teño eu. El ten responsabilidades gobernamentais que non temos o resto de cidadáns. Eu afirmo que o comportamento lingüístico do presidente da Xunta e de altos cargos é de perxuros. Dígoo rotundamente. A poboación no seu conxunto debe ter espellos onde poder ollar coa dignidade precisa esa súa fala que non se corresponde en absolutamente cunha maioría social galegofalante. Defendo que é fundamental o papel exemplar e exemplarizante dos poderedes públicos galegos e o cumprimento das leis ás que se deben. Con racións homeopáticas de galego non se soluciona. García: Cre que no prestixio social do galego non se avanzou nos últimos corenta anos? Non me diga que non avanzou o emprego do galego nas Administracións públicas. Gustaríame saber cantas vistas orais nos xulgados, hai corenta anos, se realizaban en galego, cando hoxe nos xulgados de primeira instancia é algo moi habitual, sobre todo nas zonas vilegas e máis rurais. García Negro: Se non chega a 5%... García: Iso son as sentenzas. A vista oral, a expresión oral, é habitual que se faga en galego e castelán. Isto antes non se daba. O mesmo cando se vai ao médico; é máis habitual oír galego. O prestixio do galego nas Administracións e na comunicación medrou, outra cousa é que medrase o suficiente. García Negro: Non hai un só indicador de uso público no idioma (xurídico, comercial, eclesiástico, mediático, administrativo, científico, publicidade, audiovisual...) onde poidamos falar dun fifty-fifty, dun teórico beatífico bilingüismo. Non existe. E todo isto empeora porque, a diferenza de hai corenta anos, a globalización ten o afán de nos converter en ovellas Dolly sen a existencia de pobos recoñecidos como tal. En moitos ámbitos o galego funciona como lingua máis distante e estranxeira que o inglés, porque entenden que o inglés e o español son necesidades, son inevitábeis. Se esta necesidade non se crea de maneira gradual para o galego, a distancia, a indiferenza e a hostilidade colonizada van medrar. En chave histórica e usando unha frase sintética do doutor Freixeiro, son 700 anos de normalidade absoluta e 500 de conflito, porque hai conflito lingüístico. Un dos elementos do binomio, no noso caso, o galego, está nunha situación absolutamente inferiorizada, sepultada e sometida á exclusión directa. Os poderes públicos deberían prestarse a solucionalo. García: Reverter unha situación así non é fácil e menos nunha sociedade complexa. Máis que de conflito, prefiro falar de linguas en contacto, cunha lingua a e unha b. García Negro: Hai amores que matan. Prefire falar de cohabitación, mais aquí a lingua oficial da monarquía castelá unha vez constituído o Estado español como tal foi imposta con vías de execución eficacísima e absolutamente represiva sen a menor posibilidade de escolla. Esa herdanza historica é a que hai que reverter a prol do galego. García: Unha lingua é moito máis forte que todo iso porque responde ao ADN dun pobo. Resiste moitísimo máis do que poida parecer. Cando me din que na Coruña se fala moito menos galego eu pregunto cando se falou moito galego na Coruña. García Negro: Falouse moito galego como en calquera outra cidade ou vila. Acontece que era un galego popular, coloquial, doméstico, confinado, por usar unha palabra que xa usou Carvalho Calero. García: Tamén é certo que hai 150 anos, Pondal escribía o de \"Miniñas da Cruña... falade, miniñas, falade galego\" e iso é porque as meniñas da Coruña, daquela xa non falaban moito galego, ou polo menos algunhas meniñas da Coruña. E quen di A Coruña di calquera outra cidade. García Negro: Mais a Xunta actual pode reverter a situación de hai 150 anos ou terá que atender a situación actual do galego? García: A Xunta actual non ten unha variña máxica que poñer toda a xente que fala castelán a falar galego. Estes procesos son complicados, lentos. García Negro: Razón de máis para que non só a lexislación, senón a práctica política dos poderes públicos galegos, coa Xunta en primeiro lugar, camiñen na dirección adecuada e positiva: o uso mínimo das leis existentes, aínda que sexan insuficientes, para facer progresar o galego, e iso nin existiu nin existe. Temos que concluír. García: Non quixera facelo sen verter unha reflexión sobre unha grande oportunidade que ten o galego e da que xa advertira Carvalho Calero, de quen é biógrafa Pilar. Refírome á aproximación á lusofonía e a utilidade que ten. Nese sentido, aprobamos a Lei Paz Andrade. García Negro: A respecto da lusofonía, tan de moda agora, a Lei Paz Andrade é unha entelequia. O seu texto non ten a menor consecuencia práctica, como se non existise. Carvalho indicou que hai que gañar ou recuperar para o uso normal do galego sectores sociais que hoxe teñen como lingua normal o castelán. Con el, eu conclúo apelando á práctica da nosa lingua. Esta é a tarefa á que debemos convocar, con toda pedagoxía, amor, respecto e afán que a causa da lingua merece. García: A actuación dos poderes públicos é moi importante e seguirá a selo, pero eu creo que debemos socializar esa necesidade de considerar a lingua como elemento fundamental da nosa razón de ser como pobo e da nosa propia idiosincrasia. É importante saber que a Galiza que somos e que a autonomía que temos é, en bo grao, polo noso idioma. A chave está en saber transmitir que é útil, que abre portas e que nos pon en contacto con 250 millóns de falantes no mundo."}
{"ID": "NOS_19265", "summary": "O profesor da Universidade da Coruña e escritor Xosé Ramón Freixeiro Mato aproxímanos ao esforzo que o ferrolán dedicou a tentar solucionar un dos problemas que pesou sobre a lingua na época contemporánea, como foi a ausencia dun código unificador ou norma culta, máis unha consecuencia da súa falta de normalización social, e que converteu Carvalho nunha figura central no proceso de estandarización do idioma no século XX.", "text": "Un dos problemas que tivo o galego na época contemporánea foi a ausencia dun código unificador ou norma culta, máis unha consecuencia da súa falta de normalización social. Diso era ben consciente Carvalho Calero, que dedicou moito esforzo a tentar solucionar tal carencia, a se converter así nunha figura central no proceso de estandarización do idioma no século XX. Ao tempo que evoluíu o seu pensamento lingüístico, foron evoluíndo tamén as súas propostas codificadoras, mais sempre tendo en conta que para el codificación e rexeneración do galego van unidas e equivalen á restauración da fala popular deturpada, que debe conducir á reintegración no sistema propio. Isto é, xulga necesaria a rectificación da castelanización do idioma, que terá de se realizar gradualmente e acomodándose ás circunstancias, de modo que, segundo escribía aínda en 1985, os \"máximos, os médios e os mínimos usos reintegracionistas\" deberían convivir \"durante o tempo que fosse preciso\". Así pois, as diferentes etapas por que pasou a escrita de Carvalho e as súas propostas normativas obedecen a ese proceso gradual de rexeneración e reintegración en que firmemente acreditaba. Para Carvalho codificación e rexeneración do galego equivalen á restauración da fala popular deturpada Aínda que a súa intervención máis directa no proceso codificador se vai producir a partir da década de 60 da anterior centuria, xa desde os anos de mocidade se pode enxergar a súa implicación nel. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos (SEG) en 1926, con apenas 16 anos, e dous máis tarde sería nomeado secretario de Actas e secretario xeral, de modo que cando o SEG publica en 1933 Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego cabe supor que algún papel puido ter Carvalho nelas. Aínda que, segundo a súa versión, non faría parte da comisión que as elaborou, é posíbel que colaborase con ela, pois nun xornal compostelán da altura lese que esa comisión estaba formada \"por los señores Bouza Brey, Carballo Calero, Filgueira Valverde y González García-Paz\". Aliás, a visión sobre as relacións históricas entre galego e portugués que se ofrece na presentación delas é bastante coincidente coa que mantería Carvalho até meados da década de 70. Para unha xusta ponderación desta achega, cómpre lembrarmos que a RAG non conseguira aínda elaborar unha gramática nin unhas normas mínimas para a escrita do galego e que, a pesar de Couceiro Freixomil publicar en 1929 o opúsculo Ortografía Gallega. Bases para su unificación, as do SEG son as primeiras normas aprobadas por unha entidade, alén do máis galeguista e de prestixio. Tamén vira posíbel que o noso autor interviñese na elaboración da Engádega ás normas pra a unificazón do idioma galego, folletiño pouco relevante que o SEG publica en abril de 1936. Carvalho aceptou a encomenda da gramática tendo ben claro que ese era un traballo político que asumía por compromiso e responsabi-lidade Ben sabemos das penurias pasadas por Carvalho após a Guerra Civil: primeiro privación de liberdade e logo condena a exilio interior. En 1950 créase a Editorial Galaxia, que tamén se preocupa pola estandarización do idioma e, así, promove unhas normas internas de modernización da ortografía, á parte das iniciativas que vai tomar dentro dunha RAG que pasa pouco a pouco a controlar; convértese dese modo nun axente codificador fundamental no período que abranxe os anos 50 e 60. Mais nesas normas internas, talvez nunca escritas, posibelmente Carvalho non tivese moito que ver, a pesar de se unir ao proxecto desde o inicio, sen facer parte dos órganos directivos, e de publicar na revista Grial desde o primeiro número. De todos os modos, el segue máis ou menos eses criterios normativos propios da época e debedores daquelas normas do SEG cuxa principal achega foi a supresión de apóstrofos e trazos desnecesarios. Por outro lado, a RAG empeñárase durante a presidencia de Sebastián Martínez-Risco, iniciada a finais de 1960, na elaboración dunha gramática da entidade, mais Piñeiro fixo fracasar o proxecto por xulgar que a Academia non estaba preparada para ese labor. Pensara en J. L. Pensado como autor desa gramática académica, mais este declinou o convite; e, após a negativa doutros filólogos, dirixe a súa atención cara a Carvalho, mais para que elabore unha gramática da súa exclusiva autoría dentro do proxecto editorial de Galaxia, non para facer a gramática da RAG. Carvalho adquirira o compromiso persoal de traballar polo galego e, con plena consciencia do esforzo que iso supuña, aceptou a encomenda, tendo tamén ben claro, como explicita na súa correspondencia con Fernández del Riego, que ese era un traballo político que asumía por compromiso e responsabilidade. Unha vez publicada a gramática en 1966, coa correspondente proposta codificadora que unha obra deste tipo implica, logo virán novas angueiras motivadas polas sucesivas reedicións ampliadas, que irá afrontando coa \"disciplina que constitúi o meu principal defeito\", como di nunha carta de 1968. Eis, pois, o espírito con que traballou en prol da lingua galega e ao servizo da nación. Na década de 70 Carvalho vai acentuar o seu labor no campo da codificación e rexeneración do galego Na década de 70 Carvalho vai acentuar o seu labor no campo da codificación e rexeneración do galego, pois ao traballo de revisión e mellora da súa gramática vai acrecentar unha plena implicación na elaboración das primeiras normas da RAG: ortográficas, aprobadas en 1970, e morfolóxicas, en 1971. Mais pouco antes de se aprobaren estas últimas presentárase en público o método Gallego 1 do ILG e desde ese momento xa non van ser a RAG nin as súas normas as que marquen o ritmo da estandarización do galego. Ese papel vaino desempeñar o instituto universitario recentemente creado e os seus manuais, que seguen uns criterios normativos propios, á marxe dos da Academia. Piñeiro acabará por ceder e aceptalos, e con el Galaxia e unha parte da RAG. Mais non Carvalho, que se irá distanciando cada vez máis deles para avanzar na aproximación ao estándar portugués seguindo as previsións fixadas nas normas da RAG que el mesmo principalmente redixira e tamén de acordo co proceso de reelaboración da súa gramática, que terá varias edicións nesta década. Na sétima, de 1979, o autor xa introduce o sistema de acentuación á portuguesa e a separación dos pronomes enclíticos do verbo mediante trazo, o que logo se coñecerá como normativa de mínimos ou de concordia. Esta edición marca a súa ruptura definitiva co oficialismo lingüístico. Carvalho non postulaba a imposición dunha norma, mais a liberdade para que as e os utentes da lingua puidesen escoller No mesmo ano 1979 Carvalho foi chamado para presidir a Comisión Lingüística da Consellaría de Educación e Cultura da Xunta Preautonómica, que necesitaba unhas normas para uso interno e institucional. O propio Carvalho conta pormenorizadamente ese proceso, con achega documental, no nº 2 de Agália. O texto finalmente aprobado pola comisión e publicado pola Xunta en maio de 1980 con título de Normas ortográficas do idioma galego non se afastaría moito do que hoxe chamariamos unha solución binormativista para a lingua galega, pois permitía a convivencia da vía reintegracionista coa autonomista. De certo, Carvalho non postulaba a imposición dunha norma, mais a liberdade para que as e os utentes da lingua puidesen escoller. De todas as formas, seis meses despois a Xunta publica unha segunda versión desas normas moito próxima das Bases que o ILG promovera en 1977, preludio da definitiva imposición en 1982 da norma isolacionista. Entra, pois, Carvalho na década de 80 dando fin á presidencia da Comisión Lingüística que elaborou esas normas de tan curta duración; e tamén nese ano se xubila como catedrático da USC. Na realidade, presidira esa comisión por ser o único catedrático de Lingua e Literatura Galegas da única universidade do país e, por tanto, por ser a máxima autoridade científica na materia. Ao cesar naquela condición, tamén perderá influencia no mundo oficial, e máis aínda por defender postulados contrarios aos do poder dominante, embora conserve toda a súa auctoritas como erudito, investigador e creador, nomeadamente no ámbito nacionalista e no movemento reintegracionista, para o cal se converte en símbolo e principal referente. Con certeza, a década derradeira da súa vida é a da adscrición definitiva de Carvalho ao reintegracionismo lingüístico galego-portugués, tanto do punto de vista teórico canto na práctica da súa escrita."}
{"ID": "NOS_2154", "summary": "A chegada de Zoido ao Ministerio do Interior implicou un cambio de estratexia na loita contra o chamado terrorismo jihadista. Ante a menor sospeita, os corpos policiais deben intervir. O ficheiro de posíbeis jihadistas, con máis de 4.761 delacións anónimas até o mes de agosto, é unha das ferramentas empregadas nunha psicose que confunde relixión con terrorismo. O elo máis desfavorecido son as propias musulmás e musulmáns, que se ven na obriga de mudar os hábitos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos en papel.", "text": "\"A túa loita contra a radicalización e o extremismo violento é tarefa de todos. A túa axuda é esencial, porque xuntos somos máis fortes\". Este é o lema baixo o que se presenta a páxina web Stop Radicalismos, que se complementa cun correo electrónico, cun teléfono 900 gratuíto e coa aplicación para teléfonos móbiles Alertcops. Até o mes de agosto de 2017 e desde decembro de 2015, o Ministerio do Interior recibiu 4.761 denuncias anónimas, que só deron lugar a 52 investigacións policiais e a tres detencións. Descoñécese a situación procesual desas tres persoas detidas. A chegada de José Ignacio Zoido a Interior desembocou nun endurecemento das actuacións para a loita contra o denominado terrorismo jihadista. Para Esculca, o Observatorio para a defensa dos direitos e liberdades, o ficheiro de persoas sospeitosas representa unha gran preocupación. \"Estamos seguras de que as detencións que se practicaran en Vimianzo e Arteixo [acusados de seren jihadistas] tiveron lugar a raíz de denuncias anónimas e xa vemos en que concluíu: ambos os dous eran inocentes\", afirma Elvira Souto, membro do observatorio. \"Ninguén sabe deste ficheiro, ao que acoden persoas que delatan outras. Máis de 4 mil delacións son unha barbaridade, pois significa que existe moita xente con ficha no Ministerio do Interior que é inocente\", engade a representante de Esculca, quen pon o foco no feito de que tan só fosen procesadas tres persoas. \"Paréceme unha contradición que por unha banda se anime a xente a delatar e que pola outra, tivesen unha información a todas luces sospeitosa en relación ao home que organizou os atentados de Barcelona e de Cambrils e que non lle fornecesen eses dados a outro corpo policial\", lamenta. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 277, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_3916", "summary": "A Consellería de Educación demandou aos docentes de baixa que avaliasen os escolares no segundo trimestre, ao tempo que advertía que non serían substituídos.", "text": "Desde este pasado martes, os centros de ensino volven ás clases tras as vacacións para dar comezo ao terceiro trimestre nunha anómala situación polo coronavirus. Coas aulas baleiras e impartíndose --con grandes diferenzas entre alumnado e centro-- a través da rede, a Consellería de Educación segue a recibir críticas pola incerteza que denuncian docentes e familias, pero tamén por decisións que voces de ambos ámbitos consideran \"surrealistas\". A Consellería demandou ao profesorado de baixa que avaliase o alumnado no segundo trimestre, ao tempo que confirmaba que non habería substituciónsAsí acontece no caso das baixas. Tal e como denunciaron CIG-Ensino e varios docentes, e puido confirmar Praza.gal, a Consellería de Educación advertiu ao profesorado de baixa que debía avaliar o alumnado no segundo trimestre ao tempo que confirmaba que non se cubriría ninunha desas ausencias. Xa que logo, debían poñer as notas da segunda avaliación malia gozaren dunha incapacidade temporal. Foi o pasado 1 de abril cando a Consellería trasladou á Xunta Autonómica de Directores nunha xuntanza que o profesorado de baixa debía avaliar a distancia, \"sempre que a súa situación o permita\", e que no caso de que isto non fose posible, sería outro membro do departamento quen se ocupase. Tal e como se recolleu na acta desta reunión, que se fixo chegar aos equipos directivos dos centros, o departamento que dirixe Carmen Pomar aclaraba tamén que non se nomearían substitutos. A Xunta non subsituirá o profesorado de baixa e ordena que sexa o departamento deste docente quen se ocupe dos seus laboresVarios días despois, e noutras instrucións remitidas á xunta de directores, a Consellería de Educación insistía en que as baixas médicas se tramitarían igual e que non se nomearían substitutos, sendo o departamento ao que estivese asignado ese docente que causa baixa quen se ocupe das súas tarefas. \"Non se está substituíndo ninguén, nin tan sequera a xente á que lle toca xubilarse\", explica Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, sindicato que cre que a medida \"non ten xustificación, mídese por un afán de redución de gasto e implica unha maior sobrecarga de traballo para o profesorado en activo\".Desde varios centros, docentes consultado critican que se fixese traballar persoal cunha incapacidade temporal e pregúntanse, en todo caso, quen se encargará das tarefas do compañeiro ou da compañeira non substituído se o seu departamento é unipersoal, como ocorre noutros centros. A alternativa, supoñen, é que sexa o equipo directivo ou \"departamentos afíns\" os que acaben por asumir os seus labores. Este diario púxose en contacto en varias ocasións coa Consellería de Educación para coñecer a súa versión dos feitos, sen obter aínda resposta ningunha. Ademais, e segundo puido saber Praza.gal, o departamento está negando a reincorporación ao profesorado que estando cunha excedencia, con redución de xornada ou cun permiso está a solicitar netes días a súa volta a xornada completa."}
{"ID": "PRAZA_2810", "summary": "Responde deste xeito á petición que esta semana lle fixo o Tribunal de Contas ao BNG, ao que lle esixiu as facturas que xustificasen o ensobrado de papeletas realizado nas pasadas eleccións municipais.", "text": "O pasado xoves, o Tribunal de Contas pediulle ao BNG que presentase facturas do traballo de ensobrado de papeletas nas pasadas eleccións municipais, unha actividade que, como sinalou o secretario de Organización da formación, Bieito Lobeira, foi realizado \"pola militancia\" coas súas \"propias mans\". Segundo explicou Lobeira, o Tribunal pediu entón que se xustificase que, efectivamente, fora a militancia e reclamou o censo de militantes para poder facer comprobacións. En resposta, \"para demostrar o labor militante\", o BNG levou a cabo este sábado actos en varias localidades, amosando de forma pública este traballo de ensobrado realizado polos seus afiliados e afiliadas, neste caso para NÓS-Candidatura Galega. \"Onde o Tribunal de Cuentas ve un problema, NÓS-Candidatura Galega ve un motivo de orgullo, porque o diñeiro publico debe adicarse a mellores causa e por iso tamén propoñemos que as papeletas estean exclusivamente no colexio electoral para aforrar recursos de todos e todas e ganar en democracia\", sinalou Carlos Callón dende Compostela. \"Onde o Tribunal de Cuentas ve un problema, NÓS-Candidatura Galega ve un motivo de orgullo, porque o diñeiro publico debe adicarse a mellores causa\", di Callón O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, confía que con estes actos públicos, \"o TC poda entender como traballa NÓS-Candidatura Galega e como traballou o BNG nas municipais, aforrándolle ao Estado 400.000 euros por facer coa xenerosidade militancia e simpatizantes o que outras forzas contratan\". Vence considera que o comportamento do TC \"forma parte dunha estratexia deliberada de persecución a unha alternativa molesta como é a alternativa nacionalista que representa NÓS-Candidatura Galega e demostra tamén que desde Madrid non entenden que haxa xenerosidade para construír unha alternativa desde abaixo, coas nosas propias, cando outros o fan co apoio dos poderes mediáticos e económicos\". Dentro desa estratexia Vence inclúe a citación da Audiencia Nacional ao portavoz nacional e ao secretario de organización do Bloque a declarar como testemuñas en plena campaña electoral. Neste mesmo senso, dende Lugo Olalla Rodil (número 1 de NÓS nesta circunscrición) sinalou que \"con este acto queremos recoñecer, agradecer e poñer en valor o traballo de todas as persoas que se implican nesta campaña por que saben da importancia de que Galiza conte cunha voz propia en Madrid\". \"Nós facemos a campaña coas nosas mans\", dixo."}
{"ID": "PRAZA_11325", "summary": "O Curtas Film Fest ou Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa celebrou a súa edición número 47. Os primeiros días do certame cadraron coa celebración en Vigo do II Galician Freaky Film Festival, que vén de dar a coñecer o seu palmarés", "text": "O Curtas Film Fest ou Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa celebrou a súa edición número 47. Tras as xornadas iniciais -nas que estaban programadas presentacións de obras coma 'Indómita e a semente da inmortalidade' de Álex Mene ou 'Seres máxicos de Galicia e onde atopalos'; faladoiros coma o de Francisco Castro sobre a necesidade de editar obras da literatura universal en galego, o de mitoloxía futura con Xan Eguía, o \"patolas culturetas\" con Andrea Villa, Matilde Rodríguez, Lila de Lilith e 7H Cooperativa Cultural, o de como facer un fanzine independente de fantasía con Tomás Rivera e Vanesa Santiago ou de mulleres creadoras con Diana López, Eli Ríos, Lucía Catoira e Sonia Méndez; o obradoiro de escrita de relatos con Xosé Duncan, ou o encontro con Fernando M. Cimadevila, creador de 'O mundo secreto de Basilius Hoffman', entre outras actividades- continúan as proxeccións dos filmes integrados nos certames de documentais e curtas. Repasamos as pezas galegas que están incluídas nestas dúas seccións competitivas, así coma as que se proxectaron no Galician Freaky Film Festival que, sendo un proxecto diferente e non vinculado ao Curtas Film Fest, cadrou nas mesmas datas que o comezo deste, tendo lugar non moi lonxe, en Vigo. Os afectos, un dereito roubado: \"Eu tamén necesito amar\"Unha historia sobre unha das dimensións da represión das que menos se ten falado: a afectiva. Sobre persoas que teceron as súas relacións amorosas \"nunha época na que os sentimentos\" -e aínda máis a sexualidade- \"estaban proscritos\". Diso vai o novo traballo de Antón Caeiro, 'Eu tamén necesito amar', que é un dos filmes -xa proxectado- que forman parte da programación de cine documental do Curtas Film Fest de Vilagarcía. 'Eu tamén necesito amar' arranca dunha fotografía de 1959, tomada en Villaza, Gondomar. As persoas asistentes á voda de Antonio e Pura -os pais do director deste documental- retrátanse á saída da igrexa. Mais hai algo, nesa imaxe, que lle chama a atención. \"Nesa foto atopo a cabeza da miña irmá, que é o que me rompe o esquema daquela España que estaba pasando o ecuador da ditadura\", conta Caeiro. Na casa familiar gardáranse fotos dunha relación anterior que tivera Pura. \"Foi cando se me ocorreu facer un traballo que falase desa xeración que non vive exactamente unha guerra civil, pero que si vai a sufrir os seus efectos\", explica o director. \"A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos\"Partindo, así, dunha historia persoal, Caeiro analiza, a través de entrevistas, unhas relacións íntimas mediatizadas pola ideoloxía da Igrexa e da Sección Femenina. E faino desde a perspectiva das mulleres. \"A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos\". Mais non era así no caso das mulleres. Alí estaba -lembra- \"a riqueza de matices, a loita contra a dificultade, o querer levantar cabeza, aínda dentro do propio matrimonio. Aí é onde vin que había unha historia\". A protagonista ía ser -e é, pero dunha maneira distinta á prevista inicialmente- Pura, a nai de Caeiro. \"E a quen lle interesará a miña historia?\", preguntaba ela. Ao que el respondía: \"ti déixame a min e confía\". Mais a saúde de Pura empeorou. E acabou marchando.Mais o documental, que é tamén homenaxe a Pura, continuou. Con 17 testemuñas daquel tempo. \"Paradoxicamente as mais próximas, familiarmente, foron as últimas en ser entrevistadas\", sinala Caeiro. A historia dera os seus primeiros pasos en San Sadurniño, no Chanfaina'Lab. A idea era, entón, facer un pequeno traballo sobre un salón de baile. Un lugar onde, lembra Caeiro, a xente podía achegarse ata onde o permitían o que dirán e as carabinas. \"O que queriamos era escoitar as historias que nos interesaban e, especialmente, tratar de atopar as influencias da Sección Femenina e a Igrexa nesas condutas morais\", explica. Mais \"a base feminina da Falanxe foi desaparecendo pouco a pouco das nosas preguntas porque o seu ideario xa estaba introducido nas mentes desde moitas xeracións anteriores sen necesidade de que se lles tivesen que inculcar cousas novas. O único que fixeron as seguidoras de Pilar Primo de Rivera foi continuar co que a Igrexa levaba facendo séculos\", reflexiona.\"O único que fixeron as seguidoras de Pilar Primo de Rivera foi continuar co que a Igrexa levaba facendo séculos\"As mulleres falan neste documental con moita naturalidade. De cousas, ás veces -di Caeiro- \"que nin os seus propios fillos escoitaran\". Raras veces se percibe vergoña ou incomodidade nelas e, cando se albisca, parece mínima. O equipo de rodaxe era tamén pequeno: só dúas persoas. \"Elas explaiábanse como se non houbese ninguén arredor. Nalgunha entrevista tamén estaban os fillos, pero eran as mínimas, e os maridos desaparecían da contorna\", subliña Caeiro. O panorama que describen, de cando eran nenas e mociñas, é non menos aterrador por resultar coñecido: escurantismo familiar sobre todo o relacionado coa sexualidade -silencio sobre a menstruación, por exemplo-, inculcación de medo aos homes ou imposición dun forte control familiar e social da sexualidade das mulleres, nun contexto de educación de homes e mulleres nunha ideoloxía absolutamente patriarcal.Mais o que fai especialmente interesante o documental é, tamén, o relato de como, nese contexto opresivo, as mulleres se arranxaban como podían para transgredir as normasPara investigar sobre a influencia da Sección Femenina nas mentalidades, o director buscou en \"libros da época, revistas da propia sección (Y, Telva,...), documentais tamén da época e traballos feitos hoxe en día\". Mais \"todo o que vía e lía non o atopaba nas conversas\", asegura. O ideario patriarcal estaba integrado no \"vivir cotián ben a través do cura ou dos estamentos locais. Interesoume máis, por iso, o apartado da Igrexa e esa mentalidade pacata que transmitía: ese terror ao que podería pasar\". A Igrexa era, así, segundo o director, o \"centro de toda a lectura desa escritura moral\" que se transmite no documental a través das entrevistadas: \"tres anos sen darlle un bico o mozo\" aínda que desexo fose \"igual antes que agora\", pero \"non podías tocarlle nin un brazo, senón xa estabas mal vista\". E esa idea -afirma Caeiro- \"aínda está presente en moitas daquelas mulleres a día de hoxe posto que o insertado a lume no cerebro segue estando aí, máximo agora que estás a un paso do ceo… ou do inferno\".Mais o que fai especialmente interesante o documental é, tamén, o relato de como, nese contexto opresivo, as mulleres se arranxaban como podían para transgredir as normas. \"Posiblemente\" -reflexiona Caeiro- \"o feito de estar apartados do resto do país, que non do mundo (América estaba máis perto que Madrid), fainos aos galegos e galegas algo diferentes\". Había medo e culpa. Porén, \"de tódalas entrevistadas, que lembre, só tres chegaron virxes ao matrimonio. E iso co temor a que, a pesares das promesas de matrimonio que lles facían para \"conseguir la flor más preciada\", todo podía truncarse no último minuto. Pero a diferencia doutros lugares de España -por dicir un espazo perto-, elas non se recluían en si mesmas, salvo excepcións, senón que estaba ben visto que ese fillo/a acabase axudando a esa nai na vellez, non quedando ela, se non casaba, soa e desamparada\". E a historia deste país -engade Caeiro- \"está chea de mulleres, invisibles na maioría das veces, que levantan a súa casa sen precisar de home a súa beira, ben porque nunca estivo, por quedar viúvas, por emigración, etc\". \"A historia deste país -engade Caeiro- \"está chea de mulleres, invisibles na maioría das veces, que levantan a súa casa sen precisar de home a súa beira\"O falecemento da súa nai obrigou a Caeiro a reformular a estrutura do documental. Decidiu ser el mesmo o condutor da historia -aínda que é Vicente Mohedano quen pon a voz en off coas súas palabras-. E dividiu o relato en partes, separadas por intertitulados que recollen sentencias utilizadas polo réxime franquista para adoutrinar a xente nova. Tratados como 'Tu vida conyugal' e libros da Sección Femenina usados nos colexios. \"Un dos libros que máis usei para este traballo é a Biblia e unha das súas frases, en relación coa menstruación, vai insertada no traballo. Eran frases que, máis que para domesticar as mulleres, tentaban fortalecer a autoestima do home, unha base \"intelectual\" -hai que ter en conta de que eses traballos estaban firmados por \"eminencias do establishment\" do momento- para manter o estilo de patriarcado que desde o Estado se quería manter. E funcionaba, aínda que sempre saíse algunha \"bruxa\" que poñía o sistema en solfa e loitaba por darlle a volta. E tamén o conseguiron\", di Caeiro. Acompaña, tamén, a imaxe real das entrevistas, unha parte de animación feita cun pequeno teatriño, mais algún fragmento dramatizado. \"Non quería realizar imaxes tratadas informaticamente, senón ir a aquelas épocas onde creabamos teatros a base de teas e caixas e faciamos sombras chinesas ou guiñois con cabezas de corcho e paus e teas que sempre había pola casa. Lembrei o tema do teatriño de cartón, coas figuras troqueladas e incluso das mariquiñas, a quen cambiabamos os traxes, ou aqueles recortables de soldados que nos encantaban de pequenos. Non era tampouco a miña idea primeira introducir unha dramatización, pero, ao final, optei por esta solución para o final\", apunta.O documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita TeijeiroO documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita Teijeiro. O interese pola Memoria chegoulle a Caeiro -lembra el mesmo- polos 26 anos. Primeiro, máis centrado \"no que facías cos teus amigos/as e coa voráxine que te ía levando a aquela época de cambios. Logo paras e miras ao teu redor, e comezas a elaborar traballos que che son lonxanos, da guerra civil, pero que te van levando a querer máis, e pouco a pouco vas chegando a ti mesmo e é o momento en que ves o máis próximo, a túa familia, e notas que algo che quedou atrás. E comezas pero, como contamos no documental, ás veces chegas tarde. Desgraciadamente, moitas veces. Esta era a miña débeda por pagar\", asegura. Para evitar, tamén, que as vellas fotografías acaben converténdose en papeis gastados sen significado para os vivos. Un dos aspectos presentes no documental é como as mulleres maiores celebran o cambio que veu para as máis novas: o acceso á educación, por exemplo, e a recuperación doutros dereitos xa recoñecidos durante a República, mais que lles foran roubados tras o golpe de estado do 1936.Máis documental: 'A fala' e 'Devalar'O Curtas Film Fest inclúe tamén na súa programación, na sección de documentais a competición, outras dúas pezas moi diferentes entre si: 'A fala', de Fran Amil, e 'Devalar', de Mar García. 'A fala' xorde como un proxecto da Escola de Imaxe e Son da Coruña. \"Cando pensaba na problemática da diglosia, víñaseme á cabeza o poema de Manuel María 'A Fala'. De aí xurdiu o título, como el dicía: Se perdemos a Fala non seremos ninguén. E sigo pensando que o que escribiu ten máis vixencia que nunca. Os galegos mostramos fachenda das nosas praias, da gastronomía, da paisaxe, da cultura. Pero parece que aínda hai moita xente que non pon en valor ter unha lingua tan rica e con tanta historia\", explica o director.'A Fala' estrutúrase en base a entrevistas con expertos -das institucións ou de movementos sociais- e con xente da rúa. \"Algúns dos entrevistados mostran unha situación máis dramática, outros son máis sosegados e outros incluso pensan que as institucións non son as culpables da perda do galego. Todos teñen algunha posición. Pero a meirande parte da xente que entrevistamos na rúa non se parara a pensar por que o galego está desaparecendo, pero todos coinciden en que si, en que efectivamente na meirande parte do país os nenos non falan galego\", subliña Amil.\"A meirande parte da xente que entrevistamos na rúa non se parara a pensar por que o galego está desaparecendo, pero todos coinciden en que si, en que efectivamente na meirande parte do país os nenos non falan galego\"Comeza, en efecto, falando de diglosia ou de posible desaparición no futuro. Mais \"é unha obra tan galega\" -di o seu director- \"que só lanza preguntas. Ese era o obxectivo, os protagonistas son os entrevistados. Somos realistas, hai un problema coa nosa lingua e se non se poñen medios pode chegar a ser moi grave. E aínda que cando comezamos a traballar o concepto eramos pesimistas, durante as entrevistas entendemos que non tiñamos dereito a selo, porque se unha persoa que adica a súa vida a ensinar galego ou a fomentar o galego non quere caer no pesimismo entendemos que nós non somos quen para deixar esa mensaxe\", reflexiona.Un dos temas máis presentes é o impacto do decreto do \"plurilingüismo\" no ensino. \"No ámbito do plurilingüismo e na confusión dos termos igualdade e non discriminación Adrián Soto fai un bo paralelismo coa coeducación, dicindo: \"educar a nenos e nenas por igual non basta para eliminar a desigualdade\". Do mesmo xeito repartir as horas de clases en galego inglés e castelán a partes iguais non serve para acabar coa sangría de nenos galegofalantes\", indica o director. \"Se unha persoa que adica a súa vida a ensinar galego ou a fomentar o galego non quere caer no pesimismo entendemos que nós non somos quen para deixar esa mensaxe\", reflexiona\"A curta divídese en partes diferenciadas, mais a estrutura acaba sendo circular, xa que ao final volve o concepto de fala, cun enfoque máis relacionado cun sentimento de pertenza. \"Porque como ben apuntas 'A fala' é algo que nos pertence, á xente. Xente que loita pola lingua, por iso creo que non debemos acabar de forma catastrofista. Porque aínda que o galego leva anos perdendo a batalla, aínda queda guerra por librar. E grazas a xente excepcional como a que sae na fita rapaces de catorce anos con pais que falan castelán deciden falar galego. Iso hai escasos anos non pasaba. Estamos quitándonos estigmas, hai espellos onde mirarse como Euskadi ou Cataluña. A idea é que cando acabes de ver a fita teñas ganas de fachendear da túa lingua, non que saias deprimido porque pode desaparecer\", conclúe o director.\"A idea é que cando acabes de ver a fita teñas ganas de fachendear da túa lingua, non que saias deprimido porque pode desaparecer\"'Devalar', de Mar García, é un documental de feitura experimental cun contido e un ton existencial moi diferente do de 'A fala'. Un pai toma un camiño non moi transitado: decide retornar á aldea e restaurar unha casa en ruínas. \"O filme narra a vida de dúas persoas trala elección de escoller vivir dunha forma pouco convencional e establecer un vínculo de retroalimentación coa natureza. Dende pequena é o que vin e interioricei, e non foi ata tempo despois cando me din de conta da valentía que é necesaria para tomar ese camiño. Realmente, quería encontrar o significado desa desvinculación co mundo que creamos de forma artificial, e creo que tanto o meu pai coma Luís son un retrato da desvinculación con todos eses atributos\", salientou a directora nunha entrevista con Praza realizada con motivo da proxección da curta no OUFF.Conduce o relato, en 'Devalar', a voz en off da filla, nunha narración de intención poética. O filme está armado, de feito, a través da memoria, dos recordos da infancia dela. Mais é un xeito de chamar polas cousas esenciais, importantes. \"A visión que temos na infancia sobre as cousas é moito máis simple, máis pura. Logo comezamos a ver todo con moitos veos superpostos. Sinto que canto máis aprendemos, ás veces tornamos a ser máis escépticos…\", di a directora. \"A perda da inocencia\" -engade- \"é uns dos piares de tódolos recordos enfrascados que aparecen durante o documental. A maioría tratan sobre o descubrimento da mortalidade, sempre de forma allea, e por ende a nosa propia, coma un espello. Isto tamén ten que ver co camiño que constrúe o meu pai durante todo o documental: tratar de construír e modificar o noso entorno para transcender a morte. Despois de 25 anos, segue modificando a casa e construíndo máis e máis\".O cómico: 'El cumple', 'Tinder Time' e 'Cafeína'No apartado de curtas a competición, o Curtas Film Festival inclúe tres pezas relacionadas polo seu ton cómico. Unha delas é 'El cumple', de Breixo Corral e Pablo Alén. Unha historia sobre unha peculiar festa infantil de cumpreanos. \"A nosa experiencia como pais está presente na curta, sen ningunha dúbida\", explican os directores. \"Neste caso intentamos en todo momento non perder de vista a áncora emocional e o tema central da curta, que é explorar ata onde está un disposto a chegar polos seus fillos. Unha vez tivemos eses ingredientes claros, o humor xurdiu de maneira natural, xa que hai moito ao que sacarlle punta en todo o que rodea a paternidade actual. Vivimos nunha época na que parece que hai dous bandos enfrontados, os pais e nais máis \"eco\" e os máis \"clásicos,\" que pelexan nunha guerra sen cuartel na que hai que erradicar o modo de educar dos outros porque é unha ameaza para o noso mundo. Iso era unha larpeirada que non podiamos deixar pasar\", engaden.\"Vivimos nunha época na que parece que hai dous bandos enfrontados, os pais e nais máis \"eco\" e os máis \"clásicos,\" que pelexan nunha guerra sen cuartel\"Os pais protagonistas, que levan o seu fillo ao cumpreanos dun compañeiro, serían unha parella máis \"convencional\". E os pais do neno do cumpreanos serían máis \"modernos\". Todos eles, bastante caricaturescos. Mais a historia non deixa de apuntar á realidade do espazo de xulgamento social en que pode converterse un cumpreanos. \"Nós temos a impresión de que xulgar aos demais é case unha tendencia intrínseca ao ser humano. No caso da paternidade, ademais, esa necesidade é aínda maior porque é unha maneira de protexernos das propias inseguridades. Ninguén ten a fórmula perfecta para criar a un cativo, así que tendemos a criticar aos demais e así reafirmarnos en que o estamos facendo ben, que peor sería ser coma eles. Tamén hai moita presión e unha ansia de pertencer ao grupo e iso moitas veces lévanos a adoptar modas sen realmente cuestionalas moito. Ademais, queriamos establecer un pequeno paralelismo entre o patio da escola e a vida adulta, na que nunca te desfás de todo da influencia dos \"guais\" e sempre buscas a súa aprobación. Na escola querías fumar con eles nos lavabos e agora queres que o seu fillo xogue co teu\", opinan os directores desta curta.\"Ninguén ten a fórmula perfecta para criar a un cativo, así que tendemos a criticar aos demais e así reafirmarnos en que o estamos facendo ben, que peor sería ser coma eles\"No desenvolvemento da historia, que xoga á sorpresa dando unhas cantas voltas, parece que ao final os \"modernos\" algo de razón tiñan. Mais -aclaran os directores- \"a verdade é que a nosa intención non era poñernos do lado dos pais \"modernos\", senón buscar o límite ao que levar aos nosos personaxes protagonistas, unha situación na que, por axudar ao seu fillo, teñen que someterse aos desexos de aquelas persoas ás que máis desprezan, os mencionados pais \"modernos\" e por iso, de algunha maneira, lles damos a oportunidade de gañar aos antagonistas\". Cecilia Freire e Vito Sanz son a parella protagonista. \"Son tan bos que disimulan todas a nosas carencias coma directores\", aseguran os directores. Mais tamén está, como personaxe secundario, Rober Bodegas. Del e \"da súa parella artística Alberto Casado, os Pantomima Full, non soamente somos moi fans, senón tamén amigos, así que soamente houbo que facelos sentir culpables con un pouco de chantaxe emocional para convencelos de unirse\", confesan.'Tinder Time', de Olga Osorio, é unha curta cun punto tamén cómico que se xunta co fantástico. Un mozo e unha moza quedan por primeira vez tras contactar por Tinder. Tras as escusas iniciais -a min díxome disto un amigo, nunca antes o usara, etc- a reunión comeza a poñerse delirante. E a volta que a historia dá despois aínda o é máis. Osorio xa explorara o encontro entre o real e o fantástico en 'Mouras', mais nesta ocasión tira máis polo futurista que pola lenda, nunha curta interpretada por Iria Lamas, Álex Sobrino e Elise Gaté. O ton cómico é doadamente perceptible nesta curta. Mais tamén se albisca un fondo de reflexión sobre a incomunicación -a dificultade para establecer novas relacións máis alá das pantallasO ton cómico é doadamente perceptible nesta curta. Mais tamén se albisca un fondo de reflexión sobre a incomunicación -a dificultade para establecer novas relacións máis alá das pantallas-. A carón dun clásico da ciencia-ficción como son as viaxes no tempo. \"Creo que a curta fala da incomunicación nos tempos da hipercomunicación. Todos as personaxes teñen unha axenda oculta, por así dicilo, e aínda que temos moitas ferramentas para conectar é difícil chegar a unha conexión sincera coa xente. No tratamento de son xogamos con isto metendo sonidiños de móbil de cando en vez como un xeito de recordar este asunto, igual que o resto dos clientes do bar están embebidos nos seus móbiles…\", aclara a directora. 'Cafeína', de Julio López de Sara C. Lorenzo, é, por último, a historia dun home adicto á cafeína que percorre a cidade en busca do que lle dá -e lle quita- a vida: o café. Cada vez máis desesperado na súa busca, chega a sementar o pánico. Ou iso contan os medios de comunicación. A curta conta cun moi bo reparto: Isabel Navera, Nani Matos, Pilar Boullosa e Bastián Lobato.O máis ben traxicómico: 'Marusía' e 'Neno bonito''Marusía', de Pedro Sancho, e 'Neno bonito, de Fran X. Rodríguez, teñen un fondo tráxico, mais no que tamén figura o cómico. Ou máis ben o patético. O punto de partida de 'Marusía' foi un feito real: a contestación social ante a decisión do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de colocar un barco nunha rotonda do barrio de Coia. \"Eu son de alí, de Coia, e estiven moi presente nas manifestacións\", explicou o director a Praza con motivo da proxección da curta no último FICBueu. A curta vén de gañar o Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega na Semana do Cine de Lugo. 'Marusía' trata de reflectir, nun rexistro que se sitúa entre a comedia e o drama, a frustración social ante a instalación da rotonda-barco'Marusía' trata de reflectir, nun rexistro que se sitúa entre a comedia e o drama, a frustración social ante a instalación da rotonda-barco. Juan e Pedro, os protagonistas da curta, son \"dous pobres homes, dous perdedores\", que planifican unha acción \"que nin ten moito sentido, nin saben eles mesmos moi ben contra quen a fan\". Dous homes que non son nin activistas. \"Quixen reflectir un pouco como somos. Queixámonos de moitas cousas, pero ao final non facemos nada\", opina o director.En 'Beautiful Boy', de Fran X. Rodríguez, un \"neno\" de 37 anos que sofre unha enfermidade crónica dende que era cativo é sobreprotexido por parte de súa nai, educada nun patriarcado moi rancio. \"De aí os celos que provoca en súa irmá, unha rapaza que se labrou un futuro propio a costa de traballalo e que sempre viu a seu irmán coma un inimigo que lle ocupaba todo o espacio na contorna familiar. Cando Andrés decide desaparecer, a súa irmá ve a ocasión perfecta para desfacerse del\", indicou o director a Praza con motivo da selección da curta nos últimos Mestre Mateo.A curta nace, segundo explica o seu director, \"da canción homónima de John Lennon 'Beautiful Boy', onde hai unha frase que di que a vida é iso que pasa mentres fas plans. Esta cita vén dicir que se adicas a túa vida a planificala, o que estás facendo é deixar de vivila. E o máis parecido a deixar de vivir é estar morto. Esta premisa, a priori, tan existencial, serviunos para facer unha comedia negra onde reflexionar sobre o valor que lle damos ás cousas e o valor do tempo\". A intención -aclara- é \"retratar\", a través do personaxe de Andrés, obsesionado por coleccionar obxectos, \"ese mundo absurdo no que vivimos obsesionados por acumular cousas que realmente non serven para nada e que, ademais de ocupar un espazo físico, ocupan iso do que realmente somos donos e soberanos: o noso tempo\" 'Beautiful Boy' conta con elenco de actores coñecidos coma Santi Prego, Cova Berdiñas, Denís Gómez e Santiago Fernández. A perda: 'Brotes', 'Albóndigas', 'La pescadora' e 'As lavandeiras' Outras tres pezas das Curtas a Competición relaciónanse polo tema da perda, tratado desde distintos ángulos. 'Brotes', de Jorge Fernández, céntrase na perda dos avós. \"A necesidade de escribir a curta manifestouse dous anos despois da morte do meu avó. Non tiña ata aquela claro o que sentía ao respecto ou como afrontar a perda\", explica. \"Loxicamente nós entendemos que é algunha contorna rural da Galicia do século XXI, pero o que subxace é unha experiencia humana universal. A liña estética da curta dirixiuse á redución do concreto a prol do abstracto\", sostén. A peza fíxose sen diálogos. \"En ningún momento me formulei facer esta obra con diálogos. Non sei ata que punto isto é unha elección consciente, criterio estético ou necesidade formal. Creo que as palabras teñen un sitio e un momento adecuado, e coido que a atmosfera de 'Brotes' non as precisa\", di o director.É, de feito, a imaxe -a fotografía, os xestos ou a expresividade dos personaxes- e o son o que conta a historia, segundo salienta o director. \"O gotelé das paredes, a rugosidade da pedra, as veas das follas... Todas esas texturas non existen no mundo urbano no que vive Xulio, e porén, axudan a envolver o cativo nese territorio inexplorado\", aclara. En concreto, \"a casa é case un personaxe máis da historia. O sol e a natureza parecen ter conseguido filtrarse dentro. Flores, arbustos, bonsais, variedades tropicais... as estancias están recubertas dunha sorprendente colección de plantas. A esencia da casa é a esencia dos seus habitantes. E esta casa é o que é agora mesmo debido a un longo de proceso de sedimentación, evolucionando de acordo aos gustos ou necesidades de Marga, Miguel e familia\", sinala. Manuel Lourenzo é o avó desta historia, na que se narran distintos momentos da vida de avó e neto, desde a infancia do segundo ata a súa mocidadeManuel Lourenzo é o avó desta historia, na que se narran distintos momentos da vida de avó e neto, desde a infancia do segundo ata a súa mocidade. \"O traballo cos actores foi o desafío máis grande que tiven nesta rodaxe. Dadas as condicións da obra, precisaba que tanto avó como neto tivesen unha relación de complicidade máis alá das cámaras. Por iso, o noso xeito de traballar na pre baseouse no xogo e na improvisación: sesións onde Manuel, Simón, Andrés e o propio equipo técnico deixamos caer as barreiras do ridículo e a vergoña, conseguindo a proximidade propia dunha familia\", asegura o director.David Fernández dirixe 'Albóndigas', unha historia centrada, tamén, na perda. A protagonista é unha muller nova, ama de casa, que parece sentirse bastante soa: unha nai agoniante, un marido que non está… \"A idea principal\" -explica Fernández -\" é transmitir dunha forma visual o sentimento de baleiro e de perda. Trasladando a historia aos anos 70 e poñendo como protagonista unha muller nova acrecéntase esta emoción, o sentimento de perda é maior, principalmente pola incomprensión da sociedade da época. A protagonista é unha muller forte que soporta moita presión, isto provoca que de cando en vez se derrube na soidade da súa casa\".A muller parece vivir pechada no espazo doméstico, cumprindo o tradicional rol feminino. \"A muller está confinada na súa casa porque non consegue superar o sentimento de perda, non ten forzas para continuar coa súa vida. A curtametraxe trata de evocar no espectador esa sensación. E a través desta evocación cunha personaxe feminina que cumpre un rol tradicional busca unha reflexión sobre por que parece máis doado empatizar cunha muller nesta situación. Sentiriamos o mesmo se o protagonista fose un home? Por que?\", explica o director. O teléfono e o contestador automático xogan un importante papel no relato dunha historia case sen diálogos. \"Queriamos afastarnos dos dramas onde as emocións se dialogan para que o espectador fose máis partícipe da trama, para que interpretase os sentimentos levándoos ao seu terreo, á súa propia experiencia emocional\", indica. \"Queriamos afastarnos dos dramas onde as emocións se dialogan para que o espectador fose máis partícipe da trama, para que interpretase os sentimentos levándoos ao seu terreo\"Todo resulta gris, sombrizo, e transmite unha idea de alienación e de confinamento. \"Gran parte do resultado recae sobre a formidable interpretación da actriz Marta Lado que consegue transmitir unha emoción contida durante todo o relato grazas a súa expresividade e pequenos xestos que explotan ó final sen chegar á esaxeración. A nivel visual coidamos moito a paleta de cores para crear unha atmosfera de soidade. Tamén xogamos con planos desequilibrados onde a protagonista ocupa un lateral da imaxe rodeada polo baleiro que simboliza o elemento que falta e que equilibraría o plano. Este baleiro salpícase de elementos vermellos que se usan como metáfora da perda... A protagonista tamén se mostra confinada a través das reixas da fiestra e os poucos movementos de cámara -travellings de afastamento- mostran os principais momentos de desequilibrio emocional\", asegura o director. 'La pescadora', de Edu Lavandeira, é tamén un retrato -finísimo, de grande beleza estética e moi afinada técnica- da dor da perda. Nun encoro inmenso -Belesar- unha muller pesca compulsivamente nunha procura frustrante. Permanece soa durante días nunha cabana desde a que só pode ollar a auga. De cando en vez, vai beber a un bar. Onde un home a mira, sen falarlle.O propio encoro -a súa beleza inquietante- é bastante protagonista na curta, a nivel de imaxe. Na súa inmensidade, o encoro resulta coma unha sorte de cárcere para a protagonista. As feridas na paisaxe que deixa albiscar o baixo nivel da auga axudan tamén a transmitir as emocións da protagonista. A súa angustia crecente. \"Trátase dun lugar dunha beleza extraordinaria pero que ao mesmo tempo transmite moitísimo misterio. Esas augas calmas que van subindo e baixando de nivel cada ano agochan moitas historias, como a de José Castro Veiga, alcumado \"O piloto\", o último guerrilleiro antifranquista asasinado alí mesmo. A nivel técnico a gravación fixémola, ademais de cámara en man, con dron e cunha cámara subacuática\", contou Lavandeira a Praza con ocasión da proxección da curta na Semana de Cine de Lugo.A moi salientable interpretación da actriz é vital para construír unha atmosfera opresiva, nunha curta sen diálogos que reforza, así, a sensación de illamentoA moi salientable interpretación da actriz é vital para construír unha atmosfera opresiva, nunha curta sen diálogos que reforza, así, a sensación de illamento. \"É Chela Santalla. A rodaxe durou unha fin de semana de moi bo tempo de novembro e foi bastante complexa xa que o encoro estaba a nivel moi baixo, algo que queriamos a nivel estético, pero que a nivel de produción fixo que tiveramos que subir e baixar ducias de veces. Foi realmente esgotador, sobre todo para a xefa de produción, Ana Lorenzo\", conta o director.Tamén 'As lavandeiras', de Lois Basallo, desemboca nunha perda. Aínda deixando ao espectador bastante espazo para imaxinar o que acontece. Unha nena camiña polo bosque tras acompañar a súa nai lavar no río. Por máis que a nai lle rife, non deixa de adiantarse. Ata que se atopa cunha misteriosa muller maior -Mela Casal- que pide algo de comer. Ambientada na posguerra, a curta trata, coma outras realizadas polo mesmo equipo, de \"dignificar eses traballos femininos moitas veces vistos como secundarios ou pouco dignos, mais que eran moitas veces o único ingreso que entraba nesas familias tan desestruturadas por mor da guerra. A idea xorde un pouco a raíz dos contos que me contaba miña avoa de cativo, e como mesturando elementos fantásticos propios da nosa cultura, xunto co propio medo que reinaba na época e a recreación no rural, fan que sexa unha combinación moi boa e cree esa aura de misterio\", explicou Basallo a Praza con ocasión do último FKM.O espectador debe integrar o seu xeito na historia os elementos fantásticos que se deixan entrever. \"Si está feita para que o espectador xogue un pouco coa súa imaxinación e ate os cabos que crea convenientes, mais o que si pretendemos é crear unha angustia. Ver como pasamos dunha aparente xornada de normalidade a ese caos no medio da fraga por mor dunha simple conversa coa cega, e como hai cousas fantásticas como neste caso o lume fatuo ou a curuxa que son presaxios do que vai acontecer\", subliña o director.Un elemento moi importante na curta é a propia paisaxe na que está rodada. Que habitan as tres actrices: Claudia Basallo, Gemma Do Carmo e Mela Casal."}
{"ID": "PRAZA_11622", "summary": "A defensa do ceo nocturno, a loita contra a contaminación lumínica, o fomento dun alumeado intelixente, a divulgación da astronomía e a promoción dun \"turismo de estrelas\" son os obxectivos primordiais da Fundación Starlight, que certifica os lugares con condicións favorables para a observación do ceo estrelado en Galicia teñen esa condición Trevinca e as Illas Cíes, estas últimas atinxidas pola contaminación lumíninica de Vigo", "text": "O 25 de setembro do ano 2015 o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha declaración institucional \"en defensa do ceo nocturno\". O texto subliñaba que \"é imprescindible o control da contaminación luminosa en todo o territorio galego dado o impacto que xera sobre moitas especies, hábitats, ecosistemas e paisaxes\" e chamaba a \"promoverse e esixirse o uso racional da iluminación artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusión de luz sobre os seres humanos e o medio natural\". \"Os lugares que presenten condicións excepcionais para a contemplación do ceo, e en particular aqueles máis aptos para a observación con fins científicos, serán obxecto dunha protección especial\", engadía.O Parlamento galego comprometeuse a \"promover e esixir o uso racional da iluminación artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusión de luz sobre os seres humanos e o medio natural\"A defensa do ceo nocturno, a loita contra a contaminación lumínica, o fomento dun alumeado intelixente, a divulgación da astronomía e a promoción dun \"turismo de estrelas\" son os obxectivos primordiais da Fundación Starlight, con sede nas Illas Canarias. A entidade realiza ademais certificacións dos denominados destinos Starlight, lugares con condicións favorables para a observación do ceo estrelado, que cada vez atraen máis visitantes. En Galicia dous espazos teñen esa condición: Trevinca e as Illas Cíes; e un máis -o Concello de Muras- iniciou o proceso para acadar tamén esa distinción. Porén, a Fundación Starlight advertiu nos últimos meses de que as Cíes corrían un serio risco de perder a súa distinción, debido á contaminación lumínica procedente da cidade de Vigo, especialmente agravada pola crecente iluminación de nadal instalada nos últimos anos polo Concello. A certificación será revisada durante o vindeiro mes de xaneiro. Dende que hai tres anos as Illas Cíes se converteron nun destino Starlight, máis de de 71.000 visitantes participaron nalgunha das actividades que buscan difundir alí o coñecemento das estrelas, accións organizadas por entidades como a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía e o propio Parque.Máis aló da situación concreta das Illas Cíes e da cidade de Vigo, Starlight vén denunciando a contaminación lumínica xerada nos espazos urbanos. A entidade lembra os prexuízos que a falta de escuridade causa nos ecosistemas, e sobre todo en determinadas especies como insectos e aves. Tamén sobre os seres humanos, que vén dificultado o seu descanso e que, ademais, se ven privados da contemplación do ceo nocturno e das estrelas. Entidades como a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío traballan tamén nesa dirección. Falamos con Antonia Varela Pérez, astrofísica e directora da Fundación Starlight.A Fundación Starlight alerta de que as Illas Cíes corren o risco de perder a súa certificación como destino de observación do ceo nocturno. A razón é a contaminación lumínica procedente de VigoCal é a función do voso traballo na Fundación Starlight? En que centrades a vosa actividade?A Fundación Starlight creouse a partir da iniciativa do Instituto de Astrofísica de Canarias. O principal obxectivo é a defensa do ceo estrelado, a difusión da astronomía e a protección do ceo nocturno a través de proxectos de alumeado intelixente. Búscase ademais utilizar o ceo estrelado nocturno protexido como un motor de economía sustentable. A fundación parte da denominada Lei do Ceo, aprobada en Canarias no ano 1988, unha norma pioneira que supón unha defensa integral contra a contaminación lumínica e outras contaminacións. E tamén da declaración Starlight, redactada no ano 2003 e aprobada en 2007, en defensa do ceo escuro como un patrimonio inmaterial da humanidade e do dereito á luz das estrelas.Levades a cabo certificacións de espazos nos que aínda é posible gozar dese ceo estrelado. En que consiste?Si, creamos un sistema internacional de certificación territorial daqueles lugares que teñen un compromiso firme en defensa do ceo escuro, con dous grandes conceptos: as reservas e os destinos turísticos Starlight. Unha reserva é unha área natural que mantén case intactas as condicións do ceo, mentres que os destinos son aqueles lugares visitables para poder gozar dese ceo, nos que se promove un turismo de estrelas. Son lugares con ceo escuro aos que non se lles esixe a mesma excelencia que ás reservas, pero si un compromiso por limitar a luz emitida e por cambiar o alumeado por outro máis respectuoso co medio. Búscase que ese turismo de estrelas sirva para promover o desenvolvemento local neses lugares, que pertencen sempre a espazos rurais. É un tipo de turismo que obriga a pernoctar alí, polo que deixa bastantes recursos. En Galicia contamos con dous destinos turísticos Starlight: as Illas Cíes e Trevinca.\"Estamos perdendo un patrimonio da humanidade. Pero é que ademais a ausencia de escuridade nocturna supón a alteración de ecosistemas e especies, que se están vendo alteradas pola contaminación lumínica\"Dá a impresión de que hai unha preocupación crecente pola contaminación do aire ou da auga, pero que a contaminación lumínica é a grande ignorada a pesar de que provoca efectos negativos no medio ambiente, máis aló dos prexuízos sobre a paisaxe ou sobre as persoas. Non é unha prioridade?O certo é que estamos perdendo un patrimonio da humanidade. Dende sempre o ser humano observou o ceo e as estrelas, que foron as referencias dos nosos navegantes e dos nosos historiadores, todas as civilizacións se inspiraron no ceo nocturno. Pero é que ademais dese patrimonio da humanidade en extinción, a ausencia de escuridade nocturna supón a alteración dos hábitats, ecosistemas e especies, que se están vendo alteradas pola contaminación lumínica. Está modificando migracións, as relacións entre predadores e presas, morfoloxía e fisioloxía de moitos animais e plantas e está provocando mortalidade. Ademais, a contaminación lumínica está a asociada a emisións de CO2 moi importantes para producir a enerxía necesaria para as iluminacións e tamén para fabricar os materiais dos que se compón o alumeado.\"O máis positivo é que é un tipo de contaminación que se pode erradicar moi rapidamente, simplemente optando por alumear de forma intelixente\"Como se combate esa contaminación lumínica?O máis positivo é que é un tipo de contaminación que se pode erradicar moi rapidamente, simplemente optando por alumear de forma intelixente. Sempre dicimos que non se trata de apagar as nosas localidades, senón de iluminalas doutro xeito.Pero neste momento aínda non hai ese compromiso e ese convencemento en moitos lugares. A contaminación lumínica é a que máis dano está facendo ás especies nos parques naturais, onde se cadra a calidade de aire é boa, pero onde temos contaminación lumínica das poboacións próxima. É o que pode estar pasando nas Illas Cíes co alumeado desorbitado e inexplicable do nadal.Hai un risco real de que as Illas Cíes perdan a súa certificación Starlight?O risco é real, claro que é real. O alumeado é equivalente a sete estadios de fútbol de primeira división e está facendo dano a unha fauna que non pode agardar a que pase o nadal.\"Están poñendo en perigo a certificación e sería moi inxusto para as Illas Cíes e para o Parque Nacional\"Houbo contactos nos últimos meses para tentar reverter a situación?Falamos co director do Parque Nacional das Illas Atlánticas e tamén con expertos galegos das universidades de Santiago e de Vigo. A realidade é que o Parque Nacional fixo os seus deberes e foi un dos territorios Starlight que mellor traballou neste senso, tanto protexéndose contra a contaminación lumínica como divulgando o turismo de estrelas.Nós certificamos as Illas Cíes no seu momento, despois de reunirnos con representantes da Concellería de Medio Ambiente e contando cunha adhesión asinada por todos os concellos próximos. De forma excepcional, tamén o pleno do Parlamento de Galicia aprobou unha declaración en defensa do ceo nocturno, aínda que non o esixíramos. É dicir, había un compromiso de alumar de forma sustentable, favorecendo así o desenvolvemento de zonas rurais. E isto pode estar sendo infrinxido. Evidentemente isto non era un contrato, senón un pacto, un compromiso, o que para min é máis sagrado que un contrato, e este pacto debe cumprirse. Están poñendo en perigo a certificación e sería moi inxusto para as Illas Cíes e para o Parque Nacional.\"Habería que ter unha regulación: imos alumear no nadal, pero o nadal é decembro, non novembro. Imos alumear no nadal, pero a medianoite imos apagar as luces, porque xa non hai xente na rúa\"Máis aló do que está a pasar en Vigo, cal é o efecto do incremento sobre o ceo da iluminación de nadal en moitas cidades?Hai cousas que non teñen valor económico. E ti podes argumentar: é que o alumeado de nadal xera máis ingresos que o que custa a súa instalación. Pero quen recibe eses ingresos? Están chegando ás zonas rurais? Ten prezo a perda dos ecosistemas? A min dóeme moito cando escoito a frivolidade coa que se fala deste tema, poñendo por riba de todo unhas cifras económicas de beneficios comerciais que son consecuencia dun alumeado moi pouco intelixente. As cidades teñen que ser solidarias coas zonas rurais.Evidentemente a todos nos gusta o nadal. A Rede Española contra a Contaminación Lumínica e outras entidades están promovendo o uso de LEDs máis eficientes, non os LEDs que se utilizan na actualidade. Pero habería que ter tamén unha regulación: imos alumear no nadal, pero o nadal é decembro, non novembro. Imos alumear no nadal, pero a medianoite imos apagar as luces, porque xa non hai xente na rúa. Para que ese desbalde?\"Paréceme moi negativo o efecto cadea que se está producindo no tema das luces\"Este ano, ademais, varias cidades seguiron o exemplo de Vigo e incrementaron o seu gasto en luces...Paréceme moi negativo o efecto cadea que se está producindo no tema das luces, un efecto que se produce cando alguén fai algo que é interpretado como exitoso. E agora esa política estase contaxiando a outras cidades. Habería que crear un cerco sanitario ao redor para evitar que isto se estenda, para evitar que outras localidades fagan o mesmo. Sabemos que son unhas datas nas que os excesos son case inevitables, pero competir entre unhas cidades e outras por ver cal ten máis luz paréceme un retroceso nos obxectivos marcados en todo o planeta para reducir a contaminación e as emisións. Nós nas Canarias estamos traballando para que a nova Lei de loita contra o cambio climático inclúa a contaminación lumínica, e hai expertos noutros lugares tentando que alí tamén se recolla.\"Está en proceso a certificación do Concello de Muras, que tamén se vai converter nun destino turístico Starlight\"Independentemente de que as Cíes manteñan ou perdan a súa certificación, algún outro espazo de Galicia pode recibir esta distinción?Está en proceso a certificación do Concello de Muras, que tamén se vai converter nun destino turístico Starlight. Ademais, hai algúns aloxamentos rurais que tamén certificamos polo seu compromiso coa protección do ceo e coa divulgación dos obxectivos da Fundación e do turismo de estrelas. Trátase de Casa Pedreira, en Cuntis (Pontevedra), e da Aira da Petada, na Veiga (Ourense)."}
{"ID": "NOS_10907", "summary": "Despois do comezo da operación militar do Goberno Federal de Etiopía en novembro contra Tigrai, na que os militares etíopes apoiados por tropas eritreas se fixeron rapidamente co control do territorio, as Forzas de Defensa de Tigrai recuperan a súa capital, Mekelle, e forzan Etiopía a aceptar o alto o fogo até setembro.", "text": "A Fronte Popular para a Liberación de Tigrai (TPLF), renomeada como Forzas de Defensa de Tigrai (TDF) após o comezo da operación armada de Etiopía contra o territorio do norte, comunicou esta terza feira que a capital de Tigrai, Mekelle, está \"100%\" baixo o seu control. Desde o serán da segunda feira as tropas de Etiopía comezaron a abandonar a toda présa Mekelle despois dos avances militares na última semana das TDF. Pouco despois, o Exército tigrino comezou a entrar en Mekelle entre as celebracións da poboación local, informa o Addis Standard. Antes de saír de Mekelle, integrantes do Exército etíope irromperon na oficina de Unicef na cidade e desmantelaron a antena de comunicación coa que contaba a entidade, como denunciou Henrietta Fore, directora executiva da institución. Ademais, o pasado 22 de xuño as Forzas Aéreas etíopes bombardearon un mercado de Togogo, a 20 quilómetros de Mekele, deixando cando menos 64 persoas mortas e case 200 feridas. Unha vez na cidade, a Axencia de Novas de Etiopía adiantou que Abraham Belai, xefe executivo da Administración Interina de Tigrai, solicitara un alto o fogo ao Goberno de Etiopía, encabezado por Abiy Ahmed, para permitir o desenvolvemento da temporada agraria, o envío de axuda humanitaria e a procura dunha solución política ao conflito co Estado. \"A inmensa maioría da poboación está baixo o Goberno de Tigrai\", apuntou á BBC Faseha Tesema, do equipo de asesoría das TDF, quen, dirixíndose á comunidade internacional, salientou que \"poden traer toda a axuda internacional á inmensa maioría dos tigrinos que a precisan, dado que a situación sobre o terreo permite a súa entrega\", reclamando que \"[a comunidade internacional] non ten escusas para dicir que o Goberno de Adís Adeba a ignora\". \"Non hai liñas de teléfono. O primeiro é que a xente teña algo de normalidade\", explicou Tesema, que tamén denunciou que \"non hai electricidade en todas as zonas de Tigrai, á marxe de Mekelle\". A Organización das Nacións Unidas (ONU) vén denunciando nas últimas semanas a fame xeneralizada en Tigrai desde o comezo en novembro das operacións do Exército de Etiopía, acompañado polo de Eritrea, contabilizando que 353.000 persoas están a vivir unha catástrofe humanitaria, mentres que 1,8 millóns sofren unha situación de emerxencia. Alto o fogo Apenas unha hora despois da petición de alto o fogo, o Goberno Federal de Etiopía facía pública a declaración dun alto o fogo \"unilateral\" no territorio de Tigrai que se estenderá até setembro, cando remate a tempada agrícola. O Goberno Federal sinala que \"o pobo de Tigrai, especialmente nas áreas rurais, sufriu en gran medida\" e, asemade, recoñece que hai que acabar de inmediato co \"risco de crise humanitaria polo enfrontamento entre a nosa xente\", sumado á \"pandemia de Covid-19 o desprazamento [forzoso de persoas] e a interrupción das actividade agrícolas debido á instigación dun conflito violento\", declarou nun comunicado. Co ánimo de \"enfrontar eses retos\", o Goberno Federal proclamou o alto o fogo \"con efecto inmediato\" pouco antes da medianoite da segunda á terza feira. Eleccións federais O pasado 21 de xullo decorreron en Etiopía as VI Eleccións Nacionais, malia que en varios territorios -como no caso de Tigrai- non se puido votar, o Goberno Federal sostén que \"demostran o forte compromiso do pobo etíope de decidir o seu propio destino a través dun proceso democrático e pacífico\". Esta terza feira a Xunta Nacional Electoral etíope anunciou que 378 dos 440 distritos electorais nos que se votou xa transmitiron os seus resultados. Solyana Shemelis, do departamento de Comunicación do organismo electoral, revelou que se inscribiron arredor de 37 millóns de cidadás e cidadáns no rexistro electoral. Shemelis tamén indicou que, aínda que o décimo día posterior á votación os resultados teñen que estar publicados, esa data pode variar polos retrasos nalgúns distritos. O nacemento do Partido da Prosperidade e o comezo do conflito con Tigrai en 2019 O conflito entre a TPLF e o Goberno Federal comeza cando o presidente Abiy Ahmed impulsa a conversión da Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope -unha coalición de partidos políticos territoriais no Goberno desde 1991- nunha forza política unificada, o que leva o nacemento a finais de 2019 do Partido da Prosperidade. A TPLF, que daquela era a organización cunha maior estrutura dentro da coalición, decide non sumarse e opta por continuar co seu Goberno no territorio tigrino baixo unha tensión crecente. Á convocatoria de eleccións en Tigrai en setembro de 2020 en contra da decisión de Adís Adeba de adiar o proceso, seguiulle a proposta de considerar a TPLF como grupo terrorista, un día despois acusouna dun ataque a un campamento militar en Mekelle, atentado que a forza tigrina rexeita como propio."}
{"ID": "NOS_20811", "summary": "A Plataforma de Afectados polo Vertedoiro Santiago-Miramontes quere poñer en coñecemento da opinión pública o \"risco para a saúde, o silencio admnistrativo dos organismos competentes que velan polo medio ambiente e o desamparo\" que senten os veciños e veciñas que residen a carón do vertedeiro de Grixoa-Miramontes, ao norte de Santiago de Compostela.", "text": "A Plataforma de Afectados polo Vertedoiro Santiago-Miramontes quere pór en coñecemento da opinión pública o \"risco para a saúde, o silencio admnistrativo dos organismos competentes que velan polo medio ambiente e o desamparo\" que senten os veciños e veciñas que residen a carón do vertedeiro de Grixoa-Miramontes, ao norte de Compostela. Denuncian que na madrugada do pasado día 25 de maio tivo lugar un incendio no -denominado oficialmente- Complexo Ambiental Miramontes \"que provocou un fume irrespirábel e picor nos ollos e na gorxa\". A plataforma cidadá móstrase \"preocupada\" pola posibilidade de que a impermeabilización do vaso do vertedoiro, poidese quedar alterada polo incendio Ademais -tal e como está recollida na denuncia presentada-, \"a cantidade de materia orgánica que está depositada no vaso é moi superior a 10% permitido e recollido no proxecto construtivo do vertedoiro\". Este límite máximo do 10% de entrada de materia orgánica é unha cota de seguridade sobre a que se asentan os cálculos para o deseño do sistema de desgasificación deste vertedoiro. Por todo isto, e cunhas instalacións a menos de 500 metros de casas habitadas, piden á Fiscalía de Medio Ambiente \"que entre de oficio na Investigación deste cuarto incendio, porque chove sobre mollado\""}
{"ID": "NOS_19154", "summary": "Jarvis Dolan é o locutor estrela do polémico programa de radio \"A crúa realidade\". O mesmo día que un antigo colaborador volve para presentar a dúo o programa, un par de enmascarados toman o control da emisora para desvelar un escuro segredo.", "text": "Tras labrarse un nome no mundo da publicidade, e un par de curtametraxes ás costas, o coruñés Pedro Corredoira Alonso (aka Pedro C. Alonso) realiza a súa primeira longametraxe cun filme de xénero rodado integramente en inglés, reparto internacional e produción galega (Vaca Films) e catalá (Ombra Films). Unha ópera prima moi ben arroupada a través do apadriñamento do barcelonés, afincado en Hollywood, Jaume Collet-Serra, especialista en cinema de terror e suspense con achegas tan interesantes como A orfa ou Inferno azul. Bos vimbios. Feedback é directa, visceral, non se anda con moitos miramentos. Comeza cunha breve introdución de personaxes para logo ir de cheo ao asunto. Dous homes enmascarados secuestran unha emisora de radio para facer que Jarvis Dolan, un famoso locutor de radio, saque á luz, en directo, un escándalo acontecido fai 10 anos no Hotel Europa. Uns feitos que poderían significar o fin da súa carreira. Violencia explícita, suspense, atmosfera asfixiante, xiros inesperados... Tras a tensión inicial comeza roldar unha cuestión... Que pasou realmente no Hotel Europa? Quen di a verdade? Quen leva realmente a máscara? Toda a trama acontece dentro emisora de radio. Un único espazo que acentúa a claustrofobia dunha situación límite levada ao extremo e todo un reto para un equipo actoral que non se pode apoiar en flash-backs e ten que transmitir co careto toda a angustia e contención dos diferentes puntos de vista sobre o acontecido no Hotel Europa. Interpretacións moi físicas dun elenco composto por secundarios de luxo e xente da televisión que pasan, aquí, a teren un papel protagonista. Eddie Marsan (o inspector Lestrade do Sherlock Holmes de Guy Ritchie), Richard Brake (Mandy), Paul Anderson (O renacido) ou Ivana Baquero (O labirinto do fauno) son as faces máis coñecidas. O referente principal de Pedro C. Alonso é bastante claro: Stanley Kubrick. Non son casualidade as chiscadelas co gallo da \"apertura de portas\", nin que o estudo de radio –ideado nos estudos Tex 45 de Ordes (A Coruña)– semellen unha mestura entre o Hotel Overlook e a nave espacial Discovery de 2001: Odisea do espazo, nin tampouco que a dirección de fotografía, de Ángel Iguácel (Sete mesas de billar francés), sexa recorrente en travellings \"tan característicos\" dos filmes de Kubrick. Guión a catro mans do propio Alonso xunto co gran Alberto Marini (Mentres dormes, O descoñecido). Consegue que pasemos por alto as lagoas argumentais (que as ten) grazas a hora e media de hiperviolencia e tensión apuntalada pola xenial banda sonora de Sergio Moure de Oteyza. Feedback é quen de remexer os miolos e cortar a respiración a partes iguais. Sangre, suor e brutal agresividade mestúranse cunha reflexión sobre a condición humana e as \"máscaras\" que nos poñemos para ocultar \"a crúa realidade\". Un dignísimo filme de xénero, onde ninguén é quen di ser, no que Pedro C. Alonso camiña todo o tempo por terreo espiñoso xusto por riba desa fina liña que separa a xustificación do inxustificábel da xustificación da vinganza, facendo, ademais, que o propio espectador cuestione todo ata o abafante clímax final. Un debut prometedor. Feedback: (Galiza-Catalunya 2019, 97 min.) Dirección: Pedro C. Alonso Guión: Pedro C. Alonso e Alberto Marini Fotografía: Ángel Iguacel Música: Sergio Moure de Oteyza Elenco: Eddie Marsan, Paul Anderson, Ivana Baquero, Richard Brake, Oliver Coopersmith, Alana Boden, Alexis Rodney, Nacho Aldeguer"}
{"ID": "PRAZA_21073", "summary": "Moisés Blanco, mestre de profesión, é o mellor puntuado para cubrir un posto de subdirector na Axencia de Desenvolvemento Rural ao que o Goberno galego aplicou unha excepción para que non sexa só para o funcionariado", "text": "Moisés Blanco, mestre de profesión, é o mellor puntuado para cubrir un posto de subdirector na Axencia de Desenvolvemento Rural ao que o Goberno galego aplicou unha excepción para que non sexa só para o funcionariado\"Excepcionalmente\" a Lei de Emprego Público de Galicia contempla que os postos directivos das entidades públicas instrumentais -nunca os da propia administración xeral da Xunta- poidan ser cubertos por persoas que non sexas funcionarias de carreira. Esa excepción está a ser aplicada na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para cubrir o posto de subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, en cuxo proceso de selección a persoa mellor puntuada á espera de facerse públicos os resultados da última proba, unha exposición oral, é o ex-deputado do PP Moisés Blanco Paradelo. O sindicato CSIF denuncia que o proceso que \"trata de colocar\" ao político popular é un novo caso de \"nepotismo e corruptela administrativa\".Moisés Blanco, mestre de profesión, foi voceiro do PP no Barco de Valdeorras durante máis dunha década, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado no Parlamento de Galicia durante as dúas últimas lexislaturas, onde foi voceiro de Medio Rural do seu partido. Nas eleccións do pasado xullo ocupou o posto 12 na candidatura popular de Ourense, pero alí o partido baixou de 9 a 8 escanos e malia que dous deputados deixaron a acta para ocupar cargos na Xunta, a lista non correu tanto como noutras ocasións e Blanco quedou fóra do hemiciclo.O sindicato critica que \"as bases para o posto están adaptadas á limitada formación académica e experiencia laboral\" do ex-deputadoO pasado 23 de decembro o Diario Oficial de Galicia (DOG) convocou o proceso para cubrir o antedito posto de subdirector en Agader aberto a persoas que non sexan funcionarias cun prazo de presentación de solicitudes de 10 días. E agora CSIF denuncia que a falta só da valoración da última proba Blanco Paradelo é a persoa mellor puntuada nun proceso que segundo o sindicato prima a formación e experiencia política do popular fronte a outros perfís. \"A diferenza doutras convocatorias similares, onde aos candidatos se lles esixe unha ampla bagaxe, tanto a nivel formativo como profesional, as bases para o posto de Agader son totalmente exiguas, simplonas e adaptadas á limitada formación académica e experiencia laboral do ex-parlamentario popular\", di CSIF."}
{"ID": "NOS_5025", "summary": "Preséntase 17 de xuño na sede da Fundación Seoane", "text": "En decembro de 2018, a Fundación Luis Seoane inauguraba a exposición Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López, un proxecto comisariado polo artista e docente Juan Martínez de la Colina co que se lle rendía homenaxe a esta figura. Nada na Coruña en 1912, foi colaboradora nalgunhas das principais iniciativas da cultura galega no exilio, como o Laboratorio de Formas de Galicia, a editorial Citania, o programa radiofónico Galicia Emigrante ou Sargadelos. Organizou múltiples exposicións quer na Galiza quer en Bos Aires e noutros países. Compañeira de Luis Seoane ao longo do seu periplo vital, tras o falecemento do artista en 1979, acometeu o inxente labor de reunir, conservar e difundir a memoria artística e intelectual do que fora o seu marido, unha tarefa que culminaría coa creación, en 1996, da Fundación Luis Seoane. Após o seu paso por esta entidade, a mostra que conmemora a súa figura viaxaría á Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo. Proximamente trasladarase á Fundación Eugenio Granell en Santiago de Compostela, a partir de onde seguirá o seu percorrido. Chega o libro Agora, o proxecto expositivo amplíase cunha publicación que presenta hoxe o seu autor, o mesmo comisario da mostra, Juan Martínez de la Colina, no patio da Fundación Luis Seoane (A Coruña), na que será a primeira actividade aberta ao público da institución tras o período de confinamento. O acto será tamén retransmitido en directo por streaming a través de Facebook Live, a partir das 20 horas. Xunto ao autor intervirán a historiadora María Antonia Pérez e a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira. A capacidade do lugar estará limitada a 40 persoas, e para asistir é preciso realizar unha reserva previa por teléfono ou por vía de correo electrónico. Tamén outras mulleres O volume afonda nos aspectos biográficos e no significado da figura de Maruxa Seoane apoiado nunha coidada selección de fotografías e de distintas seccións que recollen, ademais de diferentes aspectos da exposición e da película Maruxa que a acompañaba –e que hoxe ten vida propia–, a transcrición das receitas de cociña publicadas na revista Galicia Emigrante entre 1954 e 1959. O libro péchase cunha sección coa que o seu autor réndelle homenaxe a 41 mulleres destacadas que, dun xeito ou doutro, tiveron relación con Maruxa Seoane."}
{"ID": "NOS_2129", "summary": "Roi Casal estreou este domingo en Ourense o directo de 'Son galego, son cubano', un disco con letras de Neira Vilas e música caribeña con toques galaicos que quere ser unha homenaxe á historia común destes dous países e tamén ao propio escritor, que faleceu antes de ver o seu proxecto en marcha.", "text": "- Con este disco queres contar a epopea dos galegos en Cuba. Por que? Como naceu na túa cabeza esa idea?- Máis que querer contala eu, quen a contou foi Neira Vilas, como sabes é un proxecto común entre os dous. Non xurdiu de maneira voluntaria. A vida e a música foime levando a estes proxecto. En 2014 cando fixemos a xira latinoamericana, en Cuba déronme o premio Cubadisco, que llo deran o ano anterior a Paco de Lucía, e propuxéronme facer algo que puxese en valor a historia común entre Galiza e Cuba. Estando na illa empezo a descubrir a pegada dos galegos na illa, e á volta chámame Neira Vilas para dicirme que sabe o da proposta do Ministerio de Cultura cubano e el ofrécese para asesorarme e mesmo para facerme as letras. E eu, loxicamente, diante desa proposta, non puiden rexeitala. E en maio-xuño de 2014 empezou todo a andar, e no verán de 2015 xa practicamente tiñamos practicamente todo finalizado, Neira xa tiña as letras feitas. - As letras fíxoas a pé feito para ti?- Claro, si. El escribiu ex profeso temas sobre mariñeiros que viñan a Cuba e fixeron aquí embarcacións iguais ás de alá, sobre Caballero de París, que era unha figura mítica en Cuba, de orixe galega, un personaxe que paseaba cunha capa que dicía que era o conde de Montecristo. Do seu amor cubano, do xeneral Villamil… de todo iso escribiu Neira hai doce meses. E íame enviando unha a unha, até que tiñamos doce ou trece, lembro o último mail que me enviou uns días antes de morrer preguntando como ía o tema, se o iamos presentar na Habana… Facíalle moita ilusión este proxecto. Traballamos conxuntamente, deixoume moita liberdade para facer o que eu quixera, pero el asesoroume en todo momento e abreume os ollos. Non conta todas as historias, é só a punta do iceberg, pero ten que valer para que sexa, digamos, un indicador de que algo moi importante fixeron os galegos en Cuba e desde Cuba para Galiza. Son galego, son cubano é a metáfora de todo iso que hai detrás, e espero que esperte a curiosidade entre o público para saber como se construíu parte de Galiza. Desde cousas moi obvias, como o himno, a bandeira ou a RAG, ou outras menos coñecidas como que mandaban diñeiro para facer escolas, lavadoiros, centros de saúde… desde alí mantívose a dignidade e o sentimento de país cando aquí non había nin goberno constituído. Eu aspiro humildemente a que Son galego, son cubano sirva para recuperar esa información que os galegos deberiamos ter. El tiña moita máis perspectiva do que ía significar este proxecto ca min. Ao principio tomeino como un disco da miña carreira e hai tempo que deixou de ser iso. - Unha vez que se cruzou polo medio a morte de Neira tamén se convertiu un pouco nunha homenaxe a el, non?- Claro, é que este proxecto ten un cúmulo de circunstancias que o fai moi especial. Eu sempre lle agradecerei a Neira que me colocase aquí. El tiña moita máis perspectiva do que ía significar este proxecto ca min. Ao principio tomeino como un disco da miña carreira e hai tempo que deixou de ser iso. É case un proxecto máis de país. A súa morte afectoume tamén moito, era unha persoa que tiña 86 anos, pero o intelecto mantíñao perfecto. Un día ou dous antes falaramos e doume moita pena, porque lle faría moita ilusión velo estreado, tal e como o pensamos xuntos, e saíu incluso mellor. Estreámolo no centro galego debaixo do escudo de Galiza, onde só actúa o Ballet Nacional, e alí estivo Obama uns días antes. Deume moita pena, pero si, converteuse nunha homenaxe a el e á emigración galega en Cuba. El estivo 31 anos en Cuba e traballaba no MInisterio de Industria co Che Guevara e saía todas as tardes de alí e ía ao Instituto de Literatura e Lingüística a recompilar todo o que fixeran os galegos na illa. Nós tivemos a sorte de ter un cronista supercualificado, iso ten un valor incalculable. - Dis que este disco se convertiu nalgo máis. Que é para ti neste momento?- Para min como artista significa un punto de inflexión grande, porque non mantén a estética dos tres anteriores e é a primeira vez que eu non son o responsable íntegro das letras. Eu non son unha persoa habituada a facer colaboracións con ninguén. Sempre mantiven unha personalidade propia bastante grande. Pero obviamente no caso de Neira sería soberbio non facelo. É a primeira vez que fago algo cun dos grandes da historia da literatura galega, que para min é unha honra. E no plano estético, é un disco de salsa, de baile, de raíz cubana con toques galegos. Pero a min o que me interesa neste disco é poñer en valor a historia común entre Galiza e Cuba, máis que que se vexa como un disco de fusión de música galega-cubana. Ten unha aproximación a iso, pero o valor máis grande do disco, o que subxace, é a temática. É un disco luminoso, de festa. En Galiza cando se fai algo relacionado coa emigración soe ser algo triste, de lamentos, e eu sempre me rebelei contra esa mensaxe da aldraxe, de que en Galiza todo é un desastre, que todo nos foi mal historicamente. Neira non era así, nin eu o son. Eu non penso que os nosos males sexan culpa dos outros. E entón é un disco en positivo, dicindo que esa foi unha circunstancia histórica do noso país, pero ao mesmo tempo serviu para construír a nosa propia identidade. Para min é un punto de inflexión en todos os sentidos: no estético, pero tamén no que transmite e a ver a onde chegamos con isto, pero eu estou moi satisfeito. Eu dedícome a facer música para masas, non fago música ortodoxa para un sector da poboación, eu son un músico que intento chegar a público moi diverso. Non quería facer un tocho de historia, senón que a xente o pase ben e que ademais teña un valor histórico engadido. - Eu preguntaba porque dixeches que era máis un disco \"de país\".- É algo que todos os que participamos, Pablo Milanés e moitos outros, nos preguntabamos, como é que isto, despois de 150 anos de relación, non se tivera feito nunca. E a segunda reflexión é: menos mal que se fixo. A min tocoume estar no momento axeitado no lugar axeitado. Non é un disco de Roi Casal nin un libro de Neira Vilas, é unha síntese de algo que este país tiña e ten pendente. Temos pendente unha revisión do que significa a emigración para Galiza. Para min foi moi enriquecedor todo o proceso de Son galego, son cubano porque descubrín moitísimas cousas de como se conformou o que somos, o que é Galiza. Este non é un disco máis, é algo que debe servir para ver a punta do iceberg e descubrir todo o que hai debaixo. Neira deixou moito escrito sobre o tema para quen queira investigar e fascinarse. Si, é un disco de país que nos debíamos a nós mesmos. - No disco contas con colaboracións cubanas (Pablo MIlanés, Laritza Bacallao) e galegas, co teu propio pai, Nando Casal. - Nós gravámolo en maio de 2016, con Neira xa falecido, e vin claro que ía ser un traballo grande, de país, e a quen lle contamos esta historia se sentía fascinado coa historia. E vendo iso decidín intentar contar cos mellores, e aí está a voz masculina máis recoñecida, Pablo Milanés, a voz feminina actual máis potente, Laritza Bacallao, a produción de Miguel Núñez, que probablemente é o mellor pianista da illa, o pianista dos Bambán, etc. E de aquí, o condimento galego tiña que ser unha gaita e eu tíñaa pretiño, verdade? [risas] Por iso está Nando Casal, de Milladoiro. E así conformouse un proxecto único, tamén polas personalidades que interveñen. E o 27 na Habana a xente non veu ver só Son galego son cubano senón tamén un All Stars que non tocaran xuntos nunca. Eu dedícome a facer música para masas, non fago música ortodoxa para un sector da poboación, eu son un músico que intento chegar a público moi diverso. Non quería facer un tocho de historia, senón que a xente o pase ben e que ademais teña un valor histórico engadido. - Vin que en Cuba estivestes dous días seguidos, obtendo senllos éxitos. Como reacciona a xente alí a este, que xa son galegos de segunda ou terceira xeración? - Si, pero seguen mantendo as estruturas asociativas orixinais dos primeiros que chegaron alí. Siguen en certa maneira conectados a Galiza. Hai escolas de gaitas con mulatos. Chamoulle moito a atención que se fixese algo así, e claro feito ao grande, con músicos de moito prestixio, pois causou expectación, claro. Por iso digo que é un proxecto de país, estreouse ao grande en Cuba, e agora vaise facer igual en Galiza. É algo que nos debíamos. En Galiza cando se fai algo relacionado coa emigración soe ser algo triste, de lamentos, e eu sempre me rebelei contra esa mensaxe da aldraxe, de que en Galiza todo é un desastre, que todo nos foi mal historicamente. Neira non era así, nin eu o son. Eu non penso que os nosos males sexan culpa dos outros. - Falando xa da xira que comezas este domingo en Ourense, como vai ser a formación en Galiza? - Aquí participa aínda máis xente aínda que no disco. Algúns músicos veñen expresamente de Cuba e outros de aquí, que xa sabes que hai moitísimos músicos cubanos radicados aquí. Somos doce músicos, con coro e bailaríns. É un show de primeira división de gran formato, na que o público está bailando o 90% do tempo. Poderase ver practicamente en todas as cidades e vilas grandes. En Ourense, no Apóstolo, en Lugo, en Ferrol, en Cambados no Albariño… Publicaremos a xira íntegra pronto. - E logo xira internacional, non?Temos xa previstos varios fóra: en Suíza, nas Canarias, en Brasil, en México, en Bélxica… - Este é un disco especial na túa carreira. Logo vas continuar coa túa aposta pop, unha aposta por certo inusual en Galiza por parte de alguén que comezou en Milladoiro…- Si, o pop é a miña seña de identidade, é coa que me fixen cun público que me permite vivir da música e ter unha banda estable e facer xiras importantes. Iso é co que cheguei até aquí, pero tamén é verdade que Son galego son cubano é un proxecto distinto e eu non sei nunca que vou facer o ano que vén. Se me preguntan hai dous anos se ía facer isto teríalle dito, estás tolo, e sen embargo aquí estou. Botando a vista cara atrás hai 8 anos que deixei MIlladoiro e emprendín a miña carreira en solitario, co cal eu penso que en 2018, aos 10 anos, será unha boa oportunidade de mirar atrás, pero á hora de crear, eu non sei o que vou facer. A vida e a música vante poñendo en sitios moito mellores dos que tiñas pensado. Así que me vou deixar ir a onde me leve, pero intentando non defraudar o meu público, claro. Unha das cousas que quero testar é a resposta do meu público a este proxecto."}
{"ID": "PRAZA_20487", "summary": "O decreto 19/2016 recollía a convocatoria de 188 prazas de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Unha manifestación esixirá este venres en Compostela que o Goberno anuncie unha oferta de emprego que palie a temporalidade que afecta ao 40% dos traballadores", "text": "O decreto 19/2016, polo que se aprobaba a oferta de emprego público de prazas de persoal funcionario e laboral da administración autonómica para o ano 2016, recollía a convocatoria de 188 prazas de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF): 60 condutores de autobomba, 20 vixilantes fixos, 20 emisoristas, 44 peóns e 44 peóns condutores. Porén, un ano despois do seu anuncio -produto dun acordo entre a Xunta e os sindicatos- estas prazas non foron aínda convocadas, contribuíndo a incrementar a precariedade laboral que domina o dispositivo de loita contra o lume, que segundo as centrais sindicais afecta ao 40% do persoal. CIG e CSIF esixen o cumprimento do acordo asinado en setembro de 2016 entre a Xunta e os sindicatos sobre os bombeiros forestais Este mércores, o delegado da CIG en Medio rural en Pontevedra, Xesús Dorado, e o representante do CSIF, Juan Carlos Rivas, demandaron en rolda de prensa a convocatoria da Oferta Pública de Emprego correspondente ao 2016 como persoal laboral. Dorado esixiu o cumprimento do acordo asinado en setembro de 2016 entre a Xunta e os sindicatos sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade, onde se recollía explicitamente a redución da taxa de precariedade ou temporalidade, mediante as correspondentes ofertas públicas de emprego para prazas de persoal laboral, previo a calquera proceso de funcionarización que se puidera acometer neste ámbito. Agora mesmo forman parte do dispositivo entre 1.800 e 1.900 traballadoras e traballadores, dos que preto de 800 non teñen a condición de fixos Dorado reiterou, ademais, a denuncia do incumprimento por parte do Goberno galego das súas propias publicacións. O representante da CIG acusou a Xunta de \"alimentar a precariedade na propia administración pública\". Neste senso, lembrou que agora mesmo forman parte do dispositivo entre 1.800 e 1.900 traballadoras e traballadores, dos que preto de 800 non teñen a condición de fixos. De feito, moitos e moitas non traballan máis de tres meses en todo o ano, o que impide ademais que teñan dereito a cobrar unha prestación por desemprego. Outra parte importante deses 800 traballan un máximo de 9 meses, o que provoca, segundo Dorado, \"unha enorme inseguridade laboral e desprotección\". CIG e CSIF subliñan que \"unha administración pública non pode permitir que parte do seu persoal estea nunha situación laboral como esta\" e exixen a convocatoria desta OPE que posibilitaría \"a progresiva conversión en persoal laboral fixo destes traballadores e traballadoras\". Unha medida que non só melloraría as condicións laborais do persoal, senón que tamén \"permitiría reforzar os labores de prevención durante os meses previos á tempada de alto risco\", ao contar con persoal suficiente no dispositivo ao longo de todo o ano. A convocatoria de prazas \"permitiría reforzar os labores de prevención durante os meses previos á tempada de alto risco\", ao contar con persoal suficiente no dispositivo ao longo de todo o ano O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) manifestarase este venres polas rúas de Santiago de Compostela (saída ás 10.30 horas da estación de autobuses) denunciando este incumprimento levado a cabo polo Goberno galego. A convocatoria da mobilización foi acordada na asemblea de traballadores e traballadoras que tivo lugar o pasado día 21 de xuño, unha xuntanza na que tamén se acordou unha recollida de sinaturas entre o persoal do SPDCIF, unhas sinaturas que serán presentadas no rexistro da Xunta coincidindo coa mobilización."}
{"ID": "NOS_38897", "summary": "Rego anunciou que en 2020 se porán en marcha medidas para a eliminación dos prexuízos fiscais que supón ter dous pagadores e o estabelecemento do mesmo límite de ingresos que obriga de facer a declaración do IRPF.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, asegurou que en 2020 vanse pór en marcha as medidas necesarias para acabar coa situación fiscal dos emigrantes retornados. O colectivo, dixo, terá \"o mesmo trato fiscal que calquera outro cidadán\". Néstor Rego fixo este anuncio durante o encontro que mantivo en Vilagarcía de Arousa coa Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornad@s, acompañado da deputada Montse Prado e o presidente da asociación Marusía, Xosé Lois Leirós. O deputado galego no Congreso explicoulles ás persoas afectadas os detalles do punto alcanzado no acordo de investidura para solucionar a \"estafa\" que representa para as persoas que reciben prestacións desde o estranxeiro a súa situación fiscal. Agravio Os emigrantes retornados que traballaron noutros países, recalcou, \"contribuíron tamén ao desenvolvemento económico deste país\". Rego incidiu no compromiso asinado que pretende modificar lexislativamente o agravio que sofren moitos e moitas retornadas por teren dous Estados pagadores ao mesmo tempo. Segundo dixo, unhas 250.000 persoas na Galiza, un millón no conxunto do Estado. Néstor Rego comprometeu ao longo deste ano, a posta en marcha de medidas concretas para a eliminación dos prexuízos fiscais que supón ter dous pagadores e o estabelecemento do mesmo límite de ingresos para ter a obriga de facer a declaración do IRPF. O portavoz da coordinadora, Xosé Lois Leirós, lembrou que, mentres para calquera cidadán español ese límite sitúase en 22.000 euros, para os emigrantes retornados é de 12.000. O deputado do BNG adiantou que aínda que o acordo require dunha certa tramitación administrativa, \"non precisa dunha dotación orzamentaria, polo que non está condicionada á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado\", de aí que se poida iniciar xa."}
{"ID": "NOS_42995", "summary": "Albert Pla (Sabadell, 1966) levou a canción de autor máis alá dos seus límites. A forza de irreverencia salvaxe, sarcasmo lírico, doces melodías e teatral posta en escena, o autor de No sólo de rumba vive el hombre (1992) trazou un percorrido puntuado pola polémica e por singulares achados musicais. Esta sexta feira visita Santiago de Compostela, ás dez da noite na Sala Capitol.", "text": "Pla iniciou a súa carreira discográfica cantando en catalán. Pero foi a partir da primeira metade dos noventa, co citado No sólo de rumba vive el hombre, Supone Fonollosa (1995) -sobre poemas do maldito José María Fonollosa- ou Veintegenarios en Alburquerque (1997) -que incluía a controvertida La dejo o no la dejo-, cando a súa proposta trascendeu máis ou menos masivamente. Entre unha versión irónica e retorcida da canço catalana e aires rumberos, o cantante de Sabadell gravou colaboracións con músicos como Quico Pi de la Serra, Fermín Muguruza, Manolo Kabezabolo, Joan Miquel Oliver (de Antònia Font), Pascal Comelade ou Kiko Veneno. Nas súas últimas obras volveu empregar o catalán, por caso en Cançons d'amor i droga (2003) ou Somiatruites (2011). Albert Pla, que tamén se prodiga como actor, presentarase en Compostela acompañado do guitarrista flamenco Diego Cortés e repasará o seu repertorio de todas as épocas con, segundo os promotores, \"as mans libres e o corpo desatado para teatralizar as súas cancións e conseguir unha poética inusual devastadora e electrizante\"."}
{"ID": "NOS_47789", "summary": "Desde que anunciou que abría un período de reflexión, Ana Pontón (Sarria, 1977) recibiu centos de mensaxes para que continúe á fronte do BNG. Agradece o cariño recibido, e apela a \"dotar de racionalidade esa afectividade\". Ten claro o obxectivo da súa meditación: conseguir para o BNG a Presidencia da Xunta da Galiza.", "text": "-Hai unha semana fixo pública a súa intención de abrir un período reflexión persoal sobre o seu futuro político. Que avanzou nestes últimos días? As reflexións necesitan tempo e esta é unha decisión responsábel. Cando hai cinco anos me dixeron que apostaban por que eu puidese ser a portavoz do BNG, tomei moito tempo para pensar se dar ese paso ou non. Na vida non hai que actuar por impulso, senón valorando profundamente os pros, os contras e se realmente somos as persoas adecuadas para poder levar adiante esas responsabilidades. O BNG tamén ten que reflexionar sobre como ir cara a ese obxectivo de conseguir a Presidencia da Xunta dentro de tres anos. É lóxico levar adiante ese proceso de reflexión para ver se eu son a persoa adecuada para esta finalidade tan ambiciosa, que é colectiva e fundamental para o país. A reflexión é un elemento necesario para poder acertar nos retos que temos por diante. Non podemos seguir cun Goberno que está estragando a sanidade pública e deteriorando a nosa base produtiva, que non dá respostas a temas tan importantes como a suba da luz, nun país que produce electricidade a esgalla. -Sinalou nunha das últimas comparecencias que o principal reto do BNG é ensanchar a súa base social. Como se logra? Ou ensanchamos a nosa base social ou calquera avance no plano electoral vai ter sempre os pés de barro e isto require que fagamos un esforzo para achegar máis persoas ao BNG, por ter unha interlocución máis ampla coa sociedade e por dar a coñecer cales son as nosas alternativas. Hai miles de galegos e galegas mirando cara a nós, que confiaron no BNG como a mellor opción para liderar este país e temos que facer un esforzo por que moitas desas persoas que comparten o proxecto que temos para a Galiza dean o paso de incorporarse á organización. Iso require achegarse a elas e xerar unha dinámica de participación e de implicación práctica. -Unha das cuestións ás que se ten referido é á necesidade de que o BNG manteña sen alteración os seus principios ideolóxicos e políticos. A razón de ser do BNG é a defensa da Galiza, ser unha organización que teña os seus centros de decisión aquí e que represente un proxecto sen ataduras. Todo iso é esencial para poder seguir avanzando. A Galiza necesita un Goberno que teña as mans libres para poder defender a súa economía, os servizos públicos, un novo modelo de financiamento... é dicir, a capacidade de decisión desde aquí. Unha organización política sen principios é como unha casca baleira. O que temos que ver é como actuamos nun marco e nun contexto moi diferente. Hai un novo ciclo político para o BNG, que se abre nas pasadas eleccións, e no que esta asemblea nacional é unha parte moi importante. Ao longo destes cinco anos, fomos quen de responder aos retos que tiña o nacionalismo. Estabamos falando de pasar dun momento de resistencia á reorganización que eclosionou nas eleccións de 2020, cun salto espectacular do BNG. Neste ciclo, temos que reflexionar sobre os retos, como os conseguimos e non actuar desde a pasividade nin a inercia. Temos que pensar como somos máis útiles para a Galiza. -A asemblea nacional é tamén unha posta a punto para enfrontar os procesos electorais de 2023 e de 2024. Que obxectivos se marca? Os obxectivos teñen que marcarse colectivamente. Estamos traballando en como fortalecer o BNG para conseguir o apoio de máis galegos e galegas e ter unha base sólida para que, por primeira vez, teñamos o nacionalismo na Presidencia da Xunta. Isto é un reto de primeira magnitude. O BNG é a alternativa real ao PP. Estamos nun momento histórico, non podemos repetir os erros do pasado e temos que facer unha reflexión a fondo. Esta Asemblea é transcendental e non pode abordarse desde a rutina. Estamos nun novo ciclo, con novos retos, e o BNG ten que prepararse cunha organización máis forte, cun maior coñecemento sobre o país e con alternativas ben estudadas e viábeis. Levamos demasiados anos cun Goberno que nos está levando a unha calexa sen saída e a Galiza merécese que o BNG faga todo o que estea na súa man para chegar á Presidencia de Xunta e frear a desfeita do PP. Temos que estar á altura do que moitos galegos e galegas queren: un proxecto de país ambicioso, para que a Galiza teña futuro, xogue outro papel no Estado, recuperar a nosa lingua e os sinais de identidade... -Que considera fundamental da asemblea nacional e dos textos a discusión? A reflexión sobre este novo tempo político, como ensanchamos a base social e como preparamos a organización para dar resposta á expectativa que se abriu na sociedade para que o nacionalismo poida liderar o país. Iso require reflexionar sobre como imos traballar e sobre como imos priorizar ese traballo, que ten que ser dunha crítica contundente ao PP, pero tamén de presentación dunha alternativa sólida, críbel e que vaia aglutinando máis persoas."}
{"ID": "NOS_18009", "summary": "O propietario de Autobuses Calo, Ramón Sanjuán, enfróntase a posíbeis penas de cárcere por continuado acoso laboral desde o ano 2006 contra a traballadora Nélida Pisco. Inspección de Traballo chegou a definir o trato cara a Nélida de \"terrorismo psicolaboral\". O xuízo arranca esta segunda feira, 27 de xaneiro, ás 10 horas, nos xulgados das Fontiñas de Santiago de Compostela.", "text": "Logo de anos de innumerábeis mobilizacións sindicais en solidariedade coa traballadora Nélida Pisco, vítima de acoso laboral desde 2006, chega o xuízo contra Ramón Sanjuán, o propietario de Hedegada (Autobuses Calo). Na mañá desta sexta feira, 27 de xaneiro, Ramón Sanjuán e a súa filla, Marina Sanjuán, acudirán aos xulgados composteláns do barrio das Fontiñas para responder diante da xustiza como responsábeis directos do acoso laboral ao que foi sometida desde hai 14 anos a condutora de autobús Nélida Pisco. A parte denunciada afronta unha petición de dous anos de prisión e o pagamento dunha indemnización de 100.000 euros á traballadora por danos morais e vulneración de dereitos. Desde 2006 sufrindo \"terrorismo psicolaboral\" O acoso contra Nélida Pisco comezou en 2006 debido a ter solicitado unha redución de xornada para atender a súa filla após nacer, pois ao ser prematura, precisaba coidados especiais. Pisco denunciou como a partir desa situación derivaron episodios que a propia Inspección de Traballo cualificou como \"terrorismo psicolaboral\" e de \"acoso\" por parte da empresa. Desde entón, sucedéronse varias sentenzas pola vía social, sempre favorábeis á traballadora e onde se acreditaba o acoso laboral e a vulneración de dereitos contra Nélida Pisco. Mais Nélida denuncia que a día de hoxe continúa a padecer acoso e vulneración de dereitos. Pisco foi despedida en 2018 A traballadora agredida foi despedida por última vez en decembro de 2018 cando Autobuses Calo solicitou á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que a inhabilitara. Pisco gañou a sentenza contra o despedido e a empresa perdeu todos os recursos posíbeis que apresentou. O último foi hai un mes no Tribunal Supremo e tamén lle saíu desfavorábel a Calo. Con todo, Pisco atópase actualmente sen que a empresa lle permita reincorporarse ao posto de traballo. Xa en marzo de 2019 o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón, denunciaba que \"a empresa está dilatando artificialmente a volta efectiva ao posto de traballo de Nélida Pisco, o que constitúe outra forma de acoso dentro de todo o proceso que leva vivido nestes anos\". Prórroga de dez anos para a empresa Desde a central sindical nacionalista tamén denuncian que, a pesar de ter trasladado en múltiples ocasións esta información á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade e máis á Secretaría Xeral de Igualdade e ao propio presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, en sede Parlamentaria; non só ninguén deles interveu senón que premiaron a empresa cunha prórroga por dez anos."}
{"ID": "NOS_16693", "summary": "Ana Cedeira é portavoz da Plataforma de Afectad@s pola estafa das preferentes na Coruña. En conversa con Sermos Galiza asegura que o ex-conselleiro de Economía, Javier Guerra, aconsellou ás estafad@s non se moveren \"porque ía ser peor\". De Feijóo, só pode dicir que é \"un mentireiro\" do que din sentírense \"moi desprezad@s\"", "text": "Ana Cedeira é natural de Arteixo. Foi estafada por Caixa Galicia ao lle vender \"unha persoa de confianza\" participacións preferentes. Corría o ano 2003 mais non o sabería até pasaren os anos. Logo do estourido deste calote --que afecta a 100.000 persoas en todo o país-- Ana acudiu á arbitraxe. \"Devolvéronme o diñeiro\", di, mais tamén apunta que o facían para tentaren partir a masiva resposta social. \"Non descartamos ir á ONU para denunciarmos o dano humano que causou a estafa das preferentes\" Deste proceso --do que Alberto Núñez Feijóo se gaba acotío-- asegura que é \"unha montaxe\" creada \"pola Xunta e o banco porque lles conviña\". Para Ana, NovaGalicia Banco é \"xuíz e parte\" nesta estafa que foi rexeitada mesmo pol@s estafad@s pois \"sabiamos que ía pasar o que está acontecendo\". E é que moit@s afectad@s non foron chamad@s para acudiren a unha vía extra-xudicial agora fechada. \"Nós o que queriamos era a arbitraxe para todos\", sentenza, mais iso exixe \"unha solución política\" que a Xunta, afirma con rotundidade, non está a dar. \"Temos a sensación de non valermos nada\". A entrevista completa, no número 55 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques e librarías do país. Mais tamén, na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_22367", "summary": "Amnistía Internacional súmase ás denuncias de sindicatos, organizacións e redes de apoio sobre que se limite o dereito á saúde das persoas. A ONG cualifica a lexislación aprobada polo PP de claramente discriminatoria", "text": "Amnistía Internacional (AI) critica que as reformas en materia de sanidade deixaron a 873.000 inmigrantes sen cartón sanitario No Estado español \"impedindo ou dificultando\" so seu acceso ao sistema sanitario, e \"mesmo poñendo a súa vida en risco\". O director de AI no estado español, Esteban Beltrán, cualifica esta medida de \"regresiva\" e \"discriminatoria\" e pediu que se modifique o Real Decreto-Lei aprobado en setembro de 2012 e polo cal, sosteñen desde esta organización, limítase o dereito á saúde das persoas inmigrantes, que teñen que pagar para recibir asistencia sanitaria, incluída a primaria. Escusa AI considera que se está a usar por parte dos gobernos a crise como unha desculpa e unha escusa para facer recortes en servizos tan básicos e necesarios como o sanitario."}
{"ID": "NOS_2056", "summary": "Encontrámonos en Adegas Bordel, en Sarandós, concello de Abegondo, cuxo compromiso coa calidade do produto e o territorio marcan indubidabelmente o carácter dos seus viños.", "text": "No cerne de Adegas Bordel latexa o espírito dos viños ligados á Terra\", así a definen na páxina web de Viños IXP (Indicacións Xeográficas Protexidas) da Galiza. Tamén indican que \"a posta en valor dunhas terras e unha caste propia do territorio e esquecida co paso do tempo\". Podemos dicir sen medo a nos enganar que non lle falta razón. A actividade principal da adega está ligada a diferentes actividades agrarias, mais na viticultura ten a súa máxima expresión, destacando a defensa dunha uva con presenza secular neste territorio, a Branca Lexítima. Xosé Antonio Meixide foi profesor no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (C.F.E.A.) e membro da adega Bordel. Nós Diario abordou con el diferentes cuestións sobre a adega, a defensa da Branca Lexítima ou a maneira de traballar as viñas. —Como comezou a adega Bordel?A nosa adega comezou en Bordel, un lugar da parroquia de Sarandós en Abegondo, de aí o nome. Comecei a traballar hai tempo no mundo da viticultura e na produción de viños mais non somos viticultores exclusivos, simplemente vivimos no rural e temos as leiras dedicadas a aquilo ao que se dedicaron historicamente. A finca onde temos as viñas xa se dedicaba desde hai moito tempo á actividade vitivinícola. Na miña casa sempre houbo tradición de viño e, aos poucos, decidín comezar a producir unha pouca uva que inicialmente vendía e máis adiante pareceume oportuno dar comezo ao noso proxecto propio por varios motivos. Entre outros, queriamos achegar o noso gran de area ao sector vitivinícola da IXP de Betanzos que estaba indo a menos despois de moitos anos de tradición. Temos a intención de implementar ao longo deste ano outra media hectárea de terreo pra cultivar uva. Sabemos que é pouco terreo mais traballar a nosa viña en concreto supón unha gran dificultade pola orografía do lugar, ademais non é unha adega herdada nin eu son un empresario cun grande orzamento. O que quixemos foi aproveitar as terras para vivir no mundo rural da maneira que nos parecía máis correcta. —Por que é tan importante defender a uva Branca Lexítima?A Branca Lexítima é a uva propia de Betanzos, aínda que o cambio climático as cousas están a mudar. Mais en condicións normais, Betanzos é unha zona límite para as castes autóctonas por humidade e temperatura. Con todo, a Branca Lexítima é unha caste moi adaptada a facer ciclo curto, é bastante resistente ás condicións da zona e dáse nun acio coas uvas separadas. Esta uva é máis resistente a certas enfermidades e, por outra parte, ao ter o ciclo máis curto, tamén é máis fácil que alcance unha gradación alcólica correcta. Ademais de todos estes valores, é unha caste que se comporta moi ben tamén en termos de sabor; é intensa e ten un aroma moi agradábel. Podemos dicir que é unha caste que permite producir viños de calidade e únicos. Tamén é certo que a Branca Lexítima non está só en Betanzos, tamén se dá no Morrazo, Padrón, Boiro e até na Ribeira Sacra. De todos os modos os tres lugares onde está máis presente este tipo de uva son a Barbanza, Betanzos e Negueira de Muñiz. —Como traballan as viñas?Como temos moi pouca superficie de viña, traballamos todo de maneira moi artesanal. Digamos que apostamos por un modelo de traballar as viñas sustentábel. É unha forma de traballar que é moi laboriosa mais que dá resultados moi satisfactorios. A pesar de que esta zona estaba de caída en canto á produción de viño, nós seguimos apostando por facer viño aquí e continuar a tradición que sempre houbo de produción. Tamén dá moitos folgos saber que os viños que producimos son ben acollidos e que hai moita xente que gusta deles. Mesmo en concursos moitas veces conseguimos premios a pesar da pouca cantidade que producimos. —Que características teñen os viños que producen?Os viños que producimos varían dependendo das diferentes condicións que se dean cada ano. Con todo, unha característica moi boa dos nosos viños é o grao de acidez que conseguimos e que consideramos moi axeitado así como a calidade da uva. O modelo que seguimos é dunha viticultura non curtopracista, normalmente podemos traballar con viños a mesmo máis de catro anos. Ademais, a Branca Lexítima ten unha característica moi curiosa e é que, co tempo, vai corrixindo a acidez do viño, o cal dá uns resultados realmente únicos. Os nosos son viños moi agradábeis e moi expresivos en sabor, é dicir, viños que nunca están apagados e iso dálles un valor importante que cremos que os consumidores poden apreciar e valorizar tamén. É o resultado da nosa filosofía á hora de tratar o viño."}
{"ID": "NOS_44598", "summary": "A eurodeputada Ana Miranda (BNG) organiza esta segunda feira 21 de xaneiro unha xornada de traballo no Parlamento Europeo para valorar os incumprimentos das recomendacións europeas de saneamento das rías do Burgo e Vigo", "text": "Xunto coa eurodeputada da formación nacionalista, comparecerá na Eurocámara unha delegación formada por integrantes das plataformas en Defensa da Ría de Vigo-Serxio Regueira, presidente- e da Confraría da Coruña-Felipe Canosa, patrón maior- así como a Concelleira da Coruña Avia Veira, o Concelleiro de Culleredo Antonio Chouciño, Francisco Jorquera polo BNG da Coruña e Xabier Pérez Igrexas polo BNG de Vigo. \"O tratamento e a calidade da auga é unha das nosas prioridades políticas e debemos esixir o saneamento integral das nosas rías, dada a súa importancia para o sector pesqueiro, marisqueiro, para o medio ambiente e o turismo\", explica Miranda. A comparecencia na Comisión de Peticións de Bruxelas é resultado dunha investigación realizada por unha delegación do Parlamento Europeo en Galiza en febreiro do 2013. O informe desta visita será estudado de novo na eurocámara após negociacións do BNG. \"Que este tema volva á Comisión de Peticións, -cos votos en contra do PP-, é unha oportunidade de corrixir aquilo que o Partido Popular non fixo durante estes cinco anos ao respecto do saneamento integral das rías\", subliña Miranda a propósito do insuficiente investimento por parte dos gobernos estatal e autonómico. Actualmente a ría de Vigo non ten asignada ningunha consignación económica. Os aliviadoiros que existen son os mesmos que hai anos polo que a contaminación e os vertidos seguen a existir, explicou a eurodeputada. En canto á ría do Burgo, a actividade económica e os postos de traballo descenderon drásticamente nos últimos anos debido á deficiente calidade da auga, din dende a formación nacionalista. A delegación completa participará após da Comisión nunha reunión con eurodeputados do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea-Ale, do que forma parte o BNG. Tamén, a terza feira 22 de xaneiro realizarán unha rolda de prensa no Parlamento Europeo."}
{"ID": "NOS_28399", "summary": "Goberno e forzas opositoras reuniranse co Grupo de Acción creado polas Nacións Unidas, en Xenebra. As conversas procurarán avanzar no proceso de paz que poña fin ao conflito armado que atinxe o país desde hai 3 anos.", "text": "O 10 de febreiro comezará a segunda rolda de Xenebra II, como se coñecen as negociacións de paz para a resolución do conflito sirio. A xuntanza --que se prolongará durante unha semana, visa dar continuidade ao acordo alcanzado polo Grupo de Acción para Siria en xuño de 2013, documento que foi aceptado por ambas as dúas partes como base para as negociacións. Neste senso, tanto o goberno de Bashar al-Assad como a Coalición Nacional de Forzas da Oposición confirmaron a súa asistencia. Xunto a eles, Rusia e os EUA --promotores das negociacións-- participarán das conversas. Al-Assad rexeita a creación dun goberno de transición e as forzas opositoras debater sobre o terrorismo A nova rolda procurará desbloquear os contactos iniciais que se viron paralizados pola negativa da oposición a aceptar a proposta gobernamental dun pacto contra o terrorismo. Ao tempo, Bashar al-Assad asegurou que non dará cumprimento a un dos puntos fundamentais do Comunicado Xenebra I e é que o goberno sirio non apoia a creación dun goberno de transición que pilote o proceso de paz e ao que o Grupo de Acción visa outorgar \"plenos poderes\". O goberno lembra que o único axente capacitado para mudar o réxime vixente no país é \"o pobo sirio\" e reitera que o primeiro chanzo para encetar o proceso de paz é a loita contra \"o terrorismo\", cuestión que apoiou o enviado especial da ONU en Siria, Lajdar Brahimi. Damasco di que rematarán o desarme nuclear o 1 de marzo No entanto, outra das cuestións máis agardadas polas forzas internacionais --nomeadamente polos EUA-- reside no cumprimento por parte do goberno de Bashar al-Assad do compromiso de desarme alcanzado por Siria, en cuxa aceptación xogou un papel fundamental a diplomacia rusa. Neste senso, desde Washington critican que aínda non se teñan producido o desarme químico. Porén, Siria e Moscú aseguran que a destrución se completará o 1 de marzo cando as substancias tóxicas sexan entregadas ás institucións internacionais. \"Os sirios anunciaron que a eliminación dun grande cargamento de substancias químicas está prevista para febreiro\", indicou Gennady Gatilov en declaracións á axencia de noticias siria RIA o ministro de Asuntos exteriores ruso."}
{"ID": "NOS_20125", "summary": "O colectivo que desde os anos 90 reivindica que Galiza poda competir no deporte a nivel internacional estrea páxina web.", "text": "Siareir@s Galeg@s é un colectivo formado siareir@s dos equipos de futbol e doutros deportes do país. Desde o ano 1995 tentan que Galiza poda competir a nivel internacional e organizan cada ano actividades como competicións de xogos tradicionais e, desde o abandona da Secretaría Xeral do Deporte da Xunta, doa partidos que xoga a selección galega de fútbol no mes cada ano de decembro. Xunto á web Siareir@s Galeg@s traballarán as redes sociais para darlle máis difusión e actualización e ter maior posibilidade de espallar o sentimento de apoio cara a nosa selección Agora veñen de estrear unha nova e moi completa páxina web que servirá para a difusión das súas actividades, un soporte para o material gráfico e escrito (entrevistas, artigos, multimedia,...) que teñan, ademais de ter á venda as camisolas da propia selección galega de futbol. Xunto á web Siareir@s Galeg@s traballarán as redes sociais para darlle máis difusión e actualización e ter maior posibilidade de espallar o sentimento de apoio cara a nosa selección. A web informa, tamén do número de conta para quen desexe colaborar economicamente co colectivo."}
{"ID": "PRAZA_2216", "summary": "O Servizo de Pediatría do Hospital de Santiago accede a retirarlle a alimentación artificial á nena de 12 anos, que padece unha enfermidade irreversible. ENTREVISTA: \"O sufrimento da nosa filla é insoportable, só pedimos que a deixen marchar dignamente\"", "text": "Andrea poderá morrer dignamente. Unha semana despois de que os seus pais, Estela e Antonio, decidisen sacar á luz pública a reclamación de morte digna para a súa filla de 12 anos, que padece unha enfermidade neurodexenerativa irreversible, o Servizo de Pediatría do Clínico de Santiago accede á súa petición e retiraralle a alimentación artificial. Así o vén de anunciar o avogado da familia ás portas do centro hospitalario. O cambio de criterio ou, o que é o mesmo, o seguimento das recomendacións do Comité de Ética Asistencial, que dende hai un mes viña avalando a petición familiar, chega despois da intervención dun xulgado de Santiago. A pasada semana o tribunal recibira dúas peticións ao respecto: unha dos pediatras, para reclamar \"orientación\", e outra da familia, para esixir a retirada do soporte vital. Tras a intervención da xustiza o servizo de pediatría accede á retirada da alimentación artificial Esas actuacións xudiciais incluíron a remisión ao xulgado de todo o historial médico de Andrea e, sobre todo, un exame da doente por parte dun forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Tal e como ditara na súa providencia, unha vez examinada a documentación o maxistrado citou os pais da nena. Foi precisamente nese encontro, este luns, cando Estela e Antonio foron chamados a acudir ao hospital para seren informados dunha \"flexibilización\" no tratamento, que finalmente implica a retirada da alimentación artificial e a sedación. O xulgado velará polo \"cumprimento\" do acordado Segundo confirma o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os acontecementos precipitáronse tras unha comunicación do hospital ao Xulgado de Familia, na que se comunicaba \"unha nova posibilidade de tratamento paliativo, consistente en retirar a alimentación e manter unicamente a hidratación necesaria para permitir a sedación\". Foi o propio xulgado o que \"emprazou os pais e o hospital a manteren unha xuntanza esta tarde\" para abordar o \"plan proposto\" e, \"no caso de chegar a un acordo\", informar ao respecto o propio xulgado, que \"realizará un seguimento do caso para comprobar\" o seu \"cumprimento\". Primeiro caso coa nova lei O caso de Andrea foi o primeiro que chegou á escena pública tras a entrada en vigor da lei que, dende o pasado xullo, regula en Galicia o dereito a morrer dignamente. A lexislación vixente, así como o ditame do Comité de Ética Asistencia, deberan, segundo o xulgado compostelán, servir como guías para tomar unha decisión, tal e como ficou reflectido nun auto do pasado mes de xullo. \"O sufrimento da nosa filla é insoportable, só pedimos que a deixen marchar dignamente\" \"O sufrimento da nosa filla é insoportable, só pedimos que a deixen marchar dignamente\", resumía Estela Ordóñez, a nai de Andrea, nunha entrevista con Praza Pública. Os tratamentos e a propia alimentación artificial, detallaba, estaban a deixar a nena \"esgotada fisicamente\". \"O seu corpo non dá para máis\", clamaba. Este, e non ningún outro, é o motivo para esa petición de morte digna: \"se se fose apagando pero non tivese sufrimento estaríamos os meses que fixese falta e non pelexaríamos\", dicía- Malia á coincidencia da petición familiar co criterio médico e o ditame do comité, o veto do Servizo de Pediatría do CHUS obrigou a familia a redobrar os seus esforzos á procura da fin do \"sufrimento\" da nena. Os responsables do servizo, avalados pola Xunta, insistiron durante días en que non se trataba do caso dunha paciente terminal, e a agora exconselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, chegou a cualificar o caso como \"eutanasia\". Finalmente, o hospital muda de criterio e a vida de Andrea deixará de ser sostida artificialmente."}
{"ID": "NOS_55412", "summary": "O Ministerio de Agricultura e Pesca asegura que aínda non é o texto definitivo.", "text": "As confrarías galegas de pescadores consideran un éxito a xornada de protesta que tivo lugar hoxe en todos os peiraos contra a nova normativa de control da Unión Europea (UE). Desde a primeira hora da mañá a frota artesanal realizou concentracións de embarcacións como mostra de apoio á iniciativa promovida pola Federación Galega de Confrarías. O lema da concentración resumía ben a súa reivindicación: \"Non á modificación do regulamento de control, somos pescadores non delincuentes\". Varias pancartas visibilizaban a mensaxe na maioría das fachadas das confrarías e das lonxas galegas. Segundo a propia federación máis de 4.300 embarcacións participaron no paro que se considera seguido polo 100% da frota. O sector insiste en que 90% das operacións de pesca prodúcense a menos de 5 millas da costa e moitas delas con máis de 5 embarcacións perto entre si o que dificultará a súa identificación. Advirten que as lanchas carecen de equipo eléctrico ademais de ponte de mando polo que sería inviábel a instalación de equipos de xeolocalización. Aseguran que xa contan con controis abondo das capturas e as vendas ademais de apuntar a imposibilidade de instalar cámaras por invadir a intimidade da tripulación con embarcacións tan pequenas. Apoio ao sector polo BNG Desde a protesta en Vigo a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asegura que \"Bruxelas non coñece a pesca artesanal galega\" polo que considera que a nova normativa é \"un agravio para a frota. Denuncia que a frota \"non ten a obriga de contar cun diario electrónico, nin vixilancia como se fosen o Gran Irmán, nin a xeolocalización, xa se sabe onde están, nas rías\". Asegura, ademais, que \"o Goberno galego e o estatal non fixeron o seu traballo para que se puidera evitar\" esta nova regulamentación. Texto non definitivo Desde o Ministerio de Agricultura e Pesca, fontes consultadas por Nós Diario aseguran que \"non existe un texto definitivo do regulamento, así que non se sabe cales das medidas propostas incluiranse no texto final e en que termos\". En calquera caso, argumentan que o regulamento \"prevé un período transitorio para a posta en marcha das medidas máis novas, que, nalgúns casos, podería ser de ata catro anos, de forma que non sexa traumática para o sector\". O eurodeputado socialista. Nicolas González, explica a Nós Diario que \"entende a protesta\" mais asegura a comisión quería unha normativa \"moito máis severa\" por ter unha \"idea criminalizadora do sector\". Aínda sí, sinala os beneficios da xeolocalización \"por seguridade\" e aclara que a súa instalación sería pagada con fondos da pesca."}
{"ID": "PRAZA_19683", "summary": "Apenas vinte e catro horas despois de que o Supremo certificase o arquivo da investigación a Blanco e Barreiro o alto tribunal galego comunica unha decisión idéntica ao non apreciar \"indicios de delito\" nos políticos agasallados por Raúl López", "text": "Fin do caso 'Vega Sicilia' para os cargos políticos sinalados. Apenas vinte e catro horas despois de que o Tribunal Supremo fixese público o arquivo da investigación ao ex-ministro socialista José Blanco e ao actual portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, por non apreciar \"indicios\" de delitos de suborno nos agasallos de viños de alta gama que lles enviara o propietario de Monbus, Raúl López, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de tomar unha decisión idéntica a respecto do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e mais do seu vicepresidente, Alfonso Rueda. O Tribunal Superior non aprecia os \"indicios de delito\" apuntados pola xuíza De Lara e decide arquivar o caso A Sala do Civil e Penal do alto tribunal galego vén de notificar o auto polo que se declara competente para abordar a exposición razoada na que a maxistrada dos xulgados de Lugo Pilar de Lara remitiu o pasado novembro nun sobre coa lenda \"secreto e confidencial\" e dirixido ao presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas. Nela pedía, coa oposición da Fiscalía, investigar a Feijóo e Rueda ao considerar que os envíos de viño, ao superaren os 400 euros, estaban por riba dun agasallo de cortesía e \"poderían revestir caracteres de delito de suborno\", concretamente, do encadrado no artigo 422 do Código Penal. Na mesma actuación o TSXG determina \"o arquivo das actuacións, por non ser constitutivos de delito\". O empresario remitiu ao presidente e ao vicepresidente da Xunta botellas por importe de 2.300 euros, segundo Vixilancia Aduaneira, o que para o TSXG supón \"ínfimo valor\" Segundo os informes de Vixilancia Aduaneira, nos que se baseou Pilar de Lara, o propietario de Monbús e presunto centro da trama corrupta que se investiga na Operación Cóndor realizou envíos de botellas de viño aos domicilios particulares de Feijóo e Rueda durante varios anos por importes que oscilaron entre os 517 e os 670 euros ata sumar cadanseus 2.327 euros, tal e como reflicte o auto. Para De Lara, cómpre ter en conta que Monbus \"mantén importantes vínculos contractuais coa Xunta\" e que \"a xestión dos seus negocios e concesións depende directamente\" da normativa autonómica. A xuíza, subliña o TSXG, \"non achega dato ningún\" sobre se os agasallos de Monbus supuñan unha \"contraprestación\" por favores prestados dende a Administración, polo \"nin sequera sería admisible\" que a sala valore \"se os feitos plasmados na exposición razoada poderían ser ou non constitutivos\" de delito. En calquera caso, o tribunal valora que as botellas de viño \"se enviaron a unha pluralidade de persoas, algunhas delas alleas á condición de autoridade ou funcionario público\" e que ademais os envíos \"se realizaron a través de empresas ou servizos de transporte habitualmente utilizadas para envíos ordinarios\", sen \"concorrencia ningunha da nota da clandestinidade\". O Tribunal valora que as botellas de viño son obsequios habituais no Nadal e considera que os agasallos de Rául López non influíron nas decisións políticas O tribunal ten en conta, asemade, que os agasallos eran remitidos polo Nadal e as botellas de viño son \"obsequios non desacostumados en tales datas\". Neste contexto, coida que o devandito artigo do Código Penal relativo ao delito de suborno \"non debe ser aplicado\" cando os \"agasallos ou dádivas sexan de ínfimo valor ou representen un comportamento non suxeito á reprobación social\", sen que \"en ningún caso se comprometa a imparcialidade das autoridades no exercicio do seu cargo\". Estes, din, deben ser os límites para distinguir se os feitos son \"punibles\" ou non. Concordan así, daquela, co fiscal xefe de Lugo. Como informou Praza.gal, o equipo do presidente sinalou que non poden corroborar a recepción ou non dunhas botellas que, de terse recibido, especificaran, encadraríanse dentro do cortesía protocolaria e institucional. Ao ser cuestionadas ao respecto as mesmas fontes do Goberno galego salientaran que dende o ano 2014 está en vigor un código ético que limita a 90 euros o importe polo que os cargos da Xunta poden recibir agasallos e consideralos \"usos habituais e costumes sociais de cortesía\". Ese código, salienta o TSXG, non estaba vixente cando Raúl López enviou as botellas de Vega Sicilia."}
{"ID": "NOS_46615", "summary": "Piden un control efectivo desas poboacións, indemnizacións xustas e maior aposta na prevención. A manifestación do 8 de maio está convocada pola Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG).", "text": "O vindeiro 8 de maio terá lugar en Compostela unha manifestación para exixir da administración solucións \"urxentes\" fronte aos danos causados pola fauna salvaxe. Está convocada pola Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG). Avogan por \"un necesario equilibrio ecolóxico no que poidan convivir as persoas, as actividades agrogandeiras e a fauna salvaxe\". A mobilización responde a unha serie de demandas, como a de que a Xunta, como responsábel da xestión da fauna salvaxe de Galiza, debe ter un control desas poboacións. \"Esiximos medidas concretas como a elaboración de censos de poboación das diversas especies silvestres por comarcas para determinar en que zonas existen desequilibrios e actuar en consecuencia\". As indemnizacións \"xustas\" centran outras das reivindicacións. \"A Xunta debe ser a responsábel civil subsidiaria de 100% dos danos causados pola fauna salvaxe, xa que o seu mantemento e conservación é unha responsabilidade do conxunto da sociedade galega. Por ese motivo, esiximos que se cubra a totalidade das perdas causadas por especies salvaxes e, en concreto, que se cree con carácter de urxencia o fondo de corresponsabilidade previsto xa pola Lei de Caza en 2013.\" O control sanitario efectivo da fauna salvaxe e o financiamento suficiente para as medidas de prevencións son outras demandas, así como que a medio e longo prazo \"é necesaria unha ordenación do territorio\"."}
{"ID": "NOS_54423", "summary": "A incidencia da Covid-19 continúa acelerándose na Galiza e os surtos aumentan cada día. Para pórlle freo, o Goberno galego e representantes da hostalaría acordaron na segunda feira adoptar unha serie de novas medidas, entre elas, a implantación do certificado Covid e a redución de persoas que poden compartir mesa.", "text": "Desde as 00 horas deste sábado entran en vigor as novas medidas coas que a Xunta da Galiza fai fronte á Covid-19. Serán de aplicación na hostalaría e nacen froito da reunión entre o Goberno galego e representantes do sector. Desta maneira, a partir do sábado, reducirase o número de persoas que poden compartir mesa nos locais de hostalaría. Así, pasan de dez a oito o número de comensais por grupo no interior. No exterior pode haber mesas de até 15 persoas. A respecto dos cócteles de Nadal, aínda que sexan de pé, a limitación de grupos mantense: até oito en interior por mesa e até 15 nas terrazas. Porén, a capacidade máxima de ocupación segue a ser a mesma -nun xantar de Nadal poderá participar o mesmo número de persoas, mais as mesas terán que ser ocupadas por un máximo de oito persoas en interiores e por un máximo de 15 nas terrazas-. Tamén se manteñen os horarios. Certificado Covid Na reunión, Xunta e representantes do sector acordaron implantar o certificado Covid -documento coa pauta completa de vacinación ou de ter pasado a enfermidade nos últimos seis meses ou proba diagnóstica negativa- en todos os restaurantes ao longo do seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21 horas. Para o uso do certificado Covid hai que esperar o ditame do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, ao contrario da redución de grupos -que entra en vigor ás 00 horas do sábado-. O certificado Covid xa é obrigatorio na Galiza para visitar e acompañar doentes nos hospitais. Visitas Portugal? Tamén Portugal estrea medidas. Así, o Executivo de Antonio Costa decreta desde o 1 de decembro o estado de calamidade -un chanzo por baixo da emerxencia- para poder adoptar limitacións máis restritivas. O Goberno portugués aprobou onte un paquete de restricións para atallar a vaga da Covid-19, de maneira que recupera o certificado Covid ou os test negativos para acceder a estabelecementos hoteleiros, a aloxamentos turísticos, a eventos con asento marcado e a ximnasios. Ademais para visitar residencias e hospitais, acceder a grandes eventos ou a recintos deportivos, discotecas e bares pedirase un test negativo, tamén ás persoas vacinadas. O mesmo acontecerá coas entradas ao país por vía aérea: xa non será suficiente co certificado de vacinación e esixirase, tamén, un test negativo. O Goberno endurecerá as sancións ás aeroliñas que deixen embarcar a persoas que non cumpran con estas normas, que chegarán a 20.000 euros por pasaxeiro ou mesmo a suspensión das licenzas de voo nalgúns casos. Nos aeroportos haberá unha zona designada para dirixir os pasaxeiros que cheguen sen test e serán as aeroliñas as que se fagan cargo dos custos de alimentación e aloxamento se dan positivo e teñen que quedar confinados. Ademais, o teletraballo pasará a ser recomendado sempre que sexa posíbel e as máscaras obrigatorias en todos os espazos fechados. Tras o Nadal, o Executivo luso tamén preparou unha \"semana de contención de contaxios\" para evitar que as reunións familiares provoquen unha escalada na propagación do virus, como xa ocorreu o ano anterior. Por iso, entre o 2 e o 9 de xaneiro será obrigatorio teletraballar e fecharán as discotecas. O inicio do trimestre escolar, que estaba previsto para o día 3, atrásase até o 10.Portugal notificou na quinta feira, por segundo día consecutivo, máis de 3.000 contaxios, que están en máximos de catro meses, e a incidencia a 14 días sitúase en 251 casos por 100.000 habitantes."}
{"ID": "PRAZA_10", "summary": "A asociación ecoloxista outorga un dos seus galardóns Osíxeno á Plataforma Sarriana polo Río \"polo seu compromiso en defensa do bosque de ribeira e do patrimonio fronte ao desleixo das institucións\" e castiga co Dioxina ao presidente de Sogama e á Xunta.", "text": "A asociación ecoloxista Adega vén de facer públicos os premios Osíxeno e Dioxina cos que cada ano recoñece as actuacións de persoas ou colectivos a prol do medio ambiente ou en contra durante o pasado exercicio. Van xa catorce edicións dun galardón que premia o bo facer pola contorna e o mundo onde vivimos, pero que tamén tira das orellas a aqueles cuxos actos o colectivo considera nocivos. Os premios osíxeno recaeron na Plataforma Sarriana polo Río, o presidente de Asoar e Xosé Manuel Penas Patiño Neste 2014, o premio Osíxeno ás mellores actuacións ambientais do ano recaeu, en categoría individual, en Xosé Luís Rodríguez Domínguez, presidente de ASOAR-ARMEGA (Asociación de armadores de artes menores de Galiza) \"polo seu incansábel traballo en defensa das nosas costas e da pesca sustentábel\". En cato ao colectivo, a galardoada foi a Plataforma Sarriana polo Río, \"polo seu compromiso en defensa do bosque de ribeira e do patrimonio de Sarria fronte ao desleixo das institucións\". Ademais, desde 2009 instituiuse tamén o premio Osíxeno de Honra para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país e que na súa primeira edición recibíu Isaac Díaz-Pardo. Neste caso, o recoñecido é Xosé Manuel Penas Patiño, membro histórico da SGHN e fundador da SGO, pola súa \"traxectoria de compromiso coa divulgación e a defensa da natureza\". Os premios Dioxina por accións \"nefastas para o ambiente\" foron para o presidente de Sogama e Patrimonio da Xunta En canto aos premios Dioxina ás accións \"máis nefastas para o ambiente\", o de categoría individual recaeu en Luís Lamas Novo, presidente de Sogama, \"pola súa teima na defensa do modelo antiecolóxico, ruinoso e caduco para xestión dos residuos sólidos urbanos que é a Sociedade Galega de Medio Ambiente. Na categoría colectiva, Adega recoñece o errado labor da equipa directiva da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta \"polo seu desleixo, abandono e mesmo actuacións agresivas para co noso patrimonio histórico e arqueolóxico en lugares como a Cova de Eirós, Castelo de Monterrei ou os castros da Mariña. Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 17 de xaneiro a partires das 14.30 horas na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)."}
{"ID": "NOS_3683", "summary": "Considera que ten que vai ligado a outros pasos \"para favorecer emprego e salario dignos\".", "text": "A CIG considera que a aprobación do Ingreso Mínimo Vital (Real Decreto-Lei 20/2020, que sae hoxe publicado no BOE) pode ser un avance, pero entende que a súa posta en marcha resulta \"insuficiente se non se liga con outras medidas que favorezan a creación de emprego estábel e de salarios xustos\". O sindicato advirte ademais que haberá que \"comprobar\" como se compatibiliza desa medida \"non se van poder beneficiar traballadores e traballadoras precarias que, malia ter emprego non teñen uns ingresos suficientes para vivir dignamente, ou as persoas xubiladas e pensionistas que sobreviven cunhas pensións ridículas\". A este respecto, o secretario xeral, Paulo Carril, sinala que a CIG demanda dende hai anos a necesidade de instaurar un Salario de Inserción Laboral e Social, na contía do SMI, ao que poidan acceder as persoas maiores de 18 anos que non cobren ningún tipo de prestación económica. E parella a esta proposta, un incremento do SMI até o 60% dos salario medio (o que suporía situar o salario mínimo nos 1.200 euros), cumprindo así co establecido na Carta Social Europea. \"Desde a CIG emprazamos a todos os grupos parlamentarios a que no tramite parlamentario deste Real Decreto-Lei 20/2020 que estabelece o Ingreso Mínimo Vital se tomen en consideración as nosas demandas e propostas, porque todas elas refírense a cambios lexislativos necesarios para avanzar nunha posibilidade real de emprego, salarios e pensións dignas e nunha auténtica superación da exclusión social e pobreza crecente\", asevera Carril."}
{"ID": "PRAZA_3117", "summary": "Gonzalo Caballero ve no acontecido unha mostra de que \"Feijóo xa non toma as decisións; unha nova Galicia arrincona o presidente e empúrrao a rectificar\" e Ana Pontón subliña que os bandazos do Goberno en Verín deixaron á luz a súa \"sarta de mentiras\". Todas as forzas da oposición confluirán outra volta na mobilización de SOS Sanidade prevista para o 9 de febreiro", "text": "As múltiples versións da Xunta para xustificar o peche da sala de partos do hospital de Verín o pasado decembro chegaron a desconcertar as forzas da oposición galega. Pero non no sentido habitual. Os bandazos do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, da teoría da \"falta de pericia\" do persoal á sentencia sobre que \"un parto non é un infarto\", pronunciada polo conselleiro de Sanidade, abraiaron ás forzas da esquerda por ser unha cadea de erros nunha área tan sensible como a sanitaria. Dos erros que o PP non acostuma a cometer, menos aínda cando parte do rexeitamento xorde nas súas propias filas.Gonzalo Caballero: \"Feijóo xa non toma as decisións; unha nova Galicia arrincona o presidente e empúrrao a rectificar\"Pero o certo é que a cometeu e nin sequera a rectificación anunciada a pasada fin de semana acalmou, cando menos polo momento, a situación en Verín. Os recursos habituais da contorna do PPdeG, como as acusacións de manipulación partidaria das mobilizacións, non callaron como noutrora e na vila ourensá segue a reinar a desconfianza entre a veciñanza e tamén entre un persoal sanitario moi molesto con todo o acontecido e con abondosos receos sobre o que está por vir en aspectos como o \"consentimento informado reforzado\" anunciado por Feijóo para a reapertura do paridoiro. Mentres, as forzas da oposición vense alentadas ao cadrar o acontecido en datas preelectorais.Para o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, é posible afirmar que o acontecido en Verín é \"a primeira gran vitoria da maioría social progresista\" ás portas da carreira electoral. O tamén candidato socialista á Xunta ve na rectificación do Sergas en Verín unha proba palpable de que \"Feijóo xa non toma as decisións, senón que unha nova Galicia arrincona o presidente ata empurralo a rectificar\".\"Non faga máis dano nos meses que lle quedan\", reitera Caballero, á fronte dun PSdeG que non aforrou despregamento na causa verinesa. O propio líder socialista desprazouse en varias ocasións ao hospital, onde o recibimento por parte de persoal e veciñanza mesmo sorprendeu na dirección socialista. Fontes do partido amósanse convencidas de que na comarca afectada relacionábase directamente a figura do actual presidente coa decisión do peche, propiciando un rexeitamento que hai catro ou oito anos non existía en conflitos coma este ou mesmo máis graves.\"Quedou ao descuberto a sarta de mentiras\"A análise do PSdeG no acontecido cadra coa do BNG nun aspecto, alén dos reproches públicos a Feijóo polo peche. O feito de que Sanidade agora anuncie que se dispón a recuar fai que \"quede ao descuberto a sarta de mentiras utilizadas polo PP e Feijóo para xustificar o inxustificable\", considera Ana Pontón. \"Primeiro dixeron que era mellor primar a calidade sobre a comodidade\", despois \"alegaron que os profesionais perdían pericia\" e \"buscaron como escusa o descenso do número de partos\" e \"finalmente, afirmaron que non había pediatras\".Ana Pontón: \"Deixou en evidencia as mentiras de Feijóo, pero tamén que os recortes na sanidade son decisións políticas\"\"Este proceder deixou en evidencia as mentiras de Feijóo e do goberno, pero tamén que os recortes na sanidade pública son decisións políticas\", conclúe a líder do Bloque, que tamén acompañou ao persoal mobilizado no propio hospital comarcal. Tanto Pontón como Caballero coidan, adicionalmente, que as consecuencias do acontecido deberan ser tamén políticas. \"Se Feijóo tivese un mínimo de dignidade política, asumiría responsabilidades polo peche do paridoiro e cesaría a todos os responsables\", considera o secretario xeral dos socialistas.Para o grupo Común da Esquerda, o acontecido en Verín amosa ás claras que \"cando a cidadanía se mobiliza, hai vitorias\", en verbas da deputada Luca Chao. \"O que lamentamos -agregaba a parlamentaria tras coñecer a rectificación o pasado sábado- é que isto pasase despois de dous meses de despropósitos e declaracións insultantes que atentaban claramente contra os dereitos das mulleres\".Aos parabéns á veciñanza verinesa e á petición de cesamentos uníase tamén este luns dende o Grupo Mixto o voceiro de En Marea, Luís Villares. A rectificación, concorda, foi \"unha vitoria clara e rotunda da cidadanía fronte ao maltrato sanitario de Núñez Feijóo\", pero tamén mostra da necesidade de destitucións no Sergas polo acontecido. Cando menos, indica Villares, do conselleiro Vázquez Almuíña e do xerente da área sanitaria, Félix Rubial.Ás portas dunha nova mobilización de SOS SanidadeA rectificación da Xunta no conflito de Verín e outras medidas para tentar aplacar conflitos sanitarios, como o anuncio da atención a infartos as 24 en Ourense, cando restan apenas tres semanas para unha nova mobilización na defensa da sanidade pública que, previsiblemente, xuntará a práctica totalidade dos colectivos do sector e tamén á propia oposición. Será o 9 de febreiro en Santiago baixo o paraugas de SOS Sanidade Pública.No seo desta plataforma ven claro que \"esta marcha atrás\" amosa \"a importancia e necesidade da mobilización social en alianza co persoal sanitario para frear o desmantelamento do sistema sanitario público\", pero tamén a demostración de que \"a sanidade pasou a estar nun lugar preferente da axenda política\". Non obstante, e \"dados os antecedentes do señor Feijóo de incumprir promesas e faltar á verdade\", SOS Sanidade ve necesario \"manter a presión social\" a comezar, precisamente, por esa manifestación do 9 de febreiro."}
{"ID": "NOS_14850", "summary": "A delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient (An Orient, en bretón) está conformada por arredor de 150 músicos e bailadores.", "text": "Cento cincuenta galegos e galegas que tocarán e bailarán nun festival con máis de 4.500 artistas que terá lugar do 4 ao 13 de agosto, que acollerá 120 espectáculos e máis de 700.000 visitantes (100.000 de pagamento). Entre a delegación galega poderemos atopar a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o domingo 6; tamén TRIM, o trío instrumental formado por Fernando Barroso, Pedro Fariñas e Luís Peixoto; e Luar na Lubre actuará a noite do día 9 dentro da súa xira de 30 aniversario. Tamén estará o grupo de baile compostelán Cantigas e Agarimos; a Banda de Gaitas Ximiela de Louro (Muros); ademais de Pablo Seoane e Marcos Rodríguez, de Erixúa. Ademais, oTrofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Rafael Carracedo e Raquel Vilas. Xacarandaina en Gannat Outro dos grandes grupos de baile e música tradicional galega, os coruñeses Xacarandaina, veñen de rematar o seu periplo por Francia, onde participaron no Festival Les Cultures du Monde de Gannat."}
{"ID": "PRAZA_539", "summary": "A compañía alcanza un preacordo pendente de confirmación con Ondimar Transportes para que os estaleiros públicos constrúan tres petroleiros, aínda que non aclara en que localidade do Estado se levarían a cabo os traballos.", "text": "Navantia e a armadora Ondimar Transportes Marítimos LDA veñen de asinar este luns en Madrid unha \"carta de intencións\" para construír tres petroleiros nos estaleiros públicos. Serían tres barcos da clase Suezmax, capaces de transitar polo canal de Suez, os que se incluirían nun acordo que non está confirmado e que inclúe a posibilidade de fabricar outras tres embarcacións \"a prezos internacionais para este tipo de barcos\". A \"carta de intencións\" non aclara onde se construirían os buques e ten data límite para chegar a un acordo Porque esta carta de intencións ten unha data de caducidade: o vindeiro 30 de xuño. O acordo expresa precisamente a intención de ambas as dúas partes de chegar a un acordo definitivo para a construción destes barcos antes do prazo marcado. De non lograrse, non se asinarían os contratos. Tampouco se aclarou no comunicado emitido pola compañía en que estaleiros de Navantia se construirían estes petroleiros, aínda que semella que as intencións serían repartir os traballos entre Cádiz e Ferrol. Non obstante, a ministra de Emprego, Fátima Báñez, de visita precisamente na localidade gaditana, xa adiantara pouco antes que as negociacións para levar nova carga de traballo a aqueles estaleiros estaban \"moi avanzadas\" e anunciaba \"novos barcos que se van construír na Bahía\". Todo, en plena campaña electoral andaluza e e a mes e medio das eleccións municipais. A ministra Báñez dixo pouco antes do anuncio que había negociacións \"moi avanzadas\" para conseguir carga de traballo para Cádiz O anuncio deste preacordo de Navantia chega logo de coñecerse que a grave crise pola que atravesa Pemex afectará as intencións de investimento noutros estaleiros galegos, como Barreras. A empresa mexicana recoñeceu a Praza que malia que \"non se cancela ningún dos proxectos xa en marcha\", en relación aos floteis, si haberá unha \"necesaria revisión\" doutros que se irán \"ralentizando ou demorando\" no tempo \"ata que as condicións económicas melloren\". \"Iranse aprazando\", asegurou a oficina de información da petroleira, en referencia a promesas que incluían a construción de tres buques tanque, un atuneiro e un barco de apoio que non foron comprometidos para a petroleira directamente. Por outra banda, Navantia convocou este luns aos seus comités de empresa para comunicar o vindeiro inicio da negociación do cuarto convenio colectivo ante a recente sentencia da Audiencia Nacional, que anulou o vixente. Con isto, Navantia sostén que \"pretende subsanar o defecto de forma posto de manifesto\" neste ditame, \"instando a iniciar de boa fe este novo proceso negociador\". Aínda así, a empresa pública presentará recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Á espera da resposta do alto tribunal, deixará de aplicarse o marco regulador e aplicarase o previsto no anterior."}
{"ID": "PRAZA_1409", "summary": "O cabeza de lista de Ferrol en Común converteuse en alcalde co apoio do PSdeG-PSOE e o BNG. \"Recibo este bastón de mando para entregarllo de novo á cidadanía\", destaca, e pide \"unidade\" para o \"rexurdir\" da cidade.", "text": "\"Hoxe comeza un novo tempo en Ferrol. A cidadanía decidiu que unha candidatura de unidade popular se puxese á fronte do goberno para, dende o común, artellar unha solución aos problemas que afectan aos seus dereitos máis esenciais: a vivenda, o traballo e mesmo o sustento\". Así comezou Jorge Suárez a súa primeira intervención como alcalde da cidade, unha investidura posible grazas aos votos dos seis edís da súa formación, os seis do PSdeG-PSOE e os dous do BNG. Como xa anticipara o propio Suárez este venres en conversa con Praza, o acto de investidura foi sinxelo e austero, \"sen ningún tipo de ostentación, porque Ferrol é onde menos corresponde facelo, por mor da situación socioeconómica que vivimos\". \"Aínda que comeza un novo ciclo, consideramos que tampouco é momento para celebracións ou grandes festas, e polo tanto non vai haber megafonía na praza nin evento festivo ningún\", dicía. En efecto, as únicas novidades introducidas foron a retirada da cerimonia de todos os símbolos relixiosos e o carácter \"aberto\" do evento, de entrada libre para toda a cidadanía e sen convites especiais a autoridades civís e militares. Tanto o Salón de Plenos coma o espazo habilitado -cunha pantalla- para seguir o acto ficaron pequenos e enchéronse por completo minutos antes do seu inicio. En canto á investidura, ningunha sorpresa. Os concelleiros e concelleiras exerceron o seu voto cumprindo o xa anunciado. PP e Ciudadanos optaron polo xuramento ao tomar posesión, os edís do PSdeG-PSOE preferiron a promesa e os do BNG empregaron a fórmula do imperativo legal, que tamén foi seguida pola maioría dos representantes de Ferrol en Común (incluído o propio alcalde), optando dous deles por prometer. \"Recibo este bastón de mando como un máis, para entregarllo de novo á cidadanía\" Tralo tamén protocolario reconto das reservas financeiras da caixa municipal (6,5 millóns de euros), Jorge Suárez ofreceu o seu primeiro discurso como rexedor, no que repetiu algunhas das ideas-forza que marcaron a propia campaña de Ferrol en Común, comezando pola participación, a apertura do concello e a deliberación e codecisión por parte da veciñanza e as organizacións sociais: \"Recibo este bastón de mando como un máis, para entregarllo de novo á cidadanía, para darlle un novo contido no que a democracia e a política recuperen os seus sentidos: democracia como poder do pobo e política como procura conxunta do ben común\". \"Vivimos un novo tempo, no que a cidadanía non se resigna a depositar o seu voto unha vez cada catro anos\", destacou, prometendo \"un concello que abra portas e ventás, que sexa a casa do pobo, con acceso libre, onde a codecisión sexa un factor decisivo para priorizar o gasto onde máis se necesita\". Instou neste senso a \"tecer redes, para que a indignación e a frustración se convertan en activismo e implicación na vida pública, para que as solucións políticas a problemas concretos sexan consensuadas entre representantes políticos e a veciñanza\". Comprometeuse a \"gobernar obedecendo\" e evitar calquera tipo de \"sectarismo político\" ou \"a defensa de posicións partidarias\". \"Durante décadas a loita obreira e o activismo social foron buque insignia desta cidade, unha experiencia da que debemos facer bandeira\" A difícil situación social e económica que vive a cidade foi outro dos núcleos da súa intervención, botando man mesmo da súa experiencia vital: \"A miña familia tivo que marchar desta cidade pola crise do sector naval. Décadas despois os mozos e as mozas de Ferrol seguen obrigadas a marchar\", dixo, salientando que \"o futuro da cidade depende desa mocidade, vítima desa hemorraxia que baleira Ferrol\". Apelou tamén á loita social e ao exercicio da \"dignidade\": \"Durante décadas a loita obreira e o activismo social foron buque insignia desta cidade, unha experiencia da que debemos facer bandeira\", dixo. Reclamou tamén \"unidade\" e \"conciencia de comunidade\" para \"reclamar o que a Ferrol lle corresponde e se lle está a negar\". Neste senso, Suárez enumerou algúns dos asuntos e demandas que de seguro marcarán a xestión do goberno que lidera: \"carga de traballo para os seus estaleiros públicos punteiros, infraestruturas e servizos ferroviarios que nos afasten do século XIX, saneamento integral da ría, unha cidade aberta ao mar, espazos verdes para unha cidade compacta e a recuperación dos terreos propiedade do Ministerio de Defensa\". Beatriz Sestayo afirmou que \"hoxe é un día trascendente para o cambio, un cambio necesario, un cambio ao que nos comprometemos para recuperar esta cidade\" Na súa intervención dedicou palabras aos demais grupos con representación municipal, agradecéndolle ao alcalde saínte José Manuel Rey Varela, a \"cordialidade no traspaso de poderes\", destacando o apoio do BNG, de quen espera \"unha oposición construtiva\" e \"atoparse en moitos espazos e reivindicacións\" e subliñando a \"lealdade e boa disposición no PSdeG-PSOE, que sempre apostou por un goberno de cambio\". Neste senso, a líder socialista, Beatriz Sestayo, afirmou que \"hoxe é un día transcendente para o cambio, un cambio necesario, un cambio ao que nos comprometemos para recuperar esta cidade\". \"Debemos ter humildade e firmeza\" para facer \"rexurdir esta cidade e tamén esta institución, recuperando os servizos públicos\", dixo \"Debemos ter humildade e firmeza\" para facer \"rexurdir esta cidade e tamén esta institución, recuperando os servizos públicos\" -concluíu Jorge Suárez- \"Debemos ter valentía para enfrontarnos a eses monstros que devoran os nosos recursos públicos\". O novo alcalde da cidade pechou o seu discurso citando a Albert Camus, que escribiu \"no máis cru do inverno aprendín que dentro de min hai un verán invencible\". \"Esta cidade leva un inverno eterno e, dende logo, merece un verán invencible\", sinalou."}
{"ID": "PRAZA_11679", "summary": "A Autoridade Portuaria avanza coa tramitación de diversos aterramentos que defende como \"progreso\" fronte a \"actitudes negativas\" que compara coa oposición á construción da AP-9", "text": "A Autoridade Portuaria avanza coa tramitación de diversos aterramentos que defende como \"progreso\" fronte a \"actitudes negativas\" que compara coa oposición á construción da AP-9Hai un século a distancia que separaba a vila mariñeira de Bouzas, na beira sur da Ría de Vigo, de Punta Rodeira, en Cangas, na beira norte, era de 3,65 quilómetros. Se finalmente se executan os plans da Autoridade Portuaria de Vigo de ampliar o actual recheo de Bouzas, empregado fundamentalmente para embarcar vehículos de PSA Peugeot-Citroën, a distancia entre as dúas beiras da ría quedaría reducida a uns 2,65 quilómetros, un quilómetro menos. Sería un dos efectos dos diversos plans que ten en marcha o porto vigués para executar novos recheos ao longo de boa parte da beira sur da ría, non todos cuantificados aínda, que sumarían cando menos 200.000 metros cadrados gañados ao mar, equivalentes a uns 20 campos de fútbol. Boa parte deses novos recheos son presentados pola Autoridade Portuaria como parte da súa estratexia de \"crecemento sostible\".Co novo recheo de Bouzas a distancia entre as dúas beiras da ría pasará dos 3,65 quilómetros de hai un século a 2,65 quilómetrosA Autoridade Portuaria de Vigo, presidida desde 2015 polo popular Enrique López Veiga, conselleiro de Pesca con Fraga, cuxa sucesión chegou a disputar a Feijóo, ten en marcha e en distintas fases de elaboración e execución diversos documentos de planificación que contemplan sucesivos novos recheos sobre a ría. Aínda deberán someterse a cadansúa avaliación de impacto ambiental, pero o porto xa considera a boa parte deses novos aterramentos como parte da súa \"estratexia azul\" ou \"Blue Growth\" (crecemento azul).A Autoridade Portuaria de Vigo considera os recheos parte da estratexia de \"crecemento sostible\" da UE e di aplicala \"desde unha perspectiva holística\"O crecemento azul é unha iniciativa da Comisión Europea, con fondos comunitarios, que a define como \"unha estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sostible dos sectores mariño e marítimo\". A Autoridade Portuaria de Vigo asegura que está a aplicar esa \"estratexia Blue Growth de maneira integral desde unha perspectiva holística\", un proxecto que contempla a ampliación do recheo de Bouzas para máis tráficos de vehículos (o denominado Ro-Ro) coa argumentación subxacente de que desviar ese tipo de transportes ao mar a través de grandes buques permite reducir a contaminación que producirían en terra con camións ou trens.O Plan Estratéxico do porto de Vigo defende os recheos como \"progreso\", pide \"espabilar\" e advirte de que \"a historia non perdoa que os pobos atrasen a toma de decisións\"A ampliación do recheo de Bouzas, e boa parte dos outros que se recollen nesta información, tamén figura no Plan Estratéxico 2018-2028 da Autoridade Portuaria, que define o seu crecemento para os próximos anos. Nese documento deféndense as ampliacións portuarias a partir de novos recheos fronte ao que define como \"as actitudes negativas que como as de 'autoestradas non' ou 'recheos non' tanto dano fixeron ao progreso e o benestar de Vigo e de Galicia\". \"A historia recente de Galicia lémbranos o considerable atraso que estas posicións supuxeron para a terminación da autoestrada do Atlántico [AP-9]\", engade o Plan Estratéxico, que argumenta que calquera ampliación das actividades portuarias vai requirir compaxinar \"o común desexo de manter a beleza paisaxística da ría de Vigo e a necesidade de construír as estruturas que demanda o progreso\". O documento chega a pedir mesmo \"espabilar\" e advirte de que \"a historia non perdoa que os pobos atrasen a toma de decisións\".Nin a Estratexia Azul nin o Plan Estratéxico cuantifican a superficie concreta de recheos que planifica o porto senón que engloba esas actuacións no concepto xenérico de superficie portuaria \"creada, liberada ou aplicada a outros usos\", que cifra en 550.000 metrosEsa ampliación do recheo de Bouzas presentada como \"crecemento azul\" ou \"progreso\" nos anteditos plans xa está a ser estudada tecnicamente. A proposta inicial dun novo recheo duns 50.000 metros cadrados con disposición rectangular no extremo nordeste do actual espazo gañado ao mar nos anos 80 vén de ser ampliada a un espazo máis amplo, duns 90.000 metros cadrados, e disposicións trapezoidal. E mantense outro recheo no interior da dársena doutros 15.000 metros cadrados. Así o publicou esta semana a prensa local, tradicional espazo de divulgación dos seus novos proxectos por parte dos últimos presidentes do porto vigués, desde Abel Caballero ou Corina Porro ata o actual.Á espera de que se concreten as dimensións finais desa e outras actuacións, nin a Estratexia Azul nin Plan Estratéxico cuantifican a superficie total de recheos que planifica o porto, que engloba esas actuacións no concepto xenérico de superficie portuaria \"creada, liberada ou aplicada a outros usos\" e que cuantifica en 550.000 metros cadrados. Non todos serán recheos, pero estes poden irse sumando en parte. A actuación máis avanzada é o recheo de 5.000 metros cadrados que afastará máis do mar o Auditorio Mar de Vigo Aos 90.000 de Bouzas hai que engadir outra actuación de menor entidade pero cuxa tramitación está máis avanzada e ameaza con ter mesmo maior visibilidade. É o recheo duns 5.000 metros cadrados fronte ao Auditorio Mar de Vigo sobre o que se quere ampliar a contigua lonxa. A actuación fará que o espazo cultural, cun custe para as arcas públicas de 70 millóns de euros e deseñado por César Portela cunha gran fiestra sobre o mar, pase de ter a auga a 50 metros, só separada pola avenida de Beiramar, a uns 170 metros, ao outro lado dun espazo que será empregado por vehículos pesados.Entre os peiraos Transversal e Comercial, no centro da cidade, está xa en estudo outro aterramento de 55.000 metros, e prevese converter en peiraos, gañando tamén metros ao mar, diversos diques de cachotaría existentes tanto en Bouzas como entre Teis e San Simón Como Bouzas, tamén está xa en estudo técnico o recheo do espazo existente entre os peiraos Transversal e Comercial, na zona do centro da cidade contigua ao paseo marítimo e o Náutico. Serán uns 55.000 metros cadrados. Seguindo polo bordo litoral cara o leste, os plans do porto tamén falan de xeito xenérico da posibilidade de \"incrementar os metros de atraque\" na terminal de contedores de Guixar, en Teis. Unha actuación que segundo diversos medios o porto podería realizar ocupando o espazo setentrional no que está o estaleiro Vulcano se non se atopa para el outro uso similar de construción de buques tras o peche desa empresa. Desde Teis e ata a enseada de San Simón, xa pasada a ponte de Rande, os plans do porto falan da \"posible transformación das escolleras existentes a continuación do monte da Guía en verdadeiras liñas de atraque, de maneira que se obteña o calado suficiente para o amarre de unidades de pequeno e mediano porte\". Iso implicará novos recheos cando menos ata a base baixo a auga deses diques de cachotaría así como o \"aliñamento\", como o define o porto no seu Plan Estratéxico, das formas irregulares que presenta actualmente ese bordo litoral. Unha actuación que tamén se baralla \"a medio prazo\", segundo o mesmo Plan Estratéxico, para o bordo exterior do recheo actual de Bouzas, que na súa cara setentrional ten máis dun quilómetro de lonxitude. Só con que o aterramento para proxectar verticalmente a base dese dique e convertelo en peirao requira de vinte metros de anchura, o novo recheo xa sumaría outros 20.000 metros cadrados.Marea de Vigo e BNG rexeitan os recheos e PSdeG e PP evitan pronunciarse sobre elesAnte este despregue de novos recheos, a reacción por parte dos partidos políticos municipais estase a limitar ao rexeitamento de Marea de Vigo e BNG, apoiándose mutuamente en diversas plataformas veciñais e ecoloxistas. Os nacionalistas veñen de presentar ante o Pleno municipal unha moción contraria a novos recheos que contou só co apoio da Marea local e que foi rexeitada grazas ao voto en contra da maioría absoluta do PSdeG de Abel Caballero. Os socialistas argumentaron que se opoñen aos recheos en xeral, pero non a algúns concretos e que a moción dos nacionalistas era demasiado xeral. O resultado foi que, grazas á postura dos socialistas, os populares non precisaron nin posicionarse en defensa dos proxectos que impulsa o seu compañeiro López Veiga e abstivéronse.Mentres, a falta dun debate aberto sobre a totalidade dos recheos, a Autoridade Portuaria segue a avanzar na tramitación de cada un deles."}
{"ID": "PRAZA_2610", "summary": "A Comisión Europea vén de admitir a denuncia presentada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública sobre o financiamento do Álvaro Cunqueiro empregando a fórmula de financiamento público-privado e a modificación do seu proxecto inicial.", "text": "A Comisión Europea vén de admitir a denuncia presentada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) por posibles ilegalidades na adxudicación do Novo Hospital de Vigo pola Xunta de Galicia empregando a fórmula de financiamento público-privado. A denuncia foi presentada o pasado 3 de setembro sinalando a entidade que \"o contrato do Novo Hospital de Vigo é nulo de dereito por incumprir os termos establecidos na licitación do mesmo e supón unha clara vulneración da lexislación comunitaria sobre os contratos de colaboración público-privada, que establecen a necesidade de garantir a igualdade na concorrencia das empresas\". Refírese tanto a aspectos relacionados co financiamento, como coa modificación do proxecto inicial, que reduciu parte dos servizos que en principio ían ser ofrecidos, e mesmo as dimensións do centro. \"Se se abre un procedemento de infracción, temos as bases postas para esixir a reparación da legalidade e para proceder a un rescate da concesión\" En rolda de prensa, José Emilio Santiago (AGDSP) destacou que \"este non é un trámite exclusivamente simbólico\". \"Vaise abrir agora un procedemento de 12 meses, que comeza a contar a partir do 3 de setembro. Primeiro a Comisión dará audiencia á outra parte (Xunta de Galicia) para que alegue e argumente en contra das nosas razóns, e nós como denunciantes teremos acceso a esas alegacións. Posteriormente a Comisión examinará as argumentacións expostas por unha e outra parte e iso pode levar á apertura dun procedemento de infracción ou ao arquivo da causa. Se se abre un procedemento de infracción, temos as bases postas para esixir a reparación da legalidade e para proceder a un rescate da concesión\", explicou. \"Estamos falando de vulneracións de partes esenciais do contrato e de vulneración dos criterios de competencia: alteráronse por completo as condicións de financiamento, non hai unha transferencia de riscos, podería mesmo falarse dunha axuda ilegal do Estado\", subliña. José Emilio Santiago engade que \"se se abre o procedemento de infracción, o mellor que podería facer a Xunta sería rescatar o hospital para o sistema sanitario público, que non sería tan caro, pois a maior parte do financiamento é público\". \"A empresa achegou ao redor de 80 millóns de euros, que é o que custaría facerse coa parte da concesionaria\", conclúe. Os argumentos da denuncia A AGDSP alerta das \"graves consecuencias\" que tivo esta fórmula de contratación público-privada en Valencia, Mallorca, Madrid e Aragón, e demanda o rescate do contrato \"sen indemnización nin pagamento de lucro cesante\". Ademais, engade, \"as reparacións que o novo hospital necesita, froito do afán de lucro da concesionaria, que poñen en risco a calidade e a seguridade dos pacientes, deberán pagarse a cargo do canon que a concesionaria debería deixar de ingresar do erario público\". O resultado de utilizar o recurso ao sector privado, explica a AGDSP, \"foi un incremento do custo total do hospital de 450 a 1.400 millóns de euros\" A reclamación fundaméntase en tres feitos: En primeiro lugar na utilización da figura legal de concesión de obra pública en lugar da de colaboración público privada, \"que é a que correspondería pola entidade e o volume da construción do hospital\", sinala a entidade. \"A finalidade que perseguía o actual goberno galego era evitar a fiscalización da Lei de Contratos do Estado que obriga a elaborar e presentar un informe ante o Ministerio de Facenda, elaborado por unha Comisión de Expertos, que xustificase a necesidade de recorrer ao financiamento privado en lugar da pública para acometer a obra\", engade. O resultado de utilizar o recurso ao sector privado, explica, \"foi un incremento do custo total do hospital de 450 a 1.400 millóns de euros\". En segundo lugar, a denuncia sinala os recortes introducidos no contrato (o proxecto funcional) entre a concesionaria e o SERGAS para abaratar os custos, que supoñen \"unha redución do 31% das camas funcionais previstas (de 1.239 a 845), o 31% dos quirófanos, o 55% das camas de urxencias, os módulos de investigación e docencia, o laboratorio, o hotel de pacientes, equipamento mobiliario fixo e non fixo, lavabos, tamaños de consultas, sistemas de protección, mil prazas de aparcadoiro, alicatas, anchura de paredes e tabiques, 75.000 metros de superficie, etc\". Segundo a AGDSP, \"estes recortes ademais de reducir a eficiencia enerxética e a calidade do centro poñen en risco a seguridade de pacientes e traballadores\". Estes recortes supoñen, así mesmo, \"unha modificación do contrato, ao que aspiraban outras empresas cuxas ofertas foron descartadas e que beneficia á concesionaria privada á que ademais non se rebaixa a percepción do canon\", destaca. En terceiro lugar, a Asociación subliña que o \"risco de financiamento, que por contrato corría a cargo da concesionaria, foi cuberto en gran parte polo SERGAS cun crédito do Banco europeo de Investimentos, que non presta a empresas privadas, o Instituto de Crédito Oficial e o FROB\". Esta manobra implica \"unha clara vulneración da lexislación da UE sobre contratos públicos privados\" e supón \"unha trama perfectamente deseñada para ocultar o endebedamento público do novo hospital\", di. \"O endebedamento polo pago do hospital non se considera público se o risco de financiamento corre a cargo da empresa privada, pero é asumido pola propia administración pública\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_5541", "summary": "Menos do 3% dos residentes galegos no exterior participarán nas vindeiras eleccións europeas logo de que tan só uns 12.500 dos 422.000 inscritos no CERA pedisen votar.", "text": "Os emigrantes galegos votarán menos ca nunca nas vindeiras eleccións europeas. A instauración do voto rogado -a obrigatoriedade de solicitalo antes para poder exercelo- fará descender a mínimos históricos a participación nos comicios do próximo 25 de maio. Tanto, que menos de tres de cada cen residentes galegos no exterior elixirán os seus representantes na Eurocámara. Será unha abstención de máis do 97% na diáspora, unha cifra máis elevada aínda que as das últimas eleccións autonómicas e onde xa se evidenciara que a masiva participación co anterior sistema descende a mínimos en canto se implementan medidas de control. Dos 421.833 galegos que están inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA), unicamente 12.763 solicitaron o voto E as cifras poden ser peores. Dos 421.833 galegos que están inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA), unicamente 12.763 solicitaron o voto, segundo os datos do INE actualizados a 5 de maio. Tan só no caso de que todos eles optasen finalmente por exercer o seu dereito, ben por correo ou ben acudindo aos consulados onde poden facelo, a participación sería do 3,02%. No entanto, e tendo en conta que nas últimas eleccións autonómicas menos da metade dos residentes no exterior que solicitaron o voto acabaron exercéndoo, a participación vai camiño de ser ínfima. Por provincias, tan só o 2,9% dos residentes no exterior da Coruña solicitaron exercer o seu voto, fronte ao 3% dos de Lugo, o 2,6% dos de Ourense ou o 3,5% dos de Pontevedra. Tampouco son moito mellores as expectativas a nivel estatal, xa que do máis de 1,72 millóns de emigrantes inscritos no censo exterior, tan só 70.972 cubriron a solicitude para exercer o seu voto nas eleccións europeas, o 4,11% do total. Sería, e tamén no caso de que todos acabasen exercendo o seu dereito, un descenso de máis de 100.000 persoas con respecto á participación dos comicios europeos de hai cinco anos. Os datos para este 25M veñen confirmar a espectacular caída da participación dos emigrantes nos comicios tras a implantación do voto rogado Os datos veñen a confirmar a espectacular caída da participación da diáspora nos diferentes comicios desde que en 2011 PP, PSOE e CiU pactaran o cambio de sistema para instaurar o voto rogado, xusto o mesmo que, menos de tres anos despois, tanto estes partidos como a práctica maioría do Congreso pretenden botar abaixo para volver ao do pasado. A necesidade de dar maiores garantías e de dificultar a fraude que tantas veces se deu nos comicios galegos, argumentos empregados daquela para modificar o método de voto na emigración, desapareceron logo ante a evidencia de que un maior control acaba por facer baixar masivamente a participación. Nas últimas eleccións autonómicas, a abstención no exterior superou o 96%; nestas europeas superará o 97% No caso galego, a instauración do control legal á votación no exterior fixo caer a mínimos históricos a participacion nas eleccións autónomicas de 2012. Dos 30.524 electores do CERA que solicitaran a documentación só 12.954 dun total de case 400.000 votantes rexistrados na diáspora completaron o trámite, o que supuxo unha abstención do 96,05%, sendo a metade dos sufraxios para o PP. Nos anteriores comicios autonómicos emitiron o seu voto 101.708 dos 335.453 ausentes, isto é, sobre un 600% máis dos que o fixeran. A comparación das porcentaxes de participación tampouco deixaban lugar a dúbidas: o 3,2% de 2012 fronte ao 30,3% de 2009. Ademais, e xa nos comicios xerais de 2011, as primeiras nas que controlaba o voto emigrante, foron pouco máis de 16.000 os residentes galegos no estranxeiro que elixiron os seus representantes, un 4,21%. Nas anteriores eleccións europeas, aínda co sistema antigo, a participación tampouco foi moi alta, pero en Galicia alcanzou máis do 16% e unha cifra que case multiplica por cinco os solicitantes de voto actuais. O 25 de maio, como moito, quedará no 3%, trece puntos menos que en 2009. A masiva abstención entre os emigrantes tras o control legal fixo que PP e PSOE negocien xa a volta ao antigo sistema Pero o sistema de voto rogado ten os días contados. O pasado 11 de marzo, PP e PSOE valéronse do Parlamento galego para dar marcha atrás na lei electoral. O Congreso aprobou daquela a toma en consideración da proposta que o Parlamento galego lle presentou para volver reformar o sistema de voto emigrante co fin de facilitar o voto en urna, pero que agora será \"o punto de apoio\" para tamén suprimir o voto rogado que se instaurara hai tan só dous anos. PP e PSOE -co apoio de todas as forzas políticas agás o BNG- decidiron botar abaixo a reforma legal que eles mesmos propuxeran e impulsaran valéndose dunha proposición de hai case seis anos e logo de que a lei electorral xa fora reformada. A masiva abstención fíxolles cambiar de opinión. Naquela sesión, o BNG quedara só na defensa do sistema actual. A súa voceira, Olaia Fernández Davila, dixera estar \"preocupada polas razóns que teñen os grupos que agora votan a favor\" e recordoulles aos parlamentarios -en especial aos que descoñecen a realidade da diáspora e os comicios autonómicos- que a normativa actual \"impide a fraude\". \"Esa que non percibiron nin viviron como o fixemos nós, esa que permitía que votasen persoas inscritas no CERA que xa estaban mortas ou que chegaran centos de sobres coa mesma letra e a mesma dirección ás urnas\", advertira tras defender tamén o sufraxio en urna, pero non aquel sistema que permitía aos inscritos no CERA recibir na casa a documentación electoral sen comprobacións previas de identidade e sen nin sequera confirmar que o elector seguía vivo. Agora, son varios os colectivos de emigrantes que piden tamén a eliminación do voto rogado, ao consideralo un sistema que dificulta moito que poidan exercer o seu dereito desde o estranxeiro. No entanto, reclaman que se establezan urnas non consulados e un maior control que está por ver se acaba por realizarse."}
{"ID": "NOS_16283", "summary": "O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, rexeitou apostar na idea do BNG dun confinamento duro durante dúas semanas e fala de que ese sería o \"último recurso\". No entanto, nunha visita a Ourense, advertiu: \"Quédanos unha semana especialmente dura\".", "text": "Mudar o toque de recoller para as 20 horas, a pesar de que hai uns días falaba de pedir ao Executivo central mover a franxa horaria até as 18 horas, sería unha proposta \"bastante razoábel\". Así se manifestou hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, apenas unhas horas despois de que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, incidira no interese de solicitar que cada territorio poida tomar as súas propias decisións a este respecto. Nun acto en Ourense, Feixoo comentou aos medios que pasar das 22 horas actuais \"á contorna das 20 horas, entre as 20 e as 21 horas, sería bastante razoábel\". Esa será unha das peticións que leve Galiza ao Consello Interterritorial de Saúde, no que o país non vai ser o único en demandar unha estratexia de combate contra a expansión do coronavirus máis ampla segundo sexa a evolución epidemiolóxica. O encontro decorrerá mañá e Feixoo afirmou que hai que aproveitar para loitar por esa \"vía libre\", dado que xa se viu \"perdida\" a oportunidade do Consello de Ministras e Ministros de tomar esa decisión de forma individual atendendo ás demandas das últimas xornadas. Na Galiza o comité clínico recomenda este cambio para que as e os galegos pasen menos tempo na rúa, de maneira que se reduzan os contactos e, en consecuencia, baixen os contaxios, que até agora continúan disparados. Ás 18 horas en casos concretos A respecto da súa proposta de reclamar o límite para as 18 horas, falou de ter esa opción só no caso de que haxa municipios nos que a Covid-19 teña un percorrido peor que o resto. \"Por que non ter unha ferramenta desde as 18 horas nos lugares con incidencia altísima? Non debería de ser unha discusión isto, debería ser unha decisión\", destacou. \"Se o obxectivo é salvar vidas e manter a actividade laboral e educativa, o lóxico é que, finalizado o traballo, a xente regrese á súa casa para evitar aglomeracións e un incremento de casos. Por tanto, é necesario ampliar o toque de queda\", insistiu o responsábel da Xunta. Ademais, apoiou a decisión de Castela e León de mover pola súa conta esa franxa horaria aínda que sexa de dubidosa legalidade\", porque \"é proporcionada á situación\". Non ao feche total Por contra, Feixoo non ve que sexa preciso atender a un plan como o que onte poñía sobre a mesa o BNG: confinar á xente durante dúas semanas, seguindo o exemplo de Alemaña. Desde o seu punto de vista ese é \"o último recurso\", se ben queda \"unha semana especialmente dura\". \"Temos que ser respectuosos entre todos para que cumpramos estritamente as normas. Se o facemos, esta onda durará menos. Se non, durará máis\", resumiu."}
{"ID": "PRAZA_15355", "summary": "Lembra os \"custos sociais\" que supón para o país a produción de enerxía, un 30% máis da que consome.", "text": "O BNG presentou no Parlamento galego unha proposición non de lei na que se insta a Xunta a que demande o Goberno central unha rebaixa do 30% das portaxes no sistema eléctrico, así como a derrogación do artigo 38 da Lei do sector, na que se regula o acceso ás redes de transporte. Carme Adán, voceira de Industria do BNG, lembrou que Galicia \"está a producir entre un 30% e un 40% máis da enerxía que consome, e os custos medioambientais e sociais de tal actividade deben ser compensados\". Así, a deputada nacionalista enumerou varios dos custos sociais sufridos polo país ao producir a enerxía, como a destrución de núcleos de poboación e vales, o aumento continuo de muíños eólicos nas paisaxes ou os problemas que crean as liñas de alta tensión. Por todo isto, reclamou que a Galicia se lle aplique unha rebaixa nas peaxes que paga pola electricidade. Do mesmo xeito, Carme Adán destacou que o decandito artigo 38 \"abre a porta á suba do recibo\", xa que grava cun novo tributo o consumo naqueles territorios que producen esta enerxía. Por todo, reclamou o apoio de todas as forzas parlamentarias para conseguir o abaratamento da luz, así como o apoio do PP para que facilite o debate desta proposición."}
{"ID": "NOS_55782", "summary": "O humorista gráfico Xaquín Marín Formoso (Ferrol, 1943) foi galardoado esta semana co Premio Rosalía de Castro da Lingua outorgado pola Deputación da Coruña. En conversa con 'Nós Diario', Formoso expón o seu pensamento \"non moi optimista\" sobre o sector. Destaca que \"o humor galego está a perderse pola internacionalización, que ten as súas cousas boas, pero deberíamos coidar máis este estilo tan propio noso\", sinala.", "text": "O humorista gráfico Xaquín Marín Formoso (Ferrol, 1943) vén de engadir un galardón máis ao seu numeroso palmarés. A Deputación da Coruña, a través do departamento de Normalización Lingüística, outorgoulle esta semana o Premio Rosalía de Castro de Lingua \"polo seu compromiso continuado, o alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación nos que a presenza do galego era residual\", tal e como expuxo o xurado. -Este é un premio máis que engade aos numerosos recoñecemos que posúe. Que sentiu cando llo comunicaron? Sentín a ledicia propia de ter un premio máis e que se lembren dun. Ademais, ao ser un premio pola defensa da lingua, é un extra que se recoñeza ese feito. Cada premio ten algo especial porque é como seguir vivo. -O xornalista Félix Caballero, quen realizou a unha tese sobre a súa obra, di que vostede debería ser considerado \"o humorista gráfico galego máis relevante desde Castelao\". Félix é un amigo e esaxera, porque despois de Castelao, hai un baleiro moi grande para poder chegar á altura del ou próxima a el. Dentro da nosa historia, poida que eu teña a miña importancia, porque levo moitos anos traballando niso, pero non é máis importante do que realiza outra xente noutros campos. -Fálenos un pouco da súa historia. Que o leva a ser humorista gráfico? Eu realmente ía para ser pintor. Por aquel entón, tropecei con Raimundo Patiño, quen me dixo que o meu debuxo era máis axeitado para o cómic e que este chegaba a máis xente. Entón pasei a este xénero e como era máis sinxelo realizar unha soa viñeta, fun facendo así, até atopar un sitio onde publicalas, que era o máis importante. Despois da entrevista con Patiño en Madrid, púxenme a facer cómics e envieinos a Chan, a única publicación galega que había, e comezaron a publicalos e ademais pagábanos, que era algo insólito. Desde aí comezou todo, logo fun cambiando de publicacións, porque as anteriores ían fechando, e mesmo cheguei a traballar en varios proxectos á vez. -Con todos os anos de traxectoria que acumula, como ve a evolución do humor na Galiza? Non son moi optimista. En canto á técnica, paréceme que foi mellorando moitísimo até o día de hoxe. Existen debuxantes que teñen unha técnica asombrosa, outros quedamos na Idade de Pedra, máis ou menos. Pero en canto á galeguidade do noso humor, é posíbel que se estea perdendo. A influencia dos medios alleos son moitas. Os galegos debíamos ter un xeito de facer humor distinto ao que teñen outros sitios, condicionados pola forma de ser, o idioma, a paisaxe... Pero imos internacionalizándonos, e malia que isto é un éxito en canto a que outros artistas nosos son recoñecidos noutros países, vaise perdendo a esencia galega. A retranca clásica non a entenden demasiado fóra e dentro estase a perder. -Dos innumerábeis traballos que leva realizado ao longo da súa carreira, existe algún ao que lle garde especial agarimo? Quizais gardo máis agarimo a Gaspariño, por ser o primeiro personaxe que fixen, pero xa non o fago, a menos que sexa en ocasións raras, como cando alguén mo pide. O mesmo pasa con Isolino. Estou tan acostumado a debuxalo que, practicamente, sae sen pensalo. -E sempre defendendo o galego, razón pola que se lle concedeu o recoñecemento da Deputación. Creo que hai un problema e é que se está a perder o noso idioma. E esa é unha loita que temos que librar todos os que queremos que non se perda. Aí estou eu lanzando algún debuxo referido á lingua, por iso din que me deron o premio. Hai xente que mesmo me reprocha que publique en galego porque di que non o entende, pero o mesmo podería dicir eu das publicacións que se fan en búlgaro, por exemplo. -Vostede foi o fundador en 1984 do Museo do Humor en Fene, o primeiro da península. Ocorréuseme que non había no territorio nada parecido e que o humor estábase perdendo. Tiven noticia de que debuxos de grandes como Álvaro Cebreiro estaban tirados na redacción do periódico onde publicaba e corrían o perigo de ir ao lixo, e así pasaba con case todos os profesionais. Os debuxos orixinais enviábanse á redacción e estes desaparecían. A min pasoume en La Codorniz. Pensei que había que facer un sitio onde se gardasen e se expuxesen e grazas aos contactos que tiña no Concello de Fene, comezamos realizando isto na súa Casa Cultura, até o día de hoxe. Unha curiosidade é que o museo se atopa no mesmo solo no que eu vivín cando era cativo. A casa onde me criei destruíse e despois construíron o inmóbel da Casa Cultura que agora é o Museo do Humor de Fene."}
{"ID": "NOS_5907", "summary": "Árbitro federado, participou no encontro internacional anual da selección galega de fútbol que Siareir@s Galeg@s (SSGG) organizou en 2010 en Ourense. Daquela tivo verdadeiros problemas coa federación por ese motivo e denuncia, ademais, o españolismo que hai nesta institución", "text": "Como entras en contacto co mundo da arbitraxe? A través do meu irmán pequeno, foi un pouco por pasar o tempo na fin de semana. Que tal a experiencia de ser xuíz entre equipas rivais? Nun primeiro momento non me gustou moito polos momentos difíciles, cando ven o árbitro como o máximo rival, mesmo máis que os equipos contrarios. Aguantar insultos, a presión da xente, dos xogadores, 22 xogadores que teñen sempre como punto de conflito o árbitro... Non me gustou ao principio. Logo, co paso do tempo leveino bastante ben, colléndoo como un hobby e pasándoo ben. Que partidos de certa categoría arbitraches na túa carreira como árbitro? Como árbitro federado até segunda rexional, mais como xuíz de liña fun mesmo a preferente. A Foz, por exemplo, ou na Copa deputación en Ourense. Que significou para ti arbitrar a selección galega? Para min, xa que non puiden chegar ao fútbol, arbitrar a selección do meu país foi o máximo. Como árbitro é o máximo ao que podes aspirar. Tentei ser o máis imparcial posíbel, cousa que pola miña ideoloxía é algo difícil. (Risos) Que lembras daquela noite? Lembro que houbo moitas présas, posto que tiña moitas ganas de participar na manifestación de Siareir@s Galeg@s e nos actos de festa anteriores e posteriores, e non puiden participar como quería. Foi unha satisfacción moi grande para min e para o meu irmán que estivo como xuíz de liña. Tiveches problemas por arbitrar ese partido? Primeiro a xente de SSGG póñense en contacto comigo e pregúntanme se hai algún inconveniente para que vaia eu. Na delegación da federación en Ourense do comité de árbitros dinme que se vou sen cobrar e pola miña conta podo, mais que como a federación non sabía nada non podía ser como federado. Comunícollo ao presidente, daquela, da delegación de Ourense de árbitros. Pola súa banda non houbo ningún problema mais que tiña que falar coa federación na Coruña. Eu busquei os xuíces de liña, fixen todo e arbitrei. O problema foi despois, cando chaman desde A Coruña para saber por que un árbitro federado participa nese partido e quen o arbitrou. Cadraba un partido amistoso entre árbitros galegos e doutras federacións e preguntaron porque non estaba co resto de árbitros. Penso que tentaron facer un boicot ao partido da selección. O delegado de Ourense defendeume e non deu o meu nome. Polo de agora sigo arbitrando. Pensas que hai unha persecución contra a selección galega de fútbol? A nivel federación penso que hai un erro por parte de SSGG de non comunicar á federación o convite para que participen nese partido con árbitros federados e, por outro lado, a propia federación despreocúpase deste partido sabendo que se celebra cada ano. É un erro polas dúas partes. Sei como é perfectamente a federación e a persecución... Non hai máis que ver que a federación é un corpo totalmente españolista. Cousas como normativizar a selección galega e cando arbitramos no país nos recibos que entrego aos equipos empregan a toponimia deturpada. Din que é un erro administrativo da federación española, cousa que non é así, posto que son documentos da federación galega, en segunda autonómica, só ten competencias a federación galega. É unha gran falta de respecto. Meu irmán estivo até hai pouco arbitrando en Mallorca e esas cousas non pasan. Participarías outra vez arbitrando a selección? Por suposto. Eu e outr@s compañeir@s sempre estaremos dispostos aínda que nos xogariamos ser expedientados ou pasar unha temporada sen arbitrar."}
{"ID": "NOS_25566", "summary": "Entrevistamos Pablo Arangüena Fernández, cabeza de lista do PSdeG ao Parlamento pola Coruña", "text": "—Anunciou que se o PSdeG goberna emprenderase unha política industrial non vista en 11 anos na Galiza. En que se baseará? Primeiro cómpre ter unha estrutura para facer adecuadamente política industrial. Para iso, queremos unha reforma do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para convertelo nun verdadeiro organismo que impulse a economía e a política industrial. Nos últimos anos non houbo nin moita nin pouca política industrial na Galiza, simplemente non existiu. Por tanto, cómpre redeseñar o Igape e a propia estrutura administrativa da Xunta para facer así política industrial. Esta, ademais, ha de estar focada nos sectores estratéxicos do país, polo que debe ser unha política selectiva e non a de café para todos do PP. É tamén preciso desenvolver a captación de investimento no exterior, cousa que na Xunta brillou pola súa ausencia. Xa apostamos antes da crise do coronavirus pola industria e agora vólvese máis preciso, se cabe. —E como valora a xestión desa crise pola Xunta? Hai que dicir con claridade que Alberto Núñez Feixoo aproveitou de forma contraria á ética a crise da COVID-19 para facer campaña electoral. Calquera que o observase viu que a súa preocupación estivo nas eleccións. Víuselle da mesma maneira tamén na TVG, con aproximadamente 30 roldas de prensa en prime time e cunha manipulación dos medios públicos galegos que é obscena. O presidente ademais pretendeu vender unha anticipación na xestión da crise que se desmonta tan só acudindo á hemeroteca. —Vostede é moi crítico coa actuación da Xunta nas residencias de maiores. É que a xestión desta crise amosa que as residencias de maiores son un negocio onde hai imperios xeriátricos afíns e creados baixo os Gobernos do PP. Podo falar en concreto do grupo DomusVi, o primeiro da Galiza neste sector e onde se produciron aproximadamente 25% das mortes, un grupo que ademais adquiriu o negocio xeriátrico das caixas galegas e que nunca recibiu unha sanción por parte da Xunta, o cal é incomprensíbel dadas todas as denuncias de irregularidades que levan realizado as traballadoras e as familias de usuarias. Hai unha gran conivencia de DomusVi e a patronal das residencias coa Xunta do PP que vemos, ademais de na ausencia de denuncias, noutros aspectos como son os premios outorgados a Josefina Fernández (responsábel de DomusVi), afín ao PP e amiga de Feixoo e Corina Porro. A xestión da Xunta nas residencias amosa neglixencia, falta de anticipación á pandemia e conivencia; e isto tense que investigar por todos os medios."}
{"ID": "NOS_45152", "summary": "Son milleiros. Case cen mil. E teñen voz, rostro e discurso. De Ortegal ao Miño, @s afectad@s polo calote de preferentes e subordinadas falan, e claro, de como as entidades financeiras lles roubaron e os gobernos consentiron", "text": "Son perto de 100.000 na Galiza @s estafad@s polas preferentes e subordinadas. Son, pois, perto de cen mil as historias que hai no país de como a lóxica financeira non coñece limites. Nin entre os seus clientes máis lonxevos. @s afectad@s teñen voz, rostro e unha historia propia. E ganas de a contar. Manuel Dios, da comarca de O Salnés. Ten 62 anos e toda unha vida de traballo. En Cataluña, na construción, uns poucos anos. Volveu ao pouco, \"estaba ben, gañaba cartos, mais quería montar a miña vida aquí\". Fíxose coa concesión dunha batea que traballou arreo e que agora pasou aos seus fillos. En 2004 meteu perto de 90.000 euros en preferentes. \"Como tod@s, deixándonos aconsellar polo da sucursal de toda a vida, con quen tiñamos na vila moita confianza\". Necesitaba quitar os cartos para pagar un tratamento custoso dun familiar, \"para gañar tempo tiñamos que ir pola privada porque era importante. E non puiden retirar os cartos\", sinala Manuel Dios. \"Deume ganas de matalos. Chameilles ladróns e de todo\". Tivo que pedir os cartos prestados entre amigos, \"cando tiña 90.000 euros meus, que son meus, no banco\". Recoñece que votaba PP mais agora \"nin de broma van ter o meu apoio, teñen tanta responsabilidade como o banco que me quere roubar os cartos\". Josefa García, de Lugo. Fala rápido e de xeito contundente. \"É que me quento falando disto. Vou dicir moitos insultos, seguro, mais non mos poñas, vale?\". Conta a súa historia: 60.000 euros aforrados co seu marido tras máis dunha década de emigración en Suíza. \"Convencéronme para metelos en preferentes dicíndome que, se os precisaba, podía sacalos en dous ou tres días sen problema\". E era mentira. Decatouse cando os foi pedir para axudar unha das fillas a montar un pequeno negocio após quedar no paro. \"Dixéronme que non podía sacar o diñeiro, que patatín e que patatán\", relata cun asomo de ironía. \"A miña filla non puido montar o pequeno negocio e segue no paro\", relata Josefa. \"Aínda que agora recupere todo o que me deben, quen paga o destes anos de estragar a vida da miña filla, quen? Feijóo?, Rajoy?, o do banco?\". É viúva: \"Se el (o marido)vivise montaba unha que aínda iamos presos\", apunta. Carlos Piñeiro, da comarca do Sar. Non falta a unha manifestación de afectad@s polas preferentes e subordinadas, nin a unha concentración nin a unha protesta. \"Xa perdín a conta, mais foron unhas cantas, en Compostela, A Coruña, fun até Sanxenxo cando estaba Rajoy...\". Todo o que aforrou, meteuno en preferentes, \"fiándome do do banco de toda a vida, o mesmo con quen tiña coincido tomando un café nun bar da vila, Padrón, e pagado a consumi-ción\". Foron máis de 50.000 euros. \"Fun quitalos e non puiden. Precisábaos pa-ra arranxar o tellado da casa, que pin-gaba e chamaba por unha reparación. Non mos deron mais teño que seguir a pagarlle o crédito dun coche, aos moi desgraciados. É de tolos!\". Piñeiro carga contra a vía da arbitraxe: \"Aí é onde nos queren coller. Dividirnos, cazarnos un a un para que perdamos forza porque somos miles e miles e xuntos dámoslle medo\". Acusa o goberno galego e español \"de non dar a cara por nós, senón polos bancos. Son igual de ladróns\". José Antonio Hermo, da comarca do Barbanza. Máis de corenta anos navegando. Da mercante en buques de empresas de Noruega até a pesca nos cinco océanos. \"E mira que no mar o pasas mal, mais a hostia que me deron en terra non ten comparación\". Coa ostia en terra refírese ao calote das preferentes. Os aforros de todos estes anos no mar están agora en mans dun banco, \"que me enganou, mentiume. E vai quedar co meu diñeiro se nós non o impedimos, e con nós digo os afectados e quen nos apoia porque dos gobernos non esperamos nada, déronnos as costas\". Non quere dicir a cantidade metida, \"non é tanto como outra xente, mais eran os meus aforros de moitos anos traballando. Eu case non estudei, traballo desde moi novo no mar\". Mais eses cartos que investiu en preferentes en 2003 necesitounos hai uns anos para unha urxencia: \"Non era cousa de broma. Tiña que pagar uns vencementos. E non puiden. Amoláronme ben e quedei a mal cun compadre\". Hermo participou en accións perante entidades de Novagalicia \"e xa me teñen denunciado. Os ladróns denunciando o roubado!. É un escándalo\". Son só catro exemplos de entre @s perto de 100.000 afectad@s polo calote das preferentes que hai na Galiza. A metade deles, e to@s @s que saen nesta reportaxe, son de Novagalicia Banco. @s catro botan pestes da entidade, da Xunta, do goberno central e da arbitraxe como vía para solucionar o seu problema. O número de solicitudes de arbitraxe presentadas pol@s afectad@s das preferentes sitúase pola volta dunhas 17.000. Mais Novagalicia Banco (NGB) só acepta someterse á arbitraxe en 4.000 desas solicitudes. Isto é, só unha de cada catro. \"Esa saída é a favorita dos bancos que nos roubaron e do goberno, que non fai nada polo pobo, que foi o roubado. Temos que darlles unha lección. Aos dous\" .\"E son as eleccións un bo momento para iso?\". \"Son\". Máxima alerta no PP polas mobilizacións d@s afectados en campaña e a perda de votos entre este colectivo \"Estes vannos foder a campaña... e a ver se non nos foden as eleccións\". A frase, breve e descritiva, foi pronunciada no Grove a pasada fin de semana por un dirixente do PP en Pontevedra despois de que ducias de afectad@s polo calote das preferentes amargasen a visita electoral de Núñez Feijóo a esta vila arousá, para asistir á Festa do Marisco. A presenza de afectad@s obrigou ao candidato popular a facer un percorrido máis que fugaz polas instalacións e fanou a intención de saír nos medios recollendo abrazos e apertas entre @s asistent@s ao multitudinario evento gastronómico. Non era esta a primeira vez que o PP comprobaba en campaña ou precampaña o malestar que a súa posición no calote das preferentes xerou en milleiros de afectad@s. Son perto de 100.000 na Galiza, pola volta da metade das cales eran clientes do que callou en Novagalicia Banco (NGB). De feito, o arranque de campaña popular en Soutomaior, o 1 de setembro e coa presenza de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, estivo marcado polas protestas deste colectivo. Antidisturbios da Policía Nacional non dubidaron en cargar contra @s protestantes, concentrados perante o castelo onde o PP era todo sorrisos e parabéns entre eles."}
{"ID": "NOS_20956", "summary": "Nos meses de agosto e novembro de 2020 finalizan tres dos cinco convenios asinados entre a Xunta da Galiza e a multinacional estadounidense Medtronic, especializada en servizos e produtos sanitarios. A través dos mesmos a empresa cedeu tecnoloxía aos hospitais de Compostela, Vigo, A Coruña ou Lugo para acelerar a atención ás doentes. A Asociación de Pacientes do CHUS ou SOS Sanidade advirten de que se xera así unha crecente \"dependencia\" da multinacional, investigada por mala praxe.", "text": "Entre os lemas da última mobilización na Galiza arredor da sanidade pública foron varios os que fixeron referencia á \"privatización\". \"A Xunta de Feixoo segue facendo ouvidos xordos a este clamor e segue empeñada en transformar o sistema sanitario nunha oportunidade de negocio para as empresas multinacionais e para os fondos de investimento\", leron nunha ateigada praza da Quintana Aurora Sola, voceira da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monterrei, Quico Cadaval, Lucía Aldao e María Lado o 9 de febreiro. Unha destas multinacionais é a estadounidense Medtronic S.A., que entre 2016 e 2017 asinou cinco convenios de colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas); tres dos cales finalizan este ano coa posibilidade dunha prórroga. En total, Medtronic asinou cinco convenios co Sergas A asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o CHUS, tratou daquela de acceder aos convenios en toda a súa extensión, pois a Consellaría de Sanidade non fixera públicos os seus anexos. Tras recibir unha negativa, as usuarias obtivéronos logo de recorrer perante a Comisión de Transparencia. O grupo parlamentar En Marea censurou entón a opacidade da Xunta. Acordos de catro anos Os convenios asinados entre Medtronic e o Sergas abranguen os Complexos Hospitalarios Universitarios da Coruña, o CHUAC; Santiago de Compostela, o CHUS; Lugo, o HULA; Vigo, o CHUVI e a organización sanitaria do propio servizo galego de saúde. Os acordos gardan moitas similitudes entre si. Todos están acompañados dun orzamento de cero euros e insírense nun contexto de \"crecente debate sobre a sostibilidade do sistema sanitario\", cun \"progresivo envellecemento da poboación na Galiza\" e o \"incremento da demanda asistencial\" por enfermidades cardiovasculares crónicas. A provedora de material sanitario é presentada como a parella idónea do Sergas na procura dunha mellor eficiencia e calidade asistencial, testando a súa tecnoloxía para optimizar os procesos de atención, diagnóstico e tratamento das pacientes. A multinacional cedeu a súa tecnoloxía exclusivamente para as áreas recollidas nos acordos Segundo recollen os anexos dos documentos relativos ao acordo do CHUS, do CHUAC e do HULA, facilitados a este diario pola Asociación de pacientes do CHUS, a multinacional estadounidense comprométese a ceder a súa tecnoloxía. Esta comprende un equipo de TAC e unha resonancia magnética para a área de Cardioloxía de Compostela; equipamentos diagnósticos e terapéuticos para o departamento de Cardioloxía da Coruña; ou un equipo de anxiografía radiolóxica dixital e sistemas de monitorización para o servizo de Cardioloxía de Lugo, entre outros. En troques, os centros hospitalarios corren cos gastos de auga corrente ou electricidade, mantemento ou achegan ao seu propio persoal para empregar esta tecnoloxía. Intereses económicos Se ben a Consellaría de Sanidade asegurou no momento do acordo a inexistencia de intereses económicos por parte de Medtronic, nos propios anexos recóllese que esta ten \"un compromiso de posicionarse estatexicamente na área de servizos e solucións\". A multinacional ingresou en 2017 30.000 millóns de dólares, segundo recolle unha investigación do Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ). Para facer un seguimento dos acordos creáronse nos hospitais os denominados comités operativos, que inclúen persoal dos centros e tamén o director de operacións de Medtronic Hospital Solutions e mais a figura dunha \"consultora\" designada pola multinacional para traballar in situ a xornada completa. Durante a duración do convenio a multinacional participa na análise, diagnóstico e nas propostas para a mellora no funcionamento dos servizos. Ábrese a porta a que Medtronic ofreza tecnoloxías dispoñíbeis no seu catálogo, sempre que así o aproben os comités operativos, ou no propio acordo prevese unha destas propostas: a do incremento da teleasistencia de pacientes con enfermidades cardíacas crónicas, ou o deseño de sistemas informáticos de seguimento e monitorización das tecnoloxías aplicadas. En agosto de 2019 publicábase a chegada de equipamentos de alta tecnoloxía a área de Cardioloxía do CHUS ao abeiro dunha investigación acordada entre o Sergas e Medtronic Ibérica, a rama da estadounidense en Portugal e o Estado español. Nela o xefe de cardioloxía do centro, o doutor Ramón González Juanatey, valorou as posibilidades desta tecnoloxía á hora de diminuír as listas de agarda no servizo. Denuncia social Medtronic participa en diversos acordos marco similares ao galego nivel internacional. Porén, a investigación liderada polo ICIJ, e recollida en diversos medios estatais arroxan dúbidas respecto as súas prácticas, das que se fixeron eco a asociación de pacientes do CHUS ou SOS Sanidade Pública. A menos dun ano de rematar tres dos convenios entre o Sergas e Medtronic Fernando Abraldes, voceiro das pacientes de Compostela, lembra a opacidade coa que se asinaron. \"Un procedemento que quere obviar a concorrencia competitiva doutras empresas, saltándose a Lei de Contratos e afirmando que non existía interese económico entre as partes\", abunda Abraldes en conversa con Nós Diario. É un paso cualitativo no proceso de privatización, denuncia Fernando Abraldes O voceiro das pacientes censura que sexan os comités operativos os que decidan as necesidades económicas dos acordos. \"Desde o punto de vista organizativo é un paso cualitativo no proceso de privatización da estrutura interna do servizo público\", critica. Para Abraldes a introdución da tecnoloxía de Medtronic por esa vía crea \"unha situación de dependencia absoluta\" dos seus servizos, que o voceiro de SOS Sanidade, Manuel Martín, sitúa \"nunha estratexia de alcanzar unha posición de monopolio na comercialización dos seus produtos\". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_13329", "summary": "O sindicalista foi condenado a seis meses de prisión após participar nunha mobilización en 2012.", "text": "Representantes dos sindicatos CIG, CCOO, UXT e CXT rexistraron na mañá desta segunda feira na sede da Delegación do Goberno español na Galiza unha solicitude de indulto, avalada por 5.500 firmas, para o ex secretario comarcal da CIG en Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, condenado pola Audiencia da Coruña por uns feitos ocorridos durante unha mobilización do sector naval en 2012, convocada polos comités de empresa de Poligal e Navantia para protestar contra as \"políticas de recortes\" do Executivo de Mariano Raxoi. Condenan o sindicalista López Pintos a seis meses de prisión por \"atentado contra a autoridade\" Ademais da solicitude e das sinaturas, tamén se entregaron algunhas adhesións aprobadas polos plenos de varios municipios de Ferrolterra, entre eles Ferrol, Narón, Ares, Neda e Cabanas, e por comités de empresa de varias compañías da comarca. No acto do rexistro estiveron presentes os secretarios xerais de CIG, Paulo Carril e de CCOO Galicia, Amelia Pérez, ademais de Jorge Ulla, en representación de UXT, e Xabier Losada, en representación da CXT. Para as organizacións sindicais, o indulto está xustificado porque a condena pretendía ser un \"escarmento á loita sindical e á mobilización social\". \"O sistema quere meterlle medo á xente e que non proteste\" Así, Carril detallou que, aínda que a Audiencia da Coruña acordou no seu momento a suspensión da pena, \"fai falta\" este paso adicional e que \"verdadeiramente se faga xustiza co compañeiro Pintos\", algo que \"pasa porque o Goberno español, que ten esta potestade política, lle conceda o indulto\". \"Criminalizar\" a mobilización social Segundo o secretario xeral da CIG, coa detención e o posterior procedemento xudicial \"non se buscaba unha condena contra Pintos como persoa individual, senón perseguir e criminalizar a mobilización como ferramenta para mellorar as condicións laborais e de vida\". A CIG mobilízase para esixir \"xustiza para Pintos\" Neste sentido, exixiu que o indulto ao ex secretario da CIG de Ferrol sexa \"como un símbolo de auténtica xustiza social ante as decisións inxustas dos tribunais, a defensa das liberdades e a posta en valor dunha vida de entrega na loita polos dereitos da clase obreira por parte de Pintos\". Por último, Carril criticou que \"a pesar dos compromisos programáticos e de contar coa maioría parlamentaria suficiente para facelo, o Goberno de PSOE e Unidas Podemos mantén plenamente vixente a Lei de Seguridade Cidadá e mesmo a reforma do texto que se está negociando\", o que lle levou a trasladar que \"nin sequera elimina os aspectos máis lesivos da mesma\". Razóns para o indulto Ao tempo que os sindicatos iniciaron a campaña de recollida de sinaturas, o BNG levou ao Congreso a petición de indulto a López Pintos. Neste sentido, o deputado nacionalista Néstor Rego alegou que \"este caso reúne as tres condiciones que se valoran para a concesión dun indulto: razóns de xustiza, equidade ou utilidade pública\". O BNG leva ao Congreso a petición de indulto a Anxo Pintos Rego lembrou que ao longo destas décadas concedéronse indultos a \"políticos corruptos, golpistas do 23-F ou banqueiros\", polo que \"resultaría sorprendente que non se concedese nun caso como é o de Anxo Pintos\", que \"só exercía a súa actividade sindical nunha concentración nunha época de crise económica moi dura\"."}
{"ID": "NOS_49744", "summary": "' The Washington Post' revelou unha lista de 50.000 teléfonos de todo o mundo que serían vítimas do programa de espionaxe israelí Pegasus.", "text": "A asociación sen ánimo de lucro 'Forbidden Stories', con sede en París, realizou unha investigación onde conclúe que no mínimo 50.000 móbiles foron obxectivos do programa espía Pegasus da empresa israelí NSO. The Washington Post publicou a lista onde figuran xornalistas, activistas, políticos, empresarios e disidentes gobernamentais ao redor de todo o globo. Na lista, onde aparecen supostos obxectivos e persoas de interese para os Gobernos clientes de NSO, figuran personalidades como a esposa e a prometida do xornalista disidente saudita Jamal Khashoggi, que en 2018 foi asasinado no consulado saudita de Istambul. Ademais hai xornalistas de medios como CNN, The Associated Press, Voice of America, The New York Times, The Wall Street Journal, Bloomberg, Le Monde, Financial Times, ElPaís ou Al Jazeera. Nunha nota de prensa, NSO negou todas as acusacións e ameazou ' Forbidden Stories' con \"presentar unha demanda por difamación\". Ademais, engadiu que as fontes que utilizou 'Forbidden Stories' carecen de \"base\". Con todo, a fonte de información da investigación foron as propias vítimas do hackeo. Amnistía Internacional (AI) realizou unha análise forense aos teléfonos que poderían estar a ser espiados no seu laboratorio de seguridade e así foi como conseguiron as probas para confirmar as sospeitas. Nun comunicado, AI subliñou que ese software espía utilizouse para \"facilitar a comisión de violacións de dereitos humanos a gran escala en todo o mundo\". A secretaria xeral da organización, Agnès Callamard, destacou que a información revelada \"pon ao descuberto que o software espía de NSO é a arma preferida dos gobernos represivos que tentan silenciar xornalistas, atacar a activistas e esmagar a disidencia, poñendo en perigo innumerables vidas\". Supostamente, só corpos policiais e Gobernos poden adquirir o programa Pegasus. A empresa defende que o programa se utiliza para interceptar redes de narcotráfico, pedofilia e prostitución e previr \"o crime e actos terroristas\"."}
{"ID": "NOS_53621", "summary": "Finalizou a vista oral que desde a segunda feira se seguía na Audiencia Nacional contra catro indepentistas acusad@ de pertenza a banda armada, tenza de explosivos e falsificación documental. @s imputad@s fixeron esta quinta feira uso da palabra para se declararen \"inocentes de todos os cargos\" e denunciar a \"vulneración do seu dereito á lexítima defensa\"", "text": "Un por un, María Osório, Eduardo Vigo, Roberto Fialhega e Antóm Santos fixeron uso do seu dereito de palabra no epílogo do xuízo que se seguiu esta semana contra eles na Audiencia Nacional e que esta quinta feira quedou visto para sentenza. @s catro declaráronse \"inocentes de todos os cargos\". Aliás, @s catro -que enfrentan cargos que suman penas que totalizarían 64 anos de prisión- denunciaron a vulneración do seu dereito á lexítima defensa. A defensa incidiu en que \"non hai armas, non hai ameazados, non hai vítimas, non hai extorsión...\" para deducir que \"non hai, logo, banda armada\" Unha denuncia que xa realizara unha hora antes o avogado Manuel Chao, letrado de dous dos acusados, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega 'Teto', e que interveu nesta quinta feira. Na xornada anterior producíranse as quendas do Ministerio Fiscal e dos avogados de María Osório e Antóm Santos. \"Non puidemos facer nin unha soa pregunta aos peritos do servizo de intelixencia\" Chao sinalou que, na súa opinión, non houbo un \"xuízo xusto e imparcial\". E debullou unha serie de exemplos que, ao seu entender, avalaban a afirmación. Así, fixo referencia a que \"esta defensa non puido facer nin unha soa pregunta aos peritos dos servizos de intelixencia\" presentados pola acusación. \"Falaron máis dunha hora un e media hora outro e non puidemos intervir nin unha soa vez nin sometelos a preguntas\". Manuel Chao, avogado defensor, denunciou que \"os peritos propostos por nós non puideron practicamente participar no plenario\". O avogado destes dous imputados tamén impugnou todas as traducións do galego ao español que hai no sumario. Fano pois, sinala, un funcionario \"recoñeceu que a tradución incorporada a este informe foi feita por unha persoa non titulada nin en galego nin en portugués\". Referencias constantes a persoas non imputadas Mais no transcurso destes catro días houbo tamén circunstancias que, recoñece a defensa, non deixaron de abraialos. Así, apunta Manuel Chao, os seus defendidos e os outros dous imputados apenas foron citados na vista oral. \"Non se falou deles, nin de que posto ocuparían nesa suposta organización, nin que facían, nin como foron captados,...\" O avogado sinala o feito de que a Fiscalía apenas citase nestes días @s acusad@s:\"Non se falou deles, nin de que posto ocuparían nesa suposta organización, nin que facían,...\" No entanto, proseguiu o letrado da defensa, \"aquí citouse a persoas que en palabras da propia Garda Civil viven na legalidade, están localizadas e accesíbeis: Arias Curto, Miguel García... mais non foron citados, nin o Ministerio Fiscal os chamou a declarar...\" \"Non hai probas de existencia de banda armada\" Para Chao ficou claro que non hai probas \"nin indicios probatorios sólidos\" que indiquen a existencia dunha banda armada en Galiza. Apuntou a que hai accións violentas anarquistas en Catalunya, Madrid... que son maiores ás que o Fiscal da Garda Civil atribúen aos independentistas; mais non son declaradas terroristas. \"Non hai armas, non hai extorsión, non hai ameazados nin victimas\", indicou Chao. Polo que, concluíu, non hai organización terrorista. \"Se hai en Galiza unha soa persoa que tema pola sua vida por estes actos...que veña deus e o vexa\", dixo Manuel Chao. O xuízo ficou visto para sentenza."}
{"ID": "PRAZA_16922", "summary": "O desecamento comezou en 1958, completándose varios anos máis tarde e provocando un moi importante dano medioambiental. Entidades coma a SGHN traballan na recuperación das antigas veigas e chairas de asulagamento, buscando recobrar a biodiversidade perdida e actividades tradicionais coma a gandaría extensiva", "text": "En 1958 comezaron as obras que levaron ao desecamento da Lagoa de Antela. Neste 2018 chega, pois, o 60 aniversario e o Concello de Xinzo de Limia vén de anunciar a organización dunha homenaxe aos traballadores que levaron a cabo as obras que acabaron con esta zona húmida. Nos traballos, que duraron varios anos, chegaron a participar un máximo de 70 traballadores, a finais dos 60, e varios dos lagoeiros chegados dende fóra da comarca ficaron a vivir na Limia. Non será a única actividade dedicada a lembrar o 60 aniversario da desaparición da lagoa. O Museo Etnográfico da Limia organizará unha mostra de imaxes extraídas do libro A memoria asolagada (Xerais, 1997), coordinado por Xosé Luis Martínez Carneiro.As importantes chuvias caídas este inverno anegaron os campos da Limia, prexudicando notablemente a produción de cereais e pataca. Este tipo de enchentes son habituaisNas últimas semanas o espazo que ocupaba a Lagoa de Antela é noticia ademais polos asulagamentos que unha vez máis se repiten no lugar. As importantes chuvias caídas este inverno anegaron os campos, prexudicando notablemente a produción de cereais e pataca. De feito, a asociación de produtores de pataca da Limia reclamou a declaración de zona de emerxencia para oito concellos da comarca. E o PSdeG-PSOE presentou unha moción na Deputación instando o ente provincial a sumarse á petición de que a zona reciba esta declaración. Este tipo de enchentes son habituais e repítense cada vez que A Limia ten unha estación chuviosa, recuperando as augas parte do terreo que sempre ocuparon.O 60 aniversario do inicio do desecamento é un bo momento para lembrar a historia destes traballos e da propia lagoa e tamén da importancia medioambiental deste humidal desaparecido, que ocupaba unas catro mil hectáreas de terreo (máis un espazo de enchente, en función das chuvias) na intersección dos actuais concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Sarreaus e Xinzo de Limia. A lagoa variaba a súa forma e dimensión, de forma estacional, chegando a medir sete por seis quilómetros no inverno, cunha profundidade que ía dende o medio metro ata os dous metros nalgunhas zonas.En 1956 o Instituto Nacional de Colonización impulsou o inicio do proceso. Nese ano a ditadura franquista publicou unha lei que declaraba de \"alto interese nacional\" as obras de desecamento e a posterior concentración parcelaria. En 1958 comezaron as obras, que moi rapidamente fixeron desaparecer a lagoa, pero que despois tardaron aínda moitos anos en acondicionar o espazo gañado ás augas, buscando o seu aproveitamento agrícola. O desecamento foi un desastre ecolóxico, desaparecendo unha parte moi importante da rica diversidade animal e vexetal do humidal, pero tamén foi un certo fracaso nos seus obxectivos de desenvolvemento agrario. Tivo efectos moi negativos sobre a a calidade dos solos, que ademais comezaron a sufrir dunha paradoxal ausencia de auga, e tivo que ser implementado un complexo sistema de rega.Serafín González subliña que \"non só foi un gran desastre ecolóxico senón que tamén as consecuencias sociais, económicas e demográficas foron moi negativas\"Serafín González ten analizado as consecuencias do desecamento en obras coma Aves da Limia. Dende a lagoa de Antela aos nosos días ou en Recuperación ambiental integral da Limia. Unha utopía necesaria... e posible! (descargable de balde neste enlace), explicando que se extinguiron dez especies de aves na Limia e unha a nivel ibérico: o ganso común, e subliñando que \"non só foi un gran desastre ecolóxico senón que tamén as consecuencias sociais, económicas e demográficas foron moi negativas\". González subliña ademais a deforestación que sufriu toda a contorna, desaparecendo numerosas veigas e vexetación de ribeira e unha rica paisaxe agraria constituída por un mosaico de terras cultivadas e pasteiros con sebes arborizadas.Como curiosidade, antes de 1958 foron varios os proxectos de desecamento da lagoa, todos fracasados. O primeiro deles data de 1827, retomado en 1848 e de novo en 1854 polos irmáns Mugártegui. Neste caso foi a forte oposición veciñal a que detivo as obras antes de comezar, a través dunha carta asinada por 300 cabezas de familia de Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos, preocupados polo efecto negativo que para a gandaría tería a desaparición da lagoa. Houbo novos intentos en 1868, 1874 e de novo en 1937 e 1949, pero non pasaron de simples proxectos sobre o papel. Nestas dúas imaxes (clica na parte central para deslizar o visor) pódese observar como era a Lagoa de Antela no ano 1956 (fotografía do voo americano) e o aspecto que presenta na actualidade (foto de 2014) Recuperar o humidal?A SGHN e outras entidades traballan na recuperación de veigas e chairas de asulagamento que desapareceron e apoiando o regreso de varias especies de avesÉ posible recuperar a zona húmida de Antela ou parte dela? É posible recobrar parte da biodiversidade que existía na comarca, así coma impulsar a gandaría que se viu prexudicadas pola desaparición da lagoa? Dende a SGHN lévase traballando dende hai anos instalando por exemplo niños para cegoñas, e na actualidade hai xa un cento de aves desta especie na Limia. Tamén se aposta pola recuperación das veigas e chairas de asulagamento que desapareceron (e que reaparecen en cada tempada de chuvias) así como das sebes arboradas e a actividade de pastoreo. A entidade está a levar a cabo un proxecto de limpeza na Veiga de Gomareite (Vilar de Barrio), unha antiga veiga asolagada polas augas da Lagoa de Antela e que ficara convertida nun vertedoiro de lixo e entulleira. Agora en parte desa veiga estase a desenvolver un proxecto de gandaría en extensivo e inténtase a recuperación da flora e fauna preexistente.Dende 1997, cada 2 de febreiro commemórase o Día Mundial dos Humidais, no que se destacan os valores medioambientais das zonas humidas, protexidas pola Convención de Ramsar, asinada por España, pero cuxos mandatos non se están a cumprir. \"Non é utopía, é necesidade\", destaca a SGHN, que alerta do \"colapso hidrolóxico na Limia\". \"Só falta que alguén con capacidade de liderado e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela\", afirmou Delmar Blasco (secretario xeral da Convención de Ramsar entre 1994 e 2001).\"Só falta que alguén con capacidade de liderado e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela\", afirmou Delmar BlascoDe igual xeito, en Recuperación ambiental integral da Limia. Unha utopía necesaria... e posible!, Serafín González e Antonio Villarino escriben \"Nos albores dun novo milenio podemos continuar esnaquizando os retallos naturais que aínda subsisten na Limia, e hipotecar definitivamente o seu futuro económico e ecolóxico, podemos seguir lamentándonos da perda dun agroecosistema único ou podemos, dunha vez por todas, comezar a reparar os antigos erros e construír as bases dunha explotación sostible dos recursos naturais da Limia que implica, necesariamente, a rexeneración da dinámica hidrolóxica e a recuperación do mosaico de zonas húmidas, arborizadas, cultivadas e pastoreadas. ¿A qué agardamos?\"."}
{"ID": "NOS_2459", "summary": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou que a ultradereita pretenda eliminar politicamente todas aquelas formacións que non pensan como eles e lembrou os resultados das pasadas eleccións ao Parlamento galego en que o BNG obtivo 19 deputados e deputadas e Vox 0. A Mesa do Congreso impediu a tramitación dunha emenda do BNG para convocar un referendo e decidir entre monarquía ou república.", "text": "O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, manifestou esta terza feira, 15 de steembro, o seu rexeitamento á proposición de lei presentada por Vox para a ilegalización do BNG e doutras forzas soberanistas vascas e catalás. O deputado galego cualificou a forza de Santiago Abascal de partido franquista, após o dirixente ultradereitista aseverar no debate que o actual Goberno é o peor \"en 80 anos\", comparándoo así coa etapa da ditadura. \"Queren ilegalizarnos porque seguimos defendendo a liberdade do noso pobo\" salientou Rego, após lembrar \"o absurdo de que a ultradereita fascista pretenda ilegalizar forzas políticas democráticas (...) que loitaron pola liberdade durante a ditadura e pagaron un alto prezo por iso, con millares de represaliados, exiliados e mortos\". O deputado do Bloque lembrou o galeguista Alexandre Bóveda, fusilado en 1936, e o dirixente nacionalista Moncho Reboiras, asasinado en 1975. \"E no medio, 40 anos de terror, que vostedes añoran\", sinalou. Referendo En relación cunha iniciativa de Unidas Podemos para que CIS pregunte sobre a monarquía, Rego sinalou que \"fica curta, pois o que hai que facer é preguntar formalmente a cidadanía sobre o modelo de Estado\". Por esa razón, rexistrou unha emenda instando o Goberno a convocar un referendo para decidir entre monarquía ou república. Finalmente, a Mesa do Congreso impediu a súa tramitación, alegando que non é competencia do Goberno. \"Ao parecer non poderemos votar (...) e creo que todas as forzas políticas somos conscientes de que, tras o descrédito dos Borbóns corruptos, a monarquía ten os días contados\" dixo o deputado."}
{"ID": "NOS_56125", "summary": "A flota artesanal, con 718 embarcacións menos, e a de altura que faena en augas comunitarias, as máis afectadas", "text": "O mar na Galiza é unha fonte de emprego e de riqueza, un sector produtivo que non só se debe medir en base a estes parámetros, senón que forneceu ao longo da historia ao país dunha parte cosubstancial da súa identidade. De aí que a perda de peso da súa flota pesqueira nestes anos sexamoito máis que unha perda de empregos e capacidade produtiva. Nos últimos anos, o censo da flota pesqueira galega perdeu 831 embarcacións, a maior parte das mesmas (718) no sector da flota de baixura ou artesanal, a que fornece de máis postos de traballo. Mais tamén se perderon barcos na flota de altura, aquela que faena en augas comunitarias, e que pasou de ser de 144 buques en 2004 a 97 en 2011. Neste grupo, o arrastre (con 46 barcos menos) foi o máis prexudicado. Abandono da actividade O ingreso da Galiza na UE conlevou a aplicación de fortes medidas de reestructuración da flota pesqueira, non só da que faenaba en augas 'nacionais' senón tamén nas comunitarias. De feito, boa parte das achegas europeas a Galzia van destinadas a desguaces e abandono da actividade, máis que a modernización da flota. Unha situación que padece especialmente o sector da baixura."}
{"ID": "NOS_5405", "summary": "Representantes de tres colectivos de pensionistas da Galiza valoran a suba de 0,9% anunciada polo Goberno estatal. Porén, destacan a necesidade de aumentar esa porcentaxe nas pensións mínimas, dunha lei pública de pensións ou de rematar coa fenda de xénero.", "text": "Un avance nun camiño do que queda moito por andar. As tres mulleres consultadas por Nós Diario coinciden na súa análise da subida de 0.9% das pensións, anunciada pola coalición PSOE-Podemos. Manuela Fraguela, do colectivo de pensionistas de Compostela, Susana Méndez, do colectivo de traballadoras xubiladas da Conferencia Intersindical Galega e Olga Otero, pensionista e integrante do Sindicato Labrego Galego (SLG) reclaman ligar por lei as pensións ao Índice de Prezos de Consumo (IPC), subir as mínimas para equiparalas, cando menos, ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ou combater a fenda de xénero. Manuela Fraguela atende a este medio por teléfono desde o salón de peiteado onde cortan o pelo a seu neto. \"É o traballo que nos toca ás persoas da miña xeración\", afirma. Acolle con satisfacción a medida anunciada polo Goberno estatal, mais recalca que para as pensións mínimas e medias ten moi pouco ou pouco impacto. \"E esas supoñen 80% das pensións do país\", di. Susana Méndez cualifica o anuncio de \"pequena pincelada\" para \"contentar\". \"O urxente é derrogar as dúas reformas das pensións do Goberno de Mariano Rajoy en 2011 e 2013, que a día de hoxe seguen afectando negativamente ás pensións\", afirma. Aquelas reformas, lembra Méndez, dificultaron o acceso ás prestacións e introduciron o \"factor de sustentabilidade\", ligándoas á esperanza de vida. \"Estamos aburridas e aburridos de escoitar declaracións de que as pensións non son viábeis\", denuncia a sindicalista, \"non é máis que volver facer pagar á clase traballadora, nun sistema capitalista, polos beneficios dunha minoría\". Para ela o problema non reside \"no gasto\", senón \"nos ingresos\". \"Cómpre derrogar tamén as reformas laborais, pular para acadar un mercado laboral máis estábel\", reclama. Á cola do Estado Na Galiza viven 350.412 mulleres e 339.164 homes que perciben algún tipo de pensión. É o segundo territorio do Estado coa media de pensións máis baixas, despois de Estremadura. En decembro, a pensión media situábase nos 845,9 euros e a media de xubilacións en 961,04 euros. Cifras baixas, pero non tanto como as pensións de viuvez, de 601 euros mensuais ou a do réxime de autónomas, de 597 euros. Unha vez aplicada a medida do Goberno estatal as pensións mínimas, que recibe 30% da poboación galega, fican en 648,7 euros as das persoas xubiladas con cónxuxe; en 683,5 euros as das xubiladas en vivendas unipersoais, e en 639,5 euros as de viuvez en ou en 790,7 euros en caso de que a pensionista conte con familiares ao seu cargo. Todas as modalidades das pensións mínimas continúan afastadas do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), fixado en 900 euros mensuais, e das recomendacións recollidas na Carta Social Europea, que fixa as pensións mínimas en 1080 euros mensuais. Fenda de xénero Ao desagregar os datos das pensións medias na Galiza debúllase a fenda de xénero entre mulleres e homes. En decembro de 2019, as mulleres recibían de media unha pensión de 671,86 euros fronte os 1.041, 63 euros dos homes. Tan só en oito municipios dos 314 do país as mulleres cobran unha pensión superior ao SMI actual. Estes son Abegondo, A Coruña, Oleiros, As Pontes, Ferrol, Compostela, Pontevedra e Vigo. Esta fenda agrávase no caso das mulleres pensionistas de áreas rurais. Olga Otero, veciña dunha parroquia de Chantada e voceira da semente da secretaría de persoas xubiladas do SLG, expón a difícil situación dela e das súas compañeiras. Ela traballou durante boa parte da súa vida nunha explotación láctea familiar, atendendo tamén aos porcos, á horta e outras tarefas do fogar. Seu home, a maiores dos labores na granxa, traballaba como albanel. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_37701", "summary": "Demandarase certificado de vacinación ou test negativo para acceder aos locais de hostalaría.", "text": "A Xunta estuda estabelecer unha limitación dos encontros sociais co obxectivo de reducir os contaxios da Covid-19, que continúan en aumento. Na cuarta feira transcenderán as decisións tomadas na reunión de hoxe entre o Executivo Galego e as expertas e expertos do Comité Clínico -que asesora a Consellaría de Sanidade para o control da pandemia- e que previsibelmente entrarán en vigor o sábado 24. Xa se adiantara que a redución das reunións era un dos temas que estaba sobre a mesa de negociacións. É dicir, estaba previsto analizar os beneficios dunha restrición nas reunións tanto en espazos interiores como exteriores. Outra das medidas a tratar era restabelecer o uso da máscara en determinadas situacións. Doutra banda o Comité Clínico afondou nunha medida avanzada xa polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo: a exixencia de presentar o certificado de vacinación ou unha proba diagnostica negativas para acceder a locais de hostalaría naqueles concellos cunha incidencia alta. \"Non hai risco de colapso hospitalario pero hai un incremento nas unidades de coidados intensivos e de hospitalización que nos preocupa e imos tentar atallar dentro das posibilidades que temos\", afirmou antes de precisar que \"a hostalaría cando está ben pautada non é o principal foco de contaxio\", mais \"pediremos que as usuarias da hostalaría acrediten a súa situación epidemiolóxica e a súa situación de inmunidade e, a partir de aí, tomaremos decisións\", precisou. Soben os casos activos Tamén na terza feira Galiza volveu superar a barreira dos 12.000 casos activos, unha marca que logrou salvar a mediados do pasado mes de febreiro, mais nun escenario de vacinación menos optimista que o actual. A inmunidade da poboación galega avanza. Perto de 66% das persoas obxectivo da campaña xa contan coa pauta completa e 74% recibiron polo menos unha dose. Neste contexto o avance dos contaxios non amosa, de momento, indicios de contención, cunha incidencia acumulada a 14 días que segue a superar o limiar dos 1.500 casos por cada 100.000 habitantes tanto entre o grupo de 20 a 29 anos -1.719- como de 12 a 19 - 1.608-, ambos os dous pendentes de acceder á vacinación masiva contra a Covid. Así, segundo o último balance de cifras actualizado pola Consellaría de Sanidade, Galiza sumou nas últimas 24 horas computadas polo Sergas perto dun milleiro de novos casos activos que elevan a 12.037 as persoas cunha PCR positiva. Os novos positivos diarios venceron outra vez a barreira do millar. O Servizo Galego de Saúde rexistrou 1.165 contaxios novos que manteñen a taxa de positividade na contorna de 12%, lonxe de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Esta porcentaxe, sumada á da trazabilidade dos casos diagnosticados, que non alcanza 50%. A proporción de casos dos que non se coñece a orixe é outro dato fundamental para o control da Covid e o traballo da central de seguimento de contacto . Hospitalizacións O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus tamén subiu nas últimas horas. Ascendeu até os 149 pacientes ingresados, nove máis. Destes, 128 recupéranse en unidades convencionais, nove mais que a xornada anterior, mentres que nas áreas de críticos continúan sen cambios, con 21 persoas ingresadas. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe nas de Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra, mentres que descende lixeiramente nas da Coruña, Lugo e Santiago. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid na Galiza desde o inicio da pandemia aumentaron a 2.443."}
{"ID": "NOS_34893", "summary": "Desigual xornada na Segunda División do fútebol estatal para as equipas galegas. O Lugo foi superior ao Zaragoza no Anxo Carro (1-0), mentres que o Dépor non estivo á altura das circunstancias na súa visita a Murcia (1-0).", "text": "O sábado, un Lugo intenso desbordou o Zaragoza e empoléirase ao play off de ascenso coa décima vitoria do curso. A equipa de Setién totaliza xa 37 pontos, a só cinco da lideranza da táboa. O Lugo estivo espléndido e percutiu magnificamente polas bandas face un Zaragoza que en ningún momento estivo cómodo sobre o Anxo Carro. En realidade, só existiu unha equipa, a de Setién, excelente no manexo da bola, como adoita, e xenerosísima no traballo físico. Non están prohibidos os soños no Anxo Carro Tocou teito o Lugo? Difícil é sabelo, esta é unha equipa que está explorando os seus limites e que, como o Eibar, líder momentáneo da clasificación, está perfeitamente capacitada para, nunha Segunda División marcada pola igualdade estrema, esgotar a capacidade de asombro da súa freguesía. Non están prohibidos os soños no Anxo Carro. Centrocampismo sen sentido A historia do Deportivo en Murcia foi moi outra. Sen a bússola de Juan Domínguez, a equipa de Fernando só existiu as veces, tres ou catro accións na primeira metade, en que Salomão estivo en ON. Cando pasou a OFF, o Deportivo desapareceu, atrapallado por un centrocampismo sen sentido. Naufragou Rabello, excesivamente inmaduro para se botar a equipa ao lombo na dirección de xogo. Cando Salomão pasou a OFF, o Deportivo desapareceu, atrapallado por un centrocampismo sen sentido Na segunda metade, xa co 1-0 en contra no taboleiro de marcas, nado do enésimo gol a balón parado que encaixa o combo coruñés, o Deportivo só existiu en dous lances de Luisinho por banda esquerda. Escasísima bagaxe para unha equipa que, con esta derrota, cede a lideranza en solitario, que agora partilla, a igualde de pontos, co Eibar."}
{"ID": "PRAZA_6005", "summary": "Pedro Sánchez é o candidato máis avalado no conxunto do Estado. O apoio colleitado polo deputado vasco na provincia ourensá é interpretado como unha mostra de fortaleza dos afíns a Pachi Vázquez.", "text": "O primeiro acto das eleccións primarias que servirán para designar o vindeiro secretario xeral do PSOE, a recolleita de avais para o nomeamento de candidatos, inclina a balanza no PSdeG a favor do deputado Pedro Sánchez Castejón. O deputado madrileño obtivo en Galicia 2.521 dos 4.164 avais emitidos en Galicia mentres que o aspirante vasco a suceder a Rubalcaba quedou en 1.354. Lonxe de ambos está o referente de Izquierda Socialista, José Antonio Pérez Tapias, que tivo en territorio galego un total de 289 avais. Ademais de poder atribuírlle a Sánchez unha maior capacidade de mobilización tanto en Galicia como no conxunto das federacións socialistas, toda vez que foi o que máis avais obtivo no conxunto do Estado, os resultados territorializados que a dirección do PSOE accedeu a publicar este domingo deixan tamén unha lectura en clave netamente galega. Mentres que Pedro Sánchez foi o candidato máis avalado na Coruña, en Pontevedra e, sobre todo, en Lugo, Madina foi quen tivo máis apoios en Ourense, 445 fronte a 230. O apoio de Ourense a Madina é interpretado como unha mostra de forzaleza dos afíns a Pachi Vázquez Esta diferenza na provincia ourensá é relevante para o PSdeG toda vez que a militancia e dirixentes máis afíns ao ex secretario xeral, Pachi Vázquez, apoiaron abertamente a Madina. Así, por exemplo, a deputada no Congreso Laura Seara foi unha das encargadas de presentar os avais de Madina na sede federal do PSOE. Deste xeito, a marea de apoios para Madina en territorio ourensán e o contraste co resto do país pode ser lido como unha demostración de forza do que foi coñecido pachismo na súa provincia de orixe. Igual que en Galicia, no resto do Estado Pedro Sánchez foi tamén o candidato máis avalado. Destaca o seu resultado en Andalucía, a federación con máis peso orgánico no partido onde Sánquez quintuplicou a Madina, con 14.300 avais fronte a pouco máis de 2.600. Eduardo Madina, pola súa banda, amosouse especialmente forte noutra praza histórica do socialismo español, Extremadura. Tamén conseguiu gañar en avais en Euskadi, Catalunya, Asturias, Murcia e Cantabria."}
{"ID": "PRAZA_43", "summary": "Este sábado estréase no CGAI o filme Josman (#dMudanza), que documenta o peche deste videoclube coruñés, o segundo máis grande de España, despois de 30 anos de actividade.", "text": "Hai unhas semanas pechaba na Coruña o videoclube Josman, despois de 30 anos de actividade. Todos os meses pechan nesta e en calquera cidade pequenos comercios, pero o Josman non era un comercio máis e tampouco era un videoclube máis. Era, posiblemente, o segundo máis grande de España, tras o Vídeo Instan de Barcelona, e chegou a ter máis de 17 mil clientes. A súa historia é a historia do consumo de cinema nas últimas tres décadas (a guerra VHS-Beta, milleiros de estras, a procura de filmes singulares, a chegada do DVD, a chegada de Internet...) e é a historia mesma do cinema. Todo iso fíxoo merecedor dun filme que documentase o seu peche, Josman (#dMudanza), dirixido por Iago González e que este sábado se estreará no CGAI a partir das seis da tarde. \"Todos os que nos anos noventa fagocitabamos cine na Coruña acabábamos aí, porque era o templo do cinema na cidade. Era o lugar onde podía atopar filmes raros, que a outros sitios non chegaban\", destaca o director, que engade que \"aínda que para moita xente pasaba desapercibido, isto pertencía á cidade e ten moita historia detrás. Aos que temos o noso corazonciño cinéfilo dóenos ver como pecha\". O filme amosa as últimas horas deste negocio polo que todos os e as amantes do cinema na cidade (e mesmo de fóra) pasaron algunha vez, e faino sobre todo a través das voces de Julia Sánchez e Manolo Rioboo, os seus responsables. \"Dende fóra tal vez sexa outro peches comercial nunhaemblemática rúa coruñesa, pero na historia de Julia e Manolo hai 30 anos de mimo e coidado á clientela; de adaptación á tecnoloxía e á lexislación; da falta de evolución dun sector, o cinema, que carece dela dende moito antes de que os novos medios nos foran invadindo. Na súa historia persoal collen moitas historias\", destaca. Josman pecha pola dificultade de facer viable un negocio deste tipo nestes momentos en España. Xa nos anos anteriores tivera que ir superando moitos obstáculos, ás veces motivados polos cambios de formato, pero sempre fóra saíndo adiante. Para Iago González, os videoclubes \"son un negocio condenado a desaparecer, sobre todo tendo en conta que o actual marco lexislativo non lles permite adaptarse aos tempos\". Pero destaca que isto non tería por que ser inevitable: \"Mesmo tendo en conta a piratería e internet, os videoclubes seguramente poderían subsistir se se regulasen doutro xeito as fiestras de exhibición das películas e os tempos a partir dos cales se pode sacar un filme á venda\"."}
{"ID": "PRAZA_7630", "summary": "En febreiro chegará ás librarías a nova aventura de Tintimán. Aproveitamos a ocasión para falar con Santiago Jaureguizar de literatura e de asuntos da actualidade cultural do país.", "text": "A mediados do próximo mes chegará ás librarías a nova aventura de Tintimán, un xornalista mozo, aventureiro e fachendoso que en dúas entregas anteriores investigou senllas conspiracións históricas nas cidades de Santiago de Compostela e na Coruña. O personaxe, creado polo escritor e xornalista Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), visitará nesta ocasión Vigo para deitar luz sobre a aparente desaparición dos galeóns de Rande. Baixo o título Amor de Serea. Unha aventura para Tintimán en Vigo, Jaureguizar vólvelle dar vida a esta personaxe. Aproveitamos a ocasión para falar co escritor de Tintimán, de literatura e de asuntos da actualidade cultural do país como a situación da Real Academia Galega. \"O alcalde Cabaleiro sería un alcalde recoñecible... Si, eu sempre meto cousas recoñecibles\" Que vai investigar Tintimán desta volta? A novela chámase Amor de Serea. E o que acontece en Vigo é que desaparecen os galeóns de Rande, non se sabe nada dos pecios que están no fondo da Ría. Hai unha serie de persoal técnico da Xunta, xente de Patrimonio, que está investigando os pecios e, cun sónar, non os dan atopado, non saben que pasou con eles. Haberá personaxes recoñecibles como nas anteriores entregas? É dicir, coarase algún alcalde semellante a Cabaleiro, por exemplo? O alcalde Cabaleiro sería un alcalde recoñecible... Si, eu sempre meto cousas recoñecibles. Son xornalista e sempre hai algunhas referencias a cousas reais. Por exemplo, desaparecen os galeóns e daquela o director xeral de Patrimonio, que se chama Marcos Calveiro -curiosamente chámase igual ca un escritor de Vigo- decide recorrer a Tintimán para que investigue de xeito discreto o que aconteceu cos galeóns. Daquela el comeza a investigación e atopa, coma sempre, unha banda de malvados. \"O que intento, coma noutros dous libros, é contar historias dunha cidade, de Vigo neste caso\" Teremos daquela tamén máis detalles, máis referencias á realidade? Claro, a novela transcorre en Vigo. Xa dende o comezo, hai moitas referencias ao Vigo actual. Aparece o Sereo, a Porta do Sol, o Museo do Mar... E tamén hai referencias ao Vigo histórico. Aí xorde un protagonista que é Sanjurjo, o home que fixo o primeiro submarino, por chamalo dalgún xeito. Era un navío de guerra, un aparello que se podía mergullar só. Fíxose durante a Guerra de Cuba, Sanjuro inventou o submarino daquela. Esa é unha personaxe importantísima, tamén pola súa conexión con Xulio Verne, home que coñeceu cando o iate do francés atracou en Vigo, algo que fixo en dúas oportunidades. Acabaron por se cartear. O que intento, coma noutros dous libros, é contar historias dunha cidade, de Vigo neste caso. Dou trazos, non pretendo facer un relato histórico, pero si dou lufadas desa historia da cidade, como a loita cos franceses ou ese Vigo industrial nacente do século XIX que representa Sanjurjo Badía. \"A idea era facer unha trama por cada unha das cidades. Daquela fixen Santiago e A Coruña. Agora vai Vigo, Lugo a ver se este ano\" Haberá daquela aventuras de Tintimán por cada cidade, imaxino? Tamén haberá por vilas? O proxecto de Tintimán estaba pensado así dende o seu comezo, en 2010. A idea era facer unha trama por cada unha das cidades. Daquela fixen Santiago e A Coruña. Agora vai Vigo, Lugo a ver se este ano. Máis tarde virán Ourense, Ferrol e despois Pontevedra. Ten vostede todo planificado xeograficamente. Si, si está planificado. Mesmo espero poder escribir un Tintimán en Ribadeo, pero iso é un capricho do autor, porque me criei alí. Tintimán investiga sempre un misterio relacionado coa historia da cidade. A miña intención é que os rapaces coñezan mellor a historia da súa cidade a través dunha novela que pretendo que sexa entretida. No caso de Santiago, lembro a historia de Xelmírez. Na Coruña, a batalla de Elviña. No caso de Vigo, están os galeóns e tamén a reivindicación de Sanjurjo como un industrial de relevancia que quedou no esquecemento. Como será no caso de Lugo? O caso de Lugo será sobre a muralla. Atópanse os planos orixinais da Muralla e hai uns malos que queren facerse con eles. A trama sucederá durante as festas do Arde Lucus. Estou a escribir agora a historia. \"Cando escribín isto, non se me ocorría pensar que podíamos ter un documento tan importante como o Códice con tales medidas de seguridade que un electricista puidese levalo\" Se un le agora a historia de Tintimán na Catedral de Santiago, pensa que se puido quedar curto coa trama con todo o que pasou co Códice e con ese personaxe que é o antigo deán. Podemos dicir ese tópico absoluto de \"a realidade supera a ficción\"? Na historia, Tintimán entra pola noite nos Arquivos Catedralicios... Cando escribín isto, non se me ocorría pensar que podíamos ter un documento tan importante como o Códice con tales medidas de seguridade que un electricista puidese levalo. Claro, iso nunca se me ocorreu. A realidade, case sempre, supera a ficción. Ti contas nunha novela o caso do Calixtino e non cho cren. Non lle preocupa que un rapaz incauto lea Tintimán e quede coa idea do romanticismo da redacción e do xornalismo e chegue un día en que diga algo así como \"Mamá, quero ser xornalista\"? Eu nunca lle vou quitar a ilusión a ninguén de ser xornalista. É un oficio, unha profesión apaixonante. Vale, prefiro que aos meus fillos non se lles ocorra, pero ese romanticismo ten a súa base e resulta ser unha profesión interesantísima que cambia continuamente. Eu nunca lle diría que non a ningún rapaz... Sobre todo porque o mundo de aquí a dez anos vai dar moitas voltas. Estamos nun momento complicado, pero todo dá voltas, todo xira e todo volverá estar mellor. Son ciclos, pero sempre volven os ciclos bos. Polo menos iso espero, tamén pola parte que me toca. \"Os señores que mellor constrúen novelas neste país son os escritores para rapaces. Aí están Fernández Paz, Xabier P. DoCampo, Calveiro... Pero a fama lévana os poetas que escriben sen saber como se fan novelas\" Voulle facer a típica pregunta sobre a literatura infantil e xuvenil. Ten o suficiente prestixio tendo en conta o contexto galego, a súa relevancia? Hai unha visión, un prexuízo sobre a literatura infantoxuvenil? Non é un tema que me preocupa excesivamente o que pensa a xente sobre a literatura, pero está claro que a mellor literatura que se fai neste país é a que se fai para rapaces. Tanto se a xente o quere recoñecer coma se non. Os señores que mellor constrúen novelas neste país son os escritores para rapaces. Aí están Fernández Paz, Xabier P. DoCampo, Calveiro... Resúltame obvio, pero que a fama a levan os poetas que escriben sen saber como se fan novelas... Pois iso é así. Realmente hai un culto á lingua que eu entendo excesivo... Non a lingua en si, senón a unha riqueza lingüística que eu entendo que non é propio dunha novela nin precisa unha novela. O que pasa neste país, como estamos con ese medo a que se nos perda o idioma, pensamos que temos que defender as obras con gran riqueza lingüística, aínda que realmente non haxa detrás unha técnica novelística mínima. \"Neste país, acontece algo que non acontece noutros país: Temos sempre no podio aos poetas. Paréceme ben, xa que non reciben compensación económica polo seu traballo, que reciban compensación de admiración\" Cre que hai un exceso de militancia niso, en defender en cada liña... Hai unha pesadez que xa nos vén dende Otero Pedrayo e que continuou despois con outros autores que tiñan unha obsesión por defender que non se perdan as palabras, como se as palabras fosen cada unha unha árbore. Iso non acontece nas novas xeracións, Diego Ameixeiras, por exemplo, sabe como se fan as novelas... Pero antes del e doutros houbo uns señores que se pasaron da poesía á novelística porque se vendía máis libros, e fixéronnos crer a todos que coñecían as técnicas da novela cando non é certo. E aínda brillan coma grandes escritores, non? Neste país, acontece algo que non acontece noutros país: Temos sempre no podio aos poetas. Paréceme ben, xa que non reciben compensación económica polo seu traballo, que reciban compensación de admiración. Un pode ser un bo poeta, mais iso non quere dicir que teña dotes para facer novelas. Son campos moi distintos. No seu blog, O Cabaret Voltaire, falou en varias ocasións sobre a Academia, sobre as vacantes que houbo en anos anteriores e falaba vostede da ausencia da Literatura Infantil e Xuvenil na RAG. Agora que está por decidirse se entra Fina Casalderrey ou Chus Pato na Academia -que por certo ten outros problemas sobre orzamentos e escándalos agora mesmo-, que lle parecen estas candidatas? [Lembramos que esta entrevista con Jaureguizar realizouse antes de que o venres a RAG decidise que Casalderrey sería a nova académica de número] Evidentemente, con todos os respectos a Chus Pato, eu vou apostar sempre pola Literatura infantil e xuvenil. Paréceme que hai poesía abonda representada na RAG, pero segue sen haber literatura infantil. A miña aposta clara é por Fina. Agora ben, a Real Academia Galega ten que facer unha gran operación de recuperación da súa imaxe, despois de todo o que acabamos de ver agora. Penso que o primeiro que ten que facer a RAG é explicar as súas contas, as súas actividades e que nos expliquen en que van gastar os milleiros de euros que lles vamos dar todos os galegos este ano. É dicir, nestes momentos quen entre na Academia ten unha importancia relativa, hai que aclarar outras cousas. A RAG ten a súa imaxe polo chan e ten que abrir as portas, as ventás e explicar as contas, quen traballa alí e por que motivos. Sobre todo porque estanlle a facer un dano tremendo á institución. Cando falas coa xente da rúa sobre a RAG; non che preguntan sobre cando sae o seu novo dicionario. Non, falan do que falan. É primordial que expliquen as contas, en que andan a gastar o diñeiro. \"A RAG ten a súa imaxe polo chan e ten que abrir as portas, as ventás e explicar as contas, quen traballa alí e por que motivos\" Podería ser un traballo para Tintimán ese? [Risos] Non, Tintimán só investiga cousas serias e a Academia, neste momento, ten a imaxe polo chan. Primeiro teñen que solucionar este problema. O que non poden dicir é que, como saíu o asunto todo nos periódicos, a culpa é dos periódicos. Mira, que a culpa foi e é de quen a fai. Dirán que malos os periódicos. Non, diso nada. Que malos serán os señores que fixeron cousas que non deberían facer. Xa sei que a RAG non ten que render contas, pero non sei por que. Non sei o motivo. Por que non ten que render contas se anda con diñeiro público? Iso nun país normal non pasaría. Pero Galicia é un país como é. Iso non pasaría nos países nórdicos. Ou en Alemaña. Non sei se por alá hai institucións que reciben cartos públicos e non diga en que os gasta. De feito, aquí tamén temos o Consello da Cultura Galega que si explica no Parlamento en que gasta os cartos. Volvamos a Tintimán. Que acollida ten entre os rapaces este personaxe? Como cre que reciben a Tintimán? Non é que crea, é que sei como reciben estes personaxes. E, a verdade, recíbeno moi ben, está sendo lido por moitos rapaces. A novela de Tintimán en Santiago xa vai pola terceira edición e o da Coruña, pola segunda. A reacción dos rapaces é moi positiva, xa que están descubrindo que poden ler en galego cousas divertidas. Eu intento que sexa un labor bo para a lingua. Non identificar o galego con cousas que non comprende e que non lles intereses. A reacción é moi boa porque os rapaces identifícanse coa personaxe, coas aventuras. Tintimán é un rapaz... A, verdade, sempre tiven unha discusión grande sobre o machismo do personaxe, se é machista... Pero vaia, estes libros dánme moitos temas para tratar cos rapaces, para falar con eles. Temas como o machismo, que é un tema que sae moitas veces. Mais tamén sae o tema da prensa, da historia, das súas cidades... \"A reacción dos rapaces é moi positiva, xa que están descubrindo que poden ler en galego cousas divertidas\" O machismo dálle problemas? Si. A ver, deume problemas porque digamos que houbo persoas que me identificaron coa personaxe. Eu o que fago é unha caricatura da personaxe. E esa personaxe é un rapaz de 16 anos evidentemente machista e está feito así a mantenta. Eu entendo que o ridiculizo nas novelas, pero hai xente que o entende en sentido literal. Pero claro, o sentido do humor é algo moi particular e cada quen o entende como o entende. Eu escribín as novelas con esa intención. Vaia. De feito nesta de Vigo si que recargo máis a caricatura do personaxe. Porque houbo xente que cre que eu defendo as súas posturas e non se me ocorre. Eu, cando creo o personaxe, non estou pendente de cuestións sociais ou políticas, eu estou pendente de se resulta cribe, coherente."}
{"ID": "PRAZA_15101", "summary": "A cita cultural que comezará en Pontevedra o 30 de novembro conta cun orzamento -250.000 euros- notablemente inferior ao de eventos semellantes coma o Mercat de Música Viva de Vic ou a Feria de Industrias Culturales de Andalucía: 1 e 3 millóns, respectivamente", "text": "Neste tempo de crises, en plural, encadeadas e superpostas, que afectan ás industrias da cultura e da comunicación coma a poucos outros ámbitos, non estamos afeitos a dar boas novas. E o Culturgal é unha desas boas novas. A súa continuidade e boa saúde a pesar de todo. Pontevedra acollerá do 30 de novembro até o 2 de nadal unha nova edición desta cita cultural que presenta o máis activo da creación galega actual. E faino mantendo a calidade dos anos anteriores cun lixeiro descenso do seu orzamento total. Serán 250.000 euros, algo menos que os 290.000 do pasado ano e dos 260.000 de 2010, unha diminución que se explica pola caida na achega que realiza a Xunta, que pasa de 230.000 euros a 170.000 Serán 250.000 euros, algo menos que os 290.000 do pasado ano e dos 260.000 de 2010, unha diminución que se explica pola caida na achega que realiza a Xunta, que pasa de 230.000 euros a 170.000 -150 mil euros a través de AGADIC e 20 mil a través da SXPL-. Este recorte compénsase en parte polo meirande esforzo que realizan tanto o Concello de Pontevedra (36.000 euros, un 20% máis ca en 2011) coma o Ministerio de Cultura (23.000 euros, o dobre que en 2011). Lonxe en calquera caso das cifras de 2008: 400.000. E mesmo así o Culturgal segue gozando de boa saúde, ofrecendo un abano de espazos, presentacións e actuacións que non ten nada que envexar ás doutras feiras culturais que se celebran no Estado. Culturgal segue gozando de boa saúde, ofrecendo un abano de espazos, presentacións e actuacións que non ten nada que envexar ás doutras feiras culturais que se celebran no Estado Así, por exemplo, podemos falar do Mercat de Música Viva de Vic, que acada este ano a cifra de 923.100 euros. Ou s Fira Tàrrega Teatre al Carrer, tamén en Catalunya, con 1,2 millóns de euros. Ou a Fira Mediterrània de Manresa cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Ou mesmo a Feria de Industrias Culturales de Andalucía, que é máis dificil de comparar, dado o seu carácter bianual, e que contaba con case tres millóns de euros de presuposto até a súa suspensión."}
{"ID": "NOS_10052", "summary": "Unha representación da Executiva do sindicato foi recibida polos máximos responsábeis da Consellaría nun encontro que a CIG-Ensino centrou na mellora das condicións de traballo do profesorado e do ensino público galego.", "text": "A Confederación Intersindical Galega (CIG) mantivo unha reunión co conselleiro de educación Román Rodríguez na cal insistiu especialmente na recuperación de dereitos laborais perdidos, na situación da pandemia e a saúde laboral, no contexto de incerteza da profesión docente, nos procesos selectivos que terán que convocarse neste 2022 en aplicación da Lei 20/2021 e na xestión do profesorado interino. A atención á diversidade, a situación da escola rural ou a negociación dun plan de igualdade para o persoal docente tamén estiveron presentes nos temas trasladados polo sindicato maioritario. A recuperación dos dereitos e a mellora das condicións de traballo A redución da carga lectiva directa do profesorado a 18 horas na educación secundaria e a 21 horas na educación infantil e primaria foi unha cuestión central nos temas tratados, coa demanda da CIG-Ensino de aplicala xa no curso 2022-23, non só como o dereito a recuperar as condicións de traballo que tiñamos senón como un recoñecemento por parte da administración de dar resposta á sobrecarga de traballo lectivo que hoxe afronta o profesorado galego. Ao mesmo tempo, desde a CIG lembráronlle ao conselleiro que o principal problema para unha correcta atención educativa e o desempeño do traballo docente está agora mesmo nas elevadas ratios, que se ben é certo que a pandemia \"puxo no centro do debate, xa era unha demanda da CIG e do conxunto do profesorado desde hai anos\". A redución das ratios é hoxe un clamor non só do profesorado senón de toda a comunidade educativa. No mesmo sentido preocupa a desatención do escola rural polo que se solicita a revisión dos fechamentos de unitarias e agrupamentos de aulas con pouco alumnado, garantindo que a escola rural teña, tanto en dotación de profesorado como en mantemento da rede educativa, un trato claramente favorábel que busque reducir a constante perda de poboación neste ámbito pola vía dunha ampla cobertura de servizos públicos. A situación do galego no sistema operativo O sindicato demandou que a Xunta cambie no seu bloqueo á lingua galega e recoñeza as graves consecuencias da aplicación do decreto de plurilingüismo nas crianzas e mocidade do sistema educativo, instando á administración educativa á derrogación do decreto e a negociar co conxunto da comunidade educativa unha nova política lingüística partindo da proposta das Bases. Para alén diso, desde a CIG-Ensino reclaman que a Consellaría debe impulsar a oferta do Portugués como opción de segunda lingua en todos os centros de secundaria e formar profesorado do corpo de mestres para poder impartila como materia de libre configuración en 6º de primaria."}
{"ID": "PRAZA_9461", "summary": "O Supremo avalou a anulación de varios artigos da ordenanza, aprobada por unanimidade, en 2012, referidos ao uso da lingua en elementos como os sinais viarios e de oficinas ou ao galego como lingua vehicular no funcionamento cotián do consistorio. \"Esta ordenanza busca poñer os dous idiomas oficiais en igualdade de condicións, na que non están\", defende a alcaldesa", "text": "A ordenanza sobre o uso do galego foi un dos acordos políticos máis amplos dos últimos anos no Concello de Lugo. Saíu adiante no ano 2012 por unanimidade de toda a corporación, daquela formada por PSdeG, PP e BNG, e estivo en vigor sen sobresalto ningún ata o ano 2016. Foi daquela cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, atendendo parcialmente un recurso dunha asociación denominada Galicia Bilingüe, decidiu anular parte desta normativa. Diante desta decisión o goberno lucense recorreu ante o Supremo, que vén de avalar a anulación. Por iso o gabinete que dirixe Lara Méndez estuda se levar o conflito ante o Tribunal Constitucional.O Supremo avalou a anulación de varios artigos da ordenanza, aprobada por unanimidade, en 2012, referidos ao uso da lingua en elementos como os sinais viarios e de oficinas ou ao galego como lingua vehicular no funcionamento cotián do consistorioOs artigos da ordenanza anulados polo Tribunal Superior de Galicia van dende os que se referían á evidencia de que \"o galego, como lingua propia de Galicia, é idioma oficial\" do Concello -preceptos recollidos no Estatuto, na Lei de Normalización Lingüística e na lei de uso do galego polas entidades locais-, aos rótulos indicativos de oficinas e despachos municipais, á \"demanda\" de uso do galego por parte das empresas que contraten co Concello ou ao uso do idioma propio de Galicia como lingua vehicular no funcionamento cotián do consistorio. Tamén no que atinxe á formación do persoal municipal ou sinais viarios.O Supremo, no seu aval a esta anulación, razoa que os \"termos imperativos\" dos artigos anulados \"supoñen unha preterición da lingua castelá\", isto é, que obvia a que o castelán tamén é oficial. E non explicitalo é \"contrario a dereito\" e non está \"xustificado\" por \"unha política de fomento da lingua galega\". A sentenza, asegura para contradicir o defendido polo Concello, \"non vulnera a igualdade e normalización lingüística\", senón que protexe a \"cooficialidade\" do castelán, proclaman. Lara Méndez: \"Esta ordenanza busca poñer os dous idiomas oficiais en igualdade de condicións, na que non están\"Pero o Concello non concorda. Como tampouco o fixera cando, tras a primeira anulación, todos os grupos da corporación asinaron unha declaración institucional na defensa da ordenanza. A alcaldesa xa trasladou ao resto de grupos que so servizos xurídicos do Concello \"estudan\" a pertinencia de \"defendela\" tamén ante o Constitucional porque \"non estamos de acordo coa sentenza do Supremo\". \"Esta ordenanza -resalta a socialista- aprobada por unanimidade en 2012 busca poñer dous idiomas oficiais que temos en Galicia en igualdade de condicións, igualdade na que non están\". Ben ao contrario, advirte, \"mesmo se produce un retroceso\" no uso do galego, \"como reflicten os datos\".A xuízo de Méndez son \"reveladores\" do \"devalo\" do idioma galego datos como o descenso de falantes de galego entre a poboación menor de 30 anos, moi especialmente na infancia, reflexo \"da perda de transmisión interxeracional do galego\". \"A principios dos anos 90 o galego era a lingua inicial para o 62% das persoas maiores de 15 anos\" e \"vinte anos despois, só para o 43%, resalta. Por todo isto, \"as Administracións debemos realizar unha protección e impulso especial\" da lingua, afirma a rexedora.Queremos Galego convoca unha concentración en defensa da ordenanza para o 6 de marzo ás 12 da mañá ante a casa do ConcelloDe xeito paralelo á vía xudicial e á toma de posición política do Concello, a plataforma Queremos Galego anuncia tamén mobilizacións para defender, o vindeiro 6 de marzo ás 12 da mañá fronte á casa consistorial de Lugo, a integridade do texto da ordenanza. \"A sentenza ataca elementos da política de normalización da lingua galega completamente asumidos e apoiados maioritariamente polo pobo galego\", sinala o voceiro da plataforma, Marcos Maceira. Proba disto, agrega, é que a norma saíra adiante por unanimidade. O Goberno local confirmou o seu apoio a esta mobilización."}
{"ID": "NOS_42238", "summary": "Desde o 5 de outubro as augas do río flúen cunha cor abrancazada. A Administración galega traballa para reducir a turbidez e volver permitir o consumo, mentres ecolectivos ecoloxistas sinalan as lamas do fondo da presa.", "text": "O Concello de Pontedeume mantén as restricións que impiden á veciñanza beber a auga da billa. O municipio abastécese do río Eume, que o pasado 5 de outubro fluía xa turbio, cunha cor abrancazada. Hoxe, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, achegouse até o punto onde persoal técnico da Xunta colocou o domingo unha barreira de contención no perímetro da toma de auga para rebaixar a turbidez. A conselleira cualificou a situación de \"inaceptábel\" e avanzou que se está a estudar se houbo vulneración das normas de explotación e xestión da presa, da que é titular Endesa, para, no seu caso, adoptar as medidas oportunas. No mes de setembro o Colectivo Terra de Pontedeume e mais Adega alertaron de que o baixo nivel do encoro fixo abrollar os lodos do fondo. As entidades ecoloxistas lembraron que durante anos se depositaron sedimentos procedentes da actividade mineira das Pontes. Integrantes do Colectivo Terra tomou tomaron mostras para solicitar a súa análise. Paralelamente, Endesa asegurou que as analíticas practicadas no pasado non amosaron parámetros nocivos para o medio. A maiores, as análises de Augas da Galiza non deron conta de alteracións nos niveis de acidez ou de oxíxeno nas augas e que tampouco se rexistrou un nivel inusual de mortaldade na fauna ou na flora. Vázquez resaltou que os parámetros evolucionan favorabelmente e que a Xunta traballa para que a veciñanza poida consumir a auga."}
{"ID": "PRAZA_17937", "summary": "O que en este caso queren facer é quitar os restos do franquismo do Valle de los Caídos pero me parece que tamén había que quitar eses restos da sociedade, do parlamento, do senado, dos partidos políticos, das institucións....entón si que poderiamos falar de democracia e dos problemas da xente do común. Sen trucos. Sen distraccións e con toda a atención que a xente se merece.", "text": "Tiña en mente estes días escribir unhas liñas onde desmiuzase e fixese unha diagnose da situación que está provocando o real decreto aprobado polo PSOE para levar a cabo o desafiuzamento do \"Generalísimo de todas las Españas\". E digo tiña en mente, pois ao final e visto que xa se ten feito e dito de máis sobre este tema, ultimamente párome a intentar dar unha segunda, e inclusive, unha terceira lectura do que se está a enfocar. Ou do que pretenden que enfoquemos. Cando estudei psicoloxía tiven unha mestre na materia de atención e emoción que nos explicou no seu momento de maneira moi, pero que moi clara o que era a atención selectiva, a focalización de dita atención e de como dita focalización se podía manexar ao noso gusto só con ser un pouco áxiles a hora de saber cara onde dirixir e conducir a atención da persoa que pretendiamos focalizar. Non me estenderei de máis na explicación, só dicir que nos puxo un exemplo de un mago, público e un mazo de naipes. Estes días acórdome moito de aquel símil. Pois tal é, salvando as distancias, que o público somos nos a cidadanía española. O mazo de naipes é o real decreto, e o mago en este caso por raro que pareza é o PP. E por que @s populares e non @s socialist@s que son @s artífices do tan controvertido real decreto? Pois sinxelamente por que quen está a focalizar a nosa atención en algo distinto ao que teriamos que ter nos tódolos sentidos e toda a atención posta son os/as dirixentes do PP, e o PSOE en este caso fai de esmerad@ axudante (con o sen intención non o sei, a verdade). Estase creando tal rebumbio e estáselle dando tal importancia a un tema que realmente se tiña que haber feito xa fai tempo inda que só fose por xustiza as familias das persoas falecidas a consecuencia da Guerra Civil e en homenaxe as vítimas da contenda, que está servíndolle ao PP e ao sr. Casado para desviar a atención dos problemas que a día de hoxe seguimos a ter o resto da cidadanía. Esta cortina de fume creada polo PSOE, aproveitada polo PP, só serve para distraernos do que realmente tiñan que haber feito @s segund@s e que seguen sen facer @s primeir@s. Seguimos a ter as pensións máis baixas de Europa, a débeda pública incrementouse no segundo trimestre de este 2018, a reforma laboral sigue en espera e o traballo é na súa maioría precario, déronse por perdidos os 60.000 millóns do rescate da banca, servizos como sanidade, educación ou investigación reciben menos orzamentario que servizos como defensa, seguen a rescatar empresas amigas, seguen as portas xiratorias, os prezos da vivenda seguen a subir, o IPC segue a subir, as exportacións están en máximos históricos o cal indica que o déficit comercial sigue en negativo, ...e se non tivésemos bastante do que preocuparnos, pois resulta que caladamente nos últimos meses subiu o imposto da luz, subiu o prezo do diésel, subiu a cota de autónomos, subiu o imposto de sucesións,... E entre PP e PSOE intentan que nos, a xente de a pe, nos centremos en outros temas. Non so o do desafiuzamento do pequeno de Ferrol, senón que tamén saltan a palestra temáticas como a migración, o independentismo, os manteiros, a \"valla\", etc. Temas e problemas, problemas por non ter solución as veces e outras por non querer darlla, que xa tiñamos antes, que non son cousa nova e que conviviamos con eles e se lle intentaba dar solución ao igual que agora. Solucións ineficaces certo é. Máis non son agora nin máis vixentes e graves que o eran antes e que xa estaban aí por desgraza. Entón de todo este monotema que nos levan informando dende fai xa varios días pouco ou nada hai que dicir xa que non estea dito. Pero a cidadanía, nos, temos que ser conscientes de que hai que facer unha segunda lectura de todo o que está a acontecer. Seguimos a ter os mesmos problemas, senón máis, que tiñamos antes. E temos que seguir a demandar solucións, pois para iso están aí @s nos@s dirixentes: para dar solución ao pobo, para velar polos seus dereitos e poñer as administracións ao servizo da xente. E está ben que certas cousas se teñan que facer por que non era sen tempo facelas, pero non podemos esquecernos do que realmente viñamos demandando e que por non lle dar inda solvencia, pretendan desviar a nosa atención focalizándoa en outros temas. Temas que non hai que restarlle importancia, pois si a teñen, pero é bo recordar tamén que en España hai xente que segue a demandar pan, teito e traballo. Unha vida digna. Os partidos políticos non deben esquecelo. E non deben pararse en feitos que xa se tiñan que haber consumado se a democracia houbese sido efectiva no seu comenzo. Pois o que en este caso queren facer é quitar os restos do franquismo do Valle de los Caídos pero me parece que tamén había que quitar eses restos da sociedade, do parlamento, do senado, dos partidos políticos, das institucións....entón si que poderiamos falar de democracia e dos problemas da xente do común. Sen trucos. Sen distraccións e con toda a atención que a xente se merece. Eu doulle esa segunda lectura e non creo que me trabuque... Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_20638", "summary": "ENTREVISTA | Laura Mandarina Muñoz, que leva dez anos traballando como pallasa de hospital, impartirá un dos obradoiros formativos do Festiclown 2017, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 9 ao 15 de agosto.", "text": "Vilagarcía de Arousa acollerá por terceiro ano o Festiclown, que ata o 2014 tiña tamén a Lugo como unha das súas sedes. A edición 2017 do Festival Internacional de Clown, organizado por Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega, celebrarase entre o 9 e o 15 de agosto e nos vindeiros días anunciará a súa programación completa. Xa se coñecen as actividades formativas que se ofrecerán, no marco do chamado Formaclown. Un total de tres talleres e cursos: \"O clown, do ridículo ao cómico\", con Antón Valén; \"Maxia cómica\", a cargo do Mago Teto; e \"Curando co riso\", impartido pola arxentina Laura Mandarina Muñoz, con quen falamos. Alén diso, o festival levará a Vilagarcía un bo número de actuacións de clown e teatro de rúa, enchendo de cor a vila arousá durante toda a segunda semana de agosto. Este ano, como novidade, todas as funcións serán gratuítas. Haberá tamén unha gala solidaria que será destinada ao Fondoclown Solidario, para financiar un Proxecto Social que este ano irá relacionado co futuro Festiclown Palestina 2017 e para o traballo que recentemente realizou Pallasos en Rebeldía coas persoas refuxiadas nas diferentes fronteiras europeas: Idomeni, Calais ou Atenas. Laura Muñoz, fundadora de Mundo Mandarina, amosará o seu traballo como pallasa de hospital, ao que leva máis dunha década dedicada, explicando como leva a cabo o seu traballo con nenos e nenas hospitalizadas a través da Fundación Theodora. \"Unha pallasa de hospital debe ter a vista, o oído e o olfacto moi ben desenvolvidos para percibir o que necesita cada neno ou nena. É un traballo delicado e sutil\", destaca, explicando que no taller trataranse temas coma a empatía, a escoita, a improvisación e o xogo, ensinando como empregalos dependendo da idade e características dos nenos e nenas e as súas familias e do entorno hospitalario. \"Co noso labor tentamos sobre todo que os nenos non deixen de ser nenos, trátase de xogar con eles, de alegrarlles o día, de cambiar o clima da habitación\" En que consiste o traballo dunha pallasa de hospital? Temos dous programas dentro da Fundación Theodora: o Programa Planta, que consiste en visitar neno por neno nas súas habitacións e o Programa Aquí, que é un programa de acompañamento específico en quirófanos cirúrxicos nos que apoiamos os nenos e as súas familias en todo o proceso de espera mentres soben aos quirófanos. Trátase de aliviar a estadía hospitalaria, porque ás veces son moitas horas, días ou meses, e o hospital adoita xerar un ambiente un pouco duro para o neno. Alí eles non mandan, están nun lugar estraño, onde os pinchan, onde lles fan probas... \"Nos hospitais atopas nenos de idades moi diferentes, con problemáticas tamén moi distintas, rapaces que se cadra non necesitan tanto que os fagas rir como que lles cantes unha canción e os calmes, e outros precisan máis ben falar contigo\" O efecto, polo tanto, non se limita aos nenos e nenas? Os pais tamén o pasan mal, ás veces están mal durmidos, angustiados, agardando... Co noso labor tentamos sobre todo que os nenos non deixen de ser nenos, trátase de xogar con eles, de alegrarlles o día, de cambiar o clima da habitación. Nos quirófanos o efecto é moi claro nos pais, que están loxicamente preocupados, e que se tranquilizan se ven que o seu fillo ou filla xoga ou ri. En que se diferencia o traballo dunha pallasa nun centro hospitalario dunha actuación de clown calquera, noutro espazo? Que hai que ter en conta? Eu fago espectáculos fóra tamén. Alí, por moito que improvises ti tes un guión, cun comezo e un final e máis ou menos sabes o que vas facer. E, ademais, os nenos e as familias achéganse a verte a ti. Nos hospitais é ao revés: somos nós os que entramos nas habitacións e a outra gran diferenza é que non imos con ningún guión determinado. Sempre digo que un pallaso de hospital debe ter o olfacto e a vista moi afinadas para poder captar que é o que ese neno e esa familia necesitan. Nos hospitais atopas nenos de idades moi diferentes, con problemáticas tamén moi distintas, rapaces que se cadra non necesitan tanto que os fagas rir como que lles cantes unha canción e os calmes, e outros precisan máis ben falar contigo. Hai nenos que están máis ou menos ben, pero outros están moi asustados e ti tes que detectalo, para poder acompañar esa circunstancia traumática que está atravesando unha familia. No curso dámoslle moita importancia ao protocolo de hixiene sanitaria. Tamén traballamos moito a empatía, porque os nenos non sempre están ben, así que tes que ter recursos e ferramentas para lidar con este tipo de problemas. \"Hoxe en día si que se lle está dando moita importancia á humanización no hospital e á importancia que ten o estado anímico para favorecer a curación\" É suficientemente recoñecida a vosa actividade e os efectos positivos que xera? A situación foi cambiando nos últimos anos. Hai 20 anos había moi poucas ONGs traballando con isto e en realidade estaba moi pouco aceptado polo propio persoal sanitario. Pero hoxe en día si que se lle está dando moita importancia á humanización no hospital e á importancia que ten o estado anímico para favorecer a curación. Isto axuda a que teñan o sistema inmunolóxico máis forte, a que esteas máis predisposto a sobrelevar a enfermidade de maneira máis positiva... Ultimamente isto tense cada vez máis en conta aínda que se pode avanzar moito máis e sería xenial que a administración o puidese oficializar para convertelo nunha actividade permanente."}
{"ID": "NOS_35863", "summary": "Apela ao compromiso de todos os sectores a prol dunha ferramenta para o beneficio da economía da Galiza", "text": "A Rede Galega de Empresas (RGE) apoia nun comunicado a posta en marcha dunha Banca Pública Galega, lembrando que hai anos que esta entidade defende a creación deste instrumento. Para a RGE, a necesidade da banca pública parte de poder contar \"cun instrumento de crédito que permita financiar o desenvolvemento das actividades das nosas empresas, en especial as que operaren nos diversos sectores produtivos do país\". Nesta liña, defenden que a banca pública galega permitirá \"o normal desenvolvemento das mesmas e da economía da Galiza a longo prazo\". A RGE lembra que este tipo de instrumentos financeiros \"existen en moitos países do mundo, onde cómpre destacar a importancia que ten por exemplo, na Alemaña. O Banco público KFW, que é o principal instrumento da política de fomento económico do país en programas de desenvolvemento interno, en créditos brandos as empresas, en créditos preferentes ás exportacións. 31 países de Europa teñen Banca Pública. Francia, Suíza, Holanda… Fóra de Europa, India, Estados Unidos, Brasil, China, Rusia… Se nestes países citados, que por certo, non son os mais inestábeis economicamente, e en outros moitos se conta cunha Banca Pública, porque en Galiza non podemos demandar e ter unha Banca Pública?\" Por todo isto, a Rede Galega de Empresas avoga por \"un compromiso de todas as asociacións empresariais do país, das Pemes, dos autónomos, dos sectores produtivos, das empresas en xeral, un apoio e pronunciamento a favor dunha Banca Pública\". A RGE resume a petición en cinco puntos: 1.- Lograr contar cun instrumento financeiro que abasteza de crédito e investimento os sectores produtivos do pais. Para que as empresas, alén de superar a crise que sofren, podan ter un desenvolvemento económico normal e contribúan para o desenvolvemento social e económico do país. 2.- Ter un Banco Público Galego como as caixas de aforros en Alemaña, suxeitas á lexislación de cada \"Lander\", que como norma xeral estipula que as caixas deben \"servir ao interese público da súa rexión incentivando o aforro, así como, \"satisfacer a demanda pública de crédito e as necesidades financeiras dos traballadores, as PEMES e os respectivos entes públicos das súas rexións\". Un banco galego que dependa das institucións públicas galegas e que actúe na economía galega, que sexa comercial e teña capacidade para conceder créditos brandos ás empresas e familias, e financiar investimentos de empresari@s e profesións liberais. 3.- Reclamar a preservación do sistema financeiro galego, única vía para a superación da crise e o desenvolvemento dos potenciais da economía galega e do conxunto da súa sociedade. Un sistema financeiro que oriente a súa actividade cara aos nosos sectores económicos, cara ás nosas empresas. 4.- Solicitar que o estado se faga co control da Novagalicia Banco, cousa que pode facer por decreto – lei, sinala a a RGE, \"tendo en conta que na actualidade o FROB xa é o accionista maioritario ao ter o 90,6 do capital, fronte ao 6,84 da Novacaixagalicia e o 2,59 de investidores privados. O capital total cífrase en 2.682 millóns de euros, na actualidade. Con este control por parte do estado, este debería ceder a representación do capital público á Xunta de Galiza. Así teriamos un accionariado, contando co capital privado, onde o estado, Xunta e caixa contarían con 50% do mesmo ou onde a Xunta se fixese coa participación do 32% , o estado quedaría coa 21% e a caixa co 7%, así lograriamos ter un Banco Público con control galego\". 5.- Demandar \"que no caso de perder Novagalicia Banco, o goberno galego, as institucións galegas, creen unha banca pública, xa que ten capacidade legal e capacidade financeira para afrontar o proxecto. Máis hoxe, urximos como primeiro paso a constitución dun instituto de crédito galego, na Liña do instituto Vasco ou Catalán\"."}
{"ID": "NOS_57368", "summary": "Destacad@s representantes dos eidos político, cultural, social e sindical da Galiza cóntannos o recordo que lles queda de Pousa Antelo, o último loitador do Partido Galeguista", "text": "Fundación Castelao: \"Coa súa presidencia compilouse a obra completa de Castelao\". Desde 1989, en que substituíra a Ramón Martínez López, Avelino Pousa Antelo era o acaído presidente da Fundación Castelao. Figura representativa mais tamén operativa, loitou e traballou por desenvolver algunhas das principais iniciativas que a entidade promoveu nos últimos anos para conmemorar e recompilar a obra do autor de Sempre en Galiza. Avelino reclamaba o lugar que Castelao merecía na nosa historia e iso facía que tanto se puxese á fronte de visitas institucionais para demandar atención sobre Castelao como de actos públicos para a difundir. Lembra a Fundación Castelao que foi durante a súa presidencia cando se compilou a obra completa do autor de Sempre Galiza, publicada integramente. Con el conmemorárase o 50 aniversario do seu pasamento coa grande exposición que mostrou a súa obra pictórica e gráfica. Mediante un convenio coa consellaría de Cultura e Deporte do bipartito comezou un soño longamente acariñado por Avelino Pousa, a catalogación completa da obra de Castelao \"nun catálogo que hoxe obra en poder da consellería de Cultura á espera dun acordo co herdeiro dos dereitos de autor de Castelao para a súa difusión universal a través da rede\", sinalan na Fundación. Saleta Goi, Fundación Manuel María A presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi coñeceu e tratou a Avelino Pousa Antelo, de quen destaca a súa condición de \"home íntegro e honrado, cunha ética que mantivo durante toda a vida, ao longo da súa intensa biografía\". Por el manifesta sentir \"admiración e respecto\". Uxío Novoneyra, Fundación Uxío Novoneyra: \"Non era un referente ideolóxico, era un símbolo\". \"Vouche contar o que sei de Pousa Antelo\". Así introduciu Uxío Novoneyra fillo o seu paseo polos recordos do que seu pai lle contaba do ilustre galeguista. Cando fuxiu da represión após o levantamento fascista foi para Lugo, onde cadrou con meu pai e con Manuel María, que facían o servizo militar\". O Poeta do Courel deixou constancia das conversas que sobre política e pensamento mantiveron os tres na Praza do Campo e na Rúa Nova da cidade murada. \"Meu pai sempre me dicía que era o máis pequeno dos galeguistas que quedaran da Guerra Civil, máis pequeno mesmo que Díaz Pardo\". Debaixo da boina que levaba sempre, a última testemuña viva da campaña a prol do Estatuto \"tiña unha memoria prodixiosa\" que fixo del \"un símbolo de resistencia do Partido Galeguista\". Novoneyra lembra o acto en homenaxe a seu pai que Queremos Galego realizou na Estrada en 2010, cadrando co ano das Letras para o escritor courelán: \"Pousa Antelo cantou a Letanía de Galiza, mais emocionouse tanto que tivo que parar polo medio\". Emocionado tamén el, lembrou aquel proxecto fanado da Fundación contra a impunidade das vítimas do franquismo, da cal o galeguista era presidente e Novoneyra vicepresidente \"durante dúas semanas, até que rebentaron todo\". Con 96 anos que tiña daquela, daba xenio velo \"sentado naquela mesa, loitando para que a Fundación saíse adiante\". Para o recordo quedarán todas as leccións deste mestre, a quen o fillo de Novoneyra eleva á categoría de \"símbolo, dentro do nacionalismo e dentro da memoria histórica\". Martiño Noriega: \"Foise unha persoa senlleira, non só deste concello senón deste país\". Desde o ano 2007, Avelino Pousa Antelo era fillo adoptivo do Concello de Teo, onde residía. \"Non foi un recoñecemento noso a el, senón á inversa\", apuntou nesta segunda feira Martiño Noriega, rexedor teense, cadrando co pasamento do galeguista. Nado en Barcala, A Baña, en 1914, gozou até os últimos días dunha memoria envexábel que o mantivo fiel aos mesmos ideais aos que entregou os anos mozos. \"Era un home que nos '30 facía propaganda polo Estatuto subido nun camión do lixo do Concello de Compostela\", lembra Noriega. Pousa Antelo dicía que fora por Castelao por quen se fixera \"galeguista de por vida\", a quen ouvira nun acto de Promoción Gallega celebrado no Teatro Principal de Santiago. \"Foi unha persoa senlleira non só deste concello, senón que representa o exilio interior\", prosegue Martiño Noriega, quen apunta que Pousa Antelo \"foi un home moi activo sempre, pese á súa idade\", colaborando \"até hai moi pouco\" co tecido educativo, social e cultural do municipio. En 2010, o concello escolleu como agasallo de Nadal para @s veciñ@s un compilatorio dos artigos publicados polo galeguista na prensa, ilustrado por Óscar Villán, tamén teense de adopción. A presentación de Cousas de animais e algo máis, como se titulaba aquel libro, foi o último acto público en que participou Lucho do Peto --como lle chamaban, por un peto das ánimas que había na súa casa--, no Concello de Teo. \"Queriamos divulgar e reivindicar o seu legado\", ao tempo que se remarcou a actividade desenvolvida como articulista dun home \"moi comprometido co agrarismo\". Aqueles textos, recorda Noriega, \"recollían parte do espírito de Avelino nos anos da ditadura\". Escritos en galego, como non podía ser doutro xeito, \"supoñen un pequeno patrimonio que nos queda del, pois publicar na nosa lingua naqueles anos non era cousa doada\". Xosé Luís Santos Cabana, A Oliveira de Teo: \"Foi pioneiro na recuperación da memoria\".Comprometido co tecido asociativo do país, a Asociación A Oliveira de Teo, concello onde residía, tiña en Avelino Pousa Antelo un constante e activo colaborador. No entanto, o presidente da entidade, Xosé Luís Santos Cabana, sitúao como pioneiro da recuperación da memoria histórica, iniciador dun labor que eles continuarían en Teo. \"Falece o día seguinte ao día en que foi asasinado Ánxel Casal\" sinala e lembra que foi vontade de Pousa Antelo colocar o monolito que lembra o lugar onde o alcalde de Santiago foi asasinado. \"Foi el propio quen localizou o lugar e non só iso, aínda hai dous anos teimou en modificar a lenda que estaba alá escrita cando se identificou que alí fora tamén fusilado Pepiño Areosa\" destaca Xosé Luís Santos Cabanas desa presenza en cantos actos se desenvolvían para recuperar a nosa memoria histórica. \"Neste agosto en que se conmemora o máis duro da represión, estaba sempre activo. Era memoria viva da nosa historia e da condena á represión. Lamentamos a perda da memoria viva, esa voz contra o silencio, valente e sen medo\", engade. BNG: \"É un día de loito para Galiza\".O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar o seu fondo pesar polo falecemento de Avelino Pousa Antelo do que di \"foi un traballador incansábel a favor do pobo galego, da lingua e do medio rural\" do noso país. @s nacionalistas cualifican de \"día de loito para Galiza\" o pasamento de Pousa Antelo e fixeron énfase na figura que representa o galeguista, quen dedicou a súa vida á defensa do autogoberno galego, da nosa cultura e desenvolvemento rural. CIG-Ensino: \"Desexamos que a súa memoria permaneza en nós e que manteñamos vivo o seu compromiso\".A morte de Avelino Pousa Antelo causou tamén un fondo pesar no sindicato CIG. Nun comunicado enviado aos medios, a federación que encabeza Anxo Louzao cadra con Neira Vilas ao sinalar que finou \"outro dos bos e xenerosos\", e claman por mantermos viva a súa memoria e \"o compromiso dos que, como el, loitaron polo noso país\". A honra que fixo da Galiza co seu \"compromiso firme\", contribuíndo á defensa da nación e a engrandecer tanto no eido social como no cultural e no económico, é a faciana que destacan desde a central nacionalista de Pousa Antelo, o mestre rural que lla soubo xogar ao franquismo mantendo viva a nosa lingua nas escolas polas que pasou. Xosé Neira Vilas: \"Perdemos a un dos bos e xenerosos\". O autor de obras como Castelao en Cuba lembra a Pousa Antelo como \"un galeguista exemplar\", e repasa a súa incansábel traxectoria: \"xa desde os anos da República, foi moi activo na campaña do Estatuto de Autonomía do 36, xunto con Isaac Díaz Pardo. Loitou moito polas cooperativas agrícolas, presidiu a Fundación Castelao até agora mesmo\". Recorda como contaba que os seus comezos no galeguismo estiveron marcados por un discurso de Castelao. Escoitouno falar, e a partir de aí non parou. Era un galeguista de lei, moi loitador, incansable até os seus últimos días\". Lémbrao como un home sempre presente, que asistía e se comprometía en todos os actos: \"aínda cadramos nunha homenaxe a Ramón de Valenzuela, na Bandeira, estivo no funeral de Isaac Díaz Pardo, o 5 de xaneiro no Museo do Pobo Galego... E o ano pasado no Festival de Pardiñas, con Mini e Mero. Era un home de presenza, sempre, sempre, sempre estaba. Ía a todos os actos, mesmo cando xa lle quedaban poucas forzas\". Lembra tamén colaborar na Fundación Castelao e a publicación de textos sobre todo (como os traballos de Castelao en Cuba inéditos). \"En resumo, perdemos un home de ben, un dos bos e xenerosos, e vai deixar un oco moi grande\". Cesáreo Sánchez, AELG: \"Deunos da súa propia man o pensamento de Castelao e Bóveda\".Pola súa banda, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega outorgáralle no 2004 a súa condición de \"Bo e Xeneroso\" co premio con que destacan unha figura de especial relevancia. O presidente da entidade, Cesáreo Sánchez Iglesias, destaca a súa condición de \"figura referencial\" para os autores e autoras da literatura galega. \"Trátase dunha figura fundadora da nación en canto está sempre a ser construída polos seus fillos e fillas\". \"Deunos na súa propia man o pensamento de Castelao e de Bóveda. Coa súa persoa e a súa biografía foi un vivo exemplo do que é un patriota galego. A súa obra escrita, o seu activismo, o seu consello humano próximo, compartir con el a propia biografía humana e colectiva foi para moitos de nós un verdadeiro privilexio\", sinala o presidente da AELG. Susana Méndez, Queremos Galego, \"Defendía a lingua mesmo caxato en man\".Na memoria dos milleiros de persoas que asistiron á manifestación de Queremos Galego de outubro de 2009 quedará para sempre a imaxe a berrar contra a política lingüística do PP de Avelino Pousa Antelo. Susana Méndez, coordinadora da xestora de Queremos Galego valora que o finado \"ten demostrado o seu compromiso coa defensa da lingua, mesmo con paixón e, cando foi preciso, co caxato en man como aconteceu na manifestación do 2009. Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística, participaba de maneira activa nos actos en que era convocado sempre que podía, desde unha rolda de prensa até unha mobilización. \"Mantiña un espírito mozo e iso víase con especial relevancia na súa defensa da nosa lingua como identidade do país. Defendíaa con uñas e dentes\" comenta Susana Méndez. Casares Long, reitor da USC: \"Ficou vencellado ao galeguismo até a súa morte\".O pesar polo pasamento de Pousa Antelo manifestouno tamén a Universidade de Santiago de Compostela en nome do seu reitor, Juan Casares Long. O galeguista recibira a insignia de ouro da institución académica no ano 2000, para alén de ser escollido como padriño de varias promocións de estudantes, según informa a USC nun comunicado enviado á prensa. Nel, Casares Long quixo destacar especialmente \"o labor realizado por Pousa Antelo en prol da formación dos traballadores do agro galego, así como a súa participación en numerosos proxectos cooperativos, que axudaron á dinamización e desenvolvemento deste sector, sen esquecer a súa achega ao mundo da cultura e o galeguismo, ao que pertenceu vencellado ata o seu pasamento\". Compromiso x Galicia: \"Sempre conservou a forza dun mozo novo. É por iso inmorrente\". Pola súa banda, Compromiso x Galicia lembra as palabras de Castelao, \"a alma, ese ser de seu de todos os pobos, é inmorrente\", para reivindicar a Avelino Pousa Antelo, \"Lucho\", como alma da idiosincrasia galega. Lémbrano como fundador das Mocidades Galeguistas, como secretario xeral e presidente do Partido Galeguista, que refundou no 78, \"tras o golpe que os féridos e duros lle deron ao quitarlle a súa praza de mestre\". \"Docente, cooperativista, escritor, político, xornalista... \", resumen a súa traxectoria, salientando o seu carácter incansábel e o seu compromiso. \"Sempre conservou a forza dun mozo novo. É por iso inmorrente\". Concello de Rianxo: \"fina outro dos bos e xenerosos\". Tamén o concello de Rianxo expresa o fondo pesar polo pasamento do presidente da Fundación Castelao, grande amigo de Rianxo. \"A súa presenza cotiá nas celebracións institucionais en homenaxe ao nacemento de Castelao na nosa vila, o 30 de xaneiro, reflectían ese profundo compromiso con Galiza\", salientan, e afirman que con Avelino \"fina outro dos bos e xenerosos, exemplo para todos e todas de amor por este país\". Representantes da corporación acudirán mañá ao concello de Teo, para amosarlle o seu afecto á familia e renderlle homenaxe. Iolanda Díaz: \"os principios éticos sinalan por onde transita a defensa do noso\". Pola súa parte, Esquerda Unida expresou tamén o seu pesar, e cualifica a traxectoria do galeguista como \"demostración de ética en defensa da nosa lingua, da nosa cultura\". \"Nos seus 98 anos de vida está a historia viva da nosa terra, desde os tempos da II República e a defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia do 36 até o seu infatigábel labor ético de non permitir que a folla da amnésica transición pasase pola memoria da nosa terra, levándose por diante todo o que nos dá fundamento como pobo\". \"Hoxe, cando os gobernadores públicos de Galicia levan á nosa terra ao baleiro e ao menosprezo dos seus trazos lingüísticos e culturais\", di Iolanda Díaz, coordinadora e candidata á Xunta, \"os principios éticos de Avelino Pousa Antelo sinalan moi ben para as presentes e futuras xeracións por onde transita a defensa do noso en tanto que pobo\". Asistencia do PSdG. Do PSdG, pola súa parte, asistirán o secretario xeral, Pachi Vázquez, e os portavoces do grupo parlamentario (Abel Losada) e de lingua (Francisco Cerviño), á capela ardente mañá, martes 21, pola mañá. Alberto Núñez Feijóo: \"dedicou a súa vida á defensa de Galiza\". Asemade, a última hora desta mañá, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, expresou tamén o seu pesar pola perda dun \"dos derradeiros representantes dunha xeración de homes que dedicou a súa vida á defensa de Galicia dentro e fóra da nosa terra\". Valorou o seu labor á fronte da Fundación Castelao, a participación na Fundación Pedrón de ouro, na Fundación Fernández Flórez, ou na Fundación Alexandre Bóveda, e tamén a súa achega á docencia e a súa traxectoria na agricultura, desde a dirección de Escolas Agrarias como a da Granxa Barreiros de Ortoá (Sarria)."}
{"ID": "NOS_24976", "summary": "Trasladan ás candidaturas ás eleccións do 12X a preocupación polo impacto ambiental, social e económico destes proxectos.", "text": "A Rede galega por un rural vivo,integrada por asociacións e colectivos de case unha vintena de municipios, trasladou aos partidos e agrupacións políticas que concorren ás eleccións do 12 de xullo a súa preocupación polo que cualifican como \"destrución\" e \"esmorecemento\" que está a sufrir o rural da Galiza. A Rede denuncia que na Galiza estase a vivir \"a febre dos eólicos\", cunha \"aparición descontrolada de parques eólicos abusivos\". Cualifican así, explican, aqueles que \"poñen en perigo a saúde dos habitantes do rural, que os fan máis pobres debido á perda de valor dos terreos, e o prexuízo xerado ás explotacións agrarias e forestais, ademais da destrución da paisaxe e patrimonio\". Denuncian tamém que é contraditorio que desde as administracións se gaben de promover o asentamento no rural \"mentres por outro lado, sen escoitar a quen vive nel, facilitan a implantación de grandes proxectos industriais que explotan os recursos, que contaminan, que estragan a paisaxe e que empobrecen o rural\". A Rede propón a adecuación do marco lexislativo da Galiza en materia de enerxía para adaptalo ás demandas actuais de toda a sociedade, afirmando que a lexislación actual está obsoleta e non garante os dereitos do rural, \"favorecendo os intereses especulativos das empresas\"."}
{"ID": "NOS_51073", "summary": "Onte, máis de dous millóns de usuarios, ao accederen ao seu perfil en Facebook descubriron que estaban mortos, incluído o mesmísimo Mark Zuckerberg.", "text": "Hai máis de 5000 anos, nun relato alegórico, Xilgamés partiu na procura da inmortalidade. Foi Utnapishtin, sobrevivente ao diluvio enviado polos deuses, quen lle revelou o segredo. Para chegar a el Xilgamés houbo de pasar moitas peripecias e fatigas mais finalmente coñece que é ao fondo do mar a onde debe ir. E procurar a planta máxica da eterna xuventude. Xilgamés atópaa mais pouco dura a súa alegría: unha serpe, atraída polo aroma, consegue quitarlla. Derrotado, consciente da inutilidade da viaxe, regresa a Uruk. Tamén Ulises navegou até o Hades por indicación de Circe. Dante circulou por Ceo, Purgatorio e Inferno. Percebal procura o Graal para que Arturo poida vencer a morte. Mordred, Fausto e Dorian Gray pactan a eterna mocidade. O tempo, a morte, presentes desde as nosas orixes, constante preocupación por os vencer. Constante preocupación por vencer o tempo, algo alleos a que a todos a morte nos espera en Ispahan. Hoxe ese proceso de procura da inmortalidade desenvolvese nas redes sociais, no Facebook, especialmente. E seguindo os pasos clásicos das grandes epopeas, mostrando as peripecias e as fatigas da vida de cada un de nós.Rostros marcados pola serpe da dor, polo doenza amarga, aparecen na nosa liña do tempo. Rostros doridos que suscitan solidariedade. Perfís de beleza desfigurada. Siduri, a taberneira que vive xunto ao mar, dille a Xilgamés que nunca logrará a inmortalidade e aconséllao para que goce da alegría da vida, única perspectiva da humanidade. Onte, mentres uns celebraban o día do solteiro e outros o San Martiño, máis de dous millóns de usuarios do Facebook descubriron que estaban mortos. Os membros da rede social e os seus amigos tiveron un choque brutal. O seu perfil informaba do seu óbito e ao lado dunha pequena flor aparecía a mensaxe \"En memoria de\" antes do seu nome, que é a forma de informar de contas conmemorativas de usuarios falecidos cuxos parentes fixeron demanda. O erro ocorreu basicamente para usuarios de Facebook en Inglés e afectou mesmo o fundador da rede social cunha mensaxe \"Esperamos que quen amou a Mark atope conforto vendo o que outros comparten\" Son tempos de mudanzas. Xa nin o Facebook nos garante a inmortalidade. Adeus a aqueles likes que consolan a derrota inevitábel, motor da longa viaxe para percorrer a estepa."}
{"ID": "NOS_19214", "summary": "A distribuidora acorda substituír esta fórmula por contratos a 3 meses. Aliás, incrementa o prezo en 2 céntimos.", "text": "\"En liña co resto do sector da distribución\". Así comeza o comunicado emitido esta cuarta feira pola cadea de supermercados Día que cedeu ao bloqueo do seu centro loxístico en Compostela e mantivo unha xuntanza con representantes das explotacións gandeiras. No acordo alcanzado a distribuidora asume incrementar en dous céntimos o prezo que paga aos seus provedores de leite co obxectivo de que este reverta de \"maneira obrigada\" nos produtores. Asemade, porá fin ás poxas electrónicas que serán substituídas por contratos \"estábeis\" dunha duración non menor a 3 meses. Aliás, asume o \"compromiso\" de \"traballar de maneira conxunto cos seus provedores na identificación da procedencia e orixe do leite\", segundo recolle o comunicado publicado polo portal de información Campo Galego. Reunidos en asemblea, os gandeiros que mantiñan bloqueado o centro loxístico de Día en Mercagaliza decidiron rubricar a proposta. Máis unha vitoria para eles que xa arrincaran compromisos a Carrefour, Eroski, Lidl e Gadisa."}
{"ID": "QUEPASA_1091", "summary": "Íntegro e o Concello de Carballo lanzan unha nova campaña sobre a importancia de respectar as prazas para persoas de mobilidade reducida.", "text": "Unha vez presentado o concepto, Carballo comeza a facer realidade o Urbanismo Táctico. Con actuacións de mellora da seguridade vial como as realidadas na contorna do CEIP Bergantiños ou do IES Parga Pondall. Unhas accións que coiciden coa Semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria, que se celebra do 17 ao 23 de maio, e que este ano ten como lema \"Rúas para a vida\". Unha das liñas da campaña deste ano é a limitación á 30km/h nas rúas urbanas dun só carril, unha medida na que Carballo é pioneira, avanzando aínda máis e poñendo as zonas escolares a 20km/h. Despois da reorganización dos accesos ao IES Isidro Parga Pondal que se levou a cabo días atrás, onte comezaba a transformación urbana arredor do CEIP Bergantiños mediante a utilización de elementos de mobiliario e pintura. \"Con este sistema, se a actuación realizada funciona pode facerse permanente, mentres que se é preciso realizar cambios permite axustar o proxecto dun xeito sinxelo e económico\", explican dende o Concello. No IES fíxose unha reordenación dos aparcamentos e delimitouse unha senda peonil dende a ponte ata o instituto, pola marxe dereita da rúa. Pola súa parte, na contorna do CEIP Bergantiños, xa dende principios de curso, a rúa Ramón Cabanillas está pechada ao tráfico durante as horas de entrada e saída, e agora aproveitaranse novos espazos para uso peonil tanto na zona de acceso ao colexio coma na do parque infantil. Acción de rúa coa Asociación Íntegro Carballo colabora ademais con Íntegro para reactivar a acción de rúa para visibilizar a importancia de que os/as condutores/as respecten as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. \"Queremos simbolizar como se sente un cidadá cando lle ocupan unha praza de aparcamento e non pode aparcar. Pois a nós moitas veces pásanos o mesmo\", explicaron os representantes da asociación que se achegaron ata Carballo. Durante boa parte da mañá ocupáronse varias prazas de aparcamento da avenida do Ambulatorio con cadeiras de rodas e distintas axudas técnicas, xunto con carteis nos que podían lerse algunhas das \"escusas\" utilizadas con máis frecuencia polas persoas que ocupan as prazas para persoas con mobilidade reducida: \"Son só 5 minutiños\", \"Será só un momentiño\", \"Volvo nun santiamén\", \"Non teño tarxeta... pero non pasa nada, non?\", \"Non sabía que aquí non podía aparcar\"…"}
{"ID": "NOS_40338", "summary": "BNG e AGE preguntarán no Parlamento ao presidente da Xunta sobre a situación que se está a viver na capital de Galiza e polas actuacións que prevé adoptar o líder d@s populares.", "text": "Alberto Núñez Feijóo terá que responder ás preguntas da oposición na sesión plenaria desta cuarta feira. Neste senso, BNG e AGE inquirirán ao líder do executivo galego sobre a situación que se está a viver no concello de Santiago de Compostela após as novas imputacións e detencións producidas no seo da equipa municipal. O líder d@s populares e presidente da Xunta de Galiza rexeitou pronunciarse a respecto dos acontecementos limitándose a asegurar que a situación da corporación municipal compostelá \"non é normal\". Porén, non exixiu a demisión do alcalde, Ángel Currás --dobremente imputado, como demandaban os grupos da oposición, nin da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, tamén encausada por supostos delitos de corrupción e prevaricación. No entanto, Feijóo non poderá evitar facer fronte ás preguntas d@s voceir@s da oposición --como si fixo coa solicitude de comparecencia que fora demandada polo grupo socialista para que o líder do executivo galego respondese perante os numerosos casos de corrupción que asolagan o seu partido. A maioría parlamentar do Partido Popular evitou que o seu presidente tivese que dar resposta a unha comparecencia monográfica sobre financiamento en B e contribucións irregulares do PPdeG á contabilidade de Génova. No entanto, si deberá asumir a súa responsabilidade a respecto dos últimos acontecementos decorridos en Compostela. O BNG demandará formalmente a convocatoria de eleccións anticipadasDe acordo co disposto no artigo 61 da Lei de Bases de Réxime local o grupo nacionalista anunciou que exixirá ao presidente da Xunta --en tanto que líder do executivo-- que demande do Goberno español a disolución da corporación municipal e, polo tanto, a convocatoria anticipada de eleccións. Segundo o voceiro do Bloque en Compostela, Rubén Cela a situación que está a viver a cidade é \"insostíbel\" polo que exixen ao preidente do PPdeG que adopte as medidas necesarias para reverter esta situación. Neste senso, o voceiro parlamentar do Bloque, Francisco Jorquera solicitará de maneira formal a Feijóo o adianto electoral pois, \"é posíbel que o Consello da Xunta pode instar ao Consello de Ministros a iniciar esa tramitación e a dar traslado ao Senado, mentres se crea unha xestora que no prazo de tres meses lle volva dar a voz aos veciños e ás veciñas de Santiago\", explicou o voceiro municipal Rubén Cela nun acto desenvolvido a pasada segunda feira na capital galega."}
{"ID": "NOS_55129", "summary": "A Xunta realizará unha declaración de emerxencia polo derrubamento.", "text": "O derrubamento o pasado 20 de marzo da estrada LU-651 que conectaba as localidades de Quiroga e Seoane do Courel, e que puido acabar en traxedia -no momento do accidente ninguén circulaba polo viario-, está a provocar a indignación de veciñanza da comarca quiroguesa ao transcender que un informe técnico de 2006 xa advertira á Xunta e ao Estado do risco de afundimento desta estrada. O derrubamento do viario LU-651 deixou a veciñanza do concello de Folgoso do Courel practicamente incomunicada. Debido ao afundimento, a alcaldesa de Folgoso, Dolores Castro, solicitou á cidadanía, a través das redes sociais, que \"eviten utilizar este viario e transcorran por estradas secundarias\", como a de Vidallón, por onde xa se desviou o tráfico cando se realizaron obras nesta vía. De todos os modos, este risco de afundimento xa fora advertido nun informe xeotécnico de 2006 realizado pola empresa Prointec. Este documento informaba de que a estrada transitaba \"sobre o baleiro\", algo que podía provocar un derrubamento, como o que ao final acabou por se producir. Para alén diso, hai 16 anos xa eran visíbeis fendas e desprazamentos decimétricos. De todo isto fíxose eco a agrupación SOS Courel, que denunciou que \"todas as advertencias sobre o risco de afundimento foron ignoradas de maneira sistemática pola Xunta\". Declaración de emerxencia A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou onte a zona e anunciou a realización dunha \"declaración de emerxencia para restabelecer a circulación entre Folgoso do Courel e Quiroga\". Vázquez sinalou que \"nestes momentos barállanse tres alternativas como posíbeis solucións prioritarias; a execución dun viaduto para salvar o treito da vía desprendido, a execución dunha vía de novo trazado ou a construción dun túnel máis afastado\". Tamén explicou que as causas dos danos sufridos na vía de titularidade da Xunta \"apuntan ao colapso dunha das galerías subterráneas da canteira de lousa que se atopa nas proximidades\". A este respecto afirmou que desde a Xunta \"se realizarán as indagacións oportunas e se exixirán as responsabilidades que correspondan\". O Courel, de novo, sen internet O afundimento da LU-651 provocou tamén o corte da conexión por fibra óptica a internet en todo o termo municipal de Folgoso do Courel, entre Seoane e Quiroga. Ademais, o corte da rede tamén deixou fóra de servizo os caixeiros automáticos e o centro de saúde da localidade, dificultando así a atención sanitaria. A solución das eivas na conexión a internet no Courel é unha demanda que vén de lonxe. En 2018, o concello ficou sen conexión á rede nin conexión telefónica durante dúas semanas e aínda o pasado mes de novembro a multinacional Movistar anunciaba a supresión do servizo de telefonía fixa sen ofrecer alternativas á veciñanza. Outro problema que se revela após a afundimento da estrada ten a ver co transporte escolar, pois, debido ao derrubamento da estrada, ten que tomar un roteiro alternativo que aumenta o tempo de viaxe."}
{"ID": "PRAZA_12458", "summary": "O socialista Méndez Romeu e o nacionalista Suárez Canal lamenta que a busca de \"titulares\" condicione a política do presidente cara aos entes locais e Alfonso Rueda chámaos a sumarse á \"responsabilidade histórica\" que, di, xa amosan Oza dos Ríos e Cesuras.", "text": "Tras o anuncio, o soporte para termar del. Dúas semanas despois de que o presidente da Xunta tentase capitalizar o debate de política xeral dando por feita a fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras -a cal foi reducida a \"intencións\" polos alcaldes de ambos municipios tras apenas vinte e catro horas- o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, acudiu este martes ao Parlamento para darlle ao anuncio presidencial certo soporte político. Sobre o papel, a comparecencia do número dous do Goberno tiña o obxectivo de \"informar sobre as actuacións da Xunta de Galicia para impulsar a cooperación municipal\" se ben, case na súa totalidade, estivo destinada a glosar a \"valentía política\" de quen se decide a impulsar as unións municipais\" e a \"responsabilidade histórica\" dos alcaldes das dúas localidades coruñesas. Fronte a Rueda, os voceiros de PSdeG e BNG coincidiron na súa reclamación: \"seriedade\". Como adoita acontecer nos debates nesta materia o conselleiro tivo diante de si a dous dos parlamentarios máis experimentados na Cámara, o socialista José Luis Méndez Romeu e o nacionalista Alfredo Suárez Canal. Sen a necesidade de apoiaren as súas intervencións en notas escritas, os tamén ex conselleiros do Goberno bipartito lamentaron que, malia aos actuais problemas de Galicia, tanto no ámbito municipal como noutras materias, o presidente tente, en verbas do nacionalista, gobernar á procura dos \"titulares\" de prensa. \"Parece que é o único que lle preocupa\", di. Nesta liña, Suárez Canal encadra a incerta operación de Oza e Cesuras na necesidade que, ao seu xuízo, tivo Feijóo de \"compensar\" os \"pratos da balanza\" da súa xestión\". \"Puxo no prato das luces\" só \"palabras\" como \"solvencia, responsabilidade e austeridade\" e \"no das sombras os problemas da xente\", caso do \"paro e as listas de espera\". \"A descompensación era tan potente que o presidente tivo que sacar un coello da chistera para tentar desviar a atención. \"Nin sequera as corporacións\" dos dous concellos \"eran coñecedoras\" do anuncio. Polo tanto, sinala o nacionalista, a Xunta inaugura \"unha nova vertente, a da frivolidade\" que pasa por riba trazos esenciais dun posible reordenamento da planta municipal, como \"o financiamento\" ou \"a supresión das deputacións\", así como \"o boicoteo por parte da Xunta aos recursos para que os concellos poidan mellorar os servizos\". Primeiro Feijóo e despois Rueda, conclúe Suárez Canal, tenta \"tomar por necios\" a deputados e cidadáns tentando que \"falen do dedo\" das fusións e non \"da lúa\" dos \"problemas\" como o paro, a sanidade ou o naval. \"Manda chover na Habana\", ironiza. Suárez Canal coida que Rueda \"toma por necios\" os cidadáns e Méndez Romeu sinala que a fusión non veu avalada por \"un só\" documento Non foi menos crítica a intervención de Méndez Romeu, quen lamenta, \"vinte anos despois\" de que Manuel Fraga iniciase o malogrado proceso de comarcalización de Galicia, ter que debater sobre \"outra ocorrencia\" dos populares en materia de ordenación territorial e, ademais, telo que facer \"por sorpresa, sen que medie documentación\" ou estudos previos. \"Non se inicia tentando fusionar concellos periurbanos, onde poidan existir coincidencias\", senón \"concellos pequenos, rurais, que teñen a mesma viabilidade xuntos que por separado\", dada a súa \"poboación recesiva\" e a súa falta de base produtiva. \"Saben cantos documentos e informes foron achegados ás corporacións?\", pregunta retoricamente Méndez Romeu. \"Ningún\", contéstase, nun contexto no que \"aos veciños non lles preocupan as grandes verbas\" do presidente, senón \"como vai quedar a prestación de servizos no seu concello\". Mentres isto acontece, censura, a Xunta limítase a realizar o propio anuncio e a poñer en marcha \"premios para os concellos -os galardóns Coopera, cos que o Goberno galego distinguirá os mellores proxectos de colaboración entre municipios-\". \"Isto non é un concurso escolar\", advertiu ao seu sucesor na Consellería de Presidencia\". Ante o aluvión de críticas, Rueda optou por botar man dunha técnica dialéctica recorrente tamén nas intervencións do presidente, a das preguntas á oposición. \"Están a favor de que haxa fusión voluntaria de concellos en Galicia ou non?\", cuestionou. \"Son especialistas en ir contra o que pensa a maioría\", lamenta o conselleiro, en cuxa opinión socialistas e nacionalistas ignoran que xa hai \"un consenso moi elevado\" sobre as fusións municipais, limitándose a dicir \"que é unha cortina de fume\". \"Estamos no inicio dun camiño ilusionante, que abriron valentemente dous concellos\" para \"superar o minifundismo municipal\", conclúe."}
{"ID": "NOS_1078", "summary": "A artista Mercedes Peón está detrás do proxecto social e cultural Somos Pandeireteiras, que quere reflexionar sobre o papel das artistas que tocan este instrumento e sobre a súa importancia na transmisión do patrimonio inmaterial da Galiza.", "text": "A artista Mercedes Peón, acompañada das pandeireteiras da AC Rosalía de Castro (Padrón); Raigañas de Cerqueda (Malpica) e Xirifeiras (Fene), impulsa o proxecto social e cultural Somos Pandeireteiras que foi presentado en sociedade esta segunda feira. A iniciativa é, dalgunha forma, unha homenaxe ás persoas que tocan a pandeireta na Galiza, posto que se quere enfocar a actividade \"sobre as músicas e tocadoras como eixo de transmisión cultural\". Como estrea do proxecto, Carballo acollerá o próximo 19 de decembro unha xornada pública que sexa o punto de encontro aberto entre tocadoras, compositoras e músicas para que todas poidan analizar as formas de vivir a música tradicional desde a \"sororidade e a colectividade\". A xornada, de inscrición gratuíta a través da páxina web www.somospandeireteiras.gal, contará cunha serie de conversas e mesas de traballo para reflexionar arredor da situación das tocadoras e comezar a construír, entre todas as asistentes, unha rede que vincule e articule as relacións das artistas da Coruña. Impulsar este patrimonio inmaterial da Galiza O grupo promotor, con Peón á fronte, traballa en común desde o verán de 2021 \"coa firme convicción de crear o seu propio relato como tocadoras\". A iniciativa é unha homenaxe ás persoas que tocan a pandeireta na Galiza Máis aló da gran cita do mes próximo, quere ser unha ferramenta para honrar esas músicas e tamén darlle un novo impulso a ese tipo de patrimonio inmaterial do país. Para esas metas, a agrupación dispón do apoio da Deputación da Coruña, \"que considera a iniciativa un proxecto singular de especial interese\"; e coa colaboración do Concello de Carballo, onde se presentou esta segunda feira a iniciativa e onde decorrerá a cita."}
{"ID": "NOS_21673", "summary": "Lugo acollerá o vindeiro día 21 dunha \"muralla humana de estreleiras\", iniciativa que leva semanas cociñándose a lume manso e sumando apoios colectivos e individuais. O obxectivo, reunir de mans dadas centos de persoas procedentes das diferentes comarcas da Galiza na cidade máis antiga do país para reivindicar que \"somos unha nación\".", "text": "Projeto Estreleira quer que o vindeiro 21 de novembro a muralla de Lugo fique rodeada por centos de persoas que, man con man e portando simboloxía nacional galega, reivindiquen unha Galiza de seu. Con ese obxectivo leva semanas contactando con colectivos e persoas individuais, organizando xuntanzas en diferentes comarcas, sumando apoios e complicidades... \"Nestes tempos de ofensiva do españolismo é bo mandar unha mensaxe clara: estamos aquí e non recuamos\", indican. Como valorades a resposta que está a recibir esta iniciativa? A todos os que lles explicamos a iniciativa parécelles unha boa idea, ou polo menos iso é o que nos transmiten, o que notamos. Non atopamos voces discordantes ou desanimadas, ao contrario, chégannos sensacións moi positivas de moita xente e desde sectores diversos. A estas alturas hai por volta de 600 persoas anotadas para participar e somos conscientes de que haberá algunhas que 'caian' desa lista mais tamén que hai moita xente que vai dar o paso a medida que se achegue a data. Un acto, ademais, apostando por unha cidade que por estar, por dicilo así, á marxe do AP-9 semella que require un 'plus' de esforzo o de achegarse até aí. O que nós si que temos claro é que non hai unha razón para non ir! Detectamos moita disposición e colaboración, non podemos ter queixa. \"A estas alturas hai por volta de 600 persoas anotadas para participar\" Estreleira naceu hai uns meses, cunha presentación publica no Pico Sacro, e desde entón impulsou diversas iniciativas, coa visibilización e espallamento da simboloxía galega como principal obxectivo... A iniciativa naceu para iso, para difundir os nosos símbolos nacionais, pois entendiamos que había un déficit neste sentido. Mesmo parece que entre a propia base nacionalista ou soberanista existe, por dicilo así, certa inhibición neste aspecto, e máis nuns momentos duns anos para aquí en que vemos a proliferación da simboloxía española. Ante isto, consideramos que se debía de facer algo, activar unha iniciativa que apostase por propostas e accións imaxinativas, expansivas, audaces... Que sumasen e animasen a xente a participar e a que os símbolos nacionais non sexa algo exclusivo do Día da Patria ou das mobilizacións... que estean polo territorio, que estean presentes polo país adiante, mesmo nos sitios máis insospeitados. E que nos atopamos moitas veces cando colabamos bandeiras? Pois que duraban pouco, riscábanas, arrancábanas... Por iso decidimos que alí onde puñamos unha bandeira, facer unha foto e pasala ás redes sociais, acompañada de datos históricos, xeográficos, culturais.... do lugar onde se puxo Mais estamos nun contexto de 'ofensiva', por dicilo así, da simboloxía española, tamén na Galiza, onde xa non figura só nas institucións ou redutos reaccionarios moi minoritarios, senón que tamén se espallou na sociedade Hai esa ofensiva, si. Antes había unha exhibición de españolismo, por dicilo así, banal, ligada moitas veces á La Roja ou eventos deportivos. Iso xa non é así. O de agora é grave, é unha exhibición agresiva, ostentosa e ameazante e que non vén só pola extrema dereita. Lembremos o que pasou o Día da Patria Galega en Compostela, cos avións militares pasando por riba da capital coa bandeira española. E iso non o ordena Vox, non é? Iso estaba autorizado polo Goberno español. Cando puxemos en andamento esta iniciativa houbo quen nos dixo tamén o clásico de \"a ver, pesados, xa estades co da bandeira\" (ri). Para nós isto non é unha batalla de farrapos, de trapos. Cando os fascistas atacan a bandeira LGTBI non se di \"atacaron un trapo\", non. Todos entendemos que atacan o que representa, que atacan uns dereitos e un colectivo. As bandeiras representan algo, e a nosa representa uns valores e unhas reivindicacións que para nada 'casan' cos da simboloxía española. \"A ofensiva da simboloxía española non é só cousa da extrema dereita: o dos avións militares coa bandeira española o 25 de Xullo sobre Compostela non o ordenou Vox, non é?\" Elaborastes unha relación de 21 motivos polos que acudir á muralla de Lugo o 21 de novembro. Entre eles está o de, dicides, que \"precisamos emocionarnos\" No mundo do soberanismo apelamos á razón, á racionalidade. É o que ten que ser, a cultura de esquerdas e do soberanismo galego acreditamos niso, nos argumentos, porque témolos e cremos que o debate demostra eses argumentos fronte a hipérboles e irracionalismo do españolismo. Mais isto non debe de ir rifado coa capacidade de nos emocionar, para nada. Incidimos moito en que isto tamén é importante, porque establece ligazóns, conéctanos, crea sinerxias. Neste acto do 21 hai moito simbolismo: desde a data, centenario do primeiro izado nunha institución da bandeira galega, até o lugar, Lugo, a cidade máis antiga do país. Tamén o feito de facer unha cadea humana é un símbolo, é algo que xa se ten realizado noutros países e noutras reivindicacións. \"O que se vai facer en Lugo é unha oportunidade para ver que somos moitos e moitas as que acreditamos que a nación galega existe\" Pouco queda para o 21, como animariades a asistir ao acto a alguén que estea dubidando? O que se vai facer en Lugo é unha oportunidade para saírmos desta parálise na que estamos. É unha oportunidade para reaxir e tamén para xuntarnos, para vernos, para lembrar que somos moitos e moitas as que acreditamos que a nación galega existe. Unha oportunidade paravisibilizar que estamos aquí e non renunciamos ao dereito de autodeterminación do noso pobo. E é unha oportunidade de reivindicarmos o territorio, de demostrar que estamos dispostos a movernos, a saír á rúa. Neste sentido, temos pensadas novas propostas e ideas a desenvolver noutros puntos, desde Irimia, onde nace o Miño, até Fisterra... que xa iremos avanzando aos poucos."}
{"ID": "PRAZA_11341", "summary": "Franciso Conde salienta \"a aposta da Xunta por unha Galicia máis innovadora, máis preparada e máis verde\" nun acto incluído na súa axenda oficial organizado por unha entidade que se declara continuadora de FAES", "text": "Franciso Conde salienta \"a aposta da Xunta por unha Galicia máis innovadora, máis preparada e máis verde\" nun acto incluído na súa axenda oficial organizado por unha entidade que se declara continuadora de FAESHai un ano o PP creou a Fundación Concordia y Libertad como herdeira doutras fundacións previas ligadas ao partido como a FAES de José María Aznar. Este luns esa nova fundación organizou nun hotel de Santiago un foro denominado Industria 4.0: cara a unha industrialización inclusiva, sustentable e innovadora, evento ao que asistiu o conselleiro de Economía, Francisco Conde, dentro da súa axenda oficial da xornada. Alí Conde, segundo divulgou o seu departamento malia estar en campaña electoral, gabou \"a aposta da Xunta por unha Galicia máis innovadora, máis preparada e máis verde, que compatibilice a sustentabilidade ambiental co desenvolvemento industrial\", traballo que contrapuxo a un suposto rexeitamento do Goberno central socialista dunha \"transición xusta e que non xere desemprego\".A Fundación Concordia y Libertad preséntase como un lugar \"onde o centro dereita liberal conservador teña o seu sitio\" e na que teñan cabida \"os estudos económicos que abandeirou FAES\"Segundo salientou o propio PP hai un ano, a Fundación Concordia y Libertad pretende ser un lugar \"onde o centro dereita liberal conservador teña o seu sitio\" e na que teñan cabida \"os estudos económicos que abandeirou FAES\". O foro que celebrou este luns en Santiago foi inaugurado polo presidente da fundación, o deputado popular Adolfo Suárez Illana, e clausurado por Francisco Conde como conselleiro de economía, segundo se reflectiu na axenda oficial da Xunta e divulgou o Goberno galego nun comunicado de prensa. Nesa nota de prensa, a Consellería de Economía fixo fincapé no \"apoio á industria electrointensiva, e a industria en xeral\", dúas cuestións nas que o PPdeG e a Xunta están a centrar os seus ataques aos socialistas. A nota tamén gaba \"o esforzo que fai Galicia para xerar confianza, cuns orzamentos en tempo e forma, ou sendo a comunidade que antes paga aos seus provedores\". Estes eloxios a políticas do Goberno galego prodúcense despois de que a Xunta Electoral ordenase á Xunta retirar varias campañas propagandísticas nas que se divulgaban supostos logros do Executivo de Feijóo que se consideraron que podían interferir na campaña electoral. Iso non impediu que a Xunta divulgase o pasado xoves un inédito informe coas súas \"demandas ao próximo Goberno de España\".No foro deste luns participaron diversos cargos popularesNo foro deste luns participaron entre outros, segundo se encargou de divulgar a portavoz do PP no Concello da Coruña, Beatriz Mato, cargos populares como a deputada Tristana Moraleja ou o senador Miguel Lorenzo. A actividade recibiu financiamento do Ministerio de Asuntos Exteriores, departamento público que nos últimos anos xa concedera achegas á Fundación Humanismo y Democracia, da que Concordia y Libertad é herdeira, a través da súa liña de subvencións a fundacións e asociacións vinculadas a partidos políticos."}
{"ID": "PRAZA_5581", "summary": "Anxo Iglesias, secretario da Asociación de Veciños de Teis, denuncia que o intento de privatización do Centro Cívico do barrio agocha unha manobra para controlar o movemento veciñal vigués no seu conxunto. Audio no interior.", "text": "Veciños e veciñas de Teis levan semanas protestando contra a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que privatizar o funcionamento do Centro Cívico do barrio, que dende a súa creación hai doce anos, é xestionado pola Asociación de Veciños a través dun convenio co Concello. Nos orzamentos municipais que socialistas e populares veñen de pactar este convenio desaparece, polo que o único Centro Cívico que na cidade non ten xestión privada podería pasar a unha concesionaria. A Asociación denuncia que detrás desta manobra está tamén o obxectivo de \"castigar\" unha asociación reivindicativa e crítica coa xestión municipal e, máis alá diso, un intento de controlar o movemento veciñal vigués no seu conxunto. Falamos con Anxo Iglesias, secretario da asociación. Como está a situación? Credes que ides poder manter a xestión do Centro Cívico? A pesar da intención do alcalde de expulsarnos, seguimos estando no Centro Cívico, na oficina que dende sempre tivo alí a Asociación de Veciños, pero este xoves xa nos cortaron o teléfono e a conexión a Internet. Nós imos seguir coas mobilizacións e de feito o martes que vén temos convocada outra manifestación. Estamos agardando a ver que sucede no vindeiro pleno municipal, que ten que ser o da aprobación definitiva dos orzamentos e aí imos aproveitar ao máximo as opcións que temos. Hai un período de alegacións aos orzamentos municipais e nós imos presentalas. \"Quen mellor que os veciños pode coñecer as necesidades do barrio? Sobre todo neste caso, no que se conta cunha asociación dunha longa traxectoria de traballo e de reivindicación\" A base do que defendedes é que o centro está mellor xestionado polos veciños que por unha empresa privada? Hai que destacar que é o único centro cívico de Vigo que tiña un modelo de xestión veciñal, o resto era un modelo de concesión a unha empresa privada. Nós imos seguir loitando, defendendo a xestión veciñal do centro cívico, e denunciando o plan de privatización do centro iniciado polo Concello. Hai dúas diferenzas importantes na xestión do centro: a primeira é o nivel de actividade, que no de Teis é moi superior o de calquera dos outros centros cívicos da cidade. E a segunda é o modelo de xestión. Quen mellor que os veciños pode coñecer as necesidades do barrio? Sobre todo neste caso, no que se conta cunha asociación dunha longa traxectoria de traballo e de reivindicación. \"A intención de botarnos do centro cívico débese unica e exclusivamente a un intento de controlar o movemento veciñal de Vigo, a que Caballero non quere participación veciñal nos centros cívicos\" Que argumento emprega o Concello para privatizar a xestión do centro? O argumento que utiliza Abel Caballero é basicamente un: \"que somos uns privilexiados\", porque o Concello nos dá todos os anos 55 mil euros. Pero eses 55 mil euros non son para a asociación, son para pagar os soldos das persoas que xestionan o centro e toda a actividade que alí se realiza. Ti tes que xustificarlle ao Concello cada céntimo que gastas, e hai unha fiscalización de todo o que se fai. Tamén dixo que \"defendemos intereses particulares\", cando na asociación ningunha persoa cobra absolutamente nada. Credes que a manobra de Caballero obedece a un intento de \"castigar\" a vosa asociación? O problema non é económico nin de xestión. A intención de botarnos do centro cívico débese unica e exclusivamente a un intento de controlar o movemento veciñal de Vigo, a que Caballero non quere participación veciñal nos centros cívicos, e a unha política de castigo á nosa asociación, porque somos unha entidade reivindicativa e que non calamos, nin ante este alcalde nin ante calquera outro. Curiosamente este mesmo convenio que el tanto critica, e que considera un privilexio, non só o mantivo durante os últimos sete anos, senón quen 2008 mesmo incrementou a súa contía nun 35 por cento. Nós, por suposto, a pesar da existencia dese convenio, cando tiñamos que falar dos problemas do barrio de Teis non calabamos. Somos das asociacións veciñais que máis elevan a voz, ante o Concello e ante calquera administración. O problema é que este é un alcalde tremendamente populista, tremendamente autoritario e que non asume o papel que deben cumprir os movementos sociais. E con respecto ás asociacións de veciños, en concreto, ten unha teima clara de controlalas e de cortar calquera tipo de crítica á súa xestión no Concello. \"O movemento veciñal en Vigo sempre foi dos máis activos e fortes de Galicia e de todo o Estado, e nestes momentos o movementos non se atopa na súa mellor situación. E el quere aproveitala esa debilidade para facerse co control das asociacións\" Para un alcalde a oposición é máis doada de controlar cando non hai un movemento veciñal forte? O movemento veciñal en Vigo sempre foi dos máis activos e fortes de Galicia e de todo o Estado, e nestes momentos o movementos non se atopa na súa mellor situación. E el quere aproveitala esa debilidade para facerse co control das asociacións. Nese obxectivo nós somos o inimigo a bater. Recentemente convocou as asociacións a unha xuntanza para tratar o tema da eliminación do partido xudicial, e convocou a unhas asociacións e a outras non, algo que non pasara con ningún outro alcalde. Este só convoca as asociacións que lle rin as grazas. Iso cos sindicatos non se atreve a facelo. \"O pacto de goberno, ou pacto orzamentario, vai traer máis recortes, menos participación e menos democracia no Concello de Vigo\" Como valorades o pacto entre PSdeG-PSOE e PP en Vigo? O pacto de goberno non é positivo, e temos que dicir ademais que no noso caso nós fomos enganados polo Partido Popular. Nós sempre mantemos contacto con calquera grupo municipal e mantivemos tres xuntanzas con eles para falar dos orzamentos, tratando problemas xerais do barrio e tamén a xestión do centro cívico. Eles garantíronos que o convenio se ía manter, a pesar de que xa sabiamos as intencións do alcalde. Despois de moitas declaracións de boas intencións, sentímonos enganados e utilizados. O Partido Popular é cómplice da decisión do alcalde. Ese pacto de goberno, ou pacto orzamentario, vai traer máis recortes, menos participación e menos democracia no Concello de Vigo. Que outras necesidades ten o barrio? Hai a necesidade de mellorar a situación da rede de abastecemento e saneamento do barrio, a situación do cemiterio, a apertura das instalacións deportivas da ETEA e a mellora na dotación de beirarrúas. A xestión de Caballero caracterízase por grandes humanizacións de rúas, que nós non cuestionamos, pero fronte a iso hai moitas rúas do barrio de Teis, un dos máis populosos da cidade, que non teñen beirarrúas."}
{"ID": "PRAZA_17748", "summary": "A sentenza é certamente desproprocionada. Mais esta desproporción nace dun erro na aplicación da lei penal. Urxe a formación de xuíces e fiscais en perspectiva de xénero.", "text": "O xuíz do Penal nº 1 de Granada ven de condenar Juana Rivas por dous delitos de retención de menores do artigo 225 bis do Còdigo penal ( 225 bis CP) a cadansúas penas de dous anos e medio de cárcere e tres de privación da súa patria potestade a respecto dos dous menores. A sentenza é certamente desproprocionada. Mais esta desproporción nace dun erro na aplicación da lei penal. Neste caso hai unha única acción, un único ben xurídico protexido vulnerado (o mantemento dos menores na convivencia canda o proxenitor custodio) e, xa que logo, un só delito. En circunstancias normais, nas que non existisen outros elementos a considerarmos, a pena non habería sobardar os 28-30 meses. Mais neste caso hai outras cuestións absolutamente substanciais que non se tiveron en conta na sentenza. Porque exclúe este delito o feito de existir causas xustificadas para a retención ou subtracción. Causas que evidentemente van vencelladas á interpretación que a nai neste caso fixo do risco que vivían os seus fillos na compaña do seu pai, co e non só na condenado no 2009 por un delito de violencia machista e acusado dende xullo de 2016 polo mesmo comportamento (denuncia á que a xustiza italiana non lle deu aínda trámite). Unha interpretación apoiada polo criterio de xuristas funcionarias da Administración autonómica andaluza, quizais dun xeito irresponsábel nalgún intre concreto. Verdade é que a entrega efectuouse serodiamente, xa executiva a sentenza civil, cando llelo ordenou o xulgado de instrución penal. Mais fíxose sen necesidade de coerción policial, antes de rematar o prazo outorgado, polo que semella que habería terse acollido unha atenuante de reparación do dano. Botouse faltar un axuizamento dende a perspectiva de xénero. Dende a condena do 2009 Juana volveu vivir co pai dos seus fillos e e non denunciou até que volveu en 2016 a Andalucía. Desta omisión deduce o xuíz a inexistencia de violencia machista, cando esa falla de denuncia é característica de moitos procesos de maltrato, nomeadamente dos de anulación da personalidade por maltrato psicolóxico. A probabilidade desa violencia, conectado coa \"causa xustificada\" do 225 bis CP xustificaba considerar unha eximente incompleta que rebaixara substancialmente a pena imposta. A sentenza é desaquelada e xera unha grande alarma social. Urxe a formación de xuíces e fiscais en perspectiva de xénero. Publicidade"}
{"ID": "NOS_27217", "summary": "O 30 de agosto de 1938 eran agarrotados no cárcere de Lugo os militantes falanxistas Manuel Díaz Gómez \"O Chaquetón\" e Manuel Castro Castro \"O Eirexalba\", acusados do asasinato do dirixente dereitista sarriao Manuel Saco Rivera. Sería este crime un axuste de contas nos núcleos de poder franquista, o derradeiro cometido por esta parella de represores fascistas. Aproveitamos o 80 aniversario da súa execución para recuperar máis un capítulo da represión. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 314 de Sermos Galiza.", "text": "Manuel Díaz Gómez \"O Chaquetón\" e Manuel Castro Castro \"O Eirexalba\" foron parella de feito á hora de impor o terror nas terras de Sarria e da Ribeira Sacra. O primeiro, natural de Laiosa, no Incio, mestre, comerciante, concelleiro en Sarria e xefe local da Falanxe após a caída en desgraza en decembro de 1936 do grupo liderado por Mario González Zaera, exerceu como máximo responsábel da Escuadra Negra de Eirexalba nos momentos de máxima actividade represiva desde grupo paramilitar fascista. A participación deste grupo nalgúns dos crimes máis significados cometidos polos franquistas nesta zona están testadas nas propias causas militares, significándose entre outros o do médico do Incio Manuel Díaz González, o do dirixente libertario de Eirexalba Xesús Casás González ou do alcalde republicano de Monforte Rosendo Vila. O nome Manuel Castro Castro \"O Eirexalba\" ou \"O Rei\" aínda mete medo nas comarcas de Sarria e da Ribeira Sacra. Afiliado á falanxe do Incio a comezos de 1936, actuou sempre como fiel brazo executor de \"O Chaquetón\", chegando a ser premiada a súa lealdade co nomeamento en 1938 como policía local en Sarria. A executoria de \"O Eirexalba\", canda a doutros matachíns que formaron na Escuadra Negra de Eirexalba, como Xaime González \"O Bombas\" ou \"Xaime de Agroxoi\", Xosé Castro Castro \"O Arturo\", Ramón González González, ou Manuel Rodríguez Castro, arrepía. Un fillo dunha vítima, Ramón Rodríguez Mourelos, escribía en 1938 que \"Manuel Castro Castro leva asasinados nesta poboación e noutras da provincia noventa homes. El mesmo non o agocha. Dillo a todo o mundo e parece que ten interese en que o saiban os seus superiores\". [Podes ler a peza íntegra no número 314 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]"}
{"ID": "NOS_14898", "summary": "Denuncian precariedade laboral e falta de compromiso por parte da patronal do sector.", "text": "O sector das autoescolas conta cada vez máis con precariedade entre as súas traballadoras e traballadores. Os últimos anos algunhas empresas decidiron ofertar á baixa as prácticas e os cursos de condución, poñendo horarios sen límite a gusto do clienta. Este é o motivo polo que o pasado 18 de xaneiro, nunha asemblea de afiliación da CUT, persoal deste sector decidiu convocar unha folga para o día 26 de febreiro entre as 10 e as 13 horas, ao tempo que fará unha manifestación rodada polas rúas de Vigo. \"Teñen horarios moi dispares e obríganos a estar a disposición as 24 horas para facer prácticas en horarios imposíbeis\", explica a Nós Diario Ricardo Castro, secretario xeral da CUT, \"moitas veces só cobran pola práctica exercida e non lles dan as vacacións\", engade. Coa intención de solucionar esta situación mantiveron unha reunión coa patronal de Pontevedra, que reúne 75% de todo o sector galego. \"Responsabilizaron o propio persoal da situación\", explica Castro, \"propuxemos que vixiasen as academias e non quixeron polo que entendemos que non teñen intención de arranxar esta situación\". Caso de non ter resposta anuncian que poderían convocar outra folga no verán. A Dirección Xeral de Tráfico sabe desta situación e podería valorar suspender os exames en agosto."}
{"ID": "QUEPASA_811", "summary": "Esta mesma tarde de sábado, ás 17:00h, a sociedade carnotá concéntrase no Portocubelo de Lira.", "text": "O PSOE tamén leva ao Parlamento a petición de indulto de Manuel de TaleloEsta tarde de sábado 13 de abril a sociedade carnotá concéntrase para amosar o seu apoio e pedir o indulto para Manuel de Talelo. Paralelamente os grupos políticos tamén se mobilizar para elevar a petición o máis alto posible. O BNG xa enviou unha proposición non de lei ao Parlamento Galego, e hoxe tamén o fai o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súasdeputadas Loli Toja Suárez, Patricia Vilán Lorenzo e Patricia Otero Rodríguez e dos seu deputado José Manuel Díaz Villoslada, os que fan unha nova proposición non de Lei. Así informa o candidato carnotán, José Manuel Saborido \"Moma\", que lembra que xa se teñen recollidos 2.000 sinaturas de apoio, que lembra que o expresidente dos percebeiros de Lira se enfronta a 3 anos de prisión, agora, tras 6 duros anos de litixio, denunciado por un home, que operaba como furtivo na Reserva Mariña dos Miñarzos, aproveitando que esta era unicamente vixiada polos profesionais da zona. Moma sinala que a situación da falta de vixilancia na reserva provocou unha situación complicada, que durou varios días, e que rematou finalmente coa agresión do condenado, quen sentíndose ameazado lanzoulle a raspeta ao furtivo provocándolle feridas\". A defensa xurídica do procesado ten solicitado a posibilidade dunha concesión discrecional de indulto total ou subsidiariamente parcial á pena que lle foi imposta, tras a ratificación por parte do Tribunal Supremo da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña. Xa que concorren razóns humanitarias, de rehabilitación ou de equidade, con suficiente entidade para que o Estado poidarenunciar ao exercicio do poder punitivo. Así, o PSOE tamén insta á Xunta a que realice as accións pertinentes ante o Goberno do Estado para poder lograr o indulto para Manuel Antonio Martínez Lustres."}
{"ID": "PRAZA_5592", "summary": "Trataríase de refundir dende o concepto de \"dereitos históricos\" o concepto máis limitado de \"foralidade\" para abranguer Cataluña, Galicia e quizais Canarias, incorporando á Disposición Adicional Primeira o seu estatuto xurídico, blindando as súas competencias exclusivas", "text": "O proceso da sociedade civil catalá cara ao recoñecemento do seu dereito de decisión, a desafección da maioría vasca a respecto da súa integración constitucional no Estado e máis a gravísima crise política xerada pola ocupación das institucións polo bipartidismo dinástico obriga a pensar en solucións xurídico-constitucionais que fagan coexistir o dereito a decidir coa estabilidade dos acordos constitucionais para a convivencia común das distintas nacións no Estado. Non por acaso foi a declaración parcial de inconstitucionalidade do actual Estatuto catalán e o inmobilismo do Goberno do Estado a respecto do cumprimento das súas disposicións financeiras o que moveu aló o actual proceso social a prol da autodeterminación. Obriga a pensar en solucións xurídico-constitucionais que fagan coexistir o dereito a decidir coa estabilidade dos acordos constitucionais para a convivencia común das distintas nacións no Estado Na propia Constitución existen dúas normas, a Disposición Adicional Primeira e a Disposición Transitoria Segunda, que permitirían garantir un estatuto especial a Cataluña, Euskadi -e Navarra- e Galicia (como de feito se tiña decidido no 1978), delimitando as nacionalidades das rexións que o artigo 2 da Constitución enuncia e non determina. A Disposición Adicional Primeira abeira e respecta os dereitos dos territorios forais e dispón a súa actualización estatutaria. A Disposición Transitoria Segunda acordaba o inmediato acceso ao máximo grao de autonomía constitucional dos territorios que tiñan plebiscitado durante a II República cadanseu estatuto (as tres nacionalidades). Trataríase de refundir dende o concepto de \"dereitos históricos\" o concepto máis limitado de \"foralidade\" para abranguer Cataluña, Galicia e quizais Canarias, incorporando á Disposición Adicional Primeira o seu estatuto xurídico, blindando as súas competencias exclusivas Trataríase, pois, de refundir dende o concepto de \"dereitos históricos\" o concepto máis limitado de \"foralidade\" para abranguer Cataluña, Galicia e quizais Canarias, incorporando á Disposición Adicional Primeira o seu estatuto xurídico, blindando as súas competencias exclusivas e financiamento automático, recoñecéndolles plenas facultades en lingua, cultura, educación, Dereito Civil e réxime local e deseñando un réxime federal asimétrico nas outras materias competenciais. A norma abriríase tamén a recoñecer o dereito a decidir, de xeito que estes países puidesen acceder a outros marcos de relación co Estado, a medio de referendums nos que se esixirían concretos requisitos de participación e a súa non repetición nun determinado período de tempo, ao xeito da lexislación que rexe no Quebec."}
{"ID": "PRAZA_17312", "summary": "CON VÍDEO As deputadas de En Marea, PSdeG e BNG coidan que a \"retirada\" das palabras pronunciada por Feijóo no pleno non abonda: \"O mínimo sería unha desculpa pública e sincera\" coa líder do Bloque, afirman", "text": "\"A verdade é que me parecía que a señora Pontón estaba moi necesitada; lle dixen que non se parecera a vostede. Pero, evidentemente que vostede aínda está máis, señor Villares\". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciou nestes termos a resposta ao voceiro de En Marea, Luís Villares, no marco da sesión de control deste mércores. Inmediatamente despois Feijóo agregou: \"señora Pontón, retiro o que acabo de dicir\" sen aclarar a que 'necesidade' se refería e mentres, nas bancadas da oposición se estendían as protestas. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclamou sen éxito a aplicación do Regulamento ante o que considerou unha expresión de \"machismo repugnante\" que, como \"mínimo\", esixía unha petición formal de \"desculpas\". Esas desculpas non chegaron e agora quen as reclaman son todas as deputadas da oposición. Nun comunicado conxunto as 18 deputadas de En Marea, PSdeG e BNG expresan a súa indignación \"como mulleres, despois da expresión machista usada polo presidente\". A frase dirixida á líder do Bloque, afirman, resulta \"inaceptábel\" e \"humíllanos a todas\", máis aínda porque \"se pronuncia polo presidente nunha sesión institucional do Parlamento\". \"Ante o machismo non podemos calar nin pasar páxina como se non pasase nada\" e, xa que \"o mínimo sería unha desculpa pública, o señor Feijóo aínda pode emendar o seu erro\". As deputadas de En Marea, PSdeG e BNG coidan que a \"retirada\" das palabras pronunciada por Feijóo no pleno non abonda: \"O mínimo sería unha desculpa pública e sincera\" coa líder do Bloque, afirman \"A igualdade e o respecto ás mulleres son principios básicos, que están recollidos no noso marco lega e político\" e \"se non son aplicados no noso día a día redúcense a papel mollado\", resaltan todas as deputadas dos tres grupos da oposición. \"No mesmo ano no que as mulleres galegas expresaron a súa inconformidade nas rúas contra o machismo\", as persoas que compoñen as institucións do país \"debemos reforzar o noso compromiso coa igualdade\", reflexionan. E iso, resaltan, ten que \"comezar polas nosas propias condutas\". As deputadas de En Marea, PSdeG e BNG coidan que \"o acontecido non pode pasar co noso silencio\" porque o comentario de Feijóo sobre Pontón na resposta a Villares \"transcende, con moito, o marco da disputa dialéctica\" e \"ofende a todas as mulleres\". O presidente, afirman, \"débenos unha desculpa a todas as que somos deputadas e ás que non\" para así \"emendar o acontecido que, por desgraza, vai máis alá do excepcional\". As súas intervencións, salientan, teñen maior eco \"pola súa responsabilidade e atribucións políticas e simbólicas\" e por iso as desculpas tamén o deben ter, conclúen. Horas despois do lanzamento deste comunicado das deputadas da oposición, o PPdeG respondía á controversia mediática creada a través das redes sociais. Xunto cunha transcrición da frase de Feijóo, o gabinete dos conservadores indica que \"unha cousa é facer oposición\" e outra \"manipular unhas palabras de Feijóo para acusalo do que non é, nunca foi e nunca será\". \"Non todo vale\", agregan. Una cosa es hacer oposición a @FeijooGalicia y otra es manipular unas palabras suyas para acusarle de lo que no es, nunca fue y nunca será. No todo vale #respeto pic.twitter.com/10W0yCtVxM — PP de Galicia (@ppdegalicia) 7 de xuño de 2018"}
{"ID": "NOS_3061", "summary": "Nos anos electorais de 2015 e 2016. Hai un 'burato' de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Contas.", "text": "A Embaixada española en Venezuela usou dólares do mercado negro para favores electorais nos anos 2015 e 2016, un asunto que afecta o PPdeG. É unha información que publica Eldiario.es asinada por David Lombao e Carlos Sosa . Segundo esta información, o PPdeG mobilizouse en decembro para tapar con fondos dunha fundación pública \"o burato de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Contas nas axudas a emigrantes españois nos anos electorais 2015 e 2016\". De feito, un alto cargo da Xunta deseñou un plan para que unha fundación pública tape con fondos propios ese burato. Rodríguez Miranda, secretario xeral da Xunta de Núñez Feixoo, sería o que propuxo este plan nunha xuntanza na Embaixada española e na que estarían presentes o embaixador e o cónsul xeral, para alén de Miranda. Os tres fan parte da Fundación España Salud (FES), unha fundación pública para prestar cobertura sanitaria a emigrantes españois. Miras Portugal, home do PPdeG que foi conselleiro de Emigración con Manuel Fraga, sería quen advertiu a Xunta de que había que solucionar este tema sen facer ruído. Informes en poder do embaixador e do Ministerio de Traballo, sería o dirixente do PP Juan de San Genero, quen tería xestionado a adquisición no mercado negro dunha cantidade indeterminada de dólares, \"produto de cambiar 300.000 euros, teoricamente destinados a axudas de emerxencia social para casos graves\". O importe foi para a FES, mais o diferencial obtido mediante o cambio no mercado negro, \"que podería ser 40 veces máis\", foi para pagar actividades de \"carácter electoralista\". \"A comunidade galega foi a que máis se mobilizou nas eleccións de 2015 e 2016\", indican na reportaxe."}
{"ID": "NOS_58180", "summary": "O feito de ter coñecemento das investigacións antes de regularizar o diñeiro no estranxeiro podería invalidar a exención penal.", "text": "A Fiscalía notificou formalmente o rei emérito español, Juan Carlos I, da apertura das investigacións sobre o seu patrimonio cando presentou unha regularización fiscal \"sen ningún requisito previo\", segundo El País. O feito de que a notificación se fixera antes da regularización é moi relevante, xa que invalida a exención dun delito. Juan Ignacio Campos, o tenente fiscal do Tribunal Supremo español e director de investigación sobre a fortuna do monarca español no exterior, notificoulle formalmente a apertura de cada investigación que lle afectaba, tres en total. As notificacións realizáronse en xuño, novembro e decembro de 2020 a través do avogado de Juan Carlos I, Sánchez-Junco. As dúas primeiras notificacións realizáronse antes da presentación dunha regularización fiscal de 678.393,72 euros, incluídos os xuros e recargas, o 9 de decembro. A terceira notificación realizouse antes da regularización de case 4,4 millóns de euros en febreiro de 2021. Segundo o artigo 305.4 do Código penal, a regularización neutraliza a acción penal contra o evasor sempre que \"se faga un recoñecemento e pagamento íntegro da débeda tributaria antes de que a Administración tributaria lle notifique a iniciación de accións. De verificación ou investigación\" ou a fiscalía \"presente unha denuncia \"ou\" emprende accións que permitan [ao presunto defraudador] ter coñecemento formal da apertura do procedemento \". Fontes citadas por El País escusan a regularización tras a notificación formal das investigacións dicindo que eran notificacións \"moi xenéricas\". As cartas do fiscal ao avogado de Juan Carlos I informábano da apertura do procedemento, pero só se dicía que se trataba dunha investigación sobre feitos que podería ter \"implicacións penais\" para el, sen detallar se se estaba a levar a cabo unha investigación."}
{"ID": "NOS_42181", "summary": "Desde o inicio da fin de semana producíronse dez novas mortes de persoas contaxiadas co coronavirus.", "text": "A Consellaría de Sanidade comunicou esta segunda feira, 2 de agosto, dez novos falecementos na Galiza de persoas contaxiadas co coronavirus. Estes decesos producíronse desde o inicio da fin de semana. Así, na sexta feira 30 de xullo faleceu unha muller de 93 anos de idade no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ao día seguinte morreu outra muller, de 95 anos, no Complexo Hospitalario de Pontevedra; mentres que no domingo 1 de agosto faleceron cinco persoas: unha muller de 89 anos no Hospital Universitario de Lugo, un home de 94 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, un home de 79 anos no Hospital de Lugo e outro de 87 anos de idade no Hospital do Salnés. Ademais, esta segunda feira, 2 de agosto, comunicáronse os decesos dun home de 85 anos, no Hospital de Lugo, o dunha muller de 91 anos, no do Salnés; e a morte dunha muller de 81 anos de idade, no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Segundo Sanidade, todas estas persoas tiñas patoloxías previas. A información destas mortes chega nun agosto que inicia cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 939. Despois de 13 xornadas consecutivas por riba do millar, os novos positivos volven situarse por baixo desa marca. Porén, as e os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 328 -unha ducia máis-."}
{"ID": "NOS_16944", "summary": "Galiza, o territorio con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras. Ocupan máis de 7.600 hectáreas. Adega advirte que a \"xestión inadecuada\" canda as \"nulas políticas de protección e recuperación\", provocou o desecado e desparición de varios destes ecosistemas.", "text": "O 2 de febreiro é o Día mundial das zonas húmedas, unha data que conmemora o aniversario da sinatura da convención Ramsar (Irán, 1971). Como lembran desde Adega, son aquelas áreas terrestres inundadas de xeito permanente ou estacional. Ademáis de reserva de auga, sumidoiros de carbono e fonte de biodiversidade, son a nosa defensa natural contra os desastres climáticos. \"Galiza é o territorio do Estado con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras, que ocupan máis de 7.600 hectáreas\", informa a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. Porén só cinco zonas húmidas galegas (das máis de 1.100 inventariados pola Xunta) gozan de protección legal específica acollidos baixo o convenio Ramsar: as rías de Ribadeo e Ortigueira e a de Ribadeo, a lagoa de Valdoviño (Frouxeira), o Complexo Húmido de Corrubedo e o Complexo intermareal Umia-Ogrobe. Xestión inadecuada Unha xestión inadecuada destes ecosistemas , canda as \"nulas políticas de protección e recuperación\", levou ao desecamento e destrución dun bo número de zonas húmidas de Galiza. As lagoas de Pantín (Valdoviño) e Corme (Laxe), a degradación das turbeiras do Xistral ou da lagoa sacra de Olives (A Estrada) polos eólicos; ou a situación crítica das Gándaras de Budiño, no medio dun polígono industrial son algúns exemplos. Mesmo a Xunta chegou a aprobar un plano de conservación para o humidal da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional de Galiza. Desde Adega instan aumentar a listaxe de humidais protexidos, cumprir estritamente coa lexislación ambiental, e ordenar o territorio para reducir a presión sobre estes espazos, alén de investir na restauración dos ecosistemas danados."}
{"ID": "NOS_10539", "summary": "'Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de 'Nós Diario' no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.", "text": "Nós Diario continúa a medrar e na súa liña de ofrecer novos contidos informativos para públicos máis amplos comezará a publicar cinco suplementos temáticos que se integrarán nos xornais de terzas feiras a sábados. Trátase de suplementos temáticos de catro páxinas a cor, deseñados por Pepe Barro, un dos máis destacados grafistas da Galiza, que incorporarán máis voces especialistas nos diferentes campos que integra cada unha destas publicacións, que verán a luz a partir da próxima semana.Patrimonio, historia, arte, memoria e máis Nós Diario incrementa os contidos no ámbito cultural co suplemento Coñecer, que se publicará todas as terzas feiras con informacións relativas aos ámbitos da historia, da memoria, do patrimonio e das artes plásticas. Un novo espazo que trata de dar resposta ás demandas de moitas lectoras e lectores que veñen solicitando un reforzo na atención a estas temáticas e que tamén expresa o compromiso de Nós Diario coa conformación da identidade galega. Estamos diante dun espazo en construción e aberto á participación de todas aquelas persoas interesadas nos citados campos. Entre as súas colaboradoras e colaboradores atópanse, a respecto das artes plásticas, o creador Daniel Río \"Caxigueiro\"; a recoñecida crítica de arte Mercedes Rozas; o profesor da USC Miguel Anxo Rodríguez e a comisaria Silvia Fiallega. A área de patrimonio vai contar coas sinaturas do escritor Lois Diéguez; do investigador e membro de Patrimonio dos Ancares Xabier Moure; da activista e directiva da asociación Colado do Vento de Sober Paula Vázquez Verao; do etnógrafo Calros Solla e do especialista en cultura marítima e patrimonio somerxido Fernando Patricio Cortizo. O suplemento 'Coñecer' terá informacións relativas aos ámbitos da historia, da memoria, do patrimonio e das artes plásticas Ao tempo, nas seccións de historia e memoria, escribirán a investigadora e xornalista Montse Fajardo; o profesor da Universidade da Coruña Uxío Breogán Diéguez; o secretario da revista Murguía Prudencio Viveiro; o historiador Carlos Méixome; o investigador Eliseo Fernández; o filosofo e activista de Iniciativa Galega pola Memoria Xoán Carlos Garrido ou o historiador experto no reino da Galiza Alexandre Peres Vigo. Ciencia, I+D+i, ensino, educación ambiental... Aprender xorde como un punto de encontro para a investigación e a divulgación, como lugar onde dar conta do labor que nestas esferas desenvolve o tecido social do país e como espazo aberto ás iniciativas que se realizan nos ámbitos científico-técnico; na investigación, desenvolvemento e innovación; no ensino; na educación ambiental; na formación... Un suplemento que rachará coa enorme distancia que existe entre o traballo das investigadoras e investigadores da Galiza e o que as persoas coñecen sobre o seu labor. Desta maneira, Nós Diario busca facer accesíbel o coñecemento especializado, é dicir, facer de ponte entre o mundo científico e o do ensino e as lectoras e lectoras. O suplemento, que se publicará todas as cuartas feiras, trata de dar difusión á importante actividade investigadora que ferve nos laboratorios e nas aulas da Galiza e á formación en materia de medio ambiente, co fin de aumentar a concienciación e o coñecemento a respecto da problemática ambiental e para fornecer ao público das ferramentas necesarias para actuar de maneira responsábel coa biodiversidade. Deportes e actividade física As quintas feiras é a quenda de Xogar, coa que Nós Diario achegará a súa particular visión do mundo do deporte. A actualidade deportiva, aínda moi condicionada pola pandemia da COVID-19, combinarase coa reportaxe e a opinión nun suplemento polo que desfilarán nomes recoñecidos do panorama deportivo do país. 'Xogar' porá o foco de maneira especial na muller e no deporte Deportes tradicionais como os bolos celtas, a chave ou a billarda; as múltiples seleccións galegas e a súa historia; o deporte de base, eterna escola de vida; o fútbol e todo o que implica; e disciplinas como o gaélico; o baloncesto; o balonmán ou o hóckey tamén contarán co seu espazo nun suplemento que porá o foco de maneira especial na muller e no deporte. Elas serán as protagonistas e porán en valor as grandes xestas das nosas deportistas presentes e pasadas. Viaxes, gastronomía, enoloxía, natureza... O suplemento Gozar acompañará Nós Diario todas as sextas feiras, con información sobre as grandes riquezas que ten o país e para dar conta da enorme oferta de lecer que teñen á súa disposición as galegas e galegos. A gastronomía será un dos eixos centrais deste suplemento, que dará a coñecer nas súas páxinas a profundidade da despensa, a calidade e a variedade da cultura culinaria. No primeiro número achegaremos a crítica gastronómica do xornalista e escritor Manuel Gago e nos seguintes será posíbel coñecer o intenso lazo de unión da Galiza co pan e descubrir como facelo nas casas. Tamén se recollerán os estabelecementos máis punteiros e aqueles que gardan a mellor tradición e que ao tempo tamén son vangarda, a través de reportaxes e artigos de blogueiras e blogueiros e xornalistas gastronómicos. A enoloxía e o mundo dos viños estará presente da man de Antón Portela, escritor, sumiller e viticultor do Morrazo, que abrirá o primeiro suplemento descubrindo algúns dos mellores viños da Galiza, convidando as lectoras e lectores a apostar por un dos sectores estratéxicos da economía galega nestes tempos de crise. Adegueiras, especialistas e catadoras irán, ao longo das semanas, dando a coñecer a enorme tradición e riqueza do viño e os proxectos máis innovadores. A natureza será outro dos eixos deste suplemento, en que escribirán ambientalistas, ecoloxistas e biólogos como Alfredo López para divulgar a inmensa variedade de especies que habitan a Galiza. Viaxar e descubrir, con guías turísticas e investigadoras, fará posíbel atopar, sen perdernos, os lugares con máis encanto da xeografía máis próxima. Cultivar, criar, pescar, transformar, fabricar... Os sábados será a quenda de Producir, representa un paso adiante de Nós Diario para ofrecer información económica nun momento en que resulta de especial importancia achegar análises á sociedade e espazos de reflexión para o contraste de ideas e a formulación de alternativas. Este suplemento pretende ser un espazo para analizar e divulgar con expertos e expertas de primeira orde a realidade dos sectores produtivos, do tecido empresarial e do mercado de traballo. Entre as colaboradoras e colaboradores atópanse docentes de economía das universidades galegas e persoas significadas no ámbito dos estudos económicos. En materia pesqueira o suplemento contará coas sinaturas de María do Carme García Negro ou Gonzalo Rodríguez; en políticas agrarias, de Edelmiro López Iglesias, Mar Pérez Fra, Bernardo Valdés, Xavier Simón ou Xosé Carballido; en cuestións industriais, de Adrián Dios ou Anxo Calvo e en políticas públicas e fiscalidade, con Xosé Díaz Antón Beiras Cal, Joam Romero Duram, Aleixo Vilas, Manuel Barbeitos, Xabier Pérez Davila ou María Cadaval. Como conseguilos? As persoas subscritoras, ben en papel ben na versión de acceso na nube, terán á súa disposición, nas páxinas centrais de Nós Diario, desde o 26 de maio, os suplementos temáticos de balde. As persoas que aínda non son subscritoras poden sumarse ou ben adquirir o diario en papel nos quiosques e puntos de venda habituais por 1,50 euros de terzas a sextas feiras e por 3 euros os sábados (día en que se inclúe o semanario Sermos Galiza) ou ben mercalo para a súa lectura na nube. Grande éxito na acollida do curso de lingua Nós Diario publica hoxe a última entrega do seu curso \"Mellor uso, máis calidade\" de lingua galega coa segunda parte destinada á fraseoloxía. Con esta lección 15 ponse punto final a unha das máis aplaudidas iniciativas coa que Nós Diario conmemorou o mes das Letras. Castelanismos, Cuestión de xénero, Pronunciarmos sen complexos, Uso e abuso dos pronomes, Interferencias lexicais, Interferencias sintácticas, Ortografía, Articuladores discursivos, De preferencia, Sen abusar, Falar e escribir ben, Futuro de subxuntivo, Fraseoloxía I e Fraseoloxía II foron os temas en que se dividiu o curso. Con esta aposta Nós Diario quixo contribuír a mellorar o uso e a calidade do noso idioma, así como a axudar a corrixir aquelas interferencias que dificultan o asentamento do estándar lingüístico."}
{"ID": "NOS_9861", "summary": "O programa, conducido por Marga Pazos, estreouse hoxe con Mercedes Peón e Lucía Freitas", "text": "Elas, pioneiras. Elas, rompedoras. Elas, Referentes. Este é o título escollido para a nova iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña, dentro da súa liña de acción A cultura é un dereito. Desta volta trátase dun programa de entrevistas pensado para a divulgación a través das redes, un formato que conduce Marga Pazos e que foxe do máis convencional para recuperar o espírito do diálogo. A primeira entrega estreouse hoxe, en Facebook e Youtube, iniciando un ciclo de balde que procura alimentar o debate e o pensamento crítico enfrontando as olladas de persoas de referencia da cultura galega: artistas, intelectuais e pensadoras de diversos ámbitos e disciplinas. Aínda que non só voces femininas, son elas as que dan o tiro de saída. Entre as maquillaxes previas á rodaxe arrinca o primeiro capítulo, no que nunha auténtica declaración de intencións se presenta unha conversa a tres bandas entre a condutora e dúas mulleres que abriron camiño: Mercedes Peón e Lucía Freitas. Desde dous eidos absolutamente diferentes, como son a música e a cociña, as convidadas atoparán puntos de conexión na vivencia do confinamento e a propia experiencia do feminino en sectores masculinizados, incluída a maternidade. Para Pazos foi \"moi gratificante\" gravar Referentes, pois non tiña que exercer \"de xornalista nin de presentadora, simplemente tiña que presentalas e ver como se vai xerando a conversa\", na que se atopa se cadra ese poder que \"quizais botamos tanto de menos nestes tempos\", explica a Nós Diario. Tamén había, por suposto, un punto de incerteza do que puidese acontecer, mais curiosamente acababan xerándose vínculos entre esas persoas que na maioría dos casos non se coñecían previamente. O confinamento \"Até chama a atención ver a cara completa da xente \", comenta ao comezo Pazos, após concluír que poden quitar a máscara, pois realizaron momentos antes as probas pertinentes. Así, a repercusión da pandemia colócase como o primeiro gran tema, desde a realidade máis inmediata de como transcorreu até a reflexión do que puido ou pode traer. A aldea agroma como escenario dos confinamentos, ese espazo diferente e creativo que pode transformar a crise nunha oportunidade. Do desencanto coa política á esperanza no común De aí cabalgamos á importancia actual da política, na que o diálogo enfronta un certo desencanto coa posibilidade de transformar o presente coa crenza inevitábel de que está nas mans do colectivo. \"Cando deixas de crer que se pode cambiar o mundo... é o peor que hai \", confesa Freitas. Pola súa banda, Peón vencella isto coa realidade da vida dentro dun sistema capitalista, onde a base da acumulación acontece precisamente porque consumimos. Nese contexto, chama a non esquecer que cos movementos sociais se poden mudar as cousas, pero a falta das relacións condena ao inmobilismo. Parte da solución a estas lóxicas, coa dificultade de educar as crianzas noutra maneira de pensar, atópase para a intérprete en \"botarse a bailar \" e pór unha pandeireta na man de cada cativa e cativo. Así, a cultura tradicional como espazo de interacción constitúe para ela todo un movemento social. A cultura é un dereito O interesante do programa era non facer falar as convidadas do seu último libro, disco, filme ou espectáculo, senón coñecer a súa visión sobre a familia, a saúde ou a morte, esoutras arestas que non adoitan aparecer nos medios de comunicacións e coas que \"calquera pode empatizar\". Pazos pregunta en certo punto sobre a premisa na que se enmarca o programa: é a cultura un dereito? Agora facémoslle a ela esta interrogación, que responde entendendo a cultura como un \"ben\" sen o que non nos poderiamos explicar a nós mesmas nin ao noso país. Sería moi difícil sobrevivir sen ela, polo que se existe un dereito á supervivencia, o da cultura debe estar aí, mais ao tempo tamén debe ser un dereito para as artistas poder vivir das súas creacións, non entender o seu traballo como \"amor á arte\"."}
{"ID": "NOS_49109", "summary": "O PP prioriza o concepto 'familia' ao de 'fogar'", "text": "Luz verde e definitiva á lei de impulso demográfico, unha norma que pretende reverter a perda poboacional da Galiza e que o PP cualifica de \"pioneira\" no Estado e en Europa, mentres a oposición a critica por fiar a recuperación demográfica ás políticas \"natalistas\". A norma, que unicamente contou cos votos do PP no pleno desta terza feira, 26 de xaneiro, no Parlamento, lexisla sobre reprodución asistida, introduce bonificacións de peaxes a familias numerosas en estradas galegas e amplía o concepto de 'familias monoparentais', para as que a Xunta deberá elaborar un plan de apoio -no prazo dun ano- e un rexistro -en seis meses-. O BNG pediu a devolución da lei por falta de concreción e por insitir en \"políticas natalistas fracasadas\", desatender \"a realidade galega actual, na que medran os fogares unipersoais e monoparentais\", e pola \"ausencia de compromiso real cos dous elementos chave: a migración e a lonxevidade\". Así o explicou a viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, que demandou unha \"lei universal, inclusiva e que atenda as realidades múltiples e diversas que existen no país\", non como a presente norma que \"fronte ao concepto integrador de fogar, vertébrase desde a visión reducionista e conservadora do de familia\", argumentou, logo de explicar que o 'fogar' pode ser unipersoal, mentres que a 'familia' ten que constar, segundo o Observatorio Demográfico da Galiza, de polo menos dous membros, e engadiu que cada vez son máis os fogares unipersoais e monoparentais\". Tamén a deputada Marina Ortega (PSdeG) criticou o texto por \"natalista\" e carente de \"compromiso real\", porque non \"blinda\" servizos en educación e sanidade, e preguntouse \"de que serve un cheque infantil se logo non temos pediatra para levar o noso fillo?\". Recuperación de terras A lei de recuperación de terras, que busca dotar de máis base territorial as explotacións agrarias, comezou a súa tramitación no Parlamento. A deputada Elena Candia (PP) destacou que o proxecto se rexe por principios como o \"absoluto respecto\" á propiedade privada e ferramentas para aumentar a base territorial de explotacións e o reforzo da capacidade de investigación da Galiza para detectar terras abandonadas. A oposición lamentou que a lei non estea pensada para \"mudar as cousas\" e recriminou que as políticas do PP levan \"un de cada tres concellos cara á desaparición\", mentres os populares \"falan de aldeas modelo\". O PP rexeita a iniciativa para superar a fenda dixital O PP non se moveu do \"non\" no pleno, rexeitando coa súa maioría absoluta todas as mocións presentadas polo BNG, coas que pedían medidas para mellorar o emprego xuvenil e a dixitalización do rural, e votaron en contra tamén da inciativa do PSdeG sobre un novo modelo eólico. O deputado nacionalista Daniel Castro presentou unha iniciativa mediante a que propuxo actuacións para mellorar a dixitalización do rural e reducir a \"fenda dixital\". \"As e os galegos non poden desenvolver o seu traballo, os seus estudos ou parte do seu lecer do mesmo modo que outros cidadáns do Estado español polo simple feito de vivir na Galiza\", expuxo Castro, que denunciou un \"déficit de banda larga\", a baixa \"alfabetización dixital\" e a falta de cobertura de zonas do rural. Ante estas cuestións, instou a Xunta a aumentar o número de aulas CeMIT, levar a conexión de banda larga á totalidade do país, promover plans de conexión do rural, así como a impulsar os mecanismos necesarios, en colaboración co Goberno do Estado, para non deixar a Galiza atrás na repartición de fondos europeos para a dixitalización. Tras este debate, o deputado do BNG Paulo Ríos defendeu unha proposta con iniciativas orientadas a mellorar a empregabilidade da mocidade e reducir a precariedade. Así, propuxo realizar un estudo sobre a situación laboral deste colectivo, un novo plan dotado coas partidas orzamentarias que fosen necesarias para o desenvolvemento de programas que favorezan a creación de emprego xuvenil estábel, levar a cabo políticas de vivenda que permitan o acceso ás mesmas por parte da xente moza e adoptar medidas para reverter a \"fuga de talento\". O parlamentario denunciou a temporalidade do emprego xuvenil, os baixos salarios e a destrución de traballo. Novo modelo eólico Por último, na sesión, o deputado socialista Martín Seco instou a Xunta a \"pactar un novo modelo eólico\" para \"corrixir as deficiencias\" do sistema. Seco instou a Xunta a \"negociar\" este novo modelo \"coa participación de todos os sectores implicados\" e pór así \"solución aos múltiples problemas de transparencia, participación, asesoramento e garantías ambientais, xerados polos consecutivos regulamentos do PP desde o ano 2010\" e á indefensión da cidadanía no rural."}
{"ID": "PRAZA_16782", "summary": "GRÁFICOS O balance oficial do incendios certifica o pasado ano como o peor da década cunha vintena de grandes incendios, os superiores ás 500 hectáreas, todos eles no outono. Ourense volve ser a provincia do Estado con máis monte arrasado polo lume HEMEROTECA | Os incendios de outubro en Portugal xeraron unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia", "text": "HEMEROTECA | Os incendios de outubro en Portugal xeraron unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia Apenas dous días tornaron o 2017 no ano máis destrutivo para os montes galegos nunha década. O Ministerio de Agricultura vén de pechar o seu primeiro balance dos incendios forestais no ano pasado e revela que en Galicia arderon case 62.000 hectáreas. Foron, concretamente, 61.901,67 das que practicamente o 80% quedaron arrasadas na vaga de lume do mes de outubro, na que segundo os datos provisionais revelados pola Xunta o pasado novembro, arderon 49.171. A superficie ardida durante 2017 en Galicia é a máis elevada nunha década e practicamente triplica a do ano anterior Mentres o Goberno galego ultima a presentación do seu plan contra incendios para 2018 -a Xunta adoita aprobar o Pladiga ás portas do verán pero desta volta, aguilloado pola catástrofe de 2017, prevé lanzalo esta mesma semana-, que cada ano inclúe as cifras do ardido no exercicio anterior, a estatística do Ministerio ratifica que os montes galegos viviron o peor ano dende a gran vaga de 2006, que á súa vez fora a máis intensa en dúas décadas. En Galicia ficaron calcinadas case o 40% das hectáreas ardidas en todo o Estado -166.902,47- cun balance que practicamente triplica o de 2016, cando arderan algo menos de 22.000 hectáreas. Na estatística destaca, ademais, a gran superficie arborizada que ardeu no país durante 2017, case 30.000 hectáreas -no ano previo non chegaran ás 9.000-, se ben cómpre agardar ata a estatística definitiva, dentro de tres ou catro anos, para coñecer polo miúdo que especies de árbores foron as máis afectadas polas lapas. Os grandes incendios forestais triplicáronse e neles arderon dúas de cada tres hectáreas Despois de que, un ano máis, a Consellería do Medio Rural optase por aplicar unha política informativa de ocultación parcial, silenciando os incendios de menos de 20 hectáreas e non ofrecendo partes completos con todos os puntos de Galicia afectados polo lume, os datos do Ministerio acreditan a magnitude do acontecido. Non en van, durante o ano pasado o país padeceu ata 22 grandes incendios forestais -cualificación técnica para os de máis de 500 hectáreas-, case tres veces máis que en 2016 e todos eles en outubro. Nestes grandes incendios arderon 40.898 hectáreas, isto é, dúas de cada tres hectáreas ardidas en todo o ano. O foco máis destrutivo foi o iniciado en Ponteareas o 15 de outubro Os datos oficiais reflicten ata que punto foi catastrófico o domingo, 15 de outubro, a xornada na que a mestura de lume e vento propiciou incontables focos por toda Galicia e practicamente unha vintena de grandes incendios forestais. O máis extenso, din as cifras, foi o orixinado no Concello de Ponteareas, no que arderon case 9.000 hectáreas. Destaca tamén o incendio que arrasou case 6.000 hectáreas en Melón e as practicamente 3.000 hectáreas de monte perdido nas Neves, o concello considerado 'zona cero' daquela vaga. Naquel día tamén arderon máis de mil hectáreas nun só incendio en Caldas de Reis, Baños de Molgas, San Cristovo de Cea, Nigrán, Gondomar e Parada de Sil. A incidencia destes grandes incendios forestais no balance total volve ser obvia un ano máis. Non en van, aínda que arderon case tres veces máis hectáreas que un ano antes o número de incendios non se incrementou na mesma medida: rexistráronse 3.249, un 35% máis que no ano previo. A cifra é, por exemplo, practicamente a metade que no ano 2011, cando arderan 20.000 hectáreas menos, e non chega nin ao 50% do número de incendios rexistrados no ano 2006, o ano con máis monte ardido en Galicia no que vai de século. Ourense é a provincia con máis superficie ardida foi a maior do Estado tras triplicar a de 2016; en Lugo ardeu dez veces máis monte que no ano anterior A combinación de meteoroloxía moi adversa, con moita calor e fortes ventos, en intervalos moi curtos de tempo -neste caso, a devandita fin de semana de outubro-, deixa un mapa do lume en 2017 no que o cadrante noroeste da península ibérica destaca sobre todos os demais territorios da contorna. As lapas golpearon con dureza o norte de Portugal -non en van, a enorme intensidade dos seus incendios chegou a xerar unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia, segundo acredita a investigación oficial do sucedido- e fixeron o propio con Galicia, pero tamén con Asturias e as provincias de León e Zamora. No rexistro provincial, así e todo, Ourense volve destacar como a área con maior superficie ardida, 30.000 hectáreas que case triplican o ardido en 2017 e que están un chisco por riba das ardidas en Asturias, que superou as 27.000. As diferenzas no resto de Galicia con relación ao ano previo son tamén mostra da dureza da vaga de lume de outubro: en Pontevedra ficaron arrasadas máis de 21.000 hectáreas -en 2017 non chegaron ás 5.000-, en Lugo arderon 8.200, case dez veces máis que nos doce meses anteriores. Na Coruña, no entanto, ardeu menos que en 2017: 2.256 hectáreas fronte ás 3.900 do ano previo, e foi a única provincia galega sen ningún gran incendio forestal."}
{"ID": "PRAZA_3812", "summary": "Tras indicar Política Social a existencia dun cómputo diferenciado e despois remitirse a Sanidade, Feijóo asegurou que a Xunta \"computa todas\" as mortes por coronavirus das que ten constancia a través do certificado de defunción, tamén no caso das residencias", "text": "Unha vez ao día dende a implantación do protocolo de difusión de datos por parte do Ministerio de Sanidade no marco do estado de alarma, a Xunta remite á prensa e divulga no seu sitio web un balance sobre o impacto do coronavirus en Galicia. Galicia rexistra un total de 4.635 casos infectados por coronavirus sinalaba, por exemplo, o balance deste venres, 3 de abril, no que o Servizo Galego de Saúde especificaba que \"polo de agora, en Galicia rexistráronse 435 altas de pacientes e 149 falecementos\".Dende o inicio da crise sanitaria, o Sergas ofreceu datos da incidencia da covid-19 en Galicia referíndose ao conxunto do país, non só aos hospitaisEn todos eses comunicados dende o inicio da pandemia da covid-19 a información veu sendo referida a Galicia en xeral, non só aos hospitais, toda vez que por exemplo tamén indica o número de persoas illadas nos seus domicilios. Así e todo, nos últimos días fontes oficiais da Consellería de Política Social matizaron a varios medios de comunicación -entre eles, Praza.gal- que ese cómputo e, máis concretamente, o de persoas falecidas, non sumaba as mortes ligadas á covid-19 que se producen en residencias de maiores, un dos focos que concentran máis preocupación cidadá e institucional dende o comezo da crise sanitaria. Atendendo a esta versión, as persoas falecidas ata este venres non serían 149, senón máis de 180.Os datos do impacto do virus nos centros de maiores veñen sendo recompilados e divulgados á prensa pola Consellería de Política Social. Trátase dunha difusión paralela á de Sanidade, que difunde os seus datos como xerais do país. Esas cifras do Sergas son as enviadas para os balances estatais que fai públicos cada día o Ministerio. Así, tomando outra volta como exemplo este 3 de abril, a suma de positivos activos (4.635), altas (333) e falecementos (149) daba como resultado 5.219 casos acumulados. Son exactamente os mesmos que reflectiu a estatística diaria do Goberno central, construída sobre os datos autonómicos.Tras indicar Política Social a existencia dun cómputo diferenciado e despois remitirse a Sanidade, Feijóo asegurou que a Xunta \"computa todas\" as mortes por coronavirus das que ten constancia a través do certificado de defunción, tamén no caso das residenciasAnte a confusión creada, este venres Praza.gal contrastou con ambos departamentos do Goberno galego esta cuestión e, aínda que inicialmente Política Social mantivo o devandito matiz -un cómputo diferente para as persoas falecidas nas residencias que non chegan a ser hospitalizadas-, o departamento que dirixe Fabiola García deu finalmente en remitirse ás aclaracións ao respecto da Consellería de Sanidade. A área que encabeza Jesús Vázquez Almuíña, evidenciou unha fonte autorizada de Política Social, centra o cómputo de datos e ademais é a que os traslada ao Ministerio.Con este pano de fondo, a pregunta foi trasladada pola prensa ao presidente da Xunta tras a reunión do Consello do seu Goberno. Segundo Alberto Núñez Feijóo, o criterio para incluír ou non o falecemento dunha persoa na estatística do coronavirus é que o certificado de defunción indique a covid-19 como causa da morte. Así, \"se nas residencias morre algunha xente con coronavirus e temos o certificado, dáse o falecemento por coronavirus\". \"Estamos computando a todas\" esas persoas, reiterou o xefe do Executivo, quen especifica que \"pode haber algunha persoa\" contaxiada que faleza e cuxo certificado \"non acredite se o ten ou non\" e, só nese caso, non se computaría.Advirte ademais Feijóo, en resposta á mesma pregunta, de que \"nalgúns lugares -en referencia a outras autonomías- nos din que non se computan as persoas que morren en residencias\" polo virus e por iso \"é necesario\" que o Ministerio de Sanidade\" unifique os criterios ao respecto. Tras estas declaracións do xefe do Goberno galego, Praza.gal púxose en contacto outra volta coa Consellería de Sanidade e un voceiro oficial asegurou que o procedemento descrito por Feijóo é o que se está a aplicar.39 residentes de centros de maiores falecidos ata o 3 de abrilCon todos os devanditos matices sobre a mesa, os datos ofrecidos por Política Social datados no 3 de abril indicaban que xa faleceran 39 persoas residentes en centros de maiores. As residencias con maior número de persoas falecidas polo coronavirus, segundo estes datos, son as dúas que foron intervidas pola propia Xunta por mor do alto número de contaxios, as da cadea DomusVi en Cangas -9 mortes- e Vigo -5 falecementos-, e unha terceira propiedade do mesmo grupo empresarial, DomusVi San Lázaro, en Santiago.A Consellería de Política Social, con datos actualizados tamén a 3 de abril, detalla tamén o contaxio de 165 persoas integrantes dos cadros de persoal dos seus centros, tanto de maiores como de persoas con discapacidade. Os centros con máis casos positivos entre o seu persoal, segundo estes datos, son a residencia San Carlos de Celanova e as devanditas da compañía DomusVi en Cangas e Vigo."}
{"ID": "PRAZA_9829", "summary": "O balbordo político e mediático xerado pola proposta da dirixente do PP madrileño para computar os \"concibidos e non nacidos\" como membros da unidade familiar obviou, en case todos os casos, que a medida leva vixente en Galicia case unha década inspirada pola lei da Red Madre e plasmada de vez na lei de familia de 2011", "text": "O debate previo ás eleccións xerais do 28 de abril axitouse o pasado mércores coa proposta dunha candidata que nin sequera concorre a elas, a cabeza de lista do PP á Asemblea de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, de considerar un embrión como un membro da familia para conceder axudas públicas. O balbordo político e mediático foi enorme. Tamén, nalgúns casos, en Galicia. Pero obviando, en case todos eles, que a idea bosquexada pola dirixente conservadora madrileña leva vixente en Galicia case unha década, dende que a aprobou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, e ao seu abeiro xa foron concedidos máis de 400 dereitos a recibir axudas ou beneficios da Administración.O balbordo político e mediático xerado pola proposta da dirixente do PP madrileño para computar os \"concibidos e non nacidos\" como membros da unidade familiar obviou, en case todos os casos, que a medida leva vixente en Galicia case unha décadaEn Galicia a orixe política do recoñecemento dos nenos e nenas \"concibidos e non nados\" como membros da unidade familiar hai que buscalo na \"lei pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada\", a tradución legal da iniciativa lexislativa popular impulsada pola Red Madre -organización ligada ao Foro Español da Familia- cuxa aprobación acelerou o PPdeG tras recuperar a maioría absoluta no ano 2009. Aquela norma fixaba entre os seus obxectivos a protección do \"dereito á vida en formación desde a concepción\".Na senda da norma inspirada pola Red Madre chegaron en 2011 algúns dos preceptos da \"lei de apoio á familia e á convivencia\". Esta norma regulou diversos aspectos da política social e por primeira vez estableceu a \"asimilación a descendente\" do \"fillo ou filla concibido ou concibida\" á hora de considerar a unha familia como numerosa \"sempre que mediante a aplicación desta asimilación se obteña un maior beneficio\". Esa lei tamén permite computar o \"concibido ou concibida\" para acreditar a condición de familia monoparental.Na primeira lexislatura de Feijóo o Goberno galego aprobou tamén o seu Plan integral de apoio á muller embarazada, que desenvolvía a lei da Red Madre. Unha das súas \"áreas de actuación\" foi \"priorizar para acceder a axudas ou programas\" autonómicos criterios como \"valoración da vida en formación (nasciturus) como un membro máis da unidade familiar aos efectos das axudas previstas en materia de vivenda\", en baremos para o acceso a prazas de colexios\" ou outras \"materias sociais\".A orixe política do recoñecemento dos \"nasciturus\" como membros da unidade familiar está na lei inspirada pola Red Madre e quedou plasmada na lei de familia de 2011; Política Social confirma que \"dende a entrada en vigor desta medida\" xa foron concedidos \"algo máis de 400 certificados\"O propio Alberto Núñez Feijóo destacaba en 2013, no marco da presentación da súa \"estratexia de apoio ás familias numerosas\", que daquela o seu Goberno xa concedera \"80 certificacións\" para que fillos \"concibidos e non nados\" fosen \"asimilados á categoría de descendente\" a \"efectos de todo tipo de axudas ou subvencións\". Un ano despois, en 2014, gabábase ante a oposición parlamentaria de \"estar a apoiar ás familias numerosas considerando a efectos fiscais a un nasciturus membro xa dunha familia\".A Consellería de Política Social confirma, a preguntas de Praza.gal, que \"desde a entrada en vigor desta medida\" o Goberno galego xa concedeu \"algo máis de 400 certificados\" para que os \"concibidos non nados\" sexan \"asimilados á categoría de descendentes\". Durante a xestación as familias teñen a \"obriga\" de \"comunicar calquera cambio\", informan as mesmas fontes, por se o bebé non chega a nacer. Por exemplo, se se obtén por esta circunstancia o certificado de familia numerosa, \"o beneficio perde a súa validez se o nacemento non ten lugar\".Nestes anos a figura do \"concibido e non na do\" apareceu xa en numerosas ordes de axudas da Xunta e tamén foi inserida no vixente Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e HomesNestes anos a figura da filla ou fillo \"concibido e non nado\" apareceu xa en numerosas convocatorias de axudas da Xunta, como as destinadas á rehabilitación de vivendas ou ao alugueiro. Do mesmo xeito, foi inserido nalgunhas ordes de axudas municipais e computa, por exemplo, á hora de tramitar a reserva en escolas infantís dependentes do Goberno galego.Tamén, máis recentemente, esta filosofía política foi inserida no VI Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2017-2020. Este documento inclúe entre as súas medidas para \"potenciar os recursos de atención e apoio para garantir unha asistencia integral ás mulleres embarazadas\" a \"valoración da vida en formación (nasciturus) como un membro máis da unidade familiar a efectos de acceso a axudas e outros recursos públicos\".O líder do partido, Pablo Casado, defendeu a proposta da súa candidata horas despois como unha \"reivindicación que lle fixeron a Isabel e a nós a asociación de familias numerosas\". O PP de Madrid tamén lembrou xenericamente as medidas vixentes en Galicia e as aprobadas na Comunitat Valenciana en tempos do Goberno popular nun sentido moi semellante. Casado, non obstante, circunscribe a medida á \"reserva da praza escolar\", informa Sofía Pérez Mendoza para eldiario.es"}
{"ID": "NOS_35265", "summary": "Após deixar sen efecto a imputación dos cinco técnicos a pasada segunda feira, o tribunal revoga tamén a dos presidentes e demais membros do Consello de administración de Adif que foran chamados polo xuíz instrutor do caso en calidade de imputados.", "text": "Este último auto feito público pola Audiencia provincial da Coruña deixa sen imputacións a Adif. O xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, chamara a declarar en calidade de imputados aos ex-presidentes do Consello de administración desde 2011 e demais responsábeis de Adif que tiveran a ver coa decisión de omitir o sistema de freado ERTMS no Alvia sinistrado o pasado 24 de xullo. Porén, e após resolver o recurso de apelación presentado por un dos imputados --e que se fai extensíbel aos outros 22 directivos-- a Audiencia da Coruña revogou o auto emitido previamente e deixa sen efecto as imputacións. Con este auto, a Audiencia provincial revoga as imputacións dos 22 cargos de Adif e deixa só ao maquinista Ao igual que no auto emitido a pasada segunda feira en relación cos cinco técnicos, a Audiencia provincial considera que \"non bastaría\" co feito de \"desenvolver cometidos en materia de seguridade\" para lles atribuíren a condición de imputados. Neste senso, o tribunal considera que a argumentación empregada polo xuíz Aláez é insuficiente e mesmo \"prematura\" polo que revoga o fallo emitido o pasado mes de setembro. Con este último auto fican levantadas as imputacións a Adif incluída a que atinxía ao actual presidente da xestora, Gonzalo Ferre. As vítimas agrupadas na Asociación de Afectad@s polo sinistro xa expresou a súa \"perplexidade\" após coñecer o fallo. O seu presidente di que, embora respectar a decisión, non comprenden o contido do auto e aseguran que as imputacións dos directivos de Adif contribuían a \"esclarecer\" o acontecido no accidente mais tamén, \"a evitar que volva acontecer\"."}
{"ID": "PRAZA_12389", "summary": "O anteproxecto remitido polo Goberno á CNC dispón que \"as comunidades autónomas determinarán os modos de xestión do servizo público de comunicación audiovisual, que pode consistir na xestión directa, na xestión indirecta ou en diferentes instrumentos de colaboración público-privada\". Así mesmo, a lei será reformada de maneira que as televisións públicas, tanto autonómicas como estatai poidan subcontratar a produción dos informativos", "text": "A Comisión Nacional da Competencia -ente que desaparacerá proximamente-, considera \"positivo\" o anteproxecto de lei de reforma da norma 7/2010 da Comunicación Audiovisual, o que pode abrir a posibilidade de que as comunidades autónomas privaticen as televisións públicas e subcontraten integramente a produción dos informativos. O Goberno quere introducir unicamente dous cambios na norma: un artigo e unha disposición final única, pero de grande importancia. En primeiro lugar, introduce un parágrafo ao segundo apartado do artigo 40 da lei. A intención é a de permitir a privatización das televisións públicas. \"As comunidades autónomas determinarán os modos de xestión do servizo público de comunicación audiovisual, que pode consistir, entre outras modalidades, na xestión directa, na xestión indirecta ou en diferentes instrumentos de colaboración público-privada\". Si se poderá ceder a produción e edición dos informativos e poderán subcontratar os programas que o consideren oportuno, sen límites Así mesmo, baixo o pretexto da \"situación económica e a necesidade por parte do conxunto das Administracións Públicas de acometer actuacións que faciliten a consolidación orzamentaria e o saneamento das contas públicas\", a lei será reformada de maneira que as televisións públicas, tanto autonómicas como de carácter estatal (RTVE) poidan subcontratar a produción dos informativos. Tal e como explica Competencia, suprímense dous estratos do mesmo artigo (o 40), que dicían o seguinte: \"os entes que presten o servizo público de comunicación audiovisual e as súas sociedades prestadoras non poderán ceder a terceiros a produción e edición dos programas informativos\". Doutra banda, establecía un marco de obligatoriedade para que os mesmos entes audiovisuais impulsaran \"a produción propia da súa programación de forma que esta abarque a maioría dos programas difundidos nas cadeas xeneralistas\". Estes puntos foron eliminados no anteproxecto analizado pola CNC, de maneira que si se poderá ceder a produción e edición dos informativos e poderán subcontratar os programas que o consideren oportuno, sen límites. A Lofaxga xa introduciu en Galicia un cambio substancial no modelo de financiamento do CRTVG A este respecto cómpre ter en consideración a observación da propia comisión. \"En relación cos entes que prestan o servizo público de comunicación audiovisual (hai que entender que tanto estatais como autonómicos), suprímense os parágrafos terceiro e cuarto do apartado 1 do artigo 40\". É a propia Competencia quen interpreta que a supresión de ese estrato da lei poderá afectar á TV pública estatal. O visto e prace da CNC \"O Anteproxecto en cuestión valórase positivamente, considerándose que pode contribuír a introducir competencia nos devanditos ámbitos, ademais das vantaxes que supoña desde o punto de vista da xestión dos recursos públicos\", interpreta Competencia. De feito a única recomendación deste organismo de supervisión é a necesidade de introducir no anteproxecto unha vía para garantizar a correcta privatización da xestión, de maneira que as comunidades autónomas utilicen o marco normativo de contratos do sector público \"de maneira respectuosa cos principios de competencia libre e non falseada e igualdade de trato\". O caso galego: a Lofaxga A Lei de Ordenación e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público de Galicia (Lofaxga) transformou a a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) nunha \"entidade pública empresarial\", e obrigaba ao ente a adaptar os seus estatutos ao que marcaba a nova lei (aprobada en 2010). O artigo 92 da Lofaxga estipula que \"as entidades públicas fináncianse, preferentemente, cos ingresos propios que perciban como contraprestación polas actividades que poidan realizar en virtude de contratos ou convenios\". Pero segundo o último informe do Consello de Contas referido á CRTVG, do ano 2002, a canle pública só sufragaba mediante a publicidade e outros ingresos o 22% de todos os seus gastos. É dicir, que dos máis de 98 millóns que gastou o ente nese exercicio, máis de 60 foron achegados directamente desde as arcas públicas galegas. Só de maneira \"excepcional\", segundo a nova lei, \"financiaranse [as entidades públicas empresariais] coas transferencias consignadas nos orzamentos xerais\" de Galicia."}
{"ID": "NOS_37863", "summary": "A emblemática navieira alemá Nord-Deutscher LLoyd decidiu despezar o Salier, antes de que este vello barco de pasaxe rendera a súa derradeira viaxe, recollendo os soños de moitas familias e de moitas persoas que abandonaban Europa para cruzar o Atlántico na procura dunha mellor vida nas Américas. A Coruña foi o derradeiro porto que tocaría este buque antes de internarse na escuridade da noite e do temporal que o agardaba, aconchándoo contra as Basoñas, uns temidos cons situados fronte á parroquia de Xuño (Porto do Son). A pasaxe durmía e a tripulación de garda foi testemuña muda da traxedia. Ninguén sobreviviu. Eran as 5:30 da madrugada do 8 de decembro de 1896…", "text": "O Salier parte do porto alemán de Bremerhaven o 28 de novembro de 1896 ao mando do capitán H. Wempe de 40 anos de idade que, curiosamente, fai a primeira viaxe a bordo ostentando dito cargo. O Salier contaba con portas estancas, balizas de salvamento e uns 450 chalecos e botes salvavidas suficientes para a pasaxe que levaría a bordo na súa derradeira viaxe. No porto alemán soben a bordo, a parte dos 66 tripulantes, 151 pasaxeiros procedentes principalmente de Rusia e da Galitzia polaca, agás dous que eran alemáns. Sesenta deles son nenos de curta idade, sendo 21 aínda crianzas. A segunda escala do Salier é o porto de Amberes, no que soben a bordo só tres pasaxeiros, abandonando este peirao o buque o mesmo 2 de decembro. A travesía dende a costa belga ao seu paso polo litoral bretón e o Golfo de Biscaia faise no medio dun grande temporal, no decurso dos días 5 e 6 onde un forte golpe de mar arrinca da cuberta dous botes salvavidas, pescantes, regala e varanda de cuberta na amura de estribor. O Salier, unha vez que o temporal amaina, arriba finalmente e sen novidade ao porto da Coruña o 7 de decembro ás 8:30 horas, onde subirán a bordo 52 persoas, das cales 51 son emigrantes: 40 galegos, 10 asturianos e un leonés e un cociñeiro, o coruñés Francisco Pena. Entre eles hai unha numerosa familia da aldea de Quende, no concello de Abadín. O Salier sae ao mar finalmente da Coruña as 16.30 do 7 de decembro con bo tempo, mais en canto anoitece desátase un gran temporal de suroeste. O fareiro de Corrubedo (Ribeira) ofrece un dato esclarecedor: deixa de ver as luces do faro de Fisterra e da illa de Sálvora á medianoite do 7 de decembro pola brétema, intre no que o Salier navegaba en demanda do porto de Vilagarcía, a onde nunca chegaría. O vello transatlántico alemán, afundirase tras petar co baixo Gallego, nos baixos de Corrubedo a madrugada do 8 de decembro de 1896 no medio dun forte temporal. A súa \"carga\" humana entre tripulación e pasaxe, ascendía a 281 persoas que perecerían na súa totalidade no seu arrepiante naufraxio, acontecido fronte a costa de Santa María de Xuño. Aparición das probas do naufraxio Ao abrente do 8 de decembro de 1896, un patrón dunha lancha de pesca arriba ao porto de Vilagarcía de Arousa e informa nada máis tocar terra que había unhas horas vira afundirse no cabo Corrubedo un buque de gran porte. Dende o porto arousán parte de contado un vapor no seu auxilio. Escribía a prensa da época que o único supervivente ao tráxico naufraxio fora un boi que saíra polos seus propios medios ao areal de Xuño. Os días seguintes ao naufraxio, dende esta praia até Queiruga (Porto do Son), o litoral estaba ateigado de restos do naufraxio e de cadáveres… moitos cadáveres que, na súa meirande parte foron soterrados nos areais onde o mar os depositou, polas xentes da contorna. \"Telegrama: Puebla del Caramiñal, 10 de diciembre, 2:40 de la tarde. Urgente. El Salier se fue a pique frente a la playa de Juno, situada a pocos quilómetros de Porto do Son; sucedió el siniestro de madrugada, del lunes 8 al martes 9, antes de doblar el Cabo Corrubedo. Se desconoce el punto exacto dónde se hundió. Ayer se recogían diez cuerpos sin vida, cinco mujeres, tres niños y dos hombres. Salen efectos del buque hundido, baúles, maderas, y ganado. Desde el Cabo Corrubedo hasta el Son todo sembrado de restos del barco. Fuerte viento de sudoeste\". (La Voz de Galicia). \"Carril, 10 de diciembre, 3:10 de la tarde. Urgente. La embestida del Salier en los bajos de las Basoñas, hundido frente a Corrubedo debido al fuerte temporal y a la gran niebla reinante en la zona, se perdió el barco con la carga, con los pasajeros y tripulantes. El mar arroja muchos cadáveres. El impresionante temporal, cubierto por la noche hizo que los supervivientes de la tragedia en un primer momento tras el embarrancamiento fueran presa del pánico\". (La Voz de Galicia). O naufraxio do Salier encheu estas paraxes atlánticas de cadáveres e de moitas historias nadas del e da súa carga O día 12 de decembro recollíanse 32 corpos no areal das Furnas, en Xuño, pertencentes á pasaxe e á tripulación do malogrado buque alemán. Mais catro deles aparecerían xuntos e afastados do resto. O primeiro, supúxose que pertencía ao capitán do Salier, o Señor Gerhard Wempe, de pelo vermello que vestía uniforme e traía o chaleco salvavidas posto. Os outros tres, correspondíanse a tres meniñas loiras de idades comprendidas entre os 2 e 10 anos que poderían até ser irmás. Levaban escasa roupa enriba que probaba que no intre do naufraxio ían durmindo. Estes catro cadáveres serían soterrados no cemiterio municipal de Santa Mariña de Xuño, mentres que o resto, a medida que foron atopados, se lles daba sepultura nos propios areais onde eran deitados polo mar. O reloxo do capitán do Salier tiña as súas agullas detidas marcando ás 5:30 horas, hora aproximada do naufraxio. O día 13 de decembro atoparíase unha morea de 35 cadáveres na praia do Son (outras fontes falan que foi na de Queiruga). Os alcaldes das vilas de O Son, A Pobra, Ribeira e Muros informaban ao cónsul alemán do soterramento das vítimas do Salier. Existe unha historia abraiante sobre a inmersión que fixeron ao pecio do Salier, días despois do seu naufraxio amainado o temporal, os buzos de escafandro, José Teira, o avó do Cabalán, quen descubriu o lugar exacto do naufraxio do buque de pasaxe alemán e Laurenano de Fisterra. Estando ambos os dous na cuberta do navío afundido e, cando venceron a porta que daba a un salón do barco, se lles botaron enriba ducias de cadáveres coas súas bocas e ollos abertos, pasaxeiros que afogaran seguramente, no intre de tentar gañar a cuberta para salvarse do naufraxio que non deixou sobreviventes. O señor Alejandro de Caamaño descubriunos ao meu amigo Tucho Parada de Aguiño e a min unha historia que lle contara o seu pai sobre o naufraxio do Salier. Tratábase da aparición dos cadáveres dun home con varios meniños de curta idade que o mar deitou abrazados os uns aos outros no areal do río Sieira (Porto do Son) e que serían soterrados posteriormente nun lugar lindeiro dunha antiga salgadura na zona leste da mesma praia. Seguramente sería un pai tentando salvar os seus fillos. O misticismo dunha sepultura O naufraxio do Salier encheu estas paraxes atlánticas de cadáveres e de moitas historias nadas del e da súa carga. Esta é unha delas. Un día solleiro de finais de marzo de 2018 coñecín o veciño de Santa Mariña de Xuño Pepe Vila e xuntos achegámonos até a igrexa parroquial. Alí, xusto na súa parte sur e pegadas ao muro traseiro do templo atopámonos con dúas lápidas de mármore branco que pertencen a familias prominentes da zona que emigraron aos Estados Unidos, as cales foron colocadas na súa situación actual décadas despois que a do capitán do Salier. Exactamente, no medio de ambas as dúas, estaba a da tumba dos catro náufragos do barco alemán. Cóntame Pepe que se lía perfectamente a inscrición da súa sepultura no chan, pero que despois dunhas obras que se fixeron no cemiterio, sacáronse as lápidas máis antigas, entre elas a do capitán do Salier e desapareceron todas coa reforma do camposanto en 1985 a pesares que Pepe pretendía conservalas todas. A noite de San Miguel, o 29 de setembro, érguese o santo e os nenos, mulleres e anciáns principalmente, pasan por debaixo del tres veces. Pepe nunca escoitara que nesta festividade os nenos foran deitados polas súas nais sobre a tumba do capitán e das meniñas do Salier, para lles curar as doenzas ou para protexelos contra as mesmas nun futuro. Pero si lembra que cando os veciños fan as procesións tentan non pisar o espazo onde se atopaba a tumba dos náufragos. Máis é de novo a hemeroteca a que nos vai permitir facer unha descuberta. En 1962 o xornal La Noche, nunha reportaxe que trata sobre as festas patronais no Barbanza, baixo o magnificado título: El capitán mercante que llegó a arcángel, atopámonos unha foto histórica na que se ve un meniño deitado boca arriba cos xeonllos facendo unha pirámide, xusto enriba da tumba dos náufragos do Salier. Despois de ler o pé de foto e ollando a fotografía, supoñemos a nai axeonllada ao seu carón e o seu pai de pé xunto a ela. Un pouco afastada deles, á dereita, hai unha nena ollando a cámara."}
{"ID": "NOS_16242", "summary": "A permeabilidade entre as correntes artísticas e os discursos teóricos vén de vello, como é lóxico, e isto vese claramente no poemario de Alba Cid.", "text": "Ultimamente estanse a explorar nos estudos literarios as cartografías textuais. Non é máis (nin menos) que aproveitar novas ferramentas, tamén dixitais, para establecer os vencellos entre produtos culturais a través das conexións no espazo. Un mapa onde se gravan as redes, outro concepto moi contemporáneo, que suxeitan os desprazamentos cognitivos da estética. Neste sentido Atlas retrata moi ben o seu tempo, o que supón un dos méritos da obra. Atlas | Alba Cid | Galaxia | 2019 | 80 páxinas | 12 euros Proponse unha viaxe a través de seis capítulos, nomeados cada un deles como o ciclo dun dos continentes, e un epílogo que enceta o título coa palabra \"ensaio\" que, de maneira transversal, convértese nunha autopoética. O periplo da aventureira só se pode afrontar desde a pluralidade de voces e textos. De aí que se inclúan, desde o punto de vista da imaxe, fotografías, gravados, mapas ou debuxos propios da antropoloxía. A propia cuberta é unha declaración de intencións. Desde o punto de vista discursivo, teñen cabida instrucións propias dun manual, anotacións nas se indica como hai que recitar os versos, cancións de berce, citas, apócrifos, cartas, choivas de ideas e un longo etcétera que pasa pola descrición enciclopédica. De feito, a Wikipedia non deixa de ser unha cartografía dos coñecementos sobre o mundo. Tanta hibridación e movemento só poden andar a cabalo entre a lírica e a narración, outra constante da poesía última, e entre os mitos de oriente e occidente que se afrontan desde unha postura descolonizadora: \"pequena occidental, / confías nas historias das palabras\". A cita remite á voz da viaxeira que acaba impoñéndose na lea polifónica para xestionar o fluxo de información que levan os textos que carga na mochila, tan variados como as terras que percorre. Xa nacemos nun territorio marcado pola mestizaxe, desde que bebemos té ou ollamos as camelias pola fiestra. Tamén desde que lemos e construímos a percepción que nos relaciona coa realidade, que non pode prescindir xa do espectáculo, das \"imaxes dos turistas que bourean detrás das balsas bebendo sake\". A tendencia filolóxica de Atlas lembra outras propostas, entre elas a de María do Cebreiro. Pero neste caso incorpórase un tratamento renovado do espazo en movemento, tamén do espazo emocional, que usurpa o protagonismo do eu e que permite posicións lectoras diversas e moi suxestivas, sobre os percorridos múltiples que nos cruzan."}
{"ID": "NOS_19230", "summary": "De entrada, 20 operadoras encárganse do seguimento de novos casos sospeitosos e dos seus contactos.", "text": "A Consellaría de Sanidade puxo en marcha onte a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas polo coronavirus. Segundo informa a Administración galega, o servizo estará integrado por un equipo de 20 operadoras mais prevé chegar aos 50 profesionais nas próximas semanas. Casos sospeitosos e contactos O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado na Galiza para identificar posíbeis novos casos de infeccións por coronavirus contará cun protocolo único, e encargarase de localizar e falar con cada unha das persoas que mantivesen contacto cun caso positivo por COVID-19. Despois dunha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique o paciente como caso sospeitoso de coronavirus, solicitaráselle unha proba PCR. Sanidade non informa de quen se vai encargar de recabar a información orixinal nin desde onde. Entón, esta plataforma activará unha enquisa inicial a esta persoa con sintomatoloxía de COVID-19 e solicitaralle os datos dos individuos cos que puido manter contacto estreito desde dous días antes do inicio dos síntomas até o momento do seu illamento. No caso de que o resultado da proba PCR sexa positivo, pediráselles que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Seguimento diario Neste momento, comezaría, ademais, un seguimento diario co fin de detectar a posíbel aparición de sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19. De se presentar estes síntomas, as operadoras derivarán as doentes ao seu médico. Estas persoas pasarían a ser casos sospeitosos e polo tanto activaríase de novo todo o protocolo coa solicitude da proba PCR, illamento e investigación de novos contactos. Sanidade asegura que o sistema de rastrexo galego será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública, mais non informa de quen se vai encargar de recabar a información orixinal nin desde onde, e tampouco do tratamento que van facer dos datos sociais e sanitarios da poboación."}
{"ID": "NOS_49838", "summary": "A proba guardesa volve un ano despois de ser a escollida pola lendaria atleta galega para o seu regreso á competición.", "text": "O Trail do Trega, que se disputará este domingo 21 de novembro desde as 10.30 horas da mañá na localidade da Guarda, volve 13 meses despois de que no marco da súa sétima edición se producira o histórico regreso dunha das mellores atletas da historia da Galiza, Julia Vaquero. Con 50 anos, e tras unha década exacta sen disputar nin unha soa carreira, a aínda a día de hoxe recordwoman dos 5.000 metros lisos -plusmarca que conseguiu en Oslo o 6 de xullo de 1996- luciu o dorsal número un e finalizou o esixente percorrido de 14 quilómetros nunha moi meritoria terceira posición no seu grupo de idade. Agora, a proba decide dar un paso máis e aumenta a participación de 300 en 2020 a 450 participantes neste 2021, aínda que o percorrido será moi similar ao do exercicio pasado -sube até os 15 quilómetros e os 800 metros de desnivel- porque, como sinala Serafín Martínez -membro da entidade organizadora, Noko 360-, \"o monte é o que é\". Disputarase este domingo 21 de novembro desde as 10.30 horas da mañá na localidade da Guarda O deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, puxo en valor durante a presentación desta edición do Trail do Trega o seu \"valor paisaxístico\". Tamén falou da importancia de apostar polo deporte \"nuns tempos nos que aínda se fai difícil facelo a causa de todos os protocolos que implica a loita contra a Covid-19\". Na mesma liña se manifestou, a concelleira de Deportes da Guarda, Montserrat Magallanes. Ademais da relevancia como proba deportiva tamén salientou o peso do Trail do Trega como pasarela \"do buque insignia do Concello, o Monte Tegra, cos seus castros e espectaculares vistas\"."}
{"ID": "PRAZA_6435", "summary": "Apropiga sinala que os traballadores da brigada municipal foron utilizados para a colocación de plantas ornamentais ao paso da Vuelta, un exemplo máis da utilización \"irregular\" e \"ao servizo dos alcaldes\" que se fai destes equipos", "text": "A asociación profesional Apropiga, que engloba os profesionais da prevención e extinción de incendios forestais do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (Spdcif) da Consellería de Medio Rural, leva anos denunciando a \"utilización fraudulenta\" que se está a facer, en diferentes concellos de Galicia das brigadas municipais de prevención e extinción de incendios forestais contratadas para o período de alto risco de incendios. Segundo Apropiga, as dúas brigadas municipais \"foron destinadas a colocar plantas ornamentais diante da Casa do Concello con motivo da saída da etapa número 18 da Vuelta Ciclista a España\" Nesta ocasión chama atención sobre un feito que tivo lugar esta semana na Estrada, onde segundo a asociación as dúas brigadas municipais contratadas en convenio coa consellería para prevención e extinción de incendios forestais \"foron destinadas a colocar plantas ornamentais diante da Casa do Concello con motivo da saída da etapa número 18 da Vuelta Ciclista a España\". O colectivo explica que este é só un exemplo máis de prácticas que se están a repetir en todo o país, onde \"abundan os exemplos de brigadas municipais destinadas a traballos que non lles corresponden: brigadas traballando nas festas gastronomicas, colocando mobiliario en eventos, pintando pasos de peóns, pintando edificios municipais, limpando glorietas, etc...\". Para Apropiga \"queda claro que o modelo de dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais baseado na contratación a través de brigadas municipais consiste en que estas están ao servizo dos respectivos alcaldes que dedican ós profesionais contratados a labores que nada teñen que ver coas funcións que se establecían cando accederon a eses postos de traballo en convocatoria pública\". De igual xeito, denuncia que \"a consellería é cómplice do que ocorre\", xa que \"é coñecedora destas prácticas e as consente a pesar de que non ter nada que ver coas funcións encomendas nos convenios que firma cos diferentes concellos\". \"Queda claro que o modelo de dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais baseado na contratación a través de brigadas municipais consiste en que estas están ao servizo dos respectivos alcaldes\" A asociación repite a súa esixencia, manifestada xa en numerosas ocasións nos últimos anos, de que a Xunta \"se deixe de inventos interesados dirixidos por escuros intereses e se retorne a un servizo público, único e profesional que remate coa utilización irregular dos profesionais da prevención e extinción de incendios forestais\". Apropiga demanda \"rematar cun modelo localista, fraccionado e privatizado de prevención e extinción de incendios forestais que redunda na súa menor eficacia\"."}
{"ID": "NOS_51587", "summary": "De terzas a sextas feiras achegou o mundo vitivinícola galego.", "text": "Co exemplar desta sexta feira remata o coleccionábel A nación dos mil viños que achegou ás lectoras e aos lectores de Nós Diario a experiencia profesional dos sumilleres Martiño Santos e Xosé Gontá. Nun total de 16 entregas, das terzas até as sextas feiras de xaneiro, respondéronse dunha maneira amena e didáctica moitas das dúbidas máis comúns ao redor dos viños do país. A proposta do xornal foi pór a disposición de todo o público a posibilidade de apreciar o sabor e xulgar as calidades dos diferentes viños que se fan na Galiza. Este curso en 16 entregas descubriu nestes días de que viñas saen bos os viños e a relación entre como se fan e a que saben. Realizouse unha viaxe introdutoria polas diferentes Denominacións de Orixe (DO) galegas para coñecer as súas características e os matices de cada zona, facilitando datos de utilidade para descubrir, por exemplo, algunhas marcas de interese. O coleccionábel achegou as recomendacións máis prácticas vinculadas ao mundo da gastronomía, pensadas para a cata profesional, para o servizo en restaurantes ou para o envellecemento de botellas nas adegas. O acceso a criterios básicos serviu para que as persoas que seguiron A nación dos mil viños, puidesen aprender a harmonizar pratos e viños, temperaturas de servizo, cando hai que decantar unha botella ou que copas usar. O mundo da cata visto dunha maneira popular Entre as singularidades deste coleccionábel estivo a aproximación sen tecnicismos ao mundo da cata. Toda unha experiencia que puideron partillar no apartado de probar un viño tendo en conta os sentidos. A análise sensorial que percorre sentidos como o olfacto ou a vista pasando polo propio gusto foi outro dos aspectos en que se afondou, para coñecer en profundidade o viño que se ten diante. Este coleccionábel, da autoría de Martiño Santos e Xosé Gontá, evidenciou a pegada profesional do seu proxecto Vide, Vide! na cidade de Compostela. Os autores son dous expertos sumilleres que en 2013 deron vida ao espazo enocultural que procura achegar o coñecemento vitivinícola a toda a sociedade desde a capital galega. Da súa experiencia destes anos en numerosas actividades presenciais realizadas no seu espazo público ou online partiu a base dun coleccionábel único no seu xénero e pioneiro en tratar a información do viño adscrita xeograficamente á Galiza. O próximo coleccionábel, que verá a luz a próxima terza, afondará nos misterios dos naufraxios decorridos en augas galegas."}
{"ID": "PRAZA_12166", "summary": "O espectáculo Zoo, de Yllana, foi premio MAX no pasado 2010, e dende entón leva xirando por todo o estado con grande éxito. A Estrada (2 de marzo), Vigo (3 de marzo) e Santiago de Compostela (4 de marzo) son as localidades que acollerán a obra en Galicia, despois do seu paso pola Coruña e Pontevedra.", "text": "\"No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chiflados exploradores afrontan a máis insensata das aventuras. A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o ZOO dunha gran cidade. Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que a medio, aparentemente paradisiaco, convértese nunha trampa infestada de estraños animais e perigos ocultos. Aves, mamíferos, réptiles e insectos farán a vida imposible aos heroes da expedición\". O espectáculo Zoo, de Yllana, foi premio MAX no pasado 2010, e dende entón leva xirando por todo o Estado con grande éxito. A Estrada (2 de marzo), Vigo (3 de marzo) e Santiago de Compostela (4 de marzo) son as localidades que acollerán a obra en Galicia, despois do seu paso pola Coruña e Pontevedra. Praza ofrécevos dúas entradas para o pase da obra este domingo 4 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Para gañalas tedes que comentar nesta nova até este xoves ás nove da noite. Realizaremos un sorteo entre todos os comentarios e comunicaremos o gañador ou gañadora."}
{"ID": "NOS_43898", "summary": "Con Amancio Sotillo, da Plataforma en defensa do tren, analizamos a problemática que o accidente de Angrois destapou en relación á rede ferroviaria galega", "text": "Quen isto escribe é do Carballiño e traballa en Compostela. Se quixer viaxar en comboio para visitar a súa familia non podería facer a viaxe de ida e volta no mesmo día nin regresar ao día seguinte en horario de mañá. Unha simple revisión do taboleiro de horarios de Renfe permite constatar que a capital do País e unha das súas vilas máis poboadas só están unidas por un tren que sae ás 17.25h (chega ás 19.11h) e outro, de volta, que sae ás 13.30h (chega ás 15.15h). Falamos da liña de tren convencional, os rexionais. O Avant pasa polo medio e medio do monte comunal da aldea de quen escribe, mais non ten parada até chegar a Ourense. Porén, de vivir a súa familia en Madrid, si que podería visitala. E pasar sete horas con el@s. E estar de volta para traballar ao día seguinte. Un Alvia pasa por Compostela ás 9.05h e chega ás 14.50h á cidade española, de onde parte ás 22.30h o último comboio cara á Galiza. De vivir a familia en Lugo non podería visitala porque ningunha liña de tren une de maneira directa as dúas cidades. \"Desde A Coruña tardas 3h en chegar a Madrid e 2h e 15' en ir até Ferrol, que está ao lado. A Lugo é imposíbel ir e vir no mesmo día\" Que pasa cos nosos trens, Amancio? Pois o que pasa é que o trazado do ferrocarril na Galiza se fixo obviando un tema tan importante como é a estrutura territorial deste País e cuestións fulcrais como a dispersión da poboación. Fíxose aplicando criterios mesetarios, copiando un modelo que nos é alleo e que non ten en conta as nosas necesidades reais. As consecuencias? Acabas de as describir. E dígoche máis: desde A Coruña tardas 3h en chegar a Madrid e 2h e 15' en ir até Ferrol, que está ao lado. A Lugo é imposíbel ir e vir no mesmo día. Coa imaxe do comboio descarrilado en Angrois aínda na retina, que supón a 'marca España' para a rede ferroviaria galega? O primeiro que quixera facer é transladar a nosa solidariedade e todo o noso apoio ás vítimas do sinistro. Dito isto, reclamamos unha investigación seria e independente que esclareza o que alí aconteceu. A Plataforma constituíuse hai un mes para denunciar a desfeita que se está a facer coa nosa rede ferroviaria, desenmascarando dunha vez por todas que na Galiza non vai haber AVE. A remodelación das liñas ferroviarias é un lavado de cara sen sentido porque non se aposta por un tren público e social para artellar o País. Rexeitamos estes investimentos tan grandes para presumir de que temos AVE a cambio de desmantelar todo o demais. Mais, cómpre o AVE na Galiza? Estamos completamente en contra do AVE. Foi ese un dos motivos polos que nos constituímos como colectivo, para rexeitar investimentos nas liñas da alta velocidade e que non se poña en valor o tren convencional como servizo público. O AVE foi un caramelo que nos venderon e, como moito, farán operativa a liña Ourense-Madrid. \"A remodelación das liñas ferroviarias é un lavado de cara sen sentido porque non se aposta por un tren público e social para artellar o País\" Deixáronse esmorecer as pequenas estacións para xustificar agora a súa eliminación? Exactamente. Esta é unha estratexia que vén de vello. Non se pode dicir que se pechan estacións e se suprimen paradas porque non hai necesidade, porque non hai usuarios. A liña A Coruña-Ferrol non é que estea infravalorada senón que é inutilizábel, nunha área de 600mil habitantes. Pola rúa Alfonso Molina circulan ao día 145mil vehículos privados. Os comboios non se usan porque non cubren as necesidades de mobilidade que ten a poboación galega. Como podemos non usar unha liña que pasa polas facultades da Coruña, polo campus de Elviña, mais que non paran os trens cando veñen despois cinco ou seis autobuses desde Ferrol? Unha campaña da asociación de veciños do Burgo colocando simplemente os horarios na estación conseguíu un incremento do 12% no número de usuarios. Porén, a estratexia é privatizar o servizo. \"A Xunta debería pular en serio pola creación dunha rede de trens propia, galega. Porén, tamén é urxente manter o actual servizo ferroviario en mans dunha empresa pública\" Solucionaría algo que a Galiza tivese transferidas as competenzas en materia ferroviaria? Solucionaría moito. E máis aínda cando sabemos que somos dos poucos territorios do Estado que non contamos cun servizo de cercanías. Eses trens poderían ser competenza do goberno galego e zonas tan densamente poboadas como A Coruña, Ourense, Compostela, Vigo, Lugo ou Monforte ficarían conectadas. A Xunta debería pular en serio pola creación dunha rede de trens propia, pública e galega. Porén, tamén é urxente manter o actual servizo ferroviario en mans dunha empresa pública. Estamos a asistir a un reparto descarado do pastel a ver quen tira a tallada meirande de algo que é de todos e por parte de empresas que só van mirar a súa conta de resultados. Galiza debe asumir que o tren convencional vertebraría o territorio e daría vida ao rural."}
{"ID": "NOS_43424", "summary": "Cos votos a favor do Partido Popular e a oposición en contra, os concellos coruñeses de Oza e Cesuras aprobaron a pasada quinta en senllos plenos municipais a súa fusión.", "text": "A pasada quinta os plenos de Oza dos Ríos e Cesuras votaban a fusión entre ambos os dous municipios após meses de reunións e proxectos técnicos. Cos votos a favor tan só dos edís do Partido Popular –organización política que veu promovendo a integración de concellos como medida de \"aforro\" e a prol dunha \"xestión máis eficaz dos servizos públicos-- finalmente coa fusión converteranse nun só. A medida saiu adiante cunha forte oposición dos grupos municiapais do BNG e o PSOE, así como de boa parte da poboación. As principais críticas, a falla de información á cidadanía, un proxecto técnico pouco rigoroso e a existencia de alternativas que melloren a situación destes dous concellos empobrecidos. Estefanía Busto, concelleira nacionalista en Oza, reiterou no pleno máis unha vez a oposición do seu grupo á proposta da equipa de goberno. Segundo a edil, a fusión \"en nada beneficia ás veciñas e veciños de Oza, só ao Partido Popular\". No BNG criticaron ao longo do proceso de aprobación da fusión o informe técnico que acompañaba a proposta, pois entenden que o tempo de exposición pública e a información achegada á poboación non foi suficiente nin acaída \"someter o proxecto a un período de información pública non quere dicir informar aos veciños\". Ao mesmo tempo, Busto criticou o procedemento legal que está a empregar o PP para levar a cabo a fusión, segundo a concelleira nacionalista \"o que non nos parece de recibo e que se utilice en todo momento a Lei de administración local de Galiza para guiar o proceso de fusión mais para as maiorías necesarias pretenden seguir a Lei de bases de réxime local\", segundo a edil, \"istó é como se empezas a xogar a partida ao tute e como vas perdendo contas polas normas do cinquillo\". Para @s nacionalistas, existen outras alternativas para ambos os dous concellos, mais a procura de solucións para a realidade actual de moitas aldeas e vilas galegas, pasa primeiro por determinar cales son as dificultades que atravesan os concellos e cales son os mecanismos para corrixilos, \"o problema non é o número de concellos, senón o modelo de financiamento que non atende a criterios de dispersión ou avellentamento\" , aseverou Busto."}
{"ID": "NOS_42901", "summary": "Para o director Oliver Stone con Chávez non se foi só un amigo personal senón que \"os pobres do mundo perderon un valedor\". Para o tamén oscarizado Sean Penn, a morte do comandante (\"un amigo que tiven a benzón de ter\") non debe impedir que \"Venezuela e a súa revolución permanezan\". E na música, desde Calle 13 a Fermín Muguruza ou Banda Bassotti, entre outros, mostraron o seu pesar polo pasamento de Chávez", "text": "O pesar polo falecemento de Chávez traspasou non só fronteiras xeográficas senón tamén políticas e artísticas. Para dous dos nomes máis importantes e coñecidos do cinema de EEUU, Oliver Stone e Sean Penn, \"os pobres do mundo perderon a un valedor e a un grande heroe\". Ambos os dous saben o que é gañar un Óscar e ambos os dous teñen se declarado orgullosos de seren amigos personais do comandante venezolano. \"Estou de dó por quen foi un grande heroe para a maioría do seu pobo e para aqueles que loitan por ter un lugar no mundo\", afirmou Oliver Stone, director de filmes como Platoon, JFK, ou Asasinos Natos. Aliás, dirixiu en 2009 o documental Al Sur de la frontera sobre a esquerda latinoamericana, na que Chávez foi protagonista. \"Odiado polas clases dominantes\" \"Odiado polas clases dominantes, Hugo Chávez vivirá por sempre na historia\", manifestou Stone. Mais non só este director de 66 anos mostrou o seu pesar no eido do cimena estadounidense pola morte de Chávez. Así, o actor e director Sean Penn afirmou que \"o pobo de Estados Unidos perde a un amigo que nunca soubo que tiña e oss pobres do mundo perderon a un valedor\". \"E eu perdín a un amigo que tiven a benzón de ter\", agregou o actor, que participou en filmes como 21 gramos, A delgada liña vermella, Mystic River, O Clan dos Irlandeses, ... Penn tamén se mostrou confiado en que \"Venezuela e a súa revolución permanecerán baixo o probado liderado do presidente (Nicolás) Maduro\". O portorriqueño René Pérez, de Calle 13, tamén expresou a súa dor polo falecemento do comandante, ao igual que, entre outros moitos, o vasco Fermin Muguruza ou os italianos Banda Bassotti; por nomear tres experiencias musicales distintas doutros tantos países. Mais a ringleira de pésames é moi ampla e nela están desde Silvio Rodríguez a Billy Bragg,..."}
{"ID": "PRAZA_3347", "summary": "O informe que xustifica a contratación por vía urxente indica que os prazos ordinarios dos contratos, iniciados a finais de decembro, fan \"inviable\" celebrar as eleccións do 5A \"con todas as garantías\" porque as primeiras adxudicacións serían asinadas coa campaña xa iniciada", "text": "A finais de 2019 a Xunta puxo en marcha o proceso para contratar o dispositivo das eleccións galegas de 2020, dende a impresión de papeletas á organización de toda a maquinaria da propia xornada electoral. A Vicepresidencia activou tres contratacións que sumaban uns 3 millóns de euros, un proceso administrativo que, calculaba, remataría con adxudicación en torno ao 23 de marzo. Pero o adianto electoral dos comicios ao 5 de abril vén de alterar todos os plans. Tanto que o Goberno galego vén de activar a \"situación de emerxencia\" contemplada na lei de contratos porque, argumenta, respectar os prazos ordinarios pon \"en grave perigo\" a propia celebración das eleccións.O informe que xustifica a contratación por vía urxente indica que os prazos ordinarios dos contratos, iniciados a finais de decembro, fan \"inviable\" celebrar as eleccións do 5A \"con todas as garantías\"Ao contrario que o Goberno central ou outras autonomías como a vasca, que conta cunha área de Procesos Electorais dentro do seu departamento de Seguridade, a Xunta \"non dispón dun organismo permanente encargado de asuntos electorais\", argumenta a Vicepresidencia na documentación coa que xustifica o freo á contratación ordinaria e a activación da vía urxente, datada no día 11 de febreiro, no que foron convocados formalmente os comicios tras o adianto decidido por Alberto Núñez Feijóo. Daquela, contratar empresas externas para todo o dispositivo resulta imprescindible e \"os prazos previstos na lexislación de contratos (...) para finalizar os procedementos xa iniciados fan inviable\" celebrar as eleccións \"con todas as garantías\".Estes contratos inclúen servizos para o propio 5A, como a transmisión de datos de participación e escrutinio, pero tamén planificar un complexo dispositivo no que os prazos comezan a correr dende a propia convocatoria. Tamén, por exemplo, activar un sitio web con toda a información das eleccións e un teléfono de consultas para o electorado, así como imprimir e distribuír as papeletas das que disporán os partidos e as persoas que voten por correo. As adxudicacións seguindo o prazo ordinario non chegarían antes do 23 de marzo, tres días despois do inicio da campañaNada disto está dispoñible agora mesmo alén dun espazo coa documentación básica na web da Xunta. E, segundo o \"cronograma previsto\", as adxudicacións chegarían o devandito 23 de marzo -tres días despois do inicio da campaña electoral- e a sinatura definitiva non chegaría ata o 22 de abril. En ausencia de eventuais recursos contra a adxudicación, calcula o informe asinado pola subdirectora xeral de xestión económico-administrativa, Adelaida Couto, a formalización dos contratos non se produciría ata o mes de maio, isto é, máis dun mes despois das eleccións e co novo Parlamento xa constituído. No caso de aplicar os prazos reducidos da vía ordinaria, acrecenta, os contratos concreataríanse apenas un par de días antes do inicio da campaña.Neste contexto, a Xunta cre procedente activar a \"situación de emerxencia\" contemplada na lei de contratos, xa que existe \"unha situación de grave perigo\", neste caso para a celebración das eleccións. Trátase, agrega o informe dun imprevisto \"non imputable ao órgano de contratación\", a propia Xunta -formalmente, a competencia da convocatoria electoral é do presidente e este contrato depende da Vicepresidencia-.Para a organización da xornada electoral e transmisión de datos, a Xunta ten sobre a mesa as ofertas de tres empresas; para a impresión de papeletas e outro material gráfico optan outras tresAs consecuencias desta declaración de emerxencia é que, \"de inmediato\", o departamento autonómico avaliará as ofertas presentadas para cada un dos tres contratos e seleccionará a \"economicamente máis vantaxosa\" para \"proceder á inmediata execución\". As compañías seleccionadas terán tres días para presentar a documentación correspondente e, se todo está correcto, \"o mesmo día\" da entrega, adxudicarase.Segundo consta na documentación dos expedientes, para a impresión de papeletas e demais material gráfico dos comicios, a Xunta recibiu tres ofertas de Agencia Gráfica Gallega, Formsystem Documentos Inteligentes e unha unión temporal de empresas composta por Gráficas Anduria e Tórculo Comunicación. Para a planificación do proceso electoral e servizos como a web das eleccións, optan ao contrato Indra, Deloitte Consulting e Contactnova. No contrato de organización da xornada electoral, transmisión de datos e outras tarefas vinculadas, presentáronse a propia Indra e tamén unha unión temporal das empresas Vector e Odec."}
{"ID": "NOS_15516", "summary": "Os bonos multiviaxe de balde ou con bonificacións de 50%, en función do servizo ferroviario, poderán empregarse entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022.", "text": "Cando podo viaxar gratis no tren? Quen pode beneficiarse das bonificacións? Que liñas ferroviarias afecta? Como podo solicitar o bono? Podo compartir o abono gratuíto ou bonificado? O Consello de Ministras deu luz verde esta segunda feira o decreto que estabelece a gratuidade de determinados servizos ferroviarios durante catro meses, así como as condicións para acceder a estas bonificacións, que finalmente se estenderán alén da Media Distancia, as Cercanías e os Rodalies cataláns. Cando podo viaxar gratis no tren? Esta medida entrará en vigor o próximo 1 de setembro, e ficará activa até o 31 de decembro. Os novos abonos recorrentes poderán solicitarse a partir do 24 de agosto. Quen pode beneficiarse das bonificacións? As persoas usuarias dos trens de Cercanías, Rodalies e Media Distancia poderán viaxar de balde durante este período, mentres os abonos dos servizos Avant e AVE —mais non todos— terán un desconto de 50%. Que liñas ferroviarias afecta? O bono gratuíto poderá utilizarse na liña de Media Distancia do eixo Atlántico, que une A Coruña e Vigo. Haberá que agardar á publicación do real decreto-lei para saber se esta medida inclúe o Feve —servizo de Cercanías— que vai de Ferrol a Ortigueira e máis o Avant de Ourense á Coruña —neste caso cunha bonificación de 50% mais non de balde—. Tamén se reducirá á metade, a través destas axudas, o custo de varias liñas de AVE, entre elas a que une Ourense con Zamora. Os trens Avant fican excluídos dos bonos gratuítos Como podo solicitar o bono? Para obter o abono multiviaxe gratuíto, con traxectos ilimitados na liña solicitada entre setembro e decembro, a persoa usuaria deberá adiantar un pagamento de dez euros a modo de fianza —no caso das Cercanías—, que se devolverá se ao termo deste período a persoa realizou, cando menos, 16 viaxes. A fianza na Media Distancia é de 20 euros. Podo compartir o abono gratuíto ou bonificado? Non. O abono multiviaxe gratuíto de Renfe, así como no caso dos bonos do AVE e o Avant, será unipersoal e intransferíbel. Só poderá usalo unha persoa e para un traxecto concreto."}
{"ID": "NOS_1352", "summary": "O 22 de xullo de 1892 leiteiras e regateiras do mercado de Pontevedra revólvense contra unha nova alza do imposto de consumos, negándose ao pago dos mesmos e impedindo o aceso a cidade. O conflito, que rematará coa morte dun home setenta anos e con varios feridos, enmárcase na vaga de protestos que percorre as comarcas galegas ao longo dese ano. A acción dos activistas republicanos e socialistas, nunha situación social e economicamente explosiva, será fundamental.", "text": "É un exemplo significado da conflitividade social que afectou á Galiza na década dos noventa do século XIX e que tivo 1892 como ano chave. O ciclo de mobilización que se acentúa ao longo do verán dese ano, con protestas en localidades como Vigo, Cervo, Ourense, A Fonsagrada, Castrelo de Cima en Riós, Viveiro ou Noia, non se pode disociar da conxuntura económica e da abusiva presión fiscal nun momento de caída da renda. A aposta proteccionista do goberno do Estado para salvagardar os intereses da grande oligarquía terratenente castelá andaluza ligada á produción cerealística e a inserción dependente nunha economía capitalista cada vez máis internacionalizada remataron por afogar o complexo agrario galego, a un tempo golpeado pola suba do prezo do millo, como consecuencia das medidas de apoio ao trigo castelán; pola filoxera, que rematou co viño en moitas áreas do país, e polo cambio de orientación do mercado gandeiro cara ao ámbito peninsular, tras a perda definitiva do mercado británico, que se concretará na Galiza nunha suba do prezo da carne e do leite. As leiteiras e regateiras, chaves A mecha que provocou o estoupido en Pontevedra será unha alza do imposto de consumos. O 22 de xullo de 1892 as leiteiras e regateiras impiden o abastecemento á cidade e néganse a pagar os novos arbitrios sobre o leite e a venda do peixe, asaltando a casiña de consumos do Burgo e iniciando unha manifestación que, segundo algúns xornais, levaba unha bandeira formada por un pano vermello colocado nunha póla de xesta, con dirección á oficina central de consumos, que será saqueada. Os días posteriores reprodúcense os incidentes nas casiñas de consumo de entrada á cidade e organízase o boicot de leite e demais produtos agrícolas, polo que Pontevedra queda desabastecida. O sábado foron agredidos con paus e a pedradas os empregados de arbitrios e os gardas civís que os protexían causan algúns feridos por culatazos. Tamén se producen detencións, sendo reforzada a guarnición local con tropas chegadas doutras cidades. A capital estaba tomada por uns novecentos militares. A protesta só finalizará unha vez que o concello asume as reivindicacións dos manifestantes. Así, viuse na obriga de suprimir o aumento dos impostos de consumos ao leite e ao peixe, após un pulso co gobernador civil, que rematará por ser cesado pola súa xestión do conflito. A actuación do gobernador conservador Sabino González Besada e do comandante militar da praza, Teodorico Feixó, mereceron a contestación xeneralizada dos pontevedreses, particularmente pola súa actuación nos sucesos acontecidos o sábado 24 de xullo. Antes de impoñer a lei marcial e declarar o estado de guerra non dubidaron en ordenar abrir fogo contra o pobo, provocando a morte dun veciño de Barxa de setenta anos que acudira á cidade para enviar unha carta a un fillo emigrado en América e que será atravesado por unha baioneta. Segundo recolleu a prensa, nesa mesma xornada, resultaron feridos de gravidade, entre outros, o concelleiro Manuel Ferro e a súa filla de dous anos, Manuela Beloso, un militante republicano apelidado Tobío e unha nena de cinco anos natural de Lérez, cuxa vida corría perigo. A revolta de Pontevedra non se explicaría sen a acción dos cadros republicanos, socialistas e libertarios. Á volta de 1977, Xosé Antonio Durán, no seu clásico traballo Agrarismo y mobilización campesina en el pais gallego (1875-1912), xa sinalou que \"1892 é un ano chave para comprender a confluencia das tres tendencias (concentración anarquista, progresión socialista e activismo republicano)\". Porén, será Xosé Álvarez, nun traballo sobre o masacre de Salcedo de 1894, quen demostrará esa participación dos militantes operarios e agrarios nas protestas vividas nesa década na cidade, ficando acreditado que á altura de 1892 xa se contaba cun vizoso movemento asociativo, con diversas sociedades operando nas súas parroquias desde 1899, tal e como recoñecían a prensa republicana e a cuxa fronte se atopaban dirixentes de recoñecida práctica antiquenda, como Pintos Lucas, o albanel portugués Balchada Sousa ou Lorenzo Montes."}
{"ID": "NOS_17941", "summary": "A iniciativa busca a defensa dos dereitos das persoas galegofalantes.", "text": "A Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización Lingüística colaboran na defensa dos dereitos das persoas galegofalantes a través do proxecto A Liña do Galego por medio dun convenio polo que a institución provincial destina, a través 25.000 euros ao proxecto. A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura e Lingua, Goretti Sanmartín, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras, rubricaron o acordo nun acto en que tamén participou a responsábel comarcal da Mesa na Coruña, Xela Armas. \"Para o goberno da Deputación da Coruña a normalización lingüística é unha prioridade, como se comproba en iniciativas como a recente aprobación da primeira Ordenanza de Usos do Galego que contribuirá de forma decisiva ao uso da nosa lingua na administración\", explicou Goretti Sanmartín. Pola súa parte, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras, subliñou que o a Liña do galego que se financia por medio do convenio \"é un servizo cada vez con máis demanda que permite á cidadanía exercer os seus dereitos lingüísticos nunha iniciativa que quere concienciar sobre a necesidade de cumprir a legalidade lingüística\". A Mesa puxo a disposición da cidadanía no ano 2007 un servizo de telefonía gratuíto, dende o que se poden tramitar calquera tipo de dúbida relacionada cos dereitos legais como"}
{"ID": "NOS_26487", "summary": "O SNP, no goberno escocés, procura unha modificación da lexislación para introducir un \"bloqueo das catro nacións\".", "text": "Nicola Sturgeon, primeira ministra escocesa, considera que Londres debe convocar un novo referendo sobre o 'Brexit'. E o seu partido, o SNP, procura unha modificación da lexislación para introducir un \"bloqueo das catro nacións\", en expresión da líder independentista escocesa: isto é, que o Reino Unido só poida abandonar a UE se Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte están todas de acordo con esa decisión, segundo informa Nationalia. No referendo de 2016 a maioría en Inglaterra e Gales foi a favor do 'Brexit' mais en Escocia e Irlanda do Norte houbo maiorías claras a prol de permanecer na UE. \"O único xeito de asegurar esta garantía democrática [respectar o voto maioritario dos escoceses e escocesas naquel referendo], evidentemente, é que Escocia sexa un país independente\", dixo Sturgeon. Por iso a idea dunha segunda consulta sobre o Brexit deslígaa a primeira ministra da proposta na que traballa: demandar poderes ao goberno do Reino Unido para convocar un segundo referendo de independencia. Sturgeon comprometeuse a informar no parlamento escocés nas vindeiras semanas sobre os seus plans para esta votación."}
{"ID": "PRAZA_7564", "summary": "A Executiva Nacional da formación reclama que se dote á cidadanía \"dunha maior participación e control sobre os cargos públicos\" e cre que o mellor antídoto contra a corrupción é \"a democracia participativa\".", "text": "\"Contra a corrupción, democracia participativa\". Así se podería resumir a posición da Executiva Nacional de Esquerda Unida, que vén de pedir un pacto para a rexeneración da democracia, un pacto subscrito por partidos políticos e organizacións sociais para garantir a transparencia, a participación e a pluralidade nas decisións que se adopten na actividade pública. A formación reclama que se dote á cidadanía \"dunha maior participación e control sobre os cargos públicos\" e considera que \"as políticas neoliberais que percorren Europa son a razón estrutural, as responsables últimas, da maior parte dos casos de corrupción que están a afectar á sociedade\". EU cre que \"as políticas neoliberais son a razón estrutural da maior parte dos casos de corrupción que están a afectar á sociedade\" Esquerda Unida afirma \"que outro xeito de facer política é posible\". Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU, di que \"é necesaria a elaboración dun Código Ético específico que inclúa a loita efectiva contra a corrupción, que regule estritamente as incompatibilidades e penalice coa expropiación os bens adquiridos mediante prácticas corruptas\". Díaz salientou que \"a participación da cidadanía nun réxime político de democracia avanzada\" é \"a mellor vacina contra esa lacra que hoxendía bandeira o PP pero que se estende aos partidos do réxime restauracionista\"."}
{"ID": "PRAZA_6831", "summary": "As profesoras da Universidade de Vigo Susana Reboreda e Maribel Doval veñen de presentar un estudo do rueiro da cidade de Ourense, onde só o 16% das vías teñen nome de muller. Unha situación que se repite no resto das cidades galegas.", "text": "As rúas galegas non teñen nome de muller. Abonda con saír de casa e ollar para as placas das vías polas que camiñamos; aquelas que están dedicadas a algunha persoa concreta refírense, nunha ampla maioría, a varóns. É, dende logo, unha mostra da preeminencia masculina na vida pública galega durante os últimos anos, décadas e séculos. Porén, habería que preguntarse tamén se nos últimos anos esta situación comezou a mudar ou se na escolla de nomes para novas vías construídas (ou no cambio de denominación dalgunhas delas) se segue apostando maioritariamente polos varóns. As profesoras da Universidade de Vigo Susana Reboreda (de Historia Antiga) e Maribel Doval (Didáctica) veñen de presentar un estudo do rueiro da cidade de Ourense, un traballo que partiu das Xornadas de Muller e Urbanismo. Unha nova mirada sobre a planificación urbanística inclusiva, organizadas por Reboreda e Doval. Na súa investigación determinaron que en Ourense, das 348 rúas con nome de persoa só 56 son femininos, o 16% do total. Destas 56 vías con nome de muller recollidas no rueiro ourensán, o 48% refírense a relixiosas baixo a denominación de Virxe, Nosa Señora de ou Santa e outro 21,5% está referido \"a seres mitolóxicos\". Só un 10% \"alude a escritoras ou humanistas\" e só se atopou unha rúa con nome de científica, outra con nome de personaxe histórico feminino vinculado á cidade; algunha ten nomes tan xenéricos como A Marquesa ou Damas. Reboreda e Doval destacan, ademais, que case ningunha das vías con nome de muller corresponde aos centros de actividade, de comercio ou históricos da cidade, senón que quedan relegadas \"a espazos menos visibles\". En Ourense, das 348 rúas con nome de persoa só 56 son femininos, o 16% do total. Destas 56 vías, o 48% refírense a relixiosas Nas devanditas Xornadas, as profesoras elaboraron un manifesto, xunto co medio cento de participantes, que intentarán publicar en papel ou de xeito dixital en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. No texto propóñenlle aos gobernos municipais unha revisión do nomenclátor que se contemple \"a incorporación de nomes de oficios tradicionalmente desenvoltos por mulleres (leiteiras, castañeiras, tecelás, parteiras, polbeiras...)\", así coma nomes de deportistas, de profesoras universitarias e de científicas, \"colocando a muller no papel que lle corresponde e ofrecendo unha representación simbólica dos xéneros máis igualitaria na procura dunha cidade inclusiva afastada da realidade ao nesgo que ofrece na actualidade\". Reboreda e Doval tamén salientan que entre as poucas mulleres recoñecidas cunha rúa en Galicia destacan Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, si presentes en case todas as urbes. Pero destacan, en oposición, o esquecemento xeneralizado de todas as demais. Para a selección destes novos nomes suxiren que se consulten traballos (moitos deles accesibles online) que recollen as vidas e actividade de centos de mulleres galegas cunha indiscutible importancia histórica, nas súas localidades ou nos seus ámbitos profesionais ou sociais. É o caso de Mulleres ourensás, que recolle un importante número de referencias de mulleres vinculadas á cidade. Ou, por exemplo, o Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. Outros estudos En Vigo, dos máis de 1.400 topónimos existentes na cidade, entre rúas, camiños, prazas e parques, só 44 levan nomes \"de muller\" Por desgraza, o caso de Ourense non é unha excepción en Galicia, como nos últimos anos demostraron outros estudos. A Concellaría de Muller de Vigo calculou que dos máis de 1.400 topónimos existentes na cidade, entre rúas, camiños, prazas e parques, só 44 levaban nomes \"de muller\", referidos a persoas ou a actividades. Pola contra, os nomes \"de home\" superaban os 300. Ademais, ao igual que no caso de Ourense, deses 44 nomes, 14 correspondían a Santas e Virxes, 3 á realeza (Praza da Princesa, Praza de Isabel A Católica...), e outros 14 nomes tiñan carácter descritivo ou aludían a actividades (Fonte das Monzas, Finca de Dona Concha...). Tan só 13 dos nomes (alén das raíñas e santas) referíanse a mulleres concretas. Era o caso de Concepción Arenal, Julia Minguillón, Maruja Mallo, Marie Curie, María Xosé Queizán, María do Carme Kruckenberg ou Rosalía de Castro. Dende a Concellaría destacábase que \"cando falamos de discriminación de xénero, cando falamos de igualdade de oportunidades, tamén temos que dirixir a mirada a ese espazo/escenario das nosas vivencias cotiás, a cidade onde habitamos, para construír un espazo onde habitar en igualdade\". Engadíase que \"cómpre que nos recoñezamos, homes e mulleres, como construtores e construtoras da cidade\" e denunciaba que \"a presenza das mulleres a nivel simbólico segue a estar tremendamente desproporcionada\". Patricia Arias escribiu en Andaina que \"nos rueiros de vilas e cidades somos poucas, moitas veces anónimas e en demasiadas ocasións relacionadas con roles femininos de carácter marcadamente tradicional\" Andaina publicou en 2007 unha completa reportaxe sobre a presenza feminina na toponimia urbana. Patricia Arias Chachero destacaba que \"os nomes dos espazos urbanos lémbrannos implícita e continuamente o que somos pero tamén cales son as nosas carencias\" e sinalaba que no proceso que, con distintas velocidades, se foi seguindo nos últimos anos de \"introducir nomes de persoeiros destacados da cultura galega\" ou de \"recuperar as designacións tradicionais\", as mulleres \"non saímos nada ben paradas\". Concluía que \"nos rueiros de vilas e cidades somos poucas, moitas veces anónimas e en demasiadas ocasións relacionadas con roles femininos de carácter marcadamente tradicional\". A autora analizou o nomenclátor de varias das cidades do país e subliñaba, por exemplo, que naquel momento das máis de 400 rúas de Pontevedra, apenas 17 tiñan nomes de muller, o 4%, mentres que o 43% estaban atribuídas a varóns. En Lugo, 31 rúas rendían tributo a unha muller, mentres que máis de 170 se dedicaban a homes. Na Coruña, entre as máis de mil rúas, só o 6% tiña denominación feminina. Neste caso destacaba que na cidade si había unha maior diversidade que noutras urbes, con rúas dedicadas a Sofia Casanova, á musicóloga M.ª Luisa Durán Marquina, á actriz María Casares, a Inés de Castro, a innovadora pedagoga María Barbeito, a Marie Curie, María Zambrano, Indira Gandhi ou Mariana Pineda. Pero, ao igual que noutro lugares, tamén aparecían as virxes e santas e os seres fantásticos (rúa da Sirena, o lugar da Moura), e todo nun océano de nomes masculinos, entre eles 19 alcaldes (varóns, por suposto). Está a mudar a situación? E que sucede na actualidade? Estase a reverter esta situación, escollendo mulleres para ser lembradas cando se inaugura unha nova vía ou cando se lle muda o nome a un xa existente? Hai unhas semanas inaugurábase na Coruña a rúa María Wonemburger, dedicada a esta matemática, finada o pasado mes de xuño. O pleno municipal aprobara xa en 2010 o outorgamento dunha rúa a esta importante alxebrista. Porén, houbo que agardar ao seu falecemento para que a decisión se fixese efectiva. Moitos gobernos municipais téñense comprometido a recoñecer máis mulleres bautizando algún elemento do rueiro cos seus nomes, pero este compromiso non sempre se fai efectivo. O pleno municipal daCoruña aprobara xa en 2010 o outorgamento dunha rúa a María Wonemburger. Porén, houbo que agardar ao seu falecemento para que a decisión se fixese efectiva En 2012 o Concello de Santiago aprobou unha proposta de nomes para designar un amplo conxunto de vías que aínda non tiñan unha denominación oficial. A proposta, composta por 29 nomes propios, só incluía en dous casos os de mulleres: era o caso das Irmás Fandiño Ricart, \"as Marías\", e da escritora Elena Quiroga de Abarca. Máis recentemente Sanxenxo aprobou novas denominacións para 30 espazos da vila, cunha presenza feminina case inexistente. En Lugo o Concello iniciou en 2012 o procedemento para rebautizar oito rúas que até o de agora estaban dedicadas a distintos persoeiros relacionados coa ditadura franquista. Entre os nomes propostos para as novas denominacións (entre eles o moi polémico de Manuel Fraga) no figuraba o de ningunha muller. A Asociación Enriqueta Otero lembrou en 2011 que na cidade lucense tan só 25 das 210 rúas con denominación onomástica teñen nome de muller. A entidade realizou unha acción reivindicativa e fixo unha proposta concreta cunha listaxe de mulleres que lle poderían dar o seu nome a vías na cidade: Dionisia López Amado, Emilia Naveiras Fernández, Sofía Casanova, Clara Campoamor, Dolores Ibárruri, Rosalind Franklin ou Clara Zetkin, entre outras."}
{"ID": "NOS_9843", "summary": "A compañía emprega unhas 8.000 persoas.", "text": "A compañía líder do sector da distribución na Galiza, Gadisa Retail, logrou unha cifra de negocio de 1.345 millóns de euros en 2021, \"grazas á confianza de máis dun millón de clientes e ao compromiso do seu equipo humano, que superou os 8.000 profesionais\", informa. Estes son uns resultados, sinala a compañía, \"cos que logra manter o volume de vendas rexistrado no exercicio anterior, marcado pola excepcional situación derivada da pandemia, e que confirman o seu liderado cunha cota superior a 20%, segundo a empresa de medición e análise de datos A.C. Nielsen\", apunta sobre estes resultados económicos. Aliás, explica que destinou 26,54 millóns de euros a investimentos, principalmente a innovación, a mellorar a experiencia de compra, e á ampliación e modernización da rede de estabelecementos, \"priorizando a sustentabilidade e comodidade dos clientes\". Gadisa investiu nunha nova nave na Coruña para a compra e xestión de peixes e mariscos 2021 foi, ademais, o exercicio no que anunciou un investimento de máis de 4,9 millóns de euros nunha nova nave no porto da Coruña para a compra e xestión de peixes e mariscos, co obxectivo de potenciar as seccións de peixaría nos seus puntos de venda. O crecemento de Gadisa \"significou tamén un incremento das súas achegas para o sostemento do gasto público\", asegurou a empresa, cun volume de 134,44 millóns de euros, dos que perto de 87 millóns se corresponden con impostos e tributos e uns 47,5 con cotizacións sociais. Máis de 1.000 provedores locais De forma paralela, incide no seu compromiso coa \"xeración de riqueza na contorna\". \"100% local, galega e sostíbel, o compromiso de Gadisa Retail coa contorna é firme, e destinou 390 millóns de euros en 2021 a compras a 1.022 provedores locais para a dinamización do tecido socioeconómico\"."}
{"ID": "NOS_30656", "summary": "O acto pretende vindicar os méritos literarios do autor eumés", "text": "O Concello de Pontedeume e o Ateneo Eumés Fernán Martís invitan á veciñanza á \"merecida\" homenaxe ao poeta eumés Ramiro Fonte. O acto terá lugar o vindeiro sábado 31 de xullo na praza do Convento dos Agostiños, de 13 a 14 horas. No acto participarán Manuel Bragado, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán Vello, Antonio Fraga, Margarita Ledo, Emma Pedreira, Xulio Valcárcel e Eva Veiga. Ademais, o evento contará coa presenza do quinteto de vento Charamela. Obra multiforme Ramiro Fonte (1957-2008), marcado por unha monumental vocación literaria, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Pasou a súa infancia e adolescencia en Pontedeume e Ferrol. Ao chegar a universidade, en Compostela, entrou en contacto con outros poetas da súa xeración (Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Helena Villar Janeiro, Fiz Vergara Vilariño, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel) cos que fundou, entre 1976 e 1977, o grupo poético Cravo Fondo. Na altura, o colectivo pretendía renovar a \"pobreza formal\" dunha poesía social que consideraban unha mala imitación da obra de Celso Emilio Ferreiro. En 1981 participou na fundación da revista poética Dorna, na que publicou a xeración de 1980. O seu primeiro poemario foi As cidades da nada, publicado en 1983. Seguiron numerosos volumes de poesía, entre outros, Designium (1984), Pasa un segredo (1988), Luz de mediodía (1995), O cazador de libros (1997), Capitán Inverno (1999) ou Reversos (2008). No campo da narrativa iniciouse con Catro novelas sentimentais (1988) á que lle seguiron unha serie de relatos de xénero negro e, de 2003 a 2007 publicou a triloxía formada por Os meus ollos, Os ollos da ponte e As pontes no ceo, baseada nas súas vivencias no Pontedeume da súa infancia. Como ensaísta, publicou Fermín Bouza Brey e a súa obra literaria (1992) e As bandeiras do corsario (1996) sobre a poesía galega do século XX, ademais de numerosas artigos de crítica literaria. Fonte foi membro correspondente da Real Academia Galega e gañou numerosos premios, entre outros, o Premio da Crítica, o Esquío, o Losada Diéguez ou o Pedrón de Ouro. Nos seus últimos anos, Ramiro Fonte foi director do Instituto Cervantes de Lisboa, onde, ademais, se dedicaba con fruición a unha das súas grandes paixóns, a bibliofilia. Os méritos para que se lle dedique un Día das Letras Galegas, aflorarán, sen dúbida, no acto deste sábado."}
{"ID": "NOS_56713", "summary": "O Iraque cae da nova orde executiva contra a inmigración que vai aprobar esta segunda feira Donald Trump, segundo revelou un alto funcionario da Casa Branca á axencia Reuters.", "text": "A primeira orde executiva contra a entrada nos EUA de nacionais de países de maioría musulmá atinxía sete estados. A entrada en vigor desa orde foi bloqueada polo poder xudicial estadounidense. Agora Trump refaina e disponse a emitir un novo decreto, que desta volta limita as restricións a seis países (Irán, Siria, Sudán, Nixeria, Libia, Somalia), en canto desta volta safaría o Iraque. Por que? Segundo a fonte consultada por Reuters, porque Bagdad tería tomado medidas de seguranza suplementares á hora de permitir a saída do país dos seus nacionais e porque Iraque está a ser un aliado dos EUA no combate contra o Daesh. Alén do nihil obstat ás entradas de cidadás e cidadáns do Iraque, o novo decreto vaise diferenciar do primeiro en que contempla unha entrada en vigor por fases e non de forma inmediata. Destarte, a Administración Trump calcula que evitará o caos que se viviu en alfándegas e aeroportos coa posta en práctica da primeira orde executiva. Aliás, as persoas que xa viven nos EUA e que detentan as green cards, ou autorizacións de traballo, non serán albo de ningún tipo de persecución, garantiu a fonte de Reuters. O veto aos nacionais dos 6 países que fican en pé nesta nova orde executiva estaría en vigor -sempre e cando non sexa tombado como o decreto orixinario- durante 90 días."}
{"ID": "NOS_51381", "summary": "A Xunta presenta o Pladiga 2014 como un corta-lumes eficaz contra os incendios forestais. Mais non convence. \"O país volverá arder\", opinan desde Defensa do Monte.", "text": "\"O país volverá arder este verán\". Breves e rotundos maniféstanse desde o Comité de Defensa do Monte Galego (plataforma que integran ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, traballadores contra incendios...) á pregunta de en que condicións está Galiza para facer fronte aos meses quentes de incendios forestais: de xuño a setembro. Unha seguridade na afirmación que parte de botar unha ollada ao sucedido nestes anos pasados e outra ollada ao Plan de Prevención e Defensa contra os Incencidos Forestais en Galiza, Pladiga 2014, presentado pola conselleira de Medio Rural Rosa Quintana hai unhas semanas. \"É unha mera declaración de intencións, un plan elaborado unilateralmente pola Xunta sen contar coa participación social\", din desde esta plataforma. Houbo anos nos que se facía doutro xeito. Así, o ex-director xeral de Montes, Alberte Blanco, lembra en conversa con Sermos Galiza que naquela etapa (2005-2009), a chave estaba \"en escoitar e implicar a todos os sectores en torno ao monte galego, en que participasen, desde propietarios até cazadores ou gandeiría extensiva, ecoloxistas...\". Mais baixo os gobernos de Núñez Feijóo, e tal e como denuncia o Comité en Defensa do Monte, a opción, en troca do diálogo, é \"a imposición. O Pladiga 2014 é un texto imposto\", Para a Fruga, é \"un texto co que queren tapar a incompetencia na prevención e defensa contra incendios\". A información completa sobre este asunto pódela ler no número 102 de Sermos Galiza, disponíbel nos quiosques do país ou na nosa loxa"}
{"ID": "NOS_49539", "summary": "Un libro-disco sinxelo de Víctor Castro cunha manchea de colaboracións que o transforman nun traballo completo.", "text": "Papá é mariñeiro. Onte chegou do mar especialmente feliz. Por fin, despois de moitas semanas lonxe, cheirando a atún e a océano, correu ao meu cuarto para me espertar. Así comeza a historia de Un día con papá: o libro cd de Víctor Castro (música) e Fina Casalderrey (letras). Un día con papá / Víctor Castro e Fina Casalderrey / Embora / 2021 / 10 pezas / 20 euros Este traballo comezou a xestarse hai moito tempo, pouco despois da primeira incursión de Víctor na música infantil con Tambo (2013, edicións do Cumio). Neste Un día con Papá tamén hai unha manchea de colaboracións: Juan Froján Castro (voz), Miguel Froján Castro (voz), Elvira Martínez Otero (voz), Alejandro Pazó Castro (voz), Pablo Mata Castro (voz), Miguel Guerra Filgueira (contrabaixo), Marta Valbuena Aguado (voz), Miguel Túñez Area (voz) e Ricardo López Rouco (programación de baterías). Hai dúas que para min destacan excepcionalmente: a fermosa voz de Montse Ogando e o flow e a forza de Diana Tarín, que ademais de voz, gravou teclados. Non paramos de falar en toda a mañá. Despois de xantar, papá e mais eu vestímonos con roupas de domingo, fixemos uns bocadillos e saímos botar a tarde fóra. Dende a eira saudounos a avoa Pepa, que xa andaba a apañar nas verzas para as galiñas. É imposíbel pensar en traballos de Víctor sen saber que irá acompañado da súa filla Ánxela Castro: a nena saíulle con talento e xuntas comparten o amor pola música nestes proxectos. De feito, na peza \"Lúa Chea\" Víctor aproveitou que Ánxela gravara as voces polo 2014 e combina a súa voz de peque coa voz que ten agora na adolescencia. Ambos timbres igual de lindos, todo sexa dito. Collidos da man, en silencio, fomos afastándonos da dorna, do peirao e do mar. Eu levaba a cara pintada das cores da pena. Pensaba no avó Paco… Papá tamén levaba os ollos tristes. E, aproveitando que xa era noite pecha, argallou unha canción de meter medo. Sabe que son as que máis me divirten. As ilustracións son de Paula Andrade e acompañan a historia que se vai contando. É un traballo sinxelo, coa mesma esencia que tiña Tambo. Ademais, en Youtube están os vídeos de todas as cancións (que rematarán de subirse en abril: están colgando unha cada semana). Destaco a peza \"A Banda da Lura Pilar\", que ten moitas personaxes, cada unha coa súa voz e a súa personalidade. Parabéns a Fina polas letras riquiñas e a Víctor e Ánxela polas músicas! Paco Mariñeiro ten unha dorna con velas da cor da prata, o vento ousado do mar sópralle unha serenata. A dorna, que era un veleiro, chama ao vento: mentireiro! Paco Mariñeiro ten un… veleiro!"}
{"ID": "PRAZA_17818", "summary": "A dimisión dos presentadores do Telexornal Serán e posterior ameaza de despedimento contra Tati Moyano aguilloaron unhas protestas que inicialmente foran ninguneadas dende a cúpula da corporación pública e tamén dende a Xunta. O Colexio de Xornalistas defende \"a lexitimidade das reivindicacións\" e rexeita \"calquera intento\" de represalia", "text": "CRÓNICA | Tati Moyano e a maquillaxe a Feijóo. Por Anxo Lugilde Comezou a finais de maio na senda das mobilizacións de persoal de RTVE que esixía o desbloqueo do proceso parlamentario para renovar a cúpula da corporación estatal por concurso público. Experimentou un relevante punto de inflexión a mediados de xuño, cando os presentadores do Telexornal Serán, Tati Moyano e Alfonso Hermida, anunciaron a súa renuncia a continuar conducindo o espazo en protesta polo control informativo. E recibiu unha aguilloada crucial co apercibimento e posterior ameaza de despedimento a Moyano, que evidenciou a protesta contra o uso partidista dos informativos públicos no transcurso dunha gala benéfica que presentaba, con Alberto Núñez Feijóo entre o público. Son alguns dos fitos que o persoal mobilizado nos venres negros da CRTVG lembrou este venres, duodécima xornada de protestas. Transcorreron xa case tres meses nos que o período vacacional non fixo enfraquecer unha protesta abertamente desdeñada no seu inicio dende a cúpula da corporación, cuxo director xeral negou que participar nela fose un exercicio de \"valentía\". Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu en desligarse dela e dos seus motivos -\"eu non dirixo a TVG\", resolveu-. No entanto, en San Marcos e San Caetano non se disimula a incomodidade diante do movemento que deu en se nomear Defende a Galega e que, non sen atrancos, está a ser quen de traspasar marcos políticos, mediáticos e sociais que outras mobilizacións semellantes non foran quen de salvar. Protesta na quenda de tarde en San Marcos / Defende a Galega Coas redes sociais como ferramenta esencial para facérense visibles, xornalistas e persoal técnico dos diversos departamentos da Televisión de Galicia e mais da Radio Galega volveron vestir de negro para reclamaren o cumprimento íntegro da lei de medios de 2011 e que a corporación rache amarras coa liña política do partido do Goberno, sexa este o que for. \"Necesitamos medios de comunicación públicos e necesitamos que sexan verdadeiramente de todas e todos; levamos doce semanas reclamándoo e seguiremos facéndoo o tempo que cumpra\", advirten. Neste sentido, o persoal fai súas as verbas pronunciadas polo propio Feijóo nunha das súas aparicións máis inusuais na canle pública, no programa Land Rober escasos días despois de lograr a súa terceira maioría absoluta: \"A TVG é de todos os galegos\", subliñan para esixir que \"ninguén a utilice\" como se fose só súa. Persoal da CRTVG en Ourense, no duodécimo venres negro / Defende a Galega O Colexio de Xornalistas defende \"a lexitimidade das reivindicacións\" O CPXG \"rexeita calquera intento de coartar as críticas\" e chama, como o persoal mobilizado, ao cumprimento íntegro da lei de medios de 2011 Ás voces do persoal mobilizado na CRTVG uniuse esta semana a do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que subliña a \"lexitimidade\" dunhas protestas nas que, lembra, o plantel que as secunda está a \"demandar a independencia e pluralismo dos medios públicos\". É por iso que o CPXG \"rexeita calquera intento de coartar as críticas dos profesionais\", xa que \"nun exercicio tan necesario como pouco habitual\" están a comprometerse abertamente \"co dereito á información da cidadanía\" a comezar por esixiren o cumprimento dunha lei vixente dende hai sete anos. Neste contexto, o Colexio chama a atención sobre a posibilidade de que recaian represalias sobre quen se mobilizan. \"Exercer o dereito á discrepancia por compromiso coas obrigas profesionais non pode ser castigado nin supoñer unha condena ao ostracismo\". Ben ao contrario, di a Xunta de Goberno da entidade, \"a calidade da información e o deteriorado clima laboral beneficiaríanse, sen dúbida, do diálogo aberto que debe producirse en todas as redaccións\". Neste sentido, o órgano profesional lembra que a propia lei establece canles para este diálogo, como o Consello de Informativos, cuxa creación está entre as demandas dos venres negros. Entre os apoios recibidos polo persoal volveron estar no duodécimo venres negro o de membros das forzas políticas da oposición parlamentaria. Así, por exemplo, este venres pronunciáronse abertamente ao respecto os alcaldes da Coruña e Santiago, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ou a deputada do BNG Noa Presas. En anteriores semanas tamén fixeran o propio, entre outros, o voceiro de En Marea, Luís Villares, ou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón."}
{"ID": "PRAZA_2845", "summary": "Consiste en imaxinar que podemos ter un País no que, no canto de reclamar as nosas cousas básicas, como algo excepcional, sexa normal vivir con cousas normais como corresponde a un país rico de seu, e empobrecido por algúns, con nomes e apelidos propios e alleos.", "text": "Imagine all the people living for today John Lennon Imaxina un País cheo de fartura, de traballo e de vivenda, un país cheo de crianzas con nais e pais que poidan sostelas, con escolas onde se coma ben e non prefabricado, un lugar no que non haxa pobreza infantil e se invista en libros e cultura próxima e democrática. Imaxina un País onde se axude sen relear as persoas con Alzheimer, con cancro e outras doenzas, con discapacidades; unha terra no que os hospitais funcionen non por lucro senón porque a xente deber ser, por dereito, ben tratada e curada. Imaxina un País onde non teñas que despedir a fillas e fillos preparados profesionalmente nunha estación de bus, tren ou aeroporto con destino a lugares de suposto traballo decente. Ou onde non teñan que despedir a teus pais, despois dunha vida, fuxindo da desesperación ao perderen o seu medio de vida. Imaxina un País sen contaminación nin mareas negras que non afogue a súa riqueza produtiva de bravura marítima en proxectos alleos ao noso. Imaxina un País no que non se mate as mulleres por ser elas mesmas. Imaxina un País no que o leite valla máis que a auga, no que a enerxía non sexa a máis cara aínda por riba de case dala de balde. Un País que constrúa barcos en vez de ter maquetas e navíos de papel. Imaxina un País onde poidas manifestarte sen que cheguen multas á túa casa. Imaxina, ponte a imaxinar con estes simples exemplos e outros moitos como podería ser esta Galiza. Un País rico de seu, máis esmagado e deixado de costas nas decisións importantes, na que en lugar de plantar árbores que destrúen e secan a terra se plantara esperanza de benestar social e económico, da que dá de comer e fixa poboación no seu territorio. Consiste en imaxinar que podemos ter un País no que, no canto de reclamar as nosas cousas básicas, como algo excepcional, sexa normal vivir con cousas normais como corresponde a un país rico de seu, e empobrecido por algúns, con nomes e apelidos propios e alleos. Consiste en imaxinar que podemos ter un País no que, no canto de reclamar as nosas cousas básicas, como algo excepcional, sexa normal vivir con cousas normais como corresponde a un país rico de seu, e empobrecido por algúns, con nomes e apelidos propios e alleos. Dende hai algúns anos, este sentido de vivir dignamente, de que non nos rouben e que decidamos sobre o noso é común a moita xente, sexa nacionalista ou non. Non é unha demanda nominal de siglas partidarias, senón que forma parte do sentido común das mulleres e homes da sociedade galega, mesmo intuitivamente... Frases como aquelas de \"sempre nos deixan de lado, róubannos o noso, foi todo para fóra...\". Moita xente coincide en que deciden por nós, e en que non queremos os despropósitos de quen se fai cos nosos recursos, nin que aquí haxa menos e máis mal pagado emprego ou que se cobren pensións máis baixas. Ese sentimento común de sentirse desprezados, máis sobre todo o desexo optimista dunha vida mellor para todas e todos, é o que caracteriza a candidatura que representa Nós. Unha idea de Galiza na que decida o Pobo, ligada ao pan, ao traballo, á defensa dos recursos e á igualdade de todo tipo. Convidamos a apoiar a Nós Candidatura Galega por moitas razóns: as da lóxica de existir como Pobo, as da dialéctica concreta dos casos nos que nos deixaron tirado como pobo... Máis tamén a da imaxinación. A razóns de imaxinar un País novo, feito cos vimbios do que temos, ben aproveitado e xestionado, con xustiza, fronte á falla de competencias políticas, á ausencia consciente destes gobernos corruptos do bipartidismo, ou fronte a ese cuadripartidismo que nos queren vender agora, que obvia conscientemente a pobos como o noso. Non fai falla imaxinar moito para ver como queren obviarnos. E Nós non imos permitir que se anulen os nosos dereitos e liberdades, individuais e colectivos."}
{"ID": "NOS_31354", "summary": "O pioneiro da produción Víctor Ruppén, as fitas galardoadas nos últimos Mestre Mateo e o documental etnográfico serán os eixes da programación coa que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña celebra a semana do Día das Letras.", "text": "A primeira sesión será esta terza feira, a partir das 20.30 horas. Centrarase na figura de Víctor Ruppén, recentemente falecido e home fundamental no despregamento do cinema galego e en galego no final da ditadura. Ao seu labor como produtor débense algunhas das primeiras curtametraxes rodadas en 35mm, títulos de culto e estatus case mítico como Fendetestas (1975), de Antonio Simón; Illa (1975), de Carlos López Piñeiro; O herdeiro (1976), de Miguel Gato, e O pai de Migueliño (1977), de Miguel Castelao. Non foi a produción, coa súa empresa Musidora Films, o único ámbito de acción cinematográfica de Ruppén. Impulsou ademais os cines Valle Inclán da Coruña e Compostela e os Alphaville de Madrid. Simón e López Piñeiro presentarán proxección canda a investigadora Sara Donoso. Cuarta e quinta feira, o CGAI acollerá pases dos filmes distinguidos na última edición dos premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Audiovisual Galega. O 14 de maio ás oito e media do serán proxectarase Idénticas, de Luís Avilés, mellor documental nos Mestres Mateo. Ao día seguinte, ás seis, a mellor curta de ficción -A nena azul, de Sandra Sánchez- e a mellor de animación -Son unha tomba, de Khris Cembe. Ás oito e media será a quenda de A sombra da lei, de Dani de la Torre e Vaca Films, galardoada en nove categorías. O que a filmoteca -que depende da Consellaría de Cultura- denomina \"especial das Letras Galegas\" concluirá o sábado 18 de maio cunha xornada dedicada ao cinema etnográfico e, así, directamente relacionada co protagonista deste Día das Letras, Antonio Fraguas. O home e o carro (1940) de Antonio Román con guión de Xaquín Lorenzo, Xocas; O carro e o home (1980), remontaxe daquela material a cargo de Eloi Lozano; e Arraianos (2012), de Eloy Enciso, serán as obras a visionar."}
{"ID": "NOS_26033", "summary": "Mauricio Macri, candidato pola coligazón Cambiemos, impúxose por 5 pontos de diferenza.", "text": "En segunda volta (ballotage) e con apenas 5 pontos de diferenza, Mauricio Macri será o novo presidente da Arxentina. O candidato da dereita apañou o 51,41% dos sufraxios nun proceso electoral no que participou o 80% do electorado, segundo fontes gobernamentais. Nas eleccións decorridas o 22 de novembro, a coligazón Cambiemos impúxose á Fronte para a Vitoria de Daniel Scioli, o candidato apoiado pola ex-presidenta Cristina Fernández, que conseguiu o 48,6% dos apoios. Porén, máis alá dos resultados electorais, a ollada pousa tamén nas consecuencias que esta mudanza gobernamental podería introducir no plano rexional. Neste senso, Mauricio Macri asegurou en diversas ocasións durante a campaña electoral que a súa formación non apostará nos procesos de integración impulsados durante as últimas décadas polos gobernos progresistas latinoamericanos, como o Mercosur, o que abriría a porta á re-incorporación da Arxentina nos acordos comerciais promovidos polos EUA, como a Alianza do Pacífico. Un feito que preocupa noutros territorios poque podería supor un importante retroceso e mesmo derivar nun efecto dominó que suporía un xiro á dereita tamén noutros países de Latinoamérica. Un presidente machista e homófobo Macri definiuse a si propio. Nos últimos meses en declaracións á imprensa asegurou vir dunha \"familia machista\" na que \"a muller non ten outro destino que o de estar educando as súas crianzas\". Neste senso, o que será investido presidente da Arxentina o 10 de decembro asegurou non lle ver lugar ás mulleres \"en ningún gabinete\". Mais non ficou aí. O candidato de Cambiemos sinalou a homosexualidade \"é unha enfermidade\" e que unha persoa LGTBi \"non é cento por cento sá\"."}
{"ID": "PRAZA_10313", "summary": "Familiares de vítimas, asociacións e representantes políticas, entre elas Ana Miranda, reúnense en Bos Aires coa xuíza María Servini para trasladarlle o \"clamor social\" no Estado a prol do seu labor, ao que se engade o caso dun home falecido tras unha agresión policial na Transición", "text": "A xuíza arxentina María Servini, que dirixe a única causa no mundo na que se investigan os crimes do franquismo en España, recibiu este mércores en Bos Aires unha delegación de familiares de vítimas, novos querelantes e políticos do Estado que empurran no avance da causa impulsada polo galego Darío Rivas, falecido hai tan só unhas semanas. A querela engade agora o caso dun home falecido en Pamplona en 1978 tras unha agresión policial, o primeiro dun crime cometido polo franquismo durante a TransiciónA comitiva --na que se inclúe a ata o 2 de xullo eurodeputada e candidata do BNG ao Parlamento Europeo nos últimos comicios, Ana Miranda-- reuniuse coa maxistrada que leva o caso atrancado por diferentes decisións do Goberno español e ao que se acaba de engadir a querela presentada por Fermín Rodríguez, irmán do mozo Germán, que morreu en Pamplona, nas festa de San Fermín de 1978, logo dunha brutal agresión policial. A súa declaración ante Servini é o primeiro testemuño recollido dun afectado por crimes cometidos polo réxime durante a Transición, un feito que podería darlle un novo pulo á causa, sumar novas ordes de detención e mesmo solicitudes de extradición desde a Arxentina. Na xuntanza estaba presente tamén o fiscal do caso, Ramiro González, que atendeu un grupo que incorporou novas declaracións e pediu a imputación de dez persoas máis. Son dous funcionarios e oito axentes de policía que terían, presuntamente, participado na forte represión que naquel xullo de 1978 se produciu na capital navarra. A denuncia conta tamén co testemuño de sete vítimas e dúas asociacións. En nove anos de investigación, son xa 500 as querelas individuais e colectivas incorporadas á causa e con declaracións de milleiros de persoas e indagacións que seguen o principio de xustiza universal. \"A fin da impunidade dos responsables dos crimes cometidos nas ditaduras é unha conta pendente das democracias coas vítimas e non deixaremos de traballar para conseguilo\", di Ana Miranda, que asegura que seguirá a ser \"a voz antifascista galega na Eurocámara\". \"Trátase dunha reunión institucional e social para explicarlle á xuíza Servini o clamor social que hai no Estado español sobre este tema, que dalgunha maenira tamén é un apoio á súa xestióna. Necesitámonos mutuamente\", engadiu. \"A fin da impunidade dos responsables dos crimes das ditaduras é unha conta pendente das democracias coas vítimas e non deixaremos de traballar para conseguilo\", di Ana MirandaUn día antes da xuntanza coa xuíza, familiares, vítimas, agrupacións e representantes políticos analizaron os avances na querela na sede da Federación de Asociacións Galegas na República Arxentina (FAGA). Nela, onde estaba presente Nora Cortiñas, cofundadora das Madres de Plaza de Mayo. manifestouse o interese de impulsar novas accións a partir de setembro, cando está prevista que o ex-ministro franquista Rodolfo Martín Villa chegue á capital bonaerense. Darío Rivas e Paco Lores\"O franquismo post-Franco continúa nas institucións que non tiveron a ousadía de dar un paso cara adiante\", dixo Ana Miranda, que cre fundamental verbalizar os crimes para que organismos internacionales se decaten e mobilicen para ilegalizar entidades como a Fundación Franco, \"que segue a facer apoloxía do franquismo\". O acto serviu tamén para lembrar figuras claves da querela xa falecidas, como o avogado Carlos Slepoy ou os galegos Darío Rivas ou Paco Lores, ex-presidente da FAGA, que apoiou o proceso desde o inicio como querelante. Darío Rivas, falecido o pasado mes de abril, foi quen o 14 de abril de 2010, acompañado de Inés García –outra muller con familiares represaliados-- presentou ante a xustiza arxentina unha querela por xenocidio e crimes de lesa humanidade contra a ditadura e ante a nulidade e falta de progreso das causas abertas contra o franquismo en España. Foi cinco anos despois de poder sacar a seu pai, alcalde de Castro de Rei asasinado por falanxistas en 1936, dunha fosa común para darlle sepultura."}
{"ID": "NOS_54524", "summary": "O PSdeG critica a falta de axudas directas ao sector da hostalaría", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou esta segunda feira, 2 de novembro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a abandonar a súa estratexia de \"pegarse\" á súa homóloga na Comunidade de Madrid, a tamén popular Isabel Díaz Ayuso, e pediulle que tome \"as medidas necesarias\" para facer fronte á segunda onda da pandemia do cornavirus. En rolda de prensa, Caballero asegurou que todas as accións para loitar contra o contaxio contarán co apoio do seu partido pero criticou que Ayuso e Feixoo quedasen \"ao final da fileira\" e fosen \"os últimos en estabelecer medidas\" para esta fin de semana en que se celebraba o día de Defuntos. \"Sempre imos ter a man tendida, pero hai cuestións que parecen inconsistentes\", manifestou Caballero en referencia á negativa da Xunta a blindar Galiza e en relación ao fechamento das sete cidades ordenado con só \"dúas horas de antelación\" -acusando de improvisación o Executivo de Feixoo-. Nese contexto, o líder do Partido Socialista reclamou ao Goberno galego que apoie os sectores produtivos e a hostalaría. \"Ao longo desta pandemia, moitas outras comunidades deron axudas directas e o que a Xunta fixo é pór parches de última hora sen dar apoio á hostalaría\", dixo. Ao igual que o BNG, Caballero tamén pediu a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento \"para que informe a todos os cidadáns da situación de pandemia\". Tamén censurou que Feixoo non se puxese en contacto cos líderes da oposición para abordar esta cuestión. Así mesmo, o líder dos socialistas cargou contra a \"política de ocultación\" de datos do Executivo galego e censurou que continúe sen dar a cifra co número de rastrexadores que opera no país."}
{"ID": "PRAZA_7581", "summary": "A Libraría Couceiro de Compostela acolle o vindeiro mércores a presentación de AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda. Manuel Darriba, un dos seus autores, explica as claves do éxito dunha coalición que se converteu na terceira forza no Parlamento galego.", "text": "A Libraría Couceiro de Compostela acolle o vindeiro mércores a presenteción de AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, o terceiro título da colección Xornalistas de 2.0 Editora. Chega da man dos periodistas Daniel Salgado e Manuel Darriba e xurdiu \"da curiosidade por profundar nun proceso moi sorprendente na política galega e nun éxito co que ninguén contaba\". Darriba explica aquí as claves dunha obra que inclúe entrevistas a catro dos principais líderes da coalición que se converteu na terceira forza parlamentaria de Galicia. Por que este libro? Tiñamos esa curiosidade en AGE, porque mudou o Parlamento e foi a expresión dunhas determinadas expectativas sociais que foron cristalizando. Digamos que foi algo histórico, polo menos na política galega, e un punto de inflexión. O formato libro dábanos un campo de xogo máis amplo do que tes nos medios para investigar e aprofundar en todo o proceso desta irrupción. \"AGE foi a expresión dunhas determinadas expectativas sociais que foron cristalizando\" A investigación achega sorpresas ou datos sobre AGE que non se soubesen? A intención desde o principio foi alumear todo o proceso da aparición de AGE e non descubrir algo sorprendente, senón profundar no tema. Componse dun texto introdutorio e de catro entrevistas a catro líderes da coalición. Os políticos sempre saben medirse e non adoitan saírse do guión, polo que sabiamos que cun pouco máis de calma podían xurdir detalles que axudasen a facer un relato máis completo da historia. Non creo que descubríramos nada novo, pero si que se contan cousas que non se contaron. Foi precisamente a falta dun guión ou a espontaneidade unha das claves na exitosa irrupción de AGE? Foi espontáneo ata certo punto. Desde que se constitue a coalición ata que se celebran as eleccións pasaron só unhas semanas e as negociacións entre as dúas patas principais da forza política (Anova e Esquerda Unida) foron moi rápidas, pero antes de chegar a ese punto xa pasaran moitas cousas. Houbo un proceso asembleario de meses para a constitución de Anova, por exemplo, a onde se agregaron máis grupos a parte de Encontro Irmandiño. Era un magma político que xa estaba actuando en diversos puntos. Ademais, había un caldo de cultivo que axudou. \"Alternativa conectou con votantes decepcionados co PSOE e co BNG, con xente que votaba partidos minoritarios ou abstencionistas\" Cal diría que foron as claves do éxito da coalición nos comicios autonómicos? Este libro ten máis de crónica de urxencia, non é un ensaio nin historia, pero si creo que podo dicir que axudou moito que unha parte do electorado de esquerda co que conectou estaba decepcionado do PSOE, ou do BNG, votaba a forzas moi minoritarias ou non votaba. Todos os seus apoios teñen en común unha certa sensiblidade de esquerda e conforman un amplo espectro, desde a esquerda máis radical ata a xente máis próxima á socialdemocracia. No que si coinciden os seus votantes é na oposición aos recortes sociais e aos retrocesos nos dereitos, ademais de apostar pola rexeneración política. Esa reclamación da rexeneración política non acontece só en Galicia... Non. É algo que está a pasar en moitos outros lugares, tamén dentro do Estado español. Desde o 15M ata acó está reaparecendo o activismo na sociedade de moitas formas: a xente participa en reivindicacións políticas e en manifestacións, protesta contra os recortes sociais e implícase. AGE soubo entroncar tanto na súa constitución heteroxénea como no seu discurso con esta sensibilidade social. Máis importante que que AGE poida subsistir ou non é que supón un expoñente dunha determinada sensibilidade política en Galicia. \"O tema identitario non foi importante no discurso electoral de AGE e aos seus votantes non lles importou\" A unión dunha forza nacionalista con outra estatal acabou por ser positivo para a coalición ou non? Ese tema está moi tratado no libro porque creou moita polémica, sobre todo por parte do nacionalismo hexemónico, onde agora se di que hai que ir á unidade co nacionalismo, pero que non debe confundirse coa esquerda española. O que estivo claro é que no discurso electoral de AGE primou o compoñente social antes que o nacional ou identitario. O que tamén é certo é que hai un acordo de mínimos e a parte nacionalista da coalición introduciu nas bases programáticas que o pobo galego debía ser o suxeito de decisión, algo que é irrenunciable. No entanto, no discurso electoral a temática foi pouco por ese lado e semella que aos votantes non lles importou. Pódese cuantificar que parte de apoios da coalición é nacionalista e cal non? Pódense cuantificar os deputados. Cinco son de Anova e catro de Esquerda Unida, pero iso non permite facer extrapolación porque a lista era única. En Anova tamén hai diferentes sensibilidades, do autonomismo ao independentismo, ao igual que había e seguirá habéndoas no BNG. Supoño que hai xente moi interesada en facer esta división, incluso dentro de AGE, porque tampouco é unha mestura estable en termos de química. Só o tempo dirá como vai evolucionando. \"Beiras por si mesmo non conseguiu nove deputados, pero non pasou desapercibido; o seu carisma é indubidable\" Canto de importancia lle atribúe a Xosé Manuel Beiras no éxito da coalición? Eu entendo que si que foi importante polo que observei na campaña. O seu carisma é indubidable, pero ata que punto foi decisivo? Beiras por si mesmo non conseguiu nove deputados, pero é evidente que non pasou desapercibido, nin moito menos. Desde o punto de vista da súa figura, tamén foi un proceso moi interesante. Por que? Porque está finalizando o seu ciclo político. É un home maior e unha das cousas máis interesantes da conversa con el e como reflexiona sobre o final do seu ciclo político e como el quere contribuír ao nacemento dun novo. Beiras interpreta que é o final de todo un ciclo e el e AGE teñen que contribuír a que así sexa. \"No BNG e en Compromiso vai haber moita xente disposta a confluír con AGE\" Cre que será posible que esta coalición se converta nunha fronte ampla na que se inclúa incluso o BNG? Non o sei. A vontade que expresan os de AGE é a de ampliar a fronte. O que se le no documento que estivo discutindo a UPG nos últimos días é que eles apelan ao nacionalismo e nese caso as posturas non coinciden. Creo que tanto no BNG como en Compromiso por Galicia seguramente vai haber moita xente disposta a confluír con AGE, pero isto verase nos vindeiros meses. A vontade explícita de que iso ocorra por parte de membros de AGE vese claramente no libro. E que futuro lle ve a Alternativa Galega de Esquerda? No libro intentamos saber que van facer. Eles expresan o que queren facer como grupo parlamentario: unha oposición moi forte e tratar de achegarse á cidadanía. Expresan a vontade de salvar ese abismo entre os cidadáns e a política. Como fronte, queren seguir ampliándose, pero hai que ter en conta que hai varios partidos e que Anova tamén quere seguir ampliándose polo seu lado. Só o tempo dirá. Cre que se presentarán en coalición ás eleccións municipais? Non teño nin idea. Hai líderes que apostan por iso e outros que non o ven tan claro."}
{"ID": "NOS_26861", "summary": "O executivo de Benjamin Netanyahu anunciou que construiría 1.258 vivendas en territorio palestino e advirte a Palestina que, de continuaren coa idea de conseguiren o estatuto de Estado non membro nas Nacións Unidas, farán como se a Autoridade Palestina tivese afundido.", "text": "O goberno israelí continúa co avanzo colonial sob os territorios palestinos e construirá máis dun milleiro de vivendas destinadas a seren ocupadas por cidadá(n)s xudeus. Neste senso, o voceiro do presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abbas, asegurou que \"a continuación da colonización polo goberno de ocupación incítanos a seguir reclamando os nosos dereitos acudindo á ONU para obter o estatuto de Estado non membro\", porén, desde o ministerio de Relacións exteriores israelí advirten que de continuaren con esta idea, farán coma se a ANP tivese afundido. No entanto, Netanyahu vai alén das declaracións públicas e vén de organizar unha xuntanza cos seus 27 embaixadores na UE para \"enfrontar esta iniciativa\", para o que prevén iniciar represalias contra o proxecto palestino. Así pois, a Autoridade palestina demanda aos Estados membros das Nacións Unidas que amosen o seu rexeitamento a \"esta política israelí sistemática cunha votación aplastante\" en favor dun maior rango estatutario na organización internacional. Aliás, a comunidade palestina exixe que se (re)inicien as conversas de paz e cese a ocupación israelí garantindo que se respecten as liñas fronteirizas delimitadas en 1967. Porén, o goberno de Tel Aviv rexeita calquera \"negociación con condicións previas\" mais demanda que Palestina recoñeza a súa existencia como \"Estado do pobo xudeu\" e o mantemento baixo o seu xugo dunha parte do futuro Estado palestino."}
{"ID": "NOS_57829", "summary": "Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos foron os cartafoles de debuxos cos que Castelao denunciou a barbarie dos sublevados na Guerra Civil. Totémicos e inspiradores, sen concesións, expresión de primeiro nivel da arte antifascista, a editorial Galaxia recupéraos agora nunha edición de vontade facsimilar.", "text": "A última versión dispoñíbel foi a publicada en 1996 por A Nosa Terra nun volume conxunto. Vinte anos antes a editorial Akal -con sede en Madrid mais fundada por un galego- fixera o propio con cada un dos títulos. Aínda se atopan nalgunhas librarías. Mais Galaxia anuncia agora que fará a reedición \"mantendo as características orixinais dos seus formatos, as medidas, calidades e tonalidades elixidas no seu día polo autor. Aproximáranse o máximo posíbel ás edicións revisadas por Castelao\". O traballo de Galaxia farase \"por primeira vez\" a partir das láminas orixinais, depositadas no Museo Provincial de Pontevedra. \"Velaquí a testemuña dun período escuro, un episodio da nosa historia que ten reflexo nestes tres albums de guerra que volvemos poñer a disposición do público galego\", indican desde a editorial. Os conxuntos de debuxos foron publicados orixinalmente en 1937 e 1938. Galicia mártir -que contén a célebre lámina A derradeira leición do mestre- saíu grazas ao Ministerio de Propaganda da República; Atila en Galicia, en Valencia da man do Comité Nacional da CNT; e Milicianos en Nova York, a cargo da Frente Popular Antifascista Galego."}
{"ID": "NOS_48449", "summary": "Nunha sesión de control marcada pola reivindicación do 8 de Marzo, o BNG instou o goberno a \"non amparar quen acosa\", non financiar centros que segregan alumnos por sexos e un compromiso de rescindir contratos con aquelas empresas que vulneren a igualdade ou estean condenadas por acoso.", "text": "A sesión de control ao presidente da Xunta desta cuarta feira, 8 de marzo, estivo marcado polo Día Internacional das Mulleres. BNG, En Marea e PSdeG aproveitaron as preguntas a a Núñez Feijóo para facer un repaso sobre a situación das mulleres en Galiza e cuestionar a política da Xunta a este respecto. A portavoz do BNG, Ana Pontón, instou a Feijóo a tirar algo en limpo da sesión e emprazouno a apoiar tres propostas concretas, a saber: que a Xunta deixe de financiar centros que segregan os alumnos por sexo, que se rescindan contratos con aquelas empresas que incumpran lei de igualdade ou estean condenadas por acoso laboral. A terceira, \"que non ampare a quen acosa\", en referencia a Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do PP desa provincia, investigado por un delito de acoso sexual. \"A dereita galega mira para outro lado con Baltar\". Na súa quenda de resposta, Feijóo afirmou crecer \"no feminismo sen etiquetas\" e non no \"feminismo nacionalista ou independentista\" para a seguir, e rizando o rizo, vencellar nacionalismo galego e o eurodeputado polaco de extrema dereita que recentemente deu un discurso contra os dereitos das mulleres na Cámara comunitaria. Ana Pontón solicitou que se retirase esa afirmación e preguntou o presidente que entendía por \"feminismo sen etiquetas\": \"Que as mulleres non poidan decidir sobre o seu propio corpo? Que se segrege en colexios por sexo?\". O caso da condutora Nélida Pisco, que vén sufrindo desde 2009 unha situación de acoso laboral, foi denunciada na súa intervención pola portavoz do BNG como un exemplo do que moitas mulleres sofren . O tweet de Carmen Santos O portavoz de En Marea, Luis Villares, lembrou na súa intervención que \"sen mulleres o mundo non funciona\" ao tempo que preguntaba ao presidente sobre que políticas adoptou o seu goberno para garantir a igualdade. Feijóo, na súa quenda, lonxe de responder, emprazou Villares a que se desculpase por un tweet de Carmen Santos \"con declaracións impresentábeis\" que desde o PP entenden que os vinculaba con asasinatos machistas. O voceiro de En Marea parabenizou con retranca a Feijóo pola súa \"boa técnica\" para eludir responder ás preguntas formuladas polo seu grupo e lembroulle que responder é \"a súa obriga estatutaria e constitucional. Sorprendeuse Villares que o PP se \"indigne\" tanto por un malentendido nun tweet por mor dun erro gramatical e afirmou que En Marea indígnase por cuestións como as mulleres asasinadas. Cargou contra Feijóo por amparar e defender Baltar e acusou goberno de recortar en 40% os orzamentos das políticas destinadas a igualdade. Avanzos Fernández Leiceaga (PSdeG) instou a Xunta a actuar \"de xeito máis decidido\" sobre as desiguais condicións de emprego que sofren as mulleres. Lembrou que a taxa de paro feminina é maior que a masculina ou a fenda salarial. Cuestións que Feijóo despachou afirmando que esas ratios eran peores na media española. O presidente reivindicou \"os avanzos\" logrados nestas décadas, pondo como exemplo como na primeira lexislatura do parlamento había só 3 deputadas e na actualidade son 45% dos parlamentares."}
{"ID": "NOS_41803", "summary": "O Fólio, Festival Literário Internacional de Óbidos, em Portugal, a decorrer de 10 a 20 de outubro de 2019, contará com presença galega no marco do Folio Educa.", "text": "Óbidos, uma pequena vila portuguesa com perto de 2.200 habitantes e, desde 2015, considerada pela Unesco como cidade literária, acolhe um dos mais interessantes Festivais Literários dos últimos tempos, o Fólio. Todo ano, este Festival seleciona um tema principal e atual sob o que se expande a programação. Para a presente edição será O Tempo e o Medo, \"uma das temáticas mais urgentes deste século\", aclara no programa principal. O Festival Literário Internacional de Óbidos junta fundações, editoras, institutos e grupos de trabalhos e, neste contexto, o Fólio contará com presença galega para falar sobre o aproveitamento das bibliotecas com a finalidade de criar ou consolidar leitoras e leitores. Será na sexta-feira 11 de outubro, no Espaço Ó e no marco do Folio EDUCA, com a Masterclass \"Comunidades Leitoras, Clubes de Leitura e Bibliotecas Escolares\", que desenvolverá Cristina Novoa, especialista no assunto e assessora técnica de Bibliotecas Escolares da Galiza. Também no marco do Folio Educa, o domingo 13 de outubro, às 18 horas na Biblioteca Municipal de Óbidos, realizarão a tertúlia Leitura, Inclusão, Bibliotecas, Educaçã\", na qual participará Paz Pereiro (Biblioteca Inclusiva, Consellería de Educación) junto com Goretti Cascalheira (Biblioteca Municipal Torres Vedras), Maria de Lurdes Novo (Agrup. Escolas do Monte da Lua, Sintra), Joana Rodrigues (Agrup. Escolas de São Gonçalo, Torres Vedras), Carla Gomes (CIM Alto Minho), Miguel Horta (Laredo Associação Cultural), com a moderação de Helena Brígida (RBE). Antes, às 17 horas no mesmo espaço, inaugurarão a exposição \"Dilfícil\" (Leitura – histórias de caminhos largos a passar pelo Fólio EDUCA), na qual participará a Rede de Bibliotecas da Galiza como entidade convidada. O FÓLIO contará com presença galega para falar sobre o aproveitamento das bibliotecas com a finalidade de criar ou consolidar leitoras e leitores. O evento, que se define pela sua interdisciplinaridade, conta com espaços de música, literatura, arte, jornalismo, educação e palestras. Além disso, e segundo o programa apresentado pela organização, a presente edição do Fólio é a mais internacional até a data, \"com a participação de mais de uma dezena de países espalhados por quatro continentes (Angola, Bélgica, Brasil, Cabo Verde, Dinamarca, Espanha, Estados Unidos, França, Índia, Itália ou Suécia)\", indicam. Assim, o programa inclui nomes de autoras e autores de referência que foram desafiados a falar sobre o(s) medo(s) nas suas respetivas obras literárias, como Alexandre Andrade, Joana Bértholo, Dulce Maria Cardoso, Hélia Correia, José Gil, Lídia Jorge, Nuno Júdice, Rui Cardoso Martins, Ricardo Araújo Pereira, Rui Pedro Tendinha, Patrícia Reis, Valério Romão; Ralf Rothmann (Alemanha); José Eduardo Agualusa, Júlio Almeida, Ondjaki (Angola); Tati Bernardi, Geovani Martins, Paulo Werneck (Brasil); Christoffer Petersen (Dinamarca/Gronelândia); Marina Perezagua (Espanha); John Freeman, Donald Ray Pollock (EUA); Mathias Énard (França); Elena Varvello (Itália) e Arne Dahl (Suécia). Pode-se consultar o programa completo aqui."}
{"ID": "NOS_44471", "summary": "Seis meses levaba en marcha o proxecto de documental dirixido por Cora Peña. Tesouro de Corcoesto camiñaba na súa produción financiado a través de micromecenádego. Agora, coa noticia da suspensión da mina, a directora fala dun final \"feliz mais provisional\" da historia.", "text": "\"Cando traballas de maneira tan apegada a realidade sabes que o argumento pode mudar\", comenta a directora Cora Peña, pouco despois de se coñece a decisión de suspender o proxecto de mina sobre o que estaba a producir o documental Tesouro de Corcoesto.. Tratábase, segundo di, \"da análise dunha proposta d modelo económico, de vida, un proxecto estendido por outras partes, a megaminería que ameaza non só Corcoesto senón outras terras do país e do mundo\". Nestes meses, Cora Peña e o seu equipo seguiu de preto o movemento de oposición ao proxecto de megaminería. \"Foi un trunfo da oposición, a presión cidadá foi fundamental para que isto acontecera\", di, sen embargo, non topou \"euforia\" nas persoas da comarca coas que falou, antes ben, pairea unha certa desconfianza e o temor de que esta suspensión non signifique pechar a porta de vez. \"Poden pasar moitas cousas. As concesión son por noventa anos e pode aparecer outra empresa ou tamén poden pasar se a Xunta non compensa á empresa. Digamos que estamos diante dun final feliz mais provisional\", sinala Cora Peña quen confirma, de todas formas, que o documental seguirá adiante, centrándose tamén na loita veciñal que, polo de agora, saíu triunfante nas súas reclamacións. \"O documental recibiu o respaldo de moita xente que apoiou o proxecto e nós temos que continuar con el. Corcoesto é un dos proxectos hai prospeccións en Fonsagrada, en Tomiño e outros lugares do territorio\", di a directora. \"De todas maneiras, hai que ter os ollos abertos porque o método de desgaste é connatural a estes proxectos\", engade. En agosto, Sermos Galiza publicaba unha entrevista no seu semanario con Cora Peña na que, naquel momento, afirmaba que estaba a facer un relato en presente. \"Agardamos que este proxecto non se leve a cabo mais hai outros lugares que se viron afectados por este tipo de minería. O documental terá tamén crónica xa que participamos en manifestacións, charlas e outras actividades. Descoñécese cal é o estado do proceso, a resistencia popular que existe e a opinión de científicos ou asociacións veciñais\" afirmaba entón, cando aínda non se intuía que en dous meses o proxecto ía quedar suspendido. Festa en \"Enarborar o bosque\" Malia a cautela coa que foi recibida a noticia, é posíbel que a inauguración do Forum de Carballo o 19 de outubro ás 19:00 horas da exposición \"Enarborar o bosque\" sexa unha oportunidade para conmemorar a noticia. No acto estaba previsto estrear o vídeo \"Un milladoiro para Corcoesto\" ademais de colaboracións musicais e poéticas."}
{"ID": "NOS_37703", "summary": "A evolución da pandemia na Galiza ás portas da Semana Santa é estábel, máis ninguén desbota unha nova vaga de contaxios ante o cambio de tendencia que xa se aprecia noutros territorios. A chave está na interacción social, sinala Manuel Vázquez Lima, membro do Comité Clínico que asesora a Xunta da Galiza.", "text": "Hai indicios para temer unha cuarta vaga da Covid na Galiza? Unha cuarta vaga é posíbel. Que se produzan contaxios ou non depende da interacción social. Se é alta, sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade, a cuarta onda pode chegar. É innegábel. Ademais, existe un factor en contra, que é a variante británica, máis contaxiosa, que na Galiza xa está presente en máis de 90% dos novos casos, o que nos obrigaría a extremar aínda máis as medidas de protección. A favor teríamos o bo tempo, que favorece a actividade ao aire libre máis que no interior dos locais, e tamén a vacinación, que xa non depende exclusivamente de nós, senón de que entren vacinas. Polo tanto, pode chegar a cuarta vaga? Si. E eu creo que vai chegar. A intensidade dependerá de todo isto. Galiza está nunha fase de meseta. O descenso da curva de contaxios estancouse. É posíbel prolongar esta contención en plena desescalada? Porque hai un patrón que adoita repetirse: máis relaxación, máis casos. Unha das vías para conter a pandemia é ir ao Covid Cero, que obrigaría a incrementar as restricións ao mesmo tempo que se aplican outras medidas que xa estamos a ter: o illamento precoz dos casos novos, que exixe unha detección temperá mediante cribados rápidos en zonas onde se detectan pequenas repuntas, e o cumprimento rigoroso das normas de illamento. A maiores, podemos evitar ao máximo os interiores e estabelecer sistemas de control de ventilación para unha seguridade adicional. Porén, a loita definitiva é que cheguen moitas vacinas para administralas o máis rápido posíbel. A teor da evolución da pandemia noutros territorios, habería que aumentar as restricións de cara á Semana Santa? O que é seguro, e témolo moi claro no comité, é que as medidas deben ser adoptadas de forma precoz en canto se detecte unha lixeira repunta. Se vemos que ese cambio de tendencia é moi marcado, habería que cambiar as medidas, pero, neste momento, creo que son adecuadas. O que estamos a facer para detectar con maior celeridade calquera mudanza é considerar outros indicadores, dous, nomeadamente: a incidencia acumulada a sete días e a porcentaxe de pacientes que entran nos circuítos Covid en urxencias, porque é un indicador precoz do que pode chegar a pasar no ámbito hospitalario. Agora mesmo está por debaixo do 12% en toda Galiza, cando no pico da terceira vaga, un de cada dous pacientes que chegaban ás urxencias da Coruña, por exemplo, presentaban síntomas compatíbeis coa Covid. Agora, o valor que fixa unha chamada de atención está en 25%. Calquera alteración, neste sentido, conducirá a restricións máis severas. E se a explosión de casos é xeneralizada, igual hai que volver atrás. Isto nunca deixou de ser unha opción. Se é necesario, farase. Apuntaba a predominancia da variante británica na Galiza. Está constatado que deixa infeccións máis graves, con síntomas máis severos e prolongados? Está demostrado que a eliminación do virus demórase un pouco máis. De feito, no Consello Interterritorial considerouse a posibilidade de prolongar o illamento dos pacientes cun positivo causado por esta variante, xa que tarda en desaparecer. É máis contaxiosa e nas infeccións que produce presenta unha carga viral máis alta. En canto á letalidade, non está demostrado que sexa maior, pero leva aparellada unha mortalidade superior, ao infectar máis. Aumentaron os ingresos de xente máis nova que chega á UCI? Vese xente máis moza, pero ten unha razón lóxica. A vacinación das persoas maiores das residencias e das anciás de máis de 80 anos. O número de casos, de ingresos e de mortes caeu de forma espectacular desde que están vacinados, polo tanto o virus concéntrase en poboación máis nova. Cal pode ser o impacto dunha cuarta vaga se temos en conta a situación epidemiolóxica actual? En conxunto é mellor agora, en canto a incidencia, PCR e mesmo presión hospitalaria. No Nadal deuse a tormenta perfecta: datos epidemiolóxicos malos, frío, contacto nos interiores, alta interacción social prolongada no tempo mais a entrada da variante británica. Esta combinación favoreceu o que veu despois de Noiteboa, Noitevella e Reis, que foi unha barbaridade. Arrepíntese de non ter adoptado medidas diferentes? Visto en perspectiva si, sería máis restritivo. Pero sempre é máis doado ver as cousas cando xa pasaron. O difícil é anticiparse. E a maiores, hai que pensar na eficacia das medidas. Poden ser magníficas sobre o papel, mais se non se poden controlar, o seu valor é limitado."}
{"ID": "NOS_27756", "summary": "O SNP vincula \"a escaseza de traballos, o aumento dos custos, os supermercados baleiros, a crise do combustíbel e as barreiras comerciais\" directamente co Brexit.", "text": "O Goberno do Reino Unido mobilizará 200 efectivos do Exército británico, entre estes un centenar de condutores especializados, para facilitar as tarefas da distribución da gasolina nas estacións do servizo do Estado, agora mesmo seriamente obstaculizada pola falta de transportistas. Así mesmo, Londres anunciou a posta en marcha dun plan de renovación para os visados para case 5.000 transportistas estranxeiros que terían que abandonar o país o próximo 24 de decembro e que agora poderán permanecer até finais de febreiro. De igual modo, ofreceu a entrada inmediata no país a outros 300 condutores que recibirán un visado temporal até marzo de 2022. Mentres, a oposición británica chamou a unha sesión de urxencia do Parlamento e á comparecencia do primeiro ministro británico, Boris Johnson, para que explique as circunstancias da crise. Formacións como o Partido Nacional Escocés (SNP) vinculan directamente a situación coa saída do Reino Unido da UE, como apuntou no seu momento o seu líder parlamentario, Ian Blackford. \"A escaseza de traballos, o aumento dos custos, os supermercados baleiros, a crise do combustíbel e as barreiras comerciais estannos a causar un dano enorme\", lamentou a respecto do Brexit. Semanas de crise aínda Pola súa banda, o secretario para os Negocios do Goberno británico, Kwasi Kwarteng, chamou á calma. \"Non hai escaseza de combustíbel en Reino Unido e agora mesmo estamos a ver unha estabilización da demanda. A nosa capacidade de almacenamento segue alta, como tamén os envíos iniciais de combustíbel\", salientou. Con todo, a Asociación de Operadores de Estacións de Servizo avisou de que á crise aínda lle quedan semanas, en particular para os subministradores independentes, particularmente afectados por esta parálise, segundo o seu presidente, Brian Madderson. \"Os condutores militares serán unha grande axuda, mais hai que dar prioridade aos envíos ás estacións independentes que son, en definitiva, os centros de subministración de toda a vida\", explicou á cadea BBC."}
{"ID": "PRAZA_15552", "summary": "A Associaçom Galega da Língua celebrou um jantar-homenage com motivo dos dez anos que neste 2012 cumpriu o Portal Galego da Língua (PGL), \"umha das peças chave para entender o que hoje é o discurso sobre a língua e os avanços para a visom lusófona do idioma\".", "text": "A Associaçom Galega da Língua (AGAL), a entidade decana do reintegracionismo, viveu um intenso fim-de-semana. Na sexta-feira celebrou umha nova ediçom da festa de bem-vida aos novos associados e no sábado realizou umha nova assembleia que deu passo, já pola tarde, a um jantar-homenage com motivo dos dez anos que neste 2012 cumpriu o Portal Galego da Língua (PGL). \"O PGL é umha das peças chave para entender o que hoje é o reintegracionismo, o discurso sobre a língua e os avanços que para a visom lusófona do idioma estám a ocorrer no país\" \"A nossa língua na rede, a nossa língua no mundo\", reza a frase que encabeça este portal da Agal. Umha web que, ademais de ser a referência do reintegracionismo em Galiza, é muito mais do que isso: \"é umha das peças chave para entender o que hoje é o reintegracionismo, o discurso sobre a língua e os avanços que para a visom lusófona do idioma estám a ocorrer no país\", resume Miguel R. Penas, que hai pouco mais de dous meses foi eleito novo presidente da associaçom trás a renovaçom do seu Conselho. \"Hai dez anos, o Portal Galego da Língua adiantou-se a outras associaçons ou entidades, num momento em que grupos políticos ou sindicais com muitos mais recursos tinham webs muito piores\", destaca Penas, que foi o mestre de cerimônias dum jantar-homenage n' A Nave de Vidám compostelá no que se misturárom os discursos, a música e os recursos áudio-visuais. Tal e como lembra o presidente da Agal, na altura de 2002 a associaçom decidiu \"fazer nom tam só umha web, senom um meio digital temático e monográfico arredor da língua galega\". \"Daquela só havia dous meios galegos na web: Vieiros e mais o Xornal, que nem tam sequer era monolíngüe em galego\", destaca Penas, que reconhece que o que se pensou como um portal centrado na língua –tal e como segue a sê-lo– serviu tamém para que muitos internautas seguissem a actualidade arredor doutros temas. A catástrofe do Prestige e a apariçom do Apalpador fôrom dous momentos fundamentais na história do Portal Galego da Língua O dirigente da Agal recorda dous momentos fundamentais, tanto pola relevância como polo número de visitas: a catástrofe do Prestige e a apariçom do Apalpador. \"Cando ocorreu o da maré negra, estávamos começando e tamém informámos daquela tragédia; no caso do Apalpador, fomos a primeira web onde se fijo referência a esta figura\", assegura Penas, quem destaca que a web \"sempre tivo mui bons resultados\", como tamém \"todos os sites que fôrom nascendo ligados ao portal\". Do mesmo jeito, lembra como o Portal Galego da Língua se adiantou, \"sem querê-lo\", à web 2.0. A web do PGL deu já nos seus inícios a opçom de se registrar como usuário, comentar e receber mensages directas, numha \"mínima interacçom\" que as redes sociais multiplicárom mais tarde coa apariçom do Facebook ou do Twitter. \"Formamos umha comunidade de interesses arredor da língua\", destaca, trás anunciar que para 2013 o Portal Galego da Língua \"será renovado\", precisamente \"vinculando-se mais às redes sociais\". \"O reintegracionismo tem cada vez mais apoios, sobretodo entre a gente mais nova\" Quanto à evoluçom da Agal e as perspectivas de cara ao futuro, Miguel R. Penas destaca que \"o reintegracionismo tem cada vezmais apoios, sobretodo entre a gente mais nova\". \"Quase a metade das novas altas no último ano fôrom de persoas menores de 25 anos\", afirma o presidente. \"Quem queira ver duas línguas diferentes [entre o galego e o português], sempre as verá\" \"Para nós, a visom do galego desde um punto de vista convergente coas outras falas da lusofonia é totalmente natural e normal; o que é menos natural é que sempre se intente buscar escusas ou divergências para sulinhar as diferenças\", engade Penas, que insiste em que \"quem queira ver duas línguas diferentes [entre o galego e o português], sempre as verá. Como qualquer idioma falado em muitos países e em âmbitos geográficos tam diferentes, hai diferenças, mas existe um padrom comum e uns usos convergentes\", engade. \"Cada vez som mais as persoas que vêem natural o nosso enfoque lusófono cara à lingua: internet e a desapariçom das fronteiras fai que seja muito mais difícil argumentar em contra desta visom\", di Miguel R. Penas, quem tamém anuncia que em 2013 a Agal continuará coa sua linha de trabalho actual, mas intentando ampliá-la co lançamento de duas novas áreas de trabalho: umha áudio-visual para criar materiais divulgativos a respeito da língua, e outra centrada no âmbito juvenil, precisamente derivado da exigência da massa de associados cada vez mais jovem."}
{"ID": "PRAZA_4208", "summary": "PSdeG, Galicia en Común e BNG censuran que Feijóo ratificase a súa intención de convocar as eleccións en xullo \"pola TVG\" mentres o Parlamento estaba reunido e consideran \"irresponsable\" e \"unha temeridade\" apostar por chamar xa ás urnas \"en plena pandemia\"", "text": "\"Mentres o conselleiro de Sanidade dicía no Parlamento que a evolución da pandemia é altamente imprecidicible, Feijóo dicía no TVG cal era o mellor momento para poñer as eleccións\". Quen fala é o secretario xeral do PSdeG e candidato socialista á Presidencia, Gonzalo Caballero, que como o resto das formacións da esquerda galega se viu sorprendido este mediodía en plena sesión da Deputación Permanente do Parlamento pola aposta de Alberto Núñez Feijóo para celebrar as eleccións galegas en xullo.Gonzalo Caballero: \"Feijóo é altamente irresponsable, só está tentando esquivar a análise da súa xestión da pandemia; a súa preocupación estas semanas foi sempre a cuestión electoral\"Na actual oposición galega estendeuse o malestar tanto polas formas como polo fondo da intervención do actual presidente e líder do PPdeG e todas as formacións din concordar nun aspecto: Feijóo prioriza \"o interese electoral\" por riba da evolución da covid-19 en Galicia. Pretendendo \"convocar as eleccións galegas en pleno estado de alarma e en situación de emerxencia sanitaria\", cre Caballero, \"deixa ás claras que a súa principal preocupación nestas semanas foi sempre a cuestión electoral\".O líder do PSdeG ve \"altamente irresponsable\" a actitude do líder popular. \"Non está pensando nas persoas inmersas agora nun ERTE, nin nos autónomos que non poden abrir os negocios\", senón \"só tentando esquivar a análise da súa xestión da pandemia\", a cal \"deixa os peores datos nas cuestións que son competencia da Xunta: o eido sanitario e as residencias de maiores\", afirma.Caballero considera que ficou claro que \"Feijóo non é de fiar\" e algo semellante coida o candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, que na tarde deste mércores manifestaba \"absoluta incredulidade\" polo que considera \"a decisión de Feijóo de situar as eleccións e o seu interese electoral por riba da vida das galegas\". As eleccións, sinala Gómez-Reino, \"só poderán celebrarse cando non se poña en risco a saúde dos cidadáns e haxa plenas garantías democráticas de que ninguén deixa de pedir o voto, de decidir o seu voto ou de ir votar por medo a contaxiarse\".Gómez-Reino: \"Utilizaremos todos os mecanismos do Estado de Dereito para que non se celebren se poñen en perigo a saúde ou non hai garantías democráticas\"\"Que ninguén pense que Galicia en Común-Anova-Mareas non queremos celebrar as eleccións canto antes, por suposto que si\", matiza Gómez-Reino, quen ve nos comicios a vía para \"acabar cos anos de recortes, mentiras e propaganda de Feijóo\". \"Pero -matiza- non estamos dispostos a que haxa eleccións se poñen en perigo a saúde\" das persoas e por iso, advirte, \"utilizaremos todos os mecanismos do Estado de Dereito para garantir que as eleccións non se celebren se non cumpren esas dúas condicións\".Pontón: \"É unha temeridade, ninguén pode garantir que non haxa repuntas no desconfinamento ou en xullo\"Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, as \"formas do anuncio de Feijóo\" son mostra de \"prepotencia e falta de diálogo\" e o fondo, evidencia de \"temeridade e irresponsabilidade\". \"Na situación de pandemia que estamos a vivir e co estado de alarma non se dan as condicións sanitarias nin democráticas esixibles\" para convocar as eleccións, considera Pontón. Entre outros aspectos, coida, porque \"ninguén pode garantir que non se produzan novas repuntas na fase de desconfinamento ou no mes de xullo\".A xuízo da líder do Bloque, \"dende hai tempo\", Feijóo ten \"a intención de facer cadrar as eleccións\" coa data que sinale o lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, e o anuncio deste mércores así o certifica. \"Vai a rebufo das decisións de Euskadi\", coida. Mentres, no Parlamento, dende o Grupo Mixto En Marea -que non vai concorrer aos comicios- sinala que \"valoraría a convocatoria electoral en xullo se se dan garantías sanitarias e democráticas\" e para iso, reclama que o Goberno lle faga chegar todos os informes entregados ás forzas políticas que si se presentan ás eleccións, así como os \"datos desagregados\" sobre a covid-19 que a Xunta segue sen publicar."}
{"ID": "NOS_50229", "summary": "A década de 1980, coa Dama de Ferro en Downing Street, supuxo o inicio do desmantelamento das minas de carbón no norte de Inglaterra, en Escocia e en Gales. As consecuencias socioeconómicas foron tan graves que a lixeireza con que o primeiro ministro falou daquela época é como amentar a soga na casa do aforcado.", "text": "\"Grazas a Margaret Thatcher, que clausurou tantas minas de carbón por todo o país, tivemos un gran e temperán comezo e agora estamos a abandonar rapidamente o carbón por completo\". Boris Johnson, de visita en Escocia, amentou a soga na casa do aforcado cunha broma a respecto da transición enerxética. O responsábel de Política do Glasgow Times escribía en Twitter: \"Miles de traballos perdidos, comunidades devastadas e o inicio de décadas de decadencia, mais Boris Johnson rise do feche das minas de carbón por parte de Margaret Thatcher durante a súa visita escocesa\". En 1984, había 170 minas de carbón en funcionamento en Gran Bretaña que daban emprego a case 200.000 persoas. En 2015 non ficaba ningunha aberta. Foi Thatcher, primeira ministra entre 1979 e 1990, quen nese ano 1984 anunciou a clausura de 20 das explotacións. A decisión do Goberno do Partido Conservador levou a unha folga masiva que se estendeu até 1985, con duros enfrontamentos entre mineiros e Policía. Ademais, supuxo un decisivo pulso entre Thatcher e os sindicatos. Gañouno finalmente a coñecida como a Dama de Ferro. As centrais saíron debilitadas, e deuse paso a un novo escenario nas relacións laborais no Reino Unido. Unha época histórica que puxo o país ao bordo dunha guerra civil, relatada en forma de novela negra por David Peace en GB84 (2004), ou por Ken Loach no documental Which Side Are You On? (1984). Rexións mineiras inglesas, mais especialmente escocesas e galesas sufriron as consecuencias da fin daquel mundo que deixou fondas feridas na sociedade. Hipocrisía thatcherista Coas cicatrices aínda sen fechar, Johnson facía estas declaracións na quinta feira durante unha visita ao parque eólico mariño de Moray East, na costa nordeste de Escocia, para promover a enerxía verde e a Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático de 2021 (COP26) de novembro en Glasgow. Respondía ás palabras do líder do Partido Laborista, Keir Starmer, tamén de visita en Escocia, que avogaba por un \"calendario estrito\" para a fin das exploracións de gas e petróleo. As polémicas palabras de Johnson, pronunciadas en ton choqueiro segundo a BBC, recibiron unha unísona e rápida condena dos líderes da oposición. A primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, escribiu en Twitter: \"Vidas e comunidades de Escocia foron totalmente devastadas pola destrución da industria do carbón por parte de Thatcher (que non tiña nada que ver con preocupación ningunha dela polo planeta). Tratar iso como algo do que se rir é groseiro e fondamente insensíbel con esa realidade\". En 1989, Thatcher xustificou na ONU o feche das minas, advertindo que os gases de efecto invernadoiro \"estaban a mudar o ambiente do noso Planeta de maneira nociva e perigosa\". Unha desculpa, como salientou Sturgeon, que nada tiña a ver co seu compromiso ecoloxista e moito coa súa revolución neoliberal. Tal e como lembraba na sexta feira, 6 de xaneiro, Ewan Gibbs, profesor da Universidade de Glasgow, en The National, \"o Goberno de Thatcher non tiña problema en importar decenas de millóns de toneladas de carbón, ademais de queimar grandes volumes extraídos por medio de métodos destrutivos a ceo aberto en Gran Bretaña\". Tamén Gillian Mackay, deputada dos Verdes (partido en negociacións de Goberno co SNP de Sturgeon), incidiu nisto, recolleu The Scotsman: \"A aniquilación da industria do carbón por parte de Thatcher non ten absolutamente nada que ver co ambientalismo e todo coa súa vil ideoloxía antisindical\". E engadiu: \"Os Verdes escoceses non permitirán que os tories [o Partido Conservador] repitan os erros do pasado. Loitaremos por unha transición xusta para que os traballadores vexan os seus traballos garantidos en industrias sustentábeis do futuro\". O malestar manifestouse tamén desde Gales. Nunha entrevista en BBC Radio 4, o primeiro ministro, o laborista Mark Drakeford, cualificou as palabras de Johnson de \"groseiras e ofensivas\". \"O dano provocado ás rexións mineiras galesas hai 30 anos foi incalculábel, e aquí estamos 30 anos despois cos Tories aínda celebrando o que fixeron\", afirmou. Perdón colectivo Desde o 10 de Downing Street (a oficina do primeiro ministro británico), non ofreceron na sexat feira unha desculpa, tal e como se lle reclamou a Johnson. Con todo, sinalouse que \"o primeiro ministro recoñece o inmenso impacto e dor que o feche das minas de carbón produciu en comunidades de todo o Reino Unido\". En outubro de 2020, o Goberno de Escocia, seguindo as recomendacións dun panel independente de dereitos humanos, prometeu un perdón colectivo aos centos de mineiros condenados e multados por \"alteración da paz\" durante a folga de 1984-1985. Dos case 500 casos xudiciais, 85% acabaron cun veredicto de culpabilidade. Uns 200 mineiros perderon o traballo, 60% dos cales nunca máis volveron ser readmitidos. O panel recolleu numerosas alegacións de arrestos ilegais e despedimentos improcedentes. O perdón incluirá os xa falecidos. Emprego e transición ecolóxica, a debate Protexer os postos de traballo ao tempo que se combate a crise climática. Ese dilema cada vez máis presente en países de todo o mundo cobra especial importancia naqueles, como Escocia, cunha gran riqueza petrolífera. O discurso político dos tories céntrase en advertir dos perigos para o emprego que suporá un acordo de Goberno ─moi avanzado─ entre o SNP e os Verdes. Consideran que ameaza 100.000 postos no sector do petróleo e do gas. Os ecoloxistas insisten que na transición enerxética non se cometerán os erros do pasado e que eses empregos serán reciclados. Un discurso similar ao de Starmer, que anunciou a oposición dos laboristas ao proxecto petrolífero de Cambo, nas illas escocesas de Shetland (entre as Feroe e Noruega). Estímase que almacena até 255 millóns de barrís: uns 132 millóns de toneladas de CO2. A aprobación depende do Goberno británico."}
{"ID": "NOS_42790", "summary": "O Movemento Galego da Saúde Mental asocia este incremento á crise e \"inacción\" das autoridades sanitarias. Denuncia a \"falla de transparencia\" nestes temas.", "text": "O Movemento Galego da Saúde Mental presentou en Compostela a súa valoración sobre o que considera como \"alarmante incremento da taxa de suicidio en Galiza\". En base aos propios datos que manexa o MGSM, a taxa chegou en 2014 a 14 casos de suicidio por cada cen mil habitantes, unha cifra 2 puntos superior á de 2013 (12,03 por cada cen mil habitantes en Galiza fronte ao 8,3 no conxunto do Estado). O portavoz deste movemento, Miguel Anxo García Álvarez, enmarca este incremento \"que se vén producindo desde o comezo da crise e garda relación directa coas consecuencias da crise\". \"A crise creou as condicións de risco, un risco xa avisado pola Organización Mundial da Saúde, que sinalara as accións para amortecelas. A ausencia de acción do Goberno é o que nos leva a esta situación\". En canto á responsabilidade administrativa, o MGSM amosouse tallante: \"un goberno sanitario debe darse por fracasado se no seu mandato as previsións realizadas por un organismo como a OMS se cumpren con danos á poboación\". Catro anos seguidos de incremento \"Encadeamos 4 anos seguidos de subidas. O incremento está sendo alarmante\", afirmou. En 2010 a taxa de suicidios no noso país era de 9,81 por cada cen mil habitantes. En cifras absolutas, as persoas que se quitaron a vida en Galiza foron 390 segundo os datos propios do MGSM, fronte ás 333 de 2013. \"Cómpre resaltar que na única provincia que conta cunha unidade sanitaria especializada na prevención do suicidio, Ourense, se produciu unha redución máis notable da taxa de suicidio\". Galiza sempre presentou unha taxa de suicidio superior á da media do Estado."}
{"ID": "NOS_46695", "summary": "Anova novela de Berta Dávila chega cando aínda non se extinguiron os ecos do éxito do seu anterior proxecto narrativo, a novela Carrusel (Premio da Crítica 2019).", "text": "Confírmase así un estado de forma literario excepcional, que contribúe a definir e madurar a que parece chamada a ser unha das voces máis emblemáticas da nosa narrativa neste primeiro cuarto do século ao que xa nos encamiñamos. Illa Decepción / Berta Dávila / Galaxia / 2020 / 148 páxinas / 15 euros Illa Decepción é un proxecto peculiar que se achega a algunha innovación formal, ao tempo que mantén moitos dos elementos temáticos e de estilo que caracterizaron á autora. Da parte das novidades temos o feito de estarmos ante dúas novelas de tramas alternas, e mesmo con referencias cruzadas, especialmente desde a segunda á primeira. \"Algunhas casas\" e \"Illa Decepción\" reflicten dous momentos que xogan a confundir o biográfico co literario e que corresponden, grosso modo, ao momento previo á pandemia e á chegada do primeiro confinamento. Unha abordaxe que, ensaios e reflexións varias á parte, converte por primeira vez á Covid-19 que nos amargou este 2020 en material literario. Se a primeira destas pezas narrativas parte dunha procura polas casas da infancia, a segunda embarca directamente na reinterpretación que o fogar, como lugar de reclusión ou de refuxio obrigado, tomou durante a primeira parte da pandemia. Non son, con todo, os únicos aspectos que toca un libro caracterizado pola multiplicidade das súas historias. Berta Dávila deu coa complexa habilidade de trazar grandes temas baixo a aparencia do anecdótico e do cotián. As dúas tramas deste volume pódense ler case como quen se asoma a un diario persoal, cheo de reflexións que abanean entre o curioso e o intranscendente. E seguramente ese é un dos grandes riscos que gardan este tipo de proxectos. A autora fálanos de importancia dos espazos que algún día habitamos, da parte de nós que quedou neles e do irrecuperábel dos territorios da memoria. Tamén das vidas que aconteceron fugaces sen case deixar rastro, e dos rastros que as nosas accións deixan nun mundo interconectado. De como elementos da cultura contemporánea como os videoxogos poden servirnos para crear refuxios nos que sobrevivir. E da pandemia e todo o que afectou ás nosas vidas. E fálanos de todo isto aínda que o material co que estas cuestións están construídas parece facernos esvarar un par de veces ao desinterese por un relato excesivamente persoal e ancorado en pequenas banalidades que só o ritmo da obra e o estilo da autora conseguen validar."}
{"ID": "NOS_42864", "summary": "Brandám, Simom e Raúl recoñeceron a súa culpabilidade e aceptaron unha pena de tres anos e medio de privación de liberdade, propiciando un acordo entre as partes que derivou na suspensión do xuízo. Briga, organización xuvenil independentista á que pertencen, mantén que foi un proceso \"político\" onde \"a palabra de funcionarios armados\" primou sobre a realidade dos feitos, acontecidos durante a Jornada de Luita do 24 de xullo de 2011", "text": "Os tres mozos militantes da organización independentista Briga que foron xulgados pola súa participación nunha rondalla na noite da Patria de 2011 non irán ao cárcere. A acusación pedía para eles 17 anos de privación de liberdade, mais un acordo coa fiscalía rebaixou a pena a tres anos e medio, polo que non entrarán na prisión. A cambio, os encausados, Brandám, Simom e Raúl, recoñeceron a súa culpabilidade polos feitos que se lles imputaban e aceptaron a condena menor. O acordo entre as partes deu lugar á suspensión do xuízo. Segundo a sentencia, Brandam foi condenado a un ano de prisión por un delito de atentado e a seis meses por lesións; para Simom decretáronse seis meses de cárcere por resistencia á autoridade e outros seis por desordes públicas; e Raúl tería que afrontar un ano de privación de liberdade por estragos. Porén, Briga considera que o proceso ao que tiveron que se enfrontar os tres mozos, celebrado o día 8 nos xulgados de Fontiñas de Compostela, é \"un xuízo político\" e recalca que os independentistas son \"vítimas dunha durísima persecución policial\" que os deixou \"en situación de indefensión\" após unha fase de instrución en que a policía \"ratificouse na construción de probas falsas\" que derivaron nunha petición de 17 anos de cárcere. Os feitos que se lles imputaban aconteceran na Jornada de Luita do 24 de xullo de 2011, na véspera do Día da Patria. Ás portas do xulgado e ao berro de 'Non son terroristas, son independentistas', ducias de persoas reclamaron a súa absolución."}
{"ID": "NOS_29235", "summary": "O 14 de febreiro é o 'día dos namorados' mais tamén da saúde sexual.", "text": "Ás portas do día de San Valentín, os negocios pintan de vermello os seus escaparates e penduran corazóns coa ilusión do amor máis romántico. Ceden á presión comercial e ao marketing do que parece a única forma de querer. Tamén as aplicacións de emparellamentos en liña se preparan para un aluvión de citas de última hora. Conquista \"rápidas\", \"cómodas\", que ás veces mesmo dan para \"encontrar o amor verdadeiro\". A profesora de secundaria e coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ Ana Ojea destaca en declaracións a Nós Diario a pegada que aínda teñen estes discursos. \"A nivel cultural temos unha carga moi pesada e difícil de desconstruír. A nivel familiar, escolar, de medios e de rúa, a sociedade está programada para se relacionar baixo a idea do amor romántico, o amor malentendido\", ríxido e dominante, que entronca, di, \"co sistema cisheteropatriarcal no que vivimos\". Asegura que é preciso analizar e desmontar os mitos do amor romántico entre a poboación adolescente nos termos da teoría feminista \"xa que por regra xeral, na escalada da violencia machista, os mitos do amor romántico están entre os seus alicerces, ao igual que a carencia case absoluta de educación emocional e sexual no sistema educativo regrado\", que alenta \"relacións tóxicas de poder e dominación, ademais da persistencia do binarismo de xénero\". Decosntruír o amor romántico A educadora social Noelia Darriba, membro do grupo de traballo Fiadeiras do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais da Galiza, resta presión ao colectivo adolescente para sumar maior responsabilidade á poboación adulta. Desde unha perspectiva de xénero defende a necesidade de facer \"deconstrución do que se entende por amor\" sen deixar que todo o peso recaia na mocidade. \"O que dicimos e o que facemos as persoas maiores de idade importa\". É chave para que se sigan transmitindo valores que encamiñan as crianzas \"cara a unha idea de amor hexemónica\" que coarta a liberdade individual e outro tipo de relacións afastadas da concepción clásica do namoramento, afirma. Tamén a industria audiovisual contribúe a reflectir un tipo de amor único: \"o amor de parella\". Aí reside o romanticismo e a idea de felicidade, precisa Darriba. \"É un amor que custa, que se vive como un logro social, como se dun status se tratase. De feito, pesa certa presión sobre esa idea e aprémase a necesidade de mocear e ter parella\", case sempre \"coa heterosexualidade como norma\". \"Se non se cuestiona, hai moitas posibilidades de que a rapazada asuma como propio todo aquilo que se espera dela e se estabelezan relacións de poder baixo o amparo dos estereotipos de xénero: rapazas máis pasivas que esperan a que outros dean o primeiro paso e as queiran e rapaces cun rol máis activo que buscan con quen gozar e practicar a súa sexualidade\". A maior preocupación, advirte a educadora social, é non ver ás claras cambios máis significativos no conxunto da sociedade con respecto á idea de amor coa que medraron as xeracións anteriores. \"Faltan referentes e falta, sobre todo, educar, falar e visibilizar os afectos e os coidados que son parte do amor e que nos afectan a todos os seres humanos\", engade Ana Ojea. Cómpren outros modelos que aposten por tipo distintos de amor, concordan. Modelos que comezan a emerxer entre a poboación adolescente. \"Grazas ás redes sociais empezan a xurdir voces críticas co amor romántico e a percibirse certa apertura. Coñecen o poliamor e é algo que cada vez máis se fala nas aulas. Mais coñéceno desde a teoría, como un modelo utópico, como un acto de libertinaxe\", precisa Noelia Darriba. \"A práctica é máis difícil: como xestionar a comunicación, os límites, os ciumes sen cargar con toda a mochila dos mitos\". Hai cambios, mantén, pero son só teóricos. \"Queda moita preparación para vivir ese poliamor máis aló da teoría. Aí está o reto. E tamén en baixalo ao corpo e vivilo\", conclúe. Amor, educación sexual, emocional e afectiva \"Aínda atopamos centros de ensino nos que se poden ver caixas de correo para que o alumnado deixe cartas de amor. Non pode ser, denuncia Ana Ojea, quen defende plans de igualdade e propostas que tamén teñen cabida en colexios e institutos, dirixidas a derrubar os mitos do amor romántico: os celos, a exclusividade, o matrimonio, a media laranxa... \"O amor, as relacións sexuais e a educación afectiva van da man\", e hai unha carencia enorme, di. \"Sen educación sexual xeramos un espazo máis vulnerábel aos mitos. Por iso é tan urxente formar e educar a docentes e alumnado tamén no plano emocional\"."}
{"ID": "PRAZA_7936", "summary": "Temos así un goberno que trata de gañar tempo facendo oposición e unha oposición que non se opón porque non quere e porque non pode. Á fronte de cada un deles dous zombis vivindo de prestado e adoptando a estratexia do arneirón: pegarse inmóbil á rocha mentres as ondas baten no lombo. Un rezando para que Bárcenas non siga venteando miserias. O outro para evitar a emerxencia de voces críticas que clamen por unha mudanza de rumo", "text": "George Berkeley foi un idealista irlandés que pensaba que as cousas existen só na medida en que son percibidas. O exemplo clásico para ilustrar esta idea é a pregunta sobre se realmente existe a árbore que cae nun bosque se non hai ninguén alí para escoitala. Berkeley parece ser tamén un referente filosófico para os líderes dos dous grandes partidos españois que, a duras penas neste momento, teiman en prolongar artificialmente os sinais de vida do réxime. As árbores que non existen para Rajoy son tantas coma os cedros feitos achas da frase do mariscal filofascista Lyauntey que citou no seu discurso As árbores que non existen para Rajoy son tantas coma os cedros feitos achas da frase do mariscal filofascista Lyauntey que citou no seu discurso: a árbore da corrupción; a do drama dos suicidios provocados polos desafiuzamentos en cadea (o Estado da Dación parece que non lle interesa); a árbore da podredume moral da familia real; a árbore do xigantesco paro, do cal os minijobs son a constatación de que non hai unha solución que ofrecer á man de obra sobrante que non consista en abocala a vivir unha minivida, ademais de afondar, con este tipo de propostas, nesta caste de redistribución cara arriba que consiste en que a única intervención do Estado na economía admitida consista en subvencionar ás empresas que creen empregos precarios. A grande árbore a caer que Rubalcaba non acaba de percibir é o seu propio partido. Un partido que, segundo unha enquisa de El Periódico, vería como o seu homólogo en Catalunya pasaría a ser a cuarta forza, e cuxa credibilidade está tan baixa que contaxia fracaso mesmo a aquelas que, como Beatriz Talegón, tentan emular mediaticamente algo parecido a unha militancia viva e non ensimismada. A grande árbore a caer que Rubalcaba non acaba de percibir é o seu propio partido Temos así un goberno que trata de gañar tempo facendo oposición e unha oposición que non se opón porque non quere e porque non pode. Á fronte de cada un deles dous zombis vivindo de prestado e adoptando a estratexia do arneirón: pegarse inmóbil á rocha mentres as ondas baten no lombo. Un rezando para que Bárcenas non siga venteando miserias. O outro para evitar a emerxencia de voces críticas que clamen por unha mudanza de rumo. Tanto un coma o outro fan autos de fe, mentres esperan a Godot, para que os datos económicos teñan a ben dar algunha boa nova un día destes. O primeiro para alegar que soubo dirixir o barco no medio da treboada cando se celebre o xuízo pendente pola dureza das súas políticas e polo presunto latrocinio xeralizado imperante no seu partido; o segundo para que o cabreo social, se consegue organizarse e buscar unha canle de expresión política, non o destitúa da súa posición de antagonista oficial. Ambos, para non se converteren, se todo segue como até o de agora, nas árbores caidas das que facer leña. Temos así un goberno que trata de gañar tempo facendo oposición e unha oposición que non se opón porque non quere e porque non pode. Á fronte de cada un deles dous zombis vivindo de prestado E mentres a rúa rabea e continúan a caer as trabes combadas e podres que sostiñan o entramado institucional do Estado Español, igual que caían as árbores no bosque malia Berkeley non as escoitar, os líderes dos dous partidos dedícanse, coma Nerón, a un duelo soporífero de rasgueos de lira retransmitido por televisión."}
{"ID": "NOS_26216", "summary": "A ex concelleira de Compostela e actual voceira nacional do PP e deputada no Parlamento galego tamén aparece nas gravacións que se coñeceron após a xuíza Pilar de Lara levantar o segredo do sumario sobre esta operación contra a corrupción política.", "text": "\"Chama Paula Prado a ver se ten alguén a quen meter aínda que só sexa para quedar ben con ela e gañar puntos\", recomenda unha persoa a un dos directivos da empresa Vendex, o eixo central da operación Pokemon contra a corrupción política que implica na Galiza máis de 100 persoas. A actual voceira nacional do PP e deputada no Parlamento galego pola formación conservadora era, na altura en que se gravaron as conversas, concelleira en Compostela. Non foi imputada, como tampouco o foi o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, mais os arquivos sonoros que transcenderon cando a xuíza Pilar de Lara levantou o segredo do sumario deixan claro que coñecían os responsábeis de Vendex. Segundo o sumario, Barreiro quedou con directivos da emrpesa polo menos en dúas ocasións para falar de \"temas pendentes\". Sabían tamén de operacións fraudulentas como a adxudicación dun xardín infantil no barrio compostelán do Castiñeiriño. A tal concesión refírese a conversa rexistrada con data do 22 de agosto de 2012 en que unha persoa recomenda que se teñan en conta os nomes que achegue Prado \"para que vexa que contamos con ela\". Tamén lle pediron nomes a \"Rebeca\" --Rebeca Domínguez, daquela concelleira de Educación e que si foi imputada-- e \"ao chefazo\" --en referencia ao alcalde Ángel Currás, tamén imputado--. Tanto a ex edil coma o aínda rexedor enchufaron persoas afíns a cambio de favores a Vendex. Tamén achegaron nomes o concelleiro do PSdG Bernardino Rama, cuxa identidade agochan baixo o mote de 'O Padriño'."}
{"ID": "NOS_32873", "summary": "A condición de tránsfuga, pola súa desvinculación con Democracia Ourensá (cuxa cabeza visíbel é o aínda alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome), impide que continúe no cargo.", "text": "O mandatario da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, procedeu a destituír como vicepresidente da institución Miguel Caride, ao emitir o secretario da corporación provincial un informe en que cuestiona a legalidade do seu nomeamento e a posibilidade de que puidese ocupar responsabilidades de goberno. O relatorio redactado polo máximo responsábel xurídico do ente provincial elaborouse unha vez que o Tribunal Supremo privou os edís tránsfugas de asumir cargos de representación que non ocupasen con anterioridade a abandonar a formación pola que foron elixidos, aspecto no que concorreu Miguel Caride tras abandonar Democracia Ourensá. Baltar vese obrigado a prescindir de Caride no Executivo provincial, mais o seu voto é chave para garantir a maioría do Partido Popular na Deputación. Segundo sinalou nun comunicado a propia institución, \"polo de agora, non se vai cubrir o posto de vicepresidente segundo, que ocupaba Caride, nin tampouco a vacante que queda na Xunta de Goberno provincial, á espera das resolucións xudiciais que se deriven do procedemento aberto no Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Ourense sobre medidas cautelares de suspensión dos acordos adoptados por DO, referidas á situación da representación política de Miguel Caride e doutros ex concelleiros de DO no Concello e na Deputación de Ourense\". A sentenza 1401/2020 A destitución de Miguel Caride é a primeira consecuencia política da sentenza 1401/2020, da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo. A mesma recolle, no seu contido, que \"o pase á condición de concelleiro non adscrito, como consecuencia ou por razón dun suposto de transfuguismo, si impide que se asuman cargos ou que se perciban retribucións que antes non se exercían ou percibían e impliquen melloras persoais, políticas ou económicas. Fica excluída desta limitación a incorporación ás comisións informativas\". Afecta, así, o pase á condición de concelleiro non adscrito, por incorrer en transfuguismo, cando se produce un incremento ou mellora do status e toma como referencia \"aqueles beneficios políticos distintos aos indispoñíbeis por seren asociados á condiciónde concelleiros\". A referida resolución xudicial ten a súa orixe nun litixio xurdido no Ajuntament de Font de la Figuera no País Valencia, onde o grupo municipal do PP recorreu após as eleccións de 2015 a decisión dunha edil de Ciudadanos que acabou apoiando un alcalde de Compromís. A práctica totalidade dos xuristas que teñen analizado o fallo considérano coherente co espírito do artigo 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local, coas disposicións recollidas nos diversos acordos contra o transfuguismo asinados nas últimas décadas, coa maioría das resolucións xurdidas dos tribunais territoriais e coa doutrina enunciada con anterioridade polo Tribunal Constitucional. A este respecto, a súa aplicación abre a porta a mudanzas dos Gobernos de diversas corporacións galegas, onde concelleiros considerados como tránsfugas fan parte do mesmo. Unha sentenza contra Baltar A argumentación xurídica seguida polo secretario xeral da Deputación de Ourense pode adiantar o criterio a aplicar noutros concellos como Castrelo de Miño ou Viana do Bolo, onde as forzas da oposición denunciaron que os Executivos xurdidos das recentes mocións de censura conformáronse con concelleiros tránsfugas. Así, en Castrelo de Miño, a Xunta de Goberno está participada por dous edís que abandonaron o PSOE, partido polo que concorreran ás eleccións locais. Pola súa banda, no caso de Viana de Bolo, o propio alcalde xurdido da moción de censura, Abelardo Carballo, ten a condición de tránsfuga, após ser expulsado do PSOE tras pactar co PP para apartar do Executivo local o BNG."}
{"ID": "NOS_34981", "summary": "Convocada por Erguer e apoiada pola Plataforma galega en defensa do ensino público, o paro denuncia os recortes en educación e pula por construír \"un sistema educativo de noso\".", "text": "Greve no ensino secundario e universitario de Galiza esta quinta feira, 16 de febreiro, convocada por Erguer, contra a Lomce e o modelo '3+2'. Un paro que conta co apoio da Plataforma galega en defensa do ensino público e que se traducirá, ademais do paro nas aulas, en manifestacións e concentracións en cidades e vilas do país. É unha xornada de protesto e mobilización que se convoca en Galiza \"e autoorganizada polo estudantado do país\", en palabras de Erguer. Enmárcase nun mes de mobilizacións no ensino das diferentes nacións do estado. Así, o día 9 decorreu unha greve en Catalunya e o vindeiro 23 terá lugar en Euskal Herria. Con esta greve do 16 en Galiza o estudantado protesta contra a Lomce e tamén o coñecido como '3+2', modelo que procura cambiar os graos ao sistema de 3 anos de grao e 2 de másteres (que son máis caros). \"O encarecemento da formación completa coa implantación deste modelo non é difícil de imaxinar, un ano medio de grao vale 713 euros, un ano medio de posgrao – público – vale máis do dobre, 1501 euros\". Cuestións como os recortes en educación, a masificación, redución do profesotrado, os pactos educativos 'fraudulentos', a marxinación do galego.., son tamén cuestións a denunciar este día, no que se defenderá o dereito dos galegos a \"construír un sistema educativo de noso\". Ao longo destas semanas tiveron lugar asembleas e reunións por distintos centros das comarcas do país para explicar as razóns da greve e chamar as e os estudantes a se sumar á mesma. Pola mañá decorrerán 9 manifestacións e 6 concentracións, todas elas ás 12:00 horas A Coruña – Praza de Vigo O Barco de Valdeorras – Concentración na praza do Concello Boiro – Concentración na praza do Concello Caldas – Concentración na carballeira Cangas – Concentración na praza do Concello Compostela – Alameda Ferrol – Diante do Edificio da Xunta Lugo – Praza do Seminario Melide – Diante do IES de Melide Moaña – Concentración na praza do Concello Ourense – Diante da Subdelegación do Goberno Ponteareas – Concentración á saída dos IES Pontevedra – Praza da Peregrina Ribeira – Diante do IES nº1 Vigo – Praza América Vilagarcía – Concentración na praza de Galiza Pola tarde concentracións ás 19:00 horas: Vigo Diante do Marco (Rúa do Príncipe) Pontevedra Praza da Peregrina Compostela Praza Roxa Lugo Diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes A Coruña Praza de Pontevedra (diante do IES Eusebio da Guarda) Ferrol Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta) Ourense Xardíns do Padre Feixoo Cangas Praza do Concello e ás 19:30 horas Cee Praza 8 de Marzo Carballo Praza do Concello Vilagarcía Praza de Galiza"}
{"ID": "NOS_42460", "summary": "Nós Diario diríxese a un público de pensamento aberto, actual e implicado que non ve satisfeitas as súas ideas de avance social na prensa convencional. Procura unha audiencia activa, que non asume o seu status subordinado.", "text": "Nós Diario diríxese a un público de pensamento aberto, actual e implicado que non ve satisfeitas as súas ideas de avance social na prensa convencional. Procura unha audiencia activa, que non asume o seu status subordinado. O diario, co foco nos intereses galegos e tamén no mundo, ollándoo desde nós, quere situarse na vangarda, con temáticas que carecen de espazo na axenda mediática e que afectan e preocupan ás galegas e galegos. Cultura, traballo, ecoloxía, feminismos, lingua, historia, diáspora, economía, memoria, dereitos e liberdades civís, mobilidade… son algúns dos fíos que tecerán os textos do diario. A selección, enfoque e edición de cada un dos asuntos determinará a diferenza da axenda propia coa do resto dos medios.A mirada construtiva cara ao desenvolvemento e a transformación económica e social ficará estruturada en catro grandes módulos de información (Galiza, Economía e traballo; Internacional e Cultura e axenda) co fin de evitarmos as fórmulas fechadas coas que presentan a información os medios tradicionais, e contaremos con tres seccións de ruptura (Opinión, En foco e Última, que cada día recollerá o editorial). O xornalismo do futuro pasa por ser multisoporte, de aí que reforcemos a aposta no diario dixital, que se actualizará os 365 días do ano e que potenciará as pezas audiovisuais, unha tendencia consolidada na rede. A reflexión e a información en profundidade virá da man de Sermos Galiza. O actual semanario vira en suplemento de fin de semana. Con acento galego, diario en papel, diario dixital e suplemento contribuirán a crear cidadanía crítica, con capacidade de pensamento e reflexión."}
{"ID": "NOS_42029", "summary": "Oito membros numerarios da Real Academia Galega replican, nunha carta aberta, a entrevista do presidente Víctor Freixanes con Sermos Galiza.", "text": "Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Chus Pato, Xosé Luís Regueira Fernández, Manuel Rivas Barrós e Euloxio Rodríguez Ruibal cuestionan as afirmacións de Freixanes sobre a posibilidade ou non de expulsar Xosé Luís Méndez Ferrín e do conflito aberto ao respecto no último plenario da institución. A maiores, tamén critican o seu posicionamento sobre a \"recuperación e preservación da toponimia e a antroponimia\" galegas. Na entrevista, Freixanes defendeu o criterio de que a restitución da forma orixinaria dos apelidos é unha cuestión que depende da decisión persoal de cada individuo. *** Carta aberta ao Presidente da RAG Diante das manifestacións realizadas polo Presidente da RAG na entrevista publicada en Sermos Galiza o día 22 de abril de 2018, os académicos de número abaixo asinantes vémonos obrigados a facer unha serie de consideracións e puntualizacións: 1. Este grupo de académicos non comparte a súa visión sobre o tratamento da onomástica, porque a RAG está obrigada a velar pola recuperación e preservación da nosa toponimia e da nosa antroponimia, polo tanto dos nomes de lugar e dos nomes e apelidos das persoas. Queremos pensar que é unha visión persoal e non a do Presidente da RAG. 2. Considerar que a actual división interna no seo da RAG se debe a \"unha especie de resentimento\" dun grupo de académicos non deixa de ser unha análise simplista, que obedece á vella estratexia de \"patoloxizar\" o adversario. Unha vez sentado este diante do médico -caso do cancro nacionalista- ou no sofá do psicoanalista -caso do resentimento duns académicos-, fronte á cordura e á sensatez dos profesionais, ao indefenso adversario só lle queda seguir o tratamento oportuno marcado: confesarse e reintegrarse despois de admitir as súas doenzas. Pero nós non acreditamos que haxa enfermos ou pecadores dispostos a pedir tratamento médico, nin absolución, nin sequera certificado de boa conduta. 3. A RAG que presidiu F. Fernández del Riego, X. R. Barreiro Fernández e X. L. Méndez Ferrín fixo un esforzo por desvincularse do control de determinados grupos de poder para dialogar directamente coa sociedade, sen intermediarios. Isto tivo como consecuencia que a RAG fose unha institución cada vez máis querida e apreciada, especialmente en sectores comprometidos coa defensa da lingua e cultura galegas. Esta liña tronzouse debido á vocación de mediación que teñen certos grupos que asumen herdanzas do pasado, e a RAG deixou de ser avangarda e referente na defensa social do noso idioma. É no marco desta realidade onde hai que analizar as causas da freita interna e o porqué de que haxa académicos que non se senten cómodos, a pesar de que seguen traballando arreo, coa esperanza de que a RAG recupere algún día a súa posición de referente para a sociedade. 4. Consideramos francamente nesgada e confusa a visión que ofrece sobre o acontecido na última sesión do Plenario, pero este é un tema do que teremos que falar dentro da propia RAG. Non queremos restaurar \"un pouco\" a figura de Ferrín, como nos atribúe o Presidente, porque a súa figura non necesita restauración e está moi por riba dos posibles \"restauradores\". Tal como explicamos nun escrito público do 21-3-2018, o que un grupo de 8 académicos solicitou foi literalmente \"que se reincorporase o nome de X. L. Méndez Ferrín á relación de actuais académicos de número\" porque a dimisión de Ferrín non foi aceptada polo Plenario e, polo tanto, continúa a ser académico de número. 5. Este \"sector minoritario\" continuará a traballar pola Institución, e seguirá poñendo todo o seu empeño en recuperar o espírito e os valores que a habitaban non hai moitos anos. 25 de abril de 2018 Asdo:Xosé Luís Axeitos AgreloDarío Xohán CabanaFrancisco Fernández ReiManuel González GonzálezChus PatoXosé Luís Regueira FernándezManuel Rivas BarrósEuloxio Rodríguez Ruibal"}
{"ID": "NOS_21884", "summary": "As centrais sindicais, CIG, CCOO, UGT e USTG desenvolven unha campaña conxunta para \"implicar a cidadanía\" na loita polo futuro da comarca. O seu obxectivo, din, é configurar un movemento de resposta e contestación social semellante a Nunca Máis ou Queremos Galego.", "text": "'Matan o naval, destrúen a comarca'. Así rezaba o lema dunha campaña de propaganda que o fotógrafo e enxeñeiro naval Edu Pereira desenvolveu a comezos de 2013 en Ferrol. A través de inmensos valos publicitarios Pereira quixo axitar á cidadanía ferrolá amosando unha cidade destruída. Dinamitada. E é que o desmantelamento dos estaleiros en Ferrol supuxo a quebra da súa economía local. Imaxe: Edu Pereira Ducias de estabelecementos comerciais víronse abocados a botar o feche xunto ás principais empresas que en boa medida fornecían os estaleiros tecendo unha rede auxiliar. \"Pechado por crise\", chegou a asegurar a deputada de AGE, Consuelo Martínez nunha comisión parlamentar no que desde o BNG consideran a \"primavera negra\" do sector industrial galego. Un movemento de resposta social que abranga a toda a cidadanía Após folgas xerais comarcais e sectoriais e múltiples mobilizacións, as centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG encetan unha campaña de axitación para sensibilizaren á cidadanía baixo a lenda \"Ferrolterra exixe solucións\". O obxectivo da iniciativa --que vén a dar continuidade ás accións previas á folga xeral comarcal do pasado 12 de xuño-- é \"configurar un movemento de resposta e contestación social\" semellante a Nunca Máis ou Queremos Galego, explican as centrais sindicais. Neste senso, están a desenvolver desde hai semanas xuntanzas co tecido asociativo, hosteleir@s e pequen@s empresari@s da vila para sumaren \"a toda a cidadanía\". \"Nos contactos que xa mantiveron coa hostalería e o pequeno comercio, a campaña recibiu moi boa acollida, porque ven claramente como está a situación económica e continuamente pechan estabelecementos. E no caso das asociacións veciñais, estas coñecen de primeira man o empobrecemento que padecen moitos dos seus asociados e asociadas\", explican desde A CIG. Unha noite de defuntos comarcal Así convocan para o vindeiro 29 de novembro unha xornada de vixilia que denominan 'Noite de defuntos'. \"Acordamos chamala así, porque así é como se atopa a comarca: nunha situación absolutamente desesperada. Non nos queda nada, ao sector naval non lle dan solución e os enganos políticos son constantes\", denuncian en relación ás promesas da Xunta. Destarte, chaman á veciñanza a acudiren con \"cabazas e fachos\" á concentración mais tamén a penduraren das fiestras das súas moradas e estabelecementos bandeirolas nas que se pode ler \"Ferrolterra exixe solucións\". As centrais sindicais advirten que a campaña se prolongará e mesmo intensificará no sector naval. Así, aseguran que coordinaran e combinarán os seus esforzos co dos traballadores dos estaleiros que o vindeiro mes ficarán sen carga de traballo. \"A ver se así, de unha vez, o Presidente da Xunta se dá por enterado do que precisa Ferrol\", sentencian."}
{"ID": "NOS_11237", "summary": "A creadora natural de Culleredo decidiu abrir a súa casa e o seu estudio en 2015. Desde entón decenas de artistas profesionais e persoas interesadas pola arte pasaron pola súa casa e coñeceron un pouco máis sobre a vida no rural.", "text": "Iria do Castelo (nome artístico co que se bautizou para manter as súas raíces) atreveuse hai un tempo a abrir as portas da súa casa familiar, na aldea de Castelo, en Culleredo. Grazas a ela, decenas de artistas internacionais viviron xa a experiencia de traballar e inspirarse no rural galego. Da súa obra di que o importante é o que transmite. Avante PoucaComo xurdiu a iniciativa artística do Castelo Studio?Castelo Studio é a miña casa particular, é onde eu vivo desde hai moitos anos e é tamén o meu estudio. Nos primeiros anos da miña carreira tiña un local compartido con dous compañeiros e, desde hai xa uns anos, decidimos facer carreira en solitario. Entón trasladei o meu estudio á casa. A partir de 2015 decidín abrir as portas para compartilo. É unha casa tradicional galega moi ampla e trátase dun estilo de vida que vai máis aló do que é o estudo de arte. Vostede é natural de Castelo, mais por que pensou que podería ser atractiva a zona para outros profesionais?A min faime enormemente feliz e parecíame que podía ser bonito compartir os valores. Trasladar un estilo de vida máis rural, máis sostíbel e máis en contacto co medio e o traballo tradicional. Cando chegaron as e os primeiros hóspedes?Como artista acostumo facer residencias internacionais unha ou dúas veces ao ano. Nesas viaxes entrei en contacto con outras artistas que despois viñan por Castelo a visitarme. O Castelo Studio funcionaba coa visita de amigas e amigos desde sempre e viñan a traballar ou a visitarme. Na primeira sesión coincidiu que había aquí unha amiga de Xapón, outra da India, unha ilustradora de Austria, unha pintora de Madrid e unha gravadora de Italia. Pareceume que nunha vila tan pequena non era moi común ter cinco artistas con boa traxectoria e con talento nas mesmas datas na casa. Entón decidín facer a primeira sesión de portas abertas todas xuntas e funcionou moi ben. Avante Media Deuse unha evolución a partir da primeira cita?O ano seguinte repetín. Os primeiros anos foi simplemente unha sesión e, pouco a pouco, foise instaurando este hábito. Agora xa hai outras e outros deseñadores e artistas que escriben para vir e outras veces convido eu. Converteuse en algo máis dinámico. Xa fixen oficiais as residencias para artistas e non só para amizades. Está aberto tamén á xente que quere aprender?Para a maioría das actividades non é necesario ter coñecementos previos. Acostuman a ser obradoiros de iniciación ou nos que a persoa mestra se adapta ao nivel da xente. O que importa son as ganas e a actitude. Malia que hai residencias específicas para artistas profesionais –este ano lancei a primeira bolsa internacional en colaboración cun espazo de Berlín–, a gran maioría son para que eses artistas compartan o que saben con público que teña interese. Cal é o seu obxectivo para este lugar de encontro?Quero converter isto nun centro de intercambio de todas as disciplinas artísticas. Avante Toda As residencias son só para compartir espazo de traballo ou dá leccións? Hai dúas opcións. Unha para artistas profesionais en cuxas residencias eu non interveño e, simplemente, comparto espazo pero son independentes para facer o seu proxecto. Hai outra de residencias para dúas persoas na que eu dou a clase e exerzo de guía no proxecto. E inclúe unha noite nunha cabana de madeira sostíbel que hai na finca e que leva a ese soño que moitos tiñamos na infancia, pero con todas as comodidades. En que tipo de obra traballa cando non ten visita na casa?Obra persoal para distintos proxectos expositivos. Estou traballando para a próxima exposición colectiva na Fundación Camilo José Cela de Padrón. Combino obra persoal con ilustración de encargo, mais traballo con diferentes disciplinas. Para min o importante é o que quero transmitir, non o medio."}
{"ID": "NOS_10713", "summary": "Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), poeta, escritora e gañadora do Premio Xerais 2021 por Os seres queridos, participa na colección Relatan... Nós coa historia titulada O espazo interior, que hoxe vostede atopará no interior deste xornal. En conversa con Nós Diario, Dávila reflexiona sobre as separacións no ámbito da parella.", "text": "Que lle parece a iniciativa de Nós Diario de editar unha colección de relatos para conmemorar os dez anos de Sermos Galiza?É bonito sempre celebrar a permanencia dun proxecto, e paréceme bonito en especial facelo cun agasallo literario. Estou contenta e agradecida de que me convidasen a tomar parte nisto. Ademais, escribir por encarga é algo que me gusta bastante, porque me dá a posibilidade de sentar e bosquexar algunhas ideas nun marco máis ou menos acoutado, que é ter un tempo limitado para facelo e tamén unha extensión. O seu relato fala dunha ruptura e das súas consecuencias. Estamos preparadas e preparados como persoas para afrontar unha situación deste tipo? Desde logo que si. Non me parece nada anómalo. As persoas deberiamos estar preparadas para aceptar a frustración e para aceptar que xa non nos queira alguén, pero hai algo que me interesa nisto e é a sensación de estrañeza do protagonista. Non ten que ver coa dor realmente, nin coas consecuencias. Berta Dávila, buscar a transcendencia no banal De feito el di que está preparado para aceptar as consecuencias prácticas da ruptura, pero non a desorientación que aparece cando alguén que antes te quería dunha maneira concreta agora xa non te quere desa maneira ou mesmo non te quere en absoluto. Tampouco hai un motivo nítido, porque non sempre hai un motivo nítido para que alguén te deixe de querer. A ruptura que hai aquí é \"civilizada\", non é o final dunha grande historia de amor tráxica. En realidade case ningunha historia de amor é unha grande historia. O personaxe percíbese a si propio como o heroe dun drama romántico aínda sendo ben consciente de non selo. Interesábame ese momento de ridículo. Creo que é inherente a unha ruptura e que non ten que ver cun problema para afrontar a situación. Tamén me apeteceu escribir sobre esta ruptura civilizada porque en realidade ao protagonista non lle ocorre nada interesante. Son cousas que pasan, ese era o tema. Todo o seu drama son cousas que pasan. Berta Dávila: \"A autoficción resultoume a fórmula máis honesta co lectorado e co relato\" E como sociedade? Agardo que tamén, claro. Non pretendía falar sobre a incapacidade de aceptar as decisións dos demais (e, en concreto das demais) e creo que, de tratar isto, sería outro texto. De feito, as persoas que rodean o personaxe perciben esta ruptura civilizada como algo meritorio. Hai unha especie de confrontación entre esa civilización ou sofisticación que todo o mundo agarda ou asume do personaxe, cunha certa barbarie percibida por el. O que el perde son as rutinas, a estrutura da vida, e está estrañado. Actúa de maneira imprevisíbel e pouco confortábel, busca algo que o sosteña. É como se ardese a súa casa unha noite e os demais agardasen del unha aceptación inmediata. Creo que está molesto con iso, e que o seu xeito de dicilo é facer cousas raras. Coido que tamén hai unha reflexión sobre a soidade e a dependencia da parella. O medo á primeira pode chegar a deixarnos caer na segunda? O personaxe está instalado nunha relación amorosa confortábel. A min isto non me parece necesariamente un signo de dependencia ou non unha dependencia problemática en si mesma. Todos somos dependentes dos afectos na medida en que construímos un proxecto de vida con outra persoa ou con outras persoas. Ás veces as persoas temos medo da soidade, pero outras tamén temos medo ás consecuencias dos vínculos. Sermos Galiza: Berta Dávila, a transcendencia do cotián Un proxecto de vida compartido con alguén pode parecerse bastante, na sensación de compromiso, a subscribir unha hipoteca cun banco, e non é doado saír del. O relato fala dun tipo de amor así, que ten que ver co costume de compartir a mesa e durmir con alguén. Só que hai unha parte da parella que está instalada nese tipo de amor e satisfeita con esa vida e con ese compromiso, e outra parte que deixa de estalo porque quere outra cousa ou, polo menos, non quere esa."}
{"ID": "NOS_12458", "summary": "Dentro da denominada Programación Expandida TRC Danza.", "text": "Logo do anuncio dos primeiros espectáculos en devolver a actividade á Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de comunicar o retorno da danza dentro da denominada Programación Expandida TRC Danza. De momento, están en cartel tres funcións para o presente mes: Thesauros, de Ánxela Blanco, o 25 de xuño; O que segue, de Fumboa Escénica, o 26; e Soma, de Javier Martín, o 27. As dúas últimas son coproducións co Centro Dramático Galego - Salón Teatro. Todas elas darán comezo ás 21 horas. En O que segue, Cristina Balboa dirixe e interpreta un espectáculo no que levaba tempo pensando, que aproveita a súa nova faceta de compositora musical, a afección polo baile nas discotecas e a \"miña querenza cara aos textos demoledores\", explica a autora. \"Unha fuxida cara a adiante, un exceso de futuro. O que segue é atopar un modo de vivir intelixente, de aceptación dunha mesma e das outras\", engade. Pola súa banda, Thesaurus trae ás táboas \"fragmentos da paisaxe do corpo, texturas sonoras e calidades do movemento como descritoras abstractas\", expresa a organización. Colaboran Mónica de Nut, Paula Pin e Nuria Sotelo. O encontro entre o escultor ambientalista e performer Joaquin Jara e o coreógrafo galego e investigador no eido das artes do movemento Javier Martín deu lugar a Soma, unha experimentación escénica que se concentra no estudo do corpo como sombra e fragmento. Nesta creación –performance, acción e instalación– bailarín, escultor, iluminador e músico comparten a acción escénica, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento. O ambiente sonoro é creación de Artur M. Puga"}
{"ID": "NOS_15389", "summary": "A Fundación Luis Seoane cumpre 20 anos e celébrao acometendo até o vindeiro mes de abril a restauración da cuberta da súa sede, o que o levará a pechar parte das salas de exposicións.", "text": "O 2016 é un ano especial para a Fundación Luis Seoane, xa que o vindeiro 14 de maio cúmprense 20 anos da aprobación definitiva dos seus estatutos, o que daría pé ese msmo ano á sinatura dun convenio entre a viúva de Luís Seoane, María Elvira Fernández López, e o Concello da Coruña, co que se creaba unha fundación coa fin de que acollese, investigase e difundise un legado excepcional composto por máis de douscentos óleos, a totalidade da obra gráfica, libros e documentos persoais de Luis Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979), recompilado e custodiado ata ese momento pola que fóra a súa compañeira inseparable durante décadas. Vinte anos e máis de cen exposicións despois, a Fundación Luis Seoane inicia unha serie de traballos de rehabilitación da súa sede permanente tras os que se inaugurarán o vindeiro mes de abril dúas grandes exposicións centradas, por un lado, na importancia e singularidade do legado de Luis Seoane, e por outro na relación que éste mantivo con outro dos grandes artistas galegos do século XX, Carlos Maside, ao que consideraba o seu mestre. Ambas as dúas mostras permanecerán abertas ao público até o mes de xullo, e acollerán os actos oficiais de celebración do 20 aniversario da creación da Fundación Luis Seoane o sábado 14 de maio. Ao longo de tres meses, as salas de exposicións da Fundación Luis Seoane non estarán abertas ao público, o que non impedirá que a programación da Fundación, aínda que reducida con respecto ao seu funcionamento normal, se manteña a través das súas actividades pedagóxicas e doutros actos que se desenvolverán nas partes do museo non afectadas polas obras."}
{"ID": "NOS_37930", "summary": "Foi un dos fundadores de ETA mais acabou criticando publicamente súa estratexia armada, afastándose da organización a finais dos anos oitenta. Foi membro de HB pero abandonou o partido en 1995 despois de que ETA matase o político do PP Gregorio Ordoñez. Estaba a favor de abandonar a loita armada. Posteriormente uniuse a Aralar.", "text": "O político e activista Julen Madariaga Agirre faleceu aos 88 anos de idade. Vivía en Senpere (Lapurdi) e levaba moito tempo enfermo. Foi un dos fundadores de ETA mais acabou criticando publicamente súa estratexia armada, afastándose da organización a finais dos oitenta. Foi membro de HB pero abandonou o partido en 1995 despois de que ETA matase o político do PP Gregorio Ordoñez. Estaba a favor de abandonar a loita armada. Posteriormente uniuse a Aralar. Naceu en Bilbao en 1932 no seo dunha familia que tivo que exiliarse a Chile despois da guerra de 1936. Estudou Dereito e foi Doutor en Cambridge. Foi un deses mozos que non estaban de acordo coa actitude do PNV cara á ditadura franquista e abandonou o partido e formou o grupo Ekin, co obxectivo de organizar accións de resistencia. A partir de aí naceu a organización ETA en 1959. Comezaron no campo cultural, pero máis tarde iniciaron accións armadas. Naquel momento, Madariaga dixo que defendía \"facer o que facía o inimigo\": \"A xente tiña que estar preparada para a fase militar. Cando fixemos algo no eido cultural, a resposta do inimigo foi completamente desproporcionada. Creo que ETA fixo todo no seu momento, pero vendo cal era a resposta do inimigo, chegamos á fase militar moito antes do que pensabamos, forzados pola situación. Lembro que cando roubamos un banco por primeira vez a xente tomouno mal; para o terceiro non houbo problema. En primeiro lugar, defendérmonos – Euskal Herria - contra o ataque do inimigo. Había outra razón: acadar a dignidade da xente, darlle coraxe. ' Coñeceu as torturas policiais de Melitón Manzanas e tamén estivo preso en prisións francesas. Foi condenado a catro anos de prisión por apoiar ETA en 1989, xunto coa prohibición de vivir no País Vasco do Norte durante dez anos. Saíu do cárcere en 1991 e trasladouse a Bilbao para ser avogado con Txema Montero. Distanciouse claramente de ETA en 1989, en desacordo coa estratexia. \"A mediados dos 80 comezaron a poñer coches bomba, en 1986 [Dolores Gonzalez Katarain] Yoyes foi asasinada ... \". A mediados dos anos noventa comezou criticar publicamente a loita armada. \"Foi moi difícil dar ese paso\". En xuño de 2006, foi arrestado pola policía francesa, xunto con outras 11 persoas, acusado de ter ligazóns á \"rede financeira de ETA\". Foi confinado por París polo xuíz Laurence Le Vert, pero puido regresar a casa a Senpere uns meses despois. (Peza traducida do Berria)"}
{"ID": "NOS_38684", "summary": "Esta quinta feira a Deputación da Coruña deu a coñecer as gañadoras do galardón que lembra á figura de xornalista e escritora Begoña Caamaño, finada en 2014.", "text": "A VI edición do Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero recaeu na Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' na modalidade 'Traxectoria', e no Grupo de traballo de Igualdede e Xenero da ANPA do CEIP A Barouta (Ames) na modalidade 'Iniciativa'. O Observatorio da Mariña pola Igualdade gaña o Premio Begoña Caamaño A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de fallar os galardóns contando co xurado formado pola directora de Nós Diario, María Obelleiro Hermida, a xornalista María Fernanda Tabarés, a tiktoker María Rúa Rodríguez (@pradorua), Lucía Canoura, do Observatorio da Mariña pola Igualdade e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Segundo recolle o xurado no seu informe, da Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' salientan \"a dignificación que fan do traballo das mulleres no ámbito do mar, non só visibilizando as características singulares do seu labor, se non promovendo tamén actividades formativas destinadas á mellora das súas condicións sociolaborais\". Tamén valoraron \"a posta en valor dun oficio esencial para a actividade marítimo-pesqueira e a vocación de vertebración do territorio que ten O Peirao, desde Ortegal ao Baixo Miño, tecendo rede nun colectivo cohesionado\", concluíndo que \"son merecedoras do premio polo seu carácter reivindicativo dentro dun sector no que as fendas de xénero están moi presentes\". A Deputación da Coruña crea os premios Narf e Begoña Caamaño Igualdade educativa no CEIP Barouta En relación ao Grupo de Traballo de Igualdade e Xénero ANPA do CEIP de Barouta, o informe recolle que \"promoven unha estratexia coeducativa e sociocultural con destacadas e variadas actividades que dun xeito transversal impulsan a igualdade de xénero e preveñen a violencia, ademáis de trasladar un concepto diverso dos feminismos\", así como \"a súa vocación de desbordar os límites da comunidade educativa para empapar a toda a sociedade, inducindo hábitos de consumo cultural positivo nas familias a través das crianzas\"."}
{"ID": "PRAZA_8494", "summary": "O PSdeG denuncia que o veto do PP á comparecencia de Feijóo constitúe un \"exercicio de ecapismo, ocultación e confusión\" e para AGE os populares converteron a comisión \"nun paripé\".", "text": "Haberá comisión parlamentaria de estudo da corrupción política. Pero o presidente da Xunta non comparecerá nela, polo veto exercido polo Partido Popular, que tamén vai colocar outros obstáculos no funcionamento da comisión, segundo denuncian os grupos da oposición. Este venres debatéronse as súas normas de funcionamento e segundo AGE \"o PP está a confirmar as sospeitas de que non quere solucionar nin cambiar nada\". O PP rexeitou as achegas presentadas polos grupos da oposición así como o debate dos cupos ou a posibilidade do voto cualificado. Este venres debatéronse as súas normas de funcionamento e segundo AGE \"o PP está a confirmar as sospeitas de que non quere solucionar nin cambiar nada\" Alternativa Galega de Esquerda considera \"grave\" que o PP continúa a mirar para outro lado ante un tema tan imporante como é a corrupción nas institucións \"xa que está a atacar de xeito directo á cidadanía na actualidade e constitúe un problema estrutural do sistema capitalista\". Yolanda Díaz insistiu en que \"debe ser Feijoo o primeiro en dar explicacións\" nesta comisión. De igual xeito o socialista José Luis Méndez Romeu cualificou de \"inescusable\" a comparecencia de Feijóo na comisión. Méndez Romeu lembrou que Feijóo reúne a \"dupla condición\" de presidente da Xunta e do PPdeG, e máximo responsable de \"adoptar decisións que están no corazón dos problemas de corrupción de Galicia, como o caso do Concello de Santiago\". Para o PSdeG o presidente da Xunta \"debera de abrir a quenda de comparecencias, pero non para que faga intervencións como a lamentable do pasado Pleno\". E sinalan que o Goberno \"nega na Cámara o que ofrece en roldas de prensa, os datos son sistematicamente negados para ofrecelos deturpados e adulterados para desviar a atención sobre o presunto tráfico de influencias\". Méndez Romeu advertiu que o veto do PP á comparecencia de Feijóo constitúe un \"exercicio de ecapismo, ocultación e confusión\" que provocará que \"canto mais se agoche un asunto mais refulxa\" Méndez Romeu advertiu que o veto do PP á comparecencia de Feijóo constitúe un \"exercicio de ecapismo, ocultación e confusión\" que provocará que \"canto mais se agoche un asunto mais refulxa\". Tamén acusou o PP de demostrar \"desprezo\" ao regulamento do Parlamento e ás resolucións expresas aprobadas pola Cámara e de crear un \"caldo de escurantismo no que medran as condutas irregulares\"."}
{"ID": "NOS_4264", "summary": "Máis de 300 persoas participaron na deseucaliptización, que se desenvolveu en diferentes comarcas de Galiza e que eliminou máis de 200.000 árbores invasoras.", "text": "Os pasados días 21 e 23 de marzo, co gallo da celebración do Día Mundial do Bosques, a rede a prol do bosque galego, Cousas de Raíces, lanzou a primeira campaña de \"Deseucaliptización Simultánea\" de Galiza. A iniciativa implicou máis de 360 persoas voluntarias e logrou a eliminación de máis de 205.000 exemplares de eucaliptos e acacias, entre gromos de cepa, plántulas e unidades de maior porte; segundo a organización. A I Deseucaliptización Simultánea estivo encamiñada a favorecer unha retirada simultánea, en diversos puntos do país, de masas de eucaliptos e doutras especies forestais foráneas e invasoras, como as acacias negras e mimosas, que están a ocupar grandes superficies no monte galego, prexudicando as especies propias. Desenvolvéronse un total de 11 actuacións de eliminación promovidas por 20 colectivos de carácter ecoloxista, cultural e veciñal, entre os que tiveron especial protagonismo as comunidades veciñais de montes en man común. A especie invasora máis eliminada foi sen dúbida o Eucalyptus globulus, seguida da acacia negra ou melanoxylon, da mimosa ou Acacia dealbata e da herba da pampa ou Cortaderia selloana. Tamén se eliminaron algúns pés de Pinus radiatanos montes de Rebordelo."}
{"ID": "NOS_42051", "summary": "Amnistía Internacional critica a condena contra as líderes do procès e pide a liberdade de Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.", "text": "Nun comunicado publicado pola web suíza de Amnistía Internacional, agora retirado, e cuxas conclusións adiantou o xornal dixital VilaWeb, a organización global denuncia que os dereitos e a liberdade de expresión e de reunión pacífica están ameazados no Estado español. O informe que Amnistía Internacional, que ía facer público a vindeira terza feira pero que onte xa se podía consultar na súa versión francesa, considera \"desproporcionada\" a sentenza do Supremo e reclama a liberdade do presidente de Òmnium, Jordi Cuixart, e do ex presidente da ANC Jordi Sànchez. Delito de sedición Na súa análise, a organización censura que a condena ás líderes independentistas se basea nunha \"definición vaga do delito de sedición\" e nunha \"interpretación demasiado xeral e perigosa\" por parte do Tribunal Supremo. Neste sentido, asegura que \"a imprecisión da definición e a súa ampla interpretación poñen en dúbida as condenas por sedición\" e suxiren \"a criminalización de actos lexítimos de protesta. Dereito de reunión Ábrese a porta a que as autoridades estabelezan un teito ilegal no número de persoas que poden manifestarse pacificamente ao mesmo tempo. Segundo recolle VilaWeb, Amnistía Internacional alerta de que \"a desobediencia civil pacífica está protexida pola lexislación internacional sobre dereitos humanos\" e incide en que \"unha acusación excesiva por feitos de desobediencia civil restrinxe indebidamente o dereito á reunión pacífica e viola o dereito internacional\". Deste xeito, sinala, queda aberto o camiño para que \"as autoridades estabelezan un teito ilegal no número de persoas que poden exercer o seu dereito de manifestarse pacificamente ao mesmo tempo\"."}
{"ID": "NOS_21116", "summary": "Erimsa proponse extraer seixo en terreos de Frades, Ordes e Mesía, sumando unha superficie de máis de 6.700 hectáreas. O SLG afirma que a empresa acumula sentenzas contrarias do TSXG.", "text": "O Sindicato Labrego Galego denuncia que unha empresa mineira norueguesa, Erimsa, impulsa na comarca de Ordes uns proxectos para a extracción de seixo (cuarzo metalúrxico) que supoñen unha ameaza para unhas 200 granxas e por volta de 500 empregos directos. En total, unhas 6.721 hectáreas afectadas por estes proxectos, a maior parte de concentración parcelaria dedicada a praderías e leiras de cultivo, \"que constitúen a base territorial e alicerce de case duascentas granxas en activo, que manteñen medio milleiro empregos directos\". O SLG afirma que grazas á experiencia de prospeccións que xa teñen afectado a granxas da zona, pode saberse que a explotación de seixo consistiría na extracción de terra a ceo aberto, até unha profundidade de 2'5 metros, e o posterior recheo coa terra sen o seixo. \"Desta maneira, os terreos explotados quedan inservibles para a actividade gandeira\". Tamén critican que haxa zonas de extracción a carón de núcleos habitados e das instalacións do gando. A empresa crearía 8 postos de traballo O sindicato afirma, aliás, que Erimsa comprométese no seu proxecto a crear 8 postos de traballo temporais namentres dure a extracción de mineira. O Sindicato Labrego Galego convocou unha asemblea aberta a quin ta feira, 23 de marzo ás 22:00 horas, na Casa de Cultura de Xanceda (Mesía). Alí, informarase ás persoas afectadas e granxas sobre a etapa na que se atopa o proceso e asesorarase na redacción e presentación de alegacións. María Vieites, coordinadora do SLG na comarca de Ordes, afirmou que \"todos estes proxectos constitúen unha sentenza de morte para a comarca. Se estes proxectos van para adiante, as granxas afectadas deixarán de ter acceso á terra da que depende a súa actividade económica e mesmo poderían perder as axudas da Política Agraria Común (PAC) que perciben, que nesta zona supoñen de media uns 400 euros por hectárea\". Pola súa banda, a coordinadora do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, que informou sobre os antecedentes da empresa Erimsa na Terra Chá, lembrou que esta mineira acumula xa varias sentenzas contrarias á súa actividade por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e que, na zona afectada, ten cometido ilegalidades ao facer prospeccións sen licenza en Oroso."}
{"ID": "NOS_57307", "summary": "\"Se somos actividade esencial non ten sentido que teñamos as maiores restricións\", denuncian desde o ámbito da educación física e a práctica do deporte da Galiza. Malia mudar a situación epidemiolóxica desde a declaración da pandemia, aseguran que as condicións nos seus estabelecementos non mudaron a respecto de 2020.", "text": "As medidas decretadas pola Xunta o pasado 22 de xullo para a prevención e o control da Covid na Galiza \"prohibe a práctica de calquera actividade física ou deportiva non federado en interiores\", sinala o sector, \"obrigando ao feche de ximnasios, centros deportivos, centros e escolas de pilates, ioga e calquera outro exercicio físico de carácter non formativo\" en localidades con máximas restricións. A denuncia parte dos estabelecementos afectados, organizados por comarcas mais co aval da Plataforma galega pola defensa da educación física, a actividade física e o deporte. Desde A Mariña, Susana López, responsábel do centro Surya Ioga e Pilates, iniciou unha recollida de sinaturas en Change.org para exixirlle á Xunta que garanta a apertura dos centros de actividade física da Galiza, tamén nos concellos con maior incidencia e nivel máximo de restricións, unha solicitude dirixida tanto ao titular do Executivo galego como ao comité de expertos que asesora o Goberno sobre a pandemia. \"Esquecen no mes de febreiro a actividade física e o deporte foi declarada actividade esencial por ser e ter un claro beneficio para a saúde das persoas, máis neste contexto da pandemia sanitaria\". Neste sentido critican que o Goberno galego equipare os ximnasios, centros deportivos e os centros especializados cos estabelecementos de lecer nocturno, \"obviando completamente os datos de contaxios nos centros deportivos\", cunha incidencia \"ínfima\", recalcan. A mesma normativa de 2020 \"A nosa normativa é exactamente a mesma que a de 2020. Copian e pegan a que había. Non se revisou, mentres noutros sectores se foron cambiando e adaptando á situación actual\", incide Sonia López, para facer fincapé noutra discriminación a respecto do deporte federado \"que se practica con total normalidade en todas partes\", en cada caso co seu propio protocolo. Así, o sector solicita que se revisen as medidas que limitan a súa actividade, que neste mmento obrigan os centros a traballar coa capacidade reducida a 50%, con distancia de seguridade, máscara en todo momento e actividades dirixidas só a un máximo seis persoas. E isto sempre e cando o concello no que se atopan non estea en nivel máximo. Nese suposto, a norma obrígaos a fechar. \"Pedimos que nos deixen traballar\" \"A parte do ocio nocturno, somos o único sector con feche obrigatorio. Nin sequera nos deron a opción de pedir o certificado Covid para non ter que cerrar, e somos actividade esencial\" insiste Susana López. A súa iniciativa na plataforma de peticións xunta xa máis de 1.500 sinaturas ás que este sábado esperan sumar o apoio do BNG tras unha reunión na Mariña co deputado Diego Castro, voceiro de Deportes da formación nacionalista, na que tamén participarán representantes da asociación Unión Pilateira Galega. Na xuntanza trasladaranlle a situación que atravesa o sector co ánimo de abrir camiño cara a novas solucións. \"Pedimos que nos deixen traballar\", sen medidas incongruentes, discriminatorias e inxustas, engaden, xa que a práctica da actividade física e deportiva non federada non concentra de \"maior incidencia de contaxios\" que outros sectores, conclúe Susana López."}
{"ID": "NOS_6561", "summary": "O concelleiro do BNG en Lugo partirá esta sexta feira cara á un dos campos máis ateigados de Grecia xunto cun amigo.", "text": "Aproveitará as súas vacacións para axudar as persoas refuxiadas. O concelleiro nacionalista de Lugo, Rubén Arroxo, viaxará até o Porto do Pireo, onde se atopa un dos campos máis ateigados de Grecia, para axudar as crianzas que se atopan retidas nel. Farao de maneira conxunta cun amigo e estarán alí 10 días. Ao comezo iamos ir a Idomeni porque viamos que a situación era peor mais co decorrer dos acontecementos nos últimos días están a mandar as persoas voluntarias ao Porto do Pireo \"Ao comezo iamos ir a Idomeni porque viamos que a situación era peor mais co decorrer dos acontecementos nos últimos días, o despexo dos campos e as deportacións a Turquía, están a mandar as persoas voluntarias ao Porto do Pireo\", explica en conversa con Sermos Galiza o edil. Fará a viaxe cun amigo, Fiz López. Ambos os dous teñen formación e experiencia en programas infantís e campamentos e irán en coordenación cunha rede de ONGs e persoas voluntarias gregas. \"Puxémonos en contacto con eles através dos grupos que teñen nas redes sociais e nos fíos de correo electrónico\" onde se apuntaron en quendas e áreas de traballo en función dos seus coñecementos. \"Precisan tradutores de árabe\" e outras linguas como o pastún, explica. Sabemos que nos campos aproximadamente un terzo son crianzas polo que o noso obxectivo é facer actividades con elas \"Sabemos que nos campos aproximadamente un terzo son crianzas polo que o noso obxectivo é facer actividades con elas\", acrecenta. \"Todo é moi espontáneo\", di en relación ás escasas indicacións que lles deron na rede, en boa medida porque se está a xerir a axuda humana e os escasos recursos através da solidariedade e voluntariado popular. O papel dos gobernos europeos é moi escaso. \"A actitude dos gobernos é máis propia dun rexime fascista. Están a chegar persoas que fuxen dunha guerra alimentada por Occidente e que están a facer é deportalas\", denuncia. \"A UE actúa en contra dos propios dereitos humanos\". Regresarán o domingo 17 de abril."}
{"ID": "NOS_38246", "summary": "Os estadounidenses e os británicos figuran por méritos propios na historia do rock abrasivo. Iso si, en diferentes niveis e cada un ao seu xeito.", "text": "Bad Religion naceu na soleada Los Ángeles a inicios dos 80 e axiña adozaron o punk hardcore primixenio cuns toques máis melódicos para envolver letras coas que poñer na picota relixión, política e o 'American way of life'. Catro décadas despois, mantéñense nas mesmas, a saber se cansos ou non de ver como nestes anos abrollaron miles de grupos seguindo o seu sendeiro, de Offspring a Green Day, por citar só dúas referencias coñecidas. Cock Sparrer éche outra cousa. É o East End de Londres dos 70 e é orgullo de clase obreira pasado polo punk-rock contundente, o OI! mais tamén con chiscadelas a outras trincheiras do rock. Polémicos, por (bastantes) veces violentos. Todo un mito do punk británico. Ambos os dous van estar en Compostela en 30 de maio, na xira dos Bad Religion para celebra os seus 40 anos de vida. Será canda otros catro grupos no Multiusos de Sar. Esta sexta feira, 20 de decembro, ás 11 da mañá sairán á venda as entradas cun prezo de lanzamento de 39 euros para as 1.000 primeiras, que despois aumentará a 44 euros. Así o anunciou Fernando Gómez, da produtora Bring The Noise, nunha rolda de prensa. Nela explicou que o evento consistirá nun \"minifestival\" cun total de seis artistas nacionais e internacionais -Bad Religion, Cock Sparrer, Talco, Desakato, Blowfuse e Bastards on Parade-. Subliñou que Bad Religion é unha das \"principais bandas do punk-rock a nivel mundial\", polo que pensa que será \"moi bo para a cidade\". Considera ademais que será un evento \"moi viral\", por contar con moitos artistas internacionais."}
{"ID": "NOS_24965", "summary": "Varias entidades da Comarca de Bergantiños decidiron unirse coa intención de rexeitar as propostas de parques eólicos que hai na zona. Comezarán identificando e avaliando os problemas ambientais que traen para a veciñanza.", "text": "Diversas plataformas, colectivos e asociacións da Comarca de Bergantiños, entre as que figuran a de Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a de Monte Neme, Contramínate, e a asociación Ambiental Petón do Lobo, constituíron a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra. A finalidade desta nova entidade, aseguran nun comunicado, é \"agrupar e coordinar un movemento que poida dar unha resposta por parte da sociedade civil a algúns dos macroproxectos que afectan gravemente a vida social e económica dos veciños, así como ao medio onde viven\". Os obxectivos principais polos que iniciará a súa andaina esta nova coordinadora serán \"a identificación, estudo e avaliación dos problemas ambientais e socioeconómicos derivados da implantación masiva de parques eólicos na Comarca de Bergantiños\". Apuntan no documento que estes parques eólicos proxectados por toda a comarca, \"afectarán gravemente ao noso territorio, provocando danos irreversíbeis, creando grandes impactos tanto paisaxísticos como sociais na veciñanza bergantiñá\". Difundir e divulgar a problemática dos eólicos Como accións principais indican que procederán a divulgar información entre toda a sociedade en xeral, relativa á problemática asociada á implantación de parques eólicos no territorio. Ademais fomentarán \"o apoio e a unión, compartindo recursos e estratexias para combater conxuntamente a destrución\" do que denomina \"problemáticas derivadas da pandemia eólica que padecemos\". A proposta da coordinadora é \"fomentar sobre a sociedade outro modelo de enerxías renovábeis onde prime máis o micro que o macro, o interese social antes que o lucro das grandes multinacionais, atendendo a unhas necesidades reais produtivas e non especulativas, todo baixo un estrito respecto ao medio ambiente\". Por todo isto afirman constituírse \"nun instrumento efectivo da sociedade organizada, aspirando a converterse nunha ferramenta de mobilización social contra estes proxectos destrutivos e especulativos que atropelan os dereitos básicos da nosa veciñanza bergantiñá\" e animan a toda a veciñanza e sociedade organizada de Bergantiños a participar co obxectivo de \"mudar as políticas enerxéticas\"."}
{"ID": "NOS_33384", "summary": "Pilar Rojo expulsa do Parlamento a representantes da Plataforma polo dereito ao aborto sob advertencia de estaren incorrendo \"nun delito\" ao \"alterar a orde\" da sesión. As mulleres manifestaban o seu rexeitamento á repenalización do aborto que prevé aprobar o Partido Popular coa reforma da Lei de libre interrupción do embarazo", "text": "\"Debatemos por terceira vez esta cuestión\" afirmou a deputada do Partido Popular, Rodríguez Barreiro ao subir ao plenario para manifestar o rexeitamento do seu grupo á PNL presentada de maneira conxunta polas forzas da oposición. O asunto, a reforma da lei do aborto prevista polo ministro de Xustiza Alberto Ruíz Gallardón. Carme Adán: \"Se a maternidade non é libre, é imposta\" O PP opúxose --máis unha vez-- a votar en contra da repenalización do aborto argüíndo que \"por mandato electoral\" están a cumprir co \"compromiso político\" de reformar unha lei que non conta co apoio da maioría, afirmou a deputada Rodríguez Barreiro. Os apelos á liberdade de voto manifestados desde as bancadas da oposición --que demandaron das mulleres populares o seu apoio a un \"dereito fundamental-- non serviron para facer mudar de opinión @s parlamentares do PP que aseguraron \"descoñecer\" o contido da reforma como para se posicionar en contra. Eva Solla: \"Obrigarnos a parir é violencia machista e institucional\" Na tribuna de convidadas, unha ducia de mulleres --integrantes todas elas da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto-- apuparon ao grupo maioritario por lles negaren o \"dereito a decidir sobre o noso corpo\" impóndolles \"a obriga de seren nais\". Así se manifestaron tamén as voceiras de BNG, AGE e PSdeG que defenderon desde os seus escanos unha maternidade libre indisolúbel do dereito a exercela en liberdade. Carmen Acuña: \"A liberdade de ser nai devén da liberdade de non o ser\" \"Obrigarnos a parir é violencia machista e institucional\" clamou a deputada de AGE, Eva Solla mentres citou algúns dos métodos empregados tradicionalmente para interromper un embarazo de maneira clandestina. Todos eles, levan ás mulleres á morte. \"Unha cada oito segundos\" en todo o mundo, acrecentou. \"A bioloxía non é o destino\" espetou polo Bloque Nacionalista Galego Carme Adán afirmando que a capacidade das mulleres para se reproduciren non as obriga a facelo, o contrario, asegurou, é nunha \"maternidade imposta\". \"Semella que Gallardón\", insistiu a socialista Carmen Acuña, \"se cre deus para nos obrigar a parir\" pois \"só a santa Inquisición\" e o ministro, continuou \"se atreveron a antepor os designios da Igrexa\" aos dereitos fundamentais das mulleres."}
{"ID": "PRAZA_13242", "summary": "O novo proxecto de lei de caza introduce numerosas rebaixas na regulación actual. A actividade cinexética pode representar un recurso sostible de interese para o medio rural, mais o xiro que o goberno quere darlle con esta nova regulación encamiña á sociedade a un conflito constante. Unha análise de Xabier Bruña en Tripando terróns, o blog de Praza sobre o mundo rural", "text": "A principios do mes de marzo rematou o período de información pública dun novo proxecto de lei de caza que introduce numerosas rebaixas na regulación actual. A actividade cinexética pode representar un recurso sostible de interese para o medio rural, mais o xiro que o goberno quere darlle con esta nova regulación encamiña á sociedade a un conflito constante. Por este motivo é preciso revisar quen está a disparar e a onde. Unha análise de Xabier Bruña en Tripando terróns, o blog de Praza sobre o mundo rural A actividade cinexética pode representar un recurso sostible de interese para o medio rural, mais o xiro que o goberno quere darlle con esta nova regulación encamiña á sociedade a un conflito constante Hoxe en día, a actividade cinexética ten que resolver algúns conflitos importantes que enfrontan a distintos grupos da sociedade (persoas cazadores, labregas, gandeiras, condutoras, usuarias do territorio). Entre eles, temos que salientar os danos das especies cinexéticas nos cultivos (estimándose en 25 millóns de euros a cantidade de perdas anuais producidas aos gandeiros galegos) e na rede viaria (con máis de 2.500 accidentes de tráfico en todo o país). A redacción do novo anteproxecto de lei comezou con polémica, ao externalizarse os servizos da súa redacción á empresa Manzano, Lamela, Vinagre y Asociados, S.L. por 48.300 €; e presenta defectos na forma e no fondo. En canto á forma indicar que a tramitación fíxose só co peso dunha parte dos grupos de interese -e en concreto cunha parte das persoas cazadoras- esquecendo a administración que a caza é un recurso máis do medio rural que comparte o mesmo territorio que outras actividades, polo que é preciso compatibilizar o seu desenvolvemento con outros que se poidan dar no mesmo tempo e lugar. En canto ao contido, a maioría dos artigos do novo anteproxecto son similares á actual lei de caza de 1997 e non existe unha clara xustificación da necesidade dunha nova lei, tendo en conta que esta foi modificada parcialmente no ano 2006. Un dos elementos que máis repercusión social tivo o documento presentado é o feito de establecer a idade mínima para poder cazar en 14 anos. Desde logo, non é a única rebaixa introducida e indica o camiño que este goberno quere seguir na regulación cinexética Un dos elementos que máis repercusión social tivo o documento presentado é o feito de establecer a idade mínima para poder cazar en 14 anos. Desde logo, non é a única rebaixa introducida e indica o camiño que este goberno quere seguir na regulación cinexética. Outras modificacións significativas corresponden a rebaixas das obrigas das persoas cazadoras (na seguridade propia e ante terceiras persoas, nas súas responsabilidades e no seu control), das sociedades que xestionan a actividade cinexética (na responsabilidades dos danos, na cesión dos dereitos cinexéticos, na sinalización, na obriga de ter vixilancia) e da administración (na súa intervención, no fomento, na sinalización, no seguimento e control da caza); aumentando pola contra de forma incomprensible a discrecionalidade nas medidas que poden poñerse en marcha a prol da caza (competicións fóra do período hábil, caza en zonas de seguridade e refuxios de fauna). Existe unha usurpación dos dereitos de propiedade, xa que a cesión do aproveitamento establécese nun mínimo de dez anos; chegando a falar de prórrogas indefinidas da cesión do aproveitamento cinexético. Ademais a persoa propietaria ou titular que non queira ceder o aproveitamento cinexético, ten que soportar o custe de sinalización da súa propiedade. Non hai referencia a unha prevención proactiva dos danos que as especies cinexéticas provocan nos cultivos e na rede viaria (accidentes) Non hai referencia a unha prevención proactiva dos danos que as especies cinexéticas provocan nos cultivos e na rede viaria (accidentes). Hoxe en día esta é unha das principais facetas que ten que resolver a xestión cinexética, e na redacción actual desta nova proposta está limitada ao chamado fondo de corresponsabilidade (que estará dotado cos ingresos das taxas procedentes da actividade cinexética), que é a todas luces insuficiente para pagar os danos e solucionar o problema. Non introduce aspectos novidosos na planificación e xestión cinexética e repite o mesmo esquema de ordenación para a actividade da caza que o existente na lei actual, a pesar de existir novos elementos transcendentes que obrigan a realizar unha xestión activa do territorio e da caza para dar solución aos principais problemas existentes citados con anterioridade. Por último e como gota que colma o vaso, elimina a participación e o control da sociedade (como xa fixo con outros plans) na regulación da actividade cinexética, indo en contra das regulacións europeas, estatais e da trasparencia na xestión dos recursos naturais. Neste sentido a nova norma elimina do Comité Galego de Caza e dos Comités Provinciais de Caza aos grupos ecoloxistas, aos representantes das persoas propietarias, ás universidades e ás persosas investigadores (presentes na actual lei de caza); deixando tan só á administración e a representantes das persoas cazadoras. O texto do anteproxecto presentado parece máis un encargo das persoas cazadoras, que un proxecto de lei impulsado por un goberno que mira pola interese de toda a sociedade Esta nova proposta normativa supón un novo retroceso no desenvolvemento rural e unha oportunidade perdida para avanzar nunha xestión cinexética sostible que dea solución aos graves problemas que esta actividade presenta na actualidade. En definitiva, o texto do anteproxecto presentado parece máis un encargo das persoas cazadoras, que un proxecto de lei impulsado por un goberno que mira pola interese de toda a sociedade. Neste sentido é preciso denunciar á rebaixa nas obrigas das persoas cazadoras e da administración en detrimento do resto da sociedade que é a gran prexudicada."}
{"ID": "NOS_28998", "summary": "A Executiva da frente nacionalista acordou emprestar o seu apoio á campaña que desenvolve BDS Galiza", "text": "A Executiva Nacional do BNG acordou emprestar o seu apoio á campaña que desenvolve BDS Galiza (Polo Boicote, os Desinvestimentos e as Sancións a Israel), dentro da plataforma Stop Israeal Nuclear, a prol dunha Israel sen armas nucleares. Os nacionalistas lembran que Tel Aviv vén incumprindo sistematicamenteas resolucións de Nacións Unidas en favor da desnuclearización de Oriente Próximo e da asinatura por parte de Israel do Tratado de non Proliferación de Armas Nucleares. Neste tema, o posicionamento de Estados Unidos tamén xoga un papel importante, pois invariabelmente secunda a postura israelí, mesmo exercenco para iso o seu veto no Consello de Seguanza. Aquí podes asinar unha petición dirixida ao Consello de Seguranza de Nacións Unidas para instar a Israel a que cumpra de vez a legalidade internacional."}
{"ID": "NOS_37020", "summary": "No noso país hai 1.606.000 vivendas, das cales case o 19% están sen habitar. A porcentaxe máis alta de todo o Estado.", "text": "Na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras, segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa o 18,6% do total das existentes no noso país e que son 1.606.001. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. Entre 2001 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento. Ourense encabeza a media do Estado español de vivendas sen habitar, cun 22,7% do total. Case unha de cada catro casas que existen na provincia. Nela hai 55.936 inmobles baleiros. Tamén Lugo está no alto desta táboa, co 20,2% das súas vivendas baleiras: 45.239 de 224.049. Outro dato de interese que se extrae do censo oficial de vivendas é que das 1.606.001 existentes no noso territorio, 1.059.232 son vivenda principal, mentres que 246.852 son secundarias."}
{"ID": "NOS_24635", "summary": "Unha representante da Consellaría de Sanidade recoñece que non van vacinar ao persoal administrativo dos centros médicos privados e estes comezan a reaccionar con protestas pola diferencia de trato con respecto ás profesionais do Sergas.", "text": "Traballadoras da Clínica Dermalar denunciaron hoxe o \"atraso e a marxinación\" que están a padecer as equipas sanitarias de pequenas empresas privadas no que á vacinación contra a Covid-19 se refire. Nun escrito remitido desde o estabelecemento, inciden que en a Consellaría de Sanidade vai \"deixando fallas e lagoas enormes atrás no que debería ser un proceso\" equitativo, \"áxil, universal\" e mesmo ben estruturado. Así denuncian que a pesar de que a campaña avanza nalgúns sectores, noutro fundamental aínda non existe unha inmunización total. No entanto, desde Dermalar xa non protestan unicamente polas profesionais sanitarios, senón que consideran unha \"aldraxe\" que administrativas e outro persoal da sanidade privada non estea a integrarse nos listados para recibir a vacina. Enumeran así a recepcionistas, técnicos e administrativas que poden ter contacto con pacientes e que, no caso da sanidade pública, si foron ou van ser tratados para evitar que se contaxien do virus. \"Coma proba desta marxinación moralmente reprobable e socialmente insostible\" fan chegar a Nós Diario un escrito remitido pola subdirectora xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, no que deixan claro que as e os operarios do cadro administrativo van quedar excluídos da inmunización. Diálogo coa Administración Após solicitar os datos das distintas persoas, a representante da Xunta deixa claro que, \"tal e como se realizou a vacinación en centros de características similares, só se vacinará aos profesionais sanitarios do mesmo\". Desde a clínica remitiron unha listaxe cos nomes de todas as persoas en activo e con contacto directo e diario con doentes considerando que as e os administrativos sanitarios merecen o mesmo trato que os do Sergas, dado que \"a opinión pública non entendería unha diferenza e discriminación socialmente reprobábel e incomprensíbel\". En todo caso, para o persoal estes feitos \"gravísimos\" deben ser coñecidos e estar no debate da sociedade. De feito, non son poucos os colectivos que se foron queixando nas últimas semanas dunha suposta discriminación por parte da Xunta. Falaron desde estudantes de Odontoloxía até profesionais de primeira liña contra o virus que traballan no sector público pero non teñen contrato asinado polo Executivo galego."}
{"ID": "PRAZA_16010", "summary": "o remate de 2017 e o comezo de 2018 sucederon acontecementos destacables e en Praza.gal publicamos informacións que seguen a ter vixencia alén da estrita actualidade. Estas son algunhas das informacións que podes recuperar para leres máis devagar se deches en desconectar durante as festas.", "text": "O período comprendido entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro torna, ás veces, nunha sucesión de transicións entre días festivos que deixan pouco espazo para mergullarse na actualidade. No remate de 2017 e o comezo de 2018 sucederon acontecementos destacables e en Praza.gal publicamos informacións que seguen a ter vixencia alén da estrita actualidade. Estas son algunhas das informacións que podes recuperar para leres máis devagar se deches en desconectar durante as festas. A Xunta deixa sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera para 2017 Feijóo adoita salientar que o seu é un \"goberno previsible\", pero só aprobou 5 das 11 leis que anunciou para este ano e 35 dos 69 decretos, segundo o balance que vén de realizar o PSdeG. O Goberno galego admite que só aprobou \"6 leis\" das \"11 previstas\" e gábase de facer públicas as súas previsións malia ser unha obriga. A Xunta paga polas prazas en residencias privadas de maiores un 8% máis que polas públicas Galicia destaca na estatística do IMSERSO polo protagonismo esmagador das residencias privadas fronte ás que dependen directamente da Xunta. Cada praza concertada supón para a Administración uns 1.000 euros máis ca unha pública A Generalitat asinou o mesmo pacto que o Sergas cunha empresa americana e publicou a parte que a Xunta oculta A parte do convenio con Medtronic que o Sergas se nega a revelar para non prexudicar o \"segredo comercial\" da multinacional foi divulgada en internet polo Institut Català de la Salut. Ambos convenios son presentados como acordos sen achega económica, pero a sanidade pública dá en asumir gastos No 60% dos concellos galegos reduciuse o número de empresas o pasado ano No conxunto de Galicia a cifra total de sociedades incrementouse lixeiramente, pero este aumento está concentrado en apenas un cento de localidades. 33 das 53 comarcas viron diminuír o seu tecido empresarial en 2016, e só creceu en 18. 100.000 euros de soldo para un cargo pantasma: de senadora do PP ourensán a comisionada do \"reto demográfico\" Barreira cobra máis que Rajoy e dende que foi nomeada responsable da política demográfica do Estado a súa actividade é apenas coñecida. O Goberno de España destaca que creou un grupo de traballo que se reune \"periodicamente\" e traballa nunha estratexia sen data de presentación A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer por importe de 11 millóns de euros e cuestionaren as peaxes e a seguridade A Garda Civil acha o corpo de Diana Quer onde a levou o asasino confeso O achado produciuse nunha nave da parroquia de Asados, en Rianxo, ata a que, segundo transcendeu, os axentes foron conducidos polo presunto asesino da moza, detido o pasado venres en Boiro ao denunciar unha veciña da zona que tentara secuestrala Así xustifica a Xunta o gasto de 77.000 euros en publicar como publicidade a declaración de Feijóo sobre os incendios O Goberno galego reproducira en 12 xornais impresos o discurso de Feijóo ao día seguinte de que o lese ante os medios. Sinala que \"excluíu os medios dixitais galegos\" porque en Internet cómpre \"publicar textos breves\" e afirma que o texto inclúe información sobre \"as axudas habilitadas\", que se aprobaron dous días despois O 85% dos concellos galegos perden poboación MAPAS INTERACTIVOS | O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017. Só 48 localidades incrementaron o seu número de habitantes con respecto ao ano anterior e 264 reducírono. Medio cento de vilas perderon máis dun terzo dos seus empadroados e empadroadas dende 1998. A Xunta acumulou 500.000 euros de débeda con residencias privadas ás que envía adultos aos que tutela A Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adulta admite que tivo que contratar prazas privadas cun \"custo moi elevado\" para poder cumprir coas súas obrigas, dando en xerar unha elevada débeda. Política Social afrontouna con fondos das axudas para o coidado de menores de 3 anos Ourense encadea 9 anos con máis pensionistas que cotizantes É a única provincia de todo o Estado con menos traballadores/as que xubilados/as. Tamén Lugo chegou a estar nesta situación nos últimos anos, pero reaxiu a partir de 2015 O informe da Xunta sobre o Brexit nin menciona que Galicia optase a acoller o laboratorio europeo de bivalvos O documento, remitido ao Parlamento o pasado decembro, si admite que o Brexit pode supoñer un \"duro golpe\" para a \"política de cohesión\" da UE. O Goberno galego defendeu a suposta candidatura sen que nunca chegase a rexistrarse e mentres España votaba a prol do peche do laboratorio"}
{"ID": "NOS_51724", "summary": "Música, palestras, actividadees para crianzas, debates, homenaxes a guerrilleiros da comarca que, como Pancho ou Riqueche, combateron o fascismo.... A 18 edición do festival organizado polo Colectivo Terra (Pontedeume) vén do máis completiño.", "text": "O próximo 9 de decembro dará comezo a 18 edición do Festival Treme a Terra. O evento, organizado polo colectivo Terra de Pontedeume, terá como fio condutor a loita antifranquista e contará coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo. Palestras, homenaxes e música daranse cita no festival de Pontedeume, que volveu no ano 2015 após varios anos de silenciamento forzoso. \"Cando entrou o PP na alcaldía, déronnos permiso para celebrar o Treme a Terra un ano. Pouco despois, alegando reformas no pavimento, negáronnos o permiso para realizar alí o festival. Estivemos anos parados ata que o goberno do municipio volveu mudar. Non foi ata o ano 2015 cando se retomou a normalidade a respeito deste tema\", explica un dos membros do colectivo. A edición, que terá como eixo temático a resistencia galega durante a guerra civil, servirá como homenaxe os galegos e galegas que durante a contenda perderon a vida na procura da liberdade. O festival, que conta cunha programación repartida ao longo dos días 9, 10, 19, 15, 16, 17 e 31 de decembro, dará comezo o sábado 9 a partir das 21:00 na pista Polideportiva coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo. \"Este ano contamos, ademais de coas súas actuacións, co estreo dos discos de Sés e Voodoo, que presentan novo traballo\", coméntannos desde a organización do festival. Durante o domingo 10 pequenos e maiores poderán gozar de Cé Orquesta Pantasma, a partires das 17:00h na Casa da Cultura do concello. Cultura e memoria histórica únense durante o fin de semana do 15, que acollerá na sexta feira unha palestra sobre a Guerrilla Antifranquista da man do historiador Bernardo Maiz a partir das 20:00h na Casa da Cultura. O sábado 10 terá lugar unha homenaxe ao guerrilleiro Riqueche e ao resto do destacamento Arturo Cortizas, soterrados nunha foxa común no Mosteiro de Monfero. O acto, que será no mesmo mosteiro a partir das 12:00h, contará tamén coa participación do historiador Manuel Domínguez. Durante o domingo 17, a Casa da Cultura acollerá ás 17:00h un minifestival para os máis pequenos, onde música e maxia irán da man co grupo Trebellos. O festival rematará o domingo 31, cunha ofrenda floral ao guerrilleiro eumés Francisco Martínez Leira \"Pancho\", ás 12:00h no cemiterio de Meá (Mugardos). O Colectivo Terra é unha asociación sen ánimo de lucro que leva anos traballando na defensa e difusión da cultura, lingua e historia galega. Independente desde o punto de vista político, o seu traballo persegue a visibilización dos dereitos nacionais e sociais do pobo galego dentro dun marco de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto."}
{"ID": "NOS_19358", "summary": "As candidaturas definitivas a levar os premios daránse a coñecer o próximo 11 de xaneiro. As películas compiten por entrar en calquera das categorías destes galardóns.", "text": "Oito películas producidas por empresas integradas na Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) compiten este ano por entrar na listaxe de nominados dos Premios Goya. As nominacións daranse a coñecer despois das festas de Nadal. Nas últimas xornadas as e os académicos do cinema do Estado español están facendo as súas votacións para elixir as candidaturas nas diferentes categorías que inclúen os premios Goya do audiovisual. Malia que haberá que agardar até o 11 de xaneiro para saber se algún filme galego entra na recta final, esta sexta feira comunicouse que nas quinielas hai até oito películas que sacaron adiante produtoras independentes do país. No groso que están a valorar as e os expertos do sector atópanse títulos como A media voz, de Matriuska Producciones; Arima saída do prelo de Esnatu Zinema e El viaje de Javier Herauld, creada por Tamboura Films. Tamén poderían chegar até a gala final La isla de las mentiras, de Agallas Films; Lúa vermella de Zeitum Films e Amanita Studio e María Solinha, producida por Vía Láctea Filmes e a TVG. Non hai unha única competencia na que se enfronten todos os proxectos. Agapi adiantou hoxe que poderían estar entre as finalistas en mellor película, mellor dirección, actos e actriz revelación, deseño de vestiario, dirección de fotografía ou son, entre outras."}
{"ID": "PRAZA_1383", "summary": "O alcalde ou alcaldesa ten que estar avalado pola maioría absoluta do pleno; en caso contrario, será designada a persoa que encabezase a lista máis votada", "text": "\"O 13 de xuño, un millón de galegos terán un alcalde que maioritariamente non elixiron nas urnas\". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou este mércores por enésima vez contra os gobernos de coalición nos concellos se estas non implican que ocupe a alcaldía o cabeza da lista máis votada. Como despois de cada elección dende que ocupa o liderado do PP galego Feijóo puxo en cuestión o carácter \"democrático\" deste tipo de pactos . \"Creo na democracia e nos gobernos que saen das urnas\", di o presidente para xustificar unha afirmación que é certa na súa literalidade, pero non na súa intención, toda vez que, en rigor, 2,7 millóns de persoas, isto é, toda a poboación, terá un alcalde ou alcaldesa a quen non elixiu nas urnas. Non directamente. Como é sabido, nas eleccións municipais do pasado 24 de maio o electorado non elixiu alcaldes e alcaldesas, senón edís para conformar as novas corporacións municipais. O vindeiro sábado, vixésimo día despois das eleccións, os e as edís teñen que acudir ao lugar onde se convoque o pleno municipal -se houbo recurso contra o resultado esa sesión celebrarase o 3 de xullo-. Alí a persoa titular da secretaría municipal encabezará o pleno xunto aos concelleiros de maior e menor idade da nova corporación. Esta Mesa de Idade comprobará se están presentes máis da metade ds membros do pleno e se as persoas presentes teñen as credenciais que as acreditan como electas o 24M. O alcalde ou alcaldesa ten que estar avalado pola maioría absoluta do pleno; en caso contrario, será designada a persoa que encabezase a lista máis votada Unha vez cumpridos estes requisitos cómpre elixir a persoa encargada de presidir a corporación. É nese momento, e non antes, cando se elixe o alcalde ou alcaldesa. En todos os concellos agás nos de menos 250 habitantes, onde teñen a posibilidade de aspirar á alcaldía todos os membros do pleno, só poden optar á alcaldía quen encabezasen \"as súas correspondentes listas\" electorais. A elección decídese nunha votación non de toda a cidadanía, senón dos edís. Se o resultado desa votación é unha maioría absoluta queda proclamado o alcalde ou alcaldesa. Se non se dá esa maioría absoluta \"será proclamado alcalde o concelleiro que encabece a lista que obtivese maior número de votos populares\", di a lei. Así as cousas, sendo certo que as eleccións municipais son as máis próximas á cidadanía e nas que, probablemente, o peso das persoas que encabezan as listas é máis relevante, non o é menos que, coa lei na man, ninguén no país nin no Estado terá un alcalde ou alcaldesa a quen \"elixise nas urnas\". Alén dos argumentarios políticos de cadaquén o certo é que o que terá cada concellos, como sempre dende 1979, será un alcalde ou alcaldesa froito da elección dos membros do pleno, designados pola cidadanía para, precisamente, facer esa elección."}
{"ID": "NOS_49835", "summary": "Alberto Núñez Feixoo toca coas mans o soño de toda unha vida. O dirixente popular enviado a Galiza por José María Aznar en 2002 para pór a Xunta ao servizo dos intereses de Xénova, ve por fin despexado o seu camiño á presidencia estatal da formación após a defenestración do equipo de Pablo Casado. Impulsado polo poderoso PP madrileño de Díaz Ayuso e apoiado polos baróns territoriais do partido, desenténdese das súas responsabilidades no Goberno galego para xestionar a crise do PP", "text": "O 6 de xullo de 2021, Alberto Núñez Feixoo defendía a súa candidatura á presidencia do Partido Popular da Galiza sinalando que \"son un militante que quere volver ser presidente do partido. Non hai outra cuestión no horizonte\". Precisamente nese contexto, onde os populares galegos realizaban un congreso para renovar a dirección e definir as políticas para os vindeiros catro anos, o aínda mandatario galego afirmaba que \"vou tentar esgotar o mandato como presidente da Xunta, iniciarei outro como presidente do partido e cando haxa que decidir a presidencia da Xunta estaremos noutro momento absolutamente distinto\". Os populares galegos daban por descontado ao remate do conclave que Feixoo volvería ser candidato en 2025 á presidencia do Goberno galego. O novo escenario político aberto no Estado tras o trunfo de Isabel Díaz Ayuso nas eleccións madrileñas de maio e o reforzamento interno de Pablo Casado fechábanlle calquera saída política que non fose continuar á frote do Executivo galego. Nese marco congresual, Feixoo expresaba \"toda a lealdade ao presidente Casado\" así como o seu apoio \"para gañar as eleccións xerais e convertelo en presidente do Goberno de España\". \"Casado é un político de raza e temos que traballar para axudalo a chegar á Moncloa\", remataba o dirixente galego. Alberto Núñez Feixoo chegaba a ese XVII congreso do Partido Popular após un rotundo éxito nas eleccións galegas de xullo 2020, onde acadaba con 42 escanos a súa cuarta maioría absoluta. O trunfo electoral, tras un proceso marcado pola pandemia, asentábase nunha campaña centrada na defensa dos intereses do país e rubricada con lema de \"Galiza, Galiza, Galiza\". As palabras do presidente galego non resultaban novas. A idea de manterse na súa responsabilidade á fronte do Goberno galego até \"o final de lexislatura\" fora enunciada en diversas ocasións ao longo de todos os seus mandatos. Tanto é así, que un dos argumentos enunciados para non presentarse a suceder a Mariano Raxoi en xuño de 2018 era: \"comprometinme cos galegos até o ano 2020. Eu sen completar o meu compromiso non podo fallar aos galegos porque sería tamén fallarme a min mesmo\". Nesa mesma dirección, vai incidir en múltiples ocasións, afeándolle a outros dirixentes políticos abandonar os cargos para os que tiñan sido electos antes de tempo. \"Non sería unha boa mensaxe que o novo presidente do PP iniciase esta etapa faltando á súa palabra, aos cidadáns polos que hoxe son algo en política\", afirmaba Feixoo en xuño de 2018, para explicar as razóns da súa non concorrencia ao proceso de primarias aberto no Partido Popular para elixir o novo presidente do partido tras a renuncia de Mariano Raxoi após ser derrotado por Pedro Sánchez na moción de censura de 1 de xuño de 2018. Neste sentido, o máximo responsábel dos populares galegos vai destacar en diferentes momentos desde aquela intervención o seu carácter de político \"críbel\" e \"previsíbel\" que \"fago o que digo\" e \"cumpro o que prometo\". \"A maior honra da miña vida foi e é servir a Galiza\" O compromiso con Galiza por riba do sometemento a disciplinas partidarias vai ser unha permanente do discurso de Feixoo nestes últimos 20 anos. Sen ir máis lonxe, o 1 de marzo de 2021, nunha xunta directiva do PP da Galiza convocada para lembrar o duodécimo aniversario da súa primeira maioría absoluta, afirmaba que \"no profesional, a maior honra da miña vida foi e é servir a Galiza. Hoxe fanse 12 anos daquel 1 de marzo en que os galegos me deron a súa confianza. Inmensamente agradecido polo apoio recibido aquel día, e sempre. Grazas de novo\". \"Son o presidente da Galiza porque o meu único pacto foi cos galegos, son o presidente de Galiza porque unha maioría de cidadáns, de mulleres e homes galegos así o decidiron nas urnas\", afirmaba en xuño de 2018 Feixoo, mentres engadía na mesma orientación que \"eu hoxe quero transmitir que no PP por encima do eu estades vós e no PP por encima do currículo dunha persoa concreta está o compromiso cun pobo e están as persoas ás que nos debemos, está o equipo e está o proxecto ao que prometemos servir\". \"Ser presidente da Galiza é a maior das miñas ambicións\", aseguraba nesa xornada de xuño de 2018 diante da xunta directiva dos populares galegos Feixoo, quen indicaba que \"eu vou seguir traballando polo PP desde o PP da Galiza e vou seguir defendendo os intereses xerais da Galiza, que son os de España; fareino desde a Galiza, como presidente da Xunta e como representante ordinario do Estado\". Precisamente sobre esta idea de \"ser presidente da Galiza é a maior das miñas ambicións\" vai articular boa parte do seu relato no proceso electoral de xullo de 2020, reiterándoa en moitas das súas intervencións públicas. A revolta para acabar con Pablo Casado Alberto Núñez Feixoo negou de forma permanente nos últimos anos calquera interese en ocupar a presidencia estatal dos populares. Así, o 16 de febreiro de 2021 interpelado pola prensa sobre as súas aspiracións de suceder a Casado negounas, afirmando que \"non hai ningunha discusión respecto diso, polo menos, que eu coñeza. Por tanto, non hai ningunha novidade. O presidente do partido é o presidente do partido e ao presidente do partido correspóndelle liderar o partido que preside\". Un ano despois, precisamente unha quinta de 16 de febreiro, Feixoo púñase á cabeza dun movemento interno para acabar con Casado."}
{"ID": "NOS_6354", "summary": "Do total de pacientes positivos, 66 permanecen ingresados en unidades de hospitalización, mentres que 10 se atopan nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI).", "text": "O número de casos activos da Covid-19 na Galiza subiu a 2.306 neste domingo, o que supón 158 máis que na xornada de onte. No último parte da Consellaría de Sanidade, a área sanitaria da Coruña e Cee continúa a acumular máis da metade dos casos activos, un total de 1.207, 40 máis que onte. Do total de pacientes positivos, 66 permanecen ingresados en unidades de hospitalización, mentres que 10 se atopan nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI). En tanto, 2.230 persoas son atendidas desde os seus domicilios. Nas últimas 24 horas 74 persoas recibiron a alta epidemiolóxica e leváronse a cabo nese tempo 3.837 PCR. A partir do número de casos activos novos, das altas epidemiolóxicas e mais dos falecementos pódese deducir, segundo os datos da Consellaría de Sanidade, que o número de novos casos detectados entre onte e hoxe ascende a 233. Na última semana, a cifra total é de 1.333 casos novos. Todas as áreas experimentan incrementos desde a última xornada, sendo a segunda máis destacada en números absolutos a de Compostela e O Barbanza, que con 40 casos máis alcanza os 212. A de Lugo e A Mariña suma 304 activos, 26 máis que onte; a de Ourense, Verín e Valdeorras 203, oito máis que o sábado, mentres que a de Vigo acumula 154, once máis; na de Pontevedra e O Salnés 120, 24 máis; e na de Ferrol son xa 106, con 9 casos activos máis. Residencias Nas residencias, o número de casos activos permanece estábel respecto ao sábado, cun total 85dos que 66 son persoas maiores, 56 delas usuarias da residencia do Incio, e 19 integrantes dos cadros de persoal. No foco da residencia de Orpea, en Culleredo, mantéñense dez casos activos. A maiores, hai oito traballadores contaxiados no Incio, dous en DomusViLalín e catro en Culleredo. As residencias DomusVi de Monforte, Paradela, San Bartolomeu de Xove e DomusVI de Barra de Miño en Coles manteñen un caso entre o persoal cada unha. Súmase a estes o positivo dun traballador da residencia para persoas con discapacidade das Flores, en Ourense."}
{"ID": "PRAZA_16657", "summary": "Centos de persoas -3000 segundo a organización- participaron na manifestación, que alertou contra o \"desmantelamento\" do hospital comarcal", "text": "Centos de persoas -3000 segundo a organización- participaron este sábado na manifestación convocada en Verín en defensa da sanidade pública e contra o \"desmantelamento\" do hospital comarcal. De fondo estaba a aprobación esta semana da reforma da Lei de Saúde, que o PP votou en solitario, cunha forte oposición de partidos, sindicatos e cidadanía, sobre todo nas suprimidas áreas sanitarias da Mariña, Monforte, O Salnés e O Barco. A masiva participación na marcha superou as expectativas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei. Nun comezo estaba prevista a conformación dunha ringleira entre o Hospital de Verín e a Praza Maior \"para simular as nosas esperas\". A ringleira conformouse, pero en forma de riada de xente, que malia a chuvia que nalgúns momentos caía camiñou unida ata a Praza Maior, onde foi lido un manifesto. Na manifestación participaron representantes de PSdeG-PSOE, BNG e En Marea, e tamén do Goberno municipal de Verín, que apoiaba a marcha. Nos días previos o PSdeG-PSOE sinalou que \"é hora de demostrar con forza que o PP que non pode xogar coa saúde das persoas\". \"É urxente darlle a volta a este carrusel de recortes e desmantelamentos do sistema público, para recuperar e potenciar un dos mellores sistemas sanitarios do mundo\", engadiu, concluíndo que \"debemos saír todos e todas ás rúas, tantas veces como sexa preciso, para reclamar unha sanidade pública digna e de calidade na comarca de Monterrei e en toda a provincia\"."}
{"ID": "NOS_23546", "summary": "Hai un total de 313 pacientes covid ingresados, oito máis que o día anterior. De todos eles, 262 están en planta (13 máis) e 51 en unidades de coidados intensivos (cinco menos).", "text": "Galiza continúa a bater marcas en canto a contaxios por Covid-19, que alcanzan este mércores os 4.559 positivos. Así, increméntanse tamén os casos activos, que superan xa os 32.000, un novo máximo da pandemia. Á súa vez, a presión hospitalaria aumenta até os 313 pacientes ingresados por covid (oito máis). Por contra, a taxa de positividad das PRC baixa lixeiramente até 20,01%. No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicadosesta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade -actualizados ás 18 da terza feira-, a cifra de 4.559 implica bater a anterior marca de 3.468 casos dest mesm terza, 28 de decembro. De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo volve situarse á cabeza ao concentrar 1.049. Séguenlle a de Santiago-Barbanza, con outros 973 contaxios; e a da Coruña-Cee, con 920. Despois están Pontevedra-O Salnés, con 495; Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 482; Lugo-A Mariña-Monforte, con 387; e Ferrol, con 263. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde desta terza, a incidencia acumulada da Galiza aumenta até os 1.068,28 casos por 100.000 habitantes. No Estado, esta taxa está nos 1.360,62 puntos. A incidencia acumulada da Galiza aumenta até os 1.068,28 casos por 100.000 habitantes Para analizar o ascenso da cifra de contagios detectados no último día, hai que ter en conta que nas últimas 24 horas analizadas realizáronse 14.887 PCR, que son 2.002 máis que a xornada previa. Desde o inicio da pandemia, o Sergas fixo 3.276.032 destas probas. En canto á taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, baixou até 20,01%, aínda que continúa moi por riba do limiar de 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba esta terza feira ás 18 horas -hora tomada como referencia para os datos publicados - un total de 313 pacientes covid ingresados, oito máis que o día anterior. De todos eles, 262 están en planta (13 máis) e 51 en unidades de coidados intensivos (cinco menos). A presión asistencial baixa en tres das sete áreas sanitarias. Na de Vigo, hai 71 pacientes en planta (un máis) e 14 en UCI (dúas menos); na de Lugo son 12 os hospitalizados en unidades convencionais (dúas menos) e cinco en críticos (un menos), mentres que na de Ourense hai 38 ingresados en planta (cinco menos) e sete en UCI (dúas menos). Doutra banda, a carga asistencial aumenta nas áreas da Coruña, con 57 pacientes en unidades convencionais (sete máis) e oito en UCI (dúas máis); na de Pontevedra, con 37 ingresados en planta (dúas máis) e 10 en coidados intensivos (un menos); e na de Santiago, onde hai 34 hospitalizados en planta (nove máis) e mantéñense sen cambios os ingresados en críticos, cinco. A área de Ferrol, pola súa banda, continúa con 15 pacientes covid, dos que dous están en UCI (un menos). Casos activos A sexta vaga da pandemia da covid-19 na Galiza segue en ascenso despois de superar o domingo os picos do cinco anteriores. Así, Sanidade notifica esta cuarta feira unha nova marca con 32.107 casos activos da enfermidade, após unha subida de 3.773 nun día. Esta escalada dáse en todas as áreas sanitarias, sen excepcións. A que máis casos activos acumula segue sendo a de Vigo, con 8.694 (+734), seguida da da Coruña con 5.744 (+830). As persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 2.757, ao notificar a Consellaría de Sanidade esta terza feira catro vítimas mortais máis correspondentes aos días anteriores."}
{"ID": "NOS_39833", "summary": "As dúbidas sobre as garantías democráticas e de seguridade sanitaria da organización da xornada electoral do 12 de xullo, que permitirá de forma excepcional votar desde a casa por mediación de persoal de Correos, esténdense agora ás Administracións locais.", "text": "Esta semana, son os alcaldes e alcaldesas, a través da Fegamp (a Federación galega de municipios e provincias), quen poñen en cuestión o borrador do protocolo da Xunta para a preparación das eleccións galegas, polos baleiros que deixa tanto en cuestións organizativas como económicas, en vista das medidas extraordinarias que deberán articularse por mor da crise sanitaria na que ten lugar a cita coas urnas. \"O protocolo deixa moitas cuestións no aire\", advertía a pasada terza feira o presidente da Fegamp, Alberto Varela, após unha xuntanza con dirixentes das sete cidades e das catro deputacións galegas. Nesas \"cuestións\" incluía aspectos como os métodos de control de capacidade dos colexios electorais, onde tamén será necesario controlar que as persoas votantes cumpran cos circuítos estabelecidos para evitar aglomeracións e asegurar a opción de exercer o voto en segredo malia a prohibición de que se instalen cabinas con cortinas, e tamén aos sobrecustos pola organización durante a pandemia. As incertezas formuladas polas Administracións locais súmanse ás propostas polo persoal de Correos, perante a decisión da Xunta Electoral Central de outorgar a este colectivo profesional a capacidade de recoller nos domicilios os votos das persoas que elixan exercer desde a casa este dereito e \"dar fe\" desa recepción, como medida extraordinaria pola excepcionalidade que o coronavirus engade a esta convocatoria electoral. Despois de reunirse esta semana coa representación do seu cadro de persoal, Correos comprometeuse a elaborar un protocolo para \"dar garantías\" ao voto que se solicite por correo e que se tramite a través das e dos carteiros nos domicilios, \"a fin de que o sufraxio teña as máximas garantías e non se poida manipular\". As feblezas deste sistema puxéronas sobre a mesa as organizacións sindicais, que de forma unánime reclaman un reforzo masivo do persoal do servizo postal, perante a sobrecarga e mesmo o \"colapso\" que pode traer estas novas competencias e polo aumento da petición deste modo de sufraxio como mecanismo de prevención ao contaxio. Na Galiza, o voto por correo practicamente duplicouse xa entre 2015 e 2019, ao pasar de 37.974 a 62.418. Tras coñecer a decisión da Xunta Electoral, sindicatos como a CIG advirten da falta de persoal para desenvolver con garantías este proceso de voto, mentres que a CXT alerta das \"grandes eivas de seguridade\" da nova modalidade de votación. Tamén o BNG alerta da posibilidade dunha \"fraude electoral\" no voto por correo, autorizado como mecanismo \"excepcional\", pero que, aos seus ollos, se está a propor por parte do Goberno galego \"de forma expansiva, utilizando os traballadores do servizo postal sen que existan as debidas garantías democráticas\". A Xunta Electoral Central deberá decidir sobre o voto CERA A Xunta Electoral Central deberá resolver sobre a posibilidade de que, como pediu a Xunta, as persoas emigradas do Censo de Residentes Ausentes (CERA)non teñan que volver formular a solicitude de voto. Esta semana, a Administración galega solicitoulle que o electorado exterior poida reutilizar a petición para a convocatoria de abril, en caso de tela tramitado, en vista da preocupación das comunidades exteriores por poder votar nun momento de restricións de mobilidade afectan en especial aos países suramericanos. Segundo indican desde a Secretaría Xeral de Emigración, esta posibilidade existe para os casos nos que se solicitou o voto de forma telemática, pero a Xunta quere facela extensíbel a todas as peticións de voto rogado formuladas para o 5-A."}
{"ID": "NOS_34494", "summary": "A CIG denuncia a \"inacción\" da Xunta na Inspección de Traballo, en Sanidade e na Subdelegación do Goberno.", "text": "Sen medidas de protección contra o coronavirus nas residencias públicas de maiores, de menores e de persoas con discapacidade, colectivos merecentes dunha especial atención nunha situación de pandemia e de confinamento. Isto é o que denuncian desde CIG-Administración Autonómica. E isto cando en residencias de maiores en diferentes puntos do Estado (Madrid, Ciudad Real, Barcelona, Albacete, Gasteiz,...) detéctanse focos de coronavirus que derivaron na morte de ducias de persoas usuarias. \"A día de hoxe, a Xunta non protexeu o persoal das residencias; non formou, nin informou de medidas de protección perante o COVID-19, para evitar o risco de contaxio tanto do persoal traballador a persoas usuarias como ao contrario; non dotou dos EPIs necesarios e suficientes ao persoal; non tomou as medidas organizativas para evitar a coincidencia de persoas traballadoras nun mesmo espazo -como o traslado do comezo de quendas uns minutos ou facer coincidir as mesmas persoas nas mesmas quendas e espazos de traballo, por exemplo-, e tampouco ten previsto, nin informado ao persoal, de que facer ao aparecer contaxios nestes centros de traballo tan sensíbeis\". Isto é o que afirma nun comunicado a cenral nacionalista, que anuncia que vai levar esta \"inacción\" a Inspección de Traballo e Subdelegación do Goberno. Esta situación, afirma, é a que se vive nos centros que permanecen abertos ao ser considerados servizos esenciais: os centros de maiores de Oleiros; o Torrente Ballester; o de Carballo; o de Ferrol; o Porta do Camiño en Compostela; o Volta do Castro, tamén en Compostela; o da Pobra do Caramiñal e o do Consorcio. E de menores: o San Xosé de Calasanz e o de Atención de Menores de Ferrol. Permanecen tamén abertos os Centros de Atención a Persoas Discapacitadas da Coruña e os Centros de Atención a Maiores Dependentes de Melide e de Cerceda, ambos os dous do Consorcio. Afirma que \"nestes centros nos se están a tomar as medidas de prevención de riscos laborais necesarias para protexer nin o persoal, nin as persoas usuarias, malia ter sido requirido en numerosas ocasións, e por diferentes vías, tanto polo persoal, como polas delegadas e delegados\". EPIs retirados O sindicato chega a afirmar que os EPIS (equipos de protección individual) dos centros de traballo que había para atender a persoas con outras infeccións características de residencias de maiores, como máscaras ou batas desbotábeis específicas, \"foron mesmo retiradas pola dirección dos centros, polo que este persoal que traballa con persoas usuarias que deberan estar illadas e cunhas proteccións específicas, non a teñen\", aumentando o risco de contaxio noutras persoas residentes. Tampouco se formou nin informou, proseguen, sobre as medidas a adoptar diante da infección do COVID 19, nin EPIS, nin como empregalos, nin que medidas hixiénicas adoptar en cada actividade. Ademais, denuncian a escaseza de material específico (luvas de nitrilo, máscaras FFPs e FFP3, batas desbotables impermeables de manga longa, gafas de protección ou material para enfermos respiratorios…) ou ben a prohibición de usalo, dependendo do centro. Non se fan test para confirmar contaxios A CIG-Administración Autonómica tamén considera que é \"moi grave\" que non se estean facendo tests para confirmar os contaxios a ningunha persoa residente nos centros, nin ao persoa que está en corentena por sospeita de contaxio. \"A consecuencia é que, xa que logo, non se toman as medidas previstas en caso de infección\"."}
{"ID": "NOS_11553", "summary": "Barreiros chegou ao posto por aclamación despois de que o seu competidor retirara a candidatura para a asemblea electoral da patronal.", "text": "O presidente da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), José Manuel Díaz Barreiros, presentou a súa renuncia despois das \"dúbidas manifestadas por asociados\" que \"poñen en dúbida a legalidade\" das eleccións decorridas a pasada terza feira, día 24 de novembro. En concreto, os asociados que se dirixiron á Secretaría da CEG \"pondo en dúbida a súa correcta realización\" son a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Galicia (Cece) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Díaz Barreiros accedeu á Presidencia após renunciar á súa candidatura o aspirante Pedro Rey Vera cinco minutos antes de iniciar a asemblea xeral electoral de forma presencial, pero unha vez que fechara xa a parte telemática e varios vogais emitisen o seu voto. Díaz Barreiros considera que o proceso electoral foi \"democrático en todo momento\" e que decorreu \"baixo as directrices da CEG\". Na asemblea presencial , afirma nun comunicado a patronal, \"tomouse o acordo por unanimidade dos presentes -que contabilizaban xunto cos representados 116- de non votar e de elixir por aclamación unánime como presidente electo o único candidato, José Manuel Díaz Barreiros\". División interna Desde xaneiro de 2018, a CEG careceu de presidente. O anterior foi Antón Arias. Desde a súa renuncia, intentaron convocar eleccións até en dúas ocasións, pero a falta de candidatos e o feito de non ter aínda aprobadas as contas do exercicio 2018 fixeron que non se chegase nin tan sequera a votar. A pandemia obrigou pospor os comicios que querían organizar o 30 de abril deste ano. En xaneiro, a CEG convocou unha xunta directiva para sacar adiante as contas, pero non se puideron debater xa que a CEP e as organizacións sectoriais consideraron que non tiñan información suficiente para sacalas adiante. Seis meses antes, en xuño, tanto a CEP como as sectoriais, entre elas outra vez Asime e Cece, ameazaron con saír da patronal se nos se convocaba a comisión económica para tratar nela os gastos adoptados pola institución en 2019, así como a ausencia de orzamentos."}
{"ID": "NOS_36737", "summary": "Abondaron noutrora as caleiras, eses lugares con perigosos pozos entre o xabre e a caliza que tentaban os rapaces a xogar. Tamén eran frecuentes os fornos de cal, a fumegar columnas brancas que se confundían coas nubes. Cal usado tradicionalmente na industria, na agricultura, o cal morto dábaselles aos troncos dalgúns froiteiros para evitar as pragas, nos curtidos, para elaboración do vidro, do xabón, na metalurxia e na siderurxia como fundente, mesmo na antigüidade con carácter bélico, importante no control do medio ambiente… Sobre isto escribe o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén no número 264 de Sermos Galiza.", "text": "Cal vivo, óxido de calcio, resultado da calcinación da pedra branca, sílice, rocha calcaria sedimentaria, orixe desa masa de conglomerado branco e espeso tan necesaria para a construción e a albanelería. Cal e xabre, area, \"unha de cal e outra de area\", mestura imprescindíbel como morteiro de unión e mesmo para cintado de adobes, tapal, pedra… tamén usado como cal apagado, de revestimento, para recebos, como pintura... que, logo, pola acción da climatoloxía, da humidade e mais do aire endurecerá como carbonato de calcio permitindo que a pedra \"respire\", din os canteiros. Cal maleábel, pel de edificacións rurais que non hai que asociar unicamente ao Mediterráneo, sabendo que ese foi un camiño de saberes e cultura que mesmo trunfaron pola beiramar do Atlántico occidental. Emprego do cal que cómpre coñecer á hora das cautelas para rehabilitar e darlle orixe, orixinalidade, autenticidade a edificacións, pedras e labras, mesmo para alongar a súa vida. Algo sobre o que cómpre seguir a investigar pousando sobre os saberes e as tradicións. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_9849", "summary": "O voceiro parlamentar do Bloque asegurou que é precisa \"unha rexeneración democrática urxente\" fronte aos numerosos casos de corrupción", "text": "O nacionalista matizou que os escándalos de corrupción coñecidos nos últimos tempos van para alén \"de casos persoais\" e denunciou unha \"corrupción sistémica\" que subordina as formacións políticas \"a determinados intereses económicos\" que procuran, dixo, \"patrocinios e mecenazgos políticos\". O voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, valorou moi positivamente a manifestación desenvolvida este domingo polas rúas de Compostela en que participaron, amais do Bloque, numerosas formacións sociais, políticas e sindicais baixo o lema Abonda xa!. Segundo Joquera, a marcha --que congregou a máis dun milleiro de persoas na capital de Galiza-- foi \"moi positiva\" e deu mostra da activación de \"diversos sectores da cidadanía\" para denunciar os escándalos de corrupción. Neste senso, o nacionalista demandou \"unha rexeneración democrática urxente\"."}
{"ID": "PRAZA_14627", "summary": "Starvos Karagkounis, membro de Syriza, advirte da desfeita que lle espera á cidadanía \"se acepta o que di o señor Rajoy\". Recomenda a unidade da esquerda real e apela á resistencia, nas protestas pero tamén nas urnas. \"Se a esquerda quere gobernar, precisa que o pobo estea na rúa\", di.", "text": "Starvos Karagkounis, membro do departamento de Política Europea de Syriza, fala con vehemencia cando se lle pregunta polo seu país. En cada frase pretende advertir do \"desastre\" que lle espera á cidadanía no Estado se España acode ao rescate. Sabe ben do que fala porque chega dunha Grecia dominada pola troika onde, lembra, \"a xente está a pasar fame, a sanidade non funciona e os neonazis son un problema\". Pero ten esperanza e está convencido de que a unión da esquerda real e a resistencia do pobo será o que permita un cambio que, confía, \"empezará en Galicia\". O pasado venres apoiou a Alternativa Galega de Esquerda nun acto na Coruña e falou con Praza nunha charla que continuou logo nunha rolda de prensa. Como se atopa Grecia na actualidade? A situación actual en Grecia probablemente é a mesma que terá España en poucos meses despois do rescate. O sistema sanitario non funciona, o Estado non paga nada, as escolas non poden funcionar porque non hai moitos profesores e o número medio de alumnos por clase é duns 35... Ao mesmo tempo, seguimos sufrindo moitos recortes e por todo isto a xente está na rúa. Ademais, nos últimos tres anos houbo 3.500 suicidios en Grecia, o que supón un grande incremento. Podería falar de moitas máis cousas... \"Ter educación agora en Grecia é un luxo porque moitos dos nenos están a pasar fame\" Impresiona escoitar falar sobre a situación dos nenos e da educación en Grecia. A situación é moi mala e, aínda que sexa triste dicilo, ter educación agora en Grecia é un luxo porque moitos dos rapaces están a pasar fame e ese convértese no principal problema. Para facernos unha idea de como está a educación, só direi que este é o primeiro cursos no que os nenos gregos non teñen libros para ir á escola. Que deben aprender Galicia e España da situación de Grecia? O problema de España é que ten que aprender moitas cousas de Grecia. As persoas que viven no Estado español deben coidarse moito porque un rescate, un memorando, significa o desastre da sociedade. Se queredes sufrir un desastre, podedes aceptar o que di o señor Rajoy, pero se non o queredes, teredes que resistir moito. Como se resiste nun Estado onde un partido de dereitas ten a maioría absoluta e aproba as súas políticas sen problema? A xente non ten a cultura de resistir porque nos anos 80, 90 e na primeira década de 2000 todos vivimos moi ben. Perdemos o contacto co noso pasado revolucionario, pero canto peor é a situación, máis fácil aprende a xente a resistir. A maioría dos gregos non teñen nada que ver coas revolucións de hai anos, pero os problemas que ten a sociedade grega impuxeron que a xente saíse á rúa. O Goberno de Grecia acusa agora a Syriza de botar a xente a rúa a protestar, pero non é así. Non é Syriza quen di á xente que saia, senón que a xente sae e Syriza está ao seu lado como maior partido da oposición, sen as súas bandeiras, pero ao carón do pobo. Resistir é unha cousa que se aprende. \"Se a esquerda quere gobernar, precisa que o pobo estea na rúa\" E que cambia que a xente estea na rúa? Cambiou a cultura e a mentalidade da xente. O pobo entende que estar na rúa é algo normal porque se non saes non tes futuro, non tes nada. Iso é moi importante, porque cambiar a conciencia da sociedade é fundamental. Se a esquerda quere gobernar, precisa que o pobo estea na rúa. Sen a xente na rúa, a esquerda non pode facer nada contra un sistema bipartidista. Ademais, polo menos agora a señora Merkel e outros poderosos líderes da UE poden ver xa que o pobo en Grecia non atura máis. Se eu fose o presidente do Goberno grego, mandaría a xente á rúa na visita de Merkel para amosarlle á chanceler que non podemos máis, pero non o fixo. Como bo funcionario e empregado de Merkel, a Policía prohibiu as manifestacións e, aínda así, o pobo mostrou o seu rexeitamento nas rúas. Se en Grecia prohíbes algo, será o dobre de xente o que o acabe facendo. É tan grave o problema da fame en Grecia? Pásase fame, claro que si, e é unha pena falar de que nun país europeo, en 2012, gran parte do pobo sofre fame. De feito, empezamos xa cun sistema de solidariedade social onde grupos, desde hai dous ou tres meses, colaboran con familias desfavorecidas. Pero aquí hai outro problema, que é o partido dos neonazis, Amencer Dourado, que fai todo o posible para explotar esta situación e aproveitarse da desesperación de moitos gregos. \"En situacións de crise tan graves, sempre aparecen grupos neonazis, pero cando a cousa cambie, estes partidos non terán cabida en Grecia\" Por que xurdiu esta forza fascista e racista en Grecia? En situacións de crise tan graves, sempre aparecen estes grupos porque tamén o sistema necesita destes partidos neonazis para impoñer a súa política. No noso caso pasa con Amencer Dourado, pero creo que cando a cousa cambie, esta formación racista non terá cabida no sistema político grego porque o que está a facer é aproveitarse do momento. É a unión e a forza da esquerda tamén unha situación excepcional pola crise? Nunca se sabe porque o que está claro é que a esquerda pensa moito, dálle moitas voltas á cabeza antes de conformar algo, pero creo que a unificación será permanente porque é a hora da esquerda. \"A clave de Syriza foi gañarnos a confianza da xente participando sen bandeiras en todos os movementos sociais e poñéndonos do lado dos desfavorecidos\" Cales foron as claves do éxito de Syriza? Unha das nosas claves foi a participación en todos os movementos sociais, no apoio ás clases e á xente desfavorecida, pero ao carón deles sen ningunha bandeira. Fomos gañándonos a confianza da xente a base tamén de respectar as diferenzas existentes nos diferentes movementos, pero situándonos sempre ao lado dos de abaixo e cunha proposta alternativa ao que xa tiñamos visto até o de agora. E por que agora esta esquerda transformadora e anticapitalista? Ten cabida un movemento similar en España? O pobo sempre recorre á esquerda cando hai moitos problemas. Sempre é así e, en certo modo, é normal que sexa así. Tamén creo que é a hora da esquerda real e anticapitalista en España porque, ademais, xa ten a experiencia doutras unións noutras partes de Europa. Se non actúa agora a esquerda, quen o vai facer? E se non é agora, cando vai ser? De verdade cre que as eleccións en Galicia teñen importancia para o resto de Europa? Cando Rajoy acepte o rescate de Merkel, a realidade de Grecia pronto será a realidade de España. O cambio en Europa empezará no sur, pero en España o cambio empezará polo norte, empezará en Galicia e en Euskadi e logo en Catalunya. O voto en Galicia terá impacto na vida do meu fillo de catro anos. Se os galegos rexeitan o memorando, esta mensaxe chegará a outras partes e influirá porque habería unha mellor expectativa de futuro para todos os que tesmos loitando por un cambio de políticas en Europa. Cara a onde vai Grecia logo de que Merkel recomendase ao Goberno seguir coa ruta marcada de recortes e axustes? Non vai cara a ningures así. O outro día preguntábanlle a un cidadán grego sobre as palabras de Merkel, nas que nos recomendaba seguir o camiño. O home respondeulle que igual tiñan que seguir o camiño, pero que se cadra ese camiño remataba na tumba."}
{"ID": "NOS_7044", "summary": "As asembleas de traballadores e traballadoras votarán en asemblea se están de acordo co texto, documento que se suma ao aporbado a mediados do mes pasado entre patronal e sector sobre condicións económicas.", "text": "Após o preacordo económico acadado entre patronal e persoal acadado a mediados de marzo, a mesa negociadora do convenio de transporte sanitario de Galiza atinxiu un novo preacordo, este sobre as cuestións sociais e os puntos aínda pendentes. Como pasou co preacordo económico, serán as asembleas de traballadores e traballadoras –que teñen lugar esta terza feira- quen teñan a última palabra. Desde os sindicatos indican que se contemplan importantes melloras na regulamentación dos contratos en prácticas e promove a estabilización dos cadros de persoal. Este novo preacordo inclúe puntos fundamentais da plataforma reivindicativa destinados a atallar a precarización e o deterioro das condicións laborais que se viña producindo no sector, nomeadamente no relativo ao abuso da contratación en prácticas e á elevada temporalidade. Un dos avances que se inclúen no texto refírese ao estabelecemento dun rexistro de xornada mensual que a empresa lle entregará ao traballador ou traballadora e á representación sindical nos 10 primeiro días do mes seguinte, o que permitirá realizar un control rigoroso sobre os excesos de xornada."}
{"ID": "NOS_20959", "summary": "\"A independencia é imperativa de querermos resolver os nosos problemas como nación\", afirma o líder do partido nacionalista, Adam Price.", "text": "O líder do partido nacionalista galés Plaid Cymru, Adam Price, asegurou nunha entrevista para BBC Radio na mañá desta sexta feira que en Galés se votará un referendo pola independencia do Reino Unido \"na vindeira década sen ningunha dúbida\". Segundo Price, \"o Reino Unido cesará de existir tal e como o coñecemos en pouco anos\". \"A situación estase a acelerar\", sinalou na entrevista. Ademais, nun recente discurso ante membros do seu partido -que actualmente ocupa 10 asentos dos 60 con que conta a Asemblea Nacional galesa- esporeou o Plaid Cymru para convencer o electorado de que \"a independencia é imperativa de querermos resolver os nosos problemas como nación\". Nese mesmo discurso, Adam Price anunciou algunhas das liñas políticas de cara ás eleccións lexislativas previstas para 2021, e prometeu que faría de Gales \"non só un gran país no que medrar, senón un digno lugar no que envellecer\", informa BBC News."}
{"ID": "NOS_29254", "summary": "Mañá quinta-feira estréase no Salón Teatro 'Daniel Faria', unha montaxe que afonda na figura do poeta portugués Daniel Faria, coproducido polo CDG, o Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e o Teatro Municipal Rivoli do Porto.", "text": "'Daniel Faria' é o título do segundo espectáculo do programa de coproducións do Centro Dramático Galego 2016-2017 que, da man do creador vigués establecido en Portugal Pablo Fidalgo, lle achega ao público a figura deste autor e monxe luso, considerado un dos mellores poetas do século XX do seu país. A peza, estreada en Lisboa a semana pasada, chega agora a Compostela para ofrecer catro funcións no Salón Teatro desde mañá quinta feira até o sábado, ás 20.30 h, e o domingo, ás 18.00 h. Enigmático personaxe O Teatro Nacional D. María II da capital portuguesa e o Teatro Municipal Rívoli do Porto son as outras dúas entidades coprodutoras desta peza, que xorde a partir do interese persoal de Pablo Fidalgo pola figura de Daniel Faria, da que xa coñecía a súa poesía, así como do convite que lle trasladou o D. María II para traballar sobre este enigmático personaxe que, a pesar da súa recoñecida calidade literaria, é un dos grandes descoñecidos das letras portuguesas. Daniel Faria (1971-1999) tivo unha vida excepcional. Aos 27 anos entra no mosteiro beneditino de Singeverga, onde morre pouco máis dun ano despois por mor dunha caída no baño da súa cela. O seu pasamento provocou un impacto tan forte entre os seus amigos que, 18 anos despois, aínda manifestan unha especial emoción cando narran as súas vivencias. Daniel Faria (1971-1999) tivo unha vida excepcional. Aos 27 anos entra no mosteiro beneditino de Singeverga, onde morre pouco máis dun ano despois por mor dunha caída no baño da súa cela. Este proxecto foi construído precisamente a partir de entrevistas con persoas que o coñecían, así como das experiencias do equipo no mosteiro, visitando a cela de Faria e entrando en contacto cos seus obxectos persoais e cos que lles regalaba os seus amigos. Neste sentido, segundo os seus próximos, o compartir foi o 'leitmotiv' de Daniel Faria: compartir a palabra, a amizade, a poesía e a fe, así como o teatro, onde o autor atopou unha linguaxe única. É por iso que o concepto de compartir serviulle a Pablo Fidalgo de eixo para un intenso proceso creativo arredor do mundo de Daniel Faria, que dá lugar a unha peza sobre a transcendencia, sobre un home que escolle unha forma de vida extrema e dialoga con Deus. Xunto cos 'performers', sobre o mesmo escenario sitúanse os espectadores, reforzándose así a intimidade e a conexión co público.Pablo Fidalgo, quen ademais de asinar a creación e o texto de 'Daniel Faria', comparte escena como 'performer' xunto a Tiago Gandra e asina a iluminación con Nuno Figueira. Escritor, dramaturgo e comisario de artes escénicas, Pablo Fidalgo (Vigo, 1984) regresa con esta proposta á sede do Centro Dramático Galego, co que xa colaborou en anteriores proxectos. Entre a súa produción escénica destacan títulos como 'Habrás de ir a la guerra que empieza hoy', recoñecido como o mellor espectáculo do ano 2015 polo diario portugués 'Público'. O creador galego é, ademais, o director artístico do festival Escenas do Cambio."}
{"ID": "PRAZA_18700", "summary": "O persoal considera insuficiente a oferta de reforzo de persoal que ofrece a xerencia, que propón habiliar un espazo máis pero que só se abriría en caso de necesidade e para o que se contrataría persoal a maiores. Os médicos propoñen abrir outra negociación directamente con Sanidade. Ambulancias, PAC, urxencias: a sanidade, \"en pé de guerra\" contra a falta de medios e persoal", "text": "A folga nas urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela continúa e intensificarase nos vindeiros días. Logo doutra infrutuosa reunión entre o comité de folga e a xerencia do centro, o persoal decidiu en asemblea continuar as protestas e levar a cabo un peche de 24 horas o vindeiro mércores 19 de decembro, ademais de convocar a unha manifestación para a semana despois de Reis. Como ocorre coas mobilizacións que tamén se están levando a cabo nos PAC, a sanidade galega pide máis persoal, máis medios e mellores condicións laborais para mellorar tamén a atención á cidadanía. Tamén nas urxencias do Clínico, que levan anos xa denunciando o colapso e as precarias condicións do servizo, un conflito que nas últimas semanas provocou a marcha de varios dos membros do equipo directivo do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). O persoal considera insuficiente a oferta de reforzo de persoal que ofrece a xerencia e mantén as mobilizacións e anuncia un peche É xa a cuarta semana de folga no Clínico, onde os servizos mínimos do 100% fan difícil a visibilización do conflito, que o persoal logra con mobilizacións e concentracións. Na reunión deste luns, a xerencia insistiu na súa última proposta de aumentar o persoal con dous médicos, cinco enfermeiros e cinco auxiliares de enfermería. Pero ademais, propuxo ademais habilitar un espazo en urxencias que se abriría cando fose necesario e para o que se contrataría persoal a maiores no caso de que se precisase. No entanto, e tal e como aclara o comité de folga, os traballadores reunidos en asemblea rexeitaron a proposición, que consideran insuficiente. \"Desconfían de que acabe por non abrirse nunca e que se repitan os problemas; o que reclaman é que todos os ocos de urxencias deben abrirse e ser dotados de persoal\", explican desde o comité de folga duns traballadores que se volveron concentrar. Ademais, e malia que a xerencia asume xa que é necesario ampliar o persoal, a asemblea acordou intensificar as protestas e levar a cabo un peche de 24 horas o 19 de decembro e cuxa fórmula aínda teñen que determinar. Xa este mércores, haberá unha concentración diante do Sergas ás 12 horas. A xerencia ofrece habilitar un espazo extra en urxencias pero que só se abriría se fose necesario e para o que se contrataría persoal a maiores En canto ao persoal médico, tamén de folga, os avances tampouco son suficientes. \"Limítanse a ofrecer dúas internidades pero para estabilizar dúas persoas dentro do calendario de corenta rotantes, polo que non supón aumento de efectivos\", din desde o sindicato O'Mega, que asegura que sobre a problemática dos doentes pendents de ingreso a dirección só ofrece 2axilizar o que poidan\". Así, o persoal médico mobilizado reclamará agora abrir outra mesa de negociación pero directamente coa Consellería de Sanidade. \"A de agora non soluciona nada\", explican."}
{"ID": "PRAZA_7423", "summary": "O alto comisionado acepta tramitar unha queixa do BNG compostelán \"pola negación do uso do galego\" nas redes sociais nas que está presente a empresa municipal de turismo", "text": "O Concello de Santiago terá que xustificar ante o Valedor do Pobo a súa negativa a empregar tamén o galego nos perfís empregados pola empresa municipal de turismo nas redes sociais de Internet. O edil do Bloque compostelán Rafael Vilar vén de recibir unha comunicación na que o alto comisionado informa da admisión a trámite dunha queixa ao respecto, formulada polos nacionalistas despois de que non lograsen que o Goberno local mudase a súa aposta por \"excluír\" a lingua propia neste ámbito. \"A empresa municipal de promoción turística Santiago Turismo debera facer uso da lingua galega na promoción da cidade a través das redes sociais Facebook e Twitter\", sinalou Vilar ante o Valedor, a quen lle lembra ademais que esta obriga vai acorde co \"Regulamento de uso do galego na Administración municipal\" da cidade. Nomeadamente, explica o edil, \"cando o regulamento se refire á atención ao público indícase que os servizos da oficina de información e demais unidades administrativas\" deben \"promover o uso do idioma galego mediante a súa utilización como lingua noral de comunicación\", sempre \"de acordo cos criterios de máximo respecto e non discriminación\". \"O disposto neste artigo tamén é de aplicación ás empresas ou entidades que presten servizos municipais por concesión, arrendamento ou concerto\", como é o ccaso de Santiago Turismo, explica o nacionalista, nun contexto no que o Bloque \"defende a utilización da lingua galega\" neste eido \"como un sinal de identidade da capital de Galiza, do mesmo xeito que se deberan utilizar outras linguas para mellorar a eficacia comunicativa na captación de visitantes e na divulgación de actividades\". Pero na actualidade, lamenta, este labor \"só se está a realizar en castelán\". \"Santiago Turismo tería que emitir a súa comunicación plurilingüe\" e, \"dende logo, resulta inaceptábel que se exclúa o galego\", di. \"Santiago Turismo tería que emitir a súa comunicación plurilingüe\" pero \"só o fai en castelán\", censura o BNG A admisión a trámite da queixa por parte do Valedor chega despois de que o propio grupo municpal do BNG xa lle \"trasladase esta petición á concelleira de turismo no último pleno municipal\", pero \"negouse co argumento de que o público obxectivo de Santiago Turismo non é o galego\". \"O BNG entende que o Goberno municipal do PP está a incumprir o precepto estatutario de que os poderes públicos teñen a obriga de potenciaren o emprego do galego\", conclúen."}
{"ID": "NOS_27433", "summary": "A insistencia de IU de non aceptar ningún pacto fiscal que prexudicase a Andalucía quedou en papel mollado, evitando poñer en risco o pacto de goberno co PSOE na Junta de Andalucía.", "text": "José Antonio Griñán, presidente de Andalucía, voltou da conferencia de mandatarios autonómicos coa doutrina de contención do déficit --impulsada polo PP-- asumida. Tal pacto rebaixaría para os vindeiros exercicios o nivel de endebedamento dos territorios do Estado, de tal xeito que este 2012 deberán fechalo cun endebedamento non superior ao 1,5%, e rebaixalo até o 0,7% en 2013. O acordo subscrito polo PSOE --asinado a cambio de incluír políticas de crecemento, deixar de incidir no recorte de gastos e procurar alternativas de ingresos-- non gustou no socio de goberno, Izquierda Unida, mais non semellan dispostos a facer diso algo que poña en perigo a coalición cos socialistas pola que fan parte do Goberno de Andalucía. O vicepresidente andaluz e coordinador de IU neste territorio, Diego Valderas, incidiu en que a saude do pacto de goberno verase na elaboración dos orzamentos para 2013, que entende que teñen que ser acaídos á situación de \"emerxencia social\". Neste sentido, é consciente de que unhas contas sometidas ao corsé o 0,7% de endebedamento impiden marxe de manobra. Desde IU acometerán unha \"ofensiva institucional\" onde teñan presencia a fin de que o límite de endebedamento sexa revisado xa en 2013, e non en 2014 como inicialmente fixou o Goberno español. Porén, a insistencia de Valderas de non apandar con ningún pacto fiscal que prexudicase a Andalucía, lembrando que a súa organización \"seguirá a loitar por un teito de gasto decente\" quedaron en papel mollado. Dixo IU que antes de máis axustes o que cumpría era redimensionar a administración andaluza, sen practicar despedimentos. Mais o pacto subcrito polo PSOE e que IU aplicará contempla xustamente un axuste do endebedamento que non convence no PCE. Desde esta formación política sinalaron xa que a imposición de Madrid \"anula as posibilidades de endebedamento até límites insoportábeis\". Tamén desde o sindicato SAT existe descontento co bipartito por mor dos recortes sociais do goberno andaluz."}
{"ID": "NOS_17249", "summary": "Metais, percusión, voces... as orquestras converteron as rúas de Santiago nunha festa reivindicativa con sons de verbena cos que reclamaron dereitos para o colectivo profesional e un IVE cultural reducido.", "text": "Con escenario ambulante incluído, os sons das verbenas sentíronse nas rúas de Compostela na manifestación convocada pola Asociación de Músicos e Cantantes da Verbena Galega e a Asociación Galega de Orquestras. Ao ritmo da popular \"A Santiago vou\" de Os Tamara, centos de persoas fixeron soar os seus instrumentos de traballo e as súas voces ao cantar: \"Por Santiago vou, lixeiriño, camiñando/Para que regularicen a este sector que está agonizando\". Con música os lemas da manifestación foron saíndo ao ritmo de Guantanamera ou Carmiña. As reivindicacións explicitáronas en cinco puntos: verbena galega patrimonio cultural e ben de interese turístico, loita polos dereitos d@s músic@s, regularización do sector, IVE cultural reducido e permanencia das comisións de festas."}
{"ID": "PRAZA_9965", "summary": "A líder do Bloque advirte no mitin central da campaña da formación en Vigo que o \"discurso do medo\" ao avance da dereita \"busca que nos conformemos co mal menor\" representado, ao seu xuízo, polo voto ao PSOE", "text": "Vigo tornou nunha das capitais da campaña electoral en Galicia. Pedro Sánchez levou á cidade máis poboada o acto central do PSOE no país, este xoves fai o mesmo Pablo Iglesias, de Unidas Podemos, e poucas horas antes o BNG celebrou en Vigo o que, posiblemente, fose o acto máis concorrido da formación soberanista nesta campaña electoral. Con este pano de fondo a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, quixo esconxurar dúas pantasmas, o \"medo\" e a \"cantinela do voto útil\" apelando á verba que tornou en emblema do celtismo e, por extensión e en boa medida, da propia cidade: \"Afouteza\".Pontón coida que o \"discurso do medo\" ao avance da dereita \"busca que nos conformemos co mal menor\" representado, ao seu xuízo, polo voto ao PSOENo Bloque manteñen que a campaña está a devolverlles boas sensacións de apoio cidadán e reiteran que os derradeiros escanos en xogo nas provincias atlánticas poden estar entre as súas candidaturas e as da extrema dereita. \"Pídovos afouteza, porque estou convencida de que o 28 de abril imos conseguir que Galiza sexa decisiva no Estado\", apelou á concorrencia, á que advertiu de que o voto ao BNG serve para \"frear a dereita carca e antigalega, quitándolle a Vox e Ciudadanos os escanos que lles disputamos\".A xuízo de Pontón, o temor a que unha alianza de dereitas logre sumar e formar Goberno non pode impulsar a \"deixarse levar polo discurso do medo\". Ese discurso, asegura, \"busca que nos conformemos co mal menor\" que, ao seu xuízo, supón apoiar o PSOE e a Pedro Sánchez. Os socialistas, acusa, tiveron \"o detalle de subirnos as peaxes da AP-9\" ou de \"non mover un dedo para a transferencia da AP-9\", resaltou. Para ambas cousas, di Pontón, \"contou cos votos de En Marea-Podemos\".Da Silva: \"Imaxinade a cara que lles vai quedar a Rivera ou Abascal cando vexan que os deixamos sen escano por Pontevedra\"\"Vaia utilidade para Vigo e Galiza o voto a PSOE e Podemos!\", ironiza a líder nacionalista, dende cuxo punto de vista cómpre lembrar que ambas formacións \"nin sequera derrogaron as contrarreformas laborais, a lei mordaza ou a LOMCE\" nos meses transcorridos dende a moción de censura. \"Nada hai máis inútil para este país que votar ás forzas estatais\", concluíu Pontón, e por ese motivo \"o 28 de abril os galegos e galegas imos facer que pase... Imos pasar das forzas estatais e apostar por ter voz propia da man do BNG\".Nun sentido semellante a cabeza de lista do Bloque por Pontevedra, Carme da Silva, considera que o \"contexto histórico\" que arrodea as eleccións do 28A fai que \"o noso país non poida quedar á marxe\". \"E conseguirémolo -augura- cun BNG en clara remonta, que vai a máis\" grazas a un \"efecto BNG\" que \"será capaz de facer que Galiza conte no Estado e de frear o avance da dereita; aquí e agora somos o voto que máis lle doerá a Casado, Rivera ou Abascal\", sinala Da Silva. \"Imaxinade -convidou- a cara que lles vai quedar cando vexan que os deixamos sen escano por Pontevedra\"."}
{"ID": "PRAZA_4225", "summary": "O actual presidente da Xunta e do PPdeG carga contra PSdeG, Galicia en Común e BNG por opoñerse á convocatoria en xullo e censura especialmente a postura de Gonzalo Caballero, cuxas declaracións cualifica de \"insulto\" que di esperar que os socialistas vascos tomen \"a broma\"", "text": "Na mañá do pasado 10 de febreiro o lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, fixo oficial o adianto das eleccións ao Parlamento de Euskadi para o 5 de abril. Escasas horas despois, Alberto Núñez Feijóo reunía de urxencia o Consello da Xunta e ratificaba que, por terceira vez, secundaba a data fixada polo xefe do Executivo vasco para chamar ás urnas en Galicia. Aquela cita tivo que ser cancelada polo coronavirus e agora, despois de que unha emenda introducida polo PNV ao estado de alarma abriu a porta a activar xa outros comicios, todo apunta a que Feijóo se dispón a facer o propio unha vez máis.O actual presidente da Xunta e líder do PPdeG \"comparte ao cen por cen\" a posibilidade de reducir á metade a campaña electoral, suxerida polo PNV para EuskadiO actual presidente da Xunta e líder do PPdeG xa evidenciou o pasado xoves ante o resto de líderes políticos de Galicia -nesta ocasión, excepcionalmente, tiña que \"ouvir\" o resto de formacións antes de chamar ás urnas- a súa intención de que os comicios se celebren en xullo e canto antes, mellor, o que outorga máis posibilidades ao domingo día 12, primeiro domingo que entra no prazo legal de oficializar a convocatoria con 54 días de marxe. Este venres, tras o Consello da Xunta, Feijóo volveu evidenciar que a convocatoria é inminente e mostrouse proclive a secundar o PNV en algo máis: recortar a campaña á metade.Tras a reunión semanal do Goberno galego, Feijóo foi cuestionado pola opinión expresada pola presidenta do PNV en Biskaia, Itxaso Atutxa, que dixo ver como boa idea reducir a campaña electoral á metade, ao xeito do que acontece no Estado cando cómpre repetir as eleccións xerais. O líder do PPdeG ve \"absolutamente acertadas\" esas \"reflexións\" e \"compárteas ao cen por cen\" cara a unha campaña na que, dende a súa condición de presidente do Goberno e non do partido, asegura que non vai poder incluír \"actos masivos\". \"Os tempos das campañas electorais clásicas xa pasaron, polo menos, durante os próximos dous anos\", agrega, ademais de avanzar que a declaración de emerxencia sanitaria será \"adaptada\" para a celebración das eleccións, incluíndo medidas como a distancia entre persoas nas votacións. Así e todo, reflexiona, \"do mesmo xeito que estamos acudindo ás terrazas, aos supermercados, ao traballo... Ir votar está dentro desa normalidade\" á que a poboación está retornando \"semana a semana\".Tras o Consello da Xunta, Feijóo cargou contra PSdeG, Galicia en Común e BNG por opoñerse á convocatoria en xullo e censurou especialmente a postura de Gonzalo Caballero, cuxas declaracións cualifica de \"insulto\" que di esperar que os socialistas vascos tomen \"a broma\"Alén da cuestión da intendencia e de admitir que faltan poucos días para que revele a data exacta -para votar o 12X o límite para convocar os comicios é o vindeiro martes, día 19-, Feijóo reitera que a súa preferencia por ir xa ás urnas non é partidaria, senón sanitaria. \"Non teño ningún interese en participar nunhas eleccións nesta situación\", asegura, pero \"non podo elixir\" porque a alternativa do outono implicaría o risco de que, en caso de rebrote, \"estaría nun suposto de ilegalidade e de presidente ilexítimo\" se fose imposible celebrar as eleccións e houbese que ir alén de finais de setembro, cando finaliza a lexislatura.Con este pano de fondo, Feijóo non aforrou críticas ás formacións da esquerda galega, que este venres reiteraban o seu rexeitamento á convocatoria \"en plena pandemia\". O líder do PPdeG carga con especial dureza contra Gonzalo Caballero, secretario xeral e candidato do PSdeG, cuxas declaracións ao respecto considera un \"insulto\" que espera que tomen \"a broma\" os socialistas vascos que, subliña, si apoian votar xa. Dende o punto de vista de Feijóo, tanto o PSdeG como Galicia en Común e BNG non discordan con el, senón co \"criterio dos expertos\" consultados pola Xunta sobre a posibilidade de rebrotes e que indicaron \"cal é o mes menos malo\". \"Estes tres partidos políticos van contra os seus propios actos\" no Congreso dos Deputados, interpreta, toda vez que o PSOE e Unidas Podemos votaron a prol da prórroga do Estado de Alarma que incluíu a demanda do PNV e o BNG se abstivo."}
{"ID": "PRAZA_19669", "summary": "Este luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro que, coma todos os anos, acompáñase dun manifesto galego, obra da actriz e dramaturga Imma António, que será lido da gala de entrega dos Premios María Casares, este mércores na Coruña.", "text": "Este luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro que, coma todos os anos, acompáñase dunha mensaxe internacional (redactada nesta ocasión pola francesa Isabelle Huppert) e un manifesto galego, obra desta volta da actriz e dramaturga Imma António, que será lido da gala de entrega dos Premios María Casares, este mércores na Coruña. O Manifesto Galego titúlase \"Quen hai aí?\" e nel Imma António escribe que \"o teatro porfía en saber quen hai nas entrañas da nosa humanidade, quen hai en nós mesmas na nosa soidade, quen hai na outredade que atopamos na sociedade da que formamos parte. Desde o teatro examinamos con minucia o ser que somos, non só para coñecer a verdade que o fai… tamén para transformalo. Esa é a responsabilidade que asumimos cada vez que subimos a un escenario, cada vez que actuamos, sabendo que pode ser un exercicio implacable pero necesario\". \"Porfiamos. Resistimos. Construímos sobre ruínas. Inventamos outros mundos, posibles e imposibles. Saltamos ao baleiro cun ancho sorriso. Resistimos. Porfiamos. Quen hai aí?: é o noso berro de batalla. A nosa declaración de amor máis sentida e murmurada: quen hai aí? Quen?\", engade. Para concluír: \"É por iso que o teatro, a cultura, é un dereito humano básico que cómpre defender. Para iso declaramos os dereitos humanos: para garantir a existencia de cada ser humano. Tan simple, tan fundamental e tan necesario: garantir o dereito a vivir co que cada persoa nace. Tan simple, tan fundamental e tan necesario como é saber que o teatro garante a existencia da humanidade que habita en cada ser humano\". A autora subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto, tal e como en edicións anteriores fixeron os xornalistas Camilo Franco e Montse Dopico, o historiador Ramón Villares, a escritora María Xosé Queizán, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín ou o poeta Cesáreo Sánchez. A Xunta Directiva da AAAG decidiu encargarlle o texto \"por ser unha intérprete de longo percorrido e unha das primeiras mulleres que en Galicia se centrou na escrita dramática, sendo así unha auténtica pioneira no sector\". Imma António Souto (A Coruña, 1968) desenvolveu a súa carreira profesional tanto na escena coma no cine, a televisión ou a dobraxe. Ademais, tamén exerceu como responsable de vestiario e de escenografía de diversas montaxes teatrais. Como actriz, ten participado en producións de formacións como Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, o Centro Dramático Galego ou Producións Librescena. Como autora teatral, Imma António recibiu o Premio Retrincos en 1983, o premio Galo Salinas no 1985, o Premio de Teatro breve da Escola Dramática Galega en 1987 por Como cartas a un amante, o Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989 por As áugas mudas, o Premio Arlequín no 1990 por Era nova e sabía a malvaísco e o Premio Rafael Dieste en 2003 por A ciencia dos Anxos. Huppert anima a \"seguir resistindo\" No manifesto internacional, que por oitava vez en 55 anos foi encargado a unha muller, Isabelle Huppert animou a teatreiros e teatreiras a seguir \"resistindo\". \"O teatro é moi forte. Resiste e sobrevive a todo, guerras, censores, penuria. O teatro renace sempre das súas cinzas, mudando só as súas convencións anteriores nas súas novas formas: así é como se mantén vivo\", escribe. Manifesto Galego do Teatro 2017 Manifesto internacional, obra de Isabelle Huppert"}
{"ID": "NOS_6331", "summary": "O 26 de setembro de 2014, decenas estudantes da Escola Normal Rural de Ayotzinapa, no Estado de Guerrero (o Estado con máis cárteles en México), foron atacados pola policía de Iguala e por homes enmascarados. Desde entón, nada se sabe dos 43 estudantes desaparecidos.", "text": "Nin apareceron nin aínda se fixo xustiza. Vai un ano desde que a policía asasinara tres civís e ferira unhas vinte persoas ao reprimir estudantes da escola rural que regresaban dunha manifestación estudantil. Desde entón, as protestas e mobilizacións non pararon en México, mais o caso, que serviu para amosar a relación entre as forzas de seguridade e os grupos criminais, continúa impune. As autoridades deron por pechado o caso ao concluír que os mozos foron executados e incinerados no vertedoiro de Cocula, contiguo a Iguala. \"Esta é a verdade histórica\", chegou a dicir o ex procurardor Jesús Murillo. Porén, forenses arxentinos e o Grupo de Expertos Internacionais da OEA manteñen que non hai evidencias científicas para esta afirmación. Reunión do presidente de México coas familias Na reunión que veñen de manter os familiares dos 43 desaparecidos co presidente, Enrique Peña Nieto, as persoas afectadas esixíronlle a investigación \"da montaxe coa que se pretendeu enganar as familias\". Tamén volveron pedir a busca dos estudantes cunha unidade especializada e con supervisión internacional. Tras a reunión, Peña Nieto, que asegurou que as pescudas non concluíron, sinalou que \"vostedes e eu buscamos o mesmo, saber que pasou con todos e cada un dos seus fillos\". Pola contra, as familias expresaron o seu malestar cos compromisos presidenciais. \"Non obtivemos nada\", salientaron en rolda de prensa posterior á reunión. Fontes gobernamentais informan de 111 detidos que estarían involucrados na desaparición dos estudantes. Entre estas 111 persoas atópanse 71 policías locais e 40 da organización criminal Guerreros Unidos. Ademais, seguen apreixados o ex alcalde de Igualda, José Luis Abarca, e a súa dona, María de los Ángeles Pineda Villa, sinalados como autores intelectuais do ataque. Ambos os dous fuxiran tras terse coñecemento da desaparición dos estudantes."}
{"ID": "NOS_8929", "summary": "No último Congreso da Sociedade Española de Musicoloxía: o musicólogo Andrés Díaz Pazos revelou a existencia dun compositor barroco galego, Bartolomé Olagüe, nado en Santiago de Compostela.", "text": "O pasado mes de decembro, Nós Diario facíase eco dun achado absolutamente extraordinario que se deu a coñecer no último Congreso da Sociedade Española de Musicoloxía: o musicólogo Andrés Díaz Pazos acababa de revelar a existencia dun compositor barroco galego, Bartolomé Olagüe, nado en Santiago de Compostela e responsábel dunha terceira parte das composicións recollidas no Libro de Cyfra adonde se contem varios Jogos de Versos e Obras, e outras curiosidades, conservado na Biblioteca Municipal do Porto. A investigación de Díaz reafirma a idea de que os mosteiros foron centros culturais de primeira orde, pero, ademais, debuxan un panorama musical na Galiza barroca dunha singular riqueza. O Libro de Cyfra está considerado unha das principais obras sobre a música de órgano na península Ibérica dos séculos XVII e XVIII e, daquela, Olagüe preséntase como un dos principais compositores deste período, e desenvolveu a maior parte da súa carreira no mosteiro de Sobrado dos Monxes. As pescudas do investigador de Andrés Díaz, que atopou no Arquivo do Reino de Galiza documentos que testemuñan a existencia do compositor, permitiron estabelecer datos sobre a súa biografía e, ademais, sobre a vida músical nos mosteiros galegos dos séculos XVII e XVIII. A música formaba parte fundamental da liturxia, polo que todos os cenobios contaban con, polo menos, un ou dous organistas. Estes eran a máxima autoridade musical do mosteiro, só por detrás do mestre de capela, e tiñan que ser compositores, improvisadores e coñecer un repertorio que incluía as pezas que se tocaban nas diferentes festividades relixiosas e oficios litúrxicos. Tendo en conta que os organistas compoñan a meirande parte destas pezas é lóxico concluír que a produción de Olagüe sexa máis numerosa que a que nos chega a través deste manuscrito. Se temos en conta que imprenta musical practicamente desaparecera da península Ibérica, a relevancia de contar con máis de vinte pezas dun compositor galego queda demostrada. A investigación de Díaz reafirma a idea de que os mosteiros foron centros culturais de primeira orde, pero, ademais, debuxan un panorama musical na Galiza barroca dunha singular riqueza, nunha época na que a música para órgano non pasaba polos seus mellores momentos no marco penínsular. O descubrimento de Díaz non só destaca polo achado do nome de Olagüe e da súa relativamente abundante produción, senón que tamén demostra que o importante manuscrito do Porto -unha das principais coleccións de música de tecla da península que constitúe unha fonte esencial para o coñecemento da música ibérica desta época- procede da Galiza. Todas as pezas que contén o Libro de Cyfra pertencen a compositores -como José Urroz ou Andrés de las Cuevas- que traballaron en distintas catedrais galegas, o que revela un circuíto de creación e de transmisión particular, cun repertorio propio e cunha relación destacada co Norte de Portugal. Resulta sorprendente que a noticia non tivese máis eco, dada a relevancia do achado. Mais a súa pegada comeza a verse reflectida nos programas musicais: Frei Bartolomé de Olagüe é protagonista do ciclo De lugares e órganos de Compostela, xa que a súa obra está a ser escoitada en varios dos concertos programados. Son, quizais, os primeiros pasos dunha redescuberta que deita unha nova luz sobre a nosa historia musical e que merece un longo percorrido."}
{"ID": "NOS_29565", "summary": "Nada máis revolucionario e evocador que o \"desexo irrefreable das cereixas /cereixas e cereixas e cereixas e cereixas\"", "text": "O título xa avisa, pero non de todo. Por unha banda, a voz lírica déixase notar para valorar negativamente o que se entende que é un final; o remate dunha realidade natural na que habita unha identidade, porque a integración entre o ser humano e a paisaxe é total. Notas sobre a extinción / Marta Dacosta Alonso / Galaxia / 2021 / 15 euros / 176 páxinas Ao lado dos ríos, das illas ou da néboa está o espazo da casa, como xa aparecía na obra anterior da autora. O doméstico, desde o gato, a louza ou mesmo os valados ou os muíños, serve de outeiro desde o que mirar o que está fóra, pero tamén serve de refuxio: \"hai algo de ritual na cerimonia do almorzo / unha especie de conxura contra a certeza / das batallas que agardan tras as paredes da casa\". Non estraña que predominen unha voz en primeira persoa e os verbos de pensamento, sobre todo os que inciden na percepción dun eu que se sobrepón ao que é: \"eu observo\". Neste senso, o texto sitúase claramente no correlacionismo, xa que o mundo aquí existe fundamentalmente cando se interpreta: \"porque só poderemos rozar as aparencias / construír a imaxe do visíbel\". De aí a importancia da lingua e da memoria. Acceder ao mundo é representar a través da palabra, o que implica unha advertencia. Se se perde a lingua, cada unha delas, desactívase o signo, como se amosa, para alén de nos textos finais, nun poema producido por acumulación de substantivos que son \"borralla / en que vai esluíndo a semántica memoria\". Pero doutro lado preséntase unha poesía por veces netamente contemplativa, o que resulta o máis interesante do libro. A descrición da paisaxe cun estilo comprensible e sinxelo, porque sinxelos son tamén os elementos nos que se para, é parella á humildade da liña virxiliana que percorre a lírica galega desde as orixes. Quérese reproducir \"o espectáculo da vida\", en ocasións de maneira minimalista, como reflicten os poemas breves a modo de haikus que se intercalan. Destacan os textos que son un canto á natureza desde a perspectiva horaciana. Non en van acódese a Frei Luis de León na procura da \"ansia de sendas agochadas / do mundanal ruído\". O ritmo lento das estacións, os silencios e a fermosura da poalla, da araña ou da avelaíña tamén se recollen na intención de abrir a fiestra á papuxa \"se vostede promete deprenderme / a sutil arte de estar no mundo\". Din moito máis da extinción os poemas da experiencia gozosa que acompaña a observación que as propias notas, algunhas algo previsibles. Tamén son os máis fermosos. Nada máis revolucionario e evocador que o \"desexo irrefreable das cereixas /cereixas e cereixas e cereixas e cereixas\"."}
{"ID": "PRAZA_5767", "summary": "O fotoxornalista Juan Teixeira analiza sobre o terreo a actual situación política en Ucraína, medio ano despois do inicio das protestas no Maidán.", "text": "Un paseo polo Maidán (a praza principal de Kiev) é hoxe en día unha experiencia contraditoria e estraña. Por un lado, queda o vívido recordo de todas as persoas mortas nas revoltas, e por outro existe unha gran sensación de baleiro e impotencia respecto a tódolos ideais que por aquel entón afloraron. Os improvisados altares aos caídos comparten espazo cos postos de souvenirs, onde se pode adquirir un imán de neveira dun activista prendido en lume. Ou pódese aproveitar para fotografarse ante un tanque cun oso panda ou unha cebra. Mentres, na seguinte cidade do país en tamaño, Donetsk, os mortos acumúlanse na morgue. Os comezos A faísca que orixinou as protestas de novembro foi a negativa do entón Presidente Yanukovich a firmar o Acordo de Asociación coa Unión Europea. Aínda que as razóns de fondo eran moitas e variadas: corrupción, incompetencia e afastamento da clase política, falta de órganos democráticos funcionais... tras aproximadamente un cento de mortos, e pola forza, o Presidente electo en 2010 por unha ampla maioría foi destituído (nun acto que pode ser considerado tecnicamente un golpe de estado), quedando o Goberno en mans do entón presidente do Parlamento, Alexander Turchinov, man dereita da oligarca proeuropeista Yulia Timoshenko. Dende entón, o país non fixo máis que abalanzarse ao precipicio. O goberno interino non soubo facer fronte á situación de Crimea, nin á actual escalada de violencia no leste. Tampouco conseguiu ningún acordo que permitirse mellorar a situación económica nin coa UE/EEUU/FMI nin con Rusia. O que si conseguiu é subir o xa de por si altísimo grao de corrupción, e facer desaparecer partidas enteiras de diñeiro público en misteriosas circunstancias. Foi elixido cun 56% dos votos un dos principais promotores do movemento do Maidán, aínda que non poidamos dicir que sexa un activista. Trátase de Petro Poroshenko, o rei do chocolate ucraíno E así chegamos ás elección do 25 de maio, cun país ao borde da bancarrota e dividido en dous. Nesta data foi elixido cun 56% dos votos un dos principais promotores do movemento do Maidán, aínda que non poidamos dicir que sexa un activista. Trátase de Petro Poroshenko, o rei do chocolate ucraíno, xa que é un coñecido oligarca da industria alimentaria (entre outros intereses), e cunha fortuna estimada en 1.000 millóns de dólares. Nas súas primeiras declaracións trala elección, Poroshenko prometeu diálogo con Rusia e man dura cos \"terroristas\" do leste. Tamén prometeu a recuperación de Crimea, o que parece dificilmente realizable ante a firmeza da postura de Moscú. Nestas eleccións foi elixido tamén o novo Alcalde de Kiev, o ex boxeador Vitaly Klichko, próximo ao Partido Popular Europeo e protexido de Merkel. Tamén na súa primeira declaración fixo promesas, a destacar a de limpar o centro de Kiev: \"O Maidán xa cumpriu o seu obxectivo\", afirmou. É un feito significativo que os mesmos que financiaron e promoveron o Maidán, unha vez no poder queiran \"limpalo\". Mentres, no leste A situación é certamente complicada, con moitos intereses en xogo, señores da guerra, milicias e grupos afastados entre si, o que configura unha situación que ninguén acerta a controlar con garantías A situación a uns centos de quilómetros de Kiev é moito máis caótica. Os oligarcas da zona e membros da antiga garda do goberno de Yanukovich refúxianse nas provincias de Donetsk e Lugansk, onde autoproclamaron o día anterior ás eleccións presidenciais ucraínas o novo estado de Novorossiya. Alí, fanse fortes grazas a milicias locais e mercenarios rusos e chechenos para protexer os seus intereses. A situación é certamente complicada, con moitos intereses en xogo, señores da guerra, milicias e grupos afastados entre si, o que configura unha situación que ninguén acerta a controlar con garantías. O rei do chocolate prometeu man dura cos terroristas, e o mesmo día seguinte ás eleccións, fortes enfrontamentos no aeroporto de Donetsk e arredores deixaron cando menos 45 mortos, 3 deles civís. O Goberno utilizou activamente a aviación de combate, con cazas e helicópteros sobrevoando a cidade, algo máis propio dunha guerra que dunha operación antiterrorista. O futuro móstrase realmente escuro para un estado que fai ben pouco daba unha (falsa) imaxe de progreso e modernidade organizando a Eurocopa e sendo candidato a entrar na UE O que comezou en decembro coma manifestacións pacíficas, converteuse en revoltas en xaneiro, pasou a revolución en marzo, e cara ao final de maio xa se escoita falar de guerra civil. Así, Ucraína encontrase partida en dous nestes momentos, debido a unha serie de condicionantes xeográficos, históricos e culturais, e por riba de todo, económicos e xeopolíticos. O futuro móstrase realmente escuro para un estado que fai ben pouco daba unha (falsa) imaxe de progreso e modernidade organizando a Eurocopa e sendo candidato a entrar na UE. Un cruel xogo As compañías Chevron e Exxon firmaron co anterior Presidente Yanukovich acordos multimillonarios para explotar parte das grandes reservas de gas de xisto que hai no subsolo do país Ucraína (que se traduce literalmente coma no borde) é unha peza importante no taboleiro do xogo mundial. É paso obrigado para o gas que cruza de Rusia a Europa: un 25% do gas que consumimos ven de Rusia, e alí isto supón case un 15% do PIB. Estados Unidos tamén ten grandes intereses en xogo respecto ao gas de Ucraína. As compañías Chevron e Exxon firmaron co anterior Presidente Yanukovich acordos multimillonarios para explotar parte das grandes reservas de gas de xisto que hai no subsolo do país, utilizando técnicas moi agresivas co medio ambiente (fracking). Ademais, Ucraína é unha das grandes exportadoras mundiais de gran grazas á súa fértil terra negra (chernozem), sendo considerada coma o celeiro de Europa, e cun de cada catro asalariados do país traballando na agricultura e silvicultura. Tamén conta con vastos recursos minerais. Estas riquezas coas que conta o país suponse que deberían ser unha bendición, pero na actualidade estanse a converter máis ben nun lastre que leva ao país cara a guerra civil debido a este cruento xogo de intereses internacionais. Europa e Estados Unidos non dubidaron en financiar a grupos de extrema dereita, que expresaron en sede parlamentaria o seu odio antisemita e racial, e apoiar a oligarcas corruptos. Todo vale con tal de arrincar a Ucraína da influencia rusa, golpeándoa no seu propio patio traseiro, e conseguindo un novo goberno amigo co que poder facer suculentos negocios. A coalición occidental non está a xogar ben de todo as súas cartas, debido entre outros factores, á ineficacia das tácticas utilizadas por EEUU sobre o terreo e á falta de coordinación da intelixencia europea Pero a coalición occidental non está a xogar ben de todo as súas cartas, debido entre outros factores, á ineficacia das tácticas utilizadas por EEUU sobre o terreo e á falta de coordinación da intelixencia europea. Rusia non queda atrás nesta partida, onde Putin estase a mostrar coma un xogador intelixente e arriscado. A anexión de Crimea en tempo récord e sen case pegar un tiro así o demostran. En Novorossiya, a situación é máis difícil, e a pesar do apoio ás milicias locais de tropas de elite rusas e chechenas, a situación ten todas as trazas de enquistarse e converterse nun conflito de longo percorrido. A pesar disto, as tensións occidente-rusia non parece que vaian ir máis lonxe das fronteiras ucraínas, debido á interdependencia económica de ambos bandos e ao peso das fortunas dos oligarcas do país na bolsa de Londres. O que queda claro é que a vontade do pobo ucraíno de decidir o seu propio futuro queda dobregada a estes intereses transnacionais, converténdose nos danos colaterais da partida. En medio de todo este alboroto, cabe destacar o papel que xogan os grandes medios de comunicación, tanto rusos coma occidentais, cunha labor propagandística e pouco informativa que está levando o conflito a novos niveis de enfrontamento propagandístico. O seu papel non vai máis aló de apoiar a un ou outro bando, ocultando ou agrandando feitos a conveniencia, e desmontando ao contrario cos argumentos máis peregrinos. Maidan 3.0 \"Aquí morreron amigos meus, e eu aínda me estou a recuperar das miñas feridas. Non penso marchar ate que vexa cambios verdadeiros\", di enfadado Yuriy Ponomarenko Con esta difícil situación, o futuro de Ucraína pode que se reflicta a través do Maidán. Ninguén se atreve a vaticinar o que pasará aquí en próximas datas. Entre os acampados, unha ampla maioría parece telo claro en contra das verbas do novo alcalde: \"Aquí morreron amigos meus, e eu aínda me estou a recuperar das miñas feridas. Non penso marchar ate que vexa cambios verdadeiros\", di enfadado Yuriy Ponomarenko, un parado que leva dende novembro acampado en pleno Maidán. Nembargantes, non ten moi claro cando e como chegarán eses cambios, e é optimista respecto ao recén elixido Poroshenko, o que é un claro exemplo da ambigüidade do seu discurso e do da praza en conxunto. A heteroxeneidade de grupos que compón o Maidán foi unha vantaxe nos primeiros momentos, pero seis meses despois, co proceso de desgaste sufrido, transformouse nun lastre. Resulta realmente complicado que grupos de extrema dereita e anarquistas, políticos en cernes e estudantes, parados e avogados, reformistas e rupturistas... poidan chegar a unha postura común funcional que desprace ao ben instalado poder político-oligárquico. Resulta realmente complicado que grupos de extrema dereita e anarquistas, políticos en cernes e estudantes, parados e avogados, reformistas e rupturistas... poidan chegar a unha postura común funcional que desprace ao ben instalado poder político-oligárquico Porén, tamén hai iniciativas que invitan ao optimismo, como a dun grupo de activistas do Maidán que loitan para manter vivo o espírito da protesta sen que se marxinalice. Trátase do Maidán 3.0, do que Bogdana Babych é voceira: \"Tratamos de dar un toque cultural e informativo ás protestas, afastándoas da imaxe que se está a dar de campamento anárquico. Buscamos saídas de xeito asembleario, organizándonos e ofrecendo alternativas reais para que os corruptos non sigan co poder\". Vendo os resultados das últimas eleccións, e cos grandísimos retos que ten diante o país para non quebrar, o traballo deste grupo de activistas revelase titánico."}
{"ID": "NOS_20828", "summary": "Na Galiza viven 253.000 persoas en pobreza severa e 700.000 en pobreza relativa. Son as principais afectadas polas dificultades de acceso a unha vivenda digna, pero non as únicas. Traballadoras precarias mais tamén con soldos de até 1.400 euros denuncian o esforzo e as renuncias ás que fan fronte para estar ao día nos pagos.", "text": "O pasado 21 de setembro a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social lanzou a campaña \"Emerxencia Vivenda\". Desde entón, máis de 260 entidades sociais apoiaron a iniciativa que busca converter o acceso a unha vivenda digna e adecuada nun dos asuntos de centrais do debate político. O acordo entre PSOE e Unidas Podemos, no marco do Goberno de coalición, para desbloquear os presupostos xerais do Estado tamén atinxiu a nova Lei de vivenda, principal estorbo durante as negociacións. A pasada terza feira os socios de Goberno adiantaron as chaves da futura norma e alentaron a discusión pública, centrada máis nas medidas consensuadas que na propia emerxencia residencial. Se ben, unhas e outra explican mellor por xunto as dificultades habitacionais que atravesan miles de persoas. O mellor da lei, a lei Xosé Cuns, director da Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social, celebra o acordo sobre a futura normativa. \"O máis positivo desta lei é que haxa unha lei. Era un dos obxectivos da campaña: reclamar unha lei estatal, porque non había ningunha\". Desde a chegada da democracia, e malia figurar como un dereito constitucional, a vivenda non gozou no Estado de ningunha norma específica que obrigase a garantir ese dereito e a facilitar política específicas, aclara. Agora, e malia os reparos expresados polo PP de Pablo Casado, que avanzou o recurso da norma ante o Constitucional antes de coñecer os detalles e a decisión política de non aplicar a lei alí onde goberna, as organizacións do terceiro sector aplauden a iniciativa do Goberno español á espera de coñecer os detalles do Plan estatal de vivenda onde se debe concretar o orzamento. Incrementos, cantidades destinadas a cada territorio, obrigas en materia de cofinanciamento. Neste sentido, Cuns advirte da importancia de que o Estado non repita \"o erro que cometeu co Ingreso Mínimo Vital: aprobar unha normativa apenas consensuada que na práctica complica cunha burocracia inmensa as posíbeis beneficiarias\". De feito, desde a Rede Galega contra a Pobreza salientan que \"tan importante como aumentar o orzamento destinado a vivenda, aquí na Galiza é facelo de forma coordinada\" entre institucións públicas e entidades. \"As competencias de vivenda están transferidas. A Xunta é a Administración competente. O Estado pode financiar e recoller obrigas nesta lei pero quen as ten que implantar é a Xunta\". E tamén os concellos. Neste sentido, di, xa se teñen dirixido tanto á Fegamp como ás forzas políticas da oposición. \"Non chega con criticar a Xunta, tamén nos concellos onde gobernan deben atender a algo tan básico como o fracaso do censo de vivendas baleiras. É corresponsabilidade dos municipios e da Xunta avaliar a disposición de solo e de vivendas que se poden ceder ao parque de alugueiro social\". Aporofobia e vivenda A campaña \"Emerxencia Vivenda\", sinala Xosé Cuns, responde a unha necesidade \"que observamos e nos trasladan a diario as persoas afectadas a todas as organizacións do terceiro sector que actuamos no ámbito da vivenda\". A pandemia actuou como detonante das dificultades de acceso a unha vivenda digna, que na práctica, están a supoñer un impedimento para calquera tipo de medida de loita contra a pobreza ou de política social. A Covid obrigou a confinarse en infravivendas a perto de 280.000 persoas que habitan fogares con problemas de humidades e falta de ventilación na Galiza. E complicou ou suprimiu os ingresos dos que se valían moitas familias para poder pagar unha casa. Con todo, a raíz do problema é mais antiga e ten que ver, di Xosé Cuns, con que a política de vivenda apenas foi prioritaria, sobre todo a dirixida ás 700.000 persoas en pobreza relativa e ás 253.000 en pobreza severa que, despois de 2020, \"vemos como lles afecta a niveis nunca antes vistos; de ter que escoller entre pagar o alugueiro ou diminuír a calidade da súa alimentación\". Segundo a última enquisa de condicións de vida, o número de persoas que non poden acceder a unha comida de carne, polo ou peixe cada dous días aumentou na Galiza de 240.000 a 400.000. \"E case 162.000 persoas máis teñen que priorizar gastos a diario\", incide o director da Rede Galega contra a Pobreza, \"porque a vivenda está a ser un aspirador rotundo de todo tipo de rendas\" para poder afrontar outros gastos básicos e imprevistos. En 2020, de media, as galegas destinaron 30% do seu salario á vivenda, 40% no caso da poboación moza. O problema de acceso é máis grave para as persoas en exclusión, pero tamén afecta á clase media, \"con soldos de até 1.400 euros\", detalla Xosé Cuns. Ao incremento do prezo dos alugueiros, un 2% no último ano até os 7,2 metros por metro cadrado, hai que sumar as taxas de vivenda baleira, ben acondicionada ou de protección que dificultan o acceso. Así, a campaña na que participa a Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social busca mostrar a vivenda como un dereito e dignificala, tamén a través da experiencia e das demandas de quen sofren as dificultades de acceso, como Duvraska, migrante na Coruña que denuncia prexuízos e un exceso de trámites para alugar un piso en condicións óptimas para acabar pagando a metade dun soldo precario por un cuarto, \"como nos pasou a todas\". A escaseza de vivenda social, no foco Na Galiza estímase que tres de cada dez vivendas están desocupadas, un baleiro que a nova lei de vivenda buscará combater cunha suba de até 150% do IBI destes inmóbeis. Tamén prevé actuar con límites aos prezos dos alugueiros en zonas especialmente desmandadas e cunha regulación específica para baixar, tamén o custo dos alugueiros dos propietarios que teñen dez ou máis inmóbeis\". Doutra banda, sinalan as entidades sociais, cómpre actuar no ámbito da vivenda social. Fronte á media de 3,8 inmóbeis por cada cen habitantes de Europa, o Estado garante 0,9 e a \"Galiza, tres veces menos\". \"Apenas se investiu en vivenda social nos últimos 20 anos. En 2019 había só 3.534. Como mínimo, farían falta 7.500 máis para alcanzar a media estatal\", asegura Xosé Cuns."}
{"ID": "NOS_19663", "summary": "O CSOA O Aturuxo das Marías, no Campo do Cruceiro do Gaio. A kupa procura \"recuperar espazos comúns, tecer e fortalecer redes entre a xente dos barrios\".", "text": "A okupación en Compostela non é exclusiva destes tempos. Nas últimas décadas houbo diferentes iniciativas e proxectos en diversos zonas e barrios da cidade (desde as vivendas okupadas no Sarela ou a de Santa Clara até a Casa Encantada en Sar, a do Calexón de Dereito, pasando por experiencias máis recentes como o Escárnio e Maldizer). Recentemente vén de nacer unha nova okupa na capital galega: o CSOA O Aturuxo das Marías, na zona do Pombal. En concreto, este centro social okupado e autoxestionado é nun edificio do Campo do Cruceiro do gaio. Nas redes sociais elas propias explican os porqués e obxectivos deste proxecto: \"Atopámonos nunha cidade configurada pola especulación, a precariedade económica e o turismo insostible, na que o illamento e a falta de apoio entre as persoas está á orde do día. Numerosos inmobles fican abandoados e alleos ás necesidades da xente\". Ante este panorama, indican, \"consideramos lexítimo recuperar espazos mortos e baleiros para enchelos de vida. É por isto que queremos construír un centro social okupado e autoxestionado, onde todas as persoas decidimos e temos cousas que aportar. Un espazo de confianza e de seguridade que non é exclusivo da xuventude, senón que todas as experiencias teñen cabida\""}
{"ID": "NOS_22596", "summary": "Cando faltan poucos días para que se coñeza a sentenza contra catro independentistas xulgados por \"pertenza a organización terrorista\", a asociación Que voltem para a casa dá o paso \"da solidariedade á denuncia\" e reclama para as presas e presos da Galiza a fin da prisión preventiva, da dispersión ou da clasificación FIES 3", "text": "\"Se non fosse porque me ficam muitos anos de vida (aguardo) definiría estes días como a estància num purgatório. Esta é a pior cara da prisom\". Escribiuno o galego Hadriam Mosqueira 'Senlheiro' na primeira páxina dun diario que encetou o mesmo día en que lle entregaron a notificación da súa clasificación como preso FIES 3, o mesmo réxime que lle aplican a todos e todas as presas independentistas da Galiza ao lles aplicar a lexislación antiterrorista. Sirvan como símil para explicar as súas consecuencias unhas bonecas ruras, as matrioskas: un cárcere dentro doutro cárcere. Dispersión, incomunicación, desatención, isolamento, vixilancia e castigo son palabras habituais no vocabulario con que describen o día a día tras das reixas os seis cidadáns galegos que a día de hoxe fican presos e submetidos á dispersión: Eduardo Vigo, Antom Santos, Roberto R. Fialhega, Xurxo R. Olveira, Carlos Calvo e o propio Hadriam Mosqueira. Unha asociación \"apartidista\" e \"estritamente humanitaria\" Colocar na axenda política e social a súa realidade e dar un paso \"da solidariedade á denuncia\" é o obxectivo primeiro da asociación Que voltem para a casa, que este sábado se presentou na libraría Couceiro, en Compostela. No seu manifesto, o colectivo, que toma as rendas da plataforma Que voltem à casa, quixo remarcar o seu carácter \"estritamente humanitario\" e a finalidade de lles brindar apoio ás familias dos cidadáns galegos presos. Para alén da solidariedade, a asociación nace tamén con vocación de denuncia da situación de \"indefensión\" en que se atopan, a \"vulneración sistemática\" dos seus dereitos e a \"excepcionalidade e ilegalidade\" do tratamento xurídico e penitenciario \"que viola a lexislación estatal e internacional en materia de dereitos humanos\". Non á lexislación de excepción Por todo isto, o colectivo exixe que @s militantes independentistas galeg@s deixen de estar submetidas á lexislación antiterrorista, reclamando a fin dos periodos de incomunicación que poden prolongarse até durante cinco días. A dispersión, o emprego \"desmedido\" da prisión preventiva, as clasificacións en FIES 3 coa conculcación de dereitos fundamentais que carrexa ou o seu enxuizamento nun \"tribunal de excepción\", a Audiencia Nacional española, son outros dos puntos que Que voltem para a casa quere recalcar sobre as vulneracións que sofren os independentistas presos. Cómpre tomar en conta que tres deles non foron aínda xulgados e outros tres, xunto a Maria Osorio que se atopa en liberdade provisoria, non foron condenados aínda por delito ningún. Alén de Osorio, outras cinco persoas fican tamén en liberdade provisional: Hector Naia 'Koala' e Júlio Saians á espera de seren xulgados; Telmo Varela namentres se resolve un recurso de apelación; e Artur R. Olveira e Noa González, que non entraron nunca en prisión mais que foron imputad@s por \"encubrimento\" en relación a unha acción acontecida o 4 de agosto de 2012 no Monte Sampaio, en Vigo. Apoios do nacionalismo e o soberanismo de esquerdas Por todo o anterior, a asociación emprazou \"á sociedade galega e ás organizacións políticas, sociais e sindicais\" a se pronunciaren \"de maneira clara e inequívoca\" contra a política penitenciaria aplicada aos seis galegos, así como a exixiren a fin da dispersión. O acto contou co apoio de activistas ben coñecidas como a escritora Teresa Moure ou o pintor Leandro Lamas, así como das organizacións políticas BNG, Anova, Causa Galiza, Nós-UP, Primeira Linha e FPG; e dos sindicatos CNT e CUT. Lamentaron a súa ausencia as centrais CIG e Fruga. Ximena González (BNG): \"Fronte ao fascismo do PP, que criminaliza todas as ideas que non se axustan ao seu modelo territorial que ten para o Estado, nós defendemos os dereitos sociais, humanos e políticos das persoas presas e reivindicamos o seu achegamento e a fin da tortura nas prisións españolas\" Manoel Santos (Anova): \"Asumimos sen fendas nin ambigüidades o que di o manifesto e animamos a traballar contra a mentira e criminalización da disidencia para destruír a falacia terrorífica que hai ao redor dos presos, que tamén son os nosos\" Martiño Paradelo (CNT): \"As diferencias ideolóxicas deben superarse para denunciar a lexislación do Estado e unha excepcionalidade que non obedece senón a motivos políticos. Cómpre desfacer a idea de que esas persoas son monstros que non teñen dereitos nin sentimentos\" Ricardo Castro (CUT): \"Estas persoas están presas por defender as súas ideas de maneira democrática\" e acrecentou que \"este sistema vai afogarnos se non somos capaces de o derrubar\" Rebeca Bravo (Nós-UP): \"Nesa peceira de vidro (en referencia á estrutura da Audiencia Nacional española en que se colocan @s pres@s polític@s cando son xulgad@s) quen tiña que estar era a cámara municipal de Compostela e, das instancias máis altas, Feijóo e Rajoy\" Carlos Morais (Primeira Linha): \"Exiximos non só que se cumpran e non se vulneren todos os dereitos dos patriotas galegos e reclamamos a súa inmediata liberdade porque o Estado español non ten lexitimidade para os xulgar. A quen hai que ilegalizar é ao PP\" Alfredo Edreira (Causa Galiza): \"É necesaria a loita pola repatriación dos presos encarcerados e dispersados ilegalmente\" e enfatizou \"o exemplo de dignidade e enteireza das súas familias\" Xiana González (FPG): \"Facemos nosas as esixencias expresadas no manifesto e poñémonos á disposición da plataforma para todo o que necesiten\""}
{"ID": "NOS_18331", "summary": "Os positivos e as aulas pechadas caen ata os 848 e as 48, respectivamente.", "text": "Segue a descender a incidencia da Covid-19 nos centros galegos de ensino. Os casos positivos sitúanse nun total de 848, trece menos que a pasada sexta feira, aínda que a situación obriga a manter fechadas polo menos tres escolas infantís e 48 aulas nas instalacións educativas da comunidade. Trátase das escolas infantís de Chiquis de Pontevedra e Cáritas Tui-Vigo, esta última da cidade olívica, ademais da escola infantil Ludy, situada na cidade de Ferrol, que conta tan só con dous positivos nas súas instalacións. Os puntos de maior incidencia atópanse, por unha banda, no centro privado plurilingüe A Grande Obra de Atocha, que conta con 21 positivos e polo menos dúas aulas clausuradas debido aos contaxios no inmóbil. O IES plurilingüe Pedra da Aguia, do municipio de Camariñas, rexistra 18 positivos e un total de cinco unidades clausuradas. A área sanitaria de Vigo é a que concentra o maior número de casos en centros educativos, aínda que se atopa en descenso. En concreto, presenta 190 positivos en activo, ademais de 16 aulas e unha escola infantil clausuradas. Nesta zona destaca a situación da CEE Saladino Cortizo, que mantén polo menos catro unidades inactivas debido a oito positivos. A área da Coruña, pola súa banda, mantén 173 positivos e 12 aulas pechadas, aínda que mellora os seus datos respecto ao último parte das autoridades sanitarias, mentres que Santiago sitúase en 141 contagios e oito aulas afectadas. No resto do territorio a situación mantense en termos similares. A área de Pontevedra conta cuns 131 positivos nos seus centros educativos e polo menos tres aulas e unha escola infantil fechada. A esta zona séguelle a área de Lugo, con 88 casos e cinco aulas afectadas, e Ferrol con 73 positivos, unhas aulas e unha escola infantil fechada. O balance de cifras remata cos centros da área de Ourense, que manteñen a súa tendencia cara á melloría con 52 positivos e tres unidades afectadas."}
{"ID": "NOS_20385", "summary": "\"Declaracións en campaña electoral\" a raíz dun caso concreto en Balears. A isto reduciu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a proposta de Casado de prohibir que se requira o galego para acceder a un emprego público.", "text": "\"Nas campañas electorais fanse ducias de afirmacións que se plasman despois en textos de carácter formal ou non\". Así respondía na mañá da quinta feira Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, unha pregunta formulada pola deputada do PSdeG Concepción Burgo nunha comisión parlamentar a respecto da proposta do PP de prohibir que se requira o galego para acceder a un emprego público. O responsábel da política lingüística reduciu a \"declaracións en campaña electoral\" a proposta de Pablo Casado e advertiu de que o líder do PP se refería a un caso concreto en Balears que \"non se chegaría a dar nunca na Galiza\". Lembrou García que unha semana despois de propor a modificación da lei para prohibir o galego como requirimento no acceso á función pública Casado situou o galego como \"modelo lingüístico ideal para o resto do Estado\". Ademais, sinalou que non existe \"nin outro horizonte nin outra perspectiva\" que non sexa a lexislación actual. \"No PP somos tamén galegofalantes e todos os gobernos do PP aprobaron normas e ao galego tampouco lle foi tan mal\" O PP, dixo o secretario xeral de Política Lingüística, \"sempre defendeu o galego na Galiza\". \"No PP somos tamén galegofalantes e todos os gobernos do PP aprobaron normas e ao galego tampouco lle foi tan mal\". Criticou que alcaldes do PSOE -como no seu día Francisco Vázquez ou Abel Caballero- non usasen o galego. Concepción Burgo criticou o \"proceso de recentralización\" do PP e alertou das dificultades de poder usar o galego na administración pública se \"os que traballan non teñen a obriga a coñecer o idioma\". Cualificou a proposta de Casado de \"preconstitucional\"."}
{"ID": "PRAZA_9502", "summary": "O Tribunal de Cuentas pedira á administración que denunciase por \"danos e prexuízos\" a paralización dunha liña de tren á fábrica de Ence en Navia que Portos esgrimiu como ameaza para xustificar perdoarlle taxas en Galicia", "text": "O Tribunal de Cuentas pedira á administración que denunciase por \"danos e prexuízos\" a paralización dunha liña de tren á fábrica de Ence en Navia que Portos esgrimiu como ameaza para xustificar perdoarlle taxas en GaliciaTras reclamalo o Tribunal de Cuentas, que mesmo propuxo que se esixira á empresa \"danos e prexuízos\", Adif e o Principado de Asturias están a negociar con Ence o futuro do inacabado ramal ferroviario á fábrica que ten en Navia e que, pagado en parte con fondos públicos, serviu como argumento para que a Xunta lle veña rebaixando á pasteira desde 2011 as taxas por empregar o porto de Ribadeo en vez do tren asturiano para o movemento dos seus produtos. O goberno do Principado, que cuantifica en 2,8 millóns o que xa pagou por unha obra na que a empresa deixou de ter interese, di que non seguirá achegando cartos a eses traballos e aspira a recuperar esa contía. Pola súa banda, a empresa apartou 10,7 millóns nas súas contas para a \"cancelación\" de varios contratos para o transporte de madeira e celulosa da súa fábrica de Navia, operación cuxo balance final considera beneficioso.Había anos que Ence viña movendo diversos produtos da súa factoría de Navia a través do porto de Ribadeo, a 35 quilómetros ao oeste por estrada, cando hai unha década asinou un convenio co Principado e Feve (hoxe Adif) para construír un ramal de 2,5 quilómetros que conectase as súas instalacións coa liña ferroviaria que atravesa Asturias e pasar a usar o porto de Xixón, a uns cen quilómetros ao leste. Dos 9 millóns que se prevía que custaría ese ramal de acceso á súa fábrica, Feve pagaría 3,5, o principado outro tanto e Ence 2 millóns. As previsions dispararonse e na actualidade, coa obra lonxe de rematarse, Adif cuantifica xa en 9 millons o executado, contia que deberá agora pagar Ence en solitario.Con esas obras xa iniciadas foi cando a Xunta asinou con Ence en 2011 un acordo á medida da empresa para rebaixarlle ata un 60% as taxas polo uso que xa viña facendo do porto de Ribadeo, titularidade de Portos de Galicia. O principal argumento ofrecido polo Goberno galego para esa exención foi precisamente a ameaza de que Ence levase a Xixón por tren os tráficos que viña captando Ribadeo. Do mesmo xeito, o argumento esgrimido polo Principado para xustificar a súa achega de fondos públicos para construír a vía ferroviaria á fábrica de Navia era o de que así Asturias pasaría a beneficiarse duns tráficos que ata aquel momento pasaban por Galicia.A operación de Ence a dúas bandas, co Principado e Feve/Adif, por un lado, e coa Xunta, por outro, foi desmontada polo Tribunal de Cuentas nun informe de fiscalización dos investimentos de Feve entre 2005/2012 publicado en novembro de 2017 no Boletín Oficial del Estado (BOE). Nel o ente fiscalizador relata como, unha vez asinado o acordo coa Xunta, a obra da liña férrea asturiana foi paralizada polo \"escaso interese\" da empresa por continuala. Os obstáculos que Ence comezou a poñer para a obra ferroviaria foron relacionados polo Tribunal de Cuentas \"co feito de que durante todo este período de tempo ata a actualidade veu suplindo este servizo de transporte por ferrocarril co transporte por estrada ao porto galego de Ribadeo máis próximo á súa factoría\".Ante esa situación, o ente fiscalizador fixo unha petición a Feve/Adif: \"Sería conveniente que se intensificasen as negociacións para poder terminar coa construción do tramo ou, no seu caso, se denunciara o contrato e, conforme ao establecido nos contratos asinados, se esixira á empresa propietaria da factoría a indemnización dos danos e prexuízos provocados pola súa actuación\".A empresa sinala nos seus últimos resultados que reservou 10,7 millóns para cancelar varios contratos de transporte de madeira e celulosa da súa planta de Asturias pero salienta que o balance final da operación sáelle beneficiosoEsas negociacións de Adif e o Principado con Ence para decidir o futuro desa obra inacabada retomáronse á fin o pasado ano, segundo confirman varias fontes, tras o silencio inicial da empresa aos primeiros contactos por parte da administración central. En novembro o goberno do Principado informou no parlamento autonómico, a pregunta de Podemos, que non pensaba seguir achegando cartos a eses traballos tras poñer neles 2,8 millóns de euros mentres non se decidise se se prescinde definitivamente desa actuación. Desde Podemos criticouse a \"compracencia\" das administracións con Ence ao beneficiala con recursos públicos para que finalmente a empresa lograse unha rebaixa de taxas en Galicia. Adif, pola súa banda, confirma a existencia desas negociacións para recuperar os cartos públicos e aclara que están xa moi avanzadas..Mentres, Ence reflicte, nos seus resultados anuais que vén de facer públicos, que comezou a negociar a \"cancelación\" de varios contratos para o transporte de madeira e celulosa da súa fábrica de Navia que segundo di \"suporían un maior custo loxístico anual a futuro, fronte ás mellores condicións conseguidas de maneira recorrente pola Compañía desde aquela\". Por iso, di, apartou \"unha provisión de 10,7 millóns de euros que cubre o importe máximo estimado para a cancelación de ditos contratos, sendo este importe claramente inferior ao valor actual do sobrecusto en que incorrería a compañía no caso de manterse ditos contratos\".A modificación legal que ampara a rebaixa selectiva de impostos en Portos de Galicia só se empregou unha vez: con Ence en RibadeoA obra asturiana pola que agora Adif e Principado lle piden contas a Ence foi empregada pola Xunta como xustificación para rebaixarlle á empresa impostos en Galicia, unha bonificación de taxas portuarias que tal e como foi redactada no convenio asinado ao efecto entre Portos de Galicia e Ence, desvelado en febreiro de 2016 por Praza.gal, non evitaría a marcha da empresa de Ribadeo senón que na práctica supuxo un perdón unilateral do que viña pagando fixese o que fixese. Por outra banda, aquela rebaixa concretouse a través dun convenio para o que foi preciso modificar previamente en decembro de 2010 a lei de taxas de Portos de Galicia. Esa modificación legal para permitir ao ente público asinar convenios de rebaixa de taxas con empresas privadas só se empregou unha vez: con Ence.Ence vén presentando beneficios en aumento ano tras ano e o daquela responsable de Portos que autorizou a rebaixa de impostos foi contratado polo Concello de Arteixo como \"xestor eficaz de recursos\"Aquel convenio asinado en 2011 e que remata a finais deste ano, polo que a negociación agora en marcha en Asturias pode influír na súa renovación, supuxo polo menos nos seus primeiros anos en vigor unha redución dos ingresos de Portos de Galicia de entre 300.000 e 500.000 euros anuais (entre o 2% e o 3% dos ingresos ordinarios do ente público). Pero a rebaixa non foi a única concesión que fixo a Xunta a Ence en Ribadeo. Tras a ameaza de deixar Galicia por Asturias, a Xunta tamén investiu 2,2 millóns de euros en mellorar o porto lucense, obras que o propio Feijóo vinculou ás necesidades da empresa na súa inauguración en xullo de 2012. A empresa, pola súa banda, vén obtendo ducias de millóns de euros de beneficios cada ano desde aquela, 132 millóns só en 2018.Por outra banda, o responsable daquela modificación legal da lei de taxas e do posterior convenio para reducir impostos a Ence en Ribadeo foi o daquela presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, que cando deixou ese ente público foi contratado en setembro de 2015 polo goberno local de Arteixo, do PP, co cargo oficial de \"xestor eficaz de recursos\"."}
{"ID": "NOS_8579", "summary": "O PNV avanza sen teitos electorais e sen acusar desgaste ningún a pesar de copar o poder. Esta é a primeira clave das eleccións de abril e maio. A outra tendencia confirmada nas urnas vascas é o fracaso da dereita española. C's e Vox ficaron sen actas municipais e nin eles nin o PP obtiveron representación nas Cortes. Bildu subiu, mais o arrase electoral do PNV e a súa preferencia polo PSOE pode deixar lonxe de moitas alcaldías á formación de Otegi. Eis un extracto da análise, publicada no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "A locomotora do país. Así é como define Andoni Ortuzar o Partido Nacionalista Vasco, formación que este xornalista preside na actualidade e a quen as urnas volveron dar un avance electoral sen parangón. Nas tres últimas votacións, o partido jeltzale continuou aumentando o seu respaldo popular, sendo a primeira forza nos comicios xerais do 28 de abril, así como nos europeos e locais do 26 de maio. Nestas últimas votacións resultou a forza máis apoiada en 115 municipios e nas tres capitais: Bilbo, Donostia e Gasteiz. O nacionalismo en xeral refórzase, cunha EH Bildu que tamén incrementou os seus resultados alcanzando o 25% dos sufraxios e sendo a máis votada en 89 concellos (11 municipios máis que en 2015). Mais a locomotora de Ortuzar tamén valeu a Otegi para argumentar que \"o problema está en que esa locomotora non ten condutor e non sabe nin cara a onde vai nin en que camiños está; non sabe onde dirixirse nin con quen quere facer o camiño\". Empregaba estas palabras o líder abertzale cando o deputado do PNV en Madrid, Aitor Esteban, mantiña o suspense sobre cal sería a posición do seu partido nos orzamentos do Estado apresentados por Mariano Raxoi así como na posterior moción de censura, da que Pedro Sánchez resultou co goberno do Estado nas súas mans. Agora, de cara á conformación dos gobernos municipais, PNV e PSOE-EE xa chegaron a un preacordo esta semana nunha reunión en Sabin Etxea coa participación das delegacións encabezadas polo presidente do Euzkadi Buru Batzar, Andoni Ortuzar, e pola secretaria xeral do PSOE-EE, Idoia Mendia. Segundo adiantaron ambas formacións, o obxectivo do acordo vai na mesma liña que o alcanzado en 2015 no que se refire a \"obter gobernos locais e forais estábeis\". En canto a apoiarse alí onde ningunha das dúas formacións fose a máis votada, o acordo de hai catro anos estipulaba que só sería obrigatorio cando así o requirise o partido que quedara por diante. Ademais, daquela tratábase dunha decisión a tomar en cada territorio e non polas respectivas executivas nacionais. [Podes ler a análise íntegra no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_23320", "summary": "Nun primeiro momento, falarase de que esta baixa laboral tería unha duración de tres días, mais finalmente cada muller disporá dos días que precise.", "text": "Fontes do Goberno español confirmaron a Europa Press que a baixa por menstruación dolorosa estará no anteproxecto da lei do aborto que o Executivo de Pedro Sánchez ten previsto aprobar no Consello de Ministras e Ministros da vindeira terza feira. As mesmas fontes indicaron que se tratará dunha incapacidade temporal asumida pola Seguridade Social desde o primeiro día, polo que non suporá ningún custo para as empresas. As rapazas maiores de 16 anos poderán abortar sen o permiso dos seus pais e nais Ademais, non esixirá, como si se fai con outras incapacidades temporais comúns, ningún tempo mínimo cotizado, nin se estabelecerá un número de días, senón que serán os que necesite cada muller. Nun primeiro momento, falarase de que esta baixa laboral tería unha duración de tres días. \"Vangarda\" dos dereitos da saúde e reprodutivos A secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, Ángela Rodríguez, explicou que esta medida situará o Estado español na \"vangarda\" dos dereitos de saúde e reprodutivos e reivindicou que o dereito laboral \"non pode ser neutro ao xénero\". O Goberno español negociou até esta mesma semana as condicións da lei do aborto, segundo explicou esta cuarta feira o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá. A crise da Covid expulsa do mercado laboral galego máis de 7.000 mulleres O ministro detallou que estaba a traballar coa homóloga de Igualdade, Irene Montero, para buscar un \"equilibrio\" e reforzar a \"protección\" da muller nestes casos Ademais, pretenden facelo compatíbel con que non se vexa \"entorpecida\" a participación \"plena\" da muller no mercado de traballo."}
{"ID": "NOS_41876", "summary": "O Goberno español rebaixará así aínda máis a cifra de casos de maltrato. Na promesa de contabilizar mes a mes non só as asasinadas, senón tamén as que resultaban feridas por esta forma de terrorismo, maquillará os dados, pois menos do 10% delas van ao hospital", "text": "\"Múltiples contusións, dor en pirámide nasal, mandíbula, ouvido, rexión malar, craneal e occipital, rexión lumbar, xeonllo, nocello e rexión dorsal. Hematomas na pálpebra do ollo esquerdo, na rexión frontoparietal esquerda, na rexión mandibular dereita, na rexión pretibial bilateral, dor de rotación de cadeiras, hematomas e equimose nos antebrazos, pranto constante durante a exploración\". É o parte médico dunha muller que sufriu unha agresión machista e que non lle vai interesar ao Goberno español á hora de ofrecer o cómputo mensal que prometeu das agredidas que recibiron atención médica. No anuncio inicial non estaba xa previsto contabilizar todas as mulleres en situación de violencia, física ou psicolóxica, senón unicamente aquelas que fosen atendidas no centro médico e contasen cun parte de lesións. Os dados comezarían a se facer públicos en 2013. Pasaron sete meses e deles nada se sabe. Daquela intención feita promesa queda pouco: agora a data para coñecer das agresións machistas será o ano que vén, e ao Ministerio de Sanidade xa non lle interesan todas as maltratadas. Unicamente computarán nas estatísticas aquelas que teñan secuelas físicas (non psicolóxicas) e non todas: só as que fiquen hospitalizadas máis de 24 horas As estatísticas de Ana Mato rexistrarán menos do 10% dos casos reais que se producen Segundo informa esta segunda feira o diario El Mundo, alguén no departamento de Ana Mato advertiulle á ministra de que computar todos os casos de violencia machista carrexaría como consecuencia que durante o goberno do PP habería un índice maior desta forma de terrorismo do que se rexistrou co PSOE, que só levaba a conta das mulleres asasinadas. As mulleres maltratadas valen tamén como arma arreboladiza no xogo político no bipartito español PP-PSOE. Así, nas estatísticas de Mato rexistraranse menos do 10% dos casos reais que se producen realmente, pois menos do 10% das mulleres acoden a un hospital malia que o Consello xeral do poder xudicial dá conta dun milleiro de denuncias por lesións cada mes, e cómpre tomar en conta que non todas as mulleres denuncian as agresións que sofren. Coa maquillaxe das estatísticas xustifícase tamén o recorte das axudas ás vítimas da violencia machista Cal é a consecuencia desta estatística? Luz verde do Goberno español para 'vender' o éxito das súas políticas na loita contra os malos tratos e luz verde tamén no recorte das axudas que se destinan ás mulleres en situación de violencia machista e á prevención desta forma de terrorismo."}
{"ID": "NOS_23140", "summary": "A raíz da detención do asasino confeso de Diana Quer, son moitas as entidades sociais que expresan publicamente a súa condena, entre ellas o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A entidade vén de difundir un comunicado esta cuarta feira para demandar que os medios traten o caso da moza como un \"episodio de violencia machista\".", "text": "\"A violencia de xénero non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbito doméstico, senón en todos os tipos de violencia dirixidos cara mulleres polo simple feito de seren mulleres\", reza o texto. O Colexio insiste en non esquecer que o asasinato da moza madrileña acontece nun marco ideolóxico e social de supremacismo patriarcal \"que supedita o rol feminino ao masculino\". A asociación profesional indica ademais varios documentos que poden orientar os medios á hora de tratar estes \"atentados contra a liberdade e a dignidade\": a Declaración de Compostela, a Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra as mulleres, as Recomendacións extraídas do foro sobre a comunicación e xénero e as Conclusións da xornada O papel dos medios na información de xénero. O Colexio tamén se refire á necesidade de introducir mecanismos de filtración e control na sección de comentarios das publicacións on line, onde poden reproducirse discursos que xustifiquen a violencia de xénero. \"Unha información non pode tratar dunha maneira ética e responsábel esta lacra social se comparte espazo con comentarios dese tipo\", afirma. A protección das menores de idade Por último, a entidade expresa a súa preocupación por aquelas informacións referentes a menores de idade que non son suxeitos noticiosos por si mesmos, como a irmá menor de Diana Quer ou a filla do presunto asasino. Recomenda evitar fornecer datos sobre elas e, no caso de ser necesario informar delas, seguir os consellos dos documentos indicados. \"A privacidade e a propia imaxe deben ser respectadas en todos os casos, pero aínda máis cando se trata de menores, que precisan de especial protección pola súa situación de vulnerabilidade\", afirma o Colexio Profesional de Xornalistas, que aproveita para comunicar as súas condolencias a familiares e persoas achegadas de Diana Quer. \"Debemos apelar á ética xornalística para que non se sume máis dor á dor e para que poidamos loitar desde os medios de comunicación contra a lacra social da violencia de xénero\", conclúe."}
{"ID": "NOS_57347", "summary": "As plataformas constituídas en todo o País protestaron canda as vítimas das preferentes.", "text": "Non queren caridade nin boas palabras. Queren que Facenda cancele todos os expedientes sancionadores \"que nos tratan como a delincuentes\" ao aplicar con carácter retroactivo un real decreto en virtude do cal lles reclaman o IRPF correspondente ás pensións que cobran doutros estados desde o ano 2008. A comezos deste ano, a Axencia Tributaria anunciou outras 30.000 inspeccións na declaración da renda d@s emigrantes retornad@s e que se veñen sumar ás 20.000 que xa se practicaron en 2013. \"Castíganos por partida tripla, primeiro fixando para nos un réxime fiscal diferente ao do resto dos cidadáns do Estado, segundo determinando uns tramos distintos no momento de responder fronte ao fisco e por último o que é máis doe é que desde o Estado pero tamén desde a propia Axencia tributaria téntanos facer pasar por defraudadores\", explica o colectivo, que este primeiro día de febreiro se mobilizou en Vigo canda as vítimas do calote das preferentes. Reclamaron, así mesmo, a modificación lexislativa \"que elimine a arbitrariedade na interpretación da lei\", en referencia á norma 35/2006, do IRPF --imposto sobre a renda das persoas físicas-- e que se revisen os convenios con outros estados para evitar nun futuro situacións coma a actual. Aliás, peden á Axencia Tributaria que encete unha campaña informativa para coñecer as súas obrigas co fisco e que lles devolva todo o diñeiro que xa cobraron en concepto de sancións."}
{"ID": "NOS_555", "summary": "O pleno máis importante da lexislatura catalá decorrerá no Parlament esta cuarta feira, 6 de setembro, coa aprobación da lei do referendo e o anunciado contra-ataque político e xurídico do Estado español.", "text": "O Parlament de Catalunya aprobará esta cuarta feira a lei do referendo e pode que tamén a lei de transitoriedade, ferramentas sobre as que o goberno da Generalitat pode asinar o decreto de convocatoria do 1-O. Un paso, logo, de calado o que se dirime na Cámara catalá e no que confluirán diferentes estratexias, movementos e situacións dos axentes implicados. A mesa do Parlament esquivou até o de agora a admisión a trámite desas dúas leis aprobadas por Junts pel Si e CUP para evitar unha intervención do Tribunal Constitucional que botase polo chan a folla de rota do 'procés' nos primeiros pasos de lexislatura. Antes de comezar o pleno desta cuarta feira haberá, tal e como explica Vilaweb, unha reunión extraordinaria para admitir a trámite as leis de referendo e de transitoriedade. Mais na orde do día da sesión non figurará o debate e votación destas leis. Será no comezo do pleno cando JxS e CUP pidan que se inclúan na orde do día ao abeiro do artigo 81.3 do regulamento da Cámara catalá. Aquí o Tribunal Constitucional terá unha oportunidade para actuar. Este órgano estará reunido e actuando en paralelo ao que aconteza no pleno do Parlament. Deste xeito, cando a mesa do Parlament admita a trámite as leis o TC poderá enviar un requerimento. Porén, xa é coñecido que a vontade da maioría soberanista no Parlament é continuar co desenvolvemento da sesión e votar. Cs, PSC e PP xa indicaron que, no caso de ser dar este escenario, abandonarían o pleno, se ben non determinaron en que momento o farían, se antes ou despois de se dar a votación das leis. Catalunya Si que es Pot mantén a incógnita sobre que fará. Hai partidarios de votar non, de se abster e tamén de dar un si crítico. Unha vez aprobada a lei, esta será publicada no Boletín Oficial de Provincial (BOP). Entón xa poderá o goberno catalá asinar o decreto de convocatoria do referendo do 1 de outubro. Neste punto o movemento do goberno español xa é coñecido: presentar un recurso de inconstitucionalidade pedindo a suspensión cautelar inmediata desa decisión. De por parte, o Tribunal Constitucional pode optar polo artigo 96 da Lei Orgánica que lle atribuíu capacidade sancionadora e impor unha multa coercitiva ou ben a suspensión dos cargos que desobedeceron os seus requerimentos –non é unha inhabilitación-."}
{"ID": "NOS_18723", "summary": "O 4 de decembro perto de 31.000 docentes poderán votar nas eleccións sindicais no ensino en Galiza para elixir 142 delegados e delegadas. Suso Bermello (CIG-Ensino) fecha a serie de pequenas entrevistas con representantes de diferentes sindicatos que concorren a estes comicios.", "text": "CIG-Ensino ten na actualidade a representación de 46% do profesorado en Galiza, a moita distancia da segunda forza, con 15%. Todo un reto para as elección do 4 de decembro, ás que o sindicato nacionalista concorre coa intención de \"se manter como referente na defensa do profesorado e do ensino público galego\". -Como valora a CIG as medidas e políticas aplicadas nestes catro anos no ensino público galego, así como a resposta dada desde o profesorado e a comunidade escolar? -Nestes catro anos escoitamos moitos discursos e moita propaganda de que sairamos da crise, polo que se podería ter pensado que iso implicaría poder reverter grande parte dos recortes e agresións que sufriu o profesorado e o ensino público na última década, mais non foi así. A posición do goberno da Xunta foi numantina, apoiouse na súa maioría abafante do PP para nin negociar nin adoptar medidas que supuxesen unha recuperación deses dereitos que se arrebataron aos docentes ou para mellorar o ensino. Co novo goberno Sánchez, estamos nunha situación de impasse, xa non é o inmobilismo de Raxoi; puxéronse unha serie de medidas enriba da mesa, algunhas delas positivas. Mais non se fai co ritmo nin a intensidade nin coa decisión que entendemos que se deben adoptar. Agora estamos na negociación da modificación da Lomce que para nós fica moi lonxe do que debería ser. Somos profesorado, estamos en contacto permanente cos profesores e profesoras, e somos conscientes de que todos os recortes e agresións destes anos non só afectan a quen traballamos no ensino público senón a toda a sociedade -E a respecto da resposta do profesorado e comunidade escolar a esas políticas? -Creo que hai un elemento obxectivo e que é que en todo o Estado non houbo unha resposta tan contundente por parte da comunidade educativa ás reválidas da Lomce como a que se deu no noso país. E iso ten que ver con dous elementos fundamentais. O primeiro, que o modelo sindical de CIG-Ensino é de proximidade, asembleario, un modelo presente nos centros de traballo e que leva o combate e a contestación social alí onde ten que levala. Somos profesorado, estamos en contacto permanente cos profesores e profesoras, e somos conscientes de que todos os recortes e agresións destes anos non só afectan a quen traballamos no ensino público, senón a toda a sociedade. Desde esa perspectiva é chave o traballo feito desde a Plataforma galega en defensa do ensino público, que foi quen de vencer a propaganda da Xunta. -Cal é a columna vertebral das propostas que a CIG presenta nestas eleccións? -Estamos nun tempo en que a clase traballadora ten que facer un esforzo especial, e tamén as organizacións de clase, por recuperar os dereitos arrebatados nestes anos. A crise serviu tamén para iso, que a loita estea agora centrada na recuperación cando deberiamos estar a falar de avanzos. CIG-Ensino deseñou unha acción sindical que non ten a ver coa campaña electoral. A campaña, se tal cousa, dura catro anos, Hai catro anos as eleccións chegaron acabando a campaña por unha ILP para restituír os dereitos do profesorado e estes catro anos acabamos cunha recollida masiva de sinaturas (12.000) en tempo récord entre o profesorado galego, que superou as nosas expectativas. Identificamos aqueles 10 puntos que nos parecían máis prioritarios e necesarios defender para o profesorado. Esas demandas do profesorado galego asumímolas como un mandato e como tal actuamos tanto na negociación fraudulenta que houbo a finais de curso para as retribucións como as que asumimos como mandato para estes catro anos. Son aspectos que teñen que ver coas retribucións: a día de hoxe estamos mal pagos, non recuperamos o que se nos quitou nestes anos; mais especialmente teñen a ver coas condicións nas que desenvolvemos o noso traballo: desde o horario lectivo e as ratios abultadas que se dan en zonas urbanas e periurbanas; aos agrupamentos inexplicábeis que ás veces se dan no rural, pasando polo fechamento de aulas, o de acabar coa democratización nos órganos de goberno dos centros, ou a excesiva burocratización que debe afrontar un docente e que lle tira tempo do que debía ser o seu traballo. Tamén poderiamos falar da impartición de materias das que non somos especialistas, o que afecta as nosas condicións de traballo e empeora a calidade docente. Todas estas propostas materializaranse na medida en que pulemos e loitemos por elas, materializaranse na medida en que haxa un apoio importante á campaña daquelas organizacións involucradas. -Esta semana tivestes como sindicato unha reunión coa nova conselleira de Educación, unha primeira toma de contacto. Pensades que vai haber un punto e aparte nas políticas educativas da Xunta ou vai ser un punto seguido? -Con todo o respecto para a conselleira, nós entendemos que é un punto e seguidísimo. Mantense todo o equipo da Consellaría e non vimos nada que indique que vaian mudar as cousas. Hai un elemento neste sentido importante: a nivel do Estado sabemos que hai o borrador dun novo real decreto lei que volve de novo ás autonomías a potestade que tiña de xestionar o horario lectivo do profesorado, é dicir, cantas horas ten que impartir. A día de hoxe hai comunidades que xa teñen acordado nunha negociación a recuperación para setembro do ano que vén dos horarios que había. Este é un tema que CIG-Ensino sempre puxo riba da mesa, mais desde a Consellaría o único que hai como resposta é o silencio. A redución do horario lectivo ten dúas consecuencias: unha, a mellora nas condicións de traballo (máis tempo para preparar as aulas, máis tempo para cuestións didácticas, para atender as nenas e os nenos, unha ratio profesor/alumno menor que a que existe…). E, segunda, implicaría un aumento do profesorado."}
{"ID": "PRAZA_1563", "summary": "O Goberno galego presenta a segunda edición do seu Plan Estratéxico e defende que o fai sen ningún indicador concreto porque vai depender da participación cidadá. \"Consolida o principio básico de rematar coa improvisación na xestión pública\", afirma Feijóo.", "text": "En xuño de 2010, apenas un ano despois de chegar á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo encabezou un acto no Palacio de Congresos de Galicia para, ante unha multitude de altos cargos e representantes políticos institucionais, presentar o Plan Estratéxico 2010-2014: Horizonte 2020, un proxecto que, dixo daquela, estaba chamado a ser o guieiro para a \"planificación\" económica do Goberno galego ao longo de toda a década. Despois de que aquel roteiro inzado de obxectivos económicos para o que o presidente denominou \"a segunda modernización de Galicia\" fracasase notablemente nas súas previsións económicas o propio Goberno disponse a lanzar un novo \"plan estratéxico\".A idea do plan, asegurou Feijóo naquela presentación, \"convócanos en 2010, cítanos continuamente para avaliarnos, examínanos en 2014 e emprázanos ata 2020\". Se ese exame se producise o seu resultado sería, por exemplo, que as cifras de emprego non son as agardadas, que o país non se achega á converxencia económica coa media da Unión Europa, senón que se afasta dela. Asemade, o medre do investimento en I+D+i non foi tal, xa que o retroceso foi notable, e o avance nas enerxías renovables tampouco acadou o desenvolvemento agardado, en boa medida polo parón do sector eólico e a fin das primas a este tipo de enerxías.Con estes antecedentes o Goberno galego aproveitou este xoves a reunión semanal do seu Consello para, en rolda de prensa, presentar o novo Plan Estratéxico 2015-2020, un proxecto ao que polo momento non lle pon cifras pero que, en verbas de Feijóo, \"consolida a nosa firme aposta pola planificación económica como ferramenta imprescindible para multiplicar o rendemento dos recursos públicos\". É un novo documento que, proclama, \"consolida o principio básico\" marcado polo Goberno \"dende 2009: rematar coa improvisación na xestión pública\".Feijóo asegura que o novo documento, presentado sen ningún indicador, \"consolida o principio básico de rematar coa improvisación na xestión pública\"Segundo o presidente da Xunta o primeiro plan, o que errou nas súas preivsións, \"foi pioneiro en España, seguírono outras comunidades autónomas e foi loubado polas autoridades europeas en varias ocasións\". Agora \"as liñas mestras que guían o plan son as mesmas que en 2009\", pero cunha diferenza: \"Pasamos do Plan Estratéxico da crise ao Plan Estratéxico da recuperación\", afirma, quen afirma que o seu novo proxecto marca obxectivos alén desta lexislatura porque inclúe obxectivos \"que precisa o país para fortalecerse social e economicamente nesta década.Mentres o PPdeG promociona nestes días os encontros con diferentes colectivos para recompilar \"achegas da sociedade civil\" para o seu \"relatorio político\", o Executivo anuncia, neste caso a través do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que o Plan Estratéxico tamén se elaborará \"en alianza coa sociedade civil\". Por iso a Xunta asegura que se dispón a abrir un \"amplo proceso de participación cidadá\". \"Toda Galicia\" vai participar neste plan, afirma Martínez, quen defende que o documento sexa presentado sen ningún indicador concreto xustificándoo, precisamente, nese proceso de participación."}
{"ID": "NOS_31729", "summary": "A escravitude existe. Máis alá da retórica oficialista e das declaracións de intencións, a explotación laboral, a prostitución e a trata, ou determinadas prácticas de ventres de aluguer indican que o traballo cautivo non despareceu. Sobre estas realidades debaterá o Foro Encrucillada ao longo deste sábado en Santiago de Compostela.", "text": "\"As persoas non son cousas. Iso parece estar claro. Pero a verdade é que non o está\", afirman desde Encrucillada, a \"revista galega de pensamento cristián\" que organiza a xornada, \"quen paga manda. E o que cobra obedece\". A profesora Carmen Meneses abrirá ás dez e media da mañá o encontro, denominado Corpos escravizados. Escravitudes no século XXI, cunha conferencia arredor da prostitución e a trata no Estado español. A asesora da Valedora do Pobo de Madrid, Elena Arce, centrarase a seguir no máis amplo tema da explotación laboral\". Unha mesa redonda será o prato principal da tarde. Nela participarán Lourdes Pazo, da asociación Vagalume e experta en prostitución en Galiza, Mercedes Andrade da asociación Xiara de traballadoras do fogar, e mais a deputada do BNG no Parlamento galego Olalla Rodil. O foro rematará cun recital de poemas a cargo da académica e escritora Marilar Aleixandre. Todas as intervencións serán no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_16746", "summary": "Maxistrados e fiscais reclaman maior independencia, a modernización efectiva dos órganos xudiciais e a recuperación da perda salarial polos recortes e ameazan cunha folga desde finais de maio. As súas reivindicacións únense ás dun funcionariado a piques de cumprir dous meses de paro.", "text": "O conflito na Xustiza en Galicia acentúase. A folga do persoal cumprirá o vindeiro sábado dous meses, batendo marcas de mobilización no sector público e sen trazas dunha pronta solución. Con máis de 20.000 xuízos suspendidos segundo os sindicatos --arredor de 12.000 recoñece a Xunta-- e uns 50.000 trámites aprazados, as protestas recrúan e o seguimento do paro mantense en cifras semellantes ás do inicio dun conflito ao que agora se unen tamén xuíces e fiscais. A folga do persoal de Administración de Xustiza en Galicia cumprirá o sábado dous meses Ambos colectivos iniciaron este xoves as mobilizacións impulsadas por unha protesta que xorde a nivel estatal. Reivindican melloras laborais e de independencia no poder xudicial, máis medios, reversión dos recortes e recuperación do seu poder adquisitivo e denuncian as promesas e expectativas incumpridas. En nome das catro asociacións de maxistrados e as tres de fiscais, nesta mañá celebráronse concentracións nas sedes xudiciais de todo o Estado, tamén en Galicia, onde se leu un comunicado. Ao tempo, advertiron dun calendario de mobilizacións que, de non ter como resultado o cumprimento das súas esixencias, rematará tamén cunha folga desde o próximo 22 de maio. Sería outro paro nun sector practicamente paralizado desde o pasado 7 de febreiro pola folga indefinida dos traballadores da Administración de Xustiza, que retomaron nestes últimos días as protestas, acudindo a actos nos que participa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ou o vicepresidente e máximo responsable no ámbito xudicial, Alfonso Rueda, e mesmo manifestándose contra medios de comunicación aos que acusan de \"terxiversar e manipular\" as informacións sobre o conflito. O funcionariado de Xustiza volve ás mobilizacións durante un paro que mantén cifras de seguimento semellantes ás do inicio da protesta Neste xoves, persoal de Xustiza de Vigo levou a cabo unha viaxe reivindicativa desde a cidade ata Cangas por mar para xuntarse na protesta cos seus compañeiros na sede xudicial no Morrazo. Antes, amosaron o seu malestar ante o edificio administrativo da Administración galega na urbe viguesa. Na Coruña, pola súa banda, unna mobilización percorreu as rúas da cidade desde os xulgados até a praza de Pontevedra. En en Ourense o funcionariado ocupou a ponte do Milenio para amosar o seu descontento. Ademais, houbo mobilizacións no resto de cidades. Foi na 58ª xornada de paro indefinido e cun seguimento que a Xunta cifra en arredor do 30% e os sindicatos entre o 75% e o 85%. Sexa como for, o Goberno galego recoñece que 830 persoas non acudiron este xoves ao traballo. Ademais, o vicepresidente Rueda insistiu en que non entrará \"nunha poxa pública\" co comité polas reivindicacións salariais e advertiulles de que se abrirán \"expedientes disciplinarios\" a aqueles que non cumpran os servizos mínimos como corresponde. Desde os sindicatos, tal e como aclara Pablo Valeiras, de AX-CUT, aclaran tamén que o persoal \"segue en folga\" e que non hai iniciativa ningunha para levar a cabo \"unha folga de brazos caídos\" incorporándose ao traballo pero facendo o mínimo esixible legalmente. \"Se iso existe, serán actitudes individuais que os representantes dos traballadores non valoramos; nós seguimos en folga\", insistiu. Ao tempo, xuíces e fiscais mobilizábanse nas diferentes sedes xudiciais. En Santiago, foron José Alvariño, xuíz decano; o presidente da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, Ángel Pantín; e o fiscal xefe de área, Mario Piñeiro, os que leron o comunicado coas reivindicacións de ambos colectivos, advertindo de que secundarán as mobilizacións que se convoquen nos vindeiros días. Xuíces e fiscais reclaman máis independencia, modernización da Xustiza e mellora das condicións profesionais Xuíces e fiscais lembran que no mes de xuño de 2017 as catro asociacións subscribiron un documento con 14 propostas para a mellora da Xustiza ao que logo se adheriron máis de 3.500 maxistrados e os tres colecivos de fiscais. Buscaban lograr \"unha Xustiza mellor, máis áxil, máis eficaz e de maior calidade\", reclamando desde \"o reforzamento da independencia xudicial ata a modernización da Administraición de Xustiza, pasando pola mellor adas condicións profesionais dos membros de carreira\". Ademais, os fiscais piden a \"derrogación do sistema de prazos máximo de instrución, a paralización da implantación da xustiza dixital, a atribución á Fiscalía Xeral do Estado da fomción dos fiscais, a fixación das cargas de traballo e a independencia do Ministerio Fiscal ou a súa autonomía orzamentaria\". Dez meses despois, denuncian, \"o balance non pode ser máis decepcionante\". Advirten de que \"non parece haber unha maioría clara\" no Parlamento para reformar o órgano de goberno da xudicatura que \"o dote de maior credibilidade\", nin un proxecto \"de independencia do Ministerio Fiscal\", nin compromiso ningún dos grupos por un \"pacto de Estado pola Xustiza\". Por iso, insisten na \"racionalización da planta xudicial e fiscal\", evitando \"a precarización das últimas promocións\", e denuncian a ratio inferior de xuíces e fiscais con respecto á media europea ou o desigual avance na dixitalización. Maxistrados e fiscais piden recuperar os recortes e o nivel salarial perdido en 2010 \"Tampouco se convocou a mesa de retribucións que por lei debe reunirse cada cinco anos, que permita recuperar os recortes dos últimos oito anos e o nivel salarial perdido en 2010 ou poñer fin ao pagamento irrisorio do sistema de gardas de xuíces e fiscais\", denuncian, tras advertir de que o Consello Xeral do Poder Xudicial tampouco atendeu a súa proposta sobre nomeamentos xudicais para que foxen máis igualitarias e transparentes ou que non cumpre coa obriga de fixar as cargas de traballo. Por todo isto, xuíces e fiscais acordaron un calendario de mobilizacións para \"evidenciar o malestar e a decepción polo reiterado incumprimento das promesas e os compromisos adquiridos para a mellora da Xustiza\". De non conseguir o reclamado, tomarán \"medidas de maior entidade\" e xa advirten dunha folga a partir do 22 de maio. O comité de folga do persoal de Xustiza lembra que xuíces e fiscais \"teñen problemas moi parecidos\" aos que eles denuncian Desde o comité de folga do persoal de Xustiza en Galicia, un dos seus voceiros, Manuel Díaz, cre que xuíces e fiscais \"teñen problemas moi parecidos\" aos que eles denuncian porque \"a falta de investimento na Administración de Xustiza vén de lonxe e ningún goberno, autonómico nin estatal, a tomou en serio, como un verdadeiro servizo público que é\"."}
{"ID": "NOS_43371", "summary": "Ana Cabana (Castro de Rei, 1976) é profesora da Universidade de Compostela e unha das autoras que desde o ámbito académico se ten achegado ao estudo da guerrilla. Membro do grupo de investigación Histagra, nesta conversa achégase a algúns dos aspectos da guerrilla de chan que desenvolve esta quinta feira en Nós Diario.", "text": "Significa no seu traballo a escasa historiografía existente sobre a loita guerrilleira, que explicación lle dá a iso? A obra de referencia, á que necesariamente toda persoa que teña interese por saber sobre a guerrilla na Galiza ten que acudir, é o traballo de Hartmut Heine, Guerrilla antifranquista en Galicia, un libro publicado en 1982. Esa data resulta de por si suficientemente clarificadora. Cando realizaba esa aseveración estaba pensado nese ermo historiográfico, porque en case 40 anos non se fixo ningunha outra publicación equiparábel no senso de tratar de ofrecer unha visión xeral e de conxunto sobre o movemento guerrilleiro. Faltan monografías que actualizaran a análise da guerrilla en termos políticos que realizou Heine e investigacións que tiveran a intención de examinar o fenómeno dunha maneira holística e integral, que buscaran superar a visión da guerrilla nesa súa vertente política máis clásica. Cumprirían obras cunha mirada innovadora que permitiran encaixar a loita antifranquista no marco dos estudos dos movementos de resistencia europeos e que foran quen de incluír a perspectiva de xénero e os avances que dende finais dos anos noventa se teñen realizado en campos do estudo como o das actitudes sociais ante o franquismo e en temáticas como a natureza violenta do réxime. Para o caso galego tense avanzado en aspectos concretos, como o estudo individualizado de determinadas figuras senlleiras do movemento guerrilleiro, no que se inclúen os pasos dados tamén para visibilizar a presenza de mulleres guerrilleiras, ou en asuntos relativos á memoria da guerrilla. En boa medida, ese aporte á historia do movemento guerrilleiro débese o gran labor de historiadores que teñen o ámbito local como contexto de investigación e que puideron consultar moita documentación e recuperar os testemuños de guerrilleiros que sobreviviron ao franquismo. Pero falta moito por saber do movemento guerrilleiro. E non me refiro tanto a sumar información concreta sobre guerrilleiros, que tamén, senón, sobre todo, a analizar a súa pegada en múltiples planos. Existe unha ampla marxe para a comparanza da realidade galega coa doutros casos dentro do Estado español. Recordamos que xunto á Federación Guerrilleira de León-Galiza houbo outras grandes agrupacións guerrilleiras diseminadas pola xeografía española, ademais de partidas que nunca se integraron nestes colectivos. E o mesmo cabe dicir sobre asuntos como a construción social de mitos arredor de protagonistas concretos da loita guerrilleira, que serviu para atacar a ditadura mediante prácticas simbólicas e que convive co esquecemento que pesa sobre outros membros da guerrilla, ou sobre o impacto que tivo a súa decisión de oporse polas armas contra a ditadura nas vidas e nas memorias dos seus descendentes ou sobre o rol do xénero nas partidas, que vai moito máis alá da presenza de guerrilleiras. E iso só por citar unhas cantas perspectivas de análise, porque habería máis, entre elas, e xa levando a auga ao meu muiño, o estudo da chamada \"guerrilla do chan\", da rede de enlaces coa que contou o movemento guerrilleiro na Galiza, cuxa investigación simplemente temos encetado. Por todo isto coido que a guerrilla está chamada a ser un tema presente en futuras investigacións tanto académicas como en obras divulgativas, igual que a seguir presente en diferentes produtos culturais. \"A existencia da guerrilla e o seu mantemento só se explica polo soporte que recibiu da sociedade\" Ninguén cuestiona que a guerrilla foi posíbel pola existencia dunha tupida rede de enlaces, que características presenta na Galiza? Certamente, a existencia da guerrilla e o seu mantemento no tempo só se explica polo soporte que recibiu da sociedade. Conste que isto non equivale a asegurar que as partidas nunca impuxeran a súa presenza empregando a violencia ou o medo que xeraban, porque o fixeron cando o sentiron necesario ou conveniente. Tampouco debemos caer na afirmación contraria e asegurar categoricamente que a axuda viña dada porque a totalidade ou mesmo a maior parte da sociedade galega compartía con estes \"inimigos da patria\", como os conceptuaba o réxime franquista, as súas ideoloxías políticas, o sentimento de antifranquismo ou a confianza en que a loita da guerrilla fora quen de ter éxito e derrocar o sistema imposto polos golpistas do 36. A guerrilla do chan na Galiza caracterízase pola súa diversidade, é dicir, non hai un \"perfil\" de enlace definido, xa que os guerrilleiros demandaban colaboracións en múltiples eidos, dende casas para pasar temporadas máis ou menos longas, ata contribucións económicas, pasando polo aprovisionamento daqueles artigos precisos para cubrir as súas necesidades cotiás ou específicas para manter a loita armada. A isto hai que sumar que esta cooperación ás veces non requiría de características específicas por parte do enlace, pero outras veces si (médicos, mecánicos, etc.). Así as cousas, as redes de enlaces dun guerrilleiro ou dunha partida eran máis seguras canto máis heteroxéneos foran os enlaces que as conformaban en idades, dedicacións e capacidades e lugares de residencia. E dentro desa diversidade a que aludo, está tamén a de ideoloxías porque entre os enlaces había persoas conceptuadas como xente de orde polo Réxime, xente que era \"de dereitas de toda a vida\" e mesmo se atopan algunhas autoridades franquistas que colaboraron puntualmente ou de maneira cotiá coa guerrilla que, por suposto, eran os menos, as excepcións dentro das redes de enlaces. Unha característica esperábel da guerrilla do chan é a referente altísimas taxas de persoas do rural. Isto ten sentido tanto porque a Galiza dos anos 30 e 50 do século XX é un país eminentemente rural, como porque os propios guerrilleiros tiñan esa procedencia e as primeiras redes de apoio son sempre as que ofrecen familiares, veciñanza e amizades, polo que é lóxico que os enlaces sexan dos mesmos concellos que os guerrilleiros ou da contorna próxima. \"As redes de enlaces dun guerrilleiro ou dunha partida eran máis seguras canto máis heteroxéneos foran os enlaces\" É obvio que foi moito maior o número de enlaces que de guerrilleiros e tamén cunha parte destes foron primeiro enlaces, en todo caso de que número enlaces podemos falar para Galiza? Hoxe por hoxe, coas fontes que contamos é absolutamente imposible dar cifras, pero coido que ese tampouco é o obxectivo que debe perseguir a investigación sobre a guerrilla do chan. En primeiro lugar, para pór en números esa colaboración social, tería que perfilarse que consideramos enlace. Poderiamos pensar en definilo como un apoio estábel, pero iso deixaría fora a persoas que ofreceron axudas puntuais mais decisivas para o sostemento da guerrilla e da súa actividade, polo que acoutar o termo non é tan doado nin sinxelo. En segundo lugar, a información coa que contamos, como apuntaba, provén de dúas vías principais, por un lado da fonte oral, que en certos casos é difícil contrastar e sempre convive co esquecemento e coa terxiversación dos recordos, polo tanto non está libre de eivas. E polo outro lado estaría a información que ofrecen a documentación xudicial e a oficial, nas que se reflicte o parecer das autoridades civís e militares e saca á luz só aquelas redes de enlaces ou apoios concretos que eran perseguidas ou que caeron non as máis que lograron manterse no anonimato. É máis, nesa documentación pode inculparse a persoas que non tiñan relación coa guerrilla de tela mantido. Eu creo que a historia da guerrilla do chan, a diferenza do que sería óptimo para a da guerrilla armada, non pasa por computar o número de membros, pasa, non obstante, por entender as lóxicas do seu apoio, por percibir as redes que se conformaron e por rescatar a súa memoria sacando do esquecemento a súa existencia e o valor da súa acción, que se debe inscribir dentro da historia da loita antifascista europea, e, por suposto, incorporar no relato da violencia franquista a represión sufrida polos seus membros por ter sido soporte do que foi a única acción a única ameaza real á construción da ditadura durante a posguerra. Destaca o importante número de mulleres que actuaron como enlaces, cal é a súa explicación para isto? Si, como comentaba, tanto na memoria oral, como na documentación que se pode consultar para tratar de reconstruír e coñecer as redes de enlaces das diferentes partidas ou guerrilleiros, das que as causas militares e os informes de Gobernación civil son dos máis útiles, destaca o número de mulleres acusadas, procesadas e represaliadas pola súa colaboración coa guerrilla. Aparecen mulleres de todas as idades, incluíndo nenas pequenas, moi utilizadas para realizar pequenos mandados. Debemos ter en conta que na altura as crianzas tiñan unha mobilidade considerable por fóra das súas vivendas e que era habitual que se encargaran de determinadas tarefas agrarias, o que facía tanto dos nenos como das nenas enlaces de grande conveniencia, malia ao risco de que puideran, sen querer, dar información sobre as partidas e sobre outros enlaces ás autoridades. Nas redes tamén aparecen mulleres anciás, que acostuman ser as donas das casas nas que se esconden. A nenez e a vellez funcionaban como máscaras detrás das que escondían a súas accións e ás que podían acollerse como eximente en caso de ser acusadas de prestar axuda á guerrilla. As mulleres que foron enlaces da guerrilla galega son tanto solteiras como casadas ou viúvas, polo tanto o seu estado civil, igual que no caso da idade, non tiña transcendencia. Elas teñen diferentes graos de relación cos guerrilleiros, é usual que sexan parentes, tamén hai moitas noivas ou parellas e familiares directas destas e tamén parentela feminina de enlaces varóns. En todo caso, cómpre dicir que o trato que recibiron por ser mulleres, en caso de intuír as autoridades que eran apoios ou por ser descuberta a rede de enlaces, era absolutamente vexatorio á hora de ser tratadas por gardas civís, falanxistas ou diante dos tribunais, que as despolitizaban, aldraxaban e violentaban de maneira frecuente, valéndose de violencia física e verbal. Ese maltrato, nalgúns casos reiterado, levou a algunha delas a deixar de ser enlace e unirse ás partidas, nalgún caso como guerrilleiras, noutros colaborando facéndose cargo de tarefas que terían levado a cabo nas súas casas. A razón de que haxa tantas mulleres na guerrilla do chan está relacionada co que acabo de dicir das labores das que se encargan: os guerrilleiros, normalmente un grupo de varóns, demandan da rede de enlaces axuda en múltiples tarefas e, entre estas, están aquelas que na altura se entendían como \"propias de mulleres\", de aí que o recurso á axuda feminina fora continuado. Outra razón ten que ver con aproveitar os estereotipos que sobre as mulleres, e todo o relacionado co feminino, tiña o réxime, que estaba máis que disposto a non crer nas capacidades das mulleres de ser suxeitos políticos activos, nin acreditar no seu compromiso cívico, polo que, de partida, era máis permisivo no seu control e máis tendentes as autoridades en acreditar as súas escusas e argumentos se se baseaban na ignorancia e na incompetencia. Iso si, o de sacar partido aos estereotipos de xénero tiña valía ata que ditas autoridades tiñan indicios ou probas da súa condición de enlaces, despois, como xa sinalei, resultaban implacábeis na instigación e represión de ditas mulleres. \"Moitos enlaces morreron a causa de selo, directamente asasinados ou en tiroteos\" Os enlaces non escaparon á dura represión sobre o movemento guerrilleiro, cal foi o seu alcance? Certamente, non foron inmunes a violencia despregada polo réxime e entre os enlaces é posíbel observar a incidencia de todo o abano possíbel de fórmulas de represión exercidas polo franquismo sobre a cidadanía, tanto a física como a económica ou a simbólica e tamén unha represión sexuada, é dicir, pensada para escarnio específico das mulleres e da feminidade. Moitos enlaces morreron a causa de selo, directamente asasinados ou en tiroteos entre guerrilleiros e contrapartidas ou gardas civís. Moitos enfrontáronse a cativerios en prisións e campos de concentración tras ser condenados por axuda á rebelión. Outros perderon canto ben material tiñan, viron as súas vivendas arrasadas polo lume en accións pensadas para obrigar a saír aos guerrilleiros ou sufriron unha mingua moi substancial dos seus capitais por mor das multas reiteradas e gravosas. Moitos sufriron unha violencia física e psíquica case crónica, medébel nos continuados rexistros das súas vivendas e no escrutinio das súas vidas, nas malleiras, nas ameazas contra eles e as súas familias e nas visitas ao cuartel da Garda Civil. Para outros só quedou o exilio, unhas vidas truncadas lonxe dos seus e do seu país porque non aturaron o nivel de violencia e de medo. Os custes de ter exercido como enlace da guerrilla antifranquista, de ter sido descuberto, foron altísimos, á altura do que acontecía cos guerrilleiros."}
{"ID": "NOS_45070", "summary": "Os grupos parlamentares apoiaron a proposición non de lei do BNG para que a Xunta faga público o acordo de gravación do vídeo polo que se pagaron máis de 300.000 euros ao cantante.", "text": "O Parlamento galego quer que a Xunta de Núñez Feijóo faga público o contrato polo que pagou máis de 300.000 euros a Enrique Iglesias polo seu vídeo musical no que saen localizacións de Galiza. A proposición non de lei defendida por Ana Pontón en representación do BNG na Comisión de Industria logrou o apoio de todos os grupos. Mesmo o do PP, até agora refractario a esa petición. Tras a aprobación da proposición non de lei nacionalista a Cámara galega reclamará á Xunta o contrato asinado coa produtora de Enrique Iglesias co obxecto de promocionar o turismo en Galiza. Na súa intervención, Pontón argumentou a necesidade de coñecer ese contrato no \"despilfarro\" de cartos públicos e \"agasallo económico\" da Xunta ao \"millonario de Miami\". Asemade, puxo en cuestión o retorno económico do investimento explicando que non existe \"ningún informe\" que xustifique tal suposto beneficio. O BNG afirma que o PP volve mentir cando afirma que as visitas acadan os 100 millóns [reférese ao número de visualizacións nas redes da obra videográfica subsidiada pola Xunta] cando en realidade dixo, \"só foron 16 millóns de entradas\" a un vídeo cantado en español e con escasa presenza de Galiza nas imaxes."}
{"ID": "NOS_37231", "summary": "Compostela acolleu na xornada do sábado unha reunión de ecoloxistas históricos e históricas, xunto a activistas de recente incorporación, que trasladaron o apoio á candidatura do BNG, encabezada por Ana Pontón, e en concreto, a Manolo Soto, integrante da lista da Coruña e a quen o avalan os case 30 anos de labor en defensa do medio ambiente.", "text": "Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, e Manolo Soto, membro da candidatura, participaron o sábado na xornada convocada por recoñecidos e recoñecidas ecoloxistas en Compostela para lle trasladaren ao Bloque o seu apoio. Arredor de Soto xuntáronse activistas que traballaron e traballan pola defensa ambiental do país e que lograron ampliar e mellorar a conciencia ambiental da sociedade. \"Loitas como a dirixida a evitar a proliferación de encoros ou de plantas de celulosa na costa, a diminuír a contaminación do aire o das augas, a conservar especies e espazos de interese, a construción de máis incineradoras de residuos, ... serviron para que este país non acadara maiores cotas de deterioración ambiental. Hoxe [estes activistas] apostan na presenza de Manolo Soto e do BNG no parlamento galego como garante de defensa ambiental\", indica a organización nun comunicado de imprensa. Catedrático da UDC e coordinador do grupo de Enxeñaría Química ambiental, Manolo Soto foi secretario e presidente de ADEGA e responsábel. de distintas publicacións da asociación."}
{"ID": "PRAZA_15804", "summary": "Mesmo nom pudemos contestar a quem em plena campanha e para desconvencer negou a capacidade de liberar-se por si, ao nosso País. De desconvencer a quem? À militância calada e silenciada de Causa Galiza nom, desde logo! Seremos pouc@s mas somos independentistas e nom nos arrogamos o dereito de negar futuro livre e digno aos nossos três milhons de pessoas", "text": "A proibiçom atinge de cheio qualquer tentativa para reunir-nos , para fazermos qualquera atividade pública ou orgánica na defesa do nosso ideário político. Sempre fomos pouc@s mas isto fai que seja menos sério este impedimento democrático? Seguramente nom haviamos querer participar nas eleiçons para as Cortes da metrópole, mas se quigermos também nom seria possível. Houve que ficar em casa ou buscar o mais próximo, mas ainda assim caladamente um a um, em silêncio. Só estivemos presentes na Audiencia Nacional em plena campanha para significar que é o único lugar onde podemos falar a gente coma nós ou mesmo a gente que fala com nós. Ficaríamos ailhad@s e quase inermes se nom tivésemos umha confiança inamovível no nosso povo e o seu futuro. Chama-se DOM POVO. Algum dia, pensamos, esse povo confiará em nós ou noutros coma nós. Mesmo nom pudemos contestar a quem em plena campanha e para desconvencer negou a capacidade de liberar-se por si, ao nosso País. De desconvencer a quem? À militância calada e silenciada de Causa Galiza nom, desde logo! Seremos pouc@s mas somos independentistas e nom nos arrogamos o dereito de negar futuro livre e digno aos nossos três milhons de pessoas. Que fachendosa é a egolatria! Mais também se nom é isto e é que honradamente nom se nos vê futuro nom pudemos discutir, tratar de convencer, de debater, de reconduzir. Tivemos também que seguir a beijar-nos em privado como nos tempos da Inquisiçom (verdadeiro antepasado da A. N.) e emocionar-nos com o melhor dos bardos, grande ainda que se chame Mini, quando lhes dizia que sempre estivemos aqui, mas nós ailhad@s e rodead@s só dos mecanismos humanos e electrónicos que nos vigiam. E dizemos, sempre estaremos, ou estarám outr@s melhores de seguro. Gente que há querer ser para ter umha sociedade livre, igualitária justa e democrática, para ser célula de universalidade dum mundo novo de paz, solidariedade e respeito. Gente que há querer militar ou nom, em Causa Galiza ou como queira intitular-se. Militar para mudar, para trocar as tornas , para que a naçom tenha razom jurídica e o idioma se libere da desigualdade e do desprezo. Para fazermos mundo desde esta velha naçom, velha, mas útil para falarmos com voz própria no concerto universal desde a nossa República Irmandinha. Gente que há querer honrar aos seus mortos e mortas e nom permitir a ignonímia do esquecemento, seja do bom, seja do mao, seja do que quigermos. Se há ainda umha cousa sagrada no País é isto. Se os inquisidores espanhois nom o entendem é a razom mais clara de nom poderem julgar-nos. Somos país montanhoso e as suas leis som planas e aliás injustas e tremendamente reacionárias. O dia 24 queria contar convosco, coa vossa diversidade e heterogeneidade. Mulheres e homes da Galiza ou de onde for. Pessoas que condenem a ilegalizaçom de facto, o silêncio imposto e a falha de liberdades. Se nom podedes ou nom queredes vir , nom se passa nada . Seguides a ser necessári@s sempre e também nós nom somos imprescindíveis. Como nom podemos reunir-nos, isto é o que matinou um só, um só é o delinquente se há delito e um só é o responsável se há desvio do guieiro ou má interpretaçom. Chove na Terra, molham-se os bois arando, e @s mort@s descansam na nossa mente insubornável."}
{"ID": "NOS_1268", "summary": "Deducións fiscais e bonificacións para empresas foron outras das propostas.", "text": "A mediados do pasado mês de abril a Xunta preparaba o terreo para a saída dunha crise que vai ser especialmente profunda no económico. Para deseñar ese futuro, o presidente Alberto Núñez Feixoo encomendoulles a varias expertas a tarefa de consensuar solucións para que os efectos da pandemia de coronavirus afecten o menos posíbel á economía galega e ao seu tecido produtivo. Nesa comisión de expertas deseñada polo Executivo galego non hai representación das traballadoras. Si que hai das empresas, xa que estiveron chamados a participar o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación Galega da Empresa Familiar. A Xunta, pola súa banda, estará representada por diversas consellarías: Facenda; Economía, Emprego e Industria; Medio Rural, e Mar; As centrais sindicais da Galiza así como os clústers e as asociacións gremiais quedan fóra. O Comité de Expertas Económicas da Galiza, en cuxa reunión participou esta segunda feira o presidente da Xunta, considera como \"premisas irrenunciábeis\" a introdución de \"mecanismos de flexibilidade na xornada laboral\". O conselleiro Francisco Conde, apuntou que \"haberá que traballar entre sindicatos e a propia patronal para identificar puntos de encontro e ver como podemos adecuar a xornada laboral ás necesidades actuais desde o punto de vista empresarial\". Aliás, e segundo informa a propia Xunta nun comunicado, as expertas tamén demandan bonificacións nas cotas á Seguridade Social e deducións fiscais . Outra das demandas é a referida aos ERTEs, avogando porque se desvincule o expediente de regulación temporal de emprego de forza maior do mantemento do actual estado de alarma. Tal e como apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, despois da xuntanza, esta medida é necesaria para \"dotar de seguridade xurídica e certeza aos propios empresarios e autónomos\"."}
{"ID": "NOS_2936", "summary": "Acnur vén de elevar a 3.974 a cifra de persoas civís mortas en Ucraína. No entanto, Rusia e Ucraína intercambian acusacións sobre as mortes.", "text": "O Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (Acnur) vén de elevar a 3.974 a cifra de persoas civís mortas en Ucraína desde que principiou a guerra o pasado 24 de febreiro. O servizo de prensa do Comité de Investigación de Rusia informou esta quinta feira do descubrimento dunha fosa común en territorio anteriormente controlado polas milicias e o Exército de Ucraína en Mariupol. Alejandro López, coordinador de 'Descifrando a guerra': \"A guerra ucraína marcará o novo taboleiro xeopolítico\" O organismo comunicou que está a solicitar elementos de proba para estabelecer casos criminais con relación a este achado, que as testemuñas describen como os restos de centenares de persoas falecidas. \"O Comité de Investigación de Rusia recollerá en causas penais os datos sobre o descubrimento dunha fosa común organizada por militares ucraínos na cidade de Mariupol\", sinalou. Que aconteceu despois da Revolución Laranxa de 2004 en Ucraína? O alcalde local, Konstantín Iváschenko, explicou que a fosa común atopouse nun dos cemiterios da cidade, territorio que, confirmou, estivo controlado por milicias ultradereitistas ucraínas, como o batallón Azov. \"Segundo declaracións de residentes locais, chegaban vehículos a esta zona, en marzo, e os uniformados sacaban corpos para poñelos nas trincheiras previamente cavadas\", afirmou. 22.000 persoas terían morto na batalla Mariupol En declaracións á CNN, Petro Andriushchenko, un antigo asesor da Alcaldía de Mariupol fuxido a territorio ucraíno, dixo que as estimacións de persoas falecidas durante as batallas na cidade sería de cando menos 22.000. Que levou ao estalido da guerra no Donbás en 2014? A cifra de 22.000 está baseada, dixo Andriushchenko, nos \"moitos contactos\" que el e outras persoas colaboradoras do Goberno da cidade tiveron coas tropas ucraínas atrapadas dentro, mais cre que o número real podería ser moito máis alto. O ex asesor ucraíno tamén afirmou que \"200 corpos foron descubertos nun edificio devastado por meses de bombardeo ruso\"."}
{"ID": "PRAZA_3832", "summary": "Os tres reitores mantiveron este luns un encontro por videoconferencia coa conselleira de Educación, Carmen Pomar. A finais de abril haberá unha nova xuntanza para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación", "text": "O alumnado das tres universidades galegas non regresará á aulas presenciais este curso 2019-20. Así o decididiron na mañá deste luns os reitores, que mantiveron unha xuntanza por videoconferencia coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro e o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López.A finais de abril haberá unha nova xuntanza para definir tanto o calendario como o modelo de avaliaciónA decisión adoptouse despois de que o Goberno central anunciase que vai propoñer que o estado de alarma se prorrogue ata o 26 de abril e de que comunicase que aínda se podería alongar máis. O pasado xoves a Conferencia Xeral de Política Universitaria deixou en mans de cada universidade a decisión sobre o regreso ás clases presenciais este curso.A finais de abril haberá unha nova xuntanza para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación, en función da evolución da alerta sanitaria. O obxectivo é consensuar unhas condicións comúns que aseguren a equidade de todo o alumnado galego. Por outra banda, Carmen Pomar solicitou aos tres reitores que poñan en coñecemento tanto da Consellería como da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia as modificacións que se fagan nas guías docentes e que estuden de forma minuciosa coa ACSUG as posibilidades para abordar as prácticas en funcións das particularidades de cada titulación.Combater a fenda dixitalO gran reto que as tres universidades galegas deben superar agora é asegurar que todos os alumnos e alumnas poidan ser avaliados e avaliadas en igualdade de condiciónsO gran reto que as tres universidades galegas deben superar agora é asegurar que todos os alumnos e alumnas poidan ser avaliados e avaliadas en igualdade de condicións, tendo en conta as diferentes condicións en que cada persoa está accedendo ás aulas virtais, por por da fenda dixital e doutras fendas.Para garantir que todo o alumnado poida completar o curso de xeito virtual, a Universidade de Vigo chegou a un acordo cunha empresa telefónica a través da cal estudantes que teñen difícil acceso a internet ou problemas económicos familiares para poder contar coas ferramentas precisas recibirá nas súas casas un dispositivo \"para poder seguir as clases en liña con normalidade\" a partir do próximo 13 de abril. Tamén a USC puxo en marcha unha liña de axudas coa que co-financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma.O sindicato estudantil ANEGA reclama a suspensión do vixente curso e pide a superación automática das materias sen que conten na media do estudantePola súa banda, o sindicato estudantil ANEGA reclama a suspensión do vixente curso e pide a superación automática das materias sen que conten na media do estudante. A proposta, indican, non se debe unicamente aos problemas loxísticos derivados da situación, senón tamén á \"agudización das diferenzas sociais, do malestar psicolóxico que produce a corentena e da incapacidade de moitas estudantes e docentes para continuar a súa actividade\". As probas de setembro da Selectividade, do 15 ao 17Finalmente, a conselleira informou aos reitores da ampliación das datas para a proba extraordinaria da ABAU ata o 17 de setembro, despois de que Galicia e outras Comunidades o solicitasen na última Comisión Delegada de Política Universitaria. A ABAU extraordinaria celebrarase en Galicia os días 15, 16 e 17 de setembro, logo de que se fixase nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria."}
{"ID": "PRAZA_3244", "summary": "Xa podes escoitar e ver o vídeo de 'No salón das cereixas', primeiro sinxelo d'As catedrais silenciadas, \"un pasodobre que homenaxea as nais e as avoas que conservaron a lírica e a música popular\"", "text": "Está a chegar o novo traballo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. É un novo álbum que chegará o vindeiro 13 de marzo coa vocación de prolongar o éxito internacional de Noró, pero do que xa temos un primeiro petisco, No salón das cereixas.Como explica o propio Xabier Díaz, este primeiro sinxelo do novo disco é \"un pasodobre que homenaxea as nais e as avoas que conservaron a lírica e a música popular\". \"Elas son -agrega- as principais responsables de que o folclore chegase vivo aos nosos días\".O primeiro sinxelo d'As catedrais silenciadas é \"un pasodobre que homenaxea as nais e as avoas que conservaron a lírica e a música popular\"Mostra da importancia desta conservación da música popular é que este No salón das cereixas nace do relato de Consuelo dos Queixos, unha muller de Berdillo (Carballo). Alí, explican dende o equipo de Xabier Díaz, \"onde hoxe hai unha escola unitaria, hoxe hai unha cerdeira\". Ao pé desa árbore \"e á luz do candil, bailaban e cantaban as mulleres que mantiveron viva a tradición popular\". A propia Consuelo explica neste vídeo a historia por tras desta nova música."}
{"ID": "PRAZA_3587", "summary": "A medida permite limitar temporalmente a circulación de persoas pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadanía", "text": "O estado de alarma permite limitar temporalmente a circulación de persoas pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadaníaO Goberno central declarará o estado de alarma para loitar contra o coronavirus, unha fórmula prevista no artigo 116 da Constitución para facer fronte a situacións excepcionais, como \"epidemias e situacións de contaminación graves\" e cando as circunstancias fagan imposible manter a normalidade mediante os poderes ordinarios. A medida será aprobada por decreto polo Consello de Ministros que se reunirá este sábado, segundo vén de anunciar Pedro Sánchez, e ten unha duración limitada a 15 días. De prorrogarse máis aló, si debería ser aprobada polo Congreso, ao que en todo caso ten que dar conta. O líder do PP, Pablo Casado, ofreceu xa, malia acusar ao executivo de \"neglixencias\", a colaboración do seu partido para a aprobación desta prórroga se fose necesaria. Casado critica, en concreto, a autorización das manifestacións do pasado 8M e pídelle ao Executivo que actúe \"sen determinación\". Aquí, o que di a Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio que desenvolve o precepto constitucional.O estado de alarma permite limitar temporalmente a circulación de persoas \"en horas e lugares determinados ou condicionalas ao cumprimento de certos requisitos\", pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadanía. Ademais, permite a suspensión da convocatoria de eleccións, o que facilitaría o aprazamento dos comicios galegos do 5 de abril. Así mesmo, o estado de alarma habilita ao Goberno para das as ordes necesarias para asegurar o abastecemento dos mercados.Ademais, permite a suspensión da convocatoria de eleccións, o que facilitaría o aprazamento dos comicios galegos do 5 de abrilO presidente do Goberno, Pedro Sánchez, subliñou que o obxectivo é \"mobilizar todos os recursos do conxunto do Estado para protexer mellor a saúde dos cidadáns, recursos económicos e recursos sanitarios, tanto públicos como privados\". Búscase \"a protección de todas as persoas, en especial das máis vulnerables, e tamén para facer fronte á emerxencia social e económica coa máxima axilidade e contundencia\", detallou.Sánchez sinalou que \"estamos só na primeira fase dun combate contra o virus que libran todos os países do mundo, en particular os de Europa\" e afirmou que \"nos esperan semanas moi duras\". \"Dixemos que virían día difíciles e tomamos medidas á altura desa dificultade\", dixo, apuntando que a vindeira semana se poden chegar aos máis de dez mil afectados polo virus.O presidente do Goberno lembrou que todos os esforzos buscan atrasar a propagación da enfermidade para permitir que o sistema sanitario poida atender ás persoas que pola súa idade ou doenzas previas sexan máis vulnerables. Nese senso afirmou que \"todos temos unha tarefa e unha misión nas vindeiras semanas\", salientando o papel fundamental dos profesionais da saúde que \"coa súa entrega e sacrificio nos protexen a todos\", pero tamén do resto da poboación, chamando a atención sobre a necesidade de que mesmo a xente máis nova \"limite os contactos sociais\", para así frear a propagación da enfemidade. \"O heroísmo consiste tamén en lavar as mans ou en quedar na casa para evitar contaxiar ou ser contaxiado\", sinalou. \"Tardaremos semanas, será difícil, pero imos parar o virus, iso é seguro. Con unidade e responsabilidade\", concluíu.A medida só se tomou unha vez con anterioridade, durante a folga de controladores aéreos que tivo lugar no ano 2010 [aquí podes ver aquel decreto], cando a súa aplicación restrinxiuse ás torres e centros de control aéreo e a autoridade sobre eses espazos foi entregada polo Goberno central ao Exército do Aire.Máis de 4.000 casos en toda EspañaNas últimas horas o Goberno vasco decretou o estado de \"alerta ou emerxencia sanitaria\" en Euskadi, unha medida que permitirá a partir deste sábado a adopción de medidas excepcionais como o confinamento de persoas nos seus domicilios. Tamén Madrid, o territorio máis afectado pola epidemia, con máis da metade dos positivos e as mortes, decidiu adoptar medidas máis firmes, que afectan ao peche de todos os negocios de hostalaría na comunidade a partir deste sábado. De igual xeito, Murcia decidiu o confinamento das persoas residentes nas súas zonas turísticas, por mor da chegada masiva de persoas procedentes de Madrid, ignorando as recomendacións das autoridades sanitarias.O número total de persoas infectadas polo Covid-19 supera xa as catro mil persoas en toda España, das que máis de dúas mil corresponden á Comunidade de Madrid. Euskadi ten máis de 400 casos e Cataluña máis de 300."}
{"ID": "NOS_42325", "summary": "A organización critica que os profesores e profesoras se vexan \"obrigados a atender necesidades de saúde alleas ás súas competencias\"", "text": "O sindicato de educación ANPE reclama do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a presenza de \"enfermeiros escolares\" en \"todos os centros\" públicos da Comunidade galega, porque é unha figura \"imprescindíbel nas actuais circunstancias\". A través dun comunicado, a organización critica que os profesores e profesoras se vexan \"obrigados a atender necesidades de saúde alleas ás súas competencias\" debido á ausencia de profesionais sanitarios, o que tamén \"pode prexudicar\" á escolarización de nenos con doenzas \"crónicas\". Neste mesmo sentido, ANPE tamén carga contra a figura dos equipos Covid dos centros, e insiste en que a súa coordinación \"debe corresponder a un profesional sanitario, enfermeiro escolar, pois axudaría a supervisar o cumprimento dos protocolos, detectar posíbeis casos, realizar test a membros do centro\" e \"asesorar ás familias\", entre outros. Ademais, o sindicato sinala que \"este servizo permitiría ofrecer unha boa educación en saúde aos mozos, que propiciaría a adquisición de hábitos de vida saudábeis en idades temperás e a redución de riscos de enfermidades futuras\"."}
{"ID": "NOS_45713", "summary": "Algunhas veces a docencia sae á rúa e participa do que acontece nela. É o caso desta iniciativa que, en forma de exercicio práctico en tempos de confinamento, propuxeron na materia Teoría e Práctica das Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.", "text": "Apoiar facilitando a visibilidade da nosa cultura a través das redes sociais é un método sinxelo, económico e efectivo de estar cun sector que precisa máis que nunca que non nos esquezamos de que está aí. Esta mesma idea foi a que tiveron Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e o profesor José Manuel López, responsábeis da materia Teoría e Práctica das Relacións Públicas, para propoñerlle ao seu alumnado un exercicio práctico. A resistencia da cultura nas redes sociais O propio sector da cultura galega empregou o pasado mes de abril as redes sociais para lanzar un berro de socorro baixo o cancelo #NonNosCanceles. Expresaban o seu temor a un futuro incerto ao tempo que lles servía para reclamar medidas por parte das institucións. O exercicio que puxeron en práctica na Universidade de Vigo foi máis alá e obrigou ao alumnado a procurar recursos e difundilos cos seus propios medios. Xosé Baamonde explica que a actividade non presencial tivo como obxectivo \"que o alumnado mellorara as súas competencias na xestión da comunicación\" a través das redes sociais, á vez que pode servir de apoio ás iniciativas postas en marcha polos profesionais dun sector \"que vai ser dos máis afectados pola crise\". Apoiar estas campañas e dar visibilidade á cultura galega son os dous obxectivos da iniciativa que, como exercicio práctico para unha das materias do grao, levan a cabo máis dun cento de alumnos e alumnas do grao en Publicidade e Relacións Públicas, facendo uso do cancelo #ComparteCulturaGalega. O propio Baamonde sinala que con esta iniciativa docente \"trátase de apoiar a campaña para que as Administracións manteñan as actividades culturais e apoien o sector para impedir o seu desmantelamento por culpa da COVID-19\". O exercicio práctico A proposta docente para esta materia non presencial, na que participan case cen alumnas e alumnos, consiste en que realicen, ao longo deste mes, accións nas principais redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram), empregando o cancelo proposto. A actividade fomenta o coñecemento do propio sector cultural galego ao \"dar visibilidade á cultura galega, recomendando webs, medios en galego, grupos musicais ou series\", explica Baamonde, para quen \"o pobo galego existe porque temos un idioma e unha cultura propia e a responsabilidade da súa conservación\". Nestas semanas, asegura, a resposta do seu alumnado foi \"moi positiva\", de tal maneira que \"está dando a coñecer múltiples alternativas culturais\" ao tempo que \"se demostra que hai unha mocidade implicada no futuro da nosa lingua\". Buscar cultura galega Neste exercicio práctico, ademais de crear un perfil nas plataformas, o alumnado tiña que procurar contidos e escoller que poñer en cada unha das redes sociais. Unha das estudantes que realizou esta práctica, Helena Bengoa, explica a Nós Diario que lle permitiu \"o uso do galego, algo que non é moi frecuente da Universidade\". Asegura que descubriu e aprendeu moito da realidade cultural do país. \"Algúns recursos xa os coñecía e outros, como o caso do grupo Tanxugueiras, foi unha descuberta a partir deste traballo\", relata. \"Escollía os contidos en relación coa rede a empregar\", afirma esta estudante, \"por exemplo, escollía falar dos museos para un público máis maduro como pode ser o de Facebook e en Instagram, onde están as miñas amizades, falaba de músicas ou series de actualidade\". Unha das conclusións ás que chegou foi que hai sectores onde a lingua galega está máis débil. \"Cando me puxen a facer promoción do cinema en galego decateime de que moitas iniciativas non se levaron a cabo na nosa lingua\", sinala, \"por exemplo a película Elisa e Marcela ou a serie Fariña, ambas as dúas agora na plataforma Netflix non se poden escoitar en galego\". No caso da música tamén botou en falta o uso do galego en moitas formacións musicais. \"Aínda hai moitos grupos que non cantan na nosa lingua\", asegura. Implicou case cen estudantes Música, cinema, teatro, museos, literatura son algúns dos apartados que aínda se poden ver nas contas abertas polo alumnado de Teoría e Práctica das Relacións Públicas. Contas en Facebook, Twitter e Instagram con nomes tan suxerentes como \"Arriba o pano\", \"Un xeito de ser\", \"Non esquezas a túa orixe\", \"O son dos galegos\" ou \"Prende Galicia\" coas que difundir desde novidades editoriais ou críticas cinematográficas até visitas a museos do país ou bandas deseñadas. Case un cento de estudantes participaron na experiencia como traballo da materia Teoría e Práctica das Relacións Públicas na que ao tempo que difundían propostas culturais descubrían unha parte delas que lles eran descoñecidas."}
{"ID": "PRAZA_19782", "summary": "As obras e autores gañadores e gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nun evento que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela", "text": "A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de dar a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nun evento que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia Ensaio Os últimos carballos do Banquete de Conxo. De H. Alvarellos, X. Martínez, F. Singul, M. Souto. Alvarellos Editora – Consorcio de Santiago A nosa Terra é Nosa!. A xeira das Irmandades da Fala… De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións Lábrego con algo de poeta : biografía de Manuel María. De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía. De VVAA. Edicións Laiovento Narrativa O espello do mundo. De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia Non é París. De María Canosa. Ediciones Bolanda A ferida do vento. De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia Aqueles días en que eramos malas. De Inma López Silva. Editorial Galaxia Non hai outro camiño. De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia Todo canto fomos. De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia O Alfaiate Portugués. De Francisco Javier Senín Fernández. Editorial Galaxia Literatura Infantil e Xuvenil A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Cobo . Edicións Xerais de Galicia Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia A soidade das medusas. De: Iria Collazo López. Editorial Galaxia Libro Ilustrado Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora Marcopola 4. Avoa Power. De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia Aire. María Fumaça. VVAA. Ilustracións de P. Pastor. Editorial Galaxia Presas fáciles. De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial Os lapis primos. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora Iniciativa bibliográfica De catro a catro. Manuscrito inédito. De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos-Consorcio de Santiago Bolxeviques 1917-2017. VV AA. Edicións Xerais de Galicia Será correcto? De Concha Blanco, María Canosa. Hércules de Ediciones Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas Traxes na Galiza. Paula Gómez del Valle. Cunca Editora Tradución A boca pobre. De Flann O'Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora Cando os nenos din basta! De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora A contrafío. De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove. De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora O día da lagosta. De Nathanael West. Irmás Cartoné Poesía Cinepoemas. De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos Rosa Tántrica. De Luz Pozo Garza . Alvarellos Editora O cuarto das abellas. De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia Suicidas. De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora A relixión do mar. De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns Teatro A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho. De Santiago Cortegoso Calvar.Edicións Morgante Nunca paraíso. Teatro breve 1973-2015. De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia As terapias da doutora Ledicia. De Raquel Castro. Editorial Galaxia Voaxa e Carmín. De Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia Iniciativa cultural ou de fomento da lectura Salón do Cómic da Coruña Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz) Chan da Pólvora Espazo Lectura (Gondomar) Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra Festigal Proxecto literario na rede Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal Poética de Fran Alonso Os Bolechas A Sega. Plataforma de Crítica Literaria Biosbardia. O país dos libros en galego Caderno da crítica, de Ramón Nicolás Xornalismo Cultural Susana Pedreira Zig-Zag Ramón Rozas Ana Romaní Xiana Arias"}
{"ID": "PRAZA_17998", "summary": "Do 29 de setembro ao 7 de outubro, o festival compostelán chega á súa 15ª edición proxectando máis dunha trintena de pezas que xirarán arredor do audiovisual galego, unha retrospectiva do italiano Roberto Minervini e un amplo espazo para a vangarda cinematográfica española", "text": "Do 29 de setembro ao 7 de outubro, Curtocircuíto celebrará o seu 15º aniversario proxectando máis dunha trintena de pezas que xirarán arredor do audiovisual galego. O festival compostelán dedicará ademais unha retrospectiva o italiano Roberto Minervini e un amplo espazo para a vangarda cinematográfica española. O certame -que organiza o Concello de Santiago, subvenciona a Deputación da Coruña e conta coa colaboración da AGADIC- presenta como unha das novidades principais desta edición dúas novas seccións: Terra e Supernova. A primeira delas proporá unha programación arredor de cineastas de Galicia cunha traxectoria de prestixio e dá inicio este ano poñendo o foco en Xacio Baño e Jaione Camborda. Supernova, pola súa banda, nace para salvar a fenda existente entre os centros de formación e os circuítos profesionais, servindo de escaparate para os traballos de directores e directoras no comezo das súas carreiras. A maiores, a sección Planeta GZ, de carácter competitivo, recolle dez filmes que se atopan entre o máis destacado da produción galega no último ano, e o carballiñés Alberte Pagán participará con Uluru na Sección Oficial Explora, na que Curtocircuíto dá cabida a obras que procuran novas caligrafías cinematográficas. A sección Planeta GZ, de carácter competitivo, recolle dez filmes que se atopan entre o máis destacado da produción galega no último ano O audiovisual galego non só estará presente nas proxeccións de Curtocircuíto, senón tamén nas actividades. É por iso que nesta edición o festival levará a cabo, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, as Mesas interxeracionais do audiovisual galego, un conxunto de relatorios e debates cun programa que o festival dará a coñecer nas próximas semanas. Planeta GZ A sección competitiva Planeta GZ volverá reflectir a riqueza e variedade do cinema galego actual. Así, A nena azul, un drama con tintes de cinema fantástico, producido en Galicia e dirixido pola veterana realizadora naronesa Sandra Sánchez, terá a súa estrea nesta sección. Oliver Laxe compón en O salvaxe leva o seu tempo unha carta cinematográfica tamén gravada en Galicia tralo seu retorno de Marrocos, mentres autores e autoras como Iván Castiñeiras (Trajectory Drift), Brandán Cerviño (Carta a Leningrado) ou as Also Sisters (The Film Machine) rodaron as súas pezas en Francia, Cuba e Estados Unidos respectivamente. A diversidade de contextos de traballo trasládase tamén á presenza tanto de obras de ficción como de documentais e filmes de carácter máis experimental. No primeiro ámbito, ademais de Sandra Sánchez e as Also Sisters, están presentes Laura Pousa con Un país extraño (protagonizada por Rosa María Mateo) ou Noela Gutiérrez con Un ollo de vidro (adaptación do clásico de Castelao). No referente ao documental poderá verse en Curtocircuíto M. (Manuel Moldes Pontevedra Suite, 1983-1987), o retrato que Ángel Santos realizou do pintor Manuel Moldes, recentemente falecido. Por último, o lado máis experimental do cinema galego recente está representado por Caerán lóstregos do ceo de Adrián Canoura e El Espectrorium de Judith Adataberna. Supernova e Terra Doce pezas de novas voces conforman o primeiro programa de Supernova Doce pezas de novas voces conforman o primeiro programa de Supernova, que vai do narrativo ao experimental e ten un marcado peso do cinema máis íntimo. Nesta sección, o público terá así a oportunidade de descubrir o carácter e as inquedanzas desta parte dunha nova xeración de cineastas -conformada maioritariamente por directoras- a través dunha selección composta por Sendeiro, de Lucía Estévez; Ser y tiempo, de Daniel Arana; Marxes, de Sara Iglesias; El cuadrado, de Ángel Filgueira; O ollo cobizoso, de Lara e Noa Castro; Tiempo, de Alicia Alonso; ou as pezas Resiliencia e 16-11-2016/13-5-2017, de Marta Valverde; They Ponder e Confessions: Teaching Redemption, de Ariadna Cordal; e Fume e Lonxe, de Alejandro Rodríguez. Pola outra banda, Terra é unha sección non competitiva dedicada a autores e autoras galegos que contan xa cun universo creativo consolidado ao longo de diferentes obras. Nesta primeira edición estará protagonizada por Xacio Baño e Jaione Camborda, dous cineastas que nos últimos anos estrearon os seus filmes ou foron premiados en festivais como Locarno, Clermont-Ferrand, Filmadrid ou o Fidocs de Santiago de Chile. Na actualidade tanto Xacio -escollido pola revista Variety como un dos dez talentos emerxentes do cinema español- como Jaione -que conta tamén cunha importante traxectoria como guionista e directora de arte- enfróntanse á estrea das súas primeiras longametraxes, Trote e Arima. Minervini Terra é unha sección non competitiva dedicada a autores e autoras galegos que contan xa cun universo creativo consolidado Finalmente, Curtocircuito suma ás súas retrospectivas desta 15ª edición ao italiano Roberto Minervini, director que na última década tomou o pulso á rabia da América profunda nos seus filmes. Afincado en Texas, o cineasta vén de competir na Sección Oficial de Venecia con What You Gonna Do When the World's on Fire?. Ademais, o Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela revela tamén os sete filmes que conformarán Penínsulas, a súa sección de cinema español, e vén de facer pública a súa imaxe para este ano, inspirada na selva como lugar por descubrir, do mesmo xeito que a programación busca películas que exploren non só realidades descoñecidas, senón novas formas de facer cine."}
{"ID": "NOS_17444", "summary": "A patronal española quer 'minijobs' (\"é mellor traballar unha hora que ningunha\"), contratos laborais simplificados e poñer fin a tanto funcionario (sic) que, apuntan, non fan nada. Aliás, dubidan que no Estado haxa tanto desempregado como din os datos estatísticos", "text": "A Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) ten tamén a súa particular folla de ruta para combater a crise. Unha proposta na que se entrelazan desde a aposta polos 'minijobs' até facilidades ao empresariado na contratación e medidas drásticas canto aos empregados públicos. Nada novo, mais o presidente da patronal, Joan Rosell, vén de falar delas sen maquillaxe algún. Así, para a mocidade, Rosell aposta por minijobs con salarios por baixo do convenio. Para a mocidade, Rosell aposta por minijobs con salarios por baixo do convenio Defende estes miniempregos porque sinala que é mellor traballar \"unha, dúas ou tres horas\" que \"ningunha\". E critica que os sindicatos se neguen a contemplar esta posibilidade e cualifiquen estes minijobs como contratos lixo. Alén disto, a CEOE tamén quere maior simplificación na contratación laboral. \"Con tres líñas abondan, e non eses tochos tremendos\". Aliás, advoga por que existan unha serie de condicións 'pactadas' no contrato que faciliten o despedimento. Funcionarios, no albo No discurso de Rosell tamén hai sitio para o funcionariado. O presidente da patronal española considera que hai moito funcionari@ que actualmente non ten traballo a desenvolver, polo que sería mellor, apunta, \"mandalo para casa\". E a isto engade que dubida de que no Estado español haxa seis millóns de desempregad@s. Iso si, para os e as persoas en paro, pide que se lles obrigue a dar cursos e revisar a prestación."}
{"ID": "PRAZA_8740", "summary": "A CIG celebrou o seu acto central en Vigo e CC.OO. e UGT na Coruña. En toda Galicia as marchas tiveron unha participación moi numerosa. Galería de imaxes no interior.", "text": "Contadas por xunto ou por separado, as manifestacións convocadas neste primeiro de maio por CC.OO. e UGT por unha banda, a CIG pola súa, e centrais coma CUT, CGT ou CNT pola outra, tiveron unha participación moi numerosa. A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo e CC.OO. e UGT na Coruña e en ambas as dúas a participación roldou as 20 mil persoas, segundo os organizadores. En total, CC.OO. e UGT cifran en case 100.000 persoas as que participaron nas nove manifestacións convocadas baixo o lema Non teñen límite. Loita polos teus dereitos. José Antonio Gómez (UGT) e Xosé Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.) destacaron que \"a de hoxe é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, que este ano se celebra nunha difícil conxuntura marcada por unha forte crise que está acarreando graves consecuencias, non só no eido económico, senón tamén no laboral e social\" e denunciaron \"o xeito de actuar da Unión Europea, obedece os ditados da chanceler Merkel e insiste nas súas fracasadas e inútiles receitas neoliberais\". Os últimos datos de paro coñecidos -a enquisa da EPA que situou o número total de desempregados por riba dos seis millóns- e o malestar xerado polo anuncio do Goberno de que a taxa se manterá por riba do 25% até o 2016 marcaron as manifestacións. Todas as centrais sindicais viron na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros do pasado venres a \"constatación\" do \"fracaso das políticas de austeridade\". Sánchez Aguión e Gómez destacaron que \"a rúa é o lugar que lles queda aos traballadores e traballadoras e á cidadanía\" e salientaron que se trata dun momento \"crucial\", pois \"estamos perdendo as conquistas sociais que foramos perdendo durante xeracións e podemos deixarlles aos nosos fillos un mundo moito peor do que nos tocou vivir\". Para Xosé Manuel Sánchez Aguión, \"a resposta que está dando Galicia amosa un rexeitamento xeral ás políticas ineficaces e inxustas do Goberno, unhas políticas que condenan ao paro e á pobreza ao 99% da poboación\". Na mesma liña, José Antonio Gómez destacou a \"resposta clara, masiva e contundente contra o austericidio\" e sinalou que \"hai alternativas\" e que se pode \"facer unha política diferente\". Un e outro coincidiron en que a mobilización vai continuar \"constante, sostida e inclusiva para a maioria da poboación\". Avogaron tamén pola unidade de acción coa CIG, \"para dar unha resposta colectiva unitaria e forte contra estas políticas\" e lembraron que lle fixeron á central nacionalista o ofrecemento para acudir xuntos a este primeiro de maio. Gómez manifestouse \"confiado\" en que a unidade de acción regresará pois \"son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos separan\". Tamén lembraron que moitas persoas foron resistindo os golpes da crise en boa medida polas \"reservas animicas e familiares\", pero que esas resevas \"se están a esgotar\". \"Esta situación\", critican os sindicatos, está a provocar \"unha gran desafección cidadá, que ve como os poderes públicos non dan solucións aos dramas cotiáns, acelerando así o descrédito e crise das institucións, precisamente cando son máis necesarias que nunca as políticas públicas\". As marchas de CC.OO. e UGT contaron en toda Galicia cunha nutrida participación de representantes do PSdeG-PSOE -entre eles Pachi Vázquez e Francisco Caamaño na Coruña- e de Esquerda Unida. \"A Galiza que nós queremos non ten cabida nesta Unión Europea\" A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo, onde participaron de xeito activo algúns dos principais dirixentes do BNG, coma Xavier Vence, Bieito Lobeira, Carme Adán e Olaia Fernández Davila. O propio Vence, en declaracións aos medios de comunicación, chamou por un \"cambio de orientación\" das políticas económicas. Vence afirmou que \"o PP está contribuindo máis á desaparición do capitalismo en Galicia que todos os comunistas xuntos\", e acusouno de asistir como \"mera testemuña\" á \"desaparición de empresas importantes todos os días\" e de \"non facer absolutamente nada\". Neste senso criticou o \"proceso de desmantelamento industrial acelerado que se está producindo en Galicia\". Unha mensaxe na que incidiu Suso Seixo no seu discurso no que afirmou que \"podemos vencelos e lograr avanzar cara outro modelo económico e social ao servizo da clase traballadora\". Seixo tamén clamou contra calquera tipo de \"pacto social co PP e a oligarquía\" e sinalou que \"temos que botalos dos gobernos\" e que \"a Galiza que nós queremos non ten cabida nesta Unión Europea\", unha crítica ás políticas da UE que foi constante na manifestación. De feito, o lema escollido pola CIG para ese 1º de maio foi Partido Popular–Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza. \"O goberno está en mans da banca e do capital financeiro, sobre todo dos bancos alemáns\", sinalaba Suso Seixo este mesmo luns, denunciando que \"a UE e o goberno español, o Partido Popular, seguen a insistir nas mesmas políticas desde o inicio da crise. Medidas todas elas dirixidas contra a clase traballadora e os sectores máis desfavorecidos da sociedade\". A CIG fixo igualmente un chamamento a superar o \"pesimismo\" ao que convida esta situacion e a \"acumular forzas\" na esquerda para acadar \"unha mobilización maior\". Para Suso Seixo \"a saída da crise hai que conquistala. Hai que tirar abaixo este goberno, forzar a súa dimisión, e levar ao poder en Galicia e no Estado a forzas que sexan sensibles aos intereses da clase traballadora\". Seixo sinalou que \"razóns obxectivas hai de sobra para a convocatoria dunha nova folga xeral, sen que haxa que seguir agardando a que sigan recortando dereitos\". Afirmou tamén que a división sindical que se deixou ver este mércores nas distintas manifestacións é unha \"desgraza\" pero apuntou que \"a unidade sindical debe darse a diario nos centros de traballo\". Tanto Seixo como Vence rexeitaron a posibilidade de calquera \"pacto social\" co PP. Vence apuntou a este respecto que \"o único pacto nacional posible é o das forzas que se opoñen ás políticas neoliberales\". Como nota curiosa, na marcha da CIG puido verse a David Reboredo, que declarou que \"hoxe é un día para saír ás rúa\". Tamén foi moi visible en todas as manifestacións convocadas en Vigo a presenza dos afectados pola estafa das preferentes e tamén dos colectivos que loitan contra os desafiuzamentos, coma a PAH, e tamén dos traballadores e traballadoras de Pescanova. Outras cidades En Compostela, en Lugo, en Ourense, en Pontevedra ou Ferrol a participación nas marchas convocadas polas centrais sindicais tamén foi moi numerosa. Especialmente en Ferrol, unha cidade na que a crise e o desemprego inciden con maior virulencia, cun sector naval paralizado e unha taxa de paro superior ao 32% da poboación activa. A pesar da chuvia, ao redor de 6.000 persoas participaron na marcha convocada por CC.OO., UGT e USTG e unhas 2.000 fixérono na da CIG. A crise do sector naval centrou as marchas, o mesmo que a proposta lanzada polo sindicato nacionalista de convocar unha xornada de folga xeral na comarca antes do verán. Outras marchas As manifestacións convocadas por outras centrais, como CUT, CNT ou CGT, rexistraron unha participación superior á doutros anos. Na Coruña a marcha convocada por CUT e CGT reuniu case dúas mil persoas e a asistencia foi mesmo superior na que en Vigo lideraron CUT, CGT, STEG, SF-Intersindical e XG. Ricardo Castro, xecretario xeral da CUT di \"estar satisfeito\" co feito de que \"a alianza do sindicalismo de clase e asembleario vaia tomando corpo para defender con claridade e fortaleza os intereses da clase obreira galega\". Tamén houbo manifestacións en Ourense (CUT, CNT e CGT) e Compostela (CUT, CNT e Asembleas Abertas)."}
{"ID": "PRAZA_19866", "summary": "GALERÍA DE IMAXES | Francisco Pillado é homenaxeado como Republicano de Honra 2017 Francisco Pillado: \"Os valores republicanos están agora peor defendidos que antes\"", "text": "Francisco Pillado: \"Os valores republicanos están agora peor defendidos que antes\" Francisco Pillado foi homenaxeado esta semana como Republicano de Honra 2017 \"Nacín no ano 1941, ao pouco de finalizada a guerra incivil española. Aínda que, para ser exactos, na Galiza non houbo guerra. Houbo, si, unha cruel represión por parte do bando fascista capitaneada por un sádico como Francisco Franco\". Así comezou Francisco Pillado o seu discurso o pasado xoves na Real Academia Galega. Foi só un máis dos numerosos actos organizados na súa homenaxe logo de ser distinguido como Republicano de Honra 2017 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña. Alí, na RAG, Pillado, presidente de honra da Fundación Praza Pública, que edita Praza.gal, declarouse \"republicano por vocación, por estirpe e por ralea\". A semana de homenaxes a Pillado comezou o luns coa súa recepción no Concello da Coruña e seguiu o martes, cun encontro no Círculo de Artesáns con xentes da cultura no que falou do seu labor editorial e teatral. O xoves foi recibido na Universidade da Coruña e, na RAG, deu o antedito discurso. O venres Pillado comezou a mañá cunha recepción na Deputación Provincial da Coruña, realizou unha ofrenda floral no Memorial Xermolos en lembranza dos represaliados polo franquismo e logo compartiu con familiares e amigos a tradicional Cea da República que organizou a Comisión. No discurso de agradecementos, o presidente da CRMH, Fernando Souto, avanzou que este ano a entidade seguirá traballando para que se faga realidade a Oficina de Atención ás Vítimas do franquismo e asegurou que tanto a Universidade coma o Concello da Coruña mostraron a súa disposición a facela posible. Souto sinalou que ademais a CRMH seguirá defendendo a recuperación do vello cárcere provincial, para o que continúa apoiando ao Proxecto Cárcere, e loitando pola recuperación do Pazo de Meirás."}
{"ID": "NOS_38116", "summary": "A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza máis unha edición dunha das mostras máis antigas do Estado español desta temática. Obradoiros e a presentación do primeiro método de gaita para crianzas completan a programación. A homenaxe deste ano é para Xosé Manuel Seivane e o pregoeiro será o músico Xosé Quintas.", "text": "Dezanove anos leva a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da súa comisión de artesáns, organizando unha mostra que xa e todo un referente a nivel estatal nos eventos de luthiers. A \"XIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional\", que reunirá o 4 e 5 de agosto a 24 artesáns, pretende achegar no histórico Festival de Pardiñas que organiza Xermolos o traballo das persoas que constrúen a principal ferramenta dos músicos, mais tamén dar a coñecer as súas últimas novidades. Como conta Xoán M. Tubío, \"Xaneco\", o precursor da mostra, a propia dinámica deste tipo de artesanía e a dispersión por toda a xeografía galega dificultou a súa organización. \"Comezamos con moita ilusión e hoxe a mostra está consolidada por ser unha oportunidade única de probar instrumentos e falar cos luthiers de toda Galiza\". O mundo da artesanía de instrumentos musicais tradicionais galego ten as súas particularidades. \"Primeiro entras en contacto co instrumento, xa que logo é moi importante saber tocar para despois xogar coas tonalidades e outras particularidades que non aproveitarías doutro xeito\", comenta falando da súa propia experiencia Xaneco. A nivel galego varias iniciativas promocionaron este oficio. \"A máis importante, se cadra, foi a que montou Antón Corral na Universidade Popular de Vigo mais despois houbo outras como a que se realizou en Lugo\", apunta Xaneco. Logo na propia mostra aproveitan para intercambiar experiencias e poñerse a día. Por sorte a crise, como comenta Xaneco, aínda non chegou a este sector que aporta o seu material ás numerosas escolas de baile e música tradicional. \"A nosa clientela son músicos profesionais, de escolas e este sector ten moito vigor, mesmo nun estudo realizado por Son de Seu daba unha cantidade importante de alumnos e alumnas de instrumentos tradicionais\". Aínda así o construtor asegura que algo hai \"polo recorte tan fulminante e aniquilador da nosa cultura musical\". A nivel galego varias iniciativas promocionaron este oficio, como a que montou Antón Corral na Universidade Popular de Vigo ou a que fixo a Deputación de Lugo. Homenaxe a SeivaneNesta edición a mostra quere homenaxear o mestre da Pastoriza, Xosé Manuel Seivane Rivas, finado hai seis meses. Seivane tivo o seu primeiro obradoiro con 18 anos e ao longo dos seus máis de sesenta anos de historia contribuíu a dignificar e desenvolver a gaita galega, por exemplo na unificación das palletas, ou no perfeccionamento da afinación. Participou nos anos 70 e 80 nas primeiras xuntanzas de construtores de instrumentos que tiveron lugar en Melide e Ortigueira. Tamén foi un dos fundadores da Asociación de Gaiteiros Galegos e converteuse nun referente do instrumento nacional galego.A homenaxe pretende tamén dar a coñecer este oficio. Xaneco asegura que o luthier de instrumento tradicional non está tan valorado como aquel que traballa na música clásica mais \"agora cada vez máis sentímonos recoñecidos pola nosa clientela\". Pregón de Xosé Quintas e obradoirosO pregón será hoxe ás 17:30 horas e corresponderá ao músico e cantante Xosé Quintas Canella (Allariz, 1947). Este artista comezou a súa carreira a mediados dos anos 60 actuando en varios locais da zona da Coruña. Participou do denominado Movemento Popular da Canción Galega mais con diferencias de estilo co de Voces Ceibes: seguiu máis unha liña medievalista e de espallamento das cantigas galaico-portuguesas. En 1978 gravou o seu disco con doce cantigas Porque no mundo mengou a verdade no que participaron tamén Eloy Vázquez, Ánxel Barbadillo, Bernardo Martínez e Enrique Ferreira.Logo do pregón comezarán varias actividades. Primeiro o artesán Jaime Pena realizará unha demostración práctica de construción de palletas e despois haberá unha actuación musical con sabor dos anos 40 da murga \"Brisas de Tomiño\". Rematará a xornada o músico e artesán Oli Xiráldez, no obradoiro de Treboada. O Domingo ás 12:30 horas presentarase o libro \"Son do Fol\" por parte do seu autor, Xaime Estévez, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Pola tarde continuará o obradoiro de palletas e despois, a partir das 18 horas, haberá un pequeno curso de Baile Tradicional a cargo de Miguel Souto, bailador da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo. Rematará a mostra a actuación do Grupo Leirabuxo."}
{"ID": "NOS_46296", "summary": "Os positivos nesta variante da influenza en dous mascatos detectáranse recentemente en Cangas e Valdoviño.", "text": "A Xunta da Galiza vén de confirmar os dous primeiros casos de gripe aviaria detectados no país en dous mascatos localizados no porto de Cangas e a praia de Valdoviño. Os dous positivos nesta variante da influenza de alta patoxeneicidade en aves silvestres foron ratificados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), segundo informou nesta segunda feira a Consellaría do Medio Rural. Os casos foron postos en coñecemento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para a súa posterior comunicación á Comisión Europea, os estados membro e a Organización Mundial da Saúde (OMS), tal e como estabelece o protocolo de actuación. O primeiro caso, o de Cangas, arribou ao porto do Morrazo a bordo dun buque pesqueiro e foi trasladado ao Centro de recuperación de fauna silvestre de Carballedo, mentres que o segundo, localizado nun areal de Valdoviño, foi derivado ao de Santa Cruz de Oleiros. Galiza detecta dous casos de gripe aviaria en aves migratorias O mascato é unha ave mariña que aniña no Atlántico norte, onde forman colonias de varios miles de parellas. As colonias de cría máis importantes están nas Illas Británicas, que concentran aproximadamente 60% da poboación mundial. Esta variedade de ave silvestre pon o niño no verán e, aínda que a maioría dos individuos adultos fican despois no inverno arredor das colonias de cría, os máis novos migran cara ao sur en dirección a augas subtropicais ou tropicais no oeste de África. Nestes intres, os mascatos atravesan as costas da península Ibérica no seu proceso migratorio cara a Mauritania e o Golfo de Guinea, aínda que, como inciden desde Medio Rural, \"apenas se aproximan á costa, agás para aniñar\". Neste senso, a Administración galega salienta que a detección de casos de gripe aviaria na Galiza \"non afecta o status sanitario oficial das explotacións avícolas galegas, nin implica ningún tipo de restrición de movementos para as aves e os seus produtos\". O Goberno galego precisa que a capacidade de transmitirse a persoas é \"moi reducida\" Con todo, apela a reforzar as medidas de bioseguirdade en explotacións avícolas, especialmente as orientadas a evitar o contacto con aves silvestres, e chama a extremar a vixilancia e notificar calquera sospeita de posíbeis casos ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente. Por último, o Goberno galego subliña que até o momento \"non hai constancia de que o subtipo de virus que durante o último ano está a afectar a Europa teña capacidade zoonósica significativa\", polo que \"a súa capacidade de transmitirse ás persoas resulta moi reducida\". Mais si recomenda minimizar o contacto \"innecesario\" coas aves que mostren signos clínicos de enfermidade ou se atopen mortas no campo, usando medidas de protección en caso de ser necesario recollelas."}
{"ID": "NOS_35304", "summary": "Por debaixo da Galiza e a distancia sitúanse Castela e León cun saldo vexetativo de -16.211 e a Comunitat Valenciana, con -14.106.", "text": "A Galiza padeceu en 2021 o peor saldo vexetativo (diferenza entre falecementos e nacementos nun territorio nun determinado tempo) desde que se comezaron a recoller rexistros en 1975, con 18.057 mortes máis que nacementos, segundo os datos provisionais que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) esta cuarta feira. Esta cifra supón, ademais, o peor saldo vexetativo no conxunto do Estado español. Galiza anotou en 2020 o peor saldo vexetativo desde que hai rexistros Por debaixo da Galiza e a distancia sitúanse Castela e León cun saldo vexetativo de -16.211 e a Comunitat Valenciana, con -14.106. En canto á tendencia, a crise demográfica na que está inmersa a Galiza nos últimos anos segue a empeorar. Cos datos provisionais do INE, o saldo vexetativo empeorou en perto de medio milleiro de persoas o dato que computou o noso país en 2020 (-17.598). Mesma mortalidade, menos nacementos Aínda que a cifra de mortalidade é case idéntica na Galiza en 2021 (32.841 falecidos) e en 2020 (32.845), o retroceso do saldo vexetativo explícase polo descenso de 463 nacementos (-3,2%), entre 2020 e 2021, ano no que quedaron só en 14.784. Esta cifra tamén supón o dato máis baixo na serie histórica. O feito de que a cifra de defuncións na Galiza en 2021 sexa moi semellante ao dato de 2020, o maior computado na historia da Galiza (coincidindo co ano de comezo da pandemia), contrasta coa caída media de 8,7% dos óbitos que se produciu no Estado español. O noso país conta coa terceira maior taxa bruta de mortalidade (12,2 mortes por 1.000 habitantes), só por detrás de Asturias (13,2) e Castela e León (12,3). SOS Sanidade Pública denuncia o aumento da mortalidade polos recortes da Xunta En cambio, a Galiza está na parte baixa do indicador de fecundidade, con só 1,01 fillos por muller, terceira autonomía pola cola, tras Canarias (0,86) e Asturias (0,95). A media estatal está en 1,19. A esperanza de vida dos nados en 2021 na Galiza é de 83,4 anos, lixeiramente por enriba da media (83,1 anos). Á cabeza está Madrid (84,6 anos). No outro extremo está Andalucía (81,4 anos)."}
{"ID": "NOS_1284", "summary": "Celebráronse nun contexto político marcado pola fonda crise do réxime da I Restauración. O nacionalismo galego instituíuse como proxecto político autónomo ao concorrer ás eleccións a Cortes xerais e formulando unha alternativa de ruptura con ese réxime.", "text": "Aínda que ficaron na memoria popular como as eleccións do ano da gripe, para nos sempre serán as primeiras eleccións ás que concorreu o nacionalismo galego. Celebráronse nun contexto político marcado pola fonda crise do réxime da I Restauración, cuestionado na súa lexitimidade social, a consecuencia da corrupción, da adulteración das normas democráticas e do modelo de representación, e abaneado por un grave problema económico, derivado da orientación exportadora da política do Estado, favorecida pola neutralidade durante a grande guerra, que se concretou nunha vaga de fame e no aumento da carestía da vida . Viñeron precedidas dunha grande convulsión social e política, cuxos capítulos máis recoñecíbeis son a asemblea de parlamentarios de 1917, promovida polo nacionalismo catalán, e a folga xeral dese mesmo ano, pero tamén dunha continuada mobilización da sociedade galega, do que dan conta os conflitos da subsistencias, as loitas agrarias e operarias e a activación de novas alternativas políticas, nomeadamente as Irmandades da Fala. Os nacionalistas foron acusados polos partidos da quenda de subverter a unidade do Estado, de intervir ao ditados dos intereses cataláns e de actuar na vangarda de posicións revolucionarias. O nacionalismo lanzouse á loita electoral. A súa proposta programática, da que dan conta os manifestos de Lois Porteiro Garea ou de Antón Lousada Diéguez, debedores das demandas da asemblea de parlamentarios, das propostas das asembleas agrarias de Monforte e Ribadavia e dalgunhas reivindicacións das organizacións operarias, viñan a ser unha resposta ao estado de cousas na Galiza do momento. Significaban no plano político unha impugnación ao réxime da Restauración de orientación rexeneracionista, representaban na esfera económica unha proposta reformista, dirixida a melloras as condicións de vida das maiorías sociais de Galiza, coherente coas propostas do movemento popular, condicionando, todo isto, a unha mudanza de fondo, que implicaba un novo status da nosa nación. A esixencia dun novo marco de relacións entre Galiza e o Estado español, situábase por primeira vez no centro do taboleiro político, asociando a solución dos problemas galegos a consecución dun novo encaixe no espazo peninsular. O nacionalismo galego instituíuse como proxecto político autónomo ao concorrer ás eleccións a Cortes xerais e formulando unha alternativa de ruptura co réxime da I Restauración. A batalla electoral foi durísima. O nacionalismo, sometido a un fogo cruzado a dereita e esquerda, era acusado polos primeiros de subverter a unidade do Estado, de actuar ao ditados dos intereses cataláns e de posicións revolucionarias, mentres os segundos denunciaban as relacións co catalanismo, un movemento considerado como reaccionaria polas posicións de Cambó. Ao tempo, moitos dos seus actos de propaganda, foron boicoteados e prohibidos, sinalándose a actuación dos axentes da Garda Civil, do lerrouxismo e dos partidos da quenda, que non dubidaban en recibir aos candidatos ao berros de \"Viva España\", \"Abaixo o ouro catalán\" ou \"Falade en cristián\". Así sucedeu en Celanova, onde Lois Porteiro foi vítima dun atentado, n´A Estrada, coa Garda Civil ameazando con disparar aos oradores, pero tamén en Narón, Caldas de Reis ou Ferrol. A compra do xornal El Noroeste, coa axuda económica dos cataláns, non foi quen de amolecer a campaña da prensa do réxime, destacando pola súa agresividade La voz de Galicia, que a máis de criticar a posición lingüística dos irmandiños non dúbida en responsabilizados dos tráxicos sucesos de Narón. As eleccións retrataron as debilidades do nacionalismo e a natureza do réxime da Restauración As expectativas iniciais foron rebaixadas no momento de formalizar as candidaturas, presentándose exclusivamente nos distritos de Celanova, A Estrada, Lugo, Noia e Pontedeume, apoiando persoas afíns en Betanzos ou Lugo, desistindo por diversos motivos n´A Coruña e Monforte e véndose incapaces de cubrir outras partes do territorio galego. Porteiro Garea será derrotado en Celanova polo bugallalista Senén Canido, Lousada Diéguez, a pesar de gañar nas mesas d´A Estrada perde fronte a Vicente Riestra, Rodrigo Sanz non consegue superar en Pontedeume a Waiss e Vázquez Enriquez sofre un severo castigo en Noia diante de Eduardo Gasset. Alén das debilidades organizativas das Irmandades da Fala, o proceso electoral deixou claro que a maquinaria caciquil dos partidos da quenda mantiña o seu ferreño control en Galiza, denunciando os irmandiños, mesmo diante do Tribunal Supremo, as múltiples irregularidades cometidas, do que son bo exemplo as actas de Celanova ou d´A Estrada, onde Lousada Diéguez aparece nas mesas de Silleda ou de Boborás sen ningún voto computado. Fai cen anos, nas eleccións do vinte e catro de febreiro de 1918, o nacionalismo galego cruzou o seu particular Rubicón, instituíndose como proxecto político autónomo ao concorrer ás eleccións a Cortes xerais e formulando unha alternativa de ruptura co réxime da I Restauración. Malia os cativos resultados electorais, a participación electoral obrigou a posicionarse sobre a problemática galega ás forzas de obediencia estatal, situando a cuestión nacional, na súa tripla esfera política, económica e cultural no centro do debate, sendo significativa a forte discusión arredor do uso e dos dereitos da lingua galega. Ao tempo, ao presentarse a carón do catalanismo, na altura a vangarda da loita nacionalista no Estado e diana dos ataques do españolismo, aspecto que forneceu de munición ás forzas sistémicas, permitiu visualizar a Galiza como unha realidade nacional, situando o seu problema na mesma dimensión que o catalán e favorecendo unha visión plurinacional do espazo español. A análise dos resultados electorais obrigou ás Irmandades da Fala a un proceso de clarificación no plano ideolóxico, cuxos resultados máis inmediatos serán concretados en novembro de 1918 no manifesto nacionalista."}
{"ID": "NOS_9914", "summary": "Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, é partidario de que o Goberno español faga as mudanzas nas reformas laborais \"antes do verán\".", "text": "O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, reiterou a pasada cuarta feira en Vigo aos medios de comunicación que \"desmontar aspectos centrais da reforma laboral\" debe conseguirse \"bastante antes do verán\". Apuntou que \"ninguén pode ter dereito a veto na negociación\" e, se non é posíbel facer a derrogación co acordo da patronal \"o Goberno ten que executala igualmente\". Sordo asegurou que \"estamos nun contexto de punto morto que se ten que resolver canto antes, levamos un mes negociando co Goberno e as organizacións empresariais a corrección en profundidade da reforma laboral\". Explicou que a derrogación pola vía do diálogo social, nun espazo de negociación, fai que o proceso \"vaia máis lento\", aínda así, asegura, \"unha cousa é que nos deixemos as pestanas na negociación, e outra cousa é que ninguén pode ter dereito a veto\". Por este motivo propón darse de prazo este mes de marzo para \"definir se hai posibilidades de chegar a un acordo coa CEOE\" en aspectos que se derroguen da reforma laboral e, en todo caso, insistiu en que o feito de \"desmontala\" debería ser \"bastante antes do verán\". O responsábel de CCOO afirma que \"oxalá fora co acordo coa patronal, mais se non é así, emprazaremos ao Goberno a que o faga\" e engade que \"para iso ten esta decisión no seu programa\". Sordo lembrou que a reforma laboral tamén a fixo un goberno do PP, cun decreto e sen negociar con ninguén\". Políticas fiscais e vivenda Sordo reiterou a necesidade de \"mellorar a protección\" das prestacións por desemprego e impulsar unha renda mínima garantida. Insistiu na urxencia de reducir o diferencial de corresponsabilidade fiscal coa Unión Europea e reclamou unha \"política seria\" en relación a prezos de propiedade e de alugueres."}
{"ID": "PRAZA_2868", "summary": "O executivo local de Negreira gastou case 11.000 euros tan só en dietas e aloxamento para Rodríguez Braun, catedrático e columnista achegado ás FAES. O novo goberno municipal fíxose cargo das facturas pendentes por un acto a un mes das eleccións locais.", "text": "O goberno local do PP na Coruña gastou nunha conferencia máis de 12.000 euros un mes antes das eleccións locais do 24 de maio. O Concello organizou, a través da Área de Emprego e de Empresa, un relatorio do economista e coñecido columnista Carlos Rodríguez Braun. Titulado De que estamos a falar cando dicimos que a economía medra?, o evento tivo lugar no auditorio do Centro Socio Cultural Afundación da cidade o pasado 22 de abril. O goberno local do PP pagou case 11.000 euros en concepto de dietas e aloxamento para o economista Rodríguez Braun Concretamente, foi o novo goberno local da Marea Atlántica, entre xullo e agosto, o que tivo que facer fronte aos diferentes gastos derivados da conferencia, que durou pouco máis de unha hora. A administración local pagou as facturas pendentes polo acto de Rodríguez Braun, destacado conferenciante. En detalle, 10.890 euros foron sufragados a través da editorial do economista -Lid- en concepto de dietas e aloxamento, mentres que o resto de gastos corresponderon ao servizo de interpretación, ao aluguer do auditorio e ao desprazamento do conferenciante desde Madrid (848,40 euros), segundo os detalles dos pagamentos aos que tivo acceso Praza. Rodríguez Braun, tal e como destacaba o Concello na información do acto, é columnista habitual de La Razón, Expansión, Actualidad Económica e Libertad Digital e comentarista en Onda Cero Radio ou Antena 3 TV. Ademais, o doutor en Ciencias Económicas e catedrático de Historia do Pensamento Economico pola Universidad Complutense de Madrid foi tamén un habitual participante nos campus da FAES, fundación vinculada ao PP e ao ex presidente do Goberno central, José María Aznar. Defensor do liberalismo económico máis duro, ten criticado o PP por asumir, segundo as súas palabras, posturas da esquerda. De feito, considera o popular un partido \"socialdemócrata como o PSOE\". O grupo municipal do PP criticara o gasto de 557 euros na recepción aos alcaldes que asistiron a un acto na Coruña Os gastos nesta conferencia saen á luz pouco despois de que o grupo municipal do PP criticara a achega de cartos públicos que o goberno local fixera pola visita institucional ao Concello de varios alcaldes que participaron hai tres semenas no Encontro Municipalista. O alcalde respondera detallando os 557,23 euros que se destinaran á recepción, principalmente destinados ao pagamento dos billetes de tren para desprazarse a Compostela. Precisamente na capital galega, tal e como adiantou Praza, o goberno local do PP tamén destinara importantes cantidades a actos institucionais, como os 6.000 euros en inaugurar a rúa dedicada a Fraga ou os 1.890 euros polos petiscos servidos na toma de posesión de Conde Roa. \"O nivel de gasto institucional que había en reunións semellantes con outros gobernos na Coruña era bastante máis elevado\", un feito que Ferreiro cualificara como \"normal, porque cando veñen representantes públicos o normal é ter atención e tratalos ben, xa que son alcaldes que representan a máis de oito millóns de habitantes, e merecen ser tratados co que son\". Sexa como for, o gasto de máis de 12.000 euros na conferencia de Rodríguez Braun foi un pouco inferior aos pagamentos de máis de 14.000 euros que o Concello da Coruña fixera a varias emisoras radiofónicas para que concelleiros do goberno de Carlos Negreira fosen entrevistados hai dous veráns. A denuncia daquela chegara do BNG, que tivo acceso ás facturas, e uníase á que realizara hai máis dun ano, cando descubriu que a administración local pagara tamén uns 2.000 euros a un xornal para que entrevistase o daquela alcalde co gallo do ascenso do Deportivo a primeira división. En total, máis de 16.300 euros, cando menos e só nuns meses, abonados a medios de comunicación a cambio de concederlles entrevistas."}
{"ID": "NOS_46568", "summary": "O colectivo InvestiGal denuncia que a Xunta precariza \"aínda máis\" o sector da investigación cunha convocatoria de contratos posdoutorais que limita o acceso a solicitantes, reduce o salario en máis de 6.000 euros anuais e mingua as horas de docencia.", "text": "A Xunta \"comeza 2021 co desmantelamento do principal programa de contratación do sistema galego de ciencia\", denuncian desde o InvestiGal ante a última convocatoria de contratos posdoutorais do Goberno galego. O colectivo de investigadoras e investigadores alerta de que as modificacións nesta convocatoria respecto a anteriores limitan o acceso das persoas solicitantes, saltándose a convocatoria de 2020\". Nun comunicado, InvestiGal sostén que se reduce o salario en máis de 6.000 euros anuais e tamén minguan as horas de docencia por ano que poden ser impartidas. Defenden que as os investigadores constitúen un persoal altamente formado o que deriva nunha alta produtividade e xera coñecemento de alto valor engadido \"Isto constitúe unha nova ofensa por parte da Xunta da Galiza cara ao desmantelamento gradual do principal programa de recursos humanos para a captación e formación de investigadores e investigadores posdoutorais da Galiza\", engaden desde o colectivo. Respecto diso, defenden que as os investigadores do sistema de I+D+i \"constitúen un persoal altamente formado o que deriva nunha alta produtividade e que xera coñecemento de alto valor engadido e un importante retorno económico e social\". Por outra banda, inciden en que desde este grupo propuxeron \"unha reforma estrutural do programa\". \"Lonxe disto, o programa dirixido pola Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria introduce unha serie de cambios na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que son lesivos para as e os solicitantes con respecto ás convocatorias anteriores\". Desde InvestiGal rexeitan a última convocatoria de axudas predoutorais e posdoutorais publicadas esta semana pola Xunta e apelan a \"reconducir\" esta situación, ao considerar que existe marxe antes da súa publicación definitiva no Diario Oficial da Galiza (DOG)."}
{"ID": "NOS_57902", "summary": "A Fiscalía Anticorrupción pide a Facenda todos os pagamentos do PP desde 2000, segundo publica hoxe El País. Jorge Trías, que confirmou os pagamentos e dixo ter visto a contabilidade de Bárcenas, tomará declaración esta mesma cuarta feira. Facenda, por súa parte, denega a amnistía fiscal a Bárcenas.", "text": "Ante os indicios de clara irregularidade fiscal, cando non de delito, a Fiscalía Anticorrupción pediu formalmente a Facenda que lle dea traslado sobre todos os pagamentos realizados polo Partido Popular desde 2000. É obvio que nos pagamentos a Facenda o PP non tería rexistrado ningún ingreso en negro, como tamén é obvio que nin nas declaracións da renda nin nas do patrimonio de empregados e dirixentes do partido van aparecer rastros do diñeiro en B. Onte, o ex tesoureiro do PP -ao que o partido pensa demandar, segundo anunciou onte o seu portavoz- negou categoricamente a existencia de ningunha contabilidade irregular e atribuiu o escándalo a unha manipulación. Sumouse así á estratexia de Rajoy. Mais, identicamente ao presidente do goberno, non identificou @s artífices da manipulación. Si dixo, en todo caso, que a manipulación é produto dunha persoa que tivo acceso á contabilidade real do PP. O que tampouco explicou é como co seu salario puido acumular até 22 millóns de euros, depositados nunha conta en Suiza. Por súa parte, e segundo publica El Mundo, Facenda vai denegar a amnistía fiscal tramitada por Bárcenas, ao que acusa de engano por atribuír fondos que posúe desde 2006 a unha sociedade criada en 2008."}
{"ID": "NOS_30491", "summary": "A Consellería cancelou 20 minutos antes e vía mail a xuntanza a tres bandas que convocara para esta cuarta feira. Volve convocala para esta quinta feira, após que o Consello aprobe a licitación do plan de transporte.", "text": "Non é doado manter descontentos e enfadados por igual a empresarios e traballadores, e mantelos tanto tempo, mais semella que a Consellería de Infraestruturas estase a especializar neste eido no que atinxe ao plan de transportes de viaxeiros por estrada. Ambos os dous, patronal e sindicatos, volveron coincidir esta cuarta feira no seu enfado co departamento que dirixe Ethel Vázquez. A Consellaría cancelaba, 15 minutos do inicio, a xuntanza que convocara a tres bandas e pasaba a fixar nova data e hora: esta quinta feira, 6 de xullo. Ou sexa, unha vez que pola mañá o Consello da Xunta aprobe a licitación das concesións. A manobra sentou moi mal. Para os empresarios, un despropósito. Para os sindicatos (CIG, CCOO e UXT), supón que a Xunta dá por rotas as negociacións. Xesús Pastoriza, da CIG, fala directamente de actitude \"prepotente e pouco seria\" da Xunta. A convocatoria de greve indefinida a partir do 13 de xullo, aprobada nas asembleas de traballadores, colle máis corpo ca nunca. \"Esta ruptura unilateral do diálogo por parte da Xunta de Galiza ampara que queren seguir cun conflito aberto o cal están sufrindo todos os cidadáns e cidadás por culpa dun goberno ineficiente que adopta decisións máis propias dunha xuntanza nun bar, que as que debe adoptar un goberno serio\", afirman as centrais nun comunicado conxunto. Que o Consello da Xunta aprobe a contratación das concesións indica que a Xunta non pensa dar marcha atrás. Que o plan de transporte non se toca, agás pequenos detalles en cada un dos 42 contratos. E isto embora os avanzos logrados, nomeadamente cos sindicatos, nas últimas xuntanzas coa Consellería, en materia de surogación e emprego. Para a Consellería este plan é a única alternativa viábel e legal que garanta que en agosto haxa servizos. Desde a patronal insisten en que hai alternativas, lamentando a 'cerrazón' do goberno galego. Na mañá desta quinta feira, ademais, o consello de relacións laborais acolle unha reunión entre patronal e sindicatos para achegar posturas en torno aos convenios colectivos, outra das patas deste conflito que acumula 6 xornadas de greve e aponta a ser indefinido a partir do vindeiro 13 de xullo."}
{"ID": "NOS_53432", "summary": "Un concelleiro en Cambre e un militante do BNG foron condenados por un Xulgado da Coruña por unha acción nun muro en xaneiro de 2014. O Bloque medita crear unha \"caixa de resistencia\" ante as ducias de militantes multados e sancionados.", "text": "Dani Carballada e David Neira, concelleiro do BNG en Cambre e militante da fronte nacionalista, foron condenados por un xulgado da Coruña a 4 días de arresto domiciliario por realizar unha pintada nun muro da Nacional VI en xaneiro de 2014 contra a lei do aborto que preparaba o PP. A sentencia non fixa ningunha sanción económica (como solicitaba o ministerio Público) pois considera que non houbo \"responsabilidade de dano patrimonial\". Para os condenados, con esta resolución procúrase a \"estigmatización e criminalización social\". Para o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, esta situación é mais propia \"do franquismo que dunha democracia\", e considera que este tipo de resolucións o que procuran é facer que a poboación \"non proteste\". Jorquera dixo sentirse \"orgulloso\" dunha organización que ten ducias de militantes e cargos multados ou denunciados por mobilizarse e protestar na defensa de dereitos sociais e nacionais. O portavoz do BNG no Parlamento mesmo sinalou que a formación estuda crear unha \"caixa de resistencia\" para facer fronte a esas situacións."}
{"ID": "NOS_47197", "summary": "A líder nacionalista participa na presentación das candidaturas do BNG ao Congreso e ao Senado pola circunscrición da Coruña, onde Néstor Rego volve contar con opcións de lograr un escano como deputado e devolver o Bloque ao Parlamento español.", "text": "\"Estas eleccións non van de Sánchez nin de Casado; van de que Galiza teña voz en Madrid\", dixo Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG esta sexta feira na presentación das candidaturas nacionalistas para as estatais do 10-N na circunscrición da Coruña. \"Seis meses despois volvemos estar diante dunhas eleccións xerais, as cuartas en cinco anos, o que demostra a inutilidade dunhas forzas políticas estatais que están máis preocupadas polos seus intereses partidistas que por poñerlle solución aos problemas da Galiza e do Estado español\", sinalou a líder nacionalista. \"A xente vai tomar nota e converter esta inutilidade nunha oportunidade para que Galiza teña voz propia no Congreso a través do BNG, porque somos a única forza política coas mans libres para defender Galiza\", reflexionou Pontón durante o acto que tivo lugar na Praza de Azcárrega da Coruña. \"Esta campaña vai de que Galiza poida mudar o rumbo e defender a nosa dignidade como nación\", insistiu Ana Pontón. A candidatura pola Coruña volve estar encabezada por Néstor Rego (O Vicedo, 1962), concelleiro na corporación de Compostela entre 1995 e 2008, e actual secretario xeral da UPG. Como número dous continúa María Xosé Bravo, exconcelleira na Coruña e docente, e como número tres, Ramón Fernández Alfonzo, sindicalista da CIG en Ferrol. O BNG sumou algo máis de 45.000 apoios nas estatais de abril na Coruña e aspira a recuperar o escano por esta circunscrición que obtivo por última vez en novembro de 2012. Néstor Rego reivindicou a \"traxectoria e o compromiso de loita\" das persoas que integran a lista e agradeceu a Compromiso por Galicia a súa implicación. \"Imos cumprir coa cidadanía, non imos fallar\", prometeu Rego que se dirixiu \"a toda esa Galiza que quere que as cousas muden\". Novidades Entre as novidades da candidatura ao Congreso aparecen Monserrat Almozara, militante de Compromiso por Galicia no número seis; e como segundo suplente Bruno Lopes Teixeiro, activista ferrolán cunha longa traxectoria de compromiso independentista e que se incorpora como independente. \"As persoas da comarca achegan luz, traballo e poesía á candidatura do BNG\", dixo Francisco Jorquera, concelleiro nacionalista na Coruña, en referencia a María Xosé Bravo, o actor Miguel Pernas, o poeta e mariñeiro Xosé Igrexas e a escritora Mercedes Queixas, que completan a lista ao Congreso. As titulares da lista do BNG ao Senado pola Coruña son Tereixa Novo, Laura Tato e Xosé Deira Triñanes. No resto das circunscricións galegas o BNG presentará como números un ao Congreso a Carme Da Silva (Pontevedra), Olalla Rodil (Lugo) e Francisco García (Ourense)."}
{"ID": "PRAZA_13769", "summary": "Parece ser que España está ao borde dun rescate total. Ninguén está seguro e todo son ruxerruxes, porque a falta de transparencia alimenta a aqueles que queren especular (e obter pingues beneficios) coas incertezas da cidadanía. Ninguén comprende o porqué desta situación, pois como empresas privadas que son os bancos poderían estar perfectamente sometidos ás mesmas regras do mercado que calquera outra empresa, sen arrastrar con eles á xente de todo un país.", "text": "Parece ser que España está ao borde dun rescate total. Ninguén está seguro e todo son ruxerruxes, porque a falta de transparencia alimenta a aqueles que queren especular (e obter pingues beneficios) coas incertezas da cidadanía. Ninguén comprende o porqué desta situación, pois como empresas privadas que son os bancos poderían estar perfectamente sometidos ás mesmas regras do mercado que calquera outra empresa, sen arrastrar con eles á xente de todo un país. Ninguén apunta tampouco camiños ou solucións alternativas, agás un desesperado e estrondoso \"non!\" a todas as medidas, sen máis motivo cós saloucos pola presunta dor que lle causarán cando se poñan en marcha a moitas persoas. Así as cousas, seguen faltando as alternativas. Se estamos tan mal, se España e Italia son un problema para a economía global (como apunta o FMI), e se as receitas actuais son claramente ineficaces cando non prexudiciais e regresivas (como teñen manifestado entre outros Paul Krugman, Premio Nobel de Economía, ou Jean Ziegler, vicepresidente da ONU), o lóxico sería que tras tanto tirón de pelos xurdisen as análises e as propostas diferentes. Pero pouco ou nada diso hai no horizonte. O definitivo da situación parece tan rotundo que calquera solución, por absurda ou peregrina que sexa, parece que merece ser probada por se acaso funciona A desesperación semella tanta que case non hai tempo para pensar. O definitivo da situación parece tan rotundo que calquera solución, por absurda ou peregrina que sexa, parece que merece ser probada por se acaso funciona. Con todo, nunha sociedade sumida na incerteza, as solucións peregrinas máis ca posibles alternativas serias son, en última instancia, unha perda de tempo e un malgasto de recursos. Cando todos eses recursos fagan falla para poñer en marcha as solucións que podan amañar algo, nos atoparemos con que xa queimamos os cartuchos cando non debiamos facelo. Que facemos entón? Antes de chegar a ese momento aínda podemos facer caso aos 'Os Resentidos': \"estamos en guerra pero hai que reflexionar\". Nunca tan certo foi como hoxe cando, en guerra contra unha crise económica que pode acabar con todo, as saídas dignas a esta crise só virán da man de solucións pensadas, meditadas e reflexionadas. Actualmente, a sociedade ábrese a calquera solución a calquera prezo, pero a paciencia se esgota á mesma velocidade ca unha esperanza xa moi castigada. Catro anos levamos pensando que o ano seguinte será mellor có anterior, e a realidade nos amosa que o seguinte posiblemente sexa aínda peor ca este (as previsións do FMI antes dos últimos recortes estiman unha recesión do 0.6% do PIB). A esquerda ten a maior das responsabilidades pois, na oposición practicamente en todas partes, non ten a presión do goberno, en si ten o tempo de cara para analizar con máis paciencia, rigor e audacia as posibles saídas a esta crise. Aos impacientes direilles que, sen dúbida, hai que estar na rúa e explicarlle á cidadanía as consecuencias nefastas de todo o que está a facer o incapaz e saturado goberno de Mariano Rajoy e do PP. Pero tamén lles digo que só con iso non chega para pasar de oposición a alternativa de goberno. Non chega con protestas e condenar, tamén hai que reflexionar e propoñer, con audacia e sen medo, novas solucións de esquerda. A esquerda ten a maior das responsabilidades pois, na oposición practicamente en todas partes, non ten a presión do goberno, en si ten o tempo de cara para analizar con máis paciencia, rigor e audacia as posibles saídas a esta crise O primeiro paso pasa por crear espazos compartidos de análise. A esquerda pode estar organizada en distintos grupos, lexitimamente orientados a grupos sociais e/ou ideolóxicos diferentes; pero iso non significa que as súas forzas de reflexión e creación de ideas deban estar tamén igualmente disgregadas. Aínda máis, foron en momentos de unión de forzas na reflexión, e de multiplicación de esforzos diversos na acción, cando a esquerda ten conseguido historicamente os seus maiores logros. Ese é o camiño. Así o penso. Mesmo estou totalmente convencido diso. Por iso, un grupo de camaradas/compañeiros/amigos de diversas militancias, correntes e opinións estamos organizando o que pronto será unha proposta aberta a toda a esquerda de Galicia. Un espazo aberto para o diálogo e o debate. Un lugar para intercambiar impresións, xerar ideas e poñer en marcha iniciativas compartidas. Sen máis pretensión que atoparnos e falar. Oxalá a iniciativa calle. Creo, honestamente, que Galicia e España ben o necesitan. Seguiremos informando."}
{"ID": "NOS_56443", "summary": "O impeachment será votado polo Senado que precisa de maioría simple para o aprobar.", "text": "Unha sesión maratoniana e 367 votos a favor abriron a porta ao proceso de impeachment da presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, o domingo. Apenas 137 paralamentares amosaron o seu apoio á mandataria que se sitúa á beira da destitución. 'Por Deus', a principal razón para o impeachment No centro do debate mediático, os supostos casos de corrupción que atinxen o goberno de Rousseff. Porén, na Cámara foi Deus o que máis pronunciamentos obtivo nunha sesión de votación que se prolongou durante seis horas e que fica lonxe da cultura política galega. Mesmo houbo referencias por parte de deputados como o social-cristián, Eduardo Bolsonaro, ao golpe de estado de 1964 que desembocou na ditadura militar que levou a propia Rousseff e Lula Da Silva á cadea e a Carlos Alberto Brilhante Ustra, ex-xefe do órgao de represión política durante ese período. O Senado só precisa maioría simple para aprobar o proceso que implicaría a suspensión da presidenta Após a aprobación no Congreso, a proposta de impeachment pasa ao Senado que podería aprobala cunha maioría simple (41 de 81 escanos). Sobre a mesa as forzas que a promoven acusan Dilma Rousseff de ter vulnerado a lei orzamental, decretado gastos suplementares sen autorización do Congreso e de ter recorrido a operacións de crédito adiantadas por bancos estatais para financiar programas sociais. Pola súa banda, a presidenta e o Partido dos Trabalhadores acusan as forzas promotoras da destitución de estaren a levar a cabo un \"golpe\" contra o goberno e apelan á elección directa da presidenta, nun proceso electoral que tivo lugar en 2014, para deslexitimar o proceso. Tremer, actual vicepresidente asumiría a xefatura do estado. A Corte Suprema do Brasil investígao por corrupción Que acontece se o impeachment recibe o apoio do Senado?De acordo co estabelecido pola lexislación brasileira a presidenta sería suspensa do cargo para que sexa xulgada xudicialmente. Durante o período de 180 días fixado para que isto se produza é o vicepresidente quen asume as responsabilidades da xefatura do estado, isto é, Michel Temer. Paradoxicamente, contra el a Corte Suprema do Brasil solicitou abrir xuízo. De prosperar, asumiría a presidencia o actual presidente do Congreso, Eduardo Cunha quen está imputado por un presunto delito de corrupción. No concreto, polo escándalo Petrolão no que se tería apropiado indebidamente de millóns de dólares, subornos e mesmo pola posesión de contas en paraísos fiscais. De facto, Cunha é un dos nomes que aparecen nos Panama Papers."}
{"ID": "NOS_37569", "summary": "A negativa da Consellaría a tratar na Mesa Sectorial os Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos lévaa perante o TSXG.", "text": "O sindicato denuncia que a Consellaría de Educación \"volve ás andadas\" ao estabelecer unha nova modalidade de formación do profesorado sen negocialo na Mesa Sectorial, e está a vulnerar o dereito que asiste ás organizacións sindicais a negociar as condicións de traballo do profesorado. Amais onte, 7 de xuño, publicouse a Resolución coa regulación dos contratos-programa e as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar, nos centros de primaria e secundaria, sen negocialo cos representantes dos traballadores.\"Son dúas mostras máis do comportamento antidemocrático e desprezativo da Consellaría de Educación que se volve situar á marxe da legalidade, ao furtar o dereito á negociación en temas importantes para o profesorado e o sistema educativo \", explica Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino.Tocante á resolución que regula os contratos-programa, a CIG-Ensino lamenta que a Consellaría de Educación, na vez de procurar que todos os centros educativos conten cos recursos necesarios para frear o fracaso escolar, aposte por canalizar recursos extras a determinados centros, baseándose na taxa de éxito escolar e sen ter en conta a extracción social e económica do alumnado que escolarizan. Para Louzao, este modelo responde á \"visión reaccionaria e elitista da educación\", que \"non contempla medidas compensatorias que favorezan o alumnado con maiores dificultades educativas\", e polo tanto \"desterra a igualdade de oportunidades\"."}
{"ID": "NOS_53918", "summary": "Unha das principais coleccións de arte galega pode acabar en fondos de investimentos nun despacho de Chicago. Obras de Castelao, Seoane, Maruxa Mallo, Laxeiro ou Leiro poderían ser vendidas con Novagalicia Banco, de quen pasaron a depender. A Xunta non habilitou ningunha protección para que un patrimonio de incalculábel valor permaneza en Galiza.", "text": "Case doce horas durou a sesión do mércores da comisión que investiga a xestión das Caixas e, durante a longa xornada, quedou á vista que o destino da colección de arte de Caixa Galicia continúa a ser incerto, sen que se teñan tomado medidas para protexer o futuro dun patrimonio que pertence á comunidade galega. Se ben a obra artística de Caixanova fora adquirida a través da Fundación, a de Caixa Galicia é propiedade da entidade financeira co cal, despois da bancarización, queda en mans de Novagalicia Banco e o seu destino depende da decisión que o FROB sobre a súa venda. Os fondos artísticos de Caixa Galicia están compostos por unha das máis importantes coleccións de obra galega, con pezas de importante valor de Castelao, Laxeiro, Maruja Mallo, Colmeiro, Leopoldo Nóvoa, Tino Grandío, Luis Seoane, Lamazares ou Leiro ademais de unha relevante mostra de arte contemporánea internacional que vai de Picasso, a José P. Croft, Sean Scully, Manolo Millares ou Manolo Valdés. Arredor de 1500 obras de 170 artistas para os que a entidade destinara o edificio inaugurado en 2006 na Coruña no que, canda os nomes que pasaron xa á historia da arte se foron engadindo unha selección da nova creación galega. Protexer como BIC O director xerente da Obra Social de Novacaixagalicia recoñeceu de novo no Parlamento que despois da fusión das caixas, só a colección de arte de Caixanova entrou a depender da entidade, quedando a de Caixa Galicia supeditada ao destino de Novagalicia Banco, a súa propietaria formal. \"Córrese o risco de que si o banco se vende iso desapareza\" sinalou Pedro Otero. O peor dos horizontes debuxaríase no caso de que un fondo de inversión adquira o capital da entidade financeira e podan atopar na colección de arte un ámbito para a especulación co fin de conseguir importantes fondos. No debate parlamentar agromaron diversas fórmulas co fin de que se garanta a permanencia da colección de arte en territorio galego e o que fora director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias, alertou do prexuízo que para o país tería prescindir da colección de arte da entidade. Co fin de impedilo puxo sobre a mesa a posibilidade de declarar a colección como Ben de Interese Cultural, e, polo tanto, cun nivel de protección que impediría a súa fuga fóra do país."}
{"ID": "NOS_33591", "summary": "Vides post-it e Digue´m alguna cosa bruta son os títulos das obras de Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras que Pulp Books ven de publicar en catalán. En breve, o selo de Rinoceronte, traducirá obras da nova literatura galega ao italiano, alemán e xaponés.", "text": "Desde o 2011 a marca Pulp Books -da editorial Rinoceronte- vén ofrecendo obras da nova literatura galega traducidas ao español a través dun catálogo no que viron a luz títulos de Berta Dávila, Carlos Meixide, Jaureguizar, Xurxo Borrazás, Bieito Iglesias, Xavier Alcalá, Francisco Castro, Silvia Bardelás ou as novelas Dime algo sucio de Diego Ameixeiras e Vidas post-it de Iolanda Zúñiga que teñen agora nova edición en catalán. Con estes dous novos títulos, a editorial afincada en Cangas, ofrece ao público lector catalán dúas obras da nova literatura galega traducidas directamente a súa lingua, nun camiño singular poucas veces transitado. Dime algo sucio de Ameixeiras foi publicada en 2009, despois de que o autor e guionista gañase en 2006 o Premio Xerais con Tres segundos de memoria. O libro de microrrelatos Vidas post-it é o primeiro título de Iolanda Zúñiga que gañaría tamén o Xerais en 2010 con Periferia. Despois de encetar a súa traxectoria coa tradución de obras ao castelán -que se ofrecen en formato dixital e libro impreso- Pulp Books adéntrase con estes novos títulos na tradución ao catalán como un novo ámbito para a difusión da nova literatura galega. En breve, o selo editorial publicará Dime algo sucio en alemán e italiano e en xaponés A arte do fracaso, de Berta Dávila. Ao catálogo en castelán incorporarán, entre outros, Cemiterio de Elefantes de Fran Alonso ."}
{"ID": "NOS_34520", "summary": "A CIG afirma que a sentenza confirma que \"foron unha fraude\"", "text": "Unha sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense desestima a demanda presentada polo sindicato Grupo de Trabajadores Coren contra o laudo arbitral que anulou a constitución das mesas electorais confirma que o proceso, afirma a CIG, \"foi unha fraude\". A resolución, contra a que non cabe recurso, deixa sen efecto o resultado das votacións que se realizaron esta semana e ás que unicamente concorreu \"a candidatura do sindicato da empresa\", xa que a CIG optou por non presentarse \"para non participar dun proceso fraudulento\", informa o sindicato nacionalista. O sindicato reclama a inclusión no censo do traballador despedido por facer parte da súa lista, \"xa que o caso está xudicializado e no caso de que o despido sexa declarado nulo as eleccións serían nulas porque non se lle permitiu participar\". Proceso A CIG presentara un preaviso para realizar eleccións sindicais no centro de procesado avícola (CPA) de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo. En xullo achega, xunto a outras organizacións sindicais, reclamacións pola constitución de tres mesas electorais: técnicos e administrativos, matadeiro e sala de despezamento. Alegan que o preaviso se refire a todo o centro de procesado avícola, considerando o matadeiro e a sala de despece como unha única unidade electoral con dous colexios: especialistas e técnicos e administrativos. Para o sindicato, \"a teima de Coren en dividir o CPA en dous centros de traballo responde á estratexia deseñada para intentar xustificar que os falsos autónomos pouco ou nada teñen que ver coa empresa\" Ao non obter resposta por parte das mesas electorais opta por presentar en solitario un escrito de impugnación para promover o correspondente procedemento arbitral, reclamando a nulidade da constitución das mesas e do proceso en si. O laudo dálle a razón e declara nula a constitución das mesas por non respectar o principio de circunscrición electoral única. Neste punto, continúa a CIG, a dirección de Coren, \"nun alarde de despotismo e chulería nunca antes visto en eleccións sindicais\", non cumpre a resolución e segue adiante co proceso electoral \"e a través do sindicato amarelo recorre a decisión nos tribunais, que non atenden a súa demanda\"."}
{"ID": "NOS_11680", "summary": "A histórica cabeceira, fundada en 1907, desaparecera en setembro de 2011, un ano despois de fechar o semanario en papel. Naquela altura, o conselleiro delegado e ex director Afonso Eiré agoiraba o retorno do proxecto: \"A Nosa Terra é unha constante de supervivencia, seguro que voltará a aboiar e voltará ao mercado\". Volta esta cuarta feira.", "text": "Se imos á rede e escribimos anosaterra.com o que imos achar de entrada, na súa capa, son artigos de Afonso Eiré, Manuel Veiga e Xan Carballa, o núcleo histórico da redacción dun medio que, até a súa desaparición primeiro no quiosque e despois na rede, foi todo un referente no espazo galego de comunicación. O dixital presenta como un dos \"atractivos\" do seu retorno a disponibilización na rede da colección contemporánea do semanario (1977-2010), até o momento do seu fechamento o único medio galego impreso nos quiosques con esa periodicidade [Sermos tomou o relevo en xuño de 2012]."}
{"ID": "NOS_10217", "summary": "A Podemos complícanselle as candidaturas ás xerais nos Països Catalans. A asemblea dos nacionalistas de esquerdas Més per Mallorca vén de decidir en referendo non concorrer ás eleccións coa formación de Pablo Iglesias. Compromís tamén se inclina polo \"non\".", "text": "Cun 95,5% dos votos, as persoas que forman parte da asemblea de Més per Mallorca decidiron concorrer ás eleccións xerais sen Podemos e farano con formacións próximas de Eivissa e Fomentera. E é que o obxectivo da formación pasa por \"conseguir unha voz propia no Congreso que represente realmente os cidadáns das Illes Balears en Madrid\". A decisión da asemblea Més per Mallorca trae causa da negativa do partido de Pablo Iglesias a aceptar as condicións estabelecidas pola formación nacionalista. Todo apunta a que Compromís non concorrerá con Podemos ás eleccións xerais Esta terza feira, Compromís decidirá se concorre ou non en coalición con Podemos ás xerais. Mais todo apunta a que non se presentará co partido de Pablo Iglesias, pois o Bloc, a forza de máis peso dentro de Compromís, inclínase polo non. O fracaso de Catalunya Si que es Pot, provocado polo personalismo de Pablo Iglesias e de Íñigo Errejón na campaña catalá e polo escaso catalanismo da candidatura, segue vivo e segue a ter consecuencias negativas para Podemos. O irrenunciábel grupo parlamentar propio de Barcelona En Comú, outro prexuízo para Podemos A decisión de Barcelona En Comú de concorrer as eleccións xerais cunha candidatura catalá na que sería condición indispensábel a formación dun grupo parlamentar propio enlea máis a situación de Podemos. O artigo 23.2 do regulamento do Congreso é claro ao respecto: \"En ningún caso poden constituír Grupo Parlamentar separado Deputados que pertenzan a un mesmo partido. Tampouco poderán formar Grupo Parlamentar separado os Deputados que, ao tempo das eleccións, pertenceran a formacións políticas que non se enfrontaran ante o electorado\". Así, segundo o regulamento, os candidatos e candidatas deberían estar desvinculados de partidos de ámbito estatal, como é Podemos. Catalunya Si que Es Pot non conseguiu superar o 15% dos votos que se precisarían para formar grupo parlamentar Ademais, o artigo 23.1 do regulamento tamén sinala que \"Os Deputados, en número non inferior a quince, poderán constituírse en Grupo Parlamentar. Poderán tamén constituírse en Grupo Parlamentar os Deputados dunha ou varias formacións políticas que, aínda sen reunir o citado número, obtiveran un número de escanos non inferior a cinco e, cando menos, o 15% dos votos correspondentes ás circunscricións nas que presentaran candidatura ou o 5% dos emitidos no conxunto da nación\". Cómpre lembrar que Catalunya Si que es Pot non conseguiu superar o 15% do apoio en ningunha das catro provincias o 27-S."}
{"ID": "NOS_35558", "summary": "Acusa o BNG e as demais forzas da oposición de marcaren \"o guión\" do discurso político e de procuraren \"gañar\" as eleccións \"através do desgaste\" do Partido Popular.", "text": "A proposición debatida esta terza feira a instancia do grupo parlamentar do Bloque no Pazo do Hórreo, visaba a supresión do artigo 182 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral mediante o que se permite a incorporación de edís non eleit@s nas corporacións municipais. Porén, explicou a deputada nacionalista, Tereixa Paz, entre os seus obxectivos estaba tamén \"suscitar un debate que polo que semella está de moda\". E é que para a organización frontista a súa proposición entroncaba co conxunto de medidas de \"rexeneración democrática\" que di promover o Partido Popular desde a Xunta de Galiza e o goberno do Estado español. Iso si, matizou Paz, \"a súa perspectiva non coincide coa que teñen nen o BNG nen a sociedade galega\". A iniciativa achegada polo grupo do BNG, explicou Tereixa Paz, tiña por obxecto \"pór fin á infamia antidemocrática\" que promoveu o partido Popular en concellos como o de Santiago de Compostela onde, após a inhabilitación ditada xudicialmente a 7 d@s concelleir@s, o PP nomeou a maior parte da nova equipa municipal \"a dedo\". Só o PP votou en contra da toma en consideración da proposta presentada polo grupo parlamentar nacionalista \"Parécenos que é unha vía absolutamente antidemocrática\", sinalou Paz, por non se someteren estas persoas ao sufraxio eleitoral, mais tamén, por empregaren \"de maneira interesada\" \"partidista\" as razóns que motivaron a aprobación desta prerrogativa legal en 2003 e que visaba \"afastar os terroristas das institucións\" no marco do conflito político que atinxiu Euskal Herria. As forzas da oposición (PSdeG-PSOE, AGE e Grupo Mixto) apoiaron a proposición de lei presentada polo Bloque e instaron o Parlamento de Galiza a encetar un debate que, no entanto, debe ser dirimido nas Cortes españolas ao recaer nestas a competencia exclusiva en materia eleitoral. Porén, desde as ringleiras do Partido Popular, a deputada Paula Prado, ex-concelleira compostelá e ex-voceira tamén do partido, rexeitou a proposta e mesmo acusou \"a esquerda\" de pretender \"marcar o guión\" do debate parlamentar. Paula Prado acusou as forzas da esquerda parlamentar de pretenderen marcar \"o guión\" do debate político e defendeu a \"lexitimidade\" do goberno compostelán do que ela fixo parte Prado, que se mantén inmersa no proceso xudicial que motivou a incorporación dest@s 7 concelleir@s non eleit@s, defendeu con unllas e dentes a \"lexitimidade\" da aplicación feita por parte do seu grupo municipal acusando ás demais forzas políticas de térense amparado nesa mesma prerrogativa para introducir mudanzas noutros grupos ao longo e ancho do país. No entanto, obviou dar resposta ás acusacións lanzadas desde o BNG --e as demais forzas do Parlamento-- que acusan o PP de empregar a lei para \"manterse no poder\" e retrucou afirmando que a súa aplicación en Compostela visaba resolver a \"inestabilidade política\" xerada pola inhabilitación de 7 edís por sentenza xudicial, unha situación \"excepcional\", dixo, que autoriza a aplicación dese artigo aínda que constitúa, unha \"interpretación que desvirtúa a lóxica do precepto no que se asenta o 182.2\", afirmou Francisco Caamaño polo PSdeG-PSOE. O debate parlamentar xirou arredor, tamén, da reforma eleitoral anunciada por Mariano Rajoy e que constitúe, segundo @s deputad@s da oposición un \"pucheirazo electoral\" co que o PP pretende cortar a sangría de apoios que reflectiron, entre outras, \"as eleccións europeas\", sinalou Tereixa Paz. Unha medida que vén sumarse ao \"recorte de escanos no Parlamento de Galiza\" e que dá boa conta, asegurou Yolanda Díaz (AGE) de que \"o réxime electoral é o máis maipulábel para manter o poder\"."}
{"ID": "NOS_42795", "summary": "O camiño de Santiago tamén pasa polo jazz. O guitarrista David Regueiro publica un disco no que as harmonías galegas se incrustan nas estruturas dun xénero capaz de absorbelo todo. 'O camiño' inspírase na música tradicional sen perder a esencia jazzística dun cuarteto que explora novos camiños pola ruta da tradición.", "text": "Maruxa é nome de guitarra. Concretamente, da guitarra coa que David Regueiro gravou O camiño, un disco para cuarteto de jazz que trata de reflectir a experiencia de facer o camiño de Santiago. O construtor de Maruxa, o luthier Carlos Sabafrén, que traballa en Allariz, combinou madeiras de nogueira e de castiñeiro para dotala dun son, nas súas palabras, \"moi doce, con graves pouco contundentes\", que era o que buscaba o guitarrista. Regueiro, ademais, suxeriu outros cambios que lle dan personalidade ao son do disco: \"Ademais da pastilla electromagnética que ten a guitarra eléctrica, Maruxa conta cun micro de contacto que capta o son acústico do instrumento, de modo que podo mesturar os dous para atopar o son que quero conseguir\". \"Este proxecto partiu dun encargo da Fundación Vicente Risco\", continúa Regueiro, \"que propuxo facer esta guitarra e que eu a presentase nunha serie de concertos. Daquela, falei con Luís Risco –que era o presidente da Fundación naquel momento– e propúxenlle facer un disco con temas orixinais, inspirados na música galega, para cuarteto de jazz\". Cambio de rexistro David Regueiro -como testemuñan outras gravacións súas como Areal ou Bird lives!- está especializado en gypsy jazz, un xénero máis apegado ao swing, pero neste álbum cambia de rexistro para conectar coa música de raíz. \"Fun moi coidadoso á hora de escoller os músicos, buscando xente que, ademais de facer jazz –que ao final é o que nos define e o que define este disco–, tivesen experiencia na música tradicional galega. O primeiro nome que me veu á cabeza foi o de Pablo Castaño, polo disco que sacou, a-la-láa, para o que investigou moito neste tipo de música e que o convertía na persoa idónea para este proxecto. Co contrabaixista Alfonso Calvo xa teño traballado moito e sei que coñece esta música desde hai moitos anos. E con Sergio González é a primeira vez que toco, pero coñézoo desde hai tempo, tiña ganas de tocar con el e pareceume o momento perfecto para facelo\". A ponte entre a música tradicional e o jazz foi pensada mediante a viaxe a través do camiño. \"Quería apoiarme na tradición galega, mais este é un disco de jazz e non me quería afastar do estilo no que eu me atopo cómodo. Tratamos de darlle a cor da música tradicional coas harmonías, un pouco coas melodías e, sobre todo, cos ornamentos propios da música galega. Pero sempre dentro do contexto do jazz, non me atrevería a dicir que este sexa un disco de música tradicional\". Chiscadela a Carvalho Unha das curiosidades de O camiño é a inclusión de \"Mulher\", unha versión do poema de Carvalho Calero na voz de Gloria Pavía. \"Era o ano Carvalho Calero e, despois de tantos anos loitando para que lle concedesen o Día das Letras, tócalle a pandemia. Pensei que era de xustiza tratar de apoiar no que puidese. Escollín 'Mulher' porque é un poema que me gusta e porque me parecía moi musical\", explica Regueiro. \"Primeiro convertino nun fado, mais axiña me decatei de que non pegaba moito no disco e adapteino a bossa nova, que semella máis coherente coa música do cuarteto\". A dificultade de tocar ao vivo no ano da pandemia O disco sae nun mal momento para a música en directo e o cuarteto non puido facer a xira de presentación esperada. \"Xa levamos unha chea de datas adiadas e agora mesmo temos compromisos, mais sen data confirmada. O proxecto inicial contemplaba dez concertos ao longo da xeografía galega, mais non sei se poderemos facelos todos por culpa desta situación tan cambiante á que nos levou a pandemia e as restricións sanitarias que se derivan dela\". Mais en todo caso, e facendo abstracción da circunstancia actual –se é que iso é posíbel–, o panorama non é demasiado indulxente co jazz en directo. \"A situación xa non era boa antes de que comezase a pandemia, moitos lugares onde se podía tocar jazz en directo xa fecharan as súas portas. E agora, outras salas tamén se van ver obrigadas a fechar pola presión económica que están a sufrir, así que non sabemos cales van ser as posibilidades cando todo isto acabe\", reflexiona Regueiro. \"E haberá que ver como responde o público: agora mesmo estamos inmersos nunha dinámica na que os hábitos son moi domésticos, de consumir todo desde a casa e non asistir a espectáculos en directo, así que non sei en que medida vai afectar iso ao comportamento do público cando se restabeleza unha certa normalidade. A cousa non pinta nada ben\"."}
{"ID": "NOS_26175", "summary": "O Consello Confederal da CIG aprobou o regulamento precongresual, onde se estabelecen os prazos do proceso ou número de congresistas, entre outras cuestións, e as comisións de traballo.", "text": "O 27 e 28 de maio decorrerá en Compostela o VII congreso da CIG. Así o acordou o Consello confederal da central nacionalista, que aprobou o regulamento precongresual e as comisións de traballo das que sairán os relatorios de acción sindical, organización e estatutos que serán obxecto de debate. O congreso permitirá avaliar o traballo desenvolvido nos últimos catro anos, etapa na que o sindicato considera que consolidou a súa posición como primeira forza sindical en afiliación en Galiza, con arredor de 65.000 afiliados, e a menos dun punto de ser a primeira en número de delegados. Participarán 540 congresistas de elección directa mais os membros de pleno dereito, consello confederal e comisión de garantías. \"A CIG encara este Congreso co obxectivo de seguir reforzando a súa estrutura e organización e definir as liñas de traballo que permitan a súa consolidación como primeira forza sindical en Galiza para mellor loitar polos dereitos e as condicións laborais e de vida da clase traballadora galega\", informan desde o sindicato. Calendario precongresual: 31/12/2016.- Data tope fixación nominal membros natos Congreso 16/01/2017.- Data publicación censos da afiliación 16/01/2017 - 06/02/2017.- Prazo de exposición e reclamacións aos censos 07/02/2017 - 14/02/2017.- Prazo resolución reclamacións aos censos 15/02/2017.- Data publicación censos definitivos corrixidos 03/03/2017.- Data tope aprobación relatorios polo Consello Confederal 20/03/2017 - 06/04/2017.- Asembleas federativas comarcais debate relatorios 05/04/2017 -28/04/2017.- Asembleas federativas comarcais elección congresistas 19/04/2017.- Data tope envío emendas á Comisión Nacional de Organización 03/05/2017.- Data tope envío congresistas á Comisión Nac. de Organización 27-28/05/2017.- Data celebración VII Congreso CIG Caixa de resistencia O Consello confederal tamén debateu outras cuestións á marxe do Congreso, entre elas aprobou introducir unha serie de modificacións ao regulamento polo que se rexe o funcionamento da Caixa de Resistencia coa finalidade de dar cobertura aos traballadores durante os períodos de greve \"para que perdan o menos posíbel dos seus salarios e posibilitar que resistan o tempo necesario fronte aos ataques da patronal\". O Consello Confederal tamén acordou que para o 2017 a cota sindical se manteña conxelada."}
{"ID": "NOS_12477", "summary": "Familias e comunidade educativa exixiron a paralización e derrogación da lei coa ollada posta nas révalidas que terán lugar a vindeira semana.", "text": "Centos de persoas saíron ás rúas máis unha vez convocadas pola Plataforma galega en defensa do ensino público para amosar o rexeitamento á LOMCE e exixiren a súa derrogación. Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Carballo, Ferrol, Vilagarcía e Cee acolleron senllas mobilizacións das que fixeron parte familias, estudantes e representantes da comunidade educativa. Estamos constatando que se incrementou o rexeitamento por parte do conxunto da comunidade escolar No albo, as reválidas de sexto de Primaria que terán lugar os días 11, 12 e 13 de maio e que a plataforma chama a boicotar. \"Temos que valorar como importante a contestación e a receptividade por parte das familias e do profesorado\" sinalou o voceiro da plataforma e secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a respeito da acollida que está a ter a proposta entre os distintos axentes, principalmente nais e pais que non enviarán, previsibelmente, eses días á escola as súas crianzas. \"a propia administración educativa é consciente diso até o punto de que vén de enviar unha circular a todos os centros co obxectivo de que chegue ás familias facendo louvanzas da bondade destas probas\", dixo. O lóxico, normal e responsábel por parte dunha administración educativa sería paralizar a aplicación da LOMCE \"Estamos constatando que se incrementou o rexeitamento por parte do conxunto da comunidade escolar\", subliñou Louzaou quen asegurou que \"o lóxico, normal e responsábel por parte dunha administración educativa sería, neste momento, paralizar a súa aplicación e non levar a cabo este tipo de probas, ao igual que están facendo outras administracións educativas\", algo que non acontecerá toda vez que a Consellaría de Educación continúa adiante coa aplicación da LOMCE. Como xa explicou Sermos Galiza nun artigo publicado a finais do mes de abril, estas probas non terán efectos nos currículos escolares do alumnado de 6º curso como tampouco de 3º de Primaria polo que desde a Plataforma galega en defensa do ensino público animan a \"liberar ao alumnado dun calvario durante tres días\" non acudindo aos centros de ensino, lembrou Anxo Louzao."}
{"ID": "NOS_25208", "summary": "O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, considera que tanto a baixada do IVE da electricidade a 5% como o imposto aos beneficios das enerxéticas \"deberían aplicarse hai tempo\" e lamenta que o gravame ás grandes compañías eléctricas \"non se aplique até 2023\".", "text": "Após coñecerse o alcance das medidas anunciadas polo presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, após o Consello Ministerial extraordinario, o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, valorou de maneira positiva algún dos anuncios, así como a prórroga de medidas que figuraban no real decreto lei anterior. As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise Nun comunicado enviado aos medios, o nacionalista, porén, advirte que se trata de medidas \"insuficientes\" para controlar a escalada de prezos e para protexer as clases populares que sofren as consecuencias. De feito, empraza o Executivo a estabelecer un tope ao prezo da luz e dos carburantes no mercado final, así como unha modificación profunda na regulación do sistema eléctrico que elimine o mercado marxinalista. Propón, máis unha vez, a \"excepción galega\", en alusión a unha tarifa eléctrica para a Galiza, \"dado que somos produtores excedentarios de enerxía eléctrica\". Rego lembrou que o BNG \"leva dous anos\" reclamando a redución do IVE da electricidade ao tipo súper reducido de 4%, por ser esta un ben esencial, de forma permanente e que esta baixada se compense cun \"imposto ás grandes empresas, particularmente ás enerxéticas e de forma especial a aquelas que fan negocio con bens públicos como as eléctricas\". Neste contexto, valora como \"un paso positivo\" o anuncio dun imposto aos beneficios extraordinarios das enerxéticas, mais considera que \"chegará tarde\", pois non entrará en vigor, como o propio Sánchez advertiu, até entrado 2023. \"Ao Goberno faltoulle decisión para meter man aos lucros indecentes das enerxéticas, de feito deu marcha atrás no decreto que aprobara a mediados de 2021. É evidente que se anuncia agora este imposto é pola presión social e política, mais, lamentabelmente, non o aplicará até 2023, mentres as eléctricas continúan forrándose\", afirma o nacionalista. As tres grandes eléctricas gañaron 6.500 millóns en 2021 A este respecto, Rego lembra que en 2021, e malia a crise, as tres grandes eléctricas obtiveron uns beneficios de 6.500 millóns de euros e as cinco principais enerxéticas do Ibex 35 uns lucros que superaron os 10.000 millóns. Tamén ve insuficientes as medidas de protección social. Di non entender por que é posíbel estabelecer un prezo máximo ás bombonas de butano e non facer o propio coa electricidade ou co litro de combustíbel nas gasolineiras. A Galiza non é un país para a vellez En relación co anuncio de incremento en 15% até final de ano das pensións non contributivas, e propón facelo permanente, ademais de aumentar as pensións mínimas, dada a perda do poder adquisitivo. \"Esta era unha medida comprometida polos partidos que conforman o goberno: subir todas as pensións mínimas até igualalas co salario mínimo interprofesional e levar ambos até 60% do salario medio, como estabelece a Carta Social Europea que o Estado español ten recentemente ratificado\", acrecenta Rego. Sobre a subvención do 50% dos bonos de transportes terrestres, a xuízo do portavoz do BNG no Congreso, \"para ser realmente eficaz, debe ir acompañada da mellora dos servizos ferroviarios como a recuperación de frecuencias perdidas durante a pandemia, a implantación doutras novas, a creación das proximidades ferroviarias nas áreas metropolitanas ou a adecuación dos horarios\"."}
{"ID": "NOS_19020", "summary": "É un SOS expreso. Tanto que até a palabra aparece no título da nota de imprensa que acaban de enviar aos meios. Candidaturas municipalistas -un pouco na esteira do manifesto da cultura- piden un último esforzo a prol da unidade.", "text": "Non desfalecen as voces que non se resignan a que finalmente os mundos IpU e Marea Galega vaian por separado ás urnas o 20-D. Se esta terza feira foi unha moito significativa nómina de persoas da cultura as que facían expreso o apelo á unidade, esta quinta feira é un elenco de candidaturas municipalistas as que toman o testemuño para reclamaren a confluencia nunha única lista de unidade. É un apelo e é tamén unha convocatoria, a dunha reunión o próximo domingo 25 de Outubro no Hotel Apóstol Santiago,a partir das 12 horas. Están chamados a participar as dúas plataformas cívicas -Iniciativa pola Unión, o Encontro Cidadán por unha Marea Galega-, ben como os partidos políticos e as \"candidaturas municipais e mareas locais\". O obxectivo sería \"asegurar a presenza dun grupo galego nas Cortes españolas\" As candidaturas municipalistas que lanzan o SOS aspiran a \"conformar unha única candidatura galega que serva de expresión política da maioría social agredida e do dereito democrático a decidir para asegurar a presenza dun grupo galego nas Cortes españolas\". Estamos ante unha iniciativa das seguintes listas locais de \"unidade popular\": \"Manifesto Miñor\"-Gondomar; \"Somos Cabanas\"-Cabanas; \"Chantada-CUP\"-Chantada; \"Movemento Salceda\"-Salceda de Caselas; \"CUP-Agromar\"-Sober; \"Agrupación Veciñal de Fornelos\"-Fornelos; \"Xinzo Adiante\"-Xinzo de Limia; \"Riada do Tea\"-Ponteareas; \"Somos Fene-CUP\"-Fene; \"Somos Maioría Vilagarcía\"-Vilagarcía. \"Ata agora estivemos á espreita, mais agora queremos falar, pois non queremos ser cómplices de que o dia 20-D teñamos que optar entre dúas opcións semellantes. Iso sería un fracaso e sobre todo sería unha frustración para miles de galegos por moitos anos\", din nun comunicado á imprensa."}
{"ID": "NOS_26166", "summary": "O trío de garage-rock compostelán vén de mover os marcos do politicamente correcto ao lanzar un videoclip porno cun tema tirado do seu último disco, 'Campeones del mundo'.", "text": "O clip 'Ritmo en la sangre', que inclúe escenas explícitas de sexo heterosexual, está protagonizado por unha estrela do cinema X 'indie' español, Amarna Miller (Madrid, 1990), que avoga por un porno que lle dea protagonismo á muller e aos seus desexos. Amarna non é unha estrela porno ao uso: é licenciada en Belas Artes, apoia a Podemos, admira a Mújica e ademais de actriz é directora, produtora e empresaria. E declárase abertamente bisexual. O vídeo xa acadou en pouco máis dun día máis de 50.000 visitas en Vimeo (en Youtube non se acepta ese tipo de contido). Trátase do segundo single de 'Campeones del mundo', o cuarto disco do trío formado por Xavi G. Pereiro (batería e voz), Carlos Pereiro -Carlangas- (guitarra e voz principal) e Adrián D. Bóveda -Jarri- (baixo e voz). 'Campeones del mundo' supuxo unha nova viraxe na carreira dos composteláns (cuxo nome provén dunha tenda de lencería santiaguesa), xa consolidados no panorama estatal desde o éxito do seu terceiro disco, 'Juventud infinita' (Ernie Records, 2014). Neste novo proxecto foron cara un son máis cru co que queren conquistar as pistas de baile. Para iso recorreron a Hevi (Malandrómeda, Fluzo) como produtor, personaxe fundamental no mundo das músicas urbanas en Galiza. E agora, Novedades Carminha, logo de abanear as morais máis febles e de percorrer canto festival hai pola Península, bótase de novo á estrada cara a unha xira de outono por salas que os levará por Zaragoza, Compostela, Barcelona, Madrid e máis."}
{"ID": "PRAZA_2693", "summary": "Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de novembro.", "text": "Novembro Semana 1 Políticos orquestra Antes era distinto. Aos políticos bastáballe con cubrir as canas con Farandol ou deixarse apertar as meixelas por unha señora alporizada nun mitin. Bicar a un bebé, se acaso. Ultimamente, a menos dun mes das eleccións xerais, o gabinete asesor esfórzase para que o candidato aprenda, entre a visita a unha fábrica e un almorzo con empresarios, a coreografía de El Hormiguero. Pablo Iglesias cantaba por Krahe, Rivera de copiloto de ralli, Pedro Sánchez escalaba, Sáenz de Santamaría bailaba. O prime time é a nova plataforma para que os políticos dean a sensación de non ser políticos. Antes, para iso xa bastaba con deixar fuxir un bocexo no pleno do Parlamento e que, sen querer, saíse nun telediario. Rompan filas O ex Xefe Maior da Defensa durante a etapa de Zapatero, José Julio Rodríguez, incorporábase ás listas electorais de Podemos. Unha semana despois, o Goberno expulsábao do Exército por incumprir o \"deber de neutralidade\". Que Pedro Morenés, actual Ministro de Defensa, recoñecera en marzo deste mesmo ano que tiña asinado 32 contratos coa súa antiga empresa (dedicada á fabricación de material armamentístico) dende que é titular deste ministerio, non ten nada que ver coa neutralidade. Será estratexia militar. Outra bomba das que quedan aí, sen estoupar. Semana 2 Actores veteranos Unha das películas que máis me entretivo nos 80 foi \"Cocoon\". Un grupo de anciáns, todos actores veteráns, recobraban de súpeto a vitalidade logo de bañárense nunha piscina na que uns extraterrestres somerxeran movidas extrañas. Lembreime do filme esta semana, cando escoitei que o Consello de Contas do Estado tiña que redactar un informe sobre o asunto catalán. París Hai quen, cando chega a París, decide percorrer o \"París de Amélie\". Presumir de comprender a Sartre. Visitar Disneyland. Xogar coa perspectiva para que a Torre Eiffeil quede na palma da man. Un selfie e un sorriso. A Gioconda no Louvre. Pasear para cruzarte con mortos recoñecibles aos que homenaxear cun minuto de silencio; con corpos aos que tararearlles a Marsellesa. Eses mortos son como de aquí. É lóxico que a brutalidade nos conecte. Logo está a guerra que queda lonxe e, no medio, moita xente aínda pola que chorar. E viu a guerra. Semana 3 A guerra Poucas horas despois dos atentados de París, aínda coas veas inchadas, Francia bombardeaba Siria. Como quen dispara bébedo logo de caer en depresión. Foi neste intre cando se constataba que todo continúa. Que a xeopolítica está trucada igual que unha escopeta de feira e que o poder esquiva as vías para rematar co terrorismo xusto antes de apretar o botón da guerra. Tamén que \"por un mundo máis xusto\", Bush, Aznar e Blair conseguiron que ninguén fale xa do anticiclón das Açores. Un ditador normal O pasado 20 de novembro cumpríanse 40 anos da morte de Franco. Logo de catro décadas, aínda hai xente que ten fe no oxímoron de que Franco era un ditador civilizado. Un estadista de pro; un asasino mediocre, incluso. \"No sé por qué le tienen tanta manía al Caudillo, era un señor normal\", comenta Pitusa ao saír da misa homenaxe a José Antonio. Hai persoas decentes que aseguran que non estamos para reabrir a cicatriz cando, en realidade, nunca estivo pechada. O problema é que hai políticos que chegan a gobernar un país e non son quen de condear publicamente que hai tan só 40 anos -nos setenta- unha ditadura militar, asasinaba a garrote vil. \"Quiero que ordenen llevar camisa azul a todos los que en su día la llevaron\", profetizaba Goytisolo nun verso. Semana 4 \"Adeus, Balbino\" Entereime do pasamento de Xosé Neira Vilas a través do Facebook de Alfonso Pato: \"Adeus, Balbino. Vaise o ninguén máis egrexio da historia de Galiza\", escribía o colega dende París. A morte descontábanos a presenza dun imprescindible xusto un día antes do \"Black Friday\". Sen Neira Vilas –aínda que Balbino quede aquí para sempre- somos máis probes. E sen Oroza, e sen Chao Rego, sen xente así. O Nadal chega sempre antes ca ti Cando a finais de agosto, Pórtico montaba os escaparates de Nadal a xente comezaba a comprar o marisco para conxelar. De que o Nadal chegue antes tamén teñen a culpa os chiringos de praia que penduran o cartel \"Hai lotería de Nadal\". E os alcaldes que dán orde de poñer o alumeado antes de tempo e os supermercados que fan pirámides de turrón reseso. Sexa como sexa, aínda que vos falte o valor para afrontala, desfrutade desta época de manta e resaca. De migas doces sobre a alfombra e calcetíns gordos. De balcóns kitsch porque as luces son dos chinos. Da cea de empresa antes da xornada electoral. Propoño unha emboscada para celebrar xuntos o Fin de Ano nun punto neutral: na casa de Bertín Osborne, por exemplo, que é a de todos."}
{"ID": "NOS_19371", "summary": "A poesía apropiarase das estreitas, retortas, históricas rúas de Combarro (Poio) o 5 e o 6 de xullo. O festival Fala o Mar, organizado pola asociación cultural Armadiña, xuntará poetas, performers, proxección e mesmo obradoiros de creación.", "text": "A sexta feira, 5 de xullo, á seis e media da tarde no Fogar Armadiña proxectarase o documental Vértice de Versos, sobre a poesía galega actual. Participará o seu director, Carlos Lorenzo. No mesmo lugar ás oito e media, Ricardo de Barreiro presentará A+A. O sábado 6 de xullo será o día grande do encontro. Comezará ás once e media da maña na praia de Padrón cun \"obradoiro poético para crianzas\" a cargo da poeta Míriam Ferradáns. Xa no serán, ás oito, na praza de San Roque, lerán poemas Cynthia Menéndez, Daniel Irimia e Lucía Novas. Despois, o grupo Xeraccións. Tamén na praza de San Roque recitarán, ás nove e media, César Souto, Noelia Gómez e Rafa Lobelle. E unha hora despois, o contrarrecital de Lois Pérez fechará unha cita que conta co apoio da Deputación de Pontevedra."}
{"ID": "NOS_27814", "summary": "Os residuos do franquismo continúan a aparecer no Boletín Oficial do Estado. O Ducado de Franco instituído polo monarca Juan Carlos I vai pasar nos próximos días a Carmen Martínez-Bordiu Franco, neta do ditador. Reclámao após a morte da súa nai, Carmen Franco Polo.", "text": "O Ducado de Franco é un título nobiliario que alcanza o rango oficial de \"Grandeza de España\". 43 anos despois da restauración formal da Monarquía no Estado e 4 décadas despois da promulgación da Constitución de 1978, continúa a existir unha distinción que rende tributo ao ditador e á súa familia. A Lei da Memoria Histórica do Goberno Zapatero non acabou con esta institución, nen tampouco coa fundación que leva o nome e apelido do tirano. Esta segunda feira, o BOE publicou un anuncio da División de Dereitos de Graza e ouros Dereitos, órgao dependente do Ministerio de Xustiza, segundo o cal Carmen Martínez-Bordiu Franco ten solicitado ser sucesora no Ducado de Franco \"por falecemento da súa nai, dona Carmen Franco Polo\". Ábrese agora un prazo de 30 días para a eventual formulación de alegacións por parte daquelas persoas que se podan considerar \"con dereito ao referido título\". Todo indica que non se apresentará ningunha reclamación."}
{"ID": "NOS_57595", "summary": "A banda de Sigüeiro participará na final do Suns Europe, o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias que inclúe un concurso da canción.", "text": "O ano pasado foi Caxade e nesta ocasión o xurado escolleu de entre as opcións galegas que se presentaron un dos grupos que máis se están a mover por festivais e salas do país. Son a Familia Caamagno, a banda de rock-n-roll xurdida nas beiras de Compostela, cunha vea hedonista moi desenvolvida que xoga coa estética da mafia italiana. A canción elixida para o concurso -'Lausanne' ('Para unha vez que saímos', Lixo Urbano, 2016)- é un tema de traza social na que contan a historia dunha familia de 'losers', aplicable a medio país. A letra, adaptada por eles, vén do poemario 'Crónica do chan' de Alberto Lema, tal e como nos contou Manuele Caamagno nunha entrevista este verán: \"Nós adaptamos o texto libremente, pero conserva o espírito do poema, que nos gustou moito e no que nos vimos reflectidos. Case todo o mundo ten algún alguén que foi emigrante nos 70. Vimos o tema claro, saiunos esa liña soul debaixo e fixemos unha canción de forma alegre pero con contido triste\". O tema elixido é 'Lausanne', unha canción con traza social que conta a historia dunha familia de 'losers' Familia Caamagno competirá con outras nove bandas, das que xa se coñecen sete delas (as outras dúas elixiranse nunha semifinal chamada Suns Ladinia): Veronika Usholik (Chukchi, Rusia), Brieg Guerveno (bretón), Steso (faroés), Imlé (gaélico irlandés), Aon Teanga: Un Çhengey (gaélico escocés, irlandés e da illa de Mann), Norma (frisón) e Gurude (cacasiano, Rusia). Segunda edición do Suns Europe Esta será a segunda edición do Suns Europe, que substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acolle diversas actividades do 1 ao 3 de decembro en Udine (Friuli), entre a que destaca este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias. Suns Europe non só é unha competición musical, tamén lle dá cabida a outras expresións culturais como o cinema ou a literatura, e elixe as mellores producións en linguas minoritarias do continente."}
{"ID": "NOS_56449", "summary": "Un billón de euros debe o Estado español, que agocha a que moit@s consideran unha débeda ilexítima. Analizámolo neste semanario, no que hai entrevistas, análises, reportaxes e moita información. Xa podes adquirilo na nosa loxa.", "text": "A débeda pública centra o Tema da Semana deste Sermos Galiza nº111. Un billón de euros debe o Estado español, o que o PP intenta promocionar como \"adelgazamento\" pero que no fondo agocha a que moit@s consideran unha das grandes mentiras do momento: unha débeda en constante crecemento e ilexítima cos donos do capitalismo mundial, que en Galiza, da man de Feijóo, triplicouse, entre recortes, aínda por riba. \"Escotet buscou 'limpar' o ruído das protestas, non resolver o problema\". É o que J.M. Estévez, afectado no calote das preferentes nos conta nunha entrevista enmarcada nunha reportaxe sobre a situación actual deste problema, que segue sen resolver para milleiros de galeg@s. Tamén informamos neste semanario de como a cativa política de investimentos condiciona a Navantia como líder no sector das reparacións navais. E parámonos no sector mexilloeiro galego (case 20.000 empregos directos e indirectos), que desde hai anos sofre unha confluencia de problemas e dificultades que ensombrecen un alicerce fundamental da economía galega. Terrorismo machista A violencia machista persiste en Galiza e no Estado. Os asasinatos son a mostra máis brutal e irreversíbel dun problema que milleiros de mulleres padecen no día a día. No que vai de ano foron asasinadas en Galiza sete mulleres. En Teconoloxía achegámonos aos cabos submarinos. O 99% do tráfico intercontinental de voz e datos circula baixo as augas. E entevistamios a Elías Somoza, da Federación Rural Galega (Fruga), co que falamos dos principais poblemas que afectan o sector lácteo. Fútbol en galego O fútbol galego tamén quere cantar en galego. A proposta do CD Lugo de atopar un novo himno para o clube lémbranos que no deporte tamén contan os símbolos. Facemos un repaso da situación en 1º, 2º e 2ºB. E seguimos cos contidos desde #sermos101: En 'Un ollar sobre Salseiros', O poeta Miguel A. Mato Fondo esmiuza o libro de relatos de Suso Lista. De Cabo Corrubedo a Punta Teira é a proposta que esta semana nos fan desde o colectivo Xea en Viaxes na Miña Terra. Unha camiñada de 5 horas por praias bravas, sistemas dunares e o arrecendo do Atlántico que bica Ribeira e Porto do Son. E achegámonos aos premios literarios, táboa de salvación en época de crise.Os certames galegos mantéñense, malia á desfeita privada e institucional, como o camiño máis curto (ou non) para acceder a ingresos e poder publicar. A coda no semanario poñémola coa entrevista a Samesugas, o grupo de punk-rock´n´roll de Santiago DC que cumpre 15 anos. Unha traxectoria labrada a base de concertos enérxicos, discos poderosos e unha indiferenza digna cara o 'mainstrean' musical. \"Se seguimos xuntos despois de 15 anos é porque nos gusta o que facemos\"."}
{"ID": "NOS_18806", "summary": "A Mesa pola Normalización Lingüística impulsa unha denuncia internacional \"para que se saiba o crime que se está a cometer contra o galego\". E faino no 60 aniversario da denuncia que se presentara, en 1954, tamén ante a Unesco contra \"a perseguizón do idioma polo Esrado Hespañol\".", "text": "\"Queremos que o mundo saiba o crime que se está a cometer contra a lingua galega. Un mundo sen galego sería un mundo máis pobre\". Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, anunciou o inicio dun proceso \"participativo, de diálogo e procura de colaboración con outras entidades, para presentarmos todas xuntas unha denuncia internacional\" pola vulneración de dereitos lingüísticos en Galiza. \"A de Galiza é a única lingua do Estado que está a perder falantes, nunha hemorraxia que os gobernos non fan máis que fomentar\" A Mesa fixo este anuncio no 60 aniversario da presentación da \"Denuncia diante a Unesco da perseguizón do idioma galego polo Estado Hespañol\". Nha denuncia feita en 1954 e perante a Unesco. O organismo ante o que A Mesa quer volver denunciar o que acontece co idioma propio de Galiza.\"Non só procuramos recordar o 60 aniversario dese fito da resistencia do pobo galego\", senón que \"aspiramos a deter o crime contra o noso idioma que están a perpetrar as institucións que deberían protexelo, a comezar pola Xunta\". Agravios Callón sinala que farán \"un repaso polos principais agravios que está a padecer o noso idioma\", \"uns paus nas rodas que se poñen tanto desde o Goberno español como desde o Goberno galego e que fan que hoxe sexa moito máis difícil vivir en galego que hai catro ou cinco anos\". Espallar Desde A Mesa pretenden traducir o relatorio que presenten perante a Unesco \"a todas as linguas que poidamos\" e \"espallalo o máximo posíbel, porque a problemática galega debe ser coñecida\"."}
{"ID": "NOS_4729", "summary": "A páxina web Biodiversidade do Deza, xestionada por Javi Cui, conforma un espazo de divulgación ambiental da comarca mencionada. Con este fin, ofrece unha catalogación das especies presentes nos ecosistemas, todas elas fotografadas a pé de campo. Conversamos co creador deste proxecto, que naceu en 2016 para contaxiar o seu interese polo medio natural a toda a cidadanía.", "text": "Quen hai detrás do proxecto Biodiversidade do Deza? O 99% do traballo fágoo eu só. Levo xa moitos anos interesado pola natureza, xa case se me pode considerar un naturalista amateur. Tiña unha chea de documentación gardada para min e empecei a publicala nun pequeno blog hai xa cinco anos. Falando con compañeiras miñas, comentamos que sería interesante facer un proxecto de divulgación. Daquela foi cando puxen en marcha a web que temos agora. Aínda que non sexa profesional, as publicacións que fago están asesoradas por biólogas e toda a información está contrastada. O que pretendemos con este traballo é a conservación. Para iso consideramos fundamental dar a coñecer o que temos Que contidos inclúe a web? Todo o relativo á biodiversidade da comarca do Deza. Son seis concellos, que abranguen máis de 1.000 quilómetros cadrados, así que ben nos chega. Principalmente facemos unha catalogación das especies que imos atopando nos distintos ecosistemas da zona. Ao mesmo tempo, intentamos explicar o seu comportamento e as características dos diferentes ecosistemas, sobre todo para que a xente o vexa, pois o que pretendemos con este traballo é a conservación. Para iso consideramos fundamental dar a coñecer o que temos. Hai moita xente que vive no rural ou que leva toda a vida no monte, que coñece moi ben a biodiversidade da comarca, pero non ten un interese en preservala. Por outra banda, tamén hai quen non a coñece e polo tanto tampouco pode ter esa preocupación. O proxecto quere chegar a eses dous sectores, para divulgar a biodiversidade e poñela en valor. A comarca do Deza é un espazo moi representativo do interior da Galiza Como avalía o estado da biodiversidade na zona? Agora mesmo, o Deza é un espazo moi representativo do interior da Galiza. É unha comarca grande e temos unha biodiversidade moi ampla. Porén, o estado de conservación non podo dicir que sexa bo. Estase a facer continuamente unha alteración moi grave dos ecosistemas. Os principais puntos nos que habería que actuar son a protección do bosque autóctono, ameazado polo aumento de plantacións de eucaliptos e plantacións forestais, e as masas de auga e zonas húmidas, que agora mesmo están moi alteradas, pois temos unha masificación da gandaría intensiva que implica vertidos ou pradarías que destrúen os ecosistemas, afectando directamente á biodiversidade. E logo hai especies que se perseguen, como era o lobo ibérico ou como son os raposos coas cazarías que se están a desenvolver. Os espazos de especial interese ambiental, como os integrados na Rede Natura, tamén sofren continuadas alteracións incumprindo en moitos casos a lexislación que os ampara."}
{"ID": "NOS_42984", "summary": "As fotografías máis antigas de Galiza volven á circulación convertidas en tarxetas postais. A Editorial Alvarellos rescata dez imaxes de Santiago en 1858 e distribúeas en librarías e quioscos.", "text": "O fotógrafo Andrés Cisneros retratou Compostela por volta de mediados do século XIX (1858) e unha selección de dez das imaxes capturadas volven agora a quioscos e librarías convertidas en tarxetas postais grazas á iniciativa da Editorial Alvarellos. A serie é a primeira de imaxes tomadas en Galiza, apenas poucos anos despois de se inventar a fotografía, feito que converten á capital galega nun pioneiro motivo desta nova arte. As imaxes de Cisneros formarían parte dun álbum para agasallar á raína Isabel II na súa visita a Galiza en setembro do mesmo ano no que foron tomadas. Natural do popular barrio compostelán de Sar, Andrés Cisneros recolle co seu obxectivos espazos emblemáticos da capital galega como a vista da catedral desde a Alameda, a praza do Obradoiro aínda sen pedra na súa superficie, imaxes da Exposición Rexional Galega que tivo lugar en San Martiño Pinario ou o chamado \"Paseo de París\", o lateral da Alameda (nomeado na actualidade como avenida Xoán Carlos I). A colección está xa á venda na páxina da editorial e en breve en quioscos e librarías. A publicación da colección de imaxes antecede a unha exposición que se desenvolverá na propia cidade dentro do proxecto de recuperación da historia da fotografía que Alvarellos iniciou en 2009 coa publicación de imaxes da Exposición Rexional Galega de 1909, entre outros autores do propio Manuel Chicharro."}
{"ID": "NOS_47823", "summary": "O líder socialista di que \"non hai obstáculos reais\" e pídelles unha \"abstención técnica\".", "text": "Manobras e movementos nas últimas horas para evitar unha nova convocatoria electoral. Pablo Iglesias apelou esta fin de semana a un labor de \"mediación e arbitraxe\" por parte de Felipe VI, afirmando que \"sería bo que a institución monárquica asuma unha das tarefas constitucionais que ten atribuídas\". A semana comezou cunha oferta de Albert Rivera (Cs) a Pablo Casado (PP) esta segunda feira para se abster na investidura do presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez. Unha \"solución de Estado\", aseguran desde Ciudadanos, procurando non ficar fóra do taboleiro agora que nin enquisas nin manchetas e editoriais sorríen aos de laranxa. A proposta é en troques de que Sánchez se comprometa en tres cuestións: non indultar os presos e presas políticos cataláns, non subir os impostos, rachar en Nafarroa co \"pacto con Bildu\" e non subir impostos. As socialistas responderon que \"non hai obstáculos reais\" para que populares e Cs opten pola \"abstención técnica\" na investidura. Pedro Sánchez dixo que o goberno de Nafarroa \"defende a constitución\" e non hai acordo ningún con Bildu. Ademais, Sánchez mostrouse aberto a volver aplicar o artigo 155 de ser necesario. \"O goberno actuaría coa máxima contundencia e proporcionalidade\" de se producir \"unha situación de ruptura do estatuto e a constitución\". Finalmente, e no que atinxe á política económica, o presidente en funcións afirmou que o seu obxectivo era \"alixeirar a carga fiscal das familias e das persoas autónomas\"."}
{"ID": "NOS_9439", "summary": "Preto de 20 creadoras galegas nadas despois de 1989 conmemoran o 30 aniversario de Cinegalicia cun proxecto promovido por A Cuarta Parede, que se presentou a pasada sexta feira 20 de decembro en Compostela. As obras estreáronse na sexta feira 20 de decembro na Coruña. Celebrar a efeméride dun fito que non viviron vólvese escusa para repensar o pasado, coa ollada posta no presente.", "text": "A revista de crítica cinematográfica A Cuarta Parede promove o proxecto Cinegalicia 2019, no que unha vintena de creadoras nadas despois de 1989 revisan Continental (Xabier Villaverde), Urxa (Carlos Piñeiro e Alfredo García) e Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), estreas que marcaron o despegar do cinema galego. Conmemoran así unha efeméride que \"en principio non debería importarnos demasiado\", afirman Cibrán Tenreiro e Brais Romero, os coordinadores, no texto que introduce esta escolma. A sexta feira 20 de decembro presentouse no Baixo (A Coruña) o resultado deste experimento. As obras, quer de creación quer de análise, estabelecen un diálogo cos tres filmes. As obras, quer de creación quer de análise, estabelecen un diálogo cos tres filmes que marcaron o despegar do noso cinema Como explica Romero a Nós Diario, a valoración é moi positiva, pois conseguiron unha mostra que reúne creadoras de eidos totalmente diferentes. \"Non hai nada parecido a nada e iso é precisamente un síntoma do que queriamos ensinar, que temos un cinema diverso\", afirma. As pezas realizadas sobrevoan o cambio, porque esa é a utilidade que lle ven ás efemérides: revisar o camiño andado. Entre a antoloxía e a homenaxe, Tenreiro e Romero foxen de estabelecer un discurso totalitario: \"Deus nos libre de autoproclamarnos the voice of my generation\". Con todo, algo de xeracional garda este conxunto de pezas que compartiron caldos de cultivo. Preocupacións comúns ou pegadas do contemporáneo, é se cadra esa heteroxeneidade o trazo definidor dunha época. \"Non hai nada parecido a nada e iso é precisamente un síntoma do que queriamos ensinar, que temos un cinema diverso\", afirma Brais Romero Pensar desde hoxe Dous textos presentan unha crítica transversal arredor dos tres filmes. A investigadora Sara Donoso medita sobre o diverso significado das paisaxes no cinema galego, fronte aos reducionismos costumistas habitualmente asociados a este recurso, partindo do primixenio até á actualidade, con Trinta Lumes ou Arraianos. Pola súa banda, a xornalista Laura Ramos Cuba asina \"Atravesadas polo cinema\", texto no que reflexiona sobre as mulleres que poboan estas películas, desde as bruxas de Urxa ao \"monopolio das putas de Continental\". \"Quen somos nós como cinema? Espectadoras, críticas e creadoras atravesadas por unha patria\", pregúntase, achegando a diagnose a un verso de Lupe Gómez. Outras tres autoras presentan cadansúa ollada contemporánea sobre os filmes: Clara Coira centra a atención en Continental, Anxo F. Couceiro en Sempre Xonxa e Jesús Silva en Urxa. Videocreacións e música A montadora e editora Iria Silvosa conecta na videocreación \"Correspondencia 89-19\" cos traballos máis experimentais de Villaverde, arredor das posibilidades creativas da imaxe. Laura e Noa Castro, estudantes de Belas Artes, reinterpretan a personaxe de Xonxa como a vella que vive \"no deserto do soño\" na súa peza audiovisual. O cineasta Adrián Canoura explora \"o arame de misticismo\" de Urxa, traballando coa lúa e o lume como elementos evocadores que desintegra e reinterpreta. A música tamén atopa o seu oco neste proxecto. Charles Rapante traduce, desde a perspectiva do técnico de son, a incomodidade que lle suxeriu Continental cunha peza \"incómoda de escoitar\", que emprega elementos da banda sonora como punto de partida para debuxar unha crúa paisaxe sonora. A cantante Elba Souto, pola súa banda, leva o meigallo de Urxa a un tema electrónico con voces, sintetizadores e pandeireta. Oh! Ayatollah presenta, distanciándose do seu estilo habitual, \"todos.xuntos.unidos.sempre\". Pepa Puy, Montse Piñeiro e Julia Huete deseñaron tres carteis alternativos dos filmes. A primeira comenta que non lle foi difícil facer o de Continental, pois \"o cine negro ten recursos moi potentes no visual que fan sinxelo levalo a cómic\". A segunda decantouse por unha ilustración que representa un indiano, denunciando que no filme de Piñeiro \"o interese na personaxe de Xonxa non reside tanto na súa figura como muller protagonista, senón como obxecto de disputa\". Huete fixo un traballo máis abstracto a partir das \"imaxes da lúa chea e a figura do ídolo\" que aparecen en Urxa. A fin das efemérides? Romero e Tenreiro distánciase das efemérides con certo humor, apuntando que após o 20 e o 25 aniversario, talvez \"esta sexa a derradeira vez que se celebre e pasemos a outras cousas\". Porén, se tren xoais coma estas, se cadra é mellor que sigan celebrando aniversarios de cando en cando."}
{"ID": "NOS_27687", "summary": "A formación independentista advirte que co apoio a PSOE e Unidas Podemos repetirase o esquema da transición, xa que se pedirá desmobilización ao independentismo axitando a «pantasma de Vox».", "text": "Desde o pasado domingo 10 de novembro a CUP ten dúas actas no Congreso dos Deputados e após coñecerse o principio de acordo entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para a conformación dun Goberno central de coalición, o deputado independentista electo Albert Botran chamou a non caer no «erroۛ» do pacto entre as dúas forzas estatais. Para Botran o acordo non vai servir para conseguir a autodeterminación, a amnistía das e dos presos soberanistas nin os dereitos sociais, e considera que estas cuestións só se logran grazas á mobilización De consumarse o acordo entre PSOE e Podemos vaticinou que se demandará desmobilización ao independentismo apelando á «pantasma de Vox». Considerou Botran que isto sería repetir o erro do esquema da transición e apelou a non caer nel. Tothom sap que la solució és autodeterminació, amnistia i drets socials. I que només la guanyarem amb mobilització com la d'aquests dies.Si es consuma l'acord PSOE-Podem ens demanarà desmobilització amb l'espantall de VOX. L'esquema de la Transició. Un error caure-hi.— Albert Botran Pahissa (@albertbotran) November 12, 2019"}
{"ID": "PRAZA_7660", "summary": "Enrique Negueruela, secretario de Economía do PSdeG, analiza con pesimismo a situación do mercado laboral galego e censura o desmantelamento das políticas activas de emprego por parte dun Feijóo ao que acusa de non ter \"plan ningún\" para reactivar a economía.", "text": "O secretario de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Enrique Negueruela, analiza con pesimismo a situación do mercado laboral en Galicia que, segundo os últimos datos da EPA, alcanza unha taxa de desemprego do 21,3% e case os 280.000 parados. Censura o desmantelamento das políticas activas de emprego e critica que Feijóo se centre en conter o déficit e non teña \"plan ningún\" para reactivar a economía. Feijóo segue presumindo do diferencial con España en canto á taxa de paro galega. Cando Feijóo di iso, creo que esquece como son as cousas. Desde que chegou á Xunta, o único do que foi capaz é de que o paro medrase a maior ritmo que en España, aínda que sexa certo que a taxa está por debaixo da media do Estado. Curiosamente, presume dun dato que non se debe a el. Paréceme pouco serio. \"Feijóo presume do diferencial co Estado na taxa de paro, un dato que non se debe en ningún caso á súa acción política\" Non se debe en ningún caso ás súas políticas? Ese dato non se debe en ningún caso á súa acción política. Se botamos unha ollada a como evolucionou o paro durante o goberno bipartito e durante o que seu Executivo, as cousas quedan claras. O paro medrou un 1,1% en Galicia co bipartito e un 8% no Estado e foi aí onde se recortou o diferencial co Estado. Con Feijóo, a taxa medra máis que en España. Por que non hai nin unha soa boa noticia sobre emprego en Galicia? Polo tipo de políticas que se fan, que son de contención do déficit, pero o curioso é que tampouco se está a conter. A débeda con Feijóo medrou igual que no resto de comunidades, polo que tampouco hai ningún avance nese ámbito. Feijóo é un ilusionista porque fai ver unha realidade distinta da que é. Non é un político porque non dá solucións nin plantexa estratexias, só é un ilusionista que conta unha verdade distinta e a xente cre nela. \"Feijóo céntrase en conter o déficit, pero a débeda con el medrou igual que no resto de autonomías\" Tampouco os Orzamentos semellan conter mecanismos para reactivar a actividade económica e o emprego... Os Orzamentos son un desastre. Feijóo en Galicia está a facer a mesma política de Rajoy no conxunto do Estado, pero el aínda empezou antes. O primeiro que fai é non empregar fondos en políticas activas de emprego que proveñan da recadación tributaria, senón só aqueles que veñan do Estado ou de Europa. Galicia non compromete a Xunta nas políticas de emprego e quita todos os fondos. A conselleira de Traballo dixo que as políticas activas de emprego non creaban emprego. O primeiro que deixou claro o seu pensamento foi Feijóo cando asegurou que non tiña competencias en emprego, o que é moi forte. Ademais de prescindir das políticas, tamén prescinde da posibilidade de que se leven a cabo, porque elimina persoal das oficinas de emprego e sen persoal é imposible facer políticas. Ademais, se se repara no orzamento destinado á orientación laboral, vemos que pasa dos 20 millóns de 2009 aos a 7,4 de agora, menos da metade. Non é só que haxa menos persoal nas propias oficinas, senón que o programa de orientación é a metade do que era, polo que tampouco hai persoal nos sindicatos, nin nos concellos nin nas entidades especializadas. Varrérono todo. Ve algunha posibilidade dun cambio de rumbo na Xunta? O cambio non o vexo, pero tampouco a capacidade de levalo a cabo. O enfoque de políticas que fan é clientelar, non de solucionar os problemas. As políticas activas de emprego están en función de obxectivos clientelares e lévano facendo desde que chegaron. Menten máis que falan. \"A alternativa está en potenciar os mercados locais de emprego, pero o primeiro que fixo este Goberno foi eliminar este modelo\" Cal sería a alternativa? O tema do emprego ten que ir de abaixo a arriba, analizar os mercados locais de emprego e buscar en cada un deles solucións de maneira consensuada, pero ese modelo tamén o eliminaron. Este modelo vén xa desde os anos 80, pero nunca se aplicou. Aínda así, o primeiro que fixo este Goberno foi acabar con toda a poítica de emprego local porque os programas de cooperación, que levaban perto de 70-80 millóns, nestes momentos dispoñen de 3 millóns de euros. Daquela? É un programa que pasa a ser anecdótico, cando debería ser un eixo central. Ademais, dáse a circunstancia que os concellos teñen pouca capacidade financeira para facer algo, que moitos desempregados precisan reconverterse e que moita xente está quedando sen prestacións. Hai que buscar un elemento que dea unha alternativa de futuro e esta debería pesar por estes mercados laborais locais, pero a posibilidade eliminouse. \"Feijóo non ten plan ningún para o emprego, o único no que pensa é en que pasen catro anos a ver se pasa algo que lle veña ben\" Cre que non hai unha aposta clara polo emprego desde a Xunta de Galicia? Calquera política que se queira facer costa cartos e este Goberno o que non quere é meter cartos no emprego, senón noutras cousas. A situación é así. Non vexo posibilidades de que con Feijóo, co campión do déficit, se poida facer nada. Non ten plan ningún, nin plantexa nada nin por vía de impostos nin por ningunha vía. O único no que pensa é en que pasen catro anos a ver se entre medias pasa algo que lle veña ben. Cando Feijóo chegou á Xunta había máis de 80 barcos construíndose nos estaleiros galegos, pero el agora presume porque se cadra se fan un par de barcos de Pemex. E parécelle que é marabilloso. As previsións apuntan a unha suba do paro nos vindeiros meses, non lle ve saída á destrución de emprego? A situación véxoa moi mal. E tamén porque creo que a reforma laboral fixo todo o contrario que había que facer e xusto, ademais, cando non había que facelo. Abaratouse o despido salvaxemente, o que nestes momentos implica que aqueles traballadores que se mantiñan en moitas empresas polo medo destas ao custo de botalos fóra, estean agora perdidos. Abríuselles unha porta aos empresarios para que botasen xente. E iso que a EPA non ten en conta a emigración dos mozos... Non, non o fai e os datos son brutais, pero a política de emprego xuvenil do PP é unha maleta e un billete de avión. A maleta regálalla Feijóo aos mellores expedientes académicos de Galicia, pero ademais, neste mesmo ano, o Ministerio de Traballo vén de anunciar que financia os gastos de viaxe a aqueles que marchen a través da rede Eures. Iso é todo o que fixeron en emprego xuvenil. \"A política de emprego xuvenil do PP consiste en regalar maletas e billetes de avión\" Que lle pide á Xunta? A min gustaríame que, polo menos, se empregase a cabeza, nin tan sequera que haxa grandes resultados, pero si cabeza. Teñen 100 millóns de euros para políticas de emprego, pero non teñen deseño ningún. Un exemplo: na provincia da Coruña, unha de cada tres opcións formativas que hai é para atención á dependencia e isto lévao a mesma consellería que se cargou a Lei de dependencia. Todo parece unha tomadura de pelo. O que vexo é unha enorme falta de goberno e de dirección."}
{"ID": "NOS_20202", "summary": "A indignación e a raiba provocada pola vaga de lumes dos últimos días e diante da manifesta insuficiencia dos medios de extinción, materializarase en mobilizacións sociais esta mesma segunda feira. Á mañá nos centros de ensino e Universidade, e á tarde nas principais vilas e cidades.", "text": "Erguer – Estudantes da Galiza, convoca \"paróns\" en todas as aulas de Galiza, tanto de institutos de secundaria como de facultades, ás 12 da mañá desta segunda feira. Unha convocatoria que a organización estudantil enfoca \"contra a incompetencia do PP que non protexe os nosos montes\". Erguer xa demandou publicamente a demisión do presidente Alberto Núñez Feijóo, reivindicando que \"un goberno galego que non permita que os nosos montes sexan queimados por intereses económicos\". Para a tarde, diversas organizacións impulsaron a convocatoria de concentracións sob o lema \"Lume, NUNCA MÁIS. O noso monte importa\". Todas realizaranse ás 20h. Polo momento están confirmados os seguintes lugares: Ourense, Casa do Chocolate. Vigo, diante do MARCO. A Coruña, Obelisco. Compostela, Praza do Toural. Lugo, edificio da Xunta. Pontevedra, Praza da Peregrina. Ferrol, Praza de Amada García. Cangas, Praza do Concello. Monforte, Praza de España. Ribeira, Praza do Concello. Cambados, Praza do Concello. Lalín, Praza de Lóriga. As Pontes, diante do Concello. O Carballiño, Praza Maior. Ribadavia. Praza Maior Rianxo. Praza de Padrón (Na Ribeira, cabo da estatua da Rianxeira) Betanzos. Praza do Concello Ponferrada. Praza do Concello Barcelona. Plaça Sant Jaume Girona. Plaça del Vi Madrid. Porta do Sol No Barco a concentración celebrarase ás 19h diante do Concello. A lista vai en aumento. Máis información aquí. O BNG, En Marea e a CIG, xa expresaron publicamente a súa adhesión ás convocatorias."}
{"ID": "PRAZA_1053", "summary": "O presidente da Xunta responde unha pregunta de AGE sobre os datos do paro instando a coalición a aclarar se prefire \"o plan quinquenal das economías comunistas ou a misión bolivariana das economías caribeñas\"", "text": "O pasado marzo Alberto Núñez Feijóo protagonizaba en Ferrol un dos primeiros actos da precampaña do seu partido. Alí, xunto aos eloxios ao seu candidato, o presidente da Xunta e do PPdeG lanzou unha advertencia: ou os conservadores seguían á fronte da alcaldía ou un \"caos liderado por Podemos\" e mais \"os comunistas\" faríase co poder. Case dous meses despois e a coreita e oito horas do inicio da campaña do 24-M o xefe do Goberno galego volve botar man dun clásico que semella inmorredoiro: a axitación do medo ao comunismo en período electoral. Desta volta o escenario non foi un mitin, senón a sesión de control do Parlamento de Galicia. A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, cuestionaba o presidente a respecto dos datos do paro e instábao a aclarar se vai tomar algunha medida para que Galicia deixe de ser \"a primeira comunidade, segundo a EPA, en nivel de destrución e emprego\". \"Non faga o ridículo falando do paro rexistrado\" e aborde os datos da enquisa de poboación activa, retou Díaz, a cuxo xuízo \"a EPA é a única enquisa\" que os populares \"non poden manipular\". Tras esgrimir, efectivamente, os recentes datos de paro rexistrado, \"o mellor mes de abril dende que hai serie histórica\", o presidente tamén se referiu á EPA, \"esa que lle vale a vostede\", para gabarse de que \"seguimos con dous puntos menos\" de desemprego \"que a media de España, e mire que España vai ben\". Nesta conxuntura, Feijóo reta a Díaz a dicir \"cal é a súa proposta, cales son as súas polítícas\". Eis onde entra a cuestión comunista ou, máis concretamente, soviética. \"Hai moi pouco tempo caeu o Muro de Berlín e os que pasabn eran os alemáns do leste á Alemaña do Oeste\". \"Vostedes -en referencia a AGE ou a EU- estaban en Alemaña do Leste e de aí xa fuxiron todos\". \"O Muro de Berlín en España non existe dende hai moito tempo, por iso gañamos os que practicamos política democrática\", abondou. Feijóo respondeu á pregunta sobre a EPA instando a AGE a aclarar se prefire \"o plan quinquenal das economías comunistas ou a misión bolivariana das economías caribeñas\" Ante os argumentos presidenciais a deputada de Alternativa reiterou as cifras da EPA e censurou o que, di, son \"mentiras\" de Feijóo a respecto do mercado laboral en Galicia, que \"non é a Alemaña do Leste\". Para Díaz resulta unha \"frivolidade\" a argumentación de Feijóo que, non obstante, regresou ao bloque soviético na sú segunda quenda. \"Señoría, non son culpable de que vostede non tivese en conta que o paro do mes de abril ía baixar de forma contundente\" e \"tampouco de que os alemáns do leste quixesen ir ao oeste\", retomou. \"Eses réximes en Europa xa non existen\", celebra o presidente da Xunta que, ante uns datos do paro que considera \"boas noticias para Galicia\", insta a vicevoceira de AGE a detallar \"cal é a súa proposta: o plan quinquenal das economías comunistas ou a misión bolivariana das economías caribeñas\". \"Hai dúas misións bolivarianas que coñece moi ben, a misión Che Guevara\" para \"formar nos valores socialistas\" e \"a misión 13 de abril\", seguiu debullando o presidente cando xa rematara o seu tempo. O peche do micrófono dende a presidencia impediu escoitar o remate do relato."}
{"ID": "PRAZA_18452", "summary": "A pasada semana a Plataforma Stop Velutina presentou senllas solicitudes ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que o Goberno galego achegue recursos para que as universidades investiguen métodos para frear a praga. Falamos con Suso Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultores HEMEROTECA | \"A praga da velutina vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas\"", "text": "HEMEROTECA | \"A praga da velutina vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas\" \"A praga está descontrolada\". Suso Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultores e representante da Plataforma Stop Velutina, fala claro sobre a praga que dende hai anos se estende por Galicia e que prexudica moi directamente aos apicultores, pero tamén a labregos e a calquera persoa que realice traballos no exterior. E á sociedade no seu conxunto, dada a vital importancia das abellas, ás que as avespas atacan. \"Os apicultores en ningún momento quedamos de brazos cruzados. Aprendemos bastantes cousas sobre a velutina e puxemos en marcha moitas ideas para conter a súa expansión, pero chegou un momento que xa non demos avanzado máis\", sinala en conversa con Praza. A pasada semana a Plataforma Stop Velutina presentou senllas solicitudes nas consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural en demanda dunha liña de financiamento específico para investigación de novos métodos para frear a expansión desta praga e de axudas directas ao sector apícola para facer fronte á protección das colmeas. Reclaman \"a implicación real e efectiva\" da Xunta \"nesta problemática\", asumindo \"as competencias que lle corresponden\". Piden, ademais, ser recibidos polos conselleiros Ángeles Vázquez e José González Vázquez. Hai meses investigadores e investigadoras das tres universidades galegas xunto coa Plataforma Stop Velutina decidiron abordar xuntos esta situación, creando un grupo estable de traballo. Chegaron á conclusión de que a pesar de que existen avances na investigación faltan recursos e financiamento para continuar cun traballo que chegue a plasmarse en métodos eficaces de control da praga. \"Ante o avance da praga ano tras ano e a constatación de que a erradicación é practicamente imposible, a investigación é indispensable para mellorar os sistemas actuais de loita e atopar novas ferramentas máis eficaces e selectivas\" Asorey sinala que \"estamos traballando xuntos todos os colectivos afectados e os investigadores das tres universidades. Agora falta o outro pé, que é a Xunta, que é quen ten que poñer os medios. Se o Goberno galego tivese vontade e se unise ao grupo poderiamos avanzar moito: nun prazo de tres anos teriamos posibilidades de comezar a frear a expansión desta praga. Sen a súa axuda será imposible\". \"Ante o avance da praga ano tras ano e a constatación de que a erradicación é practicamente imposible, a investigación é indispensable para mellorar os sistemas actuais de loita e atopar novas ferramentas máis eficaces e selectivas\", explica, en referencia á mellora dos sistemas de loita biolóxica con feromonas, con bacterias ou fungos. Nas solicitudes entregadas ante as dúas consellerías tamén se piden ferramentas que melloren a comunicación entre os diferentes axentes implicados e a xestión da información, comezando pola creación dunha Mesa Sectorial \"para traballar unidos nesta loita todos os sectores afectados xunto co científico e a administración\". A praga debería ser tratada de forma transversal implicando a todo o aparato administrativo a nivel autonómico, estatal e europeo\", subliña a Plataforma Investigadores/as das universidades galegas que traballan sobre a vespa velutina | Plataforma Stop Velutina A Plataforma Stop Velutina demanda igualmente axudas para cubrir os gastos derivados de protexer as colmeas, como por exemplo coa instalación de trampas eléctricas. \"Esta é unha das medidas que demostrou ata o momento resultados positivos, tal como sinalan estudios realizados dende a Universidade de Vigo e financiados pola propia Xunta de Galicia\", di. \"Pero o seu uso xeralizado require dunha grande inversión, gasto que está sendo asumido directamente por cada apicultor e apicultora de xeito individual\", explica. \"Hai que ter en conta que a apicultura non é só unha actividade gandeira produtiva, da que se benefician produtores e consumidores. As abellas son clave para o mantemento da biodiversidade a través da súa función polinizadora, polo tanto o seu coidado e protección non debe recaer exclusivamente nos apicultores e apicultoras\", engade. \"Non entendemos por que a Xunta non se está implicando suficientemente nesta loita\", conclúe Lembran tamén \"a necesidade de realizar campañas de divulgación social, dirixidas á cidadanía en xeral e tamén a colectivos específicos, como o caso do sector apícola, pola súa afectación directa co problema, ou o educativo, pola importancia de sensibilizar a poboación e conseguir a súa colaboración\". Así mesmo, propoñen \"establecer protocolos de actuación unificados, elaborados de forma consensuada entre administración, sectores e investigadores, dirixidos tanto á prevención como na retirada de niños\". \"Os apicultores e os labregos e agora tamén os investigadores universitarios facemos o que podemos para conter a súa expansión, pero nós sós non damos feito\", alerta Asorey. \"A Xunta, que é o noso goberno máis próximo, ten que colaborar\", di. \"Non entendemos por que a Xunta non se está implicando suficientemente nesta loita\", conclúe. Unha gran propagación en toda Galicia \"Todo o mundo está sorprendido pola gran propagación que está habendo en Galicia, superior á que se dá no resto da cornixa cantábrica\", comenta Suso Asorey. A pasada primavera fora chuviosa, o que pareceu que ía diminuír a expansión da praga, pero ao final o tempo seco e cálido dos meses seguintes fixo que o número de exemplares de avespa asiática fose finalmente semellante ao do ano anterior. Ademais, continuou a súa estensión por todo o territorio galego, mesmo polas terras altas de Lugo e Ourense, ata onde non chegara ata agora. De feito, os datos ofrecidos por Medio Rural sobre o número de niños detectados en cada concello amosan que nun número moi importante de localidades da provincia da Coruña atopáronse máis de 100 niños no que levamos de ano, ao igual que nas Rías Baixas. Pero, ademais, o sur das provincias de Lugo e Ourense, que ata agora presentaban cifras moito menores, comezan a sumar cifras moi importantes. Presentación das solicitudes no rexistro da Xunta | Plataforma Stop Velutina"}
{"ID": "NOS_42726", "summary": "O conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, recoñece que o feito de que a candidatura a Patrimonio da Humanidade quedara adiada permite \"corrixir\" puntos máis febles e \"fortalecer\" o traballo que se presentou.", "text": "Allea ao malestar que causou que o Icomos, organismo asesor da Unesco, recomendara retirar a candidatura da Ribeira Sacra da carreira para converterse en Patrimonio da Humanidade, a Xunta ve esa recomendación como una oportunidade a \"aproveitar\" para \"corrixir\" as feblezas da candidatura. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, comentou esta cuarta feira no Parlamento que a idea do Executivo galego é seguir traballando \"con humildade, seriedade e optimismo\" na proposta. Mesmo pensa volver a contactar co Icomos en setembro e tamén incorporarán máis persoal ao grupo que prepara a concorrencia. \"Debemos aproveitar a decisión de pospoñer os trámites finais para fortalecer o noso traballo e acreditar coas máximas garantías os valores excepcionais da Ribeira Sacra\", resaltou Rodríguez, que detecta a necesidade de \"conseguir unha mellor comprensión dos valores excepcionais\" da Ribeira Sacra por parte da Unesco. Ao seu parecer o informe negativo do Icomos debeuse á \"diferenza\" na \"visión conceptual\" que teñen ambas partes -a Xunta e as persoas encargadas de avaliada- que non consideran que o valor do espazo natural sexa o mesmo. \"Uns entenden que se trata dunha paisaxe fósil e estática e os que a elaboraron entenden que se trata dunha paisaxe viva, que evoluciona\", apuntou. Malia este posíbel atranco, Rodríguez asegurou que confían nos valores da zona e que continúan a crer \"que merece o máximo recoñecemento da Unesco en materia de patrimonio\". \"Sen capacidade\" En todo caso, na Cámara a postura da Xunta foi moi criticada. A deputada do BNG Mercedes Queixas tachou de \"fracaso colectivo\" o adiamento da candidatura, un erro que segundo a súa opinión ten \"nomes e apelidos\". \"O Icomos delatou a inexistencia dunha planificación política patrimonial por parte da Xunta\", sostivo a deputada, que cualificou de \"demoledor\" o informe. Pola súa parte, a socialista Noa Díaz asegurou que a \"retirada desta candidatura é a mostra da incapacidade do Goberno de Feixoo para redactar un proxecto suficientemente solvente\". \"Iso preocúpanos moito\", incidiu."}
{"ID": "NOS_29746", "summary": "Catro mulleres artistas desenvolverán as súas obras para \"reflexionar\" sobre as relacións intercontinentais.", "text": "O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura convértese en 2021 nunha das sedes das Residencias Charco, unha iniciativa de intercambio artístico que busca profundar na conexión cultural con Latinoamérica, en concreto, entre México e Galiza. Así, tal e como explicou a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade nun comunicado, entre o 1 de xullo e o 6 de outubro, dúas artistas mexicanas e outras dúas galegas \"conectarán creativamente as dúas beiras do Atlántico\" mediante catro propostas artísticas entre Galiza e México. Esta experiencia intégrase no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), \"un viveiro cultural e creativo que pon os espazos,recursos e equipos técnicos da Cidade da Cultura ao servizo de proxectos vinculados á música, a escena, a danza e as artes performativas, a literatura e as artes visuais\". As creacións das artistas galegas, pola súa banda, tamén serán exhibidas en diversas institucións de México. Catro mulleres artistas A quinta edición do programa Charco de residencias apóiase nun proxecto curatorial de Susana González, coordinadora do programa e fundadora de Consultarche, \"que pivota sobre o concepto de tránsito coa idea de afondar na conexión entre territorios e no vínculohistórico migratorio, para así propiciar un contexto estimulante cara á creación visual\". Con este obxectivo convídase a catro artistas mulleres a reflexionar sobre as relacións intercontinentais. Así, Mariana Castelo Deball (Cidade de México, 1975), Julia Huete (Ourense, 1990), Fritzia Irizar (Culiacán, México, 1977) e Carme Nogueira (Vigo, 1970) son ascreadoras seleccionadas para participar nesta edición do programa. As obras resultantes da estancia artística das creadoras na Galiza serán expostas na Cidade da Cultura como paso previo á súa itinerancia por diversas institucións do Estado. As creacións das artistas galegas, pola súa banda, tamén serán exhibidas en diversas institucións de México."}
{"ID": "NOS_10684", "summary": "Este domingo Tino Fernández reúne o seu estado maior en Abegondo. Todo aponta para unha rápida destitución de Gaizka Garitano. Con el no banco o Dépor só gañou catro partidos no que vai de campionato.", "text": "O Deportivo voltou a ser unha equipa sen alma, voltou a andar sen xeito ningún sobre un campo de fútebol e caíu con estrépito face un rival directo, que lle endosou un cru 4-0 sen apenas despeitearse. O Leganés plantexou un partido descarnado, co coitelo afiado entre os dentes. O Dépor pareceu unha equipa xuvenil, moi inferior no plano físico, incapaz de disputar a bola. Unha equipa de Segunda División, para sermos francos. Consciente de que se xogaba o cargo no sempre áspero campo de Butarque, Garitano arriscou e improvisou algunha solución sen precedentes. Un pouco a todo ou nada. Só iso explica a suplencia de Florin Andone, máximo realizador da equipa, e a súa substitución por Joselu. No medio centro, en troca, foi polo libro e non lle deu nen un só minuto a Álex Bergantiños, que cumpre condena fóra da equipa sen que ninguén saiba que crime futbolístico se lle imputa. Voltou Mosquera, mais apenas dispuxo de 45 minutos para se reivindicar. A súa substitución por Andone é desas cousas dificilmente explicábeis para un leigo na materia, o certo é que, sen o coruñés no campo, medio centro puro só ficaba Guilherme, que non deu feito. O partido para o Deportivo durou exactamente 19 minutos, os que demorou o Leganés en abrir o taboleiro de marcas cun gol deses que che entran unha vez de cada mil tiros a porta. Neses 19 minutos o Dépor existiu mentres non se esgotaron as reservas de oxíxeno de Kakuta. A súa bombona acostuma esgotarse no ecuador das primeiras partes. A equipa rival teno ben doado: frea Kakuta nas súas primeiras acometidas e logo o francés xa frea soíño. Minuto 30, Mantovani entra como un ciclón na área deportivista e pon en evidencia Sidnei. Gol. Na diferente actitude dos dous futbolistas nesta acción resúmese o abismo que separa nestes momentos Leganés de Deportivo, moi superior ao magro ponto de vantaxe que os madrileños teñen agora na táboa clasificatoria (sendo que, alén do máis, a equipa galega aínda ten un partido por disputar, o suspendido no seu momento a consecuencia do temporal, en Riazor co Betis). Digamos que o mellor para o Deportivo continúa a ser a clasificación. Se gañar o Betis, o Dépor sairía con marxe da zona do descenso. O pior para o Deportivo é todo o demais. O estado anímico. O fútebol (ou mellor dito, o non futebol). A falta de esperanza. O engruñamento. A lentitude. A carencia de nervio competitivo. Todo aquilo que debe caracterizar unha equipa de Primeira División falta neste momento no Deportivo. A segunda parte resúmese na expulsión de Albentosa e nos dous goles do Leganés, con Lux a facer aínda por cima algunhas paradas de mérito. O probábel é que este domingo o Deportivo anuncie a destitución de Garitano. Fican, contando o xogo aprazado, 15 partidos por diante. A situación non é desesperada, mais a atitude e o futebol da equipa si son desesperantes. Iso é o que condena o treinador vasco. CD Leganés: Herrerín, Tito, Mantovani, Siovas, Diego Rico, Rubén Pérez, Erik Morán (Unai López, min. 72), El Zhar (Bueno, min. 86), Gabriel, Szymanowski e Guerrero (Samu García, min. 77). RC Deportivo: Lux, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Pedro Mosquera (Andone, min. 46), Carles Gil (Fayçal Fajr, min. 69), Emre Çolak, Kakuta (Luisinho, min. 46) e Joselu. Goles: 1-0 Szymanowski (min. 19); 2-0 Mantovani (min. 30); 3-0 Unai López (min. 81); 4-0 Bueno (min. 90+1). Árbitro: Munuera Montero (c. andaluz). Expulsou Albentosa (min. 62). Cartóns amarelos a Lux (min. 63), Erik Morán (min. 66), Andone (min. 69), Guerrero (min. 69), Guilherme (min. 75), Fernando Navarro (min. 78) e Joselu (min. 90). Incidencias: partido correspondente á 24ª xornada da Liga Santander disputado no estadio de Butarque perante 10.076 espectadores, entre eles uns 200 seareiros deportivistas."}
{"ID": "PRAZA_15200", "summary": "Os conservadores gábanse de que en todos os procesos electorais autonómicos os gobernos remataron \"peor do que estaban\" agás en Galicia, onde obvian a perda de votos e subliñan a suma de tres escanos", "text": "Os resultados das eleccións catalás do pasado domingo ocuparon este luns todas as portadas da prensa e foron tamén o tema máis destacado dos faladoiros políticos por todo o Estado. En Galicia a resaca do 25-N catalán chega a vinte e catro horas do inicio do segundo debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, con boa parte da oposición parlamentaria aínda en proceso de asumir e xestionar os resultados da derrota e cun PP que tenta que polas fendas da austeridade non escape a euforia, pero tampouco a reflexión motivada da perda de máis de 128.000 votos nos comicios, unha caída especialmente acentuada nas cidades que podería complicar o futuro dos populares a medio prazo. Neste escenario o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, comparecía este luns ante a prensa para dar conta de varios asuntos de trámite relacionados co reinicio da actividade parlamentaria e tamén aproveitou para ofrecer a análise que, di, o partido realizou do panorama electoral de Catalunya. Partido da base de que o PP de Alicia Sánchez Camacho logrou un \"bo\" resultado -gañou 84.000 votos e un escano a respecto das anteriores eleccións- Puy coida que os comicios cataláns serven tamén como argumento para enxalzar a figura de Feijóo, candidato á Presidencia da Xunta por segunda vez dende o pasado venres. O PP galego perdeu un 20% dos votos recibidos en 2009 e 0,89 puntos sobre o total de votos emitidos \"Dende as eleccións xerais en España houbo varios procesos autonómicos\" e \"en todos eles, quen estaba no goberno saíu peor do que estaba\". Así, repasa o popular, \"en Andalucía mantívose o Goberno\" pero \"cunha merma importantísima por parte do PSOE\", en Asturias \"mudou o Goberno\" e \"nas eleccións vascas, tamén mudou\". Mentres, en Catalunya, \"o Goberno recibiu moito menos apoio\". Pero nesta marea de baixadas e derrotas distingue unha excepción: a galega. O que é un dos deputados con maior habilidade á hora de manexar os datos evita falar dun medre do PP de Feijóo en termos absolutos e mide ben a loubanza para obviar que os sufraxios recibidos polo seu partido caeron un 20% a respecto de 2009, cunha perda de 0,89 puntos porcentuais sobre o total de votos emitidos. \"Galicia é a única comunidade autonóma na que se reforza a posición parlamentaria do goberno saínte\", explica, en referencia á suma de tres escanos. Este é \"un motivo de alegría e de responsabilidade\" para o PP, xa que, interpreta, \"esta circunstancia tan estraña no contexto electoral ten moito que ver co rigor, coa coherencia\" e coa \"seriedade\" demostradas \"tanto dende o Goberno como dende o Parlamento\", conclúe."}
{"ID": "NOS_56200", "summary": "Realizarase todos os sábados neste municipio lindeiro coa capital de Galiza e pretende ser un espazo de relación directa entre produtor@s e consumidor@s, alén dunha alternativa aos supermercados", "text": "As labregas e labregos da contorna de Compostela xuntaranse este sábado en Teo no que pretende ser máis un paso adiante na defensa da soberanía alimentar do pobo galego fronte á dependencia de supermercados e grandes superficies. Desenvolverán alí a primeira edición do Mercado do Alimento Labrego, unha iniciativa apoiada desde o Sindicato Labrego Galego, mais que partiu desde abaixo, d@s traballador@s dos eidos. Foron el@s @s encargad@s da campaña de sensibilización que serviu de prólogo ao evento do sábado e na que se aseguraron de que quen merque os seus produtos saiba que supón acudir ao mercado local, fuxindo dos 'alimentos quilométricos'. Os produtos estarán distribuídos en catro blocos. Así, haberá agricultura ecolóxica, distinguida cun selo oficial; transformación local, procedente de colleitas propias; agricultura sostíbel, que agromou sen a necesidade de químicos industriais; e alimentos naturais. Unha posibilidade de autoemprego, e un espazo para el@sLara Barros fai parte do SLG. Contou que o proxecto arrincou \"hai uns meses\" con persoas en situación de desemprego nunha formación realizada en colaboración co Concello de Teo. \"Queriamos que visen na terra, en concreto na horta ecolóxica, unha posibilidade de autoemprego\", para alén de revitalizar o rural e das bondades de comer produtos da propia horta. A semente prendeu, e @s participantes nas xornadas continuarán coa formación nunha segunda parte, que desta volta será práctica. Despois haberá un periodo de acompañamento por parte d@s labreg@s do sindicato para que as primeiras colleitas medren ao xeito. Foi nese curso onde agromou a idea de facer en Teo un mercado con produtos agroecolóxicos e de tempada, idea que foi tomando forma na campaña informativa con xuntanzas realizadas en todas as parroquias do municipio, lindeiro coa capital galega. Serán 15 os postos que visitar nesta primeira edición, mais haberá mercado todos os sábados na praza contigua á Casa Común dos Tilos entre as 10 da mañá e as 2 do serán e estará aberto a quen queira sumarse para vender alí os produtos da súa horta. Alén da relación de compra-venda, esta iniciativa procura tamén a recuperación dun espazo no que estabelecer lazos sociais entre persoas produtoras e consumidoras, na súa maioría mulleres en ambos os casos, e no que partillar experiencias."}
{"ID": "NOS_49563", "summary": "En realidade nunca se foron. Voltan os Ilegales e o noso crítico estaba ben atento ao seu retorno.", "text": "Estaba claro dende que Ilegales anunciaran a súa separación que era mais un punto e seguido que un punto e final. Despois das experiencias orquestreiras de Jorge Ilegal, volve ao traxe que mellor lle senta, o de roqueiro irreverente na súa banda de sempre. Despois de unha ducia de anos sen novos traballos de estudo, volven con este disco que sona aos Ilegales de sempre, sen experimentos, sen modas, só rock aderezado polos seus subestilos, no que podemos atopar dende surf até punk. \"Voy al bar\" é o tema que abre o disco e tamén o primero adianto que lanzou a banda para a súa escoita. Un tema que transporta aos oitenta, aos mellores tempos da banda para dar paso a \"La vida es fuego\", un tema salvaxe e que rezuma furia ilegal polos catro costados e que carga as pilas para \"Regresa a Irlanda\", un tema en contra das voces doces e pusilánimes que cantan letras baleiras e estúpidas. Un tema tecnicamente sinxelo pero que é dos que mellor funcionan do disco. \"Hacia las profundidades\" é un tema lento, pausado ao máis puro estilo narrativo e musitado de Jorge que calma o ambiente para obrigar a mover os pés co country rock de \"Vivir sin novia ni reloj\", unha letra divertida onde pouco a pouco a pouco vaise liberando das súas cadeas sentimentais. Máis seria é a letra de \"El souvenir\", na que fala da adición á cocaína. Un tema espido que ben podería ser tocado por unha big band que contrasta co guitarreiro \"Aquel boogie pesado\", de estrutura clásica feita para mover os pés. \"Regresa a Irlanda\", un tema en contra das voces doces e pusilánimes que cantan letras baleiras e estúpidas O ritmo de tamboril de \"Hipster\" continúa coa crítica social e dos creadores de tendencias que seguen masas de modernos sen criterio, contrasta coa preciosista \"El teléfono y el mal\", unha balada que sorprende por se afastar da tónica compositiva de Ilegales, cambio que non dura moito tempo pois \"La mala hierba\" volve á súa esencia cun medio tempo bluseiro con algún toque surf e a cavernosa voz de Jorge recitando a mala influencia que é. A guinda final ponlla ao disco \"Las rosas trepadoras asesinas\", un tema lisérxico que te envolve no seu tempo que lembra a composicións de finais dos sesenta e principios dos 70. Un disco que fará as delicias dos incondicionais da banda, para os máis críticos un disco en que nalgúns momento falta orixinalidade, pero que ao que non se lle pode negar autenticidade, algo que non sempre se atopa nestes tempos novos, tempos salvaxes. Video: Ilegales – Voy al bar Listaxe de temas Voy al bar La vida es fuego Regresa a Irlanda Hacia las profundidades Vivir sin novia ni reloj El souvenir Aquel boogie pesado Hipster El teléfono y el mal La mala hierba Las rosas trepadoras asesinas Ilegales na rede web: http://www.ilegalesrock.com/ Facebook:http://www.facebook.com/ilegalesrock Twitter: @IlegalesRock"}
{"ID": "NOS_36093", "summary": "Os menos 11,9 graos centígrados en Calvos de Randín, a temperatura mínima da xornada.", "text": "As localidades de Calvos de Randín, Baltar, Viana do Bolo e Manzaneda rexistraron nas últimas horas temperaturas por baixo dos -10 graos. Así figura nos valores recollidos na páxina web de Meteogalicia, que sinala os menos 11,9 graos centígrados alcanzados en Calvos de Randín ás 08:50 horas de hoxe como a temperatura mínima da xornada. Pero os termómetros tamén se esborrallaron por baixo dos 10 graos negativos noutros puntos do interior da Galiza. E é que tres estaciones de Meteogalicia situadas por baixo dos 900 metros de altitude captaron temperaturas por baixo deses valores. Foi, ademais de en Calvos, en Baltar (-10,9 graos ás 08:50 horas) e en Viana do Bolo (-10,3 graos ás 08:40 horas). Así mesmo, na estación meteorolóxica de Manzaneda --situada por riba dos 900 metros-- tamén se atinxiron temperaturas por baixo dos 10 graos baixo cero. En concreto, foi ás 08:50 horas, cando os termómetros baixaron até os 10,2 graos negativos."}
{"ID": "NOS_11723", "summary": "Os celestes logran os tres puntos despois de tres derrotas consecutivas. O mellor bálsamo para viaxar a Ucraína.", "text": "O Celta derrotou o Osasuna en Balaídos por tres goles a cero, un resultado que pode transmitir a idea de que o partido foi un 'coser e cantar' para os celestes, algo afastado da realidade. Foi unha vitoria balsámica que fecha –polo menos polo de agora- un febreiro negro para a armada celeste, que acumulaba tres derrotas significativas: Alavés, Atlético de Madrid e Shakhtar. Os tres puntos son unha boa inxección de cara ao partido en Ucraína. O Celta gañou mais non foi un partido para enmarcar, sacando o resultado. Enfrontábase ao pechacancelas e non deu fechado o partido até a recta final. Eran os celestes o único equipo que non marcara o Osasuna nesta tempada e este domingo marcoulle tres, mais tivo que traballar a fondo o partido. Foi mellor na primeira parte mentres que na segunda semellaba perder o ritmo. Tivo que reaxustarse pois os navarros saíron máis encufados e dispostos e o gol que os celestes tiñan de ventaxa non semellaba colchón abondo. A saída ao campo de Jozabed e Aspas foi unha decisión acertada de Berizzo. O Celta centrouse en ir cara ao gol e obtivo premio, un premio que chegou nas botas pecisamente de Jozabed e Aspas. Ficha técnica Celta (3): Rubén, Jonny, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Marcelo Díaz, Radoja, Wass, Sisto (Jozabed, min.60), Bongonda (Hjulsager, min.84), Rossi (Iago Aspas, min.73). Osasuna (0): Sirigu, Oier, D.García, Vujadinovic, Clerc, Berenguer, Causic, Torres, De las Cuevas (Mérida, min.68), Oriol Riera (Kenan, min.83), Sergio León (Rivière, min.78). Goles: Sisto, 1-0, min.23; Jozabed, 2-0, min.86; Iago Aspas, 3-0, min.88. Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Amonestou a Jonny (Celta). Campo: Balaídos, 15.556 espectadores."}
{"ID": "PRAZA_18460", "summary": "En breve, os británicos poderán constatar por si mesmos se, despois de todo, estar fóra da Unión –máis illados, menos poderosos, menos influentes– os fixo máis soberanos.", "text": "O referendo sobre a permanencia de Gran Bretaña na Unión Europea, celebrado o 23 de xuño de 2016 tras unha bananeira campaña de desinformación que presentou a saída do país da Unión como unha sinxelísima e elegante operación de afirmación do orgullo nacional, pasará aos anais como unha das xogadas políticas máis estúpidas da historia, cuxo principal protagonista foi o daquela primeiro ministro conservador. Na súa miope aposta por reunificar o seu partido verbo da cuestión europea (obxectivo acadado temporalmente) e presionar a Unión para mellorar as condicións de permanencia do seu país (o conseguinte paquete de reformas negociado antes do referendo resultou finalmente inútil), David Cameron atopouse coa glacial incuria dos laboristas de Jeremy Corbyn e mais coa extraordinaria recepción do discurso populista e xenófobo de Nigel Farage. E perdeu. Son cousiñas que poden pasar cando, para salvar a propia carreira política, se poñen en xogo o futuro dun país e o equilibrio dun continente. Certamente, os británicos non foron xamais uns europeístas fervorosos. De feito, sempre cultivaron unha estratéxica desconfianza cara aos procesos de acumulación de poder en Europa. Viven como de costas á Unión, inmersos na vasta cultura anglófona. Dentro duns meses saberán o que significa estar fóra dunha Europa que, paradoxalmente, sempre lles deu un trato particular: nunca formaron parte nin da eurozona nin do espazo Schengen, e gozaron dun status especial en moitos ámbitos. No referendo tomaron unha decisión sobre unhas bases argumentais insolitamente frívolas e absurdas, unicamente explicábeis no clima emocional inducido polo nacionalismo inglés máis arrogante e reaccionario arroupado pola extrema dereita continental. A diabólica complexidade dunha desconexión xurídica e económica da Unión foi despachada cun par de bravatas que non se sosterían nin sequera nun pub ante unha pinta de cervexa. En breve, os británicos poderán constatar por si mesmos se, despois de todo, estar fóra da Unión –máis illados, menos poderosos, menos influentes– os fixo máis soberanos. O que moitos empezan quizais a intuír é a inconsistencia da súa decisión, moi ben exemplificada no asunto central de Irlanda. Un dos argumentos nucleares dos defensores do Brexit é a necesidade de que Gran Bretaña recupere o control das súas fronteiras, pero agora resulta que entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte (maioritariamente favorábel á permanencia na Unión) non convén fronteira ningunha. Unha cuestión certamente espiñenta, dado que a fronteira se fixo case invisíbel en 1998, co Acordo de Belfast. E ademais non se trata só da fronteira física, senón de que o acervo comunitario se conserve no norte. Haberá logo unha fronteira entre as dúas Irlandas, por unha banda, e, por outra, Gran Bretaña? Sería esta unha sorte de anexión de Irlanda do Norte por parte da Unión e finalmente por parte da República de Irlanda? As negociacións de separación previstas no artigo 50 do Tratado de Lisboa rematan o 29 de marzo de 2019. Podería haber un (improbábel) acordo de saída ordenada, é dicir, de permanencia de Gran Bretaña no mercado único e na unión aduaneira; ou un (desastroso) Brexit duro (ou caótico, como prefire chamalo Owen Jones), sen acordo comercial, aduaneiro, financeiro e institucional, e sen acordo sobre o status dos cidadáns británicos e europeos atrapados no medio do cataclismo; ou tamén un (desconcertante pero imaxinábel) Brexit ás cegas, que deixaría a futura relación comercial apenas bosquexada e se limitaría a regular cuestións como a inmigración, o status dos europeos en Gran Bretaña e dos británicos na Unión, a fronteira irlandesa, etc., así como o pagamento dos 44.000 millóns de euros que Gran Bretaña lle debe á Unión en concepto de obrigas pendentes. Até o de agora, Michel Barnier, o negociador xefe comunitario, non tivo que aturar presións de ningún país para concederlle un trato privilexiado a Gran Bretaña. A Unión amosou firmeza negociadora, basicamente porque ten ben aprendida a lección da historia nefasta da Europa dos nacionalismos, dos populismos de dereitas e dos fascismos, e non hai nada que tema tanto como as posíbeis dinámicas desintegradoras. É a Unión quen decide o que pode e non pode ser; non porque queira castigar a Gran Bretaña, senón porque ningún contribuínte europeo entendería que, unha vez fóra, os británicos recibisen graciosamente un trato preferente. É o que lle pode pasar a un país cando perdeu un imperio e non se decatou. Publicidade"}
{"ID": "NOS_9731", "summary": "Mentres a Xunta de Galiza persevera nas políticas de promoción en base á exaltación da Galiza rural, monumental e gastronómica herdadas da época de Fraga, as cidades e mesmo as vilas costeiras buscan vías para combater os efectos da crecente masificación e deseñan estratexias para filtrar as persoas visitantes antes de que cheguen. Abordamos este asunto en profundidade no Sermos261, xa na rúa. Eis un extracto da reportaxe.", "text": "\"A min dáme mar, dáme praia, praia e máis praia. Dáme festa e dáme sesta…\". Non é a letra da canción do verán; é o texto propagandístico da Xunta de Galiza baixo unha fotografía de dúas nenas co sol de costas nunha duna contra un ceo azul cobalto que publican as revistas couché en España. Turismo de Galiza non quixo comentar a campaña nin ningún aspecto dos que se tratan nesta reportaxe. As campañas de promoción turística do país arrancaron nos anos do pop con imaxes \"de santos e paisaxes rurais\" aos que pouco a pouco se foron sumando \"pazos, canastros, pallozas\" e, xa a finais dos oitenta, a \"rapa das bestas e as máscaras do Entroido\", segundo informa Miguel Pazos Otón, director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas, nunha publicación de 2011 que sitúa na chegada de Manuel Fraga ao goberno da Xunta a bisagra do marketing turístico na Galiza. Aí seguimos: \"no bo camiño\", como se encarga de recordar o logo da promoción 2017. Calquera das gráficas de Turismo de Galiza mostran o mesmo debuxo das estatísticas, unha suba constante das cifras. Persoas aloxadas: 4,9 millóns, un 7,4% máis que no ano anterior (2015); noites nos estabelecementos en regra: 10 millóns, un 9,2% máis; turismo internacional: un 10,2% máis, 2,3 millóns. A aposta no turismo de masas non se disimula, mais non se comenta. E cando hai colapsos na praia de Augas Santas (coñecida co nome As Catedrais) ou nas Cíes, as autoridades lémbranse da \"dosificación\". Un modelo con válvula. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 261, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_12863", "summary": "O número de parados subiu no país en 849 persoas, fronte ao descenso de 6.632 no conxunto do Estado, onde o incremento interanual é do 11,1%, máis de dous puntos menos que na comunidade autónoma (13,5%).", "text": "O paro segue subindo en Galicia e comportándose peor que no conxunto do Estado. O número de desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego alcanzou no país as 277.644 persoas, o que supón unha suba do 0,31% respecto ao mes anterior, ao sumarse 849 desempregados ás listas, mentres que en toda España o número de parados descendeu en 6.632 persoas, cunha baixada porcentual do 0,14% respecto de marzo, xuntando 4,74 millóns de demandantes de emprego tras o efecto da Semana Santa. O descenso do paro en España é dez veces inferior á caída de hai un ano Os datos non son bos. Nin para Galicia nin para España, xa que no Estado o descenso, o primeiro logo de oito meses de suba, tan só supón unha décima parte da caída rexistrada hai un ano polo mesmo efecto da Semana Santa, cando houbo unha baixada de 64.309 desempregados. Tan só en dúas ocasións subiu o paro neste mes de abril, concretamente en 2008 e 2009, cando a crise comezaba a manifestarse con crueza. En termos interanuais, o paro increméntase nun 11,1% no conxunto do Estado, mentres que en Galicia o aumento e máis de dous puntos superior, do 13,48%, tras darse de alta nas oficinas de emprego 32.982 parados máis desde o mes de abril do ano pasado. As listas do paro incrementáronse no país ao igual que noutras seis comunidades autónomas (A Rioxa, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana e Madrid), mentres que descenderon en dez territorios. Menos contratos fixos malia a reforma laboral En canto á contratación, no conxunto de Estado, en abril rexistráronse no antigo Inem un total de 1.003.167 contratos, un 6% menos que en abril de 2011. Deles, 90.123 eran indefinidos, cifra equivalente ao 8,98% do total e un 6,3% inferior á do mesmo mes de 2011. En abril fixéronse 8.116 contratos de carácter formativo e houbo outros 904.928 contratos de carácter temporal, dos que o 26,5% foron de obra e servizo e o 26,6%, eventuais por circunstancias da produción. No primeiro cuadrimestre do ano, o número de contratos realizados sumou 4.027.856, un 7,4% menos que en igual período de 2011. Desta cantidade, só o 8,4% foron indefinidos, cun total de 339.001 contratos fixos no catro primeiros meses do exercicio, un 16,1% menos que entre xaneiro e abril do ano pasado, malia a aplicación da reforma laboral, que leva máis de dous meses en vigor. A secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo, subliñou que os datos do paro de abril seguen recollendo \"o impacto negativo da marcha da economía no mercado de traballo\". Hidalgo lembra que as previsións do Goberno apuntan a un aumento do paro en 2012 por efecto da segunda recesión que vive a economía, cunha \"lenta recuperación\" nos próximos anos. Neste contexto, defendeu a reforma laboral aprobada polo Executivo porque supón un marco \"de confianza e flexibilidade para as empresas\"."}
{"ID": "PRAZA_12274", "summary": "O líder socialista imponse no Congreso Nacional por 245 votos fronte aos 212 de Elena Espinosa. Garante \"integración\" na Executiva e asegura que non haberá \"sectarismo nin resentimento\" na nova dirección dun PSdeG \"sen tutelas\". Galería de imaxes no interior", "text": "Axustado, casi tanto como o congreso no que Alfredo Pérez Rubalcaba se impuxo a Carme Chacón. Tras unha brevísima campaña interna, de apenas cinco días, Pachi Vázquez revalidou este sábado o seu cargo de secretario xeral do PSdeG por unha estreita marxe, só o separaron 33 votos dos 212 que obtivo Elena Espinosa, a ex ministra que se situou á fronte do considerado sector crítico do partido, aínda que tamén co apoio de dirixentes que impulsaran publicamente en númerosas ocasións ao reelixido secretario xeral. Vázquez inicia agora unha etapa na que, en boa medida, muda o xogo de forzas internas, tanto no que atinxe á posición do ata agora sector crítico como tamén no papel de dirixentes que ata agora exercían un influxo fundamental na formación, sobre todo no caso do ex ministro de Fomento, José Blanco, a quen moitos viron como un dos principais artífices da candidatura de Espinosa. Nesta liña, o propio Pachi Vázquez lanzaba unha mensaxe ante o plenario que tivo pouco de casual. Dende agora, asegura, no PSdeG non haberá \"paternalismos que nos veñan dicir o que temos que facer\". O seu, mantén, é un \"proxecto para o PSdeG\" sen \"ningún tipo de tutela\". O partido ten que ser \"o que ten que tomar as súas propias decisións\". Blanco confirma a súa preferencia por Espinosa e Vázquez garante que no PSdeG xa non hai \"paternalismos\" Poucos minutos despois de que fose proclamado o resultado das votacións, Blanco admitía ante os xornalistas que a súa \"preferencia\" foi Espinosa, se ben louva o exercicio de \"democracia interna\" tras o que se pon \"á disposición do secretario xeral\", \"sempre dende un segundo plano\" xa que, subliña, hai meses que decidiu dar \"un paso atrás\". As declaracións de Blanco producíanse despois de que, ante o plenario, un emocionado Pachi Vázquez se confesase \"sen palabras\" para \"agradecer a confianza\". Mentres os membros do seu equipo deixaban de conter a respiración e non ocultaban o seu alivio, \"como se estivésemos nos Oscar, ou nos Goya\", Vázquez \"dedicou\" a vitoria \"aos militantes anónimos do partido\", \"mulleres e homes que non coñece ninguén, que nunca falan e sempre traballan\". De agora en diante, asegura, traballará \"día e noite\" e procurará a \"unión\" dende o \"traballo e o compromiso co PSdeG, co PSOE, con Galicia e con España\". A primeira oportunidade de visualizar se a \"integración\" prometida ante os delegados se materializa ou non será na segunda xornada do Congreso Nacional, cando se constituirá a nova Executiva. A entrada ou non dos partidarios de Espinosa en postos de relevancia será o termómetro para comprobar se as feridas internas comezan a suturar nun partido que as votacións amosan como moi polarizado. Eleccións primarias Pero a vitoria de Pachi Vázquez sobre a alianza de críticos apoiados por Blanco non equivale a que o político do Carballiño sexa o cartel electoral do PSdeG nas vindeiras eleccións autonómicas. Atendendo ás novas normas internas do PSOE, pero tamén ás propias palabras do reelixido secretario xeral, o candidato á presidencia da Xunta será elixido nunhas eleccións primarias, das que, di, sairá \"a persoa máis capacitada\" e \"con máis posibilidades para gañarlle á dereita\". \"O candidato -subliña- ímolo poñer todos os militantes socialistas\". Neste contexto, non cabe polo momento descartar que as primarias deixen tanto lugar á sorpresa como o propio proceso congresual, coa a priori inesperada candidatura de Elena Espinosa. Así, a reconfiguración de apoios e simpatías internas podería dar lugar a que os críticos decidisen plantar unha nova batalla a Vázquez ou que mesmo nomes como o de Francisco Caamaño, agora máis próximo ao secretario xeral, volvan estar en primeira liña de fogo político."}
{"ID": "PRAZA_11077", "summary": "O prazo de rexistro de coalicións para o 10N pecha sen alianzas de última hora en Galicia. Anova lamenta non lograr unha \"fronte ampla\" e En Marea di seguir en disposición de compartir candidaturas con outras forzas mentres socialistas e Bloque ratifican os primeiros postos das súas listas ao Congreso", "text": "As formacións políticas van situando as súas pezas para as novas eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro. A reforma legal aprobada no ano 2016 para o suposto de convocatoria automática de comicios ao Congreso e ao Senado por falta de acordo para formar goberno reduciu múltiples prazos. Entre eles, os que estipulan o límite para rexistrar coalicións electorais, que rematou ás dúas da tarde deste luns sen unións inesperadas de últimas hora, no caso galego. Mentres, ao tempo, partidos como o PSdeG ratifican as súas cabezas de lista para o proceso.\"Non houbo resposta positiva para armar unha nova fronte ampla\", afirmaron dende Anova no día límite para o peche de coaliciónsUnha das formacións que nas últimas semanas admitiu explorar a posibilidade dunha unión con outras forzas para o 10N, Anova, confirmaba pouco antes da fin do prazo que, como xa sucedera nas xerais de abril, non participará nos comicios do 10N. \"Infelizmente, verificamos que non houbo resposta positiva para armar unha nova fronte ampla\", afirma a formación que encabeza Antón Sánchez nun comunicado, no que subliñaba que a súa \"aposta\" fora \"dar continuidade ao espazo que abrimos coa emerxencia de AGE\", coa participación nas mareas municipais ou \"coa asemblea de Vigo na que naceu a primeira En Marea\", din.Villares asegura que En Marea segue disposta a \"conseguir unha candidatura galega\" con candidaturas compartidas con outras formaciónsDende En Marea como partido volvía falar este luns o seu voceiro, Luís Villares. Unha vez descartada a posibilidade dunha alianza con Más País, o partido de Íñigo Errejón -que este luns rexistrou coalicións con Compromís, Equo e a Chunta Aragonesista-, Villares reiteraba en rolda de prensa o \"chamamento\" a \"conseguir unha candidatura galega que leve a axenda galega a Madrid\". Neste sentido, o líder de En Marea mesmo aseguraba ver viable a posibilidade de candidaturas conxuntas co BNG. Resta saber, en calquera caso, cal será a decisión final de En Marea sobre as candidaturas de seu se, como todo apunta, non existe incorporación a ningunha lista conxunta. O prazo para a inscrición de listas finaliza o 7 de outubro.O BNG ratificou a Néstor Rego, Olalla Rodil, Francisco García e Carme da Silva como cabezas de lista ao CongresoPola banda do propio Bloque a súa portavoz nacional, Ana Pontón, desbotaba pouco despois esta posibilidade a preguntas da prensa. Así, Pontón lembraba que hai apenas dous días, o pasado sábado, o Consello Nacional da formación que lidera ratificaba as cabezas de lista ao Congreso. Na Coruña e Pontevedra os carteis electorais do Bloque volverán ser Néstor Rego e Carme da Silva. Mentres, en Lugo a deputada Olalla Rodil será a número un en substitución de Maite Ferreiro, agora edil de Cultura na capital lucense e vicepresidenta da Deputación provincial. En Ourense o cabeza de cartel será agora Francisco García, ex-alcalde de Allariz.No PSdeG recuncan á fronte das listas Pilar Cancela, Ana Prieto, Marina Ortega e Olga AlonsoPola banda socialista o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, ratificaba este luns que os primeiros postos provinciais das listas socialistas ao Congreso serán para as mesmas persoas que os ocuparon en abril, cando o PSdeG remudara tres das catro cabezas de cartel. Así, pola Coruña a candidatura estará liderada outra volta por Pilar Cancela, en Lugo optará a seguir no Congreso Ana Prieto, en Ourense farao Marina Ortega e en Pontevedra, Olga Alonso. Entre as novidades dos primeiros postos destaca o número dous de Lugo, onde Sonsoles López baixa ao tres e o seu lugar pasou a ser para Javier Cerqueiro.Neste contexto quedan aínda por despexar interrogantes sobre outras formacións políticas. É o caso de En Común-Unidas Podemos (Galicia en Común), que o 28A concorreu aos comicios xerais con Antón Gómez-Reino pola Coruña e Yolanda Díaz por Pontevedra como principais referencias. Más País rexistrou a súa coalición con Equo para A Coruña e PontevedraDo mesmo xeito, a formación de Errejón non aclarou aínda se, como apuntaron algunhas fontes na pasada semana, concretará a súa intención de optar ao Congreso por, cando menos, as circunscricións coruñesa e pontevedresa. Polo momento, Más País rexistrou a súa coalición con Equo en ambas.Ao tempo, o PP non ratificou polo momento se repetirá cabezas de cartel na nova convocatoria. Quen o aclarará esta mesma semana é Ciudadanos, que modificará cando menos a cabeza de lista pola Coruña toda vez que Marta Rivera de la Cruz, que fora elixida deputada, renunciou á acta para ser conselleira na Comunidad de Madrid."}
{"ID": "NOS_2001", "summary": "A fascinación de Silvia García pola fotografía antiga anoa este título ao proxecto Os silencios que comeu Alicia, que tivo lugar na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea no ano 2009.", "text": "A orixe desta instalación foron as fotografías de Alice Liddell tomadas por Lewis Carroll, a día de hoxe tan icónicas como envoltas nunha polémica que ten máis que ver coa nosa ollada contemporánea que cos datos reais que conservamos do seu pasado. Nenas medrando / Silvia García / Chan da Pólvora / 2020 / 55 páxinas / 13 euros Sen dúbida, esa perspectiva das historias que nos suxiren as imaxes con pouco contexto, a cantidade de datos que nos faltan delas e o impulso inevitábel de achegar a nosa lectura sobre elas xogou un papel relevante para que desa primeira achega aparecese tamén este Nenas medrando. Este libro de Silvia García é ben diferente ao que a produción lírica do noso país nos ten afeitos, e seguramente tería moi difícil a súa existencia editorial se non fose por un proxecto como Chan da Pólvora, que continúa ligado e comprometido coas distintas formas da poesía, e especialmente a aquelas que tenden lazos a outras realidades artísticas. Porque o texto de García non tería sentido se non aparecese ligado ás imaxes en branco e negro que o acompañan. Imaxes anónimas, recuperadas de liquidacións, pequenos mercados, ben directamente, ben co auxilio da rede. Unha forma de coleccionismo que tomou unha entidade especial nas últimas décadas e que condensa, en si mesmo, toda unha narrativa implícita. Que aconteceu para que as persoas acabasen perdendo ou desfacéndose dunha parte tan querida da súa memoria? Onde están tomadas esas imaxes? Que perspectivas de futuro tiñan esas persoas? Que foi delas? Non será a primeira vez que a mellor poesía nace das preguntas sen resposta, da necesidade que temos de explicarnos os ocos que nos desasosegan. Nenas medrando vincula ese sentimento xeral a un discurso moi concreto, xa que as escollas de Silvia García cínguense a nenas, máis ou menos nun mesmo arco de idade. O discurso poético vincúlase así a moitos dos temas relacionados coa experiencia feminina da infancia e da adolescencia. Do xogo concreto á inxenuidade, a fascinación polos enigmas do mundo e tamén a importancia do corpo e das súas transformacións. Tamén a forma de encarar esa evolución que, no caso de nenas e mulleres, sempre se enfronta a unha expectativa social enormemente normativa. Silvia García déixanos estas reflexións líricas sobre estas nenas como quen conta un soño ou como quen trata de inventar o final dunha historia inconclusa."}
{"ID": "NOS_20368", "summary": "Aurelia Balseiro é museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo desde 2008. É autora da primeira das entregas deste coleccionábel sobre os tímpanos medievais. Hoxe falamos con ela sobre San Martiño de Mondoñedo, \"un espazo marabilloso onde se respira o cheiro do mar Cantábrico\".", "text": "Sería correcto afirmar que San Martiño de Mondoñedo chegou a nós nun estado bastante próximo ao orixinal máis por un \"deixa estar\" que por un verdadeiro interese en conservalo? Na miña opinión si. O traslado da sé do bispado, temporalmente a Ribadeo e de xeito definitivo a Mondoñedo, desplazaría tamén o centro de poder e, polo tanto, modifica a organización económica e social desta parte do territorio. Aínda así, a pesar de que o templo de San Martiño deixou de ser catedral, a súa supervivencia histórica e monumental fai que o considere un verdadeiro exemplo de resiliencia. Con todo, chegou o século XIX e as reformas foron profundas... Demasiado profundas, hoxe en día a actuación patrimonial sería teoricamente moi distinta e menos agresiva, pero polo menos freou o seu deterioro deixándonos unha imaxe da antiga catedral que, a pesar dos contrafortes engadidos, segue impresionando pola súa profunda beleza, evocadora da Britonensis ecclesiae e da Dumiensi sedis, das doazóns reais e da historia medieval do setentrión galego. Falamos dunha basílica decana das Catedrais... Di a historiografía tradicional que a basílica de San Martiño de Mondoñedo foi das primeiras catedrais construídas na península Ibérica e menciónaa como a decana destas construcións relixiosas no noroeste. Segundo esta teoría, algúns historiadores establecen que tivo unha primeira fase construtiva comezada no s. VI. Aínda que recentes estudos non confirmen esa cronoloxía, hai elementos prerrománicos reutilizados no edificio que son pegadas desa ocupación anterior ao s. X... ...un valor engadido, portanto... Si, esta orixe prerrománica tamén lle dá un valor engadido pola convivencia e transición directa ao románico, amosando os cambios estilísticos e arquitectónicos ou as permanencias da Alta Idade Media nas execucións dos séculos medievais seguintes. Como se pode ver no fascículo, hai autores que consideran que houbo un primeiro edificio prerrománico construído no s. IX e outra fase no s. X, mentres que para outros só houbo unha fase prerrománica datable no s. X que condicionou o templo románico posterior. Templo que representa os inicios da arte románica... San Martiño é considerada unha das construcións románicas máis antigas do Reino de Galiza, con categoría actual de basílica e Ben de Interese Cultural. Un conxunto monumental abraiante onde podemos evocar a historia e a arte medieval galega nun entorno rural da Mariña lucense. Alén diso, arquitectonicamente presenta solucións novidosas ... Pois si, lembrando que a fábrica románica data do s. XI, San Martiño presenta, para a súa época de construción, unha novidosa arquitectura, con planta basilical de tres naves, tres ábsidas semicirculares na cabeceira e un cruceiro transversal con ciborio central. O seu programa plástico é -di vostede- excepcional... No artigo só hai espazo para falar do exterior do templo pero no seu interior atopamos verdadeiros tesouros da pintura e escultura medieval. Os capiteis, decorados con motivos vexetais, xeométricos e figurativos ou o famoso antipendium, tamén denominado frontal de altar, teñen unha factura estilística de seu e consolida a relevancia do chamado por Yzquierdo Perrín \"mestre de San Martiño de Mondoñedo\". A plástica pode considerarse como unha das máis ricas e temperás mostras da arte románica galega sendo producida, ademais, por un obradoiro alleo ao importante foco de Compostela. Voltemos ao seu exterior, tan ben coidado, e moi diferente do de outras igrexas... A marabillosa contorna na que se insire a basílica de San Martiño, mistura unha paisaxe rural na que se respira o cheiro do mar Cantábrico e se albisca un contacto, case telúrico, co pasado da nosa terra e cunha experiencia sensorial que xa nos proporciona a chegada a través dunha estrada secundaria cando, de súpeto, ábrese ante os nosos ollos unha pequena aldea dominada por un espectacular templo e vemos desde unha perspectiva baixa magnificando a súa espectacularidade, a súa parte nordeste, como o vento predominante na Mariña, coa zona axardinada matizando o desnivel do terreo e agochando a fonte milagreira. Despois rodearémola para achegarnos á fachada occidental e consolidar a nosa admiración polas obras dos nosos antergos. Finalmente o Centro de Interpretación situado na anexa e antiga casa reitoral contribúe a súa completa contextualización. ...e o propio Espazo Caritel aporta outros motivos de interese para a visitar. Motivos non faltan para nos achegar, non? O Espazo Caritel intégrase na contorna monumental dun xeito admirable conxugando arte contemporánea e natureza: un museo e un xardín; un proxecto de Caxigueiro no que se aprecia que puxo a súa alma e a súa creatividade artística, proporcionando ao visitante unha experiencia única, unha lección de botánica e una consciencia da importancia da arte como comunicación ou denuncia social, e da beleza das plantas coidadas nun entorno de xeito sustentable e fermoso: Poesía visual."}
{"ID": "PRAZA_20958", "summary": "Semella de mal gusto que se 'culpe' ás persoas polo actual pico epidemiolóxico, porque 'non foron responsables no Nadal'. Lembremos que foron as autoridades públicas galegas que controlan a evolución do virus pandémico -o Comité clínico e a Xunta- as que autorizaron as reunións coas familias durante o Nadal.", "text": "0. Inicio con metáfora paródica, que lembra á película Air Bag, se non fose unha semellanza demasiado triste coa realidade actual. A pretensión destas palabras é incidir en que un decreto administrativo é algo frío, que pretende ser neutro -pero que non é-, e que ignora numerosas situacións da vida cotiá, a verdadeira vida das persoas. Antes, non obstante, comezaremos cunha reflexións sobre o virus pandémico. 1. A ciencia é un conxunto de coñecementos e actividades. Por unha banda, como afirma Sánchez Ron, é 'coñecemento adquirido', pola outra, é unha procura de solucións a problemas novos, ideas que se imaxinan e que se someten a proba. Fronte a un coñecemento xa adquirido e ben establecido na traditio científica, adoptamos con normalidade unha actitude de certeza. Mais, fronte ao novo, que se somete a proba, a certeza non existe. Neste caso, a dúbida epistémica será consubstancial aos experimentos, aos procesos de falsación, até que se convirta en 'coñecemento certo'. 2. No caso do virus pandémico estamos ante unha situación de adquisición dese 'coñecemento certo'. E nesa adquisición existirán avances e retrocesos inevitables. Por iso, non se lle pode pedir ás persoas que non dubiden, cando hai científicos que si o fan, con toda lóxica argumental. Non se lle pode pedir ás persoas que suplan a certeza a través da fe cega e da crenza, propias de procesos nada racionais e científicos. E, no entanto, isto é o que se nos pide. 3. O discurso do persoal sanitario, o que está atendendo ás persoas enfermas, di hoxe que en Galicia estamos preto do colapso. Que a presión hospitalaria se volve insostible. Que estamos posiblemente no momento máis duro da pandemia. E isto, despois dos dous picos epidemiolóxicos previos, o inicial do confinamento dos meses de marzo-maio de 2020 e o que se deu a partir de novembro de 2020. A pesar disto, o Presidente do Goberno do Estado afirma que afrontamos este terceiro pico epidemiolóxico con 'enerxías renovadas' [preguntámonos en que país vive; até semella un insulto para a intelixencia]; pídesenos un 'último esforzo' [posiblemente unha falacia, xa que nada impide, a priori, a existencia de máis picos]; ou 'poñernos serios e firmes' [propio do discurso da 'culpabilización' e da infantilización da sociedade, como se a maioría das persoas non o fixesen desde o mesmo inicio da pandemia]. 4. Semella de mal gusto que se 'culpe' ás persoas polo actual pico epidemiolóxico, porque 'non foron responsables no Nadal'. Lembremos que foron as autoridades públicas galegas que controlan a evolución do virus pandémico -o Comité clínico e a Xunta- as que autorizaron as reunións coas familias durante o Nadal. De ter a valentía suficiente, terían prohibido as reunións familiares durante o Nadal. Mais o certo é que non se desexa ser impopular: sempre hai unha conta segreda que se realiza. Reveladora a queixa do alcalde de Santiago que afirma que estando o concello pechado a taxa de infeccións por covid-19 se cuadriplicou. 5. Se nos demoramos na escoita dos discursos públicos dos profesionais sanitarios percibiremos a fondura da fenda que esgaza a integralidade que debera posuír o servizo público da sanidade e da saúde das persoas. Fenda causada polo carácter etéreo das promesas de provisión incumpridas sistematicamente polos xestores da cousa pública. 6. Retrocedamos uns anos e revisemos os datos, os orzamentos e os procesos de privatización do sistema público sanitario e de saúde. Escoitemos de novo todas as demandas e reivindicacións de organizacións como SOS Sanidade Pública. Simpaticemos coas históricas demandas do persoal sanitario que berraba pola excesiva temporalidade e pola ausencia de estabilidade, pola existencia de multitude de contratos asinados (algúns de horas, de fin de semana, etc...), pola esixencia constante de máis persoal e máis recursos materiais, pola petición de que non se externalizasen servizos, de que non se pechasen camas...etc. Quizais, se se fai, poderase entender a particular situación que vivimos neste novo pico epidemiolóxico. 7. En efecto, que se fixo realmente desde marzo no sistema público galego para que teña os recursos materiais e humanos suficientes e axeitados para atender non só ás persoas con covid-19, senón tamén para non relegar a atención a outras enfermidades existentes? Respondan vostedes...pola nosa banda, temos clara a resposta, só con atender aos discursos dos profesionais sanitarios. 8. A vacinación provoca novas escenas dignas do esperpento capitalista: competitividade, falta de ética, cálculos interesados e aproveitamentos sen moral, promesas numéricas e cronolóxicas que se incumprirán. Non somos produtores, estamos a expensas doutros. Mesmo non somos quen de dispoñer do material axeitado para aproveitar o sexto vial das vacinas. Estragos de doses. Doses que van a persoal que non é de risco. Capítulos dunha sociedade demasiado habituada a situacións de corrupción. 9. O 70 por cento dos galegos e galegas vive en concellos perimetrados. O 30 por cento en supostos concellos libres, rodeados polos que están pechados perimetralmente, e cos que teñen establecido estreitas relacións e servizos mancomunados. Pero a policía local, a nacional, a garda civil propoñen sancións sen ningún miramento (...polas ordes recibidas, entendemos). Por moito que algún medio de masas ao servizo do poder dominante diga que o fan con pedagoxía, como se isto abondase para acreditar a bondade dalguén. Sobradas probas existen de malas praxes pedagóxicas. 10. De feito, estanse dando situacións de vulneración de dereitos democráticos, máis aló do mero control da mobilidade. Cacheos indiscriminados a persoas, que ben poden agochar veleidades racistas (falamos con coñecemento de causa). Sancións por unha mobilidade de puro sentido común. Vexamos algunha das situacións consideradas non xustificadas polos admirables xestores da cousa pública (hai moitas máis situacións, desde logo): a. A economía das persoas está en dificultades. Unha das tarefas máis importantes para chegar a fin de mes é calcular ben o custo da cesta da compra. Quen lle di a unha economía coas contas xustas que non é esencial que adquira a súa cesta no supermercado de sempre, onde os prezos están máis axustados? Quen lle di a esa economía que non chegará a fin de mes pola falta de sensibilidade dos gobernantes? b. Cada vez existen máis intolerancias e alerxias a determinados tipos de alimentos que esixen das persoas saber moi ben onde adquirir eses produtos libres das substancias perigosas para a súa saúde. Quen lle di a esas persoas que non é esencial desprazarse ás escasas tendas que dispoñen deses produtos básicos...e que están no concello limítrofe, con máis servizos e máis oferta? c. Os DNI's non son máis ca unha proba da nosa identidade, non da nosa residencia actual. As casuísticas son tan numerosas que produce risa -se non fose que sangran os petos e provocan angustia- que se sancione por levar un DNI dun concello distinto ao do control de turno. Sirva un único exemplo real, unha persoa que ten DNI dunha localidade do sur de Ourense, pero reside cunha tía nun concello perimetrado do val da Maía. Non toda residencia obedece a operacións de mercado. d. Quen acredita que unha persoa traballa 'sen contrato' na cidade xacobea e que precisa desprazarse en autobús desde un concello limítrofe non pechado para gañar algo de diñeiro para sobrevivir? 11. Os decretos fanse co frío da tinta, sen ter en conta as múltiples situacións en que vivimos os seres humanos e que exceden as liñas do DOG. E non pode ser, como afirmaba un xornalista nun medio de masas, que a 'sanción ou non' dependa da vontade do polícía ou garda civil. Non señor. A vontade non debe intervir. Debe intervir a igualdade radical de trato entre todas as persoas. Debe intervir unha lóxica que teña en conta en que tipo de país e sociedade vivimos. Non pode ser que ante a mesma circunstancia a min me sancionen e a ti non, ou ao revés. Iso non é democrático. 12. Digressio nº 1. Oféndenos ver que agora é portada que en centros educativos os nenos e nenas van con mantas a clase. Levamos meses defendéndonos da hiperventilación e do frío desa maneira. Mellor iso, desde logo, a que nos confinen e volvamos ao baleiro educativo, ao illamento social, que é o que achega a dixitalización forzada do ensino. 13. Digressio nº 2. Alporízanos o comportamento do Presidente do Goberno, que se proclama 'progresista', e decide reunirse cos representantes en España de Amazon, Google e Huawei para tranquilizalos e dicirlles que lles vai abrir o fondo que chegue de Europa para a recuperación económica. Está de broma? As empresas que máis se lucran en tempos pandémicos beneficiados co diñeiro que se debe destinar a axudar a quen máis o necesita? 14. Digressio nº 3. Tampouco é de esquerdas solicitar no Tribunal de Estrasburgo o arquivo da causa de Couso. Representa, antes ben, unha traizón."}
{"ID": "NOS_14124", "summary": "Enrique Calvete Pérez (A Coruña, 1958) é un dos conselleiros da nova era do Deportivo. Gábase de ser accionista e socio, o número 1.705 do Deportivo. Economista e funcionario, é tamén o tesoureiro da Deputación de A Coruña. Con el repasamos, nunha conversa demorada, a montaña rusa na que se converteu o Deportivo nos tres anos de Tino Fernández como presidente.", "text": "Este conselleiro é o encargado da área económica. É unha das pezas clave, pero non a única, na ordenación da débeda do clube. Constantino Fernández, presidente, e José Benito González Dans, director financeiro, combinan os esforzos, habilidades negociadoras e os seus coñecementos para levantar o clube, que ía camiño da liquidación. Enrique Calvete tamén leva o control do cumprimento de todos os pagamentos. Ten ante si a responsabilidade de supervisar o maior concurso de acreedores da historia do fútbol do Estado español. En só tres anos o seu equipo de traballo conseguiu liquidar un terzo da débeda que o clube contraeu con Facenda. Sendo tesoureiro de profesión, chegou ao Deportivo para manexar a caixa, mais nela atopou telarañas: non había, di, nin un só euro. Agora, tras atoparse un paciente moribundo, sen pulso e coas constantes vitais moi comprometidas, a saúde económica do clube camiña pola senda da viabilidade. A Tesourería do Deportivo xa non está en coma, aínda, que, por se acaso, ten nas mans un \"desfibrilador\" de contas. -Desde que se fixeron cargo do Deportivo, que foi máis difícil de xestionar, os asuntos sociais do clube ou os económicos? - Os dous teñen a súa complexidade. O tema económico é un asunto en que o Deportivo se xoga a supervivencia e as súas posibilidades futuras. Lóxicamente, que o Deportivo mellore a súa posición económica lle dá unhas posibilidades competitivas diferentes. O económico é un tema difícil e á vez moi interesante de resolver. Partimos dunha situación coñecida por todos. Un concurso de acreedores, o máis grande do fútbol español, cunha débeda mastodóntica. Se lle engadimos a resolución que acabamos de coñecer do Tribunal Supremo, o problema é aínda maior. Polo tanto, o tema económico é un asunto duro para o clube. En relación ao social, hai moito do que falar en positivo. Ten moitos componentes ilusionantes. A afección do Deportivo é excelente. É unha afección que apoia o equipo rotundamente. Nós estamos moi contentos coa situación social. Aumentamos ao longo deste tempo o número de abonados até chegar aos 26.400 socios deste ano. Aínda que o equipo non está todo o arriba que desexamos, continúa a ter un apoio considerábel. Así que o tema social témolo que coidar moitísimo e estámolo a coidar. A afección meréceo. - O tema social atragoóuselles case ao principio da súa chegada cando se produciu o asasinato do afeccionado do Dépor Jimmy. Recoñecen que foi un lunar na súa xestión? Puidéronno facer mellor? -Por suposto. Foi un tema moi triste, porque finou un deportivista. En segundo lugar, se temos en conta a confusión dos primeiros momentos, e se temos en conta a gran manipulación informativa que houbo desde ámbitos mediáticos e institucionais, loxicamente foi algo moi difícil de xestionar. É certo que non acertamos e así o dixemos na Xunta de Accionistas, onde ademais aclaramos o tema. Naquel momento a información que nos chegaba, e que saía por todos lados, non daba a entender o que logo foi realmente. Todos fomos cambiando, non só o consello de administración, tamén o fixeron os medios de comunicación. Fóronse adaptando á realidade despois dunhas primeiras semanas de auténtica confusión. Nós intentamos, a partir de aí, tender pontes e buscar solucións axeitadas para que a situación social cambiara. A proba é que as temporadas seguintes o tema social é modélico en todos os sentidos e algo do que podemos presumir. A relación coa Federación de Peñas, o tratamento ao socio e ao abonado, a relación con todas as organizacións e agrupacións que apoian o Deportivo creo que é excelente. E o ambiente que hai en Riazor é espectacular. Grazas á flexibilidade que tivemos todos, a pesar de que este foi un tema moi difícil chegamos a atopar unha liña de sintonía. É verdade que, lamentabelmente, o problema fundamental, atopar os culpables do crime, continúa sen resolverse. Lonxe de continuar coa investigación, esta foi arquivada e de maneira inxusta, seguen caéndonos sancións absurdas aos seareiros e ao clube. Ás do clube estámolas recorrendo e estámolas sacando adiante. Sobre Jimmy, o problema fundamental, atopar os culpables do crime, continúa sen resolverse - Foi un erro pechar a bancada no partido seguinte á morte de Jimmy? - Recoñeceuse que o foi, e pedimos as desculpas correspondentes. - Vostede sabe que os máis críticos coa súa xestión din que o Deportivo de agora é refén de algún medo de comunicación, da LFP (Javier Tebas) ou de Facenda. Sentíronse maniatados polas decisións que tiveron que tomar? -Realmente non entendo iso. Refén de quen? Dun medio de comunicación? De cal? O que se ve son os acordos que temos con todo canto medio de comunicación que segue o Deportivo, coas iniciativas que xorden desde calquer medio de comunicación, sen preguntar quen, cal medio, nin cómo, daranse de conta que esa afirmación é absurda. Todos teñen rigurosamente o mesmo tratamento. En canto a que nos vemos condicionados por Facenda... Home… pois claro! Efectivamente. Alguén ao que lle adebedas 100 millóns de euros non cabe dúbida que ten un importante peso nas túas decisións. Pero é algo que me fai graza. Acaso podemos facer outra cousa? Alguén pensa que nos tempos que corren se pode facer outra cousa que non sexa pagarlle a Facenda? Hoxe mesmo almorzamos coa nova de que o Hércules de Alacante está a ser embargado por incumprir o convenio singular de acreedores. E que estamos condicionados pola Liga? Home… pois, obviamente as decisións da Liga inflúennos, somos 42 clubes. Consideramos que nalgúns aspectos Tebas está a facer unha boa xestión ao fronte da Liga, principalmente en materia económica. Noutros aspectos consideramos que a súa xestión é moi cuestionábel, como no ámbito social e criticámola e tratamos de discrepar sempre nos foros nos que intervimos e na Liga, en concreto. Somos un referente para os seareiros de outros clubes na defensa do afeccionado e estamos orgullosos de selo. - Hai quen di que a vostedes déronllelo todo feito. Que só tiveron que cumprir os acordos herdados porque xa os atoparon resoltos… - Non sei quen pode dicir iso. Hai cousas ás que non lle imos dar voltas. Non imos mirar atrás, porque seguir mirando ó pasado non nos aporta nada. O importante é dar solucións aos problemas que nos atopamos. Con todo, que alguén poida dicir que xa estaba todo feito… pois só hai que lembrar que cando chegamos o equipo estaba en Segunda División. En segundo lugar, o clube estaba saíndo xusto nese momento do maior concurso de acreedores da historia do fútbol español. Había un escenario no que non había acordo cos acreedores principais como a Axencia Tributaria (case 100 millóns de débeda) e as entidades financeiras (37 millóns de débeda). Non imos afondar na ferida porque non aporta nada lembrar as responsabilidades desa situación. Imos mirar o futuro. A nós tócanos xestionar o presente e o futuro da entidade, que para iso nos elixiron. Pero esa opinión que di vostede na súa pregunta é surrealista. En realidade tiña que ser ó revés e preguntar que dificultade non nos atopamos, se é que houbo algunha. - Falemos da débeda. Despois de atoparen o paquete da débeda que se atoparon contraron no clube, ¿cómo conseguiron ordeala e pagar puntualmente os salarios, os prazos, etc…? -O comezo foi moi duro. Cando chegamos e fomos a xogar a Murcia atopamos un clube no que todo estaba embargado e con cero euros nas contas. Pode imaxinarse a situación. Pouco a pouco fomos reconducindo a situación. Primeiro con Facenda e cos bancos. Empezamos a ter un pouco de marxe. Pronto asinamos o acordo singular. E fomos saíndo adiante. Pouco a pouco foron aumentando os ingresos. Houbo unha evolución positiva dos dereitos de televisión, sobre todo, esta temporada, coa venda centralizada. Aumentaron os ingresos comerciais, os ingresos por patrocinios, os palcos, os ingresos por abonados e despachos de billetes, e con iso saímos pouco a pouco. Podemos presumir que agora todo o mundo cobra, os novos IVAS páganse, os IRPF´s, os impostos sobre sociedades sen bases impoñíbeis negativas a descontar, a débeda de atrás sobre a que estamos ao día, e non só iso, senón que ademais estamos adiantando cotas, todo o mundo no clube está regularizado porque atopamos traballadores que cobraban en B. Estamos moi contentos porque démoslle unha volta ao clube. Ademais, tamén montamos unha estrutura profesional que non existía. Hai un director de comunicación, un director corporativo, unha estructura da área deportiva, un director comercial, etc. Todo iso nun clima de tremenda austeridade e de eliminación de gastos innecesarios e investimentos ruinosos. - Vostedes teñen sido obxecto de crítica por anteciparen pagos a Facenda… - Pero quen critica? Non creo que esa crítica teña sido masiva. Non creo que o deportivismo lle pareza mal que anticipemos pagos a Facenda. Logo quen critica? Esa opinión creo que é marxinal… - Igual é que non explicaron que co adianto dos pagos a Facenda obteñen un beneficio, como pagar menos xuros… - Home, desde logo inflúe. Efectivamente, pagando cantidades anticipadas páganse menos xuros. Pero, ademais, damos unha imaxe de seriedade á Axencia Tributaria e, por extensión, unha mensaxe ao resto de acreedores no sentido de que este clube ten cambiado. E, desta maneira, estamos desfacendo o problema, na medida na que podemos. - Vostedes cren que os afeccionados reparan na trascendencia do que están conseguindo coa xestión económica ou este tema é secundario para eles porque o que se quere ver na bancada é o fútbol? - Eu non estou dacordo. É certo que isto é fútbol e aos afeccionados o que máis lles interesa é o comportamento do equipo no céspede. Pero persoalmente atopeime cunha porcentaxe moi pero que moi significativa de afeccionados aos que a situación económica lles preocupa de verdade. Comprenden a situación e interésalles verdadeiramente na medida en que é preocupante. Existe máis conciencia do que eu mesmo imaxinaba cando comecei como directivo e das limitacións que esta situación supón na xestión, sobre todo, á hora de facer un cadro de xogadores competitivo. - Un feito de especial relevancia, que posiblemente non foi explicado co interese que merecía, foi o logro de ter conseguido o cambio dun Real Decreto (era o da lei concursal) que lles permitiu solventar un asunto tributario que podería ter comprometido as contas dese exercicio. ¿Cómo foi ese traballo de enxeñería xurídica que puxeron en marcha? - Este asunto tiña que ver coa quita que se aprobou no concurso. Para Facenda a porcentaxe da quita é un beneficio que coa lei na man de entón é imputábel ao exercicio fiscal do ano no que se aproba o concurso. O efecto financeiro da espera e a quita orixinaba un beneficio absolutamente ficticio. Estamos falando de máis de 30 millóns de euros de beneficio ficticio. O imposto de sociedades correspondente eran 10,8 millóns de euros. Ese ano que chegamos a normativa contable contemplaba a quita como un ingreso do exercicio, pero ao mesmo tempo, ese mesmo ano houbo unha modificación da lei concursal para que o imposto que se derivaba da quita e da espera puidera pagarse ao longo do periodo concursal. O problema é que a contabilidade do Deportivo pecha o seu exercicio a 30 de xuño. E esa norma no lle afectaba, porque a modificación aprobouse para as empresas que comezaban o seu exercicio fiscal o 1 de xaneiro. O Deportivo comeza o exercicio contable o 1 de xullo. Iso era dunha inxustiza tremenda. Fomos a onde se nos puido escoitar e atendéronos. Como a lei estaba aínda no pleno proceso lexislativo puidemos explicarnos e que se tramitase unha enmenda para resolver esta inxusta incoherencia. Desa maneira, puidemos librarnos de ter que pagar esos 10,8 millóns de euros nun só exercicio. Ímolos pagar, pero ao longo de todo o periodo concursal, como o resto das sociedades concursadas. - Cando vostede di… estaba en pleno proceso lexislativo… non está dicindo que o reto era conseguir que o Senado, en votación, aprobase unha pequena matización que aparece nunha disposición final no novo texto lexislativo, que contemplaba un cambio tan significativo como que se lles deu un respiro económico ante Facenda moi importante. - Xa, pero que ninguén pense que houbo algo raro. Seguramente o lexislador non caeu daquela cando redactou o texto orixinal, porque as empresas que teñen exercicio fiscal partido e que estaban en fase de concurso ese ano, son mínimas. Nós só intentamos facer ver que era inxusto e levantamos a voz para que se desen de conta. E, claro, como a lei se estaba tramitando, conseguimos que todas esas persoas que tiñan que decidir [aínda que o entrevistado non o confesa, esas persoas eran os senadores] comprenderon a situación inxusta que se estaba xerando. - Pero tiñan que facelo, argumentando para que os senadores reparasen niso. A peculiaridade de aquel movemento que vostedes lograron realizar é que, posiblemente, o único beneficiado do cambio no texto era o Deportivo. - Efectivamente. Descoñezo se había algún caso máis, pero que saibamos non o había. - As cousas estábanse aparentemente a encamiñar e vai e… chega unha sentenza do Tribunal Supremo e volve poñerse todo patas arriba. Senten de novo o perigo da desaparición do clube con este fallo? - Non, en absoluto. Ese fallo é un varapau. Non o podemos negar. Supón que unha cantidade que estaba considerada como débeda subordinada, e polo tanto, que había que pagar en cómodos prazos e cunha quita de 33% pasou a ser privilexiada. A débeda agora é maior e hai que pagala en menos tempo. O problema incrementouse de forma sustancial. Pero desa sentenza aínda temos que discutir cousas. Hai solucións que estamos estudando. Unhas están relacionadas coa execución e a comprensión da sentenza. Cremos que pode haber dúbidas que sería ben esclarecer. É posíbel que, aínda que a sentenza sexa firme, haxa procedementos que teñen que ficar máis claros. De todas maneiras, temos que buscar a forma de entendernos coa Axencia Tributaria e ver como queda o convenio a partir daquí. E, por último, ver outras solucións de financiación. Pero en absoluto nos plantexamos que o clube vaia desaparecer como consecuencia desta sentenza. Son optimista e o máis optimista é o Presidente que xa fixo declaracións ao respecto neste sentido. Pero, ollo, este optimismo non pode nin debe interpretarse de manera frívola. Non imos sacar ningún coello da sombreiro, en calquera momento. Isto non é así de sinxelo. O Deportivo, hai que lembralo, está en causa de disolución porque ten un patrimonio negativo que é moi importante. Ese patrimonio negativo é agora de menos de 80 millón de euros. Pero se incumprimos os convenios concursais entón si que pode haber problemas de viabilidade. A situación é grave, pero non de hoxe, ou como consecuencia da sentenza que acabamos de coñecer. Xa viña grave desde atrás. Vamos facer todo o esforzo do mundo para saír adiante. E estou seguro que imos saír. Pero non se pode dubidar que a situación é difícil. Hai un estudo que se publicou recentemente no que se reflectiu que o Deportivo é un dos principais debedores. En absoluto nos plantexamos que o clube vaia desaparecer como consecuencia da sentenza do Tribunal Supremo E onde están situados eses debedores? Ou ben son clubes que teñen unha capacidade de xerar ingresos moi grande e,polo tanto, non sofren ese problema como o que está tendo o Deportivo ou ben son clubes que están en Segunda División con gravísimas dificultades económicas e, loxicamente, tamén deportivas. O reto do club non é a liquidez. Se seguimos en Primeira División non vai haber ningún problema. O reto é conseguir estar en Primeira nas condicións competitivas axeitadas. E hoxe hai un marco para competir. Os clubes estamos practicamente intervidos e ninguén pode gastar máis do que determina o seu límite salarial. O problema do límite salarial neste momento -se non conseguimos solventar e aclarar antes de que empece a próxima Liga todo o relativo ao fallo do Tribunal Supremo- aínda será máis grave. Porque seguimos adicando o tempo a traballar en solucións, pero tampouco nos pillou por sorpresa. Pero non todo está feito e hai que traballar con coidado porque é un tema moi complexo. En cualquera caso, coincidimos plenamente na mensaxe optimista que atopamos. Buscar unha solución axeitada para seguir adiante. - Que chegasen persoas con experiencia empresarial foi fundamental para cambiar o rumbo do Deportivo? -O fútbol mudou moito. Hoxe en día a parte empresarial do fútbol é moi importante e cada vez máis. Dispoñer dunha estrutura de empresa, tanto desde o punto de vista comercial, como do marketing, como da xestión financeira, como de todo tipo de estrutura organizativa que permita sacar o clube adiante con profesionalidade, ten unha importancia que, se cadra hai 20/30 anos non tiña. Os clubes están intervidos porque houbo uns procesos de endebedamento moi grande. Loxicamente comeza a estar mal visto na sociedade que os clubes teñan débedas coas administracións públicas, dada a crise que temos pasado, e agora estamos nunha situación que a normativa da Liga non contempla a alternativa de non pagar. Agora xa non se pode non pagar ou financiar non pagando. Para arrancar na Primeira División, desde o primeiro minuto de competición, o que se che pide é un certificado de estar ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social. Sen iso non podes competir en Primeira. Sen iso, lánzante á cuneta como sucedeu co Elxe ou como estivo a piques de suceder con algún outro clube. Non podes ter débedas con futbolistas a 31 de xullo. Pouco a pouco se deron circunstancias que fai imposible estar na elite se non cumpres cos requisitos económicos e financeiros básicos. - Vostede dixo antes que o afeccionado non espere que vaian sacar coellos do chapeu. Na campaña electoral un candidato falou dun \"merlo branco\". O caso é que na Coruña hai cabalos brancos, pero ningún saíu ao galope por Riazor. Por que ninguén foi capaz de facelo galopar? - A verdade é que non o sei. No que nos temos que centrar nós é en resolver a situación que nos temos atopado. Hai unha parte envexábel do clube. Que a sociedade é dos seus afeccionados. É o clube que ten máis accionistas de toda a Primeira División. Como consecuencia da ampliación de capital social agora temos 25.333 accionistas, que son propietarios do clube e ningún deles cunha porcentaxe significativa. Iso é un valor importante e que foi reforzado na última ampliación. Sería moi bonito que isto siga sendo posible, malia que poida haber cabalos brancos. De todos xeitos, lóxicamente, nun caso de situación extrema habería que agarrarse a ese modelo. Pero non é o modelo que queremos ou que nos entusiasme. Defendemos o modelo da multipropiedade porque é tremendamente ilusionante e a nosa afección está convencida de seguir con el, como se amosou na recente ampliación. Isto non é así de sinxelo. O Deportivo, hai que lembralo, está en causa de disolución porque ten un patrimonio negativo que é moi importante. Ese patrimonio negativo é agora de menos 80 millón de euros - Ou sexa que o Deportivo pode tirar adiante sen un cabalo branco… -Ese é o desexo. A ampliación do capital social fíxose sen ningún cabalo branco xa que se puxo un límite de accións que antes non existía. Non podemos garantir como vai ser o futuro dentro de 10 anos, pero do que estamos seguros é que o Deportivo será o que os accionistas queiran e son moitos. Para facer outra ampliación de capital con outras bases primeiro terá que aprobarse na Xunta de Accionistas. -Voulllo dicir doutro xeito… Outros clubes xa venderon o nome do seu estadio a unha marca comercial. Aquí na Coruña o ruxe ruxe apuntaba sempre a nomes de marcas comerciais estranxeiras ou alleas á cidade. E por que non pode ser Zara-Riazor, por exemplo? - Pero imos ver… isto xa é falar doutra cousa. Iso é explotar o nome comercial do estadio. Nós estaríamos encantados porque sería un recurso importante para o clube contar con esa comercialización. Neste momento non hai nada ao respecto de ningunha compañía nin galega nin española, nin estranxeira. - Sigo tirando pedras por esta banda. O estadio de Riazor podería albergar un centro comercial en parte dos seus baixos? - Buff. Pois iso é algo moi complexo. Pero xa temos a Dépor Tenda. Aí tamén pensabamos construír o museo do Deportivo, onde estaba o ximnasio. Polo tanto, a explotación existe xa. Se falamos de cousas máis complexas creo que non é o momento porque xa temos bastantes necesidades prioritarias e habería que contar coa opinión do Concello, claro. - Falamos moito da situación financeira e pouco de fútbol. ¿Vostedes son capaces de gozar do fútbol? - (Ri). É que eu son do Deportivo. Ser do Deportivo implica moitas cousas. A primeira vez que fun a Riazor tiña catro anos. Implica que vivín toda a historia do Deportivo moi en directo. Meu pai é o socio número 20 do Deportivo. Meu tío xogou no Deportivo. É dicir, para min o Deportivo é como a miña vida, se se refire ao meu caso persoal. Supoño que os meus compañeiros de Consello terían unha historia diferente pero vai ser máis do mesmo que no meu caso. Así que… gozamos do fútbol? É que para nós é unha paixón! Nós non temos abandonado a bancada. Estamos no palco porque é a nosa obriga representar institucionalmente o Deportivo. Pero realmente somos parte da afección porque levamos toda a vida aí co resto de afeccionados. Nós non viñemos dun país do alén. Sentímonos parte da bancada. Loxicamente no palco sofres máis porque por respecto non podes exteriorizar as emocións e sofres porque te sintes máis responsábel de todo o que sucede, aínda que nese momento non poidas facer nada. Realmente para min é un orgullo ser conselleiro do Deportivo. Creo que imos ser capaces de sacar isto adiante. É entrañábel entre as miñas vivencias ter esta parte da miña vida enfocada ao servizo do Deportivo. - Pero é que vostedes están sentados encima dunha débeda de 100 millóns de euros… A débeda déixalles ver a pelota? - Home, non podes estar pensando todos os días e a todas horas nos 100 millóns, pero claro é certo que se veñen á cabeza moitas veces. - Lendoiro dixo nunha ocasión que estar sentado na cadeira de presidente do Deportivo era como estar sentado na cadeira eléctrica. Vostede non é o presidente pero… chega esa electricidade ao resto de asentos do Consello? - Non sei se é eléctrica ou de outro tipo, pero síntese. É moito máis cómodo o meu asento na bancada de Tribuna desde o punto de vista da electricidade. - E pensaron algunha vez en abandonar o barco? - Pois home, pasamos por situacións moi complicadas. Deportivas, sociais, económicas… e algún día de enfado acaba vindo á cabeza. Pero nós comprometémonos estar estes cinco anos e ímolos cumprir sexa como sexa. Ademais xa nos ten pasado de todo e xa non nos pode pasar nada máis. Só poden pasarnos cousas boas. - Tino Fernández dixo que estaría disposto a estar outros cinco anos máis, non? - O que dixo exactamente é que o verán anterior ás elecciones, en 2018, decidiría. Díxoo por el, non polos demáis, que neste momento diría que si, pero iso non está decidido e non está falado. Teñen que darse aínda moitas situacións. A primeira e máis importante é o apoio dos accionistas, claro. - Dá a impresión de que sen este Consello sería moi difícil pilotar a nave. É así? - Todos somos necesarios. Ninguén é imprescindíbel. Nalgún momento aparecerán persoas que sexan competentes. Seguro que as hai e mellores, non imos ser só nós. Non sei o que vai pasar no futuro. O noso programa está cumprido nunha porcentaxe alta. Este tema da sentenza do Tribunal Supremo veunos a contra pé porque pensabamos que poderíamos solucionar o tema da débeda nun espazo de tempo máis reducido que o que vai ser. Pero tanto ten. Modernizamos o clube, creamos o equipo feminino, profesionalizamos as estruturas, mantemos o equipo en Primeira División, imos reducindo a débeda, e fomos configurando unha estrutura para poder levar a situación adiante, como temos feito. Creo que o imos conseguir e nos vai encher de orgullo. Outra cousa é que nós sigamos ou non, e se se presenta alguén sería sempre coa opinión dos accionistas. Nun clube onde hai máis de 25000 personas opinando imaxínese o que pode dicirse. E no caso de que o presidente queira seguir haberá que ver se quere seguir contando conmigo. - Se cadra xa respondeu esta pregunta, pero téñolla que facer de todos os xeitos. Cal é a herdanza que van deixar? - Pois en xaneiro de 2019 é cando se cumpren os cinco anos do noso mandato, creo que, malia o varapau do Tribunal Supremo, imos ter un clube moito máis solvente, cunha débeda moito máis reducida, máis patrimonializado, tanto no equipo como en patrimonio de outro tipo. Cando chegamos había un montón de xogadores cedidos. Agora, pouco a pouco, temos xogadores propios. E sobre todo, creamos unha estrutura profesional. Sen dúbida, é unha aportación moi importante. Profesionalizamos a xestión tanto do punto de vista empresarial como desde a área deportiva. Iso vai dar os seus froitos e han ser moi visíbeis. É o clube que ten máis accionistas de toda a Primeira División. Como consecuencia da ampliación de capital social agora temos 25.333 accionistas Tamén espero que deixemos unha herdanza de transparencia. Rozamos o sobresaínte na clasificación de transparencia dos 42 clubes da Liga. Melloramos a calidade democrática nas nosas relacións con medios e institucións. Aspiramos a deixar as relacións con todos ao máximo nivel, con independencia de que, no caso dos medios, unhas veces gústanos o que escriben e outras non tanto porque así é a democracia. Tratamos igual a todos, discrepe máis discrepe menos, e no caso das institucións defenderemos sempre o interese do Deportivo ao máximo, pero sempre con bon ton e con vontade de asinar acordos. Tamén me gustaría destacar a calidade democrática das Xuntas de Accionistas. O interesante e voluminoso dossier que está a disposición dos mesmos sobre as contas, informe de xestión, orzamentos…, etc. A existencia por fin de tres urnas para votar sen facer interpretacións presuntas favorábeis, etc. - O límite salarial é o maior problema que teñen agora entre mans? Máis que a débeda? - Si. Si. Esquecémonos do límite salarial, co tema da débeda, mentras esteamos en Primeira División, do punto de vista da liquidez non imos ter problema ningún. O problema realmente é manterse en Primeira en condiciones competitivas complexas. Ese é o reto. Buscar unha fórmula para a estructuración e o pagamento da débeda e que non nos lastre tanto o límite salarial temporada a temporada. Hai que ter en conta que a marxe que temos é moi pequena. A débeda do Dépor, en relación aos recursos ordinarios que xenra cada clube, agora mesmo é a segunda máis importante de Primera División. O clube que ten a maior débeda de Primeira División ten unha sorte que nós non temos porque eles non lle deben case nada a Facenda e si a unha entidade financeira. Ter unha débeda tan gorda como a que temos con Facenda é un lastre enorme por moitos motivos. Eles teñen un taxímetro de recargos e xuros que foi o que provocou que se disparase o problema no Deportivo, como recoñece a propia sentencia do Tribunal Supremo. Só un tercio da débeda son recargos e xuros que lle debemos a Facenda. Se a pagásemos no seu prazo non a teríamos agora. No é o mesmo deber á Axencia Tributaria porque está moito máis limitada pola normativa e pola súa condición de administración pública á hora de alcanzar acordos. Moito máis que se un é debedor dun banco ou doutro tipo de acreedores. - De non haber débeda que ten o clube con Facenda nestos momentos, cal sería o límite salarial para o primeiro equipo? - Pois tendo en conta que temos máis de 26.000 socios, que temos unha marca importante, temos unha asistencia media ao estadio moi considerábel, que temos un gran peso do punto de vista dos seguimentos televisivos, creo que sería moi superior e estaríamos nunha zona media e tirando máis ben para arriba. Seguro. Con débeda cero podemos chegar a ese estado. - E con débeda cero os obxectivos deste Consello de Administración sería conseguir algún título deportivo? - Buffff (ri). Estamos falando en termos de futuro. Nós non nos poñemos límites. Aspiramos a que o Deportivo estea sen débeda un día. E aspiramos a voltar arriba na clasificación, a voltar a Europa e a estar competindo. Sabemos que cada vez é máis difícil porque un modesto competindo por un título é complicado, pero estaremos aí. Non renunciaremos a nada. Ilusiónanos voltar a aqueles anos de gloria. Confío que se non é con nós no Consello, vai ser con outro equipo directivo, pero voltaremos a gañar títulos e eu vouno ver. Se non é no Consello vai ser na bancada. -Parafraseando ao xogador do Fútbol Club Barcelona Josep Piqué, coa Copa comezou todo, non…? - Comezou moito antes que coa Copa. Fixéronse moitas cousas ben antes de facernos co primeiro título. A época dos títulos vén porque antes, durante varios anos, fixéronse moitas cousas moi ben. A época das penurias tamén veñen porque antes, durante varios anos, se fixeron moitas cousas moi mal. - Para ir rematando. Cal foi o peor momento deste Consello ata este momento? - Os tristísimos acontecementos de Madrid nos arredores do Vicente Calderón e os meses posteriores a este suceso. E tamén aos seus coletazos que aínda duran hoxe porque segue sen esclarecerse o asasinato e o arquivo da causa foi un pau para o deportivismo. Foi o máis duro, o más triste e o máis complexo que tivemos que soportar, pero non só o Consello de Administración, senón todo o deportivismo. A época dos títulos vén porque antes, durante varios anos, fixéronse moitas cousas moi ben. A época das penurias tamén veñen porque antes, durante varios anos, se fixeron moitas cousas moi mal - E o mellor? - Quizais diría que o ascenso á Primeira División, que se produciu o primeiro ano que entramos. Foi unha grande alegría porque a viabilidade do clube en Primeira é total. En Segunda, o problema de endebedamento ía ser moito máis complexo. O ascenso foi unha fonte de alegría. E conseguir os seguintes obxectivos de nos mantermos en Primeira tamén foi moi importante. Tal como funciona o fútbol, o único realmente importante é estar en Primeira División e, no caso do Deportivo, máis. O demáis xa irá chegando. Non vou dicir que cada ano que consigamos unha permanencia fagamos unha festa estruendosa porque é o obxectivo mínimo que hai que conseguir. Pero debemos de alegrarnos moito. E debemos celebralo dalgunha forma. Non é para botar foguetes nin ir a Catro Camiños, pero é tan básico, e tan fundamental, que temos que estar moi contentos. O peor momento deste Consello? Os tristísimos acontecementos de Madrid nos arredores do Vicente Calderón [o asasinato de Jimmy] e os meses posteriores a este suceso - Se houbo algún atisbo ou posibilidade de fenda social, como co que puido derivarse do comunicado de Lendoiro da semana pasada, esa fenda xa está tapoada? - Pero… de que me fala? Non vexo ningunha fenda por ningures. Vexo que hai opinións diferentes no deportivismo. Xente que lle gusta máis o adestrador, outros menos. Persoas que prefiren un xogador, outros que non, e haberá a quen lle guste moito o Presidente e o Consello e outros que pouco. Pero con independencia das opinións eu vexo que todo o mundo se enchufa o Deportivo, que ten máis abonados que nunca nos últimos anos, que ten apoio televisivo e de asistencia de público en Riazor, malia que nos coincidiron moitos partidos no medio da semana, que tamén xa foi desgraza do sorteo, pero no hai dúbida que hai unhas bases mínimas de unidade no deportivismo e que está moi enchufado para saír adiante. Hai moitísima xente, a inmensa maioría, que isto o ve claro. Outra cousa é que haxa diversidade de opinións. Iso está dentro do marco do fútbol. Non percibin ningunha fenda. Ao contrario, o que se percibe é o apoio de 99,5% do deportivismo como se evidenciou na última Xunta de Accionistas. Na foto do palco do Deportivo Enrique Calvete é o primeiro pola direita. As imaxes que acompañan esta entrevista son da autoría do equipo de comunicación do Deportivo."}
{"ID": "NOS_32978", "summary": "A Deputación de Pontevedra salienta o \"escandaloso\" repartimento de fondos públicos a través de convenios, dos que en 2021 \"77 foron para concellos do PP, quince do PSOE, catro do BNG e dous independentes\".", "text": "A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, criticaron esta sexta feira a \"intolerábel\" discrecionalidade da Xunta da Galiza para \"beneficiar de maneira partidista\" aos municipios gobernados polo Partido Popular. En rolda de prensa, Silva e Mosquera sinalaron que a Deputación \"reparte fondos xustos con criterios obxectivos\", unha forma de gobernar que, afirmaron, tiveron clara \"desde hai sete anos\" e \"así\" continuarán. \"Queremos denunciar a forma de actuar da Xunta porque é intolerábel\", recriminaron. Así, puxeron como exemplo o Plan ReacPon da Deputación, \"un plan extraordinario para que os concellos puidesen realizar os seus soños\", co que se asinaron 47 convenios \"con todos os municipios que cumprían coas bases\" para executar proxectos \"maduros\" que levar a cabo de forma inmediata. \"Este procedemento contrasta co da Xunta\", indicou Carmela Silva, \"que está a asinar convenios a dedo e atendendo á cor política\". Segundo expuxo, os datos obtidos na páxina de Transparencia da Xunta reflicten que o Goberno galego asinou 98 convenios en 2021, dos que 77 foron con concellos do PP, quince do PSdeG, catro do BNG e dous independentes. A contía total destes convenios ascende a 29 millóns de euros, \"dos cales 72% dos foron a parar a municipios do PP\". Gasto por habitante Segundo informou Silva, o gasto total por habitante realizado pola Deputación de Pontevedra na provincia foi de 56,7 euros naqueles municipios gobernados polo PSdeG, 67,6 euros nos do PP, 54,4 euros nos do BNG e 98,8 euros nos que teñen gobernos independentes. Fronte a isto, o gasto por habitante dos convenios asinados pola Xunta \"é un escándalo\", profundou a presidenta da Deputación, con 110 euros nos do PP; 14 euros nos do PSdeG e menos de dous euros nos do BNG e independentes. Ademais, salientou que nesta circunscrición \"hai 22 municipios cos que a Xunta non asinou nin un só convenio en todo o ano\" e que están gobernados por partidos que non son o PP, denunciou. Segundo enumerou Carmela Silva facéndose eco dos datos da Xunta, por consellarías: a de Presidencia ten 13 convenios con municipios en vigor, \"todos do Partido Popular\"; a Vicepresidencia Primeira, \"a través da Axencia Galega de Turismo repartiu 11 convenios en municipios do PP\"; a Vicepresidencia Segunda \"só ten un convenio, con Valga, do PP\"; en Medio Ambiente \"o seu convenio estrela é a construción dun auditorio en Marín (PP)\" e na última convocatoria de \"convenios de medianoite\" adxudicaron axudas a seis concellos do PP e un do PSdeG. Infraestruturas ten tres convenios publicados na páxina de Transparencia, \"e os tres son do PP\", e Augas de Galiza ten seis convenios con outros tantos municipios do PP. A Consellaría de Cultura ten oito convenios en vigor, dos que seis son con concellos gobernados polo PP. A Xunta reparte varios millóns en convenios cos medios sen convocatoria pública Sanidade, dous convenios, os dous do PP, igual que sucede con Política Social e a Consellaría do Mar, a través de Portos da Galiza. Aliás, Medio Rural ten 12 convenios dun total de 15 destinados a municipios do PP. En Educación, o último colexio construído foi en Sanxenxo (PP) e o último instituto en Soutomaior (PP). A exposición de datos foi máis extensa até concluír co investimento regrado dos orzamentos da Xunta que \"leva sen tocarse desde 2009\"; con todo, destacou Carmela Silva que a cantidade destinada aos convenios \"medra cada ano\". \"Prefíreno porque é a fórmula para financiar os municipois do PP\", alertou, mentres que ás alcaldías \"doutras cores\" pídenlles financiamento \"e exixen que a Deputación de Pontevedra poña o 50%\". Á luz destes datos, César Mosquera sentenciou que este \"uso absolutamente partidista e arbitrario\" do diñeiro público por parte da Xunta \"parece un castigo se non votas ao PP\". O vicepresidente da Deputación considerou que \"a Xunta vai radicalmente a peor\" con \"estas prácticas denigrantes para a democracia\" e que describe como \"caciqueo\", polo que pediu que, \"agora que marcha Feixoo, oxalá a administración cambie a súa forma de actuar\"."}
{"ID": "PRAZA_1948", "summary": "O peche da Segunda Guerra mundial tivo lugar o 2 de setembro do 1945. Polo medio, bombas atómicas, cidades desaparecidas e o horror dos campos de traballo alemáns. Houbo uns mil galegos nos campos alemáns, dos que 200 morreron.", "text": "Hitler suicidouse o 31 de abril de 1945. Parte das tropas aliadas xa gañaban posicións en Europa e os rusos estaban ás portas de Berlín. Por que non rematou o conflicto ata setembro dese mesmo ano? Tras o suicidio do dictador, sucedeuno, durante tan só un día, pois suicidouse coa súa familia, o famoso ministro de propaganda Joseph Goebbels. A rendición tivo lugar o 7 de maio de 1945, a mans do último presidente da Alemaña nazi, Karl Dönitz, que capitulou ante os americanos. A Alemaña de Hitler xa estaba fóra de combate, quen quedaba? Xapón. Os americanos levaban traballando varios anos na creación da bomba atómica, e cando xa conseguiron que fose unha realidade, os seus plans de usala, non mudaron. En vez de Alemaña, o destino foi Xapón. O 6 de agosto de 1945 o Enola Gay, guindou a primeira das bombas atómicas sobre Hiroshima. Malia os 70.000 mortos e outros tantos feridos, Xapón non se rendeu e Truman proseguiu coa súa mortal ofensiva. O 9 de agosto lanzouse a segunda bomba, desta volta sobre Nagasaki. No ataque faleceron 80.000 persoas. O 15 de agosto o emperador xaponés Hirohito anunciou publicamente a súa rendición e a capitulación asinous nun acoirazado estadounidense. A capitulación oficial asinouse o 2 de setembro do 1945, seis anos e un día despois de que o conflito mundial máis mortífero comezase. Os macabros descubrimentos Conforme os aliados ían gañando posicións foron descubrindo os horrores dos campos de concentración da Alemaña nazi. Estes cumprían unha función de detención e traballo forzoso, pero nunha segunda fase, apareceron os campos de exterminio, que eran fábricas de morte, con gas e fusilamentos. O primeiro foi Chelmno, que se abriu no Warthegau, a parte de Polonia anexada a Alemaña. O campo de exterminio máis grande era Auschwitz-Birkenau, en Polonia, que para a primaveira de 1943, operaba con catro cámaras de gas. Malia a ser un dos primeiros campos en ser instalado, no 1939, e un dos últimos en ser liberado, no 1945, Ravensbrück é un dos campos máis descoñecido. Se Auschwitz foi a capital do crime contra os xudíos, Ravensbrück, foi a das mulleres. Nel leváronse a cabo crimes de xénero, como abortos forzosos, esterilizacións ou prostitución forzada. Para alí leváronse parte das cámaras desmanteladas en Auschwitz e morreron, na última exterminación masiva nazi, unhas 6.000 mulleres. Os galegos dos campos nazis O historiador Enrique Barrera, co seu libro Galegos en Mauthausen, calcula que foron uns mil galegos aos campos alemáns, dos que morreron 200. Xa non quedan supervivintes. O último deles finou en Teis sen que ninguén tivese a ocorrencia de facerlle unha entrevista. Para recuperar historias persoais, Barrera repasou arquivos de Mauthausen, nos que os nazis apuntaban o sitio e data de nacemento de cada recluso, e asignábanlles un número de identificación. Tamén abriu rexistros municipais e levou a cabo unha ampla tarefa de campo. Foron uns mil galegos aos campos alemáns, dos que morreron 200 Das persoas que Barrera rescata do esquecemento destaca, se cadra, a de Víctor Manuel, de Ares. Era suboficial da Marina no bando republicano. Cando Franco acadou o poder, marchou a Francia para salvar a vida e, como moitos outros, foi internado nun campo de refuxiados. Ao comezo da II Guerra Mundial, reclutárono para unha compañía de traballadores estranxeiros, que facía tarefas de apoio ao exército francés. O goberno francés rendeuse cando os nazis romperon a Liña Maginot e as autoridades alemanas e españolas acordaron enviar uns 9.000 republicanos a campos de exterminio. Víctor Manuel sobreviviu en Mauthausen a base de carapelas e patacas crúas e grazas a unha \"medio moza\", filla dun proveedor que lle daba comida a escondidas, segundo lle relatou a un dos seus sobriños no 1962. O goberno francés rendeuse cando os nazis romperon a Liña Maginot e as autoridades alemanas e españolas acordaron enviar uns 9.000 republicanos a campos de exterminio Como se menciona ao comezo do artigo, nos campos de presos non existía un programa de asasinato masivo. Alí aproveitaban a forza de traballo dos reclusos e dábanlles a mínima comida ata que o deterioro lles impedía traballar máis. Daquela, matábanos e incinerábanos en fornos crematorios. Precisamente, nun destes traballou Víctor. Outros presos, enfermos físicos ou mentais acababan no Castelo de Hartheim onde os sometían a experimentos científicos e logo gaseábanos. Varios galegos tamén figuran nos rexistros de Hartheim. Varios galegos figuran nos rexistros do Castelo de Hartheim, onde os sometían a experimentos científicos para logo gasealos Cando saíu do campo, Víctor Manuel precisou varios anos para paliar a severa desnutrición. Volveu a Francia onde, tras a guerra, os nomes dos españois liberados poñíanse nas igrexas, por se alguén quería reclamalos. Preto de Montpellier había unha comunidade de exiliados do seu mesmo municipio. Cando viron o seu nome contactaron con el e trasladouse canda eles. Traballou como mestre de obras e promotor inmobiliario e casou cunha española exiliada. Jesús Morgade Feal só tiña 21 anos cando embarcou nun pesqueiro rumbo á costa gala. Conseguiu chegar a América pero, á súa volta, os alemáns collérono e foi deportado a Mauthausen e despois trasladado a Gusen. Sobreviviu e foi liberado en maio do 1945. Mellor sorte tivo Marcelino Pardal, afiliado á CNT, que xogara no Racing de Ferrol. Cando os nazis viron a súa destreza, alistárono no equipo del campo. As SS organizaban partidos entre os distintos campos, por motivos propagandísticos ou de simple entretemento, e os presos que xogaban adoitaban estar en mellores condicións que o resto. Son só tres nomes de todos os que pasaron polo macabro xogo dos nazis coa vida humana. En Ares, un monumento conmemorativo recorda aos galegos que tamén tiveron unha tirada (en ocasións definitiva) en tan tráxica partida. Falta a placa en Auschwitz, onde xa están colocadas outras de diversas comunidades autónomas. Porque a memoria é o único xeito de restituír a dignidade."}
{"ID": "NOS_40074", "summary": "O conflito pola supervivencia que viven as plantas galegas de Alcoa foi un dos protagonistas deste Primeiro de Maio. O presidente do comité de empresa da Coruña, Juan Carlos López Corbacho, aproveitou a celebración da Clase Obreira para lembrar ao Goberno de Pedro Sánchez que \"debe cumprir os seus compromisos\".", "text": "\"O Goberno ten máis forza que antes\", explicou, \"o baúl das promesas está cheo. Non confíamos en ningún político, xa nos enganaron moitas veces, pero seguiremos presionando con mobilizacións\". Corbacho amén indicou que o vindeiro 6 de maio, a mesa estatal para tratar do futuro de Alcoa reunirase en Madrid. Antes das eleccións do pasado domingo, en que o PSOE foi o partido máis votado, o presidente Pedro Sánchez comprometeuse a buscar solucións para Alcoa na Coruña. É por iso que Corbacho esixiu \"o cumprimento\" desas promesas para \"garantir a continuidade das factorías ameazadas co peche\"."}
{"ID": "NOS_18317", "summary": "Asi llo fixo saber esta sexta feira ao grupo municipal do BNG após admitir a trámite o escrito enviado pol@s nacionalistas o pasado mes de xaneiro. O caso Someso custoulle ás arcas do concello da Coruña arredor de 40 millóns de euros. O principal responsábel político é o ex alcalde, Francisco Vázquez.", "text": "O Tribunal de Contas acaba de admitir a trámite o escrito enviado polo grupo municipal do BNG ao Tribunal de Contas en relación ao escándalo Someso. Faino xusto no mesmo día en que a fiscalía anunciou que non é competente para investigar o informe sobre o caso que lle trasladou o concello da Coruña. O informe, elaborado por dúas funcionarias do concello, non determinaba ningunha responsabilidade individual nin entre os funcionarios nin entre os membros do goberno municipal, mas si determinaba con absoluta clareza que o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, foi quen supervisou de forma directa o asunto. O escándalo Someso -a expropriación de terrenos na entrada da cidade para a construción dun campo de fútbol que nunca chegou a realizarse, solares sobre os que se acabaría edificando un centro comercial e vivendas- acarretou perdas para o patrimonio municipal na contorna dos 40 millóns de euros. Entre os beneficiarios da pelotada urbanística áchase o empresario da construción e chefe da patronal galega, Antonio Fontenla. Xosé Manuel Carril anunciou que o BNG se personará no caso e exixiu por escrito ao Goberno de Negreira a revisar de oficio todas as actuacións e acordos vencellados ao caso Someso Xa no mesmo momento en que o concello da Coruña anunciou por boca do seu alcalde, o popular Carlos Negreira, que ía dar traslado do informe á Fiscalía, o portavoz do BNG no Concello, Xosé Manuel Carril, agoirou que esa era unha vía morta por non ter a documentación substancia suficiente para o fiscal actuar. Carril demandou daquela que se fose ao Tribunal de Contas e ao xulgado. Os feitos danlle agora a razón. O portavoz nacionalista advertiu esta sexta feira a través dun escrito ao rexedor coruñés que de non \"revisar todas as actuacións e acordos adoptados no caso Someso\" será o propio BNG quen leve o asunto perante os tribunais. . Ao admitir o Tribunal de Contas a trámite o escrito formulado polo BNG, @s nacionalistas poderán personárense como acusación particular, cuestión que foi anunciada polo voceiro municipal do Bloque, Xose Manuel Carril. O voceiro nacionalista lembrou que nun escrito previo enviado ao Goberno de Carlos Negreira --con data do 12 de xaneiro, @s nacionalistas xa advertian que o informe municipal non tiña a consistencia suficiente para ser tomado en consideración pola fiscalía."}
{"ID": "NOS_28705", "summary": "Durante três dias celebraram-se actividades e palestras na Universidade de mão da Semana das Lusofonías", "text": "Desde a terça-feira até hoje, em diferentes locais da Faculdade de Filologia da Universidade da Corunha, teve lugar a \"Semana das Lusofonias\", um projecto que durante estes três dias fez possível que aquel que quiser pudesse entrar em contato com a língua portuguesa –e com as culturas nela veiculadas– através de actividades lúdicas e de divulgação. A AGAL colaborou activamente no evento, ministrando um ateliê \"Ops!\" para aprendizagem de português com o lançamento dos livros Guerra de Grafias, Conflito de Elites e 101 Falares com Jeito publicados recentemente sob a chancela de Através Editora. Além disso, na Semana das Lusofonias, teve lugar a projecção de várias curtas-metragens portuguesas, brasileiras, moçambicanas e um documentário. Aliás, será organizada uma feijoada na cantina, mas um seminário sobre o acordo ortográfico da língua portuguesa, a mesa redonda \"Lusofonias desde a Galiza: Brasil e Angola\" e um concerto da cantora angolana Aline Frazão. Além disso, nos dois primeiros dias decorrerão uma feira do livro e uma exposição e haverá um ponto de informação sobre cursos de português na Galiza e em Portugal. A semana esteve organizada por professores e professoras da Área de Filologia Galega e Portuguesa do Departamento de Galego-Português, Francês e Lingüística e contou com a colaboração da Universidade da Corunha, o Instituto Camões e AGAL, entre outras."}
{"ID": "PRAZA_19708", "summary": "Moveneda únese a outras formacións que denunciaron a existencia destes pagos exclusivos para o goberno local semellantes en Outes, Noia, Curtis ou Cabanas e que seguen pendentes da resolución do caso polo que se imputou sete dos nove edís do executivo da localidade pontevedresa.", "text": "A oposición en Neda tamén dubida da legalidade de dietas semellantes ás que a Xustiza investiga en Valga. Movemento Veciñal de Neda (Moveneda) solicitou xa á Secretaría do Concello e a Intervención un informe sobre a \"legalidade e os fundamentos de dereito\" nos que se basean as denominadas comisións de coordinación de delegados de área, formada polos concelleiros do goberno local, que perciben dietas pola súa asistencia a un órgano creado á marxe dos establecidos legalmente e cuxa existencia -con diferentes denominacións- ponse en dúbida xa en varios municipios galegos. Moveneda pide a Secretaría e Intervención do Concello un informe sobre a legalidade das comisións exclusivas para membros do goberno A Fiscalía vén de pedir tamén un informe sobre a legalidade destas comisións exclusivas para edís con responsabilidade de goberno en Valga, na causa pola que o xulgado de Caldas investiga sete dos nove concelleiros da localidade por presunta prevaricación e malversación de fondos. A maxistrada, a petición do Ministerio Fiscal, solicitou ao Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Pontevedra que \"emita un informe como perito sobre esta cuestión xurídica\". Pretende aclarar de vez se é legal a creación de órganos alleos aos establecidos legalmente e que os denunciantes entenden que non son posibles de non axustarse á proporcionalidade dos representantes no pleno. Ademais, pretende determinar tamén se as dietas que se establecen para os edís cumpren coa normativa. Á espera de que a sentenza do caso de Valga aclare a situación, son xa varios os concellos nos que a oposición denunciou a existencia de controvertidas comisións e polémicas dietas. Cabanas, Noia, Curtis, Outes e agora Neda. Neste último caso, a comisión de delegados está vixente desde que o ex-rexedor Ignacio Cabezón accedera á alcaldía hai dez anos con Terra Galega para logo ocupar o mesmo posto polo PP. Neste novo mandato -no que goberna un tripartito de PSdeG, BNG e Converxencia Galega con alcalde socialista- mantense a súa existencia, pero coas dietas rebaixadas con respecto ao anterior e cunha periodicidade semanal e non quincenal. As comisións de coordinación para o goberno local están vixentes desde hai dez anos en Neda Xa no pleno de organización, poucos días despois das eleccións de maio de 2015, o alcalde Ángel Alvariño, ante a pregunta de Moveneda, xustificou o mantemento desta comisión e argumentou que a coordinación das concellerías producíase neste órgano e non na xunta de goberno local porque nesta última \"non están todos os concelleiros que compoñen o goberno municipal e ostentan delegacións da alcaldía\". Na xunta de goberno están catro edís de goberno máis o alcalde, mentres que na devandita comisión acoden os seis edís do executivo e o rexedor. As xuntas de goberno celébranse todos os luns media hora antes destas comisións de coordinación. Mentres que polas primeiras non se cobran dietas, polas segundas o alcalde percibe 249 euros por asistencia, mentres que cada concelleiro cobra 167 euros. Son, en total, 1.251 euros por cada xuntanza e un gasto anual duns 60.000 euros, segundo cuantifica Moveneda. Un dos seus concelleiros, Juan Carlos Pita, lembra que estes pagos e a existencia da comisión foron referendadas no pleno pero advirte que \"non hai regulación legal que as sustente, nin tan sequera un regulamento orgánico no Concello que as aprobe\". Para esta formación, o gasto é \"excesivo\" nun municipio de pouco máis de 5.000 habitantes. Os concelleiros de goberno cobran 167 euros por cada asistencia á comisión e o alcalde, 249; o gasto anual é duns 30.000 euros Como ocorre noutros concellos con comisións semellantes, as dietas polo órgano creado á marxe dos establecidos é superior ao do resto de comisión ou ás de asistencia a pleno. Polos plenos, cada concelleiro percibe 116,4 euros, mentres que polas comisións informativas o importe ascende a 46,5. O executivo local xustifica as dietas das comisións de coordinación porque entende que non só pagan a asistencia a esas xuntanzas senón o traballo dos edís de goberno nun Concello onde non hai dedicacións exclusivas. Neste caso, ademais, e ao contrario que noutros concellos con xuntanzas semellantes, o secretario e a interventora son os que levantan acta delas. Con todo, desde Moveneda lémbrase que son reunións \"curtas e sobre temas banais\". Varios concellos con dietas semellantes Desde que se fixera pública a investigación xudicial en Valga, en varios concellos de Galicia descubriuse a existencia tamén destas polémicas comisións de coordinación, cada unha delas regulada daquela maneira e todas baixo a sombra da opacidade e a escasa transparencia. O grupo socialista de Valga insistiu varias veces en que \"non están amparadas pola lei\" e que só existen como \"sobresoldos\" dos concelleiros do goberno. A xuíza que leva o caso investiga a súa legalidade, dado que non inclúen proporcionalmente membros de todos os grupos da corporación, como si se esixe no resto de reunións establecidas legalmente. A oposición en Valga, Outes, Noia, Curtis, Cabanas e Neda pediu xa explicacións por unhas comisións que non consideran legais Desde a localidade pontevedresa, pero tamén desde outras, denúncianse os pagos pola asistencia a unhas reunións de organización \"como calquera outras\", das que non se adoitan facer públicos os seus contidos e que, cando se fan, revelan a súa brevidade, a falta de concreción e o seu considerable custo. Unha destas comisións en Valga, tomada como exemplo, durou 40 minutos segundo a acta asinada polo secretario. Tratáronse catro temas e asistiron oito concelleiros a 60 euros cada un: 480 euros. Todas celébranse á marxe das xuntas de goberno -na que unha parte do executivo xa se reúne reguladamente-, as comisións informativas e os plenos, onde a asistencia xa é retribuída pero con dietas sempre menores ás das reunións exclusivas dos concelleiros do executivo instauradas nalgúns municipios como Outes, Curtis ou Noia, onde o goberno do PP subiu un 150% o importe destas dietas tras acceder ao goberno logo dunha moción de censura. E non son os únicos: hai tan só quince días, a oposición na localidade de Cabanas denunciou dietas semellantes ás que se investigan en Valga e pedirá en pleno a súa regulación para evitar que sexan levadas ante a Fiscalía. Expertos consultados por Praza Pública dubidan moito da súa legalidade ou mesmo aseguran con contundencia que son ilegais."}
{"ID": "NOS_14435", "summary": "O co-portavoz de Anova recoñece que a formación \"pagou un prezo\" nestes dous anos de vida e apuntou a vocación da Irmandade Nacionalista de \"participar nas marés\".", "text": "O co-portavoz de Anova e o co-responsábel de Coordenación da formación, Martiño Noriega e Antón Sánchez, compareceron ante os medios para presentar a nova Permanente da Irmandade Nacionalista emanada da II Asemblea Nacional. Noriega explicou que por Anova \"non vai quedar que haxa goberno alternativo a Feijóo\" e falou da necesidade de traballar cara á \"acumulación de forzas\", se ben tamén afirmou que \"non todo val para botar a Feijóo\"\". Unha acumulación con \"outras sensibilidades\", como Podemos ou movementos da cidadanía. Esa acumulación asentaríase, dixo, nun un programa de ruptura, un programa que representa á maioría social , aos de abaixo\" e no que \"que as organizacións políticas, sexan ou non nacionalistas, respeten a auto-determinación\". Martiño Noriega aclarou, Anova \"non está para disputar un 5, un 8 ou un 10 por cento electoral senón para facer unha política diferente\". A finais de ano realizarase unha conferencia nacional sobre as municipais, se ben Noriega xa ten afirmado que en Anova hai vontade de \"participar nas marés\" mais sen \"tutelas\" dixo. O alcalde de Teo recoñeceu que estes dous anos de Anova foron \"convulsos\" e que a formación tivo que pagar un prezo \"por estar aquí\". Punto e final a \"soliloquios\" Para Martiño Noriega, é o momento de que Anova abandone \"o soliloquio\" e se \"instale nun diálogo real coa cidadanía\", en referencia ás convulsións internas que viviu a formación. Declinou entrar en valoracións sobre a marcha de Chelo Martíñez do grupo parlamentar se ben dixo que \"o tempo pon a cada quen no seu lugar\". Catalunya A respecto da consulta de Catalunya, Antón Sánchez (que estivo alí o domingo) loou todo o proceso, destacando a participación e a organización. Criticou a aqueles que atacan o proceso porque o que teñen \"é medo\" a que se rompa co réxime."}
{"ID": "PRAZA_3715", "summary": "Limita o número de asistentes e esixe evitar as apertas e bicos pero mantén as sinaturas en libros de condolencias", "text": "Limita o número de asistentes e esixe evitar as apertas e bicos pero mantén as sinaturas en libros de condolenciasA Xunta vén de publicar este xoves no Diario Oficial de Galicia un novo acordo co que segue a establecer medidas preventivas fronte ao coronavirus, desta volta no eido da sanidade mortuoria. O Goberno galego establece unha serie de condicionantes de aforo e hixiene nos velorios tanto nos tanatorios como nos domicilios particulares, onde seguen a estar permitidos, con medidas como evitar as apertas e bicos de condolencia pero mantendo as sinaturas en libros de condolencias.O acordo da Xunta establece que \"tanto en establecementos públicos, privados como no domicilio particular e con independencia de cal sexa a causa do falecemento\" deberanse cumprir as seguintes medidas: non asistirán persoas con síntomas respiratorios de calquera clase, lavar as mans antes do acceso \"así como despois de usar o libro de pésame e os servizos ou baños\", evitar a coincidencia no velorio de máis de oito persoas respectando unha distancia mínima de dous metros entre cada unha e evitar as condolencias con \"abrazos, bicos e apertas de mans\". O acordo establece que os responsables dos velorios e tanatorios deberán poñer a disposición dos usuarios solucións desinfectantes e auga xabón e toallas dun só uso nos aseos públicos, así como exhibir estas normas nun lugar ben visible. A Xunta sinala que \"será responsabilidade do titular do establecemento garantir o seu cumprimento en todo momento\" e non indica como van vixiar as autoridades estes requisitos nos velorios en domicilios. A Xunta decide \"aprazar as cerimonias de culto relixiosas ou cerimonias civís fúnebres\" e permite que ata 20 persoas integren as comitivas de acompañamentoAo tempo que permite os velorios en domicilios, a Xunta decide \"aprazar as cerimonias de culto relixiosas ou cerimonias civís fúnebres\". E se nos velorios limita a 8 persoas ao mesmo tempo o aforo máximo permitido, establece que \"as comitivas de acompañamento para a inhumación ou despedida de incineración restrinxiranse aos achegados e familiares máis próximos\" quedando \"reducidas a un máximo de 20 persoas\" que deberán gardar as mesmas medidas de separación que nos velorios.Xunto con estas medidas de cara aos asistentes aos velorios, a Xunta tamén establece que non se poderán realizar actividades de tanatopraxia senón que a única técnica de conservación permitida dos cadáveres será a refrixeración. Tampouco se poderá maquillar ou arranxar esteticamente o cadáver."}
{"ID": "NOS_33439", "summary": "A unidade territorial ordinaria para artellar as catro fases da desescalada será \"en principio\" a provincia, informou onte o presidente do Goberno estatal Pedro Sánchez. Porén, o mandatario avanzou \"que haberá excepcións\", a proposta das comunidades autónomas e coa aprobación do Ministerio de Sanidade. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, postulouse ao inicio da semana a prol de desescalar por áreas sanitarias e desde o nacionalismo pediuse tomar a comarca como referencia, atendendo á realidade do país.", "text": "Catro fases atravesará Galiza durante as próximas seis ou oito semanas até situarse na denominada \"nova normalidade\", é dicir, no momento en que se produza unha \"apertura total da actividade económica\" mantendo, iso si, a distancia física, medidas de protección e hixiénicas. Esa \"nova normalidade\" durará até que se conte cun remedio terapéutico ou coa vacina da COVID-19, dixo onte o presidente do Goberno estatal Pedro Sánchez. Cada unha das fases terá unha duración mínima de dúas semanas, xa que é o período medio de incubación da enfermidade. Así que, \"no mellor dos casos\", dixo Sánchez, o Estado chegaría á \"nova normalidade\" a finais de xuño. Agora estariamos na fase cero, dentro da cal xa se permitiron os paseos das crianzas e a previsión é que o día 2 de maio poidan saír a pasear as persoas adultas. Será a partir do día 4 cando se permita a apertura de locais con actividades individuais e cita previa, así como o adestramento individual de deportistas profesionais e federadas. Nesta fase vaise aproveitar para a sinalización de todos os locais e negocios e a preparación dos lugares abertos ao público para pasar á fase 1. Será o 11 de maio, se \"todo sae segundo o previsto\", dixo Sánchez, cando o Ministerio de Sanidade autorice a cada provincia pasar á fase 1 ou inicial. Nela, e baixo medidas de seguridade, poderán abrir o pequeno comercio, as terrazas de bares e restaurantes, sen superaren 30% da súa capacidade; hoteis e aloxamentos rurais, mais sempre cos espazos comúns fechados ao público. Haberá ademais un \"horario preferente\" para maiores de 65 anos. Retornarán á actividade nesta fase o sector pesqueiro e agroalimentar. Os lugares de culto tamén poderán abrir as portas con restricións de aforo. Logo virá a fase 2 ou intermedia. Os locais de restauración poderán dar servizo de mesas, con limitacións de aforo e gardando as distancias. Poderán abrir tamén os centros educativos só para actividades de reforzo, garantir que menores de seis anos poidan acudir a estes espazos se as proxenitoras teñen que saír da casa para traballar e para as probas da selectividade. Voltarán os cinemas e os teatros, con aforo dun terzo e separación entre as persoas. E o mesmo ocorrerá coas visitas a monumentos e salas de conferencias. Os actos culturais poderanse realizar con menos de 50 persoas e con até 400 ao ar libre, sempre que estean separadas e sentadas. Na fase 3 suavizaranse as restricións e haberá menos límites de aforo na restauración e poderase ir ás praias. Si haberá que manter a distancia física de dous metros. En todas as fases recoméndase o uso de máscaras.Sánchez anunciou que solicitará novos estados de alarma no camiño cara á \"nova normalidade\". Chegada de visitantes a segundas residencias A liberdade de movemento será dentro da propia provincia e desde a fase 1. Non se permitirá pasar dunha provincia a outra até chegar á \"nova normalidade\", salvo por razóns de traballo ou outros motivos como o falecemento dunha familiar achegada. Varios concellos da Galiza teñen núcleos importantes de segundas residencias e ao comezo da pandemia e mesmo na Semana Santa alertaron da chegada de visitantes de Madrid e outras localidades. Sobre isto, a desescalada contempla que até que ambas as provincias (a de orixe e a de destino) estean na \"nova normalidade\" non se poderá ir dunha a outra. Si pode haber movementos na mesma provincia para ir a segundas residencias desde a fase 1. Visitas a familiares En canto á visita de familiares na mesma provincia, o presidente Pedro Sánchez evitou pór unha data concreta, mais si dixo que non será posíbel facelo durante as primeiras fases, o cal choca ao si se permitir actividades como ir a unha terraza \"tomar o vermú\", tal e como aseverou o presidente. Evolución por provincias e mando único O plan de desescalada aprobado onte polo Consello de Ministras non pon datas concretas á apertura de bares, hoteis, ou praias, xa que o vincula ao avance de cada provincia a unha fase superior. Que unha provincia pase de fase, se manteña ou retroceda a unha fase anterior será unha decisión do Ministerio de Sanidade. \"O mellor son as provincias\", dixo Sánchez en referencia ao marco territorial para organizar a desescalada. Con todo, avanzou que \"deixaremos ás Comunidades Autónomas que envíen propostas e, de estaren suficientemente motivadas e de ser posíbel facelo\", o seguimento en unidades territoriais mais pequenas \"será posíbel\", anunciou o mandatario. A Xunta pode propor outras unidades territoriais Está pois en mans da Xunta propor unha desescalada que sexa coherente coa distribución poboacional galega. Nese sentido o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, xa adiantou na segunda feira que sería un mellor modelo para Galiza desescalar por áreas sanitarias. Outra proposta é a defendida polo Bloque Nacionalista Galego. A súa portavoz nacional, Ana Pontón, exixiu a Feixoo que demande unha desescalada por comarcas, atendendo así a como é a Galiza. \"A escala de referencia debe ser comarcal e distinguir a realidade rural da urbana\", propuxo Pontón. Sobre as saídas que se permitirán o 2 de maio, o Ministerio de Sanidade xa está a estudar ordenalas por franxas horarias, en bases ás peticións realizadas por Gobernos como o galego ou o catalán e nos próximos días comunicarase a decisión do Ministerio ao respecto, dixo Sánchez. A proposta trasladada pola Xunta aposta por reservar a práctica do deporte para as idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos á primeira e última hora de cada día. Os tempos comprendidos entre as 10 e as 12 horas e de 17 a 19 horas quedarían reservadas para que as persoas maiores de 70 anos saian á rúa a pasear. O resto da xornada permitiríase que as crianzas saísen acompañadas dunha adulta. Acusan a Xunta de ocultar datos da pandemia O informe diario sobre a evolución do coronavirus no Estado que publica o Ministerio de Sanidade advirte unha eiva de datos nos apartados que corresponden á Galiza. O documento emitido onte mesmo polo Ministerio sinala Galiza como a excepción entre todas as Comunidades Autónomas na comunicación de datos e faino até en dúas ocasións. A primeira é ao presentar o total de casos da COVID-19 confirmados por probas PCR por territorios e no conxunto do Estado. O informe sinala que a Xunta non achega diferenciados os casos que foron confirmados por PCR e os contaxios detectados por tests de anticorpos, polo que o Estado decidiu contabilizar ambos os dous como se fosen todos de PCR. Galiza volve ser excepción no informe do Estado cando se analiza a evolución das Unidades de Coidados Intensivos (UCI). A Xunta comunica o número total actual de pacientes que se atopan na UCI cada día, mais non informa das saídas e entradas diarias nelas. Así, o informe do Ministerio de onte sinalaba que o total de persoas ingresadas en UCI desde o inicio da pandemia (10.364 no Estado) inclúe todos os territorios salvo o galego. No apartado de novos ingresos en UCI, que vén desglosado por comunidades, a Galiza é a única que ten o cadro sen cubrir. O Sergas ademais informa dos casos activos en cada unha das sete áreas sanitarias galegas e non por comarcas ou concellos. Porén, Madrid, Euskadi e Catalunya si actualizan con frecuencia os seus datos por localidades en formato aberto e con mapas. Outras, como Murcia ou Canarias, emiten ese informe en pdf. A este respecto, o portavoz de Galicia en Común Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, denunciou onte en rolda de prensa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, \"está a ocultar datos\" sobre a incidencia da epidemia \"que son fundamentais para que as e os expertos coñezan con exactitude a gravidade da situación e para que poidan enfrontar eficazmente a emerxencia sanitaria\".\"Núñez Feixóo quéixase de que o Goberno estatal non mantén informadas as Comunidades Autçonomas, pero é mentira\", dixo Gómez-Reino, que reclamou ao presidente galego \"transparencia, cooperación e lealdade\" co Executivo español."}
{"ID": "NOS_28256", "summary": "Enfado entre @s moz@s do PSOE, que polo regulamento acordado pola formación en Ferraz non terán dereito a voto nas primarias para as municipais a pesar de que a formación presume de \"proceso aberto\".", "text": "Os afiliados ás Xuventudes Socialistas, tamén en Galiza, non poderán participar nas primarias para elixir candidat@s do partido ás eleccións municipais, xa que así se decidiu no regulamento aprobado este sábado polo Comité Federal do partido en Ferraz, co apoio de Gómez Besteiro e o PSdeG e que xa ten provocado bastante enfado nas bases máis novas, que cren que a medida nega o discurso sobre \"democracia\" e \"apertura\" que manexa a dirección, agora encabezada por Pedro Sánchez e que cada vez ofrece máis xestos de buscar acordos co PP. Segundo informaron fontes socialistas, os membros da organización xuvenil do PSOE si poderán participar nas primarias para elixir candidatos ás autonómicas, alí onde se celebren que non é o caso galego, pero non nos procesos para os concellos. Deste xeito, os mozos só poderán votar nas primarias municipais se ademais de pertencer a XX.SS están afiliados ao PSOE. O Comité Federal do PSOE apoiou este sábado a decisión da dirección de que as primarias municipais sexan exclusivas para @s militantes, mentres que no caso das autonómicas poderán ser abertas aos simpatizantes si así o deciden as direccións correspondentes."}
{"ID": "NOS_2766", "summary": "Hai 46.900 persoas activas menos que hai tres meses.", "text": "A EPA, Enquisa de Poboación Activa, toma o pulso ao impacto da crise económica e social derivada da pandemia da Covid-19. Sobe o paro e cae a ocupación e a actividade, nunha dinámica que se dá en todo o Estado español e tamén na Galiza. Aquí, en Galiza, o informe da EPA do II Trimestre sinala que se destruíron 32.600 postos de traballo desde o I Trimestre (xaneiro-marzo). A respecto do segundo trimestre de 2019 a destrución é de 48.400 empregos. Loxicamente, iso tamén repercute na cifra de persoas activas, que son agora, segundo a EPA, 46.900 menos que no anterior trimestre. De feito, a taxa de actividade en Galiza é de 51%, catro puntos por baixo da media do Estado. Un problema con consecuencias no mercado laboral. A taxa do paro é de 11,95%. Hai agora no desemprego 14.200 persoas mmenos que hai tres meses. Se comparamos co segundo trimestre de 2019, o resultado é negativo, habendo agora 2.200 parados e paradas máis que daquela. No Estado, a ocupación diminuíu en 1.074.000 postos de traballo (-5,4%). Estatística lembra que ese máis de millón de empregos perdidos entre abril e xuño non se inclúe aos afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contrato, xa que a metodoloxía EPA considéraos ocupados mentres dita suspensión sexa inferior a tres meses. Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, coas cautelas que require a avaliación desta EPA, confírmase o fracaso e a ineficacia \"das inxustas políticas económicas e laborais que está aplicando o Goberno español que teñen o seu fundamento na reforma laboral, tanto na versión imposta polo PP en 2012 como na actualización desta conforme aos acordos sociais pactados con motivo da emerxencia sanitaria da Covid19\". Subliña que calquera alternativa para encetar a recuperación e a creación de postos de traballo e garantir uns ingresos salariais dignos pasa pola derrogación da reforma laboral e pola adopción con urxencia dun plan de emprego e de industrialización en Galiza \"que reverta o desmantelamento do tecido produtivo e que dea resposta as todas as ameazas derivadas do proceso de descarbonización da economía\"."}
{"ID": "PRAZA_10282", "summary": "A dirección do partido de Albert Rivera fixa o PP como socio \"preferente\" para os pactos postelectorais e só falará co PSOE de xeito \"excepcional\" con límites que, no caso ourensán, tamén favorecen aos populares", "text": "As eleccións municipais do 26 de maio deixaron en Galicia múltiples resultados con transcendencia política alén do ámbito local. Un deles foi a caída dos gobernos das mareas municipais. Outro, a fin da maioría absoluta do PP na Deputación de Ourense tras tres décadas de poder omnímodo da familia Baltar na institución. Esa perda da absoluta non implica, necesariamente, que os populares vaian pasar á oposición. Para que isto suceda tería que conformarse unha maioría alternativa na que o único escano de Ciudadanos é clave. E a política de pactos aprobada este luns polo partido de Albert Rivera dá aire aos populares, tamén en Ourense.A dirección do partido de Albert Rivera fixa o PP como socio \"preferente\" para os pactos postelectorais e só falará co PSOE de xeito \"excepcional\" con límites que, no caso ourensán, tamén favorecen aos popularesA dirección de Ciudadanos aprobou este luns en Madrid dous documentos cos criterios xerais para guiar as negociacións nas institucións nas que son chave de goberno tras o 26M, un con liñas programáticas e outro, coas preferencias sobre as forzas políticas coas que pactar. Segundo expuxo o seu secretario xeral, José Manuel Villegas, a \"unanimidade\" deste órgano avalou que o PP sexa \"socio preferente\" cara á conformación de \"gobernos a dous\". Só \"excepcionalmente\", agregou, negociarían co PSOE, sempre e cando non entren en xogo outras forzas como Podemos ou \"os nacionalistas\" e, ademais, só se na mesa están dirixentes socialistas \"contrarios\" ás \"políticas\" de Pedro Sánchez.Aplicados á Deputación de Ourense estes criterios favorecen esencialmente ao PP. Non só porque a cúpula encabezada por Rivera sinale os populares como socio \"preferente\". Tamén porque a maioría alternativa, que pasa necesariamente pola participación activa de Ciudadanos cando menos na investidura, implica tamén ao mesmo tempo o escano do BNG. E a cúpula do partido laranxa xa advertiu de que repudiará calquera acordo que implique a formacións soberanistas.Eses criterios para chegar a pactos postelectorais eran anunciados pola dirección central de Ciudadanos escasas horas despois de que, en declaracións á TVG, a voceira deste partido en Galicia, a edil lucense Olga Louzao, advertise de que as \"decisións\" sobre estes acordos \"corresponderán ao comité de negociación\" organizado dende a propia Executiva estatal. Sobre o caso concreto da institución ourensá, Louzao matizou que o PP \"presídea dende hai moitos anos\" e \"ás veces son necesarios cambios de ciclo\". Diante de posibles pactos, afirmou, C's defenderá a \"rexeneración\" das institución e negociará \"caso por caso\" baixo os criterios xerais da dirección central.Alén da preferencia polo PP e da negativa a \"negociar nada\" cos \"nacionalistas\", o Decálogo de negociación divulgado este luns pola dirección de Ciudadanos está esencialmente orientado á política autonómica e estatal. Así, por exemplo, cita entre os seus criterios a necesidade de apoiar a aplicación do artigo 155 da Constitución a Catalunya ou a suposta necesidade de defender o \"dereito a estudar en español en toda España\".O PSdeG retou a Rivera a aclarar se prevé \"pactar coa dereita caciquil de Baltar\" e o BNG puxo o seu voto á disposición dun cambio para desaloxar o baltarismo do poderEsta posición de Ciudadanos cara aos pactos postelectorais chega días despois de que o PSdeG apelase directamente a Albert Rivera sobre a postura do seu partido en Ourense. O secretario xeral dos socialistas, Gonzalo Caballero, considerou que Rivera \"ten que dicir se cre que pactar coa dereita caciquil de Baltar é a fórmula para rexenerar a vida política\". O BNG, pola súa banda, puxo o seu voto na corporación provincial á disposición dun cambio que desaloxe os Baltar do poder e Democracia Ourensana, pola súa banda, asegurou contemplar todas as posibilidades cara á conformación da nova corporación.Mentres, dende a dirección do PP galego, o seu secretario xeral amosábase nos últimos días confiado en poder manter o control da Deputación Ourensá. Nunha entrevista na Radio Galega Miguel Tellado apelou a \"acordos\" para non perder o goberno. Ao tempo, o vicepresidente da Xunta e líder do partido en Pontevedra, Alfonso Rueda, admitiu na Cadena SER a existencia de negociacións \"cruzadas\" para lograr eses pactos."}
{"ID": "NOS_6689", "summary": "A UE propón facer que a redución do uso gasísitico sexa obriga legal.", "text": "Despois de adiantar nas últimas semanas que estaba a traballar nunha alternativa, a Comisión Europea presentou esta cuarta feira o plan 'Aforrar gas para un inverno seguro', co que busca prepararse para un eventual corte da subministración de gas natural de Rusia. A principal iniciativa desta proposta, que ten que ser debatida por todos os Estados membros, compromete os países do bloque comunitario a \"facer todo o posíbel\" para reducir o seu consumo de gas natural até un 15% nos vindeiros oito meses, desde o 1 de agosto de 2022 até o 31 marzo de 2023. Ao tempo, o documento estabelece un mecanismo para fixar \"obxectivos vinculantes de redución da demanda\" no caso de \"risco substancial de escaseza\"; \"se non se dan avances suficientes a Comisión poderá activar unha alerta europea en calquera momento para obrigar a diminuír ese 15%\", indicou na presentación do plan Kadri Simson, comisaria de Enerxía. O gas e a nuclear serán 'verdes' na UE A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, reiterou as acusacións en contra de Moscova por utilizar \"o gas como arma\" por mor das baixadas na subministración, que definiu como unha \"chantaxe\", sinalando que \"se algunha vez hai unha interrupción importante ou total da subministración de gas ruso, a UE terá que estar preparada. Ademais, destacou que o aumento das vendas de países como os Estados Unidos, Noruega ou Catar permitiron aumentar a subministración de gas non ruso en 35.000 millóns de metros cúbicos desde xaneiro. Porén, isto aínda está lonxe de cubrir a demanda deste produto por parte da Unión Europea (UE), pois Rusia prové o 40% dos 490.000 millóns de metros cúbicos que consume anualmente, así como o 25% do petróleo. \"Axudar\" Alemaña Neste intre, informou von der Leyen, a UE ten os seus depósitos conxuntos en 64%, e aspira a que en novembro cheguen a 80%, polo que pediu \"solidariedade\" para axudar os países \"máis vulnerábeis\" polos cortes de gas (principalmente Alemaña e os países centroeuropeos), considerando imprescindíbel que \"todos contribúan co aforro de gas\". O plan apunta que Administracións, fogares, persoas propietarias, provedores e a industria terán que aplicar medidas de aforro. A poboación alemá pagará o triplo \"como mínimo\" pola factura do gas en 2023 De recibir luz verde, obrigaría os Estados a informar cada dous meses á Comisión sobre o avance das medidas para reducir o consumo, e os membros que soliciten acceder á subministración de gas solidaria deberán demostrar que puxeron en marcha as medidas precisas. Bruxelas non aspira a \"dicir aos Estados que medidas tomar para alcanzar os obxectivos\", mais si lles ofrece distintas opcións, subliñou Simson. Malia que o texto abre a porta a excepcións para o Estado español e Portugal, que non dependen nunha medida tan alta do gas natural ruso, a ministra española Teresa Ribera asegurou que a solidariedade coa EU non será \"a costa dos consumidores domésticos e industriais\", que \"non merecen restricións nin racionamentos\", apelando ao alto prezo das subministracións. Asemade, salientou que o Estado ten 30% da capacidade de regasificación do bloque comunitario, facendo fincapé en que \"non consideramos\" a posibilidade de introducir calquera medida que limite o consumo de gas natural. Bruxelas aproba a \"excepción ibérica\" Putin recomenda abrir o Nord Stream 2 para enviar máis gas A raíz do debate arredor da redución dos envíos de gas natural ruso á UE, que para o bloque é unha \"chantaxe\" e para Moscova é resultado dos procesos de mantemento das infraestruturas e mais de cortes de ramais como o fechado por Kiev para non beneficiar as Repúblicas Populares do Donbás; o presidente ruso, Vladimir Putin, propuxo abrir o gasoduto Nord Stream 2, cuxa inauguración foi freada polas autoridades alemás."}
{"ID": "NOS_11045", "summary": "A sentenza implicaría a entrada en prisión do exduque de Palma.", "text": "O Tribunal Supremo acordou finalmente condenar o exduque de Palma Iñaki Urdangarín, a unha pena de 5 anos e 10 meses de prisión polo 'caso Nóos', o que implicaría a súa entrada no cárcere. Terá que ser a Audiencia Provincial de Baleares a que execute a resolución do Supremo e convoque os condenados para lles dar un prazo de ingreso voluntario nun centro penitenciario. Urdangarín vive en Suíza coa súa muller, a infanta Cristina de Borbón, á espera de coñecer que pasos dar. En decembro de 2011 o xuíz de Palma, José Castro, canda o fiscal Anticorrupción, Pedro Horrach, decidiron imputalo. Era a primeira vez que se actuaba xudicialmente contra un membro da Casa Real española. O Supremo confirma case todos os extremos fixados pola Audiencia de Palma contra Urdangarín, condenándoo a 6 anos e 3 meses, dos que dous anos eran por delitos fiscais. O Alto tribunal rebaixa en 5 meses aquela resolución na que se lle condenaba por prevaricación, malversación, fraude e tráfico de influencias mais ficou en liberdade baixo fianza. De por parte, a infanta Cristina terá que pagar só 137.000 euros, reducindo en 128.000 euros a responsabilidade civil da irmá de Felipe VI."}
{"ID": "PRAZA_19799", "summary": "O tribunal rexeita eliminar o informe da CIAF da instrución, pero resalta que será \"avaliado tendo en conta, entre outros factores\", que non é unha investigación independente", "text": "Non existiu unha investigación técnica independente sobre o sucedido no accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas ao desacarrilar o tren Alvia nas proximidades de Santiago o 24 de xullo de 2013. Así o expresou a Audiencia Provincial da Coruña cando, en maio de 2016, rectificou o xuíz instrutor e ordenou reabrir a investigación sobre o sinistro, no mesmo sentido o ratificou a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) en xullo do mesmo ano e nun ton idéntico o vén de reiterar a propia Audiencia coruñesa. As pescudas oficiais sobre o accidente, realizadas pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) do Ministerio de Fomento non foron independentes. A Audiencia coruñesa vén de notificar un auto que, datado no pasado 31 de marzo, resolve varios recursos interpostos na instrución por, entre outras, a Plataforma Víctimas Alvia 04155, a asociación de persoas afectadas polo accidente APAFAS e mais o avogado do maquinista do tren. Segundo consta no auto a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, os recursos referíanse a aspectos como a petición de remuda de varios peritos da investigación -con mención explícita á peritaxe plaxiada, aspecto sobre o que a Audiencia non se pronuncia- e a súa substitución por técnicos da ERA e tamén, no caso da plataforma de vítimas, á retirada da investigación da CIAF, precisamente por non ser independente. A sección sexta da Audiencia decidiu rexeitar estes recursos -non ve \"irregularidades\" no proceder dos peritos e considera axeitado o seu labor, di entre outros argumentos-, tamén o relativo ao informe da CIAF, que situou o maquinista como único culpable, pero na súa argumentación incide na falta de independencia. Así, este novo auto fai seu o criterio expresado na reapertura da investigación, cando a Audiencia considerou que \"certamente, dada a orixe\" dos \"compoñentes\" da CIAF, con dependencia directa de Fomento e das entidades do Ministerio, este informe \"non pode ser tido como unha avaliación de axentes independentes non concernidos polo suceso obxecto do proceso penal\", isto é, polo propio accidente, \"que é precisamente o que determina a necesidade de pericias xudiciais\". O tribunal rexeita eliminar o informe da CIAF da instrución, pero resalta que será \"avaliado tendo en conta, entre outros factores\", que non é unha investigación independente Neste contexto, a Audiencia considera que o feito de que despois a Axencia Ferroviaria Europea concordase en que o informe da CIAF \"non é válido como investigación independente\" non o \"invalida\" como \"elemento de interese para a investigación penal\". Este documento, indica, terá que ser considerado como \"un máis dos moitos existentes\" na investigación, e \"como todos\", terá que ser \"avaliado tendo en conta, entre outros factores\", esa falta de independencia. \"Pero non por isto ten que ser eliminado do proceso\", conclúe a sala. A constatada falta de independencia da CIAF no momento de realizar esta investigación é un dos motivos centrais que leva a Plataforma Víctimas Alvia 04155 a esixir unha nova investigación técnica, ademais dunha política, con persoal independente. No entanto, o Ministerio de Fomento vén insistindo en que non pode pedir unha nova investigación á CIAF porque agora si é independente -a súa composición mudou para evitar unha sanción da UE-. O horizonte anúbrase aínda máis porque, como adiantou Praza.gal, no seo da CIAF considérase que non existe \"nada que xustifique reabrir o caso\", malia a abundancia de novas informacións ao respecto. Ademais, dende finais do pasado marzo preside a CIAF o enxeñeiro e profesor Fernando Montes que, como relatou este diario, viu no seu momento \"adecuada\" a seguridade de Angrois. Este novo avance no longo proceso xudicial sobre o accidente de Angrois chega nun momento procesual no que boa parte dos focos están sobre o antigo xefe de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, investigado por presuntos delitos de homicidio e lesións por imprudencia, quen o pasado día 4 se negou a declarar á espera de que se resolvan os recursos sobre a súa imputación. Mentres, a argumentación oficial do Goberno de España e das súas empresas públicas segue a ser erosionada por constatacións xudiciais e técnicas de que o risco da liña non foi avaliado como correspondía."}
{"ID": "NOS_56570", "summary": "Pela primeira vez desde o afastamento de Fernando Collor, em 1992, um presidente brasileiro enfrentará um processo de 'impeachment' -proceso de destituçao-.", "text": "Pouco mais de 11 meses após o início de seu segundo mandato, e enfraquecida pela crise econômica e por um escândalo de corrupção sem precedentes, que levaram seus índices de rejeição popular a níveis recordes, Dilma Rousseff terá a continuidade ou não de seu mandato determinada polo Congresso Nacional. O processo de impeachment da presidente foi aceito nesta quarta pelo presidente da Câmara, Eduardo Cunha, após meses de ameaças. O pedido de impeachment da presidente Dilma Rousseff (PT) foi o segundo aceito por um presidente da Câmara dos 132 feitos desde 1990, quando o então presidente Fernando Collor de Melo (hoje senador pelo PTB de Alagoas) assumiu o cargo Em pronunciamento televisionado, Dilma afirmou que \"são inconsistentes e improcedentes as razões que fundamentam este pedido. Não existe nenhum ato ilícito praticado por mim, não paira contra mim nenhuma suspeita de desvio de dinheiro público\". Agora, a Câmara como um todo vai avaliar se o procedimento deve ser de fato iniciado. Será criada uma Comissão Especial, com representantes de todos os partidos, para analisar a questão e colher a defesa de Dilma antes de levar o pedido à votação do plenário."}
{"ID": "NOS_31063", "summary": "Denuncian que Odontoloxía é a única das carreiras sanitarias que non está a ser vacinada, a diferenza dos seus compañeiros de Medicina, Enfermería, Psicoloxía, Podoloxía, Óptica e Farmacia.", "text": "Ducias de estudantes de Odontoloxía maniféstanse hoxe, día 12, nas rúas da capital galega para denunciar a \"discriminación\" á que se ven sometidos no proceso de vacinación contra a Covid-19 organizado polo Servizo Galego de Saúde. A protesta, organizada pola Asociación de Estudantes de Odontoloxía de Santiago de Compostela ( AEOS), arrincou cunha concentración perante a propia sede da Consellería de Sanidade. Alí reuníronse ducias de alumnos e alumnas desta titulació, que acudiron ataviados coas súas batas e máscaras de traballo para instar o Sergas a incluílos \"dunha vez\" no seu plan de inmunización, entre consignas como 'Feixoo, escoita, Odonto está en loita' ou 'Menos falar e máis vacinar'. Cristina Sevilla, estudante de cuarto desta titulación e presidenta da asociación de alumnos, explicou en declaracións aos medios que Odontoloxía é a única das carreiras sanitarias que non está a ser vacinada, a diferenza dos seus compañeiros de Medicina, Enfermería, Psicoloxía, Podoloxía, Óptica e Farmacia. Todo iso a pesar de que se sitúan \"na primeira liña\", con pacientes sen máscara e \"moi preto da boca\" e o risco que iso supón polos aerosois, que son \"a principal fonte de contaxio\" por Covid-19."}
{"ID": "NOS_50964", "summary": "Centos de persoas participaron este sábado de solsticio de verán na homenaxe popular ao Gardarríos e a Antonia Díaz, dous heroes da guerrilla antifascista asasinados hai agora 70 anos en Vilanova de Lourenzá. Os actos decorreron entre Mondoñedo e Lourenzá e contaron, nun suceso inaudito, co apoio unánime das corporacións municipais de ambos os dous concellos e mais da de Ribadeo, onde nacera Díaz.", "text": "Á mañá, unha mesa redonda no auditorio municipal de Mondoñedo -de alí era natural Luís Trigo, O Gardarríos- repasou a vida dos dous resistentes. Participaron Francisco Martínez, Quico -talvez o derradeiro dos guerrilleiros galegos aínda vivo-, os investigadores Bernardo Máiz, Xosé Ramón Ermida, Carlos Nuevo e Odette Martínez e mais o cronista oficial da vila, o escritor Antonio Reigosa. No público, máis de 250 persoas. Despois dun xantar de confraternización, a xornada continuou no cemiterio de Lourenzá. Alí están soterradas O Gardarríos e Antonia Díaz e alí se inaugurou un monolito en lembranza dos dous guerrilleiros. Quico e mais a neta de Trigo, Fernanda Cedrón, dirixiron unhas palabras aos presentes. Que eran xa arredor de 400. Un recital poético musical púxolle o ramo á xornada. Nel participaron -moitos facendo acto de presenza, outros remitindo poemas e textos- María Xosé Lamas, María Xosé Fernández, Iolanda Aldrei, Esperanza Pérez, Lois Diéguez, Baldomero Iglesias, David Otero, Xosé Abella, Xaime Oroza, Toño Núñez, Luciano de Mondafal ou Lino Rico. Nota: o público ateigou a mesa redonda sobre O Gardarríos e Antonia Díaz no auditorio municipal de Mondoñedo."}
{"ID": "NOS_16894", "summary": "O aforro que os galegos teñen nos bancos volva en xuño batir récords (case 57.900 millóns de euros) mentres o crédito, embora aumentar, segue a ser moi inferior (43.000 millóns).", "text": "Galiza está no alto das listaxes dos territorios con máis aforro nos bancos mais desaparece deses postos de privilexio en canto se fala de crédito. As prazas pasan entón ser ocupadas polas comunidades do Levante, sur e centro do Estado, onde os créditos superan os aforros. Galiza aforra moito mais eses depósitos non se transforman en moito crédito en Galiza. Algo que vén de corroborar máis unha vez o recente informe do Banco de España, publicado a mediados de xuño, e no que sinala que os galegos volvemos batir un novo récord en canto a ter cartos gardados nos bancos, quer á vista, en contas a prazo.... O Banco de España cifra en perto de 59.000 millóns de euros o aforro nas entidades financieiras existentes en Galiza. Para ser exactos, 57.855 millóns. Supón 2.500 millóns de euros máis que cando se despediu o 2015. Unha cifra que supera o produto interior bruto (PIB) de Galiza. No outro extemo, o crédito, que foi de 43.178 millóns de euros. Son 3.000 millóns de euros máis que a finais de 2015, o que indica que tamén aumenta o diñeiro prestado polas entidades, mais segue a estar moi por baixo do aforro gardado. Diferencial Hai, pois, un diferencial, unha fenda de case 15.000 millóns de euros entre o aforro galego e o crédito que se concede en Galiza, cifra que en boa medida vai para fornecer créditos noutros territorios do Estado. Como, por exemplo, Madrid, Catalunya ou Vañlencia, entre outras, onde o crédito é moito maior que o aforro. O economista Aleixo Vilas ten destacado que a poboación galega representa o 5,88% da poboación do conxunto do Estado mentres o crédito galego só representa o 3,15% do crédito estatal, un peso moito menor ao seu peso poboacional. \"De feito, o noso país é, despois de Estremadura, onde o crédito per cápita é menor. Así, o peso dos créditos en Galiza no conxunto do Estado con respecto ao peso poboacional que ten Galiza é case a metade (0,54). En senso contrario, en Madrid, tendo o 13,75% da poboación do Estado, posúe máis da cuarta parte do crédito (27,06%), é dicir, o peso do seu volume de crédito no Estado case duplica (1,97) ao da súa poboación e cuadriplica o de Galiza\"."}
{"ID": "NOS_48202", "summary": "O presidente da Fundación Castelao reflexiona para Nós Diario sobre a figura do nacionalista no 70 aniversario do seu pasamento.", "text": "A 70 anos da morte de Castelao, cal é o legado do seu pensamento que transcendeu até o día de hoxe? Castelao foi o único que lle deu a Galiza unha formulación teórica. Até ese momento Galiza era un sentimento. Castelao, ademais de sentimento, foi quen de darlle unha formulación política, era o único que chegou a escribir o que poderiamos chamar unha idea do que debía de ser a Galiza e a España do futuro. Por que se mantén vixente ese legado de Castelao? Dío el: \"Se non pensamos na Galiza, en que pensamos? Pensamos co estómago?\". É dicir, se lemos a Castelao, vemos que sabe que Galiza é unha nación, sabe que Galiza é un país de homes libres, mais non gusta nada desas historias fantásticas, desas formulacións máxicas que fan de Galiza algo que non sabemos o que é. El dedícase aos problemas reais da Galiza, e é o único que realmente se centra nese eido e trata de por remedio a esas dificultades Cales son as tarefas máis inmediatas a acometer pola Fundación Castelao? Na Fundación damos a coñecer e estendemos o pensamento de Castelao, e que máis quixeramos nós que facelo máis. Porque co pensamento de Castelao cada un fixo del o que quixo: hai quen fala dunha Galiza independente apoiada no pensamento de Castelao; hai quen fala de Castelao como un personaxe perigosísimo para a unidade española... o que significa que o pensamento de Castelao foi moi pouco comentado e moi pouco lido, e Sempre en Galiza conviña lelo unha vez polo menos. Cales foron os logros da Fundación Castelao nos últimos anos? Dentro da escaseza terríbel de medios que temos, eu penso que fixemos uns cursos moi importantes para estender o pensamento de Castelao coa universidade de Santiago de Compostela, coa Universidade de Vigo, co Consello da Cultura Galega, co Concello de Rianxo, co de Lalín, coa Semana Ourensá de Análise Política... acho que fixemos unha boa ristra de acontecementos sobre Castelao e a súa filosofía e a súa política."}
{"ID": "NOS_37399", "summary": "CIG afirma que o empresario incorreu en \"amezas, coaccións, presións e mesmo actitudes de agresividade física, de maneira moi especial con mulleres\" para evitar que a central nacionalista tivese representación.", "text": "O propietario da franquía de McDonald´s en Ourense, Esteban Cuesta, foi condenado polo Xulgado de Instrución número 1 de Ourense por un delito leve de ameazas e outro lesións a dúas traballadoras do establecemento que rexenta no Fonsillón, segundo informa a CIG. Os feitos polos que agora é condenado, explica o sindicato, aconteceron en abril durante o proceso de eleccións sindicais que se levou a cabo na empresa. Dos tres delegados escollidos, dous foron da CIG. Segundo explican dende a Unión Comarcal da CIG de Ourense, Esteban Cuesta empregouse a fondo en impedir por todos os medios que a central nacionalista obtivera representación sindical da empresa, e utilizou todo tipo de métodos para tal fin: \"amezas, coaccións, presións e mesmo actitudes de agresividade física, de maneira moi especial con mulleres\". Dúas delas denunciaron ante a Policía os feitos, o que derivou en xuízo e posterior condena. \"É de salientar que son varias as persoas que na actualidade están de baixa médica por fortes síntomas de ansiedade como consecuencia desta presión\", lembran dende a CIG. \"Dende a CIG farémoslle chegar esta sentenza á Fiscalía a fin de que a teña en conta como proba documental; tamén nos dirixiremos á matriz de McDonald´s España en Madrid para reclamarlle medidas cautelares contra o seu franquiciado e pedirémoslle a retirada da titularidade de dita\", explican"}
{"ID": "NOS_38642", "summary": "A detención de Aurore Martin en Francia por axentes da Xendarmería para a entregar á garda civil española e ser posta a disposición da Audiencia Nacional está a xerar no país galo un dioivo de críticas, tamén en deputad@s, alcaldesas e alcaldes de partidos como o socialista ou mesmo de UMP, o principal partido da dereita gala.", "text": "Aurore Martin é militante de Batasuna, unha organización ilegalizada no Estado español mais totalmente legal en Francia. Aliás, Aurore ten a nacionalidade francesa. Malia estas circunstancias, Aurore vén de ser detida en Maule por xendarmes franceses para ser entregada á garda civil española, corpo que a porá á disposición de Audiencia Nacional, que a relaciona cun dos múltiples procesos deste tribunal español contra o tecido de organizacións políticas da esquerda abertzale. En concreto, Aurore Martin está imputada polo sumario 4/08. Outra causa de motivación política dirixida no seu día por Baltasar Garzón en que nun principio foron imputadas 43 persoas pola súa relación con ANV, EHAK-PCTV e con outras formacións políticas presuntamente vencelladas a Batasuna, declarada ilegal polos tribunais españois en 2003. Mais na Francia, Batasuna é legal. Garzón, porén, acusou a Martin de tentar organizar Batasuna nas provincias vascas baixo sobernaía española. Aurore Martin é militante de Batasuna, unha organización ilegalizada no Estado español mais totalmente legal en Francia. Aliás, Aurore ten a nacionalidade francesa A esquerda gala critica a actuación e elect@s da dereita, tamén A detención de Martin xerou unha vaga de reaccións. Non só en Euskal Herria, onde diferentes colectivos e organizacións políticas criticaron esta actuación. Senón tamén en Francia. Así, tanto Partido Comunista como o Partido Socialista, para alén doutras formacións e colectivos. E mesmo desde a gaullista UMP, que é a organización do ex-presidente Sarkozy, vari@s elect@s amosaron a súa disconformidade coa detención. Senador@s, deputad@s e representantes institucionais de organismos da zona de Iparralde (O País Vasco baixo soberanía francesa) tamén se sumaron ao rexeitamento a esta actuación, incidindo en que non ten sentido ningún no actual escenario político e social, para alén de lembrar que Batasuna é legal en Francia. Protexida por 5.000 solidari@s Non é a primeira vez que a xendarmería francesa intenta deter a Aurore Martin para a poñer en mans da Audiencia Nacional española. Tentouno en Baiona en xuño de 2011. Mais foille imposíbel, pois a vila foi tomada por milleiros de solidari@s que lograron que Aurore, que xa estaba esposada pola xendarmeria, ficase en liberdade. Entre a maré solidaria había veciñ@s, militantes e simpatizantes da esquerda abertzale e representantes de colectivos sociais, ambientais, ou culturais para alén de representantes institucionais de diferentes partidos franceses."}
{"ID": "NOS_32809", "summary": "A queixa foi recollida pola Liña do Galego. A Mesa lembra que a Axencia Tributaria é unha administracións que acumula varias protestas neste sentido.", "text": "A Liña do Galego recibiu unha nova queixa referida á Axencia Tributaria. Segundo relata A Mesa pola Normalización Lingüística, un contribuínte denunciaba que por primeira vez desde que facía a declaración, recibiu o borrador do IRPF en español malia escoller sempre a opción lingüística en galego. \"Cando chamou ao teléfono de información xeral para comunicar a incidencia, a operadora que lle atendeu á chamada preguntoulle, nun ton desagradábel segundo relata o usuario, se non entendía o español. Recordóuselle que existen uns dereitos lingüísticos e a operadora respondeu que \"la Constitución española fija el deber de conocer el castellano\" e acto seguido limitouse a indicarlle que presentase unha queixa na oficina da Axencia Tributaria máis próxima\". A semana pasada isto xa acontecía con outro usuario de Facenda ao que se lle negaba tamén facer os seus trámites no seu idioma, engaden desde A Mesa. A organización sinala que a Axencia Tributaria \"é unha das administracións que máis negan a posibilidade de uso do galego ás e aos contribuíntes que queren usar a súa lingua nos formularios dispoñíbeis e teñen que dirixilos de novo á marxe dos oficiais\". Marcos Maceira, presidente da Mesa, afirma que este tipo de feitos \"demostra que a Axencia Tributaria non ten ningún interese nin en cumprir a legalidade nin en dar a mínima opción a usar a lingua propia en trámites que ademais son absolutamente obrigatorios\"."}
{"ID": "NOS_52041", "summary": "Galiza é a zona do Estado español con menos territorio incorporado á Rede Natura. Malia contar con só o 12% da súa superficie sometida a este tipo de protección, moitas destas áreas de alto valor ambiental están afectadas por proxectos eólicos.", "text": "A Rede Natura 2000 é unha malla coherente de espazos naturais protexidos creada coa finalidade de conservar ou restaurar a un estado de conservación favorábel a fauna, a flora e os seus hábitats. Mediante esta ferramenta de conservación común a todos os Estados europeos, preténdese conservar o patrimonio natural da Unión Europea e garantir a sustentabilidade, atendendo as necesidades económicas, sociais e culturais. Actualmente beneficia exclusivamente 12% da superficie galega, un espazo moi reducido se temos en conta que algunhas das súas figuras de protección favorecen o 27,35% do conxunto do territorio estatal. Negativa da Xunta a ampliar a Rede Natura A Comisión Europea leva practicamente dúas décadas premendo o Executivo galego para que aumente o ámbito da Rede Natura na Galiza. Así, á volta de 2008, o Goberno bipartito presentou unha proposta de ampliación de espazos protexidos, derrogada polo Partido Popular un ano máis tarde após gañar as eleccións. Á altura de 2012, atendendo a novos requirimentos das autoridades comunitarias, o Executivo de Alberto Núñez Feixoo someteu a exposición pública unha nova delimitación da Rede Natura, que incorporou novas áreas de valor ambiental conforme os criterios marcados pola lexislación europea. A Comisión Europea leva dúas décadas premendo o Executivo galego para que aumente o ámbito da Rede Natura A proposta rematou por ser abandonada pola Xunta da Galiza. Segundo denunciaron naquel momento desde o movemento ecoloxista, a decisión do Goberno galego respondeu a que contraviña os intereses das grandes compañías eléctricas. Na mesma liña, criticaron que a Lei de acompañamento dos orzamentos de 2012 recolleu na súa disposición transitoria quinta a posibilidade de continuar coa tramitación de parques eólicos que \"se sitúen, en todo ou en parte, no ámbito territorial obxecto de ampliación, até a aprobación da proposta de ampliación\". O tempo acabou dando a razón ás entidades ecoloxistas. O colectivo Rebinxe sinala que \"a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para a Galiza data de 2011, e foi sometida a participación pública nun prazo que rematou o 16 de marzo de 2012. Desde esa data, 10 anos despois, seguimos sen ter constancia da aprobación desa ampliación. Se a ampliación se fixese no seu tempo, agora mesmo 35 parques eólicos non poderían construírse\". A zona de ampliación \"O desleixo de funcións da Xunta da Galiza a respecto da aplicación da normativa europea sobre conservación é ofensiva. Moitas destas zonas son hoxe pasto da industria do eucalipto ou perderon xa gran parte dos seus valores naturais por outras accións\", afirman integrantes do citado colectivo, que lembran que \"ademais, outros parques eólicos sitúanse en zonas de posíbel ampliación da Rede Natura, de modo que non ten sentido aprobar a súa construción sendo coñecedores disto e condicionando polo tanto unha futura ampliación\". As consecuencias da negativa da Xunta da Galiza a ampliar a área de protección da Rede Natura poden percibirse nalgúns dos espazos naturais máis significados da Galiza. Un caso paradigmático atópase na Serra da Groba, un sistema montañoso que atravesa os concellos miñotos de Baiona, Oia e O Rosal e presenta unha rica flora arbórea autóctona e un destacado conxunto patrimonial. Sobresae dentro deste unha importante serie de petróglifos con formas reticuladas e zoomórficas, círculos concéntricos, espirais, liñas e labirintos, localizados nas parroquias de Oia de Lourenza, Torroña e Burgueira. A empresa Acciona ten actualmente en tramitación dous parques eólicos na área de ampliación da Rede Natura da Serra da Groba. Porén, estes dous proxectos en fase de exposición pública, en opinión de colectivos como o Instituto de Estudos Miñoráns, fan parte dun mesmo complexo industrial que a compañía tramita por separado para superar as limitacións legais expostas ás instalacións eólicas de máis de 50 megavatios. Así as cousas, para a Serra da Groba están previstos seis parques eólicos, con 44 aeroxeradores, cunha altura total cada un de 229,5 metros. O caso da Serra do Suído A situación é semellante na Serra do Suído. Situada nos concellos de Avión, Beariz, A Lama, Fornelos de Montes e Covelo destaca polo seus elementos ambientais e patrimoniais, salientando entre os primeiros as grandes fragas de bosque autóctono e entre os segundos unha abundante presenza de mámoas e os coñecidos como chozos do Suído, unhas edificacións que durante séculos foron empregadas pola veciñanza de case todas as parroquias de Avión. Un informe elaborado polo colectivo Rebinxe afirma que na área de protección da Serra do Suído están proxectados 11 parques eólicos. Tres deles, os denominados Suído, Puza e Laxabranca atópanse en fase de solicitude, e oito, os coñecidos como Bidoas, Coto Redondo, Bidueiros Fase II, Covelo, Coto de Gallas, Moncelo, Edreira I e Coto de Airas, en tramitación. \"Se a proposta de ampliación da Rede Natura se fixese no seu tempo, agora mesmo 35 parques eólicos non poderían construírse\", afirma o colectivo Rebinxe A Serra do Xistral é unha das áreas máis castigadas da Galiza pola industria enerxética. O conxunto montañoso que se estende polos concellos de Abadín, Alfoz, As Pontes, Cervo, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove suma unha das máis importantes concentracións eólicas da Galiza. Segundo o colectivo Rebinxe, impulsado por docentes do Instituto de Mondoñedo e que desenvolven nesta zona o seu traballo, nesta área atópanse sete parques en solicitude e un en tramitación. O TSXG impugna a política eólica da Xunta A situación da Groba, do Suído e do Xistral repítese en toda a Galiza. Segundo a investigación do colectivo Rebinxe, casos semellantes atópanse en zonas de gran valor ambiental do país e que o Goberno galego ten recollidos na súa proposta de ampliación da Rede Natura sometida a exposición pública en 2012. Así, entre estes destacan os proxectos eólicos previstos na Serra de Cova de Serpe, nos concellos de Curtis, Sobrado, Guitiriz e Friol, nas ribeiras do Sor e do Baleo, nas terras de Ortegal, nas brañas do Deo en Aranga, nas brañas de Xestoso, nas proximidades do Ulla ou nas comarcas da Costa da Morte ou do Eume. A lexislación e as resolucións dos tribunais son claras en relación á instalación de parques eólicos nestas localizacións. Así, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), nunha sentenza de decembro de 2020 en relación cun proxecto eólico na Serra do Iribio, sinalou que \"o impulso da enerxía eólica debe planificarse evitando toda posíbel interferencia para a ampliación da Rede Natura, salvando o impacto visual dos parques eólicos nas proximidades do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), sen que poidan situarse os parques eólicos e logo pretender ampliar a Rede Natura cando as especies a protexer non entenden de planeamentos ou fronteiras, polo que as zonas ecoloxicamente relevantes deben obter unha protección íntegra, sen que poida haber espazos protexidos rodeados de muíños\". A sentenza do TSXG afirma que \"a Administración competente en enerxía tendeu a unha interpretación tremendamente produtivista\" tras sinalar que \"o proceso de implantación dos parques eólicos polas empresas promotoras non son inocuos no ambiente\" e que \"as lesións ambientais se están producindo constantemente\"."}
{"ID": "PRAZA_3690", "summary": "O MODEPÉN denuncia a situación actual dos Servizos Sociais dirixidos aos maiores e dependentes (Residencias, Servizos de Axuda no Fogar, Centros de Día, ...), que se caracterizan por ser escasos, estar enormemente privatizados, ter unha calidade moi mellorábel, e ter uns prezos carísimos e abusivos", "text": "*Texto conxunto de Francisco Vázquez Vizoso, Guillerme Fontán Feijoo, Gonzalo Balo Mosquera e Xavier Pérez Davila O Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPÉN) é un movemento social para a defensa dos intereses económicos e sociais das persoas pensionistas. O MODEPÉN xogou un importante papel no nacemento da Coordinadora Estatal para a Defensa do Sistema Público de Pensións Públicas (COESPE), quen promoveu as grandes mobilizacións de pensionistas destes últimos anos que conseguiron a grande vitoria de que as pensións públicas continúen actualizándose anualmente de acordo co crecemento do Índice de Prezos de Consumo (IPC). O MODEPÉN, e a COESPE, segue dando a batalla para que as pensións públicas sexan incluídas nos orzamentos do estado, así como para que a súa revalorización anual de acordo co IPC sexa recoñecida como un dereito constitucional.O MODEPÉN denuncia a situación actual dos Servizos Sociais dirixidos aos maiores e dependentes (Residencias, Servizos de Axuda no Fogar, Centros de Día, ...), que se caracterizan por ser escasos, estar enormemente privatizados, ter unha calidade moi mellorábel, e ter uns prezos carísimos e abusivos. Como movemento social que, alén dos económicos, tamén defende os intereses sociais das persoas pensionistas, o MODEPÉN ten en conta que as persoas pensionistas son na súa grande maioría persoas maiores e, nunha proporción importante, tamén son persoas dependentes.A precariedade dos Servizos Sociais dirixidos aos maiores e dependentes quedan ben reflectida en datos como os seguintes: As Listas de Espera da Dependencia afectan a case 9.000 galegos e a máis de 265.000 españois. Trátase de persoas que teñen recoñecido o dereito ás prestacións de dependencia, mais que non as reciben. En 2017 estímase que morreron 1.900 persoas que estaban nesa situación en Galicia, e 38.000 en España.Estamos lonxe do estándar establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de que deben existir 5 prazas de residencias por cada 100 persoas de 65 ou máis anos: na actualidade, en Galicia, só 3,7 prazas residenciais dirixidas a maiores e dependentes, que nun 80% son de titularidade privada. Conseguir praza nunha residencia pública é dunha enorme dificultade na grande maioría do territorio galego, pois a administración non potencia este tipo de residencias, e a súa política actual é reconverter as residencias públicas que existen en \"asilos de anciáns\" dirixidos aos casos de \"emerxencia social\", mentres lle cede a súa xestión a empresas privadas en xeral vinculadas aos grandes fondos voitre de investimento. Por outra banda, os prezos das prazas nas residencias privadas con ánimo de lucro son en xeral superiores aos 2.000 euros, e nas privadas sen ánimo de lucro (de carácter relixioso, ...) adoitan ser superiores aos 1.500 €..A case totalidade dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF) existentes en Galicia, municipais ou non, dentro ou fora do Sistema de Atención e Axuda á Dependencia (SAAD), son xestionados por empresas privadas nos que a procura de beneficios económicos é unha prioridade. As horas dispoñíbeis para atención no fogar que os concellos galegos teñen orzamentados son moi escasas, e o número de persoas atendidas polos SAF municipais son moitas menos das necesitan eses servizos, sobre todo se o comparamos cos estándares dos países do norte de Europa. A aprobación da \"Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia\" (Lei de Dependencia ou LAPAD), en decembro de 2006, foi un fito histórico que tivo como consecuencia un forte crecemento duns servizos sociais dirixidos aos maiores e dependentes que, previamente, eran moi escasos. Mais, ao tempo, ese forte crecemento que experimentou o sector da dependencia, estivo fortemente mediatizado tanto polo carácter neoliberal de propia LAPAD, que deixaba un enorme espazo á penetración dos intereses económicos privados, como pola falta de compromiso coa defensa do público, que demostraron os gobernos galego e estatal que viñeron aplicándoa a LAPAD desde a o inicio da súa posta en marcha, e que se manifestou claramente no sempre precario financiamento público da aplicación da lei, que ademais viuse agravado polas circunstancias da crise económica. O MODEPÉN esixe que, como establece a propia LAPAD, o dereito ás prestacións da dependencia se podan exercer como un dereito subxectivo, recorríbel polo tanto nos tribunais da xurisdición social. A realidade actual é que as persoas dependentes e as súas familias seguen véndose obrigadas a reclamar os seus dereitos na xurisdición contencioso-administrativa, moito mais lenta, custosa, complicada e menos garantista, que a xurisdición social. Ningún dos gobernos centrais que se sucederon desde que se aprobou a Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social, deron cumprimento ao disposto na Disposición final sétima desa Lei, impedindo así que os demandas xudiciais en materia de dependencia sexan vistas na xurisdición social. O MODEPEN fai seu o obxectivo de conseguir a creación duns verdadeiros Servizos Públicos de Dependencia, que partan da concepción de que o dereito a unha correcta atención aos maiores e dependentes é un dereito dos cidadán, similar ao o dereito ao ensino, a sanidade ou as pensións públicas; un dereito que a administración ten a obriga de garantir.O MODEPÉN defende como opción estratéxica un Sistema de Servizos Sociais Públicos dirixidos aos maiores e dependentes caracterizados por seren: Servizos públicos: de financiación, titularidade, xestión e provisión plenamente públicos.Servizos universais e ben dimensionados, de xeito que teñan capacidade para atender a todas as persoas que os precisan, sen excluír a ninguén por causas económicas ou doutro tipo. Como exemplo, o nº de prazas de residencias debe ser o que recomenda a OMS, é dicir de 5 prazas por cada 100 persoas de 65 ou máis anos.Servizos de calidade contrastada na atención aos usuarios, que os faga atractivos para amplos sectores sociais, alén dos que conten con menos recursos económicos. Servizos ben financiados, que conten cunha financiación pública suficiente, con ese obxectivo o baixo Gasto Social dedicado a Dependencia que hoxe existe no Reino de España, 0,7% do PIB, debe incrementarse substancialmente: a media europea é do 1,8%, e nos países do norte de Europa chega até máis 4% do PIB.Servizos gratuítos na súa parte de coidados (como na sanidade), e nos que o copagamento só afecte aos aspectos hostaleiros (aloxamento, manutención), e que teñan prezos asumíbeis para a grande maioría das persoas traballadoras e pensionistas.Servizos que prioricen claramente a prestación de servizos formais, realizados por profesionais con experiencia e debidamente formados, antes que a prestación de servizos informais (que ademais perpetúan a discriminación de xénero), ou as prestacións económicas. Servizos baseados no principio de \"envellecer na casa\", e teñan o seu alicerce en fortes Servizos de Proximidade (sobre todo Servizos de Axuda no Fogar, mais tamén Centros de Día, Servizos de Teleasistencia Avanzada, ...) e que procuren adiar á \"institucionalización\" (ingreso nunha residencia) até o momento no que xa non sexa viábel manter á persoa usuaria no seu domicilio. Os servizos residenciais, e os Centros de Día, deben estar situados na proximidade do domicilio do paciente e/ou da súa familia.Servizos que conten cuns ratios de profesionais suficientes para que estes poidan realizar ben o seu traballo.Servizos dotados de coherencia estratéxica e de xestión coordinada: debe crearse o Servizo Galego de Atención Pública á Dependencia (SERGAPAD), no que se integren o conxunto dos servizos públicos de dependencia de Galicia. Servizos que promovan a participación da sociedade na súa xestión, tanto das institucións e organizacións sociais do espazo territorial nos que actúen, como dos usuarios e dos seus familiares.No MOPEPÉN sabemos que temos por diante unha longa e dura loita social para conseguir que cheguen a ser unha realidade os servizos sociais públicos dirixidos a maiores e dependentes como os que describimos no punto anterior. Enfronte temos e teremos o enorme poder dos intereses económicos que hoxe obteñen importantes beneficios da atención aos maiores e dependentes, comezando polos grandes fondos voitres de investimento, que son os propietarios da parte máis substancial do enorme negocio que hoxe é a dependencia. Eses grandes intereses económicos contan, ademais, con importantes apoios sociais, mediáticos, e políticos que defenden e defenderán a continuidade da inxusta realidade actual dos servizos dirixidos aos maiores e dependentes.No MODEPÉN consideramos que é preciso crear un forte e amplo movemento social dirixido a conseguir os Servizos Sociais Públicos dirixidos aos maiores e dependentes que antes describimos. Ese amplo movemento social debe ser unitario e incluír ao maior número posíbel de persoas, movementos e organizacións, de carácter social, profesional, veciñal, sindical, ou político, que concorden con nós na necesidade e características dos servizos sociais que defendemos. Coa mirada posta na creación dese amplo e unitario movemento social que é preciso construír, no MODEPÉN consideramos que debemos priorizar unha alianza máis estreita coas Asociacións de Familiares e Usuarios dos Servizos de Dependencia, que pelexan pola mellora da calidade deses servizos, así como cos colectivos de traballadores e traballadoras dos servizos de dependencia que se están rebelando e mobilizando contra unhas condicións laborais e salariais existentes no sector caracterizadas pola súa forte precariedade. Con estes dous colectivos, temos unha ampla coincidencia de obxectivos, e certa experiencia de mobilización e traballo en común, polo que procuremos afondar na alianza estratéxica con eles. NOTA PREVIA: O texto está datado o día 10/03/2020, poucos días antes de que estalara con toda a súa crueza o actual andazo do Coronavirus. A dramática situación que estes días se está vivindo nas residencias de maiores e dependentes de Galicia e de todo o estado español, ten en boa medida a súa causa na situación que se describe, e se pretende combatir, no texto que segue."}
{"ID": "PRAZA_21066", "summary": "A sociedade necesita confianza para funcionar. Non só por non ser posible que normas, decretos ou leis cubran todos os aspectos e pequeneces da vida diaria (de aí a importancia do que tamén se pode chamar 'memoria histórica', a tradición), senón porque a confianza impulsa a colaboración.", "text": "No ano 1992, Bill Clinton usou un lema oficioso de campaña cunha idea que se ten parafraseado noutros campos. Dicía 'É a economía, idiota!', dando a entender que ese era o tema central sobre o que ían aquelas eleccións, no que había que fixarse, o importante. Recollo o lema e adáptoo á actualidade: É a confianza, idiota!Pouca confianza tiñamos xa nos nosos políticos. Ben, é un falar, non son nosos, sinxelamente, témolos. Pois iso, viñamos arrastrando unha baixa de confianza continuada dende non tanto tempo despois de comezar o estado democrático. E, despois da crise económica da primeira década do século, cando podía ter levantado algo a confianza se se viran os esforzos que eles mesmos podía e tiñan que ter realizado, a corrupción non deixou que tal cousa sucedera. Agora, o desenvolvemento da pandemia leva aínda máis baixo o nivel. E iso é malo para todos.Que si, que levar un estado nunha crise non é doado: por iso se lle chama crise. Pero o caso é que a navegación desa crise repercute, está a repercutir, na nosa confianza. Nos políticos e na sociedade, que constituímos entre nós, os nosos veciños... E isto último é o que máis conta.A sociedade necesita confianza para funcionar. Non só por non ser posible que normas, decretos ou leis cubran todos os aspectos e pequeneces da vida diaria (de aí a importancia do que tamén se pode chamar 'memoria histórica', a tradición), senón porque a confianza impulsa a colaboración. A confianza lubrica e elimina roces, actúa como pegamento que refai o rachado, permite delegar no outro e quedar tranquilo, contribúe ó benestar. Polo contrario, a falta de confianza disgrega. Fai medrar a suspicacia e mesmo ver fraudes onde non os hai (que xa hai abondos). Déixanos intranquilos polo traballo dos demais. E a inquedanza temerosa non permite o asomo do benestar.Si, claro, o ideal é un equilibrio entre confianza e desconfianza: se confías plenamente, deixas de controlar, de preocuparte e participar, de ser, para pasar a ser só por delegación de algo alleo. Parello a cando tes plena desconfianza e convérteste nun pasota doutro estilo ou un antisocial (desa sociedade).Confianza, responsabilidade, exemplo. Tres palabras relacionadas e convenientes sempre, necesarias como nunca. Confianza e responsabilidade ou a falta de responsabilidade dos políticos polo seus actos (as súas decisións son actos tamén), blindados por si mesmos, que produce desconfianza. E a irresponsabilidade que amosan, en troques de ser exemplo para a cidadanía, é tamén mal exemplo.Solución? Non hai pocións milagreiras, mais son coñecidas varias bases que poden facer aumentar a confianza. Transparencia, que todos podamos ver que pasa. Participación, o ter a posibilidade de que todos podamos poñer o noso gran de area. Vontade... non só fai falta tela, senón amosar que se ten. Pode que este punto sea o clave: deixar de amosar o que non se ten."}
{"ID": "NOS_36551", "summary": "A previsión é que a docencia en Medicina comece de maneira telemática. O estudantado reprocha á Universidade o cambio de criterio a 12 días de que o curso principie e, ante as dificultades para manter distancias nas aulas, exixen á Universidade que se poñan en marcha grupos máis reducidos por clase para garantir a presencialidade.", "text": "O enfado entre o estudantado de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é maiúsculo após comunicárselle, a 12 días do inicio do curso, que a previsión é que as aulas comecen de maneira telemática.Alumnas desa facultade denuncian en conversas con Nós Diario a falta de previsión da USC pois, segundo a información que recibiron, as aulas principiarán 100% telemáticas, tanto as expositivas como os seminarios, e unicamente as prácticas de laboratorio de primeiro e segundo curso serán presenciais. \"A práctica clínica que se ten a partir de terceiro vaise levar a cabo en función dos protocolos publicados polos hospitais do Sergas, co que o alumnado aínda non sabe que acontecerá\", quéixanse. Estas estudantes sinalan que a facultade \"obviou\" os tres escenarios que previamente se barallaran e que foran comunicados ao alumnado. O primeiro contemplaba a docencia 100% presencial, o segundo a semipresencialidade e o terceiro, en caso dun novo confinamento, apostaba polo telemático. \"Este curso ímolo comezar teoricamente no escenario 2, o da semipresencialidade, mais vemos como na práctica trátase do 3, cun ensino 100% a distancia\", lamentan. Para estas estudantes, as causas débense a unha falla de anticipación da Universidade por non resolver eivas importantes no verán, xa que a vía telemática débese, segundo se lles comunicou, á falla da capacidade das aulas, para que nelas se poidan respectar os 1,5 metros de distancia entre persoas. \"É certo que somos grupos moi grandes, 360 estudantes por curso repartidos en tres ou catro aulas por nivel, mais en calquera caso non son clases de menos de 40 persoas\", sinalan, criticando a Universidade por non organizar grupos reducidos e baixar a ratio de alumnado por profesorado. As consecuencias da falla de anticipación afectarán tanto a aprendizaxe como á economía de cadaquén, aseguran as alumnas. \"Primeiro, porque ao cambiar o criterio de presencialidade por telemático a tan só 12 días de iniciar o curso fai que moita xente se vexa cun piso alugado que non vai precisar, coa fianza e mesmo cos primeiros meses xa aboados, ao igual que no caso de quen optou por residencias\", explican. \"Estamos falando de miles de euros tirados por non se notificaren as cousas con algo de tempo\". Aliás, son conscientes das dificultades que entraña a docencia a distancia nun país como a Galiza, onde extensas zonas do territorio sofren a fenda dixital, así como do custo económico que supón ter equipos tecnolóxicos para unha boa aprendizaxe\"."}
{"ID": "NOS_2558", "summary": "Suspéndense o feche e mais as mobilizacións de maneira temporal. Así o decidiu na tarde do sábado o Comité de Empresa de Ferroatlántica, que se mantén á expectativa dada a reunión que manterá a segunda feira, o 28 de novembro, co Goberno galego.", "text": "O Comité de Empresa de Ferroatlántica realizou na tarde do sábado unha asemblea no Concello de Cee na que valorou de maneira positiva os pasos dados en contra da venda e da segregación das centrais e na que decidiu suspender de maneira temporal o feche e as mobilizacións. Os representantes dos traballadores adoptaron a decisión após a Xunta accedera a se reunir con eles esta segunda feira, 28 de novembro. Aínda así, o Comité advirte de que non vai frear a súa loita contra a intención da empresa de vender as centrais. Os traballadores aproveitaron a asemblea para agradecer a participación e implicación das persoas da comarca e o apoio institucional por parte de todos os alcaldes da contorna, así como a disposición e acollida no concello de Cee durante o feche. Tamén tiveron palabras para as organizacións políticas comarcais e nacionais do ámbito parlamentario e fóra del. \"O comité valora positivamente o compromiso público adquirido, no que se corresponsabilizan os alcaldes da comarca, de facer valer o título concesional e polo tanto, a non autorización da segregación, no caso de que a empresa rexistre a venda na Xunta, ademais de informar de calquera movemento que se produza\", informan os traballadores nun comunicado."}
{"ID": "PRAZA_5499", "summary": "O presidente pon en cuestión a Enquisa de Poboación Activa tras os malos resultados do primeiro trimestre e despois de utilizala durante anos para apelar ao \"diferencial positivo\" de Galicia. Vincula a posibilidade de atopar traballo coas inscricións como demandante no antigo INEM, aínda que menos do 3% das baixas neste se producen por unha oferta do Servizo Público de Emprego.", "text": "Cando a EPA si era válida para o presidente\"A EPA do segundo trimestre acredita o incremento interanual do paro do 11%\" e, ante esta situación, á poboación galega só lle restaba botar man do seu \"plus de paciencia ante a crise económica\". En setembro de 2008 o daquela líder da oposición e aspirante á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, escribía estas verbas no seu blog. Daba así por bos os datos da Enquisa de Poboación Activa e, de paso, responsabilizaba o Goberno de coalición de PSdeG e BNG de non mudar o rumbo da situación. Máis de cinco anos despois daquela reflexión a propia EPA vén de impactar de cheo no argumentario da recuperación económica proclamado pola Xunta. En Galicia hai 16.100 persoas máis no paro que hai tres meses e 9.100 máis que hai un ano, din uns datos que agora Feijóo desdeña abertamente dende a xefatura do Goberno galego.Tras a reunión semanal do Consello da Xunta Feijóo foi cuestionado a respecto das malas novas que trouxo consigo a EPA, unha enquisa que \"reflicte unha serie de contidos que supoñen preocupación para calquera persoa responsable\" pero cuxa veracidade cuestiona. O que antes era válido como ariete contra o bipartito agora xa non o é tanto. \"O conxunto destes datos necesita un estudo\", di, partindo de que \"o que é evidente é que as persoas demandantes de emprego non se obteñen dunha enquisa\", senón \"dos rexistros do paro\", isto é, do número de cidadáns e cidadáns que están anotadas nas oficinas de emprego como demandantes dun posto de traballo.Cales son as diferenzas?Neste punto e alén do argumentario presidencial cabe preguntarse cales son as diferenzas entre ambos datos do paro. O número de persoas desempregadas da EPA, dato de referencia a nivel internacional, obtense a través dun inquérito que mide a poboación que, ademais de estar desempregada, está a buscar emprego e dispoñible para incorporarse a el de inmediato. Mentres, o paro rexistrado non só se limita ás inscricións nas oficinas de emprego, senón que ademais exclúe, por exemplo, a estudantes á procura de traballo ou a quen está a cursar un curso de formación do propio Servizo Público de Emprego. Obviamente, tampouco mide a cidadanía que decidiu non renovar a súa inscrición nestas oficinas, que só é obrigatoria para quen percibe algunha prestación.\"É difícil atopar un traballo se non amosas interese en conseguilo\", di Feijóo sobre quen non se anota no Servizo de EmpregoA ligazón entre a inscrición nas listas oficiais do paro e a posibilidade de atopar emprego foi tamén merecente de análise por parte do presidente, quen chega a cuestionar que parte da poboación sen traballo queira atopalo. Preguntado a respecto do efecto desánimo, o que leva a desistir de atopar un traballo a través do antigo Inem, Feijóo ofrece unha rechamante teoría coa súa correspondente metáfora: \"É difícil atopar un traballo se non amosas interese en conseguilo\", isto é se a persoa non está anotada na oficina de emprego, igual que é \"imposible conseguir unha operación cirúrxica se alguén non está anotado na lista de espera dun hospital\". \"Non sei se hai moitas persoas que necesitan operacións cirúrxicas e non están na lista de espera\", reflexiona.Nos últimos cinco anos só o 2,27% das baixas de demandantes se produciron por unha oferta da oficina de empregoParalelismos sanitarios á marxe, os datos oficiais do paro rexistrado ao que apelan non semellan darlle a razón a respecto da efectividade dos Servizos Públicos de Emprego para colocar as persoas rexistradas como demandantes. Así, por exemplo, os rexistros do Instituto Galego de Estatística din que dos 2,3 millóns de baixas de demandantes de emprego que se produciron en Galicia entre 2009 e 2013 apenas o 2,27% tiveron como motivo unha \"colocación con oferta\" de emprego previa. Mentres, un 40% das baixas producíronse porque as persoas afectadas non acudiron a renovar a súa demanda e case un 50% porque as persoas desempregadas atoparon traballo pola súa conta. No que vai de ano houbo xa algo máis de 114.000 baixas e destas só 676, o 0,59%, producíronse por unha oferta laboral chegada dende a oficina de emprego. \"O que é verdade é que os que están no paro non teñen traballo\", di FeijóoXunto a estas sospeitas non especialmente sustentadas na realidade Feijóo alega outro motivo para a desconfianza na EPA, o \"sorprendente\" dato de que \"hai 77.000 persoas que din que están ocupadas e non afiliadas á Seguridade Social\", isto é, traballando sen cotizar. Suxire que existe neste ámbito unha bolsa de economía mergullada?, cuestionou a prensa. \"Pregúntelle aos que fixeron a EPA\", suxeriu o presidente, a quen, en última instancia, lle \"preocuparía máis que a enquisa nos diga que o paro vai ben e os datos do paro rexistrado digan que está subindo o paro\". Ao cabo, resolve, \"o que é verdade é que os que están no paro non teñen traballo\"."}
{"ID": "NOS_3893", "summary": "A parroquia focega de Vilaronte conta cun rico e diverso patrimonio. Antigas minas romanas, as fábricas de Damián López, as vellas caleiras, a arquitectura indiana, o castro ou a igrexa son algunhas mostras. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un roteiro polo lugar o vindeiro 28 de setembro, sábado.", "text": "\"O obxectivo é divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia\", sinala A Pomba do Arco. A viaxe comezará ás catro da tarde no Campo da Feira da Espiñeira cun paseo polos lugares antes mencionados. Ás sete da tarde, no local da asociación O Castro, proxectarase Riquezas Lucenses, gravada en Vilaronte en 1946 con imaxes dos aserradoiros de Damián López. Para participar da excursión cómpre iinscribirse previamente no enderezo electrónico apombadoarco@gmail ou nos teléfonos 608555010 ou 636587098. O número de prazas é limitado."}
{"ID": "NOS_31965", "summary": "No Venhan Máis Cinco falamos este sábado con Montse Prado, membro da Executiva Nacional do BNG e deputada no Parlamento Galego.", "text": "-Como avalías o estado actual da sanidade galega? -O PP está a practicar unha política de recortes e demolición da sanidade pública, mentras aumenta os recursos destinados á privada. Coa crise como excusa, foron efectivizando o que é unha escolla ideolóxica, decidida polos poderes económicos, de converter os servizos públicos en nicho de negocio. Este proceso non é recente, a decisión foi tomada hai varias décadas e efectivizada de xeito paulatino. As regras do xogo foron definidas e deseñadas polos que non se presentan ás eleccións, polo poder económico, e logo efectivizadas fidelmente, de xeito escalonado, polos gobernos ao seu servizo. O Goberno galego do PP, de Feixóo, actúa obedientemente ao servizo destes intereses: descapitalizar o sistema público, facilitar ás empresas privadas a provisión de servizos con diñeiro público a través das derivacións, concertos e externalizacións, paralelamente ao deterioro da sanidade pública. As regras do xogo foron definidas e deseñadas polos que non se presentan ás eleccións, polo poder económico Durante os últimos anos, o PP, con Nuñez Feijoo á cabeza, impulsou todo tipo de medidas que afondan no desmantelamento da sanidade pública, redución de orzamentos, eliminación de máis de 2.000 profesionais, redución de case 600 camas, privatización masiva de servizos, repagamento de medicamentos... A Xunta entregou xa a empresas privadas -na súa maioría multinacionais, algunha vinculada a fondos financeiros- empresas de fóra de Galiza unha considerábel parte dos servizos estratéxicos do Sergas, electromedicina, a plataforma loxística, cociñas e lavanderías, alta tecnoloxía, laboratorios... Os recortes teñen unha gravísima repercusión na prestación dos servizos sanitarios, no deterioro asistencial: peche de camas, colapsos de urxencias, sobrecarga laboral d@s traballador@s, aumento das listas de espera, non dispensación de tratamentos a persoas con doenzas graves como os de hepatite c ou oncolóxicas Os colectivos máis vulnerábeis, como son @s pensionistas ou unha gran porcentaxe da clase traballadora con salarios precarios, están a sufrir máis cruelmente as consecuencias dos copagos e da exclusión de fármacos do catálogo de prestacións farmacéuticas. Nunca un goberno desfixo tanto en tan pouco tempo, fixo tanto dano á sanidade pública e @s usuari@s. -Que evolución agardas da sanidade galega a cinco anos vista? -Precísase un cambio total de rumbo, porque facendo o mesmo, repetindo o mesmo, non parece moi intelixente pensar que se poidan obter resultados distintos. A sanidade pública de Galiza precisa un goberno que exerza de tal, que poña por diante o dereito á saúde d@s galeg@s, e non sexa executor dos intereses dos que fan caixa a costa da enfermidade. Galiza, e a sanidade pública galega, precisa un goberno que esixa un financiamento xusto, un concerto económico onde @s galeg@s nos autorresponsabilicemos dos ingresos e dos gastos, que decidamos nós que facer cos nosos recursos. Unha sanidade financiada a través dun sistema impositivo xusto, onde pague máis quen máis diñeiro tiver e non quen máis enferm@ estexa. Fago votos para que Sermos colla máis impulso Unha sanidade planificada en función das necesidades da cidadanía e non das empresas contratistas da saúde privada, que conte coa participación tanto da cidadanía coma d@s profesionais. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Os medios de comunicación non só informan ou entreteñen, tamén transmiten símbolos, representacións, constrúen referentes e contribúen á construción da identidade colectiva. Fago votos para que Sermos colla máis impulso e se consolide como un instrumento para a protección e difusión da cultura e da língua galega, e dunha información veraz, plural e obxectiva. Para que contribúa dun xeito determinante á existencia dun espazo de comunicación galego en galego, desde a nosa realidade. Un espazo onde Galiza sexa o centro de referencia e de análise."}
{"ID": "NOS_30460", "summary": "A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galiza ( CESM) acusa a dirección da área sanitaria de Pontevedra de \"incumprir\" as instrucións do plan de vacinación.", "text": "A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galiza ( CESM) elevou a unhas 200, e non as 17 recoñecidas polo Servizo Galego de Saúde, as persoas que foron vacinadas en Pontevedra de maneira irregular, xa que ningunha delas ten relación directa con pacientes covid-19. O sindicato, nunha comunicación, acusa a dirección da área sanitaria de Pontevedra de \"incumprir\" as instrucións do plan de vacinación e priorizar a inmunización de persoal de admisión, informática, cociña, laboratorios centrais, administrativos ou servizos non esenciais. Estes sumarían 150 doses en total, ás que a CESM engade outras 50 vacinas que foron fornecidas a persoal dun hospital privado de Pontevedra, o Quirón Salud Miguel Domínguez, que tampouco está en \"primeira liña\" contra a Covid-19. O problema, subliña este sindicato, \"non é que se vacinou estes traballadores\" senón que \"se deixou de inmunizar o persoal que está de forma permanente en contacto con pacientes, potencialmente enfermos ou transmisores da infección\" O problema, subliña este sindicato, \"non é que se vacinou estes traballadores\" senón que \"se deixou de inmunizar o persoal que está de forma permanente en contacto con pacientes, potencialmente enfermos ou transmisores da infección\". A través dun escrito que dirixiron ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, desde a CESM esixen que se tomen medidas \"con carácter inmediato\" para resolver esta situación de \"extrema gravidade\" ante o risco de contaxio do persoal sanitario. A este respecto, asegura que no caso de que algún dos profesionais non vacinados contraia a covid-19 no seu posto de traballo estudarán acudir aos tribunais para esixir \"responsabilidades\" á administración sanitaria galega. A CESM acusa ademais á Xerencia da área sanitaria de \"falta de transparencia\", ao anunciar un \"erro puntual\" con 17 traballadores non prioritarios vacinados e reprocha á Xunta verificar eses datos \"sen levar a cabo as comprobacións pertinentes\"."}
{"ID": "PRAZA_12983", "summary": "A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego \"despois non pode parar\", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas.", "text": "A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego \"despois non pode parar\", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas. Bocixa recolleu durante meses as opinións que distintas autoras e autores galegos teñen sobre a situación do idioma galego, da falta de apoios da administración autonómica (ou directamente dos ataques recibidos pola Xunta), o proceso de normalización, a necesidade de achegamento ao portugués, as estratexias para a recuperación de falante e as perspectivas de futuro. Xurxo Souto é optimista e asegura crer \"na resposta cívica\", cunha \"confianza absoluta na xente nova\", pois \"canto máis nos encirraron, máis nos puxemos a actuar\" As súas voces camiñan entre o desasosego e a rabia ao asistir aos pasos atrás que nos últimos tres anos se deron nun proceso de normalización que nos últimos trinta acadara algúns froitos positivos, principalmente no que atinxe á introdución do galego no ensino. \"Nestes anos sempre se foi avanzando. Pero agora estase iniciando un proceso en contra das disposicións legais, que indican que o galego debe irse normalizando\", afirma Freixeiro Mato e Lois Diéguez advirte de que \"se eliminan a lingua no ensino, todas as xeracións posteriores serán analfabetas na súa lingua\". En calquera caso, Xurxo Souto é optimista e asegura crer \"na resposta cívica\", cunha \"confianza absoluta na xente nova\", pois \"canto máis nos encirraron, máis nos puxemos a actuar\". As autoras e autores entrevistados denuncian a situación de discriminación que vive o galego, pois como sinala Fernández Naval, para un rapaz hoxe en día \"é imposible, no seu país, vivir en galego o 100% do tempo\", o que dá lugar a numerosas situacións de \"esquizofrenia\", como apunta Antía Otero e ao que é o cerne do problema, para Ánxeles Penas: \"o galego é unha lingua prescindíbel, pódese facer unha vida completa sen coñecelo\". As autoras e autores entrevistados denuncian a situación de discriminación que vive o galego, pois como sinala Fernández Naval, para un rapaz hoxe en día \"é imposible, no seu país, vivir en galego o 100% do tempo\" \"Calquera persoa que teña un complexo do seu idioma non é unha persoa libre\", salienta Lois Diéguez. Mentres que Estíbaliz Espinosa establece a comparación entre a protección que ten calquera especie animal ou vexetal nunha situación de ameaza da súa supervivencia e a que deben ter a linguas: \"a lingua é unha criatura viva, e dálles igual que morra, que esmoreza\". En canto ao futuro, ademais do imprescindible apoio público, que anteriormente existía, pero que sempre foi insuficiente: \"Ningún presidente convidou os cidadáns a falar en galego\", lembra Fernández Mallo, propóñense estratexias. Estíbaliz Espinosa recomenda \"non vencellar a defensa da lingua cunha ideoloxía política\". E outros autores fan fincapé na necesidade de que Galicia mire cara á lusofonía, ao portugués e sobre todo a Brasil, como sinala Fernández Naval. Este achegamento debería darse principalmente na grafía: \"a escrita apréndese na escola e é fácil de fixar\", di Fernández Mallo. E un e outro concordan en que se en Catalunya se dispuxese desta oportunidade de relación cun xigante coma o país sudamenricano \"estarían traballando todos: empresas, goberno, cidadanía, en achegarse a esa sociedade emerxente, Catalunya sería o primeiro socio comercial de Brasil\". Outros autores fan fincapé na necesidade de que Galicia mire cara á lusofonía, ao portugués e sobre todo a Brasil, como sinala Fernández Naval Outras estratexias resúmense en algo moi sinxelo: \"falar\", como sinala Tembrás, ou como apunta Fernández Mallo, neofalante recoñecido, que recomenda facer presión sobre as empresas e os empresario, para que comecen a empregar o galego, e afirma que \"unha lingua é adictiva, é unha droga benigna, cando empezas a falala despois non queres parar\"."}
{"ID": "NOS_35735", "summary": "A Marea Atlántica desenvolveu na mañá do domingo un acto para celebrar os dous anos de goberno. Fíxoo acompañada doutras candidaturas municipalistas, que apelaron a \"exercer a dignidade\".", "text": "O Campo da Leña da Coruña acolleu na mañá do domingo un acto de conmemoración dos dous anos de goberno da Marea Atlántica. Unha celebración convocada baixo o lema \"Marea Atlántica, dous anos de cambio común\" e en que participaron representantes doutras candidaturas municipalistas, como o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ou o de Ferrol, Jorge Suárez. O rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, valorou os dous anos de mandato como unha etapa \"razoabelmente positiva\" e asegurou que \"fixemos cambios na cidade en todas as áreas\". Así, salientou o labor na área cultural ou na de xustiza social. Nesta última puxo como exemplo a renda social, a medida \"estrela\" do Goberno municipal e que non está a ter a acollida esperada. Ferreiro sinalou que o programa electoral da Marea Atlántica \"ten un nivel de cumprimento alto\". De aí que recoñecese que \"fican moitas cousas por favor\". Aliás, o alcalde da Coruña defendeu que é posíbel gobernar \"doutra maneira\", \"desde a proximidade\", engadiu. \"Sabemos que o noso papel é poñernos do lado dos máis débiles\", acrecentou. Na mesma liña, Jorge Suárez, cuxa situación á fronte no concello de Ferrol é cada vez máis débil debido á falta de apoios mesmo dentro do seu propio grupo, subliñou que Ferrol en Común \"recuperou as políticas de benestar e participación en tempos moi duros\". Tamén interveu o seu homólogo en Compostela, Martiño Noriega, quen subliñou a necesidade de \"exercer a dignidade\". \"As institucións tómanse para as poñer ao servizo dos que levaban sendo agredidos anos e anos\", afirmou. Recoñeceu que os dous anos de goberno en Santiago foron \"moi duros\"."}
{"ID": "PRAZA_10809", "summary": "Os tribunais paralizaron en xullo o proceso de eleccións sindicais tralas denuncias da CIG, que acusa á empresa de \"prácticas mafiosas\" para evitar que a central obteña representantes. A pasada semana o sindicato foi o máis votado en Novafrigsa, dependente do mesmo grupo", "text": "O pasado verán as denuncias sindicais, confirmadas pola Seguridade Social e Inspección de Traballo, obrigaron a Coren a integrar no seu cadro de persoal a 1.350 falsos autónomos. Estes traballadores levaban anos realizando as súas funcións a través de Servicarne, unha falsa cooperativa que recibe encargos de matadoiros e empresas de procesado de carne de todo o país. Coren tivo que acatar as indicacións do Ministerio de Traballo, pero mantivo unha posición de hostilidade cara aos sindicatos que denunciaran a situación e, ademais, a pesar da integración teórica no cadro de persoal dos antigos falsos autónomos, a súa igualdade de dereitos laborais está aínda lonxe de ser unha realidade, con moitos asuntos pendentes de se cumprir: recoñecemento de antigüidade, numerosos aspectos de seguridade laboral e outros elementos salariais, de vacacións e de días libres.Especialmente intenso foi o conflito xerado ao redor das eleccións sindicais, convocadas para o pasado mes de xullo. A CIG denunciou que Coren tentou evitar mediante \"ameazas e extorsións\", \"situacións de acoso\" e \"prácticas mafiosas\" que a central nacionalista presentase candidaturas por vez primeira. O sindicato sinalaba que dende a empresa se entraba en contacto con cada un dos traballadores que se presentaba nas listas da CIG para instalos a abandonar a candidatura e que mesmo un dos empregados foi despedido por este motivo.Os tribunais paralizaron en xullo o proceso de eleccións sindicais en Coren tralas denuncias da CIGFinalmente, a CIG e outros sindicatos renunciaron a concorrer ás eleccións para non participar \"dun proceso fraudulento\". Ademais, a central reclamaba a inclusión no censo do traballador despedido, \"xa que o caso está xudicializado e no caso de que o despido sexa declarado nulo as eleccións serían nulas porque non se lle permitiu participar\", sinalaba. Ademais, denunciaba a separación do persoal en tres mesas electorais: técnicos/as e administrativos/as, matadeiro e sala de despece.Os comicios ían ser celebrados unicamente coa participación dun sindicato próximo aos intereses da empresa, pero un laudo arbitral e o Xulgado do Social número 4 de Ourense anularon a constitución das mesas. \"A teima de Coren en dividir o CPA en dous centros de traballo responde á estratexia deseñada pola dirección para intentar xustificar que os falsos/as autónomos/as pouco ou nada teñen que ver coa empresa, sobre todo agora que nos achegamos á data do xuízo, previsto para finais de setembro\", explica a CIG. Hai unhas semanas iniciouse, coa constitución das mesas, o proceso para a repetición das eleccións, que se celebrarán á volta de setembroVitoria da CIG en NovafrigsaA central foi a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas na compañía Novafrigsa de Lugo, pertencente ao grupo CorenHai uns días chegou unha nova vitoria da CIG na súa loita contra Coren. A pasada semana a central foi a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas na compañía Novafrigsa de Lugo, pertencente ao grupo Coren. A central obtivo 2 dos 4 representantes que se escollían no comité de empresa. Despois de que a compañía foi obrigada a incorporar os traballadores que operaban como falsos autónomos, agora o comité de empresa pasa a ter 13 representantes. A USTG e o Grupo de Traballadores obtiveron os outros dous postos en xogo, despois de que participaran 205 empregados dos 264 con dereito a voto.Para a CIG, o cadro de persoal de Novafrigsa \"recoñece así o intenso traballo sindical desenvolvido pola central nos últimos anos para lograr que os falsos/as autónomos/as da industria cárnica fosen dados/as da alta no réxime xeral da Seguridade Social e contasen así cos mesmos dereitos que os seus compañeiros/as\". \"Algo está cambiando\"A CIG considera que é urxente que en Coren \"se democraticen as relacións laborais como paso previo e imprescindíbel para a dignificación das condicións de traballo\"A CIG considera que é urxente que en Coren \"se democraticen as relacións laborais como paso previo e imprescindíbel para a dignificación das condicións de traballo\". \"Non imos parar nin frear na dignificación das condicións de traballo en Coren, para conseguir, igual que fixemos hai un ano, dobrarlle o brazo a toda a industria cárnica, nomeadamente a Coren, acabando cos falsos autónomos e as falsas cooperativas\", sinala o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, que engade que \"tamén conseguiremos entrar en Coren dunha maneira ou doutra, coa forza da razón que temos\".Nunha concentración celebrada en xullo en Ourense en protesta contra a \"represión sindical\", o traballador que foi despedido de Coren sinalaba que \"algo está cambiando na mente da xente no momento en que saímos todos á rúa, aquí en Ourense, ante unha empresa tan importante como é Coren, é dicimos basta xa por esta represión sindical, polos abusos\". José Barros concluía daquela que \"se non loitamos, deixamos que o día de mañá os nosos fillos ou os nosos seres queridos sexan quen sufran a represión\"."}
{"ID": "NOS_39288", "summary": "O PCCH reforza o liderado de Xi Jinping ao apostar na eliminación da limitación de mandatos para o presidente da República. A diferenza dos seus predecesores Hu Jintao e Jiang Zemin, Xi é un líder con carisma e conta co plácet das distintas correntes do partido. A súa sorte está intimamente ligada á formidábel tarefa que ten por diante o PCCH: ser quen de combinar o desenvolvimento do país co combate á corrupción e coa aminoración das crecentes desigualdades producidas polo avanzo do mercado en áreas sensíbeis da economía.", "text": "O Comité Central do Partido Comunista chinés acaba de propor remover da Constitución a cláusula, introducida no post-maoísmo, que limita a 10 anos como máximo -dous mandatos de 5- a permanencia ao fronte da presidencia da República popular. Xi Jinping ve reforzado así o seu poder de tal xeito que eleva a súa figura xa á altura dos dous grandes xigantes da historia da China socialista, Mao Zedong e Deng Xiaoping. Xi Jinping (Beijing, 1953) asumiu o seu primeiro mandato como presidente da República Popular de China a 14 de marzo de 2013, con 60 anos. De acordo coa Constitución vixente no país, tería de abandonar o cargo forzosamente en 2023, con 70. Presumibelmente non o terá de facer, porque con toda seguranza o 5 de marzo o Parlamento chinés dará luz verde á proposta aprobada este domingo polo Comité Central do Partido Comunista, en función da cal decaerá da carta magna do país o límite de 10 anos para a permanencia no poder. Significa esta profunda alteración da arquitectura institucional chinesa que o país camiña cara a un liderado vitalicio de Xi? Non necesariamente. Hu Xijun, editor chefe do Global Times, un meio de titularidade estatal, esclareceu en twitter que \"a remoción do límite dos dous mandatos non significa que China restaure o liderado vitalicio ao fronte do Estado. Esa especulación é unha má leitura\". O que parece evidente é que o PCCH aposta na estabilidade política para, nos próximos lustros, manter a dirección dun país que nos últimos tempos está a ensaiar un novo modelo de desenvolvimento, menos dependente dos mercados exteriores e máis preocupado por reducir as fortes desigualdades de ingresos producidas polas medidas liberalizadoras introducidas no país no post-maoísmo, baixo a dirección de Deng Xiaoping. China planifica todo a meio e longo prazo e esta decisión do Comité Central do PCCH adóptase a poucos días de se facer 5 anos da chegada de Xi á presidencia do país. En todo caso, o movimento non colle por sorpresa ningún bon coñecedor da vida política do vello imperio do centro. Destarte, na análise de Xulio Ríos que publicamos sobre o recente XIX congreso do partido xa se puña en destaque a consolidación do xiísmo como unha nova guía ideolóxica do país á altura da marcada no seu momento por Mao e Deng."}
{"ID": "PRAZA_12450", "summary": "A estas alturas, resulta obvio constatar que o galeguismo político vive momentos (re)constituíntes. Hai unha forza, o BNG, en transo de perder o carácter de práctica referencia exclusiva; e certo magma diverso con notoria tendencia a aglutinación cando menos electoral. Consciente de que entidade orgánica e rutina o favorecen, convoca aquel a urxencia de bater a dereita gobernante, demandando implicitamente que se manteña a concentración de apoio arredor de si; ben saben que parte do sufraxio concitado responde a mal menor, descarte de opcións peores e algunha outra forma de cálculo ou catividade.", "text": "A estas alturas, resulta obvio constatar que o galeguismo político vive momentos (re)constituíntes. Hai unha forza, o BNG, en transo de perder o carácter de práctica referencia exclusiva; e certo magma diverso con notoria tendencia a aglutinación cando menos electoral. Consciente de que entidade orgánica e rutina o favorecen, convoca aquel a urxencia de bater a dereita gobernante, demandando implicitamente que se manteña a concentración de apoio arredor de si; ben saben que parte do sufraxio concitado responde a mal menor, descarte de opcións peores e algunha outra forma de cálculo ou catividade. Pola súa banda, os elementos do magma vanse presentando. E no proceso, hai cadros suxestivos. Nos días anteriores, a organización frontista viñera dando mostras de intelixencia subseguinte á reunión de Amio Este asinante, que é lugués, contemplou un dos tales a semana pasada. Aparecía o portavoz local de Máis Galiza para anunciar que unhas decenas abandonaran o BNG e comezaba a nova empresa; foi titular certa expresión ben mellorable como resumo e aínda máis se se quería lapidaria. Nos días anteriores, a organización frontista viñera dando mostras de intelixencia subseguinte á reunión de Amio: propósito de iniciar acción social e presenza activa nos barrios, revitalización das súas comisións de traballo interno con apertura á base e círculos non afiliados; trala comparecencia dos escindidos, o responsable comarcal obxectou certos aspectos con forma crible e moderada. Non ían mal. Pero o efecto rebentou ao día seguinte. Ignoro se de motu propio ou incitado, a corrente figura referencial do BNG en Lugo xurdiu con forma ben menos ponderada; segundo o que recolle a prensa, encontro a súa intervención triplemente inadecuada. Enumeremos. Primeiro erro, o mesmo feito de intervir. Mantén atención informativa sobre unha instancia nova, e aínda dispersa, que o que quere é propaganda; el, representante da sigla coñecida na provincia onde a escisión produciu menos estrago. Esa afirmación de que \"non están preocupados\" ben pode quedar en interdito. O lector lugués ben se pode abraiar considerando a face de Xosé Anxo Laxe vinculada politicamente á de Jaime Castiñeira; o galego común alucinará psicodelicamente relacionando a Beiras cos sucesores de Fraga Segundo, acusar de intolerante a quen se dá de baixa alegando diverxencia ou incomodidade política. Se o argumento é que debían seguir dentro aínda mal a gusto, -e cal poderá ser, se non?-, a antes dubidosa teoría do secuestro pilla agora traza de verosimilitude. Titular e tese allea, talvez avalados. Terceiro, realmente insólito: malia esa cláusula rebaixante –\"espero que non\"- con tufo a retórica, á vista queda a hipótese de que o PP artellase ou inspirase a operación enteira. O lector lugués ben se pode abraiar considerando a face de Xosé Anxo Laxe vinculada politicamente á de Jaime Castiñeira; o galego común alucinará psicodelicamente relacionando a Beiras cos sucesores de Fraga; e quen practique análise política, igual evoca a paranoia como tradición interpretativa en relación co BNG. Non alcanzo o motivo de que Antón Bao dixese iso que dixo, se a prensa recolleu ben. Discútolle o bo resultado -como discurso, e para a súa imaxe- nunha cidade onde a aínda instancia máis relevante do nacionalismo perdeu en poucos meses, por cadanseu motivo, os que foran maiores activos no social e electoral. E aínda que para un o Bloque non sexa o que era hai un ano, tampouco non lle quere mal. Síntomas?"}
{"ID": "NOS_9923", "summary": "A Liga Estudantil Galega e a Plataforma A Sega organizaron un acto reivindicativo en Vigo para poñer en valor o II Día das Galegas nas Letras, que este 15 de agosto homenaxea a escritora María Vitoria Moreno. [Vídeo no interior de GZVideos]", "text": "A Liga Estudantil Galega realizou un acto reivindicativo este venres para poñer en valor o papel das mulleres na literatura galego, en colaboración coa Plataforma A Sega, que organiza este 15 de agosto o II Día das Galegas nas Letras, que homenaxea este ano a labor da escritoria María Vitoria Moreno. Un recitado de poemas feministas en honor da homenaxeada que tivo lugar no C.S A Revolta do Berbês, despois de que o Concello de Vigo denegara o permiso para facelo na praza da Vila (nomeada hoxe como praza da Constitución). \"Queremos deixar clara a neglixencia administrativa levada a cabo polo Concello Xa que tras pedir o permiso para realizar o recital na Praza da Constitución, o Concello decidiu avisar o mesmo día\", sinalan dende a Liga Estudantil Galega Vigo que consideran que non hai \"mellor acto para reivindicar a nosa cultura, unhas letras galegas feministas que fagan ver que tamén existen escritoras galegas\"."}
{"ID": "NOS_13138", "summary": "Asistimos a un proceso de demolición dos medios públicos galegos. Un deseño perfectamente dirixido a expulsar a información e o talento da radio e televisión para construír unha máquina de propaganda orientada a manter o control político do Partido Popular na Galiza.", "text": "Alberte Núñez Feixoo tampouco acudiu na sexta feira, 19 de xuño, ao Parlamento da Galiza para dar conta da situación dos medios públicos, tal e como demandaron as forzas da oposición. O presidente galego botou outra vez máis da man da maioría absoluta do Partido Popular para eludir calquera tipo de explicación sobre un modelo de radio e televisión que cuestiona os estándares requiridos para unhas canles de natureza pública e un estilo de dirección que choca coas máis elementais normas esixíbeis nunha sociedade democrática. A televisión e a radio pública da Galiza téñense convertido en dous instrumentos centrais na estratexia do Partido Popular para perpetuarse no poder. Así, opera como unha ferramenta de propaganda de Feixoo, que só durante a pandemia do coronavirus apareceu en 40 comparecencias televisadas, superando 40 horas de pantalla que representan máis de 2.400 minutos en horario de máxima audiencia. Ao tempo, funciona como un elemento chave de control político e de amordazamento da oposición, até o punto de quitarlle a voz en moitas novas aos principais dirixentes das forzas da oposición parlamentaria. Os contidos dos medios públicos galegos son unha expresión do proxecto ideolóxico da dereita. A divulgación dunha visión estereotipada dos galegos e das galegas, a construción dun discurso que presenta o país como sucursal ou apéndice e non como centro da realidade, a exclusión de ópticas alternativas co relato do Partido Popular, a desaparición de visións críticas que cuestionen a imaxe dominante sobre Galiza ou o veto ás expresións máis xenuínas da realidade cultural e social son exemplos ben paradigmáticos dunha folla de ruta que escapa a condicionantes de carácter conxuntural e liga cunha formulación de orde estratéxica. Os medios públicos galegos en negro A xestión do equipo directivo da CRTVG estivo marcado ao longo da última década por unha persecución aos profesionais da compañía que apostaban por unha canle pública sen ataduras partidarias e ao servizo dunha información de calidade. A iniciativa Venres Negros, promovida polo colectivo de traballadores e traballadoras agrupados na plataforma Defende a Galega, é todo un toque de atención sobre a necesidade dunha mudanza nos medios públicos galegos, pero tamén das súas fortalezas."}
{"ID": "PRAZA_235", "summary": "Lonxe de ser pesimista, só quero que reflexionemos sobre a necesidade de realizar estudos dende unha perspectiva de xénero, dentro da crítica literaria galega na Galiza. Por Verónica Martínez Delgado", "text": "Lonxe de ser pesimista, só quero que reflexionemos sobre a necesidade de realizar estudos dende unha perspectiva de xénero, dentro da crítica literaria galega na Galiza. Non considero que sexa ofensivo para nós, para as mulleres, coido que é desalentador. Somos as ignoradas, as silenciadas, as maltratadas, as invisibles. A omisión das mulleres en toda a cultura, provoca unha grande perda e un empobrecemento notable para todos, o que nos deixa con menos recursos para comprender o presente e afrontar os retos. Isto representa, sen dúbida, un fracaso social colectivo que tamén é alimentado a partir da educación. Carecemos de referentes femininos, modelos de identificación social e/ou individual aos que seguir. O recoñecemento dos nosos méritos, para o desenvolvemento da sociedade, son desvalorizados. Somos relegadas a cidadáns de segunda clase. Unha desigualdade implícita que se transmite de forma moi eficiente a través da educación, a través desta falta de recoñecemento, axudando a establecer e perpetuar a desigualdade de xénero, materializada, por exemplo, na diferenza salarial, na violencia machista ou no teito de vidro (a verdadeira dificultade para as mulleres para ocupar posicións de poder). Toda a sociedade está a contribuír na transmisión de normas discriminatorias, cheas de prexuízos, que impiden acadar a igualdade de oportunidades. Por iso, esta, até hoxe, minoría consciente, estamos a traballar a través de moitos campos, temas, con diferentes ferramentas de intervención, que nos posibiliten a inclusión sistemática de mulleres en espazos vetados para elas, e ir camiñando con pasos firmes cara a igualdade. Cada tímido proceso que realicemos dende unha perspectiva de xénero, suma, posibilitando perspectivas multiposicionais simultáneas que evidencien a inoperatividade dos procesos de monolitización do (anti)pensamento redutor patriarcal Cada tímido proceso que realicemos dende unha perspectiva de xénero, suma, posibilitando perspectivas multiposicionais simultáneas que evidencien a inoperatividade dos procesos de monolitización do (anti)pensamento redutor patriarcal. Por tanto, de novo alentar a toda a sociedade para dar pasos cara adiante e na mesma dirección como os que hoxe estamos dando aquí. Depois desta pequena introdución, centro o discurso. O tema que me corresponde apenas presentar é Literatura galega: identidade, alteridade e exilio. Visión de xénero na crítica literaria galega. Para poder desenvolver esta pequena e humilde disertación, púxenme en contacto cos máis coñecidos e recoñecidos críticos e críticas literarias deste país, para tirar unha visión máis profesional e plural sobre o tema1. Coas súas respostas a un pequeno inquérito e as miñas propias conclusións, espero poder dar un pouco de luz sobre este tema. Comezo reflexionando sobre isto: que é a crítica literaria? Consiste nun exercicio de análise e valoración razoada dunha obra literaria, nun medio de comunicación actual. Cabe distinguila da historia da literatura, que realiza unha crítica e valoración moi a posteriori e, frecuentemente, de forma máis documentada e ecléctica. Existen dous grandes xéneros de crítica literaria: a que propón como proxecto o rigor metodolóxico e científico e aqueloutra que establece a propia subxectividade ou o seu carácter polémico ou informativo. Na enquisa realizada, parto da base de que existe un sistema literario galego, cunha compoñente importante na crítica literaria. Segundo esta premisa recollo a opinión, daqueles que tiveron a ben responder á miña demanda, sobre que opinión lles merece a crítica galega, entendida como tal, a feita en galego sobre libros escritos nesta lingua. Concordan, na súa maioría, en que a crítica profesional e científica como tal, non se exerce de maneira efectiva no noso país, na \"súa función selectiva e dialéctica\", en palabras de Ana Salgado, para que sexa un terreo que propicie verdadeiramente a discusión, quizais, e nin sempre, fóra do ámbito estritamente académico. Inciden en que non se leva a cabo unha crítica negativa en case ningún caso, só pequenas apoloxías dos libros criticados e/ou haxiografías dos propios e propias escritores e escritoras. Diferencian, moi acertadamente, entre crítica académica e a situada nas marxes. \"O patriarcado non pesa máis nin menos que no resto dos planos sociais, a cultura, non é algo que realmente nos faga libres da discriminación coa que as mulleres e os nosos discursos vivimos todos os días\" En canto á visibilidade dentro do entorno dos mass media e publicacións especializadas, en canto a calidade, repercusión na sociedade, etc, comentan que resulta difícil medir o impacto real da crítica galega, xa que está moi dirixida a un público concreto, mais a invisibilización e invisibilidade da literatura leva asociada a invisibilización e invisibilidade, aínda maiores, do discurso crítico arredor dela. Existen poucos espazos para a crítica e estes son maioritariamente hexemónicos e patriacais. Así, finalmente, os lectores podemos rematar por confundir a calidade coa cantidade de laudatios que reciba un escritor e como apuntaba Mario Regueira, se cadra, só nos está a manifestar cal é a súa rede social. Tamén existe unha literatura de xénero feita por mulleres que manifestan abertamente un compromiso feminista reflectido nas súas obras. Pregunto ás críticas e aos críticos: Como consideran o comportamento da crítica fronte a este tipo de obras e autoras? Como está a ser o tratamento destas obras? Existe un diferente tratamento destas obras segundo a crítica sexa realizada por mulleres ou homes? As respostas apuntan cara a que \"o patriarcado non pesa máis nin menos que no resto dos planos sociais, a cultura, non é algo que realmente nos faga libres da discriminación coa que as mulleres e os nosos discursos vivimos todos os días\", como afirma nese senso Ana Salgado. Eli Ríos apunta: \"se a obra mantén intactos os canons patriarcais e non resalta demasiado o \"feminismo\" os críticos deciden publicitala para demostrar que as mulleres temos cabida tamén na literatura galega, non acontecería o mesmo se fose abertamente feminista\". Para rematar insisto en se existe unha distinta visibilización da crítica feita por mulleres e aqueloutra feita por homes, ou un tratamento diferente feito polos lectores. E se consideran que se trasladan os preconceptos da sociedade ás distintas interpretacións das obras realizadas por homes e mulleres. Concordamos en que existe, desde o momento en que a meirande parte da pouca prensa que crea espazos para a literatura, os elixidos para facer crítica son homes. Os medios, ademais, están dirixidos por homes, e reflicten a mentalidade machista dominante na sociedade, cando non a promoven. Por tanto, existe unha tendencia a interpretar de forma distinta o valor do traballo feito por un home e o feito por unha muller. Ramón Nicolás súmase ao destacar que a aparición da plataforma de crítica literaria A Sega é a manifestación máis clara, pertinente e iluminadora desa diferenza e afirma: \"penso que cumpriría unha maior presenza de críticas neste país que abordasen o que se publica con criterio e honestidade, e o criterio, cando menos, sempre debería ser plural, aberto, argumentado e sen estridencias. O exemplo da páxina A Sega paréceme moi interesante, por exemplo\". Como conclusión, resumo as ideas xerais arredor da crítica literaria galega realizada por mulleres fronte á feita por homes: – Confróntase a existencia da crítica moi ligada ao entorno e ás filias e fobias dos críticos e críticas xunto coas súas relacións persoais. – Faise referencia á escasa presenza dunha crítica académica fronte á apuntada como \"crítica de novidades\" moito máis lixeira, en canto a contido, e cun ton marcadamente publicitario e, polo tanto, laudatorio. – Por outra parte semella que aumentan os espazos críticos na rede fronte a unha realidade que pecha xornais e suplementos específicos. – Salientar que falamos de literatura nun país e nunha realidade lingüística concretas. Por unha parte un país onde apenas se le e onde o idioma está absolutamente minorizado. Neste contexto, a repercusión tanto da mensaxe literaria como da crítica é moi reducida. – En canto ao xénero existe unha reprodución na arte das dinámicas sociais existentes, non é especificamente abordada dado o posible descoñecemento da temática feminista ou o desinterese e rexeitamento que esta xera. – Na crítica non se pode falar dunha mala acollida das obras que tratan as cuestións de xénero, e si, se cadra, dun \"machismo brando\" sempre situado dentro do contexto da sociedade patricarcal que relega á muller a ocupar espazos menos visibles. – Por outra banda, salientar a aparición de crítica específica trala presenza de A Sega, que vén cubrir un baleiro no que se refire ao tratamento da literatura de xénero. – Malia que se teñen dado pasos para mellorar, por medio da literatura, a visibilidade dun discurso feminista, a lousa do patriarcado continúa a frear eses mínimos avances. Dentro incluso das mentes máis manifestamente progresistas, fica aínda un pouso de machismo que se manifesta normalizado na actitude mostrada habitualmente tanto por homes como por mulleres. Somos tamén todos e todas nós a primeira barreira que debemos superar no camiño para acadar unha sociedade máis libre e igualitaria. Bibliografía: Queixas Zas, Mercedes (1999): Breve historia da literatura galega. Promocións culturais galegas: Vigo. Tarrío Varela, Anxo (1994) Literatura galega, Aportacións a unha historia crítica. Xerais: Vigo. VV. AA. (2003): Lingua e literatura II. Rodeira: A Coruña. Nota (1) Das e dos 34 críticos literarias/os galegas/os coas/os que me puxen en contacto, os e as informantes que tiveron a ben responder á miña enquisa foron: Montse Dopico, Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás, Mario Regueira, Eli Ríos, Ana Salgado e Susana Sánchez Arins."}
{"ID": "NOS_37222", "summary": "Con motivo da homenaxe que estes días lle rende o Concello de Cambre a Miro Casabella, publicamos un texto do cantante e compositor Xosé Luís Rivas \"Mini\" sobre esta xeración de cantautores galegos.", "text": "Corrían os 69-70 do século pasado, os meus dezaoito-dezanove anos e estreando ilusión. Fun ás festas de Sarria á casa do meu amigo Arlindo. El tiña toda a colección de discos de voces ceibes. El lía moito, moitísimo máis ca min. El ía por diante dos demais en moitas cousas. Eu diría que en todo. Tiña antecedentes na familia, do Partido Galeguista, e con ese seu xeito calado e calmo compartía amizade con todos e se terzaba, falaba do asunto. Vaia empacho de música protesta! A Velliña, Ti viches Galicia... e O meu País unha canción para remoer con calma. Un aprendía con esa letra densa e a melodía pausada e ben cantada (non todos o facían) a recoñecer as lindes ocultas, os significados silenciados, a traxedia e a esperanza necesaria do noso. Porque nun tímido e tatexante amencer, moitos de nós andabamos á busca da liberdade imprescindible e do coñecemento negado. Aprendemos a compartir aquelas letras nas que adiviñabas e socializabas ideas e anceios A nosa foi unha xeración de cancións. Aprendemos a compartir aquelas letras nas que adiviñabas e socializabas ideas e anceios. Unha guitarra, a entrada dun portal, un grupo de mozas e mozos e a cantar. E a soñar. Valíanos a máis pequena insinuación á protesta... Miro estaba alí. Non saía na radio (medio case único para moitos de nós de escoitar música) pero no boca a boca si andaba. E houbo un día que o vin e oín cantar. Non sei quen me levou. Tanto ten. Tampouco sei se foi un recital prohibido ou permitido daquela maneira. El estaba alí e cantou e tocou a guitarra. Sabía ben máis acordes ca nós. Tocaba a guitarra con mestría. Cantaba con seguridade, posuíndo a un auditorio entregado. Con voz harmoniosa e cálida... Olla meu irmao honrado... Castrelo de Miño... Dona Eusenda... Era Miro Casabella, o máis senlleiro de todos eles. Quen máis coidaba a música. As cancións non eran só a protesta, había arte, calidade... densidade. Aquilo marcoume. Foi unha mestura de medo ao prohibido e ao estado policial e de apreixar aqueles tesouros feitos cancións. Eu confeso, el xa o sabe, que cantei moitas das súas cancións de oírllas unha ou dúas veces e como eu as canto non se parecen ás orixinais. Son versións obrigadas pola memoria musical. Demorei moito en trabar amizade con el. Cando nós comezamos a cantar, el deixaba. Cando o Prestige, a min encomendóuseme preparar o Concerto Expansivo na provincia de Lugo e falei con el. De entrada dixo que non... que xa non estaba niso... que... Onde ti queiras... ofrézoche Guitiriz, un auditorio amigo e a pelo. Aceptou... Logo compartimos estrado e canción desde A Quenlla ou con Mero. Amizade, ideas. Loita e País. El estaba no camiño da recuperación da Matria cando só había croios e frío. Cando a nosa vida transcorría en branco e negro. Hoxe hai moito charlatán de feira que conta historias que nunca sucederon. Nada era rosa. Nada foi fácil. O conto da transición marabillosa é só iso: un conto. A realidade foi máis dura e difícil: houbo que recuperar a palabra. En toda a súa dimensión. A palabra esquecida. A que a maioría do pobo non quería oír. Si, afirmo que non a quería oír. Doíalle. Doíanos a todos nós a mentira sabida, as pistolas amarteladas, o medo mamado en silencio desde o leite materno. Na nova democracia seguían mandando os vellos fascistas. Agora tutelaban as novas formas. Só mudara o pelexo aparente. Domesticados polo fascismo pasado, presente e o que permaneceu, poucos querían oír a palabra liberdade. Miro levábaa constantemente nos labios. Levou tempo a máis mastigala. Hoxe aínda canta e que seña por moitos anos. Van estas lembranzas en agradecemento por estar aí, antes e despois, pola dignidade e a coherencia. E pola calidade da súa arte. Saúde, compañeiro. E Parabéns [Esta colaboración aparece no A FONDO especial Miro Casabella, publicado no Sermos Galiza 255, á venda na loxa]"}
{"ID": "NOS_9777", "summary": "Hablamos Español, asocaición presidida por Gloria Lago, promove unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) discriminatoria co galego. A norma que buscan levar ao Congreso pon o foco na relación da cidadanía coas Administarcións e no ensino.", "text": "\"Un sistema no que dúas linguas son simultaneamente oficiais debe xirar sobre o principio de liberdade de elección\". É unha das primeiras sentenzas que recolle a Lei de liberdade de elección lingüística que pretende levar ao Congreso dos Deputados Hablamos Español, unha asociación fundada hai máis de dous anos para \"defender os dereitos lingüísticos dos hispanofalantes\". Así se presenta no seu sitio web, como un colectivo \"apartidista sen ánimo de lucro\" que avoga por unha política lingüística baseada na libre elección das persoas, \"que non se poña ao servizo da conservación das linguas\". Ataque ás linguas cooficiais Na práctica, baixo a aparencia do respecto aos dereitos lingüísticos das persoas, o texto que ampara a iniciativa cidadá agocha un intento de fulminar as linguas propias e cooficiais do Estado español no ámbito das administracións públicas, da empresa privada, do ensino, da cultura e da toponimia; a partir dunha realidade deturpada que non é quen de soster boa parte das súas demandas. A Lei que propón Hablamos Español pon o foco naqueles territorios onde existen linguas cooficiais para privilexiar o uso do castelán por riba dos idiomas propios. De saír adiante, a norma reivindica a presenza do castelán en todas as estancias dependentes das Administracións públicas, por separado ou en formato bilingüe. Nos edificios e documentos oficiais, na información turística, nos sinais de tráfico. Avoga por recuperar os topónimos en español de longa tradición para que volvan ser oficiais. Insiste en obviar as obrigas dos poderes públicos a respecto das linguas propias e cooficiais para seguir demandando \"que se poida estudar español en todo o Estado\". E desculpan as empresas privadas no uso das linguas minoritarias mais o colectivo de funcionarias que tampouco terán por que saber os idiomas cooficiais. Administración e ensino \"Non será necesario que todos os empregados públicos coñezan a lingua cooficial co castelán no territorio no que prestan os seus servizos\" co fin de que \"ser hispanofablante non supoña un impedimento para viaxar, estabelecerse ou acceder a unha oposición en calquera parte do Estado\". Unha norma que, ademais de ignorar os dereitos lingüísticos dos galegofalantes e o deber do Estado de asegurar unha presenza adecuada dos idiomas cooficiais na Administración periférica, esquece que as empregadas do ámbito da Xustiza, de facenda ou da Seguridade Social xa non teñen a obriga de saber galego nin calquera outra lingua propia. Con todo, a Lei para a que xa avanzaron o seu apoio representantes do Partido Popular, de Ciudadanos e de Vox no Congreso fai fincapé no ensino. \"Os pais das crianzas menores de idade terán dereito a elixir a lingua oficial na que os seus fillos e fillas reciban a ensinanza\", e no seu caso, o alumnado maior de idade. Ningún modelo adicional que poidan ofertar os poderes públicos suporá a restrición dese dereito fundamental, manteñen, unha solución que pode deixar o galego na escola nunha situación de desleixo e discriminación maior que a que rexistra na actualidade. Segundo datos do Instituto galego de estatística, o castelán é a lingua maioritaria no ensino. 500.000 sinaturas Despois de fracasar no primeiro intento, finalizado en novembro de 2018, Hablamos Español, a asociación presidida por Gloria Lago, obtivo de novo o beneplácito da Mesa do Congreso dos Deputados para iniciar unha segunda recollida de sinaturas co mesmo propósito: presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en favor da liberdade de elección de lingua en todos os ámbitos da vida pública, nomeadamente no ensino. Para ser considerada pola Cámara lexislativa, a iniciativa cidadá require do aval de 500.000 sinaturas que comezarán a xuntar tan pronto a Xunta Electoral sele os pregos correspondentes para a posta en marcha do procedemento. A Lei de liberdade de elección lingüística que defende o colectivo busca protexer o dereito a usar o español e foi, en 2017, o xermolo da asociación."}
{"ID": "NOS_1513", "summary": "A poetisa declama versos no Queen's College da Universidade de Oxford -fundado no século XIV polo capelán Robert de Eglesfield- tanto en versión orixinal como en inglés no recital protagonizado pola académica da lingua e a súa tradutora, Erin Moure.", "text": "Era o día da miña execución / movíame con facilidade, podía mesmo embarcar / lembraba todos os códigos. Así comeza un dos poemas de Un libre favor (Editorial Galaxia, 2019), o último traballo da poetisa Chus Pato. A obra soou no Queen's College da Universidade de Oxford -fundado no século XIV polo capelán Robert de Eglesfield- tanto en versión orixinal como en inglés no recital protagonizado pola académica da lingua e a súa tradutora, Erin Moure. It was my execution day / I moved with ease, could even embark / I remembered all the codes, respondeulle a tamén poeta, de nacionalidade canadense mais con orixe galega. O acto estivo enmarcado na programación da residencia sobre escrita internacional e tradución do Queen's College, que incluíu outras actividades protagonizadas por ambas as dúas autoras. O público tamén puido gozar da declamación de Secesioín-Incession, á que se sumou Alba Cid, lectora de galego na Universidade de Oxford e responsábel do centro John Rutherford Center for Galician Studies. A docente leu, asemade, un poema de Atlas, a súa vindeira publicación. Un \"gran recital\" Chus Pato, en declaracións para Nós Diario, define o evento no auditorio do Queen's College de Oxford como «un gran recital». «O acto -explica a poetisa- comezou coa lectura dun poema en galego de Alba Cid. Logo -prosigue- veu o recital de Un libre favor, que aínda non está publicado en inglés, o que foi como unha especie de presentación do libro alí. E, finalmente, concluímos cunha rolda de preguntas do público». A escritora engade que a súa estadía en Oxford «prolongouse catro días», grazas ao convite do Departamento de Tradución, e apostila que durante ese tempo ela e Erin Moure protagonizaron «moitas máis actividades» alén do recital do Queen's College. «Por exemplo, impartimos unha clase cos alumnos de Alba Cid no Centro John Rutherford, na que falamos de poesía ou tradución», afirma. O de Oxford non foi o primeiro recital internacional compartido por Pato e Moure. En 2015 converteuse na primeira figura das letras galegas en rexistrar súa voz na Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard."}
{"ID": "PRAZA_815", "summary": "Participarán alumnos e alumnas de centros de ensino das dúas localidades, nunha acción organizada por Ponte... nas ondas! en conmemoración dos 20 anos da inauguración da ponte internacional João Verde-Amador Saavedra", "text": "Alumnos e alumnas de centros de ensino de Salvaterrra do Miño e Monçao realizarán este luns 13 de abril unha cadea humana sobre a ponte que une as dúas localidades, nunha acción organizada por Ponte... nas ondas! en conmemoración, precisamente dos 20 anos da inauguración da ponte internacional João Verde-Amador Saavedra. A xornada comezará ás 10.30 horas co inicio da cadea humana. Ao son da canción Máis perto (composta por Uxía e Segundo Grandío para Meniños Cantores) os mozos e mozas das dúas beiras uniranse e soltarán globos coa lema \"Un Patrimonio para o futuro\", no que lembrarán a iniciativa das escolas de Galicia e do Norte de Portugal para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO. Haberá tamén xogos infantís e un concerto a cargo de Magín Blanco. En 2007 a Asociación Ponte... Nas Ondas! realizara un vídeo, no que 2.000 mozos e mozas pedían sobre as pontes do Miño unha nova oportunidade para a Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Hai uns meses a Asociación embarcouse nun novo intento para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa recoñecido pola Unesco, despois de que hai dez anos a proposta non fose aceptada, en parte polo limitado apoio do Goberno portugués á proposta. Santiago Veloso, responsable da iniciativa, expresou a súa confianza en que desta volta a cultura galego-portuguesa si acade esta distinción. O pasado 28 de marzo Salvaterra do Miño e Monção celebraron oficialmente o vinte aniversario da inauguración da ponte internacional entre as dúas vilas. Tamén Ponte…nas Ondas! celebrou nesas datas os seus vinte anos cunha emisión radiofónica especial."}
{"ID": "NOS_52757", "summary": "Asinou un pacto cos populares onde renuncia o cargo pero continúa como número dos do goberno na localidade pontevedresa. Socialistas e nacionalistas cualifican o feito de \"traizón\" e \"incoherencia\".", "text": "Gonzalo Pita conseguira romper a hexemonía do PP en Sanxenxo tras 16 anos consecutivos de gobernos populares. Pero só dous anos despois, o mesmo Pita vén de devolver a alcaldía do municipio pontevedrés a Telmo Martín, até o momento líder da oposición. O rexedor rompe así o acordo de goberno tripartito con PSOE e BNG, aínda que mantén a súa acta na corporación como tenente de alcalde. Pita, da formación Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), unha escisión nada do propio PP, acusou a socialistas e nacionalistas de deslealdade, en particular pola reforma dunha céntrica rúa e relacionada con vinte prazas de aparcadoiro. Un argumento que rexeitan os que foran os seus socios, cuestionando as motivacións do pacto cos populares. Os portavoces dos socialistas e dos nacionalistas aseguran, segundo recolle o xornal Pontevedra Viva, que non foron informados previamente da ruptura do tripartito, un feito que cualifican de \"traizón\" á veciñanza que apostara por un cambio na localidade e de \"incoherencia\" política. \"O concepto de lealdade que el entende é apuñalar por detrás os seus socios de goberno e xurar pleitesía a Telmo Martín\", sinalou o voceiro local do BNG, David Otero. Na mesma liña, a súa homóloga no PSOE, Coral González-Haba, acusou a Pita \"dunha cobardía notoria\". Un goberno que quedara en igualdade de forzas co PP hai un ano coa saída do concelleiro de Cultura, Roberto Carlos Agís, representante de Sanxenxo Pode. Agís xustificou nese momento a existencia de \"diferenzas insalvables\" co resto do goberno, mais aseguraba que nunca pactaría cos populares, a quen porén deu o seu apoio en media ducia de propostas nos últimos meses. Populares e liberais suman así 12 dos 17 postos do pleno municipal, anda que a actual concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa, do SAL, amosou a súa oposición a formar parte do novo goberno."}
{"ID": "NOS_31469", "summary": "A resposta da Unión Europea á pandemia do coronavirus deixou unha nova categoría, os frugais. A denominación empregada para designar un conxunto de Estados do centro e do norte de Europa agocha unha realidade social e política diversa. A súa actitude exemplifica a natureza do proxecto comunitario.", "text": "O último cumio europeo deixou liberais, conservadores e demócratas cristiáns defendendo políticas económicas expansivas e a socialdemócratas apoiando medidas de contención do gasto e de recorte do investimento público. O proceso de reconfiguración dos dous grandes espazos políticos do continente e o constante achegamento dos vellos partidos socialdemócratas ás formulacións neoliberais explican en parte o acontecido. Porén, non é o único factor nin un fenómeno novo, dado o consenso existente entre uns e outros a respecto do actual modelo da Unión Europea. Os denominados Estados frugais son un exemplo disto. Agás os Países Baixos, cuxo xefe de Goberno é o liberal Mark Rutte, á fronte dun Gabinete de varios partidos de dereita, os outro catro países do clube teñen a forzas definidas de esquerda no Goberno. Así, Dinamarca, Suecia e Finlandia teñen primeiros ministros socialdemócratas, Mette Frederiksen, Stefan Löfven e Sanna Marin, que partillan filiación na Internacional Socialista co mandatario español Pedro Sánchez ou co portugués António Costa. Pola súa banda, os verdes fan parte dos Gobernos finlandés, sueco e austríaco, neste caso presidido polo conservador Sebastián Kurz. O sistema de benestar destes países non escapa aos retallos impostos nas últimas décadas, mais atópase moito máis desenvolvido que nos Estados da periferia europea. O gasto público representa 59,4% do PIB en Finlandia, 49,6% do PIB en Dinamarca, 49,3% en Suecia, 48,2% en Austria e 41,9% nos Países Baixos, situándose, agás neste último caso, por riba da media comunitaria e diante de Estados como Grecia, Alemaña, Portugal ou España. Ao tempo, a extensión dos programas de protección social atópase á cabeza da Unión Europea e o alcance da rede asistencial para maiores e a infancia está por diante dos seus socios europeos. A súa aposta polos servizos públicos é superior ao resto da Europa dos 27. Os denominados frugais son dos grandes beneficiados do proxecto comunitario. A súa condición de Estados centrais que fan parte do núcleo de poder da Unión Europea favorece un desenvolvemento que os Estados da periferia nunca van lograr dada a propia xenética e dinámica do proceso europeo. Neste sentido, a comisaria europea para a Cohesión e Reformas, a portuguesa Elisa Ferreira, sinala que o diñeiro recibido do presuposto da Unión Europea por estes países supera de lonxe a súa contribución ao orzamento comunitario. Segundo as cifras feitas públicas por Ferreira, a cidadanía dos Países Baixos será a cuarta que máis diñeiro recibirá da Unión Europea no período 2021/2027 con perto de 5.000 euros ao ano por habitante; seguida por Austria, con algo máis de 4.000 euros ao ano por habitante e de Dinamarca, cunha contía superior a 3.500 euros ao ano por habitante. As achegas do orzamento comunitario a estes países aprobados no recente cumio fican moi por diante do Estado español, que non chega a 2.000 euros ano por habitante; de Italia, con pouco máis de 1.000 euros anos por habitante, ou de Portugal, cunha cantidade semellante. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, vén de manifestarse a respecto dos resultados do cumio comunitario. Neste sentido advirte de que \"existen fortes recortes en partidas fundamentais para a Galiza, como a PAC, os fondos de cohesión e o fondos para a transición xusta\". Ao tempo, critica que os recortes, ademais de poder debilitar o impacto económico do plan de recuperación, \"evidencian que a UE vai aplicar medidas regresivas. Engade que os plans estatais \"poden ter consecuencias no aumento de impostos, do déficit e no mercado laboral\"."}
{"ID": "NOS_37342", "summary": "\"As sentenzas demostran que a empresa pretendeu converter nun conflito persoal o que era en realidade un conflito laboral e sindical\", valoran desde a central sindical.", "text": "Os xulgados do social 1 e 2 de Santiago de Compostela veñen de emitir senllas sentenzas nas que deixan sen efectos dúas sancións moi graves da compañía Enaire a dúas traballadoras que exercen como delegadas sindicais, segundo informa a CIG. Nun comunicado, o sindicato sostén que estas traballadoras \"levaban anos sufrindo todo tipo de presións laborais e persoais\" por parte da empresa pública Enaire para impedir a súa actividade sindical como delegadas desta central no aeroporto de Santiago. \"Nas sentenzas queda demostrado que a empresa pretendeu converter nun conflito persoal entre as traballadoras e os seus responsábeis o que era en realidade un conflito laboral e sindical que durante anos deixou á CIG sen poder representar ás traballadoras e traballadores deste centro de traballo\", sostén a central sindical. Enaire acusa dúas representantes da CIG de acosar outras compañeiras O representante da FGAMT-CIG en Santiago de Compostela, Inácio Pavón, denuncia a cantidade de recursos económicos que a empresa destinou a \"esta montaxe\", para o que mesmo sacou un concurso público para a contratación dun despacho de avogados, peritaxes psiquiátricas e todos os procedementos e demandas xudiciais que realizou. En xuño de 2021, Enaire abriu expediente contra estas dúas traballadoras, delegadas da central sindical, porque segundo a empresa, 100% pública e dependente do Ministerio de Transportes, acosarían os seus responsábeis no departamento de recursos humanos. Unha acusación que a CIG cualificou no seu momento de \"absurda\", ademais \"de extrema gravidade\" porque podería terminar no despedimento destas empregadas."}
{"ID": "PRAZA_11664", "summary": "A CGT require \"o cesamento neste tipo de prácticas abusivas e intimidatorias\" e denuncia que a empresa reclama aos traballadores os nomes e apelidos dos doutores que optan por dar un parte de repouso en lugar da baixa. A firma executou xa catro despedimentos por ausencia médica ao abeiro do aval do Constitucional.", "text": "O aval do Tribunal Constitucional ao despedimento obxectivo por faltar un número determinado de días ao traballo, aínda que sexa por unha enfermidade e de forma xustificada, cebouse en Galicia co sector do telemárketing, un dos máis precarizados. A empresa Extel tirou desta posibilidade agora lexitimada pola Xustiza para despedir catro persoas na Coruña nunha semana, tres delas no mesmo día. A decisión é considerada polos delegados sindicais unha \"estratexia\" da compañía para prescindir de persoal \"sen necesidade de ERE e maior conflito\". As sospeitas son que estes despedimentos non serán os últimos.A CGT denuncia en Inspección de Traballo a \"práctica abusiva e intimidatoria\" da empresa, que require o nome dos médicos que dan parte de repouso en lugar de baixaA \"presión\" exercida pola empresa é duramente criticada pola representación do persoal, que tomou máis medidas logo da exitosa folga do 9 de decembro. O pasado xoves, delegados no comité de empresa da CGT, sindicato maioritario, denunciaron ante Inspección de Traballo a compañía por \"solicitar aos traballadores os nomes e apelidos do doutor ou doutora que expida un parte de repouso en lugar da baixa\". \"É unha vulneración clara do dereito á intimidade\", di a denuncia á que tivo acceso este diario sobre unha práctica que está a levar a cabo o departamento de Recursos Humanos de Extel na Coruña. A empresa levou a cabo un \"cambio unilateral nos criterios para xustificar as ausencias por razóns médicas, eliminando a posiblidade de entregar un parte de horas médicos ou de repouso por unha ausencia dun día\". Tal e como explican varios traballadores, rompeuse así un acordo que foi ratificado hai meses no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e que levaba vixente 20 anos. Con esta mudanza, din os sindicatos, a compañía busca que persoal acumule o número de baixas --e non partes de repouso-- necesarios para poder tirar do artigo 52 do Estatuto dos Traballadores, introducido pola reforma laboral de 2012, e avalado polo Tribunal Constitucional nunha polémica sentenza de hai só uns meses. Ao abeiro deste aval foron despedidos xa catro persoas nunha semana no centro de Extel da Coruña. \"Todas estas medidas só buscan intimidar os traballadores\", advirte a CGT na denuncia sobre a demanda na que aclara que a petición dos nomes e apelidos dos médicos \"é unha práctica abusiva por parte da dirección da empresa, xa que calquera xustificante médico reflicte o número de colexiado do facultativo sen necesidade de esixir aos traballadores esa información\". \"A empresa puxo en marcha esta estratexia para xerar temor entre o persoal, máis aínda despois dos últimos despidos baseados no artigo 52 do Estatuto dos Traballadores\"\"A empresa puxo en marcha esta estratexia para xerar temor entre o persoal, máis aínda despois dos últimos despidos baseados no artigo 52.D do Estatuto dos Traballadores\", explica o texto presentado ante a Dirección Provincial da Inspección de Traballa da Coruña. Na denuncia, a CGT asegura que agora os traballadores \"evitan acudir ao seu médico ante calquera problema de saúde, oque implica que vaian ao seu posto enfermos, vulnerándose o seu dereito á saúde\". \"Esta práctica empresarial conleva consecuencias para a saúde laboral no centro de traballo ao aumentar o risco de contaxio\", engade. Os traballadores que presentaron o escrito reclaman que Inspección de Traballo \"requira a Extel para que cese neste tipo de prácticas de todo abusivas e intimidatorias\" para que \"o dereito á intimidade e á saúde estea de todo salvagardado\"."}
{"ID": "NOS_5473", "summary": "O presidente da Xunta de Galiza pide nun acto en Lugo o voto a favor do cambio de Goberno \"para evitar que a España do 2024 sexa unha España en deterioro e en profunda recesión económica\" e equipara a política económica de Pedro Sánchez á de Zapatero.", "text": "Feixoo elude calquera responsabilidade propia e do seu partido na xestión económica desde os gobernos de Galiza e do Estado durante esta década. O líder dos populares galegas, en campaña por Lugo esta cuarta feira, dixo que Pedro Sánchez \"é cada vez máis parecido a Zapatero no económico\". O PP utilizou os datos de desemprego publicados esta semana contra o Goberno socialista en Madrid. Feixoo lamentou que España se teña que enfrontar \"aos seus peores datos de paro nos últimos sete anos\", e advertiu dos perigos de \"volver ocultar a realidade e de relativizar outra vez o que sucede\". Nese senso, recordou que \"xa hai precedentes de intentos similares e que os resultados xa os coñecen todos os españois porque os padeceron\". Chamamento ás votantes das dereitas O PP insiste nesta campaña en pedir que se concentre o voto da dereita na candidatura de Pablo Casado. A discreta actuación do candidato no debate televisivo fixo que se intensifique esa demanda. Feixoo volveu apelar esta cuarta feira ao voto útil ao PP para ofrecer unha alternativa de «estabilidade, xestión, rigor e experiencia»."}
{"ID": "NOS_30660", "summary": "O Sergas vén de informar tamén dun alivio da presión hospitalaria ao haber 107 persoas ingresadas na rede galega, nove menos que no anterior balance. A Xunta estima que os casos activos ascenden a 2.387.", "text": "Os contaxios da Covid-19 baixan do centenar desde que comezou a quinta onda na Galiza e a presión hospitalaria volve ter un alivio ao baixar as persoas ingresadas a 107, nove menos que no informe fornecido pola Consellaría de Sanidade esta sexta feira. Segundo o balance feito público este sábado, que inclúe información até as 18 horas da sexta, a taxa de positividade incrementouse a un 4,63% pero os casos activos continúan caendo e agora son 2.387. Respecto da atención na rede hospitalaria do país, hai 28 doentes nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e outras 79 en unidades normais. Por áreas sanitarias a presión descende en catro das sete; mantense na de Ourense; e aumenta lixeiramente na de Pontevedra e na de Lugo. Na demarcación da Coruña e Cee aínda que se manteñen en dez os pacientes Covid na UCI, descenden a 19 os doutras unidades -seis menos-; mentres que na de Compostela continúa sendo atendidas dúas persoas en críticos, pero hai 13 pacientes en planta (dúas menos que na sexta feira). Na de Ferrol fica un na UCI e baixaron de cinco a tres as infectadas ingresadas noutras áreas. En Vigo, quedan cinco en críticos (dous menos) e nove no resto das unidades de hospitalización. Por contra, na zona de Pontevedra, aínda que descenden as atencións en coidados intensivos, onde só queda un paciente -dous menos-, aumentan os hospitalizados en planta, sete -tres máis-. Tamén se incrementa a presión na área de Lugo, que mantén a catro pacientes en críticos, pero que conta con 18 ingresados en unidades convencionais fronte aos 15 dos que informara a Xunta no anterior parte. A área de Ourense, pola súa banda, mantense sen cambios, con 10 hospitalizados en planta e cinco pacientes en UCI. Os activos, en caída Os casos activos de coronavirus manteñen a tendencia descendente e baixan a 2.387, que supoñen 193 menos que os rexistrados até o día anterior, ao haber máis altas (292) que contaxios (99), e non ter que contabilizar ningún falecemento. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden de novo nas sete: A Coruña e Cee (-54), Santiago e Barbanza (-34), Ourense (-5), Lugo (-40), Ferrol (-13), Pontevedra e O Salnés (-17) e Vigo (-30). Así, o espazo sanitario da Coruña e Cee ten a cifra máis alta de casos, con 633; seguido do de Lugo, con 470; Vigo, con 403; Compostela e Barbanza, con 375; Ourense, con 271; Pontevedra e O Salnés, con 160; e Ferrol mantense á cola, con 75, a única por baixo do centenar. Cómputo global Con estes últimos datos, as contaxiadas na Galiza durante a pandemia ascenden a 181.644, deles 42.935 (+13) na área da Coruña e Cee; 37.464 (+22) na de Vigo; 26.857 (+7) na de Santiago e Barbanza; 21.584 (+20) na de Ourense; 21.363 (+4) na de Pontevedra e O Salnés; 19.770 (+32) na de Lugo; e 11.604 (+1) na de Ferrol. Nas últimas horas non se comunicaron novos pasamentos vinculados ao virus, polo que a cifra de vítimas continúa en 2.614. Casos nos centros de maiores Pola súa banda, a Consellaría de Política Social informou da redución do número de infectadas na residencia DomusVi Monforte, ao dar negativo 20 das usuarias que tiñan coronavirus. Porén, detectáronse outras 13 infeccións, polo que o número de residentes coa Covid-19 é de 52. En todo o país hai 57 maiores co virus, dado que tamén está activa a doenza en tres persoas que viven no centro xeriátrico O Bolo. Aliás, hai un contaxio na San Vitorio de Baralla e outro na residencia San Marcos Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_3597", "summary": "Fronte ás escenas de compras compulsivas, institucións públicas ou asociacións veciñais organizan redes de axuda para facilitar a vida de persoas maiores ou con problemas de mobilidade durante as restricións pola crise do coronavirus", "text": "Algunhas das escenas máis recorrentes dende o inicio da crise polo espallamento do coronavirus, tamén en Galicia, son aglomeracións en supermercados. Persoas que dan en acaparar produtos de alimentación ou outros de uso habitual -especialmente, o papel hixiénico- con independencia de non existiren problemas de abastecemento. E obviando, ao tempo, ás persoas máis vulnerables que, por razóns económicas ou físicas, non poden competir nunha carreira de compras masivas.Fronte a esas actitudes, nos últimos días agromaron tamén iniciativas ben distintas. Redes de solidariedade cidadá coa poboación máis fráxil, organizadas a través de concellos e asociacións, pero tamén mediante accións cívicas ante a crise. É o caso, por exemplo, do dispositivo de voluntariado organizado dende o Concello da Coruña \"para atender ás persoas en situación de dependencia e soidade ou con mobilidade reducida\", e que no inicio da tarde deste sábado xa sumara 500 inscricións de persoas voluntarias.O Concello da Coruña e asociacións en Pontevedra ou Santiago están a organizar grupos de voluntariado para axudar a persoas que, pola súa idade ou problemas de mobilidade, non poidan realizar tarefas cotiás durante a crise do coronavirusProtección Civil organizará ás persoas inscritas -o único requisito é ser maior de idade e non estar nun grupo de risco ante o coronavirus- para realizaren labores como achegar a compra ás persoas que o precisen, acudiren á farmacia ou axudala noutras accións cotiás para os que se vexan imposibilitadas por mor das restricións aplicadas para frear o virus. As persoas que precisen a axuda poden chamar ao teléfono de información municipal 010. O Concello anima, adicionalmente, a espallar a existencia desta rede mediante a colocación de carteis, toda vez que parte da poboación obxectivo ten menor acceso a internet e redes sociais. En varios puntos da cidade están a organizarse, ademais, grupos de apoio mutuo.Tamén en Pontevedra xurdiu unha rede de voluntariado para afrontar esta crise, no seu caso a nivel provincial e a través da Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra. Como informa Pontevedra Viva, o colectivo ponse á disposición da cidadanía que precise axuda no coidado de nenas e nenos durante o cesamento da actividade escolar. Quen o precise, pode chamar ao 986 26 26 37 ou ao 678 727 382.No tecido asociativo xorde tamén outra rede solidaria fronte ao coronavirus, neste caso en Santiago da man da Asociación Veciñal As Marías, que abrangue rúas da capital galega como Basquiños, Espírito Santo ou Pastoriza. \"Nestes tempos de incertezas, é tempo de comunidade\", explican dende as súas redes sociais. O colectivo diríxese especialmente á veciñanza con problemas de mobilidade que precise informarse a respecto do que está a acontecer ou se vexa imposibilitado para realizar compras ou outros recados. \"Así funciona un barrio vivo\", explican. No seu Facebook ofrecen os datos de contacto para colaborar ou procurar axuda.Chamamento ao civismo e á \"tranquilidade\" nas compras Xunto a estas redes solidarias, dende as institucións e outras entidades apélase tamén ao civismo, precisamente, na realización de compras. É o caso do Concello de Pontevedra, que nun comunicado pediu \"tranquilidade á veciñanza\" para que \"non se produzan aglomeracións nos establecementos de alimentación\", toda vez que os supermercados \"están abertos e abastecidos en todo momento\".O Concello de Pontevedra apela ao consumo \"racional e normal\", xa que \"os supermercados están abertos e abastecidos\"Cómpre, subliña o goberno local pontevedrés, realizar un \"consumo racional e normal, como calquera outro día\", xa que as compras compulsivas \"conseguen o efecto contrario\" ao buscado coas medidas contra o virus, toda vez que \"supoñen unha gran cantidade de persoas a escasa distancia\". Cómpre, subliña, \"solidariedade\" para que toda a poboación poida mercar sen problemas e tamén facilitar o traballo \"dos profesionais da alimentación, que estes días están a realizar un labor social sen precedentes\".Sobre o persoal dos supermercados pon o foco o sindicato Comisións Obreiras, que nunha carta dirixida á Presidencia da Xunta e ás consellerías de Economía e Sanidade reclamou medidas contra o \"grupo de poboación que está a tomar actitudes irresponsables\". Esas aglomeracións, advirten, poñen en risco ao persoal e dificultan o seu labor en días coma estes, de moito traballo e tensión.Esas compras masivas contrastan, non obstante, con escenas tamén vividas nos últimos días, incluíndo este sábado, nas que veciñanza de diversas vilas e cidades optou pola orde e a calma á hora de realizar as súas compras. Así, por exemplo, este sábado unha carnizaría do centro de Santiago rexistraba unha pequena ringleira de clientela que, respectando a distancia de en torno a un metro por persoa, agardaba en calma para mercar cantidades habituais de produtos."}
{"ID": "NOS_50745", "summary": "A Administración galega facturou arredor de 5.000 euros con empresas do narco Dorado durante os tres primeiros anos de goberno Feijóo.", "text": "Novos dados do caso Feijóo, subministrados neste caso por el mesmo na conferencia de imprensa após o Consello de Ministros. Feijóo informou hoxe de que a Administración galega, no período 2009-2012, con el como presidente, facturou arredor de 5.000 euros con empresas de Dorado. A esa altura, Dorado xa fora condenado por narcotráfico. Quen fora amigo de Feijóo nos 90 -e que mantivo a relación telefónica no mínimo até o 2003- foi procesado polo xuíz Taín en 2003. Así o recoñecía o propio presidente da Xunta de Galiza en comparecencia de imprensa. Após o Consello da Xunta, Alberto Núñez Feijóo explicaba máis devagar unha das acusacións lanzadas contra os grupos da oposición no debate parlamentar da pasada cuarta feira. O líder do executivo galego daba conta das subvencións e relacións económicas entre a administración galega e as empresas do narcotraficante Marcial Dorado. Neste senso, Feijóo recoñeceu que durante a súa primeira lexislatura á fronte da Xunta, o goberno galego pagara facturas en concepto de servizos prestados a empresas titularidade de Dorado, por valor de 5.000 euros. Feijóo recoñece ter pagado 5.000 euros a empresas de Marcial Dorado en facturas pola prestación de servizos á Xunta Os pagamentos corresponderían ao período 2009-2012, cando o sonado narcotraficante xa fora condenado e ficaba en prisión. Malia que Alberto Núñez Feijóo procurou sacarlle ferro á revelación argüíndo que non son o mesmo \"facturas que subvencións\" o certo é que Xunta mantivo unha relación contractual con algunha das empresas de Dorado sendo este xa xulgado e condenado. A estratexia do \"e ti máis\" que Núñez Feijóo tende a empregar cando debe xustificar a súa acción de goberno, dirixiuse nesta ocasión ás subvencións supostamente percibidas polas empresas de Dorado durante o goberno bipartito. Neste senso, o presidente da Xunta asegurou que o narcotraficante tería percibido unha subvención de 125 mil euros \"por solidariedade cos danos nas instalacións da súa empresa\". Non aclarou máis o líder do executivo mais si aproveitou para acusar á oposición de practicar \"a hipocrisía política\" ao denunciar o seu suposto coñecemento das actividades delictivas de Dorado e autorizar --segundo Núñez Feijóo-- axudas ás empresas do narco. Alberto Núñez Feijóo insistiu en varias ocasións que os datos achegados, após as súas declaracións na comparecencia parlamentar, non tiñan por obxecto \"pór en dúbida a legalidade\" desas concesións --quer en forma d axudas/subvencións, quer co pagamento de facturas-- senón, dixo,\"denunciar\" a actitude hipócrita de PSdeG e BNG. O presidente da Xunta rexeita aclarar o diñeiro percibido por Dorado durante os 16 anos de Goberno Fraga Ambos os dous grupos parlamentares exixen agora ao presidente da Xunta que presente á Fiscalía a documentación que dá conta dos pagamentos outorgados pola administración ás empresas do narco. Porén, Feijóo retrucou con rentranca \"quere o bipartito que o leve á Fiscalía?\". Nin un só dato da época Fraga Unha das preguntas máis recorrentes arredor das relacións contractuais entre Marcial Dorado e a Xunta de Galiza correspondía ao período correspondente aos gobernos de Manuel Fraga. Naquela altura en que Feijóo era o segundo nome na consellaría de Sanidade e mantiña unha relación de amizade co narco arousán. Mais o líder do executivo galego rexeitou en varias ocasións responder ás preguntas d@s xornalistas asegurando que todo se sabería no seu momento. \"Quere sabelo vostede antes que o Parlamento?\" lle inquiría o presidente da Xunta a un xornalista. Pois o certo é que a imprensa quería completar a información feita pública polo propio Núñez Feijóo mais el, deu por concluída a rolda de imprensa. \"Revisen os vídeos da comparecencia de onte\", dicía con sorna o presidente ao tempo que aseguraba \"unha segunda comparecencia non me parece oportuna, onte xa respondín a 23 preguntas e elas me remito\"."}
{"ID": "NOS_51737", "summary": "A policía deberá verificar se existe unha relación entre o uso do 'Z' e a guerra de Ucraína e, nos casos xustificados de sospeita, procesar aos autores.", "text": "As rexións alemás de Baviera e Baixa Sajonia perseguirán a calquera que use a letra \"Z\" en público, un símbolo de apoio á guerra de Rusia contra Ucraína. As persoas que \"expresen publicamente a súa aprobación á guerra de agresión do presidente ruso Putin contra Ucraína utilizando este símbolo 'Z' enfrontarán consecuencias penais\", dixo o ministro do Interior de Baixa Sajonia, Boris Pistorius, nun comunicado. Comeza en Turquía una nova rol da de negociacións entre Rusia e Ucraína Desde o inicio da guerra en Ucraína, un 'Z' en branco apareceu sobre os tanques e uniformes das forzas rusas. O signo trasladouse desde entón a diversos espazos públicos, tanto en Rusia como fóra dese país. Viuse \"en edificios, coches ou roupa\", explicou o goberno de Baixa Sajonia. Prohibición do símbolo A pasada fin de semana alertou a cidadanía. Queda prohibido o uso dese símbolo, de apoio ás tropas rusas durante a guerra con Ucraína. E advertiu das posíbeis consecuencias penais. O artigo 140 do Código penal alemán castiga con até tres anos de prisión e unha multa a quen aprobe publicamente as guerras de agresión. A ONU alerta de que tanto Rusia como Ucraína estarían a cometer crimes de guerra O ministro de Xustiza de Baviera, Georg Eisenreich, afirmou que \"todo o mundo pode expresar a súa opinión en Alemaña\", pero \"a liberdade de expresión termina onde empeza o código penal\". Primeiras retiradas Tras a popularización do 'Z' e os avisos das autoridades, a empresa de seguros Zúric retirou o seu logo -un 'Z' branco sobre un fondo azul- para evitar calquera interpretación posíbel de apoio explícito a Rusia. A compañía explicou que están a retirar o símbolo que a representa \"de forma temporal\" nas súas redes sociais, onde aparece sen contexto e que podería levar a malentendidos\". Significado do 'Z' O 'Z', unha letra que non pertence ao alfabeto cirílico, apareceu por primeira vez nos vehículos militares rusos durante a invasión de Ucraína. Segundo o profesor da Universidade da Cidade de Dublín Donnacha Ó Beacháin, o 'Z' podería ser unha abreviatura da frase \"pola vitoria\". Se ben hai quen defende que podería significar oeste. O xornalista Pablo González, acusado de ser un espía de Rusia, seguirá en prisión até o 29 de maio O significado concreto do signo é descoñecido, pero xa está presente nos coches, roupa ou redes sociais como mostra de apoio ás tropas rusas. Tras a iniciativa de Baviera e a Baixa Sajonia, outros estados federais como Berlín, Sajonia-Anhalt e Baden-Württemberg tamén se pronunciaron a favor de tipificar o seu uso como delito."}
{"ID": "NOS_53004", "summary": "O Goberno galego estima que foron desaloxadas 1.400 persoas.", "text": "A vaga de incendios que afecta a Galiza desde a pasada quinta feira segue sen estar controlada e xa queimou perto de 25.000 hectáreas, cos lumes do Courel e Valdeorras como os de maior extensión no país. Xa son cinco os lumes que superan o milleiro de hectáreas arrasadas, todos eles aínda activos. A Xunta ten despregados nos concellos máis afectados polo lume 538 brigadistas dos 7.000 dispoñíbeis Segundo a última actualización da Consellaría de Medio Rural, o macroincendio de Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón ascende até as 7.500 hectáreas, onde segue activa a Situación 2 de alerta por proximidade das lapas a vivendas nos núcleos de Parada dos Montes e Carballal (Folgoso) e máis Busto (A Pobra). Ademais, existe outro foco de 1.100 hectáreas na parroquia de Seceda, tamén en Folgoso, con Situación 2 por proximidade ao núcleo de Gamiz. A estimación provisional da Xunta mantén a superficie afectada en Carballeda de Valdeorras en 9.000 hectáreas. Trátase dun lume que se estendeu nas dúas marxes do río Sil e afecta o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. Adrián González, veciño de Santa Eufemia: \"Os veciños salvaron todos os núcleos do Courel\" Neste incendio, que foi estabilizado o domingo pero reactivouse por mor da acción do vento, está activada a Situación 2 pola proximidade das chamas ao núcleo de Candeda, en Carballeda. E alcanza xa León, onde se desaloxaron as poboacións de Salas da Ribeira e San Pedro de Trones, no municipio de Ponte de Domingo Flórez. Segundo os últimos datos da Consellaría do Medio Rural, son máis de 1.400 as persoas que foron desaloxadas por estes incendios en 80 núcleos de poboación pertencentes ao Courel, que suma 60 dos 80 núcleos, e Valdeorras. O lume avanza sen control e as hectáreas arrasadas superan xa as 19.000: estes son os incendios que seguen activos O terceiro incendio forestal con máis superficie afectada, tamén activo e aínda fóra de control, é o que xa arrasou 3.500 hectáreas do Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso. Oímbra A situación agravouse na tarde da terza feira en Oímbra, onde un dos tres focos obrigou a activar a Situación 2 por proximidade do lume ao núcleo de Feces de Cima, en Verín, aínda que xa está desactivada. Este foco comezou na parroquia de Rabal e calcina xa 750 hectáreas. As lapas volven pór en perigo o monte comunal de Mandín, en Verín Aliás, reactivouse o foco de Videferre, que se atopaba xa estabilizado, con perto de 350 hectáreas queimadas. Súmase ao incremento nas hectáreas afectadas polo lume de Rabal, unhas 1.200 polo de agora. O terceiro incendio activo no municipio, na parroquia San Cibrao, queimou 400. Outros incendios Ás 23.31 horas, declarouse extinguido un dos catro lumes existentes no concello de Cervantes, o da parroquia de Donís (75 hectáreas). No tocante aos outros tres focos, está controlado o de Noceda desde as 23.31 horas (100 hectáreas). Mentres, seguen estabilizados os de Cereixedo (65 hectáreas) e O Castro (20 hectáreas). Veciñanza de Lugo e Ourense denuncia un 'Prestige interior': \"O lume non dá tregua no monte e nós non a daremos na rúa\" En Quiroga, está controlado o da parroquia de Outeiro (250 hectáreas) e estabilizado o de Nocedo (15 hectáreas). Ademais, están controlados o da parroquia de Ramil (375 hectáreas), no concello de Palas de Rei, e o da parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante (40 hectáreas), en Antas de Ulla. No concello de Rodeiro, en concreto na parroquia de Guillar, un lume controlado mais non extinguido levou por diante unhas 200 hectáreas, e outro foco no Piñeiro (Covelo), tamén controlado, queimou xa 20 hectáreas. *Información actualizada ás 16.20 horas"}
{"ID": "NOS_47087", "summary": "Lamentan que o Sergas non asumise responsabilidades polo sucedido a pasada fin de semana na Estrada.", "text": "O persoal dos PAs - Puntos de atención continuada- de Galiza continúa coas mobilizacións e actos para denunciar o déficit de recursos humanos e a falla de planificación. Este domingo, e convocados por PAC en pé de guerra, médicos e enfermeiros protagonizaron concentracións de media hora ante os puntos de atención. Demandan uns PAC con equipos completos e acaídos á cantidade de poboación que deben atender. Neste senso, lembran que no periodo estival agrávanse as deficiencias existentes na planificación e en canto á escaseza de persoal. O acontecido na Estrada -un paciente morreu no PAC sen asistencia médica ao non estar presente o facultativo, que saiu para atender unha urxencia- semella que non fixo reflexionar a administración. Desde Pacs en pé de guerra lamentan que \"nin xerencias nin Sergas foron quen de asumir responsabilidades\"."}
{"ID": "NOS_21516", "summary": "A fronte nacionalista rexistra unha pregunta na Cámara baixa para que o goberno español explique como as forzas de seguridade entenden que a bandeira nacionalista galega é \"un problema de orde pública\" ou \"unha cuestión de seguridade\"", "text": "A requisa a seareir@s do Deportivo de bandeiras nacionalistas no estadio do Valladolid, último capítulo dun ronsel de accións represivas dirixidas contra os adept@s de equipas galegas en certos campos do Estado, chega ao Congreso. E faino a través dunha pregunta que presenta o BNG e na que inquire ao goberno español por estas actuacións. @s nacionalistas interésanse por coñecer os motivos de por que as forzas de seguridade se incautan de bandeiras democráticas e mesmo cheguen a ameazaren a afeccionados que levan estas enseñas. Diríxese o BNG directamente ao Ministerio do Interior para preguntarlle en que se basea para inclusive prohibir o acceso a unha persoa ao estadio se este levar unha estreleira. Nesta liña, o goberno español terá que respostar se considera ou entende que a bandeira nacional galega é \"unha cuestión de seguridade\" ou \"altera a orde pública\" nun estadio deportivo, mentres que neses parámetros nunca se poñen ás bandeiras españolas, mesmo aquelas que simbolizan a ditadura franquista. Seareir@s no punto de mira En Valladolid mesmo se levantou unha acta a un seareiro deportivista na que puña: \"\"El funcionario actuante requiere al denunciado para que deposite en el control de entrada una bandera independentista que lleva atada a la cintura. Al negarse, el funcionario actuante procede a hacer que abandone el estadio\". A teor disto, o BNG quere saber por que as forzas e corpos de seguridade do estado tratan @s adept@s galeg@s que acoden aos estadios con bandeiras nacionalistas \"como un problema de seguridade ou de alteración da orde pública\"."}
{"ID": "PRAZA_551", "summary": "O concello compostelán aprobou o pagamento de 10 insignias e outros tantos medallóns protocolarios unha semana despois da toma de posesión das concelleiras e concelleiros non electos. Fontes municipais indican que a práctica habitual no consistorio veu sendo a devolución das medallas.", "text": "Na primavera e o verán de 2014 a crise institucional do Concello de Santiago que comezara en 2012 coa dimisión de Gerardo Conde Roa tocou teito coa inhabilitación por prevaricación de máis da metade do Goberno local. A vaga expansiva da operación Pokémon provocou imaxes inéditas na cidade como a celebración dun pleno coa bancada do goberno baleira por non haber ninguén que sentase nela, a designación de tres alcaldes en tres anos ou a conformación dun goberno formado maioritariamente por persoas non electas e dirixidas por quen ocupara o último posto da lista electoral, Agustín Hernández. A saída en masa de quen obtivera a maioría absoluta e a incorporación, tamén masiva, de novos edís pasoulle unha evidente factura política ao consistorio da capital pero outra puramente económica, concretamente de máis de 11.000 euros. O 15 de xullo do pasado ano, unha semana máis tarde da toma de posesión de Hernández e do nos novos nove edís, o novo concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, deulle o visto e prace a varios contratos menores que o consistorio tiña pendentes. A través dese decreto o Concello dáballe luz verde ao pagamento de varios espectáculos das Festas do Apóstolo ou pequenas reparacións e, tamén, a achega de 11.200 euros euros cos que o servizo de protocolo lle fixo fronte á factura dunha xoiaría da cidade pola \"compra de 10 medallóns e 10 insignias para concelleiros da Excelentísima Corporación Municipal de Santiago de Compostela\". O pagamento aprobouse unha semana despois da incorporación dos edís non electos á corporación Estes medallóns e insignias son os que cada membros da corporación recibe ao tomar posesión do seu cargo e que adoitan ser empregados en actos oficiais e protocolarios. Fontes municipais compostelás consultadas por este diario indican que, durante anos, a práctica habitual veu sendo que cada concelleira ou concelleiro \"sempre\" quedase coa insignia ao abandonar o Concello, toda vez que inclúen o nome da persoa que a recibe. Pola contra, aseguran integrantes da corporación santiaguesa na actualidade e tamén no pasado, os medallóns eran devoltos ao abandonar o cargo de edil. Así as cousas, indican as mesmas fontes, a práctica instaurada polo goberno do PP foi a que provocou que a inédita incorporación masiva de novos edís a metade de mandato provocase o desembolso para as insignias e tamén para as medallas. \"Unha mostra máis do esperpento\" Cela (BNG): \"As medallas protocolarias sempre deberían ser propiedade da institución e acordes á situación económica\" Aínda que os fondos destinados a esta compra teñan escaso peso no conxunto do orzamento do Concello dende a oposición municipal este episodio é lido como \"unha mostra máis do esperpento e a vergoña\" vividos en Compostela. \"A xestión ao longo destes anos amosa que o PP foi o partido que máis dano lle fixo a Santiago na etapa democrática\", di o voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, ao ser preguntado ao respecto. \"Despois do dano que provocaron coa súa xestión diaria da institución, ademais hai que pagar máis de 11.000 euros do peto da veciñanza en insignias e medallas para concelleiros que, maioritariamente, non pasadon polo aval democrático das urnas\", destaca. A xuízo de Cela nunha \"situación socioeconómica como a actual\" este \"debera ser un dos aspectos a revisar\", a comezar polo feito de que \"as medallas protocolarias sempre deberan ser propiedade da institución\", do Concello, como acontecía no pasado. As medallas, indica, \"deberíanse devolver\" e, no caso das insignias, \"terían que ser acordes ao contexto actual\", sen necesidade de seren unha peza de xoiaría. Casos coma este, conclúen, amosan tamńe que \"o mundo non comezou o día que tomou posesión Agustín Hernández\", senón que o actual rexedor \"terá que ser avaliado polos 4 anos do PP\"."}
{"ID": "NOS_30347", "summary": "O programa conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros, e cada entidade beneficiaria poderá percibir un máximo de 40.000 euros.", "text": "A Xunta da Galiza abre esta cuarta feira, 19 de xaneiro, o prazo para a solicitude de axudas destinadas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Estas achegas están dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a activación dos seus programas de atención de mulleres en situación económica ou social de risco. Cal é o orzamento desta liña de axudas? Segundo o publicado na terza no Diario Oficial da Galiza (DOG), as subvencións deste ano contarán cun orzamento de 1,4 millóns e poderán solicitarse até o 18 de febreiro. O abano temporal que recolle a cobertura dos programas será do 1 de outubro de 2021 ao 31 de agosto de 2022, e cada entidade poderá recibir até un máximo de 40.000 euros. A quen está dirixida? Teñen esta consideración de especial vulnerabilidade as mulleres vítimas de violencia machista; de explotación sexual-laboral; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas; pertencentes a unha minoría étnica ou reclusas; exreclusas; mulleres embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos, e inactivas ou desempregadas de longa duración. A Administración galega lembrou que, a través destas axudas, en 2021 financiáronse 80 programas de 80 entidades, \"dando resposta a todas as solicitudes que se presentaron e cumpriron cos requisitos da orde de axudas\". Na convocatoria de 2022, como novidade, permitirase a compatibilidade destas axudas con outras que reciban as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Que programas se poden financiar? Esta iniciativa servirá, por exemplo, para a activación de programas que acollan recursos integrais específicos para mulleres de colectivos vulnerábeis e en situación de xestación ou lactación con fillos ou fillas menores de tres anos dirixidos a promover o seu desenvolvemento vital e a súa autonomía económica e afectiva, co obxectivo de corrixir que unha situación desexábel poida converterse nun factor de exclusión. Outros dos eixos que destacou o Executivo galego no seu comunicado, é a cobertura de programas relacionados cos coidados e o acompañamento, é dicir, aquelas iniciativas de atencións personalizada e especializada para as mulleres dos colectivos mencionados que precisen atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación e adquisición de habilidades persoais e orientación laboral. O Goberno sinalou que os proxectos que reciban estes investimentos deben ter en conta a concienciación na igualdade co obxecto de mellorar as expectativas persoais, sociais e laborais das mulleres de cara á súa integración. Nesta liña, destacou que outro dos obxectivos da iniciativa é a mellora da empleabilidad, xa que este campo, o do traballo, \"é un dos puntais onde a loita contra a discriminación faise máis patente\" e, á súa vez, \"unha das vías que garante a emancipación feminina\"."}
{"ID": "NOS_4684", "summary": "Seis das doce traiñeiras que compiten na elite do remo, a Liga ACT, teñen galegos no seu plantel embora nesta competición só unha embarcación sexa de Galiza: Cabo de Cruz. Moaña lidera a táboa da orixe dos remeiros galegos a suar na bancada de clubs de Cantabria e Euskal Herria.", "text": "Xa vai quedando menos para o inicio dunha nova tempada de traiñeiras, cita marcada no noso país pola LGT, Liga Galega de Traiñeiras, e no norte do Estado pola Liga Euskal Label ou ACT, onde compiten a 'elite' das embarcacións. Nesa exixente competición esta tempada haberá unha única representante galega, Cabo de Cruz, após o descenso de Tirán. Mais a presenza de remeiros galegos vai máis alá da embarcación galegas. Este ano haberá vogadores de Galiza en 6 das 12 traiñeiras que fan parte da ACT: na galega, na cántabra de Astillero e nas vascas de Kaiku, Santurtzi, Ziérbana e Urdaibai, a vixente campioa. Un total de 19 remeiros galegos competirán na liga San Miguel facendo parte de planteis de clubs non galegos. Na traiñeira de Cabo de Cruz a totalidade dos seus remeiros son galegos e a gran maioría saídos da canteira. Todo un mérito e unha proeza no mundo do remo actual. A embarcación non galega da ACT con maior número de vogadores de Galiza é Astillero, con 5 remeiros: tres de Ferrol, 1 de Muros e 1 de Moaña. Kaiku, Urbaibai e Ziérbana teñen 4 remeiros galegos cada unha, mentres que a traiñeira de Santurtzi ten 2. Deses 19 galegos que poñen suor e músculo a competir en bancadas de traiñeiras non galegas os de Moaña son os máis numerosos, pois representan 4. Nada a nos estrañar vista a gran tradición que hai nesta vila polo remo e con dous clubs, Tirán e Meira, que figuran entre os clásicos do noso país. De Ferrol hai tres remeiros enrolados en clubs non galegos da ACT. O mesmo número que do Grove, mentres que de Bueu, Vigo e Esteiro hai 2. De Muros, A Pobra do Caramiñal e Boiro hai un. En tempadas anteriores, a cota galega en traiñeiras foráneas era menor á que se rexistra na actual: 14 vogadores en 2017 e 17 en 2016."}
{"ID": "PRAZA_3099", "summary": "O persoal mobilizado salienta como proba da precipitación da medida que xa estaban planificadas as gardas ata marzo", "text": "O persoal mobilizado salienta como proba da precipitación da medida que xa estaban planificadas as gardas ata marzoTras facer pública a Xunta a súa rectificación e anunciar que reabrirá o paridoiro de Verín en febreiro sucedéronse as reaccións de satisfacción. Porén, o peche que diverso persoal vén mantendo nas instalacións do hospital en protesta pola fin dos partos manterase ata que se constate a efectiva reapertura da sala de partos. O persoal mobilizado salienta como proba da precipitación da medida que xa estaban planificadas as gardas ata marzo. Desde a oposición, todos os partidos salientaron a mobilización cidadá como elemento fundamental para lograr que a Xunta recuase. Desde o PSdeG de Ourense sinálase que \"as reivindicacións e a loita do pobo acadaron este feito histórico tumbando a decisión política de Feijóo e os seus acólitos\".Similares valoracións realizaron diversos deputados do grupo Común da Esquerda e desde Galicia en Común sinalouse que \"a loita serve\" e que \"dous meses de mobilizacións nas rúas\" obrigaron á Xunta a contratar pediatras. Por parte do BNG, a súa voceira nacional, Ana Pontón, valorou que \"a mobilización derrotou as mentiras do PP. Un orgullo esta vitoria de todos os veciños e veciñas de Verín e comarca, que sodes un exemplo de dignidade! O éxito é voso\".E desde En Marea salientouse que \"mobilizarse paga a pena, protestar paga a pena\", ao tempo que se felicitou \"a Verin que fixo que Feijóo \"obedeza\" e atenda as necesidades da xente\"."}
{"ID": "NOS_14130", "summary": "O voceiro do Bloque subliña tras o consello nacional da formación que a súa \"é a única forza de esquerdas e nacionalista que pode derrotar ao PP por toda Galiza\". Anuncia unha imaxe renovada en campaña.", "text": "Este sábado o BNG reuniu o seu Consello Nacional para aprobar os obxectivos políticos cara aos comicios municipais do 24 de maio, aos que afirma que se apresenta reivindicándose como \"a única forza capaz de ofrecer unha alternativa nacionalista e de esquerdas para derrotar o PP en todo o país, fronte á outras opcións que apenas se apresentan nun puñado de concellos\". Nesa liña falou o voceiro nacional da formación, Xavier Vence, que falou de que o Bloque conta cunhas 240 candidaturas xa preparadas: \"O BNG xoga na primeira liga, na liga de ser unha alternativa ao PP en todo o país, ofrecendo á cidadanía un proxecto político común con alternativas e propostos concretas para cada concello pero cunha visión global de Galiza\". Para o líder nacionalista, os obxectivos da súa organización nos comicios de maio serán \"certificar a recuperación electoral do BNG, evidenciar ante a cidadanía que o Bloque é a única forza política nacionalista de esquerdas con implantación en todo o territorio e tamén consolidar a representación nas grandes cidades e nos concellos nos que se está gobernando e obter presenza en todas as comarcas\". \"Estamos incorporando a moitas persoas ás candidaturas que serán a base futura do proxecto nacionalista por todo o país, incluíndo xente nova\", engadiu Vence tras un Consello Nacional que tamén avanzou na elaboración da estratexia de campaña electoral, \"cunha imaxe renovada\"."}
{"ID": "PRAZA_12609", "summary": "O alcalde de Santiago, imputado por unha presunta fraude fiscal, amósase \"tranquilo\" e confía en que se arquive a causa contra el. O presidente da Xunta asegura que será \"coherente e consecuente\" coa Xustiza e cos estatutos do PP mentres PSdeG e BNG esixen a dimisión inmediata do rexedor compostelán.", "text": "Non faltaba ninguén. Cámaras, micrófonos, flashes, a práctica totalidade dos medios de comunicación de ámbito galego e estatal tiñan este xoves a ollada posta en Santiago, pero non pola chuvia ou por asuntos xacobeos. Tres días despois da controvertida rolda de prensa na que o alcalde de Compostela recoñecía ter destinado a pagar débedas da súa promotora inmobiliaria 291.000 euros do IVE da venda de máis de medio cento de pisos, a Gerardo Conde Roa tocáballe responder ás preguntas do xuíz Vázquez Taín. \"Non me chamen imputado, só son un querelado\", pedíralles o rexedor aos xornalistas na súa comparecencia do luns. Pero a realidade contradiciu as palabras do popular, algo que tamén fixo o seu propio avogado. O alcalde está imputado por unha presunta fraude fiscal se ben el insiste en que non cometeu delito ningún. Mentres todo isto acontecía nos composteláns xulgados de Fontiñas unhas rúas máis ao norte, en San Caetano, o presidente da Xunta abríalle un chisco máis a Conde Roa a porta de saída da alcaldía, aínda que sen empurralo cara a ela, cando menos polo momento. Conde Roa está \"tranquilo\", a súa declaración foi \"meridiantamente clara\" e \"completa\" e nela esforzouse en amosar que \"non houbo ningunha intención de defraudar á Facenda pública\". Iso \"quedou claro no interrogatorio\", \"en ningún momento houbo engano, senón colaboración\", di. Neste contexto, tras pasar o \"trago\" da declaración só lle resta \"agardar a resolución xudicial\". O letrado que o asiste, Ramón Sabín, reforza a versión do seu defendido: \"Non hai delito de ninguń tipo\", polo que \"en breve\" debera ditarse \"auto de arquivo\". Imputado pola presunta fraude, Conde Roa di estar \"tranquilo\" e o presidente asegura que o PP será \"coherente\" no seu caso Na ateigada sede do PP de Santiago, na que Conde Roa convocou aos medios tras abandonar as dependencias xudiciais -ante os xulgados axentes da Policía Nacional formaron un cordón que impediu o traballo dos informadores-, o alcalde de Santiago extendía a súa tranquilidade á vertente política do caso. En resposta ás preguntas da Cadena SER sobre as \"consecuencias políticas\" tanto da imputación como da suposta fraude aseguraba non sentirse \"presionado\" pola dirección do PPdeG. En todo caso, descarta \"adiantarse ao futuro\", algo semellante ao que facía Feijóo minutos antes dende a sede da Xunta. Segundo o xefe do Goberno galego e dos conservadores o seu partido actuará \"con claridade\" no momento en que o maxistrado tome unha decisión \"Conde Roa está declarando, o xuíz decidirá o que considere oportuno e, en función do que diga, actuaremos en consecuencia\". Feijóo remítese ás verbas do rexedor, quen xa manifestou \"que non tiña medios\" para pagarlle a Facenda \"porque as súas empresas se arruinaron e estaba en proceso de pagamento cando se lle notificou a denuncia por impagamento\". De calquera xeito, afirma, o PPdeG será \"coherente\", coa Xustiza e tamén \"cos estatutos\" do propio partido\", di. E, que din eses estatutos? Segundo o aprobado no último congreso dos conservadores, a calquera afiliado que estea imputado por \"calquera forma de corrupción no exercicio dun cargo público ou realice condutas que estean tipificadas como un delito doloso\" abriráselle un expediente disciplinario e poderánselle suspender \"funcións e militancia\" en función \"das circunstancias específicas de calquera caso concreto\". Este documento interno non especifica se o partido forzará o abandono dos cargos públicos, se ben a presión sobre Conde Roa se está a incrementar dende o inicio deste episodio, que continúa este xoves coa análise da documentación fiscal da empresa do alcalde, Geslander, e, se o proceso continúa, coa redacción dun auto no que se detallen os presuntos delitos que pesan sobre el. Peticións de dimisión do PSdeG, do BNG e na rúa A suposta tranquilidade do alcalde non semella corresponderse coa que reina dentro do seu partido e moito menos coa de PSdeG e BNG, que un día máis esixiron a dimisión inmedia. Pola banda socialista o deputado Xoaquín Fernández Leiceaga considera que Feijóo non se pode limitar a \"mirar para outro lado no caso Conde Roa\", menos aínda tendo en conta que, como promotor inmobiliario, o alcalde compostelán construíu vivendas de protección oficial no período en que o presidente era conselleiro de Política Territorial do Goberno de Manuel Fraga. \"Feijóo -di- foi o máximo responsable da adxudicación\" de vivendas a Geslander en Compostela e, polo tanto, debe intervir, tendo en conta ademais que \"o 50%\" do IVE \"defraudado\" repecute directamente nas arcas autonómicas. Leiceaga e Guillerme Vázquez coinciden en sinalar que Conde Roa \"non pode continuar\" no seu cargo E se Leiceaga considera que Conde Roa non debe seguir \"un minuto\" na alcaldía, o mesmo opina o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ante \"un caso paradigmático de como un servidor público que defrauda a Facenda non debera estar nin un día máis por dignidade e por ética á fronte dunha Alcaldía\". O líder nacionalista subliña que é o propio alcalde \"quen recoñece a fraude\", \"xa non se está a falar de presuncións de cousas\", polo que resulta \"moi, moi rechamante que o PP e o señor Núñez Feijóo, que ten mando en praza\" no partido\", \"permaneza absolutamente calado\". Este, di, é \"o mesmo PP que sempre dá leccións de ética a todo o mundo\", pero \"non a aplica cando se trata dos seus propios membros\". As peticións de dimisión estiveron tamén presentes na porta dos propios xulgados nos que declarou o alcalde. Nunha concentración convocada pola Candidatura do Povo -plataforma que concorreu ás pasadas eleccións municipais na capital galega- varias persoas increparon a Conde Roa con berros de \"ladrón\" e reclamáronlle a súa marcha inmediata do Concello."}
{"ID": "NOS_11791", "summary": "A terceira etapa do campionato arrincou esta segunda feira na cidade olívica. Unha bandeira de 6x6 metros de altura acompañou aos corredores na saída", "text": "Após o acontecido esta fin de semana en Baiona, militantes nacionalistas despregaron unha bandeira galega de 6 metros da varanda do porto de Vigo coincidindo coa pistolada de saída da terceira etapa da 'Vuelta'. Noutros puntos da Galiza como a comarca do Salnés 'explicaban' aos corredores e afeccionad@s que \"A Ilha is not Spain\". A medida que avanza a competición ciclista máis tramos da 'Vuelta' se suman ás reivindicacións nacionalistas. Malia o acontecido no Alto da Groba (Baiona), onde a policía española retivo e identificou a 4 militantes do BNG por pintaren un mural no que se podía ler 'Galiza Nación', as accións reivindicativas aumentan e espállanse por todo o territorio galego. \"Trátase dunha acción simbólica promovida pola CIG da comarca\" explicou a Sermos Galiza un dos participantes no despregamento da bandeira na cidade olívica, para \"visibilizar o carácter nacional de Galiza perante a afirmación identitaria do españolismo\" que din se espalla \"botando man da 'Vuelta'\". Prevese que accións como esta se repitan ao longo dos vindeiros tramos do campionato que se desenvolverán polo territorio galego."}
{"ID": "NOS_28863", "summary": "Os traballadores do naval galego decidiron por unanimidade nas asembleas iniciar un encerramento de 24 horas nos estaleiros da Ría de Vigo. Unha protesta que manterán até a decisión da comisión esta cuarta-feira sobre a devolución das axudas do tax-lease", "text": "CIG, UGT e CCOO trasladaron aos traballadores do naval a posibilidade de iniciaren fechamentos nos centros de traballo até a vindeira cuarta feira. E as asembleas de traballadores aprobaron por unanimidade iniciar esta protesta reivindicativa para demandar a Bruxelas que non condene o naval coa devolución do tax-lease. Aliás, aseguran desde as centrais sindicais, non descartan desenvolver novas mobilizacións nos vindeiros días coincidindo coa declaración oficial de Bruxelas. O 17 de xullo a Comisión europea fará pública a data a partir da que exixirá a devolución das bonificacións recibidas polos estaleiros galegos. Após as propostas elevadas polos gobernos da Galiza, Asturias e Euskadi --xunto co propio executivo español-- Bruxelas propuña a pasada segunda feira que a devolución do tax-lease abranguese as axudas concedidas desde xullo de 2007. Data na que se produciu a resolución desfavorábel ao expediente francés. Pola súa banda, a Xunta considerou \"excesiva\" a proposta presentada pol@s comisari@s embora fose rebaixada 2 anos do plantexamento inicial. Así, exixen que Bruxelas reclame o pagamento das axudas percibidas desde 2011, ano no que as propias autoridades comunitarias declararon ilegal o procedemento de bonificacións coñecido como tax-lease. O contrario, advirten @s traballador@s e o propio exectivo, sería condenar o sector."}
{"ID": "NOS_29189", "summary": "Viaxarán en próximas datas ao Parlamento europeo, en Bruxelas, e á Axencia Europea de Seguridade Marítima, en Lisboa", "text": "Familiares das 21 vítimas do naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo, afundido o 15 de febreiro a 450 kiómetros da costa de Terranova (Canadá), manterán unha videoconferencia con autoridades do país norteamericano na súa embaixada de Madrid a vindeira quinta feira, 7 de xullo. Tres días antes poranse en contacto con esta oficina para fixar os temas a abordar. Así o informou aos medios hoxe a portavoz das familias, María José De Pazo, despois de que esta semana rexeitasen acudir á reunión coas autoridades de Salvamento Marítimo de Canadá que organizou a Delegación do Goberno na Galiza. Segundo xustificaron, esta negativa débese á \"falta de comunicación e á falta de respecto\" que, ao seu xuízo, tivo a institución con elas, xa que estabeleceu a data do 29 de xuño de forma \"unilateral\". Agora, daranse cita telemáticamente coas autoridades canadenses en horario de tarde, debido á diferenza horaria co país norteamericano. As familias estabelecerán un primeiro contacto coa embaixada na segunda feira, unha vez pasada a semana da cimeira da OTAN, para fixar os asuntos da videoconferencia do día 7. Viaxes a Bruxelas e Lisboa Ademais, De Pazo avanzou que os familiares das vítimas planean desprazarse o día 18 a Bruxelas, para comparecer ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, co obxectivo de presentar un escrito que informe de que levan \"meses pedindo\" ás administracións que lles informen de \"por que non se baixa\" ao pecio do buque para investigar o que ocorreu. Neste contexto, a portavoz das familias pregúntase por que a principios de xuño o buque oceanográfico Vizconde de Eza se achegou á zona onde se afundiu o Vila de Pitanxo sen que se lle desen instrucións de medir a profundidade da zona, xa que dita embarcación \"ten sónar para realizalo\", segundo explicou De Pazo. Así mesmo, as familias lembran que continúan coa súa loita porque case cinco meses despois \"ninguén\" lles deu \"unha resposta nin ningún escrito nin anexo de expertos\" sobre o que sucedeu na madrugada do 15 de febreiro. Todas estas cuestións tamén as levarán nunha próxima viaxe a Lisboa, onde se atopa a sede da Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA, polas súas siglas en inglés)."}
{"ID": "NOS_57376", "summary": "A Asociación Galega de Saúde Mental (AGSM) critica o abandono do Hospital Psiquiátrico de Conxo e reclama un plan específico para o centro que mitigue o seu carácter residencial e potencie a rehabilitación das persoas usuarias. Urxen reformas integrais dos espazos físicos mais tamén dos servizos asistenciais, en sintonía coas demandas da psiquiatría comunitaria.", "text": "O de Conxo, en Compostela, é o último gran hospital psiquiátrico con máis de 200 doentes. Os antigos centros monográficos, que mantiñan as persoas con trastornos mentais severos encerradas, lonxe da comunidade, agora funcionan como Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica, máis partidarias dunha resposta comunitaria ao sufrimento psíquico. \"O abandono das instalacións e da asistencia psiquiátrica converte as persoas ingresadas en cidadáns de segunda categoría, compromete a súa saúde e a súa dignidade\". O psiquiátrico de Conxo foi inaugurado en 1885. É un caso particular porque está no centro da cidade, e tamén, apuntan desde a Asociación Galega de Saúde Mental, polo estado de abandono no que se atopa a teor das urxencias detectadas polo Defensor del Pueblo. Segundo recolle no seu último parte sobre a institución, o perfil da maioría das pacientes ingresadas afasta o centro da concepción actual das unidades de psiquiatría. Incide nas estancias de longa e moi longa duración, de até 30 e 50 anos, que \"obrigan a examinar a súa actividade e funcionamento desde unha perspectiva diferente á das estruturas de atención netamente sanitarias\". Visita sorpresa En novembro de 2017 o Defensor del Pueblo realizou unha visita sorpresa ao Hospital Psiquiátrico de Conxo coa finalidade de estudar o seu funcionamento, detectar deficiencias e propoñer melloras. Durante dous días analizou as instalacións; reuniuse con membros do equipo directivo, do colectivo médico e do persoal do centro; examinou expedientes persoais e historias clínicas das pacientes e mantivo entrevistas reservadas con algunhas persoas usuarias. Dous anos despois desa visita técnica, que contou coa participación dunha asesora da Valeduría do Pobo, o organismo encargado de defender os dereitos fundamentais e as liberdades públicas da cidadanía acaba de publicar a ficha de seguimento das súas conclusións, das suxestións dirixidas á Administración galega, no seu momento, mais das medidas postas en marcha polo Servizo Galego de Saúde. \"Na historia da rede hospitalaria do Sergas son recorrentes as situacións de abandono dos hospitais psiquiátricos\". Con ese documento na man, a ASGS pon o foco en tres grandes áreas nas que reivindica as recomendacións do Defensor del Pueblo en canto ás medidas coercitivas, o modelo asistencial e a mellora das instalacións. Salvo unha unidade reformada, di o informe, as dependencias do hospital están \"obsoletas\". \"Hai goteiras, humidades, fiestras en mal estado, frío, cuartos triplos, corredores estreitos\", sinalan as profesionais da saúde mental. \"O estado actual do centro reflicte desleixo, condena as residentes a unha habitabilidade precaria e rodéaas dun contorno que transmite todo aquilo que sitúa o sufrimento mental na marxinación social\". Unha denuncia que estenden no tempo, xa que na historia da rede hospitalaria do Sergas son recorrentes as situacións de abandono dos hospitais psiquiátricos, \"nun agravio comparativo que converte as persoas ingresadas en cidadáns de segunda categoría\". E se o espazo non é digno, \"como imos acabar co estigma?\", preguntan. Calidade asistencial No ámbito asistencial, o Defensor del Pueblo sinalou varias deficiencias que a AGSM atribúe á escaseza de \"recursos que favorezan o mantemento e o retorno das usuarias á comunidade\". Sobremedicacións, estadías prolongadas, escasa participación das doentes no funcionamento do centro, poucas actividades dirixidas a mellorar a súa autonomía e independencia, a ausencia de reunións de equipo e de plans de rehabilitación. Son algunhas das eivas detectadas que a Administración aceptou revisar nalgúns casos e rexeitou noutros e que o organismo estatal se compromete a seguir observando. \"Hai escaseza de recursos capaces de favorecer o retorno das usuarias á comunidade\". Canto ás medidas de represión, como as contencións mecánicas e os internamentos involuntarios, a AGSM avoga por un rexistro minucioso e axeitado, co fin de \"analizalas, facelas visíbeis e proceder a un plan que teña como obxectivo a súa desaparición\". Despois de dous anos, urxen medidas efectivas a prol \"da saúde e da dignidade das persoas\"."}
{"ID": "NOS_36721", "summary": "Luís Seara encabeza a candidatura do Bloque Nacionalista Galego co obxectivo de recuperar unha representación determinante no concello de Ourense. Seara é diplomado en Maxisterio e foi concelleiro e portavoz do BNG na Merca durante doce anos. Participa activamente como activista social en diferentes plataformas e preséntase por primeira vez como candidato á alcaldía de Ourense, cidade onde vive. Responde o cuestionario vía correo electrónico.", "text": "Que supuxeron estes catro anos para Ourense? Estamos ante o paradigma dun concello en parálise e decadencia. Estes catro anos gobernados polo PP en minoría supuxeron un retroceso para Ourense. Ademais, a inexistente oposición favoreceu tamén isto. Estes catro anos gobernados polo PP en minoría supuxeron un retroceso para Ourense Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía? A valoración é moi mala. É, sen lugar a dúbida, o peor alcalde da historia do concello de Ourense. As veciñas e veciños do concello testemuñan de xeito unánime este feito. Non houbo diálogo nin coas organizacións e asociacións nin coa veciñanza. Estamos ante catro anos de alcaldía inmobilista. E o traballo realizado polo seu partido? Nun contexto moi difícil, pois perdemos a representación nas pasadas eleccións, fixemos un traballo social máis que aceptábel. O BNG seguiu a ser a referencia de \"extramuros\" do concello para moitos colectivos, especialmente para os máis agredidos polas políticas do PP. O BNG seguiu a ser a referencia de \"extramuros\" do concello para moitos colectivos Cal é a principal necesidade do seu concello? Ten moitas, mais neste momento é preciso sacar adiante o plan de urbanismo, para dar seguranza xurídica aos investidores que poidan estar mirando cara ao noso concello. Pero esta aprobación ten que cumprir un requisito previo que o PP acaba de obviar: a necesaria segunda exposición pública, á que se comprometeu o BNG cando deu o apoio a aprobación inicial deste instrumento de planeamento. Pararemos o novo pelotazo urbanístico do PP En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará no novo mandato se está no goberno? A primeira das medidas que tomaremos será sacar a unha nova exposición pública o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) debido á aprobación temporal que realizou hai uns días o PP a través do Consello Consultivo. Un novo pelotazo urbanístico que pararemos."}
{"ID": "NOS_19942", "summary": "A plataforma GCiencia botará a andar a partir de 17 de decembro Boísimo, portal que divulgará a cultura gastronómica galega atendendo á súa multidimensionalidade.", "text": "Como adiantaba Pablo López nunha entrevista a Sermos Galiza, a partir de 17 de decembro, Boísimo contribuirá á divulgación da gastronomía galega como patrimonio inmaterial. O formato será o dunha revista dixital dentro da propia GCiencia, con destacado apoio da linguaxe audiovisual. Para alén das seccións que atendan á cociña galega e as súas receitas, a plataforma porá o foco na Galiza como potencia en investigación, quer no eido do mar e da pesca, quer do coñecemento agroalimentario, con centros como o Instituto de Investigacións Mariñas, a Misión Biolóxica da Galiza ou o Centro de Investigacións Agroalimentarias de Mabegondo. Boísimo pretende apostar por unha perspectiva de xénero que difunda o protagonismo das cociñeiras ou o papel do home na cociña doméstica. Atendendo á relevancia que o medio outorga á lingua, a sección Gastrocedario porá a proba o coñecemento do léxico propio da nosa gastronomía. A liña editorial do novo portal conta co aval dun consello asesor formado por profesionais de prestixio, como Beatriz Sotelo e Iago Pazos no mundo da cociña, o realizador audiovisual Jorge Coira, a investigadora Elena Cartea, a nutricionista Amil López e o xornalista especializado Tomás Alonso Varias estrelas Michelín participarán tamén en seccións fixas, ás que se sumarán o videoblog de Amil López Xantar Coherente, con consellos nutricionais, ou a serie Quilómetro Cero (#km.0), baseada no uso de produtos de proximidade. Boísimo desenvolverá tamén accións conxuntas con outras entidades relacionadas coa economía, comezando polo Instituto Galego do Viño."}
{"ID": "PRAZA_10663", "summary": "O documental, realizado por Adrián González, relata a historia do proxecto de construción dunha presa no río Miño, que durante décadas espertou protestas nunha e noutra banda da fronteira. Estréase o vindeiro 9 de agosto nas Neves", "text": "A finais da década dos 60 do pasado século proxectouse a construción dun grande encoro no río Miño ao seu polas comarcas do Condado e A Paradanta: o Salto de Sela. O encoro transfronteirizo, impulsado EDP- Energias de Portugal, S.A, e Unión Fenosa con grandes apoios das ditaduras española e portuguesa, tería unha lonxitude de 22 quilómetros e suporía o asolagamento de grandes zonas dos concellos galegos de Crecente, Arbo e As Neves, e de Melgaço e Moncão. As augas non só rematarían con ricas terras de cultivo, senón tamén hábitats naturais de grande importancia e poderían poñer en risco a produción de albariño.O proxecto espertou unha grande oposición social dende o seu inicio, aínda en pleno réxime ditatorial nos dous países. E tamén as administracións locais das comarcas afectadas adoptaron unha decidida posición de rexeitamento. Houbo manifestacións nunha e noutra beira do Miño, cunha gran participación de grupos ecoloxistas, colectivos culturais e políticos e de grupos de pescadores, tamén moi prexudicados por unha actuación que podía rematar coas poboacións de salmóns ou lampreas no río.Agora un documental recolle a historia deste proxecto e das protestas na súa contra, relatando como a mobilización social foi quen de paralizar a construción do encoro despois de máis de 30 anos de loita. O Salto foi realizado por un mozo das Neves, Adrián González, recente graduado en Comunicación Audiovisual e autor de outras obras como a reportaxe As Neves Zona 0 (2017) ou as curtametraxes Mans Mortas (2016) e Castelos de Fame (2015).O filme foi xa estreado o pasado mes de abril na localidade e o vindeiro venres 9 de agosto será presentado publicamente na Casa da Auga de Vide (As Neves). A proxección será ao aire libre no patio interior da Casa da Auga, antigo reitoral convertido nun museo dedicado a auga; coorganizado coa Comunidade de Montes de Vide e contará con Taquilla Inversa, abonando a entrada ao final do acto e de forma voluntaria, ao igual que o importe.O filme formou parte do Traballo Fin de Grado de Adrián González e agora, unha vez presentado ante o tribunal, comezará unha serie de presentacións en diferentes lugares de Galicia. Á estrea do pasado mes de abril acudiran un cento de persoas, entre eles algúns dos protagonistas desta loita, destacando a intervención de Rui Solheiro, expresidente da Cámara Municipal de Melgaço (1982-2013) e principal opositor na marxe portuguesa."}
{"ID": "PRAZA_5067", "summary": "Oito galegos denuncian ante o cónsul da Arxentina os asasinatos, a represión e a tortura sufrida por 17 dos seus familiares durante a ditadura fascista e pretenden dar outro \"impulso\" ás vítimas para que se unan á causa contra o réxime de Franco.", "text": "Máis galegos súmanse á querela arxentina contra o franquismo. Foron oito os que este martes denunciaron na Coruña 17 casos de desaparición e torturas durante a ditadura fascista contra os seus familiares. Fixérono -e asinaron as denuncias- ante o cónsul de Arxentina en Vigo, Roberto Gudiño, que agora trasladará os casos ao proceso mediante o que a xuíza María Servini investiga os crimes contra a humanidade cometidos polo réxime de Franco nunha causa iniciada por outro galego, Darío Rivas, afincado en Suramérica e fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado en 1937. Oito persoas relataron os casos de represión e torturas sufridos polos seus familiares antes de asinar a denuncia ante o cónsul arxentino Os denunciantes, entre os que había investigadores da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), relataron os casos de represión e torturas sufridos polos seus familiares da Coruña, Ribadeo ou Becerreá para logo incorporar á querela as súas denuncias, que se unen ás xa presentadas pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), a Fundación Galega contra a Impunidade, Nova Esquerda Socialista ou a Federación de Sociedades Gallegas en Argentina. Todas elas pretenden servir de \"impulso\" para que máis familiares se sumen á causa achegando as súas denuncias, que poden presentarse no consultado arxentino e cuxas declaracións ante a xuíza poden facerse por vídeoconferencia. As denuncias únense ás xa presentadas por outras asociacións de memoria histórica e diferentes colectivos galegos Carmen García-Rodeja, unha das denunciantes e voluntaria da ARMH, insiste en que actos coma este teñen tamén o obxectivo de \"animar outras vítimas a denunciar\" e unirse así á querela e lembra que o colectivo ao que representa vén de \"dar o paso\" para seguir fomentando a presentación de demandas. \"É un traballo difícil porque hai que falar con xente que se ve obrigada a lembrar cousas horribles e temos que animalos ou axudalos a conseguir documentación que, en moitos casos, é complicada de apañar\", engade quen cre que moitas das vítimas \"seguen a estar estigmatizadas\" e continúan escoitando \"como hai quen lles di que deben seguir calados\". \"Non buscan vinganza nin desquite, pero teñen que aturar, aínda hoxe en día, que representantes das administracións os acusen de reabrir feridas\", explica. Cada un dos oito familiares que acudiu ao acto levou a cabo unha breve explicación do seu caso para a continuación asinar a denuncia ante o cónsul. Explicaron a represión sufrida por diferentes cidadáns, como os doce asasinados en 1936 (Ovidio Villar Fernández, Julio Sanz Martín, Manuel Díaz Gónzález , Florencio Carballo Novegil, Andrés Vale Blanco, Enrique Navarret García, Bruno Martínez Fernández, Antonio María Martínez López, José Antonio Díaz Álvarez, Jesús Longarela Manciñeiras, Manuel Montes Don e Carlos Montes Babío). Tamén se inclúe na querela o caso de dous membros da guerrilla falecidos en 1946, Obdulio Naves Fernández e Leandro Llorente Navarro, así como o caso de tres persoas que denuncian as torturas e a persecución sufrida durante a ditadura: César Leopoldo Fraguela Celeiro, Celsa Díaz Cabanela e Antolín Montes Babío. As novas denuncias supoñen tamén un impulso máis a unha querela que evidencia a falta de iniciativa por parte do Estado para xulgar o franquismo e reparar as súas vítimas, algo que foi denunciado pola ONU tras a súa última visita a Galicia, onde escoitou os relatos de numerosas vítimas e tras o que denunciou o esquecemento por parte do Goberno, así como a falta de recursos por parte das administracións para procesos como o de Nomes e Voces."}
{"ID": "NOS_11920", "summary": "Abanca recibiu 462 millóns de euros de diñeiro público procedente do FROB desde 2013. A Sareb é un dos grandes propietarios da Galiza. A sociedade creada polo Estado para rescatar á banca non ten deixado de rexistrar perdas desde a súa fundación en 2012, converténdose nun dos principais responsábeis do aumento da débeda pública no Estado. Practicamente unha década despois os galegos seguen pagando a factura da crise bancaria.", "text": "Os activos da Sareb na Galiza son moi importantes. Segundo os dados achegados pola propia sociedade, o popularmente coñecido como o banco malo conta con 8.157 propiedades, 2.735 das cales son vivendas. A maiores dos bens de uso residencial, dispón de 2.016 solos en desenvolvemento, 405 terreos de natureza urbana, 431 de carácter rústico e 2.103 prazas de garaxe. A parte máis importante destes activos están localizadas na Coruña con 3.790 e en Pontevedra con 3.064, dispondo de 679 en Lugo e 624 en Ourense. As propiedades da Sareb proceden dos activos tóxicos existentes no balance das entidades de crédito rescatadas durante a Grande Recesión. Practicamente, 80% dos mesmos na Galiza facían parte da carteira de Caixa Galiza e Caixanova, receptora de máis de 9.400 millóns de euros de fondos públicos e beneficiada ao verse librada destas propiedades que lastraban as súas contas. A día de hoxe, o Estado só ten recuperado do rescate das caixas galegas 738 millóns de euros, tendo recibido Abanca desde 2013 do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) 462 millóns de euros. As propiedades da Sareb na Galiza Os bens da Sareb son obxecto permanente de litixio. A entidade ten vendido desde 2015, 522 activos e 289 vivendas, concentrándose o groso das transaccións nas áreas costeiras de Pontevedra e A Coruña. A este respecto, colectivos sociais ou a mesma patronal do sector inmobiliario critican que a entidade controlada polo Goberno do Estado non saque para o aluguer o seu parque de vivenda na Galiza, medida que axudaría a rebaixar os prezos dos contratos dos arrendamentos. Ao tempo, a falla de transparencia paira desde os comezos na súa xestión. A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) fundouse en novembro de 2012 por esixencias do plan de rescate europeo para asistir e recapitalizar aos bancos do Estado. A súa constitución respondeu a un esquema de 45% de capital público e 55% de capital privado, \"nun exercicio forzado de arquitectura contábel para evitar que as achegas do Estado computen como débeda pública\", en palabras da Comisión de Investigación da Crise Financeira do Congreso dos Deputados. As entidades de crédito en dificultades transferiron ao Sareb os seus activos deteriorados por un valor total de 50.781 millóns de euros. A cambio, os bancos recibiron bonos emitidos pola Sareb, por unha contía de 50.781 millóns de euros que puideron descontar no Banco Central Europeo (BCE) co aval do Estado. Así, en opinión do xornalista económico, Andreu Missé, \"aínda que a Sareb aparentemente era unha sociedade privada pola composición do seu capital, en realidade todo o risco era soportado polo Estado\". Unha estratexia ao servizo da banca O economista Carlos Sánchez Mato considera que \"a creación da Sareb foi unha estratexia para atrasar o recoñecemento das perdas das entidades afectadas pola crise\". Nesta liña, afirma que \"se traspasaron inmóbeis e préstamos dos bancos crebados á Sareb, pero cos prezos inflados, en 17.000 millóns de euros, segundo sinalou a Comisión Europea. Isto foi unha maneira de reducir o prezo do rescate. Se se transferiran os activos e préstamos a prezo de mercado o buraco bancario sería maior\". Mato cualifica a creación da Sareb como \"un notábel favor á banca, que durante os anos críticos 2012-2014 non tivo que provisionar polas desvalorizacións reais dos seus activos\". Así, a sociedade rexistrou perdas en todos os seus exercicios por unha contía de 5.075 millóns de euros, até o punto que en 2016 o Goberno veuse obrigado a aprobar unha norma para evitar que entrara en causa legal de disolución e puidera seguir funcionando. Neste sentido, Mato sinala que \"unha das razóns do desastre foi que a pesar dos descontos, os inmóbeis e préstamos seguían estando claramente sobrevalorados\". Eurostat ven de certificar o fracaso da iniciativa. A este respecto, un informe da oficina estatística da Unión Europea de 16 de febreiro desvelou que a Sareb supuxo un aumento da débeda pública estatal de 35.000 millóns de euros, o que elevou a súa contía de 117% a 120% do Produto Interior Bruto (PIB) en 2020. Un documento do pasado mes de xuño do organismo de supervisión financeira da Comisión Europea precisou que ademais do aumento da débeda pública, \"a reclasificación da Sareb tería un impacto negativo de preto de 1% do PIB no déficit público de 2020\", isto é un quebranto de 11.000 millóns de euros. A factura do rescate non para de medrar Os dados achegados por Eurostat e o organismo de supervisión financeira da Comisión Europea veñen a confirmar que a factura do rescate bancario non deixa de aumentar. Ao tempo, as contas do Estado certifican que o aumento da débeda pública na última década está asociado aos mecanismos de salvamento do sistema financeiro."}
{"ID": "NOS_33640", "summary": "Antón Sánchez defende como \"indiscutíbel\" a continuidade das mareas municipais e advoga por as estender a máis concellos. O portavoz nacional de Anova, chama a En Marea a cumprir o seu programa no que se recolle \"o dereito a decidir\" e resta importancia ás diverxencias a respeito de Catalunya no partido instrumental.", "text": "Unha conferencia política que previsibelmente terá lugar o próximo mes de febreiro será a encargada de \"actualizar\" a aposta de Anova pola \"unidade popular\" de cara aos comicios municipais de maio de 2019. Así o vén de anunciar o seu portavoz nacional, Antón Sánchez. Ese conclave porá o ramo ás \"xeiras\" territoriais que desenvolveu a formación nas últimas semanas. O obxectivo deses encontros era, segundo declarou Sánchez, \"actualizar a nosa aposta estratéxica pola Unidade Popular, tecendo alianzas fraternais coa esquerda comprometida cun proceso de ruptura fronte ao Réxime do 78\". No entanto, as manifestacións do portavoz nacional anticipan que a posición de Anova será a de continuar apostando nas \"mareas municipais\", nun momento no que precisamente outras formacións como Esquerda Unida –con quen partillan ese espazo-- ou Podemos estarían a sopesar concorrer baixo outra fórmula. \"As mareas municipalistas son o instrumento de cambio político e social nos nosos concellos. Correspóndelles a tarefa da transformación social. Son espazos abertos de participación política, plurais, van máis alá de militancias e contan cunha pluralidade política que incluso é maior que a de En Marea\", valorizou Sánchez para quen a experiencia destes anos visan que as mareas a nivel local \"son un éxito e non hai que poñerlles paos nas rodas\". Desta maneira, a discusión na conferencia de febreiro non cuestionará a \"aposta total polas mareas como espazo de unidade popular\", ao se tratar segundo Sánchez dunha \"cuestión indiscutíbel\". A súa materialización concreta, aberta á incorporación doutros actores como o caso de Podemos que nos anteriores comicios declinara concorrer en ningunha candidatura, si será un aspecto a abordar. Tamén a eventual expansión desta fórmula a máis concellos que os atinxidos en 2015. División en En Marea A respeito da división existente en En Marea en relación a situación de Catalunya, e a ofensiva autoritaria do Estado contra o proceso soberanista, desde Anova reclaman o cumprimento do programa electoral da confluencia. \"O dereito a decidir é un elemento central do programa de En Marea. O dereito a decidir e a apertura de procesos constituíntes para a construción confederal dun Estado\", lembrou Sánchez. O líder de Anova quitou ferro ás diverxencias no seo do grupo de En Marea no Parlamento galego, que atribúe á \"pluralidade interna\" e que volveron quedar ao descuberto durante a votación dunha proposición do BNG para rexeitar a aplicación do artigo 155 contra o autogoberno na Catalunya. Sánchez e outros deputados de Anova, Cerna e independentes, abandonaron a sesión parlamentar para non acatar a abstención fixada como voto de grupo."}
{"ID": "PRAZA_20304", "summary": "8.000 dos máis de 60.000 millóns de axudas non recuperados corresponden á fusión galega. O documento obvia o papel da Xunta e o informe que esgrimiu para avalar a fusión, as indemnizacións dos ex-directivos ou as razóns polas que o propio Banco de España viu inviable a unión aos poucos meses", "text": "O pasado venres, apenas dous días despois de que o debate da moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy no Congreso trouxese consigo un repaso aos anos de crise e recortes, tamén no que atinxe ao rescate financeiro, o Banco de España deu en publicar unha caste de autopsia do acontecido. Informe sobre la crisis financiera y bancaria en España, 2008-2014é un documento de máis de 250 páxinas que se remonta aos anos da expansión e a burbulla e fai unha detalladísima descrición da situación do sector financeiro, do marco lexislativo e mais das propias actuacións do propio Banco de España ao respecto. O groso desta ampla análise dedícase ao proceso de reestruturación e rescate do sector financeiro e, polo tanto, tamén de Caixanova e Caixa Galicia, cuxa fusión e desaparición o regulador despacha en apenas dúas páxinas sen sinalar responsabilidade ningunha no acontecido.Os principares titulares que xerou este informe abondan nunha cifra que, en boa medida, xa fora avanzada dende a propia institución supervisora ou polo Tribunal de Cuentas. Os fondos públicos non recuperados no rescate bancario chegan aos 60.613 millóns de euros, cantidade que o Goberno de España agarda amortecer coa venda de Bankia pero que, en calquera caso ten pouco que ver co panorama debuxado polo Goberno de Mariano Rajoy tras aceptar o rescate en 2012, retrato segundo o cal estas operacións non ían custar \"un euro ao contribuínte\". Entre os fondos perdidos están 8.000 dos 9.000 millóns de euros inxectados en Novacaixagalicia e a súa herdeira Novagalicia Banco.O Banco de España relata a súa versión do acontecido na entidade galega no apartado do informe dedicado ás \"actuacións realizadas\" sobre as primeiras entidades saneadas con cargo ao rescate. Así, neste documento oficial a historia comeza \"en xuño de 2010\", cando Caixa Galicia e Caixanova inician \"un proceso de fusión do que xurdiu Novacaixagalicia\". \"O plan de integración -constata- recollía axudas do FROB\" por importe de 1.162 millóns de euros, aos que en 2011 se engadiron 2.465 millóns máis para cumprir os requisitos da nova normativa estatal dese ano. Esas novas esixencias non eran outras que a bancarización, \"co traspaso da práctica totalidade dos activos e pasivos, coa excepción dos vinculados á obra social, a unha entidade bancaria de nova creación\", NCG Banco, isto é, Novagalicia.Para o documento oficial a historia comeza en xuño de 2010, cando Caixa Galicia e Caixanova inician \"un proceso de fusión\"O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), continúa o relato, deu luz verde ao plan para inxectar eses máis de 2.400 millóns e o organismo creado polo Goberno de Zapatero para pilotar as fusións pasou a ser o máximo accionista. Os restos das grandes caixas galegas, nacionalizados ao 93,16%, lembra o informe. En 2012, \"con motivo da avalación independente do sector financeiro, estimouse que NCG Banco tiña necesidades de capital adicionais\" de 7.176 millóns de euros no \"escenario adverso\" formulado.8.000 dos máis de 60.000 millóns de axudas non recuperadas corresponden á fusión galegaFoi así como a finais dese ano FROB, Banco de España e Comisión Europea aprobaron \"o plan de resolución\", isto é, sanear e vender o que quedaba de Novacaixagalicia. O plan implicaba \"diversas medidas\" como desfacerse do Banco Gallego e de EVO -marca que adoptara fóra de Galicia-, traspasar o ladrillo tóxico á Sareb -o banco malo-, abandonar diversas empresas nas que participaba, abordar o conflito da estafa das preferentes e mais \"unha forte redución do tamaño, número de empregados e oficinas\". A factura desa última vaga de axudas públicas foi a maior: 5.425 millóns de euros.O despedimento do consello de administración do banco en xaneiro de 2014 e a súa substitución provisional por directivos do propio FROB e sinalado polo Banco de España como penúltimo capítulo antes da sinatura venda ao grupo venezolano Banesco, que gañara a poxa o 18 de decembro de 2013 \"cunha oferta de 1.003 millóns de euros\", dos cales o grupo que despois renomearía a entidades como Abanca \"abonou un 40% ao contado e o 60% restante en sucesivos prazos\", un pagamento que xa rematou en febreiro deste ano.As lagoas da historiaEste relato, case cirúrxico, obvia calquera mención a eventuais erros do Banco de España, así como ao labor dos directivos das caixas e dos gobernos galego e español. Pasa por riba das revelacións do proceso xudicial -que retratou Caixa Galicia como \"insolvente\" e Caixanova, como inviable xa antes da fusión-, pero tamén ignora todo o acontecido antes de xuño de 2010, do inicio formal da fusión, que os máximos responsables aceptaron formalmente en marzo dese ano rubricando un documento no que a Xunta inseriu a sinatura da daquela conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, xesto político co que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo pretendeu escenificar a súa influencia na unión.O documento obvia o papel da Xunta e o informe que esgrimiu para avalar a fusión, as indemnizacións dos ex-directivos ou as razóns polas que o propio Banco de España viu inviable a unión aos poucos mesesA blindaxe dos directivos, ou as reformas da lei de caixas tamén son ignoradas nun relato no que, por exemplo, tampouco se menciona se o Banco de España valorou ou non a postura da Xunta ou o informe que, encargado polo propio Goberno galego á consultora KPMG por 1 millón de euros, foi esgrimido dende San Caetano como unha \"auditoría\" que avalaba a fusión, aínda que nin se trataba formalmente dunha auditoría nin daba o seu visto e prace á operación. Non especifica, tampouco, por que o Banco de España non transmitiu nin ao bipartito nin ao goberno do PP ningunha preocupación pola solvencia das caixas nin a respecto dalgunhas actuacións máis polémicas, como a colocación masiva de preferentes.Tampouco explica o Banco de España por que, segundo declarou o seu ex-gobernador, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, autorizou a fusión das grandes caixas galegas a xeito de \"mal menor\" sen valorar \"opcións alternativas\" que, segundo MAFO, existían. Do mesmo xeito, tampouco xustifica as razóns polas que non controlou as indemnizacións que levaron os ex-directivos á cadea ou como é posible que, atendendo ao revelado pola patronal galega, o mesmo Banco de España vise inviable a fusión catro meses despois de aprobala.Informe sobre la crisis financiera y bancaria en España, 2008-2014"}
{"ID": "PRAZA_2943", "summary": "A amizade de Lorca con Guerra Da Cal e con Blanco-Amor foi decisiva para a escrita e publicación dos 'Seis poemas galegos' asinados polo autor do 'Romancero Gitano', \"o produto literario galego de maior éxito do século XX\", segundo lembrou o xornalista Joel Gómez no acto en Compostela do 80º aniversario da edición desta obra.", "text": "\"Sobre os poemas de Federico -os galegos enténdese- a miña intervención foi servirlle de dicionario vivente e, -se me é permitido o dicilo- poético e discriminativo. El dicíame un verso en castelán e eu traducíao libremente ao galego, buscando, como é natural, as palabras que a el máis puideran impresionalo pola cor, o son, a evocación máxica. Se non lle gustaba algunha -pura e simplemente un xuízo poético, inmediato-, eu dáballe outras en opción e el, augustamente, elexía a que lle saía dos collóns líricos\". Isto escribiu -en castelán-, Ernesto Guerra Da Cal sobre os seis poemas en galego de Lorca nunha carta que lle enviou a Eduardo Blanco-Amor no 1949. Lembrouno o xornalista e investigador do grupo Galabra da Universidade de Santiago Joel Gómez no acto de celebración dos 80 anos da edición destes poemas que celebrou o Concello de Santiago. A xénese dos poemas, -salientou Gómez-, foi un enigma durante 50 anos, ata que despois da morte de Blanco Amor se divulgaron os materiais en que se baseou a publicación dos mesmos, realizada pola editorial Nós, de Ánxel Casal. \"A min trémeme a man -e a ánima- ao poñela sobre estes versos, que xa non nacen reliquia, para botar máis alá un acento ou traer máis acó un desmandado apóstrofo. Pero nada máis que para iso. Toda a súa naturalidade foi pulcramente respectada. A miña complicidade redúcese a un leve paso polas axetreadas cuartillas, con probidade pendolista e ortográfica. E que aínda isto me sexa perdoado!\", escribe Eduardo Blanco-Amor no limiar da edición de Nós de Seis poemas galegos, -reeditada en facsímile polo Consorcio de Santiago e Ara Solis-. Blanco-Amor conseguiu, -salientou Gómez-, que Lorca accedese a publicar os poemas e preparou a edición cunha serie de emendas. \"A miña complicidade redúcese a un leve paso polas axetreadas cuartillas, con probidade pendolista e ortográfica. E que aínda isto me sexa perdoado!\", escribiu Eduardo Blanco-Amor Tras a intervención de Joel Gómez, comezou no acto de Santiago o recitado dos poemas con María Antonia Pérez, da asociación O Galo, que leu Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta. García Lorca \"sentía admiración por Rosalía de Castro, afirmada, posiblemente, polas recomendacións de J. R. Jiménez, lector rosaliano\", segundo recolle a obra O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, de Luís Pérez Rodríguez, publicada polo Consello da Cultura. Lorca viaxara a Galicia en 1916 e en 1932. \"Carlos Martínez-Barbeito recolle algúns instantes desta viaxe, literaria e humanamente intensos. O pasmo diante da Catedral, afirmándose entre a neboeira nocturna; a Quintana, acolledora e íntima, á que Lorca bautizou co nome de praza-butaca e serviu de espacio poético ó seu poema Danza da lúa en Santiago; a Colexiata de Santa María a Real do Sar e o seu claustro, coas súas sombras pétreas de monxes e abades; a ofrenda floral a Rosalía e o momento no que lle dedica, no Café Suizo, os seus libros Canciones e Romancero gitano, con sinatura e debuxos esparexidos por entre as súas páxinas, forma que tiña Federico de alongar indefinidamente o seu afecto na presencia e memoria dos seus amigos\", conta Luís Pérez. E foi Danza da lúa de Santiago o segundo dos poemas lidos, -desta volta, por Mauro Senín de aCentral Folque- no acto organizado polo Concello, xusto antes de que Narf interpretase, coa súa voz e a súa guitarra, Cantiga do neno da tenda. Seguiu a homenaxe aos Seis poemas galegos con Romaxe da nosa señora da Barca, recitado por Iria Sobrado, da asociación cultural San Martiño Pinario e con Noiturnio do adolescente morto, lido por Chema Díaz, da asociación cultural Cidade Vella. Rematou o acto co máis coñecido dos poemas, Madrigal á cibdá de Santiago, interpretado tamén por Narf, nunha versión estreada para o evento. Á volta a Madrid da súa primeira viaxe a Galicia en 1932, Lorca xa levaba prefigurado Madrigal á cibdá de Santiago, o primeiro dos seis poemas. Ese mesmo ano volveu primeiro como director de La Barraca, visitando A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vilagarcía e Ribadeo, e unha vez máis, pasando por Pontevedra e Lugo. A amizade de Ernesto Guerra Da Cal, -a quen Blanco-Amor atribúe o papel de incitador dos Seis Poemas-, foi decisiva en todo este proceso. A amizade de Ernesto Guerra Da Cal, -a quen Blanco-Amor atribúe o papel de incitador dos Seis Poemas-, foi decisiva en todo este proceso No 1934, Lorca viaxou a Bos Aires e Montevideo, e alí inspirouse nos emigrantes galegos para escribir Cántiga do neno da tenda. O autor de Romancero Gitano xa tiña publicado o Madrigal en El Pueblo Gallego e, cando regresou a Granada, Blanco-Amor insístelle na publicación dos seus poemas. Volve a Madrid e decide rematalos con axuda de Guerra Da Cal, que segundo subliñou Joel Gómez foi quen lle suxerira que os escribise en galego, e non en castelán como era a súa primeira intención. Os Seis poemas galegos foron editados o 27 do Nadal de 1935 en Nós, no mesmo edificio en fronte do cal se celebrou o acto do 80 aniversario."}
{"ID": "NOS_10972", "summary": "O volume de negocio supera os 78.000 millóns de euros. Captou nestes seis meses 50.000 novos e novas clientes.", "text": "Abanca fechou o primeiro semestre deste ano cuns beneficios de 250,1 millóns de euros, un aumento de 1,26% a respecto dos primeiros seis meses do ano anterior. Un resultados que a propia dirección do banco non dubida en cualificar de \"históricos\". As caixas galegas vendéronse a Banesco en decembro de 2013 por mil millóns de euros. Desde entón e até hoxe, Abanca obtivo beneficios duns 2.800 millóns de euros. O balance da entidade recolle por primeira vez o efecto da recente integración de Deutsche Bank PCB Portugal, o que sitúa o seu volume de negocio en case 80.000 millóns de euros á espera de finalizar a integración de Banco Caixa Geral, que Juan Carlos Escotet agarda que supoña engadir outros 7.000 millóns de euros. Após integrar Deutsche Bank Portugal, sitúase como décima entidade do mercado portugués tanto por recursos de clientes como por crédito Tamén a nova produción de seguros crece un 7,4%, impulsada, de acordo co banco que preside Juan Carlos Escotet, pola innovación e as capacidades tecnolóxicas. Pola súa banda, a taxa de morosidade encadea 21 trimestres consecutivos de redución e baixa ao 3,3%, cunha cobertura do 57,1%."}
{"ID": "NOS_28739", "summary": "O partido abalou entre a voracidade ofensiva de Maxi Gómez -12 goles xa no campionato- e a resistencia dese frontón humano chamado Diego López, o porteiro galego do Espanyol. Non houbo gañadores nese duelo. O empate afasta un chisco o Celta da Europe League.", "text": "O Espanyol cedeu a posesión da bola e fiouno todo a dúas bazas: ao seu perigo nas contras e a un porteiro superlativo que, embora a súa veteranía, se acha nun dos mellores momentos da súa exitosa carreira. Mentres, os de Balaídos foron fieis ao seu insubornábel estilo. Passing game na transición e verticalidade no ataque, como cabe agardar dunha escadra con dous puntas como Iago Aspas e Maxi Gómez, 27 goles suman entre ambos no que vai de campionato. A equipa catalá transformou en gol practicamente todo o que chutou contra a portería de Rubén. A equipa galega, non. Era a tarde de Diego López. Estas cousas pasan no futebol. Non hai moito o de Paradela, aos seus 36 anos, non xogaba e estaba a piques de saír do clube de Sarriá no mercado de inverno. Agora é insubstituíbel e volta a ser o porteiro que puxo en cuestión a titularidade de Casillas no Real Madrid. O empate a 2 goles deixa o Celta con 32 pontos, na oitava praza, a tres da sétima, isto é, de se enganchar co tren da Europe League. Celta: Rubén, Hugo Mallo (Boyé, min.89), Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hernández, min.75), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.75) e Maxi Gómez. Espanyol: Diego López, Navarro, Naldo, David L., Aarón, Víctor S., Carlos S., Darder (Didac, min.72), Jurado (Sergio García, min.60), Baptistão (Piatti, min.72) e Gerard. Goles: Baptistão (0-1, min.10), Maxi Gómez (1-1, min.32), Maxi Gómez (2-1, min.79), Gerard Moreno (2-2, min.87). Árbitro: González González, do comité castelán-leonés. Cartóns amarelos para Tucu Hernández, Hugo Mallo, Maxi Gómez (Celta); Víctor Sánchez e Navarro (Espanyol). Campo: Balaídos (15.750 espectadores)."}
{"ID": "PRAZA_11806", "summary": "A muller deportista estivo sempre marxinada dentro da sociedade, se falamos de deporte habemos de ter moi presente unha cousa, que é un mundo tradicionalmente de homes. Mais mentres non haxa mulleres que dirixan e decidan, dentro do deporte non haberá igualdade.", "text": "A realidade do deporte feminino, por desgraza, dá como para escribir unha enciclopedia. A muller deportista estivo sempre marxinada dentro da sociedade, se falamos de deporte habemos de ter moi presente unha cousa, que é un mundo tradicionalmente de homes. Hoxe en día, case todos os deportes teñen a súa versión feminina, pero aínda así, as deportistas permanecen á sombra dos seus colegas masculinos. \"Cando vexo a dúas mulleres que pelexan no ring póñome doente. É un deporte para homes, non para mulleres. Xamais llo permitiría a unha filla miña\", declarou o púxil ucraíno Vitali Klitschko, campión mundial dos pesos pesados, ao coñecer que o boxeo feminino estará presente nos próximos Xogos Olímpicos Este tipo de declaracións, realizadas incriblemente nestas datas e cando se supón que estamos dando pasos cara á igualdade, fannos ver que aínda temos un longo camiño por percorrer, quédanos aínda, moito traballo por facer, traballo que temos que realizar xuntos, homes e mulleres, para acadar unha sociedade e un deporte mais xusto e igualitario. A participación feminina no deporte veuse incrementada en número, pero esta participación non se veu reflectida nunha maior representación en postos de decisión e dirección do deporte, que segue manexado por homes. Mentres non cheguemos aos órganos de dirección das federacións, non poderemos evitar que o deporte siga sendo machista, e así, lonxe de avanzar, o único que faremos é seguir dando pasos cara atrás. Actualmente hai unha gran cantidade de mulleres sobradamente preparadas para ser dirixentes; con todo, non se lles brinda a oportunidade de poder acceder, e o peor de todo, as mulleres que inician ese camiño acaban tirando a toalla ao ver a desidia existente por parte dos seus compañeiros. Habería que establecer medidas que favorecesen a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do ámbito deportivo, ter representación nas decisións para poder seguir avanzando, impulsando e promocionando o noso deporte. E non quedarnos nunha cuestión secundaria, a tratar no apartado de rogos e preguntas. Mentres non haxa mulleres que dirixan e decidan; dentro do deporte non haberá igualdade. Se analizamos a presenza (das mulleres) en cargos de responsabilidade, a situación non se corresponde coa poboación feminina practicante de deporte; na Galiza, a toma de decisións na gran maioría das federacións, aínda está en mans dos homes. Eles non se dan conta de que o deporte feminino ten os seus propios obxectivos, as súas necesidades, dificultades e motivacións. É por iso polo que entendo que o papel da muller, aquí, é imprescindible. Lamentablemente só atopamos tres mulleres á fronte de federacións deportivas: Nuria Rodríguez Suárez, presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo; Carmen Barro Pita, presidenta da Federación Galega de Kárate; e Mercé Barrientos, presidenta da Federación Galega de Taekwondo. E as tres xa demostraron que o feito de ser muller e dirixir unha federación non é incompatible. Elas están a facer un excelente traballo.. A desigualdade de xénero no deporte é unha realidade. Non pretendemos que nos poñan unha alfombra vermella para pisar por ela, o que pretendemos é que se nos valore na súa xusta medida. Evidentemente, aínda queda moito para que o deporte masculino e o deporte feminino sexan equiparables. Sei que temos moitísimo traballo por diante, pero eu teño a esperanza de que algún día a desigualdade de xénero no deporte deixe de ser un tema de conversación."}
{"ID": "PRAZA_11506", "summary": "Vargas Llosa repetía, até o outro día, que Chile era un milagre económico. Alberto Fernández, presidente electo da Arxentina, di que o verdadeiro milagre era a paciencia ante a xigantesca humillación.", "text": "Cando gobernaba Salvador Allende, os músicos de Quilapayún eran masivamente aplaudidos. O día que Pinochet asaltou o Palacio presidencial estaban en París, por iso libraron a vida. Voltaron en 1988, mais ninguén asistía aos seus concertos. Como se o pobo tivese desaparecido do país.Un libreiro de Bos Aires díxome que os chilenos teñen orchata nas veas.Vargas Llosa repetía, até o outro día, que Chile era un milagre económico. Alberto Fernández, presidente electo da Arxentina, di que o verdadeiro milagre era a paciencia ante a xigantesca humillación.Aos ditadores militares chámanlles gorilas en Latinoamérica. E Pablo Neruda moscas: moscas Trujillo, moscas Batista... É unha tipoloxía de asasinos. Pinochet non forma parte dela. Franco tampouco aparecería nese formato se for americano. Eles aproxímanse aos xenocidas. O terror dos gorilas é circunstancial, aínda que dure varios anos. O deles busca o exterminio. Aplicárono con tanto método que os pobos respectivos tardaron decenios en superar a absoluta prostración. A ditadura chilena pareceuse máis a unha posguerra civil que a un réxime de gorilas. Ou de moscas. Por iso demorou tanto a revolta en Santiago."}
{"ID": "NOS_15015", "summary": "A ponto de cumprir 3 semanas de greve, o sector de contratas e sub-contratas de Telefónica mantén alto o ánimo. \"Agora non podemos parar\", declara Mosquera.", "text": "José Mosquera é delegado da CIG en Liteyca, unha das 2 grandes empresas de Galiza que traballan en contratas para Telefónica, entre ambas suman máis de 800 traballadores. Xa van cara a 3 semanas de greve neste sector para denunciar o que Mosquera cualifica de \"precariedade absoluta\" á que lle empurran as condicións laborais. Tres semanas de greve e non parece que Telefónica teña intención de dar algunha solución Telefónica comezou xa hai uns anos a recortar nos contratos coas empresas e estas o que fixeron foi cargar eses recortes sobre os traballadores, algo que nos leva cara á precariedade absoluta. O único paraugas que temos son os convenios, e o que pedimos é que se cumpra o que está nos convenios, tanto en cuestión salarial, como de riscos laborais. Eles o que queren é implantar unha produción baseada en puntos, un modelo que implica traballar horas e máis horas e sen sequer acompensación salarial. Convocastes greve indefinida, van minguando os ánimos da xente co paso do tempo? Os ánimos hai que mantelos, non nos queda outra. Agora non imos parar nin recuar, hai que seguir adiante e pedir o que consideramos que é xusto, temos que resistir todo o que se poida. Agora temos aí o primeiro de maio, que nos permite coller folgos, e a seguir coa loita. Delegado sindical nun momento en que agroman voces que cuestionan o sindicalismo, ao que consideran un modelo caduco. Agora mesmo, e despois das regulacións e leis aprobadas polo Partido Popular que non fixeron máis que facilitar e abaratar o despedimento e aumentar a precariedade, os sindicatos fan falla máis ca nunca. É certo que hai sindicatos e sindicatos, pero iso non pode ser unha desculpa para atacar o sindicalismo. Un sindicato que sexa forte, firme, e que traballe arreo pola dignidade dos traballadores, ese é máis necesario ca nunca."}
{"ID": "NOS_52692", "summary": "Os Cempés, The Skatalites, Esne Beltza e The Booze son algúns dos grupos que participarán na oitava edición que terá lugar o 20 e 21 de xullo en Vilaxoán nunha das citas imprescindíbeis no calendario de festivais galegos de verán.", "text": "Sardiñas salgadas e asadas na grella xunto a música e circo. A mestura dá como resultado un festival en Vilaxoán, As Revenidas, que xa leva oito anos de traballo e aposta pola calidade. Cita imprescindíbel no calendario dos encontros mestizos de sons galegos doutras culturas, na edición deste ano, ademais da Galiza, escoitaremos formacións de Euskalherria, Xamaica e Francia.A Vilaxoán chegarán grupos galegos como Os Cempés, co seu último traballo \"Tentemozo\" aínda recén saído do forno, Guezos, Dios Ke Te Crew ou o Sonoro Maxín, senón que tamén haberá presenza de artistas xamaicanos como The Skatalites, vascos como Esne Beltza e franceses como The Booze.Os concertos de ámbalas dúas xornadas serán de pago, pero a un prezo, segundo a organización, asumíbel polo público: 10 euros o abono de dous días e 8 euros o día solo, na venda anticipada. O mesmo día o prezo subirá a 15 euros o abono e a 10 o día. O resto de actividades que terán lugar durante todo o día serán de balde."}
{"ID": "NOS_58299", "summary": "Após a última morte en Cangas o número ascende a 47. Socorristas denuncian falta de medios nas praias.", "text": "O número de persoas afogadas no que vai deste ano na Galiza superou xa o total destas mortes en 2015. O último caso rexistrado, esta sexta feira nunha praia de Rodeira en Cangas, suma a 47ª vítima mortal fronte ás 42 rexistradas do pasado ano. Trátase, aliás, do mesmo areal no que faleceu hai dous días outra bañista e un home resultou ferido. Unha \"triste casualidade\" en verbas do alcalde da localidade pois, nesta ocasión, podería tratarse dunha persoa que sufriu un infarto mentres nadaba e pola que non se puido facer nada malia os esforzos médicos do persoal sanitario desprazado até a praia. Desde a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galiza denuncian a \"falta de persoal e material\" coa que desenvolven o seu traballo toda vez que o noso país perdeu 14 bandeiras azuis por non contar con socorristas e no mes de xullo aínda non contaban con estes equipos 70 areais. As causas son diversas. Dunha banda a falta de persoal que conte coa formación exixida para desenvolver o labor de socorrismo, en boa medida polo elevado custe do curso --máis de mil euros-- fronte aos pequenos salarios que se perciben e a limitación dos contratos a apenas un par de meses no verán."}
{"ID": "NOS_31535", "summary": "Entroido galego 2020: Descubre os mellores lugares onde celebrar o entroido na Galiza coas festas máis características", "text": "Os mellores lugares onde celebrar o entroido na Galiza están cheos de encanto e tradición, toma nota e non esquezas ninguna das vilas que imos nomear. Son moitos os recunchos onde o entroido é todo un acontecemento. Milleiros de turistas e visitantes participan dunhas festas, que actualmente gozan de moi boa saude. Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días? Pódese dicir, sen temor a equivocarse, que a provincia de Ourense é a gran dominadora do entroido na Galiza, e onde teñen lugar os máis célebres festexos, moitos deles, recoñecidos como de Interese Turístico. Xinzo, Verín e Laza forman o triángulo máxico do entroido na provincia ourensana, pero hai vida máis aló, no resto da Galiza, onde tamén se vive o entroido de diferentes maneiras. Os mellores lugares onde celebrar o Entroido en Ourense Entroido en Xinzo Nesta localidade teñen lugar os festexos máis longos de toda Galiza. Xinzo está considerada coma Festa de Interese Turístico Internacional. Os festexos dan comezo co \"Sábado de petardazo\" e seguen co \"Domingo Fareleiro\", onde os xogos e as pelexas con fariña fan a ledicia dos participantes. \"Domingo Oleiro\", é a segunda cita dominical do entroido desta vila, onde ten lugar na praza maior, o xogo das olas, que consiste en lanzar o ar unha ola de barro, que non pode caer o chan. Se iso acontece, terás que pagar unha ronda de viño, segundo conta a tradición. O seguinte é o \"Domingo Corredoiro\", onde as Pantallas (máscaras típicas deste municipio) son as protagonistas, saíndo as rúas en procesión. O \"Domingo de Piñata\", pecha o Entroido, poñendo fin a estas 5 longas semanas de troula. Entroido en Verín O entroido de Verín tamén está considerada como Festa de Interese Turístico. Comeza, tras a primeira saída dos Cigarróns (figuras típicas de Verín), co \"Xoves de Compadres\", onde como é tradición, despois da cea nos restaurantes, os \"compadres\" percorren as rúas ataviados con bigotes, sombreiros e gabardiñas para rematar a procesión, na Praza Maior ónde se celebra o xuízo e queima do \"Maragato\". A festa continúa co \"Xoves de Comadres\", unha saída nocturna que, orixinariamente, só estaba permitida as mulleres. O Entroido nesta vila é menos duradeiro que en Xinzo de Limia, ainda que, son dúas semanas cheas de desfiles, verbenas e vistosos actos coma: O Entroidante ou O Bautizo do Cigarrón. E falando de Cigarróns, non te perdas o desfile, onde son os verdadeiros protagonistas, cos seus bailes e carreiras. 5 pratos típicos para desfrutar en Inverno: Descobre a gastronomía galega Entroido en Laza O Entroido en Laza, para completar o trío ourensán, é considerado tamén coma Festa de Interese Turístico. Esta vila pode presumir de celebrar unhas festas tradicionais e xenuínamente galegas. O seu protagonista é o \"Peliqueiro\". Esta figura típica, leva unha máscara que, xunto co traxe, pode chegar a pesar uns 25 kg. O \"Domingo de Entroido\" é cando os peliqueiros fan a súa aparición, chegando a reunirse até 150 peliqueiros. Un dos días grandes é o Luns Borralleiro, ou \"Día da borralheira\", onde pola mañá celébrase a \"farrapada\", unha batalla campal de trapos untados en barro, e pola tarde, na \"Baixada da Morena\", os rapaces máis novos, pegan con toxos a todo o que se cruce no seu camiño, tamén cargan sacos con terra e levan formigas, que tiran a toda a xente que esté preto. Un acontecemento máis que espectacular que atrae a milleiros de turistas e visitantes cada ano. Entroido en Viana do Bolo O entroido nesta localidade é un dos máis antigos e tradicionais de Galiza, é catalogado coma festa de Interese Turístico. Os seus protagonistas son \"Os Boteiros\", persoaxes típicos deste entroido, que danzan sen parar e abren paso a \"Os Folións\". Os folións son grupos de entre 20-40 persoas, que a modo de comparsa, tocan instrumentos tradicionais como por exemplo: bombos e azadas, percorrendo as ruas do pobo. Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica Entroido en Maceda O \"felos\" son as figuras típicas, moi parecidos aos peliqueiros ou cigarróns e ainda que visten dun modo similar, o que distingue aos felos, son as medias negras, un rabo de raposo no alto da máscara, colares ao redor do pescozo e cinco chocas en vez de seis. Percorren as parroquias do concello de San Mamede o sábado e o domingo de entroido para que os veciños disfruten da súa compañía, mentres que no pobo, soan as charangas dende a tarde até a noite. Entroido en Vilariño de Conso Neste lugar podes disfrutar do entroido puro. A figura típica e \"O Boteiro\", que leva unha grande máscara. Mentres desfila, non para de saltar ou brincar, a o ritmo da musica. Os boteiros acompañan \"Os folións\", grupos de veciños que por un día tocan instrumentos típicos dá zona. O entroido de Vilariño de Conso é Festa de Interese Turístico. Non perdas o \"Domingo Gordo\", un dos días máis importantes, polo gran desfile de folións. Entroido, antroido ou carnaval? Descobre o que recolle a Real Academia Galega sobre o nome desta festa na Galiza Os mellores lugares onde celebrar o Entroido na Coruña, Lugo e Pontevedra Se vives cerca destas tres provincias, tamén podes disfrutar e moito duns entroidos famosos polo seu ambiente, os seus rituais e as suas festas tradicionais. Entroido de Lourenzá Na mariña lucense temos o entroido de Lourenzá, famoso polo \"Domingo de Piñata\". Unha festa recuperada fai 30 anos, que data de comezos do Século XX. É famoso, o desfile de carrozas, no que participan os veciños da zona. Entroido de Pontevedra Se escolles, un entroido máis mundano, o de Pontevedra e unha boa mostra de cantos se celebran na Galiza. \"O Loro Ravachol\" é a grande festa de peche do entroido desta cidade, onde vai todo o mundo vestido de luto riguroso para acudir o enterro deste loro tan característico da cidade pontevedresa. ¿Queres facer unha escapada gastronómica? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020 Entroido de Cobres Saindo da cidade do Lérez imos a Cobres, en Vilaboa, onde celébrase un dos entroidos máis elegantes da Galiza, unha festa de Interese Turístico. As persoaxes típicas do entroido de Cobres son as Madamas e os Galáns, que percorren o municipio con custosos e espectaculares traxes acompañados dunha charanga levando a festa e o baile con eles. O día grande é o Martes de entroido, non perdas os bailes que podes ver pola mañá e os xogos que teñen lugar pola tarde, onde participan veciños e turistas. Entroido Choqueiro ¿Coñeces \"Os Choqueiros\"? Estas figuras son típicas de Monte Alto, un barrio da cidade da Coruña. Os homes van vestidos coas prendas máis chamativas que encontran pola sua casa para competir con outros disfraces, canto máis orixinais ou estrafalarios mellor. ¿Coñeces as novas gastronómicas? Consulta a nosa sección de gastronomía Como podes comprobar, o entroido na Galiza, non só é festa, pois está cheo de tradición, conservación e coidado. Se queres vivir una boa experiencia, achégate a estas fermosas vilas, para disfrutar das súas celebracións, catalogadas coma Festas de Interese Turístico."}
{"ID": "NOS_38706", "summary": "A competición no macizo Central está prevista para outubro, entre os días 16 e 22. Trátase dunha proba de resistencia, navegación e velocidad destinada a motos e quads que reunirá 180 pilotos de máis dunha vintena de países.", "text": "A Asociación para a Denfensa Ecolóxica da Galiza asegura que a organización do evento -a Deputación de Ourense a canda o Motoclube A Peroxa- carece dos permisos necesarios para poder celebrar o rally nun espazo natural protexido. Segundo informa nun comunicadao, o Servizo de Patrimonio Natural de Ourense vén de confirmarlle a Adega que nin a Deputación de Ourense nin a empresa promotora do evento \"teñen autorización ambiental para celebrar o vindeiro mes de outubro o Rally Hispania en Zona de Especial Conservación ZEC Macizo Central e Rede Natura 2000\". A edición \"máis salvaxe\" do rally Hispania A competición terá lugar entre os días 16 e o 22 e reunirá segundo as previsións dos organizadores uns 180 pilotos de 26 países na súa edición \"máis salvaxe\", cun percorrido de 1.500 km polo Macizo Central en motos, quads e SSV e centro de operacións quedará instalado na Estación de Montaña de Manzaneda. Tras ter coñecemento do evento, a organización ecoloxista Adega solicitou información na Xunta sobre as autorizacións emitidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural ou por outros servizos competentes para a celebración deste \"campionato masivo e potencialmente agresivo coa contorna, especialmente, nunha zona de especial conservación e espazo natural protexido\". \"O ruído, a contaminación, o risco de atropelo e a concentración de vehículos a motor suporía un impacto inasumíbel para esta zona ambientalmente sensíbel na que se atopan hábitats de especial interese comunitario e especies ameazadas ou cun estado conservación vulnerábel\", xustifica Adega. Coidado e preservación A resposta da Xefatura Territorial de Ourense da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda confirmou que \"no Servizo de Patrimonio Natural de Ourense non se recibiu solicitude ao respecto da celebración do evento referido\", polo que Adega insta á Deputación de Ourense a desconvocar a cita prevista para o outono e suspenda a súa organización. \"Tamén lle reclamamos que non promova a organización de eventos agresivos co medio ambiente e dirixidos a multitudes en Espazos Naturais Protexidos (ENP), non só por carecer das autorizacións administrativas preceptivas, senón, sobre todo, porque o impacto deste tipo de eventos deportivos é inasumíbel en áreas de especial sensibilidade ambiental e ecolóxica\". Desde a asociación ecoloxista piden maior coidado e preservación da \"xa maltratada Rede Natura de Galiza\", na que deberían potenciarse outro tipo de eventos ou actividades máis compatíbeis co medio ambiente e respetuosas coa normativa."}
{"ID": "NOS_2857", "summary": "Un equipo multidisciplinar coordinado desde o Instituto de estudos e desenvolvemento da Galiza (Idega) por Ángel Miramontes, doutor en Xeografía e profesor da Universidade de Santiago de Compostela traballa na elaboración dos mapas de risco da Covid-19 tanto nas áreas urbanas como no rural da Galiza.", "text": "De que forma contribúe unha cartografía do risco da Covid-19 a paliar os efectos da pandemia na Galiza?Cando durante o estado de alarma a Axencia Galega de Innovación da Xunta sacou unha liña de axudas para loitar contra o coronavirus, desde o Grupo de Investigación de análise territorial do Idega presentamos unha proposta para estudar o comportamento territorial da Covid-19.Nese momento, tivemos en conta o que estaba a acontecer noutras partes do mundo e a experiencia de colegas xeógrafos que observaban un comportamento dispar do virus, en función das características territoriais. Foi o que nos levou a analizar a propagación da enfermidade na Galiza, dunha banda para dispor dunha radiografía exacta dos cambios que se ían producindo, e doutra para emitir informes periódicos que axudasen as autoridades responsábeis a tomar decisións. Como se comportou o virus no territorio galego?É imposíbel xeneralizar. Estamos ante un proxecto cunha gran potencialidade ao contemplar diferentes escalas. O que facemos é analizar o territorio en todas as súas dimensións. Estudamos a Galiza en conxunto, cada parte do territorio, as áreas sanitarias, os concellos, as cidades, as cabeceiras comarcais, distintos ámbitos rurais. O comportamento varía. Depende da escala que esteamos analizando, do ámbito territorial e das variábeis que entren en xogo. Que factores territoriais tiveron en conta para elaborar os mapas de risco da Covid-19 e analizar a expansión do virus?As variábeis que inflúen en cada ámbito territorial son diferentes. Non son as mesmas as que actúan a escala de toda Galiza que as que interveñen en Burela ou en Vigo. Con todo, sempre consideramos a densidade de poboación, a mobilidade, a localización dos hospitais, dos centros de saúde; no ámbito urbano as liñas de bus, a situación dos polígonos industriais no extrarradio das cidades. Empregamos moitos indicadores, de feito, neste tempo fomos quitando e pondo en función das novas realidades que ían xurdindo. A que tipo de sinais estiveron atentos?A densidade poboacional é unha das guías básicas, pero hai outras máis concretas. Antes de que comezasen a ser públicos xa empezamos a observar os focos de contaxios co obxectivo de afondar na súa orixe. Axiña comprobamos que moitos estaban vinculados a residencias, como se viu máis adiante. Pero tamén analizamos temas de mobilidade.Este proxecto serviu para revalidar e xustificar os valores que iamos vendo, máis aló dos datos ou do simple número de casos por concello. O máis importante para nós é saber por que. Por que nesta localidade hai 180 infectados e na do lado 40 ou ningún. E iso dínolo o territorio, a partir das redes sociais, económicas, de infraestruturas e de servizos operativas en cada momento. En que medida os mapas e as análises territoriais da evolución do virus foron de utilidade para as autoridades públicas?O envío de documentación periódica aos responsábeis da Administración galega era un dos obxectivos do proxecto. E así o fixemos, tanto ao Sergas como a GAIN. Despois non sei se o uso que lle deron aos nosos informes foi moito ou pouco. Na orixe do proxecto falouse da posibilidade de crear unha cartografía activa e accesíbel.Estamos ante un proxecto dinámico, como o propio territorio, ligado ao comportamento da pandemia, á análise de cada nova variábel e á xustificación territorial dunha realidade concreta en cada ámbito, sempre a partir de datos oficiais que nos fixeron chegar, non sempre co mesmo grao de detalle e exhaustividade. A partir de aquí, de momento, non creo que nos corresponda a nós, aínda, decidir sobre a accesibilidade á cartografía da Covid-19. Que rastro deixou o coronavirus na Galiza nestes dez meses?Non existe un comportamento homoxéneo para todo o territorio. A evolución da pandemia en cada ámbito responde a diferentes factores e cómpre analizar cada caso no seu contexto. Fóra diso, claro que se pode sinalar o impacto do virus no eixo atlántico urbano ou nas capitais, en cidades onde hai maior densidade de poboación ou en concellos cunha mobilidade moi elevada. Pero non se pode prescindir das características de cada territorio: estrutura demográfica, envellecemento, rendas, infraestruturas, localización de farmacias... Estas variábeis son as que explican a expansión ou a retirada do virus, nun lugar concreto nun período de tempo determinado."}
{"ID": "NOS_8304", "summary": "A equipa de Luis Enrique estivo no partido até que o árbitro mandou ás duchas ao dianteiro brasileiro Charles, nunha acción moi rigorosa. Logo, xa con 10, desatouse o festival Javi Guerra.", "text": "Minuto 10 do segundo acto do xogo. Charles presiona a saída de balón do garda-mallas rival. Este, nunha acción trampulleira, arrebólalle o coiro contra as costas dun puntapé e finxe ter sido molestado pola presenza do brasileiro. O árbitro cae na celada e amosa ao dianteiro celeste o seu segundo cartón. Expulsión. O Celta fica con 10 xogadores e sen a súa referencia ofensiva. Apartir daí, acabouse o partido. O Celta perdeu a orde e o Valladolid botou man do seu principal argumento ofensivo, o sempre perigoso Javi Guerra. Foi un furacán perante o marco de Yoel. Un furacán que asinou 3 goles. O Celta continúa con 15 pontos. A boa noticia é que aínda mantén un mini-colchón de dous pontos que o separa dos postos que conducen á Segunda División. Antes da expulsión, o Celta estivo máis no partido do que o Valladolid, cunha boa condución de xogo por parte de Oubiña e chegadas á área rival. Con 10 foi outra historia. Foi a historia de Javi Guerra. Alegacións O Celta decidiu esta terza feira apresentar alegacións ao segundo cartón amarelo a Charles, logo de as imaxes mostraren inapelabelmente que o dianteiro brasileiro nen tocou o porteiro do Valladolid. Fotografía tirada de CeltaVigo.Net"}
{"ID": "NOS_17742", "summary": "O grupo galego máis seguido en Facebook é Los Suaves, con 106.000 seguidores, e en Twitter Iván Ferreiro, con máis de 131.000. A máis popular cantando en lingua propia, SES, ten máis de 16.000 fans na rede de Zuckerberg.", "text": "Só os ourensáns Los Suaves superan a barreira de 100.000 seguidores. Detrás del están outros artistas consolidados, como Iván Ferreiro (case 88.000) e dúas referencias xa clásicas do folc: Carlos Núñez (+61.000) e Luar na Lubre (+50.000). Por detrás está o coruñés Xoel López (+38.000), a gaiteira Cristina Pato (case 22.000), que residen en Nova York, ou a banda coruñesa tributo a Dire Straits Brothers in Band (case 20.000). A continuación xa aparecen nomes da canción en galego, como SES (+16.000) ou Dakidarría (+14.000), xunto con Novedades Carmiña (+12.700), Heredeiros da Crus (case 12.500) e Woyza (12.455). Non incluímos Berrogüetto, por ser unha banda desaparecida, pero que aínda vive no Facebook con máis de 17.000 seguidores. En galego Nos números dos grupos en galego nótase que seguen á marxe das radiofórmulas, con escasos apoios mesmo nos medios do país e dificultades para saír ao exterior. SES é un dos poucos exemplos nos que existe o fenómeno 'fan' na cultura galega e mantén unha intensa actividade en redes sociais para conectar co seu público. Ela sería a primeira nesta listaxe, seguida de Dakidarría e os barbanceses Heredeiros da Crus. Logo estarían os coruñeses que fan fusión Chotokoeu (+9.500), Terbutalina (+6.000), Xabier Díaz (+5.600) ou o grupo vocal De Vacas, con máis de 5.000 seguidores en menos dun ano de traxectoria. Twitter O Twitter é unha rede menos frecuentada polos usuarios en xeral e polas bandas en particular, pero que dá sorpresas. Aquí o rei é Iván Ferreiro con máis de 131.000 seguidores, tendo moi por detrás a Xoel López (+27.000) ou a Los Suaves (+9.000). Nesta rede, os líderes cantando en galego son Heredeiros (+8.000) seguidos de Dakidarría (+4.000) e Terbutalina (+3.000)."}
{"ID": "NOS_20752", "summary": "Os tres arroaces rescatados este sábado estaban atrapados debaixo dunha ponte da Toxa desde a pasada cuarta feira", "text": "Medio centenar de voluntarias, convocados pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), logrou liberar este sábado ao grupo de tres arroaces que se atopaban varados debaixo dunha ponte na Toxa, no municipio do Grove. O presidente de Cemma, Alfredo López, sinalou que os participantes quedaron \"moi contentos e emocionados\" por un operativo que foi \"un éxito\" debido a \"que todo o mundo funcionou moi disciplinadamente\". Os tres arroaces ('Tursiops truncatus') ─bautizados polo Cemma como Aquelado, Capitán e Grumete─ atopábanse atrapados desde a madrugada do pasada cuarta feira, polo que ao longo da semana preparouse un operativo, coa colaboración do Concello do Grove e a Xunta, que comezou a primeira hora deste sábado, aínda que non foi até as 16 horas cando se conseguiu o obxectivo. Nun principio, probouse cunha liña de canoas que non funcionou, pois os golfiños \"pensaban que era para xogar\". Após iso, optouse por que os voluntarios entrasen con neoprenos directamente na auga para formar un roda e conseguir subir aos cetáceos a unhas padiolas para pasalos alén da ponte. Alfredo López relata que os golfiños \"estaban os tres moi ben, ben de carne e sans\". Pasaron \"da ponte para fóra e seguen por aí preto porque se ven a primeira ollada, pero están a salvo\". Nas inmediacións instalouse unha carpa e facilitouse comida e bebida quente para as persoas voluntarias, dado que \"todo o mundo está conxelado\" despois de meterse na auga en pleno novembro. Máis casos na zona Nos últimos anos repetíronse as actuacións para liberar a cetáceos varados na zona, \"até 16 animais en distintos varamentos con estes tres\", enumera o responsábel do Cemma. \"Isto é como un labirinto para eles porque unha vez que entran xa non son capaces de saír\", subliña. \"Hai un risco moi grande\" e \"hai unha oscilación de marea moi alta\", \"e cabe a posibilidade de que queden varados en seco\", advirte. Até a data, nunca se realizou un rescate na zona tan numeroso en exemplares, pois sempre foron un ou dous animais. Os tres arroaces son exemplares adultos que o Cemma ten rexistrados, un deles desde 2003 (chamado Aquelado). Capitán foi identificado en 2014, mentres que Grumete, que é un exemplar posiblemente xuvenil, foi localizado por primeira vez este ano. Os tres foron observados xuntos en agosto na ría de Arousa, nunhas campañas do Cemma, que explica que \"non resulta estraño\" que os golfiños naveguen entre Cambados e a Illa da Toxa, aínda que non adoitan introducirse cara á parte interior da ría, dado que identifican que os fondos de area poden ser perigosos e quedar varados en baixa mar."}
{"ID": "NOS_32724", "summary": "A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios estudia a legalidade das novas comisións que comezou a cobrar Abanca a parte da súa clientela.", "text": "O pasado mes de xuño moitas clientas e clientes de Abanca descubriron con sorpresa que as súas contas deixaran de estar amparadas polo programa 'Cero comisións' da entidade galega, uns cambios que xa notificara o banco a comezos de ano e que deixan fóra dos beneficios asociados ao mesmo ─entre eles a exención do pago de comisións─ a persoas que non teñan domiciliada a súa nómina ou pensión. Esta situación xerou numerosas queixas entre as usuarias e os usuarios, que mesmo chegaron a concentrarse diante das sucursais de Abanca para exixir a devolución das cantidades cobradas. Agora, a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) vén de abrir unha vía de reclamacións para as numerosas clientas e clientes da entidade presidida por Juan Carlos Escotet ás que, desde o pasado 1 de xuño, se lles están cargando novas comisións. Segundo asegura a asociación nun comunicado, trátase dun feito \"inédito\", e mais tendo en contra de que estamos a falar de \"comisións importantes e mesmo ás veces confiscatorias, tendo en consideración os movementos e saldos das contas afectadas\", apuntan desde a entidade. A organización galega de consumidoras precisa que desde hai un mes reciben numerosas queixas por estes cargos, que poden achegarse aos 60 ou 70 euros semestrais por mantemento de conta. Legalidade das comisións A asesoría xurídica da asociación está a estudar a legalidade destas comisións, e xa procedeu a abrir unha vía de reclamación, en representación daquelas persoas asociadas que así o requiran ante o servizo de atención ao cliente de Abanca, como medio de solución de conflitos previo a unha posíbel reclamación xudicial ou perante o Banco de España, apuntan no comunicado. O servizo que presta a asociación é gratuíto para as persoas asociadas, mais tamén poderá acceder a el calquera clienta ou cliente de Abanca, asinando unha folla de representación en favor de Acouga. Para iso será necesario achegar documentación que acredite os cargos por comisións, confirmando tamén todas as aboadas nos exercicios 2018, 2019 e 2020, sinalan desde a entidade. Ademais, Acouga pon ao dispor das persoas interesadas un servizo de asistencia de segunda a sexta feira, de 10 a 14 horas, no teléfono 981113402."}
{"ID": "NOS_46364", "summary": "23 millóns de peruanos e peruanas están chamadas este domingo ás urnas na que será a segunda volta das eleccións presidenciais entre Keiko Fujimori, candidata da Fronte Popular e filla do ditador encarcerado Alberto Fujimori, e Pedro Pablo Kuczynski, candidato de Peruanos polo Cambio.", "text": "O Perú vive este domingo a segunda volta das eleccións presidenciais após ningún dos candidatos, nin Keiko Fujimori nin Pedro Pablo Kuczynski, acadase máis do 50% do apoio na primeira volta, que tivo lugar o 10 de abril. Até hai unha semana, as enquisas daban como gañadora Fujimori con até sete puntos da vantaxe, aínda que na véspera dos comicios as sondaxes apuntaban a un empate técnico. Keiko Fujimori é filla de Alberto Fujimori, quen cumpre unha condena de 25 de cárcere por crimes de lesa humanidade cometidos durante os dez anos que gobernou o Perú (1990-2000). Malia contar co apoio da oligarquía que alimentou seu pai cando ostentaba a Presidencia, Keiko tratou de desligarse da figura de Alberto sen demasiado éxito. \"Eu non son responsábel dos erros e delitos de terceiros. Eu son Keiko Fujimori, non Alberto Fujimori, son outra persoa\", apuntaba a candidata en declaracións a unha televisión local. Os intentos da filla do ditador por se desvincular do seu pai non tiveron de todo os froitos que esperaba, pois entre a esquerda que tratou de exterminar Alberto Fujimori nos noventa rexurdiu nos últimos meses o movemento \"Fujimori nunca máis\". O certo é que Keiko representa o grupo político denominado fujimorismo que controla Forza Popular, formación que ostenta a maioría no Congreso e conta coa Presidencia do órgano lexislativo, en mans doutro fillo de Alberto Fujimori, Kenji. O fujimorismo acabou cos movementos Sendero Luminoso e co Movemento Revolucionario Tupac Amaru (MRTA) e ordenou a esterilización forzada de máis de 200.000 mulleres, indíxenas na súa maioría. Tamén se lle atribúen desaparicións e detencións. Kuczynski, de orixe franco-polaco, é un empresario e ex banqueiro de Wall Street que carece de experiencia política. As analistas cualifícano como unha persoa sen carisma, aínda que tería gañado o voto do anti fujimorismo. O resultado das eleccións, que comezan ás 8 hora local, coñeceranse após as 21 hora local."}
{"ID": "PRAZA_8148", "summary": "A Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua e Ciemen piden axuda a varios grupos parlamentarios para deter o \"ataque directo\" que para o galego, o éuscaro e o catalán supón a reforma educativa. BNG, ERC e Amaiur amosan o seu apoio ás reivindicacións.", "text": "Alianza en galego, catalán e éuscaro contra a Lomce. A Mesa pola Normalización Lingüística, o colectivo vasco Kontseilua e o catalán Ciemen-Enllaçats Per la Llengua pediron este martes axuda aos grupos parlamentarios do Congreso para frear esta lei Wert, logo de presentar un manifesto no que denuncian o \"ataque directo\" que supón esta proposta de reforma educativa para as súas respectivas comunidades lingüísticas. Todo, malia que os tres colectivos denunciaron a actitude da Mesa do Congreso, que lles dera permiso para realizar o acto pero que lles impediu o paso da prensa, polo que tiveron que facer declaracións no exterior tras reunirse con varios grupos parlamentarios. \"A lei Wert trata o galego, o catalán e o éuscar como linguas tóxicas que deben manterse afastadas dos nenos\", di Callóns O presidente da Mesa, Carlos Callón, volveu calificar o anteproxecto como a \"lei da Wertgoña\" por tratar o galego, o catalán e o éuscaro como \"linguas tóxicas\" e \"que deben manterse como os medicamentos, afastados dos nenos\". Para o dirixente do colectivo, a aplicación da Lomce suporía unha situación que \"nunca houbo en 30 anos de democracia\" para as tres linguas. \"Temos que retraernos ao franquismo. Parece que Wert quere ser o Vesubio para as nosas linguas e que só sexan elementos folklóricos para colocar nos museos, pero nós queremos linguas vivas\", manifestou. Ao tempo, Carlos Callón destacou no Congreso que esta lei agravaría aínda máis a situación que sofre o galego en Galicia, onde \"está prohibido que se impartan determinadas materias\" na lingua propia, tal e como destacou. \"A Xunta ordenou destruír 190.000 libros de texto polo feito de que estaban neste idioma\", lembrou, tras advertir de que Galicia \"foi o banco de probas para aplicar a Lomce\". Ademais, Callón explicou que A Mesa e os outros dous colectivos \"fan un chamamento a todas as comunidades lingüísticas en defensa dos nosos idiomas, e un chamamento ao conxunto dos grupos parlamentarios do Congreso para que se opoñan á Lei Wert, e para facer que o Goberno escoite e retire esa lei\". \"O borrador da lei arrincona as nosas linguas e os nosos falantes\", denuncia Kontseilua Pola súa banda, Paul Bilbao, representante de Kontseilua, asegurou que os colectivos foron ao Congreso \"para denunciar o borrador presentado por Wert, que o que vai facer é arrinconar máis as nosas linguas e os seus falantes. Nas últimas décadas traballamos para normalizar as nosas linguas e cremos que este borrador vai ser un retroceso\", explicou, antes de participar na primeira reunión cos deputados, para engadir que o seu obxectivo é conseguir que os grupos se convertan no seu \"altofalante\" no Congreso. Os tres colectivos piden que os grupos favorables á normalización lingüística trasladen a súa posición ao Goberno Así, aclarou que o que pretenden conseguir é que Wert \"escoite a opinión da sociedade civil organizada\" que, ao seu xuízo, é \"totalmente contraria\" á proposta que fixo o ministro. \"O noso final obxectivo é que todos os grupos ou polo menos aqueles que sexan favorables á normalización das linguas minorizadas teñan en conta a nosa opinión e que esa opinión sexa trasladada ao órgano pertinente\", explicou. Pola súa banda, o representante do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (Ciemen), que forma parte da plataforma Enllaçats per a Llengua, Joaquim Arenas, defendeu o modelo lingüístico educativo catalán e a inmersión como método \"aplicado en moitos países, que Cataluña fixo seu, para poder realizar a escola catalá para todos os nenos\". \"A Lei de Wert é unha lei que frustra todo o esforzo que se fixo durante todo o século XX e que arrinca de moi lonxe\", alertou, para insistir en que a reforma ameaza a \"mentalidade pedagóxica que callou en Cataluña\" e a súa aplicación suporía \"traizoar\" aos nenos cataláns porque se deixaría de dar a todos os alumnos os mimos instrumentos. Algúns parlamentarios amosaron xa o seu apoio ás demandas das tres organizacións. As deputadas do BNG na Cámara amosaron o apoio do BNG ao labor das organizacións lingüísticas e compartiron as mesmas críticas á nova lei de Educación que está a elaborar o Ministro de Educación. BNG, ERC e Amaiur amosaron o seu apoio ás tres plataformas defensoras da normalización lingüística A deputada Rosana Pérez asegurou que o \"BNG considera imprescindíbel que as plataformas en defensa das linguas se mobilicen e veñan ao Congreso a concienciar e a defender os dereitos lingüísticos, sobre todo ante un novo ataque como é a Lei de Educación. Unha lei que xa temos dito que é recentralizadora, que nega o plurilingüismo e a realidade plurinacional\". Ademais, engadiu que \"incentiva o ensino privado\". \"Destinan recursos públicos ao financiamento do ensino privado para alimentar un negocio. É fundamental que nos mobilicemos para facer valer o noso dereito a expresarnos na nosa lingua\", insistiu. O portavoz de Amaiur no Congreso, Mikel Errekondo, tamén anunciou o apoio do seu grupo ás plataformas e asegurou que non basta con pór \"parches\" para \"tentar arranxar a lei\" de Wert senón que \"hai que esixir a súa retirada\". Pola súa banda, o portavoz de ERC no Congreso, asegurou que, desde a súa formación, aplauden a iniciativa das organizacións e que están á súa disposición \"para facer o que faga falta\", á vez que explicou que falarán sobre posibles iniciativas a pór en marcha, na liña das que xa veñen impulsando ERC, para defender as súas linguas e os seus modelos escolares. \"Temos unha complicidade total\", confirmou."}
{"ID": "PRAZA_10008", "summary": "O lanzamento do MarumaSat IV está previsto inicialmente para o 10 de maio, pero xa este 2 de maio estudantes dos seis institutos públicos que participan nesta iniciativa reuniranse en Ordes para facer unha simulación da Misión Einstein", "text": "A NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) lanzará nuns días á estratosfera a súa cuarta sonda, o MarumaSat IV, que nesta ocasión buscará -entre outros experimentos- probar a teoría da relatividade especial enunciada por Einstein, estudando os muóns froito da descomposición dos raios cósmicos. Son xa seis institutos os que participan nesta iniciativa, que naceu no 2016 no IES Maruxa Mallo de Ordes, ao que se uniron un ano despois o IES Miraflores de Oleiros e o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, e na que nesta ocasión participan tamén o IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela, o CPI O Cruce de Cerceda e o IES Ferrol Vello.O lanzamento está programado inicialmente para as 12 da mañá do venres 10 de maio, dende o IES Maruxa Mallo de OrdesO lanzamento está programado inicialmente para as 12 da mañá do venres 10 de maio, dende o IES Maruxa Mallo de Ordes, xa con permiso de AENA. Con todo, todo dependerá das condicións meteorolóxicas, que poderían obrigar a adiar a suba da sonda. A segunda data concedida por AENA é o 28 de maio, tamén ás 12 da mañá dende Ordes.Porén, xa esta semana, o xoves 2 de maio ás 15.45 horas, estudantes dos seis centros públicos galegos reuniranse no IES Maruxa Mallo para realizar unha simulación do lanzamento, co obxectivo de \"ultimar algúns detalles para que a misión sexa todo un éxito\".O proxecto, que se denomina este ano Misión Einstein, buscará probar a teoría da relatividade especial enunciada polo físico nacido en Ulm, estudando os muóns froito da descomposición dos raios cósmicos. Cando os raios cósmicos -protóns e outras partículas que flúen a través do espazo- chocan contra a atmosfera da Terra, convértense noutras partículas elementais, entre elas os muóns. O feito de que os muóns sobrevivan antes de desintegrarse (de feito chegan á propia superficie terrestre) máis tempo do que sería esperable, proba a teoría de Einstein de que o tempo se dilata en velocidades elevadas, coma as que presentan os raios cósmicos.O proxecto, que se denomina este ano Misión Einstein, buscará probar a teoría da relatividade especial A viaxe ten outros obxectivos tamén como procurar un novo récord de altitude (36000 m), a inclusión de sensores de O₃ e radiación UV, o estudo da velocidade de reprodución de seres unicelulares fóra da Terra, a variación das propiedades organolépticas da auga, a sincronización co Sentinel, a medición do campo magnético terrestre, a xeolocalización por LoRa e GPS, o desenvolvemento dunha subcápsula de habitabilidade e a consecución de datos para emitir unha certificación de calidade do emisor TX_06.3. Ademais a sonda levará ao ceo os poemas vencedores do II Premio de Poesía Estratosférica."}
{"ID": "NOS_16914", "summary": "Denúnciao Adega, que pide, ao abeiro da decisión en Portugal de conxelar até 2030 a plantación de eucalipto, prohibir o eucaliptus nitens por invasor e fixar moratoria para o globulus.", "text": "A decisión de Portugal de conxelar a plantación de eucaliptos até 2030 axiña tivo eco en Galiza, país veciño. \"Na Galiza o eucalipto medra nunhas 500.000 hectáreas e aumentando\", denuncian desde Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. Cobre case o 17% de todo o territorio galego. Por iso, os ambientalistas apostan en prohibir o eucaliptus nitens por invasor e fixar moratoria para o globulus. \"O Eucaliptus nitens, especie que pola súa resistencia ao frío está a ocupar territorios antes vetados ao Eucaliptus globulus, é unha especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente\". Isto afirma Adega, de aí que se solicite a prohibición de plantalo. Para o resto das especies do xénero eucaliptus, \"nomeadamente o E. Globulus\", maioritario nas explotacións forestais, debería establecerse unha moratoria para novos plantíos seguindo o exemplo de Portugal, considera Adega. Establecer unha fiscalidade verde Adega considera que a plantación de eucaliptos debería estar gravada cun imposto que contribuíra a reverter parte as perdas que a súa explotación comporta á sociedade. \"O aproveitamento intensivo do eucalipto comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística, son importantes para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade\". A isto engaden que inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras e rías con agroquímicos e subprodutos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión. En consecuencia, e tal como acontece con outras \"ecotaxas\" ou impostos verdes (céntimo sanitario nos combustíbeis, canon eólico ou hidroeléctrico)"}
{"ID": "PRAZA_2764", "summary": "O Goberno galego destina 300.000 euros para difundir a súa actividade a través de espazos publicitarios nas rúas durante o vindeiro ano. As empresas interesadas terán máis posibilidades de obter o contrato se ofrecen máis soportes nas rúas da Coruña e Vigo.", "text": "\"Aprobaremos unha Lei de Publicidade e Comunicación Institucional da Xunta de Galicia. Porque a política de comunicación institucional debe estar sometida á lei\". É o compromiso que figuraba na páxina 288 do programa electoral co que o PPdeG concorreu ás eleccións galegas de 2009, tras as que Alberto Núñez Feijóo se converteu en presidente da Xunta. Destacaba así o incumprimento por parte do bipartito de aprobar unha lei para regular os investimentos publicitarios do Goberno e a súa relación cos medios, que PSdeG e BNG rexistraran no Parlamento cando xa non quedaba tempo para aprobala. Case sete anos despois esa lei segue sen existir e a publicidade institucional segue rexida, esencialmente, por criterios discrecionais. Estes, tamén, son os que rexerán a contratación dun cento de valos publicitarios ao mes durante o ano electoral de 2016. A Secretaria Xeral de Medios do Goberno galego vén de iniciar os trámites dun contrato que, financiado con algo máis de 314.000 euros -274.000 nos orzamentos de 2016 e o resto, nos de 2017, que xa xestionará o goberno que saia das urnas-, lle permitirá á Xunta colocar as súas mensaxes publicitarias e, cando menos, 105 valos publicitarios ao mes durante o vindeiro ano. Estes valos estarán distribuídos en poboacións de máis de 5.000 habitantes por toda Galicia, se ben entre o 50% e o 75% estarán instalados en localidades nas que vivan máis de 50.000 persoas e, entre o 50% e o 80%, nas provincias da Coruña e Pontevedra. Os valos custarán uns 314.000 euros, 274.000 con cargo ao orzamento de 2016 e o resto, ao de 2017 A intención, di a documentación do contrato, é \"dispor dun número de valos nos que se insiran mensaxes ou contidos de carácter institucional e de interese público derivados da actividade da Xunta de Galicia\". \"O Goberno -xustifica a Xunta- é, necesariamente, suxeito e obxecto de información e valoración política\", e pola súa \"función executiva\" é \"emisor dunha serie de mensaxes dirixidas aos cidadáns que se engloban baixo a denominación xenérica de campañas institucionais de publicidade e de comunicación\", a mesma que segue sen ser regulada por unha lei que os populares consideraban \"urxente\" tras chegar á Xunta e que o propio Feijóo volveu prometer tras gañar as eleccións de 2012. O PP prometeu aprobar unha lei de publicidade institucional tanto nesta lexislatura como na anterior Sempre segundo a dcoumentación gobernamental, toda esta publicidade está \"ao estrito servizo das necesidades e intereses dos cidadáns, facilitando o exercicio dos seus dereitos e promovendo o cumprimento dos seus deberes\". \"A eficacia da acción comunicativa dos poderes públicos na sociedade galega contemporánea -reflexiona o departamento autonómico- require que a sociedade da información se habilite como parte dos recursos informativos das Administracións púbicas e se incorpores técnicas que permitan difundir con eficiencia mensaxes de interese\". O Goberno asegura que as campañas estarán \"ao estrito servizo das necesidades e intereses dos cidadáns\" Así as cousas, as empresas interesadas en facerse con este contrato teñen ata o vindeiro día 21 para presentar as súas propostas. Deben ter en conta que, dentro do servizo, deben ofrecer a \"reimpresión e reparación do material gráfico naqueles valos que sufran deterioracións por actos vandálicos ou danos a causa do clima\". Para teren máis posibilidades de gañar o concurso a Xunta dálles a opción de \"ofertar outros soportes exteriores\" que, \"contribúan a mellorar o circuíto de medios exteriores\" nas cidades da Coruña e Vigo. Estas \"melloras\" consisten en incorporar, \"durante o período dun mes\", a publicidade da Xunta en soportes como \"monopostes\", \"MUPIS\" ou \"publicidade dínámica\" nas rúas coruñesas e viguesas."}
{"ID": "NOS_46331", "summary": "Chove a chuzos o día de Pascua cando acompañamos a Carme Varela, da directiva da asociación O Sorriso de Daniel a Castro Caldelas. Trátase dunha visita máis para preparar o proxecto \"Arriba San Paio de Abeleda!\", unha iniciativa que tenta evitar o derrubamento da igrexa e o único mosteiro en perigo na Ribeira Sacra. O lema é o que conduce todas as súas accións: \"o patrimonio, sen a veciñanza, ten menos valor\".", "text": "Carme Varela aproveita un día de lecer para continuar cos preparativos da campaña en Castro Caldelas. De camiño, aproveita para explicarnos a filosofía do sorriso de Daniel, a idea que conduce o seu singular xeito de actuar para defender, conservar e darlle valor ao noso patrimonio. Non son só un grupo con \"devoción\" polo románico, que tamén, senón un colectivo que ten vontade de facer partícipe á sociedade do seu entusiasmo, de contaxiar a súa paixón diante dun mosteiro ou unha igrexa. Agora as súas miras están postas en San Paio de Abeleda, o único mosteiro da Ribeira Sacra que está neste momento en perigo de derrubamento. E alá vai Carme Varela de avanzada a preparar o terreo para a nova acción. Nas case dúas horas de camiño relata a historia recente e a situación do mosteiro. A clausura da igrexa como parroquial prodúcese en 1972. Anos máis tarde o Bispado de Ourense véndella a unha sociedade formada por catro socias. A sociedade corre diferentes avatares, mesmo cambian os seus socios e finalmente acaban por revenderllo novamente ao Bispado. A constructora Gestab de Xosé Luís Táboas fíxose no ano 2006 coa propriedade do mosteiro nun contrato que incluía a reforma da igrexa. O ambicioso proxecto inicial paralizouse coa crise económica e San Paio continuou esmorecendo mentres a viciñanza vía como o seu futuro perigaba. Dalgún xeito, responsabilizáronse da súa custodia e así rescataron nunha ocasión a súa pila bautismal a piques de ser roubada. A pila na que se bautizaran tantos veciños e veciñas de Abeleda. Consolidar os murosEsa mesma pila é o elemento central da acción que agora bota a andar O sorriso de Daniel. Procuraron ás persoas que se bautizaron coa súa auga bendita e Soledad Felloza –autora da foto desta información- retratounos de novo na pila na que se cristianaran, agora depositada nunha das parroquias de Abeleda. As imaxes, xunto con textos de persoas do mundo da cultura, formarán parte da exposición que nos próximos meses demandará un futuro para San Paio de Abeleda.Para levar a cabo a súa acción, a Asociación O sorriso de Daniel conta coa enerxía das Asociacións de veciños de San Paio de Abeleda e Cocas e Danzantes de Santa Tegra. Carme Varela estivo xa con Soledad Felloza tirando as imaxes para a exposición. Ao chegar recíbena con agarimo, coma unha máis de Abeleda e comprácense de compartir con ela o mesmo obxectivo. \"O urxente é consolidar os muros da igrexa\" comentaba Carme de camiño, despois de explicar que a maior riqueza patrimonial se atopa neses elementos do monumento. \"Temos que consolidar os muros\" repiten nas casas de Abeleda, cunha expresión que xa forma parte da súa fala. Consolidar os muros. Animosa directiva, persoas entusiastas Dentro dun tempo, as imaxes das últimas persoas bautizadas na pila da igrexa de San Paio de Abeleda pendurarán polos camiños do lugar. Chamarán a atención sobre a urxencia da conservación mais serán un reclamo dun valor máis prezado, da relación de afectividade que a veciñanza ten co seu patrimonio. Desde cada casa do val, o mosteiro imponse coa súa fermosura e nas ventás das súas casas, as persoas que habitan cada día a aldea e as que veñen de ferias agardan a que esa panorámica non desapareza nunca dos seus ollos. Carme Varela, a emisaria de O sorriso de Daniel, abandona a aldea xa case na noite. Volve para a cidade despois de contribuír a consolidar unha nova misión, cos ollos postos na Abeleda. Insiste en falar do animoso espírito da directiva e das persoas socias de O Sorriso de Daniel. Polo camiño relata outras iniciativas como a limpeza colectiva de Pardollán a través do seu \"De-ambulatorio románico\" ou aquel momento no que puxeron a tocar as campás das igrexas románicas da Ulloa, únicas testemuñas que podían conmemorar en pé os 500 anos do nacemento da feira de Monterroso. En todas elas, cos veciños e veciñas porque, ao seu ver, coa súa participación, o patrimonio ten máis valor."}
{"ID": "PRAZA_9224", "summary": "A nova condena por branqueo contra o narco comisa, entre outros bens, a sociedade que con \"fondos procedentes do narcotráfico\" mercou 13.000 metros cadrados nos que se ían levantar 38 chalés que o bipartito intentou parar pero a xustiza viu legais", "text": "A nova condena por branqueo contra o narco comisa, entre outros bens, a sociedade que con \"fondos procedentes do narcotráfico\" mercou 13.000 metros cadrados nos que se ían levantar 38 chalés que o bipartito intentou parar pero a xustiza viu legaisA xustiza avalou a súa legalidade urbanística e a xustiza considera agora que ía ser impulsada con \"fondos procedentes do narcotráfico\". É a longa historia da urbanización de 38 chalés aprobada en 2007 polo Concello de Sanxenxo en terreos adquiridos por unha sociedade que a Audiencia de Pontevedra ordena comisar na sentenza coa que condena por branqueo a José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco, a súa ex-muller, unha filla e dous colaboradores máis. A urbanización, xunto á praia de Montalvo, nunca pasou dos planos, pero estes seguen a estar en vigor despois de que a xustiza validase a súa aprobación por parte do Concello gobernado polo PP fronte ao intento de paralizala da daquela Xunta bipartita de PSdeG e BNG.Segundo indica a sentenza agora emitida pola Audiencia de Pontevedra, o 4 de agosto de 1988 a empresa que o tribunal considera núcleo da trama de branqueo de Sito Miñanco, Inmobiliaria San Saturnino SL, \"representada por José Ramón Prado Bugallo e pola entidade José Aguín Magdalena SL\", de José Alberto Aguín, condenado tanto agora como na operación Nécora, constituíu outra sociedade, Jolva SL. \"O mesmo día da súa constitución\" e \"empregando fondos procedentes do narcotráfico\", di a sentenza, \"Jolva SL adquiriu un terreo de 12.906 metros cadrados fronte á praia de Montalvo, Sanxenxo\" sobre o que Aguín e a ex-muller de Miñanco realizaron \"unha serie de actuacións que determinaron que o seu valor se incrementase exponencialmente\". En outubro de 2005, explica a sentenza, o primeiro \"presentou un plan parcial de desenvolvemento do solo urbanizable número 18\" que abarcaba eses terreos, documento que foi aprobado ano e medio despois polo Concello de Sanxenxo.Malia que daquela os terreos estaban ocupados por árbores, o plan urbanístico aprobado polo Concello de Sanxenxo cualifica a zona como \"núcleo urbano de Montalvo\"Malia que daquela os terreos estaban maiormente ocupados por árbores, ese plan urbanístico cualifica a zona como \"núcleo urbano de Montalvo\" e di que dado ese emprazamento a urbanización busca \"facilitar unha gradual transformación do continuo urbano en paisaxe rural para que ambos se fundan de forma natural\". \"Os campos, o arborado da paisaxe rural circundante existente no interior da cidade preténdese converter en parques, áreas de descanso e ocio\", explica o documento, aprobado polo Concello e impulsado por propietarios dos terreos, cuxas identidades consigna o propio plan ratificando así de xeito público a participación de Aguín e Jolva SL.O documento contempla que unha primeira franxa do ámbito urbanístico, a máis próxima á praia e afectada pola protección de costas, sexa cedida como parte dos sistemas xerais, zonas verdes e equipamentos municipais, mentres que a outra metade do espazo divídese en parcelas nas que posteriormente se poderían levantar 38 chalés adosados. O plan reserva un 20% das vivendas para protección autonómica.A tramitación do plan foi iniciada en tempos de Telmo Martín como alcalde e foi aprobado sendo rexedora a súa substituta, Catalina González, vinte días antes das municipais de 2007A tramitación desa urbanización iniciouse, segundo di a sentenza agora emitida, en outubro de 2005, sendo alcalde de Sanxenxo, paradigma do urbanismo desaforado nas Rías Baixas, o histórico popular Telmo Martín, tamén promotor inmobiliario, pero aprobouse en maio de 2007, cinco meses despois de que este deixase o cargo para intentar conseguir a alcaldía da cidade de Pontevedra. Non o logrou e, tras unha etapa como deputado no Congreso, Martín volve ser alcalde de Sanxenxo desde hai ano e medio.Foi o 7 de maio de 2007, vinte días antes das eleccións municipais daquel ano, cando o Concello, coa substituta de Martín, Catalina González, á fronte da alcaldía, aprobou aquel plan urbanístico. Esa aprobación foi comunicada mes e medio despois á Xunta e esta, aos poucos días, a través da Consellería de Medio Ambiente que dirixía o socialista Pachi Vázquez, requiriu ao Concello a súa anulación por considerar que era precisa unha avaliación ambiental da urbanización antes de validala, algo que non se fixera. A Consellería de Medio Ambiente, daquela en mans do PSdeG, consideraba necesaria unha avaliación ambiental da urbanización antes da súa aprobación e levou a Sanxenxo aos tribunais, que acabaron dando a razón ao ConcelloA partir de aí comezou un proceso xudicial no que inicialmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non aceptou en xuño de 2008 a suspensión cautelar do plan urbanístico que pedira a Xunta mentres non se resolvía sobre a súa legalidade de fondo. O Goberno galego recorreu e en xaneiro de 2010 o Tribunal Supremo si aceptou esa suspensión cautelar. Porén, aos poucos meses pronunciouse sobre o fondo da cuestión novamente o Tribunal Superior de Galicia considerando válida a aprobación da urbanización por parte do Concello.Aquel plan urbanístico, avalado así pola xustiza, segue estando en vigor. Porén, co comiso agora decretado pola Audiencia de todas as empresas e propiedades involucradas na trama de branqueo de Sito Miñanco, queda no aire quen o desenvolverá."}
{"ID": "NOS_1393", "summary": "\"Se eu non tivese sido elixido presidente dos EUA, na miña opinión, nestes momentos estariamos nunha guerra de grandes proporcións con Corea do Norte\", dixo esta terza feira Donald Trump no seu segundo discurso sobre o estado dos EUA. O mesmo Trump que se presenta como pacificador en Asia nega toda opción a se entrevistar con Nicolás Maduro.", "text": "Nova cimeira con Kim Jong-un de Donald Trump. O presidente dos EUA vaise ver co líder norcoreano os vindeiros 27 e 28 de febreiro. Sobre a mesa da negociación dar un novo impulso ás conversas sobre desnuclearización. O diálogo comezou na xa histórica primeira cimeira de ambos dirixentes, realizada en Singapur en xuño pasado, mais os froitos até agora teñen sido practicamente nulos. Contrasta poderosamente o anuncio de conversas con Corea do Norte nun contexto de crecente guerra fría, con tambores bélicos incluídos, con Venezuela. Sobre a relación con Pyongyang, Trump dixo: \"Fica moito traballo por facer, mais a miña relación con Kim Jong-un é boa\". En Singapur Kim tería aceitado pór fin ao seu programa de desnuclearización, mais a condición de que os EUA levantasen as súas sancións contra o estado norcoreano e puxesen fin ás súas manobras militares con Seul. Distensión con Corea e agresividade dialéctica con Venezuela, aplaudida, por certo, por boa parte das bancadas do Partido Demócrata. Alén de reiterar o recoñecimento de Juan Guaidó como presidente da nación caribeña, Trump declarou: \"Condenamos a brutalidade do rexime de Maduro, cuxas políticas socialistas teñen virado o país máis rico de Sudamérica nun país que vive nunha pobreza severa e na desesperación\"."}
{"ID": "NOS_45535", "summary": "O 'Galaicopanel' de Electomanía sitúa o BNG como terceira forza, con 11 representantes. PP obtería 37 deputados e precisaría o escano que este traballo outorga a Vox para ter a maioría absoluta.", "text": "O Partido Popular perdería 4 representantes o 5-A, pasando de 41 a 37 escanos e ficando sen maioría absoluta para gobernar en solitario. Este é un dos datos que ofrece o 'Galaicopanel' de Electomanía, un portal que elaborou un barómetro sobre as elección galegas en base a 3.000 respostas e resultados históricos previos destes comicios. As populares rexistrarían un apoio de 41%, 6 puntos por baixo dos que acadaran hai catro anos. En base a este traballo, o PSdeG obtería 19 representantes, 5 máis que os que ten actualmente, ao lograr 22,4% dos apoios. O BNG situaríase como terceira forza. Con 11 cadeiras no Parlamento galego e un apoio de 15,4%, o que supón 5 deputadas máis e un incremento no apoio de 7 puntos. O 'Galaicopanel' outorga 7 escanos a Galicia en Común e 0 a En Marea. O espazo político que concorrera en 2016 como 'En Marea' atinxiría en base a este traballo unha menor representación, caendo de segunda a cuarta forza e perdendo 7 representantes. Vox obtería 1 deputado no Parlamento galego, segundo este barómetro. Un representante que será decisivo pois é a chave que permite ao PPdeG gobernar. Desde a formación ultra xa se ten indicado que non ían ser impedimento para que Feixoo recuncase e frear un Executivo de esquerdas e con nacionalistas. O Galaicopanel outorgaba, nas súas predicións de decembro, 4 escanos a Vox nunhas eleccións galegas."}
{"ID": "NOS_10154", "summary": "Cármen Pereira tornou-se o símbolo feminino da luta pela libertação da Guiné e da África. Foi a primeira mulher a ocupar a presidência de um país africano e a única presidenta da história da Guiné-Bissau. Faleceu no passado dia 4.", "text": "Cármen Pereira foi uma das mulheres mais dinâmicas do PAIGC (Partido Africano da Independência da Guiné e Cabo Verde ). Participou na luta armada (\"Temos que ir à frente para mostrar aos homens que nós também somos capazes!\" ). Desempenhou vários cargos políticos durante e após a luta armada. Fez parte da primeira mesa da Assembleia Nacional Popular (ANP), na sessão em que Nino Vieira leu a proclamação da independência, a 24 de Setembro de 1973. Cármen Pereira era a única pessoa viva das que fizeram parte daquela mesa. Entre outros cargos políticos, foi presidenta da ANP, isto é, foi segunda figura do Estado, na qualidade da qual chegou a ser Presidenta da República, em 1984, substituindo durante alguns dias o chefe de Estado, Nino Vieira, o que lhe valeu o título de primeira mulher na presidência de um país de África e a única na história guineense. Em entrevistas para a Deutsche Welle África e para Público conta como deixou seus filhos na capital do país vizinho para acompanhar mulheres guineenses das tabancas para uma formação de um ano em Kiev, na antiga União Soviética ou como era o alvo principal do general Spínola. Cármen Pereira participou na luta armada (\"Temos que ir à frente para mostrar aos homens que nós também somos capazes!\" ). \"Nesta altura, a então União Soviética ofereceu bolsas para 30 raparigas para a formação de enfermeiras, mas não havia ninguém para levar estas raparigas. Sozinhas não poderiam ir porque muitas não percebiam nem o crioulo. Não sabiam ler. Saíram da tabanca. Em uma conversa com um grupo de pessoas, eu comentei que se não fossem os meus filhos, eu mesma levava estas meninas. Nesta mesma tarde, alguém veio até mim, pedindo para que eu as acompanhasse para a União Soviética. Eu relutei. Camarada Cabral perguntou-me então: \"Quem tu amas mais: a pátria ou teus filhos? Onde é que está o teu amor?\" Eu respondi: \"a minha pátria\". E ele: \"então, tens que embarcar amanhã de manhã.\" Acredita? Eu tive que embarcar para levar estas raparigas à União Soviética para o curso de um ano\". \"A maior preocupação dele (de Spínola, governador militar da Guiné) era apanhar Nino Vieira e Carmen Pereira. Nino Vieira era quem dava as ordens militares, mas mais importante era eu, como comissária política.\" Mais importante, nota, \"porque a política chega mais longe que uma bala\". \"Num ano, fizeram cinco desembarques para me apanharem.\" E não conseguiram. Condolências Cármen Pereira esteve no sábado no Palácio do Governo, lado a lado com o executivo demitido a 12 de Maio, de maioria PAIGC, que ocupou as instalações como forma de protesto. A dirigente histórica dirigiu-se depois a casa, onde faleceu na sequência de uma indisposição súbita. A Presidência da República emitiu um breve comunicado em que salienta e entrega de Cármen Pereira à causa libertadora: \"Camarada Cármen Pereira é um nome indissociável da nossa estoica epopeia libertadora, figurando entre os vultos maiores da nossa história. A sua abnegação, dimensão humana e carisma, expressavam-se pela entrega total à causa do nosso povo - característica que, aliás, motivou a sua adesão à gesta libertadora, trocando o aconchego do conforto do seu lar e da sua posição social em Bissau pela linha da frente na luta armada de libertação nacional\". \"Quem tu amas mais: a pátria ou teus filhos? Onde é que está o teu amor?\" Eu respondi: \"a minha pátria\" Também o MPLA angolano, numa nota de condolências endereçada à direção do PAIGC, ressaltou que aquela nacionalista dedicou toda a sua vida em defesa dos ideais da liberdade, da independência, da democracia e do progresso social da Guiné-Bissau, até a data da sua morte, a 4 de Junho de 2016. \"O seu desaparecimento físico constitui uma perda irreparável e deixa um enorme vazio no seio dos combatentes da liberdade e da sociedade guineense\", exprime a nota. Por sua parte, o representante das Nações Unidas na Guiné-Bissau pediu aos líderes políticos e forças de segurança para \"manterem a calma\" perante a crise política que vive o país (na prática com dois governos) e a morte da veterana da luta pela independência. \"Neste momento de dor, onde as emoções estão à flor da pele, exortamos o povo da Guiné-Bissau, líderes políticos e forças de segurança a manterem a calma e dignidade\", referiu em comunicado ao tempo que endereçou \"as mais profundas condolências\" à família de Cármen Pereira e ao país. O funeral dividiu os dois governos da Guiné-Bissau, um empossado na última semana pelo Presidente da República, José Mário Vaz, e outro, o executivo cessante, com o qual se reuniu Cármen Pereira no mesmo dia da sua morte, e que não reconhece a nova equipa. Mesmo nas cerimónias fúnebres se manifestou essa divisão ao anunciar a família de Cármen Pereira e o Partido Africano da Independência da Guiné e Cabo Verde (PAIGC) que os actos funerários que decorreram em Bissau foram organizadas pelo governo demitido a 12 de maio (vários dos seus membros continuam a ocupar de forma pacífica o Palácio do Governo, na capital, com forças de segurança a impedir entradas e passagem de mantimentos desde domingo)."}
{"ID": "NOS_32288", "summary": "A súa existencia, que deforma o 'tecido' do espazo-tempo, era a derradeira previsión por confirmar da Teoría da Relatividade xeral.", "text": "A colaboración científica internacional LIGO (Laser Interferometer Gravitational-Wave Observatory) anunciou nos Estados Unidos esta quinta feira que, por primera vez, detectaran directamente as ondas gravitacionais. Teorizadas por Albert Einstein hai cen anos, estas ondas son producidas polos eventos astronómicos máis violentos do cosmos. Así como guindar á auga unha pedra produce ondiñas que deforman a superficie da auga, as ondas gravitacionais deforman o \"tecido\" espazo-tempo (e, así, os obxectos que atravesan) ao se propagar polo universo á velocidade da liz. Foi esa deformación física, dunha milésima de diámetro dun protón, o que foi visto polos instrumentos de LIGO. As ondas detectadas foron emitidas pola colisión de dous buratos negros con perto de 30 veces a masa do noso sol. Cómpre lembrar que en 2014 outra colaboración científica, Bicep2 (un observatorio no Polo Sur) anunciara a detección destas ondas gravitacionais promordiais, que serían emitidas polo maior cataclismo, o 'Big Bang'. Mais fora grave erro de cálculo. Porén, desta vez todo parece indicar que a detección pon fin ás dúbidas en torno á centenaria previsión de Einstein. É o achado dun novo camiño na astronomía. Até agora esta centrouse na luz en todas as súas variantes coñecidas, mais estas ondas son comparábeis ao son e permiten estudar obxectos que eran invisíbeis até o de agora, nomeadamente os buratos negros."}
{"ID": "NOS_7725", "summary": "Afogar con máis recortes e baixada de salarios. Esta é a nova proposta do FMI no seu informe anual sobre España. Propón unha redución do 10% dos salarios nun prazo de dous anos.", "text": "A rebaixa dos salarios é unha das indicacións que o Fondo Monetario Internacional recolle no seu informe anual sobre España, como mecanismo para incrementar o emprego e o consumo. O organismo internacional recomenda que a medida se sume a unha nova política fiscal que rebaixe as cotas á Seguridade Social e suba, pola contra, os impostos indirectos. A indicación do FMI fala dunha posíbel baixada dun 10% dos salarios en dous anos que se completaría cun incremento do IVE e unha baixada da Seguridade Social en 1,7 puntos. Non é a única liña de recortes de dereitos laborais e sociais xa que recomenda incrementar a liña de recortes en pensións, educación e sanidade e malia iso, non contempla un crecemento do emprego até 2016. Para a aplicación destas medidas, fala da necesidade dun pacto entre o goberno, o empresariado e os sindicatos. As previsións que estiman coa rebaixa do 10% salarial é o incremento do PIB de cinco puntos en cinco anos e de 7 na creación de emprego. O FMI aplaude a reforma laboral do PP mais convida a afondar aínda máis na rebaixa de soldos e pagos por despedimentos."}
{"ID": "NOS_13686", "summary": "A Enquisa de Poboación Activa sinala que na Galiza hai 264.000 persoas desempregadas, 37.500 máis que hai 12 meses. No estado o número de parad@s marca un récord histórico, achegándose ás 5.800.000 persoas.", "text": "Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre volven presentar datos esmagadores a nivel de estado e, tamén, de Galiza. Aínda que no noso país o número de persoas en paro descendeu en 11.900 a respecto do trimestre anterior, na comparación interanual (máis fiábel para interpretar a tendencia de emprego), Galiza semella avanzar cara a se converter nunha factoría de parad@s. Nestes 12 meses na Galiza aumentaron as persoas en desemprego en 37.500. A taxa de paro é do 20,13%, cando no terceiro trimestre de 2011 estaba no 18,3 por cento. A destrución de postos de traballo atinxiu todos os sectores productivos do país. Un total de 1.737.900 fogares no estado teñen todos os seus membros en paro. Alén disto, o emprego existente está marcado cada vez máis pola temporalidade, coa precariedade laboral que isto implica. Un exemplo disto: a CIG informa que no pasado mes de setembro se asinaron un total de 60.957 contratos, dos cales o 92,2% foron eventuais e tan só un 7,8% indefinidos. A mocidade segue a ser a máis castigada. De feito, a taxa de paro entre as persoas menores de 25 anos alcanza o 46,4%. Feijóo tomou posesión o 14 de abril de 2009. Naquela altura, Galiza tiña un 12% de desemprego na poboación activa. Tres anos e medio despois as persoas desempregadas son xa o 20 por cento. No nivel estatal, o desemprego é xa do 25% e as persoas no paro son 5.778.100. Un total de 1.737.900 fogares no estado teñen todos os seus membros en paro. CIG alerta da temporalidade e precariedade Desde a CIG valoráronse os datos da EPA, sinalando que eses datros apuntan a que \"todo o emprego creado neste trimestre, que coincide co período estival, correspóndese co sector servizos, o que dá unha idea da súa estacionalidade. Xunto a isto, o feito de que toda a contratación fora temporal, constata a fraxilidade do mercado de traballo. Tal é así, que a contratación indefinida baixou en 7.700 persoas, mentres que a temporal se incrementou en 18.000\". Os datos da EPA revelan, xa que logo, que se está a destruír o emprego en sectores clave para a economía galega, como o de Industria, que non depende de condicións climatolóxicas e que é o que pode favorecer o crecemento e fixar poboación. A central nacionalista sinala tamén que, xunto a isto, non deixan de ser preocupantes os datos de fogares con todos os membros en paro. Se ben sufriu un leve descenso respecto do trimestre anterior, o certo é que respecto do ano pasado, o número de fogares con polo menos un activo e nos que todos os activos están no paro é de 7.500, co que se incrementou en 14.500. CCOO pide un cambio nas políticas Para Comisións Obreiras, os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre de 2012 reflicten unha mellora estacional e non implican un cambio de tendencia no emprego. CC OO esíxelle ao Goberno saído das urnas un cambio nas políticas a aplicar para transformar en estrutural a variación estacional do emprego."}
{"ID": "NOS_51270", "summary": "Coas imaxes das rúas de Verín asulagadas polo movemento galego aínda frescas e dúas convocatorias previas do 8-M cruciais en termos de participación e de impacto social, mulleres de colectivos historicamente relegados reclaman ensanchar o foco do feminismo para sacar da marxinalidade as vulnerabilidades das que son menos visíbeis. Porque o que non se ve non existe, botan luz sobre as súas desigualdades para poder facerlles fronte de forma colectiva.", "text": "ser \"as excluídas dentro dos excluídos\". A definición, que formula a activista pola inclusión das mulleres con diversidade funcional Marisol Bravos, sérvelle a esta mestra xubilada lucense para dar conta da situación de subalternidade de voces como a que ela representa nos movementos feministas e no mundo. A súa condición de muller con diversidade funcional –unha polio aos tres anos deixouna de por vida con mobilidade reducida– supón unha dupla discriminación que, ao se superpoñer, multiplica os seus efectos. É unha das características que a profesora de Socioloxía de Xénero da Universidade da Coruña Belén Fernández salienta da interseccionalidade, o termo acuñado en 1989 pola académica estadounidense Kimberle Crenshaw, procedente do movemento feminista negro, para nomear o fenómeno polo cal cada persoa sofre opresións ou ostenta privilexios con base na súa pertenza a múltiples categorías sociais. \"Ten moito que ver con que as distintas vulnerabilidades non son unha suma, senón que a súa interrelación xera unha opresión diferencial a outras situacións sociais. O concepto, moi actual, serve para poñer de relevo como eses distintos eixes de opresión non son realidades en paralelo, senón que patriarcado, capitalismo ou racismo son sistemas interrelacionados que operan en base á exclusión de determinados colectivos de poboación e prexudican máis certos sectores\", expón a socióloga, especializada en feminismo e multiculturalidade e implicada no ámbito das migracións. Mulleres migrantes A vulnerabilidade das mulleres migrantes que asumen na Galiza traballos precarios na rama dos coidados dá para ela exemplo da posición marxinal de distintos colectivos que reclaman do feminismo e da sociedade visibilidade, como primeiro paso para atacar as súas desigualdades. \"Ao feminismo quédalle camiño para representarnos a todas. Claro que é importante falar de grandes temas como a violencia de xénero, pero as migrantes sofren dupla ou tripla violencia: de xénero, laboral e outras máis subliminais (como o racismo). A romper esas barreiras é a onde ten que enfocarse a loita feminista\", opina Tamara Morales. Nicaraguanaresidente na Coruña, esta xornalista, activista e coautora do blog Ciudad Latina salienta que a súa situación, regularizada e coa dupla nacionalidade, non é a da maioría. \"Hai explotación laboral, trata e cando as mulleres están sen documentos aínda é peor. Non é que teñan menos dereitos, é que teñen menos acceso a ter dereitos\", alerta. Como feminista, cre que citas como a do 8-M serven para \"tomar conciencia, achegármonos entre nós desde os intereses comúns e traballar pola igualdade de dereitos, que está aí pero non se aplica\". \"Hai que darlle visibilidade á precariedade\", demanda. Visibilidade reclaman tamén as integrantes de Xiara, unha asociación galega en defensa das mulleres empregadas do fogar, \"actividades feminizadas desde hai séculos, ninguneadas e moitas veces infravaloradas, o que leva a non estar ao nivel de dereitos sociolaborais doutros traballos\". O feminismo, para elas, debe atender catro elementos que \"dominan a nosa sociedade e van da man\": capitalismo, patriarcado, colonialismo e clasismo. \"Maniféstanse nos coidados considerados como negocio, cun machismo –acoso, abusos e violencia sexual– presente acotío. Discriminacións por ser galega, por ser migrante, con clases sociais medias-altas nas que ter empregada do fogar significa un privilexio, nunha sociedade que deixa de lado as persoas maiores, e non garante coidados de calidade a quen non os poida pagar\", sinalan. E destacan os avances do movemento feminista, \"que até hai pouco tampouco contemplaba a defensa activa das mulleres empregadas do fogar\", mais apuntan a todo o que queda para \"concienciar a sociedade\". Tamén para as compoñentes da asociación feminista de Chantada Polamiúda as tarefas que recaen en mans das mulleres \"pasan desapercibidas\". \"Para o sistema capitalista, precisamente, esa economía somerxida permite o tributo económico masculino –resaltan–. O feito de que se carguen os coidados sobre as mulleres fornece unhas barreiras ao acceso igualitario aos postos de traballo remunerados e implica un statu quo desigual\". Constituídas en 2017, acreditan nun movemento feminista \"en clave galega\" e advirten que a \"violencia institucional\" que en Verín se concretou nestes meses nunha precarización dos servizos públicos da saúde \"non foi un feito illado\", senón que pode repetirse \"en calquera outra zona rural\". \"Discriminación territorial\" A Federación de Mulleres Rurais, Fademur, existe desde 2006 para \"dar visibilidade ás mulleres tanto do sector agrogandeiro como forestal\", segundo explica a súa presidenta, Rosa Arcos. Trátase, nas súas palabras, dunha entidade \"progresista e feminista\" formada por 64 asociacións e centrada en reverter a invisibilidade das galegas, \"fundamentais para a estrutura produtiva do país nas áreas de maior sustento do rural, pero que seguen sen ter transcendencia social, política e económica\". Ademais dunha proxección máis igualitaria, Fademur reclama políticas sectoriais con perspectiva de xénero. \"As leis avanzan para todo o mundo pero no rural, as que existen, non chegan\", expón Arcos. \"O territorio, hoxe por hoxe, é un factor discriminador; por accesibilidade, por dispersión, por dinamismo económico... Sen transporte, nin as mesmas infraestruturas e comunicacións físicas e virtuais que nos contornos urbanos, moitos dos mecanismos que se impulsan desde o público para axudar as mulleres do rural son ineficaces, inaccesíbeis. Son inaplicábeis porque o territorio discrimina. Por iso hai que sumar estas perspectivas á hora de facer políticas de igualdade con visión de xénero\", avalía. As Mulleres do Mar de Arousa, unha asociación nacida hai catro anos para dar voz a mariscadoras, bateeiras, vendedoras e demais profesionais na comarca, non queren heroínas. \"Non se pode pedir\" nunha actividade onde se conxuga \"unha contorna rural e un sector aínda moi machista\", razoa a secretaria, Sandra Amézaga. \"Aquí hai lazos, ás veces emocionais, que impiden aínda máis a visibilidade: cando unha muller destaca no profesional é censurada e atacada a nivel persoal\", lamenta. Segundo salienta, as traballadoras do mar acumulan o \"sobreesforzo\" da profesión máis o peso \"da casa, da compra, do coidado dos pais e dos sogros, de seren esposas...\" nun ambiente laboral onde \"non gusta\" que elas se signifiquen. Por iso reivindícanse como feministas. \"A loita pola igualdade é cousa de todo o mundo. Hai que estar e nós buscamos concienciación\", apunta. Vanesa Castro fai parte en Rural Contemporánea, unha entidade cultural que xurdiu en Monfero para renovar o tecido asociativo. Para ela, o feminismo ten no rural unha débeda de comunicación, de achegamento. \"Moitas mulleres poden ser feministas nas súas prácticas pero non se consideran como tal, non conectan co termo. Hai que darlles protagonismo porque non se senten amparadas aí\", analiza, e lembra que as súas veciñas seguen a ser \"as que traballan fóra da casa e, ao tempo, sosteñen a familia, os animais e todas as cousas\". Castro aposta no coidado da comunidade na que unha vive: \"Necesitamos espazos físicos, e tamén sentimentais, onde xuntármonos\". Tamén no coidado da terra, da xente, un reparto xusto dos recursos \"e unha procura de equilibrio entre capital e vida a través dos afectos\". Voces novas A Baña Informa é o xornal online do CPI San Vicente desta vila da Barcala. Rosalía, Laura, Paula e Celia son catro alumnas de 11 anos que forman o grupo de redactoras sobre muller e igualdade. Decláranse feministas \"desde sempre\", o que significa \"loitar pola igualdade entre os homes e as mulleres\". \"Tentamos fixarnos nos hábitos cotiáns onde non nos decatamos e ao mellor estamos sendo machistas. Tratamos de evitar as desigualdades da nosa vida diaria e as que ocorren ao noso redor\", contan. Que alumnado adoita facerse cargo das mesas no comedor ou como se reparte na súa casa a atención aos seus estudos son obxecto das súas reflexións, que as levan a concluír que a desiguldade no rural é máis perceptíbel que na cidade \"porque o campo é unha zona máis de traballo e alí os traballos son para o home\", ou que as mulleres \"fixeron grandes labores na historia, pero estas non saíron á luz\". O lema \"maternar é político\" anticipa o espírito de Materfem, unha asociación compostelá que proclama que a maternidade \"non é só unha experiencia íntima das mulleres, senón que abrangue un feito social, económico e político que está invisibilizado\". Explícao Sandra Afreijo. \"Os coidados das crianzas, como nais, neste sistema capitalista lévannos á precariedade\", recalca, e remítese a un informe de Intermón que sitúa o traballo de coidados non remunerado en 14,9% do Produto Interior Bruto do Estado español. No feminismo, do que se ven parte, buscan \"visibilización\", ademais de loitas contra as violencias machistas e outras que as mulleres sofren como nais: a violencia obstétrica, tanto no parto como no tratamento \"paternalista\" do embarazo por parte do persoal médico ou no postparto, \"unha etapa moi invisibilizada\"; a violencia institucional e xudicial, que ven na \"tolerancia\" aos impagos de pensións alimenticias e a \"ignorancia\" das denuncias de abuso durante os procesos de separación, ou a discriminación que sofren no espazo público \"polas barreiras arquitectónicas, no transporte, na falta de recintos para as crianzas –como parques cubertos– ou para adolescentes\". A maternidade \"non é só unha experiencia íntima das mulleres, senón que abrangue un feito social, económico e político que está invisibilizado\", sinalan desde materfem Na Coruña, a procura dunha sociedade \"realmente inclusiva, na que todos e todas teñamos espazo e na que a equidade sexa real\" uniu un colectivo informal de \"nais histéricas\". Implicadas no mundo da diversidade da man dos seus fillos, defenden un feminismo \"que ten que avogar necesariamente polos dereitos das persoas con diversidade funcional, que lles dea esa voz que aínda se lles nega en moitos ámbitos sociais, que camiñe da man, co necesario traballo que propicie un cambio estrutural na sociedade, para que todos e todas teñamos un sitio nela\". E chaman á reflexión: \"Se vivisemos en espazos realmente accesíbeis, que pasaría? Nunha cidade sen barreiras arquitectónicas, intelectuais ou sensoriais, diminuiría a necesidade de coidados e incrementaríase a autonomía de moitas persoas?\". Daniela Ferrández pertence a Amizando, \"o único colectivo de persoas trans adultas na Galiza\" e un espazo propio \"de loita para mudar a realidade e tamén de acompañamento\". Como feminista, fai súas as reivindicacións xerais e agarda que o movemento integre as realidades das mulleres trans. A modo de introdución, alude ao \"proceso de patoloxización\" que teñen que atravesar para ser recoñecidas polo Estado, \"dirixido por psiquiatras e psicólogas e que xa che adianta o mundo ao que te vas enfrontar, no que se busca que encaixes nunha serie de estereotipos de xénero e que aceptes ese lugar na sociedade ao que estás transitando; que aceptes certos roles que nos falan de opresións, de acoso...\". Les Coruña naceu da necesidade de \"espazos propios e seguros, libres de prexuízos e homofobia\" nesa cidade. \"As lesbianas, trans ou bisexuais somos colectivos de mulleres cuxas voces quedan opacadas contra o sonoro berro da guerra dos sexos\", opina Susana Milnes, que ve nos últimos 8-M \"a semente dun espertar de conciencia sobre os abusos sistemáticos e estruturais do patriarcado\". Do feminismo, demanda o recoñecemento das referentes lesbianas en todas as áreas e que defenda a diversidade \"como un ben común a través da educación desde a etapa infantil\". \"E unha segunda revolución sexual baseada no respecto, a saúde, a naturalidade de todos os corpos, o autocoñecemento\", engade. Desde Avante Compostela, Cinthia Ermitas Romero tamén vindica \"situar a educación sexual para persoas con vaxina no centro, porque hai moito descoñecemento\" e apunta outras cuestións a pó r sobre a mesa, como a violencia intraxénero –en parellas do mesmo sexo–, \"xa que ten características diferentes da de xénero e non hai lexislación\", como algunhas das reclamacións do colectivo lésbico ao feminismo. Del demanda ademais a inclusión dos temas específicos do colectivo LBT –lesbianas, bisexuis e trans– en plano de igualdade, \"como nós facemos parte na loita común\". \"Preocúpanos, porque moitas rapazas de Avante non militan nos colectivos feministas porque non se senten cómodas\", recoñece."}
{"ID": "NOS_32691", "summary": "\"A xente demanda a vacina e acabáronse\", destacou José María Dios, da plataforma en Compostela.", "text": "A Plataforma SOS Sanidade Pública lamentou que \"a previsión fallou\" na campaña antigripal actual na Galiza e \"non hai vacinas\" para afrontar a demanda dos usuarios para recibir a dose. Así o manifestou no marco dunha rolda de prensa o doutor José María Dios, portavoz tamén de SOS Sanidade Compostela, quen puntualizou que \"si hai\" doses para os maiores de 65 anos -poboación diana da campaña-, \"pero non para os menores\" desa idade. \"A xente demanda a vacina e acabáronse\", destacou José María Dios, que considera que isto sucede \"se incitas a máis dos previstos á vacinación masiva\", debido ao contexto de coexistencia deste virus coa Covid-19, aínda que se adquiran para a campaña actual na Galiza \"200.000 doses máis\". Con respecto a esa situación, como noutras rexistradas en centros sanitarios, José María Dios avisou de que os pacientes \"pagan a responsabilidade\" cos profesionais \"que están a pé de obra\". Polo que lembra aos usuarios que \"hai follas reclamacións\" para os desconformes coa atención recibida. O pasado 13 de outubro comezou na Galiza a campaña de vacinación contra a gripe, unha iniciativa que se repite cada ano co ánimo de chegar especialmente aos grupos diana fixados pola Consellaría de Sanidade. Mais nesta ocasión, nun contexto de pandemia, o chamamento foi máis enérxico e dirixiuse ao conxunto de poboación. A resposta da cidadanía non tardou en producirse. Moito antes de que os centros de saúde tivesen dispoñíbeis as súas axendas para comezar a programar as primeiras vacinacións, os teléfonos dos ambulatorios non deixaban de soar. As persoas asiduas da campaña e outras moitas que pensaban pór a inxección por primeira vez querían reservar xa a súa cita. Máis recursos e persoal para AP A Plataforma SOS Sanidade Pública reclamou máis persoal e fondos para os centros de Atención Primaria e hospitais da Galiza fronte á \"política de pantalla\" do Goberno da Xunta. Así o manifestaron epresentantes da plataforma, que denunciaron que \"a Xunta está a marxinar a sanidade pública\", á vez que avisaron da \"situación crítica\" dos centros de saúde galegos. O portavoz da plataforma, Manuel Martín, cualificou de \"inaceptable\" que os pacientes \"teñan que esperar facendo cola na rúa\" ou que agarden \"máis de 15 días\" nalgúns casos para recibir atención telefónica. \"A xente necesita ter acceso ao sistema de entrada\", afirmou en relación á Atención Primaria, para advertir de que \"se está pondo en risco a saúde e a accesibilidade\". \"Non se está facendo prevención de saúde\", subliñou Manuel Martín, quen comentou que aseguradoras \"ofrecen seguros lixo a 15 euros ao mes\". A iso sumou que hai \"hospitais semiparalizados\", o que repercute no \"incremento das listas de espera\" que \"a Administración (autonómica) non pon en coñecemento da poboación\"."}
{"ID": "NOS_48991", "summary": "Sete clásicos da literatura infantil e xuvenil protagonizan cadanseu relato entre a ficción e o biográfico en Sete chaves para abrir os soños, unha das apostas de Kalandraka de cara a setembro. Queres coñecer o resto?", "text": "A editorial Kalandraka apura o final do verán coa vista posta xa na angueira cotiá, nas aulas e no fogar. Entre as novidades de setembro, atoparemos unha oferta diversa na que destaca a historia de superación e amor entre unha filla e un pai creada por Gonzalo Moure e María Girón. Miña Guía, Meu Capitán reflexiona con emoción sobre a capacidade para ir máis aló das limitacións visuais, desde a tenrura e a admiración entre as protagonistas. Ademais do coidado mutuo, reflicte os pensamentos da cativa, as súas dúbidas e a súa especial sensibilidade. Tamén chegará ás librarías Sete chaves para abrir os soños, unha divertida colección de relatos de Alfredo Gómez Cerdá, con senlleiros protagonistas literarios ilustrados por David Pintor. Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes desfilan polas páxinas dun número máxico de relatos, figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Trala anécdota que dá lugar a cada conto transloce un labor de documentación previo que anima as lectoras e lectores a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores. Até o punto de que esvaece a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa vida e mesmo explicaran dalgún modo a súa vocación literaria. Xogar a imaxinar sobre a historia, a adiviñar que ocos se enchen coa inventiva e cales son parte do acontecido. Así, as que escriben son personaxes cun don especial que lles coloca nas mans a chave máxica para nos internar no mundo dos soños máis fermosos. O toque máis intrigante chega da man da novela de Fred Vargas O home dos círculos azuis. E é que desde hai algún tempo, as rúas de París amencen cunhas misteriosas circunferencias trazadas no chan con xiz. Esta premisa desencadeará unha sucesión de feitos cada vez máis estrafalarios cos que se constrúe un crebacabezas maxistral, un exemplo paradigmático da imaxinación macabra e da narrativa aguzosa da autora francesa que Antía Veres Gesto trae ao galego. Kalandraka engade tamén un novo volume á Biblioteca de Pedagoxía: Experiencia e educación. Manuel F. Vieites é o encargado de traducir o derradeiro libro do considerado como máis preeminente teorizador da educación no século XX, John Deway. Obra intensa e combativa, propón fronte ao modelo tradicional o da escola progresiva, que toma en consideración os impulsos, necesidades, interrogantes e intereses do alumnado, así como a interrelación do escolar co contexto."}
{"ID": "NOS_55655", "summary": "O Consello Europeo ratificou onte o feche das fronteiras da Unión Europea durante 30 días. É a primeira medida que os Estados membros toman de forma conxunta, despois de varias semanas actuando de forma individual e independente fronte á ameaza sanitaria que vive o mundo e, concreta e especialmente, o noso continente.", "text": "O Consello Europeo, integrado polos 27 xefes de Estado e de Goberno da UE, tiña previsto aprobar onte á última hora da tarde o feche de fronteiras comunitarias durante 30 días. A medida chega despois de que, un día antes, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, pedise medidas neste sentido. \"Canto menos se viaxe, máis se poderá conter o virus\", afirmara. O presidente de Francia, Emmanuel Macron, adiantara horas antes nunha mensaxe televisada accións políticas neste sentido: \"Concretamente, todas as viaxes entre países non europeos (de fóra da UE) e países da UE serán suspendidos. I have decided to call a video conference with the European Council members on Tuesday 17 March to follow up on our #EUCO actions on #COVIDー19 Containing the spread of the virus, providing sufficient medical equipment, boosting research and limiting the economic fallout is key— Charles Michel (@eucopresident) March 16, 2020 A cidadanía extracomunitaria terá prohibida a entrada durante polo menos 30 días e as persoas que de maneira excepcional poidan cruzar a fronteira serán sometidas a estritos controis. Entre estas últimas estarían os residentes de longa duración, familiares de nacionais da UE e membros da diplomacia, así como tamén traballadores de fronteiras, da sanidade e transportistas. Adresse aux Français. https://t.co/V0kwXbU79J— Emmanuel Macron (@EmmanuelMacron) March 16, 2020 O Reino Unido e outros países que pertencen ao espazo sen fronteiras Schengen como Islandia, Suíza, Islandia e Liechtenstein, debido aos seus vínculos especiais coa UE non están incluídos nas restricións, mais convidóuselles a seguir as mesmas medidas. Fronteiras internas Paralelamente, en contra das recomendacións da Comisión Europea, son varios os Estados que están a estabelecer fronteiras dentro da propia UE. É dicir, abolindo na práctica o Acordo de Schengen de libre circulación de persoas que entrou en vigor en 1995 para os 26 Estados membros asinantes. \"Algúns controis poden estar xustificados, mais a prohibición xeral de viaxe non se considera unha medida efectiva por parte da Organización Mundial da Saúde (OMS)\", explicaba na pasada sexta feira Von der Leyen. \"Teñen un forte impacto social e económico\", alén de \"afectar as vidas\" da cidadanía das zonas fronteirizas, sinalaba. Porén, poucas horas despois desas declaracións, Dinamarca, Polonia e República Checa pechaban as súas fronteiras, que canda Chipre, Letonia, Lituania, Eslovaquia e Hungría elevan polo momento a oito o número de Estados que prohiben a entrada de calquera persoa non nacional. Controis limitados Entre outros países que tomaron medidas de control de fronteiras máis reducidas está Alemaña, que desde ás 8 horas da segunda feira ten fechadas as súas fronteiras con Francia, Austria, Suíza, Luxemburgo e Dinamarca. Con todo, os transportes de mercancías e as traballadoras e traballadores transfronteirizos poden seguir cruzando. Austria estabeleceu restricións na súa fronteira terrestre con Italia desde o 11 ao 21 de marzo. E na Península Ibérica, os Gobernos español e portugués acordaron no domingo a limitación dos movementos con fins turísticos ou de lecer, sen chegar a fechar as fronteiras, aínda que na práctica supoña o confinamento de ambos os dous Estados salvo para intercambios comerciais. Tamén, desde as 00 horas de onte, as fronteiras terrestres españolas están fechadas con Francia (a medida non afecta nin a Xibraltar nin a Andorra), que tamén desde onte adoptou a mesma medida. El ministro de @interiorgob anuncia el restablecimiento de los controles en las fronteras terrestres.Desde las 00:00 h solo se permitirá la entrada a ciudadanos españoles, residentes en España, trabajadores transfronterizos o por fuerza mayor.#EsteVirusLoParamosUnidos #COVID19 pic.twitter.com/36Yqg0L0Ff— La Moncloa (@desdelamoncloa) March 16, 2020 Bruxelas ve nos controis nas fronteiras terrestres e nos portos e aeroportos unha ameaza á liberdade de movemento dentro da UE, así como a constatación da falla de cooperación entre Estados, que ademais toman medidas contrarias ás recomendadas polo Executivo europeo. Considera que o espazo Schengen e o propio espírito da UE están en perigo. Non obstante, Bruxelas resignouse a aceptar a actual situación e limitouse a pedir que non se formen colas que freen a libre circulación de mercancías nas zonas de control e que produzan aglomeracións susceptíbeis de facilitar a expansión do coronavirus. Estados de emerxencia Dentro desta descoordinación e falla de cooperación entre Estados membros, están as medidas que cada Goberno tomou de forma independente. Así, segundo os últimos datos, decretaron o estado de emerxencia na última semana: Bulgaria, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Hungría, Letonia, Portugal e Romanía. Con anterioridade fixérono Italia (31 de xaneiro) e Lituania (26 de febreiro), e hoxe mesmo, Finlandia. Regeringen samlas i dag kl. 12 till överläggningar och statsrådets extraordinära allmänna sammanträde om ibruktagandet av beredskapslagen. Efter det, ca kl. 15, håller regeringen en presskonferens. Följ i direktsändning:https://t.co/2dzPdziZlS— Valtioneuvosto | Statsrådet (@valtioneuvosto) March 17, 2020 Fóra da UE, mais dentro do Espazo Schengen, tamén Suíza decretou na segunda feira o estado de emerxencia. Ademais, en corentena ou nalgún tipo de confinamento interno están: Austria, República Checa, Dinamarca (parcial), España, Francia e Italia. O Reino Unido continúa a ser o único Estado da nosa contorna que non tomou ningún tipo de medida coercitiva especial."}
{"ID": "NOS_48388", "summary": "Entrou en política despois do 1 de Outubro: \"Fomos violentamente reprimidos por ter votado\". Entrou en política para defender os dereitos dos presos independentistas. Laura Borràs entrevistouse esta quinta feira co xefe do estado español, Felipe VI, na rolda de contactos previa á designación dun candidato á presidencia do Goberno español, rol que con toda seguridade recaerá en Pedro Sänchez. Borràs foi a La Zarzuela após o Tribunal Supremo negar o permiso preceptivo para acudir a esta audiencia co monarca a Jordi Sànchez, encarcerado en Lledoners.", "text": "\"Mirei para os ollos do monarca español para lle dicir o que nunca ouviu dunha muller catalá, xa que no seu momento se negou a reunirse con Carme Forcadell [ex presidenta do Parlament, na actualidade presa política]. Así relatou Laura Borràs o seu encontro con Felipe VI. A portavoz soberanista, independente nas filas de Junts per Catalunya, reprochou ao monarca o seu activo papel na ofensiva do Estado contra o movemento independentista. \"Os cataláns non temos rei, mais acudimos a La Zarzuela porque Felipe VI se manifestou como un actor político relevante após o 1 de outubro [data de realización do referendo]\". Para Borràs, Felipe VI actuou como un axente político póndose en fronte de no mínimo 50 por cento da poboación catalá. \"O seu discurso do 3 de outubro —día de greve xeral en Catalunya contra a violencia desatada polas cargas policiais durante o referendo— foi un discurso de parte e fixo que moitas persoas no noso país, mesmo monárquicas e non independentistas, sentisen que o rei tomaba partido\", no canto de exercer o seu papel constitucional como árbitro moderador. A portavoz de Junts afirmou que durante a audiencia actuou en todo momento como representante de quen considera lexítimo portavoz de Junts no Congreso, Jordi Sànchez, até o punto de que lle entregou ao monarca en man unha carta privada que lle remitía o preso político. A misiva recolleuna esta cuarta feira en Lledoners, onde mantivo un encontro con Sànchez. En principio non está previsto que se faga público o seu contido. A perguntas dos medios, Borràs reiterou que os deputados presos non van renunciar á súa acta de parlamentares. Este feito ten unha consecuencia non menor: a efectos prácticos o grupo parlamentar de JxCat pasa de 7 a 4 escanos e, por tanto, perde forza á horade entrar en operacións aritméticas na investidura de Sánchez. \"Eles [os deputados] xa dixeron que non estaban dispostos a renunciar á súa acta porque non se presentaron ás eleccións como un xesto simbólico [tiñan intención de tomar posesión efectiva do escano] e nós non temos autoridade moral para pedirlles que anticipen os efectos dunha sentenza que eventualmente os inhabilite\", dixo."}
{"ID": "NOS_10135", "summary": "A Organización Mundial da Saúde (OMS) alerta dunha posíbel escaseza a nivel mundial da vacina para facer fronte á gripe ante o aumento da demanda e a falla de produción.", "text": "O aumento da demanda da vacina da gripe e a súa falla de produción poden facer que escasee, segundo alerta a Organización Mundial da Saúde (OMS). A pesar de que se rexistraron mínimos históricos da enfermidade nos países do hemisferio sur, debido ás medidas de distanciamento tomadas para facer fronte ao coronavirus, a OMS pediu á poboación que non baixe a garda e incidiu en que se dea prioridade na vacinación ás persoas maiores e ao persoal sanitario, ante unha posíbel escaseza. \"Houbo unha maior demanda e agora escoitamos que algúns países que están a tratar de obter a vacina contra a gripe non o poden facer\", sostivo a xefa de Preparación e Resposta á gripe da OMS, Ann Moen. O organismo das Nacións Unidas especificou que o virus estacional da gripe acaba coa vida de centos de miles de persoas por causas respiratorias cada ano. A organización deu a coñecer unhas recomendacións apoiadas polo Grupo Asesor Estratéxico de Expertos en Inmunización para a vacinación durante a pandemia da Covid-19. Moen asegurou que o obxectivo que se pretende conseguir con este documento é evitar que os sistemas de saúde colápsense, ademais de que non haxa \"confusión\" ao tratar as persoas por enfermidades respiratorias que poden ser difíciles de diferenciar. \"Sobre a base dunha serie de consideracións, que inclúen aliviar a carga adicional sobre os sistemas de atención médica e as poboacións vulnerábeis (...) o Grupo Asesor Estratéxico de Expertos en Inmunización recomendou e apoiou na última semana que as e os traballadores da saúde e os adultos maiores sexan os grupos de máxima prioridade para a vacinación contra a gripe durante a pandemia de Covid-19\", subliñou a experta da OMS."}
{"ID": "NOS_13487", "summary": "Se á altura do 30 de xuño non aparece unha oferta privada de adquisición da planta coruñesa de Alcoa, a Xunta debe tomar a iniciativa e \"liderar\" unha operación que incorpore a factoría ao sector público. Esa proposta foi formulada esta cuarta feira por Ana Pontón, líder do BNG, durante a sesión de control ao Goberno. Feixoo nin a tomou en consideración e limitouse a descargar as súas baterías contra A Moncloa e contra o Bloque por se prestar a pactar co PSOE nos concellos e nas deputacións.", "text": "A planta de Alcoa na Coruña está nunha situación límite. Niso hai acordo entre goberno da Xunta e a oposición. O asunto foi traído á cámara por En Marea e BNG e o seu debate consumiu boa parte da sesión de control desta cuarta feira. As discrepancias aparecen sobre o que facer. Houbo unha proposta concreta, a formulada por Ana Pontón, quen en todo momento enfatizou que a Xunta ten competencias directas en política industrial. A líder do BNG puxo sobre a mesa a hipótese de que se o 30 de xuño non aparece un comprador privado a Xunta lidere unha operación de adquisición da factoría coruñesa. Feixoo, cuxo currículo non convida a pensar en que estea interesado en engordar a carteira industrial do sector público, deu a calada por resposta. Fontes do BNG dixeron a Sermos que verían con bos ollos que na compra da planta participase tamén o Estado, nunha sorte de xestión conxunta das administracións galega e española A liña de defensa de Feixoo foi a de disparar contra a política de alianzas do Bloque. No relato do inquilino de Monte Pío, toda a responsabilidade sobre Alcoa recae na Moncloa. O Goberno Sánchez tería enganado o cadro de persoal de Alcoa ao non aprobar o estatuto electrointensivo [un marco tarifario que garanta a competitividade do sector industrial] antes das eleccións municipais e ao ter impedido á planta presentarse á subasta de interrumpibilidade. O PSOE sería por tanto culpábel. E o BNG cómplice ao disporse a pactar coa formación socialista en concellos e deputacións. \"Nós defendemos os traballadores [algúns deles presentes na tribuna de convidados da cámara] e vostedes pactan co PSOE en todas as institucións\", dixo Feixoo, quen especialmente afeou á líder nacionalista o apoio que os 2 escanos do Bloque prestarán este sábado á investidura da candidata socialista á alcaldía coruñesa Inés Rey. Pontón contra-atacou argumentando que os concellos, a diferenza da Xunta, non teñen competencias específicas en industria e sobre a política de alianzas, alén de remarcar o achegamento do PP a Vox, lembroulle a Feixoo que o seu partido se abriu á hipótese de considerar un acordo co PSdeG en Ourense nunha operación dirixida a salvar a presidencia de Baltar na Deputación. Alcoa é unha peza básica no mosaico da industria galega. Un sector da economía do país que, enfatizaron Luís Villares e Ana Pontón, comezou en números vermellos 2019. \"A produción industrial decreceu no país neste 2019 11 por cento, 5 veces máis do que a media estatal\", denunciou na súa quenda o portavoz de En Marea. Villares deu un dado máis: a contracción da actividade produtiva no país ten como correlato a destrución de emprego e, destarte, \"no que vai de 2019, 2,18 de cada 1.000 traballadoras e traballadores no país víronse afectados por un ERE\". Villares demandou a Feixoo que, en relación a Ferroatlántica, a Xunta faga cumprir todos os compromisos adquiridos formalmente pola empresa compradora —o fundo de investimentos norteamericano TPG— [nomeadamente a non segregación das centrais hidroeléctricas do Xallas]. Sobre Alcoa, reclamou ao presidente que tome exemplo do goberno asturiano e se implique na procura dun comprador. Canto a Ferroatlántica, a resposta de Feixoo foi polo rego do previsíbel: a Xunta garante a non segregación e o cumprimento por parte de TPG do plano industrial. Canto a Alcoa, o titular do goberno galego desviou o tiro a Madrid, como se o seu executivo non tivese ningún rol que xogar. Foi entón cando, xa na quenda de réplica final e sen que Villares tivese opción de resposta, Feixoo descargou o seu ataque máis áspero ao portavoz de En Marea. \"Estamos dicíndolle ao goberno central, do que vostedes van facer parte, que están xogando cos traballadores\", dixo. Feixoo deu por feito, por tanto, que a confluencia estará no goberno de Madrid, embora sexa consciente de que quen si non vai estar no executivo é o grupo de 4 deputadas e deputados que lidera Luís Villares, após estes competiren nas urnas con Unidas Podemos nos recentes procesos electorais. O enredo da elección dos e das senadoras No confronto con Leiceaga —o portavoz socialista atacou Feixoo pola \"atonía lexislativa\" que viviría a cámara galega, proba de o goberno galego \"non ter proxecto\"— as frechas dialécticas voaron arredor do adiamento no proceso de escolla por parte do Parlamento dos tres escanos que lle corresponden a Galiza no Senado estatal. Leiceaga enfatizou que foi a maioría do PP a que impuxo o aprazamento do pleno extraordinario de elección das e dos senadores de representación autonómica, embora xa existir unha proposta concreta de nomeamentos formulada polos grupos da oposición, e que por tanto o adiamento se debía a que o PP tiña pendente resolver os seus \"equilibrios internos\". Feixoo deulle a volta ao asunto e, a mellor defensa é o ataque, puxo o acento en que é a crise de En Marea —sen consenso sobre a súa candidatura para o Senado— a razón que explica por que o pleno aínda non se ten reunido para designar a súa representación na cámara alta. O dardo máis velenoso lanzoulle nesa altura o presidente da Xunta a Leiceaga cando veu dicir que ao que aspira o PSOE é a que o asunto se demore tanto que En Marea acabe rompendo e, por tanto, perda así a condición de segunda forza no Pazo do Hórreo. Nesa tesitura o escano da oposición —ao PP correspóndenlle dous—pasaría a mans do PSdeG."}
{"ID": "NOS_46517", "summary": "Terceiro día de ocupación dos seguidores de al Sadr.", "text": "Por terceiro día consecutivo, milleiros de simpatizantes do clérigo xiíta Muqtada al Sadr mantivéronse onte no lexislativo de Iraq, no que para os medios locais constitúe xa a maior crise política no país desde a invasión liderada polos Estados Unidos en 2003. Pola súa banda, representantes de al Sadr incidiron a Azzaman en que o levantamento do que cualifican de \"sentada\" está ligado á implementación de reformas que desbloqueen a formación de Goberno, parada desde as eleccións de outubro de 2021. Paralelamente, os líderes do Movemento Sadrista, a forza liderada polo relixioso, pediron a preservación da paz civil e das propiedades no territorio. Malia que o domingo o Goberno kurdo en Iraq lanzou unha proposta para que as partes acudisen a Erbil para resolver as diferenzas, a segunda ocupación do Parlamento en menos dunha semana recibiu o apoio directo de al Sadr, que pouco despois transmitiu a solicitude a \"todos de apoiar os revolucionarios para a reforma\" no que constitúe \"unha grande oportunidade para un cambio fundamental do sistema político e da constitución\". Asemade, considerou unha \"liberación\" a entrada de masivas manifestacións na Zona Verde, que acolle os principais edificios gobernamentais no que era a sede central no Iraq das Forzas Armadas estadounidenses, asegura Almada. Esta situación obrigou as autoridades iraquís a suspender o traballo nas institucións públicas. A segunda toma do Parlamento iraquí nunha semana deixa 125 persoas feridas Segundo reportan os xornais iraquís, os manifestantes desprazaron colchóns e mantas para resistir no lexislativo, que se encheu de vendedores ambulantes para aprovisionalos. Amais, aproveitan para celebrar o comezo da semana da Ashura, unha das festas máis importantes para a poboación xiíta. Detrás desta situación está o rexeitamento de al Sadr a que Mohammed Shia Al Sudani sexa proclamado como novo presidente do país, ao que acusa de pro iraniano tras ser proposto á Presidencia pola coalición de partidos denominada Marco de Coordinación. Ademais, os sadristas queren que o novo Executivo sexa elixido por maioría parlamentar e superar o modelo de concentración que primaba até o de agora, no que todos os partidos con representación podían participar no gabinete respondendo ás cotas acordadas no lexislativo. Os deputados do Movemento Sadrista, que se impuxo nos comicios con 73 dos 329 asentos do Consello de Representantes, renunciaron en bloque en xullo en protesta pola falta de avances."}
{"ID": "PRAZA_10188", "summary": "O rexedor da Coruña amósase convencido de poder recuncar na alcaldía e de que a campaña está a inclinar a balanza cara á candidatura municipalista. \"A nosa forza é a da proximidade\", advirte.", "text": "Xulio Ferreiro amósase confiado e, malia as enquisas, está convencido de recuncar na alcaldía da Coruña. \"É absolutamente factible\", asegura o rexedor, que destaca o cambio de modelo na cidade, a política social ou o cambio de rumbo no futuro do porto. Recoñece erros no goberno, pero asegura que \"ningunha\" decisión \"traizoou\" os valores da Marea Atlántica, á que pon de exemplo de unidade. Ante o impulso que as xerais deron ao PSOE, con quen parece xogarse o bastón de mando, é claro: advirte de que \"non todo se pode fiar a Pedro Sánchez\" e avisa de que houbo cousas no pasado \"que non pasaron por casualidade\". \"O caso Someso ou o do Conde de Fenosa pasaron nun sistema de gobernanza onde o Partido Socialista era fundamental en alianza con poderes fácticos\", lembra. Que sensacións está a ter nesta campaña? Vese de novo na alcaldía?Estamos a facer unha campaña como gobernamos: estando na rúa, falando coa xente e mirándolle aos ollos, defendendo a acción de goberno e o proxecto de cidade, que é absolutamente defendible. As sensacións son boas. Manexamos datos de enquisas que son bos, que nos din que estamos gañando e que é absolutamente factible renovar a alcaldía, pero isto hai que pelexalo ata o último día e o último voto e non podemos baixar a garda. Os nosos rivais están preferindo facer campañas por arriba, en medios e pegadas a Santiago ou a Madrid.\"Sabemos que hai enquisas quese publican só para orientar o voto, pero manexamos datos que nos din que estamos gañando e que é absolutamente factible renovar a alcaldía\"As enquisas poden errar, e de feito erran moitas veces, pero tamén marcan tendencia. As da Coruña non lle dan a vitoria...Sabemos que hai enquisas que se publican simplemente para orientar o voto, pero tamén están dicindo que hai un 30% de indecisos ou que, a medida que nos separamos das xerais e nos achegamos ás municipais, a tendencia muda, polo que, mesmo nesas enquisas hai datos moi positivos para nós e hai que lelos tamén. É certo que o sentido dalgúns inquéritos só é o de orientar o voto, pero con tanto indeciso hai que falar con todo o mundo ata o último día, escoitar as razóns desa indecisión ou decepción... Se foron votantes nosos no pasado, debemos saber cal é a razón da súa incerteza; se pensan que cometemos erros, para non volver cometelos, e se cren que non conseguimos aínda cousas, para explicarlles que as imos seguir tentando porque sabíamos que non ía ser fácil. Desde logo, que lles quede claro que hai cousas que os únicos que as imos seguir intentando somos nós. Cando hai rivais que tecen alianzas fortes con determinados medios, un o que se pregunta cal é a contrapartida detrás porque esas facturas despois hai que pagalas. E iso é complicado.\"Cando hai rivais que tecen alianzas fortes con determinados medios, un o que se pregunta cal é a contrapartida detrás porque esas facturas despois hai que pagalas\"Que lle está a explicar a eses indecisos?Explícolles. E o que percibo é que hai xente que descoñece moitas cousas que fixemos nestes catro anos. A campaña é iso: moi informativa, do que facemos e do que queremos facer, do proxecto. Cando a xente o escoita, podemos vencer a indecisión. Ese é o traballo. Gustaríame falar con todos os indecisos da cidade e con toda a veciñanza, pero é obvio que non hai tempo, pero temos centos de voluntarios na rúa que falan con todo o mundo e que botan horas escoitando. Esa é a nosa forza, a forza da proximidade, e niso confiamos.Semella claro que o éxito de Pedro Sánchez impulsou o PSOE, é a campaña a oportunidade da Marea Atlántica para deter esa onda?Nós sempre soubemos, desde que se colocaron as eleccións municipais un mes despois das xerais, que ía haber influencia fose cal fose o resultado. O que si creo é que a medida que se achega o día 26, o efecto Sánchez baixa e o efecto Coruña sobe. O que nos interesa é falar da Coruña.. Se falamos da Coruña, dos candidatos e dos proxectos, ese contexto é gañador para nós. Vémolo nos debates, nos actos e mesmo notamos certo desánimo no PSOE coruñés a medida que pasan os días, porque creo que se lles está a facer un chisco longa a campaña. Non todo se pode fiar a un Pedro Sánchez que xa vimos o que fixo cando tivo que tomar decisións fundamentais sobre a cidade desde o Executivo central... E dígoo con pena e certa desilusión.Desilusión?Estaba moi esperanzado con que o cambio de goberno en Madrid supuxese unha relación diferente coa Coruña. Supúxoa porque hai máis diálogo, pero non en termos concretos. A ría do Burgo segue igual, o de Alcoa non segue igual, senón que está peor porque cada día que pasa é un día menos para unha solución; a cuestión portuaria non se moveu, mentres para Valencia se buscan solucións... Ese é o peso que ten o PSOE da Coruña ou de Galicia sobre o Goberno de España. Non sei se é a falta de peso ou o feito de que a candidata na Coruña fose susanista e iso inflúe, non o sei, pero o certo é que non se moveu nada. Bastante ten Pedro Sánchez con ocuparse desde Madrid cos asuntos que ten na Coruña pendentes, que son moi importantes.\"Non todo se pode fiar a un Pedro Sánchez que xa vimos o que fixo cando tivo que tomar decisións sobre A Coruña: a ría do Burgo segue igual, o de Alcoa, peor, e o do porto non se moveu nada\"Hai moita diferenza entre o PSOE da Coruña e o PSOE de Sánchez?É que hai moita diferenza entre os diferentes PSOEs da Coruña. Hai militantes e votantes socialistas cos que é moi doado falar, compartir e ter unha visión común, pero logo sabemos que o PSOE da Coruña ten os enganches e as mochilas que ten. As cousas aquí non pasaron por casualidade: o caso Someso non pasou por casualidade, nin o do Conde de Fenosa, nin o da Agra de Santo Amaro... Isto pasou nun sistema de gobernanza onde o PSOE da Coruña era fundamental en alianza con dous ou tres poderes fácticos da cidade. Despegarse diso é complicado. De feito, en relación co porto, é máis fácil falar co PP, certo é que desde que está na oposición, en canto á titularidade pública dos terreos que co PSOE. O Partido Socialista votou no pleno en contra da titularidade pública, ese foi o punto fundamental do voto negativo, cando na Deputación e no Parlamento galego votara a favor... É difícil de entender.A Marea Atlántica, ben seguro, tivo moito voto prestado de antigos votantes socialistas en 2015 e o PSOE de Sánchez recibiu moito apoio de votante da Marea hai un mes, é o fluxo entre eses votantes a clave este 26M?Os votos son todos prestados e hai que gañalos cada elección, no día a día. Non se pode entender a política cando vota como cando é dun equipo de fútbol. Eu vou ser do Deportivo sempre, fágao ben, mal ou regular, pero no resto, todos mudamos en función do que vemos, se di e se fai.\"As cousas na Coruña non pasaron por casualidade, nin o caso Someso nin o do Conde de Fenosa, pasou nun sitema de gobernanza onde o PSOE era fundamental en alianza con poderes fácticos\"Pero hai tranvasamento, non si?Si, vótase doutra maneira. Eu apelo ás persoas progresistas, preocupadas polo social, polo medio ambiente, pola cultura... Toda esta xente sabe que a súa referencia na Coruña é a Marea Atlántica. É certo que o 28 de abril votouse con ese temor a que chegase esa dereita de tres cabezas que puidese supoñer unha involución en moitos sentidos, pero agora hai que votar en clave da Coruña, de que cidade queremos para o futuro, de quen está en condicións de construír ese modelo e, sobre todo, de quen demostrou sempre aquí que as cousas se poden facer, mellor ou peor, pero sen afastarse do camiño correcto, sen cambiar os valores nin os seus principios, sen traizoalos. Aquí creo que somos nós os que podemos presentarnos dese xeito.De que está máis orgulloso destes catro anos no goberno?Estou moi orgulloso da política social que fixemos, de que o Concello da Coruña sexa unha referencia para as persoas que peor o pasan, de ternos convertido na cidade galega que máis inviste no social, de ter aberto en serio o debate metropolitano, que xa non ten volta atrás, de darlle a volta --porque había unha cidade detrás que así o quería-- á cuestión dos terreos portuarios... Nós chegamos ao goberno cun sentido común instalado de que iso había que vendelo, privatizalo e con iso pagar o porto exterior. Hoxe o sentido común da cidade é outro: se punta Lagosteira é un porto de interese xeral, debe ser o Goberno do Estado, con fondos europeos ou co que sexa, quen terá que pagalo, asumirse esa débeda da Autoridade Portuaria e deseñar o espazo que se libere de acordo cos intereses da cidade e non cos intereses de financiamento de porto exterior. Esa foi a gran mudanza nese caso nestes catro anos.\"Cometemos erros, pero ningunha decisión traizoou os nosos valores, principios ou ética, e iso xa é moito dicir\"E de que se arrepinte Xulio Ferreiro?Son pouco de arrepentirme, non porque non aprenda, que aprendo dos erros e claro que se cometeron, pero eses vense a posteriori. Cando un toma as decisións, tómaas nun contexto, cunha información e cuns elementos de xuízo. Visto en retrospectiva, sempre pensas que igual terías feito cousas doutro xeito ou que certas decisións tomadas nun principio teríaas matizado polas consecuencias, pero ningunha decisión que tomamos traizoou os nosos valores, principios ou ética e iso xa é moito dicir. Sempre hai cousas que aprender e cousas mellorables, e en catro anos aquí apréndese moito. Puxemos en marcha proxectos e cambiamos o rumbo da cidade, por iso estou seguro de que, engadíndolle esa aprendizaxe, o cambio nos vindeiros catro anos vai ser espectacular.Que proxectos son os que máis devece por ver no futuro inmediato na Coruña?Estes próximos catro anos teñen que servir para canalizar o futuro do porto. Viramos o rumbo da cidade, do sentido común da cidade e agora temos que construír. Despois de catro anos de bloqueo co Goberno de Rajoy e de inacción co de Sánchez, estes próximos catro anos teñen que ser diferentes. Tampouco a Xunta pode pasar catro anos máis bloqueando e estou seguro de que aí imos atopar puntos de encontro porque o interese de Galicia tamén é que A Coruña siga sendo o que é, o principal motor económico do país. E A Coruña necesita que desde o poder autonómico se lle permita ter o seu papel no sistema urbano e territorial de Galicia, algo fundamental. Logo tamén hai unha morea de proxectos e obras que encetamos e que se teñen que ver xa, como tirar o viaduto da Ronda de Nelle, a renovación de tres mercados municipais, a construción de novos equipamentos deportivos, poder ter ese Museo de Arte Contemporánea que siga o ronsel do MAC, consolidar o Noroeste como festival urbano de referencia... Ademais, debemos seguir dando protección á nosa veciñanza, ampliar o servizo de dependencia e de axuda no fogar, mellorar as escolas infantís... Hai moitas cousas encetadas e que van polo bo camiño e a min apetéceme moito gozar de poder velas realizadas.\"A Xunta non pode seguir bloqueando outros catro anos porque o interese de Galicia tamén é que a cidade siga a ser o principal motor económico do país\"Sobre todo nos dous primeiros anos, os acordos co PSOE foron difíciles ou mesmo imposibles nalgún caso, que parte de culpa tivo aí a Marea? Que se fixo mal?Hai catro anos entendemos que era o momento de gobernar en solitario e o PSOE, tamén, porque non formulou outra opción diferente. Foi a decisión que tomamos todos e creo que o PSOE tería que ter sido coherente con esa decisión e non investir un alcalde para, ao día seguinte, retirarlle na práctica o seu apoio e empezar a votar co PP: de catro orzamentos, tres en contra co PP, a ordenanza de mercados, contra a creación dunha bolsa de alugueiro público, contra a remunicipalización das bibliotecas... Iso foi o que pasou. Dos catro anos, só houbo dez meses cun entendemento normal co PSOE e foron dez meses bos e positivos, onde se aprobou un orzamento e sacamos cousas importantes adiante. Pero claro, cando un escoita cousas como que se teñen que distanciar de nós ou que non nos poden apoiar porque os veciños estarán contentos e non poderán gañar as eleccións... Pois pasa o que pasa.Aprendéronse leccións, dun e doutro lado, de cara ao futuro?Estou convencido de que si. Todos aprendemos.Gañe quen gañe, haberá un goberno de coalición?Non o sei. É un pouco cedo e hai que ver que din os cidadáns o día 26. Hai que lelo e os grupos municipais deberán actuar en consecuencia co mandato cidadán. Hai catro anos ese mandato foi moi claro: había unha maioría de progreso e a xente estaba farta do PP e encomendóusenos a esa maioría de progreso, liderada pola Marea Atlántica, facer as cousas diferentes. Non se respondeu a ese mandato durante os catro anos máis que no día da investidura en canto aos apoios. A partir de aí, eu sempre souben a onde mirar para apoiarme nos grandes proxectos de cidade e nas cuestións relevantes, que é á maioría progresista que existe nesta cidade e que se demostra elección tras elección e con escasísimas excepcións. Ademais, creo que ao electorado progresista gústalle que nos poñamos de acordo, pero debe ser que despois na esquerda sempre hai certa intención a levarlle a contraria.A Marea Atlántica adoita queixarse de certa presión deses poderes fácticos da Coruña...Mire, aquí os grandes empresarios que cumpren coa legalidade, que non buscan atallos e que tamén pensan no ben común, tiveron unha magnífica relación con este Concello e non houbo problemas. Si houbo certos problemas con aqueles que entenden que os poderes políticos están para servir intereses persoais ou que cren que poden darlles ordes. O que atoparon foi un goberno municipal que non agachou a cabeza, que puxo o interese xeral por riba e que veu rematar cunha forma de facer as cousas, con esa forma de gobernanza entre tres ou catro, de deseñar a cidade nun reservado ou de ver o territorio como un lugar de enriquecemento. Esa foi a historia desta cidade. Cando se atopan con xente libre desas vasalaxes, de hipotecas e sen mochilas, non lles gusta. Houbo voces que se escoitaron moi alto que creo que non son maioritarias nin responden ao sentir da maioría do empresariado coruñés. Aquí, cando houbo que apoiar empresas importantes para que puidesen seguir na cidade, fixémolo, pero polo libro, sempre polo libro. Iso é o importante.\"Os grandes empresarios que cumpren coa legalidade e non buscan atallos tiveron unha magnífica relación co Concello; os problemas foron con quen cre que os poderes públicos están para servilos\"Afastouse da política galega tras o conflito interno de En Marea malia que a Marea Atlántica si pode presumir de que non tivo eses problemas que si hai noutros lugares... Hai algún segredo?Casualidade non é. É traballo, falar, intentar representar a todo o mundo, que a xente se sentise cómoda. A Marea Atlántica é a organización humana máis bonita na que participei, aínda que digan que poida quedar cursi dicilo. En ningunha organización política ou sindical, onde estiven moi a gusto tamén, me atopo como nos atopamos na Marea Atlántica. Aínda que teñan dobre militancia, as persoas están tamén a gusto aquí e isto fixo moito. O ambiente, as metodoloxías que aquí se crearon, pasando tamén momentos tensos e complicados, logrou crear un bo clima. Foi importante lograr o que noutros lugares non se acadou, que é manter un espazo de unidade e cohesionado.Cre que en Galicia se poderá acadar ese espazo, esa unidade algunha vez?É o que a xente nos pide. A xente que ilusionamos en 2015, en 2016 ou agora nas municipais da Coruña en 2019. É o que nos piden e hai que escoitalo.Que non veña Pablo Iglesias á campaña na Coruña ten algo que ver con esa falta de unidade?Nós tomamos unha decisión que foi a de formular estas eleccións en clave local, e estamos sendo coherentes con iso, porque debemos falar da Coruña. Aos nosos rivais interésalles falar noutra clave, pero o noso feito diferencial é que somos unha forza da Coruña. Dito isto, sabemos a que espazo político pertencemos e é certo que no momento que ese espazo político se empeza a disgregar, a posición de quen quere manter a unidade dentro do seu espazo municipalista complícase un chisco, pero máis alá diso, non hai ningunha razón máis que o feito de que queríamos unha campaña local. Cremos que somos os únicos que temos un proxecto de cidade e que todo o que sexa elevar o discurso a cuestións estatais só beneficia a quen non ten nada que dicir da Coruña.Se cre que vai gañar as eleccións, supoño que o 15 de xuño vese co bastón de mando en María Pita?Si.E catro anos máis tarde?Non. Comprometinme por dous mandatos máximo e creo que é moi san que haxa rotación nos cargos públicos, que ninguén se eternice nas administración públicas porque un non é tan diferente dos demais. Se a todo o mundo lle pasa, que se empeza a confundir cando pasan os anos, estou seguro de que a min tamén me pode pasar, así que eu prefiro manter a miña palabra."}
{"ID": "NOS_47712", "summary": "A traiñeira sestaotarra recuperou esta fin de semana nas augas de Getxo e Zumaia o primeiro posto da Liga. Tirán mantense quinta e está a rexistrar unha temporada memorábel. Na Liga Galega, Meira, na categoría A; e Ares, na B; seguen a meter proa", "text": "Máis un fin de semana de traiñeiras para aqueles que gocen delas. Fin de semana nos que Kaiku bateu forte riba da mesa e recuperou o liderato que perdera fronte a Orio en regatas pasadas. Os de Sestao non andaron con 'chiquitas' e o sábado en Getxo vogaron como se os levase o demo. Non é broma: metéronlle 25 segundos de vantaxe a Orio, un tempo que no mundo das traiñeiras é un todo un mundo. E este domingo, en Zumaia, os de Kaiku volveron triunfar mentres que Orio ficou sexta (por detrás de Portugalete, Astillero, San Juan e Tirán). Tirán está a facer unha temporada de mérito. A representación galega na Liga San Miguel, cun orzamento moito menor ás grandes tripulacións, está a callar unha actuación loábel. Van quintos na xeral (deixando por popa a nomes de renome como Astillero, San Juan, San Pedro,...). En Getxo finalizaron sextos entre un total de doce, e en Zumaia, quintos, por diante de Orio, unha das grandes. Mentres tanto, en augas galegas... Tamén foi un fin de semana de competición en augas galegas, nas dúas categorías das que se compón a Liga Galega. Na clase A tivo lugar o domingo a Bandeira Reganosa, que a traiiñeira de Meira meteuse no papo. Gañaron a regata, por diante de Chapela, Amegrove e Cabo de Cruz. Na clasificación xeral, dos de Meira van de primeiros, o segundo posto é para Cabo e a terceira praza, para Chapela. E no que atinxe á categoría B, a regata de Muros foi para Cabo B, que se impuxo por diante de Perillo e Pobra. Na xeral, iso si, a embarcación de Ares sigue líder."}
{"ID": "NOS_42801", "summary": "Ferraz destitúe o comité organizador do congreso do PSdeG designado por Gonzalo Caballero e nomea un novo proposto por Valentín González Formoso. O sector de Caballero acusa o novo secretario xeral do PSdeG de revanchismo e de \"restar e purgar\"", "text": "A comisión executiva federal do PSOE destituíu esta segunda feira, 8 de novembro, o comité organizador do XIV Congreso Nacional do PSdeG, que fora designado baixo a dirección do ex secretario xeral Gonzalo Caballero. O órgano estaba presidido pola ex presidenta do Parlamento Dolores Villarino, próxima a Caballero. Ferraz aprobou nomear unha nova comisión organizadora seguindo a proposta do novo líder do PSdeG, Valentín González Formoso. Ferraz lembra que Formoso foi proclamado secretario xeral do PSdeG pola Comisión Nacional de Ética do partido o pasado 5 de novembro, data en que propuxo a creación desta comisión, unha posibilidade recollida nos estatutos da formación. Esta nova comisión organizadora, que dependerá de Formoso, estará composta pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vilgarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela; o rexedor de Ames, Blas García; o administrador-xerente do partido, Luis Ángel Lago Laxe; o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a edil pontesa Ana Pena; a ex xefa de gabinete de Emilio Pérez Touriño, Teresa Facal; e a deputada e secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero. Ademais da organización do propio congreso, a comisión dirixirá os recursos humanos e do persoal contratado tanto polo PSdeG como grupo parlamentario. Respecto diso, fontes socialistas trasladaron que esta resolución de Ferraz deixa claro que a executiva de Gonzalo Caballero \"deixou de ter competencias\" coa elección do novo secretario xeral. Con todo, a executiva non será renovada até o congreso, que está previsto para decembro, aínda que tampouco se descartan cambios no calendario. \"Formoso opta por restar e purgar en vez de sumar\", di o sector de Caballero Nun comunicado enviado á prensa, o secretario de Acción Electoral do PSdeG, Martín Seco, membro da dirección galega en funcións do PSdeG, acusou \"a falta de aposta pola integración\" de Valentín González Formoso, cuestionando así a \"nula veracidade\" do discurso de integración co que se presentou ás primarias o secretario xeral electo. Logo de que Formoso requirira o cambio do comité organizador do Congreso Nacional do PSdeG, Seco subliñou que \"Formoso opta por restar e purgar en vez de sumar\". Segundo Seco, o secretario xeral electo \"empeza mal se purga\" aos compañeiros e compañeiras elixidos polo Comité Nacional Galego, máximo órgano do partido na Galiza, para organizar o Congreso\". Seco amosou \"respecto\" pola resolución federal, pero considera que Formoso erra politicamente ao non comunicar a súa posición á executiva galega, cuxo mandato está vixente até o congreso, a pesar da boa disposición da dirección galega en funcións a colaborar co equipo de Formoso\". Probas diso, dixo Seco, son o correo enviado pola Comisión Organizadora a Formoso o día 5 para pórse á súa disposición \"para calquera indicación, orientación global ou texto, así como para a incorporación de relatores ou material\" de cara á finalización da redacción do relatorio marco que está sendo redactada, ou o feito de que o propio Gonzalo Caballero lle trasladase esta mesma disposición en persoa. \"A nosa estratexia é contribuír entre todos e todas para facer o mellor traballo posíbel para a nova etapa, pero parece que algúns só entenden a integración de boquilla\", reprobou, antes de lamentar que \"algúns seguen na estratexia de menoscabar o partido con filtracións interesadas aos medios de comunicación, como levan facendo desde o día en que Gonzalo Caballero gañou as primarias\", denunciou Seco. Neste sentido, Seco emprazou Formoso \"a non seguir facendo oposición a Gonzalo Caballero\", e emprazouno a \"empezar a traballar en chave colectiva\". \"Este modo revanchista de actuar cos compañeiros e compañeiras vai na liña completamente oposta á de unir o partido para seguir fortalecendo o proxecto socialista na Galiza\", advertiu."}
{"ID": "NOS_42796", "summary": "Un erro na entrega de Krohn-Dehli, no ecuador da primeira parte, sentenciou ao Celta en Cornellá. A equipa de Herrera só marcou 3 goles nos últimos 5 encontros.", "text": "Demasiado pouco Celta como para sumar pontos no campo dun rival directo para eludir o descenso. O Espanyol é unha equipa tirando a vulgar, mais ten un estilete chamado Sergio García. Un atrapallado Krohn-Dehli facilitoulle unha pelota de gol. García agradeceu o agasallo e sentenciou un Celta sen argumentos para reequilibrar o encontro. O Celta ten varios problemas. Un está na liña de criación, que apenas produce xogo de ataque e que se caracteriza nesta altura do campionato por unha preocupante tendencia a perder balóns parvamente. O outro está na área rival. Aí redúcese á inspiración dun Iago Aspas cada vez máis machucado polas defensas rivais. Así as cousas, o Celta continúa o seu paseo polo gume da navalla, a un tiro de pedra das equipas que neste momento ocupan as tres últimas prazas do campionato."}
{"ID": "NOS_33723", "summary": "Pode que o que máis resalta nun libro coma este, polo menos para as persoas que non viviron (ou non lembramos, por idade) a vida pública daqueles anos, sexa a colección de eventos estrambóticos que tiveron lugar daquela", "text": "Hai toda unha serie de consideracións sobre en que momento algo deixa de ser xornalismo e pasa a ser historia e o recordo é un dos baremos privilexiados. As testemuñas vivas que poden lembrar indican que o período non entrou aínda nos terreos da historiografía. Sen dúbida, isto é algo que acontece coa memoria dos oitenta e pode explicar o ton xornalístico da maior parte das achegas que se dedican a estes anos. Pasou o que pasou non é unha excepción e, máis que un libro de historia cómpre enmarcalo nunha especie de crónica activa, un relato fluído pero non exhaustivo dos feitos que, porén, non renuncia a resitualos desde o presente e incorpora moitos fragmentos das entrevistas que o autor realizou aos seus protagonistas, ademais doutras fontes. Pasou o que pasou. Doce estampas dos oitenta / Lito García Lago / Morgante / 2021 / 214 páxinas / 18 euros As \"doce estampas\" que se nos propoñen para botar a vista atrás serven para asistirmos a un momento tan complexo como o nacemento e estruturación do poder autonómico. Tamén aparecen outros acontecementos, como os vertidos radioactivos na Foxa Atlántica ou a desastrosa xestión da carga do Casón, porén é un retrato no que ten un papel central a vida política e, dentro desta, un lugar privilexiado a configuración do goberno tripartito de 1987, definido como o primeiro intento por crear unha dinámica de poder centrado no país con certa independencia das direccións dos grandes partidos estatais. Trátase dun relato no que, tanto por parte do autor como das figuras entrevistadas podemos entrever tamén a potencia do país que puido ser: que acontecería se este ou aquel político defenestrado puidesen chegar, como parecía, á presidencia da Xunta pero, especialmente, que acontecería se a política nacional (ou a española) se enfrontase a unha sociedade civil máis madura, consciente e reivindicativa. Porén, pode que o que máis resalta nun libro coma este, polo menos para as persoas que non viviron (ou non lembramos, por idade) a vida pública daqueles anos, sexa a colección de eventos estrambóticos que tiveron lugar daquela: as manifestacións de localismo coruñés desbocado reclamando a capitalidade, que a policía impida a entrada ao parlamento a deputados elixidos democraticamente, o plan para secuestrar o Sea Princess, (o transatlántico de The Love Boat) para dar visibilidade á loita do sector naval, ou a curiosa e oportuna desaparición de sacas de votos da emigración. Memorias dun tempo tolo que fixeron a Galiza como é. Tempos que igual aínda estamos a tempo de virar para que poida ser outra cousa."}
{"ID": "PRAZA_12809", "summary": "As marchas, que se celebrarán dentro de dúas semanas en todo o planeta, coinciden co primeiro aniversario das mobilizacións dos indignados e indignadas en España. Pedirase unha reforma fiscal, dereito a unha vivenda digna, retirada da reforma laboral, renda social básica e educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos, de calidade e laicos.", "text": "O sábado 12 de maio terá lugar unha gran manifestación cidadá, coincidindo co primeiro aniversario do chamado Movemento 15M, que xa está a argallarse en numerosas cidades do Estado español e en todo o planeta. Os organizadores denuncian que \"durante os últimos meses, vimos recortados moitos dos nosos dereitos máis básicos baixo a escusa dunha crise da que non somos os responsables, pero si as vítimas que sofren as peores consecuencias\" e engaden que \"Esgrimindo a situación económica coma unha arma, a pouca soberanía que tiñamos está sendo negada e eliminada\". \"Esgrimindo a situación económica coma unha arma, a pouca soberanía que tiñamos está sendo negada e eliminada\" En consecuencia, as persoas e colectivos vinculados a Democracia Real Xa-Compostela e Acampada Obradoiro decidiron que as reivindicacións centrais da manifestación que o 12 de maio partirá da Alameda de Santiago de Compostela ás seis da tarde (e que sen dúbida serán moi semellantes nas restantes cidades) serán: Democracia directa, participativa e asemblearia A oposición a que o Estado achegue máis cartos á banca Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos, de calidade e laicos Reparto do traballo, salario digno e retirada da reforma laboral Dereito a unha vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social. Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas e todos; que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal. Ademais, os organizadores convidan a persoas, colectivos e entidades a participar de forma igualitaria nas xuntanzas nas que se están definindo as mobilizacións, e que o fagan de igual xeito nas propias manifestacións, para que as súas loitas sexan tamén visibles durante o 12M. Concerto en Compostela Acampada Obradoiro está a organizar un concerto para sufragar os custes de organización da manifestación. Celebrarase o vindeiro martes 8 de maio na sala Moon, a partir das dez da noite, coa participación de Na Brétema Fénix, Gendebeat e Sally the Arachnophobic & Giant Electric Spiders. A entrada custará 3€, que irán integramente ao fondo da organización destinado a financiar a mobilización."}
{"ID": "NOS_7438", "summary": "O Presidente da República afirmou, numa cerimónia de inauguração duma plataforma de energia eólica em Póvoa de Varzim, que a crise financeira espanhola pode afetar o crescimento económico de seu país, segundo recolhe hoje a mídia portuguesa.", "text": "Para Cavaco Silva a crise financeira económica é un \"problema adicional\" ao ser o Estado espanhol o primeiro cliente de Portugal e uma das suas fontes de ingresso por turismo. \"O que for bom para a economia espanhola será bom para a economia portuguesa\" disse. O Chefe de Estado de Portugal disse que espera, portanto, que a Espanha \"ultrapasse as dificuldades\" do seu sistema bancário. De acontecer doutra maneira, o desenvolvimento económico de Portugal veria-se afetado pela crise da Espanha, estado que fornece compradores e turistas para o seu país. A imprensa portuguesa dá destaque hoje às palavras de Cavaco Silva numa jornada em que também dá conta das indicações do FMI para o governo de Rajoy."}
{"ID": "NOS_3277", "summary": "O Ministerio para a Transición Ecolóxica comprométese a restaurar a zona húmida da Limia.", "text": "O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de anunciar que recuperará máis de 20.000 hectáreas de zonas húmidas de cara ao ano 2030. O compromiso da ministra e vicepresidenta cuarta do Goberno estatal, Teresa Ribera, inclúe a \"restauración parcial\" da antiga lagoa de Antela, unha zona húmida que, nos invernos con maiores precipitacións, chegou a acadar unha extensión de sete quilómetros de longo e seis de largo, e unha profundidade de até tres metros. Este proxecto responde a unha demanda histórica da veciñanza da Limia, que arela a lagoa que lle foi arrebatada hai máis de seis décadas. \"É unha boa nova que no século XXI mudemos a imaxe que tiñamos das zonas húmidas\", relata en declaracións a Nós Diario Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que leva anos traballando a prol da restauración. Un proxecto do franquismo botou a perder a lagoa Após numerosos intentos errados ao longo do século XIX, o franquismo aprobou en 1958 o desecamento definitivo da lagoa de Antela. Os argumentos esgrimidos eran, fundamentalmente, dous: a crenza de que as augas estancadas supuñan un foco de enfermidades e infeccións e o afán de intensificar a actividade agrogandeira da zona. Porén, o paso do tempo deu a razón a quen se opoñían ao proxecto. \"Fixeron unha rede de canles moi fonda e estreita\", sinala Serafín González, en referencia á ineficiencia do desecamento para fomentar a agricultura extensiva. No verán, a profundidade das canles impedía que a auga alcanzase as raíces; no inverno, pola contra, a estreiteza das mesmas dificultaba a drenaxe e provocaba que os terreos asolagasen por completo. Múltiples beneficios González defende que esta zona húmida é imprescindíbel por diferentes motivos: \"En primeiro lugar, ten unha grande importancia para mitigar o cambio climático, xa que actúa como sumidoiro dos gases que provocan o efecto invernadoiro ao captar grandes concentracións de carbono\", salienta. A zona húmida, así mesmo, \"é unha esponxa natural que almacena e depura a auga para o abastecemento humano e o regadío\". Por outra banda, o presidente da SGHN argumenta que a recuperación deste espazo achegará \"beneficios socioeconómicos\" á comarca da Limia e axudará a combater o \"despoboamento das zonas rurais\". Finalmente, cómpre expor a \"evidente importancia\" da lagoa para a biodiversidade da contorna: \"O desecamento provocou a extinción dunha decena de especies na Galiza, e a sequidade actual pon contra as cordas moitas outras\", argumenta. O futuro da lagoa A SGHN, a través da sección de Antela, iniciou en 2011 un proxecto de restauración dun terreo de 20 hectáreas na Veiga de Gomareite, noutrora cuberta polas augas da lagoa nos invernos de intensas precipitacións. \"É unha zona convertida en vertedoiro, e chegamos a un acordo co gandeiro local dono do terreo para recuperar a súa función, que asolague coa choiva unha parte do ano e que dea paso na primavera e o verán a un pasteiro para os animais\", explica González. Este proxecto considera \"imprescindíbel\" para o futuro da lagoa a actividade gandeira, mais non como se está a desenvolver hogano na meirande parte da comarca: \"O terreo ten que ser pastoreado en extensivo, do modo tradicional, xa que axuda a manter con vida boa parte da poboación mundial do cardiño da lagoa, que está en perigo de extinción\", apunta. A actividade agrícola e gandeira extensiva, a diferenza da intensiva, permite a conservación de especies animais tamén ameazadas como a avefría europea (coñecida na Limia como choromica ou conícora), o sapo de esporóns ou a estroza (ou rela, ra das figueiras ou ra de Santo Antón). Após anos de loita, Serafín González agarda que a lagoa volva erguerse como o corazón que bombea o sangue de toda a comarca da Limia."}
{"ID": "PRAZA_13181", "summary": "Chega a Galicia un evento friki con millóns de afeccionados en todo o mundo. Trátase dunha carreira de cinco quilómetros polo monte (neste caso na Subida de San Sebastián, en Vigo) na que un grupo de participantes -zombies-, convenientemente maquillados, persegue outro grupo -corredores-, que debe chegar á meta para salvar a súa vida. Será o 29 de xullo e xa se pode reservar praza.", "text": "Queres ser zombie ou runner? Chega a Galicia un evento friki con millóns de afeccionados en todo o mundo. Trátase dunha carreira de cinco quilómetros polo monte (neste caso na Subida de San Sebastián, en Vigo) na que un grupo de participantes -zombies-, convenientemente maquillados, persegue outro grupo -corredores-, que debe chegar á meta para salvar a súa vida. Será o 29 de xullo e xa se pode reservar praza. Estas carreiras teñen a súa orixe nos Estados Unidos, onde reúnen milleiros de participantes, e nos vindeiros meses realizaranse en Madrid (2 de xuño), Barcelona (9 de xuño) e Vigo. É moi sinxelo: trátase de correr cinco quilómetros campo a través, nun circuíto inzado de obstáculos e co obxectivo de chegar a un lugar sinalado como meta. As dificultades aumentan porque ademais dos obstáculos físicos, os corredores deben evitar e fuxir dun grupo de perseguidores moi perigoso: zombies. No percorrido haberá membros da organización, que exercerán de árbitros e asegurarán que se cumpren as regras, e os participantes poden atopar algúns personaxes externos que colaborarán con eles para acadar o seu obxectivo. Os participantes, que irán saíndo en grupos pequenos, cada cinco minutos, poden elixir en calquera caso entre seren zombies ou corredores, cazadores ou cazados. O obxectivo dos zombies é conseguir o maior número posible de cintas de cores (que os corredores levan na cintura) e para iso poden coordinarse por radio e organizar emboscadas. Xa se poden mercar as entradas para o evento de Vigo, que comezará ás 11 da mañá do 29 de xullo. Os prezos, entre 15 e 25 euros (se se quere reservar unha hora de saída concreta, para poder ir nun grupo de amigos), inclúen o equipamento e a maquillaxe, así coma unha bolsa con merchandising."}
{"ID": "NOS_21955", "summary": "Catro militantes da CIG e un da CUT enfróntanse a tal petición de pena realizada pola Fiscalía en relación a uns feitos acontecidos na greve do 27 de xaneiro de 2011. O xuízo, que se prolongou durante dúas horas, ficou marcado polas \"contradicións\" da policía", "text": "Esta segunda feira quedou visto para sentenza o xuízo en que cinco sindicalistas, catro militantes da CIG e un da CUT, se enfrontan a unha pena que a fiscalía eleva até os 18 meses de prisión para cada un deles por uns feitos acontecidos na madrugada do 27 de xaneiro de 2011, co gallo da folga xeral convocada na Galiza, Euskal Herria e Catalunya. Ao entender da acusación, tales acontecementos constitúen un delito de desordes e outro contra a seguridade vial. Porén, a defensa pediu a libre absolución para os cinco ao considerar que non existe cargo de proba suficiente e acrecentou que, de seren culpábeis, seríano en todo caso dunha falta administrativa, mais non de delito ningún, ao non por en perigo as persoas que circulaban pola vía. Así as cousas, os sindicalistas sentaron no banco d@s acusad@s na sala do Penal nº3 de Vigo, relacionados cun corte de tráfico provocado formando unha barricada con carretes de cable eléctrico ao que lle terían prendido lume. A defensa rexeitou tales acusacións, e puxo de relevo as \"contradicións\" en que incorreron os axentes da policía española que declararon como testemuñas na vista. Ao fío, sinalaron que non quedou aclarado se os axentes viron ou non como os acusados guindaban pola xanela do seu carro a garrafa que presentaron como proba, e tampouco achegaron análise ningunha sobre o contido do recipiente; para alén disto, houbo tamén discrepancias respecto das circunstancias en que se produciu a detención: uns policías explicaron que conectaron as luces e a serea do carro camuflado, namentres outros negaron este suposto. Pola súa banda, os cinco mozos negaron a súa implicación nos feitos denunciados, explicando ao tribunal que foran detidos cando volvían de recoller un compañeiro para facer parte dos piquetes informativos. Fóra dos xulgados unha concentración convocada por ambas as dúas centrais, CIG e CUT, exixiu a libre absolución dos sindicalistas."}
{"ID": "NOS_54200", "summary": "A Lei de Transparencia obriga a que as reunións do presidente da Xunta figuren na súa axenda oficial. Segundo o BNG, Feijóo tería tido un encontro \"oculto\" co presidente da patronal da sanidade. A formación soberanista liga esta entrevista co posterior \"desvío de fondos públicos\" a centros privados.", "text": "Nunha conferencia de imprensa esta segunda feira, Pontón anunciou que o BNG interpelará Feijóo no Parlamento por ter incumprido a Lei da Transparencia e por \"favorecer empresas amigas\". O grupo parlamentar nacionalista quer saber tamén se a \"axenda oculta\" de Feijóo vai resultar no aumento nos vindeiros orzamentos das partidas destinadas a engordar as contas das empresas do sector sanitario privado. Pontón ligou o encontro de Feijóo coa patronal sanitaria coa política desenvolvida polo PP desde que recuperou a Xunta en 2009, caracterizada polos cortes masivos no gasto público: 2.000 millóns de euros menos, 2.000 profesionais menos, 700 camas desmanteladas e o aumento en máis de 20.000 persoas das listas de agarda durante os últimos catro anos. O obxectivo da \"axenda oculta\" de Feijóo -denunciou Pontón- é o afondamento na privatización da sanidade pública, da que sería un exponente a proposta de reforma da lei de sanidade da Galiza, en función da cal se reducirían o número de áreas sanitarias (as actuais 11 pasarían a ser apenas 7). O recurso á sanidade privada non é solución para mellorar a calidade de vida das galegas e dos galegos, alegou a líder do BNG, como demostraría o feito de POVISA -o hospital privado que atende a área sanitaria de Vigo- duplicar \"as listas de agarda cirúrxicas dos centros públicos galegos\"."}
{"ID": "NOS_40263", "summary": "Esta cuarta feira o cadro de persoal de Novagalicia Banco está chamado a unha folga de 24 horas, medida de protesta contra os plans da entidade de despedir a 2.500 empregad@s. CIG afirma que o 90% das oficinas están a secundar o paro.", "text": "Esta cuarta feira non será o mundo do ensino o único en protagonizar unha folga. Tamén os e as traballadoras de NGB están convocados a unha protesta de 24 horas. Dende as organizacións sindicais subliñouse que \"os paros parciais fixeron que a empresa movera posición, pero aínda estamos moi lonxe de conseguir salvar todos e cada un dos postos de traballo\". Por iso animan a todo o persoal de NGB a secundar a folga. A CIG sinalou, xa nas primeiras horas da protesta, que pola volta do 90% das oficinas da entidade financeira secundan a folga contra o ERE. Na última xuntanza entre Novagalicia Banco e as organizacións sindicais deixou enriba da mesa unha proposta da patronal que abrangue todos os aspectos que presentou no Ministerio de Traballo: despedimentos, mobilidade, suspensións de contrato e modificacións substanciais das condicións laborais. A empresa propón, con carácter xeral, indemnizacións por despedimento de 28 días por ano traballado cun máximo 18 mensualidades. Para o persoal maior de 55 anos no 2013, a entidade cotizaría á Seguridade Social até os 61 anos (na súa proposta inicial era até os 63). Contraproposta sindical Por parte da representación sindical trasladouse unha proposta para evitar que se produzan despedimentos e garantir a viabilidade da entidade. As propostas inclúen que o reaxuste debería establecerse en 5 anos, cunha condición resolutoria para paralizar o proceso se se produce a poxa por parte do FROB. Todas as propostas sindicais teñen como fin reducir a cero os despedimentos. Así, as centrais tamén avogan por un reparto do traballo entre todo o cadro de persoal. ou ben un programa efectivo de recolocacións máis alá do mínimo legal."}
{"ID": "PRAZA_16779", "summary": "A presidenta da Plataforma advirte á ministra Monserrat de que o nomeamento de González-Criado \"sería un apoio político explícito\" e pide que non se produza, cando menos, ata a fin das pescudas xudiciais DOCUMENTO | Carta da Plataforma de Afectados pola Hepatite C á ministra de Sanidade", "text": "DOCUMENTO | Carta da Plataforma de Afectados pola Hepatite C á ministra de Sanidade HEMEROTECA | O Ministerio de Sanidade ficha unha das responsables do Sergas imputada por homicidio no caso da hepatite O pasado 27 de marzo a Consellería de Sanidade deu en admitir que a subdirectora xeral de Farmacia, Carolina González-Criado, se dispuña a abandonar o Servizo Galego de Saúde \"a petición propia\" con rumbo ao Ministerio de Sanidade, \"cedida para a realización dun estudo relacionado coa área farmacéutica\". No entanto, fontes do departamento do Goberno central recoñeceron, como informou José Precedo para eldiario.es, que o destino final de González-Criado será ocupar a Subdirección Xeral de Calidade do Medicamento no propio Ministerio. O feito de que este movemento se produza mentres a directiva segue investigada por presunto homicidio imprudente na causa xudicial polo atraso de tratamentos de hepatite indignou a plataforma que representa os doentes, colectivo que tenta evitar que o nomeamento chegue a producirse. A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C mantivo nas últimas semanas contactos cos grupos da oposición parlamentaria galega e tamén do Congreso coa intención de tentar incrementar a presión política sobre esta designación. En senllas xuntanzas cos responsables da área sanitaria de En Marea, PSdeG e BNG -Eva Solla, Julio Torrado e Montse Prado-, coas deputadas no Congreso Pilar Cancela (PSdeG) e Ángela Rodríguez (En Marea), así como co voceiro sanitario de Ciudadanos na Cámara Baixa, Francisco Igea, o colectivo reclamou \"que adopten as medidas que estean ao seu alcance\" para \"evitar o nomeamento\". Os partidos comprometeron iniciativas ao respecto mentres a Plataforma continúa a súa acción cunha carta dirixida á ministra de Sanidade, Dolors Montserrat. González-Criado está a ser investigada por presuntos delitos de prevaricación e homicidio imprudente \"Os grupos parlamentarios cos que contactamos, claramente e sen excepcións, definiron como un escándalo e algo inadmisible a posibilidade de que a señora González-Criado sexa nomeada\", afirma a presidenta da plataforma, Elena Rivas, quen asina a carta remitida a Montserrat. \"Non podemos -di a misiva- máis que mostrar a nosa perplexidade\", xa que ata agora responsable farmacéutica do Sergas \"se atopa incursa\" como investigada -antiga imputación- \"no procedemento penal (...) por delitos de prevaricación en nove casos, posteriormente ampliados a 12\", e por outros seis casos de presunto homicido imprudente\". \"A instrución dura xa dous anos\" nos que os cargos investigados pediron o arquivo, mentres que o xuíz instrutor segue a acordar novas probas, resaltan. A presidenta da Plataforma advirte á ministra Monserrat de que o nomeamento \"sería un apoio político explícito\" e pide que non se produza, cando menos, ata a fin das pescudas xudiciais A propia plataforma, resalta Rivas, está persoada no procedmento como acusación popular e \"ten a intención de solicitar a apertura de xuízo oral\" en canto rematen as dilixencias pendentes nun proceso que, lembran, arrincou cunha denuncia da Fiscalía. \"Quere isto dicir -advirten á ministra- que existe unha alta probabilidade de que nun prazo non moi afastado se poida acordar a apertura de xuízo\". Neste contexto, resaltan, as persoas \"prexudicadas\" polo atraso dos tratamentos de hepatite séntense \"doídas\" por que González-Criado \"se vexa promocionada profesionalmente\". \"Pregámoslle que reconsidere a decisión de calquera posible nomeamento ou designación da señora González-Criado para posto ou cargo ningún no seu Ministerio\", cando menos \"mentres non se conclúa a instrución xudicial en marcha\", xa que o contrario \"sería un apoio político explícito a quen presuntamente delinquiu no exercicio das súas funcións\", conclúe a carta da Plataforma. \"Dende o moemnto en que o xuíz ditou a apertura de dilixencias\" o colectivo de afectados pediu a dimisión tanto de González-Criado como de Félix-Rubial, director xeral de Asistencia Sanitaria no momento dos feitos e actual xerente da área sanitaria de Vigo. A permanencia de ambos en postos públicos, afirma a presidenta da plataforma, é \"intolerable\" mentres o caso non quede aclarado."}
{"ID": "NOS_48475", "summary": "Aconteceu no interior do CHUOU onde María Isabel Fuentes se atopaba ingresada após ser agredida, presuntamente, polo seu home no domicilio familiar.", "text": "Primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015. María Isabel Fuentes foi acoitelada polo que era o seu marido nunha habitación do Hospital de Ourense onde se atopaba ingresada desde o 3 de abril após ter sido agredida na súa morada. Veciña de Verín, María Isabel acabada de saír dun coma e foi asasinada, a coiteladas, por Aniceto Rodríguez. Segundo fontes da Garda Civil citadas polo diario La Región, a agresión sufrida por Fuentes na súa morada indiciaba ter sido un caso de violencia machista. Así as cousas, non se adoptaran medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Desde o xulgado de Verín indican que non foi solicitada orde de protección cautelar ningunha embora a Garda Civil sospeitar dun caso de violencia machista Sen medidas de protección no hospital Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press no xulgado de instrución nº1 de Verín, ao que se derivou o caso da agresión anterior, non se solicitaron medidas de protección cautelares malia que o instituto armado recoñeceu ter indicios de que se trataba dun caso de violencia machista. Neste senso, segundo fontes xudiciais teríase comunicado á Garda Civil que \"se consideraba que debía vixiala\" na habitación á que foi trasladada após saír da UCI que \"extremase as precaucións\" que considerase convenientes. Porén, nada se fixo. Desde o xulgado defenden as decisións adoptadas até o momento asegurando que a lexislación non permite limitar a liberdade básica dunha persoa --de movemento-- por \"sospeitas\" e sen probas. Após o feminicidio Aniceto Rodríguez tentou suicidarse co mesmo coitelo co que asasinou a que fora a súa compañeira. O instituto armado mantén as pesquisas abertas, din. O pasado ano na Galiza foron asasinadas 7 mulleres pola violencia machista. Concentracións Desde a Marcha Mundial das Mulleres convocan senllas concentracións o sábado 9 de maio ás 20h en: Ourense. Acarón da estatua da castañeira. Subdelegación do Goberno. Vigo. Perante o Museo MARCO. Ferrol. Praza do Concello. Compostela. Porta do Camiño. Pontevedra. Praza 8 de marzo. A Mariña. Fronte a Casa do Concello de Foz. Aliás, terán lugar mobilizacións na segunda feira noutras vilas e cidades do país, como A Coruña, que será no Obelisco (20h)."}
{"ID": "NOS_12965", "summary": "Os irmáns Chamosa parten como favoritos nesta proba.", "text": "Esta fin de semana as pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra serán a sede do Campionato da Galiza de Marcha en Pista, onde preto dun cento de marchadores e marchadoras acudirán para loitar a partir das 9.45 horas polos postos de podio desta edición, que será retransmitida e comentada ao vivo a través da canle de Youtube da FGA. As medidas de seguridade marcarán, como vén sendo habitual en todos os deportes, o desenvolvemento dun certame no que destaca a presenza de Antía Chamosa, vixente campioa de España absoluta, que participará na proba dos 5.000 metros marcha. A deportista da Gimnástica intentará sumar o seu sexto título galego da modalidade, co que empataría así a triunfos cos acadados no seu día por Eva Iglesias. Nos homes, o seu irmán Daniel Chamosa, tamén atleta da Gimnástica, parte de igual modo como favorito para sumar o que sería o seu quinto título de campión da Galiza, que de conseguilo deixaríao a tan só un triunfo dos seis de Jorge Ignacio Silva. Nesta mesma categoría cómpre salientar a participación do Subcampión mundial e campión europeo Máster, Iván Morais, do Marineda, quen xa coñece o que é gañar un Galego grazas ao seu triunfo no ano 2018 en Narón. E, por outra banda, ademais da absoluta competirase tamén nas categorías Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18, Sub-20, Máster 40 e Máster 45. En memoria de Llopart e Mariano Castiñeira Durante o momento da saída da proba absoluta masculina gardarase un minuto de silencio en recoñecemento do que fora primeiro medallista olímpico do atletismo estatal e precursor da marcha, Jordi Llopart, recentemente falecido. Este atleta estivo moi ligado á marcha galega a través do seu apoio a diversos proxectos atléticos, entre os que cabe destacar a do Gran Premio Internacional Cantóns de Marcha Atlética-Sergio Vázquez. Tamén esta mesma semana se produciu o falecemento do adestrador lucense Mariano Castiñeira, que será igualmente lembrado nesta primeira proba oficial desde o seu pasamento \"á espera de poder organizar no Concello de Lugo un acto acorde a súa importancia e relevancia\", segundo afirmaron fontes da Federación Galega de Atletismo."}
{"ID": "NOS_40309", "summary": "O Ministerio de Defensa ruso inicia unha investigación para verificar se Abu Bakr al Bagdadi foi eliminado nun ataque aéreo nas aforas de Al Raqa.", "text": "O líder do Daesh (Estado Islámico), Abu Bakr al Bagdadi, podería estar morto como consecuencia dun ataque da aviación rusa ás aforas da localidade siria de Al Raqa, segundo vén de anunciar o Ministerio de Defensa ruso. \"Segundo informacións que recibimos por varias canles, o líder do Daesh, Abu Bakr al Bagdadi, atopábase na xuntanza con xefes de Estado Islámico\" atacada pola aviación rusa e \"foi aniquilado polo ataque\" dos avións Su-35 e Su-34, citado por medios locais. A información é avanzada pola axencia rusa RIA e citada por Reuters e a BBC mais non ten confirmación oficial. Non é a primeira vez que se anuncia a morte do líder do Daesh e até o de agora sempre acabaron sendo erradas."}
{"ID": "NOS_19767", "summary": "Cando a cifra de persoas mortas polos bombardeos roza os 100 (22 delas, crianzas), o representante israelí na ONU apunta a que son instruídos por Hamás para ser escudos humanos.", "text": "A cifra de persoas mortas durante os catro días de incesantes bombardeos, desde aire e mar, do Exército israelí sobre Gaza vanse achegando ao centenar. Segundo a última cifra dada polo Ministerio de Sanidade da Franxa, son 90 as persoas falecidas, entre elas máis dunha vintena de crianzas. @s ferid@s rozan @s 700 e os desprazados son milleiros. Para o goberno israelí, porén, eles non teñen responsabilidade algunha sobre estas vítimas. A aviación israelí bombardeou un 'chiringuito' de praia onde palestinos estaban a ver o Arxentina-Holanda. Matou a 9 persoas O embaixador israelí perante a ONU, Ron Prosor, asegurou que o Exército toma todas as medidas necesarias para evitar que as súas accións 'afecten a civís'. Afirmou que \"o Exército advirte os palestinos de Gaza dos bombardeos inminentes. Mais Hamás instrúe a estes civís para que suban aos tellados e sexan escudos humanos.Cometen un duplo crime: atacar a civís siraelís mentres se agochan tras civís palestinos\". Riyad Mansur, embaixador palestino perante a ONU, citou as Convencións de Xenebra para lembrar á comunidade internacional que teñen a \"obriga\" de protexer os civís palestinos. Ademais, anunciou que o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, solicitou ao goberno de Suíza (estado depositario deses Convenios) que convoque unha xuntanza sobre a protección de civís en tempos de guerra."}
{"ID": "PRAZA_3635", "summary": "Podemos ir cara a un escenario de postcapitalismo social ou algo así. Veremos. O que si está claro é que esta coroa-crise marcará un antes e un despois", "text": "Seguimos co confinamento. Só levamos tres días. E o que nos queda. Ás oito saímos polas xanelas para aplaudir ás profesionais sanitarias. Ese foi o único contacto co mundo exterior. Toda esta experiencia era difícil de prever. Quen podería imaxinarse que iamos vivir algo así?Está a emerxer unha nova sociabilidade a distancia na que moita xente se sentía moi confortable xa. Esta crise vai reforzar aínda máis o imperio das novas tecnoloxías como eixos centrais da vida económica, social e culturalSe mergullo un pouco na miña memoria, vénme á mente aquela frase de que \"Napoleón estivo confinado en Santa Helena\". Confinarse significa apartarse do mundo. É a mesma filosofía de Ich bin der Welt abhanden gekommen, a célebre canción dos Rückert Lieder de Gustav Mahler. Cheguei a ser un estraño para o mundo; vivo apartado del.Aquí estamos a ser todas estrañas para todas. Está a emerxer unha nova sociabilidade a distancia na que moita xente se sentía moi confortable xa. Esta crise vai reforzar aínda máis o imperio das novas tecnoloxías como eixos centrais da vida económica, social e cultural, cando xa levamos vivida a quinta parte do século XXI. Se un ten a sorte de librarse do coronavirus, este confinamento non ten nada que ver con aquel famoso de Newton que sempre se pon como exemplo, no século XVII. Ou co confinamento do Decamerón. Isto é un ciberconfinamiento. Outra cousa moi diferente. Un confinamento a todo trapo, con wifi e todo un mundo audiovisual á carta ao noso dispor.Ademais do terrible impacto sobre a saúde de moitos miles de persoas, a crise vai ter unhas consecuencias catastróficas para a economía. Expedientes temporais (e non temporais) de regulación de emprego, perdas millonarias para autónomos e todo tipo de empresas e… quen sabe o que nos deparará o futuro. Se cadra como resultado de todo isto dámosnos conta de que non se necesitan tantos postos de traballo presenciais. Moitísima xente está lanzándose estes días a comprar por internet, cando nunca o facía, e comproba que é máis fácil do que pensaba.Pode ser que unha vez que termine a crise a xente estea tan exhausta economicamente que descenda o consumo. Pode ser que se viaxe moito menos. Pode ser que aprendamos que se pode ser feliz sen tanto aspavento, sen tanta compulsión por facer cousas cada vez máis extravagantes, por ir aos lugares máis afastados, por vivir a experiencia máis freak.Podemos ir cara a un escenario de postcapitalismo social ou algo así. Veremos. O que si está claro é que esta coroa-crise marcará un antes e un despoisPode ser que o sistema capitalista teña que ser repensado de arriba a abaixo e que nos vaiamos a un novo New Deal. Pode ser que os laboristas gañen non sei cantas eleccións seguidas, como sucedeu no Reino Unido despois da Segunda Guerra Mundial. Todo pode ser posible. Ídolos máis grandes caeron. O capitalismo neoliberal xa estaba moi tocado; isto pode ser a puntilla definitiva.Ao final, aos ricos interésalles que os menos ricos teñan emprego e saúde. Se non hai liquidez económica, o capitalismo (que se basea no consumo e na circulación de diñeiro) non funciona. Se non hai saúde, os virus van alcanzar a toda a poboación. Non distinguen de nacionalidade, de condición social, de nivel de estudos nin de nada. A ninguén lle convén que unha parte da sociedade sexa vulnerable. Podemos ir cara a un escenario de postcapitalismo social ou algo así. Veremos. Tampouco hai que ter moita confianza nos grandes líderes mundiais que xestionan o cotarro. O que si está claro é que esta coroa-crise marcará un antes e un despois."}
{"ID": "NOS_26029", "summary": "Ao BNG non lle vale o \"reprogramamento\" anunciado pola Xerencia do Sergas para o traslado ao novo hospital de Vigo. Diante da \"falta de garantías sanitarias básicas\", a organización nacionalista reclama a \"paralización total\" da derivación da actividade ao novo centro.", "text": "Dada a grave situación que atravesa o novo hospital de Vigo, denunciada por pacientes e por profesionais, o BNG convocou unha rolda de prensa de urxencia para reclamar a \"paralización total\" dos traslados. A organización nacionalista, que aludiu á \"falta de garantías sanitarias\" básicas, puxo de manifesto a \"alarma\" e o \"caos\" provocados polo \"proxecto estrela de Feijóo\" para Vigo. O BNG emprazou o presidente da Xunta a explicar na cidade olívica \"que está pasando co hospital e coas citas coas axendas fechadas en moitas especialidades\". Nesta rolda de prensa, na que participaron as parlamentares Carme Adán, Montse Prado e Daniel Rodas e o responsábel local da organización, Henrique Viéitez, presentáronse dúas proposicións de lei nas que se reclama \"garantir que o novo hospital de Vigo teña unhas mínimas condicións para as persoas doentes\" e \"responsabilidades ao Partido Popular\". Alén de esixir a paralización total do proceso de traslado ao novo hospital mentres non se resolvan todas as deficiencias detectadas e se garanta a seguridade e a calidade asistencial, o BNG reclama que se habilite un servizo de aparcadoiro gratuíto, que non se lles cobre ás persoas doentes por accederen a TV ou internet e a posta en marcha dun plan de transporte público e intermodal para toda a área sanitaria. O traslado ao hospital representou \"unha temeridade\" a xuízo do BNG O BNG expuxo na rolda de prensa que a paralización do traslado \"confirma que son clamorosas as deficiencias do hospital e que houbo unha total falla de control e de planificación da obra\". Amais de cualificar de \"imprudente\" comezar co traslado cunha obra sen rematar e sen contar co persoal sanitario, as nacionalistas cualificaron de \"temeridade\" a apertura do centro hospitalario. A organización nacionalista, que pregunta se as deficiencias detectadas se deben ao aforro de material, salientou que \"todos os problemas confirman o tremendamente prexudicial que ía ser para a sanidade o proceso de privatización que promove o PP\". De aí que o Bloque esixa a depuración de todas as responsabilidades políticas, comezando pola dimisión da conselleira de Sanidade e do Xerente. Tamén reclamou o BNG que Feijóo compareza de inmediato no Parlamento para dar explicacións. O Bloque aproveitou a rolda de prensa para lembrar a manifestación convocada para esta quinta feira (3 de setembro) pola Xunta de Persoal do CHUVI. O PSOE esixe responsabilidades políticas Tamén hoxe, a través dun comunicado, o PSOE esixiulle a Feijóo que adopte \"de forma inmediata responsabilidades políticas\" logo da \"irresponsabilidade sen procedentes\" e do \"caos\" causado por unha concelleira \"con incompetencia probada\"."}
{"ID": "PRAZA_11782", "summary": "O acordo rubricado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para gobernaren en coalición contempla o estatuto da industria electrointensiva que reclama o persoal de Alcoa, plans \"de acción urxente\" para comarcas afectadas por peches como o de Endesa nas Pontes e a \"recuperación inmediata\" do Pazo de Meirás", "text": "Socialdemocracia de máis ou menos amplo espectro para unha lexislatura na que cada medida que precise o apoio do Congreso dos Deputados, a comezar polos Orzamentos, será necesariamente un traballo de ourivaría parlamentaria. Na xornada en que a Avogacía do Estado fixo pública a súa posición sobre a inmunidade de Oriol Junqueras, aspecto clave para a eventual abstención de Esquerra Republicana de Catalunya na investidura de Pedro Sánchez, o líder do PSOE e mais o de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, puxeron en escena unha aceleración do proceso para tentaren acadar o seu Goberno de coalición, poñendo letra á música do acordo que avanzaran tras as eleccións do 10 de novembro.Horas despois de que o propio Sánchez asinase o transcendental apoio do PNV á súa investidura, politicamente moito máis relevante que o peso numérico dos 6 escanos jeltzales, ambos dirixentes xuntáronse ante as cámaras para presentaren os grandes trazos do programa do que denominan Coalición progresista. Fixérono nun acto celebrado en Madrid con acceso restrinxido para os medios de comunicación, o que suscitou protestas entre os xornalistas presentes por mor da imposibilidade de formular preguntas.As subas no IRPF chegarían para rendas superiores a 130.000 e 300.000 euros, segundo o documento asinado por PSOE e Unidas PodemosÉ un documento de cincuenta páxinas no que PSOE e Unidas Podemos puxeron o acento no eido social. Fano mediante o anuncio de medidas novas como unha suba de impostos ás rendas máis altas. Concretamente, dous puntos máis no IRPF para rendas superiores a 130.000 euros e \"catro puntos para a parte que exceda os 300.000 euros\". Pero tamén prometendo a derrogación de diversos recortes da etapa de Rajoy, tanto no ámbito máis material como no vinculado a dereitos e liberdades cidadás.No caso galego, o pacto bosquexa medidas para algúns dos asuntos que veñen ocupando a axenda pública do país nos últimos meses. Así, aseguran estar en disposición de \"completar\" a \"aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo\" que reclama o persoal de factorías como a de Alcoa en San Cibrao e de aprobaren \"plans de acción urxente para as comarcas afectadas polo peche de centrais de carbón como a das Pontes. Asemade, aseguran estar en condicións de prometeren a \"recuperación inmediata\" do Pazo de Meirás, actualmente inmerso no proceso xudicial para tentar botar del aos herdeiros de Franco.Reversión dos recortes sociais: da reforma laboral e educativa á 'lei mordaza'A reversión dos recortes sociais da etapa de goberno do PP está encabezada polo anuncio do que ambas formacións denominan \"derrogación da reforma laboral\" do ano 2012\" mediante a aprobación dun novo Estatuto dos Traballadores. Entre as medidas que avanzan destaca a supresión \"da posibilidade de despedimento por absentismo causado por baixas por enfermidade\", recentemente avalado polo Constitucional, derrogar \"as limitacións ao ámbito temporal dos convenios colectivos\" ou limitar \"a contratación e a subcontratación laboral\".No ámbito laboral destacan promesas como eliminar os despedimentos 'por enfermar' ou novas subas do salario mínimoTamén no eido laboral, o pacto refírese a novas subas do salario mínimo interprofesional \"ata acadar progresivamente o 60% do salario medio en España, tal e como recomenda a Carta Social Europea\", o que implicaría roldar os 1.200 euros mensuais ao final da lexislatura. Non obstante, a \"base para a proposta do Goberno\", din, será \"a mesa do diálogo social\" con patronal e sindicatos. Na liña do proposto por ambos partidos en campaña, aseguran, pretenden \"seguir impulsando a equiparación dos permisos de paternidade e maternidade iguais e intransferibles\" ata 16 semanas en 2021 e \"incentivar a titularidade compartida das explotacións agrarias\" entre homes e mulleres.A fin da 'lei Wert' implicará o veto ás subvencións para os colexios que segregan nenos e nenas e que \"a materia de relixión sexa voluntaria\", sen nota \"computable a efectos académicos\"No ámbito educativo, o documento asinado contempla abertamente a \"derrogación da LOMCE\", a lei educativa coñecida como Lei Wert, e substituíla por \"unha lei básica de educación\". Entre as novidades, o pacto resalta o veto \"á segregación educativa por razón de sexo nos centros sostidos con fondos públicos\", o que no caso galego impediría á Xunta renovar os concertos con cinco centros segregacionistas, blindados ata 2023 segundo a orde máis recente. Ademais, afirman, \"a materia de relixión será de carácter voluntario para os estudantes, sen que haxa unha materia alternativa nin a nota sexa computable a efectos académicos\".No que atinxe a \"dereitos e liberdades civís\", PSOE e Unidas Podemos din proporse a aprobación \"dunha nova lei de seguridade cidadá\" que substitúa á coñecida como lei mordaza, en vigor dende 2015. Trátase, afirman, de \"garantir o dereito á liberdade de expresión e reunión pacífica\" na \"maior brevidade\". \"En particular\", avanzan, prevén unha nova \"regulamentación do dereito de reunión\" e a \"derrogación do artigo 315.3 do Código Penal\" que establece o delito de coaccións na folga e que a Fiscalía invocou nos últimos anos para solicitar anos de cárcere para traballadores e sindicalistas.Igualdade, eutanasia e vivendaSen saír do apartado social, pero con conexións tamén económicas e sanitarias, o pacto asinado por Sánchez e Iglesias tamén inclúe a prometida lei de eutanasia e a \"lei de dereitos e garantías da dignidade da persoa ante o proceso do final da súa vida\". Do mesmo xeito, alén das referencias aos permisos de maternidade e paternidade, no apartado das \"políticas feministas\" PSOE e Unidas Podemos prevén \"desenvolver todas as medidas pendentes do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero\", a comezar por \"incorporar ao noso ordenamento o disposto no Convenio de Istambul\", o cal contempla, por exemplo, computar como vítimas das agresións de xénero ás mulleres que as sofren fóra do ámbito da parella.PSOE e Unidas Podemos prevén \"desenvolver todas as medidas do pacto de Estado contra a violencia de xénero\"No eido da vivenda, ambos partidos din prever \"medidas normativas necesarias para poñer teito ás subidas de prezos do alugueiro en determinadas zonas de mercado tensionado\" tomando como base un \"sistema de referencia de prezos do alugueiro\" que semella, así e todo, encamiñado fundamentalmente a grandes cidades com Madrid e Barcelona. Si podería ter máis impacto en Galicia a medida referida ao alugueiro turístico, ámbito para o que prometen \"impulsar reformas normativas que permitan que as comunidades de propietarios poidan prohibir o exercicio da actividade do alugueiro turístico ou fixar determinadas condicións\" para admitilo.Repercusións galegas: As Pontes, San Cibrao, Meirás (e voto emigrante)No caso de que o Goberno de coalición bote a andar e as súas medidas comecen a despregarse, cabería agardar que algunhas das primeiras repercusións do pacto en Galicia pasen polas Pontes, San Cibrao e Meirás. Así, no marco das medidas para frear o cambio climático, PSOE e Unidas Podemos prevén os devanditos \"plans de acción urxente\" para contornas afectadas por peches como o da térmica de carbón das Pontes. Entre as medidas, aseguran, estarán \"o desenvolvemento e investimento en innovación e tecnoloxías verdes\" e proxectos de \"formación\" que \"aseguren novas oportunidade de emprego nas comarcas afectadas.O acordo de coalición promete \"completar a aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo\" que reclama o persoal de Alcoa en San CibraoSen saír do eido industrial, a Coalición progresista di estar disposta a \"completar a aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo\" polo que agarda o persoal de Alcoa na Mariña, entre outras industrias. O obxectivo, afirman, será \"potenciar a competitividade e a eficiencia das empresas con altos custos enerxéticos\", que gozarán de \"compensacións e exencións\" a cambio de que \"melloren a súa eficiencia enerxética e manteñan e xeren emprego\".\"Auditaremos os bens espoliados polo franquismo (...), como a recuperación inmediata do Pazo de Meirás\"No apartado de memoria histórica contido no programa figura unha referencia explícita ao Pazo de Meirás, para o que comprometen \"recuperación inmediata\". Alén desta propiedade en concreto, din, \"auditaremos os bens espoliados polo franquismo para devolvelos aos seus lexítimos titulares\" e \"declararemos nulas as condenas e sancións de tribunais, xurados e outros órganos\" da ditadura \"por motivos políticos, ideolóxicos, de creanza ou de orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.Tamén tería especial repercusión en Galicia a aplicación literal dunha das promesas do pacto para a reforma do sistema electoral. \"Eliminaremos o voto rogado\", di o documento, o que de ser cumprido sen un novo sistema de control adicional implicaría, no caso galego, o regreso á entrada no xogo electoral de importantes continxentes do coñecido como voto emigrante sen apenas control de identidade. Esta promesa, unida á do \"recoñecemento da nacionalidade española ás persoas descendentes de proxenitores españois nados no estranxeiro en calquera momento\" elevaría o censo de 'residentes ausentes' nas circunscricións galegas por riba do medio millón de persoas."}
{"ID": "PRAZA_7698", "summary": "Precisamos ideoloxía liberadora, non moral represora, recoñecernos unhas ás outras e respectarnos para rachar coas nefastas barreiras que nos colocan no bando das boas ou das malas. Precisamos máis tuppersex e menos sombras de Grey.", "text": "Durante catro anos fun a concelleira da área de Igualdade do Concello de Vigo, un tempo no que tiven a responsabilidade de desenvolver accións políticas destinadas a mellorar as condicións de vida das mulleres, vítimas aínda de fondas discriminacións, e a concienciar á sociedade en xeral da necesidade de traballar pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. Faríao mellor ou peor, con erros e con acertos, pero cando oin unha concelleira do PP resumir o traballo realizado polo departamento de Igualdade en todos eses anos a unha acción que se desenvolveu ao longo de 4 horas (non 4 anos) quedei realmente sorprendida e me deu por pensar na importancia dos símbolos para reducir as diferenzas ideolóxicas a estereotipos, inservibles para mudar o mundo, con toda a intención. Esta concelleira, unha muller da miña idade, espetoume nun pleno que sería lembrada como \"a concelleira do tuppersex\" porque a Concellería organizara un tuppersex en 2008 Esta concelleira, unha muller da miña idade, espetoume nun pleno que sería lembrada como \"a concelleira do tuppersex\" porque a Concellería organizara un tuppersex en 2008, cando aínda non eran unha práctica tan habitual como hoxe, polo menos na nosa cidade. A partir de aí si houbo moitas mulleres que se animaron a organizalos e logo xa se apuntaron mesmo as sex-shops máis tradicionais e masculinas da cidade a ofrecer produtos e actividades dirixidas a mulleres. Teño que recoñecer, confeso, que o primeiro que pensei foi \"mágoa que ti non participaras\" pero non por nada, simplemente porque estou convencida de que gozar do sexo de maneira sa nos fai moito máis seguras de nós mesmas, máis felices e mellora todas as nosas capacidades para relacionarnos co mundo, incluída a política. Pareceume unha mágoa que unha muller nova non sexa quen de valorar as vantaxes que pode tirar de determinadas actividades para si mesma e para o seu contorno por pura represión Non pensaba en cantidade, pensaba en calidade e pareceume unha mágoa que unha muller nova non sexa quen de valorar as vantaxes que pode tirar de determinadas actividades para si mesma e para o seu contorno por pura represión. Por suposto, a pesares desa frase recorrente nos programas-lixo de televisión que pretenden ser estudos sociolóxicos, eu non digo sempre o que penso, intento dicir o que sexa oportuno, o que sirva para algo, o que resulte construtivo e positivo e como, por sorte, o pensamento está nunha caixiña que podemos abrir o manter pechada a vontade, non lle dixen nada pero si sei que non fun a única que o pensou. Precisamos máis tuppersex e menos sombras de Grey Logo pensei na famosa historia do estudo de Bibiana Aído do mapa do clítoris e reparei na obsesión que ten o PP co sexo, ou máis ben coa represión da sexualidade das mulleres, unha mágoa que non persigan con tanto afán a sexualidade dos curas pederastas, gañaríamos todo o mundo ben máis. Pero, ao final todo se reduce a boas e malas mulleres, a reivindicacións de dereitos cualificadas de despropósitos inmorais. Aínda menos mal que non criticou, co seu dedo acusador, que cando presentei esta actividade me fixen fotos con dildos e vibradores embarazada de 7 meses, que vergonza! Para as mamás seica xa hai agora outras ofertas. O puritanismo e a tutela das mulleres como menores de idade ás que hai que dicir o que está ben e o que está mal segue a aprisionarnos en estereotipos que son como xustillos demasiado apertados cortándonos a respiración. Precisamos ideoloxía liberadora, non moral represora, recoñecernos unhas ás outras e respectarnos para rachar coas nefastas barreiras que nos colocan no bando das boas ou das malas. Precisamos máis tuppersex e menos sombras de Grey."}
{"ID": "NOS_45645", "summary": "Os cataláns dispuxeron de 15 minutos para reclamar o rexeitamento do suplicatorio", "text": "O ex presidente da Generalitat e eurodeputado por Junts per Cataluya (JxCAT) Carles Puigdemont compareceu esta quinta feira a porta fechada ante a comisión do Parlamento europeo. O comité debe decidir sobre o suplicatorio que o Tribunal Supremo español solicitou para que se levantase a inmunidade do ex presidente así como tamén dos ex conllers e eurodeputados Toni Comín e Clara Ponsatí, que tamén compareceron onte. A comisión sobre os Asuntos Xurídicos da Eurocámara (Juri) examinou os expedientes dos tres eurodeputados por separado, onde Puigdemont foi o primeiro en comparecer, seguido de Comín e por última, Ponsatí. As audiencias estaban compostas por unha exposición de 15 minutos máximo na que os políticos expuxeron os seus argumentos, seguida dunha ronda de cuestións dos eurodeputados que forman a comisión Juri. Tras este intercambio os cataláns tiveron que deixar cadansúa sesión para que a comisión continuase una discusión a porta fechada sobre o seu expediente. Após este debate o relator será o encargado de redactar o informe que propoña a posición da Eurocámara, texto que será sometido primeiro ao voto da comisión e despois a pleno. Trátase, nesta ocasión, do conservador búlgaro Angel Dzhambazki, que comparte grupo (Conservadores e Reformistas Europeos) coa delegación de Vox e cos flamencos de Nova Alianza Flamenca (N-VA). Para levar a cabo todo este proceso, precísanse entre catro e seis meses de traballo, polo que é pouco probábel que a Eurocámara poida responder aos suplicatorios antes dos meses de marzo ou abril. Cinco de 55 O regulamento da Eurocámara permite rexeitar un suplicatorio se está motivado por opinións ou votos do eurodeputado no exercicio das súas funcións e tamén se se dá un caso de fumus persecutionis, é dicir, cando se conclúe que a intención da petición é \"prexudicar a actividade política dun deputado e, en consecuencia, a independencia da institución\". O Parlamento europeo recibiu ao longo da pasada lexislatura 55 suplicatorios de autoridades xudiciais dos Estados membros, solicitando que se levantase a inmunidade dalgún dos seus deputados e soamente rexeitou suspender esta protección en cinco dos casos. A inmunidade parlamentaria garante que un eurodeputado non sexa obxecto de persecución política."}
{"ID": "PRAZA_3066", "summary": "Alén dos xestos, o primeiro Consello serviu para dar luz verde á suba das pensións nun 0,9%, o incremento previsto para o IPC, medida que o Goberno en funcións adiara e o PP sinalara como unha \"conxelación\". Nunha carta aos ministros e ministras, Sánchez ínstaos a exerceren como un \"Goberno de acción\" marcado pola súa \"unidade\"", "text": "O que dende 2015 fora presentado como un acordo imposible materializouse de vez este martes, 14 de xaneiro de 2020, no madrileño Palacio de La Moncloa. O Goberno do PSOE e Unidas Podemos celebrou o seu primeiro Consello e na cabeceira da mesa sentou Pedro Sánchez flanqueado por Carmen Calvo, vicepresidenta primeira, e Pablo Iglesias, vicepresidente segundo. Alén dos xestos, o primeiro Consello serviu para dar luz verde á suba das pensións nun 0,9%, o incremento previsto para o IPC, medida que o Goberno en funcións adiara e o PP sinalara como unha \"conxelación\"Tras o ritual da chegada con cadansúas carteiras e a foto de familia, ministras e ministros de ambas formacións tiveron a primeira xuntanza do máximo órgano do Executivo estatal, que de agora en diante se reunirá os martes e non os venres, segundo confirmou despois Sánchez en rolda de prensa. Todos os membros do Consello recibiron unha carta do presidente socialista, que os animou a poñerse \"mans á obra, sen tempo que perder\" e a teren en conta que \"o goberno de coalición do Partido Socialista e de Unidas Podemos é xa o Goberno progresista de España\" que nace \"cun propósito firme de unidade\", subliña.Alén dos xestos, o primeiro Consello serviu para dar luz verde á suba xeral do 0,9% das pensións de xubilación, isto é, a previsión de IPC ao peche do ano, como comunicou Sánchez en rolda de prensa e recolle eldiario.es. Aínda que o incremento tardará un pouco en plasmarse nas contas bancarias dos pensionistas, aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro. Dende finais de ano o PP en xeral e o PP galego en particular teimaran en que o Goberno do PSOE \"conxelara\" as pensións porque adiara a suba ata deixar de estar en funcións.Agora as dúbidas pasan por concretar cal será o aumento das pensións máis baixas para este exercicio, que Sánchez non concretou na súa comparecenciaPedro Sánchez precisa que, \"como ocorreu na súa pasada lexislatura\", a medida aprobada este martes para a peboación pensionista inclúe un compromiso adicional: se finalmente a inflación é superior ao 0,9%, os pensionistas recibirán a diferenza nun único pago \"antes do mes de abril\" co axuste para que non perdan poder adquisitivo. Este pago é o que se coñece popularmente como \"a paguiña\", que se aplicou este 2019 e supuxo de media uns 13 euros máis na nómina dos pensionistas.Unha vez aprobada por decreto esta suba, agora as dúbidas pasan por concretar cal será o aumento das pensións máis baixas para este exercicio, ao que non se referiu Sánchez na súa comparecencia. O ano pasado, as pensións incrementáronse de maneira xeral nun 1,6% (1,7% finalmente co devandito axuste da paguiña), mentres que as mínimas e non contributivas ascenderon un 3%.Medidas coma esta, de corte social, estarán xunto ao diálogo con Catalunya encabezando a axenda do novo Goberno. No que atinxe a esa axenda social, Sánchez eludiu a preguntas da prensa concretar un calendario preciso de aprobación. \"Paso a paso\", foi a súa resposta á pregunta de cal é o plan do Executivo respecto dalgunhas das iniciativas que estableceu como prioridades, como a suba do Salario Mínimo Interprofesional -do que dependerá o incremento das pensións máis baixas-, a Conferencia de Presidentes, ou a presentación do teito de gasto, que Sánchez pretendía levar ao Parlamento en xaneiro, informa eldiario.es.Algunhas destas medidas dependen da aprobación duns Orzamentos Xerais do Estado para os que tampouco quixo fixar unha data. En calquera caso, ese documento orzamentario será clave para que a lexislatura dure catro anos. Ou, como ilustrou o líder socialista, \"1400 días\". \"Evidentemente un dos obxectivos do Goberno son os orzamentos sociais\", dixo, nun contexto no que, afirma, quere cumprir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados pola UE, pero previa renegociación do 1,7% fixado como marxe de déficit."}
{"ID": "NOS_4571", "summary": "Despois de que o Goberno vasco conseguira manter a súa capacidade para determinar a presenza do euskera no ensino, as ANPAS esixen unha negociación similar por parte da Xunta.", "text": "O Goberno vasco defendeu as súas competencias á hora de preservar a presenza do euskera no ensino e non aplicará a LOMCE nesa materia segundo se fixo público nos derradeiros días, modelo que as ANPAS galegas reclaman tamén para Galiza polo que solicitan á Xunta que asegure un acordo similar. \"Que sexa dende aquí dende onde se lexisle o desenvolvemento dunha norma axeitada á nosa realidade, respectuosa e potenciadora da nosa lingua e da nosa cultura, e que recupere valores democráticos no funcionamento dos centros escolares permanecéndonos ás familias na presenza que ata o de agora tiñamos\", sinalan no comunicado no que lamentan a deixación de funcións da Xunta na materia. \"E logo nós?\" O acordo entre o Goberno español e o Goberno vasco polo que se acorda o dereito a regular o ensino da propia lingua como competencia da administración educativa vasca sen interferencia estatal fai que desde as ANPAS se pregunten: \" desacougante desta noticia é a pregunta que nos facemos os galegos: E logo nós ?\", cuestión para a que a propia entidade ofrece unha longa resposta: \"Mirando cara a outro lado; deixando esvaerse entre os dedos toda a nosa capacidade legal, cun goberno que segue a non crer nun ensino galego e para os galegos, cuns dirixentes que fan seguidismo absoluto do que se fala na Administración Xeral do Estado; cunha normativa que quere ter como mérito o de ser idéntica á que se poida elaborar no outro extremo da península, e coa consolidación dun ataque á nosa lingua que ven dende o mesmo momento no que o actual goberno galego gañou as eleccións e pretendeu implantar aquel modelo \"plurilingüista\" que logo deitaron sentenzas e costumes\". Lembran tamén que o acordo recoñece que o País Vasco poderá ter Consellos Escolares \"democráticos\" que determinarán a presenza das familias na toma de decisións no ensino \"mentres que nós non temos ningunha noticia de que o noso goberno galego teña a intención de recoñecer, e lexislar en consecuencia, que as familias somos parte intocable da realidade educativa, e que a nosa presenza é tan necesaria e tan imprescindible como a da administración, o profesorado ou o alumnado\", denuncian."}
{"ID": "NOS_38447", "summary": "Os transportistas prepáranse para parar no mes de xullo. Mentres a entidade convócante das protestas de marzo chama aos seus socios a unha asemblea o 27 de xuño para tomar unha posición ao respecto, outros colectivos perfilan a súa posición. O paro do transporte por estradas pode ir acompañado do amarre da flota.", "text": "As axudas outorgadas polo Goberno do Estado para minguar a suba dos carburantes non deron os resultados agardados. A día de hoxe, os transportistas galegos están pagando xa por enriba dos prezos de marzo os seus combustíbeis. A situación repítese na pesca con ducias de embarcacións paradas na costa galega, cuxos custos de produción se sitúan por encima do recadado pola venda de peixe. As organizacións de transportistas manteñen posicións diverxentes sobre o paro. Así, o secretario xeral da Federación Galega de Transporte de Mercadorías ( Fegatramer), Carlos García Cumplido, avisa de que \"sería un erro\" volver ao bloqueo. A entidade, que é maioritaria no Comité Galego de Transportes na Galiza e aglutina a 40% do sector de mercadorías no país, non apoiou o paro de dúas semanas que se produciu o pasado mes de marzo. \"Ante esta situación, calquera cousa pode pasar\" A secretaria xeral da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada da Galiza (Apetamcor), Miriam Otero, a principal asociación que apoiou os paros de marzo, apunta que aínda non poden valorar se apoiarán novas protestas, pero deixa claro que, \"ante esta situación, calquera cousa pode pasar\". O colectivo urxe ao Goberno do Estado novas medidas para atallar esta escalada de prezos senón considera moi complicado evitar a volta aos bloqueos. En todo caso, deixan en man da súa asemblea de asociados decidir a posición a manter en relación co paro. O presidente Asociación Empresarial Transportes Río Miño (Aetram) en Lugo, Diego Arias, asegura que \"agora mesmo é inviábel traballar\", nunha semana onde o litro de gasóleo superou os dous euros de forma xeneralizada nas gasolineiras galegas. A situación é \"moi complicada\" As entidades que discrepan sobre a eficacia do paro coinciden en que a situación é insostíbel. Así, García Cumplido indica que a situación é \"moi complicada\", posto que a bonificación de 20 céntimos por litro \"non provocou o efecto previsto\", dado que foi \"absorbida polo incremento\" de prezos que se produciu. O voceiro da principal patronal do transporte sinala que o paro de marzo \"non achega nada\" e por iso entendede que adoptar as mesmas medidas en xullo \"veriámolo totalmente fóra de lugar\". A secretaria xeral de Apetamcor, Miriam Otero, incide en que se vive unha \"grande incerteza e volatilidade\", polo que \"ante esta situación calquera cousa pode pasar\". \"O Goberno do Estado ten que tomar medidas pero xa, non queda outra\", conclúe Otero."}
{"ID": "NOS_17197", "summary": "O candidato do BNG, Francisco Jorquera, moveuse co estudantado. Fixo parte da protesta que percorreu as rúas da Coruña e chamou á mocidade a votar \"por unha forza que será insumisa cos recortes\" para poder \"vivir e traballar dignamente\" na Galiza", "text": "O panorama repetiuse máis unha vez. Centros de ensino vacío e milleiros de estudantes reclamando nas rúas o dereito a un ensino público, gratuito e en galego. Unha xornada de folga convocada nun primeiro momento por Comités e Galiza Nova, que foi apoiada por outras organizacións como CIG-Ensino, Plataforma galega en defensa do ensino público, Liga estudantil e Agir, preto 10 mil persoas secundaron as 23 mobilizacións marcadas nas principais cidades e vilas do país para berrar en contra dos recortes e das políticas de agresión á educación aplicadas polo PP tanto na Xunta como no goberno español. O primeiro paso dérao o alumnado galego hai unha semana, o 11 de outubro, cadrando co Día internacional de loita estudantil, unha xornada en que miles de persoas se botaron ás rúas para denunciar os recortes na educación e a xestión do goberno de Feijóo nestes tres anos de lexislatura, evidenciando a dependencia de Madrid ao non desenvolver Jesús Vázquez unhas competencias que están practicamente transferidas na súa totalidade. Jorquera móvese co estudantado na Coruña O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, fixo parte da mobilización na Coruña, onde chamou ao voto da mocidade \"por unha forza política que vai ser insumisa cos recortes\". Dixo o nacionalista que meter a tesoura neste dereito fundamental \"é entregar unha maleta para que se gañe a vida despachando copas en Londres\". Opinou Jorquera que minguar o orzamento da educación \"responde a unha aposta do PP para que exista un ensino para ricos e outro para pobres\", sinalando o beneficio que reciben os centros privados en detrimento dos públicos. Fronte a estas políticas, o candidato do BNG defendeu aqueloutras que doten de \"máis calidade\" o ensino público para que a xente moza \"poida vivir e traballar dignamente\" na Galiza."}
{"ID": "NOS_13941", "summary": "Baseado na novela homónima de Antonio Tizón, con guión do propio autor, consta de 13 capítulos e unha trama coas enfermidades mentais como pano de fondo.", "text": "A próxima semana estréase o podcast Un home estraño. En 1980, no marco histórico da Transición, en pleno debate sobre o Estatuto de Autonomía da Galiza, o daquela inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso de asasinato da súa carreira: o crime de Manuel Ferro, un arquitecto que traballa no concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Nese contexto realista, aparece \"un home estraño\" que semella vivir á marxe da sociedade da súa época. Quen era aquela personaxe que cantaba cada tarde no Cantón Grande da Coruña ao pé da estatua de Curros Enríquez? E que relación ten coa trama dunha historia aparentemente policial? Un home estraño é un podcast de 13 capítulos realizado a partir dun guión de Antonio Tizón, baseado na novela do mesmo autor e co mesmo título, que levou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira e foi publicada por Xerais en 2018. É esta a segunda entrega dunha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en chave de xénero negro, pretende achegarse, desde distintas perspectivas, ao tema catalizador, que non único, da enfermidade mental. A esta serie pertencen A antesala luminosa (2015) e Os incurábeis (2020), unha obra en proceso de reconversión neste formato aínda pouco explorado na literatura galega. O podcast conta ademais con música de Miro Casabella, dirixido por Eugenia Sanmartín. Será emitido por Radio Fene Radiofusión ás 10 e ás 14.30 horas entre o 15 e o 30 de decembro de 2020. Participaron como actores e actrices Oscar Gaez, Helga Méndez, Franki Muíño, Luis Pillado e Roger de Flor, coa colaboración especial de Cándido Barral e Leo Toral."}
{"ID": "NOS_51685", "summary": "Perfecto Conde (Xinzo, A Pontenova, 1943) é un dos reporteiros con máis quilómetros e páxinas no lombo. Investigou para El País, Interviú, Teima ou A Nosa Terra. En 1991 publicou un libro pioneiro, que aínda debe consultar todo aquel que escribe sobre o narcotráfico en Galiza.", "text": "A edición orixinal levaba anos esgotada. O seu prezo nas librarías cibernéticas de segunda man era astronómico. Mais o boom Fariña mudouno todo. Así o explica o veterano xornalista: \"O éxito do libro de Nacho Carretero animoume a reeditalo\". Da tarefa encargouse a madrileña -e dirixida por un galego- Ediciones Akal. O certo é que en La conexión gallega. Del tabaco a la cocaína. xa está, contextualizada e polo miúdo, a historia de como o estraperlo e o contrabando de tabaco deron paso ao tráfico de estupefaciente. A Conde nin sequera lle importa que outros pesquen nas súas investigacións: \"Cousas do oficio\". -Por que decidiu reeditar La conexión gallega? -Un pouco por seguir a moda, influído polo boom que se desenvolveu arredor da serie de televisión e do éxito do libro de Carretero. E por outros libros que foron aparecendo: se un entra agora en Amazon ve que se están vendendo cantidade de obras sobre narcotráfico. Os fillos de narcotraficantes de Colombia como Pablo Escobar ou mexicanos, como Gilberto Fernández Orejuela, escriben a súa versión, como é lóxico. Polo exemplares de segunda man do meu libro, esgotado, chegáronse a pedir 11.250. Fíxoo un norteamericano en Amazon. E pensei: \"A ver se son eu o parvo da reunión\". Entón eu díxenlle a Ramón Acal [de Akal]: \"Oe, e se reeditamos este libro?\". Aínda que a edición orixinal non era de Akal, senón de Ediciones B, de 1991. \"Se o reeditásemos agora, ao mellor aínda se vendía exemplar e medio\". El dixo: \"Eu teño o libro feito en 20 días\". Pensaba que era unha boutade de Ramón. Pero aos 20 días, para a miña sorpresa, recibín un exemplar impreso. Tardou máis en distribuírse. -Di que circulan moitos libros sobre o narco, pero entre La conexión gallega e Un lugar tranquilo -1993, de Benito Leiro- e Fariña (2016), apenas se publicou ningún volume. Por que? -Había moitas cousas novas que contar. E seguen sen contarse. O libro de Carretero, que é o máis recente, ten moitos méritos. Está ben escrito, está ben formulado. Pero eu boto de menos que haxa unha investigación actual do tema. O que é difícil. Explicación? A investigación xornalística é sempre difícil e, sobre todo, cara. Cando se trata de investigación xornalística sobre temas de economía sumerxida en xeral, contrabandos, estraperlos, narcotráfico ou o que sexa, é aínda máis cara. Podería contar desde aquí a pasado mañá as veces que houbo que subornar xente para que pasase información, contribuíse con documentación, etcétera. E logo está o perigo. Dame a impresión de que o narcotráfico nos nosos días é máis duro que o que eu investiguei nas década dos 80 e dos 90. Logo, a crise económica afectou ao xornalismo e provocou que cada vez se fixese menos investigación. Non é un tema moi agradecido. Non che van dar o premio Nobel e tampouco tes vas facer rico cos dereitos de autor. E ninguén che vai dar palmadas nas costas e se cadra si unha coitelada. -Xustamente o final de Fariña fala de que segue a haber grandes narcos en Galiza, pero non o desenvolve. -Si, non achega nin nomes, nin circunstancias, nin procedementos novos. Ao mellor é que non os hai, pero eu creo que si os hai. É comprensíbel polas razóns que acabo de expoñer -E que lle pareceu a serie de televisión? -Moi ben. Se lle aplicas un criterio documentalista rigoroso, podes dicir: \"Hai cousas que non son como se contan aí\". Seguramente ten razón Laureano Oubiña cando protesta por esa relación amorosa que lle pintan. Pero é unha serie de televisión e sempre terá algo de ficción. A min gustoume moito, vina capítulo a capítulo. Ate o punto de que cando emitiron o último estaba en Froxán, na aldea do Courel, e tiven que montar un número para poder velo. Porque alí hai moita xente nova que foxe do mundanal ruído. Tardei en atopar alguén que tivese televisión e ma emprestase! -Porén, na introdución á nova edición refírese a que investigadores posteriores entraron \"a saco\" en La conexión gallega mesmo de maneira \"desvergoñada\". -As notas editoriais ás veces teñen máis propaganda ca outra cousa. Aínda que algo de verdade hai. -Ademais engade que iso son \"cousas do oficio\". - Si, daquela son eu o que o escribiu. -Contextualiza o contrabando e o narcotráfico galegos dentro das redes mundiais, ofrece moita información sobre a situación internacional do asunto... -Iso é o que ten menos de actualidade, porque desde o ano 91 mudou. Todo segue a ser certo, pero hai novidades. -...mais, ¿que hai de idiosincrático no narco galego? -A participación galega é fundamentalmente de transporte. Os galegos son transportistas. Tamén chegaron a empresarios do negocio, pero aínda agora o seu papel é fundamentalmente de transporte. Que fan os colombianos, os turcos? Contratar a man de obra, a sabedoría e as infraestruturas galegas. Porque se nalgo son destacados os galegos é en que saben como pilotar as lanchas rápidas, a xeografía da súa terra... E non só, agora vese que en Alxeciras están moitos galegos traballando. E logo creo que hai outra cousa: a vella palabra dos galegos. Somos xente de palabra. Non fai falta ir ao notario para firmar un trato. Cousa que ademais sería difícil tratándose do que se trata, non vas ir a un notario e dicir: \"Veño aquí facer unha compra venda de tres toneladas de cocaína\". Aínda que agora nese mundo tan escuro empeza a haber incumprimentos. Con consecuencias violentas e mesmo resultado de morte. Eu diría que en Galiza, desde os anos 70, houbo máis de 20 ou 30 asasinatos internos. O que non houbo nunca, e recemos para que non a haxa, é violencia externa. Nunca mataron un xuíz, un xornalista, un policía, nin un alcalde, como acontecera milleiros de veces en Colombia ou centos de veces en Calabria, Sicilia ou Nápoles. Pero un dos alicientes que atoparon os colombianos foi que os galegos eran xente cos que se podía tratar. Se un galego dicía \"isto vai adiante\", iso ía adiante. Non facía falta pegarlle un tiro despois. -Se damos por bo que segue a haber grandes narcos en Galiza, existe unha diferenza respecto do que relata o seu libro: non hai esas figuras coñecidas, personaxes da vida pública, como Oubiña ou Miñanco. A que se debe esa mudanza? -A Operación Nécora marcou un antes e un despois. Antes o asunto estaba máis mou menos ben visto. Sempre cito aquel famoso programa da Televisión Española. Meten unha cámara á saída dun colexio e preguntan á rapazada que queren ser de maior. Nove dixeron contrabandista e un policía. Hoxe non ocorrería. Estaba o Ligero [Manuel Díaz González], aquel home que vendía penicilina do estraperlo e non lla cobraba aos pobres. Foi moi amigo de Fraga Iribarne, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, alcalde da Guarda. Unha brillante reporteira de Faro de Vigo, Marisa Real, preguntoulle polos contrabandistas e Ligero dixo: \"Os contrabandistas somos a xente máis honrada que hai\". Ata que vén Garzón, todos viven exhibíndose. Sito Miñanco pasea en coches de altísima gama por toda a ría de Arousa, viaxan dun lado para outro, xogan cantidades enormes de diñeiro en casinos. Non se agochan. A partir da Nécora, aprenden que ese exhibicionismo non lles convén e fanse máis privados. Esa discreción vainos facendo máis agresivos. Hoxe din que é perigoso achegarse a eles. Porque eu recoñezo que a xeración de Laureano eran como eran, pero na distancia curta eran xente normal, ás veces case entrañábel [ri]. -La conexión gallega fai unha valoración da Operación Nécora e, sobre todo, de Baltasar Garzón, moi positiva. Pero logo a Nécora non obtivo grandes resultados xudiciais. -Creo que Garzón segue a ser un tipo respectábel, digno de admiración. Non é o noso Giovanni Falcone, nin falta que lle fai porque a Falcone matárono. Pero si ten méritos como tiveron algúns xuíces de Palermo ou de Reggio Calabria. Sen Garzón, as cousas serían diferentes. Pero ao mesmo tempo tamén cometeu algunha frivolidade, nas escoitas internas e en temas de procedemento. Ademais, puido parecer pouco respectuoso cos dereitos individuais. Isto orixinou que algúns procedementos non conducisen a condenas, ou conducisen a absolucións ou a arquivos de causas ou a condenas moi baixas. Aínda que ultimamente non son admirador del, perdeuno a egolatría. -O libro publicouse no 91 e a Operación Nécora é de xuño do 90. Non hai sentenzas e aínda non se coñecían os resultados. -Con todos os seus fracasos, que tivo algúns, a Nécora marca un antes e un despois. Ten unha importancia tremenda como escaparate do que estaba a pasar. Sabiamos o que pasaba os policías que investigaban, ou os xornalistas. Pero na zona adoraban a Miñanco. Como a Pablo Escobar en Medellín. -Era o espello en que el se miraba. -Si, son personaxes paralelos. A Operación Nécora serviu para que a sociedade se concienciase do que pasaba. Os telexornais, as revistas, os periódicos: que está a pasar en Galiza? Con todos os defectos, serviu para condenar uns cantos. Axustou contas. -Na introdución vostede posiciónase a prol da legalización das drogas. -Directamente a favor da legalización. Como toda legalización, ten que ser regulada. Cando se legaliza o alcohol en Estados Unidos despois da prohibición, loxicamente regúlase. Non se trata de sacar un decreto de barra libre para a cocaína. Non, porque non o hai nin para o alcohol. Non se lle pode subministrar aos menores de idade, non se pode andar bebendo botellas de güisqui pola rúa. Esa mesma regularización ou a súa propia débena ter as drogas. Antes ca min díxoo Escohotado e moitos outros. Agora ate o di Laureano Oubiña. -El mira polo negocio. -Algo diso hai. Porque tamén o dicían Pablo Escobar ou Carlos Lehder, defendían a legalización á súa maneira. Non me dá medo coincidir con eles. Pero hai que ensaiar algunha maneira nova de resolver o problema, porque a metodoloxía exclusivamente represiva, prohibicionista, non dá resultado. Estes días no xornal unha xuíza dicía que nunca houbera tanto tráfico nin tanto consumo de cocaína. Ademais, Estados Unidos utilizou este tema non só para combater as drogas senón como subterfuxio para influír nos asuntos internos de Latinoamérica. -Neste boom da historia do narcotráfico chamou a atención a súa relación coa política galega. Pódese afirmar que houbo conivencia entre o contrabando, o narco e determinados partidos? -Si, o que non se pode, eu non o vou facer, é dicir nomes. Pero si se podería facer unha nómina deses políticos. Poño o exemplo do actual presidente da Xunta. Por que coñece a Marcial Dorado e vai no seu barco, e vai con el a Suíza, e vai con el a Lisboa? -Por que? -É que resulta un noivado antinatura. Un relaciónase normalmente xornalistas con xornalistas, políticos con políticos... Mais un político de alta gama cun narcotraficante, por que? -Feixóo afirmou que el non sabía a que se dedicaba Marcial Dorado cando, en 1995, foron compañeiros de excursións por Europa. La conexión gallega é do ano 91. E Dorado xa aparecera en toda a prensa europea pola Peseta Conection... -Non hai ningún decreto que obrigase ao señor Feixóo a ler o meu libro. Pero non é o meu libro. Por citarme a min mesmo, eu publicara nesa época en El País ou en Interviú decenas e decenas de reportaxes. Á parte de min, houbo moita xente, Bieito Leiro, Elisa Lois... Decenas de artigos, reportaxes, crónicas. Este señor non le nada? Un home público coma el non se entera de todas estas cousas? Ti e mais eu enterámonos e el non? Home... É moi difícil de entender. Dito o que, engado, pode que sexa certo. -As súas explicacións cando El País publicou as fotos foron pouco concluíntes, en todo caso. -Ás veces hai xente moi despistada, incluída xente moi despistada no poder. O outro día unha autoridade bastante alta preguntou quen era o tal Cervantes do que falaban nunha conversa. -Despois daqueles anos continuou o vínculo entre o narco e a política continuou? -Si. Continúa, mais sometido ao que falabamos antes da discreción. Quen se dedica a ese negocio non o anda pregoando por aí a través dun coche deportivo de alta gama nin de cinco amantes mulatas. Polo tanto a relación cos políticos tamén se agachou. Esa investigación para un futuro libro que está sen facer e pide a berros que se faga sobre o actual narcotráfico en Galiza vai ser moito máis difícil que a que me tocou a min. Nota: as fotos son de Laura R. Cuba"}
{"ID": "NOS_8355", "summary": "En Riazor están prohibidas as vitorias sen suspense e o partido desta segunda feira reservou tres minutos de zozobra, os finais. Mais no cómputo global o Dépor foi unha equipa solvente e cumpridora en case todas as facetas do xogo. E cun puñal arriba, un Quique González que volveu da lesión en estado de graza. A vitoria coloca o combo coruñés en postos de play off.", "text": "O deseño de Natxo González foi afouto: prescindiu dun medio-centro defensivo —Bergantiños só apareceu no desconto, para achicar balóns— para aliñar dous puntas, Carlos Fernández e Quique González. O resto, o plano coñecido: unha defensa sen moitas fendas, e unha medular cun futebolista total, Pedro Mosquera, a facer parella con Vicente Gómez, o típico xogador de excelente toque de balón, característico da escola canaria. O primeiro acto do match foi un remake do xogo co Sporting: o Granada non xogou a nada, só a manter a portería intacta. O Dépor tocaba e tocaba, sen demasiada profundidade polas bandas, iso si, con Cartabia a agardar turno até a súa entrada na segunda parte. Pouca profundidade local, mais a suficiente para abeirar o gol no minuto 22, cun Quique González que non embocou un remate franco, após un centro tenso de Saúl, debutante no carril esquerdo. A bola deu no pau. Na segunda parte, o Granada reequilibrou lixeiramente o xogo, produto de que a presión branquiazul sobre a zaga visitante fora afrouxando. Mais daí viñeron boas noticias para o combo galego, para quen sempre é mellor que o rival propoña algo distinto a se acantonar na área. Nunha desas chegou o penalti, transformado con sangue frío por Quique. Co 1-0, o Dépor puxo en escena un dos recursos que mellor manexa, o passing game. A bola só circulaba polos pés branquiazuis. A equipa mellorou considerabelmente coa entrada en xogo de Edu Expósito por un Didier Moreno moi apagado. O ex fabrilista non só pelexa, senón que ten criterio na circulación. Dunha das súas internadas pola dereita naceu o 2-0, obra dun killer. Quique recibiu de costas á defensa, revirouse e puxo o balón no pau longo, imposíbel para Rui Silva. A manobra dun dianteiro que sempre ten a portería entre cella e cella. Todo transcorría placidamente até que o heroe da noite, o Quique González que ficou a un milímetro do hat trick, se encerellou entre varios rivais e acabou regalando a bola, cun pase despropositado cara á zona central da zaga branquiazul. O lance deu orixe a unha falta que transformou en gol con mestría Montoro. Minuto 90. 2-1. Desconto. Os tradicionais minutos de suspense en Riazor, coroados desta volta cun happy end. RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Didier Moreno (Edu Expósito, min. 60), Pedro Mosquera, Vicente Gómez, Carles Gil (Fede Cartabia, min. 74), Carlos Fernández e Quique (Álex Bergantiños, min. 90+1). Granada CF: Rui Silva, Víctor Díaz, Germán, Martínez, Álex Martínez, Montoro, Fede San Emeterio, Fede Vico (Pozo, min. 63), Vadillo (Juancho, min. 83), Adrián Ramos (Rodri, min. 74) e Antonio Puertas. Goles: 1-0 Quique, de penalti (min. 68); 2-0 Quique (min. 77); 2-1 Montoro (min. 90). Árbitro: Moreno Aragón (c. madrileño). Cartón amarelo a Pablo Marí (min. 89). Incidencias: partido correspondente á sexta xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 13.820 espectadoras e espectadores."}
{"ID": "NOS_31453", "summary": "Roman@s e castrex@s volven poboar a cidade da Muralla: durante tres días, Lugo retrocede no tempo ata o século II.", "text": "Un ano máis (e xa van 11!), Lugo prepárase para vivir o Arde Lucus na rúa: toda a cidadanía disfrázase e implícase para gozar da festa, nos campamentos militares, no Macellum (mercado de artesanía), ou no Circo Romano, onde non faltan gladiadores nin carreiras de cabalos. É un momento máxico para @s namorad@s casaren segundo as vodas tradicionais celtas ou romanas. Tamén terán lugar desfiles de lexións romanas e familias e poboados celtas, espectáculos de lume, maxia, e conta contos, teatro, concertos e gastronomía. Os festexos comezan xa este venres 23, coa inauguración do Macellum na Praza Maior ás cinco da tarde. Nesta xornada haberá tempo para o teatro (Memorias dun vello castrexo, co colectivo do Fingoi, Do mito de mitra, co grupo Achádego, Bacanal, coa asociación Alas, ou Emperator, que pensas? Fala!, con Hipócrita Teatro). Tamén para pequenas actuacións polas rúas: a do recadador de impostos, a do fauno, a historia de Venus, Vulcano e Marte... Ademais, será o día da irmandade entre tribos castrexas e tropas romanas, dos bautizos celtas (coa asociación Ilusión-Arte), e das olimpiadas entre clubes deportivos da cidade. Ás doce da noite pódese acudir ao Circus Romano, para o que a entrada custa 2 euros. O programa completo para os tres días pode consultarse na páxina web do Arde Lucus."}
{"ID": "NOS_3945", "summary": "Leopoldo López Gil, candidato do PP á eurocámara e pai do opositor venezuelano de mesmo nome, parabenizou desde Compostela as posicións mantidas polo PP en Europa sobre Venezuela.", "text": "A campaña das eleccións europeas do PP na Galiza contou coa participación de Leopoldo López Gil, membro número 12 da candidatura da dereita ao Parlamento Europeo e pai do opositor venzuelano Leopoldo López. O candidato ao Parlamento Europeo, López Gil, visitou Santiago acompañado polo secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado e do eurodeputado e tamén candidato Francisco Millán Mon. Aproveitaron a mañá desta quinta feira para manter unha reunión con venezuelanos e venezuelanas na sede do Partido Popular na capital galega. Xuntos recoñeceron que grazas ao papel das e dos eurodeputados do PP conseguiuse o recoñecemento de Juan Guaidó Xuntos recoñeceron que grazas ao papel das e dos eurodeputados do PP conseguiuse o recoñecemento de Juan Guaidó como presidente encargado de Venezuela, en detrimento do electo polas urnas Nicolás Maduro. \"Oxalá eu poida ser a voz dos suramericanos que sofren as tiranías e dos pobos que están en camiño de perder o significado do que é a democracia\", sinalou Leopoldo López como compromiso principal a exercer desde o seu escano. Miguel Tellado apuntou que na República Bolivariana de Venezuela viven na actualidade máis de 36.000 galegas e galegos e amosouse \"preocupado\" pola comunidade galega no exterior así como polos \"miles de venezuelanas e venezuelanos que viven na Galiza e a quen queremos dar voz\", afirmou. Tellado sinalou como correcta a posición do goberno do España recoñecendo a Guaidó Tellado sinalou como correcta a posición do goberno de España recoñecendo a Guaidó, e apuntou a que esta actuación foi debida grazas ao empurre do Partido Popular. Nesta liña tamén se pronunciou o eurodeputado galego e candidato do PP á eurocámara, Francisco Millán Mon, quen salientou o compromiso do Partido Popular Europeo para rematar co goberno de Nicolás Maduro. Leopoldo López (fillo) O opositor venezuelano Leopoldo López está na residencia do embaixador español en Venezuela, a pesar da orde de detención ditada polo Tribunal Supremo de Xustiza (TSX) contra o opositor por \"violar flagrantemente\" a súa detención domiciliaria. A xustiza venezuelana condenara a Leopoldo López en 2015 a 13 anos de prisión por \"participar e instigar\" manifestacións que se saldaran con máis de 40 persoas falecidas. O goberno español emitiu un comunicado a comezos de maio no que anunciaba non ter intención de entregar a López e mostraba a súa confianza en que as autoridades de Venezuela respectasen a inviolabilidade da residencia do embaixador español."}
{"ID": "NOS_32285", "summary": "A Comunidade de Madrid confirma a transmisión comunitaria da cepa india na rexión, con 18 novos casos nesta semana e múltiples pendentes de secuenciar. A variante, máis contaxiosa que a británica, está a estenderse e o Goberno madrileño xa asume que será a cepa predominante no Estado español en cuestión de semanas.", "text": "Sen fechamento de comunidades, coas restricións ao mínimo no Estado español e en pleno chamamento da Administración galega a erguer a mobilidade e acoller visitantes, a Comunidade de Madrid vén de confirmar a transmisión comunitaria no seu territorio da variante india da Covid-19, que é 50% máis contaxiosa que a británica. Madrid secuenciou un total de 22 casos desta variante, catro a semana pasada e dezaoito esta, ademais \"doutros casos sospeitosos por confirmar\", e prevé que se converta na cepa predominante nas próximas semanas no Estado español. Así o indicou esta sexta feira, 11 de xuño, o viceconselleiro de Saúde Pública e Plan Covid-19 do Goberno madrileño, Antonio Zapatero, na rolda de prensa en que indicou que se prevé un avance desta variante como no Reino Unido. Zapatero explicou que xa hai \"transmisión comunitaria desta variante\" na rexión e que esta cepa é perto de 50% máis transmisíbel que a británica, dominante actualmente no Estado español e que por iso en seis ou sete semanas podería remplazala. \"Séguese e perséguese cada caso e faise un seguimento estreito, mais imaxinamos que a situación pode ser como a que tivemos en decembro e xaneiro coa británica\", lamentou. Alén da súa maior transmisibilidade, puxo o foco en que está a afectar especialmente a xente máis nova -que na súa maioría non está vacinada- e a aqueles que non recibiron ningunha dose ou non teñen a pauta completa da inmunización. A cepa obriga a adiantar a vacinación con AstraZenca Ante esta situación, a Comunidade de Madrid adiantou á semana 11 a administración da segunda dose da vacina de AstraZeneca contra o coronavirus ás persoas comprendidas entre 60 e 69 anos para completar a súa pauta. Por outra banda, tamén sinalou que coa cepa B.1.621, \"antes denominada colombiana\", confirmouse a chegada de 17 viaxeiros positivos procedentes deste país americano con \"cargas virais altas\", que chegaron a través do aeroporto de Madrid-Barajas. O Constitucional podería anular as multas do estado de alarma O confinamento domiciliario vixente no Estado español co primeiro decreto do estado de alarma é inconstitucional, segundo o parecer do maxistrado do Tribunal Constitucional Pedro Trevijano (do sector conservador) e que plasmou no proxecto de sentenza que redactou e que será sometido a votación no pleno do Constitucional o vindeiro 22 de xuño. Para Trevijano o confinamento foi unha suspensión de dereitos fundamentais, e non só unha limitación destes, polo que considera que tería sido necesario declarar o estado de excepción e non o de alarma. De o criterio ser apoiado pola maioría de maxistrados (o que parece probábel xa que a maioría é conservadora), as sancións impostas por saltar o confinamento e o estado de alarma quedarían anuladas. A orixe do debate figura no recurso presentado por Vox."}
{"ID": "NOS_48602", "summary": "Marco Livorno é o título do libro de poemas co que Mario Regueira (Ferrol, 1979) vén de se facer co premio Illas Sisargas de poesía erótica, \"un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco\", segundo Paco de Tano, presidente da asociación cultural Caldeirón.", "text": "A obra \"aborda o erotismo desde unha perspectival homosexual\" e é \"bastante especial e bastante estraño\" -así o define o autor. Na recepción do premio, organizado por Caldeirón, Regueira admitiu que sempre houbera erotismo no seu traballo mais que, \"sen este certame\" nunca escribiría Marco Livorno. O mesmo acto serviu para presentar Diáspora de amor balea, o libro escrito por María Rosendo (Vigo, 1984) e Andrea Nunes (Marín, 1984) que gañou a pasada edición do galardón. Ademais, Xabier Xil Xardón (Xinzo de Limia, 1983) ofreceu o espectáculo baseado no seu último poemario, Detéxtonos, con Leo i Arremecághona (Matamá, 1974) á guitarra. Mario Regueira, crítico literario do semanario Sermos Galiza, é narrador e poeta. Neste último xénero publicou Tanxerina (2006), Blues da crecente (2009) e O silencio (2012)."}
{"ID": "NOS_8521", "summary": "O líder do PSdeG participou na Conferencia Autonómica do seu partido en Valencia, onde defendeu as primarias e lembrou que os candidatos do PP para Ourense e Vigo saen \"do Goberno da Xunta menos valorado da historia de Galiza\".", "text": "O secretario xeral d@s socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este sábado que Galiza \"é moito máis pobre e ten menos futuro que hai seis anos\", como consecuencia das políticas de austeridade da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, \"un alumno avantaxado de Mariano Rajoy que preside o Goberno menos coñecido e peor valorado da historia de Galiza\". \"Os candidatos do PP ás eleccións municipais en Galicia pertencen a esa marca, veñen dun Goberno en permanente estado de crise e considero imposible que gañen en cidades como Vigo e Ourense, porque a xente poderá votar outra forma de facer política que defendemos os socialistas\", dixo. Besteiro manifestou na Conferencia Autonómica do PSOE en Valencia que \"a recuperación deste país é posible, pero ten que ser para todos, en igualdade de condicións\". O líder d@s socialistas galegos lembrou que coa forma de facer política do Partido Popular, \"Galicia perdeu servizos esenciais, progreso\" e identidade como pobo: \"Somos menos galegos\". Por último, defendeu o sistema de primarias: \"Non podemos falar de transparencia e participación se non cambiamos as formas, o diálogo cos militantes a pé de rúa é fundamental e os militantes co seu voto teñen dereitos e deberes, hai que actuar con responsabilidade\"."}
{"ID": "NOS_51630", "summary": "Será este sábado en horario de mañá e tarde cando dará comezo este certame que posibilita que o público poida ver teatro en diferentes ámbitos, sen barreiras e desde a proximidade.", "text": "A localidade de Carballo continúa esta fin de semana coa súa programación do Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), a gran festa das artes escénicas da Galiza. Faino coa estea da VI edición do certame de micro-escenas Metro Cadrado, unha liña de programación que, segundo a organización do FIOT, \"promove a creación de pezas escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares de Carballo\". Será este sábado en horario de mañá e tarde cando dará comezo este certame que posibilita que o público poida ver teatro en diferentes ámbitos, sen barreiras e desde a proximidade. O FIOT acollerá a estrea galega de 'Conferencia espectacular' Este sábado decorrerán até catro funcións de dous espectáculos de breve duración. Unha delas será Menú-do día, do Colectivo #ChamizoBelloVila, unha obra que pon o foco nas violencias continuadas que vive o colectivo LGTBQI+. Outra será Cinecleta, cinema doméstico a pedais, de Sr. Lili, un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8 milímetros, Super8 e 16 milímetros. O acceso será libre e gratuíto até completar o número de prazas e recoméndase facer reserva previa. A obra Menú-do día, poderá ser vista ás 12, 13, 18 e 19 horas, mentres que para Cinecleta, cinema doméstico a pedais haberá funcións ás 13, 13.30, 19, 19.30 horas. Os espectáculos Menú-do día é unha obra que xira entorno á pegada inesquecíbel que deixa a violencia nos corpos. O actor protagonista, Alberte Bello, \"percorre o corredor da vergoña, envolto en fraxilidade\" tentando mostrar unha nova e diferente realidade posíbel, desde a disidencia e o activismo capaz de rachar a norma e creando unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real. O FIOT de Carballo fai memoria e regresa ás súas orixes na súa 31 edición Pola súa parte, Cinecleta, cinema doméstico a pedais é un espectáculo escénico desde unha bicicleta antiga de reparto de leite, con Fernando Pujalte como director e actor que presenta unha obra \"didáctica entretida e singular\"."}
{"ID": "NOS_11129", "summary": "A Cámara de Representantes estadounidense, tal e como se agardaba, decidiu acusar esta terza feira, 10 de decembro, o presidente do país de abuso de poder e de obstrución á Cámara baixa.", "text": "A Cámara de Representantes dos Estados Unidos, tal e como se agardaba, decidiu acusar onte o presidente do país, Donald Trump, de dous cargos ─abuso de poder e obstrución ao Congreso─, avanzando desta maneira no proceso de xuízo político ou impeachment contra o mandatario estadounidense. Foi o xefe da Comisión Xudicial da Cámara baixa, Jerrold Nadler, o encargado de dar o anuncio. Nadler e Trump son 'íntimos inimigos' desde hai varias décadas, cando o primeiro era un representante estatal polo Upper West Side de Manhattan e o segundo un importante promotor inmobiliario na Gran Mazá. \"É unha ofensa procesábel para un presidente exercer os poderes do seu cargo co fin de obter un beneficio persoal inaxeitado, ignorando ou prexudicando o interese nacional\", dixo Nadler. E iso é exactamente, explicou, o que fixo Trump cando \"presionou Ucraína para que interferise nas eleccións presidenciais de 2020\", ao respecto do cargo de abuso de poder. Sobre o de obstrución ao Congreso, argumentou que \"un presidente que se declara por riba da xustiza, por riba do pobo estadounidense e por riba do poder do impeachment do Congreso ─que está precisamente para protexer das ameazas as nosas institucións democráticas─ é un presidente que se considera por riba da lei\". A trama ucraína Todo se iniciou coa publicación por parte do Wall Street Journal dunha información na que se aseguraba que Donald Trump presionara até en oito ocasións o recentemente elixido presidente ucraíno, Volodymyr Zelensky, para que traballase canda ao seu avogado Rudolph Giuliani en abrir unha investigación a Hunter Biden, fillo menor do ex vicepresidente demócrata, Joe Biden, e posíbel adversario de Trump na carreira á Casa Branca. O 24 de setembro, coñecida a información filtrada por un confidente, a presidenta da Cámara de Representantes, a demócrata Nancy Pelosi, anunciaba a apertura dunha investigación de cara a un posíbel impeachment, que deu comezo o 13 de novembro coas audiencias das testemuñas. A pasada quinta feira, 5 de decembro, Pelosi deu a orde de se redactaren os cargos de acusación e, finalmente, foron presentados onte oficialmente. Xuízo no Senado O xuízo contra Trump sería no Senado ─tamén con maioría republicana─, que exercería de xurado. O papel do presidente do Tribunal Supremo equivalería ao de xuíz, e a Cámara de Representantes exercería de instrutor e fiscal. Para saír adiante, necesítanse dous terzos dos votos do Senado, isto é, todos os representantes demócratas e cando menos 20 dos republicanos, polo que é improbábel que prospere."}
{"ID": "NOS_12025", "summary": "Tradución do libro de Christina Lilliestierna", "text": "\"Cara á tardiña a paisaxe cambia. As montañas achéganse. Hai bosques e árbores verdes, e regatos e ríos que corren. As casas e os lugares son máis frecuentes. Hai menos burros e máis vacas, a cor amarela queimada vírase verde fresco. Vexo riscos esgrevios, as casas son de pedra gris, baixas e vellísimas como os castiñeiros cheos de cicatrices\". Por primeira vez Christina Lilliestierna vía a fin do mundo. Descríbiaa desde a xanela do tren en que, a finais dos anos 60, chegou á Galiza. A célebre xornalista sueca cubrira as guerras anticolonias en Alxeria ou no Congo, e escribira sobre a cultura francesa para xornais do seu país como Dagens Nyheter ou o Stockholms-Tidningen. Mais estaba farta. Quería parar. \"Habería que ter un curruncho en algures para poder volver, un anaco de terra de noso. Imos indo vellos, fainos falla un lugar onde botar raíces. Unha casiña...\", falaba co seu home, o enxeñeiro francés Jean Novial. Un dedo ao chou sobre o mapa de Europa levounos, canda o seu fillo Alarik, ao finisterrae ibérico. Lilliestierna, que nacera en Gotemburgo en 1923 morreu 77 anos despois en Marín, no Morrazo. Crónica dos días Vivir na fin do mundo é o libro en que a xornalista relatou a súa inmersión na Galiza. Publicado en sueco en 1969, a editorial Rinoceronte vén de publicalo en galego por segunda vez. Fixérao Xerais en 1983, mais a edición esgotouse e nunca volvera ás librarías. Marta Dahlgren e Camiño Noia encargáronse das dúas versións. Dahlgren, profesora na Universidade de Vigo, coñecera a autora nunha festa no consulado sueco de Vigo. \"Marta propúxome traducir a obra. Ela pasaríaa ao castelán e eu ao galego\", recorda Noia para Nós Diario. O interese de Rinoceronte por rescatar esta crónica dos días fixo que as tradutoras retornasen ao orixinal e desen ao prelo \"case unha retradución\". \"Descubrín un novo libro\", esténdese Noia, \"non é unha escrita de viaxe, de alguén que vai a un lugar, observa a situación e coméntaa. É a escrita de alguén que se quere integrar, de alguén que precisa raíces\". Lilliestierna e a súa familia mercaran un pazo en Marín, o pazo de Cadro, practicamente en ruínas e até o intre propiedade do concello. \"Lembro visitar aquela casa nos 80. Estaba restaurada como no século XV. O seu marido traballaba no petróleo en Irán e traía obxectos de Oriente. Era incríbel\", di a tradutora. Os dous primeiros capítulos de Vivir na fin do mundo relatan, con humor e asombro, a busca do inmóbel e as dificultades para reformalo en prazo. Os operarios galegos non entendían o rexeitamento da \"tola sueca\" polas cousas novas. \"Nin sequera puxo calefacción. Ela e o home estaban sempre a carón dunha cheminea enorme, agarrados a dous cans\", conta Camiño Noia. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube"}
{"ID": "NOS_10493", "summary": "Ser muller no mercado laboral galego equival a dicir peores soldos e prestacións, maior temporalidade e precariedade ou máis risco de acabar no desemprego. Unha realidade que non se poder xeneralizar a todas e cada unha das mulleres mais que si conforma unha desigualdade case estrutural. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 337 de Sermos Galiza.", "text": "A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas (Copenhage, 1917) fixou a proposta de Clara Zetkin o 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A elección da data continúa a ter diferentes versións: desde que se elixiu o 8M polo motín de mulleres rusas nese día de 1917 perante a falla de alimentos até a greve de operarias do téxtil en Nova Iork que nese día de 1857 rematou con ducias de traballadoras asasinadas por reivindicaren os seus dereitos. En todo caso, elas, en feminino plural, suxeitos da historia, protagonistas. Décadas despois as mulleres continúan a loita contra unha desigualdade que persiste. Os estudos e informes presentados nestas semanas por sindicatos como CIG e CCOO dan boa mostra de como o mercado laboral galego reflicte esa situación desigual. \"A precariedade ten rostro de muller\", resumen desde ambos os dous sindicatos o contido dos estudos. Soldos e prestacións inferiores, menor participación no mercado do traballo, temporalidade e precariedade son cuestións que marcan e definen a presenza feminina no mercado laboral. A comezar pola propia taxa de ocupación, que entre os homes é de 42,7% mentres nas mulleres é 51%. Un desequilibrio de 9 puntos que non se pode entender sen as responsabilidades que ela ten que asumir no coidado de menores, maiores, persoas enfermas ou dependentes. O mercado laboral está marcado para as mulleres por dúas segregacións: horizontal e vertical. A primeira delas (horizontal) reflíctese en que elas traballan normalmente no sector servizos e aqueles que, como sanidade ou coidados, se relacionan co feminino. A segregación vertical significa que elas realizan \"ocupacións elementais\" que supostamente requiren menos cualificación (e están peor remuneradas) mentres que en postos de dirección e xerencia fican por baixo de 40%, sendo a maioría homes. Máis de 77% das persoas que traballan a xornada parcial son mulleres. En 2018 máis de 22% das traballadoras galegas estaban neste tipo de xornada por só 6% dos homes. O mesmo acontece coa temporalidade, onde as mulleres superan os homes en 12 puntos porcentuais. Unha situación que condiciona a propia independencia económica dela e o de ter posibilidade de gobernar unha vida de seu. [Podes ler a reportaxe íntegra no semanario Sermos Galiza en papel número 337, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_14629", "summary": "Eterno retorno do evidente: Canta democracia somos capaces de soportar os seres humanos? Reflexionemos e escollamos mesuradamente en qué espello queremos mirarnos.", "text": "Detesto o turisteo, mais adoro as viaxes - as interiores e as xeográficas -. Non hai nada máis absurdo que unha axencia de turismo. Se por min fose, denunciaría á meirande parte das axencias e promotores turísticos por atentado contra a soberanía estética das pequenas nacións, que é o mesmo que facer referencia á sensibilidade de le picole persone che formano parte di una comnunitá política concreta. Ademais do turisteo, teño outra aversión profunda que non podo disimular: as fotografías disparadas con mirada de turista. Se por min fose, queimaríaas todas e e asaría castañas co lume Ademais do turisteo, teño outra aversión profunda que non podo disimular: as fotografías disparadas con mirada de turista. Se por min fose, queimaríaas todas e e asaría castañas co lume. Logo, por suposto, convidaría a castañas a tódolos turistas do mundo que quixesen facerse unha fotografía conmigo; mais, primeiro, coñézanme, e logo, se lles apetece, e se me deixo, dispárenme a foto sen observarme coma un souvenir exótico. Muito obrigado pelo respeto. Estamos no ano 2012 e aínda se interpreta e se fala de Castelao coma se fose unha Tohra laica para persoeiros ávidos de últimas verdades e/ou respostas Ademais do turisteo, teño outra aversion profunda, profundísima, tan profunda coma o cráter do volcán de Krakatoa: a hermenéutica estritamente - sic - política das gramáticas culturais. E refírome ao seguinte, non se me alteren: estamos no ano 2012 e aínda se interpreta e se fala de Castelao coma se fose unha Tohra laica para persoeiros ávidos de últimas verdades e/ou respostas. O de Castelao é un dicir, digo Castelao como podo dicir Rosalía de Castro, Blanco Amor ou Rodolfo Ferreiro, carniceiro. Para min, Il messaggero non e importante. Ou, cando menos, non é máis importante que o pole das súas ideas. O que pretendo insinuar é nin máis nin menos que a plural narrativa literaria, científica e política dun país non pode interpretarse de xeito ahistórico e que a instrumentalización política dos textos non poderá ocultar, tarde ou cedo, o profundo baleiro de investigación que existe neste paisiño – oculto, como non, baixo o fado máxico da ideoloxía política instrumental do momento -. A teoría literaria, para o que é: para investigar a recepción e producción da crítica e do discurso literario en Galicia. A filosofía política, para o que é: para investigar a recepción e producción da teoría política en Galicia. A filosofía da ciencia, para o que é: para investigar a recepción e producción do pensamento científico en Galicia. Todo isto relacionado e contextualizado espacial e epocalmente. Mais o que non se pode facer é presumir de falo nacional mesturándoo todo sen ton nin son. Cómo se pode falar de transformación social, en Galicia ou no resto do mundo, cómo se pode pretender propor unha nova orde de cousas sen porlle orde ao noso caletre colectivo? É, definitivamente, imposible: fumar marihuana e escoitar a Pink Floyd mentras se citan dúas frases soltas de Marx xa hai moito tempo que no cuela, che. A plural narrativa literaria, científica e política dun país non pode interpretarse de xeito ahistórico e que a instrumentalización política dos textos non poderá ocultar, tarde ou cedo, o profundo baleiro de investigación que existe neste paisiño O ser humano precisa espazo e tempo para organizar as formas/interpretacions que proxecta sobre a realidade e sobre sí mesmo, e neste paisiño hai moita des-territorializaçao, moita des-memoria e moita des-estructuraçao nas cacholas, na transmisión da información e na divulgación do coñecemento. Supoño que por iso resulta tan difícil facer política neste recuncho: somos tremendamente compracentes coa propia gramática cultural recibida, mais facemos moi pouca crítica sobre a mesma e bebemos menos do debido das demais. Hai pouca antropoloxía comparada e, ademais, apenas existe autorreflexividade crítica nin enfoques teóricos ou liñas de investigación que amplíen a nosa mirada. Citamos moito a propia gramática cultural para empoderarnos políticamente e producir emotividade a esgalla, mais non é suficiente. Non só non é suficiente senon que, ademais… é un horizonte trabucado. É un problema que obedece á profunda disfuncionalidade e incomunicación existente entre a rede universitaria galega e os medios de incomunicación social á hora de transmitir coñecemento localizado? É un problema de hábito cultural, de inercia colectiva? É un problema que obedece á profunda disfuncionalidade e incomunicación existente entre a rede universitaria galega e os medios de incomunicación social á hora de transmitir coñecemento localizado? É un problema de gilipollez, minifundismo mental ou preguiza mental colectivamente interiorizada? Eu, persoalmente, considero que as tres cousas e, ademais, a estas tres variables engaderíalle unha cuarta, o problema fulcral, xustamente aquel que non pode mensurarse de ningún xeito e que é a partícula elemental da nosa ferida: chámaselle insolidaridade e falta de compromiso. Do tórax cara abaixo, tutti il mondo se apunta a un festival de galeguismo folklórico ou gastronómico, do bandullo cara arriba tudo é preguiza, ¡pa!. O problemiña de turno non é baladí, é un problema que leva visos de producir un clima de embrutecemento e anomia colectiva considerable se non lle poñemos algo de remedio a minoritaria tribu dos distópicos –relativamente- ben informados, mais desesperanzadoramente esperanzados, que existen en Galicia. Do tórax cara abaixo, tutti il mondo se apunta a un festival de galeguismo folklórico ou gastronómico, do bandullo cara arriba tudo é preguiza Feitos son feitos: mentras noutros países que nós consideramos exóticos para os nosos anteollos occidentais a range of opinion da súa prensa é infinitamente máis plural e diversa que a nosa, e mentras científicos honestos responden ao colonialismo cultural coa mellor das armas, a intelixencia e a autoestima, creando e desenvolvendo liñas de investigación potentísimas coma os Subaltern studies ou os post-colonial studies; aquí, neste paisiño, pasámolas putas para botar da cadeira presidencial a verdadeiros analfabetos que o único que fixeron na súa vida é memorizar un manual de contabilidade empresarial e marketing para aplicalo á xestión dos orzamentos públicos. A qué espello mirarnos, pois? A aquel que reconforta o noso ego nacional ou a aquel que nos insta a ser autocríticos e confesarnos: temos que esforzarnos en ser mellores? Quizais á superficie do pequeno lago no que Narciso afogou namorado de sí mesmo?. Porque a mirada imperial é, ao fin e ao cabo, a mesma mirada que a de Narciso: de tanto auto-contemplarse no lago pode chegar a pensar que o reflexo que éste lle devolve ten que ser o mesmo que lle devolve aos demais. A qué espello mirarnos, pois? A aquel que reconforta o noso ego nacional ou a aquel que nos insta a ser autocríticos e confesarnos: temos que esforzarnos en ser mellores? Ao final, coma sempre, a mirada Imperial morre afogada – coma morren tódolos imperios con vontade de tal -, e o tráxico – mais ben o traxicómico - do asunto, é que tamén á mirada provinciana que toma conciencia da súa condición de subalternidade pode acontecerlle o mesmo que ao gran Narciso imperial, coa única diferencia de que se auto-xustifica coa ética e a estética da resistencia perante o eterno inimigo que lle nega o seu dereito a SER. En Galicia, coma no resto do mundo, este dereito a ser non pode pasar da potencia ao acto se seguimos metendo as mans no peto e silbamos cara o ceo cada vez que calqueira tolo expresa o evidente: Galicia, universal concreto. Nación con dereito á súa libre-determinación. Nación con vontade colectiva de chegar-a-ser - real e exemplarmente – democrática e de decicir, en plebiscito permanente, con qué modelo socio-económico quere proxectarse nesta caótica tolemia chamada comunidade internacional e nesta caótica comunidade nacional – aínda por construir - chamada España. Canta democracia somos capaces de soportar os seres humanos? Reflexionemos e escollamos mesuradamente en qué espello queremos mirarnos Eterno retorno do evidente: Canta democracia somos capaces de soportar os seres humanos? Reflexionemos e escollamos mesuradamente en qué espello queremos mirarnos."}
{"ID": "NOS_53266", "summary": "Stoltenberg advirte que \"non se pode gañar\" unha guerra nuclear \"nin tampouco se debe librar\".", "text": "O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, reaccionou esta terza feira aos ataques das tropas rusas contra infraestruturas estratéxicas e civís en diferentes cidades de Ucraína nas últimas horas —en \"resposta\" ao ataque con tres mortos á ponte de Crimea— e que se saldou con 19 persoas falecidas. Stoltenberg dixo que a OTAN \"apoiará Ucraína o tempo que for preciso\", e engadiu que, se ben a organización militar non é parte do conflito, \"o apoio está a xogar un papel chave\" no decurso da guerra. Autoridades ucraínas alertan de novas explosións en varias cidades do país Esta quinta feira Jens Stoltenberg presidirá unha reunión do Grupo de Planificación Nuclear para \"discutir a perigosa retórica nuclear de Rusia e o papel da capacidade nuclear da OTAN para preservar a paz e disuadir a agresión\". E próxima semana a Alianza Atlántica levará a cabo un \"exercicio de disuasión\", denominado Streadfast Noon, con armamento nuclear. \"É un exercicio rutineiro que se realiza todos os anos para manter a nosa disuasión segura e efectiva\", asegurou. Ao mesmo tempo, Stoltenberg apuntou que \"non se pode gañar\" unha guerra nuclear \"nin tampouco se debe librar\", se ben matizou que a OTAN está \"alerta\" mais non detectou \"cambio ningún\" na postura de Rusia \"a pesar das últimas ameazas\", que cualificou de \"perigosas e irresponsábeis\". A ameaza nuclear paira sobre Ucraína Tulsi Gabbard deixa o Partido Demócrata Por outra parte, a ex congresista e candidata á Presidencia dos EUA en 2020 Tulsi Gabbard avanzou esta terza feira a súa saída do Partido Demócrata: \"Non podo seguir nun partido que agora está baixo o control total dunha camarilla elitista de belicistas impulsados por un espertar covarde\". Dixo, aliás, que a actual clase política conduce o país \"cada vez máis perto da guerra nuclear\". \"Creo nun goberno que sexa de, por e para o pobo. Por desgraza, o Partido Demócrata de hoxe non o é\", engadiu."}
{"ID": "PRAZA_1110", "summary": "ENTREVISTA Martiño Noriega, candidato á alcaldía de Santiago por Compostela Aberta, agarda \"chegar a tempo\" para reverter \"as desfeitas do PP\", non descarta gobernos en minoría e advirte de que a primeira tarefa na cidade terá que ser \"normalizar\" a vida municipal.", "text": "\"Se atopamos irregularidades son partidario de trasladalas á Fiscalía\" Martiño Noriega chega ás présas ao local electoral de Compostela Aberta, na santiaguesa Praza do Toural. Ten por diante unha xornada con cinco entrevistas, unha rolda de prensa, tres encontros con colectivos da cidade e dous mitins en diferentes barrios, describe. Mentres outros membros da candidatura preparan a intendencia do día Noriega ordena ideas do programa electoral e admite que no cuartel xeral da plataforma medra o optimismo por momentos. \"Non temos moitos medios, pero tempos superávit de ilusión e compromiso\", asegura nun espazo no que, di, \"quen vimos de dinámicas partidarias sentímonos osixenados\". Todas as persoas que pasan por alí, mantén, axudan a botarlle \"combustible ao lume de cambio\" na capital galega, á que agarda \"chegar a tempo\" para reverter \"as desfeitas do PP\". Hai moitos focos sobre Compostela Aberta, semella que máis nas últimas semanas. Como leva a campaña? Moi motivado. O retorno na cidade coa proposta de Compostela Aberta está a ser moi bo, hai moita ilusión que alimenta xornadas maratonianas. Ese retorno vén demostrar que a cuestión en Compostela vai estar entre revalidar estes catro anos escuros do PP ou abrir unha nova etapa cunha candidatura de encontro, que é Compostela Aberta. Nestes días vén sinalando que a aposta de Compostela Aberta é ser a lista máis votada. Esa é unha desas cousas que se di en campaña ou pensa que realmente é posible? As enquisas din que o PP segue a ser a lista máis votada... Non é unha cuestión de estratexia electoral. Eu creo que debemos esixirnos esa meta, porque a día de hoxe, independentemente de que se tente xerar un estado de opinión no que é difícil de tapar o medre de Compostela Aberta, eu teño a intuición de que a distancia entre Compostela Aberta e o PP non é tanta. Moitas veces dise que a cuestión da intuición ten que ver cun proceso de elaboración racional do subconsciente [ri], e neste caso percibimos unha campaña moi polarizada. Compostela Aberta concita un voto da esquerda social, moi transversal, e de xente que quedou desencantada destes catro anos. Valórase a equipa que temos, con persoas especializadas en diferentes áreas e preparadas para gobernar ao día seguinte. E ese sumatorio ponnos nunha posición que nos esixe facer esa aposta. Despois do que pasou estamos obrigados a facela. Moitos dos comentarios que se repiten estes días á luz das enquisas teñen que ver cunha pregunta: \"como pode estar o PP ao bordo da maioría absoluta despois do que pasou estes anos? \"Compostela Aberta non loita só contra o PP, tamén contra os poderes fácticos que, para preservar os seus intereses, queren que siga o PP\" Eu coido que o PP non está aí, coido que a diferenza a respecto de Compostela Aberta é moito máis axustada. Si son consciente de que hai unha base sociolóxica na cidade, pero teño a esperanza de que moita dela quedase desencantada por catro anos nos que as promesas se incumpriron en todos os seus termos. Cando escoito falar da necesaria estabilidade dun futuro goberno vencellado ao PP non sei se rir ou chorar. Independentemente do que aconteceu, Compostela Aberta non está a loitar só contra o PP, senón tamén contra un contexto, un hábitat da cidade ao que lle dá igual o que pasou estes catro anos e entende que para preservar os seus intereses o mellor é que siga o PP. E iso non é menor en canto a poderes fácticos, económicos e mesmo en canto a medios de comunicación que o avalan. Vostede chega a Compostela Aberta despois de meses de funcionamento da plataforma. En que momento decide dar o paso, despois de chegar a dicir publicamente que non estaba nos seus plans? Case no momento límite. Eu expresei durante moito tempo que non entraba nos meus plans este reto, pero nos últimos meses foron moitas as voces que foron quen de darme razóns de peso para antepoñelas ás persoais. Sempre dixen que a miña decisión estaba condicionada por que as razóns colectivas fosen fundamentais. Entendíase que eu podía ser un catalizador, un facilitador, dun espazo que conseguiu sumar moitas sensiblidades en torno a un programa e un método de participación. Entendíase, a maiores, que pola miña posición pública podía poñerlle unha cara, visibilizalo. E entendíase que seria irreparable que, depois do que pasou, o PP revalidase a maioría. Mandaríamoslle unha mensaxe terrible como capital de Galiza ao conxunto da sociedade galega, e máis polo simbolismo do proceso de Compostela no contexto xeral deste ano, no que se está a a decidir se abrimos unha nova etapa para decidilo todo ou se o sistema só fai un lifting. Eu estou onde quero estar neste momento. Unha das primeiras críticas que lle chegaron cando anuncio a súa decisión foi a respecto da súa continuidade na alcaldía de Teo. Por que decidiu facelo así? \"Nestes momentos de campaña teño delegada a alcaldía e renunciado ao soldo\" Eu vin nese debate moita impostura, moita hipocrisía. As razóns foron poucas pero fortes. Unha, porque a institución do Concello de Teo non condiciona a vida municipal de Compostela, son concellos colindantes, con vasos comunicantes. Segundo, porque a miña decisión persoal non podía, por responsabilidade, condicionar a vida local no Concello de Teo, esa etapa tiña que rematala sen xerar un proceso de inestabilidade. E terceiro, porque sempre tendín á exercer a responsabilidade nos lugares onde estiven. De feito, nestes momentos de campaña teño delegada a alcaldía e renunciado ao soldo. Por que digo que vin moita hipocrisía? Porque, alén diso, vin como en Compostela xente que segue tendo cargo institucional, tanto no goberno como na oposición, e unhas retribucións moito máis elevadas que as miñas e cunha carga de traballo moito menor abandeiraban esas críticas e fan campaña electoral todos os días. No caso de Agustín Hernández, utilizando a institución de maneira partidaria, non porque o diga Compostela Aberta, senón porque o dixo a Xunta Electoral. Vin hipocrisía alimentada polos poderes fácticos dos que antes falaba. A respecto desa sanción da Xunta Electoral e noutros ámbitos, paréceselle en algo este PP de Agustín Hernández a aquel PP de Armando Blanco ao que vostede se tivo que enfrontar, alén de que un levase máis anos ca outro? \"Hernández é un tecnócrata que leva moitos anos ligado ao PP e está a usar medios públicos para botar cemento na memoria colectiva\" Son perfís diferentes vencellados polo común denominador da indecencia. Aquel PP de Armando Blanco asentábase nunha rede clientelar que claramente traspasaba todas as liñas vermellas no funcionamento da adminstración, no modelo urbanístico de especulación... E que colocou o espazo do ben común nun lugar que nos levou moito tempo modificar. Tivo moito custo para a veciñanza. Aquí pasan cousas semellantes con diferentes perfís: o perfil de Agustín é o dun tecnócrata que leva moitos anos ligado ao PP, non é un recén chegado. E está a utilizar medios públicos, recursos non só locais senón tamén autonómicos, porque non deixa de ser un testaferro de Feijóo, para tentar botarlle cemento na memoria colectiva á cidade. Hernández pechaba a lista de Conde Roa, pediu o voto para Conde Roa, tomou decisión que condicionaron a vida local... E ten unha experiencia que non necesita Compostela, como levarlle os papeis a Xosé Cuiña. Alén da configuración final da corporación, todo semella indicar que Santiago vai cara a un escenario sen maiorías absolutas. Como ve o panorama cara aos posibles pactos, cara a posibles conversas con PSdeG e BNG o día despois? \"Hai un respecto absoluto polo traballo do BNG; podemos non vivir na mesma casa pero camiñar xuntos\" No caso de que Compostela Aberta lidere o proceso de cambio as fórmulas de gobernabilidade están por pechar. O que sempre dicimos é que nin por activa nin por pasiva imos favorecer un goberno do PP, querémolo deixar moi claro. Unha das razóns de ser de Compostela Aberta son as prácticas do PP nestes últimos catro anos. Pareceríanos unha indecencia que o PP renovase responsabildades de goberno despois das súas irresponsabilidades. E por iso fixemos un chamamento ao resto de forzas e nos pareceu un erro a equidistancia do Partido Socialista. Creo que esa equidistancia está baseada nas dúbidas dun sector do Partido Socialista e nun certo medo a un cambio real, seguramente por dinámicas herdadas nos últimos anos e por necesidade de cohabitar nos intereses co PP para non abrir unha nova etapa. Aínda así, creo que mudaron a posición a última hora porque era unha posición suicida. Ningún home ou muller que vote ao PSOE o fai para favorecer un goberno do PP, aínda que sexa votándose a eles mesmos na investidura. Co BNG, primeiro é unha mágoa que non estea participando neste lugar de encontro que é Compostela Aberta pero, independentemente diso, hai un respecto absoluto polo traballo de Rubén Cela e do BNG e sempre defendemos que podemos non vivir na mesma casa pero camiñar xuntos. As fórmulas de gobernabilidade van depender moito dos resultados e das dinámicas de cadaquén. Non descarto que, dun signo ou doutro, o de Compostela sexa un goberno en minoría."}
{"ID": "NOS_39758", "summary": "Podemos mantense na ortodoxia de Vista Alegre -ir ás xerais como tal no Estado sen coligarse con ningunha outra forza- e racha definitivamente as pontes con Izquierda Unida. Nun xesto politicamente inaudito, presenta as conversas non como o diálogo entre dúas forzas políticas, senón como a negociación para fichar unha persoa.", "text": "A terminoloxía empregue por Podemos -nun comunicado pendurado na súa web- é máis propia da crónica de deportes que dun relato político. Esta terza feira houbo unha reunión na súa sede en Madrid entre dirixentes de Podemos e IU. Iso foi transformado pola formación política morada nun encontro entre \"os representantes de Alberto Garzón e unha comisión delegada do Consello de Coordenación de Podemos\". A linguaxe propia da narración dunha fichaxe futbolística. Non houbo acordo: Alberto Garzón non vestirá as cores de Podemos na contenda eleitoral. En nengún momento, vén dicer Podemos na súa nota, a equipa de politólogos que dirixe Podemos contemplou a hipótese dun acordo eleitoral entre Izquierda Unida -ou a súa plataforma afín Ahora en Común- e eles propios. Non, a única posibilidade posta sobre a mesa era que Garzón como independente engrosase as súas filas. Non puido ser, que dirían os clásicos do xornalismo deportivo. E non puido ser porque \"os representantes de Garzón nesta reunión colocaron como requisito irrenunciábel a conformación dunha coligazón entre IU Federal e Podemos, nunha lóxica de acordos entre partidos que nunca estivo na folla de rota de Podemos\", di a formación da esquerda emerxente española. Podemos afirma nun comunicado que a reunión foi cos \"representantes de Alberto Garzón\" Para o partido de Pablo Iglesias, a \"imprescindíbel construción da candidatura da unidade popular pasa por unha suma de vontades de cambio forxadas nas rúas e nas prazas, e non pola agregación xurídica de siglas\". Traduzamos isto do seguinte xeito: a única sigla imprescindíbel é Podemos, Podemos é xa a unidade popular e quen queira unirse que se una, mais que deixe calquer outro carnet na porta. Podemos enfatiza que \"seguimos traballando na candidatura do cambio\" e lamenta \"que haxa quen prefira non sumarse\". E engaden: \"O noso obxectivo é claro: a construción da unidade popular. Para iso, as eleccións municipais ensináronnos que non se trata de sumar siglas, senón vontades, ideas, proxectos e gañas\". Aquí omite Podemos dúas cousas: primeiro, que son eles precisamente os que non están dispostos a renunciar ás súas siglas e que as candidaturas municipais tidas por populares -as que gañaron en Barcelona, Madrid, tamén as das mareas galegas- apresentáronse diante do eleitorado sen ningunha sigla partidaria como marca. E se finalmente Garzón non irá con Podemos ás xerais é porque Pablo Iglesias antepón a estampación do nome da súa organización na papeleta a calquer acordo. IU desmente o conteúdo do comunicado de Podemos, segundo comunicaron os seus dirixentes a Público. Afirman que en nengún momento propuxeron unha coligazón, senón iren xuntos na plataforma Ahora en Común, sen ningún tipo de siglas."}
{"ID": "NOS_465", "summary": "Por uns servizos sociais cento por cento públicos, contra a privatización dos coidados e en solidariedade coas familias das vítimas da COVID-19 nas residencias da terceira idade. As principais cidades da Galiza acollen hoxe a mobilización dos colectivos máis afectados pola crise sanitaria do coronavirus e as deficiencias do actual modelo de dependencia.", "text": "Galiza sae hoxe á rúa contra a privatización dos coidados, para advertir dos riscos da maximización dos beneficios a costa da vellez e da dependencia, mais para reclamar uns servizos sociais públicos. A mobilización parte de Modepen, o Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas, e do colectivo Traballadoras de Residencias da Galiza (TreGa), promotores das marchas cívicas que terán lugar contra o mediodía en Pontevedra, A Coruña, Ferrol e Lugo; e a partir das 20 horas en Compostela, Ourense e Vigo. \"O que pasou durante a pandemia nas residencias da terceira idade da Galiza demostra, ás claras, a situación delirante e de barbarie que atravesa o sector da dependencia como consecuencia da privatización e da súa consideración como área de negocio\", comenta Francisco Vázquez Vizoso a Nós Diario. Para este especialista médico, agora membro de Modepen pero durante moitos anos xefe do servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Complexo Hospitalario de Pontevedra, está máis que demostrado que houbo un exceso de mortes nas residencias galegas, nomeadamente nas privadas. \"Puxemos de manifesto que a privatización dos coidados vai asociada a un incremento dos falecementos. De feito, constatamos que a probabilidade de morrer por COVID-19 nos centros de xestión privada foi 24 veces maior que nas residencias de xestión pública\", detalla. 274 mortes en residencias A día de hoxe, Galiza contabiliza 618 mortes a causa da COVID-19. No que atinxe ás residencias, a Consellaría de Sanidade apunta 274 falecementos, dos cales 132 tiveron lugar nos propios centros e 142 en hospitais e residencias integradas. Representan perto de 45% das defuncións ocasionadas polo novo coronavirus. Neste sentido, desde Modepen defenden que lle corresponde á Administración dar cos factores de risco internos que expliquen esa elevada mortalidade. \"Iso é o que deberan determinar as autoridades públicas se tivesen un mínimo de responsabilidade. Sabemos que nas residencias privadas morreron moitas máis usuarias que nos centros públicos, pero por que? A que se debeu? Á baixa calidade da alimentación, ao uso de cuartos dobres, á deficiente formación do persoal que coida das residentes, á falta de profesionais suficientes?\", pregunta Vizoso. Na súa opinión, o Goberno galego debe encargar e financiar canto antes un estudo epidemiolóxico \"preciso e independente\" co fin de determinar os motivos da mortalidade entre as residentes usuarias de centros sociosanitarios privados. \"Unha Administración responsábel que quixese mellorar a situación preocuparíase de saber, aínda que só fose para se poder preparar de cara a unha segunda vaga de contaxios, que virá en outubro\", apunta o epidemiólogo. Conivencia da Xunta A falta de \"dilixencia\" do Executivo galego á hora de resolver as incertezas que rodean as mortes en residencias da terceira idade demostra o seu propio desinterese por mudar un modelo de coidados e de atención á dependencia que as promotoras das marchas cívicas por un servizos sociais públicos urxen reformar. Así o interpreta, tamén, Xosé Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna, integrante da Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE). A reportaxe completa podes lela no Nós Diario de hoxe, 11 de febreiro."}
{"ID": "NOS_49175", "summary": "\"Non saben do que son capaces as nosas forzas especiais\", indicou o máximo mandatario bieloruso.", "text": "O presidente de Bielorrusia, Alexander Lukashenko, fixo alusión a unha posíbel \"operación especial\" para \"salvar\" os seus concidadáns de seren \"perseguidos, golpeados e roubados\" en territorio ucraíno. \"Non saben do que somos capaces\" \"Están a empuxarme a me embarcar nunha operación especial para salvar a nosa xente alí? Non saben do que son capaces as nosas forzas especiais. Xente tola! Déixenos en paz!\", aseverou o mandatario bielorruso. O presidente bielorruso compareceu ante os medios de comunicación tras emitir o seu voto no referendo constitucional decorrido hoxe no país e sinalou que o seu Goberno non destinou \"nin un soldado, nin un só vehículo de combate, metralladora, lanzagranadas ou arma de fogo\" cara a territorio ucraíno. \"Teñen suficiente munición, cartuchos, metralladoras e xente para abordar os problemas que Rusia quere abordar. Por tanto, non nos atribúan estas cousas\", así respondeu Lukashenko a unhas declaracións do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, nas cales acusaba a Bielorrusia de colaborar na invasión rusa. Así mesmo, criticou Zelenski por aludir aos bielorrusos nos seus recentes discursos. \"Que se dirixa ao pobo ucraíno e sexa responsábel do que está a acontecer en Ucraína\", trasladou Lukashenko ao seu homólogo. Na súa crítica ás autoridades ucraínas, Lukashenko remarcou que, segundo el, Kiev forneceu armas á oposición bielorrusa durante as protestas que arrancaron no país a mediados de 2020 en contra do mandatario e o seu Goberno. \"Se segue así, veremos cousas terríbeis. (Zelenski) Non se esconderá en ningún búnker, sexa americano ou calquera outro. Hoxe debemos parar a guerra, aínda que nin sequera o chamaría guerra polo momento. Segue sendo un conflito, un ou dous días máis e si que haberá unha guerra\", culminou. Estas palabras de Lukashenko danse nun contexto marcado polo ofrecemento de Bielorrusia a acoller conversacións entre representantes rusos e ucraínos en medio da operación militar iniciada por Moscova contra territorio de Ucraína. Zelenski e o seu Goberno opuxéronse a participar en conversacións con Rusia na cidade bielorrusa de Gómel. \"Non podemos ir a Bielorrusia, desde onde lanzan avións e mísiles ás nosas cidades\", criticaron desde a Secretaría de prensa do mandatario ucraíno."}
{"ID": "PRAZA_4693", "summary": "O centro social da Gentalha do Pichel, en Compostela, celebra o seu décimo aniversario este venres cunha foliada na que participarán dez grupos. Unha década na que, a pesar dalgúns obstáculos, foi asentando a súa actividade e as súas propostas: cultura e sociedade construídas dende a base.", "text": "O centro social da Gentalha do Pichel, en Compostela, celebra o seu décimo aniversario este venres cunha foliada na que participarán dez grupos (Quarteto da Gentalha, Triroliro Regueifeiros, Os Fondãos do Pìfaro, Os Estalotes, Os de Abaixo, As Bouba, Carapaus, Ariel Ninas, A Requinta da Amaia e Verdegaios). Unha década na que, a pesar dalgúns obstáculos, foi asentando a súa actividade e as súas propostas: cultura e sociedade construídas dende a base. O sábado continuarán as celebracións, e Mini e Mero animarán unha sesión vermú que precederá a un xantar de aniversario. Pola noite, un concerto de Liska, Os John Deeres e Bigote mix completará a festa. Os seus responsables responderon por correo electrónico ás preguntas que lles formulamos sobre os primeiros dez anos de historia deste centro social e sobre o futuro do proxecto. \"Houvo um momento na nossa história em que o conjunto das activistas tomamos consciência de que a Gentalha tinha umha trascendência maior da que imaginávamos: quando Conde Roa, ainda na oposiçom, quijo ganhar espaço mediático à nossa custa\" Cal foi o mellor momento para a Gentalha e as persoas que colaborades neste proxecto? Houvo um momento na nossa história em que o conjunto das activistas tomamos consciência de que a Gentalha tinha umha trascendência maior da que imaginávamos: quando Conde Roa, ainda na oposiçom, quijo ganhar espaço mediático à nossa custa denunciando que o nosso centro social era \"el nido de la serpiente de la kale borroka compostelana\" e que devia ser fechado. Naquela altura a nossa licença estava ainda ser tramitada, o que significava que umha denúncia como a que ele interpugera implicaria a clausura imediata do local. Esta licença estava supeditada ao critério de acessibilidade e para isso precisávamos de um elevador que unisse as duas alturas do local. Um elevador que custava 8.000 euros. Perante a iminência de feche, a Gentalha lançou umha campanha que tencionava juntar os fundos necessários para a compra do elevador. Esta saldou-se com mais de 9.000 euros em 3 dias. A vaga solidária foi de tal magnitude, atingiu tanta gente e foi tam rápida que todas as activistas da associaçom tivemos umha sensaçom de vertigem e de responsabilidade. Soubemos que havia muitas pessoas a confiarem em nós. E o peor? O pior repete-se no mínimo 12 vezes por ano: cada final de mês, quando temos que acertar as contas para pagar renda, seguros, recibos, salários, impostos... A Gentalha tem uns gastos mensais que cada fim de mês nos fai passar maus momentos. É de salientar que seria impossível continuar sem as quantidades achegadas polas pessoas associadas (mais de 250) às quais temos que somar as colaboradoras da semente (perto de 100 mais) e as 10 entidades colaboradoras que saem em cada cartaz editado. \"Achamos que este é o caminho, sem dúvida: fortalecer o tecido associativo, as redes de apoio, fomentar os colectivos que fam trabalho de base à margem da via reivindicativa como linha exclusiva\" Na última década asistimos en todo o país ao nacemento e consolidación de moitas experiencias de centros sociais cun carácter semellante ao da Gentalha, e cunha vocación de construción dende a base. É este o camiño para un país novo? Com efeito, nós fazemos parte dum movimento de colectivos que funcionam de maneira independente, autogeridos e com total autonomia de acçom. A Gentalha nom foi o primeiro, e nom cremos que este fenómeno se reduza apenas à última década. Começou muito antes, com projectos diferentes do nosso, como a Casa Encantada de Compostela ou como Artábria, que 5 anos antes da criaçom da Gentalha já estava a trabalhar no seu centro social. Achamos que este é o caminho, sem dúvida: fortalecer o tecido associativo, as redes de apoio, fomentar os colectivos que fam trabalho de base à margem da via reivindicativa como linha exclusiva. Assumimo-nos parte de um novo vento que sopra com força no fraco mas constate tecido associativo galego; esse que reclama mas que também fai: reclamamos dignificar o nosso património e sinalizamos os petróglifos de Compostela; reclamamos um ensino publico em galego e montamos a Semente... \"Queremos ser o contrário do que o Gaiás representa: cultura de base frente aos grandes investimentos\" De igual xeito, podemos dicir que iniciativas como a Gentalha (e as entidade e actividades que acolle) son o contrapunto a ese outro modelo de cultura que ten o Gaiás como máximo expoñente? Exactamente. Queremos ser o contrário do que o Gaiás representa: cultura de base frente aos grandes investimentos; fomento de artistas comprometidas com a língua, ou que estám a começar, ou que nom tenhem circuitos de distribuiçom, frente a macroespectáculos cosmopaletos; cultura popular frente a produto de consumo; cultura participativa frente a cultura de espectadoras. \"Nengum dos governos municipais anteriores mantivo com a Gentalha umha relaçom fluída nem cordial\" Conde Roa puxo no punto de mira a Gentalha, dende os seus anos na oposición, e mirádeo agora. Como asististes ao proceso que levou á súa dimisión? Como estades observando a actual situación do Concello cunha maioría de edís do grupo gobernante imputados? Conde Roa já passou. Toda Compostela sabia que o patético berlusconinho de províncias era um delinquente comum que havia de acabar assim. A Gentalha, como a sua casa, também foi registada numha operaçom policial. Mas a diferença é que no Pichel nom encontrárom nada... A Cámara de Compostela está na actualidade tam sumida na cloaca da corrupçom que nom tem muito tempo de preocupar-se connosco: neste sentido estamos num dos melhores momentos destes 10 anos de relaçons institucionais porque estamos mais tranquilas que nunca. Nengum dos governos municipais anteriores mantivo com a Gentalha umha relaçom fluída nem cordial. \"Desde que nascemos consideramos fundamental a proximidade: dialogar sobre a memória histórica do bairro, desvendar o sentido dos nomes das ruas, colaborar nas festas...\" Para vós é fundamental a relación coa veciñanza, co barrio no que vos asentades. Como é esta relación? A integraçom total é impossível. Há umha teima perigosa de tentar contentar todo o mundo esquecendo que o sistema instruiu inimigos. No bairro há fachas, falsos progres e, enfim, pessoas que nom vamos seduzir nunca e nem o vamos tentar. Há umha gente maravilhosa que se move em coordenadas mais ou menos próximas e com elas temos um trabalho dilatado. Gente da A.VV. As Marias, das lojas do bairro, pessoas que aproveitam os cursos de dança, pilates, teatro... Desde que nascemos consideramos fundamental a proximidade: dialogar sobre a memória histórica do bairro, desvendar o sentido dos nomes das ruas, colaborar nas festas... etc. É justo admitir que o próprio bairro tem umha história de esquerdas (vinculada especialmente à UGT e CNT) decapitada no alçamento de 36 mas que ainda hoje persiste na gente, e isso facilita o diálogo entre nós. Mudou algo o perfil da xente que se achega polo Pichel nesta década? Houbo tamén un relevo xeracional? A consolidaçom e a ampliaçom do trabalho fijo que pessoas com diferentes interesses se achegassem. Cada nova área de trabalho que inauguramos levou consigo a implicaçom de novas pessoas ao projecto; das 4 pessoas que começárom na Gentalha, hoje se multiplicárom por várias dúzias. Isto nom significa que o relevo geracional deixasse atrás todo o mundo: muitas pessoas que fundárom a gentalha continuam na primeira linha do activismo. Hai algunha anécdota que sobrancea nestes dez anos de historia? Algún momento especial que destacariades? Anteriormente comentamos o momento Conde Roa-elevador; esse foi um grande monento, sem dúvida! Mas também há outro vinculado ao Apalpador. Quando na Gentalha começamos a trabalhar no estudo e recuperaçom deste mito do natal, nunca imaginamos que um dia, ao ligar o rádio, fôssemos ouvir a sua lenda no programa de Xurxo Souto. Nesse momento soubemos que se estava a traçar um caminho de longo percurso que, com ajuda de muitos colectivos, escolas, programas e associaçons iria fazer reviver a fermosa história do carvoeiro galego. \"Fomos marcando objectivos e com a tenacidade das formigas que ilustram o logótipo dos nossos 10 anos atingimos êxitos humildes mas reais\" Como debe ser o futuro da Gentalha? Alén desta semana de celebracións, que novos proxectos, actividades ou colaboracións están no horizonte? A Gentalha é um colectivo humano que se constrói sobre uns alicerces que ainda continuam intactos. Sempre tentamos misturar o trabalho diário com a prediçom a longo prazo. Fomos marcando objectivos e com a tenacidade das formigas que ilustram o logótipo dos nossos 10 anos atingimos êxitos humildes mas reais. Continuamos a definir tarefas de futuro conscientes de que som tempos complicados para encontrar o bem mais prezado para qualquer colectivo: a activista. Pode que o nosso futuro passe por essa realidade. Nom falamos de \"relevo\", isto nom é umha corrida em que vaiamos passando o testemunho da militáncia. Cada quem segundo a sua capacidade, as suas situaçons ou a sua idade tem que ocupar o seu lugar. O futuro de projectos como a Gentalha passa por conseguir recrutar pessoas que se sintam cómodas e úteis no trabalho. \"A Gentalha tem um sonho que já se pode tocar: umha escola em Compostela onde as nossas filhas podam crescer em galego\" A Gentalha tem um sonho que já se pode tocar: umha escola em Compostela onde as nossas filhas podam crescer em galego. Neste momento já há duas assembleias constituídas em Ferrol e Vigo e temos notícias de outras localidades do país que querem continuar a senda. Cada dia, desde a Associaçom Cultural que há 10 anos se constituía no Museu do Povo Galego, regamos a Semente que queremos que se torne floresta."}
{"ID": "NOS_1331", "summary": "Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.", "text": "aínda has ter vagar de esperar.- Expresión co mesmo significado que \"Xa podes esperar sentado/a.\" Lugar de escoita.- A Limia. Fonte.- Antón Méndez Gándara. arricharse/arrichado/a.- (Ademais doutros significados coñecidos e recollidos) Alporizarse/alporizado/a, enfadado e con desexos de vinganza. Emprégase tamén cualificar os pelos de punta ou unha reacción impetuosa. Exemplos.- \"Arríchaste por nada\", \"Esa película de medo arrichoume os pelos da cabeza\", \"Estaba sentado e arrichouse dunha maneira, miña filla, que me asustou\". (Arrichouse aquí equivale a púxose en pé). Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza. Fonte.- Constantino Prego chavear.- (Ademais de significados rexistrados) Botar unha rifa a alguén. Exemplo.- \"Xaime chaveoume por non facer o traballo.\" Lugar de escoita.- As Pontes. Fonte.- EDLG IES Moncho Valcarce (As Pontes). esgarecer.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Ter falta de algo e desexalo con envexa. Lugar de escoita.- A Mariña luguesa. Fonte.- María Canosa. gramar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Fastidiarse, pasar mala vida. Lugar de escoita.- Salceda de Caselas. Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto. Outros apuntamentos.- O informante indica que o exemplo que escoitou é o do can \"ghramado\", o can que está encadeado toda a vida a un bidón."}
{"ID": "NOS_6441", "summary": "De Nós. Monografías con perspectiva galega é a nova cabeceira que edita Sermos Galiza S.A. para afondar en temáticas históricas e actuais con criterios divulgativos e para coñecer a realidade da Galiza. Ao longo do ano editaranse cinco publicacións. A primeira entrega leva por título Rebeldía galega contra a inxustiza.", "text": "Marzo abrirase con novidades para as persoas subscritoras e lectoras de Sermos Galiza. E é que a mediados do mes, Sermos Galiza S.A. estreará a colección de cadernos que se presentan coa cabeceira De Nós. Monografías con perspectiva galega. Trátase dunha nova publicación coa que afondaremos en temáticas de carácter histórico e tamén de actualidade, \"vistos desde a nosa óptica de país, con criterios divulgativos e tratamento máis xornalístico\", explica Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. En total, a nova cabeceira contará con cinco publicacións ao longo de 2018. O primeiro dos monográficos, sinala Costa, tratará sobre os masacres agrarios de comezos do século XX e o seguinte xirará ao redor de María Vitoria Moreno, a escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste 2018, con traballos de Fina Casalderrey, Marta Dacosta, Eli Ríos, Susana Sánchez Aríns, Antonio García Teijeiro, Carme Vidal, Montse Pena Presas e Mercedes Queixas. Un monográfico sobre política internacional, un sobre viños e, de cara a fin de ano, outro sobre medios de comunicación completarán as temáticas programadas. O tamén conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A. pon de manifesto que a nova cabeceira \"xorde no proceso de diversificación de produtos que Sermos Galiza está a levar a cabo\". Lembra ao respeito que \"publicamos libros, libros-DVD, un dixital e este semanario. Agora introducimos unha nova cabeceira, De Nós, sen periodicidade predeterminada, mais cun número de entre catro e cinco temas por ano. E o ano que vén publicaremos un diario en papel, O Diario Galego\". De balde para subscritoras Xoán Costa salienta que, até o momento, Sermos Galiza S.A. viña publicando libros, de autoría individual ou múltiple, que se distribuían de balde entre as persoas asinantes e se vendían en librarías. \"Coa revista De Nós queremos facer o mesmo, de maneira que os cadernos serán entregados de balde a asinantes e serán distribuídos tamén en quiosques, ampliando así o campo de distribución\", agrega, \"quen non sexa asinante poderá mercar a revista\". A revista non elimina a publicación de libros que, no caso de seren editados, venderanse nas librarías e quiosques. Os monográficos, afirma Xoán Costa, diríxense \"a calquera persoa que queira coñecer a problemática que nos rodea ou outra pasada que condiciona o noso presente. E todo sen intermediarios, desde unha perspectiva propia\". \"As primeiras verbas da Revista Nós afirmaban: queremos suprimir intermediarios entre o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos. Así, De Nós tamén quere ollar o mundo sen intermediarios. Desde a propia capa, ilustrada por artistas de renome, esta primeira polo artista Leandro Lamas\", conclúe. O primeiro monográfico Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo é o primeiro dos monográficos, que coincide cos acontecementos de Trasancos (marzo de 1918), unha data que a día de hoxe se está a conmemorar desde o asociacionismo cultural de Ferrol. O caderno fai un percorrido polos masacres máis significativos. Comeza con \"As mortes no Campo da Porta\", sobre os feitos decorridos en 1894 na parroquia pontevedresa de Salcedo e asinado polo historiador Xosé Álvarez Castro; continúa con \"Que se vaian todos! Conflito, loita e morte en Oseira\", do investigador Xosé Ramón Ermida Meilán, que fala do masacre de 1909 e con \"Os mártires de Nebra: cans, 1916\", do historiador Eliseo Fernández. Tamén recolle \"Transancos, marzo 1918: revolta popular coas mulleres na vangarda\", un traballo asinado polo historiador Francisco Rodríguez Sánchez; \"As mártires de Sofán. Algo máis que atavismo\", do historiador Xan Fraga, e \"Sobredo: paz, xustiza e traballo\", de Xosé Manuel Suárez Estévez, historiador e membro do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo. Fechan o monográfico o investigador Antón Capelán Rei, que afonda na repercusión que todos estes sucesos tiveron no ámbito literario e artístico, onde destacaron, polos seus traballos, Ramón Cabanillas e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e a historiadora Lucía Veciño Souto, cunha peza sobre o papel das mulleres nas revoltas agrarias. A publicación deste primeiro monográfico responde á necesidade de garantir a memoria destes sucesos e a contribuír a divulgalos. Trátase de masacres con moita repercusión e cunha grande mobilización detrás, con duras consecuencias no plano represivo a raíz do golpe do 36. De feito, os acontecementos silenciáronse e son descoñecidos mesmo naquelas zonas que máis sufriron a represión. Aliás, é salientábel o papel central que cumpriron as mulleres nos movementos agrarios. Que a maioría de asasinadas fosen mulleres dá conta da súa importancia, que tamén fica de manifesto nas imaxes que reproducen os actos agraristas. O conxunto de artigos evidencian que a totalidade de conflitos que Sermos Galiza S. A. divulga neste caderno foron resultado dun intenso traballo de axitación social."}
{"ID": "NOS_51755", "summary": "A formación galeguista vén de renovar a súa dirección durante un congreso celebrado este sábado en Teo. O Consello Nacional estará formado 30 persoas e será paritario.", "text": "Compromiso por Galicia (CxG) renovou os seus órganos de decisión tras catro anos de existencia. A formación galeguista elixiu este sábado o seu novo secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, durante o segundo congreso de CxG celebrado en Teo. \"Compromiso vai facer política con sentidiño, fiscalizando a labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia\", asegurou Piñeiro na súa primeira intervención. O único candidato á secretaría xeral reivindicou o papel da formación como \"facho de ilusión\" para aqueles galegos e galegas que cren no futuro do país. O congreso –baixo o lema \"Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións\"– tamén elixiu os integrantes do Consello Nacional de CxG, que estará formado por 30 persoas e será paritario. \"Reiniciamos un proxecto renovado sobre unhas bases sólidas e unha experiencia acumulada\", sinalou Piñeiro. Durante o encontro, debatéronse varias emendas e aprobouse o informe de xestión por unanimidade, do que deu lectura o secretario xeral saínte, Xoán Bascuas, que foi arroupado polos asistentes. Entre eles, estivo presente o senador e membro da executiva do Partido Nacionalista Vasco, José María Cazalis, segundo informan en nota de prensa. Continúa o Congreso Nacional de #compromiso co debate das emendas #renovandoogaleguismo pic.twitter.com/8k02yRihkN— @Compromiso.gal (@Compromiso_gal) 21 xaneiro 2017 \"O galeguismo ten que ser a referencia de construción do país\" Juan Carlos Piñeiro debullou nos últimos días as liñas políticas do renovado proxecto de CxG. Nunha entrevista publicada pola formación, o novo secretario xeral aseguraba que \"Compromiso representa un espazo político ao cal non aspiran outras formacións\" porque \"é un partido co centro de decisión en Galiza cun proxecto propio de país, sen dependencia de fóra\". Piñeiro considera que \"o galeguismo ten que ser a referencia de construción do país\", no que a súa formación terá un papel importante. \"Temos a nosa propia folla de ruta e estou convencido de que CXG escribirá parte do futuro de Galiza\"."}
{"ID": "NOS_57209", "summary": "Os sindicatos ven con peocupación uns dados do desemprego que consolidan a precariedade e apuntan a unha desaceleración da economía.", "text": "O paro rexistrado descendeu en xullo en 4.328 persoas, situándose o número de desempregados e desempregadas inscritos nas oficinas da SEPE en 150.921. É un descenso de 2,79%, sensibelmente superior da rexistrada de media no Estado nese mes, que foi de 0,14%. Mais esas cifras deben completarse con outras. Así, e como lembra a CIG, nesta ocasión o descenso porcentual foi o menor dende ano 2008. \"Ademais, consolídase a temporalidade e medra de xeito salvaxe a precariedade, cunha rotación do emprego brutal: 121.098 contratos asinados fronte a 4.328 persoas menos anotadas como desempregadas con respecto a xuño\". O sindicato nacionalista indica que unicamente o 6,6% dos contratos subscritos neste período foron rexistrados baixo algunha modalidade de contratación indefinida. \"Ou o que é o mesmo: 9 de cada 10 contratos foron temporais\". Desde CCOO inciden en que o aumento da contratación temporal multiplica por catro o estatal. \"Lidera a precariedade laboral no Estado cun aumento catro veces superior dos contratos temporais\", denuncia. No Estado aumentan os contratos temporais nun 5,13 % e na Galiza un 22,38 %. Comisións considera que estamos, \"unha vez máis\", ante uns datos cuantitativamente bos, pero cualitativamente \"moi preocupantes\". O volume de emprego creado aínda está moi lonxe do que había antes da crise e a calidade de emprego é moito peor."}
{"ID": "NOS_47078", "summary": "As bases dos certames de ilustración ligados ao sector literario, mais non só, adoitan botar por terra a moral das e dos profesionais do sector. Os ilustradores Víctor Rivas e Celso Martínez explican a 'Nós Diario' as problemáticas que crean algunhas destas convocatorias, que afondan raizames en cuestións que veñen de longo e teñen a ver coa propia concepción dun traballo artístico moi precarizado.", "text": "Hai uns días, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), desaconsellaba nas súas redes participar no I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, organizado polo Concello da Estrada e a Xunta. \"Na convocatoria detectamos condicións que atentan contra os intereses dos participantes: traballo especulativo, prazos ínfimos, premio exiguo, cláusulas abusivas de cesión de dereitos...\", explicaba a entidade. Esta reivindicación menciona unhas características que son habituais nos certames desta sorte e que o profesional Víctor Rivas liga coas dinámicas a nivel literario: \"Convócanse galardóns nos que o premio é publicar\". A remuneración, cando existe (neste caso era de 2.000 euros), rolda o que a persoa ilustradora recibiría por un encargo dun libro, o que implica traballar correndo o risco de que sexa de balde, argumenta o seu compañeiro de oficio Celso Martínez, algo que só compensaría por unha cantidade equilibrada co traballo realizado, coinciden ambos os dous. \"Un álbum de 24 páxinas poden ser dous meses dez horas ao día, con fins de semana\", valora Rivas. \"As editoriais practicamente xa non len manuscritos, están ademais a mínimos\", sintetiza Rivas O recoñecido ilustrador opina que a actual proliferación de certames suple coa sona da obra o investimento en publicidade, pequeno no sector do libro, convertendo a industria nun \"mercado dos premios\". \"As editoriais practicamente xa non len manuscritos, están ademais a mínimos\", sintetiza. Así, a única maneira de publicar semella presentar os traballos a ese crecente circuíto de galardóns, dos que tamén saen obras recomendadas. A isto súmase o pago do traballo. As persoas ilustradoras de libros cobran en concepto de dereitos de autor, que supoñen por volta de 10% do prezo de venda ao público. Se coincide que esta profesional é autora tamén do texto leva esta porcentaxe, mais se só debuxa ficaría con 2-3%, ou até 5% se se trata de álbum ilustrado ou de banda deseñada. Para facérmonos unha idea, dun libro que se vende a 10 euros, levaría entre 20 e 50 céntimos. Ademais, \"estás moi atado para negociar, porque o que sacas a maiores quítasllo ao escritor\", matiza Rivas. Os contratos que se derivan dos premios adoitan ser peores neste senso, con índices de 8% para o autor ou autora. \"Considérase que che pagaron por facelo\", explica Rivas, volvendo nesa carioca co rabo na boca ás baixas dotacións. Sobre esta porcentaxe negócianse adiantos. Logo \"non vas cobrar máis, pois non adoitan ter unha segunda edición\", di Martínez. \"O mercado está saturado, as tiradas normalmente son pequenas\", engade. \"É unha forma de escravismo, adiantando traballo\", di Rivas. Ao traballo sen cobrar únese que \"todos os meses tes que paragar autónomos por se cobras dereitos, aínda que sexan 60 euros\". A cesión de dereitos Outro dos principais problemas que atopamos nas bases dos premios ten relación coa cesión dos dereitos. O importe do galardón considérase nese concepto, normalmente para a primeira edición. Aliás, Rivas sinala que os contratos son férreos, non se poden negociar e practicamente converten as editoriais en axentes. \"Por regra xeral, cedes os dereitos para todo, non podes cobrar máis nada\", sentencia Martínez \"Por regra xeral, cedes os dereitos para todo, non podes cobrar máis nada\", sentencia Martínez. Con isto refírese á frecuente inclusión nos escritos dos dereitos de traducións a outros idiomas. \"Iso non é legal, a Lei de Propiedade Intelectual [LPI] non permite que cedas os dereitos así, aceptando, no caso dos premios, un contrato que nin sequera viches\", protesta. Estas condicións fan moi difícil a profesionalización. Martínez cre que o problema o ten, sobre todo, quen acaba de saír das escolas. \"As novas xeracións non coñecen as condicións que había nos anos 2000, que xa eran malas\", conclúe, apuntando un empeoramento do contexto. \"As novas xeracións non coñecen as condicións que había nos anos 2000, que xa eran malas\", conclúe Martínez \"Eu levo 20 anos traballando, teño un estilo, unha carreira... Pero vivo disto porque aínda busco moito traballo fóra do Estado\", asegura. El mesmo reside en Madrid desde hai dez anos, emigrado pola imposibilidade de vivir do seu na Galiza, e admite ter que negociar aínda por non aceptar esta sorte de cláusulas abusivas. Soas ante o perigo Un dos problemas, que agrava a actual situación sociosanitaria, é o illamento dun sector que conforman maioritariamente persoas autónomas e a falta de diálogo entre elas, que lles impide ter unha forza real para negociar fronte ás editoriais, que son \"empresas que buscan beneficio\", lembra Martínez, \"nós non podemos competir en igualdade de condicións\". Aliás, intentar denuncialas leva parello o estigma de entrar na lista negra e perder opcións laborais. Rivas fala ademais da importación dun modelo que xa sufriu a industria da música décadas atrás, coa proliferación de empresas que cobran por publicar, algo insostíbel que acompaña a idea da ilustración como un entretemento, mais non como unha profesión. Doutra banda, advirte que o negocio está nun momento no que vai ter que cambiar: \"Xa gañei máis autoeditando\". Cumprir os acordos \"As leis e os acordos están aí, pero hai que cumprilos\", reivindica Martínez, que cre que axudaría un mellor coñecemento da propia LPI, tamén desde as escolas. En 2003 vía a luz, froito do acordo co gremio de editores, o Libro Branco da Ilustración Gráfica. Porén, en 2007, a Comisión dos Mercados e da Competencia prohibía publicar as tarifas, que xa non se inclúen na revisión de 2011 deste documento. Así e todo, Martínez denuncia que o maior peso dos departamentos de márketing nas empresas, fronte aos editoriais, fai que se pasen por alto os acordos. Coa necesidade dun marco lexislativo que dea solución a esta problemáticas, desde distintas entidades estase a facer fincapé na importancia dun Estatuto do Artista que se adapte á realidade dos distintos empregos culturais. Alén do labor de asociacións como a AGPI, en maio do pasado ano xurdía a plataforma A creación literaria galega en perigo de extinción, procurando unir sinerxías para enfrontar problemáticas comúns das autoras, quer ilustradoras quer escritoras."}
{"ID": "PRAZA_13323", "summary": "Greenpeace achega a realidade do sector pesqueiro galego en Corcubión, desde onde reclama maior apoio á pesca artesanal, que dá traballo directo a máis de 30.000 persoas no país e supón case o 90% da frota malia recibir tan só o 20% das subvencións. \"Este sector non ten quen o defenda; levaremos a súa voz a onde faga falta\", advirten.", "text": "Unha reivindicación da pesca sostible e unha petición de maior apoio e axuda. A organización ecoloxista Greenpeace desprazouse este luns a Galicia nunha xornada en defensa da pesca artesanal. Atracou en Corcubión como peirao e ría simbólica dun país onde, como eles mesmos destacan, as artes artesanais dan traballo a máis de 30.000 persoas de xeito directo e que conta con máis de 4.000 embarcacións, case o 88% de toda a frota pesqueira. Nesta vila da Costa da Morte, 27 embarcacións de baixura e 90 traballos directos. \"O sector artesanal é o que máis vela polo benestar dos ecosistemas mariños ao utilizar artes moi selectivas, sen case descartes, o que permite un equilibrio entre os recursos dispoñibles e as capturas\", destaca Greenpeace, que lembra que malia a idoneidade desta pesca, tan só recibe o 20% das subvencións procedentes da UE para un sector que este luns quixeron dar a coñecer e no que, como lembra a organización, \"de cada posto no mar créanse catro na terra\". Mariscadores, pescantinas, conserveiras, redeiras... A pesca artesanal supón o 88% da frota galega pero só recibe o 20% das subvencións Xa que logo, a organización ecoloxista \"esixe\" á Xunta e ao Goberno central que \"apoien sen fisuras o sector artesanal tanto nos foros estatais como europeos\", xa que representa o 80% da pesca total do Estado e non conta con representación nin do Executivo central nin do autonómico. Durante a visita a Corcubión, e acompañados por varios representantes políticos, os membros de Greenpeace comprobaron desde o mar o traballo dos mariñeiros con distintas artes para capturar pescada, xurelos ou fanecas, tamén rodaballo, xiba ou san martiño, e descubriron a arte do xeito para a sardiña ou o labor dos mergulladores que capturan longueiróns en apnea. Celia Ojeda, responsable de Océanos e Pesca en Greenpeace, atendeu a Praza nada máis volver ao peirao para reivindicar \"unha pesca artesanal que ninguén protexe e á que non lle dan os seus dereitos\". \"Estes mariñeiros non están representados nos organismos correspondentes, non teñen quen os defenda cando eles son os que pescan de maneira sostible e os primeiros que saben que unha nasa máis ou menos pode ser fatal para o polbo; non lles dan nin bóla\", explica. \"Ninguén defende os dereitos do sector artesanal cando é o que pesca de maneira máis sostible\" \"O noso obxectivo é levar a súa voz a onde faga falta para facer que a Política Pesqueira Común teña en conta as súas demandas\", insiste Ojeda, que acudiu xunto a xornalistas e políticos a unha degustación gastronómica de produtos pescados polo sector artesanal, unha iniciativa que serve \"para que nos deamos de conta de que a pesca artesanal é parte de todos\". \"Todos podemos axudar se, por exemplo, priorizamos os produtos pescados con estas artes sobre os de arrastre\", aclara. \"Todos podemos axudar á pesca artesanal, por exemplo mercando os seus produtos antes que os do arrastre\" Greenpeace censura a Política Pesqueira Común (PPC), que considera \"un fracaso\" logo de que o 80% dos stocks pesqueiros estean esgotados xa. \"Esta reforma é unha nova oportunidade para os océanos, aínda que nin o Goberno actual nin o anterior amosaron o máis mínimo interese en apoiar unha reforma coherente cos recursos dispoñibles e coa saúde dos hábitats mariños\", reclama Greenpeace, que fai súas as reivindicacións conxuntas do sector artesanal. Greenpeace censura a Política Pesqueira Común e pide \"un cambio radical\" coa nova reforma Entre elas, a prioridade de acceso aos recursos para as artes máis sostibles, a coherencia entre cotas e recomendacións científicas , un maior control das subvencións e fondos destinadas á recuperación dos hábitats e ao apoio da pesca sostible e o establecemento de reservas mariñas. \"Lamentamos que o ministro non puidese vir a escoitar o que os pescadores artesanais lle querían transmitir; agardemos que defenda este sector en Europa ante a reforma da PPC\", asegurou Mario Rodríguez, director de Greenpeace, que espera que Arias Cañete, no vindeiro Consello de Ministros da UE, aposte \"por un cambio radical na xestión pesqueira que garanta o futuro dos océanos e dos pescadores artesanais\". En resumo, para a PPC, Greenpeace pide eliminar a sobre-capacidade pesqueira suprimindo aquelas frotas máis destrutivas, eliminar as artes destrutivas, fixar límites axustados ás recomendacións científicas, establecer plans rexionais e de co-xestión, promover as reservas mariñas e controlar o acceso aos recursos e ás subvencións só ás empresas e estados que cumpran coa normativa, promover a transparencia na trazabilidade dos produtos e favorecer as pesqueirías máis sostibles."}
{"ID": "NOS_11392", "summary": "Con Luis Picasio Carampaima son xa 84 as e os líderes defensores dos dereitos humanos asasinados en Colombia no que vai de ano. En total, 1.200 desde a firma do acordo de paz.", "text": "O Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz (Indepaz) informou do asasinato de Luis Picasio Carampaima, membro da comunidade indíxena de Catrú, no municipio de Alto Baudó, en Colombia. Con Picasio son xa 84 as e os líderes sociais e defensores dos dereitos humanos asasinados no que vai de ano en Colombia e 1.200 desde a firma del acordo de paz, segundo Indepaz. A morte de Picasio aconteceu o pasado 1 de xullo, tras a incursión no territorio indíxena de varios homes do grupo armado Autodefensas Gaitanistas de Colombia, coñecidas como Clan do Golfo, denuncia Indepaz, ao tempo que sinala que a Valedoría do Pobo xa advertira do risco en que se atopaba a comunidade Catrú e outras comunidades indíxenas da zona \"polas accións de grupos armados ilegais\" e instara o Goberno á súa \"protección e atención efectiva e urxente\". Luis Picasio Carampaima01/06/21Alto Baudó, Chocó Luis Picasio era miembro de la comunidad indígena del resguardo Catrú, ubicado en el municipio de Alto Baudó, Chocó. Con Luis Picasio Carampaima van 84 v líderes asesinados en 2021 y 1200 desde la firma del acuerdo de paz.🧵 pic.twitter.com/iR5xfz2Y5e— 🇮 🇳 🇩 🇪 🇵 🇦 🇿 (@Indepaz) July 3, 2021 Indepaz comunicou tamén esta semana o asasinato de Danilo Torres, líder social afrodescendente da localidade Magüí Payán. A súa morte produciuse pouco despois de que a Misión de Apoio ao Proceso de Paz en Colombia da Organización de Estados Americanos manifestara a súa \"profunda preocupación e alerta\" pola seguridade dos liderados étnico territoriais nos municipios de Roberto e Maguí Payán, á vez que exixiron ao Estado colombiano \"reforzar de maneira urxente as medidas de protección\". A Comisión Interamericana de Dereitos Humanos condenou a morte de Torres e solicitou ao Estado colombiano investigar o seu caso con \"debida dilixencia\" e sancionar os asasinos. Tamén exixiu implementar \"un enfoque étnico-racial nas medidas que se adopten, e implementar políticas públicas que mitiguen as causas estruturais da violencia no país\". Aliás, este domingo Indepaz tamén informou da que considera como a masacre número 47 deste ano, co asasinato en Balboa, Cauca, de tres mozos, identificados como Yeison Benavides e Camilo Galíndez mais un cuxa idetidade aínda non se coñece. Tanto Yeison Benavides como Camilo Galindez eran participantes activos das mobilizacións polo paro nacional e membros da Coordinadora de Procesos Populares e Comunitarios."}
{"ID": "NOS_21157", "summary": "No mes de agosto de 1903 é premiado, nos Xogos Florais do Círculo Católico de Obreiros de Pontevedra, o longo poema de Henrique Labarta Pose titulado \"A festa da patrona de Tabeirón\", poema que para os profesores Ricardo Carvalho Calero e Francisco Fernández del Riego é a súa mellor obra.", "text": "A leitura do poema en eventos e veladas literarios comezou a ser frecuente desde que, en xullo de 1917, formou parte do repertorio da presentación en público de Cántigas da Terra. Nese acto anúnciase como \"monólogo\" mais, na realidade A festa da patrona de Tabeirón non é un monólogo. É un poema narrativo, e como poema figura no certame dos Xogos Florais, mais a prensa mencionouno sempre como monólogo e así se chamou durante máis de 10 anos A primeira das representacións, de que teñamos constancia, deste monólogo foi en Compostela, en xaneiro de 1917, a cargo do seminarista Xosé Portela Areal, anos despois, e durante moitos, cura párroco de Cela, en Bueu. Xa en 1920 foi recitado de novo o monólogo na velada a favor de \"la Buena Prensa\" e en 1922 o recitador foi Xosé Sardiña, estudante de Dereito Canónico e anos máis tarde fundador do Fogar de Santa Margarida, chamado así por se ubicar aos pés do monte coruñés que leva tal nome. Durante varios anos máis o recitado deste poema foi habitual en festas relixiosas e actos académicos por toda Galiza. Simpático festival de rexionalismo En xaneiro de 1917, case en coincidencia co recitado en Compostela do texto de Labarta, a prensa dá noticia da constitución, na Coruña, de Cántigas da Terra que debuta, o 12 de xullo dese ano, ante o público no Teatro Rosalía da Coruña cun decorado do \"notable e respetado escenógrafo\" José Souza que fixo unha obra \"con moito carácter galego\". Compoñían Cántigas da Terra un coro de trinta mozos. Da dirección encargábase Mauricio Farto, da dirección artística Leandro Carré e da presidencia Eladio Rodríguez. Na estrea cantouse \"música popular exclusivamente da terra\" ademais de se recitar A festa de Tabeirón e representar un diálogo \"dun aplaudido autor local\". A función foi un éxito a pesar de que neste diálogo en galego se deu \"unha nota desagradábel e inoportuna con frases de mal gusto que feren o clero rural con despiadada e malévola intención\". O acto repetiuse unha semana despois co mesmo programa e Cántigas da Terra axiña se converteu nun coro mixto. As Irmandades tiveron sempre presente a necesidade de crear agrupacións onde as corais e o teatro servisen de instrumento para achegar a todo o público a lingua e a cultura. Con ese espírito nace Cántigas da Terra que rapidamente desbordou o Teatro Rosalía. El ideal Gallego noticiou aquel acto denominándoo \"simpatico festival de regionalismo\"."}
{"ID": "PRAZA_12600", "summary": "Catro de cada dez persoas en situación de dependencia xa valoradas agardan para recibir a súa prestación, a segunda peor cifra de todo o Estado. Os recortes \"retraen\" os potenciais usuarios de pediren axudas á Xunta", "text": "O \"cuarto piar do Estado do Benestar\" énchese de fendas. E en Galicia máis ca na práctica totalidade das autonomías do Estado. Un lustro despois da súa posta en marcha efectiva os recortes azoutan a Lei da Dependencia, unha norma con problemas financeiros de nacemento á que a crise está a poñer en serio risco. A Secretaría de Política Social de Comisións Obreiras vén de recompilar os datos da aplicación da norma en Galicia durante este período e, se o balance illado é cando menos discreto, a comparación coas demais comunidades sitúa o sistema galego de atención á dependencia nos asentos finais do furgón de cola nos indicadores máis reveladores, a comezar por un esencial: a lista de agarda, desbocada no último trienio. En tempos de estreiteces os autores do estudo detallan que unha das estratexias máis socorridas por parte de Administracións como a Xunta é realizar a valoración da solicitude e, unha vez diagnosticada a situación de dependencia, dilatar a elaboración do programa individual de atención (PIA), isto é, pór en marcha a prestación económica ou servizo á que ten dereito a persoa valorada. Esta é a situación na que actualmente se atopan catro de cada dez persoas que en Galicia se atopan en situación de dependencia. \"A ratio de espera en Galicia é sensiblemente superior á da media española e ademais o diferencial negativo non deixa de aumentar co paso do tempo\", explicita o informe. Así, mentres en xaneiro de 2010 o 32% con dereito recoñecido estaba a agardar -a media estatal era daquela do 25%-, no inicio de 2012 a porcentaxe de dependentes galegos valorados pero sen PIA era xa do 44%. Unha ollada ao panorama autonómico amosa a mala posición do sistema galego, que só ten por tras ao de Canarias, nun contexto no que a análise contida no informe contén que \"sen risco de equivocarse\", se pode afirmar que \"a lista de espera da dependencia e, sobre todo o feito de que medre cada vez máis é outra das consecuencias negativas dos recortes orzamentarios. Lista de agarda da Lei da Dependencia Autonomías Persoas agardando % sobre valoracións Castilla y León 5.584 8% Ceuta e Melilla 184 9% La Rioja 1.275 14% Euskadi 7.843 15% Cantabria 2.728 15% Madrid 16.750 17% Navarra 2.655 25% Murcia 10.705 28% Andalucía 74.920 28% Asturias 5.751 29% TOTAL DO ESTADO 305.941 29% Castilla-La Mancha 17.305 31% Extremadura 8.889 32% Aragón 11.433 34% Catalunya 61.002 34% Illes Balears 6.542 39% Comunitat Valenciana 29.754 40% Galicia 27.797 44% Canarias 15.134 60% Pero non é a lista de agarda o único indicador no que Galicia sae mal parada. O informe detense ademais noutro dos valores que se adoitan medir para avaliar o grao de implantación da Lei de Dependencia nun ámbito xeográfico determinado: a porcentaxe de persoas atendidas sobre o conxunto da poboación. Neste caso a base de datos permite analizar os últimos catro anos e concluír que en xullo de 2008 \"a ratio de persoas con PIA en Galicia era superior á media española\", un 0,93% fronte a un 0,55% e a situación \"mantívose en xaneiro de 2009\", aínda que coas diferenzas un chisco recortadas. \"Pero o punto de inflexión é ao longo do ano 2009\", detalla o documento, \"cando se produce un cambio radical\". Nese ano, o de cambio de cor política na Xunta, \"o diferencial positivo convértese en negativo para Galicia\". \"Sen dúbida este debe ser un motivo de reflexión e análise, que vai alén do obxectivo deste informe\", aseguran os autores. Cómpre, na súa opinión, \"explicar que ocorreu no ano 2009 en concreto, por que nese exercicio se produce unha diverxencia tan grande entre Galicia e o resto de España, de forma que mentres en Galicia cae o número de persoas con prestación, no conxunto de España sobe\", como é posible observar na gráfica que acompaña esta información. O informe considera probado que \"o cuestionamento\" do sistema e os recortes \"retrae\" as novas solicitudes Neste contexto o informe elaborado por CCOO deita luz tamén sobre outras variables non cuantitativas pero que si son un espello certeiro da situación na que se atopa o sistema de atención á dependencia, o cal tiña o pasado 1 de xaneiro un total de 89.625 solicitudes activas en Galicia. Neste sentido, o estudo explica que no momento en que a lei se comezou a aplicar \"o número de solicitudes presentadas en Galicia non deixou de aumentar\", pasando de 45.831 en 2008 ao número actual. Con todo, explican, cómpre ter en conta que o crecemento de solicitudes freou notablemente en 2011, pasando dunhas taxas de crecemento da demanda dun 35% a apenas o 1,9%. Dadas as características do propio sistema e das persoas que o utilizan a análise considera \"evidente\" que o aumento de solicitudes \"non podía ser ilimitado\", se ben tamén consideran probado que no \"estancamento do número de solicitudes\" inflúe de xeito determinante \"o deterioramento real e de imaxe ante a cidadanía que sufriu a aplicación da Lei da Dependencia no último ano\". \"As listas de espera, o atraso na posta en marcha das axudas concedidas, as políticas de axuste e os recortes\", así como \"o cuestionamento dalgúns dirixentes políticos do máximo nivel\" sobre a \"viabilidade do sistema\" están a \"provocar a desconfianza dos potenciais usuarios\", o que \"causa un retraemento nas solicitudes para acceder a el\"."}
{"ID": "PRAZA_20624", "summary": "Feijóo di non \"renunciar\" á transferencia pero asume a negativa do Goberno de Rajoy e xustifícaa polas \"tensións territoriais\". \"Son un presidente leal ao meu país, a España\", proclama O presidente aplaude a \"valentía\" de Fomento por construír o que falta da autovía Santiago-Lugo, iniciada hai 20 anos", "text": "O presidente aplaude a \"valentía\" de Fomento por construír o que falta da autovía Santiago-Lugo, iniciada hai 20 anos Rematou a partida. O Goberno de España non vai transferir á Xunta as competencias sobre a Autoestrada do Atlántico. O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, acudiu este luns a Santiago para se reunir de novo co presidente da Xunta e certificar que o gabinete de Mariano Rajoy non se moveu un centímetro de onde estaba a respecto da demanda que a unanimidade do Parlamento de Galicia formulou por dúas veces en apenas un ano. Desta volta o Ministerio non se ampara no seu errado cálculo sobre un eventual rescate da concesión nin nunha hipotética rebaixa de peaxes que obrigaría a compensar a Audasa. O Goberno popular considera que a mensaxe política que traería consigo acceder á petición galega non lle convén na actual conxuntura e por iso non a vai atender. En comparecencia conxunta no salón nobre da Presidencia da Xunta, no compostelán Pazo de Raxoi, De la Serna e Alberto Núñez Feijóo escenificaron o acto final dunha obra que comezara a representarse en decembro do pasado ano cando, acabado de chegar ao cargo como remuda de Ana Pastor, o ministro xa deixara claro que baixo o seu mandato a transferencia non ía chegar, senón que se ía substituír por unha comisión para supervisar a infraestrutura. Oito meses despois o titular de Fomento di, como daquela, que \"entende\" a \"reivindicación que se fai\", pero conclúe que a AP-9 \"ten que seguir no ámbito competencial\" do seu Ministerio. Caso contrario, o \"si\" a Galicia \"daría lugar a unha batería de procesos similares que acabaría nun certo desmantelamento das infraestruturas do Estado ao longo e ancho do territorio español\". Fomento xa non ampara a negativa en cálculos económicos, senón que a xustifica na vontade política de evitar \"un desmantelamento das infraestruturas do Estado\" Como deslizaran en público e en privado diversos cargos do PP galegos nas últimas semanas, o razoamento que os conservadores lanzan para vetar a transferencia ten Cataluña como pano de fondo. \"A ninguén se lle escapa que estas peticións se producen en distintas comunidades autónomas e no actual contexto político constitúen un elemento que xera, en ocasións, certa tensión política\", di De la Serna, quen apela a \"analizar\" a petición \"non só en Galicia\", senón cunha \"visión global na actual conxuntura\". De la Serna dixo \"non\" e, ao seu carón, Núñez Feijóo admitiu meter a petición nunha gabeta ata un futuro indefinido. A Xunta, asegura, non vai \"renunciar á transferencia\", pero vai deixar de pedila e renuncia a efectos prácticos á lei aprobada por todos os grupos do Parlamento. \"Son perfectamente consciente\" dos \"condicionantes que está vivindo España dende o punto de vista da organización territorial\" e por iso acata a decisión. \"Porque son un presidente leal ao meu país, a España\". Feijóo di non \"renunciar\" á transferencia pero asume a negativa do Goberno de Rajoy: \"son un presidente leal ao meu país, a España\" \"Renunciar\" formalmente á transferencia, admite o presidente, sería \"incumprir o compromiso dado ao electorado galego\". Pero \"non sería razoable pola miña parte omitir un dato incuestionable, as tensións territoriais ás que está sometida España\" e das que \"saben todos os españois\". \"Hai comunidades -debulla- que están solicitando autoestradas de conectividade de España con Francia\" e tal cuestión \"ten unha importancia política enorme\". Por todo isto, o xefe do Goberno galego eloxia a \"prudencia\" do gabinete de Mariano Rajoy e asume a decisión, porque \"neste momento hai que apoiar ao Goberno de todos, ao Goberno de España\" fronte á \"deslealdade máxima\" de Cataluña, dixo sen mencionar o proceso soberanista. Pagamento das bonificacións de peaxes O presidente e o ministro instan a poñer o foco en que Fomento asumirá de agora en diante o pagamento das compensacións ás que dende 2006 tamén achegaba fondos a Xunta Coa transferencia desbotada de vez tanto De la Serna como Feijóo procuran desprazar o foco cara á operación pola cal será o orzamento do Ministerio o que asuma o pagamento das compensación a Audasa por non cobrar peaxe nos treitos de Rande e A Barcala, nas contornas de Vigo e da Coruña, respectivamente. Fomento faino despois de reformular o sistema polo que calcula os fondos que lle corresponden á concesionaria e admitir, na mesma operación, que Audasa estivo a beneficiarse dende 2006 de un \"enriquecemento inxusto\". Aínda que ata agora a Xunta pagaba a metade deste importe -uns 6 millóns ao ano- o método de cálculo estaba unicamente nas mans do Goberno de España por ser, precisamente, a Administración que ten as competencias sobre a infraestrutura. O ministro De la Serna chama a ter en conta que este acordo é \"moi especial\" e responde á \"decisión política do presidente Mariano Rajoy\" e Feijóo aplaude que se realizase en \"moi poucos meses\". Agora, agrega, o que toca é \"seguir traballando\" para mellorar a \"conectividade\" da AP-9 \"con independencia da titularidade da autoestrada\" dende a devandida comisión de supervisión e con obras como a conexión coa Cidade da Cultura a través dun novo enlace en Santiago, cuxa licitación Fomento anunciou xusto antes da visita do ministro á capital galega."}
{"ID": "NOS_1584", "summary": "A alcaldesa confirma que o Concello executou a sentenza que anula a licenza para a explotación da canteira o pasado mes de novembro, tras a resolución do Tribunal Supremo que desbota a súa legalización.", "text": "A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, informou esta sexta feira de que o Concello \"xa suspendeu\" o mes pasado a licenza que permitía a actividade de Cementos Cosmos na explotación mineira a ceo aberto situada na parte superior da Cova de Eirós, un xacemento arqueolóxico recoñecido como Ben de Interese Cultural pola súa riqueza patrimonial. Esta semana, a rede ContraMINAcción daba a coñecer a resolución xudicial que anula de forma definitiva aquela licenza, outorgada polo Concello triacastelán, ao inadmitir o Tribunal Supremo en outubro o último dos recursos posíbeis, que fora presentado pola empresa, e confirmar as resolucións anteriores, que desde 2017 levan declarando a licenza ilegal, primeiro nos xulgados contencioso-adminmistrativos e posteriormente no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Nela, estabelécese –como defendía a asociación sociocultural O Iribio– que o Goberno municipal non seguiu o procedemento incorrecto no outorgamento, que debía ter contado coa autorización previa do Consello da Xunta, escoitada a Comisión Superior de Urbanismo da Galiza e a proposta da Consellaría de Medio Ambiente, ao tratarse dun espazo clasificado como solo rústico de especial protección do patrimonio. Segundo indicou a rexedora, o Concello xa ten executada a sentenza, mediante a suspensión da licenza. \"A empresa tomará as súas decisións e entre outras cousas xa presentou no seu momento unha solicitude para un título habilitante que lle permite a Lei de Urbanismo de Galiza\", aclarou Iglesias, quen afirmou que xa non hai persoal traballando nese lugar. Segundo sinalou, a empresa mandounos á fábrica de Toral de los Vados, onde \"si teñen un título habilitante que solicitaron desde 2018\". Porén, os colectivos que integran a plataforma contra a minaría destrutiva alerta de que nas últimas a actividade da canteira se intensificou, \"pondo en risco o patrimonio\", unha vez coñecida a resolución do Supremo, polo que exixen á Xunta que obrigue a empresa a presentar un plan de clausura e abandono que garanta a restauración inmediata de todas as zonas degradadas. ContraMINAcción denuncia ademais a \"tentativa de lavado de cara de Cosmos, que tamén durante as últimas semanas vén facendo a Cámara Mineira\", na que –indica a rede asociativa– chegou a afirmar que o de Triacastela é un dos \"exemplos de boas prácticas\" ou que a empresa Cementos Cosmos \"é a encargada da protección da Cova de Eirós\"."}
{"ID": "NOS_27808", "summary": "O primeiro ministro británico, David Cameron, anunciou unha lei para permitir que @s gales@s poidan decidir se queren xestionar parte dos impostos e afirmou: \"Durante demasiado tempo as decisións sobre o futuro de Gales tomáronas burócratas a centos de millas de distancia, en Westminster (parlamento británico)\".", "text": "Co independentismo escocés a puxar forte na fronte do norte (e cun referendo de autodeterminación a celebrar en 2014), semella que Londres non quer problemas no flanco oeste. Cymru (Gales), é unha das nacións que integran Gran Bretaña. Poderá votar en referendo antes de 2020 se quer aumentar as súas competencias en materia fiscal, recadando e xestionando parte do imposto sobre a renda, así como o poder de decisión do goberno galés sobre se baixar ou subir impostos e como e a onde destinalos. Un novo pacto fiscal, poderíase dicir. O anuncio foi feito polo primeiro ministro británico, David Cameron, que mesmo afirmou que \"durante demasiado tempo as decisións sobre o futuro de Gales tomáronas burócratas a centos de millas de distancia, en Westminster (parlamento británico)\". O lider británico conservador quer con esta xogada, para algúns analistas, reforzar e ampliar a autonomía galesa (Gales goza de goberno e asemblea propios desde 1999) como parapeto que escorrente o apoio a opcións independentistas. Cymru A Asemblea Nacional de Gales (Cynulliad Cenedlaethol Cymru) é o Parlamento desta nación histórica, un órgano composto por 60 deputad@s. Deses 60 escanos, 11 son de Plaid Cymru (Partido de Gales), a principal organización política nacionalista, que obtivo o 11,3% dos votos nas eleccións de 2011 á asemblea. Ten, tamén, 3 deputad@s no Parlamento de Westinster e unha eurodeputada en Bruxelas, onde o Plaid Cymru está integrado na Alianza Libre Europea. Das nacións sob soberanía británica Cymru é na que o idioma propio é máis falado. Desdee logo, moito máis que o gaélico-irlandés en Irlanda do Norte e o gaélico.escocés en Escocia. O estudo de uso da lingua galesa (Cymraeg) de 2004 indica que o 21.7% da poboación de Cymru é falante de galés. O censo de 2001 tamén mostra que sobre o 25% dos residentes en Cymru naceran fóra deste país."}
{"ID": "NOS_17876", "summary": "O organismo xestor da conca, que depende do Estado español, acusa Medio Ambiente de manipular a información sobre a comunicación do baleirado das presas de As Portas e Cenza.", "text": "A Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de abrir un expediente sancionador á á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) -dependente do Estado español- \"pola súa responsabilidade no baleirado dalgúns dos encoros hidroeléctricos máis importantes desta conca\". Porén, este organismo xestor da conca rexeita responsabilidades e acusa o Goberno galego de \"mentir\", ademais de remitirse a comunicacións realizadas á administración galega. O departamento medioambiental aclara a través dun comunicado que, como institución competente en materia de protección da riqueza piscícola na Galiza, adopta esta decisión \"ante a constatación de que a CHMS, máxima autoridade respecto ás actuacións hidráulicas que se executan na conca do Miño-Sil, obviou a súa responsabilidade ao non trasladar á Consellería a petición da autorización necesaria para protexer á poboación ictícola ante un posíbel baleirado\". O Goberno galego, a través da consellaría, incide en que a responsábel das presas e das concesións hidroeléctricas nesta conca, \"non notificou formalmente en ningún momento á Xunta, a pesar de estar legalmente obrigada a facelo, a intención das empresas [eléctricas] de proceder ao baleirado dalgúns dos encoros que xestionan\". \"Actuaron sen esperar polas autorizacións preceptivas e oportunas por parte da Consellaría, que nin sequera foi informada pola CHMS\", lamentan fontes do departamento, que ademais aluden a que o regulamento de ordenación da pesca fluvial no país sinala como unha condición esencial para poder proceder ao baleirado dunha masa de auga que a concesionaria \"o deberá comunicar cunha antelación mínima dun mes ao órgano competente\". \"Carece de sentido que a CHMS pretenda facer unha interpretación interesada do regulamento, co único fin de desviar a atención da súa responsabilidade por incumprir a normativa vixente\", lamenta no comunicado distribuído esta sexta feira, un documento no que subliña que \"varios correos desmontan a manipulación da Xunta sobre a falta de información previa ao baleirado dos encoros ourensáns de As Portas e Cenza\". O organismo de conca reprocha á Xunta unha suposta \"manipulación\"\"Estas comunicacións do descenso superior ao 80% de volume en Cenza e As Portas producíronse o 10 de xuño e o 12 de xullo, respectivamente, cumprindo a normativa autonómica de pesca fluvial\", sosteñen desde o organismo de conca.\"Estamos sorprendidos e indignados de que unha administración, que se presupón seria, manipule acerca da comunicación do baleirado, por baixo do 20%, dos encoros\", critican. \"Esta comunicación, da que varias conselleiras e o propio presidente din que non ter constancia, curiosamente, recibírona por partida dobre, máis concretamente, na Consellaría de Medio Ambiente a través do seu servizo provincial en Ourense e da Consellaría de Presidencia a través do 112 da Galiza\", garante o presidente da Miño-Sil, José Antonio Quiroga."}
{"ID": "NOS_26676", "summary": "Propón crear unha canle pública en galego específica para público infantil e xuvenil", "text": "O BNG vén de lanzar unha a campaña especialmente dirixida ao colectivo de xente moza e centrada no que, a día de hoxe, é o seu espazo de comunicación de referencia: as redes sociais e aplicacións móbiles como whatsapp. Unha campaña, co gallo do Día das letras Galegas, nas que se chama a tirar con prexuízos e apostar no galego. 'Aos prexuízos, sácalles a lingua' é o título do vídeo no que o BNG anima a xente moza a usar o galego sen ningún tipo de complexo tamén nas súas redes sociais, superando tópicos e lugares comúns. \"Convidamos á xente moza a sumarse á rebeldía do galego, sen prexuízos, para que sexan o motor da recuperación do noso idioma, que sexan protagonistas no proceso de normalización da lingua\", explicou a portavoz nacional, Ana Pontón. Aos prexuízos...sácalles a lingua! #QueremosGalego Grazas a @AinhoaLopezRodr e @iagovarela polas capturas. pic.twitter.com/AGPvWozggK— BNG (@obloque) 11 maio 2017 Os datos do Consello da Cultura Galega indican que cada día compártense máis de 60.000 millóns de mensaxes de whatsapp en todo o mundo, máis de 1.500 millóns usan facebook e 943 millóns acceden a diario a esta rede social mentres que, cada mes, 500 millóns de persoas usan instagram. De aí a importancia de que o galego estea nesas redes. Pontón salientou a \"vitalidade\" do galego nas redes socias, que ocupa o lugar número 26 na lista de linguas máis usadas en internet, dato significativo tendo en conta que hai censados 6.000 idiomas diferentes. O BNG denunciou a \"asfixia económica\" que o Executivo galego comete coa lingu,a cun recorte de 100 millóns de euros para normalización lingüística. \"Así é imposible avanzar no uso do idioma que precisa apoio e estímulo, pero recibe recortes\", opinou. \" Debuxos e series en galego O Bloque formula dúas propostas concretas a favor do galego focalizadas na xente moza no ámbito do ensino e no ámbito audiovisual. No que atinxe ao primeiro, propuxo unha nova política lingüística no ensino \"integradora\", que garanta que todos os mozos e mozas teñan o mesmo coñecemento e manexo do galego e do castelán. E, en segundo lugar, crear na televisión pública unha canle específica para o público infantil e xuvenil con programación de calidade que aporte referentes modernos e actuais en galego ás novas xeracións, a través de produtos como os debuxos animados ou as series de televisión."}
{"ID": "NOS_8432", "summary": "A Federación Rural Galega (FRUGA) denuncia e recurre a súa exclusión ás eleccións do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida 'Tenreira Galega'", "text": "A FRUGA considera que a súa exclusión no proceso electoral ao Consello Regulador de Tenreira Galega supón un \"veto\" xa que cumpren coas esixencias legais recollidas nas bases da convocatoria. O Consello Regulador está composto por 14 membros, entre representantes do sector industrial e do sector productor, no que se atopan o censo de ganderías que é no que a FRUGA apresentou a súa candidatura. Segundo a FRUGA, a súa presentación impediría un \"que se repartiran as prazas correspondentes do censo de ganderías e obrigaría a celebrar eleccións\". Alén disto, a FRUGA denuncia que s elle prive aos 7000 titulares de explotacións inscritas en Tenreira Galega do debate natural en todo proceso electoral e, ao tempo, do seu dereito ao voto. A FRUGA presentará un recurso contra a impugnación da súa candidatura ás eleccións."}
{"ID": "PRAZA_2506", "summary": "O litro de leite galego pagouse en setembro a 28 céntimos, uns tres por baixo do que custa producilo, e mantívose como o máis baixo do Estado. As organizacións agrarias seguen a esixir solucións e Medio Rural ínstaas a \"sumarse\" ao acordo asinado no Ministerio.", "text": "O pasado verán o sector lácteo galego botouse ás rúas e ás estradas para reivindicar un leite con prezos xustos. As protestas, que se estenderon por múltiples puntos do país, culminaron coas grandes tractoradas de Lugo e Santiago e co traslado das protestas ás industrias e distribuidoras, que foron bloqueadas. Todas estas reivindicacións tiñan a vista posta no acordo que finalmente se pechou o 23 de setembro no Ministerio de Agricultura sen as grandes organizacións gandeiras galegas pero co aplauso e case co entusiasmo da Xunta, que non aforrou eloxios para os gandeiros que optaron por descolgárense das mobilizacións. Mentres todo isto acontecía, os prezos do leite seguían por baixo dos custos de produción. Como detallou este diario, a produción de cada litro de leite galego supón arredor de 31 céntimos para os gandeiros e para que ningún elo da cadea perda cartos polo camiño, o produto non debera custar nas tendas menos de 61 céntimos. Eses 31 céntimos roldáronse no prezo medio acadado no conxunto do Estado, segundo datos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). Mentres, a media dos prezos declarados polos compradores e recompilados pola Consellería do Medio Rural indican que o sector galego aínda está uns 3 céntimos por baixo do equilibrio. O litro leite estivo en setembro uns 3 céntimos por baixo do que custa producilo Sempre segundo estes datos oficiais, o prezo medio que as explotacións gandeiras de Galicia recibiron polo seu leite en setembro roldou os 28,3 céntimos por litro de leite, o que implica que por cada 100 litros de leite recibiron apenas 60 céntimos máis que en agosto. Estes prezos están, polo tanto, aínda máis de 10 céntimos por baixo do que percibían os gandeiros a comezos de 2014, antes da fin do sistema de cotas. A lixeira alza dos prezos do leite en setembro deixa os gandeiros galegos, comparativamente co resto do Estado, onde estaban. O leite galego segue sendo máis barato de todas as autonomías e continúa na banda baixa da Unión Europea, tal e como reflicten o FEGA e mais a Comisión Europea e se pode observar nos gráficos que acompañan esta información. As comunidades autónomas nas que o leite está mellor pagado son Canarias (44 céntimos o litro), Andalucía e Euskadi (34 céntimos). No conxunto da UE os prezos máis altos son os de Chipre (55 céntimos, Malta (49) e Grecia (41). Análise do sector e da Xunta Para a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego, que agrupa as principais entidades que impulsaron as mobilizacións do verán, os prezos que perciben as explotacións amosan ás claras que \"os problemas do sector\" seguen a ser moitos e \"a maioría están aínda pendentes de solución\" malia ao acordo asinado en Madrid, \"polo que se require unha actuación urxente por parte da Consellería do Medio Rural\". \"O tempo pasa e o sector non ve solucións; os prezos do leite seguen a ser os máis baixos do Estado e non cobren os custos de produción, as relacións interprofesionais son unha materia mendente e os comproisos adquiridos no acordo aínda non se concretaron\". Así, resaltan, segue pendente a promulgación dun decreto de garantías e a aprobación dun modelo de contrato tipo. A nova conselleira di desexar que a suba de prezos sexa \"maior\" e insta as organizacións agrarias a \"sumarse\" ao acordo de setembro: \"É o mellor que poden facer por Galicia\" A plataforma, como tal, está pendente dunha xuntanza coa nova conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que a pasada semana recibiu os representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asaja-Galicia. No marco dese encontro Vázquez mantivo unha postura semellante á amosada por Rosa Quintana mentres foi responsable do departamento: \"O mellor que poden facer por Galicia\" as organizacións agrarias, di, é \"sumarse ao acordo lácteo\", xa que \"instarían a que se cumprise dende o principio ata o final\". Os prezos, di a conselleira, \"incrementáronse levemente\" no último mes e, se ben \"desexa\" unha \"suba maior\", a leve alza é un \"paso positivo\"."}
{"ID": "NOS_26268", "summary": "Sanidade abrirá os sete centros de vacinación masiva este sábado e varios puntos eventuais nos sete campus universitarios os días 13 e 14 de setembro para facilitar a cobertura daquelas persoas pendentes de completar a súa pauta contra o coronavirus.", "text": "\"É o momento de adaptar as medidas\", remarcou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que esta cuarta feira anunciou as medidas que rexerán na Galiza dada a \"boa situación epidemiolóxica\". Mais sen dala por resolta. \"A pandemia segue\", advertiu, e a variante Delta representa 99% dos casos sen descartar a posibilidade doutras novas se a transmisión do virus avanza a nivel global. \"Tranquilidade\" O xefe do Executivo galego puxo o acento na vacinación e na situación de \"tranquilidade\" que vive agora mesmo Galiza nun contexto de pandemia. Con 85,8% da poboación diana coa pauta completa, cun 75% de contaxios rastrexados desde a súa orixe e unha incidencia que segue a diminuír. Segundo salientou, un total de 125 municipios non rexistraron casos nos ultimos 57 días, o que favoreceu un descenso máis acelerado da incidencia acumulada a 60 e 173 casos por 100.000 habitantes a sete e 14 días respectivamente, por baixo da media estatal. Cambios na vacinación Nuñez Feixoo destacou a evolución dos datos para reforzar a idea de \"estabilidade\" e dar por superado o pico da quinta vaga. Un momento que chama a remudar algunhas medidas para outorgarlles un carácter máis estábel. Así, avanzou o novo protocolo para a hostalaría que entrá en vigor o 15 de setembro e anunciou cambios no proceso de vacinación. Comeza a administración de doses sen cita previa. O sábado abrirán por primeira vez os centros de vacinación masiva das sete cidades galega para darlle cobertura a quen está pendente de se inocular contra a Covid. Calquera galego ou galega que o desexe, poderá acudir sen cita previa, e recibir a a primeira dose. Na mesma liña, a vindeira segunda e terza feira, 13 e 14 de setembro, Sanidade habilitará puntos de vacinación nos sete campus para que calquera persoas do ámbito da universidade galega poidan levar unha picada contra o coronavirus. Doutra banda, confirmou Feixoo, a Xunta mantén o 19 de setembro como data prevista para ter vacinada toda a poboación maior de 12 anos, co obxectivo de abrir as aulas de secundaria coa maior porcentaxe de alumnado coa pauta completa. Cambios no mapa de concellos Galiza ficará desde esta fin de semana sen concellos en nivel máximo de restricións pola Covid. Tras a reunión semanal do Comité Clínico, o Goberno galego acordou situar Melide, Monforte, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo no nivel alto. A partir deste sábado quedarán no nivel medio Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán. Todos os municipios restantes situaranse no nivel baixo. As cifras da Covid Os indicadores da evolución da pandemia na Galiza reflicten a mellora da situación epidemiolóxica. O alivio advírtese tanto na presión hospitalaria como no número de novos contaxios. Nos hospitais galegos hai 21 pacientes menos ingresados con Covid. Con todo, a ocupación das unidades de coidados intensivos advirte dunha suba lixeira que convida a seguir estremando as precaucións. Así, Sanidade informa de 120 pacientes hospitalizados en planta, 24 menos que un día antes, e 49 en áreas de críticos, tres máis. Destes, 15 corresponden á da Coruña, oito á de Ourense, sete á de Vigo, outros tantos á de Ferrol, catro á de Pontevedra, catro en Lugo e outros tantos á de Santiago. Os novos positivos sitúanse en 150, fronte aos máis de 300 de hai unha semana ou o millar de hai un mes. Por áreas sanitarias, as novas infeccións descenden en todas, excepto nas de Vigo, Lugo e Pontevedra, que rexistran lixeiros incrementos. Así, do total, Vigo sumou 42 novos contaxios Santiago, 28; Lugo, 26; A Coruña, 16; Ourense, 16; Pontevedra,13, e Ferrol, tres. Galiza roza os 5.000 casos activos por coronavirus. Hai 5.177 persoas coa infección por coronavirus lonxe xa das case 8.000 de principios de mes ou das 19.435 que chegou a marcar o pico da pandemia. Desde o inicio da pandemia faleceron con Covid 2.592 persoas con Covid tras notificar Sanidade a morte de dous homes, un de 65 anos, no Chuac da Coruña, e outro, de 79, na residencia de maiores de As Gándaras de Lugo."}
{"ID": "NOS_16310", "summary": "A proposta do grupo máis coñecido da formación, o que lidera Pablo Iglesias, non acaba de gustar noutros sectores, como o de Pablo Echenique, que cre que non presentarse ás locais pode \"desmobilizar\".", "text": "A proposta do candidato e líder de Podemos, Pablo Iglesias, e do seu círculo máis achegado de non presentarse ás municipais ante as dúbidas que lles xera a irrupción de moita xente que se cadra, segundo considera, podería traizoar os principios da formación, xa está sendo respondida desde dentro, por exemplo polo grupo que lidera outro eurodeputado como Pablo Echenique, que xa afirmou de forma pública que pensa que \"me dá a impresión de que as dúas solucións extremas [só presentarse nas autonómicas de certos territorios españois] non son óptimas: tanto non concorrer a ningún concello como facelo a todos. En Galiza hai división entre quen quere entrar nas Mareas e quen pide candidatura propia baixo a marca das Europeas \"De cara ás xerais, creo que a proposta de Iglesias é moi intelixente e vexo as súas vantaxes, aínda que penso que podería desmobilizar a algúns círculos municipais con gañas de ir ás eleccións\", engade. En Podemos, forza que aínda está creando unha estrutura baixo moitas présas e perigos como asume o seu núcleo máis coñecido, hai división sobre os pasos a dar ante os vindeiros comicios, tamén en Galiza, onde un sector quere entrar nas Mareas ou iniciativas semellantes e outros presentar listaxes propias."}
{"ID": "NOS_49533", "summary": "Paulo Fernandes Mirás (Ordes, 1990), formado em inglês e galego-português na Universidade da Corunha, onde continua os seus estudos de doutoramento em Estudos Literários. Nestes anos deu-se a conhecer como antólogo de Ricardo Carvalho Calero (2019) e Ernesto Guerra da Cal (2020) com obras publicadas em Através, ainda que ao primeiro ao que tem dedicado mais estudos, como a biografia Ricardo Carvalho Calero (Ir Indo, 2020) ou a edição da obra completa que forma parte da sua tese. Numha investigação para esta deu conta da aparição dum poemário inédito que será editado ao longo deste ano. Também em 2022 debutava como autor literário em Através com o livro de poemas 'Estado Demente Comrazão' (2022).", "text": "—Como nasce o seu interesse por Ricardo Carvalho Calero?Penso que como todas as pessoas que fizemos estudos em Filologia começou polo seus estudos sobre a literatura e também no conhecimento da sua Gramática. Daquela eu não sabia que também era autor literário até que dei com um exemplar de Pretérito imperfeito, a sua antologia de 1927-1962, num alfarrabista. Gostei e posso dizer que segui mercando os seus livros e que esses livros me trouxeram até aqui. Polo meio ainda dediquei à sua obra os trabalhos de fim de grau e algum mais do mestrado, também unidades didáticas no curso de formação de professorado. —Como deu com esse inédito do autor?Ao longo da tese, que é uma edição da poesia completa, reunira já umas 50 entradas, entre livros, revistas… e o último passo era ir à sua biblioteca pessoal, que está no Parlamento Galego por mão de Pilar García Negro. Ainda hoje não está catalogada por completo e é uma loucura o caos que ali há. Depois de dar muitas voltas atopei lá mais de cem versões alternativas de poemas, trinta poemas inéditos e, a mais, este poemário composto de 61 poemas, 39 deles também completamente inéditos. —Fale-nos mais desse achado.O seu título é Feixe levián e leva as datas de 1934-1948. Fora enviado a Buenos Aires ao certame do Centro Gallego. Disto há várias referências na correspondência com Francisco Fernández del Riego: nunca menciona o título, mas sim o tamanho do pacote que enviou. É um pacote que não se corresponde com outras obras que foram premiadas depois como a obra de teatro O filho e sim parece ser este Feixe levián. É uma obra da que depois recicla alguns poemas: tem cinco partes e da primeira e da segunda há vários poemas que apareceram em Poemas pendurados de un cabelo (1952) e um poema que sairá em Salterio de Fingoi (1961), mas o resto apareceram em revistas ou são inéditos. Entre eles aparece também um que publicou Pilar García Negro em Sermos Galiza no 2015 depois de atopá-lo no arquivo de Cunqueiro, pero aqui com um título que não figurava e com a data de que foi escrito em 1934. O teatro amador segue a manter viva a obra escénica de Carvalho Calero —Poderemos ler esses inéditos?Falei com Maria Victoria Carballo-Calero para ver de publicá-lo e deu-me licença. Pensei então em Miguel Anxo Fernán Vello que já me tinha comentado que queria publicar a obra completa e alegrou-se muito de saber que aparecera um poemário inédito e mostrou-se feliz de publicá-lo também. Sairá com Espiral Maior, seguramente já em 2023, pois ainda queda trabalho e há partes ainda por descifrar: está mecanografado, pero a tinta deixou alguns borrões. Como curiosidade, sabemos pela sua correspondência que foi escrito com uma máquina de escrever emprestada e que esta seria a quarta cópia, as outras foram enviadas ao certame da Argentina e não as conservamos. —Foi injusto que a Real Academia não prorrogasse o Dia de Carvalho Calero depois da pandemia?Acho que faltaram muitas coisas, embora houvesse obras interessantes, e há muitos coletivos e pessoas que reclamaram mais um ano, igual que aconteceu com outras homenagens. Também o tratamento institucional e editorial foi melhorável: reeditar a primeira versão de A gente da Barreira (1951/1982) e não a que ele revisou antes de morrer é um desrespeito. Sobre tudo quando a mesma editora eligiu reeditar as últimas versões doutras obras."}
{"ID": "NOS_16244", "summary": "A festa do deporte universitario terá lugar o 29 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia. Entregaranse os Premio Vida e Premio Acción Solidaria, que se sumarán ao xa habitual Premio á Excelencia Deportiva.", "text": "Os deportistas galegos de elite Javier Gómez Noya e David Cal participarán na XXI Gala do Deporte que organizará o 29 de novembro a Universidade de Vigo. A festa do deporte universitario quere recoñecer de xeito público o esforzo d@s mellores deportistas no ano que agora remata. Este ano hai galardóns novos, como son os Premio Vida e Premio Acción Solidaria, e entregarase o doutros anos á Excelencia Deportiva. A intención de destacar a traxectoria persoal e deportiva dun deportista na súa madurez é o obxectivo do Premio Vida que, nesta ocasión, entregarase ao olímpico Carlos Pérez Alonso, atleta nado en Vigo en xuño de 1935. Este galardón quere lembrar a \"deportividade e entrega absoluta sen compensación económica algunha\" deste atleta que foi 46 veces internacional absoluto e campión de España da mesma categoría, ademais de participar nos Xogos Olímpicos de Roma 1960, México 1968 e Munich 1972. O olímpico Carlos Pérez Alonso levará o Premio Vida O Premio aos proxectos que sirvan como modelo de boas prácticas na utilización do deporte como vehículo de integración social, o denominado Acción Solidaria, foi este ano para o proxecto elixido foi Discamino, liderado por Javier Pitillas e o mozo xordocego vigués Gerardo Fernández, protagonistas dunha auténtica aventura que os levou a facer o camiño de Santiago pedaleando un triciclo tándem dirixido por Pitillas. Oito finalistas optarán ao Premio á Excelencia Deportiva que se fallará esa mesma noite."}
{"ID": "NOS_36655", "summary": "Tres escanos no parlamento da UE e un 5,1% dos votos emitidos, cun notábel incremento con respecto ao 2009. Estes son os resultados que lle outorga a enquisa que hoxe publica o xornal El País á coligación coa que se presentaría o BNG ás eleccións europeas de maio.", "text": "A enquisa elaborada por Metroscopia para El País, dálle á coligación coa que se presentaría o BNG un importante incremento con respecto aos datos obtidos no 2009. A candidatura nacionalista de esquerdas obtería un 5,1% dos sufraxios, o dobre do 2,5 % acadado nas eleccións do 2009. Os votos corresponderíanse con tres escanos no parlamento europeo para a coligación nacionalista. O estudo electoral contempla unha lista electoral formada por ERC, BNG, Aralar, Los Verdes, EA, Cha e Entesa per Mallorca. A enquisa recolle tamén o dato de que o PP non sería a forza máis votada por vez primeira nunhas eleccións estatais. Desde que hai catro anos se convocaran as anteriores eleccións europeas, a enquisa mostra unha clara diminución na afección da cidadanía á UE. A porcentaxe de persoas que pensan que a entrada na UE foi beneficiosa para a España diminuíu, segundo Metroscopia, do 80 ao 65%. Co respóndese con ese dato o incremento de quen opina que foi prexudicial que pasa do 9 ao 24%."}
{"ID": "PRAZA_7488", "summary": "A conselleira Rocío Mosquera nega as restricións na asistencia sanitaria para as persoas inmigrantes e os recortes orzamentarios que lle reprocha a oposición en pleno", "text": "Xa o dixera o presidente e a conselleira ratifícao ao presentar os orzamentos do seu departamento. A titular de Sanidade, Rocío Mosquera, acudiu este luns ao Parlamento para explicar as contas que xestionará ao longo de 2013 e deixou caer que, como nos anteriores paquetes de recortes, o Goberno galego aplicará o repagamento no transporte sanitario non urxente en canto o Ministerio de Sanidade o determine. Tras unha primeira exposición xenérica, sen apenas baixar ás cifras, os grupos da oposición reprocháronlle a Mosquera que non tocase os recortes orzamentarios que vén sufrindo o Sergas dende o inicio da crise. E a conselleira confirmou que as ambulancias non urxentes tamén se pagarán. \"Quen a escoite pensaría que non é a conselleira de Sanidade de Galiza\" por \"non falar do impacto dos copagamentos e dos recortes\", reprochou o nacionalista Carlos Aymerich. \"Escoitándoa a vostede, parece que nos está a falar doutros orzamentos, o malo é que cos números non funciona iso de que todo depende\", agregou a socialista Carmen Acuña. \"Evidentemente, nas ortopróteses e no transporte sanitario cumpriremos a normativa\" estatal ou, o que é o mesmo, a Consellería reproducirá en Galicia o novo repagamento que chegue de Madrid. Será, di, \"adaptado á nosa demografía\" e \"analizándoo coas asociacións de pacientes\", pero será. \"É como se nos veñen atracar e lle temos que dar as grazas ao atracador por non nos dar unha malleira\", ilustrou a voceira de AGE, Eva Solla, para ilustrar o impacto das tesoiradas. A conselleira nega as restricións na asistencia sanitaria para as persoas inmigrantes O reproche da parlamentaria de Alternativa chegaba despois de que a conselleira realizase unha autogabanza dos seus orzamentos \"realistas\" que, afirma, reflicten que en Galicia as medidas non son \"tan drásticas\" e por iso \"tanto os profesionais as entenderon e as apoiaron\". \"Algúns terán cartos para pagar o que xa non dea o Sergas e os demais terán que asumir o risco de enfermar\", abondou Solla. \"Continúan co imparable deterioro da sanidade pública, lévannos camiño de Madrid\", subliñou Acuña. Ambas referíanse a, entre outras restricións, as aplicadas ás persoas inmigrantes, inexistentes segundo a conselleira: \"Non hai ningún cidadán que estea a vivir en Galicia que non teña asistencia sanitaria segundo as súas necesidades, para iso creamos o programa de protección social\", retruca Mosquera, obviando que este programa limita a atención sanitaria para as persoas sen papeis a casos urxentes e, en prácticas como o seguemento posparto, a asistencia redúcese a dous meses. Defensa dos concertos coa privada Outras das críticas que Mosquera tamén tentou esquivar durante o debate foron as vinculadas aos concertos coa sanidade privada, especialmente co hospital vigueś POVISA no que, lembra Aymerich, traballou a propia conselleira. \"Unha das súas primeiras decisións\" na nova lexisaltura \"foi prorrogar o concerto con POVISA mantendo as cantidades\". \"Debe ser pola boa xestión\", ironiza o nacionalista, acompañando a crítica cunha petición de explicacións que tamén formulan AGE e PSdeG. \"Os concertos coa privada evidentemente, mantéñense\", di Mosquera, para quen estes acordos \"seguen sendo complementarios co sistema público\". Os hospitais privados \"tamén son empresas\", di a conselleira, e \"son empresas coas que queremos manter uns concertos que lles permitan dar unha certa estabilidade\". Allea á práctica totalidade das preguntas da oposición, como a redución de salarios do persoal, a eliminación das áreas sanitarias ou o financiamento do hospital de Vigo, a conselleira teima en que o orzamento sanitario de Galicia é, porcentualmente, \"o máis alto de todas as comunidades autónomas\". Isto pode ser así porque \"repensamos todo o que facemos para poder priorizar o beneficio dos pacientes\", mantén."}
{"ID": "NOS_28727", "summary": "A que foi máxima autoridade do Parlament de Catalunya entre 2015 e 2017, Carme Forcadell, renuncia a volver á presidencia da Cámara. Número 4 da lista de Esquerra Republicana nas eleccións do 21 de decembro, Forcadell está imputada por delitos de sedición, desobediencia e rebelión.", "text": "Segundo informa ElNacional.cat, a que tamén fora presidenta da Assemblea Nacional Catalá vén de comunicar a súa decisión á dirixencia de ERC. Ás doce explicara os detalles da súa opción en comparecencia de prensa. Carme Forcadell non deixará a acta de deputada. Imputada pola Fiscalía Xeral do Estado, pasou unha noite en prisión e saiu despois de pagar 150.000 euros de fianza grazas á caixa de soliadriedade do movemento independentista catalán."}
{"ID": "PRAZA_12705", "summary": "José Pasín foi un dos principais piares do obreirismo compostelán de primeiros do século XX. No 1916 presidiu a Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, foi o primeiro concelleiro obreiro da cidade, en 1909, e entre 1931 e 1934, tenente de alcalde. Dionisio Pereira reivindica a súa figura no libro José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela", "text": "José Pasín foi un dos principais piares do obreirismo compostelán de primeiros do século XX. No 1916 presidiu a Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago. E aínda máis: foi o primeiro concelleiro obreiro da cidade, en 1909, e máis adiante, no 1931, tenente de alcalde ata 1934. O historiador Dionisio Pereira reivindica a súa figura no libro José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, (Fundación 10 de marzo). Unha obra que homenaxea a xente anónima que, coma este sindicalista, loitou por dotar á quinta cidade: os traballadores, duns dereitos que agora lles queren volver arrebatar. Este libro ten conexións con Sindicalistas e rebeldes, do mesmo xeito que Loita de clases e represión franquista no mar ten que ver con toda a súa investigación anterior arredor do mar. Como xorde? Pois dun traballo que vén de moi atrás, si. Cando estudaba en Santiago coñecín a Luís Pasín, o neto de José Pasín. Despois Chichi Campos emprestoume Memorias de un luchador, que é un libro que serve para seguir a vida social e política da época, pero é moi desigual, fraccionario. Faltábanlle fontes, e xa daquela pensei en completalo. Volvín atoparme a primeiros dos 2000 con Luís Pasín, e así foi: estiven uns dez anos investigando. A etapa de escrita máis intensa, de dous anos, coincidiu ademais coa de Loita de clases e represión franquista no mar. É certo que teño temas recorrentes, e que non me gusta traballar con présa. \"A estratexia que utilizaban era moi efectiva: facían folgas de ramo, de oficio. Por exemplo, os carpinteiros. E o resto dos oficios, mentres, mantíñanos solidariamente\" Conta vostede no libro que en 1920 houbo 32 folgas en Santiago. É algo hoxe impensable, que ademais se contradí coa imaxe da Compostela levítica... Son cifras que desde a perspectiva de hoxe resultan abraiantes, si. Desde os anos 70 do século XIX o movemento obreiro foise formando con bases moi firmes, nun ambiente social moi refractario, cunha presenza moi forte da Igrexa. O sentimento gremial, de oficio, serviu de alicerce. En Compostela será ademais, fronte a outras cidades, un movemento de carácter unitario, no que están os libertarios, os socialistas e os republicanos nas sociedades de resistencia. Despois veu a hexemonía da CNT, pero mesmo entón se mantivo certa unión. A estratexia que utilizaban era moi efectiva: facían folgas de ramo, de oficio. Por exemplo, os carpinteiros. E o resto dos oficios, mentres, mantíñanos solidariamente. Esta capacidade de gañar conflitos tiña tamén que ver con que, de cada dous asalariados, un estaba afiliado, malia non representar os asalariados máis do 20 por cento dos veciños. Ademais, en Compostela houbo unha xeración de militantes obreiros moi importante, a máis importante na miña opinión: Manuel Fandiño, José Villaverde, o propio Pasín, Ezequiel Rey, José Silva... \"Unha das virtudes de Pasín foi que tentou que o movemento obreiro e agrarista fose en paralelo\" Parece que un dos obxectivos de Pasín foi a unión dos obreiros en federacións, non si? En Compostela, as sociedades de resistencia sempre foron de oficio. Non había industrias. Xa dixen que o único que podía facer competencia en altura ás torres da Catedral era a cheminea da Tintorería España. Entón as federacións houbo que facelas tamén por oficios. E Pasín montou a Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago y pueblos comarcanos, no 1916. Unha das virtudes de Pasín foi que tentou que o movemento obreiro e agrarista fose en paralelo. Cando facían folgas, era moi importante que os labregos non viñesen á cidade para vender os seus produtos, porque senón era imposible parar a actividade. Ao primeiro simpatizaba cos movementos revolucionarios, pero despois adoptou unha actitude máis posibilista, relacionada se cadra co seu papel como concelleiro. Como foi? Era un espírito libre, que se guiaba pola súa conciencia. Iso é, para min, o fundamental. Empezou no republicanismo federal. Cando marcha a Pontevedra achégase aos movementos sindicalistas revolucionarios que despois van confluír na CNT. Cando entrou como concelleiro achegouse a Lerroux e, posteriormente, sempre foi elixido como republicano independente. No 14 de abril está na ORGA. É certo que a partir do 34 moderou moito o seu discurso, e está moi perto do Centro de Portela Valladares. Tamén tivo unha participación testemuñal na Vanguardia de Izquierda Republicana de Xoán Xesús González. Co golpe do 36 tivo que pasar tres anos agochado, matáronlle dous fillos... e a partir diso vai endurecer a súa ideoloxía antifascista. Tivera tamén un enfrontamento duro cos cadros da CNT local... sempre foi iso, un espírito libre. \"Co golpe do 36 tivo que pasar tres anos agochado, matáronlle dous fillos... e a partir diso vai endurecer a súa ideoloxía antifascista\" Unha cuestión interesante do movemento obreiro da época era a preocupación pola cultura. Proxectos como Germinal, a Universidade Popular... Como foi en Santiago? En Compostela a influencia social da Igrexa era moi grande. O nivel de ateneos libertarios ou centros sociais era pequeno en comparación, por exemplo, coa Coruña. Si houbo, na Escola de Artes e Oficios, preocupación pola formación, relacionada co orgullo de ser un bo artesán. Aínda que a Igrexa si serviu para outra cousa: Villaverde, Ezequiel, Pasín... ían á catedral para escoitar como falaban os oradores católicos, pois por alí pasaban os mellores propagandistas católicos do Estado español. \"Pasín era un representante da quinta cidade, é dicir, a Compostela liberal, operaria, artesá, socialmente marxinada pola Compostela dos 'notables': a levítica, comercial, fidalga, universitaria\" Como pode resumirse o seu labor como concelleiro en Compostela? O libro non fala só da tradición obreirista, senón da construción da cidadanía en Compostela. Pasín era un representante da quinta cidade, é dicir, a Compostela liberal, operaria, artesá, socialmente marxinada pola Compostela dos notables: a levítica, comercial, fidalga, universitaria. E ben que o pagou nas celas da Falcona, que visitou máis dunha vez. A súa preocupación, como concelleiro, foron os barrios marxinados. O seu obxectivo é que chegasen aos barrios os mesmos servizos que ao centro: saneamento, traída de auga... servizos que chegaron a destempo, en comparación con outras cidades. Tamén ten unha traxectoria no xornalismo, como fundador dos xornais La Defensa e Lucha social. Como foi? Escribía moi ben, e iso vese nas súas Memorias. Os xornais eran parte da loita social e política, e por iso tiveron problemas de censura, multas, querelas... cousas que, desgraciadamente, seguen a pasar. Que llo digan a vostede... Pasín era unha persoa pragmática, segundo conta. Cando fala do anarcosindicalismo compostelán defíneo como moderado. É a mesma conclusión á que chega no resto das súas obras sobre o anarquismo galego. A que se debeu isto? Se a CNT chegou a ter o desenvolvemento que tivo, nunha cidade sen tradición obreirista anterior a esta xeración da que estamos a falar, foi por algo. A actitude pragmática, unitaria, tivo moito que ver. \"O que quixen foi reivindicar a esa xente anónima, coma Pasín. Toda esa xente que loitou pola xornada de oito horas, por un salario digno, polos servizos públicos...\" E que opina unha persoa coma vostede, que estudou tanto as loitas obreiras, da actual reforma laboral? Sen entrar na análise da reforma, direi que o libro comeza cunha frase de Walter Benjamin sobre a memoria dos que non teñen nome. O que quixen foi reivindicar a esa xente anónima, coma Pasín. Toda esa xente que loitou pola xornada de oito horas, por un salario digno, polos servizos públicos.... E dalgún xeito o libro chama a manter unha actitude solidaria e combativa para que todo iso non se perda. \"Estou de acordo cos meus colegas de Nomes e Voces en que a represión afectou a toda a sociedade. Pero non o fixo igual para uns que para outros. E eu penso que afectou máis aos traballadores, sobre todo os organizados sindicalmente\" A súa outra obra recente, Loita de clases e represión franquista no mar, levou unha mención especial do xurado nos premios da Asociación de Editores. Cales foron as principais características distintivas da represión no mar? Estou de acordo cos meus colegas de Nomes e Voces en que a represión afectou a toda a sociedade. Pero non o fixo igual para uns que para outros. E eu penso que afectou máis aos traballadores, sobre todo os organizados sindicalmente. Entre eles os traballadores de mar, sobre todo os da frota pesqueira industrial. E esta é unha cuestión que non foi sinalada o suficiente, creo que temos que recoñecelos máis. Houbo moita represión, e tamén unha resistencia moi notoria, que adoptou varias formas, como as evasións por mar. Outra característica da represión no mar foi a terrible metodoloxía dos fondeos, que facía que os corpos desaparecesen no mar. As viúvas nunca recuperaban os corpos, e non podían nin cobrar por viúvas..."}
{"ID": "NOS_35433", "summary": "Un reducido grupo de militares e civís armados, dirixidos por un capitán retirado da Garda Nacional, escenificaron a primeira hora da mañá un conato de insurrección na cidade de Valencia. O goberno asegura manter o control e oito persoas foron detidas, cinco delas civís. Producíronse dúas mortes durante o asalto. Non se rexistrou ningún outro incidente no país.", "text": "Ás 7 da mañá deste domingo (13 horas en Galiza), unha vintena de persoas armadas e uniformadas accederon á área de prevención do Forte Paramacay, na cidade de Valencia, a segunda urbe de Venezuela. A información foi revelada polo deputado da Asemblea Nacional Constituínte, Diosdado Cabello, a través da rede social Twitter. Cabello cualificou a acción de ataque terrorista contra a Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB) e informou de que o mesmo foi \"totalmente controlado\". Aliás, o vicepresidente do PSUV aseguraba na mesma rede social que había \"absoluta normalidade\" nas restantes unidades militares, desbotando a posibilidade dun levantamento militar. No desenlace do asalto foron detidas, polo momento, oito persoas, entre elas cinco civís e dúas persoas resultaron mortas. VÍDEO DIFUNDIDO POLOS ASALTANTES #6Agosto Este vídeo rueda desde muy temprano #Venezuela del Fuerte #Paramacay en estado #Carabobo pic.twitter.com/9eNhcpyzR6— Mayra Linares (@mayralinares) 6 de agosto de 2017 VÍDEO DESDE O FORTE ASALTADO CONFIRMANDO QUE FICA BAIXO CONTROL DO GOBERNO O amago de levantamento tería sido comandado, segundo diversas informacións, polo ex Capitán da Garda Nacional, Juan Caguaripano, que foi dado de baixa do corpo militar no ano 2014. Caguaripano significouse publicamente a través dun vídeo no que chamaba a unha sublevación contra o goberno constitucional de Nicolás Maduro. Nun vídeo que foi difundido polos \"golpistas\", estes aseguraban declararse \"en lexítima rebeldía, unidos hoxe máis que nunca co bravo pobo de Venezuela para descoñecer a tiranía asasina de Nicolás Maduro\". Baixo control Desde o goberno o ministro de Defensa, Vladimir Padrino López, rexeitou a acción declarando que \"non puideron coa FANB, coa súa moral nin coa súa conciencia constitucional; agora pretenden agredila con ataques terroristas. Non poderán\". O ministro de Comunicacións e Información, Ernesto Villegas, acrecentou pola súa banda que \"para o goberno bolivariano trátase de ataques de carácter terrorista, enmarcados na ofensiva insurreccional adiantada por factores extremistas da dereita venezuelana, co apoio de gobernos e poderes estranxeiros\". Captura da voandeira que se tería repartido xustificando a insurrección militar O exército reitera o seu apoio ao goberno constitucional A través dun comunicado do alto mando, a Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB), reiterou o seu compromiso co sistema democrático e o seu marco constitucional. A FANB rexeitou o asalto ao Forte Maracay, que cualificou como \"ataque terrorista de tipo paramilitar\" perpetrado por un \"grupo de delincuentes civís portando prendas militares e un primeiro tenente en situación de deserción\". Para o alto mando do exército venezuelano o ataque \"non é máis que un show propagandístico, unha entelequia, un paso desesperado que fai parte dos plans desestabilizadores e a conxura continuada que se vén xestando, para tentar evitar que se consolide o renacemento da nosa república\". O documento, que foi transmitido por Venezolana de Televisión, conclúe afirmando que \"a FANB permanece incólume, unida monoliticamente, aferrada ás súas conviccións democráticas, coa moral en alto, apoiando de maneira incondicional o cidadá Nicolás Maduro Moros, presidente constitucional da República Bolivariana de Venezuela e o noso comandante en xefe, así como a súa iniciativa constituínte e á revolución bolivariana como proxecto que persegue a consolidación da patria libre, soberana e independente\". Información actualizada ás 19:51h."}
{"ID": "NOS_20503", "summary": "O Liceo é o club deportivo galego con máis títulos, pero tamén un exemplo constante de superación de retos e dificultades. A chegada da pandemia foi para as coruñesas un obstáculo máis nun camiño cheo de pedras que sortear. Este artigo de Omar Bello é unha das propostas que inclúe 'Xogar', o suplemento de Nós Diario para o deporte que se publica as quintas feiras.", "text": "Segundo a Real Academia Galega, a resiliencia é a \"capacidade de adaptación e recuperación fronte unha situación adversa\". No deporte, esa virtude resulta decisiva, e se hai un equipo na Galiza que pode presumir de ser resiliente ese é o Hóckey Club Liceo. O conxunto coruñés leva case catro décadas instalado na elite mundial do seu deporte, malia tratarse dunha disciplina dominada no Estado español por escuadras catalás, e é o clube galego con máis títulos se temos en conta todos os deportes. Como recoñecen Dava Torres (capitán), Juan Copa (adestrador), Luchi Paz (capitá do equipo feminino) e Antón Baldomir (directivo), a chegada da pandemia non é máis que un novo obstáculo no camiño que agardan superar. \"Foi un golpe moi duro porque tiñamos a cabeza posta na Copa de Rei, que era un reto precioso porque xogaríamos na casa, pero agora non queda outra que cambiar a mentalidade. Estaba todo por xogar e tiñamos fame de títulos, pero a tempada rematou antes de tempo e toca adestrar en solitario do mellor xeito posíbel para non perder a forma\", sinala Dava, que confesa que non é doado. \"Fixen moita bici estática e traballo na casa, pero, por exemplo, foi moi difícil poder adestrar con patíns. Houbo días en que me tiña que meter no garaxe para poder facelo\", admite, e engade: \"Cando vexo por exemplo os xogadores do Dépor, que xa están adestrando con esas facianas de felicidade que teñen, dáme moita envexa, pero está claro que o fútbol move moitos máis intereses que o hóckey e a nós tócanos agardar\". A Copa quedou adiada para setembro, pero o equipo coruñés tamén pelexaba polo título de Liga, torneo no que o Barcelona foi declarado campión sen rematar a Liga regular, e iso que o previsto era que o gañador se decidise nun play-off entre os oito primeiros clasificados. \"Ninguén nega que o Barcelona fixo unha gran segunda volta, pero eu estou moi orgulloso do traballo do Liceo, que foi líder ou colíder durante catorce xornadas\", comenta o adestrador, Juan Copa. \"A nosa idea xa era preparar o play-off, pero nomearon un campión sen xogalo. Outras ligas, como a italiana ou a portuguesa, anularon a competición. O normal era que aquí pasase o mesmo, pero non foi así\", engade, resignado. A vía portuguesa Para o Liceo, a nivel institucional, a decisión de nomear campión o Barcelona xerou un auténtico terremoto. Tanto, que desde o clube chegaron a valorar a posibilidade de deixar de xogar as competicións españolas e participar na Liga portuguesa. \"Foi moi inxusto. Non quixeron nin agardar. Fartámonos, e por iso consideramos a opción de írmonos a Portugal\", admite Antón Baldomir, directivo do clube. (Podes ler o artigo íntegro de 'Resilencia sobre rodas' no suplemento Xogar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Neste número, ademais, Héctor Pena rescata unha descoñecida historia sobre a (case) morte de Franco de Riazor durante un Trofeo Teresa Herrera, o artista e xogador de gaélico Kaixo e a karateka Ruth Lorenzo reflexionan sobre a actualidade do deporte e Sergio, o Gato de Catoira, protagoniza a sección Selfie. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel. Trátase de suplementos temáticos de catro páxinas a cor, deseñados por Pepe Barro, un dos máis destacados grafistas da Galiza, que incorporarán máis voces especialistas nos diferentes campos que integra cada unha destas publicacións,."}
{"ID": "PRAZA_8217", "summary": "O IgadiPaper nº101 analiza o escenario político de Venezuela tras a morte de Chávez: \"é factible considerar que o chavismo post-Chávez transite por un proceso similar ao acaecido co peronismo na Arxentina, tendo en conta a identificación das bases populares do movemento co seu carismático líder\"", "text": "O IgadiPaper nº101 analiza o escenario político de Venezuela tras a morte de Chávez: \"é factible considerar que o chavismo post-Chávez transite por un proceso similar ao acaecido co peronismo na Arxentina, tendo en conta a identificación das bases populares do movemento co seu carismático líder\" A desaparición física do presidente Hugo Chávez Frías, acaecida o pasado 5 de marzo, abre inevitablemente unha nova etapa política en Venezuela e, de forma tanxencial, en América Latina. Este escenario non significa, cando menos a curto e medio prazo, a eventual desaparición do seu legado político precisamente porque o chavismo seguirá a constituír, con toda probabilidade, a forza motriz do proceso revolucionario e a tendencia política hexemónica en Venezuela. O chavismo seguirá a constituír, con toda probabilidade, a forza motriz do proceso revolucionario e a tendencia política hexemónica en Venezuela Non obstante, esta nova etapa afronta inevitables incertezas e interrogantes que, a longo prazo, se cernen en materia de liderado, de estilo de gobernabilidade e de cohesión social e política do chavismo. Na actualidade, a atención está centrada en Nicolás Maduro, entronizado polo propio Chávez como o seu sucesor e recentemente nomeado como presidente en funcións ata a celebración de novos comicios presidenciais, previstos para o próximo 14 de abril. Maduro deberá acometer diversos retos, en particular a consolidación do seu liderado, principalmente de cara ao chavismo de base, así como a continuidade do proceso revolucionario Ante esta nova conxuntura electoral, Maduro deberá poñer a proba o seu liderado contra o principal líder da oposición, Henrique Capriles Radonski, quen xa perdera contra Chávez nos comicios presidenciais de outubro pasado. Considerado como o principal representante dunha especie de chavismo civil, Maduro deberá acometer diversos retos, en particular a consolidación do seu liderado, principalmente de cara ao chavismo de base, así como a continuidade do proceso revolucionario, minorando ao mesmo tempo as tensións e a polarización aínda existentes na vida pública venezolana. Neste escenario, cómpre observar unha eventual transitoriedade baseada no pragmatismo e na busca de consensos entre os principais actores políticos venezolanos, co cometido de garantir a gobernabilidade e estabilidade deste novo escenario post-Chávez. Con Maduro á fronte do proceso, cun estilo visiblemente menos carismático e probablemente máis tecnocrático, o chavismo afronta o seu principal reto político, a consolidación dunha sucesión lexitimada polos altos poderes públicos e institucionais, e a necesidade de manter a cohesión e a dinámica da Revolución Bolivariana e do seu soporte ideolóxico, o Socialismo do Século XXI. Un sucesor designado: Nicolás Maduro Con Maduro á fronte do proceso, cun estilo visiblemente menos carismático e probablemente máis tecnocrático, o chavismo afronta o seu principal reto político, a consolidación dunha sucesión lexitimada polos altos poderes públicos e institucionais A principal interrogante que se cerne na Venezuela post-Chávez centra directamente a súa atención na concreción dun novo liderado e na súa capacidade de cohesión, en especial de cara a un electorado e unhas bases sociais do movemento intimamente identificadas coa figura do desaparecido ex presidente venezolano. Neste sentido, o contexto actual do chavismo gravita esencialmente en torno a un actor principal, cun liderado, cohesión política e institucional que albíscase aparentemente inalterable. Esa atención diríxese así á figura do actual presidente en funcións Nicolás Maduro (50 anos, identificado dende diversos sectores como o eventual abandeirado dunha especie de chavismo civil). Maduro potencia as súas opcións a través de dúas variables: a primeira, a súa lealdade absoluta a Chávez, factor que lle conferiu a confianza necesaria para a sucesión; e a segunda, as súas notorias habilidades como negociador, visiblemente efectivas durante a súa xestión como ministro de Asuntos Exteriores (2006-2012) Este aspecto confirma a Maduro como unha personalidade coñecida dentro e fóra de Venezuela. Maduro potencia as súas opcións a través de dúas variables: a primeira, a súa lealdade absoluta a Chávez, factor que lle conferiu a confianza necesaria para a sucesión; e a segunda, as súas notorias habilidades como negociador Sen menoscabar a súa capacidade para revitalizar certa retórica de radicalización, o pragmatismo semella definir a concepción política substancial de Maduro, probablemente en aras de facilitar unha eventual orientación tecnocrática para o seu goberno. Neste sentido, o nomeamento como novo vicepresidente en funcións de Jorge Arreaza (39 anos), xenro de Chávez e ministro encargado de Ciencia e Tecnoloxía, define unha eventual variable pragmática, tecnocrática e incluso con certo matiz de carácter xeracional para este novo escenario dentro do chavismo. Diosdado, a FAN e o chavismo de base Outro actor que esperta a atención é Diosdado Cabello (49 anos), actual presidente da Asemblea Nacional e quen, segundo o artigo 233 da Constitución Bolivariana de Venezuela, debía ter ocupado a presidencia en funcións como representante do poder lexislativo Tras Maduro, outro actor que esperta a atención é Diosdado Cabello (49 anos), actual presidente da Asemblea Nacional e quen, segundo o artigo 233 da Constitución Bolivariana de Venezuela, debía ter ocupado a presidencia en funcións como representante do poder lexislativo, ante a incapacidade física ou mental do presidente para asumir o seu cargo. Diosdado, como popularmente se lle coñece, controla diversos factores de peso dentro do chavismo, aínda que estes factores xeran encontradas e polarizadas posicións, principalmente no chavismo de base. De formación militar e detentor de diversos cargos públicos durante o goberno de Chávez (deputado, ministro, vicepresidente, presidente interino e gobernador) Diosdado constitúe un peso pesado con importantes ramificacións de poder dentro da Forza Armada Nacional (FAN), do poder lexislativo e da cúpula gobernante do Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV), así como das súas estruturas políticas e burocráticas a nivel nacional. Ao mesmo tempo, como ministro da Secretaría da Presidencia, de Interior, de Infraestruturas e de Obras Públicas, Diosdado impulsou a creación de novos medios de comunicación comunitarios así como amparou a creación dunha elite empresarial e económica (despectivamente denominada a boliburguesía), cunhas ramificacións que xeran suspicacias e mesmo desconfianza entre a base militante do chavismo. O chavismo de base e os sectores opositores identifican a Diosdado como presunto líder dunha dereita endóxena con notorias ambicións de poder. Paralelamente, un eventual liderado de Diosdado non semella ben visto polo goberno cubano, aliado estratéxico de Caracas, apostando dende un principio por Maduro. O chavismo de base e os sectores opositores identifican a Diosdado como presunto líder dunha dereita endóxena con notorias ambicións de poder Outro actor clave é a Forza Armada Nacional (FAN), cunha preponderancia de carácter político que no contexto actual semella conferirlle un peso clave na gobernabilidade e estabilidade da Venezuela post-Chávez. A posición oficial da FAN de declararse chavista e de manifestar o seu apoio total a Maduro, confirma ao mesmo tempo a súa estratexia de converterse no polo de poder con maior capacidade de decisión no momento político actual. A preponderancia política da FAN é evidente. Diversos ex militares ocupan altos cargos dentro do PSUV e algúns deles forman parte das elites empresariais e burocráticas impulsadas nos últimos anos. Ao mesmo tempo, un total de 10 das 20 gobernacións obtidas polo chavismo nas eleccións de gobernadores celebradas o pasado 16 de decembro, foron gañadas por ex militares candidatos do PSUV. Por tanto, a FAN personifica claramente esa noción e esencia dun proceso revolucionario cívico-militar impulsado por Chávez. 10 das 20 gobernacións obtidas polo chavismo nas eleccións de gobernadores celebradas o pasado 16 de decembro, foron gañadas por ex militares candidatos do PSUV O cuarto actor de preponderancia, cunha visibilidade moito mais confusa en materia de liderados, o constitúe a base social do chavismo. Heteroxénea pero fortemente militante, está conformada por movementos e colectivos sociais impulsores dos cambios revolucionarios nos sectores populares; coa formación dunha Milicia Nacional de aproximadamente 120.000 efectivos, así como diversos colectivos e grupos armados, ideoloxicamente máis radicalizados, esperan unha transición rápida e definitiva cara un Estado socialista. Estes últimos son vistos con absoluto receo pola FAN, determinadas elites do PSUV e incluso por outros sectores civís dentro do chavismo. Moito máis popular e heteroxéneo, este sector aparentemente adoece de actores e líderes visibles e con capacidade de mobilización. O futuro do chavismo Outéase unha etapa de menor acento nun liderado excesivamente carismático e ideolóxico, potenciando así os niveis de consensos e pragmatismo e ata unha posible tendencia cara a burocratización do proceso revolucionario O contexto actual define unha prioridade esencial para o chavismo: a necesidade de consolidar a unidade inalterable do movemento, así como garantir a estabilidade e a gobernabilidade dun chavismo politicamente hexemónico e con maioritario arraigo popular pero conmocionado pola desaparición física do seu líder. A pesar da énfase oficial na unidade, percíbese certa sensación de transitoriedade a medio prazo. A razón principal debese á certificación de que ningún liderado actualmente existente en Venezuela conserva o carisma, a enerxía política e a capacidade de mobilización que tiña o desaparecido Chávez. Por tanto, outéase unha etapa de menor acento nun liderado excesivamente carismático e ideolóxico, potenciando así os niveis de consensos e pragmatismo e ata unha posible tendencia cara a burocratización do proceso revolucionario. Deste modo, a eventual conformación dunha especie de dirección colexiada institucional entre Maduro, Diosdado, a FAN e o PSUV definirá momentaneamente este novo contexto político. Por tanto, e de cara aos próximos comicios presidenciais, o liderado de Maduro veríase electoral e politicamente lexitimado á vista da popularidade do chavismo. A oposición venezolana segue a amosar a súa heteroxénea composición, traducida en diversos actores e liderados, que lle restan capacidade electoral ante a popularidade do chavismo No caso da oposición, principalmente agrupada en torno á Mesa pola Unidade Democrática (MUD), acudirá á cita electoral baixo a mesma candidatura de Henrique Capriles Radonski, actual gobernador do estado Miranda. Non obstante, a oposición venezolana segue a amosar a súa heteroxénea composición, traducida en diversos actores e liderados, que lle restan capacidade electoral ante a popularidade do chavismo. Así e todo, o seu principal reto supón manter a cota de máis de seis millóns de votantes alcanzado nos comicios de outubro pasado, correspondente ao 45% do electorado, sendo este o maior índice electoral alcanzado por liderado algún da oposición ante o chavismo. O goberno de Maduro deberá acometer paralelamente outros problemas de gran impacto na vida nacional: os elevados índices de inseguridade cidadá e criminalidade; as presións de carácter económico (elevada inflación, especialmente no sector alimenticio e a recente depreciación da moeda nacional) así como o mantemento dun expansivo gasto público en materia social, cun aumento estimado no 27% do PIB en 2013, en particular para manter as populares misións sociais. No relativo á política internacional, o goberno de Maduro seguirá a potenciar a Alianza Bolivariana dos Pobos da Nosa América (ALBA) e a Comunidade de Estados de América Latina e do Caribe (CELAC) como proxectos estratéxicos de integración, sopesando unha eventual remodelación nas relacións exteriores con actores clave como Cuba, EUA, China, Brasil, Rusia e Irán, entre outros. Tanto aquí como na política interna, o pragmatismo e os consensos moi probablemente despracen o estilo emocional, carismático, enérxico e ideolóxico impulsado por Chávez. É factible considerar que o chavismo post-Chávez transite por un proceso similar ao acaecido co peronismo na Arxentina, tendo en conta a identificación (incluso con matices relixiosos) das bases populares do movemento co seu carismático líder A inminencia do proceso electoral presidencial persuadirá ao goberno de Maduro para potenciar un proceso de mitificación de Chávez como factor de maior cohesión e mobilización dun electorado chavista, obviamente conmocionado pola desaparición do seu líder histórico. Así, e asumindo as evidentes diferenzas de contexto político e histórico, é factible considerar que o chavismo post-Chávez transite por un proceso similar ao acaecido co peronismo na Arxentina, tendo en conta a identificación (incluso con matices relixiosos) das bases populares do movemento co seu carismático líder. Cómpre por tanto observar se a pluralidade e incluso atomización de actores e tendencias polas que tivo que transitar o peronismo na Arxentina contemporánea poda ter, a longo prazo, algún tipo de similitude e repercusión no futuro do chavismo. Descarga aquí o IgadiPaper nº101 (.pdf)"}
{"ID": "NOS_35497", "summary": "O acceso á vivenda converteuse nun problema chave para miles de galegos. A suba continuada do prezo dos inmóbeis en alugueiro ou propiedade, por riba da media do Estado, e a ausencia de políticas públicas dirixidas a intervir o mercado inmobiliario acentúan o problema. Mentres, 330.000 vivendas permanecen baleiras na Galiza.", "text": "A vivenda está a converter nun artigo de luxo para miles de galegos. Segundo os últimos dados do Instituto Galego de Estatística (IGE), referidos a 2019, os galegos destinan de media para sufragar o alugueiro o 26,9% do seu salario. Porén, un 38,5% dos mesmos vense obrigados a dedicar 42% do seu soldo. Ademais, dedican á compra da primeira vivenda 15,7% dos seus ingresos, unha cantidade só superada no ámbito estatal polos cidadáns das Balears. A situación agravouse desde o inicio da pandemia. A esta dinámica contribúe a alza do prezo da vivenda en aluguer ou propiedade nas dúas últimas anualidades, con Galiza incrementando o valor dos inmóbeis por riba da media do Estado. Sen ir máis lonxe, en 2020 Lugo encabeza a suba do prezo da vivenda libre, cun aumento de 12,5%. Pola súa banda, o portal inmobiliario Idealista no seu informe para 2020 recolle que Ourense é a cidade do Estado onde máis sube o aluguer, cun aumento de 11,5%, ocupando Lugo o quinto lugar nesa lista cunha alza de 6,8% e rexistrando para a media galega un incremento nos prezos de 7,1%. A suba dos prezos A suba dos prezos da vivenda contrasta co elevado número de inmóbeis baleiros. Segundo un informe elaborado Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), Galiza é o territorio do Estado coa maior porcentaxe de casas e pisos desocupados, até sumar 330.000 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas rexistradas, o que significa o 20,6% do parque total e cinco puntos por media da riba estatal de 13,7%. A porcentaxe máis elevada de vivendas desocupadas concéntrase nos núcleos de poboación de menos de 20.000 habitantes, coas comarcas coruñesas acumulando 125.000 vivendas baleiras, as pontevedresas 85.000, as ourensáns 65.000 e as luguesas 55.000. A cidade da Coruña dispón de 18.500 vivendas sen ocupar e Vigo conta con 17.600 inmóbeis baleiros. A continuación sitúase Ourense con 14.900 e Lugo con 11.600, colocándose nos postos de cola Ferrol con 9.000 e Pontevedra con 6.200. Os dados de desocupación nas grandes urbes son moi inferiores aos dos concellos rurais, rexistrando algún deles máis de 40% das vivendas baleiras. A este respecto, os últimos dados do Instituto Nacional de Estatística (INE), relativos a 2020, indican que o 41,7% do total das vivendas das comarcas ourensáns non están ocupadas, sendo esta cifra de 33,3% nas comarcas luguesas, de 27,3% nas comarcas coruñesas e de 22,4% nas comarcas pontevedresas. 2.735 de 330.000 inmóbeis baleiros existentes na Galiza son de titularidade estatal. Concretamente o seu propietario é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), popularmente coñecido como o banco malo. A parte máis significada destas vivendas sitúanse en Vigo e A Coruña, onde segundo Fegein hai 650 e 1.200 demandantes de vivenda. Neste sentido desde a patronal inmobiliaria teñen reclamado ao Estado a súa cesión á Xunta para pór en marcha un parque de vivendas públicas destinado ás rendas máis baixas. 82 vivendas protexidas en 5 anos A caída da promocións da vivenda protexida na Galiza, que nos últimos se teñen colocado en mínimos de toda a serie histórica, agrava o problema. Segundo os dados do IGE, entre 2015 e 2019 téñense concedido licencias para 12.734 vivendas, das cales só 82 contan coa clasificación de protexida. Ao tempo, no mesmo período remátanse 165 vivendas protexidas dun volume de 8.855, o que representa menos de 2% . A ligazón entre o volume da vivenda protexida e o prezo de venda e aluguer da vivenda libre é evidente. Porén, como sinala o sociólogo, Jesús Leal Maldonado \"a vivenda sería a irmá pobre do Estado de benestar español, non só pola escaseza de recursos que se lle aplica senón sobre todo pola concepción que se ten do acceso a este ben necesario, na medida que se trata como unha necesidade cuxa satisfacción corresponde en gran medida a outros elementos que conforman o sistema de benestar no seu conxunto como sería neste caso o mercado inmobiliario\". A necesidade dun maior número de vivendas protexidas debe de ir acompañada dun cambio normativo. A este respecto, un dos grandes especialistas na materia, o economista, Julio Rodríguez López defende que \"os adquirentes destas vivendas non debían superar uns determinados ingresos, as vivendas haberían de destinarse a residencia habitual, o prezo de venda non debería superar un determinado nivel os abusos da discrecionalidade nas autorizacións das cualificacións deberían corrixirse e cando hai un problema de oferta de vivenda de alugueiro, as políticas públicas deben incentivar a oferta e a demanda\". Que políticas públicas de vivenda? Está por ver o alcance e as consecuencias da nova normativa do aluguer anunciada polo Executivo do Estado. A falla de verificar a súa concreción e a disposición do Goberno galego por aplicala, a mesma non pode ser presentada como unha substitución das políticas de impulso á vivenda protexida, desaparecidas das prioridades gobernamentais desde a chegada de Núñez Feixoo á presidencia da Xunta."}
{"ID": "NOS_15885", "summary": "O cambio de hora deste domingo volve traer a debate o fuso horario que lle acae a Galiza. Unha decisión do ditador para agradar a Hitler tirou o Estado español do horario que lle correspondía e prexudicou moi especialmente o noso país, ao que lle acae un fuso diferente do español.", "text": "Este domingo, cando sexan as 3 da madrugada hai que retrasar os reloxios até as dúas. Un cambio de hora que volve pór sobre a mesa a cuestión de se na Galiza vivimos na hora que por posición xeográfica nos corresponde e se non deberiamos ir cara a un cambio de fuso horario. Sería unha vantaxe ou non? Gañariamos ou perderiamos? Por que vivimos as e os galegos fóra de hora? O establecemento do actual sistema para situar os 24 fusos horarios do planeta xurdiu a finais do XIX da necesidade de 'estandarizar' a hora civil e a hora solar. Un escocés, o enxeñeiro Sanford Fleming, foi quen propuxo a idea e, após anos de debate, na Conferencia Internacional do Meridiano (Washington, 1884), os 25 estados asistentes decidiron que o Meridiano Cero, que serviría de base para establecer todas as horas do planeta, fose o de Greenwich. Asignóuselle o fuso horario cero e a hora coñécese como GMT (tempo medio de Greenwich), desde a que se suman horas en dirección leste e oeste. O Estado español adoptou o horario de Greenwich até 1940, cando Franco decidiu que se ía aplicar a hora de Berlín para satisfacer a Hitler. Desta maneira, o Estado Español deixou de ter o horario que lle correspondía segundo a súa posición solar. Oito décadas despois, aquela decisión de Franco, que se tomou de maneira provisional, continúa vixente. Galiza ten que ter a hora que lle sexa acaída, pois atópase en GMT-1 e a hora dos nosos reloxios é GMT+1 ( 2 horas máis do que é a nosa hora solar) \"Que opinarían os alemáns se lles explicamos que no 2015 no Estado español temos esta hora porque un ditador decidiuno así para agradar a Hitler?\". Quen fai a pregunta é Lito Prado, ecoloxista, activista e militante de Anova. Mais Prado, en 2006, militaba no BNG e foi o responsábel da emenda aprobada pola Asemblea Nacional da fronte naquel ano na que se reclamaba un cambio horario para Galiza. Prado lembra que o BNG \"foi a única organización\" que levou este tema máis dunha vez ás Cortes españolas, \"marcando tendencia, abrindo un debate ao que posteriarmente se sumaron moitos no Estado\". Por que? Lito Prado afirma que Galiza ten que ter a hora que lle sexa acaída, pois atópase en GMT-1 e a hora dos nosos reloxios é GMT+1 (2 horas máis do que é a nosa hora solar). Non é, afirma, un debate novo. \"No movemento ecolocista xa se falaba destas cousas a finais da década dos 80, era unha cuestión asumida\", explica Prado, que recoñece que lle \"estrañou\" que \"este debate tardase tanto en entrar no eido político\". Este activista di que é perfectamente posibel e viábel que Galiza estea no seu fuso horario acaído, malia que este non sexa o do resto do Estado español. \"En Estados Unidos teñen 6 fusos horarios, en Australia hai varios....\". Insiste en que a razón para demandar isto para Galiza é por pura \"lóxica\" e que o que non é \"lóxico\" é manter un horario adoptada no franquismo, que non é razoábel. Tres vantaxes para Galiza dun cambio de hora? A racionalización dos horarios (as doce do medio día do reloxio coincidirían coas doce do día), o aforro enerxético (\"unha cuestión que cada vez é máis importante\") e adaptar os nosos bio-ritmos á dinámica do día e das horas de luz. Prado engade que dar o paso \"é relativamente doado, é unha decisión política\" e que a xente \"entende perfectamente o cambio\"."}
{"ID": "NOS_57678", "summary": "A Asociación de familias de menores trans Arelas, convocou para o vindeiro sábado unha manifestación en Santiago ante unha nova ampliación, por parte do Congreso, do prazo de presentación de emendas da Lei Trans. Nós Diario conversa coa presidenta de Arelas, Cristina Palacios, para coñecer as demandas do colectivo trans.", "text": "—Cal é a razón de convocar esta manifestación? A manifestación busca reivindicar os dereitos humanos das persoas trans e a necesidade dunha lei que vemos como se continúa aprazando. A Lei Trans leva sendo revisada e debatida desde hai máis de dous anos e foi moi traballada cos colectivos, polo que non entendemos por que se continúa a atrasar. Hai que recordar que o partido que impulsou e regulou varias leis en canto á autodeterminación de xénero é o mesmo que agora a cuestiona. O Congreso amplía, máis unha vez, o prazo de presentación de emendas á Lei Trans Todas estas prórrogas están a crear debates absurdos que incrementan a violencia que sofren as crianzas e adolescentes trans que son, quizais, o sector máis vulnerábel da xuventude do país. En moitos casos esta rapazada enfróntase a un rexeitamento familiar, a un gran acoso escolar e a moita violencia institucional. \"As crianzas e adolescentes trans que son, quizais, o sector máis vulnerábel da xuventude do país\" Son persoas que a día de hoxe seguen a estar tuteladas desde a saúde mental; é un maltrato por todas partes. Que precisamente agora se estea a pór o foco nestas crianzas parécenos unha razón máis que suficiente como para organizar a manifestación. O Goberno español ten que pensar en todas as persoas trans que están sufrindo e que teñen moitas expectativas na norma. É o momento de que, xa que se considera tan igualitario, estea á altura e acompañe un colectivo historicamente maltratado. Feixoo carga contra a Lei Trans: \"Pon en perigo\" os logros do feminismo e \"trivializa ser muller ou home\" —Que opina da Lei Trans? E da postura do PSOE ao respecto? Esta lei é insuficiente. Desde Arelas sempre fomos críticas con ela porque deixa moita xente fóra, como as persoas non binarias ou as migrantes, que aínda se atopan en desprotección. Tamén exclúe as crianzas menores de 16 anos que non acceden a unha autodeterminación de xénero, aínda que a vendan como tal, pois seguen baixo a tutela da familia e do profesional que as atenda; se estas partes non queren apoiar a crianza, esta non vai poder vivir libremente a súa identidade. Cómpre reflexionar sobre a orixe do debate. Nin a Lei Trans nin o colectivo son esa orixe, senón unha loita do poder político. Ao PSOE non lle gustou perder a carteira da igualdade, que actualmente manexa Unidas Podemos. Cando persoas como Carmen Calvo, que nun principio non tiña problema coa autodeterminación de xénero, comprobaron que a cuestión de igualdade non sería da súa competencia, comezou unha loita política na que o colectivo trans quedou no medio. Carla Antonelli abandona o PSOE polos atrasos da Lei trans e denuncia \"transfobia e humillacións internas\" É sorprendente que un partido que en 2019 rexistrou no Congreso de deputados unha Lei Trans máis ambiciosa ca esta, actúe así. É unha cuestión ideolóxica. Que o PSOE compre o discurso de PP e VOX contra os dereitos humanos das persoas trans é tremendo. Pero hai que aclarar que non é todo o PSOE, é só unha pequena parte na que algunhas feministas hexemónicas, que sempre presentan o mesmo perfil -mulleres brancas de clase media-alta e con acceso a estudos-, marcan a axenda feminista. Nós entendemos que o feminismo ten que ser inclusivo e interseccional. —Considera que a aprobación desta lei sería un paso adiante no camiño cara á inclusión? Por suposto. A pesar de ser insuficiente, que unha lei recoñeza o dereito de autodeterminación de xénero para algunhas persoas, e que estas non teñan que paralizar dous anos da súa vida cunha hormonación forzosa para poder cambiar o sexo do DNI, é un avance. Tamén o é que se penalice a transfobia, que até o de agora no Estado español é gratuíta. As 9 chaves da Lei trans No PSOE din que esta lei aprobarase antes de fin de ano; de non ser así volveremos saír ás rúas. Na manifestación do día 5 a nosa intención é reivindicar os dereitos das persoas trans, non ir contra ningún partido. Pero se a lei non se aproba, manifestarémonos para pedirlle explicacións ao PSOE. A protesta decorrerá o sábado en Santiago A manifestación deste sábado pretende reivindicar a urxente aprobación da Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGBT, coñecida como Lei Trans. A mobilización está convocada pola asociación Arelas e secundada polo colectivo de persoas trans adultas Amizando, Avante Pontevedra e a Marcha mundial de mulleres. O activismo chama a \"seguir mellorando\" a futura lei trans O percorrido comezará na praza 8 de marzo, en Santiago de Compostela, e rematará na praza do Obradoiro, onde se procederá á lectura dun manifesto. Nela intervirán Nee Barros, responsábel de Avante Pontevedra; Daniela Ferrández, historiadora e activista trans; e algunha rapaza de Arelas. Ademais, as familias tamén responderán ao \"cuestionamento que sufrimos estes días\", explica Cristina Palacios; \"acusóusenos de maltratadoras e de hormonar e mutilar as nosas crianzas\", polo que \"a nosa palabra tamén é importante\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_9730", "summary": "Asasinado en agosto de 1936, había informacións de que fora soterrado en Beade. A investigación levada a cabo polos seus descendentes e polo actual rexedor de Amoeiro atopou o pasado verán o lugar exacto no que o seu cadáver foi depositado. Esta é a súa historia", "text": "O 25 de agosto de 1936 un grupo de falanxistas asasinou a Castor Sánchez Martínez, alcalde socialista de Amoeiro, xunto co seu amigo Antonio Pérez Gutiérrez, alcumado \"Pinante\". Os seus corpos foron deixados nunha gabia da estrada que une Berán (Leiro) e Beade. Nada máis se soubo nunca do lugar onde podían estar soterrados os seus restos. Ata hai uns meses. O 25 de agosto de 1936 un grupo de falanxistas asasinou a Castor Sánchez Martínez, alcalde socialista de AmoeiroO actual alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, levou a cabo nos últimos anos varias pescudas, na procura de Castor Sánchez, que foi homenaxeado en 2014 xunto coas restantes vítimas da represión franquista na localidade. Había constancia de que os seus restos estaban en Beade e algúns indicios dirixían ao seu cemiterio parroquial. Alí foran, anos atrás, o fillo e o neto do alcalde asasinado, coa intención de atopalos, pero o párroco indicáralles que os ósos estaban agora debaixo dun panteón, imposibilitando a procura. Fillo e neto chegaran a pensar mesmo en mercar eses nichos para derrubalos e escavar debaixo.O pasado mes de xullo Rafael Rodríguez Villarino visitou o cemiterio e alí falou cun veciño, un ancián nacido en 1930 que fora sancristán en Beade, Antonio Estévez Rodríguez. Non sabía quen eran Castor Sánchez e Antonio Pérez, pero si lembraba onde foran soterrados \"os Amoeiros\". Contoulle que en agosto de 1936, cando tiña seis anos, trouxeran dous cadáveres sen máis identificación que a de seren veciños de Amoeiro (de aí que foran denominados \"os Amoeiros\"). Soterráronos espidos e boca abaixo nunha foxa cavada no chan arredor da igrexa, que daquela non tiña cemiterio, nun lugar que lle indicou a Rafael Rodríguez.Soterráronos espidos e boca abaixo nunha foxa cavada no chan arredor da igrexa, que daquela non tiña cemiterio\"A emoción acompañoume en cada paso daquel paseo de pouco máis de 125 metros, e ao pasar baixo o arco de entrada ao actual camposanto Antonio sinalou dous chitos de pedra no chan e dixo: aí están soterrados os Amoeiros\", relata o actual alcalde.O vindeiro mércores 3 de abril comezarán, por iniciativa dos seus descendentes, os traballos de exhumación dos restos de Castor Sánchez Martínez e Antonio Pérez Gutiérrez, que serán realizados pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), nunha actuación na que colabora o Bispado de Ourense. \"Mortos os culpables sen castigo, é obriga do Concello promover os traballos que posibiliten o retorno dos restos das vítimas ao lar e abrigo das súas familias nos Chaos de Amoeiro. Pode ser posible que a dignidade de Amoeiro retorne á luz\", di Rafael Rodríguez Villarino.O vindeiro mércores 3 de abril comezarán, por iniciativa dos seus descendentes, os traballos de exhumación dos restos de Castor Sánchez Martínez e Antonio Pérez GutiérrezSe as informacións son correctas e os corpos son localizados, serán enviadas mostras para o seu estudo nun laboratorio especialzado e, posteriormente, os restos serán entregados ás súas familias. A ARMH ten programadas outras dúas exhumacións na provincia de Ourense nos vindeiros meses, unha en Xinzo de Limia para atopar os corpos de Salud Torres e María del Valle e outra en Chandrexa de Quiexa para recuperar o do guerrilleiro antifranquista Benigno Fraga Pita O Alejandro.Un líder agrarista e fundador da UGT na súa vilaO 19 de abril de 1931 elixiuse democraticamente unha nova corporación municipal en Amoeiro, resultando escollidos 8 concelleiros socialistas e 4 republicanos, e sendo nomeado alcalde-presidente por unanimidade Cástor Sánchez Martínez. Era canteiro, foi representante dos traballadores nas obras do ferrocarril e loitou pola abolición dos foros, chegando a ser presidente das sociedades agrarias en Parada de Amoeiro. En 1919 marchou a Francia para evitar as represalias pola súa loita como agrarista, retornando en 1921. Fundou en Parada de Amoeiro a UGT e a Agrupación Socialista de Amoeiro, da que foi o seu primeiro secretario. Colaborou en La Zarpa, La República e La Lucha, utilizando ás veces o pseudónimo José del Arroyo.Trala vitoria electoral das dereitas, en 1934 foi cesado e deportado, regresando ao cargo de alcalde en febreiro de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo refuxiouse en varias casas e tentou fuxir a Portugal. Porén, foi capturado e asasinado na beira da estrada.\"Antes da súa xestión en Amoeiro non había case escolas, e despois o nivel educativo de Amoeiro chegou a ser superior mesmo ao que os rapaces podían recibir en Ourense\"A corporación municipal que encabezou, homenaxeada nos últimos anos en Amoeiro, destacou pola importancia que lle concedeu ao ensino e nela había varios representantes da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO), \"os mellores mestres, os máis innovadores, os que estaban en liña coa Institución Libre de Enseñanza\", destaca o actual rexedor. \"Antes da súa xestión en Amoeiro non había case escolas, e despois o nivel educativo de Amoeiro chegou a ser superior mesmo ao que os rapaces podían recibir en Ourense, grazas a mestres coma Rafael Alonso, que tamén foi asasinado\", comenta, engadindo outros logros como que esa corporación \"fixo en cinco anos absolutamente toda a rede de estradas que temos hoxe en Amoeiro\". Nos últimos anos, ademais, o Concello de Amoeiro levou a cabo outras iniciativas de recuperación da memoria histórica, como por exemplo a colocación dunha serie de carteis indicadores en lugares públicos que mantiñan simboloxía fascista. Nas placas pódese ler: \"estas imaxes pertencen á propaganda dunha ditadura que ocupou cos seus símbolos os espazos públicos máis emblemáticos. Permanecen aquí como denuncia histórica daquel réxime opresor\"."}
{"ID": "NOS_12373", "summary": "O clima oceánico costeiro e o chan granítico, eis os viños da beira do mar da Galiza. Estas dúas características, unidas ás variedades específicas das distintas zonas, esculpen e definen os viños que imos probar neste capítulo. Frescura, froita, intensidade aromática son características que aparecen e que teñen liñas directas co clima e co chan de onde proceden os bagos da beira do mar. Completamos o percorrido pola xeografía dos viños galegos. Boa viaxe.", "text": "Rías Baixas Denominación de Orixe creada por Orde da Consellaría de Agricultura do 23 de outubro de 1996. Creación relativamente recente para a zona de maior produción de viño da Galiza. No ano 2021 recolléronse 43 millóns de kilos de uva, por parte das perto de 200 adegas da DO. O cambio climático está afectando de modo destacado a esta denominación. A suba media das temperaturas, entre 4 e 5 graos centígrados, unido a unha menor pluviosidade no verán (entre un 20 e un 30% menos) abren a posibilidade do incremento dos viñedos e tamén o cambio no perfil dos viños. A presenza tan próxima do océano Atlántico así como os chans fan que os viños manteñan características únicas no mundo Moderación na acidez e aumento no grao alcólico serán algúns dos posíbeis cambios que iremos testando nos próximos anos. Con todo, a presenza tan próxima do océano Atlántico así como os chans fan que os viños manteñan características únicas no mundo. É curioso escoitar algúns expertos en viños alemáns, por exemplo, recoñecer que é incríbel que se poida manter un grao de acidez tan alto compatíbel cun grao alcólico tamén alto, cuestións imposíbeis nos Riesling alemáns, que por outra banda son grandes referentes nos viños brancos mundiais. A conclusión é clara se somos quen de manter esa complementariedade e equilibrio tan sutil. Os Rías Baixas están chamados a ser viños brancos de culto no mundo. Os tintos son os grandes descoñecidos para o público. Salvaxes, aromáticos, intensos, vibrantes, adxectivos que non son quen de transmitir todos os seus matices. Un distribuidor inglés, nunha visita a unha adega do Salnés, definiunos moi ben: crazy wine (\"viño tolo\"). Despois da primeira impresión, pediu varias botellas á adega, xa que nunca probara algo similar. Variedades a) Preferentes: - Brancas: Albariño, Loureira branca ou Marqués, Treixadura e Caíño branco. - Tintas: Caíño Tinto, Espadeiro, Loureiro Tinto e Sousón. b) Autorizadas: - Brancas: Torrontés e Godello. - Tintas: Mencía, Brancellao e Pedral. As cinco subzonas O Salnés - Concellos: Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro, O Grove e A Illa de Arousa. Acumula máis do 60% da produción da DO. É a zona de produción máis importante da Galiza, tendo ao redor de 2.300 ha. de extensión e perto de 5.000 viticultores e viticultoras inscritas. Sen dúbida, se temos que falar dun motor económico do viño na Galiza, temos que falar do Salnés e o seu futuro en gran medida marcará o futuro do viño no noso país. Temperaturas moi moderadas no verán, grazas ao Atlántico, permiten maduracións suaves que manteñen unha boa acidez ben perfilada polo chan granítico. Aromas a froitas brancas e gran potencial de envellecemento. Brancos excelentes. Caíños tintos e espadeiros vibrantes resaltan nos seus tintos. Condado do Tea - Concellos: Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas, e algunhas parroquias dos concellos da Cañiza, Tui e Mos. Existe un viño tradicional do Condado do Tea con uvas das variedades Albariño e Treixadura Co 20% da produción da DO, é a segunda subzona con máis uva vendimada. Ten máis de 1.200 viticultores e viticultoras inscritas e máis de 1.000 ha. de superficie de viñedo. Situada no val do río Miño, na súa parte norte limita coa DO Ribeiro. O seu clima é máis caloroso no verán, polo que as maduracións son boas, o que repercute nunha acidez moderada e graos alcólicos lixeiramente superiores aos do Salnés. Destacar que nesta zona existe un viño tradicional do Condado do Tea con uvas das variedades Albariño e Treixadura nun 70%, como mínimo. En Rubiós, parroquia do concello das Neves, existe unha pequena reserva dos tintos de Rías Baixas: Caíño, Espadeiro, Sousón e Pedral, entre outras. Cabe destacar que da variedade Pedral só hai 15.000 kilos de uva na Galiza e todos eles proceden desta parroquia. O Rosal - Concellos: O Rosal, Tomiño e A Guarda, así como parroquias dos concellos de Tui e Gondomar. Ao redor do 11% da produción. Ten máis de 550 viticultores e viticultoras inscritas e perto de 600 ha. de superficie. Na parte baixa do Río Miño, o microclima inflúe de maneira decisiva nos seus viños, facéndoos moi agradábeis, suaves e florais. O viño clásico do Rosal está elaborado coas variedades Albariño e Loureira nun 70% como mínimo e habitualmente leva Caíño Branco. Soutomaior - Concellos: Soutomaior. Só produce o 0,13% da DO, con perto de 50 viticultores e viticultoras inscritas e ao redor de 20 ha. cultivadas. As súas características son moi apreciadas, producindo viños agarimosos, non exentos de carácter e boa boca. Moi recomendábel a súa cata. Ribeiras do Ulla - Concellos: Vedra e algunhas parroquias de Padrón, Teo, Boqueixón, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. Cunha produción que rolda o 4% da DO, posúe máis de 100 viticultores e viticultoras inscritas e unha superficie que ronda as 200 ha. Quizais sexa unha das zonas onde o cambio climático teña máis influencia. Nos próximos anos veremos acentuado ese cambio, o que provocará unha importante variación no perfil dos viños, moi ameazados sempre polas xeadas e as temperaturas extremas na primavera. Sendo viños de acidez ben marcada e pouco grao alcólico, hoxe xa teñen unha maduración e equilibrio moi interesantes Ribeiras do Morrazo A IXP foi creada por Orde da Consellaría de Medio Rural de 21 de febreiro de 2017. É unha zona de produción histórica de viño. Cun clima oceánico húmido, unha pluviosidade entre 1300 e 1800 mm, temperaturas que rara vez baixan dos 9 graos centígrados e con ausencia de xeadas, estas terras están protexidas polas distintas serras que percorren a rexión, Castrove ao norte, a serra do Suído ao leste e a do Galiñeiro ao sur, ademais da dorsal da península do Morrazo. Os viños brancos son equilibrados, frescos e saborosos, moi florais e agradábeis, pero sobre todo cómpre destacar as sensacións oceánicas: a salinidade e a area das praias onde se asentan non poucas cepas, aínda prefiloxéricas, son verdadeiras obras de arte da bioloxía. Son míticos os viños elaborados con tinta femia na parroquia de Cela (Bueu) En canto aos tintos, temos que falar dunha das grandes variedades, a Tinta Femia, da que aínda existen cepas centenarias, sobre todo na parroquia de Cela, no concello de Bueu. Probar unha copa dese viño somérxete no mar e crea unha enxurrada de frescor dificilmente igualábel. Unha delicia. - Concellos: Bueu, Cangas, Marín, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. Variedades - Brancas: Albariño, Caíño branco, Godello, Loureira, Treixadura, Branco Lexítimo e Torrontés. - Tintas: Brancellao, Tinta Femia (Caíño tinto), Pedral, Espadeiro, Loureiro tinto, Mencía e Sousón. Ten ao redor de 7 ha. de superficie vitícola, cunhas ducias de viticultores e viticultoras e 5 adegas. Produce aproximadamente 50.000 kilos de uva adscritos á IXP. O Barbanza-Iria Naceu a IXP por Orde da Consellaría de Medio Rural de 11 de decembro de 2006. Cun clima oceánico húmido, con temperaturas medias anuais por riba dos 15 graos centígrados e precipitacións entre 1800 e 2200 mm. Situada no norte da Ría de Arousa e na desembocadura do Río Ulla, que crea a ría, e protexida pola serra do Barbanza cunha gran cantidade de horas de sol ao ano, excelente para a viticultura. O Barbanza destaca pola súa singularidade a variedade de uva raposo, sinonimia do branco lexítimo, da que aínda se conservan cepas centenarias Terreos areosos e de rápida escorrentía, chans profundos e graníticos que deixan pegada na viticultura. Viños moi florais, frescos e equilibrados. Destaca pola súa singularidade o Raposo (Branco Lexítimo) do que aínda se conservan cepas centenarias, auténticas xoias vexetais, prefiloxéricas en moitos casos, xa que están en terreos areosos. De poucos viños como os de hai séculos se pode disfrutar. Este é un deles. - Concellos: Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga, e algunhas parroquias do concellos de Lousame, Padrón e Porto do Son. Variedades - Brancas: Albariño, Treixadura e Raposo (Branco Lexítimo), Godello, Loureira, Agudelo e Torrontés. -Tintas: Brancellao, Caiño Tinto, Espadeiro, Loureiro tinto, Mencía, Merenzao e Sousón. Betanzos Creada por orde da Consellaría de Agricultura de 8 de novembro de 2000. Con temperaturas máximas que non sobrepasan os 25 graos, boa pluviosidade e chans de exquisitos que achegan mineralidade. Os viños de Betanzos son florais, frescos e históricos. En 1752 contaban con máis de 1.100 ha. dedicadas ao viño e foron subministradores da cidade da Coruña e exportaron os seus viños por toda Europa na Idade Media, nomeadamente a Inglaterra. Quizais un dos problemas máis importantes sexa a pouca insolación, cuestión que vai mudando co cambio climático, pero que provoca que se poidan conseguir viños doces que se obteñen pola existencia da Botrite Nobre provocada polas néboas matinais que logo levantan co sol do mediodía. Viños doces de Branco Lexítimo comparábeis aos excelentes Sauternes de Burdeos. Constituída por unha ducia de viticultores, 6 adegas e perto de 7 ha. produce ao redor dos 8.000 litros amparados pola IXP. - Concellos: Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, así como algunhas parroquias dos concellos de Abegondo, Oza dos Ríos e Sada. Variedades - Brancas: Godello, Branco Lexítimo e Agudelo. - Tintas: Mencía, Brancellao e Merenzao. Están adheridas á IXP ao redor de 9 ha. de superficie, hai unha ducia de viticultores e 6 adegas que producen aproximadamente 30.000 litros de viño. Os viños da costa no comercio marítimo da Idade Media Todos os outeiros arredor de Betanzos estaban cubertos de viñas, o seu produto, o viño, era a base do seu mercado de exportación\". Así comeza a profesora Elisa Ferreira a descrición da importancia que tiña este viño nos movementos económicos do século XIV. Xa no século XV, seguramente co conflito da Guerra dos Cen Anos e a perda da Gascuña por parte de Inglaterra, comeza unha relación comercial continua coas Illas Británicas. Eran moi significativos os cargamentos nos barcos que traían peregrinos a Santiago. Na volta desde o porto da Coruña, en ano santo, enviábanse por esta vía perto de 5.000 toneis, moitos deles de viño de Betanzos. O porto de Pontevedra era o máis importante para a exportación tanto do viño da contorna como doutras zonas como eran os viños \"ullaos\" do Morrazo, os da ría de Arousa e os da Veiga de Padrón e da Mahía. Todos eles atopaban na cidade, boa consumidora, e na exportación, destinos excelentes para a importante produción. Tamén foron de grande importancia os portos de Muros e Noia, onde ían parar tamén parte das producións comentadas. No caso de Tui, o porto exportaba viños ao norte de Portugal e incluso aos Países Baixos. Viño aquel que nunha parte tiña os seus viñedos no Baixo Miño. Toda a costa galega era unha importante zona produtora de viño ao longo da Idade Media Para non esquecer son os viños da Mariña, hoxe case extintos, mais na Idade Media ocupaban unha parte moi importante do terreo cultivábel da comarca. Polos portos de Viveiro e de Ribadeo saían centos de barricas cheas do viño de Viveiro, que en 1285 vendíase a 250 marabedís o tonel. O comercio increméntase no século XIV e mantense até o século XVI, sendo moi famoso no porto flamenco de l'Escluse o \"vinz de Vivieres\", con cargamentos que oscilaban entre os 50 e os 150 toneis por buque. En definitiva, toda a costa galega era unha importante zona produtora de viño ao longo da Idade Media. Os seus viños eran coñecidos e recoñecidos en boa parte do mundo occidental da época, supoñendo un importante recurso económico para gran parte da poboación. Seguramente aquel comercio iniciático foi chave na expansión da viticultura en toda a costa galega. Existen importantes lagoas nos coñecementos históricos daquela época, pero o que é indiscutíbel, e os datos obxectivos están aí, é que o viño galego tivo unha relevancia económica e social importante na Idade Media. Outros países, con moito menos, tiveron unha impresionante capacidade de promoción dos seus viños, e xa é hora de que nós aproveitemos a nosa bagaxe histórica para reivindicar, cando menos, que sabiamos facer viño, que o exportabamos e que as persoas que o bebían por todo o mundo, sempre repetían."}
{"ID": "NOS_51618", "summary": "A conselleira Rosa Quintana asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, para coordinaren actuacións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais a través dos grumires (grupos municipais de intervención rápida).", "text": "O convenio entre Medio Rural e a Federación Galega de Municipios e Provincias responde a unha actividade que se vén desenvolvendo desde o 2002, e formalízase agora \"con carácter retroactivo\", segundo a conselleira: por este acordo con 46 concellos, investiranse 750.000 euros en accións conxuntas de prevención, defensa e extinción de incendios. Os grumires responden a unha cesión de competencias estatais en materia de protección civil, un servizo creado para poboacións pequenas onde é insustentábel manter servizos de emerxencias. Nos últimos anos, víronse afectados polas políticas autonómicas e municipais con redución de operativos e introdución de voluntariado. Sorprendida pola cantidade de medios que convocara a sinatura do convenio, a conselleira declarou que o incendio que se orixinou a pasada sexta no Barco de Valdeorras está controlado desde a \"primeira hora da tarde de onte\": \"foi un esforzo sobrehumano\", afirmou, \"a situación era complexa pola forza do vento e había que traballar rápido e organizadamente. Nunca houbo tantos medios traballando\". Cifrou a superficie afectada entre 1.500 e 1.600 hectáreas, á espera da confirmación dos técnicos. Indicou que está controlado desde onte ás dúas da tarde, e que non aumentou o perímetro. Maioritariamente é zona rasa, pero tamén salientou que afectou ás poboacións, polo que hai mesmo viñas queimadas. A conselleira gábase de que haxa 96 persoas detidas \"Tivo que haber unha coordinación moi exquisita para que se puidese dar por controlado tan rápido como se deu\", indicou. Enxalzou o traballo de todo o persoal que participou na extinción do incendio, \"incluso lembro unha técnica á que eu lle dicía que marchara para a casa e non quixo marchar até que non tivo a situación controlada\". Interrogada a respecto da intencionalidade do lume, como indicou o alcalde do Barco aos medios, respondeu \"é unha zona na que ano tras ano hai incendios, e agora cómpre que actúen as forzas de seguridade do Estado e pescuden a causa do incendio\". Enxalzou tamén que haxa máis de 96 persoas detidas en relación co lume forestal, centralizando de novo a atención na busca de supostos delincuentes."}
{"ID": "NOS_13926", "summary": "O ex presidente español acusa Maduro de \"depredar completamente\" Venezuela.", "text": "O ex presidente español, Felipe González, saiu na defensa de Banesco e Juan Carlos Escotet a raíz da intervención desta entidade financeira e atacou duramente a Nicolás Maduro, a quen considera responsábel do \"ataque político\" (en palabras de Escotet) contra o grupo que en 2013 adquiriu Novacaixagalicia para transformala en Abanca. Nunhas declaracións realizadas nunha entrevista en El País, González carga contra o presidente venezuelano: \"Agora parece que os culpábeis son os de Banesco. Sempre hai una permanente persecución na procura dun culpábel. Depredou totalmente o país. O maior culpábel do que acontece é el\". O ex dirixente socialista fai votos para que Maduro caia e afirma que \"o réxime estase a fracturar por dentro. Hai moita xente que non quer seguir con esta farsa\". O goberno de Venezuela interveu a finais da pasada semana Banesco, Banco Universal S.A, durante 90 días debido, afirman, a unha serie de operacións fraudulentas onde se sospeita que están involucrados directivos desta entidade financeira. No comunicado oficial do goberno infórmase de que esta decisión se enmarca na operación 'Mans de Papel' e que non vai influír nos servizos ordinarios do banco, polo que se fai un chamamento ás persoas que teñan contas e aforros na mesma. No comunicado tamén se indica que esta operación é necesaria para sanear \"os ilícitos\" da entidade e reconducilos \"á normalidade das actividades financeiras\". O Fiscal Xeral Tarek William Saab deu a entender que tales operacións fraudulentas facían parte do \"ataque sistemático á moeda nacional\", realizado por \"mafias económicas\"."}
{"ID": "NOS_38437", "summary": "Reaccións á exclusión de 'Nós Diario' das subvencións aos medios.", "text": "Por segundo ano consecutivo a Xunta excluíu Nós Diario da liña de axudas dirixidas a xornais impresos. Tal e como publicou a pasada quinta feira esta cabeceira, a secretaria xeral de Medios -en funcións o 3 de maio e cesada o día 5-, Mar Sánchez Sierra, acordou \"denegar a axuda económica á empresa Sermos Galiza SA para a publicación Nós Diario, por non tratarse dun xornal impreso e distribuído diariamente\". A Administración galega xustificou a súa resolución nun único argumento, o mesmo que exhibiu da última vez. Mantén que Nós non é un 'diario' ao se publicar de terza feira a sábado, malia que a Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), órgano de referencia nas bases reguladoras, define \"diario\" como a \"publicación diaria impresa en papel que se edita, co mesmo título, formato e características peculiares e universalmente recoñecidas, catro ou máis días por semana\". A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita A exclusión de Nós Diario en 2021 da repartición de subvencións motivou a presentación dun recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), actualmente en fase de tramitación. Impulsou, ademais, a denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística ante o Consello de Europa polo incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, unha transgresión dun tratado internacional que a entidade volverá levar a Europa. Unha obriga coa lingua No seu artigo 11, lembra o presidente Marcos Maceira en declaracións a este xornal, a carta europea recolle o compromiso das partes \"a fomentar, facilitar a creación e mantemento de polo menos un órgano de prensa nas linguas rexionais ou minoritarias\". \"É moi claro: hai un medio escrito en galego, Nós Diario, e a Xunta nin fomenta, nin facilitou no seu momento nin contribúe ao seu mantemento\". Desta forma, di, incumpre un tratado que o Estado español ten a obriga de executar. Correspóndelle á Xunta, que antes do 1 de agosto de 2023 deberá xustificar ante o Consello de Europa \"que fai para que existan medios en galego se o único impreso integramente nesta lingua tamén é o único que non recibe axudas por estar escrito en galego\". Colexio de Xornalistas O decano do Colexio de Xornalistas da Galiza, Paco González Sarria, sinala a Nós Diario que a decisión da Secretaría Xeral de Medios pon de manifesto a necesidade de porfiar nunha proposta de vello que \"para a profesión era fundamental nese novo mandato\", o derradeiro de Núñez Feixoo á fronte da Xunta. \"Cando tomou posesión enviámoslle unha carta instándoo á elaboración dunha lei de publicidade institucional que fortalecese o sistema de comunicación coa calidade e o pluralismo como obxectivos\", xa que o actual, malia mellorar \"métodos precedentes, segue a ser claramente deficiente\". Feixoo marcha sen cumprir ningunha das peticións do Colexio, que xa en 2006 fixo unha proposta, dirixida á Xunta, \"para obxectivar a concesión de axudas aos medios\": axudas automáticas para medios en galego; axudas directas e indirectas -subscricións a centros dependentes da Xunta, publicidade institucional, deducións fiscais-, axudas para o financiamento de proxectos... González Sarria urxe un debate entre profesión, expertos e sociedade para fixar uns criterios obxectivos e un baremo que eviten \"agravios e discrecionalidade en función dos intereses do momento ou das necesidades económicas de determinados medios\". \"Debe primar a obxectividade sobre a discrecionalidade\" Nós Diario quixo coñecer a opinión dos grupos políticos con representación no Parlamento sobre a exclusión desta cabeceira das axudas da Xunta á prensa escrita. Pese ás chamadas realizadas nos últimos días ao gabinete de comunicación do PP, os populares non deron resposta. Pola súa parte, o deputado do BNG Iago Tabarés sinalou a este xornal que é \"paradoxal\" que \"estas achegas que teñen que estar para fomentar a lingua e a cultura propias da Galiza exclúan os medios que utilizan a lingua galega\" e a promoción da cultura galega\". \"A obxectividade debe estar por diante da discrecionalidade\", recalca. Para José Manuel Laxe, secretario de organización do PSdeG, a Galiza \"precisa dunha regulación da publicidade institucional\", pois actualmente \"carecemos dun marco normativo\" e iso fai que \"o nivel de discrecionalidade sexa moi amplo e permita situacións anómalas coma as que coñecimos estes días\"."}
{"ID": "NOS_38255", "summary": "A secretaría de medidas penais do Departamento de Xustiza valida a decisión das Xuntas de Tratamento das prisións de Lledoners, Puig de les Basses e Wad-ras.", "text": "O Departamento de Xustiza, a través da Secretaría de Medidas Criminais, ratificou o terceiro grao de prisión para os presos políticos cataláns, que foron outorgados polas Xuntas de Tratamento das prisións de Lledoners, Puig de les Basses e Wad-ras hai dez días . Esta medida será informada esta tarde e o terceiro grao entrará en vigor de inmediato. Desta forma, os internos só terán que pasar a noite no cárcere os días laborábeis. O servizo de clasificación valorou que Oriol Junqueras, Carme Forcadell, Dolors Bassa, Raül Romeva, Jordi Cuixart, Jordi Sànchez, Josep Rull, Jordi Turull e Quim Forn participaron en actividades de razoamento, xuízo crítico e resolución de conflitos. Tamén destaca a ausencia de incumprimentos legais e procedementos disciplinarios. Ademais, o servizo considera que os presos tcontan co ámbito social e familiar para accedera o terceiro grao e lembra que o artigo 72.4 da Lei orgánica xeral penitenciaria impide que calquera persoa preparada para recibir este grao sexa mantida no segundo grao. . O Supremo, último recurso A xustiza trasladou a sentenza á Fiscalía, que agora pode recorrer aos tribunais de vixilancia penitenciaria pertinentes. En todo caso, un posíbel recurso do fiscal non suspenderá o terceiro grao, xa que isto só pode ser paralizado por un xulgado."}
{"ID": "NOS_15694", "summary": "Os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) indican que febreiro reduce a creación de empresas na Galiza na comparativa interanual e as que se crean son, na súa maioría, pequenos comercios. Malia a destrución do traballo autónomo feminino hai novas incorporacións e outras resisten renovándose.", "text": "A debilidade da economía galega e o seu estancamento nos primeiros meses deste 2020 conta cun dato máis que deu a coñecer onte o Instituto Galego de Estatística (IGE): no mes de febreiro, constituíronse na Galiza 388 sociedades mercantís, 62 máis que en xaneiro, mais 15 menos que no mesmo mes do ano pasado. Estas cifras sinalan a mesma tendencia que seguiu 2019, o terceiro exercicio consecutivo de diminución de compañías constituídas desde que en 2016 se acadaron as 4.533. As comarcas da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, 46,13% das sociedades mercantís no primeiro caso e 34,54% no segundo. Pola súa banda, 9,79% das novas empresas fixou a súa sede nas de Lugo e outro 9,54% nas de Ourense. Case todas as empresas constituídas no segundo mes do ano no país adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. Así mesmo, 74,64% das persoas socias son homes. En canto ao tamaño, son, por regra xeral, moi pequenas. Segundo o IGE 76,03% das sociedades constituídas foron creadas por unha única fundadora. O capital medio subscrito ascendeu a 58.779 euros por sociedade. Por outra banda, en febreiro de 2020 disolvéronse na Galiza 180 sociedades mercantís, 34 menos que o mes anterior e 19 menos que no mesmo mes do ano pasado. Ademais, 29 empresas reduciron o seu capital social e rexistráronse tres procesos de fusión e dúas de escisión. A creación de empresas no mes de febreiro estivo liderada polo comercio (20,62%), seguidas polas de hostalaría (19,07%), a construción (18,04%) e en último lugar as de industria e enerxía (8,76%). Muller, emprendedora e no pequeno comercio O pequeno comercio segue a ser considerado unha saída laboral malia que a situación actual non sexa a mellor. Hai un perfil que destaca e resiste neste ramo na Galiza: muller de mediana idade e responsábel do seu negocio. Un exemplo témolo en Magdalena, propietaria dunha mercería en Compostela que relata a Nós Diario que hai un ano decidiu facerse autónoma \"por primeira vez\" e rexentar o seu propio negocio. \"Levo 27 anos traballando atrás dun mostrador, sempre por conta allea, eramos seis traballadoras e rematamos dúas... non daba para máis\", explica. Acceder a ter \"empresa propia\" non é moi complicado pola redución de trámites administrativos. Magdalena relata que o problema é acceder ás poucas axudas que hai que si teñen unha tramitación máis complexa. \"Eu non pasei de solicitar a de acceso por ser autónoma, muller e maior de 50 anos\", confesa. Outro atranco está na conciliación familiar. \"Non podería estar aquí se non fose porque o meu fillo xa é maior, hai dez anos para min sería impensábel dar o paso\". Sobrevivir no pequeno comercio Galiza lidera a perda de autónomas a nivel estatal na última década. Segundo datos da Asociación de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA), 2019 rexistrou un descenso de 9,4%, é dicir, 8.972 mulleres autónomas menos que hai 10 anos. A perda no colectivo masculino nese mesmo período foi de 7.485 autónomos menos. Continuar co paso dos anos é, daquela, case unha heroicidade. Cristina pertence á terceira xeración que leva un pequeno comercio na zona histórica de Compostela que pasou por varios contratempos nos seus 107 anos de existencia para rematar como bazar. Agora está a piques de pechar por uns meses para adaptar o estabelecemento e seguir con novos folgos. \"É importante actualizarse e este local precisaba unha restauración\", asegura a Nós Diario, \"seguiremos, mais actualizándonos para ofertar produtos de máis calidade\". No seu caso, como no de Magdalena, as vendas baixaron en relación a outros anos. Coinciden en apuntar que o pequeno comercio ten dificultades para loitar contra a venda de produtos por internet e contra a presenza das grandes superficies."}
{"ID": "NOS_43172", "summary": "Dous novos falecementos elevan a 718 as vítimas da Covid-19 en territorio galego.", "text": "Galiza rexistra un total de 191 novos contaxios. Así se desprende dos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, segundo os cales o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 4.304, dos cales 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol. Do total de doentes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas, que se une a un usuario da residencia Orpea de Culleredo. Por outra banda, o número de PCR realizadas é de 431.081."}
{"ID": "NOS_26831", "summary": "A TVG emite hoxe ás 15.15 horas o documental 'Vencerse é cousa de se tratar', que ten como fío condutor a creación do mural de Xela Arias que loce en Sarria, na rúa que leva o nome da autora, a carón da capela de San Lázaro.", "text": "As homenaxes a Xela Arias non se limitan ao papel, e a Televisión da Galiza (TVG) emitirá hoxe ás 15.15 horas o documental 'Vencerse é cousa de se tratar', producido en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que ten como fío condutor a creación do mural de Xela Arias que loce en Sarria, na rúa que leva o nome da autora, a carón da capela de San Lázaro. O traballo documental, de Valeria Pereiras, constrúese a partir da gravación deste traballo artístico de Mon Devane e coa participación de estudantes dos institutos Xograr Afonso Gómez e Gregorio Fernández de Sarria, convidadas a reflexionar sobre a figura de Xela Arias e dar opinión sobre a súa escrita. \"Xela Arias pertence a esa xeración de poetas dos 80 que conectan de modo especial coa mocidade, coas súas inquedanzas, ansias de liberdade e espíritu rebelde\", apunta o produtor executivo do audiovisual, Manuel Fernández, que destaca \"a intención de destacar o carácter performático da poesía de Xela Arias\". O documental recolle, ademais, a lectura a cámara de poemas da autora sarriá por parte de persoas destacadas da literatura e tamén da música galega. No que respecta á biografía, o audiovisual divulga os aspectos máis descoñecidos e curiosos da vida da escritora \"a través de rótulos sobreimpresos, con frases breves que resumen de modo dinámico a súa traxectoria\", explica o produtor. \"A participación da mocidade e os recursos da arte urbana, tanto no que ten que ver co fío condutor como na rotulación do audiovisual, contribúen a facer do documental unha produción afastada doutras máis canónicas que se están a facer durante este ano, por iso apostamos por colaborar coa produción\", explicou Maite Ferreiro."}
{"ID": "NOS_21084", "summary": "A Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza ten en catro dos seus nove postos do consello de administración directivos de Abanca e Reganosa.", "text": "Directivos de Abanca e Reganosa ocupan catro dos nove postos do consello de administración da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza, constituída esta segunda feira, 3 de maio, na Cidade da Cultura, en Santiago. Desta maneira, Abanca participa a alto nivel, ostentando a vicepresidencia e dous postos máis na dirección desta sociedade que ten por obxecto seleccionar e impulsar proxectos europeos Next Generation presentados por empresas que logo precisarán recorrer a un banco para solicitar financiamento. Abanca recoñeceu nos seus resultados do ano 2020 que o núcleo da súa carteira compóñeno as partidas correspondentes a financiamento a empresas (38% do total) e mais a familias (45%). Segundo indicou o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, a finalidade da sociedade é \"buscar futuros investidores mais en ningún caso ser unha sociedade de investimento\". \"Nace para identificar e madurar proxectos, levalos ao seu punto de investimento, que será sempre desde a iniciativa privada e esta sociedade en ningún caso vai investir nos proxectos\", engadiu. O consello de administración da sociedade fica desde esta segunda feira presidido polo propio Francisco Conde, e ten na Vicepresidencia o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; mentres que Emilio Briquetas, director xeral de Raganosa, será conselleiro da sociedade, ao igual que o titular de facenda do Executivo galego, Valeriano Martínez, e mais o de Medio Rural, José González. O secretario do consello de administración e director xeral de goberno corporativo de Abanca, José Eduardo Álvarez-Naveiro; o ex presidente da Xunta e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, Fernando González-Laxe; e o tamén catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo Santiago Lago Penas sentan no consello de administración. O secretario será o responsábel de asesoría xurídica de Abanca, Eduardo Cortizo García. A sociedade, nada por decisión do Goberno galego, ten un capital de 5 millóns de euros e dela forman parte a Xunta da Galiza (con participación de 40%), Abanca (38%), Reganosa (12%) e Sogama (10%). O primeiro reto, segundo explicou Conde no acto de constitución, é \"madurar o polo de transformación da Galiza para impulsalo e aspirar a que teña o recoñecemento do Goberno de España para poder xerar oportunidades na transición ecolóxica e dixital\". Mais, a continuación, a sociedade \"traballará na identificación de máis proxectos\". 354 candidaturas Polo de agora, a Xunta traballa cunha candidatura conformada por 354 proxectos, 107 deles de iniciativa privada e que aínda non foron detallados no Parlamento galego. A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos puxo no albo da crítica a participación de Abanca, nada da privatización das caixas de aforros galegas, e a das empresas Reganosa -que sinalan como responsábel dunha alta emisión de gases invernadoiro- e mais de Sogama nunha sociedade que impulsará proxectos candidatos a uns fondos europeos Next Generation que buscan a transición enerxética e a economía verde."}
{"ID": "NOS_33196", "summary": "O mapa de Vopelius é outra cartografía europea do século XVI onde aparece recollida a singularidade da Galiza.", "text": "Para que os monarcas españois puidesen levar a cabo proxectos comerciais transoceánicos dende os albores do século XVI, mellorar a cartografía viuse como unha necesidade fundamental. Por iso, con independencia daqueles portolanos elaborados no baixo medievo –nalgún dos cales ondea unha bandeira provista dunha cuncha para representar Compostela e se cadra tamén Galiza–, logo da descuberta do Novo Mundo as xeografías deben ser máis exactas e detalladas no papel. Sobre os territorios, cidades e lindes dos reinos e vicerreinados que agroman polo continente americano despréganse mapas útiles para as exploracións, o comercio e as políticas coloniais. Velaí por exemplo o que Guijelmus Blaeuw confecciona sobre Nova España e Nova Galicia, en terras mexicanas. As deste último reino, e como anécdota, foran conquistadas por Nuno Beltrán de Guzmán, feito que el denomina como \"Conquista del Espíritu Santo de la Mayor España\", sendo Tepic a capital que rebautiza como \"villa del Espíritu Santo de la Mayor España\". Por Real Cédula do 25 de xaneiro de 1531, e en virtude do ordenado por Isabel de Portugal, muller de Carlos V, os territorios pasan ipso facto a se chamaren \"Reino de Nueva Galicia\", e esixe que se poboe \"onde mellor parecese unha cidade que se chame Compostela, á que lle concede, como capital do reino, as liberdades, os foros e privilexios que tiña\". Curiosa é a esixencia de Isabel, mais que razóns sentimentais, políticas ou cando menos simbólicas se agochan na súa decisión? Caspar Vopelius Porén, existen mapas que están provistos máis ben dunha función alegórica que propiamente cartográfica. E un bo exemplo disto é aquel que no ecuador do século XVI realiza un prestixioso cartógrafo e astrónomo nado en Medebach (Renania do Norte-Westfalia). O seu nome, Caspar Vopelius (1511-1561), vai ligado ao mundo das matemáticas e a ciencia, pois é quen de afondar en diversos eidos do saber como a astronomía, a cosmografía e a técnica. Fabrica, logo así, instrumentos útiles para a navegación e a observación do ceo (globos celestes, esferas armilares, astrolabios...). No que atinxe ao seu labor docente, imparte aulas no Montaner Gymnasium (Köln) e está considerado o sucesor do humanista Heinrich Glarean. No exercicio cartográfico, elabora diversos mapas, aínda que analizaremos aquel de Europa que lanza por 1555. Del non se conserva ningún exemplar da edición príncipe; mais coñecemos a existencia dun da segunda prensada conservado na Bibliothèque Nationale de France. Baixo o título Europae primae et potissimae tertiae terrae partis recens descriptio, Bernard van den Putte, prestixioso gravador flamengo que desenvolve a súa actividade profesional sobre todo en Antuerpen e Mechelen, imprime esta obra en 1566 (xa falecera Vopelius). Consta dez pregos de 38 por 50 centímetros, agás dúas láminas a maiores de dimensións máis reducidas. Os territorios do continente gráfanse na totalidade e no primeiro dos folios, entre as columnas de Hércules e unha grilanda de froitas e vexetais, loce o escudo de Carlos V. A autoría certifícase na cartela superior dos primeiros folios, nos que conxuntamente se le: \"Potentissi ac invictiss, principibus et domi/nis D. Carolo Quinto et Ferdinando sacri roma/ni imp. Monarchis semper augustis etc. dicavit / Caspar Vopelis\". Incluso a cartela do título tamén o testemuña. Nunha das follas vese a parte da costa atlántica francesa e o \"Oceanus Cantabric\", así como o territorio galego e a zona setentrional portuguesa. Aínda que na Galiza aparece unha bandeira cun escudo que non se corresponde co galego (quizais sexa o de León), si se constata a existencia do emblema propio –de fermosa fasquía– chantado entre a costa de Viveiro e Ribadeo. A xeografía galega na cartografía de Vopelius Aínda que algúns topónimos fican desprazados, identificamos o río Miño e os lugares da Coruña, Muxía, Noia, Compostela, Padrón, Pontevedra, Redondela, Baiona, Ourense, Lugo, O Bierzo (fóra de lugar) etc. Ao pé de Finisterrae aclara o autor que se trata de \"Neraum et Celtiann\", non lonxe de \"Solis arae\". Identifica, asemade, o cabo Prior, a zona Ártabra, as Illas Cíes (Bayonae insulae) e as lendarias Cassiterides. Nas proximidades do litoral lusitano navega unha embarcación coas veas izadas e cabo dela permanece o monarca portugués sentado no seu trono, co cetro na man dereita e o escudo real á súa sinistra. No que atinxe ao brasón galego este só se representa cun cáliz con tapa acostado de catro cruces patadas colocadas en pau, dúas a cada flanco. A execución da peza é fantástica, mais os escudos relativos a Castela e Aragón vense con menor impacto visual. A representación na súa totalidade é fermosa, pois está ateigada de monstros mariños e seres fantásticos, deuses clásicos, rosas dos ventos, escudos de armas, navíos, referencias históricas a textos grecolatinos, monarcas sentados nos seus respectivos tronos ou ben tocados por unha man celestial que, de non facelos case deuses, si aparecen como grandes heroes. E Galiza..., no medio de todo isto."}
{"ID": "NOS_9850", "summary": "A estrela de Feijóo apágase. Tocado pola súa relación co narco Dorado, só o 19% das persoas inquiridas por Metroscopia elíxeno como eventual sucesor de Rajoy.", "text": "A vicepresidenta do Goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría, aparece como a opción favorita do eleitorado para relevar a Rajoy caso de o presidente acabar por demitir, de acordo co inquérito de Metroscopia que publica hoxe El País. Soraya tería o apoio do 34 por cento das e dos eleitores, e o rexeitamento dun 57 por cento. A segunda posición sería para Esperanza Aguirre, co 23% a favor e o 73% en contra. En terceiro lugar aparecería o ministro de Xustiza, Ruíz Gallardón, co 21% de respaldos e un 73% de rechazos. O outrora emerxente Feijóo concita só o apoio do 19% das persoas entrevistas no inquérito Hai que descer até o cuarto posto do ránking para batermos co outrora emerxente Núñez Feijóo. Só concitaría o apoio do 19 por cento das persoas entrevistadas no inquérito. Rexeítano o 64 por cento. Feijóo só se impón a un Aznar en horas baixísimas (só tería o apoio do 16% e un rexeitamento masivo, o 80%) e dunha María Dolores Cospedal que sae chamuscadísima da crise política que vive o seu partido, con apenas un 14% de respaldos e un volume de rechazo idéntico ao que colleita Aznar. De por parte, a enquisa revela que o bipartidismo aprofunda a súa crise. PP e PSOE apenas suman neste momento, entre os dous, o 45,8% dos apoios do eleitorado (nas eleccións de Novembro de 2011 o PP obtivo por si só o 44,8%). Continúan en clara liña ascendente IU (16,2 %) e UPyD (11,8%)."}
{"ID": "PRAZA_13543", "summary": "Evidentemente o dia do Orgulho (nom porque eu o diga, mas por pura lógica e pura ética) tem de ser umha outra cousa e, de facto, é umha outra cousa. Se as origens estám nos distúrbios de Stonewall, é alí onde está a essência e nom em questons correlativas legítimas, mas que nem podem desviar um evento como o dia do Orgulho da sua natureza reivindicativa.", "text": "O Dia do Orgulho Gay foi instituído polo movimento gay e, com o tempo e por extensom, polo movimento lésbico e transexual como dia de luita em comemoraçom dos distúrbios de Stonewall (Nova Iorque) em 1969, que enfrentaram membros da comunidade gay com a polícia. Foi umha revolta contra a repressom implacável e brutal à que eram submetidos os indivíduos que deixavam manifesta a sua tendência sexual \"nom correta\", pola sua conduta ou a sua estética. Com o tempo o dia do Orgulho foi-se convertendo numha data em que se combinava o aspeto reivindicativo com o festivo. Mas de um tempo a esta parte o aspeto festivo parece ganhar peso sobre o reivindicativo Com o tempo o dia do Orgulho foi-se convertendo numha data em que se combinava o aspeto reivindicativo com o festivo. Mas de um tempo a esta parte o aspeto festivo parece ganhar peso sobre o reivindicativo. Isto, nom porque o movimento em si renuncie a visibilizar as suas reivindicaçons, mas porque determinados setores nom precisamente amigos da causa gay optárom por apropiar-se da data para despossui-la de conteúdo sócio-político e fomentar que dela fiquem apenas os clichés mais folclóricos. Neste sentido, nom me penso repetir acerca de outros textos críticos que já aparecérom referindo-se ao circo que a Cámara Municipal corunhesa montou nos Cantons da Corunha (já agora, um ponto de referência para a comunidade gay da nossa cidade) mas sim gostava de sublinhar que a nossa organizaçom se soma de maneira inequívoca a essas críticas, já que evidentemente resulta cínico e insultante que umha Cámara Municipal governada polo PP, umha força política que pujo como umha das prioridades da sua agenda a derrogaçom da lei que possibilita o matrimónio entre pessoas do mesmo sexo e que apoia (por ativa ou por passiva, segundo convir) os posicionamentos da cúpula da igreja católica a favor da \"família cristá\" e contra outras formas de convivência, pretenda fazer negócio a costa da cultura do ócio da comunidade gay com a vereadora de Cultura (pessoa notavelmente reaccionária) a exercer de suma sacerdotisa. A política de \"um dia de feira e o resto a passar fame\" nom pode servir-lhe nem ao governo local corunhês nem ao Partido Popular para eludir o facto de continuar sendo assinalados como inimigos da liberdade sexual e afetiva das pessoas Evidentemente o dia do Orgulho (nom porque eu o diga, mas por pura lógica e pura ética) tem de ser umha outra cousa e, de facto, é umha outra cousa. Se as origens estám nos distúrbios de Stonewall, é alí onde está a essência e nom em questons correlativas legítimas, mas que nem podem desviar um evento como o dia do Orgulho da sua natureza reivindicativa. Rejeitamos portanto qualquer intuito por parte da direita espanhola reacionária de vender-nos falsas \"modernidades\" e \"libertaçons\"; a política de \"um dia de feira e o resto a passar fame\" nom pode servir-lhe nem ao governo local corunhês nem ao Partido Popular para eludir o facto de continuar sendo assinalados como inimigos da liberdade sexual e afetiva das pessoas. Nom se pode permitir que a base de botar mao do talonário (quanto custárom as atuaçons do Dia do Orgulho?) consigam fazer esquecer que o Partido Popular quer desmantelar umha por umha todas as conquistas que a comunidade gay atingiu em matéria de igualdade ante a lei. Na Corunha, por seu turno, sobram-nos referentes aos que nos remitir no dia do Orgulho, sem necessidade de recorrer a elementos folclórico-subculturais alheios à nossa história Na Corunha, por seu turno, sobram-nos referentes aos que nos remitir no dia do Orgulho, sem necessidade de recorrer a elementos folclórico-subculturais alheios à nossa história. Nom o digo porque Mario Vaquerizo, artista-estrela do Dia do Orgulho \"oficial\" corunhês nom tenha direito a trabalhar de bufom do sistema se esse é o seu desejo, mas porque na Corunha há referentes históricos de rebeldia real perante as imposiçons da moral imperante e perante a repressom do estado contra a comunidade gay e lésbica. Como exemplo, sem naturalmente esquecer esse fito histórico de Stonewall, recordarei dous fatos: o protagonizado por Marcela e Elisa no ano 1901: duas mulheres (ainda que umha fazendo-se passar por homem, claro) que casárom a pesar de que nem estado nem igreja naquela altura permitiam tal cousa. E, no ano 1980, o protagonizado por dúzias de pessoas que marchárom sem pagar da cafetaria Manhattan, sediada (ainda) na Praça de Ponte Vedra, em protesto pola atitude hostil do pessoal de tal estabelecimento contra as pessoas homosexuais. A esses factos nom houvo seguramente mençom qualquer na festa dos Cantons e esses som os que de verdade devem ser os nossos referentes, nom indivíduos da farándula que utilizam a tendência sexual como bandeira de conveniência mas que nom som, que saibamos, conhecidos pola sua atitude reivindicativa durante a sua trajetória artística."}
{"ID": "PRAZA_7370", "summary": "Prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Os traballadores do Hostal denuncian que o acordo non respecta o seu convenio laboral e alertan de que a empresa estatal prepara a súa privatización.", "text": "Paradores e sindicatos chegaron a un acordo sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola empresa, que implica que haberá 350 despedidos pero que limita os peches de establecementos previstos ao de Puerto Lumbreras (Murcia) e reduce os peches parciais anunciados. Nun primeiro momento a empresa propuxera o despedimento de 450 empregados indefinidos (85 deles en Galicia), nunhas medidas que tamén incluían o peche definitivo dos paradores de Ferrol e Verín e o parcial, de 5 meses ao ano, dos de Tui, Vilalba, Monforte e Santo Estevo. Isto obrigaba a 119 traballadores destes centros a pasar os seus contratos de indefinidos a fixos descontinuos. Prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Ferrol, Verín e Santo Estevo salvan dos peches No acordo ao que chegaron CC.OO. e UGT coa empresa prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Ferrol, Verín e Santo Estevo sálvanse dos peches. Porén, mantéñense unha parte moi importante dos despedimentos e, por exemplo, no caso do Hostal dos Reis Católicos de Santiago o número de traballadores que perderán o seu emprego segue sendo de 19, os mesmos que figuraban no plan inicial. O Comité de empresa do establecemento compostelán, o único de todo o Estado xunto co de León que conta cun convenio propio, denuncia en primeiro lugar que este acordo non tivo en conta este feito e que non respectou a capacidade de representación e negociación do devandito Comité. Ademais alerta de que este proceso vai facilitando o camiño para unha inminente privatización dos Paradores en toda España e lembra que mantén en marcha unha denuncia colectiva diante do Dirección Xeral de Inspección Laboral pola \"usurpación\" da súa representación. O Comité de empresa do Hostal alerta de que este proceso vai facilitando o camiño para unha inminente privatización dos Paradores en toda España A dirección de Paradores aceptou incrementar as indemnizaciones, que serán de 25 días por año traballado cun máximo de 20 mensualidades. A cambio, acórdase a redución da xornada laboral de 400 traballadores nun 25%, así como a reducción e eliminación dalgúns complementos salariais e retribucións variables, a supresión de dous días de asuntos propios."}
{"ID": "NOS_6330", "summary": "En contraposición ás demandas dun Código Penal con penas máis duras, o feminismo antipunitivista trata de artellar un sistema de xustiza máis humano. Natalia Torres, avogada e docente de dereito penal na Universidade de Vigo, debullará as súas teses nunha charla mañá no CS Cova dos Ratos de Vigo.", "text": "—Como definiría vostede o antipunitivismo? Podería ser entendido como o rexeitamento ao castigo como institución de control social e as súas formas contemporáneas máis perfeccionadas: o sistema penal no seu conxunto e o cárcere como principal castigo institucional actual. —No outro extremo, como de asimilado está o punitivismo nos movementos sociais ou nos programas dos partidos políticos actuais?Di Angela Y. Davis que a prisión é considerada tan \"natural\" que é extremadamente difícil imaxinar vivir sen ela. Os movementos antipunitivistas loitan arreo en contra desta idea fortemente arraigada nos imaxinarios colectivos, moitas veces presente tamén no eido político ou nos movementos sociais. Non é unha empresa sinxela porque a dominación propia do patriarcado está feita para que as súas institucións aparezan como un trazo máis cotián. —O noso actual sistema xudicial e penitenciario é punitivista ou, pola contra, está encamiñado cara a reinserción das persoas presas?O punitivismo é dominante nas políticas criminais e nas lexislacións penais da nosa contorna, como se pode comprobar nas múltiples reformas lexislativas nos códigos penais estatal e dos países veciños nas últimas décadas. Este fenómeno poderíase denominar \"neopunitivismo\" e o seu desenvolvemento deriva, en boa medida, de tratados e convenios internacionais e, desde o meu punto de vista, ten unha data de nacemento o 11-S cando caeron as torres en Nova Iorque. Ademais, o sistema xudicial penal e penitenciario aplica castigos, males e por tanto dor. Así que, na miña opinión, da imposición de dores, da deshumanización propia dos cárceres, non pode seguirse a reinserción, é unha contradición. O punitivismo é dominante nas políticas criminais e nas lexislacións penais —Percibe falta de sensibilidade ou consciencia do que supón unha condena na prisión?Parte da tecnoloxía das prisións actuais está na invisibilización da violencia que se irroga nelas. Por iso é importante sinalar que a pena de prisión non só restrinxe a liberdade. Estas institucións están dominadas por dinámicas nas que se despreza a vida digna, a saúde e outros dereitos tan importantes como o de asociación, a liberdade relixiosa e sexual, a intimidade persoal e familiar, o dereito a difundir e expresar libremente pensamentos e ideas, a educación, ou o dereito a un traballo digno e unha remuneración suficiente. —Que visión aporta o feminismo ás correntes antipunitivistas?A visión que aporta o antipuntivismo feminista fronte ao punitivismo é radical: trátase de cambiar a cultura da dominación, discriminación e humillación propia do castigo e da sociedade patriarcal por outra máis humana, baseada no respecto da vida digna, da liberdade e o amor propio das outras persoas. A proposta de Paz Francés e Diana Restrepo, por exemplo, lévaas a afirmar que os discursos feministas e abolicionistas do castigo que defenden conflúen nunha mesma idea central: a improrrogábel necesidade dun cambio civilizatorio, o que relaciona antipunitivismo e feminismo de forma case inevitábel. Din estas autoras que é imposíbel pensar a existencia da prisión, así como as demais respostas penais, por fóra do patriarcado. Trátase de cambiar a cultura da dominación, discriminación e humillación propia do castigo e da sociedade patriarcal —Hai un debate presente mesmo nos feminismos: fronte unha xustiza que pode ignorar as testemuñas das mulleres ou a minimizar a violencia que sofren, demándase nas rúas un aumento das penas. Como aborda o antipunitivismo feminista este conflito?Quero deixar claro que son consciente de que a violencia en contra das mulleres é real e moito máis ampla do que se documenta, e que as mulleres temos que buscar protexernos de ela e facerlle fronte, o cal pode incluír usar as ferramentas do dereito penal en ocasións, pois desafortunadamente nos máis dos casos é o único que o estado e a sociedade ofrecen. Non obstante, non está probado que co recurso ao dereito penal se alcancen cotas de éxito na protección das mulleres. Iso si, as políticas punitivistas lexitiman a cultura de dominación que beneficia o patriarcado a través da suposta protección que brinda. —Avanzouse nos últimos anos na introdución da perspectiva de xénero no sistema xudicial?Hai intentos e propostas concretas que no camiño á abolición do castigo, loitan pola inclusión de outras perspectivas, por exemplo de xénero, no sistema penal. Avánzase aos poucos desde miradas diferenciadas. Pero este camiño está por facer. Estamos todas chamadas a buscar e construír alternativas, seguramente desde en plural —Que opcións poderían artellarse en troques das penas de prisión?Os proxectos antipunitivistas procuran sentar as bases para avanzar cara a lugares máis xustos, máis humanos. Xa que logo, estamos todas chamadas a buscar e construír alternativas, seguramente en plural, dende outros lugares que non sexan os da dominación, discriminación e humillación do castigo e teñan no horizonte decrecer a represión. O feminismo antipunitivista propón a adopción de mecanismos de xustiza local, a aposta por novos paradigmas de xustiza que non pasen por xulgar as persoas, ou a redución ao mínimo da duración das penas e o uso da prisión. En todo caso, cabe sinalar que esta pregunta e as súas respostas non deben bloquear a discusión en relación coa abolición da cultura do castigo, que é o cimento para estes cambios."}
{"ID": "NOS_8938", "summary": "O colectivo solicitouno xa na Coruña, Oleiros, Cambre, Culleredo, Betanzos, Sada e Bergondo con motivo do 85º aniversario da súa proclamación.", "text": "A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) solicita aos concellos da comarca que o 14 de abril, con motivo do 85º aniversario da proclamación da II República, penduren dos mastros das casas consistoriais a bandeira tricolor. Gondomar e Narón anunciaron que o farán. Os concellos de Gondomar e Narón anunciaron que se sumarán á iniciativa da CRMH Entre os consistorios contactados polo colectivo atópanse os de Oleiros, Cambre, Culleredo, Betanzos, Sada, Bergondo e da Coruña. Ao seu rexedor, Xulio Ferreiro, lembran a \"tradición republicana\" da cidade así como a presenza do \"republicanismo\" como movemento político non só en organizacións senón tamén en \"casinos e outras entidades\". 600 persoas fusiladas Aliás, sinalan o número de persoas represaliadas polo fascismo após o levantamento militar de 1936. \"máis de 600 persoas asasinadas na comarca, entre elas as principais autoridades: Francisco Pérez Carballo, Gobernador Civil; Rogelio Caridad Pita, Gobernador Militar; Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral xefe da VIII División Orgánica; Ánxel Casal, vicepresidente da Deputación e alcalde de Santiago; Manuel Quesada e Gonzalo Tejero, comandante e capitán das Forzas de Asalto. No concello da Coruña foron asasinados: Alfredo Suárez Ferrín, alcalde; Joaquín Martín Martínez, secretario do concello; Manuel Prado Allegue, xefe da Intervención Municipal; Francisco Prego Campos, xefe de Negociado do concello; dirixentes de partidos como Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Socialista da Coruña; Pedro Galán Calvete, presidente das Mocidades Galeguistas. Dirixente sindicais como José Villaverde e José Boedo López, da CNT; Eugenio Carré Naya, secretario da Federación de Traballadores do Ensino-UXT. Entre as vítimas había unha gran pluralidade: anarquistas, socialistas, comunistas, galeguistas, republicanos\", sinalan na proposta achegada polo presidente da CRMH da Coruña, Fernando Souto. As casas consistoriais teñen pendurado outras bandeiras dos seus mastros como a LGTBi ou a do Sáhara Neste senso, lembran que o consistorio xa pendurou noutras ocasións bandeiras coas que quixo visibilizar a adhesión municipal a diversas loitas como a bandeira do orgullo LGTBi. \"A colocación desta bandeira da República durante un día debe interpretarse como unha merecida homenaxe ás persoas que defenderon a República, que simbolizaba democracia e liberdade, e tamén de xusta homenaxe e lembranza a aquelas que sufriron a represión da ditadura franquista\", explican. Conflito xudicialEn abril de 2012 o Concello de Donostia pendurou do mastro da casa consistorial a bandeira tricolor. Tal decisión foi denunciada pola Delegación do Goberno español ao considerar que vulneraba a lei de símbolos española. Un anos despois o xulgado contencioso-administrativo nº1 de Donostia resolvía a favor do goberno municipal asegurando que ao non substituír este símbolo ningún outro non podía ser considerado contrario a dereito pois fixerase ao abeiro da conmemoración dun feito histórico. Visibilidade Cada vez son máis as loitas que se visibilizan nas fachadas dos concellos galegos, a última foi amosar o rexeitamento á política europea coas persoas refuxiadas arriando as bandeiras da UE ou deixándoas á metade como mostra de reprobación pola vulneración do dereito de asilo e acollida."}
{"ID": "PRAZA_10052", "summary": "O máis lonxevo é Senén Pousa (PP), alcalde de Beade coñecido polas súas declaracións en favor do franquismo, que accedeu ao cargo en 1974. Os outros cinco chegaron á Alcaldía en 1979, nas primeiras eleccións municipais democráticas.", "text": "Nestas eleccións municipais hai un gran número de candidatos e candidatas que se presentan aos comicios por vez primeira, algúns rexedores e rexedoras que estrearán cargo e outros e outras que repetirán mandato por segunda ou terceira vez. Pero hai un grupo -reducido. de alcaldes que suman 40 anos ou máis no cargo e que o domingo 26 de maio buscarán repetir no posto. En concreto son seis, despois de que dous dos oito que gobernan dende (cando menos) 1979 non encabecen ningunha lista nesta ocasión.O alcalde de Beade, Senén Pousa, chegou ao cargo en 1974, aínda con Franco vivo, e aspira a manterse no postoO aspirante máis lonxevo pasa a ser Senén Pousa (PP), alcalde de Beade de 1974 e coñecido polas súas declaracións en favor da ditadura: segue recoñecéndose como \"franquista\" e afirmando que \"fixo cousas boas e malas, como todo o mundo\". Accedeu ao cargo aínda en vida de Franco e en 1979 gañou as primeira eleccións democráticas, repetindo nas nove convocatorias seguintes e buscando a súa undécima vitoria. Foi alcalde primeiro con Coalición Democrática, despois con Alianza Popular, posteriormente con Centristas de Galicia e dende 1991 co Partido Popular.A Manuel Gallego Vila, alcalde de Taboadela, correspondíalle ata agora esa condición de alcalde con máis anos no cargo, ao que accedera en 1972. Porén, o rexedor do PP non figura nas listas nesta ocasión, despois de 47 anos como alcalde e 52 como concelleiro. Os rexedores de Paradela, Quintela de Leirado, Xunqueira de Ambía, A Peroxa e Brión gañaron tamén as 10 eleccións celebradas dende 1979Outros cinco rexedores mantéñense no poder dende as primeiras eleccións municipais de 1979 e optan á súa reelección, co que sumarían 11 mandatos e 44 anos no cargo, se completan o cuatrienio. Trátase dos alcaldes de Paradela (José Manuel Mato Díaz), Quintela de Leirado (José Antonio Pérez Cortés), Xunqueira de Ambía (José Luis Gavilanes Losada) e A Peroxa (Manuel Seoane Rodríguez), todos do PP. E tamén do socialista Xosé Luís García García, alcalde de Brión.A única baixa neste grupo é o do actual alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro, un home que foi rexedor primeiro na lista de UCD (1979), despois como independente (1983), posteriormente co PSdeG (1987,1991), para continuar co PP a partir de 1995, sempre con maioría absoluta, aínda que de forma moi axustada no ano 2015. Nesta ocasión non figura na candidatura do Partido Popular, que será encabezada por Marta Valcárcel.Outros 6 candidatos poderían chegar aos 40 anos de goberno en 2023Outros seis rexedores optan á súa décima vitoria e chegar aos 40 anos de GobernoAdemais destes seis alcaldes que suman catro décadas ou máis á fronte dos seus concellos, hai outros seis rexedores que permanecen no cargo dende 1983 e que nesta ocasión volven encabezar as súas candidaturas, polo que -de repetir vitoria- poderían chegar aos 40 anos de goberno ao remate deste novo mandato. Trátase dos alcaldes de Vilamarín (Amador Vázquez Vázquez, PP), Mondariz-Balneario (José Antonio Lorenzo Rodríguez, PP), Dumbría (José Manuel Pequeño Castro, PSdeG), Carballedo (Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco, PP), Beariz (Manuel Prado López, PP) e Abadín (José María López Rancaño, PP).Tamén no Goberno municipal dende 1983, nesta ocasión non repetirán os rexedores de Vilar de Barrio (Julio Pérez Carballo, PP), O Páramo (Gumersindo Rodríguez Liz, PP) e Campo Lameiro (Julio Sayáns Bugallo, PP)."}
{"ID": "NOS_10614", "summary": "Acaba de o anunciar o presidente da Comisión, Jean Claude Juncker.", "text": "Final da historia do horario de verán e do inverno. Así o resolveu a Comisión Europea, segundo informou esta sexta feira Jean Claude Juncker. O órgao executivo da UE toma esta decisión após abrir unha consulta telemática —da que apenas se informou no estado español— no espazo da UE, cunha participación estimada de 5 millóns de persoas. Aínda que os resultados non foron revelados oficialmente, a imprensa alemá informa de que a grande maioría —por volta de 80 por cento— posicionouse a prol da supresión da mudanza horaria. O asunto é francamente unha preocupación xermana: dous de cada tres participantes na consulta pertencen á República Federal Alemá. Juncker afirmou esta sexta feira: \"A xente quer que se faga, así que o faremos\". Non existen aínda datos contrastados sobre a participación cidadá por países. A decisión da Comisión Europea ten de ser agora referendada polo Parlamento europeu e polo Consello de Europa. Unha vez que se acorde a supresión do cambio de hora, a CE terá de determinar se se adopta o horario de verán ou o do inverno. Saúde Os efectos nocivos sobre a saúde dos cambios horaios foi unhadas preocupacións valoradas pola Comisión europea á hora de adoptar esta decisión. NOTICIA EN AMPLIACIÓN."}
{"ID": "NOS_20138", "summary": "Con motivo do pasamento este sábado de Saleta Goi, viúva do escritor Manuel María, recuperamos a entrevista que concedera a 'Sermos Galiza' o 9 de xullo de 2015 e que reproducimos íntegra a continuación. A conversa enmárcase na elección de Manuel María como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016.", "text": "A presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi (A Pastoriza, 1932), recíbenos na súa casa, ateigada de imaxes do poeta de Outeiro de Rei, do que fala en presente, \"eu nunca digo que son a súa viúva, eu son a súa muller\". No medio da conversa ten que atender varias chamadas que a felicitan por ser elixido Manuel María o autor ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas de 2016. Espontánea e natural, revélase satisfeita pola reacción social que espertou a elección da Academia. —Como recibiu a noticia da elección?Normal, pois Manuel María é un creador con moita obra. Estou moi agradecida polo recoñecemento. —Que lectura fai do consenso que houbo na votación?Con respecto aos outros candidatos (cada un ten un matiz e non teñen que ver as obras duns coas doutros), véxoo moi positivo porque sei que a Manuel non lle gustaría saír polos pelos. —Que suporía para Manuel María ser homenaxeado co Día das Letras?Non sei contestar a esta pregunta [fica pensativa]… Sei que coincidir co ano das Irmandades encantaríalle. Non gosto nada de dicir o que outro faría sen poder falar. —Como vai vivir Saleta este ano?Como todos os anos! Eu xa teño o Manuel todos os días comigo. Velo? Está aí e alí, e tamén alí [sinala diferentes fotografías]. Téñoo en todos os sitios. Estou contenta, pero tomo a decisión con naturalidade. —Como debería ser o ano de Manuel María?Non o sei. Non teño moito que dicir sobre como debería ser o ano, pois depende das solicitudes para editar libros, dos actos que marque a Academia… Ademais, está a parte social: é a sociedade quen marca o que hai que facer. A xente ten liberdade para facer o que queira. Non é Saleta quen ten que dicir como debería ser o ano. A obra de Manuel María escóitase en todo o país —Que queda por facer para este 2016 dedicado a Manuel María?A proposta ten que partir das editoriais, da súa liberdade. A Fundación Manuel María non o decide. Cando cheguen propostas estudaranse no Padroado e consultaranse na Executiva da fundación. —O recoñecemento a Manuel María por parte da Academia está a ser moi popular. Como valora o eco que está a ser a súa designación?Estou moi contenta coa resposta social. A reacción social resúltame moi satisfactoria, como o é tamén que contara cunha maioría moi ampla na Academia. Manuel María faleceu hai 11 anos, pero nunca se retirou do ensino. Percorreu centros e institutos de norte a sur e de leste a oeste do país e a un neno ou nena que escoitara recitar o Manuel non se lle esquece. Quizais, a día de hoxe, ese neno ou nena sexa un profesor ou profesora. Aí está a cuestión popular. Ademais, a súa obra é comprensíbel, pois sempre se preocupaba moito por que se lle entendera. Facía un esforzo máximo para, dentro do que pode facer un creador, fose o máis comprensíbel posíbel. A popularidade tamén vén, en boa medida, pola grande introdución social de Soños na gaiola. Xunto a Memorias dun neno labrego foi o libro galego máis lido en anos. —Que papel pensa que desenvolverá o asociacionismo?Penso que se vai implicar. Precisamente, este sábado a Fundación celebra un convivio que xa tivo lugar o ano pasado e que queremos que siga a ter continuidade. A Fundación quere facer o que Manuel María fixo en vida: defender a cultura do país. A defensa da lingua como sostén do país era unha preocupación tremenda do Manuel. Isto tamén o facían as Irmandades da Fala. Por certo, gostei moito de que coincidise no tempo o Día das Letras para Manuel María co centenario da creación das Irmandades. Máis de 20.000 persoas defenden en Compostela na voz de Manuel María \"un idioma que é a vida\" —Falando da Fundación. Como está funcionando?Moi ben. Este funcionamento débese a xente tan activa que forma parte dela e que tanto traballou nela nos últimos anos. Tivo unha gran cantidade de visitas. Basta con acceder a www.manuelmaria.com. Pasaron 11 anos desde que faleceu o Manuel pero segue estando dentro dos centros de ensino. Penso que os centros de ensino van acoller moi ben este ano, pero isto depende non só das obras do autor, senón tamén do equipo de docentes do centro. O que estamos facendo na fundación era o que el quería e o que está probado na súa obra e na súa didáctica. —Manuel María conta cun perfil moi rico e variado. Poderá amosarse todo nun ano?Desde o existencialismo, ao paisaxismo (de aí a deriva da etnografía), pasando polo ecoloxismo, a morte, a relixión… Tamén está o ensaio, o teatro e os numerosos artigos xornalísticos que escribiu, tanto en El Ideal Gallego nunha primeira época como en A Nosa Terra e en El Correo Gallego. É moita obra e sacala toda é imposíbel. A de tomos que darían os artigos xornalísticos! Aínda así, hai obra moi interesante para levar aos centros de ensino. Como dicía antes, non somos nós quen decidimos que se vai amosar, son os peticionarios. Desde a Fundación estamos a sacar de dous a tres libros cada ano. —Manuel María é un dos poetas máis cantados da literatura galega. Como foi a súa relación coa Nova Canción Galega?Foi moi cantado… A primeira vinculación veu pola editorial catalá Edigsa, cuxo distribuidor en Madrid era Manolo Conde, moi amigo noso. Pedíronlle a Manuel un disco de poemas, que foi Acuso a clase media, un disco moi combativo. Edisa precisaba unha casa galega para entrar en Galiza e quixo gravar co selo Xistral, que nós tiñamos rexistrado. Foi decisiva a influencia de Raimon, a quen presentou o Manuel co poema que lle dedicara nun recital que tivo lugar en Santiago. A canción galega era para Manuel María unha necesidade de país. O Manuel tiña unha análise sobre que era o que precisaba o país e entregou a súa vida ao país. A súa obra responde ao que era Manuel. —O feito de que Manuel María sexa o homenaxeado no Día das Letras, resituará a súa obra dentro da historia da literatura?A súa obra ten que explicarse non por un ano que se lle dediquen o Día das Letras, senón que ten que asumirse até que se libere o país. A súa obra ten unha razón de ser. Existe porque hai un país detrás, que é Galiza."}
{"ID": "NOS_40935", "summary": "O sábado 19 de decembro 'Nós Diario' vén acompañado dunha publicación especial coa que celebra o primeiro ano de existencia: o anuario 2020, que recolle unha selección das informacións máis destacadas e que inclúe artigos de destacadas figuras galegas en materia política, laboral, económica, social, cultural, memorialística e deportiva. Reserva o teu exemplar, de balde con 'Nós Diario', para non ficar sen o máis relevante de 2020, o ano que supuxo un punto de inflexión.", "text": "O ano 2020 comezaba para Nós Diario da mellor maneira: convertendo o soño nunha realidade. Aquel proxecto que en novembro de 2017 se anunciaba de maneira pública mediante un comunicado do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. ía virar en tanxíbel. Na noite do 1 de xaneiro millares de exemplares de Nós Diario saían da rotativa para seren repartidos ao largo do territorio galego. Mais a tarefa non concluía e o esforzo seguiríase renovando día a día grazas á confianza das máis de 3.000 persoas que, coa súa subscrición, fixeron realidade o único diario en papel e dixital en lingua galega e coa ollada centrada na Galiza. Nós Diario sairá o sábado 19 de decembro acompañado dun Sermos Galiza especial: un anuario 2020, con máis de 100 páxinas a cor Para celebrar o primeiro ano de vida, Nós Diario sairá o sábado 19 de decembro acompañado dun Sermos Galiza especial: un anuario 2020, con máis de 100 páxinas a cor que recollerá unha selección dos contidos xornalísticos máis significativos do ano. Unha escolma das distintas seccións coas que cada día se artella o diario. Ademais de recoller as informacións máis destacadas, pola súa relevancia ou por seren representativas do ano que vence, a publicación incorporará artigos de análise de diversas temáticas realizados en exclusiva para este especial. O anuario contará coas sinaturas do presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. e conselleiro delegado, Xoán Costa, e mais da directora de Nós Diario, María Obelleiro. Inclúe a escolma dos textos sobre os acontecementos máis salientábeis de 2020 a cargo de xornalistas da redacción, así como análises do escritor e activista David Rodríguez, autor de O canastro sen tornarratos, que ofrece a súa visión a respecto do panorama político nacional; da catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e escritora Carme Adán, autora de Feminicidio, que escribe sobre a pegada da Covid-19 no pensamento e da profesora da Universidade da Coruña, escritora, experta en Sociolingüística María Pilar García Negro, que pon o foco na situación que vive o idioma galego. Reserva o teu exemplar para non ficar sen el Tamén escriben nesta publicación especial o economista Joam Romero, que expón a súa visión a respecto do que deixou tras de si 2020 en relación á economía; a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, como sindicato maioritario da Galiza, Natividade López Gromaz, que explicará 2020 desde a perspectiva do traballo e o director do Instituto Galego de Análise Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), Daniel González Palau, que ofrece un repaso á xeopolítica a raíz dos acontecementos decorridos no ano. Ademais, o profesor e filósofo Xoán Carlos Garrido analiza 2020 en relación á memoria histórica, cos sucesos máis relevantes do ano; o escritor, investigador e crítico literario Mario Regueira repasa os fitos da literatura galega nos últimos meses e o crítico de cinema Andrés Castro fai o propio co audiovisual galego. A ollada deportiva chega da man do xornalista especializado na materia Omar Bello. A escolma Abre a selección dos artigos que foron publicados en Nós Diario en 2020 unha reportaxe asinada pola xornalista Susana Rois sobre unha das materias que máis marcaría o ano: a ciencia. A información, do 11 de xaneiro de 2020, máis de dous meses antes de se declarar a emerxencia sanitaria pola pandemia da Covid-19, puña sobre a mesa a reivindicación das investigadoras e investigadores galegos predoutorais e posdoutorais, do persoal investigador contratado e do persoal de apoio á investigación, organizados nun colectivo plural e transversal, para alentar as universidades e a Xunta da Galiza a dedicar un maior investimento en materia científica e de I+D+i e para pór fin á precariedade e á emigración. Poucas semanas despois, a ciencia converteríase nun dos maiores protagonistas do ano. A xestión sanitaria por parte da Consellaría do ramo é outro dos aspectos que trata este anuario, con acontecementos como a destitución da xefa de servizo do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por cuestionar as instrucións de hixiene e utilización de recursos pouco días despois de declararse o estado de alarma debido ao coronavirus Sars CoV-2. Asinada polo subdirector de Nós Diario, Xesús Manuel Piñeiro, esta unha das informacións máis lidas do ano no diario dixital, ao igual que a conversa entre a directora de Nós Diario, María Obelleiro, e Hugo Babarro, enfermeiro da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Clínico Universitario de Ourense (CHUO). Unha entrevista que tamén inclúe o anuario e na que o especialista explica como é o día a día na primeira liña de combate á Covid-19, con escaseza de medios e coa incerteza dos primeiros días despois tras saltar a pandemia á Galiza. Ademais, en relación á xestión da emerxencia sanitaria por parte do Goberno galego recóllese unha información na que Xacobe Ferreiro recompila os seis principais erros de Alberto Núñez Feixoo á fronte do Executivo galego nas primeiras semanas da emerxencia sanitaria. A crise nas residencias de maiores foi outra das temáticas máis e mellor traballadas pola redacción de Nós Diario. De aí que ocupen un espazo destacado nesta publicación especial. A este respecto, o anuario rescata a reportaxe de Alberte Mera sobre os fondos públicos que a Xunta da Galiza inxecta nos centros xeriátricos de titularidade privada. Tamén en relación ás residencias, recupérase unha reportaxe de investigación asinada polos xornalistas Carlos Barros e M. Vilas, sobre o centro de maiores do Barco de Valdeorras, unha das primeiras intervidas polo Goberno galego durante a primeira vaga da crise sanitaria. Ambos os xornalistas debullan unha trama acusada de utilizar este tipo de infraestruturas sociais con fins lucrativos. Outra das pezas ten a ver coas medidas para a recuperación da actividade social e económica no mes de maio, cando aínda non se coñecía se volverían abrir os centros de ensino no curso 2019-2020. A xornalista Alba Barbadillo explora na información a problemática das familias de combinar a volta ao traballo presencial e as necesidades de coidados baixo a perspectiva de xénero, unha das constantes que rexe o labor xornalístico da redacción de Nós Diario todos os días do ano e non só en datas sinaladas polo calendario. Inclúese tamén unha reportaxe con información en exclusiva, asinada pola xornalista Raquel C. Pérez, sobre os labores de rastrexo. O 19 de agosto de 2018 saía á luz por vez primeira no panorama mediático galego o nome da empresa encargada desa tarefa: Konecta, con vinculacións co presidente da Xunta da Galiza. Tamén unha reportaxe de investigación, do xornalista Pablo Barro, sobre a vinculación da familia Mouriño cos acordos fracasados aos que chegara o Goberno de Feixoo coa mexicana Pemex; unha información de Antón Escuredo sobre o impacto do fechamento da hostalaría no sector primario; unha reportaxe do xornalista Fernando Arrizado sobre casos de racismo após o falecemento do cidadán negro estadounidense George Floyd durante o seu arresto pola Policía; unha información de Cilia Torna sobre os fusilados e exiliados da Xeración das Irmandades da Fala, con motivo do centenario da saída do primeiro número da revista Nós; unha reportaxe de Irene Pin sobre o Ano Ricardo Carvalho Calero e outra do xornalista Héctor Pena sobre a relación do xenio futbolístico Pelé coa Galiza. Así até completar unha escolma de trinta textos cos que Nós Diario pon o broche de ouro a 2020. Un ano de 'Nós Diario' Nós Diario fai o seu primeiro ano de vida o 2 de xaneiro de 2021 tanto na súa versión web, actualizada os 365 días do ano, como na versión en papel, que ve a luz de terzas feiras a sábados. O medio celebra este aniversario coa publicación do anuario, que se entregará o 19 de decembro co diario. Todo por tan só 3 euros. Recomendamos reservalo nos quioscos. As persoas subscritoras recibirano no seu domicilio ou ben para a súa lectura na nube. Este especial coincide no tempo co inicio dunha campaña de subscricións, posto que o esforzo acumulado ao longo de 2020 non pode ficar aí e é vontade de Sermos Galiza S.A. continuar con Nós Diario en 2021 e anos sucesivos. É necesario, así, seguir contando coa colaboración de todas e todos vós, que sodes a única garantía dun xornalismo independente, pois á hora de realizar as informacións só nos debemos ás subscritoras e subscritores e ás lectoras e lectores. De vós provén a autonomía económica que nos permite unha independencia editorial, sen trabas por parte dos Gobernos nin de grandes corporacións empresariais."}
{"ID": "NOS_37257", "summary": "A Asociación Internacional de Estudos Galegos vén de facer pública a súa decisión de non recoller o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de promoción cultural no acto que se celebrará mañá xoves na Cidade da Cultura. A entidade tomou a decisión en apoio ás traballadores e traballadoras das artes escénicas e musicais.", "text": "Por \"compromiso coa cultura galega e coas persoas que no día a día traballan por ela\". Este é o argumento da AILG para explicar a súa decisión de non recoller o premio anual concedido pola Consellaria de Cultura e que se entregarán mañá xoves no Gaiás, edificio que esta semana foi \"ocupado\" pola Plataforma de Artes Escénicas en protesta pola paralización da política cultural e a grave situación pola que atravesan. A Xunta Directiva da AIEG, presidida por Débora Campos, emitiu un comunicado no que informa da decisión de non asistir ao acto de entrega do Premio de Promoción Cultural na edición deste ano do Premios da Cultura Galega. Con 200 socios e socias nos cinco continentes, na AIEG desenvolveuse desde o momento da concesión un debate entre membros destacados da conveniencia ou non de recoller o galardón, que o ano pasado fora rexeitado polo escritor Agustín Fernández Paz. Finalmente, en apoio ás manifestacións que están a protagonizar a xente da cultura e en protesta pola política cultural da Xunta, a entidade presidida por Débora Campos decidiu non aceptar o galardón da Xunta. Segundo a nota enviada, \"os recentes acontecementos que están a ter lugar estes días na Cidade da Cultura presentan unha nova conxuntura\" diante da queu a directiva da AIEG \"tomou a decisiónd e non acudir ao acto de entrega dos premios\" Mostra, de igual maneira, o seu apoio firme \"ao colectivo de persoas que se manifestan por un traballo digno para elas, polo futuro da cultura galega e por un futuro digno para todos e todas\"."}
{"ID": "NOS_22326", "summary": "Considera que non ten \"sustento técnico-xurídico\" e que atenta contra a liberdade de expresión\"", "text": "O BNG rexistrou un escrito ante a Mesa do Parlamento para que o órgano de dirección reconsidere o seu acordo do pasado 13 de abril polo que determina que a destrución dunha imaxe fotográfica de Filipe VI \"é unha conduta digna de reproche e impropia\" dun membro da Cámara- Decisión adoptada após o deputado nacionalista, Luís Bará, rachar unha foto do Rei durante unha intervención de denuncia da involución democrática. No escrito de reconsideración, o BNG considera impugnábel dito acordo por entender que se adoptou \"sen ningunha garantía nin respecto das propias previsións regulamentarias\", sendo unha decisión \"totalmente arbitraria que afecta ademais ao dereito fundamental á liberdade de expresión recollido no Convenio Europeo de Dereitos Humanos\". Igualmente, considera a organización nacionalista que a Mesa non é competente para adoptar decisións que afectan a cuestións disciplinarias. Nesta materia, o regulamento da Cámara ten un apartado concreto, di o BNG, \"onde non se recollen facultades específicas da Mesa para emitir xuízos sobre o decoro ou a dignidade parlamentaria\" que, de apreciarse, \"terían que someterse aos procedementos previstos\". De feito, afonda o escrito do BNG, o propio informe dos letrados do Parlamento \"sitúa á Comisión do Estatuto como a competente para actuar\". Por tanto, conclúe, a decisión do órgano de goberno da Cámara \"afástase das conclusións e dos argumentos dos servizos xurídicos\". A formación nacionalista tamén alega quen non cabe aplicación algunha do réxime de disciplina parlamentaria e que se produce unha vulneración do dereito á liberdade de expresión segundo a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos."}
{"ID": "NOS_17164", "summary": "Tras defender unha tese sobre clientelismo político, Daniela Ferrández (Almoradí, 1988) cambiou a súa liña de investigación para conxugar historia e activismo trans. 'A defunción dos sexos' (Xerais) é o resultado desa muda, un libro no que saca á luz \"as disidentes sexuais que nos precederon para axudar a destapar as xenealoxías do colectivo do que fago parte\".", "text": "—Esta obra detense no pasado da disidencia sexual na Galiza. Existiu sempre? O ser humano é unha especie diversa en materia de sexualidade. O que mudou ao longo da historia e das culturas é o xeito no que esa diversidade foi socialmente construída. A norma sexual binaria tal e como a coñecemos, e segundo Tomas Laqueur, existe dende hai polo menos 300 anos. Nese período, no que a diversidade é totalmente apagada, é cando a chamamos disidencia sexual, unha disidencia que podemos tentar rastrear en determinados espazos e contextos pois, malia que silenciada, deixou pegada nas fontes. —As etiquetas gai, lesbiana, bisexual ou trans que hoxe se usan serven para nomear a diversidade sexual ao longo da historia?Poden servir e por iso hai moitas autoras que as empregan. Con todo, eu optei por empregar o concepto de disidencia sexual porque me parece máis amplo. Un disidente é \"quen se afasta dunha doutrina\", neste caso, da norma sexual dominante nos períodos investigados. Nese senso, penso que as persoas que hoxe nos identificamos como LGBT+ estamos ligadas a aquelas que no pasado cuestionaron esa norma e abriron un camiño polo que hoxe transitamos. Por iso, para recoñecelas non é preciso poñer as nosas memorias a competir para ver quen era trans, lésbica ou bisexual, posto que todas as disidentes sexuais fan parte das nosas xenealoxías. O activismo chama a \"seguir mellorando\" a futura lei trans —Quen foron as disidentes sexuais precursoras na Galiza?Ao longo da nosa historia as disidentes sexuais aparecen reflectidas de xeitos moi diversos. Houbo persoas que tentaron vivir a súa vida no sexo oposto asignado ao nacer. Houbo outras que non foron quen de conseguilo, que procuraban o seu benestar en ocasiones puntuais, sempre coidadosas de non ser descubertas. Houbo estudos que utilizaron de obxecto a persoas intersexuais, houbo homes que amaron a homes e mulleres que amaron a mulleres. É difícil adscribir as disidentes sexuais a un lugar concreto, pois case todas partillan o tránsito ao mudar de aldea, de vila, de cidade. Van para fóra da Galiza, ven xente de fóra. Porén, todas deixaron pegada. O facto de ocupar ou aparecer no espazo público cuestionaba a norma sexual imperante que dicía que non existían. A historia non é lineal e o pasado non foi necesariamente nin mellor nin peor. Os retrocesos ou as mudanzas poden estar á volta da esquina —E deu pé a mostras de tolerancia e represión.A historia da disidencia sexual foi un camiño de idas e voltas. Houbo contextos e espazos onde a diversidade non foi perseguida nin denunciada. Na Galiza podemos procurar isto nunha festa de Entroido de 1908, na actuación dun transformista do ano 1923 ou nun xardineiro da Coruña de 1943 multado por non denunciar homosexuais. O grado de represión tamén cambiou. As consecuencias de que dous homes mantivesen unha relación non eran as mesmas en 1929 que en 1949 ou en 1969. Dependendo da data podían variar entre unha noite no calabozo, unha multa ou un ano de cadea. Isto o que nos ensina é que a historia non é lineal, e que o pasado non foi necesariamente nin mellor nin peor. Por iso, malia que hoxe vivimos nun momento de gran liberdade os retrocesos ou as mudanzas, para ben ou para mal, poden estar á volta da esquina. Daniel Amarelo: \"Hai unha gran cantidade de discursos retrógrados que nos asoballan\" —A memoria é chave na loita polos dereitos colectivos.As reaccións contra os nosos dereitos e a violencia están á espreita. As conquistas non se manteñen por si mesmas. Somos as persoas que habitamos o presente as que temos a capacidade de revertelas ou amplialas. Actualmente o colectivo LGBT+ non acadou a igualdade, pois a discriminación persiste en moitos ámbitos das nosas vidas e cébase especialmente co colectivo trans do que son parte. Garantir o conquistado pasa por seguir avanzando sen deixar a ninguén atrás. — En que momento a disidencia sexual na Galiza gaña conciencia de seu e se reivindica como colectivo?Se falamos do momento exacto, a primeira publicación por parte dun colectivo galego do seu ideario e reivindicacións ten lugar en agosto de 1977 na revista El Pope, cando a Fronte de Liberación Homosexual Galega (FLHG) tenta presentarse en sociedade. Con todo, que isto acontecese nesta altura non era casual. Por unha banda, desde os sucesos de Stonewall de 1969 estes movementos estaban a organizarse en distintas partes de Europa e América Latina. Nese senso é no contexto da Transición cando toman forza moitos destes grupos no Estado español, cunha loita estreitamente ligada á mudanza política. A Fronte de Liberación Homosexual Galega escolleu o galego o galego como linguaxe de comunicación e centrando as súas reivindicacións no país A Galiza, que xeralmente non é nomeada nunha óptica estatal, participou deste proceso dende os primeiros momentos coa FLHG enmarcándose na Coordinadora de Frentes de Liberación Homosexual del Estado Español, organizando algunhas das xuntanzas, empregando o galego como linguaxe de comunicación e centrando as súas reivindicacións no país. Daph, persoa non binaria: \"Facíame dano que se utilizase o meu 'deadname', non me identificaba con el\" — Cal foi a contribución do movemento feminista e dos colectivos locais?A articulación de colectivos que loitaban expresamente pola liberación homosexual deu as súas voltas. En primeiro lugar xorde o FLHG, coa Lei de Perigosidade Social aínda vixente (un texto que criminalizou o ser homosexual até xaneiro de 1979). Foron un pequeno grupo a nivel de país que realizou un traballo principalmente comunicativo, dando visibilidade a cuestións agochadas nas décadas anteriores. Foi, con todo, entre 1980 e 1981 cando comezan xurdir colectivos en cidades específicas como Vigo, Compostela e A Coruña. Agrúpanse na Coordinadora de Colectivos Gais de Galiza (CCGG) e convocan as primeiras mobilizacións, entre as que destaca a manifestación do Orgullo en Vigo, en 1981, un fito na nosa historia. A historia dos movementos de disidencia sexual na Galiza non pode ser comprendida sen o movemento feminista Entre 1981 e 1982 desaparecen e non volvemos atopar colectivos específicos até finais da década. É nese tempo cando os feminismos actúan de punta de lanza da visibilidade da disidencia sexual, principalmente das lesbianas. Hai que dicir que o movemento feminista xa tiña inspirado a creación dalgúns destes colectivos como a Coordinadora, e tiña participado activamente en mobilizacións como a manifestación de 1981, pero foi ao longo da década dos 80 cando acolleu debates moi interesantes sobre a sexualidade a nivel galego e cando, en organizacións como a Asociación Galega da Muller, xurdiron as comisións de lesbianas que abriron o camiño ás que viñeron por tras. Por tanto, podemos dicir que a historia dos movementos de disidencia sexual na Galiza non pode ser comprendida sen o movemento feminista. — Por que Laura Bugalho merece o seu propio capítulo?1977 foi o ano no que o FLHG reivindica os dereitos para as persoas \"que mudaron de sexo\", e tamén o primeiro momento no que un grupo de mulleres trans na Galiza expresa as súas reivindicacións en prensa. Con todo, e como aconteceu noutros lugares como Catalunya, cando os colectivos de liberación homosexual comezan a gañar protagonismo, as reivindicacións trans desaparecen dos seus manifestos, das súas publicacións e das faixas das manifestacións para evitar a má prensa que xeraba. De feito, a crónica da primeira manifestación do Orgullo na Galiza comeza coa frase 'Sin travestismos ni carmines, ni gritos cara a la galería'. Laura Bugalho é das imprescindíbeis. É un referente a nivel internacional, unha das nais do chamado Transfeminismo e un moi bo exemplo daquelas boas e xenerosas que loitan todo os días Laura Bugalho é moi importante porque desde finais dos 90 volve poñer o trans na axenda e fai unha tarefa inmensa de visibilidade e de creación de redes de apoio para todas aquelas que se atopaban desligadas e abandonadas tanto polo Estado como polos movementos sociais. Moitas das facilidades que atopamos no país as trans que viñemos por tras debémosllas a ela e á súa loita, que en non poucas ocasións puxo ás demais por diante incluso dela mesma, como amosa o proceso xudicial ao que foi sometida polo seu traballo coas migrantes. Nese senso, Laura é un referente a nivel internacional, unha das nais do chamado Transfeminismo e un moi bo exemplo daquelas boas e xenerosas que loitan todo os días, das imprescindíbeis. Adrián Gallero: \"O obxectivo é construír colectivamente a memoria LGTBI máis aló das fontes oficiais\" Ernesto Foliers Para a capa do libro A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza Contemporánea, Daniela Ferrández escolleu unha fotografía de Ernesto Foliers, un transformista cuxos espectáculos consistían na imitación de mulleres famosas. Foliers trastocou para moitos as fronteiras entre os sexos \"Éunha persoa que, se ben non era galega, deixou moita pegada no país, pois medrou profesionalmente nel, escolléndoo como un dos lugares predilectos nos que realizar os seus espectáculos\". Segundo explica a historiadora, é unha persoa que representa, ademais, \"un punto e aparte no feito de que houbese homes vestidos de muller nos escenarios pois as súas representacións tiñan por obxectivo que o espectador non soubese se o que tiña diante era realmente un home ou unha muller\". Iso, di, xerou moitos debates, \"trastocou para moitos as fronteiras entre os sexos, chegando incluso a ser acusado de ser en realidade unha muller que vivía de home após cando subía aos escenarios\"."}
{"ID": "NOS_18233", "summary": "Desde os asentamentos de As Rañas e A Pasaxe, na Coruña, unha vintena de mulleres loitan contra a exclusión social através dun grupo de traballo de recollida, almacenamento e transformación de aceite usado.", "text": "Levan perto de dous anos traballando e o proxecto vai para longo. Son Mulleres Colleiteiras, un proxecto impulsado por Arquitectos sen fronteiras que visa combater a exclusión social através do autoemprego. O proxecto baséase na recollida, tratamento e reutilización de aceite usado. Un residuo acumulado en todos os fogares arredor do que desenvolver unha iniciativa transformadora desde o ámbito local. Rocío Botana é traballadora social e integrante de Arquitectos sen fronteiras desde hai anos. Aliás, fai parte de Mulleres Colleiteiras desde que xurdiu a idea a finais de 2012. En conversa con Sermos Galiza explica que o proxecto xurdiu após detectaren que \"a solución aos problemas\" que atinxen as comunidades que moran nos asentamentos da Coruña \"non se resolve sen traballo e sen ingresos\". Esta ONG traballa coa comunidade cigana dos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe desde hai tempo. Entre as múltiples carencias e dificultades que atoparon estaba a \"dificultade das mulleres para accederen a un traballo\". De aí que se decidisen a pór en andamento \"un proxecto de autoemprego\", explica. \"A solución aos problemas dos asentamentos non se resolve sen traballo e sen ingresos\" \"A idea xurdiu de maneira moi natural\", sinala, e partiu dunha experiencia previa das propias mulleres adicadas na súa maior parte á venda ambulante ou á recollida de chatarra. Á fin de construíren un proxecto laboral propio decidiron en marzo de 2013 --logo de diversas conversas-- comezar a recoller aceite usado no barrio de Monte Alto. A iniciativa comezou como unha experiencia piloto mais axiña comezaron a expandilo a outras zonas da cidade. Implicación social mais non institucional \"A veciñanza de Monte Alto\", através da asociación veciñal, \"axudounos moito\" e grazas a esa colaboración puideron \"medrar\". \"Ao comezo era moi complexo\", apunta Rocío Botana, \"porque era unha idea moi cobizosa\" e embora non teren \"problemas de acollida nos asentamentos, pois xa existía un traballo previo coa comunidade\" recoñece que \"custou un pouco comezar a o crer\". Alicerzado na \"confianza\" o proxecto iniciouse coa habilitación de pequenos contedores (240 litros) de recollida en diversos puntos da Coruña. \"Noutras cidades máis pequenas están a se colocar nas rúas\", porén na cidade herculina \"non\" polo que \"detectamos unha necesidade non cuberta\" e decidiron focar o esforzo nela. Após perto de dous anos desde que comezaron teñen puntos de recollida na Agra do Orzán, nos Rosales e en Monte Alto, para alén de Culleredo e Cambre. Aliás, non só recollen residuos particulares senón tamén en bares e restaurantes. Mulleres Colleiteiras ten puntos de recollida na Agra do Orzán, nos Rosales e en Monte Alto, para alén de Culleredo e Cambre Así as cousas, polo de agora non contan cun \"espazo propio\" para desenvolver o proceso de transformación polo que se encargan da \"recollida, almacenamento e venda directa\" a unha empresa privada que se encarga da produción de biocombustíbel. Mulleres Colleiteiras é, neste senso, un proxecto que trascende o eido social e conta cunha \"compoñente ecolóxica\", salienta Botana. Porén, embora contaren cun apoio do tecido asociativo da cidade desde o goberno local \"non se interesaron\", sinala. \"No ámbito asociativo recibiron o proxecto cos brazos abertos e iso fixo que o proxecto medrase\". No entanto, acrecenta, \"loxicamente sería imprescindíbel que o propio concello apoiase a iniciativa mais cando lles fomos propondo cousas non amosaron interese\". Caso contrario foi o recibimento obtido no Concello de Oleiros onde a equipa municipal está \"volcarse\" con estas mulleres para lles axudar a \"captar clientes\" e habilitar \"puntos de recollida\". \"Loxicamente sería imprescindíbel que o propio concello apoiase a iniciativa mais cando lles fomos propondo cousas non amosaron interese\" Combater a exclusión con proxectos integrais Para as perto de 25 mulleres que integran o proxecto esta iniciativa \"é unha oportunidade e unha esperanza\", afirma Rocío Botana. \"Están a investir esforzo e traballo\" nun proxecto co que se \"senten valoradas e úteis\". Un feito que para Botana é \"o máis importante\" pois \"fai moita falta traballar neste ámbito\" a prol da inclusión social daquelas persoas que, á marxe da actual situación socioeconómica, veñen sendo excluídas. \"O que se fai non chega a nada\", enfatizan desde Arquitectos sen fronteiras debido á \"profundidade\" e \"complexidade\" da realidade que atinxe, entre outras, ás mulleres dos asentamentos ciganos. Aliás, acrecenta, \"debería traballarse de maneira integral\" contra a exclusión á fin de resolver un problema \"estrutural\". Neste senso, Rocío Botana afirma que é necesario \"mudar a estratexia e a focaxe\" do traballo que vén desenvolvendo por parte, fundamentalmente, de organismos e institucións. \"O que se fai non chega é preciso mudar a estratexia e a focaxe\" Entrementres, Mulleres Colleiteiras continúa avanzando na consolidación deste proxecto de autoemprego. O reto máis inmediato é converter a iniciativa nunha \"cooperativa\" para o que é preciso conseguir fondos cos que \"financiar os custes do proceso como a notaría ou o capital social\" exixido legalmente. Para tal fin botaron man do fotógrafo Gabriel Tizón. Unha persoa próxima a Arquitectos sen fronteiras que xa coloborou nalgunha outra iniciativa desenvolvida nos asentamentos. Por exemplo, impartindo un obradoiro de fotografía entre as crianzas. Tizón propuxo a Mulleres Colleiteiras editaren un almanaque e unha exposición fotográfica co que recompilar apoios económicos e niso andan."}
{"ID": "NOS_7339", "summary": "Entomólogos de 13 países promoven unha rede de ciencia cidadá para coñecer o tamaño das poboacións de libélulas de todo o mundo. A comunidade científica sabe da existencia de perto de 6.000 especies, mais non conta con datos suficientes sobre as distintas poboacións para garantir a súa preservación.", "text": "A abundancia de insectos estase reducindo de forma drástica, advirte a comunidade científica. Confírmano estudos publicados nos últimos anos, referidos, sobre todo, a países onde hai máis información e probabelmente \"tamén máis modificación ambiental\". Adolfo Cordero, coordinador do grupo EcoEvo -Ecoloxía Evolutiva e da Conservación- da Universidade de Vigo, engade un matiz fundamental para os expertos. \"A toma de mostras por parte de equipos de investigación que levan anos traballando no mesmo sitio alerta de tendencias de redución preocupantes. A cuestión é, isto ocorre de maneira xeral ou só nalgúns lugares? Porque mesmo podería haber poboacións que estivesen aumentando\". O coñecemento sobre a distribución e o tamaño das poboacións de moitos grupos de animais adoita ser suficiente, di Cordero a Nós Diario. \"As libélulas son un grupo de insectos pequeno con perto de 6.000 especies en todo o mundo. Coñecemos ben a súa distribución pero non sabemos cantas hai\". De feito, sinala, hai especies que se descobren e non se volven ver en 50 anos \"sen chegar a confirmar se é porque non hai ou porque ninguén saíu buscalas, xa que tampouco temos tanta xente estudando estes animais\", menos aínda nas selvas tropicais, onde \"queda moito por facer\". Ciencia cidadá Deste baleiro informativo xurdiu a idea de promover un sistema \"que nos permita ter datos o máis fidedignos posíbeis de moitos lugares para estimar que pasa coas poboacións de libélulas\". Iniciativas como esta, baseadas no voluntariado, xa funcionan con outros insectos. É o caso das bolboretas, un dos conxuntos máis atractivos para o público xunto aos escaravellos. \"Son moi vistosas. Non pican, non morden e polo tanto gustan\". Atraer esa atención cara a outros grupos de insectos é máis complicado, pero \"as libélulas son grandes, moi coloridas e tampouco pican\", aclara Adolfo Cordero, quen confía en conquistar o agarimo da xente e a súa contribución a un proxecto internacional no que Galiza estará presente a longo prazo. \"Coñecer as tendencias das poboacións de insectos require 15 anos polo menos. Datos a longo prazo, que son xusto os que non se obteñen desde os centros de investigación porque non se financian proxectos tan amplos\". Por iso a solución está na ciencia cidadá, na posta en marcha de novas recollidas onde apenas existe información e na coordinación global do estudo sistemático de libélulas que xa se dá noutros países. \"A idea é comezar canto antes, determinar os lugares que van participar e harmonizar o traballo dos voluntario co fin de conseguir datos que sexan comparábeis\". Insectos de augas doces As libélulas son insectos depredadores. \"Están na cúspide das pirámides tróficas. Polo tanto, cambian en función da abundancia doutros organismos e son indicadores da saúde xeral dun sistema, da súa riqueza mais da situación xenérica dun lugar\", incide Cordero. Son, ademais, insectos asociados ás augas doces, que se poden ver na contorna de ríos, charcas, lagoas e mesmo encoros. Na Galiza contan con 55 especies citadas. \"Hainas que estiveron e xa non están. Algunhas, comúns durante os anos 80, agora son difíciles de ver. Pero son oscilacións normais\", apunta o profesor da Escola de Enxeñaría Forestal que comparte observacións e fotografías por todo o territorio cun grupo afeccionado dunhas 20 persoas. \"Este verán descubriron nas Neves unha libélula que nunca antes se vira, propia de zonas áridas. De non existir esta xente, aparicións así pasarían desapercibidas\", recalca Adolfo Cordero."}
{"ID": "NOS_33407", "summary": "Imandinhos A Estrada, no apartado masculino, e Fillas de Breogán, no feminino, gañaron a primeira edición da Copa da Asociación de Fútbol Gaélico, en partidos que se disputaron na tarde do sábado en Lalín.", "text": "O campo Manuel Anxo Cortizo de Lalín acolleu na noitiña do sábado os encontros nos que se disputaba a Copa da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O equipo masculino de Irmandinhos A Estrada impúxose por 20-10 ao Estrela Vermella de Compostela, mentres que Fillas de Breogán gañou o encontro que disputou fronte as Irmandinhas por 23-17. Ambas as finais foron moi disputadas e non se resolveron até o último minuto. No caso da final masculina, os composteláns comezaron mellor e remataron a primeira parte cunha vantaxe dun tanto no marcador. Porén, na segunda metade, os da Estrada foron superiores, malia que non sentenciaron o encontro até que faltaban cinco minutos para o final. No caso do encontro feminino, as coruñesas, invictas na competición ligueira e cunha marcha imparábel na Copa, foron quen de se impoñeren diante dunhas Irmandinhas que acudiron a Lalín cun cadro moi xusto. O broche de ouro a esta xornada de fútbol gaélico foi a entrega de trofeos. Os MVP do torneo foron Eva Lago de Fillas de Breogán, que repite galardón individual despois do acadado na Champions, e David Fuentes \"Kana\", dos Irmandinhos. A entrega de premios finalizou cos trofeos aos equipos campións e cun terceiro tempo ao máis puro estilo fútbol gaélico Após as finais do sábado volve a Liga Galega de Fútbol Gaélico, cuxa segunda volta comezará de seguido."}
{"ID": "NOS_47649", "summary": "O proxecto Pesquedellas promove o audiovisual para explorar a tradición", "text": "Nos tempos do inmediato e o dixital, como levar o folclore á xuventude? Como manter viva a cadea? O proxecto do Grupo Pesquedellas procura responder esta pregunta mediante diferentes contidos audiovisuais montados arredor da curiosidade e a fascinación pola nosa tradición. Mozas, informantes ou mestras presentan testemuño da paixón polas prácticas tradicionais como parte da vida contemporánea. En que consiste o proxecto Pesquedellas? O que estamos a facer é entrevistar as informantes ás que fomos chegando, sobre todo a mestras nosas ou persoas relacionadas co mundo do folclore que consideramos que nos poden ensinar algo. A nosa principal motivación é o desexo de saber máis acerca do folclore e pensamos que pode haber persoas coma nós, que queiran indagar máis. Por iso imos colgando os resultados das entrevistas en redes sociais, en clips curtos e soltos, de dous minutos aproximadamente. Neste mundo que se move tan rápido, pensamos que é doado de ver. O documental que fixemos intenta responder a como poderiamos involucrar a xuventude no folclore A escolla do audiovisual como medio responde á vontade de chegar á mocidade? Todo comezou cunha subvención da Xunta da Galiza que nos serviu para lanzarnos a facer o que tiñamos sen acabar de definir. Nun primeiro momento fixemos un documental que está en Youtube [Escoitar, Aprender e Compartir], que intenta responder a como poderiamos involucrar a xuventude no folclore. O formato audiovisual das redes sociais inclúe todo ese material que ficou fóra deste traballo, porque non respondía directamente esa pregunta, mais que nos parecía, con todo, interesante. Como é a relación da mocidade co folclore? Eu creo que hai moitos tipos de relacións, a cada persoa achégalle algo diferente. Agora mesmo funciona como un espazo de ocio. Unha aula de pandeireta ou baile que tes unha vez á semana tamén pode ser útil para que despois reverta nunha festa ou nunha foliada. Paréceme que pode ser unha forma de ocio contemporánea para todo tipo de persoas. O noso maior logro sería poder aplicar esta recuperación das foliadas, que eu si que percibo, ao Viño do País De feito, estase a producir unha recuperación desa dimensión da festa comunal. Eu penso que hai unha vontade moi clara da xente por volver a esta festa. Por exemplo, na foliada da Fonsagrada moveuse media Galiza para ir até alá e poder gozar do folclore. Nós, que somos de Betanzos, queriamos aplicar o que sabemos á nosa vila. Aquí hai un espazo, o Viño do País, que se podería relacionar cos furanchos, mais a natureza é distinta, porque o que se fai é que un adegueiro abre un garaxe ou o baixo da súa casa, simplemente para vender o viño. Ti vas coas túas amizades e levas a comida. O noso maior logro sería poder aplicar esta recuperación das foliadas, que eu si que percibo, ao Viño do País. Esa é a conclusión á que chegamos no documental, que implicar a mocidade da nosa comarca pedía acudir a este costume."}
{"ID": "PRAZA_2047", "summary": "Consideramos que a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela debe estar representada no Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela", "text": "O 21 de abril do 2015, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, a través do seu portavoz, Xosé Mª Dios Diz, solicitou ó Xerente da Area de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, Dr. Luis Verde a creación do Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela. Segundo o artigo 25º, 8/2008 (2008!!!!!!!!!!), do 10 de xullo, da \"Lei de Saúde de Galicia\", publicada no DOG o 24 de xullo de 2008: \"Participación territorial. Os Consellos de Saúde de Área\", no seu punto1, fala de que os Consellos de Saúde de Área, son os órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a participación comunitaria no terreo das áreas sanitarias. No seu punto 2, di que estarán integradas por: entidades locais, agrupacións ou federacións de asociacións veciñais con actuación no ámbito sanitario, organizacións empresariais, organizacións sindicais, o/a director/a de área, @s xerentes dos dispositivos, persoal responsable da área de saúde, representante da consellería de sanidade e asociacións de pacientes. A Consellería de Sanidade, é a que ten que tomar a iniciativa de nomear @s membros (elixidos a proposta de cada unha das asociacións que o compoñen) dos Consellos de Saúde de Área, por un período de 4 anos máximo. Consideramos que a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela debe estar representada no Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela. As funcións dos Consellos de Saúde de Area, son: propor medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da área sanitaria, coñecer a memoria anual da area sanitaria, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións feitos na área, propor medidas para mellorar a xestión da área. Tamén fala a Lei, de que exista unha composición paritaria nos Consellos de Saúde de Área. O Decreto 168/2010, de 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, recolle no seu artigo 5º: Funcións e competencias da Xerencia de Xestión Integrada; no punto m): \"Potenciar a participación social e dos cidadáns, mellorando os canles de información, propoñendo accións de formación aos cidadáns para a toma de decisións e potenciando a xestión eficaz e o funcionamento da Comisión de Participación Cidadán\". Pois ben, o 8 de xuño do 2015, dende a Xerencia se envía un documento ós sindicatos (e entendemos que a outras asociacións.....), para que no prazo de 10 días se envíen as alegacións pertinentes ao \"Proxecto de orden do......de....2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos Consellos de Saúde de Área\".(Xuño do 2015!!!!). Será esta a ferramenta que teñamos @s cidadáns para poder participar no desenrolo da Sanidade Pública de Galicia? Temos tempo e podemos chegar a evitar o desmantelamento do Sistema Sanitario, que tanto traballo custou construír (entre tod@s)? Será a administración receptiva ás demanda da Plataforma, entre outr@s entidades, e faga caso a estas, que día a día, se esforzan por ter unha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta, e de Calidade? Verémolo moi pronto."}
{"ID": "NOS_11624", "summary": "Logo da morte de Franco, cando se instaurou o réxime autonómico, o feito de que a Galiza tivese ¨língua propria¨ foi fundamental para que conseguise o estatus de autonomía. Daquela eran Cataluña, o País Basco e Galiza os que podían afirmar que tiñan outra língua viva amais do castelán, aínda que a forza desa vida fose distinta nos tres países. Só na Cataluña o catalán era máis forte que o castelán.", "text": "Os galeguistas daqueles tempos, e mesmo algunha xente que viaxaba a Cataluña e vía o que aló sucedía, perguntábanse por qué os cataláns falaban catalán sen reparo e os galegos ou non falaban galego ou facíano con medo. O que se deu como resposta durante moito tempo foi que na Cataluña houbera unha clase meia que defendera o catalán, e na Galiza non. Elaborouse un relato no que Galiza aparecía como a vítima de elementos externos, e principalmente do réxime de Franco, sen recoñecer que ese réxime non tivera que facer nada para que non se falase galego porque os galegos deixaran de querer facelo moitos anos e séculos atrás. Houbo unha negativa total a aceitar a verdade: que na Galiza deixara de falarse o galego porque os galegos, axiña que tiñan a opción de falar castelán, preferíano. O castelán parecíalles unha língua feita e importante, a que facía falta para todo. Os que falaban ainda galego nas aldeas non sabían ben o que era aquilo que nen lles parecía unha língua, senón algo que eles usaban porque non sabían outra cousa. Nas cidades galegas era habitual que ás criadas que servían nas casas e procedían das aldeas se lles proibise que falasen galego, e as criadas non protestaban porque para elas aprender castelán era subir de categoría e deixar atrás o que as inferiorizaba sen remedio. Durante moitos séculos houbo unha perda da língua galega que ao primeiro foi aos poucos e depois se acelerou a partir da segunda metade do século pasado. O galego foi ficando cada vez mais agochado e esquecido até que rematou sendo a língua dos que vivían isolados nas aldeas e virou sinónimo de ignorancia e incultura, de ser pailaroco. Era lóxico que non se quixera falar unha língua que decontado calificaba a quen a falase de rústico e atrasado. Por que sucedeu iso na Galiza con moita mais forza que en outros lugares de España nos que a xente do campo tamén era desprezada? Porque os habitantes do campo castelán ou andaluz, malia que parecesen rústicos, falaban castelán, e os habitantes da Cataluña rural falaban a língua normal de todo o país, a que tamén se falaba nas cidades. Na Galiza os habitantes do campo falaban outra língua que non era a ¨normal¨, e iso funcionou como un círculo vicioso: os da aldea foron desprezados por falar galego, e o galego foi desprezado porque o falaban os da aldea. Aló polo comezo dos anos oitenta do século pasado, en plena politización da língua galega e co galego convertido en símbolo de identidade, sentín comentar que polas aldeas e vilas andaban rapaces novos rallando có de que había que falar galego e censurando á xente por non falalo abondo. A xente sentíase ofendida e protestaba de que os da cidade lles fosen predicar e ditar o que tiñan que facer. Nos ámbitos do galeguismo e do nacionalismo galego chegárase á conclusión de que o galego se estaba perdendo porque os pais das aldeas non lles falaban galego aos fillos. Mas os pais das aldeas falaran galego aos fillos durante moitos séculos e iso non fora abondo para frear a perda da língua galega. Non se quixo ver que en toda aquela historia houbera unha grande inxusticia, unha ferida de moitos séculos que non viñera de fóra, senón de dentro. O lóxico tería sido recoñecer o sofrimento que por falar galego padeceran os das aldeas, que se viran nunha situación de inferioridade continua, de apartheid, como emigrantes ou refuxiados recén chegados a un país extranxeiro no que se fala unha língua que eles non saben e onde hai uns modos de vida que eles non coñecen e os fan sentirse inferiores e inseguros. Como non se recoñeceron esa inxusticia e ese sofrimento, non se fixo nada para curalos e, disfarzadas de defensa do galego, as pautas de sempre seguiron mandando. O lóxico tería sido recoñecer o sofrimento que por falar galego padeceran os das aldeas, que se viran nunha situación de inferioridade continua, de apartheid O de que os cataláns preferisen o catalán ao castelán non fora porque na Cataluña houbera unha clase meia que defendera a língua con heroicidade. Fora porque, por circunstancias históricas, Cataluña seguira sendo un país independente moito máis tempo que Galiza, que ficara moi cedo metida dentro do reino de Castela e tamén afastada de Portugal, aborrecido na España centralizada, aínda máis que Cataluña, por se ter independizado. Se Cataluña non perdeu o catalán e Portugal non perdeu a lingua que antes compartillara coa Galiza non foi porque as defenderan contra o castelán, senón porque o castelán nunca chegou a ser a língua deles. Galiza quedou afastada do país que falaba a mesma língua e que, por ter ousado liberarse da España déspota e amazocada que criaran os Reis Católicos, foi desvalorizado, detestado e escarnecido. Iso tivo que influir moito na imaxe que se tiña da língua galega, que virou o que falaban os paifocos da aldea, e tamén o que falaban os infieis habitantes do traidor Portugal. Se Cataluña non perdeu o catalán e Portugal non perdeu a lingua que antes compartillara coa Galiza non foi porque as defenderan contra o castelán, senón porque o castelán nunca chegou a ser a língua deles Na Cataluña falábase unha língua que non estaba desprestixiada. No País Basco había unha língua que non se asemellaba a nengunha outra coñecida e non acordaba desprezo. Galiza tiña unha língua que se asemellaba á que falaban no veciño Portugal. Se ese país, para os galegos, tivese prestixio político e económico, a língua que nel se falaba talvez tería parecido desexável, mas a Portugal non se lle daba importancia, era desprezado. Aos galegos, o galego soáballes pailán e portugués, e por iso non o querían. Esa verdade, que estaba no fondo da perda da língua galega, foi tapada con inventos e argalladas, e por iso o rexeitamento desa língua non se curou e seguiu vivo no inconsciente. A forza dese inconsciente, sen curar nen corrixir, levou a que se fabricase un galego afastado da língua dos pailáns da aldea e da dos menosprezados portugueses, e a que esa língua fose castelán vestido de galego. Este artigo está tirado do blogue da autora."}
{"ID": "NOS_15192", "summary": "O proxecto de recuperación de 20 hectáreas neste lugar de Lousame foi elixido nun premio internacional entre 150 propostas de todo o mundo.", "text": "O proxecto de recuperación ambiental de 20 hectáreas de monte para bosque autóctono en Froxán resultou gañador do concurso internacional 'European Ourtdoor Conservation Association', no que participaron 150 proxectos de restauración ambiental de todo o mundo. A comunidade de montes de Froxán e o colectivo Coluna Sanfíns son os responsábeis desta iniciativa, que repoboará con 10.000 árbores autóctonas un terreo antes ocupado por eucaliptos e outras especies exóticas invasora. Este galardón, financiado con 30.000 euros é un novo recoñecemento a un proxecto que ao longo destes meses foi quen de implicar a numerosas persoas. Dos 150 proxectos presentados a este concurso, un comité de persoas expertas elixiu 13, denso o voto do público quen finalmente decidiu a proposta gañadora. O monte de Froxán, xunto co de Santiago de Covelo, foron os primeiros de todo o Estado a seren declarados Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA), unha figura respaldada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente que pretende destacar o empeño e resultados en materia de conservación realizado por estes colectivos. De feito, o de Froxán é o primeiro territorio deste tipo a ser incorporado á Base de datos mundial de Áreas Protexidas despois de pasar por un proceso nacional de revisión."}
{"ID": "NOS_44679", "summary": "A catedral de Santiago rodeada de feministas. A imaxe é metáfora da reivindicación que levou a milleiros de persoas a se manifestar en Compostela para esixir o aborto libre e gratuíto e mostrar a oposición á reforma do PP con Gallardón á fronte.", "text": "A chuvia non parou nas máis de dúas horas que durou a manifestación feminista que reclamaba en Compostela o aborto libre e gratuíto. A chuvia non paraba mais tampouco a vontade das miles de persoas que manifestaron a súa intención de non permitir nin un paso atrás nos dereitos conseguidos polo movemento feminista. \"Nós parimos, nós decidimos\" era a máis breve das consignas que resumía o cerne da manifestación, a demanda do aborto libre, gratuíto e na sanidade pública contra a intención do ministro Gallardón de poñer fin a dereitos conseguidos con anos de loita. Levaba tempo sen que atravesara as rúas de Compostela unha manifestación con tanta enerxía. O silencio non se impuxo en ningún momento nas máis de dúas horas que durou a mobilización. Consignas berradas con forza e música acompañaron á convocatoria da Plataforma Galega pola defensa do Dereito ao Aborto que transcorreu desde a estación de tren até unha praza de Pratería repleta de paraugas cando a chuvia xa arreciaba. Por momentos, as consignas evocaban as manifestacións de hai xa máis trinta anos, cando o feminismo reclamaba a despenalización e o dereito ao aborto que logo deu en leis ben máis permisiva que o retroceso que agora quere impoñer o PP. \"Feminismo para adiante, machismo para atrás\", \"Somos guapas, somos listas, somos todas feministas\" ou \"Mulleres somos, mulleres seremos pero na casa non nos quedaremos\" lévanse cantando décadas e agora, a \"contrarreforma\" avanzada por Gallardón fai que tomen nova forza canda outras novas que se dirixen directamente ao ministro: \"Que fatalidade, que fatalidade que a nai de Gallardon non puidera abortar, que desilusión, que desilusión que o pai de Gallardón no puxera un condón\", foi unha das máis coreadas e a imaxe do ministro, mesmo preñado, aparecía en varias das pancartas. \"Para paridas, as de Gallardón\" líase nunha portada por un mozo. Rodear a catedral de feminismo Á igrexa e os seus valores retrógados dirixíronse tamén boa parte das denuncias. \"Fora rosarios dos nosos ovarios\" berrouse en repetidas ocasións nunhas rúas de Compostela nas que non é difícil pasar por diante de centros relixiosos. Orfas, San Bento e, por fin, a catedral. Ao centro do poder eclesiástico conduciuse a manifestación e baixo a chuvia, unha cadea feminista rodeou a catedral e entón o \"imos queimar a conferencia episcopal por machista e patriarcal\" sentiuse máis forte aínda. \"Alerta que camiña a loita feminista polas rúas da Galiza\" berrouse pola zona histórica, nunha manifestación no que o lilá imperaba en faixas, paraugas ou camisolas. \"Aborto libre e gratuíto: As mulleres decidimos\" era o lema central que ecoou en boa parte das faixas que portaban representantes das sesenta entidades e organizacións que integran a Plataforma Galega pola defensa do Dereito ao Aborto. Faixas da CIG, BNG, PSOE, EU, GN, SOS Sanidade Pública ou Nós-UP, entre outras ademais de colectivos feministas tomaron parte nunha manifestación histórica na que quedou á vista que non se vai permitir o retroceso en dereitos que tanto custou conseguir. \"O ministro Gallardón á fronte do goberno do PP, preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e organizacións semellantes que forman ese 10% da poboación que pretenden a supresión do aborto e que sexa delito en todos os casos, queren unha volta atrás sen precedentes\" denunciou a Plataforma no comunicado final, lido na Praza das Praterías. \"Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de servizos da sanidade pública\" reclamouse nunha manifestación na que o feminismo saíu á rúa para reclamar de novo o aborto libre, gratuíto, na sanidade pública e pola decisión das propias mulleres. Con moitas das consignas que o movemento violeta berraba hai xa máis de trinta anos. A chuvia impediu que a festa se prolongase como estaba previsto pero a enerxía invadía de novo a praza na voz de Mercedes Peón que daba saída á participación de artistas e escritoras que prestaban a súa voz ás reivindicacións da festa feminista.. \"Deus non está con nós\" dixo Pilar Estévez, da organización, ao ver que a chuvia non cedía. Pola antoloxía de consignas, deixaron claro que elas tampouco."}
{"ID": "NOS_23586", "summary": "Oferecemos a seguir um interessante texto publicado na Jornada por Alejandro Nadal, aqui na tradução para o português realizada por Daniella Cambauva para CartaMaior.Com.Br.", "text": "A luta para se apropriar de um duelo político tem longa trajetória, sobretudo quando o luto tem origem em um crime. Plutarco narra, em Vidas paralelas, como, depois do assassinato de César, no Senado romano, as distintas facções batalharam para ocupar o vazio que engendra o desolamento público para se consolidar no poder. Cássio e Brutus disputam a aflição popular com Antônio, mas este conseguiu com sua elegia fúnebre colocar o povo de Roma contra os assassinos de César e desencadear uma guerra civil. Um paralelismo pode ser traçado com os esforços para recuperar espaços públicos após o ataque contra a Charlie Hebdo. Esta sempre foi uma revista irreverente com o poder, militar ou econômico, iconoclasta com todos os símbolos de hierarquias, laicas ou religiosas. É e foi inimiga do racismo e da discriminação em todas suas manifestações. Sempre lutou contra as ditaduras e a arbitrariedade, o poderio militar e o intervencionismo neocolonial. Mas agora, em pleno duelo social, buscam de todas as formas se apropriar dos símbolos e bandeiras que acompanharam a Charlie em sua luta. Estão buscando instrumentalizar a tragédia para promover o terrorismo de Estado. Hoje, corre-se o risco de transformar tudo isto em um episódio mais da luta contra o terror e do suposto choque entre civilizações. A concentração em Paris, no domingo passado, teve dois públicos. No primeiro, o povo e suas organizações, sindicatos, associações civis, manifestando repúdio ao covarde assassinato dos redatores da Charlie Hebdo e dos reféns do metrô de Paris. Muitos deles seguiram de perto a épica luta do semanário e de seu predecessor, Hebdo HaraKiri, desde 1969. Luta a partir da esquerda contra o despotismo, exploração, engano e intimidação. Mas, naquele dia, marcharam em Paris também chefes de Estado e líderes políticos de partidos e organizações que sempre abriram as portas para a guerra, para o comércio de armas e para o capital financeiro. Marcharam lado a lado Merkel, Rajoy e Renzi, chefes da austeridade neoliberal que atualmente destrói a Europa. Não faltaram Netanyahu e outros amigos do militarismo. Também se somaram a eles alguns notáveis como guardiões da ordem moral burguesa e da obesa hipocrisia dos bons costumes, amigos do racismo e da descriminação. Faltaram somente Marine Le Pen e os neonazistas para completar o quadro. O oportunismo encontra nas lamentações um terreno fértil para suas estratagemas. Hoje, mais do que nunca, é necessária uma análise política cuidadosa Outros, nem sequer tiveram que viajar a Paris para explorar o momento. Em Atenas, o primeiro-ministro aproveitou a oportunidade para fazer investidas contra o Syriza por sua postura sobre a imigração. Do México, o governo manifestou seu pesar: deve saber que isso não anula sua grave responsabilidade nos assassinatos (Tlatlaya) e desaparecimentos (Ayotzinapa). A ironia é brutal: os inimigos da Charlie Hebdo estão lutando para disputar o duelo, os que promovem a guerra contra o terror e os que semearam esta praga por todos os cantos do mundo. Criticou-se a imprudência dos caricaturistas da Charlie Hebdo. Mas é preciso responder com uma reflexão política, porque é disso que estamos falando, de política, não de bons costumes ou de etiqueta. Por que é tão importante a liberdade de expressão? A resposta é clara: a liberdade de expressão é irmã gêmea da liberdade de consciência, e as demais liberdades carecem de sentido sem elas. Em particular, sem liberdade de expressão, a liberdade de associação política fica sem sentido. Não é exagero afirmar que a liberdade de consciência e a liberdade de expressão são as mais importantes do catálogo de liberdades republicanas. Por isso, os limites da liberdade de expressão são apenas três: a não incitação à violência ou um crime e a difamação. A blasfêmia não é uma das restrições, como deixa claro a Declaração dos Direitos do Homem e do Cidadão de 1789. Na imprensa internacional, sobretudo no mundo anglo-saxão, a Charlie Hebdo tem sido apresentada como um veículo obstinado em ridicularizar o fundamentalismo islâmico, como se este tivesse sido seu único trabalho. Nada mais afastado da verdade. Os primeiros inimigos da Charlie foram o fascismo, o racismo, o neocolonialismo, o militarismo e a pena de morte. O fanatismo religioso e seu apoio hipócrita a estruturas de exploração esteve sempre em seu catálogo de inimigos a vencer, mas não é o único nesta lista. O luto público é a parteira de uma análise política fraca porque a dor e a sede de vingança escurecem o raciocínio e tornam a racionalização difícil. Por isso, o oportunismo encontra nas lamentações um terreno fértil para suas estratagemas. Hoje, mais do que nunca, é necessária uma análise política cuidadosa. A tragédia em Charlie Hebdo não é parte dessa farsa chamada guerra contra o terror, nem de um suposto choque de civilizações."}
{"ID": "NOS_17763", "summary": "Advirte que o binomio megaplantas de xeración-cultivos enerxéticos, depara un futuro negro para o rural galego.", "text": "As pretensións de instalar en Pontevedra unha planta de biomasa forestal de 40 MW por parte de Ence non convence en absoluto a Alianza Rural Galega, integrada por Adega, CIG, Fruga e Organización galega de comunidades de montes en man común. ARG considera que as idas e vidas da pasteira coa ubicación este proxecto (\"hoxe que en Pontevedra, mañá que non, pasado volta que si…\") responden a unha estratexia. En todo caso, precisan, unha central de tal potencia non se pode manter só con biomasa forestal residual, vai precisar de cultivos enerxéticos, nomeadamente eucaliptos, para cortalos en quendas de 5/8 anos. \"A Universidade de Vigo ten calculado que para obter 50MW de electricidade con biomasa precisaríanse anualmente medio millón de toneladas de madeira, o que en superficie equivale a entre 7.000 e 10.000 hectáreas de cortas\". A Alianza afirma que a presión de ENCE xa logrou que o Partido Popular derrogara recentemente o decreto de aproveitamento da biomasa forestal do 2008\". Este decreto vetaba as grandes plantas de biomasa, xa que as centrais non podían exceder de 10MW de potencia, ordenando e limitando o número de instalacións a 10 para non criar un \"efecto chamada\". Derrogado este decreto, sosteñen, \"o lobby pasteiro-enerxético ten xa barra libre para instalar as incineradoras onde queira, como queira e cantas queiran\". Esta plataforma considera que as empresas enerxéticas, \"con ENCE á fronte\", precisan terras para as inzar de cultivos enerxéticos. Por iso pousan os ollos nos montes veciñais en man común e nas terras agrarias que se están a abandonar, en boa medida pola crise de prezos no leite. Denuncian que a Xunta prepara unha lexislación para favorecer o acceso a esas terras das grandes empresas forestais. Por último, a Alianza Rural Galega afirma que \"o binomio megaplantas de xeración-cultivos enerxéticos\", depara un futuro negro para o rural galego. \"A multifuncionalidade e a sustentabilidade do monte e do territorio son elementos básicos para garantir o futuro dun mundo rural galego poboado e vivo\", conclúen."}
{"ID": "PRAZA_3266", "summary": "Marcha \"unha compañeira e unha das nosas actrices máis veteranas, digna de toda a admiración\", destaca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia", "text": "A escena galega di adeus a unha das súas históricas. O pesar percorreu o teatro e o audiovisual do país ao saber este venres do falecemento de Pilar Pereira (Santiago, 1937), unha das pioneiras da interpretación en Galicia, \"unha compañeira e unha das nosas actrices máis veteranas, digna de toda a admiración\", en verbas da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.Marcha \"unha compañeira e unha das nosas actrices máis veteranas, digna de toda a admiración\", destaca a Asociación de Actores e Actrices de GaliciaPereira deixa tras de si unha dilatadísima traxectoria profesional que xa fora recoñecida co Premio de Honra Marisa Soto nos María Casares do ano 2013. A profesión teatral quería así recoñecer un percorrido que a levou a traballar en Galicia e noutros puntos do Estado, pero tamén en América, así como en Francia ou Bélxica.Con experiencia tamén na radio como traballadora de Radio Galicia nos anos 50 do século pasado, Pilar Pereira destacou nos seus inicio recitando poesía. Mostra disto son os dous discos con versos de Rosalía de Castro que gravou en 1960 en Barcelona, nos prestixiosos estudios Odeón-La Voz de su Amo. Daquela xa dera relevantes pasos no teatro en Galicia e despois en Madrid, onde coincidiu exercendo o oficio teatral con directores como Fernando Fernán-Gómez ou Edward Füller.Teatro Eslava ou Los Goliardos foron algunhas das súas primeiras compañías. Coa segunda viaxou a Francia na etapa na que se instalou en París. Despois, tras o maio do 68, viaxaría a Bélxica, onde concluíu os seus estudos de Psicoloxía e tamén coñeceu a quen sería o seu marido, Jorge Bossa, con quen se mudou a Colombia. Alí foi tamén directora e actriz.Nos anos 80 volveu cruzar o Atlántico con rumbo a Madrid, pero pouco desois recibiu as primeiras chamadas de Galicia. Ás ordes de Maximino Fernández Queizán preparou Así é que se vos parece de Pirandello e tras a súa estrea en 1991 regresou a Galicia, onde despois participaría en moitas máis producións do Centro Dramático Galego, ademais de crear unha compañía de seu. Nos anos 90 traballou, asemade, con Sarabela Teatro, Compañía Marías, Factoría Teatro, Teatro do Atlántico ou Teatro do Morcego.Pilar Pereira foi dama do teatro, pero tamén profesional do cinema e, ocasionalmente, tamén na televisión. Na súa traxectoria figuran filmes de Xabier Bermúdez como Rafael, Nena ou León y Olvido. Tamén series de produción galega como Mareas Vivas ou Rías Baixas, así como outras en Madrid, caso de Hospital Central."}
{"ID": "NOS_34329", "summary": "Antón Gómez-Reino, deputado galego de Unidas Podemos en Madrid, rexistrou unha pregunta ao Ministerio do Interior español sobre o suposto acoso por parte dun \"axente do Estado belga\", que \"falou en árabe cun marcado acento israelí\".", "text": "O Grupo Confederal de Unidas Podemos rexistrou no Congreso dos Deputados, en Madrid, unha iniciativa en que pregunta ao Ministerio do Interior español sobre un suposto interrogatorio realizado pola Garda Civil ao xornalista palestino Muath Hamed, solicitante de asilo internacional en España. A iniciativa parte dunha reunión mantida entre os deputados Antón Gómez-Reino e Lucía Dalda con Hamed, que lles relatou que os feitos aconteceron o pasado 11 de febreiro nas dependencias do Instituto Armado na rúa Batalla del Salado da capital española, onde acudiu tras ser citado. Segundo recolle Galicia en Común nun comunicado, o xornalista palestino, que está en trámites na súa solicitude de protección internacional, desprazouse ao lugar \"coa vontade de colaborar\" e malia que a Garda Civil \"non ten competencias\" na materia. No cuartel, de acordo co relato de Hamed aos deputados de Unidas Podemos, foi conducido até unha sala onde o esperaba unha persoa que se identificou como \"axente do Estado belga\", mais que no entanto \"falou en árabe cun marcado acento israelí\". O xornalista palestino asegura que \"foi presionado\" por esta persoa, que lle solicitou información vinculada co seu expediente e que foi ameazado con represalias contra el e mais a súa familia. Convención de Xenebra Para Unidas Podemos, estes feitos \"poderían contravir o estipulado na Convención de Xenebra de 1951 e a vixente lei de asilo no Estado\", que garante \"a confidencialidade e a protección dos solicitantes de protección internacional fronte aos axentes de persecución\". Por todo o relatado, o Grupo Confederal rexistrou unha iniciativa no Congreso para que o Ministerio do Interior español explique se coñecía a presenza do xornalista palestino no cuartel de Batalla del Salado, así como a identidade do suposto axente belga. Ademais, solicita ao departamento que dirixe Fernando Grande-Marlaska información sobre a protección aos solicitantes de asilo fronte a axentes de persecución."}
{"ID": "PRAZA_936", "summary": "Esta edición da revista presenta estudos sobre o humor na literatura infantil e xuvenil realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués. Ou tamén unha entrevista cruzada entre Francisco Castro e Paula Carballeira", "text": "Coincidindo co Día do Libro, este 23 de abril chega á rede o segundo número da Revista Criaturas, a publicación coordinada Ledicia Costas e Daniel Landesa, sobre literatura infantil e xuvenil que botou a andar o pasado mes de decembro. Neste número 1 (o de presentación foi número 0) os contidos xiran arredor do humor. Entre os contidos publicados, os seus responsables destacan senllos estudos sobre o humor na literatura infantil e xuvenil realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués, respectivamente. Neste segundo número preséntase unha nova entrevista cruzada, desta vez coa presenza do escritor Francisco Castro e da actriz e escritora Paula Carballeira. Este número tamén presenta traballos de Roberto Pascual sobre \"As vertentes do humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo\" ou de Miguel Vázquez Freire sobre o teatro de Paula Carballeira. E unha análise de Montse Pena sobre o regreso do humor á literatura infantil e xuvenil, afondando nas figuras de Roald Dahl e Christine Nöstlinger. A sección de crítica presenta recensións de Osos (Ruth Krauss e Maurice Sendak), A Galiña Azul (Carlos Casares), Boy (relatos de infancia) / Voando Só (Roald Dahl), A filla do Grúfalo (Julia Donaldson) ou análises sobre a obra de Janosch (Horst Ecker) e Agustín Fernández Paz. Tamén dedica un espazo á libraría El pozo de los tres deseos (Cangas do Morrazo) e ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que celebrou en marzo a súa XVI edición, incluíndo unha entrevista á súa responsable, Anxos Riveiro. Criaturas non busca centrarse nas novidades editoriais (aínda que tamén fai referencia a elas na súa sección de crítica), senón que tamén se detén en autores, autoras, temas e tendencias, buscando ser un punto de encontro para o sector, e un medio de referencia, un espazo para o debate e a reflexión para un ámbito moi destacado das letras galegas e da produción cultural do país. En decembro falamos con Ledicia Costas sobre a iniciativa que viñan de poñer en marcha, unha entrevista na que destacaba que \"a literatura infantil xuvenil do noso país ten unha enorme calidade, ten consumidoras e consumidores. Ademais hai diferentes iniciativas ao longo do país que fan da lectura un valor engadido\". Descarga aquí o número 1 de Criaturas (.pdf)"}
{"ID": "NOS_33899", "summary": "Regresa a Compostela para consolidarse xa como unha das opcións máis interesantes da 'reentrée' outonal e expándese por primeira vez fóra de Galiza. É o Outono Códax Festival, que estará con nós tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol) e o 2 de outubro en Xixón.", "text": "Esta é a quinta edición deste evento que nos trae unha proposta máis variada en canto a estilos: do soul máis clásico ao último neo-soul; do rhythm&blues máis frenético ao funk máis mestizo; do gospel máis purista ao groovy máis evolucionado; do rock´n roll máis desenfreado ao blues, o dub, o reggae ou o doo-woop (o de onte e o de hoxe). Así, o cartel deste ano inclúe a Mike Sánchez & His Band (un dos artistas de rhythm&blues e rock´n roll máis recoñecidos mundialmente); David Hooper&The Silverbacks (o norteamericano xa comparado con estrelas veteranas, emerxidas ao igual ca el na madurez, como Charles Bradley, Lee Fields ou Sharon Jones) e The Gospel Sessions vol. 1 (o último e gran espectáculo de Onno Smit e Paul Willemsen para o que contan coa maxistral voz de Michelle David). Xunto a eles, estarán dúas das bandas máis consagradas da escena estatal: os cataláns The Velvet Candles (considerada unha das mellores formacións de doo-woop) e Juan Zelada Band (un dos máximos expoñentes do neo-soul, que se estrea no Outono Códax cun espectáculo preparado para o festival). A participación galega deste ano correrá nesta ocasión a cargo de tres das bandas máis destacadas da escena actual: The Soul Jacket, Transilvanians e Sabela King & The Heartbreakers. Todas e todos eles secundarán nesta edición a dous grandes do xénero:Tommy Hunt, o mítico vocalista de The Flamingos e unha das lendas vivas da música contemporánea, que acudirá ao Outono Códax como artista convidado para repasar algúns dos grandes éxitos da súa carreira; e a enorme Naomi Shelton, hoxe por hoxe, unha das divas da música negra e peza clave do renacemento da música sureña estadounidense en Nova York. Para honra do festival, a última veterana estrela de Daptone Records, a principal factoría mundial de música negra, aterrará no Outono Códax, acompañada do seu excepcional coro, The Gospel Queens, e da súa incrible banda (entre a que se atopa Fred Thomas, o histórico baixo de James Brown). A propia Naomi Shelton&The Gospel Queens e os galegos The Lákazans serán os protagonistas do primeiro \"ExtraOutono\" do festival, a primeira cita ata agora fóra de Galiza e que terá lugar en Xixón (Sala Acapulco) o próximo 2 de outubro."}
{"ID": "NOS_40447", "summary": "O xigante do téxtil nega contratar talleres ilegais para producir as súas prensdas. Porén, Arxentina fechou xa un dos seus recintos e Brasil mesmo ameazou con expulsar a firma do país.", "text": "O low-cost do textil. Os reducidos prezos que ofrece no mercado o imperio téxtil de Inditex obtéñense a partir da redución ao máximo dos seus custos de produfión e da confección en serie de millóns de prendas iguais que posteriormente son distribuídas por todo o mundo. A firma propiedade de Amancio Ortega --a terceira persoa mais rica do mundo segundo a revista Forbes-- emprega man de obra escravizada nos seus talleres. Así o denunciou na Arxentina a ONG La Alameda que desde hai anos loita contra a escravitude e a trata de persoas. En 2011 demantalaron un taller no Brasil que producía roupa para Inditex en condicións de escravitude, as autoridades do país sancionaron con 1,8 millóns de euros ao imperio téxtil e ameazaron con expulsalo do país Após a denuncia presentada pola organización non gobernamental, as autoridades arxentinas desmantelaron un dos talleres empregados pola empresa de Amancio Ortega onde as súas traballadoras e traballadores vivían acinad@s no propio recinto onde cosían, con xornadas laborais que mesmo superaban as 13 horas. Empregaban \"o sistema coñecido como cama quente\" isto é xornadas laborais eternas que @s operari@s debían ir rotando para durmir nun mesmos emprazamento. Actualmente, a ONG denuncia a existencia dun outro taller ilegal --o segundo que se afincaría en chan arxentino. Inditex nega que os seus provedores empreguen escrav@s na confección das prendas e argüe ter solicitado até 300 auditorías nos últimos anos para certificar que as prendas foron elborados de acordo cos criterios fixados pola propia marca. Porén, en 2011 outro taller de Zara foi clausurado na cidade brasileira de Sao Paulo. Porén, ao contrario do que acontece agora na Arxentina, o executivo de Dilma Rousffeld multou con 1,8 millóns de euros ao imperio téxtil e ameazou á empresa propiedade de Ortega con ser expulsada do país se non garatía condicións saudábeis e dignas para as súas traballadoras."}
{"ID": "NOS_50609", "summary": "34 facultativas e facultativos do Hospital de Verín asinaron esta segunda un manifesto, dirixido ao xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, no que demandan \"o cese do desmantelamento\" do centro. As profesionais afirman que a decisión de pechar o paritorio e as urxencias pediátricas é \"meramente política\" e consideran \"insuficiente\" a proposta da Xunta de ofertar dúas prazas temporais de pediatría.", "text": "Sermos Galiza tivo acceso ao manifesto asinado por 34 profesionais sanitarios do Hospital Público de Verín, no que denuncian o desmantelamento do centro e reclaman solucións. A continuación, reproducimos integramente o texto: Manifesto dos facultativos do Hospital de Verín Ante o desenvolvemento de acontecementos tan importantes e decisivos como o peche do paritorio e eliminación das urxencias pediátricas do Hospital Público de Verín os abaixo asinantes expomos: -Remarcamos a nosa desaprobación ao peche do paritorio e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín, deixando unha área sanitaria sen cobertura especializada necesaria para a adecuada atención de ditos pacientes. -Opinamos que é unha decisión meramente política, non baseada en estudos científicos acertados, apoiándose en decisións de sociedades específicas con posíbeis intereses. -Debería terse en conta a opinión de outros profesionais, como por exemplo o presidente da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía, o doutor Casimiro Obispo, e o xefe de Xinecoloxía do Hospital Público de Valdeorras, o doutor Sergio González, que discrepan cos argumentos esgrimidos polo presidente da Xunta e demais, afirmando que \"o Sergas non ten en consideración as sociedades científicas para a toma de decisións\". -Ter en conta que o argumento que se esgrime domo \"baixa taxa de partos\" non só acontece neste hospital, funcionando sen incidencias noutros hospitais comarcais. -É intolerábel e inconcibíbel a explicación da Xerencia do Sergas a propósito da falta de \"calidade\" e de pericia profesional sen posuír datos obxectivos nin criterios imparciais. -A atención pediátrica non só cubre ao neonato ou recén nado, se non que debe valorarse toda a poboación pediátrica (crianzas entre 0 e 14 anos) que vive ou se despraza á comarca de Monterrei. Calcúlase que aproximadamente hai 2.137 crianzas en idade pediátrica censados na comarca (segundo datos de 2018) que precisan eventualmente asistencia hospitalaria urxente. -A solución ofrecida pola Xerencia do CHUO ante a falta de pediatra/neonatólogo parécenos insuficiente. Tanto os médicos do Punto de Atención Continuada (PAC), servizo de urxencias hospitalarias e servizo de anestesia opinamos que se producen feitos de intrusismo nas funcións que son competencias exclusivas dos especialistas de pediatría, so cales están preparados e adestrados para a atención do paciente crítico, grave ou menos grave e do manexo de posterior inmediato. Esta tarefa víñase realizando desa forma no Hospital de Verín até a data do peche do paritorio. -Parécenos insuficiente a solución ofrecida pola xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) sobre o traslado interhospitalario do paciente neonatal desde o noso centro ao hospital de referencia, que se propón da seguinte forma: \"co obxecto de garantir a calidade e a seguridade na atención aos nenos e nenas da comarca de Monterrei, deberase manter o manexo compartido, xunto co servizo de pediatría do CHUO, daqueles casos que non podan ser resoltos polo citado servizo, tal e como se viña facendo até o momento. Aquelas situacións clínicas en menores de 3 anos (excepcionais, segundo os datos históricos) que requiran de traslado ao CHUP para a súa atención con soporte médico especializado (pediatra) serán asumidas pola garda de pediatría\". Pensamos que a solución ofrecida é pouco segura para a saúde do neonato debido á demora que se produce tanto na atención inmediata como no adecuado seguimento posterior. Ademais, ditas directrices iniciais non fan referencia ao resto da patoloxía pediátrica atendida nos servizos de urxencias, que era prestada por parte do pediatra de garda nos casos de patoloxía non banal. -Opinamos que se tomou unha medida non acorde ao noso parecer e ás especiais características dun hospital comarcal, de forma arbitraria e sen previo aviso aos facultativos deste hospital, co conseguinte prexuízo na atención ofrecía aos pacientes e afectando claramente ao noso traballo e asistencia tal e como viñamos facendo até agora. Suspendeuse a actividade do pediatra de garda sen poñer sobre a mesa un protocolo claro de actuación que garanta a atención aos pacientes pediátricos. -A urxencia pediátrica representa un dos servizos asistenciais máis importantes ao que son remitidas crianzas con problemas moi variábeis. O especialista en pediatría debe discernir que enfermo precisa ingreso inmediato, observación hospitalaria ou pode ser enviado ao seu domicilio sen rico importante, sendo o seu papel imprescindíbel no manexo da urxencia. Desde a creación do Hospital de Verín esta actividade foi sempre desempeñada polo pediatra de garda localizada. A urxencia pediátrica debe adaptarse ás demandas da sociedade actual, que esixe inmediatez as 24 horas do día e unha maior especialización do persoal sanitario que a atende, tendo en conta as seguintes recomendacións: a. Consideracións do Valedor do Pobo á Consellaría de Sanidade para a planificación do servizo de pediatría no Sistema Galego de Saúde (Sergas). b. Plan Estratéxico Nacional da Infancia e Adolescencia (2013-2016). c. Lei 2/2016 de protección do menor de 14 de xuño do Dereito Civil da Galiza. d. Declaración de Dereitos do Neno da ONU do 20 de novembro de 1059. -Debemos, por último, facer fincapé no problema da falta de persoal e medios materiais no Hospital de Verín, provocando unha situación de grave precariedade que debe ser solucionada á maior brevidade, sendo incompatíbel coas decisións tomadas nos últimos días e meses, que evidencian o desmantelamento progresivo de servizos como cirurxía, traumatoloxía, xinecoloxía, anestesia, medicina interna, unidade de coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO), xunto con outras especialidades como dermatoloxía, cardioloxía ou psiquiatría. Polo tanto, os abaixo asinantes solicitamos o cese deste desmantelamento xunto a unha reestruturación hospitalaria integral, propoñendo como opción específica que se convoque oficialmente unha Oferta Pública de emprego extraordinaria nas especialidades con necesidades para cubrir as prestacións necesarias para a poboación."}
{"ID": "NOS_48417", "summary": "No concello de Cambre, onde residía e exercía de avogado desde hai máis de vinte anos, finou na xornada de onte o histórico dirixente sindicalista Xosé Luís Muruzábal, un dos dirixentes obreiros máis coñecidos e recoñecidos da Galiza da década do setenta e primeiros oitenta.", "text": "Muruzábal, Muru, como era coñecido no mundo do traballo, trasladouse a Galiza a comezos da década dos setenta, participando dalgunha das loitas obreiras máis importantes que se deron no noso país, como as reivindicacións que se desenvolveron de xeito paralelo á construción da central das Pontes, e que rematou co peche na cheminea das instalacións do propio Muruzábal. Tamén estivo no primeiro plano sindical na folga da construción que en 1967 mobilizaría ás provincias de Lugo e A Coruña con especial incidencia nas contratas da factoría de aluminio de San Cibrao ou a folga do transporte na cidade da Coruña. Muruzábal foi un dos protagonistas no proceso de conformación e unificación do sindicalismo nacionalista, onde chegaría despois dunha destacada militancia na CSPU, organización sindical vinculada ao Partido do Traballo, partido de inspiración maoísta no que xogou un destacado papel como dirixente. Nos últimos anos, apartado da primeira liña de actividade sindical, desenvolveu un relevante traballo social en Cambre, na súa condición de presidente da Asociación Galega Pro Enfermos Mentais. En Cambre residía e exercía a avogacía desde hai máis de vinte anos."}
{"ID": "NOS_17972", "summary": "O portavoz de En Marea cargou con dureza contra un mandatario galego que volveu usar a baza de recriminarlle a Villares que como político defenda posturas que baten co seu pasado como maxistrado.", "text": "A tensión subiu varios graos na sesión de control ao presidente coincidente co aniversario (ou cabodano, segundo se mire) do primeiro ano de goberno da segunda lexislatura de Feijóo. O portavoz de En Marea, Luis Villares, canso de que Núñez Feijóo empregase a súa quenda de réplica para misturar pasado (como maxistrado) e presente (político) do de Lugo nunha suposta contradición, disparou. \"Eu deixei a toga para vir aquí\", dixo, para de inmediato preguntarlle ao presidente \"que facía vostede antes de meterse en política\". Porque, asegurou Villares, o único que se lle coñecía a Feijóo era que paseaba en iates con narcos, en referencia á súa foto con Marcial Dorado. Foi entón cando soltou a palabra: \"Narcochofer\", xerando a indignación na bancada popular. Feijóo acusou o golpe. Acusou Villares de estar disposto a \"calumniar\", a \"mentir\" para acadar os seus intereses. Reprochou ao de En Marea que a súa intervención nesta sesión marcaba un antes e un despois para o cualificar de \"ex maxistrado e \"ex político\". O rifi-rafe dialéctico comezou cando Villares preguntara a Feijóo polos recortes de liberdades políticas e dereitos civís que se aplican desde o Estado polo referendum catalán. Feijóo argumentou que a consulta era ilegal e que ía contra a Constitución. \"Non xurou vostede como maxistrado e non aplicou a Constitución?\", preguntoulle ao de En Marea, instándoo a non se poñer a carón do \"desafío independentista\". O portavoz de En Marea acusou o PP de ter \"dúas varas de medir\", unha para os \"amigos\" e outra \"para o resto\". Así, lembrou que a Xunta denunciou todos os implicados na operación Campeón agás aqueles \"afiliados ao PP\". \"Que teña bo día, campión\" foi a fórmula usada por Villares dirixíndose a Feijóo para fechar a súa quenda. Once acusados nesta Operación pactaron coa Fiscalía a rebaixa de penas: Dorribo acepta 6 anos de cárcere e unha multa de 6 millóns de euros. O ex-deputado do PP Pablo Cobián acepta 8 meses. O director e ex-director do Igape foron suspendidos a un ano de emprego. O pleno reservou tamén protagonismo para o presidente da Cámara, Miguel Santalices. O político ourensán pediulle a VIllares que retirase a palabra Narcochofer, neoloxismo co que designara Feijóo. O portavoz de En Marea negouse e, en aplicación das súas atribucións, Santalices ordenou que no diario de sesións non se recollese o vocablo, nun claro falseamento da transcrición do debate. Balanzo O portavoz do PSdeG, Fernández Leiceaga, realizou un balanzo moi crítico deste ano de mandato de Feijóo a respecto de decisións do goberno central. O financiamento autonómico, os orzamentos xerais do estado ou o veto á transferencia da AP9 foron debullados polo socialista como mostra de que a Xunta permanece \"muda, calada\" perante Madrid. Na súa quenda de resposta, Núñez Feijóoo volveu xogar a baza de acusar anteriores gobernos socialistas e non recolleu a luva de Leiceaga a respecto de defender o traspaso da AP9 após o novo veto. \"O seu goberno pode presentar un conflito de competencias\", instoulle Leiceaga. Recurso A AP9 centrou tamén a pregunta realizada por Ana Pontón (BNG), que acusou Feijóo de ser \"incapaz de erguer a voz na defensa dos intereses galegos\". A nacionalista indicou que se hai debate sobre a transferencia da autoestrada é grazas a que \"o BNG o puxo sobre a mesa\" e criticou que mentres o estado transfire infraestruturas a outras comunidades, veta debater sequer sobre o traspaso da AP9 a Galiza. Ana Pontón realizou dúas propostas ao presidente galego para defender os intere4ses de Galiza neste tema. Que a totalidade das e dos deputados galegos asinen un recurso perante o Tribunal Constitucional e que se aprobe unha declaración institucional reprobando Ana Pastor, presidenta do Congreso, e Mariano Rajoy, polo veto á AP9. Feijóo puxo en cuestión a legalidade da primeira e gardou silencio sobre a segunda."}
{"ID": "NOS_56083", "summary": "Berros de \"mentireira\" e pola súa demisión foron os que @s traballador@s do centro público lle dedicaron a Rocío Mosquera, deixando claro o seu rexeitamento á Xestión integrada que lles impuxo e que \"non recoñeceremos\" ningún xerente \"se non é da área propia da Mariña\"", "text": "Nunha nota enviada á imprensa, a consellaría de Sanidade deu conta esta segunda feira da presentación formal do novo xerente do Hospital da Costa, Francisco Antonio Soriano Paredes, nun acto nas dependencias do centro sanitario público en que estiveron presentes a propia conselleira, Rocío Mosquera, e a xerenta do Sergas, Nieves Domínguez. Di a información da Xunta que a conselleira \"desexou sorte\" a Soriano Paredes \"nos novos retos\" como o proceso de integración na área de Xestión integrada \"que garantirá a equidade, a accesibilidade, a continuidade asistencial e a calidade da atención\". Con todo, nada indicou a consellaría de Sanidade a respecto da protesta realizada en contra desa xestión integrada e da cal fixo parte a práctica totalidade d@s traballador@s do hospital público, rebentando a posta de largo de Soriano e deixando claro que \"non recoñecemos este xerente nin ningún outro que non sexa un xerente de área propia da Mariña\". Erguendo cartaces en que podía lerse 'Acto de defunción do Hospital da Costa' ou 'Conselleira demisión', berros de \"mentireira\" foron os que lle dedicaron a Rocío Mosquera, a quen lle recriminaron que faltase á súa palabra de que o centro hospitalario fincado en Burela non perdería nunca a súa independencia. Os incumprimentos da Xunta de Núñez Feijóo provocaron a demisión do anterior xerente, José Insua, e da directora de Enfermaría, Carmen Louzao. A intervención de Insua foi a única respectada pol@s traballador@s, a quen despediron cun prolongado aplauso."}
{"ID": "QUEPASA_1126", "summary": "Ponteceso acolle unhas oficinas para compartir entre novos emprendedores", "text": "Xa houbo algunha experiencia, pero o coworking vai chegando á Costa da Morte. É que as novas profesións relacionadas coa tecnoloxía, e o autoemprego, obrigan a crear eses espazos nos os novos emprendedores do rural costeiro poden compartir unhas oficinas comúns. Espazos onde ademais as sinerxias soen xerar proxectos en común, beneficiosos para cada un dos que se animen nesta aventura En Ponteceso nace estas semanas o primeiro Coworking en Costa da Morte. Da man de Álvaro Domínguez Loureiro, un deses activos emprendedores bergantiñáns, que son 21 anos xa pasou pola Comisión de Festas, é o actual presidente do Ponteceso SD e a día de hoxe está embarcado nun negocio especializada en tráfico online. \"Coworking Costa da Morte nace tras ver a necesidade que hai de ofrecer un lugar a emprendedores e xa profesionais establecidos na zona. Estamos continuamente falando de emprender pero non estamos dando facilidades aos mozos para facelo. Cabana leva varios anos realizando conxuntamente coa EOI un programa para emprendedores que dura 6 meses e realmente está ben, pero quédase niso, un programa case máis formativo que outra cousa. Nós queremos que todos eses emprendedores poidan acceder a unhas oficinas profesionais durante todo o ano e por un prezo asumible\", explica. Por iso fai un \"chamamento a todos os profesionais/emprendedores que estean sos (Peritos, Arquitectos, Comerciais autónomos, Asesores.....) a que traballen dun xeito conxunto e realmente loiten por algo común que é crear unha forma de vida\". Loureiro ten claro que empreder na casa ten un valor doble. \"Un dos alicerces fundamentais á hora de emprender o primeiro Coworking da Costa da Morte é o compromiso que teño por Ponteceso e Costa da Morte\". Os locais estarán listos a finais deste mes, e a campaña de promoción de benvida é de 49,90€/mes con todo incluído ata o 15 de marzo. Podedes contactar no 622 70 18 51."}
{"ID": "NOS_43336", "summary": "Os nosos equipamentos son pouco públicos. O espazo adicado ao cidadán en relación co do persoal vaise descompensando co tempo en favor deste último e expulsando aos poucos o cidadán. As sucesivas corporacións fan axustes sen \"descolocar\" os diferentes servizos e evitan unha necesaria revisión global que garanta uns mínimos accesíbeis e totalmente dispoñíbeis.", "text": "Demasiados edificios rematan sendo contedores illados de oficinas municipais, mesmo céntricos e sen conexión urbana. Outros, adícanse a un único e monolítico uso, museos sen renovados contidos ou teatros con mínimas programacións para maior \"goce\" do persoal de limpeza e vixilancia. No extremo, os estadios de fútbol municipais con actividade media xornada cada quince días e sobre os que reflexionar en profundidade. Os máis versátiles e de referencia neste senso, serían os actuais centros cívicos ou os resistentes pavillóns que aturan todo tipo de eventos en amplos horarios. Unha radiografía da intensidade de uso de cada edificio evidenciaría a infrautilización de moitos espazos, froito de corporacións sen imaxinación para reprogramalos, de dóciles técnicos e de cidadáns indiferentes ou sen vías de participación Algunhas melloras recentes á marxe dos infundados medos municipais son: o uso público dos patios dos colexios e as novas actividades dos mercados polas tardes, a apertura das bibliotecas pola noite ou os espazos dispoñíbeis e sen persoal onde se fai ao solicitante responsábel. A seguridade garántese co intenso uso. A cantidade e diversidade de xente que atrae un edificio é un indicador do servizo que presta e podería ser valorado en comparación ao seu pleno rendemento, que normalmente descoñecemos. Unha radiografía da intensidade de uso de cada edificio evidenciaría a infrautilización de moitos espazos, froito de corporacións sen imaxinación para reprogramalos, de dóciles técnicos e de cidadáns indiferentes ou sen vías de participación. É necesaria unha actualización destes interiores urbanos vencendo obsoletas convencións como temos feito no ámbito privado: nin traxe dos domingos nin salón de recibir. Comecemos polas plantas baixas, onde a conexión coa cidade é vital e as esixencias deberían ser máximas: facéndoas atravesábeis, multiplicando accesos, incorporando soportais, incrustando puntuais actividades nos baixos e usos ás 24 horas, compatíbeis, que permitan formas independentes de empregar as diversas partes. Do mesmo xeito que o privado persegue a máxima rendibilidade, o público aspira ao maior servizo, ser máis públicos máis tempo. Os nosos edificios \"envexan\" a continua actividade dos centros comerciais. Aínda hoxe, é exemplar a capacidade das igrexas para ademais de atraer os seus fieis e outros curiosos, cubrir o indignante esquecemento dos sen teito nas vagas de frío ou proporcionar inesperado silencio en contornas excitadas. Estes días, as catedrais de Inglaterra estanse a converter en centros de vacinación con música para órgano onde haberá quen pense nunha maior efectividade. Era nas estacións onde se daba unha relación ideal entre espazos de servizo e públicos e unha total dispoñibilidade 24/7 -24 horas, os 7 días- até que a súa privatización as fechou á noite. Debemos esixir que as novas Intermodais ou similares, se convertan nestes lugares a cuberto, sempre abertos, como necesario complemento á vida urbana que endexamais acouga."}
{"ID": "NOS_57851", "summary": "Na primeira reconstrución dos feitos, o maquinista dixo que se lle activou a luz de alerta no seu cadro de mandos e que ao momento comunicou que recibira a advertencia de que circulaba por riba da velocidade permitida. Mais o certo é que o tren non freou a tempo. Haberá que determinar agora se existiu algún tipo de fallo mecánico que impidese a redución de velocidade.", "text": "O condutor do comboio que descarrilou en Angrois, F.J.G., recoñeceu na súa primeira reconstrución dos feitos que no seu cadro de mandos se activou a alerta de que viaxaba por riba da velocidade permitida e que premeu ao momento o botón que comunicaba que recibira a mensaxe. Na declaración que fixo desde o hospital, onde fica ingresado e custodiado pola policía, admitiu a súa neglixencia, xa recollida nas gravacións da conversa que mantivo coa estación de Compostela, onde aseguraba que a velocidade a que viaxaba o Alvia eran os 190km/h. A velocidade máxima permitida no Alvia son 285km/h No tramo anterior á curva, o maquinista, con 32 anos de experiencia ás costas, circulaba a 200km/h, correctamente. A velocidade máxima permitida para este tipo de trens son os 285km/h. Con todo, a curva tomouna a 110km/h por riba do linde que marca o sinal colocado nas vías:80km/h. Non lle deu tempo a frear porque os catro quilómetros que abrangue o acceso á estación de Compostela non son de nova construción, senón unha adaptación do vello trazado e non está instalado o sistema de freado ERTMS, propio da alta velocidade e que tería rebaixado de maneira automática a velocidade do comboio. Ao funcionar outro máis antigo, o ASFA, o freado depende unicamente do factor humano. A empresa á quen se lle adxudicou o sistema de sinalización e seguridade do tramo Ourense-Santiago da alta velocidade, Thales, confirmou que o sistema ERTMS está instalado até o quilómetro 80 da liña tal e como aparecía no concurso, e que foi probado e entregado en novembro de 2011. Porén, non saben explicar por que non se licitou a instalación deste dispositivo até a estación de Compostela. O maquinista nin está detido nin está imputado Neglixencia recoñecida á marxe, en declaracións á Radio Galega o xuíz Antonio Vázquez Taín, auxiliar do instrutor do caso, Luis Alae, desmentiu as informacións publicadas na imprensa e recalcou que non está detido. Nin sequera está imputado, pois só prestou declaración --en calidade de imputado, iso si, non como testemuña-- perante a Policía Xudicial, e non perante o xuíz Alae. \"As probas técnicas do sinistro están debidamente custodiadas. Agora, primeiro ouviremos a súa explicación dos feitos e despois xa se decidirá se fica imputado, de acordo?\", concluíu Vázquez Taín."}
{"ID": "NOS_10397", "summary": "Pablo Carpintero, un dos principais expertos na música tradicional galega e concretamente na orixe da gaita de fol, abre os seus coñecementos ao público e ofrece unha palestra ao mes aberta ao público, que ás veces irá acompañada dun concerto e outras, de obradoiros didácticos.", "text": "Pablo Carpintero presenta un ciclo de dez charlas didácticas, moitas delas charlas-concerto, outras obradoiros didácticos, pero todas versan sobre música en xeral e música galega en particular. O obxectivo é divulgar o aprendido nestes últimos anos sobre diversos aspectos da música e dos instrumentos musicais, para elo, ademais das explicacións faladas, poderedes escoitar os instrumentos musicais en directo, acompañados de explicacións e imaxes e, nalgúns casos, aprender a tocalos e construílos. As charlas celebraranse no seu obradoiro-museo, en Meixonfrío (Santiago de Compostela) e serán sempre os domingos pola mañá, dende as 11:00 ás 12:30 aproximadamente. Versarán sobre os tipos de gaitas de fol no noroeste da Península; as orixes da música; as cadeas evolutivas de instrumentos musicais en Galiza; os instrumentos musicais femininos; as trompas; os instrumentos musicais de palla; as palletas; e as orixes das gaitas de fol. Pablo Carpintero (Castro de Carballedo, Lugo, 1969) é doutor en Ciencias pola USC onde foi profesor de Bioquímica. Actualmente realiza un segundo doutoramento no Departamento de Historia da Arte desta mesma universidade sobre a gaita de fol, e traballa no Proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupos de recuperación de tradicións musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ademais é construtor de instrumentos. O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfoloxía e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así como no estudo dos diversos instrumentos musicais tradicionais galegos. Colabora con institucións como a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ao folclore galego, ou Consello da Cultura Galega, onde depositou en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo. Nesta web sobre Os instrumentos musicais na tradición galega poderedes saber máis dos seus traballos."}
{"ID": "NOS_10114", "summary": "Coa sesión de investidura marcada para esta sexta feira aínda está pendente o acordo con JxCat, que continúa as negociacións con ERC e é imprescindíbel para investir como presidente a Pere Aragonès.", "text": "A CUP debate mañá nunha asemblea telemática se aproba a proposta de acordo con ERC e apoia a investidura de Pere Aragonès como 132 president da Generalitat de Catalunya, despois do pacto do domingo entre as direccións de ERC e CUP. O acordo de 11 puntos entre as formacións independentistas, negociado nas últimas semanas polas comisións sectoriais dos dous partidos, desenvolve un marco para a lexislatura na que inclúe accións concretas para reverter as principais problemáticas sociais que afectan Catalunya. Banca pública En materia de vivenda consensuouse a aprobación dunha lei catalá para o alugueiro, amais dun orzamento de 1000 millóns de euros anuais para ofertar cada ano 5000 vivendas máis en réxime de protección, que se engadirían ao 30% de vivendas propiedade da Sareb que se pretende recuperar para vivendas sociais. O texto tamén contempla unha proba piloto de Renda Básica Universal, a creación dun banco e dunha empresa eléctrica de carácter público; así como un incremento da dedicación orzamentaria en sanidade, que incida na mellora das condicións laborais das profesionais e permita converter a Atención Primaria e Comunitaria \"na base e centralidade do sistema sanitario\". No referente ao conflito co Estado, tanto ERC como as CUP comprométense a \"xerar as condicións para programar un novo embate democrático, pola vía que o conxunto do independentismo valore como a máis acaída\". Aínda coa aprobación deste acordo, segue no aire o resultado da sesión de investidura da mañá desta sexta feira pola incógnita do voto de JxCat, que mantén a negociación aberta con ERC."}
{"ID": "PRAZA_13900", "summary": "O vindeiro martes cúmprense sesenta anos da execución de Benigno Andrade, histórico loitador antifranquista. A filla do guerrilleiro lembra unha figura á quen as autoridades e as súas múltiples fazañas converteron nunha lenda.", "text": "Os anos trinta eran uns anos felices en España, a República, a través da constitución de 1931, conseguía poñer o país ibérico á altura de privilexios xa habituais nos países máis avanzados de Europa. Aínda así, tras o triunfo nas eleccións de 1936 da Fronte Popular, o xeneral Francisco Franco encabezaba o 17 de Xullo dese mesmo ano un golpe de Estado, o que daba lugar ao comezo da Guerra Civil Española. En Galicia, o bando nacional tardou pouco en facerse co control do territorio. Isto provocou que os que estaban en desacordo coas ideas franquistas tivesen que emigrar se non querían verse en perigo de ser represaliados. Foron miles os que se exiliaron no estranxeiro, sobre todo en países latinoamericanos. Xente coma Castelao, Neira Vilas, Luis Seoane, Rafael Dieste, Díaz Pardo ou Eduardo Blanco Amor, entre moitos outros, tivo que facer a maleta. Calquera que vivise no franquismo ou lle prestase atención ás historias do avó coñecerá algo sobre o Foucellas e as súas fazañas No entanto, outros preferiron quedar e loitar en Galicia, tendo que esconderse como poideron, e onde a moitos non lles quedou outra que botarse ao monte. Dos que quedaron loitando na sombra, houbo un home anónimo polo seu nome, Benigno Andrade, que ben seguro que non o é hoxe en día se falamos do Foucellas. Nos tempos actuais, todo aquel que vivise durante o franquismo ou lle prestase atención ás historias que lle contaba o seu avó coñecerá algo sobre el ou algunha das súas fazañas. Benigno traballaba de transportista durante a República nunha serrería do concello onde vivía xunto a súa familia, Curtis. Alí foi facendo amizade con Manuel Calvelo, o médico da localidade, que, xunto coa súa muller, Isabel Ríos, puxeron en marcha a célula comunista na vila, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis. \"A súa actuación ante a sublevación non foi signficativa; colaborou cos dirixentes da vila para intentar facer fracasar o golpe\" Co golpe de estado foron moitos os que se sumaron á loita antifranquista. Foucellas foi simplemente un máis. Luís Lamela, escritor que á marxe dun libro sobre Foucellas escribiu unha ducia de obras máis sobre a resistencia antifranquista, cóntanos que \"a súa actuación (de Foucellas) na reacción contra a sublevación non foi significativa, senón que colaborou cos dirixentes da súa vila para intentar facer fracasar a sublevación dentro das súas forzas, pero, seguindo as instruccións do goberno civil daquela de tratar de quitarlle as armas aos de dereitas, daqueles que pensaban que podían sumarse á sublevación e ir contra o goberno republicano.\" O obxectivo das milicias que se resistiron á sublevación da Guerra Civil era o de \"requisar algunhas armas e intentar ir á Coruña a defender a República, que era onde se sublevaRan as forzas. E intentáronno, pero cando chegaron á Ponte Pasaxe, xa lles avisaron de que non había nada que facer, e deron volta. Intentaron, como non cometeran ningún delito penal, nin importante, refacer a súa vida.\" \"Foucellas decidiu estar anos agachado tras comprobar como os militares mataran e meteran na cadea varios compañeiros\" Pero iso non era doado de conseguir, máis aínda ao \"veren que a reacción dos militares e das autoridades baixo as mans do exército era a de reprimir, e que non reparaban en nada.\" Foron moitos os que tiveron que escapar, polo tanto Foucellas \"ao ver que colleran e mataran a varios compañeiros, e tamén encarcearan a moitos, intentou quitarse das mans dos militares e autoridades que os perseguían; foi así como estivo anos e anos agachado\" Botarse ao monte Durante unha época, tanto Foucellas coma todos aqueles que loitaron contra o franquismo de forma activa tiveron que esconderse da Garda Civil, agocharse nos montes, nas casas de familiares, disfrazarse... Calquera escusa era boa para evitar ser collido. Despois de que seu pai tivese que fuxir, a primeira vez que María Josefa Andrade, filla de Benigno, viu a Foucellas foi na súa casa. \"Un día saín a xogar á rúa. Ao voltar á casa subín arriba e resulta que había un home na cama. Asusteime ao velo. Miña nai saíra, tivo unha sensación rara e deu a volta para voltar á casa, onde me atopou berrando. Díxome que aquel home era meu pai, pero eu non a cría, xa que estaba vestido de militar.\" \"Meu pai ía disfrazado de cura a ver xogar o Deportivo\", lembra a filla do Foucellas Era habitual en Foucellas disfrazarse para poder evitar ser capturado. A súa filla recorda que seu pai \"ía vestido de cura a ver xogar ao Deportivo.\" E tamén que a nai \"tivera un mozo que despois foi brigada do exército e pasáballe roupa militar.\" Luís Lamela indica que a \"esta xente á que non lle daban a oportunidade de sobrevivir na sociedade que se creara naquel entón, tiña que facer distintas accións para poder comer e poder vivir. Aínda que algunha vez estaban preto da casa e eran axudados por cadansúa familia.\" Polo tanto \"o réxime franquista intentaba illar todos aqueles guerrilleiros para que ninguén os puidese axudar e para poder cortarlle as ás. E eles, seguramente, delinquiron, a nivel social, roubando para poder vivir e poder comer, porque os perseguidores intentaban illalos da axuda familiar e dos amigos.\" \"Aos que loitaban chamábanlles bandoleiros ou atracadores, pero meu pai nunca tivo que roubar e ata o recordo en casa de cregos\" Sobre este particular, María Josefa Andrade recorda que \"daquela ao que loitaba chamábanlle bandoleiro, atracador… E meu pai nunca tivo que roubar, porque eu recordo ver a meu pai en casa de cregos, por exemplo.\" Cando María Josefa voltou de vivir en París, a onde marchou nos anos sesenta, conta que foi a xunta dun tenente da Garda Civil a levarlle agasallos de agradecemento, xa que lle axudara a seu pai a esconderse \"Houbo xente do Exército que fixo igual, recorda. Os bandoleiros Luís Lamela insiste en que \"os asasinatos que se lles atribúen comezaron a facelos eles cando se organizaron militarmente. Eles eran un exército irregular e loitaba contra os colaboradores de Franco. Trataban de facer sancións económicas para que puidese sobrevivir a organización que se creara no monte. E tamén para poder axudar os presos e as familias dos compañeiros que os franquistas mataban ou acosaban.\" O goberno da ditadura en ningún momento aceptou que existisen os maquis que tiveran que \"botarse ao monte\" pero Luís Lamela di que \"a xente sabía que había enfrontamentos armados no monte, roubos, asaltos, pois había que dicirlle que quen facía esos roubos non eran uns soldados da república que eran o que se consideraban eles, se non que eran uns bandoleiros, para desprestixialos, e que a xente non soubese de que alguén loitaba contra a falta de democracia en España.\" \"Usaban o seu nome para facer temer á poboación; era como un conto de nenos: 'que vén o Foucellas!\" Ambos os dous coinciden en que o nome do Foucellas, como di a súa filla, era usado para amedrentar a poboación. \"Chamábanlles bandoleiros para desacreditalos, non ían a dicir que eran políticos que loitaban contra Franco.\" \"Usaban o seu nome porque era o máis coñecido, do que contaban fazañas. Era un pouco un conto de nenos: 'que vén o Foucellas!\". Todos aqueles que estaban no monte pensaron nun plan B. \"Como se achegaba a fin da Guerra Mundial, que era favorable ás nacións aliadas, eles pensaron que demostrándolle aos gobernos europeos que en España había unha resistencia contra Franco, estes puidesen derrubar a Franco. E a esa loita Foucellas sumouse tamén, pero un dos motivos, coma outros moitos, era que non tiñan ningunha forma de sobrevivir.\" A supervivencia parecía a cada momento máis difícil \"porque á vez, a persecución que tiñan no monte cando estaban escapados era maior\". \"Intentaron defenderse contra aqueles que o perseguían e dicirlle ás nacións estranxeiras que os liberase\", conta Lamela. \"Pero todo aquilo fracasou\". Ao Foucellas fóronlle imputados ducias de delitos, moitos deles coincidentes no tempo e separados por quilómetros Durante ese tempo, desde o comezo da Guerra Civil ata a súa detención, ao Foucellas fóronlle imputados ducias de delitos, moitos deles coincidían no tempo e estaban producidos a moitos quilómetros un dos outros. Asaltos, atracos, asasinatos, atentados, emboscadas... Eran atribuídos ao Foucellas de forma case automática, sen demostrarse nunca se el estaba detrás deles. Anos despois, e antes de ser executado, el negou moitas acusacións, dando detalles incluso de quen os cometera ou onde estaba no momento no que aconteceran. En 1943, Benigno Andrade foi ferido fortuitamente. Recorda María Josefa que ao autodisparouse, montando a cabalo, coa súa arma nunha perna e estivo nun sanatorio da Coruña, chamado Los Chacartelles. Foi levado alí, en pleno centro da cidade e moi preto da Comisaría Xeral da Policía, porque pensaron os que lle axudaban que a ninguén se lle ocorrería ilo buscar a ese lugar. Foi hospitalizado baixo o nome de Juan Fernández. A Policía, sabedora da situación do Foucellas, buscouno sen cesar, pero nunca o atopou. Durante seis meses, agochouse na casa de Francisca Souto, curmá del, no barrio coruñés de Monelos. Foi durante este tempo cando acudía habitualmente a ver ao Deportivo, xa que tiña especial sensibilidade polo porteiro Juan Acuña. Detención e execución Xa ao principio dos 50 os exércitos comunistas que se mantiñan no monte estaban moi debilitados por mor da gran cantidade de baixas. O 9 de marzo do 1952, Benigno Andrade é detido e ferido nunha perna no lugar de Costa, en Oza dos Ríos, ao tempo que resultou morto Manolito e outro guerrilleiro, xunta ao garda civil Cesáreo Diez. Durante a súa detención foi torturado, ata que chegou a confesar que moitos gardas civís, militares, e alcaldes lle prestaran axuda durante os 16 anos que botou escapado. Foi xulgado en Consello de Guerra o 26 de Xuño e condenado a morte. O 7 de agosto dese mesmo ano foi executado mediante o garrote vil na prisión da Coruña e soterrado no cemiterio de San Amaro, nunha fosa común. Foi torturado até confesar que moitos gardas civís, militares e alcaldes lle prestaran axuda durante os 16 anos que estivo fuxido A súa filla recorda as últimas horas en vida do Foucellas: \"Antes de que o executaran, un ministro co cal tiñamos amigos en común (asegurou non recordar o seu nome, pero que era manco),díxonos que ían intentar que se atrasase a execución antes de que viñese Franco a pasar o verán ao pazo de Meirás, para que eu puidese irfalar con el\", lembra. \"Ese mesmo día estaba eu na casa da curmá de meu pai na Coruña e sobre as doce da noite chamaron á porta; eran dous da Policía armada. Leváronnos en coche á cárcere, polo camiño recolleron tamén a meu irmán. A estrada do cárcere estaba chea de gardas civís polos dous lados e o que menos pensabamos era que o ían executar; pensabamos que se escapara ou algo. Fixéronnos pasar a unha sala onde estaba meu pai sentado xunto ao xuíz de primeira instancia, o sacerdote e outras dúas personas máis. Daquela xa nos decatamos do que ía acontecer. Meu pai pediu un notario, foi a súa última vontade, e pediu que a nós nunca nos puxeran ningún impedimento para nada porque eramos inocentes e non tiñamos culpa de nada.\" Non foi até 1992 cando o Goberno aceptou recoñecer o Foucellas como loitador antifascistas ou guerrilleiro A primeira vez que un goberno aceptou chamarlle ao Foucellas loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi, como relata Luís Lamela na introducción do seu libro, no ano 1992 coa inauguración do Museo Militar da Coruña, onde se expón unha escopeta de Benigno Andrade. Para Luís Lamela, hoxe o Foucellas \"non é un mito, é unha realidade, é unha figura certa, un personaxe humano; todo o que se dixo del houbo que replantexalo na democracia porque era mentira; el foi un máis, tivo máis sona porque estivo moitos anos loitando e falaron máis del ca de outros, pero tamén os houbo máis importantes ca el.\" \"Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elexido\", dixo xusto antes de ser asasinado As últimas palabras aos seus fillos de Benigno antes de morrer foron: \"Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elexido. Eu non o verei, pero vós si, ogallá España puidese vivir en liberdade.\""}
{"ID": "NOS_44784", "summary": "O ex-alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa é o novo imputado pola xuiza Pilar de Lara na operación Manga, derivada da Pokémon. O que fora candidato do PP ás eleccións dimitira ao ser imputado por fraude fiscal. Aparece así no mesmo caso do que fora a súa man dereita Angel Espadas, agora na cadea.", "text": "O día 14 de febreiro, o Servizo de Vixiancia Aduaneira rexistrara durante catro horas o domicilio de Conde Roa en Compostela.O ex-alcalde da cidade non foi inmediatamente imputado mais xa se barallaba a posibilidade de que, nalgún momento fose chamado pola xuíza no caso que xa implicou un feixe de persoas vinculadas ao goberno municipal. A razón da imputación pode estar na relación co directivo de Aquagest, José Luís Mïguez, e co que fora a súa man dereita, Ángel Espadas, os dous na cadea. A trama que fixo abrir á xuiza Pilar de Lara a operación Manga, dentro da operación Pokemon, está a se dirixir ao que fora o núcleo duro do goberno municipal unha vez o PP gañara por moi poucos votos as eleccións municipais. Dous nomes albíscabanse entón como homes fortes do que sería o novo goberno, o cabeza de lista, Xerardo Conde Roa, e o que estaba chamado a o acompañar no número tres da lista, o seu home de confianza até entón, Angel Espadas, ariete bronco do anterior goberno do BNG-PSOE. Historia dunha traición Tanto un coma outro protagonizaran singulares episodios que evidenciaban a súa particular maneira de facer política. O máis sonado deles, a visita de Espadas coa concelleira Paula Prado, á festa do Campus Sur acompañada dos medios, para denunciar o botellón. Espadas medrou ao abeiro de Conde Roa, que o converteu na súa man dereita e con quen era fácil velos compartir tamén tempo de ocio. Diante da posibilidade de que o PP gañase as eleccións, prevíase que Espadas ocupase algunhas das carteiras máis fortes do goberno municipal mais ao ser collido durmido nun semáforo cun alto grao de alcol tivo que desistir de ir nas listas mais non desapareceu da esfera política compostelán. Deste episodio ven unha das acusacións que pesan sobre o alcalde Ángel Currás e o que fora concelleiro de Seguridade, denunciados xunto coa xefa de área de seguridade, Mar Hinojosa, por \"acoso laboral\" contra o xefe da policía municipal que elaborou o informe. Pasadas as eleccións municipais e con Conde Roa no goberno, Espadas voltaría a emerxer aínda con máis poder. Para el reservara o que fora o seu amigo a praza de xefe de gabinete con capacidade de director transversal. Repártense todas as áreas de goberno agás a de Festas que queda baixo a dirección dunha comisión sobre a que gobernaba Ángel Espadas e na que participou o empresario Suso Fuentes, tamén imputado, que trouxo da súa man a Santiago a Rafael Amargo ou a obra de teatro \"Ni contigo ni sin ti\" e na que colaboraba a empresa Aquagest como patrocinadora de eventos. O xerente da empresa, José Luís Míguez, está en prisión ao se negar a declarar. A perda de confianza de Conde Roa e Ángel Espadas vén despois de ter sido filtrada á imprensa as fortes débedas de Conde Roa con Facenda, acción que na contorna do entón alcalde sempre se sospeitou que viña do PP provincial, que tiña como principais peóns ao propio Ángel Espadas e Paula Prado. Conde Roa viuse na obriga de demitir, mais tivo aínda posibilidade de escoller o seu sucesor, un Currás que como primeira medida fixo desaparecer do goberno municipal a Ángel Espadas."}
{"ID": "NOS_40846", "summary": "O Produto Interior Bruto por persoa no noso país (20.400 euros) é un 8% inferior o da media do Estado español. Nuns sesenta municipios o seu PIB fica mesmo por baixo da metade da media galega (10.200 euros).", "text": "Dos 314 concellos existentes en Galiza só 44 superan en Produto Interior Bruto (PIB) por habitante a media galega, que é de 20.400 euros. Unha cantidade sensibelmente inferior, un 8,4% menos, que a media estatal, que foi de 22.279 euros en 2013. Un total de 270 municipios, logo, fican por baixo ou como moito igualan o PIB. Os dados apuntan a unha Galiza fendida: O PIB xerado en Vigo supera o de toda a provincia de Lugo, e o da Coruña a toda a de Ourense Segundo os dados do Instituto Galego de Estatística, hai por volta de 60 concellos onde o seu PIB por habitante é menos da metade da media galega, é dicir, por baixo dos 10.200 euros. Ter máis e ter menos Entre as comarcas con maior PIB por habitante estám na cabeza da listaxe, a do Eume, con 29.738 euros, un 46% por riba da media nacional. O sector no que esta comarca está especializado (en termos comparativos á economía galega) é o da enerxía, xestión de residuos e suministro de auga. En máis de 70 concellos o PIB por habitante é menor á metade da media galega A Mariña Occidental (29.680 euros por habitante) e Santiago (29.009) son as seguintes comarcas con mellores resultados entre os concellos no que atinxe o Produto Interior Bruto por habitante. No outro extremo están as comarcas de Allariz-Maceda, Verín e Os Ancares, as dúas primeiras en Ourense e a terceira en Lugo. Nestas tres zonas o PIB por habitante fica ben por baixo dos 13.000 euros. O principal sector coincide nestas 3 comarcas: o primario. Galiza, cousa de dous? Neste estudo do IGE O Produto Interior Bruto concéntrase en Vigo e A Coruña. Entre ambos os dous concellos suman o 24,4% do total do noso país. Vigo achega 7.424 millóns de euros polos 6.360 millóns de euros de A Coruña. O PIB xerado no concello de Vigo supera a todo o da provincia de Lugo e o que se xerou no concello de A Coruña supera a todo o rexistrado na provincia de Ourense."}
{"ID": "NOS_47094", "summary": "Kona, en Hawai, espera a triatleta Saleta Castro. Será a primeira galega en participar no Ironman máis prestixioso do mundo, unha proba que consta de 3,86 km. de natación; 180 km. de ciclismo e 42,2 km de carreira a pé. A piques de coller o avión cara a Hawai, onde competirán as 40 mellores triatletas desta modalidade, Saleta Castro atende Sermos Galiza para lle transmitir os momentos previos á proba na meca dos homes e mulleres de ferro.", "text": "Por que e cando decidiches iniciarte no Ironman? O meu primeiro Ironman foi en 2012, en Lanzarote, pero levaba dous anos facendo longa distancia. O meu soño sempre foi estar no Ironman de Hawai e sabía que canto antes empezase, antes o lograría. E decidinme primeiro por Lanzarote porque está considerado o segundo Ironman máis duro do mundo despois do de Hawai. Pode dicirse que Lanzarote é a túa segunda casa. Os meus adestramentos son a cabalo entre Galiza e Lanzarote. E claro que é a miña segunda casa. Estou encantada alí. Como lograches adaptarte a unha proba tan esixente como o Ironman? Sempre digo que a un Ironman unha nunca te acabas de afacer. Son distancias moi esixentes e a maratón non chegamos a adestrala nunca de verdade. Enfróntaste a ela o propio día da proba. Nun Ironman fas entre nove e dez horas de competición e no día a día adestras un máximo de sete horas e media. Son moitas horas e non acaba unha de se afacer. Levas o corpo ao límite e nunca sabes como vas reaccionar. \"Estou na mellor condición posíbel, pero hai que pensar que o Ironman de Kona non deixa de ser o máis duro do mundo e nel compiten as mellores\" Que esperas de Kona? O primeiro, desfrutar moito. Fixen un mes e medio de adestramentos moi bo e moi duro e, fisicamente, estou na mellor condición posíbel, pero hai que pensar que o Ironman de Kona non deixa de ser o máis duro do mundo e nel compiten as mellores. Quero disfrutar da proba ao máximo e, sobre todo, poder acabala. Como adestra unha deportista que compite en Ironman? Habitualmente, fago tres tipos de adestramento. Uns día percorro entre 180 e 200 km en bicicleta e, ás veces, ao chegar acompaño a rodaxe dunha transición curta de 6 quilómetros. Outros día nado 4 quilómetros, fago 80 en bici e outros 12 corro. E outros días nado 5 quilómetros e corro 32 quilómetros. Cales son as túas próximas aspiracións deportivas? Non penso moito no seguinte reto, só quero ir a Hawai e facelo o mellor posíbel. A partir de aí, verei como sae para preparar a seguinte temporada co obxectivo posto en volver e en mellorar o resultado. \"Parece que as persoas que competimos Ironman vivimos fóra do mundo, pero é posíbel facelo\" Es a primeira galega que consegue clasificarse para Kona. Como o vives? A primeira muller galega, porque xa foron previamente Javi Gómez Noya e Iván Raña, que tamén compite este ano. Para min é un orgullo ser pioneira nisto porque ademais son das poucas mulleres na Galiza que fan Ironman. Ademais, son a terceira a nivel estatal en conseguir clasificarme para Hawai e tamén son a máis nova na lista de saída. Tómoo con moitas ganas e moita ilusión por superarme. Parece que as persoas que competimos Ironman vivimos fóra do mundo, pero é posíbel facelo. De feito, gustaríame que máis mulleres seguisen os meus pasos. E que consellos lles darías ás persoas que queren iniciarse no mundo do tríatlon de longa distancia? Que non se fechen portas. Se cres en ti mesma, todo é posíbel. Iso si, requírese moito ánimo e é necesario que se intente de verdade. É unha experiencia realmente bonita."}
{"ID": "NOS_21438", "summary": "Se perguntassemos alguém pola língua dos nossos monarcas, dos monarcas históricos, não os de hoje, claro... Se perguntassemos, digo..., acho que muitos duvidariam quê responder. Como a pergunta nunca ou quase nunca foi formulada implicaria que a resposta está sujeita a certa dúvida ou incerteça.", "text": "Se perguntassemos alguém pola língua dos nossos monarcas, dos monarcas históricos, não os de hoje, claro... Se perguntassemos, digo..., acho que muitos duvidariam quê responder. Como a pergunta nunca ou quase nunca foi formulada implicaria que a resposta está sujeita a certa dúvida ou incerteça. De não ser assim dariamos por sobre-entendido – de facto é quase seguro que o damos- que o castelhano é o idioma usado... não é? Bom, pode que Afonso X, que escreveu cantigas no nosso idioma...o falasse mas... Ah! Também Afonso VII, nado em Caldas (de reis, ainda que não há outro rei de Caldas) que de menino fora educado por Fernão Peres de Traba na Galiza... Também deveria de falar. Desde logo de quem jamais esperariamos que falasse galego –eu quando menos–seria dum monarca tão castelhano (em realidade leonês) como Afonso VI. Esse Afonso que a tradição castelhana enfronta com o Cid a conta do juramento de não ter tomado parte na morte de Sancho, o seu irmão, e rei de Castela (o primeiro em exclussiva). O mesmo que ganhou Toledo, fingindo submetê-la por fome (1086), mediante pacto com o amir al-Qadir a quem concede, a troca, Valência. O rei que apressou e manteve nas cadeias (literalmente) o seu outro irmão, Garcia, rei da Galiza por breve tempo, preso por mais de 15 anos. O monarca que introduciu no reino Ocidental (que adoitam chamar Leão) a orde de Cluny. Em fim, Afonso VI quem destituiu o bispo de Compostela Diego Pais (Didacus Pelagis) por motivos escuros e o apresou e obrigou a se exiliar em Aragão. Um rei com muitas faces, as mais delas ignominiosas. Após tantos esforços, enganos e violências, chegou á idade adulta sem herdeiro varão. Foi home de seis mulheres (umas vezes legítimo outras sem legitimar) sem conseguir apenas descendência. A mais dela feminina (Urraca legítima, Teresa e Elvira, bastardas; Sancha e outra Elvira) e um único filho Sancho. De acreditarmos nas biografias do monarca, teria nascido por volta de 1040 ou 1045. No 1090 estaria nos 50-45 anos e não tinha outro herdeiro legítimo que Urraca e o seu conde Raimundo de Borgonha. No ano seguinte chegou a Toledo, procedente de Al-Andalus, a viúva do príncipe abbasi Al-Mamum, que governava Córdova em nome do seu pai, Al-Mu'Tamid de Sevilha. Zaida não vinha de mãos vazias, o seu \"dote\" incluía algumas vilas e castelos. Converteu-se na companheira do rei e da sua união nascerom duas filhas (Elvira e Sancha)e, um par de anos despois, o menino: Sancho. Zaida converteu-se ao cristianismo e adotou o nome de Isabel, assim puido desposar-se legalmente, ainda que nem todos os cronistas concordamquando aconteceu este feito. Bom, pode que Afonso X, que escreveu cantigas no nosso idioma...o falasse mas... O rapaz converteu-se no herdeiro do trono de Afonso. Tal vez não de todos os territórios. Galiza fora cedida a Raimundo de Borgonha e á sua descendencia. Portugal começava por aquel tempo um caminho em solitário, a se segregar ainda da Galiza, baixo a vara de Henrique de Borgonha. No ano 1108 com menos de 15 anos, Sancho estava á cabeça do reino de Toledo encomendado polo seu pai e partiu para deter o ataque das tropas almorábides sobre Uclés (na provincia atual de Cuenca). O encontro foi uma batalha em campo aberto que se saldou com uma desfeita dos cristãos. O proprio menino morreu, bem no mesmo combate, bem na fugida, defendido polo seu aio o conde Garcia Ordonhes. Morreram também outros seis condes e um número alto de cavaleiros. A impresão da nova no monarca,tirando informação doutras fontes, conta-no-laFrei Prudencio de Sandoval (1553-1620), bispo de Tui (1608-1612) e historiador, na sua obra Hª de los reyes de Castilla y León publicada em 1612.Di assim: «Los que escaparon de esta rota fuéron á llevar las tristes nuevas al Rey Don Alonso, que estaba en Toledo. Fuéle dolorosa y amarga, porque no tenia otro hijo, lloróle como un David á Absalon; y en la lengua que se usabadixo con dolor y lágrimas, que quebraba el corazón. Ay meufillo(repitiéndolo muchas veces), ay meufillo, alegría de mi corazón &lume dos meosollos, solaz de miñavellez; ay meuespello, en que yo me soya ver & con que tomaba moy gran pracer. Ay meu heredero mayor; caballeros hu me lo lexastes; dadme meufillo Condes. Estas palabras dicen que decía el Rey, y otras tales diria ?que la causa del dolor era grande; mirábanle los suyos confusos y vergonzosos y ninguno le hablaba. Y como repetia: dadme meu fillo Condes… Eis um facto surpreendente ou tal vez não tanto. Não cabe a menor dúvida sobre o idioma que o cronista põe na boca do monarca para o seu lamento pola morte do filho. Menos obvio é o motivo por quê um cronista castelhano (nado em Valhadolid ou Tordesilhas), da mais alta nobreza castelhana do tempo (meio-irmão do duque de Lerma) e duma época tão pouco amável para o nosso território e cultura se decidira em reproduzir o lamento real na lingua original (com a ortografia adaptada para a escrita do castelhano, evidentemente). Ainda é mais chocante ver o seu comentario sobre o idioma: ...en la lengua que se usaba...assumindo sem a menor dúvida ser esta língua habitual... Habitual de quem? Em que contextos? Obvio que os galegos (e portugueses ainda membros dum reino da Galiza sem retalhar) falavam a sua lingua. Tal vez o leonês de partes de Astúrias e Leão era muito mais similar ao nosso idioma antes de se castelhanizar tanto... mas que um monarca, castelhano entre os castelhanos, lamente a morte do seu filho na lingua do noroeste significa que era a lingua habitual do monarca e, muito provávelmente, da familia real. O galego não era um idioma reduzido ao seu território originário, senão que goçava dum prestígio suficiente como para ser usado polos monarcas Mesmo, se reparamos na cena, podemos apreciar que os mesmos nobres, de origem castelhana e servindo em Toledo, têm uma clara intelecção da queixa do seu rei. O galego não era um idioma reduzido ao seu território originário, senão que goçava dum prestígio suficiente como para ser usado polos monarcas ou, invertindo o argumento, era usado pola família real e isso o dotava dum prestígio considerável. E com todo isto a dar voltas na mente surge uma pergunta... tal vez mais de uma. Ei-la: Se é galego quem fala galego, era galego o monarca das tres religiões? Creio que a perspectiva da construção política da Península necessita duma revisão."}
{"ID": "NOS_43139", "summary": "Case 700 emendas dos grupos políticos chegaron á sesión do Congreso dos Deputados que onte e hoxe, cuarta feira 21 de xullo, debate e vota o ditame da comisión de reconstrución social e económica. O PP achegou posicións onte co PSOE, o que fixo a este afastarse das formacións que propiciaron a investidura de Pedro Sánchez.", "text": "O presidente da comisión para a reconstrución social e económica, o socialista Patxi López, presentou onte, terza feira 21 de xullo, as conclusións ás que chegaron os membros deste grupo de traballo. E fíxoo desde o atril do Congreso realizando un chamamento á unidade de todas as forzas políticas para \"paliar a crise\". Esta cuarta feira continúan na Cámara as votacións sobre os ditames dos catro grupos de traballo da reconstrución: políticas sociais, sanidade, reactivación económica e Unión Europa. Ningún deses textos logrou o apoio do PP cando se confeccionaron na comisión, mais onte os de Pablo Casado chegaron a acordos co PSOE en materia sanitaria, pactando a creación dunha Axencia Nacional de Saúde. Tamén Ciudadanos avanzou que acordara co PSOE unha emenda similar á do PP para crear esa axencia, un órgano que se encargaría de \"potenciar a coordinación\" do Estado cos sistemas de saúde autonómicos. Así o explicou o portavoz de Cs, Edmundo Bal, xusto despois de exixir a Pedro Sánchez que \"tomase o control da situación en Catalunya\" ante os rebrotes, ligando a nova medida acordada á recentralización e intervención de competencias autonómicas. Con todo, o PP dixo onte que seguiría estudando as propostas e que hoxe anunciarían o voto aos ditames. Así pois o Goberno non garantiu no pleno da terza o apoio da dereita, pese a perseguilo e deixar para iso atrás medidas progresistas como o imposto ás grandes fortunas. O BNG di 'non' e pide unha xestión pública da sanidade O deputado do BNG, Néstor Rego, defendeu o seu 'non' ao ditame da comisión ao esta non incorporar \"políticas transformadoras que eviten que a crise a paguen de novo as e os traballadores\" e por \"non asegurar\" unha xestión pública e de calidade da sanidade e dos servizos sociais. O BNG pediu a intervención pública de Alcoa, o dereito da Galiza a decidir sobre a súa economía, e lamentou que tanto PSOE como Podemos rexeitasen propostas como a xestión directa da sanidade pública, o imposto ás grandes fortunas, reducir o gasto militar ou recuperar o rescate bancario. Montero asegura que segue avante coa derrogación da reforma laboral O Goberno español reivindicou onte que seguirá avante coa súa \"folla de ruta\" e o seu \"calendario\" en relación á derrogación da reforma laboral do PP. Así o anunciou onte, ao finalizar o Consello de Ministras, a portavoz do Executivo, María Jesús Montero, que desvinculou tombar esa reforma das conversas no cumio da Unión Europea para o reparto dos fondos de reconstrución. A cuestión de que as axudas da UE estivesen condicionadas a non derrogar a lexislación laboral do PP non formaría parte da \"realidade das conversas\", dixo a ministra. Con todo, si sinalou a necesidade de \"adaptar\" o calendario do Goberno á situación sanitaria, deixando así a data da derrogación na indefinición. Montero tamén informou da aprobación no Consello Ministerial dun aumento de 22% das contías das bolsas para alumnado no novo curso 2020-2021."}
{"ID": "NOS_10860", "summary": "Todas as escolas infantís da Galiza, públicas e privadas, van ser gratuítas o vindeiro curso tanto para primoxénitos como para segundos e sucesivos irmáns. Un anuncio que o presidente, Alberto Núñez Feixoo, realizou o pasado outubro no Debate da Nación e sobre a que volveu esta quinta feira após o Consello da Xunta para se gabar de ser \"pioneiros\" en gratuidade. A medida pode beneficiar medio millar de escolas infantís privadas.", "text": "O Consello da Xunta desta quinta feira tivo sobre a mesa un informe no que se daba conta do investimento de 4,4 millóns de euros \"para mantemento e gratuidade das escolas infantís municipais\". Núñez Feixoo tivo aí o gancho para, na súa comparecencia após o Consello, incidir nos \"30 millóns de euros\" que van dedicar a financiar \"100%\" a gratuidade de todos os nenos e nenas de Educación infantil, até os tres anos, e non só segundos fillos e sucesivos, como até agora. Unha liña de axudas que se dirixen a todas as escolas infantís, tanto sexan públicas, concertadas, de interese social ou privadas. Isto implica, as escolas públicas dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (25 centros), as dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (147)e as 34 dependentes de entidades privadas de iniciativa social. Privadas A Xunta financiará 100% do que as escolas privadas cobran ás familias pola atención educativa até un máximo de 260 euros mensuais. No caso de que a matrícula do centro fose superior, a escola queda obrigada a baixar o prezo ou non poderá adherirse a esta medida. Con todo, desde a Consellaría de Política Social asegurou que no curso pasado adheríronse 496 das 500 escolas privadas que hai na Galiza. O anuncio de Núñez Feixoo xa xerou no seu día os parabéns da Asociación que aglutina boa parte deses centros, Agadei, que afirmou que a medida ía \"igualar máis\" o acceso ás escolas infantís de nenos en distintas situacións socioeconómicas, así como favorecer a \"liberdade de elección\" de centros. Moi distinta é a visión de sindicatos e entidades defensoras do ensino público. Desde a CIG criticouse que a medida inclúa subvención de prazas privadas ou concertadas \"no canto de aumentar as prazas públicas e mellorar a situación laboral do persoal destas escolas\". \"Precisamente o feito de que se estenda a gratuidade ás escolas privadas reflicte que non hai suficientes prazas públicas\", indicaba. CCOO, pola súa parte, apuntaba que \"a oferta pública de prazas é claramente insuficiente\". A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) considera que a gratuidade das escolas infantís \"é unha boa medida\", aínda que \"pensada máis para o ámbito urbano\". Lembra que, en xeral, \"faltan escolas para nenos de 0 a 3 anos\" e máis en zonas do rural. Financiamento Na súa comparecencia, o presidente tamén informou doutros temas relativos ao ensino e debatidos na reunión semanal do Consello, como a \"luz verde\" dada aos acordos que se asinarán con cada unha das tres universidades públicas galegas para a posta en marcha do Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026."}
{"ID": "NOS_22421", "summary": "Manifestacións no Kurdistán e en diversas partes do mundo no 23º aniversario da detención do líder do PKK.", "text": "O equipo legal do líder do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), Abdullah Öcalan, remitiu unha apelación urxente ao relator especial da ONU sobre a tortura para que actúe ante o seu illamento extremo na prisión turca en que está encerrado, segundo informou Medya News, portal de información kurda. Öcalan e outros tres presos kurdos levan 11 meses sen poder comunicarse cos seus avogados. A petición chegou coincidindo co aniversario, esta terza feira, da detención de Öcalan na capital de Quenia, Nairobi. O 15 de febreiro de 1999 foi apresado nun operativo conxunto dos servizos de intelixencia turco e estadounidense. O actual secretario de Estado dos Estados Unidos, Antony Blinken, daquela asesor do entón presidente Bill Clinton, recoñeceu en 2001 nunha entrevista en CNN que a extradición a Turquía se fixera a condición de que o líder do PKK tivese un xuízo xusto, como ─segundo defendeu na altura─ así foi. Máis de catro anos despois, en maio de 2005, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sentenciaba que no proceso xudicial a Öcalan se violaran varios tratados internacionais. Nomeadamente, o Tribunal de Estrasburgo salientaba que o líder do PKK fora tratado de forma inhumana na súa extradición ao cárcere de máxima seguridade de Imrali, ás aforas de Istambul, onde permanece en illamento desde hai 23 anos. \"Apo\" Öcalan (\"Tío\" Öcalan, en kurdo) é para Ankara un \"asasino\", ao que responsabiliza da morte de civís en ataques perpetrados polo PKK, organización que tanto Turquía, como a UE ou os EUA consideran \"terrorista\". Porén, os seus seguidores e unha importante parte da esquerda internacional cualifícano de \"Nelson Mandela kurdo\". Ilegalización e arrestos Así o fixeron saber esta feira nas manifestacións que, como cada ano, reclaman en diferentes puntos do mundo a súa liberación e denuncian a \"conspiración internacional\" que levou á súa detención. Desde Australia até Italia, pasando por Asia e América. Tamén as houbo en Turquía, organizadas polo prokurdo Partido Democrático dos Pobos (HDP), mais sen mencións directas a Öcalan. O HDP xa está inmerso nun proceso que pode acabar en ilegalización polas súas ligazóns co PKK. Na cidade turca de maioría kurda de Êlih (Batman, en turco), os concentrados portaron unha pancarta que pedía a \"fin do illamento\", \"abride as portas\" e \"falemos de paz\", segundo un vídeo publicado en Twitter. Nos días previos a esta xornada reivindicativa producíronse detencións por parte da Policía turca. A xornalista Zeynep Durgut, da axencia kurda Mezopotamya News, foi unha das arrestadas. Chamada telefónica O último contacto de Öcalan co mundo exterior produciuse o 25 de marzo de 2021. Foi de forma telefónica, nunha chamada con seu irmán que durou apenas cinco minutos até que foi cortada, segundo explicou ANHA, axencia kurda con sede no Rojava, o Kurdistán baixo soberanía siria. E a última xuntanza cos seus avogados foi o 7 de agosto de 2019. O 29 de novembro de 2021, as autoridades turcas impuxeron novas sancións contra el, vetando as reunións co equipo legal durante seis meses a partir do pasado 12 de outubro. Ademais, tamén estabeleceron un veto de tres meses ás visitas familiares desde o pasado 18 de agosto. Con todo, pasou case un ano desde aquel último contacto co exterior. Dereito internacional O Tribunal de Estrasburgo xa decretara en marzo de 2014 que Turquía violara os dereitos de Öcalan polas condicións inhumanas de confinamento solitario ás que está sometido desde a súa detención en 1999. O líder do PKK foi condenado a morte no seu xuízo, mais a sentenza foi posteriormente conmutada por cadea perpetua como parte das medidas exixidas por Bruxelas a Turquía para poder entrar na UE. O Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa tamén emitiu en 2018 un requirimento a Ankara para que permitise as visitas de familiares e de avogados aos presos kurdos en Imrali. Porén, a día de hoxe, as autoridades turcas continúan a conculcar o dereito internacional."}
{"ID": "PRAZA_2836", "summary": "Nas dúas maiores cidades de Galicia o desequilibrio é de 2,8 e 2,1 euros por cada hora traballada. A diferenza é menor en Ourense (0,8) e Lugo (0,6). A fenda de xénero é maior nas contratacións indefinidas (2,2) que nas temporais (1,2) e dispárase nos empregos a tempo parcial (2,9).", "text": "A diferenza no conxunto de Galicia é de 1,7 euros (8,8 fronte a 7,1), unha fenda que se fai maior nas cidades máis poboadas, nomeadamente A Coruña (2,8 euros de diferenza) e Vigo (2,1) O Instituto Galego de Estatística analiza no seu Estudo sobre Salarios, publicado este martes, distintas magnitudes e variables relacionadas cos soldos que os traballadores e traballadoras galegas reciben polo seu labor. E, ademais, ofrece -a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social- un desglose da información para as sete cidades do país. Nos datos podemos ver, entre outros elementos, as fendas de xénero que existen no salario percibido por homes e mulleres. A diferenza no conxunto de Galicia é de 1,7 euros (8,8 fronte a 7,1), unha fenda que se fai maior nas cidades máis poboadas, nomeadamente A Coruña (2,8 euros de diferenza) e Vigo (2,1). Aparecen a continuación Pontevedra (1,7), Ferrol (1,6) e Compostela (1,2). E, en cambio, a fenda é menor en Ourense (0,8) e Lugo (0,6). Analizando os datos polo miúdo, vemos que os salarios medios por hora son -como era esperable- maiores para aquelas persoas con contratos indefinidos e a tempo completo e máis reducidos nas modalidades temporais e a tempo parcial. Pero como afecta isto ás fendas de xénero? A diferenza salarial entre homes e mulleres é maior nas contratacións indefinidas (8,9 euros á hora fronte a 6,7) que nas temporais (7,5 fronte a 6,3). A fenda de xénero redúcese nas persoas que traballan a xornada completa (8,7 fronte a 7,5) e dispárase nos empregos con xornadas a tempo parcial (9,1 fronte a 6). A fenda de xénero dispárase nos empregos con xornadas a tempo parcial (9,1 fronte a 6) Analizando cidade por cidade, observamos que no caso dos contratos indefinidos as dinámicas son semellantes ás xa comentadas para o conxuntos dos asalariados e asalariadas. Aquí, a diferenza entre homes e mulleres chega a ser de 3,1 euros a hora na Coruña e de 2,5 en Pontevedra e Vigo, acadando os 2 euros en Compostela e os 1,8 en Ferrol. Nos contratos temporais atopamos algunhas sorpresas e unha gran variación dunha urbe á outra: a diferenza entre homes e mulleres é de 3,5 euros na Coruña e de 2,8 en Vigo. Pola contra, descende ata os 0,5 euros en Ourense e os 0,4 en Compostela. Ademais, desaparece en Pontevedra (homes e mulleres cobran o mesmo) e, de forma moi sorprendente, o IGE dinos que as mulleres con contratos tempostais cobran máis que os homes na mesma situación. Nos contratos temporais a diferenza entre homes e mulleres é de 3,5 euros na Coruña e de 2,8 en Vigo De igual xeito, mentres que nas xornadas a tempo completo, as diferenzas son relativamente estables nunha e noutra cidade, sendo superiores na Coruña (2,1 euros) e máis reducidas en Ourense e Lugo (0,3), as marxes son máis amplas nos empregos a tempo parcial. Tamén o é o desequilibrio salarial entre homes e mulleres: na Coruña hai unha diferenza de 4,7 euros por cada hora de traballo, de 3,9 en Vigo e de 2,9 en Ferrol. En Lugo é onde a fenda é menor: 0,9."}
{"ID": "QUEPASA_948", "summary": "Serxio Domínguez volve representar a candidatura do BNG de Cee. Un BNG que tratará de recuperar o peso político que en lexislaturas anteriores nesta nova selva política na que se ten convertido a vila da Xunqueira. Poucos se atreven a valorar o que pode pasar o domingo, pero mentres o pensamos, imos coñecendo a outro dos candidatos.", "text": "QPC: Todo un veterano de guerra, xa dende 2008 en política. Ademais secretario comarcal do BNG. Como se leva a conciliación laboral, familiar e política? Non é fácil, nada fácil. Traballo oito horas diarias a 25 quilómetros da casa, e teño dúas horas para comer. Na maioría dos días non me queda mais remedio que comer en unha hora e a outra adicarlla a política. Cando rematas a xornada sempre tes algo que facer na laboura de concelleiro, comisión informativas, plenos, reunións coa veciñanza… Se queres facer traballo político na rúa tes que sacrificar moito tempo libre, e quen as paga é a familia. No meu caso conto coa complicidade da miña parella que é quen de cubrir os ocos que eu deixo, mais tamén fago o posible e imposible para pasar o maior tempo posible coas miñas fillas, sobre todo na fin de semana, aínda que tamén as traballe. QPC: 7 candidaturas en Cee… Que che parece que haia tantas. Sen dúbida algunha é o síntoma claro de que non estamos errados no Bng cando decimos que Cee leva gobernado demasiado tempo polos mesmos, catro amigos que se van repartindo o poder pactando uns cos outros. Iso favorece que aparezan candidaturas de partidos novos. Por certo, as persoas que lideran eses proxectos estiveron ligados aos partidos que antes mencionei, o que tamén é, cando menos, de destacar. En calquera caso é a democracia e é o que toca. QPC: Está a cousa tan tensa como parece? A campaña é dura, claro que si, sobre todo porque hai quen espera aos quince días antes das elecións para traballar, durante catro anos non presentan unha soa iniciativa, exemplo claro do que digo son os catro representantes do Partido Popular. Entón a adrenalina disparase e a xente ponse nerviosa e tensa, e prodúcense casos de nerviosismo extremo. Pero todo pasa, o día 27 pasarán de novo ao letargo. QPC: A que aspira o BNG, despois dos discretos resultados de 2015? Consideras que é un momento importante para o BNG e que parte con grandes No 2015 conseguimos un concelleiro moi sobrado, a poucos votos do segundo. Viñamos dunha situación complicada, e os resultados, sen seren satisfactorios, foron os que esperabamos. Agora a realidade é diferente, levamos catro anos de intenso traballo na rúa, atendendo as demandas da veciñanza, reuníndonos con asociación e colectivos, levando a pleno mais de cen iniciativas, defendendo ao Cee no parlamento galego e europeo, etc… e iso nótase no ambiente, a xente acude a nos con mais asiduidade que antes. Todo isto fainos ser optimistas e a sair a por todas, a competir coas demais candidaturas sen nengún tipo de complexo. Imos coa firme intención de gañar estas elecións. QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, con ese ascenso do BNG, influirán nas do 26 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes? Cada cita electoral obedece a uns parámetros concretos e únicos. Nas locais, a xente vota as persoas e esquece algo mais as siglas. Con todo isto, decir tamén que o que pasou fai un mes pode influir, de feito o Bng subíu en case todos os concellos do país en diferentes porcentaxes. En Cee fomos o décimo concello onde mais subíu o Bng, tan só superado por concellos onde temos a alcaldía ou cogobernamos, coa salvidade de Arzúa que nos superou en unha décima. Todo isto nos fai pensar que o traballo local está a ser bó e a xente o sabe apreciar. QPC: Que che pareceu a negativa de Ramón Vigo e de Margarita Lamela a realizar un debate público? Pois unha falla de respeto a veciñanza e a democracia. Os representantes públicos debemos dar a cara e explicar as nosas intencións para catro anos, aceptar preguntas dos votantes, e incluso, por qué non, as críticas. Se queremos que Cee sexa un pobo que mire para arriba, debemos comezar por copiar o que se fai en otras vilas mais grandes como Carballo ou Ribeira, por nomear dous concellos mais ou menos cercanos nos que os candidatos e candidatas non tiveron problemas para dar a cara. QPC: Cales son as liñas principais do voso programa? É un programa amplo, porque as necesidades de Cee son tamén moitas, pero sobre todo é realista. Coa equipa de xente que me acompaña, toda ela honesta, honrada e traballadora, pretendemos dar un xiro ao rumbo de Cee. A creación de emprego é fundamental, non podemos pensar que isto non ten solución ou que é unha maldición biblíca. Pero antes de crear hai que manter, e é por iso que faremos o posible e imposible para que Ferroatlántica non leve a cabo a pretensión de pechar a fábrica de Cee, porque sen industria non hai futuro. Obrigaremos a Xunta a facer valer as concesión do río Xallas e a que o goberno do Psoe en Madrid aprobe unha tarifa eléctrica que permita que as empresas se queden e se asenten aquí. Ademais é imprescindible aprobar un PXOM no que non aparezan campos de golf para non perder chan urbanizable e no que a marxe esquerda da ría, onde están os terreos da antiga Sicar, sexan destinados a actividade industrial. Non podemos permitirnos, nunca mais, que empresas que aporten futuro a Cee se vaian porque catro amigos con intereses ocultos as boten fóra. O saneamento da ría tampouco pode esperar mais, é imprescindible que se fagan as obras necesarias que se recomendan no estudo feito no 2012, e no que están a facer neste intre con fondos europeos. En calquera caso, é hora de actuar por dúas razóns, a primeira por unha cuestión de saúde pública e a segunda porque cunha ría saneada pódense acadar 40 postos de traballo, que son moi necesarios. Queremos facer tamén que a xente baixe a Cee, agora mesmo polas malas políticas dos anteriores gobernos, queda nas grandes superficies de Toba, e para iso encheremos a casa de cultura de actividade e faremos da rúa de Arriba e da alameda unha zona outlet ao estilo Allariz. Ambas iniciativas encherán Cee de visitantes e con iso aumentará a actividade comercial e polo tanto os postos de traballo e as oportunidades de futuro. Destacar tamén o acrodo que temos coa deputación para convertir a antiga gardería do campo do Sacramento nun Centro de Día. QPC: A túa lista está formada por César Pérez, Belén Lestón, Manuel Ozón, Silvia Rodríguez, Pablo Álvarez, Paula Caamaño, Martín García, Belén Pérez, Jesús Bahamonde, Begoña Barral, Alfonso Mouzo, Leticia Domínguez e Andrés Fiuza.Cales son os puntos fortes do teu equipo? Todos, non ten puntos débiles. Verteranía e xuventude, ansia e ilusión, honestidade e honradez, pero sobre todo unas enormes gañas de cambiar o rumbo do noso Cee. Temos xente de moitos sectores, do ensino, da sanidade, da industria, do agro e da gandeiría, etc… xente moi cualificada e moi interesada neste proxecto político que propón o Bng. QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Cee para que se decantase pola túa candidatura? A xente acude ao Bng cando ten un problema, polo que é de xustiza que confíen en nós para que os gobernen. Este vindeiro domingo temos a oportunidade de dar un xiro ao temón do noso barco, antes que vaia contra as pedras. Confiar no Bng supón apostar pola modernidade fronte a candidaturas do pasado, por un modelo de xestión que trunfa en Allariz ou Carballo, que o temos aí ao lado. Queremos abrir un tempo novo en Cee, un tempo ilusionante, porque no Bng imos coas ideas claras. É o momento do Bng, non se van a arrepentir."}
{"ID": "PRAZA_292", "summary": "ENTREVISTA Hai unhas semanas o colectivo ecoloxista Coto do Frade, da comarca do Ribeiro, anunciaba a súa disolución despois de vinte anos de actividade. Falamos con Braulio Estévez sobre as razóns desta decisión e sobre a problemática medioambiental en Galicia.", "text": "O pasado 8 de xaneiro o colectivo ecoloxista Coto do Frade, da comarca do Ribeiro, anunciaba a súa disolución despois de vinte anos de actividade. \"Non é que non siga habendo problemas ecolóxicos, non\" -escribían- \"Non é por iso que pechamos o garito. Simplemente cansamos. Gañáronnos pola man. Nesta asociación hai anos que non existiu unha renovación real, quizais por toda a xente nova que tivo que emigrar, ou vai ti a saber por que\". \"Pero o certo é que cansamos de estar sempre as mesmas, facendo sempre o mesmo e que inda por riba se nos tildase de tolos ou de que tiñamos escuros intereses ou que nos enchiamos os petos de cartos. Esa si que era boa!\", engadían. Nas súas case dúas décadas de traballo a entidade realizou un importante labor, sobre todo na defensa dos ríos. Aí está, por exemplo, a súa denuncia do prexuízo provocado por Gas Natural Fenosa, a Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a través do encoro da Frieira. Ou o seu papel fundamental na mobilización social que en 2012 se organizou durante meses contra o proxecto de instalación dunha incineradora no Irixo ou nalgún outro punto do Ribeiro ou o Deza. Falamos con Braulio Estévez sobre as razóns que levaron á disolución de Coto do Frade e sobre diversos temas relacionados coa problemática medioambiental en Galicia. Cales son as razóns da disolución? Levabamos xa anos sendo as mesmas persoas na directiva, que é quen normalmente se encarga de levar adiante todas as propostas que se fan na asociación, sen que se unise máis xente de fóra ou que as propias socias aportasen algo máis neste sentido, aparte de pagar a cota e non preocuparse de moito máis e isto é un problema, dado que nós non somos Greenpeace. Somos, ou máis ben eramos, unha asociación que traballaba a nivel local, e que precisabamos da implicación da cidadanía e que se comprendese que non tiñamos ningún tipo de interese privado, senón que o facemos como unha forma de protección do noso territorio e da xente que nel vivimos. Isto levou a unha quemazón da xente que traballabamos decotío para que isto funcionase; sentímonos afastados da cidadanía e cun sentimento de illamento, o cal conduciu irremediablemente a disolución. \"Normalmente este tipo de movementos ten unha elevada presenza de xente nova pero aquí a xente nova ten que emigrar para poder ter un futuro máis ou menos decente\" Por que credes que non se produciu esta necesaria renovación na asociación e incorporación de novas persoas? Pensamos que é un problema con causas diversas. Normalmente este tipo de movementos ten unha elevada presenza de xente nova (algo que é un erro e do que podiamos falar amplamente aínda que agora non o fagamos por ser un tema demasiado extenso), pero aquí a xente nova ten que emigrar para poder ter un futuro máis ou menos decente, como queda patente nas ultimas estatísticas que vaticinan a zona do Ribeiro como a que máis poboación perderá na Galiza nos vindeiros anos. Tamén temos o problema da falta de conciencia ou sensibilidade da xente hoxe en día, unha especie de alienación global que nos fai a todos mirar cara a outro lado ante problemas que non sexan os de cada un, sen darse conta que os problemas ambientais en realidade nos afectan, ou afectaranos nun futuro, a todas e cada unha de nós. \"Que ninguén se leve a engano, os ríos son deles, non das galegas e galegos, senón destas grandes eléctricas que poden facer e desfacer ao seu antollo\" Nos case vinte anos de actividade de Coto do Frade, que iniciativas e traballo destacariades? Ben, a pesar do dito anteriormente, si que podemos destacar un aumento na conciencia ambiental da xente da zona. Hai que darse conta que por esta casa pasou moito xente, e que esta xente fixo un labor non só na asociación, senón tamén nas súas casas, coas amizades, veciñanza, etcétera. A nivel de puro traballo ecoloxista destacaría o tema do anguieiro de Frieira, que foi como naceu esta asociación, aínda que todo o traballo feito, que foi moito e moi diverso, non serviu de moito dado que as concesionarias das hidroeléctricas están practicamente blindadas. Que ninguén se leve a engano, os ríos son deles, non das galegas e galegos, senón destas grandes eléctricas que poden facer e desfacer ao seu antollo. Isto fixo que hoxe en día só quede un 1% da poboación de anguías, ou que o salmón desaparecese practicamente de todos os nosos ríos. Isto é moi grave, dado que estamos a falar de especies comerciais, porque as non comerciais, que teñen un papel importantísimo nos ecosistemas, desaparecen sen facer ruído. Isto último é crucial, xa que ao modificar algunha parte das pezas que compoñen o biotopo ou ecosistema propio dun lugar o resto das pezas, sen excepción, sofren as consecuencias. O resultado disto danos a noticia, para nós, máis importante do que levamos de século: a desaparición nos últimos corenta anos da metade de especies do planeta. Aí queda iso para quen queira pensar sobre elo. \"Foi moi revelador o tema do parque ambiental, cando non se sabía que facer co lixo da Galiza e pretenderon meter na nosa bisbarra a coñecida entón como planta sur. Os políticos enfrontaron a xente dun mesmo lugar só por interese partidista\" Sentistes nalgún momento que era duro ou difícil nos vosos concellos defender as vosas ideas? Por suposto. Xa falamos antes de que a xente hoxe en día mira cara a outro lado, pero peor que iso é cando te fan mirar para outro lado, ou que vexas o que antes non mirabas e nin te plantexabas. Para nós foi moi gracioso -e tamén moi revelador- o tema do parque ambiental, cando non se sabía que facer co lixo da Galiza e pretenderon meter na nosa bisbarra a coñecida entón como planta sur. Iso foi un lío moi grande no que os políticos enfrontaron a xente dun mesmo lugar só por interese partidista, e a pesar de dicir que foi gracioso tamén debemos dicir que foi noxento ollar esta manipulación. A pesar de que somos unha asociación apartidista, nós estivemos sempre no medio deste lío, pero non por motivos políticos, dado que a nosa posición sempre foi a mesma. Cales son os problemas medioambientais máis graves que debe enfrontar neste momento Galicia? En realidade son os mesmos que en practicamente todo o mundo. O único que quizais nos faga máis especiais sexa o tema dos incendios. O resto: o deficiente tratamento do lixo e a mentira da reciclaxe, a contaminación atmosférica derivada do uso indiscriminado de combustibles fósiles que entronca tamén coa mudanza climática, perda de biodiversidade, contaminación das augas e perda de recursos hídricos, modelos agrícolas e gandeiros baseados no emprego de pesticidas e químicos de síntese, …. e así poderíamos seguir até facer unha lista case interminable, dado que ademais non son problemas lineais senón que uns enlazan cos outros. \"Os problemas medioambientais non son propiedade exclusiva dun concello ou comarca ou zona en concreto\" E nas vosas comarcas e concellos de actuación? Volvemos repetir, en sociedades occidentalizadas como a nosa os problemas medioambientais non son propiedade exclusiva dun concello ou comarca ou zona en concreto. Si que lle podemos poñer nomes e apelidos, se queremos, dependendo do punto concreto do que esteamos a falar, o cal fai as loitas máis frutíferas, xa que podemos acoutalas, pero en realidade o problema deriva do xeito no que eliximos vivir. Seguiredes, a nivel individual, colaborando e traballando con colectivos e iniciativas en favor do medio ambiente? Xa cando anunciamos a nosa disolución houbo colectivos que se puxeron en contacto con nós para que canalizásemos, a través deles, as demandas ambientais da nosa bisbarra. Seguiremos loitando, por suposto, só que agora o faremos dun xeito distinto."}
{"ID": "NOS_8988", "summary": "Nun prazo de tres meses e segundo unha decisión adoptada en pleno.", "text": "O concello de Cedeira acordaba no pleno do pasado 2 de outubro iniciar o expediente para, no prazo de tres meses, retirar a Manuel Fraga e outros ministros franquistas as distincións de Fillos Adoptivos, concedidas na ditadura. A moción foi presentada polo BNG, tivo o apoio do PSOE, que ten alcaldía, e o voto en contra do PP, segundo informan desde 'Galiza pola República' Non é a primeira iniciativa aprobada neste concello xa que o pleno de marzo de 2020 aprobaba retirar o nome de a Manuel Fraga a unha das súas avenidas, inaugurada cando era ministro da ditadura, que pasa a chamarse Fraternidade. Neste pleno de Cedeira acordouse tamén retirar a distinción de Fillo Adoptivo a estes ministros da ditadura: Pedro Nieto Antúnez, Gonzalo Fernández de la Mora, Salvador Moreno Fernández e José Antonio Girón de Velasco, así como a Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, falanxista, gobernador civil da Coruña (1938-1939) e un dos promotores da Junta pro Pazo del Caudillo. Desde o Colectivo de Presas e Presos Políticos de Galiza na ditadura \"felicitamos a este concello e a outros que están a recoller a proposta que fixemos no manifesto 'Non queremos ' 'camarada fraga' como fillo adoptivo' promovido por 45 presas e apoiado por 64 historiadoras e 56 entidades de toda Galiza, para retirar a Manuel Fraga as distincións concedidas na ditadura. Así, os plenos de Ferrol de 25 abril de 2019 (votos a favor de Ferrol en Común, PSOE e BNG) e da Coruña, 6 de maio de 2019 (votos favor de Marea Atlántica, PSOE e BNG) aprobaban retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo. Hai concellos da Galiza manteñen rúas e distincións a ministros da ditadura: Santiago ten como Fillos Adoptivos a 20 ministros, 8 Ferrol, 7 Lugo, 4 Pontevedra; 7 a deputación da Coruña e 3 a deputación de Pontevedra."}
{"ID": "NOS_44659", "summary": "Vai ser xulgado esta cuarta feira após ser detido pola Garda Civil.", "text": "Luciano Méndez, profesor da Universidade de Compostela coñecido por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoiaba 'La Manada' e criticaba a vítima, foi detido esta segunda feira por un presunto delito de violencia machista. Vai ser xulgado esta cuarta feira. A detención produciuse por axentes do posto da Garda Civil de Brión, segundo informaron fontes consultadas por Europa Press. Segundo diversas fontes, tería tirado ao chan a súa parella. Non é o primeiro arresto de Luciano Méndez. En xuño do ano pasado xa foi detido por delitos de lesións e atentado á autoridade após agredir dous axentes da Policía Nacional nun altercado en relación co vehículo do profesor. No seu día, a USC abriu un expediente informativo a Luciano Méndez, quen, pola súa banda, reafirmouse nas súas declaracións de apoio a 'La Manada' en vídeos en redes sociais. O expediente informativo aberto pola USC foi remitido a Fiscalía para que investigase se das súas declaracións poden derivarse actuacións penais. Non se lle impuxo ao docente ningunha sanción, xa que as consideracións foron feitas nun marco privado. Luciano Méndez tamén foi obxectivo das críticas e denuncias do estudantado despois dos seus comentarios machistas sobre o escote dunha alumna. Varias concentracións pediron que non seguise a dar aulas na universidade."}
{"ID": "PRAZA_6001", "summary": "Cando falamos de Normalización entendemos que ese traballo hai que facelo nos primeiros anos de escolarización, mais eu creo que non debemos desbotar a importancia que teñen outros momentos do ensino. E non adoitamos pararnos neles. Pero son fundamentais e por iso tócame chamar a atención sobre a continua, progresiva e semella que imparable desgaleguización da Universidade.", "text": "A min fíxome galegofalante a Universidade. Non o ensino infantil nin a EXB nin o BUP. Foi na Universidade á que cheguei no ano 1984 con todos os meus prexuízos sobre o galego e a súa condición noxenta (\"de paduanos\" dicía un meu tío). Alí, para a miña sorpresa, a Ciencia falaba en galego. Señores que asinaban libros gordísimos, falábanme nas aulas en galego sempre. Non eran paduanos. Eran sabios, estudosos, científicos, investigadores, que o facían así e sen dar explicacións. Alí, para a miña sorpresa, a Ciencia falaba en galego. Señores que asinaban libros gordísimos, falábanme nas aulas en galego sempre. Non eran paduanos. Eran sabios, estudosos, científicos, investigadores, que o facían así e sen dar explicacións A min \"normalizáronme\" dende arriba. Cando falamos de Normalización entendemos que ese traballo hai que facelo nos primeiros anos de escolarización, mais eu creo que non debemos desbotar a importancia que teñen outros momentos do ensino Cando falamos de Normalización entendemos que ese traballo hai que facelo nos primeiros anos de escolarización, mais eu creo que non debemos desbotar a importancia que teñen outros momentos do ensino. E non adoitamos pararnos neles. Pero son fundamentais e por iso tócame chamar a atención sobre a continua, progresiva e semella que imparable desgaleguización da Universidade. Os estudos que analizan a presenza do galego indican que está a producirse unha alarmante caída no seu uso na docencia dende hai dez cursos académicos (a pesar de que os Estatutos da Universidade falan do galego como a lingua propia da USC). Concretamente, dende o curso 09-10 a caída foi de case que un 22 % e a proporción é 75 % castelán-25% galego. Por carreiras, nas de Ciencias da Saúde (onde hai máis alumnado!) é onde o galego está máis desaparecido. Algo mellor é a situación, pero tampouco aí o galego é maioritario, nas que adoitamos chamar de \"Humanidades\" (fonte: O Cartafol dixital, web da USC). Dende o curso 09-10 a caída foi de case que un 22 % e a proporción é 75% castelán-25% galego Coido que é moi importante que suliñemos isto que conto aquí. Porque como digo, cando falamos de mecanismos para a Normalización Lingüística, sempre se nos vai o pensamento aos primeiros instantes. E pensamos na música infantil en galego, e en asociar a lingua a algo lúdico e positivo (Campañas, Xeración Xabarín…xa sei todo iso), pero non adoitamos pararnos a reflexionar sobre o importantísimo papel que xoga, ou mellor dito, que debería xogar, a Academia, así, en maiúsculas e no senso máis grego da palabra. Se somos educados en galego, se facemos a primaria en galego e ata a ESO e Bacharelato (supoñendo que tal cousa puidese acontecer, que non), de nada serve chegar logo á Universidade, a ese sitio onde empezamos a Xogarnos as Patacas, onde empezamos a recibir a formación necesaria para Ser Algo Na Vida (imos imaxinar que xa non somos un país de emigrantes, como volvemos ser) non ten lóxica chegar aí, \"á parte seria\", digámolo así, para comprobar que no Templo da Sabedoría, na Casa da Ciencia, na Sapientísima Nai Protectora do Coñecemento, aí, do galego pásase. Trinta anos despois a situación é peor que cando eu entrei. E así, a Normalización, que tamén ten que ser asumida polos de arriba, queda para setembro Estou certo de que se a situación fose normal dende un punto de vista lingüístico, sería moito o alumnado que poderían (a)chegar(se) ao galego como me pasou a min. Porque os docentes encargados de me acompañar na carreira fixérono case que ao cento por cento en galego. As materias que aprendín. As conferencias. Os seminarios. As conversas con eles e con elas na cafetería da facultade. Foi todo en galego. Trinta anos despois a situación é peor que cando eu entrei. E así, a Normalización, que tamén ten que ser asumida polos de arriba, queda para setembro. Parecemos paduanos. Así que vai sendo hora de, para deixar de selo, esixirlle á Universidade que asuma a súa responsabilidade, tamén, na cuestión lingüística."}
{"ID": "NOS_31835", "summary": "\"Que se conseguiu realmente en 20 anos de guerras pos 11-S? Centos de miles de vidas e billóns de dólares despois, quen gañou? Quen perdeu, e a que prezo?\", pregúntanse desde o proxecto Cost of War, da Universidade Brown. O informe que acaban de publicar cuantifica o efecto que tivo, ten e terá este \"conflito eterno\".", "text": "Arredor dun millón de vidas e oito billóns de dólares gastados. É o balance deixado pola \"guerra contra o terro\" emprendida por Estados Unidos como represalia aos ataques do 11 de setembro de 2001. Son datos recompilados polo proxecto Costs of War (\"Custos da Guerra\") da Universidade Brown, un dos oito prestixiosos centros educativos estadounidenses da coñecida como Ivy League. Con motivo dos 20º aniversario daquel ataque sobre Nova York e Washington contra obxectivos civís e militares, Costs of War fixo público onte un informe que cuantifica o impacto humano e económico das operacións militares posteriores ao 11-S. Nomeadamente, no Iraq, en Siria, no Paquistán, en Somalia e noutros territorios onde os EUA tivo algún tipo de intervención armada. \"Fin dunha era\" Tamén, por suposto, no Afganistán. A saída esta semana das tropas estadounidenses do país centroasiático é un punto á parte nesta \"guerra contra o terrorismo\" declarada inicialmente polo expresidente George W. Bush. O actual inquilino da Casa Branca, Joe Biden, asegurou nas últimas horas que sería un punto e final. Punto e final ao intervencionismo. \"Esta decisión sobre Afganistán non ten que ver só co Afganistán. Ten que ver coa fin dunha era de grandes operacións militares para a reconstrución doutros países\", sinalou nunha conferencia de prensa convocada para explicar os acontecementos das últimas dúas semanas, tras as críticas da oposición ─o Partido Republicano─ e de membros do seu propio partido ─o Demócrata─. \"Despois de 20 anos de guerra no Afganistán, négome a enviar outra xeración dos fillos e das fillas dos EUA a pelexaren nunha guerra que debería ter finalizado hai moito tempo\", manifestou. A invasión de 2001 logrou que o país deixase de ser refuxio de organizacións inimigas dos EUA como Al Qaeda, responsábel dos ataques do 11-S. Tamén finalizou co lustro de Goberno talibán (1996-2001), en que opositores aos fundamentalistas islámicos e especialmente as mulleres e as minorías étnicas e relixiosas foron duramente oprimidas, cando non exterminadas. Porén, en setembro de 2021 os talibán controlan máis territorio do que controlaban en setembro de 2001. A bolsa e a vida O informe de Costs of War recolle esa peaxe de vidas e de diñeiros cobrada en terras afgás e noutros países de Asia Central, Oriente Próximo ou África durante as coñecidas como \"guerras eternas\". Os datos recompilados até o pasado mes de agosto, con base a informacións oficiais e xornalísticas, abranguen desde outubro de 2001, no caso do Afganistán e do Paquistán; desde marzo de 2003, no do Iraq; desde setembro de 2014, no de Siria; ou desde outubro de 2002, no do Iemen. Economicamente, o orzamento destinado polo Goberno dos EUA ascende a algo máis de 8,05 billóns de dólares, do que boa parte (1,1) corresponde a pagar intereses por préstamos, e outra maior (2,2) ao gasto estimado para o ano 2050 en coidados físicos e psicolóxicos dos veteranos de guerra. Por países, inclúense 2,3 billóns gastados en operacións militares en Afganistán e Paquistán; 2,1 billóns en Iraq e Siria; e 355 millóns en Somalia e noutras rexións de África. Humanamente, o balance é de entre 897.000 e 929.000 persoas falecidas nestes 20 anos, entre militares estadounidenses e de países aliados, forzas de seguridade, milicianos, traballadores de ONG, xornalistas e poboación civil. A cidadanía de a pé é a que máis sangue leva derramado, con polo menos 363.000 mortes. O cálculo de vidas perdidas é controvertido; algúns estudos situaban a cifra por riba do millón de persoas hai xa varios anos. O equipo investigador de Costs of War Project recoñece que as súas estimacións son conservadoras. Ademais, lembran que os seus estudos se centran nos falecementos provocados directamente pola violencia bélica, e non inclúen \"as mortes indirectas, nomeadamente aquelas causadas pola falta de alimentos, de auga e de infraestruturas, ou por enfermidades relacionadas coa guerra\". O número de persoas refuxiadas e solicitantes de asilo desde 2001 chega a 38 millóns, sendo o Iraq (9,2), Siria (7,1) e o Afganistán (5,9) os países con maior número de desprazados pola guerra. Quen gañou? Guerra que ademais, segundo apunta o informe, \"estivo acompañada por violacións dos dereitos humanos e das liberdades civís dentro dos EUA e no estranxeiro\". Guerra que ademais provocou a desestabilización de Oriente Próximo; que viu nacer neste tempo grupos extremistas antes inexistentes como Estado Islámico, fillo do conflito iraquí e responsábel filialmente do ataque suicida da semana pasada no aeroporto de Kabul. \"Que se conseguiu realmente en 20 anos de guerras pos 11-S? Centos de miles de vidas e billóns de dólares despois, quen gañou? Quen perdeu, e a que prezo?\", sinalou Stephanie Savell, codirectora do proxecto Costs of War, nun comunicado acompañando o informe. \"Dentro de 20 anos, aínda estaremos contabilizando os altos custos sociais das guerras no Afganistán e no Iraq, moito despois de as forzas dos EUA teren marchado\". Actualmente, o país norteamericano ten en marcha diversas operacións antiterroristas en 85 países do mundo."}
{"ID": "PRAZA_11675", "summary": "As memorias céntranse en xustificar a xestión das crises económica e catalá, pero tamén ofrecen a súa opinión sobre feitos previos relacionados con Galicia, desde a censura contra Albor ata o Prestige, no que non ve \"nin un só motivo\" de crítica", "text": "As memorias céntranse en xustificar a xestión das crises económica e catalá, pero tamén ofrecen a súa opinión sobre feitos previos relacionados con Galicia, desde a censura contra Albor ata o 'Prestige', no que non ve \"nin un só motivo\" de críticaUna España mejor, o libro co que Mariano Rajoy dá a súa visión da súa labor de goberno nos últimos anos, céntrase en xustificar a súa xestión das crises económica e catalá, pero tamén ofrece a súa opinión sobre algúns feitos previos relacionados con Galicia que marcaron a súa traxectoria política, desde a moción de censura contra Albor ata o Prestige, en cuxa xestión non ve \"nin un só motivo\" de crítica. Presentado o pasado luns en Santiago, repasamos as principais referencias a Galicia no libro de Rajoy.Se no libro de Pedro Sánchez, Manual de resistencia, presentado a comezos de ano, o principal protagonismo da terra foi o inoportuno para o seu autor da data das autonómicas de 2016, presentadas como \"outro obstáculo\" para a gobernabilidade de España, no libro de Rajoy Galicia tampouco é o cerne da obra, pero aparece bastante máis na longa introdución do que foi a súa carreira política ata a súa chegada á presidencia do Goberno central en decembro de 2011 tras unha vitoria electoral que considera \"o recoñecemento a toda unha vida dedicada á política\". \"É indubidable que non cheguei á Presidencia do Goberno en 2011 por casualidade; probablemente a miña carreira política fose a máis extensa que tivo calquera Presidente do Goberno de España neste período democrático\", di Rajoy, para a continuación lembrar os seus comezos na política local pontevedresa. Do seu paso pola presidencia da Deputación, Rajoy lembra como exemplo de como calquera político en calquera posto pode \"facer cousas útiles pola sociedade\" a rehabilitación do castelo de Soutomaior, onde posteriormente o PP inauguraría durante anos cada setembro o curso político ata que \"a chegada ao Goberno da Deputación do Partido Socialista trouxo consigo que tiveramos que abandonar aquela contorna para nós tan querida\". Do comezo da súa carreira nos anos 80 Rajoy salienta como clave para a consolidación do PP en Galicia a integración nas súas listas en 1983 dunha \"maioría de alcaldes da UCD\" e lamenta a imposición de candidatos desde MadridUnha época como político local da que Rajoy salienta como clave para a consolidación do PP en Galicia a integración nas súas listas en 1983 dunha \"maioría de alcaldes da UCD\". \"Se non o fixésemos, as cousas non terían ido así, e a miña carreira política sería doutra maneira. Non sabemos cal\", valora. Igualmente, algo máis adiante lembra que sufriu nas súas \"propias carnes o tortuoso proceso para a elaboración das listas electorais da Coalición Popular, polo demais unha idea moi respectable, e a arrogancia con que se nos tratou naquel momento aos dirixentes territoriais do partido\", aos que, di, se lles \"impuxeron\" candidatos \"con escasos méritos\" por parte \"dese concepto abstracto e indeterminado que se chama 'Génova, 13'\", en referencia á sede central do partido en Madrid.\"Colaborar na construción da autonomía galega, ademais de constituír unha íntima reivindicación da figura do meu avó, axudoume a valorar máis as virtudes do modelo de Estado que consagra a nosa Constitución\"Na súa \"vocación non planificada\" Rajoy di que \"algo influíu a lembranza do meu avó, Enrique Rajoy Leloup, concelleiro en Santiago e artífice principal, xunto con Alexandre Bóveda, da redacción do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia alá polo ano 1936\". Pero a continuación matiza que tanto o seu avó, represaliado, como o seu pai nunca falaron moito daqueles feitos, polo que \"non se lles pode acusar nin a un nin a outro de alimentar o meu interese pola actividade política\". Porén, ao seu avó volve cando lembra o seu paso pola política autonómica, como deputado primeiro en 1981 e como vicepresidente do goberno de Albor en 1986. Da primeira etapa salienta que \"asistir e participar naqueles plenos, cando tiña vinteseis anos, foi para min unha escola de política e de parlamentarismo do bo, absolutamente inesquecible e que me marcaría para o futuro\". E engade: \"Colaborar na construción da autonomía galega, ademais de constituír unha íntima reivindicación da figura do meu avó, axudoume a valorar máis as virtudes do modelo de Estado que consagra a nosa Constitución\".Rajoy considera \"escasamente edificante\" a moción de censura que apartou a Albor, do que era vicepresidente, pero rehabilita a figura do seu impulsor, Barreiro RivasDa súa segunda etapa autonómica, como vicepresidente de Albor, Rajoy mesmo chancea coa moción de censura que en 1987 os apartou da Xunta. \"Fixen un maxisterio en peripecias políticas do máis accidentadas, incluída unha moción de censura que me enviou de volta ao rexistro da propiedade de Santa Pola. Curiosamente, moitos anos máis tarde, outra moción de censura me enviaría de novo a Santa Pola\", di. Daquela censura, tras eloxiar a Albor como \"un galeguista convencido, un home que traballou pola concordia e o consenso\", Rajoy di que, ao igual que a que o apartou do Goberno en xuño do ano pasado, foi \"lexítima\" pero \"escasamente edificante\". Asegura que ningunha das dúas estivo xustificada nin polo interese xeral \"nin pola vontade dos votantes\", pero a continuación rehabilita a figura do home clave daquela operación, o seu antecesor como vicepresidente José Luis Barreiro Rivas, que abandonou a Albor para pasar a apoiar ao socialista González Laxe. Tras cualificar como \"reconfortante\" a aperta que Barreiro e Albor se deron hai uns anos na entrega dun premio, Rajoy salienta que \"hoxe, José Luis Barreiro escribe nas páxinas de La Voz de Galicia -desde a súa ben gañada independencia- unha das columnas que analiza os avatares da política nacional con maior brillantez e agudeza\". Nada di Rajoy no libro da condena por prevaricación de Barreiro Rivas.Sobre o 'Prestige' di que se o foco se puxo nos 'hilillos de plastilina' foi porque \"no fundamental, isto é, na xestión da crise e as axudas aos afectados, non houbo nin un só motivo para a censura\"O outro gran momento que Rajoy dedica a Galicia nesa longa introdución que é a primeira parte do libro previa á súa presidencia do Goberno aparece cando lembra a crise do Prestige \"cuxos hilillos de plastilina acompañáronme ao longo da miña carreira política\". Segundo a súa \"modesta (e admito que pouco obxectiva) opinión [...] no fundamental, isto é, na xestión da crise e as axudas aos afectados, non houbo nin un só motivo para a censura\".\"Algúns puxéronse dos nervios\", di Rajoy da vitoria do PP en Muxía tras o afundimento do 'Prestige'Naquela crise, que tivo que xestionar como vicepresidente de Aznar, Rajoy salienta que viu \"a cara máis perversa da política, aquela que sen o menor escrúpulo é quen de empregarse a fondo para obter rendementos electorais das desgrazas ou as catástrofes\". Sen identificar a ninguén, pero incluíndo tamén a algúns medios de comunicación, Rajoy engade que esa actitude \"non sempre rende os resultados agardados\" e lembra que pouco despois o PP foi quen de gañar as eleccións municipais en Muxía con maioría absoluta. \"Algúns puxéronse dos nervios\", conclúe.Noutra referencia xenérica aos medios de comunicación, Rajoy tamén di no seu libro que respecta a súa independencia. \"Nin mangoneei nin compadreei, porque a experiencia ensinoume que, á larga, ambas condutas resultan inútiles. Non subordineei nin a miña estratexia nin as miñas decisións ao ditado dos medios de comunicación, pero tampouco os enganei nin os intentei intoxicar\", di, malia que ese tipo de actuacións si estiveron presentes en diversos departamentos do seu Goberno.Rajoy dedica palabras de eloxio a Albor, Fraga, Romay e Pastor, pero a referencia a Feijóo é secundariaAdemais dos seus comezos na política e a crise do Prestige, Rajoy tamén dedica no seu libro palabras de valoración de diversos políticos galegos cos que tratou. Ademais da antedita mención especial que dedica a Albor, Rajoy di de Fraga que foi \"Ministro e Vicepresidente do Goberno de España\" pero sen referirse ao franquismo e engade que posteriormente \"fixo que Galicia vivira unha das mellores etapas da súa historia\" ademais de considerar como \"un dos máis destacados\" dos seus \"servizos a España\" a creación do PP en 1989. Sobre Romay Beccaría, di que é, ademais dun político dun \"gran nivel\", \"unha persoa elegante e de vasta cultura, que foi un brillante ministro de Sanidade\". Pero as súas verbas máis persoais para un político galego son as que dirixe a Ana Pastor: \"É a miña amiga desde hai anos, por eso nada me agrada máis que comprobar os eloxios que suscita a súa xestión nos variados cargos que lle tocou desempeñar ao longo da súa carreira. Sempre consegue mellorarse a si mesma, algo do que moi pouca xente pode presumir e que a min me causa sincera admiración\". Malia a antedita reflexión acerca do comportamento dalgúns políticos e medios nas catástrofes, e a que viviu de preto xunto con Pastor, cando ela era a súa ministra de Fomento, o accidente do Alvia en Angrois en 2013, nada di Rajoy no libro dese momento nin da xestión posterior do mesmo por parte da súa amiga.Fronte a esas valoracións doutros políticos, os dous únicos recoñecementos que fai Rajoy en todo o libro a Feijóo son mínimos. Cando fala das críticas internas que tivo xusto antes do congreso do seu partido en Valencia en 2008 no que foi reelixido á súa fronte, Rajoy salienta \"o apoio de numerosos dirixentes territoriais que confiaron en min e apostaron pola miña continuidade: Javier Arenas e Paco Camps, que se envorcaron no meu apoio, pero tamén moitos outros como Juan Vicente Herrera, Alberto Núñez Feijóo, Pedro Sanz ou Ramón Luis Valcárcel estiveron comigo\". A outra única referencia a Feijóo é para citar a súa segunda vitoria electoral de 2012 e como tras ela o seu Goberno non pediu o rescate económico de España, como di que se sospeitaba que estaba a agardar á espera de que pasasen os comicios. A falta de protagonismo no libro, Feijóo foi o encargado o pasado luns de presentar a obra en Santiago, facendo así as veces da xornalista Mercedes Milá que presentara a comezos de ano en Madrid o libro de Pedro Sánchez.\"Se tivera que seleccionar unha das medidas do meu Goberno das que máis satisfeito me sinto citaría sen dubidar a reforma laboral\"Sobre a cuestión do rescate ou non de España, e a xustificación das súas políticas económicas, centra Rajoy o núcleo central do seu libro: \"Non deixa de ser paradoxal que un Presidente de Goberno do Partido Popular se vira obrigado a acometer unha suba de impostos, nacionalizar boa parte do sistema financeiro do seu país e montar unha operación de endebedamento público para evitar a quebra dalgunha comunidade autónoma. Non está mal para Don Tancredo!\", resume. E engade que \"se tivera que seleccionar unha das medidas do meu Goberno das que máis satisfeito me sinto citaría sen dubidar a reforma laboral\".A parte final do libro dedícaa Rajoy a defenderse da moción de censura que apartou do Goberno tras ser condenado o PP por corrupción e a xustificar a súa actuación fronte ao nacionalismo catalán. Sobre a primeira, distánciase da mesma e limítase a dicir que \"nalgún caso equivoqueime defendendo a persoas que sinceramente cría inocentes, e lamento non poder axudar máis a outras que si o era e que pasaron un auténtico calvario ata que resultaron exoneradas\".Sobre o problema territorial Rajoy defínese \"conservador no mellor sentido da palabra: non me nego aos cambios pero si aos saltos no vacío\"Sobre o problema territorial, Rajoy di que nunca se negou a unha reforma constitucional, pero só sabendo \"que se quere facer, como se vai facer e contar xa cun amplo consenso para levalo a cabo\". \"Asumo que este é un plantexamento conservador, pero eu son un conservador no mellor sentido da palabra: non me nego aos cambios pero si aos saltos no vacío\", conclúe."}
{"ID": "NOS_42361", "summary": "Ambas as As entidades destacan a colaboración para pór en valor a profesión", "text": "A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) vén de incorporarse ao Clúster Audiovisual Galego como socia colaboradora. Esta adhesión é froito do convenio asinado entre ambas as entidades co obxectivo de unir esforzos e estreitar as súas relacións, intercambiar coñecementos e realizar actividades destinadas á promoción e difusión do sector e á posta en valor das e dos profesionais galegos. Así, esta colaboración xorde do interese común por desenvolver actividades que sirvan para impulsar especialmente o traballo de guión dentro do sector audiovisual galego en xeral. A incorporación de AGAG enmárcase na liña de actuación que vén desenvolvendo o Clúster nos últimos anos para lograr a cooperación e a integración de empresas e entidades pertencentes á cadea de valor do sector e dos contidos dixitais, co gallo de \"mellorar a súa competitividade\", destaca a organización. Asociación de guionistas A AGAG é unha asociación profesional sen ánimo de lucro fundada en 1997, que ten como principal fin a defensa dos intereses das e dos guionistas do sector audiovisual na Galiza. Persegue, de tal maneira, a representación, defensa e promoción dos intereses comúns das persoas afiliadas no eido laboral, profesional, social, económico e cultural, así como dos intereses xerais da profesión fronte ás Administracións, institucións, empresas e outros colectivos de ámbito galego, mais tamén estatal e internacional. Entre os cometidos da AGAG destaca tamén a difusión da profesión, a organización de actividades formativas e culturais, ou o fomento da solidariedade das persoas integrantes creando servizos de natureza asistencial."}
{"ID": "NOS_33054", "summary": "Un todoterreo fuxe tras atropelar a un ciclista. O accidente afectará nas vidas de dúas familias: a do millonario Giovanni Bernaschi (Fabrizio Gifuni) e maila de Dino Ossola (Fabrizio Bentivoglio), un axente inmobiliario afogado pola crise.", "text": "Hai quen compara O Capital Humano con Morte dun Ciclista de Juan Antonio Bardem. Si, morre un ciclista e hai unha profunda crítica do comportamento burgués. Pero ate aquí as semellanzas. A película de Paolo Virzi está contada en catro capítulos. Os tres primeiros coinciden cos nomes de tres das personaxes claves da historia: Dino, Carla e Serena. Dino é un axente inmobiliario con gañas de dar o pelotazo e ascender de status social. Ve unha enorme oportunidade na súa filla Serena, que ten por namorado ao fillo do multimillonario Giovanni Bernaschi. Con esta escusa trata de achegarse e facerse amigo para investir uns cartiños (700.000€) nos negocios de Giova e así obter unha alta rendibilidade. O segundo capítulo está enfocado en Carla, a esposa de Giovanni. Unha muller insegura, rica e consentida xenialmente interpretada pola actríz e directora Valeria Bruni Tedeschi (Viva a Liberdade, Un Castelo en Italia), que herda, non por casualidade, o nome da súa irmá para encarnar o rol dunha nai profundamente conflitiva que loita entre o amor, a familia e as obrigas. Un elegante retrato cheo de matices que lle valeu o Premio á Mellor Actriz no pasado Festival de Tribeca. Centos de capas de forza e fraxilidade que se poden gozar -mellor- na versión orixinal. O minúsculo fío de voz, entre cohibido e áfono, acompañado pola portentosa presenza de Valeria Bruni Tedeschi é un espectáculo en si mesmo. Mágoa haber tan poucas opcións para escoitala en versión orixinal; máis habendo poucas... habelas hainas. O terceiro episodio é o de Serena, a filla de Dino. Nesta parte as pezas empezan a encaixar para conducirnos a un capítulo final onde se desvela todo o misterio do atropelo. Os tres capítulos narran os mesmos acontecementos pero desde diferentes puntos de vista tirando do efecto Rashomon para contan os seis meses previos ao accidente. O Capital Humano desenrólase en tempos previos da, tristemente famosa, crise mundial. Un tempo histórico-recente bastante frecuentado no cinema nos últimos tempos. Sen ir máis lonxe Alfonso Zarauza plasmou á perfección n'Os Fenómenos a crise desde o punto de vista da clase obreira. Por troques, Virzi céntrase no enfrontamento social das clases altas contra aquelas que queren chegar a selo. Unha sociedade onde imperan as aparencias, o \"que dirán\", a loita de clases, o nepotismo, os estereotipos, os intereses creados e, claro... os cartos. Gran elenco no que, aparte de Bruni Tedeschi, destacan Fabricio Bentivoglio (A Eternidade e Un Día), enorme bufón con ínfulas de grandeza, e tamén Matilde Gioli, que para ser o seu debut no cinema, apunta ben alto. Grande futuro ten a rapaza. O guión funciona coma un reloxo ate o cuarto, e derradeiro, capítulo. Se ven se desvela todo o misterio o interese decae un pouco con respecto aos tres previos. Pero isto por poñerlle algún \"pero\" e só por comparación, xa que o certo é que os tres primeiros episodios xogan a un nivel enorme. En conxunto, unha brillante traxicomedia á italiana. Título orixinal: Il capitale umano Ano: 2013 Duración: 111 min. Coprodución: Italia-Francia Directora: Paolo Virzi Guión: Francesco Bruni, Francesco Piccolo e Paolo Virzi Fotografía: Jérôme Alméras e Simon Beaufils Música: Carlo Virzi Elenco: Valeria Bruni Tedeschi, Fabrizio Bentivoglio, Fabrizio Gifuni, Matilde Gioli, Valeria Golino, Luigi Lo Cascio, Giovanni Anzaldo, Silvia Cohen, Gigio Alberti"}
{"ID": "PRAZA_6979", "summary": "Un idioma propio é un modelo produtivo propio, e a solución debe ser apoialos e melloralos, non substituílos por outros de fóra que xamais se adaptarán tan ben, porque non hai mellor forma de expresarse que o idioma materno, e non hai mellor forma de vivir que cun modelo económico propio, que atende ás particularidades propias da xente, da terra e do país.", "text": "Pode parecer nos tempos que estamos a vivir, que a cuestión idiomática é algo superfluo, secundario, ata de señoritos, preocuparse polo idioma tendo na man os indicadores de pobreza, desnutrición infantil, exclusión social, desemprego... En cifras alarmantes. Máis é algo que está moito máis relacionado con todo iso do que poderíamos pensar nun primeiro momento. É unha cuestión política ligada ó noso modelo produtivo económico e social. Pode parecer nos tempos que estamos a vivir, que a cuestión idiomática é algo superfluo, secundario, ata de señoritos, preocuparse polo idioma tendo na man os indicadores de pobreza, desnutrición infantil, exclusión social, desemprego... A eclosión do idioma galego, a súa época de esplendor, coincide ca época na que a economía galega era a referencia de todos os economistas, na que o seu modelo produtivo mesturando o sector primario coa industria do liño e a conserveira facían da galega unha economía forte e sen trabas, que nos permitiu un crecemento demográfico sen parangón nos séculos XV ó XVII. Todo iso ten que ver co idioma, co sentimento do que é noso, de como a pesares de ter o máis marabilloso do mundo deixamos que se estrague, ou o que é peor, que outros nolo estraguen Hoxe hai que ver a destrución que estamos a contemplar do noso sistema económico, a sangría do campo galego que ve como o número de explotacións gandeiras cae cada día, o drama do mar, que ten que contemplar como a pesares de ter a flota de pesqueiros máis grande de España, temos unha cota de pesca máis cativa ca do país Vasco. O espolio enerxético que estamos a vivir dende fai tantos anos, condenados á destrución da biodiversidade dos nosos rios para construír encoros, dos nosos montes cos parques eólicos, de estar condenados a ver como cada certo tempo afunde un petroleiro diante da costa da Coruña para producir enerxía barata e limpa para o resto de España, mentres aquí pagamos unha das tarifas máis caras de Europa... Todo iso ten que ver co idioma, co sentimento do que é noso, de como a pesares de ter o máis marabilloso do mundo deixamos que se estrague, ou o que é peor, que outros nolo estraguen. Un idioma propio é un modelo produtivo propio, e a solución debe ser apoialos e melloralos, non substituílos por outros de fóra que xamais se adaptarán tan ben, porque non hai mellor forma de expresarse que o idioma materno, e non hai mellor forma de vivir que cun modelo económico propio, que atende ás particularidades propias da xente, da terra e do país. Por primeira vez en máis de 500 anos de historia do idioma galego, a poboación que afirma falalo sempre, cae por debaixo do 50% O noutrora idioma da cultura e do imaxinario da nobreza da península esvaese, o idioma que o rei Castelán, Alfonso X O Sabio usou para escribir a obra cume da lírica en Galego-portugués xa non é máis que unha tenue sombra nunha maña de densa brétema. Estamos a contemplar o retroceso histórico da nosa lingua, por primeira vez en máis de 500 anos de historia do idioma galego, a poboación que afirma falalo sempre, cae por debaixo do 50%. Un drama, para o país galego, que sempre puido encher o peito co orgullo de que á diferenza do País Vasco e Cataluña, aquí o idioma sobrevive a pesares de carecer do apoio das institucións nin das clases sociais dominantes. Terá se cadra algo que ver o proceso de asimilación política e cultural co que o Españolismo máis rancio nos afoga, tanto dende as institucións como dende os poderes fácticos. Se cadra pode influír un chisco, que os cargos máis importantes da nosa administración pública galega sexan historicamente ocupados por xentes de fóra do noso país (cando aquí mesmo, existe un capital humano impresionante), que non falan a nosa lingua, que miran por riba do ombreiro á nosa cultura, que consideran os nosos sinais de identidade como algo meramente folclórico, para amosar nas romarías e pouco máis, xente que non se digna en usar o galego porque menosprezan o que representa, por que o consideran de segunda ou de terceira división. Vexo decotío como se pon en dúbida a valía dun idioma que pertence a un sistema lingüístico que se estende por todo o mundo. Como un idioma que permite comunicarse con máis de 250 millóns de persoas non vai ser útil? Non sendo unha cuestión meramente do idioma, senón ideolóxica, o proceso de doma e castración do reino de Galiza iniciado polos Reis Católicos continúa hoxe vixente, nun secular intento de homoxeneizar as maneiras de obrar, pensar e sentir dos pobos Españois. Vexo decotío como se pon en dúbida a valía dun idioma que pertence a un sistema lingüístico que se estende por todo o mundo. Como un idioma que permite comunicarse con máis de 250 millóns de persoas non vai ser útil?, iso poderíamos explicarllo a un alemán, ou a un italiano, idiomas que apenas existen fóra da fronteira do seu país... Non sei se me explico, pero ningún deles cambiaría o seu idioma por outro, porque o idioma materno, é o único que recolle a particular idiosincrasia da xente que o fala, as súas maneiras de sentir e de comunicarse como ningunha outra lingua foránea podería facer. Como diría Alfonso Daniel, se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. As camisolas do deportivo coa bandeira galega esgótanse porque existe un sentir no imaxinario colectivo que a pesares de que non se materialice moitas veces nunha acción política clara, é real, existe Lía absorto fai unhas semanas, neste mesmo xornal un artigo de Ana Luísa Bouza que preguntaba se a pesares de todo había Nación... Son optimista, por suposto que hai país, aínda que ás veces esteamos tan alienados que nin nos decatemos, ¿Que non hai un sentimento claro de demanda de autogoberno? Pode que non sexa hexemónico en termos políticos, máis non hai un pobo na vella Europa que teña un sentimento de apego e amor pola terra coma o noso. As camisolas do deportivo coa bandeira galega esgótanse porque existe un sentir no imaxinario colectivo que a pesares de que non se materialice moitas veces nunha acción política clara, é real, existe. O que falla é a tradución do relato que se fai dende as instancias políticas, na maioría dos casos errados, é difícil explicarlle á xente que o problema é a falta de autogoberno, cando o discurso é que o teu país é subsidiario do estado central. Cando o relato se troca unha fábula de balanzas fiscais, na que as grandes empresas de Galiza pagan os seus impostos en Madrid (temos casos como a refinería de Repsol na Coruña, ou a Citröen de Vigo) son precisos argumentos sólidos para por o contrapunto ás terxiversacións que se fan da realidade, que os galegos non vivimos da esmola de ninguén, que existe o empresariado galego e que en Galiza si hai iniciativa (por algo a porcentaxe de galegos que emigran triplica á media de España) Non se trata dunha cuestión tan superficial como contrapoñer o nacionalismo galego ou español, trátase dunha loita de intereses, cando os intereses de Galiza se contrapoñen ós intereses de Madrid Que pode ser que co declive de AGE e o isolacionismo no que está sumido o BNG, o nacionalismo galego perdese a súa derradeira oportunidade histórica de postularse como unha solución real da indignación dos cidadáns deste país, e mudar ese relato cara un que sexa o alicerce dunha política de transformación real, máis ábrese outra xanela no horizonte, á que debemos estar atentos para non deixar escapar tamén a oportunidade de reclamar un maior autogoberno. Non se trata dunha cuestión tan superficial como contrapoñer o nacionalismo galego ou español, trátase dunha loita de intereses, cando os intereses de Galiza se contrapoñen ós intereses de Madrid, a nós sempre nos toca perder para que outros saian beneficiados, por que non temos capacidade política real de facer unha oposición nesa loita de intereses. Debemos preguntarnos cal é o modelo de futuro que queremos para Galiza, o de ser asimilados política e culturalmente polo binomio Madrid-Castela? Eu non quero para o meu país (con tódolos meus respectos por esas terras) unha Asturias, ou aínda peor, un León ... Reducidos a unha simple provincia de Castela e condenados a vivir á sombra de Valladolid, despoxados do seu idioma, sen poder político propio, unha sorte de provincia á deriva do goberno central. Eu quero un país gobernado por cidadáns galegos, que de resposta ós problemas que temos neste recuncho do mundo Eu quero un país gobernado por cidadáns galegos, que de resposta ós problemas que temos neste recuncho do mundo, que seguen sendo os mesmos que hai máis de 200 anos. Que cando os nosos intereses económicos entren en conflito cos de España, teñamos a capacidade real de facer unha oposición sólida, e defender o noso sistema produtivo, o noso idioma, ós nosos cidadáns e á nosa Nación. Trátase de escoller por unha banda os pactos de vasalaxe para seguir na mesma dinámica de declive que ata agora, ou apostar dunha vez por nós mesmos, creo que os galegos merecemos, despois de todo, unha oportunidade para variar o rumbo do noso sino, que mellor ou peor, pero será o que nós escollamos, sen trabas, sen complexos, en liberdade."}
{"ID": "PRAZA_1300", "summary": "Educación crea un \"fondo solidario\" de libros en dous cursos de Primaria e outros dous de Secundaria mentres mantén no resto o modelo de axudas parciais. As ANPAS alertan dun \"caos\" organizativo e reiteran a necesidade de retornar ao modelo de préstamo universal.", "text": "As ANPAS volven pedir axudas para material escolar e Educación \"négase rotundamente AGE alerta dun \"recorte encuberto\" e esixe volver ao préstamo universal Foi unha das grandes controversias provocadas polo PP tras o seu retorno á Xunta e agora, seis anos máis tarde, transita polo terreo da rectificación parcial. No ano 2009 o presidente da Xunta e o daquela novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, defenderon con vehemencia a supresión do préstamo de libros de texto a toda a comunidade escolar do ensino público. Segundo Feijóo e Vázquez aquel \"café para todos\" provocaba un \"moi elevado gasto\" que inzaba de \"carga burocrática\" as direccións dos centros e, aínda por riba, impedía a creación do que daban en chamar \"bibliotecas familiares\" mediante a acumulación de manuais en cada fogar. Por todo aquilo implantaron a denominada \"gratuidade solidaria\", un modelo de axudas parciais que agora vai convivir cun novo sistema de préstamo semellante ao noutrora deostado dende a Consellería de Educación. O Diario Oficial de Galicia publica as dúas ordes nas que se baseará o novo modelo. Unha delas é a convocatoria das axudas parciais, agora restrinxidas aos cursos primeiro, segundo, cuarto e sexto de Primaria e a primeiro e terceiro de Secundaria, límite que lle permite a Educación rebaixar a dotación económica dos subsidios un 23%, ata os 11,5 millóns. Os cursos que non entran no ámbito das axudas, terceiro e quinto de Primaria e segundo e cuarto de Secundaria, están afectados por outra orde, a que crea e regula o denominado \"fondo solidario de libros de texto\", denominación coa que a Xunta imita a dos bancos solidarios de libros de texto creados polas asociacións de nais e pais e por algúns concellos nos últimos anos para, precisamente, paliar os recortes implantados dende o Goberno galego. A Xunta cargou durante anos contra o modelo de préstamo e substituíno por axudas parciais Tras varios cursos desdeñando abertamente o préstamo a Xunta completa así un camiño iniciado en maio de 2014, cando o PP sacaba adiante en solitario unha iniciativa parlamentaria na que instaba a Xunta a \"facilitar o acceso das familias galegas aos libros de texto, facendo compatibles as axudas (...) coa solidariedade e coa cooperación na extensión de iniciativas de bancos de libros\". Nesta liña, a propia Consellería refírese na orde ao \"importante labor desenvolvido polas ANPAS nos últimos anos\" para xustificar o novo modelo, segundo o cal \"todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto\" que, nesta primeira edición, estará integrado por \"todos os libros\" mercados coas axudas do curso 2014-2015 e con \"libros e material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo\". As ANPAS reiteran a esixencia de volver ao préstamo universal Aínda que a nova normativa fai recaer o peso da xestión dos préstamos nos equipos directivos dos centros mediante unha nova aplicación informática a Xunta tamén prevé que cada colexio poida \"solicitar a colaboración da ANPA para realizar as funcións de recollida dos libros, inventario, clasificación e entrega\". Este precepto e a propia implantación dun sistema a medio camiño entre o préstamo e as axudas parciais sume na estupefacción as dúas principais organizacións que representan as asociacións de nais e pais en Galicia, que coinciden en reclamar a volta ao sistema de préstamo universal que implantara o bipartito. \"Quen son eles para falar de banco solidario, se foron os primeiros insolidarios?\" \"Quen son eles para falar de banco solidario, se foron os primeiros insolidarios?\", pregúntase a presidenta de CONFAPA Galicia, Helena Gómez Vecino, que en declaracións a Praza Pública lembra que os bancos solidarios orixinais, os das ANPAS, foron creados precisamente \"para paliar o desastre que eles provocaron\". \"Agora van de bos\", di Gómez Vecino, pero impulsan un sistema que queda \"a medio camiño para a gratuidade\", que vai provocar que \"diminúan os libros de texto\" para ser prestados e que, ademais \"contan\" co traballo das ANPAS pero \"sen que lles désemos pé\" a facelo. \"Van converter o caos actual nun caos infinitamente maior\" Dende a Confederación de ANPAS Galegas o seu voceiro, Fernando Lacaci, augura que estas dúas ordes lograrán \"converter o caos actual nun caos infinitamente maior\", un \"camiño ridículo\" no que ademais conviven libros adaptados á Lei Wert con outros adaptados á anterior lexislación educativa. \"Se a LOMCE vai abaixo, que hai moitas posibildiades de que ocorra, que facemos cos libros acabados de mercar?\", pregúntase Lacaci, que alerta ademais de que o alumnado \"cunha discapacidade por baixo do 65%\" segue sen axudas específicas. Asemade, nunha liña semellante á expresada dende CONFAPA, Lacaci destaca que \"non é normal\" que a Consellería poña en marcha un novo sistema contando co traballo das ANPAS, que \"batería coa protección de datos: nin podemos nin queremos saber quen pide axuda da Xunta para libros\". \"Ao final -anticipa- quen pagarán serán as nenas e nenos\". Orde reguladora do fondo \"solidario\" de libros Orde reguladora das axudas"}
{"ID": "NOS_45227", "summary": "Milleiros de persoas participaron este domingo nas mobilizacións polo1 de maio convocadas en 15 cidades e vilas galegas pola CIG. A máis numerosa foi a de Vigo na que estiveron o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.", "text": "Milleiros de persoas maniféstanse polas rúas do centro de Vigo convocadas pola CIG, non acto central do sindicato nacionalista para conmemorar o 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema \"Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos\". Nesta cidade participou o seu secretario nacional, Paulo Carril, que minutos antes do inicio trasladou aos medios de comunicación a exixencia de políticas públicas para frear a carestía da vida que teñan en conta salarios dignos, todo diante o que considera \"insuficiente\" plan do Goberno español para paliar vos efectos da guerra de Ucraína, e diante unha Xunta que \"está máis preocupada pola sucesión de Feixoo\" que por adoptar medidas para paliar ou empobrecemento da clase traballadora. A CIG exixe na rúa políticas públicas que garantan o emprego industrial na Galiza Carril advertiu de que son necesarios \"profundos cambios\" nas políticas públicas para amortecer os efectos dunha crise que ten efectos \"devastadores\" para a maioría social, e lembrou que a \"emerxencia social\" na Galiza é previa á guerra en Ucraína. Por iso, criticou que se empregue o conflito como \"xustificación para non facer outras políticas\" ou como explicación duns \"altos prezos que xa existían antes\". Este sindicalista non cre que \"as medidas do plan de resposta do Goberno\" español sexan \"suficientes\" e fixo un chamamento á \"conflitividade\", especialmente en materia de negociación colectiva, porque a actual carestía da vida \"non pode xustificar\" nin un pacto de rendas nin un acordo estatal de negociación colectiva, que \"só profundarían na precariedade e o empobrecemento da clase traballadora\". Pontón demanda \"unha saída xusta da crise\" Na manifestación tamén participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, así como outros cargos nacionalistas no Parlamento galego e en varios concellos. Pontón propón \"rescatar o rural\" do abandono do PP Pontón, en declaracións aos medios, reivindicou \"os dereitos da clase traballadora\" e \"unha saída xusta da crise ante a escalada de prezos\". Pediu medidas estruturais que eviten \"o empobrecendo da maioría social\" entre as que figuarraían \"subir os impostos as eléctricas, acabar cos beneficios caídos do ceo, empresa pública de enerxía e tarifa eléctrica galega\"."}
{"ID": "NOS_57494", "summary": "A Xunta Electoral de Lugo emprazou a En Marea a entregar os ao redor de 360 avais que necesita para poder presentarse ás eleccións xerais do 28 de abril, ao entender que foi unha coalición á que concorreu aos comicios de 2016.", "text": "En Marea necesita presentar os ao redor de 360 avais para poder concorrer ás eleccións xerais do próximo 28 de abril por Ourense. Así llo fixo saber a Xunta Electoral á forza política liderada capitaneada por Luís Villares. O organismo que vela pola transparencia e pola obxectividade do proceso electoral considera que En Marea non se presentou ás eleccións de 2016 como tal, senón que concorreu baixo unha coalición de Podemos, En Marea, Esquerda Unida e Anova, de aí que se lle solicite o 0,1% do censo da circunscrición. Fontes do partido, confírmanlle a Sermos Galiza que xa dispoñen dos avais para os presentar perante a Xunta Electoral de Ourense e que o farán nas próximas horas. \"É unha cuestión de interpretación da propia xunta e, diante desa posibilidade, xa reuniramos os avais para toda Galiza\", explican as fontes. Listaxes incompletas Segundo a información recollida polo BOE, son tres as listaxes incompletas ao Congreso, a de Por un mundo más justo na Coruña, Pontevedra e Lugo e son 16 as que ficaron sen completar para o Senado, entre elas a de Compromiso por Galicia pola circunscrición da Coruña e pola de Lugo."}
{"ID": "NOS_44345", "summary": "Cifran nun 90% o seguimento da greve convocada por Erguer, Anega e Acción Universitaria no ensino non universitario. Miles de persoas tomaron parte nas manifestacións que decorreron nas cidades do país. Pola tarde, hai concentracións en cidades e vilas. VÍDEO NO INTERIOR.", "text": "O ensino galego volveu rexeitar a Lomce e as reválidas cunha nova xornada de greve, un protesto que foi secundada masivamente, cun 90% de seguimento, segundo Iria Figueroa, de Erguer, e Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector. A greve foi convocada por Erguer, Anega e Acción Universitaria contra unha lei \"deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites\". Os convocantes falan dun 90% de seguimento na rúa e máis de 4.000 estudantes nas mobilizacións na rúa O protesto tamén denuncia que este curso 2016-17 comezou con 84 centros públicos menos e 38 privados máis, así como que a materia de relixión compute para a media e que sexa unha lei \"que ataca a nosa lingua\" e que procure \"devolver competencias educativas ao goberno do Estado\". Embora o mal tempo, varias manifestacións decorreron polas cidades galegas para reiterar o non do ensino galego a esta lei e ás reválidas, así como para defender un ensino públic. Ademais, en diversas localidades do país os estudantes realizaron concentracións nos centros de ensino. \"O ensino é un dereito\", \"Nin Lomce nin reválidas\" foron algunhas das palabras de orde desta xornada. Nas mobilizacións estiveron presentes representantes de sindicatos así como de organizacións políticas como o BNG e En Marea. En Compostela, a portavoz nacional nacionalista, Ana Pontón, instou a Xunta a \"escoitar o clamor contra a Lomce\" e Luca Chao (En Marea) considera \"impresentábel\" que os alumnos non saiban aínda de que van examinarse. A greve decorre apenas un mes despois doutro protesto, en outubro, que tivo un seguimento masivo no ensino galego. Non se fían dos anuncios do goberno, sinalan os promotores, que lembran que mentres fai anuncios de que quer eliminar as reválidas lexisla no sentido contrario, para que teñan valor académico. \"Non pararemos aquí e seguiremos en constante loita até que consigamos tumbar esta lei que atenta contra o ensino público galego\", manifestou Iria Figueroa Mobilizacións e concentracións convocadas pola Plataforma galega en defensa do ensino público. e que decorreron pola tardiña en cidades e vilas galegas puxeron o ramo xornada de mobilización."}
{"ID": "NOS_58034", "summary": "A Asociación Profesional da Magistratura (APM) acollería con \"desafogo\" que o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Dívar, presentara voluntariamente a súa dimisión, na véspera da reunión do Consello Superior do Poder Xudicial que o presidente convocou para mañá.", "text": "En declaracións a Europa Press, o portavoz da APM, Pablo Llarena, explicou que a asociación non pide explicitamente o cesamento de Dívar pola \"transcendencia\" que tería no exterior de España e que dá liberdade aos seus vogais para tomaren a decisión que consideren oportuna no Pleno extraordinario que o Consello celebrará este sábado para estudar a petición de varios vogais de solicitar a saída do seu presidente. Llarena explicou que no comportamento do máximo responsable do Poder Xudicial debátense \"cuestións morais\", e que a solución que máis se axustaría ás razóns legais para que finalizase o mandato de Dívar sería que presentase voluntariamente a súa dimisión. \"O problema da actuación do presidente é de ética. Non ten proxección nas causas sobre a extinción do seu mandato. Non hai moción de censura, polo que só pode saír pola súa propia decisión\", remarcou. O portavoz da asociación maioritaria cualificou de \"eticamente reprobable\" o comportamento de Dívar en relación cos seus gastos. Con todo, mostrou que a APM é consciente da transcendencia que podería ter esta decisión no exterior. A asociación é así consciente de que a \"desestabilización\" das institucións nun momento no que España solicitou un préstamo de 100.000 millóns de euros pode ter \"transcendencia\" no estranxeiro. \"Ese medo a comprometer a imaxe do país é o que nos leva a non pedir explicitamente a dimisión\", argumentou Llarena, para concluír que os vogais propostos pola súa asociación exercen o seu mandato con \"responsabilidade\" e \"independencia\", polo que podería haber posicións diverxentes entre eles. O PSOE pide a dimisión Pola súa banda, a vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, salientou hoxe que é hora de que Carlos Dívar presente a súa dimisión, porque está \"a danar gravemente a imaxe e o prestixio\" das institucións que preside, o Tribunal Supremo e o Consello Xeral do Poder Xudicial. Até agora o PSOE reclamaba que Dívar comparecese para dar explicacións no Parlamento e, se non accedía a facelo, que presentase a súa dimisión."}
{"ID": "NOS_52832", "summary": "Nunha comparecencia no Congreso, a ministra de Defensa dá por derrotado o goberno de Raxoi na moción.", "text": "\"Mariano Raxoi non vai demitir porque a aritmética parlamentar actual no permita que o PP puidese gobernar\", dixo María Dolores Cospedal, co cal dá por fechados os ruxes ruxes a respeito dunha renuncia do até agora presidente do executivo español. Ten razón Cospedal: a demisión de Raxoi -que se ausentou da cámara durante toda a sesión vespertina deste debate- obrigaria a ir a unha nova investidura. E aí o PP non ten números para obter a confianza da Cámara. Teríao moito máis doado Pedro Sánchez, que nen sequer estaría obrigado a conseguir a maioría absoluta (na censura, si). Bastaríalle con ter máis votos favorábeis do que contrarios. Cospedal xa se situou na lóxica de que o PP vai pasar á oposición e de que o PSOE se vai facer co executivo. \"Cremos que o Goberno que sae desta moción, se así se producir mañá, non responde ao interese xeral do noso país senón a intereses persoais e partidistas\", dixo a ministra de Defensa. \"Non sabemos en que pactos se fundamenta, cal é o programa de goberno... É un goberno que non agoira nada bon para España\"."}
{"ID": "NOS_3754", "summary": "A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, sostén que a pasteira incumpre normativa comunitaria en materia de medio ambiente.", "text": "O BNG anunciou que vai levar perante a Unión Europea a decisión do goberno español en funcións de conceder unha prórroga na Ría de Pontevedra a Ence-Elnosa, por entender que a multinacional asteira vulnera normativa comunitaria en materia de medio ambiente. A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, explica na interpelación que a empresa privada \"incumpre sistematicamente a Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas, comoxa foi denunciado no Parlamento europeo polo Bloque en reiteradas ocasións\". Miranda lembra que se estaba non proceso de alegacións no que entidades como a Plataforma pola defensa da Ría de Pontevedra esgrimiu como causa da non renovación da concesión, entre outras, o feito de que se supere o volume de 20 ppm de demanda bioquímica de oxíxeno (DBO) nas augas de vertido á Ria,cuestión que ten implicado unha condena por delito ecolóxico. Ademais, lembra Miranda, a Lei de Costas española prohibe verteduras de metais pesados que superen o máximo permitido pola lexislacióncomunitaria."}
{"ID": "PRAZA_10915", "summary": "Os paros terán lugar os días 13, 20 e 27 de setembro. A eliminación do servizo suporía que os 1.000 traballadores e traballadoras das empresas que operan no Rosalía de Castro terían que aboar os prezos dos servizos de hostalaría, que duplican aos habituais.", "text": "Os días 13, 20 e 27 de setembro o persoal das 50 empresas que operan no aeroporto Rosalía de Castro, de Compostela, levarán a cabo unha folga en protesta pola supresión da cantina, pola \"cada vez maior precariedade e temporalidade\" existente nos aeroportos españois e polo \"constante aumento da carga de traballo sen o correspondente aumento do cadro de persoal\". O paro desenvolverase entre as 4:30 e as 10:30 horas en cada unha das xornadas. O Comité de folga destaca que \"por vez primeira todas as empresas que operan nun aeroporto do Estado español están chamadas a secundar\" unha protesta deste tipo.Protestan pola \"cada vez maior precariedade e temporalidade\" e polo \"constante aumento da carga de traballo sen o correspondente aumento do cadro de persoal\"Os traballadores e traballadoras iniciaron o pasado mes de marzo as mobilizacións contra a eliminación do servizo de cantina, consecuencia da súa eliminación dos novos pregos dos servizos de restauración. Esta supresión tería como consecuencia que os ao redor de mil persoas que todos os días traballan nas empresas instaladas no aeroporto terían que aboar os prezos dos servizos de restauración do aeroporto, que duplican os prezos habituais en hostalaría. Segundo o Comité de Folga, este gasto é insostible para moitos dos empregados e empregadas, dados os \"salarios precarios (algúns nin chegan aos 500 euros) que teñen moitos traballadores e traballadoras de moitas das empresas\". Este persoal non pode saír consumir fóra do aeroporto, xa que se consideraría un abandono do servizo, como lembra José Antonio Rendo, traballador de Iberia.Coa supresión da cantina, o persoal tería que aboar os prezos dos servizos de hostalaría, que duplican os habituaisNos últimos cinco meses o persoal afectado levou a cabo todo tipo de mobilizacións dende un cortexo fúnebre nos arredores do aeroporto ata un pic-nic no interior da terminal de saídas. Ademais, presentáronse mocións de apoio tanto no Concello de Santiago coma no Parlamento galego. Mesmo chegou a establecer unha mediación a a Subdelegada do Goberno en Galiza, Pilar López-Rioboo. Porén, o persoal solicita a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais no conflito. \"A nosa intención é chegar a un acordo e evitar as consecuencias que a folga tería para as usuarias e usuarios\", explica outro dos membros do comité de folga, Antonio Torres, traballador de combustibles de aviación.Os paros terán lugar os días 13, 20 e 27 de setembroOs traballadores e traballadoras denuncian que no marco deste conflito a Dirección do aeroporto negouse a recibilos en varias ocasións e non amosou interese por achegar posicións. Ademais das súas denuncias relativas á supresión da cantina e á crecente precariedade, o persoal critica así mesmo a supresión encuberta do servizo de enfermaría do aeroporto e o custo do abono de aparcamento obrigatorio soportado polo persoal, de entre 20 e 30 euros ao mes."}
{"ID": "NOS_45936", "summary": "O grupo \"Tempo Catro\" presenta no Festigal o seu novo traballo \"Rosalía de Castro: Os ollos que falan\", baseado en once cantares de Rosalía de Castro.", "text": "Cun concerto no Festigal ás 17 horas o propio día 25 de xullo, o grupo \"Tempo Catro\" vai presentar o seu traballo musical arredor de \"Cantares Gallegos\" de Rosalía de Castro, un proxecto deseñado e promovido pola AS-PG. \"Tempo Catro\" gravará a fins de agosto as súas composicións para \"Rosalía de Castro. Os ollos que falan\", un CD que está previsto que se distribúa nos comezos do outono. Trátase de once temas baseados en cantares da poeta que se musicalizan a proposta da AS-PG e a Sociedade Cultural Medulio de Ferrol. \"Tempo Catro\" está composto polos profesores do Conservatorio de Ferrol, Suso Iglesias e Andrés Pazos xunto con Antonio Romero e Pablo Salgueiro. Begoña Lorenzo pon voz aos versos de Rosalía neste disco que sumará un novo titulo e novos autores aos traballos musicais que se realizaron arredor da obra da nosa poeta."}
{"ID": "NOS_54982", "summary": "A Audiencia ordenou ao xuíz abrir a causa para indagar sobre a denuncia do borrado de datos por parte de Talgo.", "text": "Andrés Lago, titular do xulgado de Instrución nº3 de Santiago, prorroga a declaración de complexidade da causa que investiga sobre o sinistro do tren Alvia en Angrois de 24 de xullo de 2013, de modo que amplía o prazo por \"outros 18 meses máis\", que contan desde a data de expiración da anterior, de 2018. Así, o novo horizonte para rematar a investigación deste sinistro no que morreron 80 persoas e polas que hai dous imputados – maquinista e ex xefe de Seguridade de Adif – vai agora até xuño de 2020. No auto, ao que tivo acceso Europa Press, o xuíz fai refrencia a que están \"pendentes de práctica dilixencias de investigación de natureza indispensábel\"."}
{"ID": "PRAZA_12273", "summary": "O 92% da asemblea nacional do referente xuvenil de Máis Galiza opta por deixar a organización de mocidade do BNG. No caso de que +G opte pola permanencia na fronte, \"revisarán\" o seu \"protocolo de relación coa corrente.", "text": "A Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega, referente xuvenil de Máis Galiza, decidiu este sábado abandonar as mocidades do BNG, Galiza Nova, e iniciar \"un proxecto autónomo e independente\". Co 92% dos votos, a MNG opta por unha marcha vinte e catro horas antes de que +G debata en asemblea sobre a mesma cuestión. En caso de que a corrente ata agora dirixida por Carlos Aymerich, que este domingo se converterá en partido, opte pola permanencia, a MNG reformularía a súa presenza na nova formación. Nomeadamente, o secretario xeral da MNG, Paulo Carlos López, indica que se as resolucións aprobadas por Máis Galiza supoñen unha \"contradición flagrante\" coas da organización xuvenil, \"o protocolo de relación\" entre ambas organizacións debería ser revisado. En calquera caso, subliña, a Mocidade Nacionalista Galega anima \"á participación\" no cónclave no que \"instarán a que +G tome a mesma decisión ca nós\". Nesta liña, cando a MNG convocou esta asemblea, a comezos de febreiro, dende a súa dirección asegurouse xa que \"as propostas sobre o futuro do BNG\" se decidirían \"co resto da militancia de Máis Galiza, non como lobby\", aínda que tentando crear \"unha corrente de opinión\" favorable á marcha. Ata agora, este colectivo viña traballando no seo de Galiza Nova como corrente organizada defindíndose como \"nacionalistas, galeguistas, progresistas, republicanos e de esquerdas\". Na actualidade, sinalan, contan cuns 200 militantes."}
{"ID": "NOS_26760", "summary": "A experiencia de música totalmente improsivada da Orquestra Galega de Liberación, estreada no Teatro Principal de Compostela o pasado 12 de setembo, chega agora en formato disco. O director e promotor do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, explica a 'Nós Diario' as súas chaves e a esencia desa liberación polisémica.", "text": "Xa está á venda o primeiro disco da Orquestra Galega de Liberación, un proxecto singular que tivo a súa estrea o pasado ano no Teatro Principal de Compostela, no marco do Festival de Artes Performativas Plataforma. É precisamente aquel concerto o que hoxe se pode escoitar neste CD homónimo, que serve de rexistro dun momento efémero no que se palpa a liberdade dos músicos no fluír da improvisación. Todo partiu dunha iniciativa de Xacobe Martínez Antelo, o director desta orquestra e recoñecido contrabaixista de proxectos con repercusión internacional, como o trío de jazz Sumrrá. A base son as técnicas de improvisación dirixida, que existen desde os anos 60, aínda que \"eu coñecinas máis tarde, que daquela aínda non nacera\", aclara. Entrou en contacto con elas a través dalgúns cursos da Escola Estudio e da Sala Nasa, e tivo o privilexio de afundar nelas da man do creador do soundpainting, Walter Thompson. Tamén traballou este mecanismo varias veces, xunto á xente de Chévere ou en escolas de primaria e secundaria coas que mantiña algunha relación. Porén, esta era a primeira vez que o facía nun eido \"puramente musical\" e con \"colegas de talento desbordante\". Pois acompáñano 16 músicos residentes na Galiza, algo para el moi importante, que proceden de diversos ámbitos vencellados dunha ou outra forma ás músicas improvisadas e de vangarda. Isto outorga unha gran diversidade ao substrato nutritivo da orquestra, desde as música contemporáneas máis clásicas, o hard bop, o free jazz, ou mesmo a performance. Tratábase de constituír un \"dreamteam que eu tiña na cabeza\", conta, que por sorte tivo recibiu sempre resposta afirmativa, se cadra con certa axuda na predisposición pola pandemia. Max Gómez (batería), LAR Legido (batería), Javier Pereiro (trompeta), Olivier Cano (saxo alto), Xosé Miguélez (saxo tenor), Diego Alonso (saxo tenor), Rosolino Marinello (clarinete baixo), Patricia de Lorenzo (voz), Rubén Fernández (voz), Sheila Patricia (voz), Antonio Bravo (guitarra), Manuel Cebrián (guitarra), Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello) e Saúl Puga (contrabaixo) converteríanse así nos vimbios, diferentes e ricos, cos que se teceu este cesto en común, desde un sentimento de \"comunidade\" que bebe ao tempo desa semente \"un pouco combativa\" que Antelo asocia á cultura. Os sentidos da liberación Así, a \"liberación\" que proclama o proxecto pode adquirir \"moitas lecturas, e todas están ben, mesmo as que nos non contemplabamos\". Mais a principal procede desa consideración do \"estado de improvisación como unha liberdade para o músico e para os intérpretes cos que o comparte\", explica o director. El mesmo confesa que cando descubriu as técnicas da improvisación dirixida \"foi catártico, un antes e un despois\" no que sentiu que se \"derribaban muros musicalmente falando\". O contrabaixista quería transmitir iso aos seus compañeiros, \"activar sistemas de escoita que non se poñen en curso en ningún outro proceso musical\", asegura. Aliás, hai unha clara homenaxe no nome a Liberation Music Orchestra (na propia recreación da capa do álbum co cartaz vermello), de Charlie Haden (1970) inspirado, por certo, na escoita de cancións da Guerra Civil española. Este referente, que Antelo afirma venerar, tiña \"un posicionamento máis político\" que tampouco se atopa fóra da propia idea desta orquestra. A improvisación dirixida A improvisación dirixida artéllase sobre unha linguaxe de signos que require un período de adestramento e ensino. Algúns dos e das compoñentes xa tiveran experiencia previa, mentres para outros era a primeira vez. Deste modo, estabelécese un mecanismo de comunicación entre o director e os intérpretes, no que o primeiro propón de maneira individual ou por seccións certo materia musical, co que se vai esculpindo e adaptando ao que na maxia do directo acontece. Solos, acompañamentos ou mesmo letras improvisadas poboan os temas con naturalidade, flúen porque son produto das sensacións do momento. Tamén lembran Antelo a respecto disto que se ben a improvisación é \"composición en tempo real\", segundo unha das definicións máis estendidas, a propia composición non é outra cousa que \"improvisación con moito tempo\" Así, por moito que custe crelo escoitando o disco, o resultado foi \"100% improvisado, non había nada composto nin preparado de antemán\". O engano vén da \"excepcional calidade dos músicos\". Tamén lembran Antelo a respecto disto que se ben a improvisación é \"composición en tempo real\", segundo unha das definicións máis estendidas, a propia composición non é outra cousa que \"improvisación con moito tempo\", o que permite rectificar, modificar ou confrontar certos detalles con marxe para a reflexión. O rexistro torno disco Escoitar a posteriori o resultado é \"incríbel\", asegura Antelo. Ademais, destaca que está moi ben gravado, grazas ao labor \"exemplar\" de Xurxo Piñeiro. Se ben nun primeiro momento a finalidade deste rexistro era documentar esa experiencia, cando o escoitaron tiveron claro que \"tiña que ser o disco íntegro\", polo nivel de rotundidade e beleza. A partir de aí, chegaría ese \"xogo divertido de titular\", con nomes orixinais, non exentos de retranca, cos que o espectador recibirá agora os dez temas -condicionando, claro, a decodicifación-, como \"O que garda sempre ten\" ou \"Apuntamentos sobre o distanciamento social\". Neste senso, Antelo comenta que non foi moi diferente do que acontece normalmente, pois o título chega con frecuencia ao final, recollendo se cadra ideas que axudaron no proceso de composición. Ademais, destaca que as pezas funcionan cunha \"entidade definida\", desde un inicio, cunha narrativa ou camiño até unha conclusión. \"Como sector temos un pacto coa sociedade de xerar cultura, neste caso música\", comenta Antelo. \"Unha experiencia coma esta ten que ser compartida\", engade, reafirmándose nun compromiso independente da chegada do proxecto, pensado desde antes, en tempos de pandemia, nos que adquire case \"un carácter heroico\" sacar adiante unha iniciativa coma esta."}
{"ID": "NOS_42264", "summary": "Publicamos a entrevista publicada no semanario nº136 con Xerardo Quintela, acordeonista de Coanhadeira. Este sábado presentan o seu novo traballo, Bicos con luvas, no Teatro Principal de Compostela.", "text": "As coanhadeiras eran mulleres traballadoras do rural galego. Durante a malla a súa encomenda era varreren o grao para limpar os restos de palla. Agora xa non se malla mais a historia daquelas mulleres pervive da man do grupo de música folk que leva o mesmo nome. Son de Ourense e veñen de presentar o seu último traballo, Bicos con luvas. Falamos co seu acordeonista, Xerardo Quintela. Xa podes escoitar o seu primeiro tema 'Soa' en RadioSermos Este é o voso terceiro traballo, que novidades trae a respeito dos anteriores?Os outros dous discos foron editados en 2009 froito dos premios Radio Obradoiro e o Festival Prau en Cantabria. Nesta ocasión puidemos preparar con máis tempo o traballo, mellorar a interpretación das pezas e nel incluímos máis temas compostos por nós do que en Haique e Po. Aínda así, todos os temas continúan a ser arranxos ou desarranxos, como acostuma dicir Mercedes Peón, sobre pezas tradicionais. Un dos adiantos é Ézaro...Si, esa é unha xota recollida no concello de Dumbría e a letra foi composta por Ugía Pedreira, unha das persoas que colaborou con nós en Bicos con luvas. \"Todos os temas continúan a ser arranxos ou desarranxos, como acostuma dicir Mercedes Peón, sobre pezas tradicionais\" De onde xurdiu a idea deste título?É o título dunha das pezas que inclúe o traballo. Gustounos moito ás sete persoas que compoñemos Coanhadeira, sobre todo, porque cada un de nós interpretabamos de maneira distinta o sentir desa frase e ese é un dos nosos obxectivos en relación co traballo, que cada quen procure unha interpretación propia da música. Bicos con luvas é o froito dun proceso de micromecenado através de Verkami. Como foi esa experiencia?Ao comezo partiamos dunha grande incertidume pois non sabiamos se conseguiriamos o obxectivo. Mais sorprendeunos moito que finalmente chegamos a superar as espectativas e 273 persoas decidiron apoiarnos. \"Decidimos iniciar o proceso de micromecenado por un problema de financiamento, basicamente\" Por que optastes por esta fórmula?Por un problema de financiamento, basicamente. Non contabamos cos recursos necesarios para sacar o CD e sufragar os gastos básicos de gravación, deseño, fabricación, masterización e desprazamento dos músicos e colaboradores. Aliás, este proceso permíteche promocionar o produto por adiantado, dálo a coñecer. Existen axudas públicas?Non. En realidade só as hai para cubrir os custes de desprazamento naqueles concertos que se desenvolven fóra de Galiza, mais do resto non hai nada. Asemade, os centros e locais de ensaio que había están practicamente desmantelados. Perante isto, como valorades que se financie con máis de 300 mil euros un vídeo musical de Enrique Iglesias?[Ri]. Non é só Enrique Iglesias, tamén Alejandro Sanz recibiu axudas da deputación por vir gravar a Ourense. Habería que ver nas súas declaracións da renda se verdadeiramente precisan esa axuda. Mais coido que o grave tamén é os contidos de vídeos como o de Enrique Iglesias. É moi reprobábel apoiar esa visión da música que se reflicte nas súas letras e imaxes. Ese diñeiro debería investirse en actividades culturais e bandas galegas. Cando e onde poderemos escoitar as novas cancións?Comezamos agora unha pequena xira e, embora estarmos pendentes de fechar un par de datas máis, estaremos este sábado en Compostela, no Teatro principal; tamén no teatro de Ourense o 23 deste mes. E xa en abril iremos a Cangas á Salasón o día 5 e o 11 á Arca de Noe en Vilar de Santos. Esta entrevista foi publicada na contra-capa do semanario en papel nº136 que podes adquirir na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_58479", "summary": "Só 27% optan por financiar a igrexa católica, 8 puntos por baixo da media española.", "text": "Apenas un de cada catro galegos que fan a declaración da renda poñen o X no cadro para autorizar que 0,7% da súa factura fiscal vaia para a igrexa católica. Un cadro que riscaron 27% das persoas que presentaron a declaración en Galiza, unha porcentaxe que é oito puntos inferior á media española, que se sitúa en 35,2 por cento. De feito, Galiza é o segundo territorio do estado español onde menos porcentaxe de contribuíntes autoriza que parte da súa declaración se destine á igrexa católica. Só Catalunya, con 19,7%, ten ratios máis baixos que Galiza, segundo os dados publicados por Cincodías. No outro estremo sitúase Castela-A Mancha, onde 49% das persoas que elixen que parte do seu IRPF vaia para a institución relixiosa. Estremadura, A rioxa, Murcia, Castela-León e Andalucía superan o 40% dos declarantes que riscan cun X os cadros para a igrexa. Nese 27% de galegos que optan por destinar 0,7% da súa factura fiscal á igrexa católica englóbase tanto a aqueles que poñen o X no cadro da igrexa católica como os que riscan as dúas opcións, é dicir, que elixen que parte do seu IRPF vaia a esa institución relixiosa e tamén a entidades de fines sociais. Evolución A nivel de estado español, no exercicio 2016 34,5% riscaban o cadro para adicar o 0,7% a fins sociais e un 35,2% o que contemplaba que fose para a igrexa católica (14,2% exclusivo para esa institución, 21% para a igrexa e fins sociais). Un 30,3% non marcaba ningunha opción. En 2008 o 34,1% das persoas declarantes indicaban que querían que esa parte do seu IRPF fose para fins sociais, un 31,5% non marcaba ningunha, un 21,7% para a igrexas católica e un 12,7% para a igfrexa católica e fins sociais (sumando estas dúas últimas un 34,4%)."}
{"ID": "NOS_32617", "summary": "O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece un achegamento á figura e obra de Luís Seoane por medio do rico acervo doado pola esposa do artista, Maruxa Fernández, á institución coruñesa, legado que posibilita seguir, con pezas de contrastada calidade, a súa traxectoria na pintura e no gravado.", "text": "A mostra permite percibir como Seoane elabora por medio das súas pinturas e gravados un espazo intelectual e emocional. Ao tempo, a exposición amosa as conviccións dun artista que acredita na superación da disociación entre as distintas artes, feito que entende como unha desgraza para a arte occidental. Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa SeoaneLuís Seoane / Museo de Belas Artes da Coruña / Até outono de 2020 Cómpre lembrar que Seoane encontra na creación contemporánea a posibilidade de reunificación, de síntese (deseño, debuxo, libro, mural, arquitectura, arte, industria, publicidade...). En todos os ámbitos Seoane deixa a pegada do seu estilo, creado e desenvolvido durante máis de tres décadas e froito dun traballo intenso e rigoroso. Un estilo que nace da fusión do pasado e da linguaxe da modernidade internacional para, a partir desta, construír os alicerces dunha pintura profundamente galega que se sitúa fortemente inserida nos valores da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor. Quen percorra a exposición poderá percibir que está perante unha obra que é froito dunha elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización das figuras, un esquematismo favorecido polo uso dunha pintura plana e o contraste de cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade. Os logros deste labor supoñen un dos capítulos máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor das correntes internacionais. Contemplando o seu traballo situámonos fronte a frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX. Nun dos seus textos teóricos, Seoane afirmou que, dados os seus trazos singulares, a tradición artística galega –desde a prehistoria até o seu presente– constituía outro idioma galego. A súa obra é un compendio das súas fidelidades lingüísticas: a da plástica e a da lingua galega, que defendeu e cultivou en penosos momentos históricos, consciente de que se como pobo tempos algo que contar é desde a nosa singularidade e que ser universal é ser galego e en galego e que esa actitude é a dun auténtico intelectual sen complexos e alleo a calquera baleiro pseudocosmopolistismo."}
{"ID": "NOS_45901", "summary": "O goberno galego non ve polémica na aprobación da reforma educativa mentres a Generalitat e Lakua ameazan con recorrer perante o Tribunal Constitucional", "text": "O portavoz parlamentar d@s populares, Pedro Puy, asegurou esta segunda feira que as mudanzas introducidas pola LOMCE \"procura o equilibrio\" entre as linguas \"cooficiais\" nos territorios con lingua propia. Para Pedro Puy as disposicións recollidas no anteproxecto \"afectan a un modelo lingüístico concreto\" que di, \"non é o galego\" nin o de agora, nin o de antes --matizou-- polo que non considerou que a Xunta de Galiza tivese razón para se posicionar en contra da aprobación da lei. Pedro Puy asegurou que a LOMCE promove \"o equilibrio\" lingüístico e non afecta ao modelo galego Segundo o voceiro popular a LOMCE diríxese a facer cumprir \"algúns mandatos constitucionais\" a respeito de modelos normalizadores que incumpren a Carta Magna como \"se recolle en distintas sentenzas\", afirmou. De maneira velada, o dirixente do Partido Popular bateu nas súas declaracións contra a política lingüística da Ganeralitat, malia non se referir directamente a ela. A Generalitat e o Goberno vasco acudirán aos tribunais se Wert non retira parte das disposicións da norma Neste senso, ao contrario da actitude manifestada polo executivo de Núñez Feijóo os gobernos das nacións históricas manifestaron un enérxico rexeitamento á aprobación da reforma educativa da que din invade as competencias territoriais. Catalunya e Euskadi recorrerán ao Constitucional unha lei que din \"invade as competencias\" das nacións con lingua de seu A Generalitat e Lakua aseguraron após coñecerse a tramitación da LOMCE que esgotarán todas as vías políticas para impedir que se aprobe o anteproxecto de lei deseñado por José Ignacio Wert. Porén, indicaron fontes dos dous executivos, se o Partido Popular teima en impor a súa maioría absoluta --como semella acontecerá-- recorrerán a norma perante o Tribunal Constitucional. Neste senso, o president catalán, Artur Mas insistiu en que o seu goberno actuará \"até as últimas consecuencias\" contra unha norma que di pretende rachar \"a cohesión social\". A reforma da lei educativa contou na Galiza cun amplo rexeitamento social e botou ás rúas á comunidade educativa nunha folga xeral masiva que contou cun seguimento de perto do 90%."}
{"ID": "PRAZA_1644", "summary": "É natural que Pablo Iglesias queira construír un partido coherente. Pero estes non son os tempos. Aínda estamos na fase de emerxencia: non toca unha institucionalización prematura", "text": "Vivimos tempos marcados pola aceleración dos ciclos. Hoxe a Monarquía vai caer, un ano despois parece que está en racha e deixa de concitar interese. En 2014 Podemos, despois de aparecer dende a nada nas eleccións europeas, remonta a límites estratosféricos, deixando coa boca aberta á lexión dos que contemplan a segmentación da opinión dende o prisma dos bloques graníticos. Zygmunt Bauman introduciu a metáfora do mundo líquido, pero a paisaxe mental de moita xente segue sendo decimonónica, e confía nas fronteiras ben trazadas. Pero pouco dura a alegría na casa do pobre, non tardou Ciudadanos en comparecer á palestra para acoutar o espazo de Podemos e gañar unha parte do da dereita. En definitiva, ninguén é capaz de predicir o que sucederá nas eleccións Xerais, porque todos sabemos que vivimos nunha era de grande volatilidade e porque sabemos que o cerebro colectivo carece de memoria a logo prazo, calidade que comparte cos réptiles. O mesmo indignado de hai dous anos pode hoxe cultivar un optimismo gobernamental e crer na recuperación. Ninguén é capaz de predicir o que sucederá nas eleccións Xerais, porque todos sabemos que vivimos nunha era de grande volatilidade e porque sabemos que o cerebro colectivo carece de memoria a logo prazo Así que é un bo tempo para a prudencia. Para a prudencia nas análises e para a prudencia nas propostas. A lectura do que pasa é hoxe máis complexa, porque á complicación natural da vida social, tan retorta por prexuízos e marcos interpretativos excesivamente ideolóxicos, engádeselle unha atmosfera emocional moi marcada pola crise. No mesmo momento en que o capital está gañando por goleada, algúns soñan coa toma do Pazo de Inverno. Hai inconsistencias que claman ao ceo. Pero segue sendo certo que a pauperización provoca corrementos no electorado de maior ou menor calado. Non fai falla máis que ler a evolución da casiña na que se auto coloca a xente nas enquisas do CIS para certificalo. É un bo tempo para a prudencia. Para a prudencia nas análises e para a prudencia nas propostas Así que intentemos á lectura lacónica do que pasa, non confundindo os desexos coas realidades. O dato, friamente exposto, é que AGE consumou o seu ciclo. A súa historia podería ser outra, pero, finalmente, sucedeu a peor das posibilidades que estaban riba da mesa: a de converterse nunha Coalición Galega de esquerdas. O seu ascenso foi meteórico, a súa caída, en picado. ANOVA dividiuse moi cedo, e xamais foi quen de construír o seu propio horizonte. Non só Cerna: foron máis os satélites que foron expulsados da súa órbita por un motivo ou outro. As súas posibilidades electorais, non hai nin que dicilo estaban ligadas –e aínda é ese o caso- á presenza pleonástica de Beiras. EU estaba en alza no momento en que AGE colleitou o seu éxito, pero se hoxe houbera eleccións non se comería un rosco fronte a Podemos. ANOVA e EU adquiriron nova vida nas Mareas –foi unha sorte de transubstanciación- cando estaban a un paso da inanición. Pero necesitan para o futuro non caer nos mesmos fatais erros que marcaron estes anos: precisan ser máis abertos, inclusivos, dar máis espazo á polifonía e ao matiz. Se unha Marea Galega ha de prosperar teñen que saber interpelar á sociedade. A inclusión de CxG e de independentes con e sen bagaxe é unha necesidade da que deberían facer virtude. Se unha Marea Galega ha de prosperar teñen que saber interpelar á sociedade Sexa coma for, Podemos foi o dato que cambiou todo. Podemos cambiou a paisaxe política en torno. Todos entendemos que Podemos é expresión da España devaluada, encarnación da resistencia fronte ás políticas da Troika. Algo así tiña que aparecer cando ves que todo ao teu redor de repente comeza a marchar polo rumbo do peor e xa non podes confiar nos partidos do réxime. Pero, con todo, hai que sacarse o sombreiro ante un grupo dirixente que soubo canalizar esa enerxía da protesta e que ergueu un partido, xa case clásico, en dous días. A condución científica dese movemento-Partido foi notablemente acertada. Equilibraron o desexo de participación dunha sociedade en precario cun control do aparato case absoluto para dotarse dun partido fiable, sen grandes disonancias. O momento entusiasta da emerxencia está intentando queimar etapas para institucionalizarse a marchas forzadas. Podemos cre que a historia lles chama e que a cita é o día das eleccións xerais. Esa contraposición entre momento emerxente e de paixón e a necesidade a longo prazo de atopar unha forma social normalizada encerra unha das claves do momento. Lean a Alberoni. Podemos foi o dato que cambiou todo. Podemos cambiou a paisaxe política en torno. Todos entendemos que Podemos é expresión da España devaluada, encarnación da resistencia fronte ás políticas da Troika No entanto, parece que se lles está indo a man. A ocorrencia da lista prancha merece ser colocada entre as argucias máis sinuosas da Restauración. Nin o PP nin o PSOE se atreverían hoxe a tamaña manobra. Non é só que un elector de Barcelona poda eventualmente decidir o deputado de Soria con tal procedemento. É que ademais o método é ridiculamente funcionarial. Raia no ridículo que un elixido no posto setenta poda escoller a praza de deputado conforme á súa situación na lista. Tal proceder entra dentro dos disparates máis gordos que un servidor lembre. Polo demais está claro que a lista prancha está pensada para que a dirección controle ao detalle a elección dos candidatos. Podemos cre que a historia lles chama e que a cita é o día das eleccións xerais. Esa contraposición entre momento emerxente e de paixón e a necesidade a longo prazo de atopar unha forma social normalizada encerra unha das claves do momento O segundo erro de Podemos é pretender impor a súa marca velis nolis. Aló onde obtivo mellores resultados foi onde se presentaban listas de amplo espectro, e por certo que non co anagrama de Podemos. Non cabe dúbida que para soster esa posición eles estarán baseándose en estudos demoscópicos, nunha simulación dos resultados por provincias que ha de incluír a aquelas agrarias, do centro peninsular, nas que o mecanismo está pensado para promover aos partidos maioritarios e etcétera. Xa se sabe que a Lei está pensada para lograr maioría absoluta co 35% dos votos e o apoio da España central e conservadora. Pero prodigar declaracións humillando a IU –declaracións que fai o máximo dirixente, non un ideólogo lateral- resultan fóra de lugar. Tampouco a displicencia de quen pretende ser cabalo gañador. A modestia nunca está de máis. A ocorrencia da lista prancha merece ser colocada entre as argucias máis sinuosas da Restauración. Nin o PP nin o PSOE se atreverían hoxe a tamaña manobra Agora en Común tiña que nacer. Non sería natural que IU fose serena ao seu enterro, sen mover un dedo e que a arela da unidade para derrotar as políticas do PP non se fixese valer. Pero, ademais, que pasa con Compromis, que coa Chunta, que coa barroca polifonía catalá, que coas Mareas? E que con esa espontaneidade, esa liquidez das xentes ás que non agrada unha tan rápida solidificación de Podemos, repetindo políticas do Gran Capitán moi preto das que se lle ocorrerían a Felipe González na mesma situación? Agora en Común tiña que nacer. Non sería natural que IU fose serena ao seu enterro, sen mover un dedo e que a arela da unidade para derrotar as políticas do PP non se fixese valer Se ha de haber un asalto aos ceos, aínda aos ceos menores, inferiores, xa non ao sétimo ceo, non sería desaconsellable repetir o esquema de Ahora Madrid, de Barcelona en Comú, das Mareas galegas. Podemos, que aínda está en fase de emerxencia, tería moito que gañar de novos aportes humanos. Un Partido pechado non ten, nestes momentos, charme. Podemos corre o perigo de deixar de ser sexy, que se diría antes, ou de ser atractor, para usar a linguaxe tecnocrática en boga. Non hai nin que dicir que moito do éxito de aquelas opcións provén do perfil dos candidatos. A aura de autenticidade de Carmona ou Colau, as súas biografías, non son indiferentes. Atrévome a dicir, desafiando á mercadotecnia de Podemos, que un candidato ou candidata á Presidencia dese perfil tería máis posibilidades que o mesmo Pablo Iglesias. Podemos, que aínda está en fase de emerxencia, tería moito que gañar de novos aportes humanos. Un Partido pechado non ten, nestes momentos, charme Non é razoable de ningún modo a esixencia da marca Podemos-outra cousa. Iso significa converter ás Mareas nun apéndice en un mero epifenómeno ou de ser a antesala da absorción, o que sería inimaxinable para boa parte da súa masa crítica. Podemos debería reconsiderar a súa posición. Que pasaría de haber unha competencia entre Podemos e as Mareas? Ninguén ten a bola nas súas mans para adiviñar o futuro. Pero os dous sairían prexudicados. Sería penoso. É natural que Pablo Iglesias queira construír un partido coherente. Pero estes non son os tempos. Aínda estamos na fase de emerxencia: non toca unha institucionalización prematura. Podemos terá o seu espazo, pero será malbaratado se se guía pola arrogancia e a ambición desmedida de poder. Hai procesos de recomposición política no Estado Español que necesitan de tempo e diplomacia, non de OPAS arrogantes. É natural que Pablo Iglesias queira construír un partido coherente. Pero estes non son os tempos. Aínda estamos na fase de emerxencia: non toca unha institucionalización prematura Tamén Galicia vai vivir un episodio de recomposición do nacionalismo. As vellas fórmulas están esgotadas. Os nacionalistas están airados e buscan o seu camiño. Aínda ignoran cal pode ser, en que ha de cristalizar. Eu non teño moitas dubidas acerca de que iso vai a suceder, dado que os síntomas se multiplican. Ese proceso necesita o seu tempo, o seu pouso, un novo horizonte e un novo discurso que sele unha reconciliación cunha sociedade da que se foron apartando. As Mareas son moitas cousas, pero, entre outras, expresan eses procesos de reconfiguración que poden ter éxito ou frustrarse. Encerran posibles conflitos no seu seo, derivada da súa pluralidade. Por outro lado, non cabe dúbida de que para os concellos de A Coruña, Santiago e Ferrol é vital proxectarse cara as xerais e cara as galegas para non ser asfixiados pola maquina de triturar. Toda esa complexidade necesita o seu tempo de maduración, e a mellor maneira de darllo é a través de candidaturas de amplo espectro. De Mareas. Xa sabemos que os de Podemos queren forzar a máquina, pero teño para min que de pasarse da raia, de aparecer coma listos de mais, van a ver frustradas as súas propias expectativas. Eu non penso que vaiamos a vivir un Proceso Constituínte pero si que creo que vivimos un tempo eixo entre dous períodos. E que a forma Partido non pode disociarse tan velozmente do movemento en marcha do que é expresión."}
{"ID": "PRAZA_8972", "summary": "Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo falarán este martes a partir das 20.30 na Nave de Vidán sobre a relación entre a soberanía e a normalización lingüística e as vantaxes e inconvenientes de que ambos os dous procesos se liguen.", "text": "O Espazo Cultural da Nave de Vidán acollerá o este martes a partir das 20.30 o primeiro dos Debates na Praza, organizados por Praza Pública e o coñecido restaurante compostelán. Neste primeiro encontro falarase sobre Lingua e Soberanía. Ideas para o galego nun país con decisión, e contará coa participación de Carme Hermida, profesora da USC e concelleira de Anova en Teo; Eduardo Maragoto, profesor de portugués na EOI de Santiago, membro do Consello da AGAL; Goretti Sanmartín, profesora da UdC, membro da Executiva Nacional do BNG; e Henrique Monteagudo, profesor da USC, membro da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia. Goretti Sanmartín indica que \"lingua e soberanía deben retroalimentarse\" pero engade que \"non abonda só con soberanía\" e salienta a importancia da \"conciencia social\" O debate xirará principalmente ao redor da cuestión de se é bo ou malo para a normalización lingüística encadrala no debate sobre a soberanía que se está a abrir. Neste senso, Goretti Sanmartín indica que \"lingua e soberanía deben retroalimentarse\" pois \"con soberanía poderiamos facer unha política lingüística de moita máis intensidade a prol da lingua galega\". Pero engade que \"non abonda só con soberanía\" e salienta a importancia da \"conciencia social\" e de \"mudanzas relevantes sobre os modelos lingüísticos en procesos de globalización e tamén da reflexión sobre que son as linguas: se son apenas instrumentos de comunicación ou outra cousa\". Sanmartín conclúe que \"mesmo tendo soberanía -como lles pasa a moitos estados soberanos- non teriamos garantida supervivencia da lingua propia. A lingua é moi importante para o desenvolvemento da conciencia nacional\". Maragoto cre que unha lingua \"non se debe vincular cun movemento político que propugne a independencia de Galicia. Non é prudente e menos en Galicia\" Eduardo Maragoto concorda en que \"soberanía e lingua están moi relacionadas\" pois \"o futuro de calquera lingua está moi relacionado coa política que se fai dende os Estados ou coa relación que a lingua establece cos Estados\". Porén, Maragoto cre que unha lingua \"non se debe vincular cun movemento político que propugne a independencia de Galicia. Non é prudente e menos en Galicia. O galego debe aspirar a ser a lingua común de todos os galegos, independentemente da súa ideoloxía\". Conclúe que \"no momento en que as posicións soberanístas fosen maioritarias xa a sociedade establecería que relación establecería entre este movemento e a lingua. Como está sucedendo en Catalunya\". Hermida: \"Pode parecer que nun Estado soberano a normalización seria algo prioritario, pero iso dependerá de como se goberne ese Estado\" Pola súa banda, Carme Hermida salienta que \"o apoio politico e a disponibilidade orzamentaria son imprescindibles para levar adiante un proxecto normalizador\". Pero introduce matices á hora de ligar os dous conceptos: \"Pode parecer que nun Estado soberano a normalización seria algo prioritario, pero iso dependerá de como se goberne ese Estado. Nun Estado soberano, se a maioría corresponde a un partido coma o que hoxe goberna Galicia, pois pouco se avanzaría en cuestións de normalización\". Hermida tamén sinala que en moitos lugares \"tamén pode ser que haxa persoas que defendan o soberanismo por unha simple cuestión económica e que non compartan o obxectivo de normalizar o uso da lingua\". Monteagudo engade que \"o nacionalismo ten que ter moi presente que iso non se pode limitar ao seu propio ámbito e o máis importante é que se confíe no pais\" Finalmente, Henrique Monteagudo liga o proceso de normalización \"cun proxecto de pais\" e sinala que \"iso ten que ter unha lectura que vaia máis aló do nacionalismo porque doutro xeito limítanse as posibilidades de normalización do idioma\". Monteagudo engade que \"o nacionalismo ten que ter moi presente que iso non se pode limitar ao seu propio ámbito e o máis importante é que se confíe no pais. Eu creo que o nacionalismo non confía suficientemente no pais\". O debate tratará outras claves como Cal sería para ti o estatus lingüístico legal ideal para Galiza tendo en conta a realidade sociolingüística? ou No hipotético caso de que Galiza tivese capacidade total para decidir como gobernarse, que cousas que agora non se poden facer cres que habería que facer con respecto á lingua?"}
{"ID": "NOS_35809", "summary": "Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ao mediodía deste domingo con mar combinada do noroeste con ondas de até 7 metros.", "text": "A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta da Galiza activou para este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ao mediodía deste domingo con mar combinada do noroeste con ondas de até 7 metros. Alerta amarela desde a mañá Indica tamén que xa desde primeiras horas da mañá haberá alerta amarela en todo o litoral da Galiza con ondas de até 5 metros. Rexístranse dous terremotos no litoral galego e outro en Covelo A Xunta lembra a importancia de manterse lonxe da liña de costa (diques, rompentes ou paseos marítimos. Extremar medidas de seguranza Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguranza á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese."}
{"ID": "NOS_8268", "summary": "Co aval da Comisión Europea, Pedro Sánchez, presidente do Estado español, presentou esta quinta feira un plan que se debaterá nas vindeiras semanas con institucións públicas e privadas, co obxectivo de converxer en 2050 cos oito Estados cun maior desenvolvemento socieconómico dentro da UE.", "text": "Acompañado das catro vicepresidentas do Goberno do Estado español e do vicepresidente de Relacións Interinstitucionais e Prospectiva da Comisión Europea, Maros Sefcovic, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou o plan España 2050, que ten como obxectivo que o Estado converxa nesa data cos países máis desenvoltos da Unión Europea. Esta estratexia está asinada por 100 autores coa participación de académicos de máis de 30 universidades, que desenvolveron 200 obxectivos resumidos en 50 indicadores cuantificábeis que estabeleceron para achegarse aos oito Estados que o plan identifica como de desenvolvemento alto dentro da UE, nos que inclúe a Austria, Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Países Baixos e Suecia. No acto, Sánchez recoñeceu varios dos problemas do Estado, \"o noso tecido produtivo é fráxil, a poboación ten formación inferior, a xuventude ten dificultade para acceder a emprego estábel e a unha vivenda, hai pobreza e desigualdades inadmisíbeis\". No resumo executivo da proposta sinálase que, segundo os estudos previos, unha persoa cun título universitario no Estado ten un menor nivel de comprensión lectora e habilidade matemática que unha persoa co Bacharelato nos Países Baixos. Ademais inclúe unha proposta de taxa para os billetes aéreos e a eliminación dos voos dunha duración inferior a dúas horas e media. Asemade, apúntase a inevitabilidade da desaparición de parte da poboación rural, responsabilizando as diferencias fiscais entre territorios influenciou \"a situación de recursos produtivos e sés sociais de empresas\", destaca o texto. Entre os obxectivos para a achegarse ao grupo de cabeza da UE indícase a necesidade de incrementar até o 2050 nun 50% a produtividade, ao tempo que, a nivel de desenvolvemento humano, no documento indican que, entre outros, tería que aumentar en 23 puntos porcentuais a poboación entre 25 e 34 con estudos superiores a ESO. O plan tamén estabelece que en 2050 a taxa de paro terase que reducir até o 7%. \"Dialoguemos para decidir que país queremos ser en 30 anos\", di Sánchez Na presentación do plan España 2050, Pedro Sánchez anunciou que nas vindeiras semanas comezarán as conversas con institucións tanto públicas como privadas para mellorar a proposta, e chamou á participación e ao diálogo \"para decidir que país queremos ser en 30 anos\". O documento é unha aposta polo impulso da innovación e a modernización do tecido produtivo e da cultura empresarial, que inclúa a transición cara a un modelo de desenvolvemento sostíbel no que salienta a \"consecución da plena igualdade de xénero\". Tamén se recolle o fortalecemento dos servizos públicos, con especial énfase en saúde, ensino e coidados; o redeseño das prestacións sociais; a modernización da Administración Pública e a reforma do sistema fiscal para aumentar a súa progresividade."}
{"ID": "NOS_12487", "summary": "En plena vaga de lumes, a CIG denuncia a falta de medios que está a padecer o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.", "text": "Ningún camión motobomba asistía esta terceira feira o incendio que estaba activo en Castro de Beiro . Este é un dos exemplos da denuncia na que a CIG pon á vista a falta de medios tanto humanos como materiais no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) no que está a ser considerada a onde de incendios máis fortes dos últimos anos, con máis de mil hectáreas ardidas desde o pasado domingo. En Ourense, onde os lumes están a afectar con máis forza, están a traballar 2 persoas nalgunhas brigadas que tiñan que estar compostas por 7, segundo denuncia o sindicato nacionalista que critica que non se cubran as baixas ou as vacantes do servizo. Cores políticas \"Mentres a Xunta de Galicia nunha actitude totalmente propagandística dedícase a entregar camións motobombas novos a Concellos da mesma cor política para que os teñan aparcados ou que a mediados de agosto non teñan aínda contratados a condutores nin brigadas, os camións motobombas do SPDCIF caen a cachos\". sinalan. No caso do lume de Castro de Beiro, os dous motobomba tiveron que ser retirados por avaría co cal non se empregou ningún na extinción, segundo a denuncia que engade que os provedores e tamén os talleres se negan a arranxar os camións por non se lle ter pagado as débedas anteriores A CIG critica tamén que o Goberno do PP reducira de 83% a 35% de empregados públicos no Servizo contra incendios o que, ao seu ver, afecta negativamente á eficacia e coordinación. Esixen, a cobertura inmediata das vacantes e a dotación de medios materiais e vehículos necesarios para desenvolver un labor seguro e eficaz."}
{"ID": "NOS_30385", "summary": "O último premio Xerais chega aos andeis das librarías e alimenta a listaxe de obras de autoría compartida. Tonas de laranxa, a novela de Manuel Lourenzo Baleirón e a súa filla María Lorenzo Míguez, súmase aos poucos títulos da nosa literatura creados a catro mans.", "text": "Falar con María e Manuel explica, en boa medida, a complicidade que se agocha detrás do proceso creativo. En conversas distintas, as respostas cadran tan ao xeito que parece como se a conversa fose conxunta. \"Hai tres anos e medio fixen un conto de setenta páxinas. Cando llo ensinei a meu pai insistiu en que o pulise mais, como non o daba feito, comezou el mesmo a tarefa de pulilo\" comenta María. Principiou entón a participación de Manuel na obra. \"Ela escribira un conto fermosísimo. Teimei en que coidase as cuestións estilísticas, e como non o facía, púxenme eu, mirando que non perdese a frescura e a historia que ela contaba\" explica Manuel.Comparten casa e lecturas, comezando polo irmán-tío Eusebio Lorenzo Baleirón, a quen mentan un e outra. Canda el, Cunqueiro, Italo Calvino, García Márquez ou o propio Anxo Angueira, amigo da familia e tamén das terras de Dodro. \"Compartir lecturas fai que á hora de escribir teñamos tamén coincidencias. Sempre me recomendou obras cun estilo moi poético, e iso tamén se aprecia na novela\" di María que, cada vez que Manuel lle \"daba unha volta\" á novela, asentía convencida.Se Manuel tivese que explicar o proceso, falaría \"de diálogo, de encontro, de complicidade\", o que estabelece coa súa filla, a quen lle recoñece a autoría da historia e pola que recibiu o premio con especial alegría. María mostra a mesma xenerosidade ao falar do pai, a quen lle debe, segundo di, o resultado final da novela, unha obra dos dous en que cada un quere recoñecer o outro.Só desta maneira, con este entendemento, é como se explican as poucas obras de autoría compartida que atopamos na nosa literatura. Poucos son os exemplos mais algúns merecen especial atención na historia das nosas letras. Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro póñenlle sinatura conxunta ao Manifesto Máis Alá, e Vilar Ponte e Cabanillas levan á par a historia do Mariscal Pado de Cela ao teatro. Na tradución, Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traen para o galego ao Heidegger de Da esencia da verdade. O colectivo Rompente agochaba a autoría colectiva de Silabario da Turbina e A dama que fala. O xogo literario entre Manuel Rivas e Xavier Seoane en 1981 deu lugar a Anisia e outras sombras, asinado polos dous escritores sen identificaren a autoría dos versos. \"Ese libro é un simple experimento. Unha sinxela experiencia de creación compartida. Xurdiu, case na súa totalidade, nas noites dos días 3 e 12 de xullo de 1980, a primeira na casa de Manuel Rivas, na terra inefábel do Castro de Elviña, e a segunda nun marabilloso piso perdido da Avenida da Mariña, coa vila da Coruña por testemuña, durmindo\" escreben os dous autores no libro. Villar-Rábade Se no caso do Xerais pai e filla asinan conxuntamente a súa obra, a parella de Helena Villar e Xesús Rábade Paredes deron ao prelo un feixe de libros de autoría compartida: poemas, novelas e libros para crianzas suman a máis ampla produción con sinatura dobre da nosa literatura. Marga do Val e Paula de Lemos puxeron voz conxunta a Entre dunas, o libro de poemas en que só os ç ou os nh identifican quen está detrás de cada un dos versos e en que beira do Miño se atopa a autora. Unha experiencia recente é a de Francisco Castro e Fina Casalderrey e o libro solidario O Neno Can, un novo exemplo que podemos engadir a estas propostas que xuntaron mans para seren unión temporal na escrita. O Neno Can recolle cinco relatos escritos conxuntamente, a volta de correos electrónicos até daren un texto que tanto Fina como Francisco identifican como propio. Fóra de Galiza Noutras linguas, a literatura compartida deu pé a exemplos de singular relevancia, desde os títulos clásicos de Marx e Engels en ensaio até os italianos Carlos Fruttero e Franco Lucentini, con dúas decenas de novelas compartilladas. O crítico Xesús González Gómez achéganos á profusión dos mestres da novela policial tamén en Suecia coa parella Maj Sjöwall e Per Wahlöö. Na novela de xénero e na produción dos surrealistas, que el ten estudado, atopa a máis ampla relación de obras con autoría conxunta. En Ralentir travaix coinciden André Breton, Paul Eluard e René Char, mentres Breton e Élouard lle dan corpo a A inmaculada concepción: son dous exemplos desa comunal creación surrealista. A galega María Luz Morales -que fora directora de La Vanguardia en 1936-, sumou tamén o seu nome ao da súa amiga Elisabeth Mulder para compartir obras en español, en especial, destinada ás crianzas."}
{"ID": "PRAZA_6830", "summary": "O presidente da Xunta ataca o bipartito e asegura que a operación Zeta foi posible grazas ás denuncias do seu Goberno, malia que o sumario salpícao xa e sitúa un dos seus amigos como o mediador entre a trama corrupta e a cúpula do seu partido.", "text": "Feijóo deféndese atacando. Ante as diferentes informacións do sumario da operación Zeta -que investiga a trama dos cursos falsos de emprego- que o salpican, o presidente da Xunta presume de liderar xunto ao seu Goberno a loita contra a corrupción e incluso asegura que a investigación que se está a levar a cabo é grazas ás denuncias que fixo o seu Executivo. Na sesión de control no Parlamento nada especificou de que medidas tomar contra este e outros casos, pero si chegou a utilizar unha frase na que sae citado no sumario para advertir que el será \"clave\" nesa suposta loita contra as prácticas corruptas. Feijóo aparece no sumario citado como \"clave\" e el responde que será \"clave\" na loita contra a corrupción \"Gerardo, el jueves 7. A las 5,30 en Génova, despacho Ana Pastor. Marga [directiva das empresas investigadas] y tú. Un saludo. Feijóo va a ser clave\". Así se pode ler no sumario da operación Zeta nunha conversa extraída dunha mensaxe enviada a Gerardo Crespo, presunto líder da trama, por Pachi Lucas, recoñecido amigo do presidente da Xunta e suposto \"conseguidor\" da rede corrupta. Francisco Jorquera, voceiro do BNG, mostrou tamén unha fotografía na que Lucas aparece xunto a Mariano Rajoy, José Luis Louzán, Alfonso Rueda e o propio Núñez Feijóo na praza de touros de Pontevedra. Pero a resposta foi sempre a mesma: presumir de integridade e atacar o bipartito. \"Este goberno é o único que puxo en coñecemento do fiscal o que pasaba, mentres vostedes (en referencia ao bipartito) deron un 30% máis de axudas a estas empresas, ata seis millóns de euros; súmese a esta actuación impecable desde o punto de vista da Fiscalía\", chegoulle a responder Feijóo a Jorquera logo de que este lle amosase a fotografía e pedise incluso a súa dimisión ante a descuberta da que considera unha \"trama de financiamento irregular\" do PP e despois de que o sumario desvelase tamén como a contable de Crespo admitía que sacou cartos da caixa B para pagar en sobres aos populares. O presidente deféndese atacando o bipartito, ao que adcusa de \"dar un 30% máis de axudas\" ás empresas vinculadas á trama O BNG, ao igual que outros grupos, recordáronlle a Feijóo a morea de cargos e militantes do PP citados no sumario, pero o presidente teimou en presumir de eficacia contra a corrupción. \"Neste momento todos os cursos de formación son investigados e en 2010 creouse un servizo para investigalos, algo que antes non existía\", dixo, asegurando mesmo que \"non é normal\" que este sumario \"non saíse na anterior lexislatura\". \"Todo o mundo mirou para outro lado ata que este Goberno quixo investigalo\", engadiu. O BNG mostroulle a Feijóo unha fotografía na que o \"conseguidor\" da trama aparece xunto a el, Rajoy, Louzán e Rueda Pero Jorquera lembroulle que foron funcionarios e ex traballadores os que desvelaron a trama corrupta dos cursos de formación que implica a Romay Beccaría ou Carlos Negreira e que aínda en 2013 a Xunta llelos concedeu ás empresas implicadas. Feijóo contestou acusando o bipartito de adxudicar tamén cursos co goberno en funcións e incluso aludindo a correos que no sumario desvelarían conversas entre membros do anterior executivo de coalición e directivos das compañías investigadas. \"Seguirei actuando afecte a quen afecte\", volveu presumir o presidente, que nada dixo, non obstante, de que nova medidas pretende tomar. \"Se vostedes tivesen actuado na anterior lexislatura, isto teríase parado\", asegurou antes de que a voceira de AGE, Yolanda Díaz, lle preguntase se el era \"o home X\" desta trama. \"Ler a prensa hoxe dá terror\", afirmou Díaz, que acusou o PP de \"prácticas corruptas e do carrexo de xente impedida a votar\", unha situación que tamén se está a investigar e pola que reclamou dimisións, algo que tampouco aclarou nin respondeu Feijóo. Tampouco advertiu novas medidas sobre a corrupción ao ser requirido polo portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, que lle preguntou se \"non vai dar ningunha explicación\" logo de que o nome do presidente \"apareza nomeado nos sumarios\". \"Vostede evita acordos serios e limítase a xestos, pero pedir perdón non é dabondo\". Feijóo evita dar explicacións e tira balóns fóra propoñendo un pacto anticorrupción ao PSdeG E Feijóo volveu tirar balóns fóra, sacando da manga esta vez a proposta dun pacto anticorrupción ao PSdeG en Galicia e presumindo das dez medidas de rexeneración democrática presentadas no Debate do Estado da Autonomía. \"O seu partido debería ter un mínimo de autonomía para poder pactar aquí; sigo esperando ese pacto e agardo que se poida facer cos grupos de Galicia; se non están dispostos non nos faga perder o tempo. Nós levamos estes temas á Fiscalía e vostedes non fixeron nada\", insistiu."}
{"ID": "NOS_49086", "summary": "Terceira vitoria das xogadoras coruñesas, desta vez por un contundente 55-0 diante do C.R. Complutense Cisneros.", "text": "As galegas do CRAT UDC seguen primeiras na División de Honor feminina de rugby após un contundente 55-0 contra a C.R. Complutense Cisneros e continúan a disputarlle a hexemonía ao INEF Barcelona. No Universitario de Elviña, coas baixas na equipa da Coruña de Helen, Rocío, Alevín e Machi, a superioridade das locais foi total neste encontro da terceira xornada. Para este partido contaban con Jackie, Isa, Ana, Mónica, Nerea, Fanny, Shaan, Elsa, Chao, Turena, Vanessa, Maijo, Jana, Silvie e Berta. Tamén xogaron Clio, Euge, Selene, Alba e Cecilia.Abriron o marcador no minuto 3 cun ensaio de Berta que recuncou con outro no minuto 20. Logo virían o ensaio de Maijo transformado por Berta (minuto 28) e de Shaan, tamén transformado por Berta (minuto 30). A superioridade do CRAT UDC foi total neste encontro da terceira xornada da División de Honor feminina de rugby Após o tempo de descanso as galegas continuaron co seu xogo de alto nivel. Un ensaio de Vanessa, transformado por Berta (minuto 43), colocaba o 31-0 no marcador e logo virían os de Turena (minuto 58), Nerea, transformado por Berta (minuto 64), Berta, transformado por ela mesma (minuto 75) e Silvie. Ao remate o marcador quedou nun claro 55-0 a favor do CRAT UDC. A fin de semana vindeira xogarán as dúas primeiras clasificadas entre si. As galegas visitarán o Olímpico de Pozuelo R.C. nun bo momento de xogo. Rogelio e Alfredo, treinadores do CRAT UDC, saben que contan cunha equipa para xogar malia baixas importantes."}
{"ID": "PRAZA_2247", "summary": "Rogelio Martínez foi nomeado en 2009, cando xa estaba acusado de malversación de fondos públicos, e está pendente de xuízo, nun proceso moitas veces adiado. Tamén cesa a delegada en Vigo, María José Bravo Bosch, imputada recentemete na Operación Patos.", "text": "A esixencia que habitualmente -sobre todo nos últimos anos- se lles fai aos partidos de que aparten dos altos cargos aos políticos imputados en casos de corrupción, cobraba no caso de Rogelio Martínez unha significación especial. Estaba xa imputado por presuntos delitos de malversación, fraude, falsidade documental e prevaricación continuada cando foi nomeado delegado da Xunta en Ourense. E así permaneceu, no posto e imputado, durante seis anos, pendente do inicio dun xuízo que se foi adiando, entre cambios de xuíz (ao redor de media ducia), recursos e novos informes. Preguntado sobre se as respectivas imputacións influíron nos cambios, Núñez Feijoo, argumentou que \"todo inflúe pero nada en exclusiva foi determinante. Tamén inflúen os ciclos políticos\" O Consello da Xunta decidiu este xoves a destitución de Rogelio Martínez como delegado da Xunta en Ourense. Será substituído por Marisol Diaz Mouteira. Tamén cesa a delegada en Vigo, María José Bravo Bosch, imputada recentemente na Operación Patos, relevada por Ignacio López-Chaves. En ambos os dous casos o Goberno galego asegura que os cargos cesados pediron ser substituídos. E, preguntado sobre se as respectivas imputacións influíron nos cambios, o presidente Alberto Núñez Feijoo, argumentou que \"todo inflúe pero nada en exclusiva foi determinante. Tamén inflúen os ciclos políticos\". María José Bravo convértese na primeira vítima política da Operación Patos, un proceso no que foi imputada hai tres semanas por supostamente beneficiar o empresario Enrique Alonso Pais, e sobre o que deberá declarar o vindeiro 5 de novembro. A actualidade do caso colocou os focos sobre ela nas últimas semanas, pero máis rechamante era a permanencia no cargo de Rogelio Martínez, despois de que por dúas veces a instrución fose pechada e parecese encamiñarse cara á apertura de xuízo oral e o seu consecuente procesamento. Porén, o pasado mes de maio o procesamento de Martínez foi novamente freado, é espera dun informe que a fiscalía lle reclamou -xa en febreiro- á Axencia Tributaria. O pasado mes de maio o procesamento de Martínez foi novamente freado, é espera dun informe que a fiscalía lle reclamou -xa en febreiro- á Axencia Tributaria Os problemas de Rogelio Martínez coa xustiza iniciáronse en 2006 cunha denuncia presentada polo BNG. Foi acusado de apropiación indebida e fraude no uso de fondos europeos cando aínda era alcalde de Arnoia. Ao redor de 51 mil euros debían ter sido destinados á construción dunha planta de biomasa que finalmente non se chegou a realizar, pero que si foi certificada polo rexedor. En 2009 a Audiencia xa considerou probado o delito e condenouno por vía administrativa á devolución dos cartos. Porén, os recursos presentados pola defensa de Martínez foron adiando o inicio do xuízo. Rogelio Martínez resistiu seis anos no seu posto, imputado e exercendo de home forte de Núñez Feijoo na provincia Nos últimos anos en moitas ocasións foi destacada a dobre vara de medir que o PP empregaba co seu delegado en Ourense. A pesar de que xa en 2012 o partido modificou os seus estatutos, comprometéndose a abrirlles expediente informativo a todos os seus altos cargos imputados por corrupción, Rogelio Martínez resistiu no seu posto, exercendo de home forte de Núñez Feijoo na provincia, unha especie de contrapoder interno ao baltarismo, e sinalado polos grupos da oposición, que unha e outra vez esixiron o seu cese. Ata este xoves."}
{"ID": "NOS_21209", "summary": "Pilar Rojo presidirá outra lexislatura máis a Mesa do Parlamento. Coa súa escolla e a dos dous ocos restantes, que ocuparán de novo Santalices e Balseiro, o PP resolve as dúbidas e desvela a composición do órgano reitor da Cámara.", "text": "A deputada pola provincia de Pontevedra, Pilar Rojo, que xa presidira a Mesa parlamanentar na anterior lexislatura, renovará o seu cargo após sexa refrendada polo Comité de dirección do PP. A maioría absoluta da que goza a súa formación na Cámara racha con calquer outra opción e permite @s populares presentar cargos aos órganos reiores do Parlamento, antes mesmo de se constituír. Alberto Núñez Feijóo, aposta máis un curso político por Pilar Rojo, para presidir o Parlamento galego. A número tres pola provincia de Pontevedra, contaría, segundo o presidente do PPdeG, co apoio maioritario entre @s demáis deputad@s e compañeir@s de partido. Aliás, acompañarán a Rojo no vindeiro ciclo (2012-2016), Miguel Santalices como vice-presidente primeiro e José Manuel Balseiro, como secretario. Así pois, o debate arredor da constitución da Mesa parlamentar foi pechado pol@s populares que se fan con 3 dos cinco postos. Con esta decisión o Partido Popular fai valer os seus votos, en tanto principal forza, para negárense a que a composición da Mesa reflicta a pluralidade da cámara, que desta volta conta con 4 grupos parlamentares. Neste senso, todo apunta a que o PSdeG e AGE ocuparán os dous restantes, segundo as declaracións feitas polos seus voceiros ao longo da semana, e o BNG ficará excluído da mesma."}
{"ID": "NOS_3476", "summary": "Nunha nova sesión de control ao Goberno español caracterizada polos indultos ás presas e presos políticos cataláns, o Congreso votou en contra da proposta do PP para oporse á medida de graza. Mentres, Pere Aragonès, presidente catalán, advirte de que ir a actos co rei non implica rebaixar as reivindicacións políticas.", "text": "Ademais da sesión de control ao Goberno español desta cuarta feira, as deputadas e deputados no Congreso tiveron que votar algunhas das propostas que non puideron ser debatidas na terza feira, entre elas unha do Partido Popular para oporse á concesión do indulto ás presas e presos políticos cataláns, o tema que intentaron que protagonizara o debate do día. Con 190 votos das forzas de Goberno e soberanistas catalás, vascas e galega, o pleno rexeitou a proposta do PP, na que quedaron co apoio de Vox, Ciudadanos, Foro e Unión do Pobo Navarro. Pouco despois, comezou a sesión de control con Pablo Casado apuntando a Pedro Sánchez, presidente do Executivo estatal, que \"non se pode caer máis baixo\", \"mente sempre\", \"xa até acepta o referendo [de autodeterminación en Catalunya]\", ou que para o socialdemócrata \"o Estado de Dereito é vinganza\". Sen entrar directamente na cuestión, despois de filtrarse que o Goberno español prepara un pleno monográfico para abordar a cuestión no Congreso antes da concesión da medida de graza, Sánchez acusou Pablo Casado de atentar contra a \"concordia\" e sinalou que defenden \"tanto a Constitución e a monarquía parlamentar\" e que \"mandan a señora Ayuso a dicir incongruencias sobre o papel do rei\". Amais, o presidente estatal valorou desde a tribuna como positiva a viaxe onte do monarca a Catalunya. Malia que nesta ocasión Pere Aragonès, presidente da Generalitat, non acudirá co rei á xuntanza anual do Cercle d'Economia, na sesión de control do Parlament, Aragonès defendeu que participarán en actos con el e mais con persoas \"afastadas ideoloxicamente\", mais advertiude que \"defenderemos as nosas conviccións e non rebaixaremos nun un gramo o noso programa\". Asemade, o president criticou que o Goberno estatal recorrera a lei catalá de regulación do alugueiro no Tribunal Constitucional, e chamouno a \"abandonar posicións estériles de bloqueo e apostar por solucións\" e non \"escudarse en interpretacións restritivas da Constitución\". Instan o Goberno do Estado a desclasificar documentos do 23-F O Pleno do Congreso aprobou hoxe a proposición non de lei presentada por BNG, ERC, Junts, PDeCAT, CUP e EH Bildu, e emendada por PSOE e Unidas Podemos -socios de Goberno-, na que chaman o Executivo estatal a modificar a Lei de segredos oficiais co fin de desclasificar calquera material (escrito, sonoro ou audiovisual) relativo ao intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. A este respecto, unha proposta de reforma desta lei presentada polo PNV leva conxelada na mesa do Congreso un ano. O portavoz nacionalista vasco, Aitor Esteban, salientou que para desclasificar eses materiais non é preciso modificar esa lei franquista, senón que se trata dunha decisión do Consello de Ministros. \"Se todo foi tan modélico, o que precisa agora a monarquía é esa desclasificación\", defendeu Aitor Esteban."}
{"ID": "NOS_669", "summary": "Este domingo debrúzase sobre a xanela do #VenhanMais5 Isidro Novo (AELG), membro da Comunidade Sermos na súa calidade de coordenador da sección Palabras con Memoria.", "text": "-Como avalías o estado actual da lingua galega? Eu considero que as constantes vitais do galego aínda son o bastante vigorosas para dicir que resistimos, malia que ese estado de resistencia se deba totalmente á iniciativa de sectores cidadáns e non á promoción e protección do idioma por parte dos organismos políticos, aínda que teoricamente sexa unha das catro linguas do Estado. -Que evolución agardas na situación do galego a a cinco anos vista? Sermos debería criar unha sección dedicada ao campo galego con perspectiva de futuro -Ao mellor peco de cándido, pero son optimista. Eu son dos que considero que a reivindicación do galego en Galiza como lingua de primeiro nivel vai vir a través d@s nos@s net@s por unha razón tan sinxela como é a desaparición dos prexuízos verbo dela. O galego pasou cinco séculos longos subsistindo grazas á clase baixa do rural e por iso a clase media, nada nas vilas e cidades coa industria e co comercio, para que non a \"confundisen\" con aquela, pobre en xeral economicamente, fixo todo o posíbel por distanciarse renunciando ao idioma propio e mesmo aos seus costumes. Ata as clases altas do país non foron nin son tan belixerantes co galego como esa clase intermedia acomplexada, e por outra banda tan maioritaria. Agora as novas xeracións, desa clase incluso, lidas e instruídas, empezan a vela como unha lingua de prestixio. Hai un ano, nun xornal deste país, un estudo feito entre galeg@s de 15 a 25 anos xa facía notar unha \"deshostilización\" con desexos de aproximación e quero pensar que iremos progresando. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Eu coido que, sendo aínda un país eminentemente labrego, habería que falar máis do campo e ademais promovelo, porque o futuro de Galiza está no retorno á aldea. Por suposto, un retorno con bagaxe, con coñecementos novos, dende a Universidade. Para facer cultivos ecolóxicos e de xardinería, para a fabricación de cosmética e de produtos derivados de orixe animal, para un novo tratamento dos montes, pero tamén para outras actividades inexploradas ata o momento. O campo merecería máis atención neste xornal no sentido de valorar as súas posibilidades. En resumo, estaría ben unha sección que fale do campo con perspectiva de futuro."}
{"ID": "NOS_22401", "summary": "Esta sexta feira terá lugar en Viana do Castelo (Portugal) a Cimeira Ibérica 2022 entre o Estado español e o luso. Desde a Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, deputado e director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, analiza as reivindicacións do territorio da raia occidental.", "text": "—É a primeira vez que unha cimeira destas características ten lugar en territorio do Miño. Que expectativas hai nesta ocasión?Desde a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho agardamos que por primeira vez se traten aspectos que teñan que ver cos problemas e a realidade das fronteiras. Polo feito de realizarse en Viana do Castelo, unha cidade do territorio que acolle a AECT, e tamén polos traballos de reivindicación e demanda da importancia da fronteira do río Miño, agudizada coa problemática do feche de fronteiras na pandemia. Fondos transfronteirizos están a empregarse fóra da Raia Pensamos que, por primeira vez, tamén comezamos a ter receptividade por parte dos Gobernos dos Estados. Hai que ter en conta que a fronteira do río Miño é a máis importante que hai entre o Estado español e o Estado portugués. Sendo un 5% da fronteira total, pasan máis de 50% de vehículos. É a máis dinámica a nivel social e económico, ademais de ser a que ten máis potencial de desenvolvemento. Hai que entender a singularidade e a relevancia que ten esta zona contando coa súa situación xeoestratéxica no centro da Eurorrexión entre dúas cidades como Vigo e Porto. —Que proxectos deberían incluírse como prioritarios para a zona nesta cimeira?Unha das cuestións que propomos é que, dalgunha maneira, se cree un foro no que os Estados teñan en conta a opinión das entidades locais que fan cooperación todos os días. Estas entidades ser escoitadas polos Estados ao ser elas que viven o día a día da fronteira. Alén diso, pensamos que o territorio do río Miño reúne as características, pola súa singularidade, para que se poida crear un investimento territorial integrado no que se acheguen fondos de diversa índole. Temos a Estratexia 2030 que está participada por toda a sociedade miñota con innumerábeis proxectos polo que cremos que é necesario que os Estados creen un investimento territorial nesta zona. O AECT Rio Minho exixe a Portugal que aclare a situación real da 'raia' fronte á Covid Recentemente no programa Poctep delimitáronse as áreas funcionais e o río Miño quedou excluído. Nós pensamos que ten que haber un proxecto ao que se lle dediquen fondos europeos. Demandamos proxectos completos como a conectividade e a mobilidade sustentábel transfronteiriza. Por exemplo o parque da Amizade e a ponte peonil entre Cerveira e Tomiño. Ou tamén a mellora da mobilidade entre A Guarda e Caminha sobre a que estamos realizando agora mesmo un estudo. Despois, pensamos que ten que haber un compromiso coa mellora ambiental e saneamento integral do río Miño. É o único espazo transfronteirizo que ten a protección de Rede Natura 2000 e polo tanto os Estados teñen que pórse a melloralo. Se o río non fose fronteira xa estaría realizado. —A demanda dos fondos Poctec xa é histórica. Cre que se atenderá a petición desta vez?De momento o programa operativo xa foi aprobado. Deseñado polos Estados español e portugués co consentimento das comunidades autónomas, sen facerlle caso ás indicacións da Comisión Europea que recomendaba que os territorios deses programas se gastaran nos territorios próximos á fronteira. Nestes momentos entran nel cidades como A Coruña, Lugo, Sevilla ou Valladolid. Cremos que é unha inxustiza. A historia o que desvela é que cada vez máis os fondos europeos transfronteirizos foxen da fronteira e empréganse para asumir gastos correntes das Administracións e non para proxectos de desenvolvemento territorial para desfacer as fronteiras, cando é o motivo polo que foron creados. Os territorios da Raia piden axudas polos prexuízos que supuxo o feche Naceron para compensar os territorios que durante centos de anos non se puideron desenvolver por estar na fronteira. Non responden a unha estratexia conxunta, son alianzas tácticas para captar diñeiro e gastalo nos gastos das Consellarías e outras entidades. O máis paradigmático é que noutros fondos hai unha concorrencia competitiva e neste caso a Xunta da Galiza, que é quen presenta máis candidaturas, é quen está no comité de valoración deses mesmos fondos."}
{"ID": "NOS_53909", "summary": "A historia de San Martiño de Mondoñedo é longa, escura ou lendaria nos seus inicios pola escasa documentación existente, mais moi interesante e frutífera. Vinculada a persoeiros como san Rosendo ou a raíña Urraca, pasou por bastantes avatares evitando, moitas veces, a ruína e exemplificando unha resiliencia teimuda que nin sequera desaparece cando estivo a punto de colapsar o edificio en época contemporánea. Aí, unha vez máis, rexurdiu chegando a nós do xeito que agora apreciamos. Quizais a súa situación rural, a perda de poder polo traslado da sé episcopal a Vilamaior de Vallibria (actual Mondoñedo), e, en xeral, máis o laissez faire, laissez passer que un verdadeiro interese xeral pola súa conservación ou supervivencia axudou a que sobrevivise ao paso dos séculos.", "text": "O devir de San Martiño foi chave na historia medieval do norte galego e, actualmente, segue a considerarse unha das construcións románicas máis antigas do Reino de Galiza, con categoría actual de basílica e Ben de Interese Cultural. Porén, foi estudada por destacados historiadores e investigadores como Villaamil y Castro, Castillo, Chamoso, Regal, Núñez, Yzquierdo Perrín e Castiñeiras, fundamentalmente, que estabeleceron as súas principais características e significado en relación cos inicios do románico galego e de cuxas fontes bebemos para este artigo. A pesar de situarse na Mariña, preto das rutas xacobeas do Camiño Norte de Santiago, entrando na Galiza por Ribadeo, non era un punto de paso ou destino, pero, de seguro, que tivo relación coa peregrinación medieval tal como se constata pola súa vinculación plástica e arquitectónica co románico peninsular (catalán-aragonés e prerrománico de tradición asturiana) e coa arte do fenómeno da peregrinación. Di a tradición que a basílica de San Martiño de Mondoñedo foi das primeiras catedrais construídas na península Ibérica e a historiografía menciónaa como a decana destas construcións relixiosas no noroeste. Segundo esta teoría, tivo unha primeira fase construtiva comezada no s. VI. Aínda que recentes sondaxes arqueolóxicas de Rodríguez e Cordeiro (2007) e publicacións (Sánchez-Pardo, Castiñeiras, Sanjurjo-Sánchez, 2018) non confirman esa cronoloxía, hai elementos prerrománicos reutilizados no edificio que outros historiadores consideran como pegadas desa ocupación anterior ao s. X. A orixe prerrománica tamén lle dá un valor engadido pola convivencia e transición directa ao románico, amosando os cambios estilísticos e arquitectónicos ou as permanencias da Alta Idade Media nas execucións dos séculos medievais seguintes. Yzquierdo (2007) considera que houbo un primeiro edificio prerrománico construído no s. IX e outra fase no s. X, namentres que para Núñez e Castiñeiras só houbo unha fase prerrománica datábel no s. X, que condicionou o templo románico posterior. Con todo, será reedificada principalmente no século X, as naves remataranse no s. XIII e terá intervencións arquitectónicas posteriores que culminan no XIX, momento no que se configura a imaxe actual da basílica que deturpa o edificio orixinal alterando a súa estrutura tradicional primixenia. Fachada e tímpano da igrexa de San Martiño A cronoloxía da fábrica románica do templo, segundo Yzquierdo, iniciaríase a finais do s. XI, durante o episcopado de don Gonzalo, pola cabeceira, continuando cara aos perímetros norte e sur, a capela maior e rematando na parte occidental, dentro duns parámetros entre o primeiro románico galego e o románico pleno. Partindo da base de que San Martiño presenta, para a súa época de construción, unha novidosa arquitectura, con planta basilical de tres naves, tres ábsidas semicirculares na cabeceira e un cruceiro transversal con ciborio central, asemade a plástica que a acompaña é moi salientábel e excepcional, posto que se considera como unha das máis ricas e temperás mostras da arte románica galega sendo producida, ademais, por un obradoiro alleo ao importante foco de Compostela (Sánchez-Pardo, Castiñeiras, Sanjurjo-Sánchez, 2018: 360). Os capiteis do interior, decorados con motivos vexetais, xeométricos e figurativos ou o famoso antipendium, tamén denominado frontal de altar, teñen unha factura estilística de seu, mesturando \"elementos formais e temáticos de herdanza altomedieval con outros dunha madurez xa románica\" (ibídem) e consolida a relevancia do chamado por Yzquierdo \"mestre de San Martiño de Mondoñedo\". A parte occidental do edificio, que corresponde coa fachada principal, remátase no segundo cuarto do s. XII, xa despois do traslado da sé a Valibria, momento no que se aprecia un cambio substancial no proxecto en relación co programa máis complexo iniciado na cabeceira e no cruceiro; quizais ese cambio transcendental influíu ou simplificou o acabado final, máis austero que o inicio da construción, e puido contribuír, tamén, á rapidez do seu completo acabado, tal como opinan os principais estudosos desta basílica. Frontalmente, o alzado está determinado pola maior altura da nave principal que estrutura no seu eixe inferior central o portal principal de acceso, franqueado, por un lado, pola parte occidental da nave norte da que a separa un contraforte, engadido en época contemporánea, e, polo outro, por unha torre posterior avanzada e acaroada. A portada principal está resaltada e abucinada, lixeiramente adiantada e protexida cunha cornixa ou tornachoivas entre o contraforte e a torre. Presenta unha grande arquivolta semicircular exterior decorada con motivos vexetais. Dos catro arcos restantes, dous están apoiados sobre columnas acobadadas bastante elevadas polo basamento, con dous fustes de mármore e outros dous de granito. Os de mármore, un pouco máis estreitos, xunto cos seus cimacios e capiteis respectivos son prerrománicos, algúns autores, incluso, os adscriben á época suevo-visigoda (s. VI). Os catro capiteis teñen representadas cabezas e figuras humanas e animais xunto con follas, palmetas, círculos con cuadrifolias e outros motivos decorativos nos elementos restantes. O arco menor interior está soportado en impostas decoradas con piñas e bólas a cadanseus lados. Configura unha típica portada cunha disposición que se desenvolverá no románico pleno e tardío, con bastante pervivencia cronolóxica nos templos do rural galego. Tal como sinala Yzquierdo (2000:118), o tímpano ten unha organización infrecuente: o lintel pentagonal sopórtase nas xambas dispondo no centro un círculo cun crismón e reenchendo o restante oco do tímpano co mesmo tipo de perpiaño pequeno que os muros. Pero na parte central superior do devandito tímpano, colocouse un perpiaño labrado cun círculo tetralobulado onde se inserta un Agnus Dei que amosa a cruz cunha das patas dianteiras. O cordeiro estauróforo (portador da cruz) é un símbolo cristolóxico habitual desde a arte paleocristiá, identifícase con Cristo e leva a cruz como símbolo sobre a morte e o pecado, pero, tamén, en relación aos cristiáns en torno á figura do Bo Pastor. O Agnus dei do tímpano hai que o pór en relación co representado no excepcional antipendium ou retablo pétreo conservado no interior da igrexa, incluso algúns historiadores consideran que serían obra do mesmo mestre ou artifex e, polo tanto, do s. XII (Yzquierdo, 2000: 119). Este motivo tamén se representa noutros tímpanos lucenses como o da porta sur da igrexa mosteiral de Ferreira de Pallares (Guntín) ou na porta norte da igrexa de San Miguel de Eiré (Ferreira de Pantón). Jaime Delgado sinala que non é frecuente esta dobre representación simbólica de Cristo (crismón e Agnus dei) na mesma portada, feito do que se poden deducir varias teorías até agora pouco concluíntes. No románico portugués tamén se representa un Agnus dei similar no tímpano da portada de San Pedro de Rates (Póvoa de Varzim), agás polo detalle da cabeza revirada. Yzquierdo (1999) di que o máis antigo de Galiza estaba no tímpano da desaparecida igrexa de San Pedro de Fóra en Compostela. Outros tímpanos de templos lucenses, fóra da diocese mindoniense, como o de San Martiño de Berselos (Baralla) ten tamén o año sostendo a cruz coa pata dereita dianteira, pero acompañado doutros elementos iconográficos, ou a igrexa do antigo mosteiro de Sta. María de Ferreira de Pallares (Guntín) no tímpano da porta do claustro. En xeral, os tímpanos das igrexas románicas lucenses adoitan estar decorados con diversos motivos, abondando os temas xeométricos e vexetais, cruces, inscricións, crismóns ou escenas narrativas como na igrexa de Sta. Cruz da Retorta (Guntín); pero tamén os hai lisos como nas portas de San Miguel de Biville ou Sta. María de Belante (Sarria), ás veces sostidos por mochetas ou ménsulas con cabezas de animais. Outras iconografías dos tímpanos románicos, ademais da referida en San Martiño e os devanditos paralelos lucenses, poden aludir ao titular da igrexa, amosar os signos de redención ou escenas bíblicas do Antigo e Novo Testamento. Non obstante, na provincia de Lugo, hai escasas mostras de tímpanos bifaces que se decoran tamén cara ao interior como o da porta principal de Santiago de Barbadelo (Sarria) cun lintel pentagonal, ou o de San Paio de Diomondi (O Saviñao). Así mesmo, son menos frecuentes os tímpanos con eses linteis pentagonais do que temos o antedito parangón, o da porta lateral do templo de Santa María de Pidre (Palas de Rei), sen decoración, ou o de San Cipriano de Repostería (Palas de Rei) cunha cruz gravada. A función deste programa iconográfico é, fundamentalmente, moralizante, evanxelizadora e docente. As fontes conceptuais derivan dos textos bíblicos, bestiarios e miniaturas, conformando unha linguaxe simbólica con finalidade comunicativa que terá unha gran pervivencia posterior a través de reinterpretacións ou copias populares polo territorio galego posterior ao século XII. Así e todo, na arte románica, a súa plasmación está sempre vinculada á arquitectura. Sobre a portada, ademais da ventá, hai elementos reutilizados xa mencionados por Villaamil: unha cruz grega e varias inscricións moi erosionadas e case ilexíbeis. Finalmente, a torre de planta cadrada realizouse no s. XV ou XVI tapando a parte occidental da nave sur e adiantándose á fachada, sendo reformada no s. XVIII. Conserva unha ventá orixinal xeminada con arquiños apuntados. A parte superior, con arcos de medio punto onde se albergan os ocos para as tres campás, é coroada por un cupulín semiesférico. O acceso exterior polo lado sur da torre está tapiado e agora a porta está no interior da basílica. Un conxunto excepcional O programa iconográfico da portada tería que completarse coa visión de todo o exterior do templo para apreciar os 37 canzorros do beiril do muro sur, os 34 do muro norte, onde tamén se aprecia unha porta prerrománica sobreelevada tapiada e, debaixo, outro acceso practicábel desde fóra, e só dous conservados da nave maior. Algúns teñen contidos moralizantes e atrevidas ou grotescas representacións. As tres ábsidas da cabeceira, coa central de maior tamaño e altura, presentan máis canzorros figurativos, nas laterais, ademais, hai unha interesante decoración no beiril e arquerías cegas debaixo da cornixa. Continuando coa plástica románica deste templo, no interior cómpre salientar, sobre todo, os capiteis dos piares compostos, o antipendium ou as pinturas murais e contextualizar o conxunto co acceso e visita ao anexo centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo, na antiga casa reitoral (inaugurado no 2018). No interior cómpre salientar, sobre todo, os capiteis dos piares compostos Así mesmo, por fóra apréciase o aparello pétreo arquitectónico cuxo tamaño, tipo e/ou cor, en función dos materiais utilizados e a súa disposición con intención estética, dá ao edificio unha unidade de conxunto marcando o seu volume e transcendencia na paisaxe. Como colofón, o coidado espazo exterior con zonas axardinadas graduando o desnivel do terreo, a milagreira fonte A Zapata, os restos doutras edificacións vinculadas ao antigo mosteiro/complexo episcopal/priorado de San Martiño e o Espazo Caritel completan un conxunto excepcional de obrigada visita."}
{"ID": "NOS_9999", "summary": "A Candidatura Galega afirma que os plans de cobertura destas canles non respectan a \"pluralidade política\", impulsan \"un novo bipartidismo a catro\" e obvian o nacionalismo embora ter representación no Congreso.", "text": "Nós Candidatura Galega denunciou os plans de cobertura de RTVE e de CRTVG por entender que \"non respectan a pluralidade política, e só favorecen ao novo bipartidismo a catro\". A formación nacionalista sostén que \"hai un apagón informativo claro, a pesar da multiplicación de debates e entrevistas\".Embora esa multiplicación, o protagonismo é \"sempre para os mesmos, e non están todos os que deberían estar\". \"Hai un apagón informativo claro, a pesar da multiplicación de debates e entrevistas. Pero son sempre para os mesmos, e non están todos os que deberían estar\". Perante isto, Nós reclama \"o dereito a ter un espazo informativo acorde á representación do nacionalismo galego no Congreso. É indignante que forzas que aínda non chegaron ao Congreso conten con todos os dereitos do mundo a ter presenza en todo acto informativo nas televisión públicas, mentras que organización con representación nin aparecemos\". No que atinxe a CRTVG, para a formación \"existe unha intencionalidad obxectiva de acalar a voz de Nós\". Pón de manifestó \"a negativa do PP nos órganos de control da CRTVG a calquera formato que garanta o debate e o contraste a nivel galego, levando interesadamente o debate ao marco estatal. Vulnerando así os propios principios que deben rexir nun medio público autonómico como é a CRTVG\". No caso de RTVE subliña \"o entreguismo evidente ao bipartidismo a catro que se está a potenciar de maneira interesada. Ao tempo, exclúen as todas as forzas do Grupo Mixto con escanos na Cámara Baixa\"."}
{"ID": "NOS_7143", "summary": "As vendas do comercio minorista caeron nestes últimos doce meses en Galiza un 12,8%. Desde 2007 son por volta de 20.000 os pequenos comercios que tiveron que botar o peche", "text": "As vendas do comercio ao por menor rexistraron unha queda nestes últimos doce meses dun 12,8%, o que supón a terceira máis grande do Estado após as de Euskadi e Madrid. No conxunto do Estado as vendas retrocederon un 10,9% e xa se encadean 33 meses consecutivos de descensos interanuais. Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén se apunta a que nese mesmo período (de marzo de 2012 a marzo do presente exercicio) o emprego relacionado con este sector caeu nun 3,5%. A propia Federación Galega do Comercio calculaba, o ano pasado, que o número de pequenos negocios que tiveron que pechar no país desde o inicio da crise, en 2007, fora de por volta de 17.000 E a iso engadían que os empregos perdidos no sector nese mesmo período eran duns 43.000. Alénd a crise, medidas adoptadas polo goberno como a suba do IVE ou ben a liberalización horaria e rebaixas todo o ano supuxeron un \"tiro de graza\" ao sector."}
{"ID": "NOS_24281", "summary": "O secretario xeral do PSdeG está imputado por un delito de suborno, prevaricación, tráfico de influencias e contra a ordenación do territorio cando era responsábel de Urbanismo do Concello de Lugo.", "text": "José Ramón Besteiro acudiu esta terza feira (12 de xaneiro) aos Xulgados de Lugo en calidade de imputado por un suposto delito de suborno, prevaricación, tráfico de influencias e contra a ordenación do territorio no denominado 'caso Garañón'. Porén, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, que acudíu sen compañía de letrados, acolleuse ao seu dereito de non prestar declaración após os falidos intentos da defensa por que a citación ficase adiada e mesmo suspensa. Así as cousas, á saída dos xulgados Besteiro dixo á imprensa que \"non entendo\" o feito de que a súa comparecencia se demorase após \"180 días\" de \"pedir declarar\", como tampouco comprende, asegurou, que non se adiase mesmo a outra data dentro da mesma semana. \"É de sentido común\", acrecentou. O denominado 'caso Garañón' remóntase a hai unha década cando se iniciou o proceso para a construción dunha urbanización en Lugo, sendo responsábel da concellaría de Urbanismo o actual líder d@s socialistas galeg@s. O denominado 'caso Garañón' remóntase a hai unha década cando se iniciou o proceso para a construción dunha urbanización en Lugo A parte denunciante representada pola Asociación en Defensa das Costas do Parque Rosalía de Castro quere que Gómez Besteiro explique quen redactou o convenio relativo á urbanización aprobado pola xunta de goberno municipal o 31 de decembro de 2005. Neste senso, o avogado da acusación asegura que resultaría \"sorprendente\" que este documento fose redactado pola promotora inmobiliaria do Garañón mais sen a participación dos servizos técnicos do Concello de Lugo. Razón pola que procuraban coa declaración do ex-concelleiro que esta cuestión se aclarase. Aliás, o proceso xudicial tamén investiga a a adquisición por parte de Besteiro dun piso que, con anterioridade, fora propiedade dunha das empresas que vendeu o predio no que foron construídas as torres do Garañón. A xuíza, Pilar de Lara, investiga se existe relación entre as autorizacións definitivas para a edificación, nas que se mudou a edificabilidade --prevista xa en 1991 co PP á fronte do goberno municipal-- e a adquisición da vivenda, para alén de se terían existido beneficios a favor de Besteiro no prezo e na posterior reforma do inmóbel."}
{"ID": "PRAZA_20607", "summary": "Alfonso Rueda esixe ás deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra que se comprometan a asumir todos os sobrecustos que poidan derivarse do paso a unha xestión pública. A institución lucense denuncia que o Goberno galego négase á equiparación salarial dos seus traballadores contraincendios", "text": "A Xunta móstrase disposta a que as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra poñan fin aos parques de bombeiros privados, que pasarían a ser xestionados de maneira pública. Logo de anos impulsando este polémico sistema nos dispositivos antiincendios, o Goberno galego acepta a iniciativa pero négase a achegar máis cartos, nin tan sequera os necesarios para equiparar salarialmente os traballadores dos diferentes territorios. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo unha condición para este cambio: que os tres gobernos provinciais aproben en pleno un acordo no que se comprometan a asumir todo o hipotético incremento no custo do servizo que poida supoñer a mudanza, pero tamén a que unha suposta baixada nese custo tamén repercuta na achega que fai a Xunta. Mesmo pide que sexan estas institucións as que asuman os posibles gastos derivados das reclamacións laborais dos traballadores. A Xunta acepta a fin dos parques de bombeiros privados tan só se o cambio de xestión non lle supón ningún gasto máis ao Goberno Foi en xaneiro de 2016 cando se abriu unha posibilidade que impulsaron os gobernos provinciais progresistas, mentres que a Deputación de Ourense, presididada polo popular Baltar, desbotaba esa posibilidade e optaba por continuar coa xestión privada. Naquela primeira reunión sobre o tema, Rueda pediu informes ás entidades provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra sobre a viabilidade e os custos do traspaso. Desta vez si, todos os presidentes socialistas avogaban por mudar o modelo. Rueda esixe ás deputacións que se comprometan a asumir todo o incremento no custo do servizo que poida supoñer a mudanza Durante anos, Xunta, PPdeG e antigos dirixentes socialistas como Salvador Fernández Moreda defenderon a xestión privada dos parques comarcais de bombeiros, que se comezou a implantar nos últimos tempos da etapa de Fraga como vía para estender un modelo profesional de atención ás emerxencias que fose substituíndo paulatinamente o voluntariado. Os 24 parques dependen de consorcios provinciais de bombeiros, participados pola Xunta pero tamén polas deputacións, nas que os populares están agora en minoría. A intención non é outra que lograr que os parques deixen de estar xestionados por empresas privadas contra as que os bombeiros levan anos mobilizándose por, segundo denuncian, non garantir condicións de seguridade axeitada, precarizar a profesión ou mesmo provocar a descoordinación en emerxencias graves. Na xuntanza deste xoves, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; o da Coruña, Valentín González Formoso; e o deputado de Economía da de Pontevedra, Carlos López, insistíronlle a Rueda na súa intención de recuperar para o ámbito público os consorcios contraincendios. A Deputación da Coruña xa anunciou que \"será a primeira de Galicia\" en iniciar o procedemento para que os parques de bombeiros \"sexan xestionados directamente e non a través de empresas privadas\". O seu presidente, González Formoso, asegurou que os informes elaborados polos técnicos \"conclúen a viabilidade económica, xurídica e técnica da xestión pública dos servizos de emerxencias\" e ratifican que \"non habería ningún incremento no custo do servizo\", en referencia á condición que establecera a Xunta de que as deputacións asumirían calquera sobrecusto. A Xunta négase a achegarlle á Deputación de Lugo os 330.000 euros precisos para equiparar os soldos dos seus bombeiros aos do resto No caso da Deputación de Lugo, pola contra, o seu presidente Darío Campos trasladoulle a Rueda a necesidade de igualar os soldos dos profesionais que prestan o servizo contra incendios na provincia de Lugo aos de Ourense. \"É de xustiza que polo mesmo traballo e as mesmas responsabilidades, mesmo soldo\", dixo tras aclarar que estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo; uns 18.000 euros ao ano. Segundo o presidente lugués, o vicepresidente da Xunta rexeitou \"completamente\" esa posibilidade de achegar os 330.000 euros que, tal e como aclara, lle corresponden á Administración galego por participar ao 50% no Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, uns cartos que o goberno provicnial ten xa comprometidos no orzamento de 2017. \"Queremos que o PP se aclare, pois en Lugo defenden unha cousa pero en Santiago votan o contrario. É o dobre xogo ao que nos teñen afeitos. O PP de Lugo asumiu compromisos cos bombeiros, sabendo que os seus compañeiros na Xunta non ían cumprilos\", denunciou Campos, que acusa os populares na Xunta de \"continuar a bloquear esta xusta equiparación salarial, que si fixeron na provincia de Ourense pero non na de Lugo\". Ademais, o presidente provincial de Lugo adiantou que, en canto á garantía e viabilidade do modelo público, a Deputación conta xa cos informes positivos da mudanza, tanto a nivel técnico-xurídico como a nivel económico, \"podendo ser, mesmo, máis barato\". A Deputación da Coruña di que será a primeira en mudar o modelo pero a de Pontevedra medita agardar a que acabe a concesión actual en 2021 No caso da Deputación de Pontevedra, o seu informe sinala tamén a \"viabilidade\" do cambio na xestión, pero admítense as consecuencias para o cadro de persoal e a necesidade de facer concursos. Non todo o persoal actual podería obter praza, polo que deberían asumirse custos das indemnizacións que se determinarían máis adiante. Así, o deputado pontevedrés López Font valora a opción de agardar até 2021, data na que caduca a concesión actual do parque provincial, antes de formalizar o cambio de modelo a unha xestión pública. Sexa como for, os representantes das tres administracións provinciais xa advertiron que trasladarán a proposta da Xunta aos técnicos de cada Deputación para analizala xuridicamente. Valorarán se é posible aceptar a condición do Goberno galego de aceptar o cambio de xestión só se non custa un só peso máis."}
{"ID": "NOS_56202", "summary": "Un relato de Xabier P. Docampo en 5 entregas e a incursión de Pepe de Pura no xénero da literatura erótica son algún dos contidos exclusivos do Caderno de Agosto que oferece xa esta quinta feira o Sermos Galiza.", "text": "Esta quinta feira, é 31 de Xullo, mais para Sermos Galiza xa é agosto. Daí que o único semanario en lingua galega estreará ese día o seu novo suplemento, Caderno de Agosto, que se publicará durante cinco números consecutivos. Neste período estival tomará un merecido descanso o caderno de análise AFONDO, após ter completado un total de 76 números nesta a súa primeira etapa. Co mes de setembro voltará o AFONDO. O Caderno conterá un relato inédito de Xabier P. Docampo, Operación Monte de Lixo, e outro de Pepe de Pura, un texto de \"costumismo sexual\" O Caderno de Agosto, que coordenará o xornalista Rodri Suárez, oferecerá unha dupla páxina literaria, con textos inéditos. En concreto, un relato inédito dun dos nomes máis importantes da literatura galega, Xabier P. Docampo, baixo o título de Operación Monte de Lixo. Canda el fará a súa estrea nas nosas páxinas Pepe de Pura, cunha serie de relatos que o propio autor distancia da pornografia para situar no que chama \"costumismo sexual\". Non só de literatura viviremos estas ferias, así que o Caderno de Verán tamén se debruzará sobre as festas do verán, a vida cotiá, a gastronomía, a música e as idílicas paisaxes do noso país. Festas do verán? Música? Vida cotiá? Literatura? Quen mellor para sintetizar todo iso que Xurxo Souto, escritor e músico, animador da literatura e da música bravú. Terá neste Caderno sección fixa, ponto de encontro para a arroutada musical e o arrichamento literario. Realmente imperdíbel. Reserva o teu exemplarAsí as cousas, o mellor é que, este mes de agosto, reserves o teu exemplar de Sermos Galiza nos teus quiosques ou se tal que optes por te faceres asinante do noso semanario, neste enderezo."}
{"ID": "NOS_37000", "summary": "O encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento é o sinal de identidade do ciclo de concertos \"Do Audible\" que, ideado por Vertixe Sonora, inicia a súa edición a quinta feira día 19 de xuño.", "text": "Promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración de Vertixe Sonora, o ciclo Do Audible inicia a súa segunda edición con dous eixos centrais na súa filosofía, servir de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento a través de experiencias singulares en cada un dos seus concertos e, por o ultra parte, achegar un novo público para a música contemporánea. No programa, os concertos artéllanse arredor de catro focos temáticos, desta volta, o tacto, o mar, o universo e o diabólico en intervencións nas que a música dáse a man coa palabra convidando a subir ao escenario a coñecidos nomes da nosa cultura como a poeta e xornalista Ana Romaní. O tacto, o mar, o universo e o diabólico Diálogo da música coas expresións culturais contemporáneas por medio dunha programación que se expande en varias cidades galegas e que se inicia a próxima quinta feira día 19 de xuño ás 20:00 na Sala Multiúsos do Campus de Ourense coa interpretación de Vertixe Sonora de obras de John Cage (EE.UU.), Daniel Zea (Colombia) e Hugo Morales (México) nun espectáculo no que tamén participarán Ana Romaní e Traspediante Danza ademais de contar coa colaboración da Aula de Acordeón do Conservatorio Profesional de Música de Ourense coordinada por Celia Adrián. A seguinte cita será tamén quinta feira, o 26 de xuño no Museo do Mar de Galiza en Vigo cando Vertixe Sonora interprete pezas dos compositores Charles Antoine Fréchette (Canadá) e Fernando Garnero (Arxentina) e se acompañe do divulgador Francisco Ramos nun encontro que titulan \"O canto das baleas\". \"Música das esferas celestes\", será o seguinte concerto, xa por volta do verán, cando o 11 de outubro a Casa das Ciencias abra as súas portas a Vertixe Sonora para facer escoitar a obra de Karlheinz Stockhausen coas reflexións do profesor, ensaísta e comisario Lluís Nacenta. Distracfold Ensemble (Manchester) será a protagonista como agrupación convidada Do Audible a sexta feira 14 de novembro cando \"A música e o diabólico\" teña como escenario o Museo de Pontevedra para facer sentir composicións de Salvatore Sciarrino (Italia), Pier Luigi Billone (Italia), Mauricio Pauly (Costa Rica) co parlamento do profesor e ensaísta Enrique Gavilán no último concerto do programa."}
{"ID": "NOS_17495", "summary": "Son 265 as persoas usuarias contaxiadas e 162 as traballadoras e traballadores de residencias e centros de discapacidade.", "text": "Un surto de Covid-19 afecta o centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria, onde hai un total de seis persoas usuarias contaxiadas, ademais dun traballador cuxo positivo fora notificado no parte do sábado. Son os datos que achega a última actualización da situación nos centros residenciais da Galiza difundida polas autoridades sanitarias na mañá deste domingo. O número total de casos en centros de maiores redúcese en dous este domingo respecto ao sábado. Son agora 265 as persoas usuarias contaxiadas após non notificarse ningún positivo novo e saír do cómputo un usuario de Doral Residencias de Mos por dar negativo e outro da Soremay de Pontevedra falecido nas últimas horas. Desta maneira, a residencia Vila do Conde de Gondomar continúa como a instalación con máis casos da Covid-19 entre as persoas maiores de toda Galiza con 66 persoas usuarias infectadas. En segundo lugar atópase a Soremay de Pontevedra, con 40; en terceiro, o Asilo Vilalba, con 32; e en cuarto, a residencia Pontevedra de Vilaboa, con 31. Tamén contan con grupos de maiores con Covid-19 a Residencia Cesantes de Redondela (17), a San Antonio de Beariz (16), a San José de Narón (12), a San Salvador de Guntín (10), o CRAPD Vigo II (9), a DomusVi Vigo (9) e a Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño (8). Ademais, hai cinco maiores con coronavirus en DomusVi Ribadumia, catro en Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, outros dous no Apartamento Tutelado San Antonio de Beariz e un, respectivamente, na San Cibrao de Cervo, en Doral Residencias de Mos, en Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e no CRAPD Vigo I. Persoal das residencias Con respecto ás traballadoras e aos traballadores das residencias, nas últimas horas descenderon a 162, un menos que o día anterior, despois de rexistrarse un positivo na Servisenior de Brión e un negativo na San Rafael de Mondoñedo. Ademais, Política Social desconta do global un empregado dun centro de Ortigueira \"porque non incorporouse ao centro no momento de realizar a PCR\". Así, o Asilo Vilalba continúa este domingo como o centro co cadro máis afectado cun total de 29 casos. Séguenlle a residencia Soremay de Pontevedra e DoralResidencias de Mos, ambas as con 15. Surto nos centros de discapacidade Ademais, despois dun sábado no que non se contabilizaban casos de Covid nos centros de discapacidade, o surto da CAPD de Sarria eleva os casos a 6, todos neste centro. En canto aos cadros destas residencias, hai un total de sete contaxiados: un no propio centro de Sarria e o resto están a Chapela de Redondela, DoralResidencia de Mos, dúas en Fogar San Rafael de Vigo, un en Souto de Leixa e outro en San Vicente de Paúl de Lugo. Así mesmo, 14 traballadores teñen a Covid na residencia Pontevedra de Vilaboa e 12 en Domusvi Ribadumia. O resto de centros que figuran no parte de Política Social mantéñense por baixo da dúcia."}
{"ID": "PRAZA_18930", "summary": "Cruz Dafonte e Manuel Tato asinan o documental 'A vida conta', no que acompañan ás mulleres do rural compostelán na volta á vida despois do peor da pandemia da COVID-19. Acompañan a varias mulleres desde o illamento nas súas casas ata o encontro de volta nos centros socioculturais das parroquias de Figueiras, Lavacolla, Laraño, Marantes, Busto, Nemenzo, Santa Cristina, Grixoa e Bornais", "text": "Cruz Dafonte e Manuel Tato asinan o documental 'A vida conta', no que acompañan ás mulleres do rural compostelán na volta á vida despois do peor da pandemia″Polo menos tiñamos un día á semana para rir e ser libres″, di unha das protagonistas do documental A vida conta, de Cruz Dafonte e Manuel Tato, cando lle preguntan polo que significaba para ela reunirse no centro sociocultural para tocar a pandeireta coas veciñas. As mulleres do rural de Santiago de Compostela contan nesta peza audiovisual os efectos da pandemia no día a día, pois a COVID quitoulles a súa vía de socialización. ″Puideron estar nas súas casas e nas súas hortas, pero faltoulles a parte social das súas vidas. No documental recuperamos esa volta á vida con elas, a partir do mes de abril de 2021″, explica Cruz Dafonte.A vida conta ensina os preparativos para un encontro entre os centros socioculturais de Figueiras, Lavacolla, Laraño, Marantes, Busto, Nemenzo, Santa Cristina, Grixoa e Bornais, todos na contorna de Compostela, que tiña que terse celebrado no ano 2020 pero tivo lugar ao aire libre e con máscaras en 2021. A peza vai do individual ao colectivo e deixa entrever historias crúas relacionadas coa emigración, a enfermidade e as violencias machistas.Acompañan as mulleres desde o illamento na casa ata o encontro de volta nos centros socioculturais das parroquias de Figueiras, Lavacolla, Laraño, Marantes, Busto, Nemenzo, Santa Cristina, Grixoa e BornaisCruz Dafonte traballa con estas mulleres desde o ano 2016 en talleres de empoderamento dependentes do programa municipal ′Vida propia′, para reflexionar sobre como se foron construíndo as súas vidas con perspectiva de xénero. ″Nos talleres hai moito traballo corporal e de reflexión, para que se dean conta de que moito do que lles pasa ten quen ver con cargas de xénero que levan arrastrando durante anos″, detalla esta asesora xurídica e consultora social.O día antes de que se decretara o estado de alarma pola incidencia do coronavirus no Estado, Cruz e Manuel estaban gravando nun destes centros socioculturais para outro proxecto. ″Aí xurdiu a idea de facer isto e que nos contaran como era a súa vida –nese parón que tivemos todos– sen ir aos centros socioculturais″, conta Cruz. \"Quen é a máis libre de todo este grupo?\", pregúntase unha das protagonistas en marzo de 2020, para contestar: \"Eu! Hai anos que non era. 52 anos que era unha escrava, pero agora son libre. Libre para sempre. E moi feliz\". ″Foi un cambio moi brutal. Tanto fisicamente –moitas delas dicían que non se lles movían as pernas igual– como a nivel mental, pola súa idade e polo feito de non poder relacionarse coa xente coma antes. Elas repetían unha frase que o explica ben: ′Quitáronnos a vida′. Porque para elas estar coas veciñas era a vida. Foron procesos complexos, pero o bonito é que vivimos con elas o cambio e a ilusión ao retomar a actividade nas parroquias″, sinala esta especialista en políticas de igualdade.Entre as mulleres que participan nas actividades destes centros socioculturais hai moitas que viven soas, pero outras viven coa familia e notaron da mesma maneira un illamento severo. Cunha media de 70 anos, en A vida conta collen a palabra mulleres desde os 65 ata os 94 anos. Falan desde as súas cociñas, no xardín ou apañando madeira para a lareira, para despois facelo en grupo, xa coas compañeiras das actividades dos centros. Alí van a ximnasia, pandeireta, informática, canto ou baile. É o seu punto de encontro.\"Estamos moi agradecidos de que nos abriran as portas das súas casas e dos seus corazóns\", destaca Manuel TatoDespréndese do documental –que pode verse sobre estas liñas grazas a Compostela. Territorio das Mulleres– unha sensación de que as protagonistas retoman as súas vidas pero, como sinala Cruz Dafonte ″xa non é a mesma vida, porque esta pandemia nos cambiou a todas″. Tanto ela como Manuel Tato agradecen a María Pose, técnica do Concello de Santiago responsable dos centros socioculturais do rural compostelán, a implicación no proxecto.″O proceso de creación deste documental foi unha experiencia vital moi bonita para nós porque estamos nunha época difícil para todos e que a xente te abra as portas da súa casa, que nos deixen gravar nas súas cociñas... Vale que tiñamos todas as medidas de seguridade, pero non é o normal. Estamos moi agradecidos de que nos abriran as portas das súas casas e dos seus corazóns, nós o que fixemos foi reflectilo″, describe Manuel, realizador e operador de cámara.Calquera que se teña posto diante dunha cámara sabe que non é doado manter a naturalidade sen moita experiencia previa. Porén, as mulleres que participan en A vida conta móstranse nun diálogo total co espectador no que semella que non haxa intermediarios. ″Nótase moito o traballo de Cruz nestes anos con elas″, apunta Manuel sobre o ambiente de confianza creado para a rodaxe: ″Moitas veces non hai que gravar, hai que estar falando con elas e facelo no momento idóneo″. ″Sentíanse cómodas porque xa nos coñecen aos dous e penso que non lles impón tanto a cámara porque saben que detrás está unha persoa que empatiza con elas″, engade Cruz.Houbo moito debate na sala de montaxe, pois tamén deixaron fóra ″secuencias que para o espectador poden ser moi potentes″. Fixérono por respecto, porque coa confianza conseguiron testemuñas moi persoais e optaron por ″facer un exercicio desde o persoal para preservar a súa intimidade″. ″Hai momentos nos que nos abriron tanto o corazón que cremos que se esqueceron de que estaba a cámara diante″, recoñece Manuel, quen aclara que ″moitas das cousas que nos quedan no arquivo son secuencias marabillosas que deixamos fóra para non alongar moito a peza″.\"Cando se xuntan créase un clima de fortaleza, poder, ilusión e alegría que creo que é o máis brutal que vivimos\"″Todas esas vivencias duras que tiveron cada unha delas, moitas veces, son paralelas por dificultades comúns. E cando se xuntan, tanto nas parroquias como despois no encontro de todos os centros, todo iso queda atrás e créase un clima de fortaleza, poder, ilusión e alegría que creo que é o máis brutal que vivimos. Estivemos con elas soas facendo unha introspección profunda e despois asistimos a esa reflexión de ′pero vou ao centro, recobro a vida, estou coas compañeiras e podo ser libre″, relata Cruz.As mulleres que aparecen na peza formaron parte activa do proceso de creación do documental, que tivo a súa estrea no Teatro Principal de Santiago: ″Foi especial para elas verse e ser protagonistas, cando moitas veces o seu papel de vida foi bastante secundario″. De feito, elas mesmas refírense no documental á invisibilidade que senten do conxunto da sociedade. ″Hai un empoderamento individual no que din ′xa está ben de pensar sempre nos demais e deixarme de lado, agora son eu a protagonista porque teño ese dereito′. ′Antes de morrer quero vivir′, dicíanos unha delas noutro vídeo que fixemos″, agrega Cruz.″Coñecelas a elas para min foi un cambio vital en moitos aspectos. Foi un proceso de transformación vendo a súa propia transformación. Aportáronme vida, fortaleza e frescura″, asegura Cruz. Desde un punto de vista etnográfico, Manuel aspira a que o documental quede como unha lembranza de como se viviu a pandemia desde o rural. ″Dentro de vinte anos, ao mellor, vemos esta peza con outros ollos. Gustaríame que a miña filla vise isto en vinte anos e puidese aprender algo″, asevera.Manuel Tato e Cruz Dafonte continúan no empeño de dar voz ás mulleres do rural galego e están involucrados tamén no proxecto Elas tamén contan, co apoio do Observatorio da Mariña pola Igualdade, unha iniciativa que lles gustaría levar por toda Galicia. Tamén gravaron a peza Muller Boa, da man do Concello de Campo Lameiro."}
{"ID": "NOS_860", "summary": "Antigo rival de Feijóo polo liderado do PP de Galiza, os investigadores cren que percibiu 5.000 euros de Vendex.", "text": "José Manuel Barreiro é un cadro dirixente moi relevante do PP. É neste momento o seu portavoz no Senado. Pelexou no seu momento pola sucesión de Fraga, en principio situado na ala menos españolista do partido. Agora Vixiancia Alfandegueira sitúao no albo das súas investigacións. Informes policiais sinalan que percibiu 5.000 euros directamente do chefe de Vendex na Galiza, José María Tutor. Para que? Para que desactivase as críticas que no seo do seu proprio partido se estaba a erguer contra a concesionaria da ORA en Lugo, unha filial de Vendex. O senador do PP nega as acusacións e afirma que a súa formación política presentou até 83 iniciativas no concello con críticas á forma en que o goberno local do PSOE estaba a xestionar o asunto da ORA."}
{"ID": "NOS_7025", "summary": "O BNG defendeu unha moción que recolle a reclamación das persoas afectadas pola estafa das preferentes e que foi apoiada polo PP. O PSOE abstívose", "text": "O ex presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, quedará sen a Medalla de Ouro que o Concello de Vigo lle outorgou en 1997 despois de que o PP apoiase esta segunda feira a moción defendida en pleno polo BNG e que recolle unha reclamación das persoas estafadas no calote das participacións preferentes. O PSOE, que se dixo \"contrario a xuízos sumarísimos\", abstívose na votación. Así as cousas, a voceira do BNG, Iolanda Veloso, subliñou que a inciativa é \"clara\", rexeitando a emenda presentada polo PSOE en que pretendía facer extensíbeis este tipo de medidas \"a todos os responsábeis\" da situación actual de Novagalicia Banco, tamén @s deputad@s que votaron a favor da fusión das caixas. Porén, Veloso retrucou que aqueles méritos que hai dezaseis anos fixeron a Gayoso merecedor de tal recoñecemento \"reveláronse ruinosos co tempo\". Após a súa imputación por parte da Fiscalía anticorrupción, manter a Medalla non ten, a xuízo da formación frontista, \"ningún sentido\". Colocou tamén riba da mesa a concelleira do BNG o cobro dun plan de pensións millonario cando a entidade recibía xa \"inxentes cantidades\" de diñeiro público e o libro de contas revelaba perdas. \"Non quero vivir nunha cidade que recoñece méritos a quen estafou traballadores e encheu os petos cunha xubilación millonaria\", subliñou Veloso, explicando ao concelleiro do PSOE Carlos Font que a moción recolle unha reclamación de afectad@s polas preferentes e non entra a debater a fusión entre Caixa Galicia e Caixanova. Pola súa banda, o representante do PP, José Manuel Figueroa, considerou que @s ex altos cargos das caixas galegas deberan decidir motu propio devolver unhas indemnizacións que cualificou de \"indignas\" e aproveitou para reprochar que a comercialización das preferentes \"comezou en 2005, cando gobernaba o PSOE\".Cómpre lembrar que o Consello de goberno da Universidade de Vigo aceptou nestes días \"iniciar as consultas correspondentes\" na liña de lle retirar o título de Doutor honoris causa ao ex-presidente de Caixanova e Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso."}
{"ID": "NOS_15423", "summary": "Feixoo solicita unha mesa técnica coas diferentes partes e insiste en dirixir a responsabilidade cara ao Goberno español", "text": "Dúas horas de xuntanza en San Caetano, fotografías ao remate diante dos medios de comunicación e unha proposta doutra mesa de traballo é o resumo da reunión que mantivo esta sexta feira 11 de outubro o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, co conselleiro delegado de Endesa, José Bogas. En declaracións aos medios José Bogas insistiu no \"compromiso absoluto\" de que a central das Pontes mantivera a súa actividade \"se non é ao cen por cen, como na actualidade, que si compense, que siga a xerar riqueza e emprego\". Asegurou que hai \"dificultades\" mais comprométense a \"estudar todas as alternativas posíbeis\". O presidente da Xunta voltou a apuntar ao Goberno do Estado como parte responsábel e pediu que desde Madrid \"se buscasen fórmulas\" de continuidade. \"Ten que ser un aliado para manter a central funcionando\", asegurou, \"non pode ser o problema\". O presidente da Xunta afirmou tamén que \"se non queremos estudar ningunha alternativa, haberá unha discusión moi profunda e unha diverxencia política de primeiro nivel\"."}
{"ID": "NOS_57084", "summary": "Ser piloto de motociclismo non é doado. Aínda menos se se ten unha discapacidade funcional. Alberto Fernández Boo leva desde hai máis de tres anos demostrando que é posíbel superarse e, ademais, difundir valores como o fomento da saúde mental ou a promoción da lingua galega no deporte.", "text": "—Como valora a súa traxectoria no motociclismo? A idea principal da miña traxectoria, xa non só desde o ano pasado, senón dos tres anos e medio que levo, é sempre a mesma: transmitir una valores. Non é correr por correr. Trato de levar na miña moto, sobre todo, temas como a saúde mental, a igualdade de xénero, a promoción do galego e a visibilidade da discapacidade. Estes dous últimos están relacionados polo contexto no que vivo. Un pode caer nunha carreira ou non ter éxitos no deporte, mais o importante e estar aí. Alberto Fernández, sen medo e a toda velocidade polo circuíto da vida —E a súa actuación esta pasada tempada?Da mesma maneira que o Circuíto Leonés en 2021 saíu moi ben, quedando segundo por regularidade, este ano foi algo peor ao ter que mudar de moto na primeira carreira do campionato e adaptarme a unha Kawasaki. A última carreira foi en Burgos o 25 de setembro e estou moi contento con ela. Podo manobrar mellor e para os meus problemas de mobilidade é importante, por exemplo nas curvas. Subiume a autoestima. O cambio de moto tamén implicou melloras. A anterior pesaba 30 quilos máis, co que significaba de dificultade para movela estando parado ou en pista. Atopei unha que puidera gozar tendo as miñas circunstancias. Ao final é do que se trata. Esta pesa menos e sigo na mesma categoría, na de 300 cc mais con outra marca. —Tivo que adaptala?Si e non. Explícome. Eu non movo o pé dereito case nada polo que no estribo dereito, onde se apoia o pé, levo uns parafusos en punta para cravar o pé na bota e que non se mova para pór ben as posicións. Ademais, as motos levan o freo no pé dereito e eu quiteino e púxeno como un apéndice para o polgar da man esquerda do guiador. Son as únicas adaptacións que lle puxen. O do polgar agora xa o fai todo o mundo por competitividade. —Que tipo de adestramentos está a realizar para prepararse?Fago tres tipos de adestramentos. Comecei co técnico, nunha escola deportiva e un monitor. Estaba en Outeiro de Rei mais ao vivir en Cambados tiven que deixar de ir polo seu custo económico. A nivel de circuítos, vou a Forcarei por ser o máis próximo. En todo caso, na Galiza os circuítos non están adaptados a este tipo de motos. Son estreitos e non teñen escapatorias. A seguridade non é a ideal. Tamén está a parte de ximnasio, cun adestramento funcional pola miña condición e con exercicios específicos para non agravar as miñas diferenzas, coller resistencia e evitar as lesións. O mototurismo mundial colle como referente a Volta á Galiza para a súa final —Non compite nas carreiras oficiais para deportistas con discapacidade. Cal é a razón?É certo que hai unha competición específica para deportistas con discapacidade mais eu non participo ao ser só para motos de 600 cc e 1.000 cc. Non vou mercar unha de 600 cc se realmente non aproveito unha de 300. Neste deporte non podes subir chanzos de golpe, tes que queimar etapas. Creo que a Federación debería repensar iso ao limitar o acceso a moita xente que non ten unha moto desas características. —Procura empresas patrocinadoras. É unha tarefa difícil? Cando remata unha tempada comezas a buscar patrocinios para a seguinte. Só procuro empresas que considero que comparten uns valores comigo. Se non promoven o galego non quero que estea no meu proxecto, por exemplo. Atópome moitas veces que as empresas queren resultados e pola miña condición non os van ter. Por iso, explico que coa súa axuda están visibilizando uns valores."}
{"ID": "NOS_24593", "summary": "Vítor Vaqueiro recebe amanhã a Letra E, de escritor, que outorga a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). É esta uma homenagem na sua terra, Santiago de Compostela, na vigésima sexta edição dum ato que converte o autor em membro de honra da entidade.", "text": "Vítor Vaqeiro recebe com \"alegria e agradecimento\" a Letra E da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Também o assalta uma certa sensação de volta ao passado. \"Eu devo ser agora dos primeiros números, porque quando se fundou eu tinha o 25 e muitas das pessoas que me precederam já não estão\", diz. —Embora estudar química e exercer como professor de matemáticas, decidiu dedicar-se à fotografia. Que o atraiu da imagem? Foi uma série de fatores, alguns casuais. Caiu nas minhas mãos um livro de Susan Sontag sobre o tema e logo outro de Barthes, A câmara clara. Dalguma maneira, abriu-me um horizonte diferente. Recebi um encargo fotográfico duma modista, Maria Moreira, e comecei a trabalhar em moda. Não me interessava esse mundo, mas si o feito fotográfico. Tirava imagens e, sobre tudo, lia. Fez uma exposição em 1983 e, anos depois, vim para a facultade de Santiago a fazer a tesse. —Também foi professor de matérias associadas à fotografia em Ciências da Comunicação. Acha que numa sociedade como a atual, com um peso tão grande da imagem, se lhe outorga o suficiente espaço no estudo? Eu acho que há algo de verdade incompreensível, quer no nosso país quer no Estado espanhol, numa sociedade, como ti acabas de apontar, absolutamente atravessada pela imagem. Hoje todo o mundo já e fotógrafo, porque todos temos um telemóvel. Neste contexto, parece-me extraordinário que não exista a possibilidade de estudar fotografia, já não digo em lugares como Alemanha ou Reino Unido, onde existe a própria carreira. Estou a falar desse centro no que, se não me falhar a memória, eu fui o último professor da matéria que houve no departamento de Comunicação. \"Alunado que remataba o grau não tinha possibilidade de continuar a formar-se [em fotografia] no país\" Uma pessoa pode rematar os estudos sem saber quem é Cindy Sherman ou Andreas Gursky. E alunado que rematou o grau não tinha possibilidade de continuar a formar-se no país, tinha que ir embora, a Catalunya, por exemplo. É incrível, passa o tempo e não avança. Um projeto como o Centro Galego de Fotografia, de Vigo, foi totalmente desprezado e hoje está ocupado por dependências administrativas. —Do confinamento saiu o livro Tres poetas en estado de alarma, junto a Carlos Negro e José María Álvarez Cáccamo, no que você escreve \"Quarentena\", uma lúcida reflexão que parte do concreto para analisar aspectos muito mais profundos da sociedade. Como nascem os poemas desta série? Como dizia Beckett, \"escrevo porque provavelmente não sirvo para outra coisa\", ainda que no meu caso diria também para cozinhar, que com humildade após 50 anos acho que o faço bem. Se uma pessoa com essas características não puder sair da casa, é lógico que escreva. E vês diariamente uma série de questões que levam a pensar, como por uma parte se aplaude pontualmente ao pessoal sanitário enquanto há um enorme ataque ao sector. Aliás, todo isto era previsível no senso de que há uma constante agressão à natureza, vimos como doenças passam aos animais, já de velho, como a Sida. —Nesses momentos limite aparece a necessidade de deitar fora certos pensamentos, imagino. Claro, por exemplo, quando vim essas conferências diárias de sanidade, nas que as responsáveis compareciam com três militares detrás. Lembrou-me a esse 11 de setembro de 1973, ao golpe de Estado de Chile. Perguntaste onde estás a viver, por que precisamos a presença das forças armadas. A quarentena serviu-nos, ou devia servir, para conectar a situação presente com outras do passado. —Outro dos seus interesses é a mitologia galega. Por que acha importante a reivindicação ou dignificação destes temas, que em último termo outorgam um valor negado à cultura popular? Acostumo dizer que lhe devo tudo ao país. Acho que há duas ou três coisas de natureza universal que me movem, como a justiça, a igualdade ou a dignidade. E depois está o meu país, a sua língua ameaçada, a cultura e o território, as suas gentes. Nesse senso, a mitologia significa reivindicar o nosso. \"A diferença entre uma religião e uma mitologia é a mesma que existe entre um idioma e um dialeto\" Há coisas incríveis, como uma mulher que tem um filho sem relação sexual previa, que nos parecem o mais normal do mundo. Mas quando nos falam da Santa Companha, dizemos que é uma parvada. Essa cultura não é uma tontaria, as lendas explicam o mundo. E a diferença entre uma religião e uma mitologia é a mesma que existe entre um idioma e um dialeto, normalmente um idioma que não tem poder social. —Falando dessa situação linguística, em 2013, num artigo publicado em Sermos Galiza, manifesta a sua decisão de adotar o padrão reintegracionista. Pode lembrar-nos quais são as causas? Eu verdadeiramente sempre fui reintegracionista. Publiquei nos anos 80 no acordo de mínimos, que era a normativa que pode ser hoje da Academia, com mais léxico e a acentuação e o traço português. Depois abandono isso como moita gente e escrevo dentro dos máximos que permitia a norma oficial, coa introdução de muito léxico que não considero português. Houve um momento em que me resulta muito difícil seguir enganando-me a mim próprio. \"Uma editora faz-me por volta de 300 correções. Como sou de ciências e gosto de botar contas, vejo que em 86% mudam a palavra galega por outra espanhola\" Um dia presento um texto e desde a editora faz-me por volta de 300 correções. Como sou de ciências e gosto de botar contas, vejo que em 86% mudam a palavra galega por outra espanhola. Isto é um dispositivo de espanholização. —Em Da identidade à norma já definia o fundamentalmente político e não filológico dessa opção. Claro. Um linguista muito reconhecido, Miquel Siguán, admite que uma norma se decide por motivos extralinguísticos. É algo convencional. Não sei por que se escolhe uma fórmula como \"man\" fronte a \"mão\" quando a segunda é absolutamente maioritária. Há uma tendência a pôr barreiras artificiais ao achegamento ao português. Eu non falo como uma pessoa de Valença do Minho ou de Coimbra. Há que reivindicar o léxico galego, e depois todo aquilo que exista já em português não temos por que o inventar. Sei que isto traz umas consequências tremendas, porque a editorial na que esteve durante 45 anos nega-me que possa publicar. Até há uma sentença do Tribunal Superior de Justiça da Galiza dos anos 90 que diz que ninguém pode ser descriminado pela sua forma de escrever, um pleito da universidade de Vigo coa Xunta, que impugna os estatutos desta nos que se admite qualquer grafia. Editoras, prémios, concursos… seguem a ignorar isso. —Acha que o movimento reintegracionista está a experimentar um pulo nos últimos anos? Sim, mas quero matizar que o amor pelo teu país é independente do número de pessoas. Se não defendermos isto, que porvir lhe aguarda, por exemplo, ao euskera? Mas a quantidade no prestígio influi muito. A outra variedade do galego que se fala no Brasil, Angola ou Moçambique chega a 50 milhões de pessoas, para alguns é a quinta língua do mundo. Ainda que não gostemos do argumento, o número conta decisivamente. Dito isto, se fossemos poucos habitantes, devíamos defende-lo igual, mais tendo esta oportunidade, desperdiça-la… Durante 200 ou 300 anos galego e português foram o mesmo idioma, e dalguma maneira o galego é pai do português. \"E mesmo uma pessoa da Académia [não diz quem] admite: 'Eu penso que o reintegracionismo tem razão'\" Há tempo, dizia-me um catalão: \"Estão totalmente tolos\". Já vês o pragmatismo, se el tivesse uma língua que cumas poucas mudanças se convertesse na quinta ou sexta mais falada, o acordo faz-se em quatro horas. Há que lançar-se! Tudo isto num contexto no que um editor de primeira magnitude me disse: \"estamos num lio do que há que sair\". E mesmo uma pessoa da Académia [não diz quem] admite: \"Eu penso que o reintegracionismo tem razão\". Vê-o tudo o mundo, mas parece que resulta difícil ceder."}
{"ID": "NOS_39211", "summary": "O BNG, PSdeG e Candidatura do Povo exixen a demisión da equipa de goberno municipal após a imputación por un posíbel delito de prevaricación de 7 d@s 13 concelleir@s mais o goberno compostelán di que \"non é a mellor opción\".", "text": "Sete das 13 persoas que compoñen a equipa de goberno da capital galega serán xulgadas o vindeiro 19 de maio por un suposto delito de prevaricación. Aliás, 11 delas están a ser investigadas no decorrer da Operación Pokemon. Tamén o alcalde, Ángel Currás. Compostela: 11 de 13 concelleir@s investigad@s e 7 a piques de ser xulgad@s por prevaricación Perante esta situación, desde o BNG de Compostela exixiron esta quinta feira a demisión do goberno local cunha concentración ás portas do Pazo de Raxoi na que estivo presente o portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence, a deputada Ana Pontón e o portavoz municipal, Rubén Cela. \"Xa non hai tempo para agardar máis\" \"É hora de demisións e de deixar paso a unha corporación limpa\", afirmaron desde o Bloque. A formación frentista demanda desde que se deron a coñecer os casos de corrupción que se tomen medidas a respeito da situación que atinxe a capital do país e que se adianten as eleccións municipais mesmo, se é preciso, coa intervención da Xunta e o Consello de Ministr@s. \"Xa non hai tempo para agardar máis\", salientaron, en referencia á decisión adoptada pola Audiencia Provincial da Coruña onte e que desestimou o recurso presentado pol@s 7 edís composteláns que rexeitaban seren axuízad@s por pagar con fondos públicos a defensa doutro concelleiro, Adrián Varela, imputado na Operación Pokemon. O balón no tellado de Feijóo Porén, para a xustiza fica claro que o acordo adoptado hai un ano pola Xunta de Goberno municipal podería ser contraria a dereito e mesmo que @s edís aprobasen o devandito acordo a sabendas de estaren incorrendo nun delito. Para o Bloque isto é, \"a gota que colma o vaso\" polo que urxen o presidente da Xunta a \"actuar\" e \"intervir dunha vez\". Feijóo comprometeuse a actuar mais bota balóns fóra co que acontece en Compostela As demandas d@s nacionalistas exixen o cumprimento \"cando menos\" das \"promesas\" do propio Alberto Núñez Feijóo que en sesión parlamentar hai uns meses comprometeuse a non manter á fronte de ningún goberno local persoas que estivesen imputadas e contra as que se tiveran adoptado medidas cautelares. Mais Feijóo só bota balóns fóra e polo de agora non fará demitir ao goberno de Santiago que, aliás, coida que non é \"a mellor opción\" a demisión d@s 7 concelleir@s que pasarán diante do xuíz a seis días das eleccións europeas. Así o asegurou a vice-voceira, Reyes Leis. PSOE e Candidatura do Povo exixen tamén a demisión Tamén desde o PSdeG, e por boca do seu portavoz municipal Francisco Reyes, se pedíu a demisión detes sete concelleiros populares. Consideran que non se pode seguir na situación actual e tamén miran para Feijóo, como presidente do PPdeG, para que adopte medidas. Candidatura do Povo pide a demisión do goberno local e convida á veciñanza de Compostela a 'escrachar' o 19 de maio (día do xuízo) a estes edís do PP."}
{"ID": "NOS_57453", "summary": "Coa presenza do alcalde e do presidente da Fundación Rosalía.", "text": "Compostela, a cidade onde naceu Rosalía de Castro, tampouco quixo faltar á súa cita co día no que se conmemora á escritora galega máis universal. Unha ofrenda floral na aínda denominada Praza de Vigo, no lugar onde estaba situada a casa na que naceu Rosalía, foi o acto central. Alí estiveron o alcalde, Xosé Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; así como alumnos dun centro de ensino compostelá que recitaron versos da escritora. Como sinalou Anxo Angueira na presentación esta terza feira do número cinco da revista Follas Novas. Revista de estudos rosalianos, \"Rosalía está viva, na sociedade, para investigación, na rúa, na escola, nas academias, nas institucións…\" Para a concelleira, \"a Rosalía de Castro, hai que reivindicala e celebrala todos os días. Cada día descubrimos cousas novas sobre ela. E temos que traspasar eses perfís múltiples que ten\" ás novas xeracións \"porque ela é eterna\"."}
{"ID": "NOS_51842", "summary": "A iniciativa social convida esta cuarta feira (28 de maio) a reivindicar o dereito a decidir cunha ruada e concertos.", "text": "A asemblea da GpS en Compostela organiza esta cuarta feira (28 de maio) a I Festa pola soberanía, unha xornada lúdica e reivindicativa na defensa do dereito a decidir do pobo galego. Os actos, que terán lugar nas vésperas da Festa da Ascensión, comezarán cunha ruada que partirá da Praza de Mazarelos ás 20.30 horas e que percorrerá as rúas do casco histórico até a Praza do Pan onde decorrerá un acto político coas intervencións de Santi Vigo --integrante da GpS en Compostela-- e o profesor e director da revista Terra e Tempo, Xoan Carlos Garrido. Para finalizar, o Centro Social A Gentalha do Pichel acollerá un concerto con Xenderal / Gende Beat, Sacha na horta e Dj GpS como artistas convidad@s. A iniciativa social Galiza pola Soberanía foi constituída hai perto dun ano e íntegrana persoas a titulo individual ou de maneira colectiva cuxo eixo común é a defensa do dereito a decidir de Galiza. Ao longo deste tempo organizou un bo feixe de accións e actos que visan pór riba da mesa o debate sobre o dereito de autodeterminación e espallar a loita por unha Galiza soberana entre a cidadanía. Ao seu manifesto constitutivo adheríronse xa centos de persoas e colectivos."}
{"ID": "NOS_19764", "summary": "Así de completa é a representación galega no maior festival de música céltica que se celebra todos os xaneiros en Glasgow.", "text": "O festival escocés celébrase desde o pasado día 14 até o 31 de xaneiro, pero é hoxe quinta feira cando comeza a participación galega, co primeiro concerto do proxecto NeXo, un laboratorio creativo multicultural, con presenza de Xabier Díaz e Fernando Barroso por Galiza, xunto con outros artistas galeses, escoceses, arxentinos e uruguaios. O segundo terá lugar mañá sexta feira. Con estas dúas actuacións péchase NeXo, o laboratorio creativo promovido pola Xunta de Galicia, o British Council e o Wales Arts Internacional para impulsar o intercambio entre as músicas de raíz atlántica de Europa e Latinoamérica. O sábado 23 será a quenda de Radio Cos, o proxecto de música tradicional liderado por Quique Peón e Xurxo Fernandes, que actuarán xunto cos escoceses Peatbog Faeries. A presenza galega rematará o domingo co concerto da gaiteira Susana Seivane, que intervirá na homenaxe ao músico escocés Gordon Duncan."}
{"ID": "PRAZA_21080", "summary": "Feijóo defendeu gastar 500.000 euros en carteis para os principais hospitais de Galicia nun proceso que o Sergas tivo que reiniciar por intentar aceleralo de xeito ilegal", "text": "Feijóo defendeu gastar 500.000 euros en carteis para os principais hospitais de Galicia nun proceso que o Sergas tivo que reiniciar por intentar aceleralo de xeito ilegalNuns 48.000 euros orzamentou o Sergas o letreiro de \"hospital público\" que xa loce sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, un centro que foi comezado a construír hai unha década polo Gobenro galego a través dunha concesión privada que segue a xestionar con ánimo de lucro os seus espazos non sanitarios, como o aparcamento, e á que a Xunta aínda ten que pagar 963 millóns de euros ata 2035. O remate da colocación do letreiro, avanzado por vigoe.es, coincide coa acusación lanzada polo presidente Feijóo de que foi o Goberno central do socialista José Luís Rodríguez Zapatero o responsable de que se construíse con esa fórmula público-privada. O presidente argumentou que saen máis baratos os carteis \"que pagarlles o soldo aos concelleiros, os deputados e os alcaldes que menten sobre a sanidade pública\"O propio Feijóo defendeu hai case dous anos no Parlamento que a Xunta gastase medio millón de euros en colocar letreiros de \"hospital público\" nos principais centros sanitarios de Galicia co argumento de que resultaban máis baratos \"que pagarlles o soldo aos concelleiros, os deputados e os alcaldes que menten sobre a sanidade pública\", en suposta referencia a cargos socialistas como o alcalde de Vigo, Abel Caballero. O Sergas dera só 15 días para que as empresas interesadas lle fixesen ofertas cando por lei debían ser 35 e adiou informalas do estado do emprazamento dos rótulos ata despois de adxudicarlles o contratoO proceso de compra de letreiros para os hospitais do Sergas iniciouse en 2017, primeiro con 150.000 euros para catro centros da área sanitaria da Coruña, e continuou en 2019 cun segundo contrato de 500.000 euros para outros 10 edificios do resto de áreas sanitarias. Ese segundo contrato, no que está incluído o cartel de Vigo, tivo que reiniciarse despois de que o Sergas intentase aceleralo ilegalmente dando ás empresas interesadas só 15 días para presentarlle as súas ofertas fronte aos 35 que debían ser. O Sergas tamén evitou dar precisións sobre os carteis ás empresas ata despois da adxudicación do contrato, dividido en catro lotes dos que un estivo paralizado tras o recurso dunha empresa candidata, o que non impediu que o Goberno galego seguise adiante cos outros tres lotes."}
{"ID": "PRAZA_11714", "summary": "O Observatorio Eólico de Galicia publica un informe que analiza o impacto dos aeroxeradores nas economías locais e propón varias medidas para que reciban máis beneficios. Dos 700 millóns xerados en 2017, só o 5% ficou nas localidades nas que se instalan os parques", "text": "O Observatorio Eólico de Galicia presentou este mércores o informe \"Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: Contexto, cambios e oportunidades\", un estudo que analiza o impacto que tivo a enerxía eólica no medio rural galego nas últimas décadas de forte desenvolvemento. O documento conclúe que o sistema deseñado polo regulador \"tivo como obxectivo fundamental a colocación do maior número posible de parques eólicos\" pero \"non tivo suficientemente en conta outros aspectos como os relacionados cos impactos económicos no mundo rural\".O Observatorio propón varias medidas para que as comunidades locais, concellos e propietarios reciban máis beneficios dos parques eólicosO informe estima a contía total dos impactos económicos directos derivados da implantación eólica para os axentes do mundo rural en 27,86 millóns de euros en 2017, arredor dun 5% da facturación total estimada pola venda de enerxía procedente dos parques eólicos. O Observatorio Eólico de Galicia considera que esas rendas poderían ser superiores sen que iso comprometese o proceso de transición enerxética e apunta varias medidas para avanzar nesta solución, algunhas que requiren de cambios normativos e outras de máis doada aplicación.Hai uns meses a Fundación Juana de Vega, a Universidade de Vigo e a Fundación Isla Couto puxeron en marcha o Observatorio, que busca incrementar a xustiza enerxética no sector, promovendo cambios normativos e realizando traballos de investigación e asesoramento para aumentar a participación social e os beneficios que desta produción reciben as comunidades locais.O actual informe reitera as conclusións xa enunciadas anteriormente polos investigadores da Universidade de Vigo Xavier Simón, Damián Copena e María Montero, tamén responsables deste documento. O pasado mes de setembro, en conversa con Praza.gal, reclamaban que \"no actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente\".O Observatorio propón cambiar o deseño do Canon Eólico e do Fondo de Compensación Ambiental para que teña como feito impoñible a potencia instalada e non o número de aeroxeradoresEntre as medidas propostas está a distribución da totalidade do recadado polo Canon Eólico entre os axentes con afección de aeroxeradores e liñas de evacuación. É dicir, que a totalidade do recadado sexa destinado a melloras na contorna dos parques eólicos. Tamén se recomenda que os impostos con xestión municipal vinculados coa actividade eólica (ICIO, IBI, IAE) se configuren cos tipos de gravame nos máximos que permite a normativa vixente.Suxírese tamén a aposta do Goberno galego por un contrato tipo a modo de boa práctica a desenvolver polas empresas promotoras de parques eólicos. E, igualmente, a creación dunha base pública de información sobre prezos alcanzados na negociación entre as partes que participan na promoción eólica: promotores, concellos e comunidades rurais.Pide maiores facilidades para que os axentes rurais poidan ser promotores de parques eólicosAsí mesmo, o Observatorio propón unha serie de modificacións normativas que permitirían continuar co proceso de transición enerxética dando maior participación ao mundo rural e incrementando os fluxos de renda e a xustiza enerxética na implantación eólica. Estes cambios buscarían, por exemplo, o deseño de figuras específicas para o fomento de parques eólicos comunitarios onde os axentes rurais (comunidades de montes, cooperativas, pequenas empresas rurais, propietarios de terreos...) teñan facilidades para ser promotores de parques eólicos. Tamén se pide crear unha figura de propiedade pública municipal dos parques eólicos ou a recuperación da figura dos parques eólicos singulares na súa vertente de propiedade municipal.Suxire tamén a creación dunha base pública de información sobre prezos acadados na negociación O Observatorio propón así mesmo cambiar o deseño do actual Canon Eólico e do Fondo de Compensación Ambiental para que teña como feito impoñible a potencia instalada do parque eólico e non o número de aeroxeradores. Na actualidade, a redución dos aeroxeradores polos procesos de repotenciamento que van ter lugar nos vindeiros anos vai reducir aínda máis os ingresos dos Canon Eólico e, polo tanto, os fluxos de rendas aos concellos.Apenas 28 millóns de euros de rendas locaisA facturación total dos parques eólicos instalados en Galicia moveuse entre 2007 e 2017 entre os 400 e os 700 millóns de eurosO Observatorio realiza un cálculo dos distintos fluxos económicos xerados polas instalacións eléctricas existentes en Galicia no ano 2017. Os beneficios para as comunidades locais redúcense a 27,87 millóns de euros, procedentes principalmente dos pagamentos aos propietarios dos terreos (10,5 millóns) e dos tributos pagados a máis dun cento de concellos, IBI e IAE (12,9 millóns).En cambio, a facturación total dos parques eólicos instalados en Galicia moveuse entre 2007 e 2017 entre os 400 e os 700 millóns de euros. No ano 2017 a cantidade roldou eses 700 millóns de euros, dos que pouco máis do 4% foron para as comunidades e propietarios locais. O medio rural \"merece un cambio\"O Observatorio reclama que a \"necesaria transición enerxética\" sirva \"realmente\" para \"fortalecer ás comunidades locais e ruraisNas conclusións do informe, o Observatorio Eólico de Galicia considera necesario \"avanzar nunha nova gobernanza do sector eólico en Galicia\", pois \"o medio rural merece un cambio na dirección actual do sistema enerxético\". O documento lembra que dos preto de 4.000 aeroxeradores en funcionamento, máis de 2.700 están localizados en 71 concellos considerados como municipios rurais de pequeno tamaño, con menos de 5.000 habitantes.O Observatorio reclama que a \"necesaria transición enerxética\" sirva \"realmente\" para \"fortalecer ás comunidades locais e rurais, ata agora moi pouco consideradas tanto como suxeitos para a toma de decisións sobre a planificación enerxética e territorial como actores que toman parte nun reparto equitativo das cargas e dos beneficios asociados ás novas instalacións enerxéticas\".O sector, de novo en expansión en GaliciaGalicia está a vivir un relanzamento do sector eólico, despois da parálise que seguiu á anulación do concurso eólico, decretada polo Goberno de Núñez Feijóo no ano 2009. Ao longo deste ano 2019 foron varios os parques eólicos que entraron en funcionamento e nos vindeiros anos serán moitos máis. É por iso que os responsables do Observatorio Eólico reclaman que \"no actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente\".Na actualidade Galicia ten 3.614 MW de potencia eólica en explotación e outros 4.700 MW de potencia atópanse en tramitaciónNa actualidade Galicia ten 3.614 MW de potencia eólica en explotación, segundo os datos da Asociación Eólica de Galicia (EGA), unha cifra que cobre ao redor do 40% da demanda eléctrica en Galicia. Outros 4.700 MW de potencia atópanse en tramitación para a súa conexión futura á rede eléctrica. No momento en que entren en funcionamento, a potencia eólica existente en Galicia (superior aos 8.000 MW) servirá para atenden o 70% da demanda eléctrica, cunha xeración que superará os 14.000 GWh anuaisA Asociación Eólica de Galicia destaca que \"sen considerar incrementos de potencia por repotenciación e novas solicitudes que puidese haber, o sector eólico en Galicia dispón xa nestes momentos dun volume de megawatts suficientes para afrontar a Transición Enerxética nos próximos anos\". EGA calcula que o ritmo de posta en marcha será duns 500 MW por ano, ou o que é o mesmo, entre 16 e 20 novos parques eólicos en cada exercicio.Cando entren en servizo, antes do ano 2030, a enerxía eólica cubrirá o 70% da demanda de electricidade de GaliciaEsta mesma semana, de feito, Norvento puxo en marcha seis novos parques eólicos (Neda, Sasdónigas, Sasdónigas II, a Pastoriza, Cadeira e Carracedo), situados todos eles no norte de Lugo, nos concellos de Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá. Os seis parques foron adxudicados na poxa realizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica no ano 2017"}
{"ID": "NOS_46039", "summary": "O grupo, con sede en Vigo, é un provedor mundial de produtos do mar conxelados. Ten 45 barcos e só Pescanova o supera no Estado español en canto a grupos pesqueiros.", "text": "Platinum Equity, un fondo de capital risco estadounidense propiedade do dono da equipa da NBA Detroit Pistons, compra a viguesa Iberconsa (Ibérica Conxelados S.A.), o segundo grupo pesqueiro máis importante no Estado español, só superado por Pescanova. Paga nesta operación máis de 500 millóns de euros. Outro fondo, Portobello Capital, era quen tiña a maioría das accións de Iberconsa após facerse con esta firma en 2015. Daquela Iberconsa facturaba 149 millóns de euros, unha cantidade que en 2017 xa era de 226 millóns, Iberconsa é un provedor mundial de produtos do mar conxelados. Os produtos da compañía, que inclúen pescada, gambón, lagostino e pota, véndense en máis de 60 países. Ten unha frota propia de 45 embarcacións, que opera nomeadamente en Arxentina, Namibia e Sudáfrica. Dispón tamén de cinco plantas de procesamiento e catro instalacións de distribución de cámaras frigoríficas. Alberto Freire continuará como conselleiro delegado de Iberconsa após a transferencia de propiedade. Esta é a principal operación dos fondos de investimento en Galiza."}
{"ID": "PRAZA_9237", "summary": "O avogado da familia do ditador di que os herdeiros son \"lexítimos propietarios\" das figuras de Abraham e Isaac sen achegar proba ningunha que o acredite durante o xuízo no que o Concello de Santiago as reclama. O Consistorio aporta documentación da adquisición das estatuas e confía en que a sentenza \"xere precedente\" para recuperar o patrimonio espoliado polo franquismo.", "text": "O Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid celebrou este venres o xuízo contra a familia Franco pola titularidade das estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria, logo da denuncia presentada polo Concello de Santiago para conseguir a devolución das figuras en mans dos herdeiros do ditador desde hai máis de 60 anos logo de que o Consistorio as adquirise en 1948. O avogado dos Franco teima no xuízo en que a familia é a \"lexítima propietaria\" das esculturas pero non achega documento ningún que o acrediteNingún dos descendentes dos Franco acudiu ao xulgado nunha vista oral na que o seu avogado teimou en que os herdeiros do ditador son os \"lexítimos propietarios\" tras adquirir as esculturas \"a través dun particular\". Con todo, a defensa da familia do xeneral fascista confirmou que non ten proba documental ningunha desa suposta compra, tal e como alegaba e argumentou o Concello, que si achegou documentación que probaría a adquisición das figuras, que formarían parte do patrimonio público histórico-artístico da cidade. \"Estaremos satisfeitos cando a xustiza faga xustiza\", advertiu o alcalde compostelán, Martiño Noriega, á saída dos xulgados onde, di, \"quedou demostrada a titularidade de dúas pezas do patrimonio histórico-artístico, que son propiedade do Concello de Santiago, para goce dos veciños e dos visitantes\". O rexedor, como dixo antes e despois da vista oral, confía en que a sentenza xere \"un precedente\" que permita recuperar o patrimonio \"espoliado\" pola ditadura, máis aló destas esculturas. Na súa argumentación, a familia Franco insistiu, sen achegar proba ningunha, en que as esculturas lle pertencen porque foron mercadas a través dun anticuario a un particular, ademais de polo paso do tempo e a cantidade de anos que estiveron no seu poder. Segundo a súa versión, calquera reclamación tería prescrito xa e as figuras non poderían ser consideradas parte do patrimonio público histórico-artístico, senón súas e por mera tradición familiar. O avogado do Concello de Santiago, Xoaquín Monteagudo, baseou a súa acción en desmontar con probas a defensa dos Franco, demostrando a titularidade das esculturas románicas con documentación e identificándoas, así como evidenciando a ausencia de calquera documento por parte da familia do ditador respecto da suposta propiedade das figuras. O Concello achegou o contrato de compravenda e expedientes que acreditan a titularidade das figuras e espera que a sentenza \"xere precedente\" para recuperar o patrimonio espoliado polos Franco\"Fixemos un traballo documental intenso e unha exposición xurídica impecable\", engadiu Noriega, que espera que \"a xustiza faga xustiza, dea a razón ao Concello e xere un precedente sobre o que foi un espolio do patrimonio de todas e todos ao longo dunha ditadura e en beneficio da familia dun ditador\". O letrado da administración compostelá achegou copia da escritura pública co contrato de compravenda asinado polo alcalde Sarmiento Garra e o conde de Ximonde, Santiago Puga, que vendeu as figuras ao Concello en xuño de 1948 \"para o patrimonio artístico da cidade\" e condicionada a operación a que as figuras \"permanezan indefinidamente no patrimonio municipal\" Tamén do expediente administrativo previo á compra, baseado nun acordo plenario dun ano antes, no que se inclúen informes de expertos da época e polo que se aproba por unanimidade a adquisición das dúas estatuas \"con destino a una plaza, un paseo o algún otro lugar estratégico de la ciudad\". \"Temos a escritura notarial de xuño de 1948, un documento público asinado polo daquela alcalde e o conde de Ximonde, así como documentación anterior con informes periciais ou dun famoso escultor compostelán... Non se pode pedir máis tendo en conta que son dos anos corenta\", explicou á saída da vista oral Monteagudo, que cre \"claro\" que a argumentación fundamental dos Franco é a prescrición e o paso do tempo. \"Neste caso tan singular, non hai prescrición posible\", engadiu. Xa que logo, o Concello argumentou que as figuras, xunto a outra terceira, foron adquiridas polo Concello e instaladas no Pazo de Raxoi. Ademais, e ante as posibles dúbidas sobre a identificación das estatuas coas compradas daquela, o letrado achegou un informe pericial de Yzquierdo Perrín, especialista en arte e na fachada medieval da Catedral. Nel, relata o itinerario das figuras, o proceso de adquisición e a súa aparición na exposición El Arte Románico, de 1961, así como no seu catálogo, onde se engade a anotación \"Propiedad de Su Excelencia el Jefe del Estado\".Os Franco din ser propietarios das esculturas por tradición familiar e polo paso do tempo e aseguran que as adquiriron \"a un particular a través dun anticuario\"O perito Yzquierdo Perrín, que compareceu tamén no xuízo, aclarou que, entre 1948 e 1961, \"en momento e por razón imprecisa\", as dúas figuras adquiridas polo Concello ao Conde de Ximonde \"pasaron ao daquela Xefe do Estado\". \"Non hai dúbida ningunha\", respondeu ao ser preguntado sobre se as figuras dos Franco son as mesmas que as adquiridas polo Consistorio. Monteagudo argumentou, tamén, que os Franco nunca se atreveron a negar con rotundidade a identificación das estatuas nin achegaron proba pericial contraditoria. Yzquierdo Perrín lembrou tamén que na Corporación non hai traza ningunha de acordo ou resolución pola cal as estatuas pasasen a mans dos Franco e que durante a súa investigación nos arquivos municipais non achou \"documento ningún\" que acredite esa adquisición. Ademais, a acción do Concello insistiu en que a familia do ditador non foi quen de probar nunca a súa lexítima posesión máis aló de referirse á \"tradición oral da familia\" que indicaría que o ditador e a súa muller as adquiriron \"a un particular a través dun anticuario\". A hipótese máis probable, como lembrou Monteagudo, é que co gallo da visita de Franco e a súa dona a Santiago no ano santo de 1954, o daquela alcalde Enrique Otero, fíxolles chegar as estatuas polo desexo de \"compracer ou gañar o favor\" do ditador e sen adoptar acordo ningún, acto xurídico nin formalidade legal. \"É unha historia inventada\", retrucou o avogado da familia do ditador durante o xuízo. O letrado dos Franco argumenta que non aparece \"ningunha fotografía\" das esculturas entre 1933 e 1961 porque, di, \"nunca estiveron\" onde o Concello di. Ademais, contradí a teoría de que as estatuas foron un agasallo polo \"capricho\" de Carmen Polo. \"Non son unha caixa de bombóns, son estatuas de granito moi pesadas\", asegurou á prensa tras rematar a vista oral. O Concello lembrou no xuízo que non hai proba directa daquela entrega, algo obvio polo contexto social e histórico da época, pero considerou iso \"irrelevante\" ante unha consecuencia xurídica persistente: \"A máis absoluta e radical nulidade e a imposibilidade de que produza ningún efecto xurídico favorable aos demandados\". Xa que logo, mentres o Consistorio achega o título de dominio, co contrato de compravenda en escritura pública e o expediente administrativo previo, a familia Franco non achega proba ningunha da propiedade e limítase a apelar á tradición familiar. \"As razóns xurídicas da familia do ditador están amparando os privilexios dunha familia que se beneficiou dun contexto de ditadura; teñen ese grao de indecencia e de pouca consistencia e esperemos que ese pacto de silencio con estes privilexios remate\", engadiu Martiño Noriega á saída dos xulgados."}
{"ID": "NOS_24490", "summary": "BNG e PSdeG preparan varias cuestións para interpelar o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, na que será a súa segunda sesión de control desde que accedeu ao cargo.", "text": "A sesión plenaria desta semana pivotará sobre a situación da sanidade, que acumulou as tensións derivadas da pandemia xunto á falta de facultativos, especialmente en Atención Primaria, xunto con outros problemas en servizos como o de Medicina Interna, cuxos médicos se sumaron ás protestas nas últimas datas. Así, xunto á comparecencia a petición propia —previamente solicitada polo BNG— do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que decorrerá a vindeira terza feira, sumarase tamén a pregunta na sesión de control ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que formulará o portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez. Mais para os socialistas non será \"suficiente\" a comparecencia do titular da carteira sanitaria e, por iso, tamén introduciron unha interpelación que deberá responder Comesaña durante a sesión desta semana con \"preguntas concretas\" sobre, por exemplo, a falta de efectivos. Case 300 médicos envían unha carta a Rueda e advirten: \"A actividade asistencial é inasumíbel\" Na que constituirá a súa segunda sesión de control desde que asumiu as rendas da Xunta da Galiza, o presidente tamén deberá responder as preguntas da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sobre a \"crise de prezos\", un asunto que tamén abordou na reunión da pasada segunda feira, 6 de xuño, á que levou un paquete de medidas cifrado en 700 millóns de euros para aumentar as pensións non contributivas ou facer compatíbel a Risga co ingreso mínimo vital, xunto con actuacións para as pemes. Na sesión plenaria, os populares introduciron, entre outras cuestións, a preocupación pola desaparición de liñas de transporte no mapa inicialmente deseñado polo Goberno estatal, o que pon en cuestión, en palabras do viceportapoz popular Alberto Pazos Couñago esa \"tan cacarexada\" protección da \"España baleirada\". Aliás, o \"boom eólico\" será outro dos temas que se abordarán no pleno, con iniciativas tanto do PPdeG —que preguntará á Xunta sobre o desenvolvemento eólico e leva unha proposición non de lei—, como do PSdeG —que tamén cuestionará sobre o modelo do Goberno galego—, así como unha interpelación do BNG. Pontón contrapón o modelo eólico \"respectuoso co medio ambiente e coa xente\" do BNG co \"especulativo e depredador\" do PP Dúas propostas lexislativas Á marxe destes asuntos, terá lugar o debate da toma en consideración de dúas proposicións de lei a cargo da oposición, é dicir, a decisión de se se admiten ou non por parte da Cámara para a súa tramitación posterior. Por unha parte, os socialistas incluíron unha modificación do decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Galiza en materia de igualdade, co fin de garantir unha presenza mínima de mulleres en cada un dos órganos e entidades da Administración pública. Noutra orde, o BNG leva ao pleno a toma en consideración da súa lei galega de residencias de maiores, coa que aspiran a unha \"vellez digna\", e na que se estabelecen ratios de persoal, unha organización interna dos centros e garantías de información e sanitarias, entre outras cuestións, para as persoas usuarias."}
{"ID": "NOS_7740", "summary": "Trafigura, a firma de capital suízo e con sede en Singapur candidata a facerse coa planta de Alcoa en San Cibrao, vén de facer caixa coa venda da súa participación na firma Minas Aguas Teñidas (Matsa), que contaba con tres proxectos mineiros en explotación en Huelva para a obtención de cobre e cinc.", "text": "A menos dun mes para que o Supremo se pronuncie sobre o recurso da empresa á decisión do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) de anular o despedimento colectivo en San Cibrao e cunha folga do persoal á volta da esquina, Alcoa segue sen mover ficha para aclarar o seu futuro na Mariña. A pesar de que a compañía afirmou estar disposta a vender a planta de aluminio a un terceiro, cousa que os tribunais mesmo puxeron en dúbida acusándoa de \"mala fe\", o certo é que desde hai máis dun ano non houbo avances significativos no proceso. Porén, hai empresas que agardan a que Alcoa se decida a dar o paso. Esta mesma semana, a ministra de Industria, Reyes Maroto, lembraba que catro firmas industriais manteñen o seu interese por poxar pola factoría galega, máis sen dar nomes. En todas as quinielas figuran os de Liberty House, a firma británica que xa intentara comprar o complexo de San Cibrao hai máis dun ano, e Trafigura, un fondo de capital suízo con sede en Singapur que xa ten intereses na Galiza, pois é o máximo accionista de Atalaya Mining, a firma que está detrás do polémico proxecto da mina de Touro. Músculo financeiro No caso de que finalmente se produza a venda, algo que vai depender en certa medida do pronunciamento do Supremo, a empresa que se faga coas instalacións vai ter que facer un forte investimento para actualizar a planta e poñela a pleno rendemento, pois Alcoa, en todo este tempo que leva anunciando a súa marcha do país, non fixo máis investimentos que os necesarios para que a planta puidese seguir operando con certa normalidade. Neste senso, Liberty House pasou apuros hai uns meses pola quebra da financeira Greensill Capital, que mesmo lle levou a pedir o rescate ao Goberno británico. Caso distinto é o de Trafigura, que onte anunciou un acordo para vender á australiana Sandfire a firma Minas Aguas Teñidas (Matsa), firma con tres proxectos mineiros en explotación en Huelva para a extracción de cobre e cinc. A operación fechouse por un importe de 1.865 millóns de dólares (uns 1.589 millóns de euros ao cambio), que se repartirán a partes iguais os dous accionistas de Matsa, Trafigura e o fondo soberano de Abu Dabi Mubadala Investment Company. Plusvalías millonarias Un dos motivos deste alto prezo e o valor dos minerais no mercado. O cobre marca máximos históricos, con cotizacións por riba dos 1o.ooo dólares a tonelada a principios deste ano e que, pese a caer até os 9.000 dólares, revalorízase 40% desde mediados do pasado ano. Segundo os datos de Bloomberg, ambas as empresas van facer caixa coa operación. Sirva como exemplo o caso de Mubadala, que pagou preto de 500 millóns de dólares hai cinco anos pola metade de Matsa e que agora vai levar case outro tanto coa venda da mineira onubense. Trafigura, que é unha das principais compañías comercializadoras de materias primas do mundo, tamén vai levar unha boa plusvalía, aínda que os altos prezos das materias primas xa contribúen bastante a engrosar as contas deste xigante internacional. Agora está por ver se a firma decide empregar eses cartos para presentar un ambicioso plan industrial para a planta de Alcoa en San Cibrao, como pide o Ministerio de Industria, xa que o importe de venda da planta non debería ser problema, xa que Alcoa estaba disposta a desfacerse dela por un euro sempre e cando quedase eximida de responsabilidades futuras. Sexa como for, cos petos ben cheos, Trafigura suma puntos para liderar un proxecto de futuro na Mariña que garanta os postos de traballo nunha comarca fortemente golpeada pola crise industrial na que está inmersa Galiza."}
{"ID": "NOS_29947", "summary": "Segundo vén de informar Faro de Vigo, Pescanova modificou a principios de febreiro o rexistro da súa marca para a partillar cunha gran empresa estadounidense", "text": "A marca Pescanova, no que atinxe aos países que integran e conforman a Unión Europea, xa non é exclusica desta empresa galega con epicentro en Chapela. O 50% desa marca pertence, segundo vén de desvelar Faro de Vigo, a unha grande compañía de Estados Unidos, Yoshida's Inc. Isto é así, segundo o xornal vigués, desde comezos do pasado mes de febreiro. A nova supón unha nova volta de porca, e non pequena, na polémica xerada polo feito de Pescanova solicitar preconcurso de acreedores. Yoshida's Inc, aliás, foi adquirida polo xigante estadounidense da alimentación Heinz. O 9 de febreiro, cursouse unha solicitude na Oficina Europea de Marcas e Rexistros (OAMI) pola cal esa marca pasaba ser partillada. Segundo o xornal vigués, a solicitude aínda estaría en fase de estudo. Pescanova volvía cotizar esta segunda feira en bolsa após a suspensión da sexta feira pasada e o anuncio do preconcurso de acreedores. E non foi un retorno agradábel. En primeiro lugar, pola fervenza de ordes de venda de títulos desta compañía que levou a que só se permitisen as vendas no minuto previo ao peche da sesión. E en segundo lugar, pola quedadas accións: de 17,40 euros a 6.96. Unha desvalorización por volta do 60%."}
{"ID": "PRAZA_21003", "summary": "Galicia supera os 95.000 casos detectados de coronavirus, con 1.752 mortes, desde que hai agora un ano a OMS declarou a COVID-19 unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional", "text": "Galicia supera os 95.000 casos detectados de coronavirus, con 1.752 mortes, desde que hai agora un ano a OMS declarou a COVID-19 unha emerxencia de saúde pública de importancia internacionalXusto un ano despois de que o 30 de xaneiro de 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarase a COVID-19 unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional, cuxo primeiro caso se detectou en Galicia un mes máis tarde, son xa 95.793 os casos detectados no país, dos que 1.752 acabaron coa morte do doente. Na última xornada foron 1.492 os novos casos sumados polo Sergas a ese cómputo total (1.259 por probas PCR confirmadas nas últimas 24 horas), o que supón unha certa estabilización arredor dos 1.300 novos casos de media diaria durante a última semana. Un freo no crecemento constante da curva de novos casos que se viña rexistrando desde o Nadal que aínda así supón situarse nun rango que duplica os 650 casos diarios que se rexistraron no pico da segunda vaga, que máis que triplica os 400casos diarios do pico da primeira vaga e que aínda tardará en reflectirse nos hospitais, onde as UCI seguen a empeorar a súa situación.Tras depurar os casos, este pasado xoves 28 de xaneiro é o día con máis falecementos de toda a pandemia, 34, superando o pico de 31 casos rexistrado o 10 de abril do pasado anoNa última xornada o Sergas sumou outros 34 falecementos á súa serie histórica, boa parte deles froito da confirmación de mortes por coronavirus de días anteriores, de xeito que só 12 son atribuídos á última xornada. Pola contra, a depuración de casos fai que o xoves 28 de xaneiro apareza agora, con 34 mortes, como o día con máis falecementos de toda a pandemia en Galicia, superando os 31 rexistrados o 10 de abril do pasado ano, no pico da primeira vaga.Os datos oficiais divulgados este sábado tamén deixan outro novo récord, o de probas PCR realizadas nun día, 13.890, tras varias xornadas consecutivas superando a cifra do día anterior e deixando positividades de arredor do 10%, o dobre do 5% fixado pola OMS para considerar controlada a situación.Hai 228 persoas en UCI, 18 máis que un día antes e 51 máis que no pico da primeira vagaE un récord máis é o que acada o do número de persoas ingresadas en coidados intensivos, 228, 18 máis que na xornada anterior e 51 máis que no pico da primeira vaga. Pola contra, redúcese o número de hospitalizacións ordinarias, o que fai que caia a cifra de hospitalización total en 19 casos. Pero hai que ter en conta que esa redución pode producirse por altas de pacientes ou polo seu falecemento.Ourense e Santiago son as cidades que con maior claridade parecen conter a curva da incidencia e Pontevedra é a que máis a vén disparandoPor outra banda, a situación segue a ser dispar xeográficamente. Ourense e Santiago son as cidades que con maior claridade parecen conter a curva de aumento da incidencia nos últimos días, pero con cifras respectivamente de 900 e 700 casos acumulados por 100.000 habitantes nos anteriores 14 días.Nos 900 casos acumulados está tamén a cidade da Coruña, onde a curva comeza a moderar o seu ascenso pero aínda non de xeito tan claro como nas outras dúas cidades. No resto de urbes, a curva de Pontevedra é a que máis se dispara ao pasar en dez días de 300 a 600 casos acumulados.As residencias mantéñense desde hai unha semana por riba dos 500 casos activos, arredor do 3% dos usuarios totais deses centros en toda Galicia, nos que xa morreron 682 persoasTamén nas residencias de persoas maiores e dependentes se estabiliza o número de casos activos, pero nuns niveis por riba dos 500 que supoñen que están contaxiados preto do 3% dos usuarios dese tipo de centros que hai en Galicia. Ademais, o nivel de casos activos mantense polas altas e falecementos, porque seguen a rexistrarse arredor de medio cento de novos casos diarios desde hai varias semanas, 45 na última xornada. Os falecidos neses centros ascenden xa a 682, o 39% do total.20.000 persoas recibiron xa as dúas doses da vacina e outras 40.000 xa terían a primeiraCanto ao ritmo de vacinación, as últimas cifras ofrecidas polo Ministerio de Sanidade este venres indican que en Galicia foron administradas 78.772 doses e que 20.268 persoas recibiron xa a segunda dose, polo que outras 40.000 terían xa a primeira dose. No conxunto do Estado o número de doses aplicadas achégase ao millón e medio, con máis de 250.000 persoas xa coa 'pauta completa', é dicir, coas dúas doses."}
{"ID": "NOS_7786", "summary": "O director de 'El Mundo', Pedro J. Ramírez revelou ante o xuíz que o ex-tesoureiro sinalou a Romay Beccaría como a persoa á que entregar unha 'doazón' de 300.000 euros en metálico para o partido.", "text": "Ano 2011. Nin Bárcenas nin Lapuerta tiñan xa ningunha responsabilidade na tesoureiría do PP. Un doante habitual do Partido Popular quere entregar 300.000 euros en metálico á organización conservadora. E está interesado en que chegue a ouvidos de Rajoy a xenerosa achega. Remitírono a José Manuel Romay Beccaría. A persoa que substituiu a Bárcenas como tesoureiro. Esta é a principal novidade que o director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, revelou na súa comparecencia ante o xuíz, onde acudiu en calidade de testemuña a declarar polo caso dos papais de Bárcenas. O que afirmou Pedro J, que sinala que é o que lle expresou Bárcenas, introduce importantes cuestións a desvelar. En primeiro lugar, que as 'doazóns' continuaron no tempo até hai pouco e que estas non implican só a Bárcenas. O padriño político de Feijóo E aí sae o nome de Romay Beccaría, o home do Opus no PP, a persoa que apadriñou en política a Núñez Feijóo. O mesmo que meteu a Manuel Cruz, chófer da Xunta e que puxo en contacto a Feijóo e o narcotraficante Marcial Dorado. Cun amplo curricolo político (foi conselleiro, ministro senador...) actualmente é presidente do Consello de Estado."}
{"ID": "NOS_33199", "summary": "A comparecencia parlamentar de Núñez Feijóo para explicar a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado ocupa o tema da semana no número 42 do Sermos Galiza.", "text": "Alberto Núñez Feijóo daba explicacións esta cuarta feira no Parlamento con motivo das fotografías publicadas en que aparece co narcotraficante arousán Marcial Dorado. Nas primeiras páxinas do número 42 analizamos a intevención do presidente da Xunta, acorralado polas forzas da oposición que souberon pór de manifesto as contadicións no discurso do líder popular. Mais tamén, botamos a ollada sobre esoutra fotografía que foi tamén protagonista da comparecencia. A das vítimas do narcotráfico. Con Carme Durán, ex-presidenta da asociación Esperta Cambados, falamos sobre as impresións que tiran desde a loita contra a droga das declaracións de Núñez Feijóo e da súa relación co narco arousán. Unha relación que segue a dar que falar. Tamén ao presidente. Núñez Feijóo que revelaba esta quinta feira en comparecencia de imprensa que o seu goberno concedeu 5.000 euros en concepto de servizos prestados ás empresas de Dorado. Mais... U-lo diñeiro durante a era Fraga? Nas páxinas de economía abordamos o concurso de acredores convocado por Pescanova. Unha manobra da transnacional para evitar ser engulida polos grandes grupos do sector. Xunto a ela, falamos da auditora que avalou a fraude das preferentes. Os erros cometidos por KGM non puxeron fin á súa relación coa Xunta de Galiza, administración para a que segue a traballar en distintos procesos. Na sección de traballo botamos a ollada sob as tacticas empregadas polas empresas para se aproveitaren das facilidades no despedimento que foron outorgadas desde o goberno español a través da aprobación de dúas reformas laborais. Tamén asi, conversamos con Xulio Vicente portavoz da Plataforma de Afectad@s polo calote das preferentes no Baixo Miño. Vicente é tallante \"a arbitraxe foi unha medida electoral\" empregada polo Partido Popular para calmar os ánimos antes das eleccións á Xunta. Nas páxinas de social chamámoslle ás cousas polo seu nome. 16 mulleres asasinadas (que non mortas) polo terrorismo en Galiza no que vai de ano. Neste número analizamos dúas cuestións fundamentais que afectan a aquelas mulleres que deciden dar o paso para rachar coa violencia machista: os puntos de encontro e o salario da liberdade. Mais non só iso. Proxectos mineiros que deixan unha Galiza a ceo aberto, o liderado de Javier Gómez Noya no mundial de triatlón, a crise no sector editorial galego agravada polo desleixo da Xunta ou a nova publicación de Magin Blanco enchen as páxinas do novo número de Sermos Galiza. Esta sexta, coma sempre, nos quiosques e librarías do país."}
{"ID": "NOS_51800", "summary": "Os Estados Unidos, a Unión Europea e o Consello de Seguridade da ONU levantaron todas as sancións que lle foran impostas ao Irán após seis meses da sinatura do programa nuclear iraniano entre este país e o Reino Unido, a China, Francia, Rusia, os EUA e Alemaña.", "text": "O levantamento das sancións económicas e financeiras impostas ao Irán prodúcese unha vez que a Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) confirmara que o país cumpriu coas obrigas esixidas para poñer en marcha o acordo nuclear asinado en xullo de 2015 en Viena polo G5+1 –Reino Unido, a China, Francia, Rusia, os EUA e Alemaña-. A decisión adoptouse logo de que 7.000 inspectores da axencia verificaran sobre o terreo e nos distintos equipamentos nucleares que o Irán cumpriu con todos os requirimentos. A propia axencia salientou que o levantamento das sancións representa \"un día importante para a comunidade internacional\". \"É un día moi importante. Percorremos un camiño moi longo desde que a AIEA empezou a considerar o asunto nuclear iraniano en 2003\", apuntou o director xeral do organismo, Yukuiya Amano, nun comunicado. As conversas para concretar un acordo que lle permitise desenvolver ao Irán o seu programa nuclear con fins pacíficos tensaron as relacións internacionais ao longo dos últimos 12 anos As conversas para concretar un acordo que lle permitise desenvolver ao Irán o seu programa nuclear con fins pacíficos tensaron as relacións internacionais ao longo dos últimos 12 anos. A alegría coa que a comunidade internacional acolleu o anuncio e a entrada en vigor do acordo de xullo de 2015 contraponse co rexeitamento de Israel, que considera o acordo \"un erro de proporcións históricas\". En base ao pacto que entra en vigor após o levantamento das sancións, o Irán empregará a enerxía nuclear para as investigacións no ámbito da medicina, da agricultura e da industria. Neste contexto, a fin das imposicións representa unha gran noticia para o Irán e para a súa economía. Teherán calcula que as sancións provocaron unha perda de arredor de 100.000 millóns de dólares só entre 2012 e 2015. Neses anos, o país tivo moitas limitacións para poder exportar os recursos máis significativos da súa economía: petróleo e gas. As sancións suspendidas As sancións suspendidas, que poderán restabelecerse no caso de \"violacións graves\" no caso do Irán son as seguintes: Os EUA suspenderon as limitacións impostas ao Banco Central e á compañía petroleira estatal do Irán, de maneira que o país persa poderá acceder a 50.000 millóns de dólares conxelados. O Irán poderá dispoñer dos 100.000 millóns de dólares que posúe en bancos chineses, xaponeses e de Corea do Sur. O Irán poderá vender o seu petróleo e comprar mercadorías no eido internacional. As previsións apuntan que podería mover medio millón de barrís de cru máis ao día. Os EUA eliminaron da \"listaxe negra\" máis de 400 empresas e persoas iranianas, de maneira que as compañías poidan comprar cru e realizaren transaccións económicas. Os EUA desbloquearon os ingresos procedentes da venda do cru no estranxeiro. A EU suprimiu as súas sancións financeiras relacionadas coa tecnoloxía nuclear sobre transferencias, seguros, financiamento do comercio, petróleo e gas."}
{"ID": "PRAZA_15903", "summary": "Francisco insta as relixiosas a \"acoller con seriedade\" as \"vocacións\" estranxeiras e, ante a mingua de membros nos conventos, non empregar ningún método que non sexa \"rezar con intensidade\"", "text": "É posible que non se chegue a saber se foi casualidade ou non. Pero, aínda que fose, as verbas pronunciadas polo Papa Francisco a respecto das prácticas para ampliar as \"vocacións\", isto é, o número de persoas que viven nos conventos, encaixan á perfección co escándalo xurdido no convento das Mercedarias de Santiago no que presuntamente foron retidas varias mulleres de orixe india. O máximo responsable da Igrexa católica aproveitou un encontro no Vaticano con monxas e frades para desviarse do discurso que tiña previsto e alertar contra os métodos retortos para alargar os censos conventuais con vocacións estranxeiras nunha caste de \"inseminación artificial\". Segundo transcribe o servizo de comunicación da Santa Sé, Francisco comezou o seu encontro cos participantes no 'Xubileo da Vida Consagrada' explicándolles que \"preparara un discurso para esta ocasión\" se ben lle encargou a un dos membros do seu equipo que repartise un escrito coas verbas previstas. \"Prefiro falar con vós do que me veña do corazón\", xustificou ante as relixiosas e relixiosos antes de comezar a improvisar. Tras unha primeira reflexión sobre a diferenza entre \"obediencia\" e \"disciplina\" e a necesidade de que monxas e frades non esquezan o valor da \"proximidade\", Francisco asegurou que a el mesmo lle \"custa\" observar o devalo de vocacións. El, afirma, é o primeiro preocupado \"cando recibo aos bispos e pregunto cantos seminaristas teñen\" e eles responden \"catro ou cinco\" ou, como \"en España\", dixo dirínxose a un cardeal emérito presente no acto, \"hai mosteiros, grandes mosteiros\" nos que apenas restan \"catro ou cinco\" monxas \"velliñas\". Este será o caso, precisamente, do convento mercedario de Santiago, onde apenas fican media decena de monxas tras o abandono das que marcharon por intercesión da Policía. Francisco insta as relixiosas a \"acoller con seriedade\" as \"vocacións\" estranxeiras e, ante a mingua de membros nos conventos, non empregar ningún método que non sexa \"rezar con intensidade\" Esta circunstancia, advirte o Papa, fai \"xurdir unha tentación\" que \"vai contra a esperanza\". Nalgunhas comunidades, cando \"o ventre da vida consagrada\" torna \"estéril\", di, \"algunhas congregacións fan o experimento da inseminación artificial\". \"Que fan? Acoller. E veñen, veñen, veñen... E despois, os problemas que hai alí dentro. Non. Débeselle acoller con seriedade!\" Advirte. Cando se acolle persoas procedentes doutros países, caso das monxas de Santiago, Francisco insta a \"discernir\" se se trata de \"verdadeiras vocacións\" e, se non o son, non optar por ningún método que non sexa \"rezar con intensidade\". O Papa alerta de que \"cando unha congregación relixiosa comeza a ser máis pequena, apégase aos cartos\" Neste contexto, o xefe da Igrexa católica alerta aínda doutro \"perigo\" nos conventos cuxo número de membros non deixa de minguar. \"Isto é feo, pero debo dicilo\", advertiu: \"Cando unha congregación relixiosa ve que non ten fillos e fillas e comeza a ser máis pequena, apégase aos cartos. \"Pensan na vellez, que non falte isto, que non falte o outro...\", se ben \"vós sabedes que os cartos son o esterco co demo\", díxolles. \"Os cartos botarán abaixo a esperanza, entendido?\", sinalou. A contundencia das palabras do Papa sobre os métodos para captar monxas contrasta coa resposta do Arcebispado de Santiago e da propia orde Mercedaria tras o estourido do caso da presunta retención das monxas indias, que continúa o seu percorrido xudicial. Como informou este diario, a Arquidiocese compostelá negou os feitos e as Mercedarias fixeron o propio, ademais de acusar a prensa e institucións, mais ou menos sutilmente, de estar a mentir e non respectar o seu xeito de vida."}
{"ID": "NOS_10365", "summary": "A empresa que xestiona o concurso do club branquiazul amósase disposta a flexibilizar o seu ultimato mentres que Juan Domínguez sobe un chanzo nas críticas dos futbolistas á situación e esixe unha solución inmediata.", "text": "A crise do Deportivo xa é con toda claridade un tirapuxa entre os seus distintos actores, no que nos últimos días se combinan de xeito constante novas positivas e negativas, mentres continúja sen alcanzarse un acordo que garanta a supervivencia da histórica entidade coruñesa. Así as cousas, no aspecto máis luminoso -dentro das duras circunstancias- xorden as primeiras declaracións cun mínimo de optimismo que saen da administración concursal do club. Segundo La Opinión, o xestor Francisco Prada asegura ter \"información de que as cousas, malia que despacio, parece que poden ir avanzando\". Eses síntomas de mellora -que xa foron advertidos por Lendoiro un día antes- levan á empresa que leva o concurso de acredores a flexibilizar o ultimato de quince días, que remata a terza feira, antes de solicitar a liquidación, xa que considera que \"a finais de mes debería existir xa un acordo\". Ese trato entre a entidade branquiazul e os seus acredores é o que demandan tamén os futbolistas, que pouco a pouco van subindo o ton da súa queixa. Se primeiro foi Manuel Pablo, logo Aythami e despois Álex Bergantiños, outro xogador da casa -Juan Domínguez- foi o encarregado no último adestramento da semana de elevar un chanzo a crítica e demandar xa unha solución para o club e tamén para as cantidades que lles deben. \"A paciencia non é infinita, levamos moito tempo nunha situación moi má. A dinámica é de dicir que se vai solucionar, pero iso nunca chega e a situación é desfavorábel. Necesitamos estabilidade xa\", afirmou o centrocampista das Pontes, facéndose eco do sentir xeral do vestiario. Pola súa parte, e baixo unha evidente precariedade, Fernando Vázquez trata de avanzar no traballo co equipo e anunciou que serán dez os xogadores da canteira que farán a pretemporada en Monforte co primeiro plantel."}
{"ID": "NOS_7053", "summary": "En 24 horas fixéronse 6.143 PCR, 988 menos que no día anterior. Os hospitalizados por covid soben en 20 persoas (até o total de 559) e a UCI mantéñense en 100 pacientes", "text": "Os positivos diarios confirmados por PCR na Galiza experimentaron un novo descenso por terceiro día consecutivo, até os 323, un total de 134 menos que na xornada anterior. En concreto, rexístranse baixadas no número de contaxios en todas as áreas menos na de Pontevedra. Así mesmo, os datos de Sanidade reflicten que até o momento realizáronse na Galiza un total de 854.141 PCR, o que implica que en 24 horas fixéronse 6.143 -988 menos que no día anterior-. Segundo os datos actualizados hoxe pola Consellería de Sanidade, con cifras solicitadas até as 18:00 horas do domingo, a única área na que se rexistra un aumento dos casos é na de Pontevedra, onde hai unha alza de 27 -até os 78-. Todas as restantes experimentan unha baixada no número de positivos rexistrados. Destas, a área con máis contaxios confirmados por PCR en 24 horas é a da Coruña, con 68 -57 menos-. Por detrás sitúase Vigo, con 42 -38 menos-. En canto aos casos activos -persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade-, baixaron en 159, até situarse no total de 8.669. A que reúne a maior cifra de casos activos da enfermidade é Vigo, que hoxe notifica 2.260, aínda que son 60 menos que o domingo. Tamén anotaron descensos as áreas da Coruña-Cee, con 1.798 (-44); e Pontevedra-O Salnés, con 1.234 (-1). Con todo, continúan á alza as vítimas mortais diagnosticadas de Covid-19, que esta segunda feira sitúanse en 1.146 após notificarse o domingo 9 falecementos, dos que dous estaban relacionados con residencias de maiores."}
{"ID": "NOS_49645", "summary": "O pensador que marcou o século XX tamén respirou en galego. Non moito, é certo. Mais o seu rastro atópase en traducións, na obra de autores no seu ronsel intelectual, en traballos achegados a organizacións políticas que se reclaman do seu ideario. A dous séculos do nacemento de Karl Marx - 1818-, o seu espectro segue a roldar.", "text": "O Manifesto Comunista (1848) é o único dos libros de Marx -coescrito con Friedrich Engels, neste caso- con versión galega. De 1976 data a primeira, atribuída a Xoán Andeiro -probabelmente un pseudónimo- e publicada pola editiorial Nova Galiza, próxima ao Partido Comunista. No mesmo ano, a editorial madrileña Akal deu ao prelo a tradución de Isaac Alonso Estravís. Non foi ate 1998 que Xerais colocou nas librarías a realizada por Franck Meyer, que conta varias reedicións. E Primeira Linha, organización política independentista, sacou unha adaptación á norma AGAL da versión portuguesa de Avante, a editorial do Partido Comunista Portugués. Ademais do célebre manifesto, só hai outro volume exento de Marx en galego, o singular Manuscritos matemáticos (Xerais, 1987), \"prologados e comentados por Xenaro García Suárez\". Ningún outro texto longo de Marx existe fóra da Rede -a Biblioteca Marxista Galega, no web de Primeira Linha, non contén traducións directas, senón adaptacións do portugués. Malia a fulcral importancia do Capital (1867-1894), a Contribución á crítica da economía política (1859) ou mesmo da Ideoloxía alemá (1845), non houbo iniciativas editoriais de traducilos. Autores contemporáneos da tradición marxista si contan con versións galegas dalgúns dos seus textos fundamentais. Robespierre. Unha política da filosofía (Laiovento, 1994), de Georges Labica, recupera a figura do revolucionario francés para a esquerda. A adscrición de Alain Badiou ao marxismo resulta algo máis problemática, pero o certo é que dedicou Dun desastre escuro e outros textos (Laiovento, 1995) a advertir das consecuencias da caída do Muro de Berlín. Do esloveno e popular Slavoj Zizek, cuxa aproximación a Marx resulta heterodoxa, por veces ecléctica, apareceu O espectro segue a roldar (Actualidade do Manifesto Comunista) (Laiovento, 2005). E de Michel Löwy, brasileiro residente en Francia e de filiación trotskista, Patria ou terra nai? (Laiovento, 1999) -unha defensa da autodeterminación desde a perspectiva marxista- e mais o interesantísimo A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo (Laiovento, 2005). Tamén Laiovento se encargou de colocar no sistema galego a biografía Marx. O eterno rebelde (2018), da xornalista cubana Paquita Armas Fonseca, e mais a compilación de textos Aínda O Capital. Novas perspectivas acerca de Marx e O Capital en Alemaña (2009), coordinado polo profesor vigués residente en Berlín José María Durán Medraño (Vigo, 1971). O volume xunta seis reflexións, maiormente adscritas á corrente da crítica do valor, sobre a obra fundamental de Marx. No ronsel O propio Durán Medraño valeuse do método e das ferramentas analíticas fornecidas polo de Tréveris para o seu ensaio Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx (Galaxia, 2013), premio Ramón Piñeiro. Como David Rodríguez (Vigo, 1975), no seu recente O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia (Xerais, 2018), ou Francisco Sampedro (A Coruña, 1956), un ensaísta marcado por Louis Althusser e Alain Badiou -de quen foi alumno- en libros como A violencia excedente (Laiovento, 2007). Eis o punto en que se abren os territorios intelectuais que fertilizaron Karl Marx e os seus descendentes. Malia a coñecida anécdota segundo a que el se confesou \"non marxista\". En 1978, o filósofo Felipe Martínez Marzoa (Vigo, 1943) deu ao prelo Ensaios marxistas (Rueiro), e dous anos despois, (Re)introdución ao marxismo (Xerais). Seguiu afondando, mais xa en castelán. É profesor na Complutense de Madrid. Outro profesor de filosofía, Antón Baamonde (Vilalba, 1957), reflexionou sobre O marxismo e as linguaxes (Galaxia, 1988). E Xesús Alonso Montero, académico, experto en literatura, xuntou unha boa présa de historias de vida en Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006) (Xerais, 2007). A pegada de Marx, no entanto, resulta moito máis extensa do que suxiren os escasos títulos que levan o seu nome no título. Na reconstrución do nacionalismo A reconstrución do nacionalismo na década dos sesenta estivo determinantemente marcada pola indixenización do marxismo. Os estudos de Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936), con O atraso economíco de Galiza (1973) á cabeza, constituíron unha das tentativas máis influíntes. A quen, por certo, responderon Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) e Xosé Colino en Economía campesiña e capital (Galaxia, 1983), tamén de óptica marxista pero na órbita do PCG. Outro economista, Ramón López Suevos (Ferrol, 1943), ex dirixente da Unión do Povo Galego, investigou as teorías da dependencia e os marxismos do Terceiro Mundo para os adaptar á realidade nacional galega. Do seu escritorio saíron, por caso, Escedente económico e análise estrutural (Galaxia, 1977) ou Do capitalismo colonial (Edicións do Cerne, 1979). Con Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) realizou máis un texto de cabeceira para o nacionalismo de esquerdas na Transición: Problemática nacional e colonialismo: o caso galego (1978). A desaparecida Ediciós do Castro, do grupo Sargadelos, conmemorou en 1985 o centenario da morte do máis decisivo dos pensadores europeos. Dende Galicia, Marx, coordinado por Xosé Vilas Nogueira e Carlos Barros, agrupaba un monllo de achegas e ensaios que conformaron, talvez, o último dos recoñecementos editoriais á figura."}
{"ID": "NOS_57236", "summary": "Unha web de compra de madeira, unha asesoría de agricultora ecolóxica e unha app de lecer para crianzas foron os escollidos pola iniciativa xurdida do premio de lotaría que tocou nesa vila.", "text": "O 6 de xaneiro de 2014 o premio gordo da Lotaría caía en Monforte, por volta duns 120 millóns de euros que tocaron moi repartidos entre a veciñanza. Un 'maná' de euros do que xurdiu, entre outras experiencias e iniciativas, o proxecto dunha fundación con carácter solidario. Aí nacía 'Semente' de Monforte, responsábel de diferentes accións, cvomo recadar 6.800 euros para produtos de primeira necesidade. Ou como a que vén de callar nestes días, coa entrega de premios no concurso de proxectos empresariais. Co apoio de 16 institucións e entidades, este concurso pretende axudar a poñer en marcha proxectos empresariais. Uns 80 presentáronse ao concurso, dos que -após unha primeira peneira- ficaron 10 que o xurado entendía que eran os máis novidosos, interesantes e viábeis. E, entre eles, escolleron os 10 tres gañadores. O primeiro premio recaeu en 'e-monte', unha web de compra de madeira. 10.000 euros para unha iniciativa que aposta en poñer en contacto a propietarios e compradores. Unha asesoría de agricultura ecolóxica ('Weed Control') levou o segundo premio, dotado con 6.000 euros. E unha app para móbiles e 'tablets' co seu 'target' nos máis novos da casa foi a seleccionada para o terceiro premio, 4.000 euros."}
{"ID": "NOS_12256", "summary": "O xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez Fernández, exixe reflexión por parte da cidadanía e recorda que \"o sacrificio\" non é tan grande se así non hai falecementos.", "text": "Desde hai varios días, mesmo unha semana no caso de Pontevedra, a poboación de varios municipios da área sanitaria da cidade ten limitados os seus movementos por mor das restricións para intentar frear os contaxios da Covid-19. No entando, as medidas impostas pola Xunta en concellos como Pontevedra, Poio ou Vilaboa, non están funcionando tan axiña como se pretendía. Malia reducir o número de asistentes non convivintes a reunións e recurtar as capacidades de certos estabelecementos, son estas tres zonas as que están a rexistrar máis da metade dos contaxios da demarcación. Así o recoñeceu esta terza feira a xerencia da área sanitaria, que falou de \"gromos numerosos\" en toda a zona de influenza con máis afectadas nos tres concellos vixiados pola Xunta. En concreto, dos 552 casos activos (que non paran de crecer nos últimos días, segundo os informes da Consellaría de Sanidade), 340 circunscríbense a eses tres municipios. En Pontevedra son 283, en Poio 35 e en Vilaboa 22. Tamén se fai seguemento da evolución de 715 habitantes destas poboacións. Porén, o responsábel da área, José Ramón Gómez Fernández, quixo tranquilizar á poboación e asegurou que, a pesar da gran cantidade de gromos, \"estes non son relevantes en canto ao número de persoas vinculadas\". Gómez Fernández comentou que, na maioría dos casos, os contaxios débense a eventos familiares e visitas a \"espazos de restauración e ocio\". Tamén hai focos nalgúns traballos, pero \"en moita menor medida\". Ademais, o representante da xestión sanitaria aclarou que o perfil das e dos contaxiados é, sobre todo, de xente con idades comprendidas entre os 20 e os 40 anos de idade. O esforzo \"non é moi alto\" Dáse a circunstancia, ademais, de que a Garda Civil identificou a 21 mozas e mozos que participaban nun botellón en Cangas sen respectar as distancias de seguridade nin levar a máscara posta. Neste contexto Gómez Fernández asumíu que nas últimas semanas houbo \"un incremento claro no número de casos\". Ante a situación, fixo un chamamento á cidadanía para que reflexione porque a enfermidade \"é grave\" e causa \"un número elevado de mortes\", ademais do \"dano económico e social\". Na súa opinión, \"o sacrificio\" de levar máscara e manter a hixiene e a distancia social \"non é moi alto\" se se pensa no obxectivo."}
{"ID": "NOS_17622", "summary": "A veciñanza de Sant Celoni denunciou nas redes sociais o que considera unha 'provocación' e conseguiu que #GuardiaCivilTincEstelada fose un exemplo diso que se denomina 'viralidade'.", "text": "Unha patrulla da Garda Civil entrou na praza da Vila de Sant Celoni. E diante dos veciños que a esas horas (mediodía) se atopaban no punto neurálxico desta vila do Vallés Oriental de 17.000 habitantes, comezaron a sinalar 'ostentosamente' os balcóns e xanelas nos que había penduradas 'esteladas' (bandeira independentista catalá) ao tempo que tomaban notas nunha libreta. \"A sensación que temos é que é un punto de provocación, porque non ten sentido o que fixeron\". Francesc Deulofou relatou a Vilaweb o acontecido. Ese 'paseíllo' de gardas españois tomando notas de casas particulares onde lucían a 'estelada' axiña chegou ás redes sociais, onde se expandiu como o lume. De feito, e en pouco tempo, informa Vilaweb, o HT #GuardiaCivilTincEstelada (GardaCivilTeñoEstelada) tivo un gran éxito. Centos de usuari@s penduraron fotos das súas casas, negocios, vehículos... coas bandeiras catalás e convertiron o HT en Trending Topic. E mesmo traduciron o HT o inglés para denunciar o acontecido a nivel internacional. E mesmo houbo quen colgou fotos de axentes da policía alemá con 'estelades'"}
{"ID": "NOS_17519", "summary": "A un mes da primeira Diada de Catalunya coas presas e presos políticos na rúa despois do indulto do Goberno do Estado, o independentismo catalán busca volver ás multitudinarias mobilizacións prepandemia. A ANC e a esquerda independentista impulsan as manifestacións de 2021.", "text": "Falta un mes para a Diada de Catalunya, o 11 de setembro é unha data marcada no calendario do independentismo catalán, con máis énfase se cadra desde que a multitudinaria manifestación de 2012 deu comezo ao procés. Nove anos despois do nacemento dun proceso que deparou un referendo de autodeterminación, unha declaración de independencia e a entrada en prisión de parte do Goberno de Catalunya encabezado por Oriol Junqueras e o exilio da outra parte, entre os que se atopa o ex presidente Carles Puigdemont, o independentismo afronta a primeira Diada despois dos indultos do Executivo estatal e a chegada de Esquerra Republicana de Catalunya á presidencia da Generalitat, 41 anos despois de Josep Tarradellas. A Assemblea Nacional Catalana (ANC), a organización apartidista que impulsou as multitudinarias mobilizacións destes anos, volve este ano a unha manifestación única en Barcelona, despois da programación de 2020, con actos descentralizados por toda Catalunya por mor da pandemia de Covid-19. A mobilización comezará na rúa Pau Claris, preto da praza Urquinaona, desde alí baixará pola Via Laietana, onde avanzará á beira da Comisaría da Policía Nacional, centro de tortura durante o franquismo que reiteradamente o Govern e o independentismo solicitan trasladar, lugar no que desde a ANC non descartan desenvolver unha acción simbólica. A manifestación xirará pola rúa Marquès de l'Argentera para rematar no parque da Ciudatela, ás portas do Parlament de Catalunya, situado no recinto. Porén, desde os medios cataláns advirten que a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, nega o permiso para acceder á Ciutadela. Segunda fase Para incidir nas ideas forza do acontecemento, \"recuperar as rúas, reivindicar o mandato do 1-O e a vía dos feitos\", a ANC prepara unha segunda fase da Diada, que decorrerá entre o 1 e o 3 de outubro, catro anos despois do referendo de autodeterminación. A esquerda independentista convoca catro marchas para o 11-S Alerta Solidària, Arran, COS, CUP, Endavant e SEPC fixeron pública esta terza feira a organización dos actos do vindeiro 11 de setembro, no que convocan catro marchas en diferentes puntos de Catalunya. A praza de Urquinaona de Barcelona, o Mercat Central de Reus, a praza da Peria de Lleida e a praza del Vi en Girona, serán as sedes do evento baixo o lema \"a loita é o único camiño, nin pactos nin renuncias\". Na presentación, sostiveron que o Estado español non ten intención de respectar o dereito á autodeterminación ou os dereitos sociais. Tamén sinalan que a mesa de diálogo programada na semana seguinte á Diada é un xeito de pacificar o conflito co Estado, polo que denuncian a ofensiva recentralizadora e o \"encaixe autonomista\"."}
{"ID": "NOS_905", "summary": "Un grande gol de Borja Galán decidiu o Lugo-Alcorcón no Anxo Carro. Non se puido estrear con vitoria na súa casa o novo treinador dos albi-vermellos, Alberto Monteagudo. O Lugo puxo máis e mereceu máis.", "text": "Non por acaso está o Alcorcón na vangarda do campionato, cunha traxectoria que os convida a soñar co ascenso. É unha equipa compacta, ben pertrechada atrás e con argumentos de consideración arriba. O ex do Dépor Cristóbal Parralo deu armado desde o banco un combo temíbel e moi competitivo. Fronte a rival tan serio, o novo míster local formulou unha proposta atrevida, con presión moi alta de inicio e ganas de acosar a portería de Jiménez. O choque no primeiro acto foi de continuas acometidas sobre o muro visitante. O Lugo careceu nese treito do xogo de algo máis de precisión no último pase. Tivo algunha opción que outra, sobre todo nunha acción de Campillo conxurada maxistralmente polo gardamallas Jiménez. A segunda metade comezou da peor maneira para os locais, co excelso gol de Borja Galán. Un par de recortes á beira da área e un dereitazo sutil para bater Juan Carlos. Unha mostra de que o Alcorcón non é só músculo ben organizado. Co 0-1 no taboleiro de marcas, o Lugo dobrou a aposta ofensiva, cun ataque protagonizado por Dongou, Lazo e Muñiz e Iriome moi activo desde a banda dereita. Choveron unha manchea de balóns sobre a área visitante. Só faltou precisión. E un chisco de fortuna, como no chut de última hora de Seoane repelido polo pau da portería de Lizoain. Lugo: Juan Carlos; Campabadal (Juan Muñiz, m. 83), Kravets, Vieira, J. Malagón; Seoane, Campillo, Escriche (Dongou, m. 62), Pita; Iriome e Cristian (Lazo, m. 67). Alcorcón: Jiménez (Lizoain, m. 71); Laure, Bellvís, David Fernández, Elgezábal; Peña, Borja Galán (Mayoral, m. 85), Dorca, Sangalli; Borja Domínguez (Toribio, m. 68) e Juan Muñoz. Goles: 0-1, m. 48: Borja Galán. Árbitro: Jorge Figueroa Vázquez. Cartóns a Pita, Campillo e Muñiz do Lugo e a Laure do Alcorcón. Estadio: Anxo Carro (2.920 espectadoras e espectadores)"}
{"ID": "PRAZA_13488", "summary": "Benposta fómola construíndo todos os que por alí pasamos, atopando fórmulas organizativas para resolver os problemas que se nos ían presentando, cunha concepción absolutamente comunitaria. A comunidade educativa funcionaba con altos e baixos por que estaba viva; o sistema tiña moitas interferencias, internas e externas; tiña tamén as súas contradicións; porén, merece un posto de honor na historia da educación. So falta adxudicarllo.", "text": "\"Década dos 60, co país sometido á ditadura de Franco, e coa Igrexa como cómplice, o día a día eran a represión, a fame e as execucións ao amencer. Neste escenario, un cura ourensán, o Pai Silva, baixo o lema de que \"outro mundo é posible\", funda a Cidade dos Muchachos para acoller nenos e nenas sen recursos de todos os cantos do mundo. Crea unha Escola de Circo, unha gasolinera, un centro de ensino e escolas de formación práctica con talleres de ferraxaría, carpintería...\" Contou cun espectáculo de circo innovador que pisou os escenarios máis prestixiosos do mundo por méritos propios pero, a pesar da fama, podemos preguntarnos, tivo ese recoñecemento ou un aplauso máis parecido a compracencia paternalista? Así comezaba o artigo que Noela Blanco publicaba en Praza o pasado 26 de maio. Escollo este paragrafo a modo de exemplo, non por desautorizar nin polemizar coa Noela, que recolle en parte o que lle chegou dos restos dunha obra destruída, senón porque contén case todos os tópicos que se proxectaron sobre ela: a obra dun cura rebelde, un enfant terrible que mira polos pobres e ao que, por ser cura e de familia coñecida, se lle poden permitir certas veleidades. Unha obra que ademais contaba con talleres unha gasolineira e un circo; presentado sempre coma un mundo pintoresco desde un paternalismo que sempre leva aparellada desconsideración. Contou cun espectáculo de circo innovador que pisou os escenarios máis prestixiosos do mundo por méritos propios pero, a pesar da fama, podemos preguntarnos, tivo ese recoñecemento ou un aplauso máis parecido a compracencia paternalista? Detrás desta imaxe, un tanto folclórica e formada no artificio do espectáculo, está unha experiencia educativa absolutamente descoñecida. Unha experiencia extraordinaria e singular. Detrás dese mundo pintoresco; onde os rapaces e as rapazas practicaban a democracia elixindo un alcalde e tiñan un banco, moeda propia, talleres, asemblea e goberno; emulando o funcionamento democrático e institucional dunha cidade ou dun país; foise construíndo ao longo de medio século un sistema pedagóxico, que se fixo realidade alí e que desminte algúns axiomas demasiado instalados no sistema educativo imperante. Detrás desta imaxe, un tanto folclórica e formada no artificio do espectáculo, está unha experiencia educativa absolutamente descoñecida Podemos atopar referencias ou paralelismos na colonia Gorki de Makarenko como expresión da Pedagoxía Socialista, na pedagoxía antiautoritaria, na pedagoxía dinámica, no optimismo pedagóxico, na pedagoxía libertaria... Podemos dicir que Benposta ten algo de todo pero non responde a ningún modelo concreto; daquela a literatura revolucionaria era moi pouco coñecida aquí e sábese que o cura Silva tivo coñecemento dela máis tarde, cando Benposta xa existía. De calquera maneira, conecta cos mellores precedentes de comunidades humanitarias, sociais ou relixiosas e coas formulacións da utopía. No aspecto máis formal da estrutura foi inspirada por Boys Tawn de Nebraska. O Cura viu de rapaz a película Forxa de Homes que contaba a experiencia do Padre Flanagan e viu nela un reflexo da súa inquietude. Benposta fómola construíndo todos os que por alí pasamos, atopando fórmulas organizativas para resolver os problemas que se nos ían presentando, cunha concepción absolutamente comunitaria Porén, Benposta fómola construíndo todos os que por alí pasamos, atopando fórmulas organizativas para resolver os problemas que se nos ían presentando, cunha concepción absolutamente comunitaria. Desde os inicios, co primeiro grupo de fundadores, foi medrando en complexidade ata acadar unha estrutura complexa, na que: moeda, organización, participación democrática, e traballo (servizos á comunidade), non eran un xogo máis ou menos pintoresco senón elementos ao servizo dun sistema. Un sistema que se baseaba na autoxestión e na autonomía financeira como elemento fundamental para garantir a independencia; rexeitando todo tipo de axuda que trouxera marca de caridade ou beneficencia. Aínda que os rapaces que chegaban alí eran maioritariamente do rural e de familias que non tiñan posibilidades de mandar aos seus fillos a estudar, a única condición para entrar era facelo voluntariamente, e insistíase moito en que non era un centro para pobres. Criticábase o paternalismo e alimentábase o orgullo e a conciencia de individuos con dereitos. Tiña tamén as súas contradicións; porén, merece un posto de honor na historia da educación A comunidade educativa funcionaba con altos e baixos por que estaba viva; o sistema tiña moitas interferencias, internas e externas; tiña tamén as súas contradicións; porén, merece un posto de honor na historia da educación. So falta adxudicarllo."}
{"ID": "PRAZA_14463", "summary": "Nace Pontevedra Viva, un xornal dixital de información local posto en marcha por seis xornalistas que nos últimos tempos viron como as súas anteriores empresas pechaban ou reducían persoal.", "text": "Pontevedra Viva é un medio de información local e de proximidade, centrado na cidade de Pontevedra e a súa comarca e tamén noutros concellos próximos, tanto so Salnés, da parte norte do Morrazo ou de Caldas. Emprestará especial atención a cultura e deportes, únicas seccións diferenciadas ademais dos marcadores locais da información de cada concello: \"cultura e deportes son dúas temáticas de grande importancia na cidade e queriamos darlle un tratamento específico\". O xornal publícase con versión en galego e en castelán. Trátase do proxecto de seis xornalistas que nos últimos tempos sufriron a crise que afecta á profesión. Os seus medios pecharon ou reduciron persoal, e por exemplo dos deles proceden da delegación da TVG na cidade, outros da SER, do Diario de Pontevedra ou de El Mundo. Por iso decidiron crear un medio. Son conscientes da dificultade: \"a casualidade quixo que a nosa saída coincidise por desgraza co peche da edición galega de El País\" pero engaden que \"precisamente por iso hai que intentalo: Coa que está caendo é máis importante ca nunca estar informados\". O xornal é tamén unha aposta pola información dixital, non só polos menores custes de produción, que fan sostible o proxecto, senón tamén polo convencemento nas posibilidades de participación e construción colaborativa da información: \"Este é un medio que pretende ser vivo, comunicativo pero, por riba de todo, participativo. Abrimos as canles necesarias para que vós, a esencia deste proxecto, poidades compartir as vosas opinións. Invitámosvos a que nos orientedes para conseguir que PontevedraViva sexa un medio de todos e para todos\". No seu primeiro dia Pontevedra Viva preséntase cunha entrevista a Diego Murillo e colaboracións de José Luís Sucasas, Carlos Martínez, Pepe Domingo Castaño, Irene Lourido ou Teresa Casal. Pontevedra Viva"}
{"ID": "PRAZA_8079", "summary": "Poden destruír o Xabarín, xa o levan facendo dende hai anos, quitándolle espazo na televisión e empeorando o seu contido, someténdoo a unha especie de castración. Non importa. Porque o clube é noso", "text": "O Xabarín Club é algo que marcou a mocidade galega nacida entre os oitenta e noventa. Un programa infantil que fixo que gastásemos as tardes despois do colexio comendo bocadillos de nocilla e vendo Arale, ou DragonBall ou Doraemon, ou o Mundo de Beakman... Ademais, foi o responsable dunha campaña de normalización lingüística que non se conseguiu igualar xamais. Pero o Xabarín foi algo máis que un programa de debuxos aos que enviabamos as nosas fotos para aparecer o día do noso aniversario. O Xabarín foi, e é, un clube. O que une a mocidade galega é o Xabarín O que une a mocidade galega é o Xabarín. Persoalmente, dende que comecei a vida universitaria non recordo ningunha festa que non rematase coas cancións do Xabarín, nin recordo ningún local no que a xente non bailase \"Non todo é o que parece amigo\" ata esgotar os folgos. O Xabarín somos nós. Onte saía a noticia de que a páxina web e o twitter do Xabarín, creada por fans e para fans, tiña que pechar por motivos legais coa CRTVG. Abraiado, vexo como Jon Amil, precursor das anteriores plataformas, non ten outro remedio que acceder ás demandas dos avogados da canle pública galega. Observo todo isto cunha mestura de indignación e tranquilidade. Poden destruír o Xabarín, xa o levan facendo dende hai anos, quitándolle espazo na televisión e empeorando o seu contido, someténdoo a unha especie de castración. Non importa. Porque o clube é noso Indignado porque vexo como unha plataforma que buscaba reavivar ese xerme que nos uniu hai anos, é agora aniquilada polas arducias legais e estúpidas dunha canle que se di pública, galega e para os galegos. Tranquilo porque, ao contrario do que os señores de despacho pensen, o Xabarín non é seu: é noso. O Xabarín é noso porque nós somos o clube. Nosas son xa as cancións, e nosos tamén os recordos. Nosa é esa unión intanxible entre todos os mozos galegos que nos fai comparar os nosos carnés do Xabarín Club para ver como eramos daquela. Nós somos o Xabarín. E non atoparan resistencia en nós. E poden destruír o Xabarín, xa o levan facendo dende hai anos, quitándolle espazo na televisión e empeorando o seu contido, someténdoo a unha especie de castración. Non importa. Porque o clube é noso, dos mozos, e iso, nunca o poderán gañar nun xuízo."}
{"ID": "NOS_6489", "summary": "O lema electoral do PP \"Galicia é moito\" reproduce unha campaña institucional impulsada desde a Xunta con cartos públicos con lendas como \"O rural é moito\", critican as nacionalistas.", "text": "O BNG ven de presentar sendas denuncias ante a Xunta Electoral contra o Goberno da Xunta e contra o actual presidente, Núñez Feixoo, por utilizar a web institucional \"para facer propaganda en beneficio do PP\". A formación nacionalista advirte que \"non só se está a utilizar a canle oficial para pregoar supostos logros do PP senón que mesmo se usa a páxina web do Executivo galego para difundir unha campaña institucional que copia o lema electoral 'Galicia é moito' co que se está promocionando ao candidato Feixóo.\" Para o Bloque é un caso de flagrante incumprimento do artigo 50.2 da Loreg, que recolle expresamente: \"desde a convocatoria das eleccións até a celebración das mesmas queda prohibida calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que se utilicen imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas que concorren ás eleccións\". O BNG denuncia a vulneración deste artigo por parte do PP por usar a web da Xunta e valados publicitarios, - \"en ambos casos recursos públicos pagados co diñeiro de todas e todos\" -, para difundir mensaxes \"similares e mesmo idénticas ás usadas polo propio PP nas sua campaña electora\"l. Así, o Partido Popular publicita estes días a súa campaña preelectoral 'Galicia é moito' acompañada da cara de Feixoo, mentres que, ao mesmo tempo, está a difundir unha campaña institucional en valados exteriores e na propia web cos logos oficiais da Xunta \"que é unha copia descarada do lema electoral, lucindo lendas como O Rural é moito, Galicia é familia ou Galicia é verde\". Emgaden que a web institucional \"acumula desde o día da convocatoria das eleccións do 5A unha catarata de notas de prensa difundido supostos logros do Goberno do PP, de novo nun incumprimento evidente do artigo 50.2 da Loreg\"."}
{"ID": "NOS_28753", "summary": "O fechamento en Coruña. Porto do Son e Bueu prolongarase, como mínimo, até a quinta feira. Non se descarta mobilizacións en máis concellos.", "text": "Armadores e mariñeiros da frota do cerco galega comezaron a media tarde desta terza feira un peche nos concellos de Bueu. Porto do Son e da Coruña como medida para exixir un reparto xusto das cotas e apiar o campemento que desde hai máis de 80 días mantén viva esta reclamación aos pés de San Caetano, a sede administrativa da Xunta. Fontes do sector non descartan que este protesto de fechamentos se estenda a máis concellos nas vindeiras horas. Tanto o alcalde de Bueu (BNG) como o da Coruña (Marea Atlántica) mantiveron un encontro coas persoas que protagonizaban o feche en ambos os dous concellos. A demanda, a mesma que manteñen desde hai meses: un reparto liñal por tritpulante e a anulación do Plan de Xestión do Cantábrico-Noroeste. Na mañá desta terza feira houbo unha xuntanza entre Acerga, Cerqueiros Galegos e a Consellería do Mar. No encontro púxose sobre a mesa fixar un chan de 10.000 quilos de captura para os barcos máis pequenos e a partir de aí, e en virtude dos Gts das embarcacións, ir aumentando."}
{"ID": "NOS_18332", "summary": "É un aumento de 12% a respecto do mesmo período do exercicio anterior.", "text": "Inditex rexistrou un beneficio neto de 2.720 millóns de euros durante os nove primeiros meses do seu exercicio fiscal 2019-2020 (desde o 1 de febreiro ao 31 de outubro), o que supón un aumento de 12% respecto ao mesmo período do exercicio anterior. As vendas situáronse en 19.820 millóns de euros, 7,5% máis, á vez que creceron 7% a tipo de cambio constante. A marxe bruta creceu 8% e representa 58,2% das vendas. O presidente de Inditex, Pablo Isla, subliñou que estes datos confirman a estratexia da compañía, á vez que destacou \"o excelente desempeño de todas as persoas que integran Inditex\", cuxo compromiso facilita que o modelo integrado de tendas e 'online' siga crecendo de \"forma firme e sostida\"."}
{"ID": "NOS_15819", "summary": "Roman Army é un colectivo científico que está a investigar a presenza militar romana no noroeste da Península. E veñen de estudar dous xacementos \"excepcionais\" en Verín, un deles descoñecido até o momento. E non esquecen a parte da divulgación, emitindo en directo a través de Facebook algunhas fases dos traballos e integrando aos veciños en todo o proceso.", "text": "- Dicides que os achados revelan a excepcionalidade dos xacementos de Outeiro de Arnás e Alto do Circo en Verín. Por que?- Son bastante chamativos os dous porque non encaixan co que tiñamos catalogado nesta zona do Alto Támega. Non son semellantes aos castros nin ás fortificacións da época moderna relacionados coa guerra de restauración portuguesa. En principio non tiñamos máis información que esta. Pero cando empezamos a estudalos, a súa configuración, estrutura e ausencia de materiais... levounos a pensar que eran sitios verdadeiramente excepcionais. Son bastante chamativos os dous porque non encaixan co que tiñamos catalogado nesta zona do Alto Támega. Non son semellantes aos castros nin ás fortificacións da época moderna. - No caso de Outeiro de Arnás falades dunha ocupación tipo 'castellum'. Só hai outro en Galiza, non?- Si, só hai outro, a Recacha, en Navia de Suarna. Foi identificado como un asentamento militar romano. O problema é que son moi pequenos pero son dificilmente confundibles con castros. Son 0,6 hectáreas e teñen unhas defensas que se relacionan co mundo romano porque teñen un parapeto interior e un foxo exterior. E no interior non hai nada, nin vivendas nin estruturas que che permitan falar de algo continuado no tempo. Están localizados en sitios que non son bos para vivir, aínda que se poden ocupar temporalmente. No caso de Outeiro, ubícase nun lugar marxinal que nunca foi cultivado, e cando empezamos a estudalo comprobamos que é un sitio de planta pentagonal, o cal é moi chamativo, e as defensas están compostas por un talude interior bastante monumental. Desde un punto de vista morfolóxico apuntaba ao mundo romano. Non atopamos restos de cerámica, só apareceron pequenas evidencias metálicas, o que indica que foi unha ocupación estacional. Estamos á espera doutras datacións, pero desde o punto de vista científico estamos de acordo en que é un asentamento militar romano. - Os resultados son preliminares. Que estudos faltan e cando poderemos coñecelos?- Agora mesmo estamos xestionando isto, porque este é un proxecto que conta un financiamento pequeno, con colaboracións do Concello de Verín, a USC e o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. A nosa dispoñibilidade para facer maiores mostreos é moi limitada. Queremos facer datacións de carbono 14 para afinar a cronoloxía. Todo axuda a entender a historia da zona, así que estamos satisfeitos nese sentido. - É dalgunha época romana concreta?- Aí é máis difícil. Sería un campamento pequeno, puido albergar 100 ou 200 homes de máximo. E este tipo de despregamento pode ser que responda a un control policial da zona, de apoio á construción dalgunha infraestrutura... Encaixaría posiblemente co comezo da romanización. - No caso do Alto do Circo descartades que sexa un castro da Idade do Ferro, tal e como estaba catalogado, e falades dun poboado altomedieval. - Cando chegas alí, xa só pola súa simple ubicación non é un castro. Xa estaba catalogado, é un sitio moi recoñecido pola xente da zona, conta con moitas lendas, pero non encaixaba cos castros. É demasiado grande e non é unha boa zona para vivir, non hai fontes preto, é marxinal desde o punto de vista agrícola. Tampouco hai cabanas nin nada. As hipóteses coas que traballamos agora son: que puidese ser un recinto da época tardo-antiga, despois de Roma e antes do feudalismo. Desde o século V ao VIII podería ser. A outra hipótese, a que gaña máis puntos, é que poida ser un recinto do Bronce final, antes dos castros. Pero iso esixiría unha explicación do por que. Pero non hai materiais de ningún tipo. E, por outra banda, é un sitio moi monumental, porque ten dúas liñas defensivas moi marcadas, con pedras de xistro branco. E logo tiña outra liña de defensa, unha estrutura aínda máis visible, un muro de pedra tamén moi monumental. É alucinante. E iso é o que temos. Non hai metais, non hai cerámicas. Temos un xacemento mudo. Así que estamos á espera de datacións. Pero sexa dun momento ou do outro, é a caste de sitios que até o momento non estaban estudados nin comprendidos, e é importante por iso. Todo axuda a entender a historia da zona, así que estamos satisfeitos nese sentido. O feito de non ter financiamento permítenos unha liberdade á que non queremos renunciar. E iso permítenos ser molestos e críticos de vez en cando, cousa moi necesaria. - Así que a vosa campaña en Verín xa rematou. - Si, somos un colectivo de investigación sen grandes recursos orzamentarios. En periodos moi curtos de intervención tratamos estudar a maior parte de sitios posibles e de ir moi ao gran. Entón non nos podemos meter en grandes escavacións en sitios que non tiñamos ben caracterizados. Esta sería unha investigación inicial. Pero simplemente con estas cousas que fixamos; con limpar o sitio, con coidar un pouco e ver o que hai, xa tes moitos datos. E iso é moi interesante. Con moi pouca cousa podes facer moito. E a efectos de conservación do patrimonio, se ti tes os sitios limpos e medianamente sinalizados e coñecidos, a xente vai amosar interese e vai contribuír a protexelos. E iso é algo que nos interesa moito. Aquí atopamos unha grande acollida por parte da xente, amosou moito interese, deunos información que non tiñamos. Ese era tamén o noso obxectivo: levar adiante unha comunicación ampla para poder enganchar á xente e meterlle o becho no corpo. É o mellor xeito de que a xente queira comprender e defender o seu patrimonio. É unha comarca que ten unha longa historia de defensa do patrimonio, como demostraron co tema do castelo de Monterrei. - Pero o proxecto Roman Army continúa, non?- Si, levamos ano e medio traballando, e os resultados a nivel científico foron moi interesantes porque descubrimos en todo o noroeste peninsular 16 novos sitios relacionados co exército romano. Non é o único obxectivo, que xa viches que Alto do Circo non ten que ver con isto. Pero a nivel científico está a ser unha experiencia magnífica. Temos algunha outra cousa aberta en Galiza, norte de Portugal e Castela-León. Nós somos un colectivo de investigadores que temos outros traballos, pero o feito de non ter financiamento permítenos unha liberdade á que non queremos renunciar. E iso permítenos ser molestos e críticos de vez en cando, cousa moi necesaria."}
{"ID": "NOS_14536", "summary": "Segundo os dados da enquisa publicada este domingo pola Voz, o panorama político na Galiza muda de maneira considerábel. Ciudadanos, co 15,2% de intención de voto, irrompe con forza no país. En Marea supera o PSOE e Nós ficaría á beira do escano.", "text": "Tal e como reflicte a enquisa de La Voz, o PP manteríase en Galiza como primeira forza, cun 27,3% de intención de voto –en 2011, conseguira o 52,5% dos votos-, seguido de Ciudadanos, que collería do PP parte do apoio para acadar co 15,2% das papeletas. O terceiro lugar ocuparíao En Marea, a coligazón de Podemos, Anova e EU, que superaría o PSOE e obtería o 12,1% dos apoios. Os socialistas caerían de maneira considerábel, pasando do 27,6% dos votos ao 10,6%. Nós, Candidatura Galega, coligazón da que forma parte o BNG, entre outras forzas, quedaría co 3% do apoio no país –nas eleccións de 2011, o Bloque acadara o 11,2% do apoio na Galiza. Chama a atención a irrupción de Ciudadanos, formación que carece de estrutura en Galiza e de caras visíbeis no país. O seu delegado en Galiza, Javier Chouza, admitira en declaracións a Sermos Galiza que o partido \"é consciente de que como en Galiza as eleccións aínda non tocaron, non temos tanta proxección en comunidades nas que xa se celebraron autonómicas\". Chouza tamén recoñecera que Ciudadanos centraría os seus esforzos nas eleccións galegas de 2016, para o que reforzarían a organización na Galiza, Panorama estatal A enquisa publicada por La Voz outórgalle a vitoria das eleccións ao Partido Popular, que caería até o 29,4% dos votos –nas eleccións de 2011 conseguira un 44,6%-, seguido de Ciudadanos, que ocuparía a segunda posición e cuxo apoio sería chave para un goberno de Mariano Rajoy. O partido de Albert Rivera faríase co 20,9% das papeletas–a enquisa do CIS de xaneiro dáballe, tan só, o 3,1%- e superaría o PSOE, que acadaría o 19,3% -nas eleccións de 2011 obtivera o 28,8%. Aínda así, a Lei D'Hont permitiríalle ao PSOE superar en número de escanos Ciudadanos Podemos caería até o cuarto lugar, cun 13,9% do apoio. A enquisa confirma a tendencia á baixa do partido de Pablo Iglesias, ao que a enquisa do CIS lle outorgaba en xaneiro o 23,9% dos votos. A quinta forza sería IU, cun 3,7% dos votos, que no 2011 lograra o 6,9%. Convergentes Sí, a marca coa que concorre CDC ás xerais, quedaría co 2,7% –en 2011, CIU obtivera o 4,2%- e ERC faríase co 1,6% dos votos, subindo do 1,1% de 2011. O PNV, pola súa banda, lograría o 1,1% das papeletas –en 2011 acada o 1,33%. Malia estes resultados, Convergents Sí, ERC e o PNV superarían en deputados e deputadas IU. A nivel global, En Marea quedaría co 1,3% dos votos e Nós, Candidatura Galega, cun 0,34%, podería obter un escano."}
{"ID": "NOS_58302", "summary": "Os 19 de Meirás prestarán declaración perante o xuíz de Betanzos o próximo 28 de setembro. A plataforma de apoio aos encausados xa convocou unha concentración solidaria perante a sede xudicial, na praza Irmáns García Naveira.", "text": "Avanza a fase de instrución da denuncia da familia Franco contra os 19 de Meirás. Este próximo 28 de setembro, os activistas prestarán declaración perante o xuíz de Betanzos. Os parentes de ditador pídenlles penas que totalizarían 247 anos de cadea por unha acción que consistiu na ocupación simbólica do Pazo de Meirás, en Sada, en agosto do pasado ano. Protestaban pola aldraxe de que o inmoble aínda pertenza aos descendentes do ditador. En plena Guerra Civil, e con coaccións polo medio, unha presunta comisión cidadá mercouno para llo agasallar a Franco. A familia do ditador imputa os 19 de Meirás —entre os que figuran tres integrantes da executiva nacional do BNG, Bieito Lobeira, Rubén Cela e Néstor Rego; o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, e o ex secretario xeral da CIG, Suso Seixo—os seguintes cargos: violación de morada, danos, delito de odio e contra o honor. Durante 80 anos, a familia Franco —que nunca renegou do patriarca— fixo uso do pazo que antes fora propiedade da escritora Emilia Pardo Bazán. Coa restauración da democracia, a situación apenas mudou. Nin sequera a declaración como ben de interese cultural (BIC) polo Goberno bipartito, e que implicaba obrigas para os propietarios, modificou a actitude dos Franco. Nos últimos tempo, o Pazo de Meirás e a loita pola devolución do mesmo ao patrimonio público converteuse nun símbolo da loita pola memoria histórica dos demócratas. A Deputación da Coruña constituíu unha comisión específica de estudo do espolio e afirma que existen vías mesmo legais para facer efectivo que o pazo sexa público. A ocupación de agosto de 2017 foi un dos episodios máis rechamantes e sonados da pelexa civil pola restitución da memoria aniquilada polo fascismo. Nota de corrección: na edición orixinal desta información consignábase equivocamente que o xuízo aos 19 de Meirás sería o 28 de setembro. En realidade, ese día os activistas si irán ao xulgado, mais non a ser xulgados, senón a prestar declaración na fase de instrución da causa, trámite en que xa teñen declarado os gardas civís que identificaron os activistas e o gardés do Pazo de Meirás. O día do xulgamento está por axendar, pois aínda fican por diante a realización de diversos trámites (entre elas, as probas periciais solicitadas polos acusados)."}
{"ID": "NOS_23248", "summary": "Por descoido ou non, un cartafol en mans do asesor de seguranza dos EUA, John Bolton, anunciou esta segunda feira que Washington manexa a previsión de enviar 5.000 soldados a Colombia.", "text": "John Bolton é un falcón na Casa Branca e está chamando o Exército venezuelano a retirar o apoio a Nicolás Maduro. Tamén o fai Juan Gaidó, presidente da Asemblea Nacional, quen promete unha amnistía aos militares que se sumen ao golpe patrocinado polos EUA. O uso da forza armada para derrubar Maduro é un factor máis na ecuación golpista. Washington tería o apoio inequívoco de Brasilia desde a chegada ao poder do ultra Jair Bolsonaro, quen mesmo ten feito as beiras á hipótese de permitir aos EUA instalar unha base militar en solo brasileiro. Bolton compareceu co secretario do Tesouro, Steven Mnuchin, na conferencia de imprensa en que os altos cargos da Casa Branca anunciaron a conxelación dos fondos da petroleira estatal venezuelana depositados nos EUA, por volta de 6.100 millóns de euros. O secretario de Seguranza portaba un cartafol con follas de cor amarela perfeitamente visíbel para as cámaras fotográficas. Nel aparecía escrita a anotación 5.000 soldados a Colombia, captada por un fotoxornalista de Reuters. Por riba desa frase Bolton escribira \"Afganistán, benvidas ás negociacións\", en relación ás conversas da Administración Trump cos talibáns. Porén, proba de que os planos militares para Venezuela poden estar nunha fase aínda embrionaria é a resposta de Bogotá. O chanceler colombiano, Carlos Holmes Trujillo, dixo, nunha declaración lida, a que se podía referir a anotación de Bolton."}
{"ID": "NOS_2959", "summary": "A Axenda Feminista para o ano 2019, elaborada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedica a súa edición ás artistas visuais galegas.", "text": "Así, cada mes céntrase na \"obra, o discurso e a traxectoria de 12 mulleres do panorama artístico galego\". Na propia cuberta da axenda aparecen unha ducia de obras, correspondentes a cada unha das. No interior, as efemérides tratan unicamente de arte feminista e arte feita por mulleres. Os nomes propios: Ana Gesto (performer e artista visual), Peque Varela (cineasta), Alicia Puchades (mestra de arte e gravadora), Iria Ribadomar (pintora e debuxante), Andrea Costas (desñeadora, fotógrafa e performer), Xulia Vicente (ilustradora de banda deseñada), Renata Otero (artista multidisciplinar), Xoana Almar (ilustradora e muralista), Carmen Granxeiro (creativa visual), Mónica Alonso (artista), Uqui Permui (deseñadora) e Carme Nogueira (artista). A Axenda Feminista 2019 presentarase esta sexta feira, 21 de decembro, ás oito do serán no complexo artístico Regal Xunqueira. Estará á venda por 14 euros en 16 puntos de toda Galiza."}
{"ID": "NOS_32230", "summary": "Enquisa do Belfast Telegraph sitúa intención de voto para a formación republicana e a unionista nun 25%. A valoración da primeira ministra, a unionista Arlene Foster, no seu momento máis baixo.", "text": "Irlanda do Norte está chamada ás urnas o vindeiro 2 de marzo, a data fixada por Londres após disolver a asemblea rexional dos 6 condados irlandeses baixo soberanía británica tras caer o goberno de Belfast pola demisión do viceprimeiro ministro, Martin McGuinnes. Nos comicios de maio pasado o unionista DUP, cun 30% dos sufraxios, foi a formación máis votada, seguida do Sinn Féin, cun 24%. Mais esa fenda reduciuse sensibelmente e nas eleccións do 2 de marzo pode haber sorpresas. Unha enquisa do Belfast Telegraph indica que actualmente hai un empate técnico entre o DUP e o Sinn Féin. Un escenario inimaxinábel até non hai tanto, que unha formación nacionalista puidera ser a máis votada nos comicios en Irlanda do Norte, pode ser factíbel. A sondaxe concédelle unha lixeira vantaxe ao DUP (25,8%) fronte ao Sinn Féin (25,1%). Porén, o partido unionista perdeu 3,3 puntos desde maio pasado, período no que os republicanos irlandeses aumentaron nun 1,1. A popularidade de Arlene Foster, primeira ministra (DUP) non deixa de caer despois do escándalo de corrupción que salfira o seu partido. O sistema de voto, persoal trasferíbel, fai que as segundas e terceiras preferencias dos electores vaian ser quen decidan algúns escanos en xogo, sendo determinantes para o resultado final. Isto tradúcese en que o DUP perde votantes a favor doutros partidos do unionismo, como o UUP que, segundo a enquisa, pasaría ser terceira forza (13,9%), superando os socialdemócratas nacionalistas irlandeses (SDLP), cun 12,3%. Alliance subiría (8,8% de intención de voto) ao igual que os Unionistas Tradicionais (TUV, 4,25%), Os Verdes 3,8%. O esquerdista PBP obtería un 2,7% dos votos, aumentando nun 0,7%. Michelle O´Neill, a muller irlandesa de 40 anos que substituíu o veterano líder Martin McGuinnes como cabeza de lista do Sinn Féin nestas eleccións, é a terceira candidata mellor valorada, só superada polos de Alliance e TUV."}
{"ID": "NOS_13171", "summary": "A crise económica e social que vive o país heleno desde a chegada da troika e a imposición dunha dura política de recortes e axustes, levan a Grecia a unha xornada de loita de 48 horas.", "text": "Ao igual que no Estado español e Poturgal, o goberno grego está a piques de aprobar os Orzamento do Estado para o exercicio 2013. A proposta do goberno de coalición --integrado pola conservadora Nova Democracia, o socialdemócrata PASOK e o centrista Dimar-- recolle máis unha vaga de recortes que suporá unha redución orzamentaria de 13,5 mil millóns de euros. Asemade, o vindeiro 12 de novembro, o Eurogrupo decidirá se o país recibe un novo tramo do segundo rescate (31,5 mil millóns de euros) que suporía a aprobación de novas medidas encamiñadas ao pagamento dos xuros. Neste sentido, o primeiro ministro grego, Antonis Samarás, anunciara hai uns meses, que o país non podería facer fronte aos pagamentos a partir de novemebro. \"Convocamos a folga contra as medidas antisociais, antilaborais e ineficaces que serán votadas polo Parlamento grego\" Perante unha realidade económica e social tan adversa, as centrais sindicais helenas ADEDY e GSEE, veñen de convocar unha folga xeral de dous días para os vindeiros 6 e 7 de novembro contra as \"medidas antisociais, antilaborais e ineficaces que serán votadas polo Parlamento grego\", aseguraba nun comunicado a GSEE; novas políticas de axuste e recortes que se virían sumar ao plan de privatizacións aprobado polo goberno a pasada cuarta feira. Segundo Samarás, a medida encamíñase cara á privatización das empresas estatais entre as que se atopan as compañías eléctrica e ferroviaria, portos e aeroportos provinciais e terras públicas. As centrais sindicais anuncian que haberá manifestacións ambos os dous días de folga, fixándose a do 7 de novembro perante o Parlamento, coincidindo coa votación dos novos orzamentos. Apagón informativo a prol do seguro médico O pasado 31 de outubro, Grecia vivu un apagón informativo en que a maior parte das canles de televisión e radio do país suspenderon as súas emisións. Ao mesmo tempo, os portais de información dixital, mantiveron a xornada sen se actualizaren, aliás, a imprensa secundou o paro e non se publicou ningún xornal en papel o día seguinte (1 de novembro). Os sindicatos de xornalistas amosaban deste xeito, o seu rexeitamento á fusión dos seus seguros médicos aprobada polo goberno de Samarás, verbo das exixencias chegadas desde Bruxelas. \"Esta decisión do goberno supón a confiscación dos bens das caixas de saúde dos empregados dos medios\", aseguraban desde o sindicato de xornalistas ESIEA. Porén, esta xornada de loita, dá continuidade ás desenvolvidas por este sector nos últimos anos que protestaba polo impagamento dos soldos e o despedimento masivos e os recortes do goberno. O Tribunal de Contas di que as políticas de austeridade son 'inconstitucionais' Segundo o Tribunal de Contas heleno, as políticas desenvolvidas polo goberno de Antonis Samarás, confrontan coa obriga constitucional de \"respectar e protexer a dignidade humana e os principios de igualdade\" entre as persoas. Malia que o ditame non é vinculante e polo tanto, non impedirá que as políticas de axuste e recortes aprobadas e implementadas polo goberno heleno continúen en vixencia, o certo é que as vítimas destas medidas poderían iniciar unha batalla legal. Neste sentido, os recortes en servizos públicos, salarios, subsidios e pensións que pretende aprobar o executivo grego cos novos Orzamentos de Estado para 2013 é segundo o tribunal, ilegal."}
{"ID": "NOS_43386", "summary": "Unha maré de xente enche as rúas da capital de Galiza na convocatoria de Queremos galego para o 17M. \"A nosa forza e constancia pode reverter a situación\" na que se atopa o idioma propio de Galiza, animou Marcos Maceira, portavoz da plataforma, perante unha Praza da Quintana que ficou pequena para acoller a masiva afluencia en defensa do galego.", "text": "De Ridadeo a Tui e de O Incio a Fisterra. Miles de persoas acudiron este 17 de maio desde todas as comarcas do país a Compostela para, máis unha vez, amosar que o galego ten un exército de valedores por todos os recunchos de Galiza. Unha verdadeira maré humana, que superaría as 25.000 persoas segundo algunhas fontes [que o ano pasado cifraban a afluencia á mobilización en 20.000]. Desde Queremos Galego evitaron dar unha cifra. \"Son miles e miles de persoas as que están aquí, un apoio impresionante\", recoñeceron. Xente como Vitorio e Thais, de Rianxo; como Alberte, de Ourense, como Ana, de Viveiro ou Lola de Verín. Como Peque de Vigo, Pili de Compostela ou Suso da Coruña. E así, miles e miles de nomes. \"Foi o pobo galego quen conseguiu os avances que se deron para o noso idioma\", dixo Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa, na lectura do manifesto. Sábeno ben Vitorio e Thais, Alberte, Ana, Lola, Peque, Pili ou Suso. Momentos antes de saír a manifestación da Alameda de Compostela, a xente ateigaba a zona, Gaitas, pandeiretas, faixas, bandeiras, cánticos, lemas... Toda unha festa pola defensa dunha mensaxe clara a rotunda: \"En galego, sen límites\", como indicaba a faixa de cabeceira. Moito máis que unha palabra de orde, toda unha declaración vital, como incidía Maceiras no inicio da marcha: \"Queremos deixar de vivir con exclusións por vivir en galego\". Unha mensaxe que apoiaba Ana Pontón (BNG), que destacaba a \"mensaxe de esperanza e optimismo\" que había que extraer \"de que hoxe haxa aquí miles e miles de persoas polo galego\". Luis Villares (En Marea), denunciaba que \"non podemos empregar o galego con normalidade\" e que, fronte a iso \"hai un pobo que se move\". Non foron os únicos representantes políticos que había na marcha, onde se viron rostos do BNG, Anova, Causa Galiza, Esquerda Unida, PSdeG... Máis unha vez, a defensa do dereito a vivir en galego reuniu miles e miles de persoas A nosa lingua é unha festa A manifestación comezou coma todas as mobilizacións a prol do galego. Con alegría, ánimo e compromiso. Axiña se comprobou que a mobilización era masiva. Un dos termómetros para medir a afluencia das mobilizacións que decorren en Compostela é a Praza de Galiza. Cando a cabeceira da manifestación enfiaba a zona vella pola parte da Rúa do Hórreo (e após percorrer o ensanche santiagués), a cola non chegara a dobrar a esquina coa Rúa da Senra. En resumo: unha serpe de música, cor e defensa do galego formada por miles de persoas estendéndose polo centro da capital de Galiza. \"Na Galiza, en galego\", \"Feijóo escoita a lingua non se toca\", \"Queremos vivir en galego\"... foron algúns dos lemas coreados polos participantes na manifestación. Rostros da política, do deporte, da cultura, do sindicalismo dos movementos sociais estaban presentes na marcha. Mais o corazón, o músculo da mobilización configurábano as miles de persoas que enchían Santiago de Compostela. Tamén coincidiron e conviviron na marcha as diferentes familias do galego. Desde AGAL e o Bloco Laranja até mantedores a capa e espada da norma ILG. As voces A actriz Isabel Risco encargouse de animar o ambiente mentres A Quintana, lugar de remate da mobilización, se ía enchendo. \"Que Feijóo deixe de ser un acomplexado e nos deixe vivir no noso idioma\", reclamaba entre os aplausos da xente ao tempo que pedía un aturuxo solidario para cos saharauís que coreaban \"Liberdade, en galego\". Bieito Lobariñas e Josito da Teixeira puxeron a regueifa no acto, cunhas coplas improvisadas nas que se combinaban as 'labazadas' en verso a Feijóo e a súa política lingüística cos parabéns a quen defende e loita polo galego Tomou a palabra Miguel Pernas, actor e director de dobraxe, que informaba que en todo o 2016 non houbo nin unha soa película dobrada ao galego. \"Non é un problema de demanda é o veto, a mantenta, da oferta\", denunciaba, e reclamaba \"cinema, teatro, música en galego!\". A seguir falou Karina Pereira, estudante, quen enfatizou que \"queremos os nosos apelidos restituídos\", ao igual que a toponimia do país, que resiste no idioma propio, embora o que digan \"Google Maps e Feijóo\". Guadalupe Vidal, avogada de Vigo, explicou como na xustiza \"o que en español sería impensábel en galego é o cotiá\", é dicir, a súa ausencia e discriminación. \"Queremos xustiza en galego e para o galego!\", finalizou. Patricia, do comité de empresa de Eurocen, defendeu o dereito a sermos atendidos en galego e que non haxa que cambiar de idioma para poder ter este dereito. O ramo púxoo Cibrán Arxibai, profesor de matemáticas. \"Desde 2010 teño prohibido dar aulas en galego e empregar material en galego\". Unha frase para resumir e exemplificar o 'apartheid' que o noso idioma sofre no ensino por mor do 'decretazo'. \"Se buscas a Galiza...\" A cantante Belem Tajes colleu a guitarra para poñer música ao acto. Non sen que antes Isabel Risco lembrase que foi \"represaliada por usar o galego nas aulas\" e pedindo un aplauso de apoio para ela. As palmas encheron de apoio unha Quintana ateigada, chea até a bandeira. Entón, Belem Tajes interpretou unha particular versión do 'Galiza', de Manuel María. \"Galiza somos nós / a xente e maila fala / se buscas a Galiza /en ti tes que atopala\". O de Outeiro de Rei a sobrevoar a Quintana na voz da cantante, acompañada polos participantes na mobilización. Incumprimentos Marcos Maceira denunciou que a Xunta de Feijóo \"non só incumpre a cativa legalidade que ampara o galego\", senón que mesmo \"fachandea de actuar contra el\". Explicou como no ensino o noso idioma está nunha situación de marxinalidade grazas á combinación do 'decretazo' e a Lomce mais aclarou que non é este eido no único no que hai problemas para o galego. \"Non esperamos nada deste goberno mais exiximos que cumpran o acordado\", instou o portavoz de Queremos Galego, que lembrou que \"somos a única nación do estado coa lingua propia a perder falantes, mais tamén a única na que o pobo está só co seu idioma sen goberno que o acompañe\". Porén, esa realidade non debe levar a derrotismos e pesimismos. \"É a nosa forza e constancia a que pode reverter a situación\", dixo Maceira. A interpretación do himno galego puxo o ramo á mobilización. Que non ao compromiso pola defensa do idioma nos 365 días do ano. E iso téñeno moi claro Vitorio e Thais, Alberte, Ana, Lola, Peque, Pili ou Suso."}
{"ID": "NOS_49004", "summary": "O físico berciano Saúl Ares lidera un proxecto para predicir a dinámica epidémica da COVID-19 no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CISC. Ares está a seguir os datos do brote de coronavirus detectado na Mariña e valora que a súa evolución é \"mala\". \"O principal problema é que as medidas sempre chegan con retardo\", apunta.", "text": "—Atendendo aos datos do brote na comarca, como valora a súa evolución? Valóroa mal porque a tendencia segue a ser exponencial, o que significa que o crecemento do brote non está a frearse. Non se trata dun brote moi explosivo, mais está medrando ao mesmo ritmo, o que é unha mala noticia. —Cinco días abondan para que se deixe sentir o impacto do fechamento da Mariña? Aí é onde teño eu a pregunta, porque realmente non sei cales son as medidas que se están a tomar na propia comarca. Simplemente está fechada para que a poboación non saia fóra? —A máscara é obrigatoria e os locais manteñen a capacidade reducida nos locais. Daquela a situación está case como antes do fechamento, case toda a xente emprégaa habitualmente. Eu penso que o fechamento é positivo para que o brote non se estenda, pero creo que deberan aplicarse outras medidas máis fortes dentro para evitar que continúe a medrar na Mariña. Penso, como creo que moita xente, que o prazo de cinco días foi adoptado máis por motivos políticos que de saúde. Por outra banda, considero que é bo ser dinámicos, con prazos curtos para comprobar a evolución dos acontecementos para valorar se estender ou non estas medidas. A evolución é mala, veremos que se fai. —A celebración das probas ABAU ou das eleccións do domingo podería agravar a evolución da enfermidade? A ABAU decorreu en todo o Estado con coidado, coas máscaras postas. Hai que ter en conta que nos exames o alumnado non está a falar, o que tería aumentando o risco. Non é bo, mais se se ten coidado non ten que haber problema. En canto as eleccións, o barullo que teño presenciado non é o máis recomendábel agora. Ademais, hai persoas que teñen que pasar case todo o día enteiro nos colexios. Pódense tomar medidas, claro, pero é complicado. —Que medidas considera daquela que serían axeitadas? O confinamento foi moi efectivo. Decretouse tarde, cando xa tiñamos un número de casos tan alto que non se puido evitar a traxedia, mais a evolución non foi a que está a ter lugar no Brasil ou nos Estados Unidos. Na Mariña poderíase aplicar un confinamento semellante. O principal problema é que as medidas sempre chegan con retardo. Hai que adiantarse, tomar unha decisión, logo podemos retirala se a consideramos esaxerada. O contrario non funciona. —Un informe do Sergas da pasada fin de semana advirte da posíbel transmisión comunitaria. Coincide con esa valoración? Quen teñen os datos son os profesionais sobre o terreo, mais penso, polo que eu podo analizar da evolución dos casos, que xa hai transmisión comunitaria. Non entendería que con brotes illados, nos que os contactos estean controlados, poida haber este crecemento exponencial. Creo que desde o principio do brote hai unha serie de persoas asintomáticas que non estamos a ver e que están a facer que esa transmisión comunitaria teña lugar. —No rastrexo de contactos das persoas contaxiadas, que importancia ten atopar o paciente índice (o que comeza a cadea de transmisión da enfermidade)? Non son epidemiólogo e non teño unha opinión ben formada, mais penso que chegado este momento non é tan importante. Pode haber máis dun, dous ou tres casos que comezasen a contaxiar. —Ten explicado que as dinámicas dunha epidemia non se poden predicir, pero é posíbel debullar posíbeis escenarios da súa evolución? Podemos comparar que acontecería se a situación segue como até o de agora ou se se tomasen outras medidas de contención. Pero mentres o crecemento sexa exponencial como até o de agora non hai ningunha pista nos datos que poida dicir cando o brote vai comezar a frear. Isto pode acontecer mañá, dentro dunha semana ou de dúas. —Coa excepción do 7 de xullo, as pasadas xornadas rexistraron un número de novos casos cada vez máis alto. Tendo isto en conta, poderíase afirmar que o brote está baixo control? Non, totalmente non. O brote estaría controlado se o número de novos casos fose máis lento do que agardaríamos tendo os datos que temos. E non está a ser así. De novo, quen o pode analizar mellor son os profesionais sobre o terreo. Se os contactos están localizados e controlados comprobarán que isto frea. Eu só vexo os casos novos de cada día, que é unha información moi nesgada que fai que eu poida equivocarme. Mais, a partir dela, o que podo deducir é esa falta de control. —O acceso aos datos dispoñíbeis da pandemia no Estado suscitou numerosos debates. Considera que mellorou nestes meses? Non aprendemos nada sobre datos e como transmitilos. As Administracións continúan a compartilos en formatos terríbeis, ás veces mesmo enganando un pouco. Por exemplo, o dato que hoxe compartiu a Xunta da Galiza era de 21 casos no brote da Mariña, porque estaban a tomar os casos novos e mais a restar os de persoas curadas. Un tiña que ler a noticia con atención para decatarse de que son 35 os novos casos na comarca. Así a Xunta e así o resto de Administracións. No caso galego, cun brote de poucos días, non é tan problemático tomar os datos e introducilos a man no ordenador, mais é o único modo de facelo agora\"."}
{"ID": "NOS_39251", "summary": "Este sistema para \"descargar\" de traballo a Atención Primaria e, sobre todo, as áreas de Pediatría comezará a funcionar entre esta sexta feira e principios da semana próxima. Tamén haberá partidas económicas para mercar luvas e máscaras, mais só para estudantado que vaia a clase sen elas.", "text": "A Consellaría de Sanidade avanzou esta quinta feira que entre mañá e a segunda feira estrearase o bautizado como 'Covid-auto escola', un sistema para realizar as probas PCR ao alumnado e á comunidade educativa en xeral cando se detecte un caso positivo por coronavirus nun centro. Con esta ferramenta, que non é máis que unha adaptación do sistema de realización de probas diagnósticas desde os coches que se implantou hai meses, quere centralizar todos os exames de saúde. Cada centro acudirá ao \"circuíto único\" que hai estabelecido no hospital de referencia da súa área sanitaria. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, explicou hoxe que deste xeito se \"descarga\" de traballo a Atención Primaria e, en particular, o servizo de pediatría. Así mesmo, servirá para \"diminuír o tempo de sospeita e diagnóstico\". Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou unha partida de 23 millóns de euros destinadas a que os centros educativos paguen gastos extra derivados da pandemia. Serán, por exemplo, para financiar obras de reacondicionamento e para mercar luvas e máscaras para aquela rapazada que acuda sen elas. Igualmente, hai un compromiso para transferir fondos ás universidades. Á marxe da comunidade educativa, mañá comezará un novo cribado para detectar doentes de Covid-19 entre os 44.000 profesionais sanitarios da Galiza."}
{"ID": "NOS_58350", "summary": "\"Os que primeiro están a sufrir os recortes son os rapaces\", advirte José Manuel Lage.", "text": "O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage, chamou este sábado á \"contestación\" e a \"reacción\" da sociedade galega diante dos \"recortes perpetrados pola Xunta\" no sistema educativo de cara ao presente curso. Na mesma liña, sinalou que o reinicio das aulas esta semana \"demostra improvisación\" e \"deixa á vista a brutalidade dos recortes de profesorado na escola pública\". O curso escolar dá comezo con 747 prazas docentes sen cubrir \"Vemos con preocupación como o Goberno galego segue a deteriorar os servizos públicos\", dixo, en alusión tanto á \"sanidade\" como ao \"ámbito do ensino\", algo que, insistiu, \"calquera pode verificar\". Lage nomeou, concretamente, o caso do IES Punta Candieira, en Cedeira, \"que terá once profesores menos este ano cando a matrícula de alumnos é similar\". Neste mesmo centro, a CIG-Ensino denunciou na sexta feira a \"prohibición\" por parte da Consellaría de Educación das protestas convocadas pola comunidade educativa. Acusan a Consellaría de \"prohibir\" protestas nos centros de ensino O socialista falou dun recorte \"de máis de 1.500 docentes\" só tomando como referencia os cursos 2021-22 e o presente, 2022-23, e lamentou que o Goberno de Alfonso Rueda estea \"ausente\" ante esta situación. \"Os que primeiro están a sufrir os recortes son os rapaces\", dixo Lage, ao tempo que cualificou de \"alarmantes\" as cifras que enumerou. Formoso viaxará a Estrasburgo Por outra parte, o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, anunciou que viaxará a próxima semana a Estrasburgo, sede oficial do Parlamento europeo, para reunirse con cinco membros da Comisión Europea e varios representantes da Eurocámara. Os Vinte e sete instan Bruxelas a limitar o prezo do gas Os asuntos que abordará durante a súa viaxe de tres días, tal e como detallou nun comunicado, van desde o impulso das enerxías renovábeis e a pesca, a política agraria común e até a cohesión territorial."}
{"ID": "NOS_38164", "summary": "O líder do Partido Popular galego vén de facer públicos os nomes das tres mulleres que asumirán o número un en das catro circunscricións galegas. Elena Candia farao por Lugo e Ángeles Vázquez por A Coruña. Marisol Díaz Mouteira repite por Ourense, mentres o propio Feixoo concorre por Vigo.", "text": "O líder do Partido Popular da Galiza e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, vén de facer públicas as cabezas de lista polas distintas circunscricións galegas. Optou por situar a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, como número un por Lugo. Asemade, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, será cabeza de lista pola Coruña. Marisol Díaz Mouteira, até hai dous días delegada territorial da Xunta en Ourense, recunca á fronte da candidatura deste censo. Pola súa banda, o propio Feixoo mantense como número un por Pontevedra, coa ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, como segunda, quen cesaba esta semana no seu cargo de delegada da Xunta na cidade para integrarse nas listas populares."}
{"ID": "NOS_12720", "summary": "As vítimas da pandemia da Covid-19 na Galiza aumentan a 3.474", "text": "Segundo a última actualización da situación sanitaria asociada á pandemia na Galiza trasladada pola Consellaría de Sanidade este sábado con rexistros até ás 18 horas da sexta feira, os casos activos de covid-19 redúcense tras varios días de incrementos até os 11.606, 381 menos que no último balance. Tamén descende a presión hospitalaria ao baixar en 47 as persoas hospitalizadas con Covid até situarse en 610 en toda a rede sanitaria galega. Ademais, baixan tamén os hospitalizados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais galegos, nas cales hai ingresadas 22 persoas (cinco menos). Lucía Estrada, doente de Covid persistente: \"Vivo nunha constante febrícula e cada esforzo pon o meu corpo ao límite\" Por áreas sanitarias, os sete distritos rexistran descensos no número global de hospitalizados excepto Vigo, onde na xornada desta sexta feira os ingresados en planta por Covid ascendían a 98 (un máis que na quinta), mentres que en UCI hai catro persoas ingresadas (dúas menos). A área onde máis caen os hospitalizados é a de Ferrol, na cal nestes momentos pasan a enfermidade en centros hospitalarios 47 pacientes, o que supón 11 menos que os contabilizados na quinat feira. Nas unidades de coidados intensivos ferrolás hai unha persoa ingresada. Baixan os contaxios Pola súa parte, os contaxios de Covid-19 na Galiza descenden até os 1.021, que implican 69 menos que os 1.090 contabilizados nos datos ofrecidos a sexta. Cabe destacar que co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico á poboación en xeral, salvo á vulnerábel, polo que o número de contaxios reais probabelmente sexa maior. A Xunta habilita a declaración de autotest positivo a traves da súa aplicación móbil Porén, a taxa de positividade ascende a 39,87%. Así, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. As vítimas da pandemia da Covid-19 na Galiza aumentan a 3.474, despois de notificar a Consellaría de Sanidade este sábado outros dez falecementos de pacientes con patoloxías previas."}
{"ID": "NOS_33262", "summary": "Pontevedra acolleu no día de onte a Feira Franca \"máis numerosa\" que lembra a organización, que cualifica a xornada de \"espectacular e fantástica\".", "text": "O día posterior á celebración da Feira Franca o Concello de Pontevedra non se atreve a ofrecer un número determinado de persoas asistentes ao festexo, mais a organización, o Consello da Feira Franca, sinala que é \"a máis numerosa\" que lembra. Nun comunicado de prensa, o Concello afirma que todas as actividades \"estiveron ateigadas de xente\" e o espectáculo de xustas medievais que acolleu a praza de touros \"tivo que colgar o cartel de completo nos dous pases\". No que respecta ás medidas de seguridade, a organización salienta que toda a Feira Franca se desenvolveu \"con absoluta normalidade, sendo un éxito a súa coordinación\". A Feira Franca xa se converteu nunha das citas do verán en Galiza."}
{"ID": "PRAZA_19112", "summary": "O IGADI publica as actas do I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, celebrado o pasado mes de xuño. As súas conclusións sinalan as \"posibilidades aínda non exploradas\" de desenvolvemento da presenza internacional que o actual marco xurídico permite.", "text": "O 28 e 29 de xuño do pasado ano celebrouse en Pontevedra o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, que buscaba analizar o actual estado da acción exterior e da internacionalización na política, na cultura, na sociedade ou na economía galegas. O inicio do Congreso fíxose coincidir co 80 aniversario da aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía de 1936, como recordatorio do carácter universalista e aberto ao mundo da Xeración Nós e do galeguismo dos anos 20 e 30 do século pasado. O encontro estaba impulsado polo IGADI e a Universidade de Vigo. O presidente do IGADI, Xulio Ríos, pedía \"loitar contra a idea de que a acción exterior é unha excentricidade ou un malgasto\" e apelaba a que \"o autogoberno e a universalidade son as dúas caras dunha mesma moeda\". \"Reviste certa urxencia superar a falta de comprensión institucional e cívica desta cuestión instando aos diversos actores a asumir un maior compromiso cunha acción exterior centrada nos intereses da nosa Terra\" Nas conclusións do Congreso salientouse que no actual contexto de mundialización, \"a acción exterior é unha política pública irrenunciable para todo goberno, calquera que sexa o seu nivel, superando as limitacións clásicas. Para levala a cabo debe dotarse dunha estratexia específica, integral e consensuada e aplicala con perseveranza\". E que \"en Galicia, a autonomía e o vixente marco xurídico de relacións co Estado brinda posibilidades aínda non de todo exploradas para desenvolver unha acción exterior leal que teña en conta as nosas especificidades\", subliñándose as diferenzas crecentes coas políticas desenvolvidas neste senso por Cataluña e Euskadi. Asi mesmo, sinalouse que \"reviste certa urxencia superar a falta de comprensión institucional e cívica desta cuestión instando aos diversos actores a asumir un maior compromiso cunha acción exterior centrada nos intereses da nosa Terra\". \"Cómpre reivindicar a acción exterior como un espazo de encontro entre as principais forzas políticas cun programa de mínimos que facilite a súa continuidade á marxe das alternancias\", díxose. E propúxose \"construír unha marca Galicia que responda ás nosas ambicións\", sinalando ámbitos coma a diáspora, \"a nosa dimensión europea pero tamén atlántica\", e \"as posibilidades da nosa lingua e cultura, das nosas universidades, das nosas empresas e sectores produtivos\". O Congreso contou con 15 achegas de expertos e expertas, que analizaron a acción exterior galega dende o punto de vista institucional, económico, social e cultural, e que agora se publican nun número especial da revista Tempo Exterior. Comezando pola conferencia inaugural (Galicia, \"célula de universalidade\". Reflexións sobre cultura e acción exterior) que correu a cargo de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. E engadindo dúas intervencións que expuxeron as políticas de acción exterior levadas a cabo por Cataluña e Euskadi. O Congreso contou con 15 achegas de expertos e expertas, que analizaron a acción exterior galega dende o punto de vista institucional, económico, social e cultura Estes foron os 15 relatorios: Galicia e a súa proxección internacional (Jesús Gamallo Aller), Galicia precisa da política exterior (Xoán Antón Pérez Lema), Galicia, unha autonomía no mundo. Galicia, unha nación cultural (María Pilar Pin Vega), A economía galega ante os desafíos da globalización ((Fernando González Laxe), Internacionalizar unha economía, internacionalizar a empresa (Abel Veiga Copo), A economía galega en perspectiva internacional: avances, feblezas e retos de futuro (Manuel González López), As ONG para o Desenvolvemento nunha paradiplomacia en Rede (Emilio M. Martínez Rivas), Ativos duma paradiplomacia em rede (Teresa Moure), Galicia no ollo divino (Xavier Alcalá), Ambicións e posibilidades globais da nosa industria cultural. Reflexión sobre a internacionalización do libro galego (Xosé Ballesteros), O cinema como operador da internacionalización (Margarita Ledo), A produción audiovisual de Galicia e a internacionalización (Antón Reixa) e Galicia e a Cooperación Transfronteiriza no horizonte 2014-2020 (Rosa Ricoy). Descarga aquí o número 33 de Tempo Exterior, coas actas do I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia (.pdf)"}
{"ID": "NOS_30236", "summary": "A seguinte conversa é o encontro literario entre dous escritores que son amigos desde hai máis de corenta anos. A publicación de As vidas de Nito (Edicións Xerais) de Xabier Paz é o pretexto para Vítor Vaqueiro afondar con el non só na súa obra, senón tamén na construción do feito literario. Vaqueiro aproveita a ocasión para facer o recoñecemento público de que o pulo de Xabier Paz foi determinante para o inicio da súa traxectoria na escrita.", "text": "É possível que a memória, que sempre nos é infiel, me atraiçoe mais uma vez se digo que conheci Xabier Paz (A Corunha, 1949) um dia indeciso de começos —intuo— do ano 1969, em Compostela, onde empatam as ruas de Rosalia Castro e Rapa da Folha, onde existia uma loja de discos de notável lembrança, na que adquiríamos vinilos de John Coltrane e Hendrix, de Miles Davis, Quilapayum e Zeca e onde se desenvolviam despedidas demoradas. Posso (quero) imagina-lo excessivamente delgado e com uma camisola de raias verticais na que a cor verde era sobranceira. Ali começou um diálogo que ainda se perpetua no presente, quase meio século máis tarde. Devo dizer que a ele, tão serôdio na aparição literária, devo a minha dedicação à escrita, começada por volta dos 15 anos e abandonada algo depois de um ano, se calhar dous, por temor à pesquisa insaciável do meu progenitor masculino, sempre diligente na averiguação das minhas cousas privadas. Foi ele, quando eu confessara esta circunstância numa adega paupérrima da vizinhança da Avenida de Lugo, tirando para O Restolhal, quem me empurrou a recomeçar aquela atividade que já nunca deixei, cousa que devo agradecer-lhe publicamente. Conversamos sobre o seu último romance, As vidas de Nito (Vigo, Edicións Xerais, 2013), do ponto de vista de quem estas letras escreve o melhor texto narrativo que o autor produziu. É preciso que diga que eu, como Valentín, um dos protagonistas do romance, tenho certo pendor a pensar que quem escreve deve fazê-lo sobre aquilo que conhece de primeira mão, já que, se assim não for, existe o risco de escorregar polo caminho da pesquisa que converte o ato literário num exercício virado, numa grande parte, cara a documentação e o arquivo. A norma na que está escrita a presente entrevista é responsabilidade única do entrevistador, recolhendo, porém, com estrita fidelidade o léxico de Xabier Paz que, além do dito, supervisou finalmente o texto. -Desejaria que definisses, duma maneira breve, o teu percurso literário desde o começo até o dia de hoje. Não saberia que dizer da minha carreira além da descrição dos livros já publicados. Nunca escrevi com um planejamento de longo alcanço, escrevo sob o impulso não premeditado. Esse impulso de saber o que me acontece a mim e o que acontece ao meu redor é o motor da minha escrita, de modo que se pode dizer que as minhas obras são uma reflexão, quer poética, quer narrativa, sobre a minha pessoa e sobre a vida em geral. Que sei eu. Para sintetizar e, talvez desfocar, diria que uma das minhas preocupações preferenciais estavam, e estão, no enigma da hominização, na formação do ser humano e o surgimento da mente, no funcionamento das sociedades com a persistência da exploração humana, tudo envolvido na consciência de pertencer a uma nação negada. Ou seja, antropologia, filosofia e política, uma mistura que não dei ainda hoje desenleado. Pode soar pedante, mas seria um exercício a meio caminho entre a antropologia, a filosofia e a política. -Quando nos conhecemos, por volta de 1968, ti já escrevias. Houve que esperar um longo andamento de mais de trinta anos para que aparecesse a tua primeira obra, Sedimentos. Como explicas esse longo período de silêncio editorial? Com efeito, quando muitos autores e autoras vêm tão apurados, eu dei à luz meu primeiro livrinho, quase meia centena de poemas, cumpridos os cinquenta anos. No fundo, não acho que o que eu faço seja muito importante e por isso durante anos não tentei publicar. Mas houve circunstâncias concretas que podem explicar o caráter tão tardio dos meus livros. Dous fatores acho que foram determinantes nesse não aparecimento. Por um lado, um externo, a situação sócio-política que me urxía a dedicar corpo e alma à não nata quebra democrática, e outro interno, a insegurança na própria escrita. Não estavam os tempos para pensar na obra própria e não tinha fé suficiente no que fazia. Polo meio, ponhamos os anos de 1985 a 1995, a reciclagem profissional, tese por meio, requereu não poucas energias. \"Quando muitos autores e autoras vêm tão apurados, eu dei à luz meu primeiro livrinho, quase meia centena de poemas, cumpridos os cinquenta anos\". -Falando da quebra democrática, vou fazer uma longa consideração. Pode-se dizer que ti e mais eu fomos companheiros de militância, certo que com algumas interrupções, desde o ano 1970. Lembro um dia, haverá uns 20 anos no que numa manifestação, ao passarmos perante a galeria Sargadelos, em Compostela, disseste: \"se levássemos um pequeno ficheiro das manifestações às que assistimos, no que figurasse data, motivo da convocatória, condições meteorológicas, número de assistentes, atuação dos corpos repressivos, etc. teríamos um banco de dados de exceção\". Esse seria, digo eu, um labor borgesiano, uma espécie de História Nacional da Vindicação. Certo que, quando ocorre a morte do ditador, ti e mais eu esperávamos um evoluir dos acontecimentos diferente ao que foi e que, essencialmente no PSOE —que não era nada na Galiza de 1975: fala-se de 17 militantes— se produziu a recepção duma enxurrada de arribistas procedentes do PC e doutras organizações de esquerda que foram ou são hoje alcaides de cidades importantes do país ou mesmo que ocuparam a presidência da Junta de Galiza. Sendo isto assim, a que lhe atribuis a insistência de Nito —que fala desse período histórico como a Desfeita— em refletir sobre a Transição, que se converte para ele numa espécie de obsessão? Pensas que Nito não acaba de assumir o estado de cousas da \"democracia\" atual? Acho que qualquer pessoa leitora encontrará evidente que Nito não está satisfeito com a evolução política e social. Ele não lutou por isso. Depois, a transição foi uma fraude: consumo e amnésia, e em seguida, ou seja, agora, com a crise, nem mesmo consumo. Ele sempre defendeu a quebra Democrática, ou seja, a ruptura com o regime: depuração do aparelho repressivo e do exercito, reparação das vítimas do terrorismo franquista, direitos nacionais, etc. Algo considerado maximalista pelo Partido Comunista e por quase toda a oposição ao franquismo. Cumpria um pacto que foi a transição. Em troca da legalização de partidos e sindicatos e dos estatutos de autonomia, quase café para todos com a invenção de Comunidades Autónomas como Madri, por exemplo, foram lavados todos os crimes do franquismo, todos os crimes dos franquistas . Nito dize, foi uma fraude. Para ele é uma questão recorrente porque o ativismo político foi a sua vocação, uma maneira de viver durante várias décadas. Além disso, como é uma pessoa idosa, e os velhos são teimosos, todos os dias debulha os mesmos episódios, que são acontecimentos da sua vida. Na Desfeita também há uma componente íntima, uma vertente para ele mais devastadora: o fracasso de muitos afectos. A terminar, o desencontro com os confrades e amigos, e o subsequente desmoronamento dos afectos, afectou-lhe muito. Para quem nem esperava nem dá explicado, ainda que faça tentativas de racionalização, um fracasso tão fundo na idade adulta tem sequelas. A Desfeita foi para Nito várias coisas . O percurso literário do que falaste antes, acho eu, vem marcado por uma primeira fase, que abrange de 2001 a 2006, pola poesia —Sedimentos, No canto do mar, Memoria de Lucrecio— para, a seguir, iniciar um caminho narrativo, inaugurado com Folhas do bacalhau (2005) que, embora a sua classificação editorial como crônica é, em realidade, uma obra literária (vejamos, por exemplo, W. G. Sebald ou Claudio Magris) e, de maneira já aberta com Renacer e As vidas de Nito. Pode-se entender, do anterior, um trânsito decidido cara à narrativa? \"Dous fatores acho que foram determinantes nesse não aparecimento. Por um lado, um externo, a situação sócio-política que me urxía a dedicar corpo e alma à não nata quebra democrática, e outro interno, a insegurança na própria escrita\". Há algum trânsito, mas não feito a propósito. Nunca tomei a decisão de parar de escrever poesia. Como eu disse, obxectivar o meu percurso literário é fazer lista de obras publicadas: quatro poemarios e três livros de prosa. Mesmo que a cronologia das edições não corresponde à da criação. As Folhas do Bacalhau, por exemplo, comecei a escreve-las em 1985, quando já tinha terminado Sedimentos. Comecei por ensaiar versos como expressão de ansiedade. Aliás, o meu primeiro poema publicado por volta de 1971, foi Oda a ferramenta, devedora das Odas elementales de Neruda, e que apareceu no suplemento cultural de um jornal compostelano. Durante anos a minha actividade política estinhou, embora não estinhase de todo a escrita, digamos criativa. Além disso, nunca deixei de escrever poesia, ainda que nos últimos anos rebaixase a intensidade com que o faço, em benefício da narrativa. No caixão dormem três poemarios que aguardam melhores tempos para a lírica. Com tudo, é verdade que, desde 2006, ano do meu último poemário publicado, Filogenia do sangue, apareceram duas obras narrativas: Renacer em 2008 e As vidas de Nito, neste ano que corre. Recentemente, mitigada a minha actividade política e animado pela boa recepção da crítica, insisto na prosa narrativa com histórias alicerzadas em figuras históricas: a pintora Artemisia Gentileschi, o sábio Galileu, o arcebispo Xelmírez ou a rainha Urraca. Embora no meio escrevo As vidas de Nito, mais contemporânea e que não exigiu muita documentação, pois já a tinha no meu disco rígido. -Se compararmos os dous últimos romances aos que me acabo de me referir, Renacer e As vidas de Nito, vê-se, do meu ponto de vista, um feito importante: o primeiro é, por seguirmos uma convenção clássica, um romance histórico, com alicerces em grande parte documentais, em quanto As vidas de Nito constitui um exercício da memória e da experiência persoal. Valentin, um dos protagonistas d'As vidas de Nito, considera \"que se deve escribir primordialmente do que se conhece a fondo\", opinião que eu poderia assinar, ainda que tenha de reconhecer que a minha aversão polo romance histórico tenha um ponto de exageração. Então: qual é a diferença anímica, psíquica —se é que existe— à hora de abordares estes dous romances? Como enfrentaste cada um dos dous processos? Em qual dos dous te sentiste mais cômodo? E, em relação com o anterior, até onde chega o caráter autobiográfico do texto? Avondas perguntas e nenhuma farrapo de gaita. Talvez estes temas dariam para um seminário de 40 horas. Na minha escrita há um denominador comum: escrevo sobre o que me interessa, sobre o que eu quero conhecer e tamém sobre o que me inquieta —os demônios interiores—. O corolário seria que aspiro a espalhar esse ponhamos \"conhecimento\" e reflexões, que me parecem de interesse; afinal, um perigoso desejo didático. \"Mitigada a minha actividade política e animado pela boa recepção da crítica, insisto na prosa narrativa com histórias alicerzadas em figuras históricas\" Diferenças poucas, ainda que as vidas sejam mais autobiográficas; nas novelas históricas vão também os demônios interiores. Por exemplo, no Renacer as relações de Aretino com a mãe, o papel da família ... No meu caso, na medida em que sempre vai algo próprio no texto, no processo da escrita há sempre um momento doloroso, embora também haja outros momentos humorísticos. Cómodo não estou quase nunca. Não sou um artesão que domina as ferramentas e saiba exatamente a cada momento na fase em que está e qual vai ser o resultado de seu trabalho. Enquanto escrevo estou aguilloado pelas dúvidas e a insegurança . A principal diferença vai no processo, não tanto na escrita. Num caso, nas tramas históricas, dedico muitas horas a documentação. Na preparação é quando mais desfruto. A história de Artemísia, a pintora, cativou-me. Quando escrevi As vidas… , como eu disse, já estava bem documentado, tinha tudo dentro, ainda que a memória seja tão traidora. As vidas de Nito é uma obra na que apanhei muito material autobiográfico, com sucedidos verídicos, mesmo que as diferenças de Casiano e um servidor sejam óbvias. -Continuando: essas diferenças entre autor e Nito sugerem também semelhanças. N'As vidas de Nito fazes uso dum procedimento que possui uma tradição literária importante. Que eu lembre, agora mesmo me vêm à cabeça focagens semelhantes em Los cachorros do primeiro Vargas Llosa ou em Las babas del diablo de Cortázar. Refiro-me à fusão do \"eu\" e o \"ele\". A minha pergunta é se essa escolha esteia, justamente, um projeto subtil de identificação não já entre narrador e Nito, mas entre narrador e Autor. Talvez, no subconsciente, sim, há uma mistura de vozes, o leitor pode sentir a fusão que indicas. Com tudo, o narrador principal é Nito, um homem vedranho, sem família e, como se pode deduzir das respostas anteriores, um homem ressentido, desconforme, a voz dominante são as suas reflexões e conversas, quer com a neta, quer com os outros moradores, quer com Valentim. Mas de vez em quando, para poder vê-lo de fora, há uma terceira pessoa, e fala dele para que quem leia tenha outra visão do protagonista. Assim, pode intervir o filho, o pai de Aldara , na sua sumária e decisiva aparição. Para ter uma visão poliédrica de Nito é preciso o concurso de outro narrador . \"A identificação entre narrador e autor é uma questão que não sei precisar nem em geral nem neste caso. Acho que sempre existe e nunca é cabal\". A identificação entre narrador e autor é uma questão que não sei precisar nem em geral nem neste caso. Acho que sempre existe e nunca é cabal. Embora se fale de seres fantásticos, o autor anda a reu por entre a tripada de seus personagens. É impossível criar personagens sem deixar neles a marca, ou o negativo da marca. Na escrita de cada autor está, mais ou menos codificado, o seu retrato . -Não, eu não falava de confusão, mas de fusão, já que acho muito interessante esse troco do ponto de vista que vai do ele ao eu ou ao nós ... ora, para além disso, há uma cousa que a mim particularmente me surpreende: do meu ponto de vista, Nito é um ser muito só. Morta África, semelha que só tem relação com a sua neta Aldara, praticamente uma desconhecida até o momento de começar as visitas, o seu amigo Valentim e as pessoas a compartilharem com ele a vida na residência. Mas Nito levou uma vida ateigada de relações sociais: universidade, mundo do trabalho, militância política, atividade cultural. Qual é a causa desta solidão, quando o esperável não deveria ser isto? Não sei. Não conheço o que não está escrito. Deveria escrever um livro sobre esse tema tão interessante. Só posso dizer que muitos dos colegas e até mesmo amigos, da minha fase universitária desapareceram da minha vida ao começar as nossas respectivas vidas profissionais. Além disso, a amizade é uma planta que precisa cuidar para evitar que murcha e nem sempre o fazemos. Em geral, há, também, um trânsito em quanto aparecem os filhos. É difícil manter relacionamento com a gente solteira e sem filhos. Eles têm outros horários... Nito diria que cada vida de uma pessoa tem os seus amigos e, ao final, são poucos. Além disso, se for o caso, como viveu tanto vão lhe restar poucos. -Do meu ponto de vista, o livro fica atravessado por um vento de devastação e morte —quer no pessoal, quer no coletivo— que testemunha o percurso do tempo e que se serve dum campo semântico inequívoco e recorrente: \"fracaso colectivo\", \"torpe fachenda\", \"candidos cimentos\", \"derrota irreversíbel\" que a própria Aldara constata quando diz referindo-se a Nito: \"veña a mortificarse, a furgar\". Ora, existe um segundo aspecto que não está constituído pola matéria da derrota, mais, por dizê-lo de alguma maneira, pola destruição da Utopia: \"quimeras igualitarias\", \"iluminados\", \"visionarios\", \"utópicas aspirações\", \"espelhismo\", \"pretensões prometeicas\". Não achas que esse discurso é o que hoje se acha presente na ideologia conservadora? Quantas vezes escutamos que se nos chamava \"iluminados\" ou \"visionários\", que devíamos renunciar à utopia quando, em verdade, a realidade de hoje foi a utopia de ontem? Quanto tu dizes é verdade ainda que não em termos absolutos. No texto há também outros ventos e outras brisas. Como anedota, a palavra \"vida\" aparece mais de quatrocentas vezes no texto. Eu acho que cada pessoa ao ler destaca algumas coisas ou outras. Além do que dizes há suficientes reflexões sobre a necessidade de ir contra a desordem, contra a entropia, diz Nito. O protagonista faz um esforço contínuo para entender e, de qualquer forma, Nito diz expressamente que não se arrepende do feito. Mas não há uma fronteira clara ou um programa de ação. Por uma parte, Nito, mesmo de velho, defende uma atitude de confronto com os que mandam, um confronto não só político, mas ideológico, mas por outro, considera que a ação política deve ser menos arroutada que a de moço, mais equilibrada, e por isso vem a autocrítica. Sobre as utopias e sobre a forma de achegá-las, sobre o equilíbrio entre o coletivo e o individual, há muita teia que cortar . Eu não penso assim, mas, talvez, o livro poder ser lido como apoio às idéias reacionárias e de dominação, nao sei. Do que estou convencido é de que não houve grandes avanços na realidade moral da humanidade, mas essa é farinha de outra muinhada que não aparece explicitamente no livro. \"A minha escrita, em geral, pode ser vista como um exercício a meio caminho entre a antropologia, a filosofia e a política\". Não, não, eu não disse que o livro pudesse ser lido duma perspectiva reacionária. Isso seria excessivo. O texto transparenta que Nito é uma pessoa desenganada, mas de esquerdas, mesmo até o instante final, nas derradeiras linhas que lhe escreve a Aldara. Nelas a perspectiva, norteada pola relatividade e a probabilidade não casam com um pensamento reacionário. Ora, uma pequena brincadeira: deve-se supor que Aldara é a editora (no sentido anglo-saxão do termo) d'As vidas de Nito? Digo-o porque as palavras finais que ela lê não são exatamente as mesmas que as que iniciam o volume. Então? É claro que Aldara é o motor, a causa eficiente das reflexões escritas de Nito e também morgada, que recebe o herdo do avô. Continuando com a brincadeira devo dizer que andei a escrever As fichas de Nito, ... -Ah! , quer dizer Apostilas ás vidas de Nito, não é? (ri) More or less (ri de novo) com a diferença que As fichas de Nito são um projeto inacabado e as apostilas das que ti falas não. Trata-se de um livro em que a neta, depois de morto o avô, decide ordenar os papéis herdados para publicar alguma coisa. A verdade é que tenho querença por muitas das \"fichas\" de Nito e quisera vê-las publicadas. Além disso, sinto que há algo a dizer sobre como afectou à neta conhecer o avô. No que dizes que as palavras não são exatamente as mesmas pode dever-se a que na primeira parte do livro são possíveis de serem lidas como reflexões do protagonista e ao fim, como se diz, já são escrita. Em todo o caso, o que importa é essa declaração final, explícita, de que quanto fez ele nos meses postremeiros foi devido ao encontro ventureiro com ela e que quer deixar-lhe a ela esse derradeiro esforço por viver. -Eu senti-me identificado com um aspecto que aparece n'As vidas de Nito. Embora sermos ti é mais eu pícaros —como se di no norte— de cidade, possuímos umas fortes ancoragens com isso que genericamente se chama a aldeia, a tua São Cosme de Barreiros, a minha Salceda de Caselas. Eu, teimo, senti-me muito identificado com as vivências de Nito na aldeia que eram para ele um ancoradouro amável, como para mim o era. Que é o que faz feliz a Nito na aldeia que não acha na cidade? Eu acho que essa felicidade infantil e adolescente tinha muito a ver com o verão, com a liberdade horária das férias. Mas também havia um mundo de relações que o estimulavam. Na aldeia Nito não era tratado pelos moradores como uma criança, o pequeno de tudo em casa, mas quase como um membro mais. As crianças da aldeia amadurecem mais cedo, trabalham, têm certas responsabilidades, como ficar com as vacas, ajudar a juntar os molhos, apanhar as patacas, ... que uma criança de cidade não pode nem sonhar. Nito na aldeia sente-se maior, cousa pola que devece. Além disso, estava o mundo da relação com as jovens, mais facilmente na aldeia por ter colegas que faziam de intermediários e por existir as verbenas onde o encontro era mais natural e frequente. Mesmo no aspecto físico estava mais cómodo na aldeia. Como se diz no texto, o seu cabelo creche era bem avaliado na aldeia enquanto na cidade se considerava pouco atraente. Em geral Nito, creio eu, na aldeia sentia-se mais próximo da natureza, e não só pelos insetos que colecionava e as enguias que pescava, mas também mesmo polo facto de que o que comia estava ali, ao lado, e era apanhado: os ovos, o leite, legumes, os limões ... Por outro lado, ser de cidade na aldeia tinha certo prestígio. Nito sempre encaixou bem nesse outro mundo onde era tratado quase como adulto. Em geral, diria Nito de adulto, era um viver menos convencional e mais autônomo do que o da cidade, sempre mais rígido em todos os sentidos . \"O processo de conhecimento não deve ser entendido de uma única maneira, usando a lógica formal, mas também o sentimento e a intuição. Neste sentido, na minha obra há uma reivindicação, mormente implícita, da ciência\". -Eu achei muito interessante essa atenção pola raridade, representada pola parelha Cham e Eng, ou por Edward Mordake, que merecia chamar-se Edward Mistake, os quais, em resumo, são prolongações de Nito —na infância, um ser raro, ou polo menos visto assim polo Nito adulto—. Resulta interessante a escolha das fichas, muitas com referência à termodinâmica, ou ao evolucionismo, ao clássico The two cultures, de Snow, que já tem meio século e como se fosse ontem. Não é certo que na tua obra —As folhas do bacalhau, Memoria de Lucrecio— existe uma reivindicação constante sobre o papel da ciência e sobre a relação entre a ciência e a literatura? Sim. Como já disse antes, com alguma arrogância, a minha escrita, em geral, pode ser vista como um exercício a meio caminho entre a antropologia, a filosofia e a política. Eu não acho que existam compartimentos estanques, estâncias incomunicáveis na mente humana. O pensamento no estado de vigília é um. Até mesmo o pensamento mágico não é independente do ambiente cultural em que é produzido. O ser humano tem facetas, ou momentos, como desejarmos, mas a esquizofrenia, a cisão, é uma patologia. O grande erro da escola moderna foi arredar Ciências e Letras como se fossem áreas distantes e mesmo antagónicas. A filosofia, não como lista de biografias, mas como disciplina do correto pensar para bem viver, e a matemática, não como receituário de fórmulas, mas como arte do raciocínio, são muito parenteadas. Eu não entendo como se pode estar abandonando a filosofia no ensino oficial. O utilitarismo grosseiro está fazendo muito dano por fabricar pessoas unidimensionais. O processo de conhecimento não deve ser entendido de uma única maneira, usando a lógica formal, mas também o sentimento e a intuição. Neste sentido, na minha obra há uma reivindicação, mormente implícita, da ciência. Sem reflexão não há criação e em todo avanço científico há criação e até mesmo poesia, ou seja, um outro modo de ver as coisas. Pensemos na ação dos fermentos ou nas propriedades dos raios X. Se não há poesia neles não sei onde estará . -Sim, como dizia Valente, ciência e poesia são dous caminhos complementares de olharmos a realidade ... Com efeito, assim o vejo eu ... -Qual é o trabalho que neste momento tens nas tuas mãos? Poesia? Narrativa? Já aludí, tenho na gaveta Aníbal e a pintora, sobre a vida de Artemísia Gentileschi, pintora do S.XVII, e três livros de poemas, sempre incompletos: Na fisura do Ceo, Cantos Milesios e Introducción ás Ciencias. De vez em quando retomo os poemas para corrigir e ordenar, mas dedico mais tempo a terminar o romance No espelho da noite, uma espécie de biografia de Galileu, com ênfase na sua relação com as mulheres. Além disso, parece que o arcebispo Gelmírez e a rainha Urraca gostariam de dizer-me alguma coisa, ainda não sei bem o quê. Passatempos não faltam. -Que teima com a Literatura concibida como Arqueologia!! ... Para quando um romance sobre o home de Neanderthal ou a mulher de Cromagnom? E agora, um pouco mais a sério: de que outras cousas que não saíram nesta conversa desejarias falar? Debo ser compasivo coas persoas lectoras e non atormentalas máis, xa falei dabondo. Apenas darche as grazas a ti e a Sermos Galiza pola atenção e o espazo dedicados para As Vidas de Nito."}
{"ID": "NOS_21453", "summary": "A coordenadora nacional de EU e a dirección de Espazo ecosocialista galego apostan na constitución dunha \"gran alianza electoral\" cara ás eleccións ao Parlamento europeo que terán lugar o vindeiro ano. Aliás, Yolanda Díaz acusa o \"BNG e outros sectores\" de querer que a coaligación acabe por rachar.", "text": "Diversas forzas políticas que converxen na coligación electoral da Alternativa Galega de Esquerda amosaron publicamente a súa vontade por manteren a unidade electoral cara ás europeas de 2014. Neste senso, a Coordenadora nacional de Espazo ecosocialista galego (EEG) avanzou que artellará unha \"convención electoral onde debaterá\" a constitución dunha \"ampla alianza\" que concorra aos comicios europeos do vindeiro ano. Da man deberían ir \"todas as forzas das esquerdas nacionais e estatais\", aseguraron desde a formación após a xuntanza trimestral da súa Coordinadora nacional, cuxo obxectivo é \"ir creando as alianzas necesarias para vertebrar unha alternativa política e electoral ás actuais elites dominantes\". Espazo ecosocialista galego aposta na constitución dunha \"ampla alianza\" en que converxan \"as esquerdas nacionais e estatais\" de cara ás europeas de 2014 Logo da experiencia vivida nas eleccións ao Parlamento galego --de cuxos resultados AGE tirou grupo parlamentar propio (9 deputad@s)-- as forzas integradas na coalición electoral apostan en repetiren a fórmula e concorreren de maneira conxunta ás europeas. No entanto, non descartan converxeren con outras formacións --mesmo de ámbito español-- e constituíren \"marcos de confianza e estruturas de relación\" que dean continuidade a AGE e a convertan no motor dunha coalición máis ampla. \"Sería absolutamente marabilloso que AGE, a esquerda anticapitalista galega, concorra nun proceso de máximas alianzas no conxunto do Estado español\", asegurou a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vice-voceira parlamentar de AGE, Yolanda Díaz quen se amosou moi partidaria de a coligación creada conxuntamente con Anova concorrer ás europeas. \"Son partidaria dun máximo de converxencia\", sentenciou. As asembleas nacionais que Esquerda Unida e Anova celebrarán nos vindeiros meses tratarán a súa eventual converxencia eleitoral nas europeas,entre outras cuestións. Porén, desde Esquerda Unida xa amosaron a súa disposición por \"reforzar\" a coalición e mesmo pular pola constitución dunha máis ampla de ámbito estatal. \"Se formos capaces de conformarmos unha grande alianza electoral de aquí ás europeas, estou segura de que serían espectaculares\", asegurou a coordenadora nacional de Esquerda Unida a respeito dos resultados dos comicios. Porén, a nivel español unha das correntes integradas en Izquierda Unida --a liderada polo deputado Gaspar Llamazares-- xa anunciou a súa vontade de consitituír unha \"fronte ampla\" cara ás eleccións europeas á que está chamada \"a esquerda española\", nomeadamente Equo e PSOE, ben como as cúpulas de CCOO e UGT en aras de se constituír unha \"alternativa críbel\" ao Partido Popular. Neste senso, malia a non se debater até o momento a proposta lanzada por Llamazares nos órganos de Izquierda Unida, as súas delegacións territoriais poderían estar a artellar fórmulas que deviñeran na creación desa coalición electoral. Yolanda Díaz: \"Calquera persoa da Galiza, da esquerda crítica, identifica a mensaxe da Alternativa Galega con EU\" Para a deputada de AGE, a sinerxia electoral e política con outras formacións non supón a perda de identidade para a súa organización pois asegurou que \"non existe ningún risco\" a respeito do recoñecemento de Esquerda Unida nas siglas de AGE. \"Calquera persoa da Galiza, da esquerda crítica, identifica a mensaxe da Alternativa Galega con EU\", sentenciou, malia a existiren múltiples forzas políticas no seo da mesma. \"BNG e outros sectores están interesados en que rache a coalición\" Ao igual que xa acontecera en anteriores ocasións, a vice-voceira de AGE e coordinadora nacional de EU aproveitou para bater contra formacións arredadas da órbita da Alternativa Galega. Neste senso, e após nun mítin interpelar ao BNG coa frase \"non vos enterades de nada\", en alusión á reivindicación do dereito a decidir que realiza a formación frentista, Yolanda Díaz acusou agora o BNG e \"a outros sectores\" de procuraren a ruptura da coligación electoral xurdida da man de Anova e EU. \"Sinceramente, EU pensa que se caésemos na trampa truncariamos as ilusións xeradas a máis de 200.000 persoas\", defendeu a parlamentar."}
{"ID": "NOS_57502", "summary": "O pasado mes de maio a Casa das Campás de Pontevedra acollía a presentación do documentario A palavra dun patriota, no que se repasaba a traxectoria de Antom Arias Curto, con décadas de militancia independentista ás costas.", "text": "O documentario A palavra dun patriota xa foi proxectado en diferentes cidades e vilas do país, seguido de coloquios e debates nas máis das veces, coa participación de voces de diferentes xeracións de independentistas. Falamos co seu protagonista, Antom Arias Curto (Monforte, 1944). Un dos fundadores do partido Comunista de Galicia (París, 1969), evoluíu cara ao independentismo a comezos dos 70, compromiso que mantén firme até hoxe. Cumpriu condenas en prisión tanto no franquismo [condenado polo TOP] como na monarquía constitucional [por pertenza a organización armada] e actualmente é unha das persoas encausadas na Operación Jaro, impulsada pola Audiencia Nacional. -En Maio presentábase en Pontevedra un documentario sobre ti, A palavra dum patriota. Satisfeito co resultado? -Estou moi satisfeito porque, para alén do aspecto biográfico, este traballo contribúe para deitar luz -xunto a outras investigacións presentes e futuras- sobre o tempo histórico que vai da resistencia á Ditadura no tardofranquismo até o presente neofranquista co independentismo como fío condutor. O autor da reportaxe é Augusto Fontám. Neste momento, estamos a facer presentacións en vilas e cidades, recibindo unha boa acollida. Coñezo o autor desde hai moitos anos e agradezo moito este traballo. -Que é o que falla, onde non acerta o independentismo para non ser quen de chegar ao conxunto da sociedade galega? -O independentismo conta neste país co mérito incontestábel de manter posicións de conflito político e de ruptura co Estado español durante décadas baixo desfavorábeis correlacións de forzas, encanto outros sectores nacionais derivaban para posicións autonomistas e reformistas. Desde a miña óptica, esta resistencia, cos seus acertos e cos seus erros, é corresponsábel de certa \"normalización\" social da posición independentista, da súa actual hexemonía nas novas xeracións de nacionalistas e da pervivencia da vontade de artellar un proxecto político e unha estratexia que superen as hexemónicas. Convén sermos autocríticos, mais tamén recoñecer os logros desta traxectoria. Esta firmeza estratéxica, que se materializou en distintos proxectos e organizacións desde a Ditadura até a actual crise do Estado das Autonomías, pagouse cara e supuxo o plus de represión que chega até hoxe e explica, en parte, a minorización. Alén disto, está a propia configuración sociopolítica do país, cunha fraca conciencia nacional, a crise demográfica, a precariedade laboral xeneralizada, o consumismo, etc., que dificultan o asentamento e expansión do noso proxecto e atrancan o itinerario independentista. Por último, existen erros e incapacidades propias, endóxenas, que é preciso superar, mais avanzamos, seguimos e venceremos. \"Sinto orgullo cando miro para atrás. Con decisións acertadas e erróneas, podo asegurar que neste itinerario sempre me guiou o amor pola liberdade do meu pobo\" -Non é algo habitual que, ao remate dunha manifestación independentista no Día da Patria, un militante suba ao escenario para ler un comunicado, como ficheches ti este ano. Por que ese paso? -Non o é, mais as situacións excepcionais requiren tamén procedementos extraordinarios. Ao rematar a manifestación, leuse o comunicado oficial de Causa Galiza e logo lin a miña carta aberta á militancia independentista. Esta pivotou sobre tres ideas: a necesidade de articular unha estratexia político-social independentista con Causa Galiza como punto de saída; a urxencia de concretar a repatriación e a excarceración progresiva dos independentistas presos e presas a través do cumprimento da legalidade penitenciaria e a aplicación do artigo 479.4 bis do Código Penal, que permite a redución substancial das condenas impostas e, por último, o convite á reflexión política e estratéxica dos independentistas que neste momento se encontran fuxidos ou exiliadas como consecuencia de decisións militantes adoptadas no pasado e a clarificación das condicións existentes no suposto de se presentaren voluntariamente por decisión propia. -No comunicado convidas a \"revisar a pertinencia\" de estratexias e métodos de loita \"elixidos no pasado\" por un sector do independentismo. Un convite que vindo dunha persoa coma ti, que acumula anos de prisión, ten unha importancia especial. Por que este chamado? -O avance cara á independencia non ten un único camiño, nin conta cun único método de loita. Pódese ascender ao curuto dunha montaña por rotas diversas. Cando o ascenso por unha ladeira se torna impracticábel, é conveniente retornar ao campamento base e revisar a estratexia de ascenso. Isto, que é un tanto metafórico, resulta perfectamente comprensíbel. Urxe afortalar unha conciencia nacional galega sen complexos e liberada dos subxetivismos que introduciu nela o colonialismo para perpetuar o seu dominio. Cando falo de \"revisar a pertinencia\", non é exclusivamente respecto á loita armada: falo de analisar, estudar e pragmatizar as vías para fortalecer o músculo independentista na sociedade e dotar este pobo dunha perspectiva realista de superación da dependencia. A revisión proposta é moito mais ampla. \"A loita de todos estes anos é historicamente corresponsábel da actual hexemonía independentista nas novas xeracións de nacionalistas\" -É un chamado a se organizar para loitar e actuar dentro dos propios límites da legalidade, non é? -No Estado español é inviábel culminar un proceso independentista no marco da legalidade. O caso catalán confírmao: o exercicio do dereito de autodeterminación é ilegal e o Estado emprega toda a súa artillaría política, institucional, económica, mediática, policial e xudicial para abortalo. A independencia é un conflito entre lexitimidades que implica a ruptura e superación da legalidade española. Esta é a perspectiva do noso conflito, mais para desenvolvela necesitamos afortalar a conciencia nacional, acumular, organizar e empoderar forzas, construír a hexemonía na sociedade e dotar á conflitividade social dispersa que existe no país dunha perspectiva independentista. Estas son as reflexións e apostas absolutamente legais nas que andamos e que, \"curiosamente\", provocaron a nosa detención e o actual procesamento político na Audiencia Nacional. -Es un dos 9 independentistas encausados na 'Operación Jaro'. Como está na actualidade o proceso? Que obxectivos cres que persegue a 'Operación Jaro'? -Nove persoas estamos sendo \"investigadas\" supostamente desde outubro de 2015 por delitos de \"integración en banda armada\" e \"enaltecemento do terrorismo\" debido á nosa militancia en Causa Galiza, que ao final recuperou a condición de organización política legal. Se finalmente chegamos a xuízo con estas acusacións, estaríamos a enfrentar condenas de 7 a 17 anos de prisión. Alén disto, en xuño, cando remataba o prazo da suposta investigación, a Audiencia Nacional decidiu prorrogala ata decembro de 2018, co que alongan artificialmente a incertidume até tres anos. Coincidindo con iso, en xuño, iníciase a Operación Jaro II, que afecta tres militantes de Ceivar acusados de \"enaltecemento do terrorismo\" e dá continuidade ao circo represivo iniciado en 2015. Os obxectivos desta montaxe son evidentes: trátase de erosionar e dobregar o compromiso militante dos procesados e procesadas, criminalizar o independentismo organizado por volta de Causa Galiza e encerralo no círculo vicioso da represión, de xeito que a actuación se limite a cubrirse dos golpes e fique reducido a posicións residuais. Todo isto sucede sobre persoas que teñen traballos precarios, hipotecas, fillos, familiares ao seu cargo, etc. \"O obxectivo da Operación Jaro é encerrar o independentismo no círculo vicioso da represión, de xeito que a súa actuación se limite a cubrirse dos golpes e fique reducido a posicións residuais\" -Estiveches recentemente en Catalunya para falar da 'Operación Jaro' –sendo recibido no Parlamento catalán- . Como viches o ambiente? Que leccións de proveito se poden tirar para Galiza do que acontece alí nestes anos? -Fomos recibidos no Parlament de Cataluña por deputados da CUP e ERC. A visita encadrábase na \"internacionalización\" da denuncia da Operación Jaro, dando a coñecer os seus obxectivos políticos, a nosa situación procesal, as iniciativas de contestación e, sobre todo, recabar apoios. Alén disto, organizamos varias palestras e fumos entrevistados na imprensa catalá. É surpresivo comprobar a normalidade mediática e política coa que se tratou o caso nos Països Catalans frente ao que aínda sucede aquí. Palpamos a realidade social e política dun pobo decidido a dar pasos cara a súa independencia e a súa propia legalidade. Este avance e a agudización da crise do réxime posfranquista terán repercusións positivas para os demais pobos do Estado español que loitan pola súa independencia. De feito, o proceso catalán desmonta as posicións que hoxe en Galiza postulan a \"mellora\" do marco autonómico e evidencia que a única opción para concretar a soberanía nacional é a independencia nacional. \"No Estado español é inviábel culminar un proceso independentista no marco da legalidade\" -En 1970 foche detido e posto a disposición do Tribunal de Orden Público (TOP) franquista por mor da túa actividade política. En 2015, detido e levado perante a Audiencia Nacional pola túa militancia en Causa Galiza. Pasaron 45 anos entre un e outro feito. Se pousas a mirada sobre todos estes anos, que ves? -Sinto orgullo cando miro para atrás. Desde que en 1970 fun condenado a dous anos de prisión polo TOP por \"asociación ilegal\" por militar no PCE desde 1962 e participar na fundación do PCG en 1968, ata que en 2015 fun detido con oito compañeiros e compañeiras por orde da Audiencia Nacional, foron 55 anos nos que coñecin a represión franquista, a clandestinidade, a tortura e a prisión, abracei o independentismo e contemplei a transformación da Ditadura apoiada polo nazismo e o fascismo na actual seudodemocracia monárquica española. Vexo que neste período se intentaron liquidar as bases materiais e subxetivas da nación galega e represar o proceso de descolonización e independencia, mais a realidade é que este proceso continúa. Nunha traxectoria de 55 anos como esta encontras mesturadas decisións acertadas e erróneas, mais o que podo asegurar é que neste itinerario sempre me guiou o amor pola liberdade do meu pobo. Hoxe, estando coxo e manco, cunha discapacidade física do 73% derivada da tortura e das neglixencias sanitarias, sigo a militar e loitar pola independencia nacional e o socialismo, con mais experiencia, mais coa mesma ilusión de sempre."}
{"ID": "NOS_49801", "summary": "Falamos co seareiro expulsado do estadio de Vallecas por levar unha estreleira. \"Faltaban uns minutos para rematar o partido e achegóusenos o xefe de seguridade do Rayo, varios de seguridade e catro policías nacionais para dicirnos que esas bandeiras non podían estar no estadio\", lembra Breixo L.", "text": "Breixo é un galego que vive en Madrid e que a pasada fin de semana se desprazou acompañado dun amigo até o estadio do Rayo Vallecano para ver o partido que enfrontaba a equipa madrileña co CD Lugo. \"Entramos por unha porta diferente á dos seareiros do Lugo, nós fixémolo pola da afección local. Supoño que os de seguridade desa porta non tiñan consigna de requisar porque non nos quitaron as bandeiras [fala das bandeiras galegas coa estrela vermella, estreleiras] e iso que entramos os dous con elas amarradas á cintura, sen ningún impedimento\". Na primeira metade estiveron na bancada dos afeccionados do Rayo Vallecano sen ningún tipo de problema. \"No descanso decidimos ir onde estaban os afeccionados do Lugo para gozar alí da segunda metade. O absurdo foi que no minuto 88, cando o partido estaba a piques de rematar, veu o xefe de seguridade do Rayo Vallecano canda varios axentes de seguridade e catro policías nacionais, e de forma bastante intimidatoria comináronnos a acompañalos fóra\". Este afeccionado indica que nese momento pediron que se lles explicase o por que´desa petición. \"No momento non nols quixo dar explicacións mais si o fixo despois, fóra\", lembra. \"Vostede sabe que as bandeiras independentistas están prohibidas nos estadios, non se pode vir con bandeiras políticas\", díxonos. Respondémoslle que no estadio podían verse bandeiras republicanas españolas e que esas polo que se ve non tiñan problema, que eles só querían retirar a que levabamos nós, que non ofende a ninguén\". Circular \"Entón argumentaron que había unha circular aprobada pola Liga na que se aseguraba que non se permitía nos estadios bandeiras como a estreleira\". Breixo coñece a circular e considera que nela \"non prohíbe que un afeccionado leve estas bandeiras. Mais eles interpretan como lles pete. Outro compañeiro emigrado, galego e que é socio do Rayo, puxo unha queixa perante o club polo acontecido\". Breixo engade que \"houbo varios seareiros galegos que ao ver o que acontecía saíron canda nós a preguntar o que pasaba. Entón entereime que xa lles requisaran a eles bandeiras e faixas na entrada ao estadio\"."}
{"ID": "NOS_38987", "summary": "O profesor Basilio Losada vén de ser recoñecido hai uns días co Premio Ramón Piñeiro 'Facer País' e mañá sábado ingresará na Real Academia Galega como membro de honra.", "text": "O profesor, tradutor e crítico literario de Láncara, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona e embaixador da cultura galega en Cataluña, dedicará mañá sábado o seu discurso ás primeiras novelas de Rosalía de Castro, que será respondido polo presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Basilio Losada (Láncara, 1930), emigrante en Cataluña desde cativo, é unha das figuras máis senlleiras da cultura galega do noso tempo, cunha produción que vai da investigación e o ensaio á crítica literaria, a tradución e mesmo a creación. O seu ingreso na RAG celebrarase no salón de actos da institución, na rúa Tabernas, 11 da Coruña, nun acto de entrada libre a partir das 12 horas. Como tradutor, grazas a el as letras galegas chegaron a espazos hispánicos a través das súas traducións ao castelán de Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xohana Torres e un longo etcétera. Salientan os seus traballos Poetas gallegos de posguerra (1971), Poetas gallegos contemporáneos (1972) e Poetas gallegos de hoy (1990), publicados en edicións bilingües por editoras de fóra de Galiza. Tamén cómpre mencionar as súas traducións de voces poéticas catalás ao galego, así como de clásicos e contemporáneos do mundo lusófono ao castelán, faceta que foi recoñecida en 1991 co Premio Nacional de Tradución por Memorial do convento de José Saramago. Losada é ademais autor de traballos de investigación e ensaios de carácter literario, parte deles publicados desde os anos 60 en Galicia, pero tamén activo divulgador a través dos medios de comunicación (prensa e radio), libros colectivos e conferencias. Unha dimensión esta última non menos importante, na que actuou como auténtico embaixador da lingua e a cultura galegas en Cataluña. O seu labor mereceu o recoñecemento tanto do seu alumnado como de institucións do ámbito catalán, galego e lusófono. A Generalitat de Cataluña concedeulle a Creu de Sant Jordi, en Brasil recibiu a Orde do Cruceiro do Sul; en Portugal, a Comenda da Orde do Infante don Henrique; e en Galicia, a Medalla Castelao e o Premio Otero Pedrayo. Esta mesma semana a Asociación Cultural Val de Láncara anunciou tamén que é o gañador do XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País. O xurado valorou o labor deste lugués en favor da lingua e cultura galegas e a súa contribución á difusión da identidade galega por diferentes países."}
{"ID": "NOS_48343", "summary": "Podes seguir aquí o minuto a minuto da sesión de control ao goberno, marcada polas preguntas sobre a Operación Zeta e sobre sospeitas de financiamento ilegal.", "text": "Minuto a minuto da sesión de control que comeza ás 10:00 no Parlamento de Galiza ao executivo galego. 10:53 Núñez Feijóo Reprocha a AGE a súa actitude, que provocou a marcha de dúas deputadas ao Grupo Mixto. Volve citar, máis unha sesión, os EREs de Andalucía. 10: 51 Yolanda Díaz \"Depure as persoas do seu partido implicadas nesa trama. O seu partido semella estar podre, con corrupción, financiamento irregular, tramas...\" \"Vostede quere que sexa críbel que non saiba a que se adicaba o seu amigo?\". 10:46 Núñez Feijóo \"Nestes Orzamentos 2015 AGE propón elevar a débeda en 150 millóns de euros mais acúsanme a min de elevar a débeda. Non teñen rigor\". O presidente da Xunta di que \"vostede está por riba de todos. Se un xuíz investiga a Izquierda Unida ese xuíz ten unha manifestación na porta\". \"Podemos ser a primeira comunidade na que sexa ilegal facer calquera doazón dunha empresa a un partido político\" \"Eu dou a cara sempre polo pobo ao que represento\". 10:44 Yolanda Díaz (vice-portavoz AGE) \"A débeda, a corrupción e a pobreza son as tres pegadas na súa faciana\". Díaz lembra a Feijóo que é \"o responsábel político\" de 5 persoas imputadas na trama \"magna de corrupción\" \"Que relevancia tivo a súa amizade con Pachi Lucas nesa trama?\" \"Vostede era o único galego que non sabía a que se adicaba Marcial Dorado. Malia que Lucas frecuentaba a casa pública en Monte Pío vostede di que descoñecía a que se adicaba\". 10:40 Núñez Feijóo \"A resposta a todas esas perguntas é rotundamente non\", asegura o presidente da Xunta, en relación ás cuestións formuladas por Jorquera (ver abaixo). E fai un relatorio do, afirma, medidas de compromiso contra a corrupción impulsadas polo PP. \"En financiamento sospeitoso o kilómetro 0 está na Deputación de Lugo, na que co-gobernan\" 10:37 Francisco Jorquera \"Minte que algo queda, di o refrán\", comeza Jorquera a súa réplica. \"Para ler unha relación de imputados do seu goberno por presunta corrupción precisaría media hora\". \"Está en condicións de afirmar, categoricamente, ante este Parlamento, que descoñecía que o señor de Lucas traballaba de conseguidor para esta trama? Si ou non? Está en condicións de desmentir, rotundamente, ante este Parlamento, que é falso que vostede advertise ao señor de Lucas que tiña os telefones pinchados. Si ou non? Vostede é o presidente do PP de Galiza. No sumario alúdese a pagos en B, por parte da trama ao seu partido. Pode afirmar tamén vostede neste Parlamento, de xeito categórico, que é falso? Si ou non?\". 10:34 Núñez Feijóo Núñez Feijóo volve referirse ao Bipartito para dicir que daquela apenas había comisións de investigación. Di que de facer unha comisión de investigación tería que ser sobre as adxudicacións de Vicepresidencia do bipartito cando estaba en funcións. A resposta do presidente da Xunta nesta quenda fai en todo momento fincapé no Bipartito, sen responder ás preguntas feitas pola oposición. 10:30 Francisco Jorquera (portavoz BNG) \"Por terceira vez pregúntolle se vai seguir sen asumir responsabilidades sobre os cursos de formación. Dea explicacións convincentes, que non deu ningunha. Negouse a comparecer, a non ser que entenda por iso cumprir coa obriga de vir ás sesións de control\". Jorquera reprocha a Feijóo que se negue en Galiza a constituír comisións de investigación que exixe para Andalucía 10:26 Núñez Feijóo \"A sesión de control sempre é o mesmo, señorías, sigan así\". O presidente lembra que a conselleira de Traballo vai comparecer. Afirma que o xulgado pediulle toda a documentación sobre os cursos de formación \"desde o ano 2000, desde o Bipartito\". \"O Bipartito deu 66 millóns de euros para cursos. De que se nos acusa a nós?\". \"Vostedes saben que quero comparecer, e fareino\" 10:24 Méndez Romeu \"Vostede non quere dar explicacións, por iso temos que recorrer a mecanismos parlamentares para que subordinados seus respondan por vostede\" \"Falta que compareza para falar do financiamento ilegal do seu partido. Tenlle medo á transparencia? Dea a cara, non fuxa e dea explicacións\". 10:20 Núñez Feijóo Defende o investimento nun \"patrimonio universal\" e considera que \"parece mentira\" que rehabilitar a Catedral é \"inadecuado\". Feijóo afirma que o plan dos socialistas nas caixas galegas era \"fusionala con Bankia\" e di que \"levamos 9 preguntas sobre esa comparecencia que vostedes non queren citar e eu tampouco vou citar por respeto á súa pregunta\". 10:17 Méndez Romeu (portavoz do PSdeG) O portavoz socialista fala do compromiso de investir millóns de euros na reparación da Catedral mentres a pobreza aumenta, \"son as súas prioridades\". Méndez Romeu acusa a Feijóo de \"estar para a propaganda e promoción persoal, non para o que se lle necesita. Pedín a súa comparecencia no último ano en 20 ocacións, e nunca comparece. É soberbia\". \"Recibiu o seu partido directa ou indirectamente financiamento de fontes públicas? Vai explicar iso?\" 10:13 Núñez Feijóo \"Hai hoxe máis servizos no rural que en 2009\" afirma o presidente da Xunta. 10: 10 Carme Iglesias A deputada afirma que as medidas descritas polo presidente \"parécenme boas\" mais sinala que nestes anos o PP votou en contra de iniciativas nesa mesma liña. \"Os urbanitas deberían aprender os valores de sostibilidade e solidariedade do rural\". 10:07 Núñez Feijóo (presidente da Xunta) Núñez Feijóo afirma que a Xunta traballa como unha prioridade o lograr que a xente do rural e do urbano teñan as mesmas posibilidades. Fala de proxectos para incentivar o turismo no rural, eliminar o feismo, propiciar instalación de industrias e mellorar as comunicacións. O presidente promete \"imposto cero\" para traballar no rural. 10:00 Carme Iglesias (Grupo Mixto) Carme Iglesias pregunta ao presidente da Xunta, \"que presume de ser rural, como se fose memorias dun neno labrego\", se hoxe en día un neno do rural tería as súas oportunidades de chegar ao cargo."}
{"ID": "NOS_41614", "summary": "A Cámara aprobou hoxe co apoio de todas as forzas con representación parlamentar sumarse á solicitude de que o Consello de Ministr@s lles conceda a medida de graza parcial.", "text": "O Parlamento galego aprobou esta cuarta feira (25 de xuño) unha declaración institucional mediante a cal a institución se suma á petición de indulto para as traballadoras da piscina de Montecelo (Pontevedra) acusadas dun delito contra os dereitos dos traballadores. Ambas as dúas foron condenadas a tres anos de cadea pola Audiencia Provincial. A Cámara insta na súa declaración ao Consello de Ministr@s a conceder a \"medida de graza\" --un indulto parcial-- para \"evitar o seu ingreso en prisión\". Da mesma maneira o pleno do Concello de Pontevedra --co apoio de todas as forzas con representación-- tamén se sumou á petición que reclama a medida de graza para as dúas traballadoras. O lexislativo xa solicitara o indulto tamén para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez que ao igual que Tamara Vidal e Ana María González están a piques de entrar en prisión acusad@s do mesmo delito. No seu caso os feitos que foron xulgad@s pola Audiencia Provincial de Pontevedra reférense á folga desenvolvida polo sector do transporte en 2008. A vindeira segunda feira (30 de xuño) CIG, CC.OO e UGT convocan mobilizacións en todo o país para exixiren o indulto destes dous operarios baixo o lema \"defender os dereitos da clase traballadora non é delito\". HORAS E LUGARES A Coruña: 30 de xuño ás 20:00 na Casa do Mar Ferrol: 30 de xuño ás 20:00 na Praza de España Compostela: 30 de xuño ás 20:00 na Praza de Galiza Ribeira: 30 de xuño ás 20:00 na Praza do Concello Lugo: 30 de xuño ás 20:00 na Ronda da Muralla (Edificio Sindical) Viveiro: 30 de xuño ás 12:30 nos Xulgados Monforte: 30 de xuño ás 20:00 nos Xulgados Ourense: 30 de xuño ás 20:00 no Pavillón dos Remedios Pontevedra: 30 de xuño ás 20:30 na Praza da Peregrina Vilagarcía: 30 de xuño ás 20:30 na Casa do Mar Vigo: 30 de xuño ás 20:00 na Vía Norte"}
{"ID": "NOS_42965", "summary": "O ministro de exteriores afirma perante 58 embaixadores que o goberno central ''non tolerará en ningún caso'' a independencia de Catalunya e que para impedila empregará \"todos os medios\".", "text": "García-Margallo, ministro de Exteriores do Goberno español, advertiu que o executivo central está disposto a empregar \"todos os medios\" que teña o seu alcance e que lle permita a lei para impedir que Catalunya realice o 9N o seu referendo. A preguntas de se iso implicaba a suspensión da autonomía catalá, Margallo conestou que si. Margallo, que se define como \"patriota\", aseverou que o goberno español non vai tolerar en ningún caso a independencia catalá e incidiu en que a consulta traspasa as \"liñas vermellas\" da unidade de España e o principio de legalidade. Debate no Parlament No debate de política xeral que está a decorrer no Parlament de Catalunya, ERC ofreceu ao president Artur Mas entrar no goberno para \"blindar\" a consulta, unha proposta que fixo por boca do seu presidente Oriol Junqueras."}
{"ID": "PRAZA_4361", "summary": "InvestiGal denuncia a exclusión de tres mulleres e un home con contratos postdoutorais de duración determinada da extensión decidida para 436 investigadores e investigadoras que se viran afectados polo peche dos centros de traballo polo coronavirus. O colectivo reclama medidas para mellorar a conciliación familiar no sector", "text": "O pasado 30 de abril o Goberno galego anunciou que ía ofrecer extensións de contratos por seis meses a investigadores e investigadoras predoutorais e posdoutorais das tres universidades galegas (un total de 436) que se viran prexudicados e prexudicadas polos efectos da pandemia de coronavirus, que os obrigara a paralizar os seus proxectos. A Xunta atendía así a unha demanda do colectivo investigador, que destacaba as consecuencias que o peche dos seus centros de traballo tiña para a maior parte destes contratos temporais.Porén, esta ampliación de contratos deixou fóra a catro investigadores (tres mulleres e un home) que se acolleran a permisos de maternidade e paternidade. Forman parte da convocatoria de 2016 do programa posdoutoral (Modalidade A) e, como lembra o colectivo InvestiGal, os seus contratos rematan o 30 de xuño 2020 e, polo tanto, seguen activos \"nas súas respectivas universidades\"Ao ter solicitado este permiso por nacemento, xa o pasado ano ficaran nun primeiro momento fóra da posibilidade de solicitar a Modalidade B. Algo que finalmente si puideron facer, \"dada a presión colectiva, apoio e denuncia do colectivo Posdoutorais\", indican dende InvestiGal. O colectivo de investigadores/as propuxo diversas fórmulas naquel momento para chegar a unha solución, e foi a propia Xunta a que determinou que estas traballadoras debían finalizar os seus contratos ao mesmo tempo que aquelas persoas coas que deberían de concorrer á seguinte convocatoria, para así estar en igualdade de condicións que as mesmas.InvestiGal denuncia que \"estas persoas reclaman o seu dereito a rematar as súas investigacións, tal e como estaba previsto nos seus contratos, en igualdade de condicións aos seus compañeiros e compañeiras cos que terán que medirse en convocatorias futuras\". O colectivo xa reclamou esta situación ante a Xunta e a Valedora do Pobo, esixindo \"que se resolvan e emenden as demais situacións de discriminación vixentes, mediante satisfacción extraprocesal, e que se tomen medidas a nivel lexislativo para evitar que estas situacións se sigan repetindo ano tras ano\". O colectivo lembra que estes problemas se producen con frecuencia e que as dificultades de conciliación por nacemento supoñen un obstáculo estrutural para moitas investigadoras e investigadores. E comenta que \"o máis probable é que haxa máis casos que non foron denunciados publicamente debido á normalización de certas condutas, e a non contar co apoio de colectivos\". \"Parécenos extremadamente grave que as situacións de discriminación se repitan no tempo e que a Xunta só achegue solucións ante a presión social que pode representar un colectivo, de modo reactivo e non proactivo\", conclúen.Así mesmo, o Grupo de Traballo de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación fixo público un informe no que detalla este caso e outras realidades relativas ás dificultades de conciliación familiar no sector da investigación. Neste documento reclaman para o persoal investigador e docente de duración determinada con crianzas e/ou persoas dependentes ao seu cargo un plan concreto e urxente de permisos, con carácter retroactivo e efectos de computación temporal nos contratos desde o 14 de marzo, \"dado que as escolas e outros dispositivos de atención á dependencia estiveron e van continuar pechadas no medio prazo\"."}
{"ID": "NOS_39868", "summary": "A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados castigará ao PP nas urnas nas vindeiras eleccións europeas. A entidade comunicarallo ao presidente da Xunta, nunha carta que entregarán esta terza feira no rexistro do Parlamento Galego. Dirixiranse tamén a todos os grupos parlamentarios para reclamar solucións urxentes.", "text": "O colectivo de emigrantes retornados presentarán por volta das 11:00 horas no rexistro do Parlamento Galego unha carta que dirixirán a todos os grupos parlamentarios na que manifestarán que están \"fartos de que este goberno non resolva a súa situación\". Anuncian tamén que non votarán ao PP nas eleccións europeas nin nos vindeiros comicios que se convoquen se a súa situación non se amaña \"desde a política, a única maneira a tal altura desde onde se pode solucionar\". O representante da Coordinadora Nacional Galega, Xosé Lois Leirós, cifra en arredor de 250.000 o número de emigrantes que regresaron á terra, a maior parte con pensións moi baixas e que están a recibir as cartas nas que se lle reclaman o importe da declaración dos últimos cinco anos máis multas e intereses de demora. \"As autoridades non dan ningún dato mais nós temos constancia de que o ano pasado uns 20.000 galegos e galegas recibiron as cartas e neste ano parece que van caer arredor de 30.000 máis que afectan a persoas que viven con pensións de 700, 800 ou 900 euros\", sinala Leirós para quen a comunicación de Facenda é unha \"carta bomba que nos destrúe non só economicamente senón tamén moralmente. Diríxese a xente que a maior parte teñen máis de setenta anos, pasaron toda a vida fóra e agora, con situacións apertadas, están a padecer este trato e esta reclamación inxusta\". Un ataque directo á emigración Para a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados a lei 35/2006 que obriga a declarar a quen ten dous pagadores está a ser aplicada como \"un ataque directo a quen tivo que pasar a maior parte da súa vida fóra e cobra dúas pequenas pensións, algunha mesmo ridícula- Case todos os emigrantes temos este problema\". Para Leirós, o goberno está a buscar \"os cartos debaixo das pedras e reclaman ao mellor 8 ou 9.000 euros para unha persoa que cobra 700 ao mes co cal o que fai é levar á xente á ruína\". Para a Coordinadora de Emigrantes Retornados, as recentes declaracións da Delegada de Facenda en Galiza, están a darlle a razón na súa denuncia de falta de información e mesmo a inclusión dun cadro no borrador no que se anuncia que as pensións de fóra teñen que ser declaradas só veñen poñer en evidencia que até o de agora, non só non se avisaba senón que mesmo nalgúns casos desde as oficinas da axencia tributaria se confirmaba que non se tiñan que computar os ingresos de fóra. \"Non fai moitos días até o presidente da Xunta fixo declaracións dándonos a razón cando leva un ano sen abrir boca e mesmo ausentándose cando no Parlamento se debate algunha iniciativa sobre o tema. Nós continuamos a facer presións nas rúa e levaremos o tema ao Parlamento Europeo até que teñamos unha solución\", confirma Leirós mentres se reafirma no \"castigo\" que o colectivo imporá ao PP nas vindeiras eleccións, o único que está nas súas mans que é non votar pola formación que está no goberno que lles impón as multas. Se despois de tanto silencio reciben unha resposta unha vez entregada á carta, sinalan que terán en conta que non sexan promesas que logo non se van a cumprir, como aconteceu co tema das preferentes en campaña electoral. \"Nós non queremos promesas senón feito e a nosa determinación é seguir loitando porque nos asiste a forza da razón\", sinala Leirós."}
{"ID": "NOS_48313", "summary": "Na véspera de conmemorar os 100 anos da publicación do primeiro número da revista 'Nós', o Pazo Provincial de Pontevedra desenvolve a xornada '1920 Nós-2020 Nós-outr@s', na procura de homenaxear o Grupo Nós e de situar a muller de comezos do século XX no lugar que lle corresponde dentro dese contexto.", "text": "En xuño de 1920 reuníanse no Café Méndez Vigo de Pontevedra, Vicente Risco, Losada Diéguez, Cabanillas e Castelao, integrantes do grupo Nós que nesa xuntanza idearon a publicación da Revista Nós, que vería a luz o 30 de outubro dese mesmo ano. Agora, no centenario da saída do prelo deste boletín editado integramente en galego e co obxectivo primordial de pór en valor a nosa cultura, a Deputación de Pontevedra festexa estes cen anos a través da xornada titulada, \"1920 Nós-2020 Nós-outr@s\", ás 19.30 horas no Pazo Provincial. Baixo este epígrafe desenvolveranse unha recreación histórica, da compañía Os Quinquilláns, coloquios, mesas redondas e intervencións artísticas en vivo coa muller como elemento central. \"Hoxe as mulleres son protagonistas da revolución cultural da Galiza\", comentou a deputada Carmela Silva, que engadiu, \"é un deber e unha obriga darlles voz e facer visíbel o papel das que foron silenciadas nos comezos do século pasado\". Na peza teatral dos Quinquilláns recrearase unha conversa entre Castelao, Risco, Losada Diéguez e Margot Sponer, alemá estudosa da lingua galega e unha das tres mulleres que publicou os seus artigos na Revista Nós. De seguido, no mesmo Pazo e evocando o espírito dos faladoiros da Xeración Nós, desenvolverán un coloquio no que debaterán: María Reimóndez, poeta, tradutora e feminista; Kiko da Silva, ilustrador e director da primeira Escola de Banda Deseñada da Galiza; Afonso Vázquez Monxardín, catedrático da Lingua e membro do Museo Arqueolóxico de Ourense; Susana Pedreira, locutora de radio e cofundadora de \"As mulleres que opinan son perigosas\"; Chelo Loureiro, de Abano Producións, especializada no cinema animado; Miguel Fernández Cid, historiador e crítico de arte; e a deputada, Carmela Silva. Os actos conmemorativos do centenario de Nós incluíron tamén a realización, na xornada de onte, da mesa redonda \"A Revista Nós: a romaría das palabras\". Nesta actividade, que tivo lugar no Sexto Edifico do Museo de Pontevedra, participaron o deseñador Pepe Barro, o filólogo Emilio Ínsua, a profesora Patricia Arias e mais o escritor Miguel Anxo Seixas. Intervención artística desde Belas Artes A Universidade de Vigo tamén participa nesta xornada de homenaxe á revista Nós, e faino a través da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Na representación desta, as artistas Laura Cores e Nuria Ferreiro realizarán unha intervención artística contemporánea en vivo. Destácase así a importancia, plástica e gráfica, do boletín que dirixiu Castelao."}
{"ID": "NOS_30951", "summary": "A disolución non vai ser inmediata e En Marea seguirá \"cunha estrutura mínima para dar soporte ás mareas municipais\".", "text": "O plenario da formación política En Marea decidiu este sábado, 26 de setembro, disolver a organización. Con todo, a desaparición \"non será inmediata\", sinalan fontes de En Marea a Nós Diario. Será pois unha disolución ordenada e seguirase polo do momento \"cunha estrutura mínima para dar soporte ás mareas municipais\". En Marea creouse como formación política en 2016 para agrupar as forzas da esfera da esquerda rupturista que tempo despois desentendéronse desta marca que nas eleccións galegas, baixo a fórmula de Marea Galeguista, ficou en 0,22% do voto. O plenario desenvolveuse este sábado no Hotel Congreso de Teo e sobre a mesa había a idea de ben, seguir avante co proxecto ou ben pór o punto final. Nas eleccións galegas de hai catro anos, co maxistrado Luís Villares á fronte, En Marea obtivo case 275.000 votos que a colocaron, con 14 deputados, á fronte da oposición ao PP de Alberto Núñez Feixoo no Parlamento. Con todo, as diferenzas entre as distintas formacións e correntes que convivían no proxecto de confluencia empezaron a notarse ao pouco de arrincar unha lexislatura que resultou convulsa polas tensións internas. A división interna e o continuo cruzamento de declaracións marcaron a traxectoria dae En Marea, que terminou por escenificar a súa división a comezos de 2019, cando Podemos, Esquerda Unida e Anova (promotores do proxecto rupturista) romperon co sector de Villares, que mantivo as siglas a nivel orgánico pero que, ao estar en minoría no seo do grupo parlamentario, acabou integrando o grupo mixto."}
{"ID": "NOS_57344", "summary": "Paulo Carril accedeu á secretaría xeral da CIG no VII Congreso, que tivo lugar a finais de maio, co apoio do 96% das delegadas e delegados e á fronte dunha candidatura unitaria e de consenso. Asume a responsabilidade de personificar un cambio xeracional no ano en que a CIG pode converterse na primeira central sindical en representación, todo un fito para o sindicalismo nacionalista. Acredita no poder da clase traballadora para mudar a realidade e advirte: \"Non somos un sindicato de concertación\".", "text": "-Camiño dun mes como novo secretario xeral da CIG, que tal a aterraxe? Dá certa vertixe coller o testemuño dunha persoa como Suso Seixo, todo un referente no sindicalismo nacionalista? -O certo é que é un reto asumir esta responsabilidade nunha central sindical como a CIG e máis se cabe polo que ten de relevo xeracional e, en concreto, polo que significa Suso, con toda a referencialidade que ten, co exemplo de compromiso e entrega. El personifica unha xeración que foi quen de erguer unha alternativa sindical nacionalista nas circunstancias máis adversas e chegar até aquí: ser a primeira central en mobilización social, estar perto de selo en representación… Suso é insubstituíbel. - Falas de relevo xeracional, cal sería o roteiro para estes tempos da nova 'fornada' que agora asumides importantes responsabilidades no sindicalismo nacionalista? -Temos claro que debemos saber continuar o traballo feito nestes anos, un traballo que confirma a idoneidade do noso modelo sindical. O noso labor é darlle digna continuidade a ese traballo, actualizándoo a unha situación laboral, a de hoxe, que ten cambiado mais que fai aínda máis necesario o modelo sindical que representa a CIG. Como diría un veciño meu, trataríase de facer \"o mesmo, pero máis cargado de bombo\" (sorrí). -O novo secretario xeral de CCOO en Galiza fixo nestas semanas varias chiscadelas ao resto de centrais, nomeadamente á CIG, de cara á unidade de acción sindical. A comezos de xuño presentou unha proposta básica dirixida a CIG e UXT para artellar \"unha resposta unitaria da clase traballadora galega\". Que valoración fas destas chamadas? -Non xulgamos as intencións de quen fai esta proposta, mais consideramos que é un salto adiante á desesperada, un intento de emendar aquilo que ao meu entender realmente impide que haxa un marco xeral de entendemento con UXT e CCOO. Non hai posibilidade dun marco de entendemento con eses dous sindicatos por mor do modelo que representan, antagónico ao noso. Nós somos un sindicato de contrapoder, de confronto co poder, que entende que o diálogo social é nestes momentos un cancro para o movemento obreiro e a defensa dos intereses das traballadoras e traballadores. Son, ademais, un factor de españolización, aí está por exemplo a súa defensa da centralización en acordos marco, algo que entendemos que impide a democracia nos centros de traballo e a participación á hora de decidir as condicións de traballo. Teñen un modelo sindical de pactismo, de negociación e de marcos estatais. Hai unha realidade no día a día: a unidade de acción ten que se producir nos centros de traballo e nas loitas concretas. Desgrazadamente, o que vemos é que nas loitas concretas CCOO e UXT están no bando da patronal, o caso de Ferroatlántica é un bo exemplo. Tamén é certo que hai espazos de unidade, como o que estamos a construír, a iniciativa nosa, na loita polo convenio provincial do metal na Coruña; ou no sector do transporte de viaxeiros. Mais é imposíbel que esta unidade se dea nun marco xeral, polo que temos dito, porque están a negociar en Madrid un acordo estatal que vai ser unha reedición do pacto social e con todo o negativo que iso significa para a clase traballadora galega. No Consello Galego de Relacións laborais nós promovemos hai meses un acordo para facer prevalecer os convenios galegos fronte aos estatais e UXT e CCOO néganse a asinalo. Entendemos, pois, que non é posíbel esa unidade de acción. Esta ten que ser reflexo da unidade nos centros de traballo e esas premisas non se dan. Que non vexamos posíbel unha unidade de acción non significa que non vexamos aproveitábeis espazos de unidade para enfrontar políticas do Estado, da Xunta, abusos patronais. -Na recente clausura do congreso da CIG-Ensino instabas a \"aproveitar a conflitividade para concienciar na loita polos dereitos laborais, sociais e nacionais\". -A mobilización social ten un inmenso potencial e nós temos que ter a capacidade de converter a conflitividade social en organización, en afiliación. Para nós, a conflitividade laboral ten que responder en primeiro lugar a facer fronte ao deterioro das condicións de traballo, polo tanto mellorar os dereitos laborais e sociais. Mais nun proxecto sindical como o noso, que entende que a loita social é inseparábel da loita nacional, toda a conflitividade ten que ser unha oportunidade non só para tomar conciencia de clase mais tamén para mostrar que a emancipación da clase traballadora pasa tamén por que Galiza exerza os seus dereitos nacionais. O lema do VII congreso, Coa CIG somos máis fortes quer expresar que onde hai sindicato hai poder da clase traballadora, hai capacidade de facer fronte aos abusos da patronal, hai marco para poder recuperar os dereitos roubados nesta crise, para conquistar dereitos sociais e construír un marco de relacións laborais na Galiza acorde co noso país. Debemos ser atrevidos á hora de propoñer alternativas. A entrevisra completa podes lela no Sermos Galiza nº251, xa na nosa loxa."}
{"ID": "PRAZA_7298", "summary": "Un forte despregue da Policía Local intentou forzar o inicio da obras, a pesar de que o convenio provincial da construción o impide ata o 7 de xaneiro. Un concerto serviu para darlles azos aos e ás manifestantes que unha noite máis fixeron garda no lugar.", "text": "Os veciños e veciñas de Coia continúan impedindo o inicio das obras na rotonda da Avenida Castelao, unha actuación baseada na instalación alí do barco Bernardo Alfageme, propiedade do Concello, e criticada polo seu elevado custe. A pesar de que o pleno municipal -cos votos de PP e BNG- votou en contra das obras o pasado luns (como xa fixera hai dous meses) e a pesar de que o convenio provincial da construción impide realizar estes traballos ata o vindeiro 7 de xaneiro, o Concello de Vigo semella empeñado en completar o seu proxecto. Por iso, grupos de veciños e veciñas do barrio manteñen unha garda no lugar, día e noite. Este martes pola mañá un forte despregue da Policía Local tratou de mover o valado que rodea a rotonda, para facilitar a entrada das máquinas e o inicio das obras, un movemento impedido de inmediatos polos e polas alí concentradas. Pola tarde, de novo interveu a Policía Local, desta volta para tentar impedir o concerto que no lugar estaba convocado para apoiar a loita veciñal. A tenente de alcalde, Carmela Silva, advertira nas horas previas que o concerto era \"ilegal\". Finalmente, o concerto puido celebrarse, aínda que cun formato máis pequeno. A pesar da intensa presenza da policía dependente do Concello de Vigo, a Policía Nacional xa anunciou que non intervirá no lugar, mentres non o indique expresamente a Delegación do Goberno. Outro dos momentos de tensión deste martes viviuse cando un dos responsables da empresa Civis Global, encargada das obras, se presentou no lugar para forzar o inicio das obras. Foi recibido con berros de \"empresario explotador\" por parte da veciñanza, que tamén cualificou de \"esquirois\" aos traballadores que manexaban as máquinas incumprindo o convenio provincial do sector. O xefe de obra desculpouse ante os veciños asegurando que eran \"ordes de arriba\", segundo destaca Vigodixital.com. Os veciños e veciñas de Coia continúan no lugar, ao berro de \"non pode ser, o barco na rotonda e a xente sen comer\", denunciando o elevado custe da obra (de cando menos 100.000 euros, como recoñece o Concello), que se sumarían a outros gastos xerados por este barco, que dende que foi adquirido polo Concello acumula un desbaldimento de cartos públicos de case un millón de euros. Lembran en en todo o Concello de Vigo hai 32 mil persoas desempregadas. Propoñen tamén localizacións alternativas para a instalación deste barco, como por exemplo o Museo do Mar de Galicia, situado na cidade, unha proposta que foi aprobada pola maioría do pleno municipal, ou tamén na finca Zulueta, próxima ao museo."}
{"ID": "NOS_24843", "summary": "Os encausados no operativo aberto a raíz daquel operativo da Audiencia Nacional, que en outubro fai un ano, entregan á CIG comunicación para debater en asembleas.", "text": "Os independentistas encausados na Operación Jaro remitiron á CIG unha comunicación para que sexa trasladada ás asembleas de delegados do sindicato, dando así cumprimento ao acordo acadado en xuño após unha xuntanza entre os imputados e a central nacionalista. A finalidade da comunicación é \"espalhar no mundo laboral o conhecimento e a denúncia da ilegalizaçom de Causa Galiza e do processo penal, com petiçom de penas de prisom, que segue aberto\". Este paso enmárcase na aposta por socializar o proceso contra Causa Galiza, que mantén en suspensión de actividades a esta organización independentista a raíz do operativo ordenado pola Audiencia Nacional española e do que o vindeiro mes de outubro se cumprirá un ano."}
{"ID": "NOS_26505", "summary": "Alexandra Fernández criticou, durante unha entrevista na Cadena Ser, o acordo dos socialistas con Cs, que a leva a dubidar de que queiran un cambio político tamén na Galiza.", "text": "En Marea mantén a \"man tendida\" ao PSOE para \"seguir falando\" após a sesión de investidura desta terza feira, unha investidura que anuncia que vai ser \"fallida\". Así o expresou a portavoz no Congreso da coligazón, Alexandra Fernández, durante unha entrevis na Cadena Ser. O apoio aos socialistas pasa, dixo, por un cambio de rumo a respeito da actual estratexia de Ferraz. O acordo con Ciudadanos \"semella un espectáculo do PSOE para tratar de se salvar a si propio\", afirmou Fernández. A portavoz de En Marea mesmo dubidou que os socialistas queiran un cambio político en Galiza após pactar cunha formación, a liderada por Albert Rivera, que concorreu en Galiza a estas xerais sen un programa propio esen propostas para os galegos. Asegurou Fernández, a respeito das autonómicas, que En Marea mantén a porta aberta ao BNG para construír un espazo político que favoreza o cambio. Negociacións Fernández explicou que En Marea, dentro de grupo confederal de Podemos, considera prioritarias tres escalas de negociación co PSOE para o goberno do cambio: un programa global de cambio, compromisos concretos para Galiza e un gobierno plural que garanta que os acordos non fiquen en papel mollado."}
{"ID": "NOS_20998", "summary": "O regulador de medios alemán, Medienanstalt Berlin-Brandenburg, ordenou a cancelación do sinal de RT en alemán no satélite de telecomunicacións europeo Eutelsat 9B.", "text": "Un voceiro do Servizo Europeo de Acción Exterior cualificou de \"inaceptábel\" a decisión do Goberno ruso de prohibir a emisión da telivisión de Alemaña Deutsche Welle, así como de retirar as acreditacións a todo o seu persoal. A decisión de Moscova chega despois de que o Goberno alemán fixese o propio co medio RT , vencellado desde os Estados Unidos de América (EUA) co Kremlin, seis días despois de saír á luz no seu territorio. Nesa ocasión, a Unión Europea non só non criticou a medida, senón que apoiou a Alemaña na súa decisión. A directora do grupo de communicación, Margarita Simonián, criticou a \"presión ilegal\" realizada sobre o medio, e asegurou que \"en ningún país do mundo loitaron tanto contra nós como en Alemaña\". Para a UE, \"nada ten que ver\" o traballo de Deutsche Welle en Rusia con este veto a RT, que xustifica polo feito de \"non ter unha licencia válida\", que motivou o regulador alemán a suspender a difusión do medio no país. Ambos medios acudirán aos xulgados Tanto RT como DW anunciaron que acudirán aos tribunais para impugnar as decisións dos Gobernos ruso e alemán. No caso de RT, ademais da \"censura\" de Alemaña, tamén critican a negativa de Luxemburgo a conceder unha licencia para a emisión do medio após as presións das autoridades xermanas, así como a decisión de Youtube de eliminar a canle da televisión, cando se atopaba no cuarto posto dos medios de fala alemá, segundo Tubular Labs. Pola parte de Deutsche Welle, a Unión Europea asegura que confía en que o medio poida acceder aos procedementos que a xustiza prevea para apelar unha decisión \"inxustificada\"."}
{"ID": "PRAZA_9743", "summary": "Prudencia Santasmarinas, falecida aos 75 anos, foi clave no liderado das mobilizacións contra a nuclear de Xove, pero tamén nas melloras profesionais para as mulleres no agro e no mar", "text": "O Domingo de Pascua de 1977 arrincaba en Viveiro unha mobilización que ía pasar á historia de Galicia. Milleiros de persoas -5.000, segundo a prensa da época; 8.000, segundo a organización- botáronse a andar polas estradas mariñás para facer ver o amplo rexeitamento que suscitaba na comarca a instalación dunha central nuclear no lugar de Regodela, en Xove.Naquela histórica manifestación, así como noutras múltiples mobilizacións e actos informativos contra os plans nucleares de Fenosa, Eléctrica del Viesgo e Hidroeléctrica del Cantábrico, destacaba a presenza e o liderado de Prudencia Santasmarinas, Pencha Santasmarinas. A perserverante activista (Santiago, 1943) faleceu o pasado domingo en Compostela do tumor cerebral que padecía.Pencha Santasmarinas, falecida aos 75 anos, foi clave no liderado das mobilizacións contra a nuclear de Xove, pero tamén nas melloras profesionais para as mulleres no agro e no marMestra de formación, Santasmarinas desenvolveu dende finais dos anos 60 do século pasado a súa traxectoria profesional como funcionaria de Extensión Agraria e mais de Extensión Pesqueira, primeiro para o Goberno central e despois, para o galego. A propia Xunta a recoñecía no ano 2010, cando lle concedeu a Medalla Castelao, como autora dun contributo \"esencial\" para, por exemplo, a mellora profesional das mariscadoras, impulsándoas a que o seu labor se asentase como profesión e \"deixase de ser unha actividade complementaria\", ademais de alentar a súa participación nos órganos de goberno das confrarías.\"A estas alturas só me move o tema da muller\", explicaba Pencha Santasmarinas nunha entrevista no programa Galegos da Televisión de Galicia no ano 2017. Naquela conversa repousada lembrou as súas primeiras lecturas do Sempre en Galiza, parellas á súa implicación na Asemblea Nacional-Popular Galega e mais no Bloque Nacional-Popular Galego, militancia e activismo político cun guieiro claro: \"A política é a arte de transformar a sociedade para mellor, para facer unha sociedade máis xusta\". Esa filosofía levouna tamén ao eido sindical, xa fose nas Comisiós Labregas ou no Sindicato Labrego Galego.\"A política é a arte de transformar a sociedade para mellor, para facer unha sociedade máis xusta\", reflexionaba Pencha SantasmarinasPencha Santasmarinas amosábase naquela entrevista, como na vida, tan firme como humilde. \"A xente sempre me di que fun instigadora\" das mobilizacións contra a nuclear de Xove, admitía. \"Pero non teño nada de heroína, non son nada extraordinaria; son bastante normaliña\". Só lle tocou ser \"cabeza visible dese movemento político\", pero coa intención de \"colaborar cos veciños\" para ver \"que se podía facer\" e explicar que en Galicia \"non temos que achantar con todo o que nos chegue\". \"E iso nunca se pode facer soa\", reflexionaba. Tras transcender a nova do seu falecemento foron múltiplas as condolencias, tanto dende o ámbito político e sinidical como de persoas anónimas que lembraban o seu intenso compromiso co país e a causa feminista e ecoloxista durante toda a súa vida."}
{"ID": "PRAZA_8331", "summary": "O galeguismo do século XXI abrangue como noutros intres da súa historia a xustiza social, pero engade os sentires de hoxe, transversalidade e cooperativismo político de onde o \"cidadán sexa e exerza a soberanía\" nos dereitos individuais e nacionais, e sabedores que temos un planeta con recursos limitados, cambios climáticos, biodiversidade ameazada, etc…", "text": "Son comezos… O novo galeguismo deste século, aberto ao conxunto da cidadanía, súas expresións plurais de avance, progreso, soberanista… ábrese paso, na crise de ese nacionalismo pechado, xa rancio, tamén monopolista no pensamento. Este novo galeguismo é unha herdanza que vén de Castelao, Otero Pedrayo, López Cuevillas, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Isaac Díaz Pardo, entre outros. Un galeguismo que non só se activa no romanticismo da querenza a esta terra pola defensa da súa singularidade, psicolóxica, sociolóxica, no ámbito cultural, etc …. Hoxe o novo galeguismo está a entroncar cos latexos da ampla maioría na súas reivindicacións cotiás para vehicular esas inquedanzas no político. Unha sociedade ten un maior desenvolvemento económico en función da súa capacidade produtiva na creación de bens materiais e como se reparten, coa conseguinte conciencia nacional. Coa xenerosidade de saber quen somos, e saber que neste mundo non estamos só, que temos un acompañante: a sociedade civil, o cidadán na pluralidade Coa xenerosidade de saber quen somos, e saber que neste mundo non estamos só, que temos un acompañante: a sociedade civil, o cidadán na pluralidade. O galeguismo neste tempo ten que ser conscientemente o eixo da modernidade e creatividade, o movemento que reflicte un país aberto con outros, con lazos de irmandade e igualdade. Conectados en España, sabedores que se ten que abrir un novo proceso constituínte que contemple o sentido republicano dos cidadáns e das cidadás nunha realidade multinacional. Unha conciencia nacional aberta nun país con cidadáns cosmopolitas e soberanos O galeguismo do século XXI abrangue como noutros intres da súa historia a xustiza social, pero engade os sentires de hoxe, transversalidade e cooperativismo político de onde o \"cidadán sexa e exerza a soberanía\" nos dereitos individuais e nacionais, e sabedores que temos un planeta con recursos limitados, cambios climáticos, biodiversidade ameazada, etc… Un mundo globalizado que estamos a sufrir, igualmente que noutras latitudes, pola acumulación do capital no 1% da poboación mundial, namentres o resto, as terceiras cuartas partes do mundo viven na miseria. En definitiva, unha conciencia nacional aberta nun país con cidadáns cosmopolitas e soberanos."}
{"ID": "PRAZA_13819", "summary": "A mobilización cidadá desenvolvida polas plataformas dos afectados pola comercialización das preferentes acadou xa moi importantes obxectivos. A conciencia social e mediática de que un número moi importante dos seus compradores non prestou o seu consentimento en termos legais", "text": "A mobilización cidadá desenvolvida polas plataformas dos afectados pola comercialización das preferentes acadou xa moi importantes obxectivos. A conciencia social e mediática de que un número moi importante dos seus compradores non prestou o seu consentimento en termos legais, unha demanda colectiva presentada polo Fiscal Superior de Galicia por mór desa xeralizada nulidade na prestación do consentimento ou a propia aceptación-parcial-da solución da arbitraxe de Dereito, a resolvermos no ámbito galego, son éxitos impensábeis dende a perspectiva dos afectados doutros territorios tamén atinxidos, como Catalunya, Andalucía,Madrid ou Cantabria. Sucede que a adquisición das preferentes ten a apariencia dun contrato válido,que compre destruir para acadar unha devolución non condicionada ás regras que Europa marcou no seu \"memorándum of understanding\" para devolver os cartos (as entidades só poderían ofrecer o prezo da obriga no mercado secundario incrementado nun 10%). Velaí que o bó traballo desenvolvido até de agora polas plataformas teña de se completar coa preparación das mellores condicións (estudo, aproveitamento das sinerxias. menores custos posíbeis para os afectados) para o exercicio das accións en sede xudicial ou arbitral. A arbitraxe de Dereito é a mellor solución por custo e rapidez e lle vai resolver o problema á grandísima maioría das persoas de cultura financeira básica nas que se evidencie un perfil aforrador E cómpre dicir algunhas cousas claras. A arbitraxe de Dereito é a mellor solución por custo e rapidez e lle vai resolver o problema á grandísima maioría das persoas de cultura financeira básica nas que se evidencie un perfil aforrador, afastado e/ou ausente na súa vida dos investimentos de risco. Na eventualidade de que, a respecto dalgunhas destas persoas, NG Banco rexeitase a arbitraxe, haberían adherirse á demanda colectiva presentada pola Fiscalía Superior de Galicia e que arestora tramita un xulgado coruñés. Canto ás persoas nas que non se dean con claridade eses perfís ou exista base documental que faga dubidar da nulidade do seu consentimento, haberían presentar demandas individuais perante o Xulgado da súa residencia, de non ser que prefiran agardar polas condicións de canxe que lles ofreza a entidade. Son, xa que logo, tempos para concretar. Tamén para a asociación de usuarios financeiros ADICAE e para as plataformas, que haberían evitar posicionamentos de autoenroque que non levan a ningures. A arrincadeira A liberdade de horarios comerciais decretada por Rajoy danará aínda máis ao comercio de proximidade galego e contribuirá desertizar os nosos centros urbanos, barrios e vilas. A medida, tamén, é inconstitucional por vulnerar as competencias en comercio interior de Galicia ."}
{"ID": "NOS_17454", "summary": "A ANC cualifica de \"pantomima\" os comicios.", "text": "Argentona, Viladamat ou Verges, con alcaldes da CUP, Gironella, do PDECat, ou Arenys de Munt e Vilassar de Dalt, de ERC; son algúns dos concellos que se están a manifestar publicamente a respecto das eleccións do 21D, convocadas polo goberno español a través dos poderes que lles dá o 155. Municipios que anuncian que só recoñecen o Parlament de Catalunya e o Govern catalá, e que apontan a que non cederán espazos para os comicios do 21 de decembro. Que facer o 21D? Esta está a ser, nestes días, unha das principais preguntas que se está a formular no seo do independentismo. Participar ou non? Facelo como nunha convocatoria máis ou con fórmulas 'excepcionais'? Neste debate vén de se posicionar a ANC, a entidade que canda Òmnium, foi motor civil do proceso soberanista ao longo destes anos. Nun comunicado interno, a Assemblea cualifica os comicios do 21 de decembro de \"pantomima electoral, que demostrará ao Estado español que hai un territorio que \"non controlan\"."}
{"ID": "NOS_11231", "summary": "O BNG presenta no Parlamento unha proposición de lei para a reforma da Lei de normalización lingüística cadrando co 30 aniversario da súa promulgación. Exixirá unha \"oferta en positivo\" en eidos como o ensino, a sanidade, a xustiza, os medios de comunicación e, por suposto, a Administración pública", "text": "\"O galego para a Xunta é unha roncha\". Así de clara e taxativa foi a descrición que a profesora Pilar García Negro fixo do desleixo da Xunta de Galiza respeito da lingua propia do País e da aplicación da Lei de Normalización, promulgada hai 30 anos e que deixa \"un panorama desolador desde o punto de vista gobernamental\". Ao igual que fixo co gallo do décimo e do vixésimo aniversario da norma, o Bloque volveu presentar no Parlamento unha proposición de lei para a súa modificación co obxectivo, en palabras da deputada nacionalista Ana Pontón, de \"promover un avanzo no proceso normalizador\" cara á súa \"revisión\" e \"modernización\". Así as cousas, a formación frontista presentou esta segunda feira en rolda de imprensa o texto co cal pretende abrir \"non só en sede parlamentar, senón no conxunto da sociedade\" un fondo debate ao redor da situación actual da lingua para pór freo \"ás tendencias negativas\" en que se atopa mergullada. Un dado: segundo un estudo realizado pola Mesa pola Normalización, unicamente o 9% das escolas do País situadas nunha contorna urbana imparte \"algunha materia\" en galego. Educación, sanidade, xustiza e imprensa en galego O ensino será un dos eidos en que a reforma impulsada polo Bloque quere incidir, estabelecendo que será a nosa propia a lingua de instalación predominante do alumnado tendo sempre en conta a súa contorna. \"Nas contornas castelanfalantes a presenza do galego será, como mínimo, igual á da lingua castelá\", explicou Pontón Mondelo, acrecentando que en bacharelato e nos ciclos formativos o obxectivo a conquerir é a obriga dun 50% da docencia en galego \"como mínimo e por lei\". O respecto pola toponimia desbotando as formas deturpadas e unha \"oferta en positivo\" non só de parte da Xunta de Galiza, senón tamén das empresas que prestan servizos ás administracións públicas e, por extensión, daquelas que operan no País \"para que a cidadanía poida exercer o seu dereito\" a ser atendida en galego son outros dos puntos que toca o texto legal da formación frontista, para alén da sanidade, a xustiza e os medios de comunicación. \"Vai sendo hora da vontade política\" \"Calquera persoa preocupada pola recuperación das linguas subordinadas sabe da importancia das leis para garantir a estabilidade dos dereitos que foron conqueridos nas rúas\", atallou Goretti Sanmartín, profesora da UdC e integrante da Executiva nacional do Bloque. Lembrou Sanmartín o pouco aprezo que os poderes públicos lle emprestaron de sempre ao galego, sendo a cidadanía quen supriu esa eiva, e enfatizou que \"xa vai sendo hora dunha vontade política\" que pule pola normalización dun idoma que se atopa, ao seu xuízo, \"nunha situación dramática\". \"Todos os galego somos fillos da imposición do español\", proclamou Pilar García Negro para acrecentar que as políticas impostas pola Troika e pola UE, alén das españolas, afondarán \"na postergación\" da lingua. García Negro, voceira do Bloque en materia lingüística durante a elaboración do Plan de Normalización, subliñou como \"a vella pregunta\" sobre se é posíbel vivir integramente en catelán e en galego recibirá resposta positiva no primeiro caso; no segundo, \"de ningunha maneira\". Arremeteu contra a \"crecente exclusión social tornada en abertamente ilegal\" á cal a Xunta do PP condena a lingua galega e reivindicou como primeira obriga que as súas políticas \"ingresen na legalidade\". A profesora valorou as recentes declaracións do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, sinalando que son propias \"dun españolismo extremista\"."}
{"ID": "NOS_51226", "summary": "Entrevistamos a poeta no 'Caderno de verán'.", "text": "Ten vacacións unha poeta? Puido descansar durante o verán? Pois si. Este verán as vacacións chegaron como auga de maio. Participei nalgunhas actividades ligadas á poesía que, aínda que se presenten como eventos, tamén teñen moito de ocio. Non todo se reduce a recitar e compartir conversas, mostra disto foi o Rosalía en Camiño deste 2021. E nese tempo libre tan necesitado, que actividades lle gusta realizar? Teño ganas de fotografar. É algo que sempre fixen de maneira afeccionada e que desfruto moito. A miña maneira de fotografar sempre é un pretexto para observar. Tamén adoito escribir e vagabundear polos museos. Para min a arte é unha especie de saber perderse e de ter a enerxía suficiente para manter os sentidos espertos. Polo demais, reparto o tempo entre o meu triángulo máxico actual: unha aldea próxima a Celanova, o lugar da familia; o meu Ourense cidade e Compostela. Un lugar importante para min é o inicio da Ribeira Sacra. É unha ruta que sempre fago coa familia nalgún punto do ano. Aínda que sexa unha persoa de interior, os lugares con auga gústanme ben, e diría que esta é unha das paisaxes máis queridas. Continúa a Covid-19 a mudar os seus plans? Un pouco, si. Confeso que tiña ganas de viaxar. Desde a adolescencia viaxei moito de maneira autónoma e bótoo de menos. Teño a sensación de que os traxectos me permiten observar e pensar dun modo diferente. Se ben si fixen algunha escapada a Xixón ou Barcelona aos festivais de poesía, a forma de encarar unha viaxe nesta situación é moi diferente. Vou privilexiar esa outra arte dos paseos polos lugares próximos. Podería recomendar algún libro ou grupo de música para o que queda de verán? Recomendo ler Os aneis de Saturno, de Sebald, unha viaxe a pé por un dos condados da costa leste de Inglaterra. Gústame moito o proceder do autor; tamén a súa maneira de observar, adoro como sabe calibrar os vestixios, os pequenos detalles que temos diante e que nos poden remitir a un pasado vivo. É un libro que require calma. Con respecto á música, estou escoitando moito a Laura Lamontagne e Pico Amperio. Encántame a súa maneira de mesturar referentes."}
{"ID": "NOS_47535", "summary": "O dispositivo policial foi mudado para evitar novas agresións ao outro acusado, o ex director de Seguridade de Adif.", "text": "O maquinista do Alvia accidentado en Angrois o 24 de xullo de 2013, Francisco Garzón, só responderá as preguntas do seu avogado, Manuel Prieto, segundo el mesmo anunciou antes do comezo da segunda xornada do xuízo. Antes do comezo da segunda xornada do xuízo, Prieto atendeu aos medios de comunicación para avanzar que o seu defendido non responderá ás cuestións formuladas pola xuíza e polo Ministerio Fiscal. A maxistrada admite como proba unha 'montaxe audiovisual' de Adif \"Espero que sexa capaz de explicar ben de todo o que pasou no tren, de todo o que pasou no accidente, de todo o que pasou no hospital, (...). Espero que se explique para que todo o mundo o entenda\", sinalou. Prieto aproveitou para cualificar como \"indignante\" a actitude de Renfe de cara ao seu defendido. O letrado criticou que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) está \"implicado\" na defensa do outro acusado, o ex director de Seguridade no momento do sinistro, Andrés Cortabitarte, mentres Renfe \"pasa\" de Garzón a pesar de ser o seu \"empregado\". Os avogados das vítimas acusan a xuíza de aceptar probas para \"exculpar a Cortabitarte\" O avogado do maquinista lembrou o convenio polo cal Renfe paga \"125.000 euros ao ano\" á Avogacía do Estado, pero a operadora pública \"permite que (Adif) lle pida como danos 1.400.000 euros e pida a condena para un empregado\". Segunda xornada do xuízo Segundo avanzou Manuel Prieto nas súas declaracións ante a prensa, está previsto que esta quinta feira declare, ademais do seu cliente, o propio Andrés Cortabitarte. [VÍDEO] Tensión na saída de Andrés Cortabitarte do xuízo: \"Tes as mans manchadas de sangue\" Precisamente, o dispositivo policial foi modificado para esta segunda xornada do xuízo co obxectivo de tratar de incrementar a seguridade e evitar que se vivan incidentes semellantes aos de onte, cando o pai dunha falecida no accidente golpeou o ex alto cargo de Adif á saída da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela."}
{"ID": "NOS_42848", "summary": "A escuadra galega perdeu 33-24 contra o todopoderoso Bera Bera", "text": "O Mecalia Atlético Guardés deu a cara, pero non puido regresar de Donosti con nada positivo en canto a puntos. O Bera Bera superou ás xogadoras de negro e amarelo amparándose nun parcial de 6-0 mediado o primeiro tempo que permitiu ás locais tomar unha cómoda renda no marcador. Dez minutos exactos sen marcar estiveron as pupilas de José Ignacio Prades, ás que non quedou outra que ir a remolque durante toda a segunda metade. O caso é que non empezou mal o Guardés. Aguantando o tipo ante o líder nun intercambio de golpes que se traduciu nunha sucesión constante de goles até o 5-5. Algo pouco habitual en dous equipos que basean a súa fortaleza na fase defensiva. Corría entón o minuto 8 e aí empezou a desequilibrarse o partido. Porque durante os seguintes dez minutos o colectivo miñoto non viu portería. Unhas veces Alice Fernandes, outras a defensa donostiarra e outras as imprecisións visitantes deixaron a cero ao Guardés durante un lapso no que o Bera Bera anotou seis goles, un parcial de 6-0 que marcou a diferenza. A renda de media ducia de goles mantívose inalterábel. E así chegouse ao descanso (17-11). Á volta, o decorado apenas cambiou. Sandra Santiago compareceu na pista para tentar comandar a remontada, e a lateral internacional portuguesa puxo o seu gran lanzamento ao servizo do equipo acumulando varios goles consecutivos até irse a cinco. O problema é que Bera Bera respondía na outra portería e a diferenza non minguaba. Froito desa impotencia, o conxunto miñoto baixou un pouco o ritmo. De súpeto, non atopaba vías de auga no 6:0 azul. Así, a vantaxe foi incrementando aos poucos até chegar a ser de dez goles. Un tanto de Ángela Nieto sobre a bucina deixouna finalmente en nove (33-24) pero certificou igualmente a derrota da escuadra visitante. O Guardés acaba quinto a xornada, con todas as opcións de meterse en Europa intactas. Agora toca recuperar as forzas durante o parón de seleccións da semana que vén para regresar a San Sebastián dentro de dúas, nesta ocasión, para disputar a Copa da Raíña."}
{"ID": "NOS_15421", "summary": "Nove estudantes galegos de distintos níveis educativos expoñen as súas motivacións para secundar a folga á cal están chamad@s este 20 de febreiro.", "text": "Bolsas de estudo que van minguando; materias en que a educación se concebía como unha ferramenta política para o cambio e que foron desaparecendo; a teima en garantir o ensino en español e uns contidos de corte confesional católico por riba das linguas propias; e a blindaxe dos concertos con colexios que practican un ensino sexista. Son algúns dos puntos que toca a Lei orgánica de mellora da calidade educativa, Lomce, e que levarán á folga o estudantado galego."}
{"ID": "NOS_41536", "summary": "O estoupido tivo lugar as 4:15 horas. O alcalde tudense, en declaracións á Radio Galega, desbotaba a hipótese dun atentado.", "text": "Un artefacto explosivo estoupou esta madrugada pasada en Tui, cabo da Estación de Guillarei, no caixeiro automático dunha sucursal bancaria, causando diversos danos materiais. Após rebentar o caixeiro, os asaltantes levaron os cartos. A investigación traballa con todas as hipóteses, se ben o alcalde tudense, en declaracións na Radio Galega, desbotaba en principio que puidese ser un atentado e inclinábase máis pola liña do roubo. Na zona sur da provincia de Pontevedra teñen nestes anos estoupado artefactos que a Policía atribuiu a Resistencia Galega. Segundo informan axencias e medios citando fontes policiais, as Forzas de Seguridade estarían á procura de dúas persoas que fuxiron cara Portugal nun vehículo con matrícula do país luso."}
{"ID": "PRAZA_5517", "summary": "Pode Galicia permitirse que o nacionalismo galego se exprese unicamente en termos de esquerda radical e antisistema? Coido que non. Tampouco se o que persigue é expresarse só en termos soberanistas e independentistas, como semella querer facelo o BNG", "text": "Afirmaba Antón Baamonde nun recente e lúcido artigo titulado \"Galicia, progreso, nacionalismo\" que Galicia precisa dunha ORGA do século XXI, \"unha organización de centro esquerda, de amplo espectro, lonxe das estreitas fronteiras que debuxan o nacionalismo actual, que deseñe políticas construtivas e non só de oposición, que teña unha clara vocación de goberno honesto e responsable (…)\". Somos moitos, aínda non suficientes, os que pensamos exactamente o mesmo e que estamos ademais traballando, mal que ben, para construír esa ferramenta que o autor de xeito argumentado anhela. Estoume a referir a Compromiso por Galicia, organización que o mesmo Antón Baamonde etiqueta como \"de momento, unha hipótese de traballo\". Non está mal de todo, estamos aí. Conviven na nosa organización persoas con sensibilidades diferentes (dende o centro demócrata liberal ao socialismo democrático, por usar etiquetas tradicionais) que foron quen de encontrar un común denominador baixo esa definición Compromiso atopou o seu equilibrio ideolóxico definitorio baixo a etiqueta de \"galeguismo, progresismo e socialdemocracia renovada\"; e digo equilibrio porque conviven na nosa organización persoas con sensibilidades diferentes (dende o centro demócrata liberal ao socialismo democrático, por usar etiquetas tradicionais) que foron quen de encontrar un común denominador baixo esa definición. Conservémola por moito tempo. Outro elemento fundamental no ADN de Compromiso é a aposta por un discurso construtivo e moderado, tanto no eixo social como no nacional, en contraste coas posicións extremas que hoxe caracterizan ás outras dúas organizacións de referencia no nacionalismo galego. É esa unha das razóns que ao meu ver máis pesou á hora de decidir participar xunto con PNV, CiU e CC na Coalición por Europa para as vindeiras eleccións Europeas do 25 de Maio. Aínda que son evidentes as diferenzas ideolóxicas con estas forzas políticas, agás quizais na visión construtiva e reformista de Europa, o feito de asociarse con organizacións que actualmente gobernan os seus respectivos territorios resulta congruente con un dos elementos fundacionais de Compromiso. Non é moi diferente a decisión adoptada por Compromiso agora da que no seu momento tomara o BNG, liderado naquel momento por X.M. Beiras, cando (re)impulsou Galeuscat e se presentou ás eleccións europeas coas mesmas organizacións coas que agora se presenta CxG Neste sentido, non é moi diferente a decisión adoptada por Compromiso agora da que no seu momento tomara o BNG, liderado naquel momento por X.M. Beiras, cando (re)impulsou Galeuscat e se presentou ás eleccións europeas coas mesmas organizacións coas que agora se presenta Compromiso. A diferenza ideolóxica entre o BNG e estas era sen dúbida bastante maior que a que teñen con Compromiso, mais daquela o BNG aspiraba a ser forza de goberno e líder da alternativa ao Partido Popular de Fraga. Eran outros tempos. A pregunta que xorde nese escenario é a seguinte: Pode Galicia permitirse que o nacionalismo galego se exprese unicamente en termos de esquerda radical e antisistema? É ben certo que a aposta pola moderación pode crear, na conxuntura actual, certas eivas para unha forza que acaba de nacer pois na bolsa do descontento político cotizan á alza os discursos radicais. De aí vén seguramente o éxito electoral de AGE e tamén de aí vén a actual carreira entre Anova e BNG por demostrar quen é máis de esquerdas. A pregunta que xorde nese escenario é a seguinte: Pode Galicia permitirse que o nacionalismo galego se exprese unicamente en termos de esquerda radical e antisistema? Coido que non. Tampouco se o que persigue é expresarse só en termos soberanistas e independentistas, como semella querer facelo o BNG. Nese sentido ten razón X.M. Beiras cando afirma que en Galicia non hai conciencia social suficiente para seguir os pasos de Cataluña. Iso si, cabería preguntarse se a hai para iniciar un proceso de ruptura coa segunda restauración borbónica ou coa Europa actual. Permítanme dubidalo. No contexto europeo as posturas rupturistas de esquerda son minoritarias, agás quizais en Grecia onde en todo o caso tampouco son maioritarias. O lugar que pretende ocupar Compromiso está, hipoteticamente, máis claro e franco que nunca Remato. O lugar que pretende ocupar Compromiso está, hipoteticamente, máis claro e franco que nunca. Pero para que esa hipótese deixe de ser de traballo e se confirme de vez, todas as mans e todas as cabezas son poucas. Ou nos poñemos a obra ou seguiremos varias décadas máis practicando o hábito, tan galego el, de queixarse polo que puido ou debería ter sido e non foi. Por min que non quede."}
{"ID": "NOS_18439", "summary": "Meritxel Batet elixida presidenta da cámara baixa co apoio de Unidas Podemos e PNV e Manuel Cruz da cámara alta. Os deputados e deputadas de Vox fixeron ruído cada vez que tomaba a palabra algún ou algunha parlamentar independentista.", "text": "A presenza dos presos políticos cataláns Oriol Junqueras, Josep Rull, Jordi Turull, Jordi Sànchez e Raül Romeva marcou as sesións de constitución do Congreso e do Senado, que decorreron esta terza feira. Uns plenos nos que saíron elixidos os socialistas Meritxel Batet e Manuel Cruz como respectivos presidentes en cada unha das cámaras españolas. Batet foi elixida en segunda volta co apoio de Podemos e PNV. Mais foron os presos cataláns electos como deputados o 28 de abril quen acapararon os focos. Trasladados de prisión até o Congreso e Senado para tomar parte nos actos de constitución das cámaras para, posteriormente, volver ser trasladados ao cárcere. Cada vez que un deles tomou a palabra para prometer o cargo ou o facía un de EH Bildu, os representantes de Vox pataleaban e batían nas súas mesas para evitar que se lles escoitase. Yolanda Díaz e Gómez Reino usaron para prometer a fórmula: \"Para cumprir co mandato da cidadanía galega, da democracia e dos dereitos sociais, prometo. O pobo é quen máis ordena\" \"Desde o compromiso republicano, como preso político e por imperativo legal, si, prometo\" foi a fórmula empregada polo presidente de ERC Oriol Junqueras para tomar posesión do seu cargo. Jordi Sánchez (JxC) prometeu \"desde o compromiso coa lealdade ao 1-O\", na liña dos tamén deputados de JxC Jordi Turull e Josep Rull. As catro representantes de EH Bildu no Congreso empregaron a fórmula \"prometo, por imperativo legal, até a proclamación da República Vasca\". As deputada galegas de Unidas Podemos, Yolanda Díaz e Gómez Reino usaron para prometer a fórmula: \"Para cumprir co mandato da cidadanía galega, da democracia e dos dereitos sociais, prometo. O pobo é quen máis ordena\"."}
{"ID": "PRAZA_666", "summary": "En 2013 o mestre atrasara un día o inicio de curso por falta de profesorado. A sentenza obriga a Consellaría a pagarlle case nove mil euros máis as costas do xuízo. 5.000 sinaturas denunciaran que a sanción buscaba amedrentar as voces reivindicativas", "text": "O xulgado contencioso administrativo nº3 de Pontevedra fallou en contra da Consellaría de Educación por cesar o director do IES llla de Arousa, Afonso Malvido, en decembro de 2013 por atrasar un día o inicio de curso 2013-2014 a causa da falta de profesorado no centro. A sentenza obriga a Consellaría a pagarlle case nove mil euros máis as costas do xuízo. O propio director puxérase en contacto coa inspección educativa para saber se Educación tiña previsto dotar o centro dun profesor máis, xa que a falta de docentes suficientes non permitía cubrir as gardas, desenvolver o Plan de Convivencia, o proxecto Abalar ou atender a biblioteca do centro, entre outros labores. Porén, non tivo contestación ata que o curso estivo iniciado. A resposta da Consellaría foi, de feito, un expediente de revogación no seu cargo. O cesamento iniciara de contado un movemento de solidariedade e en poucas semanas recolléronse preto de 5.000 sinaturas de apoio O cesamento iniciara de contado un movemento de solidariedade e en poucas semanas recolléronse preto de 5.000 sinaturas de apoio, que foron entregadas na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellaría de Educación. De igual xeito, os servizos xurídicos da CIG presentaron o recurso que vén de dar lugar a este fallo. Trátase dunha sentenza firme que declara ilegal a resolución da Xefatura Territorial pola que se cesou e se inhabilitou o docente para postularse como director; ademais condena a Consellaría a abonarlle ao director o importe de 8.644 euros que é o que lle correspondería percibir polo seu cargo desde que foi cesado no inicio do curso 2013-2014. Así mesmo, condena a Consellaría a pagar as costas do proceso. \"Esta sanción o que perseguía era amedrentar e calar as voces reivindicativas que esixen máis profesorado nos centros para mellorar a calidade no ensino\" Para a CIG-Ensino, a sentenza \"evidencia unha actuación do xefe territorial de Pontevedra represiva e contraria á lei debido a un comportamento que dignifica a un director que o único que perseguía era un profesor imprescindible para o funcionamento normal do centro\". Segundo o sindicato, \"a contundencia da sentenza esixe do conselleiro de Educación o cesamento fulminante do xefe territorial\", xa que \"confirma a denuncia feita no seu día pola CIG e máis de 5.000 sinaturas do profesorado de que esta sanción o que perseguía era amedrentar e calar as voces reivindicativas que esixen máis profesorado nos centros para mellorar a calidade no ensino\"."}
{"ID": "NOS_11413", "summary": "A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren esta terza feira a fase de votación telemática na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2021.", "text": "A Palabra do Ano trata de identificar aquilo que resuma como se viviron colectivamente os últimos doce meses ou algún aspecto que sobresaíse, para ben ou para mal, na actualidade máis próxima ou global, en ocasións a través de neoloxismos e noutras a través de voces presentes na lingua dende hai moito tempo. É o caso das cinco voces finalistas, que fan referencia, un ano máis, á pandemia da covid-19, mais tamén á actividade do volcán de La Palma ou ao auxe da música tradicional galega. Este último é o caso do vocábulo tanxugueira, que non figura no Dicionario porque é en realidade un topónimo que fai referencia a un lugar con moitos teixugos. Mais hoxe esta palabra simboliza, a través do plural tanxugueiras que lle dá nome á banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, o éxito da revolución que está a vivir a música tradicional galega nesta segunda década do século XXI a través de novos vieiros. As palabras da pandemia volven aparecer entre as candidatas a se converter na Palabra do Ano. É o caso do neoloxismo popular vacinódromo, unha voz que non figura no Dicionario pero que todo o mundo entende, formada a partir da palabra vacina e o sufixo -dromo, \"lugar onde se fan carreiras\". Gromo, na acepción referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, repite por segundo ano entre as finalistas, e resiliencia, a capacidade dos seres humanos para se adaptaren positivamente ás situacións adversas, tamén figura entre as candidatas, con seguridade froito duns tempos pandémicos que obrigaron a todo o mundo a armarse dela. A entrada en erupción do volcán de La Palma o pasado mes de setembro tamén deixa pegada na elección da Palabra do Ano. Dende entón, son moitas as palabras propias do mundo da xeoloxía que adquiriron un uso cotián nos medios de comunicación e na rúa. Unha delas é coada que, alén de referirse á operación de lavar a roupa, nomea o manto de lava en estado líquido emitida por un volcán durante as erupcións. A Palabra do Ano elixida polas persoas participantes na votación popular darase a coñecer nos últimos días do 2021 a través do Portal das Palabras, o proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014)."}
{"ID": "NOS_22996", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza avala a redución no número de persoas non conviventes en encontros sociais que decorran tanto en espazos públicos como en privados. Tamén a limitar as reunións de madrugada.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou a Xunta a limitar o número de persoas que se poden reunir en espazos públicos ou privados -seis, en interiores; e dez, en exteriores-, así como prohibir encontros con non convivientes durante a madrugada.Os maxistrados entenden que as medidas incluídas na orde son \"idóneas, necesarias e proporcionadas\" para conter a expansión da Covid-19, cuxa transmisión aumentou nas últimas dúas semanas, da mesma maneira que as hospitalizacións. As restricións ás reunións de madrugada entrarán en vigor ás 00 horas do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial da Galiza (DOG), co que para que se poidan aplicar xa esta fin de semana, a Xunta deberá publicar a orde nun DOG antes de finalizar a xornada desta sexta feira. O TSXG avanza que estas restricións manteranse até as 00 horas do 7 de agosto. A sala considera que o Goberno galego xustificou a existencia dun perigo para a saúde da poboación, que se pode ver agravado se esas medidas non se adoptan, así como que carece doutros medios menos agresivos para afrontalo. Ademais, destaca que as medidas \"responden a unha situación clara de incremento do virus\" e asegura que \"non teñen un impacto significativo no dereito de reunión, máis necesitado de control no horario nocturno, frecuentado en maior medida polos mozos, máis proclives ao contacto social\". A decisión chega o mesmo día en que se comunicou unha nova marca de máximo de novos casos nunha soa xornada. Son 1.593, mentres que os casos activos elévanse a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 -constitúen 37 máis-, deles 23 en UCI. E un día despois de publicar o DOG as novas restricións, que afectan nomeadamente o lecer nocturno, a hostalaría, a casinos e salas recreativas e a espectáculos ao aire libre."}
{"ID": "NOS_10912", "summary": "As Asociacións de Recuperación da Memoria Histórica manifestan o seu desacordo coa designación de Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas pola súa vinculación co franquismo.", "text": "As Asociacións de Recuperación da Memoria Histórica, integrantes da Iniciativa Galega pola Memoria veñen de facer público nun comunicado conxunto o seu \"desacordo\" coa decisión da Real Academia Galega de dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde. Lamentan no seu comunicado a designación para a homenaxe dunha \"persoa significada dentro do réxime franquista\" cando aínda se \"nega acceso aos arquivos e a verdade sobre o acontecido neste período, se mantén a impunidade sobre os crimes cometidos por este réxime na lei de Amnistía do ano 77, se segue sen reparar as vítimas e amosar arrepentimento ou pedir perdón senón que -pola contra- se tolera a apoloxía destes crimes en rúas, mausoleos, monumentos e actos públicos\". As asociacións que forman parte da Iniciativa Galega pola Memoria acordaron os termos do comunicado que agora fan público na Homenaxe Nacional ás vítimas do Franquismo que promoveron na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. No marco do acto anual desenvolvido polo asociacionismo que traballa na recuperación da memoria deitáronse tamén críticas ao goberno da Xunta pola \"desmemoria\" que fai imperar en espazos como a Illa de San Simón do que desaparece a pegada do seu pasado como campo de concentración á vez que criticaron que o executivo de Feijóo botara abaixo toda a liña de traballo desenvolvida durante o bipartito cando, por vez primeira, se promoveron políticas da memoria con iniciativas como as homenaxes institucionais anuais, a creación do Consello da Memoria, o apoio ás asociacións ou se botou a andar o ambicioso proxecto de investigación \"Nomes e voces\" en convenio coas tres Universidades que o goberno do PP paralizou."}
{"ID": "PRAZA_14856", "summary": "A profesora Raquel Castillejo dirixe un congreso da USC sobre violencia machista e advirte sobre os riscos dos recortes sociais na protección das mulleres agredidas e dos tratamentos inadecuados nos medios de comunicación que presentan \"os agresores, que maltratan reiteradamente\", como persoas \"simpáticas con todo o mundo\"", "text": "Raquel Castillejo, catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Santiago, dirixe estes días en Compostela o congreso internacional Mediación e violencia de xénero. Experta no estudo e abordaxe das agresións machistas, advirte da necesidade de centrar boa parte do traballo en transmitirlles ás xeracións máis mozas os xeitos en que se pode manifestar a violencia dos homes sobre as mulleres e as vías para previal e atallala. Ademais, nun contexto de crise, subliña que \"cada vez hai menos medidas económicas\" e que servizos como a axuda psicolóxicas \"están saturados e dan citas para tres ou catro semanas\" cando a vítima \"ás veces, xa está arrepentida de chamar\". Nos últimos anos mudou a perspectiva sobre a violencia de xénero, cunha lei integral, maior visibilidade social... O feito de que se lle dedique un congreso na universidade é unha mostra máis? Cando nace a lei nace con moitas medidas. Unha das medidas estrela, que se ía desenvolver e ía producir a máis longo tempo eran as medidas educativas. Entendíase que se ían incluír mesmo materias para ensinar en igualdade. Iso non se está facendo e os que nos dedicamos a traballar sobre o tema dende hai moito tempo, a ver como se pode rematar con esta lacra, dedicámonos a sensibilizar xente nova. Neste congreso temos duascentas persoas, a maioría xente moi nova á que tratamos de sensibilizar, de demostrarlles ás mozas o que é a violencia de xénero. E de dicirlles aos mozos que isto existe e o que é a violencia. Segue a ser, polo tanto, un dos retos que as vítimas recoñezan que están a sufrir violencia? \"É moi rechamante que xente moza, que se supón educada en igualdade, acepte perfectamente berros ou algún golpe en contextos de parella\" É o que tratamos de facer. Fixéronse moitas enquisas con mozas, dos 14 aos 18 anos, e elas contestan e din que hai condutas deles, das súas parellas, que aceptan perfectamente e que son mostra do exercicio da superioridade, do poder do home sobre a muller, da desigualdade. Aceptan berros, algún golpe... É moi rechamante que xente tan nova que se supón educada en igualdade o acepte aínda que saiba o que é a violencia e o que non debe ser un contexto de parella. Malia aos avances dos últimos anos, cre que as vítimas están correctamente protexidas? Hai dous tipos de protección e trabállase sobre todo con unha: a das forzas e corpos de seguridade do Estado, que se dá como se pode, porque non hai tantos efectivos. Hai protocolos de valoración de risco pero non están demasiado perfeccionados, polo que hai vítimas que non a precisan e outras que a precisan totalmente, e as que a precisan de verdade ás veces non a teñen. Hai outras medidas de protección, como empoderar psicoloxicamente as vítimas, para que recoñezan que están sendo sometidas polas súas parellas, que moitas non o recoñecen, e se lles poida axudar. A crise e os recortes están a prexudicar a aplicación destas medidas? A crise non está favorecendo isto. Sempre o dixemos, non hai un perfil de muller maltratada, son de distintas culturas, de distinto nivel económico e académico, con fillos, sen fillos... Toda muller pode sufrir violencia de xénero. E as que xa están metidas nesa espiral de violencia agora saen con maior dificultade, porque moitas aguantan polo que aguantan, porque non teñen de que vivir. Neste congreso vostede abordou os \"retos\" que ten a Xustiza a respecto da violencia machista. Por onde pasan eses retos? \"Temos que axudar a que elas recobren a autoestima, recoñezan o que están sufrindo e saiban afastarse e enfrontarse aos agresores\" Hai moitas medidas previstas na lei e non todas se poñen en práctica: educativas, sociolóxicas... E tamén xudiciais, como a especialización dos xulgados. Pero non hai xulgados de vioelncia de xénero en todos os sitios onde debería habelos. Tamén hai que atallar os procesos sumarios, son un erro porque son tan rápidos que non se poden adquirir as probas e hai sentenzas absolutorias non porque non houbese maltrato, senón porque non se pode probar. Tamén estamos vendo que algunhas das medidas adoptadas foron erróneas, como a prohibición da mediación en calquera caso, que obedece a que o lexislador creu que a mellor maneira é perseguir o agresor e condenalo. Pero os agresivos son como os violadores, que o que fan cando saen do cárcere é volver violar. Eu non digo que non se penalice, pero non é o que temos que facer exclusivamente, porque non está dando resultados; temos que axudar a que elas recobren a autoestima, recoñezan o que están sufrindo e saiban afastarse e enfrontarse a eles. E tameń hai medidas educativas para os agresores, aos que eu non xustifico xamais pero que en ocasións tamén viviron contextos de violencia. Elas pensan que lles pegan porque lles teñen que pegar, din \"non sirvo para nada\". Pero con estas medidas, por exemplo, explícanlles que o seu pai lle pegaba á súa nai e a ela sérvelle para entender que non é que non sirva para nada, senón que iso é o que el aprendeu. Nalgúns medios de comunicación, mesmo nos últimos días, xorden tratamentos da violencia machista que criamos esquecidos, como o \"crime paixonal\" ou a xustificación da \"normalidade\" dos agresores. Imos cara a atrás? Téñoo claro. Os medios de comunicación ás veces sodes moi beneficiosos e outras, moi prexudiciais. O tratamento ten que ser por persoas especializadas: o mesmo que os xuíces, tamén os xornalistas. Teñen que saber como se fala da violencia, porque poden crear o efecto de atemorizar as vítimas, contando por exemplo que unha vítima acodeu ao xulgado e morreu. Tamén acontece se todos os días se fala do mesmo, pasa moitas veces cando a vítima é estranxeira e dá lugar á reacción de \"é estranxeira, ten outra cultura\", cando as vítimas tamén son españolas. Igualmente, os agresores normalmente son aquelas persoas que maltratan as súas parellas de maneira reiterada e, cando maltratan unha vez, á seguinte parella tamén a maltrata. Son anecdóticos casos coma os dun médico forense do que onte falabamos [no congreso], que nunca tivera ningún problema, que era simpático con todo o mundo e que de súpeto decidiu que mataba á súa muller e afastou a súa filla de nove anos para que non o vise. Iso non é o normal, o normal é que maltraten sempre."}
{"ID": "NOS_271", "summary": "CIG advirte que, ante a pandemia da COVID-19, \"non se está a actuar baixo unhas directrices legais e aplicando as normativas acordadas\".", "text": "CIG Saúde Compostela denuncia publicamente que a Xerencia da Área de Santiago, ante a pandemia da COVID-19, \"non está a actuar baixo unhas directrices legais e aplicando as normativas acordadas\". O sindicato afirma que desde a Xerencia \"non se informa a CIG-Saúde nin á Xunta de Persoal, como órgano de representación das traballadoras, o que demostra que quen dirixe a Área sanitaria de Santiago ten unha organización do traballo enfocada o día a día, con escasa ou nula planificación estratéxica a curto e medio prazo\", o que para a organización sindical \"incumpre coa normativa vixente de órganos de representación de traballo e participación do persoal ao servizo das Administracións Públicas\". Ademais, CIG-Saúde considera que a Xerencia da Área de Santiago \"é incapaz de garantir o plan de prevención fronte ao risco laboral que constitúe o coronavirus, ao non dotar dos recursos necesarios aos profesionais e ao non asegurar o cumprimento dos protocolos en canto á correcta realización das medidas de prevención indicadas para asegurar o uso correcto dos equipos de protección individual\". \"O que fan é berrarlle e/ou reprender os profesionais, que se ven indefensos ante a carencia de material e ante a falta de información e formación en prevención fronte o risco da COVID-19, o que aumenta o estado de inquietude e medo entre @s profesionais ao sentiren que os mandan a loitar contra o virus, sen formación e sen armas\", engaden. Finalmente, a organización sindical galega advirte da \"desorganización\" da unidade, da \"tardanza\" en facerlles as probas ao persoal que estivo en contacto con doentes positivos e o reparto de \"mascarillas caseiras de tela, que non contan con ningunha certificación de produto sanitario, nin unha avaliación por parte do servizo, nin a comprobación ou control, nin testadas para que se adecúen á legalidade vixente\"."}
{"ID": "NOS_13242", "summary": "Máis de 31.000 nen@s de entre 6 e 16 anos fican sen fútbol. Nin partidos nin adestramentos. A decisión da Federación Galega deriva de excluír a Xunta o fútbol do seguro médico Xogade.", "text": "Nin o fútbol que xogan milleiros de nenos galegos. Nin este deporte fica á marxe dos recortes e tesoiradas da Xunta. Desde o goberno galego decidiuse deixar esta modalidade á marxe do seguro médico Xogade alegando que tiña moitos practicantes e xera lesións, feridas e accidentes que ten que cubrir o seguro. Así pois, e na mentalidade da Xunta, non é rendábel. Por iso, opta por dar unha achega (300.000 euros) á Federación Galega de fútbol e que esta procure un seguro. A decisión xa tivo unha resposta contundente pola FGF: suspendéronse esta segunda feira partidos e adestramentos das categorías de pre-benxamín a cadete. É dicir, alén destas dúas, as de benxamíns, alevíns e infantís. Por volta de 31.000 nenos e mozos. Jaime Otero, delegado pontevedrés da FGF, recoñece que a póliza cesou en 14 do presente mes de novembro polo que decidiron contratar unha prórroga de tres días. Mais non houbo notificación oficial algunha, apunta. Un feito que eleva o enfado dos afectados. Iso si, nesta segunda feira vai haber unha xuntanza entre federación e Secretaría Xeral de Deportes. Intocábel? Semellaba a liña que a Xunta de Feijóo non estaba disposto a pasar: a de adoptar recortes que poidan afectar ao fútbol que practican os nenos (31.000 xogadores no noso país) por temor ao impacto que podía ter na opinión pública. Mais a tesoira de Feijóo si que se mete no deporte desde hai tempo. Un exemplo, as traiñeiras, un deporte propio e tradicional de Galiza e no que as achegas da administración van a menos, malia a gran calidade de clubes e vogadores. E as traiñeiras é só un exemplo. Gran parte do deporte ven sendo albo de recortes (axudas, instalacións, apoios...) desde hai uns anos."}
{"ID": "PRAZA_4011", "summary": "A Xunta ten pendente concretar as súas instrucións que desenvolvan a normativa marco estatal acordada hai dez días e agora feita oficial", "text": "A Xunta ten pendente concretar as súas instrucións que desenvolvan a normativa marco estatal acordada hai dez días e agora feita oficialO Boletín Oficial del Estado (BOE) vén de publicar nas súas edicións destes xoves e venres as ordes polas que o Ministerio de Educación establece, tras acordalos coas autonomías e as universidades, os criterios a seguir tanto no que resta de curso escolar como nas probas de acceso aos estudos universitarios. Nestas últimas os exames terán máis preguntas a elixir para que todo o alumnado poida acadar a máxima nota aínda que non puidera cursar toda a materia mentres que no ensino primario, secundario ou de bacharelato, á espera do que poida concretar a Xunta, serán os equipos docentes de xeito colexiado os que teñan a última decisión sobre promoción ou titulación do alumnado ao non quedar condicionados por límites de materias suspensas.O número de preguntas a elixir na selectividade establecerase \"de xeito que permita a todos os alumnos alcanzar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias nas que este puidera ter acceso ao ensino\"A Comisión Interuniversitaria Galega (CiUG) xa reprogramara do 7 ao 9 de xullo as probas de acceso á universidade e agora o ministerio fai oficiais as características básicas dos exames. \"Realizarase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. En cada proba, o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas\", establece a orde ministerial, que concreta que en cada proba o alumnado deberá responder a un número determinado de preguntas \"de xeito que permita a todos os alumnos alcanzar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias nas que este puidera ter acceso ao ensino e a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial\". Todas as preguntas poderán ser elixidas dentro do número máximo que estableza cada autonomía e cada exame terá unha duración máxima de 90 minutos.A orde establece para todos os niveles educativos inferiores á universidade que \"non serán tidas en conta limitacións que afecten ao número de áreas pendentes\" tanto para pasar de curso como para obter os títulosPola súa banda, a orde que fai oficiais as directrices de actuación no que resta de curso e o comezo do próximo para a educación primaria, secundaria e o bacharelato, acordadas o pasado 15 de abril entre o ministerio e as autonomías -Galicia amosou a súa conformidade, mentres que non o fixeron Euskadi, Andalucía, Murcia, Madrid e Castela e León- basea a avaliación do alumnado nos dous primeiros trimestres. A orde establece para todos os niveles educativos que \"non serán tidas en conta limitacións que afecten ao número de áreas pendentes\" tanto para pasar de curso como para obter os títulos correspondentes ao remate de cada ciclo de ensino. Sen esa limitación, serán os equipos docentes os que de xeito colexiado valorarán se cada alumno ou alumna acadou os obxectivos educativos. A orde establece que as administracións educativas de cada autonomía poderán adaptar os criterios de avaliación, cuestión que a Xunta ten pendente. Desde o acordo destas \"directrices de actuación\" o pasado 15 de abril, a conselleira de Educación, foco das críticas dos sindicatos, vén reclamando ao Goberno central que sexa el o que estableza os criterios de xeito común para todas as autonomías. Así o fixo aínda este xoves, nunha reunión con sindicatos e asociacións de nais e pais, na que Carmen Pomar comprometeuse \"a publicar as instrucións coa máxima celeridade en canto o Ministerio publique a normativa correspondente\".CIG-Ensino lamenta que a consellería tardase seis semanas en reunirse coa comunidade educativa e que non avanzase traballo á espera da publicación oficial do acordo a nivel estatalDesde CIG-Ensino, o sindicato maioritario, laméntase que tivesen que agardar seis semanas de estado de alarma, tras sucesivos cambios de criterio da consellería a respecto da presenza do profesorado nos centros, para poder ter aínda este xoves a primeira reunión con Pomar, encontro no que se sucederon exposicións de cada asistente pero sen diálogo nin negociación. Segundo o sindicato, \"a única novidade da reunión foi o anuncio da convocatoria dunha Mesa Sectorial para a semana próxima para falar das oposicións\" que a conselleira anunciou este mércores que se aprazan tras semanas de reclamacións ao respecto por parte de opositores e sindicatos. CIG-Ensino lamentou que, á espera da orde coa que agora o ministerio habilita ás autonomías a desenvolver a súa propia competencia para adaptar a promoción de curso, a consellería non avanzase traballo e facilitase un borrador de instrucións que a comunidade educativa poida negociar ou alegar."}
{"ID": "NOS_15733", "summary": "Os irmáns Losada Seoane eran cinco: Antonio, Daniel, Jaime, Javier e José. A familia orixinaria de Carballo, en Quiroga, traslada a súa residencia a Donostia, integrándose catro deles na Confederación Nacional do Traballo (CNT) e outro na Unión Xeral de Traballadores (UXT). Daniel deseguida vai destacar polo seu compromiso dentro do movemento anarcosindicalista.", "text": "Iniciada a guerra en xullo de 1936 os irmáns Losada Seoane participan na defensa de Donostia integrados nas columnas de milicianos que fan fronte aos requetés navarros. Pola súa banda Jaime Losada dedícase á elaboración de bombas nos talleres incautados polo sindicato. En outubro dese ano, practicamente toda Gipuzkoa está no poder dos golpistas e a familia evacúa a Bilbo. Son tempos do nacemento do Exército de Euskadi e deseguida os nosos protagonistas acoden a engrosar os seus efectivos. José faino no batallón 21 CNT Nº 1 Bakunin ao carón dos mariñeiros galegos de Trintxerpe. O resto dos irmáns recalan no batallón Nº 27 Castilla baixo a disciplina das Xuventudes Socialistas Unificadas, con Antonio como tenente da 1ª compañía (ascendido xa en Asturias a capitán) e Daniel como capitán da 3ª compañía. De todas as formas o compoñente cenetista no batallón é importante. A acción de Kalamua En xaneiro de 1937 releva o batallón Celta no monte Kalamua (Markina, Bizkaia) e en febreiro o rotativo CNT del Norte dá conta dun golpe de man contra as posicións que os franquistas manteñen no monte Ascensión protagonizado por Daniel Losada e un reducido grupo de milicianos. Así, o xornal recolle que \"un grupo de camaradas do batallón Castilla realizou na madrugada de onte un golpe de man cuxa audacia demostra o valor de quen interveu na acción, de grande efecto bélico e seguramente proveitosa, pois hai detalles que proban que os facciosos sufriron baixas como consecuencia dela\". A crónica continúa sinalando que \"estes camaradas en número de 10 ou 12, tiveron a valentía de aproximarse a uns 25 metros dos parapetos inimigos do monte Ascensión, do sector de Elgueta, colocando dinamita que fixo explosión despois das dúas da madrugada, á vez que empregando bombas de man e de fusil simularon un forte ataque (...). Para os que coñecen o bravo capitán Losada, especialista nesta clase de operacións, non constituíu unha sorpresa (...). Por medio dun altofalante Losada daba ordes para atacar por todos os lados, berrando aos fascistas que se rendesen, pois Vergara caera no noso poder e estaban copados\". A crónica sinala por último que \"agora ben, convén non esquecer que para o bravo Losada e os seus camaradas de batallón non existe a palabra imposíbel no dicionario nin na guerra, e que con 20 quilos de dinamita sente capaz de ir tomando posicións at o mesmo pico de Ory. Saúde a estes valentes defensores da causa antifascista\". A finais de abril do 1937 o batallón vese na obriga de retirarse da zona tras o derrube da fronte e pasa a defender Gernika e o monte Sollube. É nestas datas cando se produce o primeiro falecemento entre os irmáns. Javier Losada Seoane morre en Markina o día 25. O batallón Castilla vai ser despregado en maio na fronte de Urduña (Bizkaia). A unidade está en cadro debido ás baixas producidas nos combates nos que vai participando. O 26 de maio non é quen de frear a ofensiva iniciada polos fascistas nesa mesma fronte. En xuño o Castilla pasa a Cantabria. Moi debilitado en efectivos fusiónase co UXT Nº 4 Carlos Marx tamén falto de efectivos. En agosto todo se derruba e sabemos que Daniel Losada é recluído no penal de El Dueso (Santoña, Cantabria). Antonio ten ocasión de pasar a Asturias, e unha vez derrubada esta fronte, a finais de outubro de 1937, consegue evacuar nun barco cara a Francia e reincorporarse ás forzas republicanas en Barcelona. O asasinato de Daniel Losada Daniel vai ser fusilado na cadea. As súas derradeiras horas van mostrar o seu carácter indomábel. Cada mañá un centenar de prisioneiros forman no patio da cadea. Os militares obríganos a cantar o \"Cara el sol\" co brazo alzado ao tempo que izan a bandeira bicolor e os detidos deben berrar a viva voz \"Arriba España!\". A mañá de 24 de novembro de 1937 Daniel Losada abandona a formación e adiántase aos compañeiros erguendo o puño berrando \"Viva la República! Gora Euzkadi Azkatuta!\". Ese mesmo serán en xuízo sumarísimo é condenado a pena de morte. Á mañá seguinte forman os mesmos prisioneiros do día anterior. Poden observar a Losada de pé contra un dos muros do patio atado e cos ollos vendados diante dun piquete de execución. A cerimonia que se celebra acotío dá comezo coa entoación do himno da Falange. Ízase a bandeira, e no intre no que se dan os berros de rigor, Daniel Losada aínda ten arrestos para protagonizar un novo acto de rebeldía. Coa bandeira ondeando no alto, soan os primeiros acordes da Marcha de Granaderos. Losada volve berrar: \"¡Viva la República! ¡Viva la Libertad!\" A detonación do piquete silencia o seu peito. Os galegos en loita contra o fascismo O caso dos irmáns Losada é un exemplo máis do compromiso dos galegos na loita contra o fascismo en Euskadi. Ao pouco de comezar o conflito, partidas de milicianos galegos espállanse polas provincias vascas para facer fronte ás columnas de requetés enviadas polo xeneral Mola desde Nafarroa."}
{"ID": "NOS_23137", "summary": "Os prazos apúranse para que o proceso remate definitivamente na consulta do 9-N. Hai unha enorme tensión entre as forzas políticas e moita incerteza.", "text": "Fican menos de catro semanas para a data sinalada para a consulta independentista e os prazos apúranse en Catalunya cara á loxística precisa para o seu correcto desenvolvemento. Quer os partidos favorábeis á consulta quer a propia Generalitat entenden que esta semana que hoxe comeza é decisiva á hora de garantir o proceso e os prazos temporais comezan a acurtarse para conseguir que podan votar todas as persoas con dereito. Esta mesma tarde, representantes das organizacións pro-consulta mantiñan unha xuntanza no Palau de Pedralbes. Segundo informa Vilaweb, os expertos sinalan que entre o 15 e o 20 de outubro, nesta mesma semana, tería que estar publicado o censo e sorteados os membros das mesas electorais, procedementos que van con retraso a respecto das previsións do propio decreto da convocatoria. \"Os partidos teñen que entender que o adversario non está en Catalunya, senón fóra, é o estado español\" (Artur Mas) Alargouse xa o prazo para o rexistro de estranxeiros residentes en Catalunya que desexan votar e para que solicitaran o voto os cataláns e as catalás residentes no exterior, así como a comunicación d@s persoas que levarán a coordinación municipal da consulta e os locais electorais. Estes requisitos son fundamentais para definir o corpo electoral e o tempo apremia para a súa confirmación. O goberno argumenta o retraso na publicación pola posíbel denuncia de vulneración da lei de protección de datos ao estar a consulta suspendida polo Tribunal Constitucional. O adversario está fóra O tempo fai xa difícil o rexistro previo e voluntario de votantes polo que a Generalitat está agora a estudar a posibilidade de rexistro o propio día da consulta, antes da votación. Agárdase, de todas maneiras, que esta semana se desenvolvan diversas xuntanzas para adiantar os aspectos loxísticos que garantan a seguridade do proceso. Tanto ERC como ICV-EUiA e a CUP están a enviar mensaxes a Artur Mas para que aclare os termos da consulta para superar as trabas legais do goberno español. A resposta do presidente da Generalitat foi unha chamada á unidade de acción das distintas organizacións favorábeis á consulta nunha semana que todo o mundo considera decisiva. \"Os partidos teñen que entender que o adversario non está en Catalunya, senón fóra, é o estado español. Nesta hora decisiva, os partidos teñen que decidir si son parte da solución ou parte do problema\", afirmou esta fin de semana Mas, para responder a calquera disensión que puidera haber no bloque soberanista. O presidente de ERC, Oriol Junqueras, pola súa parte, defendeu a unidade e o compromiso cara ao 9N, malia recoñecer que hai motivos para a preocupación, manifestou sentirse esperanzado."}
{"ID": "PRAZA_4325", "summary": "A superficie ardida aumenta en 4.000 hectáreas respecto a 2018. Houbo case 1.700 incendios, a maioría deles en setembro, aínda que o máis grande tivo lugar en marzo no Barbanza, con máis de 1.900 hectáreas arrasadas.", "text": "O pasado 2019 foi un bo ano para Galicia en canto a incendios forestais. As 6.845,65 hectáreas ardidas supoñen unha das cifras máis baixas en termos absolutos da serie histórica que dende 1976 recompila os datos da superficie queimada. A información acaba de ser divulgada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica a partir das cifras fornecidas polas comunidades autónomas e indica que o pasado ano arderon nos montes galegos unhas 4.000 hectáreas máis que en 2018, cando se superaran por pouco as 2.600. Son, obviamente, moitas menos que as case 62.000 que arderon en 2017, unhas 50.000 delas na gran vaga de incendios de outubro de aquel ano.Os incendios no monte galego queimaron case 7.000 hectáreas en 2019, unhas 4.000 máis que en 2018 pero moitas menos das 62.000 de 2017Aínda que a maioría de incendios tiveron lugar no pasado mes de setembro, cando dúas vagas de lume avivadas polo vento do nordés provocaron importantes focos en Monforte ou A Gudiña e arrasaron unhas 2.000 hectáreas, o principal foi o que afectou os concellos de Dodro e Rianxo logo dunha faísca provocada por un cable de alta tensión. Naqueles días de marzo, segundo o balance que recolle o Goberno central, arderon case 1.200 hectáreas no Barbanza (1.192,71), no que foi o único Gran Incendio Forestal (GIF, categoría que abrangue aqueles que superan as 500 hectáreas forestais afectadas) en Galicia durante o ano pasado. A maioría de focos producíronse en setembro, pero o maior e único gran incendio forestal tivo lugar no Barbanza en marzo, queimando case 2.000 hectáreasMáis de 5.000 das hectáreas ardidas foron nas provincias de Ourense (máis de 2.600) e da Coruña (case 2.500). A tendencia segue a ser a que se iniciou hai xa máis dunha década e a que advirten desde hai tempo os expertos: en Galicia hai cada vez menos incendios pero algúns deles son especialmente perigosos, devastadores e virulentos. Así, en 2019 o total de focos declarados en Galicia foi de 1.676, 230 máis que en 2018 pero uns 1.500 menos que en 2017. O número de incendios aumentou en termos interanuais nun 16% no país no pasado ano pero a superficie arrasada incrementouse nun 261%. Os datos de incendios forestais chegan, como é habitual, antes a través do Ministerio que da Xunta, que fornecerá as cifras en canto publique o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) de 2020, que se producirá nas vindeiras semanas logo de pasar xa polo Consello, e que inclúe o balance de superficie queimada do ano anterior. Galicia sufriu máis de 1.600 incendios en 2019, 230 máis que en 2018Durante os últimos meses, a Consellería do Medio Rural tan só divulgou cifras dalgúns incendios, sen entrar en detalles, en aplicación da súa política de non ofrecer información concreta en tempo real dos que non superen as 20 hectáreas agás se afectan a áreas habitadas ou espazos protexidos, así como de non divulgar partes diarios sobre o impacto total do lume durante o período de alto risco.O pasado venres, Alberto Núñez Feijóo adiantou algunhas novidades do Pladiga, que anunciou que reforzará os medios aéreos, cun incremento de capacidade de transporte auga, e que \"se adaptará ás condicións establecidas pola emerxencia sanitaria, coa incorporación dos protocolos necesarios para garantir o traballo do persoal en condicións óptimas de seguridade e hixiene\".O documento foi aprobado polo Consello da Xunta do pasado 8 de maio e suporá un investimento de 30,5 millóns de euros para actuar, con traballos preventivos, en preto de 46.000 hectáreas e en case 5.800 quilómetros de pistas e estradas. Ademais, prevé a construción de 121 novos puntos de auga e o mantemento máis de 3.200 xa existentes.Nesta planificación preventiva recóllense traballos silvícolas preventivos; a creación e mellora de infraestruturas de defensa; e intervencións de mellora da xestión forestal e das súas producións para incrementar o valor do monte e defender as vivendas fronte o lume. Actuacións que se iniciaron o 18 de maio e que se prolongarán, sempre e cando o permitan as condicións climatolóxicas, ata o 13 de xullo.No Pladiga tamén se actualiza a información relativa ás parroquias de alta actividade incendiaria, reducíndose o número en máis do 60%, ao pasar das 71 existentes en 2019 ás 28 deste ano."}
{"ID": "NOS_45807", "summary": "Suspende os despedimentos e mantén as cubas en funcionamento, mentres o comité espera que se chegue a un acordo para \"moitos anos\"", "text": "Alcoa accedeu esta quinta feira a ampliar as consultas do ERE até o 28 de setembro, de forma que se abre un período de seis semanas no que a multinacional negociará unha venda a Liberty House. De tal forma, Alcoa e comité aceptaron nunha reunión con mediación en Santiago de Compostela a proposta lanzada por Goberno estatal e Xunta co fin de buscar unha saída á fábrica mentres se suspenden os despedimentos e se mantén o funcionamento das cubas. Á saída do encontro, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, quixo \"agradecer\" o papel do Goberno estatal e a Xunta para desbloquear a situación, despois de que a semana pasada terminase sen acordo o período formal de consultas. \"Botáronnos unha man e apoiáronnos en todo momento, e hai que seguir así\", remarca. Con todo, Zan avisa de que hai que \"ter en conta que con isto non se pechou nada\". Agora, espera que se chegue ao día 27 de setembro cun \"acordo e ter viabilidade durante moitos anos\", \"seguir traballando moitos anos pola Mariña\". \"Ábrese un período de seis semanas, que esperamos que sexa frutífero para unha venda e que sigamos durante moitos anos funcionando coas electrolisis e as cubas ata que nos podamos xubilar na fábrica\", afirma. O plan proposto por Goberno e Xunta, supón estender seis semanas as negociacións do despedimento colectivo para 534 traballadores e que a multinacional estadounidense inicie nese período un proceso de venda a Alliance GFG --grupo do que forma parte Liberty House--, durante o que deberá manter a actividade na planta de San Cibrao. Ademais, Alcoa comprométese a informar de forma regular ás partes implicadas da evolución das negociacións, algo que se canalizaría a través dunha mesa industrial con representación do Goberno central, a Xunta, os sindicatos e o comité de empresa."}
{"ID": "NOS_15387", "summary": "O vídeo, realizado a partir dunha información do xornal Washington Post, expón catro supostos de resposta á propagación do coronavirus que demostran —tal e como propón a consigna Queda na casa— como a corentena resulta máis eficaz para reducir picos de contaxio e evitar o colapso do sistema sanitario. Vídeo no interior", "text": "A peza audiovisual defende a importancia de diminuír a mobilidade e a frecuencia de saídas a rúa como mecanismo para rebaixar taxa de contaxio e a velocidade de propagación do virus, unha medida que en España e na Galiza comezouse a aplicar desde a pasada fin de semana ante o aumento de casos e a propagación da epidemia polo territorio estatal. Para facelo, baseáse en catro simulacións nas que se representan as persoas que están sás, as que se contaxiaron e as que xa se recuperaron en catro escenarios: un sen restricións de mobilidade, outro con medidas como as que se adoptaron en Wuhan (na China), con illamento só das persoas enfermas e os puntos xeográficos nos que se concentran, un terceiro con corentena análoga á adoptada desde a fin de semana en España e un último modelo cun confinamento aínda máis estrito, que logra o confinamento de sete de cada oito persoas. Os resultados pódense apreciar nas diferentes curvas de contaxio, que se ralentiza de maneira patente nos últimos dous supostos, o que evita que grandes grupos de poboación requiran atención sanitaria nun mesmo momento, algo que, sinala o vídeo, \"ningún sistema de saúde pode satisfacer\"."}
{"ID": "NOS_29001", "summary": "O escritor e experto en medio ambiente, Xosé Benito Reza, recolle hoxe sábado en Bande o Premio Arraiano Maior 2016, \"polo seu traballo na defensa da natureza, da cultura e da identidade da Raia\" da man de Xosé Luís Méndez Ferrín.", "text": "O acto de entrega é hoxe sábado, 20 de agosto, ás 20 horas, no Centro de Interpretación de Aquis Querquernis, en Porto Quintela (Bande). Antes da entrega Xosé Luís Méndez Ferrín vai facer unha semblanza de Reza e Isaac Alonso Estraviz vaille facer entrega da Aguillada Arraiana, que cada ano pasa de man en man, dende o ano 2009, en que Ferrín foi nomeado Arraiano Maior. Entre os distinguidos con este recoñecemento en edicións anteiores están Bento da Cruz, Antonio Lourenzo Fontes, Neira Vilas ou Isaac Alonso Estraviz. Reza foi elixido Arraiano Maior por unanimidade nunha curiosa acta que fai un repaso pola vida do recoñecido: \"E así foise facendo un dos máis grandes defensores da identidade arraiana, da natureza, da paisaxe e da cultura da nosa terra, camiñando sempre, consciente de que andando xurden as boas ideas\". Xosé Benito Reza (Celanova, 1956) é enxeñeiro de Montes e experto en medio ambiente, especialmente nas áreas de natureza, biodiversidade, espazos protexidos e paisaxe. Foi director xeral de Conservación da Natureza durante o bipartito e director dos Parques Naturais \"Baixa Limia-Serra do Xurés\" e Invernadoiro. Publicou 'Memorias do Pedal - O camiño portugués a Santiago', 'Celanova e o vento', con Xosé Luis Méndez Ferrín e unha biografía de Curros Enríquez e outra de Arturo Noguerol Buján, entre outros. 'Cesteando' Logo do nomeamento do Arraiano Maior, os asistentes poderán gozar da estrea do documental 'Cesteando,' de Plácido Romero, un acto no que van estar presentes o protagonista e o director deste filme, para rematar cun debate arredor desta orixinal reflexión contemporánea sobre a cultura tradicional, o amor á terra e a liberdade persoal. Cesteando. O silencio do val from Arraianos Producions on Vimeo."}
{"ID": "NOS_37249", "summary": "Na visita ao centro de investigacións Cimus da USC, Ana Pontón e Néstor Rego denunciaron os recortes en I+D+i por parte da Xunta e o Goberno central. A portavoz do BNG esixiu un orzamento xusto que permita a Galiza converterse en referencia internacional na investigación.", "text": "\"Galiza debe ser unha potencia internacional en investigación\", afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tras poñer en valor \"o enorme talento e capacidade\" que o país ten neste campo. Así mesmo, valorou que o problema nestes anos \"foi o investimento público da Xunta e do Estado, que provocaron que moito talento emigrase\" e enfatizou a necesidade de recuperalo para desenvolver todo o potencial. Pontón e o candidato do BNG ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, visitaron o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus) da USC. Alí puxeron de manifesto que o estado español reduciu a investigación aos mesmos fondo de hai quince anos, cando na Unión Europea, nese mesmo período, realizouse un incremento dun 25%. Ademais dos recortes, Pontón denunciou que non se executou nin sequera ese orzamento, e puxo o exemplo do ano 2018 no que asegurou que o 53% dos fondos de I+D+i quedaron sen executar. En relación a isto, a portavoz do BNG salientou que Galiza debe tornarse decisiva no Estado para \"facer unha aposta estratéxica pola investigación no noso país\". Esta aposta, segundo afirmou, inclúe duplicar o orzamento de I+D+i na Galiza e desenvolver a carreira investigadora \"para evitar que os nosos investigadores e investigadoras tiren a toalla, porque a día de hoxe estamos perdendo talento que hai que traer de volta\". \"Necesitamos\", engadiu Pontón, unha ciencia inclusiva que aposte polo talento das mulleres, \"pois moitas científicas teñen que seguir loitando contra os teitos de cristal e numerosas barreiras\"."}
{"ID": "NOS_31058", "summary": "Foi do 0,97% do Produto Interior Bruto, por baixo tamén da media no Estado español.", "text": "O gasto en I+D nasGaliza foi do 0,97% do Produto Interior Bruto (PIB) galego en 2019, por baixo da media española (1,25%), segundo os datos que publica esta cuarta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE). De feito, o gasto na Galiza supón menos da metade que a media da UE, que alcanza o 2,2% do PIB. Con todo, o investimento galego sobe lixeiramente fronte ao 0,95% de 2018. Pola súa banda, o 13,25% das pemes galegas introduciron un produto novo ou mellorado en 2019, por baixo da media estatal e moi lonxe da media europea (28,7%) -nestes dous casos con datos de 2018-. A innovacións en procesos de negocio chegaron ao 22,6% das pemes de Galiza, menos tamén que as cifras de Estado e a UE. Así mesmo, o 8% das empresas galegas con 10 ou máis asalariados fixeron vendas de produtos novos e mellorados -centrados en tecnoloxías punteiras-. No Estado alcánzase o 16,1% e na UE o 11,6%. No que atinxe a formación, o 49,4% dos galegos entre 24 e 34 anos contaban cun nivel de formación terciaria, neste caso dous puntos por riba do valor do Estado e 8,9 puntos máis que a media da UE. Pola súa banda, un 10% dos ocupadas e ocupados galegos desenvolven o seu labor en actividades de coñecemento intensivo -aquelas que proporcionan servizos directamente aos consumidores, por exemplo as telecomunicacións-, o que supón un descenso respecto ao 10,6% do anterior ano. É inferior á media estatal (12,7%) e europea (14,2). Fenda O escaso esforzo investidor en i+D condena Galiza a figurar entre os territorios \"modestos\" na materia no conxunto da Unión Europea. Así se desprendía en 2020 dos datos dun informe de conxuntura económica presentado polo Foro Económico da Galiza, que inclúe unha análise da diferente evolución con respecto ao norte de Portugal. Segundo este documento, Galiza e Portugal manteñen unha fenda nesta materia de máis de 300 millóns de euros no esforzo investidor en I+D, que se define como a relación entre o gasto en actividades de investigación e desenvolvemento e o Produto Interior Bruto (PIB)"}
{"ID": "NOS_13169", "summary": "Serán citadas pasados os seis meses desde a pauta completa.", "text": "Galiza vacinará as persoas maiores de 70 anos coa terceira dose do fármaco contra a Covid a partir do 25 de outubro. Confirmouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras o acordo alcanzado na comisión de saúde pública desta terza feira. Malia votar en contra, debido ás \"dúbidas\" expresadas na xuntanza sobre como levar a cabo a administración destas doses de reforzo, a piques de se iniciar a campaña contra a gripe, Sanidade aclarou que \"non se opón\" á terceira picada. O único que pedía era tempo para estudar o encaixe da campaña desta nova rolda de vacinación contra o coronavirus coa campaña da gripe, algo no que traballa o Sergas \"intensamente\", confirmou o conselleiro. Segundo declarou esta cuarta feira, a idea do Goberno galego é recoller \"o mellor\" de cada unha das dúas campañas de vacinación e tratar de facelas coincidir nos maiores de 80 anos, que serían os primeiros en recibir a dose de reforzo, vaian facendo os seis meses desde a pauta completa. A campaña da gripe na Galiza comezará contra o día 15 de outubro, e conforme avanzou García Comesaña, o persoal sanitario recibirá as doses de ambas as campañas de forma diferenciada. As vacinas do coronavirus e da gripe \"van ir por separado\", aseverou, dado que a da gripe iniciarase antes. Sen inconvenientes O conselleiro de Sanidade apuntou que \"en principio non hai ningún impedimento\" médico para facer coincidir as dúas vacinas no mesmo día, pero sinalou que o Sergas está a recompilar todos os datos. A terceira dose será, en principio, de Pfizer -que é a que conta con autorización-, mais están á espera dos resultados de Moderna. Así, confirmou que o que está previsto é que a vacina de reforzo sexa de ARNm. Neste escenario, Comesaña lembrou que Galiza \"aposta, e xa o demostrou\", pola vacinación de reforzo tras dar cobertura ás persoas inmonudeprimidas e a todos os residentes en centros de maiores \"en pouco máis dunha semana e media\", recalcou. Campañas simultáneas \"Non vai ser menos neste sentido\", ratificou antes de afirmar que a proposta da Galiza é facer coincidir a campaña de reforzo coa da gripe. Neste sentido, volveu incidir no tempo, necesario para \"acomodar a estratexia da gripe, que empeza estes días, coa incorporación da terceira dose\". Mais, \"non hai ningún problema en vacinar\", incidiu."}
{"ID": "NOS_22957", "summary": "As escuadras galegas apuran a recta final da competición ligueira antes da parada de Nadal do mellor modo posíbel. Así, Celta e Lugo sumaron senllos empates ante Mallorca e Tenerife, respectivamente, mentres que na Primeira RFEF tanto o Rácing de Ferrol como o Deportivo e o filial celeste gañaron con comodidade.", "text": "O ano futbolístico está a piques de rematar, pois só queda unha xornada ligueira antes do tradicional descanso da competición. Unha tempada máis, a Liga de Fútbol Profesional (LFP) renunciará a importar o concepto británico de disputar un considerábel número de encontros nas datas de Nadal ante a considerábel resistencia de futbolistas e membros dos corpos técnicos. Na que foi a penúltima xornada de competición, os equipos galegos asinaron unha actuación máis que notábel, especialmente os tres representantes do país na terceira categoría, a Primeira RFEF. Alí, o Deportivo da Coruña volveu gañar tres partidos despois, nesta ocasión ante o filial do Real Valladolid por un contundente 3-0. A pesar dos goles, non foi un partido visualmente espectacular, porén, o importante son os puntos, e os coruñeses aseguráronse con este resultado comer as uvas como líderes, pois beneficiáronse do enfrontamento entre o segundo e o terceiro clasificado, Rácing de Santander e Raio Maxadahonda, que se saldou con vitoria do conxunto cántabro por 3-2, que se sitúa así a catro da escuadra branquiazul. Outro Rácing, neste caso o de Ferrol, tamén se impuxo por 3-0, nun deses choques que se di que valen dobre, pois ante un rival directo para conseguir entrar na fase de ascenso como é o Real Unión de Irún exhibiu a súa mellor versión e colócase tan só a un punto duns postos de play-off que, precisamente, fechan os irundarras. Finalmente, o Celta B completou o pleno de triunfos cun 2-0 que o coloca noveno, aínda que empatado a puntos cos Diaños Verdes, polo que o soño do ascenso está máis vivo que nunca. O Andorra de Piqué, novo obstáculo copeiro do Celta E se os rapaces do filial soñan con subir, os futbolistas do primeiro equipo celeste fan o propio cunha Copa da que disputan a segunda fase esta terza feira ás 19 horas ante o Andorra de Gerard Piqué. O preparador olívico, Eduardo Coudet, aproveitará para dar descanso aos xogadores que sobreviviron ao vendaval que padeceron en Mallorca, de onde volveron cun meritorio punto (0-0). Iso significa que os canteiráns, así como homes menos habituais nos esquemas do Chacho, como Rubén Blanco, Okay ou Galhardo, terán unha nova oportunidade para reivindicarse."}
{"ID": "NOS_18053", "summary": "As cifras fornecidas pola Consellaría de Política Social a última hora do domingo indican os casos positivos en coronavirus nas residencias de maiores sitúanse en 314, dos que 237 se corresponden con usuarios e 77 con traballadores.", "text": "O cómputo das últimas 24 horas amosa que o número de positivos en coronavirus nas residencias de maiores creceu un 17,6% en total, 47 casos máis que o sábado, dos que 30 son persoas usuarias e 17 traballadores. No caso de residentes afectados, apareceron novos diagnósticos en Crecente, con 17, A Nosa Señora da Esperanza de Ourense, que suma 15, en DomusVi San Lázaro de Santiago, que chega a 25 e en Divino Maestro de Ourense, con 5. O centro que presenta un maior número de contaxiados é DomusVi Barreiro de Vigo (74), San Carlos de Celanova (45), O Portazgo da Coruña (19), Nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras (13), Concepción Arenal (4) da Coruña, DomusVi Cangas (6), Fogar Bellolar (3) e a de Castro Caldelas (2). A todos eles súmanse os casos individuais que se rexistraron na Residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme en Fisterra, Residencia Betania en Viveiro, Nosa Señora da Asunción de Caldas de Reis, Fundación Xosé Otero de Santiago, DomusVi de Monforte de Lemos, o Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Crapd) de Vigo, As Fragas de Pontedeume e na residencia Moledo de Vigo. 15 falecementos En canto ao balance de falecementos, nas últimas horas morreron tres persoas en residencias de maiores. Concretamente, dúas delas na DomusVi San Lázaro, que suma cinco vítimas mortais en total; e a outra en Divino Maestro. O resto producíronse no Portazgo (3), Fogar Bellolar (2), Castro Caldelas (1), Celanova (1), DomusVi Barreiro (1) e DomusVi Carballo (1). Sobre os diagnósticos máis recentes entre os traballadores, xurdiron na residencia de San Pedro de Crecente, que chega aos 12; no Portazgo, que suma 8 en total e en Nosa Señora do Carme (Fisterra), que rexistra o seu primeiro positivo nun empregado. Desta maneira, a cifra de empregados que sofren coronavirus ascende até aos 77. Centros para persoas con discapacidade Nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade os casos confirmados por Política Social aumentan até 24 afectados (+15). Estes 15 contabilizáronse no CAPD de Redondela (20). O resto están en Aspronga (1), Aixiña (1), Santa Cruz de Rosendo (1) e na Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (1). Ao mesmo tempo, a cifra de traballadores que padecen o virus mantense en sete: catro de Redondela, un da Vivenda Tutelada Ágora, de Monforte de Lemos e outro na de Santiago e un novo no CAPD de Sarria. Feixoo non adopta novas medidas Na videoconferencia posterior á reunión que mantivo co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, asegurou que as residencias de maiores \"son o foco de maior preocupación\" para a Xunta. Porén, non expuxo ningunha medida para tratar de reverter a situación que se sofre nas residencias. O presidente do Goberno galego só puxo enriba da mesa a \"posibilidade\" de transformar máis centros de maiores en residencias integradas, como as de Baños de Molgas e Compostela para darlles cobertura ás persoas contaxiadas. No día de onte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou a \"falta de iniciativa\" de Feixoo e emprazouno a ir \"máis aló dunha mera enumeración da situación\", coa adopción de \"medidas contundentes e con urxencia\".Pontón solicitou plan de choque que contemple a realización masiva de test entre persoas usuarias e traballadoras."}
{"ID": "PRAZA_20370", "summary": "A impugnación da propaganda manipuladora non pode facerse a costa do silencio do pluralismo e da diferenza, pois estes son dos poucos elementos cos que contamos para evitar que todos acabemos pensando e dicindo o mesmo ao mesmo tempo.", "text": "Se se escoita calquera dos faladoiros que enchen hoxe os medios de comunicación é habitual atoparnos con un concepto que arraigou con moita forza no vocabulario da teoría política contemporánea, o neoloxismo posverdade. Termo que normalmente é usado para referir ao relato que terxiversa intencionadamente os feitos coa fin de modelar a opinión pública e dirixila cara a aceptación dunha determinada idea que non se corresponde con datos obxectivos. A noción de posverdade, por tanto, garda unha relación directa co que tradicionalmente se entendeu por manipulación, unha estrataxema propagandística que pretende se ben non directamente mentir ou enganar, si engaiolar e seducir ao ouvinte ou ao espectador para desorientalo de modo tal que poida penetrar sen resistencia crítica unha (certa) representación da realidade ideolóxica ou doutrinal, que en todo caso é parcial e tendenciosa, e que beneficia e favorece a quen a difunde. A avaliación claramente pexorativa que se ofrece do devandito termo contrasta, evidentemente, coa súa antítese positiva: á representación mistificada e falsaria da realidade debe opórselle outra auténtica e obxectiva que se corresponda con aquilo que efectivamente acontece. O antídoto contra o relato fabulado que deforma e desfigura o real non pode ser senón a explicación honesta que describa dun xeito ecuánime e desapaixonado o que ocorreu tal e como sucedeu. É certo que un artigo de opinión non pode substituír un tratado de teoría de coñecemento, mais si que pode polo menos advertir dos efectos políticos que se agochan tras unha determinada posición epistemolóxica. E é que tras a política dos feitos, neutros e obxectivos, tamén se oculta un reverso tenebroso que compre cando menos considerar minimamente. Cando asumimos que a única vía para impugnar a propaganda é a procura da versión máis obxectiva posible, sendo a Verdade –con maiúscula- o escudo que nos protexe contra o poder das grandes plataformas mediáticas, estamos asumindo á vez que existe un único relato que describe fielmente como son as cousas, e que hai alguén capaz de narralo, sendo á vez a instancia mediadora da que nos debemos fiar para definir a nosa propia posición. Dito de outro xeito, a crítica ao relativismo que se oculta tras a impugnación da posverdade non debe significar ao mesmo tempo a imposición dun obxectivismo arrogante, onde quen teña razón sexa unha elite de intelectuais ou eruditos especializados, pois de tal xeito estaremos deixándonos arrebatar a nosa capacidade para interpretar dun xeito autónomo aquilo que sucede no noso contexto vivencial. A política dos técnicos, das descricións e do realismo, só favorece a aquel que ten a forza suficiente como para impor o seu relato como o auténtico, o cal permite acalar a disidencia que pretenda contestarlle e facerlle fronte esgrimindo outra perspectiva distinta e alternativa á oficial. A impugnación da propaganda manipuladora non pode facerse a costa do silencio do pluralismo e da diferenza, pois estes son dos poucos elementos cos que contamos para evitar que todos acabemos pensando e dicindo o mesmo ao mesmo tempo."}
{"ID": "PRAZA_2215", "summary": "Un concerto de Uxía e varios artistas máis conmemorará este martes o octoséximo sexto aniversario do autor", "text": "Neste ano de letras, letras tan ben artelladas como as do autor patrio Manuel María, a fundación que leva o seu nome, a Casa-Museo Manuel María, traballa arreo na dignificación e reivindicación do escritor de Outeiro de Rei. Nun labor inxente, prepara a saída do prelo de moita da súa obra, moita dela descoñecida para o público, moita que ten que ver coa nosa Literatura infantil e xuvenil. Este martes, na casa natal do escritor conmemorarán os 86 anos do nacemento de Manuel María cos alumnos do CPI de Cerceda con torta incluída . Haberá un concerto gratuíto de Uxía no que a artista contará coa colaboración doutro xenios da nosa música como son Xabier Díaz, Sérgio Tannus, Paulo Silva, Santi Cribeiro e vestirán os seus versos con música. O acto dará comezo ás 20.00 horas e cómpre reservar previamente a entrada contactando co Museo. A voz de Uxía ademais, será gravada para incorpora temas como O merlo de Terra Chá, O carro, do Soño na Gaiola, Manual do Señorito que cantara Manuela no seu día e que formará parte dunha obra posterior. Dentro das publicacións que estaban descatalogadas e que acaba de reeditar a fundación atópanse dúas da triloxía protagonizada por Manuel de Paderna: Cando o mar foi polo río, ilustrada por Leandro Lamas e A tribo ten catro ríos, ilustrada por Felipe Senén (Viaxes e vagancias de M.P editada no seu día por SM dentro da colección Barco de Vapor é a terceira obra, que aínda non se reeditou). Manuel de Paderna, Manueliño de Paderna n'A tribo ten catro ríos, é un rapaz veciño de Outeiro de Rei, un rapaciño calado e melancólico, agudo, protagonista da triloxía que nos vai guiando polo seu mundo, un mundo ateigado de natureza, de interacción co medio, de denuncia social, daquelas inxustizas seculares que chegan até hoxe; que nos achega información dunha sociedade formada por caciques que non miran para o pobo. Trátase dunha triloxía didáctica do autor chairego dirixida a un público a partir dos doce anos de idade. Manuel de Paderna, tamén é un ser lido e sabio, ao que fan alguacil, que coñece a Ramón Lamote, profesor de Chairego e debuxante de Soños por encarga. Como ter un cuarto río en Outeiro de Rei, Como naceu o Regato do Cepelo, para parecerse ao Paraíso Terreal é o tema do primeiro capítulo d'A tribo ten catro ríos, que se publicou por primeira vez no ano 1991 en Ediciones SM e que tamén inclúe Crónica dunha sesión municipal que non saíu nada mal, Verdadeiro relato duns amores de Manuel de Paderna, Orixe e lenda do campo de Santa Isabel, Breve e proveitosa noticia da barbería de Paderna, Historia do quiosco da música que había na Praciña do Concello e A espingarda do Vagancias. Cada relato aparece introducido por un poema recollido do libro de versos Ritual para unha tribo capital de concello do ano 1986. A calidade poética e narrativa do autor, o seu léxico, a súa áceda sátira política, a magnífica disposición do texto mergúllanos con facilidade neses ríos da contorna chairega, amosando un exemplo de sociedade, cos seus valores e cos seus defectos, que enriquece a visión étnica de pobo ao narrar as nosas tradicións. Coitelo, amigo e irmán, fai o xeito e a maneira de voar desde a madeira e axiña na miña man! Dentro das publicacións que estaban descatalogadas e que acaba de reeditar a fundación atópanse dúas da triloxía protagonizada por Manuel de Paderna Cando o mar foi polo río é o segundo volume dunha triloxía na que Manuel de Paderna se transforma, medra, madura, daquel rapaz que era algo poeta, coñecedor da maxia das palabras, torna un home que posúe xa o enfeitizo poético e o dominio da palabra, que fai parar as augas dos ríos, varía a situación dos mares, abrolla fontes ou cura persoas. Cando o mar foi polo río publicouse no ano 1992 en Ediciones SM dentro da colección O Barco de Vapor, ilustrado por Miguelanxo Prado e tamén se compón, ao igual que o primeiro volume por varios relatos: Por que é lisa a Terra Cha, Da romaría que Manuel de Paderna fixo a San Breixo de Parga, ao Santuario do San Alberte, Por que é octogonal a torre de Vilalba, Verdadeira historia da Charca do Alligal e das Fontes medicinais de Lagostelle, A verdadeira historia da Lagoa de Cospeito, Do que lle aconteceu a Manuel de Paderna coas ras do seu amigo Fompedriña, Crónica na que se relata a auténtica historia do nacemento do río Miño, Das retesías de Manuel de Paderna contra Pepe da Costa, Onde se contan as guerras dos veciños de Santabaia cos de Lanzós e dos de Lanzós cos de Santabaia e como remataron coa concordia de Vilalba e Ditos e lendas de Manuel de Paderna. Ao igual que o primeiro volume, cada relato tamén aparece introducido por un poema recollido do libro de versos Ritual para unha tribo capital de concello (1986). Nesta obra, rica en referencias ao mundo chairego, fálase de veciños, de asociacións, de artistas e coetáneos do autor Nesta obra, rica en referencias ao mundo chairego, fálase de veciños, de asociacións, de artistas e coetáneos do autor, poetas como Miguel Anxo Fernán Vello, de Xosé Luís García Mato, Díaz Castro, Luís Pimentel, o escultor Victor Corral, etc., de como o noso protagonista empequenece os montes da Terra Chá volvendo a súa xeografía plana ao son da música..., de don Capitón, alcalde de Outeiro de Rei, e as súas cacicadas xunto con outros alcaldes da zona: Rábade, Vilalba, Cospeito..; das primeiras palabras de Manuel de Paderna ao nacer (lúa chea), da tradición, da historia (Marechal Pardo de Cela), das propiedades curativas da auga, da lenda da lagoa de Cospeito, do nacemento do Miño... Trátase dunha obra enriquecedora do sermos nós, de ler con calma e sendo explicada previamente na aula, de identidade, de entretemento e dunha porta á reflexión crítica da realidade que se nos presenta, de como facer que os nosos rapaces sexan nosos e non sexan desleigados en costumes e tradición. A terra Chá, somentes é un pobo aquí, outro acolá, mil albres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar O resto é soedá."}
{"ID": "NOS_36178", "summary": "O apoio á independencia no Reino Unido podería rexurdir polo Partygate.", "text": "Boris Johnson ─se non é forzado a abandonar o seu posto de primeiro ministro antes─ presidirá un novo consello interterritorial, coa presenza dos xefes de Goberno das nacións que actualmente fan parte do Reino Unido: Gales, Escocia e Irlanda do Norte. O anuncio foi realizado esta quinta feira polo Goberno británico, nun momento en que o liderado de Johnson está en cuestión. O Partygate ─facendo un xogo de palabras entre \"festa\" e o máis famoso dos escándalos políticos nunha democracia liberal, o Watergate estadounidense─ poderíalle custar a cabeza ao, até hai poucas semanas, popular líder conservador. O primeiro ministro recoñeceu esta semana en Westminster que acudira a unha das moitas festas que se celebraron en Downing Street, en dependencias gobernamentais, incumprindo as restricións estabelecidas pola pandemia da Covid-19. Asegurou que pensaba que era unha reunión de traballo e pediu desculpas \"de corazón\", mais o dano á súa imaxe é irreparábel e a día de hoxe está máis fóra que dentro. A caída en desgraza de Johnson ten máis variábeis. Unha das máis importantes ten que ver coa política territorial británica. A saída do Reino Unido da UE coa culminación do Brexit, así como a xestión \"negacionista\" de Londres durante os primeiros meses da pandemia, impulsaron o apoio á independencia en Gales, especialmente en Escocia; e tamén, á reunificación de Irlanda. Con todo, o éxito da campaña de vacinación liderada polo Goberno de Johnson fixo que a popularidade deste medrase notabelmente. Paralelamente, as demandas soberanistas perderon fol. Entre o 'Si' e o 'Non' O caso escocés é o máis paradigmático. Tras unha vintena de enquisas consecutivas, desde a primavera de 2020, onde a opción do 'Si' á independencia foi maioritaria, na publicada en febreiro de 2021 por The Scotsman chegaba a primeira derrota (43%-46%) fronte ao 'Non'. As dos meses seguintes reflectiron unha maior igualdade, mais a balanza foi caendo paulatinamente a favor de que nada mude, con lixeiras variacións. A última, publicada en decembro pasado polo Daily Record, reflectía un empate: 44% para cada opción. Na quinta feira, tras a tormenta pola intervención de Johnson no Parlamento, o Goberno tentaba achicar auga. No aspecto territorial traduciuse na presentación deste novo consello interterritorial, creado para \"fortalecer os lazos da Unión\" baixo os principios do \"respecto mutuo, mantendo a confianza e o traballo positivo\". O ministro de Relacións Intergobernamentais, Michael Gove, loou cun discurso 'autonomista' a devolution (a recuperación de competencias e de Parlamentos nacionais en 1998), mentres que Johnson apelou ao \"equipo Reino Unido\", para defender os beneficios de seguir xuntos. Lea cos 'tories' escoceses Xuntos, cada vez menos, están dentro do Partido Conservador por causa del e do escándalo en que está inmerso. E con Escocia tamén polo medio. O portavoz parlamentario dos tories, Jacob Rees-Mogg, cargou na quinta feira contra o líder escocés da formación, Douglas Ross, ao que restou valor político cualificándoo de \"peso lixeiro\", segundo recolleu a BBC. Facíao despois de Ross afirmar que a situación de Johnson en relación co Partygate era \"insostíbel\", posicionándose cos que opinan que debe saír do cargo. A respecto da polémica, recolleu The National, a líder do SNP e primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, dixo: \"Mesmo nin eu son tan despectiva con el [Ross] como os seus colegas tories\". Os laboristas logran a maior vantaxe nas enquisas desde 2013 Unha enquisa elaborada por YouGov para o xornal inglés The Times outorga ao Partido Laborista de Keir Starmer unha diferenza de dez puntos sobre o Partido Conservador do primeiro ministro Boris Johnson. É a maior vantaxe da formación socialdemócrata desde decembro de 2013. A sondaxe foi realizada antes das explicacións do primeiro ministro no Parlamento, e coloca os de Starmer ─que está a liderar as peticións de dimisión ao \"mentireiro\" Johnson─ con 38% de apoio; os tories, con 28%; e os Liberal-Demócratas, con 13%."}
{"ID": "NOS_45293", "summary": "O cinema tamén foi, antes de ser considerado o que o tópico chama \"sétima arte\", atracción de feira. Desprezado e restrinxido a demostracións lúdicas, tardou en acadar o seu estadio crítico actual. Segundo o xornalista Carlos Pereiro, existe máis dun paralelismo co mundo dos videoxogos. Para defender a súa tese, entre outros propósitos, acaba de botar á Rede a Revista Morcego.", "text": "\"Como adoita suceder con estas cousas, a idea xurdiu de pensar en facer o que me apetece: unha páxina de videoxogos\", relata as orixes da iniciativa. Antes de Morcego, só un blog se ocupou do asunto en lingua galega: Memoria Pixelada, clausurado en 2015. Tamén algunhas seccións en publicacións dixitais de contidos máis amplos, como Codigo Cero ou Mola.gal. \"Pero nós somos a primeira revista. A xente queixábase de que non había nada e eu son dos que, no canto de me queixar, prefiro facer\", conta Pereiro. Así, entre maio e setembro deste ano deseñaron o sitio web. Que procura \"cubrir unha necesidade que existía en galego\". É o propio xornalista quen se encarga de escribir boa parte das pezas -Brais Capelán é colaborador habitual-, organizadas en reportaxes, entrevistas ou artigos de opinión. Mais a singular Zona Retro, en que rescatan xogos históricos -dentro da relativamente pequena historia dos videoxogos- como o Metal Gear Solid ou, por caso, os efectos sonoros de obras senlleiras como o Super Mario Bros. \"A nostalxia é algo moi bonito\", afirma, \"é darlle unha mirada actual a cousas pasadas. Resulta curioso, porque lembras case todos os videoxogos con mellor gráfica que cando os ves agora\". Morcego pretende, ademais, ofrecer un espazo á \"xente do país\" involucrada no sector, de deseñadores e programadores a grupos de gaming, equipos de xogadoras que por veces se arriman ao profesionalismo. E todo cunha perspectiva de normalización cultural do fenómeno. \"Hai que ir borrando esa idea do xogador como friqui. Lévoa escoitando desde que eu tiña 8 anos, pero logo ves xente con 40 que segue practicando\", explica, \"e estamos diante dunha industria que neste país move máis cartos que o cinema\". E porque, a maiores, o xogador, ou xogadora, de videoxogos non é unicamente un rapaz, ou rapaza, que pasa horas na casa perante unha pantalla. Os teléfonos móbiles, por caso, son escenario de moitas innovacións tecnolóxicas e mesmo \"artísticas\" do xénero. Os videoxogos, defende Carlos Pereiro, son \"un elemento máis da cultura, unha obra de arte, como unha novela ou un filme\". Prodúceos a industria cultural e ao cabo, engade, \"Mario Bros é tan coñecido como Harry Potter\". \"Os mellores videoxogos traspasan a fronteira do entretemento. Metal Gear Solid, por exemplo, fai pensar sobre a guerra e as súas desfeitas ou sobre a posibilidade dunha guerra nuclear\", finaliza o impulsor da Revista Morcego. A Mesa pola Normalización Lingüística colabora coa publicación. Nota: imaxe da Revista Morcego de videoxogos."}
{"ID": "PRAZA_9629", "summary": "Diversos ditames xudiciais emendan licenzas do edificio Fenosa, dunha gasolineira ou dun inmoble en San Roque, a recualificación de Someso ou valoración de expropiacións. Só entre 2015 e 2017, o Consistorio pagou 7,2 millóns en indemnizacións por malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos.", "text": "Só entre 2015 e 2017, o Concello da Coruña tivo que dedicar máis de 7,2 millóns de euros a pagamentos derivados de malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos municipais. Son, a inmensa maioría, cartos de indemnizacións a propietarios ordenados por sentenzas xudiciais contra a administración local pola mala praxe de anteriores mandatarios. \"Supón moito diñeiro cada ano\", lamentan fontes do goberno local que, advirten, aínda non ten contabilizado o gasto que en 2018 supuxeron esas indemnizacións xa constantes desde hai anos por diversas desfeitas urbanísticas que seguen a agromar. Só entre 2015 e 2017, o Concello da Coruña tivo que dedicar máis de 7,2 millóns de euros a indemnizacións derivadas de malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos municipaisAgora, e ademais desa cantidade xa destinada en exercicios pasados, o Concello comproba como terá que afrontar nun futuro inmediato máis indemnizacións e moito maiores por mor dun cuestionado urbanismo, principalmente na etapa de Francisco Vázquez, que é emendado nos tribunais cando, en moitos casos, a solución xa non é posible. Case 20 millóns de euros por dous ditames aos que se engaden outros 25 millóns xa sentenciados antes e os que quedan por vir froito de varias licenzas e construcións ilegais con consecuencias por fixar. Máis de 40 millóns de euros en total por accións urbanísticas levadas a cabo desde mediados dos 90 e até hai tan só algúns anos.As últimas malas noticias chegaron a María Pita ao se confirmar o rexeitamento do Tribunal Supremo ao recurso municipal interposto por discrepancias coa valoración das 134 parcelas expropiadas na contorna do Castro de Elviña hai vinte anos. O ditame supón o pagamento en indemnizacións de 14,5 millóns á veciñanza, á que lle dá a razón un ditame sobre as expropiacións nunha zona que abrangue uns 240.000 metros cadrados. Daquela, e logo dunha xunta de valoración, o Concello pagoulles 12 euros por metro cadrado. O tribunal considerou que o valor marcado foi escaso e elevouno a 50 euros por metro cadrado, o que unido aos xuros dos últimos anos elevou a factura para o Consistorio a máis de 14 millóns. O Supremo rexeitou o recurso do Concello e obrígao a pagar 14,5 millóns á veciñanza expropiada na contorna do Catro de Elviña; na Agra de Santo Amaro, foron 2 os que tivo que abonarÉ o único caso que non implicou unha operación inmobiliaria e que, ademais e polo tipo de conflito, poderá pagarse fraccionado. A maioría do resto dos casos deriváronse das dubidosas prácticas urbanísticas dun goberno municipal do PSOE encabezado por Francisco Vázquez como alcalde e levadas a cabo desde mediados dos 90 e ata hai unha década, entre que remataba o plan xeral impulsado a principios dos 80 e o novo aprobado en 1998. É o caso relacionado coa Agra de Santo Amaro, un terreo achegado á Torre de Hércules. Os propietarios de terreos nesta zona acumulan uns 2 millóns en indemnizacións do Concello derivadas de sentenzas xudiciais logo de que fosen expropiados a cambio de edificabilidade xunto ao faro. Logo de que este fose declarado Patrimonio da Humanidade, aquel proxecto urbanístico decaeu e as inmobiliarias reclamaron ante a xustiza, que ordenou que fosen indemnizadas logo de que se incumprisen uns acordos de 1993 e 2006. Máis grave para as arcas municipais foi o caso Someso, que suma 23 millóns de euros en indemnizacións pagadas tamén a propietarios expropiados para construír unha estrada e un campo de fútbol para o Relámpago de Elviña. Pero aquela zona recualificouse para construír pisos, tendo entre un dos principais promotores o ex-presidente da Confederación Galega de Empresarios, Antonio Fontenla. Un informe municipal apuntara a Francisco Vázquez como responsable directo dun pelotazo urbanístico e advertira tamén dunhas perdas patrimoniais de case 20 millóns de euros máis. Houbo outro caso que puido ser aínda moito peor, con case o triplo de indemnización, segundo os cálculos dos tribunais. É o caso do edificio Conde de Fenosa. O pasado mes de febreiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) validou o acordo alcanzado entre as partes na mediación intraxudicial impulsada polo Concello para dar solución ao preito pola licenza e construción ilegal do inmoble. A ameaza dunha derruba e, sobre todo do seu custo, que comprometería longo tempo o futuro económico da administración local, pairou sempre sobre o Concello, que terá que asumir de inmediato o pago duns 3 millóns de euros, pero non dos 60 millóns que tería suposto demoler todas as obras ilegais realizadas naquel inmoble desde 1997, aínda que a maioría do gasto sería para compensar os donos dos locais comerciais e vivendas afectadas.O Concello da Coruña xa iniciou o proceso administrativo de investigación para determinar as responsabilidades de funcionarios e autoridades ao outorgar esta licenza ilegal. Non foi a única. Na zona de San Roque de Fóra, a poucos metros do estadio de Riazor, foi anulada a licenza dun edificio por non axustarse á legalidade, tal e como confirmou unha sentenza do TSXG que ordena a súa derruba. Os propietarios dos 16 pisos presentaron recursos para evitar a demolición pero foron desestimados e o goberno municipal presentou un proxecto que implicaría tirar o 40% do inmoble ou mesmo a súa totalidade. Queda por ver como se soluciona e o custo que lle supón á administración local. O TSXG anulou as licenzas urbanísticas e ordenou a demolición dun edificio en San Roque de Fóra e dunha gasolineira nos terreos dun centro comercialTamén está por ver o que suporá para o Concello unha nova sentenza, desta vez por unha licenza outorgada ilegalmente durante o goberno de Carlos Negreira (PP). O Tribunal Supremo vén de rexeitar admitir a trámite o recurso presentado por Carrefour contra o ditame do TSXG que declarou ilegal aquela licenza municipal para a gasolineira que o hipermercado montou no seu centro de Alfonso Molina e que obriga a demoler a estación de servizo. Segundo a sentenza, a gasolineira é unha nova construción, cando alí só se permitían rehabilitacións, e incumpre varias normativas de seguridade en caso de incendio, ademais de ter tanques de combustible que non están situados a unha distancia mínima co resto de edificacións da zona. A complexidade das obras e a perigosidade dos materiais a mover fan temer ao Concello un importante contratempo. Outro máis. Ademais, e fóra do ámbito urbanístico, o Concello lembra que \"existen outros procedementos que causaron graves prexuízos ao erario público\", como o da planta de Nostián. Neste caso, a administración local estivo pagando de forma anual 3,3 millóns de euros por un desequilibrio económico que o xulgado desestimou en 2018."}
{"ID": "PRAZA_20234", "summary": "Con medio século de vida, a institución queda sen os ingresos pola súa participación no Popular pero manterá os que lle proporcionan os alugueiros de sedes bancarias no caso de que o Santander os respecte. En perigo, importantes proxectos educativos e sociais e o seu importante patrimonio Feijóo cifra en 120 millóns o patrimonio inmobiliario da Barrié e di que as rendas garanten o seu futuro INTERACTIVO | O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión", "text": "Feijóo cifra en 120 millóns o patrimonio inmobiliario da Barrié e di que as rendas garanten o seu futuro Santander compra o Popular e acaba de vez co histórico Banco Pastor A venda por un euro do Grupo Banco Popular ao Santander ten consecuencias engadidas para Galicia. Supón a desaparición definitiva do histórico Pastor, entidade con 250 anos de historia que mantiña certa autonomía e a súa propia marca e ficha bancaria malia ser absorbida pola entidade agora subsumida tamén. A concentración bancaria será máis evidente aínda no país, onde arredor do 60% das sucursais serán ou de Abanca ou da entidade que preside Ana Botín. Pero hai máis: a Fundación Barrié queda sen as accións que tiña e non terá nin participación nin voz neste reforzado banco, polo que perde o dereito aos dividendos por acción e, xa que logo, a unha das súas principais formas de financiamento. Non a única. A Fundación Barrié queda sen as acción e sen os dividendos do Popular, do que chegou a ter o 8% Tal e como informara Economía Digital hai un ano, a Fundación Barrié ingresaba case o dobre polas rendas dos alugueiros dos edificios polos que o Popular lle paga na Coruña, Vigo e Bergondo que polos dividendos. Arredor de 6 millóns de euros fronte a algo menos de 3 cada ano. Cando o Pastor foi absorbido, a Fundación Barrié de la Maza recibiu máis do 8% do Popular a cambio do 42% que posuía na entidade galega, que tiña na devandita Fundación o seu principal accionista. As accións estaban valoradas nuns 1.000 millóns de euros. A principios de 2016, e logo da ampliación de capital, esa participación representaban 55,8 millóns de accións e unha mínima participación que foi a menos, ata quedar en aproximadamente o 1,5%. Agora non ten nada. A importante carteira de activos inmobiliarios da Fundación e a renda que recibe do Popular polos alugueiros -os principais os das sedes do banco na Coruña e Vigo- poderíanlle permitir seguir adiante, no caso de que agora o Santander se faga cargo deles. Ingresaría uns 30 millóns de euros até 2029. Se o Santander mantén o acordo que a Barrié tiña co Popular, ingresaría uns 30 millóns até 2029 polos alugueiros de inmobles ao banco Foi despois da absorción do Pastor, hai seis anos, cando se cedeu o contrato de arrendamento polo que o Popular mantería os dereitos e obrigas desde ese verán de 2012. Queda por ver se o Santander mantén este acordo, xa que as duplicidades de oficinas e sedes son evidentes. Na Coruña, a sede central do Pastor situada no Cantón Pequeno ten a poucos metros -e coa Fundación Barrié polo medio- a oficina principal do Santander, un histórico e amplo edificio cuxo caseiro é Amancio Ortega e onde tamén traballa o despacho de avogados Garrigues. A sede do Pastor na Coruña está a tan só uns metros da oficina principal do Santander, un histórico edificio propiedade de Amancio Ortega A Fundación Barrié foi creada en 1966 por Pedro Barrié de la Maza, que declarou a institución como herdeira universa da súa fortuna, ao que se lle engadiu logo o patrimonio da súa irmá e da súa viúva. Declarada de interese galego pola Xunta vinte anos despois, foi a accionista maioritaria do Pastor ata que este foi absorbido polo Popular. Coas dúas grandes sedes no centro da Coruña e Vigo, a Barrié contribuíu en varios proxectos culturais, educativos ou sanitarios e colaborou na creación das escolas universitarias de Arquitectura e Arquitectura Técnica na cidade herculina e a de Enxeñería Industrial nar urbe olívica, así como do Instituto da Lingua Galega. A Fundación di \"orientar toda a súa actividade ao desenvolvemento de Galicia\". Sen banco xa de referencia, o camiño continuará, pero queda ver se poderá manter todos os proxectos, desde a concesión de importantes bolsas de formación no estranxeiro para estudantes destacados ata o seu actual investimento na rehabilitación do Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago. Conta, ademais, cun importante patrimonio cultura e artístico. A Barrié mantén importantes proxectos educativos e culturais, desde bolsas no estranxeiro á rehabilitación do Pórtico da Gloria Alén desas importantes bolsas de posgrao para a formación no estranxeiro, a Barrié tamén ofreceu outras para estudos universitarios, levou a cabo programas para o desenvolvemento de competencias e creou diversos institutos de investigación. \"Estamos nunha etapa de valoración de novos proxectos\", aseguran na súa web. No mesmo ámbito do ensino, son coñecidas tamén as iniciativas da Fundación na formación do profesorado e na innovación tecnolóxica e educativa. Ademais, a Barrié leva anos financiando varios proxectos de investigación nas universidades, concede premios ás mellores iniciativas de mozos e mozas investigadores e colabora coa formación destes a través de diferentes programas. En canto á acción social, a Fundación ofrece programas de balde para axudas na sustentabilidade económica de diferentes entidades, conta con proxectos de reinserción co Proxecto Home ou centros penitenciarios e outros de prevención do abandono escolar ou do consumo de drogas e de axuda a familiares de persoas con Alzheimer. En canto a patrimonio e cultura, a Fundación financia e inviste traballos de rehabilitación na Catedral de Santiago -como o do Pórtico da Gloria- e leva a cabo iniciativas coa Real Academia Galega como o Portal das Palabras. Cunha importante colección de arte, s súas achegas a pintores galegos e a súa importante actividade cultural, a Barrié conta tamén con senlleiros fondos documentais como a biblioteca de Carlos Martínez Barbeito ou a de Domingo García-Sabell."}
{"ID": "NOS_54653", "summary": "Antón Sánchez comparece após a Coordinadora Nacional de Anova celebrada esta mañá en Compostela para revelar os nomes das candidatas pastadas na lista de Galicia en Común.", "text": "Antón Sánchez compareceu hoxe tras a Coordinadora Nacional de Anova para informar sobre os debates mantidos na xuntanza, que se centraron no acordo ao que chegou a formación, xunto ás mareas municipalistas, con Galicia en Común. Ao anuncio de Martiño Noriega como número 3 pola Coruña que se adiantaba xa onte súmanse os do resto de postos pactados na coalicións: Miguel Anxo Fernán Vello será o cabeza de lista por Lugo e Iria Figueroa, número 2 por Pontevedra. Se o primeiro era previsíbel, para a segunda soaban tamén nomes sen confirmar como o da viguesa Oriana Méndez. O portavoz nacional de Anova declarou a satisfacción \"por ter acadado un acordo unitario da esquerda de ruptura deste país\" En palabras de Sánchez, estes nomes \"son garantía do que pretendemos, que non haxa só un cambio de cromos na Xunta da Galiza, senón tamén un cambio de políticas\". Ademais, o portavoz nacional de Anova declarou a satisfacción \"por ter acadado un acordo unitario da esquerda de ruptura deste país\", que considera decisivo para \"rematar cos dez anos negros de Feijóo\". Sobre a presenza de Noriega nas listas Sánchez afirmou que é \"unha peza moi importante que achega moito valor á candidatura\", pois representa \"esa parte soberanista e municipalista da coalición\", compromiso que asume \"con toda a enerxía\". Tamén destacou Fernán Vello como un \"referente político\", para alén de \"cultural e literario\", con experiencia en dúas lexislaturas no Congreso. Sobre Iria Figueroa trasladou que \"é unha moza de 25 anos que sabe o que é a precariedade\", destacando o seu rol no movemento estudantil. Por último, dicir que deixarei o Parlamento despois de casi 8 anos de intenso traballo, pero ésto non significa que abandone o compromiso político, que é para sempre.Tratarei de arrimar o ombreiro alí onde sexa necesario.Polo tanto, seguiremos véndonos e encontrándonos.Grazas!— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) February 29, 2020 Preguntado polo seu papel no período que se abre, fóra da candidatura, Sánchez declarou que \"sempre dixemos que o traballo na institución non é o único\", afirmando que pensa centrarse no \"traballo orgánico como Portavoz Nacional\" e que na decisión de non ir nas listas pesaron elementos colectivos e persoais."}
{"ID": "NOS_47691", "summary": "O óleo emblema da resistencia galega contra a barbarie fascista está en Galiza. O presidente da Xunta e os líderes da oposición asistiron na Cidade da Cultura ao simbólico acto da súa desembalaxe.", "text": "A obra que reproduce ampliada -dous metros de alto e 136 centímetros de ancho- a lámina número 6 do álbum de guerra Galicia Mártir- chega por primeira vez a Galiza. Propiedade do Centro Galicia de Bos Aires, a Xunta negociou a súa cesión por seis meses. Para amosalo á cidadanía galega, o Goberno galego armou a exposición Castelao Maxistral, comisariada polo seu biógrafo Miguel Anxo Seixas e que percorre a pegada da docencia, os mestres e a represión a esta profesión na obra do rianxeiro. O semanario en papel de Sermos Galiza que se publica esta quinta feira -número 316- dedica seis páxinas ao histórico reencontro de A derradeira leición do mestre coa nación galega."}
{"ID": "QUEPASA_511", "summary": "A tendencia segue a ser a baixa en toda a comarca. Estase realizando un cribado en Carballo e outro no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, onde teñen 10 casos activos e 3 clases confinadas. Cogami pide preferencia para as persoas con discapacidade e as súas coidadoras.", "text": "Despois do proceso de vacinación das residencias sociosanitarias e do persoal dos centros de atención primaria e dos hospitais da Área Sanitaria, hoxe mesmo comeza a das máis de 4.000 persoas que forman parte dos distintos colexios profesionais. Entre elas, por exemplo, as profesionais do Servizo de Axuda do Fogar da Laracha, que a través da empresa Siad21 Galicia S.L. coidan a 135 persoas. E este luns 22, o SERGAS será o tempo da veciñanza galega. Serán as persoas maiores de 80 anos (pouco máis do 8% da poboación total da área sanitaria Coruña e Cee, unhas 45.000) as primeiras que pasen polos Centros de Saúde, no noso caso, de Cee, Vimianzo, Ponteceso, Carballo, A Laracha, Santa Comba e Muros. O sorteo deparou que sexa a letra \"H\" a que marque o comezo da orde alfabética, para que todos os maiores sexan citados por teléfono. Vacinación para as persoas con discapacidade e coidadoras No medio da polémica pola vacinación, dende COGAMI pídeselle á Administración correspondente que impera a necesidade de protexer ás persoas con discapacidade física e orgánica, pero tamén ás coidadoras sexan profesionais ou familiares, pola alta vulnerabilidade que presentan. Lembran que as persoas con patoloxías que lles afectan ao sistema inmune, as que teñen maior grao de dependencia recoñecida e as persoas que as coidan deben ser prioritarias na campaña de vacinación do COVID-19. Os datos A tendencia segue a ser á baixa en toda a comarca, reducíndose nos últimos 3 días en 70 o cómputo global de novos casos rexistrados en 14 días (hoxe hai un total de 531, lonxe dos 1081 rexistrados o 28 de xaneiro). Se o pasado luns a comarca enteira tiña unha taxa acumulada de 460, hoxe é de 400 casos por cada 100.000 habitantes. En Bergantiños a cousa segue baixando, mesmo en Malpica onde parece que xa superaron o cumio. Preocupa agora Ponteceso, que a raíz dun gromo no CEIP Eduardo Pondal (con 10 casos activos e 3 aulas confinadas) a cifra sobe de 19 a 36 novos casos en apenas 3 días. De feito, estes días estase realizando un cribado no colexio pontecesán. Cribado en Carballo Mentres, por Carballo desenvólvese entre onte xoves e o domingo o cribado de 3.900 persoas entre 55 e 65 anos. Apenas un 10% da poboación carballesa serña convocada, nun momento no que a tendencia segue a ser á baixa, como o confirma a cifra de 219 novos casos nos últimos 14 días, lonxe do pico de 389 alcanzados o 28 de xaneiro.A comisión de seguemento decidíu reabrir os parques infantís, e a Policía Local deu conta de que leva tramitado 120 sancións por incumprimentos das normas COVID, case a metade que en todo o ano pasado. A maiores figuran as denuncias realizadas pola Garda Civil, que, segundo apuntou o seu representante na xuntanza, tamén realiza controis diarios. Finalmente deuse conta da convocatoria para o día 28 dunha manifestación por parte do sector da hostalaría de Costa da Morte que rematará en Carballo. Así mesmo, para o 8 de marzo está prevista tamén unha marcha pola zona urbana organizada pola CIG. Parques abertos na Laracha Igualmente a Comisión de seguemento da Laracha decidiu abrir tanto os parques infantís como os circuítos biosaudables. O Concello lembra ademais que as Bibliotecas volven abrir o luns no seu horario habitual pero cun aforo do 30%. Máis novas sobre o covid 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo. 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada. 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, \"os máis altos\" dos feitos pola Área Sanitaria. 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s . 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: \"Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar\". 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións."}
{"ID": "NOS_36177", "summary": "Após 125 anos do traslado dos restos de Rosalía ao Panteón de Galegos Ilustres debruzámonos sobre este símbolo nacional.", "text": "En 1891 varios colectivos da emigración e do país decidiron, nun acto de afirmación nacional, co consentimento da familia de Rosalía de Castro, trasladar os restos da poeta desde o cemiterio de Adina de Iria Flavia á igrexa de San Domingos de Bonaval para honrar a poeta. Hoxe, 125 anos despois e con cinco persoeiros máis alí soterrados, o Panteón de Galegos Ilustres é propiedade da Igrexa católica e non ten sequera un sinal no exterior que anuncie a súa existencia. Após 125 anos o Panteón é propiedade da Igrexa Católica e non ten sequera un sinal exterior que anuncie a súa existencia Nada lle indica ao visitante indocumentado que alí, dentro da igrexa de San Domingos de Bonaval, está o panteón nacional de Galiza, que abeira os restos de Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Francisco Asorey. Ningunha indicación, ningunha web que lle dedique atención e ningún acceso directo. Só é posíbel entrar a través do Museo do Pobo Galego, sen competencia ningunha sobre o monumento máis que o de facerlle de \"porteiro\", como denuncia o seu propio presidente, Justo Beramendi. Poder ler a reportaxe completa no nº183 do semanario en papel. Á venda xa en quiosques e librarías. Tamén na loxa virtual."}
{"ID": "PRAZA_3354", "summary": "A petroleira, o Tribunal de Contas e o Ministerio Fiscal investigan a compra de Barreras. A prensa mexicana advirte dos polémicos acordos coa Xunta, sinala a Feijóo e advirte do interese de Peña Nieto e Rajoy por aquela alianza agora posta en dúbida.", "text": "\"Estamos limpando de corrupción o goberno; de arriba a abaixo, como se varren as escaleiras\", advertiu Andrés Manuel López Obrador, presidente de México, o pasado venres, preguntado de novo pola detención de Emilio Lozoya, ex-director de Pemex durante a época na que a empresa petroleira mercou o estaleiro Barreras e impulsou varios acordos coa Xunta de Feijóo que acabaron unicamente na polémica construción de dous floteis. A compra de Barreras por parte de Pemex foi denunciada polo Goberno de México e é investigada pola petroleira, o Tribunal de Contas e a FiscalíaA detención en Marbella deste ex-directivo que estivo prófugo da xustiza --e que mantivo reunións e posou en fotografías con Feijóo e outros cargos da Xunta-- por presuntos delitos de corrupción e branqueo de capitais sacudiu México, desde onde chegan tamén noticias sobre investigacións aínda pendentes. Entre elas, a que ten que ver coa compra por 5 millóns de euros de Barreras, denunciada polo Goberno de México, pola actual dirección de Pemex, sinalada polo Tribunal de Contas mexicano e investigada tanto pola Unidad de Inteligencia Financiera (UIF), órgano equivalente á UDEF, como pola Fiscalía daquel país. Varios medios de México e fontes coñecedoras do proceso deitan luz sobre esa investigación do Ministerio Fiscal que, advirten, pode \"poñer en dúbida a carreira política de Feijóo\". As pescudas, malia que o anuncio de que o Ministerio Fiscal investigaba a compra de Barreras tivo lugar hai só unhas semanas, están xa na súa fase final e partiron dunha auditoría interna encargada polo actual presidente de Pemex, Octavio Romero Oropeza, o mesmo que a finais de xaneiro poñía o foco nos polémicos acordos coa Xunta e o estaleiro vigués. A prensa mexicana sinala a Feijóo e a Rajoy polas súas relacións co ex-presidente Peña Nieto: \"A operación de inxección de Pemex chegou a niveis presidenciais\"O intento de Pemex de vender a súa participación en Barreras ao final do mandato do ex-presidente Peña Nieto puxo en aviso ao novo director da petroleira, que ordenou unha investigación interna que acabou coa denuncia ante a Fiscalía. Entre os sinalados, o xa detido Lozoya, pero tamén Carlos Roa ou José Manuel Carrera Panizzo, os outros directivos que negociaron os acordos coa Xunta. Desde a prensa mexicana sinálase a Feijóo, con quen Lozoya tería \"forxado vínculos\", malia que o presidente da Xunta desliga o agora encarcerado con calquera negocio en Galicia. Pero tamén se apunta neste medio a Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios e principal asesora política do xefe do Executivo galego. En varias informacións sinálase como punto de inicio de todo a relación do ex-presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, co ex-presidente mexicano, Enrique Peña Nieto, e aquelas viaxes a México en 2012, a onde tamén acudiu Núñez Feijóo entre críticas da oposición galega pola falta de información. \"A operación de inxección de Pemex neste estaleiro [por Barreras] chegou a niveis presidenciais\", destacan artigos que insisten na intención de axudar o naval galego en plena crise, mesmo mercando unha empresa para outorgarlle carga de traballo sen necesidade de concurso ningún. A operación en Barreras, explican, supuxo unha perda duns 50 millóns de dólares para a petroleira. A Fiscalía mexicana, tal e como advertiu o Tribunal de Contas, investiga agora se aqueles acordos en Galicia deberon ser levados a cabo por Pemex ou se houbo algún aspecto irregular neles. \"Había unha intención moi clara, moi evidente e nalgúns casos se foi concretando, de ir desmantelando Pemex en beneficio de xente moi achegada a Peña Nieto e Lozoya\", di Ana Lilia Pérez, xornalista e escritora mexicana, Premio Nacional de Periodismo e autora de Camisas Azules, manos negras. El saqueo de Pemex desde Los Pinos. \"O caso podería ter moito máis de fondo\", insistiu. Con Lozoya, que foi presidente de OHL en México e que estivo tamén investigado pola Fiscalía por presuntos pagamentos irregulares, a produción de cru en Pemex caeu un 24% e a débeda da petroleira medrou un 113%. Home de confianza de Peña Nieto, tomou posesión do cargo na empresa estatal o 3 de decembro de 2012. Feijóo, nas súas primeiras declaracións tras a detención, insistiu en \"aclarar\" que o primeiro acordo da Xunta con Pemex foi asinado baixo o mandato do antecesor de Lozoya, aínda que tanto a adxudicación dos dous floteis como a compra de Barreras foron rubricadas co directivo agora encarcerado á fronte de Pemex. O estaleiro Barreras foi adquirido por Pemex en maio de 2013, co obxectivo de construír buques especializados para México e capitalizar o desenvolvemento tecnolóxico do sector naval galego na industria petroleira mexicana. A Auditoría Superior da Federación (ASF), o equivalente ao Tribunal de Contas en España, cuestionou nun dos seus informes esta compra por supor un investimento nun sector produtivo que non lle correspondía e que supuña perdas. Tal e como lembrou Romero Oropeza, Pemex mercou pero non asumiu ningunha responsabilidade nas decisións do estaleiro ata que, anos despois, entrou en quebra. Falou tamén dos floteis, que \"nunca foron utilizados na súa máxima capacidade\" e que non puideron ser vendidos ao ser construídos cun prezo moito máis alto do que marcaba o mercado. Meses antes, a ASF, nun informe sobre as contas públicas de 2017, recomendaba a Pemex que \"revise, informe e dea seguimento ao cumprimento das decisións que impliquen deterioración dos investimentos nas filiais\", en referencia a PMI, filial da petroleira estatal que se fixo co 51% de Barreras. O Tribunal de Contas mexicano pediu a Pemex \"accións xurídicas para determinar as responsabilidades e afectacións económicas\" pola compra de BarrerasAdemais, a ASF solicitou a Pemex que realizase as \"accións xurídicas necesarias para determinar, no seu caso, as responsabilidades e afectacións económicas\" pola compra do estaleiro e que iniciase \"o proceso administrativo correspondente polas irregularidades dos funcionarios públicos que na súa xestión autorizaron investir en Barreras\". A Fiscalía General de la República de México investiga agora aquela operación e acumula sombras sobre os acordos que desde a Xunta se impulsaron cuns directivos agora investigados tamén ou encarcerados, como no caso de Lozoya."}
{"ID": "NOS_36283", "summary": "O Instituto de Estudos Económicos (IEE) quer que se exixa un mínimo de 40 anos cotizados para poder cobrar o 100% da pensións. Tamén aposta polo recorte da prestación inicial de desemprego.", "text": "Xubiliarse os 70 anos. E ter un mínimo de 40 anos cotizados. Estes son os requisitos que a patronal española quer poñer para que unha persoa poda acceder á xubilación cobrando o 100% da pensión. (con 20 anos cotizados, só cobraría o 50%). Dúas condicións que o Instituto de Estudos Económicos (IEE), o 'think tank' da CEOE, considera que son máis que necesarios para, afirman, garantir o sistema público de pensións. Non é esta a única achega que o 'think tank' da patronal española deita esta segunda feira. Tamén aposta por reducir a prestación por desemprego inicial. A cambio, ofrece ampliar o cobro da prestación para desempregad@s de longa duración. Iso si, pide unha profunda da reforma das políticas de emprego cunha finalidade: reducir en todo o posíbel o tempo de permanencia no paro. O IEE considera que os Orzamentos Xerais do Estado presentados recentemente polo goberno son positivos, mais que deberían ser máis \"ambiciosos\"."}
{"ID": "PRAZA_3362", "summary": "Presentar unha candidatura soberanista distinta á do BNG suporá a irrelevancia da falla de representación parlamentaria, colaborando eficientemente á maioría absoluta popular ao fragmentarmos o voto. Mais este axioma non habería agachar a necesidade de que o BNG integre a pluralidade do soberanismo galego", "text": "O anticipamento electoral para o 5-A decidido por Núñez Feijóo sorprendeu sen facer os deberes a todas as forzas políticas-agás en parte ao BNG-. Malia esta avantaxe inicial non foi unha semana positiva para o do PP, disturbado por unha progresiva conciencia cidadá de estar a sofrir unha grave deterioración da sanidade pública (velaí a potente demostración popular do pasado 9-F), as moitas sospeitas que xera a legalmente moi dubidosa fichaxe da ex conselleira Beatriz Mato por Greenalia e máis a incomodidade do prendemento do director de Pemex que asinou a merca do 51% de Barreras pola mediación da Xunta.É posíbel que o dos Peares repita a maioría absoluta, mais non é o máis probábel, porque Vox quitará non tan poucos votos e seica Cs, como forza estatal, non ature doadamente a súa desaparición das mesas galegas. Sempre, abofé, que a oposición actúe con intelixencia e non presente máis candidaturas ca as dos espazos PSOE, a esquerda estatal de Podemos e EU e máis a soberanista galega que nuclearía o BNG. O 5% de limiar que lexislou Fraga no 1993 funciona deste xeito. Se hai tres candidaturas nos eidos do centro-esquerda é probábel substituir Núñez Feijóo o 5-A. Se hai catro ou cinco o actual presidente quitará outravolta a absoluta.Presentar unha candidatura soberanista distinta á do BNG suporá a irrelevancia da falla de representación parlamentaria, colaborando eficientemente á maioría absoluta popular ao fragmentarmos o voto. Mais este axioma non habería agachar a necesidade de que o BNG integre a pluralidade do soberanismo galego, consciente da existencia de milleiros de persoas neste eido alleas á fronte para i) evitar efectos desta caste e ii) constituir unha alternativa soberanista, interclasista e transversal que sexa quen de quitar unha representación que mesmo poida achegarse ou sobardar a do PSdeG, cualificando a participación galeguista nun futuro Goberno galego.O soberanismo externo ao BNG está constituído polos partidos nacionais En Marea e CXG, pola plurimunicipal Terra Galega, por varias candidaturas locais (varias con alcaldías ou pasadas alcaldías) e por centos de persoas independentes. Por si propios son irrelevantes, por xunto son moi importantes para estruturar a máis potente alternativa que pode formular o soberanismo galego.Na política compre a prudencia. Mais tamén, cando cómpre, a afouteza. Nas ligas onde gañar engade tres pontos e empatar só un compre sair a gañar o partido."}
{"ID": "PRAZA_1366", "summary": "Resulta lóxico que a UCD e logo o AP-PP, os herdeiros naturais do Antigo Réxime, trunfaran por goleada nos primeiros comicios democráticos, e nos segundos e, se me apuras, ata nos terceiros. O que xa non resulta tan natural é que seguiran e seguiran vencendo, votos Deus mediante, alongando eternamente o período de transición entre o Antigo e Novo Réxime.", "text": "Os guerreiros cristiáns berraban na Reconquista \"Santiago y cierra España\", \"Tierra y Libertad\" berraban os revolucionarios mexicanos de Zapata, \"Que nunca por vencidos se conheçam\" clamaban os paracaidistas portugueses, e os seareiros do Liverpool cantan aquilo de \"You´ll never walk alone\". Os lalineses, cando o alcol lles dispara as hormonas tribais, berran \"A min plin que son de Lalín\" ou o mais famoso \"Viva Lalín con razón ou sen ela\". Calquera puidera un pensar que os Lalineses son xente de armas tomar, pero nada mais lonxe. As súas ínfulas guerreiras morren en pelexas de romaría cos pobos estremeiros: que se os cambotes de Rodeiro, que se os agolenses de Agolada, que se os de Carbia de Cruces, que se os do Carballiño, ... Lalín é un pobo ben guiado e afecto ao réxime mandarín, sexa este cal sexa. Supoño que sería republicano na República, foi franquista con Franco e democrático na Democracia. Como lle aconteceu a tantos outros pobos rurais, os principios do Movemento Nacional prenderon ben na terra traballada e, a finais dos 70, Lalín era socioloxicamente franquista, católica e sentimental. Por iso resulta lóxico que a UCD e logo o AP-PP, os herdeiros naturais do Antigo Réxime, trunfaran por goleada nos primeiros comicios democráticos, e nos segundos e, se me apuras, ata nos terceiros. O que xa non resulta tan natural é que seguiran e seguiran vencendo, votos Deus mediante, alongando eternamente o período de transición entre o Antigo e Novo Réxime. A Transición, a nivel macro, rematou en 1982, cando o PSOE -que non eran herdeiros do Antigo Réxime, gañou as eleccións xerais. Pero a nivel micro hai moitas fabas que debullar. Na Comunidade Autónoma Galega tivemos que agardar ao 2005 para dar por rematado o trasfego democrático, e nos 315 concellos hai de todo, pero aínda son moitos nos que seguen a mandar os herdeiros da Gloriosa Cruzada (nalgúns incluso o alcalde actual xa o era tamén na Ditadura). Un destes casos era Lalín, e xa estabamos afeitos e resignados a transitar de vagar unha Transición eterna; e por iso, as aínda recentes eleccións municipais non me quitaban o sono, e apostaría o que non tiña por unha perpetuación da maioría absoluta do Partido Popular e do seu alcalde José Crespo. Por iso, cando a iso das 10 da noitiña do 24, baixou a señora das estancias superiores, toda alporizada e berrando fóra de si \"LALÍN TAMÉN CAEU\", pensei que lle dera un mal e perdera a cabeza, miña pobre. \"Pero ti que dis? Seica toleaches?\", interrompina eu, coa miña delicadeza e saber estar. Aquilo era imposible e non podía ser certo. \"Que si, que o di na tele ... o PP perdeu a maioría na Coruña, en Santiago, en Vilagarcía ... e tamén en Lalín\", porfiaba a pobre, case con bágoas nos ollos. Sintonicei a TVG e, Deus Santo!, o rótulo do fondo da pantalla confirmaba as palabras da que eu daba por tola. Daquela imaxinei que unha marea azul xigante remontara o Ulla e logo o Arnego ata asolagar as verdes ribeiras de Cadrón. En Lalín, a cousa mais parecida a unha marea chamábase Plataforma Aberta Cidadá, PAC para os amigos. Nunca dei un peso polo seu éxito electoral, pero ás veces dánse casos inexplicables e inauditos, e se cadra acontecera desta vez. Nada que vai a ningures! Antes de que deran as doce, polo circuíto pechado de Radio Lalín Pirenaica, escoitei o parte de guerra lido con voz trémula polo xornalista Gúmer Portas: Na medianoite de hoxe, sendo as 23 horas e 45 minutos, cativa e desarmada a Bandada das Gaivotas, acadaron as Forzas Rebeldes un dos seus últimos obxectivos militares e a bandeira da Liberdade ondea xa na cima do Castro Tecnolóxico do Regueiriño. Lalín foi liberada. A Transición por fin rematou. Rafael Cuíña Aparicio, Comandante en Xefe. En Lalín, a 24 de Maio de 2015 Recoiro! Con isto tampouco contaba eu! Ou sexa, que Cuíña era a marea que derrubara as torres populares? Porque ademais do PP, tamén perderan votos o PSOE, o BNG e mailo PGD (o Sistema, nunha palabra). E como os apoios que gañou a PAC case cadraban cos que perdeu o BNG (trasfego esperado), a única e verdadeira marea triunfadora fora Cuíña. Iso si, nada que ver coas mareas cidadás de Compostela ou A Coruña. A de Lalín semella mais ben unha marea de río, verde e rural, cun recendo a axuste de contas na Famiglia Popolari. Días atrás no feisbu, Ramiro Ruibal, un dos soldados pretorianos de Crespo, adicáballe a Rafa Cuíña estas fermosas palabras: \"delirios de grandeza de un niño que quiere pero no puede porque no vale\". Que queres que che diga, Ramiro, foi ese cativo delirante, netorreiro e inválido quen rematou coa vosa soberbia centenaria, agrandando a lenda de Cuíña Pai ata o nivel do mesmo Cid Campeador, que tamén gañaba batallas despois de morto. É que non hai cuña mais amarga e dolorosa ca do propio pau."}
{"ID": "NOS_11212", "summary": "O pleno aproba unha proposta do BNG á que só se opuxo o PP alegando que o nacionalista \"non é a figura máis axeitada\" para homenaxear nas rúas do municipio.", "text": "O pleno do Concello de Dodro desta quinta feira, 9 de xuño, aprobou unha iniciativa do BNG, coa única oposición do PP, para dedicar unha rúa de Imo a Moncho Reboiras. Imo é o lugar natal do dirixente nacionalista galego Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía da ditadura franquista o 12 de agosto de 1975. A proposta defendeuna o voceiro do BNG en Dodro, Xoán Bautista Mariño Abuín, que reprochou a oposición do PP: \"Fai pensar que seguen adorando o franquismo\", apuntou. Manuel Reboiras: \"1975 foi moi represivo, quixeron acabar co nacionalismo e os seus dirixentes\" \"A nosa historia non é un cómic que se estuda nos centros de ensino. É o sentir do pobo, do pobo galego, polo que loitou Reboiras\", enfatizou o concelleiro nacionalista, que pediu tamén que este recoñecemento \"sirva para concienciar as novas xeracións\". Desde a súa morte, xustificou Mariño, \"recibe todos os anos distintas homenaxes e actos políticos por parte de nacionalistas e movementos sindicais galegos no camposanto, na aldea e na rúa da Terra (Ferrol), onde o asasinaron\". \"O seu asasinato tronza moi cedo a traxectoria vital por ser un militante nacionalista galego dirixente da UPG, hoxe integrada no Bloque Nacionalista Galego\", subliñou o edil. \"Oxalá sirva este humilde recoñecemento para concienciar ás futuras xeracións. Que se sigan facendo preguntas sobre quen foi o seu veciño asasinado. Para que nunca máis! volvamos a sufrir o fascismo\", engadiu. Reboiras, o corazón dunha xeración feito cinema Mariño Abuín lembrou aliás que a aldea de Imo, onde agora terá unha rúa o histórico dirixente nacionalista, foi o lugar escollido para a pre estrea do documental Moncho Reboiras. Acción e Corazón, dirixido por Alberte Mera, subdirector de Nós Diario, nun acto decorrido no verán de 2020 \"desbordando todas as previsións do Concello de Dodro, organizador da proxección, pese á pandemia do Covid-19\". O PP non o considera \"transcendente\" Pola súa parte, desde o Partido Popular esgrimiron que \"non é a figura máis axeitada\" para homenaxear nunha rúa de Imo. \"Nin a súa morte nin a súa traxectoria tiveron transcendencia para a nosa veciñanza, e [dada] a súa vinculación con loita armada, suporía traspasar unha liña que nunca debemos traspasar\", xustificaron os populares. A estas palabras retrucaron desde o grupo municipal do BNG: \"E se fora seu irmán o asasinado en lugar de Moncho Reboiras? Ao PP a democracia só lle serve para colocarse e para usala no seu beneficio\". A iniciativa, con todo, saíu adiante cos votos favorábeis de PSdeG (3), Unidade Veciñal (2) e BNG (1), mentres os tres concelleiros do PP votaron en contra. Asistiron ao pleno familiares de Reboiras como Lita Martínez, curmá de Moncho, e outros veciños e veciñas do municipio. Tamén asistiron os membros da Executiva do BNG Bieito Lobeira, Lucía López e Rubén Cela e mais o secretario de organización da UPG, Manel Casal."}
{"ID": "NOS_44403", "summary": "Tudo o que envolve sexualidade ainda é coberto por um nevoeiro espesso composto por tabus e mitos que nos impedem de ter relações saudáveis com os nossos corpos e com os corpos dos outros.", "text": "Para além dos riscos de saúde associados à falta de conhecimento sobre sexo, existe também toda uma lavagem cerebral feita para controlar os corpos das mulheres e com isso perpetuar slut-shaming [chamar prostituta] e victim-blaming [culpar á vítima]. No que toca à sexualidade feminina, é ainda mais difícil um debate construtivo e educativo que promova comportamentos sexuais saudáveis, já que se promove sobretudo a abstinência e a manutenção da virgindade. Mas afinal, o que é virgindade? 1. Virgindade não existe Não existe. Virgindade é um termo heteronormativo que classifica sexo apenas como a penetração, excluindo todo o sexo que ocorre longe de formas fálicas. Há várias formas de contacto sexual que não envolvem um pénis. O conceito de virgindade está intimamente ligado à supressão da sexualidade feminina, apenas fomenta a ideia que pénis têm poderes mágicos de transformação E agora, vem a pergunta: E o hímen? Pois é, o hímen! O hímen pode-se romper por uma série de factores como exercício físico ou masturbação; pode se romper na trigésima relação sexual e pode até nem existir! Se considerarmos apenas o rompimento do hímen, então quem não tem hímen permanece virgem? Os homens não têm virgindade? Outra pergunta: E o tamanho da vagina não muda? Claro que, sendo a vagina um músculo, a sua elasticidade depende da quantidade de esforço e exercício que lhe for pedido. E assim sendo, pouca actividade sexual significa uma vagina menos elástica que pode dar a sensação de contracção. Para além do conceito de virgindade estar intimamente ligado à supressão da sexualidade feminina, apenas fomenta a ideia que pénis têm poderes mágicos de transformação. A ideia que a desvirgindade muda o nosso corpo totalmente, de forma repentina e completamente irreversível é falsa. 2. Ninguém tira a virgindade de ninguém É sempre vendida a Primeira Vez como um momento memorável e cheio de efeitos especiais. E acima de tudo, com alguém que \"valha a pena\" porque essa pessoa terá para sempre uma parte de nós e ficará para sempre na nossa memória. Mas a verdade é que a Primeira Vez nem sempre é assim. Não tem de ser assim. O que deve haver é consentimento e vontade de ambas as partes. Dali para frente vai ser sempre melhor, vamos aprender mais e descobrir mais. A percepção que virgindade é algo que se perde, reforça o mito de pureza da mulher, segundo o qual o seu corpo se desvaloriza e desvirtua sempre que for tocado de forma sexual. Para nós, mulheres, o início da vida sexual, marcado pela Primeira Vez tem de ser milimetricamente avaliado e considerado, visto que estaremos a dar algo do nosso corpo que jamais será recuperada. A percepção que virgindade é algo que se perde, reforça o mito de pureza da mulher, segundo o qual o seu corpo se desvaloriza e desvirtua sempre que for tocado de forma sexual. Mas a verdade é que a relação sexual é a dois, consiste numa troca. Ninguém tira nada de ninguém – até porque não se pode tirar algo que não existe! Então não se perde nada, só se ganha. 3. Desvirgindade não é um evento só Assumindo virgindade como a acumulação de experiência sexual, esse fenómeno não ocorre de uma única vez. A desvirgindade, nesse sentido, é um processo. Isto é, deixar de ser virgem envolve toda a descoberta do corpo e da sexualidade, acontece em etapas através de várias experiências sexuais. E fazem parte desse processo, todas as formas de expressão sexual, começando pela própria masturbação. Nessa perspectiva, somos todos eternos virgens. Estamos todos em constante crescimento e descoberta no que toca à nossa sexualidade e em busca de mais formas de ter e dar prazer. Artigo tirado do blogue https://escreveelianaescreve.wordpress.com"}
{"ID": "NOS_38974", "summary": "Achegámonos á Galiza do século VII e VIII da man de Witiza, un monarca que gobernou desde Tui con amplos apoios entre a poboación galega e cuxo reinado se explica no contexto dun reino que seguiu mantendo a súa personalidade diferenciada no período visigótico. A figura deste monarca, albo dos ataques da historiografía españolista, danos chaves para comprender aquel tempo histórico e entender as razóns que explicarían o non asentamento dos musulmáns no país. Eis un extracto da peza publicada no número 303 de Sermos Galiza.", "text": "A incorporación de Galiza ao reino visigodo non estivo exenta de conflitos. A conquista do país polos exércitos do rei Leovixildo, após unha guerra que rematou coa derrota en 585 de Andeca, o derradeiro monarca suevo que tiña derrocado previamente a Eurico pola súa dependencia fronte ao poder visigodo, non puxo fin á resistencia galega. Sen ir máis lonxe, no propio 585, un descendente do rei Miro, o mesmo que iniciara a política de cohabitación e achegamento do reino galego cos visigodos, revólvese contra as tropas invasores alongando a súa loita até 586. Á fin, Malarico, nome deste novo insubmiso galego, será tamén derrotado polo exército visigodo, fortemente despregado na Galiza segundo as crónicas de Xoán de Biclaro, sendo recluído nun mosteiro. Aínda así, a súa familia, ao igual que o resto da oligarquía galega, manterá as súas posesións territoriais até o punto de que o novo escenario só significou unha mudanza na esfera superestrutural, sen alterar as relacións de poder internas ou o papel dirixente da vella oligarquía sueva. A personalidade de Galiza como realidade diferenciada dentro do espazo visigótico manterase ao longo de todo o período. A existencia de varias comunidades nacionais baixo o mesmo trono fica patente na escasa documentación que nos chegou do momento, sinalándose acotío que o reino dos visigodos estaba conformado por \"Hispaniae, Gallie et Gallecie\". Así, por exemplo, a Crónica Biclarense indica que en 589 \"o rei Recaredo reuniu nun santo sínodo os bispos de toda España, da Galia e da Galiza na cidade de Toledo\". Na mesma liña, o papa Gregorio 'O Magno' refírese ao mesmo monarca como \"rei dos Godos e dos Suevos\". Outro tanto acontece a mediados do século VII, neste caso cunha lei de Bamba recollida no Liber Iudicium á que xa se ten referido Manuel Murguía, onde se afirma que o ámbito de aplicación da norma son os territorios de \"España, a Galia e a Galiza\". Un autor contemporáneo, neste caso Isidoro de Sevilla, non dubida en destacar nas súas Etimoloxías as diferenzas entre hispanos e galegos. [Podes ler a peza íntegra no número 303 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_7017", "summary": "As persoas imputadas na trama da presunta fraude nos cursos de formación pasan de 7 a 30 mentres Feijóo segue a negarse a aclarar a súa relación co suposto conseguidor da rede.", "text": "O pasado 25 de setembro o Consello da Xunta aprobaba o cesamento do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá. Ao remate desa reunión o presidente da Xunta informou a prensa de que Martiñá deixaba o cargo a petición propia e unha semana despois, ao ser preguntado ao respecto, Alberto Núñez Feijóo sinalou que deixara a Consellería por \"motivos persoais\". Entre unha e outra declaración do xefe do Executivo Martiñá xa tivera que presentarse ante a Policía a causa da súa presunta relación coa trama Zeta, a suposta fraude en cursos de formación pola que agora xa está imputado xunto a outros dous ex cargos do Goberno galego. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou este mércores de que a nómina de persoas que terán que comparecer en calidade de imputados neste caso pasou de 7 a 30. Entre as 23 incluídas na nova relación está Martiñá e, segundo transcendeu ao longo da xornada, tamén o que fora xefe territorial da Consellería de Traballo na Coruña, Luis Alberto Álvarez, e o ex xefe de servizo de Emprego, Joaquín Vila Sampayo. Unha xefa de servizo do Instituto Galego de Consumo ou unha directora da Escola Galega de Consumo aparecen tamén nunha listaxe que encabeza o considerado líder da trama, Gerardo Crespo, citado para comparecer ante a xuíza o vindeiro 2 de febreiro. As persoas imputadas no caso pasan de 7 a 30 A imputación de Martiñá -que segundo a Policía recibía cartos da trama para facilitarlles o acceso ás subvencións- e dos outros altos cargos chega apenas unha semana antes de que Feijóo teña que volver responder ante o Parlamento sobre o caso e, nomeadamente, sobre a súa relación co empresario Pachi de Lucas, consdierado polos investigadores como enlace entre a suposta trama e cargos políticos. Así, PSdeG, AGE e BNG cuestionarán o presidente ao respecto durante a sesión de control e, ademais, os socialistas formularán unha interpelación sobre o financiamento dos cursos de formación e unha pregunta oral sobre a \"pernoctación\" de De Lucas \"nunha residencia oficial\", en referencia ao complexo de Monte Pío. O presidente vólvese negar a aclarar a súa relación co suposto conseguidor da trama Mentres isto sucede o propio Feijóo asegura \"agradecerlle á oposición seguir falando disto\". \"Podemos falar todas veces que se queira\", asegurou este mércores a preguntas da prensa porque, afirma, as preguntas sobre a trama Zeta implican falar de \"como un goberno, o actual, investiga, pono en coñecemento do fiscal e recupera as axudas\" mentres que \"outros gobernos non investigaron\" e \"deron as axudas mesmo estando en funcións\", di en referencia ás subvencións que o actual Executivo presentou en 2009 como parte do seu \"plan de choque\" contra a crise. Así e todo, o presidente segue a negarse a aclarar ou a ofrecer explicación ningunha sobre a súa relación persoal con De Lucas. \"Non coñezo ningunha decisión\" da Xustiza \"que afecte a esa persoa\", resaltou."}
{"ID": "NOS_35040", "summary": "As xornadas de ERTE poderanse estabelecer entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 e durante 60 días laborais, ampliábeis 15 días máis para o persoal con contrato indefinido.", "text": "Stellantis sacou adiante un novo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas organizativas e de produción ante a falta de compoñentes que está a afectar ao sector. Fíxoo co apoio dos sindicatos SIT- FSI, UXT e CCOO, que suman maioría no comité, e o rexeitamento da CIG e a CUT. Segundo fontes coñecedoras da negociación, as xornadas de ERTE poderanse estabelecer entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 e durante 60 días laborais, ampliábeis 15 días máis para o persoal con contrato indefinido. O expediente aplicarase unha vez esgotada a adecuación de xornada, o día de permiso de convenio e o saldo dispoñíbel na 'bolsa de horas'. Tamén se poderá acceder a esta medida unha vez consumidas 20 xornadas de inactividade. SIT- FSI, o sindicato maioritario, decidiu dar o visto e prace á proposta final da empresa, trasladada tras ter en conta \"a incerteza existente de cara ao ano 2022\" e a recollida da \"maior parte\" das solicitudes realizadas á proposta da empresa, así como \"a súa última achega en canto a compromiso en materia de emprego\" pedido por esta central sindical. Pola súa banda, UXT valorou que o ERTE \"dea protección a todos os traballadores con contrato indefinido\" e \"un mínimo de cobertura\" aos eventuais, a voluntariedade da realización de sábados e que a bolsa de horas estabelecida para as quendas de noite e fin de semana conte con \"limiares de funcionamento semellantes ao dos da bolsa de día\". CCOO aceptou o acordo após incluír os contratos a tempo parcial \"por primeira vez nun expediente por razóns organizativas e produtivas\". Considerou \"un mal menor\" a obrigatoriedade de gastar 20 para iso días da bolsa plurianual. Votos en contra Pola súa banda, a CUT opúxose a unha medida que \"só beneficia á empresa\" e criticou que non se regulen os avisos previos para suspender a actividade e a negativa da dirección \"a reducir a carga de traballo para minimizar o impacto das medidas\". Na mesma liña, CIG rexeitou asinar o ERTE e acusou á empresa de cargar sobre os traballadores a tempo parcial unha bolsa de horas \"'sine die'\". Tamén culpou a dirección da planta de optar polo ERTE no canto de \"reducir as cargas de traballo e reestruturar quendas\"."}
{"ID": "NOS_24418", "summary": "Quen queira coñecer de preto a cultura marítima pode achegarse á Ría de Pontevedra esta fin de semana: a vila de Combarro acollerá, ao longo de tres xornadas, unha boa mostra do patrimonio relacionado coa navegación.", "text": "Esta sexta xa irán arribando as embarcacións ao porto desde as cinco da tarde, e mañá sábado terán lugar a regata a remos e a VII Regata da Pamplina, de embarcacións tradicionais a vela. O clube mariño A Reiboa, organizador da concentración, ten a súa orixe na asociación de veciños Boureante, que leva desde o ano 96 traballando na recuperación de barcos tradicionais e divulgando a cultura marítima, a través de exposicións, charlas, cursos de vela tradicional, ou, nos últimos anos, a participación no Día de Colón en Combarro ou na Feira Franca en Pontevedra. Colaboran tamén o Concello de Poio e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a entidade que organiza os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia bianualmente: pasaron xa por Ribeira (1993) Coruxo (1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Poio (2001), A Illa de Arousa (2003), Cambados (2005), Ferrol (2007), Muros (2009) e Carril (2011). O ano próximo, coa vila aínda por determinar, estes Encontros chegarán á súa XI edición."}
{"ID": "PRAZA_11839", "summary": "Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC", "text": "O biólogo Serafín González é experto en xestión de residuos e dende hai anos é moi crítico co modelo de incineración escollido pola Xunta de Galicia. A pasada semana estivo no Caraballiño para informar aos veciños e veciñas dos efectos que podería ter unha planta coma a que se proxecta no Irixo. Co proxecto da incineradora do Irixo recúncase nun modelo fracasado de xestión de residuos? O máis sorprendente, vendo o plan de xestión de residuos para o período 2010-2020 que eles presentan, é que aí hai un recoñecemento de que o modelo actual foi un fracaso. No ano 97 apostouse por un modelo exclusivamente centrado na incineración, que lle dedicaba 92 de cada cen pesetas á incineración; e daquela había moitas máis axudas europeas, polo que foi unha moi mala xestión dos cartos públicos e dos cartos europeos. Daquela os movementos ecoloxistas (ADEGA e SGHN) e os sindicatos (CC.OO.) indicamos que no plan se desbotaba a recollida selectiva e a compostaxe. Coa incineradora do Sur téntase perpetuar ese modelo, co matiz de que agora si se contempla a compostaxe como complemento. O escenario que tiñamos a mediados dos noventa, con moitísimos vertedoiros distribuídos por toda Galicia, descontrolados, que se incendiaban periodicamente. Con Sogama melloramos un nivel, centralizando o depósito e controlando a queima e recuperando parte da enerxía, pero hai que ir moito máis aló: reducir, reciclar e reutilizar. E non parece que a Xunta aposte por iso, a Xunta está repetindo o mesmo erro. O principal fracaso desta política é o aumento progresivo da xeración de residuos? No plan, ademais, só se dedicaba 1,1 pesetas de cada cen a programas de minimización, é dicir, os programas para reducir a xestión de residuos. Daquela xa dixemos que con iso non se ía reducir o problema, e os resultados están á vista. Entre o ano 1998 e o 2009 a xeración de residuos en Galicia aumentou un 49% e o resultado foi que Cerceda colapsou. Que se fixo? Como Cerceda non podía tratar todo, creouse un vertedoiro en Areosa, tamén en Cerceda. Como o problema aumenta, hai que aumentar o vertedeiro unha e outra vez. E agora estamos no sensentido que se está a transportar moito lixo de Vigo ou Ourense a un vertedoiro en Cerceda, que recibe máis da cuarta parte de todo o lixo que se produce en Cerceda. Ademais, téntase ocultar ese fracaso enviando o lixo da Galicia da Galicia rica á Galicia pobre. Outra eiva é a reciclaxe? A reciclaxe co modelo Sogama é exactamente a mesma que co modelo vertedoiro. Con Sogama recíclase o 8,1%, co modelo vertedoiro recíclase o 7,9%. Non se cumpriron os obxectivos: se o obxectivo era reciclar o 50% do papel ou dos envases lixeiros, acadáronse porcentaxes entre o dez e o vinte por cento. Só se conseguiu no vidro. Faltan contedores para a recollida selectiva. Por cada contedor de recollida selectiva, hai entre oito e catorce que non o son. Por que se escolle o Irixo? É só pola existencia dunha liña de ferrocarril? Dise que O Irixo ten a vantaxe de que ten unha vía de ferrocarril. Que pasa? Pretenden enganar á xente? A lixa do ferrocarril une O Irixo, pero non con Vigo, Pontevedra e o Salnés, e eses residuos terían que viaxar por Santiago ou Ourense. A central térmica de Meirama está onde está, e a das Pontes o mesmo porque ao lado estaban as minas de lignito, porque non era rendible. Cos residuos pasa o mesmo. A elección do Irixo non ten ningún sentido nin ambiental, nin económico nin enerxético. E quen diga o contrario debería poñer riba da mesa os estudos técnicos que apoian iso. O principal argumento utilizado polas persoas favorables á planta son os postos de traballo que xerará na comarca... É unha falacia e unha demagoxia empregar o argumento dos postos de traballo. Hai que ver cales son as repercusións que a planta pode ter noutras fontes de riqueza do Irixo, do Carballiño ou do Ribeiro, dende a produción de viño de calidade, ou produción gandeira ecolóxica, ou o turismo de balneario do Carballiño. Decidir construír unha incineradora no Irixo é a solución máis sinxela para un goberno covarde, que non quere xestionar o problema do lixo nos lugares onde o lixo se produce. E a explicación é a poboación que vive na zona do Irixo e o custe en votos, fronte á poboación e aos votos das zonas urbanas. Ás grandes vilas quitámoslle o lixo de diante do nariz, e mandámosllo a un concello rural e empobrecido. Páxina da Sociedade Galega de Historia Natural"}
{"ID": "NOS_38900", "summary": "Este é o primeiro filme de ficción do director, coñecido polas súas obras documentais.", "text": "Rompente, curtametraxe dirixida polo director natural de Simes (Meaño) Eloy Domínguez Serén e producida pola coruñesa Zeitun Films, vén de gañar a Biznaga de Prata á mellor curtametraxe de ficción do 25º Festival de Málaga. Este filme, a primeira ficción de Domínguez, foi rodado na comarca do Barbanza e está protagonizado por Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano. A obra narra a historia de Santi, un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos os dous, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar. A pasada semana, o director contaba nunha entrevista concedida a Nós Diario: \"A trama de Rompente ten unha inspiración autobiográfica moi clara: baséase na experiencia dos meus pais, que me tiveron no ano 1985 nunhas circunstancias moi semellantes ás que viven os protagonistas da película\". Eloy Domínguez Serén presenta o seu primeiro filme de ficción Para atopar ao protagonista masculino, Sergio Baleirón, Domínguez Serén pasou uns seis meses percorrendo os portos do Barbanza e da Costa da Morte buscando mariñeiros da idade dos protagonistas, contándolles o proxecto e coñecéndoos. \"Era o meu primeiro proxecto de ficción e tamén o deles, así que podemos dicir que fomos aprendendo xuntos\", detallou, \"até que apareceu a persoa indicada\". No caso da protagonista feminina o proceso foi lixeiramente distinto: \"Observei que nestes contextos a muller da parella adoita ser sempre máis nova, polo que me dediquei a percorrer os institutos proxectando Hamada, e organizando coloquios nos que explicaba o que descubrín sobre o conflito saharauí rodando a película e contando como traballara cos protagonistas, que tamén eran moi novos. Nesas charlas dsvelabao novo proxecto e ía vendo quen estaba interesado en participar, e aí xurdiu Soraya Luaces\", explicou."}
{"ID": "NOS_55206", "summary": "Arnoia, Arnoia é unha novela de aventuras, épica como corresponde ao seu autor, Xosé Luís Méndez Ferrín. A compañía Pistacatro e o Centro Dramático Galego, con dirección de Quico Cadaval, lévana ao circo. Sermos Galiza asistiu a un dos últimos ensaios antes da estrea. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 317 de Sermos Galiza.", "text": "Que a luz é fundamental para o teatro percíbese ao entrar nun ensaio. Os focos brancos anulan parte da singularidade do escenario. As actrices e os actores, vestidos de civil -neste caso con roupa deportiva: é unha compañía de circo-, non poden xogar coas sombras. O que hai na tremoia fica á vista. E, de súpeto, o director ordena probar un paso concreto da obra: a técnica de iluminación toma o mando e a noite do deserto aprópiase do Salón Teatro de Compostela. Os intérpretes introdúcense nun vestiario de reminiscencias beduínas e constrúen un paseo acrobático dirixido \"ás terras máis altas do mundo\". O teatro é, de novo, o teatro ao que adoita enfrontarse o espectador. Sobre o palco atópanse cinco membros de Pistacatro. Ás ordes de Quico Cadaval, axudado na dirección por Clara Gayo, ultiman un ousado experimento: trasladar á linguaxe do teatro-circo a nouvelle de Méndez Ferrín Arnoia, Arnoia (Xerais, 1985). Faltan catro xornadas laborais para a estrea -a quinta feira, 11 de outubro- e a mañá de traballo á que asiste Sermos Galiza está dedicada a pequenos axustes, aclaracións e práctica dalgúns números complexos, arriscados. Por caso, un en que a actriz Ánxela Blanco ve pasar a rente os machetes lanzados por dous compañeiros. \"A ver, poñédevos de acordo\", di, entre divertida e temerosa, mentres os colegas se botan as armas. Clara Gayo segue a escena e dá instrucións relacionadas coa posición das persoas sobre o escenario. Ao tempo, no fondo da sala, Cadaval e o técnico repasan a banda sonora. Que alterna músicas de procedencia diversa -unha canción drum'n'bass, a zanfona de Germán Díaz- e a narración de pasaxes do libro de Ferrín recitados polo propio dramaturgo. \"Eu chegaba a Lee Pirento en percura da tenda de Brandeberis, lugar que tódolos da Raza sen Nome visitaban para escoitar e confortárense na súa viaxe interminábel en dirección ó ocaso\", lese no capítulo 5, As Palabras Retorneadas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 317 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_37189", "summary": "Aseguran que a deputada e candidata á Secretaría Xeral, Ángela Rodríguez, \"estaba tentando organizar\" a visita de Errejón.", "text": "O grupo interno Bases de Podemos Galiza, que apoiou formalmente a candidatura de Breogán Riobóo á Secretaría Xeral do partido no país, denunciou através as \"pexas\" que estaría a facer, din, a deputada e tamén candidata Ángela Rodríguez no marco do proceso de primarias. Refírense á visita do número dous de Podemos, Íñigo Errejón, que fixo parte dun acto organizado por Marea Pontevedra o sábado 12 de marzo. Através das redes sociais denuncian con capturas de pantalla que Ángela Rodríguez se identificaba días atrás (4 de marzo) como a persoa que \"estaba tentando organizar\" o devandito acto, segundo recolle a axencia de noticias Europa Press. Neste senso, critican que após pedir \"imparcialidade\" Rodríguez e de asegurar que non se trataría dunha xornada que \"xirase\" arredor de Errejón, finalmente non teña sido así. \"En que quedamos, Pam? Esta é a coherencia de alguén que pretende representar os intereses de todos os galegos. Por unhas primarias xustas!\", sinala a mensaxe difundida por Bases de Podemos. Así as cousas, o proceso electoral interno non comeza até esta terza feira (15 de marzo) momento no que se iniciará a recollida de avais para presentar formalmente as candidaturas. Pola súa banda, Bases de Podemos acordaron apoiar a do ex-secretario xeral, Breogán Riobóo. Até o momento anunciaron que se candidatarán, para alén de Rodríguez e Riobóo, a investigadora viguesa do CSIC, Susana Santos Queiruga."}
{"ID": "NOS_15034", "summary": "Os nacionalistas queren un modelo \"que nos autorresponsabilice e dea capacidade plena para usar os nosos recursos\" e din que co modelo de financiamento asinado por Feijóo o noso país \"perdeu 9.000 millóns de euros\".", "text": "O actual modelo de financiamento autonómico é inxusto con Galiza, denuncia o BNG. \"É un mal negocio para o nosos país\", afirmou Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque. Na última liquidación tributaria, de 2014, o estado recadou na Galiza 11.125 millóns de euros e \"só recibimos 7.000 millóns\". Hai unha diferenza de 4.000 millóns que, afirma, é superávit para o estado español. Co sistema de financiamento \"asinado por Núñez Feijóo\" Galiza perde 9.000 millóns de euros, sostén Ana Pontón. Un modelo que mantén o \"centralismo\". É o Estado quen decide que impostos hai, quen recada e como os distribúe, algo que non fai \"dunha maneira xusta e solidaria\". Fronte a ese escenario, o BNG aposta nun modelo que \"nos autorresponsabilice e nos dea capacidade plena para usar os nosos recursos\". Algo que é posíbel \"cun modelo similar ao de Euskadi e Navarra\". O modelo de Concerto económico permitiría, explicou Pontón, a Galiza crear emprego e blindar os servizos públicos. O modelo que o Bloque vai levar a debate no Parlamento parte de reivindicar \"un sistema de financiamento propio adaptado a nosa realidade, porque \"non vale o café para todos\". Este paso implicará crear unha axencia tributaria, a transferencia de recursos ao Estado polos servizos prestados a Galiza \"e un financiamento local que tamén dependa de nós e non do Estado como ocorre na actualidade\". Cupo O modelo de concerto económico inclúe \"un cupo\" co Estado. Así, \"seriamos os galegos os que decidiríamos a cantidade a pagar ao Estado polos servizos prestados e teríamos as mans libres para que non se apliquen recortes nos servizos públicos como aconteceu estes anos\"."}
{"ID": "NOS_21068", "summary": "O deputado socialista e ex-secretario xeral do PSdeG di que \"na guerra política non todo val\".", "text": "Pachi Vázquez acusa o Concello do Carballiño de \"ocultar todo, voluntaria ou involuntariamente\" en relación ás 37 contratacións que el fixo cando era alcalde da localidade ourensá e que levaron ao proceso do TSXG contra o ex-secretario xeral do PSdeG. Vázquez afirmou nunha comparecencia ante a prensa que vai presentar documentos que acreditarían que eses contratos que se investigan fixéronse en base ao procedemento legal. O auto xudicial indica que se lle procesa como presunto autor dun delito continuado de prevaricación por contratar \"sen un mínimo expediente, sen publicidade algunha e sen unha mínima acreditación de mérito e capacidade\". Mais Vázquez, que se amosou indignado por ter que dar conta duns expedientes de hai máis de 20 anos, culpou directamente o Concello de O Carballiño de \"ocultar\" dados e incluso de falsear as datas de contratación. \"Respecto a xustiza e respecto a proposta de Fiscalía mais non a partillo porque está baseada en dados que non son reais, e en documentos que voluntaria ou involuntariamente o Concello de O Carballiño non está remitindo\", denunciou. O ex-rexedor sinalou que non está disposto a dimitir, mais anunciou que renunciaría ao escano e cumpriría co código ético do PSdeG en case de se abrir xuízo oral contra el."}
{"ID": "PRAZA_19759", "summary": "O Festival de Contidos Dixitais celebrará a súa cuarta edición do 4 ao 6 de maio, convertido xa nun referente a nivel estatal. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto.", "text": "Carballo acollerá do 4 ao 6 de maio a cuarta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, convertido xa nun referente en todo o Estado. O evento nacía hai catro anos como o primeiro festival de webseries de España e continúa a desenvolver formatos de difusión e debate sobre a cultura dixital. Por unha banda, amosará \"unha selección do máis creativo que hai a nivel internacional no mundo dos contidos dixitais\", como destaca a súa directora, Sonia Méndez. Pero, ademais, incluirá un completo programa de actividades que durante tres días encherá a vila de proxeccións, de debates, de vídeo-conferencias e de conversas sobre o presente e o futuro dos contidos para internet. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo. As mulleres creadoras terán un protagonismo destacado, o mesmo que as webseries realizadas en Galicia. No Carballo Interplay participarán as novísimas youtubers Soy una pringada, unha anti-youtuber vasca con máis de 80.000 subscritores e subscritoras, e Carolina Iglesias, unha guionista e comediante coruñesa que ten máis de 30.000 subscritores e subscritoras na súa canle, Percebes y grelos. Tamén haberá un oco para o feminismo, a familia e a cultura popular en youtube da man da guionista e xornalista Isa Calderón, creadora das reviews fuertecitas coas que despelexa películas desde unha óptica feminista e humorística, e de Los Prieto Flores, unha extensa tribo familiar que ofrecerá no Interplay un show ao vivo recreando o salón da súa casa. Outro dos temas que centrará o festival será o da profesionalización. Tras unha década de experimentación e amateurismo, a produción de contidos audiovisuais para internet está madurando, tamén no que respecta ao salto profesional. Diso falarán Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto e Natalia Flores (da axencia creativa Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (da produtora Different Entertainment). Noutra das sesións intervirán os community manager de Land Rober (Javi Mos, que coordina unha comunidade de máis de 100.000 usuarios) e Luar (Pilar Rodríguez, encargada de conversar cuns 30.000 usuarios), e tamén Miguel López (El Hematocrítico). Pola súa banda, Rubén Ontiveros -pioneiro do mundo webserie- falará das posibilidades de Internet como ponte para saltar a traballar na televisión. Ontiveros (creador de Que Vida Más Triste, a primeira webserie do Estado e que traballou como guionista de programas como Vaya Semanita, Homo Zapping ou La Hora de José Mota.) fará un percorrido polos diferentes formatos da comedia e analizará as posibilidades que dá youtube de experimentar co humor. Estreas No festival, David Sainz e Teresa Segura presentarán a longametraxe Fogueo, unha película pequena que quere demostrar que o importante cando se queren facer cousas é, precisamente, facelas. A outra estrea mundial do CIP 2017 é a da webserie Peter Brandon, coa que os Porco Bravú gañaron o premio ao mellor proxecto de webserie en galego na pasada edición do Festival. O prazo para presentar proxectos de webserie en galego está aberto ata o 17 de abril. \"É unha aposta do Festival apoiar a produción de novos contidos para Internet\", destaca Sonia Méndez. O premio é de 1.500 euros e a webserie gañadora decidirase nun pitching no propio Festival. Así mesmo, Chévere celebrará o seu 30º aniversario no Carballo Interplay, repasando a súa historia a través do seu código fonte audiovisual, un formato híbrido entre conferencia e proxección polo que xa pasaron Xosé Antonio Touriñán, Belén Regueira e os guionistas máis coñecidos e recoñecibles da televisión galega, os Zopilote. Web do festival"}
{"ID": "PRAZA_20165", "summary": "O Marumasat II foi lanzado este martes dende Ordes, caendo tres horas e media despois preto de Lalín. No seu interior levaba unha miñoca, mostras de saliva ou sementes de faba, cos que agora os alumnos e alumnas dos centros de ensino participantes realizarán experimentos", "text": "Chegou o día. Despois de dous aprazamentos por mor das condicións meteorolóxicas adversas (nomeadamente os fortes ventos), por fin este martes puido lanzarse ao espazo o Marumasat II, a sonda construída polos alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo (Ordes), o IES Miraflores (Oleiros) e o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), agrupados na Axencia Espacial Escolar Galega (a NOSA).Ante un gran numero de alumnos e alumnas, mestres e mestras e medios de comunicación, reunidos no IES Maruxa Mallo (Ordes), o aparello elevouse ata o ceo grazas a un gran globo de helio, que fixo que a sonda acadase os 33 mil metros de altura, caendo tres horas e media despois no lugar de Puxallos (Lalín), preto do lugar previsto. Alí a sonda foi recollida por un equipo integrado por alumnos e alumnas dos tres centros, que comprobaron que conservaba a súa integridade e que os equipos que transportaba se atopaban en boas condicións (pódese ver aquí o vídeo gravado no momento da súa recuperación).A sonda gravou imaxes durante o seu ascenso, ao igual que xa fixera na experiencia levada a cabo o pasado ano. Ademais, o proxecto desenvolvido polo alumnado dos tres centros buscaba recoller información sobre a capa de ozono a través da ferramenta integrada Datalogger ozono. Ademais, na sonda viaxaron tamén sementes de fabas, miñocas e unha mostra de saliva, cos que os rapaces e rapazas realizarán experimentos científicos nos vindeiros días.Segunda experiencia con éxitoXa o pasado ano os alumnos e alumnas de 3º de ESO do ordense IES Maruxa Mallo levaron a cabo -coa colaboración de Meteogalicia- un primeiro lanzamento do MarumaSat. A iniciativa fora impulsada por tres mestres do centro: Raquel Rendo (profesora de Tecnoloxía), Xosé Díaz (de Matemáticas) e Xosé Manuel Fernández (de Lingua Galega). Neste curso Raquel Rendo dá clases en Oleiros e Xosé Díaz en Vila de Cruces. Isto, lonxe de impedir a continuidade do proxecto, fixo que se ampliase, implicando tamén a estes dous centros e permitindo o traballo conxunto entre o alumnado dos tres institutos, que conformaron a Axencia Espacial Escolar.Hai unhas semanas falabamos con Sara Castro, alumna do IES de Ordes, unha das responsables do grupo de Comunicación do proxecto. Castro destacaba o valor formativo desta actividade, non só pola aprendizaxe concreta na construción da sonda e do proceso que levará ao seu ascenso á estratosfera (na que as ciencias e as matemáticas son fundamentais), senón pola experiencia de traballo práctico e de traballo en equipo: \"Estudar nun instituto non é só memorizar textos ou facer exames. Con este tipo de proxectos prácticos aprendemos moitas máis cousas. Son iniciativas que espertan a nosa creatividade e axudan a saber traballar en equipo. Axudan a xente, ademais, a descubrir o que lles gusta e a decidir que camiño queren seguir\"."}
{"ID": "NOS_47842", "summary": "Será esta sexta feira, ás 16:00 horas, e canda o líder boliviano, participa Ana Pontón, nun acto moderado por Ana Miranda.", "text": "A Fundación Galiza Sempre e a Fundación Coppieters organizan para esta sexta feira, día 19, ás 16 :00 horas o cuarto encontro do ciclo 'Diálogos desde a Periferia'. O ciclo ten como obxectivo achegar referencias no eido do soberanismo, da esquerda e dos movementos emancipatorios a Galiza. Este cuarto encontro leva por título 'Pobos e solidariedade: Galiza e América Latina.' Nel estará o ex presidente de Bolivia, Evo Morales, afastado do goberno por un golpe de estado a finais do 2019. Evo, manterá unha conversa con Ana Pontón, portavoz BNG e candidata ás Eleccións da Xunta, nun acto no que se reservará un tempo para respostar ás preguntas do público. O encontro estará moderado por Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo. O encontro poderá seguirse en directo desde a canle de Facebook da Fundación Galiza Sempre: fb.com/fundacion.galizasempre"}
{"ID": "NOS_46350", "summary": "5.112.658 persoas están chamadas a votar e decidir quen gobernará os vindeiros dous anos.", "text": "Perdida Catalunya para os partidos estatais, a Comunidade de Madrid é o seu obxectivo máis prezado tanto polo volume do seu orzamento (20.072 millóns de euros en 2019, o último aprobado) como pola súa influencia nun Estado pensado arredor da capital. A proba disto é que en Madrid atópanse amais das institucións autonómicas: o Congreso, o Senado, a sede da Presidencia do Goberno e da monarquía, todos os Ministerios, o Tribunal Supremo, o Constitucional e o de Contas; as sedes da Policía e a Guardia Civil; o Instituto Cervantes; as sedes das empresas públicas.... As eleccións do 4 de maio foron convocadas o 10 de marzo despois das mocións de censura en Murcia polo suposto temor de Isabel Díaz Ayuso a que Ciudadanos repetira a mesma xogada en Madrid. A convocatoria supón para o PP a oportunidade de absorber o electorado de Ciudadanos, que corre o risco de desaparecer da Asamblea se non acada o 5% dos votos, o mínimo esixido para entrar no hemiciclo. Candidaturas O PSOE candidata a Ángel Gabilondo, para o cal estas serán as súas terceiras eleccións dende o seu debut en 2015 co mesmo resultado de 4 anos despois: 37 deputadas. A caída de voto do PP permitiulle gañar as eleccións de maio de 2019 con 7 escanos de vantaxe por riba de Ayuso, mais o pacto previsto entre dereita e extrema dereita levouno a tirar a toalla e ceder o protagonismo dende practicamente o día das eleccións á candidata do PP. Gabilondo afirma que entraría nun goberno de coalición con Ciudadanos e Más Madrid, mais non con Podemos. Polo PP, Díaz Ayuso aspira a deixar a Ciudadanos sen representación e consolidarse nun goberno sostido por Vox; deixouno claro na presentación da súa candidatura, na que presentou ao actor Toni Cantó, \"unha das persoas que proviñan de Ciudadanos e que non será a única\" sentenciou Ayuso. Cantó comeza a súa cuarta etapa política despois de militar en Vecinos por Torrelodones, UPyD e Ciudadanos até hai dúas semanas. O fío principal da súa campaña é buscar polarizar a súa candidatura coa de Pablo Iglesias. Ciudadanos foi a terceira forza nas pasadas eleccións, a pesar da vicepresidencia de Ignacio Aguado e a vicealcaldía de Begoña Villacís no concello, non foron capaces de evitar a onda expansiva da caída a nivel estatal, até o punto de verse Aguado forzado a renunciar a recuncar como candidato para frear a rebelión interna contra Inés Arrimadas. Nestas eleccións presenta a Edmundo Bal, até o de agora voceiro adxunto de Ciudadanos no Congreso e deputado dende abril de 2019. Nas súas declaracións públicas apuntan a reeditar o acordo co PP. Monica García, a candidata de Más Madrid busca impulsar unha coalición de centro-esquerda no caso de que Ayuso non acade maioría absoluta xunto con Cs e Vox. É deputada na Asemblea de Madrid dende 2015, primeiro por Podemos -onde chegou a presidir o grupo parlamentario- e dende 2019 pola candidatura impulsada por Íñigo Errejon, que obtivo 20 deputados. García convertiuse na voceira adxunta do grupo cando Errejón marchou ao Congreso. García é médica na sanidade pública, dende a Asemblea criticou as políticas sanitarias de Ayuso, con especial énfase durante a pandemia, na que Madrid se converteu no foco principal. O xa ex vicepresidente segundo do Goberno español, Pablo Iglesias, lanzou a súa candidatura cando as enquisas apuntaban que Podemos non chegar ía ao 5% mínimo, no seu lugar de nacemento e de onde proceden a maioría dos seus cadros políticos. No 2019 conseguiron superalo por só o 0.6% do voto, cando acadaron 7 escanos como última forza con representación na Asemblea de Madrid. Defende un goberno de coalición co PSOE e Más Madrid."}
{"ID": "NOS_52458", "summary": "CIG lembra que as mobilizacións e denuncias perante Inspección de Traballo foron as que obrigaron á empresa a ter que dar este paso.", "text": "O grupo Coren anunciou que ía incorporar ao seu cadro de persoal como traballadores e traballadoras por conta allea ao máis dos mil falsos autónomos que prestan servizo en todos os seus centros de traballo (Coren, Frigolouro, Novafrigsa, etc.) a través da falsa cooperativa Servicarne. A secretaria nacional da FGAMT-CIG, Dores Martínez, afirma que esta decisión chega como consecuencia da loita do persoal falso autónomo organizado na CIG e da intensa campaña de denuncias tramitadas pola central nacionalista na Inspección de Traballo, que obrigou as empresas a dalo de alta no réxime xeral da Seguridade Social. Martínez sinala que o anuncio feito onte polo grupo Coren non fai parte de ningún trato de favor cara a estes empregados, \"senón que a empresa vese obrigada a facelo para cumprir coa legalidade, unha vez que fracasou o seu intento de lograr que a Inspección paralizase o expediente mentres Coren e as outras empresas recorrían a decisión\". \"A partir de agora temos que ver como seguimos avanzando na regularización deste persoal e na mellora das súas condicións laborais: é necesario regularizar a xornada, establecer horarios de traballo, fixar os días de descanso semanais, aplicar o convenio colectivo en todos os seus termos, cumprir a lei de riscos laborais, etc\"."}
{"ID": "NOS_43844", "summary": "O Festival 'Abride a Fiestra' na Casa de Rosalía enche este domingo de propostas, actividades e recoñecementos na previa ao aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.", "text": "Rosalía segue a haber só unha. Polo menos para as miles e miles de rosalíans que hai por todo o mundo e que teñen na Casa da Matanza de Padrón a súa particular 'Meca'. \"Abride a fiestra que quero ver o mar\" foron, segundo a versión da súa filla Gala, as últimas palabras de Rosalía de Castro antes de morrer en 1885. 'Abride a Fiestra' é o nome do festival que decorre na Casa de Rosalía esta fin de semana previo ao 15 de xullo, data de pasamento da escritora, e que ten neste domingo o seu día grande. Entre os protagonistas musicais destas xornadas están Cristina Pato, Davide Salvado, Ugia Pedreira, Secho, Paco Nogueiras e a Coral de Padrón no apartado musical. Hoxe é unha xornada de portas abertas na Casa-Museo, na que ademais de actuacións musicais, unha ludoteca e unha feira con produtos rosalianos, e na que estará presente Nós Diario, haberá visitas guiadas por personaxes coñecidos ou especialistas. Entre as persoas que guiarán polos diferentes cuartos da Casa da Matanza están o escritor Pedro Feijoo, o deseñador Pepe Barro -experto nas imaxes rosalianas-, o ex presidente da RAG Xosé Ramón Barreiro, o profesor Francisco Rodríguez e o estudoso da horta rosaliana, Carlos Dacal. E unha moi especial, protagonizada pola poeta Olga Novo, na que irá recitando poemas propios en cada estancia da casa. A mesmísima Rosalía e o seu marido, Manuel Murguía, participan nesta festa e interactúan cos presentes grazas aos actores afeccionados Ester Formoso e Carlos Ocaña. Outro dos atractivos é a proxección do filme 'Contou Rosalía' de Zenit TV, introducida pola súa directora, Zaza Ceballos. E regresan tamén as regueifas, con dous destacados neste xénero improvisatorio: Lupe Blanco e Kike Estévez. Tamén haberá oferta para toda a familia, con contidos para os máis pequenos da casa: dous espectáculos do cantor Paco Nogueiras: \"Brinca Vai\" e \"Radio Bule Bule\"; e unha ludoteca -xestionada por Brazolinda- ao dispor das crianzas e das súas familias. Asemade, presentarase o Libro Escolar de Poesía que publicamos anualmente cos gañadores do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro. Dentro do Auditorio haberá presentacións de libros, como 'Cartas a Murguía III', de Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos; un relatorio de Carlos Castelao sobre as fotografías de Rosalía e outro do escritor e académico Xosé Luís Méndez Ferrín sobre \"Rosalía, A Matanza e Rodríguez del Padrón\". Alén disto, Anxo Angueira -presidente da Fundación Rosalía- presentará o vindeiro proxecto da institución: \"Amigos/as da Casa de Rosalía\". 'Rosa de Galicia' para a familia Villar Granjel A Fundación Rosalía de Castro concederalle a 'Rosa de Galicia' á familia de Xosé Villar Granjel, persoa clave -canda Xosé Mosquera- na recuperación e compra da Casa da Matanza en 1946 co obxectivo de a converter en Casa-Museo. Trátase dunha insignia de ouro co novo deseño da Fundación que foi realizado por Pepe Barro, que recoñece a persoas ou institucións que se significaran na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano. Esta segunda feira, 15 de xullo, realizarase unha ofrenda floral no cemiterio de Adina, onde Rosalía foi soterrada inicialmente."}
{"ID": "NOS_13975", "summary": "Vigo é a cidade máis cara do Estado español en canto a actos funerarios. Tanto enterramentos como incineracións alcanzan o prezo máis alto a nivel estatal na cidade olívica. No contexto dun aumento das persoas falecidas ao ano de 29% entre 1981 e 2021, o sector funerario galego converteuse no segundo con máis empresas a nivel estatal, con 171, só superado por Andalucía (181), un territorio que ten máis de tres veces a poboación galega.", "text": "A estrutura poboacional da Galiza mudou moito desde 1981. Ao longo destas algo máis de catro décadas, a Galiza perdeu 116.267 habitantes, o que implica un descenso superior a 4% das persoas residentes no país. Porén, o cambio demográfico é moi diferente segundo os grupos de idade, o aumento da esperanza de vida e a tendencia de avellentamento fixeron que a poboación galega de 85 ou máis anos experimentara un incremento exponencial. Galiza lidera a mortandade por sinistralidade laboral no Estado Tanto é así que este tramo de idade pasou de 24.851 persoas en 1981 a 136.443 no ano 2021. É dicir, o tramo de maior idade da Galiza multiplicou o seu número cinco veces e media, ou o que é o mesmo, as persoas residentes na Galiza de máis de 84 anos aumentaron 450%. Explicándoo doutra forma, as persoas de 85 ou máis anos pasaron de non chegar a 0,9% da poboación galega en 1981, a representar máis de 5% da mesma en 2021. No caso da poboación de 65 anos ou máis, pasou na Galiza dun total de 377.890 persoas en 1981, a unha cifra de 694.140 en 2021, un aumento de case 84%. Neste contexto, e a pesar do descenso da poboación de 4%, o número de defuncións ao ano na Galiza medrou en 7.445 falecementos, pasando dun total de 25.398 mortes anuais en 1981 a 32.843 en 2021, un incremento superior a 29%. Auxe do sector funerario Segundo o informe Radiografía do sector funerario, realizado pola asociación de servizos funerarios Panasef, a Galiza conta con 171 empresas funerarias das 1.076 a nivel estatal, case 16% do total. Galiza lidera a mortandade por sinistralidade laboral no Estado Desta forma, o peso do número de empresas funerarias galegas no conxunto do Estado é 179% maior que o da poboación, pois na Galiza residían 5,69% do total de habitantes estatais en 2021. Esta sobrerepresentación do sector funerario en comparación co número de habitantes leva á Galiza a ser o segundo territorio do Estado cun maior número de empresas funerarias, tan só superada por Andalucía, que ten 10 máis, un total de 181. Porén, tendo en conta que a poboación andaluza era de 8.465.236 persoas en 2021, máis de tres veces maior que a galega, que era de 2.695.645, pódese percibir a importancia relativa do sector galego. Morrer sae caro na Galiza Segundo un informe publicado este domingo pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), a cidade de Vigo é a máis cara do Estado español en termos de decesos. Desta forma, un enterramento ten un custo medio de 6.165 euros na cidade olívica, mentres que a cantidade media a nivel estatal, de 3.739 euros, é 62% menor á viguesa. Menos caras saen as defuncións na Coruña, onde se paga unha media de 3.898 euros. Porén, a media estatal segue por baixo (-4,2%) da cifra que alcanza a cidade herculina, que fica entre as 10 máis caras do Estado. Lugo (a outra urbe galega que aparece no estudo) ocupa o posto 16, cunha contía media a pagar por inhumación de 3.596 euros. O sector funerario rexeita a posibilidade dun colapso coma o de Madrid na Galiza Dos custos do servizo funerario, o do cadaleito é o apartado máis caro. A media no ano 2021 situábase nuns 1.200 euros. O prezo do cemiterio, desde a inhumación ás taxas polo aluguer, supuxo case 650 euros. Pola súa parte, o aluguer do tanatorio por 24 horas alcanzou en 2021 un prezo medio de 546 euros. A iso hai que sumar necrolóxicas, moi habituais na Galiza, as flores, o coche fúnebre, a preparación do corpo ou os gastos de persoal, aspectos que teñen contías moi variábeis. En case a totalidade dos casos, a incineración é máis barata que o enterramento. Na Coruña a diferenza chega aos 252 euros, en Vigo, alcanza os 405, e en Lugo, os 430. Do mesmo modo que no caso das inhumacións, a incineración máis cara do Estado español está en Vigo, cunha contía media de 5.760 euros."}
{"ID": "NOS_8464", "summary": "Concentráronse esta quinta feira 7 de novembro nas instalacións da compañía \"en solidariedade\" coas e os profesionais da televisión valenciá e \"en defensa\" dos medios de comunicación públicos da Galiza.", "text": "\"O primeiro que nos sae é a solidariedade polo ataque que sufriron, un atentado contra dereito constitucional a unha información veraz\". Así explicou Raquel Lema, presidenta do Comité interempresas da CRTVG, os motivos que levaron @s traballador@s da compañía pública galega a se concentraren esta quinta feira 7 de novembro nas instalacións do ente. Rexeitan o peche de Canal 9 porque \"sen medios públicos ese dereito non está garantido\" xa que \"os intereses que moven unha radio e unha televisión privadas son outros\". Namentres Lema facía estas declaracións á prensa que se achegou até San Marcos --unicamente TVE, TVG e Sermos Galiza-- o resto de traballador@s manifestaron o seu descontento coa \"arroutada\" do PP na Generalitat Valenciana con lemas como O público é servizo, o privado beneficio ou A valenciana non se pecha. Aliás, sostiñan cartaces en que se podía ler o hastag empregado na rede social Twitter contra o desmantelamento da canle valenciá: #RTVVnoestanca. A CRTVG, \"saneada e con audiencia\" Con todo, a presidenta do Comité interempresas da CRTVG explicou tamén que \"non nos damos por aludidos\" se o que pretende o PP alentando o feche de Canal 9 é que o resto dos entes públicos territoriais poñan as barbas a remollo. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que o modelo na Galiza é \"absolutamente diferente\" do de Valencia xa que namentres a televisión que queren pechar acumulaba unha \"enorme\" débeda de 1.200 millóns de euros e \"unha baixada na cota de pantalla\", a TVG \"está saneada, non ten débeda e acaba o ano en equilibrio orzamentario\" para alén de ser a segunda canle territorial con máis audiencia. Dixo Feijóo que \"o que fixo o meu colega Fabra --en referencia a Alberto Fabra, presidente da Generalitat Valenciana-- é evidente que o faría o presidente da Xunta en circunstancias semellantes\", mais non dixo ren das responsabilidades do seu partido, o PP, na xestión deste ente público. Tamén se manifestou TVE na Galiza Ao protesto, reivindicativo e solidario, d@s traballador@s da CRTVG uníronse tamén @s da delegación da televisión española na Galiza. \"Todos os españois acabamos de perder un dereito constitucional como é o da información\", declarou Manuel Mirón, integrante do comité de emrpesa do centro territorial da RTVE no noso País. Concluíu destacando que \"o dereito á información veraz\" que garanten as televisión públicas \"está por riba de calquera capataz e de calquera partido político\"."}
{"ID": "NOS_54691", "summary": "Era 27 de decembro de 2020, ano que pasará á historia polo impacto da pandemia en todo o mundo, cando Nieves Cabo se converteu na primeira galega en recibir unha dose da vacina contra o coronavirus. Agora, este 21 de setembro, recibirá a terceira dose de Pfizer que o Sergas comezará a administrar ás e aos usuarios de residencias de maiores", "text": "Con 82 anos Nieves Cabo foi a primeira persoa en ser vacinada na Galiza contra a Covid-19. Aconteceu o pasado 27 de decembro de 2020. Agora, esta terza feira, 21 de setembro, Cabo recibirá a terceira dose da vacina (de Pfizer), a dose 'extra' que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará a administrar ás e aos usuarios de residencias de maiores como parte do colectivo 'vulnerábel' en que se centrarán os reforzos inmunolóxicos contra a Covid-19. Fontes do Goberno galego confirmaron que está prevista a picada para as 10 horas desta terza feira, na residencia Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, onde xa recibiu as dúas doses da vacina en plena terceira onda do coronavirus. A propia Xuna avanzou este 21 de setembro o inicio inminente da administración das terceiras doses, que estarán centradas no colectivo de maiores e nas persoas con algunhas patoloxías previas, como as transplantadas. Será nunha xornada, a desta terza, en que o comité clínico que asesora a Xunta na toma de decisións da pandemia volverá reunirse para avaliar os fitos da vacinación, que na Galiza sitúan en 90% a poboación albo inmunizada, e para avanzar no documento que rexerá este outono e inverno. Tamén en días pasados o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feizoo, mostrou as súas cautelas ante a época do ano na que se producen máis enfermidades respiratorias, pola meteoroloxía propia do outono e inverno con temperaturas máis baixas. Por tanto, advertiu de que hai que adecuar as posíbeis afeccións propias da época a un novo escenario da Covid-19 en que o virus permanece aínda con máis de 2.000 casos activos polo momento na Galiza, mais cuns índices de inmunización elevados. Entre outras cuestións queda por resolver se se 'rescata' o uso do certificado Covid-19, avalado agora polo Tribunal Supremo, para determinadas actividades ou situacións epidemiolóxicas. A Xunta é partidaria de empregar o certificado Covid-19 para acceder a determinadas actividades e expono para a recuperación do lecer nocturno. Neste sentido, hostaleiros apostaron pola súa implantación para poder recuperar máis a súa actividade. Todo iso, despois da primeira fin de semana de aplicación dos dous niveis na hostalaría, en que o grao de medidas implantadas determinan as capacidades e a posibilidade de abrir ou non as barras dos bares, iso si, de momento de uso unipersoal ou cun máximo de dúas persoas sempre que sexan conviventes."}
{"ID": "NOS_43036", "summary": "Esa é a ratio de asuntos xudiciais que manexa o Xulgado de Violencia da cidade olívica. A maxistrada pide máis recursos perante \"denuncias gravísimas\" e unha vaga que tilda de \"brutal\".", "text": "Entre setembro e outubro de 2015 foron asasinadas na comarca de Vigo tres mulleres pola violencia machista: Divina Mendes, Silvina de Oliveira e María José Rodrígues. A cifra oficial na Galiza ascende a seis. Para alén diso, o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo --o único especializado na Galiza xunto cunha sala da Coruña-- rexistrou no que vai de ano 860 casos novos, ou o que é o mesmo tres ao día. Segundo recolle o diario local Faro de Vigo a maxistrada titular, Paz Figueira, solicitou hai tres meses perante a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que lle foran concedidos reforzos para facer fronte a unha \"vaga brutal\" de \"denuncias gravísimas\" por violencia machista que ultrapasan a capacidade e recursos do xulgado. Porén, até o momento non recibiu resposta. A xuíza Paz Filgueira advirte dunha \"vaga brutal\" de denuncias \"gravísimas\" na comarca de Vigo Figueira, recolle o xornal, asegura que \"o risco é elevadísimo\" pois, \"malia haber menos denuncias que no 2013, uns 300 asuntos menos, trátase de denuncias gravísimas\". Así as cousas, supón un 3% máis do que o pasado ano, aseguran desde o tribunal. Asemade, a xuíza advirte do perigo que atinxe a moitas das mulleres denunciantes razón pola que está a ditar nove de cada dez ordes de protección solicitadas. Aos casos específicos engádense a tramitación de casos propios dos xulgados de familia nos casos de divorcio ou mesmo novas competencias derivadas da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial como os delitos por quebrantamento de ordes de afastamento e protección que até o de agora partillaban cos xulgados de instrución, por exemplo."}
{"ID": "PRAZA_9207", "summary": "A Audiencia de Pontevedra ve probado que Prado Bugallo, a súa filla, a súa ex-esposa a súa ex-cuñada e o seu socio branquearon cartos do narcotráfico a través dun entramado construído sobre a Inmobiliaria San Saturnino, que ordena disolver", "text": "No ano 1985 dous matrimonios constituíron en Cambados a Inmobiliaria San Saturnino e nomearon como administrador-xerente da empresa a José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco. Entre as fundadoras da compañía estaba quen daquela era cuñada do que tornaría nun dos narcotraficantes galegos máis coñecidos. Apenas dous anos despois, en 1987, os socios de San Saturnino transferíronlle por 8 millóns de pesetas -algo menos de 50.000 euros- todas as participacións da inmobiliaria á daquela esposa de Sito Miñanco, quen tras varias ampliacións de capital pasaría en 1991 a ser administradora da empresa, xusto cando Prado Bugallo cesou no posto. Antes, en 1988, Inmobiliaria San Saturnino participara na constitución doutra empresa inmobiliaria, Jolva, ao 50% cun socio de Miñanco.A Audiencia de Pontevedra considera probado que Sito Miñanco, a súa filla, a súa ex-esposa a súa ex-cuñada e o seu socio branquearon cartos do narcotráfico a través dun entramado construído sobre a Inmobiliaria San Saturnino, que ordena disolverEstes foron, segundo sentenza ditada o pasado 25 de xaneiro pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, os xermolos empresariais dun entramado construído coa \"finalidade de que os importantes e cuantiosos beneficios tirados\" por Miñanco \"das súas actividades delituosas relacionadas co tráfico de drogas se puidesen incorporar ao mercado dun xeito natural e legal\". Isto é, para branquear cartos procedentes da droga que durante o procedemento xudicial foron cifrados nuns 10 millóns. Por estes delitos que considera probados o tribunal impón a Sito Miñanco unha condena de catro anos de cadea e seis millóns de multa, a mesma que recae sobre a súa primeira esposa, unha das súas fillas, a súa ex-cuñada e o devandito socio.Aínda que durante o xuízo Prado Bugallo negou os delitos, atribuíu o seu patrimonio deses anos á venda de tabaco -\"ata 1991 non toquei nada que non fose tabaco\", defendeu ante os maxistrados- e afirmou que non exerceu labores de xestión da inmobiliaria, na que se limitaba a \"asinar\"; a Audiencia considera que tanto el como o seu socio \"coñecían perfectamente\", porque \"eles mesmos os obtiveran\", que os cartos procedían da droga. E o resto de condenadas, asemade, \"non podían ignorar e mesmo sabían de sobra que os cartos que empregaban (...) tiñan a sáu orixe nas actividades delituosas do seu ex-marido, ex-cuñado e pai\". O tribunal cre que quedou \"nidiamente ao descuberto\" o branqueo de cartos procedentes da droga mediante \"un conxunto e empresas e sociedades instrumentais\"Sempre segundo a sentenza, durante os anos 80 e 90 e ata finais do século pasado Inmobiliaria San Saturnino realizou numerosas compras de pisos, naves e predios, directamente e a través de Jolva. Entre as operacións figura tamén unha importante promoción inmobiliaria en Sanxenxo. Nalgúns casos subscribiu préstamos bancarios que, segundo o tribunal, queda probado que foron sufragados con diñeiro procedente do narcotráfico. \"A colocación de cartos de ilícita procedencia no mercado, as mañas despregadas por todos os acusados para disimular a súa orixe delituosa, o regreso do diñeiro logo de ser branqueado mediante tamén a morea de compravendas, préstamos, hipotecas\" e \"a utilización para todo isto dun conxunto de empresas ou sociedades instrumentais\" quedou \"nidiamente ao descuberto\", conclúe a sentenza.Neste sentido, a Audiencia de Pontevedra coida que non cabe alegar descoñecemento ningún da procedencia dos cartos tampouco no caso da filla e as antigas esposa e cuñada de Miñanco, que non foron quen de \"xustificar\" mediante ingresos legais e xustificados o seu \"desproporcionado incremento patrimonial\". A \"procedencia ilícita dos cartos era a única que reportaba ingresos tan cuantiosos aos branqueadores\" e, \"se os ingresos ilícitos non lles daban para manexar tan inxentes cantidades de diñeiro\" e \"a súa orixe só se explicaba pola relación de todos eles coas actividades delituosas\", queda claro para o tribunal que \"os bens tiñan, indubidablemente, esa procedencia\".A Audiencia ordena a incautación de \"todos os bens\" logrados con cartos do narcotráfico para \"anular calquera vantaxe obtida\" mediante os delitos que condenaPor todo isto a Audiencia condenou a Miñanco os seus colaboradores ás devanditas penas de cárcere e multas e, ademais, decreta a disolución da Inmobiliaria San Saturnino. Ao tempo, considera que \"procede\" a incautación de \"todos os bens\" logrados, segundo a sentenza, con \"cartos procedentes do narcotráfico\", toda vez que a súa orixe foi o \"Pretendido acceso ao mercado legal e normal do diñeiro\" ilícito. A finalidade desta medida, lembra a sentenza, é \"a de anular calquera vantaxe obtida\" mediante os delitos xulgados.Esta é a terceira condena a Sito Miñanco por delitos ligados ao narcotráfico. Prado Bugallo, actualmente en prisión, xa fora condenado en 1993 a 20 anos de reclusión menor e multa de 205 millóns de pesetas -uns 1,2 millóns de euros- por delitos contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas, e en 2004 volveu ser condenado por delitos semellantes a outros 16 anos de prisión e 390 millóns de euros de multa."}
{"ID": "NOS_22145", "summary": "O lobo será declarado oficialmente unha especie silvestre protexida nas vindeiras datas, a pesar da forte oposición de, entre outros gobernos territoriais, o galego. Analizamos esta medida da man dos diferentes actores sociais afectados.", "text": "A pasada semana, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade acordou incluír o lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que supón a perda da súa condición de animal cinexético e, polo tanto, a prohibición de cazalo. Deste modo, dar morte a un lobo deixará de estar regulado polo artigo 335 do Código Penal e o delito será xulgado en base ao 334, que pode chegar a supor unha pena de prisión de seis meses a dous anos. A medida foi aprobada co voto favorábel da meirande parte dos territorios do Estado, e a pesar da notábel oposición da Galiza, Astúries, Cantabria e Castela e León, onde se concentra 95% da poboación de lobo ibérico. O Goberno galego posicionouse esta cuarta feira manifestamente en contra desta resolución, argumentando que se produciron \"irregularidades na tramitación do seu procedemento e na celebración da última comisión do pasado 4 de febreiro (cando se realizou a votación)\", debido á \"ausencia de criterios obxectivos para a inclusión de especies\" na devandita listaxe de animais silvestres protexidos. Neste senso, a Xunta súmase aos outros tres territorios afectados denunciando que \"dito acordo é unha proposta, non un acordo, que non da por finalizado o procedemento administrativo\". A Administración non descarta acudir á Xustiza para recorrer a decisión. \"É preciso defender o sector primario do lobo\" Antón Arroxo, presidente da Federación Galega de Caza, expón a Nós Diario os motivos polos que esta medida non sería a solución axeitada: \"O status que tiña o lobo xa era suficiente, porque só se permitía a súa caza en situacións moi concretas e puntuais, cando se producían reiterados danos nun territorio\", afirma, e salienta que, no último ano, as cazarías autorizadas \"contáronse cos dedos dunha man\". Alén de cazador, Arroxo é licenciado en Bioloxía, e asegura defender a caza \"excepcional\" desta especie \"pensando no ben das e os gandeiros\". Considera \"imprescindíbel\" o labor de prevención e as indemnizacións polos danos ocasionados polo lobo, mais matiza: \"Na montaña lucense, onde eu resido, fechar as fincas e pór valados de grande altura non soluciona o problema, e o que nós pedimos é poder defender o sector primario nestes casos concretos nos que a prevención non é suficiente. O rural está cada vez máis abandonado e as axudas económicas son insuficientes\", relata, facendo fincapé en que o lobo é o \"buque insignia da Galiza\" e \"non ten ningún interese cinexético\" para as e os cazadores. \"Os datos do censo aconsellan a protección\" \"A inclusión na listaxe de especies silvestres protexidas ábrese como unha oportunidade\", relata, en declaracións a este xornal, o biólogo Martiño Nercellas, da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega). Para el, é imprescindíbel que a o Goberno galego, \"no lugar de andar a enredar\", traballe para \"trasladar á práctica\" o que implica a protección do lobo. \"A Xunta di que a poboación do lobo aumentou en base aos datos de avisos e danos, mais os datos do censo de 2015, comparando co anterior de 2003, indican que nin medrou nin minguou dun modo claro\", argumenta. O gandeiro Xosé García Freire, de Mañente (Pantón), indica que o problema \"non é nin o lobo nin o xabarín, senón a Administración\", xa que os animais \"só atopan eucalipto nos montes\" e non teñen nin presas que cazar, nin un ecosistema axeitado no que asentarse. Tamén lamenta a \"tardanza\" dunhas indemnizacións por danos que considera \"insuficientes\", mais apunta tamén á importancia de \"protexer o gando e mantelo agrupado\", e non \"diseminado polo monte\". Pola súa banda, o biólogo Manuel Pedrosa, director do documental Entre pastores e lobos, bota en falta un debate \"menos polarizado\" sobre a materia: \"O lobo vivo e o gandeiro protexido, esa é a solución\", expón, ao tempo que apunta que \"que haxa máis ataques non supón que haxa máis lobos\". Neste senso, advirte a \"escaseza de presas\" que ten o animal polo \"exceso da caza\" e a \"perda do seu hábitat natural\"."}
{"ID": "NOS_38921", "summary": "En 2006 Ignacio Ramonet deu ao prelo o libro de conversas Fidel Castro. Biografía a 2 voces (editorial Debate, Barcelona). O intelectual de esquerdas de orixe galega denuncia agora que a partir dese momento foi vítima dunha persecución, unha nova caza de bruxas. Asegura ter sido censurado consecutivamente por El País, La Voz de Galicia, a radio pública France Culture e Le Monde.", "text": "Após a morte de Fidel Castro, o exército mediático da direita internacional atacou o líder cubano, entre outros argumentos, coa inevitábel cantinela de que encabezaba unha ditadura que reprime os intelectuais críticos. A campaña anticastrista desatada imediatamente após a desaparición física do comandante -que non deixa de ser continuación da que ininterrumpidamente se abriu após os revolucionarios chegaren vitoriosos á Habana en xaneiro de 1959- provocou a resposta dun dos intelectuais do mundo occidental que mellor coñecen a realidade da illa e que tiveron maior contacto con Fidel Castro, o galego Ignacio Ramonet, escritor, xornalista, ex director de Le Monde Diplomatique e actual responsábel da súa edición en español. Ramonet, nun artigo que circula por internet e que acaba de ser pendurado no blogue de Silvio Rodríguez, cualifica de \"infamias\" os ataques que se estiveron a deitar \"nalgúns grandes meios occidentais\" contra Cuba. E como a mellor defensa é un ataque, o xornalista nado en Redondela en 1943 e criado en Tanger decide contar unha vella historia de represión contra un intelectual, que o ten a el como damnificado e que non se desenvolve na maior das Antillas, senón na vella Europa. Todo comezou en 2006 cando o escritor dá ao prelo o resultado de varias conversas con Fidel Castro, un volume titulado Fidel Castro. Biografía a dúas voces ou tamén Cen horas con Fidel, libro editado por Debate en Barcelona. \"Inmediatamente fun atacado. E comezou a represión\", escrebe Ramonet. O primeiro ataque, afirma, veu do grupo PRISA. \"O diario El País (Madrid), no que até entón eu escribía regularmente nas súas páxinas de opinión, sancionoume. Cesou de me publicar. Sen me oferecer explicación ningunha. E non só iso, senón que -na mellor tradición estalinista- o meu nome desapareceu das súas páxinas. Borrado. Non se voltou a reseñar un libro meu, nen se fixo nunca máis mención algunha de actividade intelectual miña. Nada. Suprimido. Censurado. Un historiador do futuro que procurase o meu nome nas columnas do diario El País deduciría que falecín hai unha década...\". \"O diario El País (Madrid), no que até entón eu escribía regularmente nas súas páxinas de opinión, sancionoume. Cesou de me publicar. Sen me oferecer explicación ningunha\" La Voz de Galicia tamén se tería sumado ao xuízo sumarísimo contra Ramonet. \"O mesmo na Voz de Galicia, diario no que eu escribía tamén, desde había anos, unha columna semanal titulada Res Pública. A raíz da edición do meu libro e sen tampouco a mínima excusa, reprimíronme. Deixaron de publicar as miñas crónicas. Da noite á mañá: censura total. Ao igual que en El País, ninguneo absoluto. Tratamento de apestado. Xamais, a partir de entón, a mínima alusión a calquera actividade miña\". E acrescenta: \"Como en toda ditadura ideolóxica, a mellor maneira de executar un intelectual consiste en facelo 'desaparecer' do espazo mediático para 'matalo' simbolicamente. Hitler fíxoo. Stalin fíxoo. Franco fíxoo. Os diarios El País e La Voz de Galicia fixérono conmigo\". Na Franza berce da Revolución de 1789 e da Ilustración, de Descartes e Voltaire, o trato que os meios deron a Ramonet foi distinto? Pois vai ser que non: \"En Franza ocorreume outro tanto. En canto as editoriais Fayard e Galilée editaron o meu libro Fidel Castro. Biographie à deux voix\", en 2007, a represión abateuse de imediato contra min\". Refere Ramonet que tería sido expulso da radio Pública France Culture, na que dirixía un programa semanal de política internacional -\"é imposíbel que vosté, amigo dun tirano, continúe a se expresar nas nosas ondas\", teríalle dito a directora da emisora- e na Universidade París-VII o seu reitorado decidía non renovar o contrato ao xornalista galego, que levaba 35 anos impartindo aulas de teoría de comunicación audiovisual nese centro de educación superior. \"Como en toda ditadura ideolóxica, a mellor maneira de executar un intelectual consiste en facelo 'desaparecer' do espazo mediático para 'matalo' simbolicamente\" Non acabou aí a cousa. No sancta santorum do que nalgún momento foi referente do xornalismo progresista francés, o diario Le Monde, desatáronse tamén as hostilidades contra Ramonet, até o ponto de o presidente da Sociedade de Redactores -naquela altura o accionista principal da empresa- recriminarlle que tivese entrevistado \"un ditador\", unha práctica que, afirmaba, violaría a ética dese meio. \"Citeille de memoria unha lista dunha ducia de auténticos autócratas de África e doutros continentes aos que o diario concedera comparecentemente a palabra durante décadas. 'Non é o mesmo -díxome- Precisamente chámote por iso: os membros da Sociedade de Redactores queren que veñas e nos deas unha explicación\". 'Querédesme facer un xuízo. Un 'proceso de Moscova'. Unha 'purga' por desviacionismo ideolóxico. Pois ides ter que asumir a vosa función de inquisidores e de policías políticos e levarme á forza perante o voso tribunal'. Non se atreveron\". A caza non ten só Ramonet como albo, e o escritor e xornalista afirma coñecer \"en Franza, en España, noutros países europeus, muitos intelectuais e xornalistas condenados ao silencio, á invisibilidade e á marxinalidade por non pensar como o coro feroz dos meios dominantes, por rexeitar o 'dogmatismo anticastrista obrigatorio'\". \"Isto non ocorreu hai 50 anos nunha lonxincua ditadura poeirenta. Está a pasar agora, nas nosas 'democracias mediáticas'\", conclúe Ramonet."}
{"ID": "NOS_38715", "summary": "O candidato do PSOE propuxo a derrogación dalgunhas leis como a de Costas que permitiu a prórroga concedida a Ence.", "text": "Pedro Sánchez pronunciou esta terza feira o seu discurso na primeira xornada da sesión de investidura. Fíxoo nun hemiciclo ateigado no que se atopaban, para alén das 350 persoas que compoñen o Congreso, tamén representantes do Senado. Na súa intervención Galiza estivo ausente, non houbo nen unha soa mención para o noso país, como tampouco para ningún outro territorio agás Catalunya da que falou por vez primeira por volta de 30 minutos após comezar. O candidato do PSOE á presidencia do goberno español propuxo \"unha España federal nunha Europa federal\" O candidato do PSOE á presidencia do goberno español propuxo \"unha España federal nunha Europa federal\" como solución ao \"problema de convivencia\" que fixo a \"parte da sociedade catalá\" desconectar \"do noso proxecto común\", asegurou. Neste senso, Sánchez comprometeuse a convocar a Comisión bilateral entre a Generalitat e o executivo español e a \"reformar a Constitución\". Ora ben, aclarou, desde a \"legalidade vixente\" na procura dun \"novo entendemento\". Nada novo no discurso do PSOE que fixo fincapé na vontade de escoitar as propostas do Govern catalá en materias que \"coinciden con outras Comunidades Autónomas\" como a lei de dependencia, políticas de emprego, a reforma da administración local ou a parálise da LOMCE. Durante hora e media de discurso Pedro Sánchez procurou aproximarse ás forzas da esquerda parlamentar ás que insta a se sumar ao pacto asinado con Ciudadanos a prol dun \"goberno do cambio\". Perante as críticas á súa aproximación coa dereita, o candidato socialista asegurou que \"non dá\" a suma de escanos das forzas de esqueda para \"un goberno só de esquerdas\" polo que plantexa un executivo \"de forzas progresistas\". Sánchez non mencionou un dos elementos chave do acordo con Ciudadanos, a supresión das Deputacións \"Estamos obrigados a mesturarnos, a facer mestizaxe ideolóxica\", sinalou en referencia a un hipotético acordo. A Ciudadanos dirixiuse directamente para lle agradecer ao seu líder a \"valentía\" de se ter sumado a un pacto que abrangue máis de dúas centas medidas e que \"representa 9 millóns de persoas\", afirmou, mais que fica aberto a novas incorporacións. \"O grupo parlamentar socialista non aspira a impor nada, non temos liñas vermellas\", dixo ao comezo da súa intervención para deseguido lanzar o primeiro dardo a Podemos a quen sinalou que \"non ten sentido que forzas con menos apoio axixan o seu programa\". Neste senso, tamén lembrou que os 90 escanos obtidos polo PSOE nas eleccións do 20D tornan o seu grupo na \"pedra angular\" de calquera estrutura de goberno. O candidato do PSOE propuxo derrogar a Lei de Costas Ao grupo de Pablo Iglesias foi destinada boa parte da intervención de Sánchez ao preguntarlle en múltiples ocasións polas razóns de non comezar \"a semana que vén\" a implementar algunhas das súas propostas de goberno. \"As mans do grupo socialista están tendidas\", recuncou. Entre a batería de propostas debulladas por Pedro Sánchez durante a primeira xornada de investidura sorprendeu a ausencia da derrogación das Deputacións, un dos elementos chave do acordo asinado con Ciudadanos. Iso e a ausencia de calquera medida dirixida a Galiza, que non foi mencionada en todo o discurso. Así as cousas, Sánchez si avanzou a súa vontade de derrogar a Lei de Costas, a norma que permitiu Rajoy prorrogar en funcións o mantemento de Ence-Elnosa en Lourizán durante 60 anos máis."}
{"ID": "NOS_7131", "summary": "O confinamento non só trouxo malas novas. Desde o 18 de marzo Xurxo Souto acompañounos nas contracapas de Nós Diario con historias da súa biografía emocional, textos breves atravesados pola súa cosmovisión e un certo desexo de percorrer o país \"face a face\". 'Pangalaica' reúne agora estes \"recortes poderosos\" nun único volume.", "text": "\"Aforro calquera intento de comentario intelixente sobre unha situación que non son quen de comprender. Só entendo que este é un bon vagar para compartir historias bonitas, esas que normalmente non adoitamos contar\". Eran as lúcidas palabras coas que Xurxo Souto abría sección neste xornal un estraño 18 de marzo no que as rúas ficaban baleiras e aínda aterrabamos naquela realidade do fechamento domiciliario que logo se prolongaría durante meses. Contra a escuridade do presente, el prometíanos a primavera. As dúas chamadas \"Estaba un día na hora da sesta, botando unha soneca, e recibín unha chamada de María Obelleiro\", conta Souto. Coa pandemia ficaba un oco en Nós Diario, coa cultura parada, e a directora do medio pediulle se podía escribir un pequeno texto. \"Como lle teño lei e querenza a Nós Diario, e ademais estaba medio durmido, díxenlle 'Cando empezo?'\". Aos dous días estaba na contracapa. \"Estaba un día na hora da sesta, botando unha soneca, e recibín unha chamada de María Obelleiro\", conta Souto A encarga obrigou a Souto a se mergullar na súa biografía emocional para expresala cunha técnica literaria que ao vocalista dos Diplomáticos lle era nova, segundo el mesmo admite: contar unha historia en tres parágrafos. \"Ese xénero tan fermoso, algo moi breve e polo tanto moi requintado e traballado\". Era un reto. Foi outra inesperada chamada telefónica, tempo despois, a que fixo posíbel o libro que reúne todas estas pezas breves. Desta volta quen ligaba era Francisco Castro, o director de Galaxia, lector do xornal, que lle propuxo publicalos neste Pangalaica. Recortes poderosos, que agora ve a luz. A brevidade como esencia Foi condición imprescindíbel que o texto non se modificase, polo que as palabras son as mesmas coas que Souto nos acompañou durante as horas máis duras do confinamento. E é que estaba certo de \"evitar a tentación de amplialo\", pois era xustamente o \"desafío\" desa brevidade un dos grandes valores destes relatos cativos en verbas, mais poderosos en contido e forma. \"Un defecto da miña literatura é que conto uns rollos terríbeis, tendo a estenderme moito. A concreción era un logro que había que manter\", asegura Souto \"Un defecto da miña literatura é que conto uns rollos terríbeis, tendo a estenderme moito. A concreción era un logro que había que manter\", asegura. Só nalgún caso se complementa o orixinal con pequenas notas, a raíz de indicacións sobre as protagonistas dalgún dato a modificar. Porén, si que foi preciso peneirar, pois das máis de 100 colaboracións que o xornalista e músico fixo desde mediados de marzo até finais de agosto -case seis meses, que se di fácil- tiveron que reducir só a 80. Van, aliás, acompañados de imaxes, a maioría fotografías dos álbums familiares das persoas das que fala o autor. Souto deixa testemuño de pequenas historias humanas, retratos escritos das faces coas que foi topando nas súas rutas ao longo do país cos Diplomáticos de Monte Alto, alá polos 90. A estrutura respecta a orde cronolóxica na que foron publicadas, polo que pode trazarse a evolución das súas inquedanzas. Nese tempo, o autor foise decatando de que o que estaba a escribir era a súa propia \"cosmovisión da Galiza, a imaxe que teño eu, que non é exactamente igual aos tópicos habituais\". Refire entre as súas teses, por exemplo, a \"mentira da fronteira entre a aldea e a cidade\" ou que \"Vigo e Coruña son a mesma urbe\". Ademais, os recortes dan conta desoutra máxima que vemos con claridade nas páxinas deste diario: \"somos un pobo de artistas\". \"Esa visión que temos ás veces de nós mesmos como xente apoucada non é así, o noso é un país como todos: creativo\", asegura Souto. E destaca, xa desde a propia capa de Pangalaica, o rol das mulleres na cultura, non sempre valorado, coa fuigura de Xosefa de Bastavales, coas súas discípulas: As Garotas da Ribeira, Tupa e Sofía de Labañou. No rego de Manuel María A medida que Souto avanzaba na escrita decatouse tamén de que, inconscientemente, \"estaba a seguir o mandato de Manuel María\". El mesmo tivo a sorte de coñecelo durante o tempo que o poeta viviu na Coruña e desenvolveu unha relación moi intensa, admirador desa visión que tiña do país \"persoa a persoa / face a face\". Xurxo Souto coñeceu a Manuel María durante o tempo que o poeta viviu na Coruña e desenvolveu unha relación moi intensa, admirador desa visión que tiña do país \"persoa a persoa / face a face\" Así o mostra desde o \"conxunto olímpico\" dos Lirios co que nos abraiaba na primeira entrega, até os ditos sobre o cuco que o ocupan na derradeira. A corrente que atravesa Pangalaica intégrase no que expresan os versos do libreiro: \"Aínda teño a esperanza de poder / percorrer unha por unha / todas as parroquias de Galiza / [...] pois non hai tarefa máis urxente, / fermosa, nidia e necesaria\". As persoas son as protagonistas destas historias que nos arrodean e nos definen, aínda que sexa desde a óptica tan senlleira de Xurxo Souto. Pois el sabe de contar, sempre desde esa enerxía construtiva que nos arrastra \"avante toda\" na eterna arroutada do futuro. Ese que construímos, agora e sempre, xuntas."}
{"ID": "NOS_29762", "summary": "Receitas de torta de cabelo de anxo con xamón, salmón recheo en papillota e iogurtes de limón.", "text": "—Salmón recheo en papillota Na peixaría deben tirar a espiña central. Como sempre queda algunha espiña, arrancámolas con pinza de depilar até que, ao pasar a man, nin se noten nin pinchen. Úntase con manteiga o papel de aluminio e poñemos o peixe aberto coa pel para abaixo. Sálgase o salmón e úntase con aceite. Nunha metade esténdese unha capa de lascas de xamón, por riba outra de champiñóns laminados e logo outra cos lagostinos ou gambas en anacos. Cérrase o salmón e envólvese en papillota moi fortemente co papel de aluminio. No forno prequente a 180º ásase durante 45 minutos. Retírase o papel e sérvese quente. Notas: Esta receita fornecida pola miña biblioteca gastronómica particular, a miña amiga Ricucha, pódese facer con troita asalmoada grande. —Torta de cabelo de anxo con xamón Facer o cabelo de anxo: No forno a 100º metemos a amolecer a cabaza enteira dúas ou tres horas. Sácase do forno, ponse no vertedoiro e, quente, dáselle un forte golpe ou ábrese cun coitelo para baleirala. Sepárase a polpa da cortiza, retíranse as pebidas. Pésase a polpa. Ponse a cocer a lume manso nunha pota con 1 decilitro de auga, engádese o limón partido á metade, mexendo de cando en cando para que non pegue, cocerá 30 minutos. Bótase o azucre e o pau de canela. De novo, 30 minutos a lume baixo, remexendo. Coa pota tapada, déixase macerar até o día seguinte. Coce de novo unha hora a lume moi manso, mexendo de cando en cando. Ao arrefecer, retírase o limón e o pau de canela. Se hai algún anaco de polpa que non esfiou, desfaise coas mans. Montar a torta: Nun molde, sobre papel de enfornar, estírase a masa, deixando dabondo nas beiras para cerrar a torta. Estendemos unha capa de cabelo, cubrimos coas lascas de xamón partidas en anacos medianos. Dóbranse os lados, estirando a masa para tapar o xamón. Poden ficar anacos sen cubrir. Pintamos a torta co ovo batido. No forno prequente a 200º, enfórnase 45 minutos. Sérvese quente. Notas: A Cucurbita ficifolia (cidreira caiota) dá un froito de forma elipsoide, coa casca verde con manchas brancas, co que se elaboran doces. De sobrar cabelo, embótase cocéndoo a baño maría 30 minutos. Gárdase como unha conserva ou conxélase. Cabe usar cabelo de anxo comercializado. Moito obrigada á nai de Inés, Miguel e Sara por ternos convidado a degustala por primeira vez. —Iogurtes de limón Mestúranse no batedor os iogures, o leite condensado e o zume dos limóns. Repártese a crema en recipientes individuais e deixamos repousar 24 horas no frigorífico. Ao servir, esparexemos por riba da crema un chisco de canela ou serraduras de tona de limón. Notas: Resultan máis saborosos de seren iogures caseiros. E máis cremosos se a base son iogures gregos."}
{"ID": "NOS_20531", "summary": "Ecologistas en Acción estudou os niveis diarios desas partículas nas cidades do Estado entre 18 e 24 de febreiro e pide que se fixen restricións temporais ao tráfico motorizado cando se dean este tipo de situacións.", "text": "Unha semana de anticiclón e o habitual alto volume de tráfico motorizado combináronse estes días coa chegada de pó africano na fachada oeste ibérica (de Huelva a Galiza) para provocar que se disparasen os niveis de partículas no aire urbano en moitas cidades do Estado español, entre elas tamén as galegas. Así o indican desde Ecologistas en Acción (EA), que sitúa tres urbes de Galiza: A Coruña, Santiago e Vigo, entre as que superaron o valor límite diario de partículas contaminantes PM10, establecido pola normativa en 50 microgramos por metro cúbico. EA estudou os niveis diarios desas partículas nas cidades do Estado entre 18 e 24 de febreiro. En varias destas cidades, ademais, os niveis de partículas finas (PM2,5) tamén foron moi altos. \"A situación máis grave dáse nas cidades que acumulan xa máis de tres días consecutivos por riba do límite legal\", indica esta organización, citando as da Coruña e Compostela. A contaminación atmosférica por partículas foi responsábel en 2015 de case 28.000 mortes prematuras no Estado español, segundo o último informe sobre a calidade do aire publicado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, citando estudos da Organización Mundial de la Salud (OMS). Ecologistas en Acción pide que se estendan a todas as áreas urbanas afectadas as medidas de redución do tráfico motorizado, convidándoas a seguir exemplo das adoptadas polas autoridades de Asturies e Valladolid."}
{"ID": "NOS_24277", "summary": "As infeccións activas da Covid-19 volven descender até 18.771, ao tempo que os novos positivos fican por baixo do milleiro. Tamén comeza aliviarse a presión sobre os hospitais. O Comité clínico acordou onte recomendar o nivel máximo e alto de restricións a un total de 71 concellos. Até agora eran 60.", "text": "O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia da Covid-19, acordou na súa xuntanza da noitiña de onte fixar o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei. Medio Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 7 de agosto. Evolución A Galiza comeza albiscar a fin da quinta vaga da Covid-19. De feito, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, afirmou que a finais desta semana alcanzará o seu pico máximo. Mais, segundo o último informe publicado pola Consellaría de Sanidade, con datos até as 18 horas de onte, o país atópase aínda en valores moi elevados, cunha incidencia acumulada a 14 días de 665 casos por cada 100.000 habitantes e de 292 a sete días. Malia remitiren levemente nos últimos días após un mes de escalada continua, as infeccións activas sitúanse en 18.771 (36 menos que na xornada anterior). Contaxios Aliás, os novos contaxios volven descender, cun total de 837 no último día (-102), ), ao tempo que a taxa de positividade das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) experimenta unha lixeira baixada até 12%, aínda por riba do limiar de 5% recomendado para dar por controlada a transmisión vírica."}
{"ID": "NOS_18874", "summary": "O sindicato maioritario no ensino público quere que a Xunta negocie dunha vez a resititución de dereitos do persoal docente. En concreto, a devolución do horario lectivo ao profesorado, 18 horas máximas semanais en Secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial, e as 21 en Primaria e Infantil. A CIG levou esta cuarta feira a súa reivindicación a San Caetano, onde se concentrou en protesta contra os recortes.", "text": "A CIG lembra que eses dereitos que esixe xa foron restutuídos noutras seis comunidades autónomas. \"Galiza foi á dianteira nos recortes e agora estamos á cola na devolución dos dereitos roubados\", expuxo o secretario nacional de CIG Ensino, Suso Bermello. Para o dirixente sindical, o regreso ás 18 e 21 horas semanais \"redundaría nunha mellora da calidade educativa porque o profesorado podería dedicar o seu tempo ao realmente importante, a preparación das clases, ademais de poder ter unha atención máis individualizada\". A maiores, sinalou Bermello, unha decisión así \"tería un efecto inmediato no aumento de postos de traballo e na redución de profesorado que imparte materias afíns, que neste intre acada cifras escandalosas\". \"A diminución de ratios e das itinerancias e a perda de postos de traballo ou o aumento da precariedade para o persoal interino e substituto son outros asuntos relevantes que deberían tratarse na mesa sectorial de educación, que a consellaría quere baleirar de contido\", engadiu. Representantes sindicais da CIG Ensino aproveitaron para despregar unha faixa reivindicativa no edificio da Consellaría de Educación, rapidamente retirada polos axentes de seguridade."}
{"ID": "PRAZA_12892", "summary": "Tal e como acontece coa ópera, co ciclismo ou cos deportes de neve, tamén a temporada cinematográfica organízase cada ano en función dunha serie de datas clave e citas ineludibles, que se repiten ciclicamente. Neste calendario, un festival como o Indie Lisboa adquire un interesante valor estratéxico para críticos de medios modestos ou programadores de festivais menores, ademais dun notable atractivo para a cinefilia en xeral. O feito de que o certame lisboeta se celebre só un par de semanas antes de Cannes, propicia que a súa programación inclúa, en gran parte, unha boa escolma da colleita que está a piques de concluír.", "text": "Tal e como acontece coa ópera, co ciclismo ou cos deportes de neve, tamén a temporada cinematográfica organízase cada ano en función dunha serie de datas clave e citas ineludibles, que se repiten ciclicamente. O pistoletazo de saída dáse en maio, en Cannes, e o circuíto reiníciase doce meses máis tarde de novo en La Croisette. Logo da ansiada cita francesa, é a quenda de Venecia, Toronto e San Sebastián en setembro, Mar del Plata en novembro e Berlín en febreiro. Tampouco podemos esquecer Karlovy Vary (xullo), Locarno (agosto), Las Palmas (marzo) ou o Bafici (abril). Neste calendario, un festival como o Indie Lisboa adquire un interesante valor estratéxico para críticos de medios modestos ou programadores de festivais menores, ademais dun notable atractivo para a cinefilia en xeral. O feito de que o certame lisboeta se celebre só un par de semanas antes de Cannes, propicia que a súa programación inclúa, en gran parte, unha boa escolma da colleita que está a piques de concluír. Deste xeito, moitos dos filmes que forman parte das súas diversas seccións chegan á capital lusa logo de pasar por algún (ou varios) dos festivais anteriormente mencionados. A selección de longas na Competición Internacional, por exemplo, incluía apenas dúas estreas mundiais (a belga Berlin Telegraph e a alemá Formentera), e nutríase principalmente de películas programadas e mesmo premiadas en Locarno ou, sobre todo, Rotterdam A selección de longas na Competición Internacional, por exemplo, incluía apenas dúas estreas mundiais (a belga Berlin Telegraph e a alemá Formentera), e nutríase principalmente de películas programadas e mesmo premiadas en Locarno ou, sobre todo, Rotterdam. Un dato significativo nesta sección foi a baixa idade media dos seus directores, a maioría deles nacidos na segunda metade dos anos setenta e mesmo nos oitenta. É o caso da chilena Dominga Sotomayor, de vinte e seis anos de idade, e vencedora do Gran Premio Cidade de Lisboa á mellor película con De jueves a domingo, unha admirable road movie que narra, mediante unha notable economía en recursos de narración, realización e produción, a ruptura dunha parella vista a través da ollada da súa filla cativa. A excelente planificación da posta en escena, que aproveita excepcionalmente os numerosos encadres no interior do vehículo familiar, e a eficacia da súa sintética trama, que ten a virtude de suxerir moito máis do que explicita, son as dúas grandes fortalezas desta cinta, sinxela só en aparencia (unha análise pormenorizada dos filmes máis destacados do festival estará dispoñible n'A Cuarta Parede ao longo das próximas semanas). Na sección Observatorio atopamos pesos pesados da envergadura de Abel Ferrara, que presentaba a íntima e espiritual 4:44 Last day on Earth, Todd Solondz (Dark house), Andrea Arnold (Cumbres borrascosas) e o mestre Werner Herzog En contraste coa categoría anterior, na sección Observatorio atopamos pesos pesados da envergadura de Abel Ferrara, que presentaba a íntima e espiritual 4:44 Last day on Earth, Todd Solondz (Dark house), Andrea Arnold (Cumbres borrascosas) e o mestre Werner Herzog, de quen se presentou en Lisboa, logo do seu paso por Toronto, IDFA e Tesalónica, o estremecedor documental Into the abyss. O infatigábel cineasta muniqués reflexiona neste filme sobre o asasinato e a pena de morte a través dun arrepiante e incomprensible homicidio múltiple. Ademais de valerse de documentos audiovisuais do caso, que inclúe vídeos reais da escena do crime filmados pola propia policía, Herzog entrevista, coa súa teimosía e tenacidade características, a todos os implicados no crime, incluíndo ao mozo Michael Perry, condenado como co-autor do crime, poucos días antes de ser executado. Este filme ten a súa continuación no proxecto Death Row, no que o director alemán penetra nunha prisión de máxima seguridade de Texas para entrevistar a condenados a morte. A carón destes reputados cineastas, atopamos tamén na sección Observatorio os últimos traballos de directores consagrados como Lucas Belvaux e Michael Glawogger, así como do ascendente Denis Côté, cuxa sublime obra Bestiaire foi sen dúbida un dos grandes filmes desta edición do Indie Lisboa. A sección Cinema Emerxente deu boa conta das principais tendencias do panorama cinematográfico actual, cun bo feixe de títulos que veñen de triunfar en prestixiosos festivais internacionais, como Alps (premiado en Venecia), do grego Giorgos Lanthimos; El estudiante (premiado en Xixón), do arxentino Santiago Mitre; The loneliest planet (premiado en Las Palmas), da estadounidense de orixe ruso Julia Loktev; Michael (premiado na Viennale), do austríaco Markus Schleinzer; ou Take shelter (premiado en Cannes), do estadounidense Jeff Nichols. Tamén nesta sección foron programadas a extraordinaria e abraiante Nana, de Valérie Massadian, vencedora do premio á mellor Opera Prima en Locarno; e o documental Jesus por um dia, de Helena Inverno e Verónica Castro, gañadora do premio á mellor longametraxe portuguesa desta edición do Indie Lisboa. Completaron o palmarés deste ano Whores' Glory, de Michael Glawogger (Premio do Público); L'estate di Giacomo, de Alessandro Comodin (Premio de distribución TVCine); Meet the Fokkens, de Gabriëlle Provaas e Rob Schröder (Premio Pulsar do Mundo) Completaron o palmarés deste ano Whores' Glory, de Michael Glawogger (Premio do Público); L'estate di Giacomo, de Alessandro Comodin (Premio de distribución TVCine); Meet the Fokkens, de Gabriëlle Provaas e Rob Schröder (Premio Pulsar do Mundo); e as curtametraxes Juku, de Kiro Russo, e Cama de Gato, de Filipa Reis e João Miller Guerra. De baleiro marchou, porén, a que segundo a miña opinión foi a mellor peza de todo o festival: O que arde cura, dirixida por João Rui Guerra da Mata e protagonizada polo cineasta João Pedro Rodrigues. Indie Lisboa dedicou tamén este ano senllas seccións especiais á Viennale, que cumpriu en 2012 a súa quincuaxésima edición, e ao cinema suízo actual, representado por unha selección de filmes do chamado colectivo Bande À Part Films do país helvético. A Cuarta Parede Indie Lisboa"}
{"ID": "NOS_41267", "summary": "Coñecese pola súa longa traxectoria política, primeiro no BNG e logo no PSOE, e pola súa condición de economista mais Xoaquín Fernández Leiceaga desvélase agora como escritor coa novela Agosto de memoria e morte que verá a luz neste mes de xullo.", "text": "Agosto de memoria é morte é a primeira novela do político e economista Xoaquín Fernández Leiceaga, que verá a luz neste mes de xullo na editorial Xerais. O agosto ao que se refire non é o do 36, aínda que a memoria da novela remita ao tempo da República e o levantamento militar, onde se sitúa o xermolo da trama desta historia de investigación policial. Nado en Noia en 1961, Xoaquín Fernández Leiceaga é un coñecido político que militou primeiro nas filas do nacionalismo -chegando a formar parte dos seus órganos de dirección do BNG- e ocupou cargos como concelleiro en Noia e Santiago e logo pasou, a integrar as listas do PSOE e logo formar parte do goberno municipal da man do alcalde Sánchez Bugallo. Leiceaga foi tamén deputado polo PsdG-PSOE no Parlamento de Galicia ademais de investigador en economía e profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago. En Agosto de memoria e morte, o escritor deslócase aos últimos anos do franquismo cunha novela policial na que, ao longo de 344 páxinas, un novo investigador terá que descubrir as causas da morte dun promotor inmobiliario ao que se sumará outro posíbel asasinato. As pesquisas conducirán ao tempo da República e o levantamento militar, tempo da mocidade dos que agora están mortos en estrañas circunstancias. Tarefa do investigador será desenlear o novelo da historia, do relato dos acontecementos e tamén da relación co tempo que lles tocou vivir, o presente e, en especial, o seu pasado. \"As feridas que non cauterizan dan sempre problemas e a ideoloxía pode manter aceso demasiado tempo o lume do resentimento. O pasado atrápanos, a memoria retorna... e mata\", anuncian desde a editorial para presentar a primeira novela de Xocas."}
{"ID": "NOS_50075", "summary": "Acto político de Galiza Nova en Compostela, onde se rexeitou \"a monarquía española\" e \"todo o que representa\" e situou a construción da \"República galega\" como alternativa ao \"réxime\" actual.", "text": "O 12 de outubro, Día da Hispanidade, nin Galiza nin a mocidade galega teñen nada a celebrar. Eis a mensaxe central do acto político que Galiza Nova organizou en Compostela esta sexta feira e durante o cal se prendeu lume a unha imaxe do monarca español, Filipe VI. \"O 12 de outrubro é a celebración dunha masacre. Nós non temos nada que celebrar, Galiza non celebra masacres nin xenocidios\", afirmou Navia Rivas, integrante da dirección de Galiza Nova e unha das intervintes no acto. Alberte Fernández, secretario xeral da organización xuvenil nacionalista, sinalou que \"rexeitamos este réxime e todo o que representa. A monarquía española representa a continuidade do franquismo\". Tamén apuntou que GN aposta en \"construir unha sociedade nova na Galiza, na que os nosos dereitos estean garantidos. Non deixaremos de loitar ata conseguir unha Galiza ceibe e popular\". A organización considera que este é un \"réxime totalmente inxusto\", que\" mantén á súa cabeza unha institución totalmente anacrónica e que nos condena á dependencia do estado español\". Fronte isto, reiteran os mozos e mozas de GN, a aposta é \"construír a República da Galiza, na que as mozas poidamos ser verdadeiramente libres\"."}
{"ID": "NOS_43021", "summary": "O secretario xeral de Podemos na Galiza, Breogán Riobóo, non descarta que a formación política se presente en solitario ás eleccións galegas deste 2016 e relegou que En Marea a un \"simple acordo electoral\".", "text": "Nun informe presentado perante o Consello Cidadán Galego, que foi gravado e enviado aos medios de comunicación, Breogán Riobóo abriu a porta a que Podemos se presente en solitario ás eleccións á Xunta de Galiza. En concreto, presentou tres posibilidades para encarar os comicios. A primeira das opcións pasa por camiñar conxuntamente desde En Marea. A segunda, consistiría en buscar un espazo á marxe de En Marea –entendendo que a coligazón ten que se centrar no Congreso e non pode estar \"pendente\" das eleccións galegas- e a terceira posibilidade suporía concorrer en solitario como Podemos. Así, Breogán Riobóo expuxo a posibilidade de \"camiñar como Podemos Galiza en base aos nosos principios fundacionais e entendendo a fortaleza da organización amosada ao longo da campaña\". Para traballar de cara ás eleccións galegas e para organizar a asemblea de Podemos Galiza que terá lugar no mes de febreiro, Breogán Rioboo anunciou que esta segunda feira, 11 de xaneiro, convocou unha reunión coas Secretarías Xerais Municipais. Críticas ao proceso de confluencia en En Marea Respecto do proceso de confluencia nas xerais, o responsábel de Podemos no país admitiu que En Marea tivo \"erros\" durante a campaña e asegurou que esas eivas \"evidencian que temos que reflexionar perante novos desafíos e analizarmos os escenarios abertos\". Riobóo relegou a coligazón En Marea a un \"simple acordo electoral\" Riobóo recoñeceu que o proceso de conversas para a confluencia foi \"moi complexo\" e que se alongou \"demasiado no tempo\". Tamén admitiu que \"non permitiu unha participación real activa\" da sociedade. De aí que relegara a coligazón a un \"simple acordo electoral\". Ademais, sinalou que a mensaxe da campaña \"non foi a mellor\", en alusión á busca do \"voto explicitamente nacionalista\" en detrimento da \"transversalidade\" de Podemos. \"Conseguiuse así chegar ao máximo do voto nacionalista, que entre 1997 e 2001 acadou o BNG\", engadiu. Riobóo critica a \"sobrerrepresentación dalgunhas organizacións\" que fan parte de En Marea Na mesma liña, criticou a \"sobrerrepresentación dalgunhas organizacións\" que fan parte de En Marea, así como que \"moitos actos desenvolvéronse nos formatos da vella política\". Hai que lembrar que das seis deputadas electas, dúas fan parte de Podemos -Antón Gómez Reino (nº1 pola Coruña) e Ángela Rodríguez (nº2 por Pontevedra)-, dúas fan parte de Anova -Alexandra Fernández (nº1 por Pontevedra) e Miguel Anxo Fernán Vello (nº1 por Lugo)-, unha fai parte de IU -Yolanda Díaz (nº2 pola Coruña)- e un, supostamente, non representa ningún destes partidos -David Bruzos (nº1 de Ourense en Común). O responsábel político de Podemos na Galiza avogou nunha \"nova metodoloxía\" no partido que \"poña en valor e lexitime\" todos os cargos orgánicos e que dinamice os círculos de Podemos."}
{"ID": "NOS_14339", "summary": "Despois de alertar nos últimos días desta posibilidade no caso de que non se reactivase o acordo para o corredor humanitario, as empresas de seguros fechan definitivamente a posibilidade de continuar cos envíos de gran nesta situación.", "text": "As empresas aseguradoras que estaban ofrecendo cobertura ás exportacións de gran ucraíno polo corredor humanitario no mar Negro resolveron bloquear novas pólizas para a carga enviada desde o país eslavo, revelou Reuters citando fontes do sector, o que na práctica supón frear a saída de cereais por esa vía. Tres novos buques abandonaron onte os portos ucraínos no mar Negro, sen que estean previstas novas saídas hoxe, indicou o centro de coordinación en Istambul (Turquía). Recep Tayyip Erdogan, o presidente turco e un dos mediadores do acordo, anunciou que falará os próximos días cos seus homólogos en Ucraína, Volodimir Zelenski, e Rusia, Vladimir Putin, para restabelecer as exportacións. Ao tempo, Moscova ratificou que os servizos de seguridade do país apuntan cara aos militares británicos por supervisar e coordinar -xunta Ucraína- o ataque con drons a buques militares e civís que formaban parte do corredor humanitario, o que motivou a retidada do acordo conxunto con Ucraína, Turquía e a Organización das Nacións Unidas (ONU). Esta decisión foi cuestionada polo secretario xeral adxunto da ONU para Asuntos Humanitarios, Martin Griffiths, que asegurou no Consello de Seguridade que \"cando os navíos do acordo non están na área, o corredor non ten un status especial\". Pola súa parte, Moscova critica que a institución non se implique no cumprimento do pacto, que tamén inclúe a exportación de cereais e fertilizantes procedentes de Rusia, e que, segundo o Kremlin, está bloqueada polos membros da Unión Europea. O bloque comunitario coincidiu con Ucraína en que esta decisión é unha \"chantaxe\" ao mundo coa fame de por medio. Rusia tamén reiterou que \"o Reino Unido está relacionado co ataque terrorista contra infraestruturas enerxéticas internacionais\", destacou onte o voceiro do Kremlin, Dimitri Peskov, arredor dos gasodutos Nord Stream 1 e Nord Stream 2, que foron afectados por explosións rexistradas o 26 de setembro. A información sobre a dirección e coordinación británica do ataque contra os gasodutos, que unen Rusia con Alemaña, \"debería ser analizada moi detidamente, agardamos esta análise a pesar do silencio inadmisíbel das capitais europeas\", insistiu, afirmando que \"pensaremos nos próximos pasos\". Kíiv recupera subministracións O alcalde de Kíiv, Vitali Klitschko, fixo público que o abastecemento de auga a 350.000 fogares en Kíiv foi recuperado, do mesmo xeito que a subministración de enerxía, que afectara 80% das casas da capital tras os ataques rusos da segunda feira en 10 rexións ucraínas. Klitschko subliñou que continuarán efectuando apagadas \"posto que o déficit no sistema eléctrico, despois dos bárbaros ataques do agresor, é importante\". Durante a madrugada de onte, catro mísiles rusos impactaron na cidade de Mykolaiv, provocando cando menos o falecemento dunha persoa. Mentres, Sergei Shoigu, ministro de Defensa ruso, sostivo que Ucraína volveu bombardear a zona da central nuclear de Zaporijia, os puntos de evacuación de civís e de distribución de axuda humanitaria. En Khersón, onde as autoridades rusas deran por concluída días atrás a evacuación de 80.000 persoas, ampliouse onte en 15 quilómetros o radio de evacuación, por mor da suposta ameaza de que Ucraína lance un ataque masivo contra o encoro de Kakhovka. No que atinxe á denuncia rusa na ONU de que os militares ucraínos están a preparar un ataque cunha arma nuclear de baixo rendemento para acusar Moscova, o Organismo Internacional de Enerxía Atómica comezou onte a súa inspección en instalacións nucleares controladas polo Goberno de Zelenski. A entidade adiantou que as conclusións iniciais serán transmitidas ao final desta semana, tras aceptar o convite ucraíno para revisar os dous lugares nos que Moscova alegou que estarían a preparar a denominada como \"bomba sucia\". Finlandia pide acelerar o ingreso na OTAN A primeira ministra finlandesa, Sanna Marin, instou nunha rolda de prensa con mandatarios nórdicos a que Hungría e Turquía aproben canto antes a entrada de Finlandia e Suecia na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Budapest e Ancara son os únicos membros da alianza militar liderada polos Estados Unidos que aínda non ratificaron o seu acceso, que en primeira instancia fora avalado por Turquía a cambio da entrega de kurdas e kurdos que o Executivo de Erdogan considera terroristas, multiplicando as preocupacións polas implicacións a nivel de dereitos humanos do pacto. Arredor desta cuestión, o xornal finlandés Iltalehti revelou que o proxecto de lei para a incorporación á OTAN non inclúe ningunha clase de exclusión, polo que poderían instalarse armas nucleares e bases militares no seu territorio. Fontes de Defensa confirmaron que o compromiso coa alianza militar incluía evitar calquera restrición a este respecto, contrariamente ao declarado por Marin no comezo do proceso. O Centro para o control e a non proliferación de armas estima que os Estados Unidos teñen 100 armas nucleares despregadas en Bélxica, Alemaña, Italia, Países Baixos e Turquía, á vez que Francia e o Reino Unido contan con 400 armas deste tipo despregadas."}
{"ID": "PRAZA_12040", "summary": "A taxa de créditos dubidosos das familias segue por debaixo do 2% de morosidade, mentres que a das actividades ligadas ao sector inmobiliario supera amplamente o 18%", "text": "A evolución dos créditos facilitados polas entidades financeiras nos últimos anos dá boa mostra da estratexia de crecemento económico da que botou man a economía española. A financiación das actividades inmobiliarias, tanto para a construción, venda e compra de vivendas, medrou de maneira exponencial durante os anos da chamada bonanza económica. Finiquitada a festa só quedan os restos dos excesos: bancos que son inmobiliarias, cidades pantasma, centos de miles de persoas no paro vencelladas a este sector... E agora hai que engadir ás familias, moitas delas afogadas en débedas para facer fronte ao pagamento en tempo e forma aos recibos do prestamista. Os datos reflicten que, con máis de cinco millóns de parados, os fogares priorizan o pagamento das hipotecas fronte a outros gastos -primarios ou secundarios-, tendo en conta que a morosidade das familias non chega ao 2% en relación ao total de créditos concedidos. No ano 2003, a banca destinou case 78.000 millóns de euros ao financiamento de actividades inmobiliarias e outros 65.800 a empresas da construción. Só catro anos despois o volume de créditos concedidos a ambas superaba os 444.000 millóns de euros. Hoxe máis de 73.000 millóns dos créditos totais outorgados a esta rama de actividade son morosos. Do total de empréstitos cualificados como dubidosos, e que no seu día se destinaron para sufragar actividades produtivas (o Banco de España inclúe nesta clasificación a construción), máis do 70% están directa ou indirectamente vencellados á vivenda. É curioso comparar estes datos coa cifra de dubidosos da industria ou a hostalaría. Entre estas dúas actividades non chegan aos 10.000 millóns de euros, a peche do terceiro trimestre de 2011 (últimos datos dispoñibles). Os fogares A Asociación de Afectados por Embargos y Subastas (AFES) publicou o mes pasado un estudo que cifraba en 6.500 as familias galegas que perderan os seus fogares por falta de pagamento coas entidades financeiras. Pero as familias non representan, en ningún caso, un problema de solvencia severo para a banca, cando menos en comparación con outros sectores residentes. Dos máis de 1.788 millóns de euros concedidos por caixas, bancos e outros establecementos de crédito a outros sectores residentes, 794.500 millóns correspondían aos fogares (adquisición de vivenda, rehabilitación, bens de consumo...). Deles, o 3,4 están clasificados como morosos. Menos do 2% do crédito total concedido pola banca. Se botamos man dos datos dos chamados establecementos financeiros (prestamistas con altos tipos de xuro, mais que non son bancos ou caixas), a morosidade das familias supera o 10%. Segundo datos do Banco Internacional de Pagos (BIS), a débeda bruta das familias españolas supera o 90% ratio débeda/PIB."}
{"ID": "NOS_36706", "summary": "O Goberno de Núñez Feixoo cualifica de \"golpe irreversíbel\" a Galiza a anulación da prórroga a Ence.", "text": "O vicepresidente económico da Xunta da Galiza, Francisco Conde, lamentou o \"golpe irreversíbel para Galiza\" que supón, ao seu xuízo, a anulación da prórroga da concesión a Ence en Pontevedra, ante o que reclamou \"alternativas\" ao Goberno estatal. É \"un día triste\", dixo, \"consecuencia dunha decisión política, do PSOE e do BNG, que decidiron fechar unha empresa\" como a pasteira Ence. Así se referiu o vicepresidente segundo da Xunta á decisión da Audiencia Nacional de estimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontevedra e o de Greenpeace contra as resolucións do Goberno de Mariano Raxoi en funcións polas que se acordou prorrogar a concesión de Ence por un período de 60 anos. Conde censurou que a situación de 500 familias sexa nestes momentos \"de non retorno\". Neste sentido, cualificou a a anulación da prórroga de \"golpe\" para o sector forestal e loxístico, e engadiu que \"dificilmente se pode avaliar\" polo de agora o \"impacto real\" que terá esta decisión. \"Pedimos que o Goberno do PSOE apoiado polo BNG, que tomou esta decisión, poña encima da mesa as alternativas que poden atenuar o impacto dunha decisión que pon 500 familias nunha situación de futuro incerto e inxusto\", exixiu."}
{"ID": "NOS_13403", "summary": "Aínda que estaba previsto que se reunise o sábado, o atraso na toma de decisións nas principais estruturas da CUP obrigou a adiar ao domingo a reunión do Consello Político que someterá a votación definitiva a investidura de Mas.", "text": "O atraso na toma de decisións nas principais estruturas da CUP, após o empate da asemblea nacional da pasada semana, supuxo o aprazamento até o domingo da reunión do Consello Político que adoptará a determinación definitiva en relación á investidura de Artur Mas como president. Así, en lugar de se reunir o sábado, 2 de xaneiro, como estaba previsto inicialmente, a xuntanza terá lugar o domingo, 3 de xaneiro, en Barcelona, segundo informa Nació Digital. O aprazamento vén motivado polas reunións que mantiveron o Secretariado Nacional e o Grupo de Acción Parlamentar –os dous principais organismos da candidatura a nivel nacional-, que mantiveron xuntanzas a segunda feira, 28 de decembro, e tiveron que continualas a terza feira, 29 de decembro, co fin de consensuar as opcións a debater. No Consello Político do domingo, amais de participaren o Secretariado e o Grupo de Acción Parlamentar, participarán representantes das asembleas territoriais. No día de hoxe, 2 de xaneiro, reuniranse as 13 asembleas territoriais nas que se estrutura a CUP para decidir entre dúas opcións: permitir a investidura de Mas na segunda volta ou evitala. A decisión das asembleas locais trasladarase ao Consello Político de mañá. Así, non será até o domingo, 3 de xaneiro, cando se coñeza se a CUP apoia a investidura de Mas como president ou se aposta na convocatoria dunhas novas eleccións que terían lugar en marzo."}
{"ID": "NOS_13223", "summary": "O salón de actos do Cristo da Vitoria (Vigo) estrea nesta terza feira o documental 'O barco na rotonda. A historia de Diego', unha curtametraxe de Oliver Garvín que repasa as protestas da veciñanza de Coia contra a instalación do Bernardo Alfageme na rotonda da avenida de Castelao, a petición de prisión —logo retirada— para Diego Lores, un dos protagonistas, e todo o que aquilo supuxo.", "text": "\"Non pode ser, non pode ser. O barco na rotonda e as persoas sen comer\". Aquel cántico retumbou no barrio vigués de Coia durante tres meses nas gorxas de centos de veciños e veciñas que se opuñan á instalación do histórico buque Bernardo Alfageme na rotonda da Avenida de Castelao. O custo da obra oscilaría entre os 100.000 euros que estimou o Goberno local de Abel Caballero e os 300.000 estimados pola veciñanza e desde o primeiro intre topou cunha oposición frontal debido, principalmente, ao delicado momento económico daquel ano 2014, cando se coñeceron as intencións do Concello. Nesta terza feira, ás portas de facer oito anos aquelas mobilizacións, o salón de actos da parroquia do Cristo da Vitoria servirá de escenario —ás 20 horas— para a estrea do documental O barco na rotonda. A historia de Diego, unha curtametraxe do director manchego afincado en Vigo Oliver Garvín que lembra a loita veciñal centrándose na historia do seu amigo Diego Lores, un dos grandes protagonistas. HEMEROTECA (2015) | A veciñanza de Coia sae ao paso de Abel Caballero farta das acusacións de \"violentos\" \"Esta pequena peza de 28 minutos, con imaxes daqueles días e entrevistas posteriores, é unha homenaxe á xente que se mobilizou por unha causa que consideraba xusta, xente de todas as idades que no seu tempo de lecer sentaba na rotonda tentando paralizar as obras nun momento no que a situación no barrio era complicada. A xente tiña que agardar meses por unha cita cun traballador social, e os propios profesionais tamén se mobilizaran daquela\", explica Garvín, en conversa con Nós Diario. Naquel momento a veciñanza, lembra, viu esta \"obra faraónica\" como o momento no que dicir que \"xa abonda\". \"Esta curta é unha homenaxe á loita veciñal\", apunta Oliver Garvín \"O alcalde tomou as protestas como unha ofensa e, no canto de sentar a negociar, enviou a Policía municipal\", engade o director. E é aquí cando entra en escena a historia de Diego. \"Diego era un dos que estaban na asemblea de Coia, era traballador voluntario na Oficina de Dereitos Sociais (ODS), e foi dos que se mobilizaron cando souberon da obra. Nunha das protestas un mozo seica deu unha patada a un axente, que logo estivo de baixa. Diego achegouse para ver que acontecía e tentar mediar e a sorpresa chegou un mes despois, cando recibiu unha notificación acusándoo de agresión, algo totalmente falso\", relata. Diego Lores, ollando cara atrás, lembra agora todo aquel \"episodio represivo\" polo \"bonito\" final que tivo: a veciñanza fechouse na Igrexa do Cristo da Vitoria de cara a un xuízo que non se anulou até o último minuto, cando o axente finalmente retirou a acusación —en xaneiro de 2017—, logo de que a Fiscalía non achase tampouco indicios de delito. \"Non sempre temos a oportunidade de celebrar\", sinala a Nós Diario. HEMEROTECA (2015) | Diego Lores: \"A policía tomou o de Coia como un conflito persoal\" E, de feito, non puido celebrar a veciñanza unha vitoria dous anos atrás naquela rotonda, pois finalmente, unha noite de febreiro o Alfageme chegou para quedar, no medio dun amplo dispositivo policial que impediu o acceso ao lugar dos veciños e veciñas. Aquilo, porén, transcendeu alén desa batalla mesma. \"Serviu para coñecer xente moi diversa e falarmos sobre o modelo de barrio e de cidade que queriamos, como atender as necesidades da xente... Teño unha boa lembranza dos días que pasamos nesa rotonda\", afirma. \"Querían mutilar o movemento e acalar as protestas, dicían que eramos só catro ou cinco, que eramos xente enviada por partidos e sindicatos...\", lembra Diego Lores Iso a pesar de que a resposta do Goberno de Caballero, salienta, foi \"tentar desacreditar as protestas e desmobilizar a xente\". \"Querían mutilar o movemento e acalar as protestas, dicían que eramos só catro ou cinco, que eramos xente enviada por partidos e sindicatos... Mais nós aproveitamos para falar da vida que queriamos para o barrio\", engade."}
{"ID": "PRAZA_12868", "summary": "A Unión Leiteira Galega (Ulega) nace con máis de 2.200 produtores para xuntar forzas na negociación coa industria. A organización supón \"un fito\" ao ser a primeira de ámbito estatal e europeo en constituírse e confía en \"rachar coa dinámica de prezos\" dos últimos tempos.", "text": "A unión fai a forza e esa forza é a que queren xuntar milleiros de gandeiros galegos para negociar os prezos do leite coa industria. Aínda que son varios os sindicatos que pretenden conformar unha organización de produtores lácteos (OPL), Unións Agrarias \"deu un paso á fronte\" ao legalizar xa a primeira en Galicia: Unión Leiteira Galega (Ulega), con 2.254 produtores nela. \"É a primeira organización de ámbito estatal e a primeira europea sen ser de base cooperativa\" Esta OPL, presentada polo secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García, agrupa a máis de 2.200 gandeiros, ten 800 máis pendentes de autorización, e 503.000 toneladas de leite e aproveita a modificación do regulamento dunha directiva da UE que permite a estas agrupacións a negociación colectiva de prezos se cumpren co requirimento de xuntar mil produtores e unha cota de 200.000 toneladas. Para o líder do sindicato gandeiro, o nacemento de Ulega \"é un fito\" e \"non só no sector gandeiro español, senón no europeo\", xa que é a primeira OPL de ámbito estatal en constituírse e tamén a primeira europea que non é de base cooperativa. \"É o único colectivo de gandeiros individuais, malia ter que cumprir os requirimentos máis restritivos da UE\", di García, que explica que a OPL triplicou as esixencias mínimas, tanto en número de gandeiros como de produción. Ulega triplicou os requirimentos mínimos esixidos pola UE en canto a número de gandeiros e produción O secretario xeral de UUAA valora esta iniciativa por ser \"unha ferramenta que vai permitir negociar os prezos en condición de igualdade e que pode rachar cunha dinámina neste ámbito\", aínda que recoñece que \"por si soa non é a solución\". Así, García continúa a reclamar unha implicación maior das administracións para que se exerzan \"unha arbitraxe nas negociacións\", ademais de pedir un aumento no prezo de referencia, que debería situarse nos 33 céntimos por litro, catro máis do establecido polas empresas. Roberto García espera que o Estado e a Xunta tomen conciencia dunha vez da importancia do sector gandeiro, \"non só pola cantidade de xente que traballa nel, senón por ser a base da economía en moitas comarcas rurais\". \"Veterinarios, fábricas de penso, talleres agrícolas... Estamos falando dun sector estratéxico en Galicia, igual que Citroën en Vigou ou Bazán en Ferrol\", di. \"Estamos abertos a que calquera outra unión de gandeiras se xunte a nós\" Ulega destaca agora que \"urxe abrir o proceso de negociación ante a situación límite pola que pasan as explotacións gandeiras\" e a pesar de que o prazo se abra máis adiante. \"A OPL cumpre todos os requisitos e reúne todas as autorizacións, así que nada o impide\", aclaran. En canto á posible unión de máis produtores ou das organizacións que promoven outros sindicatos nunha OPL galega, Roberto García non pecha as portas. \"Estamos abertos a que calquera outra OPL que se legalice, ben sexa de sindicatos ou de cooperativas, se una a nós para crear unha de segundo grao, pero respectando as porcentaxes de participación que xa se teñen\", asegura. De momento, o resto de sindicatos gandeiros optou polas súas propias OPL, que poderían ver a luz nas vindeiras semanas."}
{"ID": "NOS_24852", "summary": "A plataforma contra os despexos chama a un concentración na Coruña o próximo día 11 para amosar a oposición á dinámica de multas contra activistas coa que a Delegación do goberno español \"quere disuadir a cidadanía\".", "text": "As multas impostas a varias persoas que participaron da mobilización que impediu o despexo da anciá coruñesa Aurelia Rei seguen a provocar reaccións en contra. Esas sancións -que recibiron oito activistas -entre eles o portavoz parlamentar do BNG, dous concelleiros, un dirixente da CIG e o bombeiro que se negou a colaborar coa policía forzando a porta- xa foron contestadas mediante o grupo de persoas que acompañou a presentación de alegacións por parte d@s sancionad@s na Delegación do Goberno español e volverá repetirse o próximo 11 de xullo, día no que a plataforma Stop Desafiuzamentos chama a unha concentración -no Obelisco da Coruña, ás 20.00 horas- baixo o lema \"Contra a criminalización da solidariedade\". \"Múltannos a nós para asustarte a ti\", asegura a plataforma nun pasquíns que comezan a ser visíbeis polas rúas e nos que se afirma que \"as multas responden a un plan xeral de criminalización dos movementos e colectivos sociais que poñen en evidencia a violencia económica que está a exercer o goberno do Estado. Ademais, non é casual que estas propostas de sanción cheguen xusto cando a veciñanza afectada polas obras do Ofimático está en pé de loita\", en referencia a un novo conflito na cidade que xa provocou manifestacións, a última frustrada pola policía. \"Estas sancións son un intento de amedrentar á cidadanía, de disuadirnos para que esteamos calad@s, para que non saiamos ás rúas, para que non nos organicemos para loitar contra a inxustiza. Porque? Porque saben que se nos unimos podemos facerlles fronte, como se demostrou no caso de Aurelia. A cidadanía gañou, e teñen medo de que volvamos gañar unha e outra vez\", asegura na súa convocatoria Stop Desafiuzamentos A Coruña."}
{"ID": "NOS_20568", "summary": "No verán de 2006 eran máis de 27.000 os inscritos no réxime especial do mar da Seguridade Social, unha cifra que agora non atinxe os 21.500.", "text": "O sector pesqueiro galego continúa a perder traballadores ano a ano. Unha serie de factores, desde a escasez de cotas á perda de caladoiros tradicionais, pasando polo abandono dun oficio duro, levan a que as persoas rexistradas no réxime especial do mar da seguridade social (figuran mariñeiros e mariños da mariña mercante) non pare de baixar. No 2006 había rexistradas en Galiza 27.271 persoas nese censo, unha cifra que agora é de 21.415, o que supón 5.856 traballadores menos. Unha caída do 21,5%, un de cada cinco. Unha perda significativa para un país mariñeiro como o noso. A redución afecta máis aos traballadores por conta allea, que pasaron de ser 15.857 en 2006 a apenas 12.000 unha década despois, case 4.000 menos. Caen tamén os inscritos por conta propia, que de 11.414 pasan a 9.354. Mais esa caída tamén se reflicte na frota pesqueira galega, que desde 2004 até hoxe perdeu máis do 20% das embarcacións. En 2004 eran 5.565 os barcos do censo da frota pesqueira en Galiza. Máis dunha década despois esa cifra minguou considerabelmente até os 4.430. Son 1.135 embarcacións menos. Unha perda que afecta nomeadamente á frota de artes menores, a artesanal. Eran 4.867 embarcacións en 2004 e son 3.928 agora, 939 menos. Despezamento Os gobernos do PP destinaron entre 2010 e 2015 un total de 83,6 millóns ao despezamento da frota galega. Recibe o nome de 'paralización definitiva da actividade' mais en peiraos e confrarías denomínase directamente como o que é 'desguace' (despezamento). Sacar un barco do mar para despezalo e que xa non volva pescar. Para 'chatarra', como se lle di tamén popularmente. E a isto destínase unha das principais partidas pesqueiras en Galiza, a despezamento de barcos. Durante os anos que leva gobernando Núñez Feijóo (2010 a 2015) máis de 83,6 millóns de euros foron destinados a esta finalidade. Máis de 38.100 euros cada día. Unha boa tallada dos orzamentos pesqueiros, sendo a meirande parte destes fondos fornecidos pola Unión Europea."}
{"ID": "PRAZA_1314", "summary": "O Museo do Pobo Galego acolle este mércores un debate que busca Solucións á crise demográfica de Galicia. Falamos co economista Manuel Blanco, autor do libro Galicia, un pobo con futuro?, editado por Xerais e o Instituto de Estudos das Identidades", "text": "O envellecemento da sociedade galega, o despoboamento de moitas zonas e a baixa natalidade son, seguramente, o problema máis importante dos que afectan a Galicia. Unha situación que, ademais, se está vendo agravada nos últimos anos pola crise económica, os altos niveis de desemprego e a nova emigración de decenas de milleiros de mozos e mozas, que marchan a outros territorios do Estado ou ao estranxeiro na procura de oportunidades. Malia a importancia deste tema, que ten implicacións fundamentais na xestión do territorio, no sostemento do Estado de Benestar ou na mesma supervivencia da lingua galega, o debate semella relegado na axenda pública, na que hai un consenso sobre a súa gravidade, pero sen que isto o sitúe como unha prioridade política e social. Faltan, ademais, medidas decididas, alén de retóricos chamamentos a \"ter fillos\" ou tímidas políticas de fomento da natalidade. Hai uns meses publicouse o libro Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, editado por Xerais e o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego, un volume colectivo coordinado polo economista Manuel Blanco que buscaba afondar na cuestión dende distinto enfoques, unha obra produto de dous anos de traballo e seis foros de reflexión. Este mércores ás 19.30 horas o Museo do Pobo acolle un novo debate, titulado Solucións á crise demográfica de Galicia, no que participarán o propio Manuel Blanco, ademais de Xaquín Fernández Leiceaga (profesor de Economía Aplicada da USC), Carlos Ferrás Sexto (profesor de Xeografía Humana da USC) e Fernando Barros Fornos, (secretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago), unha caste de brainstorming para apuntar e peneiras posibles medidas concretas que poderían e deberían ser adoptadas de inmediato. \"Queremos que se cambie o enfoque. Ata agora houbo moita análise, pero non se debateu sobre a posta en marcha de medidas concretas, medidas paliativas para ir reducindo algúns dos efectos desta situación, pero tamén accións que vaian á base deste problema. Neste debate vanse propoñer unha serie de actuacións concretas que están a disposición das administracións e tamén do corpo social e das empresas\", destaca Manuel Blanco. \"Houbo tamén unha dose moi grande de laios, pero cómpre poñer solucións mensurables e avaliables enriba da mesa. A fase de laiarse, de choromicar, xa pasou. Cada ano que pasa o pobo galego é un pouco máis vello, pasamos de 45 mil nacementos por ano a 20 mil. E esta xente nova vai ter que soportar sobre os seus ombros cada vez un maior peso, unha maior carga para soster as axudas sociais de toda a poboación\", engade. \"A fase de laiarse, de choromicar, xa pasou. Cada ano que pasa o pobo galego é un pouco máis vello, pasamos de 45 mil nacementos por ano a 20 mil. E esta xente nova vai ter que soportar sobre os seus ombros cada vez un maior peso\" Blanco sinala que é importante \"sensibilizar a poboación\", pero afirma que \"levamos xa moitos anos traballando neste senso e non vemos reaccións na sociedade civil\", polo que cómpre pasar ao tempo da toma de decisións. A base do problema é económica? \"Dende logo, con cartos as penas lévanse mellor\", di, pero lembra que \"hai países europeos cunha boa situación económica e unha mala situación demográfica, como é o caso de Alemaña, que invisten moitísimos cartos en todo este tipo de políticas de fomento da natalidade, prazas de gardaría, axudas á conciliación e demais, e a xente non responde. E outros países que invisten menos nisto, como Irlanda, e que teñen mellores resultados\". De igual xeito, subliña que \"se levas 25 anos cunha taxa de fecundidade entre 0,9 e 1,1 fillos por parella, é que algo pasa, e non é só a crise económica, porque non levamos 25 anos de crise. E se Galicia é a terceira rexión de Europa con máis baixa natalidade, é que algo pasa, porque hai zonas bastante máis miserables e pobres que Galicia e non chegaron a este punto\". \"Se levas 25 anos cunha taxa de fecundidade entre 0,9 e 1,1 fillos por parella, é que algo pasa, e non é só a crise económica, porque non levamos 25 anos de crise\" Manuel Blanco pide reflexión e un pacto de país sobre estas cuestións: \"Hai que acadar un máximo consenso social e un máximo consenso político. Con isto non podes facer coma cos plans educativos, estar cambiándoos cada catro anos. En Francia, en Irlanda, en Islandia e en moitos outros sitios isto é unha política de Estado. As forzas políticas e sociais pactaron estas medidas como unha prioridade nacional e mantéñenas aínda que haxa dificultades económicas nalgún momento. Ten que haber un pacto de país e chegar a un consenso que dure dúas, tres ou máis lexislaturas\". \"En Francia, en Irlanda, en Islandia e en moitos outros sitios isto é unha política de Estado. As forzas políticas e sociais pactaron estas medidas como unha prioridade nacional\" Recomenda tamén observar a situación doutros países da nosa contorna e as solucións que alí se adoptaron, pero -iso si- tendo sempre presente que cada lugar ten as súas propias circunstancias: \"Isto de mercar receitas doutros países é válido se eses países teñen as túas mesmas condicións, contexto e características, comenzando polo orzamento dispoñible. Pódense copiar fórmulas ata certo punto, se cadra temos que inventar nós as nosas propias, baseadas na nosa situación concreta. Haberá que ver se estas fórmulas poden funcionar ou non en Galicia e, ademais, se podemos sostelas\", di. Menos de vinte mil nacementos por ano A taxa de natalidade en Galicia situouse en 2013 no 7,17 por mil, con menos de vinte mil nacementos fronte a máis de trinta mil defuncións A taxa de natalidade en Galicia situouse en 2013 no 7,17 por mil, con menos de vinte mil nacementos fronte a máis de trinta mil defuncións. A taxa é, ademais, dous puntos máis baixa que a media do Estado Español. En trinta anos o número de nacementos caeu á metade e, a pesar de que entre 1995 e 2008 experimentou un lixeiro crecemento (motivado entre outros motivos pola chegada á idade adulta da xeración dos baby-boomers), de novo iniciou un descenso nos últimos cinco anos. Ademais, a media de fillos estimados por muller (un dato coñecido como indicador conxuntural de fecundidade) sitúase en Galicia no 1,04 (datos de 2013), por debaixo da media española (1,27) e moi lonxe da media da UE (1,58, segundo datos de Eurostat de 2012), con cifras que oscilan moito pero que superan notablemente as rexistradas en Galicia: Alemaña: 1,38. Francia: 2,01. Italia: 1,43. Portugal: 1,28. Suecia: 1,91. Reino Unido: 1,92. A redución do número de persoas inmigrantes (maioritariamente novas) chegadas a Galicia e a España nos últimos anos, froito da crise económica, tamén fixo diminuír notablemente o número de nacementos. Os partos cada vez se producen en idades máis avanzadas, sendo xa os 35 anos a idade na que se producen máis nacementos. De feito, hoxe en día hai en Galicia unha taxa de fecundidade superior nas mulleres de 40 anos ca nas mulleres de 25. Outra característica da natalidade en Galicia é que a proporción de familias que só ten un fillo é moi superior á doutros países europeos. Os partos cada vez se producen en idades máis avanzadas, sendo xa os 35 anos a idade na que se producen máis nacementos Para explicar esta situación hai que ter en conta moitos factores, comezando porque en Alemaña a baixa laboral por maternidade co 100% do salario é de 14 semanas, pero a ela hai que sumar unha baixa dun ano de duración co 67% do salario para a nai e outra da mesma duración e condicións para o pai. Ou que, por exemplo, España é un dos países con menor flexibilidade nos horarios laborais. Lugares como Suecia ou Noruega teñen taxas de natalidade moi superiores á galega a pesar de seren países nos que a incorporación da muller ao mundo laboral é practicamente unánime e nos que a porcentaxe de mulleres en cargos directivos está entre as máis altas do mundo."}
{"ID": "NOS_16024", "summary": "O executivo de Mariano Rajoy presenta o seu anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais. O texto prevé a liberalización da propiedade e titularidade das farmacias e a supresión de incompatibilidades entre avogacía e procuraduría.", "text": "O goberno español continúa adiante coa liberalización do sector sanitario de acordo cos ditames das institucións económicas internacionais. Neste senso, o executivo liderado por Mariano Rajoy fixo público o anteproxecto de lei mediante o que modificará a actual regulación dos servizos profesionais en aras dunha maior \"competitividade da nosa economía\" e a contribución a unha \"maior competencia\", segundo apunta o documento publicado. O texto presentado recoñece que a medida responde aos mandatos da UE, o FMI e a OCDE O ministerio de Economía e Competitividade considera que o actual marco normativo que regula as profesións vencelladas directamente ao control do Estado é \"excesiva e obsoleta\" polo que cómpre estabelecer un outro \"marco común\" que unifique os criterios entre territorios dentro do Estado e flexibilizar as obrigas de colexiación até \"o estritamente necesario\". Así pois, o texto recolle como principio xeral da reforma a \"liberdade de acceso, de exercicio e de habilitación única\" para aquelas profesións que posúan unha reserva de actividade (sanitarias, xurídicas, educativas...). Porén, inicialmente serán obxecto da reforma as profesións técnicas (arquitectura, enxeñería e as súas correspondentes ramas técnicas); avogacía e procuradoría e farmacia. Avogad@s e procurador@s poderán exercer simultaneamente Neste senso, será obrigatoria a colexiación para a sinatura de proxectos e dirección de obras a enxeñeir@s e arquitect@s --tamén na súa vertente técnica--. Asemade, suprimirá a incompatibilidade entre a avogacía e a procuradoría permitindo que ambas as dúas profesións poidan ser exercidas de maneira simultánea, motivo polo cal será suprimido o \"exame de Estado habilitante\", até o de agora vixente. A liberalización farmacéutica no punto de miraUnha das cuestións máis controvertidas da reforma prevista polo goberno español é a disposición referida á propiedade e titularidade das farmacias. Neste senso o ministerio de Economía pretende liberalizar os puntos de venda, até o de agora exclusivos, de medicamentos de maneira que calquera podería ter a propiedade dunha farmacia, sempre e cando esta conte cunha persoa licenciada á fronte. O texto feito público asegura que a nova norma suprimirá \"a reserva de exclusividade da propiedade\" mais tamén a de \"produción e conservación dos medicamentos\". A reforma, podería abrir a porta ás grandes áreas comerciais e empresas transnacionais que tan só terían que contratar a unha persoa titulada e colexiada para xerentar o negocio, un dos principais temores amosados polo sector. Este é un modelo semellante ao implantado nos EUA onde se dispensan medicamentos en supermercados e hipermercados."}
{"ID": "NOS_33819", "summary": "Por volta de dous millóns de persoas saíron ás rúas de Cuba -non só na Habana, senón ao longo e ancho do país- para testemuñar o seu respaldo á obra e á vida do líder da Revolución cubana, un evidente termómetro do apoio ao goberno do país nun momento tan delicado como o do desaparecimento do fundador da República socialista.", "text": "As multitudes foron as grandes protagonistas dos actos de homenaxe a Fidel. Os mainstream media occidentais preferiron pór o foco sobre as ausencias no tributo ao comandante revolucionario, a comezar pola de Vladimir Putin, o presidente de Rusia. O certo é que esta terza feira de noite, na Praza da Revolución, até 16 oradores internacionais tomaron a palabra para testemuñar a súa adhesión ao legado do dirixente que aliou a defensa da soberanía nacional coa construción dunha sociedade socialista, só un chefe de goberno da UE -o grego Alexis Tsipras- entre eles. Si estivo a plana maior da esquerda lationoamericana -Nicolás Maduro, Rafael Correa, Evo Morales-, e os presidentes de Sudáfrica e Namibia, Jacob Zuma e Hase Geingob. A relación íntegra dos oradores, por orde de intervención, foi a seguinte: Rafael Correa, presidente de Ecuador; Jabob Zuma, presidente de Sudáfrica; Roosevelt Skerrit, primeiro ministro de Dominica; Salvador Sánchez Cerén, presidente de El Salvador; Abdelkader Ben Salah, presidente do Consello Nacional de Alxeria; Li Yuanchao, vicepresidente da República Popular de China; Majid Anjari, vicepresidente de Irán; Vydchelas Volodin, presidente da Duma rusa; Nguyen Thi Kim, presidente do Parlamento de Vietnam; Hamud Bin Jalifa Al Thami, representante de Qatar; Viktor Shelman, enviado de Belarús; Evo Morales, presidente de Bolivia; Hase Geingob, presidente de Namibia; Enrique Peña Nieto, presidente de México; Daniel Ortega, presidente de Nicaragua; Nicolás Maduro, presidente de Venezuela; Raúl Castro, presidente de Cuba. Raúl Castro puxo en destaque que seu irmán encabezara unha Revolución socialista \"dos humildes, polos humildes e para os humildes\" Na súa breve intervención -o estilo austero de Raúl Castro é nesta materia antitético do volcánico e torrencial rexisto do seu irmán-, o presidente de Cuba puxo en destaque que o líder desaparecido encabezara unha Revolución socialista \"dos humildes, polos humildes e para os humildes\", o que o tornou nun símbolo da loita anticolonialista, anti-apartheid e anti-imperialista. Si chamou a atención a ausencia de representación oficial de Angola, país ao que Fidel emprestou un apoio decisivo na guerra pola súa independencia fronte á ameaza imperialista norteamericana e ás tropas do réxime racista de Sudáfrica, e de Corea do Norte (o país asiático decretou tres días de loito pola morte de Castro, mentres que o presidente angolano se declarou \"consternado\" e cualificou o líder cubano unha \"figura ímpar de transcendente importancia histórica\"). Tampouco a Administración Obama estivo presente no acto, a pesar do desxeo nas relacións cubano-norteamericanos producido nos últimos meses e coa lembranza da visita do presidente norteamericano aínda fresca na memoria. Esta cuarta feira, a caravana oficial coas cinzas de Fidel Castro comeza a súa peregrinaxe até Santiago de Cuba, no percurso inverso ao feito polas tropas revolucionarias, xa victoriosas, en xaneiro de 1959. O sepelio vaise verificar o próximo domingo no cimiterio de Santa Ifigenia."}
{"ID": "NOS_41055", "summary": "O PSOE apoiará que se tome en consideración a proposta de Izquierda Plural para que se dea prioridade aos servizos públicos no canto do pagamento da débeda.", "text": "O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, remenda a Zapatero e afirma que @s socialistas apoiarán a derrogación do artigo 135 da Constitución española que obriga a priorizar o pagamento da débeda por riba de calquera outra cuestión. Foi unha medida aprobada polo goberno socialista de Zapatero co apoio do Partido Popular en agosto de 2011. Naquela altura, Pedro Sánchez era deputado do PSOE. Unha proposta de reforma da Constitución presentada polo grupo de Izquierda Plural e que pide que se dea prioridade aos servizos públicos fronte a débeda vai ser debatida esta cuarta feira no Congreso español. Sánchez dixo que o PSOE votará a prol da toma en consideración da proposta. Se o PP rexeita a iniciativa, os propios socialistas volverán presentala en febreiro. Pedro Sánchez admite que a reforma do artigo 135 foi un \"erro\"."}
{"ID": "PRAZA_10433", "summary": "A un lado, Galicia. Noutro, Cuba. Así percorre María Xosé Porteiro en Sándalo (Galaxia) preto de dous séculos de historia creando un mosaico necesario para comprender a relación entre estes dous países", "text": "Cando marchou de Cuba aos 14 anos, María Xosé Porteiro (Madrid, 1952) deixaba atrás dez anos de vida e unha infancia enteira. No regreso, entre o pouco que trouxo, atopábase unha caixiña de madeira de sándalo. Malia o seu pequeno tamaño, no seu interior collía un universo enteiro e historias de emancipacións, de identidade, de emigración. E non pouca memoria. Agora, en pleno 2019, Porteiro abre a caixiña a través da ficción na súa segunda novela, editada por Galaxia: Sándalo. Na obra, a autora ofrécenos un ceo aberto de nomes, de historia con maiúsculas, de historias da historia e de sagas familiares en construción; todo corcosido por riba do Atlántico e unindo dous extremos. A un lado, Galicia. Noutro, Cuba. Así, percorre preto de dous séculos de historia creando un mosaico necesario para comprender a relación entre estes dous países e todos os seus vencellos.\"O libro recolle o que parecen moitas tramas inconexas, pero que están corcosidas por ese fío da emancipación\"En Sándalo, percorre dous séculos de historia con maiúsculas, mais tamén de historias da historia e historias de construcións familiares. Eses son os fíos, pero a agulla que parece mover o tecido é a emancipación dende todos os prismas posibles: a emancipación da escravitude, a emancipación do imperialismo primeiro e do neoimperialismo despois, a emancipación individual na emigración... O libro recolle o que parecen moitas tramas inconexas, pero que están corcosidas por ese fío da emancipación. E alégrome de que se perciba. Ao longo do século XIX, inténtanse poñer en práctica os ideais transformadores da Revolución Francesa. Esa é a clave dos movementos de emancipación das colonias do imperio español, pero tamén das colonias francesas como Haiti que, pouco antes de que se vivise a revolución en Cuba, fixera a súa propia translación da Revolución Francesa que acabou nun baño de sangue, tal e como narra Alejo Carpentier en El reino de este mundo. A verdadeira historia de América Latina comeza nesta etapa e Cuba foi realmente o último dos lugares importantes -importantes pola súa situación xeográfica e de posición no mundo- que vive este proceso no que a sociedade busca liberarse dunha monarquía caduca como foi a de Fernando VII e todas as súas secuelas. E hai un vínculo histórico entre esa realidade e Galicia, non só pola emigración, senón porque en Galicia se viven os tempos do Rexurdimento. Un Rexurdimento que, en demasiadas ocasións, nos queren contar como unha corrente cultural e non como o que era: unha ideoloxía política. E que queres? Con todos estes fíos, xorde Sándalo. Precisamente, un dos fíos técese ao redor da emigración dos galegos e das galegas a Cuba. Retrátase na novela a diáspora e tamén os xeitos de construír unha comunidade forte no exterior: a creación de institucións como o Centro Galego, Hijas de Galicia, a presentación do himno e do escudo en Cuba... Achégase así un certo retrato que dá a impresión do moito que fomos fóra en contraposición do que puidemos ser dentro, non?O concepto da emigración tal e como o concibimos agora, loxicamente, non estaba presente na xente que marchou na procura dun futuro. De feito, hoxe por hoxe fálase máis ben de transmigracións, como a terrible que está a vivir agora mesmo o pobo sirio, procurando acollida en Europa, ou as que durante tanto tempo viviron pobos como o xudeu ou o irlandés, que teñen moi ben documentado e interiorizado o significado da emigración non só a través do estudo histórico, senón tamén grazas á literatura ou ao cine. Eles teñen un certo relato ao respecto.\"Aquí pasaban cousas que nos impedían avanzar e parecía que había unha posibilidade de comezar noutro lugar do mundo que estaba a vivir a súa propia batalla por seren libres\"En Galicia, nós fomos máis dados a saltar fronteiras por mor dun punto de vista xeográfico, xeolóxico ou mesmo orográfico ao estarmos no extremo máis occidental de Europa. En certo xeito, estabamos abocados a tirarnos ao mar se queriamos saír. E saïamos dun lugar cunhas características sociolóxicas e internas que ían da opresión eclesiástica á propiedade da terra. Todas esas cuestións facían de Galicia un lugar onde todo podía ter sido diferente se non tivésemos esa opresión dupla : a política e a relixiosa. Aquí, en definitiva, pasaban cousas que nos impedían avanzar e parecía que había unha posibilidade de comezar noutro lugar do mundo que estaba a vivir a súa propia batalla por seren libres e onde nós fomos buscar á nosa solución.Pero parece que falamos da emigración como algo do pasado, pero temos que ter en conta dúas cuestións. Primeiro, que ese impulso de buscar a vida fóra é parte substancial do xénero humano. E segundo, que agora mesmo hai medio millón de persoas coa nacionalidade galega espalladas polo mundo. Tendo en conta que somos 2,7 millóns de persoas, pois non podemos falar destes fenómenos da nosa emigración como algo do pasado. En todo caso, e volvendo a Sándalo, vemos que contando historias individuais como as que se recollen na novela podemos facer un mosaico e analizar como conxunto a nosa historia sociopolítica. Decatámonos así de que a nosa é unha historia equiparable á de países que xa eran estados cando a súa poboación saíu de forma masiva como son os casos de Irlanda ou de Italia. O noso caso é particular: nós somos parte dun estado. Aínda así, tivemos tanta presenza que o noso xentilicio case que é o único no mundo que identifica o todo pola parte.En contraposición, por exemplo, ao caso irlandés, fáltanos máis máis literatura, máis cine, máis relato?Hai que ficcionar. A historia xa está nos libros de historia, mais iso acaba por non chegarlle á maioría. Por outra banda, na historia hai un interese subordinado ao poder dominante do ciclo histórico de cada momento. Por iso, os relatos familiares dos que se nutre a literatura irlandesa ou o cine americano constrúen o relato que se estende verdadeiramente. A historia acaba por construírse cos relatos individuais, son a antesala do grande mosaico. É dicir, contan o grande dende o pequeno. E para dar cun relato da emigración, dende logo, hai que loitar contra o esquecemento, contra a amnesia inducida e sen mitificar nada.\"As mulleres non foron discriminadas por seren emigrantes ou por marcharen a Cuba, xa o eran aquí tamén. Rosalía falaba de viúvas de vivos e mortos. E de que falaba realmente? De familias monoparentais\"En Sándalo, amósase unha realidade agochada ao respecto da diferenza entre a emigración dos galegos e a emigración das galegas. Reflíctese -a través da historia de Rosario- como moitas galegas, ao chegaren a América, foron explotadas, foron obrigadas á prostitución polos seus propios paisanos. Ademais, tamén se amosa como a comunidade creada no exterior acubillaba os varóns, pero deixaba á marxe as mulleres. As mulleres non foron discriminadas por seren emigrantes ou por marcharen a Cuba, xa o eran aquí tamén. Rosalía falaba de viúvas de vivos e mortos. E de que falaba realmente? De familias monoparentais. Falaba das mulleres e dese suposto matriarcado que, precisamente, este mesmo mes foi cuestionado nunha sesión do Consello da Cultura Galega por diversas antropólogas. Ese matriarcado mitificado é un concepto creado por un nacionalismo idealista que nos induce a pensar que había unha especie de superioridade na condición feminina desas mulleres que sacaban adiante a familias enteiras nunhas condicións pésimas. Facíano soas porque os homes estaban fóra, no mar, na emigración ou mortos. A muller quedaba á cabeza, pero nunca porque tivese un poder lexítimo ou recoñecido. Era, como moito, un poder delegado e daquela maneira. Iso pasaba acó e non deixa de ser unha afronta do recordo. E tamén había unha venda da muller a través do matrimonio e do dote. Na emigración, vendeuse doutra maneira máis salvaxe, de forma impune, invisible. Falamos de que as mulleres que emigraban só representaban un 15%, de aí esa invisibilidade. En realidade, o patriarcado non entende de fronteiras nin de emigracións. Eu poño en Sándalo o foco neste parte da nosa historia migratoria porque a min me amola moitísimo por estar na escuridade. E é algo xeral, pasoulles ás galegas, pero pasoulles tamén ás polacas, ás irlandesas, ás italianas. E segue a pasar hoxe. Porque ese tipo de explotación sexual é unha fórmula que ten o patriarcado establecido para que a muller saia por si soa dunha situación de dominio total. No caso de Cuba, tal e como recolle na novela, xorde unha institución, Hijas de Galicia, que está creada e dirixida por mulleres para atender a emigrantes galegas desprotexidas que sufrían a explotación sexual. \"Tamén había unha venda da muller a través do matrimonio e do dote. Na emigración, vendeuse doutra maneira máis salvaxe, de forma impune, invisible\"Hijas de Galicia é un caso único realmente. Polo menos, é o único caso que eu coñezo dunha asociación que xorde na emigración e que ten como obxectivo a axuda mutua e benéfica, que está creada por mulleres emigrantes e que ademais a súa fundación está vinculada a situación da prostitución. Pero ten un porqué, hai unha circunstancia que fai entender a súa aparición. Neste caso, é unha muller. É que sempre hai un factor de persoas únicas que co seu esforzo fan mover unha pequena peza que despois move o mundo enteiro. É o caso de Andrea López Chao, profesora mindoniense que por oposición conseguiu a praza de dirección do Plantel Concepción Arenal, que era o cadro de ensino do Centro Galego. Nos anos vinte, cando ela era xa directora, houbo unha chegada masiva de mulleres novas reclamadas por persoas da súa vila ou da súa familia para exercer de amas de cría ou traballadoras do ámbito doméstico. Estas mulleres non sabía a onde ían. Eran case sempre mulleres analfabetas que non saíran da súa contorna, que tiñan que se fiar de alguén que as reclamaba e que as ía recoller no peirao. Con esas incertezas, cruzaban o Atlántico sen saber o que podería pasar. Podía pasar calquera cousa. E, de feito, pasaba calquera cousa. Entón, Andrea López Chao comeza a observar que había un incremento notable de mulleres no cárcere porque mataban a un cliente -por chamalos dalgún xeito- ou por exercer a prostitución en lugares públicos. Ao tempo, esta directora acode con frecuencia a congresos feministas que se celebran na Habana, que naquela altura vivía un movemento feminista importante. Neses congresos, tratábanse temas como o das mulleres emigrantes coas que se traficaba. É dicir, falábase de nós, as galegas. Así xorde esa asociación que, malia ser creada por e para mulleres, tiña a obriga legal de que a súa xunta directiva estivese formada maioritariamente por homes.Falemos de memoria, que hai moito dela nesta Sándalo. Nunha entrevista na Cadena Ser, comentaba vostede que \"somos o que lembramos\". E quería preguntarlle como lembra a súa estadía en Cuba? Refírome a eses dez anos, dos catro a catorce, nos que viviu en Cuba. E como foi regresar a Cuba xa de adulta?No meu caso, hai unha circunstancia peculiar que recreo no personaxe de Quina. Imos ver... Dicía Rilke que a infancia das persoas é a súa patria. A nosa patria é a nenez. Partindo diso, se tiveches unha infancia que quedou encapsulada no tempo e que só está presente na túa lembranza porque te trasladaron a outro lado do mundo sen posibilidade de ter contacto con nada do anterior, nin coas túas amizades da infancia, nin coa túa familia, nin sequera cunha forma de falar... É dicir, sen contacto con nada do que coñeciches, máis aló do teu pai e da túa nai... Pois, a verdade, estás nunha situación ben difícil. \"Que memoria tiña daquela? Unha memoria inventada. Porque ao final, para min, a memoria do que eu fora en Cuba, da miña infancia, foi atopar nunha libraría Tres tristes tigres, de Cabrera Infante\"Pensa que eu cando volvín a España, Cuba era un país maldito. Aquí, falar de Cuba -malia que Franco xamais aceptou o bloqueo e os dous réximes recoñecíanse mutuamente- era falar do diaño: que se a revolución, que se o comunismo... E eu cheguei acó sendo una nena que vivía sen prexuízo ningún, que vivira nun país que era marabilloso. E ao chegar, tiven que deixar de falar como se fala en Cuba e falar cun acento de Valladolid. Volvín aprender a falar dun xeito diferente tan só para evitar unha pregunta: e ti de onde es? Esa era unha batalla permanente entre o que eu coñecera e o que aquí me dicían. En realidade, tiven que metelo todo nun caixón e adaptarme a situación. Que memoria tiña daquela? Unha memoria inventada. Porque ao final, para min, a memoria do que eu fora en Cuba, da miña infancia, foi atopar nunha libraría Tres tristes tigres, de Cabrera Infante. Unha novela que se publicara dous anos despois de chegar eu aquí. Ese libro converteuse na miña guía espiritual. Lía ese libro e atopaba a lingua de Cuba, as rúas nas que unha vez vivira, as historias que acontecían xusto antes de marchar... Era un pé na terra, o único que tiña, xa que aquí non se falaba nada de Cuba. En certo xeito, tiven que inventar a miña infancia e reconstruíla cada noite: soñando. Soñaba todos os días que volvía a Cuba, que seguía existindo en Cuba dalgunha maneira. E realmente só souben que todo iso era verdade cando volvín 25 anos despois. Por iso digo que é un caso particular. Non todo o mundo ten ese problema coa súa infancia. Terá outros, pero non este. Pero en todo caso, a verdade é que a memoria sempre ten moito de inventada.Din que a memoria funciona dun xeito singular. Nunca lembramos as cousas tal e como foron, senón que lembramos as cousas como a última vez que as lembramos. No proceso, detúrpase, pérdense elementos, engádense outros... A memoria ten moito de celada. E supoño que para as persoas migrantes, nos retornos é no momento en que son máis conscientes desa forma de actuar da memoria. Si, pero eu cando fun para a Cuba era moi pequena. Non tiña constancia de nada. Cando noto o desterro é na adolescencia, cando volvo a España. Sen querer facer un drama disto, eu tiven que reconstruírme. O desarraigo é brutal. E se pensamos nun neno sirio... iso é a morte en vida. E despois, se hai algo de sorte, un renacer forzado.De Sándalo non podemos dicir que sexa unha novela histórica, pero ten moito de historia. E moito de documentación. Como foi o proceso de documentarse para a súa escrita?\"Para esta novela quixen estudar e investigar máis un aspecto concreto: a relación e influencia da masonería nos movementos de independencia\"Como podes imaxinar, nesta etapa que vimos de falar e na que eu quería entender de onde viña, eu mercaba calquera libro que falase de Cuba. Non sei cantos títulos podo ter na casa que falen sobre Cuba, pero son moitísimos. Non todos os estudei con lupa, pero de case todos tirei algún elemento ou algunha historia que eu vivira dalgunha maneira estando alá ou que eu estudara sendo nena. Por exemplo, O grito de Yara, que é o inicio do primeira guerra independentista de Cuba encabezado por Céspedes e que se recolle en Sándalo. Ese é un episodio histórico que eu coñezo polos estudos na escola, do mesmo xeito que acó alguén pode ter moi presente en España pois, non sei, o Descubrimento de América. Tamén me identifico moito con José Martí. Para min, polo que estudei en Cuba, o pensamento de Martí, a súa poesía e a súa figura histórica resúltanme moi familiares. Para mi, é doado falar de Martí e de moitas cousas da historia de Cuba que se reflicten no libro. Pero para esta novela quixen estudar e investigar máis un aspecto concreto: a relación e influencia da masonería nos movementos de independencia. Unha influencia que tiña a súa pegada nos grandes líderes de alá, pero tamén de acó. Esa influencia foi un descubrimento recente e un aliciente importante para escribir Sándalo. Os ideais de liberdade e emancipación, eses dos que falamos ao comezo, aparecían e identificaban entre si aos ilustrados galegos e aos cubanos. Dalgún xeito, conformaban unha irmandade ideoloxizada pola masonería. Aí houbo un labor grande de documentación.\"Non hai frase máis estúpida nin redundante que a seguinte: Baseado en feitos reais\". Non sei quen dixo isto, pero é unha forma clara de vincular sen escapatoria toda creación literaria coa realidade. E ademais permíteme achegarme a unha pregunta que seguramente xa lle fixeron máis dunha vez: Canto de María Xosé Porteiro hai en Sándalo? Eu estiven a piques de contestar que nada de nada, porque cadaquén pode construír o seu propio mito en liberdade. Pero claro, a min matoume a lingua. Levo tantos e tantos anos falando de Cuba, que sería difícil negalo. Sería moi difícil eludir a verdade, pero só direi que hai partes que asumo, pero outras non. E a verdade, o curioso é que moitos pensarán que o máis inverosímil responde á ficción, mentres que o máis crible é o que forma parte da realidade. E case sempre é o revés, aínda que non vou especificar que feitos entran en cada categoría. Agora ben, como eu son xornalista, eu non desprezo a realidade. A realidade é o máis fantástico. A diferenza está en como a contamos. Iso é o que pode darlle o toque máis fantástico ou ilusionante a unha narración. Pero reivindico a realidade como fonte de creación literaria e de inspiración. \"Descolonizarte e seguir reproducindo os esquemas dos colonizadores... pois chega até onde chega\"Se falamos da historia dos países de América Latina nos dous últimos séculos, falamos dun conxunto de historias de emancipacións. Malia todo, parece que nunca se alcanzou unha emancipación verdadeira. Sei que é unha pregunta moi absoluta e contundente, pero por que non se deron fraguado unha estabilidade real e unha liberdade verdadeira? É unha pregunta central e eu recorro a un refrán de Mali que di que para construír unha casa nova tes primeiro que derrubar a casa vella, pero facelo con novas ferramentas. É dicir, cómpre construír unhas ferramentas novas para construír un novo espazo. Son os crioulos, os conquistadores de segunda ou terceira xeración, os que buscaron crear sociedades novas, pero finalmente replicaron as sociedades anteriores. Non inventan nada. Os modelos de construción social dos novos estados son froitos da cultura que herdan. Realmente só se produciu un cambio de detentores do poder. Por outra banda, o que pasa cos pobos orixinarios é algo denigrante, algo que avergoña. Cando se di que o 12 de outubro non hai nada que celebrar, estou totalmente de acordo. E debemos preguntarnos por que a esquerda americana pon só o foco no colonialismo español e non se reclama para si propia unha mirada inclusiva e liberadora dos pobos orixinarios. Non miran para dentro da casa. Manteñen unha mirada colonial interior dos pobos orixinarios, pobos que lles son de segunda categoría. O que fan, en realidade, é replicar unha conduta de imposición. Teñen uns modelos de liberación que, no fondo, teñen os mesmos mecanismos de opresión dos que se querían liberar. Descolonizarte e seguir reproducindo os esquemas dos colonizadores... pois chega até onde chega."}
{"ID": "NOS_6388", "summary": "\"A cidadanía galega merece un Goberno na Xunta que non deixe a ninguén atrás e o camiño pasa, tamén, por transformar unha Risga cativa nunha ferramenta inclusiva para desterrar a desigualdade\", afirma o candidato.", "text": "Galicia en Común-Anova Mareas vén de presentar unha proposta para \"transformar unha Risga escuálida e insuficiente nunha Renda Garantida para a cidadanía galega\", compatíbel co Ingreso Mínimo Vital do Estado e que \"amplía coberturas e recursos para avanzar como sociedade con políticas inclusivas que combatan a desigualdade no país\". \"Galiza merece un novo modelo de políticas sociais que coide e atenda as necesidades reais da súa xente. A Renda Garantida para a cidadanía galega será un obxectivo central do futuro Goberno galego a partir do 13 de xullo\", afirmou Antón Gómez-Reino, candidato á Presidencia da Xunta pola coalición de Podemos, EU, Anova, Compostela Aberta e Marea Atlántica, que este domingo participou nun coloquio sobre esta medida. \"Estes 11 anos de Goberno do Partido Popular supuxeron un profundo retroceso nas políticas sociais deste país, unha situación que se viu agravada por esta pandemia da COVID-19, crise que deixou a milleiros de galegas e galegos nunha situación insostíbel que o escuálido modelo de política social da Xunta, baleirado de recursos, persoal e dotación non foi capaz de afrontar nin o intentou\", argumentou. \"Recursos, non sobornos\" Gómez-Reino sinalou que a isto hai que sumar que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, \"estivo preparando a fondo a súa estratexia electoral deixando ben as claras as súas prioridades: montar un comité de expertos económicos para privilexiar aos de sempre, como xa fixo no 2008 antepoñendo a banca ás persoas\", durante estes tres meses. \"Agora pretende acalar as protestas dos sanitarios que puxeron o corpo na loita contra a COVID-19 en condicións precarias con cheques de 250 euros\", criticou. \"É inmoral e nos avergoña\", incidiu, \"a sanidade pública merece recursos, non sobornos\". \"A cidadanía galega merece un Goberno na Xunta que non deixe a ninguén atrás e o camiño pasa, tamén, por transformar unha Risga cativa nunha ferramenta inclusiva para desterrar a desigualdade\", sinalou o candidato, que avanzou que estas medidas teñen como horizonte a \"implementación progresiva dunha renda básica de carácter universal\". A proposta de Galicia en Común-Anova Mareas pasa por modificar a lei para transformar a Risga nunha Renda Garantida da cidadanía galega, que se situaría no entorno do 60% do salario medio, sendo compatíbel con outras rendas e prestacións e facilitando o acceso de persoas en situación de vulnerabilidade pero agora excluídas. Ao tempo, segundo trasladan, se incrementarían o orzamento e a contía das axudas, reforzando o persoal administrativo para evitar atrasos na tramitación de expedientes e simplificando os procedementos burocráticos. A proposta estabelece como beneficiarios aos maiores de 18 anos, empradoados na Galiza nos últimos seis meses e valorando os requisitos individuais, non os de convivenvia. Novos modelos de política social No coloquio, Martiño Noriega, número 3 da lista pola Coruña, fixo fincapé urxencia de implementar a Renda Garantida da cidadanía galega durante a lexislatura: \"Queremos converter Galiza nun referente dentro do Estado español no debate, análise e estudo experimental de novos modelos de política social como, entre outros, a Renda Básica Universal, implicando, tamén, ás tres universidades galegas no proxecto\". Pola súa banda, Xulio Ferreiro manifestou que \"é responsabilidade dos poderes públicos actualizar e adecuar a contía das prestacións mínimas á situación socioeconómica da contorna e garantir ingresos mínimos suficientes para a cobertura das necesidades básicas e o exercicio dos dereitos fundamentais\"."}
{"ID": "NOS_21511", "summary": "Segundo os datos oficiais, Galiza pasa do medio cento de persoas falecidas con coronavirus, cun total de 60 falecementos.", "text": "Segundo a última actualización fornecida pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 2.627, deles 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 95 altas de pacientes. Por outra banda, o número de probas de detección de coronavirus PCR realizadas é de 12.885. 60 falecementos Este sábado Galiza alcanzou os 60 falecementos, dez máis que o día de onte. Catro das novas mortes déronse en persoas que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, dous homes de 80 e 77 anos con patoloxías previas e outros dous de 81 e 82 anos que non contaban con ningunha complicación até que se contaxiaron da COVID-19. Ademais, morreu un home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital de Cee; outro de 79 no Hospital da Barbanza e un terceiro de 63 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Os últimos falecementos teñen a ver cun home de 82 anos ingresado no CHUS; outro de 80 en Ferrol e unha muller de 88 ingresada no CHUO. Os tres contaban con patoloxías previas. A nivel estatal, as peores cifras O Estado español rexistrou 832 falecementos en 24 horas, marca récord no número de vítimas nun só día. En total, 5.694 persoas morreron con coronavirus a nivel estatal e 72.248 infectáronse. Unha cifra que, á vista da falta de probas de detección sería moitísimo maior. Un total de 40.630 necesitaron hospitalización, 4.575 han ingresado en UCI e 12.285 curaron, segundo o último balance do Ministerio de Sanidade. En todo o mundo, en só sete días duplicáronse os contaxios e o coronavirus avanza a toda velocidade. Números de información A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volve reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembra que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotábel- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans."}
{"ID": "NOS_10568", "summary": "En 2020 formuláronse na Galiza 370 denuncias por violencia machista menos que no ano anterior. Tamén minguaron en 408 as medidas de protección ditadas pola Xustiza para as vítimas. Porén, tendo en consideración as circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia e o confinamento domiciliario, reflicten estas cifras a realidade? 'Nós Diario' debulla con persoas expertas os datos que avanzou a Consellaría de Emprego e Igualdade nesta terza feira sobre o Informe Anual de Violencia Machista 2020, que nas vindeiras datas será debatido no Parlamento galego.", "text": "A Xustiza galega tramitou en 2020 menos denuncias por violencia machista que no exercicio anterior. Esta é a principal conclusión que se extrae do avance que nesta terza feira publicou a Xunta da Galiza sobre o Informe Anual de Violencia Machista e o anexo referido ás violencias sexuais, un documento que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou ao presidente da Cámara galega, Miguel Ángel Santalices, e que nas vindeiras datas será valorado pola Mesa do Parlamento e debatido na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. Así, durante o ano da pandemia foron 4.653 as mulleres que acudiron á vía xudicial, fronte ás 5.023 do ano anterior e as 6.183 de 2018, o que reflicte unha tendencia descendente nos últimos tres exercicios. Porén, esta redución foi máis acusada no número de medidas de protección ditadas polos tribunais para defender as vítimas dos seus agresores (tanto medidas cautelares como ordes de protección e de afastamento), cun total de 1.131. No ano 2019 foran 1.539 (unha caída de 26,5%). Malia todo, cómpre contextualizar estas cifras no marco dun ano de pandemia e tres meses de confinamento domiciliario obrigado (durante o primeiro estado de alarma). \"É evidente que a situación derivada da Covid-19 tivo unha grande influencia. Houbo unha crise económica, maior precariedade laboral e, polo tanto, unha maior dependencia da unidade de convivencia\", explica a Nós Diario Ximena González, activista da Marcha Mundial das Mulleres. \"As denuncias non miden o grao de violencia contra a muller\", di Ximena González (Marcha Mundial das Mulleres) Para ela, as denuncias formuladas \"non miden o grao de violencia\" que padecen as mulleres na Galiza, sobre todo ante unhas circunstancias excepcionais como as vividas en 2020, que \"agravaron a situación de violencia\". Neste senso, fai fincapé en que o número de teléfono de atención ás vítimas (016) rexistrou unha repunta de chamadas de 20,9%, pasando de 2.561 a 3.096. Tamén aumentaron en 17%, segundo cifras ofrecidas pola Delegación do Goberno na Galiza, as usuarias do Servizo de Atención e Protección ás vítimas da violencia machista (Atempro), cun total de 625, e duplicáronse os dispositivos de control telemático a agresores até os 103 (fronte aos 57 de 2019). \"Nos primeiros meses todos os servizos estaban fechados e os acollementos, paralizados. Non se puido dar ás vítimas a atención que precisaban\", afirma González. Na mesma liña apuntan as fontes consultadas por este xornal da Plataforma Feminista Galega: \"Habitualmente xa topamos con situacións nas que a vítima non denuncia por medo e inseguridade, e se tendo a posibilidade de deixar o domicilio non o fai, é moito máis difícil estando confinada co agresor. Hoxe seguimos a ver asasinatos de homes que incumpren unha orde de afastamento, imaxina nunha situación de convivencia permanente da que é máis difícil defenderse\". Na Galiza, en 2020 foron asasinadas por crimes de violencia machista tres mulleres, unha cifra que non variou a respecto de 2019. Máis beneficiarias das prestacións económicas Segundo o devandito informe, no ano en que irrompeu a pandemia a Xunta outorgou axudas económicas a case un milleiro de vítimas (en concreto, 996 mulleres, cunha suba de 30% en comparanza co exercicio anterior). Con todo, só 639 foron beneficiarias do apoio mensual de até 800 euros para a independencia económica (fronte ás 577 de 2019, un incremento de 11%), mentres outras 341 vítimas obtiveron unha contribución de pagamento único para se insertaren no mercado laboral, once recibiron as axudas que garanten a percepción das indemnizacións previstas por sentenza xudicial e cinco foron compensadas por resultaren feridas de gravidade por parte dos seus agresores. \"Poderiamos dicir que as axudas económicas aumentaron non pola propia acción da Xunta, senón grazas á persistencia e as propostas que levou ao Parlamento a oposición neste senso\", sostén Ximena González, en alusión a medidas como a proposición de lei presentada polo BNG o pasado mes para incrementar os recursos monetarios e de atención psicolóxica e recoñecer a violencia vicaria -exercida contra os fillos e fillas para causar dano ás mulleres- como machista, que contou co apoio unánime de PP e PSOE. Só a metade das vítimas protexidas recibe unha axuda económica periódica Aliás, pon o foco na \"precariedade\" á que se enfrontan moitas das vítimas, xa que, segundo os datos de 2019 -á espera de coñecer os de 2020-, oito de cada dez estaban en situación de desemprego: \"Moitas veces non denuncian porque implica abandonar a vivenda e reincorporarse ao mercado laboral, en numerosas ocasións sen un soporte económico detrás por parte da Administración. Está claro que iso non alenta as vítimas a denunciar\", di, e engade que faltan na Galiza \"máis axudas directas e reais\" e un menor gasto en \"campañas publicitarias institucionais\". \"Nós aumentamos considerabelmente o número de peticións de axudas económicas. Mantemos o mesmo número de vítimas oficiais con ordes de protección, mais si diminuímos a atención en xeral, con menos usuarias que outros anos\", sinala a Nós Diario Lidia Fazanes, psicóloga da rede de Centros de Información á Muller (CIM) e membro da sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza (COPG). Susana Costas, do mesmo grupo de traballo, apunta ao \"temor\" a denunciar \"ante a incerteza da situación actual e non saber como vai ser o futuro\". Axudas para a mobilidade xeográfica das vítimas Noutra orde, o Diario Oficial da Galiza (DOG) recolleu na terza feira as bases reguladoras do programa co que o Goberno galego sufragará parte dos gastos económicos ocasionados ás vítimas de violencia machista cando se ven obrigadas a trasladar a súa residencia após cesar a convivencia cos seus agresores. A convocatoria para 2021 tamén se dirixe ás vítimas da violencia vicaria, e está dotada cunha contía de 40.000 euros para axudar, en concreto, \"a quen muda de residencia habitual como consecuencia dunha contratación por conta allea ou para estabelecerse por conta propia no lugar de destino\", e cubrirán os gastos \"derivados do desprazamento, transporte de mobiliario e bens, aloxamento e de gardaría e atención a persoas dependentes\". Como requisitos, segundo expuxo a Xunta, \"as beneficiarias teñen que acreditar a súa condición de vítimas de violencia machista e teren cesado a relación de convivencia cos seus agresores\", e a media dos ingresos brutos mensuais non poderá superar os 564,90 euros."}
{"ID": "PRAZA_8274", "summary": "O próximo 4 de maio, Rianxo acollerá a estrea de Bailadelas, a nova montaxe dunha compañía histórica: Teatro Antroido. A actriz Laura Ponte recupera a marca teatral que, durante anos, mantivo xunto a Roberto Vidal Bolaño. Dialogamos con ela, co fillo dela e do autor, Roi Vidal, e co actor Xavier Estévez, que dirixirá a obra.", "text": "O próximo 4 de maio, Rianxo acollerá a estrea de Bailadelas, a nova montaxe dunha compañía histórica: Teatro Antroido. A actriz Laura Ponte recupera a marca teatral que, durante anos, mantivo xunto a Roberto Vidal Bolaño. Agora, neste ano no que as Letras Galegas homenaxea o dramaturgo, relanza Antroido cunha produción na que se reúnen seis personaxes femininos da escrita bolañesa. Non estará soa nesta nova andaina de Antroido, xa que ao seu lado estará o fillo dela e de Vidal Bolaño, Roi Vidal, e o actor Xavier Estévez, quen se encargará da dirección. Como nace este proxecto de reanimar Teatro Antroido? LAURA PONTE (LP): É unha historia que xorde hai bastante tempo e nace da necesidade de facer teatro. Daquela atopamos a idea de facer unha montaxe con monólogos de personaxes femininos de Roberto. A montaxe ía estar dirixida por Roi, pero nun momento determinado, Roi atopouse moi leado e chamamos a Xavier Estévez, para que se subira ao carro e se fixera coa dirección. Roi segue con moito traballo, pero hai que lembrar que el fixo o texto a partir das obras de Roberto Vidal Bolaño. XAVIER ESTÉVEZ (XE): O espectáculo está baseado en monólogos extraídos que, no seu contexto orixinal, non eran monólogos. É dicir, son fragmentos extraídos das obras de Vidal Bolaño e están seleccionado por eles [Roi e Laura]. Daquela temos varios monólogos diferentes que están unidos por un único fío condutor que creou Roi. A raíz de aí, pois agora mesmo estamos traballando de diferentes maneiras cada un dos monólogos. Afortunadamente contamos co talento de Laura como actriz para dar visións distintas do que é o teatro e a interpretación dalgúns textos de Roberto. Dalgún xeito, aínda que a Roi sei que non lle gusta moito que se abuse desta expresión, o proxecto resulta unha homenaxear a Roberto. A Roberto e a súa obra, pero a el non lle gusta que usemos esa expresión. \"Cando se estree a obra, verase que se mesturan bonecos e actores, que se fusionan diferentes códigos\" ROI VIDAL (RV): A ver, o proxecto naceu hai tempo, a raíz de que se ía celebrar o décimo cabodano do meu pai. Entón, a idea era facer algo ao respecto e así decidimos facer unha peza a partir das mulleres, das personaxes femininas das obras de Vidal Bolaño. Na súa obra hai personaxes femininas moi potentes e que funcionan do mesmo xeito que calquera personaxe masculina. E eu cando creei o texto, que o fixen moi lonxe de aquí, en Noruega, si que quixen homenaxear toda a estética da etapa Antroido, desa maneira de facer teatro que tiña a compañía, que tiña Vidal Bolaño cando comezou. Por ese motivo, cando se estree a obra, verase que se mesturan bonecos e actores, que se fusionan diferentes códigos. Eu quixen explicitamente homenaxear todo ese mundo. Iso vai ser evidente, dígase ou non se diga. Quen coñeza ese mundo e vexa a obra, poderá afirmar que estamos homenaxeando a un autor, a súa obra e tamén o xeito que tiña Antroido. XE: Mira, eu nunca imaxinei na vida que puidera traballar en Antroido! [risos] RV: E eu moito menos! LV: Eu si, si [Risos] XE: Ti xa o fixeras! Que personaxes femininos estarán en Bailadelas e por que foron escollidos? RV: Cando un revisa a obra completa bolañesa, pode parecer que é un mundo masculino, onde en elencos amplos sempre hai moitísimos máis actores que actrices. Moitas veces pénsase que as mulleres ocupan un lugar pequeno na súa obra… Pero unha vez feita unha investigación descóbrese que é só aparencia, xa que as personaxes femininos, aínda que non sexan maioría, son personaxes moi profundas, moi ben traballadas e que teñen un peso importante. LP: Moi potente. \"Os personaxes femininos de Vidal Bolaño eran putas case sempre. E por iso foi criticado en moitas ocasións, como se fose algo malo\" RV: Dende logo,si. Entón, finalmente escollemos a cinco, entre os que están Minia, que é unhas das primeiras personaxes de todos os textos de Vidal Bolaño, extraído do Laudamuco, que foi o primeiro espectáculo de teatro profesional galego. Tamén temos a unha das suicidas de Bailadela da morte ditosa. Temos tamén unha puta, que é un dos tipos femininos por excelencia do teatro bolañés… Iso sempre foi criticado por moitos, que dicían que os personaxes femininos de Vidal Bolaño eran putas case sempre. E por iso foi criticado en moitas ocasións, como se fose algo malo. E non é así, mesmo se pode ver dende un punto de vista feminista. Por que? Porque todos os personaxes de Vidal Bolaño son marxinais e, se cadra, a muller máis marxinal é a puta. É a peor tratada pola sociedade, si; pero dentro de si garda unha dignidade absoluta. Ademais, neste sentido hai que destacar un elemento capital na escrita de Vidal Bolaño: o xeito de centrar a súa atención nos personaxes peor tratados da sociedade. Quen máis está na montaxe? Pois temos tamén a Chonchoniña de Saxo Tenor e unha das personaxes máis cómicas de Vidal Bolaño, sacada de Criaturas. Por último, contamos coa participación estelar dunha das grandes personaxes, independentemente de se é feminina ou masculina, de Vidal Bolaño, que é a Esther de Rastros. É un personaxe cunha forza descomunal e un dos grandes personaxes de toda a obra de Roberto, sen lugar a dúbidas. E finalmente, temos unha personaxe-guía, que é xa de creación actual para esta montaxe, pero non podo dicir máis, que é unha sorpresa. Tamén feminino, entendo? RV: Si. Feminino. Que destacarías da dirección, Xavier? \"A xente vai ver un espectáculo entretido e vivo e, ao mesmo tempo, van facer un percorrido polo traballo de Roberto\" XE: Dende o punto de vista da dirección, por un lado, hai que destacar a complexidade, xa que non se trata de dirixir unha unidade dramática como pasa noutras moitas obras, que teñen unidade de ton, de tempos, de estétia, etc. Neste caso, ráchase con todo. Entramos e saímos de moitos mundos, de moitas épocas diferentes. E non só falamos do tempo real, senón tamén do tempo da escrita do autor. Son fragmentos de diferentes etapas do autor. Entón, entramos e saímos de diferentes planos. Aí radica a complexidade. Afortunadamente, Laura é extraordinariamente dúctil e disciplinada. A súa actitude facilita moitísimo a dirección, que é un traballo de busca. Busca no sentido de que precisas atopar que reclaman as personaxes. Hei de dicir que, grazas a relación persoal entre nós e a relación coas personaxes, está sendo fácil achar as respostas. Tamén teño que admitir que me resulta moi grato que confiasen en min… Porque esta é a segunda dirección que fago e, realmente, é unha honra para min e estou moi satisfeito co traballo que estamos facendo. Penso que a xente iso vai poder aprecialo. Vai ver un espectáculo entretido e vivo e, ao mesmo tempo, van facer un percorrido polo traballo de Roberto. Esta montaxe posúe unha certa carga didáctica, algo que nos parece moi importante. É un xeito de dar a coñecer a obra de Roberto ante un público que, aínda que viu moito o traballo de Roberto, nunca tivo antes esta perspectiva. Nunca se lle amosou así, nun compendio de pequenos petiscos da súa obra. A verdade, é un menú de degustación. LP: Trátase diso precisamente. Bailadelas son trazos, son anaquiños bolañeses que conforman un espectáculo atractivo. Ademais, permitirá que a xente se achegue de novo á figura de Roberto. Que sente unha actriz ao ter que reinterpretar uns personaxes que encarnou, nalgúns casos, fai décadas? LP: Mira, por exemplo: O caso de Minia, de Laudamuco. Cando me puxen con ese papel, pasoume unha cousa: lembraba perfectamente como interpretara a Minia no ano 1978. Tiña as lembranzas clarísimas e só podía facer a personaxe dese mesmo xeito. Había elementos desa interpretación que había que pulir, que había que modificar e adaptar. E penso que imos por bo camiño e grazas a Xavier, que me di como pode ser a personaxe, dime \"Fulanita é así\" e eu entón vexo outra perspectiva. E como é todo isto? Pois é grato, moi grato, precisamente por esas lembranzas… No caso de Saxo Tenor, pois repito coa Chonchoniña, pero claro… Agora é outra Chonchoniña, hai que cambiala e resulta todo un reto. En realidade é todo un xogo marabilloso! XE: Eu quería engadir unha cousa. A min todos os actores e todas as actrices que fan monólogos, sempre me pareceron superheroes. O monólogo é o máis difícil que se pode facer en teatro dende un punto de vista interpretativo. Eu son actor e valoro ese esforzo que fan as actrices e os actores… Pero neste caso, Laura, ademais está mal da cabeza, porque non se conforma só con apandar con ese reto, senón que asume outros moitos como é a produción do espectáculo, parte da distribución, coordinar mil cousas… É un mérito que non debe caer en saco roto. Está facendo un traballo inmenso e moi ben feito. LP: É como antes, igual que antes. Antes, facíamos de todo, porque era o que había e non te queimabas tanto. Tiñas trinta anos menos e tiñas as costas ben, cargabas a furgoneta, ías dun lado ao outro… Daba igual que foras ao Irixo e tardaras cinco horas… Facías absolutamente todo: montabas, desmontabas, levabas a luz do show, interpretabas, chegabas ás mil... Ademais, neses tempos cando todo comezaba, había moitísimas cousas por facer, estabamos a organizar o mundo, eran asembleas continuas, eran proxectos ilusionantes, estabas con Antroido e montabas a Cooperativa de Teatro do Estaribel, xuntabámonos todos os que andabamos por acó naquela época… Buf! Por iso, cando desapareceu Antroido, que foi no ano 88 cando Roberto e mais eu nos separamos, en realidade sentín un forte relax. Por que? Porque me podía dedicar unicamente a ser actriz, a que me contrataran. Eu prefería iso, encargarme do meu… Pero Roberto non… El… El era un animal de teatro e facíao absolutamente todo. Eu prefería xa ser actriz, aínda que me gustaba meterme en todo. Encargarme agora de todas esas cousas, pois é un pouco revivir aqueles momentos e con moitísima ilusión. E xa que as cousas están moi mal, pois vamos melloralas. Para adiante! Agora, volve Antroido e revivimos esa época, tempos complicados, no que a profesionalización... Debería chamar a atención que Antroido, unha compañía que hai máis de vinte anos deixou de existir, regrese agora. Por que volve hoxe? Isto pode funcionar como toque atención RV: Debería chamar a atención que Antroido, unha compañía que hai máis de vinte anos deixou de existir, regrese agora. Por que volve hoxe? Isto pode funcionar como toque atención. Eu, que non vivín eses tempos, si que vexo a nivel histórico moitos paralelismos entre o que sei daquela época e o que vivimos hoxe. Por exemplo, cando saltou toda a indignación do 15-M, comezouse a falar rapidamente do maio do 68. Os que non vivimos esa época, si que sentimos que, a pé de rúa, a xente está máis sensibilizada con certos temas. Hai como unha repolitización da sociedade. E Antroido naceu no seu momento nun caldo de cultivo da transición, de tardofranquista no que esta compañía se movía nuns ambientes contestatarios e tiña unha actitude ética moi vinculada coa sociedade, coa reividicación dos dereitos sociais. Ese é o motivo polo que Antroido está hoxe outra vez con nós. Para min, os paralelismos son evidentes… Por desgraza, claro. Tamén ven vostedes eses paralelismos? XE: Eu vexo un paralelismo que resulta sorprendente: Unha das preocupacións que tiña Roberto naquel momento, como os seus coetáneos, era a profesionalización do teatro en Galicia. E agora mesmo parece que se pon en cuestión de novo. Efectivamente, estase a producir un desmantelamento de circuítos, de redes, de axudas públicas, de postos de traballo relacionados coa cultura e co teatro. É sorprendente… Dalgún xeito, estamos a sufrir ese déjà vu. En momentos así temos que reinventarnos e non permitir que nada disto suceda. Como permitilo? Como se vai consentir? Temos que sueguir o que sabemos facer. No noso caso, teatro. E dende alí, dende esa pequena atalaia, expresar a nosa opinión sobre o que acontece. E que acontece? Pois unha serie de cuestións que xa estaban presentes na obra de Roberto. Realmente, nas obras de Roberto hai elementos, cuestións sociais, que a día de hoxe están no mesmo punto. Pouco habería que cambiar dos seus textos para representalos na actualidade. E resulta angustioso. Iso non quere dicir que poidamos rendernos ou pensar que nada pode servir neste mundo… Temos que mirar cara ao futuro. \"Cando tentamos dedicarnos unicamente ao teatro Roberto e mais eu… Pois eramos Roberto e mais eu\" LP: Mira, estamos a falar de moitas cousas. Estamos a falar de Roberto, dunha homenaxe a súa persoa, a súa obra, da recuperación de Antroido e da profesionalización… A min gustaríame non ter que dicilo, pero cando nos profesionalizamos… Cando tentamos dedicarnos unicamente ao teatro Roberto e mais eu… Pois eramos Roberto e mais eu. Que quero dicir con isto? Pois que Roberto era unha persoa moi pontente, claro está e estou moi orgullosa de telo coñecido…. Pero había máis xente… E había mulleres. O outro día atopei un libro dunha muller que escribiu sobre Roberto. E falando da época de Antroido, pois falaba só de Roberto cando se profesionalizou Antroido… E claro, eu pensei: \"Eramos Roberto e mais eu\". Eu non era só compañeira de Roberto, eu estaba levando a produción, levando a distribución e actuando. Son actriz. Estaba a ler o libro e non o acabei de ler porque me parecía… XE: Se cadra había un capítulo dedicado a ti e non o liches [Risos] LP: Non, non o hai… E insisto, estaba escrito por unha muller e resulta que fala do proceso de profesionalización e cando Antroido forma a cooperativa de teatro, que se conforma primeiro con Antroido e Troula, e no que participan Eduardo Alonso e Luma Gómez, que despois formarían Andrómena e máis tarde, Teatro do Noroeste, e non cita por ningures a Luma. E fala de profesionalización, da cooperativa e fala de Roberto, de Eduardo e de Antonio Simón… E, francamente, aí había como mínimo, digo como mínimo, dúas mulleres: Luma Gómez e Laura Ponte… E xa está ben! Paréceme moi grave. E é un apunte que quero que quede claro. Roberto foi un home fundamental, era un motor, pero tamén estaba eu e máis xente. RV: Por outra banda, eu teño que dicir que non estamos afeitos a que o Día das Letras se lle dedique a un home do teatro. Non era só un dramaturgo, érao todo en teatro. E o teatro non é só literatura, porque é, sobre todo, unha arte colectiva. E neste ano, reivindicamos e homenaxeamos a todo un mundo que o rodea. Estas Letras Galegas é o primeiro que se dedica a un home do teatro, pero tamén é un 17 de maio con ese rango colectivo, de homenaxe a todo un gremio… RV: A única vez que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a un dramaturgo foi hai catro ou cinco anos, Lugrís. El era dramaturgo. E punto. Non era un teatreiro. Esta é a primeira vez na historia que as Letras homenaxean a alguén que non era só un escritor, senón que era moitísimo máis dentro do mundo da cultura e do mundo artístico. XE: Que, por outra parte, é o xeito natural de ser autor de teatro. O xeito máis natural de ser autor teatral é ser, ao tempo, actor, director e iluminador, por exemplo. Así crease ese vínculo entre a obra e a acción. De feito, o teatro é iso. Na presentación da Asociación Roberto Vidal Bolaño, lémbrome que Morris dixera unha frase reivindicativa, irónica e lapidaria. Era algo así como: \"O titular deste ano, se non o remediamos, podería ser: 'Roberto Vidal Bolaño: vida e morte do teatro profesional en Galicia\". Que opinan? XE: Eu négome a ese titular. LP: Era un comentario crítico, Xavier. XE: Seino, seino. Pero nin sequera así… Non debemos deixar nin unha xanela aberta para que se coe un titular coma ese. Eu creo que debemos falar de vida e renacemento do teatro galego. LP: Eu só vou dicir unha cousa. Cando anunciaron as Letras Galegas, estabamos xuntas Belén [Quintáns] e mais eu. Recibimos unha chamada de Margarita Ledo que nos dixo simplemente: \"Saíu!\" Saltamos de alegría, pero a miña primeira reflexión foi: \"Manda carallo, foille tocar a Robertiño as Letras máis pobres, a dos marxinados\". RV: Mesmo lle tocou un momento con dimisións vaticanas coma o do presidente da Academia. Vai ser un ano bolañés total! A estrea será o 4 de maio en Rianxo. Hai xa máis funcións previstas? LP: A estrea é en Rianxo e aquí quero facer unha paréntese, xa que o espectáculo é unha homenaxe a Roberto, pero a función e a estrea en Rianxo está dedicada tamén a Pancho Martínez, Andrés Martínez, que era un moi bo amigo e un home de teatro de Rianxo. Toda a vida montou espectáculos con veciños, con elencos de cincuenta homes e mulleres, voltos actores e actrices de súpeto. Rianxo é un sitio moi especial para estrear. Despois teremos unhas quince funcións en maio. En Santiago estaremos na semana das Letras Galegas. \"O Día das Letras Galegas está deixando, cada vez máis, de ser só un día\" RV: E aproveitamos para lles dicir aos lectores que o Día das Letras Galegas está deixando, cada vez máis, de ser só un día. Está sendo un ano. Nin sequera unha semana, nin un mes… É todo un ano. E pódese facer teatro en xuño, en xullo e en setembro. Pódese facer esta obra todo o ano, non só en maio. LP: isto vén porque hai problemas, todos queren a obra en maio e tes días pechados que che siguen querendo contratar e non podes. Pero hai moitos días por diante para poder montala. RV: É dicir, que a xente pode animarse a contratar Bailadelas ou calquera outra cousa despois de maio, até decembro."}
{"ID": "NOS_10065", "summary": "O presidente da Fegamp, Alberto Varela, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa conselleira de Política Social, Fabiola García, que dixo que estudará un posíbel incremento das partidas orzamentarias. No entanto, polo momento non houbo ningún compromiso en firme para apoiar os coidados de maiores e dependentes en plena pandemia.", "text": "O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, mantivo esta segunda feira unha reunión coa responsábel da Consellaría de Política Social, Fabiola García, na que lle puido trasladar a preocupación dos municipios pola falta de fondos para o servizo de axuda no fogar. Varela demandou unha achega maior de fondos para atender á veciñanza maior ou dependente e paliar a \"asfixia\" económica na que se ven os concellos en plena crise da Covid-19. A presión asistencial aumenta, mais de momento non o fixeron os cartos. \"Trasladeille á conselleira o afogados que estamos os concellos galegos cun recurso que é fundamental para atender aos nosos maiores e aos nosos dependentes\", aclarou Varela. Os custos extra están \"sobrecargando\" os plans orzamentarios locais e tanto pequenos como medianos municipios \"non van ser quen de facer fronte a esa situación\" por moito máis tempo. O representante comentou que, por exemplo, teñen máis tarefas como poden ser o reparto de comida e fármacos á veciñanza, a necesidade de cubrir produtos básicos polos despedimentos... A este respecto, Varela lamentou que as administracións locais sexan as que teñen máis carga económica. \"Se os prezos de licitación están arredor de 16 euros a hora, os concellos poñen 7, somos a administración que máis diñeiro aporta\", subliñou. Ante as súas peticións, a conselleira Fabiola García recoñeceu que hai que facer \"unha actualización da axenda social única\" adaptada á pandemia e dixo que estudará a achega dun maior investimento desde a Xunta. No entanto, García -e tamén Varela, en parte- defendeu que igualmente ten que aumentar a contía que chega desde o Goberno do estado español."}
{"ID": "NOS_29713", "summary": "As informacións que foi fornecendo o Executivo galego ao longo da pandemia tiveron momentos confusos nos que foi difícil seguir a realidade nestes centros. O BNG quere saber a \"verdadeira razón\" da negativa.", "text": "O Bloque Nacionalista Galego quere saber, ao igual que unha parte da sociedade galega, o efecto real do coronavirus nas residencias de maiores. Por iso, a deputada do BNG, Olalla Rodil, instou hoxe á Xunta a publicar os datos desagregados, mais o Executivo galego negouse a tal medida a través do seu grupo parlamentar. Non todo foron momentos de transparencia informativa ao longo da pandemia, como teñen avisado as propias familiares de usuarias dos xeriátricos, e nalgúns momentos nos que os contaxios e as mortes transcenderon agrupados sen aportar publicamente máis aclaracións. De feito, unha situación así como mestura de balances de diversos días deuse hai non moito, ao final da terceira onda da pandemia na Galiza. Con este panorama e certo descoñecemento da realidade, a deputada do BNG exixiu no Parlamento que a Xunta leve á súa páxina web \"os datos desagregados por contaxios e persoas falecidas con Covid nos centros residenciais e hospitalarios\". Protección? No entanto, esta proposión non de lei do grupo nacionalista bateu coa negativa do Partido Popular, que rexeitou apoiar tal exercicio informativo. En consecuencia, Rodil insistiu en saber se \"a verdadeira razón para negarse a publicar os datos é protexer ás empresas que xestionan as residencias\". Neste sentido, foi moi crítica coa postura dos populares que, ao seu ver, \"impide o acceso público á información\" e mesmo falou de \"ocultación\". \"Tardaron sete meses en publicar os datos en aberto da evolución da pandemia, despois de ser advertidos pola Valedora do Pobo de que estaban a vulnerar un dereito fundamental, o acceso á información pública\", lembrou. Porén, a \"falta de transparencia\" segue a ser a norma no que se refire ás residencias, chegando a rexeitar fornecer información mesmo a diversos medios de comunicación. \"O desprezo que amosan ao Parlamento e ao conxunto da cidadanía deste non ten límites\", lamentou a nacionalista."}
{"ID": "PRAZA_18526", "summary": "O estudo técnico desta asociación vinculada á UNESCO sinala que o proxecto sepultaría cunha enorme escombreira parte do trazado do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal, un ramal do camiño francés de grande relevancia", "text": "Camiño de Santiago ou mina a ceo aberto? Esta é a pregunta que debería estar formulándose neste momento o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feixóo. O informe da organización encargada de propoñer os bens patrimonio da humanidade, ICOMOS, revela que o proxecto da mina de Touro danaría gravemente o camiño francés. O estudo técnico desta asociación vinculada á UNESCO sinala que o proxecto sepultaría cunha enorme escombreira parte do trazado do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal, un ramal do camiño francés de grande relevancia como o demostran numerosos documentos históricos, entre eles a carta xeométrica de Domingo Fontán elaborada entre os anos 1817-1834. ICOMOS advírtelle á Xunta de que no caso de que o proxecto vaia adiante estaría incumprindo o acordo firmado ca UNESCO, o que podería rematar co camiño francés sen o distintivo de patrimonio da humanidade. Ninguén entendería que a torre Eiffel ou os acantilados de Moher fosen desposeídos de tal recoñecemento polo interese privado dunha empresa foránea. Pois nesa encrucillada está agora o goberno galego, por un lado o interese xeral e por outro a presión do lobby mineiro e dos intereses escuros da administración. Por un lado o respecto ó patrimonio cultural e por outro o terrorismo patrimonial que en tantas ocasión sale impune. A decisión final está nas mans de Feijóo, tócalle apostar polo Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 ou por amarrar os seus plans de futuro gardados nunha Samsonite como a que supostamente lle regalaron no capítulo de Corcoesto. Que teñan bo camiño. Publicidade"}
{"ID": "NOS_36935", "summary": "A obra contén 100 microrrelatos.", "text": "Gadis entregará de maneira gratuíta, este sábado 15 de outubro, 12.000 exemplares dun libro de microrrelatos sobre os soños en todos os seus puntos de venda da Galiza e Castela e León. Esta edición de peto recompila os 100 microrrelatos finalistas da terceira edición do certame literario que a compañía de alimentación organiza. Gadis Retail, entre as 50 empresas do Estado español mellor valoradas para traballar \"Animar persoas anónimas a escribir e descubrir novos talentos literarios\" son algúns dos obxectivos que busca Supermercados Gadis coa convocatoria deste concurso e editando o libro para a súa distribución. A compañía confía en que os clientes \"gocen do pracer da lectura coas pequenas grandes historias que se recolleron na publicación: os desexos persoais, os propósitos que se marcan cada aninovo, os anhelos ou as reflexións máis profundas sobre o que é a realidade e os soños que quedan por cumprir\". Gadis reúne máis de 200 ONG nun foro solidario para abordar \"os retos do futuro\" Aliás, Gadis dispuxo unha edición dixital desta recompilación, xa dispoñíbel na web da cadea de supermercados. Ademais de textos galegos e do conxunto do Estado español, nesta edición participaron autores e autoras internacionais de país que van \"desde Perú até Países Baixos\". Apoio á industria editorial Esta iniciativa, incluída no programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, supón tamén un \"apoio\" á industria editorial. Melisa Pagliaro: \"A galeguidade exércese, sen complexos\" Nas tres edicións do certame literario editáronse, en total, 32.000 exemplares con pezas de temática variada. A estas cifras hai que sumar os 360.000 libros que Supermercados Gadis editou con motivo do Día das Letras Galegas en diferentes anos para achegar a literatura ao conxunto da sociedade."}
{"ID": "NOS_57693", "summary": "O alcalde de Poio, Luciano Sobral (BNG), é unha das caras visíbeis das homenaxes polo Día da Galiza Mártir. O acto na Caeira, lugar onde asasinaron a Alexandre Bóveda, é a imaxe que cada ano lembra a memoria das persoas que sufriron o terror da violencia imposta tras o golpe de Estado que trouxo a ditadura ao país.", "text": "—Como será o Día da Galiza Mártir este ano en Poio unha vez rematadas as restricións pola pandemia?Tratamos de recuperar os formatos que tiñamos antes da pandemia cos actos que estaban previstos todos os anos. Voltamos ao formato habitual engadindo a entrega dos premios Galiza Mártir no propio monumento, e que este ano recaeran nos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez, autores do libro Meirás: un Pazo, un caudillo, un espolio, algo que se realizaba nun xantar despois da lembranza na Caeira. Multitude de actos lembran as persoas represaliadas polo Día da Galiza Mártir Consistirá, como outros anos, nun acto institucional e ao mesmo tempo político reivindicando a figura de Bóveda e dos mártires galegos que sufriron a represión durante a guerra civil. Ten un carácter reivindicativo e, ao mesmo tempo, de lembranza e memoria con respecto ao que foi esta traxedia para as galegas e os galegos. —Entrou na alcaldía en 1995. Cal foi a evolución que tivo o Día da Galiza Mártir no seu municipio?Desde un punto de vista institucional, evolucionou de maneira moi positiva. É certo que os primeiros anos, en 1995 por exemplo, tivemos dificultades para chegar á \"normalidade\" que hai agora. Mesmo cando foi a construción do propio monumento a Bóveda na Caeira tivemos bastante polémica na Corporación. Hoxe está bastante asumida esta data e mesmo é festa local en Poio, atendendo desta maneira as peticións da Fundación Alexandre Bóveda de que os concellos puidésemos ir introducindo este día como festivo. O acto tamén é moi familiar ao participar a súa filla, Amalia Bóveda, e os seus netos. Estamos satisfeitos de como foi evolucionando o Día da Galiza Mártir no noso Concello. —A data tamén se lembra en Pontevedra. Considera importante esa colaboración?Desde que chegou o BNG en 1999 á Alcaldía de Pontevedra a colaboración é moi estreita. No acto da Caeira sempre participan conxuntamente connosco. O Parlamento \"aparca\" o Día da Galiza Mártir pero homenaxeará Bóveda e outras vítimas do franquismo —Coa súa experiencia, que papel deberían xogar outras institucións na lembranza das persoas que padeceron morte e persecución eses anos?Na liña do que reclama a propia Fundación Alexandre Bóveda, sería bo que a máxima institución galega, a Xunta da Galiza, institucionalizase este día como unha xornada a celebrar e a reivindicar no calendario galego, ademais de implicarse nas reclamacións en esclarecer a morte de Bóveda e reparar a súa memoria. Sería bo que a máxima institución galega, a Xunta da Galiza, institucionalizase este día Recoñecer que foi, é e creo que será unha figura imprescindíbel do noso país. Hai concellos que se están implicando moito, mais despois, a nivel galego, quen está fallando é o Goberno galego, neste caso o PP. —Que razón pode haber para que o PP non o faga?Hai un trasfondo político, por suposto, e quizais tamén unha falta de valentía política do PP cando hai que tomar unha decisión. A sociedade madurou moito e un Goberno galego que asuma a responsabilidade de recoñecer a Bóveda non tería ningún problema. Nunha institución pequena como a nosa de Poio vivímolo e hoxe está totalmente recoñecido."}
{"ID": "PRAZA_8323", "summary": "Fabián Valero, portavoz de Avogados Novos, recolleu os apoios a través de change.org. Estará acompañado de representantes do Consello Xeral da Avogacía Española.", "text": "Fabián Valero, un avogado laboralista vigués e portavoz de Avogados Novos, entregará o vindeiro luns 1 de abril en Madrid as máis de 170.000 sinaturas que recolleu a través dunha petición online para reclamarlle ao ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, que derrogue a Lei de Taxas Xudiciais. Será ás 11:00 da mañá no Rexistro do Ministerio de Xustiza e estará acompañado de representantes do Consello Xeral da Avogacía Española. Fabián Valero, portavoz de Avogados Novos, estará acompañado de representantes do Consello Xeral da Avogacía Española O pasado 5 de xaneiro de 2013, Fabián puxo en marcha a súa petición online na plataforma Change.org. \"Dende a aprobación da nova Lei de Taxas Xudiciais, toda persoa que presente unha demanda nas ordes civil, social ou administrativo terá que pagar as taxas marcadas pola Lei perda ou gañe o contencioso. Conságrase así no noso país unha Xustiza para os ricos e outra para o resto dos cidadáns\", explica no texto. \"A entrada en vigor desta lei supón, en primeiro lugar a creación dunha barreira económica de tal envergadura que millóns de cidadáns se verán privados do seu dereito de acceso á Xustiza, vulnerando con iso o dereito á tutela xudicial efectiva consagrado no artigo 24 da Constitución Española. A Lei de Taxas xera, ademais, graves desigualdades. A banca e as aseguradoras, grandes consumidores da Xustiza que utilizan esta con fins de lucro, son colocadas na mesma posición que o cidadán medio que usa a Xustiza contadas veces na súa vida para defender dereitos básicos e lexítimos. As taxas serán da mesma contía para unha gran corporación que para unha familia de clase media\", engade Fabián na petición. As taxas serán da mesma contía para unha gran corporación que para unha familia de clase media\", engade Fabián na petición O gabinete do destinatario da petición, Alberto Ruiz-Gallardón, recibe periodicamente un correo electrónico informando das novas firmas de apoio conseguidas. \"Este é precisamente o obxectivo da plataforma Change.org\", di Francisco Polo, Director de Change.org en España, \"que calquera persoa, en calquera lugar, poida iniciar unha campaña polo cambio social\"."}
{"ID": "NOS_55684", "summary": "Se o pasado Día de Reis eran 142 as persoas usuarias de residencias con coronavirus, en apenas catro días os contaxios duplicáronse até chegar este domingo aos 280 positivos.", "text": "As residencias da Galiza computan 280 maiores e 134 profesionais contaxiados de coronavirus. O informe deste domingo, 10 de xaneiro, recolle 49 novos contaxios detectados nas últimas horas entre as persoas maiores en centros xeriátricos, o que supón practicamente o dobre do total de casos activos que se notificaron no Día de Reis, o pasado seis de xaneiro (foron 142 os positivos comunicados daquela). Os 49 novos contaxios notificados este domingo entre as persoas maiores corresponden a 10 usuarias e usuarios da residencia DomusVi de Vimiazo, 2 do centro San Bartolomeu de Xove, 25 da residencia Fogar Santa María, en Verín; e 12 usuarios na residencia Paz y Bien de Tui. En total, son 280 os maiores contaxiados en residencias. A que ten máis casos é a DomusVi de Vimianzo (82), seguida de Paz y Bien de Tui (52) e a Residencia da Pastoriza (36). Na Residencia de Ribeira son 19 as e os usuarios contaxiados, 6 na de Santa Teresa de Jornet (A Coruña), 14 están na Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, 25 na San Bartolomeu de Xove e tamén 25 na Residencia Fogar Santa María (Verín), mentres que 11 están na Modelo de Vigo, 4 na Saleta de San Cristovo de Cea, e unha nos apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove, mesma cifra que na residencia de Maiores de Burela e na de Vila do Conde, en Gondomar; mentres que 4 están no CRAPD Vigo. 134 casos no persoal Entre o persoal traballador das residencias hai detectados 134 casos activos en total, 130 en centros de maiores e 4 nos de dependencia. Incluíronse este domingo 20 novos contaxios. Os centros máis afectados son a Residencia Domusvi de Vimianzo, con 24 casos entre o persoal, a San Bartolomeu de Xove, con 12; a Paz y Bien de Tui, con 13; e a da Pastoriza, con 10. En xeral, os casos na Galiza seguen sendo alarmantes. Este domingo notificábanse 718 novos contaxios por coronavirus rexistrados nas últimas horas (661 confirmados a través de PCR), após baterse onte, 9 de xaneiro, o récord desde o inicio da pandemia, con 914 positivos (798 detectados por PCR)."}
{"ID": "NOS_12847", "summary": "Xurxo Souto reivindicou a nación galega no acto de Vía Galega decorrido en Carral.", "text": "O BNG de Compostela organizou este sábado un acto para recordar o 175 aniversario dos acontecementos vencellados aos Mártires de Carral, os militares sublevados en diferentes puntos da Galiza contra o Goberno do xeneral Narváez, que foron fusilados na mañá do 26 de abril de 1846. En palabras da líder local do Bloque, Goretti Sanmartín, \"houbo unha xeración que abrazou Galiza como proxecto político e que comezou preocuparse para saír da situación de sometemento que padecía\". O evento contou cunha interpretación teatral de Lucho Penabade, e tamén estiveron presentes o presidente do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e deputados e deputadas, militantes e simpatizantes da formación nacionalista. Ao fío desta homenaxe, Sanmartín lembrou que a vindeira semana se constituirá por vez primeira a Comisión municipal pola Memoria histórica impulsada polo BNG, e adiantou que o seu partido reclamará que a capital galega siga os pasos de Pontevedra e retire o nome da Avenida Xoán Carlos I. Tamén instou a Xunta e Estado a combateren xudicialmente pola recuperación das estatuas do Mestre Mateo, especialmente tras coñecerse a última sentenza sobre o mobiliario do Pazo de Meirás, \"que demostra que hai franquismo despois de Franco e que queren que sigamos a pagar aos espoliadores, a quen estivo roubando patrimonio galego\". Vía Galega Pola súa banda, a plataforma social Vía Galega organizou un acto público conmemorativo dos feitos da coñecida como Revolución Galega de 1846 no propio municipio de Carral. No acto, o artista Xurxo Souto deu lectura dun manifesto no que reivindicou a nación galega: \"Longuísima é a súa historia; máis importante aínda o seu futuro\". \"A Nación Galega rexorde na historia precisamente porque viaxamos. Cando as nosas bisavoas, os nosos bisavós cruzaron o mar e descubriron na América —Curros Enríquez, en Cuba— que non hai linguas, non hai culturas mellores nin peores. Que cando nos comprometemos co desenvolvemento da nosa nación facemos máis rica, máis digna e máis fermosa a Humanidade toda\", expón o manifesto."}
{"ID": "NOS_14720", "summary": "O Goberno do Estado transferirá un total de 13.486 millóns, 70% en setembro e 30% en novembro deste mesmo ano.", "text": "O Consello de Ministros aprobou esta terza feira a distribución do fondo extraordinario de 13.486 millóns de euros dirixidos ás comunidades e cidades autónomas. Unha repartición que se efectuará en base á poboación axustada, tal e como solicitaron a maior parte de territorios, explica o Goberno español. Da contía total, a Xunta da Galiza percibirá 828.382 euros. Esta transferencia extraordinaria do Estado ás comunidades, que se atopa á marxe do sistema de financiamento, estabelécese co obxectivo de amortecer os efectos da crise da Covid-19 nas finanzas territoriais. Desta forma, a Administración estatal asume, \"de novo, o maior custo da pandemia e garante a liquidez ás comunidades autónomas para que poidan prestar servizos públicos esenciales de calidade\". Trátase, aclara nun comunicado o Ministerio de Facenda e Función Pública, duns recursos adicionais que xa foron anunciados no Consello de Política Fiscal e Financeira do pasado mes outubro e incluídos nos Orzamentos Xerais do Estado de 2021. Criterio de repartición O criterio de repartición foi resultado do diálogo iniciado por Facenda con todos os territorios para coñecer a súa posición. A maior parte de Gobernos optaron pola poboación axustada, un criterio que o Ministerio fixo seu e que deu a coñecer ás autonomías no trasncurso do Consello de Política Fiscal do pasado 28 de xullo. O Real Decreto aprobado esta terza feira contempla que os 13.486 millóns transferiranse en dúas fases, 70% en setembro e 30% no mes de novembro deste ano. \"Esta achega extraordinaria incide na idea do Goberno de que ninguén quede atrás, incluídas as Administracións territoriais\", afirma. Neste sentido, de cara ao ano que vén, Facenda xa comunicou que as entregas a conta do sistema de financiamento alcanzarán a cota inédita dos 112.213 millóns de euros, un 6,3% máis. Ademais, a Administración estatal cubrirá mediante unha partida específica nos Orzamentos Xerais de 2022, os 3.900 millóns das liquidacións negativas de 2020 para evitar crear tensións de tesourería nas comunidades autónomas o próximo exercicio. Distribución Dos 13.486 millóns a repartir, Galiza recibirá 828.381,84 euros, a quinta contía máis alta por detrás dos 2.357.506 de Andalucía, os 2.160.990 que lle corresponden a Catalunya, 1.863.769 euros de Madrid e 1.400.020,03 da Comunitat Valenciana."}
{"ID": "NOS_49856", "summary": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou esta sexta feira a Xunta esixir a exhibición do certificado Covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa ás persoas maiores de 12 anos para acceder ao interior dos restaurantes, durante todo o día, e, a partir das 21 horas, para o ingreso en cafetarías e bares.", "text": "A Sala entende que a restrición, cuxo permiso para implementala foi solicitado na quinta feira pola Administración galega, cumpre co requisito de temporalidade esixido polo Tribunal Supremo, pois terá efecto desde as 00 horas do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial da Galiza (DOG) e até as 00 horas do 18 de decembro. Ademais, destaca nun comunicado de prensa que non só cumpre a función de \"evitar contaxios, senón tamén minimizar os riscos\", pois lembra que é \"unha evidencia científica\" que a transmisión da Covid-19 entre os vacinados é \"moito menor á dos non vacinados\". A implementación da medida non supón \"un sacrificio desproporcionado\", di o TSXG O TSXG asegura que a implementación da medida non supón \"un sacrificio desproporcionado\", pois a exhibición do certificado requírese \"para o desenvolvemento dunhas actividades de lecer onde a entrada ou o acceso ao establecemento é voluntaria\". O alto tribunal galego tamén advirte no auto que a situación epidemiolóxica está \"a empeorar\", polo que \"as actividades que presentan un risco comparativamente máis alto de transmisión, como é a hostalería, precisan continuar con medidas específicas de control, tendo en conta que o virus segue circulando e causando novos casos, ingresos hospitalarios en unidades de agudos e en unidades de críticos e mortes\". A exhibición do certificado Covid -documento coa pauta completa de vacinación ou de ter pasado a enfermidade nos últimos seis meses ou proba diagnóstica negativa- nos casos citados partiu da reunión que mantiveron na segunda feira representantes do sector e da Xunta da Galiza. A norma, pendente do DOG O Goberno galego estimaba que o TSXG se pronunciase a próxima semana e non tan só un día despois de formular oficialmente a petición. A Xunta da Galiza tería que publicar a medida no DOG para que surtise efecto a partir do día seguinte da súa publicación. Fontes da Consellaría de Sanidade informan de que teñen previsto publicar esta sexta feira un DOG bis para que o certificado entrte en vigor esta fin de semana. De momento, a partir das 00 horas do sábado surtirían efecto as medidas xa publicadas no DOG, relativas á redución de grupos nunha mesma mesa no interior dos locais hostaleiros -de 10 a 8- e no exterior -de 20 a 15-. Esta diminución tamén afecta aos cócteles de pé."}
{"ID": "NOS_18628", "summary": "O Goberno galego aprobará esta terza feira as contas para 2023.", "text": "Un Consello da Xunta extraordinario dará esta terza feira o visto e prace aos orzamentos para 2023, os \"máis altos\" da historia da Galiza, como o Goberno galego leva reiterando desde que a comezos de verán o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, explicase as liñas xerais destas contas. A aprobación na xuntanza do Goberno galego destes orzamentos permitirá que as contas se remitan ao Parlamento, para o debate e tramitación das mesmas na Cámara galega. A maioría parlamentar do PP apunta que os orzamentos serán finalmente aprobados, o que tería lugar cara a decembro. Desde o Executivo galego defenden que estes orzamentos \"contarán con máis de 9.000 millóns de euros para gasto social, que será o máis alto da historia da Galiza\". A Xunta leva anunciando estes días que reforzará o gasto social tradicional —\"sanidade, educación e políticas sociais\"— así como tamén o gasto para o fomento do emprego. Os sindicatos exíxenlle á Xunta un \"orzamento extraordinario\" con \"gasto social\" en emprego e servizos públicos O titular de Facenda e Administración Pública incide en que as contas do vindeiro ano tamén incluirán máis de 2.700 millóns de euros para investimentos, 8,5% máis que no presente exercicio. Aliás, onte mesmo, e após unha xuntanza con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Xunta anunciaba que aumentará en 135% o Fondo de Cooperación Local (FCL) adicional ao pasar de 12,9 a case 30,5 millóns de euros. \"Descontento\" da Fegamp Porén, o anuncio non convenceu a Fegamp, moi crítica con estas contas. A delegación da Federación Galega de Municipios e Provincias trasladou á Xunta na reunión de onte o \"malestar dos Concellos\" perante uns \"orzamentos netamente insuficientes e decididos unilateralmente, sen contar coa Administración local\". O presidente da Fegamp, Alberto Varela, reprochou onte ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que a Xunta faga \"ouvidos xordos respecto ás necesidades da Administración local\". Varela lembrou aos representantes do Goberno galego que esta reivindicación conta co respaldo \"de todos e cada un dos 313 Concellos galegos, que así o decidiron por unanimidade na Asemblea Executiva, máximo órgano da Fegamp\". A oposición, en alerta O BNG instou onte de novo a Xunta a \"retirar o pelotazo fiscal\" do proxecto de orzamentos, mentres que o PSdeG afirmou ter \"expectativas baixiñas\" en relación con que as contas inclúa medidas \"eficaces\" para apoiar os sectores máis vulnerábeis. En senllas roldas de prensa, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o voceiro parlamentar do PSdeG, e Luís Álvarez, respectivamente, foron preguntados polas contas públicas da Xunta para o ano que vén. \"O que esperamos é que eses orzamentos retiren a bonificación do Imposto de Patrimonio que o PP aproba para 7.700 millonarios\", subliñou a líder da oposición. Con ese diñeiro, engadiu, \"poderíanse contratar 700 médicos de Atención Primaria ou acabar coas listas de espera en dependencia\". Pola súa parte, Luís Álvarez sinalou que os \"macro\" números non serven para \"as persoas máis necesitadas\", incidiu, antes de precisar que o seu grupo reclama unha suba de até 8,5% do complemento autonómico ás pensións non contributivas."}
{"ID": "NOS_47069", "summary": "Vigo rexistrou a noite máis cálida das dúas últimas décadas, cunha temperatura mínima de 29 graos centígrados.", "text": "Galiza volve sucumbir á vaga de calor que estes días axexa a península Ibérica e que, segundo as estimacións, esta cuarta feira alcanzou o seu pico. Porén, a alerta máxima decretada pola Xunta seguirá activa até, cando menos, mañá, se ben na fin de semana as temperaturas volverán superar os 35 graos centígrados en boa parte do país. A estación meteorolóxica da Portela, en Vilamartín de Valdeorras, rexistrou contra as 16.10 horas desta cuarta feira o valor máis elevado da xornada, 42,4ºC. Moi perto ficou Ourense, que cunha temperatura de até 41,9ºC non se distanciou moito do seu récord histórico, alcanzado na terza feira (43,3ºC). Seis consellos prácticos e sinxelos para combater as altas temperaturas Foron varias as localidades galegas que superaron novamente a barreira dos 40ºC, como Arnoia (40,1ºC), onde o clima adverso non remite após marcar na terza feira o maior rexistro de todo o país: 43,7ºC. A calor non deu tregua nin sequera durante a madrugada. Cospeito marcou, ás 7.30 horas, a temperatura mínima (11ºC), mais a protagonista da noite foi a cidade de Vigo, que bateu todos os rexistros das últimas dúas décadas ao ficaren os termómetros en todo momento por riba dos 29,1ºC. Avisos vermello, laranxa e amarelo A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) recomenda manter de cara á quinta feira as precaucións no conxunto da Galiza, pois tanto Ourense como as comarcas do surleste fican en aviso vermello, agás as costeiras, que comparten cos municipios do noroeste a alerta de cor laranxa, namentres no interior do país rexerá principalmente o aviso amarelo. O mercurio volve marcar valores especialmente altos nas cidades, desde os 33ºC da Coruña até os 42ºC de Ourense, segundo Meteogalicia."}
{"ID": "NOS_14908", "summary": "Unha campaña procura ampliar os datos sobre o xacemento", "text": "Na zona occidental da Galiza atopamos nos cumios máis altos unha serie de fortalezas que chaman a atención, senón das observadoras, tamén das expertas na materia. Malia seren coñecidas, os datos arqueolóxicos sobre a súa orixe son escasos. Aínda que poidan parecelo, estes complexos non son castros prehistóricos, mais tampouco castelos medievais ou fortificacións propias do exército romano. Cal é daquela o enigma da súa orixe? Investigadoras do grupo Síncrisis da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos por Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo colaboran coa empresa Tempos Arqueólogos na realización dunha campaña de escavación nun destes misteriosos xacementos: o castelo de Portomeiro (Val do Dubra). A intervención pretende xustamente ampliar os datos existentes sobre ese punto concreto, que pola súa tipoloxía entronca co arcano desas fortalezas. Entre o castro e o castelo A orixe desta fortificación, a medio camiño entre o castelo e o castro, remontaríase, segundo a teoría que manexa o grupo arqueolóxico, ao declive do Imperio Romano e á aparición dos primeiros reinos xermánicos na Galiza. \"Son elementos de protección da sociedade\", explica Fernández-Pereiro a Nós Diario desde a escavación, que xorden nese momento de debilitación dun \"estado forte\" como era o romano naquela altura. \"Son elementos de protección da sociedade\", explica Fernández-Pereiro, que xorden nese momento de debilitación dun \"estado forte\" como era o romano naquela altura Estas etapas históricas, pouco estudadas, resultan especialmente conflitivas pola existencia de \"interregnos\", espazos entre a consolidación de poderes rexios. O baleiro de poder xerado por esta crise solucionaríase con estes núcleos locais como unha forma de \"controlar o territorio e a poboación\". Ao mesmo tempo, tamén se atopan indicios de que foron centros de produción de vidro ou metal. Funcionan, neste senso, de maneira análoga ao que a historiografía rexistra noutros lugares da península Ibérica, así como en determinadas rexións de Europa, por exemplo, o sur da Galia ou o norte de Italia. Mais estes xacementos tamén acusan bastante descoñecemento. Os estudos iniciáronse desde hai uns 15 ou 20 anos. A intervención englóbase, xa que logo, dentro dunha investigación máis ampla centrada na transición nese período final do Imperio Romano e de creación do reino Suevo. \"Unha época descoñecida\", afirma Sánchez-Pardo, na que \"se colocaron os alicerces da evolución social, política e económica deste territorio durante a Idade Media até os nosos días\". A tese de doutoramento de Fernández-Pereiro centrouse xustamente nestas fortificacións ao redor da chamada Depresión Meridiana, a falla xeolóxica que fractura o occidente da Galiza entre Tui e Carballo. O estudo recoñeceu dúas zonas principais, o val da Louriña, entre Tui e Redondela, e o val da Maía, entre Padrón e Compostela. Só neste último identificáronse a través da documentación, a bibliografía e a prospección 12 sitios arqueolóxicos con estas características. Traballos previos O mesmo equipo que se atopa neste momento sobre o terreo xa traballou no xacemento do Faro de Budiño (O Porriño) no ano 2018, con resultados moi positivos. \"Conseguimos documentar dúas fases diferenciadas de ocupación e novos datos sobre a produción cerámica altomedieval galega\", comenta Fernández-Pereiro. Recuperáronse desta última pezas case enteiras, pouco complexas tecnicamente e sen adobíos, polo que resultaban difíciles de datar. E desta volta agardan lograr algo semellante. Xacemento en risco Para alén da investigación, a intervención busca pór o foco na situación de maltrato dos restos, por mor da proximidade da mina Esmeralda, do grupo de Villar Mir. A pesar de que a canteira está aparentemente abandonada, segundo descubriron as investigadoras nos últimos días, a empresa ten intención de volvela pór en funcionamento. Ademais, o castelo atópase rodeado por plantacións de eucalipto que xa sufriron varios incendios, o máis grave en outubro de 2017. Para alén da investigación, a intervención busca pór o foco na situación de maltrato dos restos, por mor da proximidade da mina Esmeralda, do grupo de Villar Mir A comezos do ano pasado, o concello de Val do Dubra mostrou interese en adquirir a parcela onde se localizan os restos máis visíbeis, pero co cambio de executiva o proceso quedou paralizado. Aínda que o novo alcalde tamén se mostrou favorábel a continuar co proxecto, non se materializou de momento, se ben facilitou ao tempo unha pequena brigada para despexar a capa vexetal. A dous días de rematar a campaña, xa conseguiron bastantes progresos. O máis destacábel é o achado, na porta que se atopaba entre derrubamentos, de dúas pedras e unha soleira tallada, así como do que presumen que serían restos metálicos para tapar a porta. Noutra das estancias están chegando a niveis de ocupación. Tamén divulgación A etapa de escavación \"breve pero intensa\", en palabras de Mario Fernández-Pereiro, concluirá mañá, día no que as arqueólogas organizarán unha visita guiada ao xacemento. Para conseguir manter as medidas de seguridade por mor da emerxencia sanitaria, será preciso inscribirse con anterioridade. Esta dimensión divulgativa que pon o feche á intervención estivo presente durante toda a semana de traballo, pois desde a páxina de Facebook Castelo de Portomeiro partillaron os seus avances."}
{"ID": "NOS_3128", "summary": "A Xunta e o sector lamentan a falla de sensibilidade de Bruxelas.", "text": "O Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea logrou esta quinta feira un acordo sobre os totais admisíbeis de capturas (TAC) e cotas en augas comunitarias para 2021, que xera decepción e preocupación na Galiza. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, que participou no mesmo en representación dos distintos territorios do Estado español, reprobou que o acordo implique rebaixas en moitas especies de interese para a frota galega e que os avances respecto da proposta inicial da Comisión Europea fosen mínimos \"despois de tantas horas de negociación\". A titular de Mar, que resaltou a incerteza que xera o Brexit e as escasas posibilidades de pesca para todo o Cantábrico, criticou que o Executivo comunitario priorizase aspectos ambientais sobre os económicos e sociais pese ao esforzo realizado polo sector pesqueiro galego para manter en bo estado os caladoiros nos que faena. Con todo, valorou que o recorte na pescada pasase de 13% previsto a 5% e que \"exista a posibilidade de avaliar de novo en maio os datos da cigala\". Tamén considerou positiva a suba de 3,5% na cota de anchoa no Cantábrico. O acordo alcanzado inclúe ademais recortes de 7% no linguado en augas francesas, de 20% no Cantábrico e de case 4% na cigala en Portugal, así como de 15% no golfo de Cádiz. En cambio, mantén estábel a cota de abadexo en Francia. Malestar no sector No sector tampouco recibiron ben os recortes. O presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, tacha o acordo de TAC e cotas para 2021 de \"catastrófico\", xa que leva o sector á \"ruína\" após un ano \"dramático\" marcado pola pandemia. A frota galega \"está moi preocupada\", porque \"só se rebaixou un pouco\" a baixada prevista para a pescada, que descende 5%, mentres caen \"unha chea\" as posibilidades de pesca noutras especies. Neste senso, Pérez Sieira tamén chama a atención sobre o descenso na raia para a pesca artesanal, pois no primeiro trimestre de 1.380 toneladas agora \"queda en 380 toneladas\". \"Isto lévanos á ruína\", advirte o directivo, quen tamén lamentou que Bruxelas non fose \"máis sensíbel coa situación do sector\". \"Con esta rebaixa de cotas é inasumíbel, non se pode manter a pesca\" non só na Galiza, senón no Estado español, advertiu Pérez Sieira."}
{"ID": "NOS_30762", "summary": "Hoxe @s titulares de accións preferentes veñen de recibir, da man do Consello de Ministros, o que máis temían: Perdas sobre os seus activos de até máis dun 70%", "text": "Temíano desde hai tempo e esta sexta o consello de ministros veu confirmarlles que eses temores van ser unha realidade:Non poderán perceber polos seus activos un valor alén do que poña o mercado máis un 10 por cento. Ou sexa, que estes milleiros de afectad@s van ter que sumir perdas de até o 70% nos seus investimentos. E a isto hai que engadir que o FROB vai ter potestade para impor a canxe obligatoria, sen poder os e as afectadas recurrir a decisión. O propio ministro De Guindos veu confirma esta mala noticia na rolda de prensa posterior ao consello de ministros desta sexta´, desmentindo así a líderes do seu propio partido, o PP, que viñan intentando calar a situación proetendedo solucións aos e ás afectadas. No consello de ministr@s decidíuse que se vai permitir cambiar as preferentes e débeda subordinada por accións, ofertar a recompra deses títulos por outros produtos financeiros, a redución do valor da débeda e a amortización anticipada a valor distinto do emitido. Na súa comparecencia, e alén de dicir \"que son cousas que non deberían terse feito\", De Guindos declinou entrar a valorar a actuación das entidades financeiras ao colocar este tipo de participacións complexas entre pequenos aforradores O BNG, resposta O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, denunciou esta tarde que co Real Decreto de Reforma Financeira aprobado esta mañá en Consello de Ministros \"o Goberno sitúase do lado da gran banca, dos estafafores, e víralle as costas ás vítimas da fraude das preferentes\". Jorquera criticou que coa reforma aprobada esta mañá \"o Goberno legaliza a estafa da que foron vítimas os subscritores de participacións preferentes\". Jorquera non dubidou en afirmar que \"o Goberno do Partido Popular legaliza o engano masivo do que en Galiza foron vítimas miles de de pequenos aforradores, legaliza a expropiación dos seus cartos a través dunha estafa cometida pola banca\"."}
{"ID": "PRAZA_10836", "summary": "As dúas formacións reclaman que o reparto de fondos se realice con criterios \"equitativos, democráticos e obxectivos e non mediante a dedocracia dos favores políticos\". A votación terá lugar este mércores e depende do apoio de Democracia Ourensana, á que lle reclaman \"coherencia\", pois no pasado apoiou propostas semellantes", "text": "O pleno da Deputación de Ourense debaterá este mércores a partir das 11 da mañá unha moción de PSdeG-PSOE e BNG para que o ente provincial modifique a forma en que reparte os fondos que corresponden aos concellos. As dúas formacións reclaman que o financiamento se realice con criterios \"equitativos, democráticos e obxectivos\", atendendo a parámetros como a poboación ou a súa dispersión, \"e non mediante a dedocracia dos favores políticos\".As dúas formacións reclaman que o financiamento se realice con criterios \"equitativos, democráticos e obxectivos e non mediante a dedocracia dos favores políticos\"Dado que o Partido Popular perdeu a maioría no pleno provincial, a aprobación desta moción depende dos votos de Ciudadanos, que xa manifestou a súa intención de apoiar a proposta, e de Democracia Ourensana, que no pasado votou a favor de mocións semellantes, pero que tras as eleccións do pasado mes de maio se converteu no partido que sostén o Goberno de Manuel Baltar.A moción reclama un sistema provincial de financiamento mediante un programa anual e universal, baseado en criterios obxectivos, equitativos e democráticos, deseñados baixo os principios de transparencia, boa fe, confianza lexítima e lealdade institucional que acade, polo menos, un cuarto do total dos recursos económicos anuais da Deputación. Tamén demanda que a institución acorde a supresión das subvencións de carácter nominativo que non atendan a criterios de concorrencia competitiva, distribución equitativa ou similar. A proposta pide que se observen os criterios e métodos obxectivos propostos dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).O PSdeG denuncia un sistema de \"subvencións nominativas e concesións directas estruturadas en torno a un sistema de esmola\"O PSdeG-PSOE denuncia que nos últimos anos a Deputación de Ourense executou a obrigada colaboración cos concellos \"a través de instrumentos desligados e inconexos\", e \"mediante inxentes cantidades de subvencións nominativas e concesións directas estruturadas en torno a un sistema de esmola, no que os alcaldes teñen que pasar revista ante a presidencia da Deputación, co fin de que, se ten a ben, atenda as necesidades das entidades locais en base a criterios nunca publicitados\". Nunha comparecencia ante os medios, os voceiros de PSdeG-PSOE, Rafa Villarino, e de BNG, Bernardo Varela, debullaron a proposta que se debaterá este mércores e puxeron o foco na posición que adoptará Democracia Ourensana, formación á que lle esixiron \"coherencia\". Chamaron a atención, ademais, sobre o feito de que o pleno extraordinario se celebre en pleno mes de agosto. \"Parece que na Deputación provincial prefiren que este tema se debata en agosto, cando hai menos atención da xente, e non en setembro, cando comeza o curso político\", criticou Villarino, que afirmou que \"para nós é o asunto máis relevante para esta Deputación provincial\".\"A xente quere que todos os fondos que son seus se repartan con obxectivos de función pública e de servizo á cidadanía, e non con obxectivos clientelares e caciquís\"\"Trátase de que todos os concellos reciban cantidades en base a parámetros obxectivos, como esixe a Constitución, a Lei de Función Pública e a cidadanía\", sinalou Villarino, que engadiu que \"a xente quere que todos os fondos que son seus se repartan con obxectivos de función pública e de servizo á cidadanía, e non con obxectivos clientelares e caciquís\".Pola súa banda, Bernardo Varela, explicou que \"puxémonos de acordo porque para a provincia é importante poñerse de acordo neste asunto: o reparto democrático de fondos para os concellos\". \"O sistema de reparto do baltarismo levounos aos peores parámetros de todo o Estado español\", afirmou. \"É hora de que os concellos de Ourense sexan considerados maiores de idade e poidan decidir a que se dedican os cartos que veñen do Estado, uns cartos que veñen para os 91 concellos da provincia de Ourense menores de 20.000 habitantes. Pero moitas veces nin sabemos onde van\", concluíu.A posición de Democracia Ourensana \"Unha moción igual a esta foi apoiada por DO cando estaba na oposición. Supoño que seguirán pensando do mesmo xeito\", afirmou VarelaAs eleccións municipais de maio deixaron ao PP sen maioría absoluta, pero o apoio de Democracia Ourensana (a cambio da alcaldía de Ourense para Pérez Jácome) mantivo a Manuel Baltar no posto que mantén dende o 2012 e que entre 1987 e 2012 ocupou o seu pai. O Partido Popular conta con 12 dos 25 votos do pleno, fronte aos 10 de PSdeG (9) e BNG (1). Ciudadanos (cunha deputada provincial) xa anunciou o seu apoio á moción, polo que a súa aprobación dependerá da posición que finalmente adopten os dous deputados de Democracia Ourensana.Rafa Villarino destaca que \"a suma dos partidos pon o Partido Popular en minoría, fronte a unha maioría que sempre votou a favor dos plans de reparto equitativo, democrático e obxectivo de fondos para todos os concellos da provincia\". PSdeG e BNG lembran que no mandato anterior Democracia Ourensana votou a favor de propostas semellantes. \"Unha moción igual a esta foi apoiada por DO cando estaba na oposición. Supoño que seguirán pensando do mesmo xeito\", afirmou o nacionalista Varela.\"Vai permitir que os fondos públicos sexan repartidos a dedo, para os amigos?\", pregúntalle Rafa Villarino a Democracia OurensanaPola súa banda, o socialista Villarino explicou que \"Falamos co resto de partidos. Democracia Ourensana dixo que o estaba pensando. Non sei que ten que pensar porque sempre o apoiara. Creo que o que está pensando é como pode saír desta situación, como pode saír dun pacto mal creado e oportunista\". \"O seu apoio aínda está no aire, pero nós confiamos en que respecte a súa traxectoria e sexa coherente. Non ten máis opción de apoialo\", engadiu, preguntándolle se \"vai permitir que os fondos públicos sexan repartidos a dedo, para os amigos\".\"Os tempos son chegados, a democracia chegará a Ourense. Este mércores teremos a oportunidade de demostralo, cando todos os partidos políticos, agás o Partido Popular, voten a favor dese cambio no financiamento da Deputación\", concluíu Villarino."}
{"ID": "PRAZA_19482", "summary": "Son moitas as razóns que podemos invocar para demostrar a necesidade da folga xeral convocada para o 9 de marzo. Os autores incidimos en dúas delas, a existencia da LOMCE, que debe ser derrogada con urxencia, para que se elabore un texto que conte co aval da comunidade educativa, e a dos concertos educativos, cuxa existencia lastra as posibilidades da educación pública.", "text": "No ano 2013 nacía o primeiro borrador da que sería a máis polémica de todas as reformas educativas do Estado español: a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Esta lei foi deseñada e aprobada en solitario polo Partido Popular, co ministro Juan Ignacio Wert á cabeza, a pesar das constantes protestas do estudantado, das ANPAS e do profesorado. Non era para menos, xa que o que en principio pretendía ser unha serie de inocentes modificacións da anterior lei educativa acabou sendo a porta de entrada para que as políticas neoliberais colonizaran os espazos públicos do sistema educativo; convertendo así o dereito fundamental á educación nun negocio perverso e lucrativo, como explicaremos máis adiante. Ademais, moitos dos cambios propostos supoñen unha evidente diverxencia respecto ao que consideramos o que debe ser un sistema educativo universal, inclusivo e laico. Sirva como exemplo o artigo 1.61; nel dáse rango de lei á subvención con diñeiro público a centros que segregan por sexo. Como resultado das constantes presións da Igrexa católica, a materia de relixión (que en realidade debería chamarse \"doutrina católica\") acabou quitándolle o posto ás materias que impartían valores éticos e sociais. Se a esta medida lle engadimos a reaparición das reválidas ou a imposición do castelán sobre o resto de linguas oficiais, o panorama non é moi diferente ao que crearía unha lei educativa durante a ditadura franquista. O goberno do Partido Popular pretendía dotar á LOMCE dunha dobre carga ideolóxica: non só a que provén da herdanza do franquismo, senón a que deriva da adoración ás leis do mercado que sublima o neoliberalismo Semella claro que o goberno do Partido Popular pretendía dotar á LOMCE dunha dobre carga ideolóxica: non só a que provén da herdanza do franquismo, senón a que deriva da adoración ás leis do mercado que sublima o neoliberalismo. Así, podemos entender que a LOMCE inclúa no seu texto a cesión de solo público para a patronal privada. O que se pretende é avanzar no carácter competitivo dos centros concertados, deixando de lado a subsidiariedade coa que naceron, supostamente, os concertos educativos. Vexamos que acontece no caso das escolas infantís e de primaria no conxunto do territorio galego. Tomando como fonte os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) elaboramos un par de gráficas nas que amosamos a serie temporal que compara o número de persoas usuarias do sistema público e do privado. Somos conscientes de que se queremos afondar nos detalles é precisa unha análise máis rigorosa; no entanto, para o razoamento que queremos expoñer son perfectamente válidas e significativas. Se nos fixamos, o número de persoas usuarias da educación privada en Galicia mantense case constante ao longo do tempo, agás unha caída xeneralizada a partir do ano 2013 (posiblemente debido a efectos poboacionais que quedan fóra deste artigo), mentres que o número de persoas usuarias da educación pública foi medrando ata 2013 e sendo máis do dobre respecto á privada. Algo semellante acontece coa educación primaria, onde observamos que o número de persoas usuarias da privada é constante e a pública é usada por case o dobre de alumnos e alumnas. É necesaria entón a cesión de infraestruturas e espazos públicos para a ensinanza privada? A resposta obvia semella que non. Atopámonos aquí cunha anomalía: a escola concertada non é subsidiaria da educación pública, senón que é exerce unha competencia directa patrocinada desde as administracións educativas públicas. En efecto, este noso país está cruzado de anomalías que desvirtúan, ao entender dos autores, a calidade dos nosos servizos públicos, a igualdade que deben garantir as administracións públicas a todas as persoas, en definitiva a saúde e fortaleza da nosa (delicada) democracia (cada vez máis entregada ás oligarquías dominantes). O que antes se garantía de forma gratuíta a través dun proceso redistributivo dos impostos e desde os orzamentos, agora se converte en valor de cambio para un mercado desexoso de ir colonizando espazos públicos Como advertía David Harvey, o capital precisa converter os valores de uso en valores de cambio, isto é, o que antes se garantía de forma gratuíta a través dun proceso redistributivo dos impostos e desde os orzamentos, agora se converte en valor de cambio para un mercado desexoso de ir colonizando espazos públicos que, ata non hai moito, aínda se mantiñan, dalgunha maneira, a salvo da cobiza do capital. É a espiral da acumulación do capital, que non é outra cousa, como ben sinala Harvey, unha historia de desposesión. Os asesores economistas e outros apóstolos do mercado esnaquizando as perspectivas de igualdade a través da aplicación cega de teses -falaces- neoliberais, que nunca melloraron nada, senón que tiveron o efecto contrario ao incrementaren a fenda da desigualdade entre as persoas deste planeta. Elocuente, nesta óptica, o desastre que provocaron as famosas curvas de Kuznets e de Laffer, sobre as cales recomendamos a lectura do traballo recente de Marco Revelli, La lucha de clases existe...¡y la han ganado los ricos! (Alianza Editorial, 2015). A anomalía á que nos referimos, e que contribúe a desbaldir a capacidade do ben común para enriquecer intereses privados, é a dos concertos educativos. Anomalía que responde á negativa herdanza da ditadura franquista. Unha anomalía que manifesta os intereses de clase da institución católica e relixiosa en xeral. Unha anomalía que xa non responde ao fin coa que supostamente naceu: a subsidiariedade con respecto á educación pública. A anomalía á que nos referimos, e que contribúe a desbaldir a capacidade do ben común para enriquecer intereses privados, é a dos concertos educativos Os Acordos do Vaticano de 1979, fraguados en tempos preconstitucionais, renovaban con vigor o Concordato franquista de 1953. Tarefa inútil mesmo mencionar que, a pesar de existir unha alusión a que a Igrexa debe tender á súa propia sustentabilidade (artigo 2.5), o certo é que o pan da curia untouse con profusión con diñeiro público e exencións e privilexios de todo tipo. Un deses privilexios, para o que se usa a falacia da liberdade relixiosa, é a de concertar centros privados para que, aínda mantendo o seu ideario dogmático e sectario, podan sosterse: diñeiro público para manter intereses privados. Ademais, cómpre sinalar que manteñen unha dobre vía de financiamento ao reclamar, si ou si, ás familias certas contías económicas para provisionar distintos aspectos e servizos. Nada obriga ao mantemento dos concertos educativos hoxe, e moito menos a incrementar unidades concertadas e orzamentos ano tras ano, cando a educación pública sofreu, de forma paralela, un castigo constante en recursos persoais e materiais, ademais de ter que aturar a aplicación dunha mala lei educativa como a LOMCE, que levan a convocar con toda xustiza unha Folga Xeral o día 9 de marzo. A grandes trazos, o número de alumnado matriculado na concertada mantense estable, e, non obstante, a dereita en Galicia incrementou as unidades concertadas, pasando de 3.837 unidades no 2015 a 3.892 no 2017, pasando polas 3.853 do 2016. Para non sermos acusados de extremistas, empregamos os datos oficiais do Plan Galego de Estatística a propósito do ensino non universitario. Vemos como se incrementa, exercicio tras exercicio, o orzamento dedicado aos concertos nas súas diferentes etapas educativas. En efecto, pasamos dos máis de 236 millóns de euros do 2015 aos máis de 260 millóns do orzamento do 2017 De forma simultánea vemos como se incrementa, exercicio tras exercicio, o orzamento dedicado aos concertos nas súas diferentes etapas educativas. En efecto, pasamos dos máis de 236 millóns de euros do 2015 aos máis de 260 millóns do orzamento do 2017, sendo máis de 243 millóns o do exercicio 2016. A variación é de 23 millóns en dous exercicios, sendo a diferenza máis acusada entre o 2017 e o 2016, cun incremento en case 18 millóns de euros. Nada o xustifica. Un incremento que se destina a educación infantil, a primaria-ESO e a FP principalmente. Perigosas as etapas de educación infantil e FP, onde se crean ciclos que non oferta a pública en números suficientes. Os datos xerais, a nivel de estado, tamén fan reflexionar: pasamos dunha provisión polo sistema público dun 92% no curso 1990-1991 a un 67% no curso 2010-2011. Indicio claro de que a subsidiariedade se converteu en competitividade. Por iso, é urxente que o executivo proceda a realizar unha auditoría dos centros privados concertados para verificar que non compite cun centro público da mesma localidade ou contorna. En caso de que sexa un centro competidor debe procederse a anular o concerto educativo. Pasamos dunha provisión polo sistema público dun 92% no curso 1990-1991 a un 67% no curso 2010-2011. Indicio claro de que a subsidiariedade se converteu en competitividade Son moitas as razóns que podemos invocar para demostrar a necesidade da folga xeral convocada para o 9 de marzo. Os autores incidimos en dúas delas, a existencia da LOMCE, que debe ser derrogada con urxencia, para que se elabore un texto que conte co aval da comunidade educativa, e a dos concertos educativos, cuxa existencia lastra as posibilidades da educación pública. O 9 de marzo defendamos a pública!"}
{"ID": "NOS_38881", "summary": "A asociación \"O Faiado da Memoria\" de Vilagarcía recorre ao micromecenado para rematar o documental A volta dos nove co que queren recuperar a memoria oral das testemuñas que xiran arredor dun dos máis tráxicos acontecementos da represión na Galiza.", "text": "Un dos episodios máis dramáticos da represión franquista é o que aconteceu na chamada \"A volta dos nove\". Nas Aforas de Baiona na noite do día 15 de outubro de 1936 nove homes, a maioría mariñeiros, eran asasinados despois de seren sacados da prisión. A comarca ficou conmocionada polo brutal acontecemento e a cada pouco nove cruces aparecían pintadas nas pedras á beira da gabia, na volta na que foran asasinados. Borrábanas, mais as cruces volvían aparecer. \"O Faiado da Memoria\", colectivo de recuperación da memoria histórica e documental de Vilagarcía, busca micromecenas a través dunha plataforma na rede para o desenvolvemento dun documental baseado na historia oral, para recoller tamén as testemuñas que lembran o que aconteceu despois do asasinato que tanto impactou no Val Miñor. A través de micromecenado, \"O Faiado da Memoria\" rematou a longametraxe documental Desde dentro do corazón, e agora recorre ao mesmo sistema para o novo A volta dos nove, un proxecto no que levan anos traballando e queren agora, con apoio colectivo, rematar. \"O Faiado da Memoria\" leva cinco anos traballando na recuperación de memoria, fotográfica, documental e histórica da man dos seus creadores Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, director do novo documental. Caeiro ten xa unha longa traxectoria no documentalismo histórico e participou en proxectos como Aillados, A memoria nos tempos do volfram, Esta noite, velada ou Desde dentro do Corazón, boa parte deles poden atoparse na súa páxina web. Pódese apoiar o novo documental desde a páxina de verkami."}
{"ID": "NOS_57976", "summary": "O cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega pola Coruña aposta por crear un marco galego de relacións laborais que favoreza a negociación colectiva e pide recuperar a indemnización de 45 días por despedimento.", "text": "O cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega pola Coruña, Carlos Callón, defendeu esta cuarta feira que as empresas con grandes beneficios non poidan executar un ERE, durante un encontro con delegados e delegadas sindicais na Coruña. Insistiu na necesidade de derrogar as reformas laborais de PP e PSOE porque os seus efectos aumentaron o paro, a precariedade e a emigración. \"A crise económica foi aproveitada polo PP para mudar o modelo de dereitos laborais por outro de indefensión, onde se pode traballar moitas horas e ser pobre, un modelo que a nova dereita prefire chamar flexiseguridade. Ese é o modelo que queremos derrogar\", dixo Callón, que apostou nun marco galego de relacións laborais que favoreza a negociación colectiva. Propón crear unha renda de garantía para quen esgotou a prestación do paro. O número 1 pola Coruña de Nós recordou que Galiza está \"á cola en salarios do Estado, pese a estar a cabeza en horas de traballo\", polo que esixiu a transferencia das políticas de fomento do emprego e formación continua, así como dotar de máis medios para dotar de recursos contra o fraude na contratación. Entre outras propostas, Callón pediu recuperar a indemnización de 45 días por despedimento nos casos de improcedente ou nulo. Tamén a creación dunha \"renda de garantía para todas as persoas que están en busca activa de emprego e xa esgotaron a prestación do paro, tendo en conta que hai 32.000 fogares sen ningún ingreso\"."}
{"ID": "NOS_2262", "summary": "O lapis realiza a función do instrumento musical. Esvara polo papel nunha sorte de transo inducido. A pé de palco, o deseñador Pepe Barro (Pontedeume, 1955) intepreta o que escoita coa súa propia linguaxe: o debuxo. O jazz materialízase en retratos fuxidíos, de esguello, como cazados por sorpresa. Os que conforman o seu particular agasallo de fin de ano, Caderno de jazz.", "text": "\"É apenas un divertimento\", explica, \"eu sempre debuxei, pero de xeito máis repousado. Quixen ver que saía a pé de palco\". Saíron 13 rostros de 13 músicos, capturados en lugares míticos para o jazz galego como o Filloa ou o Garufa, da Coruña, o Teatro Colón da mesma cidade e o Círculo das Artes de Lugo. Os saxofonistas Wayne Shorter ou Lee Konitz, as pianistas Carla Bley ou Abe Rábade, ou o batería L.A.R. Legido son algúns dos protagonistas do Caderno de jazz, apenas unha reducida escolma dos cadernos de debuxo de Barro. Ao autor préstalle colocarse ao carón do escenario. \"Esquezo o que estou facendo e sinto a música\", acerta a resumir. E lembra os consellos de Matisse a respecto do debuxo, que gusta \"modestamente\" de atender: \"Dicía que había que debuxar moitas veces o modelo ate sentir solto, máis libre\". Como aquelas Figuraciós que Luís Seoane atrapaba na vida cotiá da metrópole -exiliado en Bos Aires-, Pepe Barro improvisa os seus deseños en tempo real. \"Mais el facía trampas\", ri, \"porque os seus retratos non tiñan que imitarlle a ninguén. Os meus teñen modelo. Ademais, envieillo a case todos eles\". Os retratos de Seoane eran de xente anónima, as que poboan a cidade. Os de Barro son dalgúns dos músicos de jazz en activo máis importantes. Mais a sombra de Seoane non remata aí. O deseñador gráfico -responsábel, por exemplo, da maqueta do semanario Sermos Galiza- denomina o seu Caderno de jazz coa palabra \"nadaliña\". \"Usábana Díaz Pardo e Seoane. Non sei se a inventaron eles ou xa a usaba Camilo Díaz, pero a min gústame\", di sobre a súa particular felcitación de inverno, que arriba aos seus amigos vía postal. \"Iso forma parte do agasallo, sobre todo agora que só recibimos por correo comunicacións do banco\", conclúe."}
{"ID": "NOS_58450", "summary": "A tradución de narrativa é o núcleo do traballo da editorial Hugin e Mugin. Novelas e relatos de variada época -a partir do século XIX- compoñen as súas coleccións. Agora convocan a segunda edición do Premio Realia de Tradución Literaria para \"recoñecer traducións inéditas á lingua galega de obras narrativas circunscritas á novela e á novela curta\".", "text": "Dotado con 1.200 euros e a publicación do traballo, é de periodicidade bianual. Na primeira convocatoria gañou Detrás da máscara: o poder dunha muller, da escritora estadounidense Louisa Mary Alcott e orixinal de 1866. A versión galega é de Antía Veres Gesto. \"O obxectivo do premio é outorgarlle visibilidade ao traballo dos profesionais da tradución\", indican desde a editorial, \"ademais, a obra gañadora será cedida á Biblioteca Virtual (Bivir) da Asociación de Tradutores Galegos pasado un ano da publicación en papel\". O prazo para recibir os orixinais remata o 1 de marzo de 2019. Hugin e Mugin sinala que o premio Realia é \"a día de hoxe o único certame remunerado deste tipo aberto a calquera partipante\". Outros galardóns como o Ramón Cabanillas ou o Lois Tobío desapareceron. O Plácido Castro perdeu a compensación económica. E o da Gala do Libro Galego \"é de carácter honorífico\". O Premio de Tradución da Universidade de Vigo, lembran, \"conta felizmente cunha partida coa que remunerar o gañador\" mais só poden participar \"persoas vinculadas á institución\". O Premio Realia de Tradución Literaria conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela."}
{"ID": "NOS_27400", "summary": "O vento deixou refachos de intensidade máxima entre este domingo e a mañá desta segunda feira co paso da borrasca Karine de 150 quilómetros por hora en Cervantes e de 143,6 km/h en Manzaneda.", "text": "A borrasca Karine deixou máis de 260 incidencias ao seu paso pola Galiza. Así, nas últimas doce horas, o 112 Galiza xestionou maioritariamente intervencións relacionadas coa caída de árbores e o desprazamento de obxectos ás vías. Segundo informou o 112, o efecto do vento \"está a causar problemas nas estradas debido á caída de vexetación, restos de pedras e terra e partes do mobiliario urbano que poden sorprender aos condutores\". O maior número de incidentes rexistrados no 112 ten que ver con árbores e pólas, debido ao que se atenderon 170 chamadas motivadas por esta situación e para o que se necesitou a intervención dos distintos equipos de salvamento, así como de limpeza e mantemento de estradas. Así mesmo, o 112 destaca os incidentes ocasionados por obxectos e mobiliario urbano desprazados ás vías, que sumaron máis dunha trintena de intervencións dos servizos de emerxencias; e inundacións puntuais en vivendas, baixos e garaxes sen que se rexistrasen feridos. O vento deixou refachos de intensidade máxima entre este domingo e a mañá desta segunda feira co paso da borrasca Karine de 150 quilómetros por hora en Cervantes e de 143,6 km/h en Manzaneda. O 112 fixo fincapé tamén na actividade dos efectivos de emerxencias que, nunha ducia de casos, \"permitiu reducir o nivel de risco ante estruturas e elementos inestábeis, como poden ser xanelas, persianas, cables, postes, etc\". Deste xeito, desde as 20,00 horas deste domingo e até as 8,00 horas desta segunda feira, o 112 Galicia contabilizou 266 incidentes, dos cales 170 estiveron motivados pola caída de árbores e máis de 30 por obxectos que se desprazaron ás vías. En menor medida, producíronse inundacións en rúas, vivendas, baixos e garaxes (sete intervencións), sen que esta situación provocase dano algún ás persoas, concretaron as mesmas fontes. En xeral todo o país sentiu os efectos de Karine, aínda que 112 destaca o número de intervencións rexistradas en Vigo, Ponteareas, Moaña ou Salceda de Caselas; Ramirás ou San Cibrao; Lugo capital ou Portomarín,; e Betanzos, Brión, Teo ou Santiago."}
{"ID": "PRAZA_13628", "summary": "Un cambio nos prezos no sistema informático de Sanidade impediu subministrar centos de fármacos na cuarta xornada do copagamento, entre eles analxésicos indicados para persoas que viñan de someterse a unha intervención cirúrxica", "text": "Sucedeu dende, aproximadamente, a metade da xornada do martes ata arredor das seis da tarde do mércores. No terceiro e cuarto día da entrada en vigor do novo copagamento de medicamentos as farmacias galegas atopáronse cun novo e inesperado problema. Ao accederen ao sistema informático da receita electrónica, que inclúe os prezos de referencia dos diversos fármacos, atopáronse con que o abano de posibilidades se reducira radicalmente e sen previo aviso. \"O Sergas ou o Ministerio cortaran e só deixaban dispensar o de prezo menor\", resumen fontes do sector consultadas por Praza Pública impedindo, a efectos prácticos, que moitos pacientes puidesen acceder ao produto que lles viña de ser receitado polo seu médico. \"Cada medicamento ten un prezo de referencia\" que deriva en que o sistema informático lle indique aos profesionais das oficinas de farmacia \"cales se poden dar polo seguro e cales non\". Isto non é novidoso, pero si o foi que o sistema se volvese radicalmente restritivo, sen que nas farmacias soubesen sequera se os responsables estaban \"no Sergas ou en Madrid\". Realmente, o que sucedera é que a Consellería de Sanidade viña de aplicar unha actualización de prezos ordenada polo Ministerio, que supuña, efectivamente, unha notable diminución dos importes dos medicamentos que entran no sistema público de saúde. E un erro informático fixo o resto. Ao reducirse os prezos reducíronse tamén os posibles medicamentos que era posible dispensar, provocando desabastecementos puntuais, nuns casos e que, noutros, directamente, \"non tivésemos unha opción para darlles\", explica un farmacéutico do entorno da Coruña. \"Había pacientes que saían do hospital co seu tratamento para a dor, pero non o podían coller porque non había xenéricos\" \"Hai laboratorios que non teñen moléculas comercializadas aos prezos que se indicaban\", explica, nun contexto que non dubida en definir como de verdadeiro \"colapso en toda Galicia\". Ao desconcerto dos responsables das farmacias e dos seus empregados uníase a contrariedade e mesmo as situacións de emerxencia dalgúns doentes. \"Había pacientes que saían do hospital\", acabados de someter a unha intervención cirúrxica, \"co seu tratamento para a dor, pero non o podían coller porque non había xenéricos\" que entrasen nos novos e restritivos limiares de prezos. Ten isto que ver co novo copagamento? Non directamente, pero a combinación de ambos factores deu lugar a un cóctel de difícil xestión a pé de rúa. Nas liñas telefónicas habilitadas polos colexios de farmacéuticos para solucionar dúbidas sobre o novo sistema de achegas económicas -cuxa aplicación informática está, en xeral, a funcionar con normalidade- atopáronse cun aluvión de consultas relacionadas coas inesperadas dificultades de dispensación para as que, ademais, non tiñan resposta. \"Era practicamente imposible contactar co colexio\", sinala o mesmo profesional consultado por Praza, que puido contrastar a verdadeira irritación que reinaba neste órgano cando, por fin, puido establecer unha conversa telefónica cos seus responsables. Finalmente, contra o remate da tarde do mércores o sistema volveu funcionar correctamente e os medicamentos puideron dispensarse de novo. Para as fontes do sector consultadas por este diario este episodio, por anecdótico que sexa, non é máis ca unha mostra de que \"estamos a mercé de movementos dun día para outro\", \"improvisacións\" que os farmacéuticos e farmacéuticas teñen que afrontar e tentar xestionar de cara á súa clientela. Mentres, dende a Consellería mantense que a plataforma da receita electrónica veu \"rexistrando unha actividade normal\" nos últimos días e dende as farmacias censúrase a lentitude que o departamento que dirixe Rocío Mosquera amosou para dar resposta a esta incidencia, tan puntual como grave."}
{"ID": "NOS_40600", "summary": "\"Patrimonio Nacional debe iniciar de maneira urxente o proceso xurídico para recuperar o Pazo de Meirás como ben público\". Así reza a comunicación que a Deputación da Coruña vén de remtir ao Goberno español. Concretamente a Patrimonio e á nova Dirección Xeral de Memoria Histórica.", "text": "A vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín, asina a misiva e lembra que, despois da morte da filla do ditador o pasado decembro, \"hai indicios de que a familia Franco quere vender o pazo. Antes de que aconteza é preciso activar a vía xurídica para recuperalo\". A Deputación da Coruña lembra ao Executivo de Pedro Sánchez que posúe un informe xurídico que abre a posibilidade da vía xudicial de reintegración de Meirás ao demostrar que pasou a mans de Franco a través dunha compra-venda ficticia. O documento elaborouno a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás. \"Estamos en disposición de argumentar documentalmente este feito para darlle consistencia á reclamación xudicial e mesmo hai nova documentación\", asegura Sanmartín. Segundo a número 2 do ente provincial, a comisión constituída no Parlamento de Galiza \"confirma a viabilidade desta liña de traballo para recuperar Meirás\". As conclusións da Xunta pro Devolución indican que a compra do pazo foi, no seu día, simulada, e que houbo desvío de fondos desde Patrimonio Nacional \"para o mantemento do inmoble, para subministrar alimentos e outros enseres\". A Dirección Xeral da Memoria Histórica, creada polo Goberno español, diríxea Fernando Martínez López. \"Queremos que o Pazo de Meirás estea incluído na axenda inmediata do novo organismo\", conclúe Goretti Sanmartín."}
{"ID": "PRAZA_90", "summary": "Teño a impresión de que unha parte dos franceses cren vivir no país da torre Eiffel, os acordeóns e a baguette e outros, quen viven nos suburbios, cren vivir nun lugar intermedio entre o limbo e a desesperación", "text": "De vivir en París, tras os atentados probablemente acudiría a esa manifestación que xorde antes de nada da conmoción e da necesidade tanto de expresar emocións e dó como de reafirmar a existencia dunha comunidade que se ve cuestionada. Probablemente acudiría a esa manifestación, pero... Podería soportar marchar tras esa cabeceira de políticos, moitos dos cales acaban de colaborar na guerra contra Siria? Faltaron alí o presidente de EE UU e os xeques sauditas e dos emiratos. Como poden ter tanta cara de arrogarse a defensa das liberdades propias cando acaban de comezar unha guerra inxusta que xa acabou con centos de miles de persoas e destruído un país? O tal Estado Islámico levantouse inicialmente sobre parte do territorio arrebatado ao réxime sirio. Hai menos dun ano almorzabamos todos os días con supostas noticias sobre o malo que era Irán e o réxime sirio de Bashar Hafez al-Asad, dixéronnos que era tan intolerable que gobernase aquel tirano que non quedou máis remedio que empezar unha guerra. Nada menos. Todo era moito máis simple, tratábase dun réxime que era un obstáculo para esa estraña e sinistra trama de intereses que une a EE UU, Israel, a leira dos Saud e os emiratos? E alí foron os novos \"soldados da liberdade\", igual que no Afganistán dos anos oitenta cando lindaba aínda coa URSS, entón foron os muyahidíns quen deron lugar a Al Qaeda e agora os do \"Estado Islámico\". Foron eses mesmos dirixentes que marchaban na cabeceira da manifestación e que din protexer as nosas liberdades quen financiaron, impulsaron e armaron os terroristas. A eses que antes eran heroes contra un malvado tirano e que agora volven aos Estados europeos co seu odio fanático e as súas consignas. Desde hai poucos meses xa desapareceron das supostas noticias as maldades de Irán e do réxime sirio. Teño que preguntarme, seguen sendo moi, regular ou pouco malos eses Estados? Parece que foi peor o remedio que a suposta enfermidade. Ou os atentados en territorio europeo son custes calculados e aceptados de antemán en certos despachos sinistros? O que me sorprende, para ben, é que Merkel recoñecese que \"o islam forma parte de Alemaña\" e o que non me sorprende é que o presidente dun Estado étnico e de ideoloxía racista, como é Netanyahu, anime os cidadáns franceses xudeus a abandonar Francia e marchar a Israel. O fundamentalismo non é patrimonio dunha relixión nin dun pobo nin dun Estado, está ao alcance de calquera. E tamén me pregunto polo sucedido á revista Charlie Hebdo e a unha tenda xudía. O ocorrido, asasinatos implacables a obxectivos moi rechamantes, cuestiona o modo de vida dos europeos, sociedades máis ou menos laicas, e tamén volve utilizar o argumento da suposta perversidade dos xudeus. Analizar a intención de apuntar a eses dous obxectivos levaríanos lonxe, quedo aquí co papel de Charlie Hebdo. Non sigo esa publicación e non podo analizar a súa liña editorial, até que punto é ecuánime nas súas críticas ou é partidista ou xenófoba. Do que si estou seguro é de que a elemental cortesía ou consideración cara aos demais dinos que unha cousa é faltar ao respecto ás crenzas propias, ou as do mundo ao que cre pertencer un e outra é faltar ao respecto ás crenzas doutros. Nun caso un ten toda a autoridade moral para facelo pero no outro é preciso ser respectuoso ou prudente ao criticar. É necesaria esa nova portada desa revista que vai ofender a moitas persoas que son de crenza islámica pero non son terroristas? Teño a impresión de que unha parte dos franceses cren vivir no país da torre Eiffel, os acordeóns e a baguette e outros, quen viven nos suburbios, cren vivir nun lugar intermedio entre o limbo e a desesperación. Paréceme que neses barrios suburbiais non hai moitos compradores do novo número desa revista satírica."}
{"ID": "PRAZA_2533", "summary": "A reclamación iniciada por case tres mil consumidores e consumidoras contra CIDE HC Energía bota abaixo o cobro de dous euros por factura cando o pagamento non se domiciliaba. Ademais, a empresa devolverá os cartos cobrados de máis.", "text": "A demanda colectiva que hai dous anos se iniciou en Pontevedra contra a distribuidora de electricidade CIDE HC Energía finalizou con éxito para os consumidores e consumidoras, obrigando o Xulgado do Mercantil número un á empresa a eliminar unha cláusula abusiva dos seus contratos, pola que cobraba dous euros por factura cando o pagamento non se realizaba a través dunha domiciliación bancaria. A empresa, ademais, devolverá os cartos cobrados de máis por esta vía, un total de 37.984 euros, segundo se recolle na web de Facua. Segundo a Fiscalía de Pontevedra, en novembro de 2013 detectouse o cobro \"dun recargo aos consumidores como penalización pola utilización dun medio de pagamento distinto da domiciliación bancaria\". Os contratos incluían una cláusula que indicaba que \"en caso de que o cliente, a excepción de concellos e organismos públicos, utilizase formas distintas á domiciliación bancaria, e mentres se manteña esta situación, se lle aplicará en cada factura unha comisión de dous euros (...), cuxo importe deberá aboar xunto co resto dos conceptos devengados\". No auto, con data de 5 de novembro, a compañía comprometeuse a non incluír a cláusula nos contratos realizados con posterioridade á resolución e a consignar na conta corrente do xulgado os 37.984 euros reclamados. Posteriormente, o organismo reintegrará o importe a cada un dos afectados e afectadas que estean debidamente identificados e identificadas."}
{"ID": "NOS_54673", "summary": "O BNG rexistrou iniciativas no Parlamento da Galiza e no Congreso para solicitar non só o \"rescate\" da concesión da AP-9, actualmente en mans de Audasa, senón tamén \"que se reprobe\" a decisión dos Gobernos do socialista Felipe González e do popular José María Aznar de prorrogar a concesión nos anos 1994 e 2000, respectivamente.", "text": "Así o avanzou na sexta feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen compareceu xunto ao deputado autonómico Luís Bará nunha rolda de prensa na que insistiu na \"ilegalidade\" de ambas as extensións. A semana pasada a Comisión Europea decidiu emprender accións legais por considerar que a prórroga acordada polo Executivo de Aznar até 2048 podía vulnerar o dereito comunitario. No entanto, o Bloque insiste en que hai que anular ambas as ampliacións e \"rescatar a AP-9\" para que quede \"libre de peaxes\". Este paso adiante das institucións europeas, a xuízo de Pontón, abre unha \"porta clarísima\" á supresión da concesión, unha dirección cara á que \"a Xunta e o Goberno español deben camiñar xuntos\". \"É unha cuestión chave de país para frear o agravio que significou a AP-9 para a Galiza\", agregou. A portavoz nacional do BNG insistiu en que a Autoestrada do Atlántico está xa \"requeteamortizada\" despois de anos de \"beneficios multimillonarios\" percibidos por Audasa. En total, cifrou en 1.091 millóns de euros o montante pagado \"en peaxes ilegais\". Ademais, Ana Pontón lembrou que as infraestruturas construídas \"na mesma época\" xa non teñen peaxes \"ou están a piques de deixar de telas\", polo que a gratuidade e o rescate da AP-9 \"non só é xusto, senón que é posíbel\". \"Débese unha desculpa aos galegos por unhas peaxes que non só eran unha discriminación, senón que tamén constituían unha ilegalidade\", sentenciou a líder nacionalista. As iniciativas rexistradas polo BNG no Parlamento galego súmanse ás xa avanzadas a pasada sexta feira polo deputado no Congreso, Néstor Rego, quen levará esta cuestión ás Cortes Xerais. Estafa permanente Pola súa banda, o deputado Luís Bará insistiu no \"agravio\" e \"estafa permanente\" que supón a concesión e o cobro polo uso da autoestrada, unha historia que comezou coa primeira ampliación en 1994 e continuou coa segunda do ano 2000. A isto engadiu a \"privatización\" de Aznar no 2003, cando -lembrou- Alberto Núñez Feixoo era o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Política Territorial, máis os \"agasallos fiscais\" concedidos durante a etapa deste mesmo presidente do Goberno e posteriores convenios que deron pé a \"incrementos abusivos\" das peaxes. \"Todo isto o que pon de manifesto é que hai unha grande operación de Estado dun auténtico cambalache no que participan os grandes poderes do Estado cos dous grandes partidos do Estado para favorecer o enriquecemento da concesionaria a conta dos intereses do noso país\", denunciou Bará. O deputado nacionalista acusou a Feixoo de ser \"cómplice\" e de ter \"absoluta conivencia\" en toda esta historia, tendo en conta que \"non denunciou a situación ilegal\" da autoestrada a pesar de contar cun informe do Consello Consultivo -solicitado pola propia Xunta e emitido en 2020- que declaraba nulas de pleno dereito as subidas das peaxes. \"O único cambio da historia deste agravio tivo que ver coa intervención do BNG, pondo enriba da mesa a transferencia (da titularidade) e conseguindo unha rebaixa histórica\", reivindicou Bará."}
{"ID": "NOS_6101", "summary": "Unha achega sobre a represión franquista en San Clodio de Ribas de Sil", "text": "11 de maio de 1937.Axiña amencerá. Once homes comparten a mesma cela no Cárcere Provincial de Lugo. Todos foran acusados de rebelión militar pola súa actuación na defensa da República entre os días 18 e 22 de xullo de 1936 en San Clodio de Ribas de Sil (Lugo): Nemesio Prieto Ferreiro, Manuel Álvarez Martínez, Enrique Martínez Franco, Bienvenido Bao Fernández, Albino Núñez Rodríguez, Manuel Díaz López \"Mataovellas\", Bautista Martínez Fernández, Toribio Rodríguez Torres, Rogelio Padín París, Dionisio García Fraga e José Darriba Puente. José María Darriba Puente nacera en San Clodio o 13 de xullo de 1917 e era fillo natural de Alicia Puente Fernández, 'A Licha'. Pero o seu pai tiña nome e apelidos: José Darriba Suárez e realizaba en 1917 o servizo militar en Madrid. En 1920 casou con Alicia e recoñeceu o seu fillo. En 1922, Darriba Suárez será destinado a León. O pequeno José recibirá unha educación relixiosa nos Maristas. O seu pai vai ascendendo na xerarquía militar e chega a sarxento. A vida sorríalle á familia até a proclamación da Segunda República o 14 de abril de 1931. No seu desexo de transformar e fidelizar o estamento castrense, o Goberno Provisional aproba uns decretos entre abril e setembro (refundidos na \"Lei Azaña\"). Darriba Suárez, monárquico e tradicionalista, solicita o seu pase á \"situación de retirado\". Concedido en decembro de 1931 a familia volve a San Clodio. José Darriba foi fusilado a canda 11 veciños de Ribas de Sil o 11 de maio de 1937 José Darriba Puente ten 14 anos. Remata os seus estudos e traballa como caldeireiro para Pío López Ojea, industrial da localidade. Participa de forma activa na vida cultural do pobo como membro do grupo de teatro da Sociedad Cultural y Recreativa Artesana. A loita dun socialista No eido político, José Darriba Puente non herdara a ideoloxía do seu pai. A súa conciencia de clase lévao a afiliarse á UXT e á Agrupación Socialista Obrera de Oficios Varios \"Fraternidad y Trabajo\", presidida por Marcelino Fernández Prada, quen se converterá no primeiro alcalde socialista de San Clodio en maio de 1931. Sen dúbida, a chegada de Marcelino, a súa influencia, afastou aínda máis os dous Darriba. A persoa na que se está convertendo o mozo Darriba contraviña os desexos do seu pai. Os camiños de ambos separaríanse en xullo de 1936 para sempre: mentres o sarxento retirado se presentaba o 20 de xullo na Comandancia Militar de Monforte para reincorporarse ao servizo da sublevación, o mozo Darriba aliñábase co seu alcalde para defender a democracia. San Clodio de Ribas de Sil foi un dos lugares que opuxeron maior resistencia. O alcalde axiña organizou a defensa da legalidade republicana. Aguantan durante catro días, até que o 22 de xullo falanxistas, Garda Civil e Carabineiros de Quiroga e mais efectivos da Garda Civil de Lugo, todos baixo o mando do capitán López de Haro e Rey, entran no pobo dobregando a resistencia coa súa superioridade de armamento. José Ferreiro Rodríguez, sarxento da Garda Civil de Quiroga, abrirá en setembro un atestado por denuncias de veciños que reclamaban uns pagos pendentes. Un dos nomes que se citan é o de José Darriba Puente. Seis son os dedos acusadores que sinalan Darriba, catro os delitos que se lle imputan: portador de armas, encargado de fornecer de municións os compañeiros na ponte de ferro, cortar os fíos do teléfono público e, motivo da denuncia, presentarse na farmacia cuns vales para comprar produtos susceptíbeis de converterse en explosivos. O sarxento Ferreiro cre que Darriba Puente formou parte do grupo dos cooperantes coa República e ordena o seu encarceramento. José Darriba Puente ingresa no cárcere de Monforte o 22 de novembro de 1936 procesado na causa 1.312. Dous meses despois, é reclamado polo xuíz Mariano Pérez Hickman e Hickman, a quen se lle encomendara a instrución do sumario 636/36, ao que se lle engade, entre outras, a causa 1.312. Prisión e morte de Darriba O 21 de xaneiro de 1937, José Darriba Puente e outros 21 presos son trasladados ao Cárcere Provincial de Lugo. En marzo, Hickman envía o sumario ao auditor de Guerra, Eugenio Pereiro Courtier, quen atopa probas suficientes para xulgar a Darriba. A causa 636/36 suma un total de trinta e tres procesados. O 11 de abril, os acusados escoitan formalmente os cargos que se lles imputan e solicitan a comparecencia de testemuñas. Darriba requirirá a presenza de Armando López Vila, xefe da Falanxe local; Leopoldo Rodríguez, administrador da casa Batanero, e o cura José Gómez. López Vila e Leopoldo Rodríguez non falarán en favor de Darriba; o párroco, non comparecerá. O 12 de abril ten lugar o consello de guerra na Deputación Provincial de Lugo, actuando como fiscal José López Ardá. Dos 33 acusados, Ardá solicita a pena de morte para 10 deles. O ditame do Consello non se fai esperar. Só un procesado obtén a absolución; 19 son condenados a reclusión con penas que oscilan entre a cadea perpetua e os 12 anos e 1 día; para outros 12, aplícase a pena máxima. Pasadas as 12 da noite do 11 de maio de 1937, os once presos son levados perante o xuíz Salgado. Xa quedan \"en capilla\". Minutos antes das seis da mañá véñenos buscar. Son levados fronte ás tapias do cuartel da Garda Civil. En apenas uns segundos todo termina para Darriba e os seus compañeiros. Son enterrados no cemiterio de Magoi. Fila primeira, tumba dezaseis para José Darriba Puente. Un camposanto demasiado afastado para que unha nai poida levar flores ao seu fillo. E despois, silencio. Unha omertá de máis de oitenta anos."}
{"ID": "NOS_50586", "summary": "A entrevista con Mercedes Leobalde non se limitou só a unha agradábel conversa. A autora do poemario erótico Chamádeme Eva tivo a ben agasallarnos cun relato inédito que escribiu para un obradoiro impartido por Antía Otero. E Antía Otero tivo a ben agasallarnos co texto que escribiu para a presentación de Chamádeme Eva.", "text": "Hai persoas que piden permiso ás palabras para poder escribir e outras que negocian directamente con elas. Mercedes, pertence ao grupo das segundas. Non pide permiso. Coñece o material co que traballa e contrúe pensando directamente no trazado, elaborando un edificio poético cun marcado fío narrativo. Sabe que Eva pode ser transxénero. Elexir dicir \"queres facer o cisne?\" ou sentar no bordo da cama nun día laborable, e recordar o universo que se encerra no sabor das anchoas mentras na radio Led Zeppelin canta 'Can Negro': Eh, eh, mamá, con ese forma de moverte vas sudar, vas desfrutar Oh, oh, pequena, meneándote así vaste poñer fervendo, vaiche arderEh, eh, pequena, cando camiñas dese xeito mira como pinga o mel, non podo despegarmeTeño que moverme, non podo quedar quieto, teño un corazón ardente, nada me comprace E nesta tipoloxía non hai lugar para o rubor... Só espazo para comprender a soedade, a ansia, o cuscús nos dedos e a sémola na boca, o sexo, o desapego, a dor e a morte. Mercedes achéganos ao erotismo dende un eu poético que xurde inmenso e que no nome de Eva non treme para dicir: \"Ven, acollereite coa lentura da terra. A túa patria son eu\" (((Fragmento da presentación que Antía Otero fixo do poemario de Mercedes Leobalde na libraría Lila, en Compostela. A seguir a conversaque tivemos coa autora, quen pedíu expresamente non ser tratada de vostede))) Vou comezar, se mo permites, con algo anecdótico que me chamou moito a atención. Tratei de o conseguir o libro para o ler antes de termos esta conversa e procureino primeiro na biblioteca da USC. Non o atopei, mais si que tiñan un libro teu: Curso de linguaxe administrativa. Como se pasa de aquí á poesía erótica? \"É posible pasar da documentación xurídica á poesía mesmo varias veces no día, e faise con gusto, como saír dun paramo para entrar nun val vizoso, esa é a sensación\" Coa linguaxe xurídico-administrativa tocoume lidar a diario desde que rematei a carreira, por cuestións laborais. Ese manual escribímolo entre unha compañeira e mais eu hai xa moitos anos. En principio tratábase de elaborar material para impartir os cursos de linguaxe administrativa galega, só ía circular en fotocopias entre o profesorado, pero acabouse publicando. Posteriormente, co paso dos anos, o libro foi revisado e ampliado coas achegas doutros autores e se che digo a verdade nin coñezo a versión definitiva. Da linguaxe administrativa á poesía erótica pásase moi facilmente! Ser son coma auga e aceite, claro, pero caben no mesmo vaso. Así que é posible pasar da documentación xurídica á poesía mesmo varias veces no día, e faise con gusto, como saír dun paramo para entrar nun val vizoso, esa é a sensación. \"Sentía a necesidade de me atrever en serio coa poesía\" Se todas escribimos pola necesidade de expresar algo, cal era a túa necesidade con este libro? Tivo algo a ver nel a túa experiencia traballando nos xulgados? Pregúntocho porque me pareceu unha historia dura.... real, quizais? A necesidade era a de atreverme en serio coa poesía, e iso implicaba elaborar un poemario, algo con unidade e coherencia internas, pois ata ese momento só escribira poemas soltos e sen relación entre eles. En canto á historia que hai en Chamádeme Eva, non ten que ver cun caso concreto, nin xudicial nin extraxudicial, é só ficción literaria. Pero ben podería ser real. Animácheste a te presentar a concursos e a publicar após participar en dous obradoiros con Antía Otero. O libro arrinca cunha dedicatoria: \"Á miña xente, a que me impulsa\". É cousa miña ou Chamádeme Eva ten detrás un exercicio de empoderamento da súa autora? \"O libro xurdiu como un pequeno reto persoal mais é certo que recibir un premio e ver a túa obra publicada implica un certo recoñecemento social que quizais si se toque nalgún punto co empoderamento\" O poemario leva unha dedicatoria colectiva porque me sentía en débeda con moitas persoas, en particular con esas que che infunden confianza e che poñen unhas grandes ás nos pés, nunca lastre. Por iso ao dicir \"a miña xente\" non falaba de lazos familiares nin de amizade. Ou non só. Falaba de apoio. Sobre se foi un exercicio de empoderamento... non o creo. Empoderamento constrúese sobre o substantivo poder e iso pouco ten que ver propiamente coa publicación dun libro, non? O libro xurdiu como un pequeno reto persoal, xa che digo, foi propoñerse dar ese salto, e con escribilo xa me tería sentido satisfeita. O que si é certo é que o feito de recibir un premio e ver a túa obra publicada implica un certo recoñecemento social que quizais si se toque nalgún punto co empoderamento que mencionas. \"Non me dou aburrido, non son capaz\", afirmas no teu Twitter. Ten mérito ese optimismo cando no teu emprego te arrodeas da cinsa da linguaxe e os termos xurídicos... Non é optimismo. É unha constatación que vale para a vida en xeral. A materia de traballo é árida, pero tocoume a grandísima sorte de ter dúas compañeiras estupendas e tratamos de levalo con humor. É ben atinado o que dis da linguaxe xurídica, verdadeiramente cinsenta por agrisallada e seca. Pero ao mesmo tempo posúe unha complexidade terminolóxica e sintáctica que fai que traballar con ela requira atención e concentración, así que mentres te ocupas de a 'descifrar' estás moi entretida, e máis se se trata de vertela despois con precisión e corrección a outra lingua. \"Confésoche que cos textos máis rutineiros acaba unha por desenvolver a capacidade de traducir 'en automático', de xeito que podes poñer os cascos, escoitar música e traducir mentres o outro hemisferio do cerebro divaga no seu\" E por outra banda, confésoche que cos textos máis rutineiros acaba unha por desenvolver a capacidade de traducir 'en automático', de xeito que podes poñer os cascos, escoitar música e traducir mentres o outro hemisferio do cerebro divaga no seu. Pero non te alarmes, eh! Que logo todos os documentos son cotexados e revisados entre dúas! [risas] No limiar desta obra dis que ten escrito moitos outros textos antes, mais que non te atreviches a os publicar. Agallasaríasme cun bocadiño dalgún deles, dun que gostes especialmente? Ben, copio unha narración breve, un exercicio para un obradoiro de Antía --reférese a Antía Otero--, por ser o primeiro texto meu que lin en público e porque a partir del cambiou algo. Quizais comezou algo. Leva data de outubro de 2011 e ata música de acompañamento: 'Spiritual', Beyond the Missouri Sky (Short Stories) (Charlie Haden & Pat Metheny - Verve, 1997) O ceo exerce a mesma fascinación do lume, convida a deixar vagar o pensamento sen control, deténdose nas parvadas máis parvas ou en nada en concreto. A casa en calma, o xardín en calma; esta vez non hai gatos ás carreiras, vese que eles son máis de Perseidas. Estou moi ben soa, tan viva, tan tranquila. Fito a negrura estrelada querendo abarcar a bóveda completa. Unha estrela cae pola dereita (o leste?, o nordeste?), visible só uns breves centímetros aos nosos ollos. Non pestanexar. Non pestanexar demasiado. Ao momento e cara á esquerda aparece unha máis trazando outro instante, un anaquiño de elipse. Son moi rápidas (fugaces, claro), pouco tempo para saborealas. Esta vez lémbrome e pido un desexo. Un par de minutos transcorren ata a próxima estrela, que é distinta, máis baixa e definida, unha pequena bóla incandescente que se dirixe cara á terra co seu rabo de luz. Imaxino un meteorito precipitándose sobre Cambre e abrindo unha terrible fochanca. Ou sobre A Coruña talvez, nesa dirección caía. Darano mañá nas noticias. Non me preocupa. O ceo, mesmo nos instantes en que nada nel se move, está rotundo e espectacular. Hoxe, estrañamente, semella máis imperturbable ca nunca, capaz de deglutir calquera alteración por magnífica que sexa e asimilala ao seu estatismo radical. Se cadra por iso resulta acolledor coma un teito e libera xenerosamente unha quietude sutil que eu respiro cos pulmóns ben abertos, cos poros todos ben abertos. Outra estrela, pareceume, imaxineina ao mellor, foi como vista polo retrovisor. Creo que podería durmir aquí fóra, o edredón ampárame tanto do frío, noto a calor do meu corpo debaixo del, edredón invernadoiro. Ladra o can dalgún veciño e a superpoboada colonia de grilos do xardín celebra, como non, que chovan estrelas. Continúo observando o firmamento e pérdeseme a vista nun diminuto puntiño, tan minúsculo que non debe ser un astro nin ningún corpo celeste, só un lucecú doutra galaxia. Pecho os ollos, bebo do aire fresco e calmo e só agora son consciente do latexo absolutamente pausado do meu corazón. Síntome en paz e plena, e penso que se cadra non cambiaría este momento por unha viaxe ao Caribe, que preguiza terme que mover agora para coller o avión. Cavilo tamén na posibilidade de adaptar este texto como a descrición dun espazo. Podería servir, un par de espazos hainos, tres quizais. Érgome da hamaca e envolta no edredón camiño, levito, cara á casa. Entro na cociña e volvo para fóra cun plátano pelado e unha mazá sen pelar. O plátano é moi rico pero ten ese defecto da sequidade, de facerse papa na boca. Sería deliciosa unha laranxa con sabor a plátano, un plátano co zume dunha laranxa. A mazá sábeme a pan de estrela. \"A asistencia aos obradoiros literarios e tamén a insistencia dalgunhas voces amigas fóronme dando unha concepción da escritura non como un acto que se esgota en si mesmo senón como algo que se completa cando é compartido\" Moi fermoso, certamente. Por que non te atreviches a publicalos? Non era non atreverse. Era simplemente algo que non me pasaba pola cabeza. Si, escribía de cando en vez, de maneira asistemática, sen disciplina ningunha. Gustábame e facíao, como podía darme por debuxar ou facer puzzles, pero no momento en que remataba o texto, remataba o proceso, non vía a necesidade de darllo a ler a ninguén nin de facelo público. A asistencia aos obradoiros literarios e tamén a insistencia dalgunhas voces amigas fóronme dando outra perspectiva, unha concepción da escritura non xa como un acto que se esgota en si mesmo senón como algo que se completa cando é compartido. Eses \"(in)equívocos sinais de amor\" agochan unha crítica ao amor romántico, a esa concepción do terrorismo machista como 'crime pasional'? Si, posto que \"(in)equívocos\" leva o prefixo entre paréntese, esa sería unha das lecturas posibles. A violencia exercida sobre outra persoa malamente pode ser considerada como un sinal de amor, por moito que algúns pretendan defender tal disparate. \"A violencia exercida sobre outra persoa malamente pode ser considerada como un sinal de amor, por moito que algúns pretendan defender tal disparate\" Pero por outra banda o libro está aberto á posibilidade de que nun determinado momento da súa evolución persoal a protagonista procure, voluntaria e conscientemente, experiencias que a acheguen a algún límite, vivencias extremas que a leven quizais a coñecerse a si mesma ata as capas máis fondas. Pero estariamos xa ante relacións doutro tipo, sempre dentro dun xogo consentido. Chamádeme Eva semella unha historia vivida a lume lento, onde encaixa moi ben o erotismo. Mais racha coa celeridade da nosa sociedade. Vivimos todo ás présas, tamén as relacións persoais, as sentimentais e até as sexuais... non achas? Por suposto, concordo plenamente. É o noso castigo, a pena que temos que pagar por vivir nunha sociedade tan 'civilizada', tan organizadiña, tan tecnolóxica, tan consumista e no fondo tan pouco racional. Todo son présas, apuros, estrés... \"Vivimos en equilibrio inestable entre a insatisfacción, a depresión e a ansiedade. Se non nos queda tempo apenas de pensar, aínda menos de coñecer a fondo a quen temos ao lado, mesmo na cama\" Cada día, desde que espertamos no mellor do sono (e normalmente do soño) cun desagradable e insistente pitido ata as tantas da noite que nos deitamos, facemos mil cousas contrarias ao noso ritmo natural, aos 'tempos' do noso corpo e da nosa mente. Ou polo menos esa é a miña percepción, unha evidencia diaria. E así nos vai, como individuos e como sociedade, vivindo en equilibrio inestable entre a insatisfacción, a depresión e a ansiedade. E claro que as relacións persoais se resenten! Se non nos queda tempo apenas de pensar, aínda menos de coñecer a fondo a quen temos ao lado, mesmo na cama. Non temos remedio! Gostarías de acrecentar algunha cousa? Si! Que a USC debería facerse con algún exemplar de Chamádeme Eva [risas]"}
{"ID": "NOS_18822", "summary": "Cuarto día consecutivo de récord de falecementos por mor da Covid-19: nas últimas 24 horas morreron 221 persoas máis.", "text": "A pesar de \"todo o esforço extraordinário que as escolas fizeram\" para poderen dar aulas presenciais, \"manda o princípio da precaução\" e cómpre suspender as actividades lectivas durante 15 días, declarou o primeiro ministro de Portugal tras a reunión do Conselho de Ministros desenvolvida esta quinta feira. Costa xustificou a mudanza de parecer do Goberno sobre o feche das escolas coa nova variante do coronavirus, a coñecida como \"cepa británica\", que é máis facilmente contaxiada que as coñecidas anteriormente. \"Apesar de os especialistas dizerem que este vírus não afecta mais a saúde, dizem que tem maior carga viral e uma velocidade de propagação muito maior. Essa interrupção tem custos e, por isso, decidimos que, em vez de uma interrupção presencial, há mesmo uma interrupção lectiva de actividades que pode ser compensada com encurtamento ou eliminação de outros períodos [de descanso]\", manifestou. Polo tanto, enténdese que o feche en de todos os niveis do ensino en Portugal será, na práctica, un período vacacional, posteriormente compensado con días lectivos noutros períodos previstos de descanso no calendario escolar. A partir de hoxe, cando entra en efecto a medida, tan só permanecerán abertas as escolas para menores 12 anos cuxos proxenitores fan parte de grupos específicos (as chamadas profesións esenciais) e tamén os centros de ensino para crianzas com necesidades educativas especiais. O feche das escolas non é novo, xa se produciu o pasado mes de marzo tras a declaración da pandemia. Porén, nesta ocasión non haberá educación a distancia Difícil control parental Ao respecto, a Associação Nacional de Dirigentes Escolares (ANDE) criticou este aspecto. \"Todos percebemos que há necessidade de medidas com urgência, que faz todo o sentido parar tudo, mas penso que não faz sentido interromper agora as aulas para depois passarmos para o ensino online\", sinalou o seu presidente, Manuel Pereira. O alumnado, sinalou, regresou das vacacións do Nadal hai só 15 días. \"Para eles uma interrupção é mais uma forma de se distanciarem da escola, o que não é bom, e estando sem aulas vão querer sair de casa, o que em termos de controlo da pandemia também não é bom\", reflexionou o presidente de ANDE. Portugal, con dez millóns de habitantes, leva xa catro días consecutivos con récords en falecementos (167 na segunda feira, 218 na terza, 219 na cuarta e 221 onte) e vólvense a disparar os contaxios, que son algo inferiores ao pico de 14.647 da cuarta."}
{"ID": "NOS_37365", "summary": "Entre 2009 e 2011 existía xa un fondo, a través do Ministerio de Cultura, que apoiaba estas producións mais o Partido Popular eliminouno en 2012.", "text": "(En ampliación) BNG, ERC e EH Bildu informan da aprobación da emenda transaccional acordada co Goberno español, que parte dunha emenda conxunta entre as formacións galega, catalá e vasca pola que se crea un fondo de 10,5 millóns de euros de apoio á produción audiovisual en catalán, euskara e galego. A proposta aprobada establece axudas ou créditos a transferir mediante Convenios aos Organismos competentes das comunidades con lingua propia distinta ao castelán co fin de fomentar a produción, distribución e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en linguas cooficiai Entre 2009 e 2011 existía xa un fondo, a través do Ministerio de Cultura, que apoiaba estas producións mais o Partido Popular eliminouno en 2012. De feito, indican as formacións soberanistas, na Lei do Cinema de 2007 establécese a creación deste fondo de subvencións co fin de promocionar e protexer o uso do resto de linguas oficiais, ademais do castelán, que deberán ser transferidas aos órganos competentes encargados de xestionar estes recursos. A proposta de BNG, ERC e EH Bildu vai na dirección de recuperar o devandito fondo dotándoo de 10,5 millóns de euros. Auidovisual A ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou nunha rolda de prensa esta semana que galego, catalán e euskera terán como mínimo un 6% de cota de contido audiovisual para todas as plataformas, despois de que ERC pactara esta medida co Executivo estatal, xunto coa \"protección\" a través dunha serie de axudas públicas. A Mesa pola Normalización Lingüística saíu esta cuarta feira ao paso das informacións publicadas nas últimas horas ao respecto do acordo acadado no Estado en relación á presenza das linguas oficiais na nova Lei do audiovisual, e apuntou a que \"ningún acordo en Madrid sobre o audiovisual será suficiente, se non se chega ao solicitado en maio polo Parlamento galego\"."}
{"ID": "NOS_53929", "summary": "A editorial Galaxia vén de homenaxear o escritor e lexicógrafo galego Marcial Valladares (1821-1923) polo bicentenario do seu nacemento, cunha reedición da súa novela Maxina ou a filla espuria. A obra, que foi publicada por entregas no ano 1880, está considerada como o primeiro exemplo de novela galega moderna. Galaxia busca con esta nova tirada pór o foco nun dos autores chave para entender a etapa do Rexurdimento, ao tempo que recupera un dos títulos clásicos da literatura moderna do noso país.", "text": "Marcial Valladares Núñez naceu en Vilancosta, na Estrada, o 14 de xuño do ano 1821. Proviña dunha familia do rural, bastante acomodada a nivel económico. O seu pai fora un avogado que desenvolvera de xeito simultáneo a carreira política na Administración isabelina. A súa nai era filla dun dos avogados máis importantes da época na zona do Ulla. O doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Antonio Fernández Salgado explica que Valladares naceu e creceu no seo dunha familia \"fidalga\", non tanto pola súa procedencia, xa que non pertencían á nobreza, senón pola súa posición acomodada. \"Era unha familia con moitas posibilidades, moi culta para a súa época\", engade Salgado, o maior experto na vida e obra do autor estradense. O pai do escritor sempre buscou darlles a mellor educación posíbel a el e as súas irmás, polo que desde moi novos cursaron os seus estudos en Santiago. Neses primeiros anos, Valladares recibiu nocións avanzadas en educación musical e lingüística. Foi nese momento cando comezou a aprender varios idiomas, entre eles o francés, que sería imprescindíbel para entender a súa obra novelística posteriormente. Xa na etapa universitaria, seguiu a tradición familiar e licenciouse en Dereito pola USC. Nestes anos de transición da adolescencia á idade adulta, comezou a manter relación con algúns dos persoeiros galegos da época. Entre eles pódese destacar a Neira de Mosquera, grande amigo do escritor que chegou a pasar épocas na casa familiar de Valladares, considerado un dos rexionalistas intelectuais que, xunto con Antolín Faraldo, apoiaron a Revolución de Abril do ano 1846. Tamén se xuntou cos irmáns Gil, debuxantes e matemáticos da época, e co militar e escritor ferrolán Díaz de Robles. Tras rematar a carreira no ano 1844, compaxinou o legal co político e viviu durante unha época en Madrid e en Zamora, onde desenvolveu labores administrativos. No ano 1850 regresou á Galiza como deputado provincial de Pontevedra, onde continuou até 1866. Valladares, que entrara na carreira política dentro da Unión Liberal de Leopoldo O'Donnell, nunca se significou publicamente como rexionalista. Porén, Salgado defende que, no referente ao cultural, o estradense si pode ser considerado como un protonacionalista. \"Nos prólogos das súas obras sempre indicaba que o seu obxectivo era engrandecer Galiza para que a lingua non se perdera e os galegos puidesen sentirse orgullosos de selo\", sinala o filólogo. Dedicación ao mundo das letras No ano 1866 decidiu renunciar ao seu posto na Deputación de Pontevedra e trasladouse á casa natal de Vilancosta para entregarse por completo ao mundo das letras. Nesta nova etapa vital destapouse como un gran lexicógrafo e un activista da recompilación folclórica. Desa dedicación naceu a relación por correspondencia que mantivo con Rosalía de Castro e co seu compañeiro Manuel Murguía. A Rosalía escribíalle sobre todo para preguntarlle polo significado de palabras que a autora empregaba nos seus textos. A Murguía enviáballe cantigas e mostras literarias que o estradense atopaba nos labores de recompilación folclórica, para que este as publicase na súa revista La Ilustración Gallega y Asturiana. Tamén se carteou cos irmáns De la Iglesia, co xornalista Enrique Labarta Pose, con Antonio Machado Álvarez -pai dos irmáns Machado-; con Alfredo Brañas e con Eduardo Pondal, entre outros. Aínda que a maioría das relacións que mantivo nesa época foron epistolares, o escritor trasladábase a Santiago de Compostela en moitas ocasións, no marco das súas tarefas lingüísticas e folclóricas. Precisamente, Salgado explica que para os seus contemporáneos, Marcial Valladares era sobre todo un lexicógrafo, autor dun dicionario do galego ao castelán. Aínda que foi autor dunha obra \"moi polifacética\" e \"poliédrica\", os seus traballos folclóricos e lexicográficos deixaron \"agochadas\" as súas achegas literarias, non tanto na faceta novelística senón que nas súas publicacións poéticas e líricas. \"A súa relevancia literaria chegoulle xa moi avanzada a madurez vital\", recoñece o experto no estradense, \"o que non quita que desde un principio foi capaz de conxugar elementos lingüísticos, folclóricos e literarios nas súas obras\". Unha obra con moitos rexistros A súa obra máis representativa, Maxina ou a filla espuria, non se librou tampouco desta \"irrelevancia\". A novela comezou a lanzarse por entregas o día 28 de xullo do ano 1880 en La Ilustración Gallega e Asturiana, e non foi publicada por completo até o ano 1890. Tiveron que pasar oitenta anos para que Carvalho Calero, co gallo do Día das Letras Galegas que se lle dedicou a Marcial Valladares no ano 1970, recompilase a novela e a reeditase. Nese momento foi cando Maxina ou a filla espuria comezou a tomar valor como primeira novela galega moderna. Trátase dunha novela de folletín na que conflúen varios elementos, o que lle da un carácter de novela ecléctica, que mestura rexistros da novela de enredos e a novela de costumes, entre outras. Seguindo ese modelo, o estradense engadiu na Maxina elementos folclóricos e cadros de costumes. En canto ao valor do texto como tal, Salgado afirma que \"Maxina é un produto da época na que lle tocou vivir a Marcial Valladares\". Na novela pódese ver a confluencia da súa ideoloxía tradicionalista co seu exercicio como lingüista. \"El era un home moi tradicional, dunha moral moi correcta e moi relixiosa\", engade o filólogo. Os primeiros parágrafos da novela son un reflexo do sentir de Valladares no momento no que a escribiu, cando xa fixera cincuenta anos. Algúns dos temas que se tratan en Maxina ou a filla espuria, como a orfandade ou a violación, xa apareceran noutros relatos do escritor. Un dos elementos máis representativos da novela é a caracterización dos personaxes a través da lingua. Nos diálogos apréciase como, mentres os labregos empregan a o galego, a burguesía e as altas clases falan en castelán. Tamén xogou de xeito maxistral cos diferentes rexistros lingüísticos escollidos. Para a voz do narrador optou por un \"galego máis literario\", mentres que a fala dos labregos reproduce os dialectos da zona e da época de xeito fidedigno. \"O feito de tratarse da primeira novela en galego supuxo un exercicio de estilo para Valladares\", destaca Salgado, \"xa que non contaba con modelos previos nos que basearse\". Iso non lle impediu superar todos os atrancos aos que se enfrontou, para rematar confeccionando unha narración \"moi áxil\" e \"amena\". Traballo \"metódico\" e \"laborioso\" Desde a primeira reedición de Maxina ou a filla espuria no ano 1970 até a actualidade, foron catro as novas edicións que se fixeron. O encargado da que se elaborou este ano, Xesús Domínguez Dono, explica que a Editorial Galaxia, que xa levara a cabo a reedición do ano 1970, ten como obxectivo \"recordar a figura de Marcial Valladares como home de letras\" polo bicentenario do seu nacemento. \"Valladares quedara moi descontento coa publicación da súa novela en La Ilustración por todos os cambios que fixeran no texto\", afirma Domínguez Dono, \"polo que consideramos que era unha boa oportunidade sacar unha reedición da novela partindo do manuscrito orixinal que garda a Real Academia Galega (RAG) nos seus fondos\". A última edición, do ano 2011, foi elaborada precisamente por Xosé Antonio Fernández Salgado. Nela, Salgado reproduciu de xeito literal a escrita e a ortografía do escritor estradense. Pola contra, nesta nova edición, Domínguez Dono levou a cabo o traballo de adaptación lingüística da obra para que fose máis comprensíbel e accesíbel para o público xeral. \"A edición do 2011 feita por min era quizais máis apta para os filólogos\", recoñece Salgado. Ademais, a nova versión vén acompañada dunha reprodución facsimilar do manuscrito orixinal de Marcial Valladares, cuxa elaboración supuxo un grande esforzo técnico e loxístico para a Editorial Galaxia. \"O proceso de traballo foi metódico, laborioso e longo\", explica Domínguez Dono. Para a reprodución de calquera obra, o primeiro paso que se debe dar é escanear a versión orixinal. No caso de Maxina ou a filla espuria, este proceso non se puido levar a cabo de forma convencional, ao tratarse dun caderno cun papel moi fino con 150 anos de antigüidade. Galaxia e a RAG contrataron unha empresa especializada que, mediante o uso de ferramentas e técnicas pouco lesivas, fotografou páxina a páxina cada folla do manuscrito. Rematado este proceso, o material obtido pasou ao departamento gráfico da Editorial Galaxia, que se encargou de coller cada unha das fotografías e limpar as pequenas impurezas e manchas de tinta e humidade que presentaba o papel, co obxectivo de presentalas o máis lexíbeis posíbel. Cada unha das páxinas requiriu unha cantidade de tempo e esforzo \"moi ampla\", mais o resultado final \"ben o valeu\". Salgado, que foi o encargado de escribir o prólogo desta nova edición, destaca que a reprodución do manuscrito orixinal \"permite coñecer de primeira man o estilo caligráfico de Marcial Valladares\". Pór en valor a literatura galega Tanto Domínguez Dono como Salgado coinciden en que a reedición e recuperación de novelas como Maxina ou a filla espuria son un exercicio fundamental para pór en valor a literatura galega. \"Maxina é un gran clásico que estaba esquecido\", afirma Salgado, \"porque cada certo tempo volve reeditarse\". O feito de que esta versión estea adaptada ás normas habituais pode facilitar que novos lectores queiran aproximarse á obra de Marcial Valladares. \"Cando Maxina era de lectura obrigatoria nas escolas, era máis sinxela para as editoriais a súa difusión\", sinala Domínguez Dono. Para Salgado, o problema non está en que Maxina ou a filla espuria deixase de ser unha lectura obrigatoria, senón que se atopa nos recortes do sistema nas carteiras de literatura e lingua galega. \"Antes había unha materia de literatura galega que se impartía todo o ano; agora xa están unidas lingua e literatura\", manifesta o doutor en Filoloxía galega. Ademais, cre que o estudo da literatura actualmente está máis centrado na historia literaria da Galiza que nos textos e obras. \"O alumnado memoriza unha gran cantidade de autores e de obras, pero non inciden no comentario de obras representativas de cada época\", di Salgado. Para o filólogo, a solución pode pasar por apostar por \"máis clubs de lectura crítica\". Avelina Valladares, pioneira Avelina Valladares Núñez, irmá pequena de Marcial Valladares, naceu o 23 de outubro do ano 1825. A súa figura, se ben non está tan recoñecida como a do seu irmán maior, é fundamental para entender a evolución da lingua galega durante o Rexurdimento. Muller de profundas conviccións relixiosas, dedicouse á escritura durante dous grandes períodos vitais separados. Unha primeira etapa entre o ano 1840 e o ano 1850, e unha segunda etapa que decorreu desde o ano 1864 até o ano 1879. Avelina Valladares foi unha das primeiras mulleres da Galiza en publicar artigos de opinión en prensa escrita. Tamén foi das primeiras en empregar o galego na súa obra, sobre todo poética. O seu legado máis destacábel é o bilingüe Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego. Na súa memoria creouse o Premio de poesía Avelina Valladares, cuxa convocatoria corresponde ao concello da Estrada."}
{"ID": "PRAZA_2825", "summary": "A Mesa presenta a memoria de actuacións da 'Liña do Galego' en 2015, onde recibiu 156 queixas por vulneración de dereitos lingüísticos, a maioría delas en referencia á actitude das administracións públicas", "text": "\"O me habla castellano o no continuamos la conversación\". Esta é unha de tantas discriminacións contra os galegofalantes denunciadas a través d'A Mesa pola Normalización Lingüística na Liña do Galego, un servizo gratuíto, telefónico e online que atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións ou empresas que os vulneran, así como os parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego. A 'Liña do Galego' d'A Mesa tramitou 156 queixas pola vulneración de dereitos lingüísticos A entidade presentou este luns a memoria de actuacións da Liña do Galego en 2015, a través da que se tramitaron 156 queixas por vulneración de dereitos lingüísticos por parte das administracións públicas, entidades e empresas de diferentes sectores públicos e privados. Tal e como explicaron a secretaria xeral d'A Mesa, Susana Méndez, e o seu presidente, Marcos Maceira, a maioría destas queixas recibidas (33%) refírense á atención oral ou escrita. Ademais, destaca que máis da metade (51%) das presentadas refírense á administración pública, ben sexa estatal, autónomica e local. \"Este dato móstranos que en xeral é no ámbito da administración onde o cidadán é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración, mais tamén o alto grao de vulneración destes dereitos por quen ten a obriga legal de velar por eles\", destaca A Mesa, que advirte que a meirande parte das queixas recibidas sobre administracións na Liña do Galego en 2015 -o 52%- recaen na Xunta. Mentres, a Administración Xeral do Estado e a local acadan un 27 e un 21% respectivamente. Máis da metade das queixas refírense á administración pública e destas, o 52% á Xunta de Galicia Para a entidade, o dato é \"máis unha evidencia dos pasos atrás que o Goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e nos respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía\". Seguidamente, tal e como aclara a entidade, atópanse as queixas rexistradas ás institucións privadas cun 16% do total e ás institucións públicas cun 12%. As empresas de servizos rexistraron un 12%, as grandes superficies un 6%, empresas de telefonía un 3% e os comercios menores un 1%. No sector privado, segundo A Mesa, \"a actitude dos poderes públicos ampara e anima os comportamentos contra o galego de entidades ante as que as consumidoras e os consumidores fican absolutamente desprotexidos. Gas Natural-Fenosa, Abanca, Audasa e Ikea reciben o maior númer de queixas de entre as empresas privadas De debullar os datos por empresas, e dentro do total no sector privado, destaca o alto número de queixas recibidas en referencia a Gas Natural-Fenosa, 13%, seguidas de Abanca, Audasa e Ikea, cun 9% cada unha. A aeroliña Vueling rexistrou un 7% das queixas e Mercadona e Adif/Renfe, un 6% \"A negativa sistemática a ofrecer atención en galego vulnera gravemente o dereito ao uso da lingua propia, convertido na realidade en obriga, en deber da usuario ou usuario de renunciar a utilizala cando nos diriximos á administración ou a empresas que emprestan un servizo, nalgúns casos con coaccións evidentes por parte destas\", destaca A Mesa, que advirte de que mesmo hai compañías e institucións que se permiten empregar frases como \"o me habla castellano o no continuamos la conversación\" ou \"esto es España y tiene que hablar español\". Ademais, destaca outros \"maltratos\" por reclamar atención en galego como \"obrigar a que a propia usuaria ou usuario reelabore formularios só dispoñíbeis en castelán\", ou \"considerar a reclamación de procedementos en galego como obstrución, como no procedemento de sanción que a Axencia Tributaria ten aberto contra a propia Mesa\". Para a Mesa, as escasas disposicións que amparan o galego non se cumpren e vulnéranse con total impunidade, o que segundo Marcos Maceira, \"contrasta co cumprimento rigoroso das 500 disposicións que obrigan ao uso do español, nalgún caso mesmo contra outras linguas oficiais\", que tamén indicou que \"a igualdade das linguas tan proclamada non é real se a posibilidade de uso destas linguas non ten iguais dereitos e iguais deberes\". Segundo sinalou o presidente da Mesa, \"acabar con este estado de normalidade das agresións lingüísticas está na nosa man\". Para iso \"cómpre visibilizar a realidade, denunciar quen nos nega a posibilidade de utilizar a nosa lingua no noso propio país\", como primeiro paso para \"reclamar que o dereito a utilizarmos o galego sexa plenamente respectado dándonos sempre esa opción\". Susana Méndez, Secretaria Xeral da Mesa, animou ao conxunto da sociedade galega a utilizar as liñas abertas pola Mesa: 981 56 38 85 ou 902 10 64 74 e linhadogalego@amesa.gal"}
{"ID": "NOS_28488", "summary": "O Xulgado do contencioso-administrativo número 3 de Palma decidiu non dar o visto bo ao confinamento forzoso da mocidade que deu negativo nas probas de detección da Covid-19 nin o daquelas persoas ás que non se lles practicaron probas.", "text": "O Xulgado do contencioso-administrativo número 3 de Palma de Mallorca decidiu non ratificar o confinamento forzoso para unha parte da mocidade illada no hotel Bellver, a causa do \"macrogromo\" asociado ás viaxes de fin de curso á illa Balear. Así, este xulgado decidiu non ratificar o confinamento das persoas que deran negativo ás probas de detección do virus practicadas, nin o daquelas mozas e mozos aos que non se lles fixeran probas. Así, a decisión da xuíza faise sinalando que o Govern non acreditou que estas persoas sexan contactos estreitos coas mozas e mozos contaxiadas no gromo detectado e considera que non é unha medida proporcionada, ao estar a limitar un dereito fundamental. A maxistrada apunta así mesmo que o Govern non confinou o persoal traballador dos hoteis nos que se aloxaron os estudiantes durante a viaxe. Segundo a información achegada polo Govern ao xulgado, realizáronse 175 PCR a traballadores de hoteis, e só unha deu positivo, pero \"non se confinou a ningún trabajador\", remarca o auto. \"A lóxica diría que algún deles pode ser un contacto estreito, xa non coa mocidade, senón co traballador que deu positivo\", argumenta a xuíza. O que si avala a xuíza é o confinamento daquelas persoas que deran positivo nalgunha das probas de detección da Covid-19 practicadas. Ademais requírelle ao Goberno da illa que remita ao xulgado, cada cinco días, un informe coa evolución da situación de cada unha das persoas afectadas e poder así revisar o seu confinamento. Segundo as cifras proporcionadas na mañá da cuarta feira polo Govern, o \"macrogromo\" afectaría a 181 mozos e mozas illados no hotel mais a resolución é executiva, o que significa que estes alumnos e alumnas xa poden abandonar o hotel. Outros 51 estudantes aloxados neste hotel si que deron positivo e polo tanto deben quedar confinados.A resolución adoptada pódese recorrer, nunha apelación diante da Sala Contenciosa do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares."}
{"ID": "NOS_55659", "summary": "Segundo Satse, máis de 1.500 enfermeiros e enfermeiras, procedentes de todo o Estado español, acudiron para alzar a voz contra a \"traizón\" e \"frustración\" que senten polo \"bloqueo\" da Lei de Seguridade do Paciente.", "text": "Enfermeiras e enfermeiros galegos concentráronse esta terza feira ante o Congreso, xunto con compañeiros de profesión de todo o Estado español, para denunciar a \"traizón\" política da non tramitación da Lei de Seguridade do Paciente. Na concentración, convocada polo Sindicato de Enfermaría (Satse), os profesionais sanitarios exixiron que se atendan \"xa\" as demandas sobre a aprobación desta lei, cuxo debate foi prorrogado no Congreso en máis de 50 ocasións. O sector de enfermaría concentrarase no Congreso pola tramitación da Lei de Seguridade do Paciente \"O noso sistema sanitario, os nosos profesionais e a sociedade merecen un respecto que os deputados do Congreso, salvo honrosas excepcións, non acreditaron\", asegurou o presidente de Satse, Manuel Cascos. En declaracións aos medios, Manuel Cascos apuntou que os intereses partidistas e políticos dos partidos son os que se atopan tras este \"bloqueo\", e sinalou directamente ao Partido Socialista (PSOE) como partido responsábel da non tramitación após dous anos e cinco meses. Reunión co PSOE Precisamente, o presidente do sindicato adiantou que manterá esta cuarta feira unha xuntanza con representantes socialistas para tratar de pór fin á situación. \"Non sei se seguirán mantendo a súa postura ou se reflexionaron, o cal sería de agradecer porque os primeiros beneficiados serían os pacientes\", subliñou. Denuncian a falta dun \"xusto recoñecemento retributivo\" ao persoal de enfermaría Ademais, Cascos asegurou que, de non haber un cambio na postura do PSOE, a folga do persoal de enfermaría é \"unha posibilidade real\". \"Iso non significa que a convoquemos mañá, mais todo dependerá da evolución e dos acontecementos que ocorran no Congreso\", engadiu. 1.500 enfermeiras e enfermeiros concentrados Segundo o sindicato, máis de 1.500 enfermeiros e enfermeiras, procedentes de todo o Estado español, acudiron para alzar a voz contra a \"traizón\" e \"frustración\" que senten. Durante a protesta, escoitáronse cánticos como \"logo diredes, que somos cinco ou seis\"; \"con aplaudir non é suficiente, hai que apoiar a lei do paciente\"; \"fai falta xa unha folga, unha folga, fai falta xa unha folga en Sanidade\". Denuncian a falta dun \"xusto recoñecemento retributivo\" ao persoal de enfermaría A portavoz de Satse na protesta, María José García, afirmou en declaracións a Europa Press que este tipo de concentracións posúen o respaldo da sociedade, xa que contan con case 700.000 sinaturas da poboación como sinal de apoio. García lamentou que, coas ratios actuais, \"existe 13% máis de probabilidades de ter efectos secundarios ou adversos e complicacións\". \"No Estado español cada enfermeira atende entre 20 e 25 pacientes por quenda; estamos a romper todas as recomendacións, tanto internacionais como estatais\", concluíu."}
{"ID": "NOS_34004", "summary": "A acusada suba do prezo da cebada e o millo, sumada ao incremento dos custos de fertilizantes e combustíbeis, podería provocar a \"desaparición\" das explotacións gandeiras, advirte o conselleiro do Medio Rural, José González.", "text": "O conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, alertou esta terza feira de que pode empezar a haber problemas de desabastecemento de cereais na Galiza \"en dous ou tres meses\", polo que instou o Goberno do Estado a analizar, \"desde o punto de vista estatal\", a maneira de garantir a sustentabilidade económica do sector gandeiro. A suba dos prezos dos combustíbeis e fertilizantes, dixo, pode provocar a \"desaparición\" da gandaría debido á incapacidade dos gandeiros de pagar os prezos dos produtos. O conselleiro participou esta terza nunha reunión na Delegación do Goberno estatal na Coruña, onde pediu a convocatoria dunha conferencia extraordinaria de forma \"presencial e inmediata\" para analizar a problemática dos custos de produción que está a colocar o sector gandeiro galego nunha situación de \"venda a perdas xeneralizada\". A escaseza de aceite de xirasol golpea no sector conserveiro González sinalou que ao incremento dos custos de produción, \"moi acusado\" no ano 2021, súmaselle agora a guerra en Ucraína, principal exportador de millo, que ten unha importancia \"fundamental\" na alimentación animal. Un incremento de 50% O titular de Medio Rural explicou que \"practicamente\" desde que comezou a invasión rusa de Ucraína houbo un incremento dos prezos nos mercados internacionais, tanto de cebada como de millo, por riba de 50%. Así, o custo pasou \"de 300 euros por tonelada a 420\" esta segunda feira. O prezo da luz segue a crecer: na terza feira chegará aos 700 euros/MWh, o máis caro da historia \"Entendemos que temos que tomar medidas extraordinarias ante situacións extraordinarias\", apuntou González, ao tempo que lembrou que \"practicamente\" 60% dos custos de produción do sector gandeiro corresponde á alimentación animal. O conselleiro manifestou que na segunda feira lle transmitiu ao Goberno estatal a \"necesidade\" de coordinar os gobernos territoriais e o Ministerio a adopción de medidas de \"ámbito estatal\", xa que non é unha cuestión que afecte \"só\" á Galiza, senón a \"toda\" a gandaría do Estado español. Suba do prezo do leite José González demandou un \"esforzo a nivel estatal\" para poder incrementar os prezos do leite como \"mecanismo de defensa\" fronte a este incremento dos custos de produción. Medio Rural propón unha prima de catro céntimos aos produtores de leite galegos \"Non é tempo de enfrontarse gobernos territoriais e Executivo estatal\", sinalou González, senón de \"remarmos todos xuntos\" para axudar a un sector \"esencial\" na Galiza como é o gandeiro. O titular de Medio Rural apostilou que se non se lle axuda de maneira \"inmediata\" pode ficar en \"perigo\" a súa viabilidade e futuro económico."}
{"ID": "NOS_16119", "summary": "Máis do 20% do total de bens rexistrados pola Igrexa en todo o Estado atópanse na Galiza. Trátase de 7.131, e destes, máis de 4.000 non están relacionados co culto.", "text": "O Goberno do Estado vén de facer público, máis dun ano e medio despois, o listado dos bens rexistrados pola Igrexa Católica, un \"privilexio outorgado ás autoridades eclesiásticas primeiro no franquismo e logo ampliado durante o Goberno do PP de Aznar\", sinala o BNG nunha nota de prensa. A Igrexa puido desde entón certificar que un inmóbel era seu e proceder directamente á súa inmatriculación, é dicir, a rexistralo por primeira vez e isto motivou que se apropiase \"ilicitamente e sen control de moitos bens dos que non era verdadeiramente titular\", denuncia o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego Dos 34.984 inmóbeis rexistrados, máis do 20% do total atópanse na Galiza Dos 34.984 inmóbeis rexistrados, máis do 20% do total atópanse na Galiza, uns 7.131, e destes, máis de 4.000 non están relacionados co culto. Trátase de \"pisos, fincas, garaxes, chegando incluso a rexistrar carballeiras e campos da festa como propias da Igrexa sen selo, é dicir, pertencendo a persoas particulares ou ao dominio público\". \"A información que se fai pública de cada un dos bens é moi escasa, o que dificulta enormemente a posibilidade de identificación e que podan reclamarse polas persoas afectadas, por iso é necesario completar eses datos, sobre todo no referido ás fincas rústicas\", incide o deputado nacionalista. O BNG insta o Goberno estatal a investigar os bens rexistrados O deputado do BNG sinala que \"é necesario que o propio Estado investigue os bens rexistrados a nome da Igrexa para poder determinar cales foron inscritos sen título previo, só coa palabra da autoridade eclesiástica sen necesidade de acreditación documental\". A proposta, de saír adiante, permitiría coñecer cales foron inscricións irregulares e mesmo que se poidan iniciar os trámites necesarios para devolvelos aos seus lexítimos propietarios."}
{"ID": "NOS_52291", "summary": "O Ducado de Franco posúeo actualmente Carmen Martínez-Bordiú, neta do ditador. O PSOE rexistrou¡no Congreso unha proposición de lei de Memoria Histórica e Democrática que prevé a creación dun catálogo de títulos vinculados ao franquismo para \"suprimilos\".", "text": "Carmen Martínez-Bordiú, neta maior de Francisco Franco, é oficialmente desde o pasado mes de xullo duquesa de Franco con Grandeza de España. Un título creado polo rei Juan Carlos I para Carmen Polo, viúva do ditador, en novembro de 1975, poucos días despois do falecemento de Franco. Un título que, ao igual que outra trintena, pode ter data de caducidade. Segundo informa La Razón, o PSOE rexistrou recentemente no Congreso unha proposición de lei de Memoria Histórica e Democrática que prevé a creación dun catálogo de títulos vinculados ao franquismo. No artigo 5 de dita proposta, indican que nesa listaxe figurarán aqueles \"concedidos entre 1948 e 1977, así como de concesión posterior, que representen a exaltación da ditadura e procederase á súa supresión\". O xornal madrileño indica que isto afectaría unha trintena de títulos nobiliarios vixentes, desde o de condesa de Jarama a conde de Alcázar de Toledo ou duque de Calvo Sotelo. Hai ano e medio ERC presentou no Congreso unha proposta similar que daquela fora rexeitada polo PSOE. Nas Galiza, o BNG pediu en xuño que se retire á familia Franco os títulos nobiliarios de Señoría de Meirás e Ducado de Franco"}
{"ID": "NOS_49689", "summary": "A Consellaría de Sanidade deu a orde esta semana de suspender ou reprogramar operacións non urxentes en Compostela, Ferrol e na Coruña debido á preocupante situación que atravesan os hospitais.", "text": "Transcendeu primeiro a suspensión ou reprogramación das cirurxías non urxentes na área sanitaria da Coruña debido á preocupante presión hospitalaria motivada pola terceira onda da Covid-19, mais padecen a mesma situación as áreas de Compostela e de Ferrol, segundo confirmou a Consellaría de Sanidade na noite da quinta feira. \"Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde esta segunda feira, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no postoperatorio o uso de camas de críticos\", sinala a Consellaría. No comunicado de prensa, ponse de manifesto que \"aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación ningunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas que puidesen ser necesarias para enfrontarnos á terceira onda da pandemia\". Porén, as pacientes afectadas non dispoñen de nova data. O resto da actividade cirúrxica, informa Sanidade, \"continuará desenvolvéndose con total normalidade, dando cobertura a todos os procesos cirúrxicos de natureza oncolóxica, a toda a cirurxía urxente, cirurxía ambulatoria e resto de procesos contemplados na Lei de garantías\". Malia isto, doentes de Oncoloxía seguen á espera de realizaren probas como PAC cando menos na área sanitaria da Coruña. Sanidade expón que a situación derivada da pandemia causada pola Covid \"fixo que a actividade asistencial tivese que ser orientada á atención dos pacientes afectados por esta enfermidade\". Hospitalización disparada En comparación coas cifras de hai sete días e á espera de coñecer os datos que publica esta sexta feira a Consellaría, o número de persoas ingresadas nos hospitais galegos medrou un 25% no cómputo global e un 30% nas unidades de coidados intensivos. Trátase dun aumento que tamén é significativo a respecto dos datos de 24 horas antes, pois só nun día ingresaron en unidades hospitalarias 34 persoas. Son un total de 545, das cales 82 ocupan camas UCI. O maior número de persoas hospitalizadas concéntrase na área da Coruña-Cee, con 150, das cales 27 están en UCI. Tamén alcanza a centena Santiago-Barbanza, con 100 pacientes nos seus hospitais, dos que 8 se atopan en UCI. Nas próximas semanas prevese un importante aumento da presión hospitalaria, debido ás cifras record de contaxios que se están a detectar nos últimos días."}
{"ID": "NOS_33364", "summary": "As críticas e o rexeitamento ás soberanas decisións de Arxentina e Bolivia de nacionalizar filiais de compañías españolas medra en sectores económicos e políticos de Europa.", "text": "Institucións comunitarias, gobernos e determinada prensa levan días criticando as nacionalizacións realizadas en Arxentina e Bolivia. Tales criterios non recoñecen o dereito arxentino do control da petroleira YPF, para asegurar que a produción de cru e gas acompañe a expansión económica e a soberanía enerxética do país. Para Bolivia, a expropiación da filial de Rede Eléctrica Española é determinante no sector dos hidrocarburos, e aprobouse en cumprimento do mandato do pobo e da Constitución Política do Estado de recuperar as empresas estratéxicas.A Comisión Europea preocupadaA respecto dos casos de nacionalización, a Comisión Europea (CE) manifestou a súa \"preocupación\" pola medida do goberno boliviano e expresou que \"as autoridades dese país deben cumprir completamente os acordos de investimentos subscritos co Estado español\". O voceiro de Comercio da CE, John Clancy, en declaracións encamiñadas a desprestixiar tales medidas, considerou que transmiten un sinal negativo ao conxunto de investidor@s internacionais sobre o clima de negocio en Bolivia. Asegurou que Bruxelas segue atentamente e con preocupación a situación e espera que o goberno do país andino garanta unha rápida e adecuada compensación por esta expropiación. A pesar dos seus incisivos criterios, Clancy descartou vincular o caso de Rede Eléctrica en Bolivia co da expropiación por parte do Goberno arxentino do 51 por cento das accións da petroleira YPF, en mans da española Repsol. A CE tamén manifestou inquietude pola nacionalización de YPF, e expresárono en senllas misivas ao goberno de Cristina Fernández o seu presidente, José Manuel Durão Barroso, e o comisario europeo de Comercio, Karel De Gucht.Apoio diplomáticoNestas dúas nacionalizacións en países suramericanos, a Unión Europea avalou o Estado español, aínda que ese apoio só pode ser diplomático pois non hai unha base legal que lle permita defender investimentos desa comunidade no exterior.Tamén a prensa española e medios internacionais en xeral criticaron as decisións de Arxentina e Bolivia e con iso o modelo económico, que intentan instaurar diversos países en América Latina. Non poucos artigos publicados ven en ambos os dous países \"un clima de inseguridade política pouco propicio para o investimento, unha tendencia que comezou anos atrás, acentuada recentemente e que nada fai prever que vaia mudar proximamente\".O Fondo Monetario Internacional (FMI) rexeitou a idea de que exista na América do Sul unha propensión ás expropiacións de filiais de empresas estranxeiras, ao considerar que eses dous casos teñen un carácter bilateral."}
{"ID": "NOS_27628", "summary": "A iniciativa quer ser converter, \"por un día\", os parques de Ourense en espazos onde o galego estea presente", "text": "Unha crianza galegofalante é, nas áreas urbanas de Galiza, algo cada vez máis unha 'rareza'. Basta achegarse a calquera parque infantil ou poñer o oído ás portas de colexios e institutos para ver que o idioma propio de Galiza non é o idioma propio da gran maioría da mocidade. Unha situación que xa non é exclusiva das grandes cidades e tamén afecta ás vilas. Estudios e informes ai abondo que recollen esta realidade. Mais crianzas galegofalantes, habelas, hainas. Por iso unha iniciativa popular (#porquemepeta) quer homenaxealas este 17 de maio en Ourense. \"O lugar será o Jardim do Posio em Ourense, e a data o próximo 17 de Maio, de 11:00 a 19:00. A festa pretende ser umha Romaria Popular em favor do idioma, donde haverá um amplo espaço de jogos, e também atuaçons de clown, música e magia. Desde a organizaçom, queremos converter por um dia um dos parques centrais da cidade de Ourense num espaço galegofalante\", sinalan no comunicado."}
{"ID": "NOS_20751", "summary": "Vonderrit Myers (18 anos) faleceu após recibir 17 disparos dun policía branco en Saint Louis. Familia do mozo afirma que estaba desarmado.", "text": "Apenas dous meses despois da vaga de protestos e revoltas que deixou en Missouri o asasinato do mozo afro-americano Michale Brown a tiros por policías brancos, este estado dos EUA volveu ser escenario dunha nova morte dun mozo negro por axentes brancos da Policía. E volveron os protestos. Vonderrit Myers (18 anos) morreu tras recibir 17 disparos dun policía branco a pasada quinta feira. O delegado de xustiza informou que o policía estaba a traballar durante o seu día de descanso como garda dunha empresa privada. Foi aí cando perseguiu un descoñecido que tería, sinalan, disparado 3 tiros contra el durante a súa fuxida após provocar un sinistro de tráfico. A familia nega esa versión, apela a testemuñas que sinalaron que o mozo non levaba pistola ningunha senón que portaba na man \"un sandwich\". A nai do mozo asegura que \"a policía mente agora igual que mentiu cando o de Michael Brown\". Varios centos de persoas cocnentráronse esta fin de semana en rexeite ao \"asasinato\" e con faixas e palabras de orde contra a policía. O sitio dos feitos, Sant Louis, está a 25 km de Ferguson, onde en agosto un axente branco disparara, matándoo, a un mozo afroamericano."}
{"ID": "NOS_43714", "summary": "O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, cargou hoxe contra o Bloque e contra o Goberno español pola \"peor xestión da pandemia de Europa\". Segundo o representante do partido, a UPG \"foi radicar a súa nova sede no madrileño barrio de Argüelles\" e os principios do nacionalismo atópanse agora \"en Mil Anuncios\".", "text": "Para o PPdeG a súa xestión da pandemia á fronte da Xunta atendeu á \"responsabilidade\" fronte á \"peor xestión de Europa\" levada a cabo polo Goberno español de Pedro Sánchez. Pero os populares foron máis aló nesta sexta feira ao asegurar que no país o Executivo de Feixoo traballaba mentres a oposición \"pasou a pandemia en pixama vendo Netflix\". Así, o partido cargou contra o Bloque, que considera \"o peor da historia de Galiza\" con unha estratexia supostamente \"teledirixida desde Madrid\" e o centro de decisión \"en Ferraz\". O partido manifestou estas consideracións por boca do seu secretario xeral, Miguel Tellado, que dixo estar convencido de que o BNG está \"absolutamente desconectado dos problemas dos galegos\". \"Nunca pensamos que a UPG fóra radicar a súa nova sede no madrileño barrio de Argüelles\", espetou nunha rolda de prensa. Os principios nacionalistas en dúbida A crítica foi tal que comentou que antes de demandar a independencia da Galiza, o Bloque Nacionalista Galego \"debería comezar por independizarse do PSOE\". Se ben Tellado dirixiu parte do seu discurso ao Estado, incidiu en varias ocasións nos ataques ao principal partido da oposición. Tanto que asegurou que se antes os principios do nacionalismo galego estaban nos libros das bibliotecas, agora eran accesíbeis \"en Mil Anuncios\". Estas duras declaracións seguiron ao opinar que agora o BNG ten unha \"ideoloxía de segunda man\". \"Estamos ante o BNG de Wallapop\", comentou, nunha mensaxe semellante a unha campaña de marketing para moitas marcar. O PPdeG considera agora que o partido está nun momento \"radical\" no que aparece como \"socio prioritario dos delincuentes condenados Otegi e Junqueras, cos que comparte mitins e proxecto político en Europa, Madrid e Galicia\". Mesmo chegou a acusar as e os representantes de hipócritas porque \"pola mañá exixen máis restricións sanitarias e pola tarde critícanas, que piden grandes acordos de país, pero bloquean sistematicamente todas as iniciativas e proxectos de lei no Parlamento\". Indefensión e ataques á oposición Despois de despacharse contra a formación política galega, o número dous dos populares da Galiza acusou ao Executivo estatal de deixar as comunidades nunha mala situación tras decaer o estado de alarma. \"Estamos absolutamente indefensos, sen recursos legais e cunha xestión en mans dos xuíces que ven obrigados a asumir competencias que non lles corresponden e atentan contra a máis básica separación de poderes\", lamentou, ao tempo que pedía a \"abdicación de Sánchez\". \"Temos un Goberno do Estado que deu as costas a todos os españois. Un Goberno á fuga, que despois de ser responsable da peor xestión da crise de Europa decidiu abandonar o barco e deixar todo en mans, primeiro das autonomías, e agora dos xuíces\", subliñou. \"E temos unha oposición que deu as costas a todos os galegos. Que pasou a pandemia en pixama vendo Netflix e agora só está preocupada dos seus xogos de poder: Ana Pontón de sacarse fotos con Otegi e Junqueras e ser a muleta de Pedro Sánchez en Galicia; e Gonzalo Caballero de sobrevivir politicamente, que xa ten bastante\", engadiu, nun discurso polémico e duro."}
{"ID": "PRAZA_16693", "summary": "O paro que comezou o pasado 7 de febreiro provocou xa a suspensión duns 20.000 xuízos e 50.000 trámites nun conflito sen precedentes no sector público en Galicia. O Goberno di non moverse da súa sétima oferta de incremento salarial, afastada uns 60 euros da reclamación do funcionariado.", "text": "50 días de folga na Xustiza en Galicia. Máis de 20.000 xuízos suspendidos segundo os sindicatos --arredor de 12.000 recoñece a Xunta-- e uns 50.000 trámites aprazados en 36 días efectivos dun paro indefinido cun impacto que nunca se deu nun servizo público no país. Centos de persoas xa mortas non constan oficialmente como falecidas ao non emitirse certificados de defunción, o que imposibilita o acceso a pensións de viuvez ou orfandade. Son algunhas das consecuencias lóxicas dun conflito que paralizou os rexistros civís e adiou declaracións xudiciais ou a tramitación de partidas de nacemento e fes de vida desde que comezara o pasado 7 de febreiro. Entre 20.000 e 12.000 xuízos foron suspendidos desde que comezara a folga; o persoal que a secunda perdeu máis de 2 millóns de euros Desde aquela, son máis de 2 millóns de euros os perdidos en soldos polos traballadores en folga, que ven descontado nunha media de 67 euros ao día o seu salario. Con todo, o seguimento da protesta que afecta uns 2.700 funcionarios é importante e constante desde o seu inicio. Os sindicatos cífrano nun 80% e a Xunta rebáixao a entre o 40% e o 35%, pero asume nos datos oficiais que sobre un milleiro de funcionarios se ausenta cada xornada, ao que hai que unir os máis de 700 que acoden en cumprimento dos servizos mínimos e os entre 150 e 200 que adoitan faltar por baixa xustificada. Unha protesta que uniu --e mantén unidos-- todos os sindicatos, representados no comité de folga. Entre mobilizacións e negociacións fracasadas avanza un conflito que ve lonxe unha solución tras a ruptura da última reunión, a do pasado luns. A Xunta negouse a mudar a que xa é a sétima oferta de incremento salarial, malia as continuas declaracións de cargos do Goberno advertindo de que a última proposta era a derradeira. Pero nunca o foi. A Xunta advirte de que non se moverá da súa última oferta, a sétima que fai malia que varias veces asegurou que non a mudaría No resto de reclamacións hai avances, aínda que o acordo non está pechado. O persoal da Administración da Xustiza en Galicia leva tempo protestando polo que considera unha \"discriminación\" con respecto a traballadores doutras autonomías e mesmo con compañeiros que non dependen da Xunta. Reclaman recibir o mesmo salario que os titulares do posto cando realizan substitucións; que se equiparen os seus soldos, polo menos, á media do resto das comunidades autónomas; que non os penalicen polas baixas médicas, xa que sofren descontos que non se dan noutros empregados de Xustiza; e que se as prazas de reforzo que levan tres anos con contratos temporais pasen a ser fixas. Todo mentres lembran que o seu sector sufriu como ningún outro territorio do Estado os recortes aplicados polo Goberno autonómico, con talladas nunca recuperadas. O Executivo di plantarse nunha oferta e incremento salarial de entre 133 e 105 euros ao mes; o persoal de Xustiza reclama 180 Tras máis de quince xuntanzas, o Executivo plántase agora nunha oferta salarial que supón un incremento de entre 133 e 105 euros mensuais máis segundo o corpo. O pasado luns, a Xunta mantívose inamobible na proposta presentada días antes, mentres os traballadores rebaixaron a un aumento de 180 euros mensuais as súas pretensións despois de que o persoal, nunha votación, autorizase o comité de folga a diminuír, se así o vía necesario, as reclamacións que fixaran nos 190 euros ao mes. Concentración de persoal de Xustiza en Folga / © AX-CUT Non era a primeira rebaixa do funcionariado, que comezou pedindo un aumento para todos os corpos de 270 euros ao mes. A Xunta, como fixo con cada unha das peticións, considerouna \"inadmisible\" e ofrecera 75 euros máis para os xestores, 62 para os tramitadores e 55 para os auxilios. Aquilo foi o 7 de febreiro. Cinco días despois, os sindicatos rebaixaron as súas pretensións aos 225 euros e a Xunta incrementou a oferta a entre 90 e 68 euros máis. Un mes despois de comezar o conflito, a Administración ofreceu un aumento de entre 118 e 93 euros segundo o corpo ou de 105 euros lineais para todos. Foi cando o comité de folga respondeu cunha solicitude de 190 euros máis ao mes que queda agora en 180. En definitiva, 65 euros por mes separan agora o Goberno do persoal de Xustiza. Un subiu nuns 40 euros a súa proposta inicial e o outro rebaixou en 90 as súas pretensións. Ademais, o persoal contestou ao inmobilismo da Xunta reclamando cláusulas que aseguren que os seus salarios nunca van baixar da media estatal ou un plan para recuperar os cartos que o funcionariado perdeu en salarios desde que comezou o conflito. O Goberno critica estas novas reclamacións mentres mantén o seu abraio tanto polo amplo seguimento do paro como pola resistencia do funcionariado, moito maior á agardada. O persoal comezou pedindo un incremento mensual de 270 euros e a Xunta ofrecendo entre 75 e 55; agora uns aceptan 180 e o Executivo ofrece entre 133 e 105 Coa chegada das nóminas de marzo, os traballadores certifican os descontos de ata 1.000 euros en salarios que, nalgúns casos, quedan en 400. Mentres, o conselleiro de Presidencia e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda --máximo resposable no ámbito da Xustiza en Galicia--, insiste en negar outra negociación ou oferta e insta os sindicatos a someter a votación a última proposta do Goberno. El é un dos principais obxectivos das críticas do persoal, que lle recriminan a súa \"prepotencia\" e a \"falta de talante negociador\", palabras que comparte a oposición parlamentaria. Tampouco Feijóo se librou da indignación do funcionariado, sobre todo despois de que en dúas ocasións lanzase diferentes colectivos contra o persoal de Xustiza: primeiro os mileuristas e parados, ao advertir de que calquera deles \"asinaría\" unha suba de 1.000 euros anuais; e logo os pensionistas, xusto no momento no que multiplicaban as protestas de persoas xubiladas nas rúas. Desde o PPdeG, o seu secretario xeral, Miguel Tellado, pediu aos sindicatos que pensasen \"máis nos traballadores e nos cidadáns, e menos nas eleccións sindicais\" para desatascar o conflito. O pasado luns, secundaron a folga 1.015 traballadores, tan só trinta menos que o primeiro día de paro Malia os intentos de desestabilización, a unidade do persoal en folga mantense, ao igual que o seguimento da folga, con cifras semellantes desde o inicio do conflito: o pasado luns secundaron o paro 1.015 traballadores, tan só trinta persoas menos que o primeiro día, segundo a propia Xunta. Nese mesmo día, e logo de levantar da mesa de negociación, os representantes da Administración despedíronse da prensa desexándolle unhas felices vacacións de Semana Santa. O Goberno asumía que o conflito seguirá varios días e que, posiblemente, baterá récords. Polo momento, non hai data para xuntanza ningunha e desde os sindicatos amósanse convencidos de que con este paro \"histórico\" acabarán acadando un acordo satisfactorio. #FolgaXustiza \"Que burros son, que burros son, que non entenderon a nosa votación\" Non sabemos por quen irá eso. Que llo pregunten a @ARueda68 e @FeijooGalicia pic.twitter.com/qixU0fDI1R — AlternativasXustiza (@alternativaxus) 28 marzo 2018"}
{"ID": "NOS_10561", "summary": "O proxecto non se recuperará nesta lexislatura, indica o Ministerio de Transportes, porén, o Goberno catalán incide en que o Goberno estatal só quere premer para que acepten unha iniciativa que afectaría ao espazo natural da Ricarda.", "text": "Catalunya non vai aceptar a \"dinámica de chantaxe na que nos poñen a pistola no peito e din: ou se esnaquiza La Ricarda [espazo natural protexido pola Unión Europea] ou non se mellora o aeroporto\", asegurou esta quinta feira o presidente da Generalitat, Pere Aragonès. Apenas poucas horas antes, no serán da cuarta feira, a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, anunciaba que o Executivo estatal decidira suspender o investimento de 1.700 millóns de euros previsto para ampliar o Aeroporto Barcelona-El Prat Josep Tarradellas, localizado nos concellos do Prat de Llobregat, Viladecans e Sant Boi. Esta obra fora acordada o 2 de agosto entre os Gobernos de Catalunya e o Estado español. A ministra acusou o gabinete de Aragonès (Esquerra Republicana de Catalunya) de non ter \"unha decisión madura\" sobre a cuestión, sinalando que non se pode avanzar nun proxecto deste tipo sen \"un apoio nítido e sen fisuras\". Xa a quinta feira, apuntou Sánchez que nestas condicións é imposíbel aprobar o Documento de Regulación de Aeroportos (Dora) -no que se detallan os investimentos do período 2022-2026- coa ampliación antes do 28 de setembro, que marcou como a data límite para programar unha obra que tería rematado en 2031. Asemade, reiterou que \"non hai marxe para facelo nesta lexislatura\". Estas declaracións sumáronse ás do presidente de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (Aena), que indicou que até \"dentro de cinco\" anos non se poderá programar de novo o debate, e só no caso de que \"as circunstancias en Catalunya cambiasen e houbese un substrato político que vise máis axeitado este investimento\". Manobra de presión O presidente catalán desacreditou a ministra de Transportes, e desvelou que o acordo do 2 de agosto regulaba que a ampliación do aeródromo acabaría de concretarse nos vindeiros dous anos, e non no Dora de setembro. Este tempo, mantivo, viña da necesidade de mellorar a infraestrutura sen que o entorno natural da Ricarda sufrise afectacións. Aragonès definiu o comportamento do Goberno do Estado como unha \"manobra de presión para que o Govern acepte sen crítica e sen posibilidade de facer ningunha emenda\" o proxecto de Aena, o que demostra a \"falta de vontade crónica do Estado a investir en Catalunya\". Para o titular da Presidencia catalá, o Estado está a difundir escusas para agochar as divisións internas entre PSOE e Unidas Podemos, e a súa falta de consenso nas coalicións que forman nos concellos de Barcelona e El Prat, así como no Consello de Ministros. Debate interno Pouco despois de facerse pública a decisión do Executivo presidido por Pedro Sánchez, o vicepresidente da Generalitat, Jordi Puigneró (Junts), atacou a súa \"nova deslealdade\" por decidir de \"maneira unilateral\" a suspensión do investimento. Porén, tamén responsabilizou ERC da situación pola \"confusión\" xerada arredor da obra, incidindo en que \"infraestruturas tan importantes\" non se poden cuestionar nin tratar con \"frivolidade\". La Ricarda, unha zona húmida protexida pola UE A ampliación do aeroporto proposta polo Goberno do Estado acabaría con 47 hectáreas do entorno natural, situado no delta do río Llobregat e protexido pola Unión Europea. A zona tamén acolle a Casa Gomis e está recoñecida como Ben de Interese Cultural. O ex vicepresidente catalán, Oriol Junqueras (ERC), defendeu que o Executivo estatal sabía que a UE non permitiría o proxecto polo impacto en zonas protexidas."}
{"ID": "NOS_17361", "summary": "O presidente da Xunta participou da Ofrenda ao Apóstolo liderada polo rei Felipe VI e á que tamén asistiron Alberto Núñez Feixoo, Xosé Sánchez Bugallo e Nadia Calviño.", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, publicou nas súas redes sociais este 25 de xullo, con motivo do Día da Patria Galega, un vídeo no que convida a cidadanía galega a celebrar a súa terra \"hoxe e sempre\", porque é a \"meta\" dun Camiño no que caben \"todos\". \"É realmente difícil de explicar o que significa Galiza. Levamos a nosa terra moi dentro de nós, así que, no noso día, o mellor que podemos facer é celebrala hoxe e sempre, dentro ou fóra da Galiza, na aldea, na vila, na cidade\", expresa o mandatario galego. No vídeo con motivo do seu primeiro 25 de xullo como presidente, Alfonso Rueda define a Galiza como \"unha comunidade orgullosa do que é\", de \"como fala\" e \"do que fai\". Así, a súa intervención está chea de referencias ao Camiño de Santiago, do que recoñece que \"nunca perde unha oportunidade\" para falar. \"Hoxe, no meu primeiro Día da Galiza como presidente, entenderedes que non fago unha excepción\", sinala, aínda que promete que \"non\" deixará \"de falar de nós, os galegos\". Axenda do Día da Patria Galega: Guía rápida de actos \"Alén de recibir camiñantes de todo o mundo neste Xacobeo dobre, nós tamén vimos de lonxe, imos da man no presente e temos a vista posta nun futuro común. A meta, por suposto, non podía ser outra: Galiza\", sinala Rueda. Neste contexto, o titular da Xunta afirma que, \"por riba de calquera diferenza, todos os galegos\" queren facer \"máis grande esta terra\" que senten \"tan dentro\". \"Eu apúntome a ese Camiño porque nel tamén estades vós, porque nel cabemos todos e porque ser galego é algo indescriptíbel. Feliz Día da Galiza a todos e todas\", conclúe o presidente. O mandatario galego celebrou así o seu primeiro 25 de xullo á fronte do Goberno galego, após participar pola mañá da Ofrenda ao Apóstolo liderada polo discurso do rei Felipe VI. Ao acto tamén asistiron canda el o presidente do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e máis a vicepresidenta primeira do Goberno estatal, Nadia Calviño."}
{"ID": "NOS_46244", "summary": "Tiña 103 anos e tivo unha carreira que abarcou sete décadas de cinema.", "text": "O actor Kirk Douglas faleceu na cuarta feira. Tiña 103 anos e tivo unha carreira que abarcou sete décadas de cine, con máis de 90 películas e unha serie de papeis inesquecíbeis . Tres veces nomeado aos Oscar, sen gañar nunca, levou en 1996 un premio honorario. O falecemento foi confirmado polo fillo Michael Douglas na revista People. \"É cunha gran tristeza que os meus irmáns e eu anunciamos que Kirk Douglas nos deixou hoxe aos 103 anos. Para o mundo era unha lenda, un actor da Idade de Ouro do cine que viviu nos seus anos dourados, un humanitario cuxo compromiso coa xustiza e as causas nas que cría permitíronns establecer un estándar ao que todos deberiamos aspirar. \" Ao longo de máis de cen anos, Kirk Douglas participou en máis de 90 películas, entre elas Spartacus (1960) e Paths of Glory (1957). Mais Douglas non só foi un heroe na pantalla: xogou un papel clave no rexeitamento público da chamada lista negra de Hollywood: actores, escritores e cineastas aos que se censurou e impediu traballar por posicións políticas comunistas ou de esquerdas nos anos cincuenta. Dixo que estaba máis orgulloso diso que de calquera película que fixera. Fillo de inmigrantes rusos 8o seu verddeiro nome era Issur Danielovitch Demsky), foi xardiñeiros, bedel e mesmo loitador antes de triunfar no mundo do cinema."}
{"ID": "NOS_55052", "summary": "Fruga critica que mentres a multinacional Lactalis, primeira industria en Galiza en volume de recollida, anuncia subas en Francia mantén en Galiza os prezos mais baixos do Estado.", "text": "A multinacional francesa Lactalis é a primeira industria en Galiza por volume de recollida de leite. Recentemente anunciou aos gandeiros franceses subas no prezo do leite. Concretamente, di a Federación Rural Galega (Fruga) por volta de 36 céntimos por litro no mes de setembro. \" Este grupo argumentaba esta suba como consecuencia dos importantes incrementos que se están a dar nos mercados mundiais\". Desde a Fruga defenden que as subas que se dean a nivel mundial teñen tamén que ter concreción nos prezos que perciben as explotacións lácteas galegas. \"A día de hoxe cobramos o prezo mais baixo do estado español, e dos prezos mais baixos da Unión Europea, dándose a circunstancia de que existen empresas que pagan mais o leite noutros puntos do estado que na propia Galiza. A produción láctea galega serve en parte para facer cadrar os balances das industrias, castigando a produción láctea galega a cambio de aplicar subas noutras partes do estado ou da Unión Europea\". Este tipo de prácticas mostran para a Fruga o \"máis absoluto fracaso da Xunta\". Os sucesivos gobernos de Feijoó, indica a Federación, foron incapaces de conseguir unha industria forte en Galiza, \"o cal derivou en que a día de hoxe o principal recolledor de leite en Galiza sexa un operador francés\". Pídelle á Consellería de Medio Rural, aliás, que poña en marcha a Mesa do Leite, \"para que evitar todo este tipo de discriminacións que sufre o sector lácteo galego\"."}
{"ID": "NOS_29867", "summary": "O tempo de Manteiga para nós acabou o 27 de Xuño de 1936 cando lle tocou abrir aquel mitin pro - estatuto que deixou pequena a Praza Maior de Lugo. \"Son Luís Manteiga, nacionalista e marxista, aspirante a galego 100%\" a iso vos convoco\", recolle a crónica de \"El Progreso\".", "text": "Nin o lirismo do alcalde da cidade Francisco Lamas, nin a verba de ferro do vello nacionalista Lois Peña Novo, nin a paixón pedagóxica do noso mártir Alexandre Bóveda, nin a palabra sentida comunista coruñés Gumersindo Montero, que o precederon no uso da palabra puideron cos vergallazos verbais daquel grande home de metro sesenta. Iniciaba o seu camiño de volta, axiña cortado polo Alzamento fascista, após as veleidades políticas e ideolóxicas canda Risco e non deixou indiferente a ninguén. Xa para sempre a miña foto fixa daquela data será, o noso maldito impenitente, enfundado nunha cazadora, a pasar calor no Palco da Musica da praza Maior de Lugo. Aínda así, en ocasións, Be-Cho-Shey recolle nos seus diarios os encontros con Otero na década dos 40 polas rúas de Compostela ou Seoane que lle prestaba as súas influencias na prensa de América a aquel Anibal Quijano para publicar e así ía cousa até que un día Xulio Sierra, Borobo desta cruel en \"La Noche\", achegábanos a súa necrolóxica o 25 de Maio de 1949. \"Viviu para adoecer, a tise, a soidade, as penurias económicas, a situación política, un derrotado ao fin, subindo un particular monte calvario de nunca acabar\". Doíanos aquel 27 de Xuño de 1936 a súa vida cruel. Adoecido pola tuberculose que lle foi diagnosticada nunha viaxe ao Pindo cando pasaba de pouco os 20 anos, apandou coas terríbeis connotacións sociais da mesma, coa crenza popular das eivas que xeraba nos fillos, co rexeitamento social polo habitual do contaxio, coa imposibilidade do amor e do sexo e tamén co sexo e amor rematado traxicamente, era un tísico e coa tise, agardando que calquera día o devorase viviu toda a súa vida. Naceu o 30 de Xullo de 1903 coa dor baixo do brazo, fillo dun cura e dunha xornaleira e costureira, criouse coa fame, o frío e o sino de ser o fillo de solteira dun crego, nun cenario de integrismo relixioso e hipocrisía marcada pola figura paterna que tiña teledirixido o seu futuro a tornalo en home de igrexa. Non tardou en rachar con ese guión e aos 14 anos, el que era o primeiro entre os alumnos da súa escola, abandona o fogar, retíralle a palabra á nai, con quen tentou reconciliarse unha vez morta, e comeza a traballar como mozo de almacén no comercio de García de la Riva, onde ocupa cargos de confianza e coincide con Arturo Cuadrado. Foi un precario na década dos trinta que se moveu na trepia formada por Lugo onde vendía gramófonos en 1932 e 33 e impresionaba a García Lorca polos seus zapatos sen solas ,Compostela, Ourense onde colaboraba na prensa e impartía aulas particulares, Lugo outra vez e xa despois do 18 de Xullo de 1936 en Compostela onde remataría traballando no Hospital Militar de San Caetano desde 1938 até a súa morte. Viviu para adoecer, a tise, a soidade, as penurias económicas, a situación política, un derrotado ao fin, subindo un particular monte calvario de nunca acabar. Sabíamos aquel 27 de Xuño de 1936 do xornalista stajanovista e do narrador vangardista. Unhas veces co seu nome, outras como Sergio Ivaguin ou Anibal Quijano, que semellante con aquel outro de Hernán Quijano usado por Seoane ou na contra será un pseudónimo común aos dous amigos, seguimos ao noso amigo desde aquel primeiro artigo en Guión en 1930, a onde chegou da man de Fole, en Yunque, en Resol, en Nos, en \"El Pueblo Gallego\" en \"A Nosa Terra\", no \"Heraldo de Galicia\" até 1936 e mesmo en \"la Noche\". Mención a parte merece o semanario \"Claridad\", que agrupaba a asa esquerda do Partido Galeguista, onde exercería de director desde a súa fundación até o 5 de maio de 1934, data no que renuncia á mesma após pasar os meses de marzo, abril e maio detido mesmo no cárcere d´A Coruña por delitos da opinión, feitos nunca ben explicados e que levarían a unha ruptura con aquela redacción na que non só tiña irmáns senón amigos. Xa leramos na revista \"Nos\" algúns dos seus relatos, como \"Albiña\", non así \"Intres\" nin \"Contos para non contar\" cuxa edición anunciara Casal e que desapareceu como tantos outras obras dos talleres de \"Gráficas Nos\". Moitas veces pensamos que a copiosa produción narrativa ao 1936, esta xa toda en español, non pasaba de fabulacións daquel derrotado fechado en San Caetano a del Riego, Fole, Seoane ou Ben-Cho-Shey, até que un día en \"La Gaceta Literaria\" soubemos que o seu \"Zabulón mundo cerrado\", Zabulón, viña ser o seu alter ego, ficara como finalista do Premio Nadal. Un día chegou Laura Tato, e naquelas páxinas sempre abertas a restaurar a memoria de \"Edicións do Castro\", deunos a saber dunha copiosa produción dramática, algo que non debía sorprendernos á vista da súa activa participación na prensa nos debates dos anos 30 sobre a forma e o fondo do que debía ser o novo teatro galego. \"Un día en \"La Gaceta Literaria\" soubemos que o seu \"Zabulón mundo cerrado\", Zabulón, viña ser o seu alter ego, ficara como finalista do Premio Nadal\" Lembrabamos aquel 27 de Xuño de 1936 da súa actividade política e do seu activismo cultural. Xurdía diante nosa aquel \"Comité de Cooperación Intelectual\", aquelas xornadas en Compostela e Lugo, con Rómulo Gallegos , que máis tarde abriría as portas de Venezuela a Galiza antifranquista, con Octavio Paz e con Lorca, naquela primeira parte cando chegou á capital da nación con \"La Barraca\", onde a irmá de Manteiga exerceu de costureira, e tamén na segunda cando primeiro na tenda de Lugo onde traballa o noso home recitou os seus primeiros poemas galegas e xa no piso de Martínez López, con Cunqueiro, con Fole, con Lamas, con Pimentel, con Anxel Johan deu copia dos orixinais manuscritos daqueles textos a Manteiga e Lamas, agradeceu a axuda de Manteiga para pasalos ao galego e ficou calado, para despois chorar diante do versos do mozo Cunqueiro naquel Outono de 1933. Non houbo iniciativa no período republicano no ámbito cultural na que o noso amigo non fora actor decisivo, até o punto de entrar naquel local da Rúa do Vilar, onde Casal e Miramontes tiveran os seus obradoiros, xa entrado Xullo de 1936 e coa cidade tomada polas camisas azuis, para tentar salvar da fame da besta algúns dos traballos alí prestos a ser impresos. O noso amigo de metro sesenta, non evolucionou politicamente de xeito distinto aos seus grandes amigos, Seoane e Fole, Fole ou Seoane, e desde un sovietismo inicial, sovietismo máis que comunismo, transitando pola esquerda rematou por varar, igual que eles, no Partido Galeguista, que era nacionalista, e frontista, e antiimperialista e pluriclasista. Aquel noso amigo que declarou a súa militancia aquel 27 de Xuño de 1936 na apertura daquel grandioso acto, desde Marzo na cidade amurallada botou un pano sobre as coitas e as bagoas que o fixeran camiñar polas angueiras de Risco, e volveu ser home de nos, a confiar en nos, a acreditar en que o pobo galego podía, a emendar parte do escrito en \"Alento\", a exercer do que sempre exerceu, perdón polo intervalo."}
{"ID": "NOS_54955", "summary": "A policía arrestouno após un rexistro domiciliario por presunto delito fiscal, alzamento de bens e branqueo de capitais.", "text": "O que foi vicepresidente do goberno español con José María Aznar, director xeral do FMI e presidente de Bankia, Rodrigo Rato, foi detido no seu domicilio esta quinta feira (16 de abril). O arresto produciuse após un rexistro na súa morada ordenado xudicialmente e apoiado polo Ministerio fiscal. Impútanselle presuntos delitos de fraude fiscal, alzamento de bens e branqueo de capitais. Os feitos aconteceron após darse a coñecer que Rato se acolleu á amnistía fiscal aprobada polo executivo de Mariano Rajoy coa que tería procedido á legalización de fondos obtidos de maneira ilícita."}
{"ID": "NOS_49652", "summary": "Un estudo de CIG-Banca denuncia que continúa a reestruturación do sistema financeiro en Galiza, tamén na banca privada (os bancos asociados á AEB), onde se destruíron nestes 5 anos máis de 1.400 empregos, o 20,73% do total", "text": "Non só as antigas caixas galegas, agora en NGB, en mans do Estado, están a sufrir unha enxurrada de perda de empregos e peche de oficinas. Esa 'reestruturación' tamén se está a dar na banca privada (a asociada a AEB:BBVA, por exemplo ) e dun xeito \"durisimo\" segundo denuncian desde a CIG. A central nacionalista elaborou un estudo no que debulla o acontecido coa banca privada no noso páis nestes cinco anos, desde 2007 até o 2012. Así, houbo un \"peche masivo de centros de traballo, que levou á destrución de 1.419 postos de traballo, unha caída do 20,73%. A banca privada gaña cota de mercado, pero restrinxe servizos e destrúe emprego\" Retroceso a niveis de hai coarenta anos Na banca privada houbo un \"peche masivo\" de oficinas. Poñen o exemplo de Lugo e Ourense, onde o número actual de oficinas bancarias \"retrotraese ao da década dos 70\". Desde a CIG afirman que \"non estamos ante un achegamento ao modelo europeo (menos oficinas pero dotadas con maior número de persoas), senón ante un proceso de reconversión\" Nesta liña, inciden explican desde a CIG-Banca. En que \"continúa a imparable destrución de emprego que comezou nos oitenta, cando a banca privada chegou a empregar a 9.936 persoas en Galiza. Ao tempo a extensión ilegal da xornada laboral (recoñecida por un 80% do persoal) e a sobre carga de traballo son un exemplo do empeoramento das condicións laborais\"."}
{"ID": "NOS_20284", "summary": "Máis dunha cuarta parte dos 450 millóns de cidadáns da UE nunca marcha de vacacións por razóns económicas. Entre estes hai pensionistas e desempregados; e tamén 35 millóns de traballadores cun salario tan baixo que o fai inviábel. Tan baixo que os sitúa en situación de risco de pobreza en 16 dos 27 Estados membros.", "text": "Arredor de 28% dos cidadáns da UE non se pode permitir unha semana de vacacións fóra da casa. Entre estes están os traballadores con ingresos baixos que malia os avances dos últimos anos continúan a ver este dereito como unha quimera. Cal é a razón? Para a Confederación de Sindicatos Europeos (ETUC, nas siglas en inglés) está relacionado coa crecente desigualdade económica no bloque comunitario que, obviamente, se traslada á cuestión vacacional. Os datos aos que fai referencia a ETUC extráense da enquisa sobre ingresos e condicións de vida (EU-SILC) que realiza anualmente Eurostat. A confederación sindical aclara que a sondaxe só pregunta pola \"posibilidade de permitirse unhas vacacións fóra da casa\", non polo dereito a vacacións pagas. A Directiva de Tempo de Traballo ─a norma introducida pola Comisión Europea en 1993 co fin de salvagardar os dereitos dos traballadores─ estabelece un mínimo de catro semanas de asueto remunerado anualmente. Porén, son aínda moitos os asalariados aos que se lles denega esta prerrogativa. Traballadores con este dereito recoñecido, mais cuns ingresos tan baixos que non poden marchar nin unha semana ao ano fóra do seu domicilio. Disto é que trata a enquisa, que para a vicesecretaria xeral da ETUC, Esther Lynch, reflicte \"como os beneficios do crecemento económico da última década en Europa non foron repartidos de maneira xusta\". Por Estados, a peor situación rexístrase en Grecia onde 88,9% das persoas en risco de pobreza (as que teñen ingresos familiares inferiores a 60% da mediana estatal) non se poden permitir un respiro. Séguena Romanía (86,8%), Croacia (84,7%), Chipre (79,2%) e Eslovaquia (76,1%). Son 35 millóns de cidadáns europeos en total, con Italia (7 millóns), España (4,7 millóns), Alemaña (4,3 millóns), Francia (3,6 millóns) e Polonia (2,1 millóns) liderando esta estatística. \"As vacacións non deberían ser un luxo duns poucos. Mentres moitos traballadores están de viaxe gozando do tempo de lecer con amigos e familia, millóns non o poden aproveitar debido a teren un salario baixo\", di Lynch. \"Limiar de decencia\" Entre as persoas con ingresos familiares inferiores a 60% da mediana estatal están os desempregados ou os pensionistas, mais tamén millóns de traballadores co salario mínimo interprofesional. Unha cifra tan baixa que lles supón entrar en risco de pobreza en 16 dos 27 Estados da UE, segundo datos oficiais da Comisión Europea de 2019. Isto é, un quinto (21,9%) dos 450 millóns de habitantes comunitarios. A ETUC está a presionar os europarlamentarios para que sexa introducido un \"limiar de decencia\" na lexislación comunitaria co fin de asegurar que o salario mínimo nunca sexa menor a 60% da mediana estatal e a 50% do salario medio. Isto significaría, segundo cálculos da Confederación sindical, unha suba dos soldos a máis de 24 millóns de traballadores da UE. Para Esther Lynch, a \"directiva da UE para un salario mínimo ten que ser fortalecida co obxectivo de fixar que os salarios nunca sexan tan baixos que deixen os traballadores vivindo na pobreza; e que a negociación colectiva se faga algo habitual nas relacións laborais para asegurar salarios xustos de verdade para todos\". Salarios para vivir, e non só sobrevivir, sexa en Bulgaria sexa en Luxemburgo Dos 2.202 euros de Luxemburgo aos 332 de Bulgaria (mensuais, en 12 pagas). As diferenzas no salario mínimo dentro da UE son abismais. Tras o pequeno país centroeuropeo veñen Irlanda (1.724), Países Baixos (1.685), Bélxica (1.626 euros), Alemaña (1.614) e Francia (1.555). En Grecia (758) é menor que hai nove anos. Dos 27 Estados da UE, 21 téñeno estabelecido legalmente. Nos outros seis ─Austria, Chipre, Dinamarca, Finlandia, Italia e Suecia─, os salarios veñen determinados polos convenios colectivos. A directiva proposta pola Comisión Europea, do 28 de outubro de 2020, busca que calquera cidadán da UE ─viva en Luxemburgo, viva en Bulgaria─ ten un salario digno para vivir. É o \"limiar de decencia\" que varios economistas defenden. Mais Dinamarca e Suecia rexéitana e defenden o seu sistema."}
{"ID": "NOS_3926", "summary": "O futuro das empresas electrointensivas galegas decídese estes días nos despachos de Madrid. O resultado da poxa eléctrica deixou o sector sen moita marxe de defensa. A multinacional Alcoa foi a primeira en sinalar que a situación é limite e agora reacciona tamén o sector a través da Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE). As críticas máis duras veñen do comité de empresa, que olla como pasan os días e como as decisións que poidan salvar a factoría non chegan.", "text": "O comunicado de Alcoa afirmando que o resultado da poxa eléctrica para as industrias electrointensivas facía \"inviábel\" a produción de aluminio primario na Galiza, non por agardado deixou de causar fortes reaccións a todos os niveis. A multinacional confirma a Sermos Galiza que aínda non tomou ningunha decisión e está a espera de novos movementos por parte do Goberno. A fábrica de Alcoa en San Cibrao chega cos números en negativo a esta poxa. As mesmas fontes da empresa aseguran que perdera 48 millóns de euros en 2018 e a estimación para o 2019 é que perda entre 50 e 60 millóns de euros. Estas cifras serían aínda máis grandes a partir do 1 de xaneiro cando a enerxía sexa máis cara. \"O custo da enerxía eléctrica é agora mesmo 40% do total de custos de produción, incluído materias primas e emprego\", sinalan a Sermos Galiza \"e temos un custo eléctrico de 40% superior ao que teñen os nosos competidores de Alemaña e Francia\". Critican que non se reaccione sendo eses países tamén da UE \"coas mesmas regras que aquí\". Non é ningún segredo que a condición enerxética sempre condicionou a esta industria. Desde Alcoa recoñecen que a localización das fábricas \"vai parella ao lugar onde teñan o subministro asegurado mais tamén onde teñan uns custes que lles permitan ser competitivos\". Reacción do sector A Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE), entidade que reúne as maiores compañías do sector, reaccionou após saberse os resultados da poxa. A súa actitude é de preocupación e inquietude que expresan a través dun comunicado no que sinalan que \"o principal mecanismo que existía para reducir o diferencial de prezo eléctrico coa nosos principais competidores europeos está en mínimos\". Explican que \"as industrias tiñan todo organizado para dar o servizo de interrompibilidade en 2020 e os orzamentos de produción e venda pechados, polo que esta redución na retribución do servizo suporá un enorme prexuízo\" e non descartan que \"podería provocar o vindeiro ano novas e serias tensións nalgunhas plantas\". AEGE pide a aprobación \"canto antes\" do \"desexado\" Estatuto de Consumidores Electrointensivos A asociación pide a aprobación \"canto antes\" do \"desexado\" Estatuto de Consumidores Electrointensivos con medidas e dotación orzamentaria abondo para reducir o diferencial de prezo eléctrico cos competidores de Francia e Alemaña. A asociación ve necesaria a colaboración co Goberno, \"co apoio de todos os partidos políticos\", para atopar solucións a curto prazo que fagan máis competitiva esta industria no Estado. Críticas á ministra A análise que fan desde o comité de empresa do resultado tampouco é moi optimista. O seu presidente, José Antonio Zan, explica a Sermos Galiza que \"Galiza levou 440 Mw e supoñemos que grande parte deles virán para San Cibrao\". Mais o problema de viabilidade da empresa \"será o prezo do Mw após caer máis de 90%\". Unha vez feito público o resultado da poxa o comité de empresa pediu adiantar a reunión a reunión prevista para o 15 de xaneiro após o compromiso da propia ministra que visitou a planta de San Cibrao no pasado mes de marzo. Zan desconfía da falta de resposta por parte do Ministerio. \"Igual queren deixar caer a industria electrointensiva de todo o Estado e así baixar o consumo eléctrico para poder pechar centrais térmicas, reducir CO2 e poñerse a medalla diante de Europa de que somo os que menos emitimos\". A principal diana das críticas do representante do cadro de persoal de Alcoa en San Cibrao é a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. \"Os intereses están claros, a ministra é quen ten o orzamento total da industria española, a que tramita a interrompibilidade e leva a cabo as axudas o CO2\", denuncia Zan, \"é ecoloxista e non cre na industria para nada\". Igual queren deixar caer a industria electrointensiva de todo o Estado e así baixar o consumo eléctrico para poder pechar centrais térmicas O comité de empresa non entende a estratexia do ministerio, que \"pon problemas para a industria electrointensiva de aquí e logo merca electricidade a Marrocos, que contamina dez veces máis ca nós\", explica Zan. Por este motivo cre que o propio presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ten que poñerse contacto coa empresa \"para solucionar o problema que creou cando puxo a esta ministra en Transición Ecolóxica\". Reaccións das institucións galegas A Xunta, a través do conselleiro de Industria, Francisco Conde, cre que a situación que vive Alcoa é culpa da \"desidia\" do Goberno español, que \"pon nunha situación de inviabilidade\" as empresas electrointensivas. Desde a Deputación de Lugo o seu presidente, o socialista José Tomé, e a vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, manifestaron o seu apoio ao persoal da fábrica. Tomé critica da Xunta que \"cada ano quedan entre 30 e 40 millóns de euros que non se executan por parte do Igape de axudas ás industrias galegas\". Polo seu lado, Maite Ferreiro asegura que \"estes días coa cantidade de auga que cae aumentan os beneficios das eléctricas, mais iso non repercutirá na redución do gasto\"."}
{"ID": "NOS_18951", "summary": "O xornalista de investigación Manuel Rico é o gañador do premio, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol.", "text": "O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, convocantes do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, anunciaron que o gañador da XVII edición é Manuel Rico, logo de se celebrar esta semana, en acto pechado por mor do estado de alarma, o reconto de votos avalado por notario. Manuel Rico, fundador e actual director de investigación de infoLibre, é un destacado xornalista de investigación, autor de numerosas exclusivas ao longo da súa traxectoria profesional. Nos últimos meses denunciou a dramática situación das residencias de maiores durante a pandemia. O seu traballo destacouse sempre pola información independente, desde a imparcialidade, a profesionalidade e o xornalismo de investigación, o que lle fixo sufrir ameazas e presións. Cómpre salientar tamén o seu compromiso coa defensa da profesión xornalística. Manuel Rico Prada naceu na vila berciana de Fabeiro en 1967. Licenciouse en Xornalismo na Universidad de Navarra e ten un mestrado de Estudos da Comunicación pola University of Missouri-Columbia, ademais de ser graduado en dereito pola Universitat Oberta de Catalunya. A súa carreira como xornalista comeza como redactor de El Correo Gallego en 1990. Tres anos despois pasa ao xornal El Mundo como correspondente e, posteriormente, subdelegado en Galicia, para exercer finalmente de responsábel de local na edición do País Vasco. No 2000 incorporase ao Grupo Zeta en Madrid, onde puxo en marcha a edición dixital de Interviú e logo foi redactor xefe desta revista, para ocupar finalmente o cargo de subdirector de Tiempo. En 2007, coa posta en marcha do xornal Público, entra a traballar como redactor xefe de política, ocupando posteriormente os cargos de xefe de redacción e subdirector. En 2009 foi demandado xunto a outros xornalistas de Público por Ignacio González, tras teren publicado informacións que detallaban o seu papel en adxudicacións públicas sospeitosas. A demanda foi rexeitada por varios tribunais. En 2013, pasa a formar parte do equipo fundador do dixital InfoLibre, primeiro como director e, desde o ano pasado, como director de investigación. Durante a pandemia investigou a situación das residencias de maiores, moitas das cales están en mans de grandes grupos privados, un traballo que vén de plasmar no libro Vergüenza, el escándalo de las residencias. Ademais, foi presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela entre 1995 e 1997 e participou da posta en marcha do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza. É membro tamén do Colegio de Abogados de Madrid. Manuel Rico súmase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017), Julia Otero (2018), Defende A Galega (2019) e Lorenzo Milá (2020) foron até agora os galardoados coa estatuiña das 'Ás Ceibes' do escultor Manuel Patinha."}
{"ID": "NOS_3092", "summary": "O Partido Socialista (PS) alzouse esta fin de semana coa maioría absoluta na Asemblea Nacional francesa ao conquistar, xunto cos seus aliados, 314 escanos. A centroesquerda non necesitará o apoio de Os Verdes e a Fronte de Esquerda despois deste resultado nunhas eleccións con abstención récord e a volta da ultradereita coa Fronte Nacional.", "text": "O PS cumpliu coas espectativas e conseguiu outro bo resultado en Francia, desta vez na cámara baixa. Xunto ao Partido Radical de Esquerda e a agrupación Diversos de Esquerda, vai ter o control absoluto para emitir leis e sacar adiante o seu programa de traballo. Outras formacións como Os Verdes tamén rematarón cunha suba de votos, neste caso acadaron 18 escanos e poderán formar grupo parlamentario propio. A Fronte de Esquerda, polo seu lado, logrou situar 10 lexisladores. En total, sumando todos os deputados destas agrupacións, a esquerda francesa terá unha cantidade récord na historia de 342 deputad@s, d@s 577 que compoñen a Asemblea, superando así o albor dos 289 deputados necesarios para alcanzar a maioría absoluta. Os Verdes tamén rematarón cunha suba de votos, neste caso acadaron 18 escanos e poderán formar grupo parlamentario propio Pola súa banda, a Unión por un Movemento Popular (UMP), do ex presidente Nicolás Sarkozy, acadou 228 asentos e será a principal forza de oposición. Para a dereita francesa é algo así como comezar de novo (\"Ano cero\" din no xornal Liberation) froito dos desencontros nalgunhas zonas onde o pacto coa ultradereita era reforzo asegurado. Con nomes e apelidosTodos os membros do Goberno de François Hollande revalidaron o seu escano, entre eles o primeiro ministro, Jean Marc Ayrault, e o ministro de Finanzas, Pierre Moscovici. Non obstante, a candidata socialista Ségolène Royal perdeu na circunscrición de La Rochelle ás mans do disidente socialista Olivier Falorni. Royal denunciou xa unha \"traizón política\", xa que Farloni recibiu o apoio expreso de Valérie Trierweiler, esposa de Hollande.O regreso da ultradereita non evitou que a súa líder, Marine Le Pen perdera en Hénin-Beaumont, unha localidade do norte de Francia. A sorporesa foi que a súa sobriña, Marion Marechal Le Pen, gañara en Carpentras, no sur."}
{"ID": "PRAZA_9214", "summary": "Entre este ano e os seguintes producirase no país un relanzamento da enerxía producida polo vento. Mondoñedo, con 8 novas instalacións, é a localidade na que se preparan máis parques, seguinda de Santa Comba, A Pastoriza, Vimianzo, Zas, Alfoz e Coristanco.", "text": "2019 será o ano do relanzamento da enerxía eólica en Galicia, despois de case unha década de bloqueo provocado pola anulación do concurso do Bipartito a mans do Goberno de Núñez Feijoo e da decisión do Executivo de Mariano Rajoy de eliminar as primas á produción de enerxías renovables. Ao redor de medio cento de novos parques eólicos serán unha realidade entre este ano e os seguintes, atopándose moitos deles xa en construción e varios outros nas últimas fases da súa tramitación.Unha ducia de novos parques localízanse na Costa da Morte e Bergantiños e 14 abriranse no norte de Lugo, entre A Mariña e a Terra CháEste ano deben entrar en funcionamento en Galicia 34 novos parques eólicos, que achegarán uns 700 megavatios á actual potencia instalada, que leva unha década estancada: no 2010 a potencia eólica instalada en Galicia era de 3.285 MW e sete anos despois apenas variara, situándose nos 3.343 MW.O medio cento de novos parques eólicos aprobados polo Goberno galego distribúense por todo o país, pero concéntranse sobre todo en tres zonas: unha ducia localízase na Costa da Morte e Bergantiños e 14 abriranse no norte de Lugo, entre A Mariña e a Terra Chá. Un número igualmente importante sitúase nas Serras Centrais (Serra do Faro, Serra do Suído...), no espazo no que se unen as catro provincias galegas.Mondoñedo, con 8 novos parques eólicos (varios deles compartidos con outros concellos) é a localidade na que abrirán máis instalacións. Santa Comba e A Pastoriza (4 cada un) e Vimianzo, Zas, Alfoz e Coristanco (3 cada un) son os outros concellos que acollerán máis parques. Na actualidade, Galicia suma un total de 159 instalacións, repartidas entre 107 concellos. Muras é a localidade con máis aeroxeradores, seguida de Abadín, Ourol, As Pontes, Vilalba, Mazaricos, O Valadouro, Ortigueira, Dumbría e Forcarei.Norvento, Greenalia e Naturgy son as empresas que controlarán directamente un maior número de novas instalaciónsO previsto incremento na produción eólica fará que no 2020 a enerxía xerada só por fontes renovables estea preto de cubrir a totalidade da demanda galega. Así, a pesar do peche da central térmica de Meirama ese ano e do previsto peche da central das Pontes nun futuro próximo, Galicia seguirá sendo excedentaria de electricidade e seguirá exportándoa aos territorios do Estado que consumen máis da que producen, como Madrid, Valencia e Euskadi.En canto ás empresas concesionarias que explotarán os novos parques eólicos, destaca en primeiro lugar a galega Norvento, con 11 novas instalacións, que se unirán ás 6 que xa posúe. Cómpre salientar igualmente a tamén galega Greenalia Power, que contará con 7 novos parques eólicos, trala compra dos impulsados por Gamesa e Enebro. Naturgy (directamente ou a través de Fenosa Wind) controla 5 novos parques. E Enel Green Power (Endesa) contará con 2 novas instalacións, o mesmo que Fergo Galicia Vento."}
{"ID": "NOS_19169", "summary": "O presidente da envasadora luguesa que deixou sen recollida a máis dunha vintena de explotacións o pasado mes asegura que \"dicir que hai leite a 17 ou 18 céntimos non é verdade\". As cifras oficiais contradín o seu discurso.", "text": "Jesús Lence, propietario de Leite Río S.A., criticou esta terza feira as organizacións agrarias e as explotacións gandeiras que se están a mobilizar perante a crise do sector lácteo. O que \"están a montar\" coas tractoradas \"é porque gostan de ir de festa e non polos prezos baixos\", espetou o empresario lugués que hai un mes deixou sen recollida en orixe a máis dunha vintena de explotacións. A Xunta de Galiza recoñeceu que 541 explotacións perciben prezos inferiores a 0,20€/l. Segundo Lence non existen gandeir@s que estean a percibir \"17 ou 18 céntimos\" polo produto. \"Non é verdade\", \"é falso\", aseverou embora a propia Consellaría de Medio Rural cifrase na última xuntanza en que o propio Lence estivo presente en 541 as explotacións gandeiras que cobran menos de 0,20 céntimos o litro en orixe e en 2.151 as que o venden á industria a prezos inferiores a 0,26€. \"Os prezos de 27 céntimos a 30 é o que paga a industria ao ganadeiro, que é o prezo normal en toda Europa\", acrecentou, de novo contradicindo as cifras oficiais que segundo a FEGA sitúan en 0,28 céntimos o prezo medio do leite na Galiza, o máis baixo do Estado español e dos menores da UE."}
{"ID": "PRAZA_4916", "summary": "A Fundación Rosalía de Castro e a AELG promoven diversos actos no aniversario da poeta, entre os que destacan iniciativas como unha antoloxía poética sonora, graffitis ou autofotos en internet.", "text": "Nunha trintena de concellos do país hoxe é oficialmente o Día de Rosalía. Non o é en Galicia enteira porque foi vetado no Parlamento no ano 2012. Así e todo, tanto onde é oficial como onde non o é neste 24 de febreiro unha morea de actividades lembrarán e reivindicarán a figura de Rosalía de Castro en todas as súas vertentes, dende a máis puramente literaria ata a máis feminista e política. Entre as propostas artísticas e cívicas da xornada destacan as impulsadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e pola Fundación Rosalía, entidade que este ano combina a súa habitual homenaxe cunha innovadora proposta baixo o título #EuRosalía. Na xornada que é tamén culminación das celebracións polo 150 aniversario de Cantares Gallegos a Fundación propón que, \"tanto en Galicia como no resto do mundo\", todas as persoas que o desexen se unan a unha \"acción colectiva en Internet\" e boten man de \"calquera cousa relacionada con Rosalía\", dende un libro a unha estatua pasando por unha camisola ou unha placa de lembranza. Unha vez atopado o elemento, só resta unha autofoto -\"un selfie, como se chama agora, aclaran dende a Fundación- e compartila nas redes sociais coa etiqueta #euRosalía ou remitila ao correo fundacionrosaliadecastro[@]gmail.com. A Fundación anima a difundir autofotos vinculadas a Rosalía Mentres as redes se ateigan de Rosalía desenvolverase a tradicional homenaxe á poeta en Compostela, que desta volta se traslada do seu lugar de nacemento -na actual Praza de Vigo da capital galega- ata a Alameda por mor dunhas obras. A comitiva parte ás 10:30 da Porta Faxeira e o acto desenvólvese na estatua do parque. Poesía nos muros e nas ondas Este 24 de febreiro é tamén o día grande para outra das iniciativas máis rechamantes do ano en torno a Rosalía: o programa grafittiRosalía da AELG. Neste caso, o convite da asociación literaria diríxiuse aos centors de ensino, aos que animou a realizaren nos seus recintos ou en espazos públicos \"coa colaboración dos concellos\", ademais de lecturas da obra rosaliana, \"unha acción colectiva en torno á figura\" da autora \"co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios\". Trátase de \"grafitear algún verso de Rosalía, de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanía galega. Neste Día de Rosalía preséntase \"unha das antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos máis extensas e plurais da literatura galega\" Os versos de Rosalía alumearán os muros e tamén as ondas da radio, neste caso cun programa especial do Diario Cultural da Radio Galega. Este programa, destacan, \"servirá de marco para a presentación do proxecto de edición da obra De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, na que colaboran a radio pública e a propia fundación. No programa, aberto ao público na Casa da Matanza dende a sete da tarde, leranse poemas inéditos e poráselle voz a Rosalía a través de Xosé María Álvarez Caccamo, Marilar Aleixandre, Elvira Ribeiro, Celso Fernández Sanmartín, Dores Tembrás, Marga do Val, Gonzalo Hermo e Eduardo Estévez, entre outros. Elas e eles serán unha mostra do que, din, é \"unha das antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos máis extensas e plurais da historia da literatura galega\". Fundación Rosalía de Castro"}
{"ID": "NOS_9943", "summary": "É falso. É unha montaxe. Fai parte dunha \"campaña de desprestixio e de intoxicación\" para escurecer o \"excelente labor dos Mossos\" após os atentados de Barcelona e Cambrils. O conseller de Interior, Joaquim Form, pronunciouse nestes termos após a poeira levantada por unha información publicada esta quinta feira por El Periódico de Catalunya segundo a cal os Mossos terían sido informados pola CIA, á altura do mes de maio, da intención dunha célula jihadista de atentar nas Ramblas.", "text": "Rápida e contundente, de acordo cos mellores manuais de comunicación política. Así foi a reacción do Govern após a exclusiva de El Periódico de Catalunya, meio que xa o propio 17 de agosto -día en que se perpetrou o atentado nas Ramblas- publicara que a intelixencia norteamericana tiña alertado a policía catalá, extremo que a Generalitat desmente sempre que pode desde aquel momento. Apenas unhas horas demorou en comparecer de urxencia, nesta mesma quinta feira, o conseller de Interior, Joaquim Form, para cualificar a información de \"montaxe\" e de \"irresponsábel\" por trasladar un \"problema inexistente\". O alto cargo da Generalitat enfatiza que o Govern carece de calquera contacto coa CIA, pois as axencias internacionais se comunican só cos Estados. \"As relacións a nível internacional son co Estado español\", dixo. Trapero, ao director de El Periódico: \"Perguntaríalle quen lle dictou todo isto?\" Form non compareceu só, fíxoo na compaña do major [chefe] dos Mossos, Josep Lluís Trapero. \"Por que teño de acreditar que [o documento] é da CIA. Onde o pon? Que asinatura ten? Que carimbo? Por que teño de acreditar\", dixo o mando policial, quen se pronunciou en termos de inusitada dureza para se referir a El Periódico de Catalunya: \"O que penso é que xogamos ligas diferentes. Este señor [por Enric Hernández, director do xornal], este diario e nós xogamos ligas diferentes. Os Mossos estanse a dedicar a xerir a seguranza e se preocupar pola xente, e, en concreto este diario, desde o día do atentado, e especialmente o seu director, estase a dedicar a desprestixiar os Mossos d'Esquadra\". Para Trapero, a suposta exclusiva desta quinta feira persegue só un obxectivo, o de alimentar a idea de que se os Mossos tivesen feito ben o seu traballo os atentados non se terían producido. \"Perguntaríalle [ao director de El Periódico de Catalunya] quen lle dictou todo isto? El dubida de nós. E chámanos mentireiros. Pois eu tamén teño moitas dúbidas sobre el, sobre a súa información, sobre quen son os intermediarios e sobre con que vontade actúan\"."}
{"ID": "NOS_47422", "summary": "Os 28 Estados membros acordaron por unanimidade \"prestar axuda e asistencia\" militar ao goberno francés na súa operación contra o ISIS.", "text": "Nunca antes, desde a sinatura do Tratado de Lisboa (2009) se invocara o artigo 42.7 do Tratado da Unión Europea (TUE) polo que se fixa o \"dereito de defensa colectiva\" dos Estados membros da Unión. Así o anunciou en comparecencia de imprensa Jean-Yves Le Drian, ministro francés após a xuntanza desenvolvida entre @s representantes de Defensa dos 28. De acordo co disposto no Tratado de Lisboa \"se un Estado membro é obxecto dunha agresión armada no seu territorio, os demais terán a obriga de lle emprestar axuda e asistencia con todos os medios ao seu alcance, de conformidade co artigo 51 da Carta das Nacións Unidas\" para a defensa colectiva, \"sen prexuízo da política de seguridade e defensa de determinados Estados membros\" e de acordo cos \"compromisos acordados no marco da OTAN\". Neste senso, será a Organización do Tratado do Atlántico Norte \"o fundamento da súa defensa colectiva\". A invocación do artigo 42.7 do Tratado de Lisboa non suporá limitacións nos \"compromisos acordados no marco da OTAN\", afirman Para o ministro de Densa francés, Jean-Yves Le Drian, trátase dun \"acto político de enorme envergadura\" ao que cada país \"contribuirá dunha forma ou outra\". Neste senso, o goberno galo iniciará unha rolda de contactos bilaterais nos que concretar de que maneira colaborarán na guerra aberta desde París no \"teatro de operacións en Oriente Próximo ou noutro\", explicou Le Drian. Estas xuntanzas a dúas bandas encetarán \"nas próximas horas\", dixo, para que a contribución de cada Estado membro se concrete \"rapidamente\". Do contrario, asegurou, \"non fai sentido\". Washington en París intensifican os bombardeos Doutra banda, o presidente da República, François Hollande mantivo un encontro esta terza feira co secretario de Estado dos EUA, John Kerry. Ambos os dous gobernos acordaron \"aumentar os esforzos na loita contra o terrorismo\" e que darán \"pasos significativos\" e \"xuntos\". Cumpre lembrar que Francia mantén operacións militares contra o ISIS na Siria desde o 27 de setembro. Operacións que se intensificaron após os ataques de París do 13 de novembro con bombardeos en cidades como Raqqa."}
{"ID": "PRAZA_8333", "summary": "A gala dos María Casares deixou críticas á xestión cultural do Goberno galego, chanzas sobre o Gaiás, moitos gañadores individuais: Marta Pazos Ánxeles Cuña ou os responsables de Nuncabunga, e un colectivo: o teatro. E unha chamada a seguir loitando: \"non nos deixemos avasallar por este ataque de mediocridade\". Audios no interior.", "text": "\"Vivimos un desmantelamento dende o 2010. Estamos coa auga ao pescozo e temos a impresión de que alguén nos pon o pé na cabeza\". O discurso de Toño Casais, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), foi breve e directo. Os problemas do sector e os incumprimentos do Goberno galego son coñecidos, e a noite dos María Casares era un momento de festa entre a demolición. De denuncia, pero tamén de reivindicación da importancia das artes escénicas e da cultura e da fermosura e da maxia dunha profesión. O director de Agadic, Jacobo Sutil, foi o único representante da administración autonómica que estivo presente na gala. Sufriu as chanzas sobre a súa inexperiencia no sector, bandeiras, biblias e outras sutilezas, pero cómpre salientar que Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez, secretario xeral e conselleiro de Cultura, nin sequera asistiron á celebración. Casais tamén lembrou que a cultura \"é un dereito\" recollido no artigo 44 da Constitución e que \"os poderes públicos han de poñela ao alcance de todos e todas\". E pediulles ao gobernantes que deixen \"de vernos coma un problema. Non o somos. En realidade, somos parte da solución\". Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez, secretario xeral e conselleiro de Cultura, nin sequera asistiron á celebración Nas intervencións dos premiados destacou o orgullo de pertencer a unha profesión fermosa e dura, como lembrou Marta Pazos. \"Isto é un oficio\", engadiu Marián Bañobre que repetiu que \"somos os encargados de dicir a verdade, por iso dámoslles tanto medo\". Pilar Pereira, que recolleu o Premio de Honra Marisa Soto, ofreceu os seus \"folgos\" e pediu que \"non nos deixemos avasallar por este ataque de mediocridade\". E a máis rotunda foi Ánxeles Cuña: \"Non nos van silenciar. Necesitamos do teatro, da poesía, da música, necesitamos da cultura. Contra a desesperanza, resistencia\"."}
{"ID": "PRAZA_5008", "summary": "Xa dende finais do século pasado moitos dos traballos máis destacados nesta área baséanse na idea de que cada territorio conta con recursos distintivos, económicos, culturais e institucionais, sobre os que apoiar a súa capacidade de desenvolvemento económico e que é necesario artellar estratexias para activar o potencial de cada un deles", "text": "Este artigo forma parte dunha serie titulada A economía galega: breve balance das tres últimas décadas e perspectivas de futuro. Podedes ler os artigos anteriores nestas ligazóns (I, II e III) Entón, seguimos sendo periferia, si ou non? Algúns autores e escolas teñen caracterizado como simplista unha análise que pretende resumir a dous polos a complexa relación das economías no espazo Dende a publicación do Atraso Económico de Galicia, de Xosé Manuel Beiras, así como de varios traballos do profesor López-Suevos, a economía galega está ligada ao concepto de periferia económica (diferente do de periferia xeográfica). Os conceptos de centro e periferia en economía están moi vinculados ás teorías do subdesenvolvemento e do desenvolvemento desigual xurdidas a mediados do século pasado, onde se pretendía explicar a situación económica e a capacidade de desenvolverse dos territorios en función da súa inserción na lóxica espacial do sistema económico. Nese sentido, os autores nomeados anteriormente usaron tal conceptualización para remarcar o carácter periférico da nosa economía, naquel entón no marco da economía española, onde as rexións de vella tradición industrial, Euskadi e Catalunya, xunto coa capital madrileña ocuparían a posición de centro. A economía galega teríase desenvolvido de xeito extravertido (versus autocentrado), atendendo ás necesidades do centro co que mantería unha relación de dependencia e, por tanto, de desigualdade (subministro de man de obra barata, materias primas e mesmo aforro). A maiores, botando man do occitano Robert Lafont, Beiras utilizaba o concepto de colonialismo interior que agravaba aínda máis as condicións da periferia ao carecer as rexións de aparello estatal e dese xeito reforzárense os factores de dominio político e cultural sobre os territorios periféricos. Na actualidade os termos centro e periferia seguen sendo comunmente utilizados nas áreas científicas da economía rexional e da xeografía económica. Mais, nin o respaldo teórico responde ao mesmo que usaron no seu momento Beiras ou Suevos, nin a fasquía que toma a dialéctica centro-periferia é a mesma. Mesmo algúns autores e escolas teñen caracterizado como simplista unha análise que pretende resumir a dous polos a complexa relación das economías no espazo. Porén, aínda sendo esta unha cuestión de interese académico moi estimulante para quen lles escribe, non entraremos agora na mesma por ser un debate inconcluso e que soborda o obxecto deste documento. Unha gran parte dos estudos actuais sobre desenvolvemento rexional se diferencian dos baseados nas teorías do subdesenvolvemento en que estes últimos partillaban un certo determinismo en relación á imposibilidade ou incapacidade dos territorios para mudar a súa situación e desenvolverse Si destacaremos que unha gran parte dos estudos actuais sobre desenvolvemento rexional se diferencian dos baseados nas teorías do subdesenvolvemento en que estes últimos partillaban un certo determinismo en relación á imposibilidade ou incapacidade dos territorios para mudar a súa situación e desenvolverse (e por tanto á perpetuación da dialéctica centro-periferia). Xa dende finais do século pasado moitos dos traballos máis destacados nesta área baséanse na idea de que cada territorio conta con recursos distintivos, económicos, culturais e institucionais, sobre os que apoiar a súa capacidade de desenvolvemento económico e que é necesario artellar estratexias para activar o potencial de cada un deles. Isto non quere dicir, ao noso ver, que o modo de inserirse na lóxica económica internacional non sexa tamén importante, e moito, pero non ten por que ser unha gaiola de ferro, como amosan os casos de moitas rexións europeas que foron quen de saír dunha situación teoricamente periférica (O Mezzogiorno italiano, Irlanda, Finlandia, etc). Tendo o anterior en contra, cal sería entón a nova fasquía dos territorios periféricos? Pois ben, na liña dos estudos do profesor Xavier Vence e un servidor e doutros autores, o mapa económico Europeo estaría dominado por unha serie de rexións altamente desenvolvidas do centro e norte de Europa xunto coas capitais dos diferentes Estados europeos, tanto do Norte como do Sur. A verdadeira fronteira económica viría da man xa non da existencia de actividades industriais senón da capacidade innovadora dos territorios, manifestada entre outros trazos nun tecido económico onde predominan as actividades de alta intensidade en coñecemento e tecnoloxía. Pola contra, a periferia europea –na que atoparíamos a Galicia- estaría integrada por rexións con menor capacidade innovadora e onde dominan, no ámbito industrial, actividades de intensidade tecnolóxica media e baixa así como servizos pouco avanzados e intensivos en man de obra de baixa cualificación (Vence e González, 2009). A periferia europea –na que atoparíamos a Galicia- estaría integrada por rexións con menor capacidade innovadora e onde dominan, no ámbito industrial, actividades de intensidade tecnolóxica media e baixa Neste liña discursiva, podemos observar no seguinte mapa que se inclúe no informe elaborado pola Unión Europea (2013), Regional Innovation Scoreboard 2012, que Galicia aparecería entre as rexións de moderada-baixa innovación (isto é, nunha escala de 1º ao 10º sendo o 1º rexión líder en innovación, Galicia estaría no grupo 7º). Este medida da actuación innovadora constrúese como un indicador composto a súa vez por outros que captura aspectos que van dende a cualificación dos recursos humanos, as actividades de innovación das empresas e das universidades e os resultados das mesmas en termos de introdución de innovación, patentes concedidas, etc. Este mesmo informe dá conta dunha lixeira mellora da posición galega entre 2007 e 2011, xa que no primeiro ano ocupaba un chanzo máis baixo na clasificación antedita, o cal ben podería ser resultado do incremento no esforzo en innovación realizado por empresas e administración pública nos anos previos ao estoupido da crise. Vindeira entrega: \"O noso talón de Aquiles: cada día somos menos e con menor peso especifico\""}
{"ID": "NOS_11022", "summary": "Este 2018 o semanario Sermos Galiza continúa coa sección \"A Galiza ignorada\", de periodicidade mensual, que creamos o pasado ano para divulgar a nosa historia á marxe de visións estereotipadas e interesadas. Nesta primeira entrega, Cilia Torna centrarase en Galiza durante a Idade Media. Eis un extracto dela.", "text": "Galiza e España significaban dúas realidades políticas diferentes ao longo da alta Idade Media. A primeira designaba o espazo político ocupado polo reino cristián no territorio ibérico, empregándose a segunda para denominar a área da Península gobernada polos musulmáns. As fontes contemporáneas, sexan estas de orixe árabe, peninsulares, francas, normandas, anglosaxonas ou vaticanas, non teñen dúbida á hora de certificar esta diferenciación. A cuestión, sinalada xa por Manuel Murguía na súa historia de Galiza, ao destacar como na documentación xermánica se citaban como feitos distintos \"Guasconiam, Hispaniam atque Galaeciam\", foi estudada na mesma tradición historiográfica por Anselmo López Carreira, afirmando \"a diferenciación entre España e Galiza persistiu -sen dúbida xa residualmente- durante moito tempo, cando xa gran parte dos reinos musulmáns foran transferidos aos monarcas cristiáns\". Un percorrido pola documentación da época non deixa dúbida sobre esta distinción. Así, centrándonos nas fontes vaticanas, atopamos en 794 o papa Adrián I, con motivo do Concilio de Frankfurt, dirixindo unhas cartas, recollidas no Libellus sacrosyllabus, \"ad provincias Galliciae et Spaniarum\", sendo esta última a igrexa mozárabe. Un caso semellante acontece no século IX co papa Xoán VIII, que non dúbida, como se recolle na versión galega da Crónica Xeral, en identificar o seu interlocutor, Afonso III, como \"o muy nobre rey dos galegos\". Séculos máis tarde, neste caso en 1088 o papa Urbano II, nun escrito destinado ao rei Afonso IV, ao que se refire como rei de Galiza, en relación coas sedes episcopais vixentes, distingue de xeito meridiano a \"Hispaniis et Gallicis regionibus\", sendo as primeiras as situadas no territorio musulmán. Na mesma liña sitúanse os escritos da chancelaría franca, até o punto de que o medievalista José Antonio Maravall, caracterizado polo seu inveterado españolismo e tan preocupado por demostrar o carácter permanente da unidade de España, vese obrigado a afirmar que na documentación árabe e carolinxia o espazo peninsular cristián era coñecido como Galiza. [Podes ler esta sección íntegra no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_10218", "summary": "Andreu Van den Eynde é unha das máis de sesenta persoas vinculadas co independentismo que foron espiadas co programa 'Pegasus', accesíbel só aos gobernos. O avogado de Oriol Junqueras e de ERC foi avisado por Citizen Lab en 2021 que sospeitaban dunha espionaxe ao seu móbil, que se acabou confirmando. Nesta entrevista non só fala como persoa afectada, senón como avogado, e tamén como experto en ciberseguridade, un dos ámbitos nos que se especializou.", "text": "Cando e como puido saber que tiña 'Pegasus' dentro do móbil? Xa hai meses que Citizen Lab informárame dunha sospeita de infección. En 2021. Por mor dos casos de Roger Torrent e Ernest Maragall, descubertos por WhatsApp, Citizen Lab comezou unha investigación. E solicitou a xente das contornas que enviásemos un arquivo da memoria do noso móbil. Entón detectaron indicios de 'Pegasus'. E agora confirmouse. O avogado de Oriol Junqueras súmase á lista de independentistas cataláns espiados co programa israelí 'Pegasus' É experto en ciberseguridade. Como infecta 'Pegasus'? De dúas maneiras: nunha fai falta a acción humana (envíanche un SMS ou WhatsApp ao móbil: se o cegas, activas a infección). Na outra, non tes que facer ningún tipo de acción. A infección dirixida contra o teu dispositivo pasa totalmente inadvertida, non deixa ningún rastro visible e non necesitas que cliques nada. Robles comparecerá no Congreso pola espionaxe de 'Pegasus' e Puigdemont anuncia medidas legais Uf. Si. O voso móbil agora aínda vos espía? Imposíbel de saber. Citizen Lab conseguiu detectar 'Pegasus'. E tardou moitos anos. Pois agora podemos ser espiados por outro sistema ou unha versión máis avanzada de 'Pegasus'. Quen é Bill? Quizais o home que sabe máis de 'Pegasus'. Seguramente o único que ten o \"saber facer\" para detectalo nos móbiles. Bill é un técnico de Citizen Lab que fai cinco anos que se dedica a iso. Soubo atopar os rastros que 'Pegasus' cría que non deixaban, pero que si deixa nos nosos móbiles e que permiten demostrar que fomos infectados. Tivemos a sorte de apoiarnos no traballo de moitos anos dos técnicos de Citizen Lab. Fixo unha serie de chíos nos que dixo que se cometeron delitos graves, que implican penas de prisión se os cometeu un funcionario. Cometéronse varios tipos de delitos, todos agrupados dentro do paraugas dos delitos de descubrimento e revelación de segredos; ou, de maneira máis profana, delitos informáticos ou intercepción de comunicación. Roubáronnos información e interceptáronnos comunicacións e entraron nos móbiles sen autorización. Hai moitos delitos que se cometeron. E estes delitos que se cometeron espiándonos, cando os comete un funcionario levan aparelladas penas de prisión. Uns cinco anos. Delitos graves. E penas de inhabilitación de dez ou doce anos. Os Estados poden espiar aos cidadáns con permiso dos xuíces. Pasou agora? É imposíbel que un xuíz o autorizara. Cometéronse delitos. Falamos de máis de sesenta persoas, que engloban xornalistas, familiares, avogados, espiados non polo que facemos senón polo contacto cos políticos. Unha operación desta magnitude, e usando 'Pegasus', que non intercepta chamadas, monitoréache todo o móbil. Poden poñer o micrófono ambiental, gravar coa cámara, facer fotografías, levar documentación, saber todas as chamadas, xeolocalización. Nin en terrorismo en moitos casos autorízase tanto. E agora fano nun grupo de xente que non teñen vinculación con feitos delituosos, nin con terrorismo, nin con narcotráfico? O único patrón é a relación co independentismo. Non hai ningún xuíz que poida autorizar isto. E se un xuíz autorizouno, é igual de delincuente que os que nos espiaron. O Estado pode espiar? Se o xuíz do Tribunal Supremo, Pablo Lucas, que autoriza as operacións do CNI, di adiante, si. Pero son operacións reguladas pola súa lei, que normalmente van vinculadas a feitos graves: terrorismo, crime organizado, espionaxe internacional. O problema é que as sesenta e cinco persoas non encaixan aquí. Dá por feito que é o CNI? As características do ataque fan imposíbel outra cousa. De entrada, Pegasus só se dá a gobernos coa venda controlada. Non se aliarán con mercenarios nin coa mafia. Despois, o custo. Oitenta mil dólares por infección. E hai xente, como Boye, que recibiu quince infeccións. Multiplica. E, en terceiro lugar, o factor político. Todos independentistas. Todo iso fai imposíbel non pensar que isto fíxoo unha axencia estatal. Imposíbel. Se enriba temos as declaracións da policía espñaola, que teñen esta tecnoloxía, dicindo que non a usaron, só nos queda o CNI. E descontrolados dentro do Estado, podería ser? Non teñen recursos económicos, nin técnicos, nin loxísticos para facelo. Pensa que nalgúns SMS, para enganar e que o receptor clique a ligazón, saía o seu número da seguridade social. Hai moita información, recursos e diñeiro. Non o fai calquera. Como se pode saber o autor de dar a orde? Podes facelo pola vía técnica. E aquí tampouco se darán pistas, agora, de como se pode demostrar isto tecnicamente. Pero o autor da espionaxe pode demostrarse tecnicamente. Esta é unha vía para chegar ao autor. A outra é a vía política. Que quere dicir? Mañá Pedro Sánchez pode sabelo e dicírnolo. Dirannos que é moi difícil. Non o é. Hai un dossier na sede do CNI que leva unha etiqueta co meu nome, o das máis de sesenta persoas. E onde está toda a información dos nosos móbiles, estudada e analizada. E cos nomes de quen o ordene, quen o analice, e a análise. E é alí. Impreso. Cun dossier con tapas. Vaise alí e cólleo. Agora, falta a orde política de levantar o secreto oficial. E iso require acordo do Consello de Ministras. Pasou máis veces. Gobernos levantando e facendo públicos segredos oficiais. O CESID, agora CNI, xa investigou partidos políticos. A disidencia política. E os enchaparon e condenaron. Un xuíz requiriu que se levantasen os segredos oficiais e o Goberno fíxoo. O método xa se inventou. Activará esta vía legal. Si. E máis espiados en máis países farán o mesmo cos xuíces destoutros países. Supoño. Puigdemont ePonsatí en Bélxica. De feito, xa hai, diría, unha investigación internacional vía Anna Gabriel presentada hai tempo. Podémonos atopar xuíces suízos e belgas investigando. Confía en que un xuíz español obrigue Pedro Sánchez a revelar quen deu a orde? Eu son un desconfiado técnico. É o meu traballo. Non me creo nada. Pero podería pasar. Agora, deberemos traballar. Deberemos facer todo o que se teña que facer para chegar ao momento en que os xuíces non teñan máis remedio que pedir unha investigación aos políticos para autorizala. Non confío máis que en nós mesmos. Quen lles espía? Que diría? Hai dous tipos de responsábeis. Hai quen fixo a espionaxe, seguramente dos servizos de intelixencia, seguindo ordes políticas que non sei de quen son, pero as ordes de espiar teñen que vir en última instancia do Goberno de quenda. Estes son os autores que deberemos localizar. E logo hai unha segunda responsabilidade. A responsabilidade de protexerme, a min, e a todos os cidadáns. De garantir que obtiven a satisfacción de saber que me espiaron, que se endureceron, onde está, que alcance ten. Todo isto é obrigación do Goberno español de agora. Dío o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos: obrigación positiva de velar para que os seus cidadáns teñan os dereitos civís e políticos protexidos. É o que lle pasou a Marlaska cando lle dixeron que a súa obrigación era investigar as torturas. Non investigar que pasou xera responsabilidade directa e absoluta cara ao Goberno español. Pasamos da mesa de diálogo á mesa de espías. Non mesturaría cousas. Rusia e Ucraína mátanse, e falan arredor dunha mesa. As dinámicas da guerra, da paz, das negociacións, son moitas. Hai mil factores que fan que a vida non sexa tan simple. Eu non me fixo nas negociacións políticas, que farán o seu camiño e non me toca a min dicir cal é. Experto en ciberseguridade, que lles chamou a atención deste caso? A confirmación da indefensión dos cidadáns ante os Estados. Son as teorías de Julian Assange e Edward Snowden: a tecnoloxía ao servizo do Estado é tan potente que é moi complicado que os Estados non abusen dela. É moi fácil espiar e politicamente non sofren moito. Isto demostra que todos os Estados fan abusos de poder. A batalla legal tardará anos, como ocorre con Torrent e Maragall? No caso de Torrent e Maragall hai dous anos que esperamos que Israel nos envíe unha documentación que achegaría probas técnicas da autoría. Pero neste caso é diferente, porque Citizen Lab avanzou moito neste campo. Iso, agora, é cuestión de vontade política. En quince días pódese resolver. Ou nunca, se non lles dá a gana. Pedro Sánchez pode saber e explicar aos autores mañá, ou nunca. Esta é a súa tese? Si, pero se por algunha razón corresen o risco de non revelar información requirida farían un movemento moi arriscado. Se nós conseguimos demostrar a autoría tecnicamente, creo que sería bastante patético. Quizais o caso parará os pés dos Estados nos seus abusos. Si. De feito, no Parlamento Europeo acábase de crear unha comisión de investigación sobre 'Pegasus' e están moi preocupados. Espiaron europarlamentarios cataláns. A miña receita para poñer fin a isto inclúe a crítica para pensar que os avogados arranxaremos o mundo. Isto resólvese politicamente, controlando o Estado. E con medidas de autodefensa tecnolóxica. Proselitismo da capacitación tecnolóxica para os nenos. Iso fago cando visito escolas. Temos que formarnos, coñecer e protexernos da tecnoloxía."}
{"ID": "NOS_26481", "summary": "Ambas centrais advirten que esa centralización empeora as condicións de traballo e vulnera na práctica a liberdade sindical. Por iso, pedirán aos parlamentos galego e vasco compromisos na defensa da negociación colectiva nos ámbitos dos dous territorios.", "text": "A estatalización ou centralización da negociación colectiva empobrece as condicións de traballo e vulnera a liberdade sindical. Baixo esta premisa, os sindicatos CIG (Galiza) e ELA (Euskal Herria) fan fronte común para denunciar un proceso, sinalan, impulsado pola patronal española (CEOE) e os sindicatos CCOO e UXT aproveitando as portas abertas polas reformas laborais de 2011 e 2012. Coa estatalización, indican CIG e ELA, cúmpre cos desexos expresados polo propio Banco de España, que afirmou que só debían quedar dous ámbitos de negociación, o estatal (\"afastado da participación real dos e das traballadoras\") e o de empresa, \"este último para flexibilizar ao máximo as condicións de traballo\". Con esta estatalización empeoran as condicións dos traballadores e, ademais, procura minguar a capacidade dos sindicatos representativos dos diferentes pobos do Estado e \"favorecer o seu monopolio [CCOO e UXT] representativo en todo o Estado\". \"Na práctica, a estatalización vulnera a liberdade sindical, xa que veta o exercicio dun dos principais contidos que definen ese dereito fundamental: a negociación colectiva\". Unidade de mercado Nun comunicado conxunto, CIG e ELA adin que \"deixarnos sen negociación colectiva aos traballadores e traballadoras vascas e galegas forma parte dunha estratexia compartida por CCOO, UGT, co poder económico e os gobernos, para avanzar no que denominan \"unidade de mercado español\", para impedir que exerzamos influencia e, en definitiva, para que sexamos máis pobres\". Ambas centrais partillarán estratexias para facer fronte á \"estatalización\". Así, indican, formularán aos parlamentos galego e vasco que adopten resolucións \"en defensa do dereito á negociación colectiva e a favor de que a lexislación laboral e social forme parte do contido do autogoberno vasco e galego. Non existe democracia nin un autogoberno dignos de tal nome sen que dispoñamos dos instrumentos que determinan como se reparte a riqueza nas nosas respectivas nacións\". A isto engaden que os servizos xurídicos da CIG e ELA van colaborar para preparar a defensa xurídica do dereito fundamental á liberdade sindical e a negociación colectiva. Estas decisións foron adoptadas esta semana nunha xuntanza en Compostela entre unha representación das executivas de CIG e ELA, encabezadas polos secretarios xerais Suso Seixo e Adolfo Muñoz \"Txiki\". No encontro analizouse a situación sindical, social e política en Galiza, Euskal Herria e o Estado español"}
{"ID": "NOS_3917", "summary": "Unha delegación da MNL expuxo a representantes do parlamentar popular a necesidade de que se cumpran os acordos mínimos en relación ao idioma propio de Galiza.", "text": "A Mesa instou a PP a mudar a actitude da Xunta con relación ao galego. Unha delegación da MNL reuniuse con César Manuel Fernández Gil e Antonio Mouriño, do grupo parlamentar popular, para expoñerlles a necesidade de que se cumpran os acordos mínimos en relación ao galego, contemplados no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, sobre o que, segundo indicou a entidade en defensa do galego, non só non houbo avances senón que houbo importantes retrocesos. Os representantes da Mesa, Marcos Maceira e Mónica Pazos, lembraron ademais que até o de agora non houbo ningunha avaliación do Parlamento en relación ao cumprimento do PXNLG. Entre os retrocesos respecto ao PXNLG a Mesa destacou o mal chamado decreto de plurilingüísmo cos limites ao uso do galego nas materias da área científico-técnica, acrecentada coa apliación da LOMCE que reduce aínda máis a carga lectiva en galego."}
{"ID": "NOS_23369", "summary": "A agresión a un mozo en Pontevedra por levar unha camisola coa bandeira nacionalista galega sitúa en primeiro plano a existencia no noso país dunha violencia da extrema dereita, de diferentes intensidade e obxectivos, que sen ser cotiá mantense no tempo.", "text": "Non son contínuos mais habelos, hainos. Os ataques da extrema dereita en Galiza nestes anos abranguen diferentes niveis e obxectivos: desde a pintada antifeminista sobre un mural que defende o dereito ao aborto até a agresión física a un rapaz por levar na camisola unha bandeira nacionalista galega, as ameazas a un concelleiro comunista ou a tentativa de queimar un local social independentista. Ataques que permiten percorrer as particulares fobias da extrema dereita española: nacionalismo, esquerda, feminismo ou memoria histórica. As pintadas e ataques a murais con mensaxes soberanistas, feministas ou antifascistas son relativamente frecuentes: por citar só algunhas localidades onde se deron estas accións, Bueu, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Vilaboa ou Vigo. Nelas tipo de murais amencían luxados con esvásticas, bandeiras españolas, simboloxía fascista varia, ameazas e insultos. Mais as pintadas non se circunscriben aos murais. En febreiro de 2015 pintáronse esvásticas e puntos de mira na sede do BNG en Caldas de Reis e en xuño deste ano unha cruz gamada foi pintada na casa do portavoz nacionalista en Soutomaior. Non só o nacionalismo é albo destas accións: en marzo de 2017 Esquerda Unida (EU) denunciaba en Comisaría as pedradas ás xanelas da súa sede en Ferrol das que penduraba simboloxía feminista. En 2015 o daquela deputado de AGE e concelleiro de Esquerda Unida en Vilagarcía. Juan Fajardo, sufriu varios ataques que non dubidou de cualificar como \"fascistas\": entre eles, pintadas feitas con sprai de \"Mierda comunista\" no seu vehículo, na porta da súa casa e na dunha familiar. Entre outras agresións, nestes anos foron atacadas sedes do BNG ou Esquerda Unida, boicoteadas con pintura exposicións sobre o movemento obreiro e ducias de murais, arrincadas placas en memoria de asasinadas polo franquismo e mesmo intentaron incendiar un local social en Vigo O 21 de maio a exposición A forza necesaria, centrada na historia do movemento obreiro e sindical da Coruña, apareceu boicoteada con pintadas fascistas. A mostra a ceo aberto promovida polo Concello reúne unha selección de 150 imaxes en paneis de gran formato, obra do deseñador Pepe Barro, que apareceron cubertas con mensaxes como \"No al comunismo\" o \"A Paracuellos\". Contra as vítimas do franquismo A memoria das vítimas da represión franquista é un dos albos preferidos da extrema dereita en Galiza. Aí está o ataque ao monumento á memoria das persoas represaliadas do Morrazo na Cruz de Maceira, que apareceu en agosto de 2014 pintado coa bandeira española e a aguia imperial e a lenda \"los perdedores fuera de España\". As pintadas foron realizadas o día despois da celebración dun acto de exaltación falanxista na Igrexa vella de Marín. Non foi este o único caso, en outubro de 2017 foi atacado en Volta da Moura, Tui, o monumento que homenaxea as veciñas e veciños asasinados polo franquismo. Esnaquizaron a placa que lembraba as vítimas e botaron pintura verde sobre os nomes das persoas asasinadas. En febreiro de 2011 a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica denunciaba a aparición de \"pintadas fascistas\" na placa do cemiterio de Lavadores de homenaxe a represaliados polo franquismo. \"Non é a primeira vez que acontece\", denunciaban desde este colectivo. En xullo de 2007, e por terceira vez en menos dun ano, foi atacado en Cerdedo o monumento dedicado a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, traballadores e militantes da CNT asasinados o 13 de agosto de 1936. Desta volta arrincaron a placa en lembranzados asesinados. Locais sociais Os locais sociais tamén teñen sido obxecto de ataques. En 2013 persoas descoñecidas atacaran en Pontevedra o local social A Revira, enchéndoo de pintadas como \"Fuera separatistas\" ou \"Galicia es España\". En xuño de 2017, en Ferrol e tan só horas despois de que BNG e Fundaçom Artábria propuxesen que se recuperase o nome lexítimo e tradicional, Porta Nova, fronte á denominación posta no franquismo, Praza de España; era atacado con pintura un mural situado perto de Artábria e dedicado ás Irmandades da Fala. Un dos ataques máis graves tivo en xuño de 2012 en Vigo, cando un grupo de descoñecidos rachou a cristaleira do local social A Revolta (daquela na zona vella) e deitaron no interior líquido inflamábel, ao que prenderon lume. O incendio foi sufocado por veciños e veciñas evitando males maiores mais as lapas afectaron a boa parte do material que había no local. En xaneiro de 2008 a porta do Ateneo Ferrolán, Ferrol, foi danada por un incendio provocado. Dede o propio Ateneo sospeitaron que o lume respondía a unha intencionalidade política ou ideolóxica, concretamente, da extrema dereita. Máis recentemente, en xullo de 2016, o Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña alborecía coa súa fachada pintada con esvásticas e unha das frases de orde da extrema dereita española: \"José Antonio, ¡presente!\" Agresións O mozo agredido en Pontevedra por levar unha camisola coa bandeira galega coa estrela vermella non é a única agresión física protagonizada pola ultra dereita española no noso país: en maio de 2016 un mozo denunciou que foi agredido na Coruña ao berro de \"Arriba España\". Precisou asistencia sanitaria e cirúrxica. A finais de 2017 un veciño de Santiago de Compostela encontrou escrito nun lateral do seu coche \"Viva España\" e o parabrisas traseiro roto en anacos, do que conservaron un fragmento que levaba un autocolante coa bandeira da Galiza."}
{"ID": "QUEPASA_1028", "summary": "Os Bombeiros de Carballoconseguen retirar unha fiestra en Ponteceso que supuña un risco para os viandantes", "text": "Acodiron os Bombeiros durante a mañá de onte, xoves 13 de febreiro, ata a Rúa Aduana, en Ponteceso. Unha familia avisaba de que unha fiestra e dun segundo andar tiña un serio risco de caída á vía pública. Unha vez no punto os Bombeiros de Carballo comprobaron que na galería con fiestras de madeira, unha delas estaba desencaixada das guías. Os Bombeiros despregaron a grúa e retiraron as dúas fiestras de madeira que estaban inestables para así evitar a súa caída á rúa. Retirar fiestra con risco de caída á vía pública.Novo accidente en Cee Pasadas as 19:00 de onte, xoves, tivo lugar un novo accidente en Cee, na estrada AC552, á altura de Vilar de Toba, fronte o supermercado Eroski. Colisionaban dous vehículos, resultado ferida a acompañante dun dos implicados. Os sanitarios, coa colaboración da Policía Local e os Bombeiros, tiveron que trasladar, inmobilizada, á ferida ata o HVdX."}
{"ID": "NOS_41064", "summary": "Di que este tipo de iniciativas son \"impropias\" de Barcelona en Comú mais preséntase como \"aliado real\" do proceso soberanista.", "text": "A alcaldábel de B'Comú, Ada Colau, rexeitou esta cuarta feira (3 de xuño) asinar a folla de rota cara á independencia apoiada por CiU e ERC. Colau fíxoo após ser emprazada pol@s republican@s como condición para avanzar nun acordo de goberno. Nunha entrevista para BTV recollida por VilaWeb, Colau asegura que \"non asinaremos follas de rota que nos son impropias\" para logo acrecentar que \"con CiU non partillamos unha folla de rota\". A cabeza de lista de BComú sinalou que a súa formación non é \"un problema, senón un aliado real\" no camiño cara ao dereito a decidir que defendeu como un \"principio irrenunciábel\" para Catalunya e Barcelona. Porén, Colau non se comprometerá explicitamente coa independencia."}
{"ID": "NOS_47020", "summary": "Suso de Toro é un dos vogais do novo padroado da Fundación Galiza Sempre. Pouca xente coñecía o proceso que levou ao escritor a tomar parte organicamente na Fundación do BNG, un paso que explica como froito dunha profunda reflexión que o conduciu a apoiar a \"organización política galega que non é sucursalista\".", "text": "-A moita xente sorprendeulle velo como vogal do padroado da Fundación Galiza Sempre. O meu posicionamento responde a unha análise do proceso político en España e na Galiza. No ámbito galego déronse acontecementos como a perda do goberno bipartito e o regreso do PP á Xunta, o que produce un balance demoledor para o país. A época de Feijóo é un desastre en todos os planos, social, económico, político e cultural e supón ademais o baleirado da Autonomía, é dicir, a redución do autogoberno galego á xestión dun presuposto. Feijóo ensaia o mesmo que executaron os gobernos de Madrid e Valencia. Vemos como pretende perpetuar a situación de dominio do PP, facerse dono de Galiza a través da imputación do Parlamento, reducíndoo ao mínimo de maneira que poidan privatizar o país enteiro, facelo propiedade súa. Por outra banda, o proceso político español fica claro cando o Tribunal Constitucional lle pecha o paso ao recoñecemento nacional dos cataláns. Négallo cun Estatut aprobado polas Cortes. A época de Zapatero foi tempo de oportunidades democráticas até que chegou a crise. Considero que había que apoiala e fixeron ben os grupos parlamentares, incluído o BNG en, directa ou indirectamente, apoiar os orzamentos e a investidura. O balance do goberno do PP é a recentralización, a privatización do Tribunal Constitucional, que tamén é deles, e o auxe do nacionalismo español. Nesta situación na que vive un trance histórico que pode conducir á desaparición política, neste momento de emerxencia, compre revalidar a existencia política de Galiza e iso deféndese só con organizacións propias. Isto explica o meu apoio ao BNG. \"Nesta situación na que vive un trance histórico que pode conducir á desaparición política, neste momento de emerxencia, compre revalidar a existencia política de Galiza\" -Pasa a formar parte parte do padroado da Fundación do BNG. É dicir, xa non é que opine ou apoie, é que se incorpora, por que decide dar ese paso? Neste momento hai unha xeración que non estaba politizada mais debido á situación de crise está buscando formas de expresar as súas reivindicacións e mostran desconfianza nos partidos políticos. Algúns porque formaron parte do poder, como o PP e o PSOE e outros por estar relacionados con xeracións anteriores. Igual que os xornais en papel hoxe en día teñen unha media de idade alta nos seus lectores, tamén acontece na identificación cidadá cos partidos. Non me cabe dúbida de que teño que apoiar neste momento unha organización política galega, a que non é sucursalista. -O BNG pasou unha etapa na que a noticia eran as persoas que marchaban. Como viviu ese proceso e en que medida influíu no seu paso adiante? O momento que vivimos caracterízase por unha ofensiva tremenda dunha dereita que aplica o seu programa social de privatización e español. Calquera proposta social, cultural ou económica nacida no noso país está máis desvalida que nunca. Cando ocorreu ese proceso, a excisión, eu non formaba parte do BNG e non coñezo os detalles de quen marchou e quen entrou. Dentro do BNG deuse unha imposibilidade de convivir coas súas contradicións e iso incrementouse con actitudes dun personalismo destrutor. Os lideratos persoais teñen que servir ao colectivo. Eu acredito nas organizacións. No momento actual non podemos pedir que cada quen teña a súa organización que o represente na totalidade. Eu quero que sexa útil, soberana, que represente os nosos dereitos porque, sen iso, Galiza desaparecerá. Os matices, a subxectividade propia, a análise persoal só a representa cada quen. Compre apoiar organizacións existentes e a que nos representa nas Cortes españolas e no Parlamento Galego é o BNG. Teño tamén claro que o BNG actual ten que facer un esforzo para dirixirse con humildade e responsabilidade a todos os nacionalistas progresistas co fin de relanzar o diálogo. Para as eleccións europeas non estamos a tempo mais debera reconstruírse a unidade do nacionalismo para concorrer ás lexislativas e ás autonómicas. Se non hai personalismos, o reencontro tense que volver a dar. En todo caso, non teño dúbida algunha de que o meu papel é apoiar ao BNG. Tomo esta decisión coa mesma convicción moral coa que noutros momentos tomei outras. \"Non me cabe dúbida de que teño que apoiar neste momento unha organización política galega, a que non é sucursalista\". -Cando o BNG estaba no goberno vostede non fixo especial achegamento... Naquel momento non me resultaba atractivo e non quero dicir con iso que non teña que asumir responsabilidade de goberno. O BNG sufriu un fortísimo ataque e grande hostilidade no seu tempo na Xunta. As áreas do PSOE e o BNG desenvolveron políticas que hai que reivindicar mais os medios de comunicación se esforzaron en desfacer a imaxe de todo aquilo. Mobiliceime para derrotar a Fraga, por un relevo político na Xunta que tiña que vir pola alianza do PSOE co BNG. Esa era entón a idea mais neste momento a situación é que existe unha dereita españolistas que pretende a desaparición política de Galiza. Estannos facendo volver a 1833 cando un goberno desfixo o Reino de Galiza e dividiuno en catro provincias españolas. -Acáelle entón o discurso soberanista que se está a impulsar desde o nacionalismo? Galiza no século XX tiña recursos financeiros, capacidade para crear industria e case cerca de seis millóns de habitantes. Entramos no XXI con menos de tres millóns, perdemos recursos financeiros e estamos en situación de iniciar unha nova vaga migratoria de xeracións mozas. A conclusión é que a historia recente foi un desastre. O proceso conduciuse de ser un pobo vivo demograficamente a chegar a este fracaso económico e social. A dereita española anulou as posibilidades de autonomía. A única solución pasa por utilizar a nosa soberanía e os noso recursos. Para Galiza a dependencia foi a súa ruína. Aquí había recursos, non era necesario que emigrase tanta xente. Nós non eramos unha estepa sen posibilidades e iso compre lembrarllo á sociedade galega. A destrución foi sermos catro provincias sometidas a Madrid. Ten que haber unha reformulación do sistema institucional do Estado e Galiza ten que ter voz por si mesma, e só terá voz con organizacións propias. Se os partidos estatais defenden na Galiza os intereses galegos é precisamente porque existe o discurso do nacionalismo galego que reclama o dereito de autodeterminación e soberanía. Agora teño que estar con Galiza, pechar filas. Teño claro que se Galiza fose gobernada polo BNG todos estes anos a situación sería outra aínda que tamén é certo que o BNG tardou en ter madurez para mostrarse á sociedade como opción de goberno. \"Para as eleccións europeas non estamos a tempo mais debera reconstruírse a unidade do nacionalismo para concorrer ás lexislativas e ás autonómicas. Se non hai personalismos, o reencontro tense que volver a dar\". -Varios xornais de Catalunya recollen a súa opinión crítica coa posición do españolismo a respecto do seu proceso soberanista. Sempre admirei a dignidade cidadá que se dá en Catalunya. Desde moi novo tiven claro que o que precisaba o meu país era esa conciencia de cidadanía. Avanzan construíndo. España non é democrática mais a sociedade catalá si. É unha sociedade que debate, con moita diversidade, que é quen de pactar, de negociar e ter un entendemento colectivo, profundo, de seren unha nación. A prensa de Madrid foi a peor. Teño publicado en cabeceiras madrileñas artigos que defendían o recoñecemento das nacionalidades mais hoxe xa non é posíbel. O españolismo é descarnado e vai acompañado dunha desinformación absoluta. O que pide esa prensa é a ocupación militar de Catalunya e oculta aos seus lectores a existencia das nacións. España é Madrid, a corte, a oligarquía madrileña. Logo están os vascos e cataláns e aquí temos a Feijóo, un chico de provincias que responde a esa oligarquía madrileña. -Como cre que está a ser recibida esta posición súa no propio BNG? Síntome a gusto, nun ambiente distendido. O meu labor é dicir o que penso. Considero que somos útiles si así o facemos. En cada etapa da miña vida procurei ser leal. -A súa volta ao ensino e o abandono da aposta por ser escritor profesional dálle máis liberdade para se comprometer tamén politicamente? A miña sorte profesional tamén estivo mediatizada pola miña incapacidade para ficar calado. O que me dá máis liberdade é a idade por unha banda e, pola outra, que o outro é un camiño que xa morreu, o do autor que se dedicaba a escribir. Agora son profesor, funcionario, e iso dáche certa comodidade, permite posicións máis radicais. Xa non teño nada que perder. O prezo que tiña que pagar xa o paguei. Son consciente de que en España non teño nada que facer, xa o teño comprobado. Cando presentei o libro \"Outra idea de España\" hai uns sete anos en Madrid acudiu un único xornal que tardou quince días en sacar unha breve nota. O clima ideolóxico era xa dunha cerrazón absoluta. Sabía que era incómodo. Se mañá morrera, non me avergoñaría da vida que deixo atrás. Detrás de cada decisión que tomo hai un proceso de reflexión. Acredito naquilo que canta Paco Ibáñez: \"tomar partido até mancharse\"."}
{"ID": "NOS_23585", "summary": "O BNG abriu o ano, como vén sendo habitual, cunha homenaxe a Castelao na súa vila natal no cabodano do seu falecemento.", "text": "Rianxo acolleu na mañá do sábado o acto político co que o BNG homenaxea cada 7 de xaneiro Castelao, un dos homes imprescindíbeis da Galiza. \"Sentímonos herdeiras e herdeiros dun pensamento e dunha tradición política máis necesaria que nunca, porque estamos vivindo tempos convulsos e confusos e, se algunha nación sen Estado precisa dun forte movemento nacionalista, esa é Galiza\", subliñou Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque, durante a súa intervención no acto político. A asemblea nacional, no horizonte A dous meses da asemblea nacional da formación política, que a dirixente nacionalista cualificou como \"clave\" para fechar o \"longo proceso de posta a punto do proxecto nacionalista\", Ana Pontón chamou a \"fortalecer o músculo e a capacidade de actuación do BNG como alternativa de futuro\". Dixo que o obxectivo pasa por \"darlle esperanza á maioría social do país\" e por \"contribuír a desmontar un sistema inxusto e desigual\". Neste sentido, apelou ao resgate das galegas e galegos, \"fronte aos que nos queren conducir á irrelevancia, impoñendo un modelo que nos conduce a ser cada vez menos e cada vez máis vellos\". A portavoz nacional do BNG puxo como exemplo do \"modelo real de cambio\" as medidas que desenvolve o Bloque nos concellos en que goberna. Pediu, a continuación, o apoio de quen están \"fartos e fartas de sentirse indignadas e estafadas\". \"É o momento do compromiso e do activismo, o momento de tomar as rendas confiando nas nosas propias forzas, no que somos e no que podemos ser\", engadiu. Retos de 2017 Como cuestións prioritarias para 2017, Ana Pontón citou a defensa do estatus político de Galiza como nación, \"nun momento en que está a debate o actual modelo territorial e institucional, esgotado\". E engadiu a necesidade de \"contrarrestar un Feijóo campión da recentralización, que devolve competencias e rebaixa o noso status de nacionalidade histórica\". O estatus político de Galiza como nación, un concerto económico e a loita contra a violencia machista, entre as prioridades do BNG para 2017 Un novo modelo de financiamento, baseado no concerto económico e que permita blindar os servizos públicos e sociais, foi outro dos retos imprescindíbeis que se marcou a dirixente nacionalista, que puxo enriba da mesa a necesidade de acadar un pacto galego contra a violencia machista. A este respeito, Ana Pontón sinalou que loitar contra a violencia de xénero \"é un asunto clave na axenda do BNG\". Propuxo, entre outras cuestións, aumentar de 5 a 95 millóns a cantidade de fondos previstos nos orzamentos de 2017 para ese fin. O resgate da AP9, para \"acabar coa estafa das peaxes\", tamén se atopa entre as prioridades da formación nacionalista, que rexeita \"novos atrasos na chegada dun AVE que outros territorios teñen desde hai décadas\". Roteiro por Rianxo O BNG completou a xornada de lembranza a Castelao cun roteiro por Rianxo guiado polo alcalde da vila, o nacionalista Adolfo Muíños."}
{"ID": "NOS_11554", "summary": "O arqueólogo e museólogo Felipe-Senén achega, un mes máis, unha colaboración de Eira das mouras, sección do semanario Sermos Galiza ao redor do patrimonio cultural galego, orixe, orixinalidade e o seu estado de cuestión. Esta semana aborda os altares, rituais e sacrificios, os lugares singulares da Gallaecia.", "text": "Nunca gustou a soidade e os terrestres procuran a amizade dos celestes, dos deuses e dos santos, así créanse motivos de peregrinación, lugares co seu \"genius loci\" propicios para o encontro, para a asemblea, santuarios arredor dun esperado milagre. E neles a celebración, as liturxias, insólitos ritos que expresan a necesidade de manter o equilibrio da comunidade. Cada \"gens\", composta por grupos familiares coas súas deidades e adoracións, algunhas locais, outras da tribo ou do \"populi\", tamén as importadas. Prácticas que perduran dalgún xeito, sabémolo ben na Galiza dos santuarios, baixo deles unha máis longa historia e prehistoria. Encontros que reunían a plebe coas xerarquías, onde mesmo se tomaban decisións transcendentes, matrimonio, lexislativas, liderado... onde sabemos polos galos que os druídas tiñan un patriarcal papel. Custará separar a relixión da política. Tendemos a asociar os restos, as reliquias do pasado coa morte, cos sacrificios, cos tesouros... cousa dos \"mouros\", verba que máis que cos mouros, morenos, musulmáns... está en relación co verbo \"moneo\" que é memorar, os que nos fan enxergar. Rico repertorio popular de contos de mouros arredor de altares, de singulares lugares onde buscar esperanzas e ofrecer posibilidades que mesmo chegan ao sacrificio do que se quere. Sacrificios con motivo dunha inauguración, para purificar, suplicar bendición, protección, abundancia, vitoria, sorte sobre eses \"outros\" que son os inimigos... Desde a sinxela e común ofrenda de viño e pan ás máis complexas, quizais de preparación bélica, sacrificios que requirían vítimas animais. Abundan as testemuñas que, en relación coas guerras, levan ao sacrificio, non só de bestas, especialmente do cabalo, senón tamén con vítimas humanas. O asunto está documentado por inscricións rupestres, como as da área bracarense das Panoias (Vila Real), Lamas de Moledo, Cabeço de Fráguas en Guarda, Marecos en Penafiel... tamén polos textos dos cronistas grecolatinos ou polos obxectos rituais atopados. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 275, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_4368", "summary": "Sindicatos e forzas políticas esixen a aprobación do Estatuto Electrointensivo e a maior parte apostan por unha maior intervención do Estado, ata chegar á \"nacionalización\" proposta por BNG ou CIG. As forzas da oposición sinalan a \"inacción\" da Xunta e reclámanlle ao Goberno galego que exerza as súas competencias", "text": "Este venres foi un día de reaccións ao anuncio, coñecido este xoves, de que Alcoa aposta por pechar a planta de aluminio en San Cibrao e despedir 534 traballadores. Todas as forzas políticas e administracións rexeitan a medida e reclaman a continuidade da factoría e dos postos de traballo e ademais das propostas postas enriba da mesa, que pasan na maior parte dos casos por unha maior intervención do Estado, houbo numerosas críticas cruzadas entre as distintas institucións e partidos, ao fío da responsabilidade de cada quen na actual situación.Mentres, os traballadores da planta mariñá mobilizáronse dende primeira hora desta mañá, colocando unha barreira de neumáticos -aos que despois plantaron lume- na entrada á factoría. O comité de Alcoa San Cibrao reuniuse este venres para debater e aprobar un plan de mobilizacións.A CIG defende a necesidade de intervir as plantas de aluminio para que estas retornen ao sector público, \"onde naceron\"Por parte dos sindicatos houbo grandes críticas á empresa e, igualmente, demandas para as administracións públicas, ás que lles esixen accións decididas para salvar os postos de traballo. A CIG reclámalle ao Goberno central a creación dunha tarifa industrial en base ás alegacións sindicais presentadas ao proxecto de estatuto do consumidor electrointensivo, co obxectivo de acadar \"unha tarifa máis xusta, estábel e competitiva\". Así mesmo, o sindicato defende a necesidade de intervir as plantas de aluminio para que estas retornen ao sector público, \"onde naceron\". Unha intervención que \"non só é legal, senón que ten precedentes noutras fábricas similares de Europa\", lembrou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.CIG e CCOO esixen a aprobación do Estatuto ElectrointensivoDe igual xeito, CCOO salientou que o peche de Alcoa San Cibrao \"non é xustificable e moito menos en metade dun estado de alarma\", cando ademais \"estase por rematar a aprobación do Estatuto Electrointensivo e mesmo a estratexia para unha transición xusta para o sector industrial\". O sindicato reclama neste senso \"que o Ministerio de Industria aprobe o Estatuto Electrointensivo, atendendo as alegacións de CCOO para a viabilidade do sector, e que permita unha autentica transición xusta para a industria, xa que o que estase dando e o peche da indutria en Galicia\". CC.OO. criticou tamén ao Goberno galego, sinalando que \"é lamentable a innacción da Xunta, que só parece interesada destes conflictos para facer oposición contra o goberno estatal\". \"A Xunta ten competencias e ten que ter interese en parar a decisión de peche de Alcoa San Cibrao\". \"Nas mans da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Nuñez Feijóo, está poder evitar a quebra económica da comarca da Mariña Lucense\", engadiu Victor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria de CCOO de Galicia.Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preguntoulle ao Goberno central \"se quere\" que \"continúen operando industrias como Alcoa\", instándoo a aprobar un estatuto electrointensivo que faga \"viable\" e \"competitivo\" producir aluminio primario. De igual xeito, o PP pediu a comparecencia das Ministras de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e de Industria, Reyes Maroto, para que informen sobre a situación en Alcoa. Os populares afirman que \"a inoperancia e a falta de entendemento entre os dous ministerios provocaron esta situación que pon en risco a continuidade da única fábrica de aluminio primario en España\".Gonzalo Caballero demandoulle \"responsabilidade\" á multinacional, que recibiu 38 millóns de euros de cartos públicos nos últimos dous anosO secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou ao goberno central que \"estude todas as posibilidades\" para garantir o emprego da planta. E, sobre todo, demandoulle \"responsabilidade\" á multinacional, que recibiu 38 millóns de euros de cartos públicos nos últimos dous anos, en torno a 35.000 euros por cada traballador, converténdose nunha das industrias máis apoiadas do Estado. Ademais, reclamoulle á Xunta que \"demostre capacidade de involucrarse e traballar cooperativamente co goberno de España\" para ofrecer unha \"posición unitaria e contundente\" fronte ao peche. E denunciou que a Xunta \"non aportou nada para darlle solución aos problemas do sector industrial en Galicia\", a pesar de que dispón de \"plenas competencias en economía, industria e comercio\".Gómez Reino: \"Non sabemos que fixo o PP de Feijóo nestes dez anos por garantir o futuro da industria electrointensiva e porque non empregou as súas competencias en procurar solucións\"Por parte de Galicia en Común-Anova Mareas, o seu voceiro Antón Gómez Reino fixo un chamamento a todas as Administracións para que traballen conxuntamente na procura dunha solución. Gómez Reino avoga por unha \"intervención pública decidida para garantir o emprego e a viabilidade das industrias electrointensivas cun plan de rescate\". E cargou especialmente contra Núñez Feijóo: \"Non sabemos que fixo o PP de Feijóo nestes dez anos por garantir o futuro da industria electrointensiva e porque non empregou as súas competencias en procurar solucións. O que vemos é que non fixo absolutamente nada, nin agora nin antes\", dixo, engadindo que Feijóo é \"unha sorte de político rémora, especialista en desviar o tiro e apropiarse do esforzo lexislativo dos outros ao servizo das súas siglas e estratexia\".Ana Pontón reclamou a \"nacionalización\" da factoría \"para salvar a produción e o emprego\"Finalmente, polo BNG Ana Pontón reclamou a \"nacionalización\" da factoría \"para salvar a produción e o emprego\". \"Cando está en xogo o futuro dunha comarca e centos de postos de traballo no país, non valen nin vacilacións, nin medias tintas, nin botar balóns fora, nin liortas partidistas, o que se necesita é unha solución inmediata que pasa pola intervención pública\", dixo a voceira nacionalista. \"Se Angela Merkel pode intervir Lutfhansa en Alemaña porque non ALCOA en Galiza?\", argumentou Pontón, que engadiu que \"se o 12X os galegos e as galegas nos dan a responsabildidade de Goberno o primeiro reto no que traballaremos é a nacionalización desta factoría\". O presidente da Deputación propúxolle ao Goberno central que \"estude a posibilidade de entrar no accionariado, como o están facendo outros países europeos como Francia ou Alemaña\"De igual xeito, representantes da Deputación de Lugo reclamaron solucións para o problema xerado na planta mariñá. O Presidente, José Tomé, reclamoulle á Xunta que poña enriba da mesa \"os intereses de Galicia\" e que tome \"exemplo do Goberno vasco no relativo ao apoio das empresas estratéxicas do noso país\". E propúxolle ao Goberno central que \"estude a posibilidade de entrar no accionariado deste tipo de empresas, como o están facendo outros países europeos como Francia ou Alemaña\". Mentres, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, demandou \"unha resposta valente\" dos gobernos galego e central, apostando pola \"intervención pública\" para manter a produción de aluminio e os empregos en San Cibrao."}
{"ID": "NOS_6659", "summary": "Este estado do medio-oeste norteamericano aprobou a oficialidade para o idioma O'Ceti Sakowian, unha medida que entrará en vigor o 1 vindeiro de xullo.", "text": "O'ceti Sakowin (síux) é oficial en Dacota do Sur, un estado do Medio-Oeste norteamericano que recibe o su nome das tribos ameriindias lakota e Dakota (Síux). O siux ou O'ceti Sakowin é unha lingua formada Lakota, Dakota e Nakota e vai ser a partir do 1 de xullo unha lingua indíxena oficial de Dacota do Sur. O número de falantes anda por volta das 30.000 persoas. A gobernadora Kristi Noem asinou o proxecto de lei que recoñece O'ceti Sakowin como lingua oficial deste estado, que se une así a Hawai e Alaska como estados de Estados Unidos con linguas indíxenas ou nativas como oficiais. Representantes de comunidades nativas orixinarias manifestaron, algúns na súa lingua , que o recoñecemento de Dacota reforzaría a súa cultura e patrimonio. Nakima Mills, da tribo Oglala Sioux, dixo na Comisión de Asuntos Estatais do Senado que os seus bisavós foran castigados por falabren na súa lingua. Como resultado, explicou, os seus avós e pais non aprenderon a lingua e ela propia apenas tiña coñecemento da mesma. Mais o seu fillo pode agora aprender a lingua no ensino. \"Pasaron máis de 100 anos, catro xeracións, para que o meu fillo puidese ter a lingua Lakota como parte da súa vida\", dixo Mills. De por parte, o senador Troy Heinert, un dos impulsores do proxecto de lei, dixo durante a sesión que este foi un dos proxectos de lei máis importantes que introduciu como lexislador."}
{"ID": "NOS_17981", "summary": "O vindeiro día 10 de abril, sexta feira, dará comezo a primeira edición da Copa Galega de Gaélico Virtual, unha competición que pretende que o gaélico galego \"non fique parado a pesar do coronavirus\".", "text": "O vindeiro día 10 de abril, sexta feira, dará comezo a primeira edición da Copa Galega de Gaélico Virtual, unha competición que pretende que o gaélico galego \"non fique parado a pesar do coronavirus\". Até un total de 22 escuadras de todo o país competirán nesta edición inaugural dun torneo onde os goles serán a través dos likes do Facebook. Nel participarán tanto equipos da Asociación Galega como da Liga Gallaecia, polo que queda un mapa do máis variado: Afiadoras e Auriense (Ourense); Ártabros (Oleiros); Ambilokwoi, Keltoi e Independente (Vigo); Berobreo (Morrazo), Braithreachas e Irmandinhos (A Estrada); Britonia (A Mariña), Cascarilha e Fillos de Breogán (A Coruña); Condado; Dorna (Illa de Arousa); Estrela Vermelha e Estrela Gaels (Compostela); Fusquenlha (Pontedeume); Grovias (Baixo Minho); Herdeirxs de Dhais (Lalín); Torques de Lugoslavia (Lugo) e Turonia (Gondomar). A competición durará até o vindeiro 26 de Abril, e constará dunha primeira fase eliminatoria onde se enfrontarán os conxuntos entre si, como se dun partido se tratase, e onde o que reciba máis reaccións no Facebook pasará de rolda. Ao seren 22, o torneo comezará con catro encontros de dezaseisavos de final, que se determinarán mañá logo dun sorteo no que se estabelecerán os cruces iniciais."}
{"ID": "NOS_3222", "summary": "A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, advirte que a sanción pode alcanzar os dous millóns se a fauna e a flora se ven afectadas de gravidade.", "text": "A Xunta impuxo senllas multas por valor total de 200.000 euros á Confederación Hidrográfica Miño-Sil ─dependente do Goberno do Estado─, así como a Naturgy e a Iberdrola por \"mala praxe\" ao non comunicar \"de modo oficial\" á Administración galega o baleirado dos encoros de Cenza, As Portas, Belesar e Salas o pasado verán. Segundo declarou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o expediente sancionador tramitouse en base á Lei galega de pesca continental. Con todo, advertiu que o procedemento por parte da Xunta \"segue aberto\", porque o \"descenso abrupto\" do nivel dos encoros ─até un 70%─ podería levar multas de até dou millóns de euros se hai \"afectación grave\" á fauna e a flora, unha cuestión que hai que analizar \"nun tempo prolongado\". Tirapuxa a conta do baleirado A polémica entre a Consellaría e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), organismo presidido por José Antonio Quiroga e dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, remóntase ao pasado verán. A pesar de que a CHMS alegou que avisara nos meses de xuño e xullo ao servizo provincial de Medio Ambiente en Ourense e á Consellaría de Presidencia a través do 112 da Galiza, a Xunta insistiu en que non o fixo \"formalmente\". En calquera caso, o expediente sancionador da Administración galega concluíu cunha multa de 200.000 euros: 50.000 por cada un dos catro encoros, que terán que pagar a partes iguais tanto a Confederación Hidrográfica como as empresas responsábeis de cada un. Desta forma, o Ministerio abonará 100.000 euros, mentres que Naturgy ─concesionaria das presas de Salas e Belesar─ e Iberdrola ─As Portas e Cenza─ pagarán 50.000 euros cada unha. \"Alterou o trasncorrer dos ríos\" Segundo recalcou esta terza feira a conselleira de Medio Ambiente, o baleirado dos encoros foi \"un fenómeno que non era meteorolóxico\", senón que se debeu a \"actuacións de certas empresas\" e da CHMS. \"Alterou o transcorrer dos nosos ríos, xa que o baleirado abrupto de 70% supón que as condicións nunca van ser óptimas desde o punto de vista ictícola nin do patrimonio natural\", explicou Vázquez. Ademais, afeou á institución dirixida por Quiroga que tentase \"por todos os medios dicir que non tiña nada que ver\", á vez que criticou que \"nunca se soubo ben\" que ocorreu con aquel expediente que abrira. \"A conclusión é que foron da man das empresas e non se abriu ningún tipo de expediente\", engadiu. A conselleira defendeu a actuación do seu departamento, que o que fixo foi \"analizar a situación con técnicos\" e ver que \"non se trasladou a información nin se fixo a solicitude pertinente\" sobre as condicións do baleirado \"de modo oficial\". Así mesmo, Vázquez puntualizou que todo iso ocorreu en \"un momento atípico\", cando no verán a luz alcanzou \"un prezo exacerbado e non había ningunha condición que propiciase\" que nin a CHMS nin as eléctricas \"debían facer iso\", excepto \"a económica\"."}
{"ID": "NOS_11574", "summary": "O discurso a Partido Popular é claro. O lume prende e esténdese en Galiza a causa dos \"incendiarios\". \"Terrorismo\", \"horror pirómano\", \"actividade delictiva\", \"inmensa intención de facer dano\", son termos que poboan as declaracións dos altos cargos da Xunta. Mais o certo é que, ano após ano, vaga de incendios após vaga de incendios, as detencións e denuncias de presuntos autores desembocan en moi poucos xuízos e aínda menos condenas.", "text": "Os datos da memoria da fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que dirixe Álvaro García Ortiz, así o ratifican. Dos 205 procedementos abertos en 2016, só 28 chegaron a xuízo. A maiores, as setenzas máis habituais -o pasado ano publicáronse 34, aínda que referidas a procesos incoados en exercicios anteriores- son en boa parte consecuencia da queima de malas herbas e restoballo sen os preceptivos permisos. O propio García Ortiz avisaba esta mañá nunha entrevista na Cadea Ser da necesidade de \"non especular\" sobre se os incendios son \"intencionados ou non\". Contrastaba o seu chamado á prudencia co discurso de Alberto Núñez Feijóo, quen non dubidaba en falar, á saída do Consello da Xunta extraordinario da maña desta segunda feira, de \"actividade incendiaria moi forte\" e de que \"os criminais que fixeron isto pagarán\". A estratexia do Partido Popular e as institucións que controla, compañía pública de radio e televisión e medios afíns incluídos, resultaba diáfana desde onte. A conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez esforzábase hai xa dous meses por se desentender de calquera responsabilidade no grande incendio de Verín e tildábao de \"atentado\". Esta mesma mañá repetía a inane, e intencionada, descrición nunha canle radiofónica estatal: \"Os incendios foron intencionados. O monte non se suicida só\". Desde a pasada sexta feira prenderon máis de 260 focos en Galiza. O discurso da Xunta e do PP é diametralmente oposto ás lóxicas científicas dos expertos. O dirixente ecoloxista Fins Eirexas, de Adega, cualifícao de \"ridículo\". \"O número de condenas por incendios é moi baixo, o que nos leva a pensar que na ecuación do lume, que todos sabemos que ten moitos factores\", expón, \"o da piromanía posúe unha dimensión moi pequena. Haberá que buscar outras causas, como por caso a política forestal, e non lle botar as culpas a Portugal nin a un furacán\". A mencionada política forestal, unha discutíbel ordenación do territorio e a despoboación do rural, os intereses das pasteiras, a privatización e precarización dos servizos de prevención e extinción do lume e mais das emerxencias, e, ao fondo, os síntomas do cambio climático, son arestas moito máis aguzadas dun problema estrutural e, por iso mesmo, recorrente."}
{"ID": "NOS_11535", "summary": "IU solicitou unha xuntanza coas federacións en Galiza e Catalunya para tratar \"solucións posíbeis\" a unha situación na que Izquierda Unida ten 2 deputados no Grupo Mixto e 3 no grupo 'confederal' de Podemos.", "text": "Alberto Garzón, deputado de IU-Unidad Popular, quere que as súas federación en Galiza e Catalunya que lle aclaren o pacto polo cal deputados de Esquerda Unida e Esquerra Unida i Alternativa pasan integrarse no grupo 'confederal' de Podemos. Segundo recollen axencias como Europa Press, Garzón admite descoñecer o contido \"real\" do acordo atinxido polo partido de Pablo Iglesias coas candidaturas de confluencia de Galiza e Catalunya, En Marea e En Comú Podem. Nesta liña, dase a \"paradoxa\" de que mentres IU ten 2 deputados que van ao Grupo Mixto (Garzón e Sol Sánchez), tres escanos de IU van estar dentro do grupo de Podemos ao se presentar nas alianzas territoriais. Entre eles, Yolanda Díaz, que concorreu na Marea. Sempre segundo as axencias, IU solicitou as reunións coas federacións para que lle informasen do acordo atinxido e \"as solucións posíbeis a esta situación\". Censura a actitude de Podemos Alberto Garzón tamén mostrou o seu malestar con Podemos por non permitir o partido de Pablo Iglesias que a súa formación asinase un acordo con Compromís-Podem para conformar un grupo parlamentar propio no Congreso. \"Era un detalle de cortesía e xenerosidade parlamentar que non tivo\", dixo Garzón. Lembrou que por mor dos resultados o 20-D, 2 deputados e 3,7% dos votos, a única fórmula \"legal\" que tiñan para formar grupo parlamentar era unirse a Compromís-Podem. Explicou que tanto PSOE como Cs xa lle trasladaran que non impedirían esa fórmula. \"Era legal, era posíbel e a Mesa íao autorizar, mais Podemos negouse\". Alberto Garzón, iso si,dixo que IU está aberta atecer alianzas con opcións que traballen pola maioría social. \"Non temos grupo parlamentar porque non cumprimos os requisitos.Podemos non axudou, mais non son os responsábeis\"."}
{"ID": "NOS_41276", "summary": "Os casos activos descenden a 18.807 mentres a taxa de positividade rolda 15%.", "text": "Galiza inicia a primeira semana de agosto cun descenso dos novos contaxios de Covid a 939. Despois de 13 xornadas consecutivas por riba do millar, os novos positivos volven situarse por baixo desa marca. Doutra banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 328 -unha ducia máis-. Segundo os datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros de até as 18 horas do domingo, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI descenden lixeiramente até as 43 -unha menos-, mentres que os hospitalizados noutras unidades aumentan a 285, o que supón 13 máis. Ademais, hai 18.479 pacientes en seguimento nos seus domicilios. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, salvo na de Vigo, onde diminúe. Baixan os casos activos En canto aos casos activos de Covid-19, tras o lixeiro incremento da xornada anterior e o descenso rexistrado o sábado, o último balance do Sergas volve apuntar unha caída das infeccións activas até as 18.807, 157 menos. Con respecto ao mesmo día da semana anterior, hai 1.509 cosos activos máis que as 17.298 rexistradas o 26 de xullo, após máis dun mes en ascenso continuo até este pasado sábado. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden nas de Ourense (-108), Vigo (-107), Pontevedra (-22) e Lugo (-9) e soben nas da Coruña (+56), Ferrol (+24) e Santiago (+9). Deste xeito, con máis infeccións activas mantense a área de Vigo, con 4.577; seguida da da Coruña, con 4.002; Pontevedra, con 2.925; Santiago, con 2.302; Lugo, con 2.257; Ourense, con 1.763, e Ferrol, por baixo do milleiro, con 981. Menos de mil novos contaxios Por primeira vez, desde o 19 de xullo, o rexistro de novos contaxios baixa do millar. O reconto informa de 939 positivos, 176 menos que o luns pasado.. Do total de Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) anotadas polo Sergas no último día, 234 corresponden á área da Coruña, 162 á de Pontevedra, 129 á de Vigo, 128 á de Lugo, 109 á de Santiago, 72 á de Ferrol e 71 á de Ourense. A taxa de positividade media nos últimos sete días segue disparada perto de 15% moi lonxe de 5% que estabelece a OMS para dar por controlada a pandemia. Pola súa banda a incidencia acumulada mantense por riba de 300 casos a sete día e de 640 a 14. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza desde o inicio da pandemia ascenden a 2.464 despois notificar Sanidade este domingo tres mortes. A dunha muller de 80 anos ingresada en Povisa, un home de 54 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e outro home de 58 anos no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). O tres presentaban patoloxías previas. Fronte a iso, 137.899 pacientes curáronse deste coronavirus en Galicia desde o inicio desta crise sanitaria, que representan 1.093 persoas máis que as contabilizadas até o día anterior."}
{"ID": "PRAZA_15764", "summary": "Se facer un bo traballo contribúe a dignidade da persoa, recoñecer cando se comete un erro e tentar mudar as súas consecuencias debe guiar a calquera que aspire a realizar un bo traballo.", "text": "Se facer un bo traballo contribúe a dignidade da persoa, recoñecer cando se comete un erro e tentar mudar as súas consecuencias debe guiar a calquera que aspire a realizar un bo traballo. E isto mesmo pretendo coas miñas palabras, recoñecer un erro cometido en días pasados e exonerar deste ás persoas que indirectamente se viron prexudicadas no seu labor a causa daquel, nomeadamente ás que tan grande traballo están a facer en Praza Pública. Gustaríame desculparme, en primeiro lugar, con elas, pois merecen todo o meu respecto e admiración e non son merecentes de cargar cos deslices numéricos que neste caso cometín. A continuación teño que desculparme con todas e todos os que ledes os meus artigos e con humildade agradecer a aquelas persoas que fixeron unha chamada de atención persoalmente ou desde as redes sociais sobre a diferenza numérica que nos datos sobre o seitor leiteiro publicamos hai uns días. Se facer un bo traballo contribúe a dignidade da persoa, recoñecer cando se comete un erro e tentar mudar as súas consecuencias debe guiar a calquera que aspire a realizar un bo traballo Efectivamente o impacto anual da diferencia de prezos é elevado, da orde de 4 céntimos entre o promedio cobrado no Estado Español e o cobrado en Galiza. Se multiplicamos o prezo cobrado de promedio do ano pasado (28,8 euros/100 quilos de leite) polas toneladas entregadas ao longo do ano por parte das 9420 explotacións galegas a cantidade que nos resulta é de 660 millóns de euros anuais de impacto económico directo na totalidade do seitor leiteiro de Galiza. Mentres que se o prezo empregado fose de 33 euros/100 quilos de leite (que constitúe o promedio do Estado segundo o FEGA) os ingresos para o conxunto das explotacións galegas representaría 760 millóns de euros anuais. A diferenza é de 100 millóns de euros que as explotacións deixan de ingresar con respecto ás do estado. Sendo xa un volume económico o suficientemente notable para o conxunto da economía labrega galega e que representa aproximadamente o gasto que realizamos en importacións anuais de verduras e froitas. A diferencia de prezos entre Galiza e o Estado sitúase un 12% por baixo e unha explotación promedio está a deixar de ingresar da orde de 1000 euros ao mes, cantidade que supón, por exemplo, o 27% do gasto en concentrados (pensos). Esta porcentaxe ten que ser asumido directamente por parte da explotación, restándoo da súa ganancia. Daría para un debate ben interesante (co que un está moi de acordo) discutir se é posible producir con menos concentrados e polo tanto reducir o impacto económico. E tamén o papel que xogan as institucións e empresas actuantes no seitor leiteiro á hora de escoller un modelo e non outro. A resultas das dos prezos pagados, a economía galega está en clara inferioridade co resto do Estado e, olle como se olle, a situación non ten visos de solucionarse A resultas das dos prezos pagados, a economía galega está en clara inferioridade co resto do Estado e, olle como se olle, a situación non ten visos de solucionarse. Recentemente, a gandería galega estaba ocupando a Ronda da Muralla en Lugo e bloqueando as áreas comerciais. Con esta actitude non se pretendía perturbar á cidadanía, senón máis ben chamar a atención a respecto dun problema que nos afecta a todas. Coas presións exercidas as granxas galegas conseguiron arrincar da distribución (super e hipermercados) a suba duns céntimos que se teñen que trasladar a produción. Evidentemente, cando as institucións non están ou xogan á contra da cidadanía, é esta quen debe coller a besta polo ramal e explicarlle claramente a quen negocia que co pan de todas non se xoga. As palabras da Consellaría e do Ministerio de medio rural destes días reflicten claramente o escenario: Debidamente realizada, a presión popular sobre o poder da beneficios. Ofrecerse como mediador, despois de case trinta anos de conflito, fainos sospeitar que por unha banda temen o resultado dunha vindeira cita eleitoral e por outra prentenden seguir amortecendo o conflito a ver se este temporal pasa do mesmo xeito que pasaron outros e as augas se normalizan. Pero os datos están aí."}
{"ID": "PRAZA_4348", "summary": "Eventuais en Loita deita luz desde hai máis dun ano sobre a precaria situación da enfermaría e dunha sanidade pública \"en mínimos\". As formacións políticas recollen agora as demandas dun colectivo que tornou clave na loita contra as políticas do Sergas.", "text": "Desde hai máis dun ano, as Eventuais en Loita convertéronse nun dos colectivos máis combativos contra o Sergas. En representación dunhas 7.000 enfermeiras con vinculación temporal coa Administración galega, e con milleiros de profesionais mobilizados, as protestas contra a súa precariedade, contra a política de contratación sanitaria da Xunta ou contra a falta de recursos sacaron á luz unha realidade moitas veces agochada. Aquela masiva e inédita protesta nas oposicións celebradas en Silleda en maio de 2019 prendeu a mecha dun colectivo que rachou cos marcos establecidos e que pasou de reclamar a atención dos partidos políticos a ser reclamados por eles para escoitar as súas demandas e coñecer de primeira man a súa realidade. Eventuais en Loita pasou de reclamar a atención dos partidos ás súas demandas a ser reclamados polas formacións para escoitalas: \"Agora chaman eles\"\"Antes poñíamonos nós en contacto con eles; agora son os partidos os que nos chaman para coñecer as nosas demandas e a nosa realidade\", explica Hugo Bermúdez, portavoz de Eventuais en Loita, colectivo que coa chegada da pandemia de coronavirus e a emerxencia sanitaria derivada suspendeu as súas mobilizacións mensuais, aínda que seguiu chamando a atención sobre unha precariedade que se \"agudizou\" durante a loita contra a Covid-19. Eventuais en Loita leva meses denunciando as diferentes derivadas da súa precaria situación laboral, dende a acumulación de centos de contratos á imposibilidade de seren nais por mor da inestabilidade laboral pasando polas traballadoras que se ven abocadas á emigración. As enfermeiras confrontaron con datos os primeiros intentos da Xunta para amortecer as súas reivindicacións e a súa indignación estoupou tamén durante a pandemia. Eventuais denuncia a precariedade, a acumulación de contratos, a imposiblidade de conciliación ou a rescinsión de contratos a enfermeiras en plena pandemiaO Sergas decidiu non prorrogar contratos de enfermeiras en canto caía enfermas infectadas polo coronavirus. Semanas despois sóubose que Sanidade decidira tamén rescindir de súpeto contratos xa prorrogados a outro grupo de enfermeiras en plantas Covid. En ambos casos, a Consellería recuou logo de facérense públicas as denuncias. Pouco máis tarde, o colectivo, xunto a outros moitos profesionais, asociacións e sindicatos, advertiu de que Sanidade aproveitaba unha excepción polo virus para situar persoal en formación en postos de eventuais con experiencia e saltando a orde das listas de contratación. Eventuais en Loita enviou e transmitiu hai tempo demandas e denuncias coma estas a todos os partidos políticos de cara ás eleccións autonómicas do pasado 5 de abril, suspendidas finalmente pola pandemia. De cara aos comicios do vindeiro 12 de xullo, reenviaranas \"en canto comece a campaña\", momento no que volverán \"difundir\" as súas reivindicacións, \"que non son para ningunha formación en particular, senón para todos porque a sanidade é cousa de todos\". Daquela, o colectivo solicitou encontros presenciais con todos os grupos do Parlamento e \"todos aceptaron\". \"Tamén o PP, que non tivo problema ningún\", di Bermúdez. Agora, Eventuais en Loita recibe as solicitudes dos partidos para manter encontros telemáticos, como o que mantivo con Ciudadanos-Galicia o 14 de maio ou con Galicia en Común este pasado martes. Teñen acordada xa outra xuntanza co PSdeG esta semana e están pendentes por confirmar outra co BNG. \"O Partido Popular non se puxo en contacto con nós\", aclaran. Eventuais en Loita mantivo xa reunións telemáticas con Ciudadanos e Galicia en Común e ten previsto encontros co PSdeG e co BNG\"A Xunta debe buscar unha solución ao abuso na eventualidade laboral do sector da enfermería\", demandou a portavoz de Ciudadanos-Galicia, Beatriz Pino, tras o encontro dixital da formaicón laranxa co colectivo. Antón Gómez Reino, voceiro de Galicia en Común, alertou de que \"a clave\" da sanidade pública galega está \"nos seus profesionais, aos que debemos coidar\" e anunciou un Plan de Recursos Humanos no Sergas que \"acabe de vez coa precariedade laboral\" no caso de que o cambio chegue á Xunta logo doutra reunión virtual. Conscientes do importante colectivo que comparte as súas reivindicacións, Eventuais en Loita saben que a bolsa de votos é importante para os partidos, pero cren tamén que a loita contra a pandemia, \"fixo máis palpable aínda a importancia da sanidade e de coidar a quen te coida, porque todos, máis tarde ou máis cedo, teremos que ser coidados\". \"A loita contra a pandemia fixo máis palpable aínda a importancia da sanidade; os partidos non deben obviar nunca máis a importancia de coidar a quen te coida\"\"Supoñemos, e cremos, que non é só polos votos; entendemos que como arma electoral temos importancia porque tanto as enfermeiras como o persoal sanitario en xeral supoñemos un colectivo importante, pero os partidos, sexan de goberno ou non, non deben obviar nunca máis a importancia da sanidade\", reflexionan desde Eventuais en Loita, que insiste en que non teñen \"adscrición a ningunha formación\" e que as súas reclamacións céntranse nos recursos e nas melloras laborais, non nos cartos. Do que non teñen dúbida tampouco é de que as súas continuas mobilizacións desde hai máis dun ano abriron ollos de moitos representantes políticos e da sociedade ante a súa precariedade laboral. \"Coñécese máis a nosa realidade, que pode ser aplicable a calquera outro colectivo sanitario\", di Bermúdez, que insiste en que a chegada da pandemia e o esforzo do persoal \"fixo aínda máis visible\" unha realidade \"que continúa\". \"A sanidade pública galega está en mínimos e collida con pinzas no caso de calquera cousa extraordinaria; a pandemia fíxoo palpable\"\"Pasar de fase Galicia tivo que aumentar os contratos sanitarios en milleiros, o que non é máis que unha evidencia de que a saniade pública galega está en minimos e que, ante calquera cousa extraordinaria, está collida con pinzas\", insisten. \"Nos últimos meses, a pandemia fixo palpable a situación e é unha mágoa que tivese que plasmarse deste xeito, pero esperemos que sirva para que os políticos galegas entendan de vez que non se pode traballar continuamente baixo mínimos\"."}
{"ID": "NOS_57603", "summary": "Industria, comercio e hostalaría secundan un paro que tamén se nota no ensino e nas administracións.", "text": "\"Hoxe non é un día normal\", di unha veciña de Viveiro. E, certo, non o é. Boa parte do comercio e hostalaría da cidade está fechado, colexios e institutos están ao 'ralentí' e empresas e industrias tamén etán paradas nunha alta porcentaxe. E o de Viveiro pode estenderse a Burela, Foz, Ribadeo e toda a comarca da Mariña. Hai foga xeral e nótase. \"Amplo seguimento\", indican sindicalistas e piquetes para resumir o inicio da xornada de folga, que xa comezou ás 22 horas da noite de onte da man da quenda de Alcoa. Barricadas de pneumáticos ardendo alumeaban na noite. \"Polo futuro da Mariña!\", o lema omnipresente: faixas, colantes, cartaces... A convocatoria de CIG, CCOO e UXT sumou numerosos apoios nestas semanas, desde Administracións locais até colectivos veciñais, organizacións de comerciantes ou plataformas ecoloxistas. Un apoio que transloce que na comarca aniña un sentimento de \"abandono\". Á crise industrial (Alcoa, Vestas...) súmase a febleza en determinados servizos, o despoboamento... A multitudinaria manifestación que no mediodía de hxoe percorreu Burela, reunindo miles de persoas procedentes dos diferentes concellos da comarca, fixo posíbel visibilizar o grande apoio á folga. Na marcha participaron representantes do PPdeG, co seu secretario xeral MIguel Tellado á fronte, unha delegación do PSdeG, liderada por Valentín González Formoso; e unha ampla representación do BNG, con Ana Pontón á cabeza. \"Esperamos que os gobernos fagan caso das nosas reivindicacións porque queremos traballar na nosa comarca e non emigrar\" \"Os piquetes informativos percorren a comarca, que rexistra polígonos sen actividade, comercios e hostelaría pechadas e aulas e rúas baleiras nunha xornada de folga que se prevé histórica\", indicaba a CIG nas redes sociais. Ameaza Hai agora xusto un mes, centos de persoas saíron ás rúas de Viveiro a exixir un futuro para a Mariña. Desde entón, nada mudou. Se acaso a angustia dos habitantes desta comarca, que acusan as Administracións de miraren para outro lado en lugar de buscar solucións á crise industrial, social e demográfica que ameaza desde hai anos os concellos deste extremo do país. Esta \"desidia\" é a que levou os sindicatos CIG, CCOO e UXT a convocar no día de hoxe unha folga xeral de 24 horas na comarca e unha manifestación ás 12 horas polas rúas de Burela. Protestan non só pola situación de industrias como Alcoa e Vestas, co seu futuro no aire, senón polo \"abandono\" que sofren desde hai anos por parte das administracións estatal e galega, e que se traduce nun déficit de infraestruturas e o progresivo desmantelamento de servizos esenciais como a sanidade ou a educación, entre outros. Para esta convocatoria contan ademais co apoio de numerosas entidades, desde os concellos de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Valadouro, Viveiro e Xove, até portos pesqueiros como o de Celeiro (Viveiro) ou a gran maioría do comercio e a hostalaría local, dispostas a sacrificar unha xornada de traballo para reclamar un plan de acción a unha Xunta e un Executivo estatal aos que acusan de \"mirar sistematicamente cara a outro lado\". \"Sentímonos abandonados, ninguneados, e precisamos urxentemente que se tomen medidas tanto polo Goberno estatal como polo da Xunta\", apunta o representante da CIG, Xorxe Caldeiro, A idea principal desta folga, como indica a Nós Diario María José Nóvoa, responsábel de CCOO na Mariña, é \"que vexan que toda a comarca está unida, que estamos aí. Non só Teruel existe; A Mariña tamén existe\", profundou a representante sindical. Desde UXT, Diego Ballesteros, membro do comité de Alcoa, lamenta que ás Administracións \"non lles importa nada do que reclame a sociedade\""}
{"ID": "NOS_19195", "summary": "O comité defende que esa adquisición sería a súa \"garantía\" para que non pase o mesmo que na Coruña e Avilés e urxe unha reunión con Conde e Maroto", "text": "O Goberno español culminou a súa marcha atrás no proceso polo que se negocia a compravenda da planta de Alcoa en San Cobrao (Cervo) ao comunicar aos representantes dos traballadores que non está disposto a que a SEPI (a sociedade estatal de participacións industriais) sexa a que se faga coa planta, para despois transferila a un terceiro. Após un primeiro intento frustrado, no outono pasado, as negociacións volveron activarse a comezos deste ano. A participación ou non da SEPI foi sempre un dos elementos clave na discusión entre Goberno estatal e empresa. Respecto diso, nas últimas semanas o secretario xeral de Industria, Raül Blanco, xa advertira de que non era necesaria esa \"triangulación\" ou \"intermediación\" por parte da SEPI, cuestión que Alcoa ve imprescindíbel. Con todo, o dirixente reclamou que sexa Alcoa a que venda a factoría a un terceiro directamente. Esta quinta feira, nunha nova mesa multilateral na que Blanco non participou por cuestións de axenda, o Executivo estatal \"comunicou que non están dispostos a meter á SEPI na compra desta fábrica\", segundo trasladou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, visibelmente molesto. Ante iso, o comité reclamou unha reunión \"urxente e inmediata\" ao criticar que xa van \"15 días de atraso\". Nese encontro, incidiu Zan, queren que estea o vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e a ministra de Industria, Reyes Maroto. Para o cadro de persoal \"é moi importante que a SEPI entre\" porque é a súa \"garantía\" de que Alcoa \"non vai facer o mesmo que fixo coa Coruña e Avilés\", remarcou José Antonio Zan. A multinacional estadounidense desfíxose desas dúas factorías e agora a xustiza ditaminou que nin Parter (primeiro comprador) nin Grupo Riesgo (segundo) foron un socio \"serio\" para dar un futuro industrial ás plantas. A CIG esixe que se cumpra coa solución para a fábrica de San Cibrao que pasa pola intervención pública. \"A reunión da mesa de seguimento para a venda da fábrica de aluminio de San Cibrao confirmou que nada se ten avanzado nunha solución definitiva e viábel. Alcoa e os gobernos español e galego seguen a escenificar o seu enfrontamento sobre os termos da venda, sen amosar ningunha das partes unha vontade real para materilizar a operación\", sinala o sindicato nun comunicado."}
{"ID": "NOS_41035", "summary": "\"Un can é un ser vivo, non un xoguete do que podes cansar aos poucos meses\". As protectoras de animais denuncian a falta de sensibilización que provoca o abandono animal, unha práctica moi estendida no país. A Lei de Benestar Animal do 2017 responsabiliza os concellos e a Xunta non ofrece o soporte económico necesario", "text": "E ste Nadal, as cativas galegas atoparon baixo a árbore balóns, bonecas, videoxogos e… cans. Agasallar animais domésticos é, segundo un recente estudo da asociación animalista Libera!, unha práctica común na Galiza. En concreto, 5.000, sobre todo cans e gatos, dos cales arredor de 2.000 poderían ser abandonados antes de rematar o ano. \"Nas tendas ofrécense mascotas con ofertas e promocións que as cousifican, e o comercio electrónico é un absoluto descontrol\", asegura Rubén Pérez, voceiro de Libera! na Galiza, quen salienta que se trata dunha compra \"moi pouco reflexionada\" que, con frecuencia, \"deriva no abandono do animal aos poucos meses\". Falta de sensibilización Esta é unha problemática que sacode especialmente o país, xa que, segundo estima a ONG, no 2018 terían sido abandonadas preto de 22.000 mascotas, un 15% máis que no ano anterior. \"Falta moita educación e sensibilización, a xente ten que decatarse de que un animal é un ser vivo e non un agasallo do que podes cansar aos poucos meses, cando medra e hai máis responsabilidades\", asegura Beatriz Martín, fundadora da protectora Gatocan, no concello de Coirós. Este centro inaugurouse en 2008 e, desde entón, acolleu máis de 2.100 animais, dos cales 1.600 foron adoptados. Desde Gatocan consideran que o abandono supón un \"goteo continuo\" durante todo o ano, polo que as súas instalacións chegan con frecuencia ao límite de ocupación. Porén, semella que non todos os animais compiten en igualdade de condicións á hora de atopar un fogar: \"A maioría da xente só quere adoptar cachorros ou de determinadas razas; os cans e gatos mestizos ou máis vellos poden pasar moitos anos no refuxio\", lamenta Martín. Na mesma liña apunta Gumersindo González, director da rede de canceiras da Deputación de Ourense, malia que recoñece que cada vez se fan máis campañas a prol da adopción de animais de avanzada idade. \"Téñeno máis difícil os cans grandes porque precisan dun amplo terreo\", explica. Pola súa banda, Olalla García, directora do Refuxio de Bando (Compostela), considera que a sociedade está \"cada vez máis concienciada\" e aumenta a adopción de cans anciáns, porque \"ao refuxio agora case non chegan cachorros\". Non é o caso dos gatos, xa que en Bando proliferan estas camadas. Ademais, moitos dos animais recollidos son localizados cedo polos seus donos grazas, en parte, á obriga de levaren o chip identificador desde a aprobación da lei de 2017. \"A tempada de caza é terríbel\" En que condicións se atopan os animais cando chegan aos refuxios? As protectoras consultadas explican que, polo xeral, non se aprecian sinais claros de malos tratos, pero si unha falta de coidados. \"A meirande parte dos animais veñen con moito medo. Afortunadamente non adoitan ter grandes signos de maltrato, pero si poden levar varios días sen comer\", denuncia Ángeles Valero, da protectora de Lugo. Para ela, a tempada de caza é \"terríbel\", xa que os cans empregados para este fin chegan habitualmente \"en malas condicións\". Moitos deses animais, segundo apuntan desde Libera!, son vendidos a través de Internet; outros, directamente abandonados no monte. Olalla García, pola súa banda, considera que a situación mellorou pero, aínda así, esta práctica segue a ser común: \"Cando remata a tempada de caza e antes de que empece, cando están adestrando e ven que non valen, abandónanos. Antes tiñamos o refuxio cheo de cans de caza, mais agora moito menos\", indica. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "PRAZA_3278", "summary": "O único antídoto, capaz de derrotar ao PP, para darlle paso a un goberno que mire cos dous ollos cara o País, é unha cooperativa galeguista onde o BNG, sen renunciar á hexemonía, asuma a idea de que, se non conta con todos, non hai nada que rañar. Vaque si?", "text": "«¿Cómo direi Galicia / para que me entendan? / Estás nas fouces, nas eixadas, / nas picarañas, nas lareiras, / estás nas dornas... Ai qué berces / onde Galicia vai e nunca medra» (Arredores, Antonio Tovar)Por moito que chanquee, o señor Feijoo, malia aparentar que ouvea cara o desabafo da temperanza, amais de ser o natural arremedo de Casado é un deses pillabáns que, como diría o meu tío, «con xente así, cafés os que queiras; tratos ningúns». Iso si, talvez lle axude algo a perseverante parvidade que levamos agarrada ao pescozo os pasmóns da progresía, cada día máis empeñados en seguir pacendo nos cadabullos da inopia. E, é neses lares onde o mestre da picardía zoupona aproveita o principio gastronómico, «quen paga manda», para indicarlle aos chafallas da ´nouvelle cuisine` as especias coas que deben adobar os potaxes –léase, enquisas electorais– para facerlle engulir gato por lebre a unha clientela dotada de padais sen papilas gustativas, que acabará co estómago revolto e coa cabeza ateigada dos paxariños causantes de alucinacións, que só aquedan cando chega o desvarío. Detrás das últimas enquisas, meticulosamente ilustradas con estampas de brillantes cores polo xornal de confianza do Excelentísimo Pillabán, agóchase unha despensa enzoufada de tonalidades engaiolantes, capaz de apampar tanto a seareiros como a contrarios, todos adoecidos por gabar, antes de probalo, o menú que cociñan os \"si wuana\" de Feijoo, para facelos pensar que, como non o pagan ao contado, nunca lles pasarán a factura. Pobres ilusos!En resumidas contas, á vista dos antecedentes históricos e dunha razoable e alxébrica análise dos datos dispoñíbeis, todo parece indicar que, detrás do aparente empate técnico que nos debuxan de cara as vindeiras autonómicas, non deberiamos descartar unha nova maioría (absoluta?) do PP, escoltada por Vox (por se acaso), adornada cuns mellorábeis resultados do PSOE e serias dúbidas de quen ficará por diante, o BNG ou UP. Ah! O meu tío Lisardo é dos que pensan que o único antídoto, capaz de derrotar ao PP, para darlle paso a un goberno que mire cos dous ollos cara o País, é unha cooperativa galeguista onde o BNG, sen renunciar á hexemonía, asuma a idea de que, se non conta con todos, non hai nada que rañar. Vaque si?"}
{"ID": "NOS_20479", "summary": "Un heroe conta a historia de Rahim, un presidiario con dous días de permiso nos que pretende saldar a débeda que o mantén na cadea.", "text": "Desde o seu primeiro Óscar por Nader e Simin, unha separación, Asghar Farhadi comezou a alternar traballos no estranxeiro: primeiro, en Francia, realizou O pasado e, após gañar o segundo Óscar por O viaxante e dando aquel memorábel discurso contra as políticas de Trump que tanto lle proeron, dirixiu o thriller de coprodución europea Todos o saben, con Penélope Cruz, Javier Bardem e Ricardo Darín á fronte. Un heroe podería ter sido o seu terceiro Óscar para Irán, mais quedou fóra das nomeacións, penso que inxustamente. A historia céntrase en Rahim, un presidiario con dous días de permiso nos que pretende saldar a débeda que o mantén na cadea. Para facelo vai vender unhas moedas de ouro que atopou a súa noiva nun bolso esquecido nunha parada de bus. A cousa tórcese cando non conseguen o diñeiro suficiente e o acredor rexeita cancelar parte da débeda. É aquí cando Rahim, no fondo un tipo con valores, decide devolver o bolso a súa lexítima dona e regresar ao cárcere. A súa \"desinteresada\" acción non cae en saco roto. Pronto as televisións interésanse pola súa fazaña e, da noite ao día, convértese no tipo máis famoso do país: un heroe. Desde o inicio, o protagonista –xenial Amir Jadidi– vese abocado a tomar decisións segundo van variando as circunstancias. De inicio, sempre procura ser fiel aos seus principios, porén, o seu entorno e a consecuencias de dicir a verdade, fanlle terxiversar un chisco a realidade. Pero a mentira piadosa que pretendía protexer a súa namorada acaba provocando unha reacción en cadea que, paseniño, vaille complicando a existencia máis do desexado. Fábula existencialista con toques de comedia, a medio camiño entre Heroe por accidente (1992, Stephen Frears) e A última noite (2002, Spike Lee), na que Farhadi volve crear unha historia desde o local ao universal, deixando patente o seu particular estilo e tocando temas tan globais como a familia, a burocracia, a posverdade ou a influencia das redes sociais. Constrúe novamente un guión redondo escrito coa precisión dun cirurxián apuntalado en xiros realistas que se van acomodando a medida que o protagonista vai tomando decisións, en aparencia, inofensivas pero que, ao final, acaban por converterse nun \"causa-efecto\" demoledor. Un filme para deleitarse durante dúas horas de auténtico cinema. Unha historia dinámica, con boas actuacións e, sobre todo, moi aditiva. Atrapará a propios e estraños. Quen aínda non se achegase á obra de Farhadi ten agora a oportunidade. De seguro sairá con ganas de máis."}
{"ID": "NOS_18872", "summary": "A manifestación para demandar ''o dereito a decidir'' fronte á división territorial marcada por París e que separa este país reúne a perto de 15.000 persoas.", "text": "Por unha Bretaña reunificada e polo dereito a decidir. Baixo esta chamada marcharon en Nantes a pasada fin de semana perto de 15.000 persoas (segundo a organización, a Policía rebaixa a cifra a 9.000). @s manifestantes demandaban un referendo para que o Loira Atlántico poida separarse da rexión de País e reunifircarse con Breizh (Bretaña), na que estaba historicamente. A marcha estaba convocada por Bretagne Réunie e Breizh=44 e apoiada por diferentes colectivos e entidades culturais, sindicais, políticas e sociais. París encentou unha proposta de reforma territorial da República que, porén, mantén o 'status quo' a respecto de Breizh, separando artificialmente este país entre dúas rexións. Desde o nacionalismo bretón estase a pular porque o debate sobre a reunificación non se desligue da demanda de maiores cotas de autogoberno. \"Ao servizo da cidadanía e a prosperidade\" O nacionalismo aposta por unha reforma territorial \"de espazos culturais, económicos e humanos, ao servizo da cidadanía e da prosperidade\", cunha Breizh unificada (4,4 millóns de habitantes), con capital en Brest e con Nantes e Rennes como principais cidades."}
{"ID": "NOS_26797", "summary": "Anunciouno a concelleiraSitio web de Cultura, Maite Ferreiro, que aposta en que o San Froilán continúe a ser \"a grande festa do outono galego\".", "text": "O barrio madrileño de Tetuán cancelaba recentemente a actuación prevista de Def Con Dos nas súas festas. Unha decisión adoptada polo novo consistorio do PP e que os colectivos veciñais achacaron a presións de Vox e Ciudadanos. A dereita xustificou a decisión de suspender a actuación na condena ao cantante, César Strawberry, por enaltecemento do terrorismo en redes sociais. A suspensión xerou o rexeitamento de asociacións veciñais, sociais e de dereitos civís, que cualificaron a cancelación de censura e ataque á liberdade de expresión. A concelleira de Cultura de Lugo,a nacionalista Maite Ferreiro, anunciou agora que o grupo galego-madrileño será un dos que estarán no San Froilán este ano \"porque as festas de Lugo teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión e para a diversidade\". \"Convidamos a todas as persoas que non puideron desfrutar deste grupo en Madrid debido ao retroceso das liberdades impulsadas polos gobernos de dereitas\", indicou Maite Ferreiro. e anunciou que existirán descontos en medios de transporte para viaxar dende Madrid ata Lugo. Tamén anunciou a constitución en breve da comisión especial de festas. Estará formada por 3 membros do grupo socialista, 3 do grupo popular, 2 do Bloque Nacionalista Galego e 1 do Grupo Municipal Ciudadanos. \"Xa lles pedimos aos grupos da corporación aportacións de ideas para o programa das festas\", indicou a edil de cultura, Maite Ferreiro, e engadiu, \"queremos recibir propostas para que o San Froilán siga sendo a grande festa do outono galego\". Maite Ferreiro indicou que \"escoitaremos as propostas de todas as veciñas e veciños e dos colectivos de Lugo\" para ter unhas festas con variedade de estilos e programación. \"Imos facer que estas sexan as festas de todas as lucenses\"."}
{"ID": "NOS_36030", "summary": "O PSdeG denuncia o \"escapismo\" do presidente da Xunta após as falidas medidas do Nadal.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu esta segunda feira, 18 de xaneiro, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, a comparecer na Cámara galega ante o seu \"escapismo\" para \"non asumir as súas responsabilidades\" nos \"erros das medidas que se puideron adoptar na loita contra a Covid-19\", dixo o socialista, aseverando que o líder do Executivo non \"quere dar contas da ausencia dun plan de rescate suficiente para a economía da Galiza\". Caballero afirmou que \"non hai ningunha escusa\" para que Feixoo non compareza no novo período de sesións na Cámara para explicar as medidas adoptadas fronte a pandemia, despois de que o PP vetase na pasada semana na Deputación Permanente do Parlamento galego a petición do BNG para que se producise a comparecencia de Feixoo, solicitude que foi apoiada polo PSdeG. Após mostrar a súa \"fonda preocupación\" polo avance da terceira onda do coronavirus, Caballero pediu a Feixoo \"non dilatar\" máis as súas explicacións sobre a restricións e pediulle que presente un \"plan de rescate suficiente para a economía da Galiza\". A este respecto, acusou o mandatario de estar \"escondido en Monte Pío\" e de \"escapar das súas responsabilidades por non protexer as galegas e os galegos dos efectos\" da terceira onda. Sobre esta cuestión, indicou que o propio presidente da Xunta \"recoñeceu\" que as medidas postas para o Nadal \"non foron suficientes\" e criticou que ao mesmo tempo estea a culpar da terceira onda a cidadanía. \"Navallada\" aos Concellos O líder do PSdeG tamén cargou contra \"a navallada\" da Xunta ao municipalismo no proxecto de orzamentos do Goberno galego para 2021 (nel redúcense as transferencias directas ás corporacións locais 127,1 millóns respecto a 2020). Nese sentido, Caballero pediu a creación dun fondo extra cun mínimo de 100 millóns a repartir con \"criterios obxectivos\" entre os concellos."}
{"ID": "PRAZA_17136", "summary": "O tema do Medulio desapareceu practicamente dos manuais de Historia de Galicia, nun movemento pendular que non axuda a comprendermos a nosa historia. Tratase en verdade dun episodio importante para entendermos a conquista romana dende un punto de vista político-militar, así como as mentalidades propias da sociedade celto-castrexa, aspectos esenciais para unha historia integral da Gallaecia antiga.", "text": "Grazas ás inescusables fontes narrativas podemos dar por probados os feitos que deron celebridade á xesta do Monte Medulio, no contexto das chamadas \"guerras cántabras\" (29-19 a. C.), na fase final de conquista do territorio noroccidental Grazas ás inescusables fontes narrativas podemos dar por probados os feitos que deron celebridade á xesta do Monte Medulio, no contexto das chamadas \"guerras cántabras\" (29-19 a. C.), na fase final de conquista do territorio noroccidental que logo, no século III d. C, dará lugar á provincia romana de Gallaecia. Estamos a falar das crónicas romanas de Lucio Floro (séculos I-II d. C.), nacido en Turquía, de Dión Casio (séculos II-III d. C.), nacido en Túnez, e Paulo Orosio (século IV-V d. C.), nacido en Braga , o mellor coñecedor da xeografía da antiga Gallaecia. Independentemente do tempo transcorrido, Floro e Orosio seguen no tema que nos ocupa, sen contradicións entre eles, os libros perdidos -contemporáneos da invasión imperial da antiga Gallaecia- das Décadas de Tito Livio (séculos I a. C-I d. C.) que chegara co seu relato ata trece anos despois dos feitos que estamos a analizar. Nacido e morto en Padua, corenta e un anos despois do fito do Medulio, Tito Livio debeu dispoñer de testemuños directos, probablemente militares das \"guerras cántabras\". O primeiro emperador romano, Octavio César Augusto, iniciara o seu longo reinado enviando, baixo a súa dirección persoal, tres columnas contra as belicosas tribos montañesas do NO peninsular, os \"pueblos más fuertes de Hispania\" -diranos Orosio- galaicos, cántabros e astures, que \"forman una parte de la provincia de Gallaecia\" (no tempo de Orosio): \"Augusto puso su campamento en Segisama [Burgos], y con tres columnas trató de envolver casi toda la Cantabria\" , ofensiva á que se sumou de seguido unha escuadra con tropas vindas de Aquitania. A guerra unha década, desprazándose paseniñamente na cornixa cantábrica do Leste ó Oeste , conforme se suceden as batallas e van alcanzando as tropas romanas vitorias contra cántabros, astures e galaicos, por esta orde: Vellica, Monte Vindio, Aracillum, Lancia e á fin -no ano 22 a. C. - Monte Medulio. O proceso foi lento porque a resistencia indíxena foi efectiva, feroz e prolongada, obrigando a Roma a desprazar varias tropas e instalar campamentos estables : o desenlace político-militar terá lugar ó cabo no Monte Medulio. O proceso foi lento porque a resistencia indíxena foi efectiva, feroz e prolongada, obrigando a Roma a desprazar varias tropas e instalar campamentos estables : o desenlace político-militar terá lugar ó cabo no Monte Medulio O relato de Paulo Orosio considérase o máis próximo ós feitos, a través da fonte contemporánea de Tito Livio: \"los legados Antistio y Firmio sometieron, después de largos y duros combates, las regiones más extremas de Gallaecia, que plagadas de montes y de selvas, se internan en el Océano. Pues tuvieron que poner cerco al monte Medulio, que se levanta proyectándose sobre el Miño [Minio flumini inminentem], en el cual se habían refugiado una gran multitud de hombres; el cerco consistió en un foso de quince mil pasos, parte de otras operaciones de sitio... comprendieron que, ni eran capaces de aguantar el cerco, ni de atacar al enemigo por medio de la lucha, se decidieron al suicidio por miedo a caer en la servidumbre... se quitaron la vida por el fuego, el hierro y el veneno\" (Historia 6, 21, 6), como en Numancia . Tamén é a fonte más clara á hora de situar o Medulio , preto do río Miño, nas partes máis occidental e atlántica do que, no tempo de Orosio, é Gallaecia, é dicir, a Galicia lucense e bracarense. Evidenciase con todo en Osorio o prexuízo da elite romana cara ós bárbaros e \"crueis\" montañeses (\"por naturaleza torvas y feroces\"), aínda que tenta comprender coa razón a súa falta de opcións ante a superioridade militar romana. Floro tamén os alcuma como \"gente salvaje\" e conta algo parecido (tiraban da mesma fonte coetánea): \"tuvo lugar por último el asedio del monte Medulo... avanzaron los romanos por todas partes a un mismo tiempo, y aquellos bárbaros, al ver llegado el fin de su resistencia, a porfia se dan la muerte con el fuego y con el hierro, en medio de una comida, con un veneno que allí se extrae comúnmente del tejo , librándose así la mayor parte de la esclavitud que a una gente hasta entonces indómita parece más intolerable que la muerte\" (Epítome 2, 33, 46). Dión Casio, menos sabido, fai referencia ós tres xeitos de suicidarse, atribuíndoos xenericamente ós cántabros, en tan innobre derrota, sen dicir que tivera lugar no Monte Medulio: \"no se cogieron muchos prisioneros... de modo que la mayor y más belicosa parte de ellos pereció\" (Historia 54, 5, 1). Xeito de heroísmo ou martirio, segundo se mire, que tivera un século antes o seu precedente como sabemos en Numancia . Dada a inferioridade militar na que tanto insisten as fontes, os celto-castrexos do Medulio escolleron en realidade entre dúas formas de morrer . A represión dos romanos contra as tribos rebeldes setentrionais fora, de costume, cruel e sistemática Roma puido xa que logo controlar manu militari a Gallaecia atlántica. A batalla do Medulio foi decisiva para completar a campaña iniciada sete anos antes, que terá no ano 19 a. C. un epílogo sanguento protagonizado polos cántabros en solitario. Informa Dión Casio : \"hechos prisioneros en la guerra y vendidos como esclavos, asesinaron a sus dueños y se fueron a sus casas, convenciendo a muchos, tomaron y fortificaron unas posiciones y se prepararon a asaltar las guarniciones romanas\". A resistencia rematou cando o xeneral Agripa \"exterminó a todos los enemigos de edad militar\" (Historia 56, 43, 3). Dándolle a razón ós galegos que non quixeran renderse no Medulio. Dada a inferioridade militar na que tanto insisten as fontes, os celto-castrexos do Medulio escolleron en realidade entre dúas formas de morrer . A represión dos romanos contra as tribos rebeldes setentrionais fora, de costume, cruel e sistemática. A derradeira revolta dos cántabros no ano 19 a. C., que porá fin á longa campaña do emperador Cesar Augusto polo control completo da Península Ibérica, remata con prisioneiros axustizados, crucificados, castros destruídos e queimados e deportación masiva dos que non se suicidaron . De xeito xenérico Estrabón describe como nas \"guerras cántabras\": \"las madres mataron a sus hijos para que no fueran hechos prisioneros; un niño, apoderándose de una espada, dió muerte a sus parientes y hermanos, cautivos y encadenados, por orden de su padre; una mujer hizo lo mismo con sus compañeros de esclavitud. Otro... se arrojó a una hoguera\" e termina, deixando claro que era heroísmo non martirio: \"capturados unos cuantos y crucificados, entonaron el canto de la victoria\" (Xeografía 3, 4 17-18) . As elites romanas o entendían malamente, vían nese comportamento á barbarie primitiva, tampouco nós dende a mentalidade racionalista de modernidade. Cómpre procurar as respostas na mentalidade e relixións indíxenas, con humildade antropolóxica . A conexión céltica pode axudarmos: os guerreiros non temen á morte, \"por su altísima estima del prestigio personal\", status e posición social, \"fueran cuales fueran las previsibles consecuencias\". Gustaban soterrar cerca deles os seus nenos, mulleres e vellos. Crían, a diferencia de gregos e romanos, nun máis alá luminoso, soleado, de xeito que a morte viña sendo a metade do camiño dunha longa vida. Xustamente, un rito de tránsito ó alén é coma o banquete preparatorio que celebran os galaicos do Medulio antes de se dar morte uns a outros , interpretado con prexuízo por mentes máis actuais como a maneira de encherse de valor bebendo alcohol mediante (cervexa conforme Estrabón). Como se transmitiu a xesta do Medulio nos séculos que seguiron á conquista romana? Tratándose dun feito traumático que inicia unha nova época histórica, de seguro que se difundiu oralmente na Galicia romana , cando menos entre os séculos I a. C e I d. C., tanto nos castros como a través dos solados e oficiais romanos, paralelamente á elaboración por parte de Tito Livio da súa historia, hoxe perdida, que recolleron Floro e Orosio. Tradición culta que informará durante os séculos medievais e modernos a autores que reiterarán sen grandes cambios o que din as fontes romanas, especulando de xeito interminable e inútil -ata o día de hoxe- sobre a localización xeográfica do Monte Medulio , alén das indicacións bastantes precisas de Orosio sobre o seu emprazamento na Gallaecia atlántica, preto do río Miño . No século XIII o fito do Medulio foi recollido na Primera Crónica General afonsina , a partir da Historiæ adversus paganos (416-417) de Paulo Orosio No século XIII o fito do Medulio foi recollido na Primera Crónica General afonsina , a partir da Historiæ adversus paganos (416-417) de Paulo Orosio. Afonso X, co seu taller, contan como César Augusto enviou ós \"mandaderos\", Antistio e Firmio, \"a las postremeras tierras de Gallizia que es el cabo de Espanna o se acaban las Espannas en el grand mar Occeano; e los gallegos non se quisieron dar al Cesar... uencieron aquellos mandaderos de Octauiano a los de Gallizia. E desque los gallegos fueron uençudos, alçaronse en un monte que auie nombre Medulio, et parece del el rio Minno\". Contan os cronistas que os mandadeiros imperiais fixeran unha gran fosa \"que dize Orosio que tenie quaraenta et cinco ueces mil passos\" (tres veces máis do que escribiu realmente Orosio). E logo enfrontados á derrota, e non poder soportaren a servidume, matáronse \"ellos mismos por su uoluntad\". A mesma versión, fiel ás fontes romanas, repítese na Idade Moderna. O historiador xesuíta Gabriel Henao (Averiguaciones de las antigüedades de Cantabria, 1689), a finais do século XVII, reproduce literalmente o que di a Crónica General, contradicindo a identificación afonsina do Medulio con Mondoñedo xa que o Miño era \"rio muy apartado de Mondoñedo; y la principal seña, que del Medulio nos ha quedado, es el Miño\". Insistindo Henao: \"El Medulio, que expresamente dizo Paulo Orosio, estaba sobre el rio Miño, y los que se acogieron a él eran de las interiores partes de Galicia\". Nega polo mesmo a identificación de Medulio coas Médulas do Bierzo ou Menduria en Guipúzcoa. Contra os que dicían que o Medulio estaba en Cantabria en lugar de en Galicia ou que os sitiados non eran galegos senón cántabros, cita Henao tamén a Marco Mesala Corvino (59 a. C.-9 d. C), coetáneo de Tito Livio e biógrafo do emperador Octavio, aseverando que \"los Celtíberos, Cantabros, Asturianos, Lusitanos, Numancia, y toda Galicia doblegaron la cerviz\". Conclúe o profesor salmantino: \"siendo parte de la guerra en Cantabria, parte en Galicia\". O que vén a confirmar a Orosio: \"Quien distribuye en tres partes la guerra de Augusto, una pone en Cantabria, otra en Galicia, otra en Asturias, sin que sus palabras dexen el menor resquicio à duda alguna\". Mal sabía Henao que, tres séculos despois, séguense procurando grechas ó protagonismo dos habitantes do territorio, que logo será Galicia, na resistencia indíxena contra a ocupación romana da parte setentrional de Península Ibérica. Ningún outro autor dedicou tanta atención á cuestión do Medulio como Gabriel Henao, antes ou despois, a referencia histórica é Paulo Orosio -e por tanto Tito Livio- salvo no relativo á atribución local do famoso monte, suxeita á especulación (cada historiador ou escritor tiña a unha proposta). En 1733, Francisco de la Huerta y Vega (Anales del Reyno de Galicia) secunda a Henao, asegurando que \"no haviendo conocido toda la Antiguedad otro Monte con el nombre de Medulio, mas que este de Galicia\". Sitúa iso si o Medulio na Limia, onde di que se retira San Paulino no ano 390 en loita contra os bispos priscilianistas, fundando \"en su Desierto del Monte Medulio\", un mosteiro \"aunque no ay noticia espressa de ello\", recoñece honestamente. Primeira mitificación xa que logo do Monte Medulio, de tipo relixioso que semella non ter seguimento posterior. No século XIX, coas primeiras historias de Galicia do Rexurdimento vaise construíndo a mitificación do Medulio en clave identitaria. No século XIX, coas primeiras historias de Galicia do Rexurdimento vaise construíndo a mitificación do Medulio en clave identitaria. En 1849, Leopoldo Martínez Padín (Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia), cualifica a xesta do Medulio como o máis \"sublime del heroísmo y el amor a la independencia\" respecto do Imperio romano, nunha actitude compartidas por todos os pobos do Norte e Noroeste peninsulares. Inspirado nas fontes romanas, Padín narra de maneira farto florida a defensa e a morte heroicamente autoinflinxida do galegos do Medulio \"para todos los que era insufrible el yugo de una nación estrangera\" . Resumindo: \"fue el último sacudimiento que hizo en su agonia la envidiada libertad é independencia de nuestra patria... los romanos recorrieron despues de esta jornada todo el territorio de Galicia sin obstaculo ni entorpecimiento\" . A submisión pola forza das armas das tribos celto-castrexas no Imperio de Roma interprétase agora como a perda de independencia dunha 'patria' perante unha 'nación estranxeira', tal como podían entenderse eses conceptos políticos no século XIX. Nace entón o mito galeguista do Monte Medulio. A conquista romana do Noroeste peninsular é, dende logo, parte crucial da historia antiga de Galicia: a obriga do historiador cabal é situala no seu contexto histórico, sen anacronismos. Compartimos daquela coas restantes comunidades indíxenas do Norte peninsular un pasado común de loita contra o Imperio de Roma, que constituíu tres séculos despois con todas elas a nova provincia romana de Gallaecia, xeneralizando a todo o Noroeste o nome da tribo dos gallaeci. Como é sabido, na segunda metade do século XIX, defínese con máis intensidade o discurso histórico do nacionalismo galego da man de Benito Vicetto e Manuel Murguía. No caso do Medulio conta máis o segundo que o primeiro, ó contrario do que acontece con outros fitos da historia de Galicia idealizados pola historiografía romántica. En 1866, tanto Murguía como Vicetto publican os segundos tomos das súas respectivas Historias de Galicia, as primeiras dunha longa lista, onde se concede certa atención o episodio do Monte Medulio, beneficiado a maiores polo carácter tradicional dunha historia decimononica centrada nos grandes acontecementos e batallas. A confusión entre pasado e presente xoga a Benito Vicetto unha mala pasada, cualifica de \"cobardía\" e \"ignomia\" ó suicidio colectivo do Medulio A confusión entre pasado e presente xoga a Benito Vicetto unha mala pasada, cualifica de \"cobardía\" e \"ignomia\" ó suicidio colectivo do Medulio, que coñece directamente por Floro e Orosio, coidando que os defensores deberían \"renderse con tal de vivir, ó morir matando à quien los quería esclavizar\", pola contra \"se suicidaron pasivamente\" (Historia de Galicia, tomo II). Quere convencernos que \"esto soprendió a los romanos; pero no como un hecho heróico... sino por la estremada cobardia del mismo hecho\" . Non foi tan así, pese ós seus prexuízos, os romanos tiñan un certo coñecemento dos pobos \"bárbaros\" (que nos legaron), tamén certo respecto pola súa valentía e costumes, ó contrario que Vicetto. Chegou a escribir o ferrolán que \"hay máis valor en soportar la vida de esclavo, que en matarse\". Acepta certamente que para eles era heroicidade o que nós podemos hoxe considerar covardía, pero nega temeraria e inxustamente que o historiador deba contextualizar a historia: \"no podemos ni debemos juzgarlos con su criterio, ó sea el criterio de la humanidad incivil, sinó con el criterio de la humanidad civilizada por Jesucristo\" . Vicetto non só xulga o pasado cos (seus) criterios de presente, que parten sobre todo da súa experiencia vital como soldado voluntario na primeira guerra carlista e o seu liberalismo apaixonado. Pon de exemplo a xesta dos militares sublevados, vinte anos antes, na Revolución de 1846. \"Cuando la revolución de Galicia\" -escribe- o coronel Solís pechouse cos seus oficiais e soldados no Mosteiro de San Martín Pinario; defendéronse mentres tiveron pólvora, decontado \"Solís y los suyos se rindieron porque ya no podían hacer mas... y al rendirse fueron fusilados los gefes\" (na vila de Carral). Vicetto os prefire mártires antes que heroes. Remata deste xeito a súa disquisición sobre os defensores do Medulio: \"no arrojemos al viento de nuestros dias las cenizas de los cobardes de ayer\" . Non é, dende logo, das súas mellores páxinas como historiador. 'Patria', 'independencia' e 'país' que no existían, obviamente, como conceptos políticos no século I a. C . A partir de Murguía, a fazaña do Medulio entra no imaxinario mítico do noso nacionalismo contemporáneo En cambio, Manuel Murguía (Historia de Galicia, tomo II, ed. fasc., vol. IV) interpreta a fazaña do Monte Medulio avaliando o punto de vista dos protagonistas no que concirne ó seu final: \"así escaparon todos a la odiosa esclavitud, mil veces más aborrecible que la muerte\" ; aínda tratando de \"ceguedad\" que se refuxiaran nun alto monte para se mellor defender ante unha forza militarmente superior (algo que forá habitual nas \"guerras cántabras\"). Segue mellor que ninguén -despois de Henao, a quen non cita- a liña historiográfica mellor documentada e argumentada sobre os feitos e reivindica a galeguidade do Medulio , maila participación dos galaicos na guerra contra o invasor: \"los últimos pueblos sometidos fueron los gallegos\" . Cualificando a gran fazaña como \"heróico sacrificio\", \"glorioso sacrificio\", \"heróica acción\", \"digno de admiración\", \"signo de valor y de entereza\", \"indómito coraje\"; mitificando \"el monte que había sido testigo del ínclito valor de nuestros padres\". O que o sitúa nas mellores condicións para vindicar o fito celta do Medulio dentro dunha Historia de Galicia que principiaba a súa construción. Utiliza deste xeito Murguía a súa autoridade, seguindo a Padín, para interpretar a xesta épica do Medulio como parte esencial do novo discurso protonacionalista: \"este terrible sacrificio, hecho por la libertad de la patria... hizo desde entonces célebre el nombre del monte en que tuvo lugar y el del país en que se había llevado a cabo\" . Da guerra contra César Augusto dinos o historiador coruñés: \"la última que sostuvo nuestra patria por su independencia\". 'Patria', 'independencia' e 'país' que no existían, obviamente, como conceptos políticos no século I a. C . A partir de Murguía, a fazaña do Medulio entra no imaxinario mítico do noso nacionalismo contemporáneo. A finais do século XIX atopamos espallado en prensa e romances o feito do Medulio tanto na versión heroes como na versión mártires, que tenden a fundirse. Durante a guerra de Cuba (1895-1898) na prensa galega a bravura dos galegos considerábase demostrada en episodios épicos como o Monte Medulio, contra os romanos, ou a batalla de Ponte Sampaio, contra os franceses . Entre Valdeorras e O Bierzo foi recollido e publicado tamén un romance, en 1894, sobre o Medulio: \"E poi o Romao / a mórrernos veu.../ queidaron os homes / toitiños mortos / E nostras mulleres / e as nostras fillas.../tooiñas cautivas\". De orixe culto e fontes romanas temos xa que logo unha tradición oral que subliña o martirio do Medulio. Non será en calquera caso ata o século XX, a partir da fundación en 1916 das Irmandades da Fala como proxecto político-cultural, da man de Antón Villar Ponte, cando tomen corpo as ideas Murguía de fusionar o fito do Medulio co discurso galeguista. A mitificación nacionalista do fito do Medulio entre o heroísmo e o martirio, segundo corresponda, ten unha parte de esaxeración e outra de deformación, menos desculpable, que supón atribuírlle ós feitos calidades fóra do seu tempo, para xustificarmos o feito historicamente diferencial de Galicia En 1917, Ramón Cabanillas en Da terra asoballada exalta ó sacrificio heroico do Medulio como base para unha libre determinación de Galicia: \"¡O día do Medulio / con sangue quente e roxa / mercámo-lo dereito / á libre, honrada chouza!\"; tamén como exemplo combativo a seguir: \"Antes de ser escravos, /¡irmáns, irmáns gallegos!/ que corra a sangre a regos /dende a montana ó val\" (himno feito para o movemento agrarista). En 1927, Ramón Villar Ponte, co-fundador das Irmandades da Fala, logo de mencionar a Orosio, lembra na súa Historia sintética de Galicia que os do Medulio preferiron \"a morte á escravitude\", avaliando o suicidio colectivo como \"un ergueiro e digno coroamento â xurdía valentía con que viñeran defendendo a independenza patria\". En 1928, noutra historia de Galicia tamén destinada á divulgación (Compendio de Historia General de Galicia) se fala do Medulio, con esaxeración, como o \"sepulcro de nuestra independencia, cuya acción fué, sin duda, la que más ha influído en la existencia de la nacionalidad gallega\" . Engadindo: \"colosal epopeya, que termina con el suicidio heroíco de los desventurados hijos de Galicia, los cuales enseñaron al resto de la humanidad, cómo se lucha por la libertad de la patria, prefiriendo la muerte a la esclavitud\" . En 1937, Afonso Rodríguez Castelao escribe con retranca, dende o territorio controlado polo Goberno da República, ó comezo de Sempre en Galiza: \"¡Qué importa que unha grea de celtas galegos preferise morrer no Monte Medulio a deixarse domeñar pol-o poderío de Roma!\". Coa guerra civil e as novas que chegaban sobre os asasinatos de inocentes en Galicia, que Castelao inmortalizou nas estampas de Galicia Mártir, a reivindicación nacionalista do Medulio fai máis énfase no martirio . Igualmente dende Barcelona, Castelao escrebe nº 1 de Nova Galiza un artigo propoñendo un novo escudo de Galicia onde o cáliz eucarístico fora substituído por unha fouce e una estrela, co seguinte lema ó redor: \"Denantes mortos que escravos\", inspirado na citada poesía agrarista inspirada na xesta do Medulio de Cabanillas . A derrota republicana da guerra civil favoreceu unha lectura máis fatalista que combativa da fazaña do Medulio que durou toda a longa noite de pedra. Hoxe en día, o tema do Medulio desapareceu practicamente dos manuais de Historia de Galicia, nun movemento pendular que non axuda a comprendermos a nosa historia. Tratase en verdade dun episodio importante para entendermos a conquista romana A mitificación nacionalista do fito do Medulio entre o heroísmo e o martirio, segundo corresponda, ten unha parte de esaxeración e outra de deformación, menos desculpable, que supón atribuírlle ós feitos calidades fóra do seu tempo, para xustificarmos o feito historicamente diferencial de Galicia. Hoxe en día, o tema do Medulio desapareceu practicamente dos manuais de Historia de Galicia, nun movemento pendular que non axuda a comprendermos a nosa historia. Tratase en verdade dun episodio importante para entendermos a conquista romana dende un punto de vista político-militar, así como as mentalidades propias da sociedade celto-castrexa, aspectos esenciais para unha historia integral da Gallaecia antiga, prehistoria dunha Galicia que non se constitúe en nacionalidade ata a Idade Media. *Parte da revisión en curso do vello artigo \"Mitos de la historiografía galleguista\", Manuscrits. Revista d'història moderna, nº 12, Barcelona, 1994, pp. 245-266 (http://www.h-debate.com/wp-content/old-debates/cbarros/spanish/mitos.htm). Publicidade"}
{"ID": "NOS_27755", "summary": "Luís Seoane preséntasenos como un modelo de intelectual, dun tipo de home de letras e artista fillo dunha concepción da cultura ligada ao compromiso social e político. Formado no galeguismo e no marxismo dos anos trinta e na cultura republicana, Seoane fixo parte do máis salientábel da intelectualidade fiel á República. Máis tarde, desde o exilio na Arxentina, desenvolveu unha inmensa obra, pictórica, literaria, editorial e todo este labor estivo situado \"sempre en Galiza\", cerna das súas angueiras culturais e políticas. Seoane é un exemplo de como pode ser conciliada a fidelidade á tradición e o cosmopolitismo. É un creador que en ningún momento renuncia á súa identidade nacional; reivindícaa desde o compromiso coa lingua, coa cultura galega e con todo o traballo que foi feito no exilio para perpetuar a nosa tradición cultural.", "text": "Fillo de emigrantes galegos, Seoane naceu en Bos Aires en 1910. A súa familia tornou a Galiza cando el tiña seis anos. En Compostela estuda Dereito e participa na intensa vida intelectual da cidade nos anos vinte e trinta. Nesta altura os seus debuxos ilustran os xornais e revistas máis comprometidas da época en Galiza como Resol, Ser, Universitarios, El Pueblo Gallego, etc. Afíliase ao Partido Galeguista dentro do que é parte da corrente de esquerda. Durante a campaña do plebiscito polo Estatuto de Autonomía participa realizando carteis. Coa sublevación de Franco en xullo de 1936 consegue saír do país e chegar á Arxentina. Neste período casou coa súa curmá María Elvira Fernández López (Maruxa). Ao chegar a Bos Aires súmase ás entidades que estaban a organizar a solidariedade cos republicanos. Neste contexto é onde aparece en 1937 o álbum Trece estampas de la traición. Seoane formula nel unha intensa denuncia da represión franquista e insire debuxos tematicamente moi próximos aos álbums de Castelao, cun ton en ocasións satírico. Entre eles temos exemplos achegados aos debuxos de Atila en Galicia e Galicia mártir de Castelao. Destaca o que leva por título Impuxeron o Cristo n-a escola, un traballo en que podemos ver un mestre asasinado nunha aula cun crucifixo ao fondo. Nalgún debuxo, como Tricornios, a lembranza formal da obra gráfica de Carlos Maside é evidente. A eles hai que sumar a débeda, sempre recoñecida por Seoane, con artistas xermanos como George Grosz ou co gravador belga Frans Masereel, que xa se percibía na obra dos anos da República antes do exilio. Desde a modernidade suxire o valor simbólico da pintura e escultura medievais En Bos Aires, o exilio e os emigrantes galegos en América e Europa son tema central da súa obra plástica e literaria. Seoane, que parte de iniciais influencias picassianas, acaba por singularizar o seu estilo utilizando na súa obra cores planas, simplificadas, trazando figuras que se converten en emblemas de Galiza, con especial importancia a respecto do universo feminino, cunha intensa natureza plástica, que desde a modernidade suxire o valor simbólico da pintura e escultura medievais. O mundo editorial Ao mesmo tempo, a súa estadía en Arxentina está chea de traballos centrados no mundo editorial, fundando, habitualmente con Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela, revistas, coleccións e editoriais (Dorna, Hórreo, Nova, Botella al mar, Citania), proxectos cos que procuraba dar a coñecer a cultura galega e os seus novos talentos. Tamén fundará a revista Correo Literario e publicará a revista Galicia Emigrante (1954-1959) e o programa de radio que leva o mesmo nome. En 1963, despois de 27 anos de exilio regresa ao país. Xunto ao seu amigo Isaac Díaz Pardo funda o Laboratorio de Formas de Galicia, o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, restauran a actividade na fábrica de cerámicas de Sargadelos e crean Ediciós do Castro (onde publica obras e deseña capas…). O Laboratorio de Formas de Galicia presentou en 1970 un manifesto que defende o afondamento no coñecemento dos sinais dun propio sistema de expresión O Laboratorio de Formas de Galicia supón o nacemento do novo Sargadelos. A institución presentaría en 1970 un manifesto que defende o afondamento no coñecemento dos sinais dun propio sistema de expresión, que se achaban na fondo cultural galego. Para reactivaren este coñecemento póñeno en relación coa tradición da modernidade que tiña precedentes e modelos nos proxectos de laboratorios de deseño como os de Willliam Morris, da Bauhaus, da Escola de Ulm ou dos construtivistas soviéticos da escola Vkhutemas. Plenamente incorporado á dinámica social e cultural galega Seoane morre na Coruña en 1979. Unha obra orientada cara a creación dunha consciencia histórica Luís Seoane desenvolve unha obra pictórica, literaria e editorial desde o exilio que estará orientada temática e formalmente para a formación dunha consciencia histórica con capacidade para se proxectar sobre o presente, con Galiza como eixo, mais cunha vontade de completa universalidade. Seoane vai superar na súa obra o modelo romántico, herdeiro da cultura galega de preguerra, atendendo simultaneamente a unha mudanza formal e a un tratamento temático distinto do realizado pola xeración anterior. No formal, o pintor foi quen de construír unha linguaxe plástica moderna, herdeira da linguaxe das vangardas internacionais das primeiras décadas do século XX. No temático, sen renunciar á representación de escenas e figuras inequivocamente galegas, vai dotar estas dun sentido ideolóxico progresista, de clase, que evidencie á vez a conflitividade e o ideal. Unha concepción da historia que tamén é centro da súa obra literaria, onde destacan os poemarios Fardel de eisilado (1952), Na brétema Sant-Iago (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972) e as pezas teatrais A soldadeira (1957) e O irlandés astrólogo (1959), estas últimas aínda que escritas en galego, publicadas inicialmente en castelán na Arxentina. Seoane sempre combinou un interese pola renovación desde criterios estritamente formais coa preocupación ideolóxica e temática de raíz galega Esta forte presenza do político non debe estrañarnos xa que Seoane sempre combinou un interese pola renovación desde criterios estritamente formais coa preocupación ideolóxica e temática de raíz galega, interesado en dar continuidade a un movemento cultural de carácter nacional. É nese terreo onde se ve o punto de partida, que a súa propia evolución como artista superará, esa fidelidade ao imaxinario popular, ese mantemento do paradigma romántico na arte que Seoane irá deixando atrás na súa obra dos anos cincuenta e sesenta, sempre sen renunciar ao referente cultural galego. Este punto de partida é ben evidente na obra do Seoane pintor que ten como tema dominante a figura humana e como motivo central o universo popular e histórico galego, entre o mito e o relato, e coa Mater Galleciae como representación iconográfica nacional, recoñecendo a débeda con artistas como Maside, Souto, Colmeiro ou Eiroa. Como el mesmo sinala: \"Trátase pra min sempre de unha especie de Nai Galega, outra constante na temática que nos ven dende a prehistoria, a deusa que incorporóu Roma ás súas creencias, a dos cruceiros galegos, as que pintaron Souto e Colmeiro\", mulleres representadas asentadas e \"non enfeitadas por ningún detalle pintoresco\". Neste sentido, Seoane considera que a figuración da muller é fundamental na tradición artística de Galiza e semella vir dun pasado ancestral de ritos litúrxicos colectivos, de danzas e de cantigas das fragas sagradas e dunha época matriarcal na que se adoraba \"a Deusa da fecundidade\". Unha deusa da fecundidade que toma corpo nas mulleres galegas das camadas populares, representacións enxebres da nación e vítimas das problemas sociais do país. O ideal, o símbolo de Galiza, é, daquela, unha muller labrega –como as virxes esculpidas da arte popular e medieval, semellante, por exemplo, ao que recolle para a súa arte Kazimir Malévich en Ucraína e Rusia. Toda a obra de Seoane -pictórica e literaria- é coherente cunha concepción da historia que converte o pobo anónimo no verdadeiro heroe de Galiza: os protagonistas das rebelións medievais, os emigrantes sen nome, as mulleres traballadoras de calquera tempo..., nunha liña presidida polo rigor formal e o compromiso ético inquebrantábel. A idea do gravado como primeiro xesto do home fai que Seoane ligue o acto creador ao desamparo, á soedade, mais tamén á vontade de resistencia Destaca singularmente a súa faceta de muralista e gravador. Para Seoane o gravado enlaza coas orixes, o que lle permite establecer unha xenealoxía da arte ligada a un sentido primixenio da creación, lembrando que desde a noite dos tempos os seres humanos deixaron inscrita en calquera materia o seu mundo, a súa realidade e o seu terror. Esta idea do gravado como primeiro xesto do home fai que Seoane ligue o acto creador ao desamparo, á soedade, mais tamén á vontade de resistencia, é dicir, á máis fonda esencia da condición humana. Unha linguaxe en sintonía coa vangarda internacional Até a guerra civil a súa obra é fundamentalmente debuxo, ilustración, con algún gravado, e manifesta influxos de autores como Maside ou os alemáns Grosz e Dix. Nos primeiros anos de exilio, na Arxentina, o debuxo e o traballo ligado á tipografía e o libro deixan ver influxos picassianos e a pervivencia da pegada do movemento renovador galego: Maside, Colmeiro... Todo este proxecto discursivo e plástico tamén se fai desde a estreita ligazón co universal e integrado no espazo cultural arxentino, coa influencia das vangardas históricas tan importante para el como o diálogo coa tradición. Nos óleos asistimos á evolución do estilo cara a un maior sintetismo. As pinturas dos anos cincuenta presentan figuras de rexa estrutura e forte estatismo e monumentalidade. Progresivamente vai gañando terreo o esquematismo e o dinamismo, alterna os trazos nas figuras sobre a cor e reproduce figuras hieráticas que se reducen a esquemas figurativos, de contido simbólico, con formas organizadas en planos con cores contrapostas, de enorme poder de suxestión. A independencia da superficie da cor con relación coa contorna aséntaa Seoane por medio de trazos negros que estruturan as formas Seoane traballa sobre a relación entre a superficie coloreada e a liña, problema que fora fundamental no labor de artistas como Fernand Léger ou Le Corbusier, nunha liña ben vizosa na evolución da pintura do século XX. A independencia da superficie da cor con relación coa contorna aséntaa Seoane por medio de trazos negros que estruturan as formas. Afonda en aspectos da pintura entendida como proceso autónomo, autorreferenciado e lexíbel desde leis propias, no ronsel dalgunhas das fórmulas das vangardas históricas e nunha orientación que ten un dos fundamentos, é claro, no cubismo, aínda que de ningunha maneira o pintor funciona mimeticamente a respecto desta corrente, xa histórica na altura en que traballa o noso pintor. Neste sentido, estas pinturas son tamén debedoras dos achados da súa plástica dos corenta e dos cincuenta, unha visión enriquecida pola experiencia sintética de ilustrador, gravador e muralista, xa que das primeiras tira a concepción da relación entre liña e plano de cor, independentes mais inseparábeis e da segunda, a muralista (Nacemento do teatro arxentino, Teatro San Martín, Buenos Aires, 1955), adopta a proxección monumental que acaba por transmitir nos óleos. Neste contexto tamén cómpre sinalar o maxistral cartelismo (Cinzano, 1952) e o deseño editorial, en que o sintetismo e a expresividade alcanzan uns valores absolutos. Consciencia e dignidade Porén, non debe ser esquecido que a obra de Luís Seoane é, toda ela, un exercicio de consciencia e dignidade contra a desmemoria. O artista deseña as imaxes e calquera manobra de ocultación desaparece, porque con el recuperamos persoas reais que son tamén heroes e son pobo, tan heroes e pobo como os emigrantes anónimos; os \"fuxidos\", vítimas da guerra civil; os perseguidos do franquismo ou as heroínas e heroes medievais como María Balteira ou Roi Xordo, evocados en gravados, cerámicas e tapices que lembran as guerras irmandiñas, en que o líder da sublevación antiseñorial do século XV é cinsa e é pan que diría o poeta amigo Lorenzo Varela-, é parte física e tamén parte da substancia ética do que nós somos."}
{"ID": "PRAZA_17723", "summary": "O Eixo Atlántico de cidades lembra que a electrificación da conexión ferroviaria con Portugal debe culminar nunha liña modernizada da Coruña a Lisboa. O Goberno portugués resalta entre os obxectivos das obras a \"melhora das ligações internacionais do corredor Porto-Vigo\"", "text": "Portugal mantén o roteiro para contar cunha conexión ferroviaria modernizada con Galicia na contorna do ano 2020. O ministro das Infraestruturas de Portugal, Pedro Marques, solemnizou este venres na estación de Valença do Minho, tras uns lixeiros atrasos, a contratación dos traballos de electrificación do treito da Linha do Minho dende Viana do Castelo ata a localidade fronteiriza. O investimento, de 18 millóns de euros, é clave para 'xubilar' os vellos trens que seguen a unir Vigo co Porto e por iso dende o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e do norte de Portugal reiteran a súa advertencia: é \"urxente\" que o Goberno de España faga a súa parte dos traballos e que a Xunta prema neste sentido para lograr de vez unha conexión ferroviaria moderna, en último termo, da Coruña a Lisboa.A construción das infraestruturas necesarias para a circulación dos novos trens e os cambios no trazado das vías, que data de finais do século XIX, estarán rematadas a mediados de 2020 e antes de finais deses mesmo ano, segundo o cronograma que manexa o Goberno portugués, xa estarán culminadas as probas e certificacións definitivas. \"A concretização destes investimentos visam dotar a Linha do Minho de um nível de serviço superior, com melhores níveis de segurança, eficiência e competitividade do sistema ferroviário\", afirman dende Infraestruturas de Portugal, ente público do país veciño que resalta entre os obxetivos dos traballos a \"melhora das ligações internacionais do corredor Porto-Vigo\".O Goberno portugués resalta entre os obxectivos das obras a \"melhora das ligações internacionais do corredor Porto-Vigo\"En opinión do presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e mais do secretario xeral da entidade da eurorrexión, Xoán Vázquez Mao, cómpre dar os parabéns ao Goberno de Portugal porque se está a \"facer eco das peticións da entidade\" e a apostar \"pola mellora das comunicacións ferroviarias cara a Galicia\". \"O Goberno portugués honra os seus compromisos\", segundo Vázuqez Mao, quen subliña que \"lamentablemente, non se pode dicir o mesmo do anterior Goberno español\", que \"o máis que ofertou foi a electrificación de oito quilómetros entre Tui e Guillarei sen que ata hoxe se movese un papel\". É por iso, advirte, qu eo Eixo \"ten prevista unha reunión co novo ministro\" de Fomento, José Luis Ábalos, para \"desbloquear a situación\".Ponte ferroviaria sobre o río Coura, en Caminha, e esquema da catenaria -intalación eléctrica- para que os trens eléctricos poidan transitar por el / Infraestruturas de PortugalO Eixo Atlántico de cidades lembra que a electrificación da conexión ferroviaria con Portugal debe culminar nunha liña modernizada da Coruña a LisboaTrátase, subliña a entidade que agrupa concellos das dúas beiras da raia, de promover unha \"conexión competitiva cómoda entre Vigo e Porto\" que \"convertería a liña en A Coruña-Lisboa\", máis aínda tendo en conta que mesmo existe xa interese por explotar esta liña por parte da empresa Arriva, filial da alemá Deutsche Bahn. Para que esa conexión sexa realidade cumpriría, cando menos, que Adif electrifique os 8 quilómetros que separan Guillarei da ponte sobre o Miño. Así e todo, o Eixo advirte de que a súa aposta segue a ser a construción da coñecida saída sur de Vigo, un proxecto que cuantifica nuns 400 millóns de euros que implicaría abrir un túnel baixo a cidade e outro por baixo dos montes do Meixoeiro para levar as vías ata O Porriño. De facerse, suporía a fin dos rodeos do tren por Redondela e do paso da liña polo centro do Porriño.No acto celebrado este venres na estación de Valença estivo tamén presente a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, cuxas xestións neste eido son lidas de xeito moi crítico dende o Eixo Atlántico. Vázquez mantivo que a saída sur de Vigo é \"complexa, pero necesaria\" e quixo \"lembrar\" que \"a Xunta mantén activa dende hai anos a demanda para que o Ministesrio de Fomento impulse as melloras necesarias no percorrido galego\" do tren ao Porto."}
{"ID": "PRAZA_9270", "summary": "A ministra de Industria, Reyes Maroto, reúnese con representantes do comité e asegura que \"Investidores españois e fondos de investimento\" xa se interesaron pola planta e que o novo estatuto para empresas de alto consumo estará no Congreso \"en dous meses ou menos\"", "text": "A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegurou este martes na Coruña que hai xa varios investidores interesados na compra da planta de Alcoa da Coruña, ameazada co peche definitivo e con cinco meses de marxe para buscar compradores. Segundo dixo, hai \"distintos perfís\" de ofertas, entre as que se inclúen \"investidores españois e fondos de investimento\", que se están a avaliar. Logo dunha xuntanza co delegado do Goberno central, Javier Losada, e con representantes do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Reyes Maroto dixo estar confiada en \"ter axiña\" un investidor \"que dea garantías de continuidade\", aínda que evitou dar máis detalles á espera dos resultados das reunións da mesa de seguimento que se xuntou tamén este martes coa presenza de representantes do Ministerio, a Xunta, o Principado e dos traballadores. A ministra de Industria di que hai varias ofertas que o Goberno central xa avalía: \"Investidores españois e fondos de investimento\"\"Xogouse o partido de ida e agora hai que xogar a volta\", dixo Maroto sobre a situación das plantas de Alcoa tras o acordo coa empresa para buscar un investidor antes do vindeiro 1 de xullo. Ademais, a ministra anunciou que o Goberno levará ao Congreso \"en dous meses ou menos\" o Estatuto do Consumidor Electrointensivo. Esa medida, xunto ao contrato-remuda do que se podería beneficiar un futuro investidor e a \"alta calidade\" do aluminio que se produce nas dúas instalacións serán as claves, segundo Maroto, para achar unha solución que dea \"certeza e calidade a medio e longo prazo\". Precisamente, e despois da mesa de seguimento en Madrid, a Xunta reclamou ao Executivo central un borrador dese Estatuto do Consumidor Electrointensivo no que traballa para traballar en paralelo ao período de consulta pública aberto do proxecto do real decreto e poder así incluír propostas para Galicia. Ademais, Miguel Conde, membro do comité de empresa de Alcoa na Coruña, volveu a pedir ao Goberno central \"compromiso para buscar unha solución\" e confirmou que neste martes comezou o proceso para a paralización da actividade en 50 cubas electrolíticas na fábrica, \"o corazón da planta\". Para os traballadores, segundo dixo, é \"un trauma\" que se paralice esta parte da produción, aínda que aclarou que o persoal farao \"nas mellores condicións para poder volver arrincalas\" se aparecese un investidor.Por outra banda, Reyes Maroto tamén se reuniu co comité da planta de Isowat na Coruña. A ministra de Industria aclarou que, despois dunha primeira oferta \"que non responde ao que necesita a fábrica\", traballarase coa Xunta, o comité e o administrador concursal para buscar \"novas ofertas\". \"O noso compromiso é acompañar na resolución desta crise\", rematou, lembrando que a planta é \"rendible\"."}
{"ID": "NOS_54159", "summary": "Rueda quer pilotar o proceso de negociación cos sindicatos de xustiza, mais condiciona a reabertura das conversas a que as centrais desconvoquen a greve indefinida, posta en marcha o 7F. A representación laboral ve na oferta do vicepresidente da Xunta unha \"chantaxe\" á que non se van pregar.", "text": "\"Se Rueda quer se sentar connosco esa é a súa obriga, mais non imos parar ningunha greve antes de negociar\", afirmaron portavoces das distintas centrais que sustentan a greve, declaracións que foron recollidas por Europa Press. A greve alcanza esta cuarta feira o seu 16 día laborábel efectivo. \"Non aceitamos chantaxes, esa será a postura do comité\", acrescentaron desde as portavocías sindicais. \"Non se vai desconvocar o paro mentres non haber garantías de que posición da Xunta é outra. Primeiro, que sente [Rueda], ver a proposta que nos trae, analisar se sería aceitada polos traballadores e, se é aprobada por eles, se desconvoca a greve. Ese é o procedimento\", esclareceron. As centrais recusan por tanto a oferta de Rueda e danlle á volta: a desconvocatoria da folga só pode chegar como produto dunha negociación e non como condición previa para reabrir as conversas. Esta cuarta feira, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou estar disposto a \"falar de todo\" e mesmo abriu a porta á hipótese de realizar unha nova oferta de incremento salarial. Nas súas declaracións, Rueda mantivo en todo momento o discurso oficial da Xunta: estaríamos exclusivamente perante un conflito salarial. \"O que fica por negociar é a parte económica\", dixo. O vicepresidente do goberno galego finxe así ignorar que a táboa de reivindicacións das e dos traballadores vai moi alén do asunto das retribucións e remite para a necesidade de incrementar os recursos [materiais e humanos] postos a disposición dun servizo público duramente castigado polos recortes."}
{"ID": "PRAZA_12328", "summary": "A plataforma independentista sinala que contactarán con \"formacións de esquerda nacionalista e co 15M\" para \"expandirse\"", "text": "\"Actualizar a necesidade dun proxecto político soberanista en Galicia\"\" este será o obxectivo do plenario aberto que a plataforma Causa Galiza celebrará o vindeiro día 25 para \"renovar\" a súa \"aposta pola soberanía nacional\". Segundo os seus voceiro, Aurélio Lopes, \"todos os colectivos e partidos que queiran\" poderán achegarse a un \"debate participativo e plural\" no que abordarán unha \"conxuntura\" que, ao seu xuízo, ten como trazos fundamentais o \"esgotamento da vía estatutaria\" e os intentos de \"recentralización e baleirado competencial\" da propia autonomía, preceptos, que, di, non só defende o PP, senón tamén outras formacións como \"sectores do PSOE\" e partidos como UPyD. O vixente Estatuto, din, tivo \"efectos negativos para Galiza\", afirmación que, asegura Lopes, se demostra no incremento do desemprego ou nos \"mínimos históricos\" que experimenta o uso do galego. \"Carecemos dun marco que defenda os nosos dereitos como pobo\", explica, nun contexto no que non observa \"vontade\" en ningunha das forzas parlamentarias galegas para asumir as súas teses. \"Tampouco no BNG\", engade, quen, na sú aopinión, obviou as \"teses soberanistas\" no debate de política xeral que se vén de celebrar no Parlamento. Sobre esta base, Causa Galiza fai un \"chamamento a soberanistas e independentistas\" para sumárense á plataforma e \"fortalecer\" a súa estrutura organizativa. Trátase, di, de \"gañar amplos sectores da sociedade galega\" en torno á idea de que \"a única opción digna e positiva para os intereses da maioría social galega é conquistar a soberanía\". \"Estamos nun momento crucial no que se están redefinindo as lindes políticas e ideolóxicas no nacionalismo galego\" e por iso, di, apelan a todas as persoas que se sintan identificadas cos principios de Causa G aliza \"por riba de filiacións políticas ou de lexítimas estratexias partidarias\"."}
{"ID": "NOS_30678", "summary": "Seguimos de perto o que está a acontecer en Catalunya, entrevistamos Caxade, falamos de como o artigo 155 xa se aplica na CRTVG, tratamos o escenario que vén após os incendios que arrasaron o país... Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.", "text": "As cifras son alicerces fundamentais no argumento sobre o que erixe o procés soberanista en Catalunya. Tamén o son dos unionistas que, alentados por grandes medios de comunicación, difunden estudos que contradín os cálculos oficiais sen rigor. Debullamos como afectaría ao Estado español a independencia de Catalunya, sobre a base de que, ao igual que acontece con Galiza, achega máis ás arcas españolas do que recibe. 'Unha República catalá autosuficiente'. 'Lumes de nova xeración contra un dispositivo vello'. Precísase formación para a poboación e os bombeiros e vehículos terrestres e aéreos adaptados ao territorio. Unha vaga de incendios como a que Galiza sofreu a mediados de outubro sobrepasa con moito o simple problema ambiental para entrar de cheo no social e no económico. Os incendios golpearon sectores produtivos básicos do país para alén de poñer sobre a mesa unha cuestión: Quen asume e cobre os enormes danos? 'O risco dunha economía en cinzos'. En Análise, centrámonos no estado social de dereito e o capitalismo. 'Creación de emprego público, sinónimo de calidade de ensino'. O Goberno galego considera o profesorado unha mercadoría máis de consumo. O tempo en política é unha variábel esencial. Tamén a desmemoria. Con iso xoga Feijóo, acosado por vez primeira en moito tempo, co espectro de Nunca Máis a sobrevoar Monte Pío. Un político tan experimentado como el cometeu un erro imperdoábel a ollos dos seus asesores: confesar que na vaga de lumes a Xunta perdera o control durante 12 horas. Agora tenta alimentar a tese do \"terrorismo incendiario\". Os dados non lle dan a razón. 'Feijóo gaña tempo para enfriar o escándalo pola súa xestión dos lumes'. 'Na CRTVG xa está en vigor o 155'. A suspensión do autogoberno catalán pasa tamén pola ocupación da TV3 e pola súa condución desde Madrid. Niso vai consistir a aplicación do artigo 155. Na TVG non é precisa esa intervención, o 155 está permanentemente en vigor. . O pobo mapuche foi obxecto dun colosal saqueo. A meirande parte das súas terras na Patagonia arxentina, como tamén no veciño Chile, foron apropiadas pola forza polos seus gobernos para acabar entregándollas a terratenentes e grandes corporacións. Diante desa inxustiza, comunidades como o lof de Cushamen optaron pola ocupación para recuperar a terra que lles pertence. 'O pobo mapuche en loita contra o imperio Benetton'. 'Merkel inicia as negociacións para asegurar a súa reelección'. A chanceler puxo en marcha as conversas con liberais e ecoloxistas para tentar un goberno de coligazón. Entrevistamos o músico Alonso Caxade (Ames, 1981), cando leva xa 50 actuaciónsa o lombo presentado o seu traballo 'E isto é o amor'. \"Não há uma indústria musical galega. Realmente se a há, é para as orquestras de músicas de moda. A indústria musical galega não existe, falar dela é falar do que possa existir ao melhor no futuro\". Hai un Colón xenovés, un Colón corso, un Colón francés, un Colón inglés pero tamén un Colón portugués, vasco, catalán, para algúns nado en Barcelona e para outros nas illas, español, reclamando a súa paternidade Andalucía, Extremadura ou Aragón, e mesmo grego ou armenio. A reivindicación da galeguidade de Colón foi iniciada nos anos finais do século XIX polo pontevedrés Celso García de la Riega. 'Colón, galego?' Ademais, as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Pilar García Negro, Xavier Queipo, Julián Bustelo, Nachortas, Tokio, Iago Varela, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Celia Díaz e pepe Barro."}
{"ID": "NOS_32268", "summary": "O comité de empresa denunciou perante a Inspección de traballo os incumprimentos da dirección do hospital vigués na fixación dos servizos mínimos pactados", "text": "A patronal hospitalaria, sinalan desde o comité de empresa de Povisa \"está a vulnerar o acordo\" alcanzado c@s representantes sindicais polo que se fixaban un servizos mínimos para a folga indefinida que comezará o vindeiro 19 de agosto. O vindeiro 27 de agosto os tribunais decidirán se Povisa debe ou non recoñecer a vixencia do convenio extinguido Están \"mudando as quendas, colocando traballadoras en mínimos en servizos que deberían estar pechados, como policlínica, radioloxía nas consultas e outros\" denuncian desde o comité ao tempo que aseguran, esta actitude non é máis que unha outra \"evidencia da falta de vontade da dirección para acadar calquera entendemento\". @s traballadoras e traballadoras do hospital privado de Vigo convocaron unha folga indefinida após a suspensión das negociacións do novo convenio colectivo. Neste senso, a patronal de Povisa pretende \"impor unha merma inasumíbel das condicións salariais e laborais\", denuncian desde a CIG. A dirección do hospital pretende impor unha redución salarial do 40%-52% Neste senso, o vindeiro 27 de agosto terá lugar o xuízo en que se dirimirá a vixencia ou non do anterior convenio á espera de que sexa negociado un novo. Embora a empresa agarda poder aplicar o convenio provincial logo de expirar o de empresa --mediante o que se reducirían entre o 40% e o 50% os salarios-- desde a CIG lembran que existen precedentes en que a xustiza \"obrigou á empresa a recoñecer a vixencia do convenio\". Cuestión que consideran un \"varapau\" para \"a reforma laboral do PP\"."}
{"ID": "NOS_22317", "summary": "A presidencia da República de Alxeria acusou a súa homóloga española de cometer \"unha violación das súas obrigais legais, morais e políticas como poder administrador do territorio que pesan sobre o Reino de España\" polo cambio de postura en relación ao Sáhara Occidental.", "text": "O Goberno alxeriano vén de suspender de maneira unilateral o Tratado de Amizade e Cooperación co Estado español, froito do xiro de postura anunciado polo Executivo de Pedro Sánchez o pasado mes de marzo con respecto á ocupación do Sáhara Occidental por parte de Marrocos. Este tratado, que constaba de 8 puntos, estaba vixente desde o 8 de outubro de 2002, e conta con grao de oficialidade (foi publicado no Boletín Oficial do Estado). Alxeria chama a consultas o embaixador en Madrid polo apoio de España ao plan marroquí para o Sáhara O obxectivo do mesmo era reforzar \"os estreitos lazos históricos e culturais existentes entre os seus pobos e a proximidade xeográfica que lles une na rexión estratéxica do Mediterráneo\". Tamén pretendía \"reforzar permanentemente o coñecemento recíproco, as relacións de amizade, os contactos humanos e os vínculos de toda clase entre Alxeria e o Estado español. \"Inxustificábel\" cambio de postura A decisión do Goberno alxeriano chega despois de que o presidente español, Pedro Sánchez, volvese defender na sesión plenaria desta cuarta feira o \"inxustificábel\" cambio de postura do Estado no Sáhara Occidental, tal e como o definiu o Executivo do país norafricano. Neste sentido, Alxeria considera que \"as autoridades españolas emprenderon unha campaña para xustificar a posición adoptada sobre o Sáhara Occidental\". Alxeria ameaza con cortar o subministro de gas tras o achegamento de Sánchez a Marrocos A presidencia da República de Alxeria acusou a súa homóloga española de cometer \"unha violación das súas obrigais legais, morais e políticas como poder administrador do territorio que pesan sobre o Reino de España\". Desde que se fixese pública a carta que Pedro Sánchez enviou ao monarca de Marrocos, Mohamed VI, confirmando o seu apoio á proposta de Rabat para o Sáhara Occidental, a relación diplomática e económica entre Alxeria e o Estado español está a verse debilitada."}
{"ID": "NOS_24903", "summary": "Os ex-celtista e deportivista adesntrarán a selección galega, que volve competir este 20 de maio, contra Venezuela e en Riazor.", "text": "Un das Neves, no sur de Pontevedra, e outro de Palmeira (Ribeira), na beira norte da Ría de Arousa. Michel Salgado e Fran González, dous futbolistas bandeira para celtismo e deportivismo e que se unen para representar Galiza. Mbos os dous van ser os treinadores da selección galega, que volve competir este 20 de maio, contra Venezuela e en Riazor. Rafael Louzán, presidente da Federación galega de fútbol, agracedeceu os presidentes de Celta e Dépor a súa \"gran disposición\" para facilitar este encontro. Mais a selección non será, nin moito menos, algo que só atinxe a estas dúas equipas, senón que atinxirá seguro a máis clubes de fútbol galego á hora da implicación na súa conformación. \"Os dous están encantados e orgullosos\", afirmou Rafael Louzán, presidente da Federación galega de fúbol Louzán adiantou que Celta e Deportivo viaxarán este verán a América para xogar un derbi galego nun dos principais territorios da diáspora galega. Explicou que ese amigábel está \"practicamente pechado\", aínda que non quixo concretar onde se celebraría o partido. A Federación Venezolana de Fútbol confirmou que viaxará a Europa para xogar fronte a Galiza como parte da súa preparación para a Copa América Cententario, na que teñen depositadas moitas esperanzas, logo de ser semifinalistas na edición de 2011. Este ano a competición dispútase en Estados Unidos, e Venezuela quedou encadrada no grupo C con México, Uruguay e Jamaica."}
{"ID": "PRAZA_349", "summary": "O Constitucional decidirá sobre a primeira unión de concellos impulsada por Feijóo tras por enriba da mesa o TSXG unha cuestión de inconstitucionalidade. A Xunta aplicou a lei estatal, que lle permitiu aprobar a unión con maioría absoluta, por riba da lei galega que exixía dous terzos.", "text": "Será o Tribunal Constitucional o que decida sobre a fusión dos concellos galegos de Oza dos Ríos e Cesuras, aprobada definitivamente en xaneiro de 2013. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha providencia na que considera que o artigo 32 da Lei de Administración Local de Galicia de 1997 pode ser \"contrario á Constitución\" ao determinar que as unións voluntarias de concellos se aprobarán co voto favorable das dúas terceiras partes da Corporación mentres que existe unha lei estatal, a Lei de Bases de Réxime Local, que di que abonda cunha maioría absoluta. O TSXG emite unha providencia na que considera que o artigo 32 da lei de administración local pode ser \"contrario á Constitución\" Xa que logo, a fusión entre estes dous concellos, coa que Feijóo quixo simbolizar unha iniciativa que pretende espallar a outros municipios, podería ser inconstitucional. O TSXG emitiu esta resolución tras a impugnación do acordo de fusión que realizou o PSOE -o recurso do BNG está á espera- e solicitou ao Ministerio fiscal e ás partes que presenten alegacións sobre a pertinencia de expor a cuestión de inconstitucionalidade ao tribunal. No entanto, o Superior condidera que é necesario que se pronuncie o Constitucional, polo que acabará expoñéndolle a cuestión. Ao haber unha contradición entre unha norma estatal e unha autonómica, en caso de maiorías é a estatal a que prevalece. Neste caso habería que anular a disposición galega e é o Constitucional quen o pode facer porque o TSXG non pode inaplicar unha lei dunha comunidade autónoma sen antes eliminar o que contradi a norma básica. Así o entende a Consellería de Presidencia da Xunta, que nun comunicado subliña que \"o TSXG non pode sen máis inaplicar a lei galega, senón que debe expor a cuestión de inconstitucionalidade ante o Constitucional\". A lei galega exixe maioría de dous terzos para as unións voluntarias de concellos, pero coa lei estatal -que foi a aplicada- abonda a maioría absoluta Presidencia sinala que esta providencia do Superior é o \"paso previo para que o Constitucional confirme de novo que a maioría aplicable é a maioría absoluta e declare neste punto que debe prevalecer a Lei de Bases de Réxime Local\". Porque a Xunta defendeu a fusión acolléndose e defendendo unha lei estatal e non a súa propia lei autonómica, que é máis restritiva aínda. A cuestión é vital porque se o Constitucional conclúe que prevalece a estatal e anula o artigo da lei galega, o TSXG desestimaría os recursos expostos e ratificaríase a fusión. Pero no caso contrario, daríase validez á maioría de dous terzos e no pleno no que se aprobou a fusicón, en xaneiro de 2013, tan só o PP votou a favor da unión, cos votos en contra de socialistas e BNG. Neste caso, non sería válida a fusión. Non obstante, os precedentes parecen indicar que se anulará o artigo da lei galega para dar validez á lexislación estatal e ao requirimento da maioría. En definitiva, e como lembra a propia Xunta, confirmar a inconstitucionalidade do artigo da lei galega equivalería tamén a confirmar a legalidade da fusión. Así o advertira o Consello Consultivo en 2013, que puxera a lei estatal como referente. O PSdeG cre \"gravísimo\" que a Xunta deixase de aplicar a súa lei e o BNG pide a dimisión do alcalde do concello fusionado \"É un feito inédito e gravísimo que o Goberno galego deixara de aplicar a súa propia lei\", asegurou o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Julio Sacristán, que criticou que o Executivo de Feijóo, malia contar con informes xurídicos que xa apuntaban esta posibilidade, \"deixara de aplicar a súa propia lexislación para querer converterse no Tribunal Constitucional, que é o que debe dirimir agora a constitucionalidade o non do proceso\". O BNG, pola súa banda, xa anunciou que está estudando presentar alegacións no prazo requirido polo TSXG. \"O que mal empeza mal acaba\", manifestou a concelleira Estefanía Busto, que acusou o PP de \"forzar a lei facendo interpretacións distintas nos dous concellos para sacar adiante a fusión como fose, e as consecuencias vannas pagar as veciñas e veciños\". \"Diante do auto do Superior sobre a fusión, o mínimo sería que o alcalde dimita\", asegurou."}
{"ID": "NOS_40163", "summary": "Así o anunciou ás portas desde Madrid após anunciar o PSC que votaría a favor do dereito a decidir do pobo catalán.", "text": "Apelando ao programa electoral co que concorreu ás eleccións, Chacón asegura que non apoiará as resolucións \"de ruptura\" presentadas por CiU e ICV logo de que @s compañeir@s do PSC anunciasen o seu voto favorábel ao dereito do pobo catalán a decidir. A deputada por Barcelona desmárcase así da súa federación e apoia a postura defendida por Madrid que rexeitará a proposta. Malia a que o líder d@s socialistas catalá(n)s se amosaran convencid@s de que Chacón votaría a favor, a ex-ministra de Defensa afirmou que \"hai só 15 meses\" que se presentou cun programa electoral que apostaba, dixo, \"polo entendemento entre Catalunya e España e esas son as miñas convicións\". Con rotundidade a deputada rexeitou apoiar as resolucións presentadas por CiU, ICV e ERC, formacións das que dixo \"veñen de inciar un proceso de ruptura\". Carme Chacon sentenzou que non estará \"na ruptura de Catalunya con España\" e asegurou que xa anunciou a súa decisión ao líder do PSC, Pere Navarro, ao que lle comunicou que poría a disposición da formación o seu escano como deputada por Barcelona."}
{"ID": "NOS_52744", "summary": "Na noite da quinta feira comunicárase que as tropas terrestres de Israel ingresaran na Franxa de Gaza. Porén, horas despois o propio Exército israelí aclarou que a información era errada e que se difundira debido a un problema de \"comunicación interna\".", "text": "Israel ameaza Gaza cun ataque terrestre en medio de ataques aéreos e o seu Exército reforza tropas e tanques perto do enclave palestino sitiado. Na noite da quinta feira continuou o lanzamento de proxectís de artillaría por parte do sionismo. Tropas israelís permanecen concentradas na fronteira cando o número de falecementos en Gaza aumenta a medida que Israel intensifica os bombardeos. Estímase que as mortes entre a poboación palestina chegan a 115 -entre eles, cando menos, 31 crianzas-, que a cifra de persoas feridas supera as 600 e que son máis de 4.000 os edificios danados. Tamén finaron seis israelís e un cidadán indio. Tamén se produciron enfrontamentos violentos entre xudeus israelís e cidadáns palestinos en varias cidades pertencentes a Israel. En Cisxordania, un neno resultou ferido na mañá da sexta feira, por unha bala, tras os choques entre colonos e palestinos, informa a axencia de prensa Safa. De feito, unha publicación de New Press nas redes sociais amosa varios colonos israelís atacando fogares palestinos na cidade de Hebrón, en Cisxordania. Noutra posíbel escalada, disparáronse cando menos tres foguetes desde o sur do Líbano cara a Israel. O líder de Hamas, Ismail Haniyeh, emprazou os cidadáns palestinos dos territorios ocupados e de Israel a saíren e manifestárense esta sexta feira, segundo día de Eid al-Fitr, que celebra a fin do xaxún do Ramadán. Nas últimas horas, bombardeos de artillaría golpearon o sur da cidade de Gaza, onde se alcanzaron casas de civís."}
{"ID": "NOS_18087", "summary": "O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar denuncia a vaga de recortes e medidas arbitrarias que este departamento autonómico fai co seu persoal, alén de alertar sobre o impacto das mesmas na calidade do servizo. O comité tamén critica o intento da Consellería de silenciar estas denuncias", "text": "O comité de empresa de Traballo e Benestar vén de denunciar a vaga de recortes e medidas adoptadas por esta Consellería cos seus emrpegados e que están a ter un efecto na calidade dos servizos prestados, afectando así directamente aos e ás usuarios. Unha denuncia que o comité tivo que realizar esta terza nunha comparecencia na rúa ao denegarlle a xefatura territorial o local solicitado para dar a rolda de imprensa. O presidente do comité, López Viqueira, puxo como exemplo da continuidade por parte da Xunta das políticas contra o persoal de Traballo e Benestar \"que xa non temos nin compensacións por traballar domingos ou festivos\", algo que si posúen empregados públicos doutras consellerías e departamentos autonómicos, \"como o Sergas ou Medio Rural\". A isto hai que engadir que en centros dependentes de Traballo e Benestar como residencias de maiores, centros de menores, de atencións a persoas con dependencia,... hai persoal que \"está a traballar nove días seguidos sen descanso,..\" Efectos Viqueira insiste en que esta situación, \"que é insoportábel\", ten consecuencias directas nos usuarios, \"pois, lóxicamente, esas medidas sobre o persoal redundan na calidade asistencial prestada\". Alén diso, a aposta da Consellería de Traballo e Benestar neste mandato pasou amortizar prazas, privatizar centros e servizos...A maiores, aplicou unha política de recortes \"mais sen facer un protocolo de ónde e como. Querían que asumísemos nós a responsabilidade de decidir ónde\". Eso sí, apuntan desde o comité de empresa, os responsábeis da Consellería \"fártanse de vender que crearon non sei cantas prazas, de que fan unha boa xestión...\". Palabras para o público, sinalan. Na realidade imperan os recortes e o seu impacto directo en persoal e usuari@s."}
{"ID": "NOS_44147", "summary": "Os pacientes nas UCI galegas por coronavirus tamén baixan.", "text": "O número de persoas hospitalizadas na Galiza con Covid-19 aumentou levemente nas últimas horas e pasou de 406 a 412, aínda que son menos os pacientes que requiren coidados intensivos (baixan de 64 a 60), segundo os datos que publica esta segunda feira a Consellería de Sanidade actualizados a este domingo, ás 18:00 horas. Así, a área con máis persoas ingresadas segue sendo a da Coruña e Cee, que ten 120 pacientes con Covid nos seus centros hospitalarios. Deles, baixou nun o número de casos en coidados críticos, até os 22, e subiu na mesma cifra o total de persoas en unidades de hospitalización convencional, até 98. Na área de Vigo hai 77 persoas hospitalizadas, das que 11 están na UCI (unha menos); mentres que na área de Pontevedra e O Salnés hai 53 pacientes de Covid nos hospitais: 9 están en Coidados Intensivos (os mesmos que 24 horas antes) e 44 en unidades convencionais (dúas máis). Na área de Santiago e Barbanza houbo un leve aumento de persoas hospitalizadas. Na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 44 persoas con covid-19 nos diferentes hospitais, das que 5 seguen na UCI (as mesmas que o día anterior) e 39 están en unidades convencionais (dúas máis). En Ferrol o número de ingresados subiu a 36, aínda que hai dous pacientes menos en unidades de críticos. Así, os casos en UCI baixaron de 6 a 8, pero aumentaron de 27 a 30 os pacientes en 'planta'. Finalmente, na área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, mantense unha persona na UCI, mentres que baixan de 31 a 30 os pacientes ingresados en unidades convecionales de hospitalización. Máis aló dos ingresados, Galiza sumou en 24 horas outros 260 positivos por Covid-19, unha baixada de 17 con respecto ao día anterior. No entanto, cabe destacar que se produciu unha caída de máis de 1.300 no número de PCR realizadas nun día, até as 5.364. Pola súa banda, a taxa de positividade experimentou este domingo unha lixeira suba até o 5%, precisamente o límite establecido pola Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia. No que respecta aos casos activos en toda Galiza -é dicir, a cifra de persoas diagnosticadas da enfermidade-, mantén a súa tendencia á baixa e esta segunda feira conta con 6.644 pacientes. Este descenso sostido rexístrase en todas as áreas sanitarias agás na de Santiago-Barbanza, que experimentou unha suba de 11 casos activos, até os 795. A cifra de mortos que deixa a pandemia na Galiza continúa en aumento e ascende xa a 1.257 despois de que a Consellería notificase sete falecementos nas últimas horas, tres deles relacionadas con residencias de maiores."}
{"ID": "NOS_13809", "summary": "O candidato socialista logrou 167 votos a favor por 165 en contra e 18 abstencións.", "text": "Á segunda foi a vencida e o que non logrou este domingo -precisaba maioría absoluta- conseguiuno esta terza feira -abondaba ter máis votos a favor que en contra-: Pedro Sánchez é presidente do Estado español. Logrouno grazas aos apoios non só do seu partido, PSOE, e socias de coalición, Unidas Podemos, senón tamén aos votos a favor ou abstención de diferentes forzas de esquerdas e soberanistas, do BNG a ERC ou Bildu, de Compromís a Más País ou Teruel Existe, entre outros. O debate de investidura desta terza feira, sen acadar o nivel de tensión do domingo, tamén reflectiu como a dereita quer deixar claro desde o minuto cero que considera este Goberno ilexítimo e supeditado a todo tipo de concesións e chantaxes: de 'etarras', de 'golpistas', de 'bolivarianos', de 'separatistas'... O medo á pantasma do transfuguismo percorreu as paredes do Congreso desde que o domingo se clarificaran as contas de Pedro Sánchez para a investidura, pois o candidato á Presidencia do Estado apresentáse cunha vantaxe de apoios de tan só 2 votos (167 a favor fronte 165 en contra). Con que só unha ou un representante que se prevé nas bancadas do 'si' mude polo 'non', daríase un empate e, por tanto, unha nova falida sesión de investidura. A esa posíbel sorpresa de última hora é a que se aferraban no PP, Vox e Ciudadanos para que Sánchez non recunque na Presidencia. Tamén a denominada 'brunete mediática', que nestas 48 horas enfatizou todo tipo de mensaxes catastrofistas e situou como responsábeis da 'desfeita' dun goberno 'rojoseparatista' a todas as que non comungar cos seus postulados do que ten que ser o Estado español. E iso levou ao que levou, desde ameazas a deputado de Teruel Existe até insultos a parlamentares socialistas ou mesmo chamadas a 'boicot' de produtos da Galiza. Finalmente, a votación esclareceu o escenario. 167 vostoa favor, 165 en contra e 18 abstencións. Pedro Sánchez, con este resultado, é eleito novo presidente do estado español."}
{"ID": "NOS_41164", "summary": "O concello asumirá a xestión a partir do 1 de febreiro após meses de protestos e negociacións.", "text": "A mobilización tivo os seus froitos no Concello de Manzaneda. Finalmente, a administración local asumirá a xestión do comedor escolar e porá fin ao servizo de cátering contratado pola Consellaría de Educación, cerne das queixas das familias. O servizo será municipalizado e contará de novo con cociña propia e cun xantar que non percorra ducias de quilómetros até chegar ao prato. Con esta cesión por parte de Educación ponse fin a un conflito que se prolongou durante meses e através do que as familias e o propio concello demandaban o mantemento da praza de cociña após a xubilación da traballadora. Mais desde a Xunta aseguraron a finais do pasado curso que isto non sería así argüíndo que unha normativa interna exixe un mínimo de 25 estudantes para garantir a praza. Perante a negativa da administración a Anpa deixou de levar as crianzas á escola e despois --de volta nas aulas-- ían xantar á casa en troca de facer uso do catering. Merendas populares e concentracións á porta do centro completaron o abano de accións desenvolvidas para exixir a recuperación, non só do comedor escolar, senón do posto de traballo e dunha comida saudábel. Após o acordo alcanzado entre as partes, a partir do vindeiro mes de febreiro Manzaneda contará de novo con servizo de comedor, iso si, baixo xestión municipal."}
{"ID": "PRAZA_1652", "summary": "Vence coida que as \"resolucións\" de Anova \"camiñan cara a unha confluencia coa proposta do BNG dunha candidatura nacional galega de unidade\" O PSdeG achégase á presidencia das deputacións da Coruña e Pontevedra", "text": "O PSdeG achégase á presidencia das deputacións da Coruña e Pontevedra Novos xestos cara a unha eventual confluencia en Galicia cara ás eleccións xerais. Despois da aposta por unha candidatura \"de amplo espectro\" aprobada no Consello Nacional do BNG, tras o defendido por Anova ou CxG nos últimos días e nun marco de múltiplas conversas e contactos a diversos niveis, este luns foi o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, quen considerou favorable o clima para unha posible unidade. A formación frontista, explica Vence, defende unha candidatura \"nacional\" galega, o cal non implica que teña que estar restrinxida a persoas ou organizacións nacionalistas. A preguntas da prensa o o portavoz do Bloque abondou en que a análise que a organización parte da base de que a vindeira lexislatura estatal será \"transcendental\" e por iso Galicia debería poder ter \"unha representación propia e soberania no Congreso, para defender os intereses inmediatos e estratéxicos\" do país. Por iso, di, o que o BNG propón é \"unha candidatura nacional galega non só para as forzas nacionalistas e non só para os nacionalistas, senón unha candidatura nacional, para defender os intereses de Galiza como nación\". Vence coida que as \"resolucións\" de Anova \"camiñan cara a unha confluencia coa proposta do BNG dunha candidatura nacional galega de unidade\" Neste contexto, explica, \"todas as forzas políticas, persoas e cidadanía\" que asuman estes principios poderían ter cabida, e por este motivo ve \"espazo para o encontro\", tamén con Anova. Ao seu xuízo, as \"resolucións\" adoptadas pola formación que encabeza Xosé Manuel Beiras \"camiñan cara a unha confluencia coa proposta do BNG dunha candidatura nacional galega de unidade\". \"Se non é así, terían que explicar cales son as diferenzas\", engade Vence. No caso de que esa \"candidautra nacional e non necesariamente nacionalista\" chegase a frutificar, engade o líder do Bloque, \"os nacionalistas seríamos, obviamente, o motor, cun programa de contido nacional forte para defender Galiza como nación\". Con estes alicerces, di, o BNG segue \"diposto a falar con todos\", \"non só as forzas políticas organizadas\", para tecer \"unha candidatura con capacidade para englobar a toda a cidadanía galega que se sente nacionalista, que ten espírito nacionalista ou mesmo que non se recoñece como nacionalista, pero que equere ter unha gran candidatura para ter un gran resultado e un grupo parlamentario propio en Madrid que defenda Galiza con forza\"."}
{"ID": "PRAZA_6024", "summary": "O docente fora suspendido de emprego e soldo polos seus comentarios homófobos e machistas. Un grupo de estudantes da Facultade de Maxisterio pide a súa expulsión definitiva, o mesmo que o Consello Comarcal de EU Compostela e ALEAS-EU.", "text": "Domingo Neira, o profesor do grao de Educación Primaria de Maxisterio da USC que fora suspendido de emprego e soldo polos seus comentarios homófobos e machistas, volverá dar clase o vindeiro curso. O docente figura xa na páxina web do grao de Maxisterio de Primaria para o curso 2014/2015 na materia de Deseño, Desenvolvemento e Innovación Curricular. Iso si, non é coordinador nin tampouco se recomendan os seus libros na bibliografía suxerida. O anuncio do seu regreso ás aulas xa espertou duras críticas entre unha parte dos alumnos e alumnas da Facultade, que manifestan a súa \"indignación ante o feito de que este personaxe homófobo, misóxino e racista volva campar ás súas anchas polas aulas\". Tamén expresan o seu temor a recibir \"represalias\" por parte do profesor, \"ao ser asignado como titor de prácticas para os cursos de 2º e 3º\". E consideran que a decisión supón un \"abuso inxusto e inadmisible por parte da USC\". Parte do alumnado manifesta a súa \"indignación ante o feito de que este personaxe homófobo, misóxino e racista volva campar ás súas anchas polas aulas\" De igual xeito, o Consello Comarcal de EU Compostela e ALEAS-EU piden a expulsión de Neira da Universidade de Santiago, sinalando que non se pode \"aturar que unha institución pública como a USC integre elementos reaccionarios e retrógrados, que se forme aos mestres e mestras do futuro no odio e na discriminación, en mentiras máis propias do franquismo\". Ademais, lémbranlle á USC o comunicado difundido pola institución o pasado día 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, \"declarando e manifestando o seu compromiso coa comunidade LGTBI e que traballará a favor da igualdade entre persoas con independencia da súa orientación sexual\". O pasado mes de novembro un grupo de estudantes denunciaron, a través da Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida Compostela, os comentarios e contidos impartidos polo profesor Neira nas súas aulas. Afirmacións como \"a sociedade está enferma e enganada pola homosexualidade, un tema do que xa non se pode opinar\", \"Os homosexuais carecen de hombría e non poden educar\" ou \"a homosexualidade é contaxiosa\" eran habituais, sinalaban. Ademais, denunciaban que o docente obrigaba a usar como material de estudo case exclusivo un libro escrito e editado por el mesmo, titulado Didáctica para el Crecimiento Socio-personal, onde se repetían varios comentarios de carácter homófobo: dende sinalar como \"desviacións condutuais\" comportamentos como \"a sodomía, o travestismo e as violacións\", situados ao mesmo nivel, unir a corrupción de menores coas \"vodas gay\" ou relacionar a zoofilia coa homosexualidade. Domingo Neira foi sancionado pola USC por unha falta grave, pola perturbación ocasionada no servizo, e con outra leve, por descoido ou neglixencia nas súas funcións, pola utilización do seu libro como material de estudo. O expediente aberto contra el sinalaba \"a falta de ecuanimidade amosada na presentación dos argumentos relativos á homosexualidade xunto ás reiteradas manifiestacións ofensivas, cando non zafias, do profesor sobre distintos colectivos sociais. Son impropias dun profesor universitario e contrarias aos principios constitucionais sobre a dignidade humana e os dereitos e non teñen cabida, nin están amparadas, na liberdade de cátedra\". Porén, o expediente concluía que os feitos \"non semellan ser constitutivos dunha actuación que supoña discriminación ou acoso, xa que non existe proba concluínte neste senso\"."}
{"ID": "NOS_27327", "summary": "Confirma o sobresemento da causa 13 anos despois da morte do cámara galego en Bagdag por disparos de soldados estadounidenses.", "text": "O Tribunal Supremo confirma o sobresemento do 'Caso Couso' 13 anos despois da morte do cámara por disparos de soldados estadounidenses. O Supremo avala así a reforma da xurisdición universal que aprobou o goberno de Mariano Rajoy no seu momento e dá carpetazo a este caso, desestimando os recursos presentados pola familia Couso e a Asociación Libre de Avogados. O TS, iso si, recoñece que foi un \"ataque non xustificado por parte de forza armada á poboación civil\" e cualifica de \"lamentábel\" a falla de colaboración por parte das autoridades de Estados Unidos. O órgano xudicial indica que os tribunais españois carecen de xuridisción para \"investigar e enxuizar delitos contra persoas en caso de conflito armado cometidos no estranxeiro agás que o procedemento sexa contra español ou cidadán estranxeiro que resida habitualmente en España e cuxa extradición fose denegada\". O Tribunal Supremo negouse a levar a reforma da xustiza universal perante o Tribunal de Xustiza da UE ou perante o Constitucional, e ratifica a decisión da Audiencia Nacional de arquivar este caso \"por falta de xurisdición\". Condea, aliás, á familia do cámara falecido a pagar os custos da demanda."}
{"ID": "NOS_31211", "summary": "\"Um motivo de imensa alegria para a nossa associaçom, com que tivo um forte vínculo\". Así reaccionaba a AGAL á elección de Ricardo Carvalho Calero como persoa á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2020.", "text": "A AGAL parabeniza a Real Academia Galega pola \"decisom difícil\" de elixir Carvalho Calero como figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2020, \"entendemos que para Real Academia Galega foi umha decisom difícil, pois Carvalho aglutinou ao seu redor o movimento que iria defender a visom integradora do galego na lusofonia, oposta à da RAG\". \"O tempo passa e as posições mudam, e hoje estám a acontecer cousas que há pouquíssimos anos eram difíceis de imaginar\", afirma a AGAL, quen engade que \"basta ver que a maioria dos meios e opinadoras que escrevem sobre o assunto nom só estám a respeitar a decisom de Carvalho (de escrever o seu apelido com v e lh) senom que também estám a opinar abertamente sobre o seu ideário lusista. Pensamos que a RAG também deveria acompanhar esta dinâmica\". A AGAL sinala en nota de imprensa que non aforrará esforzos nin recursos \"para divulgar a figura e a obra de D. Ricardo: o moço ferrolano que chegou a Compostela e aderiu a causa galeguista e republicana, o represaliado polo franquismo, o literato, o estudioso da literatura e, também, o grande referente do reintegracionismo\". Nesta liña, anuncia a realización dun documentário sobre a figura do intelectual, un portal web com recursos multimedia e a publicación de varios libros, entre eles, a reedición de Scórpio e unha antoloxía en banda deseñada."}
{"ID": "PRAZA_7818", "summary": "A polémica volve á Cámara logo de que o presidente da Cámara expulsase a David Fernández, que ironizou coa \"corrupción\" do PP, os \"sobres\" de Bárcenas e \"os traxes de Camps\". AGE recorrerá e cualifica a decisión de \"ataque inaceptábel á soberanía popular\". Vídeo no interior.", "text": "Nova polémica no Parlamento galego. O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) David Fernández foi expulsado este martes do pleno da Cámara logo de que ironizase desde a tribuna coa \"corrupción\" do PP e tras ser advertido en tres ocasións por Miguel Santalices, deputado do PP que exercía as funcións de presidente da Cámara nese instante. O deputado de AGE David Fernández advertiu de que tiña a intención de disfrazarse de \"sobre\" pero que o PP \"xa comprara todos os traxes\" David Fernández comezou ironizando sobre o feito de que o pleno se celebrase en martes de Entroido, día festivo en moitas localidades como a da súa circunscrición, Ourense, para logo advertir que pensara en ir disfrazado ao pleno \"de sobre\" peroque non puidera porque o PP \"xa comprara todos os traxes\". Lonxe de deter a retranca ante as dúas intervencións da presidencia da Cámara, o deputado de AGE insistiu asegurando que intentara contactar con Francisco Camps para que lle facilitase o enderezo do seu xastre. Nese momento, e coa terceira chamada de atención, foi expulsado da sala. AGE abandonou o pleno, pero BNG e PSdeG tamén amosaron o seu rexeitamento á expulsión do deputado Logo do suceso, todos os voceiros da oposición pediron a palabra por cuestión de orde e Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE, advertiu que abandonaría o pleno se o presidente da Cámara non daba marcha atrás. Ao non facelo, os nove deputados de Alternativa abandonaron o Parlamento. Abel Losada, do PSdeG, advertiu que desde as bancadas do PP chamóuselle \"pallaso\" ao deputado expulsado. Máis tarde, nun comunicado, AGE asegurou que a expulsión de David Fernández fora \"un ataque inaceptábel á soberanía popular que el representa e á liberdade de expresión\". \"E unha proba máis de como o Partido Popular concibe as institucións: un couto pechado no que só queren escoitar aquilo que lles prace e non admiten nin a voz directa da cidadanía, nin a crítica radical das súas devastadoras políticas, nin sequera o exercicio do humor satírico\", denuncia. \"O PP concibe as institucións como un couto pechado no que só escoitan o que lles prace\", di Alternativa AGE lembra que Miguel Santalices, que exercía de presidente da Cámara, emitiu tres chamadas á orde en menos de dous minutos e destacou a indignación que a decisión causou tamén entre os voceiros do PSdeG, Abel Losada, e BNG, Francisco Jorquera. \"Alternativa Galega de Esquerda non permitirá que as manobras do PP á fronte da institución onde reside a soberanía popular impidan que os conflitos sociais e políticas aparezan nos debates parlamentarios\", advirte nun comunicado, no que engaden que \"se a vía que elixe a dereita, para quen non existe diferenza entre partido e institución, é a represión e a criminalización dos cidadáns que se opoñen ás súas políticas contrarias á maioría social, atopará enfronte aos parlamentarios de AGE\". \"A forma de exercer o poder do PP é totalitaria e neofascistas\", denuncia o deputado expulsado Ademais, Alternativa recorrerá a medida ante a Comisión Permanente do Estatuto do Deputado do Parlamento, mentres que o deputado afectado denunciou a forma \"totalitaria e neofascista de exercer o poder\" do PP. \"Non había motivos para tomar esa decisión\", dixo en referencia á súa expulsión. Curiosamente, o plantón de AGE chegou logo de que a súa vicevoceira, Yolanda Díaz, destacase a mellora do ambiente na Cámara ante a ausencia da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. \"Preside o pleno Miguel Santalices : todo tranquilo . Non sucede o mesmo cando son outras as persoas que presiden a Cámara\", asegurou na súa conta de Twitter. \"Non é cuestiòn de quen preside , senòn dos temas que molestan ao PP . Queren amordazarnos!!!\", aseguraba logo da expulsión do seu compañeiro. Esta nova polémica chega logo do veto que a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, intentara facer aos convidados dos partidos á tribuna da Cámara. Este mesmo martes, persoal da Cámara ofreceu aos invitados dos grupos un papel no que se recollen as normas de comportamento do hemiciclo para os espectadores do debate e que tiveron que asinar, como novidade, para poder acceder ao hemiciclo."}
{"ID": "NOS_25899", "summary": "O deputado do BNG no Congreso lembra que a lexislatura real \"xa comezou o 3 de decembro\".", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, confirmou que non asistirá á apertura da XIV Lexislatura no Congreso, previsiblemente o próximo 3 de febreiro, un acto presidido polo rei Felipe VI. Preguntado ao respecto nunha rolda de prensa celebrada esta terza feira, Rego dixo que non estará presente, unha decisión que cualifica de \"coherente\" coa liña política da súa formación, xa que tampouco asistiu á rolda de consultas co monarca español para a investidura. \"Entendemos que a lexislatura xa comezou o 3 de decembro coa toma de posesión dos deputados e comezou, evidentemente, coa sesión de investidura e polo tanto esta sesión carece de sentido dende o punto de vista do propio traballo Cámara \", explicou. Xuntanza AP-9 Rego reuniuse con diversas asociacións de transportistas, tanto de empresas de transportes de viaxeiros como de mercadorías, para presentarlles o acordo de investidura alcanzado polo BNG, mais sobre todo, o que ten que ver coas peaxes da AP-9. \"A AP-9 é unha vía central no que é o eixo fundamental de desenvolvemento económico do país, que é o eixo atlántico.\" apuntaba o deputado. Destacou tamén \"que os custos asociados á utilización desta vía de alta capacidade, supón un incremento dos custos para moitas empresas, sexan de distribución como de produción, afectando negativamente á competitividade.\""}
{"ID": "NOS_48738", "summary": "1,7 millóns de hectáreas queimadas desde finais dos 60 até agora.", "text": "Desde o ano 1968 ardeu unha superficie equivalente a case 56% da Galiza, 1,7 millóns de hectáreas das 2,9 millóns que conforman o territorio galego. A porcentaxe, extraída da estatística que elabora anualmente o Ministerio de Agricultura, ten o punto de partida nese ano de finais da pasada década dos 60 e esténdese até a actualidade. Malia o que poida parecer polos incendios que asolan o leste da Galiza nestes días, estes anos non están a ser os de maior número de hectáreas afectadas polas chamas. Hai dous anos que destacan, e con diferenza, por riba do resto da serie histórica. Un, 2006, con máis de 95.000 hectáreas arrasadas por centos de incendios, que afectaron desde Barbanza até Valdeorras, da Mariña até Verín. Foron perto de 2.000 lumes, dos que 35 foron dos denominados GIF —Grandes Incendios Forestais, aqueles que queiman máis de 500 hectáreas—. O outro ano cun alto número de incendios foi 1989, cando as hectáreas arrasadas abeiraron as 200.000, unha extensión equivalente á suma das comarcas da Terra Chá e do Salnés. Houbo ese ano máis de 8.000 incendios por toda a Galiza. O lume avanza sen control e as hectáreas arrasadas superan xa as 19.000: estes son os incendios que seguen activos O ano pasado arderon 4.400 hectáreas en 954 lumes forestais. A cifra de hectáreas queimadas vén de se multiplicar por catro nos incendios polo territorio galego destes días. O ano anterior, 2020, arderan 14.800 hectáreas e o anterior, 2019, menos de 7.000. Concentración Porén, en 2017 a superficie arrasada polas lapas foi de 60.000 ha. Mais ese ano a peculiaridade foi que 80% desa extensión ardeu en apenas dous días en outubro, con grandes lumes en Ponteareas, Melón e As Neves. Un estudo internacional publicado en 2020 e no que colaborou profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), situaba a Galiza como o territorio europeo con maior densidade de incendios e máis hectáreas arrasadas na última década. O traballo en Agroforestry Systems tamén incidía que as tarefas agrícolas e forestais reducen o risco de incendios, para alén de favorecer un uso sostíbel da terra. Un discurso que volve coller relevancia a raíz dunha nova vaga de incendios que reabre o debate sobre o territorio e os seus usos. As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta Distrito forestal XIV Non arde en toda a Galiza igual. Hai zonas máis golpeadas polos lumes forestais, onde as chamas fan presenza todos os anos e de maneira reiterada. Unha desas áreas é o distrito forestal XIV Verín-Viana, onde na década comprendida entre 2007 e 2018 arderon perto de 44.000 hectáreas de terreo, converténdoo no máis afectado polos incendios dos 19 distritos nos que se divide a Galiza. Foron, neses anos, máis de 5.000 lumes forestais os que se produciron nese enclave. Uns datos que se repiten desde inicios de século nunha área que concentra grandes incendios forestais, unha espiral que acelera coa marcha da poboación e mais a degradación do territorio. Na Galiza, tamén neste distrito, máis de 90% dos incendios non teñen orixe natural, mais non todos son intencionados."}
{"ID": "NOS_47650", "summary": "Máis un número saído do forno. A reforma do sistema de financiamento autonómico, como ven desde Madrid as aspiracións de Feixóo de suceder a Raxoi, os escravos galegos do franquismo, lembramos a Moncho Valcarce no 25 aniversario do seu pasamento… Todo isto e máis xa na nosa loxa.", "text": "'Outro modelo fiscal' O sistema de financiamento autonómico leva catro anos prorrogado. A idea inicial de revisalo cada lustro mantívose até o ano 2009, data en que se aprobaron as últimas bases dun modelo que, en esencia, botou a andar en 1987 e que, de se cumpriren os prazos, debeu renegociarse en 2014, sen éxito. A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais e mais os chamados destinos. 'Os escravos de Franco na Galiza'. 'No limbo dos servizos de dependencia'. O número de persoas dependentes medra ano a ano na Galiza, mentres que as proxeccións futuras asociadas ao avellentamento da poboación prevén un incremento progresivo das persoas que precisan destes coidados. E malia rexistrarse un maior número de beneficiarias, as listas de espera continúan a superar os recursos dispoñíbeis. 'Feixóo, a derradeira baza do PP?' Para importantes sectores do conservadorismo español, Alberto Núñez Feixóo representa a última esperanza. Cun PP ao que moitos analistas consideran en fase implosiva e a nova dereita dura de Ciudadanos á alza, o aínda presidente da Xunta intensifica a súa tendencia a se deixar ver en Madrid. A estrondosa caída de Cristina Cifuentes parece despexarlle o camiño. Xornalistas e opinadores radicados na capital do Reino de España expoñen as súas consideracións sobre o relevo no partido de Raxoi. Hai un abandono das políticas de vivenda polos gobernos de Núñez Feixóo? A oposición así o entende e non só ela. Un alicerce chave na sociedade, como é o da planificación e desenvolvemento de políticas públicas de vivenda, está na Galiza reducida ao mínimo. 'A vivenda, sen goberno'. O xornalista e profesor da USC Manuel Gago e o médico e membro da lataforma pola sanidade Pública Manuel G. Moreira falan sobre que expectativas teñen para O Diario galego. 'Lula reafírmase como candidato presidencial' Seis de cada dez brasileiras e brasileiros defenden o dereito do expresidente a se volver candidatar a pesar de ficar na prisión. Lula, que fai un mes privado de liberdade, lidera todos os inquéritos e aproxímase a un 30% de apoios. O Tribunal Supremo Federal resolverá nos próximos días se debe abandonar ou non o cárcere. Están en sectores cun volume de negocio de miles de millóns na Galiza e teñen presenza en actividades con miles de persoas empregadas. Os fondos de investimento e capital viñeron para ficar. 'Os grandes fondos poñen o ollo na Galiza'. As achegas do principal estudoso da economía galega no primeiro terzo do século XX. 'Lois Peña Novo e o soño do desenvolvemento (e II)'. \"O teatro ensina a ponerse no papel dos demais\". Entrevistamos Tareixa Campo (Val do Mao, O Incio, 1946). Dramaturga, actriz, pedagoga, fundadora da compañía clásica do teatro afeccionado Achádego. O doutor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela Victorino Pérez Prieto recupera para Sermos Galiza o perfil de Moncho Valcarce (1935-1993) no ano en que se conmemora o 25 aniversario do falecemento do coñecido como \"crego das Encrobas\". Nas próximas semanas seguirán a sucederse actos de lembranza da figura de Valcarce. 'Un militante, un profeta, un cura, un místico'. E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Nachortas, Tokio, Guillerme Vázquez, Xulio Carballo, Belem Tajes, Colectivo XEa, Mario Regueira, Andrés Castro, Mónica Pazos, Olalla Ledo e Pepe Barro."}
{"ID": "NOS_42954", "summary": "Cruz Vermella e Xunta de Galiza publican unha guía para orientar os medios á hora de informar sobre as persoas sen fogar, coordinada polo xornalista Luís Pardo e ilustrada por Miquel Fuster.", "text": "Cruz Vermella e Xunta da Galiza presentaron esta terza feira a guía Senfogarismo: Recomendacións para os medios de comunicación. O obxectivo e dar a coñecer a súa realidade de xeito que a información que chegue ao público sexa rigorosa e sensíbel, axudando a comprender o contexto de quen vive nas rúas; 1.243 persoas en 2017 segundo datos de Cruz Vermella. O traballo enfócase nos profesionais da información a raíz do seu impacto como creadores e modeladores da opinión pública. O xornalista Luís Pardo foi o encargado de coordinala: \"Máis que sentar cátedra, búscase sobre todo aportar un contexto e información na que basearse e, sobre todo, tratar de sensibilizar\", conta por teléfono a Sermos Galiza. A experta Graciela Malgesini aportou o marco da guía, na que colaboraron persoal de Cruz Vermella e traballadores de medios de galegos. A primeira parte da publicación contesta aos que, quen, onde, cando e por que das persoas sen fogar. Lorena García, responsábel de comunicación de Cruz Vermella, explica que se ofrecen \"datos e información sobre esta realidade a través da experiencia de persoas da organización que traballan na Galiza con persoas sen fogar\". Os porqués da guía falan de situacións de precariedade, escaseza de recursos, rupturas afectivas ou adiccións. Na segunda parte propóñense os como, como plasmar as respostas a esas primeiras cuestións. Luís Pardo: \"Vivir na rúa non é unha característica propia, senón unha circunstancia\" Unha idea central da guía é a que repetiron moitas persoas sen fogar a Pardo ao longo do proceso: \"Vivir na rúa non é unha característica propia, senón unha circunstancia que, insisten, podemos sufrir calquera de nós. A moitas persoas non se lles pasaba pola cabeza estar na rúa o día antes de atoparse nela\". Son esas circunstancias as que, segundo o xornalista, contribúen a \"ver detrás dos tópicos\". A primeira reunión para elaborar a guía, en novembro de 2018, confrontou o día a día xornalístico cos seus erros á hora de informar sobre as persoas sen fogar. Pardo trasladou o contexto dos medios, \"o tempo pegado ao cu, a precariedade, tratar de evitar repeticións, mesmo empregar unha palabra porque outra non entra no titular\". Con todo, anima as redactoras a \"dar unha volta\" á información, e que iso contribúa a evitar tópicos e tratamentos discriminatorios. \"Sobre todo nun momento coma este, no que hai ideas que sinalan aos máis febles como culpábeis de todos os males\", salienta. A experiencia na rúa retratada no papel As ilustracións da guía correron a cargo de Miquel Fuster, quen retrata unha realidade que coñece ben após vivir máis de quince anos nas rúas. Os seus debuxos a lapis acompañan as cifras que achega Cruz Vermella no seu informe. \"Baseeime en recordos e fotografías das persoas que coñecín na rúa, persoas reais. As expresións, as situacións, todas elas reflicten a miña experiencia e acompañan as análises de datos de quen vive na rúa\", conta a Sermos Galiza. A guía coordinada por Pardo con debuxos de Fuster poderá consultarse proximamente na páxina web da Xunta da Galiza e da Cruz Vermella. Resultado da colaboración que desenvolven ambas entidades desde hai moitos anos é o Estudo da situación das persoas sen fogar de 2017."}
{"ID": "PRAZA_763", "summary": "Os rostros da represión son visibles nesta Cidade Morta. De seguro que no resto de cidades tamén. Só hai que abrir ben os ollos e non pechalos ante a situación dos represaliados.", "text": "Vivo en Barcelona dende hai uns anos. A cidade conta con insignes lugares que nos lembran a Historia da represión nos últimos séculos. A urbe expira momentos dun pasado de guerra política: os balazos da praza Sant Felip Neri; o Parc da Ciutadela, que toma o seu nome da fortaleza erixida por Felipe IV tra-la guerra de sucesión que rematou coa derrota catalano-aragonesa e a súa perda de autonomía política coa implantación dos Decretos de Nova Planta; ou a efixie do primeiro conquistador de todos, Cristóbal Colón, que observa dende o alto da Rambla a enorme nómina de estatuas, parques e edificios adicados a empresarios, militares e nobres que fixeron fortuna co comercio de escravos: Virrei Amat, Antonio López y López, Valeriano Weyler, o xeneral Prim... E por riba de todo, os cárceres. A cidade condal conta con tres: o CIE, alonxado e escondido no distrito industrial de Zona Franca; Wad-Ras, a cárcere de mulleres, sita tamén noutro distrito industrial cheo de desigualdades sociais (o Poblenou), e a Modelo, a máis antiga e impoñente de todas, no corazón do popular barrio de Sants. Na Modelo foi onde precisamente ingresou, xa fai 40 anos, o preso máis antigo do estado español sen contar con delito de sangue algún, José Antúnez Becerra, que continua a sufrir unha cadea perpetua encuberta. Agora trasladado ao hospital penitenciario de Terrasa tras unha folga sede de 5 días que deixou o seu corpo destrozado, Becerra finiquitou tamén onte a folga de fame na que levaba dende o 23 de Xaneiro, coa confianza de que a sua situación sexa revisada outra vez polos xuíces (a día de hoxe non se lle permite nin o terceiro grao nin permisos de saída algúns). Este pobre home, que ingresara en prisión xunto con moitos personaxes da Barcelona kinki do posfranquismo, buscavidas coma o mítico Vaquilla que, nalgún momento dos seus trapicheos, toparon coa xustiza penal, e xa nunca volveu a ter a posibilidade dunha vida en libertade. Xa se sabe o que se di das cárceres, \"os ricos nunca entran, mais os pobre nunca saen\". Pero por qué motivos Becerra está ainda entre rexas? Protagonizou fuxidas frustradas, foi membro fundador da Coordinadora Presos en Lucha (COPEL) que defendían os dereitos dos reos, e saíu o único culpable dos xuízos do motín de Cuatre Camins, no que todos os restantes implicados foron absoltos e varios funcionarios de prisións sufriron condenas moitísimo máis moderadas por acusacións de tortura. O pasado sábado concentrábanse uns centos de persoas, novas e vellas, pra reclama-lo fin da súa condena. Maior era, se cabe, a concentración policial, que sorprendeu aos veciños. Tiven a ocasión de escoitar a algúns murmurar que aquilo debía de ser por algo gordo, \"alguén debeu escapar do cárcere ou algo así\". En absoluto. Non era senón a consecuencia lóxica da represión. Becerra é preso, en parte, pola sua actitude de resistencia. Os mecanismos penitenciarios premian aos dóciles e castrados e non perdoan a insubmisión. A ameaza de prisión pesa tamén aos resistentes de Can Vies, no mesmo barrio de Sants. Máis de 3 anos de prisión pra 4 persoas, cando aínda faltan unhas 60 en ser xulgadas. A xente reclamou nas rúas que o centro social ficara ao barrio, e a solidariedade na reconstrución conseguiu reunir nunhas semanas case 90 mil euros pra sufraga-los gastos a reconstrución e das xa esperables condenas. O estado permite certas desobediencias, pero non dubida en emprega-la arma última que posúe, a cárcere, a modo de ameaza ou realidade, pra asegurarse a vitoria final, ou polo menos, o escarmento máis grande. Tamén durante a semana pasada escoitáronse as voces de centos de persoas nas rúas de Sants esixindo o cese destas penas desproporcionadas. Non se librarán tampouco da prisión, ou iso semella, os encausados polos feitos do Parlament, durante as protestas da primavera de 2011, que se ben foran absoltos fai medio ano, o Tribunal Supremo ratificou novamente a sentencia de tres a 8 persoas. Entre as acusacións que se lle botan enriba, están feitos tan gordos coma \"participar nunha manifestación en contra das políticas de recortes\" ou \"ensuciar a chaqueta dun parlamentario con spray\". Liberdade de expresión e opinión política? Luns 30 de Marzo. España volta a amencer con redadas policiais. A Operación Pandora, que xa levara a unha ducia de persoas á prisión preventiva o pasado decembro, aínda non rematara. Temos unha irmá, a Operación Piñata. Novas persoas son detidas, contabilízanse tres en Barcelona e outras 34 entre Madrid, Palencia e Granada, onde numerosos centros sociais son rexistrados pola policía. Pero os cargos que se lle acusan ás detidas seguen sendo secreto de sumario. Polo pronto, estar en posesión de \"libros subversivos\" e listas de email cifrados semella suficiente pra que ese aparato xudicial herdado da ditadura, falamos da Audiencia Nacional (concretamente o xulgado de instrución número 6 e o seu xuíz Eloy Velasco), ordene a busca e captura de xente polos centros de reunión de colectivos de resistencia política e veciñal, ou mesmo nas súas casas, ou pola rúa de paisano, como aconteceu hoxe nesta cidade, baixo a acusación de \"pretender levar a cabo actos terroristas\" ao formar parte dunha organización da que aínda non se aportou proba algunha da súa existencia. Novamente, a disidencia, sexa probada ou non, págase cara. Poderían ser casos illados. Poderían ser excepcións ou xestións xudiciais competentes ou rutineiras. Tamén podería ser que as fronteiras da democracia non son só económicas, senón penais. Os actos aos que se lles acusa a todas estas persoas non son máis importantes que a súa ideoloxía ou as súas afinidades. Estas persoas están sendo condenadas de antemán por profesar un sentimento que os liga con tendencias políticas que aínda resultan censurables segundo os nosos mandatarios. A semana pasada tamén aprobábase definitivamente a nova Lei de Seguridade Cidadá. Non tiven tempo de repasarme enteiriños todos os papeis. Pregúntome se abertamente xa se considerará declararse anarquista como delito tipificado. Sería un detalle por parte do hipócrita de Fernández Díaz poñer as cartas sobre a mesa por unha vez e aceptares que, a falta de doutrina Parot e a falta de terroristas vascos, sempre nos queda o monstro do coco dos encapuchados de negro pra escusarse por tomar medidas legais tan cercanas ao fascismo. Pero a figura dos presos políticos ou de conciencia non se considera neste estado, así que unicamente quédanos a solidariedade e a denuncia destas prácticas. A tendencia dos nosos gobernos sempre foi, coma a de todos, a defensa duns privilexios asentados sobre a miseria daqueles aos que a fortuna nunca lles foi visitar. Pero resulta obvio que no novo escenario que deixou a crise do capitalismo debe tomar medidas moito máis extremas pra reducir a posibilidade de que xordan alternativas de xestión económica e política. O sistema está tocado de morte, e está claro que non vai caer sen levarse a moitos por diante. É o noso deber como cidadáns conscientes esixir que cesen estes comportamentos reiterados de arbitrariedade e sumarismo. Hoxe son presos, rapaces de barrio e anarquistas. Mañá poden ser as túas amigas, ou a tua familia. Por sacar unha foto. Por ir a unha manifestación. Por non poder pagar esa última factura. Os rostros da represión son visibles nesta Cidade Morta. De seguro que no resto de cidades tamén. Só hai que abrir ben os ollos e non pechalos ante a situación dos represaliados."}
{"ID": "NOS_24725", "summary": "A maioría dos concellos cunha peor conexión a internet son rurais, case todos no interior e na metade leste do país.", "text": "Dos 313 municipios da Galiza, polo menos 200 contan cunha \"mala conexión a internet\". Así o afirma o Colexio Oficial de Telecomunicacións da Galiza (Coettga), que tamén informa que perto de 100 concellos non teñen acceso a máis de 10 megabites de velocidade. Estes datos evidencian a existencia da denominada fenda dixital. A gran maioría dos aproximadamente 100 concellos galegos que non poden gozar de máis de 10 megabites de velocidade na conexión a internet son municipios rurais, case todos no interior, nas comarcas da metade leste do país. É, por tanto, evidente que na Galiza existe unha fenda dixital entre o mundo urbano e o rural. De feito, o país sitúase xunto con Estremadura, Castela e León e Castela-A Mancha nos tres peores postos en canto ao uso e acceso a servizos de Tecnoloxía da Información e a Comunicación (TIC) segundo datos de Coettga. Algo que afecta especialmente en tempos de pandemia, ao moitas persoas térense visto obrigadas a 'teletraballar', para o que non só cómpre ter conexión á rede senón que o sinal sexa de boa calidade para garantir a produtividade de quen se ven na obriga de realizar o seu labor desde a casa. Hai que ter en conta que, na actualidade, os contidos na internet son cada vez máis pesados en bites, o que dá lugar a que nos núcleos de poboación deses concellos desfavorecidos non se poida acceder a determinados contidos, nin no terreo do teletraballo nin tampouco no da teleformación, como aconteceu con numerosos escolares, segundo a opinión dos enxeñeiros de telecomunicacións. Un problema que vén de lonxe Esta problemática viuse ampliada por causa da pandemia da Covid-19, mais esta situación non é nova. Xa en 2019, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital publicaba o Informe de Cobertura de Banda Ancha no cal informaba de que só 86,79% da Galiza conta con cobertura de máis de 2 megabites por redes fixas. A cifra descende a 64,66% en canto a velocidades de máis de 30 megabites e para máis de 100 Mbps, a conexión por rede fixa sitúase en 61,53%. En concellos como Folgoso do Courel, sofren esta situación dun modo especial. A finais de 2021, a compañía Movistar anunciaba o corte das conexións de telefonía fixa e internet por rede de cobre no municipio. Pouco despois, a empresa rectificaba comprometéndose a realizar a desconexión en 2022 tras garantir unha alternativa de servizo aos usuarios da zona. En xaneiro de 2022, Movistar enviou unha carta á veciñanza na cal informaba de que en seis meses deixarían de prestar o servizo e, segundo testemuños de habitantes de Folgoso do Courel, aínda non se lles proporcionou ningunha alternativa, como prometera a multinacional. Desde o BNG fixéronse eco desta situación a través do seu deputado no Congreso español, Néstor Rego. \"É certo que a moitos usuarios da zona se lles instalou servizo de fibra óptica, mais existen moitos outros que non poden ter acceso á mesma, polo que terán que dispor dunha tecnoloxía alternativa\", denunciaba Rego, ao tempo que aseveraba que \"esta situación deixa a veciñanza nun illamento tecnolóxico\". Por este motivo, o deputado nacionalista reclamou ao Executivo español que interveña nesta situación e leve a cabo todas as medidas necesarias que permitan garantir un servizo básico de comunicación alternativo que substitúa o actual para todos os habitantes do municipio. A fenda dixital, fonte de desigualdade Dada esta problemática, revélase que a conectividade é fundamental para garantir a igualdade de oportunidades, conectar zonas rurais, facilitar o acceso aos servizos públicos e, en xeral, mellorar a calidade de vida. Na actualidade, internet é unha poderosa ferramenta para a prestación de servizos, algúns tan esenciais como a educación e a atención médica polo que unha mala conectividade supón un claro aumento da desigualdade. Para alén diso, as persoas que decidan vivir no rural poden verse afectadas no relativo a oportunidades laborais."}
{"ID": "NOS_48572", "summary": "O secretario da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco Daviña, achéganos á iniciativa da Ensemble Hotteterre coa \"Officina Utricularii\" que forma virtuosos da gaita de fol na interpretación da música erudita.", "text": "Polo mes de maio Paulo Gonçalves impartía en Allariz unha conferencia-concerto baixo o suxerente título de A gaita de fole na música erudita. Unha conferencia que, á hora da verdade, resultou ser un chamado en contra da minusvalorización que se está a facer do que, quizais, sexa o máis coñecido, e recoñecido, dos nosos instrumentos musicais. Tal vez o instrumento nacional por excelencia: a gaita de fol. Na súa reivindicación do instrumento para a música erudita, Paulo partía das seguintes premisas: A actitude do espectador ante o instrumento e, a actitude das propias autoridades académicas. \"Lanzamos o reto ao Paulo de impulsar un grupo de traballo que tivese como finalidade interpretar esa música erudita que, entendemos, contribúe no necesario esforzo de que a cultura galega acade os rexistros máis variados\". Comezando polo último, disertaba o conferenciante que introducir a gaita nos conservatorios para limitala a interpretar muiñeiras \"jotas\" e \"pasodobles\", é un esforzo inútil. Para isto, non fai falla moita formación musical. E para exemplo, a multitude de gaiteiros, practicamente analfabetos, que ao longo dos séculos tocaban para os seus veciños. Introducir un instrumento no conservatorio implica dignificalo, elevalo até a máxima erudición posíbel. Certo que esixe de esforzo, e neste caso concreto do esforzo investigador de recuperar, non só composicións, senón que tamén a técnica interpretativa que as propias composicións esixen ao instrumento. Labor, por certo, à que o Paulo leva entregado unha serie de anos. Respecto da actitude do público. A un violín, clarinete, caixa, bombo, ou calquera outro instrumento, o publico ben sabe que esperar del cando está ante unha charanga, unha banda, un grupo de jazz, unha sinfónica ou un grupo de cámara. Coa gaita, tal non acontece. Todos esperamos, de entrada, música folclórica ou popular (que exactamente non ven sendo o mesmo) E aos asistentes á conferencia, Paulo os sorprendeu cun fermoso e delicado repertorio do renacemento e do barroco, cando a gaita de fol formaba parte dos instrumentos de grupo de cámara nas cortes de reis e nos redutos de erudición da Igrexa e da nobreza. Após da conferencia-concerto, lanzamos o reto ao Paulo de impulsar un grupo de traballo que tivese como finalidade interpretar esa música erudita que, entendemos, contribúe no necesario esforzo de que a cultura galega acade os rexistros máis variados. Aqueles que van dende a recolla da expresión máis popular até a máis elitistas. Tal e como acontece con calquera outra cultura que pretenda transitar do particular ao universal (que non global). Xa a finais de setembro, comezou o grupo a reunirse na sede da Fundación Vicente Risco cada terceiro fin de semana de cada mes, durante o ano escolar. Non só para ensaiar, senón que tamén para levar adiante o proxecto docente Officina Utricularii (prema para obter información) no que virtuosos da gaita de fol reciben aulas para a súa interpretación na música erudita. Aqueles que asistiron ao CULTURGAL 2014, e asistiron ao ESPAZO CARPA ás 12:30 horas do pasado domingo7 de decembro, saben do que estou a falar. Os que non puideron asistir e os lectores desta edición virtual de Sermos poden escoitar, prema nos Preludes G. Re, Sol, 3ce. Majeure de Jacques Hotteterre (1673 — 1763) interpretados polo propio Paulo. Supoño que comprenderán ao que me estou a referir. Haberá quen se pregunte se é obxecto dunha Fundación este labor de apoio a iniciativas como as de Ensemble Hotteterre. Dende a Fundación Vicente Risco cremos que si. Por dous motivos fundamentais. Don Vicente gustaría que contribuísemos a levar aos máximos niveis de erudición a nosa cultura. E don Vicente aplaudiría unha iniciativa neste sentido que partise de xente nova, que é o futuro do páis. El propio o fixo apoiando con entusiasmo aos denominados Artistiñas. Os tristemente desaparecidos Xaime Quesada, Xosé Luís de Díos, Virxilio ou Pepe Conde Corbal, así o confirmarían. Como tamén aqueles que, afortunadamente, como Acisclo Manzano ou Arturo Baltar, están entre nós."}
{"ID": "NOS_46065", "summary": "O seu salario anual supera os 83.000 euros. Os conselleiros e conselleiras tamén secundan a iniciativa.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e os conselleiros e conselleiras que constitúen o seu Executivo doarán 30% da nómina de abril para a loita contra COVID-19. A Xunta informou diso a través da rede social Twitter, nunha entrada da que se fixo eco o propio Feixoo - cuxo salario anual supera os 83.000 euros, segundo o portal de transparencia - no seu perfil. Feixoo subliña que, \"máis aló desta achega financeira que non é decisiva\", o que pretenden el e os demais membros do Goberno galego é \"amosar a solidariedade\" coa xente que estes días perde ingresos, así como unirse a cidadáns e empresas. que están a facer as súas doazóns, que lles agradecen. Xunto ao tuit, a Xunta recolle unha imaxe cunha nota de agradecemento na que destaca as doazóns que \"numerosas empresas e institucións\" realizan para loitar contra COVID-19. A nota fai que, dado o elevado número de chamadas, a Xunta autorizou un correo electrónico (grazasgalicia@sergas.gal) e catro contas para canalizar axudas económicas: ES23 2080 0388 2231 1000 3170 de Abanca; ES23 0081 5363 2800 0114 1816 de Banco Sabadell; ES02 2100 8685 3202 0001 5126 de CaixaBank; e ES75 0049 2932 8021 1406 4873 de Banco Santander."}
{"ID": "NOS_17324", "summary": "A CIG acusa Prosegur de \"encubrir\" o agresor dunha traballadora no cambio de quenda. A central nacionalista relata o sucedido e denuncia que a compañía non actuou até agora.", "text": "A denuncia en Ourense dunha traballadora da empresa de seguridade Prosegur por un caso de violencia machista e acoso laboral reactiva a alarma social da situación que viven as mulleres na Galiza. \"Cada vez hai máis denuncias en varios sectores\", recoñece a Nós Diario a secretaria das Mulleres da CIG ourensá, Xulia González. Desta vez o caso presenta unhas características que desde este sindicato nacionalista cualifican de \"graves\" e deberían servir de reflexión. Parte de lesións e intervención policial A agresión denunciada, tal e como explicou en rolda de prensa o secretario comarcal da CIG-Ourense, Anxo Pérez Carballo, tivo lugar na noite do 20 de agosto no cambio de quenda do servizo de seguridade privada do campus universitario de Ourense, \"cando o traballador, despois de entrar xa con mal pé, berrando e insultando, acaba forcexando coa traballadora e intenta incluso atropelala en varias ocasións\". Como consecuencia da agresión, a vítima presentou varios hematomas en distintas partes do corpo, documentados nos partes de lesións realizados no complexo hospitalario universitario de Ourense e no hospital do Carmen. Existe tamén un informe policial, xa que no lugar presentáronse até seis axentes da policía. \"O agresor chegou a arrebatarlle o teléfono móbil á traballadora, mentres que co seu propio dispositivo facía gravacións cando a afectada tiña as mans prendidas nas fiestras do vehículo, ao tempo que lle facía xestos obscenos\", explicou Pérez Carballo. Prosegur e a violencia machista O paradoxo é que esta empresa española de seguridade ten entre os seus servizos varios dedicados a evitar casos de violencia machista que anuncia e comercializa. Ademais conta, desde 2019, cun segundo plan de igualdade conforme obriga a lei. Porén, non escapa a casos singulares relacionados, tamén, coa violencia machista. O pasado mes de abril, por exemplo, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid fallou a favor dunha traballadora desta compañía que fora despedida após estar de baixa prolongada despois de ser vítima de violencia machista por parte da súa parella sentimental. \"Encubrimento\" e \"inacción\" Para a responsábel da Secretaría das Mulleres da CIG en Ourense, á gravidade do sucedido nesta cidade hai que engadirlle a resposta da propia empresa, primeiro cando a agredida se puxo en contacto cun superior xerárquico no momento dos feitos e despois \"mantendo o agresor aínda hoxe no seu posto de traballo cando ela aínda está de baixa\". González lamentou que aínda que a Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade entre homes e mulleres recolle a necesidade de que existan plans de igualdade nas empresas \"en moitas casos, e este é un claro exemplo, os protocolos son unha mera declaración de intencións e non serven como procedemento de investigación, xa que nin sequera chegan a activarse\". Por este motivo reclama \"unha actuación inmediata e decidida nos eidos educativo, sanitario, policial, xudicial e laboral\". Sentenzas de acoso laboral ao dono do McDonald's Ourense En Ourense, unha das empresas que máis denuncias acumula contra as traballadoras, aínda que non por violencia machista, é a franquía de McDonald's. Desde 2018 e dunha maneira continuada, o seu propietario foi acusado pola CIG por delitos contra os dereitos das persoas traballadoras, integridade moral e por coaccións. Neste tempo foi condenado varias veces e tivo que desembolsar importantes indemnizacións: unha no Xulgado do Social por danos morais a unha traballadora de 6.250 euros; e outra no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, ratificada logo polo Tribunal Supremo, de 20.000 euros a outra empregada. A Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense aínda ten abertas dilixencias por varios casos máis. Este mes de xullo xa se deron a coñecer máis sentenzas condenatorias."}
{"ID": "NOS_34679", "summary": "Robert Eggers demostra ser un dos cineastas con maior proxección e talento do momento, e cun dos futuros máis prometedores da súa xeración. E aínda non cumpriu os corenta.", "text": "Na súa terceira longametraxe coma director, Robert Eggers demostra ser un dos cineastas con maior proxección e talento do momento, e cun dos futuros máis prometedores da súa xeración. E aínda non cumpriu os corenta. Após sorprender con A bruxa e O faro, o actor e produtor sueco Alexander Skarsgård fixouse nel como candidato idóneo para levar a porto un proxecto que levaba desenvolvendo hai uns dez anos: facer a película definitiva de viquingos. Eggers non só aceptou o encargo, senón que se involucrou de cheo no proxecto. O home do norte / The Northman / Robert Eggers / EUA / 2022 / 136 min. Vai dun príncipe nórdico preadolescente que debe vingar o asasinato de seu pai, salvar a súa nai e matar o seu tío. Cando medra, convértese nun temíbel berserker, unha máquina de matar implacábel, membro dunha horda de viquingos dedicada asaltar aldeas eslavas. Ao coñecer o paradoiro de seu tío, infíltrase como escravo na granxa que este rexenta en Islandia co gallo de poder planear a súa ansiada vinganza. Traxedia shakesperiana mística e primaria que, en realidade, bebe da propia fonte na que se inspirou William Shakespeare para escribir Hamlet, que non é outra que a historia de Amleth, escrita a finais do século XII en base a multitude de lendas nórdicas de tradición oral. Unha sorte de Xogo de tronos \"á viquinga\", e un tanto gore, cun protagonista que Eggers define como unha mestura do Andrei Rublev de Tarkovsky e o Conan de Milius. Eggers desprega toda a súa imaxinería visual nos momentos oníricos e mitolóxicos, lembrando poderosamente os seus anteriores traballos. Por se iso fose pouco, resulta rompedor nas escenas de batalla optando por longos e traballados planos secuencia sen cortes (ou ben simulando un plano secuencia ao estilo Birdman ou 1917). Meticulosa ambientación, co asesoramento de expertos en historia e folclore nórdico; atronadora banda sonora acompasada con instrumentos da época; fotografía impecábel, do seu habitual colaborador Jarin Blaschke; elenco cheo de estrelas en cernes e consagradas...Haille moitas cousas que eloxiar ao Home do norte e poucas que obxectar. Quizais a única é xusto o protagonista. Alexander Skarsgård fai un traballo de interpretación física impresionante, de dez, mais cando ten diálogo afloran as súas carencias interpretativas. Sendo suaves, digamos que non herdou precisamente o talento de seu pai (Stellan) pero, claro, é o produtor principal e era unha condición sine qua non que el fose o prota. Quizais con outro actor, ou menos diálogo, o filme sería, efectivamente, a película definitiva de viquingos."}
{"ID": "PRAZA_17842", "summary": "Vigo é o concello con máis familias beneficiarias, con 2.427, seguido da Coruña (1.188), Lugo (664), Ourense (623) e Ferrol (407). Pontevedra e Compostela pechan a lista das sete urbes, pero son as que rexistran un incremento maior nos últimos cinco anos (+124% e +199%, respectivamente). Consulta aquí a evolución dos e das beneficiarias da RISGA na túa localidade", "text": "Consulta aquí a evolución dos e das beneficiarias da RISGA na túa localidade Nos últimos anos disparouse o número de persoas perceptoras da RISGA (unha axuda fixada actualmente nos 403,38 euros ao mes). Das 4.178 familias que se beneficiaban desta axuda en 2007 pasouse a 6.718 en 2012 e a 10.761 en 2016, ano no que se acadou un máximo histórico. No 2017, por primeira vez en máis dunha década, o número de rendas entregadas diminuíu ata as 10.371, segundo datos da Consellería de Política Social. Aínda que as persoas perceptoras de RISGA distribúense por todo o país (tan só en 40 concellos non está rexistradas ningunha delas), son as cidades e as grandes vilas onde se concentra un maior número de persoas beneficiarias. De feito, as sete grandes cidades suman 5.877 familias con RISGA, máis da metade do total. Vigo é o concello con máis familias beneficiarias, con 2.427, seguido da Coruña (1.188), Lugo (664), Ourense (623), Ferrol (407), Pontevedra (302) e Compostela (266). Algunhas outras localidades, como Vilagarcía de Arousa (265), Ponteareas (258), Carballo (154), Verín (143), O Porriño (121), Arteixo (113), Narón (109) e Lalín (106) suman tamén máis de cen familias perceptoras desta renda. Se no conxunto do país o número de RISGA concedidas experimentou un crecemento espectacular entre o 2007 e o 2017 (+148%) e entre 2012 e 2017 (+52%), na Galicia urbana este incremento foi aínda maior, dun 66% nos últimos cinco anos. Aínda que Vigo é con moita diferenza o concello con máis persoas perceptoras, xa que suma case unha cuarta parte do total, outras cidades como Santiago de Compostela (+198%), Pontevedra (+124%), Lugo (+95%) ou A Coruña (+95%) tiveron os maiores incrementos dende o 2012. Cómpre salientar outros casos, como Culleredo, Marín ou Sarria, que nos últimos cinco anos máis que triplicaron o número de rendas concedidas. Ou os de Ponteareas, Lalín, Monforte, A Estrada, Ames, Ribadeo ou A Guarda, que as duplicaron. Hai uns días a Xunta sacou a exposición pública o decreto que regulará a RISGA e que desenvolve a Lei de inclusión social de Galicia aprobada a finais de 2013. O decreto acumula catro anos de atraso e dá os últimos pasos para a súa aprobación. Forzas da oposición e entidades sociais criticaron que Política Social escollese precisamente o mes de agosto para abrir este derradeiro período de envío de correccións e suxestións, que finalizará o 28 de agosto. A contía de referencia da RISGA seguirá a ser de 403,38 euros ao mes (o 75 % do IPREM) e o complemento do alugueiro seguirá fixado no 10% do IPREM, é dicir, uns 54 euros ao mes. Nos últimos meses asociacións profesionais e entidades sociais demandaron cambios na RISGA para convertela nunha prestación \"suficiente, digna, accesible e eficaz\"."}
{"ID": "PRAZA_6744", "summary": "José Ramón Gómez Besteiro fai un ano como secretario xeral do PSdeG e, tras doce meses convulsos, reitera que no seu partido xa se fai \"unha nova política\". O líder socialista augura un \"pau\" para o PP nas municipais, nas que destaca a \"responsabilidade\" das agrupacións na conformación das candidaturas, e sinala que é \"lóxico que o secretario xeral\" concorra nas primarias para a Presidencia da Xunta.", "text": "\"O café para todos está absolutamente esgotado\" José Ramón Gómez Besteiro (Lugo, 1967) vén de facer un ano como secretario xeral do PSdeG. Tras doce meses de convulsións internas e externas o tamén presidente da Deputación de Lugo reitera que no seu partido, a nivel federal e nacional, xa se fai \"unha nova política\". Cara ás municipais do vindeiro ano Besteiro apela a non ter \"medo ao que a cidadanía poida decidir\" e lembra, non obstante, que son as agrupacións locais e non \"a dirección política\" quen elixe as candidaturas. O líder socialista ve a un Feijóo cada vez máis \"frouxo\" e asegura que a súa formación está inmersa na construción dun \"proxecto de país\" para ser quen de impulsar o cambio político no 2016. Nese proceso, di, é \"lóxico\" que el mesmo concorra ás primarias. Vén de facer un ano na secretaría xeral do PSdeG. Que cambiou e que lle queda por cambiar no partido? Sempre queda moito por cambiar. É bo contextualizar en que momento sucederon as primarias, un fenómeno sen parangón que muda a forma do partido nun momento de crise social e económica moi forte. Foi un ano conflitivo en todos os termos, en clave interna e económica tivemos que formular un plan de estabilidade a nivel económico baixo a premisa de que se non eramos cribles na levanza das contas non o seríamos nas cuestións de toda a sociedade. Tamén estivo marcado polo relevo a nivel federal, coa saída de Alfredo Pérez Rubalcaba e a elección dun novo secretario xeral. Todo se produciu este ano, cunhas eleccións europeas que marcan un punto de inflexión político. Foi un ano rico en acontecementos e creo que a situación é mellor. O Partido Socialista enfronta o futuro superando unha etapa de recesión do propio partido e reformulando as formas de facer política. Neste período de crise estivo enriba do partido a corresponsabilidade, non hai que ter medo a dicilo, con determinadas políticas. Pero agora temos a idea clara de que a nosa forma de saír da crise é distinta da do PP e sen ningunha connivencia coas políticas neoliberais. O tempo foi poñendo as cousas no seu lugar e agora o Partido Socialista afronta o futuro nun contexto político complicado, pero non exento de ilusión e esperanza. Resultou rechamante que se falase abertamente, mesmo ante o Comité Nacional, da situación económica do partido. Non era algo habitual falar das contas internas ata hai ben pouco... Non pode ser doutro xeito. E, sen ánimo de ser presuntuoso, o PSdeG marcou a vangarda do que fixo o partido a nivel federal. Os tempos son distintos dos de hai vinte anos: transparencia, rendición de contas... Son algo que ten que facer quen queira facer política hoxe. Xa non abonda con votar cada catro anos. Hai que dar moita información, hai que saber admitir o contraste de información coa cidadanía. E, quen non queira facelo, non vai ter oco. Durante este tempo acusárono en máis dunha ocasión de non ter criterio ou de non dicir claramente o que pensa sobre diversas cuestións... \"Eu propúxenlle pactos de Estado ao presidente da Xunta, pero o PP non é ambicioso e di que non temos criterio\" É unha técnica do PP, que cre que se din que os problemas non existen, non existen. E non é así. O PSdeG puxo criterios claros sobre a mesa dende o primeiro momento. Outra cousa é que o PP quixese ollar cara a outro lado. Estas cousas díxenllas ao presidente da Xunta a primeira vez que nos reunimos, hai aproximadamente un ano. Propúxenlle pactos de Estado para Galicia: a cuestión demográfica, a cuestión da reindustrialización, a loita contra o paro, o financiamento, o sistema financeiro... E moitas máis cousas que lle propuxemos coa premisa de que queremos un presidente forte fóra de Galicia para que faga valer os intereses de Galicia. Pero non serviu de nada. Nós temos posicións claras onde as temos que ter, pero o PP non é ambicioso e pretende dicir que o partido maioritario da oposición non ten criterio, pero non é certo e o tempo dará e quitará razóns.O Partido Socialista ofrece acordos en cuestións de país, non en cuestións accesorias. O PP dicía que todo ía ir moi ben despois das políticas de austeridade, pero estamos peor que hai cinco anos e saímos peor da crise que o resto do territorio español. Todo foi unha ensoñación do PP e o PSdeG non vai caer na trampa das promesas que fan ano tras ano e nunca cumpren. Nós, seguimos no camiño da coherencia, que é máis longo, pero máis seguro para recuperar a confianza dos cidadáns. Recuperar a confianza da cidadanía pasa por ser alternativa de Goberno nun panorama moi cambiante. Como se constrúe unha alternativa de Goberno nun campo de xogo que non é o mesmo, tampouco a nivel partidario? Entendendo estes cambios como normais, pero sen obsesións. O PSdeG, dende que eu son secretario xeral, non cae na trampa das obsesións nin por unha banda nin pola outra. Cremos que temos que facer política dentro dos piares cos que se recoñece á socialdemocracia, tanto en Galicia como en Europa. Atopámonos nun momento que se reflicte ben por dúas cuestións: primeiro, polos que detectan ben os problemas da realidade pero que introducen solucións que non son cribles para cidadanía, e noutro polo, os que fan unha descrición irreal da sociedade. Por unha banda atopamos os fenómenos máis populistas, por así dicilo, e no segundo, o PP. Neste marco, o PSdeG ten moitas cousas que gañar. Non abandonamos a senda da confianza e da credibilidade, a coherencia é moi importante. E en Galicia, sobre todo, cómpre facer un proxecto de país. Eu sempre lle critico ao PP que durante seis anos de Goberno Galicia non gañou peso en España, parece que o presidente da Xunta está máis preocupado por facer puntos en Madrid que por poñer en valor as cuestións que nos diferencian do resto de territorios e pensar que Galicia é unha nacionalidade histórica. Non somos mellores nin peores que Murcia ou La Rioja, pero somos distintos. E nestes momentos de convulsión constitucional temos que saber que estamos no campo de xogo das nacionalidades históricas. Pero ese papel Núñez Feijóo abandonouno. Galicia leva seis anos sen gañar ningunha competencia, a reforma do Estatuto está aparcada... Falta debate político no país, só se fala de xestión? \"Seis anos despois o que vemos é que Núñez Feijóo nin sequera é un bo xestor\" Seis anos despois o que se está vendo é que tampouco hai xestión. O gran problema que ten Feijóo é que cada vez máis cidadáns cren que as políticas de austeridade só serviron para esnaquizar os servizos públicos. O PP ten un problema de credibilidade; as cousas non están mellor e todo o esforzo que se fixo coas chamadas políticas de austeridade non serviron para nada. Durante estes seis anos Feijóo preocupouse máis por ser un alumno avantaxado duha política que non sabíamos onde ía rematar que en poñer en valor as cousas que se podían solucionar en Galicia. Converxíamos mellor con Europa e con España, e agora feitos como a caída da produción industrial no último trimestre revelan que imos moi por tras do resto das comunidades autónomas. Na loita contra o paro xa non é que teñamos máis paro, é que temos moitísima menos poboación activa. É un escenario no que, contra o que se pensaba, Núñez Feijóo nin sequera é un bo xestor. Estas políticas de austeridade van ser un dos factores que estarán sobre a mesa no reto electoral máis inmediato, o das eleccións municipais. Que teñen en xogo PSdeG e o seu secretario xeral neses comicios? \"A unha dirección política pódenselle esixir responsabilidades cando é a que elixe os candidatos, pero agora son as agrupación as que asumen esa responsabilidade\" Estamos nun momento de cambio político e o proceso de selección e candidatos xa non se fai dende a dirección, son as agrupacións as que asumen esa gran responsabilidade. Pódenselle esixir responsabilidades a unha dirección política cando é ela quen elixe os candidatos, pero cando son outros quen os elixen, esta cuestión non pode volverse como un búmeran contra a dirección política. A dirección política solta lastre da súas competencias e recólleo a militancia, que ten que saber que a súa decisión a responsabiliza. Non se trata de saírse fóra do marco, senón de establecer o marco real. Queremos votar? Queremos responsabilizarnos. Pero é verdade que en 2015 vai haber eleccións municipais e o gran perdedor vai ser o PP. Poñamos, por exemplo, o escenario das tres cidades da provincia da Coruña, con tres maiorías absolutas do PP. Os cidadáns van ver que non serviron para que Ferrol solucionase os seus problemas de traballo e desenvolvemento, que en Santiago imos polo terceiro alcalde, este elixido por persoas que non son electas pola veciñanza e na Coruña, a gran Coruña non volveu, senón que imos cara a atrás. Que vai pasar agora? Que o PP vai sufrir un forte pau e o PSdeG ten unha oportunidade. Se comparamos os mellores momentos das cidades galegas, relaciónanse con políticas socialistas dende os concellos. A cidadanía recoñece que o Partido Socialista é o máis municipalista e polo que a maioría cre que pasaría a alternativa de goberno nas cidades. Nas cidades, pero tamén nalgunhas vilas, cabe a posibilidade dun escenario no que o PSdeG non só se terá que relacionar, no ámbito da esquerda, con formacións como o BNG, senón tamén con movementos como as chamadas mareas. Como se debe relacionar o PSdeG con elas? Dende a forma de aceptar que a nova política te leva a ter novos interlocutores pero sen obsesións. Nós temos que marcar o noso proxecto asentándoo nos nosos grandes principios, fundamentalmente na igualdade. E despois, sendo moi francos: ofrecendo un programa de goberno, que os cidadáns voten e digan que marco queren para os vindeiros catro anos, de diálogo ou de proxecto único. Eles serán os que marquen o camiño que o PSdeG debe percorrer no futuro. Cando me preguntan polas grandes coalicións eu sempre digo que se fan cos cidadáns, que votan e din o que temos que facer. Ese é o escenario que o PP non quere; acábase de ver o seu xogo, que se iniciou coa proposta de redución do Parlamento e que continuaba coa seguinte xogada, reducir a capacidade para elixir as alcaldías. Onde se establecía o aprobado nun 5, agora o PP di que está no 3. O PP quería reducir a democracia e adaptarse á nova política pegado á cadeira. Nese novos escenario o Partido Socialista ten que xogar como sempre o fixo cando tivo intención de gañar: sendo tolerante, respectuoso coa decisión da cidadanía e poñendo por diante o seu programa político. Esta nova política pode provocar reaccións de medo, que é a que está a provocar no PP, pero tamén de tranquilidade, respecto e tolerancia, que é como vai responder o PSdeG. \"A nova política lévate a ter novos interlocutores, pero sen obsesións\" Menciona o caso de Santiago, unha cidade na que vai estar moi presente o debate da corrupción, igual que noutras do país. Como lle pode transmitir á cidadanía que un cambio nas institucións pode servir tamén para abrir as fiestras e desterrar prácticas que se perciben como xeralizadas? Temos operacións xudiciais abertas que manteñen unha mancha negra sobre boa parte da actividade política de Galicia... Xa levamos uns anos cunha situación xudicial convulsa. Despois do quinto ou sexto ano dese tipo de operacións a xente sabe tirar conclusións e separar o gran da palla, ver onde hai unha operación claramente corruptas e onde hai condutas resprochables que non entran no ámbito da corrupción. O cidadán tamén está aprendendo. Como ten que comportarse un partido? Con absoluta responsabilidade, dando sinais inequívocos de que non está a compadrear con ningunha práctica corrupta. Ofrecendo un xeito de facer política cun espírito de transparencia e cunha vontade clara de que a cidadanía perciba que o xestor político quere e debe render contas. Isto non acontecía hai vinte anos, pero agora si. O Partido Socialista vai afrontar esta nova política cos principios renovados: transparencia, rendición de contas, máxima información e sen complexos. Isto é o que marca esta terceira xeración de socialistas, que non temos complexos. E iso é o peor que lle pode pasar ao PP. Respectamos o que se fixo no pasado, pero non nos condiciona para o futuro. E nesa liña é onde o Partido Socialista pode ter mellor ligazón coa cidadanía. Asumimos o noso pasado e non o podemos cambiar, pero non nos condiciona o futuro. As solucións do pasado non teñen por que servir para o futuro. E esa falta de complexos ten desnortado o PP, mentres que o cidadán xa ve que os novos dirixentes non teñen nada que ver con Felipe González ou Zapatero, partindo das cousas boas que fixeron, pero cunha nova xeración. Abusouse da figura da imputación contra o rival, chegando a confundir a cidadanía sobre o que implica? Totalmente. E eu creo que a cidadanía o percibe e, por iso, sabe cando se atopa cun político honrado e cando non. Isto tamén supuxo un proceso de formación para todos: para os medios de comunicación, para os políticos e para a cidadanía. Por iso disto sairemos máis. Nese contexto, cómpre marcar as fronteiras de cando se debe dimitir. O Partido Socialista mantena no xuízo oral? \"Ningún socialista sentará no banco dos acusados ostentando a condición de socialista\" Si, e custounos traballo chegar a esa posición, a min tamén. Estes tempos non permiten chegar á última fronteira da sentenza xudicial. Por iso hai que fixar un criterio, que pode non ser cen por cen xusto, pero para nós é o xusto entre o mantemento da presunción da inocencia e a imputación, pola cal se cometerían tremendas inxustizas. O Partido Socialista é o único que ten un criterio claro: ningún socialista sentará nun banco dos acusados ostentando a condición de socialista. Outros partidos están dando imaxes dispares; no PP vai en función de como se erga o seu presidente, ao que uns comportamentos lle parecen inadmisibles e outros, admisibles. Outros partidos, que se encheron a boca, estanse vendo coa realidade de que o importante é ter un criterio. E outras formacións políticas sen experiencia fan unha formulación moi demagóxica, pero cada un elixe o seu escenario. Quen ten un criterio claro é o Partido Socialista, que pode gustar ou non, pero razóao e aplícao cando o ten que aplicar."}
{"ID": "NOS_49763", "summary": "Os recortes en materia de Sanidade e a privatización de servizos nos Gobernos de Feixoo leva a que Galiza parta dunha situación de debilidade asistencial á hora de afrontar a crise do coronavirus.", "text": "Unha das cousas que máis preocupan ás Administracións nesta crise polo avance do coronavirus é que se produza un colapso da sanidade pública, de aí as medidas de confinamento. O problema é que Galiza é un deses territorios que conta cunha peor situación de partida e isto é consecuencia dos recortes orzamentarios e de persoal levados a cabo pola Xunta nos diferentes gobernos do PP. Aínda que saíse nos últimos días anunciando a habilitación de novas camas e a contratación de máis persoal, o certo é que o presidente galego recortou o orzamento en máis de 1.000 millóns desde 2009 e incrementou os concertos cos centros privados, que xa representan 25% da atención hospitalaria na Galiza. Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, o seu secretario e médico, Xosé María Dios, considera \"kafkiano\" e \"maquiavélico\" o sistema artellado polo PP para derivar á privada as pacientes que non pode atender dentro dos prazos na Sanidade Pública. Como lembra a Nós Diario, teno que facer após \"non pór os cartos para que se cumpra o que eles mesmos promulgaron na Lei de Garantías Sanitarias\". Neste senso, tamén lembra a \"precarización\" á que están sometidas moitas das profesionais, e que mesmo foi denunciada pola Comisión Europea. \"Non se pode contratar a xente por horas cando estás traballando un día; non se pode contratar a xente de segunda a sexta feira cando vas traballar a semana seguinte por librar de pagar sábado e domingo; non podes facer contratos leoninos dun ou dous meses para unha praza na que leva esa persoa varios anos, non se pode manter persoal fixo, que xa está no sistema, con contratos cada 15 días\", critica Dios. \"Unha emerxencia sanitaria deste tipo require que todos rememos na mesma dirección, pero non podemos esquecer o que nos levou a estar nesta situación\", di o portavoz da asociación, para quen o feito de que Feixoo felicite agora o persoal a quen baixou o soldo, conxelou salario e fixo traballar máis horas por non pór substitutas \"non é de recibo, e a hipocresía é manifesta\". O mesmo que falar de camas \"cando el foi responsábel da privatización do Cunqueiro, da venda do Meixoeiro...\". Os recortes da Xunta contrastan coa forte aposta do bipartito entre os anos 2005 e 2009 por aumentar recursos, medios e persoal. Mesmo tiñan un plan \"consensuado con todos os actores sociais\" para mellorar a Atención Primaria que o PP eliminou tan pronto chegou ao Goberno. \"O seu afán era privatizar, privatizar e privatizar\", lamenta o médico de Outes. Propaganda fronte a datos Pola súa banda, Montse Prado, do Bloque Nacionalista Galego, lamenta que Feixoo non queira recoñecer as evidencias e opte por \"intentar agochar os datos entre montañas de propaganda\", como o anuncio da convocatoria de novas prazas, cando entre 2010 e 2015 só puideron repor 10% das que se foron perdendo e que xa non se poderán recuperar, pois agora só se permite repor as posteriores ao ano 2016. \"A opacidade da Xunta do PP ao respecto dos datos da sanidade é un clamor\", afirma Prado, quen critica que non haxa censos nin relación das profesionais que prestan servizo na Galiza. Tamén afea ao Goberno algúns aspectos da xestión da crise, como a liberdade que está a dar aos centros privados, dos que prometeu facerse cargo. \"Na teoría parece que o fixeron, pero queremos que se vexa na práctica\". Como sinala, \"hai hospitais privados que están despedindo xente, reducindo os cadros de persoal e permitindo que os empregados collan vacacións en lugar de pór todos eses recursos a disposición de atender a poboación\". As profesionais da sanidade, ás que a Xunta cargou co peso dos recortes, \"son as que nos están a salvar\", asegura o socialista Julio Torrado. En declaracións a este medio, asegurou que están a facer un traballo \"admirábel\", ao tempo que lamentou que Galiza perdera a oportunidade de contar no seu día con máis profesionais, e tamén un sistema de xerencias que axudaba a xestionalas mellor e con máis autonomía. \"Estase notando a política de recortes do PP, pero as valoracións virán despois\", engade. O que si, recoñece que o déficit de profesionais coloca a Galiza nunha posición \"algo máis feble de partida\" con respecto a outros territorios. A realidade galega Pero a Xunta aínda ten marxe para actuar. \"Feixoo ten responsabilidades e competencias, e o decreto permite que as manteña\", lembra Montse Prado. \"Na Galiza tivemos máis tempo para prepararnos, e iso tiña que ser unha vantaxe\". A deputada nacionalista sinala que aínda hai traballadoras sanitarias en situación de desemprego ás que se podería contratar. E plantas nos hospitais que estiveron anos fechadas que agora se poden pór en uso. \"Feixoo ten que ser proactivo. Liderar, coordinar e resolver, e non agardar a que pasen as cousas e responder de forma reactiva\". Na súa opinión, a Xunta tiña que ter actuado máis rápido. O problema tamén está na centralización na toma de decisión que \"non soluciona os problemas, senón que os agrava polo descoñecemento da realidade\"."}
{"ID": "NOS_28500", "summary": "O espía nos quiosques ten unha sección habitual no noso semanario. Durante a campaña, reclutámolo para o diario dixital. Será o espía na campaña.", "text": "Non lle presta demasiado esta campaña aos medios hexemónicos, en curiosa coincidencia de novo cos intereses gobernamentais, bastante favorábeis eles a unha alta abstención que maquille o seu desgaste político. Andan todos a iso, tamén en Galiza, onde nalgúns casos a capa de cemento coa que se quere agochar a chamada ás urnas resulta dun grosor monumental, dun descaro evidente. Compróbese en dous periódicos do mesmo grupo: Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña. No primeiro, as europeas só existen respecto á enquisas do CIS nun pequeno breve na parte dereita da capa, case imperceptíbel. Para o segundo, directamente, os comicios non existen. No día no que comezaba a campaña non incluíu nin unha soa referencia a eles na súa primeira páxina; a evaporación total, eses tolos dos carteis e das propostas -algunhas honestas, outras a matraca habitual- non merecen consideración. Seica importan máis unhas luceciñas que puxo o concello para un acto caritativo. Vaites. A tendencia repítese noutros medios. El Progreso tamén limita a súa información sobre as eleccións en portada a un breve deses que leva un anaco atopar. Nin unha liña tampouco no Diario de Ferrol. E aqueles periódicos que si lle conceden importancia á campaña que vén de comezar, saben ben o que contan. En La Voz volven centrar o asunto no bipartidismo, non se vaia rebelar o electorado. El Correo fala de \"apatía\", como satisfeito. A ver o que fan de aquí ao 25 de maio. Este espía pensa estar atento. Algúns si cumprimos."}
{"ID": "NOS_5177", "summary": "Dos 850 millóns de euros orzamentados para o Programa de activación de emprego (PAE) dirixido a este colectivo só executou 160.", "text": "O PAE, Programa de activación para o emprego, é un proxecto polo cal aquelas persoas paradas de longa duración e con familia ao cargo reciben unha axuda económica (426 euros) que permita os beneficiarios non ficar sen ningún tipo de ingreso mentres procuran traballo. Unhas 100.000 perceberon esta axuda en 2015. Mais desde CCOO e UGT denuncian que dos 850 millóns de euros só se executaron 160 millóns, o que supón un 19%. E os 690 millóns de euros restantes? Pois \"descoñécese o seu destino\", segundo afirman fontes sindicais consultadas pola axencia EFE. Ademáis, a isto hai que engadir 350 millóns de euros que estaban previstos usar entre o 1 e o 15 de abril. Tanto Comisións Obreiras como a UXT remitiron unha carta ao Ministerio de Emprego pedindo que se lles explique o destino destes, en total, máis de mil millóns de euros. Os sindicatos temen que o goberno español apostase en \"aforrar\" a costa das persoas en situación de emprego de longa duración. Unha decisión, a de non gastar eses cartos, que se tomaría polo executivo para non sobrepasar aínda máis o défice. O PAE beneficiou só 100.000 persoas, afirman as centrais, mais as beneficiarias potenciais deberían se multiplicar por catro. Cómpre lembrar que dos máis de catro de millóns de persoas rexistradas no desemprego en todo o Estado, por volta do 43% son de longa duración."}
{"ID": "NOS_1345", "summary": "Co ollar posto na xornada de mobilizacións convocada para o 10 de Maio, organizacións estudantís convocan encerros nas bibliotecas públicas galegas para manifestaren o seu rotundo rexeitamento ao incremento nos prezos das matrículas universitarias. Na Xeral o feche será indefinido", "text": "Ao redor dun cento de estudantes fecháronse esta segunda feira á noitiña na Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela para protestaren de maneira indefinida contra da suba das taxas anunciadas polo Goberno español e contra o Real Decreto-lei 14/2012, que invade competencias galegas. Coa ollada posta nas masivas mobilizacións que están convocadas para o 10 de maio, as organizacións Liga Estudantil, Agir, Iesga e Revoluciona USC uniron folgos para denunciaren os \"desmesurados e inxustificábeis\" recortes que a dereita está a practicar desde Madrid \"co beneplácito da Xunta\".\"Pese á oposición dos reitores e a que a Xunta di que non aplicará a suba das taxas, nós vemos o que hai e decidimos protestar con estes encerros\", sinala desde a Liga Saleta Chao, quen anuncia unha asemblea de estudantes para esta terza, ao remate das concentracións convocadas en toda Galiza pola Plataforma en Defensa do Ensino Público. Rexeitamento dos tres reitoresAsí as cousas, ducias de integrantes da Liga Estudantil Galega xa protagonizaron durante a fin de semana un encerro na Biblioteca de Torrecedeira, en Vigo, que se prolongará até o vindeiro 10 de maio, --e estiveron tamén fechad@s na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Compostela-- para manifestaren o seu rexeitamento a un aumento do prezo das matrículas que podería chegar até o 66%, e que topou tamén coa oposición das tres Universidades galegas. Os seus reitores --Luis Armesto (A Coruña), Juan Casares (Compostela) e Salustiano Mato (Vigo)-- transladáronlle á Xunta de maneira conxunta o que viñan dicindo por separado desde que o Executivo de Mariano Rajoy fixo pública a súa intención de colocar o ensino superior no punto de mira do control do déficit. O incremento das taxas podería supor un gasto de 560€ por matrícula e ano. Segundo os reitores, no caso de non existir un veto total á suba, a petición é de que esta sexa mínima, que non exceda o IPC --Índice de Prezos ao Consumo--. Nesta liña, Salustiano Mato considerou \"unha inxustiza social intolerábel\" que o novo incremento se pretenda aplicar botando man de prezos medios para cada carreira xa que, deste xeito, \"onde hai máis nivel de vida pagarán menos e onde hai menos poder adquisitivo, como é o noso caso, pagarán moitísimo máis\". Pola súa banda, o reitor coruñés, Luis Armesto, considera que \"o xusto e razoábel\" é que o custo real das carreiras sexa calculado en función do nivel de vida de cada territorio, aínda que, segundo apuntou Casares Long, as negociacións sobre as taxas poderían prolongarse até un mes, xa que a norma terá que pasar aínda polo Congreso d@s Deputad@s. O estudantado chama á mobilización masivaNo entanto, as que máis teñen que dicir sobre os recortes no Ensino son as e os estudantes. E opóñense, sen excepcións. Na vindeira quinta feira haberá protestas en toda Galiza en que participarán, ademais da Liga, Agir, Iesga e Revoluciona USC, outras organizacións como os Comités ou Galiza Nova. Segundo informan, a suba das taxas suporá un aumento da matrícula até os 1.500 euros en primeira convocatoria. A partir da cuarta matriculación a/o estudante deberá facerse cargo da totalidade do custo do crédito --máis de 6.000 euros por curso completo--, que suporá na realidade un pagamento do 200%, xa que o baremo empregado contabiliza aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia, como a investigación. Neste sentido, completado o segundo peche nunha biblioteca universitaria, a Liga chama a todo o estudantado a secundar a folga xeral. Entende a organziación que a mobilización social masiva é \"a única solución\" en contra dun Goberno central \"que entende a democracia coma un cheque en branco cada catro anos\". Os recortes pensados en Moncloa non afectan só ao Ensino medio, \"precarizando a Educación e abocándoa a unha insalvable mercantilización e elitización\", senón que este panorama ten tamén o seu reflexo na Universidade. O Ensino público enfróntase á maior tesoirada da historia."}
{"ID": "NOS_47877", "summary": "Caballero critica a política de \"brazos caídos\" da Xunta.", "text": "O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este sábado a artellar un \"grande acordo\" para facer fronte á terceira vaga da pandemia. O socialista criticou a política de \"brazos caídos\" da Xunta após a \"repunta de contaxios como consecuencia da estratexia de 'salvar o Nadal'\". Así mesmo, Caballero lamentou que o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, só levase ao encontro con Pedro Sánchez \"un falso debate sobre o estado de alarma que o PP nin sequera apoiou no Congreso\". Por outra banda, criticou que o BNG leve \"desde outubro\" solicitando un \"confinamento absoluto\" malia que na segunda vaga \"foise controlando co estado de alarma\". Para o PSdeG, é preciso alcanzar \"un gran acordo para fortalecer a atención sanitaria ás afectadas, axilizar a vacinación e desenvolver un programa económico que axude aos pequenos negocios e as empresas en dificultades\". A respecto da campaña de vacinación, asegurou que Galiza recibiu \"todas\" as doses para as residencias e o persoal sanitario de primeira liña. Caballero rexeita a \"deslealdade\" dun Núñez Feixoo que \"busca a confrontación\" co Goberno estatal."}
{"ID": "NOS_32966", "summary": "Un equipo internacional de astrónomas e astrónomos descubriu hai uns días unha superterra quente ao redor da estrela Gliese 486, a tan só 26 anos-luz do Sol. Este exoplaneta, foi detectado polo instrumento Carmenes, proxecto coliderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), co telescopio de 3,50 metros do observatorio de Calar Alto en Almería, podería dar información trascendental para o estudo das atmosferas de exoplanetas rochosos. Cristina Rodríguez López, astrofísica galega, traballa nese equipo.", "text": "Cal é a transcendencia de descubrir esta superterra? A día de hoxe coñécense ao redor duns 4.000 exoplanetas que non pertencen ao noso sistema solar e orbitan ao redor doutras estrelas na nosa galaxia. Superterras descubertas hai moitas xa mais é unha categoría que non existe no noso sistema solar. Serían exoplanetas que teñen entre 2 e 10 masas terrestres aproximadamente. No caso do que acabamos de descubrir, ao que se lle puxo o nome de Gliese 486b, atopamos que ten 2,8 masas terrestres. A particularidade, neste caso, é que a estrela que orbita o planeta está moi cerca, a 26 anos luz de distancia. A pesar de estar situado moi perto da súa estrela anfitrioa, Gliese 486 b, conservou probabelmente unha parte da súa atmosfera orixinal. Como se levará a cabo o seu estudo? Por un lado a través das velocidades radiais, que foi o que primeiro se detectou co espectógrafo Cármenes que está no observatorio de Calar Alto en Almería. A maioría dos exoplanetas que descubrimos son por métodos indirectos. Hai algúns que se coñecen por imaxe directa cunha fotografía a través dun telescopio. Este das velocidades radiais lógrase cando o planeta está orbitando a estrela e esta móvese igual que o planeta. O planeta xira ao redor da súa estrela anana vermella nunha traxectoria circular en tan só un día e medio, a unha distancia de apenas 2,5 millóns de quilómetros. A pesar de estar situado moi perto da súa estrela anfitrioa, Gliese 486 b, conservou probabelmente unha parte da súa atmosfera orixinal. Sobre todo, contamos que desde a Terra teremos a sorte de ver a este exoplaneta transitar, é dicir, pasar diante da súa estrela, como un mini-eclipse. Por este motivo, Gliese 486 b é un candidato ideal para examinar a súa atmosfera e o seu interior coa próxima xeración de telescopios espaciais e terrestres. Os telescopios seguiran a ter un papel importante neste tipo de investigacións? A instrumentación mellora cada vez máis. Cando se descubriu o primeiro exoplaneta en torno a unha estrela semellante ao sol foi en 1995 e a precisión dos espectógrafos chegaba a 10 metros por segundo. Agora estamos en Carmenes ten 1 metro por segundo. Xa temos algúns con centímetros por segundo, é impresionante. Eliminan toda a influenza atmosférica e para estas estrelas que son vermellas é moito mellor. Que é o que lle gustaría descubrir nas súas observacións? Non é un desexo persoal, coido que é de todas e todos que estamos neste proxecto, meu mais na próxima década o que vai primar é caracterizar os planetas que temos, ver as atmósferas. Neste campo o gran descubrimento sería atopar vida noutro planeta, algo que parece moi lonxano. Máis que de vida, diría eu, a emoción virá cando se comece a observar xa de maneira masiva as atmosferas dos exoplanetas e busquemos un desequilibrio entre elas. Na nosa, por exemplo, hai un exceso de oxixeno e de nitróxeno e estamos a facer unha listaxe de moléculas que poderían ser biomoléculas, a vida non ten porque estar baseada no carbono e no exixeno como aquí na terra. No momento en que se empecen a detectar concentracións anómalas de compostos moleculares que poderían ser de orixe biolóxico ou xeolóxico. Será moi emocionante ver, segundo a cantidade de sistemas planetarios que existen e que por agora non hai un semellante ao noso, a cantidade de atmosferas distintas que atoparemos e que información nos darán."}
{"ID": "NOS_15134", "summary": "As súas feridas son leves. O condutor deu negativo nos controis de drogas e alcolemia e agora a Garda Civil investiga as causas do sinistro.", "text": "Dous alumnos e un profesor feridos leves foron trasladados na mañá desta sexta feira a un centro de saúde tras saír o autobús escolar no que viaxaban da vía e envorcar, con 41 pasaxeiros a bordo, en Lalín. Segundo os datos facilitados pola Garda Civil a Europa Press, ían a bordo 37 menores, tres docentes e o condutor do autocar, accidentado contra as 9.30 horas no quilómetro 2 da estrada EP-6002 ao seu paso pola localidade. A pesar do estado no que quedou o vehículo, envorcado lateralmente, os estudantes de entre 12 e 16 anos do IES de Forcarei que viaxaban no interior de camiño a unha vista fóra do centro educativo puideron saír do vehículo polos seus propios medios. Por causas que aínda se investigan, no camiño entre a Estación de Viñoa e Botos, o autocar desequilibrou e envorcou sen que ninguén quedase atrapado, sinalaron fontes do 112. #AXEGAInforma dun accidente cun autobús escolar envorcado na #EP6002, en #Lalín. Os pasaxeiros, unhas 40 persoas entre alumnos e docentes, atópanse en bo estado de saúde e fóra do vehículo. Igualmente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou medios para atención da pasaxe 1/2 pic.twitter.com/ZkrkpUcJGf— 112Galicia (@112Galicia) March 18, 2022 A Garda Civil de Tráfico practicou as probas de alcoholemia e drogas ao condutor, nas que obtivo resultado negativo, segundo confirmaron fontes policiais. Toda a pasaxe do autobús ía protexida cos sistemas de retención obrigatorios, destacaron desde o 112. Algúns dos ocupantes sufriron golpes, polo que foron atendidos por persoal sanitario. En concreto, dous mozos e un adulto sufriron pequenas lesións, cortes e golpes que foron atendidos por persoal de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 que se dirixiron ao lugar do accidente logo de recibiren a alerta do 112. Ao lugar o 061 mobilizou tres ambulancias de soporte vital básico, o helicóptero medicalizado con base en Compostela e dous equipos sanitarios de Atención Primaria que atenderon no lugar un menor, mentres que outros dous e un adulto de 40 anos foron levados ao centro de saúde da zona. Tamén acudiron os Bombeiros do Deza, membros do GES de Lalín e axentes da Garda Civil e da Policía Local. O Instituto Armado investiga agora os feitos para esclarecer as causas do accidente."}
{"ID": "NOS_55946", "summary": "O novo partido queda en mans dos sectores afíns á dirección estatal na Coruña, Vigo e Ourense. Agora terá que decidir como se presenta ás municipais, ao igual que Esquerda Unida, que convocou para febreiro primarias para posíbeis candidat@s nas \"converxencias\", malia que non descarta usar a marca AGE nalgunhas localidades.", "text": "O sector próximo a Pablo Iglesias dirixirá Podemos na Coruña, Vigo e Ourense, con Isabel Faraldo, José Manuel Prieto e Alfonso Víctor Ferreiro, respectivamente, como secretarios xerais. En Ferrol, a cuarta urbe galega onde se presentou lista achegada ao grupo dirixente en Madrid (Claro que Podemos), a comisión de garantías democráticas analiza os resultados para decidir se houbo irregularidades. Así mesmo, Javier Lozano Folgueira, de Agora Lugo, será o secretario xeral de Podemos na cidade da muralla. En Pontevedra dirixirá a formación Marcos Fontán Cortizo, da candidatura Pontevedra Pode e en Santiago será Víctor Casas, quen concorreu ao proceso de elección de secretarios xerais nunha lista baixo a denominación Podemos Gañar. A formación non se presentará como tal ás eleccións locais, senón que o fará dentro de \"candidaturas de unidade popular\". Esquerda Unida Por outra parte, Esquerda Unida (EU) puxo en marcha o procedemento para elixir os seus candidatos a procesos maiores de converxencia -como poden ser as Mareas- que culminará o 28 de febreiro nun consello político nacional no que se ratificará os resultados da votación do 14 e 15 de febreiro. Este fin de semana, simpatizantes e militantes escollerán tanto a candidatos como a persoa que queren que aspire á presidencia do Goberno estatal por Izquierda Unida, para o que é claro favorito Alberto Garzón. Segundo indicou o secretario de Organización de EU, Rubén Pérez, a súa formación aposta de forma \"decidida\" por participar en \"procesos maiores de converxencia\" alí onde existan, pero sempre condicionado a unha serie de requisitos, como é que as súas decisións sexan \"democráticas e horizontais\", \"sen acordos de partidos polo medio\". Dependendo de se se dan estas condicións, nalgunhas localidades poderá acudir xunto a Anova como AGE ou mesmo en solitario."}
{"ID": "NOS_54235", "summary": "O colectivo Enfermeiras eventuais en loita fixo público un informe para denunciar a precariedade e a elevada taxa de persoal temporal na véspera da xornada de loita mensual que manteñen desde antes do verán.", "text": "Unha de cada tres prazas de enfermeira en oito áreas sanitarias galegas traballa en precario con emprego temporal. Esta é unha das conclusións do estudo distribuído aos medios esta quinta feira polo colectivo de profesionais que levan meses organizadas para denunciar o desleixo no Sergas. As enfermeiras advirten que os datos tirados nalgún dos distritos son máis elevados cos publicados hai dous anos polo Consello de Contas, que situaban o índice de temporalidade entre o colectivo en 40% en Atención Especializada en 28% en Atención Primaria. Con datos dun ano antes, 2016, observábase, sinalan as enfermeiras, que os efectivos de persoal fixo baixaran mentres aumentaban as interinas. As enfermeiras elaboraron o informe con datos recollidos entre o persoal das áreas sanitarias da Coruña, A Mariña, Cee, Ferrol, Lugo, Monforte, Ourense e O Salnés, nas que do total de 3.495 traballadoras e traballadores, 1.044 prazas corresponden a vacantes e 213 a ocos libres cubertos mediante a acumulación de tarefas. Malia que a media reflicte unha taxa de temporalidade do 36%, en áreas como a da Coruña alcanza o 42%, en Monforte é do 39% e en Lugo, do 38%."}
{"ID": "NOS_31436", "summary": "O Informe de Conxuntura Socioeconómica correspondente ao cuarto trimestre de 2019 publicado polo Foro Económico de Galiza conta cun significativo artigo de Juan Manuel Vieites, Secretario Xeral de Anfaco-Cecopesca que apunta este bo momento en cifras mais alertando dos retos de futuro.", "text": "O sector galego da industria transformadora de conservas de peixe e marisco semella estar nunha moi boa situación para medrar e consolidarse se as actuais circunstancias internacionais non introducen elementos de distorsión. Desde a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesa) o seu secretario xeral, Juan Manuel Vieites, pensa que a razón disto é a aposta pola internacionalización e a innovación. As exportacións de conservas de peixe e marisco foron de récord en 2018 nun mercado que ten como principais destinatarios os países de Europa seguidos de Estados Unidos de América e Marrocos. A incerteza está na situación política internacional en temas como os aranceis impostos por EUA, o Brexit ou as negociacións de acordos comerciais como o posíbel relanzamento das negociacións do Acordo de Libre Comercio con Tailandia. O artigo íntegro pode consultalo na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_51166", "summary": "O ex mozo da viguesa Déborah Fernández-Cervera, cuxo corpo foi achado sen vida nunha gabia do Rosal en 2002, foi imputado en febreiro e, segundo un informe de lingüística forense, \"faltou á verdade\" durante o xuízo.", "text": "A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Tui decidiu alongar seis meses máis a instrución do caso de Déborah Fernández-Cervera, a moza viguesa achada sen vida nunha gabia do Rosal no ano 2002. Segundo fontes xudiciais consultadas por Europa Press, este novo paso no caso, que chega logo de que pasasen xa 20 anos do suceso, prodúcese a pesar de que non se propuxeron máis probas, aínda que si falta coñecer o resultado de varias dilixencias. Con todo, as mesmas fontes explicaron que as probas solicitadas e aceptadas practicaríanse aínda que non se prorrogase a instrución, polo que agora o proceso alongarase e previsibelmente serán incluídas as investigacións sobre o disco duro do computador da moza falecida, que foi presuntamente manipulado, no canto de abrir unha peza a maiores sobre esta cuestión. Un informe de lingüística forense sinala que o ex mozo de Déborah Fernández \"faltou á verdade\" no xuízo Aliás, desta maneira a titular do Xulgado de Tui tamén evita, polo de agora, decidir sobre transformar as dilixencias do 'caso Déborah' nun procedemento de tribunal de xurado, como xa solicitaron as familias. Déborah Fernández-Cervera foi achada morta nunha gabia do Rosal en 2002. A investigación xudicial pola desaparición e falecemento da moza arquivouse en 2010 sen que se detivo nin imputado a ninguén. O ex mozo de Déborah foi formalmente imputado o pasado febreiro En novembro de 2019 reabriuse o caso por parte do xulgado, e en febreiro de 2022 imputouse formalmente na causa Pablo P.S-L., o ex mozo da vítima. A finais de abril pasado fixéronse dúas décadas da desaparición da moza e, alcanzado o prazo de prescrición, non se poderá imputar a ninguén máis en relación con este caso."}
{"ID": "NOS_33079", "summary": "Merkel e Hollande amosaron a súa vontade en continuar a \"reforzar o espazo Shengen\" e o control das fronteiras exteriores europeas.", "text": "Libia foi en 2014 un dos principais portos de saída para persoas migrantes e en búsqueda de refuxio. No concreto, segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM) o 80% das persoas que chegaron ás costas italianas e maltesas nos últimos anos proceden da rota do Mediterráneo Central que parte da Libia. En total, 170 mil persoas en 2014 e 153.842 en 2015, maioritariamente procedentes da África Subsahariana (Sudán, Eritrea, Gambia, Nixeria, Costa de Marfil e Senegal. Así as cousas, o pasado ano as cifras gregas eclipsaron calquera outro proceso migratorio ou deslocamento forzoso após rexistrárense 853,650 chegadas procedentes da Siria, Afganistán, Iraq e Paquistán con porto de saída en Turquía. Chegadas persoas migrantes e refuxiadas a Grecia e Italia entre 2010 e 2016 Create line charts Porén, en marzo de 2016 e coa mellora climatolóxica propia da primavera, a rota do Mediterráneo central volve activarse. Segundo a OIM, 19.322 persoas até o 30 de abril, principalmente orixinarias de Exipto, Somalia e Eritrea, embora haber algunhas persoas sirias tamén. En Bruxelas queren bloquear esta posibilidade de acceso ao territorio comunitario e planexan a posibilidade de asinar co goberno libio --proclamado co auspicio das Nacións Unidas e apoiado polo Banco Central de Libia e a Compañía Nacional do Petróleo-- un acordo semellante ao asinado con Turquía mediante o que se programaron as devolucións masivas de solicitantes de asilo e migrantes a cambio duns millóns de euros. Libia atópase nunha situación de inestabilidade e terror permanente desde 2011 cando as forzas da NATO acordaron a súa intervención militar no país contra o réxime de Al-Gadaffi. De facto, Obama recoñeceu que o seu peor erro como presidente fora a ofensiva lanzada na Libia e non pensar no día despois. Actualmente, as Nacións Unidas cifran en 500 mil as persoas desprazadas internamente no país e en máis de 250 mil as rexistradas como refuxiadas, procedentes doutros territorios en conflito. Así as cousas, aseguran que \"o número real é moito maior\". Desde as súas costas, parten cara Italia e Malta. O Parlamento libio non recoñece a lexitimidade do goberno apoiado pola comunidade internacional mais si conta co visto e prace do Banco Central libio e a Compañía Nacional do Petróleo Neste contexto, Alemaña e Franza defenderon após o seu encontro bilateral a pasada semana en Metz, defenderon continuar \"reforzando Shengen e a protección das fronteiras exteriores e adaptando o sistema europeo común de asilo\". Isto é, unha das fórmulas podería ser impedir através de máis un 'estado tapón' a chegada de persoas refuxiadas e migrantes ao territorio comunitario e o estabelecemento da revisión das peticións de asilo de maneira conxunta co desenvolvemento dunha 'fiestra única' que supere o actual Regulamento de Dublín. Porén, para iso sería preciso unha autoridade gobernamental que exercese control efectivo sobre a poboación e o territorio, algo que non acontece na Libia onde nen sequera o Parlamento recoñece a lexitimidade do executivo apoiado pola denominada comunidade internacional."}
{"ID": "PRAZA_18527", "summary": "En Marea denuncia no Congreso a \"corrupción do Estado\" e o atraso que supuxo \"milleiros de despedimentos\" nos estaleiros galegos e pide ao Executivo que o leve a Anticorrupción. A ministra Robles detalla o adiamento pero evita aclarar se tomará medidas. Gonzalo Caballero esixe \"explicacións\" a Feijóo e o BNG levará o \"atraso deliberado\" ao pleno do Parlamento A oposición sinala a Feijóo e a Rajoy pola \"corrupción institucional\" O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés", "text": "En Marea pediu este mércores á ministra de Defensa, Margarita Robles, que actúe ante a \"corrupción de Estado\" que ao seu ver implicou que o Goberno de Mariano Rajoy atrasase durante dous anos a fabricación de fragatas nos estaleiros de Navantia de Ferrol para adaptalas aos mísiles da multinacional armamentística MBDA, que presidiu en España o ex-ministro Pedro Morenés. A deputada da formación galega, Yolanda Díaz, esixiu a Robles que leve o caso ante a Fiscalía Anticorrupción e que así \"aproveiten a oportunidade de depurar responsabilidades\". Díaz sinalou a \"corrupción de Estado\" e pediu á ministra de Defensa que leve o caso ante a Fiscalía Anticorrupción \"Isto é corrupción e a corrupción do PP é un problema para a industria española\", asegurou Díaz durante a sesión de control ao Goberno que tivo lugar no Congreso dos Deputados. A parlamentaria de En Marea reclamou así a Robles \"medidas fronte ao corruptor, o señor Morenés\" e criticou as \"portas xiratorias\" que ao seu xuízo agromaron por mor da publicación deste caso por eldiario.es. Robles constata o freo do Goberno do PP á construción das fragatas e que o se equipo viu \"contratos que lle gustaron menos\" ao chegar ao Ministerio Robles, pola súa banda, defendeu que cando \"este Goberno chegou ao Ministerio\" decidiu que \"as políticas de seguridade son políticas de Estado\". No entanto, recoñeceu que o seu equipo viu \"contratos que lle gustaron menos\", en clara referencia ao asunto das fragatas. Sen entrar a valorar a xestión realizada polo anterior equipo do PP, a ministra de Defensa insistiu en que as fragatas \"son imprescindibles para a Armada española\" e para \"dotar de postos de traballo a Navantia, en Ferrol\". Mariano Rajoy e Morenés, na escola naval de Marín en 2014 / © Goberno de España Yolanda Díaz insistiu en preguntar á ministra \"que medidas van tomar\" desde o Executivo central \"fronte ao corrupto Morenés, fronte á señora Cospedal e fronte ao PP\" e preguntou se o Goberno \"vai levar o caso á Fiscalía Anticorrupción\". Ademais, lembroulle a Robles que, malia que o PSOE \"tampouco ten moita credibilidade ante o naval\" por ser tamén \"o partido da reconvesión e das portas xiratorias\", ten \"a oportunidade de depurar responsabilidades e non comportarse como o Partido Popular\". A ministra recoñece que as fragatas F-110 son \"imprescindibles para dotar de postos de traballo a Navantia en Ferrol\" Ademais, advertiu de que o freo á construción das fragatas supuxo \"despedimentos masivos\". \"Miles de traballadores marcharon á rúa por falta de carga de traballo\", dixo, para engadir que \"o máis grave\" e que a ministra Cospedal \"adxudicou un contrato á empresa de Morenés por 9,5 millóns para que avaliase a idoneidade duns mísiles que xa se dixera que non eran convenientes\". \"Fíxense como mandan os que non se presentan ás eleccións\", engadiu. Yolanda Díaz lembra que o atraso supuxo \"despedimentos masivos\" no naval ferrolá por \"falta de carga de traballo\" Tal e como adiantou eldiario.es, a teima do anterior Goberno en colocar ás embarcacións militares ese modelo de mísil fabricado pola multinacional na que Morenés exerceu como alto executivo ata que foi nomeado ministro por Rajoy adiou o inicio dos traballos nos estaleiros que a empresa pública ten en Ferrol. Durante a xestión de Morenés e Cospedal, Defensa impuxo como \"prioritaria\" a implantación nas fragatas F-110 dos mísiles Sea Ceptor, un tipo de proxectil que nunca fora usado pola Armada Española e que a compañía do ministro estaba a tentar colocar no mercado internacional da Defensa. Esa insistencia atrasou dous anos o proxecto de deseño técnico, segundo fontes do Goberno, e chegou a provocar un enfrontamento entre a cúpula da Armada e a Dirección Xeral de Armamento, controlada polo ministro."}
{"ID": "NOS_30655", "summary": "Decorrerá en Lugo o vindeiro 29 de marzo para analizar a situación do rural galego e dar respostas.", "text": "O 29 de marzo decorrerá no recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo a II Asemblea Nacional da Federación Rural Galega (Fruga), tres anos despois daquela I AN na que baixo o lema 'Galiza rural, orgullosa de ser' debatérase desde a soberanía alimentar até a PAC. Para a organización agraria, Coa chegada do PP de Núñez Feijóo ao Goberno, o rural galego \"padeceu unhas políticas tremendamente agresivas\", derivadas dunha acción política presidida polas teorías máis neo-conservadoras e neo-liberais, \"o que implica unha acción planificada de destrución\" do tecido social rural, \"que ten a súa mostra máis evidente na constante desaparición de unidades produtivas agrarias e no abandono do rural\". Políticas que, indica a Fruga, están a provocar pobreza e desertización da maior parte do territorio galego. Fronte a isto desde a Federación sosteñen que hai que erguer alternativas e sentar as bases para un outro rural, con futuro, e que sirva tamén como polo de desenvolvemento para o país. Cuestións que serán tratadas na II AN. A efectos organizativos, a asemblea decorrerá entre as 10:30 e as 14:30 horas, para dar paso a un xantar de convivio. Haberá transporte colectivo desde as distintas comarcas."}
{"ID": "PRAZA_9981", "summary": "A Coruña, Ourense, Vigo e Madrid son os escenarios dos principais actos deste venres de PP, PSdeG-PSOE, En Común, BNG e En Marea", "text": "Este venres pola noite finaliza a campaña electoral, dando paso á xornada de reflexión e ás votacións do domingo, que se presentan con máis incógnitas e voto non decidido que nunca. Foi unha campaña estraña, tanto pola sucesión de convocatorias electorais (dentro de 13 días comezará a campaña das eleccións municipais e europeas), como pola coincidencia coas xornadas festivas da Semana Santa, como pola incógnita do anunciado asceso da ultradereita de VOX.As distintas formacións políticas están a realizar ao longo deste venres os seus derradeiros actos e lanzando as súas derradeiras mensaxes, coa vista posta xa nas votacións do día 28. A Coruña, Ourense, Vigo e Madrid son os escenarios dos principais actos deste venres de PP, PSdeG-PSOE, En Común, BNG e En Marea, que apuran as últimas horas de campaña para tentar convencer os votantes indecisos, a abstencionistas e a quen dubidan entre varias opcións.O PP galego pechará a campaña en Madrid, no mitin central que o partido que lidera Pablo Casado celebrará no WiZink Center a partir das 20 horas. No acto participará Alberto Núñez Feijóo, que este venres interveu en senllos actos en Lugo e Vigo, onde a formación levou a cabo un mitin. Alí, o presidente da Xunta pediu o voto para o PP para \"garantir\" unha España \"unida e constitucional\" na que se poidan \"falar libremente distintas linguas\".O PSdeG-PSOE pechará a campaña cun mitin en Ourense, no que intervirá o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero. Será na Asociación Aixiña a partir das 20.30 horas. Este xoves Caballero fixo \"un chamamento a todas as galegas e os galegos que non queren ver a Vox dirixindo o rumbo de España dende o goberno\". O secretario xeral do PSdeG-PSOE participou en actos en Ribadavia e Santiago de Compostela, onde estivo acompañado pola presidenta do PSOE, Cristina Narbona.En Común celebrou este venres actos na Coruña e Santiago de Compostela, neste caso cun encontro co estudantado universitario no que participaron Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz e Juan Carlos Monedero, que destacou que o momento político actual obedece ao mesmo movemento de \"acción-reacción\" que se produciu moitas veces ao longo da historia entre os avances da esquerda e a posterior reacción da dereita, neste caso personificada por VOX. O peche de campaña terá lugar na Sala Filomatic da cidade herculina a partir das 20.30 horasO BNG pechará a campaña na Coruña, cun mitin ás 20 horas no Teatro Rosalía, no que participará a portavoz nacional Ana Pontón, o candidato ao Congreso pola provincia, Nestor Rego, e outros candidatos como María Xosé Bravo, Miguel Pernas e Suso de Toro.Pola súa banda, o Bloque lanzou un vídeo final de campaña que destaca que \"Somos un gran país e non temos que renunciar a nada, podemos ter voz propia e frear á dereita\". \"Temos a oportunidade de recuperar peso político no Estado e que os nosos problemas empecen a ter solucións e tamén e ser un muro de contención contra a dereita que só propón medo, crispación e unha volta ao pasado\", engade Ana Pontón, que protagoniza o vídeo.Finalmente, En Marea pechará a súa campaña en Vigo, cun mitin no Museo do Mar no que participarán Luís Villares, Iris Malvido, Ana Seijas, Cristina Pérez e Iván Olmos. Este venres pola mañá o propio Villares, xunto con Ana Seijas, Mariló Candedo, Alba Nogueira e Adrián Dios mantiveron unha xuntanza con investigadores precarios da Asamblea de Investigadoras da USC. A formación propuxo medidas para \"achegar estabilidade e condicións salariais dignas ao persoal investigador das universidades\" e comprometeuse a traballar para \"duplicar o orzamento en I+D+i\"."}
{"ID": "PRAZA_9395", "summary": "A empresa pública sinala que ela non pode legalmente acusalo por homicidio pero muda a pena de multa que contempla o Código Penal para os danos por unha petición de prisión", "text": "A empresa pública sinala que ela non pode legalmente acusalo por homicidio pero muda a pena de multa que contempla o Código Penal para os danos por unha petición de prisión Catro anos de cadea e 1,4 millóns de euros de indemnización. Esa é a pena que a empresa pública Adif solicita para o maquinista do tren Alvia accidentado en Angrois, Francisco José Garzón, por un delito de danos por imprudencia grave. A petición prodúcese malia que o condutor non está imputado por ese delito, que o Código Penal castiga con multa. A propia Adif sinala no seu escrito de acusación que legalmente non pode acusar ao maquinista de homicidio por imprudencia, o delito polo que vén sendo investigado e polo que tamén está acusado polo xuíz un cargo da empresa pública, ao que esta exculpa. Xuíz instrutor e fiscal acusan tamén polo sinistro a un cargo de Adif ao que a empresa pública exculpaA comezos do pasado decembro o xuíz instrutor do accidente de Angrois deu por rematada a investigación e propuxo levar a xuízo, co apoio posterior do fiscal, ao maquinista e ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave profesional, no primeiro caso por despistarse e non frear a tempo o tren antes da curva de Angrois, na que descarrilou deixando 80 mortos e 144 feridos, e no segundo caso por non habilitar medidas que evitasen ese previsible erro humano. Un mes máis tarde Adif presentou o seu escrito de acusación, agora desvelado, no que apunta só contra o maquinista e obvia o seu cargo, que segue a ocupar un posto menor de libre designación nesa empresa pública. No seu escrito, asinado polo avogado do Estado, a empresa pública admite que \"non formula acusación polos posibles delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave profesional, toda vez que o Adif carece de lexitimación para a persecución deste tipo de delitos e que o Tribunal Constitucional nega a posibilidade de que os órganos e organismos públicos exerzan a acusación popular\". Así, Adif opta por considerar o accidente \"un delito de danos por imprudencia grave tipificado no artigo 267 do Código Penal\" polo que que considera \"responsable en concepto de autor o encausado Francisco José Garzón\" e polo que di que \"procede impor ao encausado a pena de prisión de catro anos\". Porén, o artigo 267 do Código Penal indica que \"os danos causados por imprudencia grave en cuantía superior a 80.000 euros [como é o caso] serán castigados coa pena de multa de tres a nove meses, atendendo á importancia dos mesmos\". Adif tamén pide unha indemnización de 1,4 millóns de euros polos desperfectos que o descarrilamento causou na súa infraestrutura ferroviariaAdif tamén pide no seu escrito que o maquinista, e no seu defecto a súa empregadora, Renfe, e o seguro desta, a indemnicen cos preto de 1,4 millóns de euros en que cuantifica os danos producidos polo descarrilamento á súa infraestrutura ferroviaria. Igualmente, pide seis anos de inhabilitación profesional para o maquinista, que tras recuperarse do accidente foi destinado por Renfe a un posto de traballo nun taller afastado da condución de trens. A petición de catro anos de cadea de Adif para o maquinista por un delito de danos é similar á que formulara en 2015 o anterior fiscal do caso contra el por delitos de homicidio e lesións e que quedara en nada despois de que a Audiencia Provincial da Coruña reabrira o caso para investigar máis responsabilidades. Actualmente, despois da proposta do xuíz de dar por pechado o caso acusando ao maquinista e ao cargo de Adif por homicidios por imprudencia, varias partes elevaron recursos ante a mesma Audiencia, que está pendente de resolver."}
{"ID": "NOS_46997", "summary": "A organización considera a XVII Asemblea Nacional un momento para a reflexión \"colectiva\" e o debate.", "text": "Arredista, organización que naceu en febreiro do proceso \"Sumarmos forzas pola ruptura\" lanzado en outubro de 2020, avoga por unha XVII Asemblea Nacional do BNG – fronte da que fai parte- como unha oportunidade \"para afondar no debate, o intercambio de ideas e a clarificación ideolóxica\". Así o sinala nun documento no que avoga por un debate centrado \"nas ideas e non nas persoas\", para así definir \"da forma mais colectiva posíbel o rumo do BNG\". Arredista indica que particippu nos debates previos a esta Asemblea Nacional e indica que \"algunhas das achegas que a nosa militancia fixo nas diversas asembleas comarcais xa foron aceptadas no Consello Nacional, e outras irán a debate na propia Asemblea Nacional\". Entre as liñas propostas está a de \"termos presente en todo momento o horizonte estratéxico cara ao que camiñamos (unha República Galega soberana e xusta\", así como Deixar \"claro que non entraremos a negociar unha reforma estatutaria e que o novo marco que defendemos debe estar fundamentado no noso dereito a decidir. A posibilidade de presidir a Xunta, apuntan, \"debería servirnos para conseguir avances nas condicións de vida do noso pobo, favorecer a autoorganización popular e crear conciencia nacional Arredista aposta por un BNG que dea o paso de \"asumir unha posición política aberta e desacomplexadamente independentista\" ao tempo que teña un discurso que estea dirixido \"á inmensa maioría social do noso país: aquela que vive do seu traballo, cuxos intereses debemos defender prioritariamente\" O compromiso \"firme con un modelo de ensino inmersivo na nosa lingua\", o impulso da \"autoorganización do noso pobo a todos os niveis\", son outras das liñas formuladas. Tamén indican que as responsabilidades institucionais, \"nomeadamente unha hipotética chegada ao goberno autonómico\", deben de entenderse – \"como un medio para o avance do noso proxecto político, mais non un fin en si mesmo\". A posibilidade de presidir a Xunta, apuntan, \"debería servirnos para conseguir avances nas condicións de vida do noso pobo, favorecer a autoorganización popular e crear conciencia nacional, mais sobretodo para evidenciar as limitacións dun marco político absolutamente insuficiente e que debemos superar\". Para a organización, o papel do BNG debe de ser o de ser quen de \"construír alternativas transformadoras e que defenda sen complexos, dende as institucións e dende as rúas, os intereses do pobo traballador galego frente ás agresións que esta sufrindo\"."}
{"ID": "NOS_9161", "summary": "Esta segunda feira 4 de decembro, o BNG apresentará un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional contra o veto do Goberno Rajoy á tramitación no Congreso da proposición de lei de transferencia da AP-9. Así o anunciou esta sexta feira a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, durante unha conferencia de imprensa.", "text": "Para a líder do BNG, o boicote á tramitación da iniciativa lexislativa do Parlamento Galego no Congres supón \"un auténtico atropelo democrático\" que non só vulnera \"os nosos dereitos como deputadas e deputados\", senón que é \"un desprezo ao conxunto dos galegos e galegas\". \"Estáselle a dicer ao pobo galego que non ten direito a reivindicar melloras como unha rebaixa das peaxes e unha tramitación e xestión da AP-9 desde Galiza\", denunciou Pontón. No recurso de amparo, o BNG solicitará que se anule o acordo da Mesa do Congreso dos Deputados polo cal -e tal como lle demandaba o Goberno Rajoy- se veta a tramitación da transferencia da Autoestrada do Atlántico. \"Trátase tamén de restablecer a propia dignidade deste Parlamento\", apuntou Pontón. A dirixente nacionalista tamén se amosou \"consciente de quen é o Tribunal Constitucional\", admitindo que desde o a fromación manteñen \"todas as cautelas respecto deste organismo [da súa independencia de criterio a respeito do poder executivo]\", mais tamén defendeu que se trata \"da única vía que podemos utilizar para defender os intereses de Galiza, polo que non imos tirar a toalla en demandar unha xestión máis eficaz desta infraestrutura\". Pontón sinalou o Partido Popular e a presidenta do Congreso, Ana Pastor, como principais responsábeis do veto, aínda que tamén sinalou Alberto Núñez Feijóo, como \"cómplice\". \"Máis unha vez, vemos como nos momentos chave, o presidente da Xunta de Galiza nin está nin se lle espera, prégase á primeira de cambio e é incapaz de enfrontarse ao señor Rajoy para defender o que lle convén a este país e ás galegas e galegos\", acusou a nacionalista. Máis de 2.500 millóns de euros dos petos galegos A AP-9 é actualmente unha das tres únicas autoestradas do Estado español que esgota o máximo permitido para manter peaxes. Audasa, a empresa concesionaria, acumula beneficios que superan os 900 millóns de euros e, segundo dados achegados pola voceira nacional do BNG, son xa máis de 2.500 millóns de euros os gastados por galegas e galegos nesta vía de transporte. \"Galiza, con só 6% do territorio do Estado español, concentra 10% dos quilómetros de autoestrada de peaxe de todo o estado\", resumiu Pontón. \"Esta situación, amais de ser un auténtico abuso e unha estafa para Galiza, é un hándicap para as nosas empresas e cidadáns, que sofren tamén unha discriminación por ingresos e vense obrigados a circular por vías con máis siniestralidade [ao non haber vías alternativas de calidade libres de peaxe]\", concluíu."}
{"ID": "PRAZA_12237", "summary": "A Consellería de Traballo asegurou que o atraso se debera a un erro informático. Agora alude a que se debeu ao cambio de exercicio e aos trámites burocráticos", "text": "Os perceptores da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga) da Coruña padeceron o mes pasado un atraso na recepción da axuda que lles corresponde, tal e como recolleron varios medios de comunicación. Desde a Consellería de Traballo aseguraron, como publicou a edición de Galicia de El País, que o atraso se debera a \"un problema técnico cunha aplicación que só afectou á provincia coruñesa\" e que, en calquera caso, xa se dera a orden de pagamento. Non obstante, e en resposta a unha pregunta escrita formulada pola deputada Ana Luisa Bouza (BNG), o departamento que dirixe Beatriz Mato asegura que o problema foi burocrático. \"Debido ao cambio de exercicio os poden prolongarse no primeiro mes uns poucos días máis do habitual\" Traballo recoñece que a mensualidade de xaneiro do Risga foi fiscalizada o día 3 de febreiro, e a orde de pagamento non se produciu ata o día 7. A Xunta incide en que os beneficiarios destra prestación, que se concede en casos de emerxencia social por extrema necesidade, \"normalmente\" reciben a transferencia nos cinco primeiros días do mes seguinte (págase a mes vencido). Pero o mes de xaneiro foi \"excepcional\". \"Debido ao cambio de exercicio os poden prolongarse no primeiro mes uns poucos días máis do habitual\". Nada di dun erro informático. \"As circunstancias de xaneiro de 2012 foron extraordinarias\", culmina a resposta á deputada nacionalista. A RISGA A Renda de Inserción Social é, como explica a administración, unha prestación social destinada a \"garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como conseguir a súa autonomía e integración normalizada\" mediante a execución dun proxecto personalizado de inserción. Os beneficiarios desta renda deben ter entre 25 e 65 anos. A contía da axuda é do 75% do IPREM (399,38 euros) máis un complemento familiar variable en función do número de membros do fogar (aínda que as familias que sexan beneficiarias desta axuda durante 4 anos ou máis só podran cobrar até 347,60 euros no 2011, sen complementos). En comparecencia parlamentaria, Mato cifrou nunhas 3.000 as solicitudes do Risga formuladas en 2011, cifra que a oposición elevou ata as 10.000. Non existen datos públicos ao respecto."}
{"ID": "NOS_19117", "summary": "A Audiencia Provincial de Palma impón a Cristina Borbón unha multa de 265.000 euros e condena Iñaki Urdangarín a seis anos e tres meses de prisión. A irmá do chefe do Estado español nen sequera fora acusada pola Fiscalía -que pedía até 19,5 anos para Urdangarín-, senón por Manos Limpias.", "text": "A sentenza, adoptada por unanimidade polas súas tres ponentes, condena Urdangarín pola comisión de múltipes delitos: prevaricación, malversación, fraude, tráfico de influencia e dous delitos contra a Facenda Pública. Impóñenlle unha multa de 512.000 euros. Urdangarín deberá ingresar en prisión ao serlle imposta unha pena superior aos dous anos de cadea, convencionalmente considerado a condena mínima a partir do cal é preceptiva a entrada nun centro penitenciario. Neste momento Urdangarín reside en Xenebra. O socio de Urdangarín Diego Torres foi condenado a 8 anos e 6 meses e ao pagamento dunha multa por un valor de 1,7 millóns de euros. Cristina Borbón é absolvida na sentenza dos dous delitos polos que fora procesada -contra a Facenda Pública e por defraudar o fisco en 2007 e 2008. Mais a Audiencia imponlle unha multa por participar a título lucrativo na trama. Unha fraude de 6 millóns de euros públicos Entre 2004 e 2006, a trama pilotada por Iñaki Urdangarín, obtivo 6 millóns de euros en concursos públicos concedidos a dedo por obra e graza da súa vinculación coa Casa Real. Ese diñeiro foi parar a unha entidade de aparencia filantrópica, o Instituto Nóos, mais que na práctica se acabou convertendo nun buraco negro no que desapareceron inxentes cantidades de diñeiro público. O sarillo tecido por Urdangarín e o seu socio Diego Torres facturou servizos ficticios (remunerados mais non realizados) a través dun conglomerado de sociedades controladas por eles, e tamén a través de Aizoo, unha empresa propriedade de Urdangarín, mais tamén da súa esposa. Os gaños obtidos desta maneira fraudulenta tampouco tributaron no Estado español. Fixérono en paraísos fiscais -Luxemburgo e Panamá- através dunha rede con sede en Londres e Belice. O caso Nóos encartou un total de 18 persoas, para as cais as distintas acusacións apresentaron cargos que comportaban, conxuntamente, penas de prisión de máis de cen anos. A sentenza impón penas moi por debaixo da petición da Fiscalía Non é unha má sentenza para os encartados, aos que se condena a penas moi por debaixo da petición da Fiscalía (a Urdangarín o ministerio público pedíalle 19,5 anos de cadea e Manos Limpias, 26,5). A esposa de Diego Torres, Ana María Teijeiro, imputada en condicións semellantes a Cristina Borbón, foi tamén absolvida."}
{"ID": "NOS_34807", "summary": "Por que un museo contén as pezas que conten. Cales son as súas funcións e os seus límites. Con quen dialogan. De onde proceden os seus fondos. Que explican sobre a historia de Galiza. Estas e outras cuestións próximas son as que levaron á historiadora Sabela López Pato a organizar a mostra Fóra dos museos, cuxo primeiro episodio -dun total de seis ao longo de oito meses- pode visitarse na libraría Numax de Compostela.", "text": "Dous anacos do mosaico romano da Cigarrosa protagonizan o inicio da exposición. A partir deles, a investigadora propón pensar arredor das orixes dos museos galegos. \"Achados en 1896 entre Petín e a Rúa, pertencen ao Museo Arqueolóxico de Ourense\". Este é o centro expositivo máis antigo do país, lembra López Pato (Ourense, 1975), que ultima a súa tese de doutoramento sobre o sistema museolóxico nacional. O Arqueolóxico de Ourense, en concreto, ten un papel na prehistoria da revista Nós. Adscrito á Comisión Provincial de Monumentos, o seu boletín acolleu sinaturas que logo aparecerían na publicación do grupo nacionalista de Ourense. \"Estudar o comezo desta institución axuda a coñecer os primeiros proxectos sobre o patrimonio e tamén ate onde se podía chegar, os seus horizontes e as súas expectativas\", di. A peripecia do mosaico romano da Cigarrosa é, ademais, significativa. Os dous fragmentos expostos en Numax facían parte dun mosaico de 25 metros cadrados instalado nun complexo termal. As dificultades económicas e técnicas impediron trasladar o mosaico cando foi descuberto a finais do século XIX. Aqueles incipientes arqueólogos recolleron mostras como as que agora amosa Fóra dos museos. En 1972, as obras da estrada que entra en Galiza á beira do Sil descubriron varios mosaicos completos semellantes. \"O recuperado expúxose no Concello da Rúa ata o seu traslado a Ourense\", escribe López Pato na folla de sala que acompaña a exposición, \"mais en cuestión de horas, os restos foron maltratados e botados ao exterior. O persoal do museo ourensán acudiu deslado a recoller os anacos recuperables\". O da Cigarrosa non foi un caso illado de desprezo ao patrimonio, engade. Os sucesos de Oseira, que remataron con nove mortos, estalaron pola oposición da veciñanaza a que levasen o coro da igrexa. As sete balas de Iria Flavia O seguinte obxecto que se exporá en Numax son unhas balas atopadas no campo de concentración franquista de Iria Flavia, en Padrón. Atópanse depositados no Museo das Peregrinacións de Compostela, museo arqueolóxico de referencia da zona. A munición emerxeu durante unha obras para urbanizar o lugar. O rastro da Guerra Civil -aínda que non se puido determinar se os proxectís son de fusilamentos- e a súa xestión museolóxica a partir da cuestión \"onde gardamos a memoria?\" vertebrarán as cinco semanas de exposición. Os apuntamentos etnográficos de campo de Víctor Said Armesto -a primeira vez que se describían os apeiros de labranza-, a única escultura coñecida de Castelao -de 1926 por encargo de Cerámicas Celta-, unha virxe barroca e a pedra litográfica coa que se estampaban as latas de conservas Massó completarán un programa que remata en novembro. En todas as presentacións das pezas participarán expertos e traballadoras de museos. Nota: foto da presentación de Fóra dos museos coa historiadora Sabela López Pato (no medio) e os anacos do mosaico romano da Cigarrosa en primeiro plano. Imaxe das sete balas de Iria Flavia"}
{"ID": "NOS_24906", "summary": "Belén Bermejo é unha licenciada en Dereito de 48 anos que fixo a súa tese doutoral sobre protección do patrimonio e dedicouse despois á xestión cultural no campo da música. Desde hai doce anos é a directora artística e coordinadora de Espazos Sonoros, un festival que sen meter ruído foise consolidando entre un público heteroxéneo, que \"vai un pouco a cegas, a descubrir cousas\" e que en moitos casos nin consume música clásica habitualmente.", "text": "De onde xorde a idea de combinar música \"culta\" e patrimonio arquitectónico?Pois foi un encargo da Consellaría de Cultura do bipartito alá polo 2008. A idea era vencellar música e conservación do patrimonio. A partir de aí comezamos a traballar. Primeiro foi un programa musical. Despois, como reclamo, unha actividade ao redor diso. Acabamos por non seguir unha regra. Ás veces aparece unha música e buscas o espazo; outras, é ao revés, buscas a música acaída para un espazo no que che apetece programar. Por que fóra dos espazos habituais?Porque pensamos que son dous aspectos que se poden retroalimentar, mesmo en lugares que non hai a comodidade dos auditorios. Procuramos espazos de interese cultural, ás veces para revalorizalos ou dalos a coñecer. E alí a música e o público soan diferente. A verdade é que os auditorios case nunca teñen interese cultural ou arquitectónico… De que maridaxe está máis satisfeita ou quedou máis sorprendida polo resultado?Quizá foi o ano pasado, nunha pequena igrexa no Incio, San Pedro Fiz do Hospital. Sabine Lutzenberger e Baptiste Romain interpretaron pezas de Hildegard von Bigen. O dúo Pre-Sonat interpretando música medieval. As dimensións da igrexa, a acústica, mesmo o público que viña dunha camiñada pola contorna… case foi a conxunción perfecta. A música soaba moi acaída. Procuramos traer intérpretes que están nos circuítos europeos e que aquí raramente chegan. É música clásica e medieval, pero buscamos conexións e tendemos pontes. O tango, por exemplo. Tamén o fixemos co jazz. E funciona Este ano empezaron na igrexa de Santa Liberata en Baiona con Cantaderas, e este sábado estarán en Santo Estevo de Chouzán… con tango?Pois si, Susane Hofman é unha violinista alemá e Matías González un bandoneonista arxentino que fan arranxos de tango a pezas de cámara. Este sábado, Bach, por exemplo. E a igrexa é moi fermosa, é un templo sen culto porque xa non queda veciñanza. Penso que tamén conseguiremos unha boa conexión. A programación deste ano (que se pode consultar aquí) levará o festival á catedral de Tui, á capela do instituto-escola Fundación Fernando Blanco en Cee, ao pazo do Faramello…Si. Atentas a esa data en Rois. Teremos a unha intérprete galega que está empezando a despuntar: Rosalía Gómez Lasheras. Levará un piano dela, de principios de 1805, e ofrecerá un recital para fortepiano. Moi probabelmente escoitaremos a mesma música que algunha vez se escoitou nese pazo. Íalle preguntar se os espazos nunca son un problema? Hai un elemento fundamental que é a condición acústica. Hai lugares \"secos\". Buscamos dimensións axeitadas, non esas tremendas dalgún auditorio. E o público agradéceo… aínda que nos vaiamos quedando curtas de espazo. E case sempre que eliximos un espazo, non temos dificultades para que nolo cedan. Non nos pecharon nunca a porta… case nunca. E o tipo de música…?Procuramos traer intérpretes que están nos circuítos europeos e que aquí raramente chegan. É música clásica e medieval, pero buscamos conexións e tendemos pontes. O tango, por exemplo. Tamén o fixemos co jazz. E funciona. Aínda que os medios de comunicación non nos teñen prestado moita atención durante estes anos, si que fomos conseguindo un público que senta e escoita… isto non é música ambiente, é para escoitar. E gozamos dun público fiel, variado e para nada elitista. Hai xente entendida e xente que non consume música clásica habitualmente. Todos veñen un pouco a cegas, a descubrir cousas."}
{"ID": "NOS_43607", "summary": "Ambos os dous grupos rexistraron esta segunda feira un escrito perante a Deputación permanente da Cámara á fin de que o presidente da Xunta de Galiza compareza en sesión extraordinaria", "text": "Desde o Bloque Nacionalista Galego e a Alternativa Galega de Esquerda exixen que o líder do executivo galego compareza en sesión parlamentar para explicar a presunta financiación ilegal do Partido Popular. Ao abeiro das informacións publicadas por diversos medios de comunicación, os grupos parlamentares do Bloque e AGE instan ao órgano permanente do Parlamento a convocar unha sesión extraordinaria cun punto único na orde do día. Segundo as formacións políticas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo debe dar explicacións a respeito dos supostos pagamentos desenvolvidos por empresas galegas ao PP á fin de financiar a campaña electoral de Mauel Fraga nas eleccións do 2005. O PP elude responder A través do seu secretario xeral e vice-presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o PPdeG elude dar explicacións a respeito das informacións publicadas esta fin de semana. \"Os propios aludidos xa o desmentiron\", asegurou Rueda nun acto organizado por Forum Europa, \"pouco máis teño que dicir\", concluiu. Para o vice-presidente do executivo galego a súa formación non ten que responder aos documentos que lle atribúen doazóns opacas durante a campaña electoral de 2005. Rueda limitouse a indicar que o 'caso Bárcenas' e a suposta contabilidade B do Partido Popular \"está na xustiza\" e que agardan esta non demore moito en resolver."}
{"ID": "NOS_21873", "summary": "O deslizamento cara á moderación leva a Pablo Iglesias a asinar un artigo en El País cunha tese básica: é preciso \"un novo compromiso histórico\", unha \"nova Transición\".", "text": "Abandonada a retórica do proceso constituínte, Pablo Iglesias pede unha \"nova Transición\" despois de validar como positiva a anterior. Ao seu xuízo, a xestión por parte das elites españolas da crise económica provocou a \"a degradación dos servizos públicos e dos dereitos españois\", fenómeno que, combinado coa corrupción, levou a que rachase \"o grande acordo da Transición que aseguraba a igualdade de oportunidades e unha mínima prosperidade para as maiorías sociais\". Este discurso contrasta poderosamente cos relatos rupturistas cos que Podemos e o seu líder apareceron no cenario político meses antes das europeas de maio de 2014. Iglesias reivindica agora o proceso do 78 -\"grazas 1978, benvido 2016- é o seu novo lema- e é imposíbel separar este cambio táctico da súa obvia pretensión de asaltar xa non os ceos, senón o eleitorado do PSOE, que foi sen dúbida a forza que mellor rentabilizou politicamente a primeira Transición (apenas demorou 4 anos en chegar ao poder con maioría absoluta após a aprobación da Constitución do 78). Sobre a cuestión da forma de Estado, a dialéctica República-Monarquía, Iglesias continúa sen pronunciarse, por non a considerar prioritaria No artigo, o líder de Podemos afirma que \"dentro de pouco se abre unha lexislatura sen maiorías absolutas na que asumimos que teremos que dialogar tamén cos nosos adversarios políticos para concretar constitucionalmente os acordos para un novo compromiso histórico\". O anterior compromiso histórico foi o que selaron as elites políticas e económicas franquistas coa esquerda española e pasou pola asunción da monarquía restaurada polo ditador. Sobre esta cuestión, a da forma de Estado, a dialéctica República-Monarquía, Iglesias continúa sen pronunciarse, por non a considerar prioritaria. Si defende, en troca, un referendo vinculante para Catalunya, consoante á súa visión do Estado español como un Estado plurinacional. Alén disto, na proposta de Podemos para a reforma da Constitución está a despolitización da xustiza, a inclusión de garantías na Carta Magna contra a corrupción (prohibición das portas xiratorias), a reforma do sistema eleitoral coa introdución do referendo revocatorio do presidente do Goberno e a blindaxe dos direitos sociais e medio-ambientais. No texto, Iglesias reférese ao acto feito en streaming o pasado 6 de decembro coas súas forzas territoriais aliadas, desde En Marea a Barcelona en Comú pasando por Compromís. E nese contexto en que cita a Beiras, ao que apresenta como \"figura histórica do socialismo soberanista galego\"."}
{"ID": "NOS_21056", "summary": "O combinado nacional corre o domingo en Getafe o Campionato de España.", "text": "O 8 de marzo de 2020, tres días antes de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarase a pandemia da Covid-19, a Selección Galega de campo a través disputaba o Campionato de España en Zaragoza. Foi está a última cita en que puido participar, xa que posteriormente chegou a suspensión de todo tipo de actividade deportiva, mesmo dos Xogos Olímpicos previstos para o verán do ano pasado. Mais este longo parón chega ao seu fin. Esta fin de semana, concretamente o domingo, a Selección Galega regresa á competición ao máis alto nivel, coa disputa de Getafe da cita máis importante do calendario estatal da especialidade. O Campionato de España reunirá na localidade madrileña as máis importantes seleccións a nivel estatal na procura dun dos postos de honra, tanto no individual como no colectivo. A Selección Galega acode á competición en Getafe nunhas circunstancias excepcionais que obrigaron ao Sector Técnico a confeccionar un combinado sen referentes previos competitivos dos que tomar pautas, circunstancia esta que dificultou a elaboración das listas esta tempada. Malia os atrancos, Galiza viaxa a Getafe cunha expedición composta por un total de 24 atletas que formarán os equipos Absoluto, Sub23 e Sub20 destacando a presenza de varios atletas internacionais. Selección feminina A Selección absoluta feminina estará liderada pola subcampioa mundial en duatlón Sub20, a venezolana con ficha por Galiza Edymar Brea, que achegará calidade a un combinado onde tamén estará na liña de saída a internacional Uxía Pérez, que o ano pasado no Campionato de España disputado en Zaragoza lograba unha excelente décima posición. Canda a elas contarase coa presenza de ilustres internacionais como as fondistas Sandra Mosquera do Comesaña S.C. ou Paula Mayobre do Running Pinto Seoane. Tamén estará Laura Santos, do Lucus Caixa Rural Galega, que debuta na absoluta. Selección masculina A categoría masculina estará encabezada polo tamén internacional Alex Fernández do Ourense Atletismo, que tomará parte sobre os 10.000 metros de circuíto xunto a Carlos Porto da Gimnástica, Alvaro Prieto do Atletismo Narón, Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural Galega e Jorge Puig do C.A. Santiago. Na categorías Sub23 e Sub20 femininas tanto Elena Costa do A.F. Celta como Nerea Lage do Atletismo Friol, estarán á fronte dos respectivos equipos, igual que o naronés Iván Puentes no Sub23 masculino. El Medhi El Naboaui volverá ser o máximo referente na Sub20, onde xa o ano pasado lograba a medalla de prata no estatal da especialidade. Lazo negro Na memoria e no corazón dos presentes na competición en Getafe estará a figura do recentemente falecido Alejandro Gómez, un veterano neste campionato, do que saíu campión até en seis ocasións defendendo as cores da Galiza. Neste sentido, a Federación Galega de Atletismo (FGA) decidiu onte que durante a disputa do Campionato de España en Getafe todos os compoñentes da Selección compitan cun lazo negro na camiseta nacional, na honra dun dos máis grandes do atletismo galego."}
{"ID": "NOS_50380", "summary": "A Plataforma contra a implantación de parques eólicos na Comarca de Ordes vén de presentar perante a Xunta os primeiros escritos contra os parques eólicos Gasalla e Monte Inxerio cando é inminente a aprobación da declaración interese especial das citadas instalacións.", "text": "Membros da plataforma presentaron a pasada sexta feira perante a Consellaría de Economía e perante a Presidencia da Xunta os primeiros escritos relativos \"á inminente declaración de interese especial por parte do Consello da Xunta dos parques eólicos Gasalla e Monte Inxerio\". Escritos en que poñen de manifesto que a aprobación da declaración sería contraria ao interese xeral e, posibelmente, afirman, nulo de pleno dereito. A empresa promotora deses dous parques e dos denominados Ardemil e A Pobra, Green Capital Power S.L., \"está a fragmentar de forma fraudulenta para á súa tramitación un único parque que iría da parroquia de Lesta, en Ordes, até Vilasantar, en varios máis pequenos co fin de evitar trabas na súa tramitación administrativa e medioambiental\", denuncia a plataforma nun comunicado de imprensa. Na documentación enviada ao Goberno galego, e á que tivo acceso Sermos Galiza, advírtese de que o proxecto vai estar situado nos concellos de Frades e Mesía, nunha zona especialmente gandeira de produción de leite e produtos leiteiros onde vai ficar afectado moito solo agrario. \"Esta zona xa está sufrindo actualmente a presión dos proxectos mineiros da empresa Erimsa, xerándose un importante rexeitamento social por parte dos veciños e veciñas así como por parte das persoas titulares das explotacións da zona, que ven afectada a base territorial das súas explotacións\", recolle. Ademais, denúnciase que \"o beneficio sería para a empresa promotora, que ten os seus intereses ben lonxe de Galiza, de maneira que para a comarca e para Galiza, os beneficios desde o punto de vista industrial serían mínimos, sobre todo tendo en conta que somos exportadores netos de enerxía eléctrica, sen que estea xustificado achegar tanto ás vivendas e ás explotacións gandeiras un mecanismo de xeración de enerxía eléctrica que non se precisa para a zona, e que ten tanto impacto nos eidos socioeconómico, territorial e ambiental\". A veciñanza da comarca tamén está a recoller sinaturas contra a instalación de máis parques eólicos."}
{"ID": "NOS_36068", "summary": "O impacto da crise no mundo do traballo en 15 dados; reportaxe da loita veciñal en Coia, entrevistas electorais (Olalla Rodil, M.A Fernán-Vello e Miguel Lorenzo), coloquio a fondo con Antón Reixa, adentrámonos na epopea dos refuxiados co fotógrafo Gabriel Tizón... todo isto e máis, neste número, xa na nosa loxa.", "text": "Un debate galego e plural si foi posíbel. Demostrouno Sermos Galiza co #sermosdebate, que permitiu a exposición dos principais asuntos da axenda galega e dos problemas do país. Contámosche os pormenores da xornada e as propostas que se fixeron nunha dupla páxina feita por María Obelleiro, a moderadora do debate. É un dos temas que tratamos no novo semanario, o nº175, e que xa tes na nosa loxa. A campaña electoral é a cita do 20-D ten un cumprido espazo neste número. Entrevistamos Olalla Rodil, nº1 de Nós por Lugo (\"A diferenza neste 20-D márcaa ter ou non un proxecto político para Galiza\"), Miguel Anxo Fernán Vello, cabeza de lista de En Marea por Lugo (\"A xente ve na Marea a posibilidade de cambio que quere e precisa\") e Miguel Lorenzo, nº1 do PP pola Coruña (\"Galiza sae beneficiada de ter un goberno do PP no Estado\"). En 'A campaña dos platós, a campaña da rúa' falamos do 'diktat' das televisións españolas, privadas e estatais, exclúen as forzas soberanistas e obríganas a estaren máis a pé de obra do que nunca. Coia e Ferrol Comerciantes e Asociación de Veciños Zona Centro rexeitan unha medida que consideran \"prexudicial\". Un tema que abordamos en 'A peonalización de Ferrol dispara as críticas ao goberno local'. 'Coia reivindica a vixencia da loita veciñal'. Nesta dupla páxina falamos de como a Asemblea Aberta do barrio vigués realiza unha acción simbólica no aniversario da protesta da rotonda como chamamento pola xustiza social. Denuncian a represión que sofre o colectivo, cun dos seus membros condenado, outro imputado á espera de xuízo e decenas de sancionados. Radiografía do traballo en Galiza após 7 anos de crise Co título 'A crise arrasou o mundo do traballo na Galiza' analizamos como desde 2007 o paro aumentou no noso país un 132%, destruíronse 157.000 empregos, aumentou a precariedade e estancouse a negociación colectiva. Mulleres e mocidade son os colectivos máis golpeados. Nos 50 días de acampada fronte a San Caetamo e amarre da frota nos peiraos, o cerqueiro está a ser a ponta de lanza do malestar dos diferentes sectores do mar da Galiza para coas administracións galega e española. Contámosche os por qués en 'O cerco mantén o pulso de Estado e Xunta e suma apoios ás súas demandas'. Entrevistamos Vanessa Sotelo, ourensá máxima goleadora do Mundial de fútbol sala feminino. \"Seguiremos facendo ruído para que nos valoren como merecemos\", afirma esta deportista de tan só 20 anos de idade. Refuxiados \"A policía europea trata dos refuxiados como os trata España en Melilla\". Dio o fotógrafo Gabriel Tizón, que se desprazou ao surleste de Europa para cubrir a crise dos refuxiados sirios que foxen do poder exterminador do Estado Islámico. En Viaxes na Miña Terra camiñamos da man do colectivo Xea polo interior do avesedo de Donís, o agreste e inmenso bosque que cubre a aba sombriza do val do río Ortigal, con especial atención á Fraga de Vilarello. 'Conceiçao Lima, a carne viva das ilhas'. Unha reportaxe de Xoán Costa para nos falar dunha das voces máis importantes da literatura africana contemporánea. \"Este libro é un axuste de contas coa realidade\" Entrevistamos Antón Reixa. \"Supoño que co paso dos anos me refuxiarei cada vez máis na creación literaria ou na creación musical\", avisa o Reixa poeta que regresa cun novo libro debaixo do brazo. Trátase de 'Algo raro pasa raro' (La Oficina, 2015, edición bilingüe), e aproveitamos para falar con el dos seus versos e do seu contexto, que é a vida, nin máis nin menos. O filme de Xabier P. Docampo Tamén levamos neste número unha reportaxe sobre o fime que o escritor Xabier P. Docampo gravou hai 33 anos e vén de recuperar. E na contra-capa, Caleidoscópica: a importancia de saber mirar. Falamos dunha nova publicación, que ten a fotografía como alicerce e proa"}
{"ID": "NOS_22829", "summary": "O Presidente da Generalitat dá como posíbel pregunta para a consulta pola autodeterminación a mesma que propuxo a ANC na manifestación do 11 de setembro. Foi nunha entrevista que publica hoxe La Vanguardia.", "text": "\"Vostede desexa que Catalunya se converta nun novo Estado da UE?\". Esta é a proposta de pregunta que Artur Mas propón para a consulta popular pola autodeterminación que aprobou realizar na vindeira lexislatura o Parlamento catalá. Foi nunha entrevista que publica hoxe La Vanguardia e na que fala, ademais, de como se levaría a cabo o referendo, da relación co Estado español e a UE, de economía e de lingua. A proposta de Mas é \"persoal\" e asegura que a definitiva ten que saír da maioría parlamentaria. \"Debemos asegurar que exista unha maioría social forte ao redor da pregunta\", sinala, \"consultar á UE e á comunidade internacional\". Diante a negativa do goberno español a calquera proposta que non sexa \"constitucional\", polo tanto fóra da lei española, Mas asegura que \"en catro anos haberá, si ou si, unha consulta no pobo catalán\" contando coa lexislación catalá actual ou coa lei que aprobarán \"en poucos meses\" no propio Parlamento no caso de que \"falle a vía estatal\". Sobre as relacións co Estado español despois de que Catalunya acade a independencia, o Presidente da Generalitat agarda que sexan \"boas\". Rexeita o termo \"ruptura\" e asegura que \"despois dun proceso así Catalunya estará na UE xunto co Estado español\" Mas asegura que \"en catro anos haberá, si ou si, unha consulta no pobo catalán\" contando coa lexislación catalá actual ou coa lei que aprobarán \"en poucos meses\" Pagar nóminas e pensiónsA cuestión económica nunha Catalunya soberana é importante para Mas. \"Penso que España, con rescate ou sen el, aínda que seguramente será con rescate, sairá adiante e poderánse atender os pagos. Algo distinto sería que o Estado español empregara os pagos e a tesourería como unha arma para desestabilizar este proceso democrático en Catalunya\". Coa independencia o futuro Estado catalán tería a obriga de continuar cos compromisos sociais adquiridos con anterioridade. Sobre un deles, o das pensións, Mas asegura que \"non pasará nada, porque se seguirán pagando en calquera caso\". O Presidente da Generalitat considera que o movemento que hai en Catalunya a prol da independencia \"non é só un movemento económico\" posto que \"Hai una mestura de sentimentos, de ilusións, de proxecto, de carencias e de intereses\". A decisión de CiUPorque CiU tomou a dirección de apoiar o proceso independentista? \"Había outra alternativa: seguir autoenganándonos. Pensando que sendo bos rapaces, o Estado español nós escoitará e rematará recoñecendo a realidade catalá...\" Mas realiza esta autocrítica e lembra que o cambio de mentalidade produciuse ese onde de setembro \"despois de 30 anos de confiar que unha España integrada na UE sería amábel e comprensiva co feito catalán\". Imaxe: CiU"}
{"ID": "NOS_27510", "summary": "Unha veciña deu a voz de alarma.", "text": "Dous descoñecidos racharon e tentaron queimar a bandeira LGTBI ou arco da vella que penduraba no edificio onde ten a súa sede Comité antisida da Coruña (CASCO) Segundo relatan desde o comité a Europa Press, os feitos ocorreron a tarde do sábado sobre as 18 horas, cando dous homes supostamente tentaron queimar a bandeira LGTBI que colgaba do edificio. Unha veciña foi a que deu a voz de aviso do suceso. CASCO xa denunciou os feitos por un delito de odio e vandalismo, e confía en que as cámaras da zona poidan identificar os culpábei A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, condenou a queima da bandeira LGTBI do Comité, aínda que cualificou o incidente como \"un feito puntual\". \"Creo que non é bo para a sociedade que traslademos unha mensaxe de inseguridade cando realmente os datos non nos din iso. Estamos nunha cidade segura e este tipo de situacións son absolutamente puntuais\", dixo María Rivas."}
{"ID": "PRAZA_12387", "summary": "Os parlamentarios nacionalistas reclamaranlle á presidenta da Cámara que lles rebaixe no seu salario a cantidade equivalente á xornada de paro xeral. O voceiro do PP, Pedro Puy, \"respecta\" o apoio ás mobilizacións pero sinala que os deputados non son \"traballadores normais\".", "text": "Son os deputados \"traballadores normais\"? É a cuestión que este mércores estivo sobre a mesa no Parlamento a raíz das diferentes posturas dos grupos da Cámara sobre a folga xeral do vindeiro día 29. Onde non cren que deba haber diferenzas entre as persoas que desenvolven unha actividade laboral ordinaria e quen representa á cidadanía no lexislativo é no grupo do BNG. Así, como xa acontecer en anteriores convocatorias, os parlamentarios nacionalistas participarán activamente nas mobilizacións e, ademais, solicitarán que ese apoio teña unha repercusión na súa nómina. \"Se se convoca unha folga todos os que somos traballadores, aínda que esteamos nunha institución exercendo como representantes dos cidadáns temos que estar dando exemplo na rúa, cos cidadáns\", resume a voceira nacionalista, Ana Pontón. Sobre esta premisa Pontón anuncia que o Bloque remitirá \"un escrito\" á presidenta da Cámara, Pilar Rojo, para que \"teña constancia\" de que non participarán na actividade parlamentaria do día do paro xeral -nesa xornada reúnense as comisións de Industria e de Control da CRTVG- e \"iso teña un impacto na nómina\". \"Estamos diante dunha das principais agresións aos dereitos dos traballadores, que vulnera dereitos fundamentais e o BNG non só se suma solidarizándose, senón que o fai activamente\", explica a voceira nacionalista. Do mesmo xeito, detalla, no pleno que comezará dous días antes da folga o Bloque introducirá unha proposición non de lei instando á retirada da reforma laboral. Nalgunha das sesións previstas para o día 29 podería haber só parlamentarios do PP Mentres isto acontece no BNG, a principal novidade situarase no PSdeG, que nas anteriores folgas -convocadas con Zapatero aínda na Moncloa- acudiu ao Parlamento con normalidade. Aínda que os socialistas tomarán unha decisión definitiva o vindeiro luns, na reunión semanal de grupo, o seu voceiro, Abel Losada, avanza que en todo caso existirá \"liberdade de acción\" para os deputados \"en canto á reacción ante esta folga\", isto é, poderán elixir secundar ou non a protesta. \"Neste momento non está tomada ningunha decisión, máis alá do apoio persoal que cada un dos deputados teña ás manifestacións\" do día 29, se ben, subliña, \"o que está claro é que o PSdeG vai estar enfronte dunha reforma laboral inxusta para os traballadores\". Neste escenario, podería darse o caso de que nalgunha das sesións previstas para o día 29 so haxa deputados do PP, cuxo voceiro, Pedro Puy, ademais amosarse remiso ante unha folga que non \"axuda a resolver os problemas do país\", advirte de que os deputados non están chamados á mesma. \"Isto xa se formulou en 2010\" e daquela, di, un informe xurídico da Cámara concluíu que \"un deputado non é un traballador\", senón \"un representante da cidadanía\". \"Eu respecto as opcións que poidan adoptar o BNG ou, a título individual, os deputados do PSdeG\" pero, de calquera xeito, afirma, o seu xeito de proceder quedará nunha \"manifestación política de apoio, pero en absoluto do exercicio dun dereito á folga\". \"Os deputados non temos relación de traballo co Parlamento\" e, polo tanto, \"non somos traballadores normais\", conclúe Puy."}
{"ID": "NOS_36043", "summary": "O PP e dous edís 'díscolos' do PSOE apearon o nacionalismo da Alcaldía de Viana.", "text": "A asemblea local do BNG de Viana do Bolo decidiu presentar no Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense unha demanda en contra da convocatoria do pleno da moción de censura realizada o pasado 1 de setembro no que saíu elixido alcalde Abelardo Carballo. Os nacionalistas indican que naquel pleno os votos do PP de Andrés Montesinos \"e dous tránsfugas do PSOE apartaron antidemocraticamente, e agora demóstrase que tamén ilegalmente\", da alcaldía a Secundino Fernández Unha sentenza da sección cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo declarou que os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos e retribucións que supoñan melloras políticas ou económicas. Indica que o pase a concelleiro non adscrito \"impide que se asuman cargos ou perciban retribucións que antes non exercían ou percibían e que impliquen melloras persoais, políticas ou económicas\". Unha vez analizada dita sentenza polos servizo xurídicos do BNG e a vista do rexeitamento ao recurso extraordinario de revisión que presentararon ante o Concello o pasado novembro optouse por presentar un recurso contencioso administrativo \"No BNG congratulámonos de que o Tribunal Supremo nos dera a razón e recoñeza o carácter antidemocrático e contrario a dereito dunha moción de censura que levou á alcaldía a un tránsfuga en contra da vontade da veciñanza de Viana do Bolo. Agora pedímoslle a Audiencia Provincial que faga efectiva a sentencia do TS e volva a legalidade ao noso concello\""}
{"ID": "NOS_57938", "summary": "Entre Santiago e A Coruña hai once estacións de tren que quedaron abandonadas coa chegada da alta velocidade. Nelas tamén se artellou a vida deses lugares. As mozas da Pontraga (Parada-Ordes) ían esperar os mozos no tren das sete para ir ás foliadas; a musicóloga Dorothé Schubarth chegou ao apeadoiro da Vila da Igrexa (Cerceda) para gravar dúas informantes do Cancioneiro Popular Galego; as veciñas de Bregua (Culleredo) subían todos os días para ir vender fieitos á Coruña. Estas historias puideron non existir. O tramo foi dos últimos en ser construídos na Galiza e o seu trazado estivo en disputa.", "text": "A veciñanza da Pontraga (Tordoia) non podía crer que o tren fose pasar pola súa aldea. Eran os anos corenta e o rumor corría de casa en casa. Un veciño quixo adiantarse aos acontecementos e, coa area do río, levantou un depósito de auga inmenso. Sabía que, de ser certo o conto, ía ser moi necesario para a estación. A confirmación chegou coa xente \"estranxeira\" que comezou a montar as vías. Ao carón do río Lengüelle construíuse a estación que é xemelga da de Azpeitia (Guipuzkoa). Esta alberga hoxe o Museo Vasco do Ferrocarril. A da Pontraga (Ordes) está baleira. Entre Santiago e A Coruña hai once estacións que quedaron sen uso. A súa construción foi tan recente como incerta. O ferrocarril chegou a elas por primeira vez en 1943, despois de longos debates. E, tan rápido como chegou, marchou. As obras do Eixo Atlántico-Alta Velocidade fixeron que as súas vidas fosen breves. Os trazados do AVE, así como as políticas de racionalización das liñas ferroviarias, fan imposíbel usar o tren nas proximidades. Cantos menos servizos, menos pasaxeiras. Cantas menos pasaxeiras, menos servizos. Un círculo vicioso que leva ao peche de estacións Desde finais do século XX formuláronse diversas propostas sobre cal era a mellor maneira de unir A Coruña con Compostela. En 1883 considerábanse dous trazados: o de Cambre e o da Tieira (Curtis). O primeiro era a opción máis directa e buscaba reforzar a importancia mercantil da Coruña como porto marítimo fronte á competencia de Carril e Vigo. O da Tieira era o que recibía as opinións máis favorábeis nos informes da época ao ser un punto intermedio entre A Coruña, Compostela, Lugo e Ferrol. Valorábase o impacto que podería ter para as comarcas do interior da Galiza, así como a maior facilidade na realización das obras. Así mesmo, este trazado era o desexado por Compostela, para poder acceder á meseta desde Curtis, sen ter que pasar pola Coruña. Máis alá das cuestións xeográficas, o tren era unha disputa política entre ambas cidades. Os anos pasaban, o trazado seguía sen definirse e, polo medio, apareceu outra posibilidade: a das \"Tres Ces\" (A Coruña, Carballo e Corcubión). Esta proposta buscaba conectar a Costa da Morte coas dúas principais cidades mediante un ramal que uniría Carballo con Compostela. Nestes debates estábase cando, en 1927, foi aprobado un trazado aínda máis directo, realizado polo enxeñeiro España e cos apoios de accionistas do Banco Pastor e de Barrié de la Maza, entre outros. O obxectivo eran as cidades. As paradas que se fixeron polo medio non tiñan, na súa maioría, grande interese para os promotores do proxecto. Tampouco coincidían con ningunha vila, senón con pequenos núcleos de poboación que o recibiron con sorpresa. Oroso, A Sionlla (Compostela), Verdía (Compostela), Garga-Trasmonte (Oroso), Ordes-Pontraga, Gorgullos-Tordoia (Tordoia), Queixas-Londoño (Cerceda), Cerceda, Vila da Igrexa (Cerceda), Meirama (Cerceda) e Bregua (Culleredo) son os lugares nos que agora só quedan estacións baleiras. Un tren para as foliadas Jesusa Carballeira, veciña da Paínza (Tordoia), é pequena e alegre. Ten 88 anos e conserva unha mirada pilla. Recorda como o home que vivía porta con porta dixo que o tren ía pasar pola aldea da Pontraga, en Ordes. A xente do lugar non lle cría. El non desistía e seguía levando \"un cacho de broa\" e indo todos os días traballar no depósito que aínda hoxe está ao pé da estación. Carballeira coñeceu o tren con sete anos e as súas memorias máis alegres están ligadas a este espazo. A carón da estación da Pontraga recorda \"unha cantina, un comercio no que se vendían mantas e roupas tan boas como as da Coruña\", e tamén unha carnicería que \"levaba carne a todos os trens\". \"Había de todo, coma en Ordes, nós non tiñamos falta de ir alí, agora aquí xa non queda nada\", lamenta Jesusa. Os vagóns ían cargados con mineral, madeira, cemento, abonos e millo. Os veciños traballaban alí facendo as cargas e descargas. Carballeira preparáballe ao seu home todos os días \"unha molida con panos para poñer no pescozo\" porque \"desfacía o lombo\" alí. As mulleres da zona subían no tren cargadas con sacos de grelos e cestos de ovos para vender na praza de abastos de Santiago. A carón da estación da Pontraga recorda \"unha cantina, un comercio no que se vendían mantas e roupas tan boas como as da Coruña\" Pero no tren tamén viaxaba a festa. Cando Jesusa era unha moza alegre e traste xuntábase coas súas amigas e ían pasear á estación. \"Víñannos os mozos no tren das sete e xuntabámonos moitísima patrulla alí\", recorda. Conta que alí non se podía tocar porque había policías, pero afastábanse un pouco e ían facer \"a pandeireta\". As foliadas estendíanse tanto que xa non había tren de volta e os mozos tiñan que regresar aos seus lugares a pé. Cando había romaría na contorna, as mozas amoreábanse á porta do tren. \"O interventor xa se daba conta do que pasaba, nós iamos unhas para os vagóns de diante e outras para os de atrás e el xa non sabía a cal atender. Empezabamos a correr cara aos outros vagóns e, cando a el lle daba tempo de chegar a xunto nós, tamén nós chegabamos á romaría\". O tren levou canda el os comercios e os cartos, pero tamén a alegría. \"Iamos todas alí e riamos moito, pasamos unha mocidade moi boa. Agora xa non quero ir alí porque me dá pena ver como está\", asegura. Unha suíza en Cerceda No Nadal de 1980 unha moza de melena longa e clara baixaba do tren na Vila da Igrexa (Cerceda). Un mestre de Corme dixéralle que nesa aldea vivían dúas boas cantadoras. Ela era suíza e andaba recorrendo Galiza na busca de melodías arcaicas que en Europa xa estaban desaparecidas. A etnomusicóloga Dorothé Schubarth atopou nesa aldea de Cerceda a Rosa e Adolfina, dúas das informantes que máis cancións lle deron ao \"Cancioneiro Popular Galego\". O músico Richi Casás é o neto de Rosa e agora habita a súa casa, reinterpreta as súas cancións e conta as súas historias. \"Dorothé ía en tren cando podía, ou en autobús, porque chegar en coche suporía pór un chanzo coa xente que ía entrevistar. Ninguén tiña un coche naqueles anos e aparecer nun faríalle máis difícil entrar no mundo familiar da xente\", conta Casás. A etnomusicóloga viaxaba no mesmo transporte que Rosa, que \"nos anos 80 estaba seguido no tren entre Cerceda e A Coruña\". Moita xente que ía traballar á Coruña prefería deixar alí o seu vehículo en Cerceda e acceder á cidade en tren. No verán, o fluxo de persoas era á inversa, \"viña moitísima rapazada da cidade\" Antes de empregalo para desprazarse, o tren xa quedara marcado nas mans de Rosa. \"Na construción do trazado tendían a contratar xente local para traballos non especializados. Miña avoa partiu pedra, pagábanlle ao metro cúbico\", explica Casás. Os corenta eran anos duros e Rosa tiña fillos que manter, así que atopou na vía do tren os cartos que precisaba para soster a familia. Era un traballo duro e, para pasar a xornada, Rosa contaba que \"competían os homes e as mulleres para ver quen picaba máis cantidade nunha mañá\". O que Rosa non podía imaxinar é que ese mesmo túnel sería o lugar que o seu neto escollería, moitos anos despois, para ensaiar co saxofón. Casás recorda como o pequeno apeadoiro da Vila da Igrexa (Cerceda) se enchía de coches pola mañá. Moita xente que ía traballar á Coruña prefería deixar alí o seu vehículo e acceder á cidade en tren. No verán, o fluxo de persoas era á inversa, \"viña moitísima rapazada da cidade\". Baixaban no apeadoiro, cruzaban a leira de Rosa que hai en fronte e ían pasar as tardes no Aquapark. \"Era unha comodidade que en poucos sitios do rural había. Agora por estradas estamos mellor comunicados, pero en transporte público estamos moito peor que antes\", sinala. No concello de Cerceda chegaron a funcionar catro paradas de tren á vez: Meirama, Vila da Igrexa, Cerceda e Queixas. Hoxe só funciona a de Meirama, que non é a mesma que a antiga, e que \"queda moi a desmán e non é fácil de utilizar para a xente\". A vía da separación Para construír o tramo da vía que pasaba por Bregua (Culleredo) viñeron mozos de Lugo. Unha vez rematada a obra, moitos deles casaron coas rapazas dos lugares da contorna, como é o caso de Boedo. Aquí o tren trouxo cambios na veciñanza e tamén no espazo. Estas aldeas que tiñan, e seguen tendo, difíciles comunicacións entre elas, de súpeto estaban a un paso da cidade. Manola Arcas, veciña de Boedo, conta como case non tiñan forma de conectarse \"cos pobos do lado, pero chegábase en quince minutos á Coruña\". Manola traballou na Coruña, primeiro nunha fábrica de bacallau e despois no porto. Camiñaba todos os días desde Boedo cara a Bregua para coller o tren. E, coma ela, a maioría da xente. Había quen ía á cidade a diario para vender piñas, feixes de leña ou leite. Manola conta que unha muller de Bregua viviu sempre levando ao porto coruñés \"fieitos verdes para conservar o peixe, pero máis que nada para a nécora e o lumbrigante\". A estación de Bregua non estaba só vinculada co traballo. Manolo García, veciño do lugar, recorda que \"a xente viña alternar, pasear pola beirarrúa, que aínda nunca se vira unha\". O mesmo tren que servía para conectar lugares, tamén era o que dificultaba a comunicación dos mesmos. En Boedo (Culleredo) o terraplén polo que circulaba o ferrocarril atravesou a aldea e separouna en dous. \"Non nos coñeciamos uns veciños os outros, había que pasar por unha ponte para ir dun lado da aldea ao outro\", conta Manola. Para cruzar o terraplén había que atravesar un túnel tan estreito e alto que Autos Oróns renunciou a explotar as liñas nesta zona, xa que os autobuses non collían por estes pasos. Autos Vázquez tivo que mercar uns especiais, máis estreitos e altos, ao estilo dos ingleses. O terraplén foi derribado en 2009. No seu lugar levantouse un viaduto para que pasase o AVE. As veciñas e veciños contan que tamén se alimentou a ilusión de que os trens poderían volver parar alí, mais iso non aconteceu. García empregaba o ferrocarril para ir estudar e os seus pais, para o traballo. Pouco a pouco comezou a presentirse \"a morte anunciada\". Os horarios empezaron a mudar, de súpeto, xa non cadraban ben coas xornadas laborais e houbo que mercar os primeiros coches da aldea. \"O peor foi cando venderon o tren, eu lémbrome de que o revisor nunca pasaba e cando cubrían os informes dicían: \"En Bregua, cero persoas\", para documentar que as proximidades non eran rendíbeis e pór o AVE\". A maioría destas vías xa desapareceron. A estación de Bregua converteuse en bar desde o mesmo momento en que foi pechada. Case todos os demais edificios desta liña continúan á espera dun uso e dun recoñecemento como patrimonio. Mentres tanto, as memorias dos lugares pequenos non viaxan na alta velocidade."}
{"ID": "NOS_43625", "summary": "A traxedia da arquitectura valeulle a Xosé Luís Mosquera Camba (Bergondo, 1961) a cuarta edición do premio de poesía Xosé María Díaz Castro, que convoca anualmente o Concello de Guitiriz.", "text": "\"O poema ilumínase a través dun elaborado proceso de decantación lector\" expón o xurado do galardón, \"un instantaneísmo que reconfigura o texto, desde o onírico, o abstracto e fractalización de planos\". Os encargados de escoller o libro de entre os 40 orixinais presentados foron as poetas Ánxela Gracián e Miguel Anxo Fernán Vello, e mais o crítico Armando Requeixo. O fallo sintetizaba así a proposta poética de A traxedia da arquitectura: \"Excelente traballo de fusión e recreación das máis diversas tradicións poéticas para conformar un fulgurante collage\". Mosquera Camba xa ensaiou esa táctica autoral en anteriores obras, por caso en Das árbores tropicais e do amor (Espiral Maior, 2018) ou Nadja c'est moi (Espiral Maior, 2008). De feito, o poeta tamén práctica a collage visual. O premio Díaz Castro está dotado con 2.000 euros e mais a publicación da obra por Espiral Maior -editora fundada por Fernán Vello. As tres anteriores edicións foron premiaron Oracións profanas (2019), de Xurxo Alonso; O filósofo coxo (2017), de Eduard Velasco, e Máscaras de espellos (2016), de Raúl Gómez Pato."}
{"ID": "NOS_8803", "summary": "Harguindey traduce un clásico barroco da prosa crítica co poder", "text": "Debaixo da máscara do personaxe popularizado polo cinema existe outro Cyrano de Bergerac (París, 1619-1655). É o intelectual crítico co poder, precursor do materialismo filosófico, autor dunha efervescente prosa barroca en que dogmas e o sentido común dominante no século XVIII entran en cuestión. O tradutor Henrique Harguindey (Lugo, 1946) vén de traelo ao galego coa súa versión dos Estados e Imperios da Lúa (Rinoceronte, 2019). \"É certo. O personaxe tapou o autor, mais agora un tira do outro\", di Harguindey para Nós Diario. O Cyrano que se converteu en símbolo da libertinaxe naceu coa obra de teatro de Edmond Rostand, estreada en 1897 e base de diversas adaptacións á pantalla. Mais o Cyrano escritor, redescuberto no pasado século, entendía esa libertinaxe como oposición ao estado de cousas. \"A súa obra é propia da época barroca. Usa o ton burlesco, o desfloramento. Non só ten importancia estilística ou literaria, ten importancia filosófica, como expresión do libertinismo\", explica, \"e, así, como precedente do pensamento do XVIII\". É dicir, antecesor das Luces que avanzaron na superestrutura ideolóxica as convulsións de 1789. Os Estados e Imperios da Lúa, primeira parte dun díptico completado cos Estados e Imperios do Sol, narra unha viaxe á lúa, en realidade o paraíso, onde viven xentes de estraños costumes. Ou non tan estraños. O caso é que a súa observación lle serve ao Cyrano para fixar nas páxinas, expón Harguindey, \"concepcións ideolóxicas contrarias á orde estabelecida, aínda rebatidas no mesmo texto, pero quedan aí. Esa era a súa intención\". O escritor é materialista case ao mesmo tempo en que Spinoza elaboraba os fundamentos non idealistas do ateísmo. Considera a creación froito do azar e dubida da existencia de Deus. Talvez foi a causa deste trasfondo que as dúas obras sobre a Lúa e o Sol só se publicaron postumamente e expurgadas. Os manuscritos íntegros hoxe coñecidos atopáronse despois de que Rostand levase a súa vida ao teatro -a peza dramática pasouna ao galego Francisco Pillado. \"A súa literatura pasou bastante desapercibida durante moito tempo\", indica Harguindey, \"quedaron como obras dun excéntrico e predominou o aspecto estrafalario na memoria de Cyrano\". Até que, a finais do XIX, regresou a aquela actualidade literaria, pero como prehistoria da ciencia ficción. \"Óbviase o trazo crítico e materialista, que só agora está a ser restituído\", sinala. A tradución galega dos Estados e Imperios da Lúa -\"esencia do barroco, complexa con tanta reviravolta, escrita en ebulición\"- será unha nova proba do outro Cyrano."}
{"ID": "NOS_9805", "summary": "Mantén o tipo de xuro en 0% e inxectará medio billón de euros adicionais na Eurozona.", "text": "O Banco Central Europeo (BCE) decidiu manter sen cambios o tipo de xuro no 0% e anunciou que manterá o seu programa de estímulos fiscais na Eurozona. A recuperación económica é moi feble e Mario Draghi non quer riscos: informou que o BCE continuará a mercar débeda pública dos diferentes países por valor de 80.000 millóns de euros mensuais até finais do vindeiro mes de marzo para, a partir de abril, re4ducir as adquisicións a 60.000 millóns de euros mensuais. Esta é a segunda vez que a autoridade monetaria europea prolonga o prazo deste programa. Em Marzo de 2015 comezou a realizar compras de débeda pública dos estados da zona euro a um ritmo de 60 mil millóns de euros mensuais, e que poderían durar até setembro de 2016. Despois, nos primeiros meses deste ano, perante os sinais de febleza da economía europea, a entidade liderada por Mario Draghi non só aumentou o nivel das compras mensais a 80 mil nillóns de euros, senón que prolongou o prazo do programa até marzo de 2017. Agora, o BCE asegura que as compras continuarán até polo menos finais de 2017. Era unha decisión agardada polos mercados e que indica que os responsábeis do BCE non están convencidos da capacidade da economía europea para saír da zona de risco de deflación."}
{"ID": "PRAZA_10795", "summary": "A porcentaxe de desafiuzamentos motivados polo impagamento de alugueiros leva anos medrando, en paralelo co encarecemento dos prezos, sobre todo nas zonas urbanas", "text": "Nos primeiros anos da crise falar de desafiuzamentos e de lanzamentos era falar, en boa medida, de hipotecas, de familias que perdían a vivenda na que comezaran a investir, de enormes débedas que nin sequera podían compensar abandonando o inmoble, cunha dación en pago que se converteu nunha das grandes reivindicacións sociais do momento. O número de desafiuzamentos e lanzamentos relacionados co impagamento de alugueiros leva anos crecendoDende hai varios anos asínanse moitas menos hipotecas, pero o problema dos desafiuzamentos persiste. De feito, no primeiro trimestre deste ano producíronse un total de 648 lanzamentos inmobiliarios, é dicir 648 familias que tiveron que abandonar a súa vivenda por non poder facer fronte ao seu pagamento, máis de 7 cada día. A cifra mantívose estable nos últimos seis anos, sen apenas variacións.Porén, dende hai anos a maior parte dos lanzamentos non teñen relación cos impagamentos das cotas hipotecarias e si cos alugueiros. No primeiro trimestre foron o 73%, 502 dos 648 lanzamentos totais, mentres que os que tiñan a súa orixen en hipotecas non pagadas foron apenas o 16%, debéndose o 11% a outros motivos.Esta tendencia avanza en paralelo co encarcemento dos alugueiros en GaliciaA porcentaxe de desafiuzamentos e lanzamentos relacionados co impagamento de alugueiros leva anos crecendo e, por exemplo, no ano 2013 representaba o 58% do total, quince puntos menos que na actualidade. Pola contra, os relacionados coas hipotecas reducíronse á metade nos últimos dous anos.Esta tendencia avanza en paralelo co encarcemento dos alugueiros en Galicia, especialmente nas áreas urbanas e, sobre todo, nos barrios céntricos das cidades. Dende o 2015 o prezo medio dos alugueiros nas cidades galegas medrou máis dun 15%, especialmente en Vigo e A Coruña. O crecemento acelerouse no último ano nos centros urbanos, cun gran número de barrios que rexistran aumentos do 15% en só 12 meses."}
{"ID": "PRAZA_6813", "summary": "A proposta de \"apoiar e implicarse\" nas iniciativas municipalistas que respecten os valores do partido vence con claridade nas votacións e dá pulo a varias das mareas xurdidas en Galicia, nas que xa participaban membros dos círculos da formación que lidera Pablo Iglesias.", "text": "A proposta de partido liderada por Pablo Iglesias foi a máis votada e os seus documentos organizativos, éticos e políticos serán os que determinen que e como é a formación nada no pasado inverno. Logo de que conclúa o proceso asembleario o vindeiro mes de novembro, Podemos terá un secretario xeral, un núcleo de dirección elixido á súa proposta e un Consello Cidadán con presenza de líderes territoriais, un sistema de revogatorios e consultas para o control interno, así como unha estratexia determinada a curto prazo, coa mirada posta nas eleccións xerais de 2015 e que aposta por non presentar marca propia nas municipais pero si apoiar e incorporarse ao traballo en candidaturas cidadás como as mareas que agroman en Galicia. A decisión das bases de Podemos implica o reforzo dos diferentes movementos cidadás que se artellan en Galicia Xa que logo, a decisión das bases de Podemos pode implicar o reforzo dos diferentes movementos cidadás que se están a artellar en Galicia de cara aos comicios locais do vindeiro mes de maio. Malia que moitos dos membros de círculos locais galegos participaban xa en proxectos como a Marea Atlántica, Compostela Aberta ou Ourense en Común, a decisión de integrarse como cidadáns neles e apoialos como formación quedaba a expensas do que se decidise na Asemblea de Podemos. E a resposta foi clara. Os documentos ético, político e organizativo de Claro que Podemos, o equipo de Pablo Iglesias, Carolina Bescansa, Luis Alegre, Íñigo Errejón e Juan Carlos Monedero, recibiron 90.551 votos, o 80,71%. A maior polarización viviuse en canto ao modelo organizativo, no que Sumando Podemos, o equipo liderado polos eurodeputados Pablo Echenique, Teresa Rodríguez e Lola Sánchez, colleitou o 12,37% dos votos de entre as 112.070 persoas que participaron no proceso, o 54% dun censo que se elevaba a uns 205.000 inscritos. O documento vencedor en canto á estratexia a seguir de cara ás municipais aposta por \"poñer a capacidade política\" de Podemos \"en xogo, apoiando e implicándose nas iniciativas municipalistas que cumpran\" cos sinais de identidade de Podemos. Refírese a movementos \"de unidade popular\" que non deben ser nunca \"unha sopa de siglas ou unha negociación entre partidos\" e que non poden reproducir \"esas prácticas da vella política\". Coinciden, estes principios, cos que a maioría das mareas xurdidas en Galicia promoven e onde moitos dos membros dos círculos locais da formación que lidera Iglesias xa participaban á espera dunha decisión final. Os principios das teses vencedoras en Podemos coinciden co dos que rexen na maioría de mareas cidadás Así ocorre, por exemplo, na pioneira das mareas en Galicia, a Marea Atlántica da Coruña, onde todas as formacións da esquerda -a excepción claro está do PSOE- amosaron a súa sintonía co proxecto e incluso dispostos a se diluír como cidadáns na plataforma que prepara xa a súa candidatura aos comicios locais. Advertíao en Praza Raimundo Viejo Vinhas, profesor galego de Ciencia Política e activista en Guanyem Barcelona. \"Podemos non inventa a política nova, en Catalunya temos procesos municipalistas anteriores a Podemos e cos que Podemos claramente podería identificar espazos de confluencia e participación. E o mesmo sucede en Galicia con Marea Atlántica ou Ourense en Común, por exemplo, e aí non ten sentido presentar outra lista e entrar nunha liorta de siglas\", dicía. \"Principios irrenunciables\" Desde os diferentes círculos de Galicia, as análises coinciden ao mostrar o seu apoio e \"máximo respecto\" a toda proposta de \"manifestación colectiva cidadá que convida á participación de todos e todas e ao empoderamento cidadán\" e que permita a \"participación activa na política\" da xente do común. \"Nunca veremos estas plataformas como rivais\", insisten. As listas abertas e o programa de elaboración colaborativa son \"principios irrenunciables\" para Podemos nas plataformas cidadás Logo de coñecidos os resultados, desde Podemos Vigo aseguran que terán que \"analizar con detalle os documentos\", pero aclaran que a proposta gañadora \"aposta polo apoio de candidaturas unitarias cidadás\". Insisten en \"cuestións irrenunciables para Podemos\" como \"a elaboración de listaxes baixo primarias abertas á cidadanía ou a eleboración do programa electoral de maneira colaborativa\", polo que \"a implicación nestas candidaturas debería darse baixo estas premisas\". Ademais, desde o círculo vigués aclaran que a participación nas mareas que xorden en Galicia \"é a título individual independentemente da adscrición partidaria dalgunha das persoas participantes, polo que a participación nelas é unha decisión individual de cadaquén\". Os círculos locais de Podemos decidirán agora en asemblea que iniciativa cidadá apoiar e de que xeito Desde Podemos na Coruña insístese na mesma idea e no seguinte paso a dar. \"Cada círculo local terá que ir debatendo nas súas asembleas para decidir cal é fórmula que se elixe cara ás municipais, pero é claro que o que se propón é apostar por iniciativas cidadás e sen a marca Podemos\", explican, tras aclarar que a formación insiste en plataformas \"totalmente cidadás nas que todo o mundo se sinta partícipe\". Así, desde diferentes círculos cidadás en Galicia advírtese das \"diferentes opcións\" que xurdiron nalgunhas localidades e de que será a xente nas asembleas nas que decida a máis axeitada e acorde co ideario da formaicón. \"A postura clara é darlle o protagonismo á cidadanía e toda iniciativa nosa apostará por iso sempre que a intención sexa o empoderamento da xente\", engaden. A cuestión agora é cales de todas esas mareas xurdidas en varias cidades e vilas galegas se axeitan ao ADN Podemos. Non semella difícil a implicación xa oficial dos membros e simpatizantes da formación na Marea Atlántica, que xorde como exemplo de maior participación cidadá e independencia de calquera partido, ou con Ourense en Común. Non parece tan doado en Ferrol, con máis control partidario, ou en Vigo, onde hai diferentes iniciativas -ata catro- que apelan a esa unidade popular. A irrupción das mareas e o apoio que suman de movementos sociais e políticos prometen cambiar o panorama municipal galego Sexa como for, a irrupción das mareas e o apoio que están a sumar de movementos sociais e políticos nas diferentes localidades promete cambiar -e moito- o panorama municipal en moitas cidades. Enquisas que manexa o propio PP ameazan a súa maioría en varias urbes, nas que a suma por separado das forzas que compoñen AGE, xunto a Podemos e o BNG, sería maioritaria. Queda por ver agora se, de confirmarse a presentación desas candidaturas cidadás sen siglas partidarias, as expectativas son aínda maiores."}
{"ID": "NOS_21592", "summary": "A viceportavoz de AGE e coordinadora de EU asegura, nunha entrevista na Radio Galega, que \"nun tempo máis curto que nada\" vai resolverse o problema xerado ao non renunciar Iglesias a ocupar o escano que deixará vacante Calviño.", "text": "\"Vou traballar para que recapacite e se sitúe no marco da súa organización política\". Así se manifestou Yolanda Díaz, vice-portavoz de AGE e coordinadora de Esquerda Unida, en micrófonos da Radio Galega ao ser preguntada sobre Carme Iglesias Sueiro (EU), número 2 da lista da Alternativa en Ourense e que se nega a deixar correr a lista para que a vacante de Calviño (Anova) pase a ser ocupada por Iolanda Pérez Docampo, desa organización. Para Yolanda Díaz, \"nun tempo máis curto que nada AGE vai resolver esta situación\". A coordinadora de EU rexeitou que Calviño manteña o escano toda a lexislatura e sinalou que o feito de que aínda siga a ser deputado \"é transitoria\". Díaz rexeitou que esta problemática prexudique a Alternativa Galega de Esquerdas ante a cidadanía. É máis, a viceportavoz de AGE considera que este tirapuxa co escano de Ourense o que \"está evidenciando é que temos graves problemas na nosa sociedade, pois que unha persoa moza, que ten dúas carreiras, teña que emigrar porque no seu país non ten saída é unha situación dramática\". \"A carón da xente\" Yolanda Díaz insistiu en que AGE é unha formación que vai estar sempre \"a carón da xente\" . Avogou por que nas eleccións Europeas haxa unha \"fronte ampla da esquerda plural\" e lamentou que o BNG, dixo, \"non queira sequer sentar con Esquerda Unida para falar\", mais apuntou que \"non perdo a esperanza\"."}
{"ID": "PRAZA_86", "summary": "A CIG denuncia que o Instituto Nacional de Estadística está a externalizar por primeira vez a recollida de datos e estudo de mostras da Enquisa de Poboación Activa. Traballadores dubidan das \"intencións\" de encargar a empresas alleas uns datos \"tan sensibles e de gran prestixio\".", "text": "O INE está a privatizar a recollida de datos e o estudo das mostras e ratios da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e a de Presupostos Familiares. Segundo denuncia a CIG, os xestores do Instituto Nacional de Estatística están a encargar a unha empresa externa os labores destes dous inquéritos, probablemente os de maior relevancia que leva a cabo o organismo. O INE externaliza a recollida de datos e estudo das mostras da Enquisa de Poboación Activa Así o denuncia o sindicato e traballadores do propio INE, que aseguran a Praza que é \"a primeira vez en cincuenta anos\" que se privatizan estes traballos da EPA e que se preguntan \"cales son as intencións\" que levan a este organismo autónomo, pero vinculado á Administración, a dar este paso. Ademais, denuncian que o encargo deste servizo a compañías alleas é \"máis caro\" e supón tamén que estas firmas teñan acceso a datos, tanto persoais como a nivel de conxuntura económica e social global, de enorme importancia para o Estado. A privatización destes traballos lévase a cabo de forma \"paralela\", é dicir, mentres que traballadores do propio INE -dependente da Secretaría de Estado de Economía- realizan os labores de recollida de datos e estudo das mostras, outros traballadores dunha compañía externa fan o mesmo traballo para complementalo, algo que se levou a cabo noutras enquisas de menor importancia pero nunca nas que teñen que ver coa EPA ou os Presupostos Familiares. Ocorre así, por exemplo, na delegación de Madrid, aínda que en Galicia son os propios empregados do INE os que están a realizar os traballos. Polo momento. A anterior privatización de estudos menos importantes obrigara a técnicos do INE a revisalos pola \"multitude de erros\" cometidos O caso é que o INE xa realizara hai anos contratacións temporais de persoal para realizar enquisas puntuais e de carácter temporal que non podía levar a cabo co seu cadro de persoal fixo, tal e como lembra a CIG. Como consecuencia destas contratacións temporais, o organismo recibiu varias sentenzas que o obrigan a contratar estes traballadores, \"algo que a xefatura se negou a cumprir durante tempo\". Antes da crise, a dirección do INE decidiu externalizar todas estas enquisas temporais e puntuais e fíxoo \"con maior custo económico e menor calidade\". De feito, segundo denuncia a CIG, o propio persoal do INE \"tivo que volver recoller, codificar ou revisar os traballos, xa que os datos subministrados por estas empresas externas contiñan multitude de erros\". Coa chegada da crise, os recortes e a falta de orzamento -o INE reduciu o seu cadro de persoal de maneira importante-, os dirixentes do organismo volveron internalizar esas enquisas, pero non para que fosen elaboradas polos traballadores con sentenzas favorables para que fosen eles os destinatarios, senón por parte dun persoal fixo que \"as máis das veces xa non é quen de asumir os traballos das enquisas continuas que teñen asignados\". \"Manexan datos moi sensibles dos cidadáns cuns estudos cun gran prestixio entre as institucións públicas e privadas\" Agora, o INE atopa serios problemas para levar a cabo as enquisas asignadas de forma permanente -como a da EPA ou o IPC-, pero en lugar de contar con estes traballadores \"aos que ten que chamar por imperativo xudicial\", decide \"privatizar a recollida, esuto das mostras e ratio de dúas das enquisas con maior relevancia das que realiza o INE: a de Poboación Activa e a de Presupostos Familiares\", \"Faino con custos moi superiores aos que terían se fosen realizadas con medios propios e manexando datos moi sensibles dos cidadáns; ademais, nuns estudos que nunca se fixeran anteriormente por parte dunha empresa privada, xa que son estudos que contan cun gran prestixio entre a cidadanía e entre as institucións públicas e privadas pola súa obxectividade e imparcialidade\", di José María Pereira, da sección sindical da CIG na Delegación Provincial do INE na Coruña. \"Dáse o paradoxo de que despiden traballadores temporais destinados a estes traballos para contratar unha empresa externa que sae máis cara; e todo para estes traballos tan importantes. Non sabemos cal é a intención e temos dúbidas sobre por que se cambia agora un método que estivo inalterable durante cincuenta anos\", insiste Pereira."}
{"ID": "PRAZA_2124", "summary": "Unha lista encabezada por Eduardo Sanches Maragoto dá \"um passo à frente\" para dirixir a Associaçom Galega da Língua, que renova o seu Conselho o vindeiro 24 de outubro.", "text": "Un \"novo consenso\". É o espírito co que a candidatura formada por un grupo de oito persoas que veñen de \"decidir dar um passo à frente\" cara ás eleccións que a Associaçom Galega da Língua (AGAL) celebra o vindeiro 24 de outubro e nas que renovará o seu Conselho. Trátase dunha aposta por \"continuar o trabalho do Conselho sainte\" na que o profesor Eduardo Sanches Maragoto aspira á presidencia. Os últimos dous presidentes da entidade, Valentim Fagim e Miguel R. Penas, así como Gerardo Uz, que actualmente exerce unha das vogalías, únense a esta equipa para \"a organizaçom de diferentes áreas de trabalho\", amosando así a devandita continuidade dentro da aposta por \"duas linhas programáticas\" que serán alargadas ata a presentación do programa oficial. Nese documento final, sinalan, incluiranse achegas \"dos associados e associadas que quigerem co-participar na elaboraçom do programa\". As dúas liñas formuladas por esta candidatura pasan por reforzar o reintegracionismo a través do \"desenvolvimento da Lei para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a Lusofonia\", a Lei Paz Andrade, e mais o \"fomento do reconhecimento entre identidade galega e reintegracionismo\". \"Para avançar com ambas as linhas programáticas pretendemos fomentar a colaboraçom com o conjunto da sociedade, tecendo redes que facilitem a penetraçom da ideia de comunidade galego-portuguesa, nomeadamente através da implementaçom de projetos que permitam explorar ao máximo\" a novaa lei, indican. A candidatura conta co apoio dos dous últimos presidentes da entidade e inspírase na procura dun \"novo consenso\" lingüístico \"Para além destas linhas programáticas -engaden-, esta candidatura também vai submeter a consulta a otimizaçom das duas tradiçons gráficas que convivem no reintegracionismo\". Trátase, aclaran, de \"saber se é considerado conveniente avançar para umha norma unitária que as aglutine\". O equipo encabezado por Sanches Maragoto presenta a Carlos Quiroga como vicepresidente, a Eliseu Mera como secretario e a José Calleja como responsable de finanzas. O novo Conselho da Agal completaríano, como vogais, Susana Arins, Jon Amil, Ricardo Gil e Xico Bugueiro."}
{"ID": "NOS_42550", "summary": "Os 13 anos de Goberno de Feixoo deixaron máis de 33.500 empregos destruídos na industria. As propostas do Executivo resultaron ineficaces para dar resposta á situación económica. A compra de Barreras por Pemex impulsada pola Xunta foi un caso paradigmático destas políticas.", "text": "Emilio Lozoya Austín é o detido por corrupción máis famoso de México. Presidente do monopolio estatal dos hidrocarburos, Petróleos de México (PEMEX), entre 2012 e 2016, actualmente a Fiscalía Xeral da República de México solicita para el 39 anos de cárcere, acusado de asociación delituosa, lavado de diñeiro e suborno. Lozoya está considerado como a peza chave no aparato de corrupción do anterior presidente mexicano, Peña Nieto, tendo recoñecido recibir subornos da construtora brasileira Odebrecht e doutras compañías beneficiadas por negocios con Pemex e o Estado mexicano. Unha das causas polas que está sendo investigado Lozoya é a compra do estaleiro de Barreras por Pemex. Sen ir máis lonxe, o 9 de febreiro de 2022, o actual director xeral de Pemex, Octavio Romero Oropeza, referiuse a esta venda sinalando que os estaleiros vigueses \"estaban en bancarrota e practicamente fechados e durante unha visita decidiuse rescatalos, comprando o 51%\". \"Como non chegaba ese diñeiro\", continuou Romero, \"encargáronse uns barcos, chámaselles floteis, [...] e cando se remataron de construír resultou que Pemex non os necesitaba. Encargáraselles nada máis que para dar negocio e viabilidade aos estaleiros, polo que se decidiu vendelos. O curioso é que cando estes barcos se ofreceron no mercado ninguén quería pagar máis que a metade do que custou construílos\". A conexión de Feixoo con Pemex O Goberno e a prensa mexicana cuestiona o papel da Xunta da Galiza nesta operación. A este respecto, o 17 de febreiro de 2020, o prestixioso xornal El Universal destacou que \"o exdirector de Pemex forxou vínculos e negocios co político Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta da Galiza, e a empresaria Mar Sánchez Sierra, tras a compra dun estaleiro a sobreprezo e mediante presuntos actos de corrupción. Eles protexían a Lozoya na Costa do Sol española\". A venta de Barreras a Pemex negociada pola Xunta da Galiza rematou en fracaso. A compra do estaleiro vigués pola petroleira mexicana formalizada a finais de 2013 por 5,1 millóns de euros abriu a porta a unha crise aínda máis fonda da compañía, atopándose actualmente inmerso o cadro de persoal nun duro conflito laboral pola continuidade do emprego. Neste sentido, a situación de Barreras non é un feito illado no sector naval da comarca de Vigo, que sofre nos últimos tempos unha crise descoñecida. A destrución do emprego O complexo industrial é un dos máis golpeados polo programa económico do Goberno de Feixoo. Así, entre 2008 e 2021 o valor xerado polas manufacturas galegas reduciuse en perto de 8%, mentres o sector manufactureiro alemán incrementou o seu valor engadido bruto en 29%. Ao tempo, a Galiza perdeu nos últimos 14 anos 33.555 empregos no sector industrial, pasando de 154.860 ocupados en decembro de 2008 a 121.305 na actualidade. Neste sentido, a profesora da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela María Cadaval sinala a Nós Diario que \"a Galiza leva perdido un de cada cinco empregos industriais desde o ano 2008\". A produción industrial está moi por baixo das cifras de 2008 non conseguindo recuperar en ningún dos exercicios os niveis anteriores á crise. Neste sentido, no relatorio A economía galega. Informe 2019/2020 signifícase que \"a produción industrial en 2019, que como indicamos foi inferior á de 2018, distaba aínda moito de alcanzar a lograda na primeira década deste século. Así, mentres o valor medio do Índice de Produción Industrial (IPI) xeral en 2007 (base 2015) era 140,1, en 2019 era 105,1; cunha diferenza de 35 puntos que reflicte unha preocupante caída na actividade industrial\". Ao tempo, en 2019 só os sectores da alimentación, bebidas, papel, químicas e outras industrias manufactureiras superaban a produción de 2007. A crise bateu con forza tamén, naquelas empresas de maior dimensión. Así, entre 2008 e 2019, a Galiza perdeu 1.031 empresas que superaban os 9 traballadores, o que supón unha caída de 37,5%, algo particularmente grave nun sector como o industrial, onde o tamaño é importante para aproveitar as economías de escala e favorecer a internacionalización. En relación con isto, o economista da USC Gonzalo Rodríguez afirma a Nós Diario que \"neste caso o tamaño si importa\". As empresas, sinala, \"necesitan lograr unha escala mínima para poder exportar e innovar\" e lembra que \"as empresas de menos de 50 empregados representan na Galiza o 94,43% do total\"."}
{"ID": "NOS_16884", "summary": "Esas sociedades facturan 2.300 millóns de euros. Nos tres primeiros trimestres , 38 empresas galegas mudaron o seu domicilio á capital do Estado.", "text": "Nos tres primeiros trimestres de 2021 case 4.400 empresas cambiaron o seu domicilio dunha comunidade a outra no Estadio español. Un 'baile' de sedes no que hai unha clara gañadora: Madrid, territorio que suma ao seu 'efecto capital' e a recentralización política e económica xestada nos anos de 'Gobernos Aznar' o practicar o que desde outras comunidades (Valencia, por exemplo) sinalan como 'dumping fiscal'. Desas máis de 4.000 sociedades, case 1.700 dirixíronse a Madrid para situar alí o seu novo domicilio social. Suman entre todas un volume de negocio de case 2.300 millóns de euros. Da Galiza nestes 9 meses marcharon con dirección a Madrid 38 empresas, con facturación de 51 millóns de euros, segundo o Informe D&B. No caso galego, nestes tres trimestres, saimos gañando pois 57 empresas mudaron de Madrid a Galiza o domicilio. Suman tamén 51 millóns de euros. De onde proceden a maioría das sociedades que mudaron o seu domicilio fiscal a Madrid neste período? Dous son os territorios que representan entre ambos os dous a metade das empresas que deron o paso: Andalucía, de onde entre xaneiro e setembro, marcharon 381 firmas para se asentar en Madrid, e Catalunya, con 365 sociedades. Tributan en Madrid 3.983 empresas galegas A seguir figuran Valencia (195 empresas), Castela a Mancha e Castela- león, con 163 sociedades e 155, respectivamente. Nestes 9 meses da Galiza saíron para outros territorios do Estado un total de 93 empresas, segundo o mencionado Informe D&B, o que vén sendo unha sociedade que 'lisca' cada tres días. Nese mesmo tempo, viñeron recalar ao noso país 122 firmas doutros territorios do Estado. Os principais destinos das empresas galegas que marchan: Madrid, Catalunya e Castela-León. E as orixes das que veñen: Madrid, Catalunya e Valencia. O efecto sede Segundo se sinala nun estudo do Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) teñen a súa sede en Madrid 44,5% das 1.000 maiores empresas do Estado, 50,4% das 500 máis grandes e 60% das 100 primeiras. Pola contra só manteñen o enderezo social na Galiza 5,3% das 1.000 maiores empresas do Estado, 5% das 500 máis grandes e 4% das 100 primeiras. A consecuencia disto Madrid concentra unha quinta parte da renda estatal, dispondo de 19,2% do Produto Interior Bruto (PIB) en 1,6% do territorio. Porén, isto só é posíbel pola localización a efectos fiscais e sociais en Madrid de miles de empresas que desenvolven a súa actividade económica real noutras áreas do Estado. Tributar 3.983 empresas galegas tributan en Madrid.Segundo os últimos datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referidos a 2019, destas sociedades, un total de 3.323 desenvolven a súa actividade nos servizos, 357 na industria e na enerxía, 266 na construción e 37 na agricultura e na pesca. Porén, a diferenza doutras anualidades, no referido exercicio tense detido a fuga de mercantís á capital do Estado, fundamentalmente en compañías dedicadas aos servizos. Aínda así, a práctica totalidade das principais mercantís manteñen o seu enderezo social e fiscal en Madrid, destacando as sociedades do sector eléctrico e industrial."}
{"ID": "NOS_31892", "summary": "Esta ferramenta aspira a converterse en rede social e nodo de contacto entre persoas que desenvolvan negocios en galego.", "text": "A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu esta segunda feira a presentación da páxina web neofalantes.gal, froito da colaboración entre o centro universitario e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta da Galiza. No acto no que participou Antonio López, reitor da USC, e mailo titular da Secretaría Xeral, Valentín García, detalláronse as principais fases á hora de desenvolver esta ferramenta que aspira a converterse en rede social e nodo de contacto entre persoas físicas e xurídicas que desenvolvan negocios en galego. A primeira parte do proxecto, crear a páxina web, xa foi completada. Ademais de novas, investigacións sobre lingua e polémicas arredor do idioma, a iniciativa terá presenza en redes sociais como Instagram, TikTok, Youtube, Facebook e Twitter. A segunda fase, que se prevé estea completada ao final de 2022, consiste na posta en marcha dunha ferramenta tecnolóxica interactiva no seo da web que funcionará como unha rede social para crear comunidades virtuais na lingua do país. O último paso será o desenvolvemento da área empresarial específica para conectar responsábeis de empresas ou persoas con interese na creación de empresas por medio do galego, facendo fincapé nos países lusófonos. O grupo Novos Medios da USC apunta que co proxecto procuran \"analizar o proceso de incorporación do galego por parte de persoas que tiveron outros idiomas como primeira lingua\". López salientou o traballo do grupo, reivindicando a Facultade como \"referente\" para a docencia na lingua propia. Asemade, o secretario xeral de Política Lingüística fixo énfase na colaboración para impulsar iniciativas \"orientadas a coñecer e animar a aquelas persoas que incorporan o galego á súa vida\"."}
{"ID": "NOS_35674", "summary": "A contía para formación do profesorado nos orzamentos fica en 3,3 millóns de euros fronte aos máis de 27 millóns que custa manter o persoal de Relixión.", "text": "A aposta do Goberno galego polo ensino de Relixión nos centros de ensino levará nos próximos orzamentos unha cantidade superior aos 27 millóns de euros para o mantemento do profesorado desta materia, elexido directamente polo Bispado. Os 16,35 millóns contemplados no proxecto de orzamentos para as ensinanzas de Infantil, Primaria e ESO, aos que hai que engadir os 11,23 millóns de Secundaria e FP, contrastan coa exigua cantidade que o Goberno galego ten previsto dedicar a formación e perfeccionamento do profesorado en todo o sistema educativo. Segundo denunciou a deputada do BNG Olaia Rodil nas súas redes sociais, a contía para este fin ascende a 3,3 millóns de euros, polo que manter o profesorado de relixión será nove veces máis custoso do que se investirá en mellorar as capacidades do persoal docente. Tamén representa máis da metade do que se consigna para educación especial (48,1 millóns de euros). Ser profesora sen aprobar ningunha oposición O profesorado de Relixión nin é funcionariado nin é persoal interino, mais si ten praza fixa, como persoal laboral da Xunta de Galiza. Posúe o seu propio regulamento e está suxeito ao Estatuto das Traballadoras e Traballadores. Como ao resto do profesorado, aos docentes de Relixión págalles á Administración educativa, é dicir, a Consellaría de Educación. As profesoras e profesores de Relixión non teñen que aprobar oposición ningunha. Precisan dunha titulación en Maxisterio ou un Grado de Mestre para Primaria, ou ben unha licenciatura para Secundaria. Ademais, precisa dunha Declaración Eclesiástica de Idoneidade outorgada pola Diocese á que corresponda a persoa docente e que acredita \"unha recta doutrina e testemuña de vida cristiá\". Tamén son necesarias unha Declaración Eclesiástica de Competencia Académica e a recomendación do bispo da diocese corresponde á Administración Académica, que indica que esa persoa é competente para ensinar Relixión."}
{"ID": "PRAZA_13598", "summary": "O sábado 30 de xuño tivo lugar unha mobilización de profesionais da informática en Madrid, Barcelona e Zaragoza en demanda de mellores condicións de traballo. A resposta foi moderada, pero os seus organizadores advirten de que \"só é o comezo\".", "text": "O sábado 30 de xuño tivo lugar unha mobilización de profesionais da informática en Madrid, Barcelona e Zaragoza en demanda de mellores condicións de traballo. Chegaron precedidas dalgúns textos incediarios nos que se afirmaba que \"só un cínico, un ignorante o un mentireiro sería capaz de afirmar sen arrubiarse que non hai nada que cambiar nisto que chamamos informática. Despois de moito agardar por iso e ao fío doutras mobilizacións parece ser que algo comeza a cambiar\" ou outro que pedía desterrar o romanticismo, pois \"as TIC non son catro frikis nun garaxe ideando as ferramentas do futuro. As TIC de hoxe en día son dez multinacionais cun volume de facturación brutal e unha masa asalariada que, posta en fila, daría a volta a Europa 17 veces\". Este texto tamén denunciaba que estas empresas teñen \"lamentables prácticas laborais, éticas e profesionais. Empresas que presumen da súa excelencia e o seu valor da anticipación, que promulgan aos catro ventos e sen vergonza que a actitude fai a diferenza ou a xente importa, os resultados contan\". Un e outro escrito facían fincapé, ademais, nas dificultades que presentaba a mobilización deste colectivo, moi disperso, traballando para varias empresas distintas en moitos casos e sen identidade corporativa ou consciencia dos seus dereitos: \"no sector das TIC non foi necesario desmobilizar a ninguén, porque nin naceu mobilizado ni combateu colectivamente nunca\". \"Durante anos fomentouse dende as novas empresas tecnolóxicas o modelo do traballador perfecto: autoexplotado e sorrinte\" Ademais, como escribía a Coordinadora de Informática da CGT hai unhas semanas, \"durante anos, décadas, fomentouse dende as novas empresas tecnolóxicas o modelo do traballador perfecto: individualista, de momento cun bo soldo, sen límite de horas extras (gratis) e mesmo fanboy da súa propia empresa, autoexplotado e sorrinte. Por suposto, non nos considerábamos traballadores e só un marciano podería chegar a plantexarse que tiñamos que unirnos ante a empresa ou o sistema\". Os sindicatos eran conscientes destas dificultades, pois en primeiro lugar moi poucos dos informáticos estaban afiliados a algunha organización sindical, e as experiencias de conflitos laborais eran escasas e moi recentes, e circunscritas unicamente á empresas de maior tamaño, como HP ou Atos, nas que a CGT si tivo nos últimos meses un papel destacado, aínda que o seguemento das folgas e mobilizacións convocada non chegou a ser completo. Porén, como concluía un dos textos anteditos: \"quen ten o password do admin é o último en rir\". \"A informática é o primeiro gran sector nativo neoliberal, con traballadores illados e desmobilizados\" Así chegou a mobilización do 30 de xuño, con convocatorias de manifestacións en Madrid, Barcelona e Zaragoza. A participación foi moderada, inferior ás espectativas dos máis optimistas, aínda que os convocantes, coma a propia CGT, afirman que foron \"un comezo\" e lembran as dificultades xa comentadas, ligadas á propia estrutura do sector: \"a informática é o primeiro gran sector nativo neoliberal, con traballadores illados e desmobilizados\". Salientaron, igualmente, a grande actividade que rexistraran as redes sociais (como alternativa e resposta a esa dispersión), pero lembraron, como conclusión, a necesidade de \"saír do Twitter, saír do Facebook e tomar a rúa\". Anúnciase que as mobilizacións continuarán, na rede e na rúa. Haberá que ver se o poder de ter a password do admin é forza abonda A CGT reflexiona sobre os novos escenarios e condicionantes para as loitas sociais e neste senso afirma que \"o sector TIC ten que estar na rúa e na rede, e aí é onde Internet xoga unha posición ambivalente\" e que \"Internet é parte da solución e parte do problema\" pois \"grazas á rede a Coordinadora de Informática conseguiu chegar este 30X a traballadores aos que xamáis tería contactado facendo repartos e pegadas de cartaces ao uso\". E situaba como obxectivo \"conseguir que a xente faga algo máis que gústame en Facebook o RT en Twitter\". A CGT concluía que \"Internet desincentiva o compromiso político real, é dicir, compromiso que supón estar físicamente nas manifestacións, nas xornadas de loita e nas folgas, e non vendo que se di en Twitter a través dun SmartPhone\". En calquera caso, anúnciase que as mobilizacións continuarán, na rede e na rúa. Haberá que ver se o poder de ter a password do admin é forza abonda."}
{"ID": "NOS_26432", "summary": "De cativo quería ser médico, pero seu pai, trompetista de profesión, obrigoulle a aprender música.", "text": "Xenio. Virtuoso. Visionario. Ennio Morricone é un dos máis grandes compositores de todos os tempos. Deixounos hai dous anos, aos 91, cunha envexábel lucidez. Giuseppe Tornatore puido conversar con el antes, neste documental sobre a súa figura, conducido de primeira man polas lembranzas do propio Ennio e complementadas con testemuños das persoas que pasaron pola súa vida. Todas elas cun punto en común: unha grande admiración polo Mestre. Ennio: o mestre / Giuseppe Tornatore / Italia / 2021 / 156 min. Estando tras a cámara un cineasta como Tornatore, xa podemos intuír que non vai ser un documental a cámara fixa con entrevistas monótonas. A narrativa é dinámica. Foxe dos conformismos. Montaxe áxil que alterna testemuños con imaxes de arquivo, gravacións ou filmes nos que participou. Unha acaída selección coa inigualábel música de Morricone sempre soando. Comeza con eloxios ao seu legado de diversas facianas coñecidas da música e do cinema para, a continuación, entrar de forma cronolóxica na súa biografía: desde os seus inicios, até tocar os ceos... De cativo quería ser médico, pero seu pai, trompetista de profesión, obrigoulle a aprender música. Logo estudou composición. As súas orixes humildes non lle puxeron as cousas doadas, quizais, e por iso se esforzaba máis que o resto. Iniciouse facendo arranxos musicais para a RCA en traballos para programas de televisión ou cantantes de sona. Pronto Ennio comezou a ser recoñecido no mundiño. Logo chegaron os primeiros filmes, máis tarde Sergio Leone e os spaghetti westerns. A partir de aí, a fama internacional. Todo o mundo podía recoñecer os sons atonais que mesturaban coros, asubíos e instrumentos pouco habituais. Con todo, a crítica especializada aínda tardaría 20 anos en recoñecerlle a súa xenialidade. Imposíbel abarcar as máis de 500 obras que compuxo ao longo da súa prolífica vida, mais Tornatore tamén aborda as pezas, mal chamadas \"menores\", de filmes de segunda categoría nos que Morricone podía ser máis creativo e mellorar como compositor. Unha vida dedicada á música, unha música imperecedoira, eterna. Entre as admiradoras de Morricone atopamos xente como Joan Baez, Dulce Pontes, Pat Metheny, Quincy Jones, Springsteen, Hans Zimmer, John Williams, Tarantino, Clint Eastwood, Wong Kar-Wai, Dario Argento, Liliana Cavani e, claro, o propio Tornatore, entre un longo etcétera de nomes que encherían sen problema o espazo taxado deste artigo. Se non puideches gozar Ennio: o Mestre en pantalla grande no pasado mes de maio, tes desde onte unha nova ocasión grazas aos cinemas Numax de Compostela."}
{"ID": "PRAZA_21096", "summary": "En Galiza, cos datos na man, non necesitamos unha carreira descontrolada de instalación de eólicos custe o que custe, e menos para que unha elite económica faga gorentoso negocio especulativo. Necesitamos planificación pública e participación cidadá", "text": "Escríbolle esta carta co motivo de que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a tramitar varios megaproxectos de parques eólicos entre os que se atopan os de Prada, Rebordechao e Barxa que están en período de consulta pública, e que abarcan os concellos de Nogueira de Ramuin, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Maceda, Vilar do Barrio, Laza, Castrelo de Val,Verín, Monterrei, Cualedro, A Pobra de Trives, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras,Vilamartín de Valdeorras, Petín, San Xoan do Río e Quiroga e moitos outros en toda Galiza que, xunto aos que tramita a Xunta de Galicia, suman perto de oitenta.A instalación destes parques, promovidos por unha empresa norueguesa, cunha potencia de máis de 100 MW cada un, cuns aeroxeneradores nalgúns casos de 200 mts de altura, suporían grandes e irreversibles impactos en lugares de alto valor paisaxístico e ambiental afectando a fermosas zonas de montaña coma O Courel, Ancares ou o Macizo CentralA instalación destes parques, promovidos por unha empresa norueguesa, cunha potencia de máis de 100 MW cada un, cuns aeroxeneradores nalgúns casos de 200 mts de altura, suporían grandes e irreversibles impactos en lugares de alto valor paisaxístico e ambiental afectando a fermosas zonas de montaña coma O Courel, Ancares ou o Macizo Central moi castigadas dende hai décadas polo abandono das administracións cando se trata de políticas que axuden ao desenvolvemento endóxeno pero cómplices cando se tratou de espoliar os seus recursos.A xente destas comarcas precisa. fontes de enerxía que revertan no seu benestar e non meparques propiedades de grandes fondos de investimento que leven os beneficios, deixando unicamente os impactos e as migallas. Vostede, que ademáis de ministra de Transición Enerxética éo do Reto Demográfico, debe saber que en moitas zonas de Galiza, onde cos encoros se fixo algo semellante ao que pretenden cos eólicos, iso só produciu impactos ambientais e abandono do rural, xa que os beneficios destas actividades voan e non favorecen a economía ao seu redor.En Galiza, onde anualmente exportamos entre o 30 e o 40% da electricidade producida (en 2019 o 85% da electricidade consumida foi producida por enerxías renovables) fundamentalmente eólica e hidroeléctrica.Isto quere dicir que si Galiza fose un Estado independente na Unión Europea cumpriría con moita marxe os obxectivos de produción de renovables que marca para o ano 2030 con 11 anos de antelación, xa que exactamente duplica o \"superobxetivo\" que Pedro Sánchez marcou para España para o 2030!, como vostede ben sabe. É por isto que Galiza non ten por que acometer unha carreira irracional de instalacións de parques eólicos que desatenda a imprescindible planificación e protección do territorio e das persoas que nel habitan.Dende o punto de vista do interese xeral e da racionalidade deberíamos de atender a unha planificación pública, froito dun debate social e unha ampla participación e transparencia, que parta de definir a potencia a instalar ollando para as necesidades da xente e á sustentabilidade do sistema.Que defina tamén o cómo; si con megaparques lonxe dos lugares de consumo e con altos impactos ambientais e paisaxísticos, en mans de poderosas corporacións alleas á economía local, ou cunha produción distribuída, perto dos lugares de consumo, e con presencia de titularidade pública (pública galega, que pública norueguesa ou italiana xa temos) e/ou cidadán-cooperativa.No seu Ministerio elaboraron un mapa de sensibilidade ambiental como ferramenta orientativa para a ubicación das instalacións de enerxía eólica que teñen en conta estes factores. Si ese mapa fose vinculante, que non o é, estes mesmos parques que vostede tramita non se levarían a cabo porque están maioritariamente en zonas de máxima sensibilidadeUnha planificación que se inserte nunha ordenación territorial que teña en conta os valores naturais, paisaxísticos, os núcleos de poboación, a interferencia con outras producións e a economía local.Nada disto se está a facer en Galiza.No seu Ministerio elaboraron un mapa de sensibilidade ambiental como ferramenta orientativa para a ubicación das instalacións de enerxía eólica que teñen en conta estes factores.Si ese mapa fose vinculante, que non o é, estes mesmos parques que vostede tramita non se levarían a cabo porque están maioritariamente en zonas de máxima sensibilidade.En Galiza, cos datos na man, non necesitamos unha carreira descontrolada de instalación de eólicos custe o que custe, e menos para que unha elite económica faga gorentoso negocio especulativo. Necesitamos planificación pública e participación cidadá.Temos que contar cunha ordenación eólica que, pensando nas necesidades da maioría, diga ónde sí e onde non nos compensa e necesitamos implantar os parques, e queremos que esta actividade reverta no benestar da xente do rural dándolle entrada a participación a través do control público ou de cooperativas veciñais ou pequenas empresas locais que produzan para a súa contorna.Pero en Galiza temos un Plan Sectorial Eólico do ano 1997, modificado por última vez en 2002, totalmente desfasado e que permite construír parques eólicos en todo o territorio agás na Rede Natura, onde Galiza conta cunha das menores porcentaxes de superficie protexida do Estado e de Europa.En Galiza, cos datos na man, non necesitamos unha carreira descontrolada de instalación de eólicos custe o que custe, e menos para que unha elite económica faga gorentoso negocio especulativo. Necesitamos planificación pública e participación cidadáUn Plan Eólico de Galiza que non foi obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica por ser anterior ao desenvolvemento da lexislación ambiental dos últimos anos, polo que carecemos dun instrumento que analice os impactos do modelo de asentamento eólico proposto a escala nacional e polo tanto cun enfoque integral. Non se revisa porque evidentemente calquera proceso de avaliación ambiental dun novo plan conduciría a unhas maiores restricións, produto da racionalización e de ter en conta máis criterios que o da rendabilidade económica privada.Acábanse de publicar as Diretrices da Paisaxe de Galiza: un cúmulo de xeneralidades que non prohibe a instalación nin nun m² de territorio e que posterga calquera concreción a unha futura revisión do Plan Eólico de Galiza para o cal non hai prazo. Polo tanto, papel mollado.Galiza conta cun 11,5% de superficie en Rede Natura, considerada pola UE insuficiente, e foi por íso polo que xa hai máis de 10 anos recomendou a súa ampliación. Nunca se fixo esa proposta de ampliación. Así, temos unha chea de parques que se tramitan nos bordes da Rede Natura que non se farían si a Xunta de Galicia cumprira as recomendacións europeas, e non o fai por beneficiar ao conglomerado que se lucra do negocio do vento.Isto mesmo foi advertido por unha recente e demoledora sentencia do TSXG que anulou o parque eólico do Oribio e na que advertía da fraudulenta práctica de ubicar aeroxeneradores á beira dunha Rede Natura que non pode ser un compartimento estanco, e ten pendente unha ampliación.Esta fraude e incumprimento das recomendacións da UE tamén beneficia os parques que vostedes están a tramitar e que non se contemplarían de haber simplemente unha proposta de ampliación.Como tamén se benefician por empresas nas que traballan, e cobran, por exemplo un ex-conselleiro de Industria do PP e unha ex-conselleira de Medio Ambiente responsable de que durante os seus anos como conselleira, ata hai escasamente dous anos, non se ampliara a Rede Natura.As portas xiratorias que aquí practica con fruición o PP pero que no Estado é práctica habitual en PP e PSOE o que mostra quen traballa para quen no xogo gobernos/eléctricas.Isto que vostedes definen como transición enerxética é o enésimo negocio do capitalismo de amiguetes, no que os que antes tiñan térmicas que externalizaban os custes producidos pola contaminación, ou os que antes se lucraron coa burbulla inmobiliaria agora poñen as súas esperanzas de beneficios no sector das renovablesE con este panorama, é dicir, sen ningún tipo de planificación pública que sirva de protección para eses valores que deberían de protexerse si simplemente se cumprisen coas directivas europeas, estanse a tramitar máis de 80 parques, que suporán si se levan adiante, danos irreversibles na paisaxe , medio ambiente, e lonxe de ser unha solución económica para o noso desenvolvemento serán instrumentos de baleiramento demográfico do país, voando os beneficios lonxe dos habitantes do rural.A mal chamada Transición Enerxética que din defender está nas mans de bancos, fondos voitre, construtoras ou eléctricas, que só responden á lóxica da maximización do seu beneficio, e non á lóxica das necesidades humanas de preservación de valores imprescindibles para o noso futuro e do desenvolvemento económico endóxeno.A loita pola sustentabilidade e contra o cambio climático non se fai simplemente substituíndo centrais térmicas por muíños que se fabrican con materiais que non son ilimitados e que dependen aínda do petróleo para a fabricación e o transporte.Isto que vostedes definen como transición enerxética é o enésimo negocio do capitalismo de amiguetes, no que os que antes tiñan térmicas que externalizaban os custes producidos pola contaminación, ou os que antes se lucraron coa burbulla inmobiliaria agora poñen as súas esperanzas de beneficios no sector das renovables, axudadas por administracións que deberan velar polo interese xeral e que parecen empeñadas en darlle outra vez o temón e o lucro.Aínda que contemos cun goberno autonómico empeñado en que Galiza siga a xogar un rol colonial de produtor de electricidade a cambio de quedarmos cos impactos e non cos beneficios, moita xente reivindicamos que é preciso rematar xa con este modelo do espolio que se reproduce neste país sexa con térmicas, hidroeléctricas ou eólicos.Non queremos repetir a historia. Queremos respecto. Respecto á xente, á nosa paisaxe, á nosa natureza. Queremos decidir o destino dos nosos recursos naturais da terra dende o respecto a eles.Sabemos que calquera actividade económica pode ter un impacto no entorno, pero queremos que sexa o mínimo impacto para o máximo benestar da xente do común, e o que vemos en marcha é unha vez máis a destrución do noso entorno a cambio de que se beneficien uns poucos.Sabemos que con outra xeito de facer as cousas, un xeito máis democrático, loitaremos contra o cambio climático, desenvolveremos as enerxías renovables precisas, e ademais os beneficios que se obteñan reverterán localmente.Nunha sociedade onde a desigualdade, cada vez maior, é unha das principais ameazas para a democracia, o cambio de modelo enerxético debería de ser unha oportunidade para a democratización económicaNunha sociedade onde a desigualdade, cada vez maior, é unha das principais ameazas para a democracia, o cambio de modelo enerxético debería de ser unha oportunidade para a democratización económica, en vez dunha peza máis da acumulación do gran capital.Si non quere ser parte deste modelo aberrante que supón unha hipoteca para o noso futuro, ten que denegar a aprobación destes parques eólicos deter esta pillaxe eólica, e no que estea nas súas mans apostar pola democratización da economía e da enerxía.Si desgrazadamente e como semella, vostede e o goberno español fan o contrario, apoiando este tipo de actuacións, en pouco se diferenciarán dun goberno do PP que levamos sufrindo no noso país nos últimos 12 anos, un goberno para as elites. E só nos quedará, ante o abandono dos gobernos e institucións unha mobilización social para non chegar tarde, e impedir este proceso antidemocrático de espolio."}
{"ID": "PRAZA_7782", "summary": "Quen non se comprometa por escrito a non cometer \"desordes\" durante o pleno poderá seguir a sesión a través dunha pantalla no grupo parlamentario que o convidase.", "text": "Normas sen acordo. A menos dunha semana de que se celebre o primeiro pleno ordinario do novo período de sesiósn a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, decidiu pechar o conflito das restricións aos convites á cidadanía ás sesións plenarias do mesmo xeito que o abrira: unilateralmente. Despois de manter tres xuntanzas cos voceiros dos grupos parlamentarios nas que, segundo manifestaron PSdeG, AGE e BNG, non houbo proposta ningunha por escrito, Rojo vén de optar por non agardar a pechar un pacto e a última hora deste xoves fixo pública a relación de sete normas que terán que acatar as persoas que desexen seguir ao vivo unha sesión do lexislativo galego. Como suxerira na Xunta de Portavoces do pasado martes a principal novidade da nova normativa radica en que \"para o seu acceso ao salón de plenos, os convidados deberán asinar o escrito que se lles proporcionará á entrada da tribuna no que constan os deberes do público previstos no Regulamento\". Se quen fose convidado ou convidada non asinase impediríaselle o acceso á tribuna, pero non sería expulsado do receinto. \"Poderá seguir a sesión plenaria\" a través dunha pantalla pero non nunha sala habilitada a tal efecto pola Presidencia nalgún dos espazos comúns do Pazo do Hórreo, senón \"dende o espazo do grupo parlamentario\" que o convidase. Segundo as normas de Rojo será responsabilidade de cada grupo \"darlles cumprida información aos seus convidados do previsto no Regulamento\" a respecto \"da orde dentro do recinto parlamentario\", polo que \"no caso de expulsión do salón de sesións por desorde nas tribunas\" o \"grupo que convidou os expulsados deberá deixar transcorrer un pleno\" para propoñer novas persoas convidadas, unha norma que xa rexía na actualidade pero que non figuraba por escrito en ningures. \"En caso de reincidencia perderase o cupo, como mínimo, para un período de sesións ou tempo equivalente -uns catro meses-. Quen se negue a asinar as normas poderá seguir o pleno, pero a través dunha pantalla nas instalacións do grupo que o convidase E, que lle pasa a quen incorra no que a Presidencia considera \"desorde\", isto é, por exemplo, \"portar pancartas, estandartes ou emblemas de todo tipo que conteñan mensaxes que non respecten o comportamento previsto no artigo 109 do Regulamento -dar mostras \"de aprobación ou desaprobación\" ou \"faltar á compostura-\"? Esas persoas \"non poderán asistir á Cámara durante o período de sesións ou tempo equivalente, sen prexuízo doutras consecuencias previstas no Regulamento\", é dicir, ser enviados á Xustiza. Para isto, \"os servizos de seguridade remitirán testemuña dos feitos á Mesa para o seu traslado á autoridade xudicial\". Malia non ser froito dun pacto, Rojo asegura que estas normas foron redactadas tras \"valorar as opinións dos distintos portavoces parlamentarios\" e \"dende o convencemento de que todos buscamos o mellor funcionamento da Cámara\". Ademais, e malia introducir novidades como a obriga de asinar as normas antes de acceder á tribuna, a popular mantén que \"estes criterios non supoñena aplicación de novas normas\", senón que só implica \"poñer por escrito os criterios que xa se estaban a aplicar por acordo verbal\". \"Trátase de que entre todos sexamos quen de garantir o normal funcionamento da Cámara\", resolve."}
{"ID": "NOS_36165", "summary": "O Panteón de Galegos Ilustres acolle hoxe diversos actos en lembranza de Castelao con motivo do 146 aniversario do seu nacemento, o 30 xaneiro de 1884 en Rianxo. Un deles, estará protagonizado polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.", "text": "Afirmaba Anxel Fole que Castelao \"facía parte daquela pequena restra de galegos 100% da Galiza de antes de 1936\". O escritor lembraba como nas súas intervencións públicas definíase como un patriota para afirmar, nun mitin celebrado en Lugo en 1932, \"considérome galego quimicamente puro, infusíbel ao soprete e inatacábel polos ácidos\". Xoán Carlos Garrido, no seu volume O pensamento de Castelao sinalou \"cando Castelao quixo resumir o seu pensamento e definirse a si mesmo cunha soa palabra atopou que aquela que máis se lle axeitaba era a de patriota\". O patriota Nunha liña semellante, Manuel Rei escribiu como Castelao á hora de facer repaso ao contido do Sempre en Galiza \"que recolle no esencial a razón de ser da súa vida\", afirmou: \"ideoloxicamente eu non son máis que un patriota\". O biógrafo de Castelao, Miguel Anxo Seixas, que ven de rematar de publicar a súa trioloxía imprescindíbel sobre a vida do rianxeiro, significa que \"vai en liña recta desde o ano 14 en que toma consciencia de que hai que facer algo por Galiza. Houbo persoas que desertaron, que baixaron do galeguismo. El nunca claudicou\" A forma de enfrontar a morte e os seus meses finais son outra mostra inequívoca desa perseveranza no compromiso con Galiza que o levou a morrer no exilio arxentino após fuxir dunha morte certa á mans do franquismo. Terra galega para Castelao A doenza de Daniel Castelao marcou a vida da súa familia biolóxica e ideolóxica a partir de 1949. Mentres algúns nacionalistas tentaron xestionar dos responsábeis políticos da ditadura, como Filgueira Valverde, unha autorización que permitise a Castelao regresar a morrer na Galiza, outros remitían terra galega a través do membro da Irmandade Perfecto López, naquela altura de visita a Galiza, para depositala no cadaleito de Castelao Rodolfo Prada Chamocín, dirixente do Partido Galeguista en Bos Aires no período republicano e persoa de máxima confianza de Castelao na súa etapa Arxentina, nunha carta dirixida a Ramón Otero Pedraio lembrou este momento. \"O bo de Perfecto López chegou tres días antes da morte e fíxonos entrega da santa terra que, mans de irmáns, espallaron sobre o seu corpo envolto coa bandeira da patria. Solemne, emocionante e inesquecíbel escena\". O nove de xaneiro de 1950 enterraron a Daniel Castelao no cemiterio de Chacarita. Após ser velado por miles de compatriotas nos salóns do Centro Galego, os seus restos mortais foron conducidos ao cemiterio de Bos Aires, onde se celebrou, en palabras de Rodolfo Prada, \"unha das máis altas expresións da galeguidade na historia da Arxentina\". \"Cando a terra te poida recibir dignamente\" Alonso Ríos, na súa condición de secretario do Consello da Galiza sinalou que \"prometémosche Castelao que cando a terra te poida recibir dignamente, cando os galegos poidamos proclamar libremente os altos ideais que ti nos ensínache, daquela, e só daquela, teremos de levarte a descansar ao seo da patria galega, tal como foron os teus desexos\". O proceso de ocultación e manipulación da figura de Castelao foi contemporáneo a súa morte. A este respecto, é ben significativa a circular remitida pola Dirección Xeral de Prensa da ditadura franquista aos medios de comunicación onde indicaban o tratamento que debían dar á nova da morte de Castelao. A resolución, asinada en 8 de xaneiro de 1950, afirma que \"falecido en Bos Aires o político republicano e separatista Afonso Rodríguez Castelao, advírtese o seguinte: A nova da súa morte darase nas páxinas interiores e a unha columna. Eloxiaranse as súas características de humorista, escritor e caricaturista, destacando a súa personalidade política sempre e cando se mencione que aquela foi errada e que se agarda a misericordia de Deus e o perdón dos seus pecados\"."}
{"ID": "PRAZA_10050", "summary": "Novos colectivos convocan paros tras deixar a Coordinadora Galega de Atención Primaria, onde entidades propoñen tamén novas mobilizacións tras a \"ridícula e escasa\" oferta de médicos por parte de Sanidade na última mesa sectorial. Os médicos de centros de saúde de Vigo farán folga o 21 e 22 de maio.", "text": "O conflito nunca cesou, senón que se dividiu en varias frontes. Hai menos dun mes, a Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP) desconvocou a folga de tres días prevista nos centros de saúde galegos logo de que o Sergas aceptase un novo modelo de negociación, incluír os cinco puntos irrenunciables da entidade e a creación dunha gran mesa de diálogo, o denominado consello técnico, con todos os colectivos implicados. A desconvocatoria de folga provocara xa as primeiras diferenzas na Coordinadora Galega de Atención Primaria e un novo colectivo prevé xa unha nova folga para este mes de maioA desconvocatoria da folga na Atención Primaria, e posteriores declaracións de Feijóo e o conselleiro Vázquez Almuíña reducindo a importancia do acordo, provocaron o rexeitamento de Precarias pola Atención Primaria, de sindicatos que se declararon \"arrepentidos\" de non ter levado a cabo os paros ou, e especialmente, dos médicos da área sanitaria de Vigo. Estes, logo de desvincularse da CGAP e crear outra entidade (Asemblea de Áreas Sanitarias) xunto a asembleas doutras zonas, decidían na noite deste luns a data dunha nova folga xa confirmada e que terá lugar na mesma semana das eleccións municipais, os vindeiros 21 e 22 de maio.Será nos centros de saúde da área de Vigo e con ela, tras a decisión maioritaria da asemblea, solicítase a dimisión do xerente, Félix Rubial, e a negociacións cos seus superiores, ademais de que o tempo mínimo de consulta sexa de dez minutos e cun límite máximo de pacientes, a garantía de acceso de doentes ao hospital ou o cumprimento dos plans de necesidades e intrumental. Ademais, continúan coas mobilizacións nos centros de saúde. A todas estas protestas uniranse, presumiblemente, máis colectivos en Galicia, integrados ou non a unha CGAP da que tamén saíu Agamfec (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria).\"Ao conselleiro e a Feijóo volveulles funcionar o de divide e vencerás\", explican fontes da CGAP a Praza.gal que, no entanto, sinalan que onde a Xunta tiña antes unha fronte agora terá varias. Porque á desconfianza e rexeitamento que moitos colectivos da Atención Primaria expresaron xa ante o inicio das negociacións únese agora o dos sindicatos e entidades que comprobaron as peores sospeitas. \"Defraudados xa estabamos, pero o Sergas aceptou negociar os cinco puntos que marcamos como irrenunciables e estabamos á espera do que nos ofrecía, pero a oferta é ridícula e moi escasa\", advirten as mesmas fontes, que aseguran que esta mesma semana a asemblea de Compostela e outros colectivos como AGDSP ou SOS Sanidade Pública debaterán tamén sobre a convocatoria de novas mobilizacións e outra folga. O acordo do incremento de prazas non recibiu o visto e prace de CIG e CCOO nin de varios colectivos profesionais que preparan xa novas mobilizacións e valorarán tamén convocar outra folgaA reacción chega logo da celebración da última mesa sectorial, previa á celebración do primeiro consello técnico, onde o Sergas acordou un incremento de 308 novas prazas para Atención Primaria, unha medida que contou co apoio dos sindicatos CESM, CSIF, UGT e Satse, pero non da CIG e de CCOO. Tampouco outros colectivos de profesionais médicos dan o visto e prace a unha oferta, para o período 2019-21, de 20 prazas de pediatría, 4 de farmacia de primaria, 130 de enfermaría, 40 de fisioterapia, 20 de matrona, 14 de traballador social e 80 de medicina familiar. A \"ridícula e escasa\" oferta de 12 prazas de medicina familiar para este 2019 rebordou a paciencia de colectivos profesionais que agardaban a comprobar a actitude do Sergas na negociaciónDesta última cifra xorde o principal rexeitamento. \"Iso supón 12 prazas para 2019 para afrontar un conflito que comezou pola masificación de pacientes en centros de saúde de Vigo e que, con este número, non verían solucionados os seus problemas nin en dous ambulatorios\", comentan fontes coñecedoras da negociación, que advirten de que as prazas pactadas son poucas máis das que os colexios de médicos conseguiran xa, nunha negociación particular, co Sergas hai tan só unhas semanas. Ademais, tampouco satisfan de todo ao colectivo Precarias pola Atención Primaria as medidas previstas para o persoal eventual, mentres que o conflito dos PAC está a expensas de que os profesionais decidan esta semana en votación dar ou non o apoio á última oferta do Sergas. Ditame sobre a posibilidade de limitar o número de pacientesPrecisamente, o Consello Galego de Colexios Médicos insiste en limitar o número do doentes non urxentes que cada día os profesionais reciben nas súas consultas. Logo de que o Sergas advertise de que adoptar esa medida podería conlevar sancións, a entidade que agrupa os diferentes colexios provinciais encargou un informe para ditaminar sobre a responsabilidade que terían os seus colexiados ante unha decisión así. Nun comunicado,o Consello advirte que a limitación do número de doentes non urxentes que poden ser atendidos en xornada ordinaria é unha demanda \"de longo percorrido\" coa que pretenden ter de \"tempo suficiente\" para atendelos \"de forma apropiada\" e desenvolver así a súa \"práctica profesional con calidade e eficiencia\".O Consello Galego de Colexios Médicos pide un ditame sobre a posibilidade de limitar o númer de opacientes non urxentes que atenden cada día os profesionaisAnte o posible \"conflito ético e deontolóxico\" na súa \"obriga de velar polo dereito dos cidadáns a recibir unha axeitada asistencia\", o Consello encargou un ditame ás súas comisións de Deontoloxía para determinar a súa responsabilidade ao limitar o número de pacientes non urxentes para atender. Mentres, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asegurou este luns que \"a parte máis importante\" do superávit, de ata 125 millóns de euros, que a Xunta obtivo en 2018 irá destinado á creación de máis de 300 prazas sanitarias para a Atención Primaria. Ademais, destacou que esas prazas \"non son só a consolidación das xa existentes\", senón que se crearán novas prazas \"para seguir mellorando\". Tamén indicou que \"unha parte do superávit\" investirase nos hospitais galegos."}
{"ID": "NOS_49723", "summary": "Fica resolvido un vello misterio, unha peza máis por encaixar no puzzle rosaliano. En 10 de setembro de 1898 un xornal de Buenos Aires, El Eco de Galicia, aseguraba que a última vez -e talvez a primeira- que se vira a bandeira galega en público fora en maio de 1891, durante o acto de traslado dos restos da poeta nacional do cemiterio de Adina ao de Bonaval. El Eco de Galicia aludía a un colega xornalista como fonte da información, mais non a identificaba. Sermos está en condicións de despexar a incógnita: a noticia apareceu orixinariamente no xornal compostelán La Gaceta de Galicia.", "text": "En 10 de setembro de 1898, un xornal de Buenos Aires, El Eco de Galicia, publicou un artigo intitulado La bandera de Galicia en que se lamentaba do escaso emprego da enseña nacional galega en actos públicos e, a seguir, citaba unha excepción, a única que lle constaba. Tratábase do acto de traslado dos restos de Rosalía. Na cerimonia si tería ondeado a bandeira galega. \"Sólo recordamos una solemnidad en que vimos el pabellón gallego desplegado a los vientos: fue cuando aquel puñado de escritores, en unión con la Sociedad Económica, llevaron a cabo la traslación de los restos de la gran Rosalía Castro desde el cementerio de Iria Flavia al templo de Santo Domingo de Compostela. Desde entonces no lo hemos vuelto a ver más\", así rezaba o artigo de El Eco de Galicia. Mais o arxentino El Eco de Galicia non citaba a fonte da información. Ao longo do tempo, distintas investigacións sobre Rosalía tentaron identificar a orixe da noticia en van. O misterio fica agora desvelado: o artigo en que se facía constar o uso da bandeira galega no acto de traslado dos restos de Rosalía apareceu en xuño de 1898 nas páxinas do xornal compostelán La Gaceta de Galicia. Naquela altura dirixía ese rotativo Antonio Fernández Tafall, fillo de Manuel Bibiano Fernández, propietario e primeiro director do xornal. A referencia de La Gaceta de Galicia ao aparecimento da bandeira nacional galega nun acto público tan sinalado non pasou desapercibida na imprensa galega. Destarte, a Revista Gallega de A Coruña -no seu número 173, publicado en 3 de xullo de 1898- alude ao artigo do xornal de Fernández Tafall e, para restarlle importancia ao achado do rotativo compostelán, indica que a enseña galega tamén se exhibira en público na cidade coruñesa nun acto en 1893. E non só apareceu na imprensa coruñesa, en xullo de 1898 dúas publicacións de Lugo -El Lucense. Diario Católico e La Idea Moderna. Diario democrático de Lugo- tamén se fixeron eco da información de La Gaceta de Galicia, coa reprodución literal da noticia da publicación santiaguesa. Foi a consulta destes meios lucenses a que permitiu a Sermos estabelecer con certeza a fonte da que tirou a súa información o diario de Buenos Aires que á altura de 1898 se perguntaba por que na Galiza se facía un uso tan infrecuente da bandeira galega nos actos públicos, xusto nun momento -en plena guerra hispano-yankee polo control das colonias de Cuba e Filipinas- en que se producía unha sobre-actuación da enseña española. A publicación desta noticia en varios meios demostraría, segundo Xoán Costa, autor do achado, \"que había un movimento organizado en algúns órgaos da imprensa galega que, fronte á exaltación da bandeira española, quixeron pór de manifesto a existencia tamén en actos públicos da bandeira galega\". \"Fai máis críbel a hipótese de que a primeira vez que se usase a enseña do noso país fose precisamente no acto de traslado dos restos de Rosalía, cuxo 126 aniversario comemoramos xustamente este 25 de maio\"."}
{"ID": "PRAZA_15578", "summary": "Os conservadores ampáranse en cuestións formais para rexeitar a iniciativa para reclamar as unidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no hospital de Lugo, prometidas por Feijóo", "text": "A finais de xaneiro de 2011 o Hospital Lucus Augusti convertíase no centro sanitario de referencia da provincia de Lugo. Dez anos e tres gobernos galegos despois o novo complexo hospitalario substituía o vetusto xeral e as súas carencias arquitectónicas e asistenciais, se ben mantiña algunhas materias pendentes, como a instalación das unidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear. De todas estas a máis urxente era a primeira, xa que dela depende a atención urxente de boa parte dos infartos de miocardio e a súa ausencia provoca que unha persoa residente en Lugo tarde 178 minutos tras sufrir este problema de saúde mentres que un coruñés ou coruñesa son atendidos en 98 minutos, segundo datos do hospital da Coruña. Esta diferenza e, polo tanto, este risco para a saúde dos habitantes da provincia territorialmente máis extensa do país estiveron este mércores presentes no pleno da Deputación provincial que, grazas á maioría que suman PSdeG e BNG, sacou adiante unha moción socialista para esixirlle á Xunta que \"licite e adxudique de inmediato\" estes equipamentos. Malia asegurar estar a favor desta reclamación o grupo do PP, único da oposición, votou en contra. Isto aconteceu aínda que, segundo asegura o grupo de goberno, os conservadores \"coñecían a iniciativa dos socialistas\" e mesmo \"tiñan unha copia\", se ben o Grupo Popular \"decidiu presentar\" unha moción propia por trámite de urxencia e cun texto \"practicamente igual\". Os pacientes de Lugo que sofren un infarto tardan case o dobre que os da Coruña en seren atendidos Nomeadamente, o texto do PP propuña \"instar a Xunta de Galicia á posta en marcha da unidade de Hemodinámica (...), xa que se trata dunha actuación prioritaria para a provincia\", e reclamaba que a Administración autonómica teña \"especial consideración coa provincia de Lugo\" na \"aplicación dos criterios de organización de servizos\" para dotar o hospital lugués de medicina nuclear e radioterapia. Dada a circunstancia, o presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, propúxolles aos populares que sumasen a súa iniciativa á do PSdeG converténdoa nunha emenda, pero \"o Partido Popular negouse\", informan dende a Deputación, e votou en contra malia considerar, por boca do deputado Fernando Pensado, que a Hemodinámica \"é unha prioridade\" para Lugo. Así e todo, finalmente o PP retirou a súa moción de urxencia. \"Rectificar é de sabios\", apuntou Besteiro para defender o texto aprobado, no que se subliñaba tamén o \"perigo para as vidas dos doentes\" que supón ter que ser trasladados \"a Santiago ou á Coruña\" para recibir tratamento axeitado. Afectados polas preferentes Afectados polas preferentes censuraron que o PP non apoiase a devolución dos cartos O voto negativo do PP non se produciu só no referente ao hospital. Tamén se repetiu no debate doutra iniciativa, neste caso vinculada a que a Xunta \"garanta a continuidade de Novagalicia Banco como unha entidade financeira pública\" e \"poña en marcha os mecanismos legais necesarios para que se lles reintegre aos afectados polas participacións preferentes o 100% dos cartos investidos\". A iniciativa foi debatida e, á hora da votación, a posición do grupo da oposición foi rexeitada con berros dende as bancadas do público, nas que sentaban varias das persoas que consideran \"estafados\" os seus aforros."}
{"ID": "NOS_155", "summary": "Hai unha forma de o fechacancelas da liga tombar o Madrid en Riazor? Si que a hai: se é quen a xogar como o Milan AC face o Barcelona de Messi. Isto é, moita presión en toda a cancha e surprender nas contras. Duelo dramático este serán ás 20 horas. Evaldo, nen convocado.", "text": "O Depor non xogará de ti a ti ao Real Madrid porque as equipas que ousan facer tal cousa costuman saíren goleadas. Esa é a tese coa que Fernando Vázquez preparou durante a semana o choque co combo de Mouriño. En teoría, este non é un partido da liga do Deportivo. Non estaría entre as oito vitorias hipotéticas sobre as cales o treinador de Castrofeito quer construír a proeza da salvación (e a palabra proeza non é hipérbole se consideramos que a escadra galega enfrenta esta xornada a 8 pontos da fronteira que separa a Primeira da Segunda División). \"Temos opcións se facemos ben o noso traballo\", afirmou durante esta semana en conferencia de imprensa. \"O fundamental é que a xente para a que traballamos se sinta orgullosa da súa equipa, gañar ou perder\", engadiu. \"Imos ter opcións contra o Real Madrid. Imos estar perto deles no taboleiro de marcas. E se estarmos perto deles no taboleiro de marcas, teremos opción de gañar\". Como gañar o Real Madrid? A receita é sinxela: imitar o AC Milan, que esta semana bateu o Barcelona en Champions. Xogar con intensidade (\"aínda que eu non sei moi ben onde está o intensómetro\", dixo Fernando, nun ton que claramente evocou o inesquecíbel Arsenio Iglesias). Fecharse ben atrás e non deixar espazos. E surprender á contra. Fernando pasa por ser un gran psicólogo. Esta semana defendeu Evaldo perante @s xornalistas (\"non se pode culpar Evaldo de todos os problemas defensivos que temos, os problemas defensivos que temos son de toda a equipa, comezan con Riki\"), mas finalmente deixou Evaldo fóra da convocatoria. O carril esquerdo será para Ayoze."}
{"ID": "PRAZA_18518", "summary": "CON VÍDEO O antigo secretario de organización do PP de Galicia, considerado 'número dous' da trama Gürtel, explica no Congreso que o partido \"complementaba cun sobresoldo mensual\" a remuneración de políticos e xornalistas HEMEROTECA | Gürtel tornou a Pablo Crespo no primeiro deputado da historia da autonomía galega encarcerado por corrupción", "text": "HEMEROTECA | Gürtel tornou a Pablo Crespo no primeiro deputado da historia da autonomía galega encarcerado por corrupción Pablo Crespo Sabarís foi secretario de organización do PP de Galicia de 1995 a 1999 e tamén o primeiro deputado da historia da autonomía galega encarcerado por delitos de corrupción. O considerado número dous das empresas da trama Gürtel por ser un dos máximos responsables da rede de compañías liderada por Francisco Correa cumpre condena por un amplo catálogo de delitos. Faino mentres segue inmerso en extensos procesos xudiciais que este martes se esforzou en deslexitimar no Congreso, onde reiterou que na súa etapa como terceiro cargo en importancia dentro do organigrama do PPdeG distribuíu sobresoldos con diñeiro negro entre cargos do partido e tamén a xornalistas. \"No PP de Galicia complementábase dende o partido cun sobresoldo mensual. Non falo só de políticos, tamén se pagaba a xornalistas mensualmente\" Como xa fixera en anteriores ocasións, Pablo Crespo mantivo que a \"dinámica de doazóns e pagamentos en B\", isto é, en diñeiro non reflectido na contabilidade legal da formación, era \"algo instalado institucionalmente\" no seo da formación. \"Non sei se era ilícito ou irregular\", matiza. Na \"época na que eu tiña responsabilidades\" na organización dos populares galegos, admitiu no marco da comisión que investiga o financiamento irregular do PP, eran abonados \"sobresoldos\" procedentes dese diñeiro 'B', financiamento que, ao seu xuízo, continuou cando el deixou o partido para integrarse no grupo Correa. \"No caso concreto do PP de Galicia eran a persoas que, por razón do seu cargo, perdían cartos ao pasar a exercer a a actividade política\" e \"complementábaselle dende o partido cun sobresoldo mensual\". Neste sentido, Crespo remítese ás súas propias verbas en anteriores intervencións públicas para advertir de que \"non falo só de políticos\", senón que naqueles anos o PPdeG \"tamén pagaba a xornalistas mensualmente algunhas cantidades\". Crespo reafírmase na súa descrición do financiamento irregular, pero tamén na súa negativa a revelar os nomes das persoas receptoras dos sobresoldos. \"Non o vou dicir, porque son persoas nalgúns casos falecidas\" e outras, \"retiradas da política\", polo que \"non vén ao caso expoñer os seus nomes\" porque non sería \"elegante nin conveniente\". O ex-dirixente do PPdeG negouse a revelalo a preguntas da socialista Soraya Rodríguez e tamén cando o cuestionou Carolina Bescansa (Podemos), a cuxas preguntas só especificou cun \"non\" que o ex-presidente Fraga ou o ex-conselleiro Cuíña fosen receptores deses sobresoldos. \"Non vou citar nomes\", limitouse a advertir cando Bescansa preguntou especificamente por cargos como José Manuel Romay Beccaría, Enrique López Veiga ou José Manuel Barreiro. Vinte millóns nun cartafol e Portos de Galicia Crespo, entrando no Congreso pola porta da Comisaría procedente do cárcere / eldiario.es Crespo reitera que entregou 21 millóns de pesetas en efectivo \"procedentes de doazóns\" como parte dunha débeda do PPdeG coa dirección central do partido Nun contexto no que aproveitou para presentarse como vítima dunha operación urdida polo ex-ministro Alfredo Pérez Rubalcaba contra o PP e para salferir as súas respostas a Podemos con mencións a Venezuela, Crespo volveu relatar episodios que xa especificara nos xulgados e tamén en diversas entrevistas nos medios. Así, insistiu en que \"todos os secretarios xerais\" do PP \"coñecían a actividade\" de Luis Bárcenas e restou importancia ás doazóns empresariais ao PPdeG porque eses empresarios \"ían dun partido a outro\" cos seus cartos. \"Aparecía como conselleiro [de Portos], pero non asistín a unha soa xuntanza dende finais de 1999\" Tamén volveu explicar como \"entregou\" a Álvaro Lapuerta, daquela tesoureiro da dirección estatal do PP, \"21 millóns de pesetas en efectivo procedentes de doazóns para devolver un crédito do que se fixera cargo a dirección nacional do PP\". Ese pagamento -equivalente a uns 120.000 euros-, con billetes nun cartafol, era parte da devolución da \"débeda enorme\" que, dixo, atopou no partido \"cando eu me fixen cargo\" da súa estrutura a mediados dos anos 90 do século pasado, a cal atribúe á \"xestión do señor [José Manuel] Romay Beccaría e do señor [Jesús] Palmou Lorenzo\". Repetiu tamén que o PPdeG \"aínda a día de hoxe non pagou\" outra débeda pendente doutros 20 millóns de pesetas a empresas da Gürtel. A preguntas dos deputados Pablo Crespo tamén rexeitou, como xa fixera, que \"coñeza\" o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, baixo cuxo mandato como conselleiro de Política Territorial permaneceu no consello de administración de Portos de Galicia de 2003 a 2005, cando foi remudado tras a chegada do Goberno bipartito. Segundo a versión de Crespo, \"presentei a miña dimisión como conselleiro de Portos\" en 1999 e \"non asistín a unha soa xuntanza máis\", toda vez que \"nin me convocaban\". \"Aparecía como conselleiro, pero non asistín a unha soa xuntanza dende finais de 1999\", afirma."}
{"ID": "NOS_58488", "summary": "Como cada agosto, a capital do Ribeiro acolle a festa que tenta recrear tradicións da época medieval, representando as diferentes culturas, relixións, oficios e estamentos da sociedade feudal.", "text": "A Festa da Istoria comezou da man da Escola Taller de Santo Andrés, e unha coordinadora veciñal tomou o relevo. No ano 98 constituíuse a Fundación Festa da Istoria, que xa foi declarada de Interese Turístico Nacional. Nas súas 24 edicións, consolidouse entre as festas do verán. Este ano houbo que axustar o orzamento (eliminou os certames de fotografía e pintura), pero segue a manter un programa cargado de teatro, música, gastronomía e actividades para @s máis pequen@s. Na tarde desta sexta xa haberá música medieval na Igrexa de San Domingos, alén dun concerto de Banda La Lira, no adro, a Procesión da Cruz Verde, polas rúas e prazas do centro histórico, e a peza de teatro \"O Malsín\", no auditorio do castelo, onde vari@s voluntari@s recrean a denuncia que o Malsín fixera perante o Santo Oficio dos seus familiares e veciñ@s. Xa este sábado, ábrese o mercado medieval, terán lugar o Gran Desfile e o clásico xadrez xigante ou a voda xudía. Ao longo da xornada actuarán Os Quinquilláns ou o grupo Acribeira, haberá torneo medieval e exhibicións de esgrima ou cetrería. Asemade, ambos os dous días está aberto o \"recuncho infantil\" na Alameda, mañá e tarde."}
{"ID": "NOS_48948", "summary": "Unha orde do presidente dos EUA veta desde a sexta feira a entrada no país de inmigrantes e persoas refuxiadas de sete estados de maioría musulmá, nengún deles Arabia Saudita, aliado de Washington e de onde eran orixinarios, segundo a versión oficial, a maior parte dos terroristas que causaron o 11S. Unha xuíz deixou temporalmente sen efeito o veto presidencial.", "text": "O veto de Trump prevía a prohibición de entrada nos EUA de inmigrantes e persoas refuxiadas de 7 países de maioría musulmá (Irán, Irak, Libia, Somalia, Sudán, Siria e Iemen) por espazo de 90 días. A orde asinouna o presidente dos EUA a sexta feira e, en función dela, Washington informou á imprensa de que se detiveran 109 persoas visando a súa deportación. Mais os planos para repatriar as persoas detidas ficaron paralisados este sábado á noite a raíz dunha resolución xudicial ditada pola xuíz federal de Nova Iorque Ann Donnelly. En virtude da disposición adoptada por esta maxistrada, ningunha persoa que entrase legalmente no país podería ser deportada. Isto atinxe a persoas co estatus de refuxiadas e cidadás e cidadáns dos países devanditos que chegasen a solo norteamericano cos papeis -o visado de entrada- en regra. A resolución da xuíz Donnelly alerta de que existe un risco de \"danos sustanciais e irreparábeis\" ás persoas detidas e, portanto, dispón a súa non repatriación. A decisión xudicial chega no meio de masivos protestos ao longo e ancho do país, con miles de persoas a se manifestaren nos aeroportos baixo a palabra de orde \"Deíxaos entrar\". A Unión polas Liberdades Civís dos EUA (ACLU polas súas siglas en inglés) anunciou que ía apresentar un recurso contra o veto de Trump. O chefe do staff de Trump, Reince Priebus, negou que a introdución do veto fose producir o caos nos aeroportos e deu o dado de que o sábado entraron nos EUA 325.000 persoas e que apenas foron detidas 109. A orde de Trump desatou un alude de críticas sobre a Casa Branca. No Reino Unido, Jeremy Corbyn demandou a Theresa May, a premier británica, que suspendese a visita do mandatario estadounidense ao país, prevista para o verán. Non parece que May lle vaia facer caso."}
{"ID": "NOS_42025", "summary": "A previsión do Produto Interior Bruto (PIB) no Estado español confirma o risco dunha contracción da economía, que podería ser máis acusada na Galiza. Ademais, o valor do euro cae a mínimos históricos e a actividade privada da zona da moeda derrúbase en plena suba dos prezos enerxéticos.", "text": "A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) prevé que o PIB do Estado español retroceda 0,2% no terceiro trimestre do ano en taxa intertrimestral, o que se correspondería cunha taxa interanual no período de 3,4%. De acordo coa última actualización do modelo de previsión da evolución do PIB en tempo real (MIPred) publicado esta terza feira pola AIReF, o nivel de actividade situaríase 2,7 puntos porcentuais por baixo do correspondente ao cuarto trimestre de 2019, antes da pandemia. Será a Galiza golpeada por unha nova crise económica? Para o conxunto de 2022, a AIReF prevé un crecemento de 4,2% para a economía do Estado español, unha décima menos que nas súas anteriores estimacións de abril (4,3%), e sitúa a taxa de inflación media do exercicio no 7,8%. As predicións realizadas esta terza feira pola AIRef acrecentan as perspectivas de desaceleración da economía estatal, unha realidade que podería ser aínda máis acusada na Galiza de cara ao futuro, pois segundo prevé BBVA Research, en 2023 a economía galega terá un crecemento até un punto porcentual menor que a do conxunto do Estado, ficando en 0,8%, o nivel máis baixo do conxunto de territorios estatais, para os que estima unha media de 1,8%. O valor do euro cae a mínimos históricos A perspectiva de crise económica no Estado español e na Galiza está a ser acompañada por unha caída do valor do euro, posto que a cotización da moeda caeu esta terza feira aos niveis mínimos con respecto ao dólar desde hai 20 anos. O cambio do euro fronte á moeda americana chegou a baixar esta terza feira até os 0,9902 dólares desde os 0,9941 dólares do fechamento anterior, o que supón o peor cambio da moeda empregada por Estados da Unión Europea desde febreiro de 2002, cando só levaba un mes en circulación. Así, a cotización do euro fronte ao dólar segue por baixo da paridade ante a preocupación polo abastecemento de gas e as perspectivas que apuntan a un crecente risco de recesión na área de influencia da moeda. O euro, en mínimos históricos, achégase á paridade co dólar Un risco que se ve referendado pola evolución económica do conxunto da zona euro pois a deterioración da actividade do sector privado da área intensificouse en agosto, cando o dato preliminar do índice composto de xestores de compra (PMI) situouse en 49,2 puntos desde os 49,9 de xullo, o que supón a súa peor lectura en 18 meses, cando a economía sufría aínda as consecuencias da pandemia, segundoa consultora económica S&P Global Market Intelligence. Pola súa parte, o PMI manufactureiro da área do euro caeu a 49,7 puntos desde 49,8 en xullo, en mínimos de 26 meses, cando as medidas contra a pandemia da Covid se atopaban no seu momento máis extremo. \"Parece que o que resta de 2022 será un período difícil para as firmas da zona euro\", advertiu Andrew Harker, economista xefe da consultora económica. Especialmente pronunciada é a caída do PMI na principal economía da zona euro. Alemaña rexistrou un valor do índice en agosto de 47,6 puntos desde os 48,1 de xullo, o que supón a peor lectura do dato en 26 meses. \"A probabilidade de que o PIB diminúa no segundo semestre aumentou de forma significativa\", sinalou esta terza feira o Bundesbank, o banco central alemán, que espera que a taxa de inflación alcance \"novos máximos en outono\". Dispáranse a luz e o gas O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista volverá subir esta cuarta feira, cun incremento de 19,4% con respecto a esta terza feira, para situarse nos 436,25 euros por megawatt hora (MWh), rexistrando así un novo máximo desde a entrada en vigor da 'excepción ibérica' para pór tope ao prezo do gas para a produción eléctrica, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía. A luz sobe 34,7% e alcanza o maior prezo desde a aplicación da 'excepción ibérica' Este novo récord no período coincide coa suba nos contratos europeos de futuros do gas natural (aquelas compras e vendas acordadas con anterioridade), negociados na plataforma holandesa TTF, referencia no continente, que chegaron a alcanzar esta terza feira unha cotización de até 295 euros por megawatt hora (MWh), o que supón o seu maior nivel de prezos desde o pasado mes de marzo."}
{"ID": "NOS_36870", "summary": "A máxima instancia xudicial do país vén de resolver o recurso que presentou STEG contra o decreto do plurilingüismo, e faino nos mesmos termos que empregou para A Mesa, Real Academia, CIG-Ensino e Queremos Galego. O sindicato de traballador@s do ensino celebra unha sentenza que \"vai ao fundamento da mentira en que se baseou esta norma\" e exixe a súa derrogación e a dimisión de Jesús Vázquez, a quen lle reprochan ter lexislado a favor dos intereses dun colectivo \"absolutamente minoritario\": Galicia Bilingüe", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver máis un recurso contra o decreto do plurilingüismo: o presentado polo sindicato de traballadoras e traballadores do ensino, STEG. Ao igual que fixera nas sentenzas anteriores, en que estimou parcialmente tamén os recursos presentados por A Mesa, Real Academia Galega, CIG-Ensino e Queremos Galego, tamén desta volta se botan abaixo os artigos 5.2 --consulta vinculante ás familias-- e 12.3 --liberdade do alumnado para se expresar nas aulas no idioma da súa preferencia--, os dous alicerces en que o PP materializou a súa política lingüística na aulas a través da norma 79/2010. STEG celebra a decisión do Superior e interprétaa como máis un \"triunfo\", na medida en que \"vai ao fundamento da mentira en que se baseou esta norma: a liberdade de escolla das familias\". Aplaude tamén que a xustiza subliñe que é deber da consellaría de Educación e non das familias determinar en que lingua reciben aulas as crianzas, na liña de traballar \"pola normalización da nosa lingua\". Consideran que \"é de sentido común\" que o alumnado non pode escoller que idioma empregar na oralidade ou na escrita \"en contra dun criterio pedagóxico: para aprender unha lingua é preciso o seu uso\". Na mesma liña en que se pronunciaron as outras entidades, tamén esta central sindical rexeita a interpretación que o PP fixo das sentenzas, ao sinalar que só unha pequena porcentaxe é a declarada ilegal. Recalca STEG que a importancia da resolución \"non se pode interpretar polo número de artigos que elimina, senón porque os eliminados son esenciais na política lingüicida\" do goberno galego. Partillando tamén o exixido por A Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino, recordado aínda esta cuarta feira após unha xuntanza co BNG, a central de traballador@s do ensino exixe a derrogación do decreto do plurilingüismo e a demisión do seu responsábel, Jesús Vázquez, que vén de ser renomeado titular da consellaría de Educación. A Vázquez repróchanlle que preferise ouvir os argumentos \"dun colectivo absolutamente minoritario como Galicia Bilingüe\" fronte aos de practicamente a totalidade da comunidade educativa e institucións que traballan pola defensa da lingua, que se posicionaron contra o decreto en termos similares aos que agora recolle o TSXG nas sentenzas emitidas."}
{"ID": "PRAZA_7037", "summary": "É urxente salvar a estrutura de apoio público ao sector, a universidade, a formación, a investigación vinculada ao rural, para que en Galiza se poida vivir dignamente da agricultura e do monte.", "text": "Os profesores da Escola Politécnica Superior de Lugo láianse de que cada vez reciben menos estudantes Veñen de publicarse novas que reflicten a profunda crise que atravesa a Universidade en Lugo. Os profesores da Escola Politécnica Superior de Lugo láianse de que cada vez reciben menos estudantes. No Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo denuncian o recorte de persoal investigador que obriga a rexeitar oportunidades de investigación. Nos centros de formación e investigación agroforestal de Sergude e Guísamo, as alumnas e alumnos que demandan un ensino de calidade esmorecen mentres desmantelan as infraestruturas. E mesmo os axentes de extensión agraria alertan de que o servizo morre porque non se cobren as vacantes de persoal. Todos sinalan as políticas da Xunta: por ineficaz, polo seu desprezo e pola falta de sensibilidade coa investigación, a formación e o asesoramento. Máis non é só desinterese, ou descoido, ou pouco coñecemento do sector agrario nin do forestal. O que en realidade hai detrás é unha estratexia para desarmar toda a dotación pública de apoio agroforestal. O obxectivo, abrir novos nichos de negocio no rural á iniciativa privada. No Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo denuncian o recorte de persoal investigador que obriga a rexeitar oportunidades de investigación En Lugo, Mabegondo, Sergude, Guísamo e outros sitios recollín de primeira man exemplos de como se executa esta plan a partir de dous eixos: os recortes económicos e os recortes de persoal. Isto é parte do que me contaron: a partida de capacitación agraria descendeu un 31% nos orzamentos de 2014; no centro de Mabegondo reduciuse nun 36% o persoal investigador entre o 2012 e o 2013; en Sergude pechan un ciclo formativo, o de xestión de empresas agrarias –quen queira e poida terá que optar pola oferta privada- e en Becerreá pechan o de xestión e aproveitamento da natureza -xa non hai oferta para esta formación en toda a provincia de Lugo-; en Guísamo, os alumnos dun ciclo estiveron sen profesor dende febreiro a xuño, 15 horas semanais perdidas; na universidade as pólas agroforestais teñen cada ano menor demanda e –temen os docentes- este será o argumento esgrimido para forzar novos peches... Pos suposto, esta táctica ten consecuencias. A eliminación da investigación e dos servizos de extensión agraria deixan en mans do sector privado -é dicir, dos que venden sementes, fitosanitarios e adubos- o labor de consello ás explotacións. Isto vai condicionar o modelo que se desenvolverá no rural e significará modelos alleos e non adaptados a este país, que desprezan o coñecemento adquirido de labregos e labregas e que se producen a través da docencia e da investigación privadas. É urxente salvar a estrutura de apoio público ao sector, a universidade, a formación, a investigación vinculada ao rural, para que en Galiza se poida vivir dignamente da agricultura e do monte É urxente un cambio radical. É urxente salvar a estrutura de apoio público ao sector, a universidade, a formación, a investigación vinculada ao rural, para que en Galiza se poida vivir dignamente da agricultura e do monte. De nada valería que houbese un sistema público de investigación e asesoramento potente, se está ao servizo de intereses alleos da maioría, ao servizo da agroindustria É preciso un plan de impulso que reforce os centros de investigación públicos con recursos económicos e humanos -ben formados nas universidades e centros públicos-, que contrate persoal para as oficinas de extensión agraria e que apoie aos labregos e labregas -e a quen se queira incorporar- e que xestione o día a día do Banco de Terras de Galiza. Facer da universidade un actor útil e protagonista para o rural, ao cabo. Pero un sistema público de por si, non arranxa as cousas. É dicir, de nada valería que houbese un sistema público de investigación e asesoramento potente, se está ao servizo de intereses alleos da maioría, ao servizo da agroindustria, e polo tanto a condición previa e indispensable e que sirva para un modelo de agricultura local e sustentable e onde a voz das persoas que viven da agricultura, que viven no rural sexa a que máis ordene."}
{"ID": "PRAZA_4887", "summary": "Un pai advirte de que a súa filla recibiu dous libros en castelán como agasallo de benvida do popular programa televisivo, noutrora referencia da normalización do galego entre a infancia", "text": "A Compañía de Radio Televisión de Galicia naceu a mediados da década dos 80 do pasado século coa misión fundamental, encomendada por lei, da \"promoción, difusión e impulso da lingua galega\". En 2011 o Parlamento actualizou o marco legal dos medios públicos de comunicación cunha nova normativa que aínda se está a implantar e na que, de novo, se establece que o obxectivo esencial da Radio Galega e da Televisión de Galicia é a \"promoción e difusión da cultura e lingua galegas, así como a defensa da identidade de Galicia\". Un dos espazos televisivos que, ao longo da historia da TVG, respondeu mellor aos principios fundacionais da compañía foi o Xabarín Club, o contedor de contidos infantís que dende 1994 estendeu o uso do galego entre nenos e nenas mediante series e cancións, chegando a ámbitos tan complicados como as grandes cidades. O Xabarín, agora relegado á segunda canle da Galega e con menos popularidade que noutrora, semella relaxar os seus plans de promoción da lingua. A CRTVG ten o mandato legal do \"impulso da lingua galega\" Mentres a única revista infantil de banda deseñada en galego centrada, precisamente, no personaxe do Xabarín loita pola súa supervivencia un pai galego vén de atoparse cunha desagradable sorpresa ao coñecer o agasallo co que o club televisivo lle deu á súa filla unha benvida que máis ben é unha bienvenida. Lonxe dos tempos nos que o público do Xabarín se incorporaba ao club recibindo unha camisola do porco bravo, un disco ou un libro en galego esta nova socia tivo como presente dous volumes da editorial Edebé editados en castelán. Trátase, concretamente, Mundo submarino en 3D, la magia de la tercera dimensión e Estudio de animación. O club televisivo recibiu unha nova socia con dous libros en castelán Este sorprendente cambio de rumbo, prodúcese mentres a CRTVG recomenda, a través da propia web do Xabarín, un bo número de libros infantís en galego recomendados por Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Mentres, o pai da nena xa se dirixiu formalmente á canle pública para reclamar explicacións cunha mestura de indignación e retranca. \"O Xabarín fala galego, vive en galego e está comprometido coa nosa lingua dende as pezuñas até as orellas, por fuciños e por cacheiras\", lémbralles aos responsables da TVG, antes de atribuírlle dous posibles explicacións ao agasallo: ou \"teñen secuestrado a Xabarín e usurparon a súa identidade\" ou os seus responsables actuais \"están a servir como axentes desgaleguizadores\", actitude que cómpre \"rectificar\"."}
{"ID": "NOS_50413", "summary": "O prezo do gas queda fixado a un prezo medio de 50 euros/MWh, mais a ministra Teresa Ribera admite que se trata dun acordo \"temporal\" e que cómpre seguir negociando medidas a longo prazo para regular o custo da enerxía.", "text": "A vicepresidenta terceira do Goberno estatal e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, asegurou esta cuarta feira que o acordo que alcanzou o Executivo xunto ao de Portugal con Bruxelas para limitar o prezo do gas a unha media de 50 euros o megawatt hora (MWh) é un \"moi bo acordo\", pois \"non só\" rebaixará a factura da luz, senón que \"contribuirá a reducir a inflación\", o que á súa vez terá un efecto positivo \"en cadea\" sobre o conxunto da economía. A factura reducirase \"en 30%\" A ministra estimou que o acordo permitirá reducir en 30% a factura eléctrica para un consumidor medio da tarifa regulada —o denominado PVPC—. \"Reducirase de forma importante e creo que isto afecta os consumidores domésticos e os industriais, xa que 70% da enerxía que consome a nosa industria non está cuberta por contratos a longo prazo\", afirmou, en declaracións a RNE. Ribera recoñeceu que o prezo pactado coa Comisión Europea non é todo o \"óptimo\" que desexaban ambos os países —pedían limitar o prezo do gas a 30 euros/MWh—; porén, \"logrouse que este prezo de referencia se aplique durante doce meses. Como afectará a factura da luz o acordo entre o Estado español e Bruxelas? \"É obvio que nós considerabamos óptimo un prezo canto máis baixo, mellor, mais conseguimos algo moi importe, que se aplique durante doce meses, fronte ao iniciais tres ou nove meses que se negociaban. É unha cousa boa, que nos dá estabilidade ao longo de todo o próximo inverno\", subliñou. Baixada do IPC Conseguir que o prezo maiorista da electricidade sexa máis baixo, dixo, \"axudará a baixar a inflación e terá efectos positivos en cadea no conxunto da economía\". \"Permitiranos introducir ese impulso para que os consumidores domésticos e industriais poidan ter outras ofertas de prezos distintas ás que hoxe están a ter nun mercado moi pouco líquido como o español e o portugués\", engadiu Ribera. Período \"de transición\" Aquela primeira proposta, de 30 euros/MWh, foi rexeitada por Bruxelas, que elevou ese limiar até os 50 euros. Mais haberá un \"período de transición\" de duración indeterminada —\"varias semanas\", dixeron fontes gobernamentais nun primeiro intre—, no que se tomarán como referencia os 40 euros/MWh. Un acordo \"temporal\" Ribera lembrou que se trata dun acordo con carácter temporal e que o que hai que facer é traballar en medidas estruturais no mercado eléctrico, que pasan pola súa transformación \"e por un debate que debe abrirse nos próximos meses sobre como facer evolucionar o marco regulatorio en Europa\", así como mellorar as interconexións. O prezo pactado, salientou, fica \"significativamente por baixo do prezo do gas natural\", que nesta terza feira roldaba os 90 euros/MWh, e \"asegurará\" o prezo independentemente do que aconteza nos próximos meses, nomeadamente \"cara ao outono\". \"Eu creo que é moi bo acordo\", insistiu. Deste modo, o obxectivo dos gobernos español e portugués é que a medida permaneza en vigor, cando menos, até o remate do próximo inverno, en marzo de 2023, a fin de \"asegurar\" un prezo máis asequíbel nos meses de maior consumo, independentemente das hipotéticas repuntas que puidese experimentar no mercado internacional."}
{"ID": "NOS_7823", "summary": "O Bloque Nacionalista Galego defende a opción de que o 90 por cento das accións que ten o Estado en Novagaliciabanco se transforme en control público galego desa entidade, explicou en conferencia de imprensa a secretaria de Organización do BNG, Montse Prado.", "text": "Remarcou que Euskadi e Catalunya deron retido control público sobre o sistema financeiro. Galiza, non. O responsábel diso é o presidente do Goberno galego, quen autorizou a bancarización da caixa resultante da fusión, enfatizou Montse Prado, quen chamou a Feijóo \"O grande escaqueador\" por non asumir as súas responsabilidades e renunciar ao seu papel de tutela sobre o sistema financeiro galego. Perguntada sobre as declaracións realizadas onte por Feijóo verbo de Bankia, dixo: \"Non coñecemos a día de hoxe ningunha proposta concreta do señor Feijóo sobre Novagaliciabanco. Non a ten. O BNG, si. Chámase Banca Pública Galego. Reitero aquí o emprazamento que fixo onte o portavoz nacional a PP e a PSOE para que se pronuncien sobre a nosa proposta\". A secretaria de Organización manifestou con clareza que o BNG se opón a que se inxecten recursos públicos para \"salvar a banca privada\". \"Somos partidarios doutro modelo, de que eses recursos se destinen para exercer o control público desa banca\"."}
{"ID": "NOS_17123", "summary": "Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o último libro narrativo de Manuel Rivas, estende os territorios narrativos de Todo é silencio e indaga no narcotráfico. Mais Rivas é apenas o último da serie de autores que se asomaron ao fenómeno. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 321 de Sermos Galiza.", "text": "Nas presentacións de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018), Manuel Rivas teoriza sobre o narcotráfico como \"fase extrema do capitalismo\". O libre mercado absoluto, ao cabo, sen atender límite ningún para o lucro individual. Eis o mundo do comercio das drogas ilegais, onde o autor sitúa personaxes que aceptan, que se benefician, que se revolven, pero que son condicionados por ese contexto á marxe da lei e do Estado. Estes territorios xa os explorara Rivas (A Coruña, 1957) en Todo é silencio (2011). Ou, dun ángulo diferente, nos Comedores de patacas (1991), segundo lembra a profesora e crítica Dolores Vilavedra (Vigo, 1963), para quen a aproximación de Rivas encaixa no que denomina \"estilización literaria\" do fenómeno. \"Nos Comedores de patacas (1991) fala máis das consecuencias sociais da drogodependencia\", explica a Sermos Galiza, \"pero en Todo é silencio xa entra de cheo, como nos últimos relatos\". A este procesado literario que define como \"estilización\" adscribe tamén a Diego Ameixeiras, cuxo Todo OK (2012) é a máis próxima a este universo das súas novelas. Noutras, como na Crueldade de abril (2018) ou Conduce rápido (2014), o narco aparece de maneira máis tanxencial. \"Se cadra os escritores non nos achegamos todo o que deberiamos ao narcotráfico porque a nosa literatura non está afeita a tratar materiais do presente\", afirma o propio Ameixeiras (Lausana, Suíza, 1976), \"ao cabo, trátase dunha historia incómoda deste país. E ten moitos grises, non serve unha ollada maniquea\". Para o autor de novela negra, as de Aníbal C. Malvar (A Coruña, 1964) son aínda as obras de referencia. Á de mosca (1998), un traballador noir, non temía asomarse ao tráfico de cocaína e a algúns dos seus capos asentados no Salnés. [Podes ler a entrevista íntegra no número 321 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_13447", "summary": "Javier Pintor Elizalde é un dos asesores do CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña, un dos organismos que se encarga da formación do profesorado e de dotar os centros de ensino de recursos pedagóxicos.", "text": "Javier Pintor Elizalde é un dos asesores do CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña, un dos organismos autonómicos que se encarga da formación do profesorado e de dotar os centros de ensino de recursos pedagóxicos. Malia os recortes sufridos, tanto en persoal como en recursos, considera que o máis importante é que os colexios conten cos orzamentos, recursos e asesoramento suficientes para desenvolver todas as iniciativas que a súa institución promove. Que papel teñen os os centros de formación para o profesorado e en que momento se atopan? Os centros de formación son fundamentais para un ensino de calidade, porque achegan coñecementos e promoven innovacións en proxectos desenvolvidos logo polo profesorado de todos os centros, grandes ou pequenos, das cidades ou do rural. Hai dúas partes nos CFR, porque somos centros de formación e de recursos e hai que diferenciar ben eses dous aspectos. No que se refire á formación, desde hai dous anos estamos sufrindo cambios significativos, que van cara a unha formación máis centralizada: isto explica a creación do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), que asume as funcións que tiñan antes os servizos centrais de formación, pero tamén as do antigo CFR de Santiago, que desapareceu e quedou englobado baixo esta estrutura que está iniciando a súa andaina. Ademais, até o ano pasado tiñamos asesorías específicas de área e agora témolas de ámbito, o que supón unha agrupación cada vez máis ampla. Malia que en ocasións se proxecta unha visión reducionista da formación, débese ter en conta que as actividades de formación non se limitan aos cursos senón que abranguen moitas máis modalidades formativas nas que o protagonismo recae directamente no profesorado dos centros educativos. A formación nin comeza nin acaba nos CFR, que deben ser entendidos como unha ferramenta para facilitar aos centros e aos profesores o seu labor. Os sindicatos queixáronse varias veces da redución de asesores nos CFR debido aos recortes. A redución de asesores nos CFR non foi moi ampla, en comparación con outras áreas educativas. Perdéronse algunhas prazas e asesorías significativas como a de bibliotecas escolares. Pero tamén é certo que unha parte desta redución foi absorbida polo CAFI. Ademais, o traballo non diminuiu senón que aumentou nalgunhas parcelas concretas como asesoramento Abalar, posta en marcha de seccións bilingües, coordinación de proxectos e plans de bibliotecas escolares… Ao ter máis centros adscritos e aumentar o traballo de xestión por diversas cuestións, isto dificulta que, en ocasións, non poidamos manter un contacto tan directo cos centros como sería desexable. Ademais, hai centros de formación que están con planteis moi insuficientes para poder desenvolver con maior eficacia a súa labor. O de Ferrol, por exemplo, é un deses casos, xa que non dispón de suficientes asesores cando abrangue unha zona tan ampla, que engloba moitos centros, moito alumnado e moitos profesores. En casos así a cousa si que é máis complicada. \"Procuramos manter un contacto permanente cos centros, pero é insuficiente porque cada vez temos menos tempo\" O que é máis importante no traballo dun asesor: as horas de despacho ou o contacto directo cos centros? As dúas cousas son importantes: planificar, promover proxectos e coordinalos, pero tamén trasladar todo ese traballo aos centros. Os asesores procuramos manter un contacto permanente cos centros, pero segue a ser insuficiente porque cada vez dispoñemos de menos tempo para isto. O labor burocrático tamén nos quita moito tempo. Se non se insiste en liñas de investigación na acción, corremos o risco de ofrecer unha formación descontextualizada das necesidades reais dos centros educativos. \"Corremos o risco de ofrecer unha formación descontextualizada se non se insiste nas liñas de investigación en acción\" Cales son, daquela, as principais demandas e queixas que recibides dos centros? A maior crítica é que as actividades que se fan en relación coa formación é que se cadra están un pouco afastadas da realidade das aulas. E é verdade que igual nos movemos nuns territorios un tanto utópicos. As aulas teñen cada vez máis alumnos, o que dificulta incorporar prácticas educativas innovadoras; e os centros cada vez dispoñen de menos profesores. Ademais, as realidades que propugnamos non valen para todo tipo de aulas e docentes, pois precisan de moita dedicación e nesa situación de masificación das aulas e redución de docentes non sempre é fácil para o profesorado atopar o tempo necesario para dedicarllo á formación. Por outra banda, ás veces a detección de necesidades non é a máis axeitada ás demandas: hai grupos de profesores aos que non chegamos e esa é unha eiva que habería que arranxar. Teñen impacto real no profesorado as actividades de formación? O principal dilema na cuestión da formación do profesorado é ese: coñecer e avaliar o impacto que a formación está tendo nas aulas. Hai moito traballo feito desde a Universidade, moitos estudos sobre este impacto da formación do profesorado na aula, pero igual habería que tomar medidas máis eficaces. É difícil medir o impacto dos procesos de cambio, e en educación aínda máis, porque os procesos no ámbito educativo hai que avalialos a longo prazo e normalmente búscanse resultados inmediatos. Que se podería facer? Hai algunhas cousas que se poderían facer: se cadra teriamos que retomar algúns modelos de formación que promovían maior reflexión sobre a práctica docente e que propoñían a elaboración dalgún material práctico de aula como requirimento para a superación da actividade formativa correspondente. Tamén hai que ver como van funcionar os novos modelos de plans de formación en centros que comezará o próximo curso: é un modelo interesante, que permite darlle continuidade durante 2 ou 4 anos a unha ou máis liñas formativas que deben contar coa implicación dun número significativo de profesores. Penso que poden xurdir proxectos eficaces que axuden a mellorar a calidade educativa xa que se conseguirá contextualizar máis adecuadamente as necesidades específicas de cada centro concreto. Falta quizais unha maior divulgación dos avances en formación e das experiencias innovadoras e de éxito que se realizan nos centros de ensino? Un dos labores dos centros de formación debe ser o de dar a coñecer e divulgar as experiencias innovadoras que hai nos centros de ensino, e que son moitas. Realmente facémolo, pero moitas das iniciativas son moi individuais e resulta difícil coñecelas: non temos medios para chegar a todo e non sempre dispoñemos de redes eficientes para compartir ese tipo de iniciativas. Ademais, quizais un bota en falta a celebración de encontros educativos de intercambio de experiencias xa que estes eran moi útiles para coñecer novas propostas didácticas nas distintas áreas de coñecemento. En realidade, hai un grupo amplo de profesores aos que chegamos moito, que soen ser os máis motivados e implicados, pero tamén existe unha parte que aínda non conseguimos involucrar. \"Boto en falta os encontros educativos e de intercambio de experiencias para coñecer e compartir as propostas didácticas\" Como cualificaría a introdución das novas tecnoloxías na educación, así como a capacitación dos profesores para aproveitalas? As tecnoloxías son cambiantes e levamos moitos anos facendo diferentes actividades de formación, porque aínda que seguimos a chamalas novas tecnoloxías, realmente hai xa uns dez anos que comezaron a introducirse nos centros de ensino de xeito masivo. Cada vez o profesorado está máis formado, pero o nivel de capacitación aínda é moi dispar. As TICs son un medio máis que a escola ten que ofrecer obrigatoriamente a todos os alumnos, porque vivimos nunha sociedade cada vez máis dixital. Son unha ferramenta como os libros, os textos, as bibliotecas ou os laboratorios e un medio para achegarse a modelos de ensino e aprendizaxe que incorporan novos valores. Mais non deben ser concibidas como un fin en si mesmo e ás veces existe ese risco. \"Non é lóxico investir en encerados dixitais se os acabamos utilizando como os tradicionais de xiz\" Que opinión lle merece o proxecto Abalar? O proxecto Abalar ten moitas cousas positivas porque se dota os centros de aulas con ordenadores, encerados electrónicos, conexión a internet... E o balance despois destes anos é bastante satisfactorio. Xurdiron nun principio problemas de tipo técnico ou de falta de tempo para adaptarse aos novos modelos de ensino: penso que estas dificultades se foron solucionando pouco a pouco, aínda que as dificultades sigan existindo. Pero o problema radica en que a tecnoloxía por si soa non soluciona todos os problemas que acaecen nas aulas. As tecnoloxías non teñen efectos máxicos sobre os procesos de ensino-aprendizaxe xa que non resolven moitas das dificultades que se lle presentan ao profesorado a diario. Non é lóxico investir en encerados dixitais se os utilizamos como os tradicionais de xiz. Se non se forma o profesorado, esas ferramentas non teñen sentido ningún Necesitamos facer un cambio metodolóxico importante na nosa práctica de aula con estes novos recursos tecnolóxicos que se nos presentan. Non hai que pensar nas TIC como un fin en si mesmas senón como un medio máis co que podemos transformar a práctica educativa. Debemos aspirar a que todos os centros dispoñan de aulas ben equipadas e con profesores formados suficientemente. \"Se non se forma o profesor, as ferramentas tecnolóxicas non teñen sentido ningún; precisamos un cambio metodolóxico na nosa práctica na aula\" Tamén hai outros recursos... Moitas veces pensamos só nas TIC, pero tamén hai moitos outros recursos de grande importancia nos centros como as bibliotecas escolares, os ximnasios, os salón de actos, os laboratorios de experimentación... O profesor ten que estar formado para utilizar todos estes recursos e os centros de formación xogan aquí un papel fundamental. Dicía antes que a redución en formación foi notable, pero non tan significativa como noutras áreas educativas. Ocorre algo semellante cos recursos? Nestes últimos anos non sufrimos unha redución moi significativa, polo menos até o momento. Dispoñemos de menos recursos, menos persoal pero, en xeral, podemos seguir facendo moitas das actividades que faciamos antes e, ademais, debemos ter en conta que cada vez se realiza máis formación a través de plataformas dixitais. Os centros de formación precisamos algún recurso máis, pero o que me parece máis importante é a atención e o asesoramento aos centros e que estes teñan os orzamentos axeitados para desenvolver os seus proxectos. Hai que procurar que non mermen os orzamentos para formación xa que iría en contra da innovación e da mellora educativa. É máis importante iso que o feito de que o CFR teña, por exemplo, moitas aulas de informática. \"Os recortes son preocupantes porque implican máis traballo para os docentes e menos dedicación á formación\" As novas medidas da Xunta, que implican maior masificación das clases ou maior carga docente, que influencia terán sobre as actividades de formación? Ese si que é un aspecto preocupante e xa empezamos a ver o novo panorama que están provocando os axustes. É unha realidade que a maior número de alumnos, maior traballo; e que se pretendemos que a calidade da educación vaia polo camiño que nos marca a UE, o profesorado terá máis dificultade para xestionar o escenario educativo e máis tempo de traballo en clase, polo que non vai poder dedicarse tanto como até agora a proxectos extraescolares. Poño un exemplo: a atención ás bibliotecas, que son un modelo de éxito no que o profesorado galego conseguiu crear unha rede de bibliotecas moi potente, efectiva, de grande impacto nos centros e de calidade. Debemos aprender destes éxitos e imitar estes modelos. Xa temos constancia de casos concretos nos que corre perigo a pervivencia dese tipo de proxectos e tamén hai profesores que xa se están a queixar porque esta carga docente impídelles reflexionar sobre a práctica educativa, propoñer modelos de mellora, formarse... Claro que pode afectar."}
{"ID": "PRAZA_7279", "summary": "Cómpre construír un novo paradigma que nos leve a outra forma de ver e de facer política que responda realmente ás necesidades da nova realidade. Talvez os movementos cidadáns sexan ese novo xerme.", "text": "Se nos acercamos á realidade de hoxe con ánimo de coñecer os elementos fundamentais que a dinamizan e tentan lexitimala, seguro que sinalaremos os mercados e os movementos en defensa das identidades étnicas, culturais e relixiosas. A carón, milleiros de individuos cada vez máis illados, máis indefensos, sen futuro e mermados en dereitos. Nada semella sobresaír na actual realidade global con máis claridade e determinación. A realidade quedou colonizada polos grandes mercados financeiros globalizados e en oposición, só o mundo identitario tenta, dramaticamente, preservar a súa singularidade Así, vemos que os conflitos ideolóxicos, outrora vigorosos, hoxe viven anémicos, faltos de substancia, e o que realmente sobrevive con forza é a loita desapiadada polo diñeiro e a defensa das identidades: o mercado e a tribo, os dous grandes deuses do momento histórico actual. Daquela, a realidade quedou colonizada polos grandes mercados financeiros globalizados e en oposición, só o mundo identitario tenta, dramaticamente, preservar a súa singularidade, case sempre dende posicións de debilidade que o arrastran, a máis das veces, á irracionalidade. Xa que logo, o mundo financeiro case que manda sen límites sobre unhas democracias cada vez máis desvalorizadas, e a política, xa semella sen pretensións de cambiar o rumbo das sociedades. Como consecuencia, os parlamentos perderon gran parte do seu papel de representación das grandes demandas sociais e os gobernos e as elites dos partidos políticos máis representativos, son, cada vez máis, uns simples xestores, uns técnicos dunha política fría e se alma que vén marcada por institucións que están fóra das súas fronteiras ou ben, responden só a dinámicas que ninguén controla como a dos mercados financeiros. Cómpre construír un novo paradigma que nos leve a outra forma de ver e de facer política que responda realmente ás necesidades da nova realidade En definitiva, a vontade dos cidadáns exercida ao traveso das furnas está a ser secuestrada polos grandes poderes económicos, pasando a converterse nun mito a sacar a pasear polos partidos en épocas electorais. En consecuencia, as democracias están a baleirarse de contido de maneira alarmante e sen resistencias significativas; mentres, a uniformidade do pensamento neoliberal enseñoreándose polo espazo social e político de Occidente. Este novo escenario que está a dominar a realidade condiciona que a política, en bastantes ocasións, máis que nunha nobre tarefa, se converta nun espectáculo lamentable. Por desgraza, deste escenario indesexable, sempre acaban emerxendo desprezables movementos fascistas que outra volta volven a ensinarnos o nariz polo horizonte europeo. Xa que logo, en base a unha nova diagnose, cómpre construír un novo paradigma que nos leve a outra forma de ver e de facer política que responda realmente ás necesidades da nova realidade. Talvez os movementos cidadáns sexan ese novo xerme."}
{"ID": "PRAZA_5424", "summary": "Ben sei que nunca vou escribir como García Márquez, pero quero, con esta breve crónica, deixar constancia da miña profunda admiración por este home e da miña gratitude infinita polo escritor que me permitiu vivir vidas tan distintas e distantes da miña e que me axudou, así o creo, a ser mellor persoa.", "text": "Hai unha imaxe de García Márquez que sempre me chamou a atención. Vina por primeira vez na contraportada de El otoño del patriarca. Está o escritor descalzo, sentado diante dunha mesa simple cunha máquina de escribir e algúns papeis. Aparece abstraído, coa cabeza apoiada na man esquerda, alleo ao seu contorno, tentando buscar a palabra xusta, a frase máis axeitada, a metáfora definitiva. É a perfecta descrición do narrador concentrado na construción do seu propio mundo. Esa foto foi tomada en Barcelona por Rodrigo García en 1972. Xa publicara o seu libro principal, Cien años de soledad, xa era un escritor coñecido, pero aínda non recibira o Premio Nobel, aínda non fora declarado mestre da literatura e xenio universal. Souben da súa morte e eu sinto pena como se fose alguén próximo e familiar. É, con diferencia, o escritor que máis admiro, pola súa escrita pero tamén polo seu compromiso político e social, pola mirada limpa de home bo e pola súa traxectoria coherente e exemplar Agora souben da súa morte e eu sinto pena como se fose alguén próximo e familiar. É, con diferencia, o escritor que máis admiro, pola súa escrita pero tamén polo seu compromiso político e social, pola mirada limpa de home bo e pola súa traxectoria coherente e exemplar, sempre ao lado dos pobres e desherdados. Sigo a súa obra literaria desde os anos setenta, cando todos éramos felices e indocumentados. Houbo un tempo en que publicaba artigos semanais nun xornal español, que eu gardaba nunha carpeta e relía con veneración. Lín todos os seus libros ata o tramo final, cando a súa forza creativa xa comenzaba a debilitarse. Cando comecei a elixir eu mesmo as lecturas sentín predilección polos autores do boom latinoamericano: Vargas Llosa, Rulfo, Onetti e Bryce Echenique fixéronme vivir momentos extraordinarios cos seus textos Eu comecei a ler de rapaz. Dona Carme, a miña mestra (cuñada de Avelino Pousa Antelo), é a culpable da miña afección á literatura e, de xeito especial, á narrativa. Prestábame os libros da súa biblioteca e así me internei nos mundos literarios de Mark Twain, Julio Verne, Allan Poe, Pearl S. Buck e Mika Waltari. Cando comecei a elixir eu mesmo as lecturas sentín predilección polos autores do boom latinoamericano: Vargas Llosa, Rulfo, Onetti e Bryce Echenique fixéronme vivir momentos extraordinarios cos seus textos. Hai escritores españois polos que teño unha enorme admiración (Delibes, Torrente Ballester, Rosa Montero, Marsé, Muñoz Molina e, de xeito especial, Rafael Chirbes); entre os narradores galegos sinto gran aprecio por Carlos Casares, Suso de Toro e Manuel Rivas. Houbo un tempo no que lin con moito interese os autores do dirty realism americano (John Cheever, Raymond Carver) e hai dous escritores portugueses aos que teño en grande estima (Miguel Torga e Lobo Antunes). Pero de todas as lecturas a que máis me impactou, no seu momento, foi a de Cien años de soledad. O universo de Macondo, a vida prodixiosa da familia Buendía coa sucesión infinita de Arcadios, Aurelianos e Úrsulas, deixoume unha fonda pegada e sentinme privilexiado por poder asistir a ese relato torrencial que nos axuda a amar aínda máis a vida. Este home, que comezou como modesto reporteiro na súa terra natal, soubo crear un mundo propio, enorme, maxestoso e vital como a súa propia persoa. Foi un escritor xeneroso e entregado ao seu oficio que nos deixou media ducia de libros que quedarán, para sempre, na historia da literatura universal. Ben sei que nunca vou escribir como García Márquez, pero quero, con esta breve crónica, deixar constancia da miña profunda admiración por este home e da miña gratitude infinita Eu tamén estou agora descalzo, só e pensativo diante da mesa e do teclado, co mar do Orzán iluminando a fiestra, agardando a a palabra necesaria, a frase precisa para decir o que penso. Ben sei que nunca vou escribir como García Márquez, pero quero, con esta breve crónica, deixar constancia da miña profunda admiración por este home e da miña gratitude infinita polo escritor que me permitiu vivir vidas tan distintas e distantes da miña e que me axudou, así o creo, a ser mellor persoa."}
{"ID": "NOS_6642", "summary": "A colección que garda o inmoble componse dunhas 1.800 obras de arte de 200 artistas. No entanto, a Xunta di que aínda queda por analizar o valor arquitectónico e o estado de conservación do inmoble situado no municipio de Sada. É parte do legado patrimonial de Seoane e Díaz Pardo.", "text": "A tramitación burocrática para que o Museo Carlos Maside pase a ser considerado un Ben de Interese Cultural (BIC) leva once anos de atraso e aínda seguirá sumando tempo. Ante una pregunta parlamentar do BNG, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, explicou hoxe que queda pendente realizar e presentar estudos sobre o valor arquitectónico do inmoble que alberga esta sala. Ademais, hai que ver o estado de mantemento do mesmo. O Bloque pediu explicacións sobre os avances realizados entendendo que hai unha \"inacción\" por parte da Xunta para acelerar este expediente sobre o espazo expositivo de Sada. Mais a directora xeral afeou as críticas e defendeu que o seu departamento traballou \"ao longo destes anos\" para ir cara esa declaración. Aludiu aos anos porque, como recalcou o BNG o proceso acordouse \"fai once anos\". A deputada Mercedes Queixas dixo estar \"profundamente preocupada\" polo \"abandono\" do ben. Igualmente, a nacionalista comentou na Cámara que xa hai un informe do Consello da Cultura Galega que demanda que o Museo Carlos Maside pase a ter o recoñecemento de BIC e o discurso do Executivo galego \"non xustifica nin dá resposta\" ás necesidades da instalación. Aínda que solicitou unha \"rectificación\", o certo é que Martínez Insua incidiu en que hai un compromiso coa protección e defensa da conservación deste tipo de elementos que están na súa \"folla de ruta\". Así, subliñou que desde 2016 sumou 69 pezas e outras entidades como un poboado ou unha construción relixiosa á listaxe. A pesar do hipotético \"abandono\" á infraestrutura sadense, a responsábel de Patrimonio fixo fincapé na importancia da sala, pois é un legado de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo e conta cunha \"colección que supera as 1.800 obras entre pinturas, gravados, serigrafías e esculturas duns 200 artistas, a maior parte galegos dunha recoñecida traxectoria\". Polo de agora hai un inventario da \"colección singular\", pero falta esa análise para \"identificar todas as necesidades existentes\" no inmoble."}
{"ID": "PRAZA_10388", "summary": "O vindeiro 28 de xuño Mónica Fernández Bugallo (Ferrol, 1975) recibirá o Premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Traballa dende hai 17 anos na universidade Stony Brook de Nova York, onde dirixe o programa WISE, que busca promover o acceso de mulleres ás carreiras científicas e tecnolóxicas", "text": "O vindeiro venres 28 de xuño a enxeñeira Mónica Fernández Bugallo (Ferrol, 1975) recibirá o Premio Ada Byron, un galardón co que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) busca dende hai anos dar visibilidade á participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía. Mónica Fernández é profesora de comunicación dixital e procesamento do sinal do Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook, en Nova York. Ademais, dende o ano 2016 é directora do Programa \"Mulleres na Ciencia e a Enxeñaría (WISE–Women in Science & Engineering) desta universidade.O seu traballo de investigación na Universidade de Stony Brook, onde traballa dende hai 17 anos, céntrase na área de procesado estatístico de sinal aplicada a problemas complexos existentes en distintas disciplinas, dende o estudo e a predición de sistemas canceríxenos, a análise da evolución das poboacións de pingüíns na Antártida (problema relacionado co cambio climático) ou o seguimento e análise de sistemas biolóxicos que permiten entender a osteoporose. Neste tempo Mónica Fernández dirixiu varios programas para mozos e mozas co obxectivo de ofrecerlles a oportunidade de coñecer distintos campos de enxeñaría, tecnoloxía e informática. Ultimamente os seus esforzos céntranse neste programa WISE, que busca derrubar os obstáculos de todo tipo que aínda existen a moitos niveis para o acceso das mulleres ás titulacións e carreiras profesionais en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM).\"Hai xente moi boa traballando en España. É unha pena que non se dea máis financiamento para poder realizar investigación nos centros do país\"Levas moitos anos traballando nos Estados Unidos. Como recibiches a nova dun premio que chegar dende a túa terra, o lugar no que te formaches?Acordáronse de min a pesar de levar tantos anos fóra, de estar moi lonxe. Para min é moi importante e moi emocionante, porque é un premio que me outorgan os meus antigos compañeiros. Estou moi orgullosa da educación recibida na Universidade da Coruña e considérome unha embaixadora da miña alma mater. No 2014 tiven a oportunidade de traer un pequeno congreso internacional a España e en ningún momento dubidei que A Coruña tiña que ser o lugar elixido. Para este ano tiven a oportunidade de novo de poder organizar outro congreso (o congreso europeo de procesado de sinal) na Coruña que se celebrará en setembro.Como ves dende os Estados Unidos a situación da investigación en España? Que se necesita para mellorala?Hai xente moi boa traballando en España. É unha pena que non se dea máis financiamento para poder realizar investigación nos centros do país e para poder motivar máis á xente. Realmente, hai moitísimo talento; cando os investigadores españois vimos a Estados Unidos ou imos a outros países, decátaste de que a nosa formación técnica é moi boa. E é unha pena que teñamos que marchar fóra buscando unha oportunidade ou para poder crecer profesionalmente. E ese crecemento hai que buscalo fose porque en España non hai medios suficientes; por iso sería moi bo que desde as administracións españolas se fixese un esforzo económico para apoiar as investigacións en ciencia e enxeñaría.\"O programa busca, primeiro, dar oportunidades a mozas que están no colexio ou no instituto, para que poidan ter acceso a actividades relacionadas coa ciencia e a enxeñaría\"Cales son as maiores diferenzas para o traballo investigador entre os Estados Unidos e España?É certo que hai diferenzas entre Estados Unidos e España, por exemplo os sistemas educativos son diferentes, hai máis flexibilidade para moverte no mercado, ofrécenche máis opcións para poder mellorar na túa profesión.Como funciona o programa WISE?É un programa que busca, primeiro, dar oportunidades a mozas que están no colexio ou no instituto, para que poidan ter acceso a actividades relacionadas coa ciencia e a enxeñaría, para que así decidan se é unha traxectoria que lles gustaría seguir. En Estados Unidos o deseño dos itinerarios é moi libre, hai moitas posibilidades, por iso é moi importante que vaian probando cousas, que vexan o traballo que facemos para que decidan se queren que esta sexa a súa carreira.\"O programa tamén se dirixe a mozas que están en máster e cursos de doutoramento e alí búscase guialas profesionalmente,\"A segunda parte do programa entra en xogo unha vez que unha moza decidiu empezar unha carreira de ciencia ou enxeñaría; e neste caso quere ser un mecanismo de soporte. A través de WISE teñen materias ou cursos, que despois lles computan para a súa titulación (como os créditos de libre configuración en España), e que lles achegan habilidades de liderado, capacidades comunicativas, fórmulas que lles permiten realizar investigación práctica desde que son novas. Ademais, permítelles ter 'persoas referentes', das que reciben charlas e encontros de asesoramento, coas que poden ver de primeira man distintas traxectorias. Finalmente, o programa tamén se dirixe a mozas que están en master e cursos de doutoramento e alí búscase guialas profesionalmente, darlles oportunidades, para que poidan facer shadowing, é dicir o seguimento dunha persoa que posúe unha traxectoria que a elas lles gustaría realizar no futuro.É necesario actuar neses dous niveis, non si? No acceso ás carreiras e no desenvolvemento das súas traxectorias...Si, ten estes dous niveis, un de acceso, de dar as oportunidades, e outra dirixida ás mozas que xa están a estudar estas carreiras, porque vemos que hai moitas delas que cambian de carreira unha vez que xa están na universidade. E este tipo de programas conseguen retelas nestas carreiras.\"As nenas son tan válidas como os nenos para todas as ciencias, pero ás veces un simple comentario pode cambiar esa mentalidade e guialas cara a outro lado\"Que factores son determinantes para que haxa moitas carreiras científicas e ámbitos profesionais nos que as mulleres son clara minoría?Creo que non hai un único motivo, é un conxunto de factores: culturais, históricos, de estereotipos, familiares, a influencia dos profesores... Por suposto, as nenas son tan válidas como os nenos para as matemáticas, para a física e para todas as ciencias, pero é certo que ás veces un simple comentario pode cambiar esa mentalidade e guialas cara a outro lado. O noso programa quere simplemente facer ver que esta é unha opción completamente válida para as nenas, igual que calquera outra carreira. Son obstáculos que creo que co tempo se van ir superando, pero vai custar.Como se cambia esta situación? Como se consegue que máis mozas se decidan a estudar estas carreiras?Ten que ser un cambio natural, non debe ser un cambio forzado. Temos que conseguir que as persoas que accedan a estas carreiras o fagan porque lles gusta facer isto. Os mozos que elixen unha carreira deben escoller aquela que sexa a súa paixón, o seu soño, aquilo que os fai felices, en vez de que a elección dependa doutros factores.Nas carreiras profesionais neste campo as mulleres atopan posteriormente teitos de cristal?Si, hai teitos de cristal nas carreiras profesionais, obstáculos e estereotipos formados, sobre todo nos postos de liderado. Aquí sucede que a porcentaxe de mulleres que están en postos de liderado na universidade é moi pequeno, e moito máis en áreas relacionadas coa ciencia ou a enxeñaría.\"Por suposto, axuda moito que coñezan directamente a mulleres que triunfaron nesa carreira, pero tamén é bo que haxa mozos que as animen\"Que papel xogan os referentes femininos, que as mozas que están no colexio ou no instituto vexan que hai mulleres dedicándose con éxito ás ciencias, á informática, a profesións tecnolóxicas?Os referentes son moi importantes. E é importante telos a todos os niveis, desde aqueles que podes ter na túa casa, na túa familia, ou no teu colexio, ata outros que podes chegar a coñecer noutras contornas.Que papel poden xogar os homes?Eu sempre digo que un referente tamén pode ser unha figura masculina. Eu cheguei ao posto no que estou porque tiven tamén un sistema de soporte de compañeiros que foi moi importante para min. Que teñas ao teu ao redor homes que cren nas mulleres e que son embaixadores da igualdade é moi relevante para nós, sobre todo en campos como este que están moi masculinizados. Por suposto, axuda moito que coñezan directamente a mulleres que triunfaron nesa carreira, pero tamén é bo que haxa mozos que as animen. O cambio vai ser lento, pero a eliminación dos obstáculos para a muller na ciencia debe pasar por unha mudanza global, cultural, un cambio de pensamento que afecte a mulleres e tamén aos homes."}
{"ID": "NOS_51541", "summary": "O documentario 'Frankenstein-04155 denuncia o sobrepeso do Alvia accidentado o 24 de xullo de 2013 en Angrois, que provocou 81 persoas falecidas e 144 feridas. \"O sobrepeso provocou que o tombo for tan violento e houber tantos mortos\", sinalan as vítimas.", "text": "O documentario\"Frankenstein-04155\" revela que o modelo de Alvia sinistrado en Angrois pesaba 32 toneladas máis do que marca a normativa vixente. Así o salienta a Plataforma de vítimas na súa páxina de Facebook, onde sinalan que \"o sobrepeso provocou que o tombo for tan violento e houber tantos mortos\". \"O documentario destapará máis\", advirte a plataforma, que insiste en reclamar \"xustiza e verdade\". As vítimas do Alvia aluden a unha información publicada por Europa Press, que tivo acceso a un avance do documentario que se estreará a finais de outubro na 60 edición da \"Seminci\", Semana Internacional do Cine de Valladolid. Segundo esta información, o exceso de peso viría provocado polos dous furgóns xeradores do Alvia S-730, situados antes e despois das locomotoras. O tráiler da fita de Aitor Rei recolle os testemuños de Francisco Díaz Pardo, enxeñeiro de Telecomunicacións e experto en xestión ferroviaria, que sinala que \"aquí non primou a seguridade, aquí primou a présa\", e de José Enrique Villarino, directivo de Renfe entre o 1987 e o 2007, que alerta de que \"esa liña era unha chapuza\". Esta revelación coñécese días após de que o Xulgado de Instrución número 3 de Compostela fechara o caso Alvia co maquinista como único imputado, atribuíndolle un delito de homicidios por imprudencia profesional grave e as persoas feridas. Precisamente, a plataforma de vítimas, que se manifestaron esta sexta feira, denunciou que o caso \"fechou en falso\"."}
{"ID": "PRAZA_2538", "summary": "A oposición parlamentaria repróchalle ao presidente que defenda o barón ourensán ante a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle un posto de traballo a cambio de sexo. O titular da Xunta pon o acento en que Baltar non está imputado e repróchalle ao resto de grupos ter unha \"dobre vara de medir\".", "text": "Na súa calidade de presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo ten escasa marxe de manobra para actuar contra José Manuel Baltar como titular da Deputación de Ourense pola denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle un posto de traballo na institución a cambio de sexo cando o ente provincial aínda era dirixido polo seu pai. No entanto, o xefe do Goberno galego é tamén máximo responsable do PP en Galicia e Baltar, presidente provincial do partido. Así e todo, dende o estourido deste caso coa publicación da denuncia en eldiario.es, Feijóo optou pola actitude que se lle adoita atribuír a Mariano Rajoy ante escándalos que afectan a dirixente da súa contorna: sobrevoalos sen tomar decisións drásticas que, neste asunto, provocarían que o líder galego puxese en risco un dos principais celeiros de votos do PP, a provincia de Ourense, insondable para as cúpulas galega e española do partido sen a poderosa maquinaria baltarista. Tras máis de dúas semanas dende a saída da denuncia á luz pública son variadas as respostas do presidente da Xunta para non actuar contra Baltar. Foron xa, cando menos, cinco argumentos que na oposición parlamentaria son lidos como unha defensa do herdeiro da saga político-familiar á que Feijóo tentou, sen éxito, derrubar no congreso provincial do partido en 2010, cando Baltar pai lle legou a presidencia a Baltar fillo. 1-Cómpre agardar Poucas horas despois da publicación en eldiario.es da denuncia e das primeiras gravacións das conversas de José Manuel Baltar coa denunciante, Feijóo era cuestionado ao respecto pola prensa. O presidente da Xunta evidenciou que o asunto estaba nas mans da Fiscalía e, polo tanto, el estaría \"atento\" ao percorrido do caso nos tribunais. \"Imos ver o que a Xustiza nos concreta\" no \"desenvolvemento dunha denuncia e dunha contradenuncia\", xa que o barón ourensán \"vai acudir á Xustiza para protexer a súa honra\". O que correspondía era \"esperar a ver que ocorre\", ata que a Xustiza \"se pronuncie\". Os xornalistas preguntáronlle directamente ao presidente galego se apoiaba ou non a Baltar. \"Creo que xa contestei suficientemente\", retrucou, mentres en Madrid o voceiro parlamentario do PP, Rafael Hernando, consideraba que \"se é verdade\" o relatado na denuncia, os feitos son \"repugnantes\". 2-O silencio O presidente optou por non responder á primeira petición de dimisión A segunda estratexia de Feijóo ante o caso Baltar foi o silencio. Na mesma xornada en que toda a oposición optaba por abandonar o pleno da Deputación pola negativa do presidente a dar explicacións sobre o caso, o xefe do Executivo galego tiña sesión de control no Parlamento. Aínda que ningunha das preguntas da oposición estaba vinculada ao asunto -foran rexistradas con anterioridade á publicación-, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, comezou a súa intervención dándolle pé a abordalo, pero preferiu non responder. Nunha sesión que comezara cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, Jorquera indicou que \"hai moitas vítimas da violencia machista, non só mulleres asasinadas\", e ante estes feitos \"non abonda con minutos de silencio. \"Seguimos esperando a que vostede esixa a dimisión do señor Baltar\", sinalou o parlamentario, que non logrou resposta do presidente en ningunha das súas quendas. Feijóo, indicaba nesa xornada o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, adoita ser máis \"locuaz\" cando os problemas afectan a \"outros partidos\". 3-A denunciante pretendía que delinquise A terceira xustificación para manter o apoio a Baltar chegaba tras a xuntanza do Consello da Xunta do pasado 29 de outubro e foi, ata momento, a máis polémica. A preguntas deste diario sobre as gravacións e a propia denuncia, Feijóo eludía lanzarlle reproche político ningún a Baltar, pero si afondaba no papel que, ao seu xuízo, tivo a denunciante neste caso. \"O que se pretendía por parte da denunciante non se conseguiu\", afirmou daquela. \"O que pedía esa persoa era que o señor Baltar delinquise, e non delinquiu\", resumiu como único feito \"constatable\". \"O que pedía esa persoa era que o señor Baltar delinquise, e non delinquiu\" Así, e preguntado por se Baltar podía supoñer un \"lastre\" para o PP en xeral e cara ás eleccións xerais de decembro en particular, Feijóo reiterou que \"non hai ningún tipo de procedemento xudicial\" aberto contra o dirixente ourensán. En calquera caso, agregou, pola súa banda continuaría \"seguindo co interese que require ese tipo de denuncia\", na que polo momento só hai \"o que di unha persoa e a negación dos feitos por parte doutra\". 4-Non está imputado Despois de evitar facelo e tras o paso do propio Baltar polo Parlamento, este mércores Feijóo víase abocado a abordar a denuncia de traballo por sexo no pleno da Cámara galega, toda vez que todas as preguntas na sesión de control eran monográficas sobre este asunto. No medio dunha gran tensión cos membros da oposición, parte dos cales abandonaron o pleno entre berros de \"machista\", o popular comezou a súa intervención falando do paro e de Catalunya por ser estes, dende o seu punto de vista, os \"principais problemas\". Acto seguido, xustificou a súa actuación a respecto de Baltar no feito de que o líder ourensán non ten sobre si ningunha imputación xudicial. Facer \"calquera pronunciamento\" sobre \"unha denuncia, porque estamos a falar, xustamente, dunha denuncia\", sería para Feijóo \"precipitado\" e promovendo a destitución de Baltar \"correríamos un alto risco de ser inxustos\", xa que só se tería en conta \"unha versión da parte denunciante e unha negación da parte denunciada\", argumenta. A oposición, censura centrando novamente o asunto nos xulgados: \"xulga, dita sentenza e condena\". A el, afirma, non lle \"tremerá a man\" para tomar decisións cando haxa consecuencias legais. 5-O caso é como unha imputación urbanística Feijóo atribúelle á oposición unha \"dobre vara de medir\" Na mesma intervención durante o sesión de control Feijóo inaugurou unha quinta liña argumental neste caso: a das comparacións. Así, o presidente compara o caso Baltar coa acusación de acoso sexual por parte dunha exedil contra o alcalde socialista de Catoira, suspendido de militancia no PSOE dende o inicio do desenvolvemento do caso. Feijóo realiza tamén comparacións con outros ámbitos, poñendo o foco tamén no PSdeG e na provincia de Lugo. Segundo o presidente da Xunta, os socialistas amosan unha \"dobre vara de medir\" porque, por exemplo, José Ramón Gómez Besteiro cingue á Deputación de Lugo o conflito xerado polo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez. Do mesmo xeito, Feijóo repróchalles aos socialistas que lle concedan a Besteiro \"o dereito a continuar no cargo\" malia estar imputado -por unha concesión urbanística na súa etapa como concelleiro en Lugo- e esixan o cesamento de Baltar, \"unha persoa que nin sequera está imputada, senón denunciada\"."}
{"ID": "NOS_56847", "summary": "Reclaman acceso en liña á educación maternal. O BNG trasladou ao Parlamento esta preocupación e demanda das futuras nais.", "text": "Mulleres embarazadas de Ourense, adscritas ao centro de saúde do Couto, admiten que están atravesando \"unha situación complicada\" derivada tanto da pandemia de coronavirus como do desleixamento dos responsábeis do Servizo Galego de Saúde. Segundo denuncian, as restricións xeradas pola Covid-19 provocaron a suspensión das clases grupais ás que teñen acceso as mulleres nos últimos meses de embarazo en numerosos centros de Atención Primaria. No seu caso particular, engaden, \"levamos semanas sen poder asistir ás sesións de preparación ao parto e sen acceso aos contidos esenciais da educación perinatal para a preparación do nacemento debido a unha baixa da nosa matrona\". Consideran, en ambos os dous casos que se trata de información fundamental \"que forma parte dos nosos dereitos, tal como determina a Guía de práctica clínica de atención no embarazo e no puerperio estabelecida polo Ministerio de Sanidade e promovida tamén polo Sergas\". Coas clases canceladas na maioría dos centros de saúde, e conscientes das dificultades provocadas pola pandemia para que poidan ter lugar de forma presencial, as embarazadas reclaman unha dotación suficiente para que as profesionais encargadas de coidar da súa saúde neste momento e nos meses vindeiros dispoñan dos recursos necesarios para que poidan realizar \"un asesoramento online a todas as mulleres que como nós se encontran nunha situación de abandono\". Desatención do Sergas \"Sabemos que ante o abandono do Sergas moitas matronas dispuxeron os seus propios recursos para poder atender as demandas das futuras nais. Grazas ao seu esforzo persoal moitas familias poden resolver dúbidas acerca do plan de parto, dos métodos para aliviar a dor ou de como afrontar o medo a un nacemento próximo\".Neste contexto, inciden, \"debe ser o Sergas quen xestione mediante ferramentas TIC\" unha atención \"indispensábel\". \"Abondaría con dotar as matronas cun ordenador con cámara web, conexión wifi e unha conta nunha plataforma que permita videochamadas\", advirten. Un investimento que non consideran nin amplo nin custoso. Tras a súa denuncia, o BNG trasladou ao Parlamento da Galiza a desatención das embarazadas de Ourense mediante iniciativas nas que insta a Xunta a \"adoptar medidas urxentes de captación de persoal\" mais de \"adaptación das formacións\". Dereitos vulnerados A deputada Noa Presas asegurou que \"as mulleres embarazadas están a ver vulnerados os seus dereitos a unha preparación e información adecuadas de cara ao desenvolvemento do parto e da maternidade\". Neste sentido, engadiu, \"non é razoábel que despois de máis de oito meses de pandemia non exista unha adaptación deste tipo de formacións á realidade marcada pola Covid-19, máis aínda cando existen experiencias impulsadas por profesionais que poden servir de guía, como a formación en liña levada a cabo polas profesionais do Hospital de Verín\". Presas sinalou tanto a falta de persoal como \"a desidia do Partido Popular, que ten a Atención Primaria clausurada cando hai servizos que non se poden suprimir\", dixo. \"Hai unha ofensiva contra os dereitos das mulleres, das nais e da poboación infantil. Temos falta de pediatras máis que en ningún outro lugar do país e un hospital sen unidade específica de cirurxía pediátrica\", recalcou entre outras cuestións."}
{"ID": "PRAZA_18834", "summary": "As investigacións xa rematadas de 19 sinistros dos tres últimos anos, con sete mortos, atribúen oito afundimentos e outros varios tipos de sinistros ao exceso de confianza dos patróns ou mariñeiros, combinado nalgúns casos con malas condicións marítimas, fronte a cinco casos de fallos materiais ou avarías", "text": "As investigacións xa rematadas de 19 sinistros dos tres últimos anos, con sete mortos, atribúen oito afundimentos e outros varios tipos de sinistros ao exceso de confianza dos patróns ou mariñeiros, combinado nalgúns casos con malas condicións marítimas, fronte a cinco casos de fallos materiais ou avaríasOs catro mortos e un desaparecido nos dous afundimentos de pesqueiros rexistrados nas últimas horas en Galicia supoñen a peor xornada para o sector do mar no país desde que hai xusto catro anos o afundimento do Paquito Dos fronte a Corrubedo deixara tres falecidos. Neste tempo producíronse outros moitos sinistros no mar, varios deles con falecidos, cuxas investigacións por parte da comisión de análise correspondente do Ministerio de Fomento concluíron en máis da metade dos casos atribuíndo a causa dos mesmos a que os patróns ou a tripulación se confiaron e non percibiron correctamente o risco existente, combinado nalgúns casos con malas condicións climatolóxicas. Como segunda causa de sinistros, Fomento vén apuntando a fallos de materiais ou avarías. En todos os casos, tanto a tripulación como os buques contaban con toda a documentación e permisos en regra.A Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) é o órgano do Ministerio de Fomento encargado de analizar eses sinistros. No seu último informe anual, o de 2017, sinala que nese exercicio se produciron 298 accidentes en todo o Estado, 75 deles (o 25%) en Galicia. Porén, a comisión só investiga os de maior gravidade, un total de 30 o pasado ano, dos que 11 (o 37%) ocorreron en Galicia. As investigacións aínda non remataron en todos os casos, especialmente os deste mesmo ano, pero unha análise das xa divulgadas nos últimos tres anos, un total de 50 en todo o Estado das que 19 corresponden a Galicia (o 38%), con sinistros de 2016, 2017 e 2018, permite facer unha radiografía da situación. Dos 19 sinistros xa investigados en Galicia nos últimos tres anos, dous foron abordaxes entre distintos tipos de embarcacións, nun morreu un turista nun barco de pasaxe e os outros 16 involucraron a barcos pesqueirosNeses 19 accidentes marítimos xa investigados en Galicia nos últimos tres anos, na gran maioría estiveron involucrados barcos pesqueiros, e en total morreron sete persoas. Dous dos 19 sinistros foron abordaxes sen feridos entre distintos tipos de embarcacións e noutro caso morreu un pasaxeiro dun barco turístico do Grove que caeu ao mar ao confundir unha porta da embarcación, sinistros por tras dos cales os investigadores viron erros humanos.Dos 16 accidentes restantes, en todos estiveron involucradas embarcacións pesqueiras de distintos tamaños. E en oito deles nos que o barco acabou afundindo, a conclusión dos investigadores de Fomento foi que o patrón ou a tripulación en xeral se confiou e non percibiu correctamente o risco existente, que á súa vez na metade dos casos víase agravado polo mal estado do mar.O caso máis grave dos xa investigados por Fomento nos últimos tres anos foi o do afundimento o 29 de xaneiro de 2016 da lancha Látigo nas proximidades das illas Cíes no que desapareceron os seus dous tripulantes. Segundo o informe, a lancha \"dedicouse á pesca en lugar de alto risco, en condicións marítimas moi severas para as dimensións e características da embarcación\" e os tripulantes \"prescindiron de medidas elementais de seguridade\", o que para Fomento denota \"unha deficiente percepción do risco e falta de conciencia de seguridade\". A alerta da desaparición dos mariñeiros deuna un familiar tras constatar que non volveran a porto á hora prevista.Tres meses despois, o 6 de maio de 2016, outra lancha similar, a Rebeca, tamén con dous tripulantes a bordo, afundiu na entrada norte da ría de Vigo, entre Cangas e as Cíes, morrendo un dos mariñeiros e resultando o outro ferido leve. A conclusión de Fomento foi similar, que a lancha \"dedicouse á pesca en lugar de alto risco en condicións meteorolóxicas e marítimas moi desfavorables para as dimensións e características da embarcación\" cunha \"ausencia total de conciencia de seguridade\" por parte dos tripulantes. Canto ao rescate, o primeiro aviso do accidente emitiuse ás 8.13 horas e ás 9.03 o helicóptero de Salvamento da Xunta rescatou o corpo do falecido con parada cardiorrespiratoria. As investigacións xa finalizadas nos últimos tres anos tamén recollen outros seis casos de accidentes sen mortos nos que os barcos afundiron, por golpes de mar ou por embarrancar, porque os patróns ou tripulantes confiáronse demasiado, segundo as investigacións de Fomento. Así foi o caso, por exemplo, do Vilar Dous, que o 18 de novembro de 2016 afundiu preto da illa de Sálvora salvándose os seus tres tripulantes. A investigación concluíu que, nun día no que só estaba permitida a pesca en augas interiores das rías, o patrón decidiu \"saír a navegar en condicións marítimas moi adversas para as dimensións e características da embarcación e para a zona concreta\".Tamén nos accidentes a bordo os investigadores de Fomento detectan un exceso de confianza da tripulaciónFronte a este tipo de casos, nos que as embarcacións adoitan ser de pequeno tamaño, os sinistros xa investigados nos últimos tres anos que afectan a embarcacións de maior porte adoitan estar relacionados con outro tipo de causas, pero nalgún caso tamén relacionadas cun exceso de confianza da tripulación. Os outros tres mortos rexistrados neses outros sinistros xa analizados producíronse os tres ao ser golpeados eses tripulantes por diversos obxectos existentes nas cubertas de barcos nos que traballaban entre oito e dez persoas. Nun deses casos o golpe mortal atribuíuse á rotura insospeitada dunha cadea mentres que nos outros dous casos os falecidos, aos que as investigacións tamén atribúen exceso de confianza, atopábanse situados en lugares nos que non debían durante manobras de izado da pesca, nun dos casos malia advertencias previas do patrón e outros compañeiros.5 accidentes atribuíronse a avarías ou fallos dos materiais, 3 deles por vías de auga por corrosión e 2 por incendiosAdemais dos anteditos oito casos de afundimentos que a comisión de Fomento atribuíu ao exceso de confianza das tripulacións, e dos tres casos de golpes recibidos en cuberta, nas investigacións dos últimos tres anos hai outros cinco casos de avarías ou fallos dos materiais, tres deles por vías de auga que se atribuíron á corrosión previa de diversos elementos das embarcacións e dous por incendios a bordo.Malia que na maioría dos casos nos que Fomento atribúe a causa ao exceso de confianza das tripulacións non emitiu recomendacións, nalgúns si insiste na necesidade de maiores inspeccións laboraisMalia que na maioría dos casos nos que Fomento atribúe a causa dos sinistros ao exceso de confianza das tripulacións non se emitiron recomendacións de seguridade, nalgúns si que se insiste na necesidade de maiores inspeccións de riscos laborais por parte das autoridades incidindo en medidas como a vixilancia do uso permanente de chaleco salvavidas nas embarcacións máis pequenas. Igualmente, nos sinistros atribuídos a avarías ou fallos dos materiais, as recomendacións fan fincapé na importancia de que garantir a seguridade das reparacións ou traballos de mantemento que se fan nos buques para evitar que poidan modificar a súa configuración de seguridade e facilitar así o embarque de auga que faga perder a súa estabilidade. Tras a polémica pola falta de independencia da investigación oficial do accidente de Angrois, Fomento quere agrupar as comisións de investigación de accidentes marítimos, ferroviarios e aéreos nun só ente con máis autonomía e recursosTodas estas investigacións administrativas veñen sendo realizadas pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), un dos diversos órganos de análise de accidentes que, xunto cos do ámbito ferroviario e o aéreo, o Ministerio de Fomento estuda agora englobar nun único ente con maior autonomía e recursos. Unha decisión derivada da polémica pola falta de independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios na análise do sinistro de Angrois que concluíu considerando como única causa do mesmo o despiste que sufriu o maquinista. A UE criticou o funcionamento da CIAF e o xuíz vén de propoñer xulgar polo accidente tamén a un cargo de Adif."}
{"ID": "NOS_50612", "summary": "A comisión de Centro de Primaria do CHUAC da Coruña ve \"penosa\" a situación dos centros de saúde. Nalgúns casos hai agardas de até 15 días para as persoas seren atendidas polas médicas de cabeceira. O SERGAS afirma que ten contratado todos os profesionais disponíbeis para cubrir as baixas por vacacións dos titulares das prazas.", "text": "\"Hai facultativos de vacacións coas axendas bloqueadas, é dicir, os seus doentes non teñen citá até despois dunha ou de dúas semanas\", afirma a presidenta da comisión, María Teresa Macías. As e os traballadores denuncian o colapso do sistema e atribúeno á falta de efectivos humanos, isto é, á política de contratación do SERGAS. O instituto público di que contratou todos os profesionais disponíbeis para cubriren as baixas por ferias. Se non hai máis é porque as condicións contractuais que se ofertan son moi precarias, replican desde a comisión. Ao estar así a atención primaria, moitas persoas doentes optan por iren aos Puntos de Atención Continuada (PAC) ou directamente aos servizos de urxencia hospitalarios, o que incrementa a saturación do sistema. Solucións? Para as e os traballadores, pasan por que as profesionais que se achan nas listas de substitucións podan ter \"vínculos estábeis\", e non precarios, co SERGAS."}
{"ID": "NOS_57560", "summary": "Modesto Rivas, concelleiro do PSOE en Cee, coñecido pola súa postura contraria ao regulamento de impulso da lingua galega, tamén critica o uso da linguaxe non sexista que trataba de implantar esta normativa municipal.", "text": "A intervención do concelleiro socialista no último pleno municipal de Cee segue a dar que falar. Sermos Galiza vén de ter acceso á transcrición das súas palabras en relación á linguaxe non sexista que trataba de fomentar o regulamento de impulso ao galego no seu artigo 22.3. \"¿Debemos respetar la gramática y la aplicación del masculino gramatical común a todas las lenguas romances o, por el contrario, vamos a lanzarnos a la monótona y tediosa copulación de los ciudadanos y ciudadanas, compañeros y compañeras, vecinos y vecinas, todos y todas, etcétero y etcétera?\", preguntouse na sesión plenaria. Modesto Pose sinalou que \"podría haberse omitido\" a linguaxe non sexista, pois entende que \"esto ya viene establecido en estos términos en la Ley Orgánica 3/2007 de Igualdad y en la Ley 7/2004 de Igualdad de Galicia\". \"Pero si se quiere recoger ahora en un reglamento, deberían establecerse ciertas reglas: ¿Qué se entiende por lenguaje incluyente? ¿Cómo se va a construir ese lenguaje?\", inquiriu. \"Las instituciones pueden legislar sobre los lenguajes todo lo que quieran pero las reformas sólo funcionan si la mayoría de los hablantes las aceptan\", afirmou. Modesto Rivas: \"El empleo de circunloquios y sustituciones inadecuadas resultan empobrecedores, artificiosos y ridículos\" O concelleiro do PSOE indicou que sobre a linguaxe inclusiva xa se manifestara a RAE \"y dictaminó que el uso genérico del masculino gramatical tiene que ver con el criterio básico de cualquier lengua: economía y simplificación. Y que la introducción de factores sociopolíticos que no lingüísticos y el empleo de circunloquios y sustituciones inadecuadas resultan empobrecedores, artificiosos y ridículos\". O edil socialista espetoulle ao alcalde que a lingua \"no evoluciona por mandato\". \"El idioma no es un mercadillo en el que cualquiera puede trapichear a su gusto para potenciar la euforia parlanchina con el pretexto de incluyente y al margen de la gramática\". \"La lengua común que veinte siglos de cultura han dado a millones de personas merece respeto\", concluíu. O regulamento de impulso do galego, que resultou polémico pola postura contraria de Modesto Rivas, volverá a pleno no mes de decembro, acompañado dun informe xurídico que o avale. Nas últimas semanas, o debate social ao redor da defensa da lingua aumentou após a presentación do manifesto de apoio ao galego na Costa da Morte e após a concentración convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, que reclamou a dimisión do concelleiro do PSOE."}
{"ID": "PRAZA_20582", "summary": "Galicia celebra este 25 de xullo un novo Día Nacional, cando xa pasou case un século dende que as Irmandades da Fala impulsaron as primeiras celebracións. Trinta e cinco anos despois de que a Xunta preautonómica oficializase a súa denominación oficial, aínda vixente, a data volve de forte actividade no ámbito político da esquerda e mais do nacionalismo, mentres que a Xunta non celebra acto ningún BNG | Pontón chama ante milleiros de persoas a \"unir Galiza fronte ao centralismo caduco\" En Marea | Villares reivindica as mareas cidadás e \"unha nación alegre, solidaria e combativa\" Anova | Antón Sánchez pide un \"novo ciclo de rebeldía\" fronte ao \"réxime que nos nega como nación\" PSdeG | Cancela avoga pola \"autonomía do federalismo\" ante o busto de Castelao en Rianxo", "text": "Galicia celebra este 25 de xullo un novo Día Nacional case un século despois de que as Irmandades da Fala impulsasen as primeiras celebracións do \"Día de Galicia\" non \"non pol-a súa sinificación relixiosa –pois o noso movemento non é confesional nin aconfesional\", senón \"pol-á sinificación mítica e simbólica\" da data, como deixaron escrito. Trinta e cinco anos despois de que a Xunta preautonómica oficializase a súa denominación oficial, aínda vixente, a data volve de forte actividade no ámbito político da esquerda e mais do nacionalismo, mentres que a Xunta non celebra acto ningún e o partido que sustenta o Goberno, o PP, liquidou a celebración cunha homenaxe a Manuel Fraga o pasado venres. Será, ao cabo, unha nova xornada de festa, política e ausencias. A festa Ligada en boa medida a política e salferida, en moitos puntos do país, polas celebracións do Apóstolo Santiago a comezar pola propia capital galega, onde o Día Nacional de Galicia é tamén a xornada grande das festas. En Compostela a axenda festiva repártese entre o Apóstolo e o Festigal e o día comezará amenizado pola música dunha charanga de cabezudos e a apertura da Romaría dos Libros na Praza de Mazarelos. Un partido Compostela-Lugo -o memorial Antonio Bermúdez- pon a parte deportiva a un programa que ten como prato forte o concerto de bandas galegas na Praza da Quintana dende as dez da noite con Comando Katana, Bifannah, Jay, Bala e Novedades Carminha. No recinto do Festigal, o festival organizado pola Fundación Galiza sempre e mais Galiza Nova, a actividade é continua durante toda a xornada en espazos como as galerías das letras e das ideas, con presentacións, debates e coloquios. Tras a primeira noite de música, o son do Día da Patria póñeno Isabel Risco co seu espectáculo Nabiza Girl, Áureas e mais Tanxugueiras. Antes, no espazo infantil, será a quenda para Peter Punk e Cé Orquestra Pantasma. A política Todas as forzas políticas con representación parlamentaria agás o PP organizan actos polo 25 de xullo. Prevese que a máis numerosa sexa, un ano máis, a convocatoria do BNG, que convoca a súa tradicional manifestación do Día da Patria para as 12 da mañá dende a Alameda de Santiago. Media hora despois, ás 12:30, partirá do mesmo punto a manifestación independentista á que chama Causa Galiza. Todas as principais formacións políticas celebran actos reivindicativos e festivos este 25 de xullo agás o PP, que conmemorou a xornada catro días antes cunha homenaxe a Fraga Pola banda de En Marea este ano é a primeira ocasión en que a formación celebra o Día Nacional dende a súa constitución en partido instrumental. Faino cun programa \"lúdico e festivo\" no compostelán parque de Vista Alegre dende as 11 e media da mañá baixo o lema A Galicia que a xente queremos. Contra o mediodía prevese o acto político, unha \"dinámica participativa con diversos movementos sociais\" que exporán \"ideas sobre o país que imaxinamos\" e as pendurarán simbolicamente dunha árbore. Algunhas das formacións ligadas a En Marea celebran actos de seu nesta xornada. Así, Anova completa o programa iniciado na xornada do luns cun debate sobre República e ruptura cun acto político no parque compostelán de Galeras e, a continuación, unha romaría popular. A intervención do portavoz nacional da formación, Antón Sánchez, prevese para as 13:00. Esquerda Unida, pola súa banda, ten cita en Mugardos co lema Unha nación, unha memoria, centrado na figura do alcalde republicano Juan Prieto Balsa, asasinado polos franquistas. O PSdeG, pola súa banda, acode un ano máis a Rianxo para celebrar a súa tradicional homenaxe a Castelao. Ante o monumento do Paseo da Ribeira intervirá a secretaria do partido neste concello, María del Carmen Filgueira, e a voz política da organización galega será Pilar Cancela, a deputada no Congreso e presidenta da xestora do PSdeG. Nesta ocasión acudirá tamén ao acto unha representante da dirección federal do partido, vicesecretaria xeral, Adriana Lastra. Alén das forzas con representación parlamentaria Compromiso por Galicia organiza tamén actos políticos en Santiago. Tras unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilstres \"con implicación da xente da cultura\" a formación galeguista organiza un acto político no parque Eugenio Granell, onde tamén organiza un xantar, un serán e xogos tradicionais. As ausencias O Goberno galego é, un ano máis, o gran ausente do Día Nacional de Galicia. Unha campaña publicitaria foi, como nos anos previos a única acción específica da Xunta, que no 25 de xullo non realiza celebración ningunha. Desta volta o presidente do Executivo volve actuar como delegado do rei na ofrenda ao Apóstolo Santiago na catedral compostelá e pola tarde está previsto que acuda á misa na honra a Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval, na que tamén está anunciada a presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices."}
{"ID": "NOS_44250", "summary": "Nunha entrevista na Cadea Ser o presidente español en funcións afirma que \"non sei o que fixo Soria, pero eu créolle\" e descarta confirmar se tomará parte en debates electorais: \"A ninguén lle apetecen os debates, hai que preparalos\", dixo.", "text": "O presidente español en funcións e candidato do PP nas eleccións do 26X non sopesa facerse a un lado para desbloquear a formación de goberno en futuras negociacións. Así o dixo Mariano Rajoy esta cuarta feira nunha entrevista na Cadea Ser, indicando que \"non creo que sexa bo para España nin para o meu partido que me vaia porque queiran outros\", engadindo que \"outra cousa é que queira o meu partido ou os españois\". Rajoy dixo que mentres se atope \"ben, con gañas e fresco\" está disposto a continuar á fronte do Partido Popular. A respecto da campaña electoral que vén, evitou confirmar se ía participar ou non nos debates. \"Non teño ningunha opinión\", dixo, \"en campaña estou ás ordes do que me di o equipo de campaña\". Iso si, Rajoy afirmou que \"ninguén gosta dos debates\", pois implican ter que \"preparalos, traballar\". Sobre a economía afirmou que \"estamos na boa dirección\" e asegurou que de se facer \"as cousas ben\" en 2019 haberá dous millóns de persoas máis traballando, ao tempo que aseguraba que en 2017 o déficti estará por baixo do 3%. Preguntado polos incuprimentos do Estado español neste eido, o candidato popular dixo que \"reducir é doado, mais sería un disparate recurtar sen máis\". No que atinxe aos escándalos que afectan a cargos do PP, como o ex-ministro de Industria, José Manuel Soria e os papeis de Panamá, Rajoy defendeu o seu ex compañeiro de gabinete. \"Tivo un erro á hora de xestionar noticias sobre a súa persoa\", afirmou. E cre verosímil a explicación que lle deu o antiguo ministro de que non se lembraba de que a empresa implicada estivese a nome do seu pai. \"Non sei o que fixo Soria, mais eu créolle\"."}
{"ID": "PRAZA_3561", "summary": "As feiras semanais están suspendidas en Valença e Cerveira e a atención presencial substituíuse pola telefónica ou electrónica", "text": "As feiras semanais están suspendidas en Valença e Cerveira e a atención presencial substituíuse pola telefónica ou electrónicaEn Portugal, ademais das medidas a nivel estatal para intentar controlar o coronavirus, as cámaras municipais están a pechar ou restrinxir o uso de todo tipo de instalacións públicas, moitas delas con servizos que tamén veñen sendo empregados por cidadanía dos concellos galegos fronteirizos. Pavillóns deportivos, piscinas, bibliotecas ou albergues son algunhas delas, ademais de, como norma xeral, suspender a atención presencial na maioría dos servizos municipais \"privilegiando os contactos telefónicos e via e-mail\".En Valença, que conforma con Tui unha eurocidade que comparte servizos, suspendeuse a feira semanal dos mércores ademais de decretarse o \"encerramento da biblioteca, piscina, posto de turismo, museus, pavilhão e albergue\", varias desas instalacións empregadas acotío por cidadanía das dúas beiras do Miño. Na veciña Vila Nova de Cerveira, fronte a Tomiño, tamén se pecharon, entre outras, a piscina e o mercado municipal, e igualmente suspendeuse a feira dos sábados. Tamén en Monção, que comparte eurocidade con Salvaterra do Miño, pechouse a piscina e as cámaras municipais de Melgaço e Caminha fixeron públicos respectivos Planos de Contingência a aplicar en distintas fases que inclúen, no caso da segunda vila, o posible peche do ferry que a une con A Guarda."}
{"ID": "NOS_14724", "summary": "Dous días após a greve convocada con motivo do Día Internacional da Muller, as traballadoras e traballadores sairán á rúa para conmemoraren o Día da Clase Obreira Galega. Do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla, operarios de Bazán, o 10 de marzo de 1972 nun ataque da policía franquista en que resultaran feridos medio cento de persoas, abrollou a batalla pola defensa dos dereitos da clase traballadora galega. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 287.", "text": "\"Era inverno cruel de chumbo e norte / no corazón daquelas que esqueceran / a verdade dos que ían polas rúas. / Era inverno, mentira e traidoría\", escribira Darío Xohán Cabana no seu Ferrol 72: Daniel e Amador. Manuel María, co pseudónimo de Xohán Esteiro López, tecía o Poemas de urxencia para dous asasinatos, \"Está a chegar o día de vengar / o asasinato de Amador Rei, de Daniel Niebla / e no que o pobo sexa / o único señor do seu destino\". Daniel e Amador tamén ficaron nas letras de Uxío Novoneyra, a quen lles dirixía: \"Erguéstesvos cedo aquel día / o costume do traballo / mañá cediño / para facernos ca vosa morte\". Os dous traballadores de Bazán asasinados o 10 de marzo de 1972 en Ferrol após a dura carga dos grises non só ficaron nas letras de escritores galegos. Foron a chama que prendeu a loita do movemento obreiro galego, que anos antes comezara a se organizar e a padecer unha represión cada vez máis acentuada. O masacre do 10 de marzo encetara días atrás, o 7, cando se asinaba en Madrid o convenio interprovincial para Bazán de Ferrol, Cádiz e Cartagena, un convenio que non representaba os traballadores galegos, que demandaban un propio. O día 8, os empregados de Bazán rexeitan en asemblea o acordo asinado en Madrid e a empresa despide seis representantes de CCOO. Un día após os traballadores mobilízanse contra os despedimentos e a patronal decreta o feche do estaleiro e mais a intervención policial. Ás 17h os grises cargan brutalmente contra os operarios. Era este o caldo de cultivo para o día 10, en que uns 4.000 traballadores saían en manifestación cara a Caranza logo de se concentraren diante de Bazán. A policía franquista sáelles ao paso para disolver a tiros o protesto. O balanzo é o coñecido: dous traballadores mortos, Amador Rei e Daniel Niebla, medio cento de feridos, 160 detidos, 150 despedidos e 45 xulgados. Os disparos que mataron os dous obreiros procedían, segundo testemuños dos feitos, da torre da igrexa do Pilar. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 287, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "PRAZA_9732", "summary": "O PSdeG-PSOE presentou este venres a súa proposta de candidatura, coa que buscará manter a alcaldía da cidade. A rexedora sinalou a necesidade de contar \"cun Goberno forte que permita avanzar mellor e máis deprisa nun modelo de cidade diverso, máis xusto socialmente\"", "text": "O PSdeG-PSOE presentou este venres a súa candidatura para a as eleccións municipais, coa que buscará manter a alcaldía da cidade. A actual alcaldesa, Lara Méndez López, fixo pública a súa proposta de 25 persoas que agora debe ser votada polos e polas militantes da formación na súa Asemblea Local. Méndez destacou o perfil \"de forte compromiso dos candidatos e candidatas, fronte a outras listas nas que recalan persoas arribistas e con intereses máis personalistas que de cidade\"Nas eleccións de 2015 o PSdeG-PSOE obtivo 8 dos 25 concelleiros en xogo. Na lista, despois de Méndez aparecen Álvaro Santos Ramos, Paula Alvarellos Fondo, Miguel Fernández Méndez, Ana González Abelleira, Mauricio Repetto Morban, Olga López Racamonde, Miguel Couto Alonso, Silvia Alonso Pérez, Pablo Permuy Villanueva e Rosana Rielo Rozas.Destaca a presenza no número 2 de Álvaro Santos, presidente da Asociación Terras de Lugo e Vicepresidente do colectivo Cova da Serpe, deputado provincial dende 2011 e que se converteu no primeiro Secretario Xeral del Partido Socialista na Provincia de Lugo elixido en Primarias. E, no número 3, da avogada Paula Alvarellos, presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, que loita pola reinserción social de persoas que cumpriron penas de prisión.Ademais, tralos concelleiros Miguel Fernández e Ana González, aparecen nos números 6 e 7 dous independentes: Mauricio Repetto, presidente da Asociación de Novos Empresarios da Provincia de Lugo (AJE Lugo), e Olga López Racamonde, enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica e matrona na Atención Primaria.Sinalou a necesidade de contar \"cun Goberno forte que lle permita avanzar mellor e máis deprisa nun modelo de cidade diverso, máis xusto socialmente\"Lara Méndez destacou que se trata dunha lista \"renovada, representativa da sociedade lucense e cun forte compromiso polo avance da cidade\". A rexedora destacou especialmente o perfil \"de forte compromiso dos candidatos e candidatas, fronte a outras listas\" -dixo- \"nas que recalan, como estamos a ver, persoas arribistas e con intereses máis personalistas que de cidade\".Méndez concluíu que este é \"un momento delicado no que Lugo debe decidir se aposta por seguir transformando a cidade\". E sinalou a necesidade de contar \"cun Goberno forte que lle permita avanzar mellor e máis deprisa nun modelo de cidade diverso, máis xusto socialmente, máis inclusivo, accesible, ecolóxico, con valores feministas e integradores\", criticando o papel dunha \"oposición que apostou estes 4 anos pola deslealdade coa cidadanía ao intentar frear o crecemento que Lugo necesita só por intereses electoralistas\"."}
{"ID": "NOS_32482", "summary": "54 parques eólicos cunha potencia total de 1.254,7 megawatts están instalados en terreos da Rede Natura. Malia que a Galiza é o territorio do Estado con menos superficie sometida a este tipo de protección, 107.063 hectáreas da mesma están ocupadas por instalacións eólicas.", "text": "A Rede Natura 2000 é unha malla coherente de espazos naturais protexidos creada coa finalidade de conservar ou restaurar a un estado de conservación favorábel a fauna, a flora e os seus hábitats. Mediante esta ferramenta de conservación común a todos os Estados europeos preténdese conservar o patrimonio natural da Unión Europea e garantir a sustentabilidade, atendo as necesidades económicas, sociais e culturais. Actualmente incorpora en exclusiva 12% da superficie galega, un espazo moi reducido se temos en conta que algunhas das súas figuras de protección favorecen o 27,35% do conxunto do territorio estatal. A escasa extensión da Rede Natura é obxecto de críticas polas autoridades comunitarias, que teñen demandado de modo reiterado ao Goberno galego a súa ampliación. Así, por exemplo, o \"Marco de Acción Prioritaria (MAP) para Natura 2000 na Galiza\", elaborado polo Executivo do Estado, sinala que \"a actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) na Galiza foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso completar a aplicación na Galiza da Directiva 92/43/CEE\". Malia a isto, o Goberno galego ten paralizada desde 2012 a elaboración desta nova normativa. A Rede Natura na Galiza está formada aproximadamente por 320.000 hectáreas, mais 107.063 son ocupadas por instalacións eólicas. Segundo datos achegados polo Observatorio Eólico da Galiza, recollidos no Informe da Comisión Técnica Temporal sobre enerxía e paisaxes culturais na Galiza do Consello da Cultura Galega, \"nalgúns casos, case a totalidade da Rede Natura\" é ocupada por complexos eólicos, como acontece nos espazos protexidos de Brañas do Xestoso en Silleda, Estaca de Bares en Mañón, Monte Maior en Viveiro, Monte Aloia en Tui ou Xubia-Castro na zona do Eume. 1.254,7 megawatts en Rede Natura Cincuenta e catro parques eólicos cunha potencia total instalada de 1.254,7 megawatts aséntanse na Rede Natura. Así, o Observatorio Eólico da Galiza destaca que 28 deles localízanse na área protexida da Serra de Xistral, onde se xeran 649 megawatts, destacando dentro destes pola súa potencia o EGG-3 con 79,50 megawatts, o EGG-2 con 66 megawatts, o de Carba con 44 megawatts e o de Buio con 40,30 megawatts. Precisamente nesta zona, prodúcese a maior concentracións eólica da Galiza, centrada en Muras con 377 aeroxeradores instalados, Abadín con 200 e Ourol con 167. A situación está chamada a empeorar na serra do Xistral. Segundo o colectivo Rebinxe, impulsado por docentes do Instituto de Mondoñedo e que desenvolven nesta zona o seu traballo, nesta área atópanse sete parques en solicitude e un en tramitación en territorios incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura sometida a exposición pública pola Xunta da Galiza entre finais de 2011 e marzo de 2012 e paralizada desde aquela data. O caso do Xistral repítese ao longo de toda a Galiza. Segundo un estudo do biólogo Martiño Cabana, en base a datos extraídos do Rexistro Eólico da Galiza, 30 parques con 136 aeroxeradores estanse tramitando nestas zonas que a ampliación da Rede Natura de 2011 fixa como protexidas. Precisamente, a Lei 8/2009, de aproveitamento eólico da Galiza, no seu artigo 32 exclúe da implantación de parques eólicos aqueles espazos naturais declarados como zonas de especial protección dos valores naturais por formar parte da Rede Natura. Serra do Suído A Serra do Suído é outro bo exemplo disto. Situada nos concellos de Avión, Beariz, A Lama, Fornelos de Montes e Covelo destaca polos seus elementos ambientais e patrimoniais, salientando entre o primeiro as grandes fragas de bosque autóctono e entre os segundos unha abundante presenza de mámoas e os coñecidos como chozos do Suído, unhas edificacións que durante séculos foron empregadas pola veciñanza de case todas as parroquias de Avión. Un informe elaborado polo colectivo Rebinxe afirma que na prevista área de protección Serra do Suído están proxectados 11 parques eólicos. Tres deles, os denominados Suído, Puza e Laxabranca, atópanse en fase de solicitude e oito, os coñecidos como Bidoas, Coto Redondo, Bidueiros Fase II, Covelo, Coto de Gallas, Moncelo, Edreira I e Coto de Airas, en tramitación. A mesma realidade dáse na Serra da Groba, un sistema montañoso que atravesa os concellos miñotos de Baiona, Oia e O Rosal, onde se proxectan actualmente seis parques eólicos, con 44 aeroxeradores, cunha altura total cada un de 229,5 metros. A Rede Natura á intemperie A Comisión Europea leva practicamente dúas décadas premendo o Executivo galego para que aumente o ámbito da Rede Natura na Galiza. As dúas iniciativas promovidas nese períodos foron paralizadas polo Goberno de Núñez Feixoo. As consecuencias están á vista ao longo de toda a Galiza."}
{"ID": "NOS_17322", "summary": "Ficou aprobado o real decreto que permitirá a partir do sábado quitar a máscara ao aire libre. O seu uso continuará a ser obrigatorio cando non se manteña a distancia mínima de metro e medio entre persoas non conviventes, así como en espazos públicos de interior, coa excepción da hostalaría á hora de consumir.", "text": "O Consello de Ministros e Ministras extraordinario decorrido hoxe aprobou un real decreto que modifica a lei que impuña a obrigatoriedade do uso da máscara tanto en espazos exteriores como en interiores de uso público. A partir deste sábado, 26 de xuño, poderase ir coa cara descuberta ao aire libre de manterse unha separación mínima de 1,5 metros con persoas non conviventes. Porén, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, indicou que nos eventos multitudinarios no exterior, a máscara será obrigatoria se o público está de pé e hai aglomeracións, mais de respectarse a distancia mínima e decorrer coas persoas sentadas, non haberá obriga de poñela. Continuará a obrigatoriedade da máscara nos servizos de transporte público, sexan taxis, trens, autobuses ou barcos, coa excepción das cubertas do transporte marítimo, no caso de manterse a separación interpersoal de 1,5 metros. Nos espazos fechados de uso público, como oficinas, supermercados ou calquera clase de comercio, o cubrebocas seguirá a ser imprescindíbel. No caso dos bares, a máscara terá que estar posta á entrada, mais o seu uso queda eximido no momento de consumir. Praia e montaña No que atinxe ás terrazas de hostalaría, á praia ou aos paseos polo monte, rexerá a norma xeral, se hai unha separación de 1,5 metros de distancia con persoas coas que non se conviva poderase prescindir dela. Residencias e servizos esenciais A normativa tamén presenta modificacións no que afecta ás residencias de persoas maiores. Así, cando se supere o 80% das persoas ingresadas coa pauta completa de vacinación, as usuarias e usuarios non terán a obriga de levar a máscara posta. Si terán que facelo as traballadoras e traballadores e quen veña de visita. Esta medida tamén se aplica nas sedes de servizos esenciais como parques de bombeiros ou centrais de protección civil."}
{"ID": "PRAZA_3807", "summary": "A Garda Civil intercepta unha condutora na autovía A-6 á altura de Outeiro de Rei co coche cheo de equipaxe e intención de viaxar dende \"o centro da Península\" ata \"a costa galega\"", "text": "A decisión do Goberno de España de impoñer un confinamento reforzado na segunda fase do estado de alarma estivo intimamente relacionada co feito de que vaia comezar a Semana Santa, con varias xornadas festivas que, argumentou Pedro Sánchez, permitirían reducir a actividade laboral a niveis da fin de semana e, deste xeito, impulsar o freo do contaxio do coronavirus. Non obstante, os días previos á Pascua son tamén xornadas que tradicionalmente implican desprazamentos vacacionais e, malia ás advertencias e as sancións que trae consigo transgredir o confinamento, en concellos turísticos galegos temen que esas viaxes cheguen a producirse.Concellos galegos alertaron á Fegamp tras \"constataren a vontade de traslado por parte de propietarios de segundas residencias\" e a entidade municipalista pediu máis controis ao Goberno central e \"responsabilidade\" á cidadaníaAsí o trasladaron \"varios concellos\" nos últimos ías á Federación Galega de Municipios e Provincias. Concretamente, explica a asociación municipalista, varios gobernos locais alertaron de que \"están percibindo preparativos en segundas residencias\" e nalgúns casos, \"trátase de máis que sospeitas\". Nos consistorios, afirma a Fegamp, existe a \"constatación da vontade de traslado por parte dos propietarios das vivendas\".Nesta situación, explica a entidade que agrupa os concellos e deputacións, existe \"preocupación\" nos goberno slocais polas \"posibles consecuencias sanitarias\" que traerían consigo esas viaxes e por iso a Fegamp vén de pedir axuda ao Estado. Concretamente, a institución que preside o vilagarcián Alberto Varela trasladou a alerta á Delegación do Goberno central en Galicia para frear eses desprazamentos.\"A Fegamp solicita ás autoridades competentes\", o Goberno central por mor do estado de alarma, \"que reforcen os controis e apela á responsabilidade e á colaboración cidadá para que se respecten as medidas de contención da enfermidade\". Para facelo, lembra nun comunicado, é preciso \"gardar a corentena e evitar desprazamentos innecesarios\".Interceptada en Outeiro de Rei rumbo á costaCadrando con esta advertencia dos concellos, a Garda Civil informaba este venres de que viña de \"interceptar\" unha condutora na autovía A-6 na contorna do seu quilómetro 507, á altura do concello lucense de Outeiro de Rei. Segundo o Instituto Armado, axentes que realizaban un control \"de cumprimento das restricións\" polo estado de alarma \"observaron como en dirección á Coruña circulaba un turismo\" cheo de \"bolsas e outros enseres\" nos asentos dos pasaxeiros.O vehículo ía cheo de obxectos que supuñan \"un grave risco para a seguridade viaria\" e para a propia condutora, que recibiu dúas denunciasOs axentes, que se atopaban nos carrís con sentido a Lugo, dispuxéronse a alcanzalo ata lograren facelo no quilómetro 517, xa no concello de Begonte. Alí, aseguran, comprobaron que a cantidade de obxectos no vehículo supuña \"un grave risco para a seguridade viaria\" e \"comprometía a integridade da condutora\". Durante a inspección, agregan, \"tiveron coñecemento da súa intención de desprazarse á costa galega procedente do centro da Península, viaxe para o que adquirira o automóbil\".Por estes feitos, o episodio deu lugar a dúas denuncias, unha pola infracción viaria da gran cantidade de equipaxe fóra dos lugares permitidos dentro do coche e outra, por quebrantar o confinamento. A carga do automóbil, especifican, foi \"transvasada a outro vehículo para que ambos puidesen circular\" con seguridade."}
{"ID": "NOS_26936", "summary": "A comezos de marzo de 958 era coroado como rei da Galiza na Catedral de Santiago de Compostela Ordoño IV. O novo monarca gozaba do favor da clase dirixente galega, enfrontada de vello a Sancho II, e representaba un proxecto político dirixido a garantir a hexemonía da oligarquía galega no espazo cristián peninsular. O seu goberno alongouse só por un ano, ficando aínda sen aclarar os motivos da súa pronta derrota e as súas diverxencias nos últimos tempos con parte da nobreza galega. O seu paso á historia, da man do relato interesado de Ximénez de Rada, denota que non contou co favor do partido castelán e que o seu programa político chocaba coa reelaboración mítica do pasado peninsular comezado no século XIII pola historiografía castelanista.", "text": "As orixes de Ordoño IV (925-963) son obxecto dunha dura disputa historiográfica. A parte maioritaria da disciplina considérao fillo de Afonso IV, un monarca executado por orde do seu irmán Ramiro II, e da raíña de orixe navarra Oneca Sánchez, neto de Ordoño II e de Elvira Mendes. Esta tese, maioritaria entre os historiadores e apoiada, entre outros, por Gonzalo Martínez ou Justiniano Rodríguez, toma como referencia o disposto no Códice de Roda, elaborado a finais do século X na catedral de Roda, en Ribagorza, Aragón. Outro grupo de historiadores, seguindo a formulación de Claudio Sánchez Albornoz, sitúa a Ordoño IV como fillo do efémero monarca Afonso Froilaz, executado por mandato do seu curmán Ramiro II. Esta posición, mantida na actualidade por investigadores como Manuel Carriedo Tejedo, parte do recollido na Crónica de Sampiro, onde se sinala que Ramiro II apresou todos os fillos de Froila II \"… e a todos xuntos nun día mandou sacarlles os ollos\", engadindo de seguido \"todos os magnates… elixiron para o reino o rei Ordoño, fillo de Afonso, o que fora cegado cos seus irmáns\". Neste sentido, o único rei Afonso cegado canda seus irmáns foi Afonso Froilaz, fillo de Froila II. O fillo primoxénito de Afonso III, García, non chegou a reinar na Galiza nuclear, limitándose a súa xurisdición á area castelá e leonesa Carriedo considera que Ordoño IV naceu dunha relación entre Afonso Froilaz e a nobre galega Mansuara Gondesteis. Mansuara foi filla de Godesteo Eiriz e de Gugina Vermudes, neta por vía paterna do conde Ero Fernandes e a súa muller Elvira é curmá, entre outros, de San Rosendo, da raíña Aragonta ou da condesa portuguesa Mumadona Dias. Así as cousas, Mansuara era parte da familia dos Goterres, sendo, entón, Ordoño IV integrante do núcleo duro da clase dirixente do reino cristián peninsular. Un monarca tutelado por San Rosendo A totalidade dos autores que se ocuparon de Ordoño IV coincidiron en sinalar que o monarca criouse na Galiza, sendo educado polo seu parente San Rosendo. A este respecto, non é casual que nove dos 11 testemuños documentais onde parece referido Ordoño antes de subir ao trono procedan do fondo do mosteiro de Celanova. Asemade, na práctica totalidade deles aparece asinando diplomas de doazóns de propiedades en beneficio do círculo familiar dos Goterres, significándose o seu nome a carón doutros membros destacados deste clan familiar. Precisamente, a súa primeira aparición produciuse a comezos de 935, con motivo da cesión dun terreo por parte da infanta Ximena, irmá de Ramiro, a San Rosendo, sobre o cal se ergue o mosteiro de Celanova. A súa relación coa casa real galega foi moi intensa. Malia que Afonso Froilaz ou Afonso IV, os seus posíbeis pais, foron executados por orde de Ramiro II, a presenza de Ordoño IV foi habitual desde 935 no séquito dese monarca. Outro tanto aconteceu durante o reinado de Ordoño III, polo que se supón un trato familiar coa familia real galega. Asemade, o seu titor, San Rosendo, era curmán de Ramiro II e persoa da máxima confianza deste e do seu sucesor. Neste sentido, non cabe dúbida de que o círculo persoal de Ordoño IV correspondeuse co grupo social que mantivo o poder no reino cristián peninsular durante, practicamente, dúas centurias. Ordoño IV foi imposto no trono polo partido galego. Neste sentido, a diversa documentación que chegou sobre as razóns da súa entronización destacou o protagonismo no proceso. Así, nun documento do arquivo da catedral de Compostela recuperado por López Ferreiro, un nobre galego chamado Odoíno Vermudes sinalou que \"naqueles días os condes galegos, conxuntamente cos magnates do palacio, maquinaron expulsar da súa corte a Sancho e dar o trono glorioso do reino a Ordoño, fillo de Afonso\". Gallecia, no mapamundi do Beato de Valcavado, elaborado en Palencia en 970. (Foto: Biblioteca histórica de Santa Cruz en Valladolid) A alternativa impulsada desde Galiza sumou a última hora, cando a situación estaba decantada, a unha parte da nobreza castelá. Neste sentido, a Crónica de Sampiro puxo de manifesto que \"por certa xogada do exército, tramada por todos os magnates galegos, de acordo con Fernando, conde dos burgaleses, elixiron para o reino o monarca Ordoño\". Pola súa parte, o historiador Ibn Jaldún (Túnez, 1332-O Cairo, 1406), apuntou que \"Sancho… era van e orgulloso… o seu poder debilitouse máis e máis… e os condes do seu reino rebeláronse contra el\". A coroación na Catedral de Compostela A comezos de marzo de 958, Ordoño IV foi coroado como rei galego na Catedral de Santiago de Compostela. Agás o bispo de León, Rodrigo, e o conde de Castela, Fernández González, que viña de mudar de bando, a totalidade dos asistentes eran membros da grande oligarquía galega, sinalándose, entre eles, San Rosendo, Paio Gonzales, o máis fiel colaborador de Ordoño III, Afonso Gondesteis, segundo algúns autores tío do monarca, Rodrigo Mendes, fillo de Mumadona Dias e irmán de Gonzalo Mendes, Lucido Aloitz, Goterre Rodrigues e Vermudo Ordoñes, futuro Vermudo II. Ordoño non logrou o control da totalidade do reino galego até agosto. Malia que tras ser nomeado rei en Compostela puxo rumbo ás terras leonesas, a resistencia nesta área foi moi dura. Neste sentido, até o mes de maio, non chegou até León, cuxa alta nobreza defendeu a cidade do sitio dos galegos, facéndose forte no coñecido como \"Castelo do rei\" e na zona amurallada. Asemade, a finais de xuño, un nutrido grupo de tropas musulmás dirixidas polo nobre castelá Froila Vela, acudiron a reforzar os partidarios de Sancho II, sendo derrotados polas tropas de Ordoño e acelerando a caída de León. A composición da curia rexia e as medidas gobernamentais deixaron claro o proxecto político de Ordoño IV. Neste sentido, as súas primeiras disposicións ían dirixidas a favorecer a clase dirixente galega, destacando as doazóns en favor do arcebispo de Compostela, Sisnando e a Osorio Goterres, popularmente coñecido como O Conde Santo, fundador do mosteiro de Vilanova de Lourenzá e tío do monarca. Asemade, o núcleo da administración real estaba composto por significados membros das grandes familias galegas como San Rosendo, Paio Gonzales e Rodrigo Mendes. Ordoño IV tentou aumentar os seus apoios pola vía matrimonial, tecendo pontes con Castela. Neste sentido, explícase o seu matrimonio con Urraca Sánchez, filla do conde castelán Fernán González, anterior esposa do rei galego Ordoño III e futura muller do rei de Nafarroa Sancho Garcés. Porén, este casoiro rematou por debilitar aínda máis a posición de Ordoño IV, restándolle, ao tempo, seguidores nunha parte da nobreza galega, que o vía como un instrumento en mans da oligarquía de Castela. Un reinado dun ano O seu reinado alongouse durante un ano. A comezos de marzo de 959, o retorno de Sancho II, apoiado por navarros, casteláns e musulmáns, era un feito, fuxindo Ordoño IV cara a terras de Asturias e, posteriormente, a Castela. A este respecto, un documento recollido no tombo de Celanova apunta que \"Sancho... fuxindo a terra de mouros, regresou cun exército de pagáns. O devandito Sancho subiu ao solio e comezou a reinar despois de que Ordoño, fillo de Afonso, por medo á batalla, se dese á fuga desde o solio real\". A súa acción de Goberno valorouna negativamente a maioría da historiografía, pasando a designalo como Ordoño IV \"O Mao\", alcume ideado polo bispo de Oviedo, Paio, \"O Falsario\". A visión sobre a figura de Ordoño viuse desfigurada pola reelaboración castelanista do pasado iniciada por Jiménez de Rada e continuada até hoxe por toda a escola españolista. Precisamente, o arcebispo de Toledo e home chave no aparello de Estado de Fernando III definiu a Ordoño IV como \"vil, pusilánime, a efeminado, de conducta depravada e odioso para Deus e para os homes, nin sequera se atopou seguro en Asturias e, rexeitado por todos, marchou fuxindo cara ao seu sogro\". Poboado de Castro Candaz, situado en Chantada e actualmente anegado polo encoro de Belesar, escenario dunha batalla entre galegos e viquingos. (Foto: Nós Diario) Ordoño desprazouse á cidade española de Córdoba buscando o apoio do califato. Segundo o grande historiador alxerino do século XVII Al Maqqari, autor dunha monumental historia de España en oito tomos, o califa Al Hakam prometeulle: \"Conducirémoste ao teu país ... recibirás de nós tantos beneficios como recibiu o adversario do noso pai [Abdarrahmán] e enviarémosche un tratado no que fixaremos os límites do teu reino e do teu primo [Sancho]. Ademais, impediremos a este último que te inquiete no territorio que che terá que ceder\". Pola súa parte, o historiador tunesino Ibn Jaldún sinalou que \"Ordoño, fillo de Alfonso, competidor de Sancho, achegouse a Córdoba para pedir socorro e o califa deulle tropas ás ordes de Ghalib [militar do califato de Córdoba]\". A realidade foi ben distinta. Malia que o propio Al Hakam asinou un acordo con Ordoño IV polo que lle garantía asistencia militar para recuperar o reino, a cambio de comprometerse a unha política \"de paz perpetua\" co poder español e \"ceder como refén un fillo chamado García\", os emisarios de Sancho II non tardaron en visitar Córdoba en busca dun novo pacto co califa. Así as cousas, o poder español non tardou en esquecer as promesas realizadas ao monarca galego, que morreu nesa cidade en 963. Os viquingos no Reino da Galiza As primeiras novas sobre a estadía dos viquingos no noso país poderían remontarse ao século VIII. Segundo o historiador sueco Melvinger, botando man das crónicas árabes, o primeiro contacto produciuse á volta da década do 790, e máis concretamente no 795, momento en que vascos e viquingos asentados en Gascuña acudiron en apoio ao rei galego Afonso II para repeler unha expedición árabe diante das costas galegas. Porén, o portugués Helio Pires, autor dunha monumental tese de doutoramento sobre a presenza dos pobos nórdicos na Galiza e Portugal, considera este argumento moi débil, mantendo como data da primeira incursión a tradicional do 844. Segundo Pires, nese ano, unha incursión marítima de xentes do norte que subiran polo río Garona e atacaran Toulouse (Francia) puxeron rumbo á costa cantábrica, sendo derrotados polas tropas do rei Ramiro I, após seren vítimas dunha tempestade, segundo a maioría das crónicas, na Coruña. Unha parte do corpo desta expedición continuou pola costa atlántica, atacando Lisboa e posteriormente Sevilla tras navegar río arriba polo Guadalquivir. Á volta do 858, outra armada de xentes do norte chegou ao Reino da Galiza, sendo derrotados na zona do Salnés por \"un conde Pedro\", vasalo de Ordoño I, sinalando algúns autores que na mesma vaga foi asediada tamén Compostela, continuando o camiño até Lisboa. As primeiras novas sobre a estadía dos viquingos no noso país poderían remontarse ao século VIII A comezos do século X, segundo López Alsina antes do 912 e na opinión de Flórez arredor do 934, documentouse a presenza dos viquingos en Tui. Un texto fala dun bispo obrigado a abandonar a diocese a consecuencia dos ataques da xente do norte e a refuxiarse no mosteiro de Labruxa, no actual concello de Ponte de Lima. Á volta de 951 atopábanse de novo na Galiza, nesta ocasión na cidade de Lugo, onde unha parte dos seus habitantes, concretamente os que debían servizo á igrexa de Santa María, comprometéronse a poboar a cidade para defendela dos viquingos. A medias entre 968 e 969, nesta ocasión mandados por Gunderedo, un novo ataque, que mesmo puido chegar ás terras do Cebreiro, rematou coa toma de Iria-Compostela, a derrota dos galegos e a morte do arcebispo Sisnando. Un texto datado arredor de 974, conservado no arquivo da catedral de Ourense, dá conta doutro ataque, nesta ocasión contra o mosteiro de San Xoán da Cova, situado na contorna de Ribas do Sil. A década final do século reservou outras referencias á presenza das xentes do norte no reino da Galiza, sexa en 992, na idea de Paulo Martínez, en Santo André de Boimente (Viveiro), sexa en 995 en Santalla de Curtis. As referencias á estadía dos viquingos no reino de Galiza do século XI son abondosas. Outra vez máis, Tui foi atacado antes de 1022, sendo destruída a cidade e o seu bispo Afonso capturado, o que provocou que a sé pasara a ser administrada primeiro polo bispo de Lugo e a partir de 1024 polo de Compostela, non volvendo a haber noticia dun prelado na diocese até 1071. Segundo un documento citado por Flórez en España Sagrada, á volta do 1032 certifícase a participación dunhas tropas mercenarias viquingas a carón do nobre galego Rodrigo Romaniz, no asalto ao \"Castro Lupario\", nas proximidades da cidade de Lugo entón en mans duns soldados ao servizo do Reino de Navarra. A Historia Compostelá refire episodios importantes da presenza dos viquingos na Galiza. Así, dá conta en 1066 da morte do bispo Cresconio e do seu papel na construción de defensas contra os nórdicos na área do Salnés. Xa a finais da centuria, arredor de 1068, outro documento procedente do fondo do mosteiro de San Martiño de Xubia (Narón), refírese ao saqueo do mosteiro de San Xián do Mondego, no actual concello de Sada, por parte dos viquingos."}
{"ID": "PRAZA_1653", "summary": "Falamos cunha representante da Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso), que a pasada semana denunciou a ausencia de persoal especializado na xestión da Risga na provincia da Coruña.", "text": "\"Non todo o mundo pode facer de todo e non todas as problemáticas son iguais. Cando unha persoa vai ao seu médico de cabeceira, seguramente non lle gustaría ser atendido por un Licenciado en Historia, por moito que sexa un Grupo A. E de igual xeito, cando unha persoa vai a servizos sociais, debería ser atendido polos profesionais especializados en servizos sociais: traballadores sociais, psicólogos, educadores sociais...\". Fala unha das representantes da Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso), que a pasada semana denunciou a supresión das prazas de traballadoras sociais e expertos en servizos sociais da Unidade Técnico Administrativa da Risga (UTA) da Coruña. Ana, unha das representantes da Plataforma, explica que nestes momentos na xestión da Risga na Coruña \"están traballando persoas que non teñen ningunha relación cos servizos sociais. Algunhas delas si teñen algo de experiencia na xestión de pensións non contributivas, pero isto non ten nada que ver coa xestión da Risga. Hai licenciadas en Dereito, outras persoas que antes traballaban en Medio Ambiente...\". Destaca que isto \"só pasa na Coruña\", pois \"nas restantes provincias galegas si hai persoal especializado: hai traballadores sociais, sociólogos, psicólogos\". \"Antes, cando unha persoa solicitaba a Risga, non só se activaba esta axuda, senón tamén se poñía en alerta a todas aquelas institucións e asociacións e a todos os mecanismos que a esa persoa a poden axudar a saír desa situación na que está\" Dende Proserso subliñan que a Risga é unha axuda \"que necesita duns coñecementos específicos da materia e da poboación coa que se está tratando e dunha gran coordinación entre os concellos e outras administracións, esixe un control moi grande dos servizos sociais e un gran coñecemento das prestacións\". \"Antes, cando unha persoa solicitaba a Risga, non só se activaba esta axuda, senón tamén se poñía en alerta a todas aquelas institucións e asociacións e a todos os mecanismos que a esa persoa a poden axudar a saír desa situación na que está\", conta Ana. \"E o punto coordinador de todos eses esforzos, o nexo de unión\" -destaca- \"eran as persoas da UTA\". \"Porén, hoxe a Unidade limítase a tramitar a concesión dunha axuda económica, dando unha resposta positiva ou negativa ás solicitudes\", denuncia. \"Isto produce unha situación de desprotección do cidadán, porque cando unha persoa está nunha situación de carencia necesita outras cousas, non só que se lle tramite unha axuda\", engade. Di que na Coruña, dende maio de 2014, \"o sistema de coordinación está totalmente roto, apenas se dá atención telefónica, apenas se lles dá información aos usuarios e usuarias sobre a situación da súa Risga\" Sinala, neste senso, que na Coruña, dende maio de 2014, \"o sistema de coordinación está totalmente roto, apenas se dá atención telefónica, apenas se lles dá información aos usuarios e usuarias sobre a situación da súa Risga, que é un dereito que teñen\". \"Hai unha situación de indefensión da persoa que está pasando por unha situación de necesidade. Estas persoas teñen uns dereitos que non están sendo respectados\", di. Proserso botou a andar en febreiro, e dende entón vén realizando un labor de análise en distintos ámbitos: menores, dependencia, Risga, a nova Lei de Inclusión, a regulación da profesión na nova Lei de función pública..., un traballo que nas vindeiras semanas será público a través da difusión dun documento que amosará a súa valoración sobre o actual estado dos servizos sociais en Galicia. \"Demandamos atención de calidade en servizos sociais, sobre todo nesta situación na que estamos\", di Ana. \"Queremos devolverlle á cidadanía unha atención de calidade e que se respecte a lexislación vixente, que non se está respectando na maioría das áreas de servizos sociais\" \"E esiximos tamén persoal especializado. Non todo o mundo pode facer de todo e non todas as problemáticas son iguais. Cando unha persoa vai ao seu médico de cabeceira, seguramente non lle gustaría ser atendido por un Licenciado en Historia, por moito que sexa un Grupo A. E de igual xeito, cando unha persoa vai a servizos sociais, debería ser atendido polos profesionais especializados en servizos sociais: traballadores sociais, psicólogos, educadores sociais...\", engade. \"Queremos devolverlle á cidadanía unha atención de calidade e que se respecte a lexislación vixente, que non se está respectando na maioría das áreas de servizos sociais\", conclúe."}
{"ID": "NOS_38345", "summary": "A proposta presentada polo BNG e apoiada polo PSdG, saíu adiante malia a oposición do Partido Popular.", "text": "O pleno da Deputación de Lugo vén de aprobar a moción do BNG pola que demandaba a institucionalización do 17 de agosto como Día da Galiza Martir. Así, a institución insta a Xunta da Galiza a recoñecer a data, que coincide co cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda, como \"celebración nacional naGaliza, en memoria e homenaxe de todas as galegas e galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente\" A proposta presentada polos nacionalistas, e apoiada polo PSdG, saíu adiante malia a oposición do Partido Popular que no debate plenario \"se puxo de perfil\" evidenciando un \"xiro\" que, segundo remarcou o voceiro nacionalista Efrén Castro, \"fai que estas propostas, que son unha reivindicación histórica do BNG, sexan hoxe máis necesarias ca nunca\". Homenaxe e defensa dos dereitos democráticos \"O Dia da Galiza Mártir pretende homenaxear as persoas asasinadas e represaliadas por defenderen os dereitos democráticos. As institucións temos a obriga de contar a historia como foi e repoñer as vítimas. Dino todos os tratados internacionais e fano outros estados, independendemente da súa ideoloxía\", argumentou o voceiro do BNG e deputado de Memoria Histórica no goberno provincial. \"Por que non queren homenaxear a xente que morreu por defender os valores democráticos. Explíqueno porque non o entendemos\", instou á bancada popular o deputado nacionalista que advertiu de que \"os posicionamentos do PP fan que no Estado español se estean a discutir día a día valores democráticos firmes\". Ademais de instar á Xunta ao recoñecemento oficial do Día da Galiza Mártir, a proposta compromete á Deputación de Lugo a \"promover institucionalmente a celebración de actos protocolarios de rehabilitación pública e política para o primeiro Día da Galiza Mártir que se conmemore e de aí en diante\" A conmemoración do Día da Galiza Mártir foi instaurada en 1942 en Bos Aires, polos galegos no exilio, na honra de Alexandre Bóveda, fusilado na Caeira, en Poio, no 1936, tras un xuízo militar sumarísimo."}
{"ID": "NOS_22577", "summary": "A equipa da curtametraxe O neno e a sombra, dirixida polo realizador Xaime Miranda, vén de abrir unha campaña de micromecenato para o seu financiamento . Entre as recompensas, ademais de pósters, camisetas ou botellas de licor café, haberá amuletos tradicionais.", "text": "Estará protagonizada polos actores Miguel de Lira e Manuel Lourenzo. A rodaxe terá lugar na Mariña a comezos de 2019. Trátase dunha obra de xénero folk horror baseada no patrimonio inmaterial galego, onde as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato da historia. O micromecenato lévase a cabo mediante a plataforma dixital Verkami e os fondos irán destinados a contribuír no financiamento da curtamentraxe. As camisetas e pósters están deseñados polo artista gráfico Xosé Blanco e as botellas de licor café son cortesía da viñoteca O Lagar (Burela). Os amuletos son típicos da escena mística galega, como pedras do raio, castañas da envexa, alicornios e ollomaos. Tamén, para quen máis aporte, organizarase unha visita a Santo Estevo do Ermo, na Mariña, lugar de realización de rituais espirituais. A banda sonora é de Nuno Pico e no reparto tamén contarán con María Roja e Diego Anido. Estarán asesorados polo antropólogo Rafael Quintía."}
{"ID": "NOS_44079", "summary": "A Galiza abeira hoxe 67.724 casos activos da Covid-19, logo de rexistrar outros 4.966 novos contaxios, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 502.", "text": "Segundo os datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas do domingo, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza (dúas menos que na xornada anterior), mentres aumentan a 449 as hospitalizadas noutras unidades (+55). Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, coa de Lugo-A Mariña-Monforte á cabeza, que aínda que mantén cinco pacientes Covid en UCI, rexistra 42 noutras unidades (+11), mentres que na de Vigo descenden a 12 o críticos (-3), pero increméntanse a 92 os doutras unidades (+11). A área de Compostela e O Barbanza rexistra sete pacientes Covid en UCI (+1) e 72 noutras unidades (+1), e na de Pontevedra e O Salnés baixan a sete o críticos (-1), pero soben a 55 os ingresados noutras unidades(+9). Na área de Ferrol continúan dous ingresados en UCI pola Covid e aumentan a 25 os hospitalizados noutras unidades (+6); mentres que na de Ourense, Verín e O Barco aumentan a sete os críticos (+1) e a 72 os doutras unidades (+6). E na da Coruña e Cee mantense 13 pacientes Covid en UCI e aumentan a 91 os ingresados por este coronavirus noutras unidades (+5). Casos en aumento Os casos activos da Covid-19 continúan en aumento no país e ascenden a 67.724, que supoñen 2.389 máis que a xornada anterior, o que implica un incremento menor que o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (4.966) que altas (2.575), ao que se engaden dous falecidos. Con máis infeccións activas mantense a área sanitaria de Vigo, con 15.199 (+348); seguida da da Coruña, con 12.859 (+573); Compostela, con 12.010 (+357); Ourense, con 8.586 (+497); Pontevedra, con 7.929 (+240); Lugo, con 6.875 (+255); e á cola continúa a de Ferrol, con 4.266 (+119). Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na sexta feira, a incidencia acumulada a 14 días da Galiza fica en 2.597 casos por cada 100.000 habitantes, fronte aos 2.722 de media no Estado. Baixan os novos contaxios Pola súa parte, os novos contaxios da Covid-19 descenden lixeiramente a 4.966 no inicio desta semana, que supoñen 619 menos que os 5.585 do día anterior, cando se volveu superar a barreira dos 5.000 desde o 1 de xaneiro. No que atinxe á taxa de positividade das probas PCR —número de infeccións detectadas por cada 100 test—, comeza esta semana cun descenso a 22,6%, após situarse en 28% o día anterior. Deste modo, mantense moi por riba do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Vítimas mortais As persoas falecidas diagnosticadas coa Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Galiza aumentan a 2.817, ao notificar Sanidade este domingo dúas vítimas máis. En concreto, os óbitos corresponden a un home de 90 anos que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra e doutro home de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Aliás, 218.086 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse no conxunto do país desde o comezo desta crise sanitaria, que representan 2.575 máis que as contabilizadas ata o día anterior."}
{"ID": "NOS_4380", "summary": "Cuba celebrou o 54 aniversario do triunfo revolucionario a pasada segunda feira. Após máis de medio século de transformacións políticas, sociais e económicas, a illa caribeña encara un novo programa de desenvolvemento económico encamiñado a continuar coa construción do socialismo iniciada o 1 de xaneiro de 1959.", "text": "Había tres anos do inicio da revolución en Sierra Maestra cando o ditador Fulgencio Batista e boa parte dos seus tomaron rumbo á República Dominicana a bordo de catro avións. Fuxían da inminente vitoria do exército rebelde liderado por Fidel Castro que tomara xa a cidade de Santa Clara e avanzaba camiño da capital acompañado dun afervoado clamor popular. A súa saída do país puña fin a unha ditadura iniciada cun golpe de estado en 1952 e daba comezo a un novo tempo para o pobo cubano. O primeiro de xaneiro de 1959, iniciábase en Cuba un proceso revolucionario encamiñado a devolver a soberanía ao pobo e a desenvolver un proceso de transformación social asentado no socialismo como única vía. Naquela altura o 80% d@s cuban@s pagaban unha renda por traballaren unha terras cuxos propietarios eran as máis das veces, compañías estadounidenses. Tamén así, as empresas eléctrica e telefónica eran xestionadas polos EUA e case a práctica totalidade da poboación era analfabeta e non gozaba de asistencia sanitaria. A partir do triunfo recolucionario, o principal obxectivo das leis promulgadas polo goberno encamiñaríanse a pór fin a esta situación, nomeadamente a través da lei de Reforma Agraria. Os cambios decorridos na illa desde a vitoria do exército rebelde vense reflectidos nos indicadores internacionais que sitúan a Cuba como o país con maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) da rexión América Latina e Caribe, ao tempo que entre os mellores sistemas educativos e sanitarios do mundo. Neste senso, Cuba foi o único país en cumprir practicamente na súa totalidade cos 'Obxectivos do Milenio' aprobados polas Nacións Unidas en 2000 e continúa a desenvolver programas de desenvolvemento social para alén das súas fronteiras proporcionando, por exemplo, axuda humanitaria e médica noutros territorios de América Latina (Venezuela) e África. Malia as dificultades xurdidas durante a Guerra Fría, nomeadamente a partir do estabelecemento do bloqueo económico, comercial e financeiro polos EUA en 1962; o modelo cubano resiste e continúa avanzando após máis de cincuenta anos da vitoria. A actualización do modelo económico cubanoDespois de medio século de construción do socialismo, o programa económico cubano está a ser actualizado coincidindo coa nova etapa iniciada na illa. Neste senso, Alberto Betancourt, economista cubano e asesor do goberno revolucionario, explicaba durante a súa visita a Galiza o pasado mes de xullo cales estaban a ser os principais eixos arredor dos que xira o novo programa de desenvolvemento económico aprobado en Cuba o pasado ano 2012. Betancourt, aseguraba naquela altura que o obxecto das reformas é \"continuar coa construción do socialismo a través da planificación económica e da garantía dos servizos universais\", para o que se están a levar a cabo transformacións de grande importancia, como afirmaba o propio mandatario cubano, Raúl Castro, no seu discurso de clausura da VII lexislatura, decorrido o pasado 13 de decembro. Após a aprobación de novas medidas que facilitan o desenvolvemento produtivo da illa, ao longo deste 2013 a nova planificación económica cubana procurará aumentar a produtividade do sector agropecuario e flexibilizar o mercado de traballado á fin de regular as formas non estatais de emprego (cuentapropistas). Aliás, ao longo deste ano o goberno aprobará unha nova Lei Tributaria e procurará alternativas na xestión das empresas estatais encamiñadas a fornecelas de maior autonimía e eficiencia económica. Malia o alcance, complexidade e calado das transformacións que encara Cuba, Alberto Betancourt sentenciaba, \"as novas liñas económicas non constitúen unha aproximación ao sistema capitalista\" --como de maneira tendenciosa se pretendeu facer crer-- senón que procuran consolidar e actualizar \"o concepto de revolución socialista\"."}
{"ID": "PRAZA_14905", "summary": "O tribunal falla a favor do sindicato e anula esta convocatoria de accións formativas. Recoñécelle a FORGA o dereito a percibir as axudas solicitadas.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (FORGA), dependente da CIG, no recurso contencioso administrativo interposto contra a Xunta por non concederlle unha serie de cursos de formación en 2009. O TSXG anula a resolución impugnada e recoñece o dereito de FORGA a obter as axudas solicitadas á Consellería de Traballo e Benestar. A Xunta pode establecer recurso contra esta sentenza. O Tribunal recoñece que as argumentacións da Xunta para denegar a axuda carecian de base pois \"na resolución do presente caso só se argumenta, para denegar a concesión dos cursos de formación profesional, que non se axustan ao dispuesto no artigo 14.2 da Orden de convocatoria\" pero sen especificar o motivo. A FORGA alegaba de igual xeito que non se explicaba \"a razón pola que unha organización como FORGA, sen ánimo de lucro, constituida por unha central sindical para promover, precisamente, a formación para o emprego entre os traballadores de Galicia, podia quedar postergada ante empresas privadas con obxetos lucrativos dispares, que en moitos casos no teñen nada que ver coa formación para o emprego\"."}
{"ID": "NOS_21419", "summary": "Novo mozo negro abatido pola Policía en EUA.", "text": "O axente da Policía que matou o pasado domingo na cidade estadounidense de Minneapolis, en Minnesota, a un mozo negro tería confundido a súa pistola co táser. A Policía do distrito de Brooklyn Center publicou onte as imaxes, onde se ve o axente aproximándose ao vehículo de Daunte Wright, de 20 anos, e pedíndolle saír do coche. Os axentes tentan esposar a Wright, mais este záfase e volve ao vehículo. Entón o axente saca un arma e berra \"Táser!\" e despois de disparar laméntase de inmediato \"Merda! Dispareille\", afirma, segundo o audio da gravación. \"Cando vin o vídeo e escoitei as ordes do axente, deducín que tiña intención de sacar o táser, mais disparou ao señor Wright cunha soa bala\", apuntou o xefe da Policía de Brooklyn Center, Tim Gannon. O axente foi dado de baixa provisionalmente e abriuse unha investigación. A morte de Wright, a escasos 16 km do lugar onde George Floyd foi asfixiado até morrer hai menos dun ano, fixo regresar as protestas a Minneapolis. Axentes antidisturbios dispersaron a multitude tras choques cos manifestantes, impúxose o toque de recoller e os colexios fecharon onte. O gobernador de Minnesota, Tim Walz, sinalou en Twitter que \"o noso Estado chora outra vida dun home negro arrebatada polas forzas da orde\". Accidente de tráfico Wright, segundo a Policía, foi parado tras un accidente de tráfico. Os axentes, así comprobaron que tiña unha orde de arresto pendente, quixérono deter, mais o rapaz regresou ao vehículo e iniciou a marcha, momento en que foi tiroteado. Wright ía acompañado pola súa parella, que non sufriu feridas de gravidade durante o suceso. \"Díxenlle que cando o policía regresase lle pasase o teléfono e que lle daría a información do seguro\". Entón escoitou que un axente dicía: \"Colgue o teléfono e saia do coche\", ao que Wright preguntou o motivo, e este díxolle: \"Explicarémoscho cando saias do coche\". Katie Wright, a nai do rapaz, dixo que a chamara por teléfono cando estaba retido para preguntarlle información sobre o seguro do vehículo, xa que llo regalara había pouco. Segundo a muller, o Daunte confesoulle que fora detido \"por ter ambientadores colgando do seu espello retrovisor\". \"Un minuto despois, chamei e respondeu a súa moza, que era a copiloto no vehículo, e díxome que lle dispararan. Enfocou a videochamada e estaba alí tirado sen vida\", dixo Katie aos medios."}
{"ID": "NOS_22890", "summary": "Dez autoras diferentes en estilo e biografía partillan páxinas en 'Entre Donas', unha escolma que propón Baía Edicións para visibilizar as verbas de autoras galegas actuais, coa reivindicación de que malia a calidade dos seus textos, os \"efectos da sociedade patriarcal\" as condenan a unha menor difusión.", "text": "\"Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes\", advirte Ana Luísa Bouza no epílogo de Entre Donas, parafraseando a unha das dez autoras que partillan os seus capítulos, non descubriremos cal. Tampouco \"hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista\", acrecenta nas súas reflexións finais Bouza, nunha síntese do que subxece baixo o volume. Así, este volume que sae do prelo da man de Baía Editorial, segundo declara a Nós Diario a directora da empresa e editora do volume, Belén López Vázquez, nace coa vocación de se converter nun \"catálogo de escritoras galegas actuais\", para dalas a coñecer tanto dentro como fóra do país. Marilar Aleixandre, Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Inma López Silva, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Reimóndez, Eli Ríos, Anxos Sumai e Antía Yáñez aparecen reunidas nas páxinas deste volume con tinta violeta. Segundo explica a editora, a escolma parte dunha decisión absolutamente individual, baseada no seu gosto persoal. Porén, entrarían tamén en xogo outros factores, como a dispoñibilidade das autoras para escribir. Porque o volume reúne dez relatos encargados ex profeso para conformar esta publicación. Alén dunha limitación de espazo, a premisa para as historias era o protagonismo feminino. Algo ao que as escritoras se achegan desde unha multiplicidade de perspectivas que constitúe xustamente para López a riqueza e valor deste libro. \"Son todas elas moi diferentes, en estilo, idade ou traxectoria\", afirma. Mesmo a normativa se adapta ás preferencias de cada unha, optando polo padrón do ILG ou da AGAL. Trazos comúns Malia esas dixerxencias biográficas ou estilísticas que marcan a pluralidade das autoras, podemos atopar nas súas narrativas algúns puntos en común. \"Todas denuncian, de maneira máis ou menos evidente, algún efecto da sociedade patriarcal\", sintetiza López. \"Todas denuncian, de maneira máis ou menos evidente, algún efecto da sociedade patriarcal\", sintetiza López Algunhas delas céntranse en tópicas novidosas mentres outras volven sobre temas moi tratados, mais fano desde unha ollada diferente, explica. Todas erguen, en definitiva, a súa propia voz. \"O importante é o conxunto, a diversidade na forma de ver a represión que a sociedade exerce sobre as mulleres\", insiste. Esa variade de olladas complementa aínda máis o discurso. \"Todos teñen un punto de vista interesante\", asegura a autora. \"O importante é o conxunto, a diversidade na forma de ver a represión que a sociedade exerce sobre as mulleres\", insiste a editora A elección, admite, tampouco foi doada. É consciente de que fican moitas autoras fóra con méritos máis que suficientes para entrar no volume. Con todo, tampouco se descarta que este proxecto teña algún tipo de continuidade no futuro. \"Iremos vendo\", di. O que está claro é que \"hai moita literatura de muller\" nas nosas letras. Elas, premiadas pero menos recoñecidas? Aínda que a pandemia obrigou en parte a modificar a estratexia con este volume, finalmente ve a luz a escolma, aínda que terá menos repercusión da agardada como mostra desa ollada feminina do panorama galego, sobre todo de cara ao exterior. A cancelación de feiras limitará, por exemplo, o diálogo previsto con outras literaturas do Estado nestes eventos. Precisamente, López reivindica, como unha das realidades que esta publicación quere contribuír a paliar, a menor visibilidade que reciben as escritoras no propio país, mesmo cando constatan no sistema literario a calidade das súas obras. \"Malia levaren unha morea de galardóns -como pode ser o recente Premio da Crítica para Olga Novo e Berta Davila- son menos promocionadas que os homes\". O obxectivo era, xa que logo, \"pór o foco de atención nelas\". Neste senso, sinala a anomalía de que a máxima representante da nosa literatura sexa unha muller, algo moi pouco habitual. Pero a pesar do referente indiscutíbel no frontispicio de Rosalía de Castro, \"eles son máis recoñecidos, hai unha falta de interese\" que a editora le como \"outro efecto da sociedade patriarcal\"."}
{"ID": "NOS_9295", "summary": "Anuncia que recorrerá a orde de expulsión e denuncia ter recibido un \"tratamento degradante e vexatorio\". BNG e Amaiur piden no Congreso asilo político para o activista.", "text": "Hassanna Aalia anunciou esta cuarta feira que através do seu avogado presentará un recurso contra o procedemento sancionador iniciado que exixe a súa expulsión do Estado español. Após ser detido por \"dous policías vestidos de paisano\" no interior do comboio no que viaxaba desde Galiza con dirección Euskadi, Hassanna Aalia valorou o acontecido através da rede social Facebook e deu conta do \"proceso sancionador\" que lle foi incoado e mediante o cal Estranxeiría odena a súa expulsión. \"Tendo en conta a miña situación, a detención non ten ningún sentido\", sinala Aalia ao tempo que lembra a súa situación, á espera de que a Audiencia Nacional española resolva o recurso interposto contra a negativa do goberno español a lle recoñecer o dereito de asilo. \"o Goberno español, que alardea de ser un país acolledor e fala dunha suposta acollida, cando aquí mesmo ten un caso real. Hipocrisía pura\", denuncia. \"Tendo en conta a miña situación, a detención non ten ningún sentido\" \"É vergoñento o que me fixeron pasar, un tratamento denigrante e humillante\" para alén, acrecenta, \"de ser un acto vexatorio e de persecución\". \"Ninguén pode xustificar este acto contra a miña persoa e paréceme moi denunciábel\", afirma. O avogado de Aalia dispón de 48 horas para recorrer a orde de expulsión ditada onte desde a Comisaría de Burgos embora existir unha medida cautelar decretada pola propia Audiencia Nacional que suspende a saída de Hassanna do Estado español. Asilo político BNG e Amaiur reclamaron ao Goberno español que revoque a orde de expulsión e conceda asilo político para o activista sahariano. Neste senso, Rosana Pérez apelou á \"responsabilidade histórica que ten o estado español en relación ao pobo saharaui. É momento de ser xeneroso e solidario co drama humanitario que sofre o pobo sirio, pero sen esquecernos do drama e das circunstancias penosas que viven outros moitos pobos omo o saharaui co que existe un deber histórico\", sinala a deputada do Bloque na proposición non de lei rexistrada no Congreso."}
{"ID": "NOS_32926", "summary": "As fontes da formación consultadas por Sermos Galiza afirman que non desbotan ningunha opción como cabeza de cartaz, tampouco a de Beiras.", "text": "Días atrás, Yolanda Díaz, o referente de Esquerda Unida na Galiza, posicionouse claramente en favor de que unha persoa independente liderase a lista da Marea nas eleccións galegas do outono. Fíxoo non sen antes gabar a figura de Beiras, de quen dixo que é un \"dos grandes\". Sermos Galiza xa informou no seu día de que a opción de Beiras como número un da candidatura non ten apoios en sectores moi significativos das mareas municipalistas -singularmente no pazo de María Pita-, en Podemos e mesmo en algúns núcleos de Anova que terían posto os seus ollos en Martiño Noriega A líder de Esquerda Unida na Galiza mostrou a súa inclinación por apostar en perfís do estilo de Luís Villares, portavoz de Xuíces pola Democracia no país e ao que algúns meios situaron na órbita da Marea. Perguntado ao respeito por Sermos, as fontes consultadas de Anova indican: \"Ninguén está descartado. Beiras tampouco\". A prol da figura de Beiras arguméntase o seu grao de coñecimento practicamente universal na Galiza e a súa capacidade de antagonizar con Feijóo. En contra, a súa avanzada idade -ten 80 anos- e que sexa \"candidato de parte\", isto é, dirixente dun dos partidos políticos integrados na Marea. Este é un dos asuntos a debate. Se o cabeza de cartaz debe ser un cadro político ou unha persoa da sociedade civil. \"Non me parece progresista que se criminalice as persoas que temos perfil e experiencia política. Hai outras que se queren apresentar como persoas do mundo social, cando en realidade levan anos de militancia en organizacións\", afirman fontes de Anova. Este é un dos asuntos a debate. Se o cabeza de cartaz debe ser un cadro político ou unha persoa da sociedade civil O debate sobre a lideranza entrevérase tamén coa discusión sobre a forma organizativa. Anova, EU e Podemos, informa La Voz de Galicia, non chegaron a un acordo sobre a hipótese de se apresentar como partido instrumental o 26X. Isto significa que manterán a fórmula do 20D, ou sexa, irían en coligazón. Anova rexistara esta mesma semana En Marea como partido perante o Ministerio do Interior co argumento de que iso facilitaría a consecución dun grupo parlamentar. Podemos e EU argüen, en troca, que en realidade a decisión final a tomará a Mesa do Congreso, con independencia da formulación organizativa pola que se opte, partido ou coligazón. O certo é que, aínda sendo En Marea partido, sería doado que desde unha Mesa do Congreso non favorábel aos intereses de Podemos e confluencia se impedise a formación do grupo co argumento de que no seu seo habería militantes dun partido -o morado- que tería grupo aparte. Mentres tanto, as mareas en común -plataforma municipalista- realizará este sábado en Ames unha cimeira co obxectivo de avanzar na democratización do proceso, visando que non fique nun remake do 20D, con acordos cupulares entre tres forzas políticas (Anova, EU e Podemos)."}
{"ID": "NOS_53477", "summary": "Ratifica o carácter esencial da vinculación das fábricas e a produción eléctrica como garantía do interese público.", "text": "O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ditar sentenza desestimando o recurso de alzada que Ferroatlántica interpuxo en decembro de 2017 contra o acordo de Augas de Galiza denegando a segregación das actividade de ferroaliaxes e da produción de enerxía. Esta resolución, consideran desde a CIG, \"desbarata os argumentos da empresa para xustificar a desvinculación\", mais o comité xa adianta que seguirá pelexando \"porque a dirección quere separar as fábricas das centrais pola vía dos feitos consumados\". A representación do persoal valora moi positivamente a resolución do TSXG, entendendo que, tal e como está recollido nas cláusulas das concesións, non había lugar para unha decisión en sentido contrario. E así se analiza no punto décimo da sentenza, \"na que explicitamente se afirma que a prohibición de desvincular actividades constitúe unha condición esencial das concesións, introducida para garantir o interese público, neste caso o mantemento do emprego nas plantas de ferroaliaxes. Non estando por enriba da salvagarda do interese xeral nin a liberdade de empresa nin o libre mercado, tal e como argumentou Ferroatlántica\". O comité salienta que esta sentenza dálle a razón os traballadores e as traballadoras e deixa en evidencia a fraude das actuacións de Ferroatlántica, \"que no seu momento pretendeu vender os dereitos de explotación dos aproveitamentos hidráulicos do río Xallas e Grande como se foran da súa propiedade; e cando non o conseguiu orquestrou unha operación fraudulenta para traspasar a TPG-Ithaka o complexo industrial e as centrais, buscando darlle unha aparencia de legalidade\". Esta non é a primeira vez que Ferroatlántica busca desvincular as actividades en vía xudicial, pois en dúas ocasións iniciou procesos que sempre concluíron a prol da non segregación. Mais, a representación do persoal apunta tamén á responsabilidade de XEAL que, \"coñecedora da ilegalidade da segregación, optou por seguir adiante co recurso de Ferroatlántica, demostrando que o seu único interese está no substancioso negocio da produción eléctrica\"."}
{"ID": "NOS_34590", "summary": "O Executivo español pide apoio á oposición", "text": "Xa avanzara a mañá da segunda feira, 4 de maio, cando o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, descolgou o teléfono para chamar o líder da oposición e xefe de filas do Partido Popular, Pablo Casado. O obxectivo da conversa era informalo de que na cuarta feira vai solicitar no Congreso unha nova prórroga do estado de alarma para os vindeiros 15 días. Casado respondeu a Sánchez que o seu partido non apoiará ningunha prórroga máis da alarma, e o presidente do Goberno advertiuno de que non facelo provocará o \"caos\" sanitario e económico no Estado. Así resumiu o ministro José Luis Ábalos a conversa de máis dunha hora mantida entre Sánchez e Casado. Ábalos, que asegurou que non quería ser \"alarmista\", dixo que sen a declaración de excepcionalidade que implica a alarma \"toda a actividade deberá recuperarse: traballos e estudos\", dixo, \"e córrese o risco\" de que se produza un rebrote de contaxios. \"É condenarnos a un caos do que algúns terán que ser responsábeis\", engadiu. Fronte á solicitude do PP de desvincular o estado de alarma das medidas sociais como o pago da prestación ás persoas afectadas polos expedientes de regularización temporal de emprego (ERTE) e a liquidez a pemes e autónomas, Ábalos xustificou a conexión destas medidas coa alarma sinalando que o marco de protección xurídica está fundamentada na causa de forza maior que obriga certos sectores a parar ou limitar a súa actividade. Segundo Ábalos, Casado non expuxo un plan alternativo ao estado de alarma que conte \"coa suficiente forza como para cuestionar un dereito tan básico como a libre circulación\" de persoas. A formación de Santiago Abascal, Vox, votou sempre contra o decreto de alarma e Ábalos acusou Pablo Casado de situarse coa ultradereita. A líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, dixo que \"sempre pensa no interese xeral dos españois\" e que non vai pór \"en perigo\" as e os cidadáns \"quitándolles a protección xurídica, social e sanitaria ou a coordinación para evitar o caos\". Con todo, comunicou que o seu partido ten xa un plan elaborado que permitiría manter as medidas vixentes sen necesidade de prorrogar a alarma\". Soberanistas piden diálogo e corrixir erros O BNG non se opón a unha prórroga da alarma, sinalou a súa portavoz, Ana Pontón. Porén, si exixen ao Goberno do Estado que \"corrixa os seu erros\" na utilización desa medida excepcional. \"Estamos tendo unha reflexión, non nos opoñemos a que se prorrogue pero tamén pensamos que o Goberno estatal debe rectificar os erros nos que está incorrendo na utilización deste instrumento cunha política de centralización que non permite o diálogo nin o acordo\". Nese sentido Pontón instou o Goberno a \"dialogar co resto de forzas políticas\". EH Bildu criticou tamén o desconfinamento \"por provincias\" e o mando único español, mais anunciou que se absterá no Congreso para non obstaculizar a aprobación do estado de alarma e a loita contra a pandemia. O PNV votou a favor na última prórroga mais o lehendakari Iñigo Urkullu xa pediu que se levantase a alarma e pór fin ao centralismo. ERC abstivérase e Junts estivera en contra na última votación. Ambas as dúas forzas piden que a Generalitat sexa a autoridade competente na desescalada e ven errado o mando único. Fica pois a nova prórroga pendente de que Moncloa convenza a dereita española ou ben dialogue coas soberanistas, aínda que a executiva de Esquerra xa decidiu na tarde da segunda feira, 4 de maio, votar 'non'."}
{"ID": "NOS_40464", "summary": "A Deputación amplía o seu espazo museístico -será o dobre que en edicións anteriores- co gallo do evento. Así poderá expoñer as obras gañadoras do certames Novos Valores de 2019 e 2020.", "text": "O Museo de Pontevedra aproveita o escaparate que supón a feira Culturgal, que decorrerá esta fin de semana na cidade, para duplicar o seu espazo expositivo coa intención de darlle visibilidade aos Novos Valores da arte. Á sede habitual do Museo súmase o posto propio no evento no que se dan cita as industrias culturais da Galiza, polo que se aposta con máis forza após a cancelación da edición pasada. Tanto é así que a Deputación reservou un lugar o dobre de grande que en anos anteriores para expor varias obras das e dos gañadores do certame Novos Valores de 2019 e 2020. A iniciativa da institución procurará maior protagonismo para a arte contemporánea local, de forma que as e os gañadoras das bolsas de 2020 lucirán no recinto. A partir desta sexta feira 26 de novembro as persoas que pasen polo Culturgal poderán descubrir e gozar das propostas I wish you'd rub your quills against my stomac, de Andrea Dávila Rubio; Voltar, de Nuria Rodríguez Figueiredo; Homeworks, obra de María del Mar Ramón Soriano; e Representación nº3. La mano del artista, tres creacións \"escultóricas\" e unha composición fotográfica, creadas por Alejandro Rego Díaz. A primeira das obras xunta resina de poliéster, fibra de vidro e aceiro para dar forma a parte dunha investigación doutoral sobre os vencellos entre escultura, corpo e pel, mentres que Voltar aposta de novo na escultura pero neste caso en cerámica vidrada. Ramón Soriano levara o premio por un xogo e estudo sobre os tempos, que agora invitarán a pensar as asistentes, e Rego Díaz presenta a súa arte cunha serie de nove fotografías sobre a natureza da mirada humana. Así mesmo, o proxecto museístico ideado para este evento recupera tamén as obras que obtiveron o recoñecemento do concurso Novos Valores da Deputación pontevedresa en 2019: Mohamed El Amine Asselman (Ordensound) e Elena Matamoro Gómez de los Infantes, cunha investigación da arte sonora buscando os sons interiores das cousas. Partillarán espazo, ao igual que premios, coa mostra de fotografías reflexivas de Rosa Pardal Aragunde e a combinación de pintura, ilustración e técnicas escultóricas asiáticas de Alba Castillo Costa. O director do Museo, Xosé Manuel Rey, incidiu nesta cuarta feira en que co regreso do Culturgal á axenda malia o contexto \"continúase a idea de apostar por divulgar o talento de novas e novos creadores como xa se fixera na edición de 2018\"."}
{"ID": "NOS_54023", "summary": "Nestor Rego, Maite Ferreiro, Iago Tabarés e Carme da Silva encabezan as listas coas que o nacionalismo pretende recuperar presenza no Congreso \"e acabar coa discriminación das forzas estatais\" para con Galiza.", "text": "O BNG presentou publicamente esta segunda feira as súas candidaturas ao Congreso e Senado para as eleccións do vindeiro 28 de abril. Unha cita que, como reitera o nacionalismo, é unha \"\"oportunidade\" para que Galiza recupere voz propia. Como afirmou a portavoz do BNG, Ana Pontón, o que presentan é unha candidatura de país, \"que transcende as propias siglas do Bloque para ser un proxecto común en defensa dos intereses dos e das galegas\". Pontón reiterou que \"é o momento de apostar no BNG\", como unha opción clara na defensa dos intereses de Galiza, das \"maiorías sociais\". Unha alternativa que representa e defende os dereitos sociais e laborais, o feminismo, e as liberdades e dereitos. Para iso, dixo, o Bloque presenta unha candidatura con persoas solventes e comprometidas, \"sen ataduras\" que, nun escenario sen maiorías absolutas, van marcar a diferencia a favor de Galiza. \"Non me cansarei de dicilo: É máis útil para os galegos e as galegas 1, 2, 3 deputados do BNG que 23 atados de pés e mans ás forzas estatais\", recalcou Pontón. Esa \"candidatura de país\" que se presenta para \"sumar por Galiza\" está encabezada por Néstor Rego na Coruña, Maite Ferreiro en Lugo, Iago Tabarés en Ourense e Carme da Silva en Pontevedra. \"Asumimos o compromiso de ser a voz propia na defensa dos dereitos nacionais e socias de Galiza, unha Galiza que conte por si propia\", salientou Néstor Rego. De por parte, Maite Ferreiro reivindicou o interior o o medio rural e manifestou \"o orgullo, a ilusión e as ganas de traballar pola provincia de Lugo desde un BNG que sempre está ao lado da xente\", concluíu. Desde Ourense, Iago Tabarés, salientou a importancia de ter unha forza propia para dar resposta ás necesidades da sociedade ourensá e galega. Carme da Silva puxo a cidade de Pontevedra cono exemplo do que é posible facer \"cando se ten confianza\" neste país e na súa xente."}
{"ID": "NOS_47638", "summary": "Bitraga, a Biblioteca da Tradución Galega da Universidade de Vigo, vén de dar a coñecer os datos do total de traducións literarias (de fóra cara a dentro e viceversa) no período 1980-2014: 4603, das que 1540 son traducións a outras linguas de obra galega.", "text": "O grupo Bitraga (Observatorio da Tradución en Galiza, pertencente á Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo) elabora desde o ano 2004 a Biblioteca da Tradución Galega que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega; co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida. Na súa web pódense consultar as traducións literarias publicadas desde 1980 até a actualidade. Segundo as autoras deste catálogo único que recolle obras traducidas dende e cara ao galego (Ana Luna Alonso, Áurea Fernández Rodríguez, Iolanda Galanes e Silvia Montero), os datos son \"máis que positivos\" no que a proxección exterior se refire. Tras cubrir o repertorio de clásicos nos anos 80 e 90, a comezos da década do 2000 o sector entrou nunha nova fase con signos de normalidade como a tradución dos premios Nobel, de obra menor de grandes autores, de obras de actualidade e ata de best-sellers... \"A cantidade de textos literarios estranxeiros traducidos e aos que se ten acceso directamente en galego sen necesidade de pasar polo castelán é enorme\", subliña Ana Luna, investigadora principal do grupo, ao que Iolanda Galanes engade que, a día de hoxe, no sector da tradución literaria en Galicia xa non hai enormes diferenzas co que acontece noutros lugares, \"estamos no circuíto comercial e, aínda que non somos un mercado equiparable ao das grandes culturas, percibimos signos de normalidade. Iniciouse, aínda que de xeito tímido, o proceso de internacionalización\". \"Neste momento a exportación de literatura galega supón un terzo do total das traducións\", explica Galanes, que lembra que nos anos 90 \"desde o ámbito académico, era relativamente habitual referirse á nosa cultura como pequena, porque apenas se establecía diálogo co exterior e, cando acontecía, era máis ben un monólogo: traduciamos, mais non eramos traducidos\". Hoxe, tal e como demostran os datos recollidos, as cousas mudaron de xeito radical \"e xa non se pode negar que exista un diálogo\". Logo pode analizarse, a través do catálogo, como é ese diálogo con cada cultura, se é ou non estable, se é equitativo, a través de que vías ... \"pero xa non se pode negar\", insisten as investigadoras. \"Cifras alentadoras\" Se ben as cifras son moi alentadoras, desde Bitraga indican que as relacións non se producen do mesmo xeito nin coa mesma intensidade en todos os casos. Aínda que o abano de culturas de importación se ampliou dende principios do século XXI, Galiza segue a ter dependencias de espazos e linguas moi concretos como son o español, o inglés e o francés, \"sirva de mostra que o 90% das obras do catálogo de importación teñen como orixinal unha obra nalgunha destas linguas\". Un canon que, a xuízo das investigadoras, está reforzado pola escasa política institucional e que cumpriría diversificar se o que se pretende realmente é fomentar o multilingüismo. Pola súa parte, o espazo privilexiado de difusión exterior para a literatura galega segue a ser o ibérico, aínda que é salientable que nos últimos trinta anos se abrisen relacións con outros 40 espazos culturais.\"Quen soñou traducir poesía guaraní ou mapuche ao galego directamente? Ou que obra galega estivese traducida ao kurdo? Era impensable hai só unha década e hoxe, en cambio, está acontecendo\", recalca Galanes. Outro dos cambios de tendencia que Bitraga detecta é que a nosa literatura interesa no exterior non só por ser unha cultura minorizada, e polo tanto exótica. \"Por citar un exemplo, a literatura infantil e xuvenil galega funciona no exterior con todas as condicións do mercado internacional\". Nesta liña, as investigadoras aluden ao esforzo das editoras, que mudaron as estratexias comerciais, no sentido de publicaren simultaneamente orixinal e traducións \"de xeito que se introduce a versión traducida na contemporaneidade da produción literaria, sen distorsións, e ao mesmo tempo sitúa a literatura minorizada en pé de igualdade coas outras culturas\". As delegacións de editoras galegas no exterior, as parcerías comerciais noutros países ou a participación sistemática en feiras internacionais \"onde venden xa non a tradución, senón directamente os dereitos de tradución, son outros indicios de normalidade\", explica Ana Luna. Os resultados de investigación de Bitraga deron xa lugar á publicación de dúas monografías de ámbito internacional nunha colección de referencia na área científica: Traducción de una cultura emergente (Peter Lang, 2012), que estuda a tradución de obra galega no exterior e, o recén saído do prelo, Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega, editado por Ana Luna, Áurea Fernández, Iolanda Galanes e Silvia Montero. Nesta última preséntase, en colaboración con outros especialistas, un exhaustivo percorrido polos xéneros literarios traducidos ao galego."}
{"ID": "NOS_6694", "summary": "Din que a decisión da xuíza, que rexeitou a oferta de Gondán malia garantir a continuidade da \"práctica totalidade\" do persoal, puido estar \"influenciada\" por un informe da administración concursal \"totalmente falseado\".", "text": "Medio centenar de traballadores do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras protestaron na mañá desta cuarta feira ás portas das instalacións da compañía, logo de que na terza o Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, autorizase a venda da unidade produtiva da firma a Estaleiros Armón. Nunha concentración convocada polo comité de empresa, decenas de empregados de Barreras manifestaron o seu rexeitamento á venda da compañía a Armón, que só quedará con 20 das 120 persoas do cadro. Con berros de \"Barreras solución\" e \"Non aos despedimentos\", os traballadores cortaron a avenida de Beiramar portando unha pancarta que rezaba 'Futuro industrial igual a mantemento do emprego', alén de varios carteis con críticas a Ritz-Carlton, actual propietario. A Xustiza autoriza a venda de Barreras a Armón en contra da vontade dos traballadores Entre as súas reclamacións, os traballadores tamén solicitaron á Xunta da Galiza a súa \"implicación\" para tratar de atopar unha solución a este conflito. Así, o presidente do comité, Sergio Gálvez (UXT), insistiu en que o sindicato está a buscar alternativas para recorrer a decisión, mesmo presentando unha denuncia penal contra Ritz-Carlton. Gálvez subliñou que a decisión da xuíza puido estar \"influenciada\" por un informe da administración concursal \"totalmente falseado\" e con datos \"falsos\". Neste senso, indicou que a resolución recolle que se \"sacrifican\" cen traballadores de Barreras para que os acredores da compañía —moitos deles empresas auxiliares— poidan cobrar as súas débedas e así salvar os seus empregados, que ascenderían a perto de 6.000. Con todo, desde UXT calculan que o total de traballadores sería duns 750, polo que o impacto non sería para 6.000 persoas. Aliás, indican que a carga de traballo que ofrece Armón para Barreras \"xa está adxudicada a outras empresas do grupo\" e que mesmo algunha destas firmas leva anos en \"subactividade\". O persoal de Barreras anuncia unha batalla legal \"e na rúa\" para evitar o despedimento dun cento de traballadores A maxistrada explicou no auto que, á hora de tomar a decisión sobre a venda da unidade produtiva, tivo en conta que \"o beneficio dalgúns interesados vai en prexuízo doutros\". Así, advirte que, \"se se mantén a estrutura empresarial existente para evitar a perda de postos de traballo, favorécese aos traballadores da concursada, pero á conta dos acredores e dos traballadores destes acredores, que tamén se ven afectados\". Mais cómpre lembrar que o comité de traballadores de Barreras xa se pronunciara en numerosas ocasións a prol da venda do estaleiro a Gondán, xa que a súa proposta garantía a continuidade da práctica totalidade dos postos de traballo."}
{"ID": "NOS_14191", "summary": "Máis un número do semanario en papel que sae do prelo. Á venda xa na nosa loxa.", "text": "Esta semana as páxinas do xornal en papel centran o Tema da Semana na praga de avespa velutina ou asiática e o debate sobre o estado da nación que ocupa a parte central do semanario. Aliás, en páxinas interiores afondamos no orzamento que destina o goberno español ao gasto militar, moito máis do proxectado. E é que nos últimos 12 anos investironse 15.600 millóns máis dos anunciados. Na sección de Política conversamos con Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida e vice-voceira de AGE no Parlamento. \"Non traballo por marcas\", asegura, \"se non fose así AGE non existiría\". Nas páxinas de comarcas camiñamos até A Coruña onde decorreu o xuízo a Nicanor Acosta pola súa participación nas mobilizacións contra o despexo de Aurelia Rey. Foi multado con 600 euros de sanción por un delito de \"desorde pública\". Os colectivos sociais advirten que as multas visan desmobilizar a resposta social. Tamén de violencia falamos na sección de Deportes. No concreto, daquela que ten lugar nas canchas após as intervencións do Comité de Competición e Disciplina Deportiva en dous encontros de deporte modesto. Os especialistas cren que son as familias as que fomentan comportamentos agresivos nas crianzas. En Internacional seguimos como avanzan as negociacións en Portugal de cara á formación dun novo goberno e facemos memoria no 40 aniversario da Operación Cóndor, un plano que marcou un punto de inflexión nas políticas de exterminio da esquerda revolucionaria latinoamericana, explica Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras. Aliás en Cultura debruzámonos sobre a música brasileira feita na Galiza. Todo isto e moito máis á venda xa na nosa loxa e nos puntos de venda habituais."}
{"ID": "PRAZA_18068", "summary": "A nova lei de contratos obriga a centralizar na Xunta a contratación das cafetarías, que antes dependía de cada centro. A Consellería non iniciou os trámites ata o 17 de xullo e os atrasos do proceso impiden que as 255 cafetarías poidan funcionar ata outubro As protestas por falta de profesorado e masificación espállanse por varios centros no inicio do curso", "text": "As protestas por falta de profesorado e masificación espállanse por varios centros no inicio do curso O pasado 9 de marzo entrou en vigor a nova lei de contratos do sector público. O texto, entroutras mudanzas, incorporou ao ordenamento xurídico do Estado diversas esixencias da Unión Europea nesta materia. Provocou que numerosas administracións públicas acelerasen nos primeiros dous meses do ano para realizar diversas contratacións ou, pola contra, que tivesen unha primavera e un verán máis ben complexo para contratar produtos e servizos co novo sistema. Un destes casos é o das 255 cafetarías de centros educativos -fundamentalmente institutos, aínda que tamén outros como Escolas de Idiomas-, que ata a entrada en vigor da nova lei eran contratadas dende cada instituto pero que agora dependen da Xunta de maneira centralizada. A Consellería de Educación iniciou os trámites a mediados de xullo, sen tempo dabondo para que o proceso finalizase antes do inicio do curso. Tal e como explicou a propia Consellería, a nova lei \"categoriza os contratos de cafetarías escolares como servizos públicos\", polo que foi \"preciso executar unha licitación en aberto de ditos servizos\". Así, a Consellería lanzou o 17 de xullo un concurso para contratar as 255 cafetarías con catro lotes, un por provincia: 107 na Coruña, 33 en Lugo, 29 en Ourense e 86 en Pontevedra. O contrato é por un ano con opción de prórroga por un máis -aínda que realmente, o tempo efectivo de funcionamento son os nove meses de curso escolar- e os empresarios interesados, xeralmente pequenos autónomos que xa estaban a prestar este servizo, poden optar a un máximo de catro sublotes, isto é, non poden estar máis de catro cafetarías nas mesmas mans. A nova lei de contratos obriga a centralizar na Xunta a contratación das cafetarías, que antes dependía de cada instituto A utilización de produtos lácteos galegos, a oferta de alimentos sen glute ou a experiencia no sector hostaleiro -non especificamente en cafetarías de institutos- foron algúns dos criterios fixados nun concurso que tamén fixaba un horizonte temporal que xa foi amplamente superado pola realidade do proceso. Dende o \"día seguinte ao asinamento do contrato\" e o 11 de setembro, indican os pregos da contratación, o adxudicatario de cada cafetaría tería marxe para a \"posta en marcha\" da actividade, isto é, para \"executar as actuacións preparatorias\" para a apertura como limpeza de louza e das propias instalacións ou a preparación da maquinaria que cumprise. Tratábase de telo todo a punto o 17 de setembro, data de inicio das clases. A Consellería non iniciou os trámites do contrato ata o 17 de xullo e os atrasos do proceso impiden que as 255 cafetarías poidan funcionar con normalidade ata, cando menos, a primera semana de outubro Pero o certo é que ese 11 de setembro ningunha das cafeterías se puxo en marcha porque non foi precisamente ata esa xornada cando as Consellería culminou a adxudicación das primeiras cafetarías. Esta mesma semana Educación continuou formalizando adxudicacións ata roldar as 90, cifra que continuará aumentando porque este mesmo mércores, 19 de setembro, a mesa de contratación da provincia de Pontevedra asinou máis propostas de adxudicación. Mesmo no caso de que durante esta semana queden adxudicadas as 255 as cafetarías non poderán abrir de inmediato, toda vez que existe un prazo legal de 15 días ata formalizar os contratos durante o que poden ser formuladas alegacións. Deste xeito, as cafetarías non funcionarán con normalidade ata, como mínimo, a primeira semana de outubro. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, víase obrigado a pasada semana a admitir o atraso ao agromar protestas das persoas encargardas das cafetarías, que tras enfrontárense a un trámite inédito para elas están a ver reducidas as posibilidades de ingresos no inicio do curso. \"Decatámonos de que había que licitalo\", dixo Feijóo ao remate do Consello da Xunta e \"lamento que non chegásemos a tempo\" porque \"se produciron algunhas dificultades\". A Consellería, asegurou, comprometíase a actuar con \"celeridade\" e no marco dun \"escrupuloso\" cumprimento da lei de contratos."}
{"ID": "NOS_8088", "summary": "Coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués.", "text": "O carballo situado no bosque do Banquete de Conxo na capital galega, unha especie que conta con máis de 250 anos de historia, competirá canda outras dez candidaturas polo recoñecemento de Árbore Europea do ano 2022. A iniciativa foi presentada esta quinta feira da man do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a edil de Medio Ambiente, Mila Castro, e representantes dos diferentes grupos municipais, como Alejandro Sánchez-Brunete (PP), Goretti Sanmartín (BNG) ou Branca Novoneyra (Compostela Aberta). O bosque de Conxo chegou a albergar a máis dun milleiro de árbores deste tipo, dos que na actualidade sobreviven menos de medio cento debido especialmente aos danos provocados polos incendios forestais que derivaron nun proceso de substitución por outras especies foráneas, sobre todo eucaliptos. Esta árbore, coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos e foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Santiago de Compostela e de Galiza Esta árbore, coñecida como 'O Avó', atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos e foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Santiago de Compostela e de Galiza. O espazo forma parte da obra e textos que Rosalía de Castro dedicou a esta contorna, que acolleu o 2 de marzo de 1856 a celebración do chamado Banquete de Conxo, unha comida onde estudantes universitarios serviron a obreiros e artesáns como símbolo de fraternidade e nun momento de importantes desigualdades sociais entre clases na capital galega. As votacións para o certame realizaranse na web 'arboleuropeo.es' e o prazo estenderase desde esta quinta feria e até o 20 de novembro. A decisión será tomada por voto popular, no apartado 'Votar por unha árbore' no que se incluirán todas as candidaturas."}
{"ID": "NOS_19690", "summary": "Nunha entrevista en Onda Cero afirma que esa opción \"non sería boa para España nin para o PSOE\".", "text": "Pérez Rubalcaba non quere nin ouvir falar dunha coligación co PP, unha idea que nos últimos días está a se estender por parte de certas elites como vía para facer fronte os 'desafíos' que ten o Estado español. Nunha entrevista en Onda Cero, Rubalcaba afirmou que \"mentres eu sexa secretario xeral do PSOE\" non haberá 'grande coligación'. Unha frase coa que se desmarca do manifestado polo ex-presidente socialista Felipe González nunha entrevista en La Sexta e na que non desbotaba a 'Grosse Koalition\" entre socialdemócratas e conservadores, tal e como se fai en Alemaña. Rubalcaba considera que o de Felipe González é \"unha reflexión xeral\". \"Non é bo que non haxa alternativa\" É máis, para o secretario xeral do PSOE un goberno da man co PP \"non sería bo para España nin para o Partido Socialista\", acrecentando que non ve como unha \"boa idea que non haxa alternativa\". O candidato do PP ás europeas, Arias Cañete, afirmou recentemente que non vería con malos ollos unha coligación con PSOE se así o demandaba \"o interese xeral\". Exemplos O exemplo a seguir para @s partidari@s desta idea é a Alemaña de Merkel, onde a presidenta conservadora goberna en coalición co SPD, o equivalente alí ao PSOE. E xa existen referencias máis cercanas, como a d@s socialistas gobernando grazas á dereita en Euskal Herria -tanto na comunidade autónoma vasca como en Nafarroa- para frear á esquerda abertzale ou, en Galiza, o acordo que veñen de subscribir no concello de Vigo."}
{"ID": "NOS_24399", "summary": "A partir da vindeira segunda feira, día 16, e durante 14 días.", "text": "A Xunta suspende as aulas na Galiza a partir do 16 de marzo, vindeira segunda feira en todos os niveis educativos. \"Mañá (pola sexta feira) os centros estarán abertos mais recomendamos que non se vaia\", dixo o presidente da Xunta esta quinta feira na súa comparecencia após o Consello. Deixa así a decisión en mans de nais e pais. A suspensión será durante 14 días. Esta é unha das novas medidas adoptadas polo Goberno galego para facer fronte ao coronavirus. Tamén se decidiu que fechen bibliotecas, museos e arquivos. A partir desta sexta feira, ademais, \"pechamos os centros sociocomuntarios\". \"En espazos pechados para máis de 50 persoas limítase o aforo a un terzo. Nun aforo de 900 só poderían entrar 300. Nun espacio aberto, só poderían entrar 500 persoas\", indicou Feixoo. O presidente dixo que hai 63 casos rexistrados na Galiza de coronavirus, 35 confirmados e 28 pendentes de confirmar, segundo informou o propio presidente na comparecencia. A prevalencia na Galiza é de 2,3 casos por cada 100.000 habitantes, explicou Feixoo, o que é unha taxa por baixo da media do Estado. Até as 13:00 horas de hoxe, no país tomáronse 345 mostras domiciliarias en relación ao novo virus e, en conxunto, realizáronse 591 análises. Feixoo tamén fixo referencia a que se limitarán as visitas a maiores de 75 anos ou con calquera patoloxía cardíaca ou respiratoria nas residencias de maiores, e que non se permitirá que accedan ás residencias persoas que presenten síntomas como tos ou febre. Así mesmo, a Xunta pechará os todos os centros comunitarios a partir desta sexta feira. Da mesma maneira, reclámase a \"suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluídas as municipais\". \"Pedimos ás federacións que se xogue a porta fechada\", explicou Feixoo, ou que se é posíbel se suspendan ou atrasen as competicións. No ámbito sanitario, o presidenta galego lembrou que nos hospitais redúcese a unha visita por acompañante, que se suspenden as actividades de voluntarias nos centros hospitalarios e que se promove a e-consulta e a consulta por vía telefónica. \"Sempre que non sexa imprescindíbel propoñemos non acudir aos centros de saúde\", aseverou Feixoo. A Xunta trasladou que xa se gastaron \"dous millóns de euros en material\", principalmente en \"ventilación mecánica\" e \"máscaras\". E Feixoo comunicou que estabeleceu un convenio co servizo vasco de saúde para subministrar de máscaras a Galiza. \"O obxectivo é cortalo [o virus] canto antes e iso só se fai prevendo\", dixo."}
{"ID": "PRAZA_704", "summary": "A crise económica serviu de pórtico para que reputados homes de negocios con abondosos contactos nos círculos de poder do país pasasen da crónica política e social á de tribunais.", "text": "Praza do Obradoiro, setembro de 2005. Monbús planta 45 autobuses na compostelá e peonil Praza do Obradoiro. As autoridades da cidade permitiran de bo grao que o xigante do transporte convertera o monumental espazo nunha caste de salón de actos ao aire libre para presentar os novos vehículos da súa frota. O propietario da compañía, Raúl López, quixo estar acompañado no evento por Emilio Pérez Touriño, quen presidía a Xunta dende apenas un mes antes. Quen noutrora estivera abertamente próximo ao fraguismo en Galicia e ao cacharrismo en Lugo presumía de alianza cos novos gobernantes, quen semellaban inexpertos na relación cos poderes fácticos do país. Menos de catro anos despois Raúl -sen apelido, como é coñecido nos ambientes políticos e empresariais-, era de novo recibido de bo grao no bando da gaivota, que no seu retorno á Xunta aprobaba unha lei urxente para prorrogar as concesións do transporte de viaxeiros ata 2020. A norma, sinalou Feijóo tras o Consello que lle deu luz verde, fora \"pactada\" co sector. Redondela, xaneiro de 2007. O presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, recibe na sede da multinacional o ex conselleiro de Política Territorial, que dende un ano antes é tamén substituto de Manuel Fraga á fronte do PP galego. O empresario e o líder da oposición intercambian eloxios ante a prensa. Sousa gábase de estar impulsando unha enorme piscifactoría na localidade portuguesa de Mira e Feijóo clama polos \"dereitos constitucionais\" do seu anfitrión, a quen a Xunta de PSdeG e BNG \"bloqueaba\" a construción da súa fábrica no espazo protexido de cabo Touriñán. \"A ecoloxía empeza polas persoas\", ilustraba Feijóo, ao tempo que instaba a Touriño e Quintana a \"reflexionar\". Santiago, 13 de decembro de 2008. Nun salón de actos de Caixa Galicia preséntase un libro de conversas co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Tras o acto, o director xeral da Caixa, José Luis Méndez, e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, agardan con ricto de seriedade para que o protagonista do volume lles asine cadanseus exemplares. Menos dun ano despois Méndez e Gayoso compartían rolda de prensa co novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para, co mesmo xesto, anunciar que accedían a iniciar a fusión das entidades que dirixían como súas. San Caetano, outubro de 2010. O titular do Goberno galego recibe dous empresarios no seu despacho oficial. Un deles é José Antonio Orozco, da compañía de loxística Azkar. O outro, Jorge Dorribo, propietario dos laboratorios lucenses Nupel, que naquel caso acudía en representación de Innovent Salud. Ambos teñen a intención de lle presentar ao presidente as súas iniciativas empresariais. No caso de Dorribo, aquel encontro era un máis dos múltiples que, como o representante de Azkar, mantivera durante anos con políticos de todo signo. Entre eles, con quen na altura era titular do ministerio de Fomento, José Blanco, a quen as acusacións do empresario o levaron a ser investigado polo Tribunal Supremo nunha causa que foi arquivada en 2013. Estas catro datas son só catro dos innumerables exemplos nos que os seus cinco protagonistas da banda empresarial cultivaban, alardeaban e exercían as súas boas relacións co poder político. Na década na que en Galicia se produciu a pouco habitual alternancia no poder todos eles adaptáronse sen excesivas dificultades ás novas circunstancias e readaptáronse de novo cando os votos recolocaron as pezas ao xeito máis habitual: coa dereita no poder e a esquerda na oposición. Esa década foi tamén, contra o final, na que estourou a crise económica, pórtico dun novo decenio nos que os noutrora 'homes de prol' pasaron, por motivos diversos, da crónica política e mesmo social á crónica de tribunais. Raúl López O primeiro protagonista desta historia é o último, ata o momento, en toparse coa Xustiza. O magnate dos autobuses, empresario de éxito a partir da minúscula empresa herdada do seu pai, foi detido a mediados deste mes de marzo cando, segundo transcendeu, se dispoñía a efectuar un pagamento de 80.000 euros en diñeiro presuntamente negro aos responsables do grupo turístico InterRías. A detención de López e nove persoas máis supuxo o estourido mediático da Operación Cóndor, sumario instruído pola xuíza Pilar de Lara, responsable tamén da Pokémon, da que xorde esta nova actuación. De Lara sospeita dos negocios do lucense e, baseándose nas escoitas telefónicas e demais indagacións do Servizo de Vixilancia Aduaneira, que emprega como policía xudicial, sitúao no centro dunha presunta trama de delitos contra a facenda pública, branqueo, falsidade, tráfico de influencias ou suborno. Aínda que o segredo pesa sobre o caso, os datos que foron saíndo apuntan a unha investigación sobre supostas concesións irregulares en varias administracións públicas nunha trama salferida con ingredientes coñecidos, como comunicacións telefónicas en clave ou intercambios de agasallos. De Lara sitúa a Monbús no centro dunha suposta trama de fraude, braqueo e subornos A maxistrada indaga tamén noutra das facetas máis coñecidas de López, a de dirixente deportivo como presidente do CAB Obradoiro, cargo que xa ocupara en dúas etapas no Breogán de Lugo. Sempre segundo a investigación, De Lara coida que o financiamento do club compostelán puido ser empregado para branquear cartos. Asemade, baseándose tamén nos informes de Vixilancia Aduaneira, a xuíza manexa datos que indican que as achegas realizadas ao equipo pola empresa Aquagest serían unha contrapartida \"suxerida\" polo Concello de Santiago, daquela dirixido por Gerardo Conde Roa, para para \"conseguir a prórroga do contrato\" de xestión hidráulica do consistorio. Manuel Fernández de Sousa A imaxe de Fernández de Sousa como home de prol do país durou ata 2013, cando comezou a saír á luz que as contas da multinacional pesqueira foran durante anos, simplemente, unha falsidade que ocultaba enormes buracos. En abril dese ano a multinacional entrou nun concurso de acredores que durou máis dun ano e quen en 2010 era situado polo presidente da Xunta como \"exemplo de galeguismo\" que \"nos axuda a ser un pobo gañador\" era apartado da dirección da empresa. En outubro, De Sousa tiña que sentar ante o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz para aclarar, en calidade de imputado, se falseara as contas da empresa en beneficio propio. Un mes antes o maxistrado xa lle embargara e bloqueara as súas contas e impuxéralle unha fianza de máis de 170 millóns de euros pola súa presunta responsabilidade na quebra. A Audiencia Nacional investiga o presunto falseamento das contas de Pescanova Cercado pola investigación das autoridades mercantís e tamén pola Fiscalía Anticorrupción, as mensaxes publicadas por Faro de Vigo no outono de 2014 acreditan como o empresario viviu o derrubamento da súa empresa e supoñen, para unha das partes do caso, o fondo de investimento Luxempart, \"auténticas confesións de delitos\". Xunto a De Sousa foi imputado tamén no caso o empresario Alfonso Paz-Andrade, que se desfixo de tres paquetes de accións de Pescanova por 2,5 millóns de euros apenas un mes antes de que a cotización da compañía na Bolsa fose suspendida. A investigación na Audiencia Nacional segue adiante e a famosa planta de peixes planos en Mira sobrevive grazas a un \"acordo transitorio\" coa banca mentres segue a procura de \"posibles compradores\". Julio Fernández Gayoso e José Luis Méndez Gayoso e Méndez, Méndez e Gayoso, foron os omnipresentes e omnipotentes homes das caixas durante décadas. Dirixiron Caixanova e Caixa Galicia como se fosen bancos da súa propiedade e no ámbito político os seus nomes apenas aparecían se ao carón non ían loubanzas. Alberto Núñez Feijóo sentounos á mesma mesa para forzar a fusión que el mesmo impulsaba e que desembocou en Novacaixagalicia, a entidade que herdou as consecuencias das alegrías dos anos da burbulla inmobiliaria, cando os logotipos das entidades galegas proliferaron polo Levante español. Méndez aproveitou a fusión para, previo rescate do seu millonario plan de pensións, retirarse de bo grao do escenario. Despoxado dos seus títulos de fillo predilecto da Coruña e de doutor honoris causa pola Universidade coruñesa o financeiro só rachou o seu silencio en xuño de 2013, cando foi chamado a comparecer ante a comisión parlamentaria creada para investigar o acontecido. Alí, con tranquilidade, pouco máis fixo que repartir culpas: a das preferentes, para o persoal da entidade e a da fusión, para Feijóo. Queda por ver, non obstante, se as supostas vendas irregulares de inmobles da caixa á súa muller provocan que teña que render contas ante a Xustiza. Méndez retirouse de bo grao do escenario tras a fusión, Gayoso será xulgado polo caso das indemnizacións millonarias Por aquela comisión tameń pasou o outro señor das caixas. Fernández Gayoso mantívose como figura central do escenario fusionado, ao que accedeu como copresidente de Novacaixagalicia, cargo no que permaneceu ata xuño de 2012, cando a Audiencia Nacional admitiu a querela contra el e catro ex directivos máis polas millonarias indemnizacións que se adxudicaran a si mesmos \"ocultando os importes tanto ao Consello de Administración como ao Banco de España\", dixo o Ministerio Público. Segundo Gayoso, se de algo é \"culpable\" é do \"éxito\" de Caixanova. Para o xuíz Ismael Moreno, no entanto, había \"indicios de criminalidade suficientes\" e por iso os ex directivos serán xulgados. Jorge Dorribo O nome do empresario Jorge Dorribo apareceu en 2011 como suposto cerebro do caso Campeón, a primeira das grandes operacións contra a presunta corrupción instruídas dende os xulgados de Lugo. Poucos días despois das eleccións municipais daquel ano a xuíza Estela San José ordenou deter a Dorribo, ao daquela director do Igape, Joaquín Varela, e mais a un dos seus subdirectores, ademais de rexistrar a sede da institución dependente da Xunta. Púñanse así fin a case duas décadas nas que Dorribo pasara de ser un pequeno empresario do sector da peletería a un reputado industrial do sector farmacéutico. Á fronte de Laboratorios Nupel pasou a ser unha das figuras claves da sociedade lucense, con abondosos contactos en múltiples ámbitos, sobre todo no político, e unha gran notoriedade social acrecentada polos seus múltiples patrocinios de eventos e dos principais equipos deportivos de Lugo. Sobre o propietario dos quebrados Laboratorios Nupel pesa unha petición de 24 anos de cadea O sumario do caso revela que Dorribo acadou axudas públicas apoiándose en facturas presuntamente falsas e tamén nos seus contactos políticos. Mentres presentaba a súa empresa como unha potencial aliada da Xunta nos seus plans de austeridade deu en empeñar a compañía a base de préstamos para sufragar todo tipo de luxos. Ao tempo, tentou ocultar a quebra da empresa mediante enxeñaría contable. Nas súas sucesivas declaracións ante a maxistrada o empresario repartiu culpas entre múltiples dirixentes políticos, aos que acusaba de recibiren subornos que el mesmo aseguraba proporcionar. Algúns dos acusados por Dorribo, como o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, ou o ex ministro de Fomento José Blanco xa foron exonerados da causa. Tras saír en liberdade condicional Dorribo volveu á cadea en novembro de 2014 tras non presentarse no xulgado cando debía. Volveu quedar libre a mediados deste mes de marzo alegando problemas psicolóxicos. Sobre el segue pesando a petición dunha pena de 24 anos de prisión. Caso Campeón Investigación ás caixas A batalla política por Pescanova Estourido da investigación a Monbús"}
{"ID": "NOS_25513", "summary": "A aparición dos smartphones deu lugar a novos modelos de relacións interpersoais baseadas en comunidades virtuais nas que cada vez máis persoas procuran coñecer xente e partillar experiencias sexuais.", "text": "A imprensa anglosaxona defíne as persoas usuarias destas aplicacións móbeis como lazy singles apelando a dous trazos que partillarían todas elas, gozaren da solteiría e non ter moita gana --nen tempo-- para se dedicaren ás relacións afectivo-sexuais. Ora ben, non queren prescindir delas. O suceso acadado a nivel internacional polas aplicacións para smartphones Grindr, Tinder e Brenda reflicte unha nova forma de ligar baseada nas comunidades 'en rede'. Na Galiza tampouco quedamos atrás. Estas ferramentas gratuítas contan cunha boa acollida no noso país e con centos de utentes que as tornan habituais --case xeralizadas-- entre as faixas de idade máis novas (entre os 18 e 28 anos) e practicamente unhas descoñecidas para alén dos 40. As persoas usuarias salientan a \"comodidade\" que ofrecen estas aplicacións para coñecer xente nova \"desde o sofá\" da casa A maior parte das persoas que se descargaron algunhas destas aplicacións recoñece que tivo contacto con elas através doutras persoas e subliñan a \"comodidade\" que ofrece poder coñecer persoas novas \"desde o sofá\" da casa. Afastadas dos protocolos tradicionais que obrigarían a calquera a saír e procurar actividades de lecer nas que descubrir novas experiencias. Agora non, un simple dispositivo móbil, tarifa de datos e unha fotografía son suficientes para partillar conversa ou concertar un encontro sexual. Conversa e sexo a un click Lidia (nome falso) foi usuaria de Brenda, unha aplicación para mulleres lésbicas, até hai ben pouco. \"Coñecina porque alguén me falou dela\", sinala. Mora na capital galega e na cidade \"non hai ningún bar de ambiente lésbico\" polo que decidiu probar. O funcionamento é sinxelo. Crear un perfil de usuario exixe unicamente dunha fotografía, un nome, idade, peso, altura e unha breve descrición de dúas liñas. Através dun xeolocalizador a App selecciona as utentes por rango de proximidade mais ofrece a posibilidade de mudar o filtro cara á outras opcións como a idade. A partir de aí comeza o proceso para descartar ou seleccionar persoas coas que iniciar unha conversa. A imprensa anglosaxona define o perfil d@s utentes como 'lazy singles', isto é 'solteir@s preguiceir@s' \"Véxoa como algo esporádico para coñecer xente nova. Comecei a usala cando marchei vivir fóra de Galiza un tempo\", explica. A súa experiencia foi \"boa\" pois, apunta, \"non tería coñecido algunhas persoas se non fora através do Brenda. Lidia describe estas ferramentas como unha solución práctica e compáraas coa \"comida a domicilio\", un símil que partilla Rebeca (nome falso) usuaria de Tinder. Esta aplicación abrangue maioritariamente un público heterosexual. O mecanismo é semellante ao Brenda porén, accédese através de Facebook e para estabelecer contacto é preciso que ambas as dúas persoas marquen a opción \"gustar\" premendo un corazón. Ao igual que Lidia, Rebeca coñeceu a App através \"dunha amiga\". Mozas \"solteiras\" que \"vivimos fóra da casa\" e partillan \"un estilo de vida axetreado\". Rebeca asegura que \"non me apetecía ir a un bar a ligar\" e ter que asumir o \"cortexo normal e habitual\" do que di \"estou cansa\". De maneira \"cómoda\" e coas vantaxes que outorga certo \"anonimato\" sinala que o Tinder é \"como a vida mesma\" polo que as relacións interpersoais reproducen \"os mesmos estereotipos e modelos\". \"Hai quen busca un encontro sexual directamente e outras persoas que queren falar\", di. O perfil é distinto ao de Brenda. Mentres na primeira o habitual son mulleres maioritariamente \"entre os 20 e os 25 anos\" dentro dun rango que vai desde os 18 aos 29; en Tinder o máis probábel é atopar persoas entre \"os 20-22 e de 27 a 35\". \"Hai quen busca un encontro sexual directamente e outras persoas que queren falar\" Neste senso o máis amplo é Grindr cun perfil que vai desde os 18 (idade mínima legalmente permitida) e os 40 anos. Tamén é o máis extendido por ser en boa medida das primeiras aplicacións en lanzarse. Trátase dunha ferramenta dirixida ao colectivo gai e Xabier (nome falso) é un dos seus usuarios. Coñeceuna despois de saber que unha ex-parella a usaba. A partir de aí decidiu continuar \"porque é unha forma fácil de coñecer xente\". No entanto, Grindr difire substancialmente das outras App en que o obxectivo maioritario dos usuarios é procurar encontros sexuais. \"A xente é moi directa\", di, \"hai moito sexo aínda que a xente tamén queda para tomar algo\". Para alén da fotografía de perfil e a idade, Grindr especifica o \"rol\" do utente: \"activo, pasivo ou versátil\". Porén, o procedemento é moi semellante aos dous anteriores. Comportamento social Tanto Xabier e Rebeca, igual que Lidia, concordan en sinalar que foron estas aplicacións as que mudaron o comportamento social e que o seu éxito radica en que \"non hai que esforzarse\" á hora de ligar. Cando menos, non de maneira directa senón através de ferramentas de mensaxería instantánea nas que \"vender a túa imaxe\", sinala Lidia. \"Están cambiando a nosa conduta\" pois \"non hai un contexto real\" senón que \"é imposto\" \"É o último trazo da globalización\", salienta Rebeca. \"Están cambiando a nosa conduta\" pois \"non hai un contexto real\" senón que \"é imposto\". \"Non temos tempo pero tampouco queremos mudar o noso estilo de vida\" de maneira que ven nas App \"unha facilidade\" para coñecer xente e manter novas relacións interpersoais. Asemade, salienta Xabier, \"vivimos nun mundo moi sexualizado\" no que estas ferramentas permiten manter relacións sexuais sen o esforzo de ligar. \"É moi directo\". \"Temos unha aplicación para todo\", acrecenta Rebeca, \"unha para ver o tempo, outra para coñecer as últimas noticias e agora unha tamén para ligar\". Son, explica, \"como compartimentos dun mesmo armario\" nun momento en que a rede e, nomeadamente, os dispositivos móbiles están a gañar cada vez máis espazo nas nosas vidas."}
{"ID": "NOS_11839", "summary": "Como dicía Charles Aznavour, \"o espectáculo debe continuar\", e nin sequera a multiplicación dos casos activos de coronavirus nos distintos equipos parece ser quen de frear o multimillonario negocio do fútbol, que regresa esta fin de semana no medio da expansión da variante Ómicron.", "text": "O fútbol profesional, logo dunha breve parada dunha semana, regresa a acción inmerso -igual que o resto da sociedade- nunha vaga de positivos en Covid-19 a causa da irrefreábel expansión da variante Ómicron. A cifra total de positivos entre os 42 conxuntos que conforman a Primeira e a Segunda División, e que retoman esta sexta feira a competición, está a piques de superar os 200, e os equipos galegos e os seus rivais nesta xornada non son unha excepción. No caso concreto do Celta, os vigueses saltarán ao terreo de xogo do Benito Villamarín de Sevilla ás 18.30 horas deste domingo, 2 de xaneiro, coa baixa segura de catro dos nove xogadores positivos cos que conta a día de hoxe, mais na entidade celeste agardan poder contar cos cinco homes que confirmaron a infección antes da parada de Nadal. Aínda con eles, o adestrador olívico, Eduardo 'Chacho' Coudet, verase obrigado a forzar a recuperación de xente mancada -como o lateral Kevin Vázquez- ou a contar con futbolistas que habitualmente non entran nos seus plans, como o turco Okay ou os canteiráns Miguel Baeza, Carlos Domínguez, Veiga, ou Hugo Sotelo. Non presenta un mellor panorama o seu conxunto rival, o Betis de Pellegrini, terceiro clasificado e unha das sensacións da competición, que se está adestrando sen xogadores tan importante nos esquemas do preparador chileno como Nabil Fekir, Claudio Bravo ou o dianteiro galego Borja Iglesias. Sporting-Lugo, un duelo marcado pola Covid-19 En condicións normais, o choque entre dous equipos de cidades tan próximas como Xixón e Lugo provocaría o desprazamento de varios milleiros de afeccionados e afeccionadas, achegando cor ás rúas e provocando máis que xúbilo na hostalaría local, pero non son estes tempos que poidan ser cualificados como \"normais\". Boa mostra diso é que a directiva do club asturiano só facilitou á galega 500 boletos para o partido que enfrontará Sporting e Club Deportivo Lugo este domingo, 2 de xaneiro de 2022, ás 16 horas, e que representará o regreso ao calendario competitivo da escuadra albivermella 22 días despois, logo da suspensión a causa da Covid-19 do partido que tiña previsto disputar ante o líder Almería o pasado día 20 de decembro. A razón detrás desa cancelación foi o macro gromo que azoutou os da Cidade da Muralla e que, afortunadamente, xa parece -case- historia, pois a pesar de que recentemente se detectou un novo positivo entre o cadro de xogadores, outros 15 xa deixaron atrás a enfermidade e adestran con normalidade ás ordes do técnico albivermello, Rubén Albés. Roberto Canella, veterano lateral esquerdo de 33 anos do Club Deportivo Lugo que anteriormente defendeu as cores sportinguistas durante máis dunha década, quixo desactivar os medos e as dúbidas sobre o estado físico dos xogadores albivermellos: \"Agora que vin adestrar os compañeiros, non estou preocupado para nada\". O experimentado zagueiro tamén recoñeceu as \"ganas\" que teñen de volver competir e a \"ambición\" por escalar posicións na táboa na segunda volta, anhelo que pasa en primeiro lugar por \"dedicarlle un triunfo á afección\" ante un Sporting minguado polas baixas. Porque o ex equipo de Canella conta actualmente con 14 efectivos confinados, entre os que se inclúen o primeiro e o segundo adestrador e tres dos catro centrais -Babin, Berrocal e Marc Valiente-, polo que se abre unha porta a que os dianteiros galegos saquen petróleo da inexperiencia da liña defensiva astur, que estará integrada case exclusivamente por rapaces dun Sporting B que milita na Terceira División."}
{"ID": "NOS_7831", "summary": "O departamento de Recursos Humanos reenvía ao persoal unha circular sobre normas, comportamento e presenza das profesionais do ente público. Nela indícase que aínda que o xornalista estea fóra de cámara, debe absterse de levar unha indumentaria reivindicativa.", "text": "Unha circular interna da CRTVG dirixida ao seu persoal volveu facer saltar a alarma entre traballadoras e traballadores do medio público. A circular, remitida este 1 de abril, é un recordatorio dunha anterior mais que agora cobra unha dimensión especial. A dirección do ente enumera unha serie de consideracións e puntos sobre \"as condicións e circunstancias que deben presidir a actuación de todos os profesionais da TVG\". Fálase na nota, á que tivo acceso Sermos Galiza, da necesidade de que a imaxe do traballador \"non atraerá a atención do espectador de modo decisivo\", de que o xornalista \"en ningún caso\" pode ser o \"protagonista\" ou de que \"a imaxe e o vestiario serán acordes e adecuados\" ao programa a desenvolver. Puntos que non xeran oposición e todos asumen como inherentes ao desenvolvemento do labor xornalístico. Porén, hai outras cuestións que si que xeran malestar e preocupación entre o persoal. Como que se estenda a fóra da pantalla a norma pola que o persoal da TVG deba absterse \"especialmente [...] da utilización de calquera tipo de símbolos que poñan de manifesto a súa filiación ou proximidade cunha opción política, sindical, social, deportiva ou económica\". Esa consideración, sinala a circular, \"será de aplicación tamén ao exercicio profesional de todo o persoal de TVG en entrevistas, roldas de prensa, ou outras actuacións nas que, non saíndo en pantalla, proxecten a imaxe da CRTVG\". Fontes do persoal consideran que esta restrición ten no punto de mira as protestas do persoal contra a manipulación e censura, centrada nos venres negros, nas que o persoal loce indumentarias desa cor e tamén coa frase Defende a Galega. Desde a conta nas redes sociais de Defende a Galega ironizan e pregúntanse se \"estará pensando a CRTVG en sancionar centos de traballadores por vestir unha camiseta? Seríamos noticia polo primeiro expediente colectivo da historia dos medios públicos...\". \"A inobservancia ou incumprimento por parte dos traballadores das anteriores instrucións será corrixida disciplinariamente de conformidade coas previsións do Convenio Colectivo\", advirte o ente."}
{"ID": "PRAZA_1220", "summary": "A iniciativa dos veciños de Queiruga comezou no ano 1968 cando decidiron tomar as rendas da xestión da auga ante a inactividade na provisión deste servizo básico por parte do Concello de Porto do Son. Queiruga, ó igual que moitas parroquias da comarca, non necesita ter cacique.", "text": "Na novela O porco de pé, ambientada a principios do século XX, Vicente Risco satiriza a sociedade galega da época, caracterizada pola hipocrisía e o caciquismo. O protagonista, Don Celidonio Latas Tinajero, vai ascendendo na escala social ata chegar a converterse no alcalde da vila. Representa un tipo de home materialista que se acomoda ao grupo político que máis lle convén en cada momento, movido só polo diñeiro. É o cacique. Existen parroquias onde os veciños e veciñas non están sometidos ao poder dos caciques porque non os necesitan Así era a Galicia da época e tamén o segue sendo hoxe en día nalgunhas zonas. Digo nalgunhas porque, aínda que moitos pensen que na Galicia rural o caciquismo é a única forma de artellamento social e político, non é así. Existen parroquias onde os veciños e veciñas non están sometidos ao poder dos caciques porque non os necesitan. É xente que artellou a súa propia forma de organización veciñal e, sen sabelo, conseguiron adiantarse ao seu tempo e realizar iniciativas das que se oe falar moito ultimamente grazas a proxectos políticos como Podemos, que naceron do 15 M, do drama da crise, da corrupción e do abandono dos poderes públicos e das institucións e da auto-organización cidadá. Cando eu tiña 22 anos, e pese a estar rematando a carreira, inxenuamente pensaba que non existían estes personaxes tan escuros —máis alá de Baltar que era o gran arquetipo de \"cacique amigo\"—. Ata que fun facer enquisas a pé de urna, nas eleccións xerais do 2004, a unha parroquia de Laxe chamada Serantes. Esa xornada vin actuar a un destes escuros personaxes e fun testemuña dos sentimentos de complicidade que amosaban parte dos veciños ante a súa figura e, tamén, dos sentimentos de medo que amosaban outros no momento de exercer o seu dereito a voto. Vin a súa autoridade coercitiva en silencio. Sentín un profundo impacto. Nunca vira un cacique. Eu medrei en Queiruga acostumada a ver á miña familia e aos veciños auto-organizarse para solucionar os seus problemas: limpar o monte comunal, abrir e arranxar camiños... Para explicar este descoñecemento teño que remitirme ao lugar onde nacín, unha fermosa parroquia mariñeira chamada Queiruga, na comarca do Barbanza. Eu medrei en Queiruga acostumada a ver á miña familia e aos veciños auto-organizarse para solucionar os seus problemas: limpar o monte comunal, abrir e arranxar camiños, construír pozos de regadío, organizar as festas do verán, e un longo etcétera de actividades. A xestión da auga A iniciativa dos veciños de Queiruga comezou no ano 1968 cando decidiron tomar as rendas da xestión da auga ante a inactividade na provisión deste servizo básico por parte do Concello de Porto do Son. Decidiron comezar a traballar no abastecemento da auga cunha achega inicial de 35.000 pesetas por familia para a construción da arqueta, pagar os impostos e dereitos da auga, o sistema de abastecemento, etc. Seguiron xestionando e mellorando este e outros servizos a través da creación da Asociación de Veciños de Queiruga. E así ata o día de hoxe, cunha xestión de gran eficiencia e calidade; arranxando as avarías en tempo récord, pagando entre todos as melloras, a ampliación da arqueta orixinal, a organización da limpeza desta dúas veces ao ano, etc. O máis chamativo é que todo isto se financia pagando unha cota de 15 euros por familia ao ano. Si, ledes ben, só 15 euros ao ano para gozar dunha agua de mellor calidade e un mellor servizo que en Vigo. Distintos alcaldes tiveron en axenda a intención pouco ética de apropiarse da xestión da auga de Queiruga para poder facer negocio. Non tiveron ningún éxito ante a unión dos veciños De feito, ante tal xoia, distintos alcaldes tiveron en axenda a intención pouco ética de apropiarse da xestión da auga de Queiruga para poder facer negocio. Non tiveron ningún éxito ante a unión duns veciños que non van permitir que lles expropien algo tan prezado e tan seu, que naceu da súa unión, da súa achega económica en tempos moi difíciles e do seu traballo. A agua de Queiruga é nosa. Queiruga, ó igual que moitas parroquias da comarca, non necesita ter cacique. Os veciños teñen un singular nivel de implicación entre todos, non só para este tipo de planificacións ordenadas, se non tamén para situacións de urxencia, onde son capaces de auto-organizarse e apagar os continuos incendios forestais que asolaron o monte comunal durante décadas. Qué é o máis importante desta forma de sociedade ademais de conseguir auto-organizarse e axudarse? Que a xente de Queiruga exerce seu dereito a voto con liberdade. Queiruga, ó igual que moitas parroquias da comarca, non necesita ter cacique Isto amosa que outra forma de organización política e social en Galicia é posible, que esta xa existe, e se nos esforzamos porque esta sabedoría popular sexa coñecida noutras partes do rural galego, perderemos o medo e a dependencia ás habituais figuras caciquís que crean unha política tóxica baseada nun sistema de favores totalmente inxusto. Os cidadáns sabemos o que precisamos e os políticos deben ser un instrumento ao servizo da xente. Non é unha utopía nin unha ilusión. A xente da nosa terra é traballadora e honrada. Somos supervivintes natos e temos coraxe. Xuntos e unidas, da man das persoas que representan a nova política —ás que temos que darlles a oportunidade de chegar ás institucións democráticas—, viviremos cun gran benestar e cunha liberdade real na nosa marabillosa Galicia."}
{"ID": "NOS_27439", "summary": "Será na primeira fin de semana e nela a formación que lidera Beiras e integra a Encontro irmandiño, FPG e MpB procurará unha \"actualización\" das súas estratexias políticas e \"medidas de reforzo organizativo\"", "text": "Anova-Irmandade Nacionalista convocou para a fin de semana do 8 e 9 de xuño a súa primeira asembleia nacional, que chegará após outra xuntanza de carácter \"deliberante\" que se realizará no mes de abril. Na asembleia, en que participarán con voz e voto todas as persoas afiliadas, que poderán facer aportacións ás teses desta formación política. A organización que lidera Xosé Manuel Beiras constituíuse o 14 de xullo de 2012 e nela integráronse Encontro irmandiño, FPG e MpB. Após un proceso de \"maduración, práctica política e aprendizaxe urxente\", Anova sinala nun comunicado de imprensa que encara a asembleia \"con ilusión\" por ter superado as espectativas \"máis ambiciosas\" e na procura dunha \"actualización de estratexias\" e \"medidas de reforzo organizativo\"."}
{"ID": "NOS_10026", "summary": "Descobrir unha das grandes figuras da nosa historia é o obxectivo da exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968). A música de Mini e Mero e a lectura dramatizada do seu Diario de Lugo abrirán a mostra hoxe día 14 ás 20 horas no Museo de Lugo", "text": "No verán de 1937 Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey, vese obrigado a abandoar Galiza para comezar o seu desterro en Cáceres cun expediente de depuración ás costas. Deposita os mobles da súa casa de Lugo na de Maruxa Domínguez e Uxío Campo, un casal amigo do Val do Incio. Son agora eles os que regresan á exposición que hoxe día 14 abre o Museo de Lugo para recuperar a inmensa figura de Ben-Cho-Shey, pedagogo, xornalista, etnógrafo, poeta e político galeguista e antifascista que deixou fonda pegada en quen tivo a sorte de telo tratado. Promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo na súa liña de actuación dirixida a recuperar a memoria histórica, a mostra está comisariada por Xan Ramiro Cuba que artellou o espazo expositivo en catro apartados, unha fotobiografía que ofrece un percorrido cronolóxico pola súa vida, un espazo titulado \"Andar e aguzar\" que nos achega as súas múltiples facetas, un terceiro que mostra o seu papel no Partido Galeguista de Lugo que el presidiu e o cuarto que vencella a súa traxectoria coa vida social e cultural de Lugo entre os anos 1918 e 1968, desde a celebración da Asemblea Nacionalista na cidade até que declara no Tribunal de Orde Pública afavor de tres mozos lugueses detidos en Madrid. Tamén fotógrafo Imaxes, documentos e obxectos persoais constrúen a memoria de Ben-Cho-Shey, esquecida para a maioría mais de grande impronta para as persoas que o coñeceron en vida. Entre algunhas das descobertas, a súa faceta de fotógrafo de grandes acontecementos, que retratou coa súa cámara momentos únicos como mítines de Lois Peña Novo ou Vicente Bóveda no fervor do apoio ao Estatuto de 1936 do que lle debemos algunhas das máis singulares imaxes que serven de pórtico para a exposición de Lugo \"Nos seus labres o tema da Galiza era inesgotábel\" escribiu Ánxel Fole Case vintecinco anos despois da súa morte en Madrid en 1988, a desmemoria teceuse sobre Ben-Cho-Shey, un home que tiña desenvolvido un intenso labor en defensa da nosa lingua e dos dereitos nacionais de Galiza tanto co seu traballo intelectual como de activismo cultural e político. Membro da Irrmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista que chegou a presidir na súa agrupación local de Lugo, Ben-Cho-Shey sería recoñecido como grande mestre non só pola súa vinculación co maxisterio senón pola lección constante que transmitiu as novas xeracións -en especial na súa etapa en Madrid nos anos sesenta e setenta- dun ideario que puña Galiza no centro. \"Nos seus labres o tema da Galiza era inesgotábel\" deixou escrito o seu amigo Ánxel Fole e a lenda acae á imaxe que deixou en mozos e mozas ás que lle pasou a tarefa de tentar construír un futuro de seu para o país. A organización da exposición enmárcase dentro do Ano Ben-Cho-Shey no que a Área de Cultura da Deputación de Lugo quere recuperar a memoria do galeguista, en especial, dos anos nos que residiu na cidade, en especial neste 2013 no que se fan 75 anos do seu desterro a Estremadura. A lectura dramatizada do seu até agora inédito \"Diario de Lugo\" no que narra en páxinas dramáticas o terror da represión do golpe militar a cargo de Tareixa Campo e Paloma Lugilde xunto coa actuación musical de Mini e Mero abrirán a exposición no acto de inauguración."}
{"ID": "NOS_11825", "summary": "O presidente da MNL, Marcos Maceira: \"O San Xoán é unha das nosas festas máis senlleiras e populares e non precisa disfrazarse de Fallas valencianas para atraer visitantes\".", "text": "Unha festa con tanta tradición e arraigo na Coruña como é a do San Xoán 'disfrazada' de falla valenciana por un alcalde \"acomplexado que non cre de verdade nos valores da cidade\". A Mesa pola Normalización Lingüística critica que Carlos Negreira relegue \"de novo\"a lingua galega \"mesmo en festividades tan tradicionais como o San Xoán\". Para a entidade presidida por Marcos Maceira, non hai xustificación posíbel a esta actitude de \"desprezo sistemático á realidade galega da Coruña\" que demostra que Carlos Negreira. \"O San Xoán é unha das nosas festas máis senlleiras e populares e non precisa disfrazarse de Fallas valencianas para atraer visitantes\", enfatiza Maceira. \"Teiman en excluír o galego\" A Mesa denuncia que, pouco máis dunha semana despois da presentación das actividades municipais para o San Xoán, e malia as críticas recibidas, o Concello \"teime en excluír o galego de forma sistemática, tanto do espazo web como dos espazos promocionais\". En palabras de Marcos Maceira, \"Negreira quere relegar o galego ao anecdótico, e por iso en todos estes materiais só aparece un rastro residual da nosa cultura: o adxectivo meiga\". O presidente da Mesa insta o alcalde coruñés a que \"deixe de ser un acomplexado\" e \"recoñeza a nosa cultura, as nosas tradicións e as nosas festas\", pois \"é ben triste encontrarnos con que a Administración que máis debería coidar e potenciar o próximo é a que máis despreza o que nos identifica, que pensa que o noso é menos polo feito de ser noso\"."}
{"ID": "PRAZA_667", "summary": "A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo inician en maio unha iniciativa en rede que busca a socialización en galego dos máis pequenos e a implicación das familias na valoración positiva da lingua propia.", "text": "Durante o pasado Curso de verán de dinamización lingüística celebrado en Carballo e centrado na transmisión interxeracional da lingua, varios técnicos de normalización lingüística preguntáronse que podían facer desde o seu ámbito profesional para facilitar a socialización en galego dos pequenos desde a infancia. Á marxe da iniciativa política que recae en máis altas instancias e do impulso familiar de cadaquén, estes traballadores prepararon un proxecto ante a preocupante situación do idioma entre os máis cativos. Presentárono e propuxéronllelo aos arredor de 40 concellos que aínda manteñen en Galicia o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL). Doce foron os que aceptaron e os que arrancarán a principios de maio coa iniciativa Apego. Doce concellos galegos uníronse ao proxecto en rede para garantir a transmisión do galego entre os máis pequenos A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo son os municipios que deron o paso ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás. Ante esas estatísticas que aclaran que tres de cada catro rapaces de menos de 15 anos é castelanfalante, ao igual que dúas de cada tres persoas entre 15 e 29 anos. Porque o galego xa só é maioritario entre os maiores de 50 anos e transmisión interxeracional ten moito que ver. \"Hai medidas que podemos facer e impulsar nós\", insiste Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), que asegura que nunha iniciativa como Apego \"é fudamental que participen as entidades locais por ser as máis achegadas á cidadanía\". Este pasado luns, os doce concellos implicados asinaron a posta en marcha do proxecto, que busca a socialización en galego desde a primeira infancia e que \"procurará implicar as familias na valoración positiva da lingua propia\". A idea, tal e como explica a CTNL, é \"tecer redes de apoio para a transmisión do galego como idioma de relación, descuberta do mundo e identificación coa familia e coas raíces, co propio\". E os obxectivos non son outros máis que incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial, así como \"promover que o usen de maneira habitual e que teñan espazos, situacións e recursos para facelo\", polo que incluirá accións dirixidas ao ámbito familiar e social das crianzas ata os seis anos e cun método de continuidade que se irá enriquecendo en rede, coa colaboración de todos e todas. Apego pretende que os nenos \"usen de maneira habitual o galego e teñan espazos, situacións e recursos para facelo\" \"Os materiais que achegaremos son moi útiles, pero a clave é o contacto personalizado, a posibilidade de axudar e colaborar coas familias\", di Vidal, que aclara que os técnicos serán tamén como \"unha especie de guía ou titor\" para aquelas persoas que busquen a maneira de manter a transmisión interxeracional do galego cos seus fillos, así como materiais, ideas e fórmulas para a socialización na lingua propia. Entre as accións de Apego que foron comprometidas polos doce concellos participantes está o deseño dunha imaxe común para o programa -na que un polbo será o símbolo-; a edición dunha campaña informativa con material para distribuír nos espazos que habitualmente atenden ao embarazo e á adopción; a produción e distribución de 5.000 caixas con materiais como un libro de recomendacións, un álbum de primeiras experiencias, unha manta-apego, un medidor.... Todo para entregarlles ás persoas que agardan un fillo ou filla coa finalidade de \"preparar a acollida das crianzas, dende a perspectiva da responsabilidade da transmisión da lingua\". Entre os materiais a repartir entre as familias atópanse libros, álbumes ou discos con cancións infantís Tamén se producirán e distribuirán 5.000 discos con cancións infantís en galego de grupos variados para diferentes momentos e con diferentes motivos, ademais de crearse unha rede coas familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego. Todo completado con obradoiros formativos, actividades dirixidas aos pequenos (cantos de erce, xogos...) e a creación dun espazo-web para informar do desenvolvemento do programa e aglutinar o acceso á información, recursos e redes de apoio á transmisión da lingua. Apego creará unha rede coas familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego A implementación do programa Apego comezará na primeira semana do vindeiro mes de maio e arrancará con estes doce municipios, pero a idea é estendelo a moitos máis, de principio -e como mínimo- aos 40 que aínda contan con cadanseu Servizo de Normalización Lingüística. Será un proxecto coa idea fundamental que se expresa na súa propia denominación: a de fomentar o apego ou, xa que logo, a \"afección, inclinación ou amor por algo ou alguén\". O vínculo, a sintonía e empatía co idioma propio. \"O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional. E o apego é fundamental para a lingua\", remata a CTNL."}
{"ID": "NOS_6323", "summary": "A líder do Bloque defende que o galego ten futuro revertendo as políticas \"lingüicidas\" do Goberno de Núñez Feixoo e logrando que avance entre a xente moza, a quen fai unha apelación directa: \"Quero dicir á mocidade que o galego é útil para todo, para relacionarse, para xogar, para comunicarse, para ligar, para trapear, para o reguetón...\".", "text": "A sede da Real Academia Galega (RAG) acolleu este 30 de xuño un encontro entre a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da institución, Víctor Freixanes, e membros da comisión executiva, como Margarita Ledo e Marilar Aleixadre; para partillar análises sobre a situación da lingua galega. A líder nacionalista amosouse convencida de que o galego ten futuro revertendo as políticas \"lingüicidas\" do Goberno de Núñez Feixoo e logrando que avance entre a xente moza, a quen fixo unha apelación directa: \"Quero dicir á mocidade que o galego é útil para todo, para relacionarse, para xogar, para comunicarse, para ligar, para trapear, para o reguetón...\". Pontón puxo en valor o papel das persoas neofalantes, \"que son motivo de esperanza\", dixo, \"nun momento en que as políticas contra o galego do PP levan o idioma a unha situación crítica, á que se lle pode dar a volta sempre que haxa vontade en apostar pola normalización da nosa lingua en todos os ámbitos\". No encontro abordouse a repercusión que está a ter no ensino a aplicación do decreto do galego da Xunta. Precisamente, un estudo realizado pola propia RAG amosa que 40% do alumnado castelanfalante remata a ESO cunha escasa competencia en galego, sobre todo á hora de falalo. \"Un PP ao que se lle enche a boca falando de liberdade, no caso da lingua o que provocan as súas políticas é privar miles de mozas e mozos da liberdade de poder escoller o idioma que queren utilizar posto que dificilmente se vai optar por unha lingua que non se domina\", alegou Ana Pontón. Na práctica, denunciou, \"iso significa frear o uso do galego e incumprir o Estatuto e a Lei de normalización lingüística que di con claridade que é obriga do sistema educativo conseguir que as nenas e nenos acaben a súa escolarización obrigatoria co mesmo dominio das dúas linguas, mais hoxe iso non se cumpre en 40% do alumnado que vén dun entorno castelanfalante\", explicou Pontón. Por iso urxiu a mudar a situación derivada da aplicación do decreto no ensino e propuxo a posta en marcha dunha mesa, integrada por todos os sectores e axentes sociais, para articular unha nova política lingüística na educación \"capaz de frear a desgaleguización dos últimos anos\" e que favoreza o avance do idioma. \"O galego ten que ser lingua vehicular no ensino\", recalcou Pontón, sen esquecer a importancia de ter referentes en galego, en particular para as novas xeracións, \"referentes no social, no ámbito deportivo ou nos medios públicos de comunicación que deben apostar por unha canle en galego para o público infantil e xuvenil con contidos específicos\"."}
{"ID": "NOS_56976", "summary": "Medicina a distancia no canto de gardas presenciais nas urxencias de Atención Primaria. A proposta parte da Consellaría de Sanidade, que a semana pasada defendeu a necesidade de avanzar en \"servizos de atención continuada en remoto\" ante a dificultade de manter a longo prazo as gardas físicas.", "text": "O debate sobre o incremento da telemedicina na Galiza non cesa. A crise sanitaria provocada pola pandemia da Covid foi a primeira en mover os marcos da accesibilidade á atención primaria, un dos alicerces do nivel asistencial máis básico do sistema público de saúde. Tras reducir ao mínimo as consultas presenciais durante os meses críticos do coronavirus, a Xunta restabeleceu o pasado mes de setembro o acceso de doentes aos centros de saúde co obxectivo de alcanzar 60% de atención presencial. Medio ano despois, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública aseguran a Nós Diario que, de media, 70% das axendas diarias do persoal médico resólvese por teléfono. \"A xente aínda ten medo e o Sergas non axuda\", afirman. O modelo telemático chegou para quedar nun momento en que a Covid agravou a sobrecarga asistencial e fixo máis evidente a falta de persoal. De feito, a escaseza de profesionais e a necesidade de reter ese talento na Galiza, atópanse entre os argumentos empregados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa participación na sesión 'Innovación no cambio de modelo', dentro do ciclo 'Transformacións e melloras do sistema de saúde' a pasada sexta feira. Comesaña afirmou nese foro que \"o modelo de atención de garda con presenza física, posibelmente non o podemos manter\" polo que propón avanzar en \"servizos de atención continuada en remoto\". Neste sentido, salientou a vantaxe de contar con \"pacientes, dispositivos e profesionais dixitalizados\" como acicate para \"dar mellores servizos e mellor calidade na atención aos pacientes\". A extensión da telemedicina afectará, neste suposto, as consultas de urxencia dos Puntos de Atención Continuada (PAC). \"Coa desculpa da mellora sanitaria, están dándolle forma a algo que vai ser outro pau no desmantelamento da Atención Primaria, para engorde da privada, prescindindo das gardas presenciais\", sinalan desde a entidade para a defensa da sanidade pública, a falta de máis detalles. Servizo complementario En vez de solucionar os problemas a través das conclusión do Consello Técnico de Atención Primaria, di Xosé María Dios, o que promoven son \"unha serie de ocorrencias que son un despropósito: a contratación de médicos xubilados, de facultativos sen especialidade, o feche de centros de saúde e de servizos\". O servizo remoto de atención continuada existe e funcionan desde hai tempo. Contribúe fundamentalmente ao intercambio de coñecemento entre especialistas de distintos centros e áreas sanitarias, o que amplía, remarca o Sergas, \"a capacidade diagnóstica\" do servizo público. Esa función é chave, mais debe ser complementaria e non a escusa para desmantelar un servizo de consultas urxentes e presenciais como os PAC. \"Cando ten unha urxencia, o doente o que quere é ser atendido por persoal sanitario, sexa médico, enfermeiro ou traballador social, conclúe Dios. Máis recursos, non menos Desde a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Jesús Sueiro pon en valor a utilidade das consultas telefónicas e alude ao servizo sanitario de urxencias 061. \"Funciona\". O que hai que entender, di, \"é que son un filtro, un medio de triaxe necesario para saber que paciente se poden atender de forma telemática e cales de forma presencial. Mais un dispositivos de atención telefónica é un dispositivo de atención asistencial\". Pola súa experiencia , a consulta telefónica na Atención Primaria incrementou a demanda. \"Hai máis consultas e a queixa habitual das usuarias é que non conseguen cita, porque os recursos son os mesmos\". Cando se monta un sistema novo \"non se valora esa necesidade\", censura, polo que advirte de non caer na trampa de crer que \"a dixitalización dos PAC vai permitir aforrar efectivos\". Ao contrario, \"deberían aumentar os recursos sanitarios e de administración, tamén porque moitas consultas precisarán unha valoración presencial\", resolve."}
{"ID": "NOS_7127", "summary": "A última hora deste domingo entrou en vigor un cesamento do fogo acordado polo Goberno israelí e Yihad Islámica.", "text": "Decenas de persoas perderon a vida en Gaza desde que a pasada sexta feira o Exército israelí lanzase unha serie de ataques sobre este territorio. En concreto, segundo vén de informar o Ministerio de Sanidade de Palestina, o número de vítimas mortais ascende a 44. Entre os falecidos atópanse 15 crianzas e, aliás, resultaron feridas até 360 persoas de todas as idades. As Forzas de Defensa de Israel, pola súa parte, cifran en 35 as vítimas, e recoñecen que, delas, 26 eran civís. Contra as 23.30 horas deste domingo entrou en vigor un alto o fogo acordado polo Goberno israelí e a Yihad Islámica, organismo que anunciou que este pacto inclúe o compromiso de \"traballar para lograr a liberación de prisioneiros\", entre eles o seu líder en Cisxordania, Al Sadi, cuxo arresto foi o principal detonante destes enfrontamentos. [VÍDEOS] Acusan Israel de asasinar 8 persoas, unha delas menor, nun bombardeo na Franxa de Gaza Porén, previamente Gaza foi obxecto de fortes bombardeos que foron respondidos polas milicias palestinas con senllos ataques sobre Xerusalén e Tel Aviv, polo que as cifras de vítimas poderían ascender nas próximas horas. Esta escalada bélica provocou que o Consello de Seguridade da ONU acordase reunirse esta segunda feira para \"discutir o desenvolvemento actual e as formas de apoiar os esforzos internacionais para lograr unha paz integral e xusta\". Cómpre lembrar, con todo, que o primeiro ministro israelí, Yair Lapid, afirmara a primeira hora deste domingo que a operación 'Amencer' lanzada polo seu Exército sobre o territorio palestino \"prolongarase o tempo que for preciso\". Israel detén no seu domicilio o gobernador palestino de Xerusalén \"O Exército, o Shin Bet e as forzas de seguridade seguirán a actuar contra a Yihad Islámica até que restabelezamos a paz e eliminemos a ameaza para os nenos que viven na rexión fronteiriza de Gaza\", dixo."}
{"ID": "NOS_19959", "summary": "Carvalho Calero morreu o domingo 25 de marzo de 1990. Na imprensa escrita a nova e as necrolóxicas correspondentes non apareceron até a terza feira día 27 posibelmente debido á hora de se producir o óbito, por volta das 11 da noite.", "text": "Pasaron trinta anos antes de a celebración do Día das Letras recair na súa figura. Unha celebración que podería ter sido hai vinte anos. Mais non, foron trinta, os mesmos que duraron aquelas guerras europeas do século XVII que libraron batallas menos feroces que as libradas contra a persoa, a obra e o pensamento de Carvalho. Curioso o contraste desas batallas coas sentidas \"laudatio funebris\" dos periódicos daquela semana de marzo que, en xeral, consideran Carvalho un intelectual honesto, un investigador serio e unha persoa comprometida co seu país. Ou é que só se trataba das elexías póstumas interpretadas por carpideiras de pago? Os quiosques Entramos nos quiosques da Galiza de aquel 27 de marzo. Procuramos as principais cabeceiras. E lemos. La Región informa, na capa, media columna con foto, da hora do enterro de quen considera \"una pérdida insustituible\". Dedica tamén a contracapa a recoller reaccións de forzas políticas, de entidades culturais, de asociacións e de personalidades e, fala da \" valiosa aportación de Ramón Carballo\" ao panorama das letras galegas. Ramón Carballo, curioso lapso, é o protagonista dunha Cousa de Castelao que, xa morto, acaba en mans de M. Lavalet, un traficante de restos humanos. El Ideal Gallego segue o mesmo esquema: noticia na capa e reaccións na contracapa, neste caso salientando a reacción dun \"impresionado\" García Sabell e os eloxios de Ramón Piñeiro. Artigos de fondo sobre Carvalho só os achamos en Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, cabeceiras que tamén dan a información e recollen as reaccións de diferentes personalidades. Filgueira Valverde escribe en Faro de Vigo un artigo titulado \"Carballo Calero\". Lembra os tempos do Seminario de Estudos Galegos e fai un repaso pola súa produción literaria e científica para acabar concluíndo que en Carvalho Calero predominou \"a entrega á máis estrita ética cultural\". E xa está. Neste día 27 e na mesma páxina 9, en La Voz de Galicia escriben Carlos Casares (á altura director de Galaxia), Constantino García (director do Instituto da Lingua Galega) e Domingo García-Sabell (presidente da Real Academia Galega). Casares, como era habitual nas columnas que publicaba neste medio, céntrase en desenvolver unha anécdota: como de simpático e alegre era Don Ricardo. Exemplifica cun acto no Pazo de Mariñán en que xuntos cantan o Romance de Don Gaiferos. Na mesma liña van as declaracións de Casares a La Región acrecentando ademais que Carvalho tería un carácter \"serio e pouco fácil\", o que facilitaba que o seu \"talento fose dirixido máis ao terreo investigador do que ao creador\". Constantino García lembra como coñeceu Carvalho nos días previos ao proceso de solicitude da cátedra de Filoloxía Galega que logo ía ocupar Don Ricardo e descóbrenos unha curiosa mudanza na perspectiva que cada un tería con respecto á posición do galego dentro da romanística: segundo o artigo, cando Constantino chegou a Compostela era unha persoa máis próxima ao mundo lingüístico \"galaicoportugues\" do que Carvalho, que sería partidario de \"afastar o galego do portugués\" e algúns anos despois \"Don Ricardo abandonou o meu mundo de entón e de agora e pasou á postura que eu tiña cando cheguei a Santiago: o mundo galaicoportugués\". García-Sabell, que no momento do enterro de Carvalho asistía ao programa de Jesús Hermida \"A mi manera\", nun artigo bastante máis amplo que os anteriores, envolve nunha arrevesada reflexión, case metafísica, o que non deixa de ser outra simples anécdota que o sitúa como o bon samaritano. Conta que visitou Carvalho no \"Sanatorio\" estando un, Carvalho, ignorante da doenza que tiña e o outro, García-Sabell, sabedor da gravidade da mesma e como desenvolveu con el unha sesión de \"psicoterapia\" despois da cal Carvalho \"rematou rindo\" e García-Sabell satisfeito de ter feito unha boa obra. Tamén en La Voz de Galicia do día 27, Álvarez Pousa escribe sobre Carvalho considerándoo \"un exiliado interior\" cun traballo insubstituíbel como conferenciante, articulista, poeta, fabulador e catedrático. E non desaproveita a ocasión para censurar \"o seu posicionamento a prol do reintegracionismo, que a moitos nos segue parecendo un desatino\". En El Correo Gallego escribe Agustín Sixto Seco, un texto de título \"Na memoria de Don Ricardo, mestre e amigo\". Despois de lembrar un par de anécdotas relativas ao seu propio expediente académico, Sixto Seco torna ao tema lingüístico para afirmar ser depositario dunha confidencia de Don Ricardo: \"Eu son, con unha das miñas colaboradoras profesionais que o estimaba cordialmente, testemuña excepcional do impacto anímico que derradeiramente lle tiña producido o sempiterno e incómodo conflito lingüístico no que el se sabía parte comprometida. En obrigada louvanza da súa memoria, algún día poderase divulga-lo impresionante relato do que somos casuais depositarios a miña colaboradora e máis eu mesmo, e que recolle a confidencia dunha entenrecedora ensoñación que Don Ricardo tivera a noite anterior\". Ignoro se esta confidencia se fixo pública ou se é o cuarto misterio de Fátima, mais parece que desde o mesmo momento da morte de Carvalho se albisca a intencionalidade de quen na altura ostentaba a dirección en ambientes académicos ou editoriais aos que Carvalho estivera moi ligado: ao tempo que se enterraba o seu corpo en Boisaca quérese enterrar tamén o seu pensamento e a súa obra, especialmente a científica, tomando como pretexto a disputa normativa. Mais non nos enganemos, pois a obra de Carvalho, mesmo a científica, non está exenta de ideoloxía, unha ideoloxía que chocaba frontalmente co concepto que da Galiza tiña, e ten, aquel poder político e académico de hai trinta anos, e que, antes e agora, se une para lexislar contra a nosa lingua, para borrar a nosa cultura, para privarnos de sermos nós. Pasado o día 27 e enterrado Carvalho, aínda houbo algún eco na imprensa, até que, finalmente, desaparece, voltando nos derradeiros anos cada vez que a RAG elexía persoa en quen celebrar as Letras Galegas. Trinta anos durou esa guerra. A COVID-19 trouxo un armisticio. E quen fixo o pranto fúnebre e nunca aceitou a coherencia intelectual de Carvalho é hoxe un fío de fume perante a súa memoria, ignorante de que \"aquel que no horizonte duas vezes enxergou o cometa\" vive longamente."}
{"ID": "PRAZA_10987", "summary": "As eleccións galegas de 2016 estiveron inevitablemente condicionadas pola repetición das xerais daquel ano; agora, aínda que cunha marxe temporal a priori maior, o escenario estatal vólvese impoñer. Así o afrontan as forzas políticas", "text": "En abril de 2016 Alberto Núñez Feijóo escenificaba o sacrificio de volver ser candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta mentres, no escenario estatal, todo apuntaba que o Congreso saído das eleccións xerais do 20 de decembro de 2015 non ía dar composto unha maioría de investidura. Efectivamente, así foi. A comezos de maio quedaron convocados os novos comicios xerais para o 26 de xuño, marcando irremediablemente a fin da lexislatura galega, que acabaría rematando tres meses despois, cando Feijóo chamou ás urnas para o 25 de setembro. Naquel 25S o PPdeG revalidou a maioría absoluta e o único cambio foi o da composición dos 34 escanos da oposición. Tres anos e medio despois do que daquela foi unha inédita repetición electoral, o vindeiro día 23 quedarán convocadas outras eleccións xerais por non haber acordo para formar Goberno sobre o xogo de maiorías ditaminado polos comicios do pasado 28 de abril. No 28A o PSOE de Pedro Sánchez impúxose á dereita máis esfarelada das últimas tres décadas e, en Galicia, o PSdeG logrou unha histórica primeira posición en votos e escanos. O bo resultado das xerais animou os de Gonzalo Caballero a soñar cun cambio político na Xunta á fronte dunha maioría de esquerda, aspiración reforzada tras o veredito das urnas nas municipais e europeas de maio, impulsado polo éxito de Sánchez.As eleccións galegas de 2016 estiveron inevitablemente condicionadas pola repetición das xerais daquel ano; agora, aínda que cunha marxe temporal a priori maior, o escenario estatal vólvese impoñer no remate da lexislatura galegaPero, como en 2016, o escenario estatal imponse no remate da lexislatura galega neste 2019. Hai tres anos as xerais repetidas foron catro meses antes do límite para celebrar eleccións galegas. Agora a marxe é só un chisco maior: Feijóo ten legalmente ata dez meses a partir do 10N para elixir o punto do calendario no que sitúa os comicios galegos. Non obstante, case ninguén se atreve xa nas principais forzas políticas do país a desbotar a posibilidade dun adianto electoral para a primavera de 2020. Influirá o que suceda nas urnas de novembro e a decisión de Feijóo sobre se recunca como candidato. Tamén a avaliación que o PPdeG faga das potenciais feblezas da esquerda e os plans do lehendakari Urkullu para chamar ás urnas en Euskadi.O derradeiro debate, primeiro asalto e con Caballero a debutarCon todos estes elementos sobre a mesa, o primeiro asalto duplamente preelectoral comezará o vindeiro mércores no Parlamento cando, xusto no terceiro aniversario da terceira maioría absoluta de Feijóo, bote a andar o derradeiro debate de política xeral da lexislatura, o primeiro con Gonzalo Caballero como líder da primeira forza da oposición. O PP situouno na xornada seguinte á convocatoria formal do 10N cando xa apuntaba á repetición das xerais. Fixérono, aseguran, para afastar o debate galego do estatal.Como era de agardar, o PPdeG apela a contrastar a \"estabilidade\" da Xunta coa \"inestabilidade\" á que, acusan, Sánchez conduciu a política españolaComo era de agardar, nas súas primeiras valoracións do adianto, os principais dirixentes do PPdeG apelaron a contrastar a \"estabilidade\" do Goberno galego coa \"inestabilidade\" á que, acusan, Pedro Sánchez conduciu á política española. España está xa no \"club de países inestables da UE\" por culpa do líder socialista, dixo Feijóo dende a Arxentina, onde está de viaxe oficial. En Galicia, mentres, continúa a \"estabilidade\", agregou o vicepresidente Rueda.Gonzalo Caballero agarda que o 10N \"referende a posición maioritaria\" do PSOE e os \"avances sociais fronte á ultradereita\"A esta \"inestabilidade\" ligará Feijóo no debate os contenciosos que permanecen abertos entre a Xunta e o Goberno central, a comezar polos fondos pendentes de transferir. Con eles procurarán diluír o debut de Caballero no seu primeiro gran debate no Pazo do Hórreo. O líder socialista, que nos últimos días tentou avanzar un argumentario en clave social con propostas como a recuperación da gratuidade universal para os libros de texto, afirma que a convocatoria do 10N \"non era o escenario que nós queriamos\", senón ao que \"estamos abocados polo bloqueo\". Os novos comicios serán unha caste de \"segunda volta\" na que, avanza, o PSdeG pedirá apoio para \"referendar a posición maioritaria\" de Sánchez e os \"avances sociais fronte á ultradereita\".En Común e BNG\"Sánchez levaba tempo en campaña electoral\", reprochan os 'comúns'Dende Galicia en Común a súa deputada Yolanda Díaz di ver clara a responsabilidade de Sánchez nas novas eleccións. Díaz, do equipo negociador de UP co PSOE, acusa o líder socialista de non querer \"negociar con ninguén\". \"O señor Sánchez levaba tempo en campaña electoral\", acusa. Na formación ven os socialistas escorados cara á dereita no inicio dunha precampaña exprés que se prevé notablemente máis dura entre dos de Iglesias cara ao PSOE ao ficar desbotada a posibilidade de coalición. Neste mesmo ámbito político, no grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia témese que a falta de acordo no Estado dificulte que a cidadanía galega poida percibir a existencia dunha alternativa en Galicia.Pontón observa unha \"oportunidade\" de que o BNG volva ao Congreso porque \"a cidadanía galega tomou nota\" da \"inutilidade das forzas estatais\"Pola banda do BNG a súa portavoz nacional, Ana Pontón, reitera que volver ás urnas é \"unha oportunidade\". Tras ficar \"constatada\" a \"inutilidade e a incompetencia das forzas estatais\", considera, \"Sánchez, Casado, Iglesias e Rivera\" van \"recibir unas urnas o que merecen\". \"A cidadanía galega tomou nota\" e o \"problema\" vai tornar na \"oportunidade\" de \"garantir a defensa de Galiza ante Madrid\" da man dun Bloque que agora si, augura, retornará ao Congreso.Mentres, dende En Marea, Luís Villares tamén asegura percibir como o 10N como unha \"oportunidade\" de \"ter representantes\" nas Cortes. En clave galega o agora deputado do Grupo Mixto coida que \"tanto o PSOE como Podemos\" van ter de agora en diante a \"dificultade\" de \"convencer de que son capaces de chegar a acordos para construír unha alternativa cooperativa a Feijóo\". \"Tan cómodos están Gonzalo Caballero e Yolanda Díaz con Núñez Feijóo? Se non o están deberían demostralo amosando vontade de acordo no Esatdo para poder facelo mañá en Galicia\"; afirma."}
{"ID": "NOS_45360", "summary": "No país moran 90.354 persoas migrantes, 12.099 menos que no 2013. A maior parte delas proceden de Portugal, Romanía, Brasil, e Marrocos.", "text": "A exclusión de Djiby Fall e Cheikh Faye da candidatura do BNG-AA da Coruña para as eleccións municipais puxo o foco de atención na realidade que atinxe as persoas migrantes que residen na Galiza. Estes dous senegaleses de orixe e coruñeses de residencia súmanse ás 90.354 persoas extranxeiras que moran no país. Coma eles, moitas non contan con dereitos políticos recoñecidos por mor dunha lexislación electoral que nega o sufraxio activo e pasivo a quen non conte con nacionalidade española/comunitaria ou non proveña dun dos 13 estados cos que o Reino de España asinou convenio bilateral para tales efectos. En total, na Galiza, hai 81.497 persoas migrantes en idade de votar (máis de 20 anos, segundo o IGE). Aínda así, nas vindeiras eleccións municipais só poderán exercer ese dereito migrantes procedentes dos Estados membros da Unión Europea, Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Corea do Sur, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai, Perú e Trinidade e Tobago, que estivesen inscrit@s no censo electoral antes do 30 de decembro de 2014 e manifestasen antes desa data a súa vontade de participar nos comicios. Esta realidade normativa --fixada na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral-- exclúe as persoas que, como no caso de Djiby Fall, embora levaren 13 anos residindo e traballando na Galiza, non cumpran cos requirimentos exixidos por seren oriondos de Senegal, Marrocos, Bolivia ou Guatemala, por exemplo. A estas persoas só se lles recoñecerá o dereito de sufraxio activo e pasivo de solicitaren e sérelles concedida a nacionalidade española. Un feito ao que só poden acceder após 10 anos --acreditados-- de residencia no territorio español e logo dun longo proceso burocrático. O pobo migrante e un país con cada vez menos xente Galiza é un pobo emigrante. Así o reflicten os dados demográficos que ao longo da historia rexistraron o éxodo masivo de poboación cara á Latinoamérica, o centro de Europa ou outras formacións sociais inseridas no Estado español, como Euskal Herria e Catalunya. De Bos Aires mesmo se chegou a dicir que era a 'quinta provincia' cando en 1950 acollía 100 mil galeg@s chegad@s de todos os recunchos do país. Por áreas xeográficas son A Coruña (32.412) e Pontevedra (31.924) as provincias que maior densidade de poboación migrante A situación non ten mudado moito nos últimos anos. Neste senso, desde que estourou a crise económica en 2008 cóntanse por centos de miles as persoas que se viron abocadas a abandonar o país na procura dun posto de traballo e un proxecto de vida. Os dados sinalan que nestes sete anos 142 mil persoas entre os 20 e os 34 anos tiveron que emigrar, o que agudizou a crise demográfica que atinxe Galiza. Ao contrario do que ten acontecido noutros lugares, como Barcelona ou Madrid, o país non ten sido destino de grandes migracións. Porén, si que se contan por miles as persoas procedentes doutros territorios do mundo que viñeron a Galiza á procura dunha mellor vida. No concreto, o Instituto Galego de Estatística (IGE) cifra en 90.354 persoas a poboación extranxeira o que representa o 3,6% do conxunto da poboación (2.731.406 habitantes). Cifras moi afastadas da realidade que atinxe, por exemplo, o distrito de Ciutat Vella en Barcelona, onde o 40% da poboación (46.070 persoas) é migrante ou El Raval onde ascende ao 47,11%. Por áreas xeográficas son A Coruña (32.412) e Pontevedra (31.924) as provincias que maior densidade de poboación migrante posúen cuxa orixe é, principalmente, da UE (13.390), Suramérica (9.566) e África (4.675). Por nacionalidades, para alén da cidadanía comunitaria --nomeadamente Portugal(6.434) e Romanía (2.753); son o Brasil (2.637) e Marrocos (2.447) as máis numerosas. Nos últimos anos, o número de persoas migrantes que residen no noso país descendeu de maneira notábel (12.099 menos que no 2013) revertendo na queda da poboación e afondando na crise demográfica."}
{"ID": "NOS_54133", "summary": "O portavoz nacional do BNG remitiu esta segunda feira unha carta ao líder de Anova como convite formal para ambas as dúas organicións se reuniren visando a constitución dunha candidatura \"unitaria\" ás eleccións europeas.", "text": "Xavier Vence convidou formalmente á dirección de Anova a se reunir para abordar a posibilidade de sumaren forzas a unha candidatura galega ás eleccións europeas. Após Anova comunicar a pasada fin de semana un acordo dos seus órgaos de dirección segundo o cal visan a constitución dunha \"fronte ampla non excluínte\", aberta a formacións de ámbito estatal (basicamente Izquierda Unida), o líder do BNG insistiu en que o momento actual exixe \"que a representación directa da Galiza\" sexa \"de crucial importancia\". Neste senso, \"é a hora das nacións en Europa\", afirma Vence na misiva, e é tempo de que \"Galiza estea presente directamente\" con \"voz propia\" e \"erguendo a bandeira da soberanía dos pobos e das nacións sen estado\", subliña. Vence salienta que ningunha forza nacionalista catalá ou vasca \"vai ir en coligación con forzas estatais\" Así, e sendo que nas eleccións ao Parlamento europeo a circunscrición electoral é estatal, Xavier Vence lembra que \"pode resultar acaído conformar unha grande coligación coas demais forzas nacionalistas de esquerdas\" operantes nas nacións sen estado e salienta: \"Ningunha forza nacionalista en xeral\" --catalá ou vasca-- \"vai ir en coalición con forzas estatais\", algo que desde o BNG din partillar. O lider da organización frontista empraza ao portavoz nacional de Anova na súa carta a considerar a proposta lanzada polo Bloque após o acordo adoptado polo seu Consello Nacional e na que promoven a configuración dunha candidatura soberanista na Galiza que abranga todas as forzas que visen unha ruptura democrática co Estado e pule por \"unha representación forte para defender os dereitos do país\" e da que non ficaría excluída ningunha forza política galega que poida partillar as liñas básicas da coalición\", salienta Xavier Vence. Neste senso, empraza á dirección de Anova a tomar en consideración a proposta lanzada polo BNG e a acollela con interese para abordar \"coa maior brevidade posíbel\", din, a iniciativa."}
{"ID": "NOS_42075", "summary": "Un total de 4.913 estudantes teñen acceso aos estudos nesta lingua segundo os datos facilitados esta sexta feira polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que compareceu a petición propia na Comisión 4ª do Parlamento. Estremadura conta con máis de 10.000.", "text": "Case 5.000 persoas estudan portugués de forma oficial na Galiza ao abeiro das medidas postas en funcionamento pola Xunta en 2014 coa denominada Lei Paz Andrade. Seis anos despois de aprobarse, a promoción do portugués no país camiña a paso lento. Numerosas organizacións denunciaron no seu momento a falta de profesorado para facilitar a chegada do portugués aos centros de ensino. Datos de 2021 En concreto, Galiza conta cun total de 4.913 estudantes desta lingua segundo os datos facilitados esta sexta feira polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que compareceu a petición propia na Comisión 4ª do Parlamento. Segundo as cifras reportadas, 3.897 alumnas e alumnos de ESO e Bacharelato, pertencentes a 75 centros educativos de toda a comunidade, estudan portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira neste curso 2021-22. A cifra supón 482 estudantes máis que o pasado curso e un incremento de 3.036 desde que entrou en vigor dita lei en 2014. Escolas de Idiomas e Instituto Camões A este dato, tal e como sinalou o representante da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, súmanselle as 1.021 alumnas e alumnos que estudan lingua portuguesa nalgunha das escolas oficiais de idiomas, alcanzando un total de 4.913 estudantes da lingua veciña de forma oficial. Ademais, dentro do marco da colaboración entre a Xunta e o Instituto Camões, este 2021 comezouse a implantar nos centros de Secundaria o programa Camões Júnior, mediante o cal o alumnado de ESO e Bacharelato pode realizar en liña o exame homónimo. Esta é unha proba que permite avaliar a competencia global na lingua portuguesa e obter o nivel de competencia correspondente no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), desde o A1 ata o B1. Máis de 10.000 estudantes en Estremadura Na Estremadura, desde que en 2009 se asinou o primeiro Memorando de Entendemento con Portugal, o número de estudantes foi exponencial. En datos de 2019, e dentro do denominado Plan Portugal, 36 docentes imparten portugués a uns 8.400 estudantes de Primaria de 55 centros educativos estremeños; e o Programa de Lingua e Cultura Portuguesa, no que participan 3.200 estudantes de Primaria e Secundaria, de 25 colexios e institutos, aos que imparten clase 12 docentes portugueses. Ademais, no ensino regrado, o ensino do portugués ten un peso moi importante. Tres centros contan con sección bilingüe de Portugués. Ademais, 82 centros educativos imparten a lingua portuguesa como segunda ou terceira lingua estranxeira. En total, nestes ensinos 10.600 estudantes estudan portugués, unha lingua que é impartida por 139 docentes. A estes súmanse os 1.660 estudantes que cursan portugués nas 9 escolas oficiais de idiomas e nas 7 aulas adscritas. Case 200 deles están a estudar este curso o nivel C1, implantado no curso 2018/19."}
{"ID": "NOS_3124", "summary": "O músico Seso Durán (Marín, 1969) intérnase por territorios inexplorados, pescuda na combinación de linguaxes antes non artelladas, asómase a audiencias inéditas. Son da memoria (2017) é o disco no que, a partir do \"rock americano da Costa Leste\", se debruza \"sobre o que aconteceu tras o golpe de 1936. As vítimas, os verdugos, os lugares, o cable eléctrico que conecta o pasado co presente\".", "text": "\"Non estamos afeitos ao rock con contido político\", explica ao teléfono Durán, \"pero iso é unha característica nosa, porque noutras tradicións, como a británica, é o habitual\". Máis que \"rock político\", etiqueta elástica e unha miga imprecisa, o singular de Son da memoria é o tratamento clasicista -eléctrico, con órgano hammond e coros soul rock- da memoria histórica. \"Si, é certo. Débese á falta de madureza do rock que facemos aquí\", insiste, \"en Arxentina, por exemplo, hai temazos sobre os desaparecidos\". As 11 cancións do traballo escribiunas e compúxoas Durán, agás a Pregaria de San Simón, realizada a partir dun texto do preso republicano Eduardo Pantaleón: \"San Simón, San Simonciño, / San Simón, santo da serra, / quero pregarche santiño, / que nos saques d'ista terra\". Na caixa de ferramentas, ese \"rock americano de Nova York, Sonic Youth, os Pixies\". Ou, como modelo confeso de fondo e forma, o estarrecedor Let England Shake (2011) co que a inglesa PJ Harvey atacou o imperialismo de Gran Bretaña. O músico reside en Redondela, onde imparte clases de música, desde hai anos. \"Eu veño do folk, do grupo Liorna, e teño formación clásica\", autoanalízase, \"porén, o rock é o terreo en que me sinto máis cómodo\". E que cadra mellor coa temperatura da súa lírica: \"Gústame aquel rock que non quere ser poético no sentido literario do termo, senón directo\". Como en O fillo asasino, inspirada en Nature Boy de Nick Cave & the Bad Seeds, na que fala a nai dun falanxista: \"Vai facer a distancia o que ninguén / quere, o que hai que facer, / a exterminar os inimigos da democracia occidental\". Rock adulto e, por veces, de ecos setenteiros, Seso Durán non se formulou moi concretamente a quen se dirixe. \"Non o sei, sei que pode ser unha música transversal\", di, aínda que engade unha reflexión: \"Se cadra, para un rockeiro é un disco raro, polos temas que trata, e para outro tipo de público de máis idade, ou máis cultivado, tratar estes temas así renxe\". E lamenta que aínda sexa unha opinión estendida aquela que infravalora \"a música que se percibe con algo máis que co que está da cabeza para arriba. Non asimilamos a música como cultura e iso é un problema\". Son da memoria, editado e distribuído polo selo Inquedanzas Sonoras, está a percorrer o circuíto de locais musicais. Esta quinta feira, Durán e a súa banda lévano á Disco Tasca de Redondela. E en xaneiro anuncian concertos en Compostela, Ferrol ou A Coruña."}
{"ID": "NOS_31168", "summary": "Nos Almorzos do Galicia por Diante asegurou que está a piques de culminar e que \"as portas para o BNG non están fechadas\".", "text": "En conversa co xornalista Kiko Novoa nos Almorzos do Galicia por Diante (Radio Galega) un dos portavoces nacionais de Anova e alcalde de Compostela, Martiño Noriega, anunciou un inminente acordo entre as direccións políticas da súa formación, Podemos e Esquerda Unida de cara ás eleccións ás Cortes españolas. Noriega asegurou que levan \"semanas traballando nun documento para achegar posicións\" e \"parece ser que está a ser perfilado nestes días\" polo que \"agás sorpresas\" poderá ser anunciado de maneira inminente. Ora ben, afirma que non será presentado como un acordo \"definitivo\" nen \"excluínte\" senón como garante da \"acumulación de forzas\" entre a \"esquerda partidaria\". \"Parece que [o acordo] está a ser perfilado nestes días, agás sorpresas poderase anunciar\" Noriega considera este acordo entre Podemos, Anova e Esquerda Unida como un \"paso necesario\" ao se amosar \"un pouco canso do minuto partido resultado\". Preguntado pola exclusión do BNG, o portavoz de Anova asegurou que \"sempre\" defendeu a existencia dun \"espazo\" para o Bloque na \"unidade popular\" ao entender que \"non acabaremos de fechar ese espazo de encontro\" se \"non está o BNG\". A respeito do nome desa posíbel candidatura resultante do acordo e se aceptaría un \"Podemos algo máis\" Martiño Noriega sinalou que \"o importante non é a etiqueta\" senón \"o contido\". Porén, acrecentou, \"supoño que é unha cuestión que non está resolta\". \"Haberá que traballar\"."}
{"ID": "NOS_3537", "summary": "O xornal The New York Times verificou nas últimas horas as imaxes difundidas por un canal ruso de Telegram onde se ven militares ucraínos masacrando prisioneiros rusos", "text": "O diario estadounidense The New York Times confirmou esta cuarta feira a autenticidade dun vídeo difundido nas redes sociais a pasada segunda con imaxes da guerra en Ucraína. Segundo informa Russia Today, a secuencia amosa soldados ucraínos executando militares rusos, feridos, tendidos no chan e coas mans atadas ás costas. Que sabemos do acontecido en Bucha? Segundo recolle o medio encargado de verificar o vídeo, as imaxes \"parecen mostrar a un grupo de soldados ucraínos matando a efectivos rusos capturados nos arredores dunha localidade ao oeste de Kíiv\". Sinala The New York Times que os feitos foron documentados na contorna do 30 de marzo a uns 11 quilómetros ao suroeste da cidade de Bucha, durante a retirada das tropas rusas da zona próxima á capital de Ucraína. \"Estes nin sequera son humanos\" No cinta pódese ver como os militares ucraínos disparan dúas veces contra un soldado ruso supostamente ferido que \"aparentemente está vivo e aínda respira\". Cando ven que segue vivo volven dispararlle e entón o soldado deixa de moverse. Xunto a el, obsérvanse os corpos de polo menos outros tres soldados, supostamente asasinados; un deles ten unha ferida visíbel na cabeza e as mans atadas ás costas. Cargos da UE piden novas sancións a Rusia sen o consenso dos Estados Todos os falecidos levan uniforme de camuflaxe, e tres deles teñen nos brazos os sinais distintivos brancos que usan as tropas rusas, afirma The New York Times, agregando que parece que a algúns lles quitaron as chaquetas, os zapatos ou os cascos.O xornal indica que as vítimas están tendidas nunha estrada a poucos metros dun BMD-2, un vehículo de combate de infantería utilizado polas unidades aerotransportadas rusas. Máis lonxe, pódense ver outros vehículos destruídos. De acordo co medio estadounidense, pódese escoitar un soldado ucraíno dicir: \"Estes nin sequera son humanos\", mentres camiña entre os vehículos esnaquizados. Emboscada ucraína The New York Times explica que os soldados ucraínos son identificábeis polos parches coa bandeira e os sinais distintivos azuis, e tamén porque repiten varias veces \"gloria a Ucraína\". Crónica desde o Donbass: \"What the fuck\" \"A súa división non está clara, pero no vídeo dos asasinatos, un dos homes refírese a algúns deles como 'mozos de Belgravia', probabelmente referíndose a un complexo de apartamentos chamado Belgravia, situado a uns centos de metros do incidente\", precisa. Os asasinatos foron o resultado dunha emboscada ucraína, supostamente levada a cabo o 30 de marzo, apunta o xornal, citando o xornalista independente Oz Katerji, quen o 2 de abril escribiu en Twitter que soldados ucraínos dixéronlle que os rusos foran emboscados 48 horas antes, e publicou vídeos e imaxes da columna destruída. 👌🏻Ювелірна робота українських захисників на Київщині. Командир підрозділу розповідає деталі бою, під час якого українські танкісти \"прийняли заліки\" у російських загарбників Приємного перегляду 🎥 pic.twitter.com/uLm4ANgvt5— Defence of Ukraine (@DefenceU) April 2, 2022 O Ministerio de Defensa de Ucraína tamén chiou en Twitter sobre a destrución do convoi ruso, cualificándoo de \"traballo preciso\" das forzas ucraínas."}
{"ID": "PRAZA_4087", "summary": "O deste venres foi o Día dos Traballadores e Traballadoras máis atípico das últimas décadas. Non houbo manifestacións nas rúas e a escasa actividade foi virtual. Con todo, sindicatos e partidos galegos da oposición elevaron as súas demandas e propostas a través das redes", "text": "O deste venres foi o Primeiro de Maio máis atípico das últimas décadas. Non houbo manifestacións nas rúas e a escasa actividade foi virtual. Con todo, sindicatos e partidos galegos da oposición elevaron as súas demandas e propostas a través das redes, nun momento ademais no que a crise provocada polo coronavirus comeza a amosar os seus efectos, que se prolongarán durante os vindeiros meses.A CIG fixera un chamamento \"a manter o carácter combativo e reivindicativo da data\", a que se penduren das xanelas e balcóns \"bandeiras da patria e vermellas\" e a cantar a Internacional ás 12 horas do mediodíaA CIG fixera un chamamento \"a manter o carácter combativo e reivindicativo da data\", a que se penduren das xanelas e balcóns \"bandeiras da patria e vermellas\" e a cantar a Internacional ás 12 horas do mediodía. Así mesmo, Paulo Carril, secretario xeral do sindicato, alertou de que o impacto desta crise resulta especialmente virulento en Galiza, pois \"xa estabamos a vivir unha auténtica emerxencia por causa dunha crise industrial, social e demográfica, con altos porcentaxes de emigración, precariedade, pobreza e desigualdade\". Ademais, criticou que \"ante as inxustas e insuficientes medida aplicadas\" lamenta que o Goberno de Feijóo \"siga máis preocupado por afondar nun modelo de dependencia a Madrid e a Bruxelas, por sacar rendemento electoral, que por frear os abusos patronais, reforzar os servizos públicos ou exercer as competencias, as capacidades propias que temos como pobo galego e como nación para afrontar esta situación\". CCOO-Galicia e UGT-Galicia emitiron un video.homenaxe ás traballadoras e traballadores destes sectores e, igualmente, un concerto dedicado aos traballadores e traballadoras dos servizos esenciaisPola súa banda, CCOO-Galicia e UGT-Galicia levaron a cabo unha \"manifestación virtual\" entre 12:30 e 13:00, que acompañou a unha intensa actividade dos seus secretarios xerais, que emitiron senllas conferencias de prensa a través das redes sociais e, ademais, mantiveron o xoves un encontro telemático co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero. CC.OO e UGT dedicaron a convocatoria \"ás persoas que están a traballar en primeira liña; sector sanitario, servizos de limpeza, forestais, loxística, supermercados, comunicacións, agricultores, pescadores, industria alimentaria, asistencia á domicilio e residencias\". Así mesmo, as dúas centrais emitiron un video homenaxe ás traballadoras e traballadores destes sectores e, igualmente, un concerto homenaxe aos traballadores e traballadoras dos servizos esenciais.PSdeG-PSOEO secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que \"neste momento de crise económica e social, é máis necesario que nunca defender os dereitos dos traballadores, un modelo produtivo acorde aos dereitos sociais e o estado do benestar\". A través dun vídeo que subiu ás súas redes sociais, o máximo dirixente do PSdeG sumouse así a unha celebración \"distinta\" do Día Internacional dos Traballadores por mor do confinamento.Ademais, Caballero fixo especial fincapé no \"compromiso\" dos socialistas cos dereitos das mulleres traballadoras, que \"sofren unha fenda salarial que evidencia a desigualdade\" que aínda existe. Finalmente, o líder do PSdeG dedicou \"un recoñecemento especial\" aos traballadores e traballadoras da sanidade pública, que hoxe máis que nunca \"están defendendo a nosa saúde\".Galicia en ComúnO portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, invitou á cidadanía a reivindicar \"a solidariedade e a vida\". \"Afrontemos unidas a necesidade dun modo de produción e de existencia máis humano, rematemos coa precariedade como forma de vida e explotación, e preocupémonos de coidar de quen nos coida\", dixo.O voceiro da coalición lembrou ás miles de familias traballadoras e autónomas galegas \"que non poden ir traballar porque a epidemia obrigou a pechar grandes e pequenas empresas e negocios\". E fixo unha mención especial para as traballadoras da sanidade e dos coidados, ás produtoras, transportistas e empregadas da cadea de distribución de alimentos. BNGFinalmente, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou derrogar as reformas laborais que precarizan o emprego e un \"gran acordo de país\" para saír da crise creando emprego de calidade. Pontón destacou que nestas últimas semanas \"puidemos constatar como o emprego máis precarizado foi o emprego máis importante para enfrontar a crise e a maior parte dese emprego ocupado por mulleres no ámbito sanitario, nos supermercados ou no ámbito da limpeza e coidados\". \"Hai que traballar nunha alternativa social para superar a crise do coronavirus e facelo confiando e apostando polas posibilidades e potencialidades que ten Galiza\", engadiu."}
{"ID": "NOS_36951", "summary": "Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) continuarán co programa iniciado en 2020 de información e valorización dos oficios do mar en centros de ensino. O obxectivo é conseguir reducir a falta de relevo xeracional, un dos factores que máis preocupa ao sector que ten que procurar man de obra fóra.", "text": "A falta de relevo xeracional preocupa ao sector do mar. Aos problemas propios relacionados cunha actividade laboral dura e que ten nos últimos anos que facer fronte ás estritas regulamentacións das Administracións e un mercado cada vez máis competitivo, tamén se lle engade a dificultade para atopar persoas que continúen cos oficios que fan que o produto chegue ás nosas casas. \"Estamos vendo como non hai continuidade no futuro por falta de incorporación da xente nova\", explica María Calvo, oceanógrafa e asistente técnica do programa Relevo2 que puxeron en marcha, por segundo ano consecutivo, os Grupos de Acción Local do Sector pesqueiro (GALP) da Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Mariña Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur e Ría de Vigo-A Guarda. Estas entidades idearon un proxecto de colaboración de carácter formativo e divulgativo, coa pretensión de \"trasladar ao alumnado de centros de ensino de Secundaria as posibilidades que ofrece ou sector pesqueiro e marisqueiro na Galiza\". Calvo indica a Nós Diario que as redeiras e o sector bateeiro son algúns dos ámbitos onde teñen constancia da dificultade de atopar continuidade laboral. A información, neste caso é primordial. \"Hai certo descoñecemento de que na Galiza contamos con escolas náutico-pesqueiras ou o propio Centro de Acuicultura situado na Illa de Arousa que son referentes europeos\", sinala. Segunda edición do programa Relevo Co inicio do novo curso centros de ensino de todo o litoral galego incorporarán esta campaña que, segundo indican desde os GALP, persegue \"poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar ou de escoller estudos superiores, valorizar o sector pesqueiro en termos económicos e dar a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e as saídas profesionais\". Alén diso, queren ofrecer \"unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector en termos de oportunidades laborais\", co propósito final de conseguir \"captar\" persoas que garantan a substitución xeracional. O programa que ofertan consta de contidos específicos en acuicultura, transformación e comercialización, e turismo. As aulas, que comezarán este mes de setembro, compleméntanse con varias visitas a profesionais do sector e están impartidas por un equipo de docentes expertos en oceanografía. As razóns da falta de persoal no sector A falta de relevo xeracional ten varias causas. María Calvo pon enriba da mesa unha relacionada coa falta de información. \"Segue a idea de que o que vale, vale, e o que non, vai para o mar polo que non hai incorporación nova\", opina esta oceanógrafa. Porén, hai casos que evidencian unha tendencia que constataron na edición do ano pasado do proxecto \"con moitas rapazas e rapaces que tiñan interese en tentar vivir do mar\" unha vez que saben que hai certos postos de traballo \"con bos salarios\". Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores do Cerco da Galiza (Acerga) en declaracións a Nós Diario, confirma esta situación. \"Non atopamos tripulación galega e temos que botar man de estranxeiros que son os que cobren as vacantes que hai\", asegura. A maior dificultade téñena \"na mariñeiría\" ao coincidir que \"o armador é o patrón do barco no 99% das veces e ten un técnico mecánico de confianza\". Preguntado polas razóns para esta situación é expeditivo e afirma que \"a xente non quere ir ao mar, teno como un último recurso\" malia que non é unha cuestión de salarios baixos por coincidir que \"todos os barcos teñen ese mesmo problema, gañen máis ou gañen menos\". Unha bolsa de emprego en Acerga O sistema que empregaban para atopar mariñeiros era de maneira informal. A falta de persoal foi a razón pola que na Asociación de Armadores do Cerco da Galiza (Acerga), como parte do seu Plan de produción e comercialización 2020, optaron por crear en decembro do ano pasado unha bolsa de emprego a través do portal dixital www.empleo.acerga.com dirixida a todas aquelas persoas que teñan interese en traballar no sector do cerco, tendo ou non experiencia previa. Funciona creando un perfil de usuario que se completa cos datos referentes á formación e traxectoria no sector pesqueiro. Esta información pode ser vista polas empresas que forman parte de asociación para facilitarlles o contacto directo coa candidata ou candidato para ofertarlle un posto de emprego."}
{"ID": "NOS_16617", "summary": "Desde 2008 só se protexeu a zona húmida do parque nacional das Illas Atlánticas.", "text": "Ecoloxistas en Acción vén de lanzar a campaña de sensibilización 'Humidais para a vida', a través da cal pretende concienciar a poboación sobre \"a importancia das zonas húmidas e as agresións ambientais que sofren constantemente\", malia seren \"zonas de alto valor ecosistémico\". As zonas húmidas, afirma a organización, son \"indispensábeis\" polos \"innumerábeis beneficios ou servizos ecosistémicos que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce, alimentos e biodiversidade até o control do aumento do caudal dos ríos, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático\". En declaracións a Nós Diario, Roberto Vilela, portavoz de Ecoloxistas en Acción, explica que na Galiza hai moitas zonas húmidas \"que están en risco pola proximidade de prospeccións mineiras, plantacións de eucaliptos e mesmo en zonas que figuran en proxectos eólicos\". Isto débese a que o Inventario de Humidais da Galiza, creado pola Xunta en 2008, só incluíu neste tempo unha única zona húmida con réxime de protección: o parque nacional das Illas Atlánticas. A Xunta non cataloga ningún espazo natural no Inventario de Zonas Húmidas Desde 2003, porén, o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) tiña elaborado un inventario propio con \"máis de 1.100 humidais galegos\", subliñan desde Ecoloxistas. En consecuencia, e no marco desta campaña, presentan un catálogo de zonas húmidas \"avaliadas en catro fases distintas, unha para cada provincia\". Na primeira fase ponse o foco nos humidais coruñeses que requiren de protección. O inventario do Ibader catalogaba en 2003 máis de 1.100 zonas húmidas no país Trátase das Brañas do Ceo (Aranga, Curtis e Oza Cesuras), as Brañas de Valadares e Banzas (Outes), as Brañas da Serra (Santa Comba e Coristanco), as Brañas do Monte Inxerio (Ordes), as Brañas da Calzada (Zas), as Brañas do Espindro (Laracha), e as Brañas do Torreiro (Culleredo e Cerceda). O obxectivo é, precisamente, pór en valor estes espazos naturais para lograr a súa catalogación e o consecuente réxime de protección. \"A perda e degradación dos humidais tradúcese nun enorme impacto social e económico como, por exemplo, o aumento do risco de inundacións e diminución da calidade da auga, alén de impactos sobre a saúde, a identidade cultural e os medios de subsistencia\", insisten desde o colectivo."}
{"ID": "NOS_3358", "summary": "O comité de empresa do hospital de Vigo iniciará de novo as concentracións perante o complexo após as presións exercidas desde a dirección de Povisa a algunhas das traballadoras que secundaron a folga indefinida desenvolvida o pasado mes de agosto.", "text": "O plantel de traballador@s do hospital Povisa retomarán as mobilizacións esta semana. Após desconvocaren a folga indefinida iniciada o pasado mes de agosto logo de que unha sentenza xudicial fallase no seu favor e obrigase á dirección do centro a manter en vixencia o convenio colectivo, traballador@s do hospital denunciaron presións por parte de Povisa sobre algunhas das persoas que tomaran parte da greve. A dirección do hospital non retomou as negociacións do novo convenio após desconvocaren a folga Neste senso, desde a CIG denunciaron que \"a directora de Enfermería está a chamar as traballadoras/es de xeito individual para asegurarlles que pase o que pase co recurso xudicial á sentenza non van volver á xornada laboral de 40 horas semanais e pídelles que asinen por 35 horas\". Así, máis dun cento de traballador@s viron reducida a súa xornada laboral. Aliás, o xefe de Radioloxía reunise a todos os integrantes do seu servizo \"para darlles un mitin sobre a folga e as súas consecuencias e para deixarlles moi claro que van premiar ás persoas\" que tomaron parte da loita, aseguran desde o comité de empresa. Responsábeis do centro médico presionan @s traballador@s para asinaren reducións na xornada laboral Perante esta situación e a negativa da dirección de Povisa de retomar as negociacións do novo convenio colectivo, a CIG anunciou que retomarán as concentracións semanais fronte ao centro médico; a desenvolver cada quinta feira ás 16.00 horas. Asemade, desenvolverán unha vez á semana asembleas coas traballadoras e traballadores para os informar da nova situación. Recollida de alimentos para as familias sen recursos de VigoPara alén das mobilizacións, o comité de empresa acordou desenvolver unha romaría solidaria o vindeiro 5 de outubro no Parque de Castrelos. A iniciativa, que incluirá xogos populares e actuacións musicais, recollerá fondos e alimentos para a Asociación Freixeiro de Axuda aos Necesitados (Afan) que presta servizo a medio milleiro de familias sen recursos. Afan perdeu boa parte das axudas públicas que percibía e denuncia a escaseza de recursos cos que conta para facer fronte a cada vez máis persoas. Os fondos obtidos tamén se repartirán entre @s traballador@s que participaron na folga."}
{"ID": "QUEPASA_350", "summary": "Este 12 de xullo de 2020 2.7 millóns de galeg@s escolleron a nova composición do Parlamento Galego nunhas novas Eleccións Autonómicas.", "text": "Na Laracha, como a nivel municipal, maioría absoluta popular. O BNG supera ao PSOE como segunda forza. Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte As promesas do 2020 As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións. As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte. 06-07-2020: As promesas electorais (I): Xustiza democrática. Outras accións da campaña 19-06-2020: O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos. 17-06-2020: O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha. 15-06-2020: Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X."}
{"ID": "NOS_34474", "summary": "O acto de conciliación, no que a empresa esixiu unha rectificación pública, finalizou sen acordo entre as partes.", "text": "Manuel García, o ecoloxista que acusou Coren de realizar verteduras de xurros, mantense firme: \"Non houbo acordo, non aceptei as condicións que me puñan e por suposto non concordo con que atentase contra a honra desta empresa\". O agricultor e activista do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) acudiu esta segunda feira aos xulgados de Xinzo ao acto de conciliación coa compañía, que o denunciou por suposta falsidade nas súas declaracións e esixiulle unha rectificación pública sobre as súas críticas. O denunciado chegou arroupado por varios compañeiros e compañeiras, agricultores e gandeiras que o esperaban ás portas dos xulgados que acudiron a trasladarlle o seu apoio e para deixar claro que \"non son culpábeis, son vítimas\". O programa 'España directo' emitiu en setembro un espazo dedicado á situación do encoro das Conchas, pola presenza de cianobacterias, e os efectos da sobreexplotación das granxas, as verteduras indiscriminadas e a contaminación das augas. Neste espazo, ademais de veciñanza da zona, interveu o activista de MEL, mostrando un vídeo dunha cisterna dunha granxa, supostamente propiedade de Coren, regando con xurro unha pradaría nun monte comunal, e advertindo das consecuencias que teñen estas sustancias (antibióticos, químicos, restos de produtos de limpeza) cando se filtran ao subsolo, tanto nas augas subterráneas como polos excedentes que chegan aos ríos e aos encoros. Todo iso derivou nunha demanda civil interposta pola empresa contra o ecoloxista, que considera, en declaracións a Europa Press, que Coren está a tentar \"poñer unha cabeza de turco para tratar de silenciar as protestas e o movemento social que está a emerxer\" na comarca da Limia e en Galiza contra as prácticas e as consecuencias da sobreexplotación e mala xestión de residuos. \"Todo o que digo ten unha base científica e unha base real. Toda a xente veo a diario nesta comarca, isto é así\", insistiu García, quen advertiu de que \"hai cinco denuncias ante a Fiscalía de testemuñas directas que viron camións vertendo a caño libre\"\". García denunciou que estas zonas teñen \"un grave problema de saúde pública\" por permitir que este tipo de industrias realicen as súas verteduras \"sen ningún tipo de control\". En concreto, sinalou á \"irresponsabilidade\" tanto da Xunta e da Confederación Hidrográfica, sobre todo no caso da Consellería de Medio Rural, posto que é consciente e coñecedora xa desde 2004 da \"sobrecarga\" deste tipo de modelo produtivo e que, a pesar diso, seguiu autorizando novas ampliacións, \"ata duplicarse a carga gandeira\"."}
{"ID": "NOS_51673", "summary": "A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que é preciso contar cun informe persoal do tratamento contra a Covid-19, mais considera que debe ser unificado e non dar pé a \"un cúmulo de certificados autonómicos\". Ante esta afirmación, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, reprochou ao Estado español que \"se opoña\" á súa idea \"sen ningunha proposta\".", "text": "Novo choque de posturas entre a Xunta e o Goberno do Estado español pola diferencia de pareceres sobre o sistema que debe empregarse para que as e os cidadáns certifiquen a vacinación contra a Covid-19 e poidan gañar mobilidade. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, rexeitou dunha forma indirecta o certificado que propuña a equipa de Alberto Núñez Feixoo, ao que este respondeu reprochando que \"se opoña\" á medida \"sen ningunha proposta alternativa\". A responsábel da carteira sanitaria no Executivo estatal de Pedro Sánchez, Carolina Darias, avisouno. O Estado español quere unha sorte de pasaporte Covid pero unificado e a Xunta xa fixera a proposta de crear o seu propio documento que certificase a inoculación dalgún dos fármacos en cada persoa. Darias sostén que non pode haber \"un cúmulo de certificados autonómicos\" por cuestións prácticas, pero Feixoo reprochoulle esta mesma xornada que \"se opoña\" sen concretar máis a súa proposta ou como se artellaría a ferramenta de control. O representante do Goberno galego dixo estar sorprendido pola decisión ministerial porque non só a Xunta, senón outras zonas xa traballaban na mesma liña cando chega a nova. \"É curioso que, cando as comunidades autónomas imos avanzando e propoñemos avances que garanten a seguridade durante a pandemia, se opoñan sen ningunha proposta alternativa\", incidiu ante as preguntas dos medios de comunicación. Desde o seu punto de vista, ten sentido que haxa un documento unificado para Europa pero mentres non existe sería positivo emitir o informe territorial. Así, afirmou que polo de agora van seguir expedindo a documentación que demostra que as e os habitantes do país foron vacinados coas dúas doses (ou, no caso de vacinas como a de Janssen, cunha soa inoculación). Os problemas da lei de saúde Precisamente nese clima de confrontación co Estado español aberto hai uns días pola decisión do Tribunal Constitucional de paralizar a obrigatoriedade de vacinarse na Galiza que recolle a nova lei de saúde, Feixoo asegurou que se podería \"concretar\" de forma conxunta ese \"parágrafo\". No entanto, mentres en Madrid se pon en dúbida a súa constitucionalidade, o político galego di estar \"tranquilo pola súa legalidade\". \"A lei é perfectamente constitucional\", defende."}
{"ID": "NOS_48039", "summary": "Alberto Núñez Feixoo insiste en que \"se debería poder actuar con contundencia e con garantías\" fronte á pandemia \"sen ter que recorrer a un mecanismo extraordinario e excepcional\" como o estado de alarma.", "text": "Un Consello de Ministras extraordinario abordará hoxe a declaración dun novo estado de alarma co obxectivo de controlar o avance do virus, unha medida que non gusta ao Executivo galego, que se ben se amosa \"a favor\" de estabelecer restricións á mobilidade e en determinadas actividades, é partidario de actuar \"con contundencia\" mais \"sen ter que recorrer\" ao estado de alarma. Así o manifestan fontes da Xunta, que se desmarcan doutros territorios como Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela-A Mancha, País Valenciá e Nafarroa, gobernados todos eles polo PSOE, así como Melilla, Euskadi, Catalunya e Cantabria, que reclaman a activación do estado de alarma. Para apoiar a súa postura, fontes do Goberno galego argumentan tamén que este \"ten un custo reputacional enorme para unha España xa moi danada pola pandemia e a súa xestión\". Reforma da Lei Ao fío diso, lembran que a Galiza leva \"meses defendendo o mesmo\": cambios da lexislación sanitaria para poder tomar medidas \"coas máximas garantías\". Estes tamén son, engaden, \"case un clamor no ámbito xurídico\". De feito, a Xunta enviou unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde ─unha das promesas de Feijóo durante o seu último discurso de investidura─ para \"evitar a situación de incerteza\" actual, que, segundo argumentan, é \"consecuencia da inacción\" do Goberno estatal por non acometela. \"Perdemos seis meses nos que poderiamos estar listos para actuar ante esta segunda onda. Necesitamos unha lei sanitaria para resolver un problema sanitario, unha lei para a pandemia\", remarcan as mesmas fontes. Tras reiterar a súa negativa a que as limitacións para frear ao coronavirus pasen por un novo estado de alarma, a Xunta insiste en que \"sempre\" foi \"partidaria de anticiparse e de tomar as medidas que sexan necesarias\" con \"importantes restricións\" no territorio galego, a pesar de que a incidencia de casos era \"moi inferior\" na Galiza que noutros territorios. Acougo e xestión Segundo palabras do presidente Feixoo, esta decisión tería \"unha enorme transcendencia\" non só sanitaria, senón tamén económica e social, polo que insistiu en que \"os acordos non se improvisan\". E é que aínda que Feijóo remarcou que Galicia \"está a favor das restricións horarias diúrnas e nocturnas, a limitar mobilidade polo día e pola noite, con procedementos proporcionais\" e \"criterios epidemiolóxicos previos\", avogou por facelo \"sen alarmar como lamentablemente estamos a alarmar ao mundo\". \"Nós pedimos acougo e un pouco de profesionalidade na xestión, abandonar as teses de só estado de alarma ou toque de queda, e irnos cara a leis coas que podamos xestionar a pandemia sen tensionar de forma innecesaria á poboación\", dixo, antes de volver pór o foco tamén no \"custo reputacional\" fóra do Estado español."}
{"ID": "NOS_52898", "summary": "Representantes dos distintos territorios do Estado español sentaron hoxe co Ministerio de Sanidade para revisar o coñecido como \"semáforo Covid-19\", que levaba sen actualizar desde outubro. A medida consensuada afectará, de momento, a Madrid, Catalunya, Euskadi, Ceuta e Melilla.", "text": "As zonas do Estado español consideradas de alto risco pola evolución epidemiolóxica do coronavirus terán que impoñer ao sector da hostalaría o fechamento do interior dos locais ao público, se ben poderán seguir dando servizo nas terrazas. Polo momento esta medida non afecta a Galiza, que xa ten unha política de limitacións en marcha segundo o nivel de afección de cada concello, pero podería ter un efecto nun futuro próximo no caso de producirse a cuarta onda da pandemia da que xa se fala desde distintos sectores. A este acordo chegouse no día de hoxe no marco dun encontro da Comisión de Saúde Pública, na que están representados tanto o Ministerio de Sanidade como os distintos territorios do Estado español. Todos xuntos aprobaron a actualización da folla de ruta titulada \"Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión da Covid-19\", ou o que é o mesmo, o \"semáforo Covid-19\". Na realidade, as prohibicións vanse producir cando unha zona estea en nivel de alerta alto ou moi alto chegando a unha incidencia superior aos 150 contaxios por cada 100.000 habitantes. Outro dos indicadores que se terá en conta é a presión hospitalaria. \"Nos niveis de alerta moi altos o feche de interiores da restauración é importante debido á importancia da transmisión nestes lugares, onde o número de persoas que se relacionan teñen un risco alto de transmisión. Cada vez dáse máis importancia á transmisión por aerosois, esa foi unha das claves para ser máis estritos cos interiores\", indicaron desde o Goberno de Pedro Sánchez. O documento, que non era modificado desde o 22 de outubro, incorpora esa novidade que agora afecta directamente á Comunidade de Madrid, Euskadi, Catalunya, Ceuta e Melilla. Polo tanto, foi recomendado que fechen ao uso da clientela o interior de bares e restaurantes. Aliás, a incorporación ao escrito implica que onde o risco sexa máis baixo a ocupación será do 50% e isto si se aplica na Galiza, nos casos que xa estaban máis avanzados. En canto ás áreas exteriores dos negocios, deuse luz verde a que non haxa restricións cando a incidencia do virus sexa inferior a 50 persoas por cada 100.000, mentres que quedarán nun 75% nos niveis medio e alto e nun 50% cando se fale de risco extremo. Iso si, Sanidade considera que o máximo de lados fechados ao aire é de dous para \"garantir que a ventilación é permanente\". Nestes momentos a taxa de incidencia no país está por debaixo dos 100 casos por cada 100.000 veciñas a 14 días. Hoxe anunciouse que a partir da segunda feira só se manterá o fechamento perimetral en Beade, o que implicará igualmente que non se poida acceder aos estabelecementos."}
{"ID": "NOS_48169", "summary": "O fútbol, como unha céntrica rúa dun núcleo urbán, continúa lenta pero implacablemente o seu proceso de xentrificación -máis evidente en campos como o do Madrid e o Barcelona- con novas prohibicións que afastan o seu público tradicional. Da última poden dar boa fe as seareiras do Lugo, en pé de guerra a causa da actuación policial.", "text": "O estadio Ángel Carro de Lugo tivo no partido da pasada segunda feira un aspecto moito máis sombrío do habitual, pois un importante número de peñas e agrupacións que conforman a masa social da escuadra albivermella decidiron non animar ante a \"criminalización\" que están a padecer como seareiras. A razón detrás deste acto de protesta é a prohibición do uso de megáfonos, bombos e outros aparellos similares no interior do coliseo lucense por non contar cunha \"bancada de animación\", lugar no que está restrinxido o seu uso nos estadios de fútbol segundo o artigo 3.2.f da Lei 19/2007 e o Real Decreto 203/2010 e que a directiva do Club Deportivo Lugo non habilitará por resultar \"inviábel a nivel económico\". En declaracións a Nós Diario, a Federación de Peñas do Lugo explica que a responsabilidade desta situación recae, principalmente, \"na Policía Nacional\", por realizar unha \"nova interpretación e con falta de transparencia\" da Lei do Deporte e estipular \"as mesmas normas\" para Primeira e Segunda División\". \"Non ten moito xeito que o Camp Nou e o Bernabéu teñan as mesmas esixencias que o Anxo Carro\", din. Desde a Federación consideran que existe un \"agravio comparativo\" con outros estadios nos que a Policía Nacional -coa que xa falaron, e que afirma que \"as normas son claras para todos\"- si permite a introdución dos bombos ou os megáfonos. Con todo, tamén consideran que o club ten a súa parte de responsabilidade pola \"falta de previsión\" por non crear unha bancada de animación \"que estaba prometida xa en 2018 e que non se executou\". Por iso, defenden que \"terá que haber algún tipo de exención cos clubs que non teñan bancada de animación e que non acumulen sancións nos últimos anos\". Apostilan que os seareiros e seareiras levan esta situación \"con resignación\", e que esta é \"unha pinga máis que está a piques de desbordar un vaso no que non queda moita paciencia\", polo que anuncian futuras accións de protesta e conversas con outras afeccións sobre este tema."}
{"ID": "NOS_15780", "summary": "O profesor da Universidade de California en Berkeley Ramón Grosfoguel prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.", "text": "As 'revolucións de cores' son a modalidade contemporánea da CIA para derrocar gobernos que non son do seu agrado. Non importa se son gobernos democraticamente electos, as 'revolucións de cores' buscan evadir eleccións e derrocar gobernos por métodos ilegais. Esta estratexia foi vital desde a guerra fría. O laboratorio destas estratexias foron os países do bloque soviético en Europa do Leste na década dos oitenta do século pasado. As rebelións contra os gobernos do bloque soviético foron deseñadas desde Washington pola CIA coa participación activa de George Soros e a fundación que leva o seu nome, así como a National Endowment for Democracy e outras organizacións que funcionan como frontes da CIA. A modalidade de golpes de Estado para impor ditaduras militares probouse ser moi custosa tanto económica como politicamente. Moito máis efectivo é mobilizar o descontento popular xerado por sancións, bloqueos económicos e hiperinflación (provocada pola desvalorización da moeda nacional) acompañada de fake news para derrocar gobernos usando o parlamento ou o que se coñece como \"golpes brandos\" para instaurar gobernos monicreques. Os programas do Departamento de Estado estadounidense para adestrar activistas no uso de medios sociais para difundir a falsa propaganda probaron ser vitais. No que vai do século XXI vimos 'revolucións de cores' que terminan en golpes de Estado derrocando gobernos democraticamente electos en Exipto (2013), Bolivia (2019), Brasil (2016), Xeorxia (2003), Ucraína (2004 e 2014) ou Kyrgyzstan (2006). Intentos de 'revolucións de cores' fracasadas vímolos en Cuba, Venezuela e, máis recentemente, en Irán. O caso de Irán é emblemático porque houbo varios intentos fracasados nos últimos 20 anos. A participación dos medios de desinformación masiva na difusión de mentiras é fundamental nesta estratexia imperial para derrocar gobernos. O caso recente da morte da nova iraniana Mahsa Amini (quen tivo unha cirurxía cerebral aberta uns anos antes) é un bo exemplo. A pesar do vídeo que demostra que esta moza nunca foi encarcerada, arrestada, agredida, esposada nin custodiada pola policía e que se trata dunha morte repentina produto dun infarto, a prensa imperial e ata algunhas esquerdas confundidas difundiron e seguen difundindo a mentira de que foi asasinada a golpes nun cuartel da policía. O operativo desinformativo foi dirixido nos medios sociais e a prensa imperial desde Washington pola recoñecida axente da CIA de orixe iraniana Masoumeh \"Masih\" Alinejad-Ghomi. O interese de Washington e Tel Aviv por derrocar a república democrática islámica de Irán é de todos coñecido. Irán supera de lonxe as monarquías petroleiras do Golfo Pérsico en porcentaxes de participación das mulleres nos mercados laborais, en educación, incluíndo a educación universitaria, na ciencia e tecnoloxía, nos empregos públicos, nas eleccións, na xurisprudencia (lembremos que en Irán hai mulleres Ayatollah) e en número de deputadas parlamentarias. Un país como Arabia Saudita, onde as mulleres non poden nin sequera conducir un automóbil, non é obxecto de denuncia sistemática pola prensa imperial. Obviamente, as monarquías petroleiras son réximes autoritarios subordinados aos intereses dos imperios occidentais, mentres que Irán é o centro do eixo da resistencia rexional contra o imperio estadounidense e o estado sionista/xenocida de Israel. O goberno iraniano nacionalizou os pozos petroleiros sacando as transnacionais petroleiras europeas e americanas do seu territorio. De aí o ataque sistemático e o desexo continuo de derrocar o seu goberno. Como loitadores anti-imperialistas temos que prestar moita atención para non repetir os falsos relatos dos imperios occidentais con obxectivos perversos. Non se trata de ser acrítico fronte a Irán ou a calquera outro país anti-imperialista, senón de non repetir as mentiras do imperio que soamente buscan xerar 'revolucións de cores' para derrocar os seus gobernos. Non é inocente nin casual que a prensa imperial se dedique a criticar Irán de maneira distorsionada e falsa mentres garda silencio fronte ás atrocidades de países veciños como Arabia Saudita, Kuwait ou Qatar. Non sexamos inxenuos."}
{"ID": "PRAZA_18101", "summary": "Un dos netos do ditador iniciou os trámites para vender a parte que herdou do pazo a unha das súas empresas. \"Esiximos que as institucións democráticas se xunten para impedir que sigan utilizándose os métodos da ditadura e que o pazo pase a ser propiedade pública\", subliña a Deputación HEMEROTECA | As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange", "text": "HEMEROTECA | As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange A inmobiliaria cántabra Mikeli segue a ter á venda por 8 millóns de euros o Pazo de Meirás, cumprindo así a encomenda da familia do ditador Francisco Franco. Iso non impide, así e todo, que os herdeiros do xeneral golpista especulen co histórico edificio entregado ao seu avó en 1938 mediante doazóns forzosas en plena represión tras a sublevación militar contra a II República. Un dos netos, Francisco Franco Martínez-Bordiú, vén de cumplimentar o trámite da lei de patrimonio cultural que obriga a comunicar á Xunta a intención de vender calquera propiedade declarada Ben de Interese Cultural (BIC). Pero a operación comunicada non é a da inmobiliaria: o alcumado como Francis Franco quere vender a parte que herdou de Meirás a unha das dúas empresas. A operación, confirmada pola Xunta ao xornal La Voz de Galicia, ten como destinataria a compañía Pristina S.L., unha empresa con sede en Madrid que ten o neto do ditador como administrador único e cuxos activos ascenden a uns 18 millóns de euros, compostos fundamentalmente por patrimonio inmobiliario. Esta comunicación á Xunta abre, segundo o marcado pola lei, o prazo legal de tres meses para que o propio Goberno galego exerza o dereito de tanteo, isto é, para presentar unha oferta para comprar o pazo que tería prioridade. Así e todo, dende a Administración galega xa se desbota pagar cantidade ningunha aos Franco, na liña do acordo parlamentario unánime sobre a recuperación de Meirás. Un dos netos do ditador iniciou os trámites para vender a parte que herdou do pazo a unha das súas empresas Todo semella indicar que a intención última dos Franco con esta pretensión de autovenda do Pazo de Meirás é a de atrancar as accións legais que poida poñer en marcha o Estado para recuperar o edificio e por isto tanto o Concello de Sada como a Deputación da Coruña instan o Goberno de Pedro Sánchez a se poñer en marcha de inmediato. Non é posible esperar \"un minuto máis\", reivindican dende o goberno local que encabeza Benito Portela. Como lembrou recentemente en entrevista con Praza.gal, o propio rexedor dirixiuse por carta a Sánchez en dúas ocasións e reclamou que a reforma da lei de memoria histórica para sacar a Franco do Valle de los Caídos atinxa tamén a Meirás. \"Supoño que o conxunto de todas as forzas democráticas intentarán recuperar o Pazo para o patrimonio público antes de que os herdeiros do ditador poidan especular cun ben que ten que ser de todos\", subliñara. \"Esiximos que as institucións democráticas se xunten para impedir que sigan utilizándose os métodos da ditadura e que o pazo pase a ser propiedade pública por xustiza e limpeza democrática\" Neste sentido, tamén a Deputación coruñesa, que impulsou a Xunta pro Devolución do Pazo xunto a concellos e entidades de recuperación da memoria histórica, insta os gobernos galego e central a \"actuar de maneira urxente e iniciar o proceso xudicial para recuperar o Pazo de Meirás\". A présa ten que ser \"especial\", sinala a vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín, \"ao se saber que un dos descendentes pode tentar unha nova operación ficticia para blindar a propiedade\". O informe xurídico elaborado polo profesor da USC Xabier Ferreira sobre o espolio de Meirás, lembra Sanmartín, xa detallaba a \"operación ficticia de Franco para facerse co pazo e abriu as portas para a súa recuperación pola vía xurídica\". \"Temiamos que se puidese producir outra operación ficticia como a que agora se anuncia\" e por iso, sinala, a Xunta pro Pazo fai un chamado á rapidez e á unidade. \"Esiximos que as institucións democráticas se xunten para impedir que sigan utilizándose os métodos propios da ditadura e que o pazo pase a ser propiedade pública por xustiza e por limpeza democrática, conclúe."}
{"ID": "NOS_33310", "summary": "Desde finais do mes de xullo, o departamento dirixido por Carmen Pomar anunciou en varias ocasións a contratación de docentes polo programa ARCO e a raíz da habilitación e creación de unidades escolares, unha medida habitual. En tanto, o protocolo de adaptación ao contexto da Covid da Xunta segue sen contemplar o reforzo do persoal ou a diminución das ratios nas aulas.", "text": "A conselleira de Educación, Carmen Pomar, avanzou na sexta feira en declaracións aos medios a contratación de arredor duns 1.000 novos docentes que se incorporarán ao sistema educativo galego no vindeiro curso. Un anuncio que se repite desde o departamento que dirixe Pomar desde a publicación do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 dos centros de ensino non universitario, que non contempla a contratación específica de profesorado de reforzo a raíz da actual situación sanitaria. Precisamente a ausencia dese reforzo de profesionais, docentes e non docentes, motivou as críticas da comunidade educativa. Desde entón, os anuncios e avances da incorporación de docentes para o vindeiro curso sucedéronse. Así, o 31 de xullo o departamento dirixido por Carmen Pomar anunciou a incorporación de cara a setembro, de profesorado \"de apoio e reforzo\" nos centros de ensino, a través de contratos-programa, un mecanismo que permite aos centros, de forma autónoma, dotarse de accións de apoio. O programa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) é unha vía habitual para a contratación de profesorado de reforzo a media xornada, segundo sinalou a CIG-Ensino, que este ano achegará 543 profesionais de apoio. Tamén o é a contratación de profesorado a raíz da creación e habilitación de novas unidades escolares, publicada a mediados de agosto, e que implicará a contratación de 240 mestres e mestras. A maiores, Pomar reiterou que a Xunta apostará pola presencialidade, a diferenza doutros territorios, e que se as autoridades recomendan o ensino a distancia este se aplicara en alumnado \"de maior idade\"."}
{"ID": "NOS_3718", "summary": "O candidato de CxG, Xoán Bascuas, tamén quixo estar no debate entre Feijóo e Pachi Vázquez. Non foi presencialmente, mais si mediante a achega das propostas de CxG en contraposición aos discursos de populares e socialistas", "text": "Compromiso por Galicia non estaba convidado ao debate desta segunda na TVG entre o candidato popular, Núñez Feijóo, e o socialista, Pachi Vázquez. E non estivo presente. Cando menos no plató da Televisión da Galiza. Mais CxG si que quixo coarse no debate. Para iso, optou por simular como se estivese alí, debatindo con Feijóo e Vázquez. Fíxoo mediante un comunicado en que o seu candidato, Xoán Bascuas, foi debullando as propostas do programa de CxG en contraposición aos discurso de populares e socialistas. Deste xeito, no primeiro bloque do debate, centrado na economía, Bascuas criticou a Feijóo por duplicar o desemprego na Galiza durante o seu mandato, alén de reprochar a Pachi Vázquez por non ser quen de dar alternativas reais e críbeis neste aspecto. Fronte a eles, o candidato de Compromiso afirmou que a formación galeguista apuntou que apoiaría proxectos empresariais de menores de 35 anos, así como pular por un Instituto de Crédito que permita que flua o crédito a pemes e autonómos. O mesmo esquema foi seguido por Bascuas nos outros dous bloques. A idea mantíñase: contrapoñer aos feitos e/ou promesas electorais de Feijóo e Vázquez as alternativas que CxG leva no seu programa para o 21-O. Xa fose en benestar, en autogoberno, sanidade ou educación."}
{"ID": "NOS_55010", "summary": "Un dos que máis patente deixou o seu descontento pola intervención de Zelenski foi o antigo ministro grego Yanis Varoufakis, que denunciou nas súas redes sociais o ocorrido no Parlamento grego.", "text": "O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, compareceu nesta quinta feira de xeito telemático no Parlamento grego, como vén facendo nos últimos días en diversos países, un deles o Estado español. Na súa intervención, Zelenski cedeu nun momento a quenda de palabra a un combatente neonazi do Batallón Azov, que actualmente se atopa na cidade sitiada de Mariupol. A decisión do presidente ucraíno de dar voz a un integrante dun dos grupos paramilitares neonazis integrado no exército ucraíno deu pé a que varios deputados protestaran por esta intervención, e mesmo algún chegou a abandonar o hemiciclo. Un dos que máis patente deixou o seu descontento pola intervención de Zelenski foi o antigo ministro grego Yanis Varoufakis, que denunciou nas súas redes sociais o ocorrido no Parlamento grego. \"O noso Parlamento non convidou un nazi\" Varoufakis sinalou de maneira tallante que \"o noso Parlamento non convidou un nazi\", senón que foi o propio Zelenski quen decidiu dar voz ao membro do Batallón Azov. O político grego afirmou que a decisión de Zelenski \"debe ser condenada\" por \"normalizar o nazismo\" e \"apoiar a afirmación de Putin de que a resistencia ucraína é igual ao nazismo\". \"Nos apoiamos Ucraína, non o neonazi Batallón Azov\", engadiu Varoufakis, quen defendeu que o presidente ucraíno \"socavou así a heroica resistencia do pobo ucraíno á criminal invasión de Putin\". Tamén explicou que, no momento no que se soubo que o integrante do grupo neonazi ía intervir na Cámara, \"o representante de MERA25, Gerge Logiadis, abandonou o Parlamento\". Pola súa banda, os comunistas gregos, representados polo KKE, decidiron de antemán non presentarse no Parlamento para asistir ao discurso de Zelenski, pola \"normalización do nazismo\" do Goberno ucraíno."}
{"ID": "PRAZA_8577", "summary": "O Goberno galego prepara unha orde que inclúe a figura da \"compensación horaria\" para os empregados e empregadas que cheguen tarde. A mesma norma regulará os sistemas de horario flexible e o teletraballo.", "text": "A Xunta segue a poñer a lupa sobre os seus empregados e empregadas. Unha semana despois de botar a andar o anteproxecto de Lei do Empregado Público, a norma que, como detallou Praza Pública, someterá o persoal da Administración a unha caste de exame permanente, o Goberno galego traballa xa nunha orde para regular os horarios de traballo. Presentada como un informe -documento sen valor legal ningún- no Consello da Xunta deste xoves, o proxecto é amosado polo Executivo como o vehículo para regular, por primeira vez, o teletraballo en Galicia. Así e todo, todo semella indicar que traerá tamén consigo tamén unha marcaxe máis férrea do funcionariado e demais persoal. Entre as figuras normativas que incorporará esta orde está a denominada \"compensación horaria\". Segundo a escueta información ofrecida polo Goberno galego este recurso \"permitiralle ao empregado público a posibilidade de recuperar, dentro da súa xornada laboral diaria, o tempo de traballo efectivo non realizado\". Este precepto, unido á implantación dos novos sistemas electrónicos de control de horarios e, á súa vez, á denominada \"avaliación do desempeño\", que escruta o labor individual de cada traballador e traballadora, podería derivar nunha compensación máis ou menos forzosa ou, pola contra, na perda do denominado complemento de desempeño, que substituirá o actual complemento de produtividade. A \"compensación horaria\" servirá para \"recuperar o tempo de traballo efectivo non realizado\", segundo a información avanzada pola Xunta Esta compensación horario \"será incompatible\" co modelo de \"horario flexible\" que incorporará esta orde. Esa flexibilidade horaria será unha das modalidades posibles para o persoal da Administración autonómica xunto co \"horario xeral\" e o \"horario especial\". O horario xeral é o que contempla unha xornada laboral de 7:45 da mañá a 15:15 da tarde de luns a venres. No flexible o horario terá \"unha parte fixa, de 9 a 14 horas\" e outra, de 7 a 9 da mañá e de 14:00 a 18:30 da tarde, na que \"o empregado público poderá completar a súa xornada de traballo\". A súa concesión, que pode estar condicionada por cuestións como a conciliación da vida persoal e laboral, estará sempre supeditada \"á cobertura das necesidade sdo servizo. Pola súa banda os horarios especiais estarán reservados aos \"postos de traballo adscritos a unidades de información e atención cidadá\", aos \"postos de apoio, de carácter técnico e administrativo -que poderán ter horario de mañá e tarde- e ás \"unidades que o requiran polas peculiaridades das funcións que teñen asignadas\". O horario será aínda máis elástico para os postos de libre designación. As persoas que desempeñen estes cargos \"estarán sometidas á dispoñibilidade horaria que determine a autoridade competente para a adxudicación do posto\". A nova normativa, que agora será sometida á negociación cos sindicatos da función pública, regulará tamén o devandito sistema de teletraballo, desitnado ao persoal que teña unha antigüidade de máis de dous anos e dispoña na casa \"do equipamento informático básico con acceso á internet, lector de tarxeta e teléfono móbil\", elementos que \"non serán facilitados, en ningún caso, pola Xunta de Galicia\". Os traballos que poderán ser desenvolvidos desde a casa serán, por exemplo, \"a elaboración de informes, asesoría, redacción e tratamento de documentos, inspección, xestión de sistemas de información ou análise e deseño de sistemas de información\"."}
{"ID": "NOS_7946", "summary": "Conversamos co coordenador do A Fondo desta semana.", "text": "O biólogo mariño Alfredo López coordena o número 140 do caderno A Fondo intitulado 'Mamíferos mariños da Galiza' que publicamos no semanario en papel, á venda na nosa loxa. Oito páxinas arredor da riqueza biolóxica que gardan as nosas costas, nomeadamente as especies protexidas como os golfiños, baleas e lobos mariños. Coñécese socialmente a cantidade de especies que se atopan nas nosas costas?Creo que pouco a pouco estase a trasladar información. A sociedade vai aprendendo que hai golfiños, baleas, tartarugas... sobre todo cando se producen varamentos. Porén, temos unha visión aínda moi reducida do que nos rodea. Temos que ter en conta que no noso país hai por volta de 300 especies. No noso país hai por volta de 300 especies [mariñas] Cales son as principais ameazas ás que se enfronta?As actividades humanas en xeral mais tamén as capturas accidentais e mortes non desexadas na pesca. Tamén atropelos, accidentes de barcos contra baleas, a contaminación e o impacto acústico, entre outros. Todo isto vai derivando nunha menor calidade do medio e na morte de exemplares. No caderno tamén falades do turismo...Neste momento non hai actividade nas nosas costas neste senso porque as especies son difíciles de localizar. No entanto, nos meses de verán calquera navegante afeccionado persegue arroaces coa súa embarcación, desde que sae o sol até que se pon mesmo realizando actividades ilegais. Isto supón un risco importante, sobre todo para as crías. Como valorades a lexislación na materia?Hai, non podemos dicir que non, mais desde o noso ponto de vista cremos que é insuficiente e que non está adaptada á nosa costa. Porén, o maior problema é que non se cumpre e á hora de a executar é complexo, máis no mar. Desde a CEMMA tentamos difundir o seu coñecemento para que sexa a propia cidadanía a que tente protexer o medio. Nos meses de verán calquera navegante afeccionado persegue arroaces coa súa embarcación, isto supón un risco Recentemente a imprensa internacional fíxose eco do acontecido nunha praia de Santa Teresa (Bos Aires) onde un grupo de turistas causou a morte dun golfiño ao que sacaron da auga para se tirar unha foto con el. O descoñecemento leva a situacións coma esta?Esa é unha situación que tiñamos aquí antes de 1990. Porén, co traballo de CEMMA e doutras entidades mellorouse moito, sobre todo porque a xente sabe que hai que avisar cando se produce un varamento através, por exemplo, do 112 que é que xestiona a maior parte das incidencias. Desta maneira actívase o protocolo en cuestións nas que, aliás, o tempo é crucial. Socialmente conseguiuse unha sensibilización bastante grande a este respeito. Os medios de comunicación, nese senso, xogamos un papel importante...Como CEMMA pomos en andamento actividades de divulgación mais están moi limitadas, primeiro polo financiamento, e despois pola capacidade limitada de chegar a un público amplo. Os medios permiten, nese senso, chegar a un público masivo trasladando unha información correcta. Ora ben, non sempre se consegue, pola falta de formación das persoas xornalistas, a inmediatez... Através do A Fondo de Sermos Galiza tentamos tratar diversos aspectos sobre a diversidade mais tamén a conservación. Agardamos que chegue a un número amplo de persoas."}
{"ID": "NOS_55157", "summary": "Junts pel Si e a CUP (72 escanos) apoiaron a declaración independentista, que foi rexeitada por PP, PSC, Ciutadans e Catalunya si que es pot (63 deputad@s).", "text": "O Parlament de Catalunya aprobou esta segunda feira o inicio da ruptura co Estado español. Fíxoo aprobando unha declaración independentista pactada por Junts pel Si e a CUP, que suman maioría absoluta na Cámara, 72 escanos. O resto das formacións uníronse no Non' a esta proposta, desde PP e Ciutadans até Catalunya si que es Pot e PSC. A declaración non se votou de forma conxunta, mais ponto a ponto. Ao final da mesma, as e os deputados independentistas aplaudiron en pé mentres que desde as bancadas do PP se despregaban bandeiras catalás e españolas. Posteriormente procedeuse a votar a declaración alternativa presentada por CSQEP, que pedía un referendo consultivo. Só tivo os votos a favor deste grupo parlamentar. A CUP abstívose e o resto votou en contra. Debate Raúl Romeva, cabeza de lista de JxS, foi o primeiro en intervir no debate, para defender o texto a debate. Romeva asegurou que o movemento independentista non se vai deter por \"tribunais e artillaría legalista\". Afirmou que estabamos perante \"un antes e un despois\" e defendeu a independencia como un camiño para garantir \"os dereitos\" das persoas e para que a xente \"viva mellor\". De por parte, Anna Gabriel, voceira parlamentar do CUP, definiu a declaración como un acto 'íntegro de soberanía, democracia, dignidade e ruptura\" fronte á \"imposición españolista e o fundamentalismo constitucionalista, a legalidade feita búnker'. Joan Coscubiela, de Catalunya si que es pot, rexeitou apoiar a declaración por se basear, dixo, no \"auto-engano\". Referiuse en varias ocasións ao texto de JpS e a CUP como unha \"declaración de insurxencia\". PP, Ciutadans e PSC insistiron na defensa da \"legalidade constitucional\". Interior tomarías as competencias sobre os Mossos O Goberno español baralla tomar o control dos Mossos e cortar a liquidez a Catalunya, segundo 'El Mundo'. O rotativo español afirma, ademais, que Fiscalía e Avogacía do Estado recorrerán pola vía penal contra os responsábeis directos da \"desobediencia a España\". A suspensión dos envíos do Fondo de Liquidez a Catalunya sería unha das primeiras medidas a adoptar no caso de que o goberno catalán implemente un programa de desconexión con España. Unha medida acompañada doutras, como a de retirar á Generalitat a competencia en eidos como o da policía (Mossos d'Esquadra), que pasaría a depender do Ministerio do Interior. Este departamento posúe un informe, di 'El Mundo', no que afirma que apenas 300 dos 17.000 mossos son independentistas. Mais non explica como sabe iso Interior, se a través dunha enquisa ou ben da espionaxe e control da vida persoal dos axentes. Recurso de inconstitucionalidade O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, compareceu en Béjar (Salamanca) para facer unha declaración institucional na que anunciou que acababa de asinar a solicitude de ditame ao Consello de Estado para iniciar o recurso de inconstitucionalidade perante o Tribunal Constitucional (TC) contra a declaración independentista. Rajoy anunciou que a partir desta solicitude o informe deberá de se emitir nun prazo de 24 horas e será esta terza feira cando se eleve ao Consello de Ministros a solicitude de recurso. Confirmou o presidente que o recurso incluirá a petición de suspensión da iniciativa aprobada no Parlament. Tamén confirmou que manterá un encontro esta terza feira con Pedro Sánchez, líder do PSOE. Sánchez, de por parte, considera a declaración unha \"violación da democracia\" e deu o apoio total do partido ao goberno para facer fronte ao independentismo. Ameaza de expulsión de CSQEP se non votaba contra a independencia Joan Giner, deputado de Catalunya si que es pot no Parlament, afirma que a formación o obrigou a votar 'non' á declaración independentista. O parlamentar era partidario de se abster, pois partillaba algúns dos pontos da resolución, mais non puido facelo. No seu blog, Giner asegura que se lle negou a liberdade de voto. \"O presidente e o portavoz parlamentar informáronme que o incumprimento da disciplina de voto implicaría que me botasen do grupo\". O deputado lamenta que non houbese ningún debate interno en Podemos e CSQEP sobre a resolución. \"Recibín presións da dirección estatal de Podemos\"."}
{"ID": "NOS_25730", "summary": "O proxecto afecta a perto de 1.000 hectáreas e está en fase de tramitación. Esta sexta feira foi obxecto de enfrontamento entre o Goberno da Xunta e a oposición no marco da Comisión de Agricultura do Parlamento.", "text": "O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, informou de que a macroplantación de eucalipto que proxecta a empresa forestal Plafor nas Pontes afecta a un espazo de preto de 1.000 hectáreas no que existe un castro e 19 mámoas. Con todo, sinalou que este expediente está en tramitación e aínda non conta con autorización por parte da Xunta. O impacto da moratoria do eucalipto Chan ofreceu estas explicacións en resposta ao deputado socialista Martín Seco, quen alertou de macroplantaciones previstas tanto nas Pontes como no municipio de Aranga, en zonas \"xa saturadas\" desta especie. O director xeral da Xunta aclarou que os macroproxectos \"non están autorizados\" e que en todo caso van ser tramitados \"dentro do marco legal\". Ao respecto, Seco criticou que o anuncio de moratoria de eucalipto realizado pola Xunta só serviu para \"plantar indiscriminadamente por todo territorio\", mentres demanda que \"tomen iniciativas xa\" para acoutar o avance do eucalipto. O patrimonio cultural, ameazado A Xunta anunciou a moratoria o pasado 23 de febreiro. Dous días despois, detallou José Luís Chan Plafor fixo a solicitude para levar a cabo o plantación das Pontes mediante un arrendamento dos terreos da antiga mina de Endesa. Tras a petición abriuse un período de consultas para a tramitación ambiental. Un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural insta a un proxecto específico sobre patrimonio cultural, dada a existencia dun castro e 19 mámoas. A esta achega hai que sumar as da Sociedade Galega de Historia Natural e de dúas entidades ecoloxistas, que tamén presentaron as súas alegacións ao proxecto. Corta de eucalipto Chan defendeu que o volume de cortas no que vai de ano na Galiza é similar a exercicios anteriores, con 4,48 millóns de metros cúbicos. E remarcou que os obxectivos marcados para o eucalipto poden revisarse unha vez se dispoña do inventario forestal continuo o ano que vén."}
{"ID": "PRAZA_13554", "summary": "O Ministerio de Sanidade considerou dabondo o acordo de tres comunidades para inserir produtos farmacéuticos na lista de 426 fármacos que serán excluídos do financiamento público", "text": "Con tres abonda. O Ministerio de Sanidade daba a coñecer este mércores, tras a celebración do Consello Interterritorial de Saúde -órgano que xunta a Goberno central e comunidades- o alcance do seu novo recorte, desta volta en forma de exclusión masiva de medicamentos do financiamento público. O terceiro medicamentazo da historia da democracia componse, en principio de 426 produtos farmacéuticos, se ben o seu número pode variar. Ademais da propia exclusión, simultánea ao establecemento do novo copagamento para persoas que perciben pensións de xubilación, un dos aspectos máis rechamantes da reforma sitúase no procedemento para decidir que medicamentos eliminar, baseado, esencialmente, no acordo dun reducidísimo número de autonomías. A ministra evidencia que os medicamentos excluídos se poden seguir receitando, pero que os pacientes terán que pagalos Concretamente, o departamento que dirixe Ana Mato pediulles opinión a todos os gobernos autónomos, pero só doce responderon. Coas súas achegas na man o Ministerio chegou á conclusión de que abondaba o acordo de \"cando menos tres autonomías\" para \"incorporar ao listado final\" de medicamentos excluídos un ou outro produto. Entre as demais razóns aludidas pola propia ministra está que \"hai máis dunha década\" que o Nomenclátor -relación de menciñas si financiadas- \"non se revisaba\", que os produtos elixidos \"xa non se financian noutros países europeos\" ou que \"teñen unha baixa utilidade terapéutica\". E \"en calquera caso\", resolve o Ministerio nunha nota oficial, \"son produtos de prezos menores\". Porque é precisamente a economía a razón fundamental que se alude dende o gabinete de Mariano Rajoy para decidir aplicar, de novo, unha tesoirada sanitaria. \"Con esta medida obterase unha eficiencia de 458 millóns de euros\", asegura Mato, quen se esforza en \"aclarar\", ademais, que o feito de que deixen de estar financiados non implica que desaparezan das farmacias ou das listas de opcións das que dispoñen os profesionais da medicina á hora de prescribir tratamentos. \"Os medicamentos incluídos na lista pódense e débense seguir receitando cando o médico o considere oportuno\", aínda que \"o paciente terá que abonar o seu coste íntegro\", evidencia a conservadora. Medicamentos moi comúns, posible efecto \"de desprazamento\" Os fármacos afectados polo novo medicamentazo son, na súa práctica totalidade, de uso moi común e para tratar patoloxías que en principio non revisten gravidade. É o caso, por exemplo, dos \"tratamentos para o exceso de secreción gástrica\". Así e todo, algúns dos que deixarán de ter achega ecómica do Estado -e, polo tanto, do Sergas- serven para paliar ou eliminar síntomas que poden chegar a ser incapacitantes, como a migraña, ou que poden complicar enfermidades máis graves, como o estrinximento. Algúns dos fármacos excluídos palían síntomas que poden chegar a ser incapacitantes, como a migraña Ademais, outro dos posibles prexuízos dos que xa están a advertir algúns colectivos de profesionais da saúde é o \"risco de desprazamento\", recoñecido tamén en certo xeito polo propio Ministerio. Este efecto consiste, esencialmente, na posibilidade de que, ante a ausencia de financiamento dos medicamentos máis comúns e económicos, os médicos opten por receitar outros produtos máis complexos ou de maior contía económica que si estean financiados. Segundo Sanidade esta posibilidade tense \"estudado\", pero \"este efecto non pode ser controlado dende os mecanismos normativos\", senón \"dende a boa práctica da prescrición. Neste contexto, o Goberno central esfórzase en salientar as, ao seu xuízo, bondades da decisión. Segundo o Ministerio \"exclúense do financiamento público medicamentos indicados en síntomas menores para manter a capacidade de financiamento de novas terapias, indicadas en enfermidades graves, invalidadantes ou de prognóstico fatal\". Ademais, insisten, \"excluír un fármaco do financiamento público non significa que non se poida prescribir\". Simplemente os médicos \"deben saber\" que o paciente terá que pagar, resolve."}
{"ID": "NOS_4363", "summary": "O presidente dos EUA non ve \"ningunha razón\" que puidese levar a Rusia a interferir nas eleccións presidenciais norteamericanas de 2016. Trump continúa o seu confronto co FBI e co fiscal especial Robert Mueller, que acaba de imputar 12 cidadáns rusos baixo o cargo de teren conspirado -vía hackeo informático- para prexudicar as opcións da candidata demócrata Hillary Clinton.", "text": "A investigación de Robert Mueller —que toma como base as pesquisas das axencias de intelixencia norteamericana— é un \"completo desastre\" para os EUA, afirmou Trump durante a súa comparecencia conxunta con Putin en Helsinki, momento estelar da cimeira ruso-norteamericana. O presidente norteamericano chegou a afirmar que non ve \"ningunha razón\" que levase a Rusia —tal e como pensa o fiscal Mueller— a hackear os servidores do Partido Demócrata. Trump concedeulle total credibilidade ao testemuño de Putin, que negou toda interferencia nas presidenciais norteamericanas. Putin, no entanto, si que manifestou por vez primeira en público que en 2016 desexaba a vitoria de Trump sobre Clinton, co argumento de que o candidato republicano pulaba por estabelecer un novo marco de relacións entre Washington e Moscova. As declaracións de Trump foron rapidamente contestadas por dirixentes demócratas e até republicanos — como o presidente do Congreso, Paul Ryan— e desencadearon un comunicado do director da Intelixencia Nacional, Dan Coats, visando enfatizar que os servizos de intelixencia concluíron non só a existencia de inxerencia rusa en 2016, senón a persistencia de \"esforzos\" permanentes por parte de Moscova coa intención de \"erosionar a nosa democracia\". Un discurso este de Coats nas antípodas do despregado pola dupla Trump-Putin, cos líderes a se empregaren a fondo para destilar a tese de que os confrontos típicos da guerra fría pertencen ao pasado."}
{"ID": "PRAZA_15169", "summary": "O conselleiro Jesús Vázquez advirte que nin se derogará o decreto nin se fará reforma ningunha e ameaza con presentar un recurso de casacion á sentenza do Superior.", "text": "A Xunta cre que a sentenza do TSXG, na que se cuestiona a esencia do decreto do plurilingüismo, \"constata a súa legalidade e avala o equilibrio entre galego e castelán\", segundo un comunicado emitido este xoves á noite pola Consellería de Cultura e Educación. Pero ademais, desafía a Xustiza. O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, advirte que o Goberno seguirá preguntando os pais polo idioma no que se lles imparte clase aínda que a resposta non sexa vinculante, malia a anulación do artigo por parte do Tribunal. \"A consulta pódese facer igual pero será a Administración a que terá a capacidade de decidir unha vez que se escoite as familias\", dixo este venres nunha visita a un centro en Arteixo, onde non descartou presentar un recurso de casación sobre a anulación do outro artigo, o que permitía ao alumno escoller a lingua que empregaba na clase. \"Hai que analizar as alternativas, pero é unha das opcións\", dixo. O TSXG estimou parcialmente o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Queremos Galego contra o Decreto 79/2010 aprobado polo Goberno de Núñez Feijóo. Así, anula o artigo 5.2., a realización dunha enquisa entre os pais e nais en Educación Infantil que supuxo por exemplo o varrido do galego no 96% dos centros de das cidades, e o 12.3. no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego. Jesús Vázquez advirte que a consulta farase igual e ameaza cun recurso de casación Xa que logo, a sentenza elimina o cerne mesmo desta polémica normativa, que provocou unha morea de recursos xudiciais, o rexeitamento de toda a oposición e a comunidade escolar, históricas manifestacións na rúa e continuadas advertencias do Consello de Europa. Malia todo, a Xunta cre que a Xustiza \"constata a legalidade dos principios inspiradores\" do decreto ao \"avalar o equilibrio entre galego e castelán\" e considerar \"axustada a dereito a introdución do plurilingüismo e constatar que potencia a promoción do galego no sistema educativo\". O certo é que o TSXG salva moitos dos puntos do decreto, entre eles moitos que tamén foron recorridos por sindicatos e asociacións, pero advirte que o galego debería ter \"un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable\" para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais. A sentenza desestima os aspectos xurídicos que considera ilegais -e que foron promesas fundamentais do PP na campaña de 2009 cara á dereita máis extrema- e alerta sobre os principios ideolóxicos da política lingüística do Goberno galego. Pero o Executivo non semella escoitar e segue adiante. De feito, Jesús Vázquez xa aclarou que a intención da Xunta era elliminar as teóricas discriminacións lingüísticas nas aulas e intentar que as familias participasen no sistema educativo. Así, non considerea que a sentenza do TSXG sexa un pau para o Goberno, senón un aval porque, explica, aceptou todos os artigos \"agás dous\". Ademais, advirte que non se fará reforma ningunha e que non se derogará o decreto. Jesús Vázquez advirte que non haberá reforma ningunha do decreto e que non se derogará a norma Nun comunicado anterior, a Xunta destaca que o TSXG só invalida \"o 5% do total do decreto\". En canto o veto á consulta ás familias, o Goberno considera que a Xustiza lle recomenda que \"exerza a súa competencia do xeito máis consensuado posible coas familias\". En canto á invalidación do artigo que permitía ao alumnado empregar calquera lingua oficial na aula, o Exectuvio estima \"que o Tribunal basea a súa decisión non tanto nunha cuestión de legalidade como de coherencia interna do precepto, nomeadamente entre a liberdade do alumno e a conveniencia de que coincida a lingua usada e a lingua da materia\". A Consellería de Educación esperará a que cheguen a sentenzas pendentes para \"tomar unha decisión ao respecto\" Ademais, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria expresa \"o seu escrupuloso respecto polas decisión xudiciais\". \"Polo momento estanse a estudar con prudencia as tres sentenzas emitidas e agardaremos ás que cheguen nas próximas semanas antes de tomar unha decisión ao respecto\", finaliza, xa que aínda quedan pendientes decisións sobre outros recursos como o presentado pola Real Academia Galega (RAG)."}
{"ID": "PRAZA_4094", "summary": "O Ministerio de Sanidade reflicte 54 novos casos de coronavirus detectados en Galicia mediante probas PCR nas últimas 24 horas mentres o total acumulado de datos do Sergas aumenta en 45; as mudanzas no cómputo introducidas pola Xunta esta semana tornan os novos datos en incomparables cos rexistrados ata o pasado día 28", "text": "Un total de 54 novos casos de coronavirus confirmados a través de probas PCR en Galicia nas últimas vinte e catro horas, segundo os datos procesados polo Ministerio de Sanidade a partir da información fornecida polo Servizo Galego de Saúde. Un total de 45 novos casos, segundo a diferenza de casos acumulados nas cifras do propio Sergas nestas mesmas últimas vinte e catro horas ata chegar a 9.773 dende o inicio da pandemia. A cifra baixa a 8.902 na base de datos do Ministerio, que detalla as confirmacións vía PCR e non con probas de anticorpos.O Ministerio de Sanidade reflicte 54 novos casos de coronavirus detectados en Galicia mediante probas PCR nas últimas 24 horas mentres o total acumulado de datos do Sergas aumenta en 45; as mudanzas no cómputo introducidas pola Xunta esta semana tornan os novos datos en incomparables cos rexistrados ata o pasado día 28A incorporación masiva de 3.552 curacións dun golpe sen referencia temporal sobre cando se produciran, o pasado 29 de abril, e a introdución ao día seguinte de novos cambios no cómputo sen publicar unha serie estatística completa -publicación que a Consellería de Sanidade nunca realizou en toda a pandemia- deita un manto de confusión e opacidade sobre o conxunto das cifras que dificulta observar a tendencia da covid-19 no país. Agás no que atinxe ás cifras de falecementos. Ese número si cadra entre ambas fontes e indica que se rexistraron dúas mortes máis, ata 557-. [A suma masiva de \"curacións\" racha a estatística de referencia para coñecer a evolución do coronavirus en Galicia]O número de positivos activos que divulga Sanidade é este 2 de maio de 3.225 -122 menos, un descenso do 3,63%- e o número de \"curacións\" chega a 5.981 -165 máis, un crecemento do 2,84% no último día-. Os repentinos cambios sen referencias provocan, non obstante, que estes números sexan incomparables cos ofrecidos pola propia Xunta ata o pasado 28 de abril. Si é posible comparar o número de probas PCR realizadas, que por primeira vez superan as cen mil. Son, concretamente, 101.036 o que supón un incremento de 2.206 nun día. Esta evolución confirma unha diminución no ritmo de probas, con incrementos diarios na contorna do 2% fronte a varios días da pasada semana cando chegaron a aumentar un 4% e mesmo un 5% nun día.Os dous novos falecementos dos que informa a Xunta rexistráronse na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña; o total de novas mortes son sete tras unha \"revisión clínica dos datos\"A cifra que si cadra entre as dúas fontes, a de falecementos, segue a amosar o enorme peso das persoas que vivían en centros de maiores e persoas dependentes sobre o total de falecidas en Galicia a causa da covid-19. Os dous novos falecementos rexistrados nas últimas 24 horas foron no mesmo centro de maiores, a residencia Santa Teresa Jornet da Coruña. En total, as cifras da Xunta indican que morreron a causa da pandemia 252 persoas que viviran nestes centros, o que supón o 45% do total. Ata o pasado día 1, a Consellería de Sanidade dera conta de 128 falecementos en residencias, que agora cifra en 127 porque \"computara inicialmente, por erro\", un falecemento máis na residencia DomusVi San Lázaro de Santiago.Sanidade especifica tamén outra variación debida a que \"tras a revisión clínica dos datos\", foron retirados \"cinco falecementos cuxa PCR era negativa\". Concretamente, de dúas persoas falecidas en hospitais e tres, en residencias de maiores (Nuestra Señora de la Esperanza -Ourense-, residencia de Bande e DomusVi Barreiro -Vigo-). Daquela, os novos falecementos das últimas vinte e catro horas son en realidade, sete.O Sergas segue a informar de fortes descensos na hospitalizaciónO Ministerio reflicte que 10 persoas máis precisaron hospitalización a causa da covid-19, pero os datos globais do Sergas seguen a reflectir descensos tanto na UCI como nas unidades ordinariasAs mudanzas na presentación dos datos tamén están a afectar nos últimos días ao que atinxe á hospitalización. O Ministerio de Sanidade indica un incremento de 10 persoas que precisaron ser hospitalizadas en Galicia por mor do coronavirus. O Ministerio non dá conta de aumento ningún da asistencia en UCI, no que o total acumulado de persoas asistidas a causa da covid-19 en Galicia -dato que o Sergas non publica directamente- continúa en 313, as mesmas que o pasado día 1. Mentres, os datos que a Consellería de Sanidade divulga directamente en Galicia si apuntan a unha nova diminución no número de persoas hospitalizadas a causa da pandemia. As cifras do Sergas indican que están nesta situación un total de 298 persoas, un 7% menos que un día antes. Concretamente, informa de 37 persoas nas UCI galegas -8 menos que un día antes- e de 261 ingresos ordinarios -en planta-, 17 menos que na xornada previa.No que atinxe ás persoas illadas a domicilio por seren consideradas aínda como positivos activos por covid-19 pero non precisaren hospitalización, Sanidade sitúa a cifra este 2 e maio en 2.937, un 3,20% menos. Antes da introdución masiva de \"curacións\" domiciliarias, o pasado día 28, o número de persoas illadas nos seus domicilios -incluíndo residentes en centros de maiores e dependentes- chegara a superar as 6.300, segundo o propio Sergas.Descensos de positivos activos en todas as áreas sanitariasA distorsión dos devanditos cambios no cómputo é especialmente relevante á hora de observar a tendencia da pandemia por áreas sanitarias, onde nin sequera existe a referencia dos casos acumulados como fío condutor. Este 2 de maio, o Sergas informa da diminución de positivos activos nas sete áreas sanitarias. A maior caída en termos absolutos rexístrase, segundo o Sergas, na área que segue mantendo unha maior incidencia -número de casos activos por cada 100.000 habitantes-, a de Ourense, que con 41 menos pasa a rexistrar 632. Tamén é pronunciada a diminución rexistrada na área de Vigo, con 23 menos para un total de 768. A área sanitaria da Coruña cae en 13 positivos activos, pero segue a ser a que presenta máis en termos absolutos no conxunto de Galicia, un total de 787 segundo a estatística de Sanidade para este 2 de maio."}
{"ID": "NOS_25531", "summary": "Nun comunicado conxunto indican que a greve \"continúa até acadar un acordo que permita rematar co conflito\".", "text": "O sindicato con máis representación na administración de xustiza en Galiza, SPJ-USO, vén de se sumar aos tres sindicatos críticos (CIG, CUT e STAJ) no conflito da xustiza. Conforman así unha maioría sindical no comité de greve. Nun comunicado conxunto chaman a se sumar a esta maioría aos sindicatos que aceptaron a oferta da Xunta (CCOO, UGT e CSIF) e indican que o persoal deixou a súa opinión ben clara en asembleas e votacións a pasada sexta feira: non aceptaban a última oferta da Xunta como punto e final do conflito. A greve, informan estas catro centrais, continúa ata acadar unha oferta que permita acabar cunha greve que vai cara os tres meses (90 días) de duración. Os catro sindicatos teren transmitido esta declaración á prensa no mesmo día en que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu por \"rachada a unidade sindical\" durante a súa intervención nunha cerimonia en Abadín (Lugo)."}
{"ID": "PRAZA_40", "summary": "Dous dirixentes da CIG únense aos tres do BNG que responderán ante a xustiza pola protesta anti troika. Rubén Cela pregúntase como, ante acusacións tan graves, non houbo detencións naquel día e lembra como a xustiza xa culpou a policía de mudar a súa versión para acusar a Jorquera.", "text": "Son xa cinco as persoas ás que se lles abriu un procedemento penal por teren participado na protesta contra a troika, co gallo da visita da chanceler Angela Merkel, en Compostela no verán. Aos tres dirixentes do BNG que terán que responder ante os xulgados -o voceiro local en Santiago, Rubén Cela, e os responsables na Coruña, Paulo Carballada, e en Guitiriz, Alfonso Losada- únenselles agora dous da CIG, o secretario confederal de Organización, Paulo Carril, así como Xabier Aboi, secretario nacional de CIG-Mar. Estes dous últimos veñen de recibir as notificacións da Subdelegación do Goberno na que se lles informa de que se abre un procedemento penal e un expediente sancionador contra eles pola súa participación na manifestación levada a cabo en Compostela o pasado 25 de agosto e que coincidiu coa visita de Merkel á capital galega acompañada do presidente do Executivo central, Mariano Rajoy. Aos tres dirixentes do BNG que terán que responder no xulgado únesenlles agora dous cargos da CIG A policía acusa estes dous dirixentes da central sindical nacionalista de ser responsables da organización das protestas, o mesmo cargo que se lle imputa a Rubén Cela, que ademais de afrontar a causa pola vía penal tamén recibiu unha notificación da apertura dun expediente administrativo sancionador da mesma Subdelegación do Goberno da Coruña que lle podería supor unha multa de 300 euros. Rubén Cela lembra a xornada e asegura que o único que fixeron foi \"levar a cabo unha mostra simbólica e pacífica de resposta ás políticas da troika\". Ademais, lembra que había \"colectivos moi diferentes\" na mobilización, nos que se incluían \"emigrantes retornados, preferentistas ou despedidos de Citroën\" e xente moi maior. \"Se a tranquilidade se alterou foi por unha actuación desafortunada e desproporcionada da policía\", di. Rubén Cela insiste en que a tranquilidade da protesta \"foi alterada por unha actuación desproporcionada da policía\" Xa naquela xornada, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendera a actuación policial, algo que con máis vehemencia asegurara Samuel Juárez, daquela delegado do Goberno, que non aforrara críticas para a CIG, o BNG e AGE mentres que defendía a actuación dos antidisturbios que, dixera, se limitaron a \"facer o seu traballo\" e \"defenderse\" cunha carga policial na que, entre outros, resultou ferido Rubén Cela. \"Tentaron traspasar o cordón policial pola forza e a Policía tivo que defenderse desa agresión e desa violencia\", resolveu, ao tempo que acusaba os convocantes de \"incitar á violencia\". \"Xa son cinco os encausados por protestar contra as políticas de Merkel e Rajoy. O/A seguinte podes ser ti\", difunde polas redes sociais o BNG, que considera esta vaga de sancións e causas penais unha estratexia do Goberno e do PP para amedrentar a protesta e o propio nacionalismo. O seu voceiro nacional, Xavier Vence, chegou a falar de \"incriminacións policiais falsas para aterrorizar a cidadanía\". O caso é que as acusacións que os axentes fan sobre algúns dos supostos implicados son ben graves. O atestado acusa a Carballada de terlle quitado a pistola a un policía e a Losada de ter agredido a outro axente cravándolle un obxecto que lle causou unha ferida. O BNG pregúntase como non houbo detencións aquel día e lembra que a xustiza xa acusou a policía de mudar a súa versión para culpar a Jorquera na Coruña \"As acusacións son moi graves e o proceso dá que pensar\", reitera Rubén Cela, que se pregunta \"como pode ser\" que o día da protesta \"non houbese identificados nin detidos se os feitos foron de tal gravidade como din\". \"Isto soa mal e soa moito a casos como os de Jorquera na Coruña\", insiste. As queixas de Cela, de Vence e do BNG aluden a outros casos anteriores, como o que lle ocorrera ao portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, tras participar nas mobilizacións para deter o desafiuzamento da anciá Aurelia Rey na Coruña. Daquela, e tras presentar un recurso á sanción da Subdelegación do Goberno, a xustiza concluíra que a policía mudou a súa versión para acusar o político nacionalista e o maxistrado aclaraba incluso que non atopaba \"unha explicación clara, coherente e crible\" da razón pola que o deputado do BNG fora denunciado mes e medio depois malia non ser incluído antes no atestado policial. O xuíz condenara a Subdelegación do Goberno por \"vulnerar os dereitos fundamentais\" de Jorquera, algo que tamén denunciara o bombeiro Roberto Rivas, a quen non obstante a xustiza rexeitou o seu recurso e acabou por confirmar a súa sanción. \"Converten os agredidos en agresores porque eu aquel día levei un bo golpe e meses despois atópome con isto\", insiste Cela, que ve no fondo \"un intento de amedrentar e intimidar a cidadanía criminalizando este tipo de protestas sociais e aplicando un castigo exemplarizante para que a xente o pense dúas veces\". \"Se iso é o que buscan co BNG, non o van conseguir; neste contexto actual, mobilizarse é maís importante ca nunca\", insiste. Piden cadea para un activista de Coia Por outra banda, Xurxo, un actividas da Asemblea Aberta de Coia enfróntase a unha petición de cadea por un suposto delito de \"atentado á atutoridade\" e \"agresións\" tras participar o pasado mércores nunha nova protesta contra a instalación do barco de Alfageme na rotonda do barrio. Neste xoves prestou declaración ante o xuíz nun proceso que finalizará o próximo mes. A Fiscalía tería solicitado tres anos de prisión para este veciño ao que a policía acusa de agredir un axente, prestuna acción pola que foi detido."}
{"ID": "PRAZA_14262", "summary": "O colectivo Véspera de Nada preséntalle aos partidos políticos un texto de análise e medidas para facer fronte á escaseza de cru nos vindeiros anos. O Partido da Terra e AGE xa trataron este problema nos seus documentos fundacionais.", "text": "O peak oil defínese como o momento da máxima extracción de petróleo global, tras do que a taxa de produción entra nun declive. É un concepto que se manexa dende os anos sesenta e hai discusión sobre o o ano exacto no que se producirá en función da evolución da demanda (calcúlase que en 2030 será un 37% superior á de 2006) e ás reservas realmentes existentes. A Axencia Internacional da Enerxía (AIE) fixo público en novembro de 2010 que a produción de cru chegou ao seu pico maximo en 2006. E Véspera de Nada bota man de informes da AIE e doutras institucións para afirmar que será en torno a 2015 cando se produzan os primeiros problemas de subministro debidos ao devalar da extracción de cru: \"É dicir, pasaremos de ter suficiente petróleo pero caro, a ter escaso e moi caro\". Por ese motivo Véspera de Nada vén de elaborar un documento que lles está presentando ás distintas formacións politicas que concorren ás eleccións do 21-O. Pídelles que no caso de gobernar tomen medidas para que Galicia se prepare para ese escenario futuro de escaseza e prezos moito máis elevados dos combustibles. Para a entidade isto supón \"unha revolución cara a sustentabilidade\" baseada a procura \"dun nivel crecente na capacidade de fornecérmonos por nós mesmos de alimentos e enerxía, e de consolidar redes locais de comercio e de colaboración e axuda mutua\". E lembra que \"a fin da crise non terá lugar se teimamos en manter un paradigma económico baseado nun obxectivo irrenunciábel do crecemento económico\". Os documentos fundacionais de Anova xa consideran o Cénit do petróleo e o Partido da Terra fixo acuse de recibo do programa, que analizarán e somentarán á súa Asemblea Xeral para ver de incorporaren enmendas. O texto pide en primeiro lugar modificar as funcións e fins do INEGA, de maneira que preste un servizo efectivo para o país, contribuíndo aos obxectivos establecidos polo goberno galego relativas á necesaria transición enerxética. Tamén se pide \"revisar os orzamentos e o nivel de endebedamento á luz dun contexto permanente de declive da actividade económica actual\". Proponse ademais \"revisar a política de compras a provedores da Xunta dando prioridade ao abastecemento de proximidade: de produtores e produtos galegos e, en segunda instancia, aqueles das zonas máis achegadas xeograficamente\". E coa mesma orientación, \"debe haber un apoio decidido á creación e/ou consolidación das redes locais de distribución de alimentos, e ás cooperativas de consumo ecolóxico e local\". Algunha das medidas máis novidosas fai referencia á \"redución da xornada dos traballadores públicos en dependencias administrativas a 4 días x 10 horas/día\" Outro dos puntos alude á redución do consumo de combustible utilizado polos membros do goberno e cargos públicos da Xunta, limitando o número de desprazamentos e a fomentar o emprego do transporte público polos cargos públicos, especialmente nos desprazamentos urbanos. Algunha das medidas máis novidosas fai referencia á \"redución da xornada dos traballadores públicos en dependencias administrativas a 4 días x 10 horas/día, seguindo o exemplo do Estado de Utah\" co obxectivo igualmente de reducir os desprazamentos. Dentro da parte máis ligada á economia, o texto pide \"fomentar a identificación e reconversión de empresas dependentes directa ou indirectamente do petróleo\" e avanzar cara a unha estrutura máis autocentrada e menos mundializada: \"Favorecer a recuperación de sectores industriais con vocación produtiva orientada ao mercado galego e que foron abandonados no contexto da mundialización económica\" e \"Identificar os produtos críticos dos que carecerá o país a causa do fin do petróleo barato e estimular a súa produción local (ou dos seus substitutos) mesmo a partir de empresas públicas\". En canto ao hábitat apóstase por \"promover a reestruturación das cidades para volver a un modelo compacto de usos mesturados, diversos e densos e á vida en proximidade: residencia, escola, traballo, lecer, comercio e trasporte cara ao exterior a menos de 10′ andando\" Por suposto, no que respecta á política enerxética, apóstase por avanzar \"aceleradamente\" cara as enerxías renovables, e ao tempo traballar por unha \"drástica redución do consumo\". Entre outras cousas apóstase por procurar fórmulas que fagan reverter parte dos beneficios das industrias enerxéticas nas bisbarras onde se asentan os grandes centros de produción enerxética coa finalidade de construír nelas unha outra alternativa produtiva encamiñada aos obxectivos dunha economía baixa en carbono. Outra das propostas é promover o cultivo e a autoprodución local de agrocombustibles. Proponse priorizar as axudas económicas ás empresas a que poñan en marcha plans de aforro enerxético ou que se teñan auditado enerxeticamente e teñan mostrado unha alta eficiencia enerxética. Tamén se propón \"incluír na normativa de construción a obriga de illamento térmico\". En canto ao hábitat apóstase por \"promover a reestruturación das cidades para volver a un modelo compacto de usos mesturados, diversos e densos e á vida en proximidade: residencia, escola, traballo, lecer, comercio e trasporte cara ao exterior a menos de 10′ andando. Redeseñar as cidades para os cidadáns e non para os coches\". E tamén fomentar coa colaboración dos concellos a agricultura urbana ecolóxica. Finalmente pidese a \"derrogación da nova Lei de Montes para favorecer un uso do monte autocentrado, sostible, diverso e encamiñado a fixar poboación no rural\". Proponse paralizar todo investimento novo para a construción de estradas ou autoestradas de alta capacidade, reducir os límites de velocidade das estradas. e desincentivar o uso do transporte privado No que respecta ao transporte proponse paralizar todo investimento novo para a construción de estradas ou autoestradas de alta capacidade, reducir os límites de velocidade das estradas e desincentivar o uso do transporte privado, por exemplo mediante a promoción da compartición de vehículos privados: con carrís reservados para estes coches nas estradas (coches con 3 ou máis pasaxeiros) ou coa exención de peaxes. Finalmente, o documento aposta por penalizar a obsolescencia programada e favorecer a produción de bens \"para toda a vida\" e pide declarar Galicia zona libre de transxénicos. Proposta de Véspera de Nada"}
{"ID": "NOS_42849", "summary": "O Grupo Ecoloxista Outeiro do Carballiño denunciou perante a Fiscalía a destrución en Ardesende (San Cristovo de Cea) dun xacemento arqueolóxico \"de incalculábel valor\" e que figuraba no Catálogo de bens da Xunta.", "text": "O Grupo Ecoloxista Outeiro denunciou perante a Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo a destrución na aldea de Ardesende (San Cristovo de Cea) dun túmulo neolítico catalogado pola Xunta, segundo informa La Región. Arqueólogos deste colectivo destacan o \"incalculábel valor\" do xacemento destruñido e que estaba formado por unha mámoa de 6.000 anos que conservaba as lousas de granito que formaban a cámara sepulcral. O xacemento estaba no Catálogo de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Segundo o rotativo de Ourense, desde Outeiro sinálase que \"de maneira inconcebìbel apareceu totalmente destruído e no seu lugar hoxe pode verse colocada una plancha de formigón sobre a que se construíu un merendeiro de obra\". O grupo considera que \"estes feitos provocaron un dano irreparábel na masa tumular do que foi un cementerio prehistórico\"."}
{"ID": "NOS_32551", "summary": "Menú de Frittata de espárragos verdes, cabaciña, tomates cereixa e queixo de cabra; Espaguetes de cabaciña á puttanesca; e Torta rápida de ananás", "text": "Frittata de espárragos verdes, cabaciña, tomates cereixa e queixo de cabra A Frittata é un prato moi común na gastronomía italiana. Pode parecer unha tortilla de pataca pero é un chisco diferente, está a medio camiño entre este prato e unha quiche. Ingredientes (2 persoas): 1 presa de espárragos verdes, 1 cabaciña, 6 ovos, 100 ml de leite, 50 g de queixo de cabra (rulo), 8 tomatiños cherry, pementa negra moída, 3 allos, sal, aceite de oliva Elaboración: Imos empregar unha tixola de aceiro para poder metela directamente ao forno, se non temos podemos refogar as verduriñas nunha tixola e logo pasalo a un molde ou bandexa que se poda meter no forno. Comezamos lavando os espárragos e cortámolos en anacos máis pequenos. Lavamos a cabaciña tamén e cortámola en toros non moi grosos e reservamos. Lavamos os tomatiños cherry e cortámolos pola metade. Cortamos tamén en toros o rulo de queixo de cabra e reservámolos. A continuación, nunha tixola cun chisco de aceite douramos un pouco os allos cortados en anacos e engadimos os espárragos e a cabaciña. Salteámolos cun chisco de sal uns 5 ou 10 minutos até que estean cociñados. Nun cunco á parte batemos ben os 6 ovos. Engadimos o leite e un chisco de pementa moída e batemos todo. Botamos a mestura de ovo e leite na tixola coas verduriñas e colocamos por enriba os tomatiños cherry coa parte cortada cara arriba e os anacos de queixo de cabra. Metemos no forno, que previamente quentamos a 200º, durante uns 10 ou 15 minutos, segundo nos guste máis ou menos cociñado o ovo. Retiramos a tixola do forno con coidado de non queimarnos e xa podemos desfrutala. Espaguetes de cabaciña á 'puttanesca'. Espaguetes de cabaciña á puttanesca Aproveitando que as cabaciñas están de temporada imos facer uns falsos espaguetes con esta verdura. Un prato ben orixinal, saboroso e san. Ingredientes (2 persoas): 1 cabaciña, 4 allos, 1 lata de anchoas, 200 g de tomates cereixa, alcaparras, olivas kalamata Elaboración: Comezamos lavando a cabaciña e facendo os espaguetes cun relador de verduras. Se non temos este relador especial podemos cortar a cabaciña en láminas e logo en tiras para facelos nós mesmos. Pelamos dous allos e cortámolos en anaquiños. Nunha tixola cun chisco de aceite douramos a fogo suave os allos e logo engadimos os espaguetes de cabaciña, salteamos uns minutos e retirámolos do lume cando estean cociñados pero aínda algo duriños. Reservamos os espaguetes. Pelamos dous allos e esmagámolos coa man. Na mesma tixola douramos os allos e logo engadimos as anchoas cortadas en anacos, e remexemos cunha culler até que se desfagan e se forme unha pasta. Engadimos os tomates cereixa lavados e cortados pola metade e seguimos refogando até que comecen a soltar o mollo. Neste punto botamos as alcaparras e as olivas e seguimos remexendo até que se cociñen ben os tomates, pero sen que rematen de desfacerse de todo para que fiquen máis vistosos. Servimos os espaguetes nun prato e por enriba o mollo de tomates e anchoas. Torta rápida de ananás Torta rápida de ananás Con esta receita rápida de torta de ananás podemos facer unha sobremesa sen moito traballo e cun resultado exquisito. Non imos nin precisar facer a base de biscoito, o máis difícil será agardar a que arrefríe para poder desfrutala. Ingredientes (2 persoas): 370 g de leite condensado, 1 lata de ananás en almibre (820g), 2 sobres de xelatina de ananás, sobaos, caramelo líquido, 400 ml de nata para bater Molde: Bandexa de 30x21 cms. Elaboración: A elaboración desta torta é moi sinxela. En primeiro lugar abrimos a lata de ananás e botamos o almibre nun cazo. Poñémolo a lume medio e cando estea quente, pero sen chegar a ferver, botamos a xelatina e remexemos ben até que se disolva. Neste punto engadimos a nata para bater e integramos todo para obter unha mestura homoxénea. Mentres a crema arrefría un chisco comezamos a montar o resto da torta. Primeiro botamos na base dunha bandexa fonda caramelo líquido e por enriba desa capa de caramelo poñemos os toros de ananás. Logo colocamos os sobaos sobre a piña, coa parte dourada cara abaixo e picámolos ben cun garfo para que máis tarde absorban ben todo o zume. Botamos a mestura do almibre coa nata e a xelatina sobre eles e deixamos arrefriar na neveira unhas 4 horas para que se solidifique a crema. Para servila, imos pasar un coitelo con moito coidado polos bordos da torta para despegala e, finalmente, dámoslle a volta sobre a bandexa na que a imos servir."}
{"ID": "NOS_54201", "summary": "Máis dun millar de militantes celebraron no frontón de Riazor a fundación do Bloque Nacionalista Galego o 25 de setembro de 1982", "text": "A portavoz nacional, Ana Pontón, empezou cunha cita de Salvador Allende a intervención no acto do 40 aniversario do BNG: \"A Historia é nosa e fana os pobos\", proclamou ante máis dun millar de militantes que enchían o frontón de Riazor, o lugar que o 25 de setembro de 1982 foi escenario da fundación do Bloque Nacionalista Galego. Non sempre foi un \"camiño de rosas\", destacou, \"pero o BNG chega aos 40 anos en plena forma e disposto a saír a gañar, a gañar unha saída xusta e galega a esta crise, a gañar un futuro mellor, con máis BNG nos concellos, en Madrid e en Europa. E por suposto, disposto a gañar o Goberno da Xunta e darlle a Galiza unha presidenta do BNG coas mans libres para defender aos galegos e ás galegas\", proclamou. \"Porque Galiza necesita máis que nunca unha forza libre como o BNG, libre de ataduras a Madrid e libre de ataduras aos grandes lobbys económicos\", salientou, capaz de dar unha solución xusta e en clave de País á crise. E para iso ten alternativas, como a tarifa eléctrica galega, acabar cos beneficios caídos do ceo, empresa pública de enerxía e subirlles os impostos ás eléctricas, ás petroleiras e a banca, \"que se están forrando\". Fronte a un Partido Popular que goberna para unha minoría, o Bloque ten un proxecto para a maioría social do País. \"Queremos gobernar para as maiorías e sen subordinación a Madrid, non como o PP que goberna pensando nas empresas amigas e nos millonarios\", denunciou, en relación ao anuncio de Rueda de baixarlle os impostos a 7.000 millonarios, un pelotazo fiscal de 34 millóns de euros. \"E aí vemos o estilo Rueda: facer submisamente o que lle manda Feijóo desde Madrid\", ironizou Pontón destacando que a cidadanía merece moito máis que un PP que reparte entradas gratis en palco VIP a altos cargos populares con cartos públicos, mentres suprime a tarxeta básica para comprar alimentos ás familias con menos recursos. Pero hai alternativa, a que representa o BNG, \"unha alternativa sólida e preparada para construír unha Galiza mellor\", subliñou, ao tempo que enviaba unha mensaxe de esperanza a esa maioría social que soporta as durisimas consecuencias do descontrol de prezos. \"Quero dicirlle á xente moza que pelexa por un traballo digno, ás persoas maiores que non dan estirado máis a pensión, ás familias que non chegan a fin de mes, aos gandeiros que producen o leite e carne sen cubrir custes; ás persoas autónomas que fan malabarismos para manter en pé os seus negocios, a todos e todas elas quero dicirlles que poden contar co BNG para conseguir unha saída xusta e galega desta crise\", proclamou. O BNG celebra o seu 40 aniversario cun acto político en Riazor E nesa dirección, corenta anos despois da súa fundación, \"aquí está o Bloque para enfrontar os problemas do aquí e do agora, para blindar a sanidade pública, para loitar por un rural vivo, para enfrontar a crise demográfica e frear a emigración da xente moza, aquí estamos para defender a liberdade e a igualdade das mulleres e para poñer Galiza a producir porque somos un país rico\". Pontón agradeceu a toda á militancia e simpatizantes que ao longo de catro décadas deron o mellor de si e atribuíu a todas esas persoas o mérito de ter hoxe un BNG forte, convertido na alternativa de goberno ao PP. Neste sentido, subliñou tres razóns que explican a actual fortaleza e dinamismo do Bloque. Tres fortalezas do BNG \"A primeira é que fomos capaces de facer política en clave galega e xerar solucións adaptadas á nosa realidade, apostamos por solucións e alternativas propias; a segunda ter unha organización sólida, asentada en todo o territorio e coas ideas claras como que somos nacionalistas, porque o nacionalismo significa cambiar o mundo empezando pola parte que temos máis cerca. E, terceiro, porque o BNG é moito máis que unha organización, é un sentimento de amor e un compromiso vital coa nosa nación\", sintetizou. Pontón reiterou que o BNG ten \"as portas a todas persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón\", deixando claro que \"ensanchar, ampliar e incorporar son os verbos que hai que conxugar\" para sumar a cada vez máis galegos e galegas de cara ao reto de liderar o Goberno do País e abrir un tempo novo de futuro e esperanza. Catro décadas deron paso a unha Galiza moi diferente, pero hai feitos que se manteñen e seguen a ser un lastre para o País, como soportar as consecuencias de que \"decidan por nós\" desde Madrid; como a emigración masiva de xente moza, como os vetos a sectores produtivos estratéxicos, como o espolio dos recursos enerxéticos. Galería | O BNG celebra o seu 40 aniversario en Riazor Humildade , intelixencia e ambición Ao igual que o País, o BNG tamén mudou e evolucionou coa sociedade, \"pero hai algo que non cambiamos, que sempre estivemos e estamos na defensa de Galiza e sempre desde a confianza no País\". \"O futuro é noso e temos que construílo colectivamente, con intelixencia, con humildade e con ambición, estamos aquí para facer o necesario e o máis necesario pe poñer Galiza por diante\", concluíu. Pontón puxo fin a un acto que encheu de emotividade o frontón de Riazor e que tivo unha participación coral e colectiva coas intervencións dunha decena de militantes, tanto referentes significativos do BNG pola responsabilidade política que ocuparon antes ou agora, como de militantes de base. Así, precederon á líder nacionalista no uso da palabra Francisco Rodríguez, quen subliñou a vixencia, máis que nunca, do feito de que \"o País necesita unha forza nacionalista propia de seu\", e ratificou o acerto da militancia de terse mantido nesa liña ao longo destes corenta anos de servizo a Galiza. Pascuala Dourado, militante de base, lembrou os seus anos de mestra nunha escola unitaria e o seus primeiros contactos co BNG, e tivo emocionadas palabras de lembranza de Saleta Goi. Desde a confianza, a gañar o partido Miguel Anxo Fernández Lores criticou os \"localismos disgregadores\" tan queridos ás forzas de \"obediencia madrileña\" e convidou a saír a por todas nas eleccións municipais de 2023, \"desde a máxima confianza en nós mesmos, disputando o partido coa confianza de que imos ganalo\". Nestor Rego destacou o proxecto \"sólido e necesario\" dun BNG, que animou a \"alongar\" para \"ensanchar o nacionalismo, porque somos quen mellor defende o País e ás clases populares\", tendo en conta que \"non hai problema ante o que non teñamos presentado batalla e dado alternativas\". Ana Miranda destacou que o BNG coloca Galiza en todos os foros internacionais, en particular é a voz do País nas institucións europeas, tivo palabras de apoio para a militancia na emigración e un fixo un sentido recoñecemento do traballo de Camilo Nogueira quen levou ao Bloque á Eurocámara en 1999. Noa Presas confesouse herdeira da xeración do Nunca Máis, coa que aprendeu que é desde á mobilización e a organización que se poden logran mudanzas e avances, destacando ademais o papel das mulleres para construír o futuro, \"aquí estamos para cambiar o mundo\", tras proclamar que \"non ten teito\" á hora de sumar apoios. E pechou esta participación coral a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, subliñando o papel da xente moza, facendo repaso as principais preocupacións e anhelos da mocidade, emprego, precariedade, vivenda, o dereito a vivir e traballar aquí, subliñando que a xente nova \"é imprescindible para o futuro da sociedade deste País\". O acto contou coa actuación musical de Xosé Luís Rivas, Mini, Navia Rivas e Jasper, así como da participación do actor Miguel Pernas e da actriz Isabel Risco, e concluíu co himno galego."}
{"ID": "PRAZA_8483", "summary": "Hai un ano unha manifestación reclamou a protección deste espazo. O conselleiro Agustín Hernández comprometérase na pasada lexislatura a estudar a demanda. A Xunta leva unha década sen aprobar novos parques naturais.", "text": "Pasan os meses, pasan os anos e non chega a declaración de parque natural para o Monte Pindo. Hai un ano, o 14 de abril de 2012, unha manifestación percorreu a zona demandando esta figura de protección para o espazo, como tamén veñen tempo reclamando ducias de especialistas e investigadores e máis dun cento de entidades sociais de todo tipo. As xestións ante a Xunta foron moi numerosas e na pasada lexislatura a plataforma Monte Pindo Parque Natural reuniuse co conselleiro Agustín Hernández, que amosara \"boa vontade e mesmo disposición a facelo efectivo\". Porén, a Xunta \"non moveu ficha\" e despois das eleccións de outubro a plataforma volveu solicitar unha reunión con Hernández, que non foi respondida en tres meses. Nas vindeiras semanas unha representación da asociación manterá un encontro co conselleiro A resposta chegou finalmente e nas vindeiras semanas unha representación da asociación manterá un encontro co conselleiro, que tamén requiriu nova documentación para avanzar no proceso. Nos últimos dez anos a Xunta non declarou ningún novo parque natural, figura que se viu substituida de facto por outra, a Rede Natura 2000, \"que xera serias dúbidas entre a sociedade polos seus escasos efectos reais sobre a protección do medio ambiente e as trabas ao desenvolvemento substentábel dos pobos nos que se implanta\", segundo a asociación. Tamén denuncian que nos últimos tempos se ven producindo \"un continuado incremento das agresións de diversa natureza ao Monte Pindo motivadas polo aumento das visitas e sobre todo pola total falta de vixilancia e control\", e que estes problemas \"poderían atallarse de inmediato coa declaración do Parque Natural\"."}
{"ID": "NOS_17103", "summary": "O Observatorio de Dereitos Civís Esculca vén de esixir información ao Concello da Coruña sobre as actuacións policiais no despexo do centro social okupado A Insumisa o 23M.", "text": "Nun escrito rexistrado nas oficinas municipais, o avogado Fernando Blanco Arce pide explicacións polos feitos protagonizados pola Policía Nacional e mais pola Local. Esculca quere revisar o vixente regulamento de funcionamento e organización da Policía Local da Coruña e mais a data e o órgano de aprobación do mesmo. A asocación ten especial interese en coñecer as instrucións ou regulacións sobre o uso de \"bastóns policiais extensíbeis\". O observatorio tamén solicita outra información sobre a actuación da Policía Local referida ás \"normas operativas ou regulacións internas en materia de defensas de goma ou semellantes e de esprais de defensa\", ademais de copia da \"instrución operativa interna impartida pola concellaría competente\" para aquela xornada que acabou con varios contusionados e feridos polas cargas policiais. Esculca, a través de Blanco Arce, precisa que non existe causa de restrición á información solicitada e que esta resulta necesaria para o desenvolvemento do labor de recompilación de dados que leva a cabo o Observatorio\"."}
{"ID": "PRAZA_5370", "summary": "O sindicato denuncia que a empresa mantén débedas con ducias de gandeiros e gandeiras dende 2011, e acusa os seus responsables de chegar a agredir a algún deles. A marcha comezará ás 12 horas diante do Concello de Oroso", "text": "O Sindicato Labrego Galego (SLG) convocou unha manifestación, este luns en Oroso, contra os resposables da empresa Lácteos Tambre, aos que acusan de acumular impagos e débedas cun gran grupo de gandeiros e gandeiras dende o ano 2011. Ademais, responsabilízanos de ter ameazado e agredido fisicamente a algún deles. En primeiro lugar o sindicato rexistrará no Concello de Oroso (situado en Sigüeiro) un escrito dirixido ao pleno coa intención de recabar o seu apoio ás explotacións afectadas. A seguir, comezará unha concentración de protesta ante a Casa do Concello e, dende alí, partirá unha manifestación que se dirixirá até a sede de Lácteos Tambre, en Penateixa (a un quilómetro do concello). O SLG denuncia que, a pesar de haber sentenzas xudiciais firmes na súa contra, a empresa eludiu o pago das súas débedas tras declararse sen fondos. Os acusados son a familia Sangiao, principalmente Ramón Sangiao Gómez, que despois de desmantelar a empresa orixinal, na actualidade xestionan Lácteos Merza e Logística Alimentaria. Naquela ocasión, a secretaria xeral do SLG expresaba a súa confianza en que \"a xustiza esclareza estas artimañas legais que impiden que moitas explotacións poidan cobrar o seu leite\" e declaraba que \"non podemos consentir que esta empresa, calquera que sexa o seu nome, non pague o leite recollido mentres o seu dono segue a pasearse nun Jaguar\". O sindicato tamén acusa a Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, de darlles \"as costas aos gandeiros e gandeiras\" O sindicato tamén acusa a Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, de darlles \"as costas aos gandeiros e gandeiras\", tras ser interpelada ao respecto polo BNG, no Parlamento de Galicia, o 9 de maio de 2012. Naquela ocasión, a conselleira sinalou que \"o abano competencial autonómico neste ámbito é escaso\", de maneira que Medio Rural se limitou a \"ofrecer avais públicos ou crédito do Igape\" e a \"servir de ponte\". E tamén subliñan a responsabilidade do Ministerio de Agricultura, que a pesar dos procesos xudiciais que probaron os impagos, lles concedeu máis licenzas de primeiros compradores á familia propietaria, \"para seguir operando impunemente no mercado do leite\". Por último, o sindicato subliña os casos denunciados de ameazas e agresións de Brais Sangiao Ríos a Xosé Manuel Calvo, gandeiro de Oroso e membro da Executiva do SLG, e lembra \"o amplo historial delituoso dos Sangiao, que xa teñen sido procesados e condenados por especular coa venda de leite negro fóra de cota, pola estafa de transformar o gasóleo agrícola en gasóleo A\". Ducias de explotacións afectadas As explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre denuncian que se lles debe leite recollido durante o primeiro trimestre de 2011, con débedas que van dos 3.000 aos 7.000 euros As explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre denuncian que se lles debe leite recollido durante o primeiro trimestre de 2011, con débedas que van dos 3.000 aos 7.000 euros, segundo o caso. En total, foron sete as explotacións que denunciaron xudicialmente esta situación. O sindicato sinala que aínda que os gandeiros e gandeiras denunciantes teñen as súas explotacións en Muxía, Tordoia e Arzúa, \"poderían estar afectados ducias de concellos e explotacións en toda Galicia\", tendo en conta que Lácteos Tambre recolle leite en comarcas como Fisterra, Xallas, A Barcala, Compostela, Arzúa, Deza ou Tabeirós-Terra de Montes. O SLG afirma que moitos gandeiros e gandeiras \"de quen se ten constancia que tamén teñen débedas pendentes coa empresa non quixeron denunciar a súa situación por temor a represalias\"."}
{"ID": "PRAZA_18704", "summary": "Nin o tirón do comercio nin a proximidade do Nadal frearon a importante caída nas afiliacións á Seguridade Social nun mes onde tamén subiu o paro, ao contrario que no conxunto do Estado. Os datos interanuais seguen a ser positivos, pero nun mercado laboral precario e temporal.", "text": "Nin Black Friday, nin o tirón do comercio, nin a proximidade do Nadal. Galicia destruíu 3.327 empregos durante novembro, que foi o número de afiliados que perdeu a Seguridade Social no país nun mes onde, ao contrario que no Estado, tamén subiu un chisco o paro rexistrado: en 625 persoas até sumar unha cifra total de 170.369 parados apuntados nas oficinas de emprego, mentres que no conxunto de España descendeu lixeiramente. Galicia destruíu 3.327 empregos durante o mes de novembro, onde tamén subiu o paro en 625 persoas Os datos con respecto ao mes anterior son malos en Galicia, máis tendo en conta os do mesmo mes do ano anterior, cando o paro aumentara máis pero se destruíran 747 empregos. Ademais, é o cuarto mes consecutivo no que se incrementa o paro rexistrado. En termos interanuais, o mercado laboral segue a mostrar datos positivos --hai 16.806 parados menos e 20.714 afiliados máis que hai doce meses-- pero nin o impulso ao emprego semella suficiente nin as condicións melloran. Nin moito menos. Ademais, o paro chega aos mesmos niveis que en 2008, pero con case o 6% menos de emprego logo da crise. Segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Emprego, o paro rexistrado aumentou en todas as provincias galegas agás na de Ourense, onde descendeu en 334 persoas, e medrou en todos os sectores excepto na industria e no colectivo sen emprego anterior, onde aumenta en 231 persoas que xa non tiñan traballo e apuntáronse ás listas de demandantes nas antigas oficinas do Inem. En canto aos contratos, asináronse preto de 84.500 neste mes de novembro, dos cales tan só o 9,6% foron indefinidos, cuxo número descendeu nun 20%, a mesma baixada que experimentaron os temporais con respecto ao mes anterior. En total, son uns 19.000 contratacións menos que en outubro, pero seguen a ser cifras moi elevadas, máis tendo en conta a destrución de emprego deste pasado mes. Os máis de 84.500 contratos volven pór enriba da mesa a elevada rotación e saída e e entrada dos traballadores no mercado laboral, con condicións precarias e moita temporalidade. De feito, dos escasos contratos indefinidos que se asinan, o 40% foron a tempo parcial. Máis do 46% das persoas paradas con experiencia laboral carece de prestación por desemprego En canto á cobertura, máis do 46% das persoas paradas con experiencia laboral carece de prestación por desemprego (71.663 persoas) e só o 45 % das que si a perciben cobran unha prestación contributiva. Xa que logo, en outubro pasado había 83.085 persoas cobrando unha prestación por desemprego: 37.532 cunha prestación contributiva (o 45,2% do total das prestacións), 37.309 un subsidio por desemprego (o 44,9%), 7.869 a renda activa de inserción (9,5%) e 375 correspondían ao programa de activación de emprego (0,45 %). A taxa de cobertura (cociente entre o número de persoas beneficiarias de prestacións por desemprego e o número de persoas paradas rexistradas con experiencia laboral) en outubro era do 53,69 % e segue caendo o gasto en protección por desemprego (en outubro baixa nun 3,3 % en relación co mesmo período do ano anterior)."}
{"ID": "NOS_32415", "summary": "Filgueira Valverde abrazou o franquismo desde o mesmo momento en que se produce o levantamento militar. O semanario Sermos Galiza adianta no seu número 140 fragmentos de tres poemas de exaltación do réxime de Franco que o profesor Freixeiro Mato atribúe a Filgueira despois dunha profunda investigación.", "text": "O profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato investiga a autoría dos tres poemas de exaltación franquista publicados en O Gaiteiro de Lugo e descobre, sen lugar a dúbidas que o seu autor é Filgueira Valverde. Sermos Galiza publica no seu número 140 -esta quinta feira 9 de abril nos pontos habituais de venda- un avance dos poemas e unha longa entrevista co investigador, que debulla o proceso que o levou desde a sospeita á confirmación da autoría dos tres poemas franquistas. A investigación e os poemas sairán publicados ao completo no libro A poesía oculta de Filgueira Valverde que tirará proximamente do prelo a editorial Baía. Desvélase así unha mentira na nosa historia literaria que dificilmente podía ser descuberta. O propio Filgueira fora quen asignara a autoría dos textos anónimos a Noriega Varela -tamén franquista- posibelmente co convencemento de que nunca se descubriría o infundio. Non contaba co profundo coñecemento de Freixeiro Mato da lingua de Noriega que o levaría a desbotar a súa autoría dos tres textos de maneira rotunda. Atribuírllos logo a Filgueira Valverde -e demostrar que a el pertencen- foi só cousa de tempo e traballo."}
{"ID": "NOS_18357", "summary": "O BNG lucense advirte que \"poñen en perigo a súa estabilidade estrutural\".", "text": "O BNG de Lugo advirte da aparición na Muralla da cidade de novas fendas nun cubo da estrutura e que poden afectar á estabilidade estrutural da mesma. O concelleiro Rubén Arroxo indica que a fenda, en sentido vertical e que ten \"unha considerábel lonxitude\", está fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza. Arroxo pediu que se tomen as medidas precisas para evitar un posible derrumbe ou o deterioro desta parte dun monumento que é Patrimonio da Humanidade. O concelleiro lembrou a responsabilidade da Xunta no mantemento da Muralla e pediu \"que se actue con prontitude e dilixencia como é necesario por tratarse dun monumento Patrimonio da Humanidade."}
{"ID": "NOS_20377", "summary": "Consideran que as persoas trans ven vulnerados os seus dereitos.", "text": "\"As persoas trans seguen sometidas á vontade de quen as atende\". Así o manifesta a través dun comunicado a Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista de defensa dos dereitos das mulleres LBT, que decidiu denunciar ante a Valedoría do Pobo \"a forma de proceder transfóbica dos Rexistros Civís ante a solicitude de cambio á mención ao sexo do DI\". Lamentan que as persoas trans teñan que seguir no día a día enfrontándose \"a situacións que vulneran, incluso, os escasos dereitos que están recollidos na lexislación\". \"Nos últimos meses\", comenta Elisabet Pérez, representante e educadora social en Nós Mesmas, \"recibimos varias solicitudes de apoio de mulleres trans que reciben citacións para ser recoñecidas polo médico forense para o cambio da mención ao sexo no seu DNI cando xa cumpren os requisitos establecidos na lei para realizar o cambio. Esta solicitude é totalmente arbitraria, dependendo unicamente da vontade da persoa responsábel do Rexistro, e está a acontecer en varios Rexistro Civís de Pontevedra\" A lei actual é clara, explica Nós Mesmas, e establece que para o cambio á mención ao sexo, \"deberán aportar informe psicolóxico de disforia de xénero, estábel e persistente no tempo e informe de tratamento médico, por doutor ou doutora colexiada, que certifique que a persoa leva, mínimo, dous anos, con tratamento para adecuar as súas características físicas\". Lamentan que as persoas trans teñan que seguir no día a día enfrontándose \"a situacións que vulneran, incluso, os escasos dereitos que están recollidos na lexislación\" Estes requisitos, denuncian desde Nós Mesmas, así como fan todas as entidades e colectivos LGTBI e trans, son \"patoloxizantes, ignoran a autodeterminación do xénero, poñendo en risco a saúde das persoas trans e imposibilitando a súa inserción social e laboral, de aí a urxencia de verse aprobada a Lei Integral Trans estatal que elimine estes requisitos arcaicos\". \"A pesar do cumprimento destes requisitos, continúa Elisabet, o Rexistro Civil de Vigo e de Ponteareas continúa a solicitar máis probas e, sen ningunha explicación nin xustificación legal, cita as persoas trans que solicitan esta modificación en medicina forense no Imelga para que acredite a súa condición. Este trato é denigrante, vulnera todos os dereitos das persoas trans e sitúaas nunha situación de indefensión e desprotección máxima\" Desde Nós Mesmasindican que, despois de intentar cambiar esta situación mediando cos Rexistros Civís de Vigo e Ponteareas, \"sen éxito e no prazo tan corto de tempo antes das citas no Imelga\", decidiu presentar unha denuncia sobre esta situación ante a Valedoría do Pobo."}
{"ID": "NOS_53554", "summary": "Operación en marcha en Subirats (Alt Penedés). Os Mossos de Esquadra terían abatido Younes Abouyaaquoub, a quen se considera o autor material do atentado de Barcelona, condutor da furgoneta que bateu contra a multitude nas Ramblas.", "text": "O principal sospeitoso do atentado de Barcelona tería sido abatido por axentes do corpo policial catalán que terían advertido que portaba un cinto con explosivos adosado ao seu corpo. Existe, en todo caso, certa confusión. NacióDigital apunta que os Mossos aínda non certificaron que a identidade do terrorista abatido en Subirats sexa a de Younes Abouyaaquoub, o principal sospeitoso de ser o autor do masacre perpetrado nas Ramblas. A fonte de que si se trata de Younes Abouyaaquoub é a axencia Efe. No seu twitter os Mossos aínda non precisaron a identidade do terrorista abatido. Os tedax estarían neste momento a comprobar se o material explosivo que portaba o yihadista comporta algún tipo de perigo. 17:05h La persona sospitosa de #Subirats porta adherit al cos el que sembla un cinturó d'explosius. L'individu ha estat abatut— Mossos (@mossos) 21 agosto 2017"}
{"ID": "PRAZA_10796", "summary": "O Goberno galego dá o visto e prace ao plan de labores previo á restauración, alternativa ao vertedoiro inicial, que prevé acumular refugallos na antiga canteira de Teo xunto a varios núcleos de poboación. A plataforma veciñal pide unha mudanza lexislativa que impida o proxecto.", "text": "A macroplanta de refugallos que a empresa Toysal pretende instalar na Casalonga, a poucos metros de varios núcleos de poboación, segue o seu camiño malia o rexeitamento masivo da veciñanza. A firma viguesa continúa a obter da Xunta os permisos necesarios para o plan de restauración da antiga mina, proxecto alternativo á planta de residuos vetada polo Goberno galego e o Concello de Teo, e co que se pretende encher de diferentes restos o oco deixado pola antiga canteira, segundo denuncia a cidadanía en contra. A Xunta deu o visto e prace ao plan de labores e sacará a exposición o plan de restauración, alternativa ideada pola empresa ao vertedoiro que xa foi rexeitado polas administraciónsA plataforma Casalonga Limpa de Residuos, que aglutina máis de medio milleiro de veciños, advirte das \"malas novas\" recibidas nos últimos días tras unha xuntanza con responsables da Xunta. A Administración deu o visto e prace ao plan de labores, incluído o permiso para baleirar a lagoa formada na antiga mina, polo que Toysal dispón dos permisos necesarios á espera do definitivo plan de restauración, que será sacado a exposición pública o vindeiro outono. Non é exactamente a restauración o que preocupa na veciñanza, senón o xeito no que se fai e a proximidade ás casas dun proxecto que a Casalonga Limpa de Residuos ilustra coa recreación do espazo que ocuparía o terreo que se pretende encher de residuos e que se pode ver na seguinte fotografía. A Xunta insiste en que se limita a cumprir coa legalidade, pero a plataforma reclama unha modificación da lexislación para impedir que plans coma este, que implican o soterramento e a acumulación toneladas de residuos, non sexan permitidos ao pé de núcleos de poboación. No caso da Casalonga, o proxecto afecta 56 hectáreas de terreo da canteira, co obxectivo de deixar a zona nun aspecto similar ao anterior da explotación da canteira. No recheo, segundo o proxecto presentado, incluiríanse residuos inertes de minas, outros de fibra de vidro, de materias de construción e demolición, area ou pedras. En principio. Son case 10 millóns de metros cúbicos de refugallos, que serán cubertos por terra vexetal ou tecnosolos. As antigas instalacións mineiras están a uns 300 metros das casas máis achegadas. O plan de restauración da antiga canteira prevé soterrar 10 millóns de metros cúbicos de refugallos, con efectos advertos para a calidade do aire, ao pé das casasO documento presentado para a avaliación ambiental asume que se prevén efectos adversos como a alteración da calidade do aire polas emisións de gases, pó e partículas, así como afectacións na saúde das persoas por estes problemas ou risco de contaminación artificial das augas. Ante a exposición pública deste plan de restauración, Casalonga Limpa de Residuos prepárase xa para unha presentación masiva de alegacións. \"Serán moitas e de moitos veciños\", explica Norma Pillado, unha das voceiras da plataforma, que advirte de que este tipo de proxectos \"serven como tapadeira para vertedoiros que, legalmente, non están permitidos\". \"As restauracións son a tapadeira para montar vertedoiros nas antigas canteiras\", insisten desde a plataforma, que alerta de que este modus operandi é e será habitual noutras antigas minas galegas agora sen actividade, centos delas por todo o país. \"Por iso o que pedimos é un cambio lexislativo que impida estas chafulladas\", engaden. Mesmo fontes técnicas das administración recoñecen das problemáticas que estas trampas legais poden crear polas intencións reais das empresas encargadas. \"As restauracións son a tapadeira para montar vertedoiros nas antigas canteiras\", denuncia a plataforma contra a planta, que aglutina máis de 500 veciñosAdemais, a plataforma lamenta os que considera \"atrancos\" por parte da Xunta no seu intento por se informar dos pasos que segue Toysal. Segundo denuncia, e logo da última xuntanza coa Administración, o colectivo foi advertido por carta de que non poderá comparecer como parte interesada no proceso levado a cabo pola empresa ao non ter, xustifican, \"lexitimidade\". \"Á vez que dan facilidades a Toysal, poñen paus nas rodas dos veciños\", di unha das afectadas sobre unha decisión que Casalonga Limpa de Residuos vai recorrer. Ante a continuidade do proxecto con pasos firmes, a plataforma convocou xa para este martes unha \"reunión de urxencia\" de todas as mesas de traballo para, á marxe das alegacións que teñen previsto presentar, preparar outras accións. Tamén solicitaron unha xuntanza co grupo parlamentario do PP para expresarlle a \"necesidade\" de que se leven a cabo mudanzas lexislativas que impidan este tipo de proxectos en solo rústico e que afectaría a lei do solo, unha demanda que xa levou a cabo a oposición en diferentes ocasións. No pasado mes de marzo, unhas 5.000 persoas se manifestaron en Teo contra unha iniciativa considerada \"un vertedoiro encuberto no medio de núcleos densamente poboados\". Desde a Consellería de Medio Ambiente insistiuse sempre en que \"unha cousa é\" o plan de restauración agora previsto \"e outra un vertedoiro moi preto das casas e o que iso significaría\". Entre a veciñanza de Teo, o temor mantense intacto. \"Só un cambio lexislativo evitaría os problemas derivados da execución de plans de restauración\", rematan."}
{"ID": "NOS_24410", "summary": "O BNG enceta un proceso de debate \"aberto e participativo\" nun trimestre no que ten Asemblea Nacional, nun ano de citas eleitorais, e após un 20-D cuns resultados que a propia organización cualifica de \"negativos, sen paliativos\". \"Ninguén dixo que fose fácil ser nacionalista, mais sómolo\", di cun sorriso Lobeira.", "text": "- Hai unha parte importante da sociedade galega, nomeadamente na mocidade urbana, que desconectou do BNG e do nacionalismo. Como se pode actuar aí? - A sociedade galega cambiou moito en moi pouco tempo e quizás non sempre tivemos un discurso ou práctica que fose acaída a ese cambio tan importante. Mais, sabendo iso, si que temos claro que non damos nada por perdido. Sabemos que temos que mellorar, que debemos ter un discurso adaptado a esas realidades concretas, como o da mocidade precariada das grandes cidades, porque temos propostas e alternativas. Un discurso soberanista fresco, claro, didáctico e distinto, de futuro, chamando á esperanza e contra o derrotismo, incidindo en que, como pobo, podemos mudar as cousas. Non hai neste país ningunha forza política que posúa tal caudal de compromiso, traballo e entrega militante como o do BNG. Ese é o noso orgullo e a noso mellor valor. Porén, aspiramos a ser máis, mellor organizados, máis formados e implantados socialmente. Unha organización máis activa e participativa, que sexa quen de marcar axenda política sexa cal sexa o papel dos medios de comunicación do sistema. - Cal consideras que, aquí e agora, nestes tempos, debe ser o papel do nacionalismo galego? - O nacionalismo non se limita á auto-defensa, á dignidade. O nacionalismo é a esperanza para este país, a garantía de que existimos e de que podemos cambiar as cousas colectivamente. O nacionalismo tamén ten que ter claro que hai vida máis alá do ámbito institucional, e así o amosou durante anos: o social, o sindical... son espazos nos que traballar e nos que construír. Por iso é importante esa folla de ruta que vaia máis alá de andar pendentes exclusivamente dos procesos electorais\". A entrevista íntegra, neste Sermos Galiza nº179. Eis tes o enlace á nosa loxa"}
{"ID": "PRAZA_15859", "summary": "Os Movementos Democráticos do Estado Español deben demostrar de que pasta están feitos. Se estamos abocados á cuarta revolución pasiva que vive o Estado español nos últimos 150 anos ou se asistiremos, por fin, a unha ruptura coa Lei que permita unha verdadeira mudanza nas condicións de vida dos subalternos", "text": "Como nos felices anos 90 do s. XX nos que a clase traballadora contraía créditos para esquecer que o era, nos que os indies xogaban ao onanismo chic e nos que apenas no País Vasco se evidenciaban as fendas do réxime do 78 –pois foi alí onde permaneceu vivo un espazo político que impediu a estabilización do marco inaugurado en 1978– regresa –mentres Arnaldo Otegi aínda está no cárcere para lembrarnos que só estamos na continuación dunha batalla que vén de atrás– o \"Bloque Constitucionalista\" a tratar de frear o que Arthur Rosenberg chamaría o \"Movemento Democrático\" –co sentido que o termo Democrático ten na tradición da esquerda e que pouco ten que ver cos ritos e institucións da democracia liberal–; un Movemento, este, que se ampliou no plano electoral como consecuencia dunha crise do capitalismo que non ten fin e como consecuencia de que o Estado das autonomías (sentenza do TC sobre o Estatut mediante) xa non puidese seguir exercendo de encoro fronte as demandas nacionais, especialmente catalás. Desta volta, porén, o Movemento Democrático ten ante si, desde que lle incluíron a argola do artigo 135, unha Constitución aínda máis antidemocrática e antipopular da que xa actuaba coma muro de contención nos tempos da gran coalición de Redondo Terreros e Mayor Oreja. Segundo ese consello de anciáns chamado Fundación España Constitucional e o seu exército de zombies que volven campar fóra dos seus nichos, a Gran Coalición debe hoxe repetirse, como no País Vasco do aznarato, e a Constitución debe ser obxecto dunha reforma \"no espírito da Transición\"; isto é, a Constitución debe ser actualizada para continuar sendo útil ao que Gerardo Pisarello denominou o \"grande Termidor\" do constitucionalismo antidemocrático. Un constitucionalismo antidemocrático de longa raigame na tradición liberal –velaí o dos pais fundadores dos EEUU analizado por Sheldon Wolin en \"Democracia S.A\" e que conta co seu reverso en forma de explotación estrutural dos negros como describiu polo miúdo Domenico Losurdo en \"Contrahistoria do liberalismo\"– e que ten en todo o aparato xurídico que conforman os tratados da UE un exemplo requintado do que pode significar a separación absoluta das institucións e os textos emanados delas a respecto da vida cotiá e da capacidade de decisión das persoas do común. Unha separación da que a expulsión ao poleiro dos deputados-as chamados a seren a pata (e non o seu núcleo irradiador) do Movemento Democrático no Congreso (para cando a volta ás rúas?) é a representación gráfica desta nova distinción entre lores e comúns que, lonxe de ser un endemismo de \"Españistán\", como se adoita caricaturizar a cotío, está na vangarda do que sucede en Uropa e no mundo (de igual xeito que o PSOE de Felipe González tras o franquismo foi un avanzado da Terceira Vía e da liquidación da socialdemocracia; ou, por dicilo con Gregorio Morán: \"a clase política da Transición foi posmoderna antes de que chegaran algúns ideólogos a explicarllo\"). Un horizonte no que a Lei escrita se converte na institución por antonomasia á que todas as demais instancias, a comezar polo Parlamento (a inutilidade do Parlamento da UE demostra o avanzada que está esta nova fase no noso continente) deben venerar, obedecer e non tocar. Así, é ante a realidade do Constitucionalismo Antidemocrático da Unión Europea (unha realidade que, se ben algo tarde, quedoulle clara a Varoufakis sendo Ministro de Finanzas en Grecia), que esas dúas demandas do Movemento Democrático (ou, mellor, dos Movementos Democráticos) do Estado Español deben demostrar de que pasta están feitos. Se estamos abocados á cuarta revolución pasiva que vive o Estado español nos últimos 150 anos como cren Joaquín Miras e Joan Tafalla1 ou se asistiremos, por fin, a unha ruptura coa Lei (da eurozona, da débeda, dos \"compromisos adquiridos cos nosos socios\" etc.) que permita unha verdadeira mudanza nas condicións de vida dos subalternos. Di Enrique Dussel que Abraham, \"contra a Lei dos pobos semitas que inmolaban aos deuses aos seus fillos primoxénitos, non sacrificou ao seu fillo Isaac\" e que \"ser da liñaxe de Abraham é saber que hai ocasións en que non hai que cumprir coa Lei cando está en risco a Vida.\" Repetir a Abraham. Velaí para o que deberían prepararse os Movementos Democráticos do E. Español desde xa. (1). \"La experiencia española: tres revoluciones pasivas con un genocidio intercalado. [...] En los últimos ciento cincuenta años de historia de España, desde 1868, se ha producido en cuatro ocasiones una situación que aúne el doblete de la crisis económica al de la deslegitimación política del régimen por corrupción, por escándalo financiero: a,la previa a la Revolución del 68; b,la que conduce a la Segunda República; c, el periodo que termina con el advenimiento del régimen neofranquista hoy en crisis, y, d, el momento actual.\" http://old.sinpermiso.info/articulos/ficheros/miras.pdf"}
{"ID": "NOS_13551", "summary": "Outro dos acontecementos literarios do ano é a Feira do Libro de Bos Aires, que terá como cidade convidada a Santiago de Compostela. A representación galega inclúe 25 escritores do país.", "text": "Manuel Rivas, Domingo Villar, Xavier Queipo, María Solar, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Murado, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Xaquín del Valle-Inclán, Diego Ameixeiras, Cesáreo Sánchez, Chus Pato, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, María Meijide, Xavier Alcalá, Luís G. Tosar, Elena Gallego, Clara Gayo, Antón Lopo, Benigno Campos, Ángel Carracedo e Jorge Mira participarán nas actividades programadas na capital arxentina para promover a nosa cultura neste espazo de intercambio entre os diferentes actores da industria editorial internacional. A Feira Internacional do Libro (FIL) de Buenos Aires 2016, que se celebrará na cidade arxentina do 21 de abril ao 9 de maio, tamén acollerá a participación de editoriais e outros axentes da cadea de valor do libro, así como institucións como a propia Xunta de Galicia, o Consello da Cultura ou o Concello de Santiago, convertíndose no grande escaparate da produción literaria galega actual. Durante tres semanas, Galicia será protagonista da axenda bonaerense con exposicións, charlas, espectáculos escénicos e proxeccións audiovisuais."}
{"ID": "NOS_10668", "summary": "O TSXG confirmou que o maxistrado Lago Louro -que herdou o caso do sinistro do tren Alvia do xuíz Luis Aláez, no que morreron 81 persoas e 140 resultaron feridas- notificou o encerramento da instrución ás partes nun auto que pode ser recorrido por estas.", "text": "Andrés Lago Louro -xuíz que herdou a instrución do sinistro ferroviario de Angrois, no que morreron 81 persoas en 2013 e 140 resultaron feridas- fecha a causa co maquinista como único imputado. A notificación é remitida ás partes, que poden recorrer o auto. Fica por determinar a data de inicio do xuízo. O maquinista, Francisco José Garzón, está imputado por homicidio imprudente, así como por imprudencia profesional grave e 144 delitos de lesións. Na primeira parte da instrución feita polo xuíz Aláez, este imputou até en dúas ocasións ex-altos cargos de Adif, o administrador de infraestruturas ferroviarias, encarregado de velar pola seguridade nas vías. Porén, a Audiencia Provincial levantou as imputacións. Feijóo: a decisión de imputar só o maquinista \"coincide co sentir maioritario da sociedade\". Ao longo de toda a fase de instrución, desde as asociacións de vítimas e familiares manifestaron en reiteradas ocasións que non partillaban un procedemento no que o maquinista fose o único 'culpábel' do sinistro que aconteceu en Angrois o 24 de xullo de 2013. Reaccións O presidente galego, Núñez Feijóo, preguntado sobre a decisión do xuíz, afirmou: \"Se o xuíz, despois de escoitar a testemuñas, despois de ver os informes técnicos, despois de coñecer o alcance e contido de toda a xénese do accidente, chega á conclusión de que o responsable é o maquinista, creo que está a coincidindo co sentir maioritario da sociedade\". De por parte, a deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, afirmou que \"aínda están pendentes de depurar as responsabilidades políticas, que as houbo\". Pérez sinalou en relación ao auto do xuíz que \"estas son as responsabilidades penais, pero e as responsabilidades políticas?\"."}
{"ID": "PRAZA_13217", "summary": "Luis María Salgado, membro de Alternatiba e procurador de Bildu nas Xuntas Xerais de Araba, prioriza o perfil de esquerda sobre o nacionalismo e insiste na unión de forzas de esquerda como \"positivo\" para dar resposta a unha crise \"creada por un sistema que hai que modificar\". Coa súa formación incluída tamén en Amaiur, confía en que a coalición entre \"con moita forza no Parlamento vasco\".", "text": "Luis María Salgado, representante de Alternatiba e procurador de Bildu nas Xuntas Xerais de Araba, prioriza o perfil de esquerda sobre o nacionalista e insiste na unión das forzas de esquerda como \"positivo\" para dar resposta a unha crise \"creada por un sistema que hai que modificar\". Coa súa formación incluída tamén en Amaiur, confía en que a coalición entre \"con moita forza no Parlamento vasco\" e tamén en que os procesos abertos no nacionalismo e na esquerda galega \"cheguen a bo porto\" e dean lugar \"a unha forza importante na paisaxe política\" do país. O pasado sábado, asistiu como convidado á asemblea constituínte do Espazo Ecosocialista. Que opinión lle merecen os pasos que se están a dar en Galicia de cara a conformar unha nova formación política de esquerdas de cara ás vindeiras eleccións? Cualquera iniciativa que vaia encamiñada á unificación de forzas da esquerda para se contrapoñer ás políticas noliberais e á dereita que goberna nas institucións do Estado e en Europa e que sirva para crear un novo discurso que nos achegue a dar novas solucións a esta crise sistémica, sempre é benvida. A nosa ilusión é que todo isto chegue a un bo porto e que se conforme unha forza importante dentro da paisaxe política galega. Cal é a posición de Amaiur respecto do proceso político e económico que se está a dar na Unión Europea? Comparten as críticas de moitas formacións de esquerdas? Ao final, o que hai que ter claro é que esta crise é unha crise sistémica, provocada polo propio sistema capitalista, polos mercados, pola economía e por esquecerse das persoas para que a economía sexa o centro das actividades humanas. Iso non se modifica da noite á mañá, senón que ten que ser un cambio aos poucos. O cambio ten que ser de raíz, polo que a revolución será global, pero haberá que facela desde o local. É imprescindible buscar alternativas ao sistema capitalista. Nestes momentos, Europa non existe. Europa é un engano. Aos poderes económicos interesoulles sempre ter un espazo económico libre de fronteiras, pero Europa non ten un goberno máis aló do goberno financeiro que representan a OCDE ou o Banco Central Europeo, e estáselles permitindo dar golpes de Estado en países como Grecia ou Italia. Hai que facer unha verdadeira unión de pobos europeos, pero a Comunidade Económica Europea, como tal, non é un camiño válido para saír da crise. \"Europa non existe, é un engano; non ten goberno máis aló da OCDE e do Banco Central\" Amaiur enfrontará en breve unhas eleccións nas que as enquisas prevén a súa vitoria. Será a autodeterminación ou a independencia un dos obxectivos da coalición? Aquí hai que que matizar. En Amaiur estamos diferentes forzas e a min correspóndeme facer o discurso de Alternatiba e, desde esta forza, non nos plantexamos unha Euskal Herria independente, senón o dereito do pobo a decidir o seu futuro, sexa dentro do Estado ou creando o seu propio. O que temos moi claro é que o que non nos gusta é o sistema. Se para poder modificar o sistema, vemos máis fácil facelo fóra do Estado español, desde logo que defenderemos facelo así. Nestes momentos, co PP no Goberno español, o impulso maioritario da sociedade vasca é cara á desanexión, porque cada paso que dan afástanos un chisco máis dunha sociedade socialista, xusta, equitativa, por e para as persoas. \"Alternatiba non defende a independencia de Euskal Herria, senón o dereito do seu pobo a decidilo\" Sorprendéronlles os resultados de Bildu e Amaiur nas últimas convocatorias electorais? Soprendeunos e dicir o contrario sería mentir. Tiñamos boas expectativas, sabiamos que estabamos construíndo un proxecto ilusionante e que cubriamos un oco que deixou a política tradicional, a do pobo e a soberanía das persoas sobre o capital, e estabamos ilusionados. As eleccións municipais foron unha grata sopresa que nos axudaron moito a seguir impulsando o proxecto, que continuou con Amaiur. Agora, nas autonómicas, confiamos en que a xente siga apoiando o proxecto porque estamos facendo unha política de traballo e a pé de rúa. A xente valorará iso e estou seguro de que entraremos con moita forza no Parlamento, como debería ter sido sempre. Lembremos que o escenario político actual está totalmente adulterado ao non estar a esquerda abertzale representada. Isto permitiu un Goberno que doutra forma sería inviable. Agora Basagoiti anuncia que vai pedir que voten 300.000 persoas non censadas no País Vasco nas vindeiras eleccións, polo que, de ser así, sería un pucheirazo en toda regra co obxectivo de perpetuar un goberno que para nada representa a maioría social de Euskal Herria. \"Nunha coalición de partidos, tensións sempre as hai, pero en Amaiur resólvense debatendo en positivo e sen complexos\" En Galicia varias forzas intentan un proceso de confluencia no ámbito da esquerda. Desde a súa experiencia dentro de Amaiur, como se xestiona o traballo de tantas forzas diferentes? Tensións hainas en todo piso no que conviven dúas persoas e un debe baixar o lixo e outro fregar os pratos. Loxicamente, dicir que todos os días é unha lúa de mel sería enganar, pero avánzase coas ganas de avanzar, cun proxecto político moi sólido, discursivo, nunca centrado no electoral, senón no programa e nas ideas de futuro. Co debate, que o ten que haber e é san, tamén podes ver os teus erros e os dos demais para corrixilos e ir avanzando. Oxalá en Galicia tamén se poida facer o mesmo: ter debates sen complexos e en positivo, como en Amaiur."}
{"ID": "PRAZA_9127", "summary": "Vázquez Almuíña comprometeuse ante unha representación dos 25 xefes de servizo dimitidos a atender parte das súas demandas para evitar a sobrecarga de traballo e as situacións de saturación. Os sindicatos evitan valorar as propostas ata coñecelas con detalle.", "text": "O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantivo na tarde deste xoves unha longa xuntanza (5 horas) cunha representación dos 25 xefes de servizo da área sanitaria de Vigo que dimitiron en decembro. Nese encontro Vázquez Almuíña comprometeuse a atender nos vindeiros meses unha parte importante das demandas efectuadas polo colectivo. A Xunta promete unha convocatoria de emprego para as vacantes na área viguesa no prazo de seis mesesEntre as promesas realizadas polo conselleiro están a convocatoria -no prazo de seis meses- dunha Oferta Pública de Emprego (OPE) que cobra o 108% das vacantes na área viguesa, autorizar aos médicos de familias a solicitar probas diagnósticas e repoñer o material médico defectuoso. Sanidade tamén puxo sobre a mesa a súa recente proposta de contrato para o persoal eventual de Atención Primaria, acordado con algúns sindicatos, pero rexeitado por CIG, CCOO e o colectivo 'Precarias pola Atención Primaria'.O colectivo de xefes de servizo recibiu con agrado as promesas efectuadas por Vázquez Almuíña, que sinalou que as medidas máis urxentes se efectuarán no prazo de tres meses. Con todo, o contido concreto das propostas realizadas pola consellería aínda se descoñece e, de feito, os sindicatos rexeitaron realizar valoracións sobre o acordado ata ter unha confirmación detallada das medidas que se adoptarían.Os sindicatos rexeitaron realizar valoracións sobre as promesas ata ter unha confirmación detallada das medidasEstes compromisos buscan aplacar o crecente malestar existente en Vigo pola situación do sistema sanitario, tanto entre os profesionais como entre a cidadanía. O pasado 27 de decembro 40.000 persoas manifestáronse na cidade baixo o lema de \"Pola dignidade da Atención Primaria\", uníndose ás críticas realizadas polos xefes de servizo dimitidos e por numerosas entidades profesionais e sindicatos. \"Á falta de recursos da Atención Primaria en Galicia, en Vigo únense os problemas xerados por Povisa e o Álvaro Cunqueiro\", subliñaban en conversa con Praza.gal representantes de CIG, CC.OO. e a AGDSP. E, de igual xeito, 300 profesionais entrevistados pola AGAMFEC alertaban de que \"É inviable ver 58 pacientes ao día. A calidade asistencial é mínima\".O persoal de Atención Primaria negárase a prolongar as súas xornadas laborais máis aló do establecido nos seus contratosOs médicos e médicas de Atención Primaria de Vigo decidiron hai unhas semanas tomar medidas ante a sobrecarga de traballo que padecen, negándose a prolongar as súas xornadas laborais máis aló do número de horas establecido no seu contrato e limitando o número de pacientes de atenden cada día. A medidas podería xerar listas de espera nos centros de saúde da Área Sanitaria e provocar situacións de saturación nos servizos de urxencia. Os traballadores e traballadoras denuncian que ata agora, e ante a negativa do SERGAS a contratar máis médicos (alegando que non atopan facultativos en paro dispostos a traballar) as prolongacións de xornada foron o mecanismo que foi evitando a creación de listas de agarda.Semella que a ameaza tivo efecto, movendo á Consellería de Sanidade a flexibilizar as súas posicións. Cómpre lembrar que a primeira reacción do xerente da EOXI, Félix Rubial, foi de desprezo ás críticas e que o propio Jesús Vázquez Almuíña argumentara que a situación noutras comunidades autónomas é peor que en Galicia. Epidemia de gripeO último informe de actividade gripal amosa un gran crecemento do número de casos na última semanaAs promesas de mellora lanzadas este xoves pola Xunta chegan xusto cando está a iniciarse unha epidemia de gripe en Galicia, o que unido ás protestas do persoal sanitario podería levar a situacións de saturación e colapso na maior parte do centros. O último informe de actividade gripal, publicado este venres, amosa un gran crecemento do número de casos na última semana. O SERGAS activou os plans de continxencia para atender o incremento da demanda asistencial e o aumento da necesidade de ingreso hospitalario con motivo da actividade gripal. Ademais, a Consellería de Sanidade decidiu prorrogar ata o vindeiro día 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe.O Sindicato de Enfermaría SATSE pediu xa incrementar o número de profesionais e medios para atender a epidemia de gripe. \"En Galicia aínda non estamos no pico forte de gripe. Con todo as Urxencias hospitalarias están a dar mostras de non poder soportar a afluencia de pacientes\", alerta. \"Pacientes en padiolas e cadeiras de rodas polos corredores en lugar de ser ingresados, esperas de resultados superiores ás 48 horas, espazos sen cortinas nin biombos que ofrezan certa intimidade, acompañantes sentados no chan... Estas e outras situacións están a vivirse nos hospitais galegos\", segundo os testemuños dos profesionais recompilados por SATSE.Dende o inicio da tempada declaráronse 152 ingresos hospitalarios por gripe en Galicia. Do total dos casos, 17 requiriron asistencia en uci e dos 136 que tiñan indicada a vacina, 86 non a recibiran. Entre as persoas ingresadas houbo dous falecementos, un deles directamente pola gripe. Ningunha delas estaba vacinada."}
{"ID": "NOS_50349", "summary": "Só as deputacións e medio cento de concellos contan con servizos técnicos para asesorar e guiar a institución na súa política lingüística e a esta escaseza de persoal técnico compleméntase cunha inestabilidade laboral xeneralizada, afirman desde o CTNL.", "text": "As entidades locais de Galiza teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística. Porén, como sinalan desde a Coordinadora de Traballadores e traballadoras de normalización lingüística (CTNL), \"as entidades locais de Galiza desenvolven esta competencia de forma desigual\". De feito, indica, a maioría dos concellos galegos carece de departamentos técnicos para exercer as súas competencias en materia de normalización lingüística. \"E case anecdóticas as entidades locais que teñen este departamento totalmente estabilizado, é dicir, cuberto con funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo\". Mais esta inexistencia de departamentos non é a única eiva, hai que engadir \"a inestabilidade laboral xeralizada\" nos existentes: \"Só arredor dunha vintena de Servizos de normalizacióbn lingÜística (SNL) está baixo a responsabilidade de persoal laboral fixo ou funcionario; a maioría dos SNL que teñen certa continuidade depende de contratos temporais ou indefinido\". Propostas Desde a CTNL instan a unha implicación maior das entidades públicas no proceso de normalización lingüística. \"As catro deputacións e a Xunta, cun sistema de axudas que favoreza e impulse a constitución dunha rede de SNL en todo o país, pois só contando con persoal técnico se poderán desenvolver políticas lingüísticas rigorosas e eficientes. Os concellos, asumindo con valentía a súa competencia en normalización lingüística e creando prazas técnicas que planifiquen, xestionen, executen e avalíen accións e programas para mellorar o uso e o prestixio da lingua. As entidades locais que xa teñen SNL con continuidade, consolidándoos definitivamente […] E, por último, os concellos das cidades galegas, reforzando os seus SNL, pois é no contexto urbano onde se necesita un traballo de promoción da lingua maior, labor que non se pode desenvolver coa mesma dotación de persoal ca nos concellos máis pequenos\"."}
{"ID": "PRAZA_3122", "summary": "Este 21 de xaneiro celébrase o Día Europeo da Mediación, un método alternativo de resolución de conflitos cada vez máis usado. O Colexio de Psicoloxía e o Colexio de Avogados reclámanlle á Xunta máis recursos para a incorporación deste procedemento. Falamos con Elena Miranda, de Enso Mediación", "text": "Este 21 de xaneiro celébrase o Día Europeo da Mediación. A mediación é un método alternativo de resolución de conflitos que busca acadar unha solución aceptable para todas as partes evitando chegar á instancia xudicial. En realidade, pode substituír á vía xudicial, pero tamén pode ser complementaria desta e non a exclúe. É un procedemento que se está a usar cada vez máis en cuestións familiares (por exemplo para o reparto de herdanzas ou para o reparto de ben despois dunha separación), en materia de seguros (entre asegurados e aseguradoras ou entre as propias compañías aseguradoras), en conflitos empresariais ou entre organizacións e mesmo en disputas veciñais.\"A mediación serve para resolver un conflito ou unha discrepancia sen ter que acudir a métodos máis agresivos, como pode ser a vía xudicial\", di Elena Miranda\"A mediación é unha maneira distinta de resolver as nosas diferenzas. Serve para resolver un conflito ou unha discrepancia sen ter que acudir a métodos máis agresivos, como pode ser a vía xudicial, na que unha demanda ou unha denuncia se poden converter nunha declaración de guerra\", explica Elena Miranda, unha das integrantes do equipo de Enso Mediación, da Coruña, que vén de abrir as súas portas na rúa Castiñeiras de Abaixo.\"En España hai unha gran tendencia a levar todos estes asuntos directamente ao xulgado, pero a xente debería saber que este é un procedemento que ten uns custos non só económicos e temporais, senón tamén emocionais moi grandes\", sinala, engadindo que \"unha sentenza ou unha resolución xudicial non sempre arranxan o problema, e os conflitos en ocasións agudízanse, enquístanse\".A mediación non exclúe a posibilidade de acudir aos tribunaisE cal é o labor dos e das mediadoras nestes procesos? Elena Miranda comenta que a mediación \"tenta solucionar ese problema nun espazo diferente: un espazo amable, no que podes comunicarte, no que podes explicarte co outro, no que se exploran as necesidades reais das persoas que están no conflito, ás que se lles dá voz e ás que se lles escoita\". \"Os mediadores somos expertos en comunicación, e buscamos converter ese espazo nun lugar seguro, facilitamos que as persoas se comuniquen dunha maneira diferente a como o veñen facendo. Reunímolas nun espazo, e deixamos que falen, ás veces por separado e ás veces xuntas\", di.\"Os acordos aos que se chegan na mediación, cúmprense, porque ninguén chos impón\"\"A mediación non exclúe a posibilidade de acudir aos tribunais, senón que é un proceso de comunicación alternativo ou simultáneo a outros, como a vía xudicial ou a arbitraxe\", aclara pero advirte de que o paso por un tribunal pode supor \"uns custos económicos, temporais e sobre todo emocionais\" moi superiores. Finalmente, Elena Miranda destaca que a mediación supón tamén unha reivindicación \"da autonomía das persoas para resolver os seus problemas, sen agardar a que unha persoa externa, por exemplo un xuíz, decida por elas\". E destaca: \"os acordos aos que se chegan na mediación, cúmprense, porque ninguén chos impón\". \"Cando ti chegas a un acordo non estás perdendo, senón que simplemente renuncias a algo para gañar outra cousa\", remata.O Colexio de Psicoloxía reivindica a mediación\"As estatísticas sinalan que os acordos conseguidos a través da mediación perduran máis no tempo\"\"A mediación é unha ferramenta de grande utilidade social, que procura unha solución consensuada e satisfactoria para as partes implicadas nun conflito, ao tempo que axuda a aliviar o sobrecargado sistema xudicial\", destaca o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). O COPG defende \"a utilidade da mediación na sociedade en todo tipo de conflitos, ben sexa no ámbito familiar, penal, sanitario, empresarial, laboral ou das organizacións\" e engade que \"as estatísticas sinalan que os acordos conseguidos a través da mediación perduran máis no tempo\".Na última década, o COPG vén desenvolvendo programas de mediación familiar intraxudicial en varias cidades galegas a través de convenios de colaboración asinados con colexios de avogacía, a Fiscalía do TSXG e coa Xunta. Porén, indica que este modelo \"non é suficiente para garantir unha cobertura adecuada para toda a cidadanía\". Por iso, o Colexio insta ás Administracións públicas a asumir como propio un servizo de mediación intraxudicial en todas as cidades de Galicia. Demanda á Xunta para que dote de máis recursos a ese procedementoO Colexio de Avogados da Coruña reclámalle á Xunta \"máis recursos e medios\" para fomentar a mediación \"como alternativa efectiva para a resolución de conflitos\"Aproveitando tamén a celebración do Día da Mediación, o Colexio de Avogados da Coruña presentou as cifras do seu Servizo de Mediación no ano 2019, no que se xestionaron 249 expedientes, a cantidade máis elevada dende a posta en marcha deste departamento no ano 2012. De todos os expedientes iniciados, o 40% finalizaron con acordo, confirmando para o Colexio de Avogados \"que a mediación é unha opción a ter en consideración para a resolución de conflitos xudiciais\".\"Ano tras ano confirmamos que a mediación é eficaz, é un proceso novo pero que cada vez ten unha maior influencia na sociedade. Non só as cifras aumentan, tamén a visión da mediación que ten a sociedade: cada vez é máis coñecida e ése máis receptivo a iniciar este proceso que favorece a consecución de acordos entre as partes\", sinala a entidade.\"A Xustiza é lenta, temos atrasos de anos en moitos xulgados e a mediación é un mecanismo que podería aliviar a carga de moitos deles\"Neste senso, o Colexio reclámalle á Xunta \"máis recursos e medios\" para fomentar a mediación \"como alternativa efectiva para a resolución de conflitos\". \"A Xustiza é lenta, temos atrasos de anos en moitos xulgados e a mediación é un mecanismo que podería aliviar a carga de moitos deles. Pero para conseguilo a Administración autonómica tería que dedicar unha maior dotación e mellorar os convenios para facer da mediación unha realidade moito máis asentada\", sinala."}
{"ID": "PRAZA_14116", "summary": "Este venres celébrase o Pop Voyage, un festival realizado integramente nun barco que navegará pola ría de Arousa dende as dez da noite, coas actuacións das bandas galegas Músculo! e Trajano, semifinalistas do Proyecto Demo de Radio3, e Álex Casanova. Un bo anticipo para o Lolapop de Redondela, que terá lugar o sábado.", "text": "Este é o plan: meter a 150 persoas nun barco que parte de Vilagarcía e tocar para eles mentres a embarcación navega pola ría de Arousa, pasando por Cortegada, Rianxo e Boiro para volver despois a Vilagarcía para unha festa final. O menu: bandas galegas novas e en crecemento, dende o ruidismo que lle fai as beiras á electrónica de Músculo! até a psicodelia escura de Trajano, pasando polos sons tropicais e bailables de Álex Casanova. Trajano e Músculo! foron dous dos catro semifinalistas galegos no Proyecto Demo de Radio3 este ano. Ademais, Nano Vinilo Dj e She's In Parties para pechar unha festa que comezará no barco ás dez da noite deste venres 7 e rematará nunha after-party no Club de Vela de Vilagarcía de Arousa \"a altas horas da madrugada\". As entradas, necesariamente limitadas, están á venda até este mércores no Bar Lembranza (Baldosa 6, Vilagarcía), Estudio54 (Gómez Ulla 8, Stg DC) e Pontevedra (Vázquez Lescaille Discos -galerías) a quince euros. Os seus organizadores gábanse de non contar con apoios externos, nin de institucións ou empresas e prometen que no barco \"haberá Biodramina\" para evitar os mareos. O sábado, Lolapop E o sábado, no que cae parece un programa dobre para os amantes da música pop, chega unha nova edición do Lolapop, despois de que o pasado ano non se puidese celebrar. Cambia de datas e de escenario, pasando da beira do río en Pontecaldelas, onde naceu, a Redondela, máis concretamente no peirao de Cesantes, coa festivaleira Illa de San Simón como pano de fondo. Bigott encabeza un cartaz no que tamén destacan Niños Mutantes e Supersubmarina e unha notable presenza galega, con Maryland e Munich. O Lolapop xa tivo un anticipo a pasada fin de semana na Alameda de Redondela, coa edición do festival para nenos. Aínda se poden mercar entradas, cun prezo de doce euros."}
{"ID": "NOS_50504", "summary": "O representante das auxiliares de Alcoa, Kike Rocha, advirte de que parar as cubas podería significar non volver ver a planta traballar nunca máis", "text": "O comité de Alcoa en San Cibrao (Cervo) contestou a pasada terza feira ao ofrecemento feito pola multinacional o día antes para parar a produción na planta de aluminio a cambio de permisos incentivados sinalando que \"non lles vale\", entre outras cousas porque non se teñen en conta as empresas auxiliares que prestan servizo á principal. O portavoz destas empresas, Kike Rocha, sinala a Nós Diario que a proposta trasladada pola multinacional norteamericana do aluminio \"volve cruzar as liñas vermellas que xa se marcaron na negociación do ERE\", como é a parada da produción. \"Non imos aceptar nin a parada das cubas nin ningunha saída\", advirte Rocha, quen agradeceu ao comité que mantivese tamén esa mesma posición. Para o portavoz das auxiliares de Alcoa, \"a única alternativa na que podemos seguir loitando é na de que non se paren as cubas\" e para iso propón \"buscar as fórmulas que sexan necesarias coas administracións, pero non podemos permitir que se pare a produción e as cubas\", insiste. O principal risco desta medida sería, segundo apunta, a imposibilidade de volver arrancalas. \"Quen garante que se poderían arrancar despois de dous anos paradas? Alcoa xa non foi quen de garantilo durante a negociación do ERE\", lembra Rocha, que advirte de que o feito de parar \"significaría nun noventa e moitos por cento de posibilidades non volver ver traballar a fábrica nunca máis\". Situación de calma relativa Preguntado sobre como lles está a afectar a actual situación ás auxiliares, recoñece que están nunha \"calma relativa\". \"Estamos traballando a un nivel normal, mais con esta tensión e esta incerteza sobre que pasará no futuro\", explica. Con todo, lembra que en 2020 \"houbo problemas porque Alcoa non rebrascaba as cubas, e varias empresas fixeron ERTE, pero neste 2021 a situación está bastante normalizada\", afirma. Moitos dos postos de traballo das auxiliares dependen da carga de traballo que supoñen os labores de mantemento e mellora. A este respecto, indica que no comunicado Alcoa non informa sobre se durante eses dous anos habería algún tipo de mantemento ou investimento. \"Se houbese investimentos, reformas na planta, mantemento da maquinaria que estarían paradas... si que entrarían as auxiliares, pero non hai ningunha información ao respecto\", lamenta Rocha, que confía en que as Administracións galega e estatal poidan mover ficha nese sentido. E é que, como relata, \"xa finais de 2019 non hai os grandes investimentos aos que nos tiña acostumados Alcoa para reforma e modernización. Simplemente parcheado, mantemento diario e pequenas obras imprescindíbeis para que as máquinas poidan seguir funcionando\". Con todo, sinala que seguirán \"á espera dos acontecementos\" e do que se trate nunha posíbel reunión entre empresa, sindicatos, Xunta e Goberno estatal. Desde as auxiliares aseguran que son \"optimistas\", e máis \"sabendo que hai dous anos querían ter a planta fechada e seguimos traballando\", aínda que detrás do cambio de estratexia ven a mesma idea de Alcoa. \"O que quixo sempre: fechar a fábrica e despedir\"."}
{"ID": "NOS_50455", "summary": "O ex comisario José Manuel Villarejo garante, na súa comparecencia do Congreso, que o feito de que o ex monarca fora \"tan ardente\" chegou a considerarse \"un tema de Estado\" nalgúns sectores. Sempre segundo a súa testemuña, mesmo se procuraron \"hormonas femininas\" para reducir ese grao de paixón.", "text": "A vida privada do rei emérito Juan Carlos de Borbón no eido sentimental vén de convertirse en asunto de Estado nos últimos anos, pois forma parte dos escándalos de suposta corrupción que se foron destapando neste tempo. Porén, semella que a libido do pai do actual monarca de España xa estivera no punto de mira como \"un tema de Estado\". Así o asegurou esta cuarta feira o ex comisario José Manuel Villarejo nunha intervención no Congreso dos Deputados. Na súa intervención garantiu que certos sectores sociais chegaron a considerar de índole pública que Juan Carlos de Borbón fora \"tan ardente\", polo que se pensaron alternativas para reducir os seus graos de paixón. Sempre atendendo ás declaracións de Villarejo, o Estado chegou a \"fabricar hormonas femininas para baixar a libido\" do ex rei, que nestes momentos supostamente prepara o seu regreso a España. Ese remedio fabricado consistía en \"inhibidores de testosterona\", incidiu o ex comisario na súa comparecencia ante a comisión do Congreso que está a investigar a 'Operación Kitchen', o operativo presuntamente creado para espiar o ex tesoiro do PP Luis Bárcenas. Villarejo explicou que a ex amante do rei emérito, Corinna Larsen, chegou a trasladarlle que estaban a medicalo \"para quitarlle a forza\". Nunha das gravacións feitas, supostamente Larsen tería recoñecido: \"Quitáronlle todo, non podería estar cunha muller nin nada...\"."}
{"ID": "PRAZA_16413", "summary": "Os movementos feministas galegos chaman a secundar o paro de mulleres e mais a manifestación previa do día 4 e toda a oposición reitera o seu apoio. O PP galego liga a convocatoria cunha suposta \"guerra de sexos\" e a dirección estatal do partido conclúe que se trata dunha \"manifestación convocada por Pablo Iglesias\" AUDIO | Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: \"Unha folga de mulleres é o máis machista que se pode facer\"", "text": "AUDIO | Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: \"Unha folga de mulleres é o máis machista que se pode facer\"12 gráficos que explican os motivos da folga feminista do 8 de marzoTellado: \"Unha folga de mulleres é o máis machista que se pode facer; que sentido ten que as mulleres paren?\"O PP deu en definir nas última semana que a súa postura fronte á folga de mulleres convocada para o vindeiro 8 de marzo polo movemento feminista a nivel internacional será a da confrontación. Despois duns primeiros compases nos que diferentes cargos conservadores oscilaron entre a postura crítica, o desmarque discreto ou o mero \"respecto\" pola convocatoria, o lanzamento esta semana do argumentario interno no que se descualificaba a mobilización por ser \"elitista\" e romper o \"modelo de sociedade occidental\" deixou clara a liña oficial. Esa aposta polo rexeitamento aberto chegou tamén a Galicia, onde os conservadores censuraron a folga por \"ideolóxica\" durante o pleno do Parlamento e este sábado deron en concluír que, realmente, a folga feminista é \"machista\".O secretario xeral do PPdeG e vicevoceiro parlamentario do partido, Miguel Tellado, elixiu como escenario para acrecentar as críticas á folga un encontro con membros das Novas Xeracións do partido, organización á que considera \"revolucionario\" pertencer. Tras explicar que militar no PP é sinónimo de facelo nos \"valores da liberdade\" e da \"moderación\" e afastados do \"populismo\", Tellado detallou por que considera que \"unha folga de mulleres\" é \"o máis machista que se pode facer\".\"Que sentido ten que as mulleres paren?\", cuestionou retoricamente o número dous de Alberto Núñez Feijóo no partido que sustenta o Goberno. \"É isto unha guerra de sexos?\", acrecentou. \"Non, non; estamos todos no mesmo barco, temos que traballar todos na mesma dirección\". Por este motivo, conclúe, \"cando se convoca só ás mulleres desviamos o tiro\" na loita pola igualdade no eido laboral.Tellado consideraba \"machista\" a convocatoria feminista mentres, en Zaragoza, o PP celebraba unha xornada sobre \"familia, conciliación e corresponsabilidade\", na que Mariano Rajoy recuperou promesas como o remate das xornadas laborais ás seis da tarde \"con carácter xeral\", ademais de asegurar que o seu partido \"salvou\" o Estado de Benestar durante a crise e instar a protexer a familia como \"institución\" que é toda unha \"universidade de valores\". Ás portas deste acto de partido o vicesecretario de Política Social dos populares, Javier Maroto, agregou unha nova interpretación da folga feminista no nome do PP. En realidade, afirma, é unha convocatoria de Podemos.Dende a dirección central do PP Javier Maroto conclúe que quen está por tras da convocatoria é, en realidade, Pablo IglesiasComo recolle eldiario.es, Maroto sinalou que o PP \"non pode apoiar\" as mobilizacións da folga feminista porque é \"unha manifestación convocada por Pablo Iglesias, é a manifestación de Podemos e iso sábeo todo o mundo\". \"Cremos que a igualdade de oportunidade non se acada coa manifestación que quere Pablo Iglesias, que o que lle gusta é o ruído\", sinala Maroto, quen resalta que o que fai o PP a prol da igualdade é aplicar \"políticas efectivas\" mentres, ademais, \"moitas voces están dicindo\" que \"as mulleres que non traballan, porque están no paro, non poden facer a folga que propón Pablo Iglesias\" e son esas mulleres \"que non poden traballar\" as que \"máis fenda salarial sofren\", porque \"non teñen ningunha posibilidade de ingresos\".Chamamentos galegos a sumarse á mobilizaciónO feminismo galego reitera o chamamento a participar na folga do 8M e na manifestación do día 4 en VigoMentres o PP reforza a súa oposición á folga do 8M os movementos feministas galegos ultiman esa mobilización e tamén a manifestación unitaria convocada para o día 4 en Vigo. Neste sentido, a Plataforma Feminista Galega subliña que a folga xeral \"busca a unidade de todas as mulleres á hora de plantarnos contra todas as desigualdades; contra as violencias machistas, contra a fenda salarial e a discriminación e a explotación laboral, á vez que loitamos pola xustiza social, polo dereito á autonomía sobre os nosos corpos e as nosas vidas\" ou para \"dar visiblidade e que se recoñeza o traballo doméstico e de coidados\".A convocatoria feminista si recibiu o apoio nos últimos días das tres forzas da oposición galegaTamén a Marcha Mundial das Mulleres resalta o chamamento á folga tanto no ámbit o laboral como no dos coidados, \"visibilizando todos os traballos que asumimos as mulleres e sen os cales a sociedade non podería funcionar\". \"As mulleres organizámonos na folga agrupándonos a todas, en todas partes; a forza do noso movemento está nos lazos que creamos entre nós\" para \"mudalo todo\", subliñan.A convocatoria feminista si recibiu o apoio nos últimos días das tres forzas da oposición galega. En Marea e BNG anunciaron nos últimos días que as mulleres de ambas formacións secundarán a folga, entre outras iniciativas. O PSdeG, pola súa banda, salientaba este sábado nunha xornada do partido sobre políticas de igualdade que os paros do 8M servirán para \"visibilizar a importancia das mulleres\" e o seu traballo, e algunhas representantes socialistas, como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xa avanzaron que irán á folga."}
{"ID": "PRAZA_20365", "summary": "ENTREVISTA | Unha tese de doutoramento -presentada o pasado venres na USC- subliña a importancia da formación para evitar os incendios en Portugal e critica a ausencia destas iniciativas nos últimos anos. Falamos con Pablo Meira, profesor de Educación Ambiental e co-director da investigación. PLADIGA | Cinco entidades plantan á Xunta pola demora en presentarlles o plan contra o lume ENCE carga contra Pontón por lanzar críticas \"indocumentadas e malintencionadas\" ao eucalipto", "text": "\"Os incendios de Portugal non son inevitables\" PLADIGA | Cinco entidades plantan á Xunta pola demora en presentarlles o plan contra o lume ENCE carga contra Pontón por lanzar críticas \"indocumentadas e malintencionadas\" ao eucalipto Nos días posteriores ao terrible incendio que arrasou Pedrógão Grande matando 64 persoas, iniciouse un debate sobre as causas -directas ou estruturais- que provocaron unha catástrofe de tal dimensión e que fixeron que o lume se estendese tan rapidamente e fose tan difícil de controlar. Ao igual que sucedeu noutras ocasións, foron moitas as voces que sinalaron a ausencia de labores de prevención e tamén de esforzos educativos para sensibilizar a poboación sobre a necesidade de evitar os incendios. E tamén sobre que facer no caso de que un se produza. O pasado venres, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago acolleu a defensa da tese de doutoramento de María da Conceiçâo Almeida Colaço, co-dirixida polo profesor de Educación Ambiental na USC Pablo Ángel Meira Cartea e por Manuel Cardoso Castro Rego, docente da Universidade de Lisboa. A investigación, titulada Bases para uma educação ambiental orientada para a diminuição do risco e aumento da resiliência das comunidades aos incêndios florestais em Portugal, subliña a importancia da formación para evitar os incendios no país luso e critica a ausencia destas iniciativas nos últimos anos. Almeida Colaço sinala os lumes forestais como a principal ameaza para o desenvolvemento, rendibilidade e sustentabilidade das superficies forestais lusas, ao tempo que responsabiliza deste risco permanente á elección de especies de ciclo curto como o eucalipto. A investigadora salienta \"o elevado grao de acumulación de vexetación (combustible) directamente ligado co abandono rural e a non xestión dos espazos rurais\", así coma \"as alteracións climáticas que potencian as condicións meteorolóxicas que conducen de máis, a maiores e máis intensos incendios forestais\". \"O gústame vivir e estar en espazos forestais, pode contribuír para diminuír o abandono e o despoboamento destas áreas\" A investigadora defende unha maior aposta pola prevención para minimizar a pegada dos lumes, potenciando as accións educativas orientadas a este fin, pero dirixíndoas especialmente á poboación de áreas rurais. Xulga importante, ademais, a implicación dos técnicos forestais como mediadores entre as situacións de risco por incendios, a xestión técnica forestal e a sensibilización da sociedade lusa. Propón, a este respecto, incidir no \"traballo coa poboación escolar e co público en xeral para recoñecemento do bosque como un ben valioso e para a valoración dos seus recursos\" pero tamén coas persoas que viven neses espazos e fan uso del, pois \"o gústame vivir e estar en espazos forestais, pode contribuír para diminuír o abandono e o despoboamento destas áreas\", sinala. A investigación reclama tamén \"traballo participativo coa poboación rural para en conxunto saberen como se recoñece o risco de incendio e porque algúns dos traballos desempeñados nesa altura de risco se tornan comportamentos perigosos que poden dar orixe a incendios\". \"Pouca educación centrada na prevención dos incendios\" \"Hai unha desconexión entre os grupos aos que se dirixen os escasos esforzos educativos e os grupos que realmente necesitan esa educación\" Pablo Meira, profesor de Educación Ambiental e co-director da investigación, destaca que \"en Portugal, que é o país europeo máis afectado polos incendios, o 97% son producidos polos seres humanos, ben intencionados, ben por imprudencias, teñen causas antrópicas e non naturais\". Porén, \"hai moi pouca educación centrada na prevención dos incendios e na cultura forestal e a que hai concéntrase nas idades escolares, esquecendo precisamente as poboacións máis vulnerables e que viven en zonas de risco, máis próximas aos lugares nos que se producen os incendios, e obviando grupos específicos que teñen unha maior responsabilidade na xestión do monte\". \"Hai unha desconexión entre os grupos aos que se dirixen os escasos esforzos educativos e os grupos que realmente necesitan esa educación\", resume. \"A tese estuda tres freguesías moi afectadas polos grandes incendios do ano 2003. Dende entón non houbo ningunha acción educativa dirixida a esas poboacións locais\" \"A tese estuda tres freguesías moi afectadas polos grandes incendios do ano 2003, que foron un antecedente do que acabamos de vivir a semana pasada. Dende entón non houbo ningunha acción educativa dirixida a esas poboacións locais. Non houbo ningunha experiencia preventiva posterior, a pesar da gravidade do que sucedera en 2003\", sinala. \"O abandono do mundo rural non é só económico, senón que é cultural. Dedícanse poucos recursos para traballar coas comunidades rurais para ver cal é a súa percepción do risco\", engade. \"As vagas de incendios que estamos sufrindo son relativamente modernas, iniciándose nos anos 60 ou 70. Cando as zonas rurais estaban máis habitadas e as actividades agropecuarias e forestais ocupaban alí a unha porcentaxe moi alta da poboación, era moi difícil que se producisen catástrofes das dimensións que estamos a ver hoxe en día\", comenta Meira. O profesor da USC salienta que \"hai que ter en conta que hoxe a maior parte da poboación portuguesa e galega é xa poboación urbana e que polo tanto non ten un contacto directo coas grandes extensións de monte onde se producen os incendios forestais máis graves\". \"Ese é un factor moi importante: hoxe os incendios míranse maioritariamente dende fóra, case coma se fose un espectáculo, e as poboacións que viven próximas ao monte son cada vez de maior idade, con cada vez menores capacidades para previr e para defenderse no caso de que se produza un incendio extremo\", subliña. \"Hai que ter en conta que hoxe a maior parte da poboación portuguesa e galega é xa poboación urbana e que polo tanto non ten un contacto directo coas grandes extensións de monte onde se producen os incendios forestais máis graves\" Meira, salienta o papel clave que na loita contra o lume e, en concreto, no traballo de formación e sensibilización, teñen os técnicos forestais. Outra parte da tese analiza como é na actualidade en Portugal a formación destes técnicos forestais. \"Debido ao Plan Boloña, esta titulación pasou de 4 a 3 anos, o que implicou a desaparición dos poucos elementos que había no currículo relacionados coa dimensión social da xestión forestal, os ligados á comunicación, á educación, á cultura rural...\", explica Meira. \"Nunha enquisa que realizamos con 220 técnicos, aparecía que un dos baleiros que eles mesmos detectan na súa formación se refire ás habilidades sociais para poder interactuar coas comunidades rurais. Xa que outro obstáculo detectado é que en Portugal a maior parte dos técnicos proceden xa do mundo urbano, o que lles impide actuar con estas comunidades rurais de maneira máis efectiva\", comenta. \"Debido ao Plan Boloña, esta titulación pasou de 4 a 3 anos, o que implicou a desaparición dos poucos elementos que había no currículo relacionados coa dimensión social da xestión forestal\" \"Outro dos problemas que detectamos en Portugal era que non hai relación entre as poucas accións educativas que se levan a cabo e as políticas forestais. Unhas e outras van en liñas paralelas pero sen coordinarse. Son dous mundos que apenas se tocan e isto nótase nos resultados\", sinala. De aí a importancia que se outorga a que este traballo fose codirixido por un integrante do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC e por un docente portugués que é enxeñeiro forestal, o mesmo que a doutoranda. Deste xeito \"tentamos tender pontes entre unha disciplina de xestión técnica e outra disciplina de carácter social e de intervención educativa\", conclúe Pablo Meira."}
{"ID": "NOS_26498", "summary": "Este sábado 28 terá lugar en Vila de Cruces o \"I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza\", organizado polo alumnado da materia \"Regueifa e improvisación oran el verso\" do IES Marco do Camballón, e impulsado polo Proxecto Regueifesta.", "text": "As actividades do Encontro de Mulleres Repentistas teñen como obxectivo destacar a vitalidade actual da regueifa como actividade artística e comunicativa, e visibilizar a chegada dunha nova xeración de mulleres improvisadoras. Como resultado dun traballo de autoxestión e organización do alumnado do IES Marco do Camballón, o Encontro de Mulleres Repetistas ofrece unha xornada de sábado con diversas actividades gratuítas no auditorio Xosé Casal: ás 11.30 da mañá terá lugar unha asemblea de mulleres repentistas onde se analizará o momento actual da regueifa de muller. Pola tarde, ás 16.30 Alba María impartirá un Obradoiro de Regueifa Feminista. E ás 18.00 terá lugar un espectáculo de improvisación en verso -aberto ao público e de balde- que reunirá no escenário a máis de dez mulleres de diferentes xeracións do repente galego. No acto tamén se celebrará unha homenaxe a Angelita de Baño, brindeira do Courel, e á cantareira e pandereteira Xosefa de Bastavales. Neste Encontro procurarase visualizar a importancia das mulleres no desenvolvemento da regueifa tamén desde un achegamento histórico, lembrando as grandes do século XX, como Leonarda de Tallo. Neste Encontro procurarase visualizar a importancia das mulleres no desenvolvemento da regueifa tamén desde un achegamento histórico, lembrando as grandes do século XX, como Leonarda de Tallo. A finais do século XX Marisol Manfurada uniu regueifa e rap desde o movemento do Rock Bravú e nesa altura Sofía Tarela e Paola Beiro, as Garotas, tamén destacaron pola súa arte como regueifeiras. A luguesa Pepa Yáñez, que regueifou e investigou o mundo do repente galego, foi outra das protagonistas deste movemento que ten como regueifeiras máis novas a Noa do Capón e a Nuria das Cruces, de 13 anos, alumnas de \"Regueifa e improvisación oral en verso\" no IES Marco do Camballón No acto proxectarase un vídeo en homenaxe a Angelita de Baño, unha artista que cantou brindos -a improvisación cantada no Courel- desde os catorce anos, e á que foi entrevistar o Proxecto Regueifesta á montaña luguesa. Tamén se lle fará unha homenaxe a unha das artistas máis queridas no mundo da música tradicional dos últimos anos: a señora Xosefa de Bastavales. Ás 21.00 terá lugar unha Foliada Regueifeira no Bar Txapela, onde participarán, xunto ás mulleres repentistas, e mais quen queira cantar e bailar, as pandereteiras de Cercio. A Regueifesta é un proxecto educativo para impulsar o repentismo no mundo do ensino, e que forma parte da Asociación ORAL, que promove o repente galego, que agora se encontra nun momento de crecemento e estase a conformar como un movemento sociocultural que ten na aparición dunha nova xeración de mulleres regueifeiras un dos seus motores máis destacados, abrindo novos camiños nun ámbito até hai moi pouco protagonizado case exclusivamente por homes."}
{"ID": "NOS_54271", "summary": "O sindicato sinala que a emisión deste gas é especialmente alta no en Galiza e na comarca de Compostela, onde están os servizos centrais nos que o persoal traballa de forma ordinaria.", "text": "A CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo e Seguridade Social da Coruña denunciando que a Xunta se nega a facer medicións do nivel de gas radón nos edificios centrais de administración, onde traballan miles de persoas. O sindicato sinala que hai numerosos estudos que relacionan o gas radón co cancro de pulmón e a emisión deste gas é \"especialmente alta no noso país e na nosa comarca de Compostela. Resulta moi perigoso en sotos, semisotos, baixos e outras zonas pouco ventiladas\". A CIG afirma que expuxo \"en reiteradas ocasións\" no respectivo comité de seguridade e saúde laboral a queixa e inquietude do persoal público polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta. Pediuse que se mediran os niveis de este gas, xa que Santiago é unha zona de alto risco pola morfoloxía do seu chan. En concreto, na acta 2015/12 do referido comité falouse da IS-33 e a CIG achegou un informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela, todo isto cun resultado para facer as correspondentes medicións. \"Tamén temos coñecemento de que no Consello Galego de Relacións Laborais, organismo que depende da Xunta de Galicia e ten as oficinas en Santiago de Compostela, fixose unha medición de gas Radon e tiveron que facer obras de mellora e de evacuación do gas, polos altísimos niveis de concentración\". Con esta actitude, enfatiza o sindicato, a Xunta está incumprindo toda a normativa sobre esta materia."}
{"ID": "NOS_18576", "summary": "O BNG local asegura que no expediente consta unha autoliquidación, a nome do Concello de Culleredo, dun Canon de ocupación do dominio público, por valor de 17.391,28€ e hai dúas facturas pagadas con reparos da Intervención por valor de 32.360,90€, en concepto de compra de entradas para o Festival.", "text": "O BNG de Culleredo informa, a través dun comunicado, que o Concello de Culleredo efectuou un pago de 49.752,18 euros en concepto de compra de entradas e de pago da \"Tasa Canon de ocupación e aproveitamento no dominio público marítimo-terrestre que non debería ter realizado\". O Grupo nacionalista local explica que \"malia a negativa do Goberno Municipal, no Pleno do pasado mes de xaneiro, de ter realizado o pagamento desa taxa, no expediente do Festival consta unha autoliquidación da mesma perante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Autoliquidación na que o Concello de Culleredo figura como suxeito pasivo, por un importe de 17.391,28€, e que debía ser pagada polos organizadores do Festival\". Ademais, sinalan que o Concello de Culleredo \"abonou 32.360,90 euros en concepto de compra de entradas, tal e como se recolle na listaxe de facturas pagadas con reparos da Intervención\". Unha actuación que, para o BNG, \"significa que foron pagadas sen contar cun procedemento legal que asegure que se respectaron os trámites requeridos pola Lei de Contratos do Sector Público, e non houbo ningún informe que avalara o interese cultural, económico e/ou xurídico de financiar o evento\". Por este motivo, denuncian que foron \"case 50.000 euros gastados sen documento algún que conteña un contrato, sen ningún tipo de estudo do retorno económico para o Concello e as empresas locais, e cando as asociacións e entidades culturais de Culleredo levan 2 anos agardando polas convocatorias das subvencións necesarias para o desenvolvemento das súas actividades e pasando grandes dificultades para a súa supervivencia\". O BNG asegura que non puido localizar ningún documento que conteña un contrato entre o Concello e a empresa organizadora. \"Esta contaba cunha previsión de beneficios, antes da realización do festival, duns 70.000 euros\", afirman desde o BNG, \"finalmente parece que foron cubertos en grande medida polas aportacións do Concello de Culleredo, aínda que Alcalde negou no Pleno Municipal que o Concello fora patrocinador do Festival, malia figurar como tal nos carteis promocionais\". Diante desta situación, a formación nacionalista exixe que \"o Goberno de José Ramón Rioboo aclare de maneira convincente as dúbidas que envolven todo o referente á celebración deste festival e que, por outra parte, poña mans á obra para liquidar as súas débedas coas asociacións e entidades culturais do noso Concello\". Aliás, demandan que \"os cartos gastados irregularmente deben ser aportados polos membros do goberno municipal\"."}
{"ID": "NOS_55355", "summary": "Boicote, Desinvestimento e Sancións a Israel conmemora Al-Nakba o día 22 presentando os apoios dos distintos sectores da sociedade galega á campaña. O actor Cándido Pazó, a deportista Pilar Neira, o músico Narf ou o escritor Cesáreo Sánchez serán algunhas das persoas participantes no acto.", "text": "Máis de 350 persoas do mundo da cultura asinaron o manifesto de BDS que defende os dereitos do pobo palestino e apoia un boicot a Israel mentres non mude a súa política de opresión. Algunhas destas persoas estarán o día 22 ás 20 horas no Hotel Araguaney de Compostela na presentación dos apoios da sociedade galega á campaña. Narf desde a música, Pepe Carreiro nas artes plásticas, Cesáreo Sánchez na escrita, Pablo Reboleiro do circo, Cándido Pazó do teatro, Perfecto Conde no xornalismo, Moncho Boán do mundo sindical, Anuncio Moroño da coordinadora de crentes e Pilar Neira do ámbito do deporte son as persoas que se presentarán publicamente no acto como un grupo saído dos centos de persoas que apoiaron a chamada de BDS. Por parte da organización intervirán Elvira Souto máis Mohamed Safa. Rosalía en árabe Durante o acto, que quere ser tamén unha conmemoración da Al-Nakba na Galiza, proxectarase o vídeo \"Adios Ríos, Adiós Fontes\" en versión en árabe con interpretación de Dana Yasin. A campaña BDS Galiza sumouse á internacional que defende os dereitos do pobo palestino fronte á presión israelí. Demandan o fin da \"ocupación e a colonización e o desmantelamento do Muro que divide Palestina\", \"o recoñecemento dos dereitos fundamentais\" dos palestinos residentes en Israel e \"o respecto, a protección e a promoción do dereito ao retorno das persoas expulsadas da súa terra en 1948 polo exército regular e os grupos paramilitares sionistas e a devolución das súas propiedades nos termos estipulados pola resolución 194 das Nacións Unidas\". As persoas asinantes do mundo da cultura, máis de 350, comprométense a non presentar as súas creacións en Israel mentres persista a ocupación e a colonización dos territorios palestinos e non se recoñezan os dereitos do pobo palestino."}
{"ID": "PRAZA_18972", "summary": "A Comisión Europea incluíu a vía na súa recente actualización da rede transeuropea de transportes \"segundo o solicitado por Portugal e aceptado por España\"", "text": "A Comisión Europea incluíu a vía na súa recente actualización da rede transeuropea de transportes \"segundo o solicitado por Portugal e aceptado por España\"Hai agora dous anos a Xunta sumouse á petición de varios concellos fronteirizos do sueste da provincia de Ourense e de Trás-os-Montes para que os gobernos centrais de España e Portugal impulsen unha nova autovía entre A Gudiña e a zona portuguesa de Vinhais, unha infraestrutura que atravesaría en Galicia o espazo protexido da Rede Natura 2000 de Pena Maseira e no norte luso o Parque Natural de Montesinho. A nova vía sería paralela e estaría nun punto intermedio entre a autovía xa existente entre Verín e Chaves e a xa prevista reforma da estrada entre Seabra e Bragança.Agora, na revisión presentada o pasado 14 de decembro do deseño da rede transeuropea de transportes, a denominada TEN-T, as principais infraestruturas nas que a UE quere priorizar os fondos comunitarios (como o AVE Vigo-Porto ou cinco cidades galegas como nodos urbanos), a Comisión Europea vén de incluír, a petición de Portugal, segundo di ela mesma, a estrada entre Seabra e Bragança no segundo nivel da rede, o global ou comprehensive. É un nivel similar ao que xa tiña por exemplo a Autovía das Rías Baixas (A-52) e por baixo do primeiro nivel, básico ou core, no que está a AP-9. Na revisión non aparece a opción pola Gudiña que defendía a Xunta.A petición da Xunta e os concellos da zona dunha nova autovía entre A Gudiña e Portugal amparouse no argumento de facilitar a comunicación coa nova estación do AVE na vila galega. Pero malia que esa parada está planificada desde hai máis dunha década, ao igual que a que tamén hai en Seabra, a Xunta non saíu a defender a autovía ata hai dous anos, cando xa Portugal tiña nas súas previsións mellorar a estrada máis ao leste entre Bragança e Seabra co mesmo argumento de facilitar a conexión coa alta velocidade.A autovía entre A Gudiña e Portugal pasou de non estar en ningún dos sucesivos plans de estradas da Xunta, nos que tamén se debuxaban infraestruturas doutras administracións aínda que non fosen competencia do Goberno galego, a ser unha reclamación \"estratéxica\" ao Goberno de España para que a incluíse nos seus orzamentos para este mesmo ano e a tratase con Portugal nos cumios ibéricos.Agora, na revisión da rede de estradas prioritarias, a Comisión Europea vén de incluír no segundo nivel a conexión entre Seabra e Bragança -así como outra estrada tamén entre Cáceres e Alpalhao- coa explicación de que o fai \"segundo o solicitado por Portugal e aceptado por España\". A autovía entre A Gudiña e Portugal non aparece na revisión dos plans europeos. [Aquí pode accederse ao visor de mapas oficiais da UE, coa situación actual da rede e as propostas de revisión agora formuladas pola Comisión Europea].A propia Xunta que reclama a autovía pola Gudiña considera que o espazo de Pena Maseira que atravesaría é importante para garantir a continuidade natural entre o Macizo Central ourensán e o gran parque portugués de MontesinhoA autovía que quería a Xunta, que segundo o propio Goberno galego daría servizo a 200.000 habitantes da zona, discorrería paralela, uns 30 quilómetros cara ao leste e atravesando espazos protexidos, á xa existente A-75 Chaves-Verín, que ao enlazar coa Autovía das Rías Baixas (A-52) dá xa acceso á Gudiña e á súa nova estación de alta velocidade. Ademais, outros 40 quilómetros máis ao leste está a conexión agora priorizada por Portugal e a UE entre Bragança e Seabra. A maiores, a principal poboación da zona, Bragança, con 35.000 habitantes, xa conta cunha conexión en parte por autovía con Zamora, a onde xa chegaba o AVE.A propia Xunta que reclama a autovía considera do espazo galego protexido que atravesaría, Pena Maseira, que este é importante para garantir a continuidade natural, a xeito de corredor verde, entre o Macizo Central ourensán e o gran parque natural portugués de Montesinho."}
{"ID": "NOS_58004", "summary": "Polbeiras, orquestras, cantinas e un conxunto de empresas que se dedican a traballar as festas populares levan desde marzo de 2020 sen actividade. Denuncian que non hai diálogo nin contan co seu sector para as axudas á reacitivación. Esta cuarta feira concentráronse diante do Parlamento e entregaron unha carta coas súas demandas dirixida ao Presidente da Xunta.", "text": "As asociacións empresariais e profesionais do sector da verbena galega amosaron hoxe o seu descontento pola situación que viven desde que o pasado 14 de marzo de 2020 tiveron que deixar de traballar polas restricións impostas con motivo da pandemia. Coa tempada iniciada, e sen ningunha resposta por parte da Administración galega, decidiron concentrarse diante do Parlamento da Galiza e entregar unha carta dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asinada polos presidentes das asociación de Servizos de Festas da Galiza (Serfega), de Orquestras (AGO) e de representantes da Galiza (Artegal) explicando as súas reivindicacións. José Veiga, presidente de Serfega e propietario dunha fábrica de xeo que traballa para as cantinas das festas populares, explica que o obxectivo da concentración é meter presión para que se dean solucións ao seu sector. \"Queremos unha desescalada segura para facer as festas\", sinala, ao tempo que cre que \"é viábel, xa que falamos de eventos no exterior\". Pon como exemplo as actuais restricións, que permiten \"traballar en interiores con superficies grandes con máis de 500 persoas e nós tamén podemos\". Veiga asegura que mantiveron xuntanzas cos grupos políticos con presenza no Parlamento para que se trate o tema. Protocolos inviábeis \"É inviábel para nós traballar cos protocolos actuais, que comprometen as propias comisións de festas e obrigan a xente a estar sentada\", di o responsábel de Serfega. Agardan prontitude na resposta institucional e mesmo aceptarían realizar unha proba piloto que marque como actuar nas festas galegas. \"Precísanse tres meses para preparar un evento e, se contestan en 30 días para facer unha proba, xa nos pasou o verán\", asegura Veiga. Na asociación consideran que non é lóxico \"que cando outros sectores podían servir en barra, nós tiverámolo prohibido no exterior\". Da mesma maneira, critican que se obrigue a instalar un medidor de CO2 en certos horarios \"e non todo o día\", polo que demandan ser partícipes na elaboración dos protocolos \"e, se non é posíbel, que nos inclúan nun rescate como ao resto dos sectores\". Feixoo mudou de actitude pasadas as eleccións Desde a última reunión no mes de decembro non tiveron máis noticias. Realizaron cinco reunións co Goberno galego antes das eleccións e despois ningunha máis. Na carta entregada lémbranlle a Feixoo que chegaron \"a paralizar as manifestacións, xa concedidas legalmente, para que non afectaran aos resultados oficiais dos votantes\" e \"despois de tomar posesión\", afirman, \"non nos recibiron de forma tan grata como noutras ocasións\". Varios ramos implicados Nas festas populares ou verbenas participan moitas empresas que van desde as intermediarias até os servizos e a organización. Na Galiza, só no ámbito de servizos, contabilízanse unhas 450 empresas que darían traballo a un total de 4.600 persoas. Entre as máis importantes estarían as de pirotecnia, alugueiro de carpas, cantinas, montaxes de escenarios, orquestras, polbeiras, electricistas, alugueiro de xeradores e oleiros. Na carta a Feixoo lémbranlle que son as mesmas \"que cando vostede ten un acto público son necesarias. Amador Porta, vicepresidente de Serfega e propietario dunha polbaría na Estrada, explica que \"podería traballar nunha feira ou diante dun estabelecemento hostaleiro, mais nunha festa ou nunha romaría non\". Reitera que o seu foi dos primeiros sectores en parar e, polo de agora, \"non recuperamos nada, xa non aguantamos máis\". Alerta de que tentaron non manifestarse, \"mais como non nos reciben, non quedará outra\" opción."}
{"ID": "NOS_55035", "summary": "Pode ser presidente do Goberno quen mantén unha estreita amizade aos 34 anos cun connotado contrabandista que co decorrer dos anos deviría nun dos principais capos da mafia do narcotráfico no Estado? Pode selo quen, alén diso, aínda non explicou por que non cesou a Pablo Crespo como representante da Xunta en Portos de Galicia? O aparato de propaganda de Monte Pío e a imprensa afín finxe que aquí non pasa nada, mais as fotos co narco deixan a Feijóo tocado na carreira sucesoria e fortalecen as opcións do sector de Esperanza Aguirre.", "text": "As amizades perigosas de Feijóo pódeno facer descarrilar da carreira sucesoria. Así o recoñecen en privado dirixentes do PP e analistas da dereita mediática. Rajoy ten un novo problema. Alén do sismo Bárcenas, é probábel que a estas alturas o seu delfín teña afogado nas turbulentas aguas da dereita estatal. Onte, na súa comparecencia perante a imprensa, Feijóo deixou sen contestar a pergunta chave. Se é certo que durante anos foi chantaxeado -amedrentado- por quen coñecía a existencia do material fotográfico co narco, por que se nega a revelar a identidade d@s chantaxistas? Non poucas voces dentro do Partido Popular, por suposto refuxiadas no anonimato, ven detrás da filtración á imprensa das fotografías a man do sector do partido que controla Esperanza Aguirre. Se aplicamos a lóxica do cui prodest -quen se beneficia- está claro que Esperanza Aguirra é quen máis sae gañando coa hipotética queda de Feijóo. O aparato de Génova fica sen a súa mellor baza, a que aparecía até o de agora máis ou menos impoluta. O campión da austeridade e o gañador de dúas maiorías absolutas perfilábase como un bon cartaz eleitoral. As fotografías en bañador, con crema bronceadora nas costas, lentes escuros, e o narcotraficante en segundo plano, teñen un efeito devastador sobre o precandidato Feijóo. As tribulacións de Feijóo enlean os cálculos de Rajoy. O presidente do Goberno estatal barallaba a hipótese dun cambio de goberno após o verán. Aí caerían Mato e Montoro, queimados nos últimos meses. Aí podería aterrar como vicepresidente Feijóo, para tentar surfear unha eventual recuperación económica no segundo semestre de 2013 e comezos de 2014. Suficiente quizá para disolver a cámara antes de que Catalunya convoque o seu referendo autodeterminista. Ese era o deseño de Génova. Candidato novo e españolismo en vea para tentar salvar os móbeis e gañar as eleccións. Algúns dirixentes do PP até contemplan a hipótese de que o principal beneficiario da queda de Feijóo sexa o propio Rajoy, que ao final non tería máis \"remedio\" que se apresentar Porén, non todos o ven así. Non todos en Génova estaban coa opción Feijóo. Persoas tamén próximas a Rajoy acubillan as súas propias ambicións. Cospedal. Sáenz de Santamaría. As relacións de Feijóo con Cospedal non son boas. Algunhas fontes especulan con que a filtración das fotos proceda non de Aguirre, senón da secretaria xeral do partido. Dirixentes próximos a Rajoy tamén critican a excesiva exposición mediática de Feijóo. Aplauden o seu pronto comunicado (emitiuno na mesma noite do día en que se publicaron as fotografías co narco), mas aluden a que nas súas numerosas declaracións (a distintas emisoras, na conferencia de imprensa) incorreu en non poucas contradicións e manexou argumentos de moi escaso peso. En todo caso, o sector do PP nucleado arredor de Esperanza Aguirre ten hoxe abondos motivos para se sentir satisfeito. Considera que fixo albo na diana. Eliminar a Feijóo sería gañar unha batalla, porén, non a guerra. Xa hai quen di que o principal beneficiario da hipotética queda de Feijóo sería ao cabo...o propio Rajoy!!!! Algúns dirixentes do PP contemplan o escenario de que Rajoy se acabe animando a presentarse en 2015, desprovisto de delfín e incapaz de se decidir entre Sáenz Santamaría, Cospedal ou Ruiz Gallardón."}
{"ID": "NOS_46926", "summary": "A Xunta recúa e endurece as restricións en todo o país. 60 concellos pasan ao nivel 'extremo' de alerta e os restantes entran no 'medio-alto'. As medidas ficarán vixentes até mediados de febreiro.", "text": "A pasada sexta feira, Sanidade anunciaba un lixeiro aumento das restricións, especialmente nos concellos da Coruña, Compostela e Ourense, e como norma xeral instaba a poboación galega a \"autoconfinarse\" e saír do domicilio \"só para o esencial\". Con todo, o conselleiro, Julio García Comesaña, advertía da posibilidade de endurecer as medidas en todo o país se a evolución da Covid seguía a ser negativa. Ese momento chegou esta terza feira na reunión que mantivo o comité clínico e detallouse onte na rolda de prensa que ofreceu o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, para anunciar as novas limitacións. O mandatario galego comezou a súa intervención sinalando que os datos \"confirman\" as predicións: a terceira onda da pandemia xa está aquí. Malia que a presión hospitalaria é menor que a que padeceu Galiza nos momentos máis críticos de abril e novembro, a tendencia actual é \"peor\" que a daquela segunda onda: \"Se non aumentásemos as restricións, as proxeccións apuntarían a un novo pico a finais de febreiro, e a ocupación hospitalaria podería acadar os niveis de abril\", explicou. \"A tendencia actual é peor que a de novembro durante a segunda onda\", di Feixoo A taxa de incidencia acumulada a 14 días disparouse nos últimos días até 325 por cada 100.000 habitantes, e a 7 días acada 207. Ambos indicadores duplicáronse no último mes. \"Estamos nun momento especialmente preocupante, e isto obríganos a afrontar a situación coa máxima responsabilidade e co mesmo realismo que en marzo\", apuntou Núñez Feixoo. Estes datos provocaron que o Ministerio de Sanidade incluíse Galiza no listado de territorios en situación de 'risco extremo'. A incidencia galega é a undécima máis elevada do Estado español a 14 días vista, aínda que por baixo da media (454). É por iso que na madrugada da quinta á sexta feira entrará en vigor un novo paquete de medidas que, segundo as predicións da Xunta, podería ficar vixente até mediados de febreiro. 60 concellos do país (que representan 47% da poboación galega) pasan ao nivel 'extremo' de alerta sanitaria, e os restantes entran na categoría de 'medio-alto'. Así mesmo, o toque de recoller adiántase en toda Galiza unha hora, ás 22.00h. Feche individual de concellos A partir desta sexta feira, suprimiranse as 'améndoas' formadas por agrupacións de concellos limítrofes (como o que mantiveron até hoxe Compostela, Ames e Teo), polo que o feche perimetral será \"individual\". Deste modo, non se poderá entrar nin saír de ningún municipio co nivel máximo de alerta agás por causas xustificadas (asistencia ao posto de traballo, coidado de persoas maiores ou cativas, atención sanitaria ou compra de bens indispensábeis). Esta é unha recomendación que Núñez Feixoo fai a toda a poboación tamén dentro do propio municipio: \"Debemos saír só para o esencial\", insistiu. As visitas hospitalarias, así mesmo, quedan restrinxidas en toda Galiza a unha persoa por doente, \"salvo casos excepcionais\". A restrición da mobilidade intermunicipal afecta aos 60 concellos en nivel 'extremo' e a Vigo, Pontevedra e Lugo, que, malia ficaren no nivel 'medio-alto' porque os seus datos non son tan negativos, preocupa a crecente evolución do virus, en especial nos dous primeiros municipios. Prohíbese a mobilidade entre concellos que estean en alerta máxima agás causas xustificadas \"Mantivemos unha reunión cos alcaldes e pediron ficar na alerta 'medio-alta'. Os datos hoxe permíteno, mais nos vindeiros días poderiamos vernos na obriga de restrinxir ao máximo a hostalaría tamén nestes lugares\", advertiu o presidente, que salientou que Lugo é hoxe \"a mellor cidade da Galiza\" no tocante á contención da Covid, e \"non tería risco\" de subir o nivel das restricións nas vindeiras datas. En total, 64% da cidadanía galega non poderá saír do seu municipio sen xustificación. Por outra banda, os restantes concellos que manteñen o nivel 'medio-alto' non teñen limitacións de mobilidade, polo que a súa poboación pode desprazarse libremente a outros concellos que estean no mesmo nivel aínda que non teña unha causa xustificada. Con todo, a Xunta pide \"responsabilidade\" para evitar calquera desprazamento que non sexa imprescindíbel. Novas limitacións na hostalaría e o comercio Os locais de hostalaría e restauración deberán fechar antes das 18 horas en todo o país, independentemente da alerta que rexa cada municipio. Os centros comerciais tamén seguirán abrindo as súas portas, coa condición de que as visitantes só poderán utilizar os corredores e espazos comúns como zonas de tránsito, quedando prohibido deterse a comer ou conversar con outras persoas. Así mesmo, deberán fechar ás 21.30 horas, e serán vixiados \"con especial atención\". Nos concellos co nivel máximo de restricións, a hostalaría só poderá atender clientes nas terrazas, cun aforo reducido a 50%, tal e como acontecía até o de agora. Porén, poderase entregar comida a domicilio sen límite horario, e permitirase a recollida en tenda até as 21.30 horas. Nestas localidades, o aforo das tendas limítase a 30%, tamén nos centros comerciais, mais os estabelecementos de xogo deberán permanecer fechados. No tocante aos concellos en alerta 'medio-alta', o aforo da hostalaría tamén será da metade nas terrazas, e de 30% no interior dos locais. No comercio, será de 50%. Os horarios de feche son os mesmos para todos os concellos do país. \"Somos plenamente conscientes dos esforzos que pedimos, as restricións son complexas e sabemos que a fatiga pandémica logo de tantos meses aféctanos a todos, e hai sectores especialmente castigados como a hostalaría ou o comercio\", expuxo o presidente da Xunta. Cultura e lecer As actividades de deporte non federado limítanse a catro persoas, e unha capacidade de 50% no caso de desenvolverse nun espazo interior. Así mesmo, os centros recreativos turísticos tamén poderán recibir visitantes, mais tamén 50%, e en grupos de máximo catro persoas. Pola súa banda, os cinemas, teatros e auditorios poderán abrir cun aforo máximo de 250 persoas no interior e 500 se é un espazo ao aire libre. Alén disto, en resposta a unha pregunta sobre a viabilidade dos exames presenciais de xaneiro nas tres universidades galegas, Núñez Feixoo amosou a súa confianza na \"seguridade\" dos centros para manter o calendario actual: \"No suposto de que non houbese unhas medidas claras, poderiamos estudar alternativas á presencialidade, mais polos datos que comunican os reitores estou seguro de que, coas quendas precisas e regulando os accesos ás facultades, podemos facer exames presenciais para garantir o mesmo principio de mérito de todo o alumnado\", argumentou. Reunións entre non conviventes No tocante á interacción social entre persoas de diferentes unidades familiares, a norma é a mesma en todo o país: permítense as reunións de non conviventes até as 18 horas, tanto nos domicilios coma nos espazos públicos que teñan autorización para abrir. Nestes encontros poderá haber un máximo de catro persoas. \"Desde as 18 horas non está permitida a actividade da hostalaría, polo que tampouco se debe a partir dese momento manter reunións de non conviventes en espazos privados\", explicou Núñez Feixoo, que aproveitou para instar a cidadanía a non facer a \"trampa\" de \"trasladar o bar ao domicilio\". Con todo, que se permitan as reunións entre non conviventes durante o día non quere dicir que sexa o máis recomendábel: \"Lamentabelmente non temos capacidade para controlalo, pero insistimos na recomendación de manter contacto unicamente cos membros da unidade familiar coa que se vive, e se cumprimos isto estaremos a facer un grande esforzo para conter o aumento dos contaxios\", matizou. A oposición pide Feixoo que \"asuma a responsabilidade\" Após a rolda de prensa do presidente galego, os partidos da oposición criticaron Núñez Feixoo por \"responsabilizar\" a poboación do agravamento da crise sanitaria: \"A situación non é culpa dunha cidadanía que maioritariamente está cumprindo coas normas, e por iso o intento de Feixoo de responsabilizala é indigno, máxime vindo de alguén que se fixou como obxectivo salvar o Nadal\", afirmou Ana Pontón, portavoz nacional do BNG. A dirixente nacionalista pediu Feixoo que \"deixe de berrar á xente e asuma as súas responsabilidades\", e opinou que \"a preocupación das galegas no medio da pandemia non é trasladar os bares aos seus domicilios\". Na mesma liña apuntou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen apuntou á \"inconsistencia\" amosada polo presidente ao non facerse \"co responsábel\" da situación: \"En momentos coma o verán, no que o nivel de contaxios se controlou, non houbo un día no que non tentase atribuírse o éxito\", lamentou, e engadiu que \"a poboación galega estase a comportar de forma prudente e responsábel\". As dúas formacións esixiron \"axudas directas\" para \"rescatar\" os sectores máis afectados pola pandemia sen deixar de lado as medidas \"precisas\" para combater o avance da Covid."}
{"ID": "NOS_19118", "summary": "Desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) indican que non recibiron \"ningunha consulta nin manifestación de interese nesta liña\".", "text": "A Xunta iniciará a finais deste ano un \"amplo estudo\" sobre a experiencia de fusións de Oza-Cesuras,e Cerdedo-Cotobade, e os seus resultados de cara a \"aprender\" da experiencia \"e efectuar propostas concretas nos ámbitos lexislativo e económico co fin de incentivar novas fusións municipais\". \"De maneira informal, algúns alcaldes interesáronse por estes procesos, por coñecer as vantaxes, de aí a importancia deste estudo\", apunta a Europa Press a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Pola súa banda, desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) indican que non recibiron \"ningunha consulta nin manifestación de interese nesta liña\". Do estudo proxectado pola Xunta, a directora xeral de Administración Local argumenta que \"a día de hoxe existen poucos, de certo rigor, que analicen en profundidade, desde unha perspectiva socio-económica e demográfica, os procesos de fusión que houbo na Galiza\". Do mesmo, avanza que, entre os seus fins, estará analizar a repercusión das fusións sobre a calidade dos servizos prestados aos veciños e sobre os orzamentos municipais. \"Tamén sobre cal sería o intervalo poboacional a partir do cal xa se pode falar dunha mellora substancial de todos os parámetros á hora de prestar os servizos públicos básicos\". Primeiras fusións \"Dimensionando adecuadamente o tamaño dos concellos, mediante procesos de fusión voluntaria, poden porse ao servizo da cidadanía institucións máis eficaces e eficientes\", defenden desde a Administración galega, que entre 2016 e 2021 destinou aos concellos de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade 10,5 millóns do fondo adicional incluido no de Cooperación Local. Desde a Administración galega insístese en que a súa política pasa pola promoción e fomento da cooperación municipal, xa sexa coa fusión de municipios ou outras fórmulas de xestión compartida A primeira, a de Oza-Cesuras, foi en 2013 e non había unha no Estado desde 1981. Despois seguiulle, en 2016, a de Cerdedo-Cotobade. Agora, de cara a 2022, a Xunta prevé destinar a cantidade de 1,5 millóns de euros para o fondo de fusións. Sobre esta cuestión, desde a Administración galega insístese en que a súa política pasa pola promoción e fomento da cooperación municipal, xa sexa coa fusión de municipios ou outras fórmulas de xestión compartida. Reducir o despoboamento A directora xeral de Administración Local admite que \"os procesos de fusión voluntaria e xestión compartida dos servizos públicos non son a solución definitiva á crise demográfica\" da Galiza rural, pero apostila que \"non hai dúbida de que son pasos importantes na dirección correcta para atopar formas de solucionar un problema tan complexo como o do envellecemento e o despoboamento\". \"Porque parte do problema do despoboamento nas zonas rurais está relacionado coa procura de máis e mellores servizos públicos\". Por iso, engade que traballarán para fomentar \"fórmulas asociativas municipais\" para a prestación dos servizos. O presidente da Fegamp, Alberto Varela, remítese ao acordado na asemblea xeral desta entidade sobre as fusións. \"O rexeitamento no caso de que sexa de maneira obrigada xa que unha medida deste tipo é incompatíbel co principio de autonomía local\". Postura da FEGAMP Pola súa banda, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, remítese ao acordado na asemblea xeral desta entidade sobre as fusións. \"O rexeitamento no caso de que sexa de maneira obrigada xa que unha medida deste tipo é incompatíbel co principio de autonomía local\". Con todo, subliña que iso non implica que non poida acordarse voluntariamente, \"sempre precedido dunha análise seria e complexo que deixe ben clara a fórmula de cooperación, respondendo a cuestións como competencias e servizos, financiamento e coordinación e que garanta o éxito a longo prazo\". Sen entrar a valorar se foron efectivas as fusións de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, incide en que non recibiron ningunha petición sobre máis fusións. No entanto, afirma que se houbese cambios a este respecto, \"a Fegamp fará o que sexa o mellor para a cidadanía\". \"Pero nese caso sería imprescindíbel unha lei de cooperación local da Galiza\", apunta. Mentres, apela ás fórmulas de colaboración para prestar servizos, \"pero non só entre entidades locais, senón tamén coas restantes administracións e, niso, queda moito por traballar conxuntamente\". No que se refire ao Fondo de Coperación Local, no que o importe recibido polos concellos pode destinarse ao que consideren sen ter que justificar os gastos, ascende en 2022 a case 126 millóns de euros, un 3,3% máis que en 2021."}
{"ID": "PRAZA_3279", "summary": "O Goberno galego terá que pagar 14.000 euros de xuros por unha obra de 33 millóns na que obtivo unha rebaixa de só 4,53 euros por parte da adxudicataria tras mudar os criterios do concurso con este xa iniciado", "text": "O Goberno galego terá que pagar 14.000 euros de xuros por unha obra de 33 millóns na que obtivo unha rebaixa de só 4,53 euros por parte da adxudicataria tras mudar os criterios do concurso con este xa iniciadoA ponte sobre a ría de Noia inaugurada en xullo de 2014 polo presidente Feijóo apenas unhas semanas despois de que Agustín Hernández deixase de ser conselleiro de Infraestruturas era un vello proxecto que os dous xa tiñan sobre a mesa cando eran respectivamente conselleiro e director xeral na Xunta de Manuel Fraga. O bipartito de PSdeG e BNG aparcouna e deseñou unha circunvalación da vila por terra, pero ao volver á Xunta o PP recuperouna e comezou as súas obras en pouco máis dun ano. Fíxoo tras un proceso de contratación no que o Consello de Contas determinou que a Xunta modificou os criterios de adxudicación co concurso público xa iniciado. Aquela adxudicación de 2010 foi parar a Puentes y Calzadas, empresa na que traballara Hernández cando o PP estivo na oposición e cuxa oferta, fronte ás rebaixas moi superiores que ofrecían outras empresas, apenas reduciu 4,53 euros o custo dunha obra de preto de 33 millóns de euros. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condena á Xunta a pagar a Puentes y Calzadas preto de 14.000 euros de xuros por aquela obra. E desvela que a ponte foi inaugurada un mes antes de que a Xunta recibise oficialmente os traballos de mans da construtora.Cando Agustín Hernández volveu á Consellería de Infraestruturas como o seu titular en 2009 tardou apenas medio ano en licitar a construción da ponte sobre a ría de Noia que xa planificara como director xeral ata a chegada do bipartito en 2005. Aquel concurso público, ao que se presentaron 20 empresas, foi fiscalizado anos despois polo Consello de Contas, que determinou que, co proceso xa iniciado, \"introducíronse no informe de valoración [das ofertas presentadas] pequenas variacións coa creación de novos apartados que afectan ao plano de control de calidade e ao programa de obras, ou variando a puntuación dos apartados, alterando en definitiva os criterios de puntuación dos expedientes\".A ponte foi inaugurada por Feijóo o 4 de xullo de 2014 pero agora a sentenza revela que non foi recibida pola Xunta como oficialmente rematada ata un mes máis tardeO resultado daquel proceso foi que a obra, licitada por preto de 33 millóns de euros (sen ter en conta o IVE), en concreto por 32.977.979,53 euros, foi adxudicada á oferta presentada por Puentes y Calzadas por 32.977.975,00 euros. Isto é, a empresa gañadora, ao contrario do que adoitan facer a maioría das candidatas en todo tipo de concursos e como fixeran as outras competidoras nese proceso, apenas rebaixou 4,53 euros nunha obra de preto de 33 millóns. Fíxose co concurso porque, fronte á maior puntuación obtida polas outras competidoras nos apartados económicos grazas ás súas rebaixas, a oferta de Puentes y Calzadas foi considerada a mellor nos apartados técnicos para acometer o tipo de deseño concreto de ponte elixido previamente pola Consellería de Infraestruturas.A Xunta tardou un ano en aprobar a liquidación do proxecto tras rematarse a obra e non a pagou ata tres anos despoisO contrato foi asinado en xuño de 2010 e malia que a licitación establecía un prazo máximo de execución de tres anos, houbo que agardar un ano máis, con dúas modificacións polo medio, ata que a ponte foi inaugurada o 4 de xullo de 2014. Porén, segundo reflicte unha sentenza que vén de emitir o TSXG, as obras foron recibidas pola administración \"o día 1 de agosto de 2014\", un mes máis tarde. E non sería ata outro ano máis adiante, en setembro de 2015, cando a Xunta aprobou a liquidación do proxecto, tras unha revisión dos prezos das obras que sumaron outros 973.000 euros a favor da empresa. O pagamento desa liquidación non se realizaría aínda ata outros dous anos despois, en setembro de 2017, \"tres anos despois da recepción das obras ás que se refería, e máis de cinco anos despois da emisión da primeira certificación de obra afectada pola revisión de prezos\", sinala a sentenza.Tras reclamar a empresa na vía administra os xuros polo atraso no pagamento, en febreiro de 2018 a Xunta aceptou ter unha débeda con ela de algo menos de 1.300 euros, pero a empresa recorreu á vía xudicial reclamando 345.000. Agora, tras dirimir a Xustiza as discrepancias existentes sobre as datas a partir das que contar os xuros, o TSXG vén de condenar á Xunta a pagar a Puentes y Calzadas 13.943,58 euros por aquel atraso. A contía son 13.939,05 euros máis que os 4,53 euros de rebaixa logrados no concurso público de hai dez anos."}
{"ID": "NOS_35641", "summary": "Unha sentenza xudicial dá a razón á CIG no conflito contra o complexo empresarial do restaurante e estación de servizo do polígono de Pereiro de Aguiar. A empresa represaliou a unha traballadora por reclamar melloras laborais para o cadro de persoal após ser eleita delegada.", "text": "A CIG gaña unha sentenza xudicial ao complexo empresarial do restaurante e estación de servizo do polígono de Pereiro de Aguiar pola vulneración dos dereitos de liberdade sindical á traballadora Crisitna Gómez. O secretario comarcal da CIG de Ourense, Anxo Pérez, explicou esta quinta feira á saída dos xulgados xunto a traballadora, que os feitos fóronse desencadeando cando Cristina Gómez resultou eleita delegada de persoal e comezou a estabelecer conversas coa empresa para conseguir melloras reguladas por convenio e pola lexislación e que afectaban positivamente as súas compañeiras e compañeiros de traballo. A empresa respondeu represaliando a Cristina, acorralándoa e sancionándoa coa suspensión de emprego e soldo A empresa respondeu represaliando a Cristina, acorralándoa e sancionándoa coa suspensión de emprego e soldo durante un mes. A sanción non se baseou en ningún feito e foi construída en base a mentiras que o empresario obrigou a dicir ao persoal recentemente contratado, apuntou o secretario comarcal da central sindical. \"Desde o día en que comezamos coas eleccións houbo unha persecución e acoso diario por parte do empresario\", sinalou a traballadora \"Desde o día en que comezamos coas eleccións houbo unha persecución e acoso diario por parte do empresario\", sinalou a traballadora, quen tamén indicou que \"nin sequera coas resolucións da inspección que levantou dúas infraccións graves en materia de condicións de traballo cambiou a situación\". A sentenza anula a sanción e agora a empresa deberá pagar a Cristina o seu salario correspondente ao mes que fora suspenso así como indemnizala coa sanción mínima, 3.126 euros, pola falta grave de vulneración dos dereitos de indemnidade e de liberdade sindical. Para a central sindical nacionalista é importante esta sentenza xa que supón un \"correctivo\" ante un caso recorrente nas empresas da zona de Ourense. Ademais, o secretario comarcal da CIG aproveitou para facer un chamamento á Confederación de Empresarios de Ourense, que se atopa inmersa en eleccións, para que os candidatos e candidatas se ocupen de \"educar aos seus empresarios na liberdade e o respecto\"."}
{"ID": "NOS_51868", "summary": "Estraña xeometría variábel para o PP no Congreso dos Deputados: xusto no momento en que consolida a súa alianza conxuntural co PNV, comproba como a súa entente con Cs é cada día máis fráxil. Esta quinta feira, a formación conservadora foi incapaz de reunir apoios suficientes para garantir a convalidación na cámara do decreto lei de liberalización da estiba. Unha dura derrota parlamentar de consecuencias imprevisíbeis.", "text": "Rajoy alcanzou a investidura da man dunha complexa operación baseada en dous esteos: o apoio de Cs e a abstención do PSOE. Neste momento non pode contar nen con uns nen cos outros. Non pode contar con Cs, porque o combo de Rivera precisa marcar perfil diferencial e fuxir da etiqueta de marca branca do PP, co cal cae na tentación de se desmarcar do grupo da gaivota á menor oportunidade. E non pode contar co PSOE, porque en pleno combate precongresual o aparato susanista non se pode permitir o luxo de continuar a ser identificado co PP por parte da crecente maré sanchista que se está a estender nas bases do partido. Con esa situación afrontaba o PP unha dura proba no Congreso dos Deputados, a convalidación do decreto lei de liberalización da estiba, unha reforma lexislativa, aliás, imposta por Bruxelas. O PP acudía á Carrera de San Jerónimo en teoría co apoio dos 32 parlamentares de Cs e os 5 do PNV. Total, 174 votos. Insuficientes se toda a oposición votaba en bloco contra a convalidación. O decreto só precisa de maioría simples para obter a luz verde, así que o PP tentou persuadir o Partit Demòcrata Europeu Català (a antiga Convergència) para no mínimo conseguir a súa abstención. Non están as cousas na formación liderada en Madrid por Francesc Homs -pendente de sentenza no Supremo polo xuízo do 9N- para facer favores á Moncloa. Ergo, a resposta dos soberanistas cataláns foi un sonoro NON. Aínda ficaba unha bala na recámara: confiar en que non todos os escanos da oposición fosen a estar ocupados. Esta mañá -co retorno de tres deputadas en viaxe no exterior, entre elas Ángela Rodríguez Pam, de En Marea- esa esperanza esvaeceu por completo e o PP comprobou con horror que os números non lle alcanzaban. A calculadora de Cs tamén deitou o mesmo resultado: en canto o grupo parlamentar liderado por Rivera reparou en que os seus votos non sumaban a maioría co PP, decidiu virar o si ao decreto en abstención. En canto o grupo parlamentar liderado por Rivera reparou en que os seus votos non sumaban a maioría co PP, decidiu virar o si ao decreto en abstención O comportamento de Cs non é novo, días atrás a formación laranxa uniu as súas asinaturas coas dos grupos parlamentares de Podemos e PSOE para rexistar unha iniciativa conxunta sen precedentes na lexislatura, a petición de constitución dunha comisión de investigación sobre as finanzas do PP. Ciudadanos argumentou no seu momento que ese movimento obedecía a que a formación de Rajoy traizoara o compromiso chave que lle permitiu obter o voto afirmativo dos 32 deputados cidadanistas á súa investidura, o de levar as pesquisas sobre as andanzas de Luís Bárcenas á cámara baixa. En todo caso, desde a Rúa Génova sempre se viu en Cs un aliado pouco confiábel e o comportamento do grupo parlamentar laranxa esta quinta feira -modificar o sentido de voto, do si á abstención, co único obxectivo de lle inflixir unha derrota parlamentar ao partido do goberno- non fará máis que aprofundar a profunda desconfianza que a formación líder do centro-direita estatal sente polo partido de Rivera. Distanciamento con Cs, achegamento con PNV. Os votos do PP blindarán os orzamentos do Goberno Urkullu na cámara vasca e todo indica que a formación jetzale devolverá o favor político no Congreso dos Deputados durante a tramitación dos orzamentos do Estado para 2018, a grande batalla pendente. Co debate das contas estatais no horizonte, o taboleiro de marcas da Carrera de San Jerónimo ofereceu esta quinta feira unha fotografía no mínimo inquietante para a Rúa Génova. 141 votos a favor do decreto (PP + PNV), 174 en contra (PSOE, Podemos e confluencias, PDeC, ERC, Compromís, Bildu, Coalición Canaria) e 33 abstencións. Unha curiosidade: Íñigo Errejón abstívose por equivocación (premeu o botón equivocado á hora de emitir o seu voto). É a primeira vez desde 1979 en que un decreto lei non é convalidado no Congreso por o goberno non ter suficientes apoios na cámara O tropezo parlamentar é grave para o PP: é a primeira vez desde 1979 en que un decreto lei non é convalidado no Congreso por o goberno non ter suficientes apoios na cámara (hai un precedente, 2006, mais non conta porque foi un erro técnico que se subsanou na seguinte sesión plenaria). Isto significa que neste momento o PP carece de maioría suficiente para aprobar os orzamentos para 2018. Cs é recuperábel para a causa conservadora e A Moncloa pode aspirar razoabelmente a conseguir o apoio da deputada de Coalición Canaria. Aínda así, o tope de apoios a día de hoxe sería 175. Demasiado axustado. Non admira que no aparato do PP se flirtee desde hai tempo coa hipótese de disolver a cámara a finais de maio para ir a novas eleccións. Serían as terceiras desde decembro de 2015."}
{"ID": "NOS_12904", "summary": "Aliás, o centro de saúde de Cervo quedará sen profesionais médicos as terzas e sextas feiras de xullo e agosto.", "text": "A situación segue a ser crítica nas Urxencias do Hospital de Montecelo, en Pontevedra. Nos últimos días o servizo presentou unha imaxe de saturación por mor das e dos numerosos pacientes que agardaban durante horas por unha cama. Na mañá desta quinta feira, contra as 8 horas, once doentes estaban aínda pendentes de ingreso, segundo advirten desde a representación en Pontevedra da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM). Poñen o foco, aliás, na falta de persoal: \"Hai dúas facultativas de Urxencias con contratos por acumulación de tarefas, unha leva catro anos e a outra tres asinando contratos cada tres meses\". Colapso nas Urxencias: sucédense as denuncias de pacientes 'aparcados' nos corredores dos hospitais Porén, este mes de xullo, cando lles toca asinar de novo, só lles ofrecen un mes máis de contrato a pesar das múltiples eivas que presenta o servizo debido aos poucos efectivos cos que conta na actualidade. \"É moi probábel que marchen a outros centros que ofrezan contratos de maior duración\", precisan desde a CESM. Na tarde desta quinta feira, contra as 20 horas, está convocada unha concentración en Raxó (Poio) para evitar o fechamento do centro de saúde durante o verán pola falta de profesionais. Sen médica en Cervo todas as terzas e sextas feiras A situación que se vive na Mariña lucense non difire moito do que acontece na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. A vindeira terza feira, 12 de xullo, a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña despraza ao ambulatorio de Cervo a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR). \"A situación sanitaria no Concello de Cervo é alarmante ao ficar desde hai un tempo con dúas facultativas para todo o concello, unha ubicada no centro de saúde de San Cibrao e a outra no consultorio\", lamentan. Por orde da Xerencia, o centro médico quedará sen médica todas as terzas e sextas feiras dos meses de xullo e agosto. Aliás, as Urxencias atenderanse no ambulatorio de San Cibrao cando falte a titular."}
{"ID": "NOS_22057", "summary": "O taxazo de Sogama, a 'navallada' da A76 á Ribeira Sacra, Rodri Suárez e o seu libro sobre os Diplomáticos, as mulleres no xadrez galego... Todo isto e máis na nova entrega do semanario Sermos Galiza. Podes obtelo tamén na nosa loxa", "text": "Máis un número do Sermos Galiza nos quiosques e rúas do país. E van 94. Os dados da EPA (cun paro que en Galiza xa roza as 300.000 persoas) enterran o mito da recuperación económica que se estaba a vender desde Moncloa e Monte Pío. Eis un dos temas centrais a debullar neste Sermos, mais non o único. Así, tamén falamos da revolta dos concellos contra o taxazo de Sogama. Unha oposición que vai alén do económico para se preguntar que outras alternativas hai na xestión dos recursos. Máis cousas: pomos o foco sobre os convenios 'envelenados' entre Educación e Defensa, analizamos o traballo desenvolvido pol@s europarlamentari@s galeg@s nesta lexislatura que acaba, e viaxamos até a Ribeira Sacra para falar coa súa veciñanza sobre o que vai supoñer a A-76, unha infraestrutura deseñada en Madrid e de costas a esta zona. Lidia Senra: \"É a hora do pobo\" A candidata de AGE asina un artigo sob o título 'È a hora do pobo'. Entrevistamos o novo presidente da Mesa, Marcos Maceira, e falamos co mago Martín Camiña. E a un futboleiro, socio do Dépor e do Lugo, que vai vivir dunha forma moi especial o derbi galego de Segunda División. Tamén ten cabida neste número do semanario as actuacións a prol de que Serra do Galiñeiro sexa declarada Parque Natural, ou ben a unidade de Galiza e Portugal contra a liña de alta tensión. Rodri Suárez e Xurxo Souto. 'Non temos medo' Xurxo Souto e Rodri Suárez falan para Sermos Galiza de 'Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto', o libro do xornalista que vai editar Nicetrip. E ofrecémosche un adianto neste número! Mais non acaba aquí este nº94: percorremos o Mandeo ao seu paso por Aranga da man de Viaxes na Miña Terra, falamos do Carballo Interplay..."}
{"ID": "NOS_50743", "summary": "O portavoz nacionalista confía en que en poucas semanas se poida pechar a \"gran coalición\" de forzas da esquerda nacionalista de Galiza, Euskal Herria e Catalunyan para concorrer ás europeas. Vence convida a outras forzas galegas da esquerda nacionalista a se sumar a esta aposta.", "text": "O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que en \"poucas semanas\" podería estar pechada a gran coalición de forzas nacionalistas de esquerda de Galiza, Euskal Herria e Catalunya para concorrer ás europeas. Vence, que realizou estas declaracións nun encontro co Colexio de Xornalistas de Galiza, explicou que avanza a conformación desa \"gran coalición\" e que ten un \"dobre obxectivo\". Por unha banda, \"acadar que Galiza teña unha voz forte e directa en Europa e tamén para construír outro modelo de Europa solidaria e dos pobos, alternativa ao modelo neoliberal que impón a Troika e a gran banca\". \"Queremos construír outro modelo de Europa solidaria e dos pobos, alternativa ao modelo neoliberal que impón a Troika e a gran banca\" O portavoz nacional do BNG reiterou a oferta do BNG para que podan sumarse ás forzas nacionalistas de esquerda de Galiza a esta macrocoalición. \"Hai unha diferencia substancial entre as forzas nacionalistas galegas e as estatais: nós traballamos porque Galiza teña voz directa en Europa, non para os intereses dunha forza política estatal\". Tendo en conta que se trata dunha circunscrición estatal, explicou Vence, \"a mellor opción é sumar con outras forzas políticas en Galiza que teñen este perfil nacionalista de esquerdas e coas forzas doutros territorios que comparten o mesmo obxectivo\". Tamén afirmou que \"a unidade de acción do nacionalismo segue a ser un obxectivo do BNG, desde o convencemento de que é o mellor para o país\", concluíu. Espíritu de Riotorto Xavier Vence entende que hai 8 meses comezou unha nova etapa no BNG que \"nos permitiu recuperar o impulso político e liderar a oposición ás políticas de recortes e de fiscalidade regresiva do PP, tanto nas institucións como na rúa\". \"Debemos atender as necesidades da maioría social e dos colectivos máis castigados pola crise\" Salientou, asemade, que o BNG \"demostra nos concellos onde goberna que somos capaces de levamos a cabo iniciativas diferentes, cun sinal de identidade propio que consiste en atender ás necesidades da maioría social, dos colectivos máis castigados pola crise, no que temos denominado espírito de Riotorto\"."}
{"ID": "NOS_11149", "summary": "Adega afirma que \"unha vez \"desactivada\" a proposta de ampliación de 2011, moitos dos espazos propostos para integrarse dentro da Rede Natura ficaron desamparados, e foron presa fácil da especulación enerxética e forestal\".", "text": "O día 22 de decembro de 2011 saía a exposición pública a última proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para Galiza , un día despois de que Samuel Juárez, o daquela conselleiro do Medio Rural, a presentase no Parlamento. Con isto deu comezo o procedemento de ampliación e actualización dos Lugares de Importancia Comunitaria 2000 no noso país. \"Curiosamente, Juárez, apenas aguantaría no cargo 13 días máis\", lembran desde Adega, Asociación para a defensa ecolóxica da Galiza. Naquel texto que agora cumpre unha década dicíase que \"a Rede Natura 2000 en Galiza atópase actualmente composta por 16 zonas de especial protección para as aves (ZEPA) (…) e 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), e que, en conxunto, ocupan unha superficie de 389.737 ha\", e engadía que \"a actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galiza foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso completar a aplicación en Galiza da Directiva 92/43/CEE (…)\", isto é, a célebre Directiva de Hábitats. Grazas a esta proposta de ampliación, explica Adega nun comunicado, a Rede Natura 2000 de Galiza (LIC+ZEPA) pasaría a ter unha superficie total de 537.416 ha (incremento de 147.851 ha), polo que se pasaría do 12,1% da proposta inicial (ano 1999) ao 15,2% protexido no territorio galego \"Dez anos despois daquel 22 de decembro, as contas que facemos da ampliación de Rede Natura 2000 prometida son: 0 Novos LICs terrestres declarados, 0 LICs terrestres ampliados, 0 Novas ZEPAs terrestres declaradas e 0 ZEPAs terrestres ampliadas: 0\". \"Así pois, a parte terrestre da Rede Natura 2000 en Galiza está, dez anos despois, tal e como se designou orixinalmente e, paradoxalmente, máis desprotexida que nunca\", sosténa asociación. Adega afirma que \"unha vez \"desactivada\" a proposta de ampliación de 2011, moitos dos espazos propostos para integrarse dentro da Rede Natura ficaron desamparados, e foron presa fácil da especulación enerxética e forestal\" \"Como se pode ver no mapa do rexistro eólico de Galiza, moitos dos puntos de novos proxectos coinciden con áreas propostas para a Rede Natura 2000 en 2008 e tamén en 2011, e que agora corren risco de ser invadidos pola actual vaga eólica. Entre os numerosos exemplos atopamos: Cordal de Montouto, Alto Mandeo. Serra da Groba e Altos de Toroña, Noroeste de Valdeorras\". Paralelamente, denuncia Adega, as plantacións de eucalipto medraron a un ritmo imparábel na metade norte de Galiza nos últimos anos, afectando a espazos que estaban incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura en 2008 e tamén en 2011, como por exemplo: Brañas do Deo, Serra da Cova da Serpe, Alto Mera ou Cabeceiras do Eo e Navia."}
{"ID": "NOS_29878", "summary": "Pachi Vázquez carga contra \"as mentiras de Feijóo\" e pon en cuestión o anuncio realizado nun mitin polo candidato popular de que se manterá a tarifa eléctrica para a factoría de Alcoa.", "text": "Pachi Vázquez expresou o seu \"apoio total para resolver o caso de Alcoa\" mais puntualizando \"cando o publique no BOE\". O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, reaccionaba así perante o anuncio de Feijóo no que o candidato popular comprometía o mantemento da tarifa eléctrica para a factoría, condición demandada pola empresa para non abandonar o país. O socialista fixo estas declaracións desde un mitin en Foz, no que estivo acompañado entre outros do ex ministro Pepe Blanco, onde alertou das \"mentiras de Feijóo\" con referencias ás cifras do déficit, discutidas por un informe do Consello de Contas, ou os contratos con PEMEX. Vázquez criticou que Feijóo \"anuncie unha orde que ninguén viu e agora pretende que deamos por arranxado o de Alcoa\" e exixiulle \"parar xa de contar mentiras\". Asemade, o candidato socialista apostou polo I+D+i como factor para favorecer o crecemento económico, desexando que \"quen emigre non sexan os nosos fillos senón os nosos produtos\"."}
{"ID": "PRAZA_15414", "summary": "Ángel del Real aclara que, \"sen dúbida\", adoptaría as mesmas decisións que en 2002 e cre que o afastamento do buque non agravou os danos na súa estrutura.", "text": "Continúan as diferenzas en canto á xestión que se fixo da catástrofe do Prestige. Aínda que son maioría os implicados que, até o de agora, censuran as decisións do Goberno e especialmente a decisión de afastar o buque a alta mar, o xuízo que continúa na Coruña segue a diferenciar entre aqueles cargos máis vinculados ao Goberno e os que exercían de maneira máis independentes. Desta vez, o ex capitán marítimo da Coruña, Ángel del Real, manifestou que \"sen dúbida\" adoptaría as mesmas medidas que se tomaron hai dez anos e reiterou que afastalo era \"menos perigoso\" que levalo a un porto refuxio polo \"risco inminente\" de afundimento. \"Non sabiamos se ía durar catro horas a flote ou seis días\", dixo Ángel del Real Del Real coincide así con López Sors. \"Non sabiamos se ía durar catro horas a flote ou seis días\", asegurou o ex capitán marítimo da Coruña e actual presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol na segunda sesión da súa declaración como testemuña. Así, rexeitou que o afastamento agravase os danos do buque e recalcou que o mesmo día do sinistro, o 13 de novembro, presentaba \"danos estruturais graves\" e unha \"sobrecarga\". Desta sobrecarga, responsabilizou ao capitán do Prestige, Apostolos Mangouras, por encher os tanques de lastre con auga, para corrixir a escora tras a avaría inicial. Así, expuxo como outras alternativas o transvasamento de carga a outro tanque ou \"verter fuel ao mar\", en alusión aos plans dos que dispoñen os petroleiros. Ademais, e respecto á celebre frase de Mariano Rajoy na que aseguraba que o fuel se \"solidificaría\", Ángel del Real recoñece que lla trasladou aos seus superiores porque foi o que oíu nunha das xuntanzas do gabinete de crise durante a catástrofe, pero asume que en realidade o que se quería dicir era que \"se faría máis denso e tardaría máis en saír do barco en caso de fugas\"."}
{"ID": "PRAZA_11328", "summary": "Ata que conseguiron substituír militantes por fans ou seareiros, non descansaron. Así é como foron convertendo a política nun cóctel mediático de futboleiros e maruxeo, nunha trapeleada aborrecida que nin sequera serve para matar algo o tempo, malia que dependa dela o futuro das nosas vidas.", "text": "\"Nessas sobrelojas, salvo ao domingo pouco freqüentadas, é freqüente encontrarem-se tipos curiosos, caras sem interesse, uma série de apartes na vida\". (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).Querido sobriño: Isto cambiouche moito! Agora non hai líderes, hai xefes políticos que, no canto de aprecialos, temos que padecelos. Xa non fan propostas porque se dedican a porfiar entre eles a ver quen pon o listón máis abaixo e, como o chan os iguala a escape, acabaron por converter a cachola nunha sorte de trado que só serve para esfuracar a codia terrestre. Como diría Rajoy, «cuanto más hondo, más profundo». Mais o único profundo que os define é esa somnolencia que tanto os aparva.Uns e outros, alumnos do mesmo adestrador, acabaron por considerar o Manual da mediocridade como o seu libro de cabeceira, e así van por aí facendo os mesmos acenos e repetindo os mesmos discursos, superfluos e baleiros, ata o punto de que un ten que andar moi fino de orella, se pretende atopar o matiz que os diferenza. Todos proceden da canteira. Son funcionarios do aparato que, a base de axotar os discrepantes, conseguiron facerse amos do poleiro, trocando o partido ao que pertencen na razón da súa existencia. O fin é o de menos, o que conta é o medio e a cara. Iso é a nova política: saír nos medios con frases bonitas que ninguén entende. «Nós temos un plan para Ourense», «Lugo necesita un cambio». E, se lle preguntas cal é o plan ou en que consiste o cambio entón vénlle a carraspeira, tosen e cambian de conversa.Ata que conseguiron substituír militantes por fans ou seareiros, non descansaron. O éxito non puido ser maior. Agora os seus seguidores son cuspidiños a eles: «Feijoo é un político de Estado», «Pedro Sánchez fai o que ten que facer», «O BNG é o único que ten proxecto de país». Así é como foron convertendo a política nun cóctel mediático de futboleiros e maruxeo, nunha trapeleada aborrecida que nin sequera serve para matar algo o tempo, malia que dependa dela o futuro das nosas vidas. Ah! Por moito que furguen, caro sobriño, continuarán créndose os reis do mambo mais as ideas, gústelles ou non, aínda nos pertencen. Non porque non lles sobren mañas e valor para arrincárnolas senón porque para ser como son non precisan telas. Hai que goderse con estes petulantes do nabo! Unha aperta. Lisardo Quintas Teixeira."}
{"ID": "NOS_14353", "summary": "Inicialmente Patrimonio rexeitara cubrir o símbolo", "text": "A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza autorizou cubrir o escudo franquista presente na fachada do IES Santa Irene de Vigo, logo de que inicialmente o rexeitase por \"perigo de danos\" na zona na que se localiza. Segundo informou a Consellaría de Cultura e Turismo nun comunicado, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural aceptou o expediente de modificación da proposta de actuación no escudo franquista do centro educativo logo de que se optase por tapar o símbolo fascista con metacrilato en lugar de cunha chapa metálica de aceiro inoxidábel, como se pretendía inicialmente. Para Patrimonio, esta fórmula é \"máis branda e respectuosa\" co inmóbel que a anterior, razón pola cal acepta que se tape un escudo que definiu como \"un dos elementos pétreos singulares do edificio\". Indignación entre os colectivos memorialísticos A negativa da Xunta da Galiza de tapar ou retirar esta simboloxía da ditadura da fachada do IES Santa Irene de Vigo provocou a indignación entre colectivos memorialísticos como Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), que afirmou que logo de 45 anos da morte do ditador as escusas son \"inaceptábeis, e máis no eido do patrimonio, no que o franquismo se caracterizou por destruír milleiros de bens materiais e inmateriais do noso pobo\". Por iso, defenden que a \"tímida lexislación non pode ser interpretada a favor de que o escudo franquista sexa considerado en si mesmo como valor histórico ou artístico, tal como fixo a Xunta da Galiza\". \"É un insulto ás vítimas do fascismo\", conclúen."}
{"ID": "NOS_44386", "summary": "A proposta do BNG santiagués avoga pola elaboración dunha programación específica sobre o centenario do SEG.", "text": "A portavoz municipal do BNG de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, presentoulle unha proposta ao reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, para conmemorar o vindeiro 2023 o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG). No noventa aniversario do Seminario de Estudos Galegos O BNG, que levará esta iniciativa no pleno do Concello compostelán, subliña que o SEG foi \"unha institución que quixo pór en valor todos os aspectos da cultura galega que estaban ausentes dos estudos universitarios e, realmente, a conformación dun grupo ao que se van unindo a intelectualidade galega, as Irmandades da Fala e a Xeración Nós; as persoas creadoras do ensaio en lingua galega cunha investigación de alto nivel\". \"Hai 100 anos que a cidade de Santiago de Compostela, sede do Seminario de Estudos Galegos, era tamén sede da capital científica dunha Galiza con futuro representada nesa xeración de profesorado e de universitarios e universitarias que iniciaron novas liñas de investigación sobre o país e desde o país\", indicou Sanmartín. Antonio Fraguas e o Seminario de Estudos Galegos Segundo explicou a portavoz municipal nacionalista, \"hai que aproveitar este momento para dar a coñecer o papel das investigadoras que formaron parte do SEG, pioneiras na ciencia en Galiza como Dolores Lorenzo Salgado, Amparo Aranga, Encarnación Fraga, Luísa Cuesta, Xosefa Iglesias Vilarelle, María Corredoira, Sara Leirós ou Pura Lorenzana e visibilizar o testemuño de mulleres desa época como Olimpia Valencia ou María Tobío\". Proposta do BNG de Santiago A proposta do BNG santiagués avoga pola elaboración dunha programación específica sobre o centenario do Seminario de Estudos Galegos e a súa relevancia como institución impulsora dos estudos científicos e da investigación na Galiza. \"O museo ten que explicar o que é a sociedade galega actual, niso traballamos\" Ademais, os nacionalistas propoñen que o Concello de Santiago colabore e apoie aquelas iniciativas que xurdan da base asociativa e cultural da cidade. Aposta tamén por crear un premio específico de investigación científica para novos grupos relacionados coa Galiza en calquera das disciplinas científicas. O BNG busca que o Concello promova, coa implicación económica precisa, iniciativas investigadoras e artísticas como exposicións e rutas pola cidade de Compostela que singularicen o espazo e que o relacionen coa investigación científica, sinalando os lugares do saber e da ciencia relacionados co SEG. Ricardo Carvalho Calero e a autonomía galega (1931-1936) \"Trátase dunha iniciativa que debe ser consensuada en primeira instancia coa Universidade de Santiago de Compostela e tamén con outras institucións como o Museo do Pobo Galego e asociacións culturais para apoiar as propostas que xurdan para esta conmemoración e que se leve aos centros de ensino para dar a coñecer como merecen as figuras desta etapa da nosa historia\", concluíu Sanmartín."}
{"ID": "NOS_11145", "summary": "Sen case tempo para descansar logo dunha intensa xornada ligueira onde o Celta foi o único equipo galego das tres principais categorías capaz de facerse cos tres puntos, as escuadras do país afrontan unha nova edición do torneo do KO conscientes de que calquera tropezo será dicir adeus, pois este dispútase a partido único.", "text": "A fase final da Copa de fútbol arranca esta terza feira para tres dos sete representantes do país: Celta de Vigo, Rácing de Ferrol e Victoria Club de Fútbol, aos que seguirán entre a cuarta e a quinta Club Deportivo Lugo, Real Club Deportivo da Coruña, Bergantiños e Arenteiro. Programada a partido único até as semifinais, o formato escollido abre a posibilidade de que se produzan sorpresas como a que o Victoria coruñés, que milita na Preferente, quere protagonizar ante nin máis nin menos que o vixente campión da Europa League, o Vilarreal, ás 19 horas no escenario de excepción que para o modesto conxunto herculino supón o estadio de Riazor. Dúas horas máis tarde será a quenda do Celta e do Rácing de Ferrol. Os vigueses -que formarán de inicio cos habituais suplentes na competición ligueira- visitan a casa dun Ebro aragonés que, a pesar de militar na Segunda RFEF, como no caso do Victoria terá a recompensa de xogar nun gran campo como é A Romareda de Zaragoza. Finalmente, os Diaños Verdes do Rácing de Ferrol terán que afrontar un compromiso de altura ante o Albacete no Carlos Belmonte, pois o Queixo mecánico, recentemente descendido á Primeira RFEF, vén demostrando na categoría de bronce a súa solidez e por que está considerado como un dos grandes favoritos para regresar á Segunda División. Fin á xeira celeste de catro partidos sen gañar A pesar da boa sensación deixada en varios deses partidos, que incluíron empates ante grandes como Barcelona e Vilarreal, a realidade é que o Celta de Vigo acumulaba catro xogos sen gañar e volvía achegarse á zona baixa da táboa. Afortunadamente, e nun encontro moi condicionado pola neve, gañou o Alavés (1-2) en Vitoria e agora encara con optimismo o mes de decembro. O Lugo non é quen de superar o fechacancelas Desafortunadamente, o único representante do país na Segunda, o Lugo, non puido superar Alcorcón (1-1), fechacancelas da categoría e incapaz de gañar máis de dous partido até o momento. Nin un só triunfo galego na Primeira RFEF Non mellor sorte correron Deportivo -empate a un co Bilbao Athletic-; Celta B -mesmo resultado co Estremadura-; e Rácing, derrotado polo Sanse madrileño (1-0)."}
{"ID": "NOS_45254", "summary": "Segue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto.", "text": "🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 19.21 | A ONU eleva a 1.179 os falecementos de civís ucraínos desde o comezo da guerra A Oficina do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, dependente da ONU, informou nesta terza feira da confirmación de falecemento de 1.179 civís ucraínos desde o comezo da ofensiva militar rusa en Ucraína, o pasado 24 de febreiro. O organismo tamén confirma 1.860 persoas feridas. 17.32 | Ucraína propón a Rusia a súa renuncia á OTAN e unha futura negociación sobre Crimea As negociacións entre as delegacións rusa e ucraína desprazadas a Istanbul deixaron como principal proposta da parte ucraína a súa renuncia definitiva a formar parte da Organización sobre o Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Tamén, por primeira vez desde 2014, ábrese a negociar con Rusia sobre a situación de Crimea, mais estabelece como condición que se produza nun período de 15 anos. Como contrapartida, o Goberno ucraíno pide poder garantir a seguridade dos seus territorios mediante acordos con terceiros países, a excepción das Repúblicas Populares de Donetsk e Luhansk. 15.56 | Rusia afirma que reducirá a ofensiva militar nas zonas de Kíiv e Chernigov O viceministro de Defensa do Goberno de Rusia, Oleksandr Fomin, afirmou nesta terza feira que o exército ruso reducirá de forma significativa as operación de ofensiva militar que está a desenvolver até o de agora nas zonas de Kíiv e Chernigov. Asemade, instou a que se respecte a legalidade internacional en materia de tratamento dos prisioneiros de guerra, e exixiu a Ucraína a \"eliminación total da tortura contra os prisioneiros de guerra rusos\". 13.34 | Máis de 3,9 millóns de refuxiados saíron de Ucraína desde o inicio da invasión O Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (ACNUR) estima que máis de dez millóns de ucraínos tiveron que abandonar os seus fogares nun mes. case catro millóns saíron do país como refuxiados. Polonia, con 2,3 millóns de chegadas, é o país que máis refuxiados recibiu. 12.06 | Por que Alemaña persegue o símbolo 'Z' da guerra en Ucraína? Desde o inicio da guerra en Ucraína, un 'Z' en branco apareceu sobre os tanques e uniformes das forzas rusas e desde entón trasladouse a diversos espazos públicos como mostra de apoio a esas tropas. O artigo 140 do Código Penal alemán castiga con até tres anos de prisión e unha multa a quen aprobe publicamente as guerras de agresión. Por que Alemaña persegue o símbolo 'Z' da guerra en Ucraína? 10.13 | Comeza en Turquía unha nova rolda de negociacións entre Rusia e Ucraína O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, reclamou un acordo de cesamento do fogo no marco da reunión que ten lugar en Istambul e resaltou que un avance neste sentido faría o camiño máis doado cara a un encontro cara a cara entre os presidentes Vladimir Putin e Volodimir Zelenski. \"Cremos que non haberá perdedores nunha paz xusta. Prolongar o conflito non vai en interese de ninguén\", argumentou o mandatario, segundo recolle a axencia estatal turca de noticias, Anatolia. Comeza en Turquía una nova rol da de negociacións entre Rusia e Ucraína 09.47 | Ucraína cifra en perto de 17.200 os soldados rusos mortos en combate O Exército de Ucraína cifrou hoxe en case 17.200 os soldados rusos mortos en combate desde o inicio da guerra, unha cifra moi superior á recoñecida até o de agora por Moscova, que o venres asegurou que morreron máis de 1.350 militares desde o inicio dos enfrontamentos o pasado 24 de febreiro. 09.30 | Rusia asegura que ninguén está pensando en usar armas nucleares en Ucraína O portavoz do Kremlin, Dimitri Peskov, afirmou esta segunda feira que as palabras do presidente ruso, Vladimir Putin, sobre a intervención de países terceiros na \"operación militar especial\" non se referían ás armas nucleares e que ninguén está a pensar en utilizar este tipo de armas en Ucraína. \"Calquera resultado da operación, por suposto, non é motivo para o uso dunha arma nuclear. Temos un concepto de seguridade que estabelece moi claramente que só cando existe unha ameaza para a existencia do estado no noso país, podemos usar e realmente usaremos armas nucleares para eliminar a ameaza\", dixo nunha entrevista na cadea de televisión PBS recollida por Europa Press."}
{"ID": "PRAZA_4064", "summary": "O Consello da Cultura Galega publica 23 cartas do epistolario do homenaxeado no Día das Letras. As misivas abranguen dende os anos 30 ata finais da década dos 70 e nelas revélase a amizade que uniu ao ferrolán cos restantes persoeiros. O CCG xa publicara as 167 cartas cruzadas con Otero Pedrayo.", "text": "O Consello da Cultura Galega vén de incorporar á súa web especial dedicada a Ricardo Carvalho Calero un conxunto de 23 cartas que o autor homenaxeado no Día das Letras deste anos cruzou con Valentín Paz-Andrade, con Luís Seoane e con Xosé María Álvarez Blázquez ao longo da súa vida. Este epistolario abrangue dende os anos 30 ata finais da década dos 70 e nas misivas revélase a amizade que uniu ao ferrolán cos restantes persoeiros. O CCG xa publicara as 167 cartas cruzadas con Otero Pedrayo, ademais doutros materiais.Nunha carta a Seoane descríbese a si mesmo como un \"un home envellecido e malencólico, pantasma de sí mesmo, supervivinte doutros tempos i estrano nístes\"Estas cartas amosan o lafo máis íntimo de Carvalho Calero. Por exemplo, nunha delas, remitida a Luís Seoane, confésase \"sentimental como eu son segredamente\" e descríbese a si mesmo como un \"un home envellecido e malencólico, pantasma de sí mesmo, supervivinte doutros tempos i estrano nístes\". De igual xeito, afirma que \"a miña soedade interior non é pra cultivar en mín unha sociabilidade que nunca poseín en grao sobresaliente. O certo é que a túa muller e ti deixáchedes na miña lembranza o mellor dos recordos; e María comparte enteiramente istes sentimentos. Sempre vos consideraremos dous irmáns, e onde queira que voltemos a nos ver, será pra nós un grande contento vervos\".Carvallo Calero revela a represión sufrida durante o franquismo e trasládalle a Seoane que \"só a resurreición do pasado, na persoa dos vellos amigos apertados dempóis de longa ausencia, torna a infundir algún quentor na miña friaxe\"Nas misivas Carvallo Calero revela a represión sufrida durante o franquismo e trasládalle a Seoane, despois de pasaren unha fin de semana xuntos, que \"só a resurreición do pasado, na persoa dos vellos amigos apertados dempóis de longa ausencia, torna a infundir algún quentor na miña friaxe\". Nas cartas percíbese a fonda amizade que os une e falan, entre outros temas, da oposición como catedrático de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago que gañou Carvalho Calero e da que Seoane soubo por Ramón Piñeiro. Tamén do esvaemento da colectividade galega de Bos Aires, e, por suposto, de literatura, do último libro de Ramón Cabanillas e do gran proxecto de Carvalho Calero, a súa \"Historia da literatura galega contemporánea\".Con Xosé María Álvarez Blázquez intercambia poemas e referencias bibliográficasNo epistolario con Valentín Paz-Andrade podemos ver os pormenores da preparación dun mitin en Ferrol, pero tamén de aspectos máis persoais, como a preocupación de Carvalho Calero polo seu amigo, que acababa de ter un accidente.Máis numeroso é o epistolario que se conserva con Xosé María Álvarez Blázquez, no que intercambian poemas, referencias bibliográficas e información no gran proxecto de Carvalho Calero, a quen Álvarez Blázquez lle agradece que o propuxera para ingresar na Real Academia Galega. No marco dese arquivo tamén aparece unha carta con Xosé Luís Lomba Alonso.Epistolario con Otero PedrayoAs 167 cartas con Otero Pedrayo corresponden a un período que vai de abril de 1949 a outubro de 1974 e permitíronnos coñecer a amizade entre as dúas figurasHai unhas semanas o Consello da Cultura Galega botou a andar un sitio web que ofrece información biográfica, fotografías e audios do homenaxeado e 167 cartas cruzadas con Ramón Otero Pedrayo. É un dos epistolarios máis completos que se conservan e as cartas son case a partes iguais dos dous correspondentes (85 de Otero a Carballo, que están nos fondos do Parlamento de Galicia, por depósito familiar, e 82 de Carvalho a Otero, que están na Fundación Penzol, por disposición testamentaria). Corresponden a un período que vai de abril de 1949 a outubro de 1974 e permitíronnos coñecer a amizade entre as dúas figuras, o seu sentido de país e os proxectos comúns."}
{"ID": "NOS_5995", "summary": "Entre as bondades do texto, o PP destaca unha emenda do seu propio grupo para a dación en pagamento só unhas horas despois de tombar unha proposición do BNG co mesmo obxectivo e que aspiraba a ser debatida no Congreso", "text": "O proxecto de lei de vivenda será sometido a aprobación no pleno do Parlamento despois de ser aprobado en comisión cos únicos votos a favor do PP. Mentres a nacionalista Isabel Sánchez criticou o texto por ficar \"excesivamente sesgado cara os intereses dos promotores\", alén de reducir as sancións por infraccións en materia de vivenda e supor \"un forte recorte de reserva de solo\"; desde a portavocía do PSOE, Luis Toxo indicou que o seu grupo levará ao pleno emendas para mellorar un dictame que tildou de \"mediocre\", ao primar o libre mercado e reducir a vivenda protexida. O PP, facendo ouvidos xordos das achegas da oposición, seguiu adiante co trámite cara a aprobación dunha norma que o deputado Jaime Castiñeiras vendeu como \"pensada para as persoas\". Así, destacou a emenda do seu propio grupo parlamentar para conseguir a dación en pagamento das execucións hipotecarias só unhas horas despois de valérense da maioría absoluta no Parlamento para botar abaixo unha proposición non de lei do BNG, apoiada polo PSOE, que camiñaba nesta liña e aspiraba a ser debatida no Congreso español fronte ao código de boas prácticas para a dación en pagamento aprobado polo Goberno de Mariano Rajoy, cuxa aplicación real fica suxeita á arbitrariedade das entidades bancarias."}
{"ID": "NOS_6477", "summary": "A Casa Común de Oza, no Concello de Teo, acolle este sábado a I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas pola Dignidade. Unha cita para, sinalan, trazar novas accións e camiños de futuro sacando proveito da experiencia relacionada coa mobilización do 22M.", "text": "O 22 de marzo Madrid rebordou de ducias de milleiros de persoas que exixían a fin das políticas lesivas e agresivas para coas maiorías sociais e que demandaban, na rúa desde a rúa e para a rúa; unha outra política posíbel. Entre eses milleiros de persoas había centos de galeg@s, participantes na columna da Marcha da Dignidade que partiu de Galiza para se sumar á maré \"contra a Troika e polos pobos\". Este sábado, 26 de abril, Teo, concello lindeiro con Compostela, acolle a I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas pola Dignidade. Unha cita aberta a todos e todas aquelas que queiran asistir, remarcan @s convocantes. Desde a CUT, un dos axentes impulsores das Marchas da Dignidade, sinalan: \"O éxito atinxido o pasado 22 de marzo en Madrid non pode ser unha mera mostra de resistencia testemuñal, debería ser máis ben o comezo dunha campaña de mobilizacións masivas encamiñadas a cambiar definitivamente de réxime, a reverter as políticas destrutivas das condicións de vida da clase obreira galega\". De aí esta xuntanzadeste sábado na Casa Común de Oza, din. Para debater, coordenar, discutir, doscrepar e acordar vindeiras accións a desenvolver. Parten do convencemento de que o 22M non foi unha estación final, senón un punto de partida en torno o que artellar un movemento amplo de resposta ao rexime. Para derrubalo contan coa forza evocadora das tres palabras revolucionarias: \"Pan, Traballo, Teito\"."}
{"ID": "NOS_39466", "summary": "O extesoureiro do PP, Luís Bárcenas non tiña 22 millóns en Suíza, tiña 47. A investigación do xuíz Pablo Ruz descobre agora 25 millóns de euros máis.", "text": "Aos 22 millóns de euros do Dresdner Bank de Zürich aos que o xuíz tivera acceso súmanse agora 25 máis na banca Lombard Odier, segundo datos obtidos agora por medio da comisión rogatoria, cifra que supera os 38 que Bárcenas confesara na última declaración xudicial. Con estes datos sobre a mesa e o informe dos distintos movementos financieiro efectuados por Bárcenas, o xuíz Ruz reclama tanto á policía como á Axencia Tributaria un informe coa valoración dos datos obtidos de Suíza, para manexalo antes do 27 de xuño, data na que terá que declarar de novo Luís Bárcenas e a súa esposa Rosalía Iglesia. A nome de Rosalía Iglesias está unha das contas atopadas no Lombard Odier xunto con outras dúas que responden ao nome Obispado e Ranke, vinculadas ao que foi tesoureiro do PP desde o tempo de Aznar até xullo de 2009 en que dimitiu tras ser imputado polo Tribunal Supremo pola súa implicación no caso Gurtel, seguindo mesmo así no cadro de persoal do partido presidido por Rajoy."}
{"ID": "PRAZA_18865", "summary": "O LUME-1, que será lanzado dende Siberia nunha nave Soyuz, servirá de conexión para os microsensores instalados nos montes e para avións non tripulados que participarán no sistema de detección de incendios. Toma o relevo de XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpens (2015).", "text": "Será posto en órbita na mañá do xoves a través dunha nave Soyuz lanzadas dende a base espacial rusa de VostochnyO cuarto satélite da Universidade de Vigo, LUME-1, será posto en órbita na mañá deste xoves 27 de decembro a través dunha nave Soyuz lanzada dende a base espacial rusa de Vostochny, en Siberia. O primeiro pase sobre Galicia producirase ás 11 da mañá. Nos últimos producíronse atrasos con respecto ao calendario inicialmente previsto, que proxectaba o lanzamento para este martes 25. Porén, comprobación de última hora relacionadas coa meteoroloxía ou con algún elemento técnico, acosellaron reprogramar a posta en órbita deste nanosatélite, que sucede aos anteriores dispositivos creados na Universidade de Vigo: XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpens (2015).Toma o relevo dos anteriores dispositivos creados na Universidade de Vigo: XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpens (2015)Inserido no proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés, LUME-1 é un satélite cubesat tipo 2U, cunhas dimensións pequenas (20 cms x 10 cms x 10 cms e un peso de 2,1 quilogramos). A súa misión fundamental será dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto.O obxectivo de Fire-RS é que os sensores de terra detecten lumes e envíen as alertas ao cubesat, que rebotará a información á estación do campus das Lagoas-Marcosende. Desde alí, a información reenviarase ao centro de control de vehículos non tripulados de Toulouse, que ordenará a drones que sobrevoen a zona para recoller máis información.O obxectivo de Fire-RS é que os sensores de terra detecten lumes e envíen as alertas ao cubesat, que rebotará a información á estación do campus das Lagoas-MarcosendeCo seu lanzamento culminará o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación, pertencentes todos e todas ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática. Nos meses previos ao lanzamento, o satélite completou \"un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema\", destaca Fernando Aguado, investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.Unha vez que o satélite estea en órbita, o equipo de operacións estará constituído por tres ou catro persoas que se irán alternando durante os diferentes pases, estando previsto que haxa catro pases cada día: dous pola mañá e dous pola tarde. 25 satélites nos vindeiros anosO pasado ano constituíuse en Vigo unha Unidade Mixta de Investigación que levará a cabo o deseño, fabricación, lanzamento e operación dunha rede de 25 nanosatélitesO pasado ano presentouse en Vigo unha Unidade Mixta de Investigación, formada polo Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) da Universidade de Vigo e a empresa Aistech Space S.L. A entidade, que conta cunha axuda de 700.000 euros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), levará a cabo o deseño, fabricación, lanzamento e operación dunha rede de 25 nanosatélites co obxectivo de obter datos de posicionamento de buques e avións, xunto con fotografías térmicas da superficie terrestre e recompilar datos de redes de sensores distribuídas polo planeta. Na presentación da unidade mixta, Fernando Aguado lembrou o traballo desenvolvido na Universidade de Vigo e en Cinae que a día de hoxe suman o 42% dos satélites desenvolvidos e lanzados en España, ao tempo que avanzou que \"no período 2019-2020 se lanzarán desde Galicia catro satélites adicionais, co que Cinae terá deseñado e lanzado o 65% dos satélites fabricados en España ata esa data. É un feito tremendamente significativo\".Baixo estas liñas, o vídeo da retransmisión do lanzamento"}
{"ID": "NOS_31722", "summary": "As forzas políticas nacionalistas e soberanistas e o PSdeG-PSOE programaron actos políticos para este 25 de Xullo. Os partidos estatais integrados nas Mareas non realizan ningunha actividade este Día da Patria: Esquerda Unida apresentou o sábado un manifesto e Podemos Galicia non organizou ningún evento.", "text": "A axenda é a seguinte: Compostela 12 horas. Manifestación do Bloque Nacionalista Galego, co lema Galiza viva! Soberanía e Traballo. Partirá da Alameda, percorrerá o casco vello de Compostela e concluirá na Praza da Quintana, onde tomará a palabra a portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón. 12.30 horas. Manifestación convocada por unha comisión cidadá independentista, sob a lenda de Irmás, irmaos, em pé! Pola independência nacional. Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas. Partirá ás 12.30 horas da Alameda, ponto no que realizará unhas declaracións aos meios a portavoz Cris Rodrigues. 13 horas. Acto político de Anova no Parque de Galeras, coa intervención do portavoz nacional da formación, Xosé Manuel Beiras. 13 horas. Acto político de Compromiso por Galicia no Parque Eugenio Granell. O partido galeguista apresentará os cabezas de lista para as eleccións galegas. Está anunciada a presenza do portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban. Rianxo 12 horas. Paseo da Ribeira. Oferenda floral do PSdeG-PSOE na estatua de Castelao. Intervirán a presidenta da comisión xestora, Pilar Cancela, e o candidato á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga."}
{"ID": "NOS_47512", "summary": "A asociación Velaluz encetou unha greve de fame para reclamar \"unha protección real que non fomente o empobrecemento nin a submisión nin a continuación do maltrato\". Nun vídeo gravado por elas propias, catorce mulleres en situación de violencia machista relatan o seu testemuño.", "text": "\"Cheguei á casa cos meus dous fillos e tiña a fechadura cambiada; puxen unha denuncia e a día de hoxe sigo sen poder entrar na vivenda\". \"Xulgan as mulleres, non aos maltratadores\". \"Recibín ameazas e puñadas\". \"Atopáronme agochada nunha obra cunha ferida na cabeza\". \"A policía tívome catro horas declarando e anotando o que a eles lle conviña nun papel\". \"Eu non era nada\". \"Temo pola miña vida\". \"Solicito que se faga xustiza co meu neto e que o manteñan lonxe do maltratador que neste caso é o meu propio fillo\". E así até catorce. Son as mulleres en situación de violencia machista que sentaron diante dunha cámara de vídeo para contar o seu testemuño perante a asociación Velaluz. Unha careta agocha a súa identidade, unha cinta illante tápalles a boca e un número ou unha letra válelles como nome. \"Chámome Z\". \"Son a vítima número catro\". En greve de fame desde a terza feira, día 15, reclaman \"unha protección real que non fomente o empobrecemento das mulleres, nen a súa submisión, nen a continuación do maltrato\". As historias repítense. Ordes de afastamento denegadas. Crianzas que definen como \"secuestradas\" polos pais, os mesmos aos que denunciaron. Casos \"urxentes\" que tardan dúas semanas en ser atendidos nos xulgados. No local da asociación, que linda coa Audiencia provincial da Coruña, recibiron a visita de concelleir@s, deputad@s e militantes das forzas políticas da oposición: Vitoria Louro, María Xosé Bravo, Goretti Sanmartín e Carme Adán polo Bloque; César Santiso por Esquerda Unida; Gloria del Valle e Mar Barcón polo PSdG; ou Ricardo Saavedra por Espazo Ecosocialista. A presidenta de Velaluz, Gloria Vázquez, repasa os motivos polos que encetaron un periodo de xaxún que será \"indefinido\": que se concedan as ordes de afastamento e se suspendan as visitas das crianzas aos pais se hai indicios de violencia, que se lles retire a potestade se hai sentenza firme condenatoria, que se volva conceder o salario da liberdade --a Xunta recortou o orzamento nun 25% e desde xuño deixou de o pagar, segundo denuncia a asociación--. En resumo, que se lles ofreza ás mulleres \"a oportunidade de ter outra vida\"."}
{"ID": "PRAZA_1443", "summary": "Todas as organizacións con representación na Administración Autonómica denuncian as \"manobras\" do Goberno de Feijóo nos procesos de promoción interna para manter \"xente da súa confianza\" en altos cargos ante un \"hipotético\" cambio de poder no Executivo galego.", "text": "Os sindicatos con representación na Administración Autonómica denuncian as \"manobras\" do Goberno galego nos procesos de promoción interna para \"intentar blindar os postos máis altos do persoal funcionario, con xente da súa confianza, ante un hipotético cambio de Goberno\". Así o aseguran nun comunicado conxunto CIG, CCOO, UGT e CSIF, que sitúa destras das devanditas \"manobras\" a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (Agrupa), que cualifican de \"lobby que naceu para defender os intereses dos seus membros e que conta cunha importante capacidade de influencia sobre Función Pública\". CIG, CCOO, UGT e CSIF denuncian as \"manobras\" da Xunta a través do \"lobby Agrupa\" para \"blindar\" os altos funcionarios \"Lonxe de dedicarse só á defensa dos temas que lle competen como asociación, intenta suplantar, mediante contactos ou alegacións non oficiais, a representación lexítima dos sindicatos, condicionando un novo modelo de Promoción Interna en prexuízo dos dereitos á carreira administrativa dos funcionarios\", aseguran os sindicatos, que cualifican a actuación de \"especialmente grave\" por teren \"sospeitas fundadas de que integran ete colectivo xefes de servizo e subdirectores da Dirección Xeral de Función Pública con capacidade de decisión en materia de provisión ou selección de postos de traballo\". Isto, segundo explican, \"compromete a imparcialidade e a independencia de actuación que debe caracterizar os funcionarios públicos, así como a boa fe negocial\". \"Función Pública comete unha ilegalidade ao manter negociacións cunha asociación profesional e non cos representantes dos traballadores\" \"Función Pública pode estar incorrendo deste xeito nunha ilegalidade ao manter negociacións cunha asociación profesional e non coa lexítima representación dos traballadores da Xunta de Galicia\", o que suporía unha \"vulneración do dereito á negociación colectiva\". Os sindicatos din \"ter constancia, confirmada polo Director Xeral de Función Pública\" de que Agrupa xa presenou oficialmente alegacións á normativa en materia de función pública (Lei de Emprego Público de Galicia), e de xeito oficioso agora aos procesos de promoción interna, así como aos de acceso libre. \"Parece que a súa axuda está sendo inestimable para que Función Pública blinde os postos de xefatura de servizo, agora provistos polo novo sistema de 'concurso específico', unha LD encuberta, e demais postos directivos\". Para as organizacións sindicais, \"xa non ha dúbidas da existencia de intereses políticos para que no proceso de Promoción Interna queden vacantes moitas prazas, sobre todo as dos subgrupos A1 e A2, para dificultar ou limitar o acceso do persoal en igualdade de condicións\". O obxectivo, segundo os sindicatos, é \"reducir en moito os potenciais candidatos\" para os altos cargos \"O obxectivo é reducir considerablemente os potenciais candidatos para as xefaturas de servizo, subdireccións xerais e postos de persoal directivo\", din, tras aclarar que para poder deixar desertas estas prazas, Función Pública, á marxe dos sindicatos, \"optou por aumentar os exercicios de corrección subxectiva e por fixar temarios moi abertos, en contraposición cos anteriores modelos nos que os aspirantes se examinaban sobre disposicións normativas concretas\". \"Xuntáronse, o interese corporativo dunha asociación profesional para evitar a competencia nestes postos de máxima responsabilidade, co interese político da Xunta de deixar \"colocada\" a súa xente de confianza en postos determinantes\", denuncian sobre uns postos que \"son os máis favorecidos pola nova Lei de Emprego Pública\", que dificulta o seu cesamento ao implantar a figura do persoal directivo, así como polo novo sistema de provisión arbitrario designado como concurso específico. Facenda ameaza con \"accións legais\" Os sindicatos cren que \"con esta blindaxe\", e nun eventual cambo de cor na Xunta, o actual Goberno \"tería a posibilidade de seguir controlando desde fóra a Administración a través desta Asociación, á que lle tería moito que agradecer na redacción das convocatorias de procesos selectivos, concursos e normativa en materia de emprego público\". A resposta ante esta denuncia por parte do director xeral de Función Pública na Comisión de Persoal foi \"ameazar con emprender accións legais pola vía penal\". \"O actual Goberno podería seguir controlando desde fóra a Administración\", advirten os sindicatos \"Manterémonos firmes na defensa dos dereitos e intereses do conxunto dos empregados públicos, así como na denuncia pública, da falta de negociación e das prácticas espurias que perseguen so o beneficio duns poucos, en prexuízo dos intereses xerais dos empregados da Xunta de Galicia, como é a promoción profesional\", aseguran, polo que solicitan que ao conselleiro de Facenda que \"asuma a súa responsabilidade política\". \"Isto non é máis que a punta do iceberg de como se elaboran na Xunta as normas que afectan ás empregadas e empregados públicos, onde previamente son cociñadas con diversos lobbies, de dentro ou fóra do Goberno, para logo interpretar unha obra de teatro coa representación legal do persoal e salvar así o requisito legal de ter \"negociado\", rematan."}
{"ID": "PRAZA_19242", "summary": "O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria celebran o centenario do primeiro acto das Irmandades da Fala en Ferrol, repetindo a viaxe e o roteiro realizado en 1917 polos irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González, entre outros", "text": "O 11 de febreiro de 1917 a Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña celebrou en Ferrol un acto galeguista, o primeiro celebrado polas Irmandades na cidade. Ese acto foi anunciado polos ferroláns coma un \"mitín do rexionalismo galego\" no que ninguén ía atopar \"humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros\". Participaron, entre outros os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González., que se desprazaron en tren dende A Coruña á cidade naval. Foron recibidos \"entre aprausos e vivas a Galicia na estación do ferrocarril do Ferrol por máis de cen enxebres, entre outros; o coro Toxos e Froles co seu presidente Sr. Vaello, a rondalla Airiños da Miña Terra co seu intelixente director Sr. Pampín, o pintor D. Camilo Díaz, o poeta D. Emiliano Balás, os cómicos Charlón y-Hermida, D. Pedro Fraga de Porto e o cultísimo García Niebla\" , relata A Nosa Terra do 16 de febreiro do ano 1917, que engade que \"todos xuntos camiñaron en manifestación solemne e polo camiño espallaron follas con versos e pensamentos alusivos\". Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe, os asistentes xantaron no hotel Ideal Room, un fermoso edificio modernista deseñado por Rafael Ucha e situado na Praza de Armas. A xornada continuou coa representación dun diálogo teatral cómico representado polos senlleiros actores Hermida e Charlón máis a lectura de poemas. O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria celebran o centenario destes feitos repetindo a viaxe e o roteiro realizado en 1917. A homenaxe terá lugar o propio 11 de febreiro, partindo en tren dende A Coruña as persoas que se queiran unir ás 10.50 horas. A chegada a Ferrol está prevista ás 12:07 horas (mantendo máis ou menos o tempo do traxecto de hai cen anos). Alí as irmás e irmáns enxebres de Ferrol recibirán as coruñesas e coruñeses na propia estación do ferrocarril. Comezará nese momento un roteiro polo Ferrol das Irmandades da Fala co asesoramento do catedrático Xosé M. Dobarro. No roteiro pasarase polo edificio do Ideal Room, onde se realizará unha reportaxe fotográfica e se lerán textos das Irmandades. Haberá un xantar popular (12 euros), cunha nova lectura de textos, recital poético musical e troula, no local social da Fundaçom Artabria, sito na Travesía Batallóns no barrio de Esteiro. [A reserva previa para o xantar pódese facer a través de correiodeartabria@gmail.com ou do teléfono 669 778 474 antes do 9 de febreiro]. Ás 18:30 horas terá lugar o acompañamento e despedida ás irmás e aos irmáns da Cruña na estación do Ferrocarril, partindo o tren ás 19:15 horas, cunha chegada estimada á Coruña contra a 20:30 horas. Os e as organizadoras convidan a todas e a todos os asistentes a ir vestidas e vestidos \"coas vosas mellores galas da época, aló polo ano 1917\" Os e as organizadoras convidan a todas e a todos os asistentes a ir vestidas e vestidos \"coas vosas mellores galas da época, aló polo ano 1917\". E, de igual xeito, convídase especialmente \"ás irmás e aos irmáns ferroláns\" a \"acudiren á estación do ferrocarril para recibiren á comitiva enxebre da Cruña e acompañala polas rúas ferrolás nunha nova xornada galeguista cen anos despois\"."}
{"ID": "PRAZA_2983", "summary": "Desde este xoves os quioscos contan cunha nova referencia informativa diaria en papel, a única completamente en galego, Nós Diario, que vén sumarse á oferta xa existente en internet", "text": "Desde este xoves os quioscos contan cunha nova referencia informativa diaria en papel, a única completamente en galego, Nós Diario, que vén sumarse á oferta xa existente en internetDesde este xoves 2 de xaneiro os quioscos galegos contan cunha nova referencia informativa diaria en papel, a única completamente en galego, Nós Diario, que vén sumarse á oferta xa existente en internet. Evolución do anterior semanario Sermos Galiza, sairá á rúa de martes a sábado por 1,50 euros mentres que os sábados o xornal contará cun suplemento de fin de semana cun prezo conxunto de 3 euros. Falamos coa directora de Nós Diario, María Obelleiro. Hai once anos do último lanzamento dun diario en papel de ámbito galego, Xornal de Galicia, que pechou hai xa oito. Por que agora?A diferenza de Xornal de Galicia que era un medio bilingüe, Nós Diario sae en lingua galega de maneira íntegra porque pensamos que non hai outra maneira de exercer un xornalismo galego, centrado na Galiza que conte desde aquí o que acontece aquí mais tamén o que acontece no mundo. Por que agora? Sermos Galiza naceu en 2012 nun contexto de crise, como aconteceu con Praza.gal, con moita xente dicíndonos que era unha tolemia, pero non só aguantamos senón que medramos. E en 2017, cando fixemos o quinto aniversario, houbo moita xente que se puxo en contacto con nós para pedirnos que désemos un paso máis, que en Sermos Galiza había informacións de moito interese pero que non acababan de chegar a toda a xente. Desde o consello de administración comezaron a ver o proxecto e determinaron que para facelo posible era necesario ter un mínimo de 3.000 subscricións. Nós Diario nace xa hoxe como terceiro diario en papel de Galiza en número de subscricións, grazas a todas esas persoas que nos apoiaron e que pensaron que era posible un medio en papel. E un medio en papel para un dixital máis forte, tamén. O mínimo necesario para poñelo a andar, o que garantía a estabilidade financeira ao longo de todo este ano, eran esas 3.000 subscricións, e unha vez que se conseguen foi cando puxemos todo a andar. O diario di basear o seu futuro nas subscricións. Por que ese modelo e non os outros moitos que están a ser experimentados nos últimos anos por medios de todo o mundo?Como ben sabe Praza.gal, que tamén o sofre, todo o que ten a ver coas subvencións e cos convenios coas administracións públicas debería estar moito mellor regulamentado, ser máis transparente. A día de hoxe as axudas aos medios por levar información en galego, aínda que sexan moi cativas, a título individual parécenme que non están moi equilibradas. Canto á publicidade, cada vez somos máis a repartir e nos diarios dixitais talvez sexa máis difícil obter ese financiamento. Nós o que queremos é subsistir por nós mesmos, e despois o que veña a maiores pois benvido sexa. Pero é moi importante basealo nas subscricións porque é garantía de independencia. Fai falta un xornalismo crítico que non estea amordazado nin pola publicidade, nin pola banca, nin polas subvencións dos gobernos. Que ou como vai contar Nós Diario en papel que non puidera contar en internet?Cando naceu a televisión dicíase que ía morrer a radio, cando naceu internet que morrería a televisión, cando os libros dixitais que ían desaparecer os libros en papel. Esa apocalipse da morte do papel aínda non é tal. Evidentemente temos que camiñar cos tempos e adaptarnos á realidade, pero nós partimos de crear sinerxías entre os soporte en papel e o dixital. En ningún momento nos plantexamos isto como unha medida nostálxica senón o contrario. Na Galiza hai unha ducia de xornais en papel que contan a realidade en castelán e o que non se podía era manter esa anormalidade histórica. Pero sabemos que iso ten que vir acompasado co xornalismo en internet, que como ben sabe Praza.gal fornécenos duns recursos e unhas potencialidades que non ten o papel, como a linguaxe multimedia ou a participación coa comunidade lectora. Non é tanto que non se pode contar senón como se pode contar. Son linguaxes diferentes. O papel é unha lectura máis repousada e un xornalismo de corte máis analítico e o dixital, desde o noso modelo, é máis de contar a actualidade. Con que exclusiva se queda destes oito anos de Sermos Galiza e que lle gustaría poder contar en papel?Queremos unha forma de estar no mundo que nos faga orgullosos, crer en nós mesmas e facer de Galiza un país que poida desenvolverse por si mesmoExclusiva que sacásemos nós, lembro unha serie de reportaxes socialmente críticas sobre as prácticas de violencia obstétrica en hospitais galegos. Foi unha compañeira nosa quen levantou o escándalo que había arredor dos problemas que tiñan as mulleres para poder abortar, que marcou un antes e un despois. E todo o que ten a ver coa igualdade. Nós exercemos desde o primeiro momento a perspectiva de xénero dunha maneira transversal, desde o inicio de Sermos Galiza. Quero ter unha lembranza para dúas compañeiras, Beti Vázquez e Olaia Rodil, que empezaron cando ninguén falaba de feminismos a tratar moitísimo esas cuestións e desde aquela tratámolo de xeito transversal, empregando a linguaxe inclusiva en todas as informacións e tendo en conta a perspectiva de xénero. O que me gustaría contar nos próximos anos é que rematamos co patriarcado, porque iso significaría rematar con toda a violencia machista e toda forma de discriminación. Unha discriminación que é dupla no caso das galegas, como dos homes, polo feito de ser galegos. Queremos unha forma de estar no mundo que nos faga orgullosos de estar no mundo, crer en nós mesmas e facer de Galiza un país que poida desenvolverse por si mesmo."}
{"ID": "NOS_39674", "summary": "A competición, organizada pola Federación Galega de Fútbol, celebrou a XXIX edición en categoría masculina e a IV Copa feminina na vila de Monforte de Lemos.", "text": "O Residencia conseguiu gañar a edición deste ano da Copa Deputación de Lugo tras derrotar á S.D. Chantada por 2 goles a 1 nun apaixonante encontro que foi seguido por case un milleiro de siareir@s que se desprazaron até Monforte de Lemos para presenciar o partido. Esta segunda final, entre o S.D. Chantada e o Residencia, xogouse entre as equipas clasificadas tras unha fase previa na que participaron un total de 22 clubes procedentes das categorías Preferente e Primeira Autonómica. O campo da Pinguela tamén acolleu a final da IV Copa Feminina, que este ano contou coa participación de catro equipas, un máis que na pasada edición. A final disputárona o Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol, que resultou gañadora, por 4 goles a 0. Nesta edición participaron un total de 88 clubes de fútbol Nesta competición, organizada pola Federación Galega de Fútbol e patrocinada pola área de Deporte da Deputación de Lugo, participaron un total de 88 clubes de fútbol das categorías 1ª, 2ª, 3ª autonómica e Preferente autonómica que representan, aproximadamente, o 95 por cento das equipas da provincia."}
{"ID": "NOS_6518", "summary": "O alcalde do municipio, Manuel Conde, advirte de que a corporación non rexeita \"o progreso e as enerxías limpas\". No entanto, entende que o proxecto que achegou o Goberno noruego ao Ministerio de Transición Ecolóxica é moi agresivo co medio natural da serra de San Mamede. O rexedor contactará cos seus homólogos das localidades afectadas polo plan para instalar os eólicos a fin de intentar estabelecer unha forza común en contra da proposta.", "text": "O Concello de Vilar de Barrio manifestouse esta terza feira totalmente en contra da creación dun parque eólico na serra de San Mamede -que afectaría ao espazo natural en varios municipios- por parte dunha empresa pública noruega. O alcalde, Manuel Conde, explicou en declaracións a Nós Diario que na vila considéranse \"defensores do medio natural e das enerxías limpas, pero non todo vale en todos os sitios\". Dáse a circunstancia de que é unha das escasas veces que unha Administración pública, neste caso a nivel municipal (que son as que acostuman a dar o paso), rexeita publicamente a instalación dos eólicos. A través dunha nota de prensa explicaron que para facer a declaración analizaron a documentación que presentou a multinacional e que está dispoñíbel na sede electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica. O parque eólico de Rebordechao afectaría, tal e como é o plan da compañía, a Vilar de Barrio, máis tamén a Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo, Montederramo, Maceda, Laza, Castrelo do Val, Verín, Monterrei e Cualedro. Mais no que afecta a Vilar de Barrio, a corporación entende que a serra \"ten un valor incalculábel desde o punto de vista ecolóxico, medioambiental e social\" e que calquera actuación debería respectar esas vertentes. Dúas negativas \"O proxecto referido non conta nin co respaldo da Xunta de Montes en Man Común de Rebordechao -propietarios dos terreos- nin co aval do Concello\", insisten, polo que hai tempo, cando representantes da empresa visitaran a localidade xa lles deixaron claro que \"instalacións coa densidade e ubicación propostas conformas unha agresión medioambiental que rexeitamos\". Así, entenden que calquera proxecto, de enerxía eólica ou outro, ten que respectar o medio ambiente e contar co consenso das comuneiras, así como implicar un beneficio para o entorno. A este respecto, Conde lembra que malia que Vilar de Barrio é considerado da comarca da Limia, a realidade é que \"o 70% do territorio está no macizo central\", é dicir, en San Mamede. En consecuencia, o rexedor comenta a Nós Diario que \"calquera actuación ten que incidir no propio Concello\". Por exemplo, destaca que unha \"produción forestal importante axudaría ao Concello a ir cara arriba\". \"Nós considerámonos defensores do medio natural, defendemos as enerxías limpas como a eólica pero non todo vale en todos os sitios\", subliña o representante, se ben habería que buscar \"os sitios máis idóneos\" e o proxecto do Parque Eólico de Rebordechao implicaría \"destruír o medio\", pois mesmo afectaría á Fonte do Santo, na área na que ten o nacemento o río Arnoia. Desde o municipio lembran que a empresa noruega xa pasou por alí en agosto pero nin houbo acordo coas propietarias do monte nin apoio do Concello, e a pesar de que non hai un proxecto en firme presentado, temen que haxa un interese en obviar esas consideracións se logran que o Goberno do Estado español declare a instalación de \"utilidade pública\", porque aí non poderían facer nada. No caso de que a iniciativa siga adiante, entenden que habería que negociar e conseguir uns alugueiros para as e os propietarios \"en función da produción\" e tamén rendibilidade para todas as partes, cunha parte que \"quede na zona\". No entanto, esta posición que acadou un acordo unánime na localidade tamén podería ser máis ampla, pois o Goberno local ten previsto contactar con outras Alcaldías de concellos afectados para solicitar a súa posición e, no caso de que sexa negativa á proposta actual, facer unha forza opositora conxunta. Unha demanda pendente Conde aproveita para lembrar á Xunta que xa no mes de novembro acadaron o compromiso de facer un plan director para a serra avaliando distintas actuacións co obxectivo principal de reducir a incidencia dos lumes forestais na zona. Neste sentido, o rexedor insiste na necesidade de que se faga un \"perímetro e se limpen os camiños tradicionais\" que dan paso á parroquia de Rebordechao, afectada polos incendios presuntamente provocados do ano pasado. Así mesmo, lamenta que tendo un 70% da localidade en superficie de monte sexan o único concello da zona que non ten á súa disposición \"dun tractor-desbrozadora\"."}
{"ID": "NOS_6680", "summary": "Na mañá desta cuarta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asistiron a inauguración dunha pasarela que une o centro comercial Marineda City co polígono de Agrela. A obra, cun custo que ascende aos dous millóns de euros, estreouse con case un ano de retrasos.", "text": "Esta terza feira o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixoo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, desprazáronse á Coruña para a inauguración da pasarela de Baños de Arteixo xunto a rexedora herculina Inés Rey. A que Vázquez cualificou de \"obra icónica\", \"chamada a converterse nun emblema\" da cidade, une o centro comercial Marineda City co polígono da Grela. \"Un agasallo anticipado de Nadal\", en verbas do PP coruñés, que enlaza un ano de retrasos na súa apertura. O presidente da Xunta salientou que a obra contribúe a \"humanizar\" a paisaxe industrial do polígono, \"como un espazo de lecer e esparcemento\" para a cidadanía. María García, voceira da Marea Atlántica, lembrou a Feixoo que a cidade \"segue agardando pola Intermodal, o saneamento da Ría do Burgo ou as obras dos colexios públicos\". \"Tamén pola construción da pasarela de Pedralonga, que acumula anos de retraso. É igualmente fundamental para a seguridade peonil, pero neste caso atópase nun barrio popular\". O BNG local acusou nesta xornada a Feixoo de \"maquillar a falta de compromisos do Goberno coa Coruña\" con esta inauguración. \"Desde que é presidente os investimentos limitáronse a escolas infantís financiadas por unha fundación privada -a de Amancio Ortega-, a rehabilitación da Fábrica de Tabacos e agora a construción dunha pasarela que dá acceso a unha grande superficie comercial\", denuncian. Oito anos En 2011, o concello da Coruña demandaba á Xunta da Galiza a construción dunha pasarela que facilitase o tránsito de persoal e clientes ao centro comercial. Cinco anos despois o Goberno autonómico respondeu, enmarcando a súa construción nun plan de sendas peonís e de ciclistas para toda Galiza. \"Imos facer a gran pasarela entre o Marineda e a Grela, que é o que lle importa á xente e non os referendos de autodeterminación\", afirmaba Feixoo en 2016. Un ano despois, a conselleira de Infraestruturas asegurábaa para o 2018. O DOG da súa licitación detallaba un importe de 1.947.841, case o dobre do inicialmente calculado. O 80% foi extraído do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea."}
{"ID": "NOS_5773", "summary": "Os recortes están a provocar situacións de desatención nas persoas dependentes. O Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza é tallante á hora de rexeitar \"de pleno\" os recortes sobre a dependencia.", "text": "O Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza denuncia que os recortes en materia de dependencia están a provocar \"situacións de desatención nas persoas dependentes\". Os novos recortes, comunicados por carta da propia Conselleira de Benestar, están a provocar, segundo o colectivo de profesionais do Traballo Social, que as familias e persoas dependentes podan prever as novas situacións \"xa que o método de cálculo é pouco claro, ademais de tremendamente inxusto, sendo unha lexislación que o único que fai é blindar por lei unha política de recortes á cal nos opoñemos\". Segundo Marta Capeáns, presidenta do Colexio, a redución da libranza, unhas pensións de 600 euros e o custe mínimo de 1.700 euros ao mes nunha residencia fan imposíbel que as familias asuman a situación e conduce a defender a necesidade \"dun sistema público de atención á dependencia\". O COTSG insta ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a parar con esta política de recortes\".Esixen á Xunta a \"dar a cara\" perante esta grave situación xa que, segundo din, aínda que moitas das competencias dependan do goberno central, a Xunta conta con capacidade \"para facer aumentar o gasto público por dependente atendido en Galicia, ao igual que para investir cartos para erradicar a pobreza\". Avogan, deste xeito, para que a dependencia sexa incluída no modelo de financiamento autonómico , ao igual que ensino e sanidade, como única maneira de salvar un sistema que, ao seu ver, se atopa \"colapsado\"."}
{"ID": "NOS_24310", "summary": "Catro xornadas de mobilizacións pola liberdade de expresión leva o Estado após a detención de Pablo Hasél, con episodios de disturbios, cargas policiais e persoas feridas. A dereita española critica as manifestacións polos disturbios e Pedro Sánchez asegurou hoxe que \"a violencia é inadmisíbel nunha democracia plena como España\".", "text": "O encarceramento do rapeiro Pablo Hasél na terza feira ocasionou xa catro xornadas seguidas de mobilizacións en distintas cidades do Estado español. Nalgunhas, vivíronse disturbios e tamén cargas policiais contra manifestantes que foron captadas en gravacións que deixan testemuños impactantes do atropelo dunha persoa en Tarragona por un coche da Garda Urbana, de insultos e agresións a unha rapaza en Madrid, ou violentas cargas en Valencia e Barcelona, onde unha moza de 19 anos foi dada hoxe de alta após perder un ollo por un disparo dunha bala de 'foam' que o observatorio de dereitos humanos catalán Irídia atribúe aos Mossos d'Esquadra. As cargas policiais están a avivar a tensión na rúa mais tamén no seo do Goberno español. A violencia é \"inadmisíbel\" e actuarase \"con contundencia\" para preservar a seguridade cidadá, avisou onte o presidente Pedro Sánchez, marcando perfil a respecto dos seus socios de Goberno, Unidas Podemos (UP), que defende as manifestacións fronte á condena de Hasél. Ademais, o líder de UP e vicepresidente segundo do Executivo, Pablo Iglesias, cuestionou a semana pasada que no Estado haxa normalidade democrática \"plena\", producindo fondo malestar no PSOE e causando peticións de cesamento por parte do PP, Vox e Ciudadanos. E neste contexto foi no que esta sexta feira Pedro Sánchez sentenciou que \"o uso de calquera tipo de violencia\" é \"inadmisíbel\" nunha \"democracia plena\", empregando o mesmo termo utilizado por Iglesias cando cuestionou a calidade democrática do Estado. Sánchez quixo deixar claro que non hai nada que xustifique o uso da violencia. Así o puxo de manifesto ao comezo da súa intervención no acto para presentar en Mérida o Plan de recuperación, transformación e resiliencia da economía española. Iso si, recoñeceu que \"a democracia española ten unha tarefa pendente, que é ampliar e mellorar a liberdade de expresión\" en liña co que xa existe noutros países europeos, para o que, ao seu xuízo, existe un \"amplo consenso\". \"O Goberno xa manifestou que vai mellorar a protección legal da liberdade de expresión\", dixo. A actuación dos Mossos aterra nas negociacións para formar Govern O non fácil encaixe entre Junts e a CUP que busca Esquerra para conformar o Govern da Generalitat ou, en todo caso, para posibilitar a investidura do republicano Pere Aragonès, suma dificultades polas cargas dos Mossos d'Esquadra nas mobilizacións en Catalunya acontecidas esta semana após a detención de Pablo Hasél. Aragonès anunciou que a súa folla de ruta contempla \"mudanzas\" en Interior na nova lexislatura para \"fortalecer un modelo de policía democrática\" que se basee na confianza entre o corpo e a cidadanía. As actuacións \"individuais\" que non se axusten á proporcionalidade e os protocolos, dixo, deben ser cortadas de raíz para \"non manchar a tarefa\" de todo o corpo de Mossos. A CUP pide a dimisión do conseller actual de Interior (de Junts) e reclama un cambio radical nas políticas de orde público se Junts quere un acordo con elas."}
{"ID": "NOS_31673", "summary": "Os clubes galegos perden esta temporada os seus estandartes. Primeiro foi Nolito rumo ao Manchester City de Guardiola por 18 millóns de euros que ficaron na caixa do Celta. Agora é a quenda de Lucas Pérez, vendido ao Arsenal por 20 millóns, dos cais só 10,5 irán directamente ás arcas deportivistas.", "text": "Lucas Pérez estaba chamado a liderar unha nova etapa na historia do Deportivo, mais a súa viaxe branquiazul foi efémera, apenas dúas temporadas, a primeira, alén do máis, reducida a meio campionato por culpa dunha grave lesión nun xeonllo. Lucas marcha porque o Deportivo continúa a ser un clube afogado polas débedas e que non está en condicións de ofertar condicións económicas vantaxosas para futbolistas da súa calidade. Perde o Dépor algo máis que un xogador, perde un símbolo, a alma da equipa nas últimas dúas temporadas. Non é o futbolista galego de maior calidade que pisou o céspede de Riazor nas últimas décadas, honra reservada a Fran González Pérez, mais si é o que máis carácter, máis determinación gañadora, ten mostrado. Tanta que chamou a atención de equipas de filosofías tan distintas como o Everton inglés ou o Fútbol Clube Barcelona. Finalmente será o Arsenal de Wenger, a máis europea das escadras inglesas, o que conte cos seus servizos. En Londres Lucas verá cumprido o seu soño de disputar a Champions. Lucas marcha porque o Deportivo continúa a ser un clube afogado polas débedas e que non está en condicións de ofertar condicións económicas vantaxosas para futbolistas da súa calidade A operación sáldase co pagamento da cláusula de rescisión do futbolista, por valor de 20 millóns de euros. Desa cantidade 6 irá ao PAOK de Salónica, que retiña parte dos dereitos do futbolista, e 14 ao Deportivo. Mais o ingreso para o Deportivo non será neto, porque 3,5 millóns irán a pagar a débeda que a entidade ten contraída coa axencia tributaria. Portanto, o beneficio para as arcas branquiazuis será de 10,5 millóns. O traspaso de Lucas permite ao Deportivo financiar a compra dos dereitos sobre Sidnei, o central brasileiro pretendido polo Valencia. O clube levantino formalizou unha oferta polo defensa por valor de 10 millóns de euros. O Dépor exerceu perante o Benfica -dono até agora do xogador- o dereito de tanteo e, portanto, faise coa propiedade do central. Pagará 6,5 millóns de euros en catro prazos. Os 3,5 restantes xa os desembolsara cando incorporara o futbolista, autor de 17 dos 41 goles do Deportivo a pasada tempada. Portanto, o Deportivo ten aínda remanente para procurar no mercado, até o 31 de agosto, un punta que feche o plantel."}
{"ID": "NOS_25470", "summary": "Este activista vigués é unha das voces que este sábado tomará parte canda Eric Toussaint, Xosé M,. Beiras ou Iolanda Fresnillo, entre outros, nas xornadas \"A débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea', organizadas por AGEe. \"\"Teñen que ser os gobernos quen decida cando se emite diñeiro, para que e a que interese\", sostén.", "text": "Miguel Quinteiro é un activista político e social vigués. Fai parte de proxectos como a cooperativa de consumo responsábel Árbore ou da asociación de consumidores Acouga. Traballou 38 anos na caixa de Vigo, sendo elixido para representar os seus compañeiros no Consello de Administración, órgano do que foi expulso por revelar segredos. Quinteiro é unha das persoas que participan nas xornadas A débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea', que este sábado decorren en Compostela organizadas por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). 'A débeda pública e a desaparición das caixas' é o título do debate no que Quinteiro participará con Antón Sánchez (AGE) e María Luisa Lores, da Asociación galega para a defensa da sanidade pública. - A raíz do título da ponencia na que vas intervir, podemos falar dunha relación entre a débeda pública e a desaparición das caixas? - Houbo unha conspiración da banca privada para se quedar con todo o mercado financeiro, un mercado que estaba repartido entre banca privada, banca pública e caixas de aforro. Teñamos en conta que na década dos 80 aínda había por volta de 80 caixas operando no Estado español. E a banca privada quería quedarse con todo. Como fixeron? O primeiro, conseguir que o Banco de España deixase de ser unha institución pública. Despois, lexislar e presionar para que as caixas acabasen sendo como os bancos, actuando como eles. Eu vin, desde o consello de administración dunha caixa, como as caixas deixaban de ser caixas. A estratexia deu os seus froitos. Desmantelar as caixas galegas foi absurdo e demencial. A banca privada é a que verdadeiramente decide cando se emite o diñeiro, que intereses, a quen... iso tería que ser decidido polos gobernos. - E a débeda pública? Non hai, é a débeda dos bancos, que a coman eles (ri). O éxito deste sistema é convencernos de que os cartos son imprescindíbeis. E iso non é así. Bon, na débeda pública unha parte vén de que os gobernos se empeñan cos bancos e acaban nas súas mans. E hai unha ferramenta que é o vencemento: a partir desa data, a pagar moito máis. E iso xa che amarra. Non deixa de ser curioso que acabemos aquí cando todas as relixións prohibían o cobro de intereses e é o cobro de intereses o que nos trae até este punto inaguantábel. \"Todas as relixións prohibían o cobro de intereses e foi o cobro de intereses o que nos trae até este punto inaguantábel\" - Fica aínda algo por contar ou dicir sobre a desaparición das caixas? - Aquí aínda ninguén explicou seriamente o que pasou, ninguén deu explicacións. Nós tentamos chegar ao comisario de Competencia da UE, falamos con deputados comunitarios para que se dese un debate sobre este tema, para que se explicase que foi o que aconteceu coas caixas, mais ficou en nada. Coas caixas houbo unha política de feitos consumados. A esaparición desas entidades en Galiza tivo non poucas secuelas, desde a perda de postos de traballo, e eran empregos cuns salarios moi dignos; até a perda de servizos; por citar só estes dous. - Debería preocuparnos a ausencia na axenda política dun debate a fondo sobre a débeda? - Debería. Esa é a miña batalla (ri). Pero hai que seguir. Eu estou na Marea de Vigo e propúxenlle ao alcalde, Abel Caballero, que por que non creaba unha caixa de aforros municipal, el que tanto saíu á rúa para berrar contra a fusión de Caixanova e Caixa Galicia. O Concello de Vigo ten capacidade para iso. Foi así como comezaron estas entidades, non é ningunha tolería. Ben, en canto á débeda pública, para min é expoñente de como é unha inxustiza, das nefastas consecuencias das políticas deses sacerdotes da economía que se guían só coa teima de cumprir co déficit. \"Eu confío e espero que a xente reaccione, nestas eleccións hai unha nova oportunidade para que desta vez perdan eles, PP e PSOE, que están ao servizo da banca\" - Desde a chegada de Núñez Feijóo, en 2009, até 2015, a débeda pública galega multiplicouse por 110% e supera os 10.000 millóns de euros. A onde vai toda esa débeda? - Intúo que unha boa parte para pagar intereses, e aí os bancos teñen moita responsabilidade. E outra parte acabará en cousas como a corrupción, supoño. - Que faría falla para reverter a situación? - Un cambio político, sen el, non variará nada. Se seguen PP e PSOE, que están ao servizo da banca e estes anos quedou ben clariño, non vai cambiar nada. Eu confío e espero que a xente reaccione, nestas eleccións hai unha nova oportunidade para que desta vez perdan eles."}
{"ID": "NOS_26178", "summary": "Cariz esquerdista no Gabinete do novo presidente.", "text": "\"O noso gabinete é do pobo, débese ao pobo e vai cara a el. Non defraudaremos a súa confianza\", afirmou o novo presidente do Perú, Pedro Castillo, no acto de xura dos seus ministros desenvolvido na noite da quinta feira (hora local) en Lima. O Gabinete conta coa presenza de varios deputados, exdeputados e excandidatos presidenciais de partidos da esquerda. E cun nome especialmente polémico: o do novo primeiro ministro, Guido Bellido. Declarado marxista, está a ser investigado por un suposto delito de apoloxía do terrorismo tras defender publicamente varios membros do grupo Sendero Luminoso, organización considerada un \"grupo terrorista\" polas autoridades peruanas. O diario conservador El Comercio considerou a súa designación como unha \"provocación mesquiña e irresponsábel\" en tanto que para La República supuxo \"un golpe baixo para quen, desde posicións progresistas, antifujimoristas e de centro político, deron respaldo a Castillo na segunda volta\". Tanto Bellido como o resto dos membros do Gabinete ministerial de Castillo deberán ser confirmados polo Congreso. Entre o resto de nomeamentos destaca o do novo titular de Relacións Exteriores, Héctor Béjar, un avogado e doutor en socioloxía de 85 anos, que en 1962 ─tras coñecer o Che Guevara en Cuba─ fundou o Exército de Liberación Nacional, un grupo insurxente inspirado na Revolución Cubana. Ademais, o cargo de ministro do Interior será ocupado por Juan Carrasco, un fiscal anticorrupción da provincia de Lambayeque, mentres que a carteira de Saúde estará en mans de Hernando Cevallos, médico, excongresista do partido esquerdista Fronte Ampla e desde hai semanas portavoz para temas de saúde de Castillo. Ministerio das Culturas Á fronte do renomeado Ministerio das Culturas, para responder ás diversidade milenaria do Perú, estará o poeta e cantautor Ciro Gálvez, que usa de maneira preeminente a lingua quechua nas súas composicións. \"Nun país diverso como o noso necesítase un ministerio que recoñeza as diversas culturas e linguas vixentes, e execute políticas onde os propios pobos orixinarios participen na súa elaboración\", manifestou na cuarta feira, durante a súa toma de posesión, Pedro Castillo."}
{"ID": "NOS_33628", "summary": "Alertan da comercialización de produtos através de tres códigos de barras distintos.", "text": "Desde a campaña internacional Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel (BDS-Galiza) alertan da comercialización de produtos procedentes dos territorios ocupados polo Estado de Israel através de distintos códigos de barras. Segundo advirten desde BDS-Galiza esta podería tratarse dunha estratexia económica sionista para esquivar o boicote dos seus produtos promovido desde 2005 e que, nas últimas semanas após os ataques a Gaza, está a recoller un maior número de apoios en todo o mundo. Neste senso, @s activistas detectaron, polo de agora, até 3 números distintos nos códigos que identifican os produtos israelitas: 729, 871, 500."}
{"ID": "NOS_29183", "summary": "Tocarán \"seis meses complicados\" até que haxa vacina ou tratamento para a Covid-19, asegurou onte o ministro Salvador Ila. O titular de Sanidade descartou un confinamento como o da primavera pero deu por seguro que se tomarán medidas \"cirúrxicas en períodos curtos\" e en función da situación en cada territorio.", "text": "Virán medidas \"cirúrxicas en períodos curtos\" e por territorios (en función da situación epidemiolóxica en cada un deles), anunciou esta sexta feira, 16 de outubro, o ministro de Sanidade español, Salvador Illa, ao tempo que descartou un confinamento como o da primeira onda da Covid-19, apuntando de cara ao futuro máis ben a medidas periódicas dirixidas a cortar a cadea de contaxios ou a \"mantelos en niveis razoábeis\". Iso si, Illa recoñeceu que esas medidas \"cirúrxicas\" comportarán sacrificio. Desta maneira quixo avalar as restricións aplicadas pola Generalitat de Catalunya coas que bares e restaurantes puxeron o fecho desde esta sexta por un mínimo de 15 días. 6 meses duros até a vacina O ministro sinalou que aínda quedan por diante \"cinco ou seis meses complicados\" de convivencia coa pandemia. \"Vén un período longo de tempo até a vacina ou tratamento\" en que se deberán tomar medidas, así como durante os meses seguintes á súa chegada, durante o tempo que se tarde en distribuírse. Illa explicou que a Unión Europea asinou tres contratos con empresas que \"están a elaborar diferentes tipos de vacinas que se repartirán equitativamente cando pasen os filtros de seguranza\". O ministro aventurou que a principios de 2021 comezará a vacinación dunha porcentaxe efectiva da poboación e que \"a situación será de máis normalidade\", aínda que destacou que o escenario que se deseñe será europeo e que até que estea vacinada máis xente no mundo, seguirá habendo precaucións. Illa tamén explicou que está a traballar coas autonomías nun borrador para precisar \"os niveis nos que se debe actuar\", coa fin de evitar confrontos como os vividos co Goberno de Madrid para fechar a capital española. Coinfección: gripe e Covid Sanidade alertou nunha nota dun aumento de mortalidade en pacientes de risco coinfectados de Covid-19 e gripe. A mortalidade pode duplicarse neses casos, di Sanidade, que recomenda a vacina antigripal ás persoas que superaron ou padecen o coronavirus e pertencen aos grupos priorizados por risco na campaña deste ano."}
{"ID": "NOS_10426", "summary": "A veciñanza da parroquia de Esteiro recolle sinaturas en apoio das alegacións contra un proxecto impulsado por Gas Natural-Fenosa e que se levantaría nunha zona de uso agrario e alto valor ambiental e paisaxístico.", "text": "O proxecto de Gas Galicia [Gas Natural-Fenosa] para instalar unha planta satélite de almacenamento e distribución de gas licuado (PGL) na parroquia cedeirense de Esteiro non convence. Non convence nin á veciñanza, nin ao Concello (o arquitecto municipal emitiu aval negativo) nin a entidades como Adega ou Somos Cedeira. Cóntao 'Olloparo', un medio con alicerce en Cedeira e antenas en todo o país. A PGL ocuparía unha superficie de perto de 6.500 metros cadrados nunha zona de uso agrario, próxima núcleos poboados, moi perto do adro de San Fiz e xeraría un alto impacto paisaxístico e ambiental. A Asociación de Veciños de Esteiro realizou esta semana unha recollida de sinaturas para apoiar as alegacións ao proxecto, informa 'Olloparo'. \"O importante é manter a unidade veciñal xa que temos razón e diante está unha grande empresa con outros intereses\", afirmou unha veciña, nunhas declaracións recollidas por este medio de Cedeira. A Asociación de Veciños de Esteiro pide \"que se mude a localización da citada instalación en vista da deficiente exposición pública do proxecto, como xa sinalou o informe técnico elevado no seu momento polo Concello a prol de que non se impulsen proxectos gasísticos de almacenamento e distribución e se potencien as renovables, e moi especialmente porque Cedeira dispón dun polígono industrial coas condicións adecuadas e maiores garantías medioambientais e sociais para acoller industrias que, como a aludida, entrañan un nivel de risco e alarma social en canto a Seguridade, Saúde, Contaminación, Impacto sobre o territorio e Agresión ambiental, entre outras. Como demostra o feito de que xa o 4 de novembro de 2011 Gas Galicia obtivese licenza para esas instalacións no Parque Empresarial A Trabe (expediente IN627A2008/9-0)\". Desde o Concello apoiouse desde un primeiro momento á veciñanza e pediuse a colaboración de todas as entidades e colectivos do municipio. Segundo lembra 'Olloparo', o goberno cedeirés xa presentou alegacións dentro do ámbito das súas competencias en base a incumprimentos urbanísticos e medioambientais"}
{"ID": "NOS_44578", "summary": "O 061 alega que había outras dúas emerxencias. A oposición pide a comparecencia do conselleiro de Sanidade e lembra que hai 3 ambulancias para cubrir 1.700 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación moi dispersa", "text": "O servizo de Urxencias Médicas 061 admitiu que unha ambulancia tardou \"46 minutos\" desde que se recibiu a chamada ata que deu asistencia a un home que finalmente faleceu no campo da festa do Sisto, en Dozón, na comarca do Deza. Segundo informaron fontes do 061 a Europa Press, a central de coordinación do servizo de urxencias recibiu unha chamada na madrugada do domingo, concretamente ás 3,19 horas, na que se alertaba que unha persoa atopábase mareada e cunha \"posíbel intoxicación etílica\". Estas fontes, que precisaron que o servizo estivo coordinado por un médico da central do 061, indicaron que, \"15 minutos despois\", recibiuse outro aviso de que a persoa estaba \"inconsciente\". Con todo, manifestan que a ambulancia chegou ao lugar \"46 minutos\" após a primeira chamada de alerta debido a que dous vehículos de asistencia sanitaria dispoñíbeis na zona atopábanse atendendo sendas emerxencias. Unha vez coñecido o suceso, os grupos da oposición con representación na Cámara galega esixiron a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para dar conta do ocorrido. Diso informou o BNG nun comunicado, no que asegura que este se pode tratar dun \"novo caso de consecuencias fatais por insuficiencia de recursos\". \"Tres ambulancias para cubrir 1.700 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación moi dispersa, tendo en conta que, nestes casos, cada minuto conta\", sinalou."}
{"ID": "NOS_29006", "summary": "O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou na comparecencia no Parlamento que así lle foi trasladado na última xuntanza da Comunidade de Países de Língua Portuguesa.", "text": "Galiza é \"candidata firme\" a facer parte da Comunidade de países de língua portuguesa (CPLP). Así o dixo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na comparecencia no Parlamento. García afirmou que así lle foi transmitido na última xuntanza desta organización do máximo nivel na lusofonía. A CPLP é unha organización internacional formada por países lusófonos, e xuxa finalidade é o \"aprofundamento da amizade mútua e da cooperação entre os seus membros\". Creouse en 1996 por Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique,Portugal e São Tomé e Príncipe. No ano de 2002 integrouse Timor-Leste. No debate sobre o 'Estado da autonomía' de 2015, Núñez Feijóo anunciara que o seu goberno ía adoptar medidas para que Galiza \"se incorporase\" á comunidade de países lusófonos, CPLP O secretario xeral de Política Lingüística compareceu na Cámara galega para presentar os datos do informe de seguimento desta lei, tal e como a propia normativa establece. Máis de 3.500 persoas estudan portugués en Galiza ao abeiro das medidas activadaspara o cumprimento da Lei Paz-Andrade. García sinalou que no curso 15/16 a materia de Lingua Portuguesa –como segundo idioma estranxeiro– impártese en 60 centros e é cursada por 1.700 alumnos, o que supón case o duplo ca no ano académico anterior. Ao abeiro do programa de lingua e cultura portuguesa desenvolvido en colaboración co Instituto Camôes, estase apoiando o ensino-aprendizaxe da lingua portuguesa en 10 centros educativos galegos para 495 alumnos. Ademais, neste momento 4 centros educativos imparten un total de 8 sección bilingües en portugués, o que supón arredor de 200 estudantes. Por outra banda, 1.127 persoas cursan esta lingua nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI). Cómpre sinalar que este proceso de ensino-aprendizaxe está apoiado por 4 auxiliares de conversa, que no vindeiro curso 2016/2017 serán 6."}
{"ID": "NOS_56909", "summary": "A escritora Ánxela Loureiro (Ferrol, 1956), autora de diversos títulos de literatura infantil e xuvenil, leva meses embarcada nun proxecto diferente: a investigación sobre as actividades políticas que realizaron as mulleres da bisbarra de Ferrol nos últimos anos do franquismo. Eis un extracto da conversa publicada no número 302 de Sermos Galiza.", "text": "Que foi o que máis lle impactou daqueles días de marzo de 1972? Realmente o que me impactou foi estar presente na manifestación o día 10. Eu viña de facer 16 anos e xamais se me borrou ese día nin os seguintes, pois para min foi como principiar unha nova vida. Xa nada volvería ser igual para min. Fun testemuña dunha barbarie aquel día e moitos días máis porque despois daquilo veu a represión, viñeron as detencións, os rexistros, as visitas ao cárcere, as continuas idas para falar con autoridades, a tristura familiar, as miradas dalgúns veciños, as listas negras... Das mulleres que entrevistei ségueme impactando a súa valentía para ser capaces de soportar tanta adversidade e manter o bo humor, e a súa xenerosidade ao perdoar tanta xente que lles fixo dano, que as humillou e que as criticou. Algo que me gusta destacar é que a maioría delas seguen loitando por unha sociedade máis xusta. É frecuente velas nas manifestacións en defensa da igualdade, por unhas pensións xustas, ou por calquera dereito humano. Foi doado recuperar material para a elaboración do libro? O traballo é complicado porque os medios de comunicación da época non informaban da maioría das actividades ou redactábanse dun xeito moi impreciso ou con comentarios manipulados pola censura; a propaganda ilegal destruíase para evitar que a atopase a policía; non se sacaban fotos para que ninguén quedase identificado e mesmo se coñecía a xente con nomes que non eran os propios. Aínda así van aparecendo dados, recortes ou algunha imaxe, pero sobre todo teño os relatos orais, que teñen moita valía. Cantas delas foron procesadas e que delitos se lles imputaban? No 72 houbo unhas sete ou oito mulleres que pasaron por comisaría, pero no cárcere estiveron catro: Rosario Alabau, Josefina Varela, Manuela Valcárcel (Mela) e Victoria Díaz. As acusacións van desde a participación en manifestación até feches de comercios ou pertencer ao Partido Comunista. As catro foron procesadas. [Podes ler a entrevista íntegra no número 302 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_55553", "summary": "O número un ao Congreso do BNG pola Coruña comparece en rolda de prensa diante da fachada marítima e insiste en que o Estado debe devolver á cidade os terreos do porto interior que vaian quedando sen uso e asumir todo o custe das obras do porto exterior, tal e como aconteceu no caso de Valencia.", "text": "\"O BNG defenderá no Congreso que o Goberno central asuma o custe de Punta Langosteira e que os terreos do porto interior sexan reintegrados de xeito gratuíto á Coruña. Non pode ser que se condone a débeda do porto de Valencia e se discrimine a Galiza\", advertiu Néstor Rego nunha rolda de prensa xunto a Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, e Francisco Jorquera, portavoz municipal do BNG na Coruña. \"Non faremos o que fixeron PSOE e Podemos\", dixo Ana Pontón criticando o papel destas formacións no Congreso durante as últimas lexislaturas. \"Hai que poñer a axenda galega real no mapa\", insistiu a portavoz nacionalista e reivindicou a presencia do BNG en Madrid. Pontón re-clamou a transferencia dos portos de interese xeral do Estado a Galiza \"por eficacia\", para \"facer una política integral\" desde a Xunta. \"Creemos que os portos son un elemento fundamental para dinamizar a actividade económica e que ninguén mellor que as galegas e galegos para xestionalos. Por iso queremos mudar esa situación facendo que Galiza xestione todos os portos\", engadiu Rego, que tamén lembrou que o BNG vén reclamando hai anos as competencias sobre o tráfico marítimo. \"É lóxico, sendo Galiza unha potencia pesqueira, sendo o corredor de Fisterra un dos principais corredores marítimos internacionais, que a política de seguranza e salvamento marítimo se siga ditando dende a meseta?\", preguntouse Francisco Jorquera."}
{"ID": "NOS_9091", "summary": "Fon Cortizo debuta na longametraxe de ficción cunha arriscada, comprometida, vangardista e profunda peza de altísimo nivel artístico-creativo confirmando o tremendo potencial que xa apuntaba no documental Contrafaces.", "text": "Após gañar o premio a Mellor Longametraxe no Festival de Cinema Internacional de Xixón (ex aequo coa polaca Marygoround) e alzarse co Mestre Mateo a Mellor Música Orixinal, 9 Fugas continúa o seu periplo festivaleiro no D'A Film Festival (Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona) que, ademais, vaise poder ver a través da plataforma Filmin entre o 30 de abril e o 9 de maio. 9 Fugas / Fon Cortizo / Galiza / 202 / 85 min. O filme comeza cunha breve dedicatoria \"ás persoas que perderon a memoria ou lles foi negada\". Toda unha declaración de intencións do tema que subxace baixo esta sorte de musical semiexperimental onde a música exerce de narradora dos acontecementos. A continuación unha voz en off comeza a articular as palabras de maneira estraña lembrando a computadora \"Alpha 60\" de Alphaville (1965, Jean-Luc Godard), mais intuímos que estamos ante un texto lido á inversa para logo ser escoitado \"ao dereito\". Unha chiscadela a como naceu 9 Fugas, onde a banda sonora foi antes que nada, xusto ao revés do que se adoita facer... Sons delicados, industriais, dodecafonismo, pinceladas de jazz ou ruído de obxectos ao caer fan unha extraordinaria partitura musical catalizadora das nove historias cruzadas, interconectadas entre si, que conforman o filme. Nove pezas creadas pola \"Orquestra Fugaz de Improvisación\", cada unha delas inspirada nun haiku do libro chinés I Ching emparellado aleatoriamente cunha ilustración de Alfonso R. Castelao. Do desconcerto e confusión inicial do preludio pasamos á curiosidade por unha historia á que lle faltan moitas pezas, quizais demasiadas... pero que nos irá atrapando a medida que se vai completando un inquietante quebracabezas onde as leis do espazo-tempo estouran polos aires debido á música que \"abriu as fendas do tempo\". A nivel visual transita entre poderosas imaxes de impecábel fotografía, pasando polo vídeo de música ao vivo, vídeo-danza ou o cinema de guerrilla captando ese instante irrepetíbel. Atención á suxestiva secuencia da nena indo para a casa ou a da muller intentando cruzar un terreo enlamado. Dúas brillantes maneiras de transmitir a angustia a diferentes niveis. Fon Cortizo debuta na longametraxe de ficción cunha arriscada, comprometida, vangardista e profunda peza de altísimo nivel artístico-creativo confirmando o tremendo potencial que xa apuntaba no documental Contrafaces (2015). Estamos ante unha das maiores promesas, non só do Novo Cinema Galego, que tamén, senón do cinema galego en xeral. Esperemos que pronto anuncie a data de proxección en salas."}
{"ID": "NOS_56119", "summary": "Fernández Davila pide que o Goberno central anule a exención de aranceis ao atún filipino, que así benefíciase dunha \"competencia desleal\" grazas a unha decisión da Comisión Europea.", "text": "A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou ao Goberno central que faga as xestións oportunas ante a UE para que \"se anule a exención de aranceis\" ás conservas de atún procedentes de Filipinas polos \"graves efectos económicos que esta medida terá no sector conserveiro galego\". Así, segundo adianta a axencia Europa Press, o demanda a deputada nacionalista nunha iniciativa rexistrada na Cámara baixa, na que Davila explica que, desde Nadal, Filipinas pode enviar ao mercado europeo unha lista de máis de 6.000 produtos libres de aranceis, despois de que a Comisión Europea decidise conceder a este país unha serie de vantaxes comerciais. Tras denunciar que isto é \"competencia desleal\", a representante do BNG advertiu ao Goberno español dos \"efectos negativos\" sobre a produción de conserva galega que \"terá que traballar nun mercado en condicións de clara desvantaxe\" xa que \"as regras do xogo non son as mesmas para todos\"."}
{"ID": "PRAZA_9262", "summary": "O Supremo confirma o dereito dunha pequena adega galega a usar o nome da avoa do seu dono para denominar os seus viños logo do recurso presentado pola empresa catalá e Pagos del Rey, que alegaban que o nome se parecía demasiado aos dos seus produtos 'Anna' e 'Analivia'", "text": "E David venceu definitivamente a Goliat. Non foi sen tempo. O Tribunal Supremo acaba de dar definitivamente a razón a unha pequena adega galega, que poderá usar xa sen restricións nin risco o nome da avoa do seu dono para o seu viño: Anadigna. Farao logo de que dous xigantes do sector, Codorníu e Pagos del Rey, intentasen evitalo pola suposta semellanza excesiva desa denominación coa que estas empresas daban a un cava, Anna, e a un branco de Rueda, Analivia. O Supremo dá a razón definitiva a unha pequena adega galega que loitou nos tribunais contra Codorníu e Pagos del Rey, que impediron que usase unha marca para o seu viñoO ditame chega logo deunha batalla xudicial de case catro anos, desde que en 2015, Carlos Rey Lustres, dono dunha pequena adega de Meaño, bautizou co nome da súa avoa o seu primeiro viño, un albariño monovarietal colleitado nas antigas terras de Anadigna. Codorníu e Pagos del Rey presentaron daquela un recurso de alzada contra a inscrición na Oficina de Patentes, que autorizara a marca para dez anos pero acabou retirándoa. Rey Lustres acudiu á xustiza. Entende que estas grandes empresas \"crense propietarios de todas as Ana, que é un nome propio\". \"Pero Anadigna era o nome da miña avoa\", explica quen tivo mesmo que acreditar co libro de familia o antropónimo da súa familiar para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) lle dese a razón a finais de 2017 cunha sentenza na que alega que a semellanza fonética coas marcas das grandes empresas do sector \"non é da entidade suficiente para que poida producir confusión no mercado\". Argumentaba o TSXG que a pequena adega galega \"pertence a unha denominación de orixe dun moi especial e valioso tipo de viño propio dunha rexión moi coñecida e específica--Rías Baixas--, moi distinto aos outros viños e licores propios das outras empresas contendentes pola marca\". \"Achándose a explicación do nome comercial no feito de que a súa avoa se chamaba María Anadigna afasta toda idea maliciosa de aproveitarse de calquera nome comercial ou marca alleas de parecida significación\", dicía o TSXG, que aseguraba que Carlos Rey limitárase a \"aproveitar como negocio unha pequena adega de viño albariño de pouca extensión e mínima produción na súa casa matriz familiar\" de Meaño, no Salnés. Os dous xigantes do sector recorreron o nome de 'Anadigna' por suposta semellanza excesiva coas marcas 'Anna' e 'Analivia'Son 9.000 botellas anuais froito do traballo nunha hectárea repartida en catro leiras fronte aos 45 millóns que produce Codorníu ou as 70 marcas diferentes e de varias denominacións de orixe de Pagos del Rey. E un nome, o de Anadigna, que lle ensinou a Carlos Rey \"a cultura do viño e o cariño pola arte de elaboralo e facer as cousas ben\". Malia que a historia rematou ben, Carlos Rey advirte de que el puido acudir ao xulgado e agardar porque a adega non é a súa principal fonte de ingresos, \"pero estes procesos poden afundir unha pequena empresa que comeza cun proxecto con máis ganas que recursos económicos\". \"Pola contra, estas grandes compañías teñen bufetes de avogados e teñen que xustificar ese gasto; para els non significa nada, pero a unha firma emerxente pódena afundir\", engade. 'Anadigna' é o nome da avoa do dono da adega: \"Ensinoume a cultura do viño e o cariño pola arte de elaboralo e facer as cousas ben\"As boas cualificacións que os viños Anadigna 2017 e Anadigna Sobre Lías 2016 recibiron en guías especializadas permitiulle a esta pequena adega facer \"un oco no cada vez máis esixente mercado do viño\" pero, segundo Rey, os cambios de nomenclatura obrigados supuxeron \"un grave impedimento para o despegue comercial da marca e, por suposto, un enorme gasto\". Porque houbo que afrontar os custos do proceso legal e 3.000 botellas xa etiquetadas e empaquetados non saíron daquela ao mercado. Segundo indica a empresa, perdeu un ano creando outra marca, Nadigna, adaptando os deseños, modificando o logotipo e cambiando todas as etiquetas, as caixas e o material corporativo. Aínda que podería reclamar danos e prexuízos, Anadigna non o fará porque son difíciles de valorar. \"Como se cuantifica o impacto negativo que todos estes cambios, esperas e perdas de investimentos en publicidade, redes sociais...? E as dificultades que isto causou coa distribución tiveron sobre o proceso de creación dunha marca xuto non momento do seu lanzamento?\", pregúntase Rey."}
{"ID": "NOS_39405", "summary": "Con dun lago escuro Marta Dacosta vén de gañar o Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A poeta leva xa máis de vinte anos na escrita e nesta entrevista debulla para nós o novo libro, a súa traxectoria e a súa face máis comprometida coa lingua, o ensino público e o país.", "text": "dun lago escuro é o novo libro de Marta Dacosta nunha traxectoria de máis de dúas décadas nas que viron a luz títulos como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, As amantes de Hamlet ou Acuática Alma e que mereceu premios como o O Grelo, González Garcés ou Martín Códax. -Despois de Acuática alma (Espiral Maior, 2011) vén de gañar o Johán Carballeira con dun lago escuro. Por que de novo o recurso á auga? A realidade é que, certamente, emprego moito elementos líquidos como símbolos. O mar está moi presente, mais non só o mar senón tamén fervenzas e ríos, auga en movemento. As fervenzas aparecen en Acuática alma, como alma en movemento, con moita forza. Agora a auga é metáfora do que se quere expresar no libro, alegoría dunha realidade na que vivimos todos e cada un de nós como di un dos poemas. O que se traslada é que imos na vida como se estivésemos nadando de costas nun lago, mirando para o ceo, ignorando o que hai debaixo de nós. Enganámonos mirando o ceo limpo e azul sen reparar nos cadáveres que están no fundo, no lago. Vivimos na mentira e nunha realidade que é só aparente. Por iso emprego a metáfora do lago, no que parece que nada acontece mais está escuro e no fondo, que hai? Pode haber lama, mais tamén putrefacción. -Por iso o seu lago, como o noso tempo, é escuro? Non é transparente, non se pode ver o fondo, non podes ver o que hai debaixo da auga. \"Enganámonos mirando o ceo limpo e azul sen reparar nos cadáveres que están no fundo, no lago. Vivimos na mentira e nunha realidade que é só aparente\" -Explica con claridade o tema, custoume ben máis entender o argumento do xurado cando di \"tinturas de crítica social que van de mans dadas coas luzadas de afirmación xenérica e as reflexións a propósito de trabes temáticas como a incerteza\". A que se refire? O libro é circular, os poemas falan de cuestións parellas e volven de novo ao símbolo do lago. Aí está a circularidade e a presenza da crítica social aínda que o libro tamén é abstracto. O que quero dicir queda claro. Non digo que vivimos nunha sociedade putrefacta, o libro ten abstracción aínda que tamén hai poemas que relatan. A palabra mentira aparece no último e no primeiro poema. Reflexionaba no sentido máis negativo das connotacións da palabra mentira, mais ás veces non é buscada, é un engano. A memoria indúcenos a mentir, devólvenos unha imaxe do pasado que non é fiel, que se foi deturpando. -Crítica social, mais non realismo, polo que di, non é? Algún poema é máis directo, algún ten que ver mesmo co que escribín hai vinte anos. Volvín atrás, a Oito e medio, onde había un par de poemas cun ton semellante. Son os máis evidentes de crítica social, os menos alegóricos, aínda que busco un oco para a simboloxía, para o relato directo. Chamoume a atención a volta a aquel ton que utilizaba naqueles poemas, onde claramente se desenvolvía a crítica social. Acontece, poño por caso, cando se fala de individuos que se proclaman líderes e queren decidir por nós. A alegoría tamén pode conducir á crítica social. A nadadora que vai de costas sen avanzar!. Realmente estou relatando unha alegoría dunha situación social de quen non avanza, da que sofre, das situacións de hipocrisía absoluta. -Por que pensa que se dá esa volta aos seus inicios poéticos? Como atopa as referencias naqueles primeiros poemas? Reparei despois de telo escrito nesa relación. É unha crítica social que se asemella bastante a feita entón, mais o tema está sempre aí, a hipocrisía é permanente na nosa sociedade. \"A alegoría tamén pode conducir á crítica social.\" -Significa iso que na súa obra atopa unha liña de continuidade entre os diferentes libros? A miña obra creo que cambiou mais este tema que centra o libro non é novo, malia que neste caso tome un novo protagonismo. A miña poesía foise espindo co tempo. Ás veces, para escribir utilizo a técnica do escultor de ir desbastando o texto, espíndoo de palabras até concentralo. Nese sentido, hai unha evolución clara. Perfilo os textos e procuro condensalos, prescindir de todo o que se poda. Trato de concentrar a mensaxe no menor número de palabras, do moi explícito ao suxestivo. -A nadadora é a poeta? Non necesariamente, pero ás veces si. En Acuática alma hai textos nos que me apropio doutras identidades, non hai biografismo, pero neste libro é moito máis difícil que non exista porque está máis próximo da xeración da emoción, relatando o sentimento ante esa situación. Nese sentido hai máis coincidencia entre o eu poético e a autora. Mais non é sempre necesario. \"A miña poesía foise espindo co tempo. Ás veces, para escribir utilizo a técnica do escultor de ir desbastando o texto, espíndoo de palabras ata concentralo\" - A poesía súa é entón vivencial? Ten moito de vivencial en canto parte dos sentimentos, para min a poesía é translación dunha emoción. Como un actor que se mete dentro dun personaxe para interpretalo. Non é como Hamlet, mais imaxina que é Hamlet. Como dixo Pessoa, o poeta finxe. Trátase dunha relación de interpreta ción entre a autora e a voz poética na que as vivencias están presentes. -Desde os seus inicios, hai xa máis de vinte anos, nunca deixou de recitar en público a súa poesía. Que potencialidade ten o xénero para ser compartido? Para a poesía os recitais son unha boa ocasión de darse a coñecer. Fai que o poema chegue ao público lector. Hai persoas que se achegan aos libros despois de asistir a un recital. A poesía ten música e ritmo e necesita ser dita para completarse cos elementos que utilizas cando constrúes o texto. Faise plena cando a dis en viva voz, máis viva. O poema complétase porque están en acción todos os elementos. \"O noso era un grupo aberto así que cando puxemos en marcha o proxecto editorial \"Letras de Cal\" eramos dezaoito poetas\" -Ten tamén esa forza da acción social? Sempre lembro cando Bernardino Graña nos puxo en Salvaterra a todos os alí presentes a corear o seu retrouso \"dos que a ninguén aman, librémonos pronto\". Tiña o valor de poñerse na cabeza e na boca da xente, as palabras transmiten pensamento e emoción. Incita, neste caso, a reclamar eses dous versos. Bernardino púñalle palabras ao que queriamos dicir. Tiñamos sentimento de satisfacción porque el atopara as palabras para nos expresarmos. -A súa xeración, en especial da década dos noventa, festexaba a poesía de maneira colectiva en case toda parte. Como lembra aqueles anos? Non tiñamos impedimentos en organizar actos e niso eramos privilexiados se pensamos nas xeracións de Bernardino, Manuel María, Novoneyra ou Avilés. Queriamos levar a poesía a toda a parte, non deixala pechada na gaveta. A poesía adoece de dificultades de difusión e reclamabamos a maneira de facer públicos os nosos textos, de compartilos, de acompañarnos coa poesía. -Desde entón, ao meu ver, non volveu a existir unha idea tan forte de grupo na literatura. Estabamos en Santiago e quen entraba en contacto con nós xa pasaba a formar parte do grupo. Estabamos os que recalabamos na cidade e aos poucos íase sumando Yolanda Castaño, Olga Novo, Celso Sanmartín, Estevo Creus... Compostela era máis capital porque aínda non se desenvolveran as outras Universidades e todos, cando menos, iamos rematar alí a carreira. O noso era un grupo aberto así que cando puxemos en marcha o proxecto editorial \"Letras de Cal\" eramos dezaoito poetas cando no grupo inicial de finais dos oitenta non eramos tantos. \"Algunhas persoas ao me felicitar claro que facían referencia ao meu perfil social, porque se senten orgullosas de que unha persoa que se significa socialmente se vexa recoñecida na súa obra literaria\" -Estes días, nos parabéns que lle mandaban a través das redes, destacaban o seu compromiso sindical e político. Como se levan estas dúas facetas? Combaten duramente porque unha non deixa moito espazo a outra. Mais se es unha persoa comprometida coa túa lingua élo a todos os niveis, escribes e vas ás manifestacións. É certo que a xente se sorprende cando sabe que escribo porque me coñece como sindicalista e tamén cando me coñecen como poeta sorpréndelles que sexa sindicalista. Algunhas persoas ao me felicitar claro que facían referencia ao meu perfil social, porque se senten orgullosas de que unha persoa que se significa socialmente se vexa recoñecida na súa obra literaria, supoño que é como se se sentisen un pouco recoñecidos eles e elas mesmos, os meus compañeiros do sindicato, por exemplo. No plano persoal combaten unha con outra, hai a quen lle chama a atención que teña tanta presenza social e mesmo así escriba. As persoas non podemos evitar ser prexuizosas e ás veces esa faceta fai que a obra sexa lida doutra maneira. Imposíbel de non facelo. De todas maneiras, para min o importante é ser consecuente e coherente coas miñas ideas. Estar en paz comigo mesma e só así o consigo, co compromiso e a escrita."}
{"ID": "NOS_44684", "summary": "O goberno de Alberto Núñez Feijóo optou por se financiar a través de bancos e fondos de investimento, con tipos de interese máis altos, e non mediante os mecanismos públicos. As preguntas, tamén en sede parlamentar, sobre cal é o sobrecusto desta decisión baten co silencio da Xunta. Outros cálculos cifran ese 'custo de máis' en 1.670 millóns de euros. Deixamos un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 260.", "text": "É unha das imaxes de si propio da que máis gosta Alberto Núñez Feijóo, que máis pregoan e destacan os medios afíns e que mesmo chegou a callar en segmentos non pequenos da sociedade galega: Feijóo como un bo xestor. O presidente que, por riba de cuestións ideolóxicas, mantén as contas da Galiza saneadas e a salvo. El propio, en intervencións no Parlamento, tense gabado de 'salvar' a autonomía ao non ter que recorrer a mecanismos do Estado para se financiar. \"Galiza ten risco cero de ser intervida\", manifestou en 2012 para sacar peito fronte a outros territorios –Catalunya, Valencia... –. Mais esa imaxe de bo xestor que tanto lle presta ten un custo, e este non é pequeno. Un deses custos foi calculado polo economista e deputado de En Marea Manuel Lago, que cifrou en 1.670 millóns de euros o que na Galiza pagamos de máis por esa decisión da Xunta de se financiar a través de bancos e fondos privados e non mediante os mecanismos públicos dispoñíbeis. Beneficios \"moi suculentos para os bancos en detrimento da cidadanía\" nunha \"operación de imaxe e propaganda\" a maior gloria de Feijóo. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 260, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_48585", "summary": "Nós Diario lanza a súa APP para garantir o acceso a información dun xeito mais áxil e dinámico e para que poidas ter ao momento toda a actualidade da Galiza e do mundo.", "text": "Coa axuda da consultora tecnolóxica galega Openhost SL, especializada en comunicación nos medios dixitais, Nós Diario aposta con decisión por unha APP coa quere estar moito mais perto do lector e lectora ofrecendolle unha mellor \"usabilidade\" a través dos dispositivos móbiles, con menor consumo de datos. Unha nova ferramenta coa que recibir de forma inmediata e directa toda a información de Galiza e do mundo desde a redacción de Nós Diario no teu móbil ou tablet. A crise da pandemia fixo que adiantaramos o lanzamento desta ferramenta -de balde- e dispoñíbel en Google Play Store para os Android e na App Store de Apple. Unha experiencia de usuario óptima A nova APP destaca sobre todo pola súa velocidade de carga e polo seu deseño ofrecendo unha gran experiencia ao usuario e á usuaria. É 100% responsive, adaptada completamente ao entorno móbil e navegábel desde calquera dispositivo móbil. Queremos que a información galega e do mundo estexa ao teu dispor. Poderás consultar en todo momento as últimas novas, os principais titulares do día e acceder a todas as seccións habituais da web: Política, Social, Internacional, Traballo, Economía, Cultura, Lingua, Opinión, Deportes e Memoria e Historia. Recibe notificacions Podes ademais recibir notificacions con información da última hora directamente no teu móbil. Estarás actualizado en tempo real dos temas do día aínda que non esteas usando a APP. Terás así sempre a man a última hora informativa con rigor e independencia, os temas de actualidade tratados con profesionalidade. Partilla! Desfruta dos nosos contidos e partillaos dunha maneira máis sinxela nas túas redes sociais ou a través do teu WhatsApp no teu móbil. Descarga ágora a nosa app para Android e para Apple: Android. A través de Google Play Store aquí: Enlace: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.opennemas.nosdiario Apple. Podes premer neste enlace Enlace: https://apps.apple.com/us/app/nos-diario/id1498741856?ls=1"}
{"ID": "NOS_39625", "summary": "O candidato socialista enfronta o final da campaña electoral con cada vez máis intensas chamadas á participación na procura do apoio d@s indecis@s.", "text": "Como xa fixo semanas atrás Francisco Jorquera, o candidato socialista, Pachi Vázquez, invocou nun mitin en Camariñas o espírito de Nunca Máis, cando se cumpren dez anos da maior catástrofe ambiental da nosa historia. Vázquez chamou \"a frear co voto a marea negra dos recortes de Feijóo e de Rajoy\" nunha fórmula con que case parafraseou o nacionalista. O candidato socialista encara o segundo treito da campaña cunha dupla preocupación: a abstención e @s indecis@s. Neste sentido, Pachi Vázquez alertou de que o PP gañará as eleccións \"se a nosa xente se queda na casa e non vota\". Con afirmacións como \"a desilusión non cambia gobernos, o que cambia gobernos son os votos\" ou \"manifestarse está ben, mais se o 21 non imos votar, non vale para nada\" deixou ás claras que o PSdeG-PSOE enfronta o derradeiro sprint cara ás urnas á caza daquelas persoas que aínda non decidiron ir ou non votar o domingo. Asemade, xa en chave local, Vázquez comprometeuse a finalizar a autovía da Costa da Morte, infraestrutura que cualificou de \"arteria para o crecemento e para a economía\" da bisbarra."}
{"ID": "NOS_8469", "summary": "No acto entregarase un cartafol artístico, da autoría de Nolo Suárez, á Fundación Manuel María", "text": "O legado de Manuel María continúa a estenderse por toda a Galiza. Esta sexta-feira, ás 20:30h, no Espazo eno-cultural Vide vide! a Agrupación Cultural O Galo organiza unha homenaxe en lembranza ao poeta. No acto entregarase a Saleta Goi (viúva do homenaxeado e presidenta da Fundación Manuel María) e á Casa-Museo Manuel María un cartafol artístico da autoría do pintor Nolo Suárez, actualmente vicepresidente da Agrupación Cultural Galo. Por outra banda, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, falará sobre o legado do poeta da Terra Chá e tamén se proxectará un audiovisual sobre a súa vida. A Agrupación Cultural O Galo é unha das entidades culturais en activo máis antigas da Galiza, da que o propio Manuel María foi colaborador."}
{"ID": "NOS_46006", "summary": "Os órganos de dirección reuniranse a inicios de semana.", "text": "A CIG está avaliando o novo escenario creado após o triunfo da moción de censura que desaloxa Mariano Raxoi e o PP do goberno español, pasando ser Pedro Sánchez (PSOE) o novo presidente do goberno. A inicios da vindeira semana os órganos de dirección do sindicato nacionalista valorarán se hai unha nova etapa e se se mantén ou non a convocatoria da greve xeral do 19 de xuño. A CIG cualificou esta greve como a \"moción de censura\" que a clase traballadora presentaba diante da situación de \"emerxencia nacional e social\" que estamos a vivir do punto de vista laboral, social, económico e político-institucional\". Entre os motivos e razóns expostas por este sindicato para a convocatoria do paro xeral de 24 horas estaban \"frear as políticas do PP contra a xente desempregada\" ou \"pola rexeneración democrática fronte á corrupción\", así como a necesidade de derrogar as reformas laborais ou a defensa das pensións públicas."}
{"ID": "NOS_49732", "summary": "Media ducia de institutos galegos imparten desde o inicio deste curso aulas semipresenciais en Bacharelato ou FP, unha modalidade docente derivada das directrices da Xunta para a prevención Covid-19 e que, segundo denunciou onte no Parlamento o BNG, supón unha \"discriminación\" para o alumnado dos centros que adoptaron esta fórmula.", "text": "A cifra dábaa esta quinta feira o deputado do PP Ovidio Rodeiro, na comisión de educación, na súa réplica á proposición non de lei (PNL) presentada por vía de urxencia pola formación nacionalista para reclamar á Xunta que garanta a formación presencial en todos os centros de ensino, co horario completo de 32 horas lectivas semanais, para \"garantir a igualdade de oportunidades e as mesmas condicións lectivas para todo o estudantado\", con medidas como a implantación de desdobres e a contratación de máis profesorado. \"Neste momento os centros nesta situación son escasos, e é debido á falta de espazo [...]. Oxalá non fose ningún\", recoñeceu Rodeiro, despois de asegurar que a decisión para implantar a semipresencialidade responde a \"criterios técnicos, para evitar usos moi intensos dos espazos –con pouca distancia interpersoal–\", e está consensuado coas comunidades escolares. \"Este tema non só se arranxa mediante a contratación de máis profesorado; por unha cuestión física é necesario estabelecer semipresencialidade ademais de desdobres\", xustificou. O IES Antón Fraguas de Compostela é un dos centros que teñen implantada esta fórmula en primeiro de Bacharelato, unha medida que fai que o alumnado só teña clases presenciais tres días nunha semana e dous na seguinte, de maneira que o resto do horario se realiza desde a casa, sen interacción directa co profesorado e con lapsos de até dúas semanas entre aula e aula presencial, nas materias con menos horario. \"Esta situación é claramente discriminatoria e crea unha desigualdade entre o estudantado, da que se verán as consecuencias cando se lles pida unha media para acceder a estudos superiores\" alerta a ANPA deste centro nun escrito dirixido ao conselleiro de Educación, no que reclaman para o centro máis profesorado para evitar que os catro grupos desta etapa teñan que perder 50% da formación presencial. \"Na maioría de institutos si conseguiron o ensino presencial, de maneira que os nosos fillos e fillas están en desvantaxe, porque o ensino, guste ou non, baseáse nas notas, e as de primeiro de Bacharelato xa fan media para a proba de acceso á Universidade\", expón Isabel Fernández, membro da asociación de nais e pais do Antón Fraguas. Como explica, o instituto adaptouse no verán ás medidas pautadas pola Xunta, redistribuíndo espazos para poder cumprir a distancia de 1,5 metros dentro da aula, mais requiría 16 docentes de reforzo para poder cubrir os desdobres, dos que a Xunta só concedeu 10. \"Pedimos equidade respecto a outros centros\", reivindica. Dotación suficiente Malia a argumentación do portavoz do PP na comisión parlamentaria, a adopción do ensino semipresencial por falta de profesorado para cubrir os desdobres tamén provocou contestación da comunidade escolar noutros centros nos que se aplica, caso dos IES Sánchez Cantón e Valle Inclán de Pontevedra, onde as familias promoveron desde o inicio deste curso mobilizacións para exixir a dotación de docentes que permita que as clases se desenvolvan nos centros. \"Levamos tres semanas perdidas, no curso onde o alumnado de segundo de Bacharelato se xoga o seu futuro\", advertiu na comisión, polo BNG, Manuel Lourenzo, despois de recriminar os cambios de protocolo e de criterios que se repetiron na Consellaría de Educación desde xuño até o inicio do curso, con cambio de data para a volta ás aulas incluída. \"A discriminación que están a padecer pode ter consecuencias para toda a súa vida\", alertou. \"O escenario de semipresencialidade debera ser algo excepcional e non pode imaxinarse como o escenario de entrada no inicio de curso\", concordou o deputado socialista Luis Álvarez, antes de explicitar o apoio a unha PNL contra a que se posicionou o PP."}
{"ID": "PRAZA_13190", "summary": "Galiza como projecto nom cabe já, por fortuna, na praça da Quintana. As eleiçons ao Parlamento galego anunciam-se iminentes. A opiniom pública galega tomará a sua decisom tacteando como puder em meio da entusiasta balbúrdia da grei nacionalista à qual, apesar de todo, pertencemos. Afinal vai decidir o fastidioso invento dos antigos gregos, como manda o pragmatismo democrático. Tis agoreuein bouletai?, disque berrava à cidadania o pregoeiro em meio da ágora: Alguém quer dirigir-se à assembleia?", "text": "A pragmatismo é, junto com o seu irmao menor, o commom sense, umha virtude inveterada do povo británico. Como o é a desconfiança pola petuláncia e a retórica altissonante, vícios que consideram nas Ilhas simplesmente de mau gosto. O relativismo británico casa bem com o humor céptico, com o amor polas plantas e os animais e com o gosto polos contos de fantasmas. Admirável país a pérfida Albiom. Os galegos partilhamos algumhas virtudes com os británicos, a tendência para o relativismo céptico e o sentido do humor como instrumento defensivo estám entre elas. A altissonáncia épica que impregna o discurso nacionalista nom concorda, em cámbio, com tam saudável parentesco cultural. Os galegos partilhamos algumhas virtudes com os británicos, a tendência para o relativismo céptico e o sentido do humor como instrumento defensivo estám entre elas. A altissonáncia épica que impregna o discurso nacionalista nom concorda, em cámbio, com tam saudável parentesco cultural Timothy Garton Ash é um eminente analista político, ensaísta e historiador do presente. Professor de Estudos Europeus na Universidade de Oxford, europeísta e agudo observador do continente, Ash colabora assiduamente no The New York Times, o Washington Post a New York Review of Books, o The Guardian e em outros meios de prestígio como El País. Para os interessados na catalogaçom política de Ash -prática aduaneira muito apreciada e às vezes exigida- acrescentaremos que a qualificaçom que lhe atribui Perry Anderson -o brilhante intelectual marxista británico a quem tanto devemos os aficionados à crítica histórica e cultural- é a de atlantista pró-americano ancorado no clima da guerra fria. Esta opiniom nom impede a declarada admiraçom de Anderson pola audácia de Ash que se remonta aos recuados tempos em que exercia de investigador emboscado nos países comunistas da guerra fria. Nom há muito tempo desfrutávamos do prazer de ler no jornal El País dous artigos de Ash relativos à eventual separaçom de Escócia e o Reino Unido (6-02-2012) e de Grécia e a Uniom Europeia (21-05-2012). A perspectiva do separatismo escocês era assimilado por Ash a outra possibilidade latente e nom menos ominosa para ele: a do abandono da Uniom Europeia polo Reino Unido. Os perigos que ajejam ao desistente guardam proporçom directa com o dogmatismo da organizaçom matriz Toda perspectiva separatista é inoportuna e mesmo insuportável para quem pretende ignorar as razons da dissidência: de traidores, hereges, tránsfugas, renegados, apóstatas, heterodoxos ou mencheviques som tachados os dissidentes pola grei devota e leal. Os perigos que ajejam ao desistente guardam proporçom directa com o dogmatismo da organizaçom matriz. O terror político e religioso foi companhia inseparável da dissidência de qualquer subordinaçom dogmática como a toleráncia sói acompanhar à desistência laica. Nos artigos antes aludidos opta Ash por dirimir a espinhenta contraposiçom de razons encontradas de unionistas e separatistas e as suas inquietantes consequências cum procedimento tam simples como equitativo: a consulta democrática informada, inequívoca e vinculante. Com acento destacado nas consequências, talvez irreversíveis, da decisom adoptada. Cita a tal efeito o caso da ruptura de Checoslováquia por causa da insistência dos nacionalistas eslovacos no trespasso de competências ao nível máximo alimentada pola rigidez do nacionalismo checo ante as pretensons eslovacas, baixo a férrea direcçom de Václav Klaus. A formula de Ash para dirimir conflitos de interesses e identidade é simples: aplicar esse fastidioso invento dos antigos gregos chamado democracia. A malevolência das intervençons é directamente proporcional à falta de ideias do emissário, é fácil de observar. Som efeitos secundários estes da democracia e o melhor remédio tolerar aos intolerantes como homenagem da razom à crença Desde a clausura da última Assembleia do BNG e a cisom que a seguiu rugem os foros nacionalistas em todos os registos do vocabulário da ortodoxia e a dissidência, temperado às vezes com inícuas argumentaçons ad hominem que som as de qualidade mais ruim. A malevolência das intervençons é directamente proporcional à falta de ideias do emissário, é fácil de observar. Som efeitos secundários estes da democracia e o melhor remédio tolerar aos intolerantes como homenagem da razom à crença. No entanto, parece despontar a luz sobre a interminável paralise que afligiu tantos anos a um discurso nacionalista incapaz de apreender ou esquecer algo. Vozes actuais como as de Manuel Barreiro ou Xoán Hermida soam novas e estimulantes porque parecem anunciar outra maneira de encarar o projecto nacional que Galiza espera. Reparemos em todo caso: nada parecido tem nascido nos áridos eidos dos partidos maioritários e turnantes. O nacionalismo é jovem, confirma-o a sua capacidade de mutaçom e a apariçom de viçosos renovos, frágeis ainda mas vigorosos no aspecto. A aspiraçom a confiná-lo numha única organizaçom demonstrou-se ilusória, incompatível em todo caso com a estrutura orgánica e a ideologia latente e inquestionada que o BNG custodia imperturbável. O nacionalismo é jovem, confirma-o a sua capacidade de mutaçom e a apariçom de viçosos renovos, frágeis ainda mas vigorosos no aspecto Galiza como projecto nom cabe já, por fortuna, na praça da Quintana. As eleiçons ao Parlamento galego anunciam-se iminentes. A opiniom pública galega tomará a sua decisom tacteando como puder em meio da entusiasta balbúrdia da grei nacionalista à qual, apesar de todo, pertencemos. Afinal vai decidir o fastidioso invento dos antigos gregos, como manda o pragmatismo democrático. Tis agoreuein bouletai?, disque berrava à cidadania o pregoeiro em meio da ágora: Alguém quer dirigir-se à assembleia?"}
{"ID": "NOS_47135", "summary": "Coa compañía Nut, teatro contemporáneo en galego, iniciouse na interpretación profesional Nerea Barros, gañadora do Goya á mellor actriz revelación. O ferrolán Javier Gutiérrez conseguiu o de mellor actor. Os dous por A illa mínima, a grande triunfadora con 10 goyas.", "text": "Se ben desde A Esmorga consideraron xa un triunfo seren finalistas con Carlos Asorey e Ignacio Vilar á categoría de mellor guión adaptado estando rodada en galego e cando aínda non se estreara nas salas comerciais de fóra do país, a esperanza continuaba cando o escritor Manolo Rivas abriu o sobre do premio que finalmente foi para Mortadelo e Filemón. Tampouco A tropa de trapo, que competía á mellor filme de animación, conseguiu os votos de académicas e académicos do cine español para facerse co busto do pintor mais si tiveron sotaque galego os premios ás interpretacións nas categorías de actriz revelación para a compostelá Nerea Barros e o actor protagonista para o ferrolán Javier Gutiérrez, ambos por A illa mínima, a grande triunfadora da noite con dez premios, entre eles, o de mellor película. Se ben Javier Gutiérrez, como sinalou no acto de recollida do premio, marchou de Ferrol con 18 anos para iniciar a carreira de actor, a compostelán Nerea Barros, recoñecida na gala do cine español como mellor actriz revelación polo seu papel de Rocío en La Isla Mínima, ten unha ampla traxectoria no teatro e no audiovisual galego. Do teatro contemporáneo Mália a súa condición de \"revelación\" polo filme de Alberto Rodríguez, Nerea Barros ten xa unha sólida carreira como actriz, de maneira especial no teatro contemporáneo e de vangarda en diversas compañías que naceron en Compostela, a súa cidade. A actriz é unha das promotoras de Nut Teatro e As Churras, compañías integradas no seu elenco artístico por mulleres que desenvolveron propostas arriscadas nas que se mesturaban as distintas linguaxes creativas, da performance ao teatro,a danza ou o audiovisual. Wake Up, My own life ou Corpos disidentes, con Andrea Álvarez, Iria Sobrado ou Xiana López, con Nut Teatro -compañía fundada en 2006- ou a triloxía Clitemnestra-Electra-As Furias, co colectivo As Churras no que tamén participaban Iria Sobrado e Xiana Carracelas, proposta performática con vídeo, son algunhas das montaxes nas que participou a actriz nunha carreira que se desenvolveu tamén na televisión e no cine, participando en series como Padre Casares, Matalobos ou Valderrei, producidas para TVG, ou El secreto de Puenteviejo, El tiempo entre costuras e El Príncipe ademais de longametraxes como Os fenómenos de Alfonso Zarauza ademais de películas dirixidas por Xavier Bermúdez -con quen se iniciou no cine con só quince anos- ou Eloi Lozano."}
{"ID": "NOS_51039", "summary": "Presentáronse 37 traballos ao certame que organiza o concello de Carballo.", "text": "A Mesa pola Normalización Lingüística realiza este sábado pola mañá no Auditorio Municipal de Ourense a Asemblea Xeral, para a que só se presentou unha candidatura á presidencia, que volverá recaer en Carlos Callón, que se rodeará dunha renovada Permanente na que entrarán Susana Méndez (enfermeira), Carlos Outeiro (enxeñeiro) e Paulo Filgueiras (profesor). Na Asemblea, @s afiliad@s á Mesa debaterán sobre os relatorios de xestión e económico do último período, ademais de analizar o orzamento e a liña xeral de actividades para os próximos meses. Carlos Callón salienta que estas actividades vanse centrar \"en animar a mobilización social, como no 17 de maio, fronte a uns gobernos, autonómico e central, que atacan a nosa lingua e mesmo dilapidan diñeiro en reduciren os nosos dereitos lingüísticos\" O propio Callón foi noticia este venres ao gañar o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012, dotado con 1.000 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, entre eles Sermos Galiza. \"Fai teu o galego\" foi o título do seu texto nun certame para o que se presentaron 37 traballos. O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit ao artigo «El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi...», da estudante ourensá Alba Cid Fernández. O xurado do premio concedido polo concello bergantiñán estivo composto por Belén Puñal, xornalista e colaboradora de diversos medios; Marcos Abalde, escritor e gañador da edición 2011 do certame; Pepe Blanco Alborés, técnico de normalización lingüística; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto."}
{"ID": "NOS_25786", "summary": "A asociación de referencia na promoción da lectura en Galiza, Espazo Lectura, vén de anunciar que suspende definitivamente todas as actividades na biblioteca municipal de Gondomar por diferenza co Concello desta locaidade.", "text": "Así o informaba esta asociación onte na súa páxina web e no seu Facebook, aínda que a decisión foi tomada o pasado 6 de maio na asemblea xeral extraordinaria desta asociación, onde se tomou o acordo de \"suspender todas as actividades na Biblioteca Municipal e renunciar á reserva de crédito de 5.000 euros que o Concello de Gondomar destinaba a pagar as actuacións e visitas dos escritores e escritoras contratados pola asociación para levar a cabo a programación da biblioteca\". Os problemas comezaron, segundo o comunicado publicado por Espazo Lectura na súa propia web, desde a entrada do novo Goberno de Gondomar hai dous anos, capitaneado polo seu alcalde Francisco Ferreiro (PSOE). Desde entón, segundo denuncian, \"Espazo Lectura pasou a depender, coma se fose unha pataca quente, de catro concelleiros distintos, incluído o propio alcalde\". Espazo Lectura continuará a desenvolver o seu labor de dinamización e fomento da lectura, especialmente na Casa da Lectura Esta actitude rompe, segundo a asociación, con 12 anos de traballo voluntarista no que Espazo Lectura se convertiu nunha referenza en todo o país. \"Fixemos todo o posible por recuperar o diálogo\", din, pero non foi posible e toman esta decisión logo de que \"este 25 de maio rematou o prazo de cortesía sen que, lamentablemente, o alcalde Paco Ferreira mostrase ningunha vontade de recuperar o diálogo logo de dous meses de conflito\". A outros lugares Iso, si, Espazo Lectura continuará a desenvolver con normalidade o seu labor de dinamización e fomento da lectura, especialmente na Casa da Lectura, onde a asociación creou ao longo de todos estes anos unha biblioteca moderna e funcional aberta ao público e onde ten a súa sede. Tamén afirman no comunicado que \"se buscarán outros espazos alternativos que serán anunciados no seu momento\". Coma sempre, a todas as actividades de Espazo Lectura poden acudir, de xeito libre e gratuito, as persoas que o desexen, sexan ou non socios e socias da nosa entidade. Verbo do futuro das actividades da asociación, asumen que a nova situación \"supón un cambio importante e Espazo Lectura precisará, a partir deste momento, recalcular e redimensionar o seu perfil, buscar novas vías de financiamento e realizar mudanzas orgánicas que faciliten o seu labor e a supervivencia activa das súas actividades\"."}
{"ID": "PRAZA_20757", "summary": "Hai cousa duns días, outro sobriño do meu tío Lisardo –eu non, Deus me libre!– déuselle por soltar na taberna que andaba pensando en retirarse. Non por nada, senón porque os anos non pasan en balde.", "text": "\"Entón el facía aqueles proxectos para instalarse na aldea, unha perspectiva que non lle producía entusiasmo, pero xulgaba necesaria\". (Deus sentado nun sillón azul, Carlos Casares). Iso da transparencia évos un asunto delicado. Moi delicado. Cóntaslle a alguén o que che pasa e o que che deixa de pasar, o que fas e deixas de facer, en fin, falas cos de confianza dos avatares da túa vida e a escape aparece un mamón de fóra furgándoche nela como se fose da familia. Sen ir máis lonxe, hai cousa duns días, outro sobriño do meu tío Lisardo –eu non, Deus me libre!– déuselle por soltar na taberna que andaba pensando en retirarse. Non por nada, senón porque os anos non pasan en balde. Un deses ubicuo do mostrador, con aparencia de ter a cabeza noutra cousa, axiña mudou a pose e meteuse na conversa con natural impertinencia. –Mira ben o que fas, animal! –díxolle o fulano– En que vas ocupar o tempo? Coñezo a un, avogado coma ti, deses que non teñen vagar para nada, que en canto se retirou púxose coma unha puta cabra; acabou caendo nas gadoupas dos médicos da cachola e agora está perdidiño de todo. O caso é que esoutro sobriño do meu tío Lisardo, que efectivamente ten un bufete en Vigo, despois de escoitar as andrómenas do metefuciños, sen renunciar ao seu plan de xubilarse no mes que vén, cando cumpra os sesenta e cinco tacos, xa decidiu como vai embobar o tempo. –Voume pór de ferrador –dixo– É o devezo da miña vida: ferrar bestas na Feira Nova. Teño varios martelos, un formón, un par de tenaces, arrincacravos e conto conseguir a habilitación nun cursiño deses da Xunta, aínda que teña que untar a alguén. Amais, tamén posúo seis caixas de ferraduras noviñas do trinque, que me fixen con elas en compensación polos honorarios do preito da viúva dun ferreiro, que non puido pagarme en metálico. E como maña é o que me sobra, malo será que non gañe para os cravos. Ah! O meu tío Lisardo alucina con eses que lle ferven os miolos e, cando están a piques de decatarse, xa os teñen talmente derretidos. Hai que goderse!"}
{"ID": "PRAZA_1977", "summary": "Os balóns de osíxeno que o PP recibiu a finais de xuño semellan picar por dous conflitos que veñen de estourar nas rúas de Lugo e Vigo. Os populares fían parte do futuro ás decisións de De Lara sobre Besteiro e á posibilidade de que non se artelle unha alternativa potente á esquerda do PSOE.", "text": "Entre 2004 e 2005 o taboleiro político mudou moi notablemente en Galicia e no Estado. No caso galego, as eleccións municipais de 2003 foran un serio aviso para a outrora todopoderosa máquina electoral do PP de Manuel Fraga que, como tras o pasado 24M, quedou con Ourense como único reducto de poder urbano. En marzo de 2004 as eleccións xerais situaron o PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero en La Moncloa e, ao abeiro do novo ciclo político estatal, o PSdeG de Emilio Pérez Touriño alargou unhas expectativas de goberno que cristalizaron na primavera do ano seguinte, nos comicios do 19 de xuño que Manuel Fraga adiantou coa presión de Madrid e co desacordo de boa parte do PPdeG. Unha década despois case nada é igual na política galega -e tampouco na española-, pero se en algo cadran os dous períodos é na posibilidade de seren o escenario de cambios políticos profundos. O actual Goberno galego e o partido que o sustenta chega a este setembro tentando, aínda, recompoñerse do pau das municipais, un devalo sen precedentes en número de votos e, sobre todo, en poder efectivo. Os de Feijóo fían esta eventual recomposición, esencialmente, a tres factores: a posible percepción dunha certa recuperación económica, o anuncio de diversas medidas en clave social -algunhas delas dirixidas a paliar recortes aprobados polo propio PP- e o cambio de imaxe do partido, que canalizan a través dun \"relatorio político\" titulado As persoas no centro, cuxo desenvolvemento inclúe actos públicos, encontros con colectivos sociais e a colocación en primeira liña de dirixentes de perfil máis mozo. A estes tres factores engádese un coa vista posta nos rivais: a confianza nun rápido desgaste dos gobernos das mareas e o discurso do medo a alianzas do PSdeG cunha suposta \"esquerda radical\", que o propio presidente xa despregou con dureza antes do 24M. Este é o pano de fondo co que os conservadores galegos afrontan un período no que paira sobre si un interrogante esencial: se o seu rostro en 2016 será o de Feijóo. Esta pregunta non a responderán, a priori, ata a vindeira primavera e estará condicionada, en boa medida, polo resultado das xerais de decembro. Unha eventual perda do Goberno de España abriría a carreira da sucesión de Mariano Rajoy e, ademais, alimentaría as posibilidades de cambio en Galicia ou, o que é o mesmo, as posibilidades de que Feijóo evitase situarse nun cartel electoral con máis posibilidades de oposición que de goberno. Unha eventual perda do Goberno de España por parte do PP alimentaría a expectativa de cambio en Galicia Con todas estas pezas sobre o taboleiro neste inicio de setembro os conservadores regresan, en boa medida, á situación inmediatamente posterior ás municipais, notablemente aliviada entre finais de xuño e principios de xullo ao recibiren a Deputación de Lugo de mans do alcalde socialista de Becerreá e aínda máis ao producirse a imputación xudicial do secretario xeral do PSdeG por unha autorización urbanística da súa etapa como concelleiro. Ambos balóns de osíxeno semellan estar a picar nas últimas semanas por mor de dous conflitos que o pasado xoves estouraron nas rúas de Lugo e Vigo con dúas multitudinarias mobilizacións para esixir prezos xustos no sector lácteo e sanidade pública de calidade, respectivamente. Os balóns de osíxeno que o PP recibiu a finais de xuño semellan picar por dous conflitos que veñen de estourar nas rúas de Lugo e Vigo A profunda crise gandeira e a accidentada estrea do novo hospital de Vigo levou o presidente a parapetarse por tras das conselleiras de Medio Rural e Sanidade, unha estratexia a priori arriscada, especialmente no caso sanitario. O papel de Rocío Mosquera, cuxa erosión política vén de lonxe, deixa notablemente descuberto a Feijóo nunha área que el supervisa persoalmente -adoita apelar á súa experiencia no Sergas e no Ministerio de Sanidade- e cuxos emblemas, os novos hospitais de Lugo e Vigo, se traduciron electoralmente en evidentes fracasos que aproveitaron os socialistas. Os populares fían parte do futuro ás decisións de De Lara sobre Besteiro e á posibilidade de que non se artelle unha alternativa potente á esquerda do PSOE Unha década despois da treboada política e social por conflitos como as vacas tolas, o Prestige ou a teimosa defensa da guerra de Iraq, os populares vólvese enfrontar a unha encrucillada na que aspira ao triunfo con porcentaxes de voto que hai moi pouco serían un fracaso. O mantemento do poder na banda dereita xa non semella depender en exclusiva da marxe de manobra dun PP que, asemade, fía boa parte do seu futuro ás decisións da xuíza De Lara a respecto de Besteiro e á posibilidade de que, á esquerda do PSOE, o conglomerado social e político que impulsou as mareas e as forzas que as apoian, así como o soberanismo nucleado polo BNG, non sexan quen de artellar alternativas electorais con potencia ou fiabilidade dabondo."}
{"ID": "NOS_51185", "summary": "A central nacionalista manterá esta segunda feira unha reunión con Yolanda Díaz en Madrid", "text": "A ministra de Traballo, Yolanda Díaz manterá esta segunda feira a partir das 19 horas unha reunión coa CIG para escoitar as demandas da central nacionalista galega. \"Imos coa intención de que se leve adiante todo ese calendario de derrogación das reformas laborais e da reforma colectiva que tanto vimos reclamando, un clamor da clase traballadora galega\", asegura o secretario xeral da CIG Paulo Carril a Nós Diario horas antes do encontro. Desde este sindicato manifestarán a súa \"discrepancia\" en como se están a facer as cousas. \"Un exemplo é o do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)\", sinala Carril. Asegura tamén que serán \"exixentes\" no calendario e a primeira medida que reivindicarán será \"deixar sen efecto a reforma laboral e restabelecer os dereitos da clase traballadora\". Segundo a CIG \"até que non mude a lexislación laboral vemos como as posibilidades de ERE ou os peches de empresas seguen a estar en mans unilaterais destas últimas\"."}
{"ID": "NOS_47760", "summary": "Compañías de telecomunicacións de nova creación e repartidas por toda a xeografía galega buscan dar resposta ás necesidades da poboación cunha oferta diferenciada ao tempo que tratan de cubrir o oco deixado por R como operador galego de referencia. O problema é que as grandes non sempre llo poñen fácil.", "text": "O comezo de ano é unha época na que moitas familias aproveitan para facer balanzo do exercicio anterior e planificar o seguinte. Neste senso, a revisión dos contratos de servizos é bastante común, como tamén o son as ofertas dos operadores para tratar de aumentar a clientela. En materia de telecomunicacións, na Galiza houbo unha aposta forte nos últimos anos por crear un operador galego. Coa axuda dos cartos públicos, o país chegou a ter en R un referente no que a servizos se refire. Porén, a súa venda a Euskaltel, con Abanca como único 'supervivente' galego no seu accionariado, e posteriormente a MásMóvil, desprendéndose a entidade bancaria da súa participación, rematou por diluír a galeguidade dun operador que loita por manter a súa cota de mercado na Galiza. Case ao mesmo tempo que todas estas operacións se sucedían, comezaron a operar no país outras compañías que salientan a súa \"vocación de servizo público\", xa que o seu principal mercado está nos lugares aos que as grandes non chegan. Como explica a Nós Diario Emilio López, xerente de Itegal, con sede en Lugo, \"nas cidades non se pode competir, porque as grandes van a prezo. É un mercado máis mercenario\". Cousa ben distinta é nas zonas periurbanas e no rural. \"Ao ser un operador independente temos máis capacidade que os grandes\", indica López, xa que nesas zonas contan con redes propias de fibra, ás que se suman os servizos que poden ofrecer a través de acordos con outras operadoras, non tendo que limitarse a unha única marca. Itegal vén de cablear concellos como Allariz, Xinzo de Limia, Celanova, A Rúa ou O Barco de Valdeorras, pero afirman que \"se hai tres persoas nunha zona que nos piden o servizo, ímosllo dar\". \"Son despregamentos que non os vai facer outro operador que non sexa galego e teña vocación de servizo\", apunta, pois as grandes compañías \"o que queren é capitalizar rapidamente os servizos que entregan e deixan de lado o rural e o periurbano\". Adaptadas á clientela Manuel Caamaño, de Toxo Telecom, outro dos operadores galegos emerxentes con sede en Ribeira, coincide en sinalar que é difícil competir coas \"agresivas\" contraofertas que realizan as operadoras estatais cando alguén decide apostar por elas. Ao contrario que estas compañías, asegura que elas están especializadas en \"facer as cousas como as usuarias precisan\". Empezaron só con liñas móbiles e na actualidade xa son capaces de dar á clientela un produto converxente (fixo, fibra, liñas móbiles e televisión). Ademais, Caamaño destaca que Toxo foi das primeiras operadoras en sacar un router 4G \"ilimitado de verdade e con tripla cobertura para conectarse á rede que mellor cobertura teña\" en cada zona. Están xa presentes en perto de 300 concellos do país e tamén teñen clientes en Madrid, Sevilla e Barcelona, \"galegos con morriña\", pero o seu obxectivo é claro. \"O noso público é galego e a nosa idea é crear emprego na Galiza e ofrecer un produto aos galegos e ás galegas competitivo e que en calidade-prezo estea ben\". \"Para nós sería un orgullo que a xente nos tivese como referencia\", recoñece. Toxo vai camiño de se converter nun operador integral, xa que traballa para ofrecer á súa clientela servizos de enerxía e seguridade. Xa están dados de alta como comercializadora de enerxía. De momento ofrecen luz a fogares e empresas, e contan con poder ofrecer tamén gas no primeiro semestre do ano. Barreiras de entrada Itegal e Toxo son só algúns exemplos de compañías galegas que ofrecen servizos no país pensados para as necesidades da poboación. Á lista pódense sumar nomes como os de Seabit, con sede en Melide; Norvoz (Viveiro), Fibralar (Laxe) ou Grelo, unha comercializadora con sede en Betanzos que tamén loita por facerse un oco neste sector, e que, como resalta o seu máximo responsábel, Xosé Manuel Díaz, \"a diferenza das grandes, nós non temos un produto paquetizado que tes que coller si ou si. Adaptámonos á clientela\". Nesa loita, teñen dous grandes inimigos a bater. Por unha parte, o \"frustrante\" descoñecemento de particulares e empresas dos servizos e posibilidades de personalización que ofrecen. E por outra, as Administracións, que adoitan decantarse por grandes operadores que non sempre son capaces de brindar o mellor servizo e que en moitos dos casos só buscan \"sacar tallada\" da operación. \"Se a Galiza se desenvolve, nós imos ir para arriba\", aseguran desde estas compañías que van saíndo aos poucos dese anonimato que tanto lles condiciona. Atención desde a Galiza e en galego Os novos operadores galegos teñen claro que a prezo non van poder competir cos grandes, pero si en servizos. Todas as novas compañías que xurdiron na Galiza nos últimos anos destacan pola súa atención á clientela, con tempos de resposta difíciles de replicar pola competencia. Ademais, atenden desde a Galiza e en galego. O seu modo de traballar tamén é diferente, pois tiran moito de publicidade directa, ben dándose a coñecer casa por casa nas zonas en que despregan os seus servizos, ou ben sendo referenciados por persoas achegadas. Esa proximidade é un 'plus' do que son conscientes firmas como Itegal, que busca ter puntos de referencia perto da súa clientela a través dun distribuidor local, como xa fai en Viana, Trives ou Ponte Caldelas. Todas elas poñen en valor \"ir coa verdade por diante, conscientes de que a clientela está farta de ser enganada\" cando contrata."}
{"ID": "NOS_33391", "summary": "Ferrol acolle esta terza feira 29 de outubro unha manifestación en apoio a Xesús Anxo López Pintos. Horas antes fala para Sermos Galiza. Este sindicalista, xubilado desde hai tres anos, terá que responder ás acusacións da Fiscalía e dun policía por uns incidentes acontecidos en 2012 cando era co-secretario comarcal da CIG. O xuízo terá lugar os días 12, 13 e 14 de novembro.", "text": "Que lle pareceron as mostras de apoio? Está a haber moita solidariedade, sobre todo por parte de compañeiras e compañeiros do meu sindicato. Logo de levar tres anos xubilado ver que me apoian é importante. Logo, a xente en xeral, alcaldes da comarca, mesmo algúns cos que tiven enfrontamentos políticos... e tamén a través das redes sociais me dan moitos azos. Anímame a min e á miña familia, que é a que está a sufrir en silencio. Como vive o seu entorno esta situación? Teño a meu pai que celebrou 90 anos hai un mes. Le a prensa todos os días e está preocupado e sempre me di 'como está o teu?'... Por outro lado levo moitos anos militando a nivel político e sindical e o meu entorno está afeito a verme padecendo ataques por parte dos poderes reaccionarios. Teño antecedentes por un caso semellante a este, por dar a cara por unhas mariscadoras da Confraría de Mugardos, cunha condena en firme de nove meses e dous días de cadea que está suspendida. A Fiscalía pide agora que se teña en conta no caso, que se me condene un mínimo e pase a ingresar en prisión. A miña familia sábeo e ten medo. Non me gustaría entrar na cadea, mais se por esa causa teño que ir vou coa cabeza alta. Non me gustaría entrar na cadea mais se por esa causa teño que ir vou coa cabeza alta Hai sete anos dos feitos. Como lembra aquel día? Cambioume a vida e a miña maneira de ser. Estas últimas semanas moveuse polas redes sociais como foi. Cos meus avogados visualizamos o vídeo que presentamos como proba e, a verdade, emocióname e dáme rabia a un tempo. Ver que todo aquilo que reivindicabamos hai sete anos, como era a carga de traballo para o naval, o apoio a Poligal que estaba en perigo, e hoxe en día xa está fechada,... Todo aquilo segue igual e mesmo se agudizou. O desmantelamento na comarca de Ferrol é case do 100% co caso de Endesa e as empresas auxiliares do naval, que están a fechar todas. Nas últimas semanas temos multitude de casos con imaxes de protestas en varios lugares do Estado español e a resposta policial e xudicial. A situación foi a peor? Os métodos de represión sobre a clase traballadora e sobre o que é o pobo son peores. A Lei Mordaza ten un efecto terrorífico e vémolo todos os días. Reclames o que reclames. A represión é terríbel e a xente ten medo. O sistema quere meterlle medo á xente e que non proteste. Tentan poñerme como exemplo do que non hai que facer, sempre en primeira liña e nin un paso atrás. Como se presenta o xuízo? Vexo que todo vai para atrás e o que queren facer comigo é un escarmento. Presentamos máis de 40 testemuñas e aceptaron só 3 de compañeiros que non estaban no sitio exacto onde fun detido e machacado e a outra xente si estaba. Pedimos revogación do tribunal e non o aceptaron. E ao policía que me acusa a min acéptanlle dez compañeiros que estaban con el, a dirixentes do PP e ao xefe da policía local de Ferrol daquel ano. Non se ven garantías e por este motivo é moi importante o respaldo que estou a ter da xente."}
{"ID": "NOS_26735", "summary": "O centrocampista do Celta de Vigo fixo autocrítica esta cuarta feira na sala de prensa de Balaídos. Porén, asegura que traballan para seguir sumando puntos.", "text": "Non é doado definir o actual momento do Celta. Onte, na sala de prensa de Balaídos, Fran Beltrán tentou facelo en primeira persoa como un dos protagonistas deste comezo de tempada do club vigués. \"Tivemos un inicio complicado, con grandes equipos\", asegurou, \"con derrotas diante do Madrid e Atlético que poden entrar dentro do normal mais que para nós, que nos gusta a excelencia, son derrotas que tamén doen\", engadiu. O Celta visita o Atlético de Madrid pensando na vitoria Porén, sinalou que o equipo está a traballar \"ben\", malia o partido do Valencia que cualificou de \"desastre\", e están en disposición de seguir \"sumando puntos\". Por iso, cualificou como \"toque de atención\" o que aconteceu no estadio de Mestalla e como aspecto positivo considera que \"mellor que acontecera agora, ao inicio da tempada\" En relación ás aspiracións actuais do Celta, o centrocampista incidiu en que hai que ir \"paso a paso\" e ver como se desenvolven as xornadas \"para ver até onde chegamos\". 600 entradas para o Dépor en Balaídos O Celta de Vigo comunicou ao Deportivo a posta ao dispor do deportivismo de 600 localidades para o partido do próximo sábado ás 180 horas en Balaídos que enfrontará na vindeira xornada de Primeira RFEF o Celta B co Dépor. Ferrol e Celta B salvan a xornada A afección branquiazul disporá desas entradas a un prezo de 20 euros e pola alta demanda prevista, que supera as 1.500 solicitudes, o equipo coruñés activou un procedemento interno de xestión para axilizar os tempos e trámites de venda das mesmas durante esta semana. Do seu funcionamento transcendeu que as que se presenten ordenaranse dentro do propio sistema de xestión de reservas por criterio de antigüidade como persoa socia do club, prevalecendo a que leve máis tempo na entidade."}
{"ID": "NOS_9767", "summary": "Un billón de euros debe o Estado español, o que o PP intenta promocionar como \"adelgazamento\" pero que no fondo agocha a que moit@s consideran unha das grandes mentiras do momento: unha débeda en constante crecemento e ilexítima cos donos do capitalismo mundial,", "text": "En xuño, repescando ese costume que ten o poder de que as cousas pasen cando menos xente se decate, coñeceuse o dato, terríbel, da débeda pública do Estado español, seguramente o quid da cuestión, ou cando menos un deles, non menor aínda que as elites se refuxien nas dificultades populares -cada vez menores- para entender conceptos económicos que antes gardaban para eles, mais que agora xa están na rúa. Nas que se fala de débeda ilexítima. De auditoría. Mesmo de non pagar. O dato de xuño, esa era a cuestión. O Reino de España superou a barreira histórica do billón de euros de débeda. As Administracións están atadas a bancos, inversores e especulación variada de todo o mundo por un valor que case se triplicou ao longo desta longa crise: o pasivo situábase en 382.307 millóns de euros ao acabar 2007. Seis anos e medio despois, con dúas recesións ás costas e unha suposta política de \"austeridade\" (ou sexa, recortar servizos sociais), case seis millóns de parad@s, non moi lonxe dos 300.000 en Galiza, e un rescate á banca, o lastre xa alcanza os 1.007.319 millóns de euros, segundo os datos que fixo públicos o Banco de España, en agosto, non vaia ser. Toda a información sobre este asunto no nº 111 de Sermos Galiza, disponíbel xa na nosa loxa e nos quiosques do país"}
{"ID": "NOS_42165", "summary": "Abismarse no íntimo. Na luz interior. Coas raiolas da aurora, no espertar do visíbel. É unha das chaves da obra do fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, tal como escribiu el mesmo nun dos seus cadernos. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle até finais de xaneiro Seda de cabalo, unha mostra que, sen ser unha retrospectiva, recolle a súa traxectoria desde os anos 80 até 2005. Nela poden albiscarse boa parte das inquedanzas do artista, como o paso do tempo, o tránsito entre a vida e a morte ou a existencia \"na xeografía do confín que é a Galiza\".", "text": "Seda de cabalo é unha exposición itinerante que vén de 2013… Si, eu gañei o Premio Nacional de Fotografía en 2007. Despois a miña muller enfermou e morreu e eu retireime do mundo, literalmente. Pero en 2012 chamáronme do Ministerio. Tiñan moito interese en facer unha exposición. Finalmente accedín e escollín a Tabacalera. Sen ser unha retrospectiva, abranguía desde os anos 80 até 2005. Hai obras que non están no Marco porque non cabían. Chámase Seda de Cabalo porque eu uso seda de cabalo. Nacín mirando o océano, pero ao mesmo tempo sentía nostalxia da serra do Forgoselo, daquelas imaxes da infancia con cabalos salvaxes. O cabalo é un animal que vén da Prehistoria, que se enfronta ao home ou ao lobo. Pois unha peza central nesta exposición era a esfera de cedro con seda de cabalo, que non está no Marco. Xa que fala de animais, hai moitos paxaros, réptiles e mamíferos na súa obra. Por que? Teño unha relación intensa cos paxaros desde neno. Para min son seres sagrados. A miña primeira aproximación foi desde o punto de vista científico, ornitolóxico. Despois empezou a interesarme máis o lado poético, o paxaro como símbolo. Xa desde a Prehistoria para o ser humano aparece o paxaro como símbolo. [José Ángel] Valente dicía que no meu corazón late un paxaro. A través do compositor Olivier Messiaen aprendín sobre a linguaxe dos paxaros. Quixen incorporar tamén a música dos paxaros á miña exposición. Gravei no bosque o seu canto… Teño animais vivos, mortos, disecados… E a moitos deilles eu os últimos auxilios. Nas mareas negras vías os animais morrer nos teus brazos. Atopo animais atropelados, intoxicados… E son como as persoas: cando van morrer, mírante aos ollos para que os acompañes. O animal ferido necesita calor. A miña obra é premonitoria, como cando facía tumbas simbólicas con especias e animais. Un can morre nos meus brazos e eu téñolle que facer a tumba, e despois volve como árbore ou como insecto. Pasou do branco ao negro -en Bestias involuntarias, por exemplo, que era a morte fronte á vida- á cor. De que maneira?Con Bestias Involuntarias, que é en branco e negro, estiven oito anos. Son animais fragmentados xunto a ferramentas. Cabezas/Soños, que é un políptico, son cranios articulados con obxectos da natureza. A finais dos anos 80 sentín que este proxecto de articulación de animais e obxectos estaba esgotado. Xa expuxera en Francia -antes que aquí-, en Alemaña, en Inglaterra… Tiña un traballo moi intelectualizado, con múltiples influencias, desde a zooloxía fantástica de Borges a Luís Seoane… Seoane tiña a condición que para min ten que ter todo artista, que é ser un exiliado. Tiña unha conciencia galega, unha visión poliédrica, híbrida e un sentido da ética e do compromiso que admiro. Eu tamén collía influencias das vangardas históricas, da filosofía: Bataille, Deleuze, Heidegger, María Zambrano… Mais por enriba de todo isto estivo o azar. A creación é sempre un acto de amor determinado polo azar. Eu facía naturezas mortas. Mais fixen unha pequena viaxe á India. Foi un encontro con aquelas cores e olores, coa forza vital da poboación… Un alento, un sopro. Os animais interpelándote de igual a igual, a presenza da morte, os corpos humanos na torre jainita e os corvos sobrevoando… Todo aquilo supuxo unha fractura na miña visión. Comezo a usar a cor, aínda que non deixo de todo o branco e negro, e fago, por exemplo, Aforcados. Cos animais sempre algún tipo de relación, sempre hai algo autobiográfico. Nesta época fago tamén retratos a amigos e a serie Confesión. Unha das claves da miña fotografía é sempre a luz. Por que? A luz relaciónase na súa obra coas ideas de revelación, aparición… Coa creación, e non imitación, da realidade. A luz determina a beleza, dá forma aos obxectos. Por escuro que pareza, sempre hai luz. A fotografía é luz e tempo. En cada unha das miñas series a chave é a luz. O primeiro que estudo é a execución da luz. Falaba antes da morte. A súa obra relaciónase co paso do tempo, coa beleza da caduco, co límite, co tránsito entre a vida e a morte… Por que?A miña obra, nese sentido, é toda premonitoria. Como neno galego tiven unhas experiencias coa morte a través da relixión moi fortes: asistir aos velorios, andar nos osarios, nos cemiterios… Traballo coa morte \"sen por que\", como dicía Heidegger. Traballo co que me rodea. No territorio do descoñecido, pero na xeografía do confín que é a Galiza. Pertenzo ao bosque atlántico, ao océano que me capturou. Cavo a terra negra, o humus, onde habitan os insectos. Camiño baixo as cumes das faias, as bidueiras, entre as sombras, na humidade... Fornecemos só un estrato da entrevista co fotógrafo e poeta Manuel Vilariño que publica mañá o semanario Sermos. Se queres continuar a lectura non tes máis que achegarte ás librarías, quiosques ou acceder á nosa tenda online para mercar Nós Diario e Sermos. Adianta traballo para outra vez facéndote subscritora ou subscritor aquí!"}
{"ID": "NOS_16831", "summary": "Cun manifesto fundacional no que defenden o \"orgullo de sermos unha nación que queremos ser o que somos, non o que outros queren que sexamos\", nace en Vigo o colectivo Pertenza, un grupo de persoas que, mediante o debate, a interpelación social e a reflexión, defenden a súa lingua, cultura, territorio e economía.", "text": "O acto de presentación do grupo Pertenza tivo lugar o sábado 22 de xuño en Vigo, por medio dun xantar en defensa da lingua ao que denominaron \"Xantares Galegos\" e ao que asistiron ao pé dun centenar de persoas. Conmemoraban tamén coa súa aparición e a xuntanza o 150 aniversario da publicación na cidade do libro \"Cantares Gallegos\" de Rosalía de Castro. Preséntanse como colectivo independente, de natureza non partidaria, nin sindical nin con ningunha relación organizativa ou profesional. \"O colectivo agrupa persoas que \"defenden as súas lingua, cultura, territorio, economía, persoas a se consideraren elos dunha cadea que vén desde a noite dos tempos\" O colectivo agrupa persoas que \"defenden as súas lingua, cultura, territorio, economía, persoas a se consideraren elos dunha cadea que vén desde a noite dos tempos e que, en resumo, non queren outra cousa que ser elas mesmas\". Defenden no seu manifesto fundamental, diante este tempo de crise, o orgullo de \"sermos unha nación que queremos ser o que somos, non o que outros queren que sexamos; un País na procura da autoafirmación, contra a imposición de valores mesquiños; unha Terra tecida na perseveranza por mudar a nosa historia, por converter a nosa lingua\". Antes de ter comezo o xantar, proxectouse unha curtametraxe realizada polo colectivo de imaxe Rachacapana (https://vimeo.com/68863743), desenvolveuse un recitado de poemas de Rosalia de Castro e interpretáronse varias pezas musicais galegas. Presentouse tamén o manifesto do colectivo -recollido no fin desta información- que se repartiu inserido nun tríptico no que se recollía tamén o menú da xornada con pratos da gastronomía galega. O tríptico foi deseñado por autores recentemente premiados no Festival Europeu de Publicidade e Humor Smile Festival. MANIFESTO Estamos a viver un tempo contraditorio, no que muitas das ideas nas que se acreditou ao longo de anos e de décadas están a ser derrubadas polo vento da Historia, a cair por elas mesmas ao teren pés de arxila. Durante anos escoitamos como se repetía de maneira teimosa a ladaíña que afirmaba que cumpría abolir as particularidades e as identidades, que se debía camiñar na dirección de aspirarmos a ser unha cidadanía mundial. Mais, ao tempo, observabamos, aínda que semellaba que non queriamos velo, como ao noso redor agromaban novas identidades, colectivos de xentes que se achaban e achan orgullosas de seren lituanas ou vascas, eslovacas ou moldavas, catalás ou flamengas. Persoas que defenden as súas lingua, cultura, territorio, economía, persoas a se consideraren elos dunha cadea que ven desde a noite dos tempos e que, en resumo, non queren outra cousa que ser elas mesmas. E ao mesmo tempo, devagar, estamos a ver como ese falso universalismo do que se nos falaba non atende cuestións profundamente humanas —como a satisfacción de necesidades económicas básicas ou culturais— e representa somente o universalismo do diñeiro. Estamos a viver, dicimos, un tempo caracterizado, tamén, polo declinio do que até o día de hoxe temos considerado os chamados grandes partidos tradicionais e, ao tempo, polos desexos da cidadanía de apañar nas súas maos as rédeas do seu futuro. A sociedade, atravesada por unha crise económica, política, cultural e ética sen precedentes, olla como os seus setores máis conscientes deciden non ficar inmóbeis na defensa das súas identidade, industria, cultura, idioma, natureza. Identidade, cultura, idioma: eis os elementos chave que empurran a aparición de Pertenza. Identidade, lingua: outras maneiras de nomear ideas que chegan até o fundo dos humanos, ideas que teñen a ver coa restauración da dignidade, coa reivindicación do noso séndomos fieis a unha antiga herdanza. Cultura, idioma: unha herdanza na que compre afortalarmos as liñas de progreso e mudarmos ou rexeitarmos os perfis anacrónicos, e avanzarmos así cara a un futuro cada vez máis xusto. Un avanzo —agora que se cumpren cento cincuenta anos de Cantares Gallegos— no que nos debe servir de referencia a fidelidade á voz de Rosalía de Castro, mudando, como ela dixo, a Galiza no noso obxecto. Como nos deben servir de búsola as palabras de Murguía, ao proclamaren que xentes que falan a lingua que non lles é propria constitúen un pobo que non se pertence, ou as de Vicente Risco ao nos interpelar asegurando que a culturización do País nunca se debe de levar a cabo na obriga da ignorancia a si proprio. Un avanzo co orgullo de sermos unha nación que queremos ser o que somos, non o que outros queren que sexamos; un País na procura da autoafirmación, contra a imposición de valores mesquiños; unha Terra tecida na perseveranza por mudar a nosa historia, por converter a nosa lingua, vehículo de comunicación con trescentos millóns de persoas, que viven en case once millóns de quilómetros cadrados, asentadas en catro continentes, nunha ferramenta para estarmos no mundo. Un avanzo dun pobo na busca da liberdade, da paz e da xustiza, da igualdade con mulleres e homes, na busca solidaria da Humanidade e, sinaladamente, na afincada procura de si mesmo. Na Galiza, a 22 de xuño de 2013"}
{"ID": "NOS_4565", "summary": "O persoal que traballa na Central de Coordinación do 061 iniciou unha folga indefinida que está marcada polos servizos mínimos do 100%, critica a CIG.", "text": "O sábado comezou a folga indefinida do persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona a empresa Grupo Norte e que ese encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias dependente da Xunta de Galiza. As traballadoras e traballadores reclaman unha compensación xusta polo traslado forzoso do seu centro de traballo desde Santiago á Estrada. O inicio do paro estivo marcado polo abusivos servizos mínimos decretados pola Administración pública, xa que son do 100%. Contra esta decisión solicitouse unha medida cautelar ao Xulgado para evitar a vulneración do dereito de folga, informa a CIG. As empregadas e empregados de Grupo Norte aproveitaron a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todas as segundas feiras, sábados e festivos de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas, para desenvolver unha concentración ao mediodía diante das instalacións do servizo en San Marcos na que participou boa parte do persoal."}
{"ID": "PRAZA_9684", "summary": "O incendio declarado durante a noite en Dodro estendeuse a Rianxo e rolda as 850 hectáreas a primeiras horas da mañá nunha área con abondosas plantacións de eucaliptos, ameazando zonas habitadas e a circulación pola autovía da Barbanza", "text": "Outra volta, avivados polo vento. E outra volta, elevando a atención mediática e política cando as lapas pasan do interior ao eixo atlántico, onde se concentra o maior volume de poboación en Galicia. Tras arder unhas 150 hectáreas en varias vilas das provincias de Ourense e Lugo -segundo os datos divulgados pola Xunta, que segue sen ofrecer a información completa de focos e hectáreas-, o peor pasou a estar na contorna do Barbanza, segundo a información oficial.O incendio declarado durante a noite en Dodro estendeuse a Rianxo e roldaba as 850 hectáreas a primeiras horas da tarde nunha área con abondosas plantacións de eucaliptosOs retallos informativos divulgados por Medio Rural indicaron despois das dez e media da noite do luns que viña de declararse un incendio na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, afectando a \"unhas 20 hectáreas\". Alí estaban xa despregado un dispositivo encabezado por 7 axentes medioambientais con 8 brigadas a loitar contra as lapas cuxa orixe, segundo declaracións da Xunta á TVG, é probable que estivese nas faíscas dunha torre de alta tensión.Apenas oito horas despois o forte vento do nordés xa contribuíra a estender o lume ao concello lindeiro de Rianxo, a comezar pola parroquia de Asados e poñendo en risco a circulación pola autovía que articula toda a comarca. Contra as 7 da mañá a superficie afectada xa se multiplicara por dez, ata \"arredor de 200 hectáreas\", segundo a Consellería de Medio Rural. A mediodía xa roldaba as 550, superficie que o converteu tecnicamente nun gran incendio forestal, e a primeiras horas da tarde xa chegara ás 850. Na zona hai abondosas plantacións de eucaliptos.A proximidade a zonas habitadas obrigou a declarar a situación 2 de alerta na zonaDurante a mañá incorporáronse ao dispositivo de extinción os medios aéreos, cuxo labor se está a ver dificultado polo forte vento, e mais 199 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias. Pouco despois Medio Rural confirmaba a activación da situación 2 de alerta na zona pola proximidade ás vivendas no lugar de Meiquiz. Toda contorna está afectada por unha mesta fumareda, tal e como é posible observar nas imaxes tomadas por bombeiros forestais da Brif de Laza que traballan na zona. Ese fume obrigou, por precaución, a desaloxar o instituto rianxeiro de secundaria Félix Muriel.Esa declaración da situación 2 foi confirmada polo conselleiro do Medio Rural, José González, que se achegou ao posto de mando dende o que se dirixe a extinción. \"A situación de vento forte non axuda\" aos traballos, admitiu González, quen reiterou a sospeita de que este incendio foi \"intencionado\" e o chamamento a \"ir a polos\" incendiarios. Ata a zona desprazáronse tamén, ademais de diversos cargos de Medio Rural, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o voceiro de En Marea, Luís Villares, xunto a varios membros desta formación.Incendios en Lousame, Noia e As PontesA superficie atinxida polos incendios de Noia e Lousame rolda as 80 hectáreas e o das Ponte, as 20O peor estaba no comezo deste martes en Rianxo, pero os incendios revelados pola Xunta atinxen a máis concellos. En Tállara (Lousame), outro incendio iniciado tamén durante a noite queimara xa máis de 40 hectáreas a primeiras horas da mañá. Non moi lonxe, en Noia, outro foco en Argalo (Noia), provocara que arderan \"arredor de 20 hectáreas\". Segundo Medio Rural, \"en conxunto, estes incendios afectan unha superficie de arredor de 78 hectáreas\". Quedaron controlados arredor das doce da mañá.Sen saír da provincia da Coruña, pero no extremo norte, o vento tamén contribúe a avivar as lapas nas Pontes, onde na mesma parroquia do Freixo xa se rexistraran dous incendios durante a xornada do luns. O terceiro foco coñecido, que segundo Medio Rural \"supera as 20 hectáreas\". Este balance é necesariamente provisional e incompleto, porque a Xunta mantén a política informativa de non divulgar todos os incendios dende hai dez anosEste balance provisional, de máis de 900 hectáreas que se engaden ás 150 coñecidas na fin de semana, é necesariamente provisional e incompleto. A política informativa do Goberno galego, baseada en non revelar os incendios que non superan as 20 hectáreas se non atinxen a áreas habitadas ou protexidas, implica non divulgar partes de incendios completos dende hai dez anos. Non en van, o propio conselleiro admitiu que entre este luns e martes \"houbo ao redor de 20 incendios en toda Galicia\". A maioría, afirma, \"intencionados\".A primeira vaga de incendios da primavera chega despois de que, a partir do luns, a propia Consellería de Medio Rural decretase a prohibición das queimas de restos agrícolas e forestais en toda Galicia, mesmo os permisos xa concedidos. A decisión, vixente ata novo aviso, tomouse \"tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco\", sinala a Consellería."}
{"ID": "NOS_48251", "summary": "Treitos de catro autoestradas en Catalunya non teñen peaxes explícitas desde esta cuarta feira, 556 quilómetros recibidos con xúbilo por entidades que levan décadas loitando contra as peaxes. Isto deixa apenas 120 km de pago para as persoas usuarias, mentres Transporte asume que este modelo de peaxe non volverá.", "text": "Pouco antes das 12 da noite desta terza feira, cando expiraba a concesión de 556 quilómetros de peaxes nas estradas catalás, un grupo de plataformas e asociacións reunidas para celebrar na explanada de Can Nolla, en Vilassar de Dalt, comezaban a lectura do manifesto Una oportunitat històrica, no que conmemoraban décadas de loita. O rematar, dirixíronse cara ás cabinas de peaxe da primeira autoestrada de Catalunya e do Estado, a C-32 norte, inaugurada en 1969. Amais da C-32 norte, foron eliminadas as peaxes para os condutores da C-33, ámbalas dúas de titularidade catalá, e da AP-2 e AP-7, propiedade do Estado. Só nestas dúas últimas estradas, que suman 477 quilómetros, o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana estima o aforro para as persoas que usan estes treitos en 752 millóns de euros anuais. Tras desmantelarse o pago por acceder á estas vías, restan 120 quilómetros de estradas de peaxe en Catalunya, todos da Generalitat e con concesións que non rematan até a vindeira década: o Túnel del Cadí, o tramo Sant Cugat-Manresa (Barcelona) da C-16, o treito Castelldefels-El Vendrell da C-32 e os Túneles de Vallvidrera. O primeiro día sen peaxes explícitas nestas estradas tivo un tráfico fluído e sen incidentes, informou o Servei Català de Trànsit, malia que desde a Generalitat a previsión é un aumento de tráfico entre o 15% e o 20%, con diferenzas segundo o treito. Asemade, o Ministerio fai a mesma previsión mais sen achegar datos. 4.000 millóns de euros de compensación Tanto as autoestradas da Generalitat como do Estado nas que foi eliminada a peaxe para as persoas usuarias, estaban sendo xestionadas por filiais de Abertis (Invicat e Acesa respectivamente). Acesa reclama ao Estado o pago de máis de 4.000 millóns de euros pola compensación por tráfico garantido no contrato. Un importe que quedara pendente de ser revisado cando expirara a concesión. O Ministerio de Transporte descarta recuperar este modelo de peaxe Non se \"volverán aplicar peaxes coma as que había até o de agora\", sostivo nunha entrevista onte con El Periódico a ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, que estivo en Catalunya nas horas previas ao feche definitivo das cabinas de peaxe en varias vías do territorio, salientando que \"terá un impacto directo moi importante para os cataláns, que verán como os seus petos experimentan un aforro\". A ministra defende que o novo sistema que o Goberno estatal decida pór en marcha ten que ter \"unhas tarifas xustas e equilibradas cun sistema público e homoxéneo para o conxunto do Estado español\", co fin de evitar \"agravios como os que se están a producir\" e en liña co que fan \"23 dos 27 Estados da Unión Europea\" para garantir o mantemento das súas estradas."}
{"ID": "PRAZA_788", "summary": "Frente à democracia representativa que agasalha ao povo, de quando em vez, com o pim pam proposta desde a tribuna de uns poucos iluminados, as novas tecnologias permitem abrir a democracia a uma nova estratégia colaborativa focada no jogo diário do pim pam debate, pim pam proposta, pim pam votemos.", "text": "No mundo das novas tecnologias, as inovações costumam chegar com a adaptação de velhas ideias a novas necessidades. O já célebre Big Data não é um novo conceito que rompe com o passado. É a adaptação da velha computação de altas prestações e da programação em paralelo à nova necessidade de popularizar o processamento de muitos dados. Neste contexto, surge novo software que faz o mesmo que o antigo mas que se adapta a qualquer microprocessador, fazendo mais acessível, popular e democrático o processamento de muitos dados em paralelo. De jeito análogo, o novo termo Internet das Cousas refere-se à integração de velhas realidades: sistemas embebidos, tecnologias sensoriais e redes. Lembremos também como os blogues surgiram com a popularização da web dinâmica, ou como as redes sociais representaram uma nova adaptação, algo mais evoluída, dos primeiros foros em Internet. No mundo das novas tecnologias, as inovações costumam chegar com a adaptação de velhas ideias a novas necessidades Em todos os casos de inovação, surge um ecossistema de novas ferramentas que adaptam e popularizam uma velha ideia ou conceito. No mundo da política, o velho conceito da democracia participativa e assemblear começa a espalhar-se e popularizar-se graças a um novo ecossistema de ferramentas e plataformas, em código aberto, de fácil instalação. A democracia participativa fundamenta-se em três tarefas sequenciais: debate em foros, criação de propostas/iniciativas e votação das mesmas. Na atualidade, existem numerosas ferramentas livres que permitem efectuar todas ou algumas destas três tarefas. Passo a continuação a citar algumas delas: As mais ambiciosas de todas são DemocracyOS, usada polo Partido de la Red (em Buenos Aires) e LiquidFeedback, utilizada polo Partido Pirata alemão. Estas duas plataformas integram as três tarefas num único software. LiquidFeedback integra também uma funcionalidade adicional no processo de votação: a possibilidade de delegar o voto a um perito ou especialista no tema da proposta. Esta funcionalidade torna a democracia participativa em algo novo, chamado democracia líquida, que é um sistema de toma de decisões que se situa entre a democracia direta e a representativa. No mundo da política, o velho conceito da democracia participativa e assemblear começa a espalhar-se e popularizar-se graças a um novo ecossistema de ferramentas e plataformas, em código aberto, de fácil instalação Outras ferramentas de participação em plena expansão são Reddit, PHPBB3 e Loomio, focadas na gestão de debates e foros de discussão, com a possibilidade de selecionar as propostas mais populares mediante métodos tradicionais de ponderação. Cumpre sublinhar também uma ferramenta de debate de código privativo, Appgree, que inclui um algoritmo patentado, DemoRank, orientado à seleção das propostas melhor valoradas mediante microsondagens. Por último, uma ferramenta muito popular utilizada no processo de votação é Agora Voting, que também inclui a possibilidade de delegar o voto. Os problemas de seguridade que acarreta a votação electrónica irão reduzindo-se a medida que se digitalizem as administrações. O caso recente das primárias de Ourense en Común mostra que é preciso o uso de mecanismos mais personalizados, como o certificado digital ou mesmo um empadronamento digital, de tal jeito que se possam restringir as votações a uma área territorial ou Concelho específico. Não existem grandes inovações técnicas nem conceptuais nestas ferramentas. Todas elas herdam as ideias básicas de plataformas e projetos colaborativos, como a Wikipédia, ou de agregadores comunitários de notícias: chuza, digg, etc. Dado o interesse atual na democracia participativa, é o momento de construir projetos e consórcios internacionais focados na melhora das ferramentas de participação, nos que se envolvam peritos em ciências políticas, engenheiros informáticos e linguistas O movimento Pirata internacional, formado por numerosos desenvolvedores informáticos, fomentou a criação de muitas destas ferramentas. No entanto, a principais achegas teóricas e conceptuais sobre a democracia participativa encontramo-las nos documentos organizativos do Partido X, de Democracia Participativa e do Partido de la Red, mais focados nas estratégias de participação que na construção ideológica. Cumpre sublinhar também que um número crescente de agrupações cidadãs e de partidos começam a usar massivamente estas estratégias, assim como as ferramentas que as implementam. A maioria de agrupamentos cidadãs para as Municipais de Maio e partidos como Compromís, Equo, ou Podemos são alguns exemplos de utentes habituais de tais ferramentas. A minha previsão é que esta vai derivar cara a democracia líquida, é dizer, as propostas e votações serão feitas mediante delegação a expertos, pois, excepto os tertulianos, ninguém pode saber tudo sobre tudo Existem numerosos desafios para que a democracia participativa seja finalmente operativa e eficaz. Um deles é permitir a construção de propostas ou iniciativas limpas, prontas para ser votadas a partir de debates intermináveis cheios de argumentos e contra-argumentos. Na atualidade, os mecanismos que dão relevância às melhores ideias nos foros de debates baseiam-se em técnicas básicas de ponderação por parte dos utentes, que poucas vezes conseguem separar as achegas interessantes e bem fundamentadas dos comentários destrutivos. Para além disso, é habitual encontrar as mesmas ideias formuladas de jeitos diversos em diferentes fios de debate, situação que faz com que se perda a coesão necessária para organizar corretamente toda a diversidade temática. Desde o meu ponto de vista, as ferramentas de participação precisam integrar no software outros módulos mais básicos de organização, baseados em técnicas de processamento da linguagem natural, extração de informação, análise de opinião e aprendizagem automática. Estes módulos poderiam permitir juntar automaticamente fios com conteúdo semelhante, extrair ideias e asserções básicas, identificar opiniões sobre as mesmas, etc. Estas técnicas estão a aplicar-se atualmente noutros domínios, como a economia, a medicina, o direito ou a organização da empresa, dando lugar a projetos de investigação pluridisciplinares. Dado o interesse atual na democracia participativa, é o momento de construir projetos e consórcios internacionais focados na melhora das ferramentas de participação, nos que se envolvam peritos em ciências políticas, engenheiros informáticos e linguistas. Os programas europeus do Horizon 2020 podem ser uma fonte de financiamento para este tipo de projetos. Como no caso do debate ecológico, que foi integrando-se aos poucos nos programas de muitos partidos, a democracia participativa vai ir apropriando-se do espaço organizativo de todos os partidos a curto e meio prazo. A minha previsão é que esta vai derivar cara a democracia líquida, é dizer, as propostas e votações serão feitas mediante delegação a expertos, pois, excepto os tertulianos, ninguém pode saber tudo sobre tudo. Espero também que, mais cedo que tarde, mude de nome. Ninguém vai querer apresentar-me como um 'demócrata líquido' não polo conceito que representa, senão pola estética do termo. As novas tecnologias permitem abrir a democracia a uma nova estratégia colaborativa focada no jogo diário do pim pam debate, pim pam proposta, pim pam votemos Em resumo, frente à democracia representativa que agasalha ao povo, de quando em vez, com o pim pam proposta desde a tribuna de uns poucos iluminados, as novas tecnologias permitem abrir a democracia a uma nova estratégia colaborativa focada no jogo diário do pim pam debate, pim pam proposta, pim pam votemos."}
{"ID": "NOS_3293", "summary": "A Federación Rural Galega, Fruga, denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente non pagou os danos provocados polo xabarín correspondentes ao 2020. As destinatarias son as explotacións agro-gandeiras.", "text": "A Fruga denunciou na mañá da sexta feira a demora no pagamento das axudas anunciadas pola Xunta da Galiza destinadas ás explotacións agro-gandeiras que sufriron danos de xabaríns. O sindicato pon de manifesto os prexuízos que a situación está provocando \"nas economía e funcionamento das explotacións agrarias\". \"Son moitos os labregos e labregas que nos están transmitindo esta situación e por eso, proximamente imos realizar un escrito dirixido a Consellaría de Medio Ambiente para que cumpra cos compromisos adquiridos\", informa a Fruga nun comunicado. Danos nos viñedos polos corzos Por outra parte a Asociación Galega de Viticultura, integrada na Fruga, advirte do acrecentamento de danos provocados polos corzos nas zonas de viñedo situados en zonas con Denominación de Orixe e de Indicacións Xeográficas Protexidas durante os meses de abril e de maio. Unha situación que leva o sindicato a solicitarlle á Xunta da Galiza que amplíe as axudas polos danos causados. \"Ultimamente veñen sendo numerosas as queixas de viticultores e viticultoras polos danos causados nas súas viñas como consecuencia da presenza de corzos nos seus cultivos. Neste sentido estasse observando como os danos desta especie están aumentando de xeito exponencial nos viñedos\", indica a asociación. Os prexuízos, sinala, teñen unha maior incidencia en marzo, abril e maio \"por ser os meses nos que se produce a floración e brotación, proceso coñecido como a esfarna das vides, polo que os follatos das vides están mais tenros e resultan máis apetecíbeis ao corzo, ocasionando deste xeito grandes perdas na produción de uva\"."}
{"ID": "NOS_22154", "summary": "Marcos Maceira sinala que \"o fracaso da política lingüística débese ao incumprimento dos acordos\" e critica que na vez de actuar nese sentido o Goberno fale de \"consensos\".", "text": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, criticou que a Xunta de Galiza apele ao consenso sobre a lingua galega cando \"non cumpre\" os acordos aprobados por unanimidade no Parlamento como o Plan Xeral de Normalización Lingüística. \"O Plan Xeral de Normalización Lingüística é un punto de partida polo que se debe comezar. O que non vale de nada é facer apelacións constantes ao consenso cando os acordos existen e o único que fai falta é aplicalos inmediatamente\", sinalou nunha entrevista en RNE. Maceira insistiu en que a Xunta de Galiza debe \"comezar a aplicar\" o Plan de 2004 e advertiu que A Mesa \"non apoiará nada\" que rebaixe as medidas incluídas nesa norma. \"O fracaso da política lingüística non está baseado en cumprir os acordos que se foron alcanzando, senón en non aplicalos\", sinalou. Pola súa parte, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación, pediu \"deixar de pelexar todos os días polo galego\", idioma que reivindicou como \"de todos\"."}
{"ID": "NOS_15729", "summary": "A Academia Galega de Belas Artes mantén o homenaxeado.", "text": "A Real Academia Galega de Belas Artes vén de comunicar a súa decisión de prorrogar a 2021 as celebracións que debían ter lugar este ano con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado nesta edición ao arquitecto Domingo de Andrade. Nado en Cee en 1639, o artista é coñecido por obras emblemáticas como o tabernáculo e a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela e a Casa da Parra. Nun comunicado, a Academia de Belas Artes explicou que, ante a situación creada pola pandemia da COVID-19, a xunta de goberno optou por aprazar a celebración da efeméride, debido fundamentalmente á imposibilidade de seguir co programa de actividades e actos previstos. O presidente, Manuel Quintana Martelo, destacou que, dada a importancia da figura homenaxeada nos ámbitos internacional e galego do Barroco, e co fin de non desmerecer o recoñecemento e poder desenvolver toda a programación de forma correcta, a Academia acordou esta solución. Ademais, sinala que o feito de xa teren adiado o acto central do día 1 de abril e en previsión das dificultades para a elección dun novo homenaxeado en 2021, animaron a Academia a prorrogar un ano máis o arquitecto. Actos previstos O presidente anunciou que o 12 de novembro, data que coincide co aniversario da morte de Andrade, a Real Academia Galega de Belas Artes realizará un evento na catedral de Santiago para lembrar a súa figura e o seu legado artístico. Así mesmo, entre o 16 e o 19 de novembro, decorrerán diversos actos en Cee organizados polo concello e aos que asistirá representación da Real Academia Galega de Belas Artes, e que xa estaban previstos con anterioridade."}
{"ID": "NOS_22329", "summary": "Xulio Amigo será o novo presidente de Culturgal. Asume o cargo en substitución de Manuel Bragado, que dirixiu a asociación responsábel da feira das industrias culturais entre 2014 e este ano. Amigo é, ademais, o director comercial da emblemática Editorial Galaxia.", "text": "En Culturgal intégranse a Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), a Asociación Galega de Empresas Musicais e a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet). Xulio Amigo xa exercera a presidencia de Culturgal con anterioridade. En declaracións que recolle o comunicado que anuncia o seu novo cometido, explica que \"nas dez edicións anteriores se logrou construír unha marca de enorme valor, atraer e comprometer o público e consolidar un equipo de traballo cualificado e implicado\". A décimo primeira edición de Culturgal celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro."}
{"ID": "PRAZA_2700", "summary": "As eleccións do 20 de decembro serán as eleccións do cambio. Goberne quen goberne. A necesidade do cambio, da primeira gran reformulación de España dende a Transición, instaurouse como marco dominante no que se moven todas ou case todas as forzas políticas.", "text": "As eleccións do 20 de decembro serán as eleccións do cambio. Goberne quen goberne. A necesidade do cambio, da primeira gran reformulación de España dende a Transición, instaurouse como marco dominante no que se moven todas ou case todas as forzas políticas. Mesmo para o PSOE ou para un Ciudadanos que ofrece máis renovación de nomes que de ideas. A necesidade do cambio, da primeira gran reformulación de España dende a Transición, instaurouse como marco dominante no que se moven todas ou case todas as forzas políticas Este é o maior éxito do 15M e das distintas mareas sociais que pisaron as rúas nos últimos catro anos. E de Podemos, que ten na existencia deste marco dominante unha das súas principais fortalezas, que lle permiten seguir confiando nunha remontada ao longo da campaña electoral. Podemos -e as forzas que en Galicia compoñen EnMarea- acertaron no diagnóstico: identificaron as causas da desconexión entre o país real e o país definido polas institucións políticas, económicas e mediáticas, atribuíron responsabilidades obxectivas e sinalaron uns determinados antagonistas. Identificaron, ademais, sectores da poboación moi amplos que compartían previamente uns intereses, pero que estaban faltos de organización, e dotaron as súas reclamacións dun senso e dun recoñecemento colectivo. Souberon aliñar distintos marcos sectoriais, converxendo nunha necesidade de cambio, admitida como unha necesidade colectiva, de senso común, que acabou por desbordar unhas fronteiras políticas previas moi ríxidas. Podemos e as Mareas souberon aliñar distintos marcos sectoriais, converxendo nunha necesidade de cambio, admitida como unha necesidade colectiva, de senso común, que acabou por desbordar unhas fronteiras políticas previas moi ríxidas A pesar dos moitos erros cometidos, da súa debilidade no acceso ao voto dos maiores de 50 anos, e de que a aparición de Ciudadanos lle restou unha gran masa de apoios no centro político, Podemos e as confluencias nas que participa manteñen a capacidade de aglutinar o voto dos sectores e colectivos que foron deixados á marxe polas políticas do bipartidismo. Ninguén recibe un premio por abrir a espita, as oportunidades créanse para todos. Ciudadanos aproveitou a fenda aberta por Podemos e construíu un discurso de rexeneración e de cambio tranquilo. Lampedusiano, si, pero que engancha cun sentimento maioritario, sobre todo entre os menores de 50 anos, de que é necesario un cambio profundo nas estruturas políticas e en certas dinámicas sociais neste país. O éxito do partido laranxa, inflado ou non, acabou por fragmentar o espazo político do centro-dereita, recollendo importantes masas de ex-votantes de PP, PSOE e UpyD, que buscan máis un cambio de formas que un cambio de bases. O PSOE ten un problema. Agora mesmo, como se puido comprobar no debate de El País, é un partido acosado e co seu espazo electoral asediado a un lado e a outro O PSOE ten un problema. Agora mesmo, como se puido comprobar no debate de El País, é un partido acosado e co seu espazo electoral asediado a un lado e a outro. A súa laxitude ideolóxica e a práctica amosada no Goberno -sobre todo entre 2010 e 2011- fan que lle resulte moi difícil competir con Ciudadanos, que presenta unha versión máis fresca e rexeneradora do programa social-liberal dun PSOE que, ao tempo, perde votos pola súa esquerda ante Podemos, que mesmo apela aos votantes socialistas de toda a vida. A debilidade do seu candidato e a perda da condición de único voto útil anti-PP en moitas provincias só se compensa pola amplitude da súa base militante e a súa grande implantación territorial. O PP escapa un chisco á velocidade na que se moven as campañas dos seus rivais e aos discursos do cambio. O seu xogo é defensivo, asentado no seu esmagador dominio entre os e as votantes de máis de 60 anos, no perfil baixo, e nas apelacións á moderación e á experiencia, á continuidade. Busca que a campaña se xogue nun marco económico e de xestión, relegando outros marcos posibles, coma o da rexeneración e a corrupción, nos que ten as de perder. O crecemento de Ciudadanos, que comezou xogando ao seu favor, pode acabar pasándolle factura electoralmente, pero de igual xeito pode ser o mellor seguro para a continuidade das mesmas políticas e as mesmas elites. O resultado do 20D é aínda moi incerto. A vitoria do PP semella probable, mesmo perdendo 70 ou 80 deputados, pero o segundo posto non o está tanto, debido á fortísima volatilidade do voto. De igual xeito, a propia fragmentación electoral facilita que os resultados poidan cambiar moito en cada provincia con pequenas modificacións nos niveis de apoio. O 21D abriremos tamén a longa campaña para os comicios ao Parlamento galego do vindeiro ano, unha cita que en parte estará influída polos resultados das xerais O 20D hai eleccións. E o 21D abriremos tamén a longa campaña para os comicios ao Parlamento galego do vindeiro ano, unha cita que en parte estará influída polos resultados das xerais. A perda de 4 ou 5 deputados polo PP nas provincias galegas tería un grande impacto, o mesmo que unha forte irrupción de EnMarea. É preciso un aliñamento de marcos e de demandas, a unión de colectivos hoxe dispersos pero cunha demanda de cambio. Ao igual que sucedeu en Compostela, na Coruña e en Ferrol, é precisa a articulación dese desexo na base social, de xeito que Galicia cambie mesmo antes das eleccións, mesmo antes de facer efectivo ese cambio a través do seu voto. A tarefa debe ser propoñer un novo proxecto de país para as vindeiras décadas. Un proxecto que sexa, ademais, un pacto entre xeracións Neste senso, a tarefa debe ser propoñer un novo proxecto de país para as vindeiras décadas. Un proxecto que sexa, ademais, un pacto entre xeracións: entre as persoas que construíron o Estado de Benestar nas últimas décadas e que agora o ven en perigo, e os mozos e mozas que ven derrotadas as súas oportunidades mesmo antes de poder aproveitalas e demostrar a súa valía. Ao igual que sucedeu en Compostela, na Coruña e en Ferrol, é precisa a articulación dese desexo na base social, de xeito que Galicia cambie mesmo antes das eleccións, mesmo antes de facer efectivo ese cambio a través do seu voto A xente que tomou as rúas en maio de 2011, os que se manifestaron pola sanidade e a educación pública, os que marcharon contra a reforma laboral ou contra os prezos baixos do leite, os preferentistas que denunciaron a súa situación, os e as traballadoras precarias, os e as traballadoras que viron recortado o seu poder adquisitivo durante a crise, os defensores do benestar animal, a xente da Fracha, a xente de Elviña ou de Coia, as persoas que foron quen de paralizar desaloxos ou as mulleres que botaron abaixo a reforma do aborto. Todas elas e eles eran xente normal facendo cousas extraordinarias. E eles e elas deben ser as protagonistas do cambio e a súa base social."}
{"ID": "PRAZA_6385", "summary": "A cooperativa NUMAX, impulsada por profesionais do audiovisual, lánzase á procura de avalistas para poñer en marcha, a comezos de 2015, unha sala de cinema e un espazo creativo en Santiago.", "text": "Dende hai máis dun ano non hai salas de cinema no centro de Santiago. Dende que pecharon os históricos Cines Valle Inclán só o mes de Cineuropa e a actividade do Cineclube permiten acceder na pantalla grande a filmes que vaian alén do circuíto das grandes distribuidoras e, sobre todo, gozar do cinema sen ter que se mergullar nos corredores dun enorme centro comercial. Do Cineclube, precisamente, veñen parte da sementes que están a facer xermolar NUMAX, que dende hai meses traballa para devolverlle o cinema ao centro da capital galega dende unha óptica independente e cooperativa e que agora se lanza á procura de apoios. O proxecto de NUMAX está xa notablemente avanzado e desenvólvese na compostelá rúa de Concepción Arenal, moi preto do que fora o mítico Cine Capitol, que actualmente funciona como unha das salas de concertos de referencia no país. \"Este proxecto -explican as persoas que o promoven- permitirá que a veciñanza da cidade teña de novo a oportunidade de acudir cada tarde á que será a única sala independente de Galicia en versión orixinal\". Disporán de 70 butacas nunha sala \"equipada coa última tecnoloxía de proxección dispoñíbel para o cinema dixital\". NUMAX será a única sala independente do país en versión orixinal, terá 70 butacas e proxeccións diarias de martes a domingo A programación de NUMAX non será puntual, senón estable e continua. \"Traerá a Compostela entre 6 e 8 filmes diferentes por mes, con proxeccións diarias de martes a domingo\". Na programación combinaranse \"as últimas estreas, que hai tempo que non se poden ver na cidade\" coa \"reposición de filmes clásicos en copias acabadas de dixitalizar e o descubrimento de novos e novas cineastas que fican fóra dos circuítos de distribución habituais\". Máis que un cinema NUMAX non será só un cinema. Nos seus case 200 metros cadrados nacerá tamén \"unha libraría de literatura, arte e pensamento e un estudo de deseño gráfico, comunicación e produción audiovisual\". \"A integración e cooperación entre estas tres áreas -sinalan- quere facer do local un lugar de encontro e intercambio para a cidadanía\". Todo isto farase baixo a forma legal de cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, formada por catro persoas socias con expediencia no ámbito da creación e da difusión cultural: Irma Amado, Ramiro Ledo, Xosé Carlos Hidalgo e Pablo Cayuela. O proxecto suma xa 113 avalistas e procura \"un empurrón máis\" Para que o proxecto poida estar en marcha a comezos de 2015 NUMAX busca agora implicar aínda máis xente. De inicio contan xa cun préstamo de 300.000 euros da cooperativa de servizos financeiros Coop57, que empregarán para \"construír, equipar e poñer en marcha o proxecto\" se o grupo promotor é quen \"de sumar, a través de avais persoais de entre 1.000 e 5.000 euros, a totalidade do importe\". Na actualidade contan xa con 113 persoas avalistas que xuntaron xa 225.000 euros. \"Para cumprir cos obxectivos\" resta \"un empurrón máis\". Quen desexe sumarse pode informarse das condicións na web de NUMAX. Web de NUMAX"}
{"ID": "NOS_36256", "summary": "A banda Bala, da Coruña, recibiu o primeiro premio do VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, seguidas de MJPérez, de Arzúa, que se fixo co segundo galardón dunha noite en que as mulleres rockeiras foron as protagonistas.", "text": "A noite da sexta feira a sábado, o xurado do VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña daba a coñecer, após unha longa deliberación, os premios desta edición. O primeiro galardón, dotado con 3.000 euros, recaeu en Bala, da Coruña. O dúo formado por Ánxela e Violeta fíxose co primeiro posto porque \"alén da súa alta calidade musical, representa a expresión do dinamismo musical da actualidade\", en palabras do xurado. O segundo premio, de 2.000 euros, foi para MJPérez, de Arzúa, a quen se lle valorou \"a posta en escena e a emoción que transmite a combinación de música e palabras, amais dunha proposta moi ben trabada\". Aliás, The Trunks, de Sada, alzáronse co terceiro posto (1.500 euros) e Jamie Fifthring & The Fearg e Two Faces co cuarto e quinto (1.000 euros). O xurado, formado por Belén Tajes, Roberto Casteleiro e Marcos Payno, con Mercedes Fernández-Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta, valorou \"a forte aposta das dúas propostas de mulleres e iso mostra que hai unha nova xeración que está a irromper con forza nun mundo como o do rock que non tiña no noso país moita presenza feminina\". \"Tanto Bala como MJPérez convenceron pola súa forza e a súa calidade e agardamos que o premio serva para facelas máis visíbeis no actual panorama musical\", salientou Goretti Sanmartín. Os premios outorgáronse após un concerto colectivo que tivo lugar na sala O Túnel, do Coliseo da Coruña. Participaron os cinco grupos finalistas, ademais de Ataque Escampe e The Loco como convidados."}
{"ID": "PRAZA_2282", "summary": "A xunta de persoal cifra nun 90% o seguimento do paro en toda a área sanitaria, unha cifra que o Sergas rebaixa a pouco máis do 30%. O conselleiro de Sanidade asegura que \"é evidente que hai cousas que mellorar\" tras unha mobilización apoiada en varios hospitais de Galicia", "text": "Paralizada a área sanitaria de Vigo. A folga convocada para este martes alcanzou o 90% dos traballadores, segundo os datos que fixo públicos a xunta de persoal do Chuvi e que a Xunta reduce a pouco máis do 30%. A protesta contra a \"privatización da sanidade\" e contra as eivas e a precariedade que sofre o novo Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) mobilizou masivamente os sanitarios, que volveron reclamar tamén a dimisión do xerente, Félix Rubial, durante un paro que comezou ás 8 da mañá e que rematará á mesma hora deste mércores. A folga foi secundada por un 90% dos traballadores, segundo a xunta de persoal; a Xunta redúceo ao 30% Foron varios centos os traballadores -uns 500- que se mobilizaron á mañá polas instalacións e polo exterior do novo hospital denunciando a \"incompetencia\" dos xestores da área sanitaria, reclamando \"dimisións\", aludindo a Feijóo e solicitando unha \"sanidade pública e gratuíta\". Á tarde, unha masiva manifestación percorreu as rúas denunciando a \"privatización\" dos servizos sanitarios e volvendo pedir a marcha \"de toda a dirección\". Ante as protestas, o novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, prometeu levar a cabo \"iniciativas a curto, medio e longo prazo\" para \"axudar os profesionais a desenvolver a súa tarefa\", aínda que non explicitou en que consistían esas medidas que, segundo di, procuran \"a mellora en todo\". Vázquez Almuiña recoñeceu que \"é evidente que hai moitas cousas que mellorar, hai que facer correcións, e estamos nesa idea\" e destacou o seu convencemento de que \"todos os traballadores da sanidade pública de Vigo queren que isto saiaa ben\". Recoñeceu os problemas o máximo responsable do Sergas en Galicia, que viu como a mobilización se estendía por outras áreas sanitarias e adiantou que chamará aos traballadores para \"sentarse a negociar\". O novo conselleiro Almuíña promete medidas \"a curto, medio e longo prazo\" pero non especifica en que consisten Así, na Coruña, a xunta de persoal e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública -que apoiou todas as mobilizacións- concentráronse á mañá en solidariedade cos seus compañeiros de Vigo. Coincidindo con moitas das demandas do Chuvi, os traballadores do Chuac denunciaron recorte no persoal e a privatización de servizo, como o de electromedicina, que estarían provocando avarías continuas en varios ámbitos. Tamén en Lugo, persoal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) tamén se concentrou en apoio da folga da área sanitara viguesa, denunciando tamén a privatización. \"Na defensa dos servizos públicos, non aos recortes dos nosos dereitos\", podía lerse na pancarta. Foron as mesmas proclamas que se puideron ver en actos de apoio noutros centros hospitalarios, como nos da Costa da Morte. En Ourense, ademais, os sindicatos médicos CESM-Omega convocaron tamén unha folga cuxo seguimento cifraron en máis do 80%, áinda que a xerente do Complexo Hospitalario Universiario (CHUO) rebaixou a incidencia do paro ao 18% do cadro de persoal. Persoal sanitario da Coruña, Lugo e outras partes de Galicia apoiou os compañeiros de Vigo; en Ourense, outra folga sanitaria tivo menos incidencia Ao tempo, en Vigo, Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal, asegurou que o Sergas programara intervencións cirúrxicas para a xornada deste martes, sen ter en conta a folga, o que tería obrigado a cancelar cando menos seis operacións. Ademais, á tarde hai prevista unha nova concentración e a fin do peche que desde hai dúas semanas manteñen os celadores do HAC, que denuncian que unha empresa privada está a levar a cabo labores propios, provocando así máis problemas aínda no funcionamento \"caótico\" que levan tempo denunciando os traballadores do Álvaro Cunqueiro. Augas fecais caían este martes na área de urxencias do Álvaro Cunqueiro, o que obrigou a pechar a zona Precisamente, este mesmo martes rebentou unha tubaxe no servizo de urxencias do Álvaro Cunqueiro, o que provocou que a auga caera desde o teito e a empresa concesionaria tivera que pechar a zona. Son, segundo denuncian varias fontes, augas fecais que agora caen na área dos boxes de reanimación de paciente críticos. Ante o éxito da convocatoria, a xunta de persoal considera que a xerencia do novo hospital de Vigo debería sentar a negociar con eles axiña. Mentres, a Xunta insiste nun seguimento da folga dun 30,81% e que non superaría o 28% e que roldaría o 33% entre os sanitarios non facultativos e o persoal non sanitario. O caso é que os sindicatos teñen en conta nos seus cálculos os traballadores incluídos nos servizos mínimos, algo que nunca fai a Administración."}
{"ID": "PRAZA_12924", "summary": "O novo presidente da entidade, Gorigolzarri, pedirá a entrada do Estado no capital do banco. A operación consistiría en converter a axuda de 4.500 millóns do FROB en accións. A dúbida é se o Executivo nacionalizará o banco malo ou a matriz de Bankia.", "text": "O novo presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, proporá aos consellos de administración do grupo a entrada do Estado no capital de Bankia, segundo informan varios diarios de información xera e económicos desde hai varios minutos. A operación, tal e como avanzan, realizaríase convertendo a axuda de case 4.500 millóns de euros que chegaron do FROB en accións, polo que o Estado pasaría a controlar BFA e Bankia. A fusión das caixas deu lugar a BFA, que acabou partido en dúas partes: BFA (o banco malo, cos activos tóxicos inmobiliarios) e Bankia, co resto. O FROB está presente no banco malo, polo que a dúbida agora é se o que está disposto a nacionalizar o Goberno central é esta parte individual de BFA ou a matriz BFA, que é a que inclúe Bankia. Se as filtracións son acertadas, o que se nacionalizaría sería a parte mala. Ademais, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou desde Portugal un novo decreto para a reforma do sistema financeiro español. Con esta segunda reforma, o Executivo pretende elevar as provisións que esicirá as entidades para garantir a súa viabilidade e, ademais, porá en marcha unha sociedade inmobiliaria onde se agrupen todos os activos tóxicos dos bancos. O presidente teno claro e asegura que \"a nova reforma bancaira repercutirá na socución de boa parte dos noso problemas\". \"Son decisións importantes e de calado; son momentos difíciles e duros, pero hai que ter coraxe e as ideas claras\", asegura."}
{"ID": "NOS_33765", "summary": "Incógnita despexada. A lexislatura da moción de censura a Raxoi, a única vitoriosa na historia do actual réxime político, chega ao seu fin. Pedro Sánchez anunciou esta sexta feira a convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais do Estado. Finalmente a cita coas urnas será o 28 de abril.", "text": "A derrota do Goberno Sánchez, e do seu aliado Unidos Podemos, no debate dos orzamentos para 2019 precipitou os acontecimentos e conduciu ao titular do executivo central a un calexón cunha única saída: a disolución das cámaras e a convocatoria de novas eleccións. Unha expectación case sen precedentes —Madrid unha fervenza de díxomes díxomes— precedeu a comparecencia de Pedro Sánchez na sala de imprensa do palacio da Moncloa. O xefe do executivo acababa de presidir un consello de ministros extraordinario convocado ás 9 horas, cun único ponto na orde do día, o calendario electoral. A única dúbida estaba na data, sendo que na véspera a ministra de Facenda, María José Montero, dixera aos medios que esta sexta feira Sánchez diría si ou si o día en que chamaría ás urnas. Sobre a mesa, as dúas opcións con maior forza eran o 28 de abril e o superdomingo electoral, o 26 de maio, en coincidencia coas municipais e as europeas. Sánchez entrou sorrinte na sala de prensa, precedido polo seu exército de asesores e a súa vicepresidenta, Carmen Calvo. Tomou a palabra e comezou a enfiar o seu discurso cunha ollada retrospectiva, á orixe de todo, á moción de censura que en xuño de 2018 derrubou Mariano Raxoi. Estendeuse nunha reflexión sobre o carácter deste intrumento constitucional —\"a moción ten que ser construtiva, non se vota para botar a niguén\"—unha alusión clara ao bloque independentista e ao sentido do seu voto naquela altura (ERC e PDeCAT nunca terían apoiado realmente o Goberno Sánchez, teríanse limitado a deixar caer Raxoi, segundo a interpretación do inquilino da Moncloa). Mentres Sánchez debullaba parsimonioso o seu discurso, con toda a imprensa a agardar que desvelase a data da convocatoria, El País informaba nun flash —ás 10.07 horas— que o presidente do goberno comunicara aos seus ministros que chamaría ás urnas o 28 de abril. Non desaproveitou a tribuna da Moncloa o titular do executivo, a facturar un discurso de reivindicación da obra do seu goberno, só lastrada pola súa debilidade parlamentar. \"Xunto ao logrado, que ten sido moito e moi importante para este país, temos que recordar o bloqueado\", afirmou Sánchez en referencia a aquelas iniciativas lexislativas que vararon no Congreso por falta de apoios ou polo veto dunha dereita que mantiña o control da Mesa do Congreso. Mentres Sánchez falaba, a embaixada española en Dinamarca tamén revelaba en twitter, ás 10.09 horas, que en efecto o 28 de abril habería eleccións ás Cortes Xerais do Estado. A información filtrábase antes de o presidente do goberno a comunicar con carácter oficial. O anuncio chegou finalmente ao fío das 10:25 horas, cando, con certa solemnidade, dixo aos meios que tomara a decisión de disolver as cámaras e de convocar o 28A, tal e como xa se filtrara. O bloqueo aos orzamentos como desencadeante Analisou Sánchez as razóns que o levaron a anticipar o calendario electoral e previsibelmente puxo o foco no rexeitamento dos orzamentos xerais do estado, votados en contra pola dereita e polo bloque independendista catalá (tamén pola parlamentar de En Marea Alexandra Fernández). Sen a luz verde ás súas contas, o goberno tiña perante si dúas opcións: \"ou non facer nada\" ou \"convocar e dar a palabra aos españois\". A Moncloa decantouse pola segunda opción porque a primeira implicaba prorrogar os orzamentos do PP; \"que non son os nosos\", e que non responden ao perfil social ao que, segundo el, obedecía o proxecto de lei presentado pola ministra de Facenda após o pacto con Unidos Podemos. \"España debe seguir avanzando\", acrecentou Sánchez, para a seguir pór en destaque que o propósito que moveu a este goberno e que animará tamén o PSOE na xa inminente campaña electoral é fortalecer a \"cohesión social e territorial como única garantía da integridade do estado español\", dixo. Perguntas da imprensa A comparecencia estivo finalmente aberta ás perguntas dos medios, após varios días en que Sánchez se atrincheirara no twitter e esquivara o contacto coas e cos xornalistas. Na súa primeira resposta, aflorou xa boa parte do que vai ser o seu discurso de campaña: \"Uns plantexan un país en que só caben eles. Outros, un país en que cabemos todos\". Esa sería a grande diferenza entre os que se fotografaron xuntos na Praza de Colón, veu dicir, e o que defende o PSOE. \"Hai derrotas parlamentares [polo fracaso na votación dos orzamentos] que son vitorias sociais\", dixo Sánchez no que pareceu unha frase preparada polos seus asores de comunicación. E mostrouse seguro de que a sociedade acabará respaldando o proxecto contido nesas contas, a súa aposta pola \"xustiza social\" e polo equilibrio territorial. Houbo tamén recado para o bloque independentista. \"O independentismo sempre soubo onde está o goberno\", dixo. E nese sentido invocou o seu mantra: \"Fóra da Constitución, nada. Dentro da Constitución, todo\". Nese treito do seu discurso quixo Sánchez pór o acento no carácter ferreñamente constitucionalista do PSOE, ao que caracterizou como \"o único partido dentro do sistema político español que firmou a Constitución de 1978\". A cuestión catalá tamén lle serviu para bater na oposición conservadora, da que dixo que non ten ningunha solución para o conflito con Catalunya. Con Raxoi limitáronse, dixo, a \"negar a realidade\" e \"negar a evidencia\". Agora con Casado a cousa aínda é peor. \"O único que propoñen é o 155 permanente\". O PSOE, en troca, defende \"o diálogo dentro da Constitución\". \"Hai vías posíbeis para resolver esta crise\", dixo, aínda que non as precisou. Centrado entre dous extremos Deixou pistas Sánchez sobre a estratexia que vai seguir o PSOE en campaña. Ferraz vaise situar entre dous extremos —a dereita conservadora e o bloque independentista—, mais na conferencia de imprensa o tamén secretario xeral do partido socialista foi especialmente belixerante coa primeira, consciente de que talvez volte a precisar dos votos soberanistas para non ser despexado da Moncloa."}
{"ID": "PRAZA_20654", "summary": "O grande incedio de Verín quedou controlado este domingo pola mañá e xa queimou unhas 1.400 hectáres, que se unen ás 250 ardidas en Pantón ou ás 70 arrasadas en Laza", "text": "O primeiro grande incendio do verán continuou a crear problemas nesta fin de semana, malia quedar estabilizado hai días e controlado este domingo á mañá. Con focos aínda activos, as lapas que se iniciaron o pasado xoves ás 16.30 horas na parroquia de Vilamario en Verín queimaron xa unhas 1.400 hectáreas e fixeron estender o lume ata os concellos veciños de Riós e Vilardevós. \"Segue evolucionando favorablemente\", asegurou a última hora da tarde deste domingo a Consellería do Medio Rural. O grande incendio de Verín queimou unhas 1.400 hectáreas e quedou controlado o domingo á mañá Este incendio de Verín obrigara ao corte da autovía das Rías Baixas (A-52) na contorna de Queirugás e tamén a estrada convencional N-525. Un vídeo gravado o pasado venres dende o seu vehículo polos membros do grupo musical Amparanoia, que viaxaba cara ao festival Sonrías Baixas de Bueu, amosaba a virulencia do incendio. Na súa extinción levan traballado 5 técnicos, 61 axentes, 107 brigadas, 69 motobombas, 7 pas, 18 helicópteros e 9 avións, e tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Laza e bombeiros comarcais da zona. Precisamente, en Laza quedou estabilizado á tardiña deste domingo un lume forestal na parroquia de Camba, que comezaba o sábado arredor das nove da noite e que, segundo as últimas estimacións, queimou xa unhas 70 hectáreas de monte raso. Aínda non está controlado. No concello lucense de Pantón, pola súa banda, o incendio que comezara o pasado venres á tarde afectou xa 250 hectáreas (192 de monte raso e 57 de arborado). Ademais, as lapas tamén queimaron pequenas superficies en Monterroso, Guntín, Sarreaus, Trasmiras, Xinzo, A Gudiña ou Lobios. No caso do de Laza, o incendio comezou simultaneamente en catro focos diferentes e xa achegándose á noitiña, o que fai temer que non só foi provocado, senón que intentou provocar o maior dano posible na zona. #Brif Laza actuamos en #IFCambaLaza pic.twitter.com/CXSDIuKAXz — Diario de un Bombero (@BrifLaza) 06 agosto 2017 Incendio en Laza Xa que logo, e despois da importante afectación do lume de Verín, no que vai de ano xa arderon en Galicia máis de 5.000 hectáreas por mor dos incendios forestais e en medio dunha importante seca que afecta, sobre todo, a provincia de Ourense. Desde o pasado xoves, cando se declarou o grande incendio do verán, arderon no país unhas 1.800 hectáreas. No que vai de ano arderon xa máis de 5.000 hectáreas en Galicia por mor dos incendios forestais Unha vez máis, as visións foron ben diferentes segundo a proximidade ao lume das administracións. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, queixouse xa o venres da falta de medios de \"intervención rápida\" cos que, segundo el, podería terse \"atallado\" o incendio cando \"era pequeno\" e evitar así a súa propagación. \"Está claro que a vixilancia non funciona. É conveniente pensar nalgún sistema de intervención inmediata para que o lume non se propague porque despois é incontrolable\", dixo. O vicepresidente Rueda gaba o dispositivo contraincendios e di estar convencido de que se \"evitaron danos maiores\" Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asegurou que houbo unha \"rápida resposta\" e que o operativo foi despregado en só \"oito minutos\" tras o aviso de incendio. Xa a fin de semana, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, gabou a efectividade dos medios e do dispositivo contraincendios. \"Estou seguro de que evitamos danos maiores, e non me remito só aos incendios en Portugal senón aos doutros sitios de España\", asegurou quen insiste na necesidade \"da concienciación e tolerancia cero\". \"Non pode haber consentimento nin silencio ningún ante os incendiarios porque é un delito grave\", insistiu quen destacou que no que vai de ano xa se detiveron tantos presuntos incendiarios (máis de 70) como en todo o exercicio pasado."}
{"ID": "NOS_39697", "summary": "A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren hoxe, 1 de decembro, o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020", "text": "Decidir a palabra que identifica o ano que remata. Esa é a finalidade da Palabra do Ano. A última palabra terana as persoas que participen nesta iniciativa, que constará de tres fases. A primeira, a de proposta de termos, permanecerá aberta até o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas. Posteriormente, do 14 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os máis significativos e máis repetidos na primeira fase. O l28 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2020. Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014). O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. C"}
{"ID": "NOS_26716", "summary": "A concentración estivo organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui", "text": "Máis un ano, a Praza do Obradoiro acolleu un acto reivindicativo para reclamar liberdade para o pobo saharahui. Sogaps, entidade presidida por Maite Isla, logrou rreunir centos de persoas, entre elas moitos dos nenos e nenas que chegaron a Galiza nas últimas semanas no marco do programa Vacacións en Paz, para esixir liberdade para o Sahara, territorio ocupado por Marrocos desde hai case corenta e cinco anos. Representantes de diferentes partidos galegos acudiron á convocatoria de Sogaps, que concluíu coa lectura dun manifesto no que se recollen as demandas do pobo saharaui e no que se pide o remate da ocupación por parte de Marrocos. Galiza está adherido ao programa de acollemento temporal desde o ano 1991, a petición do goberno da República Árabe Saharaui Democrática."}
{"ID": "NOS_11994", "summary": "Internacionalista desde a praxe e non só desde a teoría, Katu Arkonada (Barakaldo, 1978) é un grande coñecedor, sobre o terreno, da realidade latino-americana en xeral e dos movimentos anti-imperialistas en particular. Durante 8 anos, e como asesor do goberno, colaborou coa experiencia transformadora que lidera Evo Morales en Bolivia. Activista da Rede de Intelectuais en Defensa da Humanidade, acompaña moi de perto os dramáticos acontecimentos actualmente en curso en Venezuela. Falamos sobre eles nesta entrevista.", "text": "Katu Arkonada mora desde hai meses en México DF. Conversamos na tarde da cuarta feira, por telefone. Está recén chegado de Caracas. Como viche a situación en Venezuela? Acabo de aterrar de Caracas hai apenas unha hora. Estiven tamén na toma de posesión de Maduro [o pasado 10 de xaneiro]. Vin absoluta normalidade. Si que hai unha situación complicada no social, cunha crise económica importante. Mais o que hai é que ver as causas desa crise. A sociedade vina en calma. A distorsión do que pasa por parte dos meios de comunicación é terríbel. Lévannos a pensar que están á beira da guerra civil. Mais a situación real dista moito de ser esa. Por moito que distorsionen os meios, Guaidó ten o apoio dunha determinada clase social, clase media-alta. Mais esa clase é, como en todas as sociedades do planeta, minoritaria. Portanto, diría que a situación é de absoluta normalidade, dentro das dificuldades que coloca a crise económica. En Caracas tiveche a oportunidade de estar con Maduro. Que impresión che produciu? Na guerra mediática fíxose un grande exercicio, verdadeiramente exitoso, de deconstrución da figura de Nicolás Maduro, mais hei de dicer que Maduro foi o mellor chanceler dos países do ALBA durante 8 anos. É un grandísimo cadro político que le moi ben a xeopolítica e as relacións internacionais. Moi consciente da responsabilidade que ten sobre os hombros, incluída a ameaza dunha intervención militar dos EUA, que até agora nunca fora tan explícita. Ben, vino de verdade que moi tranquilo. Estiven con el nun acto con transportistas. O tipo cantou, bailou coa xente. Ten moito sentido do humor, até se autoparodia. Os meios tíldano de bruto. Ten un inglés moi mao. Pois ben, el rise desa caracterización que fan os meios del. A verdade é que Maduro é o mellor presidente que pode ter Venezuela nestes momentos de crise. Non por acaso foi a persoa na que Chávez depositou a súa confianza no proceso da sucesión. Sabía que era a persoa máis adecuada, sabendo, como sabemos todos, que ningún líder é perfecto. Se Guaidó ten o apoio da clase media alta, debemos inferir que o conxunto das clases populares están con Maduro? Si, embora dunha maneira crítica. Hai tamén un chavismo sociolóxico crítico que está nos bairros populares e que sofre as penalidades económicas produto dun bloqueo [reférese ás sancións contra o país interpostas polos EUA] que afecta a todo, desde a compra de alimentos até a distribución de medicinas. Mais as clases populares teñen moi claro con quen non están. Non están cunha oposición que é violenta, que non é democrática, que só acepta os resultados cando gaña as eleccións, que vai entregar os recursos naturais do país, e non só o petróleo, o gas, o ouro, o coltán... Falas do chavismo sociolóxico... Si, Chaves fixo dúas grandes cousas, dúas claves que hai que ter na cabeza para entender o que pasa en Venezuela. A primeira é o partido. Chávez gañou ao principio sen ter un partido e decatouse de que o necesitaba. E creou o Partido Socialista Unido de Venezuela, unha organización que está a funcionar moi ben. E a segunda clave é que Chávez creou conciencia crítica na xente. O chavismo sociolóxico. A xente en Venezuela está politizada e iso permite que as clases populares defendan o proxecto. Tes dito en algunha charla disponíbel en Youtube que unha cousa é conquistar o goberno e outra moi distinta, tomar o poder. Si, mais Venezuela é un dos países do mundo onde máis se ten tomado o poder. Se o pomos en relación co ciclo de gobernos progresistas en América Latina, a revolución bolivariana é sen dúbida a que máis ten avanzado. É evidente que unha cousa é o goberno e outra o poder real. Aí tes que confrontar cos poderes mediático, xudicial, económico. Mais Venezuela si que ten dado pasos adiante na construción da hexemonía. Sabemos desde Gramsci que a hexemonía é antes que política, cultural. A hexemonía cultural é ese chavismo sociolóxico, produto de 20 anos de revolución. Obviamente enfrente está o sistema mundo, con moitos intereses, a potencia imperial, Venezuela como a principal reserva petrolífera do planeta...Obviamente aí hai unha disputa grande, mais en Venezuela se alguén ten o poder é o chavismo. Lenin dicía que salvo o poder todo é ilusión. Está moi ben autoproclamarse presidente [di con ironía], mais se non tes o control da institución estatal, das forzas armadas, dos fluxos comerciais, do aparato xudicial, da facenda, pois obviamente o que tes é ilusión. Aquí hai unha persoa que di que é presidente e outra que é efectivamente presidente porque ten todos eses resortes na súa man. Maduro está a apostar polo diálogo. A oposición acaba de fecharse a el. Si, a Asemblea Nacional recusa o diálogo coa excusa de que non quere prolongar o sufrimento do pobo. Aquí cada quen se está a retratar. O presidente Maduro está disposto a se sentar con todo o mundo, sen condicións, e iso que é o presidente lexítimo do país, que acaba de gañar con clareza unhas eleccións [as de maio de 2018, co 67 por cento dos votos, un proceso boicotado polos sectores máis pro-Washington da oposición]. Hai tamén países que queren promover o diálogo e a paz, a iniciativa de México e Uruguai en curso, o apoio indirecto de Nacións Unidas e o Vaticano... É sintomático que Trump anuncie un novo encontro con Kim Jong-un e se negue en redondo a se ver co presidente de Venezuela. -Ben, aquí se está a disputar unha guerra diplomática e, en paralelo, unha guerra mediática. Na primeira hai moitas iniciativas para descoñecer a presidencia de Maduro e para posicionar un Guaidó que non ten ningún poder efectivo no país. Hai que dicer que Guaidó non só non quere saber nada da iniciativa polo diálogo de México e Uruguai, senón que tampouco lle vale o Grupo de Contacto da UE. Hai empate técnico en Venezuela entre goberno e oposición? Hai un empate catastrófico nalgúns ámbitos. No mediático... a potencia de fogo que teñen eles é terríbel. No diplomático, a situación é así, así. Pero no territorio non hai ningún empate: hai un señor que non foi eleito por ninguén e que se erixe como presidente sen ter ningunha capacidade para tomar ningunha decisión executiva. E o factor tempo. De quen dirías que xoga a favor? Ben, hai movimentos internacionais que, se acaban por callar, vanlle pór moi difícil aos EUA xustificar unha intervención militar. Até o Grupo de Lima e a UE se mostran distantes de calquer escenario bélico. Así que diría que o tempo, se xoga a favor de alguén, faino a favor do goberno lexítimo do país. Como xulgarías o papel de España? En política exterior, bastante lamentábel, como sempre. Nen sequer teño que me remontar á historia neocolonial. Basta con lembrar o Trío dos Azores. O apoio a unha invasión que se saldou cun millón de mortos. Sánchez está a actuar agora movido exclusivamente polos intereses das transnacionais españolas en América. É mágoa. Está a perder a oportunidade de liderar unha iniciativa a prol da paz e o diálogo. Sánchez debería terse posto do lado xa non só da esquerda, senón dos demócratas. E como avalías o rol dos intelectuais na esfera internacional en relación ao conflito venezuelano? Ben, a esquerda europea en xeral dáme vergoña. En América Latina si hai un pensamento crítico máis vigoroso. O que fai falta é un esforzo colectivo para pensar o mundo actual e para fornecer ferramentas analíticas que fagan avanzar as sociedades. Ese debe ser o rol do intelectual orgánico. E o que é fundamental é non falar de ouvidas, senón estar na lama, coñecendo a realidade directamente e non desde a comodidade do teu escritorio."}
{"ID": "PRAZA_449", "summary": "Nada máis simbólico do que algúns consideran que é promocionar a cultura, que a aterraxe dun helicóptero no Gaiás, ese mamotreto, saco sen fondo de cartos para satisfacer egos persoais, que ensombrece a cidade de Santiago. Así é como comeza o vídeo musical de Enrique Iglesias,", "text": "Nada máis simbólico do que algúns consideran que é promocionar a cultura, que a aterraxe dun helicóptero no Gaiás, ese mamotreto, saco sen fondo de cartos para satisfacer egos persoais, que ensombrece a cidade de Santiago. Así é como comeza o vídeo musical de Enrique Iglesias, no que durante pouco máis dun minuto se refire a Galicia, en algo que parece máis ben unha promoción do Benidorm dos anos 70, con Pajares, Esteso e Ozores alucinando coas suecas. Nada máis simbólico do que algúns consideran que é promocionar a cultura, que a aterraxe dun helicóptero no Gaiás, ese mamotreto, saco sen fondo de cartos para satisfacer egos persoais, que ensombrece a cidade de Santiago O obxectivo segundo Feijoo era \"dar a coñecer o país\", e para eso, a Axencia de Turismo debeu pensar que nada máis representativo da nosa terra, que o casco vello de Lugo, a Praza do Obradoiro, ou a Ribeira Sacra, como imaxes dunha canción na que un tío en pleno outono canta en Galicia: \"hay calor en la ciudad, hay calor en la bahía\", ou que recita frases tan \"pouco\" sexistas e representativas da nosa cultura como :\"eres la envidia meneándote toda\". Como senón tivéramos festas dabondo que promocionar na nosa terra, transforman o Mosteiro de Carboeiro nunha discoteca, como se Galicia fose a capital de Miami. Esta paifocada podería ser un chiste, senón fora porque a gracia custounos a tod@s os galegos máis de 300.000 euros adxudicados nun procedemento negociado sen publicidade. Xa o fixera Zaplana agasallando a Julio Iglesias con máis de 6 millóns das antigas pesetas por promocionar a Comunidade Valenciana, así que nós, non íamos a ser menos! De seguro que as adxudicacións públicas á familia Iglesias son por unha cuestión de mérito e capacidade, e que nada teñen que ver co apoio que sempre brindaron ao PP. Mentres se lle enche o peto aos amigotes a base de derroche de cartos públicos, recórtase en educación, sanidade, dependencia…e maltrátase ao sector cultural do noso país Así, mentres se lle enche o peto aos amigotes a base de derroche de cartos públicos, recórtase en educación, sanidade, dependencia…e maltrátase ao sector cultural do noso país, que esmorece asfixiado pola suba do IVA, coa billa das subvencións pechado, e coa promoción da nosa música limitándose a uns minutos nas noites de Luar da TVG. Xerando, como di a canción, \"a noite e o día\"; a noite, que se cerne sobre os nosos artistas e espazo cultural; e o día, que segue brillando sobre os amigotes con grandes mansións en América."}
{"ID": "NOS_42389", "summary": "Fontes oficiais dalgúns territorios afirman que o Goberno central tamén lles propuxo restabelecer o toque de recoller para frear unha posíbel quinta onda da Covid-19.", "text": "O Relatorio de Alertas do Ministerio de Sanidade pensa en dar un paso atrás para frear a expansión do coronavirus entre a mocidade. Segundo transcendeu esta terza feira este departamento do Goberno español vén de facer unha proposta para fechar os locais de lecer nocturno e estudar o estabelecemento do toque de recoller, de novo, aos diferentes territorios do Estado. Segundo as informacións que manexa Europa Press, as e os técnicos da carteira de Carolina Darias pensan que é preciso actuar \"de maneira urxente\" para frear a transmisión do virus, que vai camiño dunha quinta onda en pleno verán a diferencia do que aconteceu o ano pasado, cando esta época foi un dos momentos de maior calma da pandemia. No entanto, hai que ter en conta que en lugares como Galiza este tipo de estabelecementos volveu abrir as súas portas o pasado 1 de xullo, cun límite horario fixado nas 3 da madrugada. O seguimento foi desigual, e o tema trátase na reunión do Comité Clínico, mais aínda non habería un tempo prudencial para tirar conclusións. Iso non importa en Madrid, onde as e os expertos tamén terían sobre a mesa a limitación do horario nocturno naqueles negocios nos que non se poidan garantir o cumprimento de todas as medidas preventivas para evitar os contaxios. Aliás, sempre atendendo ás fontes de Europa Press, as autoras do relatorio terían a pretensión de que se evite a celebración de eventos multitudinarios nos que non se respecten as normas para controlar ao máximo a evolución epidemiolóxica negativa, que na mocidade vai a máis. O Relatorio de Alertas incide, igualmente, na necesidade de valorar a instauración de \"limitacións de horario nocturno para a mobilidade\" e de facer fincapé na prevención ante o virus. Negativa A pesar do que afirman diferentes territorios sobre a idea que lles trasladou o Executivo español, tanto o presidente do mesmo, Pedro Sánchez, como o ministro de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, negaron que se estea a traballar nesa liña de incremento das restricións. En declaracións aos medios de comunicación, Sánchez descartou aprobar novas medidas para combater a pandemia máis aló das xa acordadas. Desta forma respondeu á petición de Castela e León para estabelecer unha hora máxima para estar na rúa e a de Catalunya sobre o lecer nas noites. O que si fixo foi pedir á mocidade que \"non baixe a garda\". Pola súa parte, Iceta incidiu en que \"non\" está previsto estipular novamente un toque de recoller tal e como semella que pediu Castela e León ao Goberno do Estado."}
{"ID": "NOS_36369", "summary": "O proxecto documental 'Xanela', xurdido no confinamento da man de Gancho Producións, pretende xerar un audiovisual, de duración aínda incerta, que vire nunha ollada múltiple arredor de como se viviu a corentena e a entrada na nova normalidade. Até o 1 de xullo aínda se poden facer achegas", "text": "Un retrato colectivo da corentena. Ese é o obxectivo co que nace a iniciativa documental Xanela, cun anuncio en pleno confinamento a través das redes sociais na procura de material audiovisual diverso, que recollese a vida cotiá das persoas durante estes tempos convulsos. Se ben o encerro pasou, aínda é posíbel participar até o 1 de xullo, coas instrucións dispoñíbeis a través de Facebook, Instagram ou Twitter. Tamén aceptan imaxes, mensaxes de Whatsapp, audios ou calquera detalle que nos mantivese en conexión. A chamada destes materiais domésticos, que fai caer o proxecto da banda dun found footage [metraxe atopado] autorizado ou por encarga, implicará que todas as persoas participantes sexan en parte \"codirectoras\", explica Isaac Rivadulla. El atópase detrás deste proxecto xunto ao resto do colectivo audiovisual Gancho, no que o acompañan Ariadna Silva Fernández, Manuel García Vicente e André Díaz Cerviño. A idea desta compilación xur-diu, loxicamente, durante o confinamento, mentres comentaban a través de videochamada o que facer após estes tempos de pandemia. Malia que até este momento traballaran fundamentalmente máis no eido da ficción (fóra dalgunhas reportaxes sociais), levaban tempo con ganas de facer algo dentro do rexistro máis documental, confesa Rivadulla. Pero faltáballes un tema. E coa crise sanitaria a resposta apareceu soa. Un sentir común A absoluta liberdade creativa foi a máxima coa que fixeron a súa chamada á colaboración cidadá para que lles mandase vídeos, de calquera tipo, sobre o seu confinamento. O material enviado pode ser \"calquera cousa\" vencellada a como se viviu a situación de encerro ou o camiño cara a esa \"nova normalidade\". A recepción de arquivos, explica Revadulla, foi por vagas, cun momento inicial moi forte seguido dun certo estancamento, o que os levou a empurrar de novo a través das redes sociais. En principio, móstranse \"máis ou menos contentos\" coa cantidade de material no que, malia o heteroxéneo, atopan xa motivos que se repiten, como o do exercicio ou a reflexión sobre as anomalías do presente. A pesar de que cada óptica é única, \"non é algo tan diferente\", comenta Rivadulla, pois ao tratarse dunha mesma situación atopan un certo \"sentir común\" que se manifesta desde realidades e contextos diversos. Aínda que se centran na Galiza, tamén recibiron vídeos de fóra, co que se aprecia a fonda diferenza entre rural e cidade, por exemplo. Vertixes da montaxe Agora, a piques de fechar a re- cepción de vídeos, enfróntanse ao proceso de escolma e montaxe. A estas alturas resulta moi complexo vaticinar o resultado final, mais a idea é que acabe a disposición da cidadanía da que xurdiu. \"Non sabemos que vai saír de aquí, se algo de 20 minutos ou de cinco\", comenta Rivadulla. Esta incerteza implica \"un reto emocionante, pero que ao tempo dá algo de medo, porque hai que ter moito respecto polo que envía a xente, mais desde a consciencia de que imos crear algo novo\", di. Deste equilibrio chegará un retrato duns tempos estraños, forzado na ollada múltiple e no ronsel doutros documentais colaborativos, como Spain in a day, de Isabel Coixet."}
{"ID": "NOS_28435", "summary": "Tanto o Goberno do Estado como a Unión Europea instan Alxeria a \"reconsiderar\" esta decisión, que tería graves repercusións sobre a economía.", "text": "O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, indicou esta quinta feira que o Goberno estatal está a analizar as \"implicacións prácticas\" que teñen as últimas decisións anunciadas por Alxeria, con vistas a ofrecer unha resposta \"serena\" pero \"firme\" para defender os intereses españois. A Presidencia alxerina anunciou na cuarta feira a suspensión \"inmediata\" do Tratado de Amizade co Estado español polo xiro radical que deu a respecto do Sáhara occidental, e posteriormente a Asociación Profesional de Bancos e Entidades Financeiras (Abef) anunciou a conxelación das domiciliacións bancarias para operacións de comercio exterior de produtos desde e cara a España a partir desta quinta. \"Estamos a analizar exactamente as implicacións desa medida, o alcance práctico, tanto a nivel estatal como europeo, para dar a resposta axeitada, serena, construtiva pero tamén firme na defensa dos intereses do Estado español e das empresas españolas\", sinalou o ministro en declaracións á prensa. Alxeria suspende o Tratado de Amizade e Cooperación co Estado español após 20 anos vixente No que atinxe ao impacto que poida ter na subministración de gas a España, Albares indicou que tamén se está a analizar mais, polo de agora, \"o que nos trasladan as compañías gasísticas é que nestes momentos non hai ningunha dificultade\" na liña habitual desde Alxeria, dixo. Neste punto, o ministro remitiuse ás declaracións que fixo a finais de abril o presidente alxerino, Abdelmayid Tebune, quen tras manifestar o seu malestar polo feito de que o Goberno dese o seu respaldo ao plan de autonomía marroquí para o Sáhara asegurou que isto non afectaría a subministración de gas. Alxeria era até hai uns meses o principal subministrador do Estado español. Desexo dunha \"boa relación\" con Alxeria O ministro aproveitou tamén para reiterar \"o desexo do Goberno\", e o seu persoal, de \"ter as mellores relacións con Alxeria, co seu Goberno e co seu pobo\", así como o compromiso co Tratado de Amizade subscrito en 2002 e cos principios estabelecidos nel, entre os que destacou \"a igualdade soberana dos estados, a non inxerencia en asuntos internos e o respecto mutuo\". Alxeria ameaza con cortar o subministro de gas tras o achegamento de Sánchez a Marrocos Denuncia perante a UE Con todo, segundo informa o xornal El País, o Goberno español está a valorar a posibilidade de denunciar Alxeria perante a Unión Europea (UE), ao entender o Ministerio de Exteriores que a conxelación unilateral dos intercambios comerciais co Estado español \"pode vulnerar o Acordo Euromediterráneo de 2005\", que decretou un réxime de \"asociación preferente\" entre os membros da UE e Alxeria. De feito, esta mesma quinta feira, a portavoz de Exteriores da Comisión Europea, Nabila Massrali, instou o Goberno alxerino a \"reconsiderar\" esta decisión. \"Alxeria é un socio moi importante da UE no Mediterráneo e é un actor chave da estabilidade rexional. Estamos analizando o impacto desta decisión e as vías de diálogo e canles diplomáticas, e esperamos que traballen con España para atopar unha solución a este desacordo actual\", dixo."}
{"ID": "NOS_57161", "summary": "O líder do Sinn Féin vaise reincorporar esta semana á carreira eleitoral. Este domingo, en conferencia de imprensa (vídeo no interior), mostrou a súa convicción de que o lado escuro do unionismo non acabará co proceso de paz.", "text": "\"A vella garda -sexa no liderado da policía norirlandesa, dentro do unionismo ou de posicións pseudorepublicanas- que está en contra do cambio non poderá gañar\", afirmou Adams. Cando o líder do Sinn Féin fala de \"cambio\" reférese ao proceso de paz no Norte de Irlanda, mas tamén á criación das condicións políticas que fagan posíbel a reunificación da Illa e o fin do dominio británico sobre os 6 condados norteños. O presidente do Sinn Féin declarou que o trato que recebeu durante os 4 días de interrogatorio foi correcto e reiterou o seu respaldo ao corpo policial do norte de Irlanda. Esta cuestión é central. O Sinn Féin, en función dos Acordos de Belfasta (Good Friday Agreement), partilla o goberno autónomo dos 6 condados cos unionistas. Un ataque por parte de Adams á policía no seu conxunto faría insostíbel o mantimento do statu quo emanado do Good Friday Agreement. [O líder republicano criticou o momento do seu arresto, en vésperas dunha campaña, e si deslizou que hai zonas escuras na policía, contrarias ao proceso de paz] Gerry Adams evitou un ataque frontal a policía para preservar o proceso de pacificación A aposta de Adams e do conxunto do movimento republicano é a de preservar os tamén chamados acordos de sexta feira santa, por considerar que crían a atmosfera adecuada para o avanzo eleitoral. A formación republicana agarda agora que o inxustificado arresto de Adams -en principio foi liberado sen cargos, aínda que a fiscalía podería formulalos após receber os informes policiais- produza un efeito boomerang que beneficie as espectativas eleitorais do Sinn Féin o 25-M. Algunhas enquisas publicadas antes da detención de Adams colocaban o Sinn Féin como primeira forza no conxunto de Irlanda, un feito sen precedentes."}
{"ID": "NOS_9218", "summary": "A comisión conxunta sentou na mesma mesa en Viena as delegacións do Irán, dos Estados Unidos, de Rusia, da China, de Francia, do Reino Unido e de Alemaña.", "text": "A UE sinalou que abre un proceso no seo da comisión conxunta do acordo nuclear iraniano para asegurar a volta dos Estados Unidos ao pacto, así como para garantir que o Irán se compromete co cumprimento integral do mesmo. O anuncio foi realizado tras a reunión en Viena da comisión conxunta que fai seguimento do pacto e que sentou na mesma mesa as delegacións do Irán, dos Estados Unidos, de Rusia, da China, de Francia, do Reino Unido e de Alemaña para discutir o futuro do Plan de Acción Integral Conxunto (PAIC), nome técnico do acordo nuclear. Bruxelas pretende iniciar deste modo unha nova páxina para achegar posturas e salvar o pacto a través da mediación diplomática. Aínda que os encontros continuarán na capital austríaca, agárdase que esta fase poida durar varios meses e non se resolva até que pasen as eleccións presidenciais no Irán previstas para o próximo xuño. Reaccións Tras o encontro presencial, o primeiro convocado desde decembro, Teherán salientou o carácter \"construtivo\" do mesmo, apuntando que seguirán os contactos en Viena coa vista posta noutra posíbel cita diplomática na sexta feira, segundo apuntou o viceministro de Exteriores, Abbas Araghchi, citado por medios iranianos. A delegación rusa valorou positivamente a reunión, facendo fincapé en que os grupos de expertos suscitarán medidas concretas para que os EUA e o Irán restauren a aplicación do PAIC. \"Os grupos comezaron a traballar de inmediato\", sinalou o representante ruso, Mijail Ulianov, segundo a axencia Sputnik. O encontro decorrido nesta terza feira, 6 de abril, culmina unha serie de esforzos diplomáticos en que xogou un papel relevante a UE. De feito, a cita convocouse tras constatar nunha videoconferencia a semana pasada o compromiso das partes por preservar o acordo."}
{"ID": "NOS_58195", "summary": "A escalada na Galiza está en plena efervescencia. Após varias décadas nas que permaneceu como un deporte con escasa difusión e relevancia alén dun círculo de pioneiras, nos últimos anos cada vez máis xente se achega a probalo. Logo da apertura de rocódromos por case todas as cidades do país e impulsada tamén polo feito de alcanzar o status de deporte Olímpico, a escalada galega semella abrirse un oco entre as xeracións máis novas.", "text": "Se falamos dos tipos de escalada que existen, resulta difícil non perderse para quen non estea familiarizado con este mundo: escalada artificial, libre, alpina, clásica... A lista é moi longa, pero se nos centramos nas modalidades que se practican no país, as máis destacadas son a escalada en bloque -máis coñecida como bulder- e a escalada deportiva. Esta última é talvez a máis popular, e caracterízase por empregar sistemas de seguridade que se fixan previamente ás rochas ao longo da vía que se vai escalar. Sobre estes mecanismos nos que se colocan os mosquetóns é por onde pasan cordas ás que van suxeitas as escaladoras coa finalidade de evitar unha posíbel caída, xa que normalmente as vías que se escalan adoitan ter unha altitude considerábel. O bulder, en cambio, consiste en escalar bloques de pedra dun tamaño menor, que non superan os oito metros, polo que non hai necesidade de usar ningún tipo de corda nin material de seguridade, agás un pequeno xergón chamado crash pad como amortecemento, aínda que en moitas ocasións nin sequera é necesaria. Un deporte en expansión Malia existir desde hai bastantes décadas na Galiza, a escalada estivo até non hai moito limitada a grupos de amigas e coñecidas, practicada por algúns clubs de montaña, pero reducida a un círculo bastante minoritario debido á súa escasa difusión social. Con todo, iso parece estar mudando nos últimos anos. Logo dunha primeira xeración de pioneiras e dunha etapa de actividade limitada a pequenos grupos, a apertura de rocódromos e centros de escalada indoor [interiores] en varias cidades da Galiza xunto coa realización de cursos de iniciación e xuntanzas por parte da Federación Galega de Montañismo parecen estar dando un novo pulo a este deporte. Desde o rocódromo Indorwall de Santiago de Compostela, aberto ha cinco anos, destacan a importancia do factor social deste exercicio, xa que á parte de adestrar no centro, o habitual entre as escaladoras é xuntarse para facer actividades na montaña. Todo iso, sumado ao feito de que a escalada será deporte olímpico por primeira vez nos Xogos de Toquio en 2021, acaba por xuntar unha gran cantidade de alicientes que tornan a tornan moi atractiva. \"Noutros sitios como no norte de Europa ou mesmo no norte do Estado é un deporte que xa se practicaba hai moito tempo e todas esas ondas acaban por chegar aquí tamén. Empeza a haber un montón de anuncios nos que aparecen persoas escalando: de coches, de colonia, filmes... Estase popularizando\", afirman. Construíndo unha paixón Pablo Ces é realizador audiovisual e leva 15 anos practicando escalada. Coñeceu o deporte durante a súa etapa universitaria en Salamanca a través dun amigo asturiano que o foi metendo no mundo das alturas. \"Cando rematei a universidade e voltei a Santiago non tiña a ninguén con quen ir nin había rocódromos, entón quedou a cousa un pouco en stand-by. Tempo despois fun traballar á Coruña e xa vin que había cursos na universidade, anoteime e funme metendo no ambiente, coñecendo xente e lugares, foi como unha bóla de neve\", comenta Ces. Aínda que lle gusta practicar un pouco de todo, a súa modalidade preferida é a escalada deportiva. Por outra banda, Benito Santos, máis coñecido como Ben de Corme, é un percebeiro da vila bergantiñá homónima e considerado unha das referencias máis destacábeis da escalada na Galiza. Benito comezou na disciplina un día de casualidade hai uns 20 anos, cando intentaba subir unha rocha situada nunha praia preto de onde vive. A primeira vez non o conseguiu, pero voltou ao día seguinte para completar o seu cometido e non se detivo até logralo. Máis adiante, escalando en Punta Nariga, no concello de Malpica, coñeceu pioneiros do deporte no país como Suco, Germán ou Finuco, cos que absorbeu moitos máis coñecementos nos que asentaría unha paixón pola escalada que dura até o día de hoxe. Aínda que pola peculiar orografía galega é difícil atoparmos grandes muros que si son habituais noutras zonas da península, na Galiza existen moitos lugares idóneos para a práctica da escalada deportiva, como o cabo Prior Para a práctica de bulder non abonda con chegar e escalar os bloques de pedra, senón que é preciso un labor de limpeza de musgo, silvas e demais lixos que poidan facer esvarar a quen escala, ademais de limpar os accesos até os propios bloques. \"Cando empecei eu abrín un montón de liñas de bloque para a escalada, daquela tiña moito tempo e aquí na miña zona hai moitísimos bloques ao redor e escalaba todos os días. Ao principio non había moito auxe, a xente tiraba máis pola escalada con corda, pero a raíz de que comecei a facer vídeos e subilos a internet empezou a vir xente de fóra. Como consecuencia diso, a xente de aquí foise dando tamén conta da importancia e a calidade das liñas que había\", comenta Santos. O bo desta modalidade é que calquera lugar é bo para practicala, xa que bloques de pedra aptos para o bulder están presentes en toda a xeografía do país. O problema está no seu acondicionamento e limpeza, que depende en boa medida da vontade de persoas coma el. \"Calquera pedra é viábel para facer escalada, pero de momento hai pouca xente que busque bloques e limpe as liñas para probalos. Continuamos facendo isto as que xa o faciamos antes. Ademais, hai uns cantos anos fixemos unha guía na que podes coñecer cara a onde están os bloques xa abertos coa súa dificultade sinalada e cadaquén vai probando os que lle apetece\", explica o de Corme. Predominio do granito A paisaxe e a orografía galega determinan tamén unha serie de diferenzas con respecto á escalada que se practica noutros lugares da península, especialmente cando falamos da escalada deportiva. Na Galiza as montañas son máis erosionadas e suavizadas, menos escarpadas, e iso fai que non existan paredes moi altas. A escalada aquí adquire unhas características máis técnicas e talvez explosivas, onde salientan as placas -paredes moi verticais con predominio de agarres moi pequenos-, o que combinado coa dureza do granito require tamén unha maior forza nos dedos. Noutros lugares cunha maior presenza de rochas de tipo calcario, onde o agarre tamén é mellor, sobresae unha escalada con paredes máis inclinadas que a tornan un desafío máis físico. Os rocódromos son chave na achega e formación de novas xeracións de escaladoras. No bulder, pola contra, atopamos na Galiza unha variedade maior, xa que os bloques, dun tamaño máis reducido, poden presentar multitude de bordes e formas que exixen solucións moito máis diversas para poderen ser escalados. Desconectar das preocupacións Que sexa un deporte con tanto crecemento nos últimos anos débese a múltiples factores. Entre eles está o xa mencionado carácter social. Santos destaca que no bulder, aínda coa vantaxe de ser unha modalidade que se pode practicar de forma individual, é moi habitual facelo en colectivo, probando as vías en grupos, descifrando os movementos necesarios para chegar á cima e visitando a outras compañeiras para que che ensinen os bloques da súa zona. Ces tamén destaca o feito de que, malia existiren competicións, a práctica habitual adoita ser entre grupos de amigas, sen competir contra as demais, senón contra un ou unha mesma. Outro dos seus puntos positivos é a capacidade de evasión que xera entre quen o practica, xa que a dificultade e a necesidade de medir cada movemento fai necesario que o 100% da atención estea posta na actividade. \"A nivel deportivo é moi importante ese compoñente de aventura, de adrenalina, pero a min o que máis me atrae é ese nivel de concentración no que te metes cando escalas. Eu xa practiquei moitos deportes antes pero ningún conseguira darme iso ao nivel que o fai a escalada. Mergúllaste e desconectas completamente das preocupacións do día a día\", comenta Ces. Aínda que soe a tópico, Santos sostén ademais que para el a escalada é máis que un deporte, especialmente polo tempo que lle dedica a todo o procedemento previo. \"Vai desde atopar algunha pedra que che interese até buscar liñas que che supoñan novos retos, e todo ese proceso, sobre todo cando buscas algo para explorar os teus límites, fai que precises unha concentración que absorbe toda a túa atención e a cabeza descansa doutras cousas\". É por iso polo que o deporte é moi físico, pero tamén ten un factor mental moi importante. \"É como un mosaico moi grande do que vas aprendendo cousas pouco a pouco e no que sempre te estás marcando novos retos, durante anos e anos. Non acaba nunca e por iso engancha tanto\", explica. Alén diso, outro elemento co que todo o colectivo semella estar de acordo é o contacto coa natureza. Calquera persoa que se aproxima a este deporte por primeira vez, mesmo sen chegar a escalar, xa está vivindo moitas veces unha experiencia enriquecedora, desfrutando de contornas naturais moi atractivas, tanto na montaña como na costa, o que converte a xornada en algo máxico en calquera caso, á marxe da práctica en si. Ces resalta que en todos estes anos ten levado a moita xente a ensinarlle o deporte e todo o mundo fica abraiado, e unha boa parte acabou por entrar no allo logo da experiencia. Non cabe dúbida de que a escalada é un deporte moi vinculado ao medio natural, o que xera tamén un vínculo moi forte de responsabilidade e respecto por parte de quen a practica. Malia todo, o factor humano remata por ter consecuencias de todos modos. Unha delas é o conflito entre as vías de escalada e os espazos de nidificación de aves, o que orixina que para preservar este proceso teña que restrinxirse a escalada durante certo tempo coa finalidade de crear unha relación sustentábel co medio. Ás veces, especialmente nos arrabaldes das grandes cidades, poden chegar a producirse masificacións en épocas de vacacións e fins de semana, nas que non todo o mundo se comporta co civismo que sería desexábel. Pola súa banda, as asociacións e clubs de escalada tentan tamén implicarse coa preservación do medio organizando xornadas de limpeza ou respectando as especies vexetais protexidas á hora de crear accesos cara ás zonas de escalada. Aliás, asociacións como Escalada Sostenible encárganse de velar por estas cuestións en todos os lugares nos que teñen presenza. Subindo o nivel Aínda que na Galiza a práctica da escalada foi maioritariamente un acto lúdico entre amigas, desde hai un tempo véñense celebrando cada vez máis competicións deste deporte. A Federación Galega de Montañismo é a encargada de organizar os campionatos de bulder ou escalada deportiva, que son moitas veces clasificatorios para as competicións a nivel do Estado. Neste ámbito destaca un evento celebrado na Coruña estes últimos anos, os Street Games, nos que entre outros moitos deportes urbanos existe tamén unha competición de diversas modalidades de escalada, na cal participan deportistas de renome mundial. Entre as modalidades destaca o psicobloc. Esta variante do bulder caracterízase por se realizar en paredes ou bloques que se atopan xusto encima da auga, que exerce como amortecedor na caída, o que permite escalar bloques de maior altitude que no bulder convencional. Aínda que en lugares como Mallorca este tipo de escalada se pode realizar en paredes rochosas de xeito natural ao existir unha profundidade suficiente, no evento coruñés é instalada unha vía artificial na zona portuaria. Aínda así, a ausencia dunhas bases sólidas neste eido até hai ben pouco na Galiza fai que o noso país estea aínda bastante lonxe de competir en pé de igualdade con outras nacións como Catalunya ou Euskal Herria. Nelas o nivel é moi alto e as infraestruturas necesarias para promover e cimentar o deporte na sociedade levan máis tempo estabelecidas, mesmo con algunhas das escaladoras a se mediren a nivel mundial. Con todo, o crecente interese que está espertando esta actividade, o aumento de infraestruturas e rocódromos e a difusión social que a escalada está conseguindo na Galiza nos últimos anos parece que xa está dando paso a unha xeración que asenta a súa fortaleza na xente máis nova. Curiosamente, o único clasificado no Estado para os vindeiros Xogos Olímpicos de Toquio, Alberto Ginés, tan só ten 17 anos."}
{"ID": "NOS_41805", "summary": "Exixen ás empresas protocolos de prevención e tratamento do acoso, así como mecanismos preventivos e de resolución de denuncias", "text": "A violencia contra as mulleres ten moitas manifestacións que non só se limitan ao ámbito domestico. No laboral tamén se dan casos, aínda que a loita contra este tipo de condutas fica aínda \"invisibilizada, borrada, ocultada e ignorada\". Así o denuncia o sindicato CIG, que esta quinta feira, con motivo do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, centra a súa campaña na violencia contra a muller no ámbito laboral. Nela chama a non tolerar o acoso e actuar sancionando calquera situación de violencia no traballo, garantindo que esta non se volva repetir e que haxa unha reparación do dano á vítima. Porén, como sinala o sindicato, \"na maioría dos casos non se detecta e se actúa axilmente por parte da empresa, senón todo o contrario. As empresas seguen protexendo en numerosas ocasións os agresores\". A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, indicou na presentación da campaña que \"moitas mulleres non identifican co acoso condutas sexistas que poderíamos considerar leves ─comentarios, piropos, chistes…─\", pois, de facelo, \"as afectadas sobrepasarían 50%\". Tamén recoñeceu que aínda hai moitas mulleres que non asumen o acoso en todas as súas vertentes (sexual, moral, por razón de sexo ou por orientación sexual e identidade de xénero) como delito. Isto provoca que as denuncias por acoso \"son mínimas\", xa que 72% das afectadas non pon en coñecemento da empresa a situación que están a padecer. \"A inmensa maioría das traballadoras optan por calar, por medo a non ser cridas, a represalias e mesmo ao despido\", evidenciou Castro. Máis protocolos Ante esta grave situación, desde o sindicato insisten na necesidade de pór en marcha protocolos específicos nas empresas, así como mecanismos preventivos e de resolución de denuncias e difundilos, lembrando tamén que este tipo de condutas se poden denunciar fóra da empresa, na Inspección de Traballo ou nos xulgados. Castro chamou a atención sobre o feito de estes protocolos \"só constan en 22% dos plans e só 14% fan referencia ao acoso sexual ou por razón de sexo. Medidas preventivas só se recollen no 6%\", aseverou. A violencia contra as mulleres no traballo debe evidenciarse, e para iso é preciso dar conta a través de estatísticas da situación real e difundir esta realidade para así \"promover a conciencia real necesaria para erradicar esta forma de discriminación das mulleres traballadoras\". Risco para a saúde Só así se podería atallar unha realidade que \"atenta contra a dignidade e integridade das persoas, afecta gravemente á saúde de quen o padece e impide a promoción e o desenvolvemento profesional, obrigando en moitos dos casos a abandonar o traballo\". Neste senso, a pesar dos efectos na saúde, a secretaria das Mulleres da CIG apuntou que 9 de cada 10 mulleres sometidas a acoso non solicitou ningún tipo de baixa. Por iso insistiu na necesidade de que as baixas producidas como consecuencia directa de acoso estean así tipificadas, de forma que se recoñezan como enfermidade laboral. \"O acoso tería que estar recoñecido entre os riscos laborais para a saúde\", concluíu Castro."}
{"ID": "NOS_45206", "summary": "No que vai de ano familiares e amizades sumaron 273.000 quilómetros percorridos para podelos visitar en cadeas españolas. O equivalente a 7 voltas ao mundo", "text": "Os presos independentistas galegos iniciaron unha campaña polo seu traslado a cárceres en Galiza, un paso co que procuran que se poña fin á política de dispersión que se lles aplicou desde o mesmo momento das súas respectivas detencións. Ao longo das vindeiras semanas, e a medida que cada un dos presos teña revisión da condena, remitirán un escrito á Dirección xeral de Institucións Penitenciarias no que solitcian ser trasladados a Galiza. Un dereito, o de cumprir pena o máis próximo posíbel ao seu domicilio, recoñecido na propia lexislación española embora sexa negado de forma sistemática aos presos independentistas. Para acompañar esta demanda, desde a asociación de familiares e amizades 'Que Voltem à casa!' impulsan unha campaña de información e sensibilización sobre a realidade da dispersión e as súas consecuencias. \"Só em 2016 percorrimos 272.892 kilómetros e gastamos a elevada suma de 35.948 euros\", afirman, para poder visitar os presos independentistas. Eses case 273.000 Km son os que tiveron que percorrer as amizades e familiares destas persoas presas para poder visitalas, visitas que son 40 minutos e unha vez á semana."}
{"ID": "NOS_50339", "summary": "A Xunta da Galiza di que debatirá estes días se vai habilitar un hospital de campaña en Compostela pola crise do coronavirus, mais unha empresa privada con sede en Madrid ten aberto un proceso de selección de persoal de cociña para el.", "text": "A empresa Compass, con sede en Madrid, ten aberto desde hai tres días un proceso de selección para persoal de cociña dun \"hospital de campaña\" en Compostela nunha coñecida páxina web para búsquedas de traballo. Este hospital de campaña, do que non se achega máis información que a súa ubicación en Compostela, e para o que piden \"dispoñibilidade completa\" e \"incorporación inmediata\", non foi anunciado pola Xunta da Galiza oficialmente até o momento. O propio Feixoo dicía este domingo que era unha posibilidade que estaba sobre a mesa mais esquivaba calquera posíbel confirmación. De feito, o Goberno galego non se ten manifestado aínda publicamente sobre se vai empregar este método para aliviar a presión asistencial dos centros hospitalarios da capital a medida que nos acheguemos ao pico de contaxios por coronavirus. Con todo, desde o departamento de selección do Compass Group, consultado por Nós Diario, aseguran que \"o normal\" é que cando se publica unha oferta de emprego a empresa teña asegurado que ese traballo se vai realizar. Porén, apuntan que a empresa \"poder ser previsora\" e iniciar o proceso de selección \"por se acaso\", antes de que se confirme a propia existencia do hospital, \"para ir pedindo candidatos\" ao ter claro que se van obter ese contrato \"cando saia\". En concreto, a empresa busca 20 traballadoras e traballadores para cociñeiros e auxiliares. Ofrecen un \"contrato temporal\", \"xornadas parciais en función de categoría\", \"quendas continuas rotativas de segunda feira a domingo\" e un salario \"por convenio\" sen especificar. Xa hai máis de 120 persoas inscritas. As e os cociñeiros deberán saber elaborar as comidas \"según fichas técnicas\" e ter un \"control e coidado da conservación e aproveitamento dos produtos postos ao seu dispor\". As e os auxiliares teñen cometidos como \"limpeza e desinfección\" de \"platos, ferramentas de traballo e superficies de comedor, cociña e vestuarios\". Listas do Sergas O Servizo Galego de Saúde (Sergas) conta con listas públicas de persoal de cociña, cociñeiros e pinches, admitidos para traballar na sanidade pública na que figuran centos de persoas coas que, á vista desta oferta de emprego, non se vai contar para o hospital de campaña proxectado para Compostela."}
{"ID": "NOS_37837", "summary": "Segundo recolle a última actualización do Sergas, con datos rexistrados até as 18 horas da sexta feira, a pandemia deixa no país outras dúas vítimas", "text": "As hospitalizacións por Covid-19 na Galiza descenden este sábado até as 154, que son 19 menos que na xornada anterior. Baixan tamén as infeccións activas até as 1.697 (20 menos), así como os contaxios notificados nas últimas 24 horas, 148 (28 menos). Segundo recolle a última actualización do Sergas, con datos rexistrados até as 18 horas da sexta feira, a pandemia deixa no país outras dúas vítimas, co que se alcanzan os 3.873 falecementos desde que se iniciou a crise sanitaria. O Reino Unido autoriza a primeira vacina da Covid-19 específica contra a variante Ómicron Os óbitos, ambos con patoloxías previas, corresponden a un home de 88 anos da área sanitaria de Vigo e a un muller de 94 anos da área sanitaria de Pontevedra. Por contra, soben a 667.790 os curados de Coronavirus, 165 máis este sábado. Áreas sanitarias Os casos activos baixan en catro das sete áreas: na Coruña, con 416 (nove menos); en Ourense, 286 (tres menos); en Santiago, 226 (sete menos); e en Vigo, con 209 (12 menos). Pola contra, soben en Pontevedra, con 186 (10 máis); en Ferrol, 129 (un máis); e en Lugo, 238 (tres máis). No tocante aos hospitalizados, descenden en todos os distritos sanitarios menos en Ferrol, onde o total mantense en 15, aínda que aumenta un en planta e baixa un en UCI (onde xa non fican ingresados). Sonia Villapol, neurocientífica: \"Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente\" A área de Ourense conta con 19 ingresados en unidades convencionais (tres menos) e dous en UCI (sen mudanzas); a da Coruña, 44 en planta (tres menos) e tres en críticos (sen cambios); a de Pontevedra, 22 en unidades convencionais (cinco menos) e un en coidados intensivos (sen cambios); a de Santiago conta con 16 hospitalizados en planta (catro menos) e dous en UCI (un menos); a de Lugo, con 11 en unidades convencionais (un menos) e continúa sen ingresados en coidados intensivos; e a de Vigo, con 18 en planta (dúas menos) e un en UCI (sen cambios). Por último, en canto aos novos contaxios notificados, as áreas de Ourense e A Coruña lideran con 27 casos cada unha; seguida por Lugo, con 25; Santiago, con 23; Pontevedra, con 20; Vigo, con 16; e Ferrol con 10."}
{"ID": "PRAZA_3668", "summary": "Nas últimas horas producíronse tres novos falecementos, sumando un total de 12 mortes. A cifra total de positivos ascende a 721, dos que a maioría (527) se atopan nos seus domicilios. A Coruña segue sendo a área con máis casos, seguida de Vigo e Pontevedra", "text": "As cifras de persoas infectadas polo Covid-19 continúan a súa escalada en Galicia e en todo o Estado. Os últimos datos que vén de facilitar a Consellería de Sanidade, sitúan o número total de casos positivos nos 721, fronte aos 568 do día anterior, mantendo unha suba do 27%, moi semellante á do xoves.O número total de casos positivos nos 721, fronte aos 568 do día anterior, mantendo unha suba do 27%, moi semellante á do xovesNas últimas horas producíronse tres novos falecementos, sumando un total de 12 mortes. Trátase dunha dunha muller de 68 anos e dous varóns de 93 e 74 anos que estaban ingresados no CHUAC da Coruña e tiñan patoloxías previas en todos os casos. Ademais, houbo unha nova alta, chegando a un total de 6.No conxunto do Estado, o número de positivos polo Covid-19 achégase aos 25.000, con case cinco mil novos casos rexistrados este venres. O número de falecementos sitúase nos 1.326, 324 máis que onte. Madrid, con case 9.000 casos, e Cataluña con máis de 4.000, son as comunidades con máis persoas infectadas; Euskadi, Navarra e A Rioxa son os territorios, xunto con Madrid, con máis positivos por habitante. A Comunidade de Madrid, que suma 804 mortes, está a experimentar unha grave situación de saturación nos seus hospitais, con 767 persoas enfermas de coronavirus na UCI.Nas últimas horas producíronse tres novos falecementos, sumando un total de 12 mortesCon todo, dende hai días as autoridades sanitarias veñen subliñando que os indicadores máis importantes aos que hai que emprestar atención son os de persoas ingresadas nos hospitais, sobre todo as que se atopan na UCI. Isto é así pola introdución de novas probas para analizar a presenza do virus en persoas que non presentan síntomas, o que nos vindeiros días vai elevar notablemente o número de casos. E, sobre todo, porque a clave nestes momentos é asegurar o correcto funcionamento do sistema sanitario, polo que cómpre evitar a saturación dos centros hospitalarios, e nomeadamente as UCI.Neste senso, dos 721 casos totais confirmados en Galicia, a maior parte presentan síntomas leves e atópanse en illamento nos seus domicilios (527). O número de persoas en UCI aumentou nas últimas horas, chegando a 28 (eran 19 o venres). E tamén o fixeron as persoas ingresadas en unidades hospitalarias convencionais, que pasaron de 137 a 166. En total, hai 194 pacientes con coronavirus nos hospitais galegos.O número de persoas en UCI aumentou nas últimas horas, chegando a 28 (eran 19 o venres). E tamén o fixeron as persoas ingresadas en unidades hospitalarias convencionais, que pasaron de 137 a 166O número de infectados en UCI son o 3,88% do total. E o número total de persoas hospitalizadas chega ao 26,9%, porcentaxes moi semellantes ás do día anterior. Galicia dispón de 274 camas de UCIEste venres, Alberto Núñez Feijóo destacou que Galicia aínda se atopa na segunda das catro fases previstas na loita contra o virus (a contención reforzada) e que está preparada para facer fronte á terceira fase, de mitigación. O presidente da Xunta subliñou, con todo que \"o peor do pico asistencial aínda non chegou, opeor aínda está por chegar\". Casos por área sanitariaPor áreas sanitarias, hai 195 casos na Coruña (eran 152 este venres), 54 na de Lugo (eran 46), 74 na de Ourense (eran 63), 112 na de Pontevedra (eran 83), 152 na área de Vigo (eran 108), 108 na de Santiago (eran 94), e 26 na de Ferrol (eran 21). Nas últimas 24 horas ás áreas que máis incrementaron o seu número de positivos foron A Coruña, Vigo e Pontevedra, as tres que presentan máis casos."}
{"ID": "PRAZA_13821", "summary": "A editorial Small Station Press, nunha coedición coa Xunta de Galicia, publicará a tradución baixo o título Galician Songs. \"É a primeira vez que se publica en inglés un libro completo de poesía de Rosalía de Castro\", asegura o editor Jonathan Dunne.", "text": "Galician Songs. Ese será o título da tradución ao inglés de Cantares Gallegos que verá a luz a finais deste ano da man da Editorial Small Station Press. A poeta e tradutora candense Erín Moure (Canadá, 1955 ) é a responsable da versión anglosaxona do histórico poemario de Rosalía, cuxa publicación cumprirá 150 anos o próximo 2013. Moure anda estes días a ultimar a súa tradución e traballa xa xunto a Jonathan Dunne, director do selo editorial, nas correccións finais do libro. Este volume será o cuarto título da colección Galician Classis da editorial, na que se inclúen as traducións da obra de Lois Pereiro, Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, e Xente de aquí e dacolá, de Álvaro Cunqueiro. A primeira edición da versión anglosaxona do clásico rosaliano lanzará máis de 1.000 exemplares, cuxa distribución dependerá tanto da editorial como da Xunta de Galicia, quen participa no proxecto. \"A Xunta coedita o libro e comprométese a mercar exemplares que serán distribuídos a través dos Centros de Estudos Galegos ou do Instituto Cervantes\"; explica o propio Jonathan Dunne. O resto da edición será vendida a través das principais distribuidoras e librarías virtuais do mundo anglosaxón, como tamén na páxina web da propia editorial. Os responsables do libro están a estudar a posibilidade de que os volumes conten con distribución en Galicia. Coa publicación deste libro, Erín Moure volverá colaborar con Jonathan Dunne, xa que a escritora canadense participara no proxecto Anthology of Galician Literature 1196-1981, obra coeditada a tres bandas por Xerais, Galaxia e a Xunta de Galicia. Nese volume, Erín Mouré xa traducira a Rosalía de Castro e Jonathan Dunne considerou que era a persoa axeitada para facerse cargo da tradución de Cantares Gallegos. Moure, ademais de realizar a tradución, elaborará unha introdución da edición na que dará o seu punto de vista sobre Rosalía de Castro e a súa vixencia. \"Na introdución comento o seu contexto histórico, pero eu non quero situala nun tempo pasado, como un feito histórico, folclórico ou minoriatia. Nada diso. Quero situala como poeta contemporánea. A súa contemporaneidade aínda nos fala do século XXI\", explica Erín Moure, quen ademais destaca a universalidade da autora. \"A súa poética non é importante unicamente para Galicia, é importante para nós, xente que le e escribe en inglés\", sentencia a tradutora. \"A súa poética non é importante unicamente para Galicia, é importante para nós, xente que le e escribe en inglés\" Moure, ademais, considera este proxecto coma un \"reto\" e afronta as dificultades que se presentan ao levar ao inglés os versos rosalianos. \"É complicado acadar en inglés a delicadeza dos seus ritmos e da súa dicción, a variedade de cadencia, a distribución dos sons, os seus ecos da cultura popular. Resulta difícil recrear no tecido dun idioma anglosaxón o que constrúe Rosalía dentro dunhas formas siméticas e bastante ríxidas. É difícil de transmitir a súa voz política, pero tamén a delicadeza nos ritmos e nos sons. É un reto. Que ledicia ter un reto así\", explica a poeta canadense, quen tamén leve ao inglés os versos de autoras como Chus Pato. \"Primeiro libro poético de Rosalía en inglés\" Pola súa banda, Jonathan Dunne destaca a relevancia desta tradución na medida en que \"sería a primeira vez que se publique en inglés un libro completo de poesía\" de Rosalía. \"Até agora, da súa poesía en galego só houbo catro escolmas que contan cunha media de corenta poemas de todos os seus libros\", explica o editor, a quen lle \"sorprende este feito\". As antoloxías ás que fai referencia Dunne son Poems of Rosalía de Castro (Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Madrid, 1964), cuxa tradución correu a cargo de Charles David Ley a partir dunha escolma realizada por Filgueira Valverde; Poems (State University of New York, 1991), de Anna-Marie Aldaz, Barbara Gantt e Anne Bromley; Selected Poems (Shearsman, 2007), con traducións de Michael Smith, e The Poetry and Prose of Rosalía de Castro, cuxa tradución levárona a cabo John e Aileen Deve no ano 2010. Precisamente, a primeira destas antoloxías, a de Filgueira Valverde, é considerada coma o primeiro libro da literatura galega levada ao inglés, segundo explica o propio Jonathan Dunne no seu estudo De Rosalía a Manuel Rivas: análise da tradución galego-inglesa (1964-2010). Parte da poesía de Rosalía, ademais destas antoloxías e de traducións de poemas soltos, tamén se recolleu na tradución realizada dunha escolma tirada de En las orillas del Sar en 1937 por Griswold Morley. O título desa escolma foi Beside the river Sar. Selected poems from En las orillas del Sar by Rosalia de Castro e o volume tampouco incluía a totalidade dos poemas da citada obra rosaliana."}
{"ID": "NOS_51082", "summary": "Profesionais e asociacións de afectadas e afectados demandan maior compromiso das administracións públicas na investigación e innovación, un campo que non foi alleo aos recortes nestes anos da man da recesión.", "text": "O cancro é a segunda causa de mortalidade en Galiza, con 25 falecementos diarios, só superada polas doenzas cardiovasculares. En 2018 faleceron no noso país 8.551 persoas a causa desta doenza e foron diagnosticados 18.900 casos, segundo a Asociación española contra o cancro (AECC). Dados que testemuñan a presenza diaria, próxima, do cancro no día a día para moitos galegos e galegas e as súas familias. A taxa de supervivencia global ao falarmos de cancro sitúase en 53% aos cinco anos. Na maioría dos cancros a mortalidade diminuíu ao longo destes anos, etapa na que tamén aumentaron os diagnósticos. Unha diminución que ten moito a ver cos esforzos que se fixeron e fan en investigación e innovación para combater a enfermidade. Así, por exemplo, a mortalidade no cancro de mama reduciuse nas últimas tres décadas en case 30%. Hai, tamén, outros factores a ter en conta, as oncólogas e oncólogos lembran que até 40% dos tumores poden previrse con hábitos de vida máis saudábeis; mais a investigación continúa a ser a ferramenta fundamental para facer fronte a unha doenza que na Galiza hai 2.700 persoas que a sofren en soidade, ao non viviren acompañadas. Investigación implica falar de financiamento, de diñeiro. De 2007 a 2016 reduciuse de forma notábel o financiamento público no Estado español destinado a este cometido mentres noutros países da contorna aumentaban esas partidas en até 29%. É unha das conclusións que se recollen no primeiro informe sobre a investigación do cancro no Estado español, publicado en 2018 pola Asociación de investigación contra o cancro (Aseica), a AECC e a Fundación Bancaria. Un completo documento no que se rexistra como 76% dos ensaios clínicos sobre cancro son patrocinados pola industria, unha porcentaxe sensibelmente superior á de países como Francia (onde é 49%), Reino Unido (65%), ou Holanda e Italia (56), por poñer tres exemplos. \"A predominancia da industria na investigación clínica ten efectos no tipo de investigación que se realiza, moi centrada nos novos fármacos\", afirman os responsábeis do estudo. En 2009 e 2010 houbo esforzos por parte do sector público de promover ensaios clínicos independentes da industria, recoñecen, mais foi \"un esforzo que rematou en 2012 por cuestións orzamentarias\", subliñan. Nestes anos, en paralelo, foi en aumento o financiamento 'filantrópico' destinado a investigar contra o cancro: dos 9 millóns de 2007 a situarse en 2017 por riba dos 42 millóns de euros. No mesmo período no que houbo unha mingua no esforzo público, como lembran neste día asociacións e colectivos implicados na loita contra o cancro. Voces como a de Rafael López, xefe de Oncoloxía do CHUS, que na comisión de Sanidade do Parlamento galego lamentou o descenso de recursos en investigación, unha realidade que levan anos denunciando asociacións de persoas afectadas e de defensa da sanidade pública."}
{"ID": "NOS_50596", "summary": "Catorce versos compoñen unha das máis universais formas clásicas do poema, o soneto. A ela entregouse Xoán Carlos Domínguez Alberte (Ramirás, 1966) no seu último proxecto, o libro Soneto no alfabeto (Galaxia). \"Foi un exercicio de disciplina e gozo\", explica sobre unha obra enfocada a lectoras e lectores mozos.", "text": "\"Formuleino como un reto, adaptarme a moldes clásicos. E dentro deles, decidinme polo soneto, a forma máis universal\", di. Antecedidos por un texto cuxo título homenaxea a Manuel Antonio -Intencións-, os poemas amosan intencións lúdicas, unha apoloxía do lecer literario. \"Engadín aneis de complexidade e certo sacrificio gozoso\", insiste. Os 22 sonetos comparecen baixo cada unha das letras do alfabeto galego. E a primeira palabra de cada un deles comeza por unha desas letras. \"Zoa a uz na campaza / e acende luz na cabeza / en forza de natureza / que en mozo ou moza naza\", escribe no derradeiro. \"Soneto no alfabeto fala, sobre todo, da poesía non como algo requintado e sublime, senón cotián\", engade, \"porque está presente, como xogo e iluminación, en calquera ámbito da vida\". O traballo poético de Domínguez Alberte transitou maiormente polo verso libre. O desprazamento ao clasicismo tamén modificou os seus obxectivos. \"Mais este non é un produto só para adolescentes\", expón, \"aínda que responde a unha teima miña dos últimos tempos\". Que remite á \"sobreoferta\" da narrativa infantil e xuvenil. \"Son un gran lector de narrativa, pero ás veces desviamos a nosa ollada e esquecemos a poesía. E esta ofrece moitas posibilidades para a rapazada\". \"É o primeiro libro de sonetos da literatura xuvenil galega\", resume Domínguez Alberte, quen asegura que, en Galiza, \"non hai tantos sonetistas\". De feito, mesmo se estraña de que haxa \"grandísimos poetas\" que nunca, ou apenas, o practicaron, como Cunqueiro ou Rosalía de Castro. O poeta, prolífico, prepara xa un novo volume. Misterioso, indica que será \"a dúas mans, cunha persoa moi coñecida\" e que houbo editoriais que se interesaron por el. Pero non dá máis pistas."}
{"ID": "NOS_25997", "summary": "No último día de campaña electoral o investigador e candidato do BNG Carlos Babío, coautor do libro 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', recibiu unha citación da familia Franco a raíz da denuncia que os netos do ditador lle presentaran pola súa reivindicación pola devolución do patrimonio espoliado ao pobo.", "text": "O investigador Carlos Babío, coautor do libro libro 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio' recibiu no último día da campaña electoral unha citación da familia Franco para acudir a un acto de conciliación. O escritor é tamén membro da candidatura do BNG ao Parlamento Europeo que encabeza a actual eurodeputada Ana Mirada, quen hoxe denunciou a entrada dos Franco en escena no fin da campaña dos procesos electorais cunha nova citación a un acto de conciliación con Carlos Babío. \"É indignante que os herdeiros do ditador pretendan amedrentarnos no último día de campaña por denunciar os roubos e saqueos documentados cometidos por Franco\", manifestou. Miranda chamou a votar BNG como a candidatura antifascista A citación é para o vindeiro 19 de xuño e terá lugar após a suspensión da conciliación que estaba prevista para o 25 de marzo a consecuencia da demanda interposta por seis dos sete netos do ditador por Babío reivindicar a devolución do patrimonio espoliado por Franco ao pobo galego. \"Non acudín a esa citación porque non teño nada que conciliar cos Franco e pase o que pase seguiremos loitando contra o franquismo\", subliñou Carlos Babío. \"Non acudín a esa citación porque non teño nada que conciliar cos Franco e pase o que pase seguiremos loitando contra o franquismo\", subliñou Carlos Babío Pola súa banda, a eurodeputada nacionalista cualificou como \"inadmisíbel\" a sombra permanente dos Franco, e chamou a votar BNG como a candidatura antifascista. \"Non deixaremos de denunciar o espolio que cometeu Franco, gústelles aos herdeiros ou non, tanto nas rúas como nas institucións\", evocou Miranda após salientar a anomalía democrática que supón que a familia do ditador desfrute dunha propiedade ilegalmente, roubada por Franco. \"Non deixaremos de denunciar o espolio que cometeu Franco, gústelles aos herdeiros ou non, tanto nas rúas como nas institucións\", evocou Miranda Miranda tamén lembrou que Babío é neto dunha veciña de Sada expulsada da súa casa co fin de incorporala ao recinto do pazo; e salientou do escritor a súa participación en abril deste ano nunha xornada sobre memoria histórica no Parlamento Europeo para explicar o espolio cometido por Franco no pazo de Meirás Precisamente no Parlamento Europeo aprobouse o 25 de outubro unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa a iniciativa de Ana Miranda; coa paradoxa de que ese mesmo día na Galiza, as e os 19 de Meirás denunciados polos Franco por reivindicaren a devolución do Pazo roubado polo ditador ao pobo presentaban declaración perante un xuíz."}
{"ID": "PRAZA_6936", "summary": "O Goberno galego permite que as empresas adxudicatarias do vial entre Carballo e Berdoias constrúan só 25 dos 42 quilómetros previstos pero non lles rescinde o contrato. O BNG anuncia que levará á Fiscalía esta operación, incluída nos Orzamentos Xerais para 2015.", "text": "A historia da autovía da Costa da Morte remóntase a comezos da década pasada cando, tras o naufraxio do Prestige, a Xunta de Manuel Fraga puxo en marcha a súa propia versión do Plan Galicia, o paquete de infraestruturas co que o Goberno de José María Aznar tentou paliar a treboada política. Un dos principais encargados de anunciar con profusión aquel plan por todo o país foi o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, peza inserida no gabinete de Fraga dende a madrileña rúa de Génova no lugar do desaparecido Xosé Cuíña. Entre os proxectos que Feijóo publicitaba estaba unha \"vía de alta capacidade\" entre Carballo e Fisterra da Costa da Morte, cuxa licitación non viu a luz ata 2008, xa como autovía e co bipartito na Xunta. Esa primeira adxudicación rematou en fracaso porque as empresas construtoras non lograron o financiamento necesario e a vixente adquire tintes de fiasco mentres o gabinete do agora presidente Feijóo lles fai ás construtoras un traxe legal á medida permitindo que non constrúan a metade do comprometido, arranxo que o BNG se dispón a remitir á Fiscalía. O procedemento que agora se tambalea é a terceira contratación desta autovía. A segunda licitación foi cancelada pola Xunta en 2010 alegando motivos económicos, pero despois de que o PSdeG denunciase un sobrecusto nas obras duns 400 millóns de euros e mentres unha das empresas que optara á obra, Dragados, levaba o procedemento aos tribunais. Finalmente a Consellería de Infraestruturas que dirixía o agora alcalde de Santiago, Agustín Hernández, adxudicoulles a autovía na primavera de 2011 ás empresas Copasa, Taboada y Ramos, CRC e Covsa. Na sinatura do contrato, solemnizada en xuño dese ano, o propio Hernández aseguraba que ficaban solucionados \"os problemas herdados do bipartito\" e anunciaba, ademais, que a autovía estaría \"finalizada no horizonte desta lexislatura\", o que puña o límite en 2013. Naquela comparecencia o conselleiro explicaba, ademais, que as empresas gañadoras o eran, esencialemnte, porque presentaran a oferta \"máis vantaxosa\" dende o punto de vista económico. A segunda licitación foi paralizada tras a denuncia dun sobrecoste de 400 millóns Máis de tres anos despois daquela sinatura aquelas promesas están moi lonxe de ser realidade. A autovía está concibida co sistema de peaxe na sombra, segundo o cal as empresas poñen os cartos da construción e, unha vez a vía entra en servizo, a Xunta paga en función do tráfico que absorba. Neste contexto, as empresas cuxa solvencia económica estaba supostamente garantida non son quen de atopar financiamento suficiente para acometer as obras na súa totalidade. O Goberno, no canto de romper o contrato polo incumprimento, disponse a modificalo non pola vía tradicional, senón cunha disposición legal introducida na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2015, que este martes iniciou o seu trámite parlamentario. O plan da Xunta consiste, en esencia, en que as construtoras deixen sen construír unha parte do acordado e se ocupen de só 25 dos 42 quilómetros planificados, deixando fóra o treito entre Baio e Berdoias, en Vimianzo. A Xunta permite que as empresas constrúan só 25 dos 42 quilómetros da autovía, pero non lles rescinde o contrato Na disposición adicional quinta desa lei de acompañemento a Xunta alude aos omnipresentes \"principios de estabilidade orzaemntaria e sustentabilidade financeira\" para, \"en atención á concorrencia de razóns de interese xeral\", proceder á \"resolución parcial do contrato\" e \"reducir\" así o \"volume de compromisos de gasto\", cifrado en máis de 700 millóns de euros. Así as cousas, di a lei, \"o plan económico-financeiro da concesión deberá adaptarse para restablecer o equilibrio económico\". A estes efectos, continúa, \"a retribución económica prevista\" integrará \"como compensación ao concesionario por todos os conceptos derivados da presente disposición, o importe dos investimentos xa realizados\". Traducido: as empresas non farán parte do que comprometeran e serán compensadas economicamente polo que gastaron en expropiacións ou movementos de terras no treito que non construirán. O BNG anuncia que trasladará o asunto á Fiscalía Esta operación gobernamental chegou este martes ao pleno da Cámara. No inicio da tramitación da lei de acompañamento a oposición en pleno expresou as súas dúbidas sobre a modificación do contrato e dende o BNG o seu voceiro, Francisco Jorquera, advertiu a Xunta que, no caso de \"non comprometerse a retirar esta disposición, acudiremos á Fiscalía\", algo que o PP di non estar disposto a facer. Dado que a conselleira de Facenda cifra en 128 millóns de euros o \"aforro\" co recorte, iso implica \"que as concesionarias desta autovía\", empresas \"amigas do PP\", quedan \"eximidas de facer un 40% dos quilómetros\" mentres só se reduce un 17% o custo para o erario. Isto, acusa, é \"saquear os recursos públicos\", mais aínda porque o \"custo real\" da autovía é de 200 millóns de euros: \"a obra redúcese nun 55% e o prezo multiplícase nun 235%\", polo que \"se non é prevaricación, paréceselle moito\". Jorquera: \"Vostedes verán o que fan, non vaia ser que acabe imputado todo o grupo do PP e todo o Consello da Xunta\" \"Vostedes verán o que fan, non vaia ser que acabe imputado todo o grupo do PP e todo o Consello da Xunta\", advirte Jorquera, nun contexto no que tamén o resto da oposición recea destes cambios. \"Están cometendo un delito con carácter presunto\", di dende AGE Yolanda Díaz, que ve na modificación \"non só unha fraude democrática\", senón un xeito de proceder próximo ao ámbito penal. Pola banda do PSdeG o seu voceiro, Juan Carlos González Santín, anuncia que \"imos pedir aos servizos xurídicos da Cámara\" que ditamine se \"esta norma está axustada á legalidade\", mentres que dende o PP o deputado Hipólito Fariña cre \"inaudito\" que se vincule o proceder da Xunta coa \"prevaricación\". \"Non reclamaron delito ningún cando unha decisión do Goberno central rematou co Plan Galicia\", resolve, mentres asegura que a modificación do contrato \"conta con todos os avais xurídicos\"."}
{"ID": "NOS_47549", "summary": "Insta a Xunta a publicar os informes sobre a carga viral nas augas residuais coruñesas para coñecer a \"radiografía\" da pademia", "text": "O BNG instou a Xunta a realizar probas \"masivas\" na área sanitaria da Coruña ante o aumento de casos de coronavirus e esixiu a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para informar dos novos focos na Galiza. Así o demandou a portavoz de Sanidade do BNG na Cámara galega, Montse Prado, quen tamén considerou necesario que o Goberno galego faga públicos os informes do proxecto de investigación que a empresa que depura as augas residuais urbanas da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros realiza xunto á Universidade da Coruña (UDC). Este proxecto, segundo indicou, permite \"detectar con antelación os brotes\" ao determinar a carga viral aínda que se trate de persoas asintomáticas, polo que pediu que se faga público o seu contido para poder facer unha \"radiografía\" da situación da pandemia nesta zona. Na súa intervención, a parlamentaria nacionalista advertiu de que xa son uns 40 os focos detectados na Galiza, tanto en áreas urbanas como rurais. \"Ante esta situación o PP e a Xunta non poden seguir mantendo opacidade e falta de transparencia\", asegurou. Comparecencia Por iso, sinalou que o Bloque Nacionalista Galego esixe a comparecencia do titular de Sanidade na Cámara galega para que dea conta de cuestións como se hai transmisión comunitaria do virus e cantas persoas están a realizar os rastrexos na Galiza. \"No BNG non damos por válido o dato de que a Xunta ten 6.000 rastreadores\", sostivo Montse Prado, que puxo en cuestión que a Administración galegaa trate de computar a todo o persoal da Atención Primaria nesta cifra. \"É necesario que por parte da Xunta se explique como se están facendo os rastreos, os illamentos e como está a evolucionar a pandemia\", manifestou a parlamentaria, que criticou que Feixoo vaia a comparecer esta cuarta feira para anunciar medidas que, na súa opinión, xa se deberían de tomar con anterioridade. Por último, lembrou que unha das primeiras cuestións que pedirá a súa formación no Parlamento será a posta en marcha dunha comisión de investigación sobre o ocorrido nas residencias de maiores das Galiza."}
{"ID": "NOS_28153", "summary": "Ademais das grandes urbes, outras 41 localidades pasan a nivel alto e 12 concellos entran no nivel máximo de restricións", "text": "As sete grandes cidades galegas fechan os seus locais de lecer nocturno a partir da madrugada deste sábado 31 de xullo, momento no que entraron en vigor as novas restricións acordadas polo comité clínico da Xunta este pasado martes. Ademais, debido ao seu paso a nivel alto, os locais hostaleiros das urbes deberán esixir certificado Covid para o interior, ao 50% da súa capacidade --no exterior, tamén ao 50%, non será necesario documento acreditativo. A estas medidas súmase a prohibición de reunións de non convivientes entre as 01,00 horas e as 06,00 horas da madrugada, así como a limitación, en toda a comunidade autónoma, do número de persoas que se poden reunir en espazos públicos ou privados --seis, en interiores; e dez, en exteriores--, durante o resto do día. As restricións entran en vigor, ademais, após o aval outorgado este pasado venres polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que, en base ao informe técnico remitido polo Executivo galego, considerou \"necesarias\" e \"proporcionadas\" as medidas, \"que responden a un incremento na transmisión do virus\". Nivel alto Ademais das sete cidades galegas, no nivel alto atópanse outras 41 localidades: Carballo, Arteixo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Cariño, Melide, Ribeira, A Coruña, Cambre, Culleredo, Ames, Santiago de Compostela, Ferrol, As Pontes, Ortigueira e A Pobra, Cervo, Ribadeo, Monforte, Lugo, Chantada, A Illa, Marín, Poio, Soutomaior, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova, Gondomar, Vigo, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela, Nigrán, Tomiño, Ribadumia, Avión, O Rosal, Barbadás, O Carballiño, Ourense e Verín. Nivel máximo Ademais, este sábado entran no nivel máximo 12 concellos: Boiro, Muros, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Baiona , Foz, Viveiro, Burela, Monterroso e O Barco. Estas localidades, tamén con lecer nocturno fechado, esixirán certificados covid-19 para acceder ao interior de locais de hostalaría, cuxa capacidade estará limitada ao 30% e ao 50% en exteriores -de acceso libre. As reunións estarán prohibidas entre non convivintes entre as 1.00 horas e as 6.00 horas da madrugada; mentres que durante o resto de día, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior. Con todo, A Xunta de Galicia autorizou para esta fin de semana, nos concellos con máis restricións, os eventos en locais hostaleiros que fosen convocados ou organizados antes do 29 de xullo, día en que o comité clínico anunciou os cambios de nivel para os concellos respecto da covid-19. Nivel Medio No nivel medio inclúense 52 municipios: Monterrei, Riós, Beariz, Boborás, Vilarmartín, A Pobra de Trives, A Rúa, Coles, A Lama, Maceda, Pereiro de Aguiar, A Cañiza, Celanova, Rábade, O Valadouro, Barreiros, San Cibrao, Vilalba, Sarria e Mondoñedo, Toques, Corcubión, Curtis, Rianxo, Pontedeume, Oroso, Silleda, Teo, Bergondo, Cee, Coristanco, Brión, Carnota, Outes, Cedeira, Narón, Valdoviño, As Neves, Vilaboa, Padrón, Vimianzo, Noia, Barro, Pontecesures, Tui, Caldas de Reis, Arbo, Cangas e Ponteareas. Os veciños de concellos de nivel medio disporán de locais de hostalaría, sen necesidade de certificados covid-19, ao 50% da súa capacidade -tanto en interior como en terrazas. Onde si necesitarán certificados é para o lecer nocturno, que abre até as 3.00 horas. Ademais, as reunións de non convivintes entre as 3.00 horas e as 6.00 horas da madrugada están prohibidas, mentres que durante o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior. Nivel Medio-Baixo No nivel medio-baixo, os concellos contarán coa hostalaría cun 100% de capacidade en terrazas e 50% en interior, sen necesidade de certificados COVID; mentres que o lecer nocturno abre até as 3,00 horas, coa obrigatoriedade de presentar certificados. As reunións de non convivintes entre as 3 e as 6 da madrugada están prohibidas, e para o resto de horas, deberán ser dun máximo de seis persoas no interior e de 10 no exterior."}
{"ID": "NOS_23896", "summary": "O triatleta galego reafirma a súa lenda e gaña un novo campionato do mundo en Canadá, converténdose nun dos maiores heroes da historia da modalidade e, por suposto, do deporte galego.", "text": "Estivo a piques de ter que abandonar o deporte após un aviso médico, hai xa case tres lustros, pero se negou, loitou e renaceu como mito. O ferrolán Javier Gómez Noya gañou por cuarta vez o campionato do mundo de triatlón masculino logo de ser terceiro na pobra disputada en Edmonton, a última do calendario. Un éxito que confirma pero tamén eleva. Algo único. Noya, que adestra en Pontevedra, chegaba con vantaxe á competición, pero o mal día que sufriu hai unha semana creou dúbidas que o seu grande rival, o irmán maior Brownlee, quixo aproveitar pero non foi quen. Precisaba o galego chegar ao podio. Conseguiuno, como terceiro. E sumou así outro triunfo a unha longa carreira -a pesar da súa imaxe adolescente xa ten 31 anos- que conta con outros tres títulos do mundo (en 2008, 2010 e 2103) e que chega ao tetracampionato. Á lenda absoluta do triatlón mundial e o deporte galego."}
{"ID": "NOS_39385", "summary": "Foron as e os grandes perdedores da Longa Depresión iniciada en 2008 e a historia vai camiño de repetirse. Se a década pasada foi a dunha xeración sen expectativas económicas nin persoais, o novo tempo que arranca coa crise do coronavirus apunta na mesma dirección. A mocidade está a ser a principal pagá.", "text": "A segunda década do século XXI foi un período perdido para a mocidade galega. Malia o escaso peso demográfico deste sector na sociedade, a totalidade dos indicadores referidos á mesma foron negativos até o punto de que unha boa parte das e dos analistas chegaron a falar dunha xeración perdida pola ausencia de expectativas laborais. As altas taxas de desemprego entre a poboación menor de 25 anos, que nalgunha anualidade do período chegaron a superar o 40%, e a alza da emigración son dous exemplos paradigmáticos da situación. Sen ir máis lonxe, entre 2009 e 2019, 326.824 persoas abandonaron Galiza, 213.511 con destino ao Estado español e 113.313 a diferentes países do continente europeo. Os datos coñecidos desde o comezo da pandemia apuntan a unha reedición da situación anterior. Así, por exemplo, as cifras fornecidas a pasada semana pola Enquisa da Poboación Activa (EPA) referidas ao terceiro trimestre do ano debuxan unha realidade laboral dual, onde a mocidade e os traballadores e traballadoras de menor cualificación aparecen como perdedoras da crise. Porén, a desigualdade é aínda maior, tendo en consideración que a mocidade e os traballadores precarios teñen peor carreira de cotización e, por conseguinte, as prestacións públicas derivadas dos ERTE ou dos subsidios de desemprego cobrados durante este período tamén son moito menores. 48,40% da poboación entre 16 e 19 anos en paro As cifras de ocupados son moi desiguais en función das franxas da idade. O desemprego afectou no terceiro trimestre de 2020 a 36,63% da poboación menor de 25 anos, o que significou un aumento de 10,4% no último ano. Ao tempo, o paro alcanzou o 48,40% da poboación entre 16 e 19 anos e o 34,38% no grupo de idade entre 20 e 22, unhas cifras de desemprego en calquera dos tres casos moi superiores ao total da Galiza, que nese período chegou a 11,8%. Abonda con reparar na porcentaxe de ocupación da poboación entre 25 e 54 anos, situada en 11,09% para caer na conta da fenda aberta no mercado traballo, cuns números moi semellantes aos do peor momento da crise comezada en 2008. As diverxencias son máis evidentes cando se repara na franxa de idade de máis de 55 anos. Aquí, o número de desempregadas e desempregados situouse en 8,85%, mentres que no mesmo trimestre do ano pasado rexistrouse 10,86%, evidenciando que a destrución de emprego se centrou na mocidade. A explicación a este fenómeno atópase no carácter máis precario das condicións de traballo e na temporalidade dos contratos da poboación máis nova, aspecto que favorece os despedimentos. Na mesma liña, ao ser máis caros os despedimentos entre a franxa de idade superior a 55 anos, os empresarios optaron polos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) como vía de axuste sen rachar a relación laboral. Ao tempo, nos últimos meses téñense freado de maneira significativa os procedementos de xubilacións. A expulsión da mocidade do mercado de traballo está a ter o seu correlato na caída da temporalidade por primeira vez desde 2014. Neste sentido, a totalidade dos estudos vinculan a causa do descenso na taxa da temporalidade, isto é, a porcentaxe de persoas asalariadas con contrato temporal, cos despedimentos entre os menores de 25 anos, até o punto de situarse por baixo de 50% no segundo trimestre de 2020. O impacto da pandemia sobre a economía é moi desigual por sectores, afectando de maneira particular aquelas actividades onde se ocupan moitos mozos e mozas. Un caso evidente é a hostalaría, á cabeza da destrución de emprego desde que comeza a crise e cunha caída da actividade no último ano de arredor de 9%. Após a hostalaría, sitúanse outros sectores cunha importante presenza xuvenil como o traballado do fogar e o das actividades artísticas e do ocio, moi relacionada co turismo ou o comercio. Precisamente, a metade do emprego destruído no comercio retallista afecta a menores de 30 anos, cando esta franxa de idade non chega a 22% do total da poboación ocupada no sector. A pandemia deixa ao descuberto as debilidades do modelo social e acentúa as tendencias económicas que se viñan manifestando nos últimos anos na Galiza. A este respecto, os estudos elaborados con anterioridade á aparición do virus coincidían en que a xuventude era un dos colectivos con maior precariedade laboral, cunha maior temporalidade, cuns salarios máis baixos, cunha maior descontinuidade e, por tanto, cunha posición estrutural máis débil. Este volta a ser o sector social que con máis dureza está padecendo as consecuencias económicas da crise."}
{"ID": "NOS_56537", "summary": "Polo futuro do sector da automoción e contra a precariedade laboral mobilizouse arredor dun cento de delegadas e delegados sindicais da CIG en Vigo.", "text": "Máis de cen traballadores e traballadoras do sector da automoción mobilizáronse en Vigo baixo a convocatoria da CIG para chamar a atención sobre a perda de actividade no sector e contra a precarización das condicións laborais. Así mesmo, esixiron ao goberno do Estado español e máis á Xunta de Galiza a activación de políticas que garantan futuro para a industria galega da automoción, sobre todo ante un contexto que esixirá transformacións no sector derivadas da implantación das innovacións tecnolóxicas e da posta en marcha da lexislación sobre cambio climático e transición enerxética. \"O fundamental é apostar por vehículos de valor engadido en vez de facelos de baixo custo\", sinalou Bouzas A marcha transcorreu entre o polígono do Caramuxo e as instalacións do grupo PSA Peugeot Citroën na Zona Franca de Vigo, con consignas contra a precariedade, a desindustrialización de Galiza e denunciando o negocio das empresas de traballo temporal neste sector. Da mobilización tomaron parte o secretario xeral da central sindical nacionalista, Paulo Carril, e máis o secretario nacional da federación de Industria da propia CIG, Xoán Xosé Bouzas, quen apuntou que están a desenvolver unha campaña contra a desindustrialización e a precariedade nun \"sector estratéxico para o noso país e fundamental para as bisbarras de Vigo e Ourense\". Bouzas afirmou que o fundamental é apostar por vehículos de valor engadido en vez de facelos de baixo custo, poñendo en valor a fabricación de carros menos contaminantes como os híbridos, eléctricos e híbridos a gas; e máis o coche autónomo, de alto valor engadido, e no que a industria galega está a quedar nunha posición moi atrás a respecto doutros países. Solicitaron á Xunta que informe sobre a cantidade das axudas públicas que quedan no país e cales se invisten en Portugal Neste sentido, sinalou necesario que a Xunta informe sobre a cantidade das axudas públicas a este proxecto que quedan no país e cales se invisten en Portugal, que pola contra, si é un estado que está apostando de maneira estratéxica polo automóbil autónomo, informou Bouzas. A CIG demanda elaborar unha estratexia galega do sector da automoción Para acadar unha industria do automóbil forte e consolidada, Xoán Xosé Bouzas fixo fincapé na necesidade de elaborar unha estratexia galega de sector coa que poder afrontar os retos derivados da implantación da lei de cambio climático e transición enerxética, que suporá a desaparición dos motores diésel; así como contar cunha política enerxética de país que reduza os custos e permita maior competitividade mediante unha tarifa eléctrica galega; e tamén salientou a necesidade de implementar un plan de rexuvenecemento dos cadros de persoal para garantir o relevo no sector; e adaptar a formación profesional pública á nova realidade tecnolóxica en consonancia coa renovación que se derive da adaptación á industria 4.0 ou cuarta revolución industrial. A CIG-Industria presentou xa un documento con propostas para afrontar os cambios e retos do sector A CIG-Industria presentou xa un documento con propostas para afrontar os cambios e retos do sector, e ademais dos puntos expresados por Bouzas tamén inclúe propostas sectoriais como a creación dunha mesa galega do automóbil integrada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), as centrais sindicais e as tres universidades, así como o compromiso de todo o sector de non afondar na precariedade laboral, non abusando da contratación por ETT, multiservizos ou centros especiais de emprego, ademais doutras medidas como é a aplicación do convenio sectorial ou da empresa principal a todas as traballadoras e traballadores do sector."}
{"ID": "PRAZA_18445", "summary": "O desemprego rexistrado alcanza niveis semellantes aos do inicio da recesión pero logo de destruírse 60.000 empregos e caer a poboación activa en 77.000 persoas.", "text": "O paro rexistrado en Galicia subiu no pasado mes de outubro en 3.424 persoas con respecto ao mes anterior, situándose a cifra total en 169.744, 16.159 menos que un ano antes e alcanzando niveis semellantes aos do inicio da recesión. Hai unha década, en outubro de 2008 e semanas despois da caída de Lehman Brothers, o número de galegos e galegas rexistradas nas antigas oficinas do INEM era de algo máis de 168.000. Polo camiño, a grave crise económica e demográfica deixou o país cunhas 77.000 persoas activas menos, levou por diante 120.000 ocupados e destruíu 60.000 empregos. O paro rexistrado alcanza niveis semellantes aos do inicio da crise pero tras destruírse 60.000 empregos e caer a poboación activa en 77.000 persoas As afiliacións medias á Seguridade Social caeron en outubro en 690 en Galicia, aínda que son 23.294 máis que doce meses antes. Con todo, a cifra total queda en 1.013.198 persoas cotizantes, mentres que hai dez anos situábase en 1.072.239, 59.041 máis que na actualidade. Supón unha caída do 5,5%, case 60.000 empregos destruídos tras unha década de crise económica, pero tamén demográfica. Desde aquel terceiro trimestre de 2008 até o deste ano, a poboación activa de Galicia caeu en 77.300 persoas, de 1,32 millóns a 1,25. O número de ocupados tamén se reduciu considerablemente, en case 120.000, desde os 1,21 millóns até os pouco máis de un millón da actualidade. O devalo demográfico e a emigración continúan a incidir nun mercado laboral galego cada vez máis minguado. Ao tempo, unha década despois do inicio da crise, a pobreza afecta o 22% da poboación galega. Neste mes de outubro, o incremento do paro rexistrado en Galicia (+2%) é superior á media estatal (+1,63%). Subiu en todas as provincias agás en Lugo, onde se reduciu en 148 persoas. Tamén se incrementou en todos os sectores, agás na construcción, pero especialmente no sector servizos, onde aumentou en 2.573 persoas. A suba mensual do paro é maior nos homes (2.330 máis) ca nas mulleres (1.094 máis) e hai 615 menores de 25 anos máis en paro (+7,5 %) e 2.809 máis maiores desa idade (+1,8 %). Na comparación anual, o descenso máis acentuado dáse nos homes e, por grupos de idade, nas persoas menores de 25 anos. En Galicia asináronse máis de 103.000 contratos en outubro, o 90% deles temporais En canto ao número de contratos, no mes de outubro asináronse en Galicia 103.484, o 90,3% deles temporais, que aumentaron un 7,5% respecto ao mesmo anterior e tamén repecto ao mesmo período do ano pasado. Malia de superarse as 103.000 contratacións, destruíuse emprego e aumentou o paro rexistrado. Ademais, o 48 % das persoas paradas con experiencia laboral carece de prestación por desemprego e só o 45 % das que si a perciben están a cobrar unha prestación contributiva. A taxa de cobertura en setembro de 2018 era do 52,04 %. Había 78.734 persoas cobrando unha prestación por desemprego: 35.373 percibían unha prestación contributiva, 34 754 subsidios por desemprego, 7.947 a renda activa de inserción e 660 correspondían ao programa de activación de emprego. Xa que logo, son 72.557 persoas paradas con experiencia laboral que carecen de prestacións por desemprego."}
{"ID": "NOS_33001", "summary": "[NOTÍCIA ACTUALIZADA ÀS 8.15]. Com mais do 99% de voto apurado, a notícia é que Portugal à Frente fica muito longe da maioria absoluta e que a direita precisaria o voto afirmativo ou a abstenção do PS para reter a presidência do governo. O Bloco de Esquerda fez a surpresa, ficou por cima da CDU e obteve o seu melhor resultado de sempre. Aliás, a formação comunista também aumentou a sua representação na Assembleia da República.", "text": "Com os votos apurados já ao 99%, os resultados são os seguintes: Portugal à Frente alcança o 38,34%, o que supõe uma maciça perda a respeito de 2011, quando o PSD e CDS-PP se apresentaram em solitário e obtiveram em conjunto o 50,35% do voto (38,65 e 11,70, respectivamente). O PS ficaria na segunda praça com o 32,38% do voto. A grande surpresa da noite, não antecipada por qualquer inquérito, foi o Bloco de Esquerda ficar pela frente da CDU, co 10,22% dos sufrágios face o 8,27% tido pela coligação hegemonizada pelo PCP. Uma das notícias não aguardadas destas eleições legislativas, e que se confirmou muito a última hora, foi o escano conseguido por Lisboa por parte do Partido pelos Animais e pela Natureza. Ao ter-se já a certeza de Portugal à Frente não conseguir a maioria absoluta, colocava-se como hipótese no cenário um acordo entre o PS e o Bloco de Esquerda para viabilizar a separação da direita do governo. Não era uma hipótese fácil levando em conta os compromisos do PS com as políticas da Troika e o próprio candidato socialista, António Costa, descartou-na ao dizer -na sua intervenção para valorar os resultados- que ele não estaria na criação duma \"maioria negativa\" contrária a Portugal à Frente. O PS argumenta que um bloco de esquerda com formações que não partilham o Memorando assinado pelo país com a UE não seria \"credível\". Atribuição de escanos esta altura, e quando ainda ficam por atribuir os escanos correspontendes à emigração, a distribuição de mandatos fica assim: Portugal à frente: 104 (em 2011 a suma PSD-CDS-PP teve 132). PS: 85 (em 2011 teve 74). Bloco de Esquerda: 19 (em 2011 teve 8). CDU: 17 (em 2011 teve 16). Partido pelos Animais e pela Natureza: 1 (em 2011 não conseguiu representação). \"Uma coligação de direita em minoria, se for polo Bloco, não fará governo em Portugal\" A bloquista Catarina Martins foi a primeira líder em comparecer na noite eleitoral, com uma mensagem muita clara: se a coligação de direita não ter a maioria da Cámara \"não fará governo\" na hipótese de isso vir a depender do Bloco de Esquerda. \"Sem maioria absoluta, a direita só pode vir a governar com o apoio do PS\" Pela CDU o discurso perante militância e imprensa foi proferido pelo seu candidato e secretário geral do PCP, Jerónimo de Sousa. Salientou que sem maioria absoluta seria \"intolerável\" que o presidente da República indigitasse como candidato ao direitista Passos Coelho e ressalvou que o líder de Portugal à Frente só poderia obter a maioria de votos na investidura de ter o apoio do PS. Baixa participação A alta abstenção marcou o desenvolvimento da jornada eleitoral. Só votaram o 56,9% das pessoas com direito ao sufrágio e, portanto, o 43,1% das e dos eleitores não foram votar. Que fará o PS? A chave na nova Assembleia da Republica está nas mãos do PS. Seu líder, António Costa, deixou claro que não vai fazer \"um governo à contra\", formado a partir duma maioria com um programa \"não credível\". A direita, esclareceu, \"não pode continuar a governar como se nada tivesse acontecido\". Costa ressalvou que o eleitorado votou a favor duma \"mudança\" e o objetivo do PS na Assembleia da República será precisamente \"garantir que essa vontade de mudança não se perca\". O PS, portanto, não tenciona fazer um governo alternativo ao da direita e a sua linha será mais bem a de forçar desde as bancadas da oposição um câmbio nas políticas de austeridade que se vieram practicando por parte do gabinete de Passos Coelho. Fotos: Portugal à Frente, Bloco de Esquerda e CDU."}
{"ID": "NOS_51355", "summary": "\"Nós non podemos dicir rotundamente se unha persoa está a mentir, pero si detectar eses trazos indicativos que apuntan que podería estar a faltar á verdade\", matizou a experta.", "text": "A familia de Déborah Fernández Cervera presentou ante o xulgado de instrución 2 de Tui un informe pericial elaborado por unha experta lingüista forense, que apunta que o ex mozo da rapaza asasinada e único investigado en relación á súa desaparición e morte puido \"faltar á verdade\" na súa declaración ante a xuíza. Segundo explicou esta experta a Europa Press, para elaborar este tipo de informes analízanse diversos parámetros e aspectos da linguaxe e a produción verbal. O ex mozo de Déborah Fernández defende a súa inocencia, mais incorre en \"novas contradicións\" Por exemplo, avalíanse o tipo de palabras empregadas, como se pronuncian, como se estruturan as frases, se hai interferencias doutras linguas, as respostas a preguntas... No caso da declaración do investigado, estudou o tipo de preguntas e respostas, para analizar se aparecen \"certos patróns\" que, tal e como se reflectiu en estudos científicos previos, denotan que unha persoa está \"a faltar á verdade\". Citado a declarar como investigado o ex mozo de Déborah Fernández \"Nós non podemos dicir rotundamente se unha persoa está a mentir, pero si detectar eses trazos indicativos que apuntan que podería estar a faltar á verdade\", matizou. Detalles da declaración A forense lingüista sinalou que a súa análise pon de manifesto a presenza deses trazos (repeticións, evasivas, uso de palabras absolutas como \"nunca\", \"xamais\" ou \"ninguén\"), que indicarían un \"intento de ocultar a verdade\". Eses sinais foron detectados en aspectos concretos da súa declaración, como aqueles referidos á finalización da súa relación de parella coa vítima; na súa explicación de por que chegou tarde a un partido de fútbol o día que a moza desapareceu; ou cando foi preguntado directamente se lle fixo dano a Déborah ou se a matou. Declaran dúas novas testemuñas no xuízo de Déborah Fernández Segundo explicou a experta, o investigado ten \"comportamentos lingüísticos diferentes\" nas súas respostas, en función do tipo de preguntas e, en cuestións que puideron suscitar máis controversia, deslízase unha \"linguaxe fraudulenta\"."}
{"ID": "PRAZA_20680", "summary": "MAPA INTERACTIVO | Hai 180 anos, entre xullo e setembro de 1837, George Borrow percorreu Galicia vendendo biblias. Recuperamos a visión do país que recolleu no libro The Bible in Spain, acompañada pola Carta Xeométrica que Domingo Fontán rematara en 1834.", "text": "Hai 180 anos, entre xullo e setembro de 1837, George Borrow, Jorgito el inglés, percorreu Galicia vendendo biblias protestantes. A súa visión do país recolleuna no seu libro de viaxes The Bible in Spain (Londres, 1843) que se converteu nun éxito case inmediato en todo o mundo. A súa foi unha xira con dificultades nunha Galicia illada cunhas infraestruturas de comunicación imposibles. Había só tres anos que Domingo Fontán rematara o primeiro mapa científico de Galicia, a súa Carta Xeométrica, que acompaña estas liñas. [MAPA INTERACTIVO | Pode navegarse tanto coas frechas laterais que permiten ver os textos nunha orde cronolóxica como pulsando sobre os elementos do propio mapa] Borrow entrou en Galicia por Lugo e percorreu A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Fisterra ou Ferrol antes de saír cara Asturias por Ribadeo Borrow, nacido en Norfolk en 1803, percorrera media Europa antes de chegar á Península Ibérica en 1835. Tras desembarcar en Lisboa, instalou a súa base de operacións en Madrid para, desde alí, irse desprazando a distintas rexións para vender as súas biblias, unha novidade nunha época na que só tiñan difusión os evanxeos. De maio a novembro de 1837 foi cando se internou no noroeste peninsular, viaxe que ocupa o groso do seu libro, no que á súa vez dedica a Galicia oito dos seus 57 capítulos. Tras pasar por León, Borrow entrou en Galicia en xullo por Vilafranca do Bierzo e durante máis de dous meses realizou un percorrido que o levou por Lugo, Betanzos, A Coruña, Santiago, Padrón, Pontevedra, Vigo, volta a Padrón e desde alí a Corcubión e Fisterra, o cabo que quería ver desde terra tras sofrer alí unha treboada no mar. Logo voltaría novamente por Santiago e A Coruña para dirixirse despois a Asturias pasando por Ferrol, Viveiro e Ribadeo. Borrow é directo nas súas descricións das paisaxes e cidades, pero evita dar a súa opinión persoal sobre a sociedade. Opta por colocar os comentarios máis críticos en boca das xentes coas que se atopa, como cando atribúe a un francés que en Galicia \"os homes, en xeral, parecen moi rústicos e simples, pero son capaces de enganar ao máis listo de París; respecto das mulleres é imposible vivir na mesma casa ca elas, sobre todo se son camareiras e acompañan a señora; non fan máis que mover disensións e disputas na casa, e contar faladurías dos outros criados\". \"Galicia é a provincia de España que máis riquezas naturais encerra, pero os habitantes son moi torpes e non saben empregar os dons que os rodean\" Pero o británico tamén dá a palabra a galegos para defenderse e recolle a suposta conversa cun pousadeiro de Lugo e cuns andaluces: \"Que rañas eses andaluces! Veñen espremer Galicia e moléstalles que un pobre pousadeiro gañe un cuarto vendéndolles o aceite para o gazpacho\", laiase o lucense. Ante o cruzamento de acusacións, Borrow respóndelle aos andaluces: \"Non vexo por que lles parece tan malo un país que pola súa natureza é o máis rico e abundante de toda España. Certo que a xeneralidade dos habitantes está na miseria; pero a culpa é súa, non da terra\". Nesa mesma liña, en Santiago o británico dá voz a un libreiro local que di que \"Galicia é a provincia de España que máis riquezas naturais encerra, pero os habitantes son moi torpes e non saben empregar os dons que os rodean; en proba do que pode sacarse de Galicia, vexa vostede os cataláns que se estableceron aquí: todos ricos\". A valoración que Borrow reserva para si é a do localismo xa daquela presente en Galicia: \"En ningunha parte atopei o sentimento localista, moi estendido por toda España, como en Santiago\", confesa. Pero algo despois, xa en Pontevedra, outro libreiro dille que lle importaría \"ben pouco que ardese Vigo\" cos \"bribóns que alberga\". Mesmo en Ferrol lamenta que os seus habitantes pensen que teñen a mellor das alamedas de España. \"A súa lingua está composta case de todo de palabras españolas e portuguesas\", di sobre o galego Para Borrow, que fala varios idiomas, mesmo o caló, o galego é un \"dialecto\" do castelán e do portugués, pero recoñece que ás veces se diferencia tanto dos dous que lle resulta imposible entendelo. \"Debe de ser polo acento peculiar e a pronuncia, nova para min, dos galegos, porque a súa lingua está composta case de todo de palabras españolas e portuguesas\", di. Tamén dá conta do seu uso máis estendido entre o pobo que o castelán, e de como en Pontevedra os seus habitantes \"parécenme máis versados en galego que en castelán, pois a maior parte das conversas que escoito na rúa son en aquel dialecto\". Nesa mesma cidade fálanlle do \"cura de Fruime\", que morrera 60 anos antes e do que lle din que \"é o noso poeta nacional\". Pola contra, da Mariña luguesa o británico asegura que \"non se fala moito galego por aquelas partes\". Borrow marchou satisfeito de atopar en Galicia \"algunhas das máis extraordinarias paisaxes de España\" pero sorprendido pola pobreza fóra das cidades. \"A maior parte das veces as vilas eran un conxunto de miserables chozas [con] moreas de esterco diante das portas e abundaban os charcos e lameiros [...] enormes porcos pululaban mesturados con rapaces en coiros. O interior das chozas correspondía coa súa aparencia externa: estaban cheas de sucidade e miseria\". Era 1837."}
{"ID": "NOS_51015", "summary": "O Museo de Pontevedra fixo hoxe o anuncio de que vai formalizar nos próximos días a compra dos orixinais do Álbum Nós, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O comunicado realizárono a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey.", "text": "O Museo de Pontevedra adquire os orixinais do Álbum Nós e, deste modo, pasarán a formar parte dos fondos da institución, en propiedade, as 49 láminas, o autorretrato de Castelao e o exlibris que remata o álbum. César Mosquera destacou a gran transcendencia desta compra porque \"son o conxunto de pezas máis importante de Castelao\" e permiten completar a colección, que conta con ao redor de 2.000 elementos do autor. O Museo de Pontevedra dispoñía de todas estas obras en depósito desde o ano 2016 con motivo da exposición Meu Pontevedra, e que se expoñen actualmente nun espazo específico no Sexto Edificio. A xunta de goberno da Deputación vai aprobar mañá esta compra, para a que xa hai consignación orzamentaria e está asinado un precontrato coa familia propietaria que pediu que non se revele a súa identidade nin tampouco o alcance económico da operación. Cumprir a vontade do autor, intelectual e debuxante A presidenta da Deputación, Carmela Silva, insistiu na relevancia da adquisición destes fondos para o Museo de Pontevedra e mais no feito de que vaian permanecer onde Castelao desexaba. \"Quería que a súa obra estivese vinculada a este Museo, do que formou parte desde o seu inicio\", explicou Carmela Silva, \"por tanto, cumprimos a súa vontade\", engadiu. A presidenta tamén afirmou que \"o Museo de Pontevedra é o Museo Nacional da Galiza\". \"Aquí están as pegadas máis importantes da nosa historia e cultura, e por iso é obrigado que estea a maioría da obra de Castelao\", razoba. O director do Museo, Xosé Manuel Rey, destacou que o Álbum Nós supón un capital simbólico para os fondos da institución e permítelle dispor dos principais conxuntos creativos do artista de Rianxo, así como \"dialogar e complementar\" o Álbum de guerra que o debuxante fixo 15 anos despois, xa como líder do galeguismo e da defensa da legalidade republicana diante dos golpistas de 1936, que o levaron ao exilio."}
{"ID": "NOS_44682", "summary": "Advirte que a situación vai ser \"dura\" nestas semanas.", "text": "Núñez Feixoo confirmou esta terza feira a posta en marcha de dous hospitais de campaña na Galiza para facer fronte á pandemia do coronavirus. Un na Coruña, no recinto feiral, con capacidade para entre 200 e 300 camas; e outro en Compostela, no Multiusos de Sar, con capacidade para entre outras 100 e 150 camas. Unha posibilidade que concretou após varios días evitando confirmala. Nós Diario informou que una empresa madrileña procuraba persoal para eses hospitais. O presidente da Xunta apuntou á posibilidade de instalar un hospital de campaña máis, en Vigo, no Ifevi, mais polo de agora esa decisión non está tomada. Estes hospitais non acollerán UCIs, dixo. Os cálculos son que esta fin de semana ou principios da seguinte esta instalado o hospital previsto par A Coruña e nos días seguintes, o de Compostela. Esta medida foi adoptada, explicou, en base aos dados do Comité Clínico de Saúde e das proxeccións que apontan que na Galiza o pico da COVID-19 está por vir: \"Agardan semanas moi duras\", advertiu Feixoo, que apontou que vai haber un aumento de persoas contaxiadas nos vindeiros días, o que vai implicar máis hospitalizacións e máis ingresos nas UCIs, de aí a decisión de crear estes hospitais de campaña. Porén, diferentes voces nestes días, pedían á Xunta que antes de apostar nestes hospitais de campaña optase por botar man da privada, que baixo o decreto de alarma ten que poñer recursos e medios a disposición do Goberno. A sanidade privada ten na Galiza por volta de 2.200 camas e moitas delas non están en uso actualmente. Ten, ademais, perto de emdio cento de UCIs. O sistema público na Galiza dispòn de 7.500 camas e o número de unidades de coidados intensivos anda por volta de 160, segundo datos ofrecidos polo propio Feixoo. O presidente dixo que a activación destes hospitais prodúcese tendo en conta a mobilización das camas da sanidade privada, que tamén van ser usadas, lembrando que, aliás do coronavirus, hai outras necesidades de hospitalización que precisan ser atendidas. Tamén se referiu á activación dunha 'noria de ambulancias', un sistema de transporte específico para estes hospitais de campaña."}
{"ID": "PRAZA_15113", "summary": "Os salarios dos deputados e deputadas supóñen algo menos da cuarta parte do orzamento anual da Cámara galega. Arredor da metade da remuneración mensual dun membro 'raso' do lexislativo está libre de impostos.", "text": "\"Gastar menos en políticos\". Dende o inicio da crise económica e, sobre todo, da vaga de recortes sociais, non son poucos os discursos que, dende latitudes ideolóxicas ben diferentes, apelan xenericamente a rebaixar o gasto nos salarios \"dos políticos\", metendo no mesmo paquete a, por exemplo, gobernantes e membros das Cámaras lexislativas. Mesmo nalgunhas autonomías, como Castilla-La Mancha, veñen de tomarse decisións polémicas como a retirada dos salarios ás persoas que integran o seu lexislativo. Nesta barafunda de apelacións ao recorte en poucas ocasións se poñen sobre a mesa as magnitudes reais, isto é, o volume de gasto que se destina ao goberno das institucións. No caso galego, a lexislatura que vén de comezar semella que será -se o PP cumpre o seu programa electoral- a da redución do Parlamento en aras da austeridade. Pero, canto nos custa o Parlamento? En torno á metade do salario dun parlamentario raso está libre de impostos A Cámara galega finánciase a través dos Orzamentos Xerais da Xunta, cunha partida que en 2012 foi de 19,4 millóns de euros. Estes cartos van parar maioritariamente á propia Cámara, agás 2,02 millóns, que foron destinados a soster o Valedor do Pobo, por ser un alto comisionado da institución Parlamentaria. O resto, 17,4 millóns de euros, son propiamente o orzamento parlamentario e deles uns 5 millóns de euros serven para pagar as asignacións económicas dos deputados e deputadas, compostos tanto por salarios como por diversas achegas adicionais. O soldo dun deputado ten dous grandes compoñentes: a \"asignación fixa\" e as \"axudas de custo\". A primeira é algo semellante ao salario base e sitúase nos 1.942,95 euros ao mes. A esta cantidade engádense as devanditas \"axudas\", teoricamente destinadas a sufragar os gastos de aloxamento e manutención do parlamentario -a maioría non residen en Santiago-, que ascenden a 2.587,39 euros se o deputado ou deputada ten dedicación exclusiva -a maioría dos casos- ou 2.349,31 se a dedicación e parcial. A principal particularidade desta segunda partida, establecida na etapa na que a socialista Dolores Villarino presidía a institución, reside en que, ao ser unha caste de dieta, non tributa o IRPF. Así, é posible afirmar que en torno á metade do salario dun parlamentario raso está libre de impostos. Os soldos dos deputados e deputadas son só unha cuarta parte dos case 20 millóns de orzamento da Cámara A estes dous grandes compoñentes engádense os complementos, que varían en función do labor de cada membro do Parlamento. Os de maior contía son os dos e das cinco integrantes da Mesa, a saber: 1.831 euros ao mes como complemento de \"membro da mesa\", 1.095 euros de \"gastos de representación\" -1.765, no caso da presidenta-, e 480,66 euros de \"gastos de libre disposición\" -906,45 para a presidenta-. Isto provoca que os complementos da Mesa sumen 18.129 euros ao mes. Outros dos complementos máis destacados son os que reciben os voceiros de cada grupo, 911,96 euros ao mes que suporán nesta lexislatura un gasto de 3.647 euros mensuais. Pola súa banda, cada vicevoceiro recibe 466,34 euros adicionais e os vinte e catro membros das mesas das oito comisións -tres en cada unha- teñen unha achega de 280,91 euros, cun total de 6.741 euros ao mes. Os complementos complétanse cuns 9.831 euros ao mes, resultantes dos gastos de representación do \"resto de deputados\", de 280,91 euros ao mes. Así as cousas, o Parlamento gasta uns 340.000 euros ao mes en salarios que, unha vez engadidos os complementos, se converten en 379.987 euros ou, o que é o mesmo, 4,5 millóns de euros ao ano. Dado que os orzamentos reflicten unha partida de 580.000 euros para \"gastos de locomoción\" -cada deputado debe xustificar os seus-, a conta redonda sería duns 5 millóns de euros anuais, é dicir, a cuarta parte dos cartos que manexa o Parlamento nun exercicio económico. Orzamento do Parlamento para o ano 2012"}
{"ID": "NOS_55337", "summary": "O Congreso español deu luz verde esta quinta feira á adhesión de Suecia e Finlandia á OTAN, con 290 votos a favor, 11 en contra e 47 abstencións. Votaron a favor PSOE, PP, Vox, Ciudadanos, Vox e o PdeCat. Podemos, e outros socios do Executivo, como ERC, Bildu, Más País e Compromís, abstivéronse, mentres que BNG, CUP e os parlamentarios e parlamentarias militantes de IU que forman parte de Unidas Podemos votaron en contra.", "text": "O Congreso español avalou na quinta feira a entrada de Suecia e Finlandia na OTAN, cunha votación na que os socios do Goberno diferiron. Así, mentres os ministros do PSOE votaron a favor, os de Unidas Podemos abstivéronse. Ademais de Néstor Rego (BNG), Mireia Vehí e Albert Botrán (CUP), votaron en contra da adhesión de Suecia e Finlandia á OTAN as deputadas de Podemos Gloria Elizo e Rosal Medel -aínda que, posteriormente, aclararon á Dirección de Unidas Podemos que se equivocaran-. Tamén se posicionaron en contra Enrique Santiago, José Luis Bueno, Miguel Ángel Bustamante e Roser Maestro (IU), o representante de En Comú Podem Joan Mena, que forma parte de IU aínda que computa dentro da confluencia catalá e mais a deputada canaria María del Carmen Pita, que abandonou Unidas Podemos para facer parte do Grupo Mixto. O BNG di \"non\" á OTAN Na súa intervención, o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, explicou que non está de acordo en \"continuar ampliando e reforzando esta organización militar\" nin coa súa existencia. \"Mantemos o noso criterio de que o mellor que pode facer é disolverse e desaparecer\", afirmou. Rego puxo de manifesto que a OTAN \"nunca foi defensiva, como pregoan os seus partidarios\". \"Naceu e creceu como punta de lanza das ofensivas que en cada momento interesaron ao imperialismo americano\", expuxo, e sinalou que isto ficou en evidencia \"cando rematada a Guerra Fría\", en lugar de desaparecer, \"continuou a súa expansión cara ao leste, xerando tensión e duplicando os seus membros nas dúas últimas décadas\". O portavoz do BNG no Congreso atribuíu á OTAN \"centos de millares de persoas mortas, feridas e refuxiadas\", con \"actuacións cruentas\" en Serbia, Iraq, Afganistán, Libia ou Siria e criticou que a OTAN marque pautas para financiar a súa nova estratexia, como aumentar o gasto militar até o 2% do Produto Interior Bruto (PIB). Cederá Unidas Podemos ao aumento do gasto militar? A este respecto, salientou que, de contar todos os ministerios, o gasto militar está xa máis próximo ao 3 que ao 2% do PIB \"nun momento de dificultades sociais e económicas extremas\". \"Aumentar o gasto militar parece irresponsábel sempre, pero éo máis neste contexto\", apuntou. Os recursos, dixo, sempre limitados, \"retiraranse de políticas sociais, servizos públicos e fomento da actividade económica\" e sinalou o complexo militar e industrial dos EUA como maior beneficiado. \"Pregunten á axente se prefire tanques a escolas, avións a hospitais ou bombas a máis residencias de maiores\", inquiriu Rego, que explicou que ampliar a OTAN significará \"incrementar a escalada bélica cando o urxente é parar a guerra e facelo canto antes, con vías pacifistas, dialogadas e negociadas\". Alberto Garzón desmárcase de IU Fontes de IU puxeron de manifesto en declaracións aos medios que a súa dirección federal decidiu votar non tras un debate intenso no seo do grupo parlamentario \"que se desenvolveu con total normalidade e entendemento entre as distintas formacións que o integran e atendendo aos seus protocolos de funcionamento\". Así, votaron en contra as deputadas e deputados militantes de IU que pertencen a Unidas Podemos, mais non o líder de Izquierda Unida, o ministro Alberto Garzón, que se abstivo, ao igual que a ministra Yolanda Díaz, quen fora coordinadora de IU na Galiza. O PSOE critica a \"equidistancia\" do seu socio de Goberno Durante o debate, o portavoz do PSOE, Sergio Gutiérrez, avisou tanto a Podemos como IU de que non se pode ser equidistante \"ante o sufrimento doutros pobos, entre agresores e agredidos, entre os invasores e invadidos, entre os ameazados e os que ameazan\". Tamén lles reprochou que usen este conflito como \"escusa\" para criticar a OTAN e non apoiar por iso a entrada de Finlandia e Suecia nesta organización. \"Que Suecia e Finlandia tomen a decisión que consideren adecuada pero non será no noso nome\", sostivo pola súa banda o portavoz do Grupo Confederal de Unidas Podemos Gerardo Pisarello, tras criticar duramente a Alianza e tamén a UE, \"que se fundou co obxectivo declarado de buscar a paz e está a facer pouco ou nada para parar a guerra\". ERC, EH Bildu e Compromís abstéñense Outros socios do Goberno como ERC, EH Bildu, Más País e Compromís optaron pola abstención, que xustificaron baixo o \"respecto\" ás \"decisións soberanas\" de Suecia e Finlandia e pronunciáronse críticos sobre o papel da OTAN. O portavoz de EH Bildu, Jon Iñarritu, cuestionou a OTAN como organización e dixo que a guerra en Ucraína non se resolve nin con ela nin co envío de máis armas\". Nos corredores do Congreso, o portavoz de ERC, Gabriel Rufián lembrou a súa posición crítica coa OTAN pero subliñando o dereito á \"autodefensa\" de calquera Estado, \"incluído Ucraína\", e tamén o \"escrupuloso respecto\" da súa formación ás \"soberanía\" dos dous países nórdicos."}
{"ID": "NOS_8554", "summary": "Era o único candidato e o mesmo que leva presidindo o Consello da Cultura Galega desde o 20 de abril de 2006. Ramón Villares inicia o seu último mandato á fronte da institución que o referendou no seu cargo a través do plenario.", "text": "As normas do Consello da Cultura Galega contemplan que o tempo máximo de permanencia na presidencia é dun mandato de catro anos, mais Ramón Villares acóllese para a súa reelección a que a aprobación foi en 2008 e, polo tanto, a súa aplicación non ten carácter retroactivo. Ramón Villares foi reelixido para os vindeiros catro anos, con 22 votos a favor e un en branco, nunha sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar na tarde desta quinta feira no propio Consello da Cultura Galega. Para se candidatar á presidencia da institución, precísase o aval de, cando menos, seis membros do Pleno que, no caso de Villares, foron , entre outros, Francisco Díaz Fierros, Rosario Álvarez, Xosé López, María Xosé Agra, Concepción Varela, Yzquierdo Perrín e Iago Seara. O último trámite para que a elección sexa efectiva será a publicación do decreto da Xunta por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Con carácter previo, informarase ao Parlamento da proposta para que poida dispor para a súa comparecencia. Composición do pleno Villares relevou no cargo a Alfonso Zulueta de Haz que, a súa vez chegara a presidencia do CCG despois da repentina morte de Carlos Casares, terceiro dos presidentes despois de Filgueira Valverde e Ramón Villares. O novo pleno do CCG muda tamén a súa composición no apartado de personalidades representativas da cutura galega no que entran Dolores Vilavedra e María Xosé Porteiro ao tempo que son reelixidos Xosé López, Ramón Máiz, Concepción Varela e Maximino Zumalave, unha paridade de xénero que se perde no órgano pola participación de representantes nas institucións, na súa totalidade masculinos."}
{"ID": "NOS_44642", "summary": "Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias, é un concerto coa Big Band do Conservatorio Superior de Música da Coruña que decorrerá o 6 de maio, ás 20 horas, no Teatro Colón da cidade.", "text": "Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias é o nome do espectáculo co que a Xunta e mais a Deputación e Concello da Coruña conmemoran o Día das Letras Galegas de 2021, e farano a través dun concerto en directo que vai decorrer o 6 maio, ás 20 horas no coruñés Teatro Colón. Jazzliza confórmana unha ducia de textos singulares doutros tantos poetas nunha panorámica histórica dirixida polo pianista Alberto Conde, en colaboración con Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto, entre outros. A iniciativa, que levará a cabo a Big Band do Conservatorio Superior de Música da Coruña, presentouse na tarde de onte na cidade e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego. Todos eles felicitaron os artistas promotores e colaboradores do proxecto, que ofrece \"un diálogo entre a música e a literatura escrita en galego desde a lírica medieval até a poesía contemporánea\". Juan Ignacio Borrego recalcou, pola súa banda, que a cidade iniciará o mes das Letras con este concerto e reivindicou que o jazz \"se respira na cidade nos locais pequenos onde reside a esencia e nos grandes que lle dan envoltura\". A Big Band do Conservatorio Superior de Música herculino executa este espectáculo que, segundo os organizadores, \"repasa os imprescindíbeis da poesía galega desde o jazz e da man de artistas de primeiro nivel\". Figuras como a de Xela Arias, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano e cuxa familia tamén estivo na presentación deste proxecto; ademais do fotógrafo Xulio Gil, da poeta Ánxeles Penas e da cantante e compositora Carmen Rey."}
{"ID": "NOS_56825", "summary": "A Comisión non prevé prohibir o uso deste herbicida malia as restricións que reclaman o Parlamento europeo e as organizacións ecoloxistas.", "text": "O glifosato é o herbicida de maior produción mundial e o seu uso exténdese desde particulares e profesionais até as propias administracións públicas que regan con el a vía pública, os noiros das estradas e incluso monumentos históricos como a Muralla de Lugo, co obxectivo de impedir que medren herbas e arbustos. A Comisión non prohibirá o seu uso como reclamou o Parlamento europeo Trátase dun produto non selectivo de amplo espectro sobre o que a Organización Mundial da Saúde (OMS) alertou en 2015 dos seus potenciais prexuízos e catalogouno como A2-Probabelmente canceríxeno. De facto, un estudo elaborado pola revista The Lancet arredor de 5 produtos comerciais que conteñen este elemento químico reflicte unha \"evidencia limitada\" de que pode producir linfoma no-Hodgkin en seres humanos e probas \"convincentes\" de que pode causar cancro en animais de laboratorio. Así as cousas, a Axencia Europea de Productos Químicos (ECHA) e a Axencia Europea de Seguridade Alimentar (EFSA) non o consideran perigoso. O movemento ecoloxista europeo e mesmo algúns estados membros da UE reclamaron, neste senso, que se fagan públicos os informes nos que a ECHA baseou a súa opinión ao respeito. Algo que non foi posíbel polas presións da empresa propietaria do glifosato: Monsanto e a patronal fitosanitaria, que apela á propiedade intelectual sobre o químico para non divulgar información confidencial. O glifosato é propiedade de Monsanto. Actualmente comercialízano 24 corporacións e constitúe o herbicida de maior produción mundial A Comisión desoe a Eurocámara Neste contexto, a Comisión Europea debate a aprobación ou non do seu uso público e privado no marco da renovación da súa autorización. Países como Franza, Holanda e Italia amosáronse contrarios e o Parlamento europeo aprobou unha resolución --non vinculante-- coa que reclamou a súa aprobación \"só para usos profesionais\", afastándoo de espazos públicos como escolas e parques infantís, e por un período limitado de 7 anos, en troca dos 13 que prevía inicialmente o proxecto da Comisión. Porén, segundo o xornal británico The Guardian, a proposta que negocia a Comisión non introduce apenas mudanzas na súa idea orixinal nen ten en consideración a opinión maioritaria da Eurocámara, para alén de que se a ECHA cataloga como perigoso o produto, deberá prohibirse o seu uso. Franza abandeira a loita contra este químico Galiza Na Galiza, algunhas administracións locais declaráronse libres de glifosato nos últimos anos como o Concello de Ponteareas, o de Ferrol, A Coruña, Compostela e a Deputación de Pontevedra. Malia a todo o seu uso continúa a ser xeralizado na maior parte do país e por parte da Xunta. Fronte a isto, Francia tornouse na punta de lanza da ofensiva contra o glifosato através dunha normativa que prohibe a súa venda libre. Desde a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) reclaman que \"os concellos, deputacións e Xunta vaian por diante da Comisión Europea e deixen de usar este perigoso herbicida\"."}
{"ID": "NOS_50416", "summary": "Braga é das mais antigas cidades portuguesas. Fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, conta com mais de 2000 anos de História como cidade. No decurso do século II a.C., a região foi tomada pelos Romanos que edificaram a cidade no ano 16 a.C., com a designação de Bracara Augusta, em homenagem ao Imperador César Augusto. Compartiu, junto com Lucus Augusti, fundada em 25 a.C., a capitalidade da Gallaecia", "text": "Dum tempo a esta parte a cidade recria a sua fundação. Este ano, o evento que recria a fundação da cidade transcorre entre os dias 22 e 26 maio, não isento de polémica por ser deslocalizado para as artérias que eram delimitadas pela muralha romana e que, agora, acolhem grande parte dos museus. \"Trouxemos a Braga Romana para espaços onde havia mais dificuldade de trazer pessoas\", explica a vereadora da Cultura, Lídia Dias, convencida de que a mudança permitirá \"novas interações\" entre espaços museológicos, desde as termas romanas ao Museu D. Diogo de Sousa. Este último passa a acolher, por exemplo, o casamento e funeral romanos e o concílio dos deuses. Entre as alterações estão, também, as deslocalizações do acampamento militar para o Largo Paulo Orósio, em frente aos Bombeiros Voluntários, e da área pedagógica para o Largo de Santiago. O mercado, com 139 bancas, será distribuído pela rua Francisco Sanches, Largo de S. João do Souto, rua de S. João, Rua do Forno, Rua de Nossa Senhora do Leite, Rua Gonçalo Pereira. Já a Praça da Alimentação mantém-se nas Carvalheiras e no Largo de S. Paulo. \"Há uma preocupação em mostrar o património romano e as instituições que todo o ano estão abertas\", elucida Lídia Dias, adiantando que estão preparadas 11 visitas guiadas e 10 visitas encenadas durante os cinco dias do evento. Ao todo, a Braga Romana prevê 200 atuações em palco e 80 atividades pedagógicas. Pelas ruas, a qualquer hora, os visitantes podem, ainda, ser surpreendidos por figuras do imaginário romano. A Associação Comercial de Braga desafiou, também, os empresários da restauração a participar no evento e, em resultado disso, 26 restaurantes vão disponibilizar um menu romano, que podem custar entre cinco e 30 euros por pessoa. A expectativa é que sejam vendidos 5000 menus. fonte: jn.pt + elaboração própria"}
{"ID": "NOS_37905", "summary": "Máis de 2.000 casos de fraude no século XXI. As últimas sentenzas dos macroxuízos no Estado español deixan un claro aviso: é peor delito desafiar democraticamente a unidade de España que desviar cartos do público para o enriquecemento propio. Eis un estrato da peza publicada no número 374 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "M áis de 100 anos de cadea afrontan as políticas e políticos independentistas de Catalunya coa sentenza do Procés ditada polo Tribunal Supremo. Pola contra, e pese a rexistrárense máis de 2.000 casos de corrupción política no Estado español desde que comezou o século XXI, as condenas a quen desviou caudais públicos para o beneficio privado son ben diferentes. Unha ollada ás últimas sentenzas dos casos máis soados de corrupción exemplifican que roubar sae máis barato que tentar superar a Carta Magna pola vía democrática. Campeón ou Pokemon son algunhas das tramas político‑empresariais que se desenvolveron na Galiza. Mais alén da nosa nación tamén afloran multitude de casos. PSOE e PP son os partidos que máis acusacións cargan ás súas costas. Porén, a última sentenza feita pública, a dos ERE de Andalucía, non erosionou Pedro Sánchez da mesma maneira que si o fixo a trama Gürtel sobre Mariano Raxoi. A pesar das peticións de demisión efectuadas desde a dereita ao presidente do Goberno central en funcións pola condena dos ERE a altos cargos do PSOE de Andalucía, na opinión pública callou máis a concepción de que a culpa se atopa no 'antigo PSOE', sob o suposto de que este non garda unha relación directa coa actual organización de Sánchez. Quizais axude nesta percepción social a pugna que o actual presidente do Estado escenificou coa antiga dirección do PSOE e coa líder andaluza Susana Díaz, con quen competiu nas primarias á secretaría xeral após ser destituído pola 'vella garda' ao negarse a facilitar a investidura de Raxoi como presidente do Goberno central. Moi diferente foi o que a sentenza da Gürtel deparou precisamente a Raxoi, xa que derivou na moción de censura e na súa demisión á fronte do partido. O PP foi con esta sentenza a primeira formación política que estando en Goberno foi condenada por corrupción. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 374 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_28848", "summary": "O Deportivo afástase dos postos de descenso após vencer en casa ao Athletic (1-0) namentres que o Celta supera os 600 minutos sen anotar e caeu en Sevilla pola mínima a pesar de fases de bo xogo.", "text": "Resultados dispares para Celta e Deportivo no seu regreso á Liga após o parón de Nadal. Os celestes sumaron unha nova derrota e seguen costa abaixo namentres o Dépor volveu superar un encontro decisivo e obtivo unha importante vitoria en Riazor. En Sevilla, o Celta teimou na súa falta de acerto ante a meta contraria e alcanzou os 666 minutos sen marcar, cifra diabólica que semella remontar a unha especie de maldición desde o histórico tanto en Barcelona de Larrivey, agora sancionado. Caeu no Pizjuán o Celta ante o conxunto de Emery por 1-0 tras un gol de Nico Pareja para os locais e nun choque marcado pola polémica e posibelmente inxusta expulsión de Planas logo dunha entrada ao vigués Denís Suárez. Malia a inferioridade, os celestes tiveron fases de intensidade e bo fútbol, pero a falta de gol volveu deixalos sen sumar e nunha xeira complicada. Pola súa parte, na Coruña o adestrador Víctor Fernández volveu amosarse como un experto en superar bólas de partido, posto que a súa continuidade dependía de vencer ao Athletic e como xa fixo en anteriores ocasións -como contra o Valencia- obtivo un importante triunfo que ademais afasta aos branquiazuis dos postos de descenso. Un tanto de Cavaleiro á media hora logo dun pase dun moi activo Álex Bergantiños chegou para que os coruñeses derrotasen pola mínima aos vascos, que botaron de menos ao seu goleador Aduriz. Con este relevante gol o atacante portugués comeza a destacarse como unha das estrelas da tempada branquiazul. No estadio, ademais, volveu a polémica social posto que os Riazor Blues -que regresaban á súa ubicación- decidiron abandonar o recinto logo de que foran expulsados tres dos seus membros pola policía e despois de protestar simbolicamente de costas durante o arrinque do encontro."}
{"ID": "NOS_10290", "summary": "México ofreceu asilo ao presidente Evo Morales en novembro de 2019, cando se produciu o golpe de Estado que sacou do poder o presidente electo.", "text": "O secretario de Relacións Exteriores de México, Marcelo Ebrard, responsabilizou a Organización de Estados Americanos (OEA) como principal promotora do golpe de Estado en Bolivia en novembro de 2019. Así o expresou Ebrad durante a presentación do libro Evo, operación rescate, no cal o mexicano recordou as peripecias do traslado do derrocado mandatario boliviano e a súa chegada a México. Ebrard reiterou que o centro da política exterior de México é a defensa da democracia e asegurou que os golpes de Estado non se permitirán na rexión de América Latina e o Caribe. \"Aquí o interesante é que o principal promotor e participante neste golpe é a Organización de Estados Americanos e non imos a un rescate para a defensa de alguén afín ideoloxicamente, senón que imos defender Evo e o proceso democrático en Bolivia\". O libro foi preparado polo consultor político e académico Alfredo Serrano, e presentado no Instituto Matías Romero, da capital mexicana. As motivacións do rescate a Evo Morales No acto, Ebrard profundou en relación coas motivacións do rescate: \"Tamén nos deixa unha gran lección, penso eu, para toda América Latina e o Caribe: ten que haber un límite, é dicir, non se pode, en nome de calquera argumento que poida ser relevante, promover golpes de Estado\". Evo Morales agradeceu a través das redes sociais non só a presentación do texto, senón o propio rescate en 2019. Morales, que resultara gañador nas eleccións presidenciais e foi derrocado pola oposición baseado nun informe da OEA, chegou a México como asilado político xunto cos seus colaboradores."}
{"ID": "PRAZA_9434", "summary": "Moncha Fuentes presenta 'O mar que nos leva' (Xerais), unha narración compacta e fluída dunha muller que olla para atrás e indaga nos seus estados emocionais ao tempo que conduce ao lector pola historia recente do país", "text": "Moncha Fuentes presenta 'O mar que nos leva' (Xerais), unha narración compacta e fluída dunha muller que olla para atrás e indaga nos seus estados emocionais ao tempo que conduce ao lector pola historia recente do paísUnha muller que se atopa nun momento moi complicado olla para atrás. A súa vida transcorre, capítulo a capítulo, nun relato sen apenas puntos que, ao tempo que indaga nos seus estados emocionais, conduce ao lector por importantes acontecementos da historia do país, desde a emigración dos anos 30 até as loitas estudantís do 68 ou o movemento obreiro -e a súa represión- nos últimos anos do franquismo. De fondo, a complexidade das relacións familiares ou a maneira na que cadaquén enfronta as etapas de crise. Na tona, unha narración tan compacta como fluída que descobre unha nova autora con moito -e bo- que contar. Así é 'O mar que nos leva' (Xerais), de Moncha Fuentes. Falamos con ela.Mariña, unha muller que se atopa nun momento moi difícil, olla para atrás, á súa vida, nesta novela. Como xorde a personaxe de Mariña?Creo que xorde da necesidade de elaborar unha figura de ficción capaz de reflectir un determinado tipo de muller galega contemporánea, intimamente ligada á realidade social, e que me permitise apreixar literariamente diferentes espazos, momentos, acontecementos históricos e, sobre todo, un grande abano de estados emocionais. Mariña Brei, cuxa vida e identidade se van reconstruíndo diante dos ollos do lector a partir dese momento crítico co que dá comezo a novela, converteuse no vehículo idóneo para facelo.A novela está conformada por pequenos capítulos nos que non hai parágrafos nin case puntos. Supoño que é, en parte, un xeito de representar o caos do pensamento de Mariña -aínda que a historia está contada en terceira persoa, que alterna con relatos en primeira persoa de varios dos personaxes-, nun momento de crise. Por que decidiches escribila así?\"Na narración optei polo chamado estilo indirecto libre porque me permitía penetrar no interior máis fondo de Mariña sen necesidade de ser ela\"Na narración optei polo chamado estilo indirecto libre porque me permitía penetrar no interior máis fondo de Mariña sen necesidade de ser ela, mentres desenvolvía esa especie de monólogo interior no que está completamente asolagada. Ao mesmo tempo, podía variar o punto de vista introducindo as distintas voces narrativas das outras personaxes que a van acompañando no seu periplo vital.Con respecto á ausencia de parágrafos e á escaseza de puntos, creo que veu determinada, como ti moi ben dis, polo propio estado emocional da personaxe central e polo ritmo envolvente que pretendín darlle ao relato.Mariña ten un pai machista -e moi frustrado e degradado- que se considera superior á súa muller. Mais ela mesma, que loita pola igualdade, agarda un home que a protexa e coide… ao mesmo tempo que se afasta da imaxe das mulleres como seres \"etéreos, lánguidos, misteriosos, estupidamente becquerianos, coma, no fondo, desexaban todos os seus colegas de xeración\". É como se representase, nese sentido, as contradicións dunha xeración que espertou ao feminismo nunha sociedade aínda moi machista. De que maneira está isto presente na personaxe de Mariña e que importancia ten no libro?Mariña non é efectivamente unha personaxe monolítica. É filla do momento que lle toca vivir e, polo tanto, debe arrostrar as súas propias contradicións. Agora ben, creo que ela é consciente diso e trata, a súa maneira, de vencelas. A min interesábame facelas patentes na novela non só porque considero que esas contradicións existiron, foron reais e afectaron ás primeiras xeracións de mulleres que se comprometeron na loita feminista, senón porque creo que continuaron existindo durante demasiado tempo.Polo que se refire á relación entre seu pai e súa nai, penso que ademais de estar marcada polo machismo paterno, está marcada tamén por unha relación de clase que parece non existir pero que emerxe descaradamente ao abeiro do alcohol.En relación co anterior, na novela está moi presente a familia e todas as ambigüidades, sentimentos encontrados e tamén violencias que entraña a relación con ela. Por veces, parece que o obxectivo da novela é ese: desentrañar a complexidade, e as contradicións, das relacións nas que media o afecto. Cal era, para ti, o obxectivo deste libro?\"Poucas cousas xeran máis benestar pero tamén máis desacougo e dor que as relacións familiares\"Poucas cousas xeran máis benestar pero tamén máis desacougo e dor que as relacións familiares. Pero ás familias sucédelles o mesmo cás persoas: non están illadas, non penden do ar ou dunha nube. As familias teñen historia, pasado, están insertas nun contexto social e por iso poden ser moi diferentes. En calquera caso, desentrañar ese nobelo complicado, cheo de sentimentos encontrados e de relacións moitas veces nocivas que se producen no medio familiar, formaba parte da intención novelística.Nese sentido, a avoa Elisa é tamén un pouco vítima de si mesma: do seu clasismo, da súa tendencia á chantaxe emocional, da súa idealización do fillo que non está... Só esta personaxe -unha labrega pobre e beata ascendida socialmente vía matrimonial- podería dar para un libro enteiro. En que sentido é, iso, vítima dunha educación e dun tempo?Diría que avoa Elisa máis que vítima é un produto do seu tempo, pero tamén é verdade que, nun momento determinado, é consciente do camiño que quere tomar e non manifesta dúbida ningunha ao respecto. Dá a sensación de que nin os seus prexuízos de clase, nin a mentira filial na que está instalada, nin as enormes contradicións sobre as que edificou a súa vida, poidan abanear a súa ríxida estrutura.A avoa Amalia ten unha historia de emigración a Arxentina, acompañada dunha volta a unha España que está aínda no peor tempo do franquismo. En Arxentina ten relación con varios personaxes republicanos, algún moi importante. Que tipo de historia -de todas as posibles- da emigración (dos anos 30) quixeches contar?\"Quería falar da emigración que desde un principio e sen fisuras apoiou a causa da República\"Paréceme moi acertado iso de que digas\"de todas as posibles\", ao falar da historia da emigración, porque os galegos temos unha verdadeira epopea ao respecto, eu diría que case unha por familia. Neste caso, quería falar da emigración que desde un principio e sen fisuras apoiou a causa da República e que recibiu con auténtica devoción a Castelao. A interesante figura histórica de don Manuel Ponte pareceume idónea porque reunía moitas das características que pretendía amosar.O libro está cheo de detalles, na descrición dos personaxes, dos espazos… As pequenas mencións a moitos personaxes reais: John Balan, Beiras como xoven profesor de Económicas, o cura Benito… reforzan a verosimilitude dunha especie de retrato dun tempo: as loitas estudantís do 68, os últimos anos do franquismo -as loitas obreiras- e os primeiros da democracia. De que maneira quixeches retratar ese tempo, con que obxectivos? (Non é un libro de Historia, pero conta moitas cousas).\"Escollín algúns momentos do 68 estudantil ou do Vigo do 72 porque os sentía máis próximos e pola súa relevancia no devir do noso país\"Verás, a miña intención non é, en absoluto, facer novela histórica. Agora ben, é certo que lle dou un enorme valor á Historia e, sobre todo, á Memoria e que, como autora, a psicoloxía dos personaxes non me interesa nada se non está inserta nun determinado contexto socio-político. Seguramente é por iso que lle concedo tanta importancia ás referencias reais dos momentos históricos que aparecen na novela.Escollín algúns momentos do 68 estudantil ou do Vigo do 72 porque os sentía máis próximos e pola súa relevancia no devir do noso país. O que intentei foi apreixar literariamente eses momentos a través das vivencias, das reflexións e do estado emocional dunhas personaxes de ficción.Nun momento, Paulo, o compañeiro de Mariña, comenta que quizais o Santiago estudantil do tardo franquismo non dera verdadeiros revolucionarios, pero si, polo menos, ateos. A reflexión de Paulo é unha reflexión túa?Creo que sería excesivamente pretensioso pola miña parte atribuírme unha reflexión que seguramente lin nalgún sitio ou se cadra lle escoitei a algunha amiga, pero estou case segura de que moitos e moitas compañeiras da xeración de Paulo e tamén da de Mariña a comparten plenamente.Fala tamén Paulo, dun momento, nese tempo, de auténtico terror na Universidade, con xuízos no TOP. Sobre a militancia política dese tempo, pareceume que o teu relato tiña unha certa intención desmitificadora: a historia do concerto de Raimon, por exemplo. Quixeches, dalgunha maneira, lembrar aspectos da loita antifranquista deses anos que se cadra non son abondos coñecidos? (Por exemplo, a folga de Vigo do 1972).\"Por riba do medo e das consecuencias dramáticas que tivo para moitos estudantes, estaban o entusiasmo, a esperanza e unha confianza case cega en que as cousas podían cambiar\"No que respecta á miña intención, nela non estaba desmitificar a militancia política, máis ben ao contrario. Como xa comentei, debuxar na novela algúns momentos dese movemento estudantil indican a importancia que lle concedo. Non obstante, tamén quixen evidenciar que, por riba do medo e das consecuencias dramáticas que tivo para moitos estudantes, estaban o entusiasmo, a esperanza e unha confianza case cega en que as cousas podían cambiar.Hai outra reflexión que podería ser túa, que é a da actitude de moitos militantes antifranquistas españois que, baixo un discurso de corrección e tolerancia, desprezaban o galego por consideralo unha sorte de capricho de xente paleta e atrasada. É algo que ti mesma viviches, quizais?\"É como se, ao chegar á cuestión da lingua, de súpeto, se erguese un valado infranqueable que lles impedise ver que falar e escribir en galego é algo tan natural para nós como para eles facelo en castelán\"Nese caso, si teño experimentado, máis dunha vez, algunha situación semellante que me levou a esa reflexión. É como se, ao chegar á cuestión da lingua, de súpeto, se erguese un valado infranqueable que lles impedise ver que falar e escribir en galego é algo tan natural para nós como para eles facelo en castelán. E efectivamente percibín que, no fondo, considerábano un capricho, unha rebeldía infantil ou un resto de romanticismo condenado ao fracaso.Mens, Pontevedra e, sobre todo, Vigo. Os territorios son moi importantes nesta novela. Por que? Por que escolliches estes tres?Todas as personaxes da novela son fillas dun tempo pero tamén dun espazo, de aí que o territorio teña unha marcada presenza e ademais significados múltiples. Todos eles son territorios xeográficos pero son tamén territorios emocionais e son territorios literarios. Paréceme que intentar aprehender literariamente eses espazos responde a un desexo de querer cristalizalos ou detelos no tempo. A presenza de Vigo foi inevitable. É o lugar no que vivo desde hai corenta anos, así que, en certa forma, é tamén o meu pequeno homenaxe á cidade que me acolleu."}
{"ID": "NOS_33372", "summary": "Esta fin de semana naceu Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale. Ernai xurde após cinco meses de debates en 180 vilas e bairros nos que tomaron parte máis de 2.500 moz@s", "text": "O frontón Remontival de Lizarra ficou pequeno para acoller os centos de moz@s procedentes de diversas vilas e cidades de Euskal Herria que se citaron nesta localidade navarra para asistir ao acto constitucional de Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale, que recolle o testemuño das desaparecidas Jarrai, Segi ou Haika. Ernai (palabra vasca que fai referenza a estar atento e ser vivo) xorde após máis de cinco meses de debates e asembleas en 180 vilas e bairros de Euskal Herria, un proceso no que tomaron parte máis de 2.500 mozos e mozas. \"Disposición para a loita\" Ernai constituiuse formalmente mais aínda non conta cunha dirección elexida, polo que son vari@s moz@s que participaron no proceso os que están a coordenar os seguintes pasos. No acto de Lizarra explicouse que esta nova organziación nace cunha \"clara disposición para a loita, a construción nacional e activación da mocidade e de dar pasos cara á solución do conflito\". \"A nosa maior tarefa será poñer en práctica a soberanía partindo da problemática da mocidade, coa construción nacional como principio crearemos novos modelos de vida\". Para Ernai, a xuventude vasca só pode agardar \"miseria dos Estados español e francés\". Fronte a iso, chaman aos e ás mozas de Euskal Herria a \"construír novos modelos de vida\" nos que estean presentes o euskera, o feminismo, o internacionalismo,o ambientalismo ou a aposta por outro modelo de desenvolvemento. E a celebrar o parto: Gazte Danbada Gazte Danbada será o festival que celebre o nacimiento da nova organización xuvenil que se está a xestar mediante o proceso Zukgua. Un festival que terá lugar desde o 29 de marzo até o 1 de abril. Haberá palestras de debate, obradoiros, coloquios, teatro, animación de rúa e concertos. A cita será en Urduña, unha pequena vila de Bizkaia de pouco máis de 4.000 habitantes."}
{"ID": "NOS_28121", "summary": "O gasto das campañas electorais do PP en Madrid baixo o liderado de Esperanza Aguirre \"excedían o límite máximo permitido pola lei\", asegurou o ex tesoureiro popular Luis Bárcenas ante o xuíz, a quen relatou un suposto 'modus operandi' para o lavado de cartos procedentes de donativos entre o PP madrileño e o estatal.", "text": "O ex tesoureiro do Partido Popular (PP), Luis Bárcenas, declarou ante o xuíz que instrúe o caso 'Púnica' que o PP da Comunidade de Madrid entregaba os donativos que recibía en efectivo ao PP estatal, e que este posteriormente realizaba unha transferencia de volta á organización madrileña. Apuntou así unha operación de lavado de cartos que chegaba en forma de donativos en efectivo. Este testemuño de Bárcenas, efectuado o pasado 24 de febreiro e que non transcendeu esta sexta feira, 5 de marzo, sinala que a razón deste traspaso de donativos entre a estrutura rexional do partido e a estatal débese a que determinados conceptos non podían ser aboados en efectivo e querían que o diñeiro se reflectise nas contas tanto bancarias como contábeis da sede rexional. \"A sede central do partido quedaba con eses donativos e facíalle unha transferencia desde os fondos oficiais da sede central á sede rexional. Por que? Porque non podían pagar determinados conceptos con diñeiro en efectivo e querían que o diñeiro se reflectise nas contas tanto bancarias como contábeis da sede rexional do partido. Recibíanse cantidades importantes\", sinalou o ex tesoureiro ante o maxistrado Manuel García-Castellón. Noutro momento da declaración engade que as campañas electorais do PP de Madrid -á fronte do que estivo Esperanza Aguirre de 2004 a 2016- supuñan un gasto electoral superior ao límite máximo permitido pola lei. A comparecencia de Bárcenas estendeuse o 24 de febreiro durante máis de dúas horas, e sinalou que entre 2007 e 2008 entregou xunto ao tamén ex tesoureiro do partido Álvaro Lapuerta -xa falecido- á entón presidenta da Comunidade de Madrid e líder do PP rexional, Esperanza Aguirre, un sobre con 60.000 euros que recibiran da construtora Ploder. A declaración produciuse despois de hai unhas semanas ter entregado un escrito ante a Fiscalía Anticorrupción en que se mostraba disposto a colaborar tanto na peza relativa ás comisións finalistas que se segue no Xulgado Central de Instrución número 5 como na macrocausa Púnica."}
{"ID": "NOS_52257", "summary": "A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vai poñer en marcha un banco dixital de boas prácticas culturais, que vai financiar a Deputación da Coruña. Cóntanos que demo é iso o seu presidente, Alberte García.", "text": "Alberte García, presidente da AGPXC, explícanos que consistirá nun repositorio web no que se identifican e se achega información e contidos de toda unha serie de experiencias culturais de interese desenvolvidas en Galiza ademais doutras de lugares próximos. Todo isto concretarase nunha web chamada 'Boas prácticas en xestión cultural' que verá a luz despois do verán, grazas ao financiamento da Deputación da Coruña. Algúns exemplos de proxectos \"referenciais\", segundo Alberto García: o Festival de Cans, o Fálame de San Sadurniño, o Festival Sinsal ou o FIOT de Carballo. \"Quere ser un escaparate para dar a coñecer o moito e bo que se fai aquí no sector da xestión cultural, cun dobre obxectivo: coñecernos nós mesmos e darnos a coñecer fóra\", explica García, quen defende que unha ferramenta coma esta é importante \"tamén como autocoñecemento porque temos moitos referentes foráneos, pero aquí tamén se están a facer proxectos moi valorables. Toda a vida viñeron a ser cabeza de cartel os de fóra, e esta é unha profesión que hai que reivindicar, como todas\". E cita algúns exemplos de proxectos \"referenciais\", algúns deles premiados, como o Festival de Cans, o Fálame de San Sadurniño, o Festival Sinsal ou o FIOT de Carballo. Un proxecto \"de código aberto\" Cada un proxectos que se referenciarán na web incluirán tamén a metodoloxía, seguindo a filosofía 'open source': \"Queremos abrir o código, que a xente comparta os seus coñecementos e formas de facer para que poidamos aprender todos\", salienta o presidente da AGPXC, unha organización que está a facer un \"importante esforzo de artellamento da profesión\" en Galiza. Ligado ao banco dixital, tamén promoverán un selo de calidade para os proxectos que cumpran cuns determinados criterios, e organizarán visitas dos asociados aos eventos de referencia do país."}
{"ID": "PRAZA_9220", "summary": "O novo aspirante do PP monfortino presenta o seu compromiso como \"inalienable\" e \"transcendental\" tras a marcha da anterior candidata e presidenta local, afastada da candidatura pola dirección provincial. En Viveiro, os populares quedan con dous dos seus cinco edís iniciais tras dúas novas dimisións por discrepancias coa conformación da lista.", "text": "A apenas catro días de que a dirección galega do PP presente nun acto presidido por Feijóo as súas candidaturas para as municipais de maio, os populares de Lugo tentan apagar os dous incendios internos que arderon con intensidade nas últimas semanas. Un deles é o de Monforte, cuxo novo candidato á alcaldía, Miguel Lemos, se encomendou a Deus na súa presentación oficial para procurar reconducir a situación interna, marcada pola dimisión de quen ata agora foi a súa líder, a tamén deputada Julia Rodríguez.A tensión con Rodríguez non é nova. Remóntase a hai meses, cando transcendeu a intención da dirección provincial, que preside Elena Candia, de designar como candidato ao empresario Roberto Eireos, que renunciou apenas quince días despois de ser elixido, a mediados do pasado novembro -nos últimos días o PP de Pantón confirmou que continuará como edil nesoutro municipio-. O cisma culminou coa designación de Miguel Lemos por parte da dirección provincial contra o criterio do comité electoral monfortino, tras a cal Julia Rodríguez dimitiu como presidenta local.O novo candidato do PP de Monforte presenta o seu compromiso como \"inalienable\" e \"transcendental\" despois da dimisión da anterior candidata e presidenta local, Julia Rodríguez, afastada da candidatura pola dirección provincialLemos, que fora número 7 da lista do PP de Monforte nas municipais de 2015 -os conservadores obtiveron 5 representantes neses comicios- di agora lamentar que, \"tristemente\", na vida política \"abondan quen dividen\" mentres que \"eu, honestamente e humildemente, veño a unir\". Non ten, di, \"afán de liderado e mando\", só de \"servizo á comunidade\" e por iso acepta a \"encomenda\" de ser candidato e presidir a xestora do partido en Monforte ata as vindeiras eleccións.O seu compromiso, proclamou en presenza da líder provincial e do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, é \"inalienable\", tamén \"transcendental\". E por iso, \"coa axuda de Deus e de todos vós\", dixo ao público asistente, \"faremos posible un PP gañador\". Candia, pola súa banda, considero unha \"sorte\" contar con Lemos para a candidatura nunha localidade como Monforte, onde \"o PP é o partido que cita tras cita elixen os cidadáns\", asegura, se ben nas municipais de 2015 foi o terceiro partido en votos e non logra o goberno dende 2003.Sen candidatura e con só dous de cinco edís en ViveiroA dimisión de dous concelleiros en Viveiro súmase á doutra edil o pasado novembro, que marchou como protesta pola xestión da Xunta nos asolagamentos que afectaron á vilaA outra principal fronte aberta para a dirección provincial do PP de Lugo é Viveiro. Alí o pasado martes ratificaron a súa dimisión como concelleiros o ata agora presidente local, Antonio Bouza, e mais a edil Cristina Goás. Segundo fontes citadas polo xornal El Progreso, aínda que a razón oficial das dimisións son motivos \"persoais\", por tras do movemento están a discrepancias coa cúpula de Candia polo proceso de confección da lista para as eleccións de maio. Estas dimisións únense á asinada o pasado novembro pola concelleira María Jesús Vale, que quixo así expresar a súa discrepancia coa xestión que a Xunta fixo das inundacións que afectaron a Viveiro.Á espera de coñecer quen será a persoa que encabece a lista do PP de Viveiro, dos cinco membros do seu grupo municipal na vila elixidos en 2015 só quedan dous: Celestino García e o tamén deputado no Congreso Jaime de Olano, moi próximo á dirección de Pablo Casado. Así e todo, Elena Candia restaba o pasado martes importancia aos enfrontamentos internos e aseguraba que o PP presentará candidaturas en todos os concellos da provincia de Lugo e chamaba a poñer o foco nas xa ratificadas. Unha das últimas foi a do vilalbés Agustín Baamonde, que tras o regreso á vida municipal en 2016 optará a revalidar a alcaldía da capital da Terra Chá."}
{"ID": "NOS_39383", "summary": "BNG e PSdeG xa anunciaron o seu rexeitamento e a súa intención de rexistrar emendas de devolución.", "text": "O portavoz parlamentar do PPdeG, Pedro Puy, situou no pleno da semana que vén o debate que dará inicio á tramitación do proxecto de lei da Universidade Intercontinental da Empresa, a universidade privada impulsada por Abanca na que os populares ven \"unha boa noticia\". Trátase dunha norma que recibiu a luz verde do Goberno galego o pasado 18 de marzo e que agora principiará o seu percorrido no Parlamento, aínda que os dous grupos da oposición -BNG e PSdeG- xa anunciaron o seu rexeitamento e a súa intención de rexistrar emendas de devolución. Así, nunha rolda de prensa ofrecida esta segunda feira, o popular Pedro Puy avanzou que no pleno da semana que vén, á espera do que determine esta terza feira a xunta de portavoces, será o debate á totalidade desta lei que establecerá a primeira universidade privada de Galiza e que xerou rexeitamento da comunidade universitaria.. \"Non é unha mala noticia para Galiza, senón todo o contrario: hai unha entidade bancaria radicada en Galiza, que decide investir en educación superior en Galiza cumprindo a lei\", resumiu Puy, tras lembrar que é un proxecto que conta co visto e prace do Ministerio de Universidades, cuxo titular é Manuel Castells -nomeado a proposta de Unidas Podemos-. Porén, as tres universidades galegas amosaron a súa oposición a esta pretensión de Abanca. Os reitores rexeitan unha universidade privada na Galiza: \"Nin mellora nin complementa a pública\" Mesmo Consello Económico e Social emite informe negativo sobre o proxecto de universidade de Abanca O portavoz do PPdeG díxose \"sorprendido\" por que \"haxa quen se opoña que haxa investimentos en educación, que se poida atraer alumnos e a fixar, por tanto, unha institución que pagará salarios bos a persoas altamente cualificadas para impartir a docencia\"."}
{"ID": "NOS_51564", "summary": "'A guerra era contra nós' facíase en 2019 co Premio Lueiro Rei. O poemario de Carlos da Aira (Elgoibar, 1972) chega agora ás librarías editado por Xerais, cunha densa e frenética prosa lírica que reflexiona sobre a condición humana desde as estacións dun futuro inalcanzábel. Co sabor metálico da distopía, o autor narra en ton lendario todas esas batallas que atravesan o noso presente, nunha dimensión na que por veces os tempos se confunden. Da Aira vén tamén de gañar Ari[t]mar de poesía na categoría galega, con \"Nas noites de luar (Prender os fachos, compoñer os ósos)\".", "text": "Como obra gañadora do VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rei, vén de saír do prelo A guerra era contra nós, un poemario que Carlos da Aira asina desde o futuro. Así o revela explicitamente o epílogo, escrito após \"tres mil anos da fin da ultima guerra, cando soubemos que amar un irmán era odiar todos os soldados\", para ofrecer unha visión do mundo na anacronía desa distopía que nos deixa totalmente espidas no presente. Desde a consciencia dun espazo e un tempo que non se dará nunca, o autor asume a ambiciosa misión de explicar a humanidade. Este exercicio responde, en gran parte, a unha vontade de \"apropiarnos –que non apropiarme– dos esquemas de quen sempre mandou en nós\", afirma Da Aira. \"Tanto as lendas como os contos ou a Historia en maiúsculas sempre se contou desde o poder\", engade Da Aira \"Tanto as lendas como os contos ou a Historia en maiúsculas sempre se contou desde o poder\", engade, nunha retórica que el asume con pretensións subversivas. De tal maneira, ese esquema mitolóxico que lle outorgou polos séculos dos séculos ao relato dominante \"unha verdade absoluta\" reprodúceo A guerra era contra nós nun xogo que procura \"empregar as mesmas armas do poder para falar desde a poesía\". As múltiples faces Nesa denuncia, a guerra é unha entidade que adquire múltiples formas, que se libran de maneira simultánea en moitos eidos, cun denominador común: son \"todas contra nós\". Un \"nós\" co que Da Aira recolle conscientemente o sentir da clase obreira, e pobre, entrando de cheo nunha óptica que se entende desde a concepción da loita de clases. A violencia agroma na linguaxe como contraface que reborda todos os pregos da vida, cunha radicalidade que prende os ollos. O poemario constrúe así unha reflexión frenética desde as imaxes do cotián, que afondan sobre a condición humana, sobre as represións económicas e morais que atacan os corpos, nosos. \"O capitalismo é a primeira guerra que provoca mortes a diario, cada segundo\", afirma Da Aira. Por iso, \"a tarefa máis urxente é queimar a fábrica\", escribe \"O capitalismo é a primeira guerra que provoca mortes a diario, cada segundo\", afirma Da Aira. Por iso, \"a tarefa máis urxente é queimar a fábrica\", escribe, nun dos poemas que considera entre os seus predilectos, volvendo sobre un símbolo abondo recoñecíbel. \"Calquera persoa que lese a Marx, aínda que non comparta a súa visión ideolóxico-política, recoñece na fábrica un punto de alienación\", algo que foi tratado desde moitas facetas artísticas. Porén, do espazo industrial, a crítica trasládase ao traballo e a súa concepción, unha das cuestións que para o poeta máis precisa de ser repensada na historia da humanidade. \"A arma máis violenta\" Fronte a isto, érguese o amor como \"a arma máis violenta\", aprecia o poeta fundido na metáfora. \"Sempre nos inculcaron a idea de que a violencia, cando a exercemos nós, de abaixo cara a arriba, é terrorismo, mais se vén de arriba cara a abaixo é unha necesidade\", expresa. Emerxe así no libro a visión dos \"ollos do terror\" a través dos \"escudos de policarbonato\". \"O amor é a primeira arma que debemos coller para despois empregala dun modo práctico\", entende Da Aira. Porque \"sen amor non hai loita posíbel\", di, no ronsel de tantos bardos e poetas que cantaron esta mesma mensaxe, desde os eidos profundos do Courel de Novoneyra –\"a forza do noso amor non pode ser inútil\"– aos País Valencià de Vicent Andrés Estellés, co seu \"no podran res davant d'un poble / unit, alegre i combatiu\". \"Non facer a análise previa á guerra, non saber contra quen combates, é un dos problemas e unha das grandes batallas gañadas por parte do poder e das elites\", opina o poeta \"Non nos doe a dor\", senón \"sermos francotiradores choscos\", escribe Da Aira. \"Non facer a análise previa á guerra, non saber contra quen combates, é un dos problemas e unha das grandes batallas gañadas por parte do poder e das elites, seguindo nesta nomenclatura inexacta e metafórica\", opina. Algo que se lle fai especialmente evidente ante a inminencia das eleccións, desde a crenza de que \"a poesía e o poeta non poden, ou non deben, fuxir da realidade\". A partir da ollada dun suxeito poético colectivo, Da Aira emprega tamén unha escolla do xénero concreto segundo o poema, que ten a intención \"de dar voz a todos eles\", pois \"hoxe en día non se pode falar só en masculino\". Ademais, Da Aira considera \"unha aberración\" pensar a poesía só desde esa perspectiva. \"Hoxe en día non se pode falar só en masculino\", di Da Aira \"Eu falo desde min, pero tamén desde todas as mulleres que me habitaron no pasado\", explica, en referencia ás devanceiras. Todo isto é algo que asume sen \"apropiarse do xénero, sería un desastre que se vise como tal\". Igualmente, considera que o feminino se atopa en todos os homes, e \"quen non o ten é porque o agocha, o pisa ou o esmaga\". A chamada da oralidade Froito dun proceso longo e disperso de escrita, mais con consciencia de se tratar dunha unidade, A guerra era contra nós destacaba para o xurado polo \"admirábel dominio do poema en prosa\". A do autor é unha poesía apegada á verba oral, que incita case de maneira natural a lectura en voz alta, feito que enlaza coa vertente do slam ou do directo na que Da Aira sitúa as súas orixes. Isto é \"máis unha consecuencia que unha vontade\", reflexiona, pois a súa relación coa lírica foi durante moito tempo exclusivamente oral. Desde os seus inicios co Comando Esbardalle, pasando polo premio do Slam Poetry de Vigo, Da Aira é para alén do máis músico e observa con normalidade situarse ante o público. \"Todo o que escribo acaba saíndo como algo que necesita poder ser lido ou explicado ante unha audiencia, aínda que sexa hipotética ou imaxinada\", reflexiona \"Son bastante exhibicionista nese senso\", confesa, o que ten como resultado que \"todo o que escribo acaba saíndo como algo que necesita poder ser lido ou explicado ante unha audiencia, aínda que sexa hipotética ou imaxinada\". Con todo, segundo admite, se hai poemas que perden ao lelos, son os menos. Visión da natureza \"O segredo da árbore / é a incoherencia / ser o centro do universo / e existir tan só para dar froito á esgalla\". Estes versos dan conta do agromar dunha relación moi particular coa natureza, que se nutre con metáforas ou símiles da realidade cotiá do autor, quen ten o corazón partido entre o esoterismo das teorías de Gaia –a terra como ente vivo– e o materialismo, para o que esa maxia responde a unha visión apropiacionista da mente humana. Malia nacer na sociedade industrializada de Elgoibar (Euskal Herria), Da Aira criouse en contacto coa terra, mesmo cando só visitaba Allariz dúas veces ao ano. O natural ten para el moito que ofrecer, como aquilo no que \"nos podemos reflectir e a onde podemos volver para vivir dunha maneira digna, sa e moito máis apegada ás nosas raíces\". Un graffiti na colmea A guerra era contra nós é un texto ateigado de \"simulacros da fin do mundo\", mais que ousa, como describe o poema, \"pintar un graffiti na fachada da colmea\". Desde a crueza dun presente definido polas batallas, ese lume cruzado entre irmás, non esmorece o valor da propia poesía como axente de cambio. A guerra era contra nós é un texto ateigado de \"simulacros da fin do mundo\", mais que ousa, como describe o poema, \"pintar un graffiti na fachada da colmea\". E se ben rimar \"árbore con semáforo\" fai que as verbas se retorzan, Da Aira non renuncia coa contundencia suficiente a que \"o mundo mude só porque ti entoas en modo maior\". Pois axiña engade: \"non sería a primeira vez que o mundo muda por unha causa menor\". Nin será a última."}
{"ID": "NOS_21039", "summary": "Halloween, o novo Entroido outonal arredor da morte, incorpora ritos consumistas de iniciación para esconxurala e engade ao medo doses cinematográficas de agresividade. Pese a que a nosa conmemoración da Morte, a galega, a que ten raiceira celta e coa que damos a benvida ao tempo escuro, recibe o nome de tempo dos defuntos, de mortos, como o de magostos, o seguidismo acultural enfrontarase a unha tradición que non traizoa.", "text": "A Igrexa soubo cristianizar os antigos ritos de pasaxe que van do tempo soleado ao escuro, ao outono, neses días nos que penduran nas árbores murchas as mazás douradas e vermellas, cando caen e abren os ourizos dos castiñeiros e ruborizan no verde os morodos e as boliñas do espiñento acivro ou cando sobre as agras avultan en vivas cores as cabazas... Fin das colleitas, remate do ciclo agrario e tempo para celebrar as sementes. E a Igrexa fíxoo contrastando alegorías coa morte, dando sitio a todos os Santos e Feles Defuntos da Corte Celestial, nomes e lembranzas que van esvaecendo até quedaren perdidos nos labirintos do Trasmundo. Lembro a miña avoa quedar durmida rezando polo papa tal ladaíña interminábel, entre a que tamén estaba un \"polos defuntos dos que xa se perdeu memoria\". Asuntos comúns que se perden nas orixes das civilizacións, fitos para celebrar os cambios estacionais en relación ao ciclo agrario e gandeiro. Vida, en definitiva. Momentos nos que dar oportunidade á memoria, á historia... e faise para evolucionar na intelixencia e na cultura. A entrada en novembro é moi festexada nas fisterras do occidente atlántico \"November\", novembro recibe o nome do noveno e penúltimo mes do antigo calendario romano, o que se encetaba en marzo co primaveral Entroido. Novembro será o mes dedicado aos Defuntos, tempo que no zodíaco e nas mitoloxías clásicas se reparten Escorpio e Saxitario, auga e lume, Marte e Xúpiter. E esas cousas tamén prenden e bordan unha cultura, como a galega con herdos máis antigos, celtas, gregos, fenicios... A orixinal versión celta-irlandesa do 'Samhaim' A entrada en novembro é moi festexada nas fisterras do occidente atlántico, confíns de verdes castros con tantas raiceiras célticas que a Igrexa fará súas. E máis aínda desde que os románticos do século XIX, como o interlocutor coas forzas telúricas, poeta, dramaturgo e coñecedor dos mitos e das lendas irlandesas, o dublinés, inspirador do Renacemento Celta, Willian Butler Yeats, quen pescuda en teosofías arredor da ultratumba para reincorporar ao seu teatro o Samhaim (a reunión de vivos e mortos ao cabo do tempo soleado). O Samhaim é a celebración da noite do fin de outubro ao 1 de novembro, cando os deuses gaélicos Dagda e a deusa dos fantasmas Morrigain casan. O nome galego deste tempo, aLÉN de ser o de Defuntos, compleméntase co de Magosto O Samhaim, levado polos colonos irlandeses e bretóns ás américas, acabou por se converter nun Halloween (\"Hallow's Eve\", vixilia de Todos os Santos) até mudar cara a un Entroido temático.Festa de orixe céltico, Samhaim, así en gaélico como para dar azos á irmandade na identidade céltica con Eirín. Pero o nome galego deste tempo, a máis de ser o de Defuntos, compleméntase co de magosto. Incluso na Galiza con máis argumentos arqueolóxicos e tradicións, como xa anunciaban os románticos precursores, desde Sarmiento e Cornide a Vicetto e Murguía... e logo co Modernismo Cuevillas e Risco, entre tantos estudosos que ao falar de afinidades panceltistas, teñen a prudencia de non enxertar na Galiza o nome gaélico de Samhaim ou Samaín. Se ben esta estremeira do cabo do Vello Mundo gardou as esencias propias, iso si, cristianizadas, cubertas de animismo panteísmo, arredor de fogueiras, cabazas, castaña e viño novo. Sempre nas festas célticas, tan de herdos orientais, e máis nas que están en relación cos equinoccios e os solsticios, a presenza dos catro elementos, terra, auga, aire e sobre todo o lume que é luz, quentura... estarán presentes como parte cosmogónica da cuadratura do círculo. Agora cunha convocatoria moi diferente arredor da inspiración da sangue, marcada por asasinos, dráculas, frankesteins e todo ese terror avivado pola cinematografía gore. Entre escenografías de arañeiras, mortallas de tul, motoserras, sons e acenos agresivos, nenos que chaman á porta cunha chantaxe tipo \"bolsa ou vida\", un \"Truco ou trato\" o \"Trick or Treating\", proba dun maxín secuestrado.Desvaríos da vella festa e da que perderon a orixinal concordia, o pacto entre un e outro mundo, o dos vivos co dos mortos, os que representamos de branco e de luz, como as señas, as compañas, a estantigua, as mouras, as xianas... todo ese repertorio de espíritos conselleiros. Proba da aculturación, de que consolidamos un ambiente de submisión, acrítico, de descoñecemento da identidade para caer no seguidismo comercial, na colonización. Cómpre o criterio propio, colectivo de saber o que coller e o que refugar, a nosa achega á universalidade, o que mellorar, contra o que nos converte en manexábeis escravos. Castañas, cabazas... sementes de vida Novembro, \"Mes de Santos\" cristianizado entre os celtas galo e galegos como o \"Mes do San Martiño\". Tamén da castañeira, dese outono preferido, cantado e contado como ninguén por don Ramón de Trasalba, por revestirse de Barroco, entre contrastes, cando se abren as billas das cubas vellas para catar os viños novos, cando se botan a asar as castañas coa fin de espulgalas, comelas e emborrallarnos, cando comeza o ritual da matanza do porco. Mes que arranca coa oportunidade do encontro entre a parroquia dos vivos e a parroquia dos mortos: tempo da visita ao camposanto, de grandes feiras. Días máis celebrados no que foi o territorio da Gallaecia celta e romanizada, a asturicense, bracarense, lucense, e farase co mesmo nome ou co de Magusto, que quere dicir como o \"magnus ustus\", a gran fogueira, con tanto que ver con \"magos\" e \"meigas\". 11 días do \"pequeno verán do San Martiño\", propicios a reunións para asar as castañas e probar os viniños novos. Con gran fogueira e reunión final o día 11, por algo dedicado ao San Martiño de Tours con reliquias traídas no século VI polo seu paisano da Panonia (Hungría) Martiño de Dume para ser veneradas en Ourense do que se fai padroeiro. Precisamente o Martiño Dume ou de Braga é o radical cristianizador, encargado de anatemizar os cultos pagáns de herdo celta, o druidismo vivo que no século IV caracterizaba a doutrina do bispo galaico Prisciliano. Iso si, celebramos os Santos e Defuntos, pero tamén imos ao monte, aos lugares de penedas xuntarnos, facer fogueiras, reunir frouma, danzar arredor do lume, asar e xantar castañas como quen redime un almiña do Purgatorio, logo emborrallarse a faciana, improvisando máscaras e \"invadir\" a urbe civilizada. Encontro dos vivos coa parroquia dos mortos Día de Santos e Defuntos que foron festivos, nos que ir ao camposanto, visitar a parroquia dos mortos, lavar tumbas como quen lava desmemoria, pór sobre as campas ramallos de verde esperanza e flores de cor, luces onde hai a escuridade... Días que quedan na memoria das crianzas: ringleiras de familias con ramo, estrada do camposanto abaixo e arriba... Sempre chamou a atención a devoción aos defuntos que teñen as familias xitanas, as que, entre cirios, xantar, cantos e oracións pasan a noite afianzando a tribo dos vivos cos seus mortos. Tradicións semellantes ás que se levaron e quedaron nos cemiterios de Hispanoamérica, o Día dos Mortos. Na medianoite de Santos, as campás da parroquial tanxían con ese seu ton aínda máis nostálxico. Sons que se cravan na alma, cultura das campás, tan protexida no mundo civilizado e que semella molestar hoxe. Noite na que a Igrexa estaba aberta, no centro o catafalco fúnebre, de loito e grosos cirios a cada banda. O Día de Defuntos, pola mañá, como nunha obriga, íase novamente ao cemiterio, buscar un crego entre as sepulturas, non daban feito os das estolas a solicitarlle responsos, de peseta, de peso... pola alma das persoas cos cantos nasais dos latíns. Golpes de hisopo e caldereta, e as moedas que caian na bolsa de veludo bordada con anagramas relixiosos. Seino ben, pois fun neno acólito en funcións como aquelas nas que se facían boas propinas. E por alí, entre vivos e defuntos algún neniño, seguindo unha antiga tradición, paseábase sobre as campas cargado de colares, restras de castañas ensarilladas: o neno e as sementes de futuro choutando sobre o campo da morte. A cousa era inspiradora, ben pintoresca e literaria. E pola tarde, facer magostos, e os seguintes domingos até o 11, tamén e máis celebrado o último día como \"Día dos Magostos\". Período no que os nenos baleiraban as cabazas, a labralas, a facer colares de zonchos, de castañas ensarilladas, doas que eran como almiñas pendentes de redimir... Dicíase que cada unha que se ensarillaba era unha lembranza no Purgatorio e cada unha que se tomaba era un alma en pena liberada. Sementes ao fin e ao cabo que se asociaban coa morte e coa resurrección... Toda unha teoría ou parábola de esperanza. Halloween cabazas que imitan caliveras O que si se renova agora, por imitación do Halloween americano, é o baleirar cabazas, esculturalas imitando caliveras, co cirio dentro, para polas e alampear na noite sobre os chanzos, nos camiños que levaban ao camposanto... Tradición avivada desde a aura céltica de Ortigueira, alá por 1989 e máis nos abrir do século XXI polo mestre cedeirense Rafael López Loureiro, bo coñecedor de tradicións galegas, celtas e ibéricas e de habilidades manuais, autor primeiro de As caliveras de Melón, Samaín: festa das caliveras. Festa e nome gaélico avivado inicialmente coa colaboración da agrupación cultural Chirlateira, agora rola como achega irlandesa ao magosto galego. Cabazas labradas, herdanza das cabezas, tetes coupes celtas, que na cultura agraria son niños de pebidas, de sementes... formas esféricas, bolas que no tempo do Nadal, en materiais diversos, pasarán a complementar á árbore do Nadal, símbolo de vida. E aínda máis, ao xantar a sobremesa para alegrar a vida: azucrados ou con mel, os ósos de santo, os boliños preñados do espírito do vento, xemas, cabelos de anxo, repostería sacra pasada polo forno, sobre a Morte, entre a Terra e o Ceo."}
{"ID": "NOS_5963", "summary": "Unha vez máis un proxecto mineiro convulsiona o noso país, a antiga mina de cobre en Touro é de novo punto de mira dunha multinacional que busca en Galicia un beneficio alto, claro e rápido, como si estivésemos no século XIX. Trátase de obter unha materia prima codiciada no mercado mundial, o cobre, e pretenden transportalo e transformalo lonxe de aquí, explotando a mina o tempo mínimo imprescindíbel -de 14 a 16 anos-, o que lles permitirá obter case medio millón de toneladas de cobre.", "text": "Creará uns poucos postos de traballo temporais, e unha inxustificábel expropiación de terras agrícolas e forestais. Perforará a terra en dez grandes ocos, algún terá mais de 200 metros de profundidade. Provocará unha nova e gran contaminación química que se vehiculizará na conca do Ulla en dirección ás Rías, amais de contaminación do aire, afección á rede fluvial, afeccións a pozos de abastecemento de auga das aldeas próximas e ás zonas de dominio publico hidráulico. Necesitará auga en abundancia dado o seu alto consumo (máis de 2,2 Millóns de m3/ano) e serán imprescindíbeis grandes balsas ou presas de até 81 m de alto para os lodos e estériles, e máis unha balsa de emerxencia... e ao final -se non se desborda ou rompe algunha balsa de residuos como sucedeu en Aznalcóllar, cerca de Sevilla, no ano 1998 ou en Hungría no ano 2010- sempre quedará unha paisaxe lunar e, mesmo cos precedentes coñecidos, veremos na zona grandes buratos cheos de auga que agora chaman \"lagos artificiais\". Moitos pregúntanse onde está no proxecto a industria transformadora do cobre, que require menos inversión, sempre menos contaminante, que consome menos auga e que demanda máis postos de traballo permanentes, e tamén preguntan onde está o beneficio social que como país obtemos coa mina e cales son os custos sociais. Unha vez mais, temos á vista un proxecto dunha industria de rapina dun modelo industrial colonial, propio do século XIX, pero non de hoxe. Un proxecto contaminante e onde os custos sociais recaerán na nosa sociedade, no noso país, un proxecto do que temos bos exemplos na minería de anos atrás, antes explotou o ouro, ferro, chumbo e zinc, wolframio...na actualidade continúa co seixo da serra do Pico Sacro, magnesio das terras do Incio, caolín do norte de Lugo e A Coruña... sempre enriquecemos a outros. A historia repítese: os proxectos lixo obteñen abundantes materias primas, son exportadas e transfórmanse lonxe de nós, os grandes beneficios sempre para as multinacionais e a contaminación e degradación dos ecosistemas para nós. Vexamos a continuación en síntese quen é o interesado en explotar o cobre de Touro, que proxecto trae e algúns dos argumentos dos técnicos da Xunta ao analizar o proxecto. Quizá despois de ver estes tres apartados moitos se expliquen porque decenas de miles de persoas nos manifestamos en Santiago esta semana pasada nunha das maiores mobilizacións no país. O proxecto A multinacional chipriota Atalaya Mining que cotiza na Bolsa de Londres e está participada por un xigante suízo de materias primas -Trafigura- , unha empresa metalúrxica china -Yanggu Xiangguang Copper- e dous fondos de inversión -Liberty Metals and Mining e Orion Mining Finances- , realizou a finais do ano pasado unha ampliación de capital á que acudiron solícitos os catro principais accionistas co fin de inverter e ampliar a explotación actual de cobre de Riotinto en Huelva para chegar a producir 55.000 t de cobre/ano e á vez prepararse en plans de futuro con proxectos e inversións para extraer cobre en Touro-O Pino no ano 2022 e para extraer zinc en Cantabria. Creará uns poucos postos de traballo temporais, e unha inxustificábel expropiación de terras agrícolas e forestais Datos técnicos Atalaya Mining por medio de Atalaya Riotinto Minera a principios do 2017 alcanzou un acordo con Explotaciones Gallegas, empresa titular dos dereitos de explotación do terreno mineiro de Touro e presentou un proxecto como principal accionista baixo a denominación de Cobre San Rafael S.L. para extracción de cobre en mina a ceo aberto por perforacións e voaduras en bancos de traballo de 10 m de altura e tratamento in situ do material extraído. Ocuparía 689,65 hectáreas (ha) nos concellos de Touro e O Pino. Tería dez ocos ou frontes mineiros (seis cortas principais: Arinteiro, Vieiro, Monte das Minas, Arca, Bama e Brándelos e catro cortas satélites), ocos que ocuparían 150 ha, sendo dous deles de máis de 30 ha cada un e de 195 e 210 m de profundidade. Amais contaría con dúas grandes presas ou balsas para conter 74 Millóns de metros cúbicos de materiais, unha, a primeira, impermeabilizada para lodos e estériles da planta, tería 3,19 km de lonxitude pechada por un dique de 81m de altura ocupando unha superficie de 126 ha. Unha outra presa -ou depósito- con 2.806 m de lonxitude e 55 m de altura máxima, con entullos xeradores de drenaxe ácido. Esta formaríase a partir de dous ocos da explotación contiguos entre si (un deles de 35,8 has e 265 m de profundidade que ocuparía 95,1 ha) cunha capacidade de almacenaxe de entullos de 69 Millóns de toneladas. Figuran no proxecto outras construcións: balsa de emerxencia de 706 metros cadrados de superficie, oficinas, laboratorio, naves -talleres e almacéns- tres depósitos de gasoil (100 m3), aparcadoiro, entulleiras temporais de inertes, planta de tratamento de augas... Pretenden extraer 422.885 t de cobre ao longo de 14 anos e precisa un movemento de terras de 267,1 millóns de toneladas das que 102,7 millóns serán de mineral cunha media de 0,41% de cobre, e o material estéril será de 164,3 millóns de t. O ritmo diario de extracción será de case 22.000 t/ día. O consumo de auga alcanzará 2.250.000 m3/ano Os Informes técnicos sectoriais da Xunta 1.- Informe do Xefe de area de Sanidade Animal 13/09/2017. (Consellaría de Medio Rural) a).-Localización do proxecto. \"Trátase dunha zona especialmente gandeira, onde a realización de actividades mineiras pode repercutir negativamente na gandeiría\". b).- Terrenos. \"A expropiación de terrenos das granxas orixina perdas de superficie gandeira para produción de forraxes, aumentando os gastos de produción e comprometendo a viabilidade das granxas\". c).- Granxas. \"As explotacións próximas poden verse afectadas tanto no subministro como na calidade da auga da que se abastecen, ao producirse a destrución dos acuíferos que alimentan os pozos de subministro e a contaminación química derivada da disolución e arrastre dos diferentes compostos químicos na auga da chuvia\". d).-Contaminación. Fai fincapé na contaminación do aire polo arrastre de pos procedentes da trituración e transporte e da problemática das explosións e voaduras para o benestar indicando a posibilidade de intoxicación por cobre na gandaría. 2-. Consellaría de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. 14/11/2017 Informa de múltiples irregularidades, entre elas: Non se identifica o tamaño e características da poboación potencialmente afectada polo proxecto, nin se fai unha avaliación detallada do consumo da auga, nin se documentan os abastecementos. Non se fai unha avaliación dos posibles contaminantes ao aire nin do ruído. Falta avaliar debidamente: a) as medidas a aplicar para evitar a contaminación das drenaxes neutras pero metalíferas e das augas ácidas; b) os posibles materiais radioactivos naturais que podan aparecer asociados co cobre (uranio, torio, radio e produtos da súa desintegración, como radón) e que poden quedar expostos e concentrarse nos residuos mineiros e nos lixiviados. Tampouco se aporta información sobre os procedementos de avaliación do risco de liberación ao medio dos produtos químicos engadidos. 3. Informe da Xefatura Territorial de A Coruña, Servizo de Montes: 6/02/2018 a).- A posta en explotación da mina. \"Supoñería un evidente prexuízo de carácter permanente para os propietarios das explotacións forestais que constitúen o uso principal das terras afectadas\". b).- Uso do solo. \"Unha explotación a ceo aberto constitúe un uso non contemplado na lexislación sectorial aplicable ao solo rústico de especial protección forestal\". 4. Conclusións do Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural (C. Medio Ambiente). 24/04/2018. a).- Destaca a ausencia de plans concretos de medidas de continxencia ante situacións con perigo sobre persoas e o medio ambiente. b).- Coa documentación achegada non se pode facer unha análise nen avaliación precisa sobre os efectos sobre o Patrimonio Natural e a Biodiversidade. c).- Son destacables as referencias na documentación en relación á existencia dun risco moi alto para as poboacións e medio ambiente. O servizo de Conservación da Natureza de A Coruña e Augas de Galicia informan de que: -Da avaliación realizada chama a atención a escasa entidade que se asigna aos impactos sobre a hidroloxía, hidroxeoloxía e calidade de augas. -O proxecto resulta por enriba de todo salientable pola súa magnitude, polas dimensións de ocos e polos volumes de residuos a tratar. -A principal problemática ambiental desta explotación radicará nos efectos dos estériles xerados, as augas utilizadas e en garantir que os lixiviados non se transfiran ao sistema hidrolóxico superficial e subterráneo. -Bótase de menos unha análise de risco, que avalíe os posibles escenarios de emerxencia. Augas de Galicia considera inaxeitados os desvios de regos e canles propostos e afirma que a documentación do proxecto resulta insuficiente e non axeitada para poder emitir, en base a ela, unha correcta valoración de todas as posibles afeccións que causaría a execución do referido proxecto sobre o medio hídrico. Necesitamos máis? Ramón Varela é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e foi presidente de Adega"}
{"ID": "NOS_20429", "summary": "O Sergas informa que este domingo 10 de maio hai 55 casos menos que este sábado e que se produciron 122 altas.", "text": "O número de casos activos de coronavirus baixa na Galiza até os 2.703 casos este domingo 10 de maio, polo tanto son 55 menos que o sábado, xa que as 122 altas contabilizadas superaron o número dos contaxios detectados nesta última xornada. Desta maneira, xa son 2.347 as persoas que superaron a enfermidade, mentres que 592 perderon a vida desde o inicio da pandemia na Galiza. Delas, 269 eran maiores que vivían en residencias. Segundo a última actualización do Sergas deste domingo, cos datos correspondentes ao sábado, a área sanitaria que preserva o maior número de casos activos segue sendo a de Vigo, con 725 pacientes (-29). Por detrás atópanse a área da Coruña, con 635 casos (-15); a de Compostela con 525 (+25); a de Ourense con 407 (-19); a de Lugo con 161 (-5); a de Pontevedra con 142 (-5) e a de Ferrol, con 108 (-7). Maior atención no domicilio En relación á atención sanitaria que están a recibir os pacientes que sofren a COVID-19, 25 deles atópanse en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), un máis que o día 9 de maio. A gran maioría están a ser atendidos no seu domicilio, un total de 2.498, e 180 atópanse ingresados en unidades convencionais de hospitalización."}
{"ID": "PRAZA_13556", "summary": "As mocidades do BNG realizan un acto simbólico na estatua que o pontífice ten en Compostela para reivindicar \"políticas que recoñezan a igualdade de dereitos para todas e todos\" no Día do Orgullo LGBT", "text": "As mocidades do BNG realizan un acto simbólico na estatua que o pontífice ten en Compostela para reivindicar \"políticas que recoñezan a igualdade de dereitos para todas e todos\" no Día do Orgullo LGBT. Arredor de 30 persoas déronse cita a partir das 17 horas para denunciar \"as discriminacións que aínda perviven na nosa sociedade e o retroceso nos dereitos conquistados\". Posteriormente vestiron o Papa e cubrírono cunha bandeira coas cores do arco da vella e cunha bandeira galega coa estrela. Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova afirmou que \"hoxe o PP tanto na Xunta como no Goberno central aplica a súa ideoloxía conservadora da man da asociacións antiabortistas ou da igrexa católica, impondo o seu modelo de familia e poñendo en cuestión dereitos elementais como o matrimonio de persoas do mesmo sexo\" e explicou que foi por este motivo que escolleron ese lugar \"para denunciar o papel da Igrexa no mantemento dunha moral que discrimina ás persoas polo seu xénero ou opción sexual\". Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova afirmou que \"hoxe o PP tanto na Xunta como no Goberno central aplica a súa ideoloxía conservadora da man da asociacións antiabortistas ou da igrexa católica Todas as persoas que acudiron ao acto portaron diferentes carteis de denuncia nos que se podía ler entre outras frases: \"Si la mujer aborta, el varón puede abusar de ella\" de Javier Martínez, bispo de Granada; \"hay adolescentes de 13 años que son menores y están perfectamente de acuerdo y, además, deseándolo. incluso si te descuidas te provocan\" de Bernardo Álvarez, Bispo de Tenerife; ou \"o furacán Katrina foi una retribución divina pola tolerancia de Nova Orleáns coa homosexualidade\" de Gerhard Wagner, bispo de Liz (Austria). Galiza Nova denuncia que \"cando xa nos dispoñíamos a abandonar o lugar apareceron varias patrullas de policia nacional e local e decidiron identificarnos a todas e todos\". A este respecto, Aboi aformou que \"este tipo de actos moléstanlle ao PP porque non toleran que defendamos os nosos dereitos\"."}
{"ID": "PRAZA_4436", "summary": "A Federación Ecoloxista Galega expón aos partidos políticos 12 propostas de \"cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel\". O Movemento Galego polo Clima mobilízase este ventres polo Día Mundial do Medio Ambiente.", "text": "A Federación Ecoloxista Galega (FEG), en representación dos colectivos Adega, Adenco, APDR, CES, MEL, Néboa, Papaventos, Vaipolorío, Verdegaia e Amigos da Terra) vén de presentar aos partidos políticos que se presentan ás eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xulo as súas \"propostas de cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel\". A Federación Ecoloxista Galega presenta aos partidos políticos 12 propostas de \"cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel\"Nun detallado documento, e aproveitando o Día do Medio Ambiente, o ecoloxismo galego lembra que a actual situación de crise ambiental global e emerxencia climática e ecolóxica \"demanda un cambio de rumbo urxente\". \"Non deberíamos deixar pasar unha nova oportunidade de construír un país moito máis respectuoso coa natureza e á vangarda da transición ecolóxica\", di a FEG, que aposta por afrontar o \"enorme reto de promover unha mudanza radical nos diferentes eidos de xestión pública\".Así, o ecoloxismo galego lembra que o confinamento provocado polo coronavirus \"amosou efectos moi positivos para a biodiversidade galega e parámetros de calidade ambiental como a diminución da contaminación atmosférica\" e fixo a cidadanía \"máis consciente daquelas actividades e accións que contribúen a degradar o medio natural, con forte impacto para a biodiversidade e tamén para a saúde\". \"O que parecía imposible, agora é posible\", advirte a FEG, que chama a \"mudar profundamente o noso sistema económico, o noso xeito de pensar e actuar, as nosas prioridades vitais, os nosos valores e o xeito no que nos organizamos e nos mobilizamos como sociedade\". A primeira demanda é \"abandonar o carbón\"; a plataforma Galiza, un Futuro sen carbón pide que se apoio o peche da central das Pontes en 2021Así, a FEG presenta aos partidos 12 propostas \"para camiñarmos cara á sustentabilidade\". A primeira é clara: \"abandonar o carbón\", ademais de \"reducir o consumo de enerxía e promover a socialización das renovábeis para reducir drasticamente as emisións e acadar a xustiza climática\". Ademais, e neste mesmo venres, a plataforma Galiza, un Futuro sen carbón, trasladou tamén as súas demandas neste ámbito, aínda máis concretas, ao reclamar o \"apoio á solicitude de peche de Endesa para a central de carbón das Pontes no segundo semestre de 2021 e \"rexeitar totalmente a co-combustión de carbón e lodos de depuradora ou calquera outro tipo de residuos orgánicos como alternativa para a continuidade desta central máis alá dese ano\". Entre as propostas do ecoloxismo galego, ademais, a de \"descarbonizar o transporte\", con \"menos vías de alta capacidade e AVE e máis tren de proximidade\". Tamén propoñen \"aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa\" ou \"ordenar a industria extractiva con criterios sociais e ambientais\". O ecoloxismo galego insiste en \"pechar Sogama e promvover a redución, a reutilización e a compostaxe dos residuos urbanos\"A FEG reclama tamén a \"defensa da soberanía alimentaria e a aposta por un mundo rural e mariñeiro vivos\", así como a \"paralización da perda de diversidade natural e a recuperación ods nosos montes. O ecoloxismo galego demanda tamén \"unha nova cultura da auga\" e o abandono do modelo de residuos \"baseado na incineración e o vertedoiro\". \"Hai que pechar a incineradora de Sogama e promover a redución, a reutilización e a compostaxe dos residuos urbanos\". Ademais, entre as propostas inclúense o \"avance na democracia participativa real e no papel da Educación Ambiental na transformación da sociedade\", o impulso dunha \"contratación pública e unha reforma fiscal verde\" e apostar polo traballo \"en liña co ecofeminismo e coidados básicos para a vida, facilitando novos esquemas de xénero ao respecto\". Por último, a FEG pide que se \"fortaleza a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentábel e se promova a coherencia de políticas para o desenvolvemento\". Alén disto, e tamén co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Movemento Galego polo Clima, no que se inclúen moitas das asociacións incluídas na FEG, mobilízase nas sete cidades, ademais de en Vilagarcía de Arouse e Ribeira, ás 20.30 horas \"contra a crise climática e social\". O Movemento Galego polo Clima advirte da \"necesidade de reiniciar o sistema con xustiza ambiental e xustiza social\". A mobilización será a través da colocación de carteis e corazóns verdes nas fiestras, así como de concentracións nas que se gardarán as medidas de seguridade e distanciamento social necesarias."}
{"ID": "NOS_44703", "summary": "Joe Biden segue sen confirmar se presentará a súa candidatura ás eleccións de 2024.", "text": "O presidente dos Estados Unidos (EUA), Joe Biden, afirmou nunha entrevista esta fin de semana na canle de televisión MSNBC que \"podería caer morto mañá\", en resposta aos numerosos comentarios polo seu estado de saúde física e mental. Ten Joe Biden demencia? Novas notas alimentan a polémica: \"Entra na Sala Roosvelt, toma o seu asento...\" O dirixente estadounidense, sinalado desde o comezo do seu mandato por protagonizar varios episodios de comportamentos nos que se mostrou confuso ou incapacitado para realizar determinados movementos, explicou que \"é lexítimo preocuparse pola saúde de calquera persoa, incluída a miña\". Sobre a posibilidade de presentarse ás eleccións de 2024, Biden recoñeceu que non pode asegurar 100% que el vaia ser o candidato do Partido Demócrata. \"Podería sufrir unha enfermidade mañá, caer morto mañá\", insistiu. [VÍDEO] \"Onde está Jackie?\": Volven os rumores da \"demencia\" de Biden despois de preguntar en público por unha lexisladora falecida Porén, o presidente dos EUA matizou que \"a mellor maneira de emitir un xuízo é verme. Estoume retrasando? Non teño xa o mesmo ritmo?\", preguntou Biden, para asegurar que a poboación debe decidir votar a favor del por \"manter a mesma paixón polo que fai\". O presidente de maior idade dos EUA De presentarse aos comicios de 2024 e gañalos, Joe Biden batería o record do presidente con maior idade dos Estados Unidos en ser elixido, xa que contará con 82 anos. A actual marca tamén a estabeleceu o propio Biden, coa súa vitoria nas eleccións de 2020. A pesar de anunciar en varias ocasión o seu desexo de intentar ser reelixido como presidente dos EUA dentro de dous anos, o actual dirixente estadounidense aínda non formalizou a súa candidatura. Presentarase Donald Trump ás eleccións dos EUA en 2024? Neste sentido, unha sondaxe realizada de maneira conxunta por Associated Press e o Centro NORC da Universidade de Chicago desvelou que menos de 30% da poboación estadounidense quere que Joe Biden ou o ex presidente e principal adversario Donald Trump volvan presentarse aos comicios de 2024."}
{"ID": "NOS_19611", "summary": "O xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, tamén sinalou que o detido agochaba os cartos \"debaixo dos ladrillos, como tod@s @s galeg@\". O BNG pedirá explicacións no Congreso ao goberno español por estas declaracións.", "text": "Desde aquel 'El gallego es un animal muy parecido al hombre que Dios inventó para alivio del asno\" de Mariano José de Larra aos máis recentes exabruptos da líder de UPyD, Rosa Díez, pasaron moitos anos, mais semella que non pasaron os prexuizos. O último exemplo, polo de agora, constitúenas as declaracións esta semana de Serafín Castro, xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, co gallo das detencións polo roubo do Códice Calixtino. Castro afirmou que o presunto autor do roubo do Códice Calixtino, \"é un home de carácter, pechado, oscuro e galego\" e que acumulaba os cartos \"debaixo do ladrillo, como todos os galegos\". Xenofobia e racismo O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Camara na que pide ao Goberno español explicacións polas \"xenófobas e racistas declaracions do Xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, sobre os galegos\". Jorquera considera que este tipo de declaracions non se deben permitir nun funcionario do Estado que debe amosar respecto e debe evitar afirmacións que ridiculicen ou se burlen dun pobo ou de determinadas persoas. 'Ni negro, ni perro, ni mozo gallego', un refrán que aínda pervive en sitios da Meseta Longa tradición Desde Castelao nalgunhas follas do 'Sempre en Galiza' até Miguel A. Murado en capítulos de 'Otra idea de Galicia', non son poucos os e as autoras que teñen abordado a visión existente en España d@s galeg@s. En España hai unha longa ringleira de refráns, frases e 'dichos' sobre o carácter ou persoalidade d@s galeg@s. Desde aquel refrán de 'Ni negro, ni perro ni mozo gallego' (os ingleses decían a respecto das e dos irlandeses: 'No black, no dog, no irish') que os que ían á seitura en Castela escoitaban nas vilas da chaira; até o de 'gallego si no te atreves' que en Madrid era moeda común para chamar a alguén covarde. Por non esquecer as definicións de galego en dicionarios españois."}
{"ID": "NOS_37746", "summary": "A Asociación Socio-Pedagóxica Galega considera que \"grazas ao activismo social, o galego conseguiu pequenas vitorias que dan mostra da nosa forza\". Aliás, aínda fica moito por \"avanzar\", salienta o colectivo, que chama a secundar masivamente a manifestación de Queremos Galego do Día das Letras Galegas 2018.", "text": "A ASPG emitiu un comunicado para remarcar a importancia da mobilización social a prol do idioma e tamén ao mesmo tempo para resaltar a necesidade de o galego dispor tamén de meios de comunicación propios. E nese sentido, fai un convite a se suscribir a 'O Diario Galego', o proxecto de xornal que Sermos prepara para 2018. Sobre o Día das Letras Galegas, a ASPG enfatiza que a Plataforma Queremos Galega, da que fai parte, porá en valor \"o día a día das persoas que fan que a nosa lingua siga viva\". Colectivos e galegas que terman da supervivencia dun idioma que \"non só non conta con amparo institucional, senón que recibe desamparo e agresividade sistémica\". E en relación a 'O Diario Galego', a asociación afirma que \"necesitamos achegármonos un pouco máis á normalidade que como País precisamos e o máis normal é ter medios de comunicación no idioma que nós criamos\". Daí que a ASPG participe como tal nun \"proxecto colectivo que ten como horizonte dotármonos dun diario en galego, ergueito sobre o marco da pluralidade, o diálogo e o compromiso de todas as asociacións e organizacións colectivas que detectan as necesidades e confían nas capacidades dunha Galiza real\"."}
{"ID": "NOS_56687", "summary": "Organizan unha mostra de traxes tradicionais, poesía e música no Museo do Pobo o sábado 4 de xuño.", "text": "A campaña Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra Israel (BDS) e a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza organizan este sábado (4 de xuño) unha mostra de traxes tradicionais palestinos. A actividade encádrase nas accións que teñen lugar no país co gallo da IV Flotilla da Liberdade que partirá do Mediterráneo rumo a Gaza no mes de setembro. Será no Museo do Pobo Galego, en Compostela, a partir das 17.30 horas e poderase ver un total de 14 pezas procedentes de distintos lugares de Palestina. Aliás, terá lugar un recital poético e música. Esta xornada está inserida na campaña local de apoio á Women's Boat to Gaza."}
{"ID": "NOS_45051", "summary": "As empresas Martinsa-Fadesa, Freiremar, Blusens e Caramelo continúan na lista de morosidade publicada pola Axencia Tributaria. Outras non repiten este ano como é o caso da compañía de decoración Pórtico, e hai algunhas como o Club Deportivo Ourense SAD que caen da lista após verse na obriga de optar pola súa disolución", "text": "Varias empresas con galegas continúan na lista de morosidade publicada un ano mías pola Axencia Tributaria. É o caso de Martinsa-Fadesa, claro exemplo da burbulla inmobiliaria que rematou por realizar o maior concurso de acredores da historia do estado Español. Foi en 2008 e só sete anos após, en 2015, entrou en proceso de liquidación. Agora repite na lista de morosidade con 50,3 millóns de euros a deber. A Compañía Galega de Licores con sede en San Cibrao tamén figura na listaxe e adebeda 22,11 millóns de euros a Facenda, mentres que a empresa metalúrxica Acerías As Pontes alcanza a cifra de 21,5 millóns. Gallega de Molienda de Clicker, con sede en Coirós e que se dedica á comercialización de cemento, ten unha débeda de 6,42 millóns de euros e a Blusens acada os 5,73 millóns. Esta última compañía é unha empresa tecnolóxica fundada en Santiago en 2003 que medrou a un ritmo vertixinoso até que en 2013 transcendeu que os xulgados a investigaban por unha fraude en relación ao impago do IVE, debendo uns 800 mil euros. A listaxe de moriosidade tamén inclúe Freiremar cunha débeda de 5,62 millóns, Hierros y Laminados Añón SL con 1,55 millóns, as ferrolás Montaxes Industriais do Noroeste SA con 4,39 millóns, Limpezas do Noroeste SAU con 3,92 millóns, Carburante Noroeste SL con 3,5 millóns e Autos Lobelle SL con 1,21 millóns. A téxtil Caramelo continúa máis un ano na listaxe, desta volta con 2,16 millóns de euros e a sociedade Volvoreta, propiedade da deseñadora galega Kina Fernández, con 1,69 millóns de euros; Confeccións Deus SL adebeda 3,31 millóns e Deus Creacións SL uns 2,19 millóns. Quen fora presidente de Banesto, Mario Conde, ten unha débeda con Facenda de 12,37 millóns de euros. O Club Deportivo Ourense SAD saíu este ano da lista de morosos da Axencia Tributaria, apços verse na obriga de desaparecer a finais de 2018 debido ás débedas que arrastraba pola compra de futbolistas. O ano 2019 comezaba coa publicación no BOE do acordo de extinción de Petro Nova Oil. A xustiza certificaba así a defunción da empresa galega que máis debía a Facenda: 82 millóns de euros. Por riba, estaba implicada nunha macrofraude relacionada co gasóleo."}
{"ID": "NOS_25291", "summary": "Este domingo varias mobilizacións percorrerán Galiza da man dos sindicatos para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega. Unha data de marcado carácter de loita que lembra os asasinatos de Amador Rei e Daniel Niebla o 10 de marzo de 1972 en Ferrol por parte da policía franquista.", "text": "No Día da Clase Obreira Galega sindicatos como CIG, CCOO e CUT lembran Amador Rei e Daniel Niebla, os dous traballadores asasinados pola policía na manifestación dos operarios de Bazán que decorreu o 10 de marzo de 1972 en Ferrol. \"Daniel ía uns dous metros diante miña, co buzo debaixo do brazo. Recibe un tiro e cae dobrado, cara a atrás, diante miña\", lembra Rafael Pillado Lista, dirixente na altura do PCE e CCOO, \"en Ferrol había entón, e despois de moitos anos de construción, un movemento obreiro potente, forte e organizado\". As autoridades franquistas sabíano e de aí a violenta carga, con disparos, daquel 10 de marzo en que resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes. Desde entón sucédense as lembranzas por parte de sindicatos, que cada ano levan ás rúas o carácter reivindicativo da data. A CIG, baixo o lema, \"Recuperar dereitos para avanzar\", chama á mobilización este domingo para exixir a derrogación das reformas laborais e as políticas executadas ao abeiro da crise, \"porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega\". A central sindical nacionalista convoca mobilizacións en Vigo (12 horas desde A Dobrada); Pontevedra (12 horas na Praza da Peregrina); Vilagarcía (12 horas na Praza de Galiza); Compostela (11.30 horas na Praza Roxa); A Coruña (12 horas desde a Praza de Vigo); Ferrol (12 horas desde o Monumento ao 10 de marzo); Lugo (12 horas desde o edificio sindical) e Ourense (11.30 horas na Praza do Ferro). CCOO convoca unha manifestación nacional que partirá ás 11.30 horas desde o monumento ao 10 de marzo, en Ferrol. Faino baixo o lema \"En unidade, con memoria. É o momento\". A convocatoria de CCOO salienta o \"escenario inquietante\", marcado polo momento político e \"presidido pola desmemoria dunha sociedade enferma do cancro da desigualdade extrema, onde ter traballo xa non significa saír da pobreza\". CCOO e a súa Fundación conceden este ano os Premios 10 de Marzo a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas (póstumo) e Xan López Facal. A CUT conmemora o Día da Clase Obreira Galega facendo unha chiscadela á \"manipulación da semántica\" e da historia. De aí que elixise o lema \"Semántica de vencer\". \"Chamoulle transición á restauración borbónica e novo bipartidismo do ano 78 (…) chamoulle tardo-franquismo e aperturismo a eses inicios dos anos 70 cando mataron a Moncho Reboiras, Humberto Baena, Sánchez Bravo… cando mataron a Daniel e Amador\". \"Na CUT chamamos as cousas polo seu nome e aqueles anos foron anos de fascismo\", sinala o sindicato, que este domingo ás 12 horas organiza unha concentración no farol de Urzáiz, en Vigo. Posteriormente, ás 14.30 horas desenvolverase un \"cocido obreiro\" no Ítaca."}
{"ID": "NOS_36716", "summary": "O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado unha proposta de resolución en recoñecimento do inestimábel contributo de Carballo á construción dunha Galiza livre.", "text": "O BNG emitiu un comunicado de imprensa para expresar a súa dor pola perda dun \"grande intelectual e pensador\". Coa súa morte o BNG perde tamén \"un dos seus militantes máis veteranos e máis xenerosos para con este proxecto político\". Pon en destaque o BNG que Carballo, \"coherente sempre co seu pensamento\", axudou a formación frentista desde os seus inicios, \"pondo o seu grao de area para afortalar esta organización e para facela máis eficaz, politica e socialmente\". En catro listas eleitorais Carballo integrou as listas eleitorais primeiro do BNPG e logo do BNG até en 4 ocasións. A primeira foi nas primeiras eleccións após a morte do ditador, en 1977, ao Congreso. Voltou a ser candidato nas xerais do 79 e do 82. Foi tamén candidato ao Parlamento galego, nas galegas de 1981, na terceira praza da lista por Pontevedra. Alén diso, Carballo fixo parte do primeiro Consello Nacional do BNG após a súa fundación, en 1982. Estivo no máximo órgao do Bloque entre asembleas até 1987. Dor da MNL e de Galiza Cultura A consternación e a tristeza foron as notas dominantes na reacción do nacionalismo galego perante o pasamento de Francisco Carballo. Nese sentido, a Mesa pola Normalización Lingüística e Galiza Cultura transmitiron a Sermos Galiza a súa dor pola desaparición física de quen foi un referente incontornábel da cultura galega desde hai no mínimo catro décadas."}
{"ID": "PRAZA_13245", "summary": "O tribunal desestima a apelación presentada pola empresa contra a sentencia do TSXG, que en 2008 xa anulara os cambios no plan. O Concello aprobou unha nova modificación do PXOM o pasado mes de abril para que a planta de gas se adapte á normativa ambiental. A súa aprobación definitiva está pendente da resolución das alegacións presentadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, que insiste en que o novo plan \"tampouco será legal\"", "text": "O Tribunal Supremo vén de desestimar a apelación de Reganosa á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para a licencia de obras da planta de gas. Manuel Rodríguez, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia, afirma que se trata dunha \"ilegalidade insubsanable\", pois \"as casas están a 100 metros, o núcleo urbano a 400 e o Arsenal a 800. A única forma de legalizar a planta sería ilegalizando o Arsenal, os veciños de Mehá, os veciños de Mugardos\". Rodríguez asegura que \"esta planta carece de declaración de impacto ambiental, que debía ser previa e xustificar por que se escolleu esta localización en detrimento de outras. Acolléronse a un sucedáneo: a declaración de efectos ambientais, realizada a medida pola Xunta\". A sentencia do Supremo pon fin a un proceso xudicial que durou oito anos e que o Comité Cidadán xa confiaba en que se resolvese deste xeito. En calquera caso, aínda que o Tribunal Supremo anula a modificación do plan xeral de 2003, o Concello de Mugardos iniciara hai uns anos o proceso para modificar novamente o PXOM, de xeito que a planta de gas se adaptase á normativa ambiental, para cumprir co plano estatal de ampliación de produción e para aprobar medidas de control de riscos de accidentes graves no entorno da planta de Reganosa. A modificación do PXOM tamén buscaba protexer a Reganosa dunha sentencia xudicial do Supremo coma a coñecida este martes que confirmase a que xa enunciara o TSXG. A modificación do PXOM (Modificación Puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro) foi aprobada nun pleno municipal celebrado o 19 de abril de 2012 Finalmente, a modificación do PXOM (Modificación Puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro) foi aprobada nun pleno municipal celebrado o 19 de abril de 2012, cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e o voto en contra de EU, despois de pasar polo periodo de exposición pública. Porén, varias entidades de todo tipo (Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e ADEGA), en representación do Comité Cidadán de Emerxencia, presentaran alegacións a esta decisión. As entidades demandantes aseguran que as modificacións introducidas non cambian a situación de ilegalidade da instalación regasificadora. Afirman que Forestal do Atlántico e Reganosa están desenvolvendo a súa actividade exclusivamente en terreos concesionados ou de titularidade privada, ocupando, hoxe en día, terreos de dominio público non portuarios, desenvolvendo nestes, actividades industriais e usos construtivos incompatibles cos usos autorizables. Así mesmo, denuncian que as administracións públicas implicadas, \"unha por pasiva e outra por activa, están a realizar unha labor de encubrimento da infracción\". O Comité Cidadán de Emerxencia ofrecerá unha rolda de prensa a vindeira semana para analizar as consecuencias que ten a sentencia do Tribunal Supremo e anunciar as accións que levará a cabo O Comité Cidadán de Emerxencia ofrecerá unha rolda de prensa a vindeira semana para analizar as consecuencias que ten a sentencia do Tribunal Supremo e anunciar as accións que levará a cabo. Segundo o seu coordinador, \"a súa pretensión é buscar un axuste legal a través dunha nova modificacíón. A través dunha política de feitos consumados, pretenden forzar a legalidade, pero a legalidade é a que é, e unha instalación deste tipo ten que estar a unha distancia mínima dos núcleos de poboación\". Praza intentou coñecer a reacción dos responsables do Concello de Mugardos, pero non obtivo resposta."}
{"ID": "NOS_15991", "summary": "O ex conseller de Interior e deputado eleito Joaquim Forn -na cadea en Estremera canda Oriol Junqueras- deixa o escano como unha estratexia de defensa. Os seus avogados piden ao xuíz Llarena que o poña na rúa. A Fiscalía oponse co argumento de que aínda existe risco de reiteración delictiva.", "text": "Actualizar 20:02 O ex conseller de Interior Joaquim Forn renuncia á súa acta de deputado. Faino, segundo as fontes consultadas polos meios soberanistas, como unha estratexia da súa defensa para obter a liberdade. Agora será o xuíz Llarena o que decida. Forn está na cadea desde 2 de novembro, canda Oriol Junqueras. Ao demitir, correrá a lista de JxCAT e entrará no Parlament o número 18 da candidatura por Barcelona Antoni Morral. 13:17 Puigdemont pide ao Estado que o deixe voltar sen termor a ser arrestado como mellor contributo para avanzar na \"restauración democrática\". 11:05 \"Imos procurar que non poda entrar nin no maleteiro do coche\", afirma o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, nunha entrevista en Antena 3. O Estado blinda as fronteiras para evitar que Puigdemont poda entrar clandestinamente en territorio de xurisdición española. A renuncia á delegación de voto alenta a sospeita de que o president eleito poda tentar a investidura presencial. 11:01 Segundo tería confirmado ElNacional.Cat, quen non renuncia á delegación de voto son Clara Ponsatí e Lluis Puig, ex consellers e parlamentares eleitos de Junts per Catalunya. 10:36 Puigdemont retira a súa petición de delegación de voto para a sesión de investidura. A decisión abre un novo período de incerteza. Se non delega o voto, ten dúas opcións por diante: ou voltar a Catalunya para asistir ao Parlament ao pleno de nomeamento do novo president -co risco evidente de ser detido- ou renunciar á sua candidatura. 9:40 A reunión de Puigdemont con independentistas en Christiansborg faise a iniciativa do soberanista Tjóðveldi (Partido Republicano), formación soberanista das Illas Feroes, segundo confirmou o parlamentar Magni Arge. Estarán tamén presentes integrantes das comisións parlamentares de Asuntos exteriores, Asuntos europeus, Illas Feroes e Groenlandia. Estes dous últimos territorios -baixo a xurisdición de Copenhaguen- defenden a súa libre determinación."}
{"ID": "NOS_45935", "summary": "Electo no proceso anulado en asemblea di que reflexionará con calma se segue no proxecto. \"Se non se respetan os resultados, non se respeta a democracia\", afirma.", "text": "Xosé Mosquera (Compromiso por Galicia) resultou electo como candidato á Alcaldía de Ourense nas primarias de Ourense en Común, un proceso no que votaron máis de 1.500 persoas. Unhas primarias que veñen de ser anuladas en asemblea, citándose esta plataforma cidadá para esta sexta feira e decidir se as repite ou se opta por outras fórmulas, como unha candidatura de consenso. Mosquera xa adianta que \"non vou concorrer a outro proceso de primarias\". Ademais, entende que ir a unha candidatura de consenso \"non sería diferente\" do que se fai noutros partidos tradicionais \"e acabaría co elemento fundamental deste proxecto, a participación directa da cidadanía\". Considera que a decisión de anular o resultado das primarias deixa \"tocado\" Ourense en Común. \"Este proceso xa non é ilusionante, esa decisión deixa dúbidas, e aí está a decepción de moita xente que tomou parte nas primarias\". Mosquera lamenta que \"non se aceptasen os resultados, porque iso é non respectar a democracia\". Afirma non querer entrar en sinalar culpabilidades nin responsabilidades da crise que vive a formación, mais defende as primarias de mediados de marzo \"como un proceso participativo e democrático\" e insiste en que non había motivos para anulalas. É máis, Xosé Mosquera aponta que foron unha primarias \"abertas, nas que se decidiu todo, até o cabeza de lista\", algo que non se deu, afirma, \"noutros procesos\" impulsados por plataformas cidadás noutras cidades galegas e onde o candidato sometíase a ratificación. \"Por iso en Ourense votou tanta xente, porque os que votaban ían poder elixilo todo, até quen ía ser o candidato\". Carretaxe Preguntado polas acusacións de 'carretaxe', responde con que el só recibiu 435 votos dos máis de 1.500 que se depositaron. E que non se poden realizar afirmacións que deixen pensar que eses 400 votos foron 'carrexados' e que os outros si que son verdadeiramente democráticos. Sobre as declaracións do alcalde de A Peroxa (PP), recoñecendo que votou en Ourense en Común, Mosquera insiste en que o feito de que nas primarias \"participe unha persoa así a min non me interesa, mais foron outros os que decidiron que nas primarias puidese votar xente que non fose de Ourense\". Meditar Sobre o seu futuro en Ourense en Común, este militante de Compromiso por Galicia asegura que non quere tomar unha decisión en quente e que prefire reflexionar con calma. Mais recoñece que \"persoalmente, a miña ilusión polo proxecto quedou fagotizada\"."}
{"ID": "NOS_24651", "summary": "Nestas tres semanas de outubro faleceron 45 usuarios e usuarias de residencias contaxiadas de coronavirus, 96 desde o comezo da denominada 'nova normalidade'. A enfermidade golpeou con especial dureza neste mes algúns centros da área sanitaria de Ourense, a máis afectada polo coronavirus.", "text": "A negativa evolución da pandemia na Galiza deixa a súa pegada na cifra de falecementos. Se ben a letalidade é menor nesta segunda vaga de contaxios da Covid-19, só neste mes de outubro a Consellaría de Sanidade informou de 100 pasamentos, 45 deles en residencias. En agosto e setembro o total de falecementos notificados ascendeu a 137. Esta segunda vaga está a afectar con especial dureza algunhas das residencias da Galiza, que suman 96 mortes desde o inicio da 'nova normalidade'. Neste mes de outubro, en medio do rápido ascenso dos contaxios en comarcas da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, rexistráronse gromos en centros de Pereiro de Aguiar, Monterrei ou Ourense. O gromo de Os Gozos O de Os Gozos en Pereiro de Aguiar, xestionado pola Fundación San Rosendo, foi dos máis virulentos. O 9 de outubro a Xunta tomou a decisión de intervir o centro, un día despois de detectarse 106 positivos entre os seus usuarios e usuarias. Desde entón faleceron 23 residentes, algúns en hospitais e outros na propia residencia. Case unha cuarta parte dos falecementos relacionados con xeriátricos nesta segunda vaga. Na mesma xornada na que se notificou o gromo en Os Gozos, a Consellaría de Sanidade informou doutro no xeriátrico Val de Monterrei. Ambos os dous coincidiron coa aplicación de medidas máis duras nalgúns municipios da área sanitaria ourensá, como o confinamento perimetral nos de Ourense e Barbadás. Na residencia 46 persoas resultaron contaxiadas, das que faleceron 9 até esta sexta feira, 23 de outubro. Investigación da Xunta No caso de Os Gozos, a Xunta analizará a orixe dos contaxios a nivel epidemiolóxico a través dos profesionais da saúde pública, como avanzou o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña. A oposición criticou que o propio persoal do centro criticara que os resultados das probas PCR do coronavirus demoraban en exceso, ligando esa tardanza coa rápida evolución do gromo. Porén, nunha entrevista coa Cadena Ser, García Comesaña apuntou aos profesionais dos centros como a porta de entrada do virus. O conselleiro agregou que \"o contaxio nunha residencia non depende de que se detecte cedo ou tarde un traballador infectado, depende dos circuítos e protocolos\". Debate parlamentar Precisamente esta semana, as mortes e gromos nas residencias da terceira idade marcaron parte do pleno parlamentar no Pazo do Hórreo. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntou ao presidente da Xunta e líder do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, polas medidas tomadas para \"blindar\" os xeriátricos da Covid-19. Núñez Feixoo argumentou que se está a traballar nunha \"proposta\", que non detallou e agregou que o labor do persoal impedira unha maior incidencia do virus. A portavoz nacionalista subliñou que 374 usuarios e usuarias de xeriátricos faleceran pola Covid-19 desde o comezo da pandemia. \"Moitos non foron trasladados a hospitais\", censurou Pontón. Unha cuestión que xa criticara duramente a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría en abril, cando cargou coa decisión de non trasladar aos residentes contaxiados a hospitais e advertiu que nin o persoal nin os xeriátricos están preparados para afrontar unha enfermidade infecciosa como a Covid-19. Casos activos Na sexta feira, 23 de outubro, con 84 altas epidemiolóxicas, os casos activos en centros residencias da terceira idade ficaron en 235. A maiores, detectáronse 7 novos casos; 6 nunha residencia de Viana do Bolo, na que tamén se notificaron outros 6 positivos entre o cadro de persoal, e unha no centro da Nosa Señora dos Anxos en Ribadavia. Continúa como principal foco a residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar, con 151 persoas aínda contaxiada, á que segue o gromo detectado na cuarta feira no xeriátrico de Salvaterra de Miño, con 25 positivos; a residencia Ballesol de Oleiros, con 17 e mais a de DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, cun total de 13. A maiores, permanecen contaxiados 127 profesionais destes centros."}
{"ID": "NOS_24630", "summary": "Este tramo vai desde Cerceda até Oroso.", "text": "A Deputación da Coruña inaugurou este domingo o tramo de Cerceda-Oroso da Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle, a de maior lonxitude de Galiza, que se estenderá proximamente até Santiago de Compostela. No acto, que se completou cunha andaina e unha marcha cicloturista popular para dar a coñecer esta nova infraestrutura que discorre sobre o antigo trazado do ferrocarril entre Santiago e Cerceda, participaron o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsábel da área de Cultura, Xurxo Couto, o delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns; os alcaldes de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso; así como outros persoeiros públicos. Adega organiza unha camiñada para coñecer a fauna que habita os territorios montañosos \"Hoxe é un día histórico, non só para os concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso senón para toda a Galiza\", afirmou Formoso, que explicou que este proxecto \"naceu hai 14 anos, pero quedou aparcado nun caixón e non se retomou até 2017\", cando PSdeG e BNG chegaron ao goberno da Deputación da Coruña. Formoso apuntou que a institución \"xa está mans á obra para rematar o proxecto inicialmente planificado e completar os 10 quilómetros que faltan para unir estes municipios coa capital da Galiza, Santiago de Compostela\". Camiñada paso a paso por un espazo libre de minas no Touro e Pino Este último tramo da Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle terá exactamente 12 quilómetros de lonxitude e permitirá completar un itinerario de máis de 36 quilómetros de sendas sobre as antigas vías do ferrocarril. Andaina popular A pesar da chuvia, máis de 600 as persoas de todas as idades participaron na andaina e marcha cicloturista popular organizada para inaugurar este treito da Vía Verde que vai de Cerceda a Oroso. Na saída da inauguración da Vía Verde Cerceda-Compostela… só nos quedan 21 km. Seguimos pelexando por un tren de cercanías, pero non podemos deixar morrer as posibilidades dos camiños de ferro abandonados. pic.twitter.com/LEd6g5g1eT— 🛰 Diego Boquete (@Onosolar) September 4, 2022 As participantes saíron da estación de Queixas-Londoño, en Cerceda, e finalizaron na estación de Sigüeiro, en Oroso, cun percorrido total de 24 quilómetros e pasando pola estación A Pontraga de Ordes e a Estación de Trasmonte en Oroso."}
{"ID": "NOS_27324", "summary": "On informe xurídico cualifica de \"auténtica usurpación\" o sucedido con estas dúas pezas.", "text": "O Concello de Santiago interporá unha demanda pola vía civil contra Carmen Franco y Polo, filla do ditador español, para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello compostelán. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta desta decisión, \"que se adopta despois de que a herdeira do ditador non respondera ao requirimento que se lle enviou para solicitar a devolución das pezas\". Na argumentación xurídica, o Concello \"contrapón que as pezas foron compradas polo Concello de Santiago nunha acción perfectamente legal e documentada, mentres que non existe ningún documento que xustifique que as dúas esculturas acabaran no poder da familia Franco\". Na demanda pídeselle ao xulgado que declare que as dúas esculturas pertencen ao Concello de Santiago e que se condene a Carmen Franco a que as devolva á Corporación municipal para sexan obxecto de exposición permanente no Museo da Catedral de Santiago. Unha vez presentada a demanda, a herdeira de Franco terá un prazo de 20 días para presentar as súas alegacións, antes de que se fixe a Audiencia Previa. A asesoría xurídica municipal estima que o caso se resolva, en primeira instancia, nun prazo máximo dun ano. Abrahan/Xeremías e Isaac/Ezequiel son dúas pezas feitas no séculos XII e XIII polo Mestre Mateo. Dúas pezas talladas entre 1188 e 1211 por Mateo para que figurasen no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Abrahan/Xeremías e Isaac/Ezequiel"}
{"ID": "PRAZA_10213", "summary": "O delito de odio sufrido nas redes sociais por un rapaz de 20 anos de Lugo, de orixe angolana, volver poñer o foco nas agresións xenófobas. SOS Racismo lembra que a maior parte destas situacións non se denuncian \"por medo\"", "text": "O racismo institucional suma o maior número de denuncias por xenofobia e trato desigual a persoas inmigrantes en Galicia. Segundo o infome que todos os anos publica SOS Racismo Galicia, estes casos de \"racismo institucional\" suman case 6 de 10 situacións denunciadas, referidas principalmente aos obstáculos no acceso a servizos públicos (sanidade, ensino, recursos...) e tamén ao trato recibido nas oficinas de estranxeiría.No 2018 recolléronse 6 denuncias por agresións racistas ou xenófobas, fronte aos 5 casos recollidos en 2017, 4 no 2016 e outros 4 en 2015Entre os 96 casos analizados aparecen tamén 10 situacións de discurso de odio, 8 casos de discriminación no acceso a servizos privados (alugueiro de vivenda, apertura dunha conta abncaria, acceso a locais de hostalería...), 6 de discriminación laboral, 6 casos por discriminación e condutas xenófobas entre particulares e 6 casos de abusos das forzas de seguridade públicas. No 2018 recolléronse 6 denuncias por agresións racistas ou xenófobas, fronte aos 5 casos recollidos en 2017, 4 no 2016 e outros 4 en 2015.As persoas procedentes de Sudamérica, seguidas das procedentes do Africa Subsahariana, son os colectivos que máis consultas de asesoramento presentan nas ficinas de Información e Denuncia que funcionan en Vigo e na Coruña. Dun total de 96 casos recollidos, 18 afectaban a persoas en situación regular e 11 eran persoas racializadas de nacionalidade española; o resto, a gran maioría, eran persoas en situación irregular.\"Moitas das persoas que sofren cada dia o racismo e a xenofobia non denuncian estes conflitos por medo, racismo institucional, situación administrativa...\"O número total de casos nos que se realizou algún tipo de actuación a maiores do asesoramento ascende a 80. Hai 32 asuntos nos que se acudiu á vía administrativa como vía de posible reparación ou solución do conflito. En 25 casos se realizaron mediacións, deixando a vía xudicial civil en terceiro lugar, con 9 casos.Dende SOS Racismo Galicia destácase que \"moitas das persoas que sofren cada dia o racismo e a xenofobia non denuncian estes conflitos por múltiples razóns: medo, racismo institucional, situación administrativa, normalización, represalias, descoñecemento de dereitos ou pola idea xeralizada de que a denuncia non vai ter efectos ou non vai solucionar o problema concreto, entre outros motivos\"."}
{"ID": "NOS_18057", "summary": "Museos, patrimonio natural e monumentos serán o menú da excursión que a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organizou para o domingo 22 de setembro ás terras do alto Navia e do Eo.", "text": "A viaxe comezará en Grandas de Salime, na actual comunidade de Asturias. Alí as persoas excursionistas visitarán o seu completo museo etnográfico, o museo e o castro de San Martín e gozarán das \"paisaxes de engado\" sobre o encoro de Grandas de Salime. O xantar será na mesma localidade no mesón A Reigada. De tarde, o periplo atravesará Vilanova de Oscos para coñecer o mosteiro de Santa María. O conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi será o fin da xornada. Para participar na viaxe cómpre pagar 30 euros se se é socio da Pomba do arco e 33 se non. Inclúe o desprazamento en autobús, o xantar e as entradas en museos. As interesadas deberán inscribirse antes do 70 de setembro en apombadoarco@gmail.com ou no teléfono 608555010."}
{"ID": "NOS_32621", "summary": "O 16 de outubro en Santiago de Compostela, conducido polo actor, escritor e humorista Carlos Meixide.", "text": "Tras unha edición en 2020 só desde as redes sociais, o ' volve a ser un evento con público. A sétima edición do LGx15 terá lugar na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela, o 16 de outubro ás 18 horas. O VII LGx15 incluirá seis charlas breves, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o futuro do idioma. O acto será presentado polo actor, escritor e humorista Carlos Meixide. Futuro da lingua As persoas convidadas á sétima edición do LGx15 son: Alice Piccardi (xornalista italiana afincada en Galiza, que nos contará a súa experiencia como \"Alice no país da diglosia\"), Xosé Luís Reza (especialista en márketing, quen abordará o valor de mercado da nosa lingua en \"O galego como elemento diferenciador\"), Ana Moreiras (docente e coordinadora do festival audiovisual escolar Olloboi, que partirá da súa experiencia profesional para analizar as repercusións de iniciativas coma esta na autoestima da mocidade; o título da súa intervención é \"Olloboi: normalización do galego no audiovisual que usa a mocidade\"), Agos Reigosa (impulsor de Twitch en Galego, quen nos mostrará a situación e as potencialidades da lingua nas novas plataformas de comunicación, coa charla \"Internet non é lugar para o galego\"), María Vázquez (actriz, que nos falará das decisións que repercutiron na educación das súas crianzas e na súa actividade laboral coa intervención \"Crianza en galego… Volver ás orixes\") e Paco Cerdeira Pakolas (músico, compositor e produtor, que nos relatará o seu percorrido lingüístico entre México e Galiza con \"Nin de eiquí nin de acolá\"). As charlas terán unha duración máxima de 15 minutos e as persoas convidadas falarán de lingua, pero tamén de audiovisual, de mercado, de autoestima, de educación, de redes sociais... As intervencións serán gravadas e posteriormente difundidas a través da rede. Os 45 vídeos das intervencións das edicións anteriores poden verse no web do LGx15 e en YouTube O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago de Compostela. Entradas As entradas desta nova edición do LGx15 serán gratuítas, mais cumprirá reservalas a través de Internet a partir do 7 de outubro. Durante o acto será necesario respectar as medidas de seguranza sanitaria co uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans."}
{"ID": "PRAZA_16961", "summary": "Entre 2010 e 2016 desapareceron case 900 camas operativas, ao redor do 10%. Neste tempo creceu o número de usuarios e usuarias do sistema e reduciuse a estadía media de 8,75 a 7,57 días. A Xunta xustificaba en 2014 que \"o recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes. A hospitalización achega pouco valor e alto gasto\"", "text": "Entre 2010 e 2016 desapareceron case 900 camas operativas, ao redor do 10% O número de camas hospitalarias en funcionamento no Sergas segue reducíndose. En 2016 (último dato publicado, difundido o pasado venres polo IGE) a cifra caeu ata as 9.045. É o mínimo na serie histórica, que comeza no ano 1999, hai dúas décadas. O recorte máis importante produciuse nos primeiros anos de Goberno de Alberto Núñez Feijoo, entre 2010 e 2014, cun descenso de máis de 800 camas, case un 10%. Dende entón a cifra está máis estabilizada, pero mantén unha tendencia á baixa. Dende o 2006 vén reducíndose tamén o número de camas totais (en funcionamento ou pechadas), que tamén experimentou entre 2010 e 2013 o seu recorte máis importante. Pontevedra é o territorio que presenta un número máis baixo de camas por habitante (3,03 por cada mil persoas), fronte ás outras tres provincias, que roldan as tres camas e media. A media galega (3,33), iso si, sitúase por riba do dato xeral para todo o Estado español (2,97 en 2015), que tamén vén experimentando un descenso moi importante dende o seu máximo en 1999 (3,75 camas por cada 1000 habitantes). \"O recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes nin determina o grao de eficacia do sistema. A hospitalización achega pouco valor e alto gasto\", afirmaba en 2014 a Consellería de Sanidade Sempre que dende os grupos da oposición, dende sindicatos ou dende colectivos profesionais e de enfermos se critica o descenso no número de camas hospitalarias dispoñibles ou abertas, os e as representantes do Sergas xustifican o descenso das camas operativas en que estas xa non son tan necesarias \"como antes\". \"O recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes nin determina o grao de eficacia do sistema. A hospitalización achega pouco valor e alto gasto\", afirmaba en 2014 a Consellería de Sanidade na resposta a unha pregunta parlamentaria de Eva Solla. Nos últimos anos veu crecendo de forma sostida o número de usuarios e usuarias do sistema hospitalario galego: Das 313.430 altas de 2010 pasamos ás 322.546 de 2016. Neste tempo, no que o número de camas se reduciu nun 10%, caeu a estadía media dos enfermos e enfermas (de 8,75 a 7,57 días). Pola contra, creceron as consultas externas, que pasaron de 5.195.933 a 5.522.262. Entre 2010 e 2016 caeu a estadía media dos enfermos e enfermas (de 8,75 a 7,57 días) \"Hai doentes cada vez máis maiores e pluripatolóxicos que necesitan ingreso hospitalario en maior medida. E o problema é que aquí se están facendo hospitais sen ingreso, sen camas, que parece que é a moda\", sinalaba María Xosé Abuín (CIG-Saúde) en conversa con Praza. Abuín recoñecía que \"é verdade que hai procesos cirúrxicos que agora son menos agresivos, polo que o seu tempo de hospitalización é menor\". \"Pero entón por que hai as listas de espera que hai?\", preguntábase."}
{"ID": "NOS_19832", "summary": "Vanessa Angustia, integrante da candidatura a Europa, e a candidata de EU en Cambre, Olga Santos, defenderon a actuación para o futuro da comarca\".", "text": "Vanessa Angustia, exsenadora de En Marea e nº10 da candidatura de Unidas Podemos Cambiar Europa nas eleccións europeas, demandou canda Olga Santos, candidata á alcaldía de Cambre por EU, e Loreto Taibo, nº2 desa lista municipal, unha mellora no \"saneamento inmediato e integral da Ría do Burgo para o futuro da comarca\". Vanessa Angustia dixo que hai unidade para traballar xuntas e rachar o que consideran que prexudica á Ría do Burgo: \"a burocratización de espazos e a lonxanía das decisións que se toman en Europa, que non chegan ás veciñas e veciños\". \"Esta situación é unha irresponsabilidade do Goberno do PP ao non deixar negociar os orzamentos do Estado e prexudica directamente a veciñanza de Cambre\", denunciou a candidata. Pola súa banda, Olga Santos lembra que hai anos que rexenerar a ría é unha urxencia e unha demanda, recordando que \"2.000 persoas mariscaban na Ría antes, e agora quedan 80, polo que é importante mudar esta tendencia\"."}
{"ID": "PRAZA_11239", "summary": "A Fiscalía pide seis anos de cadea para Carlos Muñoz, ex-xefe de Servizo de Conservación da Natureza da Coruña, e Rogelio Fernández Díaz, antigo subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, acusados de falsificar documentos para xustificar a omisión dun informe que desaconsellaba a actuación", "text": "A finais de 2011 a Xunta autorizou unha obra de dragaxe na ría de Ferrol. Fíxoo a pesar de que un informe dun biólogo da Administración galega consideraba esta actuación de ampliación do calado como \"ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies protexidas\". Porén, ese informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza que desaconsellaba a dragaxe foi \"reiteradamente ocultado pola Xunta\", segundo denunciou ADEGA dende o primeiro momento.O informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza que desaconsellaba a dragaxe foi \"reiteradamente ocultado pola Xunta\"Meses despois a Fiscalía de Medio Ambiente denunciou o sucedido, iniciando unha investigación na que acusa a a Carlos Muñoz, daquela xefe de Servizo de Conservación da Natureza da Coruña, e Rogelio Fernández Díaz, ex-subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, de falsificar documentos \"co único obxectivo de xustificar ante a Fiscalía a non incorporación á Declaración de Impacto Ambiental do informe que debería ter emitido a Dirección Xeral da Natureza\" e así poder levar a cabo a dragaxe.O xuízo contra Muñoz e Fernández terá lugar este xoves e venres na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Compostela. A Fiscalía pide para cada un deles seis anos de cadea e o mesmo período de inhabilitación para o exercicio de calquera función ou emprego público por un delito continuado de falsidade de documentos públicos. A Fiscalía pide para cada un deles seis anos de cadea e o mesmo período de inhabilitación para o exercicio de calquera función ou emprego públicoO Ministerio de Medio Ambiente aprobou a declaración de impacto sen o informe de Conservación da Natureza que era obrigatorio por lei e que neste caso era negativo. Coa dragaxe xa finalizada, apareceu o informe que recomendaba a non execución do proxecto polo impacto ambiental que podía supoñer. O informe ocultado pola Xunta consideraba a dragaxe \"ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes\" nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. E, polo tanto, a a declaración de impacto ambiental finalmente aprobada minimizaba ou oculta os efectos negativos de determinados impactos, e sobre todo os efectos sobre determinadas especies protexidas. Deste xeito, os riscos das agullas de rocha que obstaculizan a entrada de barcos de gran calado como os gaseiros de Reganosa desapareceron, sen ter en conta así as alegacións de ecoloxistas e mariscadores.O escrito de acusación da Fiscalía detalla as sucesivas falsificacións levadas a cabo polos dous funcionarios para \"ocultar a existencia dun informe negativo á obra e disimular ou xustificar así esa omisión no seu departamento\". Entre as manobras figuran a inclusión no expediente de documentos inexistentes, simulación doutros e cambios de data \"para reforzar la aparencia de autenticidade\" e \"mostrar o seu celo na tramitación do expediente\", sinala a Fiscalía.O escrito de acusación da Fiscalía detalla as sucesivas falsificacións levadas a cabo polos dous funcionariosNo ano 2016 Carlos Muñoz e Rogelio Fernández Díaz foron xa investigados xunto co ex director xeral da Natureza, Ricardo García-Borregón, e Javier Turrillo Montiel, ex xefe do Servizo de Análise e Proxectos da Consellería naquela altura. García-Borregón, que estivera implicado en moitas máis polémicas, fora cesado do seu posto como director xeral de Conservación da Natureza en agosto de 2013. O resto de implicados no caso do dragado da ría de Ferrol tamén foran destituídos dos seus postos ou cambiados de departamento por diferentes motivos. Xa daquela ADEGA consideraba \"irrefutable e irrebatible\" que o informe que autorizou a dragaxe foi realizado a posteriori para xustificar aquela actuación. A asociación ecoloxista criticaba a \"escandalosa inacción, cando non a defensa de intereses alleos á conservación\" por parte dos responsables do departamento, que se exemplificaría \"na tolerancia ou promoción de actuacións incompatíbeis coa protección do noso patrimonio natural\"."}
{"ID": "PRAZA_5633", "summary": "O vindeiro Día Nacional de Galicia activaranse as primeiras webs co .gal, un \"éxito colectivo\" para amosar que \"existe un país que se chama Galicia\" e sermos \"máis normais\". Un acto na Cidade da Cultura serviu para realizar o lanzamento oficial do dominio, que estará dispoñible para o público xeral dende decembro.", "text": "No salón de actos do agora denominado Edificio CINC da Cidade da Cultura non hai fiestras. Por iso o sol que este venres locía radiante en Compostela non tocou nin de lonxe o acto de lanzamento oficial do dominio .gal, a marca galega na rede que xa é unha realidade tras oito anos de traballo e que lles outorgará denominación de orixe a case un cento de sitios web dende o vindeiro Día Nacional de Galicia. O pequeno patio de butacas ficou cativo para a asistencia que tivo o evento, no que os discursos destilaron un optimismo que, se cadra, tería máis predicamento nun acto aberto á cidadanía que no encorsetado e interior recinto deseñado por Peter Eisenman. Sexa como for, o certo é o país xa dispón dun recurso para \"sermos máis normais e máis iguais a outros pobos\", en verbas do presidente da Asociación Puntogal, Manuel González. Queda atrás case unha década de traballo que comezou, lembra González, \"en 2006, co apoio decidido do Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño\" e que continuou xa en tempos do actual Executivo, que tamén apoiou economicamente, ata completar todos os requisitos impostos pola ICANN, o organismo internacional que xestiona os dominios na rede. Dende o 25 de xullo \"cada vez que un usuario abra un enderezo .gal\" saberá que \"existe un país que se chama Galicia\" que agora conta cun \"carné de identidade\" de seu no ámbito tecnolóxico. Esta, di González, debera ser unha inxección para autoestima do pobo galego e un estímulo para a \"cohesión social e a conciencia de pertenza a unha comunidade\". A Asociación Puntogal destaca que \"cada vez que un usuario abra un enderezo .gal saberá que existe un país que se chama Galicia\" Para a asociación impulsora deste éxito, avalado por máis dun cento de entidades e case 13.000 sinaturas, o .gal é unha mostra do que Galicia é quen de lograr \"cando somos quen de xuntarnos\" e de \"actuar con transparencia e respecto\". Na véspera do Día das Letras o Penélope de Díaz Castro pairou sobre o auditorio para, por unha vez, tentar que Galicia dea un paso adiante sen \"recuar\" despois, ilustrou o catedrático de Dereito da USC Xosé Antonio Gómez Segade, para quen a deste venres foi unha xornada \"moi feliz\". \"Voemos alto para non chimparnos no baleiro\", animou, para glosar o valor de dispoñer dun dominio propio en internet para as \"culturas, as linguas e as nacións pequenas como o noso país galego\". Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegura ver un \"fito histórico\" na consecución do dominio, mostra de que a galega non está \"no cemiterio das culturas\". A xuízo de Feijóo o .gal será \"altamente proveitoso\" non só no plano emotivo ou identitario, senón tamén no empresarial, tanto para a identificación dos produtos elaborados en Galicia como no \"mercado dos dominios, en crecemento malia á crise\". Galicia \"xa era universal en moitos ámbitos\" e agora tamén en Internet, onde xa está izada \"a bandeira de Galicia\" sen que isto implique caer, asegura, \"no minifundio tecnolóxico\". As datas do lanzamento Ademais de para presentar o dominio en sociedade o acto do Gaiás serviu tamén para poñerlle datas ás xa coñecidas fases de lanzamento do .gal. A primeira fase, o programa Pioneiros, culminará o devandito 25 de xullo, data na que se porán en marcha ata 90 sitios de entidades que terán que realizar a súa solicitude entre o 1 e o 30 de xuño e entre as que estarán institucións públicas -1.000 euros por dominio-, empresas -3.000 euros- e entidades sen ánimo de lucro -400 euros-. A continuación chegarán as fases Abrente e Carreira, a desenvolver entre setembro e novembro. A primeira servirá para \"protexer dominios de interese público\" e nela \"entidades públicas e privadas poderán exercer o dereito pferente de solicitar o seu dominio\". Á fase carreira poderá acceder \"o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes\" e nela \"poderase poxar por direccións especialmente atractivas\". En decembro será a quenda para a fase aberta, \"na que todo o público poderá acceder ao dominio sen restricións\". O público xeral poderá acceder sen restricións ao dominio dende decembro Requisitos como ter \"un contido mínimo en lingua galega\", \"contidos relacionados coa cultura galega\" ou \"servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento\" guiarán o proceso no que todos os fondos recadados, explica a asociación, serán destinados \"ao fomento da presenza do galego na rede e nas novas tecnoloxías\". \"A utilización do .gal vai ser un elemento de visibilidade para os produtores, empresarios e comerciantes de produtos\" pero tamén para o sector tecnolóxico e o idioma propio, asegura González. Portal informativo do novo dominio"}
{"ID": "NOS_50204", "summary": "Primeiro foi Galiza. Aínda faltaban dous meses para que as universitarias e universitarios franceses tomasen París, cando o estudantado galego saíu ás rúas de Santiago de Compostela, nun dos conflitos máis destacados e definitorios da década dos sesenta. Foi o Marzo do 68 galego. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 286 ao respeito.", "text": "Non foi o capítulo galego do movemento francés. Mentres o estudantado parisiense poñía en cuestión a infraestrutura do sistema, o modo de produción, pero sobre todo a superestrutura, nunha lectura do conflito social que abriría camiños para o desarme da esquerda, as e os estudantes galegos presentaban unhas reivindicacións máis domésticas, por non dicir corporativas, nunha orientación xeral antifranquista, que se demostraría cos anos máis eficaces para as mudanzas políticas. Ao tempo, a loita levada adiante na Galiza presentaba grandes diferenzas coas que se desenvolvían en Madrid ou Catalunya, for nas reivindicacións formuladas, no ámbito da loita ou na metodoloxía mobilizadora. Os sucesos que estouparon en marzo de 1968 en Santiago de Compostela son o resultado dun combate que viña dos anos anteriores, acelerado nese mesmo curso polos cambios estruturais sufridos pola universidade galega, pero tamén polo escenario aberto após a elección da delegación estudantil, cunha maioría claramente democrática. A negativa do decano de Ciencias a recoñecer a nova representación e o seu rexeitamento a entregar os fondos económicos para o funcionamento da asociación de estudantes do centro, algo que acontecía no resto de facultades do distrito, provocou a convocatoria dunha primeira folga xeral nesa facultade o 15 de xaneiro de 1968, estendéndose os días seguintes a Dereito, Medicina e Económicas. A protesta non tardaría en saír á rúa, convocándose unha concentración na Praza do Toural en rexeitamento ao trato dado pola prensa, fundamentalmente o ABC e El Correo Gallego, ás mobilizacións, producíndose a consecuencia das mesmas as primeiras detencións e enfrontamentos coa policía. [Podes ler a información íntegra no número 286 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_13571", "summary": "As nacionalistas recorren á web change.org para sumar apoios a unha demanda que evite que \"un partido de extrema dereita que defende posicións franquistas\" utilice os medios públicos galegos para difundir a súa mensaxe.", "text": "Os destinatarios da petición do Bloque en change.org son a Junta Electoral Central, Santiago Abascal, Vox e a CRTVG. O debate está previsto para mañá, sexta feira, a partir das 10 horas no espazo Bos días, da Televisión de Galiza, e emitirase pola Radio Galega. As formacións convidadas pola dirección da CRTVG son o PP, o PSOE, En Común-Unidas Podemos, Ciudadanos, o BNG e Vox. Mais desde o Bloque cuestiónase a decisión da Xunta Electoral da Coruña (XEC) de considerar Vox como grupo político significativo na Galiza. \"Queremos manifestar o noso absoluto desacordo\", din as nacionalistas. \"En Galiza, Voz ten cero concelleiros e cero deputados\", lembran na petición, e sinalan que a formación de Santiago Abascal é \"un partido de estrema dereita que defende posicións franquistas, racistas, contrarias aos dereitos das mulleres, que quere acabar coas institucións galegas e prohibir os usos oficiais da nosa lingua e que ameaza coa ilegalización das forzas políticas democráticas que, como o BNG, defendemos o dereito das nosas nacións a existir e a decidir\". Por iso, piden a cidadanía que asinen a petición para que Vox non participe no debate da TVG. E animan o debate nas redes cos hashtag #StopVOX #DebateTVG Desde Vigo, tras participar nun encontro con representantes do sector da automoción e das auxiliares, a portavoz nacional, Ana Pontón tamén se refería a este asunto. \"É un disparate que esa extrema dereita poda seguir branqueando o seu discurso antidemocrático e de odio na TVG, e parécenos un despropósito que a XEC permita debater a unha forza que non ten ningunha implantación en Galiza\", alegou."}
{"ID": "NOS_37129", "summary": "A Ruada do Apalpador en Compostela incorpora este ano esa novidade: un tronco, de preferencia de carballo, que adoitaba prenderse nos fogares na noite do 24.", "text": "A tradición destas festas de Nadal en Galiza non acaba no bacallao con coliflor, o Apalpador ou as panxoliñas. É moito máis ampla, non ligada á relixión, e ímola coñecendo grazas á implicación e compromiso de recuperación e promulgación de diferentes entidades e colectivos. Como a escola Semente de Compostela, que este ano incorpora na súa tradicional Ruada do Apalpador o Natarego ou Tizón de Nadal. Que é iso? Pois é un gran madeiro de preferencia de carballo que se mantén aceso desde a noite do 24 de decembro na lareira até Ano Novo e que cando se apaga é novamente acendido durante as treboadas como elemento protector da casa, do gando e dos seus moradores. A xa tradicional ruada do Apalpador de Compostela organizada pola Semente conta este ano co apoio do Concello de Santiago. O pasarrúas sairá ás 18.00 h. do local da asociación cultural Gentalha do Pichel (Rúa de Santa Clara, 21) e percorrerá as rúas da zona vella compostelana para acompañar ao Apalpador, que repartirá castañas entre os nenos e nenas que se acheguen a saudalo. A ruada contará tamén coa participación de músicos, artistas de circo e familias vestidas con roupa tradicional, que escoltarán con fachos ao xigante do Caurel antes da súa visita ás casas o día 24 de decembro."}
{"ID": "NOS_15240", "summary": "A Televisión da Galiza (TVG) compartiu nas súas redes sociais unha información co titular: \"O cambio de protocolo do Goberno central obriga a retrasar o inicio do ensino secundario\". Enseguida usuarias e usuarios destas plataformas acusaron á CRTVG de manipulación. O propio conselleiro de Educación obvia as presións que recibiron dos institutos e bótalle a culpa ao equipo de Pedro Sánchez.", "text": "Un titular da TVG no seu perfil da rede social Facebook deu paso a bastante malestar por parte da súa comunidade de usuarias e usuarios. Baixo o título \"O cambio de protocolo do Goberno central obriga a retrasar o inicio do ensino secundario\", a canle televisiva quería promocionar unha nova sobre o traballo da Consellaría de Educación de cara ao inicio do curso. Porén, ao mesmo tempo molestou a moita xente que recordou nas mensaxes que \"as competencias\" en materia educativa están nas mans da Xunta, polo que o Executivo do Estado español pouco tivo que ver nos problemas que deron como resultado o retraso de, polo menos, unha semana na volta as aulas do alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP. \"Este tipo de manipulación igual pode incluso acarrear consecuencias xurídicas...\", reflexionou un usuario. \"Que asco da la tele comprada... Meses rascando la barriga la Conselleria de educación con la competencia de Educación en manos de la Comunidad autónoma y la culpa es del, central.. Qué manipulación!\", engadiu nunha mensaxe outra das persoas que accedeu á publicación. O malestar foi notábel entre moitas persoas porque co atraso tivo que ver, entre outras cuestións, o cambio de cara visíbel no departamento da Xunta. Ademais, a decisión de adiar ao 23 de setembro o inicio do curso tamén foi forzada pola negativa de moitos institutos a iniciar as clases sen ter claro con que recursos económicos, de espazo e de persoal ían contar. Os primeiros que levantaron a voz foron os equipos directivos de oito dos dez centros composteláns, e despois se sumaron desde Pontevedra e A Coruña. Dados os cambios de criterio da Xunta respecto a pasar do 1,5 metros á colocación de mamparas ou a recomendar un sistema semipresencial do alumnado nos centros, a directiva do IES Plurilingüe de Adormideras, na Coruña, mesmo chegou a dimitir. Na nova transmitida no telexornal explícase que \"a Xunta culpa ao Goberno do atraso na apertura do curso nos institutos\". Faino con imaxes do conselleiro Román Rodríguez, no CIFP A Xunqueira que visitou onte e que conta con recursos como as polémicas mamparas nos obradoiros. O representante do Executivo do país incidiu nos supostos \"cambios de criterio\" impostos por de Pedro Sánchez."}
{"ID": "NOS_34760", "summary": "O Xulgado considera que a proba practicada no xuízo acreditou \"de maneira suficiente\" que os materiais vertidos ao mar pola Autoridade Portuaria incluían, ademais de terra, material asfáltico contaminante.", "text": "O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra rexeitou o recurso interposto pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa contra a Xunta pola sanción que lle impuxo por unha infracción grave en materia de residuos e chans contaminados ao realizar un recheo no mar con materiais procedentes de obras ferroviarias. As resolucións impugnadas polo Porto estableceron o importe da sanción na contía de 20.000 euros \"de maneira motivada, atendendo á intencionalidade e ao volume da vertedura\", destaca a sentenza. O maxistrado indica que a resolución do 12 de maio de 2017 da Consellería de Medio Ambiente decidiu deixar en suspenso a obriga de reposición da situación alterada ao seu estado orixinario, así como a determinación exacta da maneira na que debería realizarse, ata que se culminen as obras de reparación do peirao adxudicadas en maio de 2015. \"Consecuentemente, queda fóra do obxecto deste preito a determinación da posibilidade ou non de executar a devandita reposición dos terreos, así como da mellor maneira para poder facelo. A Xunta haberá de ditar no futuro unha nova resolución sobre esta concreta cuestión e se o Porto discrepa do seu contido poderá impugnala nun novo proceso\", sinala o xuíz. O titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra destaca que a proba practicada no xuízo acreditou \"de maneira suficiente\" que os materiais vertidos ao mar pola Autoridade Portuaria incluían, ademais de terra, material asfáltico contaminante. Ademais, salienta que demostrou que a actividade realizada con eses materiais na súa vertedura ao mar merecía a cualificación de \"obra maior\" debido ao seu gran volume."}
{"ID": "NOS_50322", "summary": "As mulleres volven ao campamento de San Caetano. Non o fan para tomar o relevo dos homes. Fano, desta vez, para darlle a fin ás máis dun cento tendas de campaña que simbolizaron durante tres meses a loita do cerco.", "text": "A partir das 21h deste sábado espérase a chegada das mulleres do cerco ao campamento de San Caetano, onde terá lugar a \"derradeira cea\" e o esconxuro da queimada, que formarán parte dos actos de feche deste campamento reivindicativo que se erixiu durante tres mes aos pés do edificio administrativo da Xunta de Galiza. Concluída a cea, as mulleres, que portarán fachos, sairán nunha procesión simbólica cara a capela do Carme, onde reivindicarán que viven do mar\". Xa na xornada do domingo terá lugar o acto de levantamento das tendas de campaña, no que participarán todos os representantes do sector, convocados pola Acerga. As mulleres do cerco sinalan que continuarán a loita para informar e concienciar o pobo galego da problemática que atravesa a frota cerqueira. Para isto, desenvolverán unha xeira de actos informativos e reivindicativos en distintos puntos do país durante os próximos meses. Volta ao mar Esta segunda feira, 25 de xaneiro, os barcos do cerco voltarán ao mar. Mais fano coa reivindicación de restituír o anterior sistema de reparto de cotas lineal, é dicir, en función do número de tripulantes, no canto do sistema de capturas en base aos históricos. Acerga, que recoñece un incremento das capturas nun 17% respecto de 2015, denuncia o trato a favor da Consellaría do Mar aos 20 barcos que forman parte da asociación minoritaria Cerqueiros Galegos. Este colectivo defende un reparto en función das capturas históricas, o que vai en detrimento do resto da frota galega do cerco."}
{"ID": "PRAZA_11324", "summary": "Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral fai moi difícil anticipar un resultado. É recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandos", "text": "Xa temos data para as eleccións no UK. Esta semana o Parlamento encomendou aos británicos a difícil tarefa de sacar ao Reino Unido do bloqueo político no que se atopa a través duns comicios que se celebraran o 12 de decembro.Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral do UK fai moi difícil anticipar un resultadoAs eleccións prevén ser unha batalla política histórica na que o pais non so se xogara o seu futuro na UE se non a posibilidade de cambiar radicalmente a súa política económica.Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral do UK fai moi difícil anticipar un resultado. A correlación final de forzas vai depender de como se vote nas marginal constituencies, é dicir, nas circunscricións onde as diferenzas entre a primeira e a segunda forza son moi reducidas.Conservadores e Laboristas teñen por diante o reto de evitar a fuga de votos ao Brexit Party de Nigel Farage e aos Liberal Demócratas de Jo Swinson, convertidos nos dous polos antagonistas na batalla do Brexit.Por que se chegou agora a un acordo sobre as eleccións e non antes? Porque a Unión Europea aceptou estender o Brexit ate o 31 de xaneiro, desbotándose así a posibilidade dun No Deal antes dos comicios, como temía a oposición. O destino dos Laboristas pode ser máis brillante canto mellor lle vaia ao Brexit Party de Farage, porque iso significaría menos votos para os Conservadores e máis probabilidades de que os de Corbyn leven o deputadoAs sondaxes a nivel nacional dan unha maioría de 10 puntos aos conservadores. Semella cómoda, pero é menor que a que lle daban nas eleccións de 2017 a Theresa May onde os tories sacaron un resultado peor do agardado. Con todo, por como está deseñado o sistema electoral británico, unha sondaxe a nivel nacional non é indicativa de moito. As eleccións xogaranse nas circunscricións onde a diferenza entre as primeira e a segunda forza é moi reducida. Paradoxicamente, o destino dos Laboristas pode ser máis brillante canto mellor lle vaia ao Brexit Party de Farage, porque iso significaría menos votos para os Conservadores e máis probabilidades de que os de Corbyn leven o deputado. É recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandosCon este escenario, é recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandos. Esa foi a estratexia que seguiron hai meses os Liberal Demócratas e os nacionalistas galeses do Plaid Cymru (ambos Remainer) nunha circunscrición galesa, que finalmente os Libdem arrebataron ao partido Conservador. No bando Brexiteer, hai conversas do estilo. Algúns líderes locais do partido Conservador pediron ao Brexit Party de Nigel Farage que non se presentase en zonas nas que os de Johnson teñen unha vantaxe escasa. A intención dos de Farage é ter candidaturas aló onde lles sexa posíbel, aínda que hai meses fixeran a oferta de renunciar a certas constituencies a cambio de que os conservadores pedisen o voto polo Brexit Party en feudos tradicionais do Laborismo onde gañou a opción de saír da Unión Europea."}
{"ID": "PRAZA_6652", "summary": "O presidente da Xunta asegura no debate de política xeral que incrementará a atención á dependencia en 2.000 persoas despois de que o sistema perdese no último ano 2.260 beneficiarios, segundo datos oficiais. A oposición non advertiu esta circunstancia, se ben lle reprochou a tesoirada na aplicación desta lei.", "text": "\"Quero anunciarlles que, na liña de seguir atendendo o máximo número de dependentes posible, traballamos coa previsión de incorporar máis de 2.000 novas altas no sistema de dependencia de aquí a final de ano\". O presidente da Xunta, lanzaba esta promesa no marco do debate de política xeral, que comezou este martes. As persoas dependentes \"deben ser unha das grandes prioridades de calquera Estado do Benestar\" e atendéndoas \"non só pretendemos garantir\" os seus dereitos, \"senón tamén axudar os achegados que se fan cargos delas\". Ao longo de todo o debate o presidente obviou e a oposición non deu en advertir que ese incremento na atención, se chega a producirse, nin sequera servirá para compensar o recorte do último ano. Tal e como veñen alertando colectivos vinculados á atención á dependencia como a Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, a presente lexislatura do Estado estase a caracterizar por unha redución continuada do número de persoas que reciben prestacións derivadas da Lei da Dependencia. En Galicia, como informou Praza Pública, a mingua en Galicia é practicamente constante dende marzo de 2013, cando o sistema chegou ao que, polo momento, foi o seu teito, con case 39.800 persoas atendidas. Dende aquel momento o recorte medio na atención foi de case sete persoas ao día. No último ano o sistema perdeu 2.260 persoas atendidas, segundo o IMSERSO Esta perda de cobertura do Sistema de Atención á Dependencia xa supuxo que o 2013 fose o primeiro ano que pechou con menos persoas atendidas que o anterior dende a posta en marcha da propia lei e a tendencia continuou á baixa no último ano. Así, tomando como referencia o último mes do que existen datos no IMSERSO, o pasado agosto, e botando a vista doce meses atrás, é posible coñecer que en Galicia a cifra total de mulleres e homes dependentes con atención pública baixou case un 6%, pasando de 38.777 en 2013 a 36.517 no mesmo mes de 2014, isto é, 2.260 persoas menos. Así, se a proposta lanzada polo presidente se fai realidade apenas logrará cubrir a redución anterior. Esta circunstancia non foi advertida polos grupos da oposición nin nos seus discursos iniciais nin tampouco nas súas quendas de réplica. Así e todo, si houbo mencións máis ou menos xenéricas á redución no número total de persoas atendidas na intervención, por exemplo, do socialista José Luis Méndez Romeu, que lle reprochou a Feijóo que \"hoxe están atendidas menos persoas dependentes que hai tres anos\" e, ademias, \"incrementaron as listas de espera e duplicaron os copagos\" mentres \"o gasto por habitante é inferior á media estatal\". Asemade, Francisco Jorquera, do BNG, acusou o PP de estar a promover a \"demolición\" deste sistema. Feijóo volveu afirmar durante o debate que cando chegou ao Goberno había 14.000 dependentes atendidos, pero eran 25.000 Nunha das súas respostas Feijóo tamén retomou a cuestión, aínda que sen comparar en ningún momento a súa promesa co panorama xeral. Para retrucarlle a Romeu o xefe do Executivo botou man de datos que xa utilizara noutras ocasións e que non se corresponden coa base de datos oficial, a do IMSERSO. \"Cando vostede deixou o Goberno se pagaban 14.000 dependentes e agora se pagan 38.000\", afirmou para responderlle ao PSdeG. No entanto, os datos din que cando o bipartito abandonou San Caetano non había 14.000 persoas dependentes atendidas, senón 25.540, e na actualidade non hai 38.000, senón as devanditas 36.517."}
{"ID": "NOS_43707", "summary": "Os casos activos descenden a 16.824 e a taxa de positividade mantense por riba de 10%.", "text": "Galiza inicia a segunda semana de agosto por baixo do milleiro de contaxios de Covid-19 e mantén a tendencia descendente na conta dos casos activos. Con todo, os pacientes hospitalizados polo coronavirus aumentan a 341, o que supón 25 máis que o día anterior e 13 máis que fai sete días. Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta segunda feira con rexistros de até as 18 horas do domingo, as persoas ingresadas pola Covid en UCI mantéñense en 55 e as hospitalizadas noutras unidades aumentan a 286, 25 máis que o último día. Pola súa banda, 16.483 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe nas sete, coa da Coruña e Cee á cabeza con 17 pacientes Covid en UCI e 80 noutras unidades. Caen os casos activos Os casos activos de Covid manteñen a tendencia descendente por cuarta xornada consecutiva e redúcense a 16.824, que constitúen 465 menos que o día anterior. Con respecto a hai unha semana, Galiza conta con 1.983 casos activos de Covid-19 menos que os 18.807 rexistrados o pasado 2 de agosto. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden de novo en todas as áreas menos na da Coruña (+48). Así, redúcense nas de Vigo (-177), Santiago (-115), Lugo (-101), Pontevedra e O Salnés (-77), Ourense (-37) e Ferrol (-6). A área da Coruña mantense á cabeza en número de infeccións activas, con 4.619, seguida da de Vigo, con 4.098; Pontevedra, con 2.109; Lugo, con 1.914; Santiago e Barbanza, con 1.804; Ourense, con 1.275, e Ferrol, con 1.005. Descenden os contaxios Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 caen por baixo do milleiro até os 811, o que supón 208 menos que os rexistrados onte e os 128 de hai unha semana. Do total, A Coruña suma 316; Vigo, 123; Pontevedra, 104; Santiago, 80; Lugo, 74; Ferrol, 73 e Ourense, 41. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza aumentan a 2.493 após notificar as autoridades sanitarias outra vítima mortal este domingo. Este óbito corresponde a un home de 83 anos que faleceu este sábado 7 de agosto no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)."}
{"ID": "NOS_56774", "summary": "O BNG considera \"inaceptábel\" que non se atenda o déficit histórico en infraestruturas, especialmente sangrante no caso dos camiños de ferro interiores.", "text": "O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, durante a intervención na Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cualificou como \"insuficientes\" os investimentos en infraestruturas previstos para a Galiza e advertiu que, se non houber modificacións substanciais no proceso de debate, o BNG votará en contra dos Orzamentos do Estado por seren \"inaceptábeis e discriminar gravemente o noso país en materia de infraestruturas de transportes e mobilidade de forma moi evidente\". O deputado nacionalista denunciou o déficit histórico en infraestruturas ferroviarias que padece a Galiza así como o estado \"calamitoso\" en que se encontran algunhas liñas e salientou que por iso o BNG priorizou as actuacións nos camiños de ferro no acordo de investidura asinado no mes de xaneiro. Rego salientou tamén que, pese a que os responsábeis do Ministerio enfatizan que se triplican os recursos para modernizar as cercanías na Galiza non existe un servizo merecente de tal nome, mais tampouco se prevén investimentos para o pór en marcha, e reivindicou unir por tren Santiago e Lugo. Néstor Rego sinalou que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana non prevé ningunha partida orzamentaria para a liña A Coruña-Lugo nin para a conexión ferroviaria co porto exterior de Punta Langosteria e tampouco para a liña de FEVE, que articula todo o norte do país entre Ferrol e Ribadeo. Ademais, a modernización da liña A Coruña-Ferrol só conta cunha partida simbólica que non permitirá adiantar ningunha actuación. En canto ás liñas de alta velocidade, Rego destacou a previsión \"ridícula\" para a variante de Ourense (apenas 29 millóns de euros sobre un total de 636 en que está orzamentada a obra) e a falta de partidas orzamentarias para a conexión do Eixo atlántico entre Vigo e a fronteira portuguesa que cualificou de \"imprescindíbel para completar esa liña e conectar con Portugal\". Lembrou que a propia Ministra de Cohesión Territorial portuguesa, Ana Abrunhosa, criticaba públicamente o Goberno español por pretender impor como prioritario para as infraestruturas ferroviarias de Portugal a liña Lisboa-Madrid, cando o obxectivo central do Goberno portugués é a conexión Lisboa-Porto-Vigo. Aliás, o diputado nacionalista cuestionou que outras dúas actuacións importantes como a A-56, entre Ourense e Lugo, e a A-74, na Mariña, só conten con partidas simbólicas, \"o que evidencia a falta de interese do Ministerio por estas actuacións."}
{"ID": "NOS_50078", "summary": "\"As persoas con autismo loitan cada día polo respecto á súa dignidade como cidadáns de pleno dereito, e os representantes públicos teñen especial responsabilidade no seu tratamento axeitado\", sinala a confederación de Autismo do Estado español.", "text": "A confederación Autismo España reprendeu o presidente da Xunta da Galiza e candidato a liderar o PP, Alberto Núñez Feixoo, por utilizar a palabra \"autista\" de maneira \"pexorativa\". En concreto, a confederación refírese ás declaracións que fixo Feixoo esta segunda feira nun acto na Coruña, cando cualificou o Goberno estatal de \"autista\" ante as protestas na rúa de transportistas e outros sectores afectados pola suba dos carburantes. Autismo España criticou o uso do termo autista neste contexto. \"Desafortunadas palabras de Feixoo, utilizando 'autista' de maneira pexorativa. As persoas con autismo loitan cada día polo respecto á súa dignidade como cidadáns de pleno dereito, e os representantes públicos teñen especial responsabilidade no seu tratamento axeitado\", subliñou a confederación nunha mensaxe difundida nas súas redes sociais. Aliás, Autismo España remítese a un artigo publicado na súa web en maio de 2020 no que explica como usar correctamente o concepto de autismo. Neste texto sinala que o tratamento inadecuado e pexorativo do autismo pode considerarse \"unha ofensa\" contra a imaxe social das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Denegan as axudas a dúas crianzas con autismo sen ter en conta a renda familiar \"Expresións como 'autismo social' ou 'autismo político' imprimen unha imaxe negativa de conceptos que nada teñen que ver co trastorno do espectro do autismo e as persoas que o presentan\", explica a confederación. No caso do autismo, puntualizan, non é froito de condutas conscientes ou elixidas, senón que se trata dun trastorno \"de orixe neurobiolóxica coa que unha persoa nace e que a acompaña ao longo da súa vida\". Por iso, consideran que empregar a palabra 'autista' neses contextos torna nunha \"falta de sensibilidade\" cara ás máis de 450.000 persoas con TEA que residen no conxunto do Estado español —arredor de 27.000 na Galiza—. A inserción laboral, principal traba social coa que se atopan as persoas coa síndrome de Asperger Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou o presidente da Xunta a rectificar: \"É unha falta de respecto ás persoas co trastorno do espectro autista e ás súas familias, indigna dun presidente da Xunta\"."}
{"ID": "NOS_6202", "summary": "O que parecía o primeiro paso para sentar as bases dunha patronal cohesionada voou polo aire coa dimisión en pouco máis de 48 do presidente da CEG. O proceso electoral é o novo campo de batalla interno dunha organización chamada a liderar o empresariado e que vai camiño dos tres anos sen presidente.", "text": "Hoxe Galiza amenceu un día máis sen unha persoa que represente no país os intereses do mundo empresarial desde a propia patronal. Pouco máis de 48 horas despois de ser elixido presidente da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), o ourensán José Manuel Díaz Barreiros anunciaba para sorpresa de moitas persoas a súa renuncia a liderar a CEG. O motivo, as dúbidas de varios asociados sobre a legalidade do proceso electoral. Díaz Barreiros accedera á Presidencia após a renuncia, momentos antes do comezo da Asemblea Xeral Electoral do pasado 24 de novembro, do outro aspirante, Pedro Rey, apoiado polo empresariado de Pontevedra, o mesmo que esta mesma semana remitía varios escritos á CEG solicitando información do proceso. Eses escritos estaban asinados polos vocais representantes de Asime, Enrique Mallón; de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire; da patronal dos centros de ensino privado (CECE), Antonio Diéter Moure, e pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) o seu presidente Jorge Cebreiros. O xermolo das disputas Algúns destes nomes están detrás dos últimos episodios dun relato de disputas que comezou na presidencia do empresario pontevedrés José Manuel Fernández Alvariño, con el e o seu antecesor, Antonio Fontenla, presidente dos empresarios da Coruña, como protagonistas. Unha lea que acabou coa saída de Fernández Alvariño e cunha fonda división entre norte e sur. Tomou o relevo Diéter Moure en 2016, que gañou as eleccións por unha marxe moi axustada a José Manuel Pérez Canal, ex presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) da que o agora presidente saínte, Díaz Barreiros, era vicepresidente. Estivo no cargo pouco máis de dez meses. Renunciou tras perder o apoio das provinciais ─só contaba co das sectoriais─. Sucedeuno Antón Arias, até entón vicepresidente da patronal coruñesa. Na votación (100 apoios e 64 votos en contra) quedou de manifesto a forte división existente entre as patronais da Coruña e Lugo coas de Pontevedra e Ourense. A súa designación como candidato a última hora fora interpretada por estas como unha traizón, xa que a idea inicial era buscar un candidato de consenso. Cando faltaban dous días para cumprir un ano no cargo, Arias, partidario de subir salarios e contrario á reforma laboral, presentou a súa dimisión. Era xaneiro de 2018. Horizonte despexado Desde entón e até o pasado 24 de novembro, a patronal permaneceu sen presidente. Antonio Fontenla, como vicepresidente de maior idade, exerceu como portavoz. Mais as leas seguiron, e mesmo Pontevedra anunciou a súa saída da institución. O proceso electoral era o momento de pacificar a situación. O día 17 presentáronse dous candidatos, Rey e Díaz Barreiros, máis no último momento só quedou a candidatura do segundo, que foi elixido presidente por aclamación. No seu discurso de investidura, Díaz Barreiros fixou como principal obxectivo levar a paz á patronal. Tiña o camiño despexado, xa que o seu rival, Pedro Rey, brindáralle explicitamente o seu apoio, posto que os programas de ambos os dous eran bastante coincidentes. Ademais, semanas antes, a institución lograra sacar adiante as contas de 2018 e 2019, co cal non tiña rémoras para levar a cabo o seu proxecto. Porén, non contaba con que a súa designación se puxese en dúbida. Por ese motivo, e para \"protexer a boa imaxe da institución, que está por encima dos asociados\", presentou a súa renuncia. E volven as leas O comunicado de renuncia desta quinta feira non sentou nada ben ás persoas sinaladas, que afirmaron que \"en ningún momento\" puxeron en cuestión a elección ou nomeamento de Díaz Barreiros \"e si a necesidade do lóxico e obrigado escrutinio de votos xa emitidos\" telematicamente para, segundo din, \"achegar cordura e coherencia a un proceso de votación paralizado sorpresivamente e viciado totalmente\". Segundo argumentan, a elección por aclamación que defenden \"é xurídica e legalmente imposíbel\" dado que 47 vogais da asemblea xa votaran telematicamente. Mallón, Diéter e José Antonio Vázquez Freire cualifican este proceder de \"auténtica chapuza electoral\", ao tempo que consideran que \"non se dimite por solicitar uns vogais o reconto lexítimo dos votos, algo que aínda en calquera república bananeira sería posíbel, senón que seguramente se dimite porque hai temor a que calquera vogal impugne un proceso de votación que eles viciaron\". Consideran que \"chegou o momento\" no que representantes empresariais \"que levan demasiado tempo manipulando\" e que empezan a mostrar \"actitudes máis similares a réximes ditatoriais\" se retiren da vida pública e asociativa para tentar erradicar \"actuacións absolutamente deplorábeis e dar paso a savia nova\". \"Ninguén os botará en falta\", conclúen."}
{"ID": "NOS_23139", "summary": "No centro de Gondomar hai 105 enfermas, entre usuarias e traballadoras. Nas infraestruturas de atención á discapacidade hai 40 casos activos segundo informan as autoridades sanitarias. Para ter un maior control anunciouse que haberá cribados semanais.", "text": "O foco de coronavirus detectado na residencia Vila do Conde, de Gondomar, que onte pasou dunhas poucas afectadas a 105 doentes eleva a cifra de casos activos nas residencias galegas aos 457. Iso tan só sumando ás e aos usuarios, pois os cadros de persoal dispoñen de 203 persoas menos por ter síntomas da Covid-19. Malia que na comunidade educativa do país hai máis positivos, a Consellaría de Política Social é consciente de que hai un maior risco para a saúde entre as residentes dos xeriátricos. Así o proba o feito de que moitas das vítimas da pandemia até o de agora viviran nestas instalacións. Malia que do parte diario saíron sete pacientes da San Cibrao, de Cervo; oito da Salvaterra de Miño e un de Monforte e Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, respectivamente, a detección de tantos contaxios en Gondomar non permite rebaixar as estatísticas. Neste momento, o surto máis amplo é o do Asilo de Vilalba, onde hai 117 residentes infectadas. Despois está a residencia Doral de Mos con 100 e en terceiro lugar colocouse Vila do Conde con 89 positivos tan só entre as e os usuarios. Outros dos centros con máis presenza do virus son a Residencia Pontevedra de Vilaboa (29); a San Antonio de Beariz (22); a DomusVi Ribadumia (21); a San Cibrao (14); a Ballesol Vigo (11) e a CRAPD Vigo II (10). Atención á discapacidade No que se refire exclusivamente a traballadoras e traballadores, na actualidade hai 203 en corentena por ter síntomas, ademais de que seguramente haxa máis xente polos contactos estreitos. Pero a Xunta non apunta ese dato. O número de instalacións polas que se reparten estes casos é moi elevado. Para aumentar o control destes gromos, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, anunciou hoxe após o Consello que comezarán a facer cribados semanais nestas infraestruturas. Tamén os centros de atención á discapacidade da Galiza están a padecer o virus pois, segundo o informe das autoridades, nesta quinta feira hai 30 infectadas entre as e os beneficiarios e 11 nos cadros de persoal. A San Vicente Paúl de Lugo ten 18 das infectadas mentres que outras 10 están na Doral de Mos. É aquí tamén a onde pertencen a maioría das operarias con coronavirus."}
{"ID": "NOS_33797", "summary": "A psicóloga social María Fidalgo intervén nesta cuarta feira, día 16, nas xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo, nas que compartirá palestra coa mediadora intercultural Rut León. Migrante e formadora en migracións e xénero, a activista fala con Sermos Galiza sobre identidades e territorios, fronteiras e migracións, nunha sesión que propón unha visión da interseccionalidade desde o vivencial.", "text": "Como é o traballo que desenvolve co colectivo Raias Travesseiras? Desde Raias Travesseiras, o colectivo do que fago parte, enfocamos as fronteiras, desde o feminismo, cunha tripla perspectiva. Por unha banda, a dimensión física. Aí facemos denuncia das políticas migratorias e de fronteiras, para colocar o foco na represión e a violencia que supoñen as fronteiras físicas entre territorios. Isto ten que ver con procesos coloniais, de dominación e implantación de territorios e de creación dunhas fronteiras que atenden a intereses xeopolíticos e económicos. En segundo local, fixámonos nas fronteiras internas ou invisíbeis, é dicir, aquelas que están dentro dos territorios e teñen unha actuación, digamos, máis sutil, pero cun nivel de violencia moi intenso sobre as persoas migradas e incluso as refuxiadas, porque operan coa intencionalidade de controlar e de reprimir. Falamos, por exemplo, dos centros de internamento de persoas estranxeiras que existen en territorio territorio español e noutros países da Unión Europea, da Lei de estranxeiría ou as redadas racistas. Ademais de reprimir e controlar, todas elas teñen outra función, que é a de crear a idea dun inimigo interno, un perigo ao que hai que dar resposta represiva e, por tanto, xerar unha fractura da poboación; facer ver a poboación migrante como ese 'outro' perigoso. En terceiro lugar traballamos moito coas fronteiras na construción das identidades ou das subxectividades, entendéndoas como eses territorios marcados por un sistema CIS-heteropatriarcal, colonial e incluso monógamo, que determina desde onde podemos construír o noso eu, a nosa identidade, o noso estar no mundo, o noso desexo… Son fronteiras que transitamos e que poden ter consecuencias máis ou menos atravesadas, e tamén teñen como obxectivo controlar, someter, manter unha orde desigual, asimétrica. Di vostede que falar de fronteiras é falar de desigualdade. É falar de asimetrías causadas polo sistema capitalista, colonial e patriarcal, que ataca as condicións de vida das persoas e a natureza provocando o desprazamento de miles de persoas. De que maneira pode o feminismo axudar a subverter estas desigualdades? A perspectiva feminista é fundamental dado que falamos dun movemento que cuestiona as relacións de poder e que debería ter como obxectivo desmontalas. Relacións de poder desde unha perspectiva de xénero, pero tamén de clase, de procedencia, de cor de pel, de corporalidade… Desde aí é desde onde nos situamos en Raias Travesseiras. E tamén, o feminismo é fundamental cando nos situamos nunha defensa da centralidade da vida fronte a esas políticas capitalistas e patriarcais devastadoras; para colocar no centro, non o lucro e o capital, senón a necesidade de manter as persoas e o propio planeta nunhas condicións de vida mínimas de dignidade. Como enfoca estes procesos migratorios? Falamos dos coidados e de como os fenómenos migratorios responden a unha crise dos coidados nos países do sur, que foron consecuencia, no seu día, dos procesos coloniais e das políticas neoliberais implantadas sucesivamente. Aí temos o caso recente de Ecuador e das conquistas indíxenas ao poñer freo a unha serie de políticas de axuste estrutural que impiden desenvolver a vida, as culturas tradicionais e a sustentabilidade do territorio, ao empregalo todo como factor de enriquecemento e de acumulación de capital para grupos de poder e empresas transnacionais. Así é como se empurra as persoas a migrar a lugares onde tamén se precisa atender as necesidades de coidados, lugares que necesitan man de obra barata, sometida, que solucione os coidados. Falamos do emprego do fogar e das cadeas transnacionais dos coidados, de mulleres que viaxan miles de quilómetros para atender esas necesidades de coidados nesta beira do océano baixo unhas condicións laborais moi precarias. No caso da Galiza, que é un país moi envellecido, a demanda de coidado é moi alta e unha grandísima parte do continxente que traballa no coidado son mulleres migradas e racializadas. Falar de fronteiras é falar de asimetrías causadas polo sistema capitalista, colonial e patriarcal, que ataca as condicións de vida e a natureza provocando o desprazamento de miles de persoas As mulleres resultan ser, logo, as máis vulnerábeis. As mulleres migradas, neste caso, porque aquí operan distintos eixos: de racialidade, de procedencia, de clase... Son mulleres que en moitos casos xa viviron unha migración previa, desde o rural de procedencia ás cidades, por ese proxecto colonial que impide que as comunidades poidan seguir cos seus medios de vida, de agricultura e de uso dos bens comúns para manterse. Despois, a implantación de políticas de axuste neoliberal que aumentan o custo da vida e flexibilizan as condicións laborais conduce a que as persoas, aínda estando empregadas, non poidan seguir sustentando as súas familias, o que deriva neses procesos migratorios. Cando falamos de interseccionalidade desde o vivencial, a que nos referimos? Estamos falando dela, cando falamos de todos eses factores que operan para crear unhas condicións laborais e de vida das traballadoras migrantes. A min paréceme moi necesario que entendamos o vivencial como a forma de construír un pensamento e unha práctica política que atravesa a nosa vivencia. Porque ás veces o que se nos pide ás persoas migradas ou que, por diversos motivos, estamos nas marxes é que contemos a nosa vivencia como algo que só atinxe a nosa experiencia individual, e restando o contido político e estrutural da nosa vivencia. Desde outro lugar, que cuestiona a colonialidade e é por tanto un lugar subalterno, é desde onde queremos intervir. A vivencia serve para alimentar unha práctica política e un pensamento político. Vostede está moi implicada no traballo a prol da renda básica das iguais , e mesmo formou parte do grupo de estudo da viabilidade dunha medida deste tipo na Galiza. Que concluíu? As condicións eran viables no momento do estudo, que se publicou xa en 2010, e seguirían a selo hoxe. Cando falamos de garantir as condicións de vida e garantir os procesos de transformación social, na nosa perspectiva, o modelo de renda básica que defendemos –a das iguais– non é só unha ferramenta para paliar o capitalismo colonial e patriarcal, senón unha ferramenta para transformar a realidade desde abaixo, garantindo as condicións de vida e de dignidade das persoas desde hoxe. Pero cando falamos de rendas básicas téndese a ver a cuestión económica nun primeiro plano, cando do que estamos falando é de poñer nun primeiro plano a vida, de poñer a vida no centro, por iso digo que temos que descolonizar tamén o pensamento. Do mesmo xeito, non é unha cuestión económica a que impediría o seu desenvolvemento dunha proposta dese tipo, senón de vontade política e de prioridades, de onde colocamos o foco, e desde a esquerda tamén necesitamos repensarnos, porque tamén temos os nosos mecanismos de resistencia a colocar ese elemento de garantir unha vida con liberdade e con dignidade no centro."}
{"ID": "NOS_56799", "summary": "O Ministerio de Defensa ruso vén de acusar as forzas armadas ucraínas de teren utilizado armas químicas durante un ataque na rexión de Zaporiyia.", "text": "O Ministerio de Defensa ruso vén de acusar as forzas armadas ucraínas de teren utilizado armas químicas durante un ataque na rexión de Zaporiyia, onde se veñen rexistrando múltiples combates nas últimas semanas. Guterres visita Ucraína e Rusia pide que se implique en Zaporiyia De acordo coa versión rusa, após un ataque encontráronse restos dunha neurotoxina en varios soldados, o que indicaría que o exército ucraíno utilizou armamento químico. A este respecto, Moscova indicou que vai enviar as probas á Organización para a Prohibición de Armas Químicas (OPAQ) ao tempo que acusou Ucraína de recorrer \"ao terrorismo químico\" despois de \"dúas derrotas militares no terreo\". Medo recorrente A utilización de armas químicas ten sido un medo recorrente desde que o día 24 de febreiro Rusia invadise Ucraína, con acusacións por parte de ambos os bandos. Con todo, non existe un rexistro oficial de que, nesta ocasión, as tropas ucraínas teñan utilizado este tipo de armamento. Existe o risco real dun accidente nuclear na central de Zaporiyia, en Ucraína? Refuxiados e baixas civís e militares A guerra provocou un total de perto de 12 millóns de refuxiados e, na actualidade, descoñécese o número real de baixas civil e militares. A Organización das Nacións Unidas (ONU), a este respecto, indica que, segundo as súas previsións, estas cifras serán \"elevadas\"."}
{"ID": "PRAZA_673", "summary": "Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa M. Verdugo analizan en El putero español as motivacións dos clientes da prostitución, que en moitos casos buscan cousas distintas ao sexo, coma unha relación de dominación ou a reafirmación da masculinidade. Falamos coa profesora Águeda Gómez (UVigo)", "text": "\"Algo que venden y nosotros lo compramos (…) pero es como una relación de poder, es decir, yo pago y por tanto haces lo que yo quiera ¿no? (…) el poder a través del dinero (…) tener esa sensación de poder, a lo mejor en eso también está envuelto descargar mucha frustración\". Así define a prostitución e as motivacións que levan aos homes a pagar por sexo unha das cen persoas entrevistadas (un home da Coruña, neste caso) que conforman El putero español (Editorial Catarata), unha investigación realizada pola profesora da USC Rosa M. Verdugo, a investigadora Silvia Pérez e a docente da Universidade de Vigo Águeda Gómez, con quen falamos. Na análise, financiada polo Instituto da Muller, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Concello de Ourense, as autoras conclúen que en moitos dos casos o que os clientes buscan vai máis aló do pracer ou o desafogo sexual, e que en moitos casos as motivacións son comlpetamente alleas ao sexo: \"Sospeitamos que o que buscan é reforzar, reafirmar a súa identidade viril masculina, máis que o pracer sexual en si. Aínda que nas súas respostas adoitan apelar á satisfacción sexual, eles mesmos recoñecen que en moitas ocasións estas relacións non son tan satisfactorias, polas condicións nas que se levan a cabo ou porque a muller tenta que acaben canto antes\". Catro tipos de clientes As autoras clasifican os clientes en catro grandes grupos: o misóxino, o amigo, o crítico e o mercantilista As autoras clasifican os clientes en catro grandes grupos: o misóxino, o amigo, o crítico e o mercantilista. O primeiro grupo está formado por persoas que mostran \"un desprezo moi grande cara as mulleres\". No segundo grupo os homes \"desenvolven a súa sociabilidade en espazos prostitucionais e que acaban tendo relacións afectivas ou incluso de parella coas prostitutas, que empatizan con elas, pero que nunca deixan de exercer o privilexio de consumir\". Definen como cliente crítico a aquel que, aínda que aínda que consumiu prostitución algunha vez \"por ser parte da subcultura masculina e habitual en despedidas de solteiros, ceas de empresa, festas de fin de curso\" entende que detrás deste negocio hai \"xente sufrindo e que o sexo de pago é un produto do capitalismo e do patriarcado\". \"Interpretan este espazo con lóxicas de dereito do consumidor, mercantilizando as relacións humanas. Non lles xera ningún dilema ético ou moral nin pensan no que hai máis alá deste acto\" O grupo que máis lles chamou a atención ás investigadoras é o que denominaron mercantilista, que ademais se corresponde coas xeracións máis novas: \"Detectamos que hai xente moi nova, universitaria, mesmo adolescentes, que seguen acudindo a estes espazos prostitucionais, e que combinan isto con relacións normais coas súas parellas\". \"É coma se relacionasen este espazo co ocio e co consumo. Eles o que fan é comprar algo que se vende\", explica. \"Non teñen un discurso misóxino ou de rexeitamento da muller, senón que acoden á prostitución como un produto de consumo máis, como mercan roupa nunha tenda ou cambian a carcase do seu móbil. E neste caso o que fan é mercar emocións\", di. \"Mesmo sendo xente nova, formada, criados nunha educación non sexista, interpretan este espazo con lóxicas de dereito do consumidor, mercantilizando as relacións humanas. Non lles xera ningún dilema ético ou moral nin pensan no que hai máis alá deste acto. E neste perfil atopamos todo tipo de homes, de todo tipo de nivel formativo, de ocupación, de idade e de ideoloxía, tanto de dereitas como de esquerdas\", comenta. \"Anemia afectiva\" Mantense \"unha figura do home vinculada a unha especie de hipersexualización da súa condición de home, e semella que iso o teñen que demostrar todo o tempo, sobre todo ante outros varóns\" Águeda Gómez explica que \"ata hai trinta anos a figura do home tradicional estaba moi relacionada co seu rol de pai, de provedor, de protector\". Porén, hoxe o home xa non é provedor exclusivo, o que borra ese referente tradicional. O que si se mantén, di, \"é unha figura do home vinculada a unha especie de hipersexualización da súa condición de home, e semella que iso o teñen que demostrar todo o tempo, sobre todo ante outros varóns\". \"No espazo prostitucional teatralízase ese despregue de masculinidade excesiva, supostamente natural e necesaria para un equilibrio psicolóxico do varón\", comenta. \"Moitos dicían 'é que eu o necesito', como se as mulleres non tivésemos necesidades sexuais. Pola mesma tradición xudeocristiana, a nós víusenos como figuras procreadoras pero asexuadas, coma se iso non fose importante para nós. Todo o contrario que para o home, para quen o sexo tería que formar parte da súa natureza necesariamente\", destaca. \"O relato da pornografía relaciona a erotización cunha subordinación ou dominación da muller. Pero cando teñen unha relación de iguais, non pagada, teñen que negociar coa outra persoa e non poden reproducilo así\" Á vista das testemuñas directas que participan no libro, a profesora Gómez tamén o vincula \"ao proceso de erotización que en moitos casos se realiza a través da pornografía e con referencias a ela\". \"O relato da pornografía relaciona a erotización cunha subordinación ou dominación da muller polo home; eles queren reproducir iso, porque iso foi o que os erotizou, pero cando teñen unha relación de iguais, non pagada, teñen que negociar coa outra persoa e non poden reproducilo así\", explica. \"No espazo prostitucional, como eles son os que pagan, eles son os que mandan, e poden recrear iso que viron na pornografía\", engade. \"Hombres en estado puro, donde pueden manifestar todo el machismo que tengan, e incluso nosotras les aplaudimos porque el juego está así pactado (…). Hay clientes que se creen que por pagarle a una… no tenemos sentimientos y te pueden pedir cualquier cosa\", destaca unha das mulleres en prostitución entrevistadas, de orixe cubana. \"A educación fai moita énfase en certos aspectos, coma a prevención das enfermidades de transmisión sexual, pero non tanto no coñecemento do corpo humano, ou nas relacións que se poden manter con outra persoa\" Para Gómez, isto denota \"unha carencia de referentes afectivo-sexuais\". \"A educación fai moita énfase en certos aspectos, coma a prevención das enfermidades de transmisión sexual, pero non tanto no coñecemento do corpo humano, ou nas relacións que se poden manter con outra persoa\", destaca. A investigadora subliña que \"a nosa educación xudeo-cristiana é moi misóxina, moi androcéntrica e moi homofóbica. Todo iso desemboca en moitas carencias afectivo-sexuais, herdadas tamén da ditadura, e que se foron reproducindo, sen que houbese unha revolución suficiente na educación regrada como para poder cambiar ese tipo de enfoques\". Chega a falar dunha \"anemia afectiva\" xeneralizada na sociedade, que afecta a homes e a mulleres. \"Vemos as grandes diferenzas que existen con outras culturas e outros países, nos que hai unha comunicación moito maior entre as persoas, cunha relación co corpo distinta, moito máis plena e consciente, e nos que a prostitución existe unicamente para os turistas\", di. \"O consumo masivo de prostitución existente en España é un síntoma de que algo está fallando, de que hai unha certa infelicidade en moitas persoas, que non son quen de ter unha vida sexual plena\", conclúe. Programas televisivos como Mujeres y hombres y viceversa \"difunden modelos esterotipados, tradicionais e machistas que non axudan a cambiar os modelos de relación\" Para a profesora do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo, \"se tivésemos outro tipo de referentes, iso evitaría esa teima por reproducir situacións de subordinación ou dominación\". E destaca que programas televisivos como Mujeres y hombres y viceversa \"difunden modelos esterotipados, tradicionais e machistas que non axudan a cambiar os modelos de relación\". \"Na India\" -comenta- \"en templos relixiosos, ves figuras practicando o acto sexual en diferentes posturas, alí entenden que a vía da sexualidade é válida para o acceso á transcendencia, ao sagrado. E en cambio aquí consideramos a sexualidade como algo sucio, algo que hai que esconder, e iso leva a que vivamos unha relacións que non son plenas\". España, á cabeza do consumo de sexo de pago \"Queremos que este libro sexa unha pequena achega para abrir unha reflexión sobre os motivos polos que se acode tan masivamente ao sexo de pago\" Águeda Gómez rexeita entrar no debate entre a abolición e legalización da prostitución, senón que prefire ir á base e ás causas da demanda de sexo de pago, que en España acada cifras de récord: \"Non queremos meternos en ámbitos máis xurídicos, pero si cremos que é importante cambiar a mentalidade hexemónica, cremos que a énfase ten que estar na educación\". \"Queremos que este libro sexa unha pequena achega para abrir unha reflexión sobre os motivos polos que se acode tan masivamente ao sexo de pago, cando vivimos en sociedades libres nas que se debería poder canalizar este desexo sexual sen dirixirse a espazos de poder nos que o que paga é o que manda\", di. No libro cítase neste senso un fragmento do libro de Manuel Castells e Marina Subirats Mujeres y hombres. ¿Un amor imposible?, no que destacan que \"A reconstrución da relación entre mulleres e homes pasa por unha aceptación mutua da fin do patriarcado como forma de organización básica da familia e da sociedade\". Un informe de 2007 calculou que ao redor de 300.000 mulleres exercen a prostitución no conxunto do Estado Un informe elaborado pola Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e da Igualdade de Oportunidades do Congreso dos Deputados en 2007 calculou que ao redor de 300.000 mulleres exercen a prostitución no conxunto do Estado, sendo a gran maioría pobres, inmigrantes e en situación irregular, e que o 99,7% dos clientes son homes. Ese mesmo informe calculaba que os españois gastaban 50 millóns de euros diarios en prostitución. Outro estudo, publicado en 2006, sinalaba que o 11% dos homes españois demandaran servizos sexuais no último ano, unha proporción que duplicaba as cifras de Portugal ou Alemaña e que multiplicaba por dez as cifras de Francia ou Reino Unido. A investigación de Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa M. Verdugo componse dun cento de entrevistas a mulleres que exercen a prostitución (43), clientes (29), empregados e donos de clubs de alterne e traballadores e traballadoras sociais, ademais de varios grupos de discusión. Unha parte moi importante destas entrevistas realizáronse en Galicia, debido á procedencia das investigadoras e a que a parte principal do financiamento do estudo partiu da Universidade de Vigo e do Concello de Ourense. As autoras sinalan que en Galicia funcionan máis de 240 clubs de alterne e uns 323 pisos de contactos, cunha distribución, común a todo o norte de España, de locais de pequeno tamaño A realidade da prostitución en Galicia está recollida de forma exhaustiva, polo tanto. As autoras sinalan que en Galicia funcionan máis de 240 clubs de alterne e uns 323 pisos de contactos, cunha distribución, común a todo o norte de España, de locais de pequeno tamaño, xestionados \"de forma semellante a unha empresa familiar\", normalmente por persoas da propia localidade \"integrados na vida municipal a través do patrocinio dalgún club de fútbol do lugar ou doutro tipo de actividades locais\". O libro lembra outros estudos recentes, que sinalan a procedencia maioritaria do Brasil das traballadoras do sexo en Galicia. Tamén realiza unha análise da rede de prostitución descuberta no marco da Operación Carioca, coas súas múltiples conexións con instancias políticas e policiais."}
{"ID": "PRAZA_16721", "summary": "\"As dilixencias de investigación conclúen que non se pode acreditar unha planificación criminal organizada\", advirte o informe presentado polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, que insiste en que as conclusións sobre as causas do lume son semellantes ás de hai unha década. O delegado do Goberno central négase a comparecer na comisión de incendios do Parlamento", "text": "O delegado do Goberno central négase a comparecer na comisión de incendios do Parlamento Nin trama incendiaria, nin grupo terrorista, nin organización delictiva ningunha. A intensa vaga de incendios que en poucos días queimou en Galicia 50.000 hectáreas e acabou coa vida de catro persoas o pasado outubro non foi provocada por \"tramas organizadas\", como advertiu Rajoy como \"posible explicación\", nin por unha \"actividade delitiva incendiaria para alterar a paz social\", como asegurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Así o reiterou este luns o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, que presentou o informe que a Fiscalía de Medio Ambiente realizou sobre aquela tráxica fin de semana de outono e que incide en desbotar calquera ataqueu organizado aos montes do país. Malia que o informe foi elaborado fundamentalmente polo fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, foi finalmente o máximo dirixente do Ministerio Fiscal no país o encargado de presentalo. O luns seguinte á traxedia, Feijóo leu ante a prensa unha declaración institucional centrada en condenar o \"ataque\" do \"terrorismo incendiario\", a mesma que se inseriría despois como publicidade nunha ducia de xornais impresos -oito editados en Galicia e catro, en Madrid- logo do pago de 77.000 euros públicos, tal e como adiantou Praza.gal. Chegou a dicir que \"se queimaron parques naturais concertadamente que se atopaban a 300 quilómetros de distancia\". Pero non houbo concertación, nin grupo organizado ningún. \"As dilixencias de investigación conclúen que non se pode acreditar unha planificación criminal organizada\", di a Fiscalía Tan só dúas horas antes da intervención de Suanzes na comisión parlamentaria para o estudo e análise da política forestal e dos incendios, os grupos parlamentarios recibiron o decreto de arquivamento das dilixencias de investigación penal da Fiscalía, así como un resumo do informe. O texto é claro: \"As dilixencias de investigación conclúen que non se pode acreditar unha planificación criminal organizada\". O fiscal Suanzes advirte de que o uso da palabra \"terrorismo\" faise \"desde un punto de vista vulgar\": \"Desde un punto de vista estritamente xurídico, obviamente isto non é terrorismo\" \"Non se puido determinar que os numerosos incendios ocorridos na semana do 8 ao 15 de outubro de 2017, obedezan a unha iniciativa criminal complexa de grupos de persoas ou organizacións que actúen de forma coordinada ou planificada e que persigan obxectivos supraindividuais\", resumiu Suanzes ao abordar as conclusións do informe sobre eses 352 incendios que en poucos días queimaron case 50.000 hectáreas. E foi máis aló, ao aclarar, ao ser preguntado polo uso do termo \"terrorismo\" por parte do Goberno galego ou español para atribuír as causas dos incendios, que entende que \"cando un cidadán ou político o usa faino desde un punto de vista vulgar\". \"Desde un punto de vista estritamente xurídico, obviamente isto non é terrorismo porque require determinadas finalidades: subvertir a orde constitucional, alterar gravemente a paz pública ou provocar estado de terror na poboación; e iso non foi así\", explicou. Segundo aclara Suanzes, \"non se constataron novas tipoloxías, en canto aos artefactos incendiarios\". De igual xeito, verificouse unha vez máis que \"os tres elementos que poboan o imaxinario da causa dos incendios: a madeira, o urbanismo, e a economía do lume, non foron detectados, e quedan descartados como xa destacaba o informe de 2007 e actualizacións posteriores\". \"Informacións non contrastadas, rumores, alarma e pánico\" Xa que logo, inisiste, como na investigación levada a cabo hai máis dunha década, que non hai evidencia, nin proba ningunha de que haxa ningún tipo de trama organizada para prenderlle lume a Galicia, tal e como advertiran os atestados policiais ou numerosos expertos. Ademais, lembrou que \"se xeraron informacións non contrastadas, rumores e malentendidos\" propagados \"coa axuda das redes\" e que provocaron \"alarma e mesmo pánico\" cando, en realidade, a extensión do lume en contornas como a de Vigo debíase \"ao vento que espallaba partículas incendiarias\". De feito, o informe detalla que os datos fan prever que os lumes que afectaron a área viguesa teñen a súa orixe en dous únicos focos: o iniciado na parroquia de Morgadáns, en Gondomar, e outro na parroquia de Parada, en Nigrán. Suanzes mesmo advirte de que de todas as chamadas e entrevistas posteriores a persoas que informaban da posibilidade de xente provocando incendios, en ningún dos casos \"os informantes viron persoa ningunha prendendo lume\". A Fiscalía acredita a \"altísima porcentaxe de intencionalidade dos incendios investigados\", en moitos casos por limpar matogueira O que si acredita a Fiscalía é \"a altísima porcentaxe de intencionalidade dos incendios investigados\", ainda que \"non é posible chegar a unha cifra indubitada e conforme a todos os operadores involucrados, tendo en conta a diversidade de metodoloxía e conclusións\". A análise dos incendios con maior afectación, superior a 500 hectáreas, revela que a súa intencionalidade é dominante en mais dun 61%. Entre eles están os sinistros nos que se produciu a perda de vidas humanas, que están a ser obxecto dunha especial e minuciosa investigación. O informe realizado pola Policía Autonómica, que refire a análise pormenorizada dun total de 97 incendios na demarcación asignada, determina unha intencionalidade próxima ao 70%. Pola súa banda a Garda Civil informa de 280 lumes catalogados de intencionais sobre o total de 352, é dicir un 79,5%. Por último, a Consellería de Medio Rural eleva a intencionalidade ata o 87,7%. O 61% dos grandes incendios da vaga de outubro foron intencionados Ademais, Suanzes advertiu de que as causas desa intencionalidade eran, maioritariamente, pola queima de matogueira para usos agrícolas ou comportamentos achegados á piromanía, ademais de por conflitos veciñais ou relacionados coa caza. Ao mesmo tempo, insistiu en que as \"condicións climáticas extraordinarias\" axudaron a propagar e avivar os incendios, cada vez máis graves polas \"novas condicións climáticas\". No informe destácase que dos 18 incendios especialmente estudados, pola súa extensión, once foron \"moi probablemente\" intencionados, mentres que os sete restantes foron \"reproducións ou extensión doutros incendios\" debidas ao traslado de charetas e faíscas e mesmo á \"propagación dos focos acontecidos en Portugal\", como no caso dos das Neves ou Salvaterra."}
{"ID": "PRAZA_14555", "summary": "O proxecto estará xestionado por un grupo de voluntarios que comezarán pedindo produtos perecedoiros ás distribuidoras para pasar nunha segunda fase a solicitar casa por casa froitos de horta que non se consuman. O banco, xestionado polo Concello, está ubicado na Casa Común de Oza.", "text": "O Concello de Teo vén de crear un banco de alimentos frescos que se construirá a través das doazóns de empresas e veciños. O proxecto estará xestionado por un grupo de voluntarios que comezarán pedindo produtos perecedoiros ás distribuidoras instaladas no termo municipal para pasar nunha segunda fase a solicitar casa por casa os froitos de horta que non se consuman e que até o de agora apodrecen sen darlles uso. O banco, xestionado polo Concello, está ubicado na Casa Común de Oza. Dende aí se almacenarán e repartirán. O mecanismo de distribución e a selección dos beneficiarios será decidido pola concellaría de Servizos Sociais. O proxecto estará xestionado por un grupo de voluntarios que comezarán pedindo produtos perecedoiros ás distribuidoras instaladas no termo municipal para pasar nunha segunda fase a solicitalos casa por casa Dende xuño celébrase na praza dos Tilos un mercado semanal do Alimento Labrego de Teo. O obxectivo principal é a de posibilitar un espazo de venda directa como alternativa de futuro para as produtoras e produtores da zona. Con esta liña de fondo, o mercado nace como un proxecto de acción e sensibilización colectiva, para favorecer o consumo de alimentos locais e de tempada, e para de recuperar a idea do mercado como espazo social e de encontro. O mercado, organizado polo Concello e polo Sindicato Labrego Galego, botou a andar co compromiso dun grupo de labregas e labregos da comarca. Nel pódense atopar espazos diferenciados coma agricultura ecolóxica certificada, alimentos naturais e sostibles ou producións caseiras."}
{"ID": "NOS_48698", "summary": "Máis visitantes non é sinónimo de creación de emprego nin de crecemento da economía local. Malia ao boom turístico, Santiago de Compostela rexistou no mes de agosto 5.847 persoas desempregadas, 49 máis que en xullo, segundo dads da Xunta. 56% das paradas son mulleres.", "text": "A afluencia de visitantes a Compostela provoca un impacto para as persoas residentes que non se traduce en creación de emprego porque servizos, instalacións e comercios se orientan cara a turistas en troca de habitantes que viven de xeito permanente. É o que dan en chamar turistificación. Por sectores, 4.411 das persoas en paro son do sector servizos; 449 da construción; 378 da industria e 84 da agricultura. Destaca tamén a cifra de 525 que non tiveron emprego anterior. A isto hai que lle sumar a precariedade laboral, pois moitos destes negocios instalados na zona vella son estacionais e, polo tanto, despiden o persoal cando fechan durante o inverno. Na Galiza rexistráronse 181.125 persoas desempregadas no mes de agosto, 0,41% menos que no mes de xullo. Así, diminuíu o paro en 746 persoas e asináronse 95.720 novos contratos, o que evidencia a rotación e a precariedade. Segundo dados da CIG, 94% das novas contratacións en agosto foron temporais. Cifras históricas de turismo A estancia media é de 1,6 días por visitante en Compostela. O alcalde Martiño Noriega afirmou estar satisfeito polos dados de turismo \"tanto polos do ano pasado como polos deste ano; nunca houbo unhas cifras así na cidade, son cifras históricas que nin se se deron en anos santos\". Así, as oficinas de turismo atenderon 164.637 consultas presenciais entre o 1 xaneiro e o 31 de agosto en 2017, fronte ás 148.565 do mesmo período no ano anterior, un indicador de que a tendencia de visitantes é a alza. Porén, \"dáse o paradoxo de que, mentres cada ano medra o número de visitantes, redúcese o tempo de estancia, sen lograr rendibilizar axeitadamente a gran capacidade hostaleira da cidade e sen obter maiores beneficios e maiores retornos para a economía local\", explicaba días atrás o portavoz popular Agustín Hernández."}
{"ID": "PRAZA_2093", "summary": "Este 30 de setembro quedarán definitivamente extinguidos os vellos plans de estudo, o que pode obrigar un bo número de estudantes a adaptarse aos novos graos para obter a súa titulación. Afectados e afectadas convocan unha xuntanza para este xoves", "text": "Este 30 de setembro quedarán definitivamente extinguidas as licenciaturas universitarias, que nos últimos aos viñeron sendo substituídas por graos. Esta extinción supón un problema para un certo número de alumnos e alumnas que aínda estaban cursando os vellos plans, á espera de aprobar algunha materia pendente. Co remate definitivo das licenciaturas aqueles e aquelas que non as completaron poden verse na obriga de adaptarse aos novos plans de Grao, o que lles pode supor un desembolso económico maior. Co remate definitivo das licenciaturas aqueles e aquelas que non as completaron poden verse na obriga de adaptarse aos novos plans de Grao, o que lles pode supor un desembolso económico maior AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega denuncian esta situación na Universidade de Santiago e demandan unha solución. Estes sindicatos estudantís explican que aínda que o Consello de Goberno da USC do 29 de xullo aprobou a convocatoria dunha proba extraordinaria en setembro, esixiu para poder presentarse o ter suspensas as dúas oportunidades ordinarias. \"Isto supón un problema para aquelas/es estudantes que non se presentaron nalgunha das dúas oportunidades por diferentes motivos, de tal xeito que non todas e todos poden optar a esta proba\", sinalan. E subliñan que \"os requisitos foron presentados a posteriori das ditas oportunidades\" o que supuxo unha \"exclusión arbitraria\" deste grupo de estudantes e un \"agravio comparativo\". \"O único que reclaman é a oportunidade de presentarse a esta convocatoria extraordinaria, xa que unha vez que se convoca o normal é que que sexa para todas e todos sen exclusión algunha\", destacan. Os sindicatos reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno antes da extinción da licenciatura o 30 de setembro \"para modificar o requisito que impide a centos de estudantes optar a rematar as súas Licenciaturas\". Os Comités sinalan que hai dúas semana solicitaron unha reunión de urxencia co reitor Juan Viaño e afirman que a día de hoxe aínda non tiveron resposta. Tamén iniciaron unha recollida de sinaturas. Reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno da USC Os e as estudantes afectadas convocaron, co apoio das organizacións estudantís AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega, unha reunión para todas as afectadas e afectados que terá lugar o vindeiro xoves 24 de setembro na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:15 horas."}
{"ID": "NOS_53608", "summary": "\"Como UE, debemos seguir os nosos intereses e valores e evitar ser instrumentalizados por un ou outro\", manifestou o Alto Representante para Política Exterior comunitaria.", "text": "A UE poderíase ver forzada a elixir entre a China e os EUA como principal aliado na escena mundial no medio de cambios xeopolíticos. É a opinión do xefe da diplomacia comunitaria, Josep Borrell. \"As análises levan tempo a falar da fin dun sistema liderado polos EUA e a chegada do século asiático. Isto está a acontecer agora diante dos nosos ollos\", afirmou, e engadiu que \"a presión para elixir bandos vai en aumento\". O Alto Representante para Política Exterior fixo estas declaracións durante a conferencia anual de embaixadores alemáns. Borrell avogou por se manter á marxe da pugna entre a China e os EUA, e apostou por que a UE marque unha axenda de seu na nova orde mundial que xorda tras a pandemia, sen ser \"instrumentalizada\" por Beijing ou Washington. É dicir, o que na xerga comunitaria se coñece como \"autonomía estratéxica\". \"Como UE, debemos seguir os nosos intereses e valores e evitar ser instrumentalizados por un ou outro\", manifestou. Borrell cre que a cooperación multilateral será \"máis necesaria que nunca\". \"Esta é a primeira crise en décadas en que os EUA non están a liderar a resposta internacional\", apuntou, e lamentou que o enfrontamento fricciones entre ambas as potencias leve a unha \"parálise\" en institucións como o Consello de Seguridade da ONU, o G20 ou a OMS. Relación UE-China Segundo a súa opinión, a China está a gañar máis poder e respecto no escenario mundial, mais o seu papel como potencia global suscita tamén \"dúbidas e medos\". As relacións entre Bruxelas e Beijing deben basearse na \"confianza, transparencia e reciprocidade\", algo que non sempre sucede así, admitiu Borrell, falando de cara á conferencia UE-China prevista para outono en Leipzig (Alemaña)."}
{"ID": "NOS_20425", "summary": "Organizacións xuvenís nacionalistas e mozas non organizadas preparan diversas xornadas de debate, convivio e axitación en Ferrol, Vigo e Compostela", "text": "De cara ás próximas mobilizacións polo Día da Patria, a xuventude independentista está a artellar os preparativos para a manifestación da véspera, que terá lugar ás 20 horas na Alameda compostelá. Con motivo disto, tres cidades galegas acollerán esta semana xornadas de convivio para reforzar a convocatoria, apoiada por 25 organizacións nacionais entre as que destacan Briga, Erguer, Isca! e diferentes centros sociais. Esta cuarta-feira ás 21 horas, a Fundaçom Artábria de Ferrol (Trasancos) será escenario dun recital, un concerto de música tradicional e unha grellada a prezo popular. Alén disto, no sul do país un grupo de mozas independentistas viguesas ofrecerá esta sexta feira unha sardiñada con música na Revolta do Berbés. Por último, o centro social da Gentalha do Pichel acompañará unha grellada coa estrea do grupo Tecor Societário na capital do país. Será o domingo 22 a partires das 21 horas. A plataforma xuvenil destaca o labor das mozas organizadas e non organizadas, que baixo o lema \"rachar coa precariedade, rematar coa emigración\", están a realizar un traballo pedagóxico axeitado ás realidades locais da xeografía galega, \"procurando enraizar a convocatoria en cada comarca\". Deste xeito, os sete espazos de debate e decisión dispostos para tal fin substitúen os espazos orgánicos de anos anteriores por \"asembleas e canais de decisión horizontais\", traducíndose \"nunha maior participación e nun maior ritmo de actividade\"."}
{"ID": "NOS_45181", "summary": "A empresa Imprimetresde (ou I3D) vén de abrir unha tenda física na Coruña para vender pezas de xoiaría feitas con impresoras 3D. A diferenza respecto doutras é a pegada da cultura galega nesas creacións.", "text": "Iolanda Naia e o seu equipo veñen de abrir un comercio tradicional no centro da Coruña, Imprimetresde (ou I3D) na rúa Canuto Berea. A emprendedora sente paixón polo que fai. Nótaselle na voz ao falar dos seus produtos e a ilusión semella traspasar todo tipo de fronteiras cando se lle pregunta polas creacións futuras, das que non quere adiantar nada para sorprender aos clientes e ás clientas. Do que si presume é de chegar ás galegas e galegos na emigración, pois xa lle pediron pezas de toda España e, tamén, de países de Latinoamérica. Avante Pouca Como naceu Imprimetresde?Comezamos no barrio da Sagrada Familia, na Coruña, co noso obradoiro e a páxina web, que leva catro anos funcionando porque nunha empresa tecnolóxica tiña sentido. Non a sacamos agora canso a saca todo o mundo, que se está a actualizar porque non queda máis remedio. Nós comezamos pola web pero as vendas non eran moitas e, por sorte, temos unhas boas amigas que nos convidaron a pór o noso posto de venda de produtos 3D nalgún evento e funcionou moi ben. As feiras permitiron darse a coñecer ao público?Comezamos a ir a máis feiras e a exposicións e gustaba moito. A partir de aí encargábannos cousas e usaban máis o teléfono e a web. Ampliamos o negocio collendo máis máquinas e alugamos un local preto da ronda de Outeiro para ter máis máquinas e dar cursos. Aproveitamos para pór un escaparate pequeno para que a xente soubese o que facíamos dentro. Quixemos apostar polo barrio e darlle pulo á cultura galega coas nosas pezas, e a veciñanza respondía ben. Avante Media Aínda así houbo un salto ao centro da cidade...Este ano as feiras non se poden facer e sempre quixemos montar unha tenda só de venda porque víamos que o escaparate gustaba. Dimos o salto a unha rúa, Canuto Verea, que é un paso privilexiado e unha zona moi orixinal e creativa. O que é o comercio de toda a vida. Comercio de proximidade, mais tecnolóxico.Ao facer as cousas en 3D é un servizo que che dan as máquinas pero nós o que vendemos realmente é a creatividade. Vendemos país e vendemos emocións. Á xente cando merca unha xoia cunha pandeireta dálle igual con que a fago: cómpraa por cariño e emoción. A tecnoloxía serve para revitalizar a cultura galega no sentido de darlle un toque máis moderno. Cando abriron?Abrimos o día 10 de xullo e fixemos a inauguración o día 15 de xullo con dúas madriñas de gran categoría como persoas, profesionais e amantes do país: a académica da RAG, Mercedes Queixas, e a actriz Isabel Risco. Venden pezas de xoiaría con Galiza moi presente. Por que as elixe a clientela?Por exemplo, as pandeiretas non só as merca unha persoa porque lle parecen bonitas nun colgante. Veñen pandereiteiras e gaiteiros que saben que iso é outra maneira máis de pór en valor o que temos na nosa cultura. Facemos cuncas de viño, dámoslle aínda máis voz a Rosalía e Castelao... Iso é moderno pero non somos fabricación en serie porque ningunha peza é igual. Avante Toda Que materiais empregan? Usamos material ecolóxico: chámase filamento PLA. Non contamina: é ecolóxico e vén de restos orgánicos. A maiores, nós estamos experimentando con mesturas con madeira, cerámica e metal. Hai novidades en camiño?Se ensino a listaxe do que temos para facer, descubro o meu futuro. Temos un lote de cousas do país para sacar... Están nunha zona turística, atenden máis para a casa ou as persoas visitantes?Todo o mundo é benvido. Nunha feira en Tomiño veu unha rapaza que falaba galego e de español non entendía nada. Tiña un acento moi raro. Resultou ser unha xornalista e escritora holandesa que estivo entre as que impulsou que Rosalía estivese nun avión. Encantaríame chegar a toda esa xente de fóra pero é verdade que o 80 ou 90% das vendas son a xente do país."}
{"ID": "NOS_7815", "summary": "Recibe un galardón especial á Mellor Dirección da película do Estado español estreada no certame. A próxima semana terá a súa primeira exhibición na Galiza, en primicia dentro da programación de Cineuropa.", "text": "O Festival de Cinema Europeo de Sevilla acolleu esta semana a estrea da cuarta longametraxe de Margarita Ledo, Nación, cuxo tráiler pode verse aquí. Hoxe mesmo o festival daba a coñecer, a través do seu palmarés, a escolla desta peza como Premio Especial á mellor dirección da película do Estado español estreada no certame. O filme poderá verse por primeira vez na Galiza dentro da programación de Cineuropa (Compostela) a vindeira semana. Margarita Ledo foi tamén premiada nesta edición do festival, xunto a Alfonso Zarauza, que estrea Ons (logo de pasar tamén por Sevilla) e o actor Javier Gutiérrez. Transitando a non-ficción Nación é un filme de non ficción onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres en medio de tempos convulsos o acceso ao emprego industrial a través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica de A Pontesa. Así, na propia descrición feita polo festival de Sevilla indican \"Margarita Ledo constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita aínda hoxe inconclusa\". Muller e clase obreira A película retrata a especia fraxilidade das mulleres nunha clase obreira xa matratada, a partir das experiencias ao longo dos 50 anos dun grupo de mulleres traballadoras na fábrica Pontesa de cerámica (hoxe fechada). Conta ademais cunha banda sonora creada por Mercedes Peón. En palabras da propia directora, trátase dun filme que se achega ao \"moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar se non en acceder ao traballo asalariado e a posibilidade de ser independentes. En resumo de sermos nación\"."}
{"ID": "PRAZA_11828", "summary": "A Lei de Estabilidade Orzamentaria que prepara o Ministerio de Facenda prevé asumir o control financeiro das comunidades que non cumpran os obxectivos de déficit, contradicindo a norma estatutaria galega", "text": "O control do déficit como obxectivo irrenunciable e senón, \"intervención\" do Estado. Este é un posible resumo das consecuencias que terá non cumprir cos preceptos da Ley orgánica de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera de las Administraciones Públicas que prepara o Goberno central e que, segundo o adiantado polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, pode chegar a supoñer, na práctica, a perda da autonomía financeira das comunidades que non cumpran co férreo control das contas. Atendendo ao explicado por Montoro esta normativa colisionaría con outra lei orgánica, o Estatuto de cada autonomía, e bordearía a propia Constitución española. A grandes trazos, o ministerio aposta por establecer entre o Goberno central e as autonomías unha relación idéntica, no que atinxe ao control financeiro, á que xa existe entre a Unión Europea e os estados membros. Deste xeito, a autonomía que non cumpra os obxectivos de déficit marcados anualmente -no ano 2020 o obxectivo será o déficit cero- terá que \"presentar un plan económico-financeiro\" que permita \"a corrección da desviación no prazo dun ano\". Se a devandita comunidade non cumpre, o seu Goberno \"deberá aprobar automaticamente unha non dispoñibilidade de crédito\", isto é, en verbas do propio Ministerio de Facenda, \"un recorte de gasto que garantice o cumprimento dos obxectivos\", explicita. Ademais dese recorte de gasto, á autonomía incumpridora obrigaráselle a \"constituír un depósito\" económico \"que poderá converterse en multa en caso de que os incumprimentos se reiteren. Se isto non é dabondo, o ministerio dará un paso máis alá, que é precisamente o que pode colisionar coa actual concepción do Estado das Autonomías. Segundo a explicación do ministro, a comunidade que teña máis déficit do previsto recibirá \"unha visita\" que non será precisamente \"amable\", senón que constituirá unha \"intervención\". Dito doutro xeito, o Goberno central actuará como a UE o está a facer en Grecia ou Portugal: constituirá unha 'troika' que asumirá o goberno económico da autonomía. Bordeando o artigo 156 da Constitución, batendo co 53 do Estatuto galego No que atinxe á Constitución, a posible contradición situaríase no artigo 156, no que a Carta Magna española regula a \"autonomía financeira\" das comunidades. Concretamente, o texto constitucional sinala que \"as comunidades autónomas gozarán de autonomía financeira para o desenvolvemento e execución das súas competencias de acordo cos principios de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre todos os españois\". Isto é, a coordinación coas contas estatais debe existir, pero debe ser executada polas autonomías. Pero se no caso da Constitución a contradición pode ser de matiz -o Goberno central poderíase apoiar no artigo 155, que prevé medidas excepcionais para as autonomías que atenten contra as leis do Estado-, no caso do Estatuto de Autonomía de Galicia a colisión é máis evidente. Segundo o artigo 53 da norma básica de Galicia, \"correspóndelle á Xunta (...) a elaboración e aplicación do orzamento da Comunidade Autónoma galega, e ó Parlamento o seu exame, emenda, aprobación e control\". No caso de aplicarse sen modificacións o anteproxecto de lei avanzado por Montoro, se Galicia incumpre os obxectivos de déficit marcados, o ministerio asumiría de facto as competencias que o Estatuto lle outorga ao Goberno e ao Parlamento galegos."}
{"ID": "NOS_39349", "summary": "O prezo da luz está a bater marcas históricas en outubro. Tamén na Galiza, malia ser un territorio excedentario de enerxía que podería autoabastecerse se non exportase a que non consume. Neste contexto xorden iniciativas como as comunidades enerxéticas locais, as cooperativas sen ánimo de lucro ou a enésima tentativa de implantar unha tarifa eléctrica propia para o país, que sofre os impactos negativos sobre o territorio das enerxías renovábeis.", "text": "Outubro vai camiño de se converter no mes co prezo da electricidade máis elevado da historia, cunha tarifa media que rolda os 210 euros por megawatt e hora (euros /MWh) no mercado regulado —a tarifa muda cada hora en función da oferta e a demanda das compañías produtoras de enerxía e as comercializadoras, cuns importes que estabelece a diario o Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE), que actúa como 'árbitro' neste proceso—. Mais, segundo cálculos da Organización de Consumidoras e Usuarias (OCU), a escalada de prezos tamén está a afectar as persoas que contrataron as súas tarifas no mercado libre —prezo fixado pola empresa eléctrica que non varía mentres estea en vigor o contrato—, con subas de até 30% no recibo da luz. Segundo datos da Rede Eléctrica de España (REE), a Galiza produciu un total de 24.553 xigawatts por hora (XWh), a pesar de que no país só se consumiron 17.383 XWh. Isto supón que 29,2% da enerxía xerada foi exportada ao resto do Estado; porén, as galegas e galegos non se benefician na factura eléctrica de viviren nun territorio excedentario. Neste contexto de suba continuada de prezos e dependencia das grandes compañías enerxéticas xorden diferentes alternativas destinadas ao autoabastecemento e a produción a pequena escala e responsábel de enerxía a partir de fontes renovábeis, máxime tendo en conta os obxectivos de descarbonización fixados pola Unión Europea de cara a 2030, ano en que o consumo enerxético deberá ser 'verde', cando menos, nun 32%. A Galiza atópase xa en condicións de cumprir esta meta, xa que dos máis de 24,5 XWh xerados o pasado ano arredor do 75,6% —menos do consumo total no país— proviñeron das renovábeis, fundamentalmente a eólica. Comunidades enerxéticas locais O Plan nacional integrado de enerxía e clima (Pniec) 2021-2030 fixa como obxectivo prioritario \"promover o papel proactivo da cidadanía na descarbonización, incrementando a diversidade de actores e a existencia de proxectos participativos tanto na xeración de enerxía renovábel como no conxunto do sistema enerxético\". Neste senso, insta a fomentar as comunidades enerxéticas locais con fontes renovábeis, unha figura que, polo de agora, non conta cunha lexislación ou regulamento propios. A única normativa vixente recóllea o Real Decreto-lei 23/2020, que as define como entidades xurídicas baseadas na participación aberta e voluntaria, controladas por socios ou membros que se atopan nas proximidades das plantas de produción enerxética —nun radio de 500 metros— e cuxa finalidade principal é \"proporcionar beneficios ambientais, económicos ou sociais\" ás persoas sociais, \"no canto de beneficios financeiros\". A inseguridade xurídica está a ralentizar este sistema de autoabastecemento que xa é unha realidade en países como Alemaña ou Dinamarca, que xa teñen activas 1.750 e 700 comunidades enerxéticas locais respectivamente. Na Galiza hoxe hai un único proxecto en marcha destas características, segundo figura no rexistro do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o que iniciou a finais do pasado ano a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Tameiga, no concello de Mos. As comuneiras de Tameiga buscan abastecer coa súa enerxía ás habitantes da zona Con perto de 500 placas solares fotovoltaicas instaladas nas súas dependencias —máis de 104 hectáreas que abranguen un polígono industrial, o de Monte Faquiña, onde principiou o proxecto—, hoxe as e os comuneiros contan cunha potencia instalada de perto de 350 KW, o que lles permite cubrir 30% da enerxía consumida tanto por eles mesmos como polas empresas da zona, cun considerábel aforro na factura da luz. \"Non podes deseñar estas instalacións pensando en autoabastecerte a 100%, porque sería demasiado caro o investimento e porque a día de hoxe non podes illarte por completo da rede eléctrica. Mais hai momentos no ano que, pola intensidade da luz solar, logramos cubrir todo o consumo\", explica, en conversa con Nós Diario, o coordinador da comunidade de montes e responsábel do proxecto enerxético, Gonzalo Pérez. Debido ao éxito inicial, en Tameiga xa valoran verter á rede eléctrica os excedentes de enerxía, a fin de que se poida beneficiar deles a veciñanza da contorna. \"As comunidades enerxéticas son o futuro, e os concellos deberían liderar o proceso. Mais penso que as comunidades de montes galegas podemos xestionalo perfectamente, porque somos entidades abertas, democráticas e plurais que buscamos o ben común\", engade. Neste senso, salienta: \"Os 'macroproxectos' eólicos e os encoros causan grandes impactos sobre o territorio e a enerxía non nola quedamos nós, polo que as comunidades enerxéticas son a alternativa máis eficiente e sostíbel\". Tamén no Morrazo, malia que aínda non iniciou a súa actividade, constituíuse en 2020 a comunidade enerxética local Moaña Solar, que conta co apoio do Concello e de empresarios da zona e busca producir enerxía fotovoltaica para o autoconsumo. Cooperativas eléctricas En 2014 botou a andar na Galiza a primeira —e única até o momento— sociedade cooperativa de comercialización de electricidade, Nosa Enerxía. Sete anos despois conta con máis dun milleiro de persoas socias e, a maiores, un cento de clientes que non pertencen a esta sociedade que non ten ánimo de lucro, o que significa que os beneficios non se reparten entre os socios, senón que se reinvisten en novos proxectos votados en asemblea. \"Viamos que xurdían cooperativas noutros sectores como o da banca, e pensamos que podiamos ofrecer unha alternativa ás grandes compañías eléctricas para dar enerxía 'verde' a prezos xustos e, en definitiva, facendo as cousas doutro modo\", afirma o seu presidente, Óscar Milego. As súas tarifas, apunta, son \"máis baratas\" que a meirande parte das que se ofertan no mercado regulado debido á actual suba de prezos. En relación ao mercado libre, salienta que a diferenza doutras compañías actualizan os prezos \"cada tres meses\", polo que as súas tarifas serán máis baixas \"cando as outras compañías actualicen os contratos anuais\". O obxectivo de Nosa Enerxía a medio prazo é producir a súa propia electricidade para non depender do mercado maiorista, ao que a día de hoxe acoden para comprar ás grandes produtoras. \"Queremos ter o poder de decisión e autoabastecernos de enerxía, xerar empregos e presentar unha alternativa de consumo máis responsábel\", di. Neste senso, destaca o \"compromiso verde\" da cooperativa: \"Algunhas compañías enerxéticas, imitando as telefónicas, empezan a ofrecer contratos a cinco anos para fidelizar clientes. Nós nin podemos nin queremos entrar nesa batalla, porque entendemos que se a enerxía está moi cara é pola elevada demanda, e polo tanto o que precisamos é consumir menos, con conciencia e responsabilidade. Somos unha cooperativa verde e non é só unha etiqueta, senón que debe ir asociado a fomentar unha diminución no consumo\", sostén. Compensar o impacto negativo das renovábeis O concello de Muras ten a maior concentración de aeroxeradores por habitante de todo o país; porén, desde que Manuel Requeixo (BNG) chegou á alcaldía en 2015, sufraga até 90% do recibo da luz a 85% da veciñanza cos beneficios dos parques eólicos. \"Facémolo por xustiza social, porque temos moita sensibilidade cara ás veciñas e queremos que o que producimos reverta no municipio\", expón a este xornal. Muras paga 90% da factura da luz á veciñanza cos ingresos dos parques eólicos Requeixo, que lamenta a \"escasa vontade de diálogo\" de empresas como as eólicas cando arriban a un novo territorio, salienta a importancia de apostar por pequenas explotacións fronte ás de grande escala, ao tempo que defende a creación dunha empresa pública de enerxía na Galiza que faga fronte \"a estas oscilacións continuas e sen límite\" nos prezos. Esta cuestión, xunto á creación dunha tarifa eléctrica propia para a Galiza, trasladouna o Bloque ao Parlamento en setembro, alegando que o país é \"rico\" en electricidade é, alén de non se beneficiar diso, \"paga o custo ambiental dos encoros e de máis de 4.000 aeroxeradores\". Porén, a iniciativa non saíu adiante polo voto en contra de PP e PSOE."}
{"ID": "NOS_21487", "summary": "Corpos exhaustos de mulleres escravizadas sexual e reprodutivamente. Mais corpos, tamén, axentes. Disidentes. Rebeldes. E diversos. De humanas ou de seres vexetais. A eles dirixe o seu ollar Cobiza, (Xerais), a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero. Falamos coa autora desta e doutras obras súas recentes, entre elas a última entrega do seu Ciclo dos Elementos, a serie na que indaga na construción de redes de afectos afastadas dos códigos da familia patriarcal tradicional.", "text": "Nalgún dos seus outros libros de literatura xuvenil había xa algún elemento futurista. Algunha razón especial para que Cobiza sexa ciencia-ficción distópica? Ao estar co proxecto do Ciclo dos elementos, que son novelas de personaxe, contemporáneas, densas emocionalmente… preciso tamén diversificar. Necesito saír un pouco do ciclo e procurar outros estímulos. Mais, igual que no caso de Pirata, o xénero literario é só unha carcasa que se pode encher coas historias que realmente queres contar. De todas as maneiras, si que se están a publicar novelas distópicas protagonizadas por mulleres -entre nós, por exemplo, Natura de Iolanda Zúñiga-. Iso non acontecía co que se consideran os \"clásicos\" do xénero. Na literatura feminista si hai moita ciencia ficción, moitas novelas que imaxinan un futuro distópico. E non son só novelas recentes. Eu mesma traducín O soño da sultana, de Rokeya Sakhawat, unha historia dun mundo dominado por mulleres escrita a finais do século XIX. O canon da ciencia ficción patriarcal non o coñezo. O que pasa é que agora parece que só se escribiu O conto da criada porque fixeron unha serie con ela. Un dos temas centrais da novela é a reprodución. Un futuro distópico no que non se fai máis que seguir a lóxica capitalista: uns corpos producen para outros. Como n'O Conto da Criada, precisamente, as mulleres son escravizadas como produtoras de crianzas. É un mundo onde se acepta a transexualidade, pero igual de machista… Si, un dos temas centrais da novela é a reprodución. Un futuro distópico no que non se fai máis que seguir a lóxica capitalista: uns corpos producen para outros. Mais iso está levado na novela ao extremo. Cando o \"recurso\" da reprodución se fai máis escaso, a insistencia na necesidade de reproducirnos que xa existe na nosa sociedade, faise a cerna do capitalismo. Igual que agora, na distopía o que importa é que se reproduza a xente branca de certa clase social a base dos corpos das outras porque, segundo a visión racista que xa domina agora, cando se reproducen as mulleres xitanas ou migrantes, a connotación é sempre negativa. Iso por un lado. Polo outro, tamén acontece na nosa sociedade o fenómeno da apropiación dos discursos LGBTI non para transformar nada, senón para normalizar e reproducir o modelo patriarcal. Nun momento no que por fin se avanza nos dereitos das persoas trans cómpre ir á raíz das cousas. En Cobiza hai tamén seres vexetais de forma humana que son transportados nun barco de escravos e clasificados como mulleres, coas súas consecuencias. Lembra un pouco a Pirata… É o mesmo contexto, ese pasado colonial do que pouco se fala. Nesa parte da novela hai unha captura duns seres que son sometidos a un réxime de escravitude, polo que se produce como unha volta ao tempo en que a escravitude estaba no seu máximo esplendor. Que é o tempo de Pirata. Son procesos históricos que aconteceron, mais parece que preferimos mirar para outro lado porque son barbaridades que non queremos enfrontar. O comercio de persoas en beneficio de certos centros de poder. A novela formula, así, primeiro un avance no tempo, e despois unha volta atrás ao século XVIII, tras a Gran Desconexión. Parece evidente que no momento histórico no que estamos o motivo principal de que non se solucionen os problemas ambientais é que podería prexudicar certos petos Mais neses seres vexetais hai axencia, forza, rebelión. Nese aspecto interesábanme dúas cuestións. Dunha banda, son seres que poderían saír da situación na que están porque son fortes e poderosos, case indestrutíbeis, pero non o fan para protexer outros seres. Saben cando e como usar o seu poder. Doutra banda, son seres que só teñen un coñecemento indirecto dos seres humanos. Entón, o seu maior contacto con seres humanos fai que evolucione o seu pensamento sobre os mesmos. E ese é outro dos temas da novela: as fontes, é dicir, quen conta a historia. Porque na novela a historia dominante di que a Gran Desconexión foi culpa da xente pobre. Ademais da desigualdade de clase e de xénero, no fondo da novela sitúase a cobiza, como di o título, dun mundo dominado polo diñeiro. Outra das consecuencias é a contaminación. Parece evidente que no momento histórico no que estamos o motivo principal de que non se solucionen os problemas ambientais é que podería prexudicar certos petos. Por que non se busca xa unha alternativa ao petróleo? Por que non se impulsan de verdade as enerxías renovábeis? É incríbel que haxa persoas que acumulen tanto diñeiro como todo o PIB dun país. E ese afán acumulativo é outro dos temas do libro. Sen iso, moitos dos nosos problemas non existirían. Tamén aparece o coñecemento, en conexión coa cooperación e co coidado. Neste paradigma de explotación e acumulación no que estamos, non sei cal é a necesidade que temos de moitas cousas. Por que engadir Omega3 ao leite? A Covid colleunos de sorpresa e decatámonos de que, por moita tecnoloxía que teñamos, seguimos sendo vulnerábeis. O coñecemento de pouco serve se é patriarcal, colonial… Temos que acadar o equilibrio entre diferentes tipos de coñecemento. Mais a novela non dá respostas: formula preguntas. É unha novela de certa complexidade: polifónica, con saltos no tempo… Ten certa complexidade, si, pero non se trata de dificultarlle as cousas á persoa que a lea. Ademais de contar unha historia, eu sempre quero facer algo que funcione polo xeito en que está escrito. O máis interesante non é a historia, senón a maneira de contala. Ese é o desafío que tes como autora. Podo tratar temas que non son moi comúns, pero o máis importante é a maneira de facelo. O coñecemento é tamén tema de A formiga destemida. Que fala de personaxes que saen dos moldes nos que foron criados. En realidade, todos os seus libros falan diso… Sempre hai aí unhas pulsións, uns temas que aparecen moito, que forman parte da miña entidade como escritora, da miña maneira de contar o mundo. Claro que poden atoparse conexións, liñas comúns, en todo o que escribo. Pero cada novela é un proxecto distinto. Eu non diría iso que din algúns de que están a escribir sempre a mesma novela… Vén de publicar tamén un libro que é unha longa entrevista con Ana Pontón. Como xurdiu este proxecto? Foi unha proposta aberta na que eu decidín sen problemas a estrutura, as preguntas… Tiven moita liberdade. Rara vez se nos mostra aos políticos (homes, enténdase) como persoas con sentimentos, por exemplo. Esa desconexión co corpo, coa emoción, leva tamén, como falo con Pontón, a tomar certas decisións políticas. Un dos temas dos que falan é dunha visión patriarcal da política que a afasta do corpo, dos coidados, das emocións… Iso forma parte da teoría feminista, da reflexión sobre os afectos, a ciencia, a filosofía… Esa visión patriarcal que separa corpo e mente, natureza e cultura, emoción e racionalidade, feminino e masculino… E na política, como espazo público tradicionalmente masculino, hai moito diso. Rara vez se nos mostra aos políticos (homes, enténdase) como persoas con sentimentos, por exemplo. Esa desconexión co corpo, coa emoción, leva tamén, como falo con Pontón, a tomar certas decisións políticas. Se se pensase desde o emocional, desde a empatía, desde o corpo, sería difícil deixar en inverno centos de persoas sen calefacción. Tamén debaten sobre patriarcado e nacionalismo galego. Pontón subliña que o Partido Galeguista defendía o voto feminino e que o BNG incorporou oficialmente o feminismo ao seu programa nos 90. Sen negar que a política é patriarcal, en xeral. Eu creo que aí hai que falar de dúas cousas. Unha é o escurecemento do papel das mulleres na historia do nacionalismo e da transformación política da Galiza. Que non empezou a mudar até que chegaron investigadoras coma Aurora Marco. Ese escurecemento déixanos sen referentes, de modo que parece que sempre estamos empezando. Doutra banda, parece que é máis doado ter referentes dos Estados Unidos que de aquí. Que pasou na Asemblea de Lugo? Pois evidentemente que alí había moitas mulleres, aínda que non coñezamos o seu nome. E por ese substrato que xa existía o Partido Galeguista defende despois o voto feminino. Temos un problema de autorrepresentación e de autoimaxe, debido a esa subsidiareidade e ese agochamento historiográfico. Temos certas singularidades que outras culturas que nos rodean non teñen e que deberiamos poder aproveitar para o noso proxecto colectivo como pobo. Penso, por exemplo, no pensamento revolucionario de Rosalía de Castro… Temos certas bases sociais, certos vestixios, que nos falan dunha complexidade social maior en canto aos papeis de xénero da que pode parecer, como explica Mercedes Peón sobre a danza e a música, con substratos de xénero diferentes aos máis prevalentes. Que pasou na Asemblea de Lugo? Pois evidentemente que alí había moitas mulleres, aínda que non coñezamos o seu nome. E por ese substrato que xa existía o Partido Galeguista defende despois o voto feminino. Mais despois, evidentemente, a política é tamén un espazo onde homes que se definen como revolucionarios son maltratadores, ou dan leccións ás mulleres sobre feminismo, ou lles din que o marxismo é máis importante… Outra das cuestións que tratan é o racismo e o pensamento colonial: a crenza na superioridade de \"Occidente\". É que ignorar iso é inaceptábel. Temos que debater sobre racismo e legado colonial. Se falamos de persoas racializadas, na Galiza temos que empezar polo colectivo xitano, no que parece que non reparamos cando pensamos no pobo ou na nación que queremos. Somos unha sociedade maioritariamente branca que ten que pensar nas persoas racializadas e na súa posición de poder respecto a elas. Porque o feito de que non haxa escritoras racializadas en galego non é mera demografía, responde a impedimentos que pomos desde as estruturas brancas de pensamento e acción. Entre as súas traducións últimas está A Nosa Negra, de Harriet E. Wilson (Hugin e Munin), unha novela do XIX que fala do racismo que sofre a protagonista nun estado non escravista do Norte americano. Como foi ese traballo? Emocionante. Considero moi importante que no sistema literario galego haxa traducións de obras como esta, precisamente para crear o espazo no que as outras poidan falar. Sempre é complicado traducir un texto doutro tempo, e máis cando supón un grao de implicación emocional coma o que contén este. A protagonista é unha muller negra que sofre todo tipo de maltrato por parte de mulleres brancas. É un texto de interese histórico, ademais do literario. Canto ao Ciclo dos Elementos, publicado por Xerais, hai xa cinco novelas e faltan dúas. A última publicada, As estacións do lobo, fala a través do personaxe de Clara dun tema moi presente en todo o ciclo: a construción de redes de afectos alternativas á familia patriarcal. Si, en todo o ciclo está presente a construción dun universo relacional e afectivo alternativo ás estruturas nas que se atopa a raíz da opresión. Nese aspecto, a personaxe de Gaia -personaxe principal de En vías de extinción- é a argamasa e a faísca, porque ela viña xa ademais dunha estrutura familiar non convencional, dese \"non-mundo\" do que fala Peón en certa medida. Ela pon o xermolo que vai creando unha fraga, ao servir de apoio a persoas que, coma Clara ou coma Aurora, precisaban saír de relacións de parella e familiares moi opresivas. Entre todas van creando unha rede de apoios nos que teñen outros papeis, con vínculos de coidado e afecto. Nesta novela fálase, tamén, de persoas que ocupan posicións ex-céntricas, situadas fóra do centro, por distintos motivos. É que o centro é moito máis aburrido e ademais levamos moitos séculos xa escoitando as historias de homes brancos e heterosexuais. Non é o que me interesa nin como lectora nin como escritora. Interésame o que non foi narrado. Un dos motivos desa excentricidade é a reflexión sobre a non monogamia como proposta ética, desde os coidados. Clara comenta tamén sobre como iso choca coa realidade: homes que ven aí unha oportunidade para a barra libre emocional. É que reformular os afectos é un traballo moi complexo. Non basta con dicir que queres ter relacións non monógamas. O libro fala precisamente dese proceso de reformulación dos afectos. O problema é atopar a túa manda, xente que estea coma ti na construción dun espazo vital transformador. Ademais, Clara representa tamén un espazo pouco explorado, que é a bisexualidade, sobre a que pesan prexuízos que veñen tanto do lado heterosexual como do lado LGBTI. Cada novela do ciclo desenvolve unha personaxe distinta. Clara coñecera a Gaia por casualidade… O xermolo do ciclo, que aparece en tres das novelas, contado desde perspectivas distintas, é de feito o momento en que se coñecen nun curso de adestramento canino Clara, Gaia e Aurora. Gaia é intérprete, lesbiana, montañesa e rabuda. Aurora é unha xornalista de deportes que se criara en Vilalba e fora vivir a Barcelona e Clara é unha adestradora de cans de Lugo. Todo está tecido arredor da relación entre elas e con outras dúas personaxes: Saínza, xornalista de guerra e amiga da infancia de Aurora, e MK, que é música e parella de Gaia. Saínza é a protagonista de Desde o conflito, novela gañadora dos Xerais. Unha muller independente pero en certo xeito presa polos moldes patriarcais. Si que está presente nesta novela o conflito entre o privado e o público. Unha muller que leva unha vida moi arriscada á que desestabilizan certos conflitos que ten no espazo do privado. Mais en realidade, en canto ás súas relacións persoais, a ruptura máis importante que ten non é que vive coas súas parellas, senón coa súa amiga Aurora. Esta novela pretendía falar, sobre todo, sobre o aspecto político de contar, sobre a mediación entendida como algo moi diferente á visión da branca salvadora. A música dos seres vivos é a novela de MK, unha muller criada en Támil Nadu que emigra coa súa familia a Escocia… En MK reformúlase a posición da racializada nunha sociedade branca que, pola vía neste caso da música, consegue atopar un certo equilibrio de forzas. Mais na visibilidade pública, na tensión de identidades (pois cómpre pensar que ela é támil-escocesa, non \"india\"-\"británica\"), hai unha complexidade que a novela explora e que atopa a súa mellor compaña en Gaia. Aurora é o centro de As cousas que non queremos oír, na que se fala, entre outras cuestións, do corpo e da enfermidade. A diferenza do resto de protagonistas, que atopan vías diversas de afrontar o descentramento (a rebeldía, a arte, contar o mundo, os cans...), Aurora escolle tentar borrar a súa orixe (galega fronte a barcelonesa), da que se avergoña. Na novela reflexiónase sobre iso que Brigitte Vasallo denomina a identidade charnega, nun proceso que conflúe ademais despois coa enfermidade, un cancro de mama. A novela acompaña un proceso complexo de resituarse no mundo, coa axuda das demais protagonistas."}
{"ID": "PRAZA_20280", "summary": "O documento, aprobado de forma unánime polos e polas participantes nos encontros, sinala que legalizar esta práctica sería \"como regularizar a mercantilización do corpo da muller\", alerta dos intereses privados que fomentan a xestación subrogada e dos prexuízos para as mulleres pobres.", "text": "Dende o pasado 5 de maio En Marea vén realizando debates en numerosas cidades e vilas galegas (as sete urbes, ademais de Vilagarcía, O Carballiño, Boiro e Vilalba) ao redor da proposta de legalización da práctica dos ventres de alugueiro, a xeito de espazos de información e deliberación sobre esta cuestión e co obxectivo de conformar unha posición común ante o tema. O pasado sábado a formación celebrou en Compostela (onde tivera lugar o primeiro encontro desta xeira) o debate central, que serviu para chegar a unha serie de conclusións. As persoas participantes nos debates redactaron de forma unánime un documento final, que rexeita por completo a práctica dos ventres de alugueiro, sinalando que legalizar este proceso sería \"como regularizar a mercantilización do corpo da muller\". O grupo de Igualdade de En Marea, que coordinou estes debates por todo o país, explica que na oposición de En Marea á legalización dos ventres de alugueiro está a vontade \"de defender os dereitos das mulleres e opoñerse a calquera práctica que os poida vulnerar\". \"Se abrimos un mercado sobre este proceso estaremos favorecendo que as mulleres pobres entren nel, alugando os seus corpos a persoas con máis recursos\" En Marea destaca que \"regularizar este proceso é regularizar a desigualdade\" e alerta de que \"se abrimos un mercado sobre este proceso estaremos favorecendo que as mulleres pobres entren nel, alugando os seus corpos a persoas con máis recursos\". \"Asistimos a unha nova volta de porca na mercantilización dos corpos das mulleres, de novo, baixo os parámetros da súa función reprodutiva. Non é ningunha novidade, o mercado atopa novos nichos onde sacar rendementos económicos acotío, leva moito tempo, dando pasos progresivos no intento de mercantilizar todos os espazos das nosas vidas, e tamén os nosos corpos, converténdoos en obxectos de compra-venda\", din. A formación considera que \"a invocación da liberdade individual, nun contexto como este, non deixa de ser unha falacia\" pois \"un suposto dereito mercantilizado, ao que se lle pon prezo, convértese nun privilexio, non é un dereito\". E afirma que no debate que se está tentando impulsar sobre este tema \"cómpre discernir os intereses agochados\", pois \"son moitas as axencias intermediarias privadas que poderían beneficiarse de levarse a cabo unha regulación\". En moitos casos \"está transcendendo un relato incompleto e nesgado\", di, sinalando que \"fronte as imaxes idílicas que se trasladan dende a maioría dos medios de comunicación, onde se pon o foco nas futuras familias felices, debemos visibilizar os intereses económicos que están detrás e a situación das mulleres\". \"A invocación da liberdade individual, nun contexto como este, non deixa de ser unha falacia\" Ademais, reclama a utilización do concepto de ventres de alugueiro e non de xestación subrogada pois este último termo, empregado de forma interesada, agocha a \"mercantilización\" da reprodución e \"o emprego do corpo da muller como se fose un obxecto máis do mercado\". \"O proceso de xestación non pode ser comparado cunha técnica de reprodución asistida, estamos ante un proceso complexo, que trae consigo modificacións físicas e psicolóxicas, ao igual que todas as xestacións\", conclúe. Resolución definitiva do proceso de debate (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_10141", "summary": "O acordo asinouse este venres pola mañá en Compostela. O obxectivo é traballar conxuntamente para potenciar a inmersión como o mecanismo para favorecer a normalización lingüística do galego e o euskera", "text": "Neste 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Escola de Ensino Galego Semente formaliza unha alianza de colaboración con Ikastola Elkartea, a rede de escolas vascas de inmersión lingüística. O obxectivo do acordo é \"desenvolver estratexias comúns para concienciar a sociedade da necesidade do modelo de inmersión lingüística\" para a normalización do uso do galego e o euskera. O obxectivo é \"desenvolver estratexias comúns para concienciar a sociedade da necesidade do modelo de inmersión lingüística\" para a normalización do uso do galego e o euskeraAsí mesmo, búscase \"promover, consolidar e reivindicar os proxectos educativos populares, autoxestionados, sen ánimo de lucro e alternativos do ensino tradicional\". E, igualmente \"analizar e impulsar a coordinación de políticas fronte aos proxectos lexislativos do Estado Español que limitan a creación dun sistema educativo propio\" en Galicia e o País Vasco. No marco desta colaboración fomentarase o intercambio e o apoio mutuo entre os dous proxecto educativos, realizar actividades conxuntas de aprendizaxe.O acordo asinouse esta mañá en Compostela, nun encontro entre Koldo Tellitu, presidente de Ikastola Elkatea, e as familias, activistas e nenos e nenas de Semente. O encontro precedeu á manifestación convocada por Queremos Galego. Xa pola tarde, o adro Museo do Pobo Galego acolle a presentación da alianza.A Escola de Ensino Galego destaca que xa dende a súa orixe \"diversos sociolingüistas, pedagogas, artistas ou activistas do movemento social vasco\" teñen participado \"fortalecendo a Semente coa súa enerxía transformadora\". Ademais, Porrotx, a xente de Irrien Lagunak, Asisko Urmeneta, Jon Sarasua, Txerra Rodríguez ou Eider Palmou, entre outras activistas, teñem viaxado a Galicia para participar na construción da escola.Semente conta con tres centros en Compostela e tamén en Vigo, Ferrolterra e Lugo. Traballa para abrir tamén en Ames, A Coruña, Ourense e PontevedraSemente conta nestes momentos con tres centros en Compostela - dous centros de 2 a 6 anos e un centro de ensino primario- e, igualmente, creáronse Sementes en Vigo, Ferrolterra e Lugo. Neste momento grupos de activistas están a organizarse e traballar para abrir centros en Ames, A Coruña, Ourense e Pontevedra.No texto da alianza asinada este venres Semente e Ikastola Elkartea destacan o obxectivo de \"conformar, xunto a outros proxectos, as bases necesarias para a creación dunha escola nacional nos nosos respectivos pobos e promover o ensino galego e euskaldun alén do ámbito das nosas escolas\"."}
{"ID": "NOS_36507", "summary": "As estimacións do Foro Económico de Galiza apontaban unha caída de entre 5,6 e 7,4%.", "text": "Na xornada na que se coñecía que o PIB español caeu por mor da pandemia en 5,2% no primeiro trimestre, o seu peor resultado da serie histórica, Núñez Feixoo non deixaba moito espazo para a esperanza no que respecta a Galiza. Así, o presidente da Xunta asegurou que a caída do Produto Interior Bruto (PIB) da Galiza \"probabelmente\" estará en \"dous díxitos\" e cualificou o dato económico como o peor nas \"últimas décadas\". Referiuse á \"primeira análise\" feita polo Foro Económico de Galiza, no que auguraban unha caída da economía galega de entre o 5,6% e o 7,4% do PIB polo impacto do estado de alarma a raíz do coronavirus, segundo a duración do confinamento. Neste sentido, considerou que a caída dependerá \"do número de semanas\" e da \"reactivación económica e social\". \"Neste momento paréceme que o PIB galego está probablemente na peor situación que vivimos nas últimas décadas. Moito peor que a recesión que sufrimos no ano 2008, aínda que se ocultou até o 2009\", manifestou."}
{"ID": "NOS_28304", "summary": "Até hai unha semana ambos os dous competían pola designación como candidato do Partido Demócrata ás eleccións presidenciais estadounidentes.", "text": "O senador Bernie Sanders expresou nesta segunda feira, 13 de abril, o seu apoio ao que fora até hai unha semana o seu rival ao posto de candidato do Partido Demócrata ás eleccións do vindeiro 3 de novembro á Presidencia dos Estados Unidos, Joe Biden. \"Necesitámoste na Casa Branca. Farei todo o que poida para que iso pase, Joe\", dixo Sanders durante unha emisión en directo da campaña do vicepresidente de Barack Obama (2009-2017), na que participaron ambos os dous desde as súas respectivas casas en Vermont e Delaware. Unity. pic.twitter.com/cZxaRCY8jr— Joe Biden (@JoeBiden) April 13, 2020 O apoio de Sanders a Biden chega despois de que hai unha semana o primeiro se retirase das primarias demócratas. Unha decisión tomada tras encadear varias derrotas consecutivas. Biden gañou as primarias en Florida, Illinois e Arizona, con 61,9%, 59,1% e 42,8% dos apoios, respectivamente, fronte a 22,8%, 36,1% e 30%, para o senador de Vermont. Nos días previos a anunciar a súa retirada, a presión por parte do establishment do Partido Demócrata fora en aumento, incrementada polo avance da pandemia, que alterou por completo o desenvolvemento do proceso de primarias."}
{"ID": "PRAZA_14356", "summary": "O blog Un claro no bosque salienta que a revista científica Food and Chemical Toxicology proba que o millo transxénico provoca \"efectos tóxicos alarmantes\"", "text": "O blog Un claro no bosque salienta que a revista científica Food and Chemical Toxicology proba que o millo transxénico provoca \"efectos tóxicos alarmantes\" Un estudo sobre millo xeneticamente modificado publicado na revista científica Food and Chemical Toxicology, o primeiro en investigar os efectos a longo prazo dos transxénicos na saúde, apunta efectos tóxicos alarmantes. O millo transxénico empregado no estudo para a alimentación de ratas de laboratorio foi o NK603 da multinacional Monsanto, tolerante ao herbicida Roundup producido pola mesma empresa. Como lembra a plataforma portuguesa Transgénicos Fora \"foi considerado seguro e autorizado para a alimentação humana pela Comissão Europeia já em 3 de Março de 2005 e tem circulado na Europa desde então\". Os investigadores comprobaron que os animais alimentados con millo transxénico morreron de forma prematura e sufriron tumores e danos en múltiples órganos vitais. España é o estado europeo con maior superficie de cultivo comercial de millo transxénico \"Por primeira vez no mundo, avaliouse un transxénico e un pesticida polo seu impacto na saúde dunha forma máis ampla que a realizada até agora polos Gobernos e a industria. Os resultados son alarmantes\", sinalou Gilles-Eric Séralini, director do estudo realizado pola Universidade de Caen, en declaracións recollidas nunha noticia publicada no xornal El Pais. A Plataforma Transgénicos Fora, unha de cuxas portavoces é a profesora Margarida Silva, da Escola Superior de Biotecnoloxía da Universidade Católica Portuguesa, \"considera que, à luz destes resultados e ao contrário do que a própria Monsanto afirma, os alimentos transgénicos em circulação não podem mais ser considerados seguros\", polo que se deberían suspender todos os transxénicos usados na alimentación humana e animal e prohibir o cultivo de millo transxénico. En Galicia non parece que se cultive millo transxénico de forma comercial. Porén, si ten habido cultivos experimentais España é o estado europeo con maior superficie de cultivo comercial de millo transxénico (da variedade MON810, de Monsanto), e tamén o que acolle maior número de cultivos experimentais ao aire libre, sendo o NK603 unha das variedades utilizadas. Aínda que non se coñece a localización das parcelas, en Galicia non parece que se cultive millo transxénico de forma comercial. Porén, si ten habido cultivos experimentais, se ben no último ano para o que hai información (2011) non se solicitou ningún cultivo experimental na nosa terra, segundo a información divulgada por Amigos da Terra. En 2010 si houbo unha parcela experimental en Mesía (A Coruña), na que se prevía empregar, entre outras, a variedade NK603, e onde se deron irregularidades denunciadas no seu día pola Plataforma Galega Antitransxénicos. ... Le o resto do post no blog Un claro no bosque"}
{"ID": "NOS_33270", "summary": "Trece colectivos galegos participaron na delegación, atendendo unha iniciativa da eurodeputada Lidia Senra.", "text": "Proxectos eólicos, negocio eléctrico, minas, contaminación de augas e pulo de especies invasoras son algúns dos proxectos en marcha en Galiza que representan ameazas ambientais e de saúde, existindo unha \"conivencia política\" con eles. É a mensaxe a denuncia que levaron a Bruxelas representantes dos 13 colectivos que responderon á iniciativa da eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica. Logo dun espazo de debate e análise coa eurodeputada Lídia Senra, as representantes das organizacións desprazadas a Bruxelas mantiveron un encontro con José Manuel Servert, membro do equipo xurídico da Unidade de Aplicación do Dereito Mediambiental da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea. Alí expuxeron o impacto dos diferentes proxectos. Na delegación estaban representantes da Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes. Leandro del Río, membro desa plataforma, describiu a situación dun territorio \"onde se produce a meirande concentración de industrias altamente contaminantes de Galiza\". A central térmica de Meirama, a mina de lignito das Encrobas, a subestación eléctrica de Mesón do Vento, minería de superficie vinculada ao seixo, áridos e arcillas, Sogama, o vertedoiro da Areosa ou a ameaza dun futuro megaparque eólico teñen convertido a comarca, dixo, nun \"territorio de sacrificio, un territorio enfermo que debe ser curado\". Fronte a esta situación de contaminación múltiple, \"fomentada pola propia Administración\", Del Río pediu aos representantes da CE que se leve adiante \"unha investigación que aclare se o emprego de fondos públicos europeos aplicado a estes proxectos na Galiza foi correcta\"."}
{"ID": "NOS_25545", "summary": "Relacionado co procés polos aparatos de seguridade do estado, Jaume Roures, un magnate da comunicación próximo á CUP, acaba de recrutrar un dos magos da ficción televisiva, David Simon, para producir unha serie sobre a participación das brigadas internacionais na guerra civil española.", "text": "A noticia da alianza entre Jaume Roures e David Simon deuna en primicía esta segunda feira Variety. Non é en absoluto a primeira experiencia de Roures -cofundador de Mediapro- como produtor, no seu haber está desde o Comandante de Oliver Stone (sobre o líder da Revolución cubana Fidel Castro) até varios filmes de Woody Allen. Simon está considerado como un dos máis talentosos escritores da industria. No seu currículo figura unha serie de culto, The Wire, para boa parte da crítica unha cimeira aínda no superada. De acordo con Variety, Roures e Simon procuran fundos para financiar a serie -cuxo título orixinal sería A Dry Run- quer nos EUA quer en Europa. Os guións estarían xa nun estado avanzado de produción. Levan a asinatura de George Pelecanos e Dennis Lehane, quen traballaron con Simon en The Wire. Son 6 episodios dunha hora de duración e neles relátanse as experiencias de brigadistas norteamericanos integrantes dos batallóns Abraham Lincoln e George Washington, desde o momento en que chegan a territorio español en 1937 -co seu baptismo de sangue na batalla do val do Jarama- até a súa marcha en 1939. Para Simon, o combate das brigadas internacionais \"contra o fascismo e contra o mal uso do capitalismo como baluarte do totalitarismo\" representa \"a narrativa política máis potente do século 20 e aínda tamén do noso tempo\". \"Cando a República española foi ameazada, o capitalismo escolleu a tiranía. Unha escolla que os mellores homes non puideron aderir, así que viñeron a España a loitar. Hoxe confrontamos tamén esa mesma opción do capitalismo\", proclama. Por súa parte, Roures afirma: \"A Dry Run é realmente un dos grandes proxectos dos próximos meses. Non só pola historia, senón polo que significa para nós traballar con David Simon, un dos mellores guionistas dos últimos anos\"."}
{"ID": "NOS_47688", "summary": "De ser admitido a trámite, ficaría suspendido automaticamente o pleno de investidura de Puigdemont.", "text": "O Goberno español non ten o aval do Consello de Estado (órgao presidido polo galego Romay Beccaría, mentor de Feijóo), mais si o apoio de PSOE e Ciudadanos. Nesa situación Rajoy resolveu tirar para adiante e asumir o risco de ou ben ter un novo revés no Tribunal Constitucional (o que debilitaría extraordinariamente a posición do líder do PP) ou ben, no mellor dos casos para a Moncloa, dividir a máis alta instancia xudicial (ninguén agarda que vaia haber un pronunciamento unánime favorábel ao recurso). O respaldo de PSOE e Ciudadanos (neste caso Albert Rivera advertiu, porén, que \"se se equivoca [Rajoy], terá que dar explicacións) confirma a existencia dun bloco unionista monárquico a despregar a estratexia represiva como única resposta ás demandas de Catalunya. Os argumentos xurídicos esgrimidos polo Goberno español á hora de recorrer a designación de Puigdemont para a investidura non son tidos en consideración en ambientes xurídicos minimamente independentes. En declaracións a La Vanguardia, o catedrático de Direito Constitucional da Universitat de Barcelona, Xavier Arbós, afirma: \"Torrent [presidente do Parlament] está a propor alguén que non ten limitados os seus direitos políticos. Non se pode alegar que carece de direitos de deambulación. A restrición aínda non se ten producido por unha orde de busca e captura\". Só un xuíz, afirma, podería estabelecer esa limitación. En todo caso, Torrent confirmou esta sexta feira que o pleno de investidura de Puigdemont se realizará a vindeira terza feira ás 15 horas. \"O plano A, B e C é Puigdemont\", afirma Junts per Catalunya, mentres que José Antich, director de ElNacional.Cat, meio próximo ao soberanismo, asina un artigo intitulado \"Sessió d'investidura de Puigdemont o eleccions\""}
{"ID": "PRAZA_11073", "summary": "Que é a ciencia? Todo o que é \"científico\" é certo? Estas preguntas teñen respostas e conflúen nun único método: o método científico. Iria Veiga e Javier Balea explícannolo na nova entrega de Concienciadas.", "text": "Que é a ciencia? Todo o que é \"científico\" é certo? Estas preguntas teñen respostas e conflúen nun único método: o método científicoQue é a ciencia? O que está nos libros? O que din unhas persoas con bata branca? En termos lingüísticos, a ciencia é o \"conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar\".Pero, como se fai a ciencia? Todo o que é \"científico\" é certo? Daquela, como é posible que afirmacións que noutrora eran científicas agora xa non o sexan? Todas estas preguntas teñen respostas que conflúen nun único método. O método científico. É o que nos explican Iria Veiga e Javier Balea na segunda entrega de Concienciadas.En Concienciadas a audiencia de Praza.gal atopa pílulas audiovisuais con explicacións sobre conceptos científicos, achegas á explicación que a ciencia nos ofrece para múltiples elementos da nosa vida cotiá e testemuñas de persoas que traballan no mundo da investigación.Como xa avanzaran Iria Veiga e Javier Balea tras a estrea da primeira entrega da sección, Concienciadas aposta por incrementar o material audiovisual en galego sobre temas científicos. Ademais, ao ser un proxecto que se integra nun xornal xeneralista\", subliñan, \"pode axudar a comprender que os temas dos que imos falar forman parte da cultura, porque a ciencia tamén o é\", conclúen."}
{"ID": "NOS_58344", "summary": "A portavoz da formación nacionalistas en Madrid desvela as liñas de discurso que defenderá no Debate de Política Xeral que ten lugar esta semana, onde \"volverase falar de Galiza grazas á presenza do BNG, xa que ningún outro grupo fai nunca referencia ningunha aos nosos problemas\".", "text": "Olaia Fernández Davila (Vigo, 1954) exercerá de portavoz do BNG no Debate de Política Xeral que comeza esta terza-feira no Congreso, unha cita que a parlamentaria aproveitará para situar Galiza no escenario dentro dunha cita marcada pola inminencia de varios procesos electorais no Estado durante este ano.. -Cales serán as liñas mestras da súa intervención en nome do BNG durante o Debate? Non temos moito tempo, xa que só nos dan sete minutos para falar, pero como sempre intentaremos que estean presentes as problemáticas de Galiza e iso levaranos a expoñer a nulidade deste Goberno para o noso país, con orzamentos que non se cumpren ou promesas como as do tren de cercanías polas que seguimos agardando. Tamén criticaremos a oportunidade perdida de crear unha banca pública ou semi-pública a partir das desaparecidas caixas, vendidas a prezo de patacón. E por suposto faremos referencia aos sectores produtivos, denunciando os paripés cun sector lácteo que segue en crise ou a competencia desleal contra a pesca galega pola eliminación de aranceis. -É o último Debate da lexislatura, que ademais coincide cun ano plurielectoral. Seguramente Rajoy aproveitará para facer un mitin, cun balanzo en positivo. Pero a realidade é que a súa lexislatura foi a dunha demolición, o que deixa o seu Goberno é devastación, un escenario de postguerra, coa taxa de pobreza infantil máis alta de Europa xunto á de Rumanía, cunha desfeita nos servizos sociais e públicos, cun grande crecemento do desemprego, cunha dramática perda de diñeiro en dependencia ou un mercado laboral baseado na precariedade absoluta ao tempo que os ricos son agora máis ricos. Tamén sofremos un proceso de recentralización moi forte ou vemos a posición cerril do Goberno ante a reivindicación do dereito a decidir, en Catalunya pero tamén noutras nacións. E non me esquezo da corrupción, que alcanza de pleno o PP. O debate de política xeral comeza esta terza feira no Congreso -É reversíbel todo o que fixo este Goberno? Hai cambios, ou retrocesos, que parecen pensados para instalarse de forma perpetua aproveitándose da resignación. -Ese é un obxectivo que foma parte do método que utiliza o poder, creando unha situación de deterioro e empobrecemento que acabe sendo asumida por moita xente. Pero desde o BNG cremos que si é reversíbel, que non temos porque afacernos ao que está mal. -Sen o BNG, falaríase de Galiza no Debate? -É unha realidade que non. Os únicos que poñemos sobre a mesa os problemas de Galiza, malia o pouco tempo que temos, somos nós. Outras forzas que tamén contan con deputados e deputadas galegas non din nin unha palabra sobre a situación do noso país. E non porque os seus portavoces non fagan referencia a territorios concretos, que si que o fan, pero nunca son Galiza. \"Outras forzas que tamén contan con deputados e deputadas galegas non din nin unha palabra sobre a situación do noso país\" -Como reacciona Rajoy á intervención do BNG? Con desinterese? Enfadado? -Pois teño que recoñecer que atende e, se cadra pola súa condición de galego, até ten preparadas as respostas, aínda que non nos convenzan. Pero nese sentido non temos queixa como si chegamos a ter, por exemplo, con Zapatero, ao que Jorquera nalgunha ocasión tivo que pedirlle respecto á nosa intervención. -Estará moi marcado o Debate por forzas políticas que non teñen presenza no Congreso? -Non creo, aínda que a preocupación pode notarse nalgúns discursos. Pero é ben recordar que moitas das ideas que manexa, por exemplo, Podemos xa as levamos propoñendo desde hai anos varias forzas no Congreso, entre elas o BNG."}
{"ID": "NOS_12870", "summary": "Os sectores máis críticos coa xestión do PP sofren os sacrificios nos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Un 30,6% menos en actividades culturais que chegan a un 65,5% en audiovisual compoñen unhas contas que poden afogar o tecido cultural.", "text": "\"Non se pode gastar o que non hai\" concluíu o conselleiro Xesús Vázquez despois de recurrir á eficiencia na xestión como argumento para explicar uns orzamentos que evidencia un modelo de cultura e educación que afonda nas críticas que caracterizaron á política desenvolvida polo Conselleiro xa na anterior lexislatura. Os sectores que máis protestaron pola xestión do PP ao fronte da cultura, atopan un novo castigo nestes orzamentos. As queixas pola paralización dos circuitos culturais e a Rede de Teatros tiveron como resposta unha maior merma xa que a partida destinada a actividades culturais descenderá nun 30,6%. Ás serias dificultades do sector audiovisual veranse agravadas cunha disminución dun 65,5 % dos cartos públicos que se lle viñan destinando. Os tres grupos da oposición aproveitaron para criticaren a situación na que quedan as compañías e pequenas empresas das industrias culturais e mesmo a eliminación da actividade cultural no rural, que chegaba aos pequenos concellos en virtude dos circuitos culturais. Que pasa con AGADIC? \"As politicas culturais sofriron un recorte de máis do cincuenta por cento co PP\" sinalou Cosme Pombo (BNG) quen acusou ao goberno de aplicar a ideoloxía de enterrar a identidade galega. \"Agadic descende e está sen xerente nunha situación preocupante\", comentou. \"Todos os axentes culturais esmorecerán, mentres continúa a dedicar un 16% dos orzamentos á Cidade da Cultura en lugar de darlle osíxeno ao tecido cultural, elimina os Camiños da Cultura que garantía o acceso á cultura do rural galego\" engadiu Ramón Vázquez Día (AGE). Para Vicente Docasar, do PSdeG-PSOE sofre \"unhah dramática redución ao pasar de15 a 9 millóns de euros\". Xesús Vázquez explicou o descenso orzamentario pola crise existente mais iso non quitou que a oposición lamentara a \"discrecionalidade\" do tratamento económico. \"Son baixadas selectivas, afoga os sectores creativos pero a Fundación Camilo José Cela ten un tratamento excepcional\" dixo Cosme Pombo a respecto do descenso de 6,3 millóns de euros en actividades mentras Ramón Vázquez denunciou o trato de favor da Fundación que ten como xerenta á filla do ex-conselleiro Dositeo Rodríguez. Tamén a Cidade da Cultura entrou, como cada ano, no debate orzamentario. O Conselleiro defendu unha redución dun 30% na xestión con respecto ao exercizo anterior debido, segundo dixo, ao aforro pola contratación de maiores volumes máis a oposición recriminou que nunha situación de crise, o 16% dos orzamentos vaian parar ao complexo do Gaiás, en boa medida, destinados a ter os centros abertos. \"Un de cada seis euros de cultura van para o Gaiás\" apuntou Vicente Docasar (PSdeG-PSOE).Non son orzamentos que \"permitan triunfalismos\" dixo no preámbulo o Conselleiro pero, de fronte, ía atopar cunha oposición que coincidiu en varias liñas argumentais. As industrias culturais e ás pequenas empresas creativas agoiran un futuro crítico, nunca a promoción da lingua foi tan mal tratada, e a afirmación de que a consellaría consolida un modelo de ensino selectivo que apoia o privado e empeora de forma singular as condicións laborais dos docentes. O Conselleiro recoñeceu que o \"sacrificio\" do persoal docente e funcionario da consellaría é o que está a \"sanear\" as contas do seu departamento e falou dun \"axuste de 1125 prazas por ampliación de horarios, disminución de liberados sindicais...\" que, para a oposición, non é senón a consolidación dun modelo que ten as súas repercusións nun descenso da calidade do ensino público mentras se promover o privado. Cosme Pombo criticou que, neste curso, disminúan 369 docentes fronte un ensino privado no que non se \"experimetna unha rebaixa na mesma cantidade e porcentaxe que o sector público\". Con 149 millóns menos dedicados ao ensino, sumados aos recortes anteriores supoñen, para Ramón Váquez a constatación de que o PP defende \"un modelo urbano, marcado pola hexemonía dos centros privados\". A desaparición de 322 aulas e 46 centros de ensino privado supoñen, ao seu ver, \"o arrase do ensino público no rural\". \"Que libertade teñen de escoller uns pais da Fonsagrada?\", espetoulle ao Conselleiro, ao respecto do argumento que tantas veces empregou o PP a respecto das decisións no ensino. A lingua, peor que con Fraga Coa metade do orzamento, en 1993, o goberno de Manuel Feraga dedicáballe unha cantidade á promoción da lingua que viña ser o triple do que a consellarái de Xesús Vázquez constata para o presente exercizo. De \"lingüicidio\" calificou Ramón Vázquez a redución de 2.130.000 euros en promoción da lingua, departamento que, segundo Vicente Docasar (PSdeG-PSOE) quedou relegada ao aparecer no organigrama de Educación e Cultura nunha vontade política que mesmo se aprecia na presentación pública na que, denunciou \"aparece oculto o nome do organismo baixo o da consellería\". Anunciou, sen embargo, a elaboración dun Plan da Cultura Galega no que se recollan as prioridades da xestión e un Plan director do Libro."}
{"ID": "NOS_2708", "summary": "Un penalti e unha expulsión lastraron o equipo vigués, que se adiantaba no marcador na primeira parte. Sen fortuna, os celestes trataron de igualar o partido até o final.", "text": "Un penalti e a expulsión de Cabral cambiou o rumbo do partido que na mañá do domingo enfrontaba Athletic e Celta en San Mamés. Orellana adiantaba os vigueses nos primeiros minutos, cando se amosaban moi superiores ao seu rival. De feito, o Celta puido marcar no primeiro minuto tras unha xogada asinada por Aspas e Nolito. Apenas dous minutos após Orellana lanzaba moi perto da escuadra. O partido decantouse para os visitantes no minuto 13, cun gran pase de Marcelo Díaz cara a Orellana, que superaba a Iraizoz nun man a man. A superioridade do Celta foi a tónica da primeira parte até que no minuto 36 o árbitro pitou un rigoroso penalti sobre Aduriz e amosoulle cartón amarelo a Cabral. O dianteiro vasco selaba o empate. O colexiado catalán volveu ser protagonista no minuto 39, cando expulsou Cabral nunha xornada con Aduriz. De ser notabelmente superior, o Celta chegaba ao descanso co empate e con dez homes. No segundo tempo, o Athletic foi aproveitando aos poucos a súa superioridade numérica. Unha superioridade que aproveitou no minuto 27, cando Raúl García sentenciaba o partido co 2-1 no marcador. O Celta foise arriba en busca do empate. A punto estivo de conseguilo cun remate de Guidetti que foi parado polo meta local. Con este resultado, Celta e Athletic comparten 36 puntos, aínda que o gol average se decanta a favor dos vascos. Athletic Club: Iraizoz, De Marcos, Balenziaga, Etxeita (Iturraspe, min.60), Bóveda, San José, Beñat, Raúl García, Susaeta, Aduriz (Viguera, min.85) y Muniain (Willians, min.60) Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi.Gómez, Jonny, Marcelo Díaz (Planas, min.68), Wass (Guidetti, min.81), Tucu, Orellana, Nolito Y Iago Aspas (Radoja, min.55) Goles: 0-1, min.13: Orellana; 1-1, min.38: Aduriz, de penalti; 2-1, min.73) Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Expulsou Cabral (min.39) e amoestou Marcelo Díaz e Raúl García."}
{"ID": "PRAZA_9745", "summary": "\"Movéronnos os marcos/ e arrasamos a fronteira\". Dicíao Xabier Xil Xardón ao ler un dos seus textos no recital de poesía galega celebrado no Porto na segunda edición do 'Arrincando marcos'. Non pretendía adiantar as conclusións do evento, mais as súas palabras si poderían, quizais, agoirar o futuro dun intercambio cultural que debería producirse dun xeito tan corrente e fluído que os lindes administrativos chegasen a diluírse. Mesmo ata a desaparición.", "text": "\"Movéronnos os marcos/ e arrasamos a fronteira\". Dicíao Xabier Xil Xardón ao ler un dos seus textos no recital de poesía galega celebrado no Porto na segunda edición do 'Arrincando marcos'. Non pretendía adiantar as conclusións deste evento, organizado pola editora Positivas. Mais as súas palabras si poderían, quizais, agoirar o futuro dun intercambio cultural entre galegos e portugueses que, polo menos por motivos históricos lingüísticos, debería producirse dun xeito tan corrente e fluído que os lindes administrativos chegasen a diluírse. Mesmo ata a desaparición. De xeito que Porto fose unha praza tan normal para un creador galego coma calquera cidade galega. Alén dos puntuais -malia que crecentes, e parte deles xa consolidados- encontros ás dúas beiras do Miño.Falouse diso no 'Arrincando marcos', ao tempo que se cumpría un programa de actos que comezara cunha simbólica ofrenda na estatua de Rosalía de Castro, na Praça da Galiza, no Porto. Tras colocar flores nas mans da figura fundacional da nosa poesía, o director de Positivas, Franciso Macías, afirmou, facendo súa unha reflexión expresada momentos antes por Antón Casais, que \"as cousas nacen da forza do desexo\". A pesar da escaseza de recursos ou dos atrancos para conseguir que o miúdo acade unha repercusión que poida mudalo en grande. E foi, precisamente, a confianza no potencial transformador do pequeno o que alicerzou o 'Arrincando marcos'. Que foi só un modesto chanzo dun movemento de ida e volta entre poetas de Portugal e Galiza que terá continuidade.\"Eu comecei sacando libros en portugués. Publicaba libros de portugueses que distribuía en Galiza e Portugal\" -lembrou Francisco Macías-\"Faltan accións e sobran queixas, lamentos\", sostén o limiar da antoloxía poética editada por Positivas con motivo do 'Arrincando Marcos 2019'. Certo que non é, nin moito menos, a primeira vez que a cultura galega e portuguesa partillan un evento. Desta volta foi por medio de Edicións Positivas -que levou ata Porto a sete dos autores/as do seu catálogo- e da Poetria, libraría especializada en poesía e teatro da portuense rúa das Oliveiras. O discurso sobre a necesidade de fomentar o intercambio tornouse mesmo oficial -e diso foi mostra a aprobación da Lei Paz-Andrade-. Mais o ritmo e intensidade do mesmo non acadou o nivel desexable. \"Parece que todo o mundo está de acordo\" -indicou Macías - \"pero falta dar un paso adiante, concretar\".\"O mundo cultural galego\" -engadiu- \"ten que poñer un pé en Portugal por necesidade e por supervivencia\", dixo. Afirmación que sen dúbida compartirían os e as responsables das múltiples iniciativas, a maioría privadas -ou máis ben comunitarias, e moitas delas ligadas ao reintegracionismo- de achegamento entre artistas dos dous lados da fronteira.\"Eu comecei sacando libros en portugués. Publicaba libros de portugueses que distribuía en Galiza e Portugal\" -lembrou Francisco Macías-. Positivas organizara xa antes do 'Arrincando Marcos' no Porto actos poéticos en Cerveira (Viana do Castelo) ou Braga -o primeiro 'Arrincando Marcos', no 2017, tivo lugar nesta cidade na libraría Centésima Página-. \"O que quero agora é recuperar aquela dirección dos inicios de Positivas. O ano que vén teño previsto, por exemplo, publicar cinco libros de poesía de autores en portugués, cada un dun país dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa), en coedición cunha editora de Vilanova de Cerveira\", comentou.\"Temos que romper\" -opinou Macías- \"o 'encasillamento' de editoras: por que temos que escoller entre galego e portugués? Teriamos que dar ese paso de xeito natural\"\"Temos que romper\" -opinou Macías- \"o 'encasillamento' de editoras: por que temos que escoller entre galego e portugués? Teriamos que dar ese paso de xeito natural\". Preguntado pola cuestión da normativa do galego, que se deduce facilmente a partir do anterior, afirmou ademais que non tería \"ningún problema\" se algún autor galego quixese publicar en padrón portugués -ou ao revés, de darse o caso-. Nese sentido, producíronse algúns tímidos pasos no mundo editorial galego -no que eran excepcións empresas coma Laiovento, que non exclúe a normativa reintegracionista- como a colaboración entre Através e Xerais para tirar do prelo a obra 'Bolxeviques/Bolcheviques', coordinada por Teresa Moure. Mais a situación atópase moi lonxe da normalidade.Esta foi unha das dimensións que abrangueu o debate entre os participantes do 'Arrincando Marcos' -Paula Carballeira, Quico Valeiras, Raúl Gómez Pato, Roi Vidal, Rosalía Fernández Rial e Xabier Xil Xardón, xa que Eduardo Estévez non puido finalmente acudir- que precedeu ao recital que ofreceron na rúa das Oliveiras. Ás veces mesmo parece -apuntaba Macías- que antes da democracia había máis intercambio entre cultura galega e portuguesa. \"Xuntábanse 20.000 persoas nunha manifestación en Lugo e cantábase o 'Rosalinda' de Fausto. Iso agora sería imposible\" -exemplifica-. Aínda que si se poderían buscar mostras actuais de eventos culturais de grande impacto de público coma o consolidado 'Cantos na Maré', cuxo eixo é precisamente o encontro entre a música galega e a do resto da lusofonía. \"O modelo a imitar podería ser Narf\" -indicaba Macías- que \"se movía polo mundo\". Quixo destacar tamén o papel de Roberto Vidal Bolaño no pulo do intercambio entre o teatro galego e o portugués.Macías salientaba tamén a importancia da presenza do ensino da lingua portuguesa na Secundaria nos institutos galegos, dada a súa contribución a \"prestixiar\" o galego. Paula Carballeira achegaba, pola súa banda, unha significativa anécdota. Dixéronlle, en Portugal, que era a \"española\" que mellor entendían de todas as que por aló tiñan pasado. \"Queda moito por facer\" -afirmou- mais cómpre transmitir tamén en Portugal que o galego \"non é unha lingua rara, que é unha lingua irmá\", e xa sen entrar no tema das orixes históricas do portugués. Mais acontece que se cadra Galiza precisa de Portugal neste aspecto moito máis do que Portugal de Galiza. \"É unha parte do corpo que a nós nos falta, e que a eles non, porque eles son un corpo enteiro\", explicaba Raúl Gómez Pato, recorrendo á figura literaria. \"Para min é unha cuestión que vai máis alá do lingüístico, de percepción moi similar da realidade, que mostra que hai unha fronteira artificial\", engadía.Na conversa xurdiu, en reiteradas ocasións, o exemplo da \"raia\" galego-portuguesa, mostra, precisamente, desa artificialidade, en termos culturais e lingüísticos, da fronteira política que dividiu a histórica GallaeciaNa conversa xurdiu, en reiteradas ocasións, o exemplo da \"raia\" galego-portuguesa, mostra, precisamente, desa artificialidade, en termos culturais e lingüísticos, da fronteira política que dividiu a histórica Gallaecia. \"A literatura oral está chea de contaxios dun lado e do outro, a nivel de textos e de prácticas. É un concepto de sempre funcionou a nivel das clases populares. Tamén a xiria, na raia, está chea de lusismos\", indicaba Xabier Xil. Suso Díaz falaba, pola súa banda, desde a súa propia experiencia coma arraiano. \"A fronteira sempre foi permeable. Nunca existiu, en realidade. Pero chegou un momento no que se converteu nun medio de vida, a través do contrabando, por exemplo\", contou.Gómez Pato distinguiu, pola súa banda, tres posibles etapas históricas diferenciadas. Unha coa ditadura franquista, cunha fronteira física traspasada polo tránsito de mercadorías ou cultural, e dúas durante a democracia. Unha \"máis dura\", co fraguismo, debido ao interese político de \"marcar\" a fronteira para conter o posible avance do nacionalismo galego -que tivera Portugal como moi importante referente de afirmación- e outra despois. Suso Díaz retrucou -de xeito contrario, pero non contraditorio, coa interpretación de Gómez Pato- que a fronteira sempre fora \"irreal, permeable\", a nivel popular, cousa que \"nin Franco nin Salazar\" puideran impedir. O cal non exclúe que, como dicía Pato, se cadra puideron tomarse decisións políticas -tamén a respecto da normativa- para afastar Galiza de Portugal. \"Nos anos 80 e 90, cando se asentaba a democracia, houbo moito interese por parte das autoridades en que a fronteira fose real. Agora, na terceira fase, vese que resulta economicamente interesante derrubar a fronteira\" -reflexionou Pato-.Respecto á cuestión do potencial interese de Portugal en Galiza, saíron no debate diversos argumentos. No ámbito teatral, por exemplo, existe unha certa tradición de intercambio -desde o Portugaliza da sala Nasa ao interese mostrado, en diferentes etapas, polo CDG no teatro portugués- mais, opinou Paula Carballeira, mostran máis interese os portugueses en chamar profesionais galegos -exemplo diso é o traballo de Carlos Santiago no país luso, de Trigo Limpo á actualidade- que ao contrario. Portugal -dicía Gómez Pato- é unha saída \"natural\" para o noso mercado cultural. Mais, falando de posibles atrancos ao respecto, Xabier Xil indicou que ás veces nos ofuscamos coa \"cuestión da grafía\" cando pode ser tan ou máis relevante \"a oralidade, porque ao final como chegas é coa palabra\". \"Hai lingüistas europeos\" -matizaba Rosalía Fernández Rial-, non posicionados nin con Galiza nin con Portugal, que \"estudan o galego e o portugués como a mesma lingua. Polo que, como dicía Raúl, hai aí construcións interesadas, artificiosas\". Construtos políticos -engadiu Pato- que influíron no \"subconsciente colectivo\".Xabier Xil indicou que ás veces nos ofuscamos coa \"cuestión da grafía\" cando pode ser tan ou máis relevante \"a oralidade, porque ao final como chegas é coa palabra\" Quico Valeiras amosouse, pola súa banda, partidario de non ollar tanto á política formal pois -en confluencia co que antes comentara Paco Macías arredor do Bierzo- cun pé nas prácticas comunitarias, os marcos que se cadra convén arrincar son os mentais. Porque a cuestión é que \"na literatura e en toda a arte estamos sempre mirando a Madrid, e poderiamos mirar para abaixo e para o Atlántico\". Afirmou, tamén, entender o tema da cuestión do sentimento arraiano, mais lembrou que \"para os de máis arriba si que existe esa fronteira\" entre Galiza e Portugal. Como antes afirmara Paula Carballeira que, ao contrario de Raúl Gómez Pato, dixera que non se sentía tan \"na casa\" en Porto, xa a certa distancia da fronteira. Si houbo acordo en que o feito de ser Galiza \"nación sen Estado\" é un obstáculo para afondar na interrelación cultural. Malia que \"os portugueses son máis conscientes ca nós do potencial da Eurorrexión\" -comentou Carballeira-. Suso Díaz engadiu que existe tamén unha \"barreira infranqueable\" entre España e Portugal dada por motivos históricos que segue a causar certo afastamento nos portugueses. Houbo converxencia, porén, no debate, finalmente, na necesidade de focalizar esforzos alí onde \"se pode intervir\", desde o pequeno, que pode virar grande. Sen negar que a intervención das institucións pode ter un efecto \"multiplicador\", onde é posible.Seguiu, despois, o recital, ao que Paco Macías deu comezo sacho en man, tal como explicou, por traer un símbolo da posibilidade \"arrincar os marcos\" 25 anos despois do primeiro acto que el mesmo organizara, con Positivas, en Portugal. Comezou, máis tarde, Paula Carballeira, que leu un poema de resistencia -posto na boca das ratas- e uns poucos máis -extraídos do seu libro 'Hai quen escolle os camiños máis longos'- de revisión dos mitos patriarcais dos contos. Recitou a seguir Quico, quen agasallou o público con algúns poemas inéditos nos que foron algúns dos intres máis álxidos do recital, con versos de forza inmensa dedicados á figura da nai e relacionados tamén co mito. Foi despois a quenda de Raúl Gómez Pato, que leu algúns versos da última parte do seu libro 'Círculo', unha das máis recentes novidades de Positivas. Roi Vidal iniciou, pola súa banda, a súa intervención cuns versos de Raúl, para despois recitar un poema publicado na extinta Revista das Letras, outro incluído no seu poemario 'Teatro' e un máis recollido noutra das novidades de Positivas, 'As máscaras brancas'.Rosalía Fernández Rial -un auténtico volcán escénico- empezou recitando ao seu amigo Paco Souto, poeta percebeiro ao que non hai moito levou o marRosalía Fernández Rial -un auténtico volcán escénico- empezou recitando ao seu amigo Paco Souto, poeta percebeiro ao que non hai moito levou o mar. Realizou, a seguir, un pequeno percorrido por parte da súa propia poética -versos de 'Catálogo', 'En clave de sol', 'Átonos' ou 'Vinte en escena'. Seguiu Suso Díaz, que lembrou outro poeta finado -Bento da Cruz- e presentou algúns dos poemas doutro libro de Positivas que se deu a coñecer neste recital, o seu 'A utopía que diluíu o vento': versos sobre o Couto Mixto que ben poderían servir de metáfora do cerne do 'Arricando Marcos', coma \"aquí, onde a fronteira é/ porta sen pechadura,/ -cadea onde se ata o vento-/ só aquí/ volvemos crer nos ideais/ que rexen a fuxida,/ o encontro\". De igual xeito que, sen pretendelo, funcionaron despois algúns versos -inéditos- de Xabier Xil, coma os que encabezan esta crónica. Tras ler, repartíndoos entre todos, os poemas de Eduardo Estévez recollidos en 'Arrincando marcos 2019', o acto rematou coa lectura, tamén colectiva, do '¿Que é Galicia' de Lois Pereiro. Quedou pendente un cadáver exquisito -ou chamamento exquisito,mais cunha exquisitez á galega e non á portuguesa- para apelar a un maior intercambio cultural entre Galiza e Portugal. Para pasar das palabras aos feitos."}
{"ID": "PRAZA_3695", "summary": "\"Cando se trata de saúde non caben escusas; garantindo o subministro alimentario ou desinfectando rúas\", destacan dende Unións Agrarias", "text": "D.L.Durante a crise sanitaria polo coronavirus e malia ás restricións, a importancia da produción de alimentos é tan clave coma sempre. Así o evidenciaban representantes dos sectores agrario e gandeiro galegos no inicio das medidas de confinamento, os mesmos sindicatos agrarios que agora poñen tamén o foco no xeito en que profesionais do sector primario, ademais de seguir producindo, colaboran en tarefas de desinfección coa súa maquinaria en aldeas e vilas.\"Cando se trata de saúde non caben escusas; garantindo o subministro alimentario ou desinfectando rúas\", destacan dende Unións AgrariasRecompilando testemuños como os que recolleu Faro de Vigo na Limia ou no Salnés, Unións Agrarias resalta o exercicio de \"colaboración e responsabilidade\" que se está a producir tamén no rural galego nestas semanas. \"Cando se trata da saúde e do benestar non caben escusas\", xa sexa \"garantindo o subministro alimentario\" ou tamén \"desinfectando as rúas das nosas vilas\".Así, por exemplo, Unións resalta como \"os traballadores do campo\" están a \"poñer os seus medios á disposición da loita contra o coronavirus\". Exemplifícano con traballos concretos en Xinzo, en Sanxenxo ou en Beade. Nesta última vila ourensá, \"os viticultores cambian estes días vides por asfalto para sumárense ás tarefas de desinfección\", eloxian."}
{"ID": "NOS_24118", "summary": "O relevo de Feixoo á fronte da Xunta da Galiza estase complicando. Mentres o núcleo mais fiel ao aínda mandatario galego defende a elección do seu sucesor na Presidencia sen consultar as bases da formación, outra parte do partido aposta por elixir o vindeiro candidato do PP á Presidencia da Xunta nun congreso. Uns e outros dan por feito que haberá batalla interna para escoller o recambio de Feixoo e decidir o novo liderado do partido.", "text": "Os plans non lle están saíndo a Feixoo conforme ao previsto. O seu círculo de confianza esperaba ao comezo deste proceso unha sucesión pactada, sen conflito interno, cun novo presidente da Xunta da Galiza e un máximo responsábel do partido escollido pola xunta directiva galega da formación, sen necesidade de recorrer a un congreso. Porén, a toma de posición interna dos principais dirixentes e o malestar das bases coa solución Rueda -o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, parte como favorito de Feixoo para relevalo- adiantan un escenario diferente ao trazado polo equipo de Feixoo, con Mar Sánchez, secretaria xeral de Medios da Xunta, á cabeza. As principais referencias da formación advirten que o recambio non vai ser doado. A este respecto, o presidente do Parlamento da Galiza e persoa \"de vellas lealdades baltaristas\", Miguel Santalices, sinalou o domingo que é \"difícil\" substituír Feixoo malia considerar que hai \"máis posibilidades de que saia ben que mal\" a elección. Sexa de forma explícita ou implícita todos asumen no PP galego que o proceso de recambio está sendo complicado e recoñecen abertamente as tensións internas dentro da formación. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o único dirixente do PP na Galiza canda Núñez Feixoo con poder territorial, foi o primeiro en impugnar publicamente o modelo de sucesión deseñado desde o círculo do presidente galego. Así, nunha entrevista concedida a Onda Cero na segunda feira, defendeu unha bicefalia transitoria entre o presidente da Xunta e o do partido, reclamou que este fóra elixido polos afiliados nun congreso e lembrou que corresponde ao presidente do PP liderar a candidatura da organización nas vindeiras eleccións galegas de 2024. O barón ourensán afirmou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, figura \"con moitísima vantaxe\" para relevar a Feixoo. Porén, negouse a apoiar ao actual número dous de Feixoo como cabeza de lista do PP nas eleccións ao Parlamento de 2024. Nesta liña, recordou que a candidatura do PP debe ser encabezada pola persoa que \"presida o PP da Galiza\", unha cuestión que \"tamén haberá que falar no seu momento\", dixo, fixando ese momento após o conclave estatal dos populares desta fin de semana. A proposta deslizada por Baltar de instalar o PP da Galiza na interinidade até a realización do congreso conta con importantes apoios orgánicos fóra de Ourense. A mesma, dispón do beneplácito do groso dos sectores críticos do PP de Pontevedra, a parte maioritaria dos populares coruñeses, e grupos de afiliados lucenses próximos a José Manuel Balseiro. As fontes do PP consultadas por Nós Diario non dan ningún escenario por fechado, porén agardan que Feixoo sexa capaz de contentar todas as sensibilidades para evitar un choque aberto entre as diferentes familias do partido."}
{"ID": "NOS_34642", "summary": "A forza política que dá suporte ao goberno rexeitou por cuarta vez constituír unha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario da curva da Grandeira. O PSOE tampouco quer que se investigue a traxedia e acubillouse baixo a abstención. A iniciativa do BNG só obtivo o respaldo de AGE.", "text": "Máis unha vez, e van catro, o Partido Popular rexeitou esta cuarta feira en sesión parlamentar investigar o accidente ferroviario acontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013. O que é o maior sinistro da historia de Galiza non será investigado polo Parlamento após o voto negativo emitido pola forza maioritaria da Cámara. Tan só BNG e AGE –coa abstención do PSdeG-PSOE-- defenderon esclarecer \"responsabilidades políticas\" que puidesen existir nas causas do accidente e que nos últimos autos emitidos polo xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, xa se comezan a albiscar. Porén, desde as bancadas do PP acusaron a organización asinante da proposta, o BNG, de facer \"unha burda manipulación política\" coas súas demandas que son, tamén, as da Asociación de vítimas do accidente do Alvia. \"Quen non quere que se investigue é que ten algo que tapar\", espetou o portavoz parlamentar do BNG en resposta ás acusacións do deputado popular, Gómez Alonso. E é que o voceiro do grupo maioritario acusou a organización frontista de querer facer \"de xuíz e parte\" nun asunto que está en mans da xustiza. O PP vota en contra e fala de \"absurdas\" especulacións \"Estase a investigar en todos os ámbitos, non imos entrar en especulacións absurdas\", sinalou Gómez Alonso en nome do Partido Popular, afirmacións que foron retrucadas polo grupo nacionalista. \"Non busquen escusas de mal pagador\", indicou Francisco Jorquera ao tempo que pediu ás bancadas populares \"non confundir o ámbito de investigación penal\" co \"político\" por non seren estes excluíntes, senón, \"complementarios\". Destarte, fixo referencia ás comisións de investigación creadas con anterioridade, por exemplo, en relación á catástrofe do Prestige. Para a organización frentista, fica claro que as decisións adoptadas desde o Ministerio de Fomento así como polos consellos de administración de Renfe e Adif teñen a ver co acontecido na curva da Grandeira. Unha conclusión á que tamén se sumou o deputado de AGE na súa intervención. Antón Sánchez apoiou a proposta presentada polo Bloque e denunciou que as \"81 mortes\" ocasionadas pola \"falta de seguridade\" no tramo que une Ourense-Compostela non resultase en \"ningunha demisión\". Un accidente que \"podería terse evitado\" Segundo Sánchez, os informes periciais achegados polo persoal técnico que toma parte no proceso de instrucción xudicial evidencian que o sinistro \"se tería evitado de adoptarse as medidas correspondentes e non se tiver suprimido o sistema [de seguridade] ERTMS\". Un mecanismo que frea de maneira automática o tren perante o risco de accidente e que foi suprimido após introducírense mudanzas no proxecto inicial da liña de alta velocidade deseñada desde Madrid. \"O cambio no proxecto causou o accidente\", sentenciou o deputado de AGE. Mais para o Partido Popular a modificación do ERTMS polo ASFA \"non\" fai menos seguro o sistema ferroviario. Cuestión da que difire mesmo o xuíz instrutor do caso, Luis Aláez, quen ve \"imprudencia puníbel\" nas decisións adoptadas por Adif, a empresa estatal propietaria da infraestrutura ferroviaria. Sexa como for, o Parlamento galego non investigará o acontecido ao se impor a vontade maioritaria do PP. As familias e vítimas deberán continuar a agardar que o proceso xudicial en curso deite luz sobre as posíbeis responsabilidades políticas do que é o maior accidente ferroviario da historia de Galiza."}
{"ID": "PRAZA_9491", "summary": "Nun mitin ao que acudiu toda a cúpula dirixente do PPdeG o presidente da Xunta multiplicou os eloxios cara á súa propia xestión entre continuas chamadas ao \"voto útil\" ao PP para que este rumbo non varíe. O PSdeG pregúntase \"que celebra\" Feijóo e o BNG ve un \"decenio negro\"", "text": "Todo está mellor que hai dez anos. É a conclusión que cabe tirar do prolongado discurso co que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou este 1 de marzo o décimo aniversario da súa primeira vitoria electoral por maioría absoluta. Nun mitin ao que acudiu toda a cúpula dirixente do PPdeG, pero non Pablo Casado -que viaxa esta fin de semana á Coruña, Ferrol e Santiago-, o líder dos populares galegos multiplicou os eloxios cara á súa propia xestión entre continuas chamadas ao \"voto útil\" -ao PP- para que este rumbo non varíe.Nun mitin ao que acudiu toda a cúpula dirixente do PPdeG o presidente da Xunta multiplicou os eloxios cara á súa propia xestión entre continuas chamadas ao \"voto útil\" ao PP para que este rumbo non varíeNo claustro do compostelán hotel San Francisco, onde estaban membros do Goberno actual e tamén ex-conselleiros -entre eles Javier Guerra, agora próximo a Ciudadanos- soaron algúns dos grandes éxitos da playlist popular da última década. En sentido literal, co seu grupo fetiche Los limones, e tamén en sentido figurado. O xefe do Goberno galego presentou os seus Executivos como sinónimo de \"estabilidade\", de \"responsabilidade\", de \"gastar menos en si mesmo\", de \"facer máis con menos\", de que Galicia teña \"máis servizos públicos\" e \"máis eficaces\".Segundo o diagnóstico presidencial grazas ao seu labor \"Galicia é máis social e máis inclusiva ca nunca\", a sanidade pública marcha mellor que hai unha década e Galicia \"está mellor comunicada, máis ordenada territorialmente\" e mesmo se \"respecta máis a si mesma\". Todo isto co autogoberno intacto grazas á boa xestión económica do PP, dixo en referencia á non intervención polo estado das contas autonómicas nuns anos nos que, non obstante, a Xunta non recibiu unha soa competencia nova. \"Galicia foi a única comunidade que mantivo plenamente o seu autogoberno constitucional\" porque \"uns preferiron axitar bandeiras e nós, pagar as facturas\", sintetiza.\"Uns preferiron axitar bandeiras e nós, pagar facturas\", proclamou o líder do PPdeG, que implicitamente sinala entre as \"decisións complexas\" destes anos a súa disxuntiva sobre marchar ou non a MadridMentres o novo líder estatal do PP axita a recentralización e a guerra lingüística, Feijóo quixo facer ver no seu aniversario político que Galicia fica fóra diso. \"Aquí non perdemos nin un segundo nas pretensións de quen quere que elixamos entre Galicia e España\" porque \"somos de menos nacionalismo e populismo e máis traballar\". Galicia está moito mellor que en 2009 grazas ao PP e para que mellore aínda máis cómpre que o pobo galego siga votando ao PP. \"Voto útil\" era o lema e o mantra do eventoCon notas emotivas como as lembranzas para o seu pai, falecido en 2016, e tamén para o seu fillo, nado en 2017, no plano estritamente político o presidente da Xunta sinala que nestes anos tivo que enfrontarse a \"decisións difíciles\". Entre elas destaca \"algunha decisión complexa do último ano\", no que semellou unha referencia implícita á disxuntiva sobre ficar en Galicia ou marchar a Madrid para optar a ser o substituto de Mariano Rajoy. Pero, en calquera caso, todo \"pagou a pena\". E agora, di, disponse a \"seguir garantindo\" que \"o voto útil para Galicia é o voto ao PP\".O PSdeG pregúntase \"que celebra\" Feijóo e o BNG ve un \"decenio negro\"O décimo aniversario da vitoria electoral do PP en 2009 tamén atopou eco en dúas das tres formacións da oposición parlamentaria. Pola banda do PSdeG o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, cre que cabe preguntarse \"que celebra\" Feijóo, porque en realidade o país \"está en peores condicións\" que hai unha década e a celebración do PP é, realmente, o retrato dun \"fracaso\".A caída de poboación e o envelelcemento, o \"incremento da débeda ou o empeoramento do mercado laboral\" son, para os socialistas, mostras dun \"fracaso\" ao que cómpre \"dar a volta\". Estes e outros aspectos desta década sintetízanos nun vídeo co que chaman a \"dar a volta\" aos anos de Goberno de Feijóo.Pontón lembra que as \"primeiras medidas\" que o PP tomou en 2009 foron \"atacar o galego\" e \"cuestionar o dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade\"Pola banda do BNG a súa portavoz nacional, Ana Pontón, resume a década con Feijóo no poder como un \"decenio negro\". \"Feijóo deixa unha Galiza con máis paro, con máis desigualdade, coa sanidade pública tocada a base de recortes e privatizacións, con milleiros de mozas e mozos na emigración\", di a líder nacionalista-A xuízo de Pontón cómpre lembrar que \"as primeiras medidas que os populares tomaron en 2009 tras retornar ao poder \"foron atacar o galego\" coa derrogación do decreto da lingua no ensino e a reforma da función pública e, ao tempo, \"cuestionar o dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade desviando fondos á Red Madre antiabortista\" coa aprobación dunha lei a tal efecto."}
{"ID": "PRAZA_19535", "summary": "Das 52 secretarías ou direccións xerais, 8 cambiaron de responsable a respecto do executivo previo ás eleccións, e só 11 altos cargos seguen no mesmo posto que en 2009. \"Se algún conselleiro quere cambiar algún director xeral, está no seu dereito\", xustifica Feijóo, que non dá por pechados os cambios.", "text": "Este martes cúmprense catro meses desde a toma de posesión, o 14 de novembro, do actual Goberno galego logo das eleccións autonómicas do 25 de setembro. Un executivo do PP que o presidente Feijóo presentou como exemplo de \"estabilidade\" fronte ás alternativas que ofrecerían os outros partidos cos que competiu nos comicios ou mesmo fronte aos gobernos doutras comunidades autónomas ou cidades. Pero catro meses despois ese \"goberno estable\" segue a mudar a súa estrutura e composición a respecto do que había antes das autonómicas, de xeito que das súas 52 secretarías ou direccións xerais, 8 teñen novos responsables, e só 11 altos cargos seguen no mesmo posto que en 2009. \"Se algún conselleiro quere cambiar algún director xeral, está no seu dereito\", xustifica Feijóo, que non dá por pechados os cambios O pasado xoves o Consello da Xunta, a reunión semanal do presidente Feijóo cos seus conselleiros, tomou un total de cinco decisións, das que dúas foron os decretos de cesamento e nomeamento necesarios para, en plena reestruturación das liñas de autobús de Galicia, remudar a Dirección Xeral de Transportes, posto polo que xa pasaron catro responsables desde a chega de Feijóo á Xunta en 2009, cambios que se produciron todos nos últimos tres anos e medio. \"Parece que nesa dirección xeral houbo máis cambios que noutras\", admitiu o presidente cando foi preguntado por ese feito, para engadir a continuación que \"ata hai pouco había algún comentario sobre que eran moi poucos\" os cambios no seu goberno. \"Se algún conselleiro quere cambiar algún director xeral, está no seu dereito\", xustifica Feijóo, remudas que non deu aínda por pechadas cando se lle preguntou por esa posibilidade. Efectivamente, o Goberno galego como tal está conformado polo seu presidente e os conselleiros, que seguen a ser exactamente os mesmos dez que antes das autonómicas, logo de que varios deles fosen cambiados un ano antes. Pero o seu segundo nivel, o das secretarías e direccións xerais, non é tan estable. Nestes catro meses mudaron os responsables de oito desas 52 áreas de xestión: na antedita Dirección Xeral de Transportes Ignacio Maestro substitúe a Helena de Lucas, José Ramón Lete foi reemplazado á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte por Marta Míguez, Justo de Benito deixou a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental na que entrou María Cruz Ferreira, Coro Piñeiro foi cambiada á fronte da Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade por Fabiola García, Juan Carlos Maneiro saíu da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e entrou nela Mercedes Rodríguez Moreda, na Secretaría Xeral de Sanidade Josefina Monteagudo foi substituída por Alberto Fuentes, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas saíu Lourdes Vilachán e entrou María Jesús Piñeiro e as dúas anteriores direccións xerais de Política Financeira e Proxectos Europeos foron unidas nunha baixo a dirección do responsable da primeira, David Cabañó, logo de que a segunda levase un ano vacante. Ademais destes oito cambios de persoas, dúas das tres direccións xerais con que conta Medio Ambiente foron rebaixadas desde o seu anterior rango de secretarías xerais. Das 52 secretarías ou direccións xerais, 8 cambiaron de responsable a respecto do executivo previo ás eleccións, e só 11 altos cargos seguen no mesmo posto que en 2009 Os cambios no segundo nivel do goberno galego son máis acentuados cando se compara cos altos cargos do primeiro executivo de Feijóo en 2009. Dos dez conselleiros actuais, só tres estaban naquel primeiro goberno nomeado hai agora preto de oito anos: Alfonso Rueda, Rosa Quintana e Beatriz Mato, aínda que esta última facíase cargo de Traballo e Benestar, área completamente distinta á de Medio Ambiente que xestiona agora. No segundo nivel, o dos secretarios e directores xerais, só 11 dos 52 altos cargos actuais comezaron en 2009: o director do gabinete de Feijóo, Álvaro Pérez; a secretaria de Vicepresidencia, Beatriz Cuiña; o director de Xustiza, Juan José Martín; o director de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo; o director de Función Pública, José María Barreiro; a directora de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; o director de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces; o secretario de Universidades, José Alberto Díez; o director de Centros e Recursos Humanos de Educación, José Manuel Pinal; o director de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto; e a directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Porén, en varios casos as súas competencias ou rango variou neste tempo."}
{"ID": "NOS_51457", "summary": "Un informe da Comisión Europea sobre a estratexia 'Farm to fork' para promover os circuítos curtos de comercialización eleva a preocupación das explotacións de carne de vacún galegas polo modelo que pretende apoiar Bruxelas, a quen acusan de non ser coherente coas políticas impulsadas nos últimos anos.", "text": "A Comisión Europea vén de presentar un informe sobre o impacto que tería nas explotacións de vacún de carne a estratexia 'Farm to Fork' (da granxa á mesa), coa que pretende fomentar o consumo de proximidade e reducir os intermediarios na comercialización destes produtos. O informe, agardado polo sector, publícase \"sen anuncio previo e en pleno agosto\", como denuncian as produtoras de carne de vacún, e anticipa unha \"redución drástica\" do uso de insumos en agricultura e gandería, fai prever unha redución \"sen precedentes\" tanto da capacidade de produción da UE, como dos ingresos de agricultores e gandeiros europeos. De feito, do documento elaborado polo Joint Research Center europeo despréndese que a redución das emisións agrícolas en Europa podería chegar ao 28,4% grazas á aplicación do conxunto de estratexias previstas pola Comisión Europea. Este feito, que sería consecuencia da perda de produción agrícola, tería como grave contrapartida os aumentos de emisións nos terceiros países para compensar esta baixada de produtividade europea. Impacto negativo As conclusións deste informe non fan máis que confirmar as malas predicións da maioría dos estudos xa realizados sobre este asunto. Así, xunto a unha caída da produción de entre 5 e 15%, a análise de Bruxellas advirte dun incremento medio dos custos de produción de ao redor de 10%, con impacto directo nas rendas de agricultores e gandeiros. A carne de vacún, apunta, aumentaría dun 14% a un 24% de prezo pola redución da cabana, mentres que as importacións non compensarían a caída de oferta da Unión Europea, estimada en 16%. Os produtores de vacún de carne confían en que o documento sexa empregado como unha base sólida para reflexionar e debater coa Administración sobre se a dirección tomada é a correcta, xa que consideran que a \"soberanía alimentaria está en perigo\". Promoción de calidade Como comenta a Nós Diario o responsábel de Servizos Gandeiros da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, o sector \"precisa doutras cuestións, como a promoción da carne de calidade, que non se está a facer\". \"Se queren apoiar os circuítos curtos de comercialización, nós encantados, pero as últimas normativas que se fixeron foron contrarias a iso\", apunta Somoza. Segundo denuncia, \"nos últimos tempos houbo un gran proceso de reindustrialización e moita concentración do que é a distribución nas grandes áreas, lonxe de fomentar o que é a venda directa\". \"Os canais curtos de comercialización parécennos ben, non estamos en contra diso. Pero o que vemos detrás deste tema é a idea de seguirlle dando leña ao sector para favorecer outros métodos de produción que non teñen nada que ver coa carne animal\", sinala o responsábel da Fruga. Na súa opinión, selos de indicación xeográfica como o de Tenreira Galega deben \"moverse, actualizarse e seguir a promover o consumo desa carne, porque van ter un problema de competencia cos moitos selos de garantía que se están a dar por todo o Estado español\", advirte. Nesa liña, para favorecer a carne de calidade, Somoza ve fundamental o aproveitamento do terreo para as producións. \"A carne galega precisaba unha política de abaratamento de custos que se podería facer con outra ordenación territorial\". Políticas coherentes Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG) considera \"moi pouco coherente\" que Bruxelas aposte nunha estratexia por un modelo máis sostíbel e, ao mesmo tempo, siga a negociar acordos con Australia, Chile ou Nova Zelandia fomentando o modelo que máis emisións xera. \"Se quere ser críbel, debería deixar de lado esa estratexia de fomentar os intercambios quilométricos, tanto de exportacións como de importacións\", suxire Vilalba. Para a responsábel do SLG, o modelo galego, maioritariamente en base a pastos, dá mostras de que se pode producir carne con altos estándares e, ao mesmo tempo, coidar do medio ambiente e procurar alimentos saudábeis. De feito, cita o \"paradoxo\" de que na Galiza hai produción cárnica en ecolóxico que se vende como convencional porque non se valora no mercado, e que \"con cambios mínimos\", moita da extensiva podería certificar en ecolóxico. \"Teñen que deixar de pór dificultades a estes modelos e non autorizar máis macrofactorías, ás que apoian con cartos públicos. Hai que ir cara a produción máis local e sostíbel, pero hai que ser coherente\", conclúe."}
{"ID": "NOS_14044", "summary": "Un erro da canle pública española permite o acceso en aberto a un documento en linguaxe XML que repasa a biografía do Rei e leva por título Abdicación del Rey Juan Carlos.", "text": "A canle pública da televisión española traballa nun especial informativo para pendurar da súa páxina web que leva por título Abdicación del Rey Juan Carlos. Un erro permite o acceso en aberto a un documento en linguaxe XML que narra a folla de ruta para un despregue audiovisual en que se repasará a biografía do monarca. Unha galería multimedia repasará os videos e as noticias máis populares protagonizadas polo Borbón. Está prevista até unha inserción publicitaria."}
{"ID": "PRAZA_14310", "summary": "O Centro de Traducións inclúe a lingua galega na lista de idiomas que contarán cunha versión da rede social nos vindeiros meses. Tamén anima a todas as persoas interesadas en colaborar na tradución a que se inscriban.", "text": "O Centro de Traducións inclúe a lingua galega na lista de idiomas que contarán cunha versión da rede social nos vindeiros meses. Tamén anima a todas as persoas interesadas en colaborar na tradución a que se inscriban na páxina. O galego é unha das 16 linguas que se incorporan, xunto co irlandés, tamil, galés, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengali, albanés e eslovaco. As traducións apróbanse autmaticamente usando un algoritmo que ten en conta os votos da comunidade. Na actualidade Twitter está dispoñible en 33 linguas, despois de que en xuño se incorporasen seis máis, entre elas o catalán e o euskera. Criticase que dende a Xunta se lance a idea de que o twitter en galego vai chegar pola acción da administración cando finalmente foi a intensa actividade da comunidade tuiteira galega a que acadou o obxectivo. Dende o colectivo de persoas que iniciaron a campaña Twitter en galego sinalan a súa sorpresa por que esta boa nova chegase tan pronto e salientan que é un traballo \"que se fixo entre todos, foi un movemento de indignación\". De igual xeito criticaron que dende a Xunta se lance a idea de que o twitter en galego vai chegar pola acción da administración cando finalmente foi a intensa actividade da comunidade tuiteira galega a que acadou o obxectivo. Afirman que o importante agora é concienciar á xente para que se faga tradutora e se consiga completar a versión en galego no prazo máis breve posible, se cadra nunhas semanas, coma no caso do catalán ou do vasco. Abonda con entrar na páxina do Centro de Traducións e ali ou ben traducir palabras ao galego ou ben votar as propostas de tradución feitas por outros usuarios. As opcións máis votadas serán as finalmente escollidas. Un logro colectivo Cando a empresa comezou a falar da posibilidade de abrir o seu servizo a outras linguas, un grupo de internautas puxeron en marcha a iniciativa Twitter en Galego, co obxectivo de \"activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema\". Nestes meses, conseguiuse que #twitterengalego fose TT a nivel estatal, e forxouse unha certa sensación de comunidade, ademais de quedar claro que existían mans e cerebros dispostos a traballar nas traducións: o proxecto creado en GalegoLab reuniu moi rapidamente as 130 horas de traballo voluntario que se calcula que serían necesarias. A conta da iniciativa conta con case quince mil seguidores e seguidoras, e os seus impulsores salientan que \"Twitter en galego son todas aquelas persoas que reivindican unha rede social en galego, traballan día a día, aportando ideas e melloras e axudan a difusión da súa mensaxe na mesma lingua. Porque cada \"tuit\" que sexa en galego, contribúe un chisco máis, a crear unha normalización do galego nas redes sociais\""}
{"ID": "NOS_46064", "summary": "O Instituto de Estudos Chairegos achega unha peza de José Gómez de Bernado ao Concello. A descuberta da escultura terá lugar este sábado pola mañá.", "text": "Por terras vilalbesas pouco importa que Manuel María nacera en Outeiro de Rei, pois aló a maioría da cidadanía e do tecido cultural ten claro que o autor teceu un forte vínculo coa capital da Terra Chá durante a súa vida. Por iso, o Instituto de Estudos Chairegos homenaxea a súa figura cada setembro e este ano a lembranza será especial. A institución vén de doar ao Concello de Vilalba unha escultura do escritor, obra do canteiro José Gómez de Bernardo, que será descuberta este sábado ás 12 horas diante da Casa da Cultura. Alí fica sentado desde estes días a peza que recrea o intelectual, na que hoxe se traballará nos \"últimos retoques\" pero sen amosar todos os segredos. Malia que o proxecto naceu como unha idea autónoma da institución, dalgunha forma vén a reforzar a vella reivindicación de que a infraestrutura debe ser rebautizada como Casa da Cultura Manuel María. A este respecto, a presidenta do Instituto, Marisa Barreiro, avanza que non van cesar no seu empeño, que vai camiño dos vinte anos. Porén, o sábado é día de festa, de celebrar a relación tan estreita que Manuel María tivo con Vilalba e coas e cos veciños cunha idea que xurdiu nunha reunión da institución en 2017. \"A súa figura é un referente para nós e para Vilalba pois, aínda que naceu en Outeiro de Rei, tivo moitas vivencias en Vilalba e estivo moi entregado á Terra Chá\", destaca Barreiro, que tamén fai alusión ao feito de que o autor tomou posesión \"do seu asento como académico en Vilalba\". Ese foi un dos motivos que deu en encargar a peza ao escultor José Gómez de Bernardo. Tamén pesou o feito de que Manuel María cedera \"a súa publicación en vida ao instituto para que a editara\". Ese manuscrito tivo unha historia especial pois ficou anos esquecido entre as pertenzas de \"Álvaro Cunqueiro\" a quen María lle solicitara unha opinión. Á morte do primeiro, a familia atopou a escolma de \"elexías\" e trasladoullas ao seu dono, que á súa vez decidiría achegalo á organización cultural. Barreiro fala dun camiño paralelo da entidade e do escritor nos seus valores a prol \"da lingua, do patrimonio e da cultura\". Hoxe o creador de Terra Chá é un símbolo da zona e pasará a selo máis grazas á obra \"de corpo enteiro e tamaño natural\" moldeada polas mans de José Gómez de Bernardo, que apostou nunha figura de granito formada con esforzo, -especialmente na faciana-, que recibirá o público sentada... Convidando a gozar da cultura."}
{"ID": "NOS_32777", "summary": "Desde o 15 até o 17 de xullo o equipo pontevedrés participará no Campionato de España Xuvenil Feminino de Waterpolo. É a primeira vez na historia do waterpolo galego un equipo do país participará nesta competición.", "text": "O Club Waterpolo Pontevedra participará desde o 15 até o 17 de xullo no Campionato de España Xuvenil Feminino de Waterpolo. A piscina cuberta de Sant Sebastià (Barcelona) será o escenario deste campionato organizado polo Club Natació Atlètic-Barceloneta. Álex Andión, waterpolista: \"No waterpolo somos unha familia, non como no fútbol\" Por primeira vez na historia do waterpolo galego un equipo do país participará nesta competición, dando un paso máis para potenciar o waterpolo feminino galego. O equipo pontevedrés clasificouse tras lograr o título do Campionato Galego Xuvenil Feminino disputado na piscina da Escola Naval Militar de Marín o pasado mes de marzo. O Campionato de España Xuvenil Feminino disputarano 12 equipos do territorio estatal: CN Atlètic-Barceloneta, CN Sabadell, CN Mataró, CN Boadilla, CN Brians, CN Dos Hermanas, Real Canoe NC, CN Leioa LT, CN Elx, CN Pontevedra, CN Marbella e CW Málaga. Como dato curioso, só estiveron representadas até agora Catalunya, Madrid, Andalucía, Euskal Herria, País Valencià e agora a Galiza. Os participantes estarán repartidos en 4 grupos de 3, xogando unha liguiña previa entre a sexta e o sábado pola mañá, da que sairán os cruces. O CW Pontevedra estará encadrado no grupo B, fronte a dous equipos fortes: Real Canoe (Madrid) e CN Mataró (Catalunya), xogando o 15 de xullo ás 12:50 fronte ás madrileñas e ás 19:20 diante as catalás. Campioa do mundo de waterpolo pecha conta de twitter polos insultos por ter a 'estelada' Debutantes no equipo Once xogadoras formarán o equipo do Pontevedra. O club participa co obxectivo de seguir acumulando experiencia competitiva, sobre todo para o seu próximo debut en Primeira División Estatal a tempada vindeira. Entre as xogadoras hai varias debutantes nun campionato estatal de categorías, mentres que outras acumulan unha longa experiencia en campionatos desde alevíns."}
{"ID": "PRAZA_20191", "summary": "Entidades de todo o país asinan un manifesto conxunto que denuncia \"a política de persecución policial e mediática\"", "text": "15 centros sociais de toda Galicia difundiron este venres un manifesto conxunto de apoio e solidariedade ao CSOA Escárnio e Maldizer, desaloxado esta semana en Compostela. O texto está asinado por Ateneo Libertário A Engranaxe (Lugo), Centro Social A Comuna (A Coruña), Centro Social A Galleira (Ourense), Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela), Centro Social A Revolta (Vigo), Centro Social Fuscalho (A Guarda), Centro Social Gomes Gaioso (A Coruña), Centro Social Madia Leva (Lugo), Centro Social O Fresco (Ponteareas), Centro Social Xebra (Burela), Centro Social Autoxestionado do Sar (Compostela), Centro Social Ocupado A Insumisa (Coruña), Coletivo Terra (Pontedeume), Fundaçom Artábria (Ferrol) e Local Social Faisca (Vigo). No comunicado, as 15 entidades amosan a súa \"solidariedade incondicional\" co CSOA Escárnio e Maldizer, \"centro social ocupado co que traballamos en diversas iniciativas conxuntas, mostrándose sempre como un colectivo comprometido coa construción de alternativas ao embrutecemento e mercantilización cultural dominantes\" e o seu \"apoio\" a un colectivo \"que foi vítima das forzas represivas por recuperar un espazo privado abandonado polos proprietarios e que foi reconvertido nun ben público\". \"A defensa de tan elemental dereito custou non só un desaloxo violento do edificio, mais tamén feridas a varias persoas e a detención e acusación arbitraria dun veciño\", engaden. O texto condena \"a política de persecución policial e mediática contra iniciativas non controladas pola institucionalidade burguesa\". \"A burda criminalización e desprestixio inducidos polos principais medios de comunicación privados e mesmo públicos contra o CSOA Escárnio e Maldizer confirman a necesidade permanente de auto-organización popular\", din. As entidades salientan finalmente o seu \"compromiso no fortalecemento e na creación de espazos que permitan avanzar na galeguización e desmercantilización da nosa cultura\" e fan un chamamento \"ao movemento popular galego\" á \"unidade\" e á \"autodefensa\", construíndo \"novas ferramentas ao servizo dos intereses do noso pobo\"."}
{"ID": "NOS_56540", "summary": "O Pazo de Meirás non é propiedade da familia Franco e esta terá que devolvelo sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma ter incorrido para o mantemento do inmóbel. Así o dita a xuíza Marta Canales, que declara ademais a nulidade da \"doazón\" efectuada en 1938 ao ditador", "text": "Sentenza \"histórica\". Eis a palabra de orde que desde esta cuarta feira, 2 de setembro, resoa partindo de Sada a numerosos concellos da Galiza e do Estado, onde a familia Franco continúa a gozar de bens incautados ao pobo durante a guerra e a ditadura. A poucos días de que se fagan 45 anos do falecemento de Francisco Franco , chega unha resolución xudicial tan tardía como esperada, que non só dá a razón ao pobo fronte a familia do ditador no xuízo pola devolución do Pazo de Meirás, senón que é \"unha sentenza contra o propio Franquismo, a cal nace ademais da Galiza e da sociedade galega\", sinala a Nós Diario Manuel Pérez Lorenzo. Este historiador sadense actuou no proceso xudicial xunto ao investigador Carlos Babío como perito da Avogacía do Estado, ao seren ambos autores do libro Meiras. Un pazo, un caudillo, un espolio (Fundación Galiza Sempre, 2017). Precisamente, esta obra foi considerada como proba principal no proceso. A maxistrada Marta Canales declara na resolución a nulidade \"da doazón\" efectuada en 1938 do \"predio denominado Torres ou Pazo de Meirás ao autoproclamado xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde, por carecer do requisito esencial de forma\"; e aclara que o mesmo ano en que se efectúa \"a doazón\", constitúese unha Xunta pro pazo \"do Caudillo\" para comprar e regalar o inmóbel ao ditador. \"O seu nome era Francisco Franco Bahamonde, pero non se lle regala a el por si mesmo, senón ao xefe do Estado\", di a resolución. A xuíza tampouco acepta a argumentación da familia Franco sobre a compra que realiza o ditador coa intermediación de Pedro Barrié de la Maza, que cualifica de \"ficción\" levada a cabo \"só co obxecto de pór o ben ao seu nome\". O inmóbel \"entregouse á Xunta pro pazo do Caudillo na primavera de 1938 [...] e a Xunta pro pazo fixo entrega formal ao caudillo o 5 de decembro de 1938. O 24 de maio de 1941 non se entrega a Franco o pazo e Franco nada paga [...] e nada compra\", subliña a sentenza. Sen indemnizar a familia Desta maneira o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estima integramente a demanda interposta polo Estado e declara este propietario do pazo, condenando ademais a familia do ditador a devolver o inmóbel sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma ter incorrido para o mantemento da propiedade. A \"mala fe\" de Franco A maxistrada oponse a indeminizar a familia ao entender que a propiedade foi incorporada ao patrimonio dos Franco \"de mala fe\", cuestión que se materializa, di a resolución, \"cando, tras aceptar o caudillo a doazón do Pazo de Meirás, na súa calidade de xefe de Estado, outorga unha escritura pública o 24 de maio de 1941 coa única finalidade de inscribir este ben ao seu nome no Rexistro da Propiedade, sen mediar prezo algún\". Lembra ademais a xuíza que o Estado asumiu todos os gastos da residencia estival que foi xestionada e administrada como morada oficial do xefe do Estado.Ao entender que as torres de Meirás corresponden ao Estado, a xuíza declara tamén nula a parte da escritura pola que os herdeiros do ditador se fixeron co inmóbel e a doazón dos predios que se recolle nunha escritura de 1982. Tanto a Xunta da Galiza, como o Concello e a Deputación da Coruña e o consistorio de Sada defenderon no xuízo a postura da Avogacía do Estado, fronte á familia do ditador. Unha longa loita A familia Franco considerou a demanda presentada polo Estado como atraso desleal polos anos que pasaron, mais a xuíza tamén derruba isto na sentenza, ao recoñecer que \"a posibilidade de articular a demanda nace dun importante estudo histórico e dun consenso social, logrado tras moitos anos, que responde a unha madurez do noso sistema democrático\". E é que para chegar a esta resolución a loita foi longa. A sentenza nace formalmente da demanda interposta polo Estado, mais previamente hai un percurso de investigación e reivindicación colectiva que leva tamén nomes propios. Entre eles, o dos investigadores Carlos Babío e Manuel P. Lorenzo. \"É imposíbel que unha democracia poida convivir con 9 hectáreas de impunidade [as que ten o Pazo] mais aínda queda moito por facer, tendo en conta que detrás desta resolución hai un modelo histórico que debemos exportar a outros casos\", di Babío en conversa con Nós Diario. Ese \"modelo\" que o investigador apunta baséase en e\"contar con movemento e protesta social, o traballo decidido dunha sociedade e unha compilación documental e reconstrución dos procesos elaborada durante máis de 20 anos\". Mais tamén nese \"modelo\" foi fundamental, resalta Babío, o impulso das institucións, coa Deputación da Coruña á cabeza, cuxa vicepresidenta naquel momento, Goretti Sanmartín (BNG), logrou canalizar a reivindicación a través de moitas entidades e dar empurre a este proceso, que finalmente alcanzou unanimidade social e política. \"Até o PP non tivo outra que adherirse a esta posición\", relata Babío. O pulso institucional Así foi. En 2017 Goretti Sanmartín impulsou desde a Deputación da Coruña a Xunta pro devolución do pazo, un nome que xa de por si era toda unha declaración de xustiza conta a Xunta pro pazo creada en 1937 para entregar o inmóbel a Franco. A motivación para pór en marcha ese proceso xurdiu cando a Fundación Nacional Francisco Franco emprendeu as visitas guiadas do complexo, obrigadas ao ser declarado Ben de Interese Cultural, e facíaas exaltando a figura do ditador. Como resposta e para conseguir a devolución do inmóbel ao ben público constituíuse esa Xunta con organismos moi diversos como a Universidade da Coruña, a Iniciativa Galega da Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. A solicitude de apoio aos concellos superou as expectativas e en pouco tempo sumou adherencias por todo o Estado. Sanmartín, hoxe concelleira do Bloque en Compostela, lembra esta loita para Nós Diario destacando tres liñas chaves fundamentais para chegar á sentenza xudicial. A primeira é a mobilización social dos colectivos da memoria histórica, a segunda é o traballo de investigación, no que salienta o \"imprescindíbel\" libro de Babío e Lorenzo; e unha terceira que é a aposta recollida polas institucións. Aliás, Sanmartín destaca como chave o informe xurídico presentado desde a deputación hai xa dous anos, autoría de Xabier Ferreira. \"Con todo o material de documentación que se recolleu encargamos o informe xurídico, no cal Ferreira sinalou a vía onde claramente se podía gañar xudicialmente: apuntar a que se trataba dunha venda simulada. Sabiamos do risco, porque se perdíamos fecharíasenos unha porta para sempre, mais sabíamos do ben fundamentado que estaba o informe de Ferreira\". A nacionalista recorda como \"houbo que vencer a resistencia do Estado. Comezamos mandando cartas a Patrimonio Nacional, pero dicían que non era da súa competencia, considerando que se trataba de algo político, por iso ao final foi á Avogacía do Estado e logramos que se implicara\". Precisamente, sobre o campo institucional, o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feixoo, dixo esta cuarta feira que o pazo \"é xa patrimonio de todos. Así o decidiu hoxe a xustiza, avalando os criterios e argumentos que a Xunta trasladou ao Estado. Chegamos até aquí co máximo consenso\". Feixoo fixo así referencia ao acordo unánime no Parlamento polo que se instou a Xunta á creación dunha comisión de expertos para elaborar un documento que permitise fundamentar a incorporación do inmóbel ao público . O BNG e o PSdeG coincidiron en trasladar a súa satisfacción pola sentenza e apelaron a seguir traballando para \"restituír\" a memoria e avanzar en \"recuperar a dignidade das vítimas\". \"Esta sentenza é histórica e abre as portas a recuperar dignidade\", dixo a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; mentres que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quixo enfatizar o \"innegábel compromiso\" do Goberno socialista coa memoria histórica\". A portavoz do Goberno español, María Jesús Montero, celebrou a setenza. \"Parécenos de xustiza, é un patrimonio que pertence ao pobo español e tiña que volver ao pobo español\". O vicepresidente Pablo Iglesias sinalou que a resolución é unha \"magnífica noticia\" que \"restitúe a dignidade do país\". Para a Deputación da Coruña, en voz do seu presidente, Valentín González, a sentenza é \"un gran paso\" que \"ratifica o que pensa toda a sociedade\", en referencia a que o inmóbel debe ser públic o e non dos Franco. O alcalde de Sada, Benito Portela, cualificou a xornada de \"día histórico\" para este municipio e para toda a Galiza\". Unha vitoria chamada a ser o inicio doutras A sentenza non se pode entender sen a presión social. O 30 de agosto de 2017 un grupo de activistas vinculados ao nacionalismo e á memoria histórica accedeu ao pazo, aproveitando que este estaba aberto para recibir visitas do público. Unha vez no interior, despregaron faixas reivindicando a devolución do inmóbel ao pobo. \"Aquela acción pacífica tivo a súa importancia na medida en que alcanzou relevancia mediática mesmo fóra do Estado, visualizando que o pobo galego segue espoliado polos herdeiros do ditador\", sinala a Nós Diario Anxo Louzao, voceiro dese grupo de persoas que logo se denominou 19 de Meirás, ao seren denunciados pola familia Franco por esa acción. Sobre elas e eles pesa unha petición de pena de até 13 anos de cadea por activista e medio millón de multa. Precisamente a internacionalización do conflito foi moi necesaria para \"xerar presión sobre o Estado español\", recoñece o investigador Manuel P. Lorenzo, salientando as xornadas pola memoria histórica desenvolvidas en Bruxelas, no Parlamento europeo, onde Meirás foi protagonista, co impulso da representante do BNG na eurocámara, Ana Miranda. A familia recorre con medo a un \"precedente\" Os Franco xa anunciaron que recorrerán a sentenza. E é que todas as voces consultadas por este medio concordan en que a sentenza é un \"precedente\" para outros bens que a familia ten no seu poder como herdeira do ditador, por exemplo: a Casa Cornide na Coruña ou o caso das estatuas arrancadas da Catedral de Santiago e obsequiadas ao ditador. De feito, desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) sinalan ledicia pola sentenza e apuntan a que a Casa Cornide tamén debe ser recuperada para a cidadanía."}
{"ID": "PRAZA_5473", "summary": "No Sant Jordi, nese día no que fomos Trending Topic, os libreiros cataláns venderon millón e medio de volumes, moitísimos deles (moitísimos euros) en catalán.", "text": "Evidentemente, non é para tirar foguetes porque, a fin de contas, nada mudou. Pero o pasado Día do Libro, o hastag #EnGalegoLeo que botamos a andar entre a CRTVG, GÁLIX e a AELG, foi, durante uns minutiños da mañá, Trending Topic, é dicir, un dos asuntos dos que máis se falaba no twitter. A cousa ten mérito se pensades que ese mesmo día xogaban o Real Madrid e o Bayern de Munich e que, dende primeira hora, case que todos os temas que destacaban na rede social do paxariño, tiñan que ver co partido de fútbol (e aínda menos mal, porque polo xeral os temas que son TT teñen que ver con Belén Esteban ou algún reality da tele). E ten mérito, tamén, porque o twitter mide as conversas no conxunto do estado español, e aquí eramos só os galegos -e algún que outro lector ou lectora cómplice de por aí- a chiar coma tolos contra o resto da xeografía española. Mais aínda así conseguiuse. Pedíramoslle a todo o mundo que concentrase os seus esforzos entre as doce e as dúas da tarde para así ter máis posibilidades. E a xente respondeu. Eu fixen o meu chamamento no meu facebook e máis de cen persoas divulgaron a chamada, o que demostra que, cando se quere, aínda que sexa no mundo virtual (non che somos tan amigos de nos xuntar no mundo físico) e a causa é boa (sacar peito coa literatura galega), as cousas saen ben. O sistema literario, editorial, libreiro, bibliotecario está igual (de mal) que antes e semella que así seguirá estando Insisto: deunos unha alegría, rimos moito, pasámolo ben, sacamos peito....pero en realidade nada mudou. Conseguimos un día de visibilidade, si. Demostramos que somos moitos e moitas os que temos interese pola literatura galega, si. Pero o certo é que por moitos TT que consigamos, o sistema literario, editorial, libreiro, bibliotecario, en definitiva, o mundo todo que rodea a industria do libro, incluídas as posibilidades (nulas) dos escritores e escritoras de vivir do noso traballo, está igual (de mal) que antes e semella que así seguirá estando. Os produtos culturais en galego siguen tendo moitísimos problemas para ser aceptados pola meirande parte da xente do país Rachar con esa tendencia é o gran reto que nos espera e o que temos que asumir se queremos seguir vivos, xa non só como profesionais do libro senón tamén como galegas e galegos. Polo que sexa (en fin, sabemos ben polo que é, levamos séculos sabéndoo) os produtos culturais en galego siguen tendo moitísimos problemas para ser aceptados pola meirande parte da xente do país. Díxeno moitas veces e sei que sempre é politicamente incorrecto dicilo (a última, nunha entrevista aquí mesmo publicada por Alberto Ramos): non temos un país detrás que nos sustente. No Sant Jordi, nese día no que fomos Trending Topic, os libreiros cataláns venderon millón e medio de volumes, moitísimos deles (moitísimos euros) en catalán No Sant Jordi, nese día no que fomos Trending Topic, os libreiros cataláns venderon millón e medio de volumes, moitísimos deles (moitísimos euros) en catalán. Unha cifra, dende logo, a anos luz do que nós podemos maxinar. E cando falamos do libro falamos do cinema. Eles, cando estrean unha superprodución americana, a industria do cine cóidase moito de lles ofrecer tamén unhas cantas copias en catalán. E as salas énchense tamén. Aquí, xa non se ofrecen. E non porque a Xunta de Galicia non apoie a dobraxe, que tamén, das películas novas para o cine. É triste pero hai que dicilo así aínda que nos doa: aínda que se puxesen en varias salas de cada cidade as películas tamén dobradas ao galego, a meirande parte da xente ía seguir entrando a ver ao Spiderman na versión en castelán. Así que está xenial iso de ser Trending Topic. Pero mentres non teñamos un país detrás que nos sustente, que consuma cultura en galego, en realidade, non temos nada."}
{"ID": "NOS_8339", "summary": "Procuremos un branco que cante como un negro, conxuráronse os executivos da industria da música. O branco foi Elvis Presley. O negro ao que debía emular, Chuck Berry, un dos pais do rock and roll. Volta agora. Si, con 90 anos.", "text": "\"Todos somos notas a rodapé das palabras de Chuck Berry\". Sentenza de Leonard Cohen, tipo con acreditado talento para dicer sempre o correcto e facelo con enxeño e beleza. \"É o Shapeskeare do rock and roll\". Palabra de Bob Dylan moito antes de gañar o Nobel. Ben sabía Dylan o que dicía, Berry foi pioneiro en todo, tamén en introducir a poesía -mamouna, xunto coa música, na casa- nas letras do rock. Chuck é o título co que Berry volta ao mercado e faino co primeiro cd con composicións novas desde o xa remoto Rock It (1979). Faino con 90 anos, idade provecta mais non incompatíbel coa continuidade sobre os palcos, eis temos o exemplo de Aznavour, recentemente en Barcelona aos seus 92. A voz e a guitarra de Berry facturaron clásicos inmorredoiros como Johnny B Good, Maybellene, Roll Over Beethoven, Memphis, Tennessee e Promise Land e a súa influencia sobre todos os icones da música popular é inconmensurábel (desde Elvis até Springsteen pasando polo Lennon dos Beatles ou os Stones). Nunca acadou o status que en verdade merecía por un pequeno detalle: a cor da súa pel nun país marcado a lume polo racismo. Mais o seu prestixio profisional, despois dunha longuísima carreira, é incuestionábel. Rolling Stone, a revista biblia do rock, colócao como quinto músico no escalafón de todos os tempos, só superado por The Beatles, Dylan, Elvís e os Stones. Está feito un mozo Chuck. Haberá que pór o ouvido ao seu último traballo."}
{"ID": "NOS_31616", "summary": "Un estudo da USC responsabiliza o comportamento social do éxito dunha ou outra variante de Covid-19, apuntando que os datos cos que contan minimizan o impacto das características propias de cada unha en detrimento do efecto das persoas supercontaxiadoras.", "text": "\"Como prender lumes a un monte seco usando substancias acelerantes como a gasolina\", así describen Antonio Salas e Federico Martinón, profesores da Universidade de Santiago de Compostela, o efecto das persoas supercontaxiadoras, que consideran imprescindíbel para que as variantes da Covid-19 teñan éxito ou non. Nun estudo publicado na revista científica Trends in Genetics, os docentes amosan como, independentemente da variante analizada, os eventos de supercontaxio \"son a forza motriz\" da evolución da SARS-CoV-2. \"Un só evento de supercontaxio pode causar un dano rexional terríbel ao facer medrar os contaxios de maneira exponencial\", explican, o que dá comezo \"en moi pouco tempo a gromos repentinos que son difíciles de controlar ao perderse a posibilidade de trazar as transmisións\". O biólogo e xenetista Alberto Gómez Carballa, o programador Xabier Bello Paderne, e o matemático Jacobo Pardo Seco, completan o equipo -xunta Salas e Martinón- que analizou 1,4 millóns de secuencias do virus de acceso público, partilladas por miles de laboratorios de xenética e microbioloxía do planeta. Responsabilidade social Estes datos permitíronlles achegar evidencias de que \"variantes de risco tan populares como alpha e delta dificilmente poderían ter o éxito que tiveron se non foran catapultadas polo efecto catalizador dos eventos de supercontaxio\", sinala Salas, que sostén que isto \"traslada a carga da responsabilidade da pandemia ao comportamento social, e non tanto ás variantes do virus\". Asemade, incide, esta hipótese está sustentada tamén na observación de que todas as vagas importantes apareceron despois de relaxar as restricións, ao tempo que os contaxios volvían frearse unha vez recuperadas estas medidas. Identificar a priori as persoas supercontaxiadoras \"é difícil\", apunta Martinón, que suxire \"medidas xerais\" ao non poder \"intervir selectivamente\", e descarta as crianzas en base á información dispoñíbel. Os autores tamén poñen en dúbida \"as interpretacións prematuras\" sobre as novas variantes, que \"crean unha alarma social innecesaria baseada nunha boa dose de incerteza, en datos insuficientes e especulacións científicas aínda inmaturas\". Ademais, advirten que a pesar da expansión por mor do comportamento social rexistrada até o de agora, de xurdir variantes que escapen do efecto das vacinas, é posíbel que o \"peso da pandemia no futuro recaia máis no patóxeno\"."}
{"ID": "NOS_41215", "summary": "Os dados publicados polo Ministerio de Interior apuntan un descenso no número de persoas desempregadas que en Galiza se sitúa en 6.700 persoas menos que no mes de marzo.", "text": "As cifras do paro rexistrado reflicten un descenso no número de persoas dadas de alta como demandantes de emprego. No mes de abril, un 2,48% (6.700 persoas) menos que no mes anterior. Porén, o paro atinxe aínda segundo os dados oficiais a 263.444 persoas no noso país e del@s, só 141.386 percibe algunha prestación. Asemade as filiacións á Seguridade Social aumentaron en 5.808 persoas principalmente no sector servizos. Os contratos temporais e os empregos de tempada marcan o mes de abril. Porén, o número de persoas ocupadas en Galiza continúa por baixo do millón de persoas con 915.301 altas na Seguridade Social."}
{"ID": "NOS_33864", "summary": "A un ano vista de facerse o 25 aniversario da súa primeira emisión, máis de 20 artistas galegas, entre as que se inclúe o creador da serie, Xosé Cermeño, homenaxean 'Pratos Combinados' cun volume tributo tirado do prelo de xeito independente. Eis un estrato da peza publicada no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Pratos Combinados é desas cousas que endexamais volverá. Forma parte dun pasado irrecuperábel, como o edificio Castromil, ou o segundo inmediatamente anterior ao investido para ler estas liñas. Mais a memoria de Miro Pereira, Antón Santos, Balbina, a señora Carme, Paspallás, Mónica, Tuto, Pedro Barreiro e os seus fillos, o padre Nicanor, o director do Banco Moderno Universal e tantos outros está por sempre implantada de xeito indelébel no neocórtex cerebral de toda unha xeración de galegas. Semana tras semana, aos altos xerifaltes das canles españolas saíalles a burra capada coa Champions League, Aquí No Hay Quién Viva, Los Serrano e tantos outros produtos de éxito producidos por TVE, Antena 3 ou Telecinco, que perdían a guerra das audiencias nesta nación ante unha comedia de modesto orzamento sobre un señor con bigote que tiña un bar. Desde Madrid eran incapaces de comprender a fenomenoloxía artellada arredor dunha produción audiovisual que deixou un monumental catálogo de retrousos que a día de hoxe seguen a repetirse a diario nas rúas e fogares galegos, unha terra na que as nais por enriba dos trinta e tantos ameazan as crianzas máis bulebules con merendar \"un bocata de xamón de fotocopias\", o gracioso do grupo pide o café especificando que o quere \"sen mondas de pataca\", e o máis bocapodre, cando se cagha, faino \"no mundo\". Xeración 'Pratos Combinados' A pouco máis dun ano de facerse o 25 aniversario da primeira emisión dunha serie que debutou nas pantallas da Televisión de Galicia (TVG) o 1 de decembro de 1995, sae do prelo un fanzine tributo promovido por David Calviño (@kalvinger) e Rubén Rial (@ cankente), dous membros desa mocidade que creceu diante das pantallas da Galega e á que moitas alcuman como \"Xeración Xabarín\", quizais facendo de menos a un produto con similar transcendencia na cultura pop como foi Pratos Combinados. Nas páxinas da publicación, que se pode adquirir na rede a través de cankente.bigcartel. com a un prezo de cinco euros, 23 artistas coordinadas polos propios Rial e Calviño liberan a súa creatividade para plasmar a súa peculiar visión sobre as aventuras de Miro e compañía. Un meta‑guión dun novo episodio elaborado polo creador da serie, Xosé Cermeño; Antón Santos transmutado en Mena Suvari en American Beauty da man de Sandra Lodi; un espazo de manualidades para elaborar o xenuíno e patentado bocadillo de xamón de fotocopias do Bar Suízo ou o acedo paralelismo trazado por Euler entre Miro Pereira e Homer Simpson son só unha escolma das historias que inclúe o fanzine nas súas 54 páxinas. DAVID CALVIÑO AFIRMA QUE 'PRATOS COMBINADOS' É \"UN FITO XERACIONAL PARA AS GALEGAS E OS GALEGOS DOS ANOS 80 E 90\" O obxectivo, ademais da homenaxe á serie, \"tamén era reunir nun mesmo volume varios autores de aquí, da Galiza\", comenta Rial para Sermos Galiza. Para logralo puxéronse en contacto con numerosas artistas da ilustración, das que a maioría responderon afirmativamente á súa proposta, máis centrada en elaborar \"unha demostración de amor\" sobre a temática do fanzine que en tratar de outorgar \"profesionalidade\" á publicación\". Fábrica de 'memes' antes do tempo dos 'memes' As orixes do volume parten da \"nostalxia\" dos seus responsábeis pola serie, como explica Calviño: \"A palabra fanzine leva no seu propio nome o do fenómeno fan, o que implica tratar temas que nos gustan, e Pratos Combinados é un referente da nosa infancia sobre o que sabiamos que se podía facer algo bo e de calidade\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_9480", "summary": "O Centro Ramón Piñeiro acolle o vindeiro mércores 6 de marzo unha xornada de homenaxe e análise da obra da escritora, finada na Coruña no ano 2004. Estíbaliz Espinosa, Inma Otero, Inma López Silva e Miriam Ferradáns participarán nunha mesa redonda", "text": "O 6 de marzo de 2004 finaba na Coruña Luísa Villalta, filóloga, escritora e tamén violinista. A vindeira semana será polo tanto o 15º cabodano da súa morte e coincidindo con esa data a Secretaría Xeral de Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñeiro preparan unha xornada de homenaxe e análise da súa obra, que ademais precederá á folga xeral de mulleres do 8M.\"Se hai un trazo característico que transversaliza de xeito integral toda a múltiple e vizosa escrita da autora este é o da súa inequívoca pegada feminista\"\"Se hai un trazo característico que transversaliza de xeito integral toda a múltiple e vizosa escrita da autora este é, a non dubidalo, o da súa inequívoca pegada feminista, pois só dende a asunción da loita a prol da igualdade de xénero e o apoderamento da muller é posible entender moitas das xeniais páxinas desta extraordinaria creadora\", destácase na convocatoria do evento.Así, o mércores 6 de marzo o auditorio do pazo de San Roque (sede do Centro Ramón Piñeiro, en Compostela) acollerá a partir das 16.30 horas os actos, que terán como contido central unha mesa redonda titulada \"Luísa Villalta, creadora integral\". Nela participarán Estíbaliz Espinosa (\"Luísa Villalta, poeta\"), Inma Otero Varela (\"Luísa Villalta, narradora e ensaísta\"); Inma López Silva (\"Luísa Villalta, dramaturga\") e Miriam Ferradáns (\"A pegada de Luísa Villalta nas novas xeracións literarias\"), moderadas por Armando Requeixo, que coordina a xornada.Estíbaliz Espinosa, Inma Otero, Inma López Silva e Miriam Ferradáns participarán nunha mesa redonda que analizará a obra de Luísa VillaltaAdemais, haberá unha recitación e lectura de textos de Luísa Villalta a cargo das mesmas integrantes da mesa redonda e das bolseiras do Centro Ramón Piñeiro: Belén Bouzas, Ana Bravo, Raúl Costas, Marina Garzón, Laura Gil, Ánxela Lema, Belén Poutón, Sonia Rico, Lara Rozados e Sara Villar.A xornada abrirase e pecharase cunha peza musical a cargo do Grupo Vocal EntrElas e a violinista Paloma Diago Busto baixo a coordinación de Xosé Saavedra. E coas intervencións do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a nai e a irmá da escritora homenaxeada, María Gómez Castro e Susana Villalta Gómez; e mais o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González González."}
{"ID": "NOS_21230", "summary": "A decisión foi adoptada en asemblea despois de que a empresa anunciase 13 novos despedimentos. O protesto enmárcase contra a perda de dereitos laborais e de calidade asistencial.", "text": "Este luns día 17 comezará unha nova folga indefinida no hospital vigués Povisa. Un protesto convocado para rexeitar \"a constante perda de dereitos laborais por parte do cadro de persoal e a rebaixa da calidade asistencial no centro médico que está a afectar xa a pacientes e usuari@s\". A decisión foi adoptada en asemblea despois de que a empresa anunciase 13 novos despedimentos ao rematar sen acordo a negociación da modificación substancial das condicións de traballo. A folga está convocada e apoiada por CIG, CGT, UGT e SGPS. \"Non podemos seguir tolerando a perda das nosas condicións laborais (xornada, promoción interna...), os incumprimentos das sentenzas por parte da empresa, as conxelacións salariais dende o ano 2010 ou as reducións de xornada obrigatorias\", indican. Coaccións e ameazas As centrais sindicais aseguran que o cadro de persoal leva anos desenvolvendo o seu labor \"baixo a coacción e a ameaza de despedimentos que finalmente se foron cumprindo, como foi o caso de Consuelo Martínez, das 15 persoas que traballaban no arquivo ou das 27 limpadoras; e agora poñen enriba da mesa 13 novos despidos como represalia por non ter aceptado a modificación das condicións laborais\". Ao mesmo tempo, denuncian que a dirección de Povisa logrou reducirlle a xornada laboral a 550 traballadore@s (do total de 1350 empregad@s) de servizos como quirófano, UCI, radioterapia, consultas, hospitalización ou administración. \"Esta decisión provoca que haxa menos persoal en determinadas horas do día, como son de 8.00 a 10.00, de 14.00 a 16.00 e de 21.00 a 23.00 horas\"."}
{"ID": "PRAZA_8815", "summary": "O DdoOLeR 2013 (VII Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e XIII Dia Internacional da Toalha) celebrarase o 25 de maio e xa ten cartaz protagonizado por Teresa Moure e tamén o seu propio Harlem Shake: \"Com as reintegracionistas!\"", "text": "O DdoOLeR 2013 (VII Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e XIII Dia Internacional da Toalha) celebrarase o 25 de maio e xa ten cartaz protagonizado por Teresa Moure e tamén o seu propio Harlem Shake: \"Com as reintegracionistas!\". Moure foi escollida este ano como madrinha despois da repercusión acadada polo artigo publicado hai unhas semanas no que facia unha pechada defensa do reitegracionismo e anunciaba a súa decisión persoal de empregar esta norma. O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata comezou a celebrarse en 2007 como forma de reivindicación lúdica da unidade da lingua. Celébrase o 25 de maio, ao igual que o Dia do Orgullo Friki e do Dia da Toalha, evento do que parte e que comezou a celebrarse en 2001 como homenaxe a Douglas Adams e a súa Guía do autoestopista galáctico."}
{"ID": "NOS_50677", "summary": "O Goberno español deberá negociar a aprobación das contas no Congreso.", "text": "As dúas formacións que integran actualmente o Goberno español -PSOE e Unidas Podemos- alcanzaron na madrugada desta terza feira un acordo sobre o proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de cara ao vindeiro ano, horas antes da reunión do Consello de Ministras e Ministros. Os Orzamentos volven ao Congreso após unha emenda de Compromís Segundo informou a Secretaría de Estado de Comunicación, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, formalizarán o acordo nunha xuntanza. A continuación, o proxecto orzamentario será levado ao encontro do Executivo estatal para a súa aprobación. Cederá Unidas Podemos ao aumento do gasto militar? Este pacto chega tras unhas negociacións de última hora entre os dous socios do Goberno de coalición, despois de que na noite da segunda feira Yolanda Díaz advertise que seguían existindo diferenzas profundas entre PSOE e Unidas Podemos para pechar o acordo, sobre todo en tema de vivenda. Aprobación no Congreso Unha vez o Consello de Ministras e Ministros aprobe a proposta de orzamentos estatais deberá negociar coas formacións que apoiaron a investidura de Pedro Sánchez para poder superar o trámite da ratificación dos OXE no Congreso. Partidos como ERC, PNV, Más País, EH Bildu e o BNG antóllanse fundamentais para sacar adiante as contas. O Goberno estatal saca adiante as contas coa abstención do BNG Neste sentido, o deputado do BNG na Cámara baixa, Néstor Rego, trasladou nos últimos días que a formación nacionalista non apoiará os orzamentos estatais se estes inclúen un aumento do gasto militar até 2% do PIB, o que suporía unha redución de \"recursos en política social, investimentos ou xeración de emprego\". Rego lembrou que no acordo entre o BNG e o PSOE para apoiar a investidura de Pedro Sánchez, incluíanse varios compromisos coa Galiza que \"non se están a facer\" e que \"non serán posíbeis\" se o Goberno español incrementa o gasto militar, tal e como demanda a OTAN. O Goberno español recoñece que cumpre só a metade dos compromisos coa Galiza Entre os compromisos que a formación nacionalista conseguiu dos socialistas, enuméranse a transferencia da AP-9, a implantación de tres xulgados de violencia de xénero en Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña e a mellora das infraestruturas ferroviarias do país."}
{"ID": "NOS_52002", "summary": "Editou Cien años de soledad e Rayuela e xa só con iso tería acadado un lugar destacado no mundo da edición mundial. Nacido en Corcubión en 1922 morreu en Barcelona este 18 de decembro", "text": "O tradutor e editor Francisco Porrúa pasará á historia literaria, fundamentalmente, por ter publicado dous dos libros narrativos fundamentais do século XX, Cien años de soledad de García Márquez e Rayuela de Julio Cortázar mais do seu papel na promoción da literatura nace tamén Edicións Minotauro un selo de referencia na literatura latinoamerica e no que se converteu no primeiro editor en español de autores como Tolkien. Malia ese recoñecemento vinculado a grandes nomes do coñecido como boom latinoamericano, Porrúa tiña claro o que, para el, era o oficio do editor, como sinalou nunha entrevista de Camilo Franco publicada pola Xunta no libro Julio Cortázar/ Aurora Bernárdez, Un (re)encontro con Galicia no ano 2006. \"O meu traballo como editor non era tanto nese sentido de buscar escritores como de editar obras que a min me parecía que tiñan que estar publicadas, que os lectores deberan ter a posibilidade de lelas\", dicía entón Porrúa. A Cortazar o editor galego publicáralle boa parte da súa obra, nunha conexión singular que el mesmo recoñecía na entrevista. Cos máis vendidos sen ser comercial Editor de grande suceso, naquel entón manifestábase como protagonista da publicación dos dous libros máis vendidos en español, Cien años de soledad e a tradución de El señor de los anillos. \"Nunca fun un editor comercial. Nunca tiven ese tipo de perspectiva por mais que, tendo en conta os resultados, a xente poida pensar que si\", anotaba. Nacido en Corcubión a familia de Francisco Porrúa trasladouse á Patagonia Arxentina cando apenas tiña ano e medio. En 1955 con pouco máis de trinta anos , funda Ediciones Minotaurio co obxectivo, entre outros, de publicar literatura de ciencia ficción. Tres anos despois, entrou a traballar como asesor de Sudamericana, selo desde o que animou a carreira literaria de Cortázar e no que publicou, entre outros, a súa recoñecida Rayuela e tamén unha das obras con máis influencia na literatura latinoamericana, Cien años de soledad de García Márquez. Autores como Manuel Puig ou Alejandra Pizarnik viron libros publicados da man de Porrúa. Ediciones Minotauro foi vendida en 2001 a Editorial Planeta e dous anos despois recibiu o recoñecemento ao Mérito Editorial na Feira Internacional do Libro de Guadalajara."}
{"ID": "NOS_25718", "summary": "Hai un ano, realizábase en Carballo a primeira edición do Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries do Estado. Esta semana, do 16 ao 18 de abril, o certame chega aos dous anos coa criatura medrada. Tanto, que a talla estatal ficou xa curta e virou en internacional.", "text": "\"Este festival é xa un referente por ser o primeiro e porque ten unha organización marabillosa\", afirmaba, no acto de apertura, Teresa Segura, produtora da exitosa webserie Malviviendo e madriña do festival dende o seu nacemento. Precisamente a principal responsábel da organización, a directora, Sonia Méndez, destacaba a aposta que o festival, organizado polo Concello de Carballo, supón tanto pola cultura como pola formación en tempos complexos para a creatividade. Tempos nos que a cultura non só deixa de ser apoiada polas institucións senón que, ademais, é gravada coa suba do IVE cultural, tal e como se lembrou no acto. A aposta pola materia gris O Interplay contou, na súa inauguración, con outros referentes no mundo dos contidos dixitais, como David Sainz, de Malviviendo e tamén padriño do festival; os Venga Monjas, dúo catalán que fai de internet o escenario privilexiado do seu posthumor, e experimentados profesionais do audiovisual galego que, nos últimos meses, impartiron docencia no Formacip, un completo ciclo formativo composto por un total de trece obradoiros, que se desenvolveron dende o pasado mes de novembro até marzo deste ano. Tralo acto de inauguración, o auditorio do Fórum de Carballo acolleu a presentación dos traballos realizados polo alumnado, un deles seleccionado xa para un festival internacional. \"Hai dúas maneiras de facer política. Unha que aposta polo gris do cemento. Outra que aposta pola materia gris\". \"Hai dúas maneiras de facer política. Unha que aposta polo gris do cemento. Outra que aposta pola materia gris\". As verbas son de Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo, a área que impulsa o Carballo Interplay baixo a filosofía de que a cultura é tamén motor económico e ferramenta de promoción. Tanto que, entre as 43 webseries que entraron este ano na selección oficial, hai creacións chegadas de Colombia Perú, Arxentina, Brasil, México, Portugal, Francia ou Reino Unido. Porque Carballo, como destacou metaforicamente o alcalde da vila, Evencio Ferreiro, limita ao norte con Inglaterra por medio: \"Nós limitamos co mundo e estamos encantados que o mundo limite con nós no Carballo Interplay\". Do posthumor á reflexión Estas tres xornadas, até o sábado 18, serán intensas. O festival fará exhibición dos webseries internacionais, estatais e con versión orixinal en galego que se presentaron a concurso, mais tamén dedicará un importante apartado á reflexión ao redor do sector. Belén Santa-Olalla adentrarase nas claves do éxito no mundo transmedia coa súa Master Class sobre Claves e trucos para conectar coa audiencia. Joan Carles Martorell, produtor multimedia e realizador audiovisual, abordará a profesionalización e produción de contidos no Youtube, e CREA, a asociación de directores e realizadores de Galiza, organizará un coloquio aberto con todos aqueles creadores e creadoras que queiran asistir. Belén Regueira, será a encargada de conducir outro formato que xa se probou con éxito o pasado ano no Carballo Interplay, o \"Código Fonte Audiovisual\", a medio camiño entre o monólogo, a proxección de vídeos e a conferencia. Partindo de que as mulleres, e tamén os homes, non nacen como tal senón que aprenden a selo, a xornalista abondará en como as imaxes contribúen a ese proceso nunha sesión titulada con non pouco humor \"Mulleres, homes e o audiovisual que os pariu\"Mais no festival haberá lugar, e non pouco, para a diversión. O certame abrirase nesta ocasión a un novo formato, o Interfight, \"o I Encontro de labazadas audiovisuais\" entre os creadores de todo un exemplo de éxito no mundo das webseries, \"Malviviendo\", e o dúo cómico de Venga Monjas. Será unha loita na que as armas dialécticas serán as creacións audiovisuais duns e doutr@s, as súas experiencias, as súas concepcións da rede, e os seus mellores e peores vídeos. O humor será protagonista tamén no coloquio aberto \"Como facer rir en internet\", cos Venga Monjas, Malviviendo e Burnin´ Percebes."}
{"ID": "NOS_28240", "summary": "Feijóo tenta manterse na carreira. Nunha visita a Barcelona, lanzou críticas cosméticas a Rajoy en pleno acoso de Esperanza Aguirre ao presidente do Goberno español.", "text": "Feijóo non tira a toalla e mantense no cuadrilátero. Como Rajoy, pensa que o tempo xoga ao seu favor. Fía todas as súas aspiracións ao poderoso cinto mediático que o protexe en Galiza e á evidencia de que, embora estea tocado polo escándalo das súas fotos co narcotraficante Dorado, o aparato de Génova tampouco ten un fondo de armario tan amplo como para desbotar por inteiro a opción do presidente da Xunta. Os fieis a Feijóo confían en que a vertixe con que os acontecimentos se van producindo -marcados agora polos constantes apelos a un pacto de Estado PP-PSOE- vaia sepultando as inoportunas imaxes da súa amizade co capo da mafia. En todo caso, Feijóo foxe cara adiante. Está a viver sen dúbida as súas piores semanas como presidente. Non é só Dorado. É tamén Pescanova, a quebra da multinacional viguesa presidida por un executivo ao que Feijóo -como Fraga no seu tempo- ten posto polas nubes en demasiadas ocasións, o paradigma do empresario galego de suceso de acordo coa cosmovisión feijoniana. E é ainda Barreras. Ten mala venda que vaias a México a contratar dous floteis e que voltes sen eles e coa empresa matriz vendida por apenas 6 millóns de euros a unha empresa estatal estranxeira. Rajoy xoga con varias barallas e continúa a ter un claro aliado na secretaría xeral do PSOE. Rajoy e Rubalcaba necesítanse mutuamente O estilo do presidente da Xunta, afirman sempre no seu entorno, non é o de Rajoy. Nunha situación similar, Rajoy hibernaría. Feijóo, non. Feijóo vai ao contra-ataque. Continúa a ter a Moncloa entre cella e cella. E continúa a ter a Esperanza Aguirra no visor. Se a ex presidenta de Madrid entra en escena -atacando Rajoy por incumprir o programa co que o PP concorreu ás eleccións-, el non é menos e reclama tamén a súa dose de protagonismo. As súas críticas, claro, son moito máis tépedas. Repróchalle ao presidente do Goberno español que o Executivo non ten \"relato\", é todo un clásico reducir os problemas políticos a problemas de comunicación. Censúrao tamén por non reunir con máis frecuencia os presidentes das comunidades autónomas. Outro dardo epidérmico. Feijóo non vai entrar en confronto directo con Rajoy porque aínda acredita que o político de Pontevedra pode pintar moito na decisión sobre quen eventualmente o fose relevar. Mais Rajoy xoga con varias barallas. E continúa a ter un claro aliado na secretaría xeral do PSOE. Rubalcaba está estes días a reafirmar a súa aposta nun pacto de Estado, unha operación destinada a reforzar o seu propio perfil político. Rajoy e Rubalcaba necesítanse mutuamente. Non se entenden o un sen o outro. A Rajoy acósao Esperanza Aguirre, Rubalcaba xa non ten só sobre el a sombra de Carme Chacón: agora agarda tamén quenda Eduardo Madina. Rubalcaba, como Rajoy, é un supervivente nato. Hai un terceiro actor en escena. Nada irrelevante. O Borbón. A súa recente apelación ao pactismo de Estado -o monarca reclamou a PP e PSOE un pacto polo emprego- non deixa de ser un apelo claro a salvar o réxime político xurdido do pacto entre reformistas e franquistas. Para non botarmos en falta a ninguén, o ex presidente Felipe González tamén entrou en danza. Coas cousas de comer non se xoga, dixo en relación a unha eventual posta en cuestión da Monarquía. González vai agora do ganchete do presidente estremeño, Monago, o político do PP que chegou ao poder grazas a Izquierda Unida. Monago tamén defende un pacto de Estado e a curiosa tese de que hoxe non hai políticas nen de esquerda nen de direita, na máis pura tradición do ministro franquista González de la Mora, o autor de El Crepúsculo de las Ideologías. Feijóo, portanto, xoga as súas bazas nunha partida a moitas bandas. Tantas que até está polo medio o ministro Gallardón, tido por progre durante anos grazas á imprensa afín ao PSOE e que agora tenciona reivindicarse como direitista perante a súa freguesía máis integrista, ultramontana e sectaria. Están todos os actores sobre o palco? Non aínda. Fica un nos camerinos, agardando tal vez un golpe de efecto, o candidato perfeito para interpretar o papel de cirurxán de ferro. O home dos Azores. O home de Georgetown. O home que Fraga non quería na presidencia do PP."}
{"ID": "NOS_29897", "summary": "O conselleiro de Sanidade alertou da diminución de \"até 40%\" da entrada de material sanitario na plataforma loxística do Sergas no concello de Negreira.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, exixiu ao Goberno español que negocie cos transportistas en folga por quinta xornada consecutiva, e suxeriu \"mobilizar o Exército\" e o resto de forzas e corpos de seguridade do Estado para asegurar o mantemento dos principais corredores de transporte de produtos e mercadorías. Quinto día de paro do transporte: corte total na A-6 ao seu paso polo Corgo e caravana de camións en Vigo Rueda fixo estas declaracións despois de participar na reunión do comité galego ante a crise de Ucraína. O presidente en funcións do Goberno galego, mentres Feixoo prosegue coa súa xira como candidato á presidencia estatal do Partido Popular, afirmou que a situación é \"moi grave\", polo que instou o Executivo estatal para habilitar un \"plan de continxencia\". O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, que tamén participou nesta reunión, puxo de manifesto que a Administración xa mobilizou todas as forzas de seguridade dispoñíbeis para garantir que as empresas poidan seguir a realizar o transporte. Asemade, detallou que tanto a Policía española como a Garda Civil informaron da apertura \"de todas as liñas\", despois de que a xornada desta sexta feira comezase co corte total da A-6, ao seu paso por Corgo por parte dun piquete de transportistas. Falta de subministros sanitarios A folga de transportistas está a afectar tamén ao ámbito sanitario, segundo trasladou nesta sexta feira o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen mostrou a súa \"preocupación\". Comesaña alertou dunha diminución de \"até 40%\" da chegada de material sanitario á plataforma loxística que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten instalada no concello de Negreira. Segundo o conselleiro, a falta de subministros sanitarios provocou que algunha intervención estivese \"a piques de suspenderse\". Co obxectivo de subsanar este déficit de material, o integrante do Goberno galego sinalou que a partir de agora os cargamentos sanitarios do Sergas contarán con \"rótulos específicos\" para intentar evitar que os piquetes das folgas de transporte poidan afectar a estes subministros. Neste sentido, as conselleiras de Mar, Mobilidade e Medio Rural mantiveron un encontro cunha delegación de representantes do sector do transporte na Galiza, coa proposta enriba da mesa de que o Goberno español habilite \"corredores seguros\" para garantir o subministro de servizos e mercadorías esenciais."}
{"ID": "NOS_10918", "summary": "Diego Calvo (PP) defendeu o traspaso por ser Galiza \"sempre leal\" a España, Ana Pontón (BNG) enmárcao como un primeiro paso cara a unha \"AP-9 galega e sen peaxes\" e Gonzalo Caballero (PSdeG) lembrou que era unha \"reivindicación histórica\".", "text": "Só Vox dixo non á admisión a trámite polo Congreso da proposición de lei do Parlamento galego para a transferencia de competencias da AP-9 a Galiza. A extrema dereita de Abascal interpretaba así o papel que a dereita de Ciudadanos interpretou en 2018, cando se opuxo a esa mesma reivindicación na Cámara española. Desta volta, iso si, Cs dixo que ía apoiar a toma en consideración da proposición pero xa advertiu que ía estar \"vixiante\" durante a tramitación. Diego Calvo (PP), Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) foron os encargados, como delegación do Parlamento galego, de defender no Congreso español esa proposta. Empregaron argumentos diferentes mais tamén coincidiron en subliñar a necesidade da trasferencia para Galiza. Caballero foi o primeiro en intervir. Lembrou que o que defendía esta cuarta feira no Congreso era unha \"reivindicación histórica de Galiza\", cargou contra os Gobernos do PP por, dixo, ser responsábeis de adiar este debate e por prorrogar a concesión da AP-9 e manifestou que o traspaso favorece a \"España plural\". O secretario xeral dos socialistas galegos mesmo asegurou que ao PSdeG non lle interesa o debate das transferencias \"por ser unha formulación nacionalista\" senón porque considera que o traspaso da AP-9 é \"importante\" para a Galiza e a xestión da infraestrutura. Así mesmo, remarcou que será co Goberno que dirixe Pedro Sánchez co que se tramitará esta lei e acometerase, dixo, unha rebaixa \"histórica\" das peaxes. \"Galega e libre de peaxes\" A portavoz do BNG defendeu a trasferencia como un primeiro paso de cara a unha AP-9 \"galega de libre de peaxes\". Explicou aos congresistas que cdada día 22.000 persoas de media empregan esta infraestrutura clave para a comunicación da Galiza, e \"cada día 22.000 persoas son vítimas dunha estafa legalizada que aporta beneficios multimillonarios á concesionaria, pero que lastra a economía de persoas e empresas galegas\". \"A historia da AP-9 é a crónica dunha discriminación a Galiza, a historia dun saqueo que nos custou millóns de euros en peaxes. Acabar con esta discriminación e con esta estafa é o que está detrás de transferencia desta autoestrada\", dixo Pontón. A nacionalista lembrou que durante estes anos procedeuse ao rescate de radiais madrileñas ou o traspaso de autoestradas a Catalunya e Euskal Herria, mais que iso non se cumpriu con Galiza. Sinalou a AP-9 como exemplo de 2 \"atropelos\": a da \"discriminación histórica\" a Galiza e a de \"gobernar de costas á cidadanía e para as multinacionais\". Na súa quenda, Néstor Rego, deputado do BNG, enfatizou que \"en Galiza existe un amplo consenso social sobre a necesidade de que AP-9 sexa rescatada para a xestión pública, libre de peaxes e xestionada desde o noso país. Este é un obxectivo que o BNG impulsou desde hai anos, tanto a nivel social como institucional \". \"Lealdade\" Diego Calvo, do PP galego, argumentou que Galiza \"sempre foi leal a España\" e que por iso nada había a temer da transferencia. \"A Xunta pode xestionar a AP9 de maneira máis eficiente que o Estado, e non está de acordo en que se incremente a peaxe, sobre todo cando noutras comunidades redúcese ou desaparece\". Gómez Reino, de Galicia en Común-Unidas Podemos, falou dunha \"xornada histórica\" que chega despois de anos de \"cocesións\" á empresa e de \"bloqueos\" políticos. Reino si alou que a demnada tiña na Galiza un \"apoio social amplo\" e sinalou que o que hoxe principia debe de ter o seu colofón en que esta autoestrada sexa \"pública\". Os representantes dos diferentes grupos parlamentares foron intervindo para expresar o posicionamento dos mesmos ao respecto. Todos apoiaron admitir a trámite a proposta que chegaba, aprobada por unanimidade, do Parlamento galego. Todos agás Vox, que dixo que votaba en contra por oporse ao \"aumento de poder das taifas\" e para criticar que en Galiza \"un neno non pode aprender na escola en español\". A iniciativa estabelece a transferencia á Galiza da titularidade e as competencias sobre o réxime de concesión, e as funcións e servizos exercidos até agora pola Administración Xeral do Estado. Pola súa banda, o Goberno estatal, segundo o texto aprobado polo Parlamento galego, \"conservará ao seu cargo, respecto da sociedade concesionaria da autoestrada, as obrigas con repercusións económicas e financeiras derivadas da aplicación da concesión en vigor que fosen motivadas por modificacións adoptadas no período en que tivo a competencia\"."}
{"ID": "NOS_50827", "summary": "Que papel tivo María Casares na relación con Camus e Galiza? Que hai de Camus na obra de Casares ou Camilo Gonsar? Como se xestou a tradución da obra do autor de O estranxeiro ao galego? Miraba para París a Nova Narrativa Galega? Estas e outras cuestións trátanse no número 205 da revista Grial na que se of5rece un monográfico arredor da relación entre o intelectual francés e Galiza.", "text": "Albert Camus está singularmente traducido ao galego. En 1987 vía a luz Os xustos en versión e Xosé Manuel Beiras, á esa inicial achega sumaríanse O estranxeiro por Valentín Arias, A caída por María Dolores Cabrera ou o Calígula e o Malentendido por Inma López Silva, entre outros textos. A presenza da obra de Camus na nosa lingua pode explicarse, en certa medida, pola relación que o intelectual francés tivo con Galiza e que responde, en especial, a dous eixos centrais, por unha parte a relación biográfica e creativa que estableceu coa actriz galega María Casares, grande nome do teatro francés no seu longo exilio e filla de Santiago Casares Quiroga, e, pola outra, á forte influencia que tivo na literatura galega en nomes como Carlos Casares, Camilo Gonsar ou todo o que se deu en chamar Nova Narrativa Galega, tan vencellada ao grupo Galaxia que agora revisa a figura do autor. María Lopo, Manuel Forcadela, Andrés Torres Queiruga, Damián Villalaín e Carlos Fernández son autores dos distintos traballos recollidos no monográfico do novo Grial coordinado por Dolores Vilavedra arredor do intelectual francés, algúns deles xa participantes na xornada do Consello da Cultura que no pasado mes de decembro visitou a figura de Camus. Naquel encontro, participantes como o escritor Bieito Iglesias acusou a rixidez do franquismo dos anos cincuenta á pouca influencia que o escritor e filósofo francés tivo na cultura galega. Galaxia disponibiliza na rede o artigo de María Lopo, \"A Galicia de Camus\", no que a autora parte da idea de que \"A relación persoal que María Casares e Albert Camus mantiveron ao longo de quince anos non modificou tan só as súas vidas privadas, senón tamén, por suposto, os universos creativos de dúas importantes personalidades culturais da Francia do século XX\"."}
{"ID": "NOS_25635", "summary": "Roberto García, de Unións Agrarias, parte da certeza de que a pandemia evidenciou o carácter estratéxico do sector primario e repasa as principais eivas que dificultan o seu desenvolvemento, mais tamén as súas fortalezas e liderado en calidade.", "text": "A crise da Covid-19 conseguiu evidenciar o carácter estratéxico do sector agrario. Ninguén debe dubidar hoxe da importante función que realiza e ninguén debe dubidar que pór en risco a agricultura e a gandaría dun país é pór en risco o propio país. Para que isto non ocorra é preciso manter forte e estábel o sector primario impedindo os recortes temerarios das administracións nas axudas contra o abandono do mesmo rural, que poidan pór en perigo a nosa despensa. No ámbito da comercialización hai que erradicar o uso de excedentes de produción como arma comercial para gañar cota de mercado –como ocorre no lácteo ou no cárnico– mediante as vendas a perdas e o uso da produción como reclamo publicitario. E tamén as campañas de contrainformación absolutamente frívolas como as que vimos de vivir referidas ás explotacións de vacún e o consumo de carne. Nas semanas previas á crise da Covid-19 os produtores mobilizámonos para facer visíbel que sen prezos xustos é moi difícil para un gran número de explotacións agrarias ser sostíbeis; entendida a sustentabilidade na súa tripla dimensión económica, social e ambiental. Por iso insistimos en darlle o maior percorrido normativo posíbel á Lei de Cadea, para que se poida achegar unha formación xusta de prezos entre todos os elos (produción, industria, distribución). A realidade é que hoxe, ano e medio despois, o impacto da caída do consumo no canal Horeca pola baixa do turismo e a falta de políticas efectivas de impulso segue pasando unha dura factura ás rendas das granxas. \"Os produtores mobilizámonos para facer visíbel que sen prezos xustos é moi difícil para un gran número de explotacións agrarias ser sostíbeis\" Na Galiza, o 87% do territorio é considerado rural, ademais temos máis da metade dos núcleos de poboación de toda España. Neste 87% de territorio rural vive apenas unha cuarta parte da poboación total sobre a que recae a xestión dun territorio cada vez máis abandonado e despoboado. Desde a integración na Unión Europea, a redución da actividade no medio rural galego foi de case o 90%: de 415.100 ocupados en 1985 a 45.600 en 2015. Así, Galiza rexistrou unha desagrarización tardía pero abrupta, ao concentrarse en seis décadas unha caída do emprego agrario que nos países máis desenvolvidos fora graduando ao longo dun século e medio ou dous séculos. Esta evolución tivo dúas consecuencias, forte diminución e crecente envellecemento da poboación rural, á vez que se mantén a acusada dispersión do hábitat e a desvinculación da maioría da poboación rural e dos propietarios das terras da explotación e xestión das superficies. Así, hai que destacar das case tres millóns de hectáreas con que conta Galiza, a SAU (cultivos e pastos) limítase a 621.600 has, 21,0% do territorio; a metade tanto da media da UE-28 (40,0%) como da de España (45,9%). Con este marco podemos afirmar que na Galiza temos un grave problema: a metade do territorio corresponde a terras abandonadas ou a monte arborizado sen unha adecuada xestión silvícola. Pero ademais, a ausencia de ordenación dos usos do chan favoreceu dous fenómenos adicionais, a forestación ilegal de terras agrarias, moitas veces na proximidade dos núcleos de poboación e a construción desordenada de novas casas e instalacións empresariais, con frecuencia no medio ou na proximidade dos terreos forestais. \"A ausencia de ordenación dos usos do chan favoreceu a forestación ilegal de terras agrarias\" Un panorama que acelera un factor de alarma como é a reiteración, cada 10 anos aproximadamente, de incendios forestais catastróficos. As árbores foron avanzando cara aos núcleos de poboación (na maioría das áreas rurais); á vez que as casas e instalacións empresariais avanzaban cara ao monte. Necesitamos corrixir determinados factores estruturais como cambios nos usos da terra e na ordenación do territorio. A nova iniciativa normativa presentada polo Goberno galego pode servir de punto de partida, pero estará moi condicionada polo desenvolvemento que dela se faga e sobre todo calidade da oferta para os arrendatarios e dos incentivos fiscais e económicos para os propietarios. Pero se hai un eixo tractor para o sector primario e para a súa sustentabilidade ese é o que constitúe o plan de investimentos contidos na Política Agrícola Común (PAC). A negociación en Europa logrou que o Estado español mantivese o nivel de axudas a percibir, arredor de 47.000 millóns de euros até o ano 2047, dos que á Galiza lle corresponderían uns 2.400 millóns de euros. Do paquete normativo vai traer moitas complicacións os capítulos referidos á loita contra do cambio climático que se concretan nos chamados Ecoesquemas. Estas novas exixencias medioambientais para os produtores van condicionar o 20% das axudas que veñan da UA sen que os agricultores e gandeiros reciban compensacións adicionais pola modificación dos sistemas de fertilizantes, rotación de cultivos etc. \"Galiza está á cola dos prezos que perciben as explotacións do vello continente\" Un dos temas chave no reparto dos fondos vai estar condicionado pola morfoloxía das propias axudas, nas que se recoñece, por fin, unha limitación de máximos en 60.000 euros por perceptor e ano de cara a capilarizar o máis posíbel o orzamento. Outro elemento que marcará o futuro da PAC é a definición da propia figura do agricultor activo, e non só propietario de terras, como aquel que desenvolve unha actividade económica efectiva e contrastábel. Un factor chave no mantemento de actividade agraria e gandeira é o descontrol na fixación dunha política efectiva contra o crecemento das mandas de fauna salvaxe, que está provocando o abandono efectivo da actividade agraria na Galiza. Non hai unhas estatísticas fiábeis que dimensionen o problema nin unha folla de ruta para afrontar a súa solución e fixar así unha nova Lei de Caza, que permita xestionar adecuadamente as poboacións de xabaril para que non haxa máis animais dos que o medio natural pode manter, evitando os graves problemas de perdas de colleitas, accidentes de tráfico e risco para a sanidade animal. Factores que inciden nos custos de produción das explotacións de leite que se ven condicionadas na alimentación pola dependencia dos pensos. \"No plano social é evidente o proceso de desertización demográfica\" Galiza, novena rexión produtora da UE e líder en calidade de súa materia prima, está á cola dos prezos que perciben as explotacións do vello continente. Galiza debería recibir ao redor de 100 millóns de euros a maiores de comparar coas medias de cotizacións do leite, dato que se dispara fronte a países excedentarios como Holanda, Alemaña, Dinamarca ou Francia. En España as granxas galegas percibiron unha media de 1,3 céntimos de euro menos –2,1 por baixo se excluímos a comunidade da ecuación–, o que supoñen 32,5 millóns, a catro mil euros por explotación. Esta contía dispararíase a 10.279 euros por baixo en comparación co nivel de prezos rexistrado en Asturias, 3,2 céntimos por litro superior. No plano social é evidente o proceso constante da desertización demográfica e o envellecemento, por iso é preciso apostar pola calidade de vida a través da creación de emprego e a posta en marcha de servizos e dotacións. O actual funcionamento deficiente e a escasa oferta de servizos públicos no medio rural está consolidando unha Galiza de dúas velocidades. Temas como o acceso a unha sanidade con presenza de especialidades médicas, o transporte adaptado á realidade xeográfica e demográfica, as novas tecnoloxías como a banda ancha ou a telefonía móbil, ou até a posibilidade de acceso a cultura son claros expoñentes da realidade deficitaria do medio rural. \"O actual funcionamento deficiente e a escasa oferta de servizos públicos no medio rural está consolidando unha Galiza de dúas velocidades\" No rural galego estase producindo unha forte contestación a novos parques eólicos porque moitas das novas propostas desprázanse da cima dos montes cara a terras agrarias, ou cara a zonas próximas a explotacións, vivendas e núcleos de poboación. Por outra banda, os novos proxectos chegan sen un modelo axeitado de transvase de rendas da enerxía eólica ás zonas onde se instalan os parques. A actual fórmula de adxudicación baseada en poxas a nivel nacional, herdada do Goberno do PP de 2013, foi un paso atrás a respecto do anterior sistema de concursos a nivel autonómico, que posibilitaba obrigar ás adxudicatarias a desenvolver plans industriais e emprego rural. Para entender da alarma social creada pola explosión de proxectos eólicos, hai que ter en conta que os cambios da cualificación urbanística dos terreos afectados limitan a actividade produtiva sen que haxa compensación e que non existe unha negociación económica real polo valor dos terreos que implica a declaración de Utilidade Pública e a posibilidade de expropiarlles os terreos aos propietarios."}
{"ID": "NOS_31823", "summary": "Se ben é certo que o 90% das persoas residentes que deron positivo atópanse sen síntomas da Covid-19, máis de 20 usuarios permanecen ingresados no Hospital Universitario de Lugo (HULA), algúns deles na UCI. En termos globais os contaxios abeiran o 80% das prazas que están ocupadas.", "text": "Os datos achegados desde a Consellaría de Política Social confirman 142 contaxios entre as persoas usuarias e 24 entre o persoal da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. Nas últimas horas rexistrouse a morte dun usuario, polo que se duplica a cifra de falecidos. Malia que 90% dos residentes atópanse asintomáticos, máis de 20 usuarios permanecen ingresados no Hospital Universitario de Lugo (HULA), algúns deles na Unidade de Coidados Intensivos. Ao tempo, a cifra de positivos no centro aproxímase a 80% das 184 prazas ocupadas. A porcentaxe de contaxios non lle sorprende a Sonia Jalda. A presidenta de Traballadoras das Residencias da Galiza (Trega) xa advertira nas páxinas de Nós Diario o pasado 5 de setembro que de non producirse de maneira inmediata \"a intervención do centro de maiores de Outeiro de Rei\" acontecería \"o mesmo que en Aldán (Cangas) ou O Barreiro (Vigo)\", en referencia a dúas residencias do mesmo grupo cun elevado numero de usuarios mortos coa Covid-19. Jalda responsabiliza do acontecido no xeriátrico de Outeiro de Rei \"á falla de persoal, de equipas de protección individual axeitadas e de profesionais formados. A empresa non dota o persoal do material de protección adecuado, non realiza as probas PCR necesarias e incumpre as ratios de persoal esixidas pola normativa\". Persoal insuficiente A insuficiencia de persoal é tamén denunciada polos familiares dos usuarios. A este respecto, o irmán dun residente que quere manter o anonimato sinala, en conversa con Nós Diario, que \"están moi xustos de persoal\". \"Eu non teño máis que boas palabras para os traballadores, que fan máis do que poden, pero dúas ou tres persoas non poden atender andares con 50 residentes, como observei nas miñas visitas habituais á residencia\", salienta, \"ademais estamos falando dunha xente que require atención, que hai darlles de comer, lavalos, levantalos e moitas veces con tan poucos medios resulta imposíbel\". Esta persoa destaca que a de Outeiro de Rei \"é a residencia coas tarifas máis elevadas da contorna, onde é case imposíbel atopar praza por menos de 1.500 euros\". \"A situación é xa insostíbel nos dous últimos días, até o punto de que na terza feira non se puxeron en contacto con nós por ningún medio para comunicarnos o estado do noso irmán\", sinala un familiar. As familias dos residentes quéixanse da falla de transparencia na xestión da pandemia. Neste sentido, critican que DomusVi, cando aparecen os primeiros casos, ligase directamente cos responsábeis legais dos residentes mais a medida que a doenza avanzaba polo centro comezase a limitar a información. \"Pero a situación é xa insostíbel nos dous últimos días, até o punto de que na terza feira non se puxeron en contacto con nós por ningún medio para comunicarnos o estado do noso irmán e só a última hora, despois de insistir telefonicamente, nos confirmaron que é positivo\", sinala outro familiar a Nós Diario, quen confirmou casos semellantes con parentes doutros usuarios. \"As cousas comezaron a empeorar desde que DomusVi se fixo cargo da xestión da residencia\", comenta o neto doutro residente que desexa gardar a súa identidade. \"Empeorou a comida, a alimentación e a atención\", apunta así un extremo que tamén é confirmado pola veciñanza de Outeiro de Rei, actualmente moi preocupada pola evolución da pandemia e pola ausencia de resposta dos poderes públicos. DomusVi volveuno facer A residencia de DomusVi de Outeiro de Rei é o centro de maiores con máis capacidade das comarcas de Lugo. O xeriátrico dispón de 192 prazas, 37 delas concertadas, e está instalado no inmóbel dun antigo hotel coñecido como Carlos IV. Ao longo de moito tempo, considerouse como unha residencia modélica, mais a calidade asistencial decaeu desde que se fixo cargo da mesma a multinacional DomusVi. DomusVi, o primeiro operador de centros de maiores da Galiza e do Estado, concentrou o groso das mortes producidas nas residencias galegas durante a primeira vaga da pandemia, significándose pola alta letalidade dos seus xeriátricos de San Lázaro en Compostela, Aldán en Cangas e O Barreiro en Vigo. Agora, o portavoz da Federación REDE, Paulino Campos demanda á Xunta da Galiza a intervención de todas as residencias de DomusVi e da Fundación San Rosendo para parar a traxedia. A de Outeiro de Rei está intervida desde a tarde da terza feira. A residencia do Incio suma 18 mortes O centro de maiores da Fundación San Rosendo no Incio atópase á cabeza no número de mortes das residencias galegas nesta segunda vaga do coronavirus. Segundo os datos achegados desde a Consellaría de Política Social, este xeriátrico suma 78 positivos entre os usuarios e 30 entre os traballadores. Faleceron 18 persoas desde o comezo deste gromo, que os responsábeis do centro asocian a un traballador contaxiado. O xeriátrico do Incio atópase intervido desde o 20 de agosto, cando a Xunta da Galiza se fixo cargo da xestión diante da incapacidade da titular para facer fronte á pandemia. O número de contaxios segue estábel neste centro, onde na última xornada cinco traballadores curaron e outros dous pasaron a engrosar a lista de doentes. O número de contaxios segue estábel neste centro, onde na última xornada cinco traballadores curaron e outros dous pasaron a engrosar a lista de doentes. Neste sentido, o Goberno galego aínda non deu unha data para devolver o control da residencia á Fundación San Rosendo, cubrindo actualmente os postos dos traballadores e traballadoras enfermos con persoal da Consellaría da Política Social e do Servizo Galego de Saúde. O xeriátrico do grupo Orpea en Culleredo e o centro de DomusVi en Lalín sitúanse por detrás das residencias de Outeiro de Rei e do Incio en número de positivos, sumando 29 e 4 usuarios contaxiados, respectivamente. Os centros de discapacidade da Consellaría de Política Social son outro punto quente da pandemia. Así, desde a Xunta da Galiza confirman 11 positivos nas súas instalacións de Oleiros, seis máis que na xornada de onte. Ao tempo, o Goberno galego segue con preocupación a evolución da doenza nos centros de menores, moi particularmente diante do escenario creado polo comezo do curso escolar. Nesta liña, os traballadores dos mesmos urxen á Administración a extremar as precaucións, realizando probas PCR entre o cadro de persoal e os usuarios."}
{"ID": "NOS_36943", "summary": "Reclama que o financiamento do Estado pase pola aprobación de impostos as grandes fortunas, grandes empresas ou a nacionalización de sectores coma o enerxético.", "text": "O vindeiro 10 de abril, baixo o lema #QueEscoiten, a Confederación Intersindical Galega convocou unha cazolada ás 12 horas para protestar ante as medidas en materia de emprego aprobadas polo Executivo estatal. Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a decisión do Goberno estatal de paralizar a actividade económica foi mudando de postura durante os últimos días. O cese, anunciado o pasado sábado polo presidente do Executivo estatal e apoiado pola Xunta da Galiza, foi matizado despois da aprobación do real decreto que o regula. \"Abriuse a man a que se reactive a actividade en sectores ou empresas que non tiñan inicialmente esa consideración de esenciais\", afirma Carril. Alén da industria electrointensiva, caso de Alcoa, o Ministerio da Industria especificou outra excepción para \"as persoas traballadoras das actividades de importación e exportación\". Unha decisión \"inadmisíbel\" para o secretario xeral do sindicato, pois non se refire estritamente a bens esenciais ou alimentos \"colocándose no centro a taxa de ganancia do capital\". A central sindical tamén cualificou de \"grave e inxusto\" o desvío de fondos destinados á Formación Profesionais ou a alimentar os plans de pensión para financiar prestacións ou subsidios. \"Do que se trata é que fagas uso deses cartos, se estás nesa circunstancia, para pagarte a ti mesmo\", censura Carril, para quen os cartos destínanse así a compensar a diminución de ingresos causada polo cese de actividade ou o desemprego. A solución, segundo o secretario xeral, pasa por \"modificar a carga fiscal para as grandes empresas, as grandes fortunas ou a través da intervención pública de sectores estratéxicos da economía, hoxe en mans privadas, para financiar medidas extraordinarias de acordo cos principios de igualdade e progresividade\". Actuación do Goberno galego O secretario xeral dacentral nacionalista lembra a responsabilidade da Xunta da Galiza na carencia en persoal e medios de protección na sanidade pública ou na rede de residencias de maiores. A CIG censura que a Xunta asumise a xestión da sanidade privada, que considera \"infrautilizada\" ao tempo que anuncia a instalación de hospitais de campaña en urbes galegas. Carril valora que o Goberno galego renunciou a exercer as súas competencias cando amosou a súa conformidade \"coa suspensión do autogoberno decretada polo Executivo español\"."}
{"ID": "NOS_21454", "summary": "A plataforma chama a sociedade galega a realizar protestos contra a aplicación dun artigo que liquida o autogoberno de Catalunya.", "text": "Nova mobilización da Plataforma Galiza con Catalunya, convocada sob o lema \"Contra o golpe de estado do 155\" e coas palabras de orde \"Independencia, Democracia, Liberdade\". Desta volta trátase de concentracións en cidades e vilas do país: Compostela. Praza do Toural, 20 h. Lugo. Subdelegación do Goberno, 20 h. Pontevedra. Praza da Peregrina, 20 h. Ferrol. Praza Amada García, 20 h. Cangas. Concello, 19 h. Vilagarcía. Praza de Galiza, 20 h. A Coruña. Subdelegaciókn do Goberno, 20 h. Ourense. Subdelegación do Goberno, 20 h Vigo. Farola de Urzáiz, 20 h. Viveiro. Concello, 20 h Ribadeo, 20 h"}
{"ID": "NOS_37461", "summary": "A MNL considera os milleiros de persoas que se manifestaron o 17M como máis un exemplo de que a sociedade demanda \"máis pasos a prol\" do idioma do país. Marcos Maceira tamén lembrou a Alonso Montero que ten a obriga de \"manterse firme con quen anda a patadas co noso idioma\".", "text": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) Marcos Maceira pediu a Núñez Feijóo que tomase nota do éxito das mobilizacións do 17 de maio a prol do idioma galego. \"Un presidente que despreza a lingua da súa nación, despreza a súa nación. A lingua une, quen a nega e a persigue separa e divide\", afirmou Maceira, que animou Feijóo a \"sumarse a maré humana que mantén viva a lingua galega, que quere dignidade e futuro para o seu país e que retorne como mínimo á legalidade, á promoción e normalización da lingua galega e da identidade de Galiza.\" Resposta a Anxo Lorenzo e Alonso Montero Respecto as declaracións do secretario xeral de Cultura, Anxo Varela, acusando á plataforma Queremos Galego de xerar un conflito que non existe, Maceiras foi contundente: \"vergoñentas, propias de quen despreza a lingua e a cultura galega, mais non sorprendentes vindo de quen promoveu o decretazo que converte Galiza no único territorio onde está prohibo impartir en galego determinadas materias na lingua propia\". E no que atinxe ás palabras de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, sobre a situación do galego, Maceira animouno a posicionarse claramente e dunha vez a favor da nosa lingua tal e como lle corresponde por encabezar unha institución que existe na medida en que existe a lingua galega. \"O presidente da RAG ten a obriga institucional de manterse firme con quen anda a patadas co noso idioma\"."}
{"ID": "NOS_30104", "summary": "A xuntanza do comité de empresa de Alcoa de San Cibrao (Cervo) e a dirección da compañía non aclarou gran cousa aos traballadores. \"Manteñen o mesmo\", sinalou o comité, quen tamén se reuniu con alcaldes da Mariña e obtiveron o seu apoio.", "text": "\"[A cúpula da empresa] mantén o mesmo. Non poñen enriba da mesa o peche, de momento, pero case\", explicou o presidente do comité de emprensa, Xosé Paleo, segundo Europa Press, \"fala de risco\". Á reunión tamén asistiu, por videoconferencia, o presidente de Alcoa no Estado e o responsábel de enerxía. Paleo considera positivos os pasos que está a dar o Goberno central mais, ao seu ver, non son abondo. O Real Decreto e o estatuto de electrointensividade son os dous principais movementos do Executivo de Sánchez. Cada sindicato do comité de empresa -que se verá con partidos políticos- presentará alegacións a este último. Mais as mobilizacións dos traballadores e traballadoras van máis alá da factoría. O comité visitou dez alcaldes da bisbarra e obtivo apoio para as súas revindicacións. Así, os rexedores e rexedoras de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ribadeo, O Valadouro, Viveiro e Xove súmanse aos empregados da fábrica de aluminio. Segundo a súa representación, os primeiros edís da Mariña están preocupados pola situación e, en vista do que acontece na Coruña e Avilés, toman en serio as advertencias das traballadoras e traballadores. O comité de empresa estuda as próximas accións mobilizadoras a adoptar."}
{"ID": "NOS_27940", "summary": "Nun segundo accidente laboral un obreiro de Navantia Ferrol precipitouse ao baleiro desde unha altura duns sete metros namentres traballaba nun buque", "text": "Dous accidentes laborais rexistráronse nas últimas horas na Coruña e Ferrolterra. Na central térmica que Gas Natural Fenosa ten en Sabón (Arteixo), G.R.L., un obreiro de 30 anos, morreu após precipitarse desde unha altura duns cinco metros, segundo os datos que achegan fontes de Protección civil. O operario traballaba para unha empresa auxiliar na central térmica e atopábase realizando unhas tarefas de desmontaxe. En Navantia Ferrol, un obreiro do cadro de persoal principal da empresa sufriu o segundo accidente laboral desta quinta feira ao se precipitar desde unha altura de sete metros, desde un dos ascensores do megabuque para Australia que se constrúe neste estaleiro. Foi transladado nunha ambulancia medicalizada até o complexo hospitalario Arquitecto Marcide e, segundo sinalan desde o comité de empresa, ficou consciente malia a caída."}
{"ID": "NOS_27743", "summary": "Un 80,4% das e dos cataláns son favorábeis á convocatoria dun referendo acordado entre a Generalitat e a Moncloa para votar sobre a independencia de Catalunya. Un 15,4% son contrarios e o 4,2% non sabe ou non resposta.", "text": "Pedro Sánchez, presidente do Goberno español, vén de emprazar as forzas independentistas catalás a facerlle chegar unha proposta que reúna, cando menos, o 75% do Parlament e así poder abordar a situación política que vive Catalunya. Este domingo o diario en papel Ara publica unha enquisa elaborada polo Institut Opinometre que demostra que se superaría ese 75% de apoio. E é que segundo a sondaxe realizada polo xornal, \"80,4% dos cataláns amósanse favorábeis á convocatoria dun referendo acordado entre a Generalitat e a Moncloa para votar sobre a independencia de Catalunya\". O referendo concita o apoio do 97% do independentismo e de 61% das persoas que se opoñen á independencia, segunda este estudo. Aínda que a dirección do PSC é contraria ao referendo sobre a autodeterminación, 71% de quen se decantou polos socialdemócratas o 21-D están de acordo co referendo pactado. Opóñense de maneira maioritaria as persoas votantes de PP e C's, aínda que 24% de quen apoiou o partido laranxa, opta pola consulta. Na anterior enquisa que publicara Ara en setembro de 2017 –co 1-O no horizonte– as persoas partidarias do referendo chegaban a 70%, aínda que, tal e como advirte o xornal, a pregunta non era exactamente a mesma, pois non especificaba que a consulta debía ser pactada co Estado. O barómetro do Centro de Estudos de Opinión de xullo de 2018 –o último que preguntou polo referendo– recollía un apoio do 71%, mais \"sondaxes publicadas nos últimos anos por outros medios de comunicación xa asumiron noutras ocasións que esta porcentaxe podería achegarse ao 80%\", sinala Ara. Contra a represión Tamén supera o consenso do 75% apuntado por Pedro Sánchez o rexeitamento á represión das e dos líderes políticos e a unha nova intervención da Generalitat por parte de Madrid. Practicamente 8 de cada 10 persoas son contrarias á prisión provisional das presas e presos políticos e unha porcentaxe semellante oponse tamén a que xulguen as persoas impulsoras do referendo do 1-O por rebelión. En canto ao Tribunal Supremo, que é quen instruíu a causa contra as presas e presos políticos, 63% das persoas enquisadas cre que foi parcial e un 25% considera que actuou de maneira correcta. Aliás, a enquisa de Ara sinala que só o 20% da poboación referendaría a constitución española nos seus termos actuais. E os resultados? De celebrarse un referendo, segundo a enquisa, o si á independencia acadaría o 47,7% do apoio. Curiosamente, nas eleccións do 27 de setembro de 2016, a coalición Junts Pel Si e a CUP sumaran o 47,7% dos votos, e o 21 de decembro de 2017 a suma fora do 47,5% das papeletas. O 36% votaría en contra da independencia; o 5,6% votaría nulo ou en branco e o 10,7% non decidiu o seu voto ou non contesta. Segundo os resultados desta enquisa, entre quen votaría que si (47,7%) un 38,4% cre que a vía principal é a da unilateralidade e o 51,8% considera que debe insistirse na negociación e na presión política para poder facer o referendo. Só un 4% optaría por renunciar á consulta e negociar máis autogoberno. Protestas contra o Consello de Ministras O estudo é publicado cando resta menos dunha semana para que o Consello de Ministras se reúna en Barcelona. Precisamente, Òmnium Cultural convocou un \"Consello Popular de Ministros\" para esta sexta feira 21 de decembro perante a Estación de Franza de Barcelona, perto de onde terá lugar a xuntanza do Goberno español. A entidade cultural chama á mobilización contra a presenza do executivo de Sánchez en Catalunya. Aliás, entre outras protestas contra a presenza do Goberno da Moncloa en Catalunya está a greve de dúas horas convocada pola Intersindical CSC; unha marcha lenta de vehículos para colapsar a cidade proposta pola ANC e accións por concretar que desenvolverán os CDR."}
{"ID": "NOS_25800", "summary": "Partido desputado no que os cataláns tiveron maior acerto.", "text": "O Lugo caeu perante o Girona (1-3), nunha derrota na que tiveron a ver os erros cometidos polos lucences na defensa. Un partido desputado, intenso por momentos e moito máis aberto do que pode dar a entender o resultado final. No minuto 6 do encontro había empae a un, o que permite facerse unha idea do enchufadas que saíron ambas as dúas equipas en Montilivi. No minuto catro adiantábase o Girona, que colleu descolocada a defensa lucense, cun tanto de Borja. Reaccionou moi rápido o CD Lugo, que dous minutos despois empataba grazas a un testarazo de Carlos Hernández. Partido aberto, coas dúas equipas procurando o control e as súas oportunidades. Porén, un novo erro defensivo era aproveitado polo Girona para marcar o segundo gol. Na segunda metade o Girona saiu intentando controlar o ritmo do partido e co Lugo decidido a procurar o empate. Os lucenses non tiña éxito e se ben se foron facendo co dominio do partido, non eran quen de chegar con perigo e de materializar ese control. Xa fóra de tempo, o Girona marcaba o terceiro gol, consumando a súa cuarta vitoria consecutiva. Ficha técnica Girona (3): René; Coris (Cifuentes, m.84), Pablo Marí, Alcalá, Ramalho, Aday; Pere Pons, Portu, Granell, Borja García (Rubén Alcaraz, m.80); e Longo (Cristian Herrera, m.89). Lugo (1): José Juan; Calavera, Carlos Hernández, Marcelo, Manu; Pedraza (Caballero, m.70), Sergio Gil, Pitu, Campillo (Yelko Pino, m.76); Iriome (Perea, m.76); e Joselu. Goles: 1-0, m.4: Borja. 1-1, m.6: Carlos Hernández. 2-1, m.35: Borja García. 3-1, m.93: Rubén Alcaraz."}
{"ID": "NOS_58342", "summary": "A finais deste mes decorrerá en Compostela un cumio de cargos municipais para artellar a estratexia cara aos comicios de 2023.", "text": "O BNG iniciará a preparación das eleccións locais coa convocatoria dun cumio de cargos municipais que terá lugar a finais do presente mes en Compostela. Este encontro contará coa participación de alcaldesas, alcaldes e concelleiros para mobilizar a organización cara ás eleccións e trazar as liñas de estratexia durante os comicios, xa que, en palabras da responsábel de política municipal da Executiva nacional, Carme da Silva, o Bloque é \"a referencia do cambio real\". Durante o cumio abordarase a preparación da estratexia electoral no contexto de crise após a pandemia e a actual suba de prezos. Neste senso, analizarase a actualización das propostas programáticas no actual contexto de crise. Pontón ve nas municipais o primeiro paso para abrir un tempo novo na Galiza Construír \"outra Galiza posíbel\" Por outra parte, Da Silva explicou que o obxectivo do BNG é \"avanzar\" en todo o país, \"tendo como carta de presentación o aval dos municipios nacionalistas\". Aliás, a integrante do Goberno local de Pontevedra afirmou que os concellos gobernados pola súa formación levan anos \"demostrando que hai un proxecto ilusionante e transformador\". \"Afrontamos estes comicios desde o optimismo e co reto de aumentar a representación en todos os municipios\", apuntou. Por último, Carme da Silva veu estes comicios como unha oportunidade para comezar \"un tempo novo e superar as políticas do PP\", ao tempo que asegurou que desde o BNG seguirán co seu traballo para \"construír esoutra Galiza posíbel\", unha Galiza \"en grande\"."}
{"ID": "PRAZA_3556", "summary": "Daríase o paradoxo de que a propia actividade electoral contribuiría a elevar os contaxios. A abstención dispararíase con seguridade; o medo dos membros das mesas a contaxios podería causar desobediencias masivas. O exercicio do dereito de sufraxio veríase tan condicionado que moi probablemente o resultado da votación tornaría distorsionado e carecería da necesaria lexitimidade", "text": "Serei claro: a suspensión das eleccións galegas (e con máis razón, das bascas, onde xa hai medidas de confinamento colectivo) será unha das consecuencias inevitables que terá a evolución da epidemia de coronavirus no noso país durante os vindeiros días. Se a convocatoria das eleccións foi iniciativa de Urkullu que Feijoo seguiu inmediatamente, tamén na suspensión os galegos constituiremos unha joint venture cos irmáns bascos.Durante o vindeiro mes, os poderes públicos (todos, desde Moncloa até o último concello) estarán absorbidos na resposta a unha crise sanitaria sen precedentes coñecidosTendo en conta como se comporta o virus (permanece asintomático no corpo durante varios días, durante os cales as persoas portadoras transmíteno con moita facilidade), o incremento exponencial dos casos producirase da mesma maneira que en China, Italia, Irán ou Franza.Durante o vindeiro mes, os poderes públicos (todos, desde Moncloa até o último concello) estarán absorbidos na resposta a unha crise sanitaria sen precedentes coñecidos. Pola súa parte, para reducir a probabilidade de contaxio, a poboación –e en especial a poboación máis vulnerable–, deberá someterse, voluntariamente ou por disposición das autoridades, a un réxime de confinamento domiciliario. A nosa vida cotidiana verase necesariamente alterada.O pico da epidemia producirase con toda probabilidade a partir da primeira semana de abril. Tendo en conta o número de persoas de avanzada idade no noso país, coas súas rutinas de Sintrom, misa e partida na taberna, cabe esperar unha ampla incidencia da epidemia.Se estas previsións son realistas –que o son–, non ten sentido facer campaña a partir do día 20 de marzo, mantela 15 días, e votar o día 5Daríase o paradoxo de que a propia actividade electoral contribuiría a elevar os contaxios. A abstención dispararíase con seguridade; o medo dos membros das mesas a contaxios podería causar desobediencias masivas Daríase o paradoxo de que a propia actividade electoral contribuiría a elevar os contaxios. A abstención dispararíase con seguridade (vaino facer nas vindeiras eleccións locais francesas, segundo as sondaxes previas). O medo dos membros das mesas a contaxios podería causar desobediencias masivas a comparecer ás 8:00 da mañán do día 5 nos colexios electorais. É demasiado tarde para votar masivamente por correo, e non hai previsión de montar en tan curto espazo un sistema de voto electrónico fiable. En definitiva: o exercicio do dereito de sufraxio veríase tan condicionado por unha serie de factores, que moi probablemente o resultado da votación tornaría tan distorsionado que carecería da necesaria lexitimidade política democrática.Así as cousas, considero que a única resposta responsable dos poderes públicos –tanto do punto de vista sanitario como democrático– é a suspensión dos procesos electorais previstos.O exercicio do dereito de sufraxio veríase tan condicionado que moi probablemente o resultado da votación tornaría distorsionado e carecería da necesaria lexitimidade A partir de aquí, suscítase o problema de como parar un proceso electoral en marcha. Porque, efectivamente, non hai precedentes en España. A Lei Orgánica Electoral Xeral (LOREX) non prevé nada ao respecto, agás a suspensión dunha votación puntual nalgunha mesa, por causa de forza maior, baixo a decisión da pesoa que a presida. Non cabería utilizar tampouco o Real Decreto-Lei para modificar a LOREX urxentemente, por prohibilo expresamente a Constitución no artigo 86.1.Ao meu xuízo, a solución ao problema da falta de habilitación legal expresa debe darse desde o uso das potestades extraordinarias que habilitan os estados excepcionais previstos polo artigo 116 da Constitución, desenvolvidos pola Lei Orgánica 4/1981, de estados de alarma, excepción e cerco.En concreto, o Real Decreto que aprobe o Consello de Ministros para declarar o estado de alarma por causa da crise sanitaria epidémica do coronavirus, deberá concretar, entre as medidas adoptadas, a de suspender durante quince días os prazos electorais desde o momento de entrada en vigor deste Real Decreto. Ao meu xuízo, a solución ao problema da falta de habilitación legal expresa debe darse desde o uso das potestades extraordinarias que habilitan os estados excepcionais previstos polo artigo 116 da ConstituciónEn función da duración da epidemia, este prazo de suspensión será prorrogado con autorización expresa polo Congreso de los Diputados, que neste caso poderá establecer o alcance e as condicións vixentes durante a prórroga. Coido que esta sería a alternativa xuridicamente idónea, necesaria e proporcional para facer valer o vello brocardo \"Salus publica, suprema Lex\". Trátase dunha solución máis pertinente, ao meu entender, que a utilización da Lei 33/2011, xeral de saúde pública, lei de rango ordinario, e da Lei Orgánica 3/1986, de 14 de abril, de Medidas Especiais en Materia de Saúde Pública, que habilita potestades de adopción de medidas de policía destinadas ás autoridades sanitarias, sendo esta unha cuestión de natureza distinta, ainda que xustificada por unha emerxencia sanitaria.Este é tamén, entendo, o enfoque da asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia, que por boca do Presidente da Xunta expresou onte o criterio de que a competencia para paralisar as eleccións galegas e bascas non é nin da Xunta electoral central, nin da Xunta electoral de Galicia: é unha potestade que recae exclusivamente no Goberno central, pois só él pode declarar os estados extraordinarios que limitan o exercicio de dereitos fundamentais, determinando o seu alcance e contido. Concordo plenamente con este criterio."}
{"ID": "PRAZA_17291", "summary": "Tras unha primeira retirada en 1987 Rajoy foino case todo no PP e no Goberno de España, un prolongadísimo percorrido que a sentenza do caso Gürtel vén de dinamitar. Antes do discurso da despedida Rajoy tivo tempo para volver desprestixiar o mecanismo da moción de censura, negar a corrupción e atribuírse a \"disolución\" de ETA Feijóo evidencia as súas vitorias electorais como aval fronte aos seus rivais cara á sucesión de Rajoy A oposición insta a Feijóo a \"aclarar\" o seu futuro e centrarse en Galicia CRÓNICA | Os 1.942 días de Mariano co \"veleno dentro\". Por Anxo Lugilde", "text": "Feijóo evidencia as súas vitorias electorais como aval fronte aos seus rivais cara á sucesión de Rajoy A oposición insta a Feijóo a \"aclarar\" o seu futuro e centrarse en Galicia CRÓNICA | Os 1.942 días de Mariano co \"veleno dentro\". Por Anxo Lugilde \"Durante 37 anos servín o partido en toda clase de cargos\", \"por ningún pelexei, limiteime a cumprir co meu deber\" e \"agora penso que chegou o momento de poñer o punto final\". A moción de censura que o pasado 1 de xuño levou o socialista Pedro Sánchez á presidencia do Goberno de España desencadeou unha acelerada treboada política que está a dar lugar a escenas inimaxinables apenas unha semana antes. Este mediodía Sánchez comparecía nun escenario que semellaba pensado para Rajoy: unha visita á selección española de fútbol para desexarlle \"sorte\" antes do Mundial de Rusia e entregar un galardón ao xogador Andrés Iniesta. Ao mesmo tempo, o ata agora líder do PP anunciaba ante a cúpula do seu partido unha decisión que a maior parte de analistas verían proclive para o secretario xeral socialista hai poucas datas: o abandono do cargo. Marcha. Tres décadas despois, volve marchar. O anterior anuncio de retirada produciuse tamén no marco dunha moción de censura. A que outro socialista, Fernando González Laxe, encabezara en 1987 para tombar o goberno doutro popular, Gerardo Fernández Albor. O feble Executivo de Albor fora defendido naquela sesión de setembro de 1987 polo seu vicepresidente, Rajoy. \"Ao señor Albor e a quen estivemos con el durante estes duros dez meses co veleno dentro -en referencia ao grupo do tránsfuga Barreiro Rivas- xulgaranos a historia, non nos xulgarán vostedes\", proclamara naquel histórico pleno. Rajoy dicía falar de xeito \"desinteresado\", coa tranquiliade de quen \"posiblemente, dentro de pouco, teña que abandonar a vida política\". Tras aquela primeira retirada de 1987 Rajoy foino case todo en postos clave do PP e do Goberno de España ata que a sentenza do caso Gürtel dinamitou o seu prolongadísimo percorrido E, efectivamente, marchou. Á localidade alacantina de Santa Pola, á súa praza de rexistrador da propiedade. A ausencia da vida pública durou apenas dous anos, os que tardou en concorrer como candidato ás eleccións xerais como cabeza de lista do Partido Popular, acabado de crear como tal. O mesmo que herdou o sistema de 'caixa B' que estreara a refundada Alianza Popular, segundo a sentenza do caso Gürtel que, máis de trinta anos despois daquela primeira marcha, vén de dinamitar o prolongadísimo percorrido orgánico e institucional de Rajoy. Dende aquel regreso de 1989 Rajoy foino case todo nunha sucesión de postos claves no PP e no Goberno de España. De vicesecretario e secretario xeral a presidente e candidato cando o dedo de José María Aznar se pousou sobre el. De ministro de Administracións Públicas, Educación, Interior ou Presidencia ao posto de titular do Goberno central cando, tras non logralo nos comicios de 2004 e 2008, o cadáver político do socialista José Luis Rodríguez Zapatero pasou ante a súa porta. Como antes pasaran os de varios dos seus opoñentes internos. \"Chegou o momento\" Dirixentes do PP aplauden a Rajoy no Comité Executivo da despedida / © PP Rajoy pronunciou o seu discurso final ante os seus nun ambiente descrito por testemuñas directas como \"de funeral\", informa Íñigo Adúriz para eldiario.es. Quen na última década contribuíu a construír un mito de seu baseado na resistencia emocionouse, agradeceu o apoio e deixou algúns recados á pantasma do PP pasado. El vai estar \"dende o primeiro momento á orde de quen elixades\" e \"á orde é á orde e con lealdade\". Non como Aznar. Antes do discurso da despedida Rajoy tivo tempo para volver desprestixiar o mecanismo da moción de censura, negar a corrupción e atribuírse a \"disolución\" de ETA Pero o discurso da despedida, o que incluíu un \"ha llegado el momento\" que conectou a intervención cos carteis electorais do PPdeG na campaña de 2009 que osixenou a cúpula de Rajoy no peor momento, non chegou ata o final da intervención. Antes Rajoy tivo tempo para volver desprestixiar o mecanismo da moción de censura e proclamar que Sánchez goberna sen \"gañar as eleccións\", obviando o modelo parlamentario do que parte o Goberno español. \"Non nos censuraron os cidadáns\", sentenciou. Non faltaron tampouco as mencións a ETA, cuxa \"disolución\" atribuíu ao seu Executivo, nin a redución a simples \"mentiras\" para as acusacións de corrupción que volveron chover sobre o PP tras a sentenza da Gürtel. \"Non hai\", ao cabo, \"ningún motivo para o desánimo\", arengou. Agora é tempo de \"defender a nosa obra e evitar que deixen España en caída libre\" e \"recuperar canto antes o goberno\"."}
{"ID": "NOS_44346", "summary": "O presidente da Xunta anuncia novas baixadas de impostos en 2023 \"sen desatender os servizos públicos básicos\".", "text": "O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, vén de ratificar que a Galiza priorizará nos orzamentos de 2023 unha redución de impostos ás rendas \"máis baixas\", ao mesmo tempo que lembrou que o país ten a súa propia \"senda\" na carga impositiva. Precisamente, Rueda comparecerá a próxima semana no Parlamento galego para dar a coñecer as liñas estratéxicas dos orzamentos de 2023, antes de que cheguen á Cámara no mes de outubro e, nesa intervención, avanzará medidas impositivas das contas galegas para o próximo ano. \"Está no ADN dos gobernos do PP\", sinalou esta terza feira, ao ser preguntado polos medios polo anuncio do presidente andaluz, Juanma Moreno, de suprimir o Imposto sobre o Patrimonio. Rueda avanzará as \"liñas mestras\" dos orzamentos a finais de mes no Parlamento Así, enmarcou \"nesa liña\" de reducir carga impositiva a medida da Xunta de Andalucía, algo que a Galiza \"leva facendo desde hai moito tempo\". En concreto, desde 2009, dixo. \"É unha boa noticia que se baixen impostos, a contraria é subilos\", apreciou o máximo mandatario galego, que tamén fixo unha \"boa valoración\" deses anuncios, se ben precisou que a Galiza \"ten a súa propia senda do Imposto sobre Patrimonio [bonificación de 25%] e así vai seguir\". Rueda lembrou que xa se eliminou o Imposto de Sucesións e que a intención é \"seguir baixando\". Con todo, indicou que agora a Xunta \"está centrada en tentar baixar ás rendas máis baixas, que son as que máis o necesitan\". Que empresas emprazadas na Galiza pagan os impostos en Madrid? \"O que fagamos na Galiza ímolo facer con independencia do que fagan noutro sitio, sexan do signo que sexan, en calquera medida orzamentaria\", precisou, preguntado sobre a eventual supresión do Imposto de Patrimonio. Aliás, garantiu que a baixada de impostos farase \"sen desatender os servizos públicos básicos\". Preguntado pola reacción do ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá, partidario de centralizar impostos, Rueda encadrou as súas declaracións en que ao Goberno de Pedro Sánchez \"non lle gusta que se baixen\"."}
{"ID": "NOS_44285", "summary": "O xuiz José Castro vén de dar por bons os correos presentados por Diego Torres, socio de Iñaqui Urdangarín, nos que se comprobaba que a Casa Real estaba ao tanto dos negocios do home da infanta Cristina.", "text": "Os correos que agora o xuíz Castro dá por auténticos nunha provindencia foron apresentados polo socio de Iñaqui Urdangarín co fin de probar o coñecemento e mesmo o asesoramento por parte da Casa Real nos negocios que levaron ao home da infanta Cristina ás distintas imputacións. Neses correos, un dos nomes que máis se repite é o do secretario das infantas, Carlos García Revanga, ademais dun dos asesores da Casa Real que lle indica a Urdangarín a necesidade de \"gardar as aparencias\" nos seus trámites empresariais. Malia iso, todo parece indicar, segundo opina a fiscalía, que o caso rematará con xuízo e Urdangarín, no banco dos acusados, mais coa infanta Cristina e a Casa Real cada vez máis afastados da imputación. Nos correos quedan á vista as xestións realizadas, alén de poolo secretario das infantas, García Revanga, polo asesor José Manuel Romero Moreno -coñecido como conde de Fontao- a infanta Cristina ou o propio Rei e a agora a famosa princesa Corinna, que está a ser capa de xornais e revistas. Desde a contorna de Urdangarín pretendíase que o instrutor invalidase os cerca de 200 correos que Torres entregou coa idea de probar que a a Casa Real si participou nos negocios do Instituto Nóos a través dos cais os dous socios -o propio Torres e Urdangarín- facturaron máis de seis millóns a institucións públicas."}
{"ID": "NOS_18710", "summary": "Haberá horarios amplos na quenda de noite, malia que polo momento a factoría está sen actividade.", "text": "A planta de Stellantis (antiga PSA) en Vigo está sen actividade \"até novo aviso\" pola crise dos microchips, mais a dirección e o persoal traballador xa fan plans para recuperar parte do tempo perdido. Fontes da factoría confirmaron hoxe, após a reunión do comité de empresa, que o próximo mes de xuño todas as fins de semana serán laborábeis e traballarán con horarios amplos na quenda de noite. A empresa, que a pasada sexta feira xa concretara que a parada se alongaría \"polo menos até o día 28 de maio\" no sistema 1 e até o domingo 30 de maio no sistema 2, advertiu de que a actividade programada para xuño \"previsibelmente sufrirá alteracións\", debido á situación excepcional de falta de aprovisionamento de pezas, \"especialmente acusado neste segundo trimestre\". Unha situación que xa implicou a parada da produción en varias ocasións desde principios de ano e que provocou as críticas do persoal polo modo en que foran planificadas e, sobre todo, comunicadas. Neste senso, a empresa tamén indicou que se informaría aos equipos sobre o momento en que se renovará a actividade, que confía en que sexa \"alta\" até xullo como consecuencia dunha demanda \"superior á prevista\" que elevará a produción até uns 2.300 vehículos ao día. Vacacións En canto ao período de vacacións, o pasado mes a empresa xa comunicou que o mesmo se estabelecía para todas as traballadoras e os traballadores do centro nas semanas 31 e 32, é dicir, do 2 ao 15 de agosto. Quedaba pendente de asignar a terceira semana de vacacións en período estival, a cal finalmente será a semana 30 (do 26 de xullo ao 1 de agosto) para as quendas A, B, Noite e central. Desta forma, tal e como comunicou a dirección de Stellantis no día de hoxe, estas quendas descansarán do 26 de xullo ao 15 de agosto (ambos inclusive). A quenda de fin de semana, pola súa banda, terá as vacacións entre o 29 de xullo e o 20 de agosto (incluídos). A empresa trasladou ao persoal que decidiu estabelecer o calendario de vacacións pese ao actual contexto de incerteza e o risco derivado da crise de aprovisionamento de pezas, que, segundo apuntou, fixo que se deixaran de fabricar unha \"significativa cantidade\" de vehículos nas últimas semanas."}
{"ID": "NOS_23344", "summary": "A Comisión de Pesca da UE rexeitou o protocolo de acordo de pesca acadado pola Unión Europea e Mauritania e que deixaba fóra das augas dese país á frota galega.", "text": "@s eurodeputad@s validaron na Comisión de Pesca o informe (elaborado polo deputado canario Gabriel Mato) que defende que as actuais condicións son prexudiciais para o sector e demanda a negociación dun novo convenio. O texto sostén que as actuais condicións do protocolo non eran beneficiosas nin para a UE nin para Mauritania e aposta por rexeitar o protocolo e que desde Bruxelas se negocie un novo acordo e non que procure modificar o actual. Sinálase, aliás,que un dos erros deste acordo negociado pola comisaria de Pesca, Maria Damanaki, en nome dos 27, edeixa fóra aos cefalópodos aducindo que os stocks de puolbo non están en bo estado, algo negado pola flota galega, que demandou informes científicos ao respeito. Satisfacción A eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, cualificou de \"moi positivo para a frota cefalopodeira galega\" o resultado da votación da Comisión de Pesca da Eurocámara. \"O resultado da votación é un claro sinal do Parlamento Europeo a favor dos intereses da nosa frota, o primeiro paso para que a frota cefalopodeira galega volte ao caladoiro de Mauritania\", salientou Miranda, tras subliñar a \"aplastante maioría\" do resultado, con 16 votos a favor, -incluído o do BNG-, fronte a 6 votos en contra e 2 abstencións."}
{"ID": "PRAZA_18681", "summary": "A comisión de garantías di que houbo irregularidades no proceso e pospón a votación e o comité electoral insiste en que \"segue en marcha\" e que pode \"garantir\" o seu \"correcto funcionamento\" HEMEROTECA | Luís Villares e o ex-deputado David Bruzos, cabezas de lista nas eleccións internas de En Marea", "text": "HEMEROTECA | Luís Villares e o ex-deputado David Bruzos, cabezas de lista nas eleccións internas de En Marea A comisión de garantías di que houbo irregularidades no proceso e pospón a votación e o comité electoral insiste en que \"segue en marcha\" e que pode \"garantir\" o seu \"correcto funcionamento\" A comisión de garantías de En Marea anunciou a última hora deste venres a suspensión das primarias previstas para elixir ao longo desta fin de semana o seu novo Consello das Mareas argumentando presuntas irregularidades no proceso. Pouco despois outro órgano, o comité electoral insistiu en que o proceso \"segue en marcha\" e que pode \"garantir\" o seu \"correcto funcionamento\". Ás primarias presentábanse dúas listas encabezadas polo actual portavoz da formación, Luís Villares, e o ex-deputado David Bruzos, acompañado este último por nomes vinculados á actual dirección de Anova, a Podemos Galicia e ás mareas municipais das cidades. Por tras das posturas discrepantes da comisión de garantías e do comité electoral diversas fontes apuntan ao seu suposto control por cada unha das dúas candidaturas. Do 30 de novembro ao 3 de decembro estaban chamadas a votar nas primarias de En Marea case 4.500 persoas inscritas, unhas 1.500 máis que ao inicio do actual proceso interno. Ían elixir o Consello das Mareas, isto é, a nova dirección ordinaria da formación nada como tal pouco antes das últimas eleccións galegas de 2016 e cuxa vida interna veu estando marcada pola convulsión e mais por sucesivas recolocacións de pezas en cada elección interna, todas elas formuladas en clave de identidade e mesmo de existencia da propia En Marea. A comisión de garantías enumera cinco motivos para adiar as primarias Segundo un comunicado divulgado a última hora deste venres pola dirección da formación, \"a Comisión de Garantías de En Marea vén de ditaminar a suspensión temporal do proceso de elección ao Consello das Mareas e da Comisión de Garantías\" por cinco motivos que enumera: \"imposibilidade de acceso ao censo do responsable legal ante a Axencia Española de Protección de Datos durante 24 horas, motivo polo que hai unha auditoría en curso; imposibilidade técnica para que figurasen na papeleta electrónica o nome de tódalas integrantes das distintas listas que concorren en dito proceso; imposibilidade técnica de realizar todas as probas de seguridade e as simulacións de voto coa versión da papeleta electrónica definitiva; descoñecemento dos locais de votación a menos de 24 horas para comenzar a votación; e imposibilidade de informar ás persoas inscritas da situación e horarios de apertura dos locais de votación\". O comunicado de En Marea sinala que \"a votación levarase a cabo á maior brevidade posible\" e mentres realizarase unha auditoría e diversas probas de seguridade coa papeleta electrónica. O comité electoral indica o enderezo dos lugares de votación Pouco despois o comité electoral de En Marea remitiu outro comunicado no que leva a contraria á comisión de garantías. Na nota o comité electoral di que se dirixe aos inscritos en En Marea \"a través dos medios de comunicación ante a imposibilidade de poderse poñer en contacto a través dos medios dos que En Marea dispón\" e insiste en que o proceso de votación \"segue en marcha\" e que está \"en condicións de garantir o correcto funcionamento do proceso\". Na nota indica o enderezo de 13 locais de votación distribuídos por toda Galicia."}
{"ID": "NOS_57207", "summary": "As actuacións incoáronse o sábado, día 9, cando este xulgado estaba de garda e por mor da solicitude remitida polo centro residencial para maiores DomusVi San Lázaro.", "text": "O Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela obrigou a vacinar a unha anciá dunha residencia da capital galega ante a negativa da filla a que fose vacinada e dado o grao de deterioración cognitiva da muller para tomar unha decisión, segundo recolle un auto ao que tivo acceso Europa Press. As actuacións incoáronse o sábado, día 9, cando este xulgado estaba de garda e por mor da solicitude remitida polo centro residencial para maiores DomusVi San Lázaro ante a campaña de vacinación dos seus residentes, prevista para o día seguinte, e a negativa da filla da muller a que recibise a vacina. No seu escrito, o centro apuntaba que a anciá presentaba unha capacidade \"moi limitada\" desde o punto de vista cognitivo, algo que o auto ratifica após solicitar o informe forense. Este afirma que a muller \"non está, polo grao de deterioración cognitiva padecido, en condicións de participar, sequera minimamente, na decisión que se adopte acerca da conveniencia da súa vacinación\". Por iso, e após escoitar os argumentos da filla, entre eles os posíbeis efectos secundarios, o xuíz incide no \"risco menor\" de administrar a vacina á anciá, á vez que se remite ao informe forense sobre a seguridade das vacinas defendida pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Argumentos No auto, o xuíz rexeita as razóns aducidas pola filla, sexan \"compartidas\", indica sobre \"a dificultade e a carga de responsabilidade que implica a obrigación de ter que decidir por outra persoa\" ou non o sexan. \"A presión á que lle somete a posición adoptada polos seus irmáns e o temor que lle infunde a reacción destes ante potenciais efectos indesexados da vacina\", engade sobre outro dos argumentos expostos pola filla da anciá. Pola contra, insiste en que tanto da comunicación efectuada pola residencia, sobre que a muller \"carece das facultades precisas para adoptar unha decisión consecuente\" e que, engade, \"confirmou a filla\", como do informe forense, evidénciase que a anciá non ten \"capacidade\" para decidir ela mesma. Neste contexto, e ante o feito de que a vacina se fose a fornecer ao día seguinte, remítese ao \"beneficio\" de poñer a vacina fronte ao \"risco maior\" de non facelo. \"Sendo certo que o propio feito da vacinación supón un risco\", incide en que o omitila \"tamén o implica\"."}
{"ID": "PRAZA_5544", "summary": "O futuro, tem-se dito, nom é o que era mas, contodo, cremos perceber umha vontade colectiva de ajustar contas à política de acesso restringido a afiliados e meritórios e à sociedade assimétrica da ocupaçom garantida e as vantagens sociais estritamente reservadas à geraçom da Imaculada Transiçom", "text": "Dia primeiro de maio de 2014, desemprego maciço, perspectivas incertas envoltas em nuvens de propaganda governamental, multiplicada agora pola proximidade dos comícios europeus. Data de comemoraçom do coragem da classe operária para reclamar o direito a viver do próprio trabalho. A dura experiência ensinou-lhe a liçom da associaçom que o primeiro de maio comemora. Depois de breve hesitaçom decido-me pola manifestaçom conjunta de CCOO e UGT porque é um dia para caminhar juntos. O dia pede afluência e confluência Depois de breve hesitaçom decido-me pola manifestaçom conjunta de CCOO e UGT porque é um dia para caminhar juntos. O dia pede afluência e confluência. A CIG mantém a posiçom contrária que um manual de economia nom hesitaria em qualificar de estratégia de diferenciaçom de marca. Afinal resultárom quatro manifestaçons: a unitária, a nacionalista, a concentraçom da USO, que observo de passada na Praça do Toural, e a da CUT-CNT na Porta do Caminho. As faixas, os slogans, os emblemas próprios som ícones confirmativos de cada militáncia particular. A gente do comum observa com certa indiferencia um espectáculo que a ninguém pode inquietar: juventude mobilizada, veteranice obstinada, reivindicaçons tam óbvias como a defesa da sanidade pública, pequenos encontros ocasionais. Poderíamos estar em qualquer cidade europeia nom sendo Lisboa ou Atenas onde a situaçom é mais amarga. Acerco-me a um discreto vendedor de imprensa revolucionária: El militante, Corriente marxista revolucionária. A revista tem o encanto do internacionalismo trotskista: notícias do Egipto, do Brasil, de Venezuela, da Ucránia... Prende-me os olhos um artigo de actualidade: Que é o que acrescenta Podemos à esquerda? Com o subtítulo: \"a confusom política nom é alternativa contra o capitalismo\". Ficamos avisados. Como descrever hoje a classe operária, o sindicalismo de classe, as velhas certezas? Confusom é umha boa diagnose, camaradas militantes, embora um tanto excessiva para assestar-lha a Pablo Iglésias Os filósofos falam de identidade e diferença, bom par dialéctico para designar direitas e esquerdas. Confusom, isso é. Empregados frente a desempregados; com contrato fixo ou precário os primeiros; inscritos nas listas de desemprego ou definitivamente desesperançados, prestes talvez a emigrar, os segundos. A empresa pública sentenciada a morte e a privada submetida a reiteradas operaçons de externalizaçom de tarefas e downsizing para \"criar valor para o accionista\". Como descrever hoje a classe operária, o sindicalismo de classe, as velhas certezas? Confusom é umha boa diagnose, camaradas militantes, embora um tanto excessiva para assestar-lha a Pablo Iglésias. Em março deste mesmo ano, o grupo El Militante ingressava em Izquierda Unida, Cayo Lara em persoa era o encarregado para entregar o cartom de afiliado aos dirigentes da organizaçom. Nom surpreende a fraternal recriminaçom a Pablo Iglesias desde o púlpito de IU. Depois de cumpridas as devoçons pascoais devidas com a tradiçom proletária decido apresentar os meus respeitos à marcha nacionalista: mais concorrência, mais amigos conhecidos, mais entusiasmo. De caminho vou lendo a crítica de El Militante ao destemido professor de Ciências Políticas e agitador de consciências indignadas, Pablo Iglesias. Consciência indignada: 296.900 desempregados contabilizamos já na Galiza, 190.000 sem nengum tipo de prestaçons. Discute-se de que vivem, há quem diz que do trabalho em negro, outros que da família. Tampouco se sabe o que será deles dentro de cinco, de dez anos talvez que vai durar a crise ainda. O estilo e a mensagem som renovadores. Um discurso radical mas sem estridências, que aqui botamos tanto em falta, e um proclama que apela directamente à percepçom da mocidade assediada pola crise Tivem ocasiom de escuitar o Pablo Iglesias no programa mais atractivo da TV galega, a Vía V de Fernanda Tabarés. De umha parte Pablo Iglésias, da outra umha ampla representaçom do espectro de opinions em vigor: EU (Lago), PSOE (Cerviño), o nacionalismo centrista (Báscuas) e o que poderíamos designar como monitores da situaçom (Barreiro e Blanco). Som estes os mais irritados com o discurso de Pablo Iglésias, Cerviño dedicou o seu turno a vindicar os avanços sociais devidos ao PSOE, Lago e Báscuas nom manifestam beligeráncia. O programa alcançou, polo que vejo, a melhor qualificaçom da audiência. A incomum viveza do debate contribuiu seguramente à boa recepçom mas, a razom do seu sucesso assenta, provavelmente, na dialéctica directa e persuasiva de Iglésias, na sua capacidade para assumir o papel de porta-voz do descontentamento social da juventude sem expectativas. É umha voz nova, extremamente clara, com o leve defeito de carecer de grupo de referência no Parlamento Europeu. O estilo e a mensagem som renovadores. Um discurso radical mas sem estridências, que aqui botamos tanto em falta, e um proclama que apela directamente à percepçom da mocidade assediada pola crise, que insiste no abismo que separa o cidadao desprotegido e sem esperanças do político blindado e aspirante a um posto vitalício num conselheiro de administraçom. É a demagogia dos factos perante a qual o argumento \"nom som gigantes, querida mocidade, som moinhos demagógicos\" soa a descolorida apologética conservadora. O futuro, tem-se dito, nom é o que era mas, contodo, cremos perceber umha vontade colectiva de ajustar contas à política de acesso restringido a afiliados e meritórios Voltamos para casa, a militancia cruza as ruas envolveita em bandeiras e faixas ocasionais. Os meios ponderam concorrências e ensaiam comentários de circunstáncia. O futuro, tem-se dito, nom é o que era mas, contodo, cremos perceber umha vontade colectiva de ajustar contas à política de acesso restringido a afiliados e meritórios e à sociedade assimétrica da ocupaçom garantida e as vantagens sociais estritamente reservadas à geraçom da Imaculada Transiçom. Transcende a irritaçom contra os presidentes mudos, os ex-presidentes instalados no top ten empresarial e a ralé de negociantes que reclamam sem vergonha flexibilidade e moderaçom salarial para sairmos juntos da crise."}
{"ID": "PRAZA_18627", "summary": "ENTREVISTA | A asociación lucense Si, hai saída é unha das catro entidades galegas recoñecidas este ano cos premios Meninas contra a violencia machista. Falamos coa súa presidenta, Marta Rodríguez Engroba", "text": "A asociación lucense Si, hai saída é unha das catro entidades galegas recoñecidas este ano cos premios Meninas contra a violencia machista, que entrega o Goberno central. As outras galardoadas son a Casa de acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero de Ferrol, a Fundación de Solidaridade Amaranta de Ourense e a asociación Faraxa de Vigo, ademais do xuíz titular de violencia de xénero da Coruña, Miguel Filgueira Bouza. Si, hai saída é unha entidade sen ánimo de lucro que dende hai anos ofrece asistencia a mulleres que sufriron agresións machistas. Está presidida por Marta Rodríguez Engroba, que a puxo en marcha a partir da súa propia experiencia como vítima de violencia de xénero, decidíndose a emprestar apoio a mulleres que se atopasen nesta situación. Falamos con ela. \"Se puidese, abstraeríame de todo o que sucede no 25 de novembro. De súpeto, parece que todo o mundo se decata de que existe a violencia de xénero. Pero hai un 26 de novembro, e un 27 de novembro e 365 días no ano\" Que significa este recoñecemento para a asociación? Estamos contentas de recibilo, claro. Aínda que foi unha gran sorpresa. Non somos unha asociación que busque 'fotos' nin saír nos medios de comunicación, pero satisfaime sobre todo polas miñas compañeiras; eu son a cara visible da asociación, pero detrás de min hai un equipo sen o cal non sería posible facer nada. É polo tanto un recoñecemento ao traballo calado e discreto que están facendo elas e que moita xente non coñece aínda. \"A auténtica realidade destas mulleres aínda é unha completa descoñecida: os seus medos, as súas inquedanzas, a soidade que senten, a desprotección que teñen na meirande parte das ocasións\" Como vivides na asociación unha semana como esta, na que todas as institución, partidos e medios de comunicación emprestan atención á violencia machista? A conmemoración do día 25 é útil ou botades de menos que esta atención se manteña o resto do ano? Se puidese, abstraeríame de todo o que sucede no 25 de novembro e nos días previos. De súpeto hai un estalido de concienciación de grupos políticos e colectivos, e parece que todo o mundo se decata de que existe a violencia de xénero: todo o mundo reivindica, todo o mundo sae na foto, todo o mundo vai aos actos. Pero hai un 26 de novembro, e un 27 de novembro e 365 días no ano. Eu o que pido encarecidamente é que non se utilice a violencia de xénero como estratexia de marketing, nin para medrar politicamente, profesionalmente ou socialmente. Marta R. Engroba, recollendo o premio Meninas de mans da subdelegada do Goberno central en Lugo / DG Mellorou a situación nos últimos anos? Non digo que non se melloraran algunhas cousas, evidentemente. Pero a miña valoración está lonxe de ser positiva. O noso día a día demostra todo o contrario. A auténtica realidade destas mulleres aínda é unha completa descoñecida: os seus medos, as súas inquedanzas, a soidade que senten, a desprotección que teñen na meirande parte das ocasións. \"Eu mesma fun vítima de violencia de xénero. O día que escapei de ser asasinada, prometinme que na medida que puidera ía axudar a todas estas mulleres\" Como é o proceso dende que unha muller que foi agredida se pon en contacto con vós? Como a axudades? Eu recibo a todas as mulleres que se poñen en contacto coa asociación. Eu mesma fun vítima de violencia de xénero, tamén. A asociación nace por ese motivo: o día que escapei de ser asasinada, prometinme que na medida que puidera ía axudar a todas estas mulleres. A partir de aí, dependendo de como sexa o caso, pasan a algunha das miñas compañeiras: somos un equipo de sete mulleres, cinco delas son letradas, que lles dan asesoramento legal dun xeito absolutamente altruísta Despois, mantemos unha atención constante. É importante acompañalas en todo este proceso, que é longo e difícil. É importante estar aí cando hai recaídas, que é algo que moita xente non entende. Moita xente non entende que estas vítimas teñen unha dependencia psicolóxica enorme dos seus agresores. \"É importante acompañalas en todo o proceso e estar aí cando hai recaídas. Moita xente non entende que estas vítimas teñen unha dependencia psicolóxica enorme dos seus agresores\" Un dos aspectos no que hai que incidir é a formación do persoal que atende nos xulgados, na Policía e nos centros medicos ás mulleres que sofren malos tratos? Hai xente que está formada nestes temas, pero aínda hai moitas persoas que interveñen nestes procesos que carecen de coñecementos, de solidariedade, de paciencia e de empatía. Nas unidades de familia e muller non sempre temos a garantía de que o policía que está aí ten a humanidade e a empatía que require este tema. E por iso pasa moitas veces que a muller que acude a denunciar se sente cuestionada, xulgada e non crida, o que supón o cóctel perfecto para que desista da denuncia. E isto pode ser un perigo para a súa vida e para o dos seus fillos. \"Non sempre temos a garantía de que o policía que está aí ten a humanidade e a empatía que require este tema. A muller que acude a denunciar séntese moitas veces cuestionada, xulgada e non crida\" Que debería cambiar para que as mulleres que van denunciar se sentisen máis seguras? O VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero) dá uns resultados moi pouco fiables, como se viu este verán en varios casos que remataron en asasinato. Son unhas preguntas xenéricas, como se o agresor ten armas, se ten antecedentes ou se consume algún tipo de sustancia... E se o nivel de risco que resulta é baixo, esa muller volve á súa casa sen ningunha medida de protección ante un señor que se vai saber denunciado e se vai saber impune, polo que será máis perigoso. E mesmo se o resultado desa análise é que cómpre deter ese home, a muller vai quedar nun limbo ata que isto suceda, sen saber se este señor está solto ou se vai ir por ela. Ademais, unha vez presentada a denuncia, a muller nunca sabe cando a van chamar do xulgado; depende de como estea de saturado o xulgado, depende de como teña a axenda o xuíz ese día... Imaxina a ansiedade e o medo que isto implica para esa muller. Intervención de Marta Rodríguez Engroba nunhas xornadas sobre violencia machista | Si, hai saída Como son as mulleres que se achegan á vosa asociación buscando apoio? Temos todo tipo de mulleres. Dende a que non se atreve a denunciar ata a que está máis decidida a facelo. Hai algunha que chega buscando escoitar o que ela quere oír: que lle digamos que evite a denuncia. Pero nós temos claro que o único xeito de saír da violencia de xénero é a denuncia. Outra cousa é que estas mulleres teñen que ser atendidas doutro xeito cando o fan, pero hai que denunciar. \"Estas mulleres necesitan recursos e apoio inmediatos. Moitas delas nin sequera teñen un teito no que refuxiarse, elas e os seus fillos. Non lles veñas con itinerarios de inserción laboral: necesitan recursos xa\" Unha vez presentada a denuncia, moitas mulleres teñen que abandonar os seus fogares ou necesitan recursos económicos para vivir e e coidar dos seus fillos e fillas. Son suficientes os apoios que neste momento empresta a administración? Unha das patas da violencia de xénero é a violencia económica: moitas mulleres non teñen recursos e dependen economicamente dos seus agresores. O motivo é que moitas mulleres quedan fóra do circuíto laboral. E, de feito, non é raro que suceda nestes casos, pois un dos riscos que definen a violencia de xénero é o illamento, porque o agresor as illa completamente. Estas mulleres necesitan recursos e apoio inmediatos no momento en que denuncian. Moitas delas non teñen cartos en absoluto, non teñen traballo e nin sequera teñen un teito no que refuxiarse, elas e os seus fillos. Non lles veñas con itinerarios de inserción laboral: necesitan recursos xa. Hai cousas que son mínimas, e que para nós son obvias, pero que parece que non o son para quen deseña estas axudas. Ás veces non poden desprazarse a unha entrevista de traballo porque é lonxe e non teñen cartos para o autobús. Ou porque teñen nenos pequenos e non teñen con quen deixalos. Nós temos un acordo cunha perruquería que lles corta o pelo e peitea estas mulleres para que poidan ir presentables a unha entrevista de traballo. \"Hai moita xente da contorna das mulleres que sofren violencia de xénero que lles din 'aguanta polos fillos'. Pero precisamente polos fillos é polo que non se pode aguantar esa situación\" Están suficientemente protexidos os menores nos casos de violencia de xénero? Hai moito que avanzar no que respecta aos menores. Hai moita xente da contorna das mulleres que sofren violencia de xénero que lles din \"aguanta polos fillos\". Pero precisamente polos fillos é polo que non se pode aguantar esa situación, polo que se debe tentar saír canto antes. Temos esa falsa crenza de que os pequenos non se enteran de nada, pero a reaidade é que os pequenos saben perfectamente o que está a pasar, aínda que non vexan directamente unha agresión física. Iso nótase no ambiente. E non esquezamos que para o maltratador a muller é unha posesión. Se ela o rexeita, se ela non quere volver con el, el vai tentar facerlle dano no que máis lle doe. E que lle doe máis á súa nai que os seus fillos? Unha vez que a unha muller lle matan ao seu fillo xa non lle poden facer máis dano, xa a mataron en vida, esa muller xa é unha morta vivente para sempre. \"Para o maltratador a muller é unha posesión. Se ela o rexeita, el vai tentar facerlle dano no que máis lle doe. E que lle doe máis á súa nai que os seus fillos? As leis deberían protexer moito mellor aos fillos, partindo de algo tan evidente como que un maltratador nunca pode ser un bo pai. Non ten sentido defender o dereito de visitas destes malnacidos, porque non teñen outro nome. Non é certo que un pequeno necesite un pai e unha nai, o que un pequeno necesita é o amor e a protección que lle brinda un proxenitor, dous ou vinte, pero nunca pode ser exposto a este tipo de perigos. Concentración en Lugo contra a violencia machista, o pasado ano | Concello de Lugo"}
{"ID": "NOS_39290", "summary": "O portavoz de ERC no Congreso rexeita un acordo con Junts per Catalunya —Carles Puigdemont chegou a ofrecerse como número 2 dunha lista con Oriol Junqueras como cabeza de cartaz— co argumento de que o conveniente é que nas eleccións europeas \"as esquerdas [soberanistas] vaian coas esquerdas\".", "text": "En declaracións a Radio Barcelona (SER), Tardà dixo o seguinte sobre as conversas en curso coas forzas soberanistas de esquerda de Euskal Herria e Galiza: \"Entendemos que as cousas van ben\". A proposta sería unha candidatura conxunta de Esquerra con BNG e EH Bildu, co preso político Oriol Junqueras como número un. De se concretizar, suporía unha mudanza de posición de ERC a respecto de 2014, cando, no tramo final do proceso, optou por se descolgar do acordo coa esquerda abertzale e co Bloque. Naquela altura, finalmente ERC liderou a marca L'Esquerra pel Dret a Decidir, unha plataforma en que se integraría o partido de Ernest Maragall (hoxe candidato republicano á alcaldía de Barcelona) e que contaría co apoio de Més per Mallorca. Tardà distingue entre a unidade estratéxica, na que si debe confluír o conxunto do soberanismo catalán, coa electoral, espazo en que, defende, \"as esquerdas deben ir coas esquerdas e os outros, cos outros\". O BNG tamén aposta nunha candidatura conxunta das nacións sen estado, tal e como propón a súa Executiva Nacional nun debate que se abre agora ás asembleas comarcais da organización."}
{"ID": "QUEPASA_1095", "summary": "Un ferido tras un accidente entre Ponteceso e CabanaEsta pasada tarde de venres santo tivo lugar un accidente na estrada que une Ponteceso e Cabana, ao pasar o antigo tanatorio que agora é tenda de maquinaria agrícola. Foi unha saída de vía moi aparatosa que deixou un ferido que tivo que ser trasladado ao Hospital Quirón.", "text": ""}
{"ID": "PRAZA_695", "summary": "A sentenza rexeita unha reclamación colectiva e ditamina que as cláusulas abusivas destes produtos \"son a súa propia definición\" e que os folletos informativos que aseguraban unha rendibilidade fixa non se poden considerar publicidade en si mesmos.", "text": "Hai dúas semanas, un xulgado da Coruña ditou sentenza tras unha demanda colectiva contra as cláusulas abusivas e a posible publicidade enganosa das participacións preferentes emitidas pola antiga Caixa Galicia. Logo do xuízo celebrado en febreiro, a xustiza ditaminou en contra dos demandantes afectados por estes polémicos produtos e argumentou que non se pode considerar que existisen cláusulas abusivas nas devanditas participacións ao considerar o xuíz que estas clásulas abusivas son \"a propia definición do produto\" e tras considerar tamén que non existe publicidade enganosa, xa que o folleto informativo que informaba sobre as preferentes fora aprobado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). A xustiza ditaminou que as cláusulas abusivas \"son a propia definición do produto\" O ditame xudicial considera tamén que ese folleto non se pode considerar publicidade en si mesmo, malia que como destaca Adicae nunha información sobre a sentenza enviada aos afectados e á que tivo acceso Praza, neste caso editáronse trípticos nos que se aclaraba que as preferentes se podían amortizar en cinco anos e que tiñan unha rendibilidade fixa. A polémica sentenza recoñece que existiron prácticas abusivas xeralizadas na comercialización das preferentes e que as prácticas comerciais poden ter os mesmos efectos de cara a nulidade que as condicións xerais dun contrato. Non obstante, en lugar de declarar nula esta venda de preferentes, aclara que xa non hai risco de que se volvan producir esas prácticas grazas á nova lexislación e pola intervención do FROB en Caixa Galicia. O ditame recoñece prácticas abusivas, pero déixaas impunes coa escusa de que a nova regulación impedirá que se volvan repetir Xa que logo, o xulgado decide neste caso non declarar nula a venda pasada de preferentes, e malia recoñecer prácticas abusivas, déixaas impunes baixo a escusa de que non se van volver repetir, algo que, como destacan moitas asociacións de usuarios e plataformas de afectados, non é seguro. A sentenza, considerada impropia e \"inxusta\" polos afectados, será recorrida en segunda instancia á Audiencia Provincial."}
{"ID": "NOS_3241", "summary": "Con motivo do Día da Galiza Mártir, diversos actos renderán homenaxe a Alexandre Bóveda, asasinado polo fascismo o 17 de agosto de 1936.", "text": "Como cada ano, con motivo do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, diversos actos lembrarán a figura e pensamento de Alexandre Bóveda na data do seu fusilamento polos fascistas. O primeiro acto da xornada terá lugar nas Escaleiras de San Francisco, en Pontevedra, ás 12:00 horas, organizado por En Marea, que desenvolverá un acto político en que intervirán Luís Rei, edil da Marea en Pontevedra, Carlos Aymerich, a deputada de En Marea Ánxeles Cuña e o portavoz da formación, Luís Villares. Ás 13 horas, na Caeira (Poio) decorrerá a homenaxe institucional por parte da Fundación Alexandre Bóveda e do Concello de Poio a Alexandre Bóveda e todas as persoas represaliadas polo franquismo. Un acto que contará coas intervencións de Lidia Salgueiro, concelleira de Cultura, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, filla de Bóveda, e Luciano Sobral, alcalde de Poio. Por volta das 14.30h, farase entrega do XII Premio da Galiza Mártir, que nesta ocasión recae no profesor e historiador Xosé Estévez. O acto decorrerá no transcurso do xantar popular que vai realizarse no Parque da Memoria. Xa pola tarde, no cemiterio de San Amaro, terá lugar unha misa na memoria de Bóveda, e posteriormente un acto cívico en que intervirá Fernando Souto (Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña), ademais Xosé Estévez recibirá o III Premio Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico, concedido por Murguía, Revista Galega de Historia e o Instituto Galego de Historia. Aliás, Galiza Nova organiza o xantar do Día da Galiza Mártir tamén ás 14.30h na Taberna Saudade e, posteriormente, ao redor das 17.30h, fará o roteiro Xoán Manuel Pintos por Pontevedra. Ao serán, contra as 20.30 fechará a xornada o tradicional acto político organizado polo BNG na Praza Curros Enríquez de Pontevedra baixo a escultura que lembra o nacionalista fusilado. Un acto en que intervirán a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón e o responsábel comarcal da organización nacionalista, Demetrio Gómez."}
{"ID": "NOS_31003", "summary": "Na véspera do 25N, Día internacional contra a violencia machista, ao redor de cen persoas fixeron parte do cortexo fúnebre que acompañou o cadaleito do patriarcado até o cemiterio de Bonaval, onde foi soterrado no mesmo panteón que o heterosexismo ou a linguaxe sexista. O acto tornouse un chamamento a ir máis aló e soterrar tamén \"o sistema capitalista e a división sexual do traballo\" para erguer outro que xire ao redor da vida das persoas", "text": "Soterrar o patriarcado e, canda el, unha folla en branco, símbolo do \"silencio cómplice\" do machisto e da violencia que se exerce contra as mulleres, non só física senón tamén verbal, estrutural e económica. Soterrar tamén a Biblia \"porque nos asfixia\", os libros de texto \"que promoven unha educación sexista\", as novas taxas xudiciais que prepara o Goberno español \"porque van frear a moitas mulleres que deran o paso de denunciar a violencia que sofren\". E unhas políticas que, na véspera do Día internacional de loita contra a violencia machista, \"nos devolve atrás no tempo, á necesidade de volver defender uns ridículos mínimos\". Botar terra por riba \"das palabras e das olladas que serven para magoar e someter\" e \"bailar despois sobre a súa tumba\". Ir máis aló e enterrar \"o sistema capitalista e a división sexual do traballo\" para construírmos unha economía en que \"os traballos de coidados se revaloricen\" e cuxo centro sexa \"a vida das persoas\". Desterrar da nosa linguaxe \"o masculino xenérico\" e por fin \"ao machismo na prensa\" e ás campañas de publicidade onde o éxito se consegue presentado mulleres-obxecto. Obxectivos ambiciosos mais necesarios os que se expuxeron este sábado no cemiterio de Bonaval, en Compostela, nun cenario improvisado onde, a carón do cadaleito en que repousaba o patriarcado, un micro aberto agardaba por quen quixera escribir de memoria palabras para encher a folla en branco sostida por Goretti Sanmartín, responsábel da Comisión de Acción Feminista do BNG e convocante do acto. Así as cousas, contra as doce do mediodía ao redor dun cento de persoas fixeron parte do cortexo fúnebre que acompañou \"a festa\" da morte do machismo polas rúas do casco vello da capital galega. Quería chover, mais non o fixo até o remate do enterro. Non houbo tristura. Ao contrario. Cánticos contra a Conferencia Episcopal \"por machista e patriarcal\"; contra un silencio \"cómplice\"; contra \"a provocación\" que hai detrás da violencia contra as mulleres; berros en lembranza de Julia, Juventina, Iria e Marisol, as catro galegas asasinadas no que vai de ano porque \"non estamos todas, faltan as mortas\" ou as queixas delas e deles porque \"estamos fartas de sermos agredidas\" --pois o machismo non afecta unicamente ás mulleres senón tamén aos homes e neste acto participaron moitos--. Transcorreu así o acompañamento do cadaleito desde a Praza do Toral até o cemiterio, onde o machismo foi enterrado no mesmo panteón onde xacían xa os restos da misoxinia, do heterosexismo, da violencia de xénero ou da linguaxe sexista. Todo isto nun día en que, como rezaba o epitafio, O Patriarcado, ex-gobernante do Planeta Terra, faleceu combatido polo movemento feminista. Descanse para sempre."}
{"ID": "NOS_19147", "summary": "En 1922, Robert Flaherty estreaba Nanook of the North, considerada hoxe a primeira longametraxe documental da historia. O éxito de público e de crítica daquel relato das dificultades dunha familia inuit, lexitimaba un xénero e mostraba ademais a súa viabilidade comercial.", "text": "Cen anos despois, a V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, organizada polo Concello de Outes, rende homenaxe a aquel filme pioneiro que propiciou que o cinema manteña a distinción entre ficción e documental. Mares da Fin do Mundo é un festival de cinema comprometido co medio marítimo e co sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos: o mar. A mostra decorrerá este ano durante cinco xornadas, do 28 de outubro ao 1 de novembro. Na sección oficial participarán catorce obras documentais producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2021, chegadas desde diferentes puntos do mundo. Son catorce filmes, de dez nacionalidades distintas e falados en nove linguas, centrados na pesca sostíbel e a protección do medio ambiente mariño, cun especial interese nos aspectos culturais, sociais e políticos que rodean as comunidades pesqueiras tradicionais. Estas obras optarán a dous premios: o Premio do Público e, como novidade, o premio á Mellor Película da Competición Oficial, outorgado por un xurado profesional. \"Hai que ter en conta que somos un festival cunha temática moi concreta e que levar a cabo unha selección de calidade é complicado\", explica a Nós Diario Marcos Gallego, director de Mares da Fin do Mundo. \"Por iso estamos moi contentos de chegar aos catorce títulos, moi diferentes entre si, mais todos dunha gran calidade e interese\". Tres efemérides Mares da Fin do Mundo volverá contar con dúas seccións paralelas: Proa, na que se programarán filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, que ollan cara ao futuro, integrada por From the Wild Sea, da danesa Robin Petré, e Last of the Right Whales, da canadiana Nadine Pequeneza, que documentan a influencia e o impacto dos humanos no medio mariño; e Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos e na que se poderá ver Nanook of the North. \"Había tres efemérides que non podiamos ignorar á hora de levar a cabo esta edición do festival: o centenario de Nanook, o aniversario do afundimento do Prestige e Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022, promovido pola FAO\", comenta Gallego. \"Para a proxección de Nanook, chegamos a un acordo coa Fundación Flaherty para dispor dunha copia en 16 mm que será a que se exhiba o 1 de novembro. E tamén chegamos a un acordo coa FAO para que nos cedesen obras do seu fondo fotográfico para organizar unha exposición que terá como argumento a conmemoración do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais\". A respecto da conmemoración do vixésimo aniversario da Marea Negra ocasionada pola catástrofe do Prestige, proxectarase a reportaxe documental Nunca Máis, Marea de dignidade, producida por SAGA TV en 2003, e que narra o clima social e político na Galiza despois daquel accidente. Cinema galego Ademais, o filme de apertura da mostra será Luzzu (Malta/Estados Unidos, 2021) de Alex Camilleri, unha obra de ficción que documenta as dificultades dun pescador maltés para manter o seu medio de vida e tradición familiar. O de clausura, por outra parte, será a obra do galego Ignacio Benedeti Corzo Spitsbergen, O Gardián do Ártico, que documenta as consecuencias reais do quecemento global no Ártico a través dunha viaxe no quebraxeos Malmö. \"Spitsbergen é un filme que está tendo moita proxección: premiado en diversos certames internacionais de cinema, é candidato a cinco Premios Goya na edición de 2022\", anota o director do festival. Non será a única película galega: na sección competitiva tamén poderán verse Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo; Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco; Liquid Ground, de Enar de Dios; e Voltar do Mar, de David Pérez, Rodrigo Martínez e Mikel Puertas. Máis alá do cinema Mais Mares da Fin do Mundo non queda na exhibición de filmes: un completo programa de actividades paralelas se desenvolve arredor do cinema. A gravación e emisión en directo do programa \"Mar de Ardora\" da Radio Galega; unha mesa redonda sobre \"Os festivais de cinema no rural\", na que participarán profesionais do sector audiovisual; outra sobre \"A imaxe da pesca e dos pescadores na sociedade\"; saídas pola ría no veleiro Joaquín Vieta; unha andaina sobre a importancia da Carpintaría de Ribeira no Concello de Outes; unha actividade de \"Achegamento ao marisqueo a pé\"... son algunhas delas. \"Estamos en contacto con todos os grupos de interese da zona -desde confrarías até grupos empresariais- para divulgar o interese que para todos eles e para a sociedade en xeral ten un festival como este\", declara Marcos Gallego. \"Malia a importancia que ten o mar para a sociedade galega, seguimos vivindo moi de costas a el, ao contrario do que ocorre noutros países, nos que a produción audiovisual con esta temática concita un maior interese. Mais a medida que se vai dando a coñecer, vemos que o público responde moi ben. Temos moitas expectativas postas nesta nova edición\"."}
{"ID": "NOS_14073", "summary": "Unha concentración de Stop desafiuzamentos da Coruña denunciou a situación.", "text": "Un xuíz da Coruña ordenou executar un despexo hipotecario por entender que era a mellor opción para a afectada, que apelara a unha cláusula declarada abusiva polo Tribunal de xustiza da Unión Europea. O maxistrado recoñeceu a cláusula como abusiva mais considerou que o desafiuzamento era a mellor vía para que esta muller poidese facer fronte á débeda contraída. Esta muller deixou de pagar a hipoteca durante uns meses ao ficar sen traballo e depois de seis meses pagando puntualmente. O pasado mes de marzo solicitara un sobreseimento do procedemento de execución iniciado polo banco, apelando á cláusula abusiva que establece o impagamento dunha simple cota supón unha violación do contrato. Stop desafiuzamentos da Coruña convocou unha concentración na Coruña na que tomaron parte representantes de diferentes organizacións políticas e sindicais. Entre eles, Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG."}
{"ID": "NOS_53025", "summary": "'Un verán en Galeusca' é un proxecto feito, por segundo ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por Mercè Ibarz, Biel Mesquida, Belio Zaballa, Esperança Camps, Danele Sarriugarte, Jimu Iturralde, Goaitz Labandibar, Unai Elorriaga, Emma Pedreira, Marica Campo, Séchu Sende e Daniel Asorey. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos tres medios.", "text": "Onde estamos?, di o Aritz mentres saca o nariz á vida desde a barriga da nai. Algo lle teño que dicir, a súa nai e o seu pai non están para liortas e os avós, que viven todos fóra da cidade, non puideron acudir a darlle a benvida, son cousas que ocorren esta primavera que o Aritz nace. Por riba, o cativo fai a pregunta desde unha foto no móbil, vermello coma unha lapa, de esguello, está claro que non se fía de todo ou se cadra é que ten fame e non ceou —eran preto das nove da noite— e xa se decata de que a súa nai, con máscara, máis ben semella flotar polo espazo sideral e o seu pai chora e ri. O Aritz tamén se porá a chorar e a rir ao tempo, que xa dixera o vello Rabelais que iso é o que faremos toda a vida desde o intre de nacer. Dis que queres saber onde estamos, raparigo. Verás. Os bebés non ven nada segundo din, pero se cadra non é certo de todo, como que ninguén se lembra, non hai memoria visual compartida e os investigadores do eido gárdano para as publicacións académicas e listo. Digo, seméllame, eh. Non é que teña gañas de ofender senón que renunciei a calquera afección, que teño unha idade e digo o que me peta. O homiño que agora me olla polo móbil sinala cos ollos algunha cousa tras de min. Non na foto que vos dicía, senón desde o primeiro vídeo que o seu pai me enviará a partir daquel momento de graza, así que o vexo rir e chorar ao tempo e, ademais, os ollos choromiqueiros son dardos brillantes cara a atrás miña, alá ve máis que min! Direino con palabras rabelesianas que me apropio para evitatr confusións: 'Amigas e amigos lectores que este conto ledes,renunciade a calquera afección, e cando o leades non vos escandalicedes: non contén mal nin infección, por ben tampouco gran perfección. senón aprendedes, cando menos ride: o meu corazón non pode escoller ningunha outra materia cando veu o desacougo que vos consume e vos afunde; mellor é escribir da risa que non da dor, porque o propio humano é rir' Olla, Aritz, estamos máis ou menos aquí. Se queres perfección, mal e infección cumprirá aceptar. Se non queres infección nin mal –e de momento, non, neno, que mal dabondo o pasamos mentres agardabamos que saíses da barriga da túa nai e fóra a situación éche peor– non agardes gran perfección ningunha. Unha perfección miúda, olla, porque non. Como o teu choro e risa, a túa risa e choro. Que alegría, meu. Continuamos. Se non podemos sacar ensinanza ningunha polo momento, cando menos rimos. Que cousa, miña tía. Que temos que aprender, pregunta o parviño e óllame aínda máis e máis fixo e sinala aínda máis tras de min e chora e ri. Es cativo de máis, rapaciño, para comezar xa coa moral da historia, éche mellor que arestora de momento aprendas a mamar, cagar, mexar, durmir sobre todo, sentir e recoñecer as voces que che falan con ton pailaroco e irte afacendo á idea. Non, miña tía, non o quero saber arestora. Porque ri o tío? É a el a quen olla o meniño, ao home tranquilo que teño detrás que ri e ri e sorrí e ri porque el é así, o home riseiro, porque lle digo ao Aritz con palabras miúdas como el: 'Porque o propio do home é rir'. E Aritz creo, pero ao pouco volve, con outra pregunta: Que é o desacougo, miña tía? Que quere dicir que vos consume e vos afunde? Recoiro co rapaz. É un xeito de dicir, Aritz, non o tomes ao pé da letra. De dicir o que? E que quere dicir xeito de dicir? Estoume comezando a abafar, non sabía que ser tía fose tan comprometedor. Este cativo é coma unha caixa daquelas antigas dos boticarios para gardar menciñas finas decoradas con motivos grotescos e riseiros, como a faciana que ten arestora o Aritz. Se cres que non ve nin ten aínda nada que dicir sorrí só de velo porque a cariña e as pernas e manciñas debuxan no aire risos, pero se che colle na póla como agora a min este neno, a caixa antiga abre e vai e resulta que o mestre Rabelais volve ter a razón porque sae un filósofo antigo: coñecemento sobrehumano, virtude marabillosa, afouteza invencíbel, sobriedade incomparábel, ledicia verdadeira, confianza absoluta, desinterese incríbel cara a todo o que aos humanos tanto lles preocupa, corren, traballan, navegan e loitan. O desacougo,miña tía, son as rúas desertas? Uf, que lle digo. Un chisco si, neniño, un chisco si que o son. Non te puidemos vir coñecer até que tes un mes, e moramos a carón en metro! As rúas desertas, coñecíchelas, miña tía? Si, un chico, si. E olla, Aritz, o desacougo é este: ter que ler no xornal palabras como as que che direi: A beleza que construímos só a comprendemos cando a baleiramos de nós. Non me fagas caso ningún. Deixa de ler parvadas, miña tiña. Dabondo que lle digo, rapaz, se cadra a ti crerache máis, di o home riseiro tras min. Tedes toda a razón. E choramos e rimos ao tempo. Esta peza publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_54412", "summary": "A Xunta négase a prohibir campionatos de caza do raposo. Defendeuno esta quinta feira no Parlamento a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao afirmar que \"non se poden prohibir de forma unilateral\" e escudouse na lei vixente.", "text": "Do Campo respondía a preguntas de PSdeG e BNG na comisión de Medio Ambiente. \"Estes campionatos fanse no estrito cumprimento da legalidade vixente\", sinalou. Ademais, informou que, segundo os datos que manexa o Goberno galego, entre 2011 e 2017, foron abatidos 991 raposos nestes tipo de convocatorias, ao seu ver \"só o 1,3% dos 75.779 aos que se deu morte no mesmo período\". A socialista Patricia Vilán criticou, porén, que eses encontros \"parecen máis lúdico festivos que de control cinexético\" e afeou á Xunta que non \"faga estudos para saber se realmente hai demasiados zorros\". E engadiu que, debido ás mudanzas na \"conciencia social\", \"cómpre darlle unha volta á normativa\". \"A Xunta quere converter Galiza nun santuario europeo para a matanza do raposo\", argumentou, pola súa banda, o deputado Luís Bará, do BNG, quen denunciou o apoio do PP a esta \"masacre\". A directora xeral de Patrimonio Natural concluíu que \"non procede a non autorización unilateral destes campionatos\"."}
{"ID": "NOS_55811", "summary": "O filme Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M, Delgado, suma un novo recoñecemento. Logo de lograr unha mención especial na sección Zabaltegui-Tabakaler do Festival Internacional de Cine de Donostia, fíxose tamén co premio á mellor longametraxe do festival Novos Cinemas de Pontevedra. Entrevistamos a súa directora, Helena Girón.", "text": "Sobre que versa Eles transportan a morte? Unha cuestión que estivo na xénese deste proxecto era tratar de xerar unha posíbel historia especulativa destes desherdados ou daqueles que nunca coñecemos e das ideas e memorias agochadas, que quedaron sepultadas baixo ese peso da historia. Nese sentido, o filme abarca unha dor que ten que ver un pouco coa ausencia deses corpos, mundos e imaxinarios que dalgunha forma a orde colonial ou patriarcal buscou eliminar. A verdade é que se tratan distintas temáticas: a morte en múltiples sentidos, a fraxilidade da vida... Tamén se aborda no filme o estereotipo da bruxa. Unha das cuestións que máis nos preocupaba era que as dúas vías narrativas non fosen herméticas, senón que se fosen intoxicando unha a outra. É unha idea que tamén nos axudou moito a estruturar o filme e que atopamos no libro de Silvia Federici Calibán e a bruxa. Fala da articulación deste estado moderno e do réxime capitalista que, dalgunha maneira, nunca podería ter despegado sen o espolio e a invasión alén do océano, pero tampouco sen a persecución e a disciplina que se articulou ao redor do corpo das mulleres a partir do século XV en Europa e nas súas colonias. É un arquetipo que afonda nas súas raíces nesa etapa. Gústanos a forma en que nos revela no seu ensaio como as distintas supresións e resistencias van entrelazándose e afectándose a través dos séculos mutuamente. A película deunos a oportunidade de seguir indagando nesta figura que tanto nos fascina. Cando aparece ese folclore ou ese relato de quen gaña a batalla, a muller real que o encarna, cos seus medos e anhelos, queda totalmente eclipsada polo mito. De aí tamén a intención de facer unha personaxe tan arraigada á terra. Como foi o proceso de creación da longametraxe? O filme xorde da necesidade de pensar como nos relacionamos con referentes históricos, que dalgunha forma nos marcan culturalmente, e tamén cunha intención de cuestionar certos mitos fundacionais do Estado, como poden ser os relatos de conquista. Realmente, unha película tamén chama a seguinte. Son como liñas que se van desenvolvendo, pero si é verdade que moitas das temáticas veñen de atrás, de anos de ir lendo, vendo filmes... Absorbemos moito do cine da tradición máis ligado ás vangardas, que busca expandir os límites desa estrutura máis clásica. Logo, mencionar tamén a Carmelo Lisón Tolosana, que é un autor de referencia, e a súa obra Bruxería, estrutura social e simbolismo en Galicia. É un libro moi estimulante e apaixonante que fala moito desa cosmoloxía que está retida a través da palabra e da memoria oral na Galiza, do pensamento máxico propio do noso territorio. Por que elixiron Canarias e a Galiza como localizacións? É certo que a nós gústanos moito, no noso cine en xeral, acoutar as historias que contamos a un territorio concreto. Temos a sensación de que nos concede máis liberdade, aínda que pareza o contrario. Neste caso, si que nos parecía moi coherente traballar con estes dous territorios. Por una parte, está ese espazo na Galiza, do que proveñen os mariñeiros e que ten unha referencia co vello mundo. Por outra, as Illas Canarias, que pertencen a este territorio intermedio. Na época de 1492, non deixa de ser un lugar que estaba a ser conquistado. De feito, a illa de Tenerife aínda non fora conquistada. Foi un terreo, nesta economía triangular, que definiu e erixiu o Estado moderno e o capitalismo; unha peza chave nese desenvolvemento, na que se maduraron moitas das prácticas que logo tamén levaron os conquistadores ao outro lado do océano. É un territorio que nos parecía moi concreto e que tiña moito sentido co filme que estabamos facendo."}
{"ID": "NOS_49928", "summary": "A coordinadora da formación laranxa na Galiza, Beatriz Pino, criticou desta forma a proposición para que o galego e outras linguas oficiais poidan empregarse no Constitucional, na RTVE ou nas Cortes Xerais.", "text": "\"O BNG e os seus amigos no Congreso teñen un problema: están enfermos de odio\". Con esta acusación criticou hoxe a coordinadora de Ciudadanos na Galiza, Beatriz Pino, a iniciativa de varios partidos (entre eles o Bloque) para que se empreguen as linguas cooficiais en escenarios como o Tribunal Constitucional ou as Cortes Xerais. Así foi a súa reacción tras coñecer que os nacionalistas galegos se aliaron con Unidas Podemos, o PNV e outras formacións para que comecen a usarse os idiomas cooficiais do Estado tanto no ámbito da Xustiza (Supremo, Constitucional...) como na política e a Radio Televisión Española (RTVE). Na súa opinión, esta fronte de partidos é unha \"mala alianza que ten como obxectivo acabar coa unidade de todos os españois\". Pino foi máis alá ao asegurar que \"ven pantasmas onde non as hai\". \"Están seguindo un libro de ruta, paso a paso que xa coñecemos: o dos seus irmáns maiores, os separatistas cataláns\", sostivo. Curiosamente esta política xa manifestara hai unhas semanas, ao fío do debate sobre o papel das linguas na Lei Celaá, que sería un \"atropelo\" que o castelán deixase de ser a lingua vehicular no ensino. Esta quinta feira volveu atacar o idioma da terra argumentando que formacións coma o Bloque \"teñen pesadelos coa imposición do castelán\". \"Viven de e nas súas quimeras, perden tempo e esforzo perseguindo o obxectivo do seu odio que, nesta ocasión, é a administración central\", engadiu. Segundo Pino, os aliados nesta petición de uso en igualdade de condicións das linguas uníronse porque o que lles \"sona a centralidade, a unión e a igualdade\" provócalles dano. Aliás, criticou unha suposta actitude de \"superioridade moral\"."}
{"ID": "NOS_35370", "summary": "Iñigo González foi arrestado por orde de Grande-Marlaska e denunciou golpes, ameazas, violacións simuladas e sesións de asfixia por parte da Garda Civil", "text": "O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) volveu condenar o Estado español por non investigar as denuncias de tortura. O Tribunal pronunciouse sobre o caso de Iñigo González, que hai dez anos -en xaneiro de 2011, pouco despois da tregua de ETA- foi arrestado pola Garda Civil e, mentres estaba incomunicado en Madrid, sufriu segundo el denunciou despois golpes, ameazas, simulacros de violación e unha sesión de asfixia cunha bolsa. A vítima foi arrestada canda Gorka Zabala, Jon Patxi Arratibel e Gorka Mayo, por orde de Fernando Grande-Marlaska, entón xuíz do Alto Tribunal español e actual ministro do Interior. Neste sentido, o maxistrado acusounos de \"integración nunha organización terrorista\" por ser membros da organización independentista Ekin. Todos os detidos denunciaron torturas por parte da Garda Civil. De feito, Arratibel, un dos afectados, asinou a súa declaración policial coa palabra \"aztnugal\", que significa axuda en éuscaro, se se le ao revés. O TEDH ditaminou que o Estado español debería investigar as acusacións de González e, polo tanto, violou o artigo 3 do Convenio europeo de dereitos humanos. Por iso impúxose unha indemnización de 20.000 euros a favor de González. En 2015, o mesmo xulgado condenou España por unha denuncia similar presentada por Arratibel."}
{"ID": "NOS_56869", "summary": "A súa familia reclama sexa desconectada dos mecanismos artificiais que prolongan o seu sufrimento. Acudirán á xustiza.", "text": "Andrea ten 12 anos e unha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel con pronóstico firme. A súa saúde empeorou nos últimos meses, non tolera a alimentación artificial e padece unha \"desnutrición calórico-proteica importante\", segundo recolle a Cadena Ser. Porén, malia contar un informe do comité de bioética do Hospital de Compostela favorábel, emitido o 14 de setembro, que lle permitiría unha morte digna, através da supresión dos soportes artificiais que a manteñen con vida pasándoa a tratamentos paliativos, o servizo de pediatría do CHUS négase a executalo. Apela a xerencia aos principios de bioética e asegura que está a actuar de acordo coa legalidade vixente, o que entra en conflito cos intereses da familia, convencida de que Andrea está a sufrir por mor das múltiples afeccións que a atinxen. O caso pon de novo riba da mesa o debate arredor do dereito a unha morte digna, cuestión que foi obxecto de debate recentemente no Parlamento de Galiza. A instancias do grupo parlamentar do PSdeG-PSOE, a Cámara lexislativa aprobou a tramitación da Lei de garantías de doentes terminais. O texto prevé o suministro de tratamentos paliativos a doentes terminais \"con igualdade e con moita dignidade\" cando o pronóstico de vida sexa \"limitado\". A nova lei entrou en vigor o 26 de xuño deste ano. Xustiza Após unha xuntanza coa área de Pediatría do CHUS, esta cuarta feira, a nai de Andrea avanzou que acudirá á xustiza para garantir o dereito da súa filla a unha morte digna após aseguraren desde o CHUS que non contan con soporte legal para desconectar Andrea e administrarlle tratamentos paleativos. O que si conseguiu a familia é que a rapaza permaneza ingresada no hospital en troca de voltar á casa, como pretendía inicialmente o servizo médico."}
{"ID": "PRAZA_16741", "summary": "Despois de dous anos de negativas e obrigado polo Consello de Transparencia e Bo Goberno, a Autoridade Portuaria comunicou finalmente a relación de cantidades pagadas dende o 2015 a cada integrante do seu ente decisorio, no que figuran Beatriz Mato e outros representantes da Xunta, que perciben case 750 euros por xuntanza.", "text": "Os e as integrantes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña cobraron máis de 100 mil euros entre 2015 e 2017 (101.938,64 euros), unha cantidade que fica en 67.346 euros tralas retencións efectuadas. Estes importes corresponden á asistencia dos distintos representantes institucionais ás 13 xuntanzas que tiveron lugar entre o 1 de xaneiro de 2015 e o verán de 2017, a razón de 747,88 euros brutos por persoa e reunión (algo menos de 500 euros netos). Os e as integrantes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña cobraron máis de 100 mil euros entre 2015 e 2017 pola asistencia a 13 xuntanzas Estes pagamentos foron destinados ao Delegado do Goberno (Jorge Atán), ao representante de Puertos del Estado (Álvaro Mora), ás representantes da Xunta de Galicia (Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ou María Isabel Concheiro, secretaria xeral de Mar), aos delegados provinciais da Xunta (Belén Docampo e Diego Calvo), aos representantes do Concello de Arteixo (entre eles o seu alcalde, Carlos Calvelo), ao capitán marítimo da Coruña (Gustavo Ortega) ou aos presidentes da Lonxa da Coruña (Severino Ares e Juan Carlos Corrás). O representante do Concello da Coruña, Xiao Varela, negouse a recibir retribución ningunha pola súa participación neste organismo, xa que teñen lugar en horario laboral. Mentres, no caso dos representantes de UGT, da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios as dietas percibidas son ingresadas directamente nas contas das súas respectivas organizacións. En ocasións, os representantes do Goberno galego ingresan posteriormente na Xunta este tipo de pagamentos por representación institucional. O Porto da Coruña negouse durante dous anos a facilitar esta información, que está obrigado por lei a comunicar. Así llo esixiu en varias ocasións o propio concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña, Xiao Varela. E, posteriormente, fíxoo unha veciña da cidade, unha petición que a Autoridade Portuaria tamén rexeitou. Porén, o Consello de Transparencia e Bo Goberno e a Avogacía do Estado obrigaron o Porto a comunicar os datos, algo que fixo finalmente nas últimas semanas de marzo. Iso sí, filtrándoos primeiro a un medio de comunicación. No seu escrito, remitido ao edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, a Autoridade Portuaria detalla -como lle esixía o Consello de Transparencia e Bo Goberno- os importes brutos e netos das \"retribucións recibidas por asistencia ao Consello de Administración\", identificando a data de percepción e a persoa ou entidade que as recibiu. O Porto da Coruña negouse durante dous anos a facilitar esta información, que está obrigado por lei a comunicar En total, houbo nestes case tres anos (entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de outubro de 2017) un total de 13 reunións. A máis destacada, pola importancia das decisións adoptadas nela, foi a do 22 de decembro de 2016, na que o Consello de Administración do ente portuario aprobou o inicio do proceso de poxa dos terreos do complexo deportivo da Solana e do Hotel Finisterre. Severino Ares, Jorge Atán, Beatriz Mato, Álvaro Mora, Carlos Calvelo, Belén Docampo, Gustavo Ortega, José Ramón Piñeiro, Consuelo Castro e María Isabel Concheiro recibiron 747.88 euros polas súa participación naquela xuntanza, na que votaron a favor da privatización dos terreos, co único voto en contra do representante do Concello da Coruña (Xiao Varela)."}
{"ID": "PRAZA_18510", "summary": "A campaña, que tamén segundan as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, implica \"fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas\" en cada concello adherido A Xunta anuncia que a súa campaña do 25N tamén se estende aos locais comerciais", "text": "A Xunta anuncia que a súa campaña do 25N tamén se estende aos locais comerciais Un total de 102 concellos, practicamente un terzo do total, manifestaran nos últimos meses e semanas a súa vontade de adherírense ou continuaren incluídos dentro da campaña En negro contra as violencias machistas, acción lanzada polo Concello de Santiago no ano 2015 e que, tres anos despois, agrupa municipios que acollen arredor da metade da poboación do país e a todas as deputacións agás a de Ourense. En vésperas do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, estes gobernos municipais rubricaron a súa adhesión á campaña. A campaña, que tamén segundan as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, implica \"fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas\" en cada concello adherido Recibidos coa Praza do Obradoiro tinguida de negro en todos os seus balcóns institucionais -Concello, Reitoría e Hostal- agás o da Xunta, os gobernos locais participantes asumiron o compromiso de ir alén de situaren o material gráfico da campaña en edificios oficiais e mais nos locais comerciais e entidades de cadansúas localidades. O protocolo rubricado implica \"fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal\" que \"implique o tecido económico, asociativo, deportivo, social e cultural\", que cada concello concreta con actividades reivindicativas e formativas ligadas ao 25N, pero que tamén se estenden o resto do ano. O alcalde de Santiago e as alcaldesas de Lugo, Allariz e Narón, na sinatura do protocolo de adhesión á campaña 'En negro contra as violencias machistas' / Concello de Santiago O feito de que a campaña inicialmente desenvolvida dende o Concello da capital galega xunte a \"concellos de diferentes cores políticas\" figura no texto do protocolo e tamén foi lembrado no acto institucional da sinatura. \"Debemos sentir orgullo dunha campaña que chega a moitos lugares de Galicia, independentemente das cores políticas\", subliñou a alcaldesa de Sarria, Pilar López. A loita contra a violencia machista \"está por riba dos intereses partidsitas\", advertiu a rexedora de Lugo, Lara Méndez, quen atribúe ao avance da \"cuarta ola feminista\" que o rexeitamento das agresións de xénero sexa abordado como \"cuestión de Estado\" e deixe de \"normalizarse\" a \"expresión máis extrema da desigualdade\". Representantes dos concellos adheridos á acción 'En negro contra as violencias machistas', na Praza do Obradoiro / Concello de Santiago \"A batalla contra o sexismo comeza dende que un bebé vén ao mundo\" Neste sentido, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, advirte de que accións de sensibilización coma esta deben vir acompañadas de compromisos concretos, tamén no ámbito orzamentario. \"Fai falta compromiso político e social para loitar contra as violencias, sen esquecermos o financiamento\", advertiu nun acto no que a súa homóloga de Tomiño, Sandra González, instou a que a campaña non esqueza \"as e os menores que viven nun inferno silencioso, tamén vítimas da violencia machista\". Neste sentido, agregou a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o impacto da violencia machista debe facer que \"todos e todas teñamos claro que a batalla contra o sexismo comeza dende que un bebé vén ao mundo\". Dende o goberno local de Santiago a súa voceira, Marta Lois, subliña que campañas coma esta deben servir para reivindicar \"un pacto social e político real contra as violencias machistas\" no que \"os concellos tempos moito que dicir\". A \"potencia\" de 'En negro contra as violencias machistas', concluíu ao termo do acto o alcalde compostelán, Martiño Noriega, demostra que xa é \"unha campaña da xente, da sociedade\", á que dende o seu punto de vista cómpre interpelar sobre \"que acontecería\" se \"en vez de ser mulleres que pagan coa súa vida a violencia machista\", as institucións tivesen que gardar minutos de silencio por reiterados asasinatos de \"cargos públicos ou persoas vencelladas a poderes económicos, a poderes de seguridade; aos homes\"."}
{"ID": "NOS_20498", "summary": "Hai apenas un mes, Francisco Cortez-Lobão obtiña o doutoramento cum laude pola súa tese \"As eleccións municipais de 2015 na prensa escrita galega. Tratamento do novo escenario político\". Falamos con el sobre o papel dos medios galegos naquela cita electoral e sobre a súa dependencia das institucións públicas.", "text": "Fala, na súa tese, dun panorama mediático conservador, \"que procura manter o statu quo da correlación de forzas do sistema político galego\". A través de que indicios detecta esa posición? Na tese, todas as conclusións dedúcense a partir da lectura analítica da prensa con base no método científico; é un traballo de reconstrución case detectivesca. Desde esa base, identifiquei tres mecanismos que se utilizaban para manter ese statu quo. Primeiro, na representación mediática maioritaria dos actores tradicionais, especialmente do PP e o PSOE. A terceiro forza, en clave de presenza mediática, varía moito entre o BNG ou o espazo das Mareas e Podemos, dependendo do xornal, pero moi por detrás. O PP sempre era o partido que máis facilmente accedía ás canles de produción xornalista. Cales son as outras ferramentas que detecta?A segunda ten a ver coa Agenda setting, coa escolla dos temas dos medios. Percibín unha correlación importante entre as axendas mediáticas que lle podían interesar á axenda de temas das institucións e a axenda dos medios de comunicación. Poño por caso a cobertura arredor do aeroporto de Peinador no Faro de Vigo, que foi das máis rechamantes, ou, no caso de Ourense, temas bastante banais, como beiarrúas en mal estado, prexudiciais para o Concello. O de Ourense é un dos poucos casos que estudei onde había unha aberta oposición por parte do medio de referencia, La Región, cara ao Goberno municipal. E o terceiro mecanismo?Ten relación co que chamei a axenda de atributos, a descrición semántica e de todo tipo que se facía nestes medios dos actores políticos, oficiais, institucionais. Nela tendíase a asociar as forzas maioritarias do sistema de partidos español, especialmente o PP, con conceptos positivos como o de estabilidade ou xestión. No caso de La Voz de Galicia, o tratamento do espazo das Mareas e Podemos usaba, non termos despectivos pero si construcións que tendían a asocialas con inestabilidade, falta de experiencia ou incluso oportunismo político. Porén, os comicios de maio de 2015 supuxeron a entrada de novas forzas. Que papel xogaron estes medios?A tese o que analiza especificamente é o discurso xornalístico, o impacto dese discurso é máis difícil de medir. O voto non se decide só polo que se le nos xornais, aínda que si é unha parte importante. Máis que co resultado, eu asócioo con que as eleccións se xogaron no marco narrativo que deseñaba a prensa malia que non sempre cos obxectivos que esa mesma prensa pretendía. Podemos dicir, de maneira metafórica, que se o xornalismo fose contar un conto, non sempre a simpatía do narrador por un personaxe será a mesma que a do lector. Quero sinalar tamén que o discurso político na prensa, o que pode mobilizar unha persoa a emitir un voto ou outro, non está cinguido á sección de Política. Faise moita política desde a de Infraestruturas. O estado da cidade, beirarrúas... Asuntos que xuntan a moita xente arredor dun tema. Son pautas de consenso á hora de construír un discurso político municipal. E despois está a sección de Economía, onde tamén se fai moita política. O seu traballo conclúe que que existe unha dependencia institucional \"nítida\" na prensa galega. A que niveis a percibe?Sobre todo, á hora de trabar relacións económicas, que se articulan mediante convenios e acordos publicitarios de todo tipo. Aínda que non é información de moi fácil acceso, vese unha correlación notoria entre os acordos publicitarios e a presenza institucional neses xornais e, sobre todo, na simpatía cara a un actor ou outro. Un aspecto que me chamou a atención foi que resulta moito máis fácil acceder aos convenios da Xunta ou de concellos como o de Vigo coa prensa que doutras institucións que me pareceron máis opacas, caso da Deputación de Ourense. Pensa que é posíbel exercer a independencia informativa desde a dependencia económica?Nas condicións actuais, é moi difícil. A resposta sería negativa, porque moitas veces vincúlase a estas fontes de ingresos non só a cobertura informativa senón a capacidade económica ou de supervivencia do propio medio. Aquí falo a un nivel teórico, non teño diante as contas de ningunha destas empresas, pero vexo que é un mal principio porque xera unha dependencia que pode incluso desenvolver demasiado un medio sen unha base de lectores que puidese manter por criterios estritamente xornalísticos. Cambiou algo nestes cinco anos esa dependencia?Esta cuestión queda fóra do campo de análise, co que as miñas opinións son meramente intuitivas, pero a miña percepción é que no substancial non mudou. A situación de dependencia é estrutural e dase sobre todo nas Administracións que levan moito tempo en mans do mesmo partido, sinaladamente nas de partidos de ámbito estatal. Opera a varios niveis, en varias estruturas territoriais, e é moi complicado que puidese ter mudado neste tempo porque non mudou nin a cultural política nin xornalística que a alentan. Tamén nos deportes Para describir os espazos desde os que se fai política nos medios, Cortez-Lobão pon o exemplo do tratamento do decreto dos dereitos televisivos para as emisións de fútbol, que provocou unha ameaza de folga de xogadores na xornada electoral. \"Tamén aí se fixo política, marcadamente en apoio do Goberno de Mariano Raxoi. Aquela folga presentouse como unha protesta de ricos, só de xogadores de Primeira División. Mesmo a entón vicepresidenta, Soraya Saez de Santamaría, chegara a dicir sobre este asunto que 'fútbol es fútbol' e que a política non podía meter a man en todo. Foi toda unha declaración de intencións, en boca dun personaxe político e en beneficio do seu partido\", observa. \"Unha folga do fútbol en xornada electoral non é algo que ningún partido queira xestionar desde o Goberno\", advirte."}
{"ID": "NOS_47955", "summary": "O asasinato dunha muller nun hospital público de Ourense é un episodio dunha gravidade extrema e mostra até que ponto nos enfrentamos cun monstro que vive entre nós e que é quen de nos golpear con brutal saña no momento máis inagardado.", "text": "A barbarie machista, a manifestación máis salvaxe e extrema do patriarcado, aparece nos meios e nos parlamentos de forma periódica, con cada asasinato, mais obxectivamente é un asunto que non está no top dos temas que vertebran o debate público. Desde o seu nacimento, Sermos Galiza incorporou á súa liña editorial a causa feminista, porque sen apelar a ela de forma directa e desacomplexada non é posíbel superar o patriarcado, unha estrutura de dominación da que a violencia machista é a expresión máis extrema. A noticia do brutal asasinato de María Isabel Fuentes causoume estupefacción e indignación. Como é posíbel que non exista un protocolo de seguranza que evite o asasinato nun hospital público dunha muller que xa fora vítima da violencia machista? Por que non se adoptaron medidas cautelares? De verdade é conditio sine qua non que exista unha denuncia cando todas sabemos que moitas mulleres non denuncian por pánico aos seus agresores? Non existían neste caso indicios abondo para dispor meios de protección que terían salvado a vida a María Isabel? Que ten que dicer a Consellaría de Sanidade e o Ministerio de Interior? Como é posíbel que non exista un protocolo de seguranza que evite o asasinato nun hospital público dunha muller que xa fora vítima da violencia machista? Fan falta respostas e fai falta falar deste asunto no debate público. Este tema é o tema. Non podemos conviver con cifras espeluznantes de mulleres asasinadas. Cantos plenos monográficos se teñen dedicado á violencia machista nos Parlamentos, estatal e galego? Cantas declaracións dos presidentes dos gobernos ten habido? Que programas públicos se teñen promovido nos últimos anos para combater a barbarie machista? Que meios se teñen posto a disposición para salvar vidas? Que se lles di ás crianzas nas escolas sobre o que significa o patriarcado e a milenaria opresión das mulleres? O asasinato abalou a campaña. Acertou o BNG ao suspender os actos do día, outras forzas da esquerda tamén mostraron a súa repulsa. Non podemos naturalizar o que é aberrante. Non abonda con condenas rituais. Hai que pór este asunto na axenda pública como o que é, unha das grandes materias pendentes da nosa civilización, e hai que pór sobre a mesa políticas, orzamentos e meios, e hai que promover outra cultura, feminista, inclusiva, anti-patriarcal. Non vale fuxir das responsabilidades: o partido que ten a maioría parlamentar no Hórreo e nas Cortes Xerais do Estado ten de explicar por que fallan os protocolos de seguranza e por que se pode asasinar unha muller mentres está internada nun hospital público. E débeo facer xa."}
{"ID": "PRAZA_4432", "summary": "O conselleiro Conde pide \"prezo eléctrico competitivo\" para Alcoa, máis axudas para o sector e que parte dos fondos europeos para a reconstrución tras a pandemia vaian destinados a ese fin", "text": "A Deputación Permanente do Parlamento reuniuse este xoves por primeira vez dende a convocatoria das eleccións galegas do 12 de xullo. Fíxoo de novo no salón de plenos para manter as distancias a causa do coronavirus. Na orde do día, dous puntos: unha petición da oposición e unha engádega do Goberno para substituíla. Todos os grupos da esquerda -actualmente PSdeG, Común da Esquerda, BNG e Mixto (En Marea)- introduciran a petición de que Alberto Núñez Feijóo comparecese \"para dar conta das medidas que ten previsto adoptar para evitar o peche\" dunha das factorías de Alcoa en San Cibrao \"e garantir o emprego\" tanto na Mariña como na antiga fábrica de Alcoa, agora Alu Ibérica, na Coruña.Como era previsible, os votos do PP tombaron a petición. Tanto é así, que o segundo punto da orde do día a Xunta incluíra unha comparecencia sobre o mesmo tema do conselleiro de Industria, Francisco Conde. O feito de que os populares evitasen a comparecencia pero, sobre todo, que Feijóo nin sequera acudise á sesión do Parlamento irritou aos grupos da actual oposición mentres o Goberno e o partido que actualmente o sustenta insistiron en culpar o Executivo central, ao PSOE, a Unidas Podemos e tamén ao BNG das dificultades destas industrias.Gonzalo Caballero lamenta que, tras meses \"omnipresente nos medios públicos\", Feijóo siga a crise de Alcoa como \"mero espectador\" e asegura apoiar \"calquera vía legal e economicamente viable que priorice o emprego\" na planta de San CibraoTras case tres meses con Feijóo \"omnipresente nos medios públicos\", criticou Gonzalo Caballero no nome do PSdeG, volve ficar constatado que \"nos problemas dos galegos\", neste caso dos afectados polos posibles peches e despedimentos en Alcoa, segue a exercer de \"mero espectador\". E este xoves nin sequera iso, senón que bateu, coa súa \"ausencia\", o \"récord de escapismo político\".O aspirante á reelección polo PP, censurou o candidato do PSdeG, foxe \"das súas responsabilidades, está ausente das grandes crises\" cando \"o que Galicia merece é a presenza do presidente\" en momentos de dificultade. O líder socialista di ver claro que Feijóo non acudiu ao Pazo do Hórreo para amosar que \"a política industrial non é cousa súa\" cando en realidade tamén o é. Fronte a el, comprometeu, o \"compromiso do PSdeG\" é defender en Galicia e ante o Goberno central \"calquera vía legal e economicamente viable que priorice o emprego\" na planta de Alcoa en San Cibrao. Iso é, agrega, o que xa trasladou persoalmente ao persoal da compañía.Pontón lamenta que Feijóo \"non se poña de fronte para dar solucións\" e reivindica a tarifa eléctrica galega e, se cómpre, a nacionalización das factoríasA ausencia de Feijóo foi tamén censurada dende o BNG por Ana Pontón. \"Unha semana despois\" de que Alcoa comezase a ameazar con ata medio milleiro de despedimentos directos na Mariña, criticou, Feijóo \"aínda non tivo tempo de reunirse\" co persoal, \"non se pon de fronte para dar solucións\", senón que se declara \"incompetente\".\"Estamos como estamos porque o Goberno do PP de Rajoy aprobou un marco enerxéitco que é unha ruína para a industria galega e porque o Goberno do PSOE continuou con ese marco\", criticou a líder nacionalista, a cuxo xuízo a solución pasa por unha tarifa eléctrica galega e, se cómpre tamén pola \"nacionalización\" das factorías, que, subliña, \"é legal\".Chao (GeC) coida que, malia a ausencia deste xoves, \"a xente non vai esquecer que o PP leva once anos gobernando este país sen poñer sobre a mesa solucións para Alcoa\"Por parte de Común da Esquerda a súa deputada Luca Chao, dixo non sorprenderse pola ausencia de Feijóo na sesión. Igual que durante a pandemia \"se dedicou a dar mitins na televisión pública, hoxe tampouco está aquí simplemente porque segue en campaña\". Pero, coida, \"a xente non vai esquecer que o PP leva once anos gobernando este país sen poñer enriba da mesa ningunha solución para Alcoa\". Tampouco, agregou, que foi o PP quen \"regalou a empresa aos seus amiguetes a prezo de saldo\", dixo en referencia á privatización de Inespal en 1998. Por parte de En Marea, Davide Rodríguez lamenta que o Goberno do PP se limite a \"botar a culpa a Madrid\" no canto de propoñer solucións. \"Están de acordo coa intervención temporal do Estado?\", preguntou. \"Aprobará o Goberno do PSOE de xeito inmediato un Estatuto electrointensivo?\", agregou.O conselleiro Conde pide \"prezo eléctrico competitivo\" para Alcoa, máis axudas para o sector e que parte dos fondos europeos para a reconstrución tras a pandemia vaian destinados a ese finEse traslado de responsabilidades ao Goberno central e mesmo aos representantes de PSdeG, BNG e Galicia en Común foi a nota dominante nas intervencións tanto do secretario xeral e vicevoceiro parlamentario do PP, Miguel Tellado, como do conselleiro Francisco Conde. Segundo Tellado, en Alcoa non hai máis problema ca \"exclusivamente, o prezo da enerxía\" e \"quen queira dicir algo distinto\" está \"tentando enganar aos galegos\", aos que a esquerda \"traizoa\" nesta cuestión, acusa.O conselleiro Conde, pola súa banda, centra tamén as culpas no Goberno central, ademais de asegurar que \"hai alternativas\" para a alumineira en San Cibrao se o Executivo do PSOE e Unidas Podemos aproba decontado un \"prezo eléctrico competitivo\" e ademais, \"un plan de investimentos específico para o sector electrointensivo\". Neste sentido, o conselleiro cre que \"parte dos fondos de reconstrución previstos pola Unión Europea\" vaian destinados a estas finalidades. Conde, que sitúa o inicio dos problemas \"hai dous anos\", cando o PP deixou de gobernar España, especula tamén coa posibilidade de que, realmente, \"o Goberno\" -en referencia ao central- teña tomada a \"decisión\" de \"pechar\" as factorías de Alcoa."}
{"ID": "PRAZA_17019", "summary": "Un estudo da SGHN calcula que os incendios se estenden aínda máis rápido nos piñeirais: a 18-23 metros por minuto, fronte aos 12 m/min das masas de eucalipto e aos 6 m/min das carballeiras. Destaca tamén as maiores dificultades para apagalos e o risco de lumes secundarios, pois as faíscas poden voar 500 metros nos piñeirais e 1,9 quilómetros nos eucaliptais", "text": "A vaga de lumes do pasado outono volveu poñer sobre a mesa o debate sobre o risco que representa a actual estrutura do monte en Galicia e na metade norte de Portugal, con grandes masas continuas de eucalipto que, unidas aos efectos do cambio climático, pode incrementar notablemente a capacidade destrutiva dos incendios. De feito, os expertos que analizaron a vaga de lumes sufrida por Portugal o pasado ano xa advertiron da posibilidade de sufrir incendios moito máis feroces, cunha velocidade de propagación moi superior. Xa o pasado ano rexistrouse en Galicia a media máis elevada de superficie queimada por incendio (19,64 hectáreas) dende o ano 1989. O lume avanza máis rapidamente en piñeirais (entre 18 e 23 metros por minuto en función da especie) que en eucaliptais (12 metros por minuto) e moito máis que en carballeiras (6 metros por minuto) Neste escenario aumentan os debates sobre que modelo de usos do territorio é o máis axeitado para previr e defenderse do lume e o propio Comité Científico do Ministerio suxeriu o mes pasado incluír o eucalipto no Catálogo de Especies Invasoras, unha recomendación que foi rexeitada polo Goberno central. O informe do Comité Científico alertaba da capacidade do eucalipto para estenderse sen control, prexudicar o medio e empobrecer os solos e tamén de provocar un elevado risco de incendios pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamables. Outros estudos previos xa alertaran da maior facilidade de propagación dos incendios nas masas de eucaliptos. Agora a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén de publicar un estudo que analiza o comportamento fronte ao lume das especies forestais máis comúns en Galicia, que conclúe que nos bosques de caducifolias autóctonas os lumes propáganse máis amodo e son máis doados de apagar e que, pola contra, nas masas de piñeiros e eucaliptos os incendios avanzan con máis velocidade, existe o risco de que se reproduzan noutro lugar e, ademais, son moito máis difíciles de extinguir. A análise parte do estudo Foto-guía de combustibles forestales de Galicia y comportamiento del fuego asociado, publicado por Stéfano Arellano e outros investigadores e investigadoras da USC e do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. \"Nun 35-40% dos lumes en eucaliptais e piñeirais hai risco de que as faíscas xeren lumes secundarios a distancias de ata 0,5 km en piñeirais e 1,9 km en eucaliptais\" A análise conclúe que nun escenario \"intermedio\" (20% de pendente e 30 km/h de vento), o lume avanza máis rapidamente en piñeirais (entre 18 e 23 metros por minuto en función da especie) que en eucaliptais (12 metros por minuto) e moito máis que en carballeiras (6 metros por minuto). Os eucaliptais terían un risco engadido de reprodución do lume, sinalando o estudo que \"mentres que nas carballeiras nunca se detecta risco de que aparezan lumes secundarios, nun 35-40% dos lumes en eucaliptais e piñeirais hai risco de que as faíscas ou muxicas xeren lumes secundarios a distancias de ata 0,5 km en piñeirais e 1,9 km en eucaliptais\". Os incendios que se producen en carballeiras e outros bosques de caducifolias son, ademais, moito máis doados de apagar Os incendios que se producen en carballeiras e outros bosques de caducifolias son, ademais, moito máis doados de apagar: nun 94% dos lumes en carballeiras é posible intentar a súa extinción directa (mesmo con medios manuais nun 30% dos casos), mentres que, pola súa maior dificultade e riscos, \"é necesario recorrer ao ataque indirecto con medios mecánicos (motobombas, bulldozers, avións ou helicópteros)\" na meirande parte dos lumes en piñeirais (46% en Pinus sylvestris, 63% en Pinus pinaster, 73% en Pinus radiata) e eucaliptais (67% en E. globulus). No mato o lume avanza aínda máis rápido, pero non hai risco de lumes secundarios O estudo responde tamén ao argumento empregado en moitas ocasións polos promotores da expansión do eucalipto, que sinalan que o lume se propaga con moita máis rapidez en zonas de mato. A SGHN recoñece que, empregando o mesmo modelo, un incendio avanza con moita máis rapidez en breixeiras, carqueixais e toxeiras (35-40 metros/minuto) e a 56 metros/minuto en xesteiras. Porén, lembra que nestes terreos non existe risco de aparición espontánea de lumes secundarios. Así mesmo, responde igualmente ao argumento de que no norte da Coruña e Lugo (zonas nas que predomina o eucalipto) hai poucos lumes: \"pero iso non é porque haxa moitas plantacións de eucaliptos moi rendibles e supostamente moi ben xestionadas, senón grazas ás condicións climáticas, baste recordar que o único treito de autovía de toda Galicia (e de España) que ten que pecharse reiteradamente pola falta de visibilidade debido á néboa está precisamente no norte de Lugo\", sinala a entidade."}
{"ID": "PRAZA_17234", "summary": "AO VIVO | Feijóo cre que Rajoy \"non\" vai renunciar ao seu cargo \"porque sería dimitir das súas responsabilidades\" e cre que o éxito da moción suporía non respectar \"o resultado das urnas\". De Frutos (PSOE) e Fernán-Vello (En Marea) advirten dun \"ambiente positivo\" para o cambio de goberno. O PPdeG declárase vítima do \"acoso\" da esquerda tras vetar a comparecencia de Feijóo pola Gürtel", "text": "O PPdeG declárase vítima do \"acoso\" da esquerda tras vetar a comparecencia de Feijóo pola Gürtel A posibilidade de que Rajoy dimita foi este mércores a cuestión do día no Congreso, a tan só unhas horas de que dea comezo o debate da moción de censura impulsada polo PSOE. O presidente do Goberno central enfrontouse á que podería ser a súa última sesión de control mentres a oposición agarda á decisión do PNV, formación que semella ter a clave tras o si adiantado xa por ERC e PDeCAT. Co voto dos nacionalistas vascos, Pedro Sánchez converteríase en novo xefe do Executivo e o PP sería desaloxado do poder sen necesidade de contar con Ciudadanos. Rajoy medita dimitir pouco antes de que se debate a moción para impedila e manter o goberno en funcións Pero Rajoy garda un as na manga. Medita dimitir pouco antes de que se debata a moción, polo que esta decaería e o Goberno cesaría, pero quedaría en funcións ata que se elixise un novo. De fracasar esa nova investidura, mesmo podería permanece até o final da lexislatura e cos orzamentos aprobados. Feijóo xa advertiu de que a dimisión non lle parece unha opción axeitada. O presidente da Xunta cre que Mariano Rajoy \"non\" vai renunciar ao seu cargo \"porque sería dimitir das súas responsabilidades\". \"Non teño ningunha dúbida\", expresou, tras advertir de que \"se hai alguén responsable na política nacional\", ese é o actual presidente español. No fondo paira tamén a posibilidade de que unha dimisión coloque a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría como principal alternativa ao liderado no PP e corte o camiño de Feijóo cara a Madrid. Feijóo cre que Rajoy \"non\" vai renunciar ao seu cargo \"porque sería dimitir das súas responsabilidades\" Preguntado sobre a vicepresidenta do Goberno central, Feijóo obviou unha resposta e limitouse a destacar os méritos de Rajoy, as súas últimas vitorias electorais e \"algo moi importante, a confianza do pleno do Congreso dos Deputados\" para \"aprobar as contas do ano 2018\". \"Non ten ningún sentido e pasariamos á historia do disparate se os mesmos partidos que aproban as contas no día de hoxe apoian unha moción de censura no día de mañá. Non hai un precedente como este en ningunha democracia europea\", dixo, antes de insistir: \"O presidente non vai dimitir, entre outras cousas porque necesitamos un político serio\". Ademais, considera \"irresponsable\" a moción de censura e sentencia que mudar o Goberno de España por esta vía implica non respectar \"o resultado das urnas\". Rajoy, aplaudido pola bancada popular á súa chegada ao Congreso na sesión de control deste mércores / © eldiario.es Coa incerteza da dimisión ou non e mesmo do apoio final á moción, desde o Congreso a percepción é que o PP non ten saída. A deputada do PSdeG, Rocío de Frutos, ve \"con optimismo\" o debate deste xoves e advirte de que \"no fondo, o ambiente que se respira é que o Partido Popular non pode seguir no goberno\". \"Agora hai que ver como se retrata cada grupo\", comenta a Praza.gal a parlamentaria galega, que cre que a presentación da devandita moción \"era unha necesidade e unha obriga\". De Frutos (PSOE) ve \"con optimismo\" o debate deste xoves, ao igual que Fernán-Vello (En Marea) que advirte do \"si crítico\" da súa formación Desde En Marea, o seu portavoz no Congreso, Miguel Anxo Fernán-Vello, asegura tamén que se respira \"unha sensación positiva\", aínda que \"todo é moi volátil e parece depender do PNV\". Ademais, insiste en que a formación galega apoiará a moción \"porque é de obrigada razón política para levar a cabo un exercicio de rexeneración democrática\". Con todo, advirte dun si \"crítico e construtivo\" co que, na súa intervención, o deputado alertará da necesidade de \"reverter as políticas antisociais e de recortes\". \"Sería interesante que, de saír adiante, houbese un tempo para recuperar todos estes dereitos civís fundamentais\". De feito, Fernán-Vello asegura a Praza.gal que na súa intervención lembraralle a Pedro Sánchez a necesidade de \"abordar os moitos problemas que ten Galicia\" e de afondar \"nese Estado plurinacional e pluriligüístico ante un modelo caduco e fortemente cuestionado\". \"É urxente optar por un horizonte de progreso, limpo e democrático e abordar con urxencia a necesidade de derrrogar reformas laborais, Lomce, copago farmacéutico ou Lei mordaza\", insiste. Ademais, Rocío de Frutos cre que o debate xurdido arredor da moción está retratando xa moitas formacións, especialmente a Ciudadanos. \"A súa actitude defíneo como grupo político, actuando con oportunismo e dándolle voltas a cousas que non poden ser\", di quen asegura non estar \"nada sorprendida\" respecto á actitude dun partido \"que basea todo o seu discurso na rexeneración democrática e en ir contra a corrupción\". \"De apoiar o PP agora, saben que se lles cae boa parte do seu discurso\", insiste. De Frutos cre que a \"actitude\" de Ciudadanos \"defíneo como partido\"; para Fernán-Vello é \"un serio perigo, cunha visión moi pouco democrática\" \"Ciudadanos, máis que interese na gobernabilidade, ten un interese meramente electoral\", engade Fernán-Vello, que cualifica a formación como un \"partido eslógan, que dá bandazos dentro da súa teima fixa: o poder polo poder\". \"Teñen actitudes que reflicten unha visión moi pouco democrática, humanista e construtiva do que é a realidade política e son un serio perigo; os cidadáns deberían tomar nota\", conclúe. Sobre as acusacións que PP e Ciudadanos lanzan xa ao PSOE por aceptar votos de grupos nacionalistas, De Frutos acúsaos de ter \"un discurso retrógrado\". \"Se se abstivesen, estaría o PP en conivencia co soberanismo porque co seu apoio se impide un goberno socialista? Son deputados como os demais\", asegura quen lembra que os populares \"veñen de pactar os Orzamentos co PNV e ninguén dirá que non son nacionalistas\". Ademais, considera tamén que \"sería moi positivo outro escenario político\" de cara ao futuro en Catalunya e advirte de que as políticas do PP \"supoñen unha involución no Estado autonómico\". \"Esa posición non a debería defender ninguén, e moito menos os galegos, que temos que defender a nosa autonomía\", remata. O BNG espera que a moción \"non quede nun xesto preelectoral\" Desde Galicia, pola súa banda, o BNG agarda que a moción socialista \"non quede nun xesto preelectoral\" e sirva para \"desaloxar o PP\" do Goberno do Estado. A portavoz nacional, Ana Pontón, asegurou que unha sentenza como a da Gürtel en \"calquera democracia normal\" motivaría a \"dimisión inmediata de Rajoy\". Así, acusou os dirixentes populares de \"comportarse con \"prepotencia e soberbia\" en lugar de \"asumir responsabilidades políticas\". Ademais, Pontón ve no Estado unha \"lexislatura perdida\" e unha esquerda \"desorientada e incapaz de facer fronte á dereita\" que \"acabou entrando no marco do centralismo\". Todo, di, mentres \"Galicia estivo desaparecida como suxeito do debate político\". \"Si vimos como nacionalistas vascos e cataláns marcaron a axenda política e as súas prioridades\", advertiu tras insistir na \"necesidade de que contemos cunha representación no Estado que defenda sen subordinación os intereses galegos\". Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu a \"lexitimidade\" da moción de censura, fórmula contemplada no \"marco constitucional\" e que \"moitos cidadáns\" ven como \"unha fiestra para o futuro\" fronte a un Goberno do PP \"sentenciado por corrupción\"."}
{"ID": "NOS_44644", "summary": "A norma galega chocaría coas competencias exclusivas do Estado español.", "text": "Após a reunión do Consello de Ministros desta terza feira, 30 de marzo, a voceira do Goberno estatal, María Jesús Montero, fixo pública a decisión do Executivo de interpor un recursos de inconstitucionalidade contra a modificación da Lei de Saúde de Galiza. O recurso ao Tribunal Constitucional desta normativa, aprobada o 23 de febreiro no Parlamento galego coa oposición de BNG e PSdG, ven despois da consulta do Goberno ao Consello de Estado, xa co seu ditame decidiuse a presentar o recurso. A voceira do goberno defende que a Lei de Saúde galega fai modificacións en medidas preventivas e do réxime sancionador que recibiron observacións de inconstitucionalidade por parte dos departamentos correspondentes. Para o Executivo, esta norma introduce restricións e limitacións aos dereitos fundamentais que chocan co artigo 81 da Constitución, que reserva estas medidas a unha Lei Orgánica para todo o Estado. Montero puxo como exemplo o artigo 5, que establece entre outras medidas, que Galiza poderá someter \"a medidas profilácticas de prevención da doenza, incluída a vacinación ou a inmunización\". Tamén apuntou a inconstitucionalidade do réxime de infraccións e sancións da lei. Outro dos elementos que cuestiona o Goberno é que as atribucións delegadas nas Comunidades Autónomas por mor do estado de alarma non poden usarse para aprobar esta lei \"coma se foran facultades correspondentes a xestión ordinaria das súas competencias\". Defende Montero que a competencia respecto as bases e á coordinación xeral da sanidade é exclusiva do Estado. Resposta de Galiza A resposta de Nuñez Feixóo chegou polo Twitter, onde criticou que despois de non querer aprobar o Goberno do Estado unha norma para xestionar a pandemia \"tampouco deixa actuar as comunidades e recurre a Lei galega de Saúde, en plena Semana Santa e sen abrir unha negociación nin dirixirse a Xunta. Vaia idea de co-gobernanza\". A líder da oposición, Ana Pontón, definiu o recurso como \"unha polémica interesada\" e criticou o uso partidista que fan PP e PSOE do Tribunal Constitucional, \"cuxa renovación segue pendente pola liorta entre ambos para asegurarse o seu control\". No remate da rolda de prensa posterior ao Comité Clínico, Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta, laiouse do recurso ao TC e criticou que o Goberno español non tentara dialogar con Galiza por medio da comisión bilateral na que se debaten os conflitos de competencias. Comesaña indicou que a Xunta non ten máis información agora mesmo, só a chamada da ministra para informalo da presentación do recurso, mais defende que a lei galega \"aprobouse crendo que era necesaria\". \"Cremos que o lóxico era ter feito unha modificación da lei orgánica\", explicou o conselleiro, que salientou que \"tivemos que facelo para a mellora da seguridade xurídica\" cunha lei que \"non vai contra ninguén\". Dependencia O Consello de Ministros tamén aprobou unha partida de 283 millóns de euros para financiar a dependencia. Segundo informa a Delegación do Goberno transferirase a Galiza o 6.97% do total, 19,73 millóns de euros que terá que xestionar a Xunta."}
{"ID": "NOS_23687", "summary": "Logo dunha semana de protestas, a cidadanía chilena concentrouse en torno á Praza Italia, centro neurálxico da capital, na que xa está considerada como a marcha máis grande na historia do país.", "text": "Unha multitudinaria marcha tomou esta sexta-feira as rúas do centro de Santiago de Chile para protestar pola desigualdade social no país e esixir a posta en marcha de profundas reformas sociais. Segundo cifras do goberno citadas por medios locais, máis de 1,2 millóns de persoas concentráronse arredor de Praza Italia, o centro neurálxico da capital chilena. Convocada e seguida en redes sociais como \"a marcha máis grande de Chile\" tras unha semana de protestas no país, xa é considerada como a máis masiva desde o retorno da democracia. Entre as consignas máis escoitadas estiveron \"corruptos ao cárcere\", \"pola dignidade do noso pobo, á rúa sen medo\", \"Chile espertou\" ou \"o Pobo unido xamais será vencido\", xunto con aquelas que pedían a dimisión do presidente Piñera. O propio Piñera recoñeceu que \"a multitudinaria, alegre e pacífica marcha hoxe, onde os chilenos piden un Chile máis xusto e solidario, abre grandes camiños de futuro e esperanza\"."}
{"ID": "NOS_28807", "summary": "A crónica de Pilar Neira sobre a final do mundial de fútbol feminino.", "text": "Stadium de Vancouver, 55.000 espectadores. Cheo a rebosar. EUA XAPÓN1 Hope Solo 18- Ayumi Kaihori 4- Becky Sauerbrunn 3- Azusa Iwashimizu10- Carli Lloyd 4- Saki Kumagai11- Ali Krieger 5- Aya Sameshima, 12- Lauren Holiday 6- Mizuho Sakaguchi13- Alex Morgan 8- Aya Miyama14- Morgan Brian 9- Nahomi Kawasumi15- Megan Rapinoe 11- Shinobu Ohno17- Tobin Heath 13- Rumi Utsugi19- Julie Johnston 17- Yuki Ogimi22- Meghan Klingenberg 19- Saori AriyoshiArbitro: Kateryna MonzuyAsistente 1- Natalia RachynscaAsistente 2- Yolanda Parga Rodriguez, GOLES 1-0 Carli Lloyd min 32-0 Carli Lloyd min 53-0 Lauren Holiday min 14 4-0 Carli Lloyd min 164-1 Yuki Ogimi min 274-2 Autogol de Julie Johnston min 51 5-2 Tobin Heath min 54 Extraordinario partido, o das norteamerianas, cun compoñente de fortuna, onde Carly Lloyd protagonizou o segundo Hac-Trick, na final dun mundial, (o mais rápido, na história duha final mundialista) o primeiro fora do británico Geoff Hurst, a Alemaña na final do 66. Saltaron ao campo as estadounidenses con ansia de vinganza, sabendo que se xogaban levantar o cetro tras 16 anos sen poder facelo, a concentración sumada á fortuna de verse aos 6 minutos con dous goles, ambos os dous en xogadas ensaiadas ( plena efectividade nas xogadas a balón parado) e ben definidos pola estrela do partido Carly Lloyd, deixaron as niponas en estado de shock. O gol de Xapón no minuto 27 conseguiu que as niponas se recuperasen física e mentalmente e que os 45' restantes fosen máis igualados Holady aos 14, e novamete Lloyd aos 16 facían prever que Xapón tiraba a toalla, mais un gol de Omigi no min 27 unido aos dous cambios protagonizados por Norio Sasaki conseguiron que as niponas se recuperasen física e mentalmente e que o resto dos 45 minutos fose máis igualado. Saíron as asiáticas no complemetno conxuradas para darlle a volta ao marcador coa idea de platarlle cara á situación, e sen renunciar ao seu xogo académico ( a constancia é unha das súas virtudes) buscaron mais presenza na medular. Un autogol de Julie Johnston no 51 parecía que podería obrar o milagre, mais casae de inmediato no 54, Heath volvía ampliar a diferencia para a escuadra das barras e as estrelas, que controlaron o partido na súa recta final. Xestionar un partido, onde aos 16 minutos levas encaixados 4 goles, é moi complicado, prácticamente imposible. Estados Unidos, coroouse, merecidamente, e por terceira vez na súa história. CAMPIOA DO MUNDO. Carli Lloyd acabou designada mellor xogadora do mundial."}
{"ID": "NOS_16509", "summary": "As deputadas do Bloque no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, veñen de presentar unha solicitude de convocatoria da Deputación Permanente para que compareza de maneira urxente a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, pola grave situación do sector lácteo.", "text": "O BNG vén de rexistrar no Congreso unha solicitude de convocatoria da Deputación permanente para aprobar a constitución dunha sesión extraordinaria da Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin que compareza a ministra do ámbito pola grave situación que atravesa o sector lácteo. A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, cualifica a situación que sofre o sector de \"inxusto\" e advirte de que está \"extremadamente vulnerábel\" polos prezos \"de miseria\" que se lles paga, moi por debaixo dos custes de produción\". A baixada tan acusada dos prezos que percibe o sector galego está a pór en risco \"a supervivencia e o mantemento futuro de miles de explotacións agro-gandeiras\", sinala o Bloque nun comunicado. A deputada nacionalista salienta que o sector lácteo galego é o que \"máis peso ten no conxunto do Estado, un sector moi importante para Galiza que non pode desaparecer\". Olaia Fernández Davila que participou na multitudinaria manifestación celebrada en Santiago de Compostela na sexta feira, considera que \"a situación é suficientemente grave como para que a ministra dea a cara e acuda ao Congreso a comparecer e a explicarnos que medidas está a adoptar para evitar a perda dun sector de máxima importancia para Galiza\"."}
{"ID": "PRAZA_9665", "summary": "Veciñanza e colectivos contra o proxecto protestan durante un día enteiro e de maneira ininterrompida nun tramo da N-550. Advirten de que a restauración pode supor a acumulación de residuos tóxicos na zona. Unha manifestación de 5.000 persoas pon fin á mobilización.", "text": "Cidadanía e membros de máis de 40 colectivos integrados na Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, contrarios á conversión dunha canteira nesta zona de Teo nun gran vertedoiro, iniciaron este sábado unha camiñada por un tramo da N-550, por quendas, que rematou este domingo nunha manifestación con case 5.000 persoas e que culminou unha protesta de 24 horas contra este polémico proxecto. Veciñanza e colectivos camiñaron por quendas durante 24 horas un tramo da N-550Ata as doce do mediodía do domingo, no que coimezou a marcha ata a entrada da canteira, os veciños protestaron \"por quendas\", tamén de madrugada, contra o proxecto previsto para reiniciar os labores dunha canteira abandonada e contra o que se sitúan tamén todos os grupos políticos do Concello e outros colectivos da comarca que loitan contra problemas medioambientais semellantes. As persoas que participan nesta mobilización percorreron en pequenos grupos un tramo entre dúas rotondas situadas na N-550, perto da Casalonga, unha distancia de medio quilómetro.\"As bucinas dos coches que pasaban pola N-550 e os berros de ánimo non cesaron durante todo o día\", destaca a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, que destaca que \"a veciñanza envorcouse nun acto ambicioso e respondendo de xeito exemplar\".O colectivo destaca que, aínda que finalmente non foi autorizada a instalación dunha planta de biogás en solo rústico, o reinicio da actividade da canteira pode ser utilizado como trampa polos impulsores do proxecto e supor que, coa escusa da súa restauración, se acabe por encher con residuos tóxicos altamente contaminantes.De feito, advirten de que xa empezaron os traballos para mover terras e esperan que a Xunta de Galicia aprobe un novo plan de restauración que impida a utilización desta canteira como vertedoiro masivo. Polo momento, o Goberno galego non deu resposta á súa solicitude. Así, case 5.000 persoas remataron esta fin de semana de protestas percorrendo uns mil metros da N-550 á altura da Casalonga para insistir no seu rexeitamento á reapetura da canteira. O presidente da plataforma, Jaime García, agradeceu aos asistentes e organizadores o traballo de máis de 24 horas sen descanso e a actriz Mabel Rivera dedicou tamén unhas palabras. Outro membro da coordinadora, Marcos Ares, pechou o manifesto recordando as reivindicacións dunha loita á que se uniron tamén a Rede de plataformas Compostela-Ulla-Tambre, con pancartas de diferentes plataformas, como as que loitan en Miramontes, contra a mina de Touro, contra o vertedoiro de Lesta ou pola recuperación do río Sar e contra as diferentes afectacións medioambientais na comarca de Ordes."}
{"ID": "PRAZA_334", "summary": "Nós os músicos entendemos e comprendemos o dereito de calquera veciño ao descanso e a unha calidade de vida digna. Dito dereito non é antagónico a realización do noso traballo con unha regulación normal que estipule tanto horarios, decibelios etc. Somos, a inmensa maioría, veciños de Santiago e entendemos que a confluencia e os puntos de encontro son o único xeito de acadar unha solución a este atropelo que levamos padecendo moito tempo.", "text": "Nietzsche dixo: \"A vida sen música sería un erro\". Se cadra, esta apreciación poderíase aplicar a cultura en xeral. Pódese dicir que a vida sen cultura é un erro. Quizais sexa porque algúns amamos o noso traballo ata o extremo de non distinguilo do respirar, do comer, do vivir… Algo tan natural como deixar voar a imaxinación e tratar de transmitir algo a quen queira. Arredor do que está a acontecer no Concello de Compostela sería interesante facer unha pequena reflexión sobre os acontecementos dende a óptica dos que os padecemos Arredor do que está a acontecer no Concello de Compostela sería interesante facer unha pequena reflexión sobre os acontecementos dende a óptica dos que os padecemos. Remontémonos a metade do ano 2013. Da noite para a mañá comezan a chegar a unha serie de locais multas por cantidades que oscilaban entre os 1500 e os 3000 euros de sanción. Noutros locais que desenvolvían actividades culturais a policía comezou a facer acto de presencia e a tomar nota de todo canto sucedía e a propoñer sancións indicando que había veciños que se queixaban do ruído que ditas actividades xeraban. Nalgún evento do que eu persoalmente participei a policía ten parado un concerto durante o seu desenvolvemento. Estes feitos ata o momento pouco habituais comezaron a ser dunha periodicidade alarmante, e moitos dos espazos dos que os músicos podiamos nutrirnos quedaron orfos de programación. Ante este escenario había un pequeno remanso de paz que era o convenio de colaboración que tiñan os locais da A.C Cidade Vella co Concello de Compostela que estipulaba unhas horas, uns decibelios e unha tranquilidade tanto para quen programaba como para os propios músicos que intentaban desenvolver o seu traballo con normalidade. Dito convenio foise renovando automaticamente anualmente sen maior trauma. Parece ser que as presións dun grupo veciñal chamado Compostela sen Ruido foi o detonante da non renovación de dito acordo Foi durante a corporación do Señor Currás cando ese convenio non foi renovado, o que nos quitaba o mínimo resquicio de legalidade que existía para poder programar. Parece ser que as presións dun grupo veciñal chamado Compostela sen Ruido foi o detonante da non renovación de dito acordo apelando a ilegalidade deste no marco da lei de espectáculos da Xunta de Galicia. Fomos pasando o ano e entramos no 2014 nunha situación de incerteza total sobre a situación do convenio e con novas sancións aos locais de Cidade Vella. Conseguise dende dita asociación sacar adiante o Feito a man, un festival que levou decenas de concertos as rúas, prazas e locais de Compostela e que foi, un ano máis, un éxito de convocatoria. A comezos de decembro e xa baixo a rexencia do señor Hernández chegaron novas multas e a situación levou á inmensa maioría dos locais a suspender a súa programación por medo as sancións, o caso volveu a ser tema de actualidade o debate voltou as rúas. Para tratar de pórlle freo a esta situación créase a Plataforma Compostela Territorio Musical, que suma os esforzos de Hosteleiros, Veciños e dos Músicos Para tratar de pórlle freo a esta situación créase a Plataforma Compostela Territorio Musical, que suma os esforzos de Hosteleiros (Cidade Vella), Veciños (A.C. San Martiño Pinario) e dos Músicos (o sindicato profesional Músicos ao vivo) crease un manifesto no que se recollen as intencións de tal plataforma que non outras que a defensa da cultura e da música ao vivo nos bares e locais da cidade así como un modelo de cidade viva, dinámica e sobre todo alegre. Dende a Plataforma convocáronse tres encontros abertos sobre a problemática coa clara intención de ser un foro de debate claro e concreto. Un primeiro encontro cos veciños da zona vella, outro cos músicos e profesionais da música e un terceiro cos membros da hostalaría. Hai uns días celebrouse o primeiro encontro cos veciños moi frutífero e cordial no que se expuxo entre outras cousas que a problemática no tocante a ruídos na zona vella non ten nada que ver coa actividade que desenvolven os músicos nin cos concertos Hai uns días celebrouse o primeiro encontro cos veciños moi frutífero e cordial no que se expuxo entre outras cousas que a problemática no tocante a ruídos na zona vella non ten nada que ver coa actividade que desenvolven os músicos nin cos concertos. A problemática real que padecen os veciños é o balbordo que se xera nas portas dos locais de ocio nocturno que, dende a entrada en vigor da lei anti tabaco se viu incrementado notablemente. O auténtico suplicio para os veciños e non poder descansar pola aglomeración de xente a escasos metros dos seus portais e ventás a altas horas da madrudada. Hai que sinalar que os horarios dos concertos non acostuman excederse máis aló das 00.00 da madrugada. Ante esta situación os aló reunidos entendemos que se trata dunha cuestión de civismo e de falta de control municipal. Sería conveniente que a normativa se adaptase e non fose tan contraditoria a hora de sancionar aos locais que teñen a xente bebendo nas súas portas, xa que os hostaleiros non son policías, e se multe a quen comete a infracción. Neste caso aqueles que fagan balbordo na vía pública e non se comporten dun xeito cívico. Falouse das presións recibidas no Concello por parte de Compostela sen ruído (brazo armado da máis que irregular Asociación veciñal Compostela Vella) liderada pola señora María Abelleira, que no seu momento se encargou de expulsar irregularmente a membros de dita asociación, mudar censos, dar altas de veciños que non son da zona vella e de non voltar aparecer polo local social que figura como sede social de dita asociación. Os veciños que acudiron á convocatoria expuxeron de xeito moi claro que esta asociación non é representativa da veciñanza do casco histórico. Nós os músicos entendemos e comprendemos o dereito de calquera veciño ao descanso e a unha calidade de vida digna Nós os músicos entendemos e comprendemos o dereito de calquera veciño ao descanso e a unha calidade de vida digna. Dito dereito non é antagónico a realización do noso traballo con unha regulación normal que estipule tanto horarios, decibelios etc. Somos, a inmensa maioría, veciños de Santiago e entendemos que a confluencia e os puntos de encontro son o único xeito de acadar unha solución a este atropelo que levamos padecendo moito tempo. Non deixa de ser paradóxico que sexa o tecido asociativo o que trate de buscar puntos de encontro para solventar nun foro aberto desencontros que non son tales. Non deixa de ser insultante que dende unha asociación cun claro tinte fascistoide e rancio se demonice a unha asociación como cidade vella que leva máis de 25 anos traendo cultura de balde as rúas de Compostela con máis de 10.000 concertos realizados, xerando postos de traballo, e dinamizando espazos que deberían ser responsabilidade do Concello. Vivimos e facemos vida nesta cidade porque a queremos e podemos intentar vivir acorde ao que nos propuxemos cando decidimos vivir da música No caso dos músicos fálase da nosa actividade como ruído e eso é xusto o contrario do que facemos. Nós facemos música, nos tratamos de transmitir o noso esforzo a quen nos queira escoitar, a quen nos queira apoiar. Vivimos e facemos vida nesta cidade porque a queremos e podemos intentar vivir acorde ao que nos propuxemos cando decidimos vivir da música. De non existir un marco legal que ampare a lexitimidade do noso traballo máis 170 persoas marcharemos de Compostela non por vontade, senón porque nos botan a forza. Por este motivo solicitamos que se adecúen as normativas tanto de ruídos como de espectáculos as peculiaridades da cidade, xa que o casco histórico posúe peculiaridades que non existen noutras cidades, e moito menos noutros cascos históricos. Por eso loitaremos da man de todos os que nos queiran apoiar, sempre co convencemento de que nos asiste a razón e que non imos deixar esmorecer o que para nós e para moita xente é unha fonte de vida."}
{"ID": "PRAZA_14162", "summary": "CxG acusa a EU de \"vetalos\" na coalición e ao líder de Anova de estar \"obsesionado\" con encabezar as listas. Beiras responde aclarando que non ten ningunha ambición persoal e convida aínda a formación de Bascuas -e incluso o BNG- a unirse á fronte electoral.", "text": "Compromiso por Galicia carga con dureza contra Esquerda Unida e Beiras, mentres este último lamenta que nin CxG nin BNG entrasen finalmente en Alternativa Galega e asegura que a porta segue \"aberta\" para que a formación que lidera Xoán Bascuas -e incluso o Bloque- participe na elaboración de listas e do programa \"sen vetos nin cancelas\". Pero non pasará tal. Na mañá do sábado, a Executiva de CxG acusou o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, de estar, \"até certo punto, obsesionado\" con obter o \"número un\" das listas pola provincia da Coruña e criticou que Esquerda Unida \"xulgase\" a súa posición política \"sen nin tan sequera escoitala\". Todo despois de que Compromiso non entrase finalmente na coalición que lideran Anova e EU. Para os primeiros, porque foron \"vetados\" pola formación que lidera Yolanda Díaz e para os segundos porque o seu cambio de rumbo a última hora fixo imposible que entrasen nunha plataforma electoral na que os seus dous piares iniciais tiñan xa moi desenvolvido o acordo. Beiras di non ter \"ningunha ambición persoal\" porque non é \"masoquista\" \"Inicialmente, a dirección de Compromiso aceptou un acordo a dúas bandas, pero excluíndo a EU; logo as bases votaron maioritariamente a favor de retirar esa exclusión e integrarse na coalición\", lembrou Beiras en rolda de prensa, que negou ter \"ambicións persoais\" por ser deputado. Segundo el, se algún membro de CxG acredita iso é porque o consideran \"imbécil\". \"Se alguén cre que podo ter algunha petencia é porque me considera masoquista e non o son; a miña vida fóra da política institucional foi moito máis grata, malia os meus combates incomprendidos dentro do BNG\", dixo. \"Asumo un enorme risco persoal\", engadiu, tras declararse \"un home de esquerda, un nacionalista, non soberanstia, senón no fondo un independentistsa que non cre na parodia do Estado español\". Malia isto, Beiras insiste en deixar \"a porta aberta\" e incluso asegura que, aínda que si se falou de listas con EU, \"non hai absolutamente ningún acordo\" porque se confía en que se \"incorporen outros grupos políticos que coincidan nos puntos básicos\". Segundo puido saber Praza, a idea é que o líder nacionalista sexa número un pola Coruña, nunha lista cuxo segundo posto ocuparía Yolanda Díaz. Para o líder de Anova, o acordo con Esquerda Unida \"é un logro enormemente positivo para a maioría social agredida polos gobernos central e da Xunta\", aínda que insiste en que, para estar \"completa\", terían que estar tamén \"o BNG e Compromiso por Galicia\". Pero os ánimos están quentes en Compromiso. Na rolda de prensa celebrada este sábado, os membros da Executiva, Xulia Guntín, Xoán Bascuas e Rafael Cuiña, censuraron a postura de Beiras e cargaron tamén contra o que consideran un \"veto\" de Esquerda Unida á súa entrada na denominada Alternativa Galega. Así, Xoán Bascuas asegura que logo das negociacións entre EU e Anova, ambas as dúas forzas comunicáronlle a CxG que \"a coalición sería única e exclusivamente bilateral\" e que a formación galeguista podería \"adherirse posteriormente\", aínda que cabía a posibilidade de que fosen \"vetados\". \"Quen preconiza unha certa honestidade política, practica todo o contrario\", di CxG \"Se nós, aínda facendo un esforzo, aceptásemos participar directamente nesta coalición, xa se nos advertiu que unha das partes podería dicir que non\", dixo Bascuas, tras censurar \"este modo de practicar política\" que lles impide \"participar nese proxecto\". \"Esa fronte ampla é máis estreita do que se pretendía formular inicialmente; quen preconiza unha certa honestidade política, practica todo o contrario\", asegurou. Ademais, Xulia Guntín lamentou que, aínda que o acordo inicial ía ser \"a tres bandas, nunca estivo enriba da mesa\" porque, segundo di, EU \"nin se atreveu a formular algún tipo de proposta\". \"Non tivemos ocasión de verificar acordos ou desacordos porque nunca nos reunimos\", asegurou. Segundo Bascuas, Compromiso \"nunca tivo a oportunidade de ter unha interlocución directa con EU, senón que con quen se expresou foi con Anova\". Fontes de Anova aclaran que sempre priorizaron o pacto con EU e que foi o cambio de rumbo de CxG o que dificultou o acordo a tres bandas É aí onde se atopan moitos dos conflitos, xa que Anova segue a defender que a súa formación sempre priorizou o acordo con EU, con quen levaba semanas negociando e achegando posturas, e que foi o cambio de rumbo a última hora de Compromiso o que dificultou o pacto a tres. \"Non se trata de xogar a ver quen vetou a quen, senón da dinámica de CxG, que primeiro pechou a porta a un acordo con EU e logo deu un cambio que nos situou nun contexto no que as negociacións entre Anova e EU estaban xa case pechadas\", defende unha fonte da formación que lidera Beiras. No entanto, Rafael Cuiña centrou as súas críticas no que considera un \"veto\" de EU á entrada de CxG en Alternativa Galega. \"É curioso que un día antes da decisión o líder de Anova seguise convidando a Compromiso a facer o esforzo de entrar na fronte cando ao día seguinte acataba o veto de EU\", asegurou. \"Non temos ningún tipo de explicación. Beiras dixo moitas veces que a forza que exercese o veto sería vetada pero, unha vez que nós fomos vetados por EU, el preferiu ir con esa organización de corte español e non cun socio natural como o é unha formación nacionalista e galeguista\", criticou. \"O trilerismo político sufrido por CxG nos últimos días é un episodio máis de persoas que antepoñen o seu ego persoal ao interese do país\", engadiu. \"Beiras estaba, até certo punto, obsesionado con obter o número uno pola Coruña e penso que o demais lle importaba máis ben pouco\", lamentou Rafael Cuiña antes de asegurar que creu que \"CxG xunto a Anova podía crear, realmente, un proxecto que se convertese no instrumento máis útil para Galicia\". Por último, considerou unha \"falta de respecto\" cara aos militantes de CxG que \"mentres nunha sala a Executiva de Compromiso esperaba a resposta das negociacións entre Anova e EU\", \"eles negociasen os postos nas listas electorais\". CxG irá en solitario ás eleccións como \"unha forza política honesta centrado no autogoberno e na defensa dos servizos públicos\" Ante a falta de acordo, CxG acudirá sen formar parte da colación Alternativa Galega aos comicios autonómicos e nos que, indicou Bascuas, a cidadanía \"terá a oportunidade de apoiar a unha forza política honesta\" que \"centra o seu discurso na defensa do autogoberno\" e na necesidade de \"gozar duns servizos sociais elevados e amparados polo poder público\"."}
{"ID": "PRAZA_12244", "summary": "Con case tres décadas de vida, Andaina pode presumir de ser a revista feminista galega máis antiga que se publica hoxe en día no país. Na semana de celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Ana Arellano, membro de Andaina de Mulleres e do Consello de Redacción da Revista Andaina, repasa cales foron os camiños andados polo feminismo galego e os que lle quedan por andar nunha loita pola igualdade que na actualidade, asegura, \"segue a ser unha utopía\".", "text": "Con case tres décadas de vida, Andaina pode presumir de ser a revista feminista galega máis antiga que se publica hoxe en día no país. Na semana de celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Ana Arellano, membro de Andaina de Mulleres e do Consello de Redacción da Revista Andaina, repasa cales foron os camiños andados polo feminismo galego e os que lle quedan por andar nunha loita pola igualdade que na actualidade, asegura, \"segue a ser unha utopía\". Arellano chama a deixar de ver os homes como \"o inimigo\" e critica as políticas \"de volta atrás\" postas en marcha pola dereita, tanto en Galiza, como a nivel estatal. Como naceu Andaina? A revista comezou a saír á rúa en xaneiro de 1983, promovida por un grupo de mulleres feministas, que naquela época estabamos integradas en AGM (Asociación Galega da Muller). É, polo tanto, a revista feminista galega viva máis antiga. Nun principio eran unhas poucas follas editadas de forma moi sinxela, feita con máis ilusión que medios. Número a número a revista foi mantendo vivo ese primeiro obxectivo que se marcou ao comezo: \"…Difundir e animar o debate en torno ás posicións e teorías feministas existentes, á vez que denunciar as situacións de violencia e discriminación que lles acontecen ás mulleres…\". É un traballo non profesional, que se fai no tempo de lecer, non retribuído, tanto no caso das mulleres do consello coma das colaboradoras. Sempre publicamos en galego. Ao longo destas case tres décadas, Andaina pasou por diferentes etapas... Pasou por diversas etapas e de feito volveuse a numerar despois dos primeiros 24 números. En decembro de 1991 mudou a cabeceira e incorporouse o subtítulo de 'Revista galega de pensamento feminista', aumentando o número de páxinas e cun novo deseño para facela máis atractiva, a vez que tamén se procurou abrila para que escribisen máis mulleres e con diferentes temas e posicións feministas. O último número (59) é de Decembro de 2011 e estamos preparando o número 60 que saíra na primavera de 2012. A través dos números de Andaina ao longo destes 29 anos pódese seguir como evoluíu o feminismo, as diferentes tendencias que existiron e existen e os cambios de posicións nalgúns temas. A tirada da revista é de 400 exemplares. Conta con 200 subscritores e o resto distribúese en librarías e principalmente por venta directa. Ao non contar con subvencións, nin case con publicidade, a revista mantense grazas a colaboración dalgunhas persoas que aportan o seu apoio económico e/ou o seu traballo voluntario. O feminismo, ao igual que o resto dos movementos sociais, pasou nestes últimos anos por unha merma da actividade nas rúas, pero non así no que se refire aos avances teóricos e a difusión de ideas O activismo feminista semella que aminorou nos últimos anos en comparación coa actividade da década anterior, por exemplo. O feminismo, ao igual que o resto dos movementos sociais, pasou nestes últimos anos por unha merma da actividade nas rúas, pero non así no que se refire aos avances teóricos e a difusión de ideas. En moitas facultades hai seminarios sobre feminismo. No ensino, tanto en primaria como en secundaria, unha parte importante do profesorado ten presente o tema á hora de impartir as clases. Non hai xa grandes manifestacións reclamando dereitos, atrás quedan as multitudinarias polo dereito ao aborto, contra a violencia sexista, ou mesmo as citas do 8 de marzo, pero agora hai unha maior conciencia da diversidade que abrangue o termo muller e tamén do que temos en común todas como xénero. Como é a relación entre os diferentes colectivos feministas? Desde Andaina mantemos desde sempre relación cos diferentes colectivos feministas galegos. Estamos dentro da redefeministagalega e participamos nas convocatorias da Marcha Mundial de Mulleres. Por riba de diferentes enfoques e posicións que mantemos respecto a algúns temas como o da prostitución -nos estamos a favor de que as traballadoras do sexo poidan exercer o seu traballo con liberdade e de forma digna- son moitos máis os puntos que temos en común e nestes momentos pensamos que hai que unir todas as forzas para frear a involución de dereitos que semella virnos enriba. Por este motivo participamos nas convocatorias do 8 de marzo que promoven conxuntamente os diferentes colectivos feministas galegos. Desde as institucións pódese facer moito para achantar ou para dificultar este camiño Moito se ten avanzado; pero a igualdade continúa a ser unha utopía? Máis que de igualdade eu falaría de equiparación de dereitos e de posibilidades para toda a diversidade de xéneros e de persoas. E si claro, continúa a ser unha utopía, pero, como todas as utopías, é o que marca o camiño a seguir. Desde as institucións pódese facer moito para achantar ou para dificultar este camiño, con programas de promoción e axuda aos colectivos máis necesitados (casas de acollida, centros de información sexual...) coa introdución do tema nos programas escolares, coa difusión nos medios das ideas que poñan en valor as mulleres e tamén, por que non, con propostas e actuacións de discriminación positiva que permitan avanzar máis rapidamente nesa equiparación. O modelo de familia que promove a lei do Goberno galego é unicamente o de corte nuclear e heterosexual Como valoras o actual papel que están a xogar, no medio da crise, as Administracións públicas neste eido? Coa chegada da dereita, tanto en Galicia como no goberno do Estado, hai unha clara volta atrás. Véxase por exemplo a Lei da Familia do goberno galego. O modelo de familia que promove a lei é unicamente o de corte nuclear e heterosexual, chegando a lamentar a existencia de \"grupos de convivencia que se constitúen con certa analoxía a esta institución\" evidenciando a diferenza entre esta e os que denomina \"núcleos ou grupos de convivencia\". Pero tamén a supresión dos centros Quérote de información sexual, as subvencións da Xunta que priman as entidades antiabortistas... E a nivel estatal aí está a proposta de eliminar a lei de aborto e volver a contemplar só despenalización nalgúns supostos, os intentos de reclamar a receita para a píldora do día despois, a consulta ao Constitucional da lei que permite casar a persoas do mesmo sexo... Como se racha coa idea de que ser feminista é ser 'mala'? Hai unha consigna feminista que di: \"Somos malas, podemos ser peores\". E outra moi vella que aínda me gusta máis: \"As rapazas boas van ao ceo, as malas a todas partes\". Así que non temos problema en que nos chamen \"malas\". Sobre todo se ser mala significa rachar coa idea de muller submisa que acepta sen chiar as ordes ou as apetencias do marido, do pai ou do xefe, e da muller como vítima que precisa da \"protección\" dos homes ou das leis. Cal é a principal loita á que ten que atender o feminismo a día de hoxe? A maiores de evitar a volta atrás no conseguido ata hoxe, hai moito camiño aínda que percorrer. Tanto no interior das casas: eses sutís machismos que relegan as decisións das mulleres ao que decidan os homes da casa e que ven como \"normal\" que sexan as mulleres as que principalmente se ocupen do traballo doméstico e do coidado da familia. E tamén no terreo laboral: as altas taxas de desemprego reducen a fenda pero non rematan coa discriminación e continúa a haber máis mulleres nos postos máis baixos. A retribución das mulleres é un 22%, de media, menor que a dos homes e as mulleres máis formadas soportan máis desigualdade retributiva. Debemos pasar de ver aos homes como os nosos inimigos a velos como parte implicada na loita feminista E hai tamén outros amplos camiños polos que temos que avanzar, debemos pasar de ver aos homes como os nosos inimigos a velos como parte implicada na loita feminista. Este é un longo camiño para nós e para eles pero xa hai moitos homes conscientes de que o que perden como privilexios fronte as mulleres o gañan como persoas. Porque hai que rachar coa visión dunha realidade dicotómica, homes-mulleres, boas-malas, hetereosexual-homosexual. A realidade é moito máis diversa, rica e complicada, non nos valen os estereotipos se queremos cambiala. Edición dixital da revista Andaina"}
{"ID": "NOS_32217", "summary": "A campaña que o BNG ten lanzado neste 2022 co gallo do 8 de marzo ten suscitado unha importante polémica. Nós Diario fala coa viceportavoz parlamentaria e vicerresponsábel de comunicación do BNG, Olalla Rodil, sobre a xestación da mesma.", "text": "Como xorde a campaña do BNG polo 8 de marzo deste ano? Xurdiu cando empezamos a traballar tanto desde o grupo de comunicación como do de acción feminista do BNG arredor do 8-M e de como íamos a enfocar a campaña. Tíñamos claras dúas cousas, en primeiro lugar que non queríamos en ningún caso que pasase desapercibida a campaña no contexto dunha actualidade informativa mediatizada pola Covid e agora pola crise interna do Partido Popular ou a crise de Ucraína, e polo tanto apostamos por unha campaña moi de impacto para que que non pasase desapercibida unha data tan importante para o movemento feminista como o 8 de marzo. Por outra parte, tamén tíñamos claro desde o BNG que queríamos centrar o noso traballo e a idea sobre a que pivotar a campaña en que levamos cen anos, por dicilo así, desde o movemento feminista, loitando polos dereitos das mulleres, e aínda que nos poida parecer que avanzamos moito, porque o certo é que si avanzamos, hai moitísimas cousas que nos seguen demostrando que as mulleres non gozamos de todos os dereitos recoñecidos, de igualdade real e efectiva, e que seguimos sendo discriminadas. Seguimos sendo obxecto de cousificación e hipersexualización, seguimos cobrando menos que os homes por facer o mesmo traballo, seguimos tendo vetados moitos postos de dirección polo teito de vidro, e que temos chans pegañentos. Entón, por esa razón, quixemos facer unha campaña moi provocadora, intencionadamente provocadora, porque ás veces parécenos que as cousas cambiaron moito pero no noso día a día, nos produtos culturais que consumimos, por pór un exemplo, seguimos reproducindo os mesmos estereotipos de sempre. Cal é exactamente a mensaxe que a campaña quere transmitir? Se nos fixamos, a campaña ten dúas ideas, unha parte que foi a que creou polémica nas redes sociais, que usa como recurso a canción de Eurovisión, que todo o mundo coñece, e que sabe a quen pertence, pois é moi coñecida e popular. Usamos ese recurso como vía para poder falar precisamente de que no noso día a día seguimos a sufrir discriminacións e violencias con maior ou menor intensidade, seguimos sendo utilizadas como reclamo para vender hipersexualizando os nosos corpos, en definitiva, para deixar ver que o machismo e a discriminación seguen presentes en todos os ámbitos da vida diaria e que necesitamos un punto de inflexión. Ese punto de inflexión é a outra parte que compón a campaña, as pezas son secuenciais, e a segunda parte incide en que queremos os nosos dereitos, queremos todos os dereitos, e querémolos xa. Non queremos seguir agardando para ser tratadas de modo igualitario e que sexan recoñecidos os nosos dereitos como persoas, que é basicamente a demanda do movemento feminista. Eran conscientes da polémica que ía suscitar? Si. Sabiámolo cando estabamos facendo a campaña. O que queríamos era chamar a atención porque pola propia experiencia doutras campañas que fixo o BNG, ás veces pasan sen pena nin gloria, é dicir, son o esperábel. Unha das marcas do movemento feminista é que non é previsíbel, é incómodo, mete o dedo na chaga, porque temos que meter o dedo na chaga, temos que incomodar o conxunto da sociedade para que vexamos e detectemos que o machismo está presente en todos os espazos da nosa vida con maior ou menor intensidade. Nas películas que vemos, nos libros que lemos, na publicidade que nos chega, tamén por exemplo na industria musical, en todos os estilos e non en un en concreto, en todos eles, desde o pop ao heavy metal, está presente o machismo. Para denunciar isto necesitabamos chamar a atención sobre o conxunto da sociedade e sabíamos que o elemento que estabamos usando serviría para dicirlle a moita xente que na vida diaria hai moitos comportamentos e actitudes que seguen perpetuando o machismo e a desigualdade das mulleres, e que isto non é algo banal nin irrelevante. Como dicía antes, usamos intencionadamente este recurso porque é tremendamente coñecido, e porque se usaramos a letra de outra canción igual a maior parte da sociedade non sabería nin de que lle falabamos. Antes a Covid, e agora temáticas como o conflito en Ucraína ou a crise interna no Partido Popular están diminuíndo os focos postos sobre unha data tan sinalada e importante como o 8 de marzo. Como enfrontan esta situación? Estamos facendo un traballo desde o BNG do que esta campaña é a parte máis visíbel, máis mediatizada, máis de redes; mais alén diso, temos campañas en todas as comarcas, en todas as localidades, e están facéndose actos e imos apoiar tamén as convocatorias do movemento feminista galego. Cremos que necesitabamos romper a apatía para poñer no centro unha data tan importante e tan relevante para o feminismo como o 8 de marzo. É unha data, ademais, na que ten moita relevancia a reivindicación dos dereitos laborais das mulleres traballadoras do noso país e do conxunto das mulleres do mundo, e polo tanto, non queríamos que pasase como unha data rutineira. A análise que facemos desde o BNG é que levamos uns anos cun ciclo de mobilización potentísimo, especialmente desde 2017 até que chegou a pandemia, e con millóns de mulleres nas rúas de todo o mundo e moito seguimento no noso país, mais iso non se traduciu de maneira clara e contundente en modificacións legais que, por exemplo, permitan que as mulleres gocemos dos nosos dereitos e vaiamos camiñando cara adiante na igualdade. Eu poño un exemplo que é moi bo para entender isto, no ano 2017, cando comezaron as mobilizacións potentes do movemento feminista ao fío da sentenza da \"manada\" pola violación da rapaza nos San Fermíns, houbo un compromiso dos gobernos para modificar o código penal e que non puidésemos ver sentenzas como as que vimos, nas que para que haxa consideración de que unha muller é violada esta ten que amosar resistencia, porque se non, simplemente se considera que se comete un abuso sexual. Ben, pois hoxe, en 2022, o código penal segue sendo exactamente o mesmo que cando se produciu o xuízo da manada, pero a sociedade non é a mesma. O que dicimos desde o BNG é que isto vai en slow-motion, vai moi lento, demasiado lento, e non queremos seguir agardando eses cambios e esas promesas diante das demandas que o movemento feminista puxemos na axenda desde hai moitos anos. Necesitamos ver que se fan efectivas e se compren esas reivindicacións, cousa que non está a acontecer en absoluto. Van realizar un acto en Moaña coas alcaldesas e concelleiras do BNG no que tratan de resaltar o papel da muller na sociedade en xeral, e na política en particular. Cree que se ten avanzado nos últimos tempos nestas materias? Desde o BNG o que queremos pór en evidencia arredor da data do 8 de marzo, en primeiro lugar, que para nós o feminismo e as reivindicacións feministas son unha prioridade e unha cuestión de primeira orde e máxima relevancia na acción política. Iso maniféstase nas propostas que facemos e nas iniciativas que defendemos, por exemplo, conseguimos, e eu creo que temos que poñelo en valor, que se modificasen dúas leis aquí na Galiza que foron fundamentais para seguir avanzando nos dereitos das mulleres. Unha delas é a Lei Ángeles Mariño para a igualdade das mulleres científicas e que non teñamos que escoller entre ser científicas ou nais. Outra modificación lexislativa importante é a que introducimos na Lei de violencia machista para que se recollera na Galiza o concepto de violencia vicaria como unha forma máis de violencia exercida contra as mulleres polo simple feito de selo. Demostramos que somos unha organización feminista coas nosas propostas lexislativas, mais tamén o demostramos co papel que cumprimos as mulleres dentro da propia estrutura do BNG. Para empezar somos a única forza na Galiza na que a súa máxima representante, a portavoz nacional, é unha muller, con Ana Pontón. Ademais, demostrámolo co papel que temos as mulleres dentro da dirección política do BNG, no Consello e na Executiva nacional, e tamén, por suposto, no ámbito local e comarcal coas mulleres en primeira liña que temos, nas alcaldías e en outros gobernos nos que participamos, así como coas nosas responsábeis e portavoces locais e comarcais, que aínda non gobernando representan ao nacionalismo galego nos seus concellos."}
{"ID": "NOS_52940", "summary": "O terremoto, de 8,1 na escala Richter, provocou no mínimo seis persoas falecidas e un número indeterminado de feridas.", "text": "Un forte sismo no sur de México, na zona fronteiriza con Guatemala, provocou no mínimo seis persoas mortas, entre elas dúas crianzas, e un número indeterminado de feridas. O terremoto tivo lugar pouco despois da media noite, hora local (sobre as 7.00 en Galiza). O Serviz Sismolóxico Nacional Mexicano indica que a magnitude do sismo chegou aos 8,4 na escala de Richter. O sismo ocorreu 200 quilómetros ao Sudoeste de Tuxtla Gutiérrez, cidade que está a 830 quilómetros da Cidade do México e a case 600 quilómetros da Cidade da Guatemala, as capitais de ambos os países, onde o terremoto tamén foi sentido. É o sismo mais forte rexistrado desde 1985. Ademais, confírmase que o tremor deu lugar á formación dun tsunami, para o cal están previstas ondas de até 3 metros de altura sobre o nivel medio do mar, o que podería afectar toda Amércica Central."}
{"ID": "NOS_6039", "summary": "Os novos contaxios da Covid-19 disparáronse até os 253, o que supón 30 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos manteñen a súa tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva e alcanzan os 2.939. As persoas ingresadas descenden a 199, cinco menos.", "text": "Segundo os datos actualizados na mañá desta sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, hai 43 pacientes Covid en UCI na Galiza, dous máis, e 156 noutras unidades, sete menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee e Ourense, mentres que se alivia nas de Pontevedra e O Salnés, Lugo e Vigo, e mantense nas de Ferrol e Santiago e O Barbanza. Por tanto, na da Coruña e Cee soben a 10 os pacientes Covid en UCI -un máis- e mantéñense en 54 os hospitalizados noutras unidades; mentres que na de Ourense ascenden a 10 o críticos -un máis- e a 17 os doutras unidades -un máis-. Mentres, na de Vigo seguen oito pacientes en UCI e descenden a 29 os doutras unidades -catro menos-; así como na de Pontevedra e O Salnés, onde continúan cinco en críticos e caen a 20 os doutras unidades -tres menos-. En canto á de Lugo, mantéñense catro pacientes Covid en UCI e descenden a oito os doutras unidades -un menos-, mentres que na de Santiago e O Barbanza seguen catro en críticos e 19 noutras unidades. Así mesmo, na de Ferrol continúan dous en UCI e nove noutras unidades. Máis casos activos Os casos activos no conxunto da Galiza aumentaron por terceira xornada consecutiva tras o lixeiro descenso da pasada terza despois de once días en ascenso continuo e alcanzan os 2.939, o que supón 64 máis. Iso débese ao rexistrarse máis contaxios (253) que altas (188). Por áreas sanitarias, soben en cinco: Vigo (+34), A Coruña e Cee (+29), Ferrol (+6), Pontevedra e O Salnés (+5) e Ourense (+2), mentres que descenden nas de Santiago e O Barbanza (-11) e Lugo (-1). A área de Vigo continúa á cabeza en infeccións activas, con 823; seguida da Coruña e Cee, con 728; Pontevedra e O Salnés, con 466; Santiago e O Barbanza, con 339; Ourense, con 263; Lugo, con 210; e Ferrol segue á cola, con 110. Contaxios en aumento No relativo aos novos contaxios disparáronse aos 253, tras superar a barreira dos 200 na xornada anterior con 220, despois de empezar esta semana con 154, baixar a 131 a terza e subir a 188 a cuarta. Galiza confirmou 226 positivos por PCR nas últimas 24 horas, dos que 82 corresponden á área de Vigo; 65, á da Coruña e Cee; 32, á de Pontevedra e O Salnés; 16, á de Ourense; 12, á de Santiago e Barbanza; outros 12, á de Lugo; e sete, á de Ferrol. Fixéronse 8.352 probas, unhas mil máis que as da xornada anterior. A taxa de positividade descendeu lixeiramente a un 2,8%, tras repuntar a un 3,2% a quinta feira, despois de situarse nun 2,3% na cuarta e de iniciar a semana cun 1,2%. Segue, así, por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Galiza acumula 2.379 falecementos de persoas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia, tras notificar Sanidade na quinta feira a morte doutra."}
{"ID": "NOS_58235", "summary": "O Festival de Teatro de Carballo volve logo dun ano \"en pausa\"", "text": "O Festival Internacional Outono de Teatro regresa ás táboas despois dun ano \"en pausa\" polas restricións derivadas da pandemia. O FIOT retomará este outono a súa programación de espectáculos e actividades para celebrar a súa trixésima edición. O vínculo coa escena local da pé a ser fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, mais non é o único proxecto que promove: é unha das fundadoras de Producións Teatrais do Sur (Tanxarina, Teatro do Morcego e Teatro de Ningures) e coa súa compañía impulsa a primeira co-produción teatral galego-portuguesa: Terra de Lobos. O festival manterá viva a chama da posta en valor e recoñecemento de figuras imprescindíbeis do sector cultural galego. É o caso de Casilda García Alfaro. A actriz recibirá este ano o premio Xograresa de Outono, galardón que salienta a traxectoria de profesionais das artes escénicas e que outorgan os premiados de anteriores edicións. Nesta ocasión, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar a calidade de García Alfaro como intérprete, así como o seu compromiso empresarial e noutros ámbitos da escena, como o seu papel na organización da Mostra de Cangas. Silda, como é coñecida no sector, recollerá este outono o testemuño do escenógrafo Carlos Alonso, galardoado no FIOT en pausa do pasado 2020. Silda é impulsora de diferentes proxectos relevantes para o teatro galego. Inicia a súa traxectoria teatral en Coiro (Cangas), a finais dos 70, no grupo amador Matamoura. Uns anos despois, participa na creación de Teatro de Ningures, no que permanece na actualidade. O vínculo coa escena local da pé a ser fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, mais non é o único proxecto que promove: é unha das fundadoras de Producións Teatrais do Sur (Tanxarina, Teatro do Morcego e Teatro de Ningures) e coa súa compañía impulsa a primeira co-produción teatral galego-portuguesa: Terra de Lobos. Ao longo da súa traxectoria, a Xograresa de Outono 2021 participou en case 40 espectáculos (tamén con Teatro do Morcego, Balea Branca, Centro Dramático Galego e Contraproducións), nos que interpretou personaxes do teatro clásico e contemporáneo, e tamén de recibir galardóns: é o caso de A noite das tríbades, de Teatro do Atlántico, pola que gaña o Premio María Casares á mellor actriz protagonista. Nestes últimos anos, García Alfaro compaxina o seu traballo sobre as táboas coa dirección (Defensa da vila. María Soliña), o profesorado (Aula de Teatro da Universidade de Vigo) e a vicepresidencia do Consello Editorial da Revista Galega de Teatro. O pasado 2020, o certame organizou unha edición \"en pausa\", coa intención de retomar a súa actividade habitual en 2021. Con todo, FIOT presentou unha programación na que se puideron ver celebradas obras como Prostitución ou Curva España, e na que destacou a integración da cultura dixital e audiovisual coa escena."}
{"ID": "NOS_57643", "summary": "A solicitude de Iberdrola ao Ministerio de Transición Enerxética para instalar dous parques eólicos mariños fronte ás costas galegas representa un paso decisivo para a xeración enerxética con esta tecnoloxía. Ao tempo, outros operadores do sector, entre eles o galego Greenalia, traballan en proxectos semellantes a executar noutros puntos do país. As iniciativas chegan nun momento de grandes incentivos públicos á produción renovábel, a través de programas como o Next Generation e cando o Executivo español traballa na elaboración dun plan para o desenvolvemento da eólica mariña.", "text": "Iberdrola ten postos os ollos no Cantábrico galego para botar a andar os seus dous primeiros proxectos de eólica mariña no espazo peninsular. A este respecto, a multinacional de orixe vasca ten comezado diante do Goberno do Estado os trámites para a avaliación ambiental dos denominados parques de San Brandán e San Cibrao. Neste sentido desde o Ministerio de Transición Enerxética sinalan que \"o resultado deste proceso é un informe de alcance ambiental elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que estabelecerá o contido que, a xuízo da Administración, debe conter o estudo de impacto ambiental que deberá presentar o promotor cando realice a solicitude de autorización administrativa\". O complexo eólico mariño de San Brandán situaríase a 12 quilómetros das costas de Ortegal e disporía dunha potencia instalada de 490 megawatts. O designado como parque eólico de San Cibrao atoparíase a 16 quilómetros desde a liña de terra do concello mariñán de Cervo e contaría cunha capacidade de xeración análoga ao de San Brandán. Os proxectos, presentados por Iberdrola ao programa Next Generation para beneficiarse das axudas públicas procedentes dos fondos comunitarios, desenvolveríanse conforme a coñecida como tecnoloxía eólica mariña flotante, diferente da denominada eólica mariña fixa. A localización prevista por Iberdrola para estas instalacións eólicas coincide cunha das áreas propostas pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías da Galiza (Asime). Un documento elaborado a instancias da patronal galega do metal sinala as zonas de costa da Mariña-Xove, Punta Langostaira-Sabón e Val Miñor-Atios como as máis axeitadas para este tipo de complexos. Segundo Asime, a súa escolla ten en conta \"a batimetría, profundidade do leito mariño a 15, 60 ou 100 metros, marcando o tipo de tecnoloxía a implantar, a existencia de rede con capacidade suficiente para a evacuación da enerxía xerada, dispoñibilidade de suficiente recurso eólico, e proximidade a grandes polos consumidores/industria electrointensiva\". A eólica mariña flotante O biólogo Ramón Varela sinala que \"a eólica mariña flotante, localizada lonxe da costa, en zonas acoutadas e sen especial interese natural ou protexido, pode ser unha alternativa á enerxía eólica terrestre e aos impactos que esta xera. Chega unha superficie como a do concello de Fonsagrada no mar, é dicir pouco máis de 400 quilómetros cadrados, para ter un parque eólico dunha potencia equivalente ou superior á metade da potencia eólica actual que temos en terra\". Ademais, lembra que \"a eólica flotante parece ter menor impacto comparado coa eólica mariña fixa, xa que apenas se invade o fondo mariño\". \"A forza dos parques mariños multiplica varias veces a dos parques en terra\", continua Varela, quen lembra que \"as infraestruturas eólicas mariñas en alta mar ou lonxe da costa parecen ofrecer varias vantaxes con respecto a eólica terrestre. Alí os ventos aínda son máis constantes, rápidos e seguros, polo que ocasiona maior rendemento enerxético e maior produción. O impacto visual e o ruído son menores, xa que os muíños non se distinguen desde terra. O desenvolvemento e construción destes parques é máis rápido por ter unha estrutura máis lixeira. Ademais, no caso galego, ofrece posibilidades de reorientar a industria naval local para a eólica flotante e mesmo Navantia Fene xa é un construtor de referencia mundial destas estruturas para augas intermedias e profundas\". \"Como alternativa industrial para Ferrol, chega tarde\", afirma rodríguez Varela considera que \"nas rías e no litoral, nas proximidades da costa, é acertado prohibir estes parques de eólica mariña fixa\". En relación coa eólica mariña flotante entende que \"a Administración debería ter presente unha serie de consideracións previas, como a ordenación do territorio mariño, fixando lugares adecuados e concretos que non interfiran con zonas protexidas ou de interese ecolóxico, coa pesca, con rutas marítimas e de recreo ou comerciais\". Na mesma liña, reclama \"resolver problemas anexos aos parques como o trazado das liñas de cables de transmisión da enerxía á costa para conexión á rede e localización da subestación eléctrica, en consulta coas comunidades locais\". Os problemas do actual modelo enerxético \"Galiza non pode seguir instalando sen límite e a calquera prezo sistemas de produción eléctrica, sexa eólica mariña, hidróxeno ou bombeo que unicamente serven a intereses multinacionais\", afirma Varela, quen sinala \"se non pomos condicións, acabaremos producindo non só para o Estado senón tamén para Europa, sen teito ningún. Non debemos esquecer tamén que a eólica mariña é a xeración de enerxía máis intensiva en cobre\". Neste sentido, reclama que o desenvolvemento da eólica mariña require \"cambios en aspectos económicos, con emprego sostíbel para a poboación, en particular a nivel local, participación pública nos beneficios, para que non suceda o dos parques terrestres e indemnizacións, se fose preciso\". A este respecto lembra que \"en Portugal indemnizaron os pescadores\". O economista da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Adrián Dios defende a Nós Diario \"as posibilidades da eólica mariña mentres non afecte negativamente a outros sectores\". \"É un mercado potente porque na Galiza temos empresas de pas e ben situadas no sector como Navantia e aí poden abrir unha vía de negocio. Porén, desde a perspectiva do mercado eléctrico non son optimista porque moitas das tecnoloxías están en fase de aprendizaxe\". \"Se cadra desde o punto de vista galego non ten tanto interese e deben ser outras áreas do Estado quen deben esforzarse máis na transición enerxética\", conclúe Dios. O especialista en materia pesqueira da USC Gonzalo Rodríguez amósase preocupado polo seu impacto noutros sectores de actividade como a pesca. \"Hai unha cuestión de oportunidade. Se se formula como unha alternativa industrial para o naval de Ferrol, chega tarde, pois isto había que facelo na década dos 80, como fixo a cidade alemá de Bremen, que reconverteu naquela altura os seus estaleiros e hoxe é a capital mundial da industria da eólica mariña\". Ademais, opina que se trata dunha \"aposta de valor engadido moi baixo que xera moi pouco emprego e que entra en contradición con outras actividades como a pesca, unha industria que si produce moito valor engadido na Galiza\". A especialización produtiva da Galiza O proceso de implantación da eólica mariña na Galiza ten aínda un longo treito por diante. Malia que as decisións das últimas semanas -de maneira significada a solicitude de Iberdrola e os acordos do Executivo español e galego- adiantan movementos na introdución desta tecnoloxía de xeración enerxética, os expertos consultados por Nós Diario destacan que fica un longo camiño por percorrer. A este respecto, lembran que só poden instalarse parques mariños de 50 megawatts de potencia e que o Estado español aínda non ten aprobados plans de ordenación do espazo marítimo, onde se fixan as localizacións para este tipo de instalacións. As referidas iniciativas no ámbito da eólica mariña conducen necesariamente á especialización produtiva da Galiza na esfera enerxética. Malia que o debate é obxecto dunha abondosa bibliografía na esfera económica, o empuxe actual aos proxectos de eólica terrestre volve cuestionar o beneficio económico, social e ambiental dun modelo que moitos analistas ligan ás formacións sociais subdesenvolvidas. O profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Adrián Dios cuestiona os beneficios da especialización produtiva da Galiza na xeración eléctrica. \"Galiza ten unha matriz produtivista dentro da organización económica española, cunha unha posición subordinada, onde estamos encargados de producir electricidade para fornecer a Madrid, malia ser excedentarios\", afirma Dios, quen sinala que \"non deixa de ser curioso que se afonde na especialización produtiva no ámbito enerxético cando o sector industrial ligado ao mesmo está en proceso de desmantelamento\". \"Tal e como funciona o sistema tarifario español, para Galiza non hai ningunha vantaxe de exportar electricidade\", conclúe Dios en conversa con Nós Diario."}
{"ID": "NOS_32665", "summary": "A reforma radical da selectividade que prepara o Goberno estatal xera múltiples críticas por parte da comunidade educativa, que lamenta a ausencia de diálogo e cuestiona se o modelo que se propón será o axeitado para regular o acceso do estudantado galego á universidade.", "text": "Curso novo, regras novas. O Ministerio de Educación traballa nunha reforma radical da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), coñecida antano como selectividade, que non deixa ninguén indiferente. Sucédense as críticas desde diferentes sectores da comunidade educativa, principalmente, pola falta de negociación deste borrador. \"A pasada semana tivemos unha xuntanza da Mesa Sectorial e non se nos advertiu desta proposta. Se ben aínda é un borrador, vemos como o Ministerio toma unha decisión desprezando inicialmente a voz do profesorado e as familias, só escoitou as comunidades autónomas\", lamenta, en conversa con Nós Diario, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, que fai unha valoración inicial do documento cualificándoo de \"despropósito\" pola forma na que se presenta. Precisamente, esta segunda feira a ministra, Pilar Alegría, anunciou que en setembro crearán os grupos de traballo para estabelecer o \"deseño e corrección\" da futura Abau xunto aos Gobernos territoriais e universidades. \"É só un documento de traballo e recolleremos as achegas\", dixo. Un artigo de Marilar Aleixandre publicado en 'Nós Diario' entra no exame de Lingua Galega da selectividade Mais na mesma liña que Bermello apunta o presidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, que advirte que o feito de presentar un borrador sen negociación previa é algo \"ao que comeza a acostumarnos\" un Ministerio \"que non ten competencias pero se empeña en telas\", dado que a Educación é unha responsabilidade transferida aos Gobernos territoriais: \"Debe determinar liñas xerais, non pode avanzar tanto como o fai sistematicamente. Mais é o que temos, e non hai demasiada protesta tampouco por parte da Xunta\". Unha proba xeral para avaliar todas as destrezas A reforma será gradual, polo que entre os cursos 2023-24 e 2025-26 producirase unha \"transición\" do actual modelo ao novo. Neste tempo, a Abau constará de dous exames comúns, de Historia de España e Historia da Filosofía; unha proba única de \"madurez académica\" na que se integrarán as destrezas das materias xerais —nomeadamente as linguas castelá, galega e inglesa, con preguntas \"fechadas ou semiconstruídas\" formuladas nos tres idiomas, alén doutras tres cuestións a desenvolver polo alumnado—, e un exame da materia obrigatoria da modalidade do Bacharelato. Cada un destes catro exames representará un cuarto da cualificación final. A idea é que, a partir do curso 2026-27, se manteña esa proba da materia propia de cada modalidade, que computará 25%, e o resto de materias queden agrupadas nun mesmo exame para avaliar todas as destrezas adquiridas no Bacharelato. Desaparecerá, por tanto, o exame de Lingua Galega e Literatura. O idioma do país seguirá presente, iso si, en parte desas preguntas da \"proba de madurez\" que compartirá co castelán e o inglés. \"Formular preguntas a desenvolver en inglés vai en contra do propio sistema educativo, xa que hoxe nin para acceder á docencia nin na propia selectividade ou o Bacharelato se require desenvolverse cun alto nivel nunha lingua estranxeira alén da propia materia\", precisa Bermello, que afea que o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, non tentase \"defender o galego\", e falase de \"uniformizar a corrección dos exames\", algo que, apunta o secretario nacional do sindicato maioritario do sector, \"xa quixeran milleiros de opositores da Galiza, onde a Administración é incapaz de dar un mínimo de rigor e coordinación nos diferentes tribunais\". Estas son as carreiras universitarias con máis 'saída' profesional na Galiza A obriga de desenvolver preguntas en lingua estranxeira tampouco convence Lacaci, que ve \"ridículo\" este exame en tres linguas diferentes: \"É o papanatismo dos novos tempos\". Neste senso, máis dun cento de docentes de Lingua Inglesa veñen de remitir unha carta ao conselleiro de Educación solicitando simplificar o exame desta materia na Abau, que recibiu este ano múltiples críticas polo seu \"progresivo endurecemento\" até tornar nunha das probas máis exixentes do Estado español. Así, Lacaci cre que o Ministerio, \"se quere arranxar os problemas da Abau, ten que facer un control do nivel de dificultade, porque non é o mesmo, en absoluto, aquí que noutros territorios do Estado\". O presidente de Anpas Galegas, con todo, cre que este borrador si ten un aspecto positivo: a fin da 'memorización'. \"Co sistema actual só se premia o 'chapón' da aula, e unha proba de acceso debe contemplar aspectos como a comprensión e asimilación de conceptos e a aplicación desas destrezas\", subliña. Ao entender de Bermello, a reforma supón un \"bandazo\": \"Pasamos dun extremo, a memorización total, ao outro, e a memoria tamén ten que xogar un papel importante. Os bandazos nunca son bos\". É un bo modelo a selectividade? Fernando Lacaci cre que o novo modelo da Abau non resolverá os problemas que arrastra de lonxe: \"A pregunta de fondo é para que queremos unha proba de selectividade? Para situar o alumnado nun ránking? Ao final estamos vendendo aquelas profesións que por razóns externas ven restrinxida a súa oferta\". Porén, recoñece que se trata dun tema \"moi complexo\" e sen unha \"solución clara\", pois fialo todo ao Bacharelato tamén provocaría desigualdades: \"A exixencia á hora de avaliar non é a mesma no ensino público e o privado, e ten lóxica, pois quen paga pola educación busca resultados\", indica."}
{"ID": "PRAZA_20808", "summary": "O filme, dispoñible nas salas comerciais da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Caldas de Reis e O Barco de Valdeorras, estreouse o pasado 18 de decembro e colocouse como a segunda película máis vista nas salas de cine galegas, só superada por Wonder Woman 1984", "text": "'Ons', a longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza, pode verse dende este venres en salas comerciais das sete cidades galegas, ademais de vilas como O Barco de Valdeorras ou Caldas de Reis. Na súa cuarta semana de exhibición, o filme chega aos Cines Pontevella de Ourense e aos Cinexpo de Pontevedra, cidades nas que aínda non se estreara. Tamén se incorpora ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, que a proxectará o 8, 9 e 10 de xaneiro, e ao Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que a proxecta os días 6, 7 e 8 de xaneiro. Ademais, grazas á súa boa acollida por parte do público, mantense nas carteleiras dos lugares nos que xa se estreara.O filme pódese ver nas salas comerciais da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Caldas de Reis e O Barco de ValdeorrasAdemais, o equipo do filme continúa a facer presentacións por toda a xeografía galega. Alfonso Zarauza acompañará a proxección de Ons en Ourense o sábado 9 ás 20h cunha presentación e coloquio nos Cines Ponte Vella, na compaña do produtor Xavi Font, e o domingo farao no Cine Salesianos de Vigo, na última sesión das 20h, acompañado dun dos actores protagonistas, Antonio Durán 'Morris'. Ademais, a sala NUMAX de Compostela acollerá dúas presentacións co director nas sesións do 8 de xaneiro ás 17h e o 14 de xaneiro ás 18:30h.'Ons' estreouse o pasado 18 de decembro e colocouse como segunda película máis vista nas salas de cine galegas, só superada por Wonder Woman 1984'Ons' estreouse o pasado 18 de decembro e colocouse como segunda película máis vista nas salas de cine galegas, só superada por Wonder Woman 1984 nos cinemas dos centros comerciais. O público respondeu así de forma moi positiva á estrea deste filme en lingua galega, que se manterá na maioría das salas despois das festas. A longametraxe repite o éxito acadado nos últimos anos por outros filmes en lingua galega, como 'O que arde' ou 'A Esmorga'.Nesta entrevista, publicada en Praza.gal días antes da estrea do filme, Alfonso Zarauza destacaba que \"na película é moi importante a idea do que se ve e o subterráneo, o que se conta e o que se oculta\"A longametraxe repite o éxito acadado nos últimos anos por outros filmes en lingua galega, como 'O que arde' ou 'A Esmorga'O filme, coproducido con Portugal e ambientado na Illa de Ons, é un drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán 'Morris'. Interpretan un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons e que cruza o seu destino co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias. Na banda sonora do filme destaca a canción 'Na cela' do grupo de Carballo Chicharrón, que adapta un poema de Antía Otero.Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014)Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra."}
{"ID": "PRAZA_2491", "summary": "O alcalde de Becerreá fica suspendido temporalmente de militancia e os socialistas lucenses reclaman que o Pacto Antitransfuguismo actúe contra el e mais contra o PP de Lugo. O rexedor acusa a súa formación de \"enganalo\" e di ter a intención de permanecer na Deputación todo o mandato.", "text": "O PSOE pon en marcha o proceso para expulsar o alcalde de Becerreá. O incendio político xerado en torno á Deputación de Lugo dende que, o pasado xuño, Manuel Martínez decidise entregarlle o goberno da institución ao PP ao non ser aceptado polo BNG como presidente pola súa imputación pola xestión dunhas obras, non se apagou, nin de lonxe, coa moción de censura que converteu en presidente ao socialista Darío Campos. Despois de comezar a executar a súa vinganza contra o Bloque unindo de novo os seus votos aos do PP para retirarlles aos nacionalistas media dedicación exclusiva e os asesores, Martínez admite os seus contactos cos populares e asegura que, agás \"enfermidade grave\", a súa intención é teimar na mesma postura durante todo o mandato. Por iso o seu partido tenta expulsalo e, ao tempo, envíao xunto ao PP ao Pacto Antitransfuguismo. Xusto despois de que, durante máis dunha hora, Martínez expuxese en rolda de prensa a súa versión dos feitos e admitise, asemade, as xuntanzas coa voceira do PP que reflicten as fotografías saídas á luz púlica este xoves, os restantes dez membros do Grupo Provincial Socialista, co presidente á cabeza, anunciaron a súa intención de promover a expulsión. A razón, indican, non é outra que está a \"dificultar\" deliberadamente a \"acción do goberno\". Agora serán os órganos do PSOE os que teñan que resolver o proceso, contra o que Martínez poderá alegar durante os próximos dez días e durante o cal fica \"suspendido de todos os dereitos\" como militante. Asemade, os socialistas elevan o caso á comisión de seguimento do Pacto Antitransfuguismo para esixir actuacións contra Martínez pero tamén contra o PP lucense que, din, se está a \"apoiar nun tránsfuga\". Martínez admite as xuntanzas co PP \"Eles verán se o tránsfuga son eu ou son eles\", reta, pola súa banda, Martínez, quen xustifica a súa unión co PP por segunda vez na súa aposta por \"non beneficiar en nada ao Bloque\". El, afirma, falou nos útimos meses \"con todos\" os membros do PP que quixeron facelo e tamén coa agora coa líder popular, Elena Candia, con quen efectivamente tomou \"un café\" na área de servizo do Corgo. \"E non era a primeira vez\", xa que o primeiro encontro se produciu antes da votación da moción de censura, o pasado outubro. O rexedor indica que falou con Candia sobre \"o tema da organización\" xusto antes de votar co PP por segunda vez Segundo o relato de Martínez, aínda como presidenta Candia \"díxome que me ían enganar e xogamos unha comida: se me enganaban, pagaba eu; e se non me enganaban, pagaba ela. Parece ser que teño que pagar eu\" e \"o día que se faga esa comida, non teño inconveniente en avisar para que fagades fotos de boa calidade\", ironizou ante a prensa. Na segunda xuntanza, xa con PSdeG e BNG no goberno, Candia \"preguntoume cal era a miña postura a respecto do tema de organización [o reparto de dedicacións e asesores] e eu deixei claro que todo aquilo que puidese beneficiar ao BNG, non o ía votar\". Acto seguido, o seu voto uniuse ao dos conservadores. Martínez proclámase \"enganado\" ata en \"catro\" ocasións. A última, di, cando os seus compañeiros lle deron \"todo tipo de garantías de que eu ía estar na Xunta de Goberno e ía ter\" a xestión da área \"de Parque Móbil e Vías e Obras\". Esa inclusión na Xunta de Goberno, que finalmente o Bloque non aceptou, foi o que provocou que el renunciase tamén ao resto de responsabilidades, segundo o presidente da Deputación. Correo á militancia Martínez xustifica a súa unión co PP porque non foi incluído na Xunta de Goberno da Deputación A mesma versión ofrecida aos xornalistas trasladouna Martínez este venres á múltiples membros do PSdeG lucense a través dun correo electrónico a cuxo contido tivo acceso Praza Pública. Nesa comunicación Martínez inclúe o que, di, é \"o acordo\" no que se baseou a moción de censura, \"asinado por todos os deputados provinciais diante de máis de 40 persoas\". Segundo o alcalde de Becerreá, fica claro que \"sempre antepuxen os intereses do partido aos persoais\", así como o \"incumprimento claro e manifesto por parte do goberno bipartito no acordo relativo á miña inclusión na Xunta de Goberno\". Todos estes movementos, asegura Martínez, fainos \"como socialista que fun e seguirei sendo, pois non penso abandonar o partido, do que me sinto profundamente orgulloso e no que levo militanto tantos anos\"."}
{"ID": "NOS_15665", "summary": "Defender os dereitos das persoas con síndrome de down e pular por unha sociedade formada, educada en valores, respectuosa, plural e inclusiva, son os eixos da Federación Down Galicia. O seu presidente, Delmiro Prieto, sinala a Nós Diario os retos máis urxentes diante dun novo 21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.", "text": "Non foi até 2011 que a ONU designou o Día Mundial do Down. Como foi a loita pola defensa das persoas con esta síndrome na Galiza ao longo dos últimos anos? Deuse un paso importante nos últimos tempos, desde que emerxeu unha forte rebeldía ante o panorama ao que se tiñan que enfrontar as persoas con síndrome de down, diante do futuro que as agardaba. Díxose \"non\", dixemos que aquel futuro marcado non podía ser para as nosas fillas e fillos, un futuro que pasaba polo asistencialismo e a institución. Excluíanas da sociedade, ficaban condenadas a non saír á rúa, a ir a espazos concretos e a centros educativos segregados e de educación especial... Plantámonos e empezamos a traballar noutra liña. E déronse resultados. O índice de analfabetismo, por exemplo, hai trinta anos na poboación galega con síndrome de down era de 98% e hoxe está practicamente erradicado. Esa foi esa a nosa primeira loita cando en 1998 creamos a Federación baixo o obxectivo de aglutinar as asociacións que en toda Galiza se creaban naquela altura para traballar e loitar pola defensa dos dereitos das persoas con esta síndrome. A pesar dos anos, o ensino segue a ser a nosa principal reivindicación, pois entendemos que a educación é fundamental para transformar o mundo. Ten que xerminar ese modelo de sociedade ao que temos que aspirar: unha sociedade formada, educada en valores, respectuosa, plural e inclusiva. Como valora a situación actual no ensino? Pouco a pouco foise producindo a integración, mais outra cuestión distinta é a inclusión educativa. Moitas veces confúndense ambas. A inclusión non pode estar suxeita á vontade do profesorado, e debe haber unha lexislación clara e concreta que a promova, é dicir, todo o contrario do que fixo a Lomce. Teño a esperanza de que se produza a derrogación dos aspectos lesivos para a educación inclusiva que supuxo esta lei. A Lomce é o exemplo claro de lei antieducativa, pois é mercantilista, segregadora e excluínte. Mercantilista, porque fala de competencia, mais non de competencias intelectuais, senón de competencia focada ao mercado. Así, vemos como os itinerarios e reválidas que impón forman parte dun primeiro paso que conducen o alumnado á exclusión, fóra da ensinanza común. Cos itinerarios vanse elaborando grupos e expulsando persoas con necesidades específicas cara á educación especial, a cal é segregadora. Hai que derrogar eses aspectos da Lomce polo ben da sociedade. E no laboral? Teño que dicir que levamos unha grata sorpresa sobre todo por parte da iniciativa privada. Para que unha persoa poida dispor dunha certa autonomía e cumprir os seus soños e obxectivos ten que poder ter recursos, os cales veñen do mundo do traballo. Mais para chegar a esa etapa da vida hai que previamente desenvolver unha actividade moi intensa, empezando desde o minuto cero do nacemento, coa atención temperá, a estimulación, a educación, a formación prelaboral... O certo é que a empresa privada se está a implicar para que as persoas con síndrome de down formen parte do tecido produtivo. Na Administración pública houbo que demandalo e, por primeira vez, o ano pasado sacáronse prazas en oposicións. Isto tivémolo que falar coa vicepresidencia da Xunta, e logrouse. Imos conseguindo cousas, facendo camiño, mais aínda falta moito para a normalización. En canto ás persoas da terceira idade, co aumento da esperanza de vida, cales están a ser as principais demandas? As expectativas de vida cambiaron no conxunto de sociedade e tamén para as persoas con síndrome de down. Nós desenvolvemos o programa \"Envellecemento activo\", para que, de forma preventiva, se poidan detectar casos de doenzas como o alzhéimer. Apúntase a que as persoas con síndrome de down teñen certa tendencia a poder desenvolver alzhéimer. Sabendo isto, tratamos pois de antepornos a esas circunstancias. En canto ás residencias para maiores, se hai que incorporarse a unha, queremos que sexa pública e común, é dicir, ao igual que no ensino, non avogamos por residencias especiais nin que haxa segregación."}
{"ID": "NOS_9428", "summary": "A Plataforma en defensa da Ría de Arousa pide a retirada do ante-proxecto da Xunta. Facilita a entrada da piscicultura a escala industrial e das grandes multinacionais en detrimento dos sectores tradicionais, denuncian.", "text": "A Plataforma en defensa da Ría de Arousa (PDRA) presentou, en representación dunha vintena de confrarías, organizacións de mexilloeiros e agrupacións de mariscadoras, unha alegación contra o ante-proxecto de Lei de Acuicultura elaborado pola Xunta. Piden a retirada dun documento que, inciden, non foi falado nin consensuado cos sectores produtivos do mar galego. É máis, indican os detractores do ante-proxecto, esta lei faise de costas á realidade de Galiza. Mais, que propón este ante-proxecto que a Consellería do Mar defende como beneficioso e necesario? Confrarías, frota arteasanal, bateeiros e mariscadoras semellan telo claro: \"paro e contaminación\". Estas foron as dúas palabras repetidas hai uns días na comparecencia conxunta de representantes e portavoces de diferentes sectores do mar para rexeitar o proxecto. Privatizar o mar A lei asume un punto de vista propio do 'neo-liberalismo', denunciaban os bateeiros (mexilloeiros) dunha asociación de Vilaxoán, establecendo un articulado e unhas normas que implican facilitar que nas rías galegas desembarque a piscicultura intensiva a unha escala industrial e a entrada de grandes multinacionais do sector. E is provocará, como explicaron desde a PDRA e os sectores do mar, un forte golpe e graves prexuízos para actividades como a pesca de baixura, o marisqueo ou o cultivo de mexillón. \"É privatizar o mar, poñerlle un S.L ou un S.A ás rías galegas\". O borrador da lei procura, consideran confrarías e demáis sectores, \"favorecer os intereses das grandes empresas\". Para iso, póñense as bases legais e administrativas que permitan que estes grandes grupos se vaian introducindo en detrimento dos sectores tradicionais. A Acuicultura Industrial utiliza produtos farmacolóxicos e piensos non naturais. Iso implica un deterioro ambiental do medio mariño. Ademais, prohíbese a pesca no ámbito deses estabelecimentos acuícolas e contaminarán os recursos marisqueiros e pesqueiros da zona. Onde se ubica a acuicultura industrial só fica acuicultura industrial. O PP fica só apoiando esta lei Esta semana Vilagarcía acolleu un debate sobre a Lei organizado pola PDRA e que contou coa presenza de representantes das diferentes organizacións que concorren ao 20-D. Nós, En Marea, PSOE e Ciudadanos. O PP estaba convidado e embora confirmar asistencia, a última hora descolgouse. O resto das formacións comprometéronse ante os representantes do sector e o público asistente a traballar para que o proxecto elaborado pola Xunta non saíse adiante."}
{"ID": "NOS_18044", "summary": "Trasladábame aí atrás o meu vello amigo e entusiasta da nosa lingua, César Varela, a súa ledicia. Escoitara unha muller do Irixo exclamar Favo de mel! para expresar o boa que era unha situación. \"Canto mellor que ese madrileñí Miel sobre hojuelas!\", reflexionaba o César.", "text": "Efectivamente, aínda que favo está rexistrado nos dicionarios galegos dende moi atrás -xa en Sarmiento- e mesmo no actual da Academia Galega ('Conxunto de pequenos compartimentos hexagonais, elaborados con cera, onde as abellas depositan o alimento e os ovos ' ou 'cada un deses compartimentos') eu non o tiña escoitado nunca directamente. Sinto tamén a alegría do meu amigo. Favo é palabra galegoportuguesa, e quen quixer ouvir unha canción brasileira chamada precisamente Favo de mel pode chiscar aquí. En galego temos distintas palabras sinónimas de favo; covo, trobo, cortizo, colmea… Quer utilicemos a expresión Favo de mel! quer a de Por riba de mel filloas! para gabarmos algo -ou para empregala ironicamente- debemos falar do nome deses doces galegos tan coñecidos e aprezados que, baixo diversas receitas e denominacións, tamén se poden atopar en moitas partes do mundo: as filloas. A palabra filloa provén do latín fŏlĭŏla, diminutivo de fŏlĭa, é dicir é unha folliña, unha lámina feita ao fritir na tixola (ou na pedra filloeira, orixinalmente) o amoado basicamente feito de leite ou auga, fariña e ovo (e para ben ser algo de caldo). A palabra galega, en normal evolución, debería resultar folloa mais unha disimilación —é dicir unha diferenciación de vocais iguais— mudou o primeiro o nun i. As veces nalgunhas bisbarras o nome é filló (e o plural fillós ou filloses). Mais, ollo! que en portugués as fillós, tradicionais no tempo do Nadal, equivalen ás nosas orellas e as fillós de forma fanse cun molde metálico de determinado feitío. como por exemplo as flores. Hai quen utiliza a palabra freixó como equivalente de filloa e quen reserva esa denominación para as filloas de sangue ou ben para as máis grosas, feitas cun amoado compacto e con torresmos. Resulta elocuente que este último prato reciba nalgunhas partes o nome de afartacáns. E, rematamos con outra masa en follas, esta vez de pastelaría. Lembremos que o castelanismo hojaldre é en galego follado (en portugués massa folhada). Aínda que tamén se lle chama follado á filloa grosa que —vai ti saber se por aparentar máis gorda— recuperou o seu o."}
{"ID": "NOS_53006", "summary": "O crítico de libros de Sermos vén de publicar no seu blog os tres mellores libros galegos de 2015: 'Cabalos e lobos' de Fran P. Lorenzo en novela; 'Seique' de Susana Sánchez Aríns en poesía e 'Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural', de Antón Figueroa, en ensaio.", "text": "De 'Cabalos e lobos' (Xerais) Regueira non só a considera a mellor novela do pasado ano, senón tamén \"unha das máis destacadas do último lustro da literatura galega\". Da novela do vigués Fran P. Lorenzo, tamén unha das máis vendidas do pasado ano, destaca que é \"unha obra cun inicio espectacular e un ritmo absolutamente envexábel que consegue mergullarnos nunha historia na que o paso das guerras e da represión franquista enmascara un pasado familiar que iremos descubrindo pouco a pouco\". No caso da poesía, Regueira elixiu 'Seique' (Através) de Susana S. Aríns, un libro híbrido que \"aborda as cuestións da memoria e do legado da guerra civil española dunha forma completamente innovadora para a literatura galega\". E no eido do ensaio, a escolla de Regueira foi 'Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural', de Antón Figueroa (Laiovento). Nel o catedrático de Literatura Francesa da USC \"recompila unha parte importante dos seus artigos dos últimos anos, a maior parte deles referidos coherentemente a unha perspectiva sociolóxica sobre o desenvolvemento das culturas, e especificamente de culturas periféricas ou subalternas como a galega\"."}
{"ID": "PRAZA_9842", "summary": "Villares considera a alianza con Compromís como un \"bo acordo\" e dá por \"seguro\" que Senra logrará escano nos comicios do 26M", "text": "No primeiro día da campaña das eleccións xerais En Marea despexa unha das incógnitas que pairaban dende as primarias da formación: a fórmula de concorrencia á eleccións europeas do 26 de maio. Unha vez desbotada a posibilidade de secundar a Unidas Podemos, plataforma coa que tampouco participa nas xerais do 28A, Luís Villares confirmou este venres que a alianza na que se integrarán é a liderada por Compromís, candidatura na que Lídia Senra ocupará a segunda posición.Villares considera a alianza con Compromís como un \"bo acordo\" e dá por \"seguro\" que Senra logrará escano nos comicios do 26MSenra situarase así na candidatura á Eurocámara por tras de Jordi Sebastià. O gañador das primarias de Compromís encabeza unha candidatura na que, confirma Villares, participan tamén Equo, a Chunta Aragonesista e a formación balear Més per Mallorca, entre \"outras forzas\" dunha \"gran coalición comprometida con todas as nacións do Estado\" e a \"construción social de Europa\", en verbas de Villares.A xuízo do voceiro de En Marea \"levar a segunda posición nesta coalición de carácter estatal\" permite \"situarnos como actor político relevante dentro do Estado\", pero tamén, considera, ter \"segura\" a \"representación\" na Eurocámara de 2019 a 2024. É unha \"moi boa posición\", resalta que se pechou tras unha negociación que remata cun \"bo acordo para todas as partes\" liderado por Compromís, formación \"irmá\" coa que En Marea aspira a \"referenciarse\" a nivel de Estado.As primarias de En Marea para os comicios europeos do 26M situaran como número 1 a Senra, que na lexislatura europea que agora remata foi eurodeputada por AGEe, siglas baixo as que Anova se integraran na candidatura A esquerda plural, na que ocupara o número 5. Por tras dela as eleccións internas de En Marea ubicaran a Sandra Pesqueira, Xoán Hermida, Celsa González e José Manuel García; previsiblemente integraranse agora noutros postos da coalición con Compromís.A circunscrición española repartirá 54 ou 59 escanos o 26M en función do momento en que o Reino Unido saia da Unión Europea no caso de que isto acabe sucedendoAs proxeccións demoscópicas sobre a composición do vindeiro Parlamento Europeo, divulgadas pola propia Eurocámara a partir de enquisas estatais, sitúan na circunscrición española ao PSOE como forza máis votada e con máis representación, seguida polo PP, a coalición de Unidas Podemos, Ciudadanos, Vox e a coalición Agora Repúblicas, na que se integra o BNG, como forzas con representación. As posibilidades de que máis ou menos formacións teñan representación na circunscrición española dependen tamén de cando se produza finalmente a saída do Reino Unido da Unión Europea, caso de que acabe sucedendo. Se finalmente se produce a participación británica nos comicios España elixiría 54 escanos, como nas anteriores eleccións europeas, e cando o Brexit fose efectivo designaríanse outros 5. Se o 26M o Reino Unido xa non fose parte da UE os escanos a elixir serían, directamente, 59."}
{"ID": "NOS_1015", "summary": "O Ministerio de Transportes publica a folla de ruta do sistema aeroportuario até 2026, na que contempla só 52 millóns de euros para investimentos nas terminais galegas dun total de 2.250 millóns para todo o Estado español.", "text": "O novo documento de regulación aeroportuaria (DORA) para o período 2022-2026, publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), deixa os aeroportos galegos en moi mal lugar. Primeiro, porque contempla para eles un investimento conxunto de 52 millóns de euros dun total de 2.250 millóns de investimento a nivel estatal. E, segundo, porque as previsións de tráfico sitúan as tres terminais galegas como as que máis lonxe van quedar dos datos previos á crise da Covid no que a viaxeiros se refire. No que atinxe aos investimentos, o Ministerio de Transportes fixa o seu maior esforzo económico no aeroporto compostelán Rosalía de Castro, con 22,56 millóns de euros para todo o período. A maior contía corresponde a investimentos para a mellora da seguridade operacional, con 8,9 millóns de euros, seguida da mellora da seguridade de persoas e instalacións (3,32 millóns) e actuacións no campo de voos e na plataforma (2,03). A terminal coruñesa de Alvedro, para a que non contempla unha ampliación demandada desde hai xa ben tempo, levará 16,67 millóns dos 52 previstos para a Galiza. A maior parte (13,02 millóns) será para incremento da seguridade operacional, partida á que seguen os investimentos de apoio e reposición, con 2,43 millóns de euros. Por último, o aeroporto vigués de Peinador ten reservados 13,6 millóns de euros, tamén para mellora da seguridade operacional (4,12 millóns) e das persoas e instalacións (4,86 millóns), entre outras actuacións previstas. Estas exiguas partidas contrastan por exemplo cos 90 millóns previstos para as ampliacións de Madrid-Barajas (que suma un investimento global de 433 millóns de euros) e do aeroporto de Palma de Mallorca, ou a ampliación do de Bilbo, cuxo importe está pendente de determinar. Capacidade aumentada O aeroporto coruñés de Alvedro é o único dos tres que non recibiu investimentos nos últimos anos para ampliar a terminal, de 9.000 metros cadrados. O anterior plan director contemplaba esta actuación, mais non se chegou a executar. O anterior DORA atribuía ao aeroporto coruñés unha capacidade de 1.300.000 pasaxeiros ao ano, cifra que xa superou en 2019. Coa ampliación da terminal, esta capacidade aumentaría até 2.000.000 de persoas, cifra que agora lle asigna Aena pese a non ter feito investimento ningún neste sentido. Tampouco ten en conta que cando coincide o embarque de dúas aeronaves á vez a terminal colapsa. En Compostela (75.000 m2), o documento de Transportes aumenta a capacidade dos 4,5 millóns de pasaxeiros aos 5 millóns e en Vigo (20.000 m2, o dobre que Alvedro), pasa dos 2 millóns a 2,1. Baixas previsións A outra das previsións que xoga na contra dos intereses do sistema aeroportuario galego é a que afecta ao número de viaxeiras. O DORA prevé que os tres aeroportos galegos movan o vindeiro ano 3,5 millóns de pasaxeiros, lonxe dos 5,2 millóns que transportaron en 2019, antes da pandemia da Covid. De feito, o Ministerio non conta con que as terminais galegas recuperen o volume de tráfico anterior á pandemia nese período, pois para 2026 calcula que empregarán os aeroportos galegos 4,18 millóns de persoas. Peinador e Alvedro serán as que máis lonxe queden da recuperación, cunha estimación de 641.615 pasaxeiros en 2026 (fronte aos 1.012.447 de 2019) e 910.863 (1.352.584 en 2019), respectivamente. Esta redución podería vir xustificada pola chegada do AVE, cuxo impacto no país é aínda difícil de cuantificar, aínda que as previsións de Transportes parecen ser demasiado conservadoras, quizais para demorar algún dos investimentos que precisan os aeroportos galegos até comprobar o verdadeiro impacto desta mellora nas conexións ferroviarias coa meseta. Tampouco parece ter en conta a posíbel aplicación de medidas como a supresión dos voos que se poidan cubrir en menos de tres horas en tren, como xa fan outros Estados europeos, e das que Galiza quedaría á marxe."}
{"ID": "NOS_12139", "summary": "O Museo do Pobo Galego acollerá os días 12 e 13 deste mes a Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN).", "text": "O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá os días 12 e 13 deste mes a Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), na que participarán de maneira presencial 35 delegadas e delegados en representación de 47 linguas de 24 Estados europeos e que contará coa presenza virtual de Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. A Asamblea Xeral de ELEN, que organiza a Mesa pola Normalización Lingüística, contará na súa sesión inaugural, o 12 de novembro, coa actuación de Guadi Galego e coa presenza de personalidades da Galiza e mais do resto de Europa, como Vesna Crnić-Grotić, presidenta do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. O secretario xeral de ELEN, Davyth Hicks, agradece a colaboración da Universidade de Santiago e do Museo do Pobo Galego na celebración da Asamblea Xeral en Galiza, \"un país cun amplo movemento social que loita pola súa lingua e cunha entidade social de importancia vital como A Mesa pola Normalización Lingüística\". As delegadas e delegados de ELEN tratarán, entre outros temas, a cuestión do galego, do euskara e do catalán na Lei do Audiovisual do Estado español; a crise en Francia despois da sentenza do tribunal constitucional sobre a Lei Molac, que socava a inmersión lingüística na educación, e a apelación presentada ao respecto por ELEN perante a ONU; a Lei da Lingua Irlandesa nos 6 condados e cando chegará ao Parlamento británico; e o fracaso xeral da Unión Europea para actuar en defensa das nosas linguas. A Rede Europea para a Igualdade das Linguas ten como obxectivo a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, nacional, estatal, europeo e internacional. Representa 47 comunidades lingüísticas con 168 entidades de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU."}
{"ID": "PRAZA_3773", "summary": "A situación que estamos a vivir aseméllase cada vez máis a ese tirón do freo de man do tren do progreso histórico que Zizek reclamaba no seu ensaio 'Primeiro como traxedia, despois como farsa'", "text": "Hoxe, como aquel primeiro de novembro do ano 1918, debería terse celebrado feira en MonterrosoHoxe, como aquel primeiro de novembro do ano 1918, debería terse celebrado feira en Monterroso. Semellante coincidencia levounos a pensar na vixencia do paradigma proposto por Hegel sobre que os grandes acontecementos e personaxes prodúcense dúas veces. Na investigación que levamos a cabo para o libro colectivo \"As feiras de Monterroso\", publicado no seu momento polo Concello xunto co Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), puidemos documentar e contextualizar a primeira vez que se prohibiu unha feira en Monterroso. Xa que logo, estariamos perante a segunda ocasión na que isto acontece. É aquí onde agroman as coincidencias, e onde a reflexión hegeliana cobra sentido incluso na escala reducida da Historia, é dicir no eido local. Daquela, coma hoxe, o motivo da prohibición foi unha pandemia, a grippe ou influenza no 1918,Daquela, coma hoxe, o motivo da prohibición foi unha pandemia, a grippe ou influenza no 1918, a COVID-19 ou coronavirus no 2020. Máis alá da conxunción da causalidade no impedimento para levar a cabo a feira, podemos observar unha conxuntura análoga ao abordar a análise dun e doutro contexto histórico. Así pois, no entorno europeo pasábase por momentos críticos. Aínda que con consecuencias afortunadamente distintas aos dos derradeiros estertores da confrontación bélica do ano 1918, hoxe atopámonos igualmente nunha profunda crise humanitaria, económica, institucional e de identidade. Tamén naqueles intres pasaba o Estado español por un proceso de inestabilidade política. Daquelas, coma neste 2020, convivían no executivo membros con diferentes ideoloxías e sensibilidades. Se ben é certo que o goberno de concentración de Antonio Maura tiña, se cadra, menos garantías de continuidade co actual gabinete bipartito. E para completar o círculo de coincidencias, tamén na esfera local existía un desgoberno coma o que hoxe estamos a padecer no concello monterrosino. É que tamén no ano 1918, como na actualidade, as circunstancias levaron ao freo no proceso de constitución da entidade municipal, chegándose a constituír dous concellos \"en el mismo salón de sesiones, con un mismo secretario y dos presidentes distintos...\"1. A situación que estamos a vivir aseméllase cada vez máis a ese tirón do freo de man do tren do progreso histórico que Zizek reclamaba no seu ensaio 'Primeiro como traxedia, despois como farsa'Até aquí as sincronías que nos permiten demostrar a vixencia da pauta sinalada ao inicio deste escrito: a Historia repítese. Queda da man das lectoras e lectores determinar se a iteración estase a producir co matiz aportado por Marx: \"a primeira vez acontece como traxedia, a segunda como farsa\"; ou coa volta de torca de Marcuse: \"algunhas veces, a repetición a modo de farsa pode ser máis terrorífica ca traxedia orixinal\". O que parece claro é que a situación que estamos a vivir aseméllase cada vez máis a ese tirón do freo de man do tren do progreso histórico que Zizek, empregando unha das metáforas de Walter Benjamin, reclamaba no seu ensaio do 2011 que levaba por título: Primeiro como traxedia, despois como farsa. Notas1 El Progreso, 3 de xaneiro de 1918."}
{"ID": "NOS_37573", "summary": "Os altos índices de abstención poden marcar os comicios europeos, cuxa campaña arrinca co nacionalismo e a esquerda pedindo participación co obxectivo de converter a cita electoral nunha mobilización contra o modelo vixente, cuxos defensores están cómodos coa resignación cidadá pero poden levar un desgosto o 25 de maio.", "text": "Arredor do 65 por cento d@s chamad@s ás urnas poden quedar na casa o 25 de maio. Iso indican as enquisas e o ambiente dunhas eleccións europeas cuxa campaña comeza esta semana e que supoñen un enfrontamento entre as forzas defensoras do modelo en crise que provoca esa desafección e as que propoñen alternativas de fonda mudanza, que son as mesmas que chaman á mobilización, a trasladar ás urnas o descontento das rúas, en contra dunha resignación que beneficia o status quo vixente, a catástrofe diaria. Van sufrir PP e PSOE que buscan unhas eleccións de perfil baixo que logo intentarán centrar na súa disputa a dous, malia que o máis interesante xogarase no campo da esquerda real e das nacións, como no caso de Galiza. A representación do país en Bruxelas e Estrasburgo está en liza, moi por riba do alcance que poida ter o resultado estatal. Son estas as primeiras eleccións despois das novidades que apareceron nas autonómicas de 2012 pero tamén as primeiras dun ciclo constante de chamada ás urnas, xa que despois será a quenda das municipais, as xerais e as galegas. Hai desgaste no PP e no sistema en si, polo que a mobilización electoral semella outra peza máis -non a única, pero desde logo si unha das máis relevantes, para moit@s a máis- dos procesos de rebeldía ante un modelo desgastado tanto no que respecta á súa faciana constitucional española como no que atinxe á Unión Europea dos mercados. Contra ambos proponse o combate. Tamén nas urnas. Ampla reportaxe de Rodri Suárez neste Sermos Galiza nº95"}
{"ID": "NOS_27553", "summary": "O Goberno español mantén o seu veto á transferencia da AP9. Talvez desta volta non bloqueará a súa tramitación no Congreso após se ter introducido mudanzas no texto orixinal nun novo acordo das forzas políticas galegas no Pazo do Hórreo. Mais o que é seguro é que, unha vez que se debate no pleno da cámara, non dará o seu apoio ao trasvase a Galiza das competencias sobre a autoestrada. O PP galego di que aínda hai tempo para \"convencer\" o goberno español de que mude a súa posición. A oposición cargou contra o partido liderado por Feijóo.", "text": "A posición do Executivo español en relación á proposición de lei do Parlamento galego de transferencia a Galiza da AP9 -en orixe unha iniciativa do BNG- é inequívoca. Expresouna con absoluta clareza o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, esta sexta feira. A autoestrada sería \"de interese xeral\" e, portanto, \"tería de ficar onde está\", isto é, en mans da Administración central do Estado. De la Serna está disposto a partillar certos aspectos da xestión da AP coa Xunta coa criación dun \"grupo de traballo\" sobre cuxas funcións non avanzou absolutamente nada. Mais a transferencia da titularidade da vía (moito menos o resgate das peaxes) nen se contempla como hipótese. Esta postura bate frontalmente co acordo dos grupos parlamentares galegos no Pazo do Hórreo e coloca nunha incómoda posición o PP galego en xeral e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, en particular. A hipótese de ver os parlamentares galegos do PP no Congreso votaren o contrario do que os seus correlixionarios no Parlamento galego é a día de altamente probábel. Mantén certas esperanzas de que o PP non bote man da súa dupla baralla o secretario xeral da organización galega, Miguel Tellado, quen este sábado enfatizou que aínda hai tempo por diante para \"convencer\" o goberno do Estado e \"as forzas políticas que conforman o arco parlamentar do Congreso\" de que \"o que reclamamos é bon para España e para Galiza\". Tellado apela á \"comisión de xestión conxunta\" da AP9 como o foro acaído para a Xunta tentar persuadir o goberno estatal de que a transferencia resultaría nunha mellor xestión da infraestruturas. O tempo xoga a favor da formación conservadora, sendo que dada a lentitude da tramitación das proposicións de lei vindas dos parlamentos autonómicos estaríamos a no mínimo dous meses de que esta iniciativa se vaia debater no Pleno do Congreso. A demora é un balón de oxíxeno para un PP que se está a ver presionado neste momento pola oposición por diferentes flancos (a queda de 32 por cento dos investimentos estatais nos orzamentos para 2017, a imputación dos directivos de Ferroatlántica por suposto financiamento irregular do PP no momento en que esa empresa do Grupo Villar Mir demanda da Xunta a autorización para a venda das súas centrais na Costa da Morte...). Míseis da oposición Descarregou todo o seu arsenal dialéctico a oposición contra Monte Pío. Ana Pontón (BNG) tildou de \"tomadura de pelo\" as declaracións do ministro, lembrou que Catalunya e Euskadi lograron transferencias similares hai 20 anos e emprazou Feijóo a que diga de que lado está. Manuel Lago (En Marea) cualificou as declaracións de De La Serna de \"bofetada extraordinaria ao pobo galego na cara de Feijóo\", en tanto que Xaquín Fernández Leicega (PSdeG) puxo en destaque que o PP carece de maioría neste momento na cámara, o que abriría a marxe de negociación con outras forzas para finalmente a proposición de lei se abrir paso."}
{"ID": "NOS_15850", "summary": "O coronavirus provoca o adiamento da Copa de Europa de Nacións, que se tiña previsto disputarse este verán, e por vez primeira non nun só país, senón distribuída en varias localizacións de toda Europa. No Estado español, a única cidade seleccionada era Bilbo.", "text": "O torneo de fútbol máis importante -con permiso do Mundial- queda adiado até o verán de 2021. A UEFA vén de facer oficial que a Eurocopa de nacións, que tiña previsto desenvolverse este verán, será aprazada. A decisión foi comunicada ás 55 federacións que participaron nunha xuntanza virtual e na que se determinou que, tanto polo propio torneo, como pola necesidade de dotar de datas para que poidan finalizar campionatos como a Liga ou a Copa de Europa, o mellor era tomar esta decisión."}
{"ID": "NOS_56779", "summary": "Máis de 9.200 traballdor@s tiveron en 2013 contratos por un tempo inferior ao mes. Entre a mocidade, xa supoñen un terzo do total.", "text": "Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), os dados da EPA reflicten que o número de contratos temporais aumentan notabelmente desde que estourou a crise. Neste senso, se en 2010 esta modalidade contractual --por días-- representaba o 2,8% do total, en 2013 situouse no 5%. Os dados reflicten que a precarización laboral está detrás dos postos de traballo creados nos últimos anos pois en 2013 foron 9.200 @s traballador@s contratad@s por un tempo inferior a un mes. Neste senso, en 2010 o número de contratos eventuais situábase en 22,7% mentres que no pasado ano ascendeu ao 25%. Entre os 20 e os 24 anos a temporalidade xa supón un terzo dos contratos Aliás, os contratos a media xornada tamén se incrementaron de maneira notábel (+14%) en relación a hai tres anos. E atinxe de maneira especial ás faixas de idade máis novas. Así, entre as persoas de 20 e 24 anos esta modalidade contractual supón un terzo dos contratos totais. A proliferación destes contratos débese en boa medida, denuncian os sindicatos, á aprobación das reformas laborais que flexibilizaron as condicións e permiten o uso xeralizado deste tipo de relacións laborais. Por sectores, é nos servizos onde máis presenza de traballador@s eventuais e temporais se atopan mais tamén se está a producir con maior asiduidade na administración pública, por exemplo, en sanidade --como denuncian as centrais sindicais."}
{"ID": "PRAZA_8752", "summary": "A anciá coruñesa, cuxo desaloxo foi paralizado pola presión cidadá, atópase xa na súa nova vivenda de aluguer social. Supón a culminación dun conflito que mobilizou a cidadanía contra o que foi considerado \"mobbing' inmobiliario\".", "text": "Aurelia Rey xa está na súa nova casa. É un final feliz (ou o menos malo) para un conflito que saltou ás portadas logo de que o pasado mes de febreiro a presión cidadá impedise en dúas ocasións o seu desafiuzamento. Despois de que a plataforma Stop Desahucios e a oposición na Coruña -nomeadamente BNG e EU- denunciasen o mobbing inmobiliario sufrido pola muller, a mobilización cidadá axudou a atopar unha solución para unha muller de 85 anos, que levaba máis de tres décadas na súa vivenda do centro da Coruña e que intentou ser desaloxada polo atraso no pago de dous meses do seu aluguer -un deles hai máis de catorce anos- de renda antiga. Aurelia Rey xa está na súa nova casa de aluguer social tras asinar o contrato na sede da Xunta Agora, Aurelia Rey xa está na súa nova vivenda do barrio de Eirís logo de asinar o contrato deste inmoble de promoción autonómica e despois de que os mesmos activistas que lideraran a oposición ao seu desafiuzamento a axudasen a facer a mudanza desde a rúa Padre Feijóo, onde vivía desde os anos setenta. Foi a culminación dun proceso que incluíu a negativa do corpo de bombeiros a colaborar no lanzamento previsto, unha polémica intervención policial e incluso empurróns sufridos por varios cargos públicos, como o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera. A presión cidadá paralizou o desafiuzamento e permitiu unha prórroga para atopar unha solución antes do desaloxo Foi a presión cidadá a que fixo posible que, finalmente, a familia propietaria do céntrico inmoble paralizase a orde de desaloxo, permitise unha prórroga de dous meses para atopar unha solución ao problema da anciá e incluso accedese a unha compensación económica a unha muller que carece dos ingresos ou da axuda suficiente para acceder a unha vivenda en alugueiro sen axuda da Administración. Pero este xoves, e logo de que aceptase o piso ofrecido pola Xunta en Eirís, Aurelia Rey asinou na compaña do seu avogado e nas dependencias da Administración autonómica na Coruña o contrato da vivenda en aluguer social. Ao tempo, activistas de Stop Desafiuzamentos colaboraban no traslado das pertenzas da anciá, unha vez confirmado que a nova vivenda conta xa co subministro de auga e electricidade, aínda que está pendente aínda activar o gas. O aluguer deste inmoble costará uns 125 euros, unha cifra aproximada á que a muller pagaba por renda antiga na súa casa de Padre Feijóo. \"Non hai comparación, este é un luxo comparado co trasteiro que tiña antes... E mirade o que me fixeron e as liortas que provocou aquilo\", asegurou Aurelia Rey a Radio Coruña ao pouco de coñecer a súa nova vivenda. \"Foron uns meses duros\", recoñeceu tras este final feliz."}
{"ID": "NOS_25896", "summary": "O poeta e percebeiro faleceu o pasado mes de marzo mentres traballaba en Razo. O autor luso Pedro Craveiro é o outro gañador do certame.", "text": "Paco Souto e Pedro Craveiro son os gañadores do certame 'Ari(t)mar Galiza e Portugal' de poesía, organizado pola Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela. Paco Souto por 'Terradentro' (Caín, Laiovento, 2016) e Pedro Craveiro por 'Fui a Bruges esquecer un amor' (Avenida Sul, 2016), recibiron más de 2.000 votos. Paco Souto faleceu o pasado 30 de marzo, cando faenaba en Razo, Carballo. Percebeiro, poeta, concelleiro do BNG e activista, a súa morte causou un profundo pesar e conmoción non só na comarca mais en toda Galiza. Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Entre as súas obras, 'Fado', 'As árvores do incesto' ou 'Crebar cristais coa lingua'. Na súa implicación social tamén destacou no movemento antimilitarista, conde foi un dos responsábeis da revista AR! De por parte, Pedro Craveiro é profesor axudante de portugués na Universidade de California. Ari(t)mar é unha iniciativa que agromou na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa finalidade de dar a coñecer e difundir a música e poesía editada na Galiza e en Portugal, e tamén para achegar a cultura e a lingua dos dous países, articulándose dentro do marco da lei Paz-Andrade. O certame, que consta de catro categorías, convida o público a seleccionar os mellores temas musicais e os mellores poemas editados na Galiza e en Portugal. Conta co apoio e colaboración de Concello e Deputación da Coruña. Tamén Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camôes, Conservatorio de Santiago e a USC, entre outras entidades."}
{"ID": "PRAZA_16107", "summary": "As dúas primeiras xornadas de folga, avaladas por todos os sindicatos do sector, foron un éxito de participación. O vicepresidente acusa as centrais sindicais de romper a negociación de xeito \"unilateral\" e lamenta que \"consideren insuficiente\" a \"oferta económica\" da Xunta HEMEROTECA | O éxito da folga na Xustiza paraliza boa parte dos xulgados en Galicia", "text": "HEMEROTECA | O éxito da folga na Xustiza paraliza boa parte dos xulgados en Galicia O persoal da Administración de Xustiza leva meses mobilizado en Galicia. O pasado outono advertiu de que se a Xunta non accedía a poñer fin á \"discriminación\" que, din, sofren a respecto doutros territorios do Estado en ámbitos como os salarios recortados durante a crise, os dereitos sociais como as incapacidades ou a propia escaseza de efectivos, irían á folga. As conversas co Goberno non chegaron a bo porto e a comezos de decembro a primeira xornada de paro, avalada por todos os sindicatos do sector, foi todo un éxito. A segunda, no mesmo mes, tamén o foi. E a ruptura das negociacións coa Vicepresidencia da Xunta abocan o persoal a unha terceira. O comité de folga, no que participan todas as centrais sindicais -SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO-, sentou este venres á mesa negociadora co director xeral da Fundación Pública, José María Barreiro. O vicepresidente, Alfonso Rueda, aseguráralles que ese encontro ía servir para que se producise \"un avance substancial\" nas conversas, manteñen. Pero Barreiro \"ninguneou ao vicepresidente\" e \"non fixo mellora ningunha na oferta aos traballadores\", aseguran. Ben \"ao contrario\", \"aniquilou toda posibilidade de acordo ao desprezar os pequenos avances logrados coa mediación da presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, a quen tamén ignorou\". As dúas primeiras xornadas de folga, avaladas por todos os sindicatos do sector, foron un éxito de participación Sempre segundo a versión sindical, alén de ir directos a unha nova xornada de folga -o día 25-, o sucedido complica as posibles negociacións para o futuro. \"Que se pode esperar dun político que incumpre a súa palabra, mente\" mesmo \"en sede parlamentar\" e \"ademais é ignorado e desprezado por quen debería estar ás súas ordes?\", pregúntanse. \"Se un director xeral é quen de deixalo como mentireiro, o que tería que facer é ou dimitir, ou destituír fulminantemente ao director\", agregan. Non en van, lamentan, \"a oferta presentada\" polo responsable de Función Pública \"non só non mellora en nada a anterior, senón que empeora e volve varios pasos atrás. Durante todo este procedemento unha das principais demandas do persoal foi a negociación dun incremento no Complemento Autonómico Transitorio (CAT), unha parte do salario que chegou a supoñer nos últimos anos, din, ata 10.000 euros anuais menos para sectores como o da medicina forense, uns 5.000 para o persoal de xestión, arredor de 4.000 para a área de tramitacións e uns 3.500 para persoal auxiliar. Isto, veñen subliñando, \"é algo que só ocorre só en Galicia\", onde segue a gobernar \"ese que presumía da situación económica e da recuperación da crise\", di, en referencia ao presidente, Alberto Núñez Feijóo. Mobilización do persoal da Xustiza, o pasado decembro en Vigo / CC BY-NC-SA CIG O vicepresidente acusa os sindicatos de romper a negociación de xeito \"unilateral\" e lamenta que \"consideren insuficiente\" a \"oferta económica\" da Xunta Todo isto sucede, acusan, nun escenario no que \"o vicepresidente non demostra unha nobre vontade de chegar a acordos\". \"Ata agora non fixo máis que mentir e amosar unha evidente mala fe nas súas declaracións públicas\" e \"ao non atender as xustas reivindicacións laborais dos traballadores da xustiza galega, gravemente discriminados a respecto das demais comunidades autónomas\" que teñen estas mesmas competencias, vai dar en \"levar a xustiza galega a unha situación de extrema gravidade, causando prexuízos económicos e sociais de enormes dimensións que serán da súa exclusiva responsabilidade\". Mentres o comité de folga dá por rachadas as conversas, o vicepresidente asegura que a negociación segue. Preguntado ao respecto antes de participar nun acto público en Pontevedra, Rueda afirmou este venres que a ruptura é \"unilateral por parte da representación sindical\" e segue a ter a esperanza de \"chegar a un acordo\" aínda que, admite, a última sesión das negociacións \"non foi ben\". Os sindicatos, asegura Rueda, teñen \"enriba da mesa\" unha \"oferta económica\" que \"supón un incremento sobre o que veñen recibindo\" pero \"considérano insuficiente\", lamenta."}
{"ID": "PRAZA_13087", "summary": "Os romeiros do audiovisual galego padecen canstrofilia, o desexo comprensible de permanecer pechados na parroquia porriñesa de Cans durante a celebración do seu festival de cine. Ou mesmo para sempre. Durante catro días deixan a memoria esquecida e sofren de desestabilización xeográfica.", "text": "Os romeiros do audiovisual galego padecen canstrofilia, o desexo comprensible de permanecer pechados na parroquia porriñesa de Cans durante a celebración do seu festival de cine. Ou mesmo para sempre. Durante catro días deixan a memoria esquecida e sofren de desestabilización xeográfica. Mentres gozas do festival de Cans, deixas de estar empadroado no teu lugar de residencia e sentes a necesidade de eternizarte alí como se a parroquia fose o salón elegante de El ángel exterminador Quedan incluso sen visión autonómica, como Esperanza Aguirre. É sintomático: mentres gozas do festival de Cans, deixas de estar empadroado no teu lugar de residencia e sentes a necesidade de eternizarte alí como se a parroquia fose o salón elegante de El ángel exterminador. Todo o mundo é de ningunha parte. Desempraza a idiosioncrasia. En Cans escoitei a articulistas de moda falar de restruturar a revisión do estatuto de autonomía e mesmo vin parlamentarios desorientados a piques de devolver os seus escanos á marabunta. O festival fai de Cans o epicentro dalgunha nación sorrinte pola que pagar impostos con gusto, se é que queda algunha. Cans é xa a milla de ouro do rural galego. En realidade, é sabido que o valor de Cans está na súa xente, a que presta a súa hospitalidade para facer que todo funcione Cada ano a aldea aumenta o seu valor catrastral. \"Como isto siga así , dentro duns anos as leiras van valer o dobre\", díxolle un veciño a outro o primeiro ano. Logo viñeron oito certames exitosos: con cine de calidade e concertos atractivos, con estreas acertadas, con amigos e amigas de luxo, con milleiros de visitantes. Por todo isto, Cans é xa a milla de ouro do rural galego. En realidade, é sabido que o valor de Cans está na súa xente, a que presta a súa hospitalidade para facer que todo funcione; en Alfonso Pato, o director da xenial realidade, e no colectivo Arela, a maquinaria ben engraxada. Son os que fan do certame un encontro cultural sen precedentes cun programa que sempre brilla. A organización do certame segue a contorsionarse de xeito impecable para soster a milagre e Cans adquire potencia, medra en calidade e supera a presión dos catro días que dura o festival para pasar a ser un referente todo o ano. Festivais como este son os que manteñen viva a excepción cando a cultura sangra de incerteza e tamén os que dan fe de que o audiovisual existe sen intervención divina. De que aquí se está a traballar arreo por levantar proxectos de calidade e garantir o futuro. Tan só hai que lembrar que Cans, en 2013, celebra o seu décimo aniversario, para confirmar que o audiovisual galego segue a ser unha multitude de verdades. A organización do certame segue a contorsionarse de xeito impecable para soster a milagre e Cans adquire potencia, medra en calidade e supera a presión dos catro días que dura o festival para pasar a ser un referente O domingo que todo remata agrávanse os síntomas da canstrofilia: hiperventilas, mides as palpitacións no pescozo, súas… O único remedio, o ansiolítico efectivo, é pensar en volver o ano que vén e saber que Cans queda aí, baixo a vixilancia do pianista do Monte Castelo tocando bandas sonoras orixinais. \"Todo o que é fermoso ten o seu instante e pasa\", dixo Buñuel, e o surrealismo quedou para sempre. E Cans queda, porque infecta. Será que a cuestión está en resignarse, vivir Cans coma canstrofílicos, sobrevivir á paranoia coma se non foses de ningunha parte, igual que o \"home\" do último disco de Xoel López. O de ser oriúndo ten que ser mentira. En Cans, a xente de todas partes quere quedarse dentro \"asomando un tono diferente a este lado del mar\"."}
{"ID": "PRAZA_14680", "summary": "As palabras de Feijóo non buscan o voto da aldea, buscan o voto ruín e apuntan a un inimigo que alivie a inxustiza propia. Buscan especialmente o voto nas cidades que é onde vive a maioría e onde pode coar a aldraxe de que as aldeas sexan lugares de pobreza e ignorancia estrema, onde a xente dorme no chan entre carrachos e a única música coa que se rañan é a da gaita e o tamboril. Certo é que xa tampouco nas cidades coa, pero pensa o ladrón que todos son da súa condición.", "text": "Pensabamos que o escoitaramos case todo, que a campaña estaba rematada, e vai o ex-presi e ponse a repartir carnés de galeguidade cuspindo que lle fai gracia que a el, un tipo humilde, de aldea, o critiquen nacionalistas que tocan pianos (a quen se referiría?) e viven en casas grandes, ou socialistas que montan a cabalo, cando el o único cabalo que vía de cativo era o dunha serie de televisión, O Virginiano. Nacionalistas que tocan pianos, pode haber algo peor? Que viven en casas! Grandes! E nesas casas, ademais de alfombras, sofás ou edredóns, teñen andeis, algúns de contrachapado pero outros de madeira maciza! E neses andeis teñen libros! E lenos!! Nacionalistas que tocan pianos, pode haber algo peor? Que viven en casas! Grandes! E nesas casas, ademais de alfombras, sofás ou edredóns, teñen andeis, algúns de contrachapado pero outros de madeira maciza! E neses andeis teñen libros! E lenos!! E ninguén fai nada! Onde está a Xustiza? A que agarda para meterlles man? Feijóo de cativo non tiña libros. A súa familia, como as de Fraga Iribarne, Esperanza Aguirre ou Dolores de Cospedal, vivía de apañar castañas picándose cos ourizos e de recoller bosta polos camiños para vendela polas casoupas dos que tiñan lareira e colchóns de la. Era unha existencia heroica, unha familia pura. Por iso agora el loita por devolvernos siquera un reflexo daquela dignidade, e faino pechando escolas na aldea, asfixiando os conservatorios das vilas e esforzándose por que os mozos e mozas desas aldeas non se contaminen coa chusma snob e revolucionaria que inza nas universidades, fala inglés, ve películas de Bergman ou visita museos e pasma diante de cadros dexenerados que pintaría calquera neno de cidade. Para el Compostela, co seu Pórtico da Gloria e as Praterías, o Códice Calixtino, os pazos barrocos, a Biblioteca América, o teatro, a Filarmonía, o CGAC, os ciclos de cine, os Erasmus, o Museo do Pobo Galego... debe ser unha Sodoma. Os únicos cadros que el ten son os dos cervos a carón dun río nunha paisaxe alpina: cen por cen rurais. Era unha existencia heroica, unha familia pura. Por iso agora el loita por devolvernos siquera un reflexo daquela dignidade, e faino pechando escolas na aldea, asfixiando os conservatorios das vilas A bote pronto pódese pensar que o tipo é parvo. Se el non aprendeu inglés e outros da súa xeración si, tamén humildes e tamén rurais, o erro non sería todo do sistema. Porén, temos dito mil veces que non convén tomar aos demais por parvos, témosllo dito a el mesmo. A súa frase non é unha reivindicación da aldea, éo do Antigo Réxime. É unha denigración da cultura semellante ás de Millán Astray cando proclamaba que Viva a morte e que cando escoitaba falar de cultura botaba a man á pistola (ou era Goebbels?). É un ataque á educación e á dignidade que vén dicir: A bote pronto pódese pensar que o tipo é parvo. Se el non aprendeu inglés e outros da súa xeración si, tamén humildes e tamén rurais, o erro non sería todo do sistema \"Non lle fagades caso a todos os que cun mínimo de formación vos intoxican con que eles están da parte dos desfavorecidos e nós somos os que vos esmagan, que o explican todo citando a non sei cantos premios Nobel, a nós non ten que vir ningún premio Nobel a dicirnos o que nos convén. Córredeos a paos cando vos volvan coa leria de que a vosa penuria non é natural, que ten unhas causas e uns causantes que se coñecen e que a vosa desgracia beneficia a outros. Berrádelles con orgullo que cos vosos ourizos e a vosa bosta tendes abondo e que ou calan dunha vez ou lles metedes as teclas todas dos seus pianos pola gorxa abaixo para que paren de desafinar\". A non ser que se pense que para os seus é natural, que o pernicioso é que os de abaixo, por virtude do estado do benestar e da igualdade de oportunidades, vaian tendo acceso a eles, que tamén pode ser Palabras tan salvaxes ofenden a todos os do Partido Popular que teñen pianos de cola, cabalos purosangue e casas coma Falcon Crest. A non ser que se pense que para os seus é natural, que o pernicioso é que os de abaixo, por virtude do estado do benestar e da igualdade de oportunidades, vaian tendo acceso a eles, que tamén pode ser. \"De que vale ser rico se non tes pobres aos que humillar? Se calquera ten coche e casa e piano e cabalo e percorre Europa nos avións de Ryanair? Darlles educación é guindar pedras contra o noso tellado. Enriba despois len catro libros e, por ansia de vinganza, restréganchos pola cara sen pudor ningún\". As palabras de Feijóo non buscan o voto da aldea. Buscan especialmente o voto nas cidades que é onde vive a maioría e onde pode coar a aldraxe de que as aldeas sexan lugares de pobreza e ignorancia estrema De por parte, as palabras de Feijóo non buscan o voto da aldea, buscan o voto ruín e apuntan a un inimigo que alivie a inxustiza propia. Buscan especialmente o voto nas cidades que é onde vive a maioría e onde pode coar a aldraxe de que as aldeas sexan lugares de pobreza e ignorancia estrema, onde a xente dorme no chan entre carrachos e a única música coa que se rañan é a da gaita e o tamboril. Certo é que xa tampouco nas cidades coa, pero pensa o ladrón que todos son da súa condición."}
{"ID": "NOS_8944", "summary": "Sepultado polos 21 millóns de euros de Bárcenas, Rajoy tenta o pinchacarneiro máis difícil da súa dilatada carreira política. Sobreviver á crise máis grave do rexime xurdido das cinzas do ditador. Na abertura do debate do Estado, insinuou unha reforma da Constitución.", "text": "A reforma da Constitución é unha hipótese aberta e, en todo caso, a soberanía pertence ao pobo español, o seu único depositario lexítimo. Non hai nin pode haber outras fontes de soberanía. As nacións sen Estado son un invento. Só existe a nación española e a soberanía da nación española. Ese foi o discurso que deitou Rajoy, que optou por se envolver na rojigualda, como mandaba o guión, fronte á ofensiva soberanista que lidera Catalunya. Rajoy revelou que o Estado español fechou 2012 cun déficit público do 7 por cento, 0,7 décimas máis do exixido por Bruxelas. Dixo que Bruxelas aceptaría sen problemas ese desvío. En materia de corrupción, plaxiou o guionista de Feijóo: \"A corrupción repúgname\". O certo é que, con el ao fronte do partido, Bárcenas continuou sendo tesoureiro e acumulando o cuantioso patrimonio que logo quixo branquear grazas á amnistía promovida por Montoro."}
{"ID": "NOS_19410", "summary": "Entre as voces máis firmes e prometedoras que tivemos a fortuna de descubrir e gozar a comezos dos oitenta estaba un poeta aínda case adolescente das terras de Laíño, Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1962-1986), que nos deixaría pouco despois, moi prematuramente, con apenas vinte e catro anos, abrindo unha enorme ferida no corazón de cantas persoas o trataron e un inmenso oco na poesía dos oitenta.", "text": "Talvez non haxa nas letras galegas ningún outro poeta que entre os 19 e os 24 anos fixese unha obra poética tan espléndida, tan rica e de tal madurez literaria e humana. Direi máis: abondaría o poema co que gañou o Premio Nacional de Poesía O Facho en 1983 (\"Álvaro Cunqueiro\") e os dous poemas que publica nese mesmo ano na revista Grial (\"Mencer en Compostela\" e \"Lenzo de amor para lembrar a soas\") para ocupar un primeirísimo lugar entre os magníficos poetas da Xeración dos 80, que non son menos de trinta. Gramática do silencio | Eusebio Lorenzo | Baleirón | Espiral Maior | 1996 Mais Eusebio Lorenzo Baleirón foi dunha extraordinaria fecundidade na súa breve existencia como escritor. A vida deulle tempo a deixarnos un valioso corpus lírico que verá a luz en catro libros: Os días olvidados (1985), O corpo e as sombras (1985), A morte presentida (1988) e Gramática do silencio, que en 1996 e baixo o selo de Espiral Maior recolle os tres títulos anteriores e Poesía reunida, uns corenta poemas até entón non publicados en libro. Desde a serenidade nostálxica, nun ton fondamente lírico, en finísimo verbo no que sempre hai unha música no fondo de cada verso, cunha delicadeza extrema, Eusebio Lorenzo Baleirón fai reconto dos días que se foron ao tempo que reflexiona con ollada lúcida sobre a beleza de todo aquilo que é efémero e fenece, como se dun fermosísimo xardín en outono se tratase. E xa desde os seus primeiros poemas, a morte Os días pasan cara á morte. O poeta é o home que agarda a morte e que fala da estraña condición que o acompaña. E no seu canto final refírese ao seu corpo como un corpo \"frío e mortal que agora se despide…\". A palabra alcanza o cume da emoción nos poemas da despedida. Hai tamén na súa poesía unha vivencia íntima coa paisaxe. O poeta sente o ritmo das fontes e o medrar das cerdeiras, tal como sente medrar o trigo e como soña a terra, e mesmo anhela ser un val e, cando morra, soñar como a carqueixa. Xusto nos días nos que deixaba de soar a arpa de Álvaro Cunqueiro, un novísimo Eusebio Lorenzo Baleirón comezaba a interpretar unha outra belísima música, para que a poesía seguise a voar alto, moi alto. O mindoniense, abofé, non podía recibir máis grande homenaxe."}
{"ID": "NOS_28878", "summary": "Na sesión de control ao goberno galego, Ana Pontón afeou a Alberto Núñez Feixoo o pacto secreto do PP con Vox, un partido\"anti-galego\" que non combate o \"terrorismo machista\". O líder conservador replicou á dirixente soberanista que nas súas recentes declaracións sobre Resistencia Galega perdera a oportunidade de introducir mudanzas no discurso do nacionalismo galego sobre o terrorismo. Pontón pediu o amparo do presidente da cámara, mais só conseguiu ser chamada á orde.", "text": "Como adoita facer, Feixoo gardou o armamento máis pesado para a quenda final de palabra, aquela que lle corresponde como presidente e que xa non admite réplica por parte da oposición. No seu turno, Pontón cargara contra o titular da Xunta polo acordo clandestino con Vox, un partido que o BNG ve cúmplice do \"terrorismo machista\". Feixoo, na súa resposta, veu dicir que o Bloque non está lexitimado para falar de terrorismo e atacou Pontón pola forma en que a dirixente soberanista avaliou a detención de persoas presuntamente relacionadas con Resistencia Galega. \"En vez de felicitar os corpos e forzas de seguridade do Estado, vostede pediu presunción de inocencia\" para as persoas detidas, dixo Feixoo, quen censurou que na mesma conferencia de imprensa a Pontón lle merecese \"máis reproche\" a actitude dos concelleiros do BNG que aceptaron votos do PP para alcanzaren a alcaldía de Catoira do que a acción dos \"terroristas\". Nese encontro cos medios, a líder nacionalista reafirmou o compromiso histórico do BNG co pacifismo, a non violencia e a loita política democrática. Non había quenda para a réplica, mais as parlamentares sempre poden pedir a palabra e o amparo da presidencia se ven danados os seus dereitos ou a súa honorabilidade. Foi o que fixo Ana Pontón, quen se ergueu do escano para denunciar que na intervención de Feixoo se deslizaran \"acusacións\" contra ela e o BNG \"en relación á connivencia co terrorismo\". Non achou a protección pretendida por parte de Miguel Santalices, para quen a troca de dardos entre Pontón e Feixoo non pasara de ser un \"debate de ton político\". \"Estiven atento e non houbo acusacións graves\", dixo antes de chamar á orde á parlamentar do BNG que, xa coa megafonía desligada, continuaba a reclamar o uso da palabra. \"Non o ten\", afirmou vehemente Santalices, quen se permitiu o luxo de oferecer un consello á líder do Bloque: \"No debate se sabe dar, pero tamén se ten que saber encaixar\". O primeiro mísil da sesión de control lanzouno Pontón coa batalla ourensá como albo. Atacou Feixoo por pasar de proclamar o carácter letal dun goberno local liderado por Gonzalo Pérez Jácome a pactar con este a continuidade de Baltar. O presidente da Xunta tería protagonizado \"un espectáculo vergoñento\" que demostraría \"que a súa palabra non vale nada\". Feixoo tería sacrificado principios e valores por manter o control da Deputación. \"É vostede un xonqui do poder disposto a facer calquera cousa para o manter\", espetoulle Pontón. Feixoo replicou que pactou con Jácome para evitar que o fixeran BNG e PSdeG. Se a oposición está lexitimada para pactar co líder de Democracia Ourensá, por que non o ía poder facer o PP, argüíu o político conservador. Foi entón cando Pontón contra-atacou co argumento de que o inquilino de Monte Pío non está moi en disposicion de falar de pactos, cando se acaba de coñecer que asinou un acordo \"secreto\" coa \"dereita anti-galega e machista\". O círculo fecharíao a seguir Feixoo coa súa alusión a Resistencia Galega. \"É vostede o peor presidente da historia de Galiza\" O ton da sesión foi en todo momento inequivocamente pre-electoral. A oposición interpreta que o PP deu a pistolada de saída á precampaña ao convocar a quinta feira 20 de xuño unha reunión de altos cargos da Xunta sen máis orde do día que dar impulso a un novo plano estratéxico. Pura propaganda, na opinión de Ana Pontón, que só tenta ocultar a realidade de que nos atopamos perante \"o peor presidente da historia de Galiza\", dixo, afirmación que levantou murmurios nas bancadas populares. \"Se hoxe houbese eleccións, vostede tería que facer as maletas\", agregou. \"É vostede un xonqui do poder disposto a facer calquera cousa para o manter\", espetoulle Pontón a Feixoo. Daquela apareceu un personaxe que nunca falta nas sesións de control, o espectro do bipartito [executivo de coalición PSdeG-BNG, 2005-2009]. \"Cando vostedes gobernaban non podía reunir todo o goberno. Porque os altos cargos do PSdeG non se falaban cos do BNG e viceversa\", retrucou o titular da Xunta, a anticipar unha das liñas forza do discurso do PP para os próximos meses: só un gabinete de Feixoo garante estabilidade política, a oposición é sinónimo de división e confrontación. A idea PP igual a Estabilidade apareceu tamén no confronto de Feixoo con Leiceaga, un duelo de ton menor e certo ar crepuscular, co portavoz do PSdeG a agardar o seu relevo polo líder do seu partido, Gonzalo Caballero, cuxa chegada ao Pazo do Hórreo se prevé para após as ferias parlamentares do verán. \"Que quere que copiemos do Goberno Sánchez? Quere que introduzamos unha atmosfera total de inestabilidade?\", perguntouse retoricamente Feixoo. \"Cando vostedes gobernaban non podía reunir todo o goberno. Porque os altos cargos do PSdeG non se falaban cos do BNG e viceversa\", retrucou Feixoo Leiceaga puxo o foco da súa pergunta parlamentar no agravamento da \"crise demográfica\", demostración do \"fracaso\" da \"política familiar\" do goberno Feixoo. Na década de goberno do político de Os Peares o número de persoas mozas ocupadas no país tería descendido 45%, dato que ilustraría a magnitude do devalo poboacional. A resposta de Feixoo foi polo libro: a culpa tena a crise económica mundial, a máis grave desde mediados do século XX, e subsidariamente o goberno Zapatero (2004-2012) por non ter previsto o desastre. Mesmo en condicións tan apocalípticas o titular da Xunta gabouse de que neste período a comunidade autónoma galega fora aquela do Estado en que máis aumentou a renda per capita. O que non dixo é que iso se explica en parte pola perda de poboación: a mesma riqueza repartida entre menos persoas. Silencio de Villares Foi unha sesión de control estraña con só tres voces. Faltaba a da confluencia, apagada após o esgazamento do grupo. Ao se escindir sen que dese tempo a que para este pleno estivese xa operativo o grupo mixto, Luís Villares optou por renunciar á súa pergunta. Tampouco as súas ex compañeiras consideraron oportuno recoller neste momento o relevo. Resérvanse para futuras batallas. Agora tócalle á Mesa, controlada polo PP, dictar como se van sustanciar as sesións de perguntas a Feixoo xa no próximo período de sesións (ao actual só lle queda un pleno en xullo). Ao aparecer un cuarto actor, a En Marea villarista, Santalices podería caer na tentación de recortar os dereitos da oposición e continuar a limitar a tres o cupo das cuestións ao presidente."}
{"ID": "NOS_18048", "summary": "Formacións soberanistas presentaron unha serie de emendas conxuntas á Lei de memoria democrática que se está a tramitar no Congreso. Entre as emendas, destacan as que piden a supresión do título de Rei de España, a restitución das vítimas, que se poida xulgar os responsábeis de xenocidio ou as que reclaman recoñecer a persecución cultural e lingüística,", "text": "BNG, ERC, Bildu, Junts, PDeCat e CUP rexistraron seis emendas á Lei de memoria democrática, que substituirá e ampliará a Lei de memoria histórica de 2007. Avogan pola supresión do título de Rei e de todos os privilexios e prerrogativas persoais e familiares que del se deriven. Xustifican a emenda citando a propia Lei de memoria, recalcando que esta expón a revisión ou directamente a retirada de recoñecementos e distincións \"que comporten exaltación ou enaltecemento da sublevación militar, a guerra ou a ditadura ou que fosen concedidas con motivo de formar parte do aparato de represión da ditadura\". Lembran que a Xefatura do Estado foi institucionalizada por Franco e que Juan Carlos I exaltou o golpe de Estado e a ditadura ao xurar lealdade a Franco e aos principios do réxime ao ser nomeado príncipe e sucesor na Xefatura do Estado en 1969. Persecución lingüística Outra das emendas propón incluír unha disposición na nova lei para que se recoñeza, estude e divulgue \"a política de persecución e represión contra as linguas e culturas galega, aragonesa, asturiana, catalá, occitana e vasca perpetrada polo franquismo\". Restitución de Meirás, Cornide e outros bens Estas formacións son partidarias de que se estabelezan mecanismos na lei para a devolución aos seus lexítimos donos de ateneos, asociacións culturais e outras entidades espoliadas. Mais alén das emendas conxuntas, fontes do BNG consultadas por este xornal confirman que están a traballar en máis propostas, entre elas as que demandarán reparación económica e moral, pondo como exemplo a restitución de todo o patrimonio incautado, en referencia a bens como o Pazo de Meirás en Sada ou a Casa Cornide na Coruña. No Bloque amósanse críticos coa \"centralización das políticas públicas de memoria histórica\" e coa \"exaltación da transición desde unha visión franquista da historia\". Defenden declarar nula e ilegal a ditadura e toda a súa lexislación represiva. En consecuencia, proporán considerar nulas e ilegais todas as resolucións do réxime e declarar a ilexitimidade dos órganos penais e administrativos constituídos polo franquismo para impor sancións ou condenas. Isto implicaría, por tanto, a nulidade das resolucións dos tribunais franquistas. Aliás, unha das emendas conxuntas reclama engadir un novo parágrafo no Código Penal co obxectivo de que se poida xulgar os responsábeis de \"xenocidio, crimes de lesa humanidade, delitos de guerra ou outras graves violacións dos Dereitos Humanos\" durante o golpe ou o franquismo. O PSOE féchase a cuestionar a monarquía O portavoz do PSOE, Felipe Sicilia, rexeitou as emendas presentadas polas formacións soberanistas contra a existencia da figura do rei porque aparece na Constitución. Neste sentido, precisou que o PSOE \"apoia o acordo constitucional\" e por tanto, nin o rei nin a monarquía están sometidas a debate no seo do partido."}
{"ID": "NOS_28010", "summary": "CIG convoca para o 14 de novembro unha mobilización, ás 11:30 horas, no Cantón da Coruña para protestar contra estes dous Expedientes de Despedimento Colectivo.", "text": "O vindeiro 16 de novembro iniciarase o período de consultas dos Expedientes de Despedimento Colectivo no Grupo Popular-Pastor e no Banco Santander. A día de hoxe, segundo informan as seccións sindicais da CIG de ambas as entidades, a dirección só facilitou datos xenéricos, sen que se saiba a cantas persoas afecta por banco e centro de traballo. Diante disto, a CIG convoca para o vindeiro martes, día 14 de novembro, unha mobilización para protestar contra estes dous Expedientes de Despedimento Colectivo. \"Polo momento, só se sabe que en total serán 1.585 despedimentos e que 575 persoas do Popular pasarán a subcontratas e que os centros galegos afectados do Popular serán o Cantón, Beiramar (Orillamar) e Santiago (Praza de Vigo). No caso do Santander, afecta aos centros de Durán Loriga e tamén do Cantón. Pero a Dirección non deu máis datos\". Se a dirección decide finalmente centralizar en Madrid, \"será a responsábel da destrución de 500 postos de traballo na Coruña, cando non hai ningún tipo de impedimento técnico para que os servizos centrais e as empresas auxiliares sen manteñan aquí. O centralismo destrúe emprego e non aceptaremos unha decisión política e económica que prexudica claramente a Galiza\". As seccións sindicais do Popular-Pastor e do Santander manifestan o seu desacordo coa intención da empresa de aplicar dous Expedientes de Despedimento Colectivo: un para o Santander por causas organizativas e un para o Grupo Popular por causas económicas, nos que se poderían pactar condicións diferentes."}
{"ID": "PRAZA_6111", "summary": "A reforma electoral que o PP propón para evitar Gobernos de coalición reactiva o debate sobre o aval cidadán das persoas titulares das presidencias e alcaldías. En Galicia o presidente da Xunta que tivo por tras máis sufraxios foi, precisamente, o nomeado por un acordo post electoral entre grupos políticos diferentes.", "text": "Cando menos polo momento o electorado galego, igual que o do resto do Estado, non ten a capacidade de votar directamente as persoas que ocupan a Presidencia da Xunta, a do Goberno central ou a das corporacións locais. O sistema electoral que se asenta na Lei de Réxime Electoral Xeral está asentado na elección indirecta, isto é, a cidadanía inscrita no censo electoral elixe un Parlamento ou unha corporación municipal e estas, á súa vez, designan a persoa á que lle corresponderá a Presidencia ou a Alcaldía. No caso galego, por exemplo, a persoa titular da xefatura do Goberno, en sentido estrito, recibe os votos dos deputados e deputadas que depositan nela os votos que, eles si, recibiron do electorado a través dos seus partidos ou coalicións, que os integraron previamente en listas pechadas. Estas evidencias do sistema electoral vixente cobran actualidade por mor da reactivación do debate a respecto dunha eventual reforma electoral que impida a formación de gobernos de coalición municipais, unha iniciativa resucitada polo PP de Mariano Rajoy que, en opinión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, debera estenderse tamén aos demais comicios, polo tanto, tamén aos autonómicos. Neste contexto cabe preguntarse cantos votos vale un presidente galego ou, cando menos, cantos sufraxios tiveron por tras cada unha das persoas que dirixiron a Xunta dende o seu nacemento e ata a actualidade. Como é posible observar na infografía o presidente que tivo tras de si un maior número de votos foi, precisamente, un que dirixiu un Goberno de coalición. Os deputados e deputadas de PSdeG e BNG que elixiron a Emilio Pérez Touriño en 2005 aglutinaban o aval de 867.557 persoas fronte aos 756.562 votos que tivera daquela o PP de Manuel Fraga. O segundo maior apoio cidadán dun presidente foi o acadado polo propio Fraga en 1997, con máis de 832.000 votos. A actual Presidencia da Xunta, a elixida polo Parlamento en 2012, conta con 661.281 votos, máis dos acadados por Fraga en 1989 e máis dos que tivo no seu momento Gerardo Fernández Albor, pero menos dos recadados polo propio Feijóo en 2009 e menos tamén que Fraga en 2001 e 1993. González Laxe chegou á Xunta tras unha moción de censura con deputados que mudaron de grupo Non é posible incluír neste rexistro o único presidente galego que, ata o momento, chegou ao cargo a través dunha moción de censura. Fernando González Laxe desbancou a Albor en 1987 grazas aos deputados do seu grupo, o PSdeG, pero tamén co aval de cinco deputados que se presentaran ás eleccións por Coalición Popular e despois pasaron a Coalición Galega, da que marcharon os dous deputados que formaron o Partido Nacionalista Galego. O devandito sistema de listas pechadas impide saber cantos votos sustentaban aquel Goberno que tiña, non obstante, a maioría dos escanos da Cámara."}
{"ID": "NOS_35344", "summary": "\"Os vándalos regresaron ao monumento de Marx no cemiterio de Highgate. Parvos. Ignorantes\", denuncian na rede de Twitter a asociación que xestiona este camposanto londinense.", "text": "A primeira vez a martelazos e nesta segunda con pintura vermella. O memorial de Karl Marx (1818-1883) volveu ser atacado, dúas veces en menos de dúas semanas. A tumba no cemiterio de Highgate no norte de Londres foi obxecto dun novo ataque vandálico, denunciou nas redes sociais a asociación que se encarga de coidar e xestionar este camposanto londinense. Descoñecidos luxaron con pintura vermella o memorial, onde escribiron \"Memorial do holocausto bolxevique 1917-1053, 66.000.000 mortos\" e 'Arquitecto do xenocidio terror e opresión asasinato en masa\". A parte máis antigua e fráxil do monumento, unha placa de mármore cos nomes das persoas enterradas alí, foi atacada de novo, golpeada cun obxecto contundente, como xa acontecera o pasado 4 de febreiro. \"Os vándalos regresaron ao monumento de Marx no cemiterio de Highgate. Insensato, Parco, Ignorante. Opine o que sexa sobre o legado de Marx mais non é este o xeito de impoñer o seu punto de vista\", escribiron na rede social desde a conta do Highgate Cemetery."}
{"ID": "NOS_27047", "summary": "Foi presentada por Avogados Cristiáns – os mesmos que denunciaron Willy Toledo-, que considera que o dramaturgo galego co seu discurso carnavaleiro na capital galega \"atentou\" contra o Apóstolo e a Virxe María.", "text": "Un xulgado de Compostela admiteu a trámite a querela imterposta pola Asociación Española de Avogados Cristianos contra o pregón que o dramaturgo Carlos Santiago deu na Festa do Entroido da capital de Galiza. Esta asociación considera que o artista cometeu un presunto delito de inxurias, de incitación á discriminación e contra os sentimentos relixiosos. É máis, presentou a querela ao entender que o dramaturgo difundiu, a través do seu discurso, burlas cara a igrexa e \"calificativos eróticos e soeces que atentaban contra o Apóstolo, a Virxe María e a Señora do Pilar\". O alcalde compostelán, Martiño Noriega, xa manifestou que espera que a querela \"non leve ningunha outra consecuencia\". \"Confío no estado de dereito, non podo pensar que imos estar nun tribunal inquisitorial. Estamos no século XXI\", dixo. Igrexa e PP fixeron cruzada común contra o pregón de carnaval de Compostela, contra o seu autor e contra o propio concello. Un pregón carnavaleiro en que Carlos Santiago, nunha sátira do Apóstol, animaba a vivir as festas. El Correo Gallego montou unha cruzada contra pregón, pregoeiro e concello afirmando que asistentes ao acto se sentiran insultados e ofendidos polo seu contido, no que, apontaban, que se ofenderan sentimentos relixiosos. Axiña saíron a dar cobertura política o PP de Santiago e, tamén o de Zaragoza (pois tamén, disque, se ofendera a Virxe do Pilar). Desde peticións de arrepentimento pública a de dimisión, non faltou de nada. Nin sequer ameazas (mesmo de norte) nas redes sociais ao alcalde de Compostela, Martiño Noriega, e ao pregoeiro. No sarillo non podía faltar a igrexa: o arcebispado de Compostela organizou un acto de \"desagravio\" na Catedral este sábado pasado. Ao día seguinte, e para que o conto non morra, o propio presidente español, Mariano Rajoy, publicaba no seu twitter: \"Mi apoyo a los vecinos de Santiago que quieren que las fiestas, como el pasado carnaval, sean momentos de respeto y convivencia, y esperan eso mismo de su ayuntamiento. Los pregones deberían servir para invitar a todos a la celebración, no para indignar a la mayoría. MR\"."}
{"ID": "PRAZA_10458", "summary": "Anos loitando para que a Policía teña a formación necesaria para exercer a súa función coas vítimas, pero agora, de súpeto, resulta que non é preciso, que o mesmo da que o policía encargado estea formado e teña unha elemental e mínima empatía ou sexa un \"garrulo\"", "text": "Cando hai cinco anos botaba a andar Si, hai saída, a asociación de axuda a vítimas de violencia de xénero da que formo parte, tiñamos moi claro que unha parte fundamental e básica do noso traballo ía ser tentar paliar no posible unha das eivas mais grandes que existían na atención as mulleres que sufren malos tratos: O acompañamento cando acuden a denunciar e no proceso posterior, tan duro ou mais que o momento da denuncia.Acometimos esa labor desde o minuto cero, e fumos conscientes do importante que era, e segue sendo, obviamente, a nosa compaña para as vítimas.O medo, o estado de confusión no que chegan a comisaría, a incerteza ante o seu futuro e, en moitos casos tamén o dos seus fillos, o descoñecemento do proceso que lles agarda despois de denunciar, unidos a unha, as veces, cuestionable atención, ou non todo o boa que sería de desexar, xa que a empatía e a sensibilidade non sempre están presentes neses despachos onde, diante dunhos policías que, en moitas ocasións, por moita formación que teñan, algo que non poñemos en dúbida, non son quen de amosar un mínimo de comprensión, de agarimo, limitándose a levar adiante unhos trámites de xeito mecánico, frio, sen decatarse de que teñen diante a unha muller, a un ser humano, totalmente destrozado, fan que esa tarefa, unidas ao asesoramento que lles prestamos, cobre unha especial relevancia.Nun tempo case récord non só teñen que contar a súa historia unha e outra vez, unha historia que, agás contadas excepcións, ven de moi atrás, e arrastra moita dor, moito sufrimento, e que culmina con ese episodio mais grave ou mais violento que as levou a es comisaría, se non que deben tomar decisións, dar respostas a cuestións que, nin coñecen na maioría das ocasións, nin están en condicións de facelo coherente e obxectivamente, o que pode implicar graves e tal vez irremediables consecuencias para as súas vidas.E eso no mellor dos casos, porque non son raras as ocasións nas que se sinten cuestionadas, xulgadas e mesmo non cridas.Esgotadas física e emocionalmente, unha man que colla a súa e que lles faga sentir que non están soas é fundamental.E non remata ahí.O noso contacto coa vítimas continúa unha vez que saen desa comisaría, e non estou a referirme tan só ao feito de acompañalas ao Xulgado, que, por suposto, é algo que tamén facemos, se non que se fai extensivo a estar con elas cando teñen que acudir, por exemplo, a entregar aos seus fillos ao Punto de Encontro Familiar, a prestar declaración diante do xuiz, etc, etc.O seguemento que, desde que chegan a nos, iniciamos, pasa a convertirse nunha constante, xa que son moitos os momentos nos que lles xurden dúbidas, temores, nos que precisan falar, que alguien as tranquilice, que lles dea unha man, ou que levante un teléfono e as escoite e lles diga que vai estar ao seu carón, que vai loitar con elas., Ese contacto pode durar mesmo anos, porque un proceso de violencia de xénero non é un catarro, para o que tomes unha Aspirina e desaparezca. Hai moitos atrancos no camiño, moitas idas e vidas, e non se pode baixar a garda, hai que estar ahí cando te necesitanTamén vixiamos de xeito especial que a protección que se lles debe prestar a aquelas mulleres e menores que a precisan por atoparse nunha situación de risco se leve a cabo do xeito correcto, dando a voz de alarma se isto non se fai, e mesmo suplíndoa as veces.Para Si, hai saída non hai días festivos, nin vacacións, nin pontes. O mesmo da que sexa verán ou inverno.Sempre, do mellor xeito posible, dado que nos mesmas somos os nosos propios recursos, tentamos estar ahí , porque nunca se sabe cando imos ser precisas, e a axuda a vítimas da violencia machista non pode ser doutro xeito. Non ten datas, nin horarios, nin vacacións, porque tampouco o maltrato os ten. De feito, adoita estar mais presente nas datas de lecer, algo que sempre se debería ter presente, xa que precisamente nelas, cando mais o precisan, a súa desprotección é maior, por mor das vacacións e a falta de persoal.Non descuidamos tampouco o asesoramento legal, que un equipo de profesionais, sen remuneración algunha, lles ofrecen todas as veces que precisen, aclarándolles cantas dúbidas lles xurden, que, como é ben doado de entender, son moitas e contínuas.Sabemos moito de noites sen durmir, de horas e mais horas nunha comisaría ou nos pasillos dun xulgado, de chamadas de madrugada, de choros, de pánico, de ansiedade.Tamén, e eso non podemos esquecelo, algo imposible, nin obvialo, de agarimo, de agradecemento, de apertas que o dín todo, de mensaxes de supervivintes que che dan os folgos para seguir loitando ata onde faga falta, de bicos de pequerrechos para os que somos a imaxe da esperanza.Eso é impagable, e non o cambiaríamos por nada!. Todo isto, por suposto, compatibilizando a nosa actividade o mellor que podemos cos nosos respectivos traballos, porque nos non vivimos da asociación, ninguén nos financia, algo, que quede claro, polo que optamos.Non saímos nas fotos, prácticamente ninguén se fai eco do noso traballo, pero estamos ahí, calada pero constantemente, porque o noso si é vocacional, porque realmente cremos no que estamos a facer e ningunha outra motivación nos move.Por qué estou a contar todo isto?.Pois moi sinxelo. Porque levo días tentando dixerir e mesmo comprender unha nova medida, ou polo menos o xeito de plantexala, que a Xunta anunciou hai pouco mais dunha semana é que é como mínimo, e con todo o respecto o digo, indicativa de que, en cuestión de violencia de xénero, como desde Si, hai saída repetimos tantas e tantas veces, a realidade de quen a sufre é unha auténtica descoñecida, e así pasa o que pasa. Non pode ser doutro xeito.Por mor dun acordo asinado co Colexio de Traballo Social, e vaia por diante o meu respecto por este colectivo e polos seus integrantes, un grupo de profesionais ao que a prensa define como un \"pequeno pero poderoso exército\", van instaurar un \"turno de oficio\" que se vai a encargar, básicamente, de acompañar as vítimas a comisaría, previo aviso, por mor dun protocolo, desde a propia comisaría ou o xulgado, e terán o cometido, din, de detectar as necesidades da vítima e de apoiala na súa toma de decisións, así como nas xestións posteriores e informalas dos recursos a dos que poden dispoñer. Dito doutro xeito, o que levamos facendo os demais moitos anos, e non necesitamos, ademais, tanto tempo para decatarnos do necesario que é, nin, desde logo, lle demos tanto bombo.Din tamén que van concienciar aos Corpos de Seguridade, porque fan o seu traballo, pero non sempre están sensibilizados ou teñen toda a información.Perdón?????.Canto tempo levamos alertando as que si vivimos o día a día das vítimas desta realidade? Ou acaso é algo que comezou a suceder últimamente?.E o colmo dos colmos é que afirmen que \"os axentes non teñen por qué saber facer ese traballo\".De traca!!!.Anos loitando para que a Policía teña a formación necesaria para exercer a súa función coas vítimas, pero agora, de súpeto, resulta que non é preciso, que o mesmo da que o policía encargado estea formado e teña unha elemental e mínima empatía ou sexa un \"garrulo\", con perdón, de marca maior, e con sensibilidade cero, que para eso chega ese \"exército\", que, francamente, non sei por qué non comezaron a exercer antes os seus milagres e que, polo que se ve, asumirán tamén as eivas, se é que as hai, e as labores policiais.Igual así, esa lista arrepiante de mulleres asasinadas era un chisquiño mais curta.Aclaran, eso sí, que non van facer seguemento.Home claro, faltaba mais!Estar alí, na comisaría, que te vexan, que cobres por eso, porque supoño que o seu traballo será remunerado, e se non é así pido desculpas, está moi ben, pero xa despois, ter que estar pendente cada vez que a muller lle xurde unha dúbida, cada vez que hai que acompañala porque teme cruzarse co seu agresor, ou cando a ansiedade a afoga e se aferra ao teléfono desesperada para que a escoiten, a calquera hora do día ou da noite....eso xa é outro cantar, porque ocupa moito tempo, e altruismo si, pero sen pasarse!. Pero o que mais rechía de todo é que tivéramos que chegar ata aquí, ata o ano 2019, cunha lista arrepiante de vítimas da violencia machista, para que se descubrira a pólvora, ou, o que é o mesmo, a necesidade dese apoio.Non é de estrañar, visto o visto, que a violencia de xénero medre e medre sen parar.Se estamos así a estas alturas, mellor nin imaxinar o que nos agarda.Ogallá ese \"exército\" poida paliar o feminicidio que nos asola. De verdade que non o digo por dicir, Como tampouco digo por dicir que a teoría está moi ben, e é unha cousa, pero a práctica, o vivir a dor, a impotencia, o medo, destas mulleres, dos seus fillos, sobre o terreno, día a día, outra moi diferente. Eso non hai universidade que o ensine. Hai que vivilo.Se a finalidade é a que se dí, se realmente se quere construir e non acadar méritos, a voz, a colaboración, a interactuación, cos que realmente coñecemos o que é a violencia de xénero, sería non importante, se non fundamental, ademais dun xesto de cortesía, todo hai que dicilo, porque, ao fin e ao cabo, ese oco que semellan acaban de descubrir, hai anos que nos o estamos enchendo, ou polo menos, facemos todo canto está nas nosas mans para que así sexa.Un chisquiño de humildade, e recoñecer que a nosa labor, malia que non ten tanta sona, nin estea tan recoñecida social e políticamente, e mesmo moleste moitas veces, de algo serve, podería ser un primeiro e importantísimo chanzo para iniciar unha loita conxunta que sería o único xeito de avanzar e tentar que a nos, as mulleres, aos nosos fillos, deixen de matarnos.E guste ou non guste admitilo, ninguén, agás quen o vive de primeira man, poderá dar unha información mais veraz, e que redundaría no beneficio das vítimas, que se supón é do que se trata.Porque isto non vai de levarse méritos. Ou si?."}
{"ID": "NOS_15237", "summary": "Como recollermos o froito para que dure todo o ano.", "text": "Setembro supón a recta final do verán e o comezo do outono e xa o di o noso refraneiro: \"No setembro, colleita e non sementes\". Este mes, sen ningunha dúbida, é unha época de gran variedade onde os nosos froiteiros énchense dunha infinidade de cores para que poidamos gozar das froitas máis ricas do ano: o verde das peras, mazás e uvas, o vermello das framboesas, amorodos e tomates, o morado das amoras e arandos... E xa que temos tanta variedade sería unha mágoa non aproveitarmos a oportunidade de gozarmos destes manxares todo o ano. Por iso, a seguir, preséntanse unha serie de alternativas para conservamos os produtos da horta e dispoñermos deles cando quixermos. Unha vez que probas a salsa de tomate caseira, non vas querer a do supermercado. Nunha primeira ollada pode parecer moi laborioso facela, mais o esforzo merece a pena. Simplemente temos que botar nunha pota os tomates cortados en anacos e deixarmos que se fagan a lume baixo até se converteren en salsa. Podemos engadirlle un rustrido de cebola para facela máis doce ou de vos gustar o picante, un chile tamén será benvido. E para termos salsa todo o ano, só cómpre envasala ao baleiro fervendo os botes dúas veces durante 20 minutos ao baño maría, a primeira para esterilizalos e a segunda para conseguirmos o efecto baleiro. Agora que xa sabemos envasar ao baleiro, podemos preparar marmelada de arandos, framboesas, amorodos bravos ou amoras das silveiras dos nosos bosques e fragas. O único que hai que facer é cocermos as bagas cun pouco de azucre para sacarlle o acedume durante uns 45 minutos e xa teremos a nosa marmelada lista para unhas torradas ou para acompañar unha torta de mazá. E falando de mazás, seguro que no mes de setembro escoitastes iso de \"ao seu tempo veñen as uvas e as mazás maduras\". Concordaredes comigo en que a vendima ben merece un artigo para ela soa, mais conservar as mazás para que cheguen até o Nadal non é unha tarefa difícil. Antes era típico gardalas entre o centeo ou facerlle unha cama con herba seca e gardalas na adega ou no faiado. Hoxe podemos substituír a palla por follas de xornal e se as gardamos nun sitio escuro onde circule o aire, poderemos ter mazás até ben entrado o inverno e así poder cociñarmos biscoitos, empanadas ou doces coas mazás da casa. E facéndolle caso á nosa cultura popular lembrade que \"en setembro non hai vella que non trema\" porque \"se queres mel, por San Miguel\", \"por Santa Tegra abala a nogueira\" e \"polo San Mateo vendima a reo\". Sexa como for, setembro está para comermos a lingua!"}
{"ID": "NOS_30040", "summary": "Luís Villares (Lugo, 1978) aspira á reelección como líder de En Marea, a confluencia que vive abalada por fortes sacudidas internas desde case o minuto cero da súa posta en andamento. Nas primarias axendadas entre os días 1 e 3 de decembro, encabeza a lista Coidando a Casa. Quere un partido soberano, non tutelado desde o exterior. O seu non é un proxecto nacionalista, mais si, esclarece, \"nacional\".", "text": "Villares exuda optimismo, \"pateo o país e sei o que a xente quere de nós\". Ten enorme confianza en que as súas ideas —o erguemento dun partido nacional galego aberto e inclusivo— acabarán prevalecendo sobre aqueles que, di, pulan máis ben por unha confluencia condicionada polos aparatos partidarios preexistentes en xeral e pola cúpula madrileña de Podemos en particular. Falamos na redacción de Sermos. -Como se chegou a esta situación en En Marea, unha historia tan marcada polos confrontos internos nunha organización que ten como lema o de procurar a unidade popular? -En momentos de debate interno como estes é san que toda a diversidade se poña de manifesto democraticamente. Agora imos a unhas eleccións [ao Consello das Mareas] que son as que determinarán en que forma cristaliza esa diversidade. Isto non lle ten que parecer a ninguén nin estraño nin negativo. Ao contrario. Sempre presumimos de sermos diversas. Este é o momento de que a xente escolla entre os distintos modelos [de organización] que están sobre a mesa. -Mais ti prevías tanto ruído, tanto conflito, cando te incorporache, cando subiche ao tren da Marea? -A ver, isto viña sen manual de instrucións [risos]. E, claro, nunca sabes o que a realidade che vai deparar. Mais si que era previsíbel que, sendo un espazo en transformación, houbese distintas fases do proceso... En todo caso, unha confrontación de ideas, un debate de modelos, sempre é algo san. -Que razón lle darías a un militante de base de En Marea para apoiar a candidatura que encabezas? -A nosa candidatura pretende ser unha lista que trata de seducir a totalidade do espazo político. Expresamos unha transversalidade, unha pluralidade ideolóxica que convive dentro da propia lista. Somos moi conscientes da realidade en que vivimos. Esta lista pretende non só seducir o conxunto do espazo político, senón o conxunto da cidadanía. Non é unha lista para derrotar a compañeiras e compañeiros de En Marea, é para derrotar o goberno de Núñez Feixoo. Contamos con activistas sociais, con feministas como Bea e como Iris —a propia Iris é unha rapaza precaria e emigrada, que está a buscar as fabas como moitas mozas e mozos do país—, contamos con xente do movimento veciñal como Mónica Díaz da Coruña, como Moncho Veras de SOS Sanidade Pública, como Mariló Candelo do movimento educativo, como o propio Xabier Pérez Davila do movimento dos pensionistas... e temos xente do mundo sindical, xente da CIG, de CC OO... O que queremos pór de manifesto é que a unidade arredor da diversidade é un valor en si mesmo. E nós pensamos que iso foi o que demandou desde o primeiro momento a xente que se inscribiu na Marea: que persoas moi diversas fosemos capaces de chegar a acordos. Ademais fechamos a lista dunha forma simbolicamente moi interesante, con dúas persoas do mesmo concello, Cangas do Morrazo, que no seu momento concorreron ás eleccións locais en dúas marcas municipalistas distintas e, porén, aceptan agora iren xuntas nesta candidatura. En definitiva, penso que a xente agarda de nós que o rebumbio que puido haber esta temporada acabe xa con estas eleccións. Esta candidatura está en condicións de oferecer iso. -O teu discurso nesta campaña interna está a ser o da defensa dun partido soberano fronte ao modelo da outra candidatura que caracterizas como o dunha forza tutelada desde o exterior, un satélite de Podemos. -Imos ver. Hai tres semanas tivemos que saír moi claramente aos medios porque Unidos Podemos saíu dicindo que iría ás europeas coaligados con En Marea cando nós como organización aínda non tomaramos ningunha decisión ao respecto. E nós dixemos: un momento, as decisións estratéxicas sobre como imos e con quen imos a un proceso electoral tómanse dentro de En Marea. Ninguén ten que vir de fóra a nos dicir como temos que ir ás eleccións. Temos que o deixar moi claro. Nós non somos satélite de ninguén. Somos un espazo soberano e, polo tanto, as decisións adóptanse dentro da organización. E iso tenlle que quedarlle moi clariño aos compañeiros e compañeiras de Podemos de Madrid, principalmente, que é de onde saíu esa información. -Esa satelización védela especialmente notoria no funcionamento do grupo de En Marea no Congreso. -Tivemos un problema. Tentamos a conformación dun grupo parlamentar propio e non foi posíbel por unha razón regulamentaria. Agora estamos a sufrir as consecuencias diso. Estamos a sufrir unha non suficiente visibilización do proxecto político porque estamos integrados no grupo confederal. Isto ten solución? Si. Cal é a solución? Nas próximas eleccións En Marea terá outra forma xurídica, isto é, vaise presentar como partido [en 2016 foi formalmente como coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos], de tal maneira que garantiremos a obtención do grupo parlamentar. Non haberá problemas regulamentarios e poderemos constituír unha agrupación propia no congreso. -Podemos non vai estar de acordo con que En Marea se presente nas eleccións xerais como un partido político e non como unha coligación. -Podemos terá que aceptar a decisión que adopte o espazo político de En Marea. Non imos pedir permiso a ninguén para tomar as nosas decisións. E ese é un valor que estamos poñendo enriba da mesa desde a nosa candidatura. En Marea non vai admitir tutela de ningún tipo. E as relacións con Podemos teñen de ser sempre entre iguais. Son para nós aliados estratéxicos, mais non pode haber subordinación. E o que é certo é que tal e como se conformou o grupo no Congreso si houbo esa certa subordinación e iso é moi negativo para nós. O que quero deixar moi claro, moi claro, moi claro [dío con especial énfase] é que se esta candidatura é gañadora, nós garantiremos que eses problemas non van existir no futuro. -Desde a contorna de Podemos e Esquerda Unida atácase a vosa candidatura co argumento de que en realidade o que propoñedes é a constitución dun partido nacionalista e que, por tanto, a vosa proposta é reducionista, empequenecería o espazo da unidade popular... -É moi fácil contestar iso. Unha simple ollada ao noso programa político e á confección da nosa candidatura desacredita esa afirmación. Nós na nosa lista temos xente que milita actualmente en Podemos, xente moi significada en Podemos como Pancho Casal, deputado... -Casal xa non está en Podemos. -Non, non está en Podemos, pero vén dese espazo ideolóxico-político. -Ben, nacionalista non é... -Non, non é nacionalista, efectivamente. Está Elena Cores na lista, está de número 8, que é militante de Podemos, e así até cinco persoas nunha lista de 35 son de Podemos, o cal desacredita totalmente a noción de que nós queiramos facer un proxecto nacionalista. O que si queremos é un proxecto nacional. Ollo! Iso ten que quedar moi claro. Xa o Pacto de Mazarelos [acordo de outubro de 2015 que deu lugar ao nacimento da confluencia] parte do recoñecimento de Galiza como nación e a partir daí fixemos todas as nosas análises políticas, económicas, e a partir daí construímos En Marea como unha ferramenta de mudanza. Ese é o elo común de todas as persoas que integramos a candidatura e o proxecto político. Defendemos un concepto de nación aberto, integrador, inclusivo, onde se sinta referenciada a meirande parte da nosa sociedade. Unha idea de nación democrática, republicana. Esa idea é capaz de seducir xente que vén do nacionalismo e que non vén do nacionalismo pero que comparte que Galiza é un marco de solidariedade, de referencia, desde o que formulamos a nosa visión do país e do mundo. -No plenario do pasado 27 de outubro os textos do Consello da Marea saínte foron derrotados en aspectos clave, mesmo aqueles que constituían o documento politico. Sénteste lexitimado para dirixir unha organización que ten que levar adiante o relatorio do sector crítico? -Un leva adiante como dirección aquilo que mandan os inscritos. E se os inscritos deciden nunha votación unha cousa, iso hai que respectalo. Só faltaría! Iso fai parte da normalidade democrática. -Desde finais de outubro até hoxe produciuse unha intensa mobilización na base das persoas inscritas, as que teñen dereito de voto nestas primarias. O censo pasou de por volta de 3.000 persoas a arredor de 4.500, un incremento de case 1.500. Desde fóra a impresión que dá é que houbo certo toque de corneta e parecería que a organización que máis capacidade ten de mobilizar tal cantidade de efectivos é Podemos... -Ben, para nós o incremento de participación sempre é positivo. Eu alégrome moito de que aumentase o censo durante esta temporada. Na Marea nunca lle miramos a ninguén o carnet. Estamos moi satisfeitos de que a xente que até agora tiña dúbidas dea un paso adiante neste momento. E se as arengas de Podemos para participar dentro de En Marea tiveron suceso, para nós iso é un éxito. -Imos rematando. Incomódache o feito de que haxa moito debate sobre o teu futuro persoal? -Non me incomoda en absoluto porque non teño ningún apego ao cargo. Cumpro cunha responsabilidade, co encargo que me fixeron primeiro as persoas inscritas nunhas primarias en que votaron 11 mil persoas e coa encomenda que despois recebín do electorado de Galiza, que nos deu a confianza como segunda forza política. Eu estou cumprindo ese encargo e fágoo con responsabilidade e con moita ilusión e con moita honra. E mentres a xente queira que eu siga ao fronte disto, pois seguirei con total entrega e determinación. -E se a xente non quere? -Pois me vou para casa. -Deixarías o escano? -A ver, agora mesmo non hai ningún proceso en que se me estea pedindo nada semellante. Se houbese algún proceso en que se decidise iso, eu evidentemente... sempre o dixen, os inscritos son os que máis ordenan. -A vosa candidatura pode acabar constituíndose nun partido, no caso de En Marea evoluír cara un modelo, que non é o que vós queredes, ou frentista ou tipo federación de partidos? -Nós non contemplamos esa posibilidade. Nós o que temos moi claro é que imos respectar os resultados sexan os que foren. Parece unha obviedade, non? Mais ás veces non o é tanto. Nós tivemos que ver como ao longo destes case dous anos había xente que non estaba de acordo coa liña maioritaria e non participaba directamente nos nosos órgaos de goberno. Nós si que nos integraremos e si que participaremos nos órgaos de goberno, sexa cal for a decisión das persoas inscritas. Aproveito esta entrevista para enviar desde aquí unha mensaxe á militancia e a toda a sociedade: a partir do día 3 non hai dúas listas, hai un único proxecto, o que vote a xente. Eu comprométome co proxecto resultante, con independencia do que sexa, porque o pobo é quen máis ordena. E neste caso o pobo mareante."}
{"ID": "NOS_52661", "summary": "A coordenadora de EU reitera que non é partidaria dun perfil como o do veterano dirixente e requíreo a que non manteña a dúbida por máis tempo sobre se dá ou non o paso de se postular.", "text": "\"Se quere ser candidato, que o diga\". Así respondeu Yolanda Díaz a Xosé Manuel Beiras e o seu requerimento á coordenadora de Esquerda Unida a que \"se me quere sacar do medio, que explique por que\". Nunha entrevista en La Voz de Galicia, Díaz afirma que non varía a súa opinión e segue a considerar que o perfil de Beiras non é o máis acaído, optando por un diferente. \"Non son partidaria de que fose el, mais dígoo con cariño\", responde, para lembrar que ela propia e Pablo Iglesas lle propuxeron que para as xerais fose \"o referente de En Marea, pero internamente no seu partido [Anova] non o consideraron adecuado\". Iso Si, Díaz pídelle a Beiras que \"non manteña a dúbida máis tempo\" e diga se quere ser ou non candidato. E neste sentido, apontou que tería máis apoio en Esquerda Unida que en Anova. \"No debate identitario non imos estar\" Na entrevista tamén lle preguntaron á coordenadora de EU sobre o debate aberto en torno á fórmula de concorrencia de En Marea ás xerais. Anova é partidaria de facelo como partido instrumental, algo que non partillan nin Esquerda Unida nin Podemos. \"O noso acordo político é de formar unha coalición\", responde escuetamente. Iso si, aponta posteriormente que \"no debate identitario non imos estar\" e que \"Non se pode cambiar un acordo baseado no discurso social por outro identitario\". Opinións que culminou cun \"eu non me vou volver independentista agora\"."}
{"ID": "PRAZA_5332", "summary": "A plataforma contra o trazado da A-76 aférrase á \"última vía xurídica\" para tentar frear o proxecto de Fomento. Mentres, dende Quiroga chaman a atención sobre o impacto da infraestrutura no túnel romano de Montefurado.", "text": "É a \"última vía xurídica\" para tentar que o Ministerio de Fomento non chante unha autovía na Ribeira Sacra. Varios dos membros da plataforma veciñal creada recentemente en Nogueira de Ramuín contra o trazado da A-76 veñen de presentar \"un escrito de interposición para o recurso contencioso administrativo\" ante a Audiencia Nacional. Fano mentres a propia plataforma se constitúe legalmente e coa premura á que obrigan os prazos para facer uso deste derradeiro recurso legal. Explica o colectivo que os seus membros \"se viron na obriga de chegar a este punto\" despois de que o Concello de Nogueira de Ramuín, que \"non presentou alegacións na fase previa do estudo\" para a construción da autovía nin tampouco na fase de información previa, se \"negase a apoiar esta iniciativa cidadá\". \"A actuación do Concello foi a que propiciou a creación da plataforma ante o desamparo\" que, din, sofre unha veciñanza que soubo case por casualidade de que a autovía prevista para unir Ourense e Ponferrada ameaza tan seriamente a súa contorna natural. O recurso ante a Audiencia é a \"última vía xurídica\" para tentar frear o trazado Os veciños e veciñas de Nogueira \"seguen esperando a que o concello convoque un pleno extraordinario onde se trate esta cuestión\". Mentres, lamentan, a plataforma vese na obriga de asumir a responsabilidade de \"protexer a contorna afectada por este polémico trazado\" co obxectivo de \"salvagardar a identidade da zona\" e, asemade, de \"defender o proxecto dunha Ribeira Sacra candidadata a ser Patrimonio da Humanidade. O Concello de Nogueira de Ramuín evitou presentar alegacións ao trazado e a plataforma asume a responsabilidade de \"protexer a contorna\" Aínda que, como informou este diario, o proxecto da autovía foi apoiado por unanimidade no Parlamento a plataforma contra o trazado \"espera contar contar co apoio\" dalgunha das institucións máis directamente implicadas na zona, como a Deputación de Ourense e a comisión de seguimento da candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco, na que tamén participa o ente ourensán xunto á Deputación de Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o Valedor do Pobo e a Xunta. Como vén informando este diario, o Ministerio de Fomento prevé destinar ata 1.200 millóns de euros a esta autovía, que pola complexa orografía da zona nin sequera permitirá circular a 120 quilómetros por hora por toda a súa extensión. Boa mostra do impacto das obras na natureza e na paisaxe é que, malia estar prevista como un desdobramento da estrada N-120 en parte do trazado, o Goberno prevé construír 64 viadutos e 22 túneles nun vial de apenas 125 quilómetros."}
{"ID": "PRAZA_3360", "summary": "O PSdeG denuncia a Baltar ante o Consello de Contas e pedirá unha Comisión de Investigación polo \"reparto a dedo\" de 7 millóns de euros a través da fragmentación \"presuntamente irregular\" de contratos. PP e Democracia Ourensana propoñen que os tribunais de oposicións volvan ser designados directamente e non por sorteo.", "text": "O PSdeG-PSOE vén de presentar unha denuncia antes o Consello de Contas de Galicia polo \"reparto a dedo\" de sete millóns de euros por parte da Deputación de Ourense entre catro empresas, despois de ter \"fragmentado de forma presuntamente irregular\" as concesións en 160 contratos menores de obra ao longo dos dous últimos anos. \"Estamos a falar de centos de adxudicacións menores que suman decenas de millóns de euros ao longo do último lustro\", denuncia Rafael VillarinoOs socialistas ourensáns, liderados polo seu voceiro Rafael Villarino, engadiron este martes nova documentación á súa denuncia e sinalan que non descartan \"outras accións legais\", posto que \"ao longo do último lustro estamos a falar de centos de adxudicacións menores que suman decenas de millóns de euros\". A fragmentación de contratos foi denunciada a finais de xaneiro pola entidade de fiscalización Civio, que alertaba da gran cantidade de contratos de servizos con importes de 14.900 e 14.999 euros, o máximo legal para realizar unha concesión sen concurso público. A investigación de Civio subliñaba que a Deputación de Ourense era a administración que acumulaba máis contratos de obra fragmentados xusto por debaixo do límite legal de 40.000 euros, boa parte deles concentrados nunhas poucas empresas (nomeadamente Manuel Viso e Hijos) e ademais un gran número adxudicados no mesmo día.Villarino afirma que existe una \"violación evidente\" da legalidade en \"polo menos 15 obras menores superiores a 40.000 euros e ata 10 contratos de servizos superiores a 15.000 euros\"O Consello de Contas ten agora un prazo de tres meses para pronunciarse sobre a cuestión. O PSdeG explican que trala entrada en vigor da nova Lei 9/2017 sobre contratos públicos, \"o goberno de Baltar repetiu estas adxudicacións menores, en moitos casos con importes exactamente iguais, no borde do límite máximo, independentemente do obxecto e sempre entre as mesmas empresas\". Os socialistas engaden que \"noutros casos directamente incumpriu o límite legal por razón de cantidade\" e subliñan que \"este sistema de fraccionamento supostamente irregular non é novo e coa anterior normativa de contratación o proceder era moi similar\".Villarino afirma que existe una \"violación evidente\" da legalidade en \"polo menos 15 obras menores superiores a 40.000 euros, o límite que establece a legalidade, e ata 10 contratos de servizos superiores a 15.000 euros, o outro tope fixado\". Ademais, subliña que \"case todas as obras que adxudican a dedo teñen sospeitosamente o mesmo importe, cando se trata de obras de natureza completamente distinta\" o que, remata, \"tamén evidencia outras presuntas ilegalidades que, en primeira instancia, debe clarexar o ente fiscalizador galego\".O PSdeG-PSOE vén de impulsar a constitución dunha comisión de investigación na Deputación de Ourense para afondar nas cuestións denunciadasOs socialistas denuncian que dende o 1 de xaneiro de 2018 a Deputaciónde Ourense adxudicou á empresa 'Manuel Viso e Hijos' 1,9 millóns en 58 contratos menores. A continuación situaríanse 'Camiños de Ourense' con 1,5 millóns en 40 contratos; 'Coviastec' con 1,4 millóns e 38 contratos; e Explotacións Medioambientais con 0,8 millóns en 24 contratos, segundo o PSdeG.Ademais, o PSdeG-PSOE vén de impulsar a constitución dunha comisión de investigación na Deputación de Ourense para afondar nas cuestións denunciadas. A moción debaterase no pleno ordinario de febreiro. Ao tratarse dunha comisión especial de investigación, os empregados e membros da Deputación Provincial e das súas entidades dependentes, así como os representantes das empresas concesionarias, están obrigados a comparecer co obxecto de prestar declaración sobre o asunto.Volve a elección \"a dedo\" dos membros tribunais Este mércores PP e Democracia Ourensana levarán unha proposta á Comisión de Transparencia da Deputación na que apostan por volver á designación directa dos membros dos tribunaisNo ano 2013, pouco despois do xuízo a José Manuel Baltar pola contratación irregular de 104 persoas, a Deputación ourensá aprobou unha nova ordenanza de contratación pola que os integrantes dos tribunais de oposición do ente provincial pasaban a ser elixidos por sorteo (e en parte eran funcionarios doutras administracións, limitando así a posibilidade de influír politicamente nos procesos.Porén, este mércores PP e Democracia Ourensana levarán unha proposta á Comisión de Transparencia da Deputación na que apostan por volver á designación directa dos membros dos tribunais, alegando que o sistema de sorteo amosou \"serias dificultades\", das que responsabilizan á falta de colaboración doutras administracións. A Deputación de Ourense sinala que se dirixiu a todas as administracións con actividade en Galicia solicitando unha listaxe de funcionarios que poderían participar nos tribunais, pero que só obtivo resposta da Subdelegación do Goberno central e da USC. Así mesmo, a Deputación asegura que o sistema de sorteo produciu \"atrasos\" nos procesos, pola renuncia de varios dos funcionarios designados aleatoriamente.Os coches de Jácome, \"abandonados\" segundo o PSdeGAs denuncias dos socialistas, que habitualmente tiñan como destinatario ao PP de Baltar, teñen nos últimos meses un segundo destinatario: a Democracia Ourensana de Pérez Jácome. O rexedor ourensán, que se fixo coa alcaldía cos votos do PP a cambio de manter a Baltar na Presidencia da Deputación, amosouse no último ano como un fiel aliado dos populares, axudando a soster o actual reparto de fondos do ente provincial e, nos últimos días, mesmo apoiando a Alberto Núñez Feijóo nas eleccións ao Parlamento galego do vindeiro 5 de abril.Os socialistas denuncian que os dous coches oficiais están \"agochados e abandonados nun vello almacén\". Jácome responde que o proceso de venda \"está en marcha\"Trala súa chegada ao Goberno municipal, Gonzalo Pérez Jácome anunciou a súa intención de poñer á venda os dous coches oficiais cos que contaba o Concello: un Audi A6 de 15 anos de antigüidade e un Opel Vectra. Hai uns días os socialistas denunciaron que os dous vehículos están \"agochados e abandonados nun vello almacén\", acompañando a denuncia dunhas fotos nas que se ve os coches cubertos de po. O PSdeG criticaba que, a pesar das promesas realizadas por Jácome, tanto o alcalde como concelleiros e asesores \"viaxan en vehículos de alta gama de alugueiro con condutor ou en taxi, malgastando avultadas cantidades de fondos públicos municipais, posto que os choferes municipais seguen a traballar na institución pública ourensá noutras tarefas\".O rexedor ourensán respondeu a estas críticas negando o \"abandono\" dos coches e afirmando que o proceso de venda \"está en marcha\", á espera \"de que se realice o proceso administrativo para proceder á súa poxa\""}
{"ID": "NOS_37725", "summary": "O artista mariñán Celso Dourado ten diante da praia das Pasadas, en San Miguel de Reinante, un singular espazo de arte que este sábado día 30 abrirá as súas portas cunha festa da cultura.", "text": "Nesta festa de comezo de verán no Eido Dourado o programa estará composto polas actuacións musicais da cantante galego-palestina Najla Shami, o cantautor Tino Baz e os músicos Mini e Mero. Na parte literaria os versos da poeta Laura Branco xuntarase á intervención do escritor Carlos Reigosa arredor da obra do escultor Fernando Villapol autor da escultura que se inaugurará e pasará a tomar parte da colección da casa do artista mariñán. Manuel Lourenzo e Pepe Penabade ofrecerán as intervencións teatrais da velada, Ao entrar no Eido Dourado descúbrese un espazo persoal que preside a marca do seu creador, o artista Celso Dourado. Alén da exposición permanente, o imaxinativo xardín e as portas abertas da casa definen a filosofía de encontro e creación que desvela a personalidade do seu autor. A marca do artista preside tamén a festa que este sábado día 30 convocará diante da praia das Pasadas a creadores de distintas especialidades artísticas nunha xuntanza que significa tamén o inicio da tempada na que o espazo artístico ten as súas portas abertas.Celso Dourado quere mostrar coa súa iniciativa que outro tipo de xestión é posíbel e que se poden organizar proxectos culturais fóra das cidades e dos centros urbanos. Eido Dourado permanecerá aberto para as visitas ata setembro nunha tempada na que, xunto coa exposición temporal, quen se achegue poderá participar na programación cultural deseñada para o ceo aberto dos xardíns, elaborados polo propio artista con materiais naturais da zona evocando o deseño zen. . Para coñecer Eido Dourado ademais de entrar o espazo de Reinante pódese visitar a súa web."}
{"ID": "PRAZA_16639", "summary": "O director xeral de Política Forestal, Fernández-Couto, admite que as condicións climáticas extremas da vaga de outubro esixen \"unha reflexión\" sobre a loita contra os incendios en Galicia e a estratexia a seguir nunha \"nova situación\", tal e como alertara xa a comisión de expertos lusa Os incendios de outubro en Portugal xeraron unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia", "text": "\"Os sistemas atuais de combate a incêndios não estão preparados para enfrentar um novo problema com raiz nas alterações climáticas\". Esa era a conclusión básica que o informe da comisión de expertos impulsada pola Assembleia da República de Portugal lanzaba en outono tras analizar a orixe, causas e circunstancias das lapas que en xuño asolaran o país veciño e provocaran a morte de máis de 60 persoas en Pedrógão Grande. Incide nesas condicións extraordinarias e na necesidade de abordar as mudanzas o segundo relatorio da mesma comisión, no que mesmo se advirte de que a excepcionalidade dos focos na zona central acabaron por evitar unha maior catástrofe en Galicia na vaga de outubro. A tese é clara: o cambio climático obriga a mudar a loita contra o lume. E a Xunta semella apostar tamén pola \"reflexión\" ante un panorama ben diferente e de maior risco, non só nos montes galegos, senón tamén en zonas habitadas, pastizais ou mesmo áreas urbanas tamén en risco. Fernández-Couto asume que a vaga de outubro e as condicións climáticas extremas esixen \"unha reflexión\" sobre a loita contra os incendios en Galicia Asumiuno o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, durante a súa intervención na comisión de incendios, centrada na tráxica vaga do pasado outubro, que se celebra no Parlamento. \"Semella que comeza unha nova etapa, que están nun novo discurso\", díxolle o deputado do BNG Xosé Manuel Rivas, Mini. \"Hai un punto novo porque o que aconteceu o 15 de outubro nunca acontecera\", dixo o representante da Xunta, que asumiu que a situación vivida naquela fin de semana \"require unha reflexión\". \"En dous ou tres días pode haber máis problemas que en varios anos xuntos; ardeu o monte xestionado e o que non, casas, zonas sen vexetación, pastizais... E houbo lapas queu foron dando saltos ata chegar ás vivendas\", explicou. O director xeral de Ordenación Forestal asume que a \"nova situación\" climática obriga a Xunta a decidir se o actual operativo é o axeitado Fernández-Couto recoñeceu que esta \"nova situación\" climatolóxica implica que o Goberno \"teña que ver se o actual operativo\" é o que debe dedicar a unhas condicións \"extremas\" onde \"as franxas de seguridade son cada vez máis determinantes\", ao igual que a seguridade das persoas. Por iso, ante as preguntas dos deputados da oposición e do PP adiantou que a Xunta \"ten que ver como complementar a actuación municipal\" na prevención e na extinción e \"poñer en marcha medidas potentes para actuar sobre o territorio e apoiar e esixir unha actuación aos concellos\". \"Estase estudando a adecuación a esta situación cambiante, menos estacional\", insistiu. \"Hai que levar a cabo accións estruturais no territorio en condicións máis extremas\", reiterou. \"Hai que levar a cabo accións estruturais no territorio en condicións máis extremas\", advirte Fernández-Couto O director xeral recalcou moito a situación \"nunca vista\" daquela fin de semana de outubro, cunha \"situación xeneralizada de fortes ventos, refachos, baixa humidade... E unha alta actividade incendiaria\". Fernández-Couto insistiu en lamentar que en condicións climatolóxicas excepcionais \"tamén aumenta\" esa actividade incendiaria e preguntouse se sería conveniente considerar tan so \"neglixencia\" ao feito de levar a cabo queimas en períodos onde están prohibidas. E volveu dicir que \"nunca se vira tal cousa\" como a acontecida neses días de outuono. \"Unha cousa é loitar contra 25 incendios e outra contra 130 nesas condicións, mesmo focos simultáneos que queimaban 200 hectáreas nunha hora\", dixo. Ademais, ante as dúbidas da oposición sobre a activación do Pladiga ou sobre a falta de consenso no Plan Forestal, Fernández-Couto defendeu a posición da Xunta e avogou polo \"consenso\" que desde En Marea, PSdeG e BNG non cren."}
{"ID": "NOS_42595", "summary": "Para detectar positivos por Covid asintomáticos", "text": "O Sergas realizará un cribado masivo en Vigo mediante o que aspira a alcanzar as 20.000 probas PCR efectuadas para detectar casos positivos por Covid-19 asintomáticos e \"vixiar e frear a circulación do virus\". Fontes da xerencia da Área Sanitaria de Vigo indicaron que o obxectivo desta iniciativa consiste en detectar o maior número de persoas infectadas que non presenten síntomas. Así, lembrouse o risco que implica para a saúde pública os casos asintomáticos ao continuar o desenvolvemento da súa vida de xeito habitual e poder ser potenciais contaxiadores. Requisitos Deste modo, convidarase a participar no cribado á poboación de centros de saúde de Vigo que cumpran determinados requisitos, ter entre 20 e 60 anos, non terse sometido a unha PCR na últimas dúas semanas e contar cun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos 'Lembra', que permite que as autoridades sanitarias envíen notificacións por SMS. O Sergas contactará coas persoas seleccionadas, ás que convidará a someterse á proba, cuxa realización será voluntaria. O punto de extracción fixarase de acordo con criterios de proximidade e accesibilidade e segundo o número de persoas que acepten someterse á proba, que se poderá realizar nos Covid-Auto dos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, ademais de en instalacións como pavillóns deportivos ou centros socioculturais."}
{"ID": "NOS_18605", "summary": "Após a Audiencia Nacional española vetar a mobilización que organizara a iniciativa popular Tantaz Tanta, as principais forzas políticas e sindicais de Euskal Herría reaccionaron en bloque. Haberá marcha pola paz e a resolución do conflito vasco. En silencio, promete anegar as rúas. A AVT xa pediu que se prohiba.", "text": "Giza Eskubideak Konponbidea, Bakea. Ou o que é o mesmo, Dereitos humanos, resolución, paz. É o obxectivo transformado en lema que este sábado a partir das 18h promete anegar as rúas de Bilbo. Malia o veto da Audiencia Nacional aplaudido polo Goberno español e polas asociacións de vítimas \"do terrorismo\" --que pediron tamén a prohibición desta marcha alternativa--, Euskal Herría non vai quedar sen realizar a marcha anual en prol dos dereitos humanos e pola reclamación dunha solución para o conflito vasco. Ao prohibiren a convocada pola iniciativa popular Tantaz Tanta, as principais forzas políticas e sindicais do país, o nacionalismo vasco, reaccionou en bloque poñendo cara á convocatoria dunha persoa particular. Sortu, EA, Aralar, Alternatiba --as catro integrandas en EH Bildu-- PNV, Geroa Bai, ELA e LAB encabezarán unha mobilización silenciosa que está chamada a ser a máis multitudinaria da historia vasca. Como pano de fondo, a suspensión da actividade do colectivo de axuda a familiares d@s pres@s de ETA, Herrira --coa detención de activistas-- decretada en outubro de 2013 polo xuíz Eloy Velasco, o mesmo que prohibiu a acción inicial de Tantaz Tanta. Tamén como pano de fondo, a operación da Garda Civil contra @s avogad@s dos e das presas vascas. E, por derradeiro, o propio veto da Audiencia Nacional. \"Perante as medidas de excepción negativas e a conculcación de dereitos humanos\", as organizacións mencionadas chaman a \"afortalar o novo escenario aberto no noso pobo\" e mostraron a súa disposición a \"tomar as medidas necesarias\" para que os tres obxectivos expresados no lema da manifestación se tornen reais. Unha mensaxe clara pronunciada nunha sala de imprensa inzada de medios de comunicación e que @s dirixentes do nacionalismo vasco tardaron pouco máis de dous minutos en transladar porque, tal e como explicaron, \"esta é unha comparecencia excepcional provocada por unha situación excepcional\"."}
{"ID": "NOS_7320", "summary": "As principais preocupacións nas análises internacionais e de ONG sobre o terreo residen en que, cos bombardeos, o YPG libere os combatentes presos do Daesh e que, ademais, o Goberno de Erdogán busque unha \"limpeza étnica\" na zona.", "text": "\"As Forzas Armadas de Turquía, xuntamente co Exército Nacional de Siria, acaban de lanzar a #OperationPeaceSpring contra terroristas do PKK/YPG e do Daesh no norte de Siria\". Deste xeito anunciou o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, na súa conta de Twitter esta cuarta feira o inicio da esperada ofensiva militar contra as milicias kurdas no nordeste de Siria. The Turkish Armed Forces, together with the Syrian National Army, just launched #OperationPeaceSpring against PKK/YPG and Daesh terrorists in northern Syria. Our mission is to prevent the creation of a terror corridor across our southern border, and to bring peace to the area.— Recep Tayyip Erdoğan (@RTErdogan) October 9, 2019 \"A nosa misión é impedir a creación dun corredor terrorista na nosa fronteira sur e estabelecer a paz nese territorio\", engadiu Erdogan, que considera ademais que esta operación facilitará \"o retorno dos refuxiados sirios ás súas casas\". Segundo a axencia Reuters, rexistráronse varias explosións na cidade de Serêkaniyê (Ras al-Ain, en árabe romanizado), na fronteira coa cidade turca de Ceylanpinar. Na mañá desta cuarta feira, Turquía indicara que o ataque se produciría \"en breve\", e aseguraba que recibira a \"luz verde\" para a invasión por parte do Goberno dos EUA. Apoio da OTAN Ao respecto, o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, que a vindeira sexta feira, 11 de outubro, ten prevista unha visita oficial a Turquía, sinalou que o Goberno do país otomán lle asegurara \"contención\" no seu ataque militar. Nunha conferencia de prensa tras unha xuntanza co primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, Stoltenberg argumentou que Turquía tiña \"unha preocupación pola súa seguridade lexítima\" para defender a operación militar. \"Estou convencido de que calquera acción que se leve a cabo no norte de Siria será proporcionada\", afirmou, e engadiu: \"É importante evitar accións que poidan desestabilizar aínda máis a rexión, elevar a tensión e causar máis sufrimento humano\". Rexurdimento do Daesh O nordeste de Siria está controlado polas Unidades de Protección Popular (YPG, pola súa siglas en curdo), milicias aliadas do Partido dos Traballadores Kurdo (PKK), considerado un grupo terrorista tanto polos EUA como por Turquía (e tamén pola UE). Paradoxalmente, o YPG foi un dos principais aliados do Goberno estadounidense na rexión na súa loita contra o Estado Islámico (EI, ou o pexorativo Daesh). Precisamente, unha das principais preocupacións nas análises internacionais é que cos bombardeos por parte da infantería turca, o YPG libere os combatentes presos do Daesh, o que levaría ao rexurdimento dun problema xa resolto. Ademais, esta operación é vista por ONG sobre o terreo citadas pola canle de TV estadounidense Fox News como \"unha ameaza de limpeza étnica\". Pola súa banda, Mazlum Abdi, comandante en xefe das Forzas Democráticas Sirias (FDS), compostas principalmente por combatentes de orixe kurda, sinalou nunha entrevista na tamén estadounidense canle de TV NBC News: \"Estamos considerando a posibilidade dunha alianza co presidente sirio Bashar al Assad, co fin de pelexar contra as forzas turcas\"."}
{"ID": "NOS_35875", "summary": "A Galiza retoma a vacinación fronte a Covid nun momento de \"tranquilidade\" e sen novas variantes de preocupación. Con todo, a combinación do coronavirus co virus da gripe pode ocasionar dificultades durante o inverno. Lograr esta dobre protección en grupos de risco e maiores é o obxectivo.", "text": "A vindeira segunda feira a Galiza inicia a campaña de vacinación de outono fronte á Covid. Perto de 22.000 persoas usuarias de residencias serán as primeiras destinatarias da cuarta dose que a Comisión Europea mais o Centro Europeo de Control de Enfermidades e a Axencia Europea de Medicamentos recomendaron administrar a maiores de 60 anos e persoas vulnerábeis o pasado mes de xullo. \"O antes posíbel\", advertían entón as autoridades europeas, nun momento en que as farmacéuticas apuraban o proceso de actualización das vacinas para adaptalas ás novas variantes. A día de hoxe xa están autorizados os fármacos inxectábeis adecuados a Ómicron, polo que a espera permitirá comezar o actual período de vacinación coa formulación renovada. Os estudos realizados demostraron que non vai haber relevancia clínica entre a protección dunhas bivalentes e outras porque son moi parecidas O pasado día 14, a Xunta da Galiza confirmou a chegada á Galiza de 77.600 doses da vacina contra o coronavirus. \"Estas doses atenden á formulación nova de Moderna, que protexe tamén contra a variante Ómicron\", confirmou Sanidade a Nós Diario. Empregaranse, polo tanto, vacinas novas. Reforzo xustificado Este segundo reforzo en colectivos de maiores e grupos de risco está xustificado, apunta a este xornal José Gómez Rial, inmunólogo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. \"Son persoas vulnerábeis e maiores que pola súa condición de inmunosenescencia, contan cun sistema inmune deteriorado pola idade que fai que a resposta á vacinación non sexa tan efectiva como no resto da poboación\". Así é o novo calendario de vacinación das crianzas galegas O experto considera un acerto a espera polas vacinas bivalentes, que ofrecen protección fronte á cepa orixinal de 2020 e fronte a Ómicron, responsábel da maioría de infeccións rexistradas este ano. \"É un paso importante, xa que as outras quedaran obsoletas ao ir dirixidas a unha variante que non está circulando\". Coa Covid sucedeu o que acontece noutros casos, as vacinas actualizáronse aos novos serotipos dominantes. Tanto Moderna como Pfizer BioNTech desenvolveron dúas versións de vacinas bivalentes baseadas especificamente na Ómicron BA.1 e nas Ómicron BA.4 e BA.5, ademais de na cepa orixinal do SARS-CoV-2. A EMA xa autorizou o uso das dúas de Pfizer e da primeira bivalente de Moderna. \"Os estudos realizados demostraron que non vai haber relevancia clínica entre a protección dunhas bivalentes e outras porque son moi parecidas. Todas van cumprir o seu obxectivo: actualizar a inmunidade fronte a Ómicron e ofrecer protección fronte a todas as variantes coñecidas deste coronavirus\", afirma Gómez Rial. A Xunta da Galiza estima que en dúas semanas poderán estar totalmente administradas as doses nas residencias de maiores. Nese momento arrancaría a vacinación dos maiores de 60 anos, comezando polos de 80. En principio, serán citados nos grandes centros de vacinación, que volverán abrir as súas portas na primeira quincena de outubro, mais sen descartar os centros de saúde para quen teña dificultades de mobilidade. Sonia Villapol, neurocientífica: \"Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente\" Protección fronte á gripe Unha vez conclúa a vacinación de maiores e grupos de risco comezará a do persoal sanitario e sociosanitario, que como os anteriores poderá recibir a vacina da gripe de forma simultánea. A combinación de Covid e gripe pode dar bastantes problemas no inverno, de aí que o obxectivo sexa esa protección dobre Ao resto da poboación xeral, advirte José Gómez Rial, \"non hai necesidade de estender a vacinación. A inmunidade adquirida durante estes anos, de forma artificial ou de forma natural, é suficiente para facer fronte a todas as variantes coñecidas\". Ademais, estamos nun momento tranquilo no que a OMS parece \"próxima a anunciar a fin da pandemia\". \"Que non aparecesen novas variantes de preocupación nos últimos meses é indicativo de que o virus está entrando nunha fase endémica\", di. Será un virus respiratorio máis, como o da gripe. Un virus estacional que coa chegada do inverno incrementa a súa incidencia, o que fai pensar nunha suba de casos combinados. A vacina específica para Ómicron chegará en setembro: cal é a súa eficacia? \"A gripe parece que está volvendo con forza. Vémolo en Australia. Hai que ter en conta que estes anos apenas estivo circulando e o noso sistema inmune ten que volvelo a recoñecer e a facerlle fronte. É unha infección respiratoria a ter moi en conta, sobre todo entre os colectivos de risco. A combinación de Covid e gripe pode dar bastantes problemas no inverno, de aí que o obxectivo sexa esa protección dobre\", conclúe o inmunólogo."}
{"ID": "PRAZA_9721", "summary": "Este venres manifestáronse en Ferrol despois de iniciar un peche no Concello. Din estar \"defraudados\" co Goberno central pola falta de avances no proceso de mediación. Na mobilización participou persoal de Navantia.", "text": "O persoal de Poligal manifestouse este venres polas rúas de Ferrol para demandar solucións que eviten o peche da fábrica e o despedimento dos seus 120 traballadores e traballadoras. A marcha foi precedida por un peche de 24 horas na Casa do Concello, un encerro que fora acordado o xoves nunha asemblea do cadro de persoal. Na manifestación, que partiu da propia Casa Consistorial e rematou ante a sede da Xunta, participaron tamén empregados e empregas de Navantia, amosando a ligazón que une a Poligal coa industria naval, pois a factoría naronesa naceu ao abeiro das axudas para a reconversión industrial da comarca.Na manifestación participaron tamén empregados e empregdas de Navantia, amosando a ligazón que une a Poligal coa industria navalOs traballadores subliñaron a súa \"decepción\" co Goberno central, trala xuntanza que este xoves mantiveron na sede do Ministerio de Industria. O Executivo anunciara unha xuntanza a tres bandas (representación social, Administración estatal e empresarial) pero \"nin sequera se convidou a dirección do grupo empresarial\", destaca a CIG. De feito, á xuntanza só acudiron o director xeral de Industria e o subdirector xeral de Políticas sectoriais industriais.Os traballadores subliñaron a súa \"decepción\" co Goberno central e alertan de que Poligal \"formulará o expediente de despedimento colectivo en breve\"O representante de CIG-Industria, Alberte Amado, sinala que \"os compromisos acadados foron os mesmos que xa había e, tras unha semana, nin sequera contactaron coa empresa ou co administrador concursal para conseguir paralizar a presentación do ERE extintivo, tal e como se comprometeran dende o Ministerio\".\"Segundo as informacións que temos, Poligal formulará o expediente de despedimento colectivo en breve\", alerta. \"Non se pode facer campaña electoral co este conflito porque está en xogo o futuro de máis de cen empregos. Non poden anunciarnos reunións coa presenza da empresa que non se producen\", engade Amado."}
{"ID": "NOS_34318", "summary": "En conversa co portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, o líder nacionalista é taxativo cando fala das razóns polas que o Bloque chama a encher as rúas este 15 de setembro. \"A situación é insostíbel\". Para Vence, \"fica claro\" que \"ou a cidadanía vai facéndose cargo da situación\" ou do contrario, afirma, \"temos un horizonte moi negro\"", "text": "Para Xavier Vence, o discurso triunfalista do PP que mesmo fala de recuperación económica \"é absolutamente falso\" pois, di, \"os dados económicos din o contrario\". Segundo o portavoz nacional da organización frontista, \"se nos deixamos levar polo triunfalismo dos gobernos de turno estariamos saíndo da crise desde 2009\". Perante esta realidade, desde o BNG chaman a toda a cidadanía a saír á rúa o vindeiro domingo 15 de setembro pois \"Galiza está nunha situación límite\" de \"auténtico colapso\" a pesar, salienta Vence, \"da propaganda oficial\". \"A única forma de facer política de esquerdas é ter poder de decisión\" Baixo o lema 'Por unha Galiza soberana', a fronte nacionalista convoca unha mobilización para \"frear\" o \"deterioro da situación económica\", mais tamén social e política. \"No BNG cremos que a única forma de facer política de esquerdas\", afirma Vence, \"e de pór a economía ao servizo da cidadanía\" é \"termos poder de decisión\". Neste senso, para a organización frentista \"a soberanía non é un elemento accesorio\", senón que, pola contra, \"é a chave para promover políticas activas de emprego, na defensa da nosa industria, políticas de innovación, manter programas de investigación...\" Desde o BNG lanzan un chamamento ao pobo galego a se sumar á manifestación do vindeiro domingo e \"exixir poder de decisión\". A entrevista completa no número 64 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques e librarías. Tamén disponíbel na nosa loxa"}
{"ID": "NOS_30788", "summary": "Desde Herrira reclamaron que os Gobernos español e francés abandonen o inmobilismo e lembraron que dos dereitos fundamentais son titulares todas as persoas, \"aínda que fiquen encarceradas\"", "text": "Un total de 245 localidades acolleron en Euskal Herria actos enmarcados na iniciativa Goazen Plazara, convocada por Herrira, e aos que asistiron miles de persoas en defensa dos dereitos d@s pres@s polític@s e para reclamaren aos Gobernos español e francés que abandonen o inmobilismo. O mal tempo non rebaixou unha cifra de asistencia que sorprendeu até a propia organización. E é que á falta de contabilizar todas as concentracións realizadas, estiman en 28.500 as persoas que se botaron á rúa para exixiren o respecto dos dereitos deste colectivo. \"Non se poden mesturar os dereitos fundamentais que teñen @s pres@s con cuestións políticas\", reclamaron desde Herrira, chamando a non esquecermos que tales dereitos corresponden a todas as persoas \"aínda que fiquen presas\". Criticaron a \"cadea perpetua encuberta\" que se aplica a día de hoxe no Estado español, e informaron de que 50 desas persoas cumpriron xa a pena imposta e que 14 delas padecen enfermidades \"graves\", polo que a súa posta en liberdade é \"urxente\". Arremeteron tamén contra a dispersión, que obriga a familiares e amig@s a realizar viaxes de 1.000, 1.500 ou 2.000 quilómetros e de 10, 20 ou 25 horas de duración cada fin de semana. Esas viaxes custáronlles xa 16 vidas. Nesta mesma liña, queixáronse de que o ministro do Interior \"día si e día tamén\" faga \"apoloxía\" da dispersión e dunha política penal de excepción, \"deixando en evidencia que son decisións políticas\", pois a lexislación española \"non di onde teñen que estar encarcerad@s @s pres@s\". A demanda de respecto dos dereitos das persoas presas non se limitou ao interior de Euskal Herria, xa que tamén levaron a cabo mobilizacións en lugares como Buenos Aires, Londres, Terrassa, Lisboa ou Bruxelas. En moitos deses actos, en case todos, unha cadeira baleira simbolizou que nesas concentracións non estaban tod@s."}
{"ID": "NOS_24809", "summary": "O BNG entende que con estas cifras o Sergas \"confirma a súa incapacidade\" para cumprir cos prazos fixados no decreto galego de garantía cirúrxica", "text": "Até 2.376 persoas continúan agardando por unha intervención cirúrxica na Galiza entre 6 e 12 meses, e 878 máis de un ano. As cifras deunas nesta quinta feira a voceira de Sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, ao formular unha pregunta na Comisión de Sanidade do Parlamento galego relativa á entrada en vigor do Decreto que regula as garantías para determinadas intervencións cirúrxicas. A nacionalista quixo saber se o Sergas --Servizo Galego de Saúde-- considera \"papel mollado\" o texto, \"ante a evidencia de non poder garantir os prazos estabelecidos para os tempos de espera\". Uns tempos que, segundo Bouza, \"imposibilitan\" ao titular da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, a apoiar na Cámara galega unha lei que garanta prazos máximos de espera xa que \"cun recorte continuo en recursos humanos e materiais resulta imposíbel cumprir o decreto\". Bouza reiterou que, desde o ano 2009, \"as listas de espera empeoraron\" e na comparativa anual segue confirmándose esta tendencia. A parlamentaria engadiu que o Goberno galego é \"incapaz\" de cumprir os tempos \"mesmo nos cinco tipos de intervención estabelecidos\" polo decreto: cirurxía cardíaca valvular e coronaria, prótese de cadeira e xeonllo. Plan de drogas sen fondosNa mesma comisión parlamentaria, a deputada nacionalista preguntou polo recorte nas partidas do Goberno español para o ano 2012 destinadas ao Plan nacional de drogas e as medidas do Goberno galego para garantir o funcionamento dos dispositivos de prevención e asistencia. Neste sentido, Bouza criticou que o director Xeral de Saúde, Manuel Varela Rei \"non comprometeu\" ningún financiamento destinado ao Plan de drogas nin reclamación perante o Goberno do Estado para o financiamento deses dispositivos."}
{"ID": "NOS_31555", "summary": "O grupo nacionalista presentará unha iniciativa na que cualifica de \"insólito\" que sexa o Arzobispado quen tutele os restos que alí repousan e \"poida decidir que actos se celebran nese espazo e cales non\".", "text": "O BNG elevará ao Parlamento de Galiza unha iniciativa na que solicita á Xunta \"adoptar as medidas necesarias para garantir a titularidade e uso civil do Pateón de Galegos Ilustres ubicado en Santo Domingo de Bonaval\", por terse convertido nun espazo \"no que lembrar digna e colectivamente a aquelas persoas máis relevantes na historia do pobo galego\". O Bloque fai coincidir esta proposta coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837, \"por ter sido precisamente esta figura da literatura galega e universal a primeira personalidade cuxos restos foron trasladados ao que hoxe é este panteón de referencia\". Porén, a consideración de espazo de uso civil e laico para honrar as personalidades do país que tiña ata fai un ano mudou tras a \"insólita\" sentenza que lle outorga a titularidade do Panteón ao Arzobispado de Santiago de Compostela que, a xuízo do BNG, \"en ningún caso pode abranguer a tutela dos restos que alí repousan\". Así, o Bloque critica que o Arcebispado \"teña a capacidade par decidir que actos se poden celebrar e cales non\", de aí que demande que o Pateón \"sexa un espazo laico, de uso civil, con garantías de acceso e de facer homenaxes sen censura ás personalidades que alberga\"."}
{"ID": "NOS_11019", "summary": "A carencia de pediatras e matronas nos centros de saúde da Galiza comeza a converterse nun problema crónico. Así o ven as familias, que despois de numerosas protestas locais, salteadas por comarcas de todo o territorio, decidiron unir as súas forzas nunha plataforma única para darlle voz ás dificultades de atención que atravesan, sen resposta por parte da Administración. Coincidindo co Día Mundial da Infancia, lanzan unha campaña en redes sociais. \"Non imos permitir que nos arrebaten a Atención Primaria, moito menos agora coa crise sanitaria que estamos a vivir\".", "text": "A falta de pediatras e matronas implica unha desigualdade fundamental no acceso á saúde. Así o entenden familias de toda Galiza mobilizadas ao abeiro da plataforma Pediatras xa! Matronas xa!, creada pola iniciativa de colectivos locais que dende hai tempo lamentan a carencia de especialistas na Atención Primaria. Segundo recolle a Constitución e defenden nun escrito público dirixido á Xunta da Galiza, \"compete aos poderes públicos, neste organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios\". Máis no caso da saúde das crianzas e das mulleres, recalcan, \"este dereito fundamental incúmprese en moitos municipios da Galiza\". É o caso da Baña, Dumbría, Oia, Barro, O Saviñao, As Somozas, Maside... Ducias de concellos sen pediatra nin matrona ou con especialistas itinerantes que acoden á consulta uns días ou unhas horas á semana. Protestas de vello As protestas veñen de lonxe. En novembro de 2017 xa consta a recomendación da Valedora do Pobo á Consellaría de Sanidade \"para planificar a incorporación de pediatras ao Sistema Galego de Saúde\" a propósito do desmantelamento do servizo de pediatría do centro de saúde de Chantada. Comprobamos que o problema viña de atrás e que non era só noso, senón que afectaba a familias de moitas comarcas do rural galego Entón, Milagros Otero Parga, á fronte da institución, advertiu ao Goberno galego da necesidade de proceder \"á elaboración dun estudo de posíbeis fórmulas que incentiven aos profesionais sanitarios para prestar servizos como especialistas de pediatría nos centros de saúde, así como a preparación dun informe que inclúa a planificación a longo prazo das necesidades reais de tales facultativos, trasladando o resultado á proposta de cota que presenta Galiza na distribución de prazas de especialidades médicas que aproba o Ministerio de Sanidade\". Unha recomendación que volveu trasladar en anos sucesivos a propósito das queixas da veciñanza de Coruxo, en Vigo; de Baltar, en Sanxenxo; de Cambre ou de Carral, instando a Administración a indicar as medidas necesarias para garantir a atención sanitaria urxente ou ordinaria ante ausencias regulamentarias ou definitivas do persoal, segundo os casos. Costa da Morte O movemento Pediatra xa! prendeu na Costa da Morte no concello de Zas, onde pasaron até tres meses sen especialista, con visitas ao centro de saúde de Vimianzo. De aí estendeuse a Fisterra, Dumbría, Muxía, Mazaricos e Cee. \"Cando a precariedade do servizo comezou a propagarse convimos a necesidade de xuntarnos\", sinala Vanessa Viquendi, voceira da plataforma. \"Comprobamos que o problema viña de atrás e que non era só noso, senón que afectaba a familias de moitas comarcas do rural galego\". O colectivo comezou a reclamar o apoio dos movementos locais e dos Concellos. Ao mesmo tempo iniciou un labor de investigación para coñecer a realidade de cada localidade. \"Fáltannos moitos datos, pero sabemos que Muros e Carnota están a compartir pediatra; e as mulleres de Carnota teñen que ir a muros á matrona, que tampouco atende todos os días. Dumbría non ten pediatra, conta cun puericultor dous días á semana, e matrona dúas horas un día ás emana, máis actualmente non ten substituta. En camariñas é un médico de familia quen atende as crianza. En Monfero, sen especialista poden chamar por teléfono ao que está en Pontedeume\". Seguimento itinerante A Lama, Cedeira, San Sadurniño, Trives, Verín... Vanessa Viquendi enumera diversos escenarios de protesta no último ano cunha demanda común: acceso continuado a un servizo de pediatría digno e de calidade. \"Pero o máis que fixo a Xunta foi desvestir un santo para vestir outro. E vímolo no caso de Verín, a onde desprazou a pediatra de Cee, que quedou sen especialista\". Con motivo do Día Mundial da Infancia, a plataforma traslada ás redes sociais cunha campaña baixo o lema 'Estes recortes parámolos unidas'. \"Queremos que a Xunta nos escoite, e que asuma as súas competencias na xestión da Atención Primaria. Sabemos que hai un problema de carencia con respecto ás prazas MIR dispoñíbeis, pero a nosa obriga é exixirlle solucións ao Goberno galego, a quen lle corresponde cubrir todas as baixas, vacacións e xubilacións sen sobrecargar o persoal\", afirma Viquendi. E para iso, incide, \"terán que mellorar as condicións de traballo e estabelecer incentivos que animen as profesionais a ser e exercer como pediatras , tamén no rural\". Na procura deste obxectivo, hoxe, Día Mundial da Infancia, a plataforma traslada ás redes sociais cunha campaña que pretenden facer viral baixo o lema \"estes recortes parámolos unidas\" e o cancelo #pediatrasXa #matronasXa. \"Só hai que subir unha foto en branco e negro cos brazos en X -anima- polo dereito das crianzas e das embarazadas a unha sanidade pública de calidade\". [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]"}
{"ID": "PRAZA_14305", "summary": "Este xoves pola tarde as rúas do centro da cidade encheranse de mortos viventes, nun evento organizado por Dolmen Editorial e a tenda Norma Cómics coa presenza do autor vigués Darío Vilas.", "text": "Sexa polo que sexa parece que Vigo se está a converter na cidade galega con maior presenza de zombies. No verán Coruxo acolleu a carreira zombie vs runner, que en todo o Estado só se celebrou ademais en Madrid e Barcelona. E este xoves chega á cidade olivica a Ruta Zombie, organizada por Dolmen Editorial. Os actos terán lugar na tenda Norma Cómics (fronte ao mercado do Progreso) e terán como prato forte a presenza do autor vigués Darío Vilas, que asinará exemplares de Instinto de superviviente e Antología Z Vol. 6. Ademais, os asistentes poderán participar en diversas actividades vinculadas coa temática Z, e aqueles que asistan disfrazados levarán un agasallo. Por último, seleccionarase un disfrace gañador que poderá optar a un premio a nivel nacional, concedido por Dolmen Editorial. A Ruta Zombie comezou en Madrid o pasado 7 de setembro e xa pasou por Santander, Barcelona e Valencia, e despois de Vigo farao por Albacete, Sevilla e Málaga. E os afeccionados á temática zombie do norte de Galicia non deben esquecer que o vindeiro sábado 29 se celebrará na Coruña a segunda edición da Freakemacine Zombie Walk, que arrancará no Obelisco e será conducida por Os irmáns siameses zombies (Nelson Quintero e Alberto da Sinda) cara á Fundación Luis Seoane. A xornada culminará cunha gran esta-concerto na praza de Azcárraga coa actuación do grupo barcelonés de psychobilly Motorzombis."}
{"ID": "NOS_19024", "summary": "Por vez primeira a formación morada asumirá funcións de goberno nun executivo autonómico. 77,98 por cento das súas persoas inscritas en Castela A Mancha votaron por entrar no gabinete que dirixe o susanista García Page, aliñado coas posturas máis conservadoras e centralistas do PSOE.", "text": "Primeiro goberno de coligazón PSOE-Podemos nunha comunidade autónoma. Será en Castela A Mancha após 77,98 por cento das inscritas da formación morada respaldar o acordo, face o 22,02 por cento de votos negativos. Tomaron parte na consulta 4.584 persoas. A entrada no goberno de García Page -Podemos terá unha consellaría e unha vicepresidencia- contaba co aval político de Pablo Iglesias. As inscritas vincularon, en todo caso, o si aos orzamentos de García Page e á entrada no seu goberno á posta en marcha de políticas \"propias\" tales como unha renda social e un Plano de Garantías Cidadás."}
{"ID": "NOS_29177", "summary": "Levarán ao Parlamento unha \"proposta global\" baseada na entente público-privada para reverter a situación dun sector chave.", "text": "O BNG presentou en Vigo a súa proposta para o sector naval da Ría, un sector que nos últimos anos sofreu a perda de 6.000 empregos directos e por volta de 17.000 indirectos. Os nacionalistas defenderán no Parlamento a necesidade de reverter a actual situación e para elo poñen sobre a mesa unha \"proposta global\", baseada na colaboración público-privada e con tres medidas concretas: crear un consorcio naval, dotar dun fondo de avais e de financiamento (que se mutra de recursos públicos e privados), e a creación dun centro de reparación naval na Ría de Vigo. No que atinxe ao consorcio, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón, a idea é aglutinar nun ente \"a todas as partes implicadas no proceso: estaleiros, empresas auxiliares e empresas transformadoras do metal e a Administración pública\". \"Temos capacidade, temos persoal formado, temos a infraestrutura, temos unha universidade preparada para colaborar neste terreo desde o convencemento de que unha aposta estratéxica para recuperar o sector naval pasa pola innovación e pola tecnoloxía\", explicou Pontón, que estivo acompañada polos deputados Luís Bará e Montse Prado, para alén de Ana Miranda, Serafín Otero e Manuel Caride. Centro de reparación Cada ano pasan pola Ría de Vigo 24.000 embarcacións, dixo Pontón, só con que o 10% destes buques teñan necesidade de reparación \"é un negocio complementario do da construción que permitiría recuperar unha parte do emprego perdido\". De aí a proposta do centro de reparación. A respecto da terceira pata, o fondo financeiro público-privado, con esta quérese \"dotar ao sector dun mecanismo de aval e financiamento de novos contratos e, moi especialmente, de proxectos de I+D+i\". Para a portavoz nacionaliusta, o importante \"é a vontade política para darlle un impulso definitivo a este sector, porque o papel da Xunta debe ser o de converter Vigo de novo nun referente do naval en colaboración con todas as partes implicadas\"."}
{"ID": "NOS_32795", "summary": "Levantarase a semana que vén. Leva activo desde marzo de 2020.", "text": "O presidente da Xunta anunciará esta cuarta feira, na primeira xornada do debate sobre o estado da nación, o levantamento de emerxencia sanitaria que leva activo en Galiza 19 meses, desde marzo de 2020. Será un dos principais anuncios en materia sanitaria, unha vez que \"se ve a luz ao final do túnel\", segundo avanzaron a Europa Press fontes gobernamentais. A xornada desta terza feira, festiva, Feixoo dedicaraa a \"ultimar\" no seu despacho da residencia oficial de Monte Pío a preparación do debate. No seu discurso, que principiará a cuarta ás 10 horas no Pazo do Hórreo, ten previsto destacar a \"estabilidade e a normalidade democrática\" da política galega, unha cuestión que este 2021 cobra especial simbolismo polo 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía. Fronte á situación de Galiza, Feixoo contrastará o seu noveno debate á fronte da Xunta -á marxe das investiduras-, co contexto político estatal, en que á marxe das investiduras, \"non se celebrou un debate do Estado da Nación desde hai case sete anos\", recalcan as fontes da Xunta. Crise sanitaria, económica e industrial como protagonista A situación dos servizos públicos como a sanidade e a educación, a crise industrial que afecta a Galiza, a situación económica e os fondos europeos Next Generation centrarán na próxima semana o debate do estado da nación, o primeiro desde a irrupción da pandemia. Será tamén o primeiro para Alberto Núñez Feixoo nesta lexislatura -o noveno como presidente da Xunta- e o primeiro para Ana Pontón como líder da oposición. Segundo o estipulado este 5 de outubro pola Xunta de Portavoces da Cámara, que elaborou a orde do debate, este iniciará ás 10 horas da mañá do día 13 coa intervención, sen límite de tempo, do presidente da Xunta. Xa pola tarde, sobre as 16 horas, intervirán as portavocías de cada grupo (PP, BNG e PSdeG). Terán un tempo aproximado de 45 minutos, tras o que Feixoo poderá responder. Os partidos contarán cunha segunda intervención de 15 minutos antes da fin da xornada por parte do presidente da Xunta. O día 14 resérvase para as negociacións das propostas de resolución, que serán votadas na sexta feira, día 15, tras as novas intervencións dos grupos. O BNG defenderá 40 propostas para saír da crise económica e social tras a pandemia. Así o anunciou a viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, que emprazou o PP a considerar estas ideas e non tiralas \"ao caixón do lixo\". Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, levará ao debate propostas para impulsar a configuración dunha \"estratexia de país da que carece a Xunta\". Así o explicou o viceportavoz do grupo parlamentario socialista, Pablo Arangüena."}
{"ID": "NOS_11555", "summary": "Pasados xa tres anos desde a toma simbólica da Casa Cornide por activistas do BNG, o xulgado de instrución 4 da Coruña volveu suspender esta quinta feira a vista oral na que debían declarar, despois de ter sido denunciados pola familia Franco, propietaria do inmóbel.", "text": "Desta vez, o motivo do aprazamento é a imposibilidade de cumprir co protocolo de prevención da Covid-19, dado o elevado número de partes no procedemento e das dimensións da sala de vistas, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Porén, a vista xa sufriu outras dúas suspensións a petición da familia que presentou a querela, a primeira en xullo de 2018 e a última, en novembro do ano pasado. A razón, a petición do neto do ditador, Jaime Martínez-Bordiu, promotor do proceso xudicial, de penas máis elevadas das que a Fiscalía solicitaba para as nove persoas que naquela data subiron á varanda do edificio e despregaron unha faixa coa lenda \"Que nos devolvan o roubado. #FranquismoNuncaMais\". Armando Carril, Manel Méndez, Elvira Branco, Carolina Fernández, André López, Salvador González, Óscar Calvo, Dani Carballada e Bieito Lobeira enfróntanse a unha petición de multa por un delito leve de coaccións, que a acusación pretendía elevar, en cada caso, até os nove anos de prisión e 24.000 euros de multa, polo que consideraban delitos de odio e contra a honra e de violación de morada, unha aspiración que foi desmontada pola Audiencia coruñesa, que desestimou o recurso dos herdeiros de Franco. Coincidindo co xuízo estaba prevista para onte xulgados coruñeses unha concentración en apoio das e dos denunciados, que se suspendeu pola notificación do xulgado para volver adiar a vista. Aquela reivindicación na propiedade dos Franco produciuse só unhas semanas despois dun acto similar no pazo de Meirás, do que a Xustiza vén de declarar a súa condición de patrimonio público."}
{"ID": "NOS_10103", "summary": "Este sábado producirase en Lalín a estrea absoluta da obra musical 'Alba de Gloria' dedicada a Castelao no marco da serie de concertos organizados pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as efemérides relacionadas co autor de Rianxo neste 2016.", "text": "O ciclo foi composto este mesmo ano polo autor galego Rogelio Groba a partir do discurso que Castelao fixera no exilio con motivo do Día da Patria, e será interpretada pola Orquestra de Cámara Galega (OCG) en Ponteareas (no marco do Festival Groba), Vilagarcía e Lalín. As actuacións da OCG realizaranse o sábado 30 no Pazo de Liñares de Lalín (20.30 h.), o 6 de agosto na Igrexa de Vistalegre de Vilagarcía (21.00 h.), e o luns 8 de agosto no auditorio municipal de Ponteareas (21.00 h.), no marco do Festival Groba, que se desenvolverá entre o 5 e o 12 de agosto na vila do Condado. O ciclo 'Alba de Gloria' está formado polas pezas Alborada de gloria; Na catedral; Sen ti, alegrías e tristuras; Etnografía panteísta; Cortexo fúnebre; Oda aos inmortais e Enerxía Colectiva. O responsable da Orquestra de Cámara de Galicia, Rogelio Groba Otero (fillo do compositor Rogelio Groba), salientou que a peza que se estreará, que cualificou de \"interesantísima e cargada de emotividade\", foi composta polo seu pai \"e dedicada a unha das figuras máis senlleiras do país\" co xerme do discurso 'Alba de Gloria' feito por Castelao. Festival Groba A cuarta edición deste festival de música clásica celebrarase en Ponteareas do 5 ao 12 de agosto. As principais novidades para este ano veñen vinculadas ao apartado pedagóxico. E, en canto a concertos, volverán contar con figuras senlleiras do panorama musical contemporáneo, como a violinista Clara Jumi Kang, as violistas Lea Hennino e Kyoungmin Park, ou a pianista Kasia Wieczorek. Xunto a este elenco, nomes relevantes como os violinistas Guy Braunstein, que foi concertino da Filharmónica de Berlín; Emmanuelle Baldini, concertino da Orquestra do Estado de Sao Paulo (Brasil); os chelistas Massimo Macri e Zvi Plesser; a flautista Gili Schwarzman; o pianista Julien Quentin, ou a soprano Ingrida Gapova. Ao seu carón, nomes relevantes do panorama galego, como Alba Reirís ou Bernabé Simes. Coma sempre, a Orquestra de Cámara Galega exercerá de 'orquestra residente' do Festival. Contarase, ademais, coa colaboración dunha das grandes promesas da composición galega, o lugués Luis Álvarez Cabado, do que se vai estrear unha obra que lle foi encargada polo propio Festival: 'Andante impromptu'. Outras estreas importantes nesta edición serán a de dous dos catro concertos que compoñen a colección A roda do ano (os titulados Primavera e Verán), de Rogelio Groba, así como o xa mencionado ciclo escrito este mismo ano a partir do célebre discurso de Castelao Alba de gloria, co que o autor ponteareán homenaxea ao polifacético artista e intelectual rianxeiro neste Ano Castelao."}
{"ID": "NOS_16773", "summary": "A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, visitará esta tarde a zona.", "text": "O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, recoñeceu a situación \"moi inestábel\" do viaduto de O Castro, na A-6, entre a Galiza e Castela e León, despois de que esta quinta feira colapsase outro vano da ponte. Miñóns pediu \"tranquilidade\" á poboación, mais admitiu que se trata dun \"tema grave\". Derrúbase outro tramo do viaduto da A-6 O delegado do Goberno español na Galiza evitou facer \"hipótese\" sobre as medidas que adoptará o Executivo estatal, mais non descartou unha posíbel demolición de todo o viaduto, como apuntan desde as últimas horas fontes ministeriais en diferentes medios locais. A preguntas dos xornalistas, antes de participar nun acto na Confederación de Empresarios da Coruña, dixo que se segue traballando \"no máis importante, en esclarecer o ocorrido\", ao tempo que salientou as inspeccións que realizadas neste tipo de infraestruturas, que permitiron \"detectar os problemas no cableado\" polo que este tramo leva pechado case un ano. Expertos culpan da caída da ponte da A-6 a unha suma de erros Após producirse o segundo colapso do viaduto no día de onte, Miñóns púxose en contacto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para coordinar a xestión da situación. Visita da ministra de Transportes Nove días despois de que caíse o primeiro vano da A-6, o delegado do Goberno español anunciou que esta tarde a ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, desprazarase até a zona. O BNG propón unha comisión de seguimento para a recuperación da ponte da A-6 Preguntado por se haberá un grupo de traballo con presenza da Xunta, como solicitaron desde o Executivo galego, en relación á investigación do ocorrido e a análise das causas, dixo que manterán desde o Goberno español un \"contacto directo\". En canto a se considera necesario unha investigación xudicial, apuntou que deben ir \"paso a paso\". \"Primeiro é estudar con detalle o ocorrido, saber cales son as causas e, en función desas causas, tomaranse as decisións oportunas, se é necesario recorrer a esa vía xudicial ou non\". O Goberno español traballa para abrir o viaducto da A-6, dirección Madrid, no verán Miñóns, sobre a cuestión de se o Goberno español mantén a intención de abrir este verán o viaduto dirección Madrid, indicou que \"o obxectivo é facelo canto antes, o primeiro é a seguridade\", volveu a recalcar."}
{"ID": "NOS_39960", "summary": "A tal altura, Magín Blanco (A Rúa, 1960) fixo practicamente de todo na música galega. Con La Rosa, engadiron delicadeza pop blues aos estertores da movida. Os seus catro elepés son pezas de culto. Compartiu sensibilidade folk cos ourensáns Burgas Beat no fermoso Clic (2008). Desde hai anos, as cancións para crianzas centran os seus labores.", "text": "\"O disco de Espido paréceme o colmo da inspiración\", afirma sobre a súa escolla galega para Albums de aquí e acolá, \"o seu tratamento acústico é moi inspirado. É dificilísimo que funcione. E funciona\". Detrás de Espido, obra homónima publicada en 2015, atópanse Guadi Galego e Guillermo Fernández, vellos compañeiro en Berrogüetto e artífices de númerosos proxectos a medio camiño entre os sons de raíz e o formato pop. \"Facer un disco acústico que teña entidade é complicado. Eles, que son grandes músicos, conségueno\", abráiase. A reducción dos arranxos á voz de Galego e ás guitarras desenchufadas de Fernández supón, entende Blanco, un desafío estético de primeira orde. E a pedra sobre a que os integrantes de Espido pousaron unha fértil traxectoria discográfica. \"Aquí está o xermolo de aCadaCanto (2012), por exemplo\". En aCadaCanto participaron tamén Xabier Díaz e Xosé Lois Romero. Mais Espido serviulle a Magín Blanco para adentrarse en zonas musicais inéditas. \"Eu nunca fora capaz de facer un disco acústico\", sinala, \"pero Espido seduciume tanto que hai catro anos comecei cun disco para bebés\". Gatuxos, en 2014, foi un libro disco apoiado no espectáculo \"en que se fusionan as artes, a música, as cancións, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué\". As músicas para a infancian ocupan os esforzos de Magín Blanco. \"Podía falar de Blonde on Blonde de Dylan, pero agora dedícome a isto\", xustifica a súa elección internacional. Que son os tres discos que a brasileira Adriana Calcanhotto editou baixo o seu alter ego Partimpim. \"É ela facendo cancións para nenas e nenos, son discos marabillosos\", afirma entusiasmado. Calcanhotto é unha das figuras centrais da renovación da Música Popular Brasileira (MPB). Pola súa propostan circulan samba, bossa nova e pop que, metamorfoseados en Partimpim, dan lugar a un son que Blanco compara co do catalán do norte Pascal Comelade: \"Usa ese mesmo concepto de brinquedo, con instrumentos de xoguete, pero máis traballado\". Admira, ademais, a posta en escena de Partimpim e os seus aires naíf. Magín Blanco, cuxo último traballo é outro libro disco, Camiños -con poemas e relatos de Ledicia Costas, Víctor Freixanes, María Lado ou Anxos Sumai-, conclúe lembrando que, en realidade, escoita músicas de toda condición. E que a radio segue a ser un dos seus principais subministradores."}
{"ID": "NOS_53896", "summary": "A institución comunicou a Xurxo R. Olveira, interno no penal de Mansilla de las Mulas (Leon), a abertura de dilixencias perante Institucións Penitenciarias para reunir información sobre o \"alegado trato vexatorio a que funcionarios do centro someteron familiares seus nos controis previos a unha visita\", sinala Esculca", "text": "En maio de 2013, familiares do preso independentista Xurxo R. Olveira denunciaban ter sufrido un \"trato vexatorio\" por funcionarios do penal de Mansilla de las Mulas. Obrigaron a nai e a irmá do preso a se despoxaren das súas roupas para as submeter a unha inspección manual namentres un can da Garda Civil lles uliscaba as roupas; segundo a versión da propia familia a través da plataforma Que Voltem a Casa Queixa de Esculca Estes feitos motivaron que Esculca, Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, presentase en 22 de maio unha queixa perante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo. Pedían que \"se tramitasse queixa pola alegada actuaçom abusiva de funcionários do centro penitenciária, que teriam submetidos sem causa justificada as familiares do preso a exames corporais integrais e outras vexaçons\". A principios deste mes de agosto, o Defensor del Pueblo comunicou a Xurxo R. Olveira a apertura de dilixencias perante a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias para reunir e recabar información sobre o que aconteceu ese día. Case un ano preso e sen xuízo Xurxo R. Olveira fica en prisión preventiva sen ser xulgado desde setembro de 2012. Impútanlle un delito de \"pertenza\" á organización Resistencia Galega, que o ministerio de Interior ten tipificada como \"terrorista\""}
{"ID": "NOS_144", "summary": "Despois de que nos anos oitenta visitara á grande actriz con Olhares de Perfil, Roberto Cordovani volve agora á personaxe de Greta Garbo en Divina Garbo que se pdoe ver no Teatro Principal de Compostela até o 22 de febreiro.", "text": "A ambigüidade, a brillantez, o misterio e a xenialidade da Garbo volven de novo á escena setenta anos despois de que a súa figura desaparecera do cine. O actor e director de teatro Roberto Cordovani regresa agora da súa estadia no Brasil para volver á escena cun dos seus personaxes privilexiados na súa dramaturxia, a mítica Greta Garbo á que xa lle deu vida nunha das súas máis premiadas e recoñecidas obras, Olhares de perfil que sorprendeu nos teatros galegos na segunda metade dos anos oitenta.Dirixido por Roberto Cordovanie e Bruno Portela, o espectáculo Divina Garbo da Compañía Internacional de Teatro Arte Livre adéntranse no mundo segredo que rodeou á actriz, misterios propios da novela negra que recompoñen un mundo de espías, servizos segredos e correspondencia privada.Cinco son os acontecementos da vida da Garbo os que recría Cordovani no seu personaxe, desde a interpretación que a actriz fai da Raiña Cristina ate se situar case á beira da morte que acontecería no ano 1990.Con Olhares de Pefil, Cordovani recibía o prêmio ao Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Edimburgo, o Premio ao Mellor Actor no Festival de Outono de Madrid ou mesmo o Prêmio Compostela de Teatro ao Mellor Actor Protagonista, no mesmo Teatro Principal ao que agora volve cunha nova visión da grande Garbo."}
{"ID": "PRAZA_5606", "summary": "A plataforma 'Salvemos a Fracha' celebrará unha asemblea o vindeiro venres 16 na Casa Cultural de Marcón. Sinalan que o proxecto da A57 é \"innecesario\", gastará 86 millóns de euros e provocará un gran prexuízo medioambiental e social na zona.", "text": "En tempos de austeridade hai proxectos de construción de infraestruturas de dubidosa necesidade que, sorprendentemente, non se deteñen. A Autovía A57 pretende unir Pontevedra e Vilaboa e, ao mesmo tempo servir de cicunvalación á capital provincial, cun custe que se achega aos 100 millóns de euros, a pesar de circular en paralelo coa Ronda Urbana de Pontevedra e coa AP9. Porén, nas últimas semanas son varias as voces de veciños e entidades sociais e ecoloxistas que denuncian a \"inutilidade\" desta vía de alta capacidade e o grave prexuízo medioambiental e social que podería causar na zona. Hai uns días a Sociedade Galega de Historia Natural cualificaba o proxecto da A57 de \"sinrazón cun coste inmenso tanto ambiental como social, cando por con moitos menos cartos, pódese conseguir algo mellor para a cidadanía e o medio ambiente\". Tamén denunciaba que esta vía, por estar demasiado afastada da cidade de Pontevedra, non podía cumprir unha función de circunvalación, e avogaba como alternativa pola xestión pública da AP9, ampliada a tres carrís e con gratuidade total entre Caldas de Reis e Vigo. De igual xeito, vén de constituírse na zona, a Plataforma Veciñal Salvemos A Fracha, formada principalmente por habitantes das parroquias de Marcón, Tomeza, Bértola e Figueirido, polas que atravesaría esta autovía, e próximas ao monte da Fracha, no sur da cidade de Pontevedra. A plataforma celebrará unha asemblea aberta o vindeiro venres 16 de maio, ás 20 horas, na Casa Cultural de Marcón. Nesa xuntanza exporán o informe técnico que avala as alegacións presentadas contra o proxecto e que compila os prexuízos ambientais e sociais que provocaría a autovía. Nas últimas semanas os veciños que conforman a Plataforma levaron a cabo varias protestas públicas, entre elas unha na proba automobilística Subida Cidade de Pontevedra, na que chantaron cruces ás beiras da estrada. Denuncian, ao igual que a SGHN, que a autovía é \"inútil\" e \"innecesaria\", circulando en paralelo á AP9, e que non lle empresta un \"servizo\" real aos pontevedreses, ao non poder servir como circunvalación, unha función que tamén vai cumprir a proxectada Ronda Urbana de Pontevedra. \"É un corredor norte-sur que ademais divide as parroquias\", destacan, sobre todo no propio monte da Fracha, que corta en dous, formando un talude de 60 metros de profundidade e 100 metros de ancho, e alertan de que \"constituiría unha barreira entre Pontevedra e a súa comarca natural, segregando dunha maneira irreversible a Serra da Fracha\". Ademais, do mesmo xeito que a SGHN, propoñen como alternativa que se libere de peaxe o treito da AP9 entre Pontevedra e Vilaboa Denuncian, ao igual que a SGHN, que a autovía é \"inútil\" e \"innecesaria\", circulando en paralelo á AP9, e que non lle empresta un \"servizo\" real aos pontevedreses, ao non poder servir como circunvalación Fan fincapé igualmente no elevado custe, 86 millóns de euros para un treito de tan só sete quilómetros, o que cualifican de \"derroche\": \"É necesaria unha obra que non achega solucións e se problemas ás bisbarras afectadas? Podemos permitirnos este luxo de máis de 80 millóns de euros? 80 millóns de euros dan para formular unha morea de preguntas e para emendar unha morea de precariedades sociais\". Tamén denuncian a \"anomalía\" de que o proxecto, presentado en 2010, iniciara as expropiacións de terras en novembro de 2013, para abrir despois o período de exposición pública e o período de alegacións. \"Podemos permitirnos este luxo de máis de 80 millóns de euros? 80 millóns de euros dan para formular unha morea de preguntas e para emendar unha morea de precariedades sociais\" Nas alegacións presentadas ao proxecto, os veciños debullan o impacto que terá para o medio ambiente, sobre todo para os ríos Ponte Nova, Oitavén e Alvedosa e os mananciais existentes na zona, que deixarán de dirixirse ao río Gafos, para a paisaxe, e para algunhas especies animais. Tamén alertan do dano que se causará ao patrimonio artístico e etnográfico, pasando por riba do Camiño de Santiago, a Vía Romana XIX e o Camiño Real de Ribadavia (A rota dos Arrieiros). Avaliación ambiental do proxecto da A57 (.pdf)"}
{"ID": "NOS_6044", "summary": "O semanario Sermos Galiza, único periódico en papel escrito integramente na nosa lingua, chega aos puntos de venda habituais cun número redondo, o 20. E faino só un día antes da xornada de reflexión que dará paso á cita coas urnas para elixirmos quen gobernará a nosa terra. Eis aquí 32 páxinas a ter en conta antes de escollermos papeleta", "text": "publicamos a campaña electoral do PP que Feijóo non quere que coñezas entrevistamos a Tereixa Paz: \"A crise do sistema está a ser utilizada para mudar o modelo social\" dámoslle unha volta á importancia do voto emigrante de cara á cita deste 21-O repasamos a responsabilidade dos partidos centralistas nas dificultades dos sectores estratéxicos galegos analizamos as chaves da Alianza Social Galega contra os recortes, que vén de nacer impulsada por sindicatos e movementos sociais informamos das últimas novidades no xuízo do Prestige, a conta atrás para unha sentenza da cal non derivarán responsabilidades políticas o mandato de Feijóo deixou pegadas difíciles de esquecer: 6.700 pequenas e medianas empresas desaparecidas. Damos máis cifras asegurar a interrupción voluntaria do embarazo na sanidade pública ou avocar as mulleres á clandestinidade. Debatemos con dúas xinecólogas sobre o dereito ao aborto analizamos a defensa da soberanía alimentar do pobo galego e o acceso ás terras, condición indispensábel para rebaixar as cifras da pobreza: nove de cada dez persoas viven no risco de ser pobres contámoscho todo sobre unha iniciativa social recupera a memoria musical galega a través das imaxes. Patrimonio que entra polos ollos e acende o cerebro analizamos o 'purgatorio' do Gaiás, a Cidade da Cultura. Gasto e pecados como a soberbia entrevistamos a Antonio Zambujo, músico portugués ao que se rende a crítica e público europeo na Crítica literaria, Mario Regueira mételle o dente a 'O xogo de Ender', de Orson Scott Card, editado por Urco 'Livros em português que nos falam': a colaboración de Carlos Quiroga na sección Do outro lado do río o escritor Vitor Vaqueiro lembra a Marcelo Brodsky e a súa obra na sección de Viaxes pola miña Terra percorremos os Pastos Mixtos grazas a Valeria Paul Carril mergullámonos con Lola Dopico en Woodglass, marca galega en que se dan a man tecnoloxía, deseño, artesanía e música desta volta, a nosa Okapi vai de maquinista nunha locomotora, María Fumaça, con vagóns ateigados de música e a entrevista da Contra, para a actriz Isabel Risco"}
{"ID": "PRAZA_15025", "summary": "A empresa canadiana Pacific Strategic Minerals quere explotar as vellas escombreiras e balsas da mina de estaño da Penouta na procura da tantalita, de onde se extrae este material usado na industria electrónica. Pero a SGHN alerta de irregularidades no proxecto.", "text": "A empresa canadiana Pacific Strategic Minerals quere explotar as vellas escombreiras e balsas da mina de estaño da Penouta, en Viana do Bolo. Busca tantalio, un valioso material empregado na industria electrónica que ten un valor de 192 euros por quilo. En principio, o proxecto afirma que para logralo só quere reprocesar os materiais contidos nas vellas escombreiras e balsas mineiras para aproveitar mellor o mineral de estaño que ainda conteñen e, sobre todo, para extraer a tantalita, o mineral que contén o tantalio. E promete que o fará sen empregar produtos químicos, tan só mediante trituración, seguida de separación densimétrica e magnética. A priori é un proxecto máis limpo e menos invasivo que outros plans mineiros que están chegando nos últimos tempos a distintas zonas de Galicia, entre outras cousas axudaría en principio a reducir o volume actual das escombreiras e balsas mineiras (máis de 13 millóns de toneladas). E é que cando en 1985 se abandonou esta mina, fíxose sen ningún tipo de restauración ambiental e o impacto da mina, duns 250 campos de fútbol de extensión é ben visible. Porén, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) alerta deste proxecto por varios motivos e alerta dos prexuízos que podería causar no seu entorno, pois entre outras cousas a mina limita co LIC e a ZEPA de Pena Trevinca. A SGHN denuncia que o proxecto, no seu apartado ambiental, \"esquece\" nomear as directivas Hábitat (Directiva 92/43/CEE), Aves (Directiva 2009/147/CE) e Auga (Directiva 2000/60/CE), ademais do Plan Hidrolóxico da Demarcación Miño-Sil. Ademais, aínda que a empresa promete \"a creación de aproximadamente 100 postos de traballo directos e 500 indirectos, é dicir, xeraríanse 600 novos postos de traballo ao redor desta industria\", na táboa detallada da páxina 48 do proxecto só constan 70 postos de traballo directos. Por este motivo a SGHN demándalle á Xunta que se \"extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre hábitats de interese comunitario\" e que \"se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas\". Así mesmo, \"á vista da nula restauración ambiental feita ao rematar a anterior explotación deste xacemento e ao tratarse agora dunha multinacional con sede fóra da UE\", a SGHN pídelle á Xunta que \"esixa un aval a Pacific Estrategic Minerals polo importe estimado para a axeitada restauración ambiental da área afectada polo proxecto mineiro\"."}
{"ID": "NOS_26107", "summary": "Três juízes de segunda instância decidem esta quarta feira se confirmam ou não a sentença de condenação ditada há 9 meses contra Lula. A esquerda vê o processo como a segunda parte do golpe de Estado que deitou fora da presidência Dilma Rousseff.", "text": "O primeiro dos três juízes votaram já em contra de Lula Da Silva, o líder histórico do Partido dos Trabalhadores e ícone da esquerda latino-americana. Não apenas confirma a sentença de há 9 meses, senão que inclusive a eleva a 12 anos de prisão. Ficam ainda dois juízes por se pronunciarem. Bastaria com que um deles falhasse em contra de Lula para este ver seriamente dificultada a sua presença na carreira pela presidência. Lula encabeça as sondagens. As presidenciais estão agendadas para o mês de outubro. É um tribunal de segunda instância de Porto Alegre quem está a julgar Lula. Após se conhecer o primeiro dos três veredictos, suspendeu-se a sessão, que irá ser reatada a partir das 19 horas, hora galega. Será aí quando se saiba que votam os outros dois juízes. Lula foi condenado há 9 meses em primeira instância por um pretenso delito de corrupção, o que decorreria de ter usufruído um apartamento em São Paulo propriedade duma empresa que realizou contratos coa administração pública na época em que o líder do PT presidia o país. Contra uma eventual sentença contrária deste tribunal ainda ficaria por diante um recurso perante o Tribunal Supremo. O PT até daria por boa a hipótese de perder hoje por 2-1. Um resultado de 3-0 -os três juízes contra ele- deixaria-o muito debilitado e virtualmente fora da carreira presidencial."}
{"ID": "NOS_30554", "summary": "Amazon multiplicou as vendas por máis de tres desde 2019.", "text": "Acarriña aparca todos os días no meu barrio vigués. O portón deixa ver as caixas da frecha preta. Desde 2014, Amazon multiplicou as vendas por máis de tres até alcanzar os 280 mil millóns de dólares en 2019, 4 veces e media o PIB galego. O confinamento creou as condicións ideais para a distribución en liña. No segundo trimestre Amazon incrementou os ingresos nun 40% e prevé formalizar 300.000 contratacións até chegar a 1 millón de traballadoras e traballadores. Nestes meses achegounos bens que non podiamos conseguir. O custo para a economía produtiva, o persoal traballador e o ambiente é moi alto. Algunhas das grandes tecnolóxicas captan rendas da economía produtiva sen produciren valor novo. O Congreso dos Estados Unidos determinou que controlan os mercados o que lles permite cargar tarifas excesivas, impor contratos abusivos e extraer datos persoais e das empresas. Amazon dita prezos e extrae valor de case 750 mil provedores en todo o mundo. O modelo laboral baséase na precariedade e no control estrito con graves consecuencias na saúde. No Reino Unido o 87% dos empregados declara dores continuas de costas, brazos e pescozo. No almacén de San Fernando de Henares, Madrid, a metade dos empregados padece lesións de cóbado e a taxa de absentismo, provocada polas rigorosas condicións laborais, é do 18%. O 50% das traballadoras asinan contratos temporais, en moitos casos a través de ETT. En Polonia, coa aprobación do Goberno, Amazon prohibiu o exercicio do dereito de folga. As tecnolóxicas non pagan impostos En 2017 declararon no Estado español unha facturación de 1000 millóns de euros, 10 veces inferior á real, e pagaron 32 millóns de euros en impostos, cando lles correspondería entre 200 e 500 millóns. Ao Francia decidir estabelecer un imposto do 3% ás actividades de Google, Facebook e Amazon, Trump respondeu impondo aranceis aos produtos franceses por 2.400 millóns de dólares. En 2018, Washington e Nova York doáronlle a Amazon máis de 5.500 millóns de dólares para conseguir que as elixise para a apertura de novas instalacións. Na cerna da súa organización, un algoritmo permítelle acumular miles de millóns de xigabytes de datos da clientela para debuxar un mapa preciso do que desexan e compran. Integra os provedores para asegurar que os produtos demandados estean dispoñíbeis en tempo e cantidade abonda. O sistema de recomendacións soluciona problemas asociados historicamente coa planificación agregando información espallada en toda a sociedade. Estás desexando descubrir o resto do contido desta nova? Vai mañá ao quiosque polo Nós Diario e atoparás a información no caderno interior 'Producir'. Tamén podes conseguilo a través da tenda online. En calquera caso, se queres ter a oportunidade de ler reportaxes tan interesantes sempre é mellor que te subscribas xa!"}
{"ID": "PRAZA_6485", "summary": "Nin o Estado nin o sistema político teñen neste momento autoridade moral para afrontar os retos políticos que os cuestionan democraticamente. Trátase dunha verdadeira crise de Estado.", "text": "Trátase dun país onde acaba de dimitir da xefatura do Estado un rei deixando un sucesor caído do ceo, quen carga cos poderes do Estado pero sen outra autoridade moral que ser fillo e sen que a cidadanía o recoñecese de maneira ningunha. Un país cun presidente de Goberno que mentiu en sede parlamentaria asobre as finanzas do seu partido e as propias, deixando así o Congreso anulado para o resto da lexislatura: non se pode recoñecer, negociar nin pactar cun Goberno sostido sobre a mentira. Un Goberno sobre esas bases degrada a sociedade. Un país no que o xefe de gabinete do presidente, sendo coñecedor de posibles delitos da familia Pujol, en lugar de informar á xustiza utilizouno en beneficio político propio, instigando e manobrando para que fose coñecido no momento que lle era máis útil ao Goberno. Os SMS publicados neste diario proban esa perversa e probablemente delituosa conduta política, trátase do \"alguacil alguacilado\". É unha conduta política realmente inconcibible en países democráticos, faría caer un Goberno, con todo trátase dun país onde a oposición non reclama responsabilidades por esas actuacións. Un país cun presidente que mentiu en sede parlamentaria: non se pode recoñecer, negociar nin pactar cun Goberno sostido na mentira Un país onde tanto a presidenta como o secretario xeral dun partido, o PSOE, non se enfrontaron ás urnas e carecen por agora do aval da sociedade. Trátase dun partido que foi realmente o construtor dos consensos sobre os que descansou o sistema político español, e que agora reacciona angustiado por conservar un lugar, ser o principal partido da oposición. Nese país o anterior monarca vaga no seu desprestixio e canto máis se sabe del máis prexudica o reinante e os anteriores presidentes do Goberno vivos \"queimados\", por distintos motivos, para a sociedade. Un país así é, en suma, unha sociedade descabezada, sen referencias morais nin políticas. Nese país aredor dun millón de cidadáns, a maior concentración política de Europa, ocupa organizada e pacíficamente as rúas dunha cidade por terceira vez para reclamar un referendo que o Goberno lles nega. E é entón cando nun mesmo día falece o primeiro banqueiro do Reino, ingresa no hospital outro por caída de cabalo e tamén é hospitalizado o presidente dos grandes almacéns símbolo do consumo español, quen falece catro días despois. Parece que se acumulan os ingredientes para unha \"tormenta perfecta\". Tras anos de políticas antisociais e divisoras nacionalmente, con capas sociais destruídas e sen esperanza, o que preocupaba ao banqueiro falecido, verdadeiro titor intelectual da política económica, eran dous temas: os cataláns e Podemos. Ten lóxica política; desde o seu punto de vista, claro. Pois iso supón que non importa todo ese lixo, corrupción, incapacidade e destrución social mentres a máquina siga rodando, mentres o Estado non sexa cuestionado. A corrupción, o secuestro da política por parte dos poderes financeiros, é a base deste sistema político económico, o único que lamentan os poderes que se benefician deste sistema é que iso que estaba oculto agora móstrase ao público. Pois iso está a crear o rexeitamento de moitas persoas ao sistema político. O que preocupaba ao banqueiro falecido eran os cataláns e Podemos; non importa todo ese lixo, corrupción e destrución social mentres a máquina siga rodando Tiña toda a razón o banqueiro: o sistema é cuestionado por dous disensos, por unha banda un partido que se nutre de denunciar o sistema político e económico e, doutra banda, a vontade á que foron chegando os cataláns de decidir o seu destino. Nin o Estado nin o sistema político teñen neste momento autoridade moral para afrontar os retos políticos que os cuestionan democraticamente. Trátase dunha verdadeira crise de Estado. Nin o Estado nin o sistema político teñen neste momento autoridade moral para afrontar os retos políticos que os cuestionan democraticamente Os que rían da \"España plural\" e opuñan todo tipo de obxecións, agora invócana, cando o dano xa está feito. E ante a gravidade da situación aparecen reaccións nerviosas por parte de quen temen cargar as culpas por conducir as cousas até aquí, procuran trasladar as súas culpas ao contrario ou a un chibo expiatorio. Como a aparición no diario El País de José Bono sinalando a Pasqual Maragall como o culpable dun \"engano\" separatista. Non foi Aznar quen encirrou o españolismo contra o catalanismo, non foi o PP de Rajoy quen recolleu firmas contra Catalunya e a súa pretensión dun novo estatuto, non foron quen levaron o Estatut ao Constitucional, non foron quen lle pasaron o \"cepillo\", non foi o Constitucional? O culpable foi Maragall. Foi o Parlamento catalán, foi a cidadanía que os votou? Foron os cataláns. E se non foi Maragall, foi Pujol como demostraron os \"investigadores privados\" Moragas, Rajoy e Alicia. O Ministerio de Margallo demostrou ante Holanda e as sociedades democráticas o que son capaces de facer, se directamente censuran un libro, e nun país estranxeiro, porque están en desacordo co relato histórico os españois deberían preguntarse que clase de información lles chega deste Goberno e os medios de comunicación que o sosteñen. Pero máis grave aínda que censurar un libro é o que demostrou ese incidente: a administración do Estado español actúa contra a administración da Generalitat catalá, un enfrontamento nacional interno exposto aos ollos do mundo. Son dúas administracións con intereses contrarios e en conflito aberto, é natural que Margallo reitere ameazas anteriores do seu partido e o seu Goberno de empregar a forza do Estado contra o Parlamento catalán. A pretensión de suspender a autonomía catalá exporía unha situación de dimensión histórica novamente. A Generalitat ten un sustento en si mesma e unha continuidade non só política senón administrativa, non nace da Constitución que se limitou a recoñecela, senón do Govern no exilio. Tarradellas xa era presidente antes de volver do exilio. Se o Goberno suspendese a autonomía poderíase repetir a situación de que un Govern se exiliase. A irresponsabilidade e a incapacidade de resolver as cuestións democraticamente conduciron a unha situación impensable fai dez anos. A isto conduciu o nacionalismo español encastillado nas institucións do Estado, conducido pola dereita oligárquica pero acompañada por sectores do PSOE e novos elementos políticos Unha situación onde ten máis responsabilidade quen máis forza ten, quen ten o Estado. A isto conduciu o nacionalismo español encastillado nas institucións do Estado, conducido pola dereita oligárquica pero acompañada por sectores do PSOE e novos elementos políticos xurdidos nos últimos tempos. O día a día dos grandes medios de comunicación madrileños, absolutamente parciais. O Estado español e España como proxecto colectivo posible chegaron a un punto de non retorno, dun modo ou outro desencadearase unha crise nos próximos meses. Con Rajoy, Margallo, Wert, Gallardón, Mato, etc, é imposible que esa grave crise se conduza en termos democráticos que abran diálogo, así que daquela, prepárense porque haberá turbulencias."}
{"ID": "NOS_35588", "summary": "\"O libro e a lectura\", simposio organizado pola Asociación Galega de Editoras, alcanza a súa edición número XVIII cun encontro profesional onde se conversará e reflexionará sobre a edición de contidos inclusivos para a atención á diversidade.", "text": "\"Libros pola diversidade\" é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organiza este ano a Asociación Galega de Editoras (AGE). \"Trátase dun encontro profesional onde se conversará e reflexionará sobre a edición de contidos inclusivos para a atención á diversidade\", adiantan desde a organización, e que xuntará representantes das editoras galegas independentes e das asociacións Arelas, de familias de menores Trans, BATA, centrada en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias, e da Organización Nacional de Cegos (ONCE) de Pontevedra; da secretaría xeral de Educación da Xunta de Galiza, docentes, mais o filósofo, profesor e escritor José Miguel Valle. Dúas conferencias, un panel de experiencias e unha mesa redonda vertebran o programa de \"Libros pola diversidade\", que se realizará nunha única xornada, na quinta feira 30 de setembro. O evento, en colaboración co Consello da Cultura Galega (CCG) e a Dirección Xeral de Políticas Culturais, emitirase en streaming desde o auditorio do CCG, en Compostela, e, debido á situación sanitaria, tamén poderá seguirse desde a canle de Youtube da AGE. A literatura como creadora de \"imaxinarios colectivos\" Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, será a encargada da conferencia de apertura. En declaracións a Nós Diario, Palacios adiantou que coa súa intervención procurará pór o foco sobre diversos puntos para a mellora da atención á diversidade no ámbito da lectura e o libro. \"Centrándonos nos recursos educativos, na literatura, existe moi pouca visibilidade das diversas identidades, orientacións, de expresións de xénero\", comenta Palacios, \"parece que se dá por feito que as persoas lectoras de todos estes materiais van ser heterosexuais e cisexuais e que as familias van estar formadas por un pai, unha nai e uns fillos\", cando a realidade é diferente, moito máis diversa. \"Existe moi pouca visibilidade das diversas identidades, orientacións, de expresións de xénero\", comenta Cristina Palacios, presidenta de Arelas A literatura \"debería ser un reflexo máis real\" do que é a sociedade porque, ao final, \"a literatura axuda moitísimo a crear imaxinarios colectivos\", valora a presidenta de Arelas, porque \"hai moitas formas de vivir, de vivirse e de amarse\". \"Ás veces a pouca visibilidade que se realiza das vivencias e das realidades Lgtbiq+\", por exemplo, \"faise reproducindo certos mitos e estereotipos que precisamos ir apartando\", apunta. Fomentar contidos desde o sistema educativo A perspectiva que achega Palacios nace de acompañar a máis de 500 menores trans e de escoitar as súas necesidades. Así, lanza tamén unha chamada de atención ao sistema educativo para que se inclúan nas lecturas obrigatorias libros diversos, \"que ademais temos na Galiza\", conta, e apunta obras como as de María Reimóndez, Eva Mejuto, Luz Beloso ou Iria Misa: \"22 segundos, Fóra do normal, Mamá, quero ser Ziggy Stardust ou Piratas no recreo\". \"Material haino\", di, mais é necesario incluílo, incluso de forma transversal, no sistema educativo. \"Na Galiza están a facerse cousas, mais o interesante é introducilo no sistema educativo\". O profesorado \"ten a obriga de comezar a utilizar estes materiais nas aulas\", afirma. Esta é tamén unha \"chamada a aumentar esa visibilidade porque non facelo, ou a invisibilidade, é un tipo de discriminación e violencia cara ás persoas que non están aí representadas\". Normalizar a diversidade O modo de abordar estas temáticas tamén será un dos puntos a tratar en \"Libros para a diversidade\". É preciso \"tocar estas temáticas con moita naturalidade e desde o positivismo porque ás veces parece que só se narran historias máis escuras, máis dramáticas...\", afirma Palacios. Desde o seu punto de vista, débese ir modificando ese discurso para que a xente nova vexa que vai ter un futuro vivíbel e feliz, como calquera outra persoa. Nestas temáticas \"tan descoñecidas\", explica, \"é importante ir á fonte\", achegarse á xuventude, documentarse, preguntar... \"Un labor moi necesario para non reproducir estereotipos ou ideas prexuizosas\", conclúe. Programación Á palestra de apertura seguiralle o panel de experiencias \"Contidos diversos\", con Mónica Santos, da asociación BATA, e Manuela Rodríguez, directora da colección Makakiños (Kalandraka Editora); Jorge García Marín, quen tratará a integración do diferente a través da lectura; Lucía Gómez, mestra de Primaria, falando das ferramentas para a inclusión e os pictogramas; e Pilar Carballo, pedagoga do Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra, para analizar a educación inclusiva para a integración. Pola tarde contarán coa mesa redonda \"Formatos e colección diversas\": actuación e axudas para a escola inclusiva. Plan de Atención á Diversidade, con Dolores Reboredo Nogueira, asesora de Orientación do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Secretaría Xeral de Educación; seguida da Colección de Novas Lecturas e Formatos LIX: Identidade sexual, familias diversas, integración na escola, o Premio Asubío de Novela Fundación María José Jove Infancia e Xuventude para a Diversidade, a cargo de Laura Rodríguez Herrera, directora de Hércules; e a colección de Lectura Fácil de Galaxia, con Francisco Castro, editor e director xeral desta editorial. Xa ás 18 horas, o filósofo, docente e escritor José Miguel Valle ofrecerá a conferencia de clausura."}
{"ID": "PRAZA_15245", "summary": "Valentina Formoso é responsable da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgednl). Considera \"positiva\" a sentenza do TSXG, pero aclara que os seus beneficios dependerán de como resolvan os gobernantes a anulación deses dous artigos claves.", "text": "Valentina Formoso é coordinadora xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgednl). O seu colectivo coñece como poucos a realidade lingüística nas aulas onde, asegura, \"claro que hai conflito\". Considera \"positiva\" a sentenza do TSXG que anula o cerne do decreto do plurlingüismo, pero lamenta as consecuencias \"negativas\" que a aplicación desta norma tivo no proceso normalizador da lingua, tanto na escola, como á hora de trasladar \"actitudes negativas\" sobre idioma á sociedade. Que opinión lle merece á Cgendl a sentenza do TSXG sobre o decreto? É positiva. Agora haberá que ver que pode supoñer e como se concreta. Non sabemos como van resolver os gobernantes a anulación deses dous artigos. Consideramos a sentenza positiva, pero agora dependerá de como se aplique. Cremos que é un avance, polo menos para deter o retroceso tan grande que estabamos sufrindo arredor do proceso normalizador e dinamizador da lingua. Foron peores os prexuízos trasladados á sociedade que a propia aplicación práctica do decreto? Todo o que se moveu arredor do decreto foi negativo, pero un dos problemas máis grandes que ten unha lingua minorizada é o conxunto de actitudes negativas e o imaxinario social negativo que se espalla sobre o idioma. Nun proceso de normalización hai que intentar mellorar ese imaxinario negativo e non se trata só de aprender o estandar da lingua para usalo, senón transmitir unhas actitudes positivas para a lingua. Todo o discurso que se moveu e avalou a aprobación dese decreto foi un discurso antinormalizador que supuxo numerosos atrancos para a xente que traballamos neste ámbito. Aumentou os prexuízos e empeorou ese imaxinario negativo xa existente. \"Todo o discurso que avalou o decreto foi antinormalizador, aumentou os prexuízos e empeorou o imaxinario negativo que xa existía\" Provocou o decreto a insubmisión de alumnos ou pais ante o ensino do galego? Houbo algúns problemas, claro que si. O profesorado quéixase da falta de respecto dalgún alumno, de pasotismo ou do desprezo cara á lingua. Que pode facer un profesor que nin tan sequera pode esixirlle aos rapaces que contesten en galego nas clases? Ademais, puxéronse trabas ao traballo dos equipos de normalización e houbo falta de apoio a todos os niveis, así como de recursos. Non se impulsa nin anima a xente a que participe e colabore co noso traballo e incluso profesores teñen temor a apoiarnos porque saben que non temos o apoio da Administración. O noso labor, en teoría, está regulado no propio decreto, pero unha cousa é o que di o texto e outra moi distinta o que se percibe. Os nosos obxectivos son a promoción e dignificación da lingua galega no seu uso e na súa valoración e imos seguir defendendo iso malia atoparnos moitos paus nas rodas. Os equipos de normalización xa saben que non teñen o apoio e vense desamaparados para calquera actividade. Cren que a sentenza fará que a Xunta cambie o rumbo da súa política lingüística? Non está dando mostras de que teña unha intención inmediata de facelo. Polas declaracións que se escoitan non se percibe cambio ningún. Non tivemos contacto directo coa Administración, pero leo a prensa e escoito os medios e non semella que vaian cambiar nada. Que se pode esperar dun conselleiro que di que seguirá facendo a enquisa ás familias a pesar de que a sentenza a anula? Esperemos que recapaciten e que se dean conta de que teñen que cambiar. O secretario xeral de Política Lingüística di que non hai conflito lingüítico ningún nas aulas? Pois eu diríalle que ten que estar máis na realidade dos centros de ensino. Sabe moito de normalización, pero non tanto do ensino. Claro que hai conflito e desde a aprobación do decreto aumentou moito. Se a el non lle chega ningunha denuncia é porque os mestres non van denunciar un compañeiro, pero o conflito existe en todos os niveis porque hai unha porcentaxe enorme de pais que non poden educar os seus nenos na súa lingua materna ou na que queren que se eduque. Eu mesma non teño a opción de escolarizar os fillos nunha liña de galego e, malia que as familias elixiron a lingua galega no ensino, rapazas da idade de miña filla dan as clases en castelán. Ademais, hai centros que se din plurilingües e tan só imparten en galego as materias de lingua galega. A que lle chama a Xunta non haber conflito? Hai profesores obrigados a dar as súas clases en castelán e materias nas que está prohibido usar a lingua propia de Galicia... E estamos falando dun decreto destinado a promocionar, impulsar e dar un trato de favor a unha lingua minorizada. \"Moitos pais non poden educar os fillos en galego, hai centros nos que case non se dá galego e materias vetadas para a nosa lingua, hai ou non hai conflito?\" A Xunta fala de \"harmonía\" nas aulas... Harmonía é unha palabra que se aplica á música. Falar de harmonía cando unha lingua está nunha sitaución de clara desvantaxe... É imposible aplicar este adxectivo a esta situación. É unha lingua minorizada cada vez máis aplastada polo castelán e por unha Administración que lle está a quitar os poucos espazos que podía ter gañados. Que o Goberno se poña na realidade se quere poñerse. Son moitos os docentes que denuncian que non hai control ningún da Administración no cumprimento do decreto e que hai moitos centros non que nin tan sequera se imparte o mínimo en galego. Claro que non hai control ningún. Os nenos aprenden bolboreta ou axóuxere e recitan algunha poesía do autor que cadre do Día das Letras... E pensan que con iso xa se cumpre. O pouco que se daba en galego, en moitísimos casos, nin tan sequera se dá agora. \"A harmonía lingüística só existe para os que só queren educar en castelán; os únicos bilingües somos os que falamos galego\" O obxectivo do decreto debe ser que os nenos sexan competentes en castelán e en galego, pero é evidente que cada vez o son menos. Por que a Xunta non cambia a estratexia? Desde a Xunta adoptouse ese discurso da imposición que deixaron que fose cara a adiante. Asociouse normalización con imposición e, coa escusa de promocionar o inglés, conseguiron tamén a escusa perfecta para sacar o galego do medio. Aquí a harmonía só existe para aqueles que só queren educar en castelán. O obxectivo é que os nenos sexan competentes nas dúas linguas e non fan falta grandes estudos para saber cantos nenos hai con competencia plena en galego. Abonda con poñer as orellas. Aquí os únicos bilingües somos os que falamos galego. Pero é tan difícil chegar a un acordo para retomar o consenso? Todo é moito máis grave do que pode parecer. Remexeuse e afondouse no imaxinario negativo. Unha lingua que leva 500 anos minorizada, sufrindo o que sufriu, desprestixiada... Desde o momento en que iso se estaba superando e se volveu soltar ese discurso da imposición, a xente acabouno comprando. Se ninguén contradí iso, a sociedade seguirá asumindo ese discurso. A xente quedou con que non se ía aprender castelán e que o galego estaba imposto. É difícil cambialo. \"Só se fala desde posicións políticas e non se lle dá voz aos criterios pedagóxicos nin aos expertos; é complicado darlle a volta ao discurso do Goberno\" Pero, como se pode cambiar? Fan falta moitas horas para explicárllelo aos pais, aos alumnos e mesmo aos compañeiros. Calquera especialista en aprendizaxe de linguas desmonta o decreto e sabe que é unha táctica para encubrir o que o Goberno quería, que era desmontar o anterior decreto. Nada máis. Quen lle dá voz aos criterios pedagóxicos ou aos expertos? Só se fala desde posicións políticas e electorais e non desde posicións pedagóxicas. Quen explica o que supón a sentenza? Nos medios tradicionais e con máis difusión o discurso está copado polo seu discurso, polo do Goberno. Se desde a Administración non se volve poñer en valor a lingua para quitar prexuízos e mudar esteorotipos, é moi difícil cambiar a situación. É loitar contra todo o que difunda a Administración e os grandes medios e é complicado darlle a volta, pero polo menos esta sentenza é un gran de area no esforzo colectivo de moitos para demostrar que a política lingüística desta Xunta é unha equivocación."}
{"ID": "PRAZA_14796", "summary": "O profesor Thomas Tufte estivo en Compostela no encontro da Rede Europa América Latina de Cooperación e Desenvolvemento. Defende que a comunicación para o desenvolvemento implica \"un cuestionamento ao proxecto de desenvolvemento hexemónico neoliberal que pon a énfase no crecemento económico e nun mercado libre, cun gran custe social\".", "text": "Houbo un tempo no que a Comunicación para o Desenvolvemento se xestaba nos laboratorios comunicativos dos Estados Unidos e se entendía como a elaboración de campañas informativas para sacar aos \"pobres países do sur do seu atraso\". Mais a comunicación que procura un verdadeiro cambio social non é vertical senón horizontal e nace das propias comunidades, non de grandes conglomerados mediáticos. Desta forma de entender a comunicación, que apenas ten eco nas universidades españolas, falounos o profesor Thomas Tufte, que estivo en Compostela no encontro da REAL_CODE, a Rede Europa América Latina de Cooperación e Desenvolvemento. O concepto de desenvolvemento pode ser entendido de formas moi diversas e mesmo dispares. Que é para ti a comunicación para o desenvolvemento? O desenvolvemento ten sido interpretado de forma moi estreita, ligada cun crecemento económico lineal. Para min, porén, o desenvolvemento implica dereitos humanos, xustiza social e igualdade social e económica. Dende o meu punto de vista, a comunicación para o desenvolvemento implica un cuestionamento ao proxecto de desenvolvemento hexemónico neoliberal que pon a énfase no crecemento económico e nun mercado libre, cun gran custe social. Dis que a Comunicación para o Desenvolvemento está nun momento de encrucillada. Por que? Hai toda unha práctica das institucións ─gobernamentais, non gobernamentais e transnacionais como a ONU─ na que a comunicación para o desenvolvemento se entende de maneira vertical, de arriba abaixo, como acontece, por exemplo, nas campañas de saúde, de educación ou de desenvolvemento agrícola que organizan. Porén, na maioría das veces, non se cuestiona o proxecto hexemónico de desenvolvemento. A mobilización social que podemos ver trala Primavera Árabe ou o 15-M cuestiona ese gran proxecto de desenvolvemento e utiliza os medios de formas novas, de abaixo arriba, e distintas á das prácticas institucionais. \"A mobilización social que podemos ver trala Primavera Árabe ou o 15-M cuestiona ese gran proxecto de desenvolvemento e utiliza os medios de formas novas, de abaixo arriba, e distintas á das prácticas institucionais\" Mais ti consideras que en movementos como a Primavera Árabe ou o 15M se sobrevalorou o papel das novas tecnoloxías… É unha simplificación tremenda falar delas como revolución facebook ou revolución twitter. Detrás hai toda unha interrelación entre as novas tecnoloxías e os medios tradicionais e, ademais, non podemos esquecer que o 15M parte de toda unha historia de movementos sociais, como foi no seu momento a mobilización contra a guerra de Iraq, no desenvolvemento da sociedade española. América Latina é un referente na Comunicación para o Desenvolvemento. Que nos ten que ensinar neste campo? As boas experiencias en comunicación comunitaria, as décadas de experiencia en movementos populares e sociais, as loitas contra as ditaduras na década dos oitenta e mesmo antes, é unha rica experiencia que América Latina nos ensina. Brasil leva xa vinte anos con presupostos participativos, o que implica abrir á discusión cidadá os presupostos locais, e agora esta experiencia estase exportando a África. Hoxe en día, en Kenia, por exemplo, estase aplicando esta práctica usando as novas tecnoloxías As ONG, por exemplo, expanden as súas denuncias empregando de maneira masiva os móbiles cando os gobernos locais non gastan o diñeiro comprometido e existen irregularidades na gobernanza local. \"As ONG, por exemplo, expanden as súas denuncias empregando de maneira masiva os móbiles cando os gobernos locais non gastan o diñeiro comprometido e existen irregularidades na gobernanza local\" Como valoras o modelo de desenvolvemento co que traballa a UE? O proxecto de desenvolvemento da UE segue estando máis orientado ao apoio a si mesma ca ao resto do mundo. Temos que seguir cuestionando a súa forma desenvolvemento e os fins que pretende ─o fortalecemento de Europa como motor económico─ a través dos proxectos que apoia. O intercambio de estudantes, por exemplo, ten máis que ver coa importación de boas e bos estudantes para Europa que co apoio a África, Asia, ou América Latina. Na actualidade, estanse a debater visións moi distintas do desenvolvemento, dende as propostas do Bo Vivir en América Latina até o crecemento económico de China e o seu apoio interesado á cooperación en África… A presenza de China é un novo colonialismo: constrúense estradas e hospitais a cambio do fortalecemento económico do seu propio país. Quizais é unha reprodución do que o mundo occidental veu facendo en África. Mais hai outras propostas de desenvolvemento. En Bután, por exemplo, hai todo un concepto de desenvolvemento ao redor da felicidade e teñen ao redor de 32 indicadores ao redor da mesma. Detrás da proposta do bo vivir, en América Latina, hai unha proposta moi seria. Dende o PNUD hai xa vinte anos que se fixo unha proposta de desenvolvemento humano que vai alén o económico. En cada lugar hai unha interpretación de desenvolvemento. Pero, dito isto, temos que pensar a partir dos valores que todos compartimos, dos principios de xustiza social, equidade social e dereitos humanos. \"A presenza de China é un novo colonialismo: constrúense estradas e hospitais a cambio do fortalecemento económico do seu propio país\" En momentos de crise, os orzamentos para a cooperación diminúen. Como lle está afectando isto á Comunicación para o Desenvolvemento? Os orzamentos para a cooperación estanse reducindo dramaticamente en España. Mais esta non é aínda unha tendencia global. En Dinamarca mesmo se aumentou en cooperación técnica tralo cambio de goberno acontecido o ano pasado e Estados Unidos está mantendo o mesmo nivel de cooperación técnica. De todos os xeitos, probablemente nos próximos anos si haxa unha redución, que obrigará a priorizar. O que está habendo xa na cooperación para o desenvolvemento é unha énfase cada vez maior en procesos de boa gobernanza, que quizais sexa máis barato ca enfatizar noutras cuestións como campañas de saúde, con moito peso en anos anteriores. \"Está habendo xa na cooperación para o desenvolvemento é unha énfase cada vez maior en procesos de boa gobernanza\" Gustaríame rematar esta entrevista cun proxecto de medio comunitario que a ti te chegara especialmente… Acabo de volver de Malaui. En agosto estiven facendo unha avaliación dun proxecto comunitario baseado nas ideas de Paulo Freire, nos seus círculos de reflexión. De maneira moi práctica, xente moi humilde baseou, nunha pedagoxía que parte da comunicación dialóxica, a adopción de pasos importantes como a organización en cooperativas ou a realización de demandas aos seus gobernos locais. É todo un exemplo de articulación cidadá baseada nunha articulación comunitaria que parte da comunicación dialóxica."}
{"ID": "PRAZA_6134", "summary": "O presidente da Xunta recibe o terceiro alcalde de Santiago no que vai de mandato con anuncios de investimentos na Cidade da Cultura e na catedral.", "text": "Nas súas primeiras intervencións públicas os novos membros do goberno municipal de Santiago -na súa maioría, persoas non electas- están a admitir que nos apenas nove meses que restan ata as eleccións municipais non terán tempo a moito máis que pechar algún asunto pendente e bosquexar proxectos que só poderían levar adiante no caso de que o PP gañe as eleccións. Por iso veñen recoñecer que estes primeiros compases que son tamén final de mandato actúan a xeito dunha longa precampaña coa que tentarán gañar a confianza da cidadanía compostelá, que hai apenas unha semana estreou o seu terceiro alcalde en tres anos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vén de poñer o seu gran de area nesa longa precampaña ofrecendo como proxecto estrela o denominado \"bosque de Galicia\", a \"creación\" dun espazo con especies autóctonas na Cidade da Cultura. O plan, que durmía nunha gabeta dende a presentación en 2012 do Plan Estratéxico do Gaiás, volveu este martes á axenda do Goberno galego no marco da primeira xuntanza entre o presidente e quen fora o seu conselleiro de Infraestruturas na súa condición de rexedor da capital. Tras ese encontro o Executivo informou de que un dos \"principais asuntos\" tratados foi a \"activación\" do que presentan como un \"proxecto destinado a poñer en valor os terreos sen urbanizar da contgorna da Cidade da Cultura\". En total, unhas 23 hectáreas que segundo Feijóo \"integran a Cidade da Cultura nun bosque\" e ademais contemplan a construción de novos accesos peonís. Crear un bosque nun monte que foi urbanizado implica, para Feijóo, \"un símbolo de defensa do bosque tradicional galego\" e \"un activo de gran valor ecolóxico e paisaxístico\". Segundo Feijóo o seu anuncio vai tornar o Gaiás nun \"símbolo de defensa do bosque tradicional galego\" e nun \"activo de gran valor ecolóxico\" Ademais de vender a prantación de árbores no Gaiás Feijóo e Hernández presentaron tamén como froito da súa xuntanza un investimento para \"seguir traballando\" no que Feijóo define como \"restauración e modernización da catedral de Santiago\". Neste caso, o anuncio é duns 3,3 millóns de euros para restaurar \"a peineta\" da fachada do Obradoiro, isto é, a parte que aínda non contaba con fondos para se recuperada. \"Complementaremos un convenio para que quede completamente restaurada, non só as torres que están neste momento comprometidas, senón tamén o corpo central da fachada\", sinala o mandatario autonómico A presentación de cartos xa comprometidos para financiar a capitalidade compostelá foi outro dos anuncios dun encontro que, como vén acontecendo nas últimas datas, foi revestido polos conservadores de trazas de normalidade malia a excepcionalidade vivida polo consistorio dende o inicio do mandato. Esta reunión, di Feijóo, non foi máis que \"darlle continuidade a colaboracións que xa estaban empezadas\" e amosar a \"vontade de seguir traballando con intensidade, con diálogo e respecto institucional\". Isto será así, di, porque Hernández traballará \"con acerto\" grazas ás súas \"cualidades destacables como a dedicación ou a capacidade de xestión\"."}
{"ID": "NOS_34218", "summary": "O grande acerto da colección Alicerces ao que pertence este volume é conseguir un ton divulgativo a temas que moitas veces resultan sorprendentes, cando non inéditos, para o lectorado.", "text": "E aínda que non debera ser así, o certo é que a cuestión dos videoxogos continúa a ser unha sorte de tabú dentro da cultura galega, un espazo artístico e social do que se fala máis a miúdo con prexuízos que cun coñecemento real e sobre o que é moito máis fácil atopar ecos de lugares comúns que verdadeira información. As mulheres que amavam os videojogos | Antia Seoane e Maite Sanmartín | Através , 2019 | 155 páxinas | 10 euros O libro de Antia Seoane e Maite Sanmartin entra nese territorio polo seu lado máis complexo: abordando directamente as cuestións de xénero, un aspecto da súa polémica global máis candente. E aínda que o fan desde un punto de vista xeral que moi pouco toca a especificidade do contexto galego, non podemos deixar que probabelmente asinan tamén unha das primeiras obras sobre este tema feitas desde a nosa cultura. Que as autoras se recoñezan como xogadoras e que falen con coñecemento do tema súmase o efectivo resumo, tamén en clave divulgativa, dalgunhas das bases do feminismo contemporáneo coas que van efectuar a súa análise. Dous aspectos determinantes que contribúen a potenciar enormemente a validez dun texto que brilla tamén pola forma de evitar todos os puntos comúns relacionados coa cultura dos videoxogos, mesmo aqueles que parecen máis inocentes. O escepticismo ante unha orientación pedagóxica destes, por exemplo, reivindicando o seu papel como unha forma de ocio que, ao igual que outras, transmite tamén a súa propia carga de valores. E é esta unha das reflexións máis importantes que nos trasladan as súas autoras: a existencia dunha corrente principal, dominada por unha industria que se segue dirixindo a un público idealmente formado por varóns heterosexuais, non debera afastarnos dun medio no que temos que librar as nosas propias batallas até conseguir as nosas propias narrativas, a ser posíbel, disruptivas e cunha dinámica diferente. Sen afán de exhaustividade, a obra ofrece tamén propostas alternativas a esas correntes. Un volume que cumpre á perfección co seu obxectivo de crear un discurso crítico pero tamén propositivo, convidando a esquecer prexuízos e explorar novos eidos. Unha preparación necesaria para o futuro dun sector cada vez máis poboado por mulleres, e onde tamén as minorías sociais seguiremos a ter moitas cousas que dicir e moitos imaxinarios que crear e consolidar."}
{"ID": "PRAZA_5944", "summary": "Este xoves comezou en Rivas Vaciamadrid o Festival Internacional de Clown, que chegará até o vindeiro día 29. Organizado por Pallasos en Rebeldía, comparte sede con Lugo e San Fernando de Henares e inclúe unha gala solidaria co pobo saharauí.", "text": "Este xoves comezou en Rivas Vaciamadrid o Festival Internacional de Clown Festiclown, que comparte sede con Lugo e San Fernando de Henares e que nos seus dez días de espectáculos de circo e rúa (até o 29 de xuño) inclúe unha gran participación galega, encabezada por Peter Punk. Ademais, outras sete compañías de todo o mundo ofrecerán espectáculos de balde, destacando especialmente Mundo Mandarina (Argentina), Djuggledy (Alemania), Javi Javichy (Madrid) ou a Troup Koskowisck (Brasil). O festival inclúe unha gala solidaria co pobo saharauí, que destinará os fondos recadados a sufragar os gastos das caravanas de Pallasos en Rebeldía aos territorios saharauis, onde o colectivo leva anos colaborando, levando humor e circo. Na gala, o vindeiro 28 de xuño, participarán Yllana, o mago Jaime Figueroa, os músicos Lichis e Tonino Carotone ou a compañía de circo Kanbahiota Trup. A pesar das dificultades que foi atopando polo camiño, coa perda dunha sede permanente para o festival, o Festiclown non se detivo e nos últimos anos levou a risa a Palestina ou México. O pasado ano comezou a súa andaina Festiclown Multisede distribuíndo a súa programación entre Rivas Vaciamadrid, Lugo e Mieres. Neste ano 2014, destacan, \"a tarefa de reconquistar o noso espazo dentro do Circuito Español de festivais levounos a crear esta versión 2.0 do Festiclown, afondando nun formato innovador onde a programación se reparte entre os concellos de Rivas Vaciamadrid, San Fernando de Henares e Lugo\". Este venres, Peter Punk Este venres pola noite o protagonismo en Rivas é para o clown galego Peter Punk, de nome Isaac Rodríguez, un dos humoristas máis destacados e programados dos últimos anos en toda España Este venres pola noite o protagonismo en Rivas é para o clown galego Peter Punk, de nome Isaac Rodríguez, un dos humoristas máis destacados e programados dos últimos anos en toda España. Con máis de 900 funcións ás súas costas, Peter Punk desprega un humor vándalo e fresco. Realizou xiras internacionais por Brasil, Italia, Portugal ou Arxentina e participou en festivais como Pireneos Sur, a Mostra Internacional de Ourense, o Festiclown Vigo e o Festiclown Palestina. Gañador do Mundoclown en 2008 e do Festiclown Rivas Vaciamadrid 2013, o artista regresa á cidade co seu espectáculo Peor imposible, estreado en maio de 2014. Peor imposible, que se representará en dúas funcións. foi creado e dirixido polo mestre arxentino Walter Velázquez, e a adaptación e posta en escena leva a sinatura de Isaac Rodríguez."}
{"ID": "NOS_4921", "summary": "O presidente galego asegurou que a gravidade da situación nas residencias de maiores pola crise do coronavirus non ten vínculos co feito de que sexan centros de xestión privada.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, desvinculou a titularidade das residencias de maiores dos problemas derivados dos contaxios de COVID-19 que se rexistran nestes centros e asegurou que a situación é \"común en toda Europa e España\". Preguntado esta terza feira polas críticas nas que o PSdeG vinculou a \"privatización\" destes centros por parte da Xunta á creación de \"imperios xeriátricos\", Feixoo rexeitou expor un \"cuestionamiento da titularidade\" das residencias na súa comparecencia desde San Caetano. \"O que temos que cuestionar é como se autorizan as residencias, que tipo de residencias debemos autorizar, que configuración arquitectónica teñen que ter os edificios, que plantilla e que dotación de plantilla de forma directa ou indirecta ten que ser sanitaria....\", manifestou. A Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias e da Dependencia, REDE, na súa denuncia presentada na Fiscalía Superior de Galicia contra as directivas das residencias privadas do país considera que todos os problemas detectados nestas residencias obedecen a unha cuestión de \"aforro\" de cartos por parte das empresas xestoras, sinalando principalmente á multinacional DomusVi. Despois de sinalar que a Xunta estuda estas cuestións \"desde hai semanas\", Feixoo considerou que \"o mellor que se pode facer\" nestes momentos é \"coñecer os datos\" de todas as persoas que resultaron falecidas ou contaxiadas no total de residencias de España. Segundo indicou, o Goberno estatal ten estes datos que é necesario coñecer. \"Estar a ocultar os datos de falecidos e contaxiados en residencias é algo que non podo compartir en ningún modo e, por iso, desde que tivemos información, estamos a trasladala en tempo real\", xustificou. Porén, os propios datos da Xunta da Galiza indican que o número de contaxiadas nas residencias públicas (apenas unha vintena de usuarias) é moito inferior á das privadas e concertas (900). E o mesmo acontece coas vítimas mortais, case todas ligadas ás residencias privadas."}
{"ID": "PRAZA_1730", "summary": "A Plataforma Víctimas Alvia 04155 concentrarase o venres ás 11 horas na praza do Obradoiro pedindo unha vez máis a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria e denunciando a paralización do proceso xudicial.", "text": "Este venres 24 de xullo farán dous anos do accidente do Alvia en Angrois que acabou coa vida de 81 persoas en 2013. Coincidindo con este segundo aniversario, a Plataforma Víctimas Alvia 04155, que agrupa a maioría de vítimas e familiares, concentrarase na praza do Obradoiro de Compostela, demandando a depuración de responsabilidades políticas polo sucedido e denunciando \"o trato humillante\" que están recibindo \"por parte do Goberno do PP, do PSOE e dalgunhas institucións públicas, xerando, aínda se cabe máis dor nas vítimas\". Unha das súas principais reivindicacións é a creación dunha Comisión de Investigación Parlamentaria no Congreso, un órgano cuxa constitución foi proposta por forzas coma o BNG ou a Esquerda Plural, pero que conta coa oposición de PP e PSOE. \"Que é o que temen? Que pretenden ocultar? É isto transparencia e rendición de contas?\", pregúntase a plataforma. Unha das súas principais reivindicacións é a creación dunha Comisión de Investigación Parlamentaria no Congreso Esixen \"responsabilidades políticas\", criticando que o maquinista apareza \"como único responsable\". Sinalan que \"hai apenas dous meses o perito independente César Mariñas ratificaba no xulgado a rebaixa en materia de seguridade que sufriu a liña Ourense-Santiago e os incumprimentos en normativa de seguridade ferroviaria, cualificando o accidente de 'previsible' tendo en conta a normativa actual e o estado do coñecemento técnico no sector\". Neste senso, acusan as administracións de mentir \"gravemente\" sobre a Liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago cando se asegurou que \"contaba con maior seguridade, a última tecnoloxía e sistemas de condución automática\". Así mesmo, critican que \"ningún responsable político dimitiu e para humillación das vítimas algúns foron mesmo premiados\". Citan os exemplos do antigo secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, que foi nomeado ministro de Xustiza; o do presidente de Renfe, Julio Gómez Pomar, agora secretario de Estado de Infraestruturas; o do ex ministro José Blanco, \"que inaugurou a liña de forma apresurada e sen a procedente análise de riscos\", agora eurodeputado; ou o do novo presidente de Renfe, Pablo Vázquez, antigo presidente de Ineco, responsable da homologación do tren. Ademais, sinalan que o presidente de Adif, Gonzalo Ferré, \"continúa no seu cargo a pesar de mentir en sede parlamentaria\". Láianse tamén do \"trato inhumano\" recibido por parte do presidente da Xunta \"que nos recibiu cos Antidisturbios cando nos negabamos a recibir unhas medallas que non queriamos\" Láianse tamén do \"trato inhumano\" recibido por parte do presidente da Xunta \"que nos recibiu cos Antidisturbios cando nos negabamos a recibir unhas medallas que non queriamos\". E denuncian, igualmente, que o Estado \"non protexe nin defende as vítimas\", criticando a actuación do Fiscal Antonio Roma \"que só defende os intereses de Adif e Renfe, recorrendo por dúas veces as imputacións do xuíz a altos cargos destas empresas públicas\" ou a \"falta de colaboración\" coa Xustiza de Renfe e Adif. Critican o estancamento do proceso xudicial, cunha investigación que \"leva case un ano parada co cambio do novo xuíz\" Así mesmo, critican o estancamento do proceso xudicial, cunha investigación que \"leva case un ano parada co cambio do novo xuíz, a pesar de que existen moitos argumentos para novas imputacións e para que declaren os responsables de seguridade de Renfe e Adif\". A Plataforma esixe \"verdade, transparencia e xustiza\" e destaca que o accidente podería ter sido evitado A Plataforma esixe \"verdade, transparencia e xustiza\" e destaca que o accidente podería ter sido evitado e que \"varias decisións do goberno anterior (PSOE) e do actual (PP) comprometeron a seguridade dos viaxeiros\" e que \"intereses comerciais e políticos antepuxéronse á seguridade das persoas\". Destacan, en concreto, como factores determinantes, o cambio do proxecto orixinal en 2010 (sendo ministro José Blanco), a desconexión do sistema de condución automática ERTMS en xuño 2012 (sendo ministra Ana Pastor), ou o feito de ter ignorado a advertencia de perigo do xefe de Maquinistas de Ourense, José Ramón Iglesias Mazaira, o 26 de decembro de 2011."}
{"ID": "NOS_43421", "summary": "O Cadro Artístico Airiños de Asados (Rianxo) tampouco recollerá hoxe os Premios da Cultura Galega que a Xunta entrega hoxe no Gaiás. Despois de que onte a Asociación Internacional de Estudos Galegos anunciara que non recollería o Premio da Cultura en apoio ás mobilizacións do sector das artes escénicas, a decisión feita pública de Airiños pon aínda máis en evidencia o enfrontamento entre a Consellaría e o mundo da cultura.", "text": "Tamén como apoio ás persoas que traballan nas artes escénicas e musicais é como explica o Cadro Artístico Airiños de Asados a súa negativa a asistir ao acto de entrega dos Premios da Cultura que terán lugar hoxe en Compostela, na Cidade da Cultura. \"Sumámonos así á Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que tamén se solidarizaron deste xeito coas persoas implicadas e comprometidas coa cultura de Galicia\" explican no comunicado no que informan que non recollerán o Premio da Cultura na categoría das Artes Escénicas que lle fora concedido polo traballo desenvolvido desde o ano 1933.Aclaran que non renuncian ao recoñecemento institucional \"xa que son moitas as persoas que traballaron para chegar ata aquí\" e pertence \"a tantas outros veciños e veciñas de Asados e Rianxo que se subiron ás táboas durante tantos anos\". Explican que a decisión foi complexa mais foi a maioría a que decidiu sumarse á protesta do sector tetral e non acudir ao acto de entrega. \"Apoiamos así ao sector teatral ao que, dende o afeccionado, pertencemos. E sumámonos a unha protesta que nos atinxe a todos nós: sexa como teatreiros que como consumidores de cultura\" explican.."}
{"ID": "NOS_41628", "summary": "Erasmo Montenegro Costas foi un daqueles armadores de pistola ao cinto.", "text": "Fai parte daquelas sagas de armadores, conserveiros ou navieiros asociados ao terror do que tanto nos ten falado Dionisio Pereira. A súa xinea é da mesma madeira que os Leiros ou os Álvarez Bastos en Bouzas, que os Cerqueira ou Vieira en Vigo, que os Moldes en Cangas, que os Massó en Bueu, que os Ventura en Moaña ou que os Fanego en Cariño. Os días que seguiron o 18 de xullo de 1936 continuaron a súa loita sen tregua contra os máis, saíron á caza daqueles que organizaron sindicatos, fixeron folgas e pelexaron por todos. Era a loita de clases por outros medios, así o escribiron no seu voceiro, Industrias pesqueras, e sabían que era o momento, e non o dubidaron e chamaron \"á depuración das filas da clase traballadora, procurando a eliminación de todo xerme disolvente que altere a fecunda harmonía entre capital e traballo. E se hai algún sector desa obra depuradora, ningún en forma máis urxente que o sector pesqueiro\". O vehículo, un Hudson modelo 1930 coñecido popularmente como \"O coche fantasma\", é unha institución presente na memoria popular de boa parte da represión na memoria de Vigo Chamábase Erasmo Montenegro Costas. Fillo e sobriño de armadores, naquela primavera de esperanza dos primeiros trinta galegos, destacaba como directivo da \"Sociedad de Socorros Mutuos Maritimos\" ou como presidente da \"Sociedad de Armadores de Buques de Pareja \"La Marítima\" de Bouzas\", unha entidade patronal que se bateu contra sindicatos e obreiros, significando como cabeza naquel combate contra a mobilización operaria no mar. Sempre o primeiro na loita, após o 18 de xullo de 1936 púxose á fronte dunha escuadra fascista que sementou o terror na área de Bouzas, cedendo o seu propio coche para uso dos civís e militares do terror. O vehículo, un Hudson modelo 1930 coñecido popularmente como \"O coche fantasma\", é unha institución presente na memoria popular de boa parte da represión na memoria de Vigo, homologábel ao \"O coche do reparto\" nas terras de Sarria, ao \"O coche da rondalla\" na área de Trasancos, ou ao \"O coche do cangrexo\" para a comarca da Mariña e do Eo-Navia. O seu nome ficará ligado para sempre á represión en Vigo. Así, nunha publicación editada na Arxentina en 1938 e vertida ao galego por Edicións A Nosa Terra baixo o título O que fixeron en Galiza, recollese que \"Outro dos asasinos de Bouzas era un tal Erasmo, un tipo gordo e grotesco que leva un cinto coas cores vermella e negra da Falanxe e que protexido pola Garda Civil persegue con saña os esquerdistas escondidos. Eu vino actuar un día en que unhas raparigas estando na praia lle foron denunciar a presenza por aquela contorna dun fuxido. A caza do home polos gardas civís apurrados por aquel repugnante personaxe foi un dos espectáculos máis odiosos que xa presenciei na miña vida\". Na mesma liña, Antonio Monroy, fillo de Adoldo Monroy Figueroa, unha das vítimas de Montenegro, sinala que \"El daba as ordes para os asasinatos e poñía tamén o seu coche \"O Fantasma\" pola noite para ir busca a xente (...); foi o que mandou matar o meu pai, tras ameazalo naquela reunión: «Ay, Monroy, Monroy...» aínda que daquelas non entendera porque llelo dixera (...)\". Nunca lle pesaron os mortos que tiña ao lombo Nunca lle pesaron os mortos que tiña ao lombo. Segundo escribiu Gonzalo Amoedo, mentres o seu tío Víctor Montenegro Feixoo, o presidente da patronal pesqueira de Bouzas, facía listas negras, presentaba denuncias ou delataba xentes do mar, o seu sobriño Erasmo asasinaba en diferentes lugares e datas estas persoas, e así foron executados Andrés Castro, Urbano Gándara ou Eladio Maneiro, cadros do Sindicato de industrias pesqueiras da CNT que nun tempo lle discutiron o poder de clase. Seguiu facendo negocios, socio de \"Hijos de Benigno Montenegro\", con central en Bouzas, abriu sucursais en Cádiz e Las Palmas, até converter este porto na base onde concentraba o groso da súa flota que seguía saíndo dos estaleiros vigueses, e fixo moitos cartos, cuns traballadores disciplinados polo terror e sen uns sindicatos que os defendesen. E morreu en Bouzas o 15 de maio de 1970, segundo a laudatoria necrolóxica recollida no exemplar de Industrias pesqueras após \"unha longa e penosa enfermidade\". E non foi o único."}
{"ID": "PRAZA_709", "summary": "Expertos das Nacións Unidas lémbranlle ao Goberno central que debe extraditar os mandos da ditadura reclamados pola xustiza arxentina mentres non se garanta o acceso á xustiza española das vítimas do réxime fascista.", "text": "España debe \"extraditar os responsables de violacións graves dos Dereitos Humanos\" durante o franquismo \"mentres non se tomen medidas para garantir o acceso á xustiza\" española das vítimas. Así de contundete se mostrou un grupo de expertos da ONU en Xenebra o pasado venres e en resposta a unha nova negativa -o 13 de marzo- do Executivo á extradición de 17 ex cargos franquistas acusados pola xustiza arxentina de violacións graves dos dereitos humanos durante a ditadura. A ONU esíxelle a España que estradite os cargos franquistas reclamados por Arxentina mentres non se repare as vítimas \"O Estado español está obrigado a extraditar os responsables de violacións graves dos dereitos humanos, mentres non se tomen medidas para garantir o acceso á xustiza e o dereito á verdade das vítimas ante as instancias legais españolas\", reitera o comunicado dos expertos, que lembran que \"a denegación da extradición deixa en profundo desamparo as vítimas e os seus familiares, negando o seu dereito á xustiza e á verdade\". Os expertos mantivéronse en contacto co Goberno central en relación coas extradicións ordenadas en outubro de 2014, ao abeiro da chamada querela arxentina, impulsada polo galego Darío Rivas -cuxo pai foi asasinado polos franquismos- e na que se investigan fusilamentos, torturas, roubos de bebés e outros delitos cometidos polo réxime fascista que dirixiu España durante 40 anos. Os expertos da ONU aclaran que España pode negarse a extraditar sempre que \"garanta o acceso á xustiza para as vítimas\" do franquismo \"Recoñecemos que cabe entre as competencias do Estado español a posibilidade de denegar esta solicitude de extradición\", aclararon os expertos. \"Pero de non extraditar, o Estado ten a obriga de garantir, ante as xurisdicións nacionais, o acceso á xustiza para as vítimas de violacións graves dos dereitos humanos e o dereito á verdade\", agregaron. Pero nada diso ocorre en España, que se nega nin tan sequera a colaborar na busca dos arredor de 150.000 desaparecidos que aínda se manteñen nas cunetas ou en fosas comúns. Este grupo de expertos está integrado por Ariel Dulitzky (Grupo de Traballo sobre as desaparicións forzadas ou involuntarias), Christof Heyns (Relator Especial sobre as execucións extraxudiciais), Juan E. Méndez (Relator Especial sobre a tortura) e Pablo de Greiff (Relator Especial sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición). Este último, visitara Galicia, onde criticara a nula colaboración do Estado coas vítimas do franquismo, así como o peche de proxectos como Nomes e Voces."}
{"ID": "PRAZA_765", "summary": "Revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor", "text": "O ABRIGO DO SOL – Capítulo 7º A muller-macho Zé Bento, por alcume Corcovinha, non daba lembrado ben o que sucedera no embarcadoiro, polo rápido que fora. Agora, á luz da fogueira, tentaba reconstruír o sucedido ollando por rolda o home espido e inconsciente, deitado sobre unha esteira, as pernas nuas da muller sobresaíndo dun biombo de paus e roupa a secar; e o rapaciño sentado, choroso. Ribeiro, a Valquíria e o pequeno Mundinho, máis as prendas molladas do capitán e da exploradora... O Zé ia recordando que, agachados na noite, arrimaran a canoa ao maldito avión do capitán Ribeiro. O capitán dijo que cheiraba a gasolina e pujo-se en pé sobre o flotador para subir á cabina. Nese momento a canoa moveu-se, impulsada polo remo da Valquíria. Cando o Zé quijo reagir, ja ela dicia en voz baixa mais firme: –O rapaz. Temos que colle-lo. A penas bateu a canoa no pantalán, a muller ergueu-se liviá coma unha pantera e deu un pulo para agarrar o cativo. –Se te moves ou berras, meto-che a faca –ameazou-no, e o pequeno deixou-se levar cara á embarcación. Mais nese momento soaron golpes contra o avión e a caída dun corpo á auga. A seguir o mociño tremia nas mans do Zé suplicando que non lle figese mal. Instantes despois a muller saltaba ao rio. –Mundinho, non abras a boca –advertiu o Zé ao recoñecer o fillo do Raimundo, seu compadre–. Ja viches que ela mandou matar-te. Algo sucedia na auga, braceos e bufidos leves; ata que se oíu a voz da Valquíria: –Zé, veñan para aquí –e alá estaba ela no escuro, a cachapernas sobre o flotador, desde onde sujeitaba a cabeza do piloto–. Ajude-me a pó-lo de envorco. Hai que facer-lle botar a auga que ten dentro... Neno, sigue caladiño. Nin chores sequera –acrecentou con aquela voz de mando silandeira–. Se te portas ben, non che facemos nada. Foi difícil faena a de pór o español de boca abaixo atravesado sobre o flotador, a cabeza case a tocar na tona do rio. O Mundinho choraba en siléncio, impaba e mesmo tentaba ajudar, o coitado. A Valquíria golpeou o lombo do capitán e tentou silenciar coa própia man a tose do home, que expulsaba auga e aos poucos se reanimaba. Daquela deu ordes e disposicións: –Ajude-me a mete-lo na canoa, Zé, e imo-nos, ja. Non hai minuto que perder. Custou un mundo evitar que a torada oca envorcase ao mover un corpo pesado e inerte. Logo de instala-lo, deitado, coa cabeza para a popa, ainda a \"capitá\" dispujo o acomodo do resto dos ocupantes: –Zé, vostede vaia á proa. Ti, neno, ven comigo para a popa. Zé, vaia buscando un lugar recollidiño onde pasarmos a noite. Saíron, a remaren con ánsia, agora de face ao vento. Cando o Zé Corcovinha se decatou que ia no lugar do capitán, tocando a mochila onde se gardaba o tesouro, o espírito ruín da cobiza logo lle trouxo ideas. O capitán médio afogado e apampado non se saberia defender; e aquela gata loura... Esa gata sempre teria un descoido; nalgún momento ia ficar durmida. Si, mais viña con eles un inocente, o Mundinho, un dos moitos cativos que andaban arredor do peirao a pedir unhas moedas na vez de iren á escola... Esmola ou libros: iso era o que dividia os humanos desde a nenez. Ai, se el tivese tido escola desde o principio... –¿Como te chamas? –a Valquíria interrogaba o rapacete. –Mundinho. –¿E que facias a tal hora no peirao? –o neno non respondia–. De noite non se joga no peirao, nin se ajuda á gente dos barcos, Mundinho... ¿Que facias tan tarde alí? –Estaba a esperar por vostedes –a confesión chegou nítida á proa da pirágua, mália o vento e o chapalear das ondiñas. –¿Estabas a esperar por nós? ¿Por quen de nós? ¿Por todos os que chegamos? –Digeron-me que eran o Corcovinha, e outros dous homes, e unha muller. –¿E quen cho dijo? –o rapaz resistia-se. A muller alzou a voz–: ¿Quen cho dijo, Mundinho? –É que... É que me digeron que me dan un corte para que sangre e me tiran ás pirañas se lles digo algo a vostedes. –Iso tamén o podemos facer nós se non falares. Ou podemos deixar-te nun sítio onde non teñas que temer a ninguén... ¿Que prefires? Non houbo resposta. Oíron-se queixumes do capitán, e saloucos do neno infeliz. O Zé Corcovinha estaba intrigado, tamén queria saber quen os buscaba. Torceu a cabeza para intervir: –Meu fillo, di-lle á señora quen te premeu desa maneira. Olla, que esa gente tamén me ha querer mal a min. –Pois... Pois... –o Mundinho dubidaba, vacilaba–. Pois foi un amigo seu, o señor Leôncio. –¿O Faca Longa? –o Corcovinha fingiu sorpresa. –O mesmo. Ocorrera o peor, confirmado. O Leô adiantara-se-lles e descompugera algo no avión para deixa-lo inútil. Estaba á espera deles, para os cazar. –Aclara unha cousa, Mundinho –volvia a voz da muller na noite ventosa–. ¿Foi nada máis que o Leôncio quen cho dijo ou foi máis gente? –El viña con outros homes nunha canoa. –¿Homes da vila, gente do garimpo? –Non sei. –¿Como que non sabes? ¿Vira-los antes? –Non, señora. –¿E como eran eses homes? –Pois... –¿Brancos, morenos, índios, caboclos...? –Todos brancos, con barbas de branco. –¿E cantos eran? –Pois eu vin tres, ou catro... –¿E que che digeron que tiñas que facer cando nos vises? –Avisa-los a eles sen lles dicir nada a vostedes. O capitán tusiu moito esa noite; tusia como se un sopro saíse dunha cova, de moi dentro dela. O Zé, que sonequeaba co lombo nunha torada e a espingarda ao colo, espertaba e via aquel home ensumido, a cara oculta por unha barba que lle subia polas meixelas ata case os ollos. A muller vestira-o e vestira-se coas roupas mal secas, que mal aliviaban o frescor da noite. Durmia junto do accidentado, a mochila co tesouro no médio deles, o revólver sobre a mochila, amarrado cunha piola ao seu pulso. O pobre do Mundinho, moreniño, cabelo crespo de mulato, encollera-se nunha esteira a carón das brasas e ás veces tremia, quizais de frio, quizais de medo. Medo. Polo menos duas veces o Zé Bento Corcovinha tivo o soño da enchente, viu-se con botas de caucho feitas por el. Facian-se callando aquel líquido branco que saía dos cortes na casca das árbores, das malditas seringueiras, unha aquí, outra alá, outra acolá, ben afastadas. Obrigaban un home a camiñar e camiñar levando os caldeiros da recollida. Mais, con todo, despois dos anos gardaba-se-lles cariño ás árbores. Moitas veces o Zé se tiña preguntado por que ás plantas, unha a unha, non se lles puñan nomes própios, como aos animais... Nesa noite, como noutras tantas, soñara que a chúvia caía en fervenza e as ramas do tellado da casopa non espantaban o torrente. Entraba na vivenda e apagaba o lume, e ja non se podia nin sequera preparar un anaco de carne seca. A chúvia perforaba o tellado e facia subir a lagoa ata chegar ao chan do refúgio elevado sobre paus. As augas de riba e baixo juntaban-se. O habitante solitário sentia-se afogar. Era un pesadelo, o dos homes encerrados no seringal, condenados a recoller o leite pegañento das seringueiras para calla-lo con fume e ir facendo pelas que viria levar un barco, no que marchaba a gente cara a lugares do mundo onde mesmo os pobres eran libres. Libres. Ninguén era libre. Todo o mundo estaba amarrado por algo, encerrado nalgo, imposibilitado para facer o que lle petase. Ou non, porque os ricos facian moito do que lles petaba. A penas a doenza e a morte os daban parado. Só na última hora da noite foi que o Zé caeu no sono completo. Cando acordou, á alba, o neno seguia enrodeladiño junto ás brasas, o capitán respiraba suavemente... mais a muller desaparecera; e, con ela, a mochila do tesouro. O corazón do Zé deu-lle un salto dentro do peito, e os seus ollos acabaron de percorrer a escena: a canoa seguia no sítio, cuberta de ramos, e nada chamaba a atención na praia ben escollida, sen interese para índios ou caboclos pois ás costas dela só habia unha barranca altísima. ¿Para onde diaño escaparia a filla de puta da gringa? Outra vez maldiciu non ter acabado con aquela gente de vez, non ter levado para onde lle petase o ouro e as pedras. Desentumeceu-se mentres se erguia da area e do tronco caído onde apoiara as costas. Buscou as pegadas da Valquíria, comezou a segui-las. Mais non lle fijo falta ir moi longe: un gigante de pau caera da barranca arrastrando un monte de terra vermella coas raíces, que se erguian ao ceo coma serpes paralizadas. Os pasos da capitá daban a volta ao grande obstáculo, e logo aparecia ela, nua, mollada; co revólver na man. –Zé, non espie. Volva para alá, que agora vou eu –mandou, sen esconder as vergoñas. E o Zé deu média volta, abraiado por aquel corpo de muller, tan claro que mesmo tiña louro o velo do pube. O becho malo que manda matar dijo-lle que aquilo non podia ser muller de todo. Por moita fémia que parecese na forma, actuaba coma un home. A maneira en que interrogara o Mundinho era coma as dos comisários: ¿quen foi?, ¿como foi?, ¿con quen estaba?, ¿está seguro?, ¿volvo-llo preguntar ou ja mo di...? Ela pensaba que estaba ao mando e non se desprendia da arma e do tesouro nin sequera para facer as suas necesidades e asear-se. Mais, nalgún momento... –Señor Zé, quero voltar á casa, quero voltar cos meus –foi o primeiro que se atreveu a bisbar o pequeno cando de novo se viron todos juntos, mentres o home avivaba unha fogueiriña que ja non servia máis que para escorrentar os mosquitos, pois nada habia de beber nin de comer. –Tes que ter paciéncia, Mundinho –respondeu-lle–. Non teñas medo, que nós non che imos facer mal. Ja voltarás, confia en min, que es coma un fillo meu –insistiu, non moi seguro do que dicia, menos preocupado polo mociño ca polas necesidades que se sumaban no seu corpo. Non lles quedaban nin tabaco –que disimula a fame– nin augardente –que a marea– nin carne en lata, ou seca, nin fariña. E tampouco podian mover-se para cazar ou pescar. Non lles ficaba outra que agardaren á noite apertando a barriga coas mans, e daquela meteren-se nun furo de auga clara á espera de que amañecese para a muller branca con artes de índia apañar algún peixe. Ela pareceu ler-lle o pensamento: –Zé, procure en todas as latas, busque algo de comer para o Mundinho, que ha ter fame... Imos ter que esperar a que se faga escuro para seguirmos viage e buscarmos de comer –calou mentres tocaba no pescozo e nos pulsos do capitán–. Non podemos entrar na mata á busca de froita porque haberá índios bravos. É temporada de caza polas marges do rio; é o tempo de eles viren, e non gustan de que ninguén os veja... Olle ben, a ver que nos queda. –Nada, moza Valquira. Non queda nada. Ja ollei por latas e caixas, e non fica nin un gran de fariña. Non sei que lle dar ao rapaz. –Pois eu non podo ir pescar. A auga está túrbia e hai raias de fogo por esta zona... Mundinho, vai-te asear alá por tras da árbore grande. ¿Viches de onde vin eu? Que non te veja ninguén desde o rio, e ten coidado coas raias de fogo, que están enterradas na area. Olla ben onde pos os pés –o pequeno foi-se indo e a Valquíria falou baixiño para o Zé–: Temos dous problemas sérios, Zé Bento: o capitán Ribeiro e o Mundinho. Este home –pasou a man pola tempa grisalla do ferido– debe ter un derrame por culpa do golpe que levou e vai demorar tempo en recuperar-se, e cómpre move-lo a modiño. E o neno... ¿Que pensa vostede que farian os pais cando visen que non apareceu? ¿Por onde o buscarian? –Non sei. Andarian á sua busca pola vila, buscarian-no polo peirao... O malo seria que alertasen o Leôncio e eses brancos que viñan con el. Ora –o Zé tivo un pensamento triste–, os fillos dos pobres moitas veces dormen fóra e ninguén dá por eles. Se algún non aparece a cear, os irmáns reparten a comida. –Certo, Zé. Se cadra na casa non se alarmaron. Ou si. Puideron pasar várias cousas, e mesmo podemos ter unha armada de piráguas atrás de nós... Temos que desfacer-nos do rapaz. –¿Como? ¿Que di? Ese neno é fillo dun amigo. –Non é o que pensa, Zé. Hei-no deixar en boas mans. Foi un dia moi longo mália ser de inverno; ao Zé Corcovinha fijo-se-lle ainda máis longo cós dias de verán no seringal, coa chúvia a pingar medo no corpo e na alma. Nin no máis duro daqueles tempos do caucho o Zé pasara sen tabaco nin sen uns groliños de bagazo que facian arrotar lume e metian ilusións na cabeza. Inquedo, a cada hora máis, observou os voos das gaivotas, das garzas, dos papagaios..., os saltos dos peixes, os movementos de embarcacións polo rio, sempre cun oído atento e a carabina á man. O espazo de auga castaña encheu-se de luz, o sol subiu contra corrente. Por sorte, non houbo que se agachar pois todos os navegantes buscaban o centro da grande vea, afastaban-se dos bancos próximos ás ribeiras. O pequeno ajudou a muller a cubrir a canoa con máis ramos, a lle dar máis disimulo; e con máis ramos a ocultar o capitán, sempre deitado, médio durmido. Ela seguia a interrogar o cativo: ¿sabian os pais que ficara de garda no peirao? ¿Habia algún neno máis de garda? ¿Pensaba pasar toda a noite no peirao? ¿A onde tiña que levar aviso? ¿Que lle ian dar se avisaba? Coitado, o Mundinho. Respondeu que figera a encarga el so, que non digera nada a ninguén, que algo de diñeiro ja lle deran e máis lle prometeran. Prometeran... Mentira. O espírito canalla apoderara-se do Leô Faca Longa desde que comezara a fugida do Abrigo do Sol, ben sabia o Zé. Ainda cumprindo, o pequeno só podia esperar a recompensa dun golpe na cabeza e un corte na barriga. Nun momento as augas ferverian de pirañas e despois os seus ósos miúdos irian escorrer polo fondo do rio que tanto segredo gardaba... Antes de que a lua se deixase ver, embarcaron. A muller sentou á proa, sempre disposta a guiar, a mochila do tesouro amarrada diante das suas pernas. Atrás dela viñan o pequeno Mundinho, que ajudaba a remar, e o capitán deitado, queixando-se ás veces suavemente, movendo os membros sen jeito. O Zé remaba na popa coa espingarda á man; a corrente facilitaba o avance mentres o vento se opuña, teimudo. Cando a canseira se ia apoderando dos músculos faltos de energia, o aire trouxo cheiros fortes de leña e palla queimadas. Ao longe, sobre a ribeira dereita do rio comezaban a se ver resplandores. A partir dese momento a capitá fijo derivar a embarcación para un punto da costa onde o luar non deixaba adiviñar barranca. Pouco a pouquiño as ondas amoleceron, abrandou o vento e as batidas dos remos comezaron a resoar nunha bóveda de troncos e pólas. Sentian-se os aromas intensos, húmidos, da selva. A Valquíria sacou da sua mochila unha lanterna eléctrica e con ela foi buscando camiño. Nunha banda do túnel vegetal entraban ramos con froitiñas das que comen os peixes; na outra via-se un areal. Da auga salientaban ollos de jacarés e as ventas polas que respiraban. Adiviñaban-se, mergulladas, as queixadas atroces á espera de esgazaren canto puidese ser engulido. Ao contrário do que faria calquera capitán prudente, a moza afouta dirigiu a pirágua a esa ribeira. Onde ja non se vian máis sáurios, cravou a proa, saltou e afirmou-na. Agiña os viageiros estaban instalados nunha faixa estreita de area. O Zé Bento prendeu a leña segundo a muller explicaba o seu plan: –Vostedes van quedar aquí en canto eu vou procurar comida a un lugar moi perigoso. Entre este furo e a aldea de San Valentín está o cemitério dos índios pescadores e, se temos sorte e eles deixaron alí algún falecido hai pouco, haberá moita comida, da que poñen para a viage do defunto ao ventre do Pai Rio. Vou levar a miña mochila e mais a do pobre do Brito –calou en canto baleiraba a do engeñeiro e colocaba sobre follas grandes os aparellos que nela habia. Despois achegou-se ao Zé para lle falar baixiño–: Estamos nun intre de moito perigo, así que imos repartir o tesouro. Veña comigo ata a canoa –foron e alí abriu a mochila amarrada, e tirou unha lámia de ouro con pedras que centilearon á luz da fogueira–. Garde-a, que non a veja o pequeno. A partir de agora, dividimos os riscos, Zé Bento. Mais non esqueza que temos que chegar á fin da viage co tesouro enteiro, enteiro –repetiu pondo acento de adverténcia grave. Foi-se a muller e na cabeza do Zé Corcovinha formou-se unha tropa coma as do gando da sua terra seca, uñas e cornos capaces de arrolar cabalos e cabaleiros armados. Mandaba nela o demo que máis temia a sua avoa escrava, e foi o que lle meteu a ánsia de seguir a Valquira-Ursa: ese espírito cativo dicia-lle que na mochila da muller-macho ia outro tanto, ou máis, dun monte de garavanzos que podian converter un home en gobernador do mundo. Esqueceu o Mundinho, que algo lle dicia; esqueceu o capitán, que nese intre comezara a balbuciar cos ollos case abertos. Avanzou coa mochila cargada de diamantes e a espingarda ao colo. Guiou-se polo ulido a fume de grande fogueira que traía o vento ata dentro da mata. Segundo alancaba, intensificaba-se o cheiro e vagamente chegaban sons de música sen instrumentos: os índios facian festa e por iso a mandona Valquíria se atrevia a entrar-lles na roza dos seus mortos, e roubar-lles a comida. Alí, quizais, a pillaria el desprevida. O luar ajudou a que os ollos do Zé Bento captasen a grande tristeza do cemitério. As árbores respectadas no médio da roza abaneaban co vento invernal e as lianas penduleaban sobre unhas moreas de terra. Enriba deses montiños habia olas. Dentro das olas estaban os mortos; e arredor delas, a comida. Afeitos ja os ollos á escena con luz escasa, o Zé non via por ningunha parte a Valquíria. Moveu-se por tras das plantas da contorna da roza. Non via a moza. Decidiu-se a entrar no território prohibido para quen non fose índio pescador. As formas das caveiras e os ósos dentro das olas trouxeron-lle lembranzas de jogos de neno no camposanto da sua vila. Entón chegou-lle o primeiro arrepio mais tentou pensar co estómago: se a muller fugira coa metade do tesouro, nada habia que facer salvo tentar seguir vivo. Cumpria comer. Buscou comida. Unha procesión de formigas indicou-lle a dirección. O fedor confirmaba o bo camiño. Superando malamente o nojo, o cheirume a morte, botou man a unha piña de bananas. Nese momento soou un canto de curuja. Un arrepio subiu-lle polo pescozo, paralizou-no coa froita na man, geou-lle o pensamento. Comezaba a pensar que as formigas e os grilos terian respectado algunha banana, que algo para comer ficaria. O terror borrou-lle os pensares que a fame lle forzaba. A curuja cantaba como cantara no cemitério da vila, a noite en que entrou nel por unha aposta de rapaces (\"Non te atreves a ficar cos mortos...\"). Mais naquel camposanto cristián habia un só paxaro da noite e neste dos infieis soaban dous. Un daba o seu chio medoño e outro respondia-llo... mentres de alén da roza viñan cánticos de índios. Zé Bento Corcovinha respirou fondo e dicidiu fugir do lugar malfadado. Disparou, alancaba, co espanto cruzaba a roza descoidando facer ruído. Fugia cunha piña de bananas mais desfalecia, custaba-lle dar cada paso. Quizais comendo algo... Non. Aguantaria. O nojo, da morte e dos bichos a roer nas bananas, aconsellou-lle aguantar. Junto da lumieira veria o que ficaba bo para comida. Camiñaba cara ao furo, apoiaba-se nas árbores, facia por respirar. Ata que sons de pasos lle cortaron a respiración. O medo, un medo tolo, agarrou-no. Non sabia que esperar nin podia pensar. Entón, entregado mesmo que fose á morte, escoitou a voz que menos desejaba oír nese momento: –¿Que diaño fai vostede aquí? ¿Como deixou o Ribeiro e o Mundinho a soas? Cando o corazón se lle calmou e lle deixou abrir a boca, alongou o brazo coa piña de bananas. –A fame mataba-me –foi toda a mentira que soubo compor. –Veña, imos –mandou a Ursa. A cabeza do Corcovinha non se daba composto; e sen uns bos grolos de cachaça mal se habia compor... Seguia e seguia os pasos firmes da muller. Seguia, seguiu; ata que chegaron á praia. Alí parou; porque ela parara. Entón sentiu como ela o empurraba facendo-o retroceder, saír do areal. Por tras dunha árbore, o Zé observou na praíña unha escena que lle custaba encaixar nos seus pensamentos entorpecidos: O lume seguia vivo, porque alguén o alimentara. Á luz da fogueira vian-se a canoa e o Minguinhos, deitado dun jeito raro. O capitán Ribeiro desaparecera deixando a forma do seu corpo na area. ❧ Hoxe cheguei ao escritorio un pouco tarde, pensando nas queixas de todos os clientes defraudados. Alí notei unha excesiva nerviosidade na cara redonda do Sieiro: bailábanlle de máis os ollos de peixe; pero o tipo calaba. Oín a voz do Escuredo berrándolle á Nucha a través dos vidros, despois vin a Nucha saír corada, aguantando as bágoas; e notei que dos talleres subía barullo. Aquilo intrigoume, pero non había indicios de que me fosen aclarar nada polo momento, de maneira que decidín facer que facía, en realidade dándolle voltas ao nome da nova empresa, a que vou montar co Fermín, inicialmente especializada en servizos luminosos para a Santa Madre Igrexa. Nos Estados Unidos, á \"branch\" eclesiástica da empresa do Fermín chámanlle Christian Light Inc. mais aquí non vale Luz Cristiá ou Luz de Cristo, S.A., claro, que nos verían como unha puta secta; nin chamándolle co acrónimo de LUZCRISTASA, porque logo aparecería un das Rías Baixas a brincar con \"cristaso\". Temos que saír ao mercado con algo coma Microluz, S.A., Iluminación Electrónica, S.A.... A estrutura da sociedade anónima, xa cos papeliños preparados a falta de nome, está falada. Montámola con vinte millóns de pesetas de capital, o 51% para a Christian Light e un 30% para o Fermín en exclusiva. A min danme un 19% de accións liberadas. Eu vou ser director de marketing (que soa de medo) e o Fermín convenceu un tal Cordeiro, que seica foi crego, para que empece a facer prospeccións de mercado entre os antigos confrades. Ao Cordeiro prometeulle ser xefe de vendedores, a comisión e máis con seguridade social, e deulle uns catálogos de candeas de igrexa gobernadas por microprocesador con fraseado espectacular en Spanglish. Os cataloguiños son para lle encher o ollo ao crego máis celoso das ganancias da súa parroquia: todo un despregue de cores a mostrar desde a simplicidade básica do modelo Frey Junípero, cun só tipo de veliñas, á complexidade catedralicia do Nôtre Dame, con velas de varios tamaños, tons e potencia lumínicas. Como alarde técnico, anúnciase ao final dos catálogos o modelo Trinity 2000 cun xerador de halo por laser, \"que hoxe, en 1978, se anticipa 22 anos ás marabillas técnicas do ano 2000\"... Sobre as 10 e media subiu toda \"a xente de talleres\" cara ao despacho do Escuredo. Crucei unha ollada co Sieiro e o rapaz fíxome aceno de calar. Ao pouco oïamos os berros do xerente: –¡Díxenlle á Nucha que non vos pensaba recibir! E como lle replicaba o cabecilla do grupo: –¡Élle mellor falar connosco, porque isto é de xulgado de garda! Volvín ollar para o Sieiro, xa estalando de curiosidade, alegrándome de que os operarios quixesen apertar o dono do BMW. Por resposta, o colega fíxome outro sinal de punto en boca. E así ata a hora do café. Daquela erguinme disposto a ir ao bar e desde alí chamar por teléfono o Sieiro, a ver logo se así se atrevía a falarme. Baixei as escaleiras e metinme no sol lindo e fresco dunha mañá de primavera. O nordés, que se mantiña forte, limpara os ceos. Pola rúa xa, sentín pasos apurados, vireime e vin o Sieiriño paticurto. Seguírame, claramente. Agardei por el. Avanzou ata case bater co peito no meu. –Descubriuse a cagada –dixo. –¿E logo? –O Escuredo falsificara a letra na sinatura de CLIMANOSA. Foina descontar para pagarnos este mes; do banco seica chamaron a CLIMANOSA e armouse o rebumbio... Era co que nos ía pagar o mes. Agora habemos cobrar hostias en vinagre. Cando voltamos á oficina, o Sieiro apesadumadísimo e eu despreocupado grazas ao meu proxecto de subministracións parroquiais, a Nucha pasoume nota de que me telefonara un rapaz a pedir que me puxese en contacto con el urxentemente. Resultou ser un convite a certa mesa redonda literaria na Facultade de Medicina de Santiago. Coidei que se lembraran de min polo do premio do ateneo e alá me dispuxen a estar na hora fatídica en que acontecen todos os actos culturais: as 8. Á hora de xantar recibín a chamada do Abel Souto que tamén estaba convidado a falar na mesa, e logo á saída do traballo funo recoller na esquina que el me indicou. Nela agardaba, estático, miúdo, distraído, as barbas negras proxectadas coma raios da furia divina sobre o vermello do seu xersei. Saudoume debilmente. Parecía decaidísimo. Con voz de transcendencia díxome que sabía de primeira man como o ministerio de Industria estaba disposto a suprimir un trinta por cento dos empregos no sector metalúrxico. Mandábao a banca. Calou ata que nos metemos na estrada. Daquela queixouse da nosa rede de comunicacións e cualificou o país de \"tromboflebítico\". Silencio. A un lado da estrada comezaba a verse unha nube branca, acastelada, única no ceo azul. Era de incendio. Cedo comezan os incendiarios este ano. Os lumes irrítanme porque son unha mostra clara do espírito destrutor que cravou fondas as raíces na terra ahistórica de Fiordia. Destrúense os montes como as casas de pedra e o idioma; dáse cabo destemidamente de canto levou facer anos sen conto... Armei algúns comentarios sobre este tema mais o Abeliño a penas me respondeu con monosílabos. O rapaz estaba noutra onda. Ao pouco, cando xa o fume se evidenciaba no olfacto e na vista baixo o cúmulo de vapor, falou el desde o repouso filosófico do seu asento: –Na Unión Soviética, ou en calquera país socialista, ningún traballador ten que estar preocupado por se forma parte dalgún trinta por cento de postos a reducir. Eu, sen pensalo dúas veces, repliquei: –Se cadra, si. Ora, neses países sen desemprego erguen murallas nas fronteiras –co que provoquei unha histórica sentenza: –Pero iso, se o miras ben, é para que alá non lles entre tanta xente como escaparía desta podremia occidental... Sempre admirei quen ten fe, como quen ten diñeiro ou xenio. Tanto me ten que sexan prosoviéticos ou da Obra de Deus. Admíroos, envéxoos, quixera non ser coma eles senón un deles. Esa tarde quixen ser o Abel. Ollando o trazo pardo do fume, vendo filtrado por el –coma un círculo vermello– o sol, a única luz verdadeira que os humanos fixeron divina na súa necesidade de creren, desexei converterme no Abel Souto e entristecinme por non podelo conseguir. Facendo un esforzo grandísimo, quizais chegase a me enganar dabondo como para crer en algo; mais sería un equilibrio pobre, melindroso, exposto a desfacerse ao mínimo sopro de racionalidade. Calei como o compañeiro. Cando chegamos á baixada onde se empezan a ver as torres da Santa Catedral dos Peregrinos, tiven unha tentación bellaca: preguntarlle que está a facer para o concurso das 250.000 pesetiñas. Porén non llo preguntei, por caridade ou solidariedade, que é o mesmo e tanto ten. Non lle preguntei porque, se ben non son capaz de meterme no seu coiro de crente, si podo compartir o fol da común angustia literaria. Matei a tentación da pregunta e, vía radio-cassette, trouxen ao noso cubículo ambulante a poesía dos Beatles, a súa expresión de cósmica saudade: \"Because the sky is blue It makes me cry...\" Tardamos en atopar a aula da facultade onde ía ter lugar o acto. Avanzamos tras a indicación dos carteliños que o anunciaban a golpe de rotulador. Repetíanse nomes da nosa tertulia e máis o dun tal Brei, autor (segundo me recordou o Abel) de \"Quintaesencia\", algo caótico –suposta novela– que xa hai meses comprei –caro– e tiven que deixar pola páxina 14. Tal vez os do departamento de actividades culturais tamén o colocarían na nómina de \"novos narradores\" cazados a lazo no mesmo día para cubriren o programa. Á porta da aula xa non me quedou dúbida de quen fose o escritor fisicamente descoñecido. O Brei había ser un suxeito de barba castaña e ollos tristes, caídos aos cantos, greña a dividírselle sobre a fronte e un vasto volume de Emmanuel Kant baixo o brazo. Unha rapaza insignificante saudounos á porta da aula e indicou a mesa do profesor, longa, cunha formación de botellas de viño e cuncas para os conferenciantes: algo de verdade orixinal. Sentados xa, estaban os tertulianos Pereira e Cameselle; e, logo dun saúdo rápido, fómonos acomodando o resto. O Horacio Pereira fumaba en desaforo, botando da pipa nubes en que se lle perdían os ollos de batracio. Fumaba como se quixese pór unha cortina de fume entre el e o inimigo, a rapazada que se empoleiraba nos escanos ascendentes da aula (no fondo, o Pereirázar, verbo divino porteño, é o máis tímido de todos nós). Custou que o Brei se acabase de instalar coas mans sobre o texto kantiano. Daquela, o organizador do acto leu presentación de autores asistente e obras, e deunos paso para falarmos \"con absoluta liberdade\". O Horacio foi o primeiro. Falou desfiado, bebendo viño e deixándoo caer na mesa. Dixo que el aprendera o galego polos libros e da fala dun mundo de emigrantes, cadaquén a falar do seu xeito, pero todos levados polo espírito da lingua que viña dar no mesmo; e que, segundo ese espírito, el escribía agora; e que estaba molesto porque neste país, que para el fora \"meta de retorno telúrico\" (sic), non deixaban facer. Se a súa obra era criticada, non o era porque... Quería dicir... Cun exemplo... Por exemplo: no seu \"Encontros\" había riscos de orixinalidade (non importaba que o dixese el, xa o dicían outros) na idea desas dúas vidas paralelas, a do cubano e a do home de aquí, dúas vidas que son a mesma, produto dunha dobre reencarnación... Pois, ou sexa: que era orixinal e recoñecíano moitos. Pero non podía faltar un crítico que dixese que si, orixinal si, mais que o idioma... Acusábao de facer frases duras, inmastigables. Acusábao diso só por amolar. Bebeu unha cunca enteira e calou, rotundo. O noso Cameselle do Barlovento, compañeiro, seguindo a liña de autores da mesa, rompeu cunha confesión pública: el era o máximo perdedor de concursos literarios no país. Eu estiven a puntiño de interrompelo para lle responder \"Porque non sabes plaxiar como o Pereirázar, ou coma min, que me estou iniciando con forza\" mais preferín desprenderme da súa verba bocha –que provocaba risos de simpatía nos rapaces– e irme co desexo de non estar aquí, no país dos ananos, senón ser americano ou inglés e ter lingua fixa, fixada polo uso, propia, segura, cun mercado de centos de millóns de lectores, e bastarme para satisfacer algún millón deses coa merda de talentiño que me veu de fábrica, da xenética que herdei. O López Cameselle remataba as súas confesións admitindo que escribe para el, como quen fai os encrucillados da última páxina do xornal. Eu comezaba a sentir os efectos do albariño e pouco me faltou para virarme cara a el e dicirlle que era un imbécil; que alí, en público, no escenario do noso esperpento, estabamos obrigados a representarmos papel de escritor. O Souto veu a seguir. Para el o punto fundamental a debatermos naquela mesa debía ser o control da capacidade editora do país. Cumpría deixarse de elucubracións: a empresa capitalista, dependente de normas alleas, era o que estaba impedindo a apertura de posibilidades a quen se iniciaba. Había toda unha mafia a impor criterios para a edición e mesmo para os concursos. Abondaba con ver a quen non lle publicaban (ollou para min e non ollou para o Horacio. O Horacio, no entanto, botaba fumaradas descomunais con toda a potencia da súa pipa). Debíase investigar como se facía a selección das vítimas, fixarse en quen pasaba polo ollo da agulla da crítica pseudo-oficial. En resumo, señores, se agora a \"editorial por antonomasia\" (sic) deste país alardeaba de levar resistindo décadas de franquismo, ninguén esquecese que a ditadura eliminaba sen contemplacións a quen a molestaba de veras, ou sexa: a quen era de esquerdas verdadeiramente. Estaba eu tan metido no discurso do Abeliño Souto –e tan de acordo con el– que non me decatei de que chegaba o meu momento. O presentador encheume a cunca. Indicábame así, xentil, que había de falar. De súpeto apelotonáronseme as ideas. Tiña que explicarlles aos rapaces, primeiro, por que carallo escribía: pois porque para min a vida é algo que se escribe. Depois, que o meu xénero é o romance, a novela longa, o novelón que deixa un regusto duradeiro cando se remata, que dá pena que se acabe, que un quixera que seguise e seguise. Continuaría con que para min a novela é a narración de algo que estatisticamente podería ter sido realidade. Se alguén falaba de xente falta de imaxinación porque escribe da realidade, eu a ese alguén habíalle responder que o doado é inventar canto non pode ser real. E remataría dicindo que só renego de non ser castelán, de Valladolid ou Palencia, ou californiano, ou mesmo da India, que ten por superidioma o inglés. Debía declarar todo iso para ser honrado; de forma que bebín a cunca enteira, imaxineime sobre as táboas, cegado polos focos do proscenio, e declareino. Ao terminar estaba exhausto, mais feliz. Volvín beber, sen ollar os meus colegas, a vista perdida nos espectadores que me seguiran en silencio total, con total respecto. Unha cadeira foi arrastrada ao meu carón; e unha voz de caverna profunda rompeu: –Eu funvos de neno un masturbador asiduo –parouse o Brei, botaba a greña alourada para atrás–. Fun daquela masturbador e agora aínda o son, porque quero; porque non necesito úteros que inseminar. A miña creación é feita por un básico e profundo pracer diseminador –outra parada, a barba riza e bíblica contra o público, o indicador apuntando ao teito–. A literatura é, como eu a sinto, un feito insocial, que nace de un só e é recibido insocialmente por cadaquén que obtén o seu soporte material. O libro lévase á cama, ao retrete... –comecei a irme do discurso atronador. Vía caras de riso, mesmo escoitaba gargalladiñas no público. Volvín ao meu, ao que eu dixera; estaba orgulloso de min, o bendito viño axudábame a me ver con todo aprecio, a quererme. O viño axudoume a tirar a espiña de que a xente ignorase que son escritor. Víame logo a facer empresa, gañando diñeiro, sendo rico dabondo como para escribir ao meu ritmo e publicar só o que estivese maduro, cando o estivese; nada de concursos... O Brei cabeludo seguía–: Actualmente a literatura non ten cabida na nosa civilización audiovisual –deume algo de medo esa frase, que pillei de pasada: caramba, esquecera eu antes dicir que o cine, o radiolar e o videolar, ubicuos, invalidaban todo esforzo literario... Arrefriou o meu entusiasmo; sentíame molesto; quería volver á miña casiña, á Ana, aos pequenos, á máquina de escribir. Unha rapaza do público abría coloquio preguntándolle ao Souto sobre a asunción do marxismo na literatura. O Abel Souto espraiábase: o marxismo era para el unha asunción básica. En certa ocasión preguntáranlle a Fernando Namora, o romancista portugués, que pesaba máis na súa obra, se o médico ou o escritor; e o Namora respondera que el era un médico que escribía. Pois, señores, Abel Souto –ficase claro– era un marxista que escribía. Ollei o reloxio: as nove e dez. Ata as dez e media non daría chegado á casa. Outra moza preguntoulle ao Brei se estaba satisfeito co que ata agora levaba publicado. Respondeu que era moito o que lle quedaba na gabeta, e outro tanto o que andaría polos armarios da editorial por antonomasia, como lle chamaba o compañeiro Abel Souto. Estaba de acordo con el; o Barros era da CIA e a editorial que dirixía, un enclave ianqui no país (lembrei que o Alfredo Pardo no caso do Barros se inclinaba máis pola masonería que pola espionaxe). \"O Ferrín encargoume crear as Mocidades Ácratas. Iso sóubose a certos niveis de información e desde aquela os meus orixinais morren de vellos\", concluíu. Queríame largar. Íalle dicir ao Abel que marchaba cando un rapaz do público levantou a voz: –Quixera pedirvos unha receita para chegar a escritor. Silencio. Todos os da mesa ollamos para todos nosoutros. ¿Quen se decidía? Foi o Pereira: –Olla, ti: os que estamos deste lado da mesa estámolo porque tivemos máis cara do normal e nos atrevemos a mandar as nosas paridas aos concursos e ás editoriais. Horacio Pereirázar estaba bébedo, o condenado. Calounos con aquela puta verdade. Decidín fuxir inventando unha desculpa: –Perdoádeme todos pero teño que marchar. Espero unha chamada ás once menos cuarto. –Unha pregunta só, Castro –era o mesmo rapaz inquisidor–. Évos unha pregunta colectiva: ¿en que andades a traballar? Relaxeime. Aquilo pagaba a pena de esperar. O Pereira loitou por prender lume na pipa babada e respondeu, impreciso: –Eu teño varios cartafoles abertos, traballo en varias ideas ao tempo. Ben, o arxentino zafara. Agora era a vez do bancario: –Ando nun proxecto, unha narración colectiva. Estouno a preparar con coidado. Podía ser que o idiota seguise naquela teima \"de escribir a varias mans\". ¿E o Abel? –Eu non fago nada actualmente. Como comprendedes, neste sistema non se pode ser escritor. O meu é a acción sindical. Ben, ben... Pois a min os rapaces íanme escoitar a verdade; ou case: –Se queredes que vos conte en que ando a fedellar, direivos que nunha novela realista. Relato algo que puido ter acontecido aínda que pareza difícil de crer, algo exótico, exuberante nas paisaxes e nas paixóns... Estou a rematala –mirei o Horacio, o Cameselle, o Souto: os tres compañeiros da tertulia do Barlovento ollaban para o público fixamente. Despois de min o Brei anunciou que se diseminaba (sic) nuns traballos de metafísica social. Levanteime, dirixinme ao Abel Souto: –¿Impórtache volver co Horacio? –Nada, ho. Voume con el, descoida. –Ben, amigos –dirixinme a todos–: Moi agradecido pola oportunidade que nos brindastes para saírmos das nosas covas literarias. E que se repita; e a ver que xorde desta facultade en termos de literatura, que sempre os médicos deron bos literatos. Funme, íame, ás carreiras. Metinme no coche e furei polo negror da estrada, recompondo ideas para un capítulo máis do meu plaxio benquerido. Só me distraín co espectáculo do bosque a se converter en carbón e borrallo. Xa pretiño da estrada, as chamas mostraban a agonía paralítica das árbores enteiras, siluetas negras de troncos e pólas sobre o esplendor vermello: Fiordia, o país do Radiolar, era un país atizado, desfeito en labaradas, á toa. O incendio ficou atrás e a miña mente volveu á paixón dos diamantes da selva, as xemas que fan poderoso un home, ou unha muller, en calquera país civilizado. Cando cheguei á casa, a Ana estaba encaixada nunha butaca, a repasar roupa. Sen erguer os ollos do pano, comunicoume que me chamaran o Sieiro e o Fermín. Deixárame unha sopa feita. Collín papel e fun para a cociña, quecín a sopa e, entre culleradas, fun facendo notas dun capítulo cheo de acción, levada por min ata onde non dera chegado o dono primitivo da fábula, o escritor brasileiro e mediocre. Satisfeito coa fantasía, volvín xunto da miña muller. Seguía coa costura. Non me miraba: algo pasaba. Como a sopa xa me debía ocultar o cheiro a viñazo da mesa de escritores, achegueime á Ana, collinlle a man, suxeiteilla. –Sóltame, Xoán. –¿Que che pasa, compañeira? –Que me odio, e teño que soportarme. –¿Que che pasou? –É que o Antón me abriu o moedeiro e perdeume o carné de conducir e deille unha tunda e, mentres lle batía, el queríame dicir algo. –¿E que, muller? –Que me odio, hostia, porque despois decateime do que me quería dicir o cativo: onde me puxera o carné, cos seus cochiños. Pero, cando quixen ir facer as paces con el, xa estaba durmido... Ás veces penso que me fan falta unhas vacacións, pero as vacacións perfectas: non marchar a outro lugar senón marchar a outra persoa, ¿entendes? Calei. Acariñeille a man e funme. Eu tamén quixera tomar unhas vacacións así: se cadra, mañá ser policía imperial na India e brigadista internacional en Cataluña, tuberculoso mesmo, probador da vida na mina ou na mendicidade, experimentador afouto de canta curiosidade se pode espremer para logo dar ao público o que non se atrevería a dar ningún escritor do británico imperio comercial e lingüístico. Eu quería ser George Orwell redivivo e escribir unha obra coma a súa derradeira e case póstuma, unha burla porcina das igualdades comunistas –aplicada a facer escarnio do Abel Souto, devoto da Unión Soviética... Do cuarto de estar fun ao cuarto dos nenos. Durmían nunha paz densa de cariñas rosadas, mal vistas coa pouca luz dunha lampadiña de noite. Velos desfacíame por dentro. Lembrei que, onte, a cativa me chamou \"papá lindiño\". Con esa lembranza deille un bico apertado, ansioso. Tamén biquei o meu fillo. Despois, de pé, véndoos de lonxe, pregunteime se me han chorar cando morra. Ese pensamento acompañoume ata a mesa na que escribo. ❧ O ABRIGO DO SOL – Capítulo 8º O índio da noite Na escuridade chea de ruídos da floresta viva, Úrsula fijo unha rápida composición de lugar e circunstáncias: ela e o Zé Corcovinha achaban-se escondidos tras dunhas canas sobre a praia dun furo tributário do rio. Na praia seguia aceso, e avivado, o lume que figera o Zé. Alguén o avivara. ¿Quen? Cando ela saíra á procura de ajuda no posto de San Valentín, junto do lume ficaban o Ribeiro, o Mundinho e o Zé. Agora non se vian rastros do Ribeiro e o neno jacia sospeitosamente quieto. O Zé tremia junto dela, de medo, e de necesidade: era un alcólico máis dos infinitos que devoraba a mata sen fin. Para completar o cadro do incomprensible, a canoa seguia no seu sítio. Como seguian os sáurios, apostados na auga, á espera de algo que enguliren. –Zé, vaia comendo –bisbou-lle en canto lle amosaba unha banana á luz da lanterna–. E diga-me unha cousa: cando se foi vostede, ¿o capitán Ribeiro estaba esperto? –Non, andaba apampado, como sempre. –Ja. ¿E o pequeno estaba ben? –Estaba... Un alcólico alucinado ben podia ter arroutos, matar nun delírio. ¿Acabaria o Zé Bento co piloto e co mulatiño? Non se tiña que molestar sequera en acoitelar o piloto: valia só con empurra-lo á auga, logo os jacarés farian o traballo. Ora, asasinar o cativo, un dos pequenos que o ajudaban a coidar dos hidros no portiño da vila garimpeira... Iso non encaixaba. Alí pasara algo máis. Paciéncia. E vigiláncia... Cumpria agardar polo canto da curuja. –Zé –tocou-lle na man osuda–, temos que esperar ao amañecer para mirarmos o que pasou. Vaia comendo de toda a froita, sen receo, que estaba fresca. É de alguén que debeu morrer mesmo onte... E descanse, que eu vigilo. Ja o espertarei cando veja que me pega o sono. Non pensaba face-lo. De non durmir-se dependia todo nese momento, mesmo a própia vida. Pena da falta de anfetaminas para se manter esperta. Ás veces un agente esquecia algo para a bolsa de viage. Desta volta, ela esquecera as pastillas que ajudaban a ocultar a canseira. Acomodou o lombo contra un tronco liso, que non mancaba. Oía o sertanejo roer na froita cos poucos dentes que lle ficaban. O lume da praia esmorecia. O Minguinhos non se movera da postura rara, o rostro na area... Co oído a esperar o canto da ave noitébrega, visións recentes e vellas recordacións enguedellaron-se na mente de Úrsula: Esa noite en San Valentín habia grandes fogueiras porque se celebraba a festa do Pai Rio, que sempre a ilusionara; e con gusto se teria metido nela se non fose polas circunstáncias. Era a festa máis linda dos índios canoeiros. Viñan chegando nas suas piráguas de todas as aldeas e facian grandes danzas de saúdo ao chegaren. As mulleres visitantes juntaban-se coas anfitrioas, os nenos cos nenos, e os homes desaparecian na casa dos homes para ensaiaren cantos longe das mulleres e os pícaros. Os cantos dos homes eran secretos, as regueifas que practicaban en cada aldea non se podian escoitar ata que chegaba o momento da grande juntanza. E o momento sempre era unha noite de inverno, cando o vento varria o ceo e o rio. O firmamento daba unha luz vaga, de estrelas, ainda que faltase a lua; e na terra xurdia o clarón das fogueiras. A gente comia moito; os maiores bebian o caldo de millo fermentado; os espíritos erguian-se e viña a danza dos varóns adultos. Tras das carautas e os disfraces non se sabia quen era quen (ainda que as mulleres sempre adiviñaban a quen pertencian pernas e brazos). Soaban mans nos coiros tensos e axóuxeres nos pés, e ao seu ritmo cantaban os homes, imitando unha loita con frases e acenos. Gañaba o que máis aguantaba, ao que se lle ian retirando os regueifeiros contrincantes. Mais non se sabia quen foran gañadores e perdedores. Iso era cousa dos homes, a resolveren na casa deles, onde só podian entrar os iniciados, os que sufriran fame, sede, picadas de formigas por todo o corpo, marcas de tribo nas pálpebras... O doutor Müller empeñara-se en que os fillos varóns pasasen as probas dos índios e fosen aceptados entre eles. Despois o Kurt contaba-lle ás irmás os segredos da casa dos homes, as crenzas da vida: todo saía do rio-pai para retornar a el. A vida era a vida do rio, coas enchentes e as secas, o abalo e o devalo, os peixes, as tartarugas, os caimáns, os golfiños... Na casa dos homes habia fumes e zumes que levaban a cabeza moi longe, a outros mundos, que lles facian falar en modos que só nesas condicións se entendian. Cos anos e os saltos entre a selva e as cidades, entre a rua e o colégio, na cabeza de Úrsula Müller foron-se formando compartimentos que se pechaban con paredes de palabras. Dentro dun falaba-se como os índios, noutro en portugués, noutro en alemán. O inglés e o francés engadidos nas aulas non facian espazo própio. Cando Úrsula pensaba na mata, no rio, na casa de madeira e ramage, as verbas facian-se-lle índias. E aos irmáns pasaba-lles o mesmo. Na cidade, entre eles jogaban a transmitir segredos na língua dun pobo nu e moreno, de cabelo mesto, ollos riscados e formas dondas, de nadador e remeiro. Falando así co Kurt e o Johachim na facultade, por esa brincadeira, foi como se fixara nela o profesor Nunes Alves, eminéncia das línguas indígenas. De aí a conversa que a levaria ata o Servizo; da carreira universitária a un posto avanzado de observación en figura de cabareteira... O seu seria observar, informar, establecer a rede de contactos fiables. O matrimonio Müller deixara unha bela memória polas aldeas do rio, entre os indígenas e entre os que trataban de \"civiliza-los\". A morte do profesor trouxera dó verdadeiro a aquelas gentiñas. Despois veu o que veu: a fin da guerra mundial, a reconstrución do mundo e as famílias. Os orfos e a viúva do profesor foran retornando á Alemaña: primeiro Johachim, a seguir Lotte e Kurt; por fin, a mai. Dician que habian \"participar na reconstrución do país\" e reivindicar a figura do grande científico inimigo do nazismo, o darwinista que se atrevera a dicir que non habia pobos superiores ou inferiores senón mellor ou peor adaptados ao seu médio; que consideraba inferiores os pobos que perderan a capacidade de sobrevivir, que ja non sabian \"facer lume con paus e pallas\". Úrsula ficou no Brasil coa desculpa doada do amor: Gilberto. Mais ao Kurt non o deu enganado. Kurt era piloto de liñas aéreas, ia a viña e, cando se encontraban, seguia a falar-lle como os índios do rio, na língua da sinceridade. Da parte do Kurt veu falar con ela o home da embaixada, tan simpático: querian facer unha exposición das fotos do doutor Klaus Müller; pedian-lle á filla que contase as suas lembranzas de vida na selva. Todo saiu de marabilla. E serviu para unha comprobación grave: a agente Müller estaba descuberta. Dijo-llo aquel tipo alegre, gordote, con sotaque bávaro, aparentemente funcionário da agregaduria cultural. No médio do cock-tail de fin da exposición, sorrindo como se falase de calquera pilleria, deixou-llo claro: os servizos alemáns sabian para quen traballaba Úrsula Müller, e querian que tamén traballase para eles. Tiña que ajudar a localizar no Brasil determinados personages do régime que levara Alemaña á loucura e á destrución. Ela non aceptou de todo. Só se comprometeu a pasar información que non procedese do servizo para o que traballaba: \"Consideren-me unha detective privada gratuíta\". \"Ben, querida fraulein Müller –respondera-lle o suposto diplomático–. Saiba que a Alemaña dos demócratas sempre esperará por vostede\"... Quedara durmida. Decatou-se porque a sorprendeu un movemento dos jacarés, moita agitación, como se lles tivese entrado no furo un cardume de peixes ou unha capibara sonámbula. Daquela oíu claramente o canto melancólico da curuja. Esfregou os ollos. Unha claridade vaga atravesaba a enramada anunciando o albor. O Zé Corcovinha musitaba palabras estrañas cos ollos pechados e a boca a tremer. \"Auga\", \"sobe\", \"enche\"... Iso parecia dicir. O lume da praia apagara-se e o vulto do Mundinho continuaba na posición en que o vira a última vez. Debia estar morto. ¿Quen o matara? –U-rrrrrr-ú. U-rrrrrrr-ú –imitou ela a curuja e agardou resposta, para observar se quen a emitia se achegara ou se afastara desde o apelo anterior. A resposta humana, que só un oído finísimo distinguiria do canto da ave, veu da praia. Úrsula ergueu-se moi a modiño, e desprazou-se sen facer ruído. Mudaba de lugar por \"precaución elemental\", como lle ensinaran na escola do Servizo. Cun ollo no Corcovinha derreado, pujo a vista na praia que clareaba co primeiro sol. Así foi como viu avanzar o Chico Bernardo, case nu, atlético, aguantando pola cintura o corpo do piloto, frouxo mais camiñante... Ja todos na praia, desde o primeiro momento os ollos renegros do Corcovinha juntaron-se cos verdosos do Ribeiro a competiren en desconfianzas cara aos ollos castaños do Chico Bernardo. Segundo aumentaba a luz do dia, medraban os receos do sertanejo e do europeo ante o mozo aparentemente índio, que falaba portugués sen indícios de fala cabocla, mestiza. –Imos recoller todo e saír de aquí já, ¡já! –ordenou o atleta descalzo mais con pantalóns; e a Úrsula ia-se pór a levar a comida dos mortos á canoa cando se lembrou do Minguinho. Foi agachar-se junto a el e comprobar o temido: non respiraba. En canto lle daba a volta á cara do mulatiño infeliz oíu ás suas costas a voz do piloto: –Foi o fulano que nos pillou: quebrou-lle a cabeza. O pequeno tentou fugir e deu-lle un golpe coa culata do rifle. Úrsula introduciu na sua máquina de calcular os datos: fulano, neno a fugir-lle, golpe de culata. Fora un golpe brutal, si: afundira-lle a tempa. Abandonou o corpiño frio e, en pé, encarou o piloto, macilento, o rostro comido pola barba farta. –¿Ese home era branco e con barba? –preguntou-lle. –Era –respondeu o piloto. –Era, si –terzou o \"índio\" Bernardo sen que ninguén llo pedise–. Viña cos que estiveron na aldea. Eran vários brancos con barbas de moitos dias, gente de garimpo mais da que fai de todo. Tamén andan a mariscar jacaré.... Deixa-me levar eu o neno, Dikí. Úrsula viu-se sorprendida polo diminutivo do seu nome índio e lanzou un ollar de reprimenda aos ollos riscados do Chico Bernardo; quen respondeu asentindo coa cabeza, movendo a masa de cabelo negro e mesto, cortado con forma de cogomelo. Fora un erro do rapaz, chama-la polo seu alcume índio, desvelar así a confianza entre eles. Deixou que o Chico fose acomodar o corpo do neno na canoa mentres ela apañaba os efectos do engeñeiro Brito, primeiro morto da expedición ao insospeitado Abrigo do Sol. Baleirou a mochila que enchera de froita dos mortos e recolocou os instrumentos, as ferramentas, a cámara do engeñeiro... e deu en pensar na mestizage de razas e sítios: pobre cativo paupérrimo que nacera á beira dun rio de índios. Para o Mundinho cumprira-se a lei da miséria: en troco duns billetes rebentaran-lle os miolos, e non acabara comido polas pirañas de casualidade... A ver que explicaban o Ribeiro e o Chico Bernardo sobre o acontecido, mais ja se podia pensar que a partida do traidor Leôncio Faca Longa andaba pola contorna e dera con dous sujeitos perfectamente identificables na vila, o piloto e o rapaciño. –¿Onde vai a miña mochila? –a voz do Ribeiro, frouxa mais con vontade de ser forte, cortou os pensamentos da Úrsula. –Xxxiii... Cale, home de Deus –mandou o Chico–. Pode haber por aquí algún máis deses tipos. Entre e cale –ajudaba-o a se acomodar na canoa. –A miña mochila –exigiu o piloto e a Úrsula pasou-lla cunha adverténcia: –O que tiña dentro dividimo-lo entre eu e o Zé en canto ti estabas inconsciente. Non tes que te preocupar, que logo cho devolvemos. Mellor é que comas e bebas. Ja arranjamos todo. –Devolvede-mo agora mesmo –Ribeiro teimaba e tentaba saír da canoa. Úrsula ollou para o Zé Bento, que abrazaba a sua mochila contra o peito, a boca apertada nun gesto de resisténcia. Non queria soltar a metade do tesouro. Entón Úrsula pousou a própia mochila na area e tirou dela a peza de ouro con pedras, que mal brillaban na luz do amañecer peneirado pola ramage. –Zé, dea-me o que lle dei a gardar –mandou-lle. O mulato resistia-se–. Dea-mo –o Zé recuaba. Ela deixou caer a \"sua\" metade do tesouro no chan e avanzou cara ao sertanejo, pondo un ollo no machete que o tipo, debilitado, ainda teria forzas para manejar–. Non me obrigue a tirar-lle a mochila, Zé. Fagamos as cousas con jeito. Ja chegará o momento de repartirmos. Confie en min. Todos imos no mesmo barco... –tentaba entrete-lo á espera de que sucedese o que sucedeu. Unha raíz favoreceu a cambadela, o homiño desequilibrou-se e, na caída, afrouxou o abrazo á mochila. A man da agente Müller foi rápida para agarra-la. Desde o chan o infeliz malamente cuspiu unhas palabras cargadas de ódio: –Muller macho. A canoa afastou-se da ribeira onde os sáurios procuraban calor. Á proa ia o Chico Bernardo esculcando en canto remaba a modiño. Atrás del, o aviador agarrando á sua mochila, o neno morto, o garimpeiro a roer carrage, quieto. Cerraba formación Úrsula á popa, remando, espreitando. De remolque levaban unha pirágua. O proeiro conducia-os a onde a selva se abria nun afluente maior do Rio Pai. Alí, contra a marge apareceu unha plataforma con teito de palla, obra de índios canoeiros. –Neste recanto non entra mariscador de jacaré –asegurou o Chico–, nin índio cazador. Saben que índio manso tamén defende o seu. Todos sabemos tensar o arco. Amarraron as embarcacións e sacaron para a plataforma de paus as pertenzas e o corpiño do pequeno, ao que as moscas se lle botaban, voraces. O teito ben tecido protegia da dureza do sol; unha lousa de barro no chan convidaba a facer lume sobre restos de borrallo. O Chico quitou dun saco o arco e un feixe de frechas, unha carabina do 22 e unha cartucheira. Tamén sacou mazos de tabaco e unha botella de \"pinga d'ouro\". –Trouxen de fumar e beber porque sempre faltan no mato –explicou en canto ofrecia cigarros e tiraba a tampa da garrafiña de augardente. Úrsula cubria o corpo do pequeno cunha esteira, mais non lle escapou a ollada angustiosa do Zé Corcovinha. Quizais uns grolos o acalmasen e lle figesen entender que mellor era ter paciéncia, esperar a que os acontecementos lle permitisen levar o seu quiñón do tesouro (ainda que ela, cumprindo coa sua obriga, tentaria que ninguén levase nada). –¿Canto tempo podemos ficar aquí, Bernardo? –preguntou ao rapaz já intuíndo a resposta. –Despois da festa, hoje toda a aldea dorme o dia enteiro... Acomoden-se, fumen e, se queren, boten uns tragos da pinga. Eu vou pescar. Trouxen sal e imos comer ao gusto dos brancos. Aproveiten para repor-se. Despois falamos e dispomos como facer. O aparente índio pescador embarcou na pirágua coa carabina, o arco, as balas e as frechas. Úrsula sentiu ganas de beber un pouco de cachaça mais temeu o seu efecto somnífero e contivo-se. Mellor que a somnoléncia se apoderase dos homes enfeblecidos. Botou de menos un espello para comprobar se ela estaba tan deteriorada coma os seus dous compañeiros de cabana. Ambos fumaban e ela decidiu esperar a volver face-lo. Abondaba o fume deles para manter os mosquitos advertidos. Ribeiro recuperaba-se, o derrame cerebral estaria-se-lle absorbendo e volvia discorrer. Parecia tranquilo, co tesouro á man, un ollo sempre nel. O que non melloraba era o Zé Corcovinha, quen daba grandes pitadas e longos bicos á botella co mirar ausente. No contínou tremor dos beizos adiviñaban-se-lle palabras, quizais \"auga\" e \"chúvia\". Non podia deixar de vigila-los ata que retornase o pescador. Para vencer a modorra, abriu conversa co piloto: –Emílio, conta-me o que pasou, o do home que vos descubriu. –Conta-me ti antes quen é ese indio. –Pois... o Chico Bernardo, un rapaz de San Valentín, que ajuda na escola e no dispensário. Eu coñezo esa aldea e fun pedir ajuda para que alguén se figese cargo do neno que viña connosco –Úrsula observou de esguello a cara do Zé, por se nela detectaba sospeita, mais o borracho apuraba a botella, ido a outro mundo–. O Bernardo veu onda nós para tratar do neno... Conta-me o do home que o matou. –¿Quen era ese neno? –Un que estaba de garda para avisar se chegabamos nós á vila. Pugera-o o Faca Longa. –Fillo de puta do Faca Longa –os ollos do piloto pareceron iluminar-se. Volvia-lle o acordo, certamente. –Un cabrón, si... Pero conta-me o dese tipo que vos sorprendeu. –Pois... eu ja estaba volvendo ao acordo, ainda me custaba comprender as cousas... Apareceu na pirágua e meneou-me moito, moito. E batia no neno... Queria saber onde estaba o meu tesouro, e, como eu non entendia nada, amarrou-me a unha árbore fóra da praia. Dijo-me que alí me deixaba. Ja marchaba cando apareceu o teu coñecido... –Emilio calou, fitou a Úrsula nos ollos. Esperaba a pregunta dela: –¿E que pasou? –Que o índio lle cortou a gorja para que non berrase e tirou con el aos jacarés. Agora calaron os dous. Os mosquitos teimaban, fungaban e querian picar. A floresta enchera-se dos gritos do dia e as pálpebras pesaban. O Corcovinha queria dicir algo. –Temos que enterrar o fillo do meu compadre Raimundo –foi o que lle saiu. O Emílio Ribeiro non lle prestou atención. Estaba noutra idea: –Pola tua culpa, Úrsula, agora ese índio tamén vai querer parte no tesouro. Se non tiveses sacado nada da miña mochila, nunca o teria visto. –O Bernardo é un rapaz razoable, e agora nacesitamo-lo. Deixa-me a min manejar o asunto. E nada de culpa pola miña parte, Emílio: en todo caso da tua, que te alteraches exigindo que che devolvésemos agiña os diamantes... Pero non falemos de culpas. Agora o que importa é saírmos vivos desta. E co tesouro, como ti lle chamas. Siléncio. Un son de ás fortes, seguido doutro, e doutro, obrigaba a pensar no cadáver do pequeno. Non facia falta asomar a cabeza fóra da plataforma para comprobar que os urubús, negros coma a morte, se pousaran preto e esperaban... O profesor Müller ensinaba-lles aos fillos que a vida é un proceso continuo, que inclue a morte. Na descomposición dos seres mortos habia moita vida, a dos que os desfacian: bactérias, insectos, peixes, urubús... O borracho ia teimar en lle dar terra ao pícaro. Farian logo procesión e enterro, pero antes comerian. Comida, enterro e, de novo, rio abaixo. Superados os rápidos da Serrinha alcanzaba-se Santa Irene (cada aldea cun nome de santo, que tanto facia rir o matrimonio Müller, de educación luterana). En Santa Irene habia posto de rádio e conexión co Servizo. Ata alí chegarian coa ajuda do Chico Bernardo. Á vista de como chegaren os membros da expedición (Úrsula ollou para o piloto e o seringueiro e non puido evitar un sorriso malvado) haberia que decidir. En Santa Irene do Rio a agente Müller decidiria o que facer \"segundo conciéncia e fidelidade ao Servizo\". Se alá chegar viva. Recendia a graxa de peixe ao lume. Un fermoso aruanán asaba-se ao coidado do Chico. Perdera-o a voracidade da sua espécie, o desejo sempre insatisfeito de comer bichiños de fóra das augas, pensou Úrsula. Imaginou o Chico Bernardo a calcular o momento en que o grande lombo dourado estivese máis a flor da auga, antes de que o larpeiro saltase a por unha araña... Comeron, cadaquén en cadansua folla resistente, sentindo na man a calor do anaco de aruanán asado. A gente que anda no mato sabe que, cando hai comida, cómpre comer canto caiba pois logo pode vir tempo de fame. Úrsula fartou-se e viu como se enchian o rapaz e o piloto. Mália tan rica oferta, o Corcovinha a penas desfijo algo de mantenza entre os dentes orfos, separados nas engivas. O piloto español recuperaba-se, discorria con jeito; fijo unha composición de lugar ben razoada: estaban nun santuário dos índios canoeiros mais non podian seguir alí \"eternamente\". Aínda que lles parecera moi difícil, \"o traidor Faca Longa\" adiantara-os, juntara gente que viña á procura \"do que non lle pertencia\". O tipo que matara o neno habia ser un deles, un explorador, un adiantado. ¿Onde estarian os outros? Ao seu entender, nas aldeas terian índios comprados. A vea maior do rio era mala de vigiar pola amplitude, mais ao se estreitar na Serrinha ben se cubria a simple vista; e ainda mellor con binoculares. –Olla, Bernardo, imos ver... –Emílio pareceu remoer a pregunta que Úrsula esperaba–: ¿e non poderiamos atravesar pola própia lomba da Serrinha, deixando o rio? Non é tanta jornada por terra ata Santa Irene, e iso non o espera quen agarda por nós. –Pois non é moito camiño polo mato, pero aquilo nesta hora está cheo de índio cazador, dos máis bravos, os cintos de casca –o Bernardo respondeu o que cumpria, e acrecentou–: Por terra non chega vivo a Santa Irene máis que un batallón do exército, con metralladora que faga moito barullo. Pero estea tranquilo, capitán, que eu sei pasar polas cachoeiras. Por alí ninguén se vai atrever a seguir-nos –ollou a quen o rodeaba con pálpebras rejuntas, de índio–. Se me desculpa, capitán, vostedes deberian mudar de aspecto. –¿Que queres dicir, rapaz? –A gente que os persegue, ¿a quen espera ver na canoa? –Pois... a nós, os presentes –moveron-se os labios de Ribeiro case ocultos entre as barbas e Úrsula sentiu un golpe de orgullo pensado no que andaba a dis"}
{"ID": "NOS_53543", "summary": "A secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, desbota a opción de que o partido se disolva para se integrar en En Marea no proceso de renovación do Consello das Mareas.", "text": "No contexto de renovación do Consello das Mareas –máximo órgano de decisión do partido instrumental–, a secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, rexeita a disolución da formación morada. Así o puxo de manifesto nunha entrevista concedida a RNE. \"Podemos vai traballar para estar no Consello como organización política, mais non para desaparecer\", advertiu. Crítica coa actual dirección do partido instrumental, a líder de Podemos na Galiza sinalou que \"é dificilmente explicábel que unha dirección dun conxunto unitario de organizacións, partidos e persoas individuais digan que son a unidade se falta na cúpula a xente elixida democraticamente. Se non están nesa dirección EU, Anova nin as tres mareas municipais, que é En Marea?\" Carmen Santos afirmou que Podemos sempre foi claro coa integración \"da unidade popular\" nun partido instrumental, que definiu como \"ferramenta xurídica\" coa que varias forzas se presentan ás eleccións, mais asegurou que \"non eran\" a que querían. \"Á cidadanía non lle interesa a fórmula idónea, porque o que quere ver son políticas e unidade\", agregou ao respeito. Preguntada sobre as eleccións municipais, asegurou que o obxectivo para por formar \"gobernos de cambio\" con listaxes \"o máis amplas posíbel\". Así, ratificou que Podemos defende \"un diálogo fraterno e positivo\" co resto de organizacións que integran En Marea."}
{"ID": "NOS_47508", "summary": "A Internet abre múltiples posibilidades e xera novas formas e soportes para se relacionar. Mais tamén racha coas barreiras físicas e xeográficas e mesmo permite viaxar sen erguerse do sofá", "text": "Con pouco máis de dúas décadas de vida, a Internet mudou en grande medida a forma en que as novas xeracións se expresan, comunican ou mesmo interactúan. Ao longo destes anos foron diversos os proxectos xerados ao abeiro da rede que procuran novas fórmulas para partillar experiencias. Eis algúns dos proxectos desenvolvidos na maré dixital. Couchsurfing: partillar viaxes desde o sofáCouchsurfing é unha rede social. Unha comunidade de máis de 6 millóns de almas que conecta máis de 100 mil cidades en todo o mundo. Creada no 2003 a partir da idea xerada por un grupo de estudantes de Islandia, dá a posibilidade de viaxar de balde a través dun peculiar servizo de aloxamento. O sofá. O nome significa de maneira literal \"ir de sofá en sofá\" e é que a rede permite partillar --de maneira gratuíta-- morada, mais tamén experiencias culturais. O obxectivo deste portal web non é procurar aloxamento gratuíto senón fomentar o intercambio de coñecemento, formas de vida, costumes, historias... Neste senso, unha vez rexistrado o enderezo, anfritrión e visitante deben combinar unha outra forma de coñecer a vila ou cidade para alén da clásica guía turística. Trátase de coñecer un territorio desde a perspectiva dun(ha) cidadá(n) e non como un simple turista. En 2012 a páxina web rexistrou máis dun millón de utentes en mais de 180 países e territorios. Couchsurfing ofrece diversos dispositivos de seguridade para garantir a integridade d@s viaxeir@s, alén dun foro onde aquelas persoas que gozaron da experiencia intertrocan as súas impresións. Postcrossing: a volta ao mundo nunha caixa de correo postal Esta iniciativa --que nace en 2005 da man dun portugués, Paulo Magalhães-- constitúe un proxecto en rede para partillar postais. Logo da práctica desaparición do correo postal, aínda hai quen gosta de recibir correspondencia pola vía convencional e mesmo conservar as tradicionais estampas das vilas e cidades que visita. Para @s nostálxic@s daquel tempo que (non) sempre foi mellor, esta páxina web ofrece a posibilidade de enviar --e receber-- postais desde calquera parte do mundo tan só rexistrándose como utente e introducindo un enderezo postal, que ficará protexido. Após inscribirse como usuari@, a aplicación outorgaranos un destino e inmediatamente asignará o novo enderezo a unha outra persoa. Até 5 postais poden viaxar de maneira simultánea a calquera enderezo convertendo a caixa de correo \"nun pequeno caixote de sorpresas\", como aseguran na propia web. Na actualidade o proxecto conta con membros en máis de 190 países e rexistra un fluxo de máis de 8 millóns de postais ao ano."}
{"ID": "PRAZA_16550", "summary": "Uns 85 euros mensuais separan agora a Xunta e traballadores, que non descartan recuperar antigas reivindicacións ante a actitude do Executivo nun conflito que suma un mes e unha semana de paro cun seguimento constante por parte do persoal", "text": "Un mes e unha semana despois de comezar a folga e cun seguimento semellante e constante por parte dos traballadores, o conflito na Xustiza galega sitúase nunha calexa sen saída. Na última reunión, o pasado venres, a Xunta volveu subir a oferta de incremento salarial que dixo que nunca subiría e os representantes do persoal cederon de novo rebaixando as esixencias desa suba no complemento autonómico. O Goberno ofreceu 105 euros de aumento ao mes, 1.260 euros máis ao ano, para todos os corpos e despois de varios incrementos. O comité aceptou rebaixar as súas pretensións ata os 190 euros máis mensuais, pero aclara que \"non baixará\" desa cifra. Mesmo hai entre o funcionariado posturas dispostas a retomar as negociacións na proposición anterior de 225 euros \"ante a prepotencia e o desinterese por se volver reunir\" do conselleiro Alfonso Rueda, que este martes insistiu na petición \"inasumible\" dos empregados públicos. As asembleas dos traballadoras amosan a súa \"determinación\" por continuar coa folga e non baixar da última proposta de 190 euros máis ao mes Neste luns, nas asembleas realizadas nas sete cidades, os traballadores amosaron a súa \"fortaleza\" e \"determinación\" para continuar cunha protesta que acumula 24 días efectivos de paro, uns 15.000 xuízos suspendidos segundo o persoal --unha cifra que a Xunta rebaixa á metade-- e unha perda salarial de máis de 1,5 millóns entre o funcionariado. \"Hai quen aposta por subir as cantidades da nosa última proposta ante a posición do Goberno, que marchou o venres da xuntanza sen poñer data para un novo encontro, e as palabras de Rueda\", din fontes do comité de folga. O vicepresidente da Xunta asegurara que xa se deran \"pasos dabondo\", que vía o final da folga moi lonxe e acusara os sindicatos de desmarcarse cunha nova reivindicación salarial. As centrais non só o negan, senón que avisan que recuperar as peticións anteriores suporía volver aos 225 euros máis mensuais, unha opción que non descartan. Este martes insistiu nas súas palabras ao pedir \"responsabilidade\" aos sindicatos e reiterar que a última proposta do Executivo autonómico sitúa os funcionarios de Xustiza galegos \"na media\" salarial que demandaban. \"Se nos piden cifras inasumibles, non poderá haber unha solución\", asegurou tras engadir que que a Xunta \"fixo as súas ofertas e cumpriu con todo o que se pide\". \"Se nos piden cifras inasumibles, non poderá haber unha solución\", di o vicepresidente da Xunta Rueda incidiu en que se o que ocorre é que cando a Xunta expón \"como acordo\",o que \"se está pedindo\" por parte dos sindicatos e logo \"non o hai\", tocará preguntarse \"se as reunións valen para algo máis que para seguir prolongándoas eternamente\". Ademais, volveu acusar os representantes dos traballadores de levar a cabo \"unha folga de contido económico\". Rueda asegura que a Xunta xa ofertou aos sindicatos \"aquilo que se pedía\" \"Esta situación debe acabar\", di Rueda que manifestou que \"non hai dúbida\" da vontade negociadora da Xunta, polo que volveu pedirlle aos funcionarios xudiciais que analicen \"o que propuxo a Xunta\" para \"constatar que é aquilo que se pedía\". Todo iso, antes de instar os representantes sindicais a ter \"responsabilidade\" como \"está a ter a Xunta\". Entre o funcionariado hai quen non descarta recuperar a reivindicación anterior, de 225 euros, ante a \"prepotencia\" de Rueda \"Nós cedemos máis ca eles\", advirten os traballadores en asemblea. Polo momento, son 85 euros mensuais para cada traballador o que separa a Xunta e funcionariado. Desde o persoal advírtese de que a cantidade onde se podería chegar a un acordo é o complemento autonómico do que gozan os seus compañeiros en Cantabria, nunha media de 620 euros ao mes. Iso suporía arredor deses 190 euros máis mensuais que reclaman para todos os corpos da Administración de Xustiza en Galicia, un total duns 2.700 traballadores. \"Non nos sentimos para nada asfixiados, senón máis convencidos\", aseguran desde o comité de folga ao seren preguntados polo prolongamento do conflito. Mentres a Xunta adoita situar o seguimento da folga no 40% do persoal --este martes reduciuno ao 35%--, obviando os servizos mínimos e as baixas xustificadas, o funcionariado fala sempre de arredor do 80%. Sexa como for, os propios datos da Administración recoñecen que son máis de 1.000 os funcionarios que secundan o paro cada xornada. Segundo os seus últimos datos, as cifras mantéñense nun nivel semellante aos das últimas semanas. Neste mesmo martes, os traballadores de Xustiza volveron mobilizarse, como en Santiago, ante os xulgados, onde declararon catro membros das empresas que subministraron o ERTMS á liña de tren, no proceso polo sinistro ferroviario de Angrois. Malia a folga, as declaracións das testemuñas leváronse a cabo malia o atraso no seu inicio. O persoal de Xustiza advirte de que non dará \"nin un paso atrás\" cunha folga que continúa cun seguimento constante O berro do funcionariado de Xustiza, ante os medios que acudían tamén para cubrir as declaracións no proceso xudicial polo accidente do Alvia, foi claro: \"Nin un paso atrás\". Ademais, lucían carteis nos que instaban a Alfonso Rueda a negociar."}
{"ID": "NOS_52784", "summary": "Baixas temperaturas e aumento do consumo eléctrico para iniciar 2021 coincidiron cunha forte suba do prezo da luz. Malia o caro do servizo, continúan os cortes de subministración no rural que a Ucgal explica pola falta de mantemento por parte das empresas. A solución, para esta entidade, é sempre denunciar.", "text": "O prezo da luz disparouse neste comezo de 2021, alcanzando os 18,4 céntimos por quilowatt hora (kWh) coa tarifa regulada (PVPC) do día de onte, coincidindo coa presenza no noso país, e en toda Europa, dun forte temporal que está a deixar temperaturas extremas. Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores da Galiza (Ucgal), explica a Nós Diario que \"son prezos públicos a partir das poxas que pode consultar calquera\" e indica que na actual situación \"coincidiron unha serie de elementos que conformaron unha 'tormenta perfecta' agora mesmo\". Explica que \"hai un aumento da demanda impresionante motivado polo temporal de frío\" que coincidiu cunha \"menor produción de renovábeis, moito máis económicas, como consecuencia de non contar cos elementos que a favorecen\". Por último, afirma que \"hai que sumar a existencia dun mercado de prezos marxinalistas, nun contexto no que o Gas Natural sobe dunha forma impresionante, e máis no Estado español, que temos máis dependencia de Arxelia que dos gasodutos do norte como o resto dos países de Europa\". Alerta coas ofertas do mercado libre Desde Ucgal non descartan outros factores alleos relacionados coas poxas. \"Confío en que se hai, dalgunha maneira, algunha sospeita por parte da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) de que nas poxas destes días puidera haber algún elemento estraño, como ocorreu no pasado cando se chegaron a abrir expedientes de sanción\", pensa López Crespo, \"seguro que o fará\". Para a Ucgal é fundamental, en todo caso, \"falar tamén de cando baixa a electricidade\". O seu secretario xeral pon como exemplo que 2020 foi \"o ano en que a luz estivo máis baixa dos últimos dez\". Neste sentido alerta de que \"máis de 60% da poboación galega mudou ao mercado libre para pagar a luz máis cara\". Argumenta que a luz \"non estará cara todo o ano para as e os que estamos no mercado regulado\" polo que un mesmo prezo anual impide as baixadas que ten previstas para os vindeiros meses. \"Nunca hai que entrar no tema do prezo porque nunca será máis barata no mercado libre, outro tema é contar con determinadas empresas por outros motivos\". Cortes de luz este 2021 no rural galego Seguen as queixas no rural polo mal servizo e os cortes de luz, mesmo en datas sinaladas ou en municipios con temperaturas extremas. No primeiro dos casos temos como exemplo Faxilde, en Vilagarcía de Arousa. A asociación de veciños denunciou que na noite da véspera de Reis varias casas do lugar sufriron cortes na subministración eléctrica de até 40 minutos de duración. Peor foi no municipio da Veiga, onde o seu alcalde, Juan Anta, denunciaba nas redes sociais que o concello quedou sen luz a pasada quinta feira. \"Gañan millóns de euros pero non gastan nin un euro en ter alternativas ás avarías\", aseguraba cualificando o tema de \"vergonzoso\". Doce horas máis tarde volvía a electricidade após denunciar a situación \"ao secretario xeral de Industria, delegado do noroeste de Naturgy e xerente de Eléctrica Alberguería\". Na Veiga, ese mesmo día as temperaturas alcanzaron os -10 graos. Anta cre \"imprescindíbel determinar a responsabilidade e asumir as consecuencias\" porque \"o colmo é que nos territorios onde se xera riqueza nos discriminen\", en referencia a que nese concello contan cunha central hidroeléctrica. En relación ao problema dos cortes de luz, desde a Ucgal botan en falta máis reclamacións por parte das e dos consumidores. \"Non é normal que no rural un dos aparellos electrodomésticos máis comúns sexan os grupos electróxenos\", relata López Crespo, \"pagan o mesmo prezo pola luz que calquera nunha cidade ou vila e teñen que andar a mercar gasolina porque saben que cando neva un pouco quedarán sen luz\", engade. Os cortes de electricidade, para esta entidade de consumidoras e consumidores, \"é sempre por falta de mantemento, como a caída de árbores que rachan os cables e deixan sen servizo toda unha zona\". Estas circunstancias son cada vez máis habituais e non se reducen no tempo. Por este motivo desde Ucgal afirman que a solución non é política, senón de reclamar os dereitos que temos. \"Non vale cun chío en Twitter para denunciar unha situación, moitas empresas saben que non lles vai afectar á imaxe, o mellor é denunciar\". Neste caso desde esta entidade sinalan que formalizar a reclamación \"é de balde\" por contar cun acordo coa Xunta neste sentido. \"Non é tanto pola cantidade que se recibe polos danos, é para que non volva pasar\", sentenza."}
{"ID": "NOS_34014", "summary": "Achegábase a noite e saían os gatos dos seus agochos. A cidade pequena espertaba despois dunha lixeira chuvia.", "text": "Ulía a herba e tamén a inverno. Sentín o eco das miñas propias pisadas soando na rúa. É o que ten chegar tarde, hai que dalo todo nos últimos 100 metros. París, Lisboa / Salvador Sobral / Doce pezas / Warner / 2019 / 15 euros CD / 22 euros vinilo O meu recordo pre Covid-19 vai para o jazz galego. Sabiamos que Salvador Sobral acudiría ao Dado Dadá despois do concerto que ofrecera no auditorio. Eu non puidera ir, esgotáranse as entradas, pero non quería quedar sen o pracer de escoitar a súa voz delicada. Un dos discos dos que vos falo hoxe é París, Lisboa, o último proxecto de Sobral. Abre o primeiro corte cantando a capela cunha percusión dura que retumba na cabeza. Máis adiante continúa o piano abrindo xanelas como Yoko Ono. Seguen aparecendo os instrumentos e, por riba deles, a voz inconfundíbel do cantor portugués. Conta 180 días de hibernación, uns cantos máis que os 100 que durou o noso confinamento. Ten esa forma de falar de si mesmo, amarrado na súa esencia, para enfrontar os medos a través da música, é terribelmente fermoso ese inicio do disco. Despois, cancións en castelán, francés, inglés, portugués…abrazadas na etiqueta jazz, pero autenticamente Sobral. A idea de lembrar o Dado Dadá nestes tempos en que a hostalaría anda a se recuperar do golpe é para min como voltar ao paraíso. Ese local como doutra época, no que case non collía unha almiña, hoxe en día é algo imposíbel de ver. Esa é a auténtica natureza do jazz: rebumbio e escuridade. Xunto a Sobral apareceu tamén no Dado unha das figuras do panorama galego que máis admiro: Abe Rábade. Sobran as palabras para este fantástico pianista que leva sempre a Galiza na súa música. Creador de atmosferas luminosas, foi quen de traer Lorca a bailar na Quintana. Quen non recorda esa noite de maio do Lorca Namorado? O sol quedou agochado baixo as pedras e a lúa alentaba as sombras dos que danzaban, e aquelas voces… Abe Rábade ten unha discografía extensa, pero creo que para o día de hoxe, algo cuberto e pouco prometedor, merece moito a pena escoitar Doravante e aquel corte \"Estación do silencio\", marcando os segundos no reloxo. Aquela noite no Dado coincidiron estes dous músicos sen repertorio concreto, levaban tan só a natureza do seu talento. Sentimos a conxunción de traxectorias, escoitamos esa complicidade feita exclusivamente para as persoas que alí caemos. Os discos son como marabillosos recordos da música, sombras na caverna. Por iso é importante seguir apoiando a música en directo, porque aquela noite non volverá suceder daquel xeito. Acudide sempre que poidades, aínda chegando algo tarde ;)"}
{"ID": "PRAZA_18542", "summary": "O presidente di que se houbo algún interese espurio do ex-ministro Morenés a primeira responsabilidade sería do actual Goberno central por non denuncialo O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés", "text": "\"A Xunta nin sabía iso nin o sabe agora, nós non temos ningunha notificación\". Esa é a resposta que deu este xoves o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, cando se lle preguntou se o Goberno galego sabía que a construción en Navantia Ferrol de varias fragatas para a armada española estivo paralizada dous anos por unha negociación do anterior Goberno central do PP coa empresa MBDA que o ex-ministro de Defensa popular Pedro Morenés presidiu en España ata a súa entrada no Executivo de Rajoy. Ese parón debeuse ao intento de adaptar o deseño das fragatas a mísiles subministrados por esa empresa, cuestión da que Feijóo se desentende: \"Nós de mísiles non falamos nin entendemos\".O presidente di que se houbo algún interese espurio do ex-ministro Morenés a primeira responsabilidade sería do actual Goberno central por non denuncialoMalia eses dous anos de demora na construción das fragatas, que Feijóo di descoñecer, o presidente volveu deitar no actual Goberno central socialista a responsabilidade de que aínda non comezasen a construírse os barcos. \"Imos escoitando algunhas escusas para aínda non ter asinada a orde de inicio da construción\", lamentou Feijóo tras dicir que \"a elección de mísiles responde a un debate técnico\" e que \"iso aos traballadores e a Xunta é unha cuestión que nos excede\".O presidente insistiu en que as fragatas \"debían estar xa autorizadas\" e dixo que, fronte ás declaracións públicas do Goberno central nas que ao seu xuízo \"todo se cuestiona\", a ministra de Defensa, Margarita Robles, garantiulle persoalmente en privado que a orde de iniciar a construción dos barcos daríase neste último trimestre do ano.Feijóo di ter o compromiso da ministra de Defensa de que a orde de inicio dos traballos chegará de xeito inminenteNesa liña de poñer o foco na responsabilidade do Goberno actual e non no parón sufrido durante o anterior executivo popular, Feijóo dixo que \"se houbera algún interese espurio cos mísiles, supoño que alguén tería responsabilidades, o primeiro o que non denuncia ese interese espurio e o segundo o que teña ese interese\". Este xoves a ministra Robles constatou no Congreso o parón pero non aclarou se o levará á Fiscalía."}
{"ID": "NOS_51527", "summary": "Os acordos coa empresa aumentaron en 300%.", "text": "O Parlamento galego aprobou onte por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo PSdeG na que instaba a Xunta a remitir á Cámara unha \"relación detallada\" dos contratos formalizados entre as empresas do grupo Eulen e a Administración galega desde 2009 até a actualidade.A iniciativa, defendida polo deputado Pablo Arangüena, debátese após a semana pasada unha proposta do BNG defendida por Daniel Castro denunciase que a Xunta non respondera ás solicitudes de información da formación nacionalista sobre os contratos con Eulen. Durante a súa intervención, Arangüena asegurou que, desde a entrada de Alberto Núñez Feixoo á Presidencia da Xunta, os contratos con este grupo, do que é \"alta directiva unha irmá\" do ex presidente galego, \"incrementaron 300%\" con respecto á etapa anterior. Ademais, o deputado do PSdeG manifestou que existen \"unha serie de indicios de algo máis que un trato de favor\" por parte do Goberno galego a respecto desta empresa. Iria Carreira (BNG) afirmou que Eulen \"multiplicou\" os contratos coa Xunta desde que Núñez Feixoo chegou á Presidencia, o que non se pode desligar, apuntou, de que a súa irmá fose apoderada da empresa. \"Desde que Alberto Núñez Feixoo chegou á Xunta da Galiza asináronse 139 contratos con Eulen por 37 millóns de euros, tres veces máis ca antes\", indicou Carreira. A parlamentaria nacionalista apuntou na súa intervención ao \"veo de sospeita\" existente nalgúns concursos que o grupo Eulen gañou con \"baixas temerarias\" ou sen ser \"a oferta económica máis vantaxosa\", afirmou a deputada. Ademais do PSdeG e do BNG, a iniciativa contou co voto a favor do PP que, aínda que criticou a argumentación, dixo que non se opón a que se faciliten eses datos ao Parlamento, porque \"están ao dispor de calquera na plataforma de contratación da Xunta\". \"Están a solicitar unha información que é totalmente pública\", dixo o deputado Alberto Pazos Couñago."}
{"ID": "NOS_8015", "summary": "O exame da Comisión Europea sobre competitividade rexional sitúanos no posto 181 entre os 263 territorios. Danos Bruxelas unha puntuación de 36,6 sobre 100 (un suspenso), o que nos sitúa 18 puntos por baixo da media europea e son, mesmo, oito puntos menos que os que a UE nos daba en 2010. Afastámonos, pois, dos territorios con economías máis competitivas, ao tempo que perdemos capacidade de enganche en sectores fulcrais. Por que?", "text": "No que atinxe á competitividade económica, os índices e valoracións de Bruxelas sitúan Galiza máis perto de Sud-Est, una rexión do leste de Rumanía, que de Londres. Ambos os dous territorios, Sud-Este e Londres, representan os extremos no Índice de competitividade rexional que presentou a Comisión Europea: a capital británica figura, con 100 puntos sobre 100, como a que ten a economía máis competitiva das 263 rexións da UE. Sud-est, cun 0,07 sobre 100, é a pechacancelas da clasificación feita por Bruxelas. E Galiza? Pois temos 36,6 puntos sobre 100, é dicir, un suspenso, e moi afastados das zonas máis competitivas. Supérannos todas as rexións de Reino Unido, Alemaña, Bélxica, Irlanda, Dinamarca, Finlandia, Francia (agás Córsega), Suecia... De feito, ficamos a 18,4 puntos da media europea, que é de 55 puntos, e temos agora peor puntuación que no 2010, cando Bruxelas nos valorou cun 45 sobre 100. Deberiamos preocuparnos? Deberiamos, responden economistas e analistas. \"Nos últimos anos a economía galega deslizouse a actividades e sectores de feble medre produtivo\" e que \"lastran a competitividade da nosa economía\", opina Francisco González, economista. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 241, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_17394", "summary": "O xuíz Andreu terá de reabrir a investigación contra os 7 deputados de Amaiur e o parlamentar de ERC Joan Tardá por participaren en Xaneiro de 2012 nun acto a prol da liberdade de Arnaldo Otegi.", "text": "No seu momento, os deputados de Amaiur e o parlamentar de ERC Jordi Tardá foron denunciados por un presunto delito de enaltecimento do terrorismo no que terían incorrido, a xuízo de Dignidad y Justicia, por teren participado nun acto a prol da liberdade de Otegi, que se realizou diante da prisión de Logroño na que se acha encarcerado o líder abertzale. O xuíz Andreu non viu relevancia penal nos feitos denunciados e resolveu arquivar a denuncia. Dignidad y Justicia recorreu o arquivo perante a Audiencia Nacional e agora o tribunal central criado polo Estado para perseguir actos terroristas resolve en sentido favorábel á entidade demandante, ordenando ao xuíz Andreu que reabra a investigación. A xuízo da Audiencia Nacional, si existe \"certo grao de relevancia penal\" nos feitos obxecto de denuncia. Este tribunal especial reproba ao xuíz que procedese ao arquivo da causa tomando como base exclusivamente un informe policial e sen ter investigado realmente todos os pormenores do suceso. A AN xulga que os factos deben ser investigados porque, entre outros aspectos, algúns dos participantes na manifestación en solidariedade con Otegi se referiron a este como un \"heroe\", a pesar de que, afirma o tribunal, está encadeado por actos terroristas (sic). O tribunal xulga tamén perseguíbel pola xustiza que no comunicado lido perante a prisión de Logroño se manifestase que Otegi leva 387 días \"secuestrado\" polo Estado español sen máis delito, argüían os concentrados en apoio ao preso político basco, que o de \"promover e pular polo actual escenario en que está inmersa toda a sociedade vasta\". \"O PP non fai senón obstaculizar o proceso de paz\"Desde Amaiur, o deputado no Congreso español Mikel Errekondo saiu ao paso do anuncio da Audiencia Nacional e criticou a decisión adoptada polo tribunal. \"A quen vén isto agora?\" se preguntou o parlamentar ao tempo que expresou o seu \"temor\" perante os sectores \"máis ultras\" do Partido Popular aos que acusou de quereren \"obstaculizar calquera paso\" cara á normalización política en Euskal Herria. Errekondo asegurou que detrás da reapertura da investigación o PP podería procurar \"desviar a atención para tapar os problemas que ten en materia económica e sobre todo\", salientou o deputado de Amaiur \"en materia de corrupción\". Imaxe capa: Jagoba MANTEROLAARGAZKI PRESS"}
{"ID": "NOS_49337", "summary": "O Consello Político Nacional de CxG reitera a oferta de alianza electoral a unha Anova que se atopa en pleno debate das súas asembleas sobre qué postura ter ante o 21-O", "text": "O Consello Político Nacionald e Compromiso por Galicia ven de reiterar neste 1 de setembro a Anova a súa proposta de concorrer aos comicios do 21 de outubro baixo unha fórmula de colación electoral. O vindeiro domingo, 9 de setembro, sería a data proposta desde CxG para realizar as primarias \"abertas á cidadanía\" nas cales escoller aos e ás cabezas de lista das provincias e, posteiormente, ao ou á candidata á Xunta da Galiza. Para Xoán Bascuas, de Compromiso, entre ambas as dúas forzas deberían de se sumar esforzos de cara a constituir unha oferta electoral \"nidiamente galega e progresista\". A situación que estamosa vivir, segundo o líder de Compromiso, require de respostas \"audaces\", que permitan unha alternativa realista ao Partido Popular de Núñez Feijóo á vez que posibilitar \"un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País\". Do mesmo xeito, Bascuas asegura que é necesario un programa de mínimos de defensa \"do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e que axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos\"."}
{"ID": "PRAZA_4376", "summary": "Os integrantes da coalición sinalan que na vindeira semana elixirán listas e candidatura á Xunta", "text": "A pasada semana, o 70% das 200 persoas inscritas en En Marea que participaron no proceso votaron a prol de revogar a decisión de non presentarse ás eleccións galegas adoptada ante a convocatoria do 5 de abril e si concorrer o vindeiro 12 de xullo, pero en coalición. Tras esa votación, a formación pechou un acordo con Compromiso con Galicia e o Partido Galeguista para coligárense e, tras rexistráreno, este sábado presentárono á prensa dando a coñecer tamén a súa marca electoral, Marea Galeguista.Os integrantes da coalición sinalan que na vindeira semana elixirán listas e candidatura á XuntaAínda sen listas nin designación de candidatura á Presidencia da Xunta -farano a vindeira semana, especifica-, a formación din ter vontade de ser \"decisiva\" e interpreta que esa é a \"demanda\" da cidadanía, en verbas dun dos actuais voceiros de En Marea, Pancho Casal. Casal foi o encargado de rubricar o acordo, nun acto ante o Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval, en Santiago, xunto a Juan Carlos Piñeiro (CxG) e Francisco López Chesqui (PG).O acordo de vinte puntos entre os tres partidos, sinalan, parte da base da súa vontade de presentarse aos comicios no marco dunha \"nova normalidade\" tras a pandemia do coronavirus que \"debe ser unha oportunidade para mellorar a calidade de vida das galegas e galegos\". O seu, aseguran, é un proxecto \"nacional, galego, aberto e inclusivo\" que non se define por ser de \"esquerda\" ou \"dereita\", senón polo seu perfil \"nacional\".Entre as súas prioridades, indican, están a abordaxe \"das emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia\" e pular por unha \"Galicia feminista, ecolóxica e descarbonizada, na que se priorice a soberanía enerxética e alimentaria do país, construída desde o local, a través da defensa e reforzo das competencias, recursos e autonomía das administracións municipais\"Nas europeas de 2019, EM e CxG sumaron o 1,50% dos votos; nas xerais de novembro dese ano EM decidiu non presentarse para \"non contribuír á atomización as forzas progresistas\" e CxG chegara a un acordo co BNG\"Un empresariado galego comprometido co país\", \"un modelo laboral para unha vida digna\" ou a \"xustiza fiscal\" son algúns dos aspectos do acordo rubricado por unha opción electoral da que resta coñecer se será ou non considerada pola Xunta Electoral como herdeira da En Marea que, como partido, concorreu aos comicios de 2016 con Luís Villares como aspirante á Presidencia. Desa consideración dependen aspectos como que Marea Galeguista goce da segunda posición tras o PP no espazos electorais dos medios públicos ou teña asegurado un posto nos debates electorais que se celebren na CRTVG.Resta coñecer se MG será ou non quen de superar o limiar do 5% dos votos nalgunha das catro circunscricións galegas e, de non facelo, cal será o efecto da súa concorrencia na representación no resto de forzas coas que potencialmente compiten. Nas últimas eleccións ás que se presentaron tanto En Marea como CxG, as europeas do pasado 2019, a formación daquela liderada por Villares obtivera 15.375 votos (1,05% no global galego) e Compromiso, 6.492 sufraxios (0,45%). Nos seguintes comicios, as xerais do 10 de novembro daquel ano, En Marea decidiu non presentarse \"para non contribuír á atomización das forzas progresistas\" e CxG chegara a un acordo co BNG."}
{"ID": "PRAZA_18674", "summary": "A acción serve de anticipo ao Día de acción Global contra o carbón, que este sábado buscará chamar a atención sobre a necesidade de abandonar este combustible fósil, responsable dunha parte importante das emisións de CO2 e do cambio climático. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón convoca unha concentración nas Pontes. ENTREVISTA | \"O peche planificado das centrais de Meirama e As Pontes é a única forma de salvar os empregos\"", "text": "ENTREVISTA | \"O peche planificado das centrais de Meirama e As Pontes é a única forma de salvar os empregos\" Un grupo de activistas de Greenpeace escalou na mañá deste venres á torre de refrixeración da Central Térmica de Meirama para á chamar a atención sobre a necesidade de abandonar a queima de carbón para a produción de electricidade. A acción serve de anticipo ao Día de acción Global contra o carbón, que terá lugar este sábado cunha vintena de mobilizacións en todo o Estado, incluíndo unha concentración nas Pontes (11.30, na Praza Poeta Uxía Novoneyra), convocada pola plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón. O luns comezará en Polonia a Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático (COP24). Este sábado está convocada unha concentración nas Pontes para pedir o peche da central Os escaladores e escaladoras accederon de forma pacífica ao recinto propiedade de Naturgy e ascenderon pola torre coa intención de realizar un gran debuxo dunha fenda \"que simboliza a situación da industria da queima de carbón e poñer de manifesto a necesidade de dar paso a un sistema 100% renovable\". Outro grupo ocupou a zona de descarga de carbón. Activistas de Greenpeace entrando na Central de Meirama As Pontes é a 29ª central máis contaminante de Europa e Meirama a número 64 Meirama (situada no concello de Cerceda) é a central térmica máis contaminante de Naturgy e ocupa o posto 64 en emisións contaminantes das 266 centrais analizadas en Europa polo informe da plataforma Europe Beyond Coal. Greenpeace esíxelle ao Goberno central que estableza \"un calendario para o abandono de todas as enerxías sucias e a súa substitución por enerxías renovables\", de forma que as centrais nucleares \"pechen a medida que vaian finalizando as súas actuais licenzas de explotación\" e se estableza o ano 2025 como data límite para o peche das centrais térmicas de carbón. \"É hora de que Naturgy asuma un compromiso urxente e real na loita contra o cambio climático e a transición enerxética e anuncie que non investirá en alargar a vida das súas térmicas de carbón e que polo tanto pecharaas no ano 2020 como moi tarde\", declarou Tatiana Nuño, responsable da campaña de cambio climático de Greenpeace. Galicia é un dos territorios europeos máis afectados polo cambio climático, como se viu na última vaga de incendios Un informe presentado este venres pola Fundación Ecología y Desarrollo (ECODES) destaca que Galicia é un dos territorios europeos máis afectados polo cambio climático, uns efectos que xa se están deixando notar en vagas de incendios cada vez máis difíciles de conter, como vimos no outono do pasado ano. Os cambios nos réximes de precipitacións están a provocar danos tamén en determinados cultivos. Activistas de Greenpeace na Central de Meirama A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón alerta de que as centrais de As Pontes e Meirama provocaron 143 mortes prematuras durante 2016. Ademais, foron responsables de 5.000 casos de síntomas de asma en nenos e nenas, de 106 novos casos de bronquite crónica e de 117 ingresos hospitalarios por problemas respiratorios e cardiovasculares. Os custos sanitarios por causa dos ingresos hospitalarios e máis da perda de 52.000 días de traballo estimáronse en ata 430 millóns de euros. \"Non somos conscientes das implicacións que ten para nós como país manter estas dúas térmicas abertas, os problemas directos para a saúde que provocan e os efectos xerais para o medio ambiente\", destacaba en conversa con Praza Manoel Santos, coordinador de Greenpeace Galicia. As Pontes e Meirama provocaron 5.000 casos de síntomas de asma en 2016 e custos sanitarios valorados en 430 millóns de euros A térmica das Pontes é a 29ª central máis contaminante de Europa. As centrais de carbón son a maior fonte emisora de gases causantes de cambio climático en Galicia, achegando un terzo das emisións totais nos últimos anos. O peche de Meirama en xuño de 2020 é inevitable, pois non realizou ningún tipo de adaptación para limitar as súas emisións de SO2, NOX e partículas. Actualmente Endesa está a realizar investimentos para adaptar a súa central das Pontes aos límites de emisións á atmosfera máis estritos marcados pola normativa europea vixente, para o cal conseguiu unha prórroga de catro anos e medio, ata o ano 2025. Porén, isto non reducirá as súas emisións de CO2. A plataforma esixe o peche de Meirama no ano 2020 e da central de Endesa nas Pontese no ano 2025 como moi tarde, e un plan para os traballadores/as afectadas e para as comarcas nas que se sitúan as dúas instalacións. Central Térmica de Meirama | Greenpeace"}
{"ID": "PRAZA_19178", "summary": "A entrada en vigor en xuño da reforma da lei do Rexistro Civil deixará sen efecto o regulamento que lexitima a prevalencia do apelido do varón. Agora, antepoñer o apelido da muller require a autorización de ambos proxenitores, algo que non ocorre co do home.", "text": "Primeiro o apelido do pai, despois o da nai. A inercia e a tradición patriarcal seguen en 2017 presentes na lei a través dunha norma que fai prevalecer o apelido do home sobre o da muller á hora de inscribir un fillo ou unha filla. Unha discriminación formal á que a entrada en vigor da nova lei do Rexistro Civil porá fin o próximo mes de xuño despois de pospoñer seis anos a súa posta en marcha. Poñer o apelido da nai en primeiro lugar non é unha imposibilidade, pero si é algo suxeito a máis esixencias que ao contrario, dando por feito que o primeiro debe de ser o do home. O Código Civil prevé a posibilidade de que ambos \"de común acordo\" decidan \"a orde de transmisión do seu respectivo primeiro apelido, antes da inscrición rexistral\". Na actualidade, poñer diante o apelido da nai require a autorización de ambos proxenitores, algo que non ocorre se o do pai vai primeiro Con todo, \"se non se exercita esta opción, rexerá o disposto na lei\". O disposto na lei é o regulamento no que se fai patente a predominancia masculina e o que invalidará a lei que entra en vigor nos próximos meses, aprobada en 2011. \"O primeiro apelido dun español é o primeiro do pai e segundo apelido o primeiro dos persoais da nai, aínda que sexa estranxeira\", especifica. Este enguedello lexislativo conduce a que, na práctica, \"faga falta a autorización de ambos os dous proxenitores no caso de que se queira poñer o apelido da nai primeiro. Non ocorre así cando é ao revés\", sinala un empregado do Rexistro Civil en Madrid. Por iso, Teguayco e a súa parella Marta non puideron poñelle primeiro o apelido dela á súa filla, que naceu en Santa Cruz de Tenerife. A nai tivo que quedar ingresada e cando Teguayco acudiu á oficina do centro médico -agora permítese inscribir aos bebés nalgúns hospitais nun prazo de 72 horas- dixéronlle que a única alternativa era presentar unha declaración de ambos. Noutros casos, inscribindo o bebé nas propias oficinas do Rexistro Civil, pode pedirse que a nai acuda directamente a mostrar o seu consentimento. 3.000 primeiros apelidos maternos en 2016 Os rexistros oficiais contabilizan 3.000 peticións de anteposición do apelido materno en 2016 no Estado, segundo datos facilitados polo Ministerio de Xustiza. O que comparado co número de nacementos que se producen ao ano en España -420.000 en 2015- conclúe que o número de familias que acceden a esta opción é mínimo. \"Creo que pesa moito aínda a cultura que temos. É algo que quizais podería ser mal visto nalgunhas familias paternas\", opina Lourdes Jiménez, avogada experta en Dereito de Familia. Tan só 3.000 parellas pediron antepoñer o apelido materno durante 2016 no Estado \"É un trámite molesto porque se esixe un requisito extra. Pero en casos como o noso é un impedimento importante, xa que coa nai ingresada perder tempo buscando un computador para redactar unha declaración e facer que Marta a asinase non era algo que me apetecese moito. Ademais, nin tan sequera sei se era posible facelo eu mesmo. En principio este tipo de declaracións hai que asinalas presencialmente ou facelo ante notario. Ambas as opcións eran inviables dada a situación\", explica. O prazo para inscribir un fillo ou unha filla no Rexistro Civil é de oito días que se poden ampliar a 30 por causas xustificadas. \"Se a muller está enferma ou ingresada pódese presentar un documento do hospital e pódese pór a orde que se queira aínda que vaia só un dos proxenitores\", aseguran fontes do Rexistro Civil. Pero o descoñecemento e a falta de información claras fai que unha posibilidade que se permite desde 1999 non fose unha opción para Teguayco, que afirma ter claro desde o principio pór o apelido materno en primeiro lugar porque lles facía ilusión pensar que este pequeno detalle puidese servir para cambiar un pouco as cousas. \"Sabemos que pode ser un detalle insignificante, pero queriamos que o mundo no que vivise a nosa filla fose un pouco máis igualitario e que non había mellor forma de facelo que deixándolle claro que as mulleres non teñen por que ir en segundo lugar\". Así será a reforma da lei A partir de xuño deste ano a reforma da lei do Rexistro Civil, cuxo preámbulo fai referencia a que a norma \"prescinde da histórica prevalencia do apelido paterno\" co fin \"de avanzar na igualdade de xénero\", fará que ambos os proxenitores se poñan de acordo e asinen un documento de autorización -queiran pór o apelido dela ou del en primeiro lugar- que pode remitir ao rexistro calquera deles\", aseguran fontes do Ministerio de Xustiza. A reforma da lei do Rexistro Civil aclara que se \"prescinde da histórica prevalencia do apelido paterno\" co fin \"de avanzar na igualdade de xénero\" No caso de que non se poñan de acordo ou cando non se indicou a orde dos apelidos, o encargado do Rexistro Civil requirirá aos proxenitores para que en tres días o comunique. Se non ocorre así, \"o encargado acordará a orde dos apelidos atendendo ao interese superior do menor\". Isto é: evitar malsonancias ao combinar o apelido co nome, carácter común ou non do apelido, por orde alfabética ou sorteo, aclara Xustiza. A partir de xuño, ambos os dous proxenitores teñan que poñerse de acordo e asinar un documento para elixir a orde dos apelidos A xuíza da Asociación de Mulleres Juezas Lucía Avilés celebra que o cambio estea a piques de producirse porque esta \"é unha forma de manter a posición privilexiada do pai de familia e, de feito, a reforma chega moi tarde. Este é un dos supostos do Dereito no que se mantén a prevalencia do xénero masculino por razóns que non se plasman na lei, é dicir, son argumentos extraxurídicos, ideolóxicos\", afirma. A maxistrada apunta á cautela porque haberá que esperar ao regulamento que desenvolverá a lei e no que xa está a traballar o Ministerio de Xustiza. A Avilés preocúpalle que \"o interese superior do menor\" sexa unha forma de \"abandonarse á inercia constante de pór primeiro o do pai. Algo así como 'se se fixo toda a vida é o que máis cómpre'\"."}
{"ID": "NOS_31730", "summary": "O actual rexedor de Palas de Rei, Pablo Taboada, posúe 5% das accións da empresa eólica Breotecnia SA, promotora de diferentes proxectos por todo o país a través desta firma e das sociedades do mesmo grupo Aventoa SL e Galenergy SL. Aliás, o alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, é propietario xunto a outros membros da súa familia de Renovables San Martiño SL.", "text": "A enerxía eólica tense consolidado nos últimos anos como un dos negocios máis prósperos no país. Ao remate de 2020, Galiza contaba cunha potencia instalada de 3.829 megawatts (MW), e estanse a tramitar até 131 novos parques eólicos que, de se autorizar, sumarían 10.000 MW á rede eléctrica procedente da forza do vento. A fin de fomentar a implantación destas infraestruturas no territorio, o PPdeG impulsou no Parlamento o pasado mes de febreiro a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, co voto en contra de PSdeG e BNG. O texto, entre outras cuestións, reduce a tramitación para aprobar un parque eólico de 23 a 12 meses, e o prazo para consultar o expediente e realizar alegacións de 30 a 15 días. Este proxecto de lei foi criticado pola oposición por ser presentado con \"carácter de urxencia\" para, en palabras do grupo socialista, \"evitar a súa exposición pública\". Entre os proxectos que se atopan en fase de tramitación actualmente cómpre salientar os catro que agarda pór en funcionamento entre 2022 e 2024 a sociedade Galenergy SL: Maxal (situado nos termos municipais de Chantada, Rodeiro e Taboada), Feás (Aranga e Coirós), Fontella (Aranga e Oza-Cesuras) e Seselle (Oza-Cesuras), todos eles sometidos a información pública recentemente e demandantes da declaración de utilidade pública dos terreos afectados a fin de autorizar a \"necesidade urxente de ocupación\" dos mesmos. Precisamente sobre esta cuestión alertou en numerosas ocasións o Observatorio Eólico da Galiza (Oega), xa que, a raíz da aprobación en 2017 da Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais (coñecida popularmente como 'Lei de Depredación'), as empresas promotoras non están obrigadas a xustificar os motivos polos que non negociaron coa veciñanza propietaria dos terreos e poden acudir directamente á vía da expropiación. O recoñecemento da utilidade pública depende da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta da Galiza, e, segundo advirte o Oega, a lexislación vixente estabelece a \"prevalencia absoluta\" dunha instalación eléctrica sobre os intereses do monte en man común. Os vínculos de Galenergy Galenergy SL é unha filial de Breotecnia SA, que en 2010 fora adxudicataria do parque eólico Prado Vello (proxectado en Rodeiro, Chantada e Taboada), no polémico concurso impulsado por Alberto Núñez Feixoo que distribuíu até 2.325 MW en dez zonas e que fora anulado polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) en 2016 por \"irregularidades\" no procedemento. Porén, dous anos despois, o Supremo resolveu favorabelmente o recurso presentado polo Goberno galego e inhabilitou unicamente a adxudicación dos proxectos da 'zona 7'. Actualmente o parque eólico Prado Vello conta cun informe de impacto ambiental positivo por parte das autoridades competentes da Xunta. Segundo consta na súa declaración de bens e rendas no portal de transparencia da Deputación de Lugo, o actual alcalde de Palas de Rei e deputado provincial do Partido Popular, Pablo Taboada, é accionista de Breotecnia SA cunha participación de 5%, que ten un valor económico de 30.000 euros. Ao mesmo grupo empresarial pertence a eólica Aventoa SL, que en 2016 recibiu un informe de impacto ambiental favorábel para a construción do parque eólico Monte do Marco, proxectado, precisamente nos municipios de Palas de Rei e Monterroso. Con todo, a día de hoxe aínda non está prevista a súa posta en funcionamento. Dozón e a familia Campos Do mesmo concurso de 2010 saíra beneficiada a sociedade Renovables San Martiño SL, cuxo parque, denominado Tenzas do Aire, está proxectado en terreos de Rodeiro e Lalín e conta desde 2015 coa aprobación do Consello da Xunta. Esta empresa é propiedade da familia Campos, que durante as últimas tres décadas ostentou a alcaldía de Dozón (até 2020 da man de Adolfo Campos Panadeiros e desde entón co seu fillo e ex tenente de alcalde, Adolfo Campos Vázquez, no cargo). Segundo reflicte o Rexistro Mercantil con datos de decembro de 2019, Renovables San Martiño está participada por toda a familia: un 35% das accións pertence a Ovidio Campos e Hijos SL (cuxo administrador único é David Campos Cortés, curmán do actual rexedor de Dozón e vicepresidente da Asociación de Empresarios do Deza —AED—); outro 35%, a Adolfo Campos Investimentos SL (sociedade do propio alcalde); 20%, a Hermanos Tratante SL (socio único de Avícola Tratante SL, propiedade de Alejandro Campos Vázquez, irmán do mandatario e ex presidente da AED), e o 10% restante, a Nutrimentos del Campo SA (de Adolfo Campos Panadeiros). Esta última sociedade estivo baixo sospeita en 2015 no marco da Operación Qatedra, que investigaba unha trama presuntamente dedicada ao cobro fraudulento de subvencións da Xunta e a Unión Europea para organizar cursos de formación que, segundo a acusación, non se terían realizado. O rexedor no momento, Campos Panadeiros; o seu fillo e daquela concelleiro, Campos Vázquez, e o curmá deste, Campos Cortés, foran detidos polos supostos delitos de estafa, falsificación e fraude. Porén, os tres empresarios foron absoltos dos cargos en 2019 por falta de probas. Conexións con Greenalia Tamén en 2010 recibira boa parte do pastel a construtora Taboada y Ramos SL (a través da filial Aerogeneración Galicia SL), propiedade do ex edil de Alianza Popular en Silleda (en 1987) Manuel Taboada Gómez. A súa estreita relación co conselleiro de Fraga Xosé Cuíña levantara sospeitas en 1995 ao proceder \"perto de 60%\" da súa facturación de obras promovidas pola Administración, segundo el mesmo recoñecera. No concurso eólico de 2010 recibira unha concesión de explotación de 100 MW nos parques de Valdepereira (Lalín e O Irixo) e Pico Seco (Lalín, Dozón e O Irixo). Taboada y Ramos tamén impulsou os parques eólicos de Monte do Cordal (Friol) e Ourol (no mesmo municipio, xa en funcionamento), cuxa titularidade traspasou en 2018 a Greenalia SA, empresa da que é directiva a ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato. Sobre o caso de Ourol, este xornal fixo público en abril que a asociación veciñal constituída para negociar con Greenalia a venta dos terreos, Ventos Milleiro, está presidida por José Hermida Corbelle, edil desde 2019 polo PP após concorrer nos anteriores comicios como número dous de Compromiso por Galicia."}
{"ID": "NOS_1622", "summary": "De refrendarse o preacordo, desconvocaríase o paro parcial previsto para o vindeiro 27 de abril e as xornadas de folga do 1 e o 2 de maio.", "text": "O Comité Intercentros da Corporación de Radio Televisión da Galiza (CRTVG) vén de desconvocar o paro parcial de media xornada que estaba previsto para esta cuarta feira 20 de abril. As traballadoras do ente público convocaran este paro en defensa da consolidación de todo o emprego temporal e contra os despedimentos que se derivarían dunha oferta de estabilización de emprego público, que, segundo denuncian os sindicatos, é \"insuficiente\". 200 venres negros na CRTVG denunciando a manipulación informativa e a censura A representación do persoal tomou esta decisión para someter a referendo das asembleas dos cadro de persoal unha última proposta que se preacordou esta mañá coa dirección de recursos humanos, e que só se asinará no caso de se aprobar polo cadro de persoal en asembleas. O Comité Intercentros, \"por unanimidade\", afirma que a proposta alcanzada (269 prazas, das que 254 se ofertarían por concurso de méritos e 15 por concurso de oposición) suporía a estabilización do emprego de \"boa parte do persoal temporal de moi longa duración\" e \"reduciría os ceses previstos en anteriores propostas empresariais\". Acordo mínimo Nunha nota de prensa enviada aos medios, as traballadoras afirman que, \"ante a imposibilidade de conseguir na mesa de negociación unha consolidación do cen por cento dos afectados e afectadas\", o Comité Intercentros \"arrincoulle\" á dirección de recursos humanos o compromiso de que procurará, para as traballadoras que poidan resultar cesadas, solucións que permitan a súa continuidade laboral. As asembleas terán lugar na quinta feira. Serán presenciais ás tres da tarde para o persoal de San Marcos, e ás cinco, telemáticas, para o persoal das delegación territoriais e da quenda de fin de semana. O persoal da CRTVG, en folga: estes son os motivos De refrendarse o preacordo, desconvocaríase o paro parcial previsto para o vindeiro 27 de abril e as xornadas de folga do 1 e o 2 de maio."}
{"ID": "NOS_18586", "summary": "Hoxe estou en Dublín. Como cada vez que estou por estas terras, penso tamén na Galiza. Dublín conserva aínda nas súas rúas esa forza que a fixo erguerse.", "text": "En plenas festas de Nadal, está chea de turistas e música por todas partes. En cada pub, un cantautor, unha banda facendo versións ou un grupo tocando música tradicional. Está claro que aquí saben o que funciona. Levan anos demostrando que a música é un ben nacional, que dá emprego e que ademais fomenta a cultura. Misturas EP | Baiuca , 2019 | 7 euros Na Galiza, porén, a pesar de ter capacidade e talento, non somos quen de construír un circuíto musical similar ao que hai aquí. Levamos anos arrastrando unha precaria situación na escena da que non damos saído. Só temos un espellismo dun pasado 'glorioso' con bandas internacionais das que hoxe en día só quedan as cinsas. A escena musical apenas se está rexenerando e o público é cada vez menos crítico coa música que escoita en directo. Durante estes días que estiven en Irlanda, e fixen a típica visita de pubs variados, en ningún sitio soaba trap ou reggaetón. Iso xa da que pensar. Para que iso ocorra, é importante que nós como público tamén esixamos calidade. Non debería valer calquera discurso que estea de moda. Parece que todo o que sae nas redes ten credibilidade, ten éxito, e por tanto, asimilamos que tamén ten calidade. Erro. Ese é o principal obxectivo do pensamento consumista, o que din as redes ten que ir a misa. Se realmente queremos unha escena de calidade, é importante que saibamos que moitos xestos pequenos poden conformar un gran cambio, e que se acudimos apoiar as nosas músicas, tamén debemos buscar que haxa un mínimo de autenticidade. Hai un caso especialmente enxeñoso que merece a pena destacar: Baiuca. Aínda estás a tempo de escoitalo. Baiuca representa moi ben o cambio, a rexeneración da escena e o respecto polas nosas músicas. Baiuca foi facendo un oco pouquiño a pouco, e con moito xeito conseguiu unha mestura fermosa do tradicional coa electrónica, enchendo teatros fóra do país. É tan necesario dicir quen somos e recordar de onde vimos. É tan necesario sentir orgullo das nosas músicas. Non por nós mesmas, senón polas que virán despois. En Baiuca atopamos o antigo e o actual e podemos ver e escoitar instrumentistas de calidade. E fala de nós, e leva as nosas música de viaxe e retornan cun aire distinto. Como Baiuca hai tamén outras propostas, pero que seguramente non levarán subvención ou grande apoio mediático, temos que ser nós como público quen apoie estes grupos, só temos que afinar o olfacto e ser críticas. E non falo de nada novo, só estou en Dublín pensando na Galiza."}
{"ID": "NOS_46731", "summary": "Permitiu esta actividade malia non estar autorizada até a Fase 2.", "text": "Unha iniciativa presentada no Senado pide censurar a Xunta pola súa \"decisión unilateral\" de autorizar a pesca nos ríos cando, por mor da pandemia do coronavirus, esta actividade non está permitida até a Fase II do proceso de desconfinamento. A iniciativa está presentada pola denominada Esquerda Confederal, que integran Catalunya en Comú-Podem, Máis Madrid, Geroa Bai, Més por Mallorca, Compromís e Adelante Andalucía. Reclaman \"accións contra cargos públicos da Xunta\" pola súa actitude xa que o Goberno español \"deixou claro\" o sábado que nin sequera pesca o deporte ou a caza poderán reiniciarse antes da Fase 2, se ben o ministro de Sanidade, Salvador Illa, indicou que estudarán a súa inclusión na Fase 1. Estes grupos queren censurar a actitude da Xunta \"con carácter de urxencia\", xa que o Goberno galego a través do Ministerio da Consellaría de Ambiente galego autorizou a pesca deportiva. En concreto, preguntan no Senado se o Goberno español vai tomar \"algunha medida para evitar que estas interpretacións se traduzan en permisos de actividades vetadas ata a Fase 2\", e se o executivo central sabe que estas interpretacións nesgadas \"poden supoñer. multas para persoas que só cumprirían coas consideracións dun goberno como a Xunta\". Denuncian, aliás, que a Xunta pon o seu interese particular e electoral \"por diante do interese xeral\" para superar a pandemia de coronavirus. Adega, Ríos con Vida e a Federación Galega de Pesca presentaron a finais da semana pasada un escrito ante a Delegación do Goberno na Galiza para que \"estude e confirme a legalidade e a competencia da apertura xeralizada da pesca fluvial\", acordada polo Goberno galego o pasado 5 de maio por resolución de Vicepresidencia e da Consellaría de Presidencia. Tras ter sido suspendida a pesca recreativa do 15 de marzo ao 5 de maio, a Xunta restabeleceu o seu exercicio \"sen cumprir o plan de desconfinamento acordado polo Consello de Ministros do pasado 28 de abril, polo cal a volta desta actividade está prevista para o 25 de maio. Este acordo autonómico contradí incluso a propia actividade da Xunta en canto ás súas propostas ao Goberno español sobre as distintas fases do desconfinamento\", denunciaban."}
{"ID": "NOS_55835", "summary": "A incidencia acumulada a 14 días na Galiza é de 98 casos por cada 100.000 habitantes. Unha ratio que se supera nas franxas de idade máis novas, consecuencia de que aínda estean sen vacinar.", "text": "O Ministerio de Sanidade vén de publicar a incidencia da Covid-19 nos diferentes territorios do Estado segundo as franxas de idade. Unha información que permite ter unha radiografía de como o SARS-CoV-2 afecta os diferentes tramos de idade na Galiza, observando profundas diferenzas, que teñen a ver co propio proceso de vacinación: aqueles grupos que xa teñen a pauta completa da vacina contra este coronavirus rexistran baixos niveis de incidencia. E ao contrario, onde aínda non se vacinou, a incidencia da Covid é, loxicamente, maior. Na Galiza a incidencia acumulada (IA) a 14 días é de 98 casos por cada 100.000 habitantes. Un número moi inferior á media que se rexistra no Estado español, onde está en 225. Esta dinámica reprodúcese en toda a comparativa: en todos os tramos, a incidencia é menor na Galiza que no resto do Estado. Porén, esa incidencia a 14 días é superior á que se rexistraba a finais de xuño, cando a IA era de 54 casos por 100.000 habitantes na Galiza e agora é de perto de 100. Os tramos de idade con maior incidencia acumulada son os de 12 a 19 anos (294 casos por cada 100.000 habitantes) e a de 20 a 29 (293). Nestas dúas franxas triplícase a media galega. Son, lembremos, tramos de idade onde aínda non se desenvolveu a vacinación, situación na que tamén están os menores de 11 anos, onde a IA acumulada a 14 días é de 90 casos, por baixo da media. No tramo de 30 a 39 a IA é de 146 – por riba da media-. Este colectivo está a ser vacinado nestes días. De 40 a 49 é de 88, xa por baixo da media. E a medida que imos avanzando nos tramos de idades máis avanzadas, a incidencia vai minguando, efecto palpábel do que supón o proceso de vacinación: De 50 a 59 anos a incidencia é de 41; de 26 é na de 60 a 69; entre 70 e 79 está en 17 casos e por riba de 80, en 33; a incidencia máis baixa en todos os tramos de idade."}
{"ID": "PRAZA_351", "summary": "A plataforma galega de afectados por esta enfermidade pídelles que aclaren \"publicamente\" se avalan os criterios do seu grupo e do Ministerio de Sanidade e revela novos casos graves de persoas afectadas por esta doenza.", "text": "A plataforma galega de Afectados pola Hepatite C cumpriu a súa promesa e, logo de que a conselleira se negase a revelar o nome dos membros da subcomisión queu decide quen recibe os medicamentos necesarios para a doenza, compareceu este sábado para facelo e para denunciar tamén novos e graves casos de enfermos no país aos que lles denegaron as menciñas malia terse agravado a enfermidade. O colectivo pide que estes membros digan \"publicamente\" se avalan os criterios seguidos polo Ministerio e pola súa propia comisión. O colectivo pídelles aos membros da comisión que aclaren se avalan os criterios que seguen para facilitar os medicamentos Son casos como os de José Francisco Sáinz ou Isolina Sánchez, esta última falecida esta semana despois de pedir os fármacos en agosto e tras serlle concedidos o pasado mes. Logo de que a plataforma amosase a súa desesperación no Parlamento, incluídos familiares dos falecidos, varios dos seus membros explicaron este sábado novos casos, como o de Eugenio Leira, que con dous transplantes denunciou que xa solicitou hai máis dun ano novos tratamentos para a hepatite C e que lle foron autorizados, malia que nunca os recibiu. A súa situación empeorou e tivo que ser transplantado de fígado. \"Tes o medicamento diante da cara e non cho dan... Iso é un suplicio, como se estás morrendo de sede e tes auga a un metro e non cha levan; se morro é un asasinato\", asegurou. A plataforma insiste en pedir transparencia na xestión desta doenza e coñecer o número exacto de pacientes con hepatite C en Galicia, así como o grao no que se atopa a enfermidade en cada un deles. Do mesmo xeito, reclaman que se aclare en que situación se atopan as solicitudes para poder accedor aos novos tratamentos. A plataforma reclama transparencia na xestión da hepatite C que se aclare o grao no que se atopa a enfermidade en cada paciente Ademais, cumpriron coa súa advertencia e fixeron públicos os nomes dos nove integrantes da subcomisión que decide quen recibe o tratamento. Entre eles hai responsables da Consellería de Sanidade, como o director xeral de Asistencia Sanitaria, farmacéuticos, médicos do servizo dixestivo de varios hospitais ou especialistas en enfermidades infecciosas ou trasplantes. A conselleira asegurara que non facía públicos os nomes para \"protexelos de toda presión externa\". Na lista hai médicos, farmacéuticos e políticos. En concreto, forman esta subcomisión o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Ruibal; a subdirectora xeral de Farmacia do Sergas, Carolina González Criado; o xefe do Servizo Dixestivo do CHUAC, Juan Turnes; Ignacio Martín Granizo, médico do Servizo Dixestivo do CHUVIi; Santiago Tomé Martínez, outro médico do Servizo de Medicina Interna do CHUS e membro da unidade de Patoloxía e Transplante Hepático de Galicia; Francisco Suárez López, médico do Servizo Dixestivo do CHUAC; Ángeles Castro Iglesias, profesora titular da Facultade de Ciencias da UdC e médico especialista en enfermidades infecciosas; Luis Margusino, farmacéutico hospitalario do CHUAC; e José Antonio Valcárcel Nogueira, do servizo de Calidade e Seguridade en meciamentos e produtos sanitarios, do servizo xeral de Farmacia e da dirección xeral de Asistencia Sanitaria. A plataforma di non cuestionar o traballo como médicos dos membros desta subcomisión, pero advirte que non actúan como tales neste órgano, polo que lles reclamou queu aclaren se están de acordo cos criterios do Ministerio de Sanidade ou se é normal queu persoas con cirrose xa avanzada non debería recibir o tratamento. Ademais, a Plataforma de Afectados pola Hepatite C a nivel estatal presentou unha querela ante o Tribunal Supremo contra o ministerio de Sanidade, Alfonso Alonso, e contra Ana Mato, que o precedeu no cargo,e na que se fai referencia a delitos de lesións e de homicidios por restrinxir o acceso ao medicamento. Enfermos revelan los miembros de la subcomisión de hepatitis C >> HABERÁ AMPLIACIÓN"}
{"ID": "NOS_39594", "summary": "Todas as formacións políticas deasconvocaron as manifestacións e actos con motivo do Día da Patria galega", "text": "BNG, NÓS-UP, Anova, CxG, Causa Galiza, PSdeG e Esquerda Unida A Coruña cancelan os actos de conmemoración programados para esta quinta feira co gallo do Día da Patria. As organizacións políticas amosaron o seu pesar pol@s falecid@s e trasladaron as súas condolencias ás familias das vítimas."}
{"ID": "PRAZA_10351", "summary": "Foi autorizado pola Dirección Xeral de Costas en 1998 e en 2004 a PDRA mobilizouse contra o vertido de 1,3 millóns de metros cúbicos de lodos procedentes da dragaxe do Porto de Vilagarcía. A entidade reclama a súa clausura como vertedoiro.", "text": "Nos últimos días a Ría de Arousa está a mobilizarse contra a posibilidade de que a Xunta escolla as proximidades da Illa de Sálvora como destino dos 330.000 metros cúbicos de lodos que se extraian da dragaxe da Ría de Pontevedra. Un dos lugares que o Goberno galego está a barallar é este punto de vertido legal, autorizado no ano 1998 pola Dirección Xeral de Costas, situado a dúas millas da illa, en plena bocana da Ría de Arousa.Hai agora 15 anos a PDRA mobilizárase para denunciar o vertido de 1.336.000 metros cúbicos de lodos procedentes das obras de dragaxe do porto de VilagarcíaDende aquel ano 1998 deitáronse neste lugar máis de 5 millóns de metros cúbicos de residuos e a situación foi denunciada por grupos ecoloxistas, confrarías e colectivos de mariscadores e pescadores e, de forma particular, pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA). Este martes a PDRA reclamou non só que a Xunta descarte este lugar como destino final dos lodos da Ría de Pontevedra, senón que tamén lle solicitou á Delegación do Goberno que o Executivo central a \"clausura inmediata\" deste punto de vertido. Ademais, demanda coñecer os estudos de seguimento, se os houber, realizados para medir os posibles prexuízos provocados polos residuos alí depositados.Hai agora 15 anos a PDRA mobilizárase para denunciar o vertido de 1.336.000 metros cúbicos de lodos procedentes das obras de dragaxe realizada no porto de Vilagarcía de Arousa. Naquel momento, a plataforma presentara dous escritos ante o Ministerio de Medio Ambiente para esixir \"a paralización do vertido de sedimentos substituíndoo polo seu confinamento e estabilización en terra nun vertedoiro que cumpra a normativa\" e tamén \"unha avaliación urxente do impacto que é susceptible de causar a consecuente mobilización de sedimentos nunha zona de tan importante riqueza ecolóxica, marisqueira e pesqueira\".As cautelas que a PDRA esixía nese momento estaban relacionadas co posible prexuízo que o vertido podía provocar á riqueza biolóxica da ría de Arousa, unha das máis ricas e produtivas do mundo, onde por exemplo o ano pasado se recolleron o 70% dos mexillóns de toda Galicia (e o 66% dos producidos en toda España), cun valor de 78 millóns de euros. A entidade pedía o estudo \"dos efectos da resuspensión\" da abundante materia orgánica dos lodos e da súa incidencia sobre as mareas vermellasA entidade sinalaba que \"o pequeno tamaño das partículas e o seu escaso peso facilitan a súa ampla dispersión polas correntes mariñas, posibilitándose que entren na ría\". Así mesmo, denunciaba nese momento que a propia Declaración de Impacto Ambiental das obras de dragaxe \"recoñece que os 1.336.000 metros cúbicos de lodos presentan unhas porcentaxes de materia orgánica relativamente altos, polo que o seu resuspensión na boca da ría favorece os procesos biolóxicos das chamadas mareas vermellas\".A PDRA solicitaba neste senso \"unha avaliación ecotoxicológica dos sedimentos, mediante probas de toxicidade con larvas de invertebrados mariños; o estudo en laboratorio dos potenciais efectos nocivos sobre os recursos pesqueiros e marisqueiros de relevancia da zona\" e tamén \"o estudo dos efectos da resuspensión da abundante materia orgánica dos lodos sobre a incidencia das mareas vermellas\". A Dirección Xeral de Costas respondera afirmando que non era un asunto da súa competencia e o vertido realizouseAsí mesmo, a PDRA lembraba que o punto de vertido legal estaba situado entre dúas das illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. E subliñaba que o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) do Parque reclama \"a protección fronte aos impactos producidos polo fondeo e a acumulación de refugallos (...) e con iso a conservación das máis de 200 especies de algas, os numerosos invertebrados asociados, así como da gran cantidade de peces\" que se alimentan ou se refuxian nestas augas.Porén, nese momento a Dirección Xeral de Costas respondera afirmando que o vertido non era un asunto da súa competencia e o vertido realizouse sen que o Goberno central atendese á demanda da PDRA para que se avaliase a presenza das especies responsables das mareas vermellas. Así mesmo, a entidade manifestou a súa alarma polas elevadas cantidades de cadmio entre os materiais vertidos. A PDRA cuestionaba a escolla deste lugar (tanto pola proximidade a un Parque Nacional como pola súa situación de porta da Ría de Arousa) para a súa utilización como vertedoiro de áridos e lodosE, sobre todo, puxo en cuestión a idoneidade deste lugar -tanto pola proximidade a un Parque Nacional como pola súa situación de porta á Ría de Arousa- para a súa utilización como vertedoiro de áridos e lodos. A PDRA lembraba as recomendación do Convenio OSPAR para seleccionar o lugar do mar onde realizar vertidos. Este instrumento internacional subliñaba que se debía ter en conta a \"proximidade a áreas de importancia biolóxica\", a \"zonas de actividade extractiva\" e a \"zonas de cría\" e que se debía \"determinar o destino probable e os efectos do material vertido\" e realizar unha \"coidadosa avaliación\" para \"determinar os procesos ambientais que poden dominar o transporte do material lonxe do lugar da vertedura ao mar\". Pregunta de Galicia en Común no CongresoYolanda Díaz, deputada de Galicia en Común no Congreso presentou unha pregunta escrita, dirixida ao Goberno central, relativa á posibilidade de que a Xunta autorice a descarga n a contorna da Illa de Sálvora dos lodos procedentes da Ría de Pontevedra. No texto, interrógase sobre se o Executivo ten coñecemento do \"forte impacto medioambiental\" e para os bancos marisqueiros que tería o depósito destes materiais. Pregunta tamén sobre se o Patronato do Parque Nacional das Illas Atlánticas foi consultado sobre a posible elección deste punto para a realización do vertido."}
{"ID": "PRAZA_9962", "summary": "Antonio Amorín, que tamén foi concelleiro do PP, é o número 2 en Baiona da lista de extrema dereita, que encabeza unha ex-edil de Almuiña", "text": "Antonio Amorín, que tamén foi concelleiro do PP, é o número 2 en Baiona da lista de extrema dereita, que encabeza unha ex-edil de AlmuiñaNas eleccións municipais de 2011 UPyD obtivo en Baiona, co 8,12% dos votos, un concelleiro, Antonio Amorín, que acabaría sendo o único cargo público da historia da formación en Galicia, onde o partido fundado por Rosa Díez se distinguiu por encabezar a loita contra a lingua galega. Amorín xa fora concelleiro do PP nos anos noventa e tras deixar UPyD en 2012 agora será o número 2 da lista de Vox en Baiona, un dos 13 concellos nos que a formación de extrema dereita se presentará ás municipais.A lista de Vox en Baiona estará encabezada por María Iglesias, ata hai unhas semanas tenente de alcalde no goberno local do PP, do que formaba parte desde que era rexedor o agora conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e no que seguiu ascendendo cando herdou a alcaldía o seu curmán, Ángel Rodal Almuiña. A súa presenza e a do ex-concelleiro de UPyD na candidatura de Vox é unha proba máis da histórica fragmentación da dereita en Baiona baixo distintas marcas galegas, estatais ou independentes que só foi quen de unirse durante uns poucos anos do mandato de Almuiña e que novamente volve dispersarse. \"Gústame a idea nacionalista de UPyD, creo que España é unha\", dicía Amorín en 2015 ao converterse no único cargo público da formación en GaliciaAmorín, que fora concelleiro do PP nos anos noventa do século pasado e que estivera afastado da primeira liña política máis dunha década, salientaba en 2011, tras ser elixido concelleiro por UPyD, as ideas nacionalistas da súa formación: \"Gústame a idea nacionalista de UPyD, creo que España é unha\", dicía nunha entrevista con Xornal de Galicia na que aseguraba que era \"un partido transversal, central\". Ano e medio máis tarde Amorín deixaba a formación, xa en descomposición -\"o partido está esgazado\", dicíalle a El País- pero mantiña a súa acta de edil ata as municipais de 2015. Agora, catro anos máis tarde, o único cargo público da historia dunha formación que dicía ser de centro aspirará a repetir como concelleiro pola extrema dereita nunha das vilas nas que máis formacións se presentan, oito: PP, PSOE, BNG, Manifesto Miñor-En Marea, Unidas Podemos Son En Común, Nós Baiona (formación independente encabezada por un ex-alcalde do PSOE), Ciudadanos e Vox."}
{"ID": "NOS_57277", "summary": "Trece paneis, un interesante programa de conferencias e proxeccións do filme A cicatriz branca conforman GalizAmérica, a mostra itinerante coa que a Deputación de Pontevedra quere lembrar a cultura galega do exilio antifascista. Inaugúrase esta quinta feira na Sala das Cunchas do Concello do Grove", "text": "\"Sempre se dixo que Galiza foi submisa co franquismo e iso non é certo, o exilio é unha consecuencia da represión e polo tanto unha forma de loita\", indicou Carmen Carreiro, comisaria da exposición cando o crítico e escritor Ramón Nicolás. A propia Carreiro explicou a estrutura dunha iniciativa \"que vai percorrendo diferentes fitos históricos do exilio e o espertar da conciencia galega a través dos intelectuais emigrados\". O primeiro apartado de GalizAmérica relaciona exilio e represión. Detense nos portos e nas embarcacións que levaron centos de galegos e galegas comprometidas coa democracia de Europa a, maiormente, América Latina. Despois, a exposición debulla \"a xenerosidade de América\" e o nacemento dalgúns dos centros galegos máis importantes. Na parte final, os contactos e vías de comunicación entre os exiliados do interior e e os do exterior centran a pescuda. \"Incidimos especialmente nos programas de radio, na publicación de manifestos e na edición de libros e de revistas na diáspora e que serían impensábeis aquí\". A mexicana Vieiros -nucleada arredor do cineasta Carlos Velo- ou as arxentinas Correo Literario ou Galicia Emigrante -con Luís Seoane entre os promotores; esta última contava tamén edición radiofónica- foron algunhas delas. \"Este é un proxecto clave para entender a nosa lingua e a súa evolución nestes anos escuroes que foron os do fascismo, que obrigou a que as persoas exiliadas mantiveran viva a nosa cultura alén das nosas fronteiras\", sinalou o responsábel de Cultura da Deputación pontevedresa, Xosé Leal, \"unha homenaxe a todas esas persoas que loitaron polo mantemento da cultura galega nunha América que naquel momento foi o facho no que prendeu a nosa lingua\". GalizAmérica, que arrinca no Grove, pasará despois por Gondomar (do 5 ao 21 de outubro), na Guarda (do 25 de outubro ao 10 de novembro), en Redondela (do 15 de novembro ao 2 de decembro) e en Poio (do 5 de decembro ao 23 de decembro). As conferencias correspondentes serán de Rosario Portela -Arredor do libro, para unha historia da edición galega, no Grove o 13 de setembro-; Pilar Cagiao -O galeguismo no Uruguai, en Gondomar o 5 de outubro-; Mónica Rebolo e Philip Duncan -Sempre en Galiza, a voz dos galegos no Río da Prata e Avelino Rodríguez no exilio, respectivamente, na Guarda o 25 de outubro-; Uxío Breogán Diéguez -O galeguismo no exilio americano, en Redondela o 15 de novembro-; e Margarita Ledo -Recuperar a fala, recuperar a alma, en Poio o 5 de decembro. De Margarita Ledo tamén se poderá ver o filme A cicatriz branca (2012). \"É unha obra de xénero, feminista pero que se grava integramente e opr primeira vez na diáspora e en lingua galega\", expuxo a cineasta na presentación do programa. As proxeccións serán o 14 de setembro no Grove, o 14 de outubro en Gondomar, o 9 de novembro na Guarda, o 15 de novembro en Redondela e o 16 de decembro en Poio."}
{"ID": "NOS_43545", "summary": "Na Galiza, segundo os últimos datos da EPA, creáronse 13.900 novos postos de traballo no segundo trimestre de 2022.", "text": "O paro baixou na Galiza en 1.600 persoas entre abril e xuño deste ano, o que supón un descenso de 1,14% a respecto do trimestre anterior, ficando o número de persoas desempregadas en 139.400, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre, publicada esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Pola súa parte, a ocupación aumentou en 1,27% no conxunto do país, con 13.900 novos postos de traballo en comparanza co trimestre anterior. Deste modo, o número de persoas cupadas na Galiza situouse nos 1,10 millóns, isto é, 2,65% máis que no mesmo trimestre de 2021, gañando 28.500 novos postos desde xuño de 2021, dos que case 52% son homes e 48%, mulleres. Na Galiza 51,5% das persoas paradas son mulleres, por volta de 48,5% de homes O número de persoas paradas descendeu en 12.900 nos últimos doce meses, 8,49% menos que entre abril e xuño do exercicio previo. Do total de 139.400 desempregadas e desempregados, 48,5% son homes e 51,5%, mulleres. Estas son as opcións formativas con maior taxa de paro Datos estatais A nivel estatal, o paro baixou en 255.300 persoas entre abril e xuño deste ano, o maior descenso para un segundo trimestre desde 2018, e o número de persoas paradas caeu por baixo dos tres millóns por vez primeira desde 2008. Aliás, a ocupación aumentou en 383.300 postos de traballo entre abril e xuño, 1,91% máis a respecto do trimestre anterior, aínda que supón unha cifra máis baixa que o incremento de 464.900 de traballadores e traballadoras que se rexistrou hai un ano. Ao finalizar xuño, o número total de parados e paradas situouse en 2.919.400, e o de persoas ocupadas, en 20.468.000, sempre segundo os datos da EPA."}
{"ID": "NOS_50854", "summary": "Por volta de medio millar de militantes elixiron Xosé Manuel Beiras (1936) como portavoz nacional de Anova, pondo o ramo a unha Asemblea non exenta de momentos \"convulsos\". Anova apostará na xeometría variábel -distintos socios en cada proceso eleitoral- e a maioría rexeitou unha emenda á totalidade apadriñada por Martiño Noriega en que se defendía darlle carácter estratéxico á alianza con EU.", "text": "A reelección de Beiras como portavoz nacional de Anova foi a conclusión de dous intensos días de asemblea nacional da organización nacionalista. Por volta de medio milleiro de militantes elixiron por unanimidade ao veterano dirixente, único candidato a este cargo. Unha elección por unanimidade no que constituiu unha das poucas decisións nas que os e as asistentes votaron sen expresar diferenzas. O propio Beiras, no discurso de clausura, recoñeceu que no transcurso da asemblea se sentiu \"traumatizado\" por \"algunhas actitudes, poucas, pero algunhas\". Unha frase que moitos relacionaron coa votación \"convulsa\" (a definición é de Martiño Noriega, de Anova e alcalde de Teo) sobre as listas para elixir a Coordinadora Nacional. \"A nosa alianza é coa cidadanía en rebelión\" \"Foi unha batalla entre unha vella garda, aparatchnik que quería manter o postiño, e un gran número de xente que quere outra cousa\", afirmou un militante de Anova nunha conversa de corredor. Ruxes-ruxes de impugnacións Mesmo houbo ruxe-ruxe de que ía haber impugnacións da votación gañada polas listas abertas correxidas, \"pois hainos que están ben cabreados e queren botar man de que esa decisión tiña que ser adoptada por 2/3\". As portas aberta, sob a premisa da transparencia, a xornalistas e non militantes da primeira xornada, variou na primeira parte da segunda para volvela recuperar ao final O certo é que, eleito o portavoz nacional, aínda non se coñecían os resultados das votacións para elixir os 75 integrantes da Coordinadora Nacional. Órgao, por certo, que en vindeiras asembleas será o encargado de elexir o portavoz nacional. Nesta, foi a militancia directamente por aclamación. Proxecto estratéxico No discurso de clausura, Beiras defendeu que \"non se pode crear unha nova cultura política obviando a tradición da loita de clase, pola liberación nacional e os dereitos civís\". Falou de \"esquerda rupturista\" e \"proxecto estratéxico\". \"O proxecto estratéxico de Anova é o proxecto para o nacionalismo galego de esquerda que se está a abrir e que pecha o anterior, aberto desde a transición. É un proxecto para todo un pobo, de longa duración\", afirmou o novo voceiro nacional. Teses A tese política -en que se defende que Anova, a partir da experiencia de AGE, poderá mudar de socio en cada convocatoria eleitoral- foi aprobada por unha ampla maioría, após un debate de máis de tres horas e nas que se abordaron medio cento de emendas. Tivo 346 votos a favor por menos de 30 que optaron polo non ou a abstención. A emenda á totalidade presentada por Anova-Teo foi rexeitada, mais algunhas das cuestións que propuña si que se plasmaron transaccionadas. A alternativa apadriñada por Martiño Noriega partía de que toda política de alianza debería realizarse desde o reforzamento do acordo con Esquerda Unida. Ademais, e no que atinxe á tese organizativa, esta saíu adiante xa o sábado, aínda que con máis oposición. Tivo 277 votos a favor por 149 en contra e 29 abstencións. Había diferenzas importantes entre \"novas e vellas concepcións de facer política\", como sinalaba un militante, diferenzas, que seplasmaron en cuestións organizativas. De madrugada déronse os nomes dos electos para Coordinadora Nacional. Podedes consultalos aquí"}
{"ID": "PRAZA_10822", "summary": "O programa 'Infodrogas' percorre as principais festas e festivais musicais de Galicia ofrecendo información sobre o consumo de substancias estupefacientes e, ademais, analizando a súa composición, co obxectivo de reducir os riscos xerados pola súa inxesta", "text": "O programa Infodrogas, impulsado pola Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro), percorre as principais festas e festivais musicais de Galicia ofrecendo información sobre o consumo de substancias estupefacientes e, ademais, analizando a súa composición, co obxectivo de reducir os riscos xerados pola súa inxesta. Do Resurrection Fest a Pardiñas, de Ortigueira á Festa da Auga de Vilagarcía, os técnicos de Asfredro realizan este labor alertando tamén sobre o consumo de drogas legais, como o alcohol e sempre coa máxima de que un consumidor que conta coa información correcta pod reducir a posibilidade de sufrir intoxicacións ou adiccións.A iniciativa, retomada este ano despois de moito tempo, conta coa colaboración de Caixabank e de algúns dos concellos nos que se realizan eventos festivos. Ten como modelo programas semellantes moito máis consolidados, como son o Energy Control en Cataluña ou o Ailaket en Euskadi. \"O que comprobamos, primeiro, é que o principio activo sexa o que a xente cre que é. E analizamos a cantidade de adulterantes que ten e que tipo de substancias son\"A súa metodoloxía de traballo parte da Redución de Dano, que comezou a empregarse nos anos 80 co obxectivo era frear a expansión do VIH entre a poboación usuaria de drogas inxectables. Infodrogas funciona co modelo de RdR (Redución de Riscos), que aparece nos anos 90 pola aparición de novos patróns de consumo, cun número considerable de persoas que consumen drogas recreativas en contextos de lecer, que non presentan síntomas de adicción e que polo tanto non son consideradas susceptibles de acudir as unidades asistenciais de atención a drogodependentes. Falamos con Xaquín Bouza, técnico de Asfedro.Como entrades en contacto coas festas e festivais? A iniciativa xera reticencias?Primeiro ten que darnos acceso a organización do festival ou a entidade que organiza a festa. Se esa entidade non se quere facer cargo dos gastos, temos que poñernos en contacto co Goberno municipal do concello no que se celebre o evento para explicarlle en que consiste o noso programa e os gastos que necesitamos cubrir, ao redor de 700 euros por intervención. Temos unha pequena achega económica de Caixabank, pero temos moitos menos recursos que outros programas semellantes que funcionan en Cataluña ou en Euskadi. Ás veces é difícil facerlle entender á xente a importante de programas deste tipo, e sobre todo ás administracións.\"Partimos da base de que a xente vai consumir as drogas. E cremos que con máis información pódense evitar moitos efectos negativos, dende intoxicacións a adiccións, pasando por accidentes\"Que accións realizades no posto de información? Que tipo de consellos ofrecedes?O que comprobamos, primeiro, é que o principio activo sexa o que a xente cre que é: é dicir, que se alguén pensa que se vai meter éxtase, iso e éxtase en realidade. Se é éxtase, analizamos a cantidade de adulterantes que ten e que tipo de substancias son. A xente amósase agradecida, porque ti si que lle estás dando unha información que pode axudar a que fagan un consumo responsable.A partir de aí tamén falamos da periodicidade de consumo, das mesturas que van facer ao longo da noite, e dos coidados que deberían ter antes, durante e despois de consumilas. A maiores, cando veñen persoas que nunca consumiron unha substancia, informámolos dos efectos que van ter e aconsellámolos sobre as cousas que deben facer para reducir os riscos asociados. En cambio, cando se achega xente que xa leva tempo consumindo esa droga, a información que lle proporcionamos ten que ver máis cos niveis de tolerancia ou sobre as doses. Son pequenos consellos, pero que poden evitar unha maior toxicidade ou os riscos dunha adicción.Asúmese que a xente vai consumir drogas e o obxectivo é reducir o risco de que haxa consecuencias prexudiciais, como intoxicacións ou adiccións?Partimos da base de que a xente vai consumir as drogas tanto se se lle di que é malo coma se non. E cremos que con máis información pódense evitar moitos efectos negativos, dende intoxicacións a adiccións, pasando por accidentes. Ás veces o que xera máis perigo é a ignorancia: ignorar o que te estás metendo, ou con que está mesturada esa substancia que mercaches a un descoñecido. A gran diferenza entre as drogas legais e as ilegais é que se ti pides un cubata, sabes o que estás tomando, e coas outras drogas non. Nós podemos asesorar sobre as doses e sobre os efectos da mestura con outras substancias. A realidade é que no caso da cocaína, do speed ou da éxtase falamos dun mercado negro onde os controis non existen e onde non hai boas intencións. Pasounos un caso recentemente, na Festa da Auga de Vilagarcía. Uns rapaces viñeron para analizar o MDMA que estaban tomando e resultou que non era MDMA, senón outra substancia chamada 2C-E, que é máis forte. De entrada quedaron moi asustados preguntándonos que lles ía pasar. Aconsellámoslles que se relaxasen e o que conseguimos foi que avisasen a todo o mundo que xa a inxerira e que non tomasen unha nova dose.\"Tamén hai que falar das drogas legais, comezando polo alcohol. Creo que é importante desbanalizar o seu consumo\"É preocupante o tipo de substancias coas que se mesturan as drogas ilegais que se venden?Si, por suposto, sobre todo a cocaína ou o speed. Moitas veces están mesturados con cantidades enormes de cafeína, que provocan taquicardias, problemas moi grandes para durmir e outros efectos moi negativos. Os adulterantes non son inocuos, hai que telo en conta e é importante ter esa información.A vosa forma de traballar contrasta coa maior parte das campañas institucionais, que se centran en pedir que non se consuman drogas. Non son efectivas?Efectivamente, as mensaxes que se adoitan transmitir dende as institucións sobre ese tema teñen mensaxes dese tipo. E a realidade é que o seu éxito foi moi pequeno e non chegan a quen teñen que chegar. A xente segue consumindo drogas, así que o mellor que podemos facer é quitar a nosa moralidade de enriba e a darlles información, para que esas persoas tomen decisións de forma responsable.Ofrecedes información tamén sobre os perigos de drogas legais coma o alcohol. A sociedade tolera en exceso o seu consumo?Si, tamén hai que falar das drogas legais, comezando polo alcohol. Creo que é importante desbanalizar o seu consumo. Cando alguén vai borracho parece que mesmo se admite como algo gracioso, cousa que non pasa cando alguén consumiu outras substancias. O alcohol é unha droga, e curiosamente moita xente chega ao noso stand dicindo que non se droga, pero ten un cubata na man. Témolo tan normalizado socialmente que non somos conscientes dos efectos nocivos que ten para o noso organismo, ademais dos prexuízos doutro tipo que causa. É legal, e por iso parece que non xera problemas, pero si que o fai.\"Habería que mirar para o que se está a facer en Cataluña ou Euskadi, onde levan décadas facendo este tipo de programas\"Que lle pedides ás administracións? Que accións serían útiles para loitar contra os efectos negativos das drogas?Non habería que facer nada novo, simplemente habería que mirar para o que se está a facer en Cataluña ou Euskadi, onde levan décadas facendo este tipo de programas, e onde son os propios concellos os que demandan estes servizos. En cambio, nós aquí temos que andar ofrecéndonos un por un, e con moitos menos recursos.Mesmo dende algún Concello dixéronos que non eramos necesarios, porque no seu festival non se consumían drogas. O consumo de drogas non desaparece por mirar para outro lado: as drogas consúmense en todas partes e a administración debe ser responsable. Un servizo coma o noso axuda a evitar riscos nunha festa e reduce a posibilidade de que haxa intoxicacións ou excesos. É moito máis barata e segura a prevención que a intervención sanitaria posterior."}
{"ID": "NOS_55799", "summary": "Apoio unánime a unha iniciativa do BNG.", "text": "Non ha dous sen tres. Iso debeu cavilar o Parlamento galego que pedirá por terceira vez o traspaso da AP9 a Galiza. A proposición non de lei presentada polo BNG con esta demanda tivo o apoio de todas as outras forzas (PP, En Marea e PSdeG). Após a sentenza do Tribunal Constitucional que rexeitaba o argumentario do goberno español para vetar o debate de iniciativas coma esta, os nacionalistas volveron pedir a transferencia, conscientes de que desta vez o escenario é máis positivo para a demanda. \"Esperamos que a terceira sexa a vencida\", salientou a portavoz nacionalista Ana Pontón quen salientou a importancia por seguir mantendo unha posición de país sobre un asunto clave para Galiza. \"É importante que esta iniciativa vaia co aval de todo o Parlamento e que cando se debata en Madrid vaiamos en nome de Galiza a reclamar algo que outros xa conseguiron, porque non podemos esquecer que vascos e cataláns xestionan desde hai décadas autoestradas similares. Se o Estado transferiu autoestradas a Euskadi e Cataluña, por que Galiza ten que ser menos?\", interpelou Pontón. Tanto PP como PSdeG xa anunciaron que ían introducir emendas no texto presentado polo BNG para que se reflica o 'consenso' e con el chegar a Madrid. A vontade de acadar un consenso neste tema é común ás catro forzas con representación na Cámara galega. Os atascos e retencións desta fin de semana na ponte de Rande serviron como argumento a forzas como BNG ou En Marea para reiterar a defenda da necesidade do traspaso dunha infraestrutura viaria fulcral para Galiza tanto a nivel social, como económico como de vertebración do territorio. As anteriores dúas peticións do Parlamento galego foron vetadas, así como tamén o foi a presentada polo grupo En Marea no Congreso español."}
{"ID": "NOS_55210", "summary": "CIG-Ensino denuncia \"este recorte de servizo público que leva 15 anos implantado e serviu a milleiros de persoas de toda Galiza residentes nas áreas de influencia das seccións\".", "text": "\"A administración educativa decide no punto 5.1. da Circular 7/2021 pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2021/22, que as probas de certificación polo réxime libre para este curso non se realicen nas sección das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) e unicamente se realicen nas sedes centrais. Estas probas libres víñanse ofertando nas sección durante todos os anos desde que abriron\". Sí o denuncia CIG-Ensino, sindicato maioritario do ensino público en Galiza, que exixe unha rectificación por parte da Consellaría e lembra que a central sindical tamén vén de presentar un recurso contencioso administrativo contra a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso 2021/2022. O motivo do recurso é \"a modificación que se establece nas datas das probas libres que se cambian para o mes de febreiro. Hai que ter en conta que a normativa actual di que as probas libres teñen que ser común ás probas ordinarias e isto non se cumpre nesta resolución\". A CIG-Ensino presentou previamente un recurso de reposición \"que foi desestimado pola Secretaría Xeral. No sindicato somos conscientes que o noso recurso non vai interromper a ordenación destas probas no calendario imposto pola Consellaría para este curso escolar mais consideramos que o proceder autoritario da Consellaría, con decisións adoptadas de costas ao profesorado das EOI non se pode pasar por alto, sobre todo se, como consideramos, pasa por riba da normativa vixente\". Discriminación do alumnado que non vive nas cidades A prohibición expresa a realizar os exames nas extensións implica, en primeiro lugar, segundo o sindicato, que as persoas que se presenten ás probas libres de certificación terán que desprazarse nalgúns casos moitos quilómetros dende a área de influencia até a sede correspondente como: de Ribadeo e Viveiro a Lugo, de Celanova a Ourense, de Ribeira e Noia a Compostela, de Cee ou Melide á Coruña, de Lalín ou A Estrada a Pontevedra e de Ponteareas e Tui a Vigo. \"En segundo lugar, e pendentes de ver como se artella exactamente a administración das probas libres por parte de cada EOI, parece máis que probábel que o alumnado oficial de cada EOI se verá prexudicado. As súas clases serán en docencia asíncrona (traballos ou actividades realizadas de forma autónoma) ou substituídas por clases online durante un período de 10-15 días xa que o profesorado das seccións será mobilizado para atender á administración dunhas probas noutra localidade distinta á das súas ensinanzas\". En terceiro lugar, di a CIG, esta decisión tamén atenta contra as condicións laborais do profesorado. Os e as docentes que teñen asignado un destino nas seccións e asinado un horario ven como se lles obriga no mes de febreiro a que alteren estas condicións horarias e, incluso, o lugar de traballo, para atender as necesidades da realización dunhas probas libre nas sedes centrais da EOI. As distintas sedes con seccións: Sede da Coruña: Arteixo, Carballo, Cee e Culleredo Sede de Compostela: Negreira, Noia, Ordes, Ribeira e Sar (Compostela) Sede de Lugo: Sarria Sede de Ourense: A Ponte (Ourense), Celanova, O Barco, O Carballiño, Ribadavia e Verín Sede de Vigo: Cangas, Coia (Vigo), Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui Sede de Pontevedra: A Estrada, Lalín e Valle-Inclán (Pontevedra) Sede de Ferrol: As Pontes e Cedeira"}
{"ID": "NOS_45499", "summary": "A artista multidisciplinar Luz Darriba recoñece que le todos os programas electorais (\"fíxeno nas xerais e vouno facer nestas municipais\") e lamenta que nas campañas electorais haxa sempre, afirma, dúas grandes ausencias: as mulleres e a cultura.", "text": "Que temas ou cuestións cre que deberían de tratarse en campaña electoral e que, porén, bota en falta? É importante que nas campañas se trate, se debata, sobre todo aquelo que afecta as persoas. Eu hai dúas cousas que boto de menos, que considero que non se fala delas, non tiveron cabida nas eleccións xerais e até o de agora tampouco parece que o teña nestas: as mulleres e a cultura. Escoito falar de promesas, de facer isto naquela rúa, de facer aquilo naquela outra... mais debería de falarse máis da muller e de cultura. Na política municipal poden facerse cousas importanttes nestes dous campos. Segue con interese esta campaña? Claro. Aféctanos a todos e a todas, vainos moito nas eleccións. Nas xerais linme todos os programas electorais e penso facelo tamén nas municipais. Veño dun país [Arxentina] onde estas cuestións son moi importantes (ri). Unha cousa que considere que debería facerse en Lugo e que entende que non se fai? Penso, e así o propuxen moitas veces, que quen estea no goberno municipal debería contar máis coa xente da cultura. É importante para todo, para a propia cidade e veciñanza, para poñela en valor, mesmo para o turismo... A cultura é imprescindíbel para unha cidade e creo que iso é máis aínda en Lugo, que ten un acervo cultural tan importante e tan grande e que hai que poñer en valor."}
{"ID": "NOS_9960", "summary": "A Plataforma de Afectad@s pola Hepatite C dará a coñecer este sábado os nomes das persoas que integran a subcomisión de adxudicación dos tratamentos. Exixen \"transparencia\" no proceder e \"axilidade\" na toma de decisións. Os seus nomes, din, \"non poden ser un segredo\".", "text": "\"Frustración\" e \"carraxe\". Eis o que sentiron @s doentes de hepatite C no Parlamento galego cando o Partido Popular tombou a iniciativa presentada por BNG e AGE e coa que se demandaba a asignación de criterios médicos na adxudicación dos tratamentos de última xeración contra o virus do VHC. \"Todo o que está a acontecer desestabilízanos moito\", asegura Xulia Alonso, unha das voces da plataforma. \"Preparamos unha moción de mínimos precisamente para que fose aprobada por todos os grupos, con quen nos reunimos\", sinala. Porén, desde o Partido Popular supeditaron o seu voto ao interese de San Caetano e finalmente rexeitou a iniciativa. \"Cando falou o seu portavoz foi moi descorazonador e moi duro porque nas bancadas atopábanse doentes en situacións moi complexas\". Aí, explica, \"estourou a carraxe e a impotencia\" mais tamén a \"frustración\" por veren esfarelarse as súas demandas. \"Pedimos poder acceder aos medicamentos cando o prescriben os especialistas e que nos sexan dispensados nas farmacias hospitalarios e non como acontece agora, cun procedemento moi longo\", di. \"Cando falou o portavoz do PP foi moi descorazonador e moi duro porque nas bancadas atopábanse doentes en situacións moi complexas\" Após a tensión vivida na Cámara, da que foron expuls@s, desde o Partido Popular lanzaron acusacións contra a plataforma asegurando que as persoas que a integran están a ser \"manipuladas\" polas forzas da oposición cun obxectivo político. \"Nós non estamos manipulados por ningunha forza\", sinala Xulia Alonso. \"Temos un obxectivo moi claro e ese non ten ningunha cor política\". Alonso, doente de hepatite C, non dubida en afirmar que quen está a provocar a \"dor\" d@s doentes é \"a Consellaría de Sanidade que ten competencias plenas\" na materia e \"podería tomar unha decisión\" propia. Mais en troca, alíñase cos intereses do goberno español e \"xoga co noso sufrimento\", denuncia. Unha dor provocada tamén por que \"anunciou a chegada dun tratamento\" que cura a enfermidade \"e logo incumpre sistematicamente o que di\". Luz perante o escurantismo Desde a plataforma de afectad@s non cansan en repetir cales son as súas demandas. \"Pedimos o mesmo desde o principio\", explica, \"que a xestión sexa áxil e transparente\" en troca dun procedemento --como até o de agora-- \"rodeado dun escurantismo absoluto\". \"As solicitudes non poden tramitarse coma se fosen licencias de obra\". E é que para alén de non coñeceren os nomes das persoas que integran a subcomisión encargada da aprobación ou rexeitamento dos tratamentos, @s doentes descoñecen \"o circuíto\" de tramitación das solicitudes. \"A información para os pacientes é vital\", asegura Alonso, mesmo cando esta non trae boas novas. \"A subcomisión non pode ser segreda porque non afecta á seguridade do estado\" Neste senso, decidiron sacar á luz o nome das persoas que integran ese organismo público. \"Non pode ser segreda\", como defende a Consellaría, \"porque non afecta á seguridade do estado\". De feito, apunta Xulia Alonso, \"os laboratorios e os médicos coñecen quen son\". Unha forma de presión que visa deitar luz tamén sobre os procedementos de tramitación que levaron a non poucos expedientes a se \"extraviaren\". É o caso de Eduarda, veciña de Compostela atinxida polo VHC. O seu caso trascendeu aos medios de comunicación após denuncialo ela propia perante a Consellaría de Sanidade. O seu expediente foi extraviado logo de solicitar o tratamento de última xeración en outubro de 2014. A Eduarda urxíalle un transplante por mor dun duplo hepatocarcinoma, a súa especialista solicitou o tratamento para \"neutralizar\" o virus antes de chegar ao fígado. Mais a solicitude non se tramitou até o CHUS recoñecer que fora extraviada no propio centro hospitalario. Após a denuncia pública o 29 de xaneiro foille aprobado e actualmente atópase trasplantada mais non curada de hepatite polo que loita por se recuperar aínda doente por VHC. \"Eduarda dá conta das consecuencias desta xestión\", sinala Alonso."}
{"ID": "NOS_29417", "summary": "Nun escrito dirixido ao xulgado de instrución nº3 de Vigo, o letrado dá por acreditado que os bens supostamente substraídos dun vehículo eran seus. Foi acusado deste delito uns días despois de que uns descoñecidos entraran no seu despacho para inzalo de ameazas e pintadas fascistas. Ficou retido 30 horas en que, segundo denuncia, sufriu \"tortura e maltrato psicolóxico extremo\".", "text": "Nun escrito dirixido ao xulgado de instrución nº3 de Vigo, o avogado Gustavo García solicitou a devolución de todas as pertenzas que lle foron incautadas na fin de semana --o domingo día 17-- após ser detido pola policía acusado de roubar en dous vehículos. García denunciou que os delitos de que foi acusado \"nin sequera se chegaron a producir\" e achegou, di, \"os medios de proba\" que demostrarían que os bens eran da súa propiedade. Os feitos producíronse cando o letrado se dispuña a tomar un voo para viaxar a Berlín e, segundo el declarou, saíu á porta do aeroporto fumar. Nese momento prendeuno a policía porque axexaba no interior dun carro aparcado, a través da xanela, que estaba rota. García recoñeceu estar a ollar, mais negou en todo momento os delitos que se lle imputaban: dous roubos e a tentativa de utilización indebida dun vehículo. Solicitou o habeas corpus --a posta inmediata a disposición xudicial--, mais foille denegado e devolvérono ao calabozo da comisaría viguesa. Segundo consta no escrito remitido ao xulgado, o avogado ficou retido alí \"nun calabozo de 2x2\" por volta de 30 horas durante as cales tería sufrido \"torturas e maltrato psicolóxico extremo\". Gustavo García achega \"medios de proba\" para ratificar que os sete obxectos supostamente substraídos deses dous vehículos --un teléfono móbil, dúas tarxetas SIM, dúas medallas e dúas moedas-- son da súa propiedade. A explicación dos sete obxectos incautados, un a un Así, sempre segundo consta no escrito, achegou o recibo de pagamento do móbil, mercado por el propio ao día seguinte de que uns descoñecidos entraran no seu despacho para o inzar de pintadas fascistas e ameazas; unha das medallas corresponde coa Medalla de ouro do Parlamento Kurdo no exilio, que lle foi concedida en 1999 nun acto que, dixo, está rexistrado en vídeo. As tarxetas SIM estarían rexistradas a seu nome e ao da súa filla; a outra medalla, da virxe de Lourdes, sería un recordo da súa avoa \"e poderá confirmalo calquera dos sete fillos que aínda viven\", un deles o vicepresidente do Real Madrid Fernando Fernandez Tapias; e as dúas moedas farían parte dunha colección, pois o letrado practica a numismática. O ataque ao seu despacho, relacionado cos crimes da ditadura Após sinalar o delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, que o ataque ao despacho do avogado non podía vincularse a grupos fascistas, Gustavo García rexeita no seu escrito que o acontecido fora \"unha montaxe\" e denuncia as insinuacións de que foi el propio quen fixo as pintadas e causou os desperfectos. Moi ao contrario, insiste en que os feitos teñen a ver co seu traballo en prol da memoria histórica e de denuncia dos crimes cometidos durante a dictadura franquista. Nomeadamente, hai 15 días que Arxentina ordenou a extradición do policía franquista Luís Antonio González Pacheco --coñecido como Billi o Neno pola maneira en que practica os interrogatorios-- e doutros tres xenocidas. A Audiencia Nacional española teríase negado á extradición, en virtude da Lei de Amnistía de 1978."}
{"ID": "NOS_7728", "summary": "Máis de 800 funcionari@s de Benestar camiñaron desde o Gaiás até os edificios administrativos da Xunta de Galiza para repudiar os recortes en dereitos laborais e a destrución de 266 postos de traballo", "text": "Centos de traballadoras e traballadores dos centros de Benestar camiñaron esta sexta desde a Cidade da Cultura --\"símbolo do despilfarro máximo do diñeiro público galego\"-- até os edificios administrativos da Xunta de Galiza en San Caetano --\"símbolo máximo dun Goberno galego incompetente e destrutor-- para manifestar máis unha vez a súa repulsa á lei de medidas que modificou o articulado do Convenio polo que se rexía este cadro de persoal funcionario \"roubándonos os días por descanso compensatorio por traballar en domingos e festivos\". En palabras do delegado do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, Héctor Sánchez, a marcha --convocada polo Comité Intercentros e os Catro Comités provinciais, e apoiada por todos os sindicatos con representación (CIG, CC.OO, UGT e CSI-CSIC) \"foi un éxito rotundo\". Segundo explicou, é en horario de mañá cando hai máis profesionais de Traballo e Benestar en horario laboral, \"e eramos a maioría aquí\". Con berros de A Xunta de Galiza recurta e privatiza, Sánchez fixo tamén a peregrinaxe desde o Gaiás até San Caetano. Criticou as políticas da Xunta contidas nesa norma \"que nós chamamos Lei contra @s empregad@s públic@s\" coa que se persegue \"o desmantelamento dos servizos esenciais\". Cabe sinalar que os recortes en persoal afectan a funcionarias e funcionarios dos centros de maiores, de atención á diversidade funcional e de menores.Quéixanse da eliminación de artigos no Convenio polos que se recortan os tempos do descanso, penalízase economicamente a enfermidade, desapareceron as compensacións por domingos e feriados e obrígase ás persoas empregadas a se substituíren unhas ás outras durante as vacacións. Alertan, así mesmo, da privatización dalgúns servizos e da eliminación doutros, como fisioterapeutas ou a atención psicolóxica. Unhas medidas que afectan, segundo alertan, á calidade do servizo prestado e da vida das e dos residentes. Ollando os documentos dos que dispón o Comité Intercentros, hai 266 postos de traballo na corda frouxa e deles 200 pertencen a Traballo e Benestar. \"Paradóxicamente a consellería de Traballo é a que máis traballo destrúe\", queixouse Sánchez, quen adiantou que \"mentres non queiran negociar e sigan impoñendo, nós seguiremos loitando\". Tras os feches nos centros da provincia da Coruña e logo da andaina desta sexta, hai xa máis accións previstas no plan de reivindicacións que manexan os catro Comités. A seguinte será unha caravana \"que manteremos até as vindeiras autonómicas de maneira rotatoria\" entre o Monte Gaiás, Monte Pío e San Caetano."}
{"ID": "NOS_36925", "summary": "Primeiro escollérono entre os máis salientábeis discos de 2018 e agora sitúano entre as catro propostas que optan ao premio de mellor traballo europeo outorgado pola revista británica Songlines. Deixaas, o quinto disco de Mercedes Peón e un auténtico tratado de vangardismo de raíz, segue a ampliar o seu radio de acción.", "text": "Contra Peón compiten a fadista portuguesa Mariza, o británico Sam Sweeney e a banda danesa Dreamers' Circus. Xornalistas especializadas, non necesariamente adscritas á redacción de Songlines -publicación de referencia no universo da denominada world music-, encargáronse da escolla. O 10 de maio a revista dará a coñecer os gañadores e gañadoras nas diversas categorías. Deixaas sucedeu a SOS (2010) na explosiva discografía de Mercedes Peón. Con estes dous traballos, a música de Oza dos Ríos adentrouse en vieiros nunca explorados por sonoridades extraídas da tradición musical galega. Electrónica, ecos industriais, distorsión, contribúen a debuxar obras únicas."}
{"ID": "PRAZA_21049", "summary": "As incidencias acumuladas a 7 e 14 días son inferiores ás de hai unha semana por primeira vez dende comezos de decembro, pero aínda seguen en niveis moi elevados en moitos concellos galegos. O total de hospitalización é inferior ao de hai unha semana por primeira vez dende finais de decembro, pero a presión nas UCI segue sen ceder e o ritmo de novas mortes augura que a terceira vaga deixará máis vítimas que a primeira", "text": "Tras un mes seguido de incremento disparado pola explosión de contaxios detectados tras as semanas do Nadal, Aninovo e Reis, xa é posible afirmar que a terceira vaga da pandemia da COVID-19 comeza a remitir en Galicia. Por primeira vez dende os primeiros días de decembro, as incidencias acumuladas (casos novos por cada cen mil habitantes) tanto a 7 como a 14 días son, ao mesmo tempo, inferiores que o mesmo día da semana anterior.As incidencias acumuladas a 7 e 14 días son inferiores ás de hai unha semana por primeira vez dende comezos de decembro, pero aínda seguen en niveis moi elevadosAínda que ambos indicadores viñan freando no seu incremento dende mediados de xaneiro, a diminución tardou máis en chegar e en ambos casos prodúcese tras acadaren cotas inéditas a unha gran velocidade. A incidencia acumulada a 7 días comezou a descender arredor do día 27 do mes pasado tras roldar os 430 casos novos por cada cen mil habitantes e agora segue descendendo, camiño dos 300. No caso da incidencia a 14 días non houbo sinal claro de cambio de tendencia ata esta semana cando, en todo caso, segue sendo moi elevada, con máis de 700.Como amosa o gráfico sobre estas liñas, no momento en que comeza a remitir tamén é posible afirmar que a terceira vaga foi moito máis do dobre de virulenta que a segunda, a única coa que é comparable, toda vez que durante a primeira a capacidade diagnóstica -de detección e seguimento de casos- era moito menor. Mostra disto é que o pico da incidencia a 7 días (uns 427 casos novos por cada cen mil habitantes) superou folgadamente o que fora, o pasado novembro, o pico da incidencia a 14 días (arredor de 340).En case unha ducia de concellos con máis de dez mil habitantes, a incidencia acumulada a 14 días segue superando os mil casos novos por cen mil habitantesUn mes despois dos últimos días en que a Xunta flexibilizou as restricións para permitir encontros familiares, estes primeiros sinais de acougo vanse estendendo aos poucos polo mapa de Galicia. Pero moi aos poucos. Aínda son case 180 os municipios con incidencias acumuladas a 14 días por riba dos 500 casos novos por cada cen mil habitantes. Tamén son varios os municipios de máis de 10.000 habitantes onde este indicador segue superando os mil casos. Esta segunda situación é na que se atopan, de momento, relevantes concellos como Betanzos (1.739), Poio (1.663), Arteixo (1.432), Vilalba (1.271), Monforte (1.253), Sarria (1.237), Sanxenxo (1.124), Ordes (1.132), Sada (1.068), Ponteareas (1.020) ou Cambre (1.004). A tendencia xeral, non obstante, é xa de leves descensos.Eses leves descensos tras un período de estabilidade ou estancamento percíbense tamén na incidencia acumulada da maioría das sete principais cidades. A Coruña e Ourense, que seguen en incidencias acumuladas a 14 días moi elevadas -ambas por riba de 800- semellan iniciar unha tendencia descendente que en Santiago comezou a finais de xaneiro e que leva a capital galega a aproximarse aos 600 casos. Mentres, as outras catro cidades trazan liñas máis estables, con Vigo e Lugo coas incidencias máis baixas, pero tamén en niveis que no caso lucense cuadriplican os acadados antes do Nadal e o vigués os duplican amplamente.Aínda arredor dos mil casos ao día e impulso das altas para baixar os activosA media de diagnósticos diarios segue descendendo aos poucos, pero aínda triplica amplamente o que fora o pico da segunda vagaEstes freos nos indicadores de incidencia acumulada prodúcense nun contexto no que o Sergas segue rexistrando arredor de mil novos casos diarios por xornada, unha cifra moi elevada pero máis baixa que as dos últimos días de xaneiro, con xornadas que chegaron a aproximarse aos dous mil. Este 5 de febreiro, Sanidade incorpora ao seu cómputo 1.025 casos novos -os rexistrados entre as seis da tarde do mércores e a mesma hora do xoves-, dos que 874 son diagnósticos mediante PCR.A media de diagnósticos por PCR na última semana sitúase na contorna dos 1.050, o que implica que polo momento a liña descendente teña un ritmo semellante á ascendente das semanas previas. De calquera xeito, como amosa o gráfico, tan certo é que os niveis actuais supoñen un freo como que seguen sendo moi superiores ao pico da segunda vaga e seguen implicando máis que triplicar o ritmo de novos casos das semanas previas ao Nadal.O freo aos poucos no número de novos casos e mais a suma dun gran número de altas epidemiolóxicas de persoas contaxiadas nas semanas das festas -máis de 8.300 na última semana, para un total de algo máis de 78.800- contribúe tamén nos últimos días a que comece a diminuír o número de positivos activos. Por primeira vez dende o 28 de xaneiro baixan dos 22.000 e quedan en 21.686. Na segunda vaga, o pico apenas chegara a superar os dez mil. [A serie completa de casos activos por áreas sanitarias, nesta ligazón]As UCI, aínda en máximosO total de hospitalización é inferior ao de hai unha semana por primeira vez dende finais de decembro, pero a presión nas UCI segue sen cederComo xa agardaban os responsables dos diferentes hospitais, os primeiros sinais de acougo da terceira vaga tardan en repercutir de xeito notable nas cifras de persoas coa COVID que precisan estar ingresadas. O total de hospitalizacións situase en 1.289, o que supón que sexan menos que o mesmo día que a semana anterior (-51) por primeira vez dende finais de decembro. Non obstante, o total de ingresos simultáneos de pacientes coa COVID segue sendo maior que no pico da primeira vaga e a presión nas UCI aínda non descende.As unidades de coidados intensivos tiñan ingresadas ás seis da tarde do xoves un total de 251 persoas con test positivo do coronavirus. Son catro máis que o día previo e 42 máis que o mesmo día da semana anterior. Daquela, tamén na liña do agardado polo persoal sanitario, o elo máis crítico do sistema volve ser o último en percibir os primeiros sinais de alivio e continúa cunha carga inédita dende o comezo da pandemia. Non en van, a máxima ocupación das UCI con persoas que padecían a COVID-19 na primeira vaga quedara en 177 persoas.Novas mortes a maior ritmo que na primeira vagaAo contrario que as cifras de novos casos detectados, tanto os niveis de ocupación hospitalaria como as cifras de mortalidade si son, en boa medida, comparables coa primeira vaga. En termos absolutos, os ingresos hospitalarios xa a superaron e, no que atinxe aos falecementos, a tendencia apunta a que as vítimas mortais da terceira vaga en Galicia serán máis que as da primeira.A media diaria de falecementos da última semana é a máis alta da pandemia e o total chega a 1.910O rexistro oficial incorpora este 5 de febreiro un total de 30 mortes máis, das que quince corresponden coas últimas vinte e catro horas previas e as restantes, cos días 26 e 31 de xaneiro (un deceso de cada día) e cos días 2 e 3 de febreiro (unha e doce, respectivamente), segundo o Sergas. Isto implica que dende o comezo da terceira vaga, a finais de decembro, morreron xa en Galicia case 560 persoas que contraeran a COVID. Dado o ritmo actual de novas mortes notificadas, con máis de 26 ao día na media da última semana, os datos apuntan a que o número final de mortes desta onda será maior que as 619 da primeira. O total queda, polo momento, en 1.910.Mentres todo isto sucede, o número de probas PCR procesadas continúa en máximos da pandemia (unha media superior ás 12.200 diarias na última semana) e as súas taxas de positividade media (porcentaxe das que dna positivo) seguen baixando, pero moi lentamente por mor dos incrementos dos últimos días nalgunhas áreas sanitarias. A positividade media a sete días para o conxunto de Galicia está agora arredor do 7,8% nun contexto que, ademais, segue marcado pola realización de cribados masivos. Estes cribados a amplos sectores da poboación adoitan contribuír a baixar as taxas de positividade -agás en áreas cunha moi alta incidencia- ao testar non só a persoas sospeitosas de padecer o virus e os seus contactos, senón tamén a outras moitas que non sofren a doenza, á procura de casos asintomáticos."}
{"ID": "QUEPASA_1098", "summary": "Completa Galería de Imaxes do Temporal Elsa", "text": "Paso Elsa, unha nova borrasca que nos deixa claro, outra vez, que este outono-inverno 2019-2020 non vai tar doado como o dos últimos anos. Elsa deixou numerosos cortes de luz (está sendo unha cousa demasiado habitual nestes últimos meses), estampas que facía tempo que non se vían, como a vila de Muxía completamente anegada, e outras máis habituais, como as estampas anfibias de Laxe, contra as que tiveron que traballar arreo a brava xente voluntaria de Protección Civil e outras forzas da orde. Pero en canto a cifras Elsa tamén bate marcas, e coma soe ser habitual Santa Comba volveu ser o máximo galego, con 96,9 litros por metro cadrado rexistrados na Estación de Fontecada (Santa Comba). Entre os 5 primeiros tamén fican os rexistros en Zas (78,2) e Coristanco (62,4). O vento foi o outro protagonista do día. Facía tempo que non viamos os 135 km/h que rexistrou a estación de Vimianzo, e tremendo o dato recollido en Oia (Pontevedra): 152,3km/h. O tellado da lonxa de Camariñas Un dos problemas máis graves, e que obrigou á presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, a desprazarse ata o porto de Camariñas, tivo lugar na Lonxa Nova camariñá. O tellado comezou a despdenderse por mor do vento, e ata os Bombeitos tiveron que desprazarse ao lugar, para axudar nas labores de contención a Policía Local de Camariñas, persoal de Protección Civil de Camariñas e Policía Portuaria. Retiraron un par de placas de metal do tellado e acordoaron a zona. Portos e a Consellería do Mar constataron a necesidade de realizar actuacións de emerxencia na lonxa para normalizar a situación o antes posible e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. O asunto vén de lonxe en Camariñas, pois xa denunciaron hai un par de meses que mesmo chovía dentro da confraría. Houbo ademais numerosas incidencias, como unha avaría no suministro eléctrico en Xaviña, debido a que caeu unha árbore sobre o tendido; a caída da liña móbil de Vodafone; varios contedores polas rúas… Casa anegada en Regoelle Un veciño da parroquia dumbriesa de Regoelle lamentou que a súa casa quedou completamente anegada e considera que o asunto é cousa das últimas obras que se realizaron ao seu arredor. Muxía En Muxía, 10 voluntarios de Protección Civil, ademais do Alcalde e Concelleiros estiveron dende as 12:00h traballando a tope. O centro da vila quedou durante horas completamente anegado, e houbo un muro caído na Rúa Encarnación, para o que houbo que chamar a unha empresa externa. Houbo 4 avisos de árbores caídas, continuaron acodindo a axudar a lugares (casas, establecimentos…) completamente anegados, como o Restaurante Saburil, un baixo de San Martiño de Ozón, dous baixos en Muxía ou unha casa en Chorente. As estradas sufriron moitísimo. Tiveron que pecharse a de Caberta, que vai a Bustelo; e a de Riotorto. Ademais sufriron importantes balsas de auga en Xurarantes (baixa a auga pola pista toda chea de escombro ademais), en Agueiras, na estrada de Muxía a Cee que só é transitable en sentido contrario; e en Senande cara Berdeogas, transitable pero con moitísima precaución. Cee En Cee parece que os traballos de desatasco na rede melloran a situación, pero aínda así houbo inundacións en varios locais do Centro Comercial, así como en Dafit, que tivo que pechar. Ademais, para non variar, houbo máis de 6 cortes de luz, incluso nesta mañá de xoves. Fisterra Non lembraban en Fisterra ver caer así a auga pola Ribeira… Ademais houbo varios garaxes e unha vivenda inundados, e houbo varios cortes en estradas por acumulación de auga. Por Fisterra, José Insua non lembraba ver caer así a auga pola Ribeira en 30 anos... #temporal #temporalElsa pic.twitter.com/A2SboAFU3r— Quepasanacosta (@quepasanacosta) December 19, 2019 Laxe Como sempre a zona da praia de Laxe quedoiu absolutamente anegada: baixos, terrazas e bares. Esta vez tocoulle o Bar Rivera onde a aunga se lle metía dentro do Bar levantando a tarima, explícannos dende Protección Civil. Na zona escolar os mestres pediron axuda para poder coller o seus coches; e o Polideportivo tamén quedou anegado.No lugar de Mórdomo tamén anegou a entrada a varias casas e na zona de Réns que limita con Vimianzo facía intransitable a vía que enlaza con Santa Irene. Santa Comba Como non podía ser doutro xeito con esas cifras, a choiva complicou bastante a circulación en estradas locais. Os tubos das cunetas non daban abasto o que provocou innumerables balsas de agua, con especial incidencia na estrada que une Esmorode con Grixoa, segundo nos contan dende Protección Civil. Dúas vivendas correron risco de pequenas inundacións. Ademais o vento provocou a rotura de dous postes de tendido electrico e teléfono así como a caída de pólas e algún que outro arbore ademais de danos en algún toldo e algunhas instalacións. Tamén en Mazaricos houbo as normais inundación, e varias árbores caídas pero pouco máis. Carballo O río Anllóns ó seu paso por Carballo (A Coruña) hoxe pola tarde. @carballo_gal @4gotas_com @OTempoTVG @ElTiempoes @MeteoGalicia pic.twitter.com/4GEbHt1yPV— Javier Freire (@JavierFreireB) December 19, 2019 En Dumbría... Imaxes da Fervenza do Ézaro do día 18/12/2019 #ezaro #cascadadeezaro #temporal @ConcelloDumbria @MeteoGalicia @OTempoTVG pic.twitter.com/W3Nu514H9a— Concello de Dumbría (@ConcelloDumbria) December 19, 2019 Máis información Completa Galería de imaxes do temporal NOVAS dos Temporais Novembro 19: O temporal de mar e vento mantén en Alerta a toda a Costa da Morte. Outubro 19: A borrasca en imaxes: Santa Comba, Vimianzo e Zas, as vilas de Galicia onde máis choveu. Xuño 19: Repaso ás numerosas incendencias que a #BorrascaMiguel deixou en pleno mes de xuño. Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel. Febreiro 2019: A borrasca Helena deixa xa ondas de 8 metros e refachos de 141 km/h na Costa da Morte. Novembro 18: O temporal de chuvia deixa numerosas incidencias na comarca."}
{"ID": "PRAZA_11290", "summary": "A restauración actualmente en marcha tivo unha achega estatal de 16,6 millóns de euros que a Xunta completara con outros 387.000, aos que agora engadirá 771.000 non previstos. Detallouno o conselleiro de Cultura durante a presentación do orzamento do seu departamento para 2020, durante a cal a oposición censurou que o Goberno semelle presentar o Xacobeo como \"remedio a todos os problemas económicos e sociais\"", "text": "A parte da restauración da Catedral de Santiago financiada con fondos do Estado e do Goberno galego terá un sobrecusto da contorna do 4,5% sobre o previsto na súa última gran achega. No ano 2015, e tras unha demora que chegou a desacougar aos responsables do templo compostelán, o Consello de Ministros deu o seu visto e prace a unha achega de 16,6 millóns de euros para financiar diversas obras na deteriorada basílica. O xeito de facelas chegar á Fundación Catedral foi transferirllos á Xunta, que á súa vez asinou un convenio coa entidade dependente da Igrexa compostelá agregando 387.987 para o control de proxectos e obras. En total, 17 millóns.A restauración actualmente en marcha tivo unha achega estatal de 16,6 millóns de euros que a Xunta completara con outros 387.000, aos que agora engadirá 771.000 non previstosDende aquel ano os traballos continuaron segundo o previsto na Catedral, que paralelamente viu culminada a restauración do Pórtico da Gloria -financiada pola Fundación Barrié-. Os fondos públicos foron parar a restauracións de puntos como a capela maior, a cuberta, ou parte das fachadas nun plan que contempla actuar tamén no interior da torre da Berenguela e en moitos puntos das naves interiores, entre outros.Este é o contexto no que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, expuxo este luns no Parlamento os orzamentos do seu departamento para o ano 2020. No apartado dedicado os fondos para restaurar diversos bens patrimoniais, dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Rodríguez detallou que os traballos na Catedral de Santiago previstos ao abeiro do devandito convenio están \"a piques de rematar\", se ben para que \"se executen na súa totalidade\" cumprirá unha achega adicional de 771.000 euros que sairá das contas do 2020.O conselleiro ve positivo que a \"única desviación\" no custo das obras da Catedral fose esta, de apenas un 4%. Outras obras en Galicia impulsadas polos diferentes gobernos nos últimos anos chegaron a desviarse máis do 40% e no Gaiás o custo triplicáraseAs obras agora en marcha son o groso do orzamento -uns 10 millóns- e correspóndense co 51% do proxecto, segundo o conselleiro. Agora, calcula, xa é posible afirmar que a \"diferenza\" entre os 17 millóns aprobados e o custo final serán os devanditos 771.000 euros. Isto, cre, \"é para felicitarnos colectivamente, xa que nun investimento de 17 millóns nun conxunto de obras tan importante e nun ben tan delicado\", é habitual que \"xurdan cuestións que non están contempladas\" e, neste caso, a única \"desviación\" serán os 771.000 euros que a Xunta porá a maiores do previsto. En efecto, este sobrecusto do 4% está moi por baixo do acreditado noutras obras en Galicia nos últimos anos en moi diversos ámbitos. Foi o caso, por exemplo, do porto exterior da Coruña (27%), da Cidade da Xustiza de Vigo (30%), ou do centro de atención a persoas con discapacidade de Política Social en Santiago (40%). Na Consellería de Cultura o caso máis rechamante de sobrecustos foi a Cidade da Cultura, que chegou a triplicar o orzamento previsto inicialmente.Este foi un dos aspectos destacados por Román Rodríguez a respecto dunhas contas no que o montante total previsto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para intervir e restaurar bens patrimoniais baixa un 7% en 2020 con relación ao previsto nos Orzamentos Xerais de 2019. Esta partida, que engloba as intervencións en edificios e outras construcións, a conservación de pinturas murais e retablos e a atención a xacementos arqueolóxicos, está dotada para o ano que vén con 5,29 millóns de euros, mentres que en 2019 acadou 5,68. O conxunto do programa de protección en promoción do patrimonio histórico, artístico e cultural, dependente desta Dirección Xeral, manexará desta volta 16,54 millóns de euros -inclúe conceptos como os gastos de persoal-. Para 2019 foron 16,48.O Xacobeo é a estrelaA Xunta semella presentar o Xacobeo como \"remedio a todos os problemas económicos e sociais\" do país, lamenta o socialista Pérez Seco Estes montantes son, en calquera caso, moi inferiores ao que é a estrela da Consellería e do propio Goberno: o Xacobeo 2021, que segundo os cálculos de Román Rodríguez chega a sumar 62 millóns de euros no seu departamento, que ten un orzamento total de 143,8 millóns de euros no ano 2020. O conselleiro aproveitou a súa comparecencia parlamentaria para censurar que non haxa polo momento achegas semellantes do Goberno central para un evento que, lamenta a oposición, semella ser o único plan do gabinete de Alberto Núñez Feijóo para o país. Así, dende o PSdeG o seu deputado José Manuel Pérez Seco lamenta que a Xunta opte por \"abandonar a cultura e a lingua galega\" mentres \"incha os orzamentos para un Xacobeo sen ideas\". \"O Goberno non ten máis impulso que o Xacobeo como remedio a todos os problemas económicos e sociais\" e, así e todo, \"o suposto incremento dos orzamentos de Turismo\" por mor do Ano Santo limítase aos 9,6 millóns que \"equivalen aos ingresos previstos por patrocinios\".Común da Esquerda ve no \"negocio\" do Xacobeo o único \"modelo\" da Xunta para a cultura e o BNG insta o conselleiro a ver que \"hai máis vida\" alén do Ano Santo e do Camiño de SantiagoDende Común da Esquerda a súa deputada Ánxeles Cuña ve unha \"falacia\" que a Xunta fale de incremento do orzamento cultural, cando realmente \"só medran para turismo e o Xacobeo\". \"O modelo do PP\" está \"claro\" para a parlamentaria: \"deixar o noso ecosistema cultural ao bordo do precipicio mentres alimenta o negocio millonario do Xacobeo\", censura.Pola banda do BNG, Olalla Rodil insta a Rodríguez a ter en conta que \"hai máis vida que o Xacobeo e o Camiño de Santiago\", por moito que ambos elementos sexan \"importantes\" do punto de vista económico e social. Neste sentido, a deputada nacionalista lamenta que na Consellería non sexan quen de ofrecer \"unha visión de conxunto\" na política cultural. \"Hai máis vida que se cae en domingo o 25 de xullo\" e o goberno debera facer máis que \"moverse ao son do botafumeiro\"."}
{"ID": "NOS_17558", "summary": "A obra constará de 31 fascículos que se publicarán de terza a sexta feira nos meses de setembro e outubro. Nela trataranse algo máis de 200 apelidos.", "text": "Nós Diario agasallará ás súas lectoras e lectores cun novo coleccionábel co nome de Onomástica nacida da terra dedicado, nesta ocasión, aos apelidos. En 31 fascículos, que sairán de terza a sexta feira este mes e tamén en outubro, poderemos saber máis da onomástica galega a través de etimoloxías e baseándose nas investigacións de persoas doutas na materia. Por este motivo achéganse especialistas como Gonzalo Navaza, Ana I. Boullón Agrelo, Clara Iglesias, Fernando Cabeza Quiles, Edelmiro Bascuas, Eligio Rivas Quintas, entre outras. \"Non resultou moi sinxelo, pois buscabamos apelidos –con relación toponímica– que tivesen no noso país formas deturpadas ou castelanizadas\", sinalaba o seu autor, Héitor Picallo, nunha recente entrevista a Nós Diario. Apunta que, para este coleccionábel, \"quixemos adobialo con referencias históricas, quer dalgúns lugares citados quer dos antropónimos, na procura de datos curiosos e, ao mesmo tempo, daqueles que dean visibilidade ás mulleres deses tempos, agochadas tantas veces debaixo dun patriarca ou dunha elipse documental\". Neste traballo poderemos atopar apelidos que están \"en vías de desaparición, no que só existen un puñado de individuos que o usan nese momento\" e ademais \"co agravante de que se vai colocado en segundo lugar –habitualmente o apelido materno– ten todas as cartas para esfarelar entre papeis, recordos e manuscritos: a nosa vida, a nosa identidade recollida en arquivos\". Picallo asegura que \"en todo apelido hai algo interesante agochado que se pode resaltar: o nome dun lugar, a vinculación cun personaxe histórico, unha evolución ilóxica ou relacións etimolóxicas entre algúns deles\". Neste coleccionábel tamén poderemos ver como se castelanizaron moitos apelidos. \"Basta rabuñar un chisco na cerna da \"árbore familiar\" para sabermos que antes dun Fuentes houbo un \"de la Fuente\", e en tempos máis antigos un \"da Fonte\". En conclusión, podemos sinalar que \"aos nosos antepasados mudáronlles os nomes da súa proxenie\", e nós\", asegura Picallo."}
{"ID": "NOS_22641", "summary": "O bebé chegou ao mundo nas últimas horas na República Dominicana.", "text": "O 31 de outubro de 2011, hai xa máis dunha década, o planeta Terra superaba a barreira dos 7.000 millóns de habitantes. Esta mesma terza feira, día 15 de novembro, a poboación mundial alcanza un novo fito histórico: 8.000 millóns de persoas. Damián, un bebé nado en Santo Domingo (República Dominicana) nas últimas horas con 52 centímetros de altura e 2,77 quilogramos de peso, será por sempre lembrado como ese habitante número 8.000.000.000, segundo recolle o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA, en inglés) a través da campaña de conteo '8 Mil Millóns Máis Fortes'. Trátase, con todo, dunha estimación que fai Nacións Unidas, pois resulta imposíbel saber con certeza cal é o nacemento que marque un número tan preciso de habitantes en todo o mundo. Esta terza feira, segundo o conteo da ONU, alcánzanse os 8.000 millóns de persoas, polo que as aproximacións levaron o pequeno Damián a obter esta distinción. Sonia Vásquez, representante do UNFPA na República Dominicana, asegurou esta terza feira que a chegada ao mundo de Damián \"representa moita esperanza en que todas as crianzas que nazan neste planeta sexan recibidos en condicións. É o que procuramos, cero mortes maternas, cero morbilidade, cero enfermidades e saúde\". Distribución da poboación mundial No presente ano, o continente máis poboado do planeta é, con diferenza, Asia, con máis de 4.700 millóns de habitantes. A nivel nacional, a China fica á cabeza (1.448 millóns), seguida moi de perto da India (1.393 millóns). África é a segunda nesta clasificación, mais a unha ampla distancia de Asia, cun total de 1.406 millóns de persoas en 2022 e con Nixeria no primeiro posto a nivel continental (216 millóns). En terceiro lugar, con máis de 1.030 millóns de habitantes, fica América, incluíndo neste conteo tanto a do Norte como a do Sur, e o país máis poboado son os Estados Unidos (334 millóns). Europa prosegue na táboa, con máis de 747 millóns de habitantes e Rusia á cabeza (145 millóns), mentres Oceanía ocupa o último posto cuns 44 millóns de persoas e Australia liderando con máis da metade, 26 millóns. Segundo as proxeccións da ONU, o planeta Terra arrincará a década de 2040 con case 9.200 millóns de habitantes, e superará o limiar dos 10.000 millóns entre 2055 e 2060."}
{"ID": "PRAZA_13470", "summary": "O Goberno central inicia os trámites da nova lei contra a fraude, que anula a prescrición das rendas non declaradas no estranxeiro e veta os pagamentos en efectivo superiores aos 2.500 euros", "text": "Que non acollerse á amnistía fiscal non saia rendible. Este semella ser un dos obxectivos do proxecto de lei contra a fraude fiscal, que o Goberno central vén de comezar a tramitar. Dous meses despois de darlle luz verde á medida que consideraba unha \"ocorrencia\" na súa etapa na oposición -permite regularizar diñeiro negro pagando só o 10% do montante total- o gabinete de Mariano Rajoy tenta agora corrixir un dos seus puntos máis controvertidos. Ata o momento como norma xeral as rendas obtidas no estranxeiro e non declaradas só podían ser sancionadas, no caso de seren descubertas, no período correspondente aos últimos catro anos. Así as cousas, para moitos defraudadores seguía a ser rendible expose a seren descubertos e non ter que pagar o 10% da amnistía por unha fraude máis dilatada no tempo. De agora en diante esas rendas non prescribirán e, ademais, se son detectadas por Facenda serán obxecto dunha multa dun mínimo de 10.000 euros máis 5.000 por cada \"dato ou conxunto de datos omitidos\" -contas correntes ou inmobles, por exemplo-. As rendas non declaradas no estranxeiro non prescribirán nunca e serán sancionadas con multas dun mínimo de 10.000 euros Xunto a esta medida paliativa á controvertida amnistía o Goberno de España porá en marcha tamén outra iniciativa semellante ás que xa funcionan noutros Estados europeos, caso de Francia, no referido á limitación dos pagamentos en metálico. No momento en que entre vigor a nova normativa \"non poderán pagarse en efectivo operacións iguais ou superiores a 2.500 euros\" naquelas transaccións \"nas que interveña, cando menos, un empresario ou profesional\" aínda que cunha excepción. Se quen recibe o pagamento é \"unha entidade de crédito\", poderán seguir a circular os billetes e moedas. Nos demais casos o incumprimento traerá consigo unha multa de entre o 25% e o 100% do pagamento, a repartir \"de forma solidaria\" entre a persoa pagadora e a receptora dos cartos, \"polo que a Administración poderá dirixirse a calquera deles\", especifica a referencia do Consello de Ministros. En caso de que unha das partes implicadas sexa a que denuncie, quedará exenta da sanción. O endurecemento das sancións por \"resistencia\" ou \"obstrución\" ás inspeccións do fisco, con multas que poden chegar aos 600.000 euros, ou cambios na regulamentación do IVE na compra e venda de vivendas son, segundo a vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, os camiños para que \"declare todo o mundo\" e \"aumente a recadación\" en pleno debate sobre a subida deste imposto. \"Máis que o debate dos tipos, é importante que as bases sexan moi amplas\". Na súa opinión, a clave é \"rematar coa pregunta de 'con IVE ou sen IVE?\". Segundo Sáenz de Santamaría a intención do Executivo central non é outra que evitar que os defraudadores \"marchen de rositas\" e calcula que grazas ao novo plan poderán chegar ás arcas do Estado uns 8.000 millóns de euros máis. A pregunta non respondida segue a ser, en todo caso, canto tempo máis poderá resistir o Goberno sen acceder á recomendación da UE de subir de novo o IVE."}
{"ID": "NOS_23052", "summary": "Falando sobre o seu filme mais recente, explica a equivalência que identifica entre os métodos do capital financeiro e os da mafia: ambos acumulam riqueza sem olhar a meios. Mas enquanto os gangsters são socialmente proscritos, os banqueiros são vistos como exemplo do estofo necessário \"para vencer\".", "text": "Entrevista tirada de ODiario.info Então, Wall Street é o equivalente moderno da mafia? Exactamente. O herói de 'O lobo de Wall Street', Jordan Belfort, é irmão de Henry Hill, o personagem de 'Um dos nossos' [Goodfellas]. Este último chegava a ter tudo, dinheiro, mulheres, cocaína, enquanto ia ascendendo na hierarquia da mafia. Em Wall Street muda a decoração e, aparentemente, a moralidade é mais refinada, mas é a mesma coisa. Socialmente não é aceitável ser um gangster. Pelo contrário, é correcto fazer dinheiro graças ao sistema, sejam quais forem os meios. Onde está a linha divisória? Interrogo-me sobre isso. Quando era pequeno, observava as pessoas do meu bairro italiano: era uma coisa cheia de contrastes. Estavam ali os que tinham uma aura de responsabilidade e estavam os que a não tinham. Eu sabia que entre os excluídos havia pessoas boa, mas que era tratada como rufiões. Era tudo uma questão de imagem. \"Socialmente não é aceitável ser um gangster. Pelo contrário, é correcto fazer dinheiro graças ao sistema, sejam quais forem os meios\" Na sua opinião, o que é que fez cristalizar esta visão da sociedade? Na minha adolescência vi a 'Ópera dos três vinténs' que me abalou. A obra foi levada à cena em Greenwich Village e nunca me esqueceu o final. Quando vêm prender Mackie o Navalha, pede a palavra. Conta o que fez e é exactamente o mesmo que Chaplin em 'O senhor Verdoux': volta as suas próprias acusações contra os seus acusadores: \"O que é roubar um banco? Fundar um banco não é a mesma coisa?\", pergunta. Para ele as duas morais são iguais. \"O mundo da finança tornou-se mais brutal e lá reina a violência\" O seu herói comporta-se como um lobo, como diz no título do filme… Sim, o mundo da finança tornou-se mais brutal e lá reina a violência. Entre a 'Ópera dos três vinténs' e 'O lobo de Wall Street' há uma distância galáctica, mas para pior. Tentei mostrar esse extraordinário desbocamento. Quando mais nos afundamos neste sistema, mais aumenta o perigo à nossa volta. Normalmente, os seus personagens vivem uma ascensão, um paraíso momentâneo, uma queda e depois uma redenção. Mas aqui não há redenção. Já não acredita nela? Tenho muito medo que não haja redenção possível para os lobos. Proceder a vendas, fechar compras, ganhar, que prazer! Isso não se pode esquecer nem apagar. Portanto, não redenção possível. Falta-lhe então a sua fé católica? Desespera-me o que vejo à minha volta. Onde está o Scorcese do 'Touro Selvagem'? Desapareceu com os valores da época, que já mudaram. Hoje em dia, tudo o que se ensina aos jovens é que há que tornar-se rico. É pessimista? Sou um pessimista… com esperança. \"Hoje em dia, tudo o que se ensina aos jovens é que há que tornar-se rico\" Então converteu-se em Woody Allen? (ri ás gargalhadas) Não uma questão de conversão, há que continuar a lutar. Sinto-me sempre decepcionado, mas volto a começar do zero. Volto a amiúde um homem que considero um velho amigo, Albert Camus. Acabo de reler 'A peste' e é uma filosofia que me agrada: estamos no absurdo, mas continuamos a acreditar no homem. Teriam que o excomungar. É o quer me diz por vezes o meu director espiritual, o padre Francis Princípe. Tem 86 anos e levava-me pela mão quando ei tinha 11 anos. Celebrámos há umas semanas os 60 anos da sua ordenação. Fez-me ler Graham Greene e Camus! Foi ele quem me fez pensar que talvez não houvesse o pecado original… \"Fazer filmes significa ter uma ligação com o mundo exterior, confrontar-se com ele. E há ainda tantos filmes para fazer! Tenho pânico\" Heresia! Para a fogueira! (ri às gargalhadas) Sou um católico falhado, isso é verdade, o que me permite fazer filmes, trabalhar na indústria do espectáculo. Caso contrário não faria concessão alguma. Rezaria constantemente. Fazer filmes significa ter uma ligação com o mundo exterior, confrontar-se com ele. O senhor faz um filme de dois em dois anos. Porquê esse ritmo? Tenho consciência de que o tempo passa: Não tenho muito à minha frente. E há ainda tantos filmes para fazer! Tenho pânico. Desbaratei um período da minha vida. Nos anos 70, quando estava agarrado à cocaína… Sim. Eu era como o Leonardo DiCaprio em 'O lobo de Wall Street': queria ir até ao limite. Estive a ponto de morrer. O dia em pude olhar para mim-próprio, vi um homem que era uma fraude. Confesso que há certos elementos na personagem de Leonardo DiCaprio que são autobiográficos. Vivi uma temporada chalado. Acabara de rodar 'The Last Waltz', que tinha sido o tope da loucura e tinha começado a trabalhar no 'Touro Selvagem'. Tudo mudou. Eu não sou como o Mackie o Navalha, que não fabrica nada, não produz nada. Eu acredito! E isso pressupõe uma diferença do caraças! \"Confesso que há certos elementos na personagem de Leonardo DiCaprio que são autobiográficos\" O cinema salvou-o? Precisamente. Eu queria fazer coisas, contar histórias, dirigir filmes. Estava raivoso. Com a coca era impossível. Era um beco sem saída.´ O que é que o guia no seu amor pelo cinema? O coração. Quando faço um filme quero encontrar o coração que bate na história que conto. ´Foi uma coisa que tive de perder em «A cor do dinheiro»: não lamento ter feito este filme, mas realizei-o como uma forma de terapia. Fazia-me falta voltar a levantar-me. Paul Newman ofereceu-me essa oportunidade como um verdadeiro cavalheiro. Mas o meu objectivo último, no fundo, era 'A última tentação de Cristo': quando rodei este filme soube que tinha sobrevivido. Peguei no exemplo de John Cassavetes, de quem admiro o seu entusiasmo. Adoro 'Faces'… Filmou uma boa parte de 'O lobo de Wall Street' em digital… Sim… Tinha feito tentativas com 'Hugo', mas já não é possível fazê-lo de outra maneira. Prefiro a película química, mas é uma coisa acabada, é uma batalha perdida. O que sinto falta é do negativo. Há qualquer coisa na qualidade de um rosto no celulóide que não se encontra no digital. O grão, a respiração, não sei… O digital muda totalmente a nossa forma de ver. Como? Quando vejo uma película antiga, 'Casablanca', por exemplo, restaurada digitalmente, percebo coisas que antes não via. Afecta todo a película. Há obras que não posso voltar a ver em celulóide, são demasiado imperfeitas. O digital dá-nos uma precisão cirúrgica. Não há lugar para a imprecisão, a dúvida. Já não se suporta. De repente, pode ser que mude toda a história do cinema. Pelo menos a visão que temos dela. Talvez nós atribuamos a qualidade da película de nitrato de prata da época do cinema mudo. De repente também se redescobrem certos filmes. Sim. Na minha adolescência vi pela primeira vez o 'Cidadão Kane' e o 'Terceiro Homem', no écran televisivo. Quando voltei a vê-los no grande écran fiquei desanimado. Volto a vê-las no digital e fico desalentado. Até num tablet são geniais! A alma destes filmes sobreviveu, seja qual for o suporte. O que é que orienta as suas escolhas na hora de rodar? Os personagens. Não a história. Fascina-me o comportamento dos personagens. Hoje em dia vivemos na ditadura do 'storytelling': faz falta que haja peripécias, aventuras, sucessos. Quando Fellini fazia 'La dolce vita' não contava uma história de A a Z: deixava avançar os personagens em situações que não eram necessárias, seguia-os, observava-os e o filme construía-se assim. Os actos dos personagens davam-lhes profundidade, uma existência de verdade. Com Leonardo DiCaprio estamos completamente de acordo nisto. Perguntam-me amiúde por que razão trabalho com ele: já são cinco as vezes que colaborámos. E eu respondo: por que não? Partilhamos a mesma ambição. Revelar… E é? Qualquer coisa da natureza humana. Não há outra coisa que interesse. A arte é isso., nada mais do que isso!"}
{"ID": "NOS_31761", "summary": "Os pacientes hospitalizados aumentan a 53, nove deles en UCI, e a taxa de positividade baixa a un 3,9%.", "text": "Galiza encadea dúas semanas de ascenso de casos activos de Covid-19, que atinxen os 1.285, que supoñen 540 máis que hai unha semana, tras rexistrar outros 136 novos contaxios, que non baixan do cento diario desde o 10 de novembro. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben até o 53 -sete máis que a xornada pasada-, mentres que a taxa de positividade descende a un 3,9%. Segundo os datos publicados na mañá desta segund afeira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas deste domingo, descenden a nove -unha menos- as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galiza e aumentan a 44 -oito máis- as hospitalizadas noutras unidades, mentres que 1.232 permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en catro das sete: A Coruña e Cee, Ourense, Ferrol e Santiago e Barbanza; mentres que continúa sen cambios nas de Vigo, Lugo e Pontevedra e O Salnés. Por décimo quinta xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 aumentan en Galiza até situarse nos 1.285, ao haber máis contaxios (136) que altas (29), ao que se suma un falecemento. Con respecto ´segunda feira da semana pasada -8 de novembro- hai 540 infeccións máis. As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coade Vigo á cabeza (+51), seguida da da Coruña e Cee (+19), Pontevedra e O Salnés (+11), Santiago e Barbanza (+10), Ourense (+8), Lugo (+5) e Ferrol (+2). Os novos contaxios mantéñense desde a cuarta feira da semana pasada por riba do cento Os novos contaxios mantéñense desde a cuarta feira da semana pasada por riba do cento, con 136 no inicio desta semana, os mesmos que os deste domingo, cando hai unha semana había 54. A cifra máis baixa en canto a contaxios -desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'- rexistrouse o 11 de outubro, cando houbo 14. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende ao 3,93% no inicio desta semana, que supón o ecuador do mes de novembro, tras situarse no 4,16% este domingo. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 2.656, despois de notificar este domingo Sanidade unha nova vítima. Este óbito correspondeu a un home de 70 anos diagnosticado de Covid-19 que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña e que contaba con patoloxías previas."}
{"ID": "NOS_46243", "summary": "A autoridade en todo o Estado será o Goberno e todos os corpos policiais dependerán de Marlaska", "text": "A declaración do estado de alarma en todo o Estado español supón que \"a autoridade competente en todo o Estado será o Goberno de España\", vén de anunciar o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o Consello de Ministras e Ministros que aprobou este decreto. En virtude desta decisión, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e todos os corpos policiais autonómicos e locais quedarán baixo as ordes directas do ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska."}
{"ID": "NOS_6640", "summary": "O vindeiro sábado 7 comeza a 25ª edición do Festival de Jazz de Lugo que se desenvolve até o 30 de novembro en catro espazos da cidade da muralla.", "text": "Serán máis de trinta as citas culturais (concertos, proxeccións e unha exposición fotográfica), pensadas non só para os amantes deste xénero musical, senón tamén para lle achegar o jazz ao público neófito. Figuras internacionais como Rudresh Mahanthappa, Ernie Watts, Nguyên Lê, Jeff Lorber, Atomic ou José James comparten cartel con outros destacados nomes do panorama jazzístico peninsular e galego. O Club Clavicémbalo, o Círculo das Artes, o pub Ho! Gruf e a Casa do Saber da Universidade de Santiago serán as sedes deste evento musical que, baixo a organización da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, reunirá en Lugo grandes figuras a nivel internacional e estatal, así como recoñecidas formacións do panorama jazzístico galego. Na carteleira deste ano sobresaen, entre outras, as actuacións que ofrecerán as formacións dos saxofonistas Rudresh Mahanthappa (10 de novembro) e Ernie Watts (día 12), o guitarrista francés de orixe vietnamita Nguyên Lê (día 13), Jeff Lorber Fusion (día 14), o grupo nórdico Atomic (día 14) e o cantante José James (día 15). Entre as citas destacadas atopamos tamén un concerto de Natalia Dicenta (día 9), moi coñecida pola súa faceta como actriz, pero tamén gran intérprete de jazz; ou a estrea de 'Triangle & Square', obra encargada pola organización ao guitarrista e compositor Marcos Pin e que será interpretada por catro guitarras, unha formación nada usual no ámbito jazzístico. Así mesmo, o XXV Festival de Jazz de Lugo será o marco do concerto de conmemoración do XV aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio da Humanidade, para o que se contará con Elisabet Raspall & Clara Luna e Carmen Souza & Theo Pascal. Unha exposición fotográfica sobre estes 25 anos de traxectoria do encontro, o ciclo de proxeccións Cine Documenta Jazz e a Festa do Jazz que terá lugar na praza do Campo Castelo son algunhas das actividades paralelas incluídas na programación que, como en anos anteriores, acollerá tamén diferentes sesións didácticas co obxectivo de impulsar a divulgación deste xénero musical."}
{"ID": "PRAZA_182", "summary": "A feble memoria política colectiva e o escaso peso dos avatares políticos galegos na axenda estatal permitiron que o decorado audiovisual do mitin de Rajoy en Madrid, a Catedral de Santiago e o Pazo de Raxoi, sede do Concello compostelán, pasase practicamente desapercibido", "text": "A pasada fin de semana o PP celebrou en Madrid a convención dende a que se lanza ao longo ano electoral de 2015, un ciclo de comicios que no caso galego se prolongará, agás sorpresa maiúscula, ata 2016. No mitin final do evento, celebrado baixo a longa sombra de Luis Bárcenas, o líder dos conservadores e presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, arengou os seus ante enormes pantallas que alternaron a imaxe dunha bandeira española coa de diferentes espazos monumentais. Unha delas foi unha panorámica do centro histórico de Compostela, coa Catedral como protagonista e, diante dela, a terraza do Pazo de Raxoi, emblemático edificio que comparten a Presidencia da Xunta e o Concello de Santiago. Nesa terraza de Raxoi, pazo no que Rajoy pasou a súa etapa como vicepresidente da Xunta, comezou simbolicamente hai tres anos e medio o via crucis do PP no consistorio da capital de Galicia. O 1 de xullo de 2011 o flamante alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, ofrecía nos primeiros minutos do seu mandato un concorrido convite no que destacaba a presenza do presidente da Xunta. Nove meses despois Conde Roa víase obrigado a ceder o bastón de mando por mor da fraude fiscal da súa construtora. Case a continuación, a trama Pokémon sumía no descontrol o goberno local que, xa con Ángel Currás á fronte, avanzou inexorablemente cara a un caos que estourou de vez coa inhabilitación por prevaricación da metade do seu gabinete. A feble memoria política colectiva e o escaso peso dos avatares políticos galegos na axenda estatal permitiron que o decorado do mitin de Rajoy pasase practicamente desapercibido A excepcional crise institucional da capital de Galicia culminou coa intervención directa do presidente da Xunta e do PPdeG, quen deu en colocar como terceiro rexedor en tres anos ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, quen pechara simbolicamente a lista popular en 2011. Así, dende o pasado xullo, Hernández ten a tarefa de reconstruír as ruínas do consistorio e do PP local á fronte dun gabinete formado maioritariamente por edís non electos. Malia estes acontecementos, a feble memoria política colectiva e o escaso peso dos avatares políticos galegos na axenda estatal permitiron que o decorado audiovisual do mitin de Rajoy en Madrid pasase practicamente desapercibido. O atribulado presidente, que noutrora apoiara persoalmente con entusiasmo a candidatura de Conde Roa... Seguir lendo en Propósito de emenda Propósito de emenda, crónica política no Obradoiro de Praza Pública"}
{"ID": "NOS_50740", "summary": "A Coordinadora Constituínte do Projecto Independentista (CCPI) recorda que, após a liberdade con cargos de Maria Osório, son aínda oito os cidadáns galegos dispersados nos cárceres do Estado. Sete deles non foron xulgados e ningún foi sentenciado", "text": "A Coordinadora Constituinte do Projecto Independentista (CCPI) vén de emprazar \"ás forzas sociais, sindicais e políticas soberanistas e nacionalistas\" a se comprometeren \"na asignatura da solidariedade\" cos sete cidadáns galegos que se atopan presos e sometidos a dispersión no Estado español. Así mesmo, piden un rexeitamento conxunto á criminalización \"desa solidariedade, apresentada como apoloxía do terrorismo\". Así o sinalan nun comunicado enviado á imprensa co gallo da posta en liberdade de Maria Osório, que ficaba encarcerada desde decembro de 2011 e dispersada en Villabona, Asturies, sen ser xulgada. Recordan desde o CCPI que na situación de Osório hai outras sete persoas: Eduardo Vigo, Antom Santos e Roberto R. Fialhega 'Teto', apresados tamén en decembro de 2011; Carlos Calvo, Xurxo R. Olveira e Diego Santín, detidos en setembro de 2012; e Hadrián Mosqueira 'Senlheiro', a quen prenderon en xaneiro deste mesmo ano. Dispersado e á espera de xuízo estivo tamén Telmo Varela. Prendérono en marzo de 2011 e foi xulgado esta semana. Após comparecer, volveu ingresar en prisión sen se ditar sentenza. \"Sempre fóra do territorio galego e sob incumprimento da lexislación penitenciaria estatal e internacional, sometidas a todo tipo de privacións e vulneracións dos seus dereitos\". Así describe o CCPI a situación en que se desenvolve a prisión preventiva para os presos \"políticos\", subliñando de seguido que a Coordinadora asome \"as reivindicacións básicas\" que o Colectivo de pres@s independentistas fai co xexún que realizan nos cárceres a última sexta feira de cada mes. Reclaman, xa que logo, a fin da dispersión, o reagrupamento nas prisións da Galiza, que remate o réxime de prisión preventiva que pode prolongarse durante catro anos en aplicación da lexislación antiterrorista, e que se poña fin á \"vulneración sistemática\" dos seus dereitos. E é aquí onde procuran \"o compromiso\" das forzas políticas, sociais e sindicais soberanistas e nacionalistas."}
{"ID": "NOS_4244", "summary": "O feche de camas é xa unha tradición que se sucede ano tras ano nos meses estivais nos hospitais galegos. Unha situación insostíbel para moitas e moitos doentes que se ven abocados a agardar en salas de espera saturadas por uns servizos aos que teñen dereito en situacións nas que a súa dignidade e privacidade pouco parecen importar. Mentres tanto, o Sergas non busca solución a este problema, pois directamente non o recoñece como tal. Publicamos un extracto da información recollida no semanario Sermos Galiza 256.", "text": "A Consellaría de Sanidade afirma que este verán, nos hospitais galegos, se fechan ao redor do 15% ou 20 % das camas, o que supón aproximadamente unhas mil. Porén, segundo datos da CIG, o número de camas fechadas ascende a 1.200. Este feche vén dado pola falta de persoal, que se atopa en período de vacacións durante os meses estivais. Nun contexto en que se fechan camas e en que o número de traballadoras e traballadores é insuficiente, as listas de agarda, que xa non eran especialmente curtas, alónganse. Como consecuencia, hai un grave atraso no acceso aos servizos sanitarios. A situación empeora debido á existencia de camas bloqueadas nas que non se pode ingresar e que non se están cuantificando, explícanos María Xosé Abuin, secretaria nacional de CIG-Saúde. Este contexto obriga a reducir o número de intervencións cirúrxicas, así como o número de hospitalizacións, o que leva a ampliar os tempos de agarda que, como explica Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, \"xa son moi pouco aplicábeis\". Os problemas non se quedan en quirófanos e camas, senón que xorden tamén en Atención Primaria, onde, como consecuencia da falta de facultativos, féchanse as axendas e comeza a haber listas de agarda. E é que non se substitúe o persoal de vacacións. \"É unha aberración que a atención primaria teña espera, xa que é unha atención inmediata e, polo tanto, diminúese a calidade\", sinala Manuel Martín en declaracións a Sermos Galiza. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 256, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_49859", "summary": "Primeira reunión da Executiva Nacional do BNG eleita onte na XIV Asemblea Nacional. 12 caras novas. Un portavoz nacional novo. O BNG, por boca de Xavier Vence, anunciou que lanza un debate social sobre a soberanía.", "text": "Os 15 membros da Executiva Nacional do BNG realizaron na mañá desta segunda feira a súa primeira xuntanza. Unha cita de \"toma de contacto\" e de avaliación da XIV Asemblea Nacional, desenvolvida este domingo en Compostela. De feito, na reunión non se procedeu ao reparto de responsabilidades ou áreas. \"Iso é algo que abordaremos nos vindeiros días\", sinalou Xavier Vence, novo portavoz nacional. Vence destacou que na nova dirección da fronte nacionalista hai un 80% de caras novas, unha renovación coa que encetar o camiño de \"reconectar coa cidadanía. Queremos ser a opción da maioría dos galegos e das galegas\". Para iso, o portavoz nacional trazou tres liñas de traballo: reforzar a presenza na sociedade, nomeadamente nos movementos sociais; afortalar a actividade construtiva de políticas alternativas nas institucións e \"abrir un proceso de debate na sociedade sobre a alternativa soberanista\". Diálogo e autoorganización O portavoz do BNG tamén apuntou, a preguntas dos xornalistas, que están abertos ao diálogo con outras forzas nacionalistas no camiño de ir tecendo complicidades, e avanzar cara á constitución \"dun polo nacionalista\". O que o propio Xavier Vence cualificou como \"movemento social multicor pola soberanía\", que abranguería organizacións políticas, sindicais, sociais,... Só habería unha precondición neste proceso, apuntou Vence: \"O respecto do principio de autoorganización\". Tamén a perguntas da imprensa, o portavoz nacional do BNG transmitiu o respecto da Executiva Nacional á decisión de Aymerich de renunciar o seu escano. \"Imos seguir contando con el, como co conxunto de Abrente\", esclareceu."}
{"ID": "NOS_51448", "summary": "As primeiras doses arribarán a cuarta feira. Sobre a vacina de AstraZeneca, a ministra Carolina Darias segue a considerar só dous dos catro posíbeis escenarios que avalía a comunidade experta, á espera do que diga a \"evidencia científica\".", "text": "A ministra de Sanidade, Carolina Darias, avanzou que a vindeira terza feira, 13 de abril, chegarán a España as primeiras doses da vacina de Janssen, que só precisa dunha inxección para lograr a inmunidade fronte a Covid-19. As previsións do Ministerio de Sanidade, confirmou, é que España reciba até 5,5 millóns de viais de Janssen entre abril e xuño. \"A terza feira, á primeira hora, chegan estas vacinas e, en principio, vai aplicar de acordo coa última actualización da estratexia de vacinación na mesma tipoloxía que as de RNA; é dicir, que iremos converxendo de 80 anos para abaixo\", apuntou. Evidencia científica Sobre a vacina de AstraZeneca, a ministra afirmou que os expertos están a valorar distintas opcións respecto a que procedemento seguir coa segunda dose, e subliñou que a decisión que tome o Goberno \"virá sempre da man da evidencia científica\". Darias expuxo que se poden dar distintos escenarios, mais referiuse só a dous, os mesmos enunciou esta mesma semana: o primeiro, quedar coa primeira dose e prescindir da segunda, dado que ofrece unha protección de 70%, e a segunda, pór unha segunda dose no tempo oportuno con outra vacina de tipoloxía RNA, algo que xa adoptaron outros países como Alemaña ou Francia. Catro escenarios posíbeis Porén, a comunidade científica suma outros dous escenarios a estes primeiros. Federico Martinón, membro do Comité Asesor de Vacinas da Organización Mundial da Saúde e xefe de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela asegura que \"é moi remoto\" que unha persoa que recibiu a primeira dose da vacina e non tivo \"ningún problema\" o vaia a ter coa segunda. Esta é, de feito, a opción pola que se inclina o investigador, por completar a pauta con AstraZeneca. A segunda opción, defende, sería usar unha vacina distinta como segunda dose. Unha alternativa en estudo, nomeadamente sobre as posibilidades de \"intercambiabilidade\" cuxos resultados aínda non están dispoñíbeis. Con todo, aclarou, son anteriores a esta situación, e teñen relación cunha eventual rotura de stock. Unha persoa que recibiu a primeira dose da vacina e non tivo ningún problema o vaia a ter coa segunda A terceira opción consistiría en obviar a primeira dose e comezar de novo a pauta completa con outra vacina. Esta dixo, sería a \"menos probábel\", xa que significaría \"moitas máis doses das que lamentabelmente están dispoñíbeis\". E por último, dixo, estaría a posibilidade de considerar que unha persoa que recibiu a primeira dose está \"completamente protexida\" e vixiar a súa evolución para confirmar que é suficiente. Chamamento á tranquilidade Todas as opcións están sendo analizadas e neste contexto as autoridades políticas e científicas coinciden nun chamamento á tranquilidade. Dunha banda, Martinón lembrou que tanto a OMS como a Axencia Europea do Medicamento son \"favorábeis\" a seguir administrando a vacina de AstraZeneca e a que non se cambien os perfís dos pacientes aos que se administra, xa que é así como se está realizando na maioría dos países do mundo. Doutra, Darias fiou a solución final ao consello das persoas implicadas, que han ofrecer unha \"resposta segura e en concordancia ás circunstancias da propia metodoloxía da vacina\", para reivindicar a eficacia, a seguridade e a capacidade de todas as vacinas para salvar vidas. Da man de Europa A maiores, a ministra de Sanidade afirmou que non hai ningunha \"veda aberta\" para que as comunidades autónomas adquiran o tipo de vacina que consideren, polo que pediu \"corresponsabilidade\" ás autonomías. \"A única vía que ve o Goberno de España, que é a vía da fortaleza, é ir da man coa Unión Europea\". Para a ministra, ter unha estratexia de compra anticipada como tivo Europa foi un fito sen precedentes. Ademais, defendeu o cumprimento do Goberno de España con todos os territorios e a cidadanía a respecto da vacinación."}
{"ID": "NOS_27942", "summary": "A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, pon en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización ambiental na infancia iniciada por @AverAves', para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19.", "text": "A actividade contempla a creación dun \"caderno de campo\" en familia no que as nenas e os nenos poden debuxar as especies de aves observadas desde as fiestras, para despois compartilas nas redes sociais, a través do cancelo #AvesDesdeCasa. Para facilitar a observación, a Deputación editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas nesta zona da Galiza, como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros, anduriñas comúns e cirrios comúns. A proposta quere impulsar, neste tempo de illamento, o vínculo entre a cidadanía e a natureza. Así, a Deputación anima a veciñanza a rexistrar nun \"caderno de campo\" todas as especies que observan coa axuda da lámina, na que se inclúen as especies máis habituais nestas datas. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, para impliar as crianzas no acehgamento á natureza, mesmo desde as casas. A través desta actividade, as entidades impulsoras queren tamén poñer en valor a importancia das aves como bioindicadoras da calidade de vida, \"pois está demostrado que as contornas que albergan grande número de aves son máis saudábeis\", indican desde a Deputación."}
{"ID": "PRAZA_15809", "summary": "A formación abrirá conversas para constituír \"unha gran candidatura galega\", pero a decisión definitiva será adoptada pola militancia, nunha convención que se celebrará en abril", "text": "Compromiso por Galicia celebrou este sábado pola mañá xuntanza do seu Consello Político Nacional, na que entre outros asuntos se debateu a \"folla de ruta\" da formación de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Tras un \"profundo debate\", cunha análise previa do resultado electoral das eleccións ás Cortes xerais, a posición maioritaria do máximo órgano de decisión política de Compromiso fora da súa asemblea nacional, foi a de \"explorar unha alianza electoral con vocación galega, para a concorrencia ás eleccións galegas de 2016, sen veto á incorporación de calesquera forzas políticas\". A proposta, defendida por algúns membros do Consello Político, implicará delegar na Comisión Executia Nacional de Compromiso a apertura de negociacións de cara a fomentar \"unha candidatura única galega\". O secretario xeral, Xoán Bascuas, afirmaque \"a proposta aprobada tan só implica a apertura de conversas e negociacións de cara a construir unha gran candidatura galega, pero en ningún caso implica alianzas concretas, pois en Compromiso quen decide cara onde se camiña é a afiliación\". A convención celebrarase no mes de abril e nese momento Compromiso por Galicia decidirá a súa opción de concorrencia ás eleccións galegas deste ano."}
{"ID": "NOS_35644", "summary": "O Museo do Pobo Galego pecha o ano das Letras de Antón Fraguas cunha exposición de postais e un concerto na súa homenaxe.", "text": "O Museo do Pobo Galego pecha o ano dedicado a Antón Fraguas con varias actividades que prouran render unha última homenaxe ao que foi presidente do Padroado da institución. A Biblioteca do Museo do Pobo Galego organiza unha exposición cun dos trazos máis persoais do arquivo de Fraguas: unha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a súa correspondencia. A mostra, situada na entrada ao claustro do Museo, estará aberta ao público ata finais de 2019. Na selección pódense ver postais enviadas por Manoel Beiras, Ben-Cho-Shey ou Francisco Fernández del Riego. Por outra banda, o dúo Oradaladou interpretará o vindeiro sábado 28 de decembro ás 19:30 horas no Museo do Pobo Galego un repertorio de 13 pezas do seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das coplas recollidas por Antón Fraguas. A actuación, que terá lugar no aniversario do seu nacemento, será a actividade que clausurará a exposición temporal Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019. A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo."}
{"ID": "PRAZA_10789", "summary": "No acordo entre PSdG e BNG de hai 14 anos, a casa non se comezou polo tellado: primeiro foi a concordancia programática e logo veu todo o demais. Un exemplo que deberían imitar Sánchez e Iglesias.", "text": "Observando a metodoloxía desenvolvida nas recentes negociacións entre PSOE e Unidas Podemos, estaba matinando na posibilidade de que Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana enviasen un dossier a Pedro Sánchez e Pablo Iglesias explicando, documentadamente, o que sucedeu no ano 2005, nas semanas previas á consecución dun pacto entre PSdG e BNG para gobernar conxuntamente a Xunta de Galiza.Ben sei que as situacións, en xeral, non son comparábeis. A envergadura da Administración concernida é diferente. Podemos -a parte principal da coalición UP- é unha organización con moi poucos anos de vida e con experiencia limitada en gobernos de coalición co Partido Socialista no ámbito municipal. Ademais: non hai precedentes desas fórmulas de goberno a nivel estatal (asignatura pendente do sistema político español dende 1977). Con todo, na experiencia galega do 2005, tamén había retos específicos aparentemente complicados: o BNG era unha organización política que non participara no consenso constitucional e que nunca tivera a oportunidade de formar parte do goberno da Xunta. Había, certamente, colaboracións previas entre as dúas forzas no goberno conxunto dalgúns concellos relevantes pero os resultados ofrecían luces e sombras a respecto do comportamento mutuo e dos resultados acadados.A metodoloxía utilizada durante o mes de Xullo de 2015 non foi especialmente orixinal: primeiro elaborouse un programa de goberno conxunto -con algunhas inevitábeis formulacións xenéricas que deberían ser acoutadas no propio desenvolvemento da xestión gobernamental- e despois acordouse un reparto de responsabilidades executivas nas diferentes consellarías. O pouco tempo dispoñíbel -algo mais dun mes dende a celebración dos comicios- non permitiu acometer unha remodelación substancial do organigrama establecido durante os mandatos de Manuel Fraga.Tal e como demostrou a traxectoria posterior, o acordo constitutivo do goberno era unha condición necesaria pero non conxuraba definitivamente o risco dunha dinámica de competición destrutiva entre as partes. A existencia de organismos e protocolos pensados para neutralizar ese perigo -derivado da tentación hexemonista do socio maioritario e da prevención defensiva do minoritario para non ser fagocitado- conseguiron diminuír a gravidade dos conflitos pero non foron quen de eliminalos completamente (co conseguinte custe electoral pagado nas eleccións do ano 2009).En todo caso, pódese afirmar que no acordo entre PSdG e BNG de hai 14 anos, a casa non se comezou polo tellado: primeiro foi a concordancia programática e logo veu todo o demais. Un exemplo que deberían imitar Sánchez e Iglesias."}
{"ID": "PRAZA_12526", "summary": "O Goberno central fai unha excepción na tesoirada xeralizada para aumentar o investimento en Galicia e Euskadi, as dúas autonomías que poderían pasar polas urnas antes dos seguintes Orzamentos. A Xunta apresúrase en agradecer que o AVE galego sexa \"irrenunciable\" para Fomento.", "text": "Ano 2012. O Goberno de España presenta as contas públicas máis restritivas da súa historia recente. Co alento de Alemaña e da Comisión Europea na caluga, o gabinete de Mariano Rajoy recorta 27.000 millóns de euros, tamén no gasto social, e rebaixa as a súa asignación a todas as comunidades autónomas. A todas? A todas, non. Hai dúas autonomías nas que o PP gobernante terá que pasar unha proba electoral, previsiblemente en poucos meses, antes de aplicar a segunda vaga de recortes. Nunha delas, Euskadi, a participación, agora si, de todos os actores políticos réstalles posibilidades aos populares e, polo tanto, valor como diagnose ante a crise. Noutra, comprobarase ata que punto o estrito aforro pasa factura, será o punto de inflexión para saber se o ciclo alcista dos conservadores remata onde comezou en 2009. É posible que este relato de acontecementos fose o formulado no Goberno central á hora de elaborar as primeiras contas públicas do novo Executivo central. Do documento emanado do Ministerio de Facenda e, máis concretamente, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, que dirixe a ex conselleira Marta Fernández Currás, pódense tirar conclusións que lle permiten ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo presentarlle á opinión pública conclusións favorables para os seus intereses. Galicia recibirá 1.706,15 millóns estatais en 2012, o que supoń que, lonxe de perder peso relativo gáñao, pasando do 9,3% en 2011 ao 13,4% en 2012. Ademais, en termos absolutos, o Goberno galego será o segundo que máis investimentos reciba, só superado por Andalucia, e a achega incrementa un 9% a última do equipo de José Luis Rodríguez Zapatero. Galicia e Euskadi, que votarán en menos dun ano, son as únicas autonomías nas que se incrementa o investimento real do Estado O factor determinante nestes números non é menor para a carreira cara ás urnas á que Feijóo lle podería dar o sinal de saída neste mesmo ano. Nunha época de vacas fracas na que vender obras novas á cidadanía semella ciencia ficción o Ministerio de Fomento, que dirixe Ana Pastor, dálle artillería electoral ao PPdeG en forma de euros. Non en van, dos 1.706 millóns asignados, 1.174 irán parar ao AVE galego -862,4 millóns para a conexión con Madrid e 312,5 para o Eixo Atlántico-, único gran proxecto do Goberno central en Galicia. Dado o magro balance que a Xunta pode presentar para o resto de consellerías, -restando as asignacións para Medio Rural, o resto de departamentos repartiranse 43,13 millóns- non semella casual que o primeiro encargado de avaliar as contas do Estado dende San Caetano fose o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández. Centrar o foco no AVE fronte ao duro recorte social Convertido nas últimas semanas en portavoz oficioso do Goberno -el levou o peso ante os medios da accidentada comunicación do lume das Fragas do Eume-, Hernández desfíxose en \"agradecementos\" polo lugar que ocupa Galicia nos Orzaemntos, nos que considera o recorte de case un 17% no conxunto de ministerios como \"absolutamente xustificado\". \"As cifras reflicten un compromiso que demostra que o AVE a Galicia é un compromiso irrenunciable do Goberno de España\", asegura Hernández que, a continuación, bota man dunha estratexia que en boa medida semella destinada a desactivar as posibles críticas do PSdeG. No canto de citar á súa compañeira de partido o conselleiro argumenta que o investimento no tren rápido é suficiente \"lembrando as verbas do anterior responsable\" de Fomento, José Blanco, \"que dixo que o compromiso do presidente Rajoy\" co AVE \"quedaría reflectido no caso de que posicionase unha media de 650 millóns ao ano para garantir o remate en prazo\". \"Aparecen substancialmente moito máis\", \"temos que agradecer este esforzo\", reitera. Resta saber se o PPdeG logrará situar o foco nas obras nun momento no que a tesoirada social centra a preocupación cidadá O investimento ferroviario xunto a obras de menor contía pero con importante repercusión mediática e social coma o remate da autovía do Cantábrico -que o anterior Goberno xa deixara encarreirado-, será o gran argumento que os populares galegos empreguen para tentar contrarrestar o resto de recortes que si afectarán a Galicia como ao resto do Estado, especialmente no ámbito social. Así, resta saber se o PPdeG logrará situar o foco nas obras nun momento no que cuestións como a amnistía fiscal e, sobre todo, as profundas tesoiradas sanitarias, educativas e na dependencia centran a preocupación e fan medrar a contrariedade da cidadanía. Desta conxunción de factores dependerá, en boa medida, a decisión de Feijóo sobre o momento de disolver o Parlamento e convocar comicios. Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2012"}
{"ID": "NOS_22437", "summary": "En apenas hora e media de debate @s 12 maxistrad@s acordaron por unanimidade aceptar os recursos do goberno español e suspender a lei de consultas de Catalunya por 5 meses.", "text": "O pleno do Tribunal Constitucional admitiron a trámite por unanimidade os recursos presentados polo goberno español contra a Lei de consultas catalá e o decreto de convocatoria do referendo do 9 de novembro. Esta admisión supón suspender a consulta do 9N. Ambas normas fican suspendidas durante un prazo de 5 meses. Nese prazo o TC terá que decidir se revoca a decisión ou a mantén. Esta resolución foi tomada nun pleno do TC convocado con carácter excepcional. Agora abrirase un prazo para a presentación de alegacións. O Tribunal xustificou a rapidez na decisión na \"trascendencia constitucional e política\" do proceso que se vive en Catalunya. Desde Catalunya, ANC e Ómnium, plataformas cidadás que impulsan o proceso soberanista, xa anunciaron que convocarán concentracións esta terza feira perante os concellos en defensa do referendo. Fontes da Generalitat falan de \"erro histórico\" do TC. Desde CUP e Arran convocan para esta mesma segunda feira. Vila d'Abadal, presidente deAMI (Asemblea de Concellos pola Independencia) animou á veciñanza a participar en todas as mobilizacións. Tamén en Galiza, e a nivel de redes sociais, estanse a convocar concentracións para esta terza feira a partir as 20:00 en diferentes lugares en solidariedade co pobo catalán e en apoio ao referendo. Algúns dos lugares: Vigo (Marco), A Coruña (Obelisco), Compostela (Pza Toural), Pontevedra (Pza Peregrina), Lugo, (Sub-delegación do Goberno español), Ferrol (Hino Galego), Ourense (Pza Maior), Burela (Pza da Mariña), Ponteareas (Concello) Mas: \"Nin preguntan nin deixan preguntar\" O presidente catalán afirmaba, momentos antes de se coñecer a decisión do TC, que o goberno español estaba (coa presentación dos recursos) adoptando unha actitude \"hostil\" e que \"nin preguntan nin deixan preguntar\". Desde ERC afirmaban que a mellor resposta que se pode dar a \"á negación da democracia\" é \"máis campaña pola democracia\" e animaban á cidadanía a tomar parte nas manifestacións contra a decisión do Constitucional. \"A nosa obriga é cumprir con aquilo que se lle prometeu ao pobo de Catalunya\". A CUP fixo unha chamada á \"desobediencia\" fronte non só o TC senón da \"legalidade española\". Mesmo o deputado de EUiA David Companyón afirmou que após a decisión do Constitucional que \"é hora de obedecer a legalidade catalá\". Da man 'conservadores' e 'progresistas' O TC, presidido polo ex-militante do PP Francisco Pérez de los Cobos, ten unha maioría conservadora de sete maxistrados fronte cinco dos ector denominado progresista. Pérez de los Cobos, que nun seu libro criticaba o \"onanismo da política catalá\" e afirmaba que o nacionalismo é \"a única ideoloxía capaz de seguir a producir pesadelos\"'. @smaxistrad@s decidiron a suspensión da consulta por unanimidade. En ampliación"}
{"ID": "PRAZA_7535", "summary": "Os dous eventos celebraranse conxuntamente no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. A LaconNetwork non pechou o seu programa pero xa anuncia que contará coa participación dun representante de Google, un fundador dunha incubadora e un CEO de prestixio.", "text": "A entrega dos premios Eganet e a LaconNetwork farán coincidir este ano as súas datas e celebraranse conxuntamente o vindeiro 1 de febreiro no no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Será polo tanto o gran punto de encontro e festa do do sector tecnolóxico galego. Os premios Eganet, que un ano máis entrega a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC, teñen o obxectivo de servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados total ou parcialmente por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións. Conta con cinco categorías: Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC, Premio Emprendedor TIC, Premio Aplicación Software, Premio Comunicación Dixital e Premio Negocio Online. Os galardós chegan á súa oitava edición. Pola súa banda, a LaconNetwork non pechou aínda o seu programa pero xa anuncia que contará coa participación dun representante de Google, un fundador dunha incubadora e un CEO de prestixio. Nesta ocasión as empresas e os profesionais das TIC en Galicia terán o protagonismo e como din na presentación da edición 2013: \"queremos traer a corner o mellor que poidamos liar, pero esta vez, tamén queremos que se vexa o que se está facendo aquí. Sempre falamos de que para que creza unha grande árbore, éste necesita un bosque que o acubille. Xa cremos que \"as árbores\", comezan a ser \"bosque\" … e queremos que se vexa\". Haberá tamén presentación de iniciativas de Coworking e de aceleradoras nacidas en Galicia. E o evento contará coa participacion do gañador do premio Emprendedor XXI Galicia de 2012, Roi Correa. Os e as interesadas en asistir deberán confirmar a súa participación no LaconNetwork inscribíndose a través da súa web e pagando os 21 euros que dan dereito ao xantar."}
{"ID": "NOS_43184", "summary": "A Secretaría das Mulleres da CIG impulsou unha campaña contra as discriminacións por razón de xénero no mundo do traballo. A primeira das mobilizacións será en Citroën.", "text": "A Secretaría das Mulleres da CIG ten en marcha unha campaña baixo o lema \"Xa é hora de avanzar nos nosos dereitos\" coa que se pretende visibilizar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres, polo feito de o seren, no mundo do traballo. \"O obxectivo é sacar á luz a situación de desigualdade que sufrimos as mulleres, exemplificando con casos concretos (convenio colectivo, plan de igualdade, situación concreta na empresa ou sector…) en que consiste a discriminación e como lle dar resposta\", explicou Margarida Corral, do sindicato nacionalista. Citroën: A primeira das mobilizacións será este día 11 na factoría viguesa para denunciar a vulneración de dereitos fundamentais após a imposición do \"acordo sobre sistemas de organización en casos de redución de xornada\" que limita o exercicio dos dereitos de conciliación do seu persoal. Corral denuncia que \"esta multinacional non só obriga o seu persoal a acollerse a unha redución de xornada, coa merma salarial que isto supón, para poder conciliar, imposibilitando unha concreción da xornada laboral flexíbel, senón que impide o dereito das traballadoras e traballadores a poder decidir a concreción horaria da súa xornada\". Unisono: esta empresa do sector de centros de chamadas foi denunciada por denegar solicitudes de redución de xornada por garda legal, concretadas de segunda a sexta feira, pese a ofertar un posto de traballo neste horario. Froiz: \"Se tes quenda partida e solicitas reducir a tarde non cha aceptan e mándanche comezar a rotar en quendas semanas de maña e tarde. Ao cumprir as crianzas os 8 anos de idade chaman de Relacións Humanas para que fagan una renovación da redución (que agora é extensiva aos 12 anos) que aproveitan para modificar os horarios, especialmente nos casos en que as persoas teñan quenda única de mañá ou non traballen os sábados. Mesmo tivemos varias denegacións de remate do goce de redución de xornada, alegando que non tiñan necesidade de máis horas de contratación nesa tenda\". Inditex: denega de xeito arbitrario a meirande parte das solicitudes de concrecións horarias das reducións de xornada e non aplica as medidas de flexibilización horaria da xornada sen reducila. Pescanova: aquelas persoas con contrato a tempo parcial ligado a unha flexibilidade horaria en termos absolutos (días/horas 365 mañá, tarde, e noite) a empresa négalle o dereito á concreción horaria ao persoal con crianzas menores de 12 anos, empregando o argumento de que só se pode concretar o horario se hai redución de xornada. Cuestión que está nos tribunais pendente de resolver e da que a CIG se fará eco durante a negociación do seu plan de igualdade. Grupo Norte: as traballadoras veñen mobilizándose nas últimas semanas en demanda de igual traballo, igual salario. Unha denuncia que se manterá nas vindeiras semanas, xa que non é o único caso de discriminación salarial por razón de sexo, vinculada á clasificación profesional, salienta a CIG. Administración pública. Desigualdade e discriminación non só se dan só nas empresas privadas, senón tamén nas administracións públicas. Eis casos como o do Sergas, que segue a aplicar a lexislación anterior e só aceptan reducións de un terzo ou de media xornada. . \"É moi común a denegación das reducións de xornada nos PAC ao coincidir varias persoas con crianzas a cargo. Alén diso, nos meses de verán auméntanlle a xornada xusto cando solicitaban reducir\", afirmou. Do mesmo xeito asegurou que o Consorcio denega sistematicamente a concreción horaria das reducións de xornada, impide a flexibilización sen concreción e mesmo as permutas para o persoal interesado en cambiar de lugar de traballo con crianzas a cargo."}
{"ID": "NOS_5125", "summary": "O candidato do BNG á Presidencia da Xunta formalizou onte a súa reununcia como deputado no Congreso, despois de ter defendido 734 iniciativas parlamenteres. O seu escano será asumido por Rosana Pérez. Jorquera pronunciou a pasada terza a súa derradeira intervención no Parlamento español reivindicando a política ao servizo do pobo.", "text": "Francisco Jorquera renunciou onte ao seu escano no Congreso para se centrar na campaña do 21-O. A pasada terceira feira pronunciaba a súa derradeira --como el mesmo dixo literalmente-- intervención no Parlamento español. Na súa alocución, que puña fin a máis de 7 anos nas Cortes do estado representando o BNG --primeiro no Senado e desde 2008 no Congreso--, Jorquera declarou cunha emoción que describiu como \"paradóxica nun soberanista\" que fora unha honra \"ter a oportunidade de falar desde a mesma tribuna en que o fixeron destacados galeguistas como Castelao, Suárez Picallo, Otero Pedrayo ou Antón Vilar Ponte\". Reivindicación da política ao servizo do pobo Malia as evidentes diverxencias entre as posicións defendidas ao longo destes anos polo nacionalista como portavoz parlamentar, Jorquera aproveitou os seus últimos minutos na palestra do Congreso para reivindicar a política. \"Fronte a imaxe que moitas veces se proxecta do Parlamento, aquí convivín con deputad@s honest@s, traballador@s e riguros@s\". Porén, formulou algunhas críticas a respecto do funcionamento da cámara afirmando a súa preocupación \"pola perda de vitalidade política e democrática desta\". \"Moitas das decisións fundamentais para o futuro da sociedade non se substancian neste ámbito, moitos dos problemas que afectan á vida diaria dos pobos e da cidadanía non teñen reflexo nas prioridades da axenda parlamentar\", denunciou. Asemade, defendeu a necesidade dunha democracia real, máis participativa, que segundo Jorquera pasa pola revitalización dos parlamentos, para os converter en \"auténtica expresión da vontade popular\". Agradecementos por un \"traballo de equipo\" e ovación de toda a cámara O até onte portavoz do BNG no Congreso tivo palabras de agradecemento para a súa equipa. \"Tocoume poñer voz en nome do BNG un traballo de equipo\" lembrou. Na tribuna de convidad@s estaban presentes moit@s d@s súas e seus colaborador@s. Jorquera concluíu a súa intervención cun \"até sempre, moitas grazas\", tras o que recibiu a ovación de todo o arco parlamentar durante algo máis dun minuto. Ademais, o Presidente do Congreso, Jesús Posada, dirixiuse ao deputado nacionalista para lle expresar en nome todos os grupos \"a enorme satisfacción\" por teren compartido cámara con el. \"Pode vostede sentirse orgulloso do labor realizado\" aseguroulle Posada. Unha intensa acción parlamentar en defensa do pobo galego A súa saída do Congreso para se centrar nas eleccións do 21-O en que é candidato á presidencia da Xunta polo BNG, pon punto e final a unha traxectoria marcada por unha intensa acción parlamentar. 734. Ese é o número de iniciativas parlamentares asinadas desde 2008 por Francisco Jorquera como deputado. Cifra que lle fixo merecedor, canda a tamén deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, do recoñecemento ao BNG como un dos grupos parlamentares con maior actividade, malia non contar con grupo propio e ser un deputado e unha deputada. 66 preguntas orais, 644 preguntas escritas, 22 solicitudes de informes e 2 propostas de comisión ou ponencia, constitúen a bagaxe parlamentar de Jorquera en Madrid, centrada na defensa dos intereses de Galiza e nomeadamente das clases populares. As principais iniciativas do BNG no Congreso As principais iniciativas parlamentares do BNG desde que Francisco Jorquera Caselas asumises en 2008 a portavocía nacionalista no Congreso, centráronse na defensa dos sectores produtivos galegos (leite, pesca, enerxía, conserva ou construción naval). En materia económica o Bloque apostou por unha saída social á crise, en coordenadas moi diferentes ás propostas polos gobernos de Zapatero e Rajoy, opoñéndose á todos os seus paquetes de recortes e formulando propostas alternativas (apoio a PEMEs, reforma fiscal, salario social para desempregad@s de longa duración). Tamén foi significada a defensa do aforro galego contra o proceso de centralización e bancarización das caixas. Jorquera manifestouse rotundamente contrario á reforma da Constitución, pactada entre PP-PSOE para garantiren o pagamento da débeda coa banca privada transnacional. No eido social e do traballo, o BNG opúxose frontalmente ás reformas laborais aprobadas por Zapatero e Rajoy, así como á reforma das pensións que supuxo o seu empobrecemento e o atraso na idade de xubilación. @s nacionalistas fixeron tamén numerosas propostas co fin de aminorar os efectos sociais da crise, entre as que destaca a demanda da dación en pagamento das hipotecas para evitar os desafiuzamentos. En relación ás políticas de igualdade, o BNG votou a prol da lei de interrupción voluntaria do embarazo, hoxe ameazada polo Partido Popular. A defensa dun maior autogoberno para Galiza foi unha constante da acción parlamentar do Bloque en Madrid, defensa que se substanciou na solicitude de transferencia das competencias en materia de tráfico ou na proposición de eliminación das deputacións provinciais. En materia de política internacional o discurso da fronte nacionalista estivo marcado por un forte compromiso en chave antimperialista, reclamando reiteradamente o regreso das tropas de Afganistán, opoñéndose a intervencións militares como a de Libia e procurando axuda a pobos oprimidos como Palestina ou o Sáhara. Engádense tamén iniciativas que pretendían favorecer o desenvolvemento de infraestruturas do país, cunha teimuda reivindicación da mellora dos camiños de ferro e do tren de proximidade para Galiza. Ademais da oposición ao desenvolvemento nuclear ou á denominada Lei Sinde, ambas as dúas cuestións incluídas na denominada Lei de economía sostíbel aprobada por Zapatero."}
{"ID": "PRAZA_13396", "summary": "O equipo galego gaña 3-1 ao Cádiz nun partido no que aproveitou a estratexia cando o campo estaba enchoupado e no que controlou o rival ao mellorar o terreo. O gol a última hora dos andaluces deixa aínda aberta unha eliminatoria que mereceu sentenciar.", "text": "Nin a chuvia pode con este Lugo. O conxunto dirixido por Quique Setién goleou (3-1) o Cádiz e colleu unha importante vantaxe de cara á volta, poñendo un pé na Segunda División. Queda a un paso do soño o equipo branquivermello, que superou todas as adversidades, incluída a dun campo enchoupado na primeira parte pola auga que caeu durante todo o día e que para nada lle viña ben ao seu habitual xogo combinativo. Só o gol a falta de dez minutos dos andaluces ponlle algo de emoción a unha eliminatoria que está moi encarrilada. Cando non podes usar as túas armas hai que optar pola máis axeitadas en cada momento. Aí é onde se ve tamén o traballado que está un equipo. Consciente da dificultade de facer circular o balón nun Anxo Carro enlamado, o Lugo aproveitou dúas xogadas a balón parado para adiantarse no marcador. Na primeira, foi o coruñés Pita quen aproveitou o rexeite do porteiro a unha cabezada. Na segunda, tocoulle a Belencoso poñer o 2-0 que colocaba no marcador unha vantaxe ideal para a volta. Consciente da dificultade de facer o seu xogo, o Lugo aproveitou a estratexia e o balón parado para dominar o Cádiz Soubo aguantar o Lugo os ataques dun Cádiz inofensivo, tan sorprendido polo estado do campo como polo bo facer dun equipo que non debería ser o máis beneficiado pola lameira. Pero si o foi, porque soubo esforzarse e meterlle toda a ilusión do mundo Contaxiado polo excelente ambiente dun estadio cheo, os branquivermellos foron mellorando tamén a medida que o campo recuperaba algo. A canto máis podían combinar os galegos, mellor controlaban o encontro, axudados tamén por un gran Pita, que volveu -e notouse- tras a súa ausencia nos últimos partidos. O gol do Cádiz a dez minutos do final frea a euforia, pero non a ledicia por un resultado moi bo para a volta Pero o Cádiz non dixera a última palabra. Recuperáronse os andaluces e comezaron a acosar a meta de Escalona, pero foi aí cando o Lugo volveu dar un paso adiante, demostrando a súa superioridade. Quero pelexou un balón na área pequena e aproveitouse dos erros da defensa amarela para colocar un 3-0 que parecía definitiva. Ao final, igual que ante o Baleares, un tanto a última hora do amarelo freou algo a euforia, pero non a ledicia por un resultado que calquera afeccionado asinaría antes do comezo. Os amarelos, desquiciados co árbitro ao final, saben do difícil que o teñen. Queda o Lugo a un só paso. Vinte anos despois pode regresar á Segunda División e defender como Galicia merece o lugar que Deportivo e Celta deixaron na categoría de prata. Terá que defender unha boa renda pero nun campo de Primeira e cunha afección ao nivel das mellores do Estado. Será o máis perigoso. No resto, os de Setién xa demostraron que poden con todo. Con rivais históricos, coa treboada e cun campo enchoupado. Xa queda menos."}
{"ID": "NOS_43031", "summary": "O comité de empresa asegura que a aplicación da medida que afecta a 280 condutoras e condutores é unha \"chapuza exaxerada\".", "text": "A representación sindical do cadro de persoal de Vitrasa, empresa concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, decidiu impugnar o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que se lle presentou e remitiulle un informe desfavorábel do mesmo á delegación provincial da Consellaría de Emprego. A medida afecta a 280 condutoras e condutores e, segundo o comité de empresa de Vitrasa, incumpre a lexislación. Sinalan que non está xustificado o procedemento de forza maior que lles impide negociar. Por este motivo o comité solicitou constituír unha comisión negociadora para acordar os termos do ERTE. O presidente do comité, Imanol Arnoso da CIG, asegura que a solicitude \"en ningún momento foi contestada pola dirección\". Desde o comité informan que Vitrasa asegura que o concello dera instrucións o día 15 de marzo de reducir o servizo en 50%, cuestión que desminte a representación sindical. Tamén sinalan que a empresa non lles facilitou un calendario co persoal e cos servizos que se ían a realizar durante a vixencia do ERTE. Por último, o presidente do comité de empresa cualifica de \"chapuza esaxerada\" a maneira que ten a empresa de aplicar desta medida. \"Traballas un día, e vas outro de ERTE para logo estar unha semana de ERTE, e volver traballar un día e outro non\", asegura Arnoso. Para o comité d empresa o lóxico sería aplicalo todo seguido."}
{"ID": "PRAZA_11997", "summary": "Penso que o BNG como alternativa política e como referente electoral da esquerda galega esta amortizado hai tempo. Que ademais o 15M non só veu certificar a desafección da cidadanía pola política institucionalizada e polos partidos como interfaces, nomeadamente os de esquerda, senón que posibilitou a visibilización da idea que era posible construír novos espazos políticos e que ademais o armazón político-institucional saído da transición estaba esgotado.", "text": "Non tiven ocasión de vivir o proceso de Riazor'82. Un ano antes xa marchara -en realidade convidaranme a saír- daquel club privado chamado ERGA. Decidín deixar de ser súbdito e adquirir a condición de cidadá a sabendas que a franxa de pensamento autónomo xera algún que outro inconveniente e mesmo, en xente pasional coma min, máis de unha metida de zoca que a xente de ben te perdoa e a outra anota na folla de penais. Así que non estou disposto, por nada do mundo, a perderme este novo proceso constituínte da alternativa galega'12. O pasado 12 de febreiro tiven a ocasión e a honra de asistir a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non podo dicir coma Henrique Tello que dá gusto estar nun sitio onde se saúda todo o mundo pero é comprensible, despois de moitos anos o cancro do sectarismo tamén ten as súas pequenas metástases que teremos que ir curando, e como dicía o propio Tello sen facer moito caso dos comentarios das novas electrónicas. Ao fin e ao cabo un acaba asumindo que a diferenza de Alfredo Rubalcaba e algún outro, un é un menxevique e mesmo un menxevique dos menxeviques. No ambiente excitante e ilusiónante do encontro do pazo de congresos de Compostela había un algo de congreso constituínte, ao igual que o haberá de seguro o 25 de febreiro, o 11 de marzo e o 17 de marzo. Pero equivocariámonos se nos autocompraceramos cos centos de persoas que se arrexuntan arredor desta citas. Temos que ir máis aló. Son dos que penso que o BNG como alternativa política e como referente electoral da esquerda galega esta amortizado hai tempo. Que ademais o 15M non só veu certificar a desafección da cidadanía pola política institucionalizada e polos partidos como interfaces, nomeadamente os de esquerda, senón que posibilitou a visibilización da idea que era posible construír novos espazos políticos e que ademais o armazón político-institucional saído da transición estaba esgotado. No caso de Galicia o estatuto, a súa imposibilidade de renovación, e a estrutura de partidos herdada do fraguismo saltou polos aires. Así que todo parecía indicar hai algún tempo que era o momento e había masa crítica suficiente para encetar unha nova singradura. Sendo isto verdade, non é menos certo que na teoría política sobre movementos sociais e transformadores, analizase que para que o cambio se produza necesítanse factores políticos (oportunidades políticas), necesítanse novas ferramentas (estruturas de mobilización) pero igual de necesario son os marcos identificativos (procesos enmarcadores). Nese senso o traballo realizado por Encontro Irmandiño, + Galiza e outros sectores renovadores do nacionalismo previo a XIII asemblea do BNG non son so plausibles senón foron necesarios para que a xente se encontrara, se recoñecera e se identificara cun construtor alternativo ao dominante no nacionalismo. Así pois, como hai un antes e un despois do 15–M en canto á percepción que a cidadanía ten da política, existe un antes e un despois do 29 de xaneiro en tanto en canto se crean as condicións políticas, instrumentais e identificativas para a construción dun novo referente, todo elo ademais reforzado por un liderado moral e ético que ten, nestas complexas circunstancias, estado á altura con xenerosidade e valentía. Pero equivocaríanse os dirixentes de +Galiza ou de Encontro Irmandiño, de Esquerda Nacionalista ou do PNG, se pensarán que a reconstrución dun espazo estaría feita pola reunificación fora dos seus respectivos seguidores. Convén ir máis aló. - Construír un novo espazo nacional (nacionalista no político) que permita incorporar persoas que senten o país, o defenden e o sitúan no centro da súa intervención política e social máis aló das definicións formais. - Construír un espazo plural e flexible. Amplo pero lonxe dos partidos clásicos convertidos en prolongacións das institucións e combinativo fuxindo do frontismo entendido coma partido guía e grupos satélites ou da mesa de partidos para arrepañar cotas de poder interno. - Introducir na axenda os elementos de contradición política do século XXI, tanto no que son as novas correntes da esquerda global que sitúan como centro a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social global, nunha versión nova do socialismo lonxe do corporativismo ou do desarrollismo da etapa anterior e os elementos de radicalidade democrática e loita contra a corrupción política que introduciron os novisimos movementos sociais. E todo iso sen renunciar as luces do pasado pero sinalando con forza as sombras da etapa anterior. Tempos de crise, tempos de transición, tempos non que os referentes petrificados caen e xorden novos espazos máis líquidos en construción. Esa é a tarefa de agiornamento tal como a foron realizando nos últimos anos o altermundismo e os movementos sociais máis avanzados. De xeito unitario pero sen esquecer que a unidade sen renovación ademais de pura melancolía leva a parálise e a autodestrución por inanición. Recordando como dicía Rosalía de Castro que \"a quen se muda, deus o axuda\"."}
{"ID": "PRAZA_5165", "summary": "O BNG presenta a súa candidatura como a da \"cidadanía que se rebela\" e Paulo Carlos López imponse nas primarias de Compromiso. Mentres, Feijóo carga contra todas as demais forzas políticas e sentencia que os seus programas carecen de \"importancia\".", "text": "Galicia está en precampaña. Haberá quen viva cunha mestura de indiferencia e preguiza a mera idea de volver iniciar unha espiral de convocatorias electorais, pero o certo é que xa está aí. Unha vez rematado o 2013, un dos estraños anos sen elección ningunha, o 2014 comezou coas formacións políticas a quecer motores para as eleccións europeas, as que menor paixón espertan na cidadanía malia ser cada vez máis transcendentais. Nesta liña, este sábado foi unha xornada de precampaña no país, aínda que aínda non se coñecen todos os carteis electorais das principais forzas políticas. Presentar oficialmente as súas candidaturas foi, precisamente, o que fixeron BNG e Compromiso por Galicia. No caso do Bloque, cuxos integrantes da lista electoral eran xa coñecidos, a presentación oficial prodúcese tras o peche dos derradeiros flocos da coalición Os pobos deciden, que a formación frontista encabeza xunto a Bildu. Ana Miranda, cabeza de cartel dos nacionalistas, presenta a lista como a \"candidatura da cidadanía\" e, ademais, como a \"candidatura da Galiza viva e combativa, que non se resigna e que loita polo seu\". Miranda afirma que a candidatura do BNG é a da \"Galiza que se rebela\" SOS Sanidade Pública, o naval, as persoas estafadas polas preferentes ou o mundo da cultura son alǵuns dos sectores representados na aposta dun BNG que, en verbas de Miranda, volve \"asumir o compromiso de ser o escano galego en Europa, porque nestes cinco anos foi o BNG quen puxo na axenda política da Eurocámara os temas e os problemas do país\". \"Confío en poder contar co apoio dos galegos e galegas que se rebelan, que loitan polo seu futuro\" e \"non queren que outros decidan por nós\", di. Paulo Carlos López encabezará a lista de CxG Pouco despois de que isto acontecese en Compostela, en Ourense CxG culminaba o seu proceso de primarias, no que se impuxo o xornalista e politólogo Paulo Carlos López por un 47,9% dos votos. López representará o partido que dirixe Xoán Bascuas dentro da Coalición por Europa, que a formación comparte con CiU, PNV e Coalición Canaria e que se pechará nun acto público o vindeiro 28 de abril en Madrid. \"CxG -di López- sementou unha nova forma de facer política, unha nova forma de elixir os candidatos que implica un empoderamento da sociedade fronte aos aparellos dos partidos\". Agora, di, correspóndelle encabezar a \"campaña da ilusión e da forza\". Feijóo carga contra todos Nunha xornada na que tamén o PSdeG celebraba acto político en Compostela e múltiples representantes de Anova e Esquerda Unida participaban no remate das Marchas da Dignidade en Madrid, o presidente da Xunta e líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a celebración da xunta directiva do seu partido para disparar dialecticamente contra todas as demais formacións. Aínda que o PP non ten candidato polo momento e nin sequera é coñecido se haberá representación galega de relevancia na súa lista, Feijóo xa asegura que \"cando na UE haxa algo que decidir que nos afecte, a nosa terra vai ter moito que dicir\". O líder da dereita enxalza a Carmen Fraga e Millán Mon e sentencia que os programas das demais forzas carecen de \"importancia\" Malia ao seu discretísimo labor na Eurocámara á hora de presentar iniciativas, as cales estiveron relacionadas con Galicia en contadas ocasións, o titular da Xunta \"recoñece o labor\" dos que foron os seus eurodeputados ata agora, Carmen Fraga e Francisco Millán Mon, e contrapúxoo co das demais forzas políticas. Os populares, asegura, \"levan as últimas semanas elaborando un programa que fala exclusivamente de Galicia\" e \"outros\" optaron por \"ter ben asegurado o reparto de cargos\", sentencia. Segundo a persoal análise do líder da dereita os programas das demais organizacións carecen de \"importancia\", e liquídaos asegurando que \"o BNG vai aplicar o de Bildu\", Anova \"vai aplicar o de Esquerda Unida\" e, no caso do PSdeG, \"xa se sabe o que duran as propostas socialistas\". Todo isto, di, será o que defenda o PP nunha campaña que estará dedicada a Adolfo Suárez, a quen define como \"presidente crave na Transición española\"."}
{"ID": "PRAZA_20746", "summary": "AGA calcula que xa hai 100 mil niños de avespa asiática, que segue a estenderse por Galicia. A entidade desenvolveu unha trampa eléctrica -alimentada con placas solares- para loitar contra ela e ofrece instrucións para que as persoas interesadas a constrúan nas súas casas. Falamos co seu voceiro, Xesús Asorey", "text": "A avespa velutina segue a estenderse por Galicia. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) calcula que en todo o país hai xa cen mil niños desta especie invasora, unha cifra produto de estimacións conservadoras, pero que -alertan- podería ser maior. A cantidade real, indican, coñecerase este outono, coa caída das follas das árbores. En calquera caso, a praga continúa e comeza a notarse en todo o territorio, tamén nas cidades. \"A praga está moito máis estendida que o ano pasado e chegou a moitos concellos onde aínda non chegara, sobre todo ao medio urbano e periurbano\", explica Xesús Asorey, voceiro de AGA. \"Ao comezo afectaba sobre todo ás zonas rurais, a lugares onde había ríos ou auga, pero agora chegou de forma moi importante ás cidades\", engade. \"Este ano é unha praga o que hai en Santiago, onde xa case non se ve outro insecto que non sexan as velutinas, tanto nas flores dos parques, nas froitas da Praza de Abastos ou nos contedores de lixo\", comenta. Asorey subliña que \"isto é debido ao grao de abandono que hai no campo; as avespas atopan xa máis alimento no medio urbano que no medio rural. O seu alimento favorito son as abellas, pero cando non hai válelles a carne ou o peixe\". Asorey destaca tamén o efecto negativo que a presenza da velutina está tendo para os produtores de froita. \"A praga está moito máis estendida que o ano pasado e chegou a moitos concellos onde aínda non chegara, sobre todo ao medio urbano e periurbano\" \"Aparecen niños por todas partes. Afortunadamente o que atopamos é que os niños son máis pequenos, seguramente porque hai unha superpoboación, e as familias tenden a ser máis pequenas\", destaca. Por desgraza, os prexuízos para as abellas son moi importantes, salienta: \"moitas colmeas foron completamente liquidadas e só resisten aquelas nas que hai moitas colonias, pero mesmo nestes casos están moi febles, sometidas a estrés e non saen buscar alimento nin auga\" AGA reclama unha actuación máis decidida das distintas administracións, máis coordinación e maior concienciación social, \"para que se tomen medidas imprescindibles para loitar contra a avespa asiática. A asociación é unha das impulsoras da plataforma Stop Velutina, xunto co Sindicato Labrego Galego e outras 24 entidades. Hai xa moitos meses a plataforma insistiu na importancia de facer un trampeo primaveral \"masivo e sobre todo coordinado\" para deter o avance da velutina capturando raíñas fundadoras, un traballo que -denuncian- foi insuficiente. \"Un niño evitado na primavera son 18.000 exemplares de Velutinas evitadas no verán\", subliñan. \"É un traballo fundamental, pero o que se fixo non foi suficiente\", comenta Asorey. \"O ano pasado Medio Rural facilitounos unhas 4.000 trampas, pero non foron para nada suficientes\", di. \"Esta loita preventiva debe ser masiva e organizada, non pode ser que sexamos unicamente os apicultores os que a levemos a cabo\", engade. Trampas eléctricas \"É unha praga o que hai en Santiago, onde xa case non se ve outro insecto que non sexan as velutinas, tanto nas flores dos parques, nas froitas da Praza de Abastos ou nos contedores de lixo\" Dende hai uns días AGA pon a disposición dos socios e socias as instrucións necesarias para elaborar unha trampa eléctrica para defender as súas colmeas dos ataques desta especie invasora. Trátase dunha técnica que xa probou en China, de onde procede esta avespa, e tamén en Francia. A guía acompáñase referencias web para a fabricación, tamén caseira, dun sistema de alimentación baseado en placas solares (un sistema de alimentación fabricado por Miguel Ángel Meizoso Maroño, autor do sitio web onde explica como construír o alimentador, de licenza libre). \"Pretendemos ofrecer un sistema eficaz de protección dos apiarios e baseado nun' Faino ti mesm@' que abarate custos e sexa accesible a todos\", sinalan. \"As probas feitas ata o momento permiten ser optimistas pois parece que esta trampa ademais de protexer o ratio entre as colmeas, ten efecto disuasorio sobre as Velutinas\", din. O sistema é resultado do traballo dun grupo de investigación formado por distintos expertos na materia e que actualmente segue recibindo melloras de abelleiros e abelleiras. \"Ante a falta dunha actuación decidida por parte das Administracións, AGA chegou á conclusión de que debemos traballar nestes métodos caseiros xa que a nosa táboa reivindicativa non é atendida como é debido e o problema vai a máis cada día\", sinalan. Marcha pola cornixa cantábrica \"Ante a falta dunha actuación decidida por parte das Administracións, AGA chegou á conclusión de que debemos traballar nestes métodos caseiros\" AGA organizará do 19 ao 23 de outubro a Marcha Stop Velutina, unha marcha reinvindicativa que percorrerá en tren a Cornixa Cantábrica atravesando as comunidades máis afectadas. Durante a marcha faranse actos informativos coa poboación e colectivos locais e unha gran concentración abelleira en Torrelavega, coincidindo coa Feira Nacional Apícola. O medio de transporte escollido é o tren, o FEVE, \"que une estas comunidades de igual xeito que están unidas agora pola loita contra a Vespa velutina\". A viaxe partirá dende Ferrol e pasará por Luarca, Torrelavega e Bilbao. \"Esta praga vai a toda velocidade, vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas. Estamos perdendo claramente a batalla e non sei como vai rematar isto\" \"Queremos concienciar a sociedade. Esta praga é un atentado á biodiversidade, un problema que afecta a todo o mundo. Sobre todo agora que están chegando de forma masiva a zonas moi poboadas. Isto non quere dicir que sexan agresivas fóra dos seus niños; se non te metes con elas, elas non atacan porque si. Pero si que poden provocar accidentes\", destaca Asorey. \"Queremos chamar a atención das autoridades. As administracións deben poñerse en serio a traballar contra esta praga. Esta praga vai a toda velocidade, vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas. Estamos perdendo claramente a batalla e non sei como vai rematar isto\", conclúe. Coordinación e axudas A Plataforma STOP Velutina considera esta situación \"non só como un problema de Medio Rural, senón que tamén ten unha grande dimensión medio ambiental\" A Plataforma STOP Velutina considera esta situación \"non só como un problema de Medio Rural, senón que tamén ten unha grande dimensión medio ambiental\". \"É necesario que as Administracións con competencia medio ambiental asuman as súas obrigas na problemática da Vespa velutina, constitúe unha especie exótica invasora e estas son competencia de Medio Ambiente, tanto a nivel autonómico como estatal\", di. A Asociación Galega de Apicultura leva tamén moito tempo reivindicando a necesidade de que exista \"un organismo único que xestione a problemática da Velutina\" pois \"a existencia de tres consellerías ocupándose do tema non parece o mellor xeito de coordinar\". Si existe unha Comisión de Seguimento na que participan as tres consellerías e a FEGAMP. A AGA solicitou estar presente para achegar o seu \"coñecemento de campo\" sobre a velutina e sobre as propias abellas; ademais, sinala que os documentos aprobados polo Ministerio sobre a xestión desta problemática falan da necesidade de contar co sector asociativo apícola para que empreste asesoramento. Porén, de momento a Xunta non accedeu a permitir a participación do sector. Os apicultores piden a posta e marcha de axudas económicas para paliar perdas, unha liña de subvencións que teña en conta \"non só a reposición dos enxames perdidos senón tamén o lucro cesante derivado da perda da colleita de mel Os apicultores piden a posta e marcha de axudas económicas para paliar perdas, unha liña de subvencións que teña en conta \"non só a reposición dos enxames perdidos senón tamén o lucro cesante derivado da perda da colleita de mel e outros custos asociados á velutina, como tarefas de transporte de colmeas, sobrealimentación, limpeza, etc.\", sinalan. \"A inactividade da administración neste sentido fainos pensar que serán os apicultores e apicultoras quen soporten todo o dano que a Velutina fai sobre as abellas e sobre o sector do mel en Galicia\", denuncia a asociación. Manual para a construción dunha trampa eléctrica (.pdf)"}
{"ID": "NOS_13744", "summary": "Cando a policía rodea o apartamento de Ferrol no que está naqueles días, Moncho Reboiras atópase no interior con outras dúas persoas, militantes nacionalistas na clandestinidade coma el. Corenta anos despois do seu asasinato, Elvira Souto e Lois Ríos lémbranos aqueles días e debúxannos o retrato dunha das figuras do nacionalismo galego, asasinado o 12 de agosto de 1975.", "text": "-Cando teñen o primeiro contacto con Moncho Reboiras? Lois Ríos: As miñas primeiras lembranzas son de cando estaba en Vigo. Moncho acababa de rematar Enxeñería e despregaba unha intensa actividade de carácter cultural. En colaboración cos cregos progresistas traballaba desde a asociación cultural nun tempo en que todo estaba moi controlado. Tamén facía un labor de proselitismo importante. Estamos a falar dos anos 72 ou 73. Nese momento eu traballaba nunha empresa en Vigo e a partir do contacto con el intégrome na organización, primeiro colaborando, e mesmo aproveitamos a infraestrutura do meu traballo cunhas chaves que consigo para facer octavillas e o propio xornal. Daquela eramos moi novos. Elvira Souto: No meu caso, eu estaba na Coruña e o Moncho mandouno o partido como responsábel de célula. Pouco despois pasei á clandestinidade e debín de estar ano e pico, até o 75. El traballaba nunha contrata de Telefónica, Intelsa paréceme lembrar, e tiña unha forte actividade sindical, participando na creación do sindicalismo galego xunto con Manuel Mera e outras persoas. Moncho Reboiras era un militante de manual, gran compañeiro, amable, sen intereses egoístas, moi xeneroso... L.R.: Lémbrome del como unha persoa nada dogmática, moi flexíbel, dialogante, que sempre buscaba alternativas, solucións. Era moi imaxinativo e moi comprometido mais sempre cos pés na terra. -Que papel tiña entón como ideólogo, na creación doutrinaria dun nacionalismo que se estaba a organizar? L.R.: Moncho era unha persoa con estudos, que lía moito e sabía de literatura e demais mais ten unha idea clara que é fundamental: organizar o movemento obreiro. Se algo había na altura eran intelectuais e o que facía falta era desenvolver as estruturas populares. Era moi instruído mais non facía ostentación diso. É fundamental, por exemplo, no achegamento da xente da Organización Obreira e de Galiza Socialista porque ven nel un traballador máis. Non é un estudante ao uso. A súa familia tiña un bar en Teis e el entra de novo no mundo do traballo, en Barreras, en Álvarez. Significa a ruptura co piñeirismo, co intelectualismo. Non casa coa imaxe do intelectual senón do traballador e iso foi decisivo. E.S.: Tiña diferente procedencia e tamén outro comportamento. Non formaba parte do sector de profesionais e intelectuais, tanto por orixe como por adscrición. O nacionalismo vivía desvinculado do mundo das fábricas e iso muda coas folgas de 1972. A xente de Organización Obreira, a combativa escisión de Comisións Obreiras e as xuventudes do PC, teñen contacto co nacionalismo a través de de Reboiras, mais despois, cando o contacto pasa a Ferrín ou Pepiño prodúcese un afastamento, o que foi unha grande perda para o nacionalismo. Este grupo de obreiros manuais, moi curtidos na loita vían en Moncho un deles. Malia ser un individuo con formación académica, identifícase coa loita obreira. L.R.: Ten unha idea moi clara, o que fai falta é ter movementos organizados. Os individuos teñen que estar en función das organizacións e as organizacións dun obxectivo claro que era acadar a democracia e unha Galiza ceibe e popular, nun programa moi básico. Moncho colaborou moito en todas as publicacións, revistas culturais, follas informativas, no Terra e Tempo... o seu é un papel determinante. Unha persoa tan nova non ten tempo de escribir mais impulsou cantidade de iniciativas. Sempre estabamos facendo cousas, coa vietnamita. Sempre o lembro traballando. O seu papel na creación de voceiros foi fundamental, tiña claro que había que levar as ideas fóra. É, poño por caso, o impulsor do primeiro xornal clandestino obreiro, Xerme. (A entrevista completa está publicada nas páxinas 8-9-10 do número 157 do semanario Sermos Galiza, ao dispor nos quiosques e tamén na nosa loxa en formato dixital)"}
{"ID": "NOS_56590", "summary": "Comisións Obreiras convoca unha concentración contra os despedimentos na ong Médicos Sen Fronteiras esta semana en Santiago de Compostela. O sindicato rexeita os despedimentos na entidade, baseados na execución dunha cláusula contractual que coida abusiva e que está denunciada perante a xustiza.", "text": "A cláusula na que se basean os despedimentos previstos denunciados por Comisións Obreiras prevé o despedimento disciplinario das traballadoras e traballadores que se dedican á captación de novos socios cando non alcancen un número mínimo. Representantes de CCOO declaran que o feito de que até 80% das traballadoras e traballadores sexan incapaces de lograr o obxectivo é \"proba abonda de que se trata dun precepto abusivo\". Ademais, dende o sindicato denuncian outras irregularidades relacionadas con cambios de contrato, presións, exposición a agresións físicas, verbais e sexuais, horas de traballo a maiores ou o feito de camuflar o traballo como voluntariado. O encontro está convocado para esta cuarta feira 30 de agosto ás 20:00 h fronte á sede da oenegué (rúa do Vilar, nº 11) en Santiago de Compostela. Durante este verán, o sindicato leva convocadas xa outras accións contra os movementos de MSF en defensa dos dereitos dos traballadores."}
{"ID": "NOS_35862", "summary": "O empobrecemento e a guerra que se vive en moitos países castiga dobremente a infancia. As nenas especialmente sófrena en forma de abusos sexuais. O matrimonio infantil é unha fuxida desesperada para algunhas familias. Porén, moitas menores caen nunha prisión que acaba coas súas vidas. Esta segunda feira marcouse o seu día.", "text": "Máis de 22.000 meniñas morren anualmente durante o embarazo ou o parto despois de seren obrigadas a casar e procrear sen teren alcanzado unha mínima madurez psicolóxica e física. Unha práctica que se continúa a reproducir en todo o mundo, ben avanzado xa o século XXI. Case a metade dos falecementos prodúcense en África Occidental e Central, cunha media de 26 mortes ao día. Esta rexión suma arredor de 9.600 falecementos anuais, e a mortalidade de adolescentes embarazadas é catro veces maior que en calquera outra parte do mundo. No sueste asiático rexistráronse até 2.650 mortes anuais, mentres que en Latinoamérica a cifra de 560. Son datos da organización Save the Children, difundidos esta segunda feira con motivo do Día Internacional da Nena. A correlación entre pobreza económica e matrimonio infantil é evidente. Un problema que a pandemia da Covid-19 veu a agravar: o feche de escolas, a saturación dos servizos sanitarios ou a dependencia dunha economía de rúa en cidades confinadas empuxaron máis familias á pobreza, máis mulleres a seren obxecto de violencia doméstica e máis nenas a casar. Un estudo elaborado en Nixeria pola ONG apunta que está moi estendida na sociedade a idea de que as crianzas nacidas de nais de curta idade son máis sas e intelixentes. Tamén, que as raparigas \"reviven\" os homes maiores co seu \"sangue máis novo\". De acordo cos datos recompilados por outra organización, o Comité de Rescate Internacional (IRC), Níxer é o país do mundo coa maior taxa de menores de 18 anos casadas, con arredor de tres de cada catro. E unha de cada cinco adolescentes dá a luz antes desa idade. Por detrás, Centroáfrica, cunha porcentaxe de 68% de menores casadas. Arma de guerra Nestes países, entre os máis pobres do continente e con constantes conflitos bélicos, a violación de nenas e de adolescentes é usada como arma de guerra. Ademais, apenas unha de cada catro meniñas completa a educación primaria (porcentaxe que se duplica no caso dos varóns). Tamén nos países árabes, as nenas son dobremente vítimas das guerras en curso. No Iemen, desde que en 2014 se iniciou o actual conflito, os matrimonios infantís duplicáronse, segundo datos do IRC. Un dos motivos é precisamente fuxir do rapto e explotación sexual. En Siria, apunta un estudo desta ONG creada na década de 1930 polo científico Albert Einstein, máis da metade das raparigas foron casadas por este motivo. Porén, este mesmo informe sinala que dentro do matrimonio unha alta porcentaxe se ve sometida á violencia doméstica. Inger Ashing, dirixente de Save the Children, considera que \"o matrimonio infantil é unha das peores e máis letais formas de violencia sexual\" contra as menores. \"Os partos son o principal causante das mortes de adolescentes porque os seus corpos novos non están aínda preparados para xestar crianzas\", salienta, e fai un chamamento aos Gobernos para que prioricen a protección das nenas. Para que se teña presente a discriminación por sexos tamén á hora de dar unha resposta humanitaria á crise pola Covid-19 ─que nos países pobres segue moi presente. As adolescentes do Afganistán seguen á espera de poder regresar ás aulas \"Vexo unha valentía nas nenas e mulleres do Afganistán que non vin en ningún outro lugar, porque os medos e as presións son reais e, malia recoñecelos, continúan adiante de todas as maneiras\". Son as declaracións de Sam Mort, a responsábel de comunicacións de Unicef neste país, coincidindo co Día Internacional da Nena. Recentemente regresou o curso escolar para os adolescentes varóns, porén as raparigas continúan a esperar unha decisión do novo Goberno ao respecto. Na fin de semana, a canle local 'Tolo News' informaba de que en tres provincias comezara o seu regreso nalgunhas escolas despois de seren segregadas. A ONU declarou o Afganistán durante seis anos consecutivos ─xa antes dos acontecementos deste verán─ o lugar máis letal para a infancia. Arredor de oito millóns de nenas e nenos precisan axuda humanitaria."}
{"ID": "NOS_43022", "summary": "O pacto entre o PP e PSdG-PSOE permitiu a renovación o Valedor do Pobo, Consello de Contas e consello de administración de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), sen presenza do resto da oposición, nun pleno tenso no que quedou á vista a oposición do BNG, AGE e Grupo Mixto. Varios deputad@s dos partidos do pacto mostraron a súa disensión rompendo a disciplina nas distintas votacións.", "text": "O BNG optou por exercer votos nulos e AGE e o Grupo Mixto por non votar nun proceso no que mesmo nas fileiras do PP e PSdG-PSOE se deixou ver a disensión dalgún dos seus membros xa que, nas repetidas votacións, nunca se chegou aos 58 votos que sumaban nesta sesión da Cámara. O pacto do PP-PSOE foi dos máis cuestionados da lexislatura xa que, por vez primeira, deixase fóra ao resto dos grupos da oposición, nomeadamente no caso do consello de administración da CRTVG que estará formado por Xosé Antón García Ferreiro e Leticia Vilar Pumares a proposta do PsdeG e Luís de Matta, Higinio Meijide Gómez, Ana Peón Piñeiro e Beatriz Adoitar Vázquez as que entrarán no órgano por parte do PP. O acordo entre os dous partidos permitirá o control do consello de administración da CRTVG por parte do bipartidismo até 2020 o que ocasionou as máis encendidas críticas do resto dos grupos da oposición. Membros do grupo do BNG mostraron cartaces nos que se podía ler \"Por unha CRTVG pública e independente\"\". O mesmo acontece co Consello de Contas nos que Ana María Otero e José Antonio Redondo foron elect@s tras seren propostos polo PPdeG e Begoña Villaverde por parte do PSOE. Por vez primeira unha muller convértese en titular do organismo Valedor do Pobo. A catedrática de Filosofía e Dereito da Universidade de Santiago Milagros Otero substituirá no cargo a José Julio Fernández."}
{"ID": "NOS_41853", "summary": "Sanidade ratifica a \"exclusión\" do Grove do nivel extremo de restricións e a súa inclusión no nivel alto nunha orde publicada no Diario Oficial da Galiza deste 16 de agosto.", "text": "Desde a medianoite do pasado sábado, 14 de agosto, O Grove converteuse no único concello da Galiza no nivel máximo de restricións. A decisión adoptada polo Goberno galego daba resposta á recomendación do Comité Clínico e aos datos epidemiolóxicos recollidos no Informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 11 de agosto. Entón, a súa taxa axustada de incidencia a 14 días superaba os 500 casos por 100.000 habitantes a canda Sanxenxo e Viveiro que pasaron directamente ao nivel alto, con cifras moi similares. A decisión, motivou o enfado do Goberno local do Grove, que tachou a resolución de \"política\" ao mesmo tempo que Sanidade abría a porta a unha mudanza inminente das súas condicións de consolidarse o descenso da incidencia que apuntaba a evolución epidemiolóxica. Descenso da incidencia Esa caída confirmouse. Segundo recolle a orde da Consellaría de Sanidade deste 16 de agosto, a taxa de incidencia axustada do Grove a sete días é de 116,28 casos por cada 100.000 habitantes, e a 14 días é de 315,12 casos, segundo os datos dispoñíbeis o 15 de agosto, o que levou ao Executivo galego a modificar as normas necesarias para baixar a localidade de nivel. A modificación, aclara o texto publicado no DOG desta segunda feira, \"non supón un aumento do nivel de restricións que afectan dereitos fundamentais\" e a eficacia da orde comezará ás 00 horas deste 17 de agosto. Limitacións na hostalaría Sen ningún concello no nivel máximo de restricións, ningún local de hostalaría se verá na obriga de fechar o seu interior como fixou a Xunta a partir desta medianoite ao desbotar o TSXG a solicitude do Goberno galego de darlle validez ao pasaporte Covid. O alto tribunal non autorizou a medida e iso implica novas limitacións na capacidade de bares, restaurantes e estabelecementos de lecer nocturno nos niveis restantes."}
{"ID": "NOS_29516", "summary": "A coordenadora nacional de EU considera que a votación do domingo pode servir para comezar un cambio no que AGE pasa ser \"da xente que nos votou\" e non \"das organizacións\". A escolla de concorrer con IU ás europeas venceu por 11 votos de diferenza.", "text": "A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, mostrouse satisfeita e parabenizou a Anova por adoptar a decisión de concorrer ás eleccións europeas de maio na candidatura de Izquierda Unida. Malia o axustado da escolla (380 votos a prol de ir con IU, 369 para a segunda opción e 3 a prol de non concorrer), Yolanda Díaz considera que a votación deste domingo pode significar un principio para \"mudar as cousas\". O secretario de organización de IU confirma un posto entre \"os 5 primeiros\" para o \"candidato do espazo AGE\" Unha frase coa que se referiu a que AGE \"sexa unha ferramenta ao servizo da xente que a votou\" e non das organizacións\". Entende, ademais,que a militancia de Anova deu un paso adiante para manter AGE e anunciou que agora toca comezar a elaborar un programa de mínimos para esa cita coas urnas. Postos de saída A coordinadora de EU tamén se referiu á candidatura de IU, para a que EU xa elixira 2 persoas nun proceso de consulta interna, dicindo que \"AGE vai ter postos de saída\". A pregunta do millón é saber quen será a persoa que ocupará esa praza. O secretario de Organización de Izquierda Unida, Miguel Reneses, confirmou a Europa Press que esta formación aprobará unha proposta de listas --esta fin de semana-- con \"ocos\" para incorporar posteriormente o \"candidato do espazo AGE\". Neste sentido garantiu un \"posto de saída\", entre \"os cinco primeiros\"."}
{"ID": "PRAZA_2832", "summary": "O paro realizado en Vigo tivo un seguimento total e repetirase este mércores e venres e tamén a semana que vén. O persoal denuncia que o \"colapso\" actual provoca que moitas mulleres pensen que a Xustiza non as pode axudar.", "text": "Os traballadores e traballadoras do Xulgado de Violencia de Xénero de Vigo levaron a cabo este luns a primeira das xornadas de folga parcial (3 horas) convocadas para denunciar a \"falta de medios\" que padecen, que está a provocar unha \"situación insostible\" e un \"colapso\", co adiamento de moitos dos casos. O Xulgado da cidade olívica tramitou neste 2015 ao redor dun milleiro de asuntos, e a metade están sen resolver. O paro repetirase este mércores e venres, e tamén o luns e mércores da semana que vén. \"Se a persoa maltratada ten a sensación de que o seu paso polo xulgado non leva a que se executen de maneira inmediata todas as medidas de protección e axuda, esa persoa acabará por non ir ao xulgado, acabará por non denunciar\" Como destacaba hai uns días en entrevista con Praza o voceiro de Alternativa na Xustiza - CUT, Pablo Valeiras, \"reivindicamos medidas e medios de reforzo para poder sacar adiante os casos urxentes. Se non se saca o traballo, as prexudicadas son as mulleres maltratadas\". Para Valeiras, o peor desta situación é que esta situación de colapso está a provocar que moitas das mulleres que denuncian violencia machista acaban por pensar que a Xustiza non as pode axudar: \"Se a persoa maltratada ten a sensación de que o seu paso polo xulgado non leva a que se executen de maneira inmediata todas as medidas de protección e axuda, esa persoa, que está xa sometida a ameazas e a unha presión psicolóxica moi forte, acabará por non ir ao xulgado, acabará por non denunciar. Ten a sensación que o proceso nunca vai rematar\". No paro levado a cabo este luns, que obrigou o persoal a estender a súa xornada laboral para poder tramitar todos os casos urxentes, denunciouse o \"uso electoralista\" que a Xunta realiza da loita contra a violencia machista, pois \"non amosa interese ningún por rematar con este problema\". Sinalouse igualmente a \"situación de estrés\" que viven os traballadores e traballadoras do Xulgado, con xornadas diarias de 9 ou 10 hora e véndose obrigados e obrigadas a realizar funcións \"que non lle corresponden\", dende \"ofrecer atención psicolóxica, pois non hai ninguén no xulgado de asistencia neste eido, ou quedar cos fillos destas rapazas porque non elas teñen con quen deixalos\". O paro repetirase este mércores e venres, e tamén o luns e mércores da semana que vén Os traballadores e traballadoras en folga esixen a incorporación dun novo maxistrado ou maxistrada que axude a axilizar o traballo. Demandan ademais a aprobación doutras medidas de apoio, a contratación de máis persoal especializado e a dotación de máis recursos para poder facer fronte aos novos casos de violencia machista que chegan cada día."}
{"ID": "NOS_34523", "summary": "O adestrador do Deportivo defende poder usar a lingua galega nas entrevistas para o resto do Estado e que as subtitulen.", "text": "Fernando Vázquez volveu dar un exemplo de compromiso co galego. Desta volta, nunha entrevista no programa 'Ao contra ataque' da Radio Galego, onde dixo estar a gusto por poder expresarse en galego. Preguntoulle o xornalista se iso non podía facelo sempre e o adestrador de Castrofeito respondeu cun \"acabo de facer unha entrevista e pregunteille ao corresponsal se podía ser en galego, díxenlle que se era en galego dáballe un abrazo (sorrí)\". O xornalista, dixo Vázquez, respondeulle que ía ser para todo o Estado. \"Debería ser o normal (facela en galego) e que se subtitulase\", engadíu o adestrador do Dépor. Non é a primeira vez que o treinador de equipas como Celta, Dépor, Compostela, Lugo, Mallorca ou Betis fai declaracións de apoio á lingua galega. ⚽️ A Fernando Vázquez gustaríalle dar todas as entrevistas en galego @RCDeportivo Aquí tedes a defensa que fixo da nosa lingua 👅 na @RadioGalega no programa @aocontraataque pic.twitter.com/GSJlQBG7TO— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 21, 2020"}
{"ID": "NOS_24954", "summary": "O Executivo de Pedro Sánchez non poderá sacar adiante os seus obxectivos de déficit, o coñecido como teito de gasto. A abstención anunciada por Unidos Podemos e Esquerra Republicana de Catalunya —que apoiaron a súa investidura— imposibilitarán a súa aprobación en primeira votación.", "text": "O Goberno do PSOE pactara en Bruxelas uns obxectivos de déficit \"máis flexíbeis\" que os do PP. En concreto, 1,8 do PIB en 2019, 1,1 en 2020 e 0,4% en 2021. De non se aprobaren, como semella que vai acontecer, entrarán en vigor os de Raxoi, máis restritivos: 1,3%, 0,5% e 0,1%. Así, as comunidades autónomas e a Seguridade Social —que recollerían a maior parte da nova marxe de déficit— contarán con 6.000 millóns de euros menos en 2019. Coa proposta do Goberno Sánchez, a administración galega podería ter disposto de 120 millóns de euros máis a gastar en 2019 (o déficit das comunidades autónomas tería pasado de 0,1 a 0,3 por cento). Ese diñeiro volatilízase agora ao non achar o executivo suficientes apoios na cámara. Os parlamentarios socialistas só acadaron o respaldo do PNV. Ademais de Unidos Podemos e Esquerra, tamén anunciaron a súa abstención o PDeCAT ou Compromís. Unidos Podemos consideran que o teito de gasto —incluído dentro da chamada \"senda de estabilidade orzamentaria\", que se vota no Congreso canda os obxectivos de déficit— responde a un deseño \"pensado para conseguir o voto do PP\". Este sitúabase nos 125.064 millóns de euros, 4,4% máis ca o de 2018. A dereita, tanto o PP como Ciudadanos, xa comunicou o seu voto en contra. Para a formación encabezada por Pablo Iglesias, o Goberno de Sánchez debía en primeiro lugar reformar a lei de estabilidade orzamentaria, derrogar os chamados \"decretos de racionalización do gasto\" ou retirar a regra de gastos que afoga os concellos\". O PDeCAT, pola súa banda, alegou ausencia de negociación, o que os levou a se sumar á abstención."}
{"ID": "NOS_20435", "summary": "O desemprego aumentou no último trimestre de 2013 en 5 décimas a respeito dos tres meses anteriores, co que a taxa de paro gavea até se situar nun estarrecedor 26,03%.", "text": "Aínda non dispomos de dados galegos, mais o último trimestre de 2013 viu como se incrementaba a taxa de paro no conxunto do Estado. A taxa de desemprego incrementou nunha décima a respeito de 2012: 26,03% face o 26,02. Porén, en termos inter-anuais, o número de persoas no desemprego baixou en 69.000 persoas. Segundo a EPA neste momento hai 5.896.300 persoas no paro no Estado. Haberá ampliación desta información en canto se coñeceren os dados galegos."}
{"ID": "PRAZA_9671", "summary": "As enquisas de Sondaxe e GAD3 coinciden en sinalar que o PP deixaría de ter a maioría absoluta dos 23 escanos galegos no Congreso, pero difiren na intensidade do devalo. Cadran tamén en estimar un intenso ascenso do PSdeG e en outorgar representación a En Marea ou Podemos. GAD 3 prognostica, ademais, o regreso do BNG por Pontevedra", "text": "A representación galega no Congreso máis plural da historia no actual sistema democrático. As primeiras enquisas pública sobre as eleccións xerais do 28 de abril con desagregación provincial dos resultados debuxan un panorama de fragmentación que as diversas formacións políticas xa prevén dende hai meses con notables cambios na correlación de forzas a esquerda e dereita que outorgarían escano na Cámara Baixa a ata cinco candidaturas políticas diferentes.As enquisas de Sondaxe e GAD3 coinciden en sinalar que o PP deixaría de ter a maioría absoluta dos 23 escanos galegos no Congreso, pero difiren na intensidade do devaloOs dous inquéritos divulgados a pasada fin de semana e este luns, elaborados por Sondaxe e GAD3 para os xornais La Voz de Galicia e ABC, coinciden en sinalar que o PP deixaría de ter a maioría absoluta dos 23 escanos que suman as circunscricións galegas no Congreso, pero difiren na intensidade dese devalo. Así, Sondaxe indica que os populares perderían senllos escanos pola Coruña e Ourense, pasando de 12 a 10 no total de Galicia, mentres que GAD3 estima que tamén terán un menos por Lugo, quedando en 9.Ambas empresas demoscópicas cadran en sinalar tamén que, como en 2015, habería un transvasamento de sufraxios no espectro do centro-dereita cara a Ciudadanos. O inquérito para La Voz de Galicia outorga aos de Albert Rivera dous escanos -un pola Coruña e outro por Pontevedra- mentres que o publicado por ABC indica que será só 1, na provincia da Coruña.PSOE á alza, incerteza de En Marea e Podemos, regreso do BNGAmbos inquéritos coinciden en prognosticar un notable ascenso do PSdeG, que volvería ser segunda forza en GaliciaPola banda esquerda ambos inquéritos prognostican un notable ascenso do PSdeG, aínda que de intensidade dispar. Segundo Sondaxe o PSOE recuperaría con claridade a condición de segunda forza por Galicia no Congreso con 8 escanos e mesmo sería primeira forza na provincia da Coruña, onde lograría un posto máis que en 2016, ata os tres. A outra circunscrición na que os socialistas medrarían en escanos sería Ourense, con 2, di esta enquisa.GAD 3, pola súa banda, outorga máis marxe de crecemento ás candidaturas do PSOE en Galicia. Estima que poderían sumar o terceiro escano pola Coruña e Pontevedra e un segundo por Lugo e Ourense, o que deixaría o cómputo galego total en 10. Ou, o que é o mesmo, o mellor rexistro dos socialistas en Galicia dende os tempos de Zapatero.Estas enquisas outorgan escanos a En Marea e En Común-Podemos sen teren en conta que son candidaturas diferentes e a de GAD3 augura que o Bloque podería obter escano por Pontevedra Boa parte do crecemento do PSdeG semella ter a súa orixe na mingua do espazo electoral ocupado en 2015 e 2016 polas candidaturas de En Marea, daquela como coalición. Ambas enquisas prognostican que estas formacións seguirán tendo representación por Galicia, pero os seus resultados son incertos porque non estimaron o impacto de que, finalmente, En Marea e En Común-Podemos sexan candidaturas diferentes. Así, Sondaxe adxudica 3 escanos a En Marea e GAD 3 estima 2 para Podemos, pero ambas con esta cautela.Unha destas enquisas, a de GAD3, augura ademais a que, de traducirse en votos o 28A, sería unha das grandes novidades da noite electoral en Galicia, o regreso do BNG ao Congreso tras perder a súa representación en 2015 e 2016. Segundo este inquérito, o Bloque lograría un escano por Pontevedra, o que convertería en deputada a Carme da Silva."}
{"ID": "NOS_30811", "summary": "A colaboración entre as centrais sindicais CIG e a catalá I-CSC deu un salto cualitativo máis esta cuarta feira coa sinatura en Compostela dun protocolo para activar actuacións conxuntas. No documento sinalan como obxectivos a recuperación dos dereitos sociais e laborais, o recoñecemento da autodeterminación do pobos, a negociación colectiva en cada nación e a derrogacións das reformas laborais. Ambos sindicatos aseguran que estas medidas poden frear o fascismo que está a medrar no Estado español.", "text": "A Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Intersindical-Confederación Sindical Catalana (I-CSC) veñen de asinar un protocolo de colaboración coa intención de profundizar na colaboración mutua. Ambos sindicatos mantiveron un encontro os días 17 e 18 de decembro no que coincidiron na análise da conxuntura laboral e política en ambas nacións no contexto do Estado. Nesta xuntanza decidiron elaborar estratexias en común que se plasman na sinatura dun documento que procura dar pasos máis ambiciosos cunha serie de propostas en diferentes ámbitos que consideran fundamentais agora mesmo. Na sinatura participaron os respectivos secretarios xerais, Paulo Carril de CIG e Carles Sastre de I-CSC. \"Na Galiza estamos a asistir ao deterioro das condicións laborais como causa dunha obstinada política neoliberal\", explica en rolda de prensa Paulo Carril, \"cunha axenda infernal dos gobernos do PP e do PSOE\". Carril explica que vivimos un \"aumento do desemprego e da emigración, un incremento da pobreza e da crise industrial no noso país\" tendo en conta un \"contexto previo a unha recesión económica\". O responsábel de CIG está convencido de que a situación actual \"rematará nunha profunda crise económica cando aínda non saímos da anterior, nun contexto de inacción política que fai máis grave esta deriva\". Polo seu lado o secretario xeral de I-CSC, Carles Sastre, asegura que \"é importante manter relacións do día a día do traballo sindical entre todos os sindicatos que queremos unha ruptura do réxime do 78\". Auxe do fascismo Na avaliación da situación actual, previa á elaboración do documento acordado, ambos sindicatos coincidiron no alarmante aumento da ultradereita. \"Somos dous sindicatos de dúas nacións sen estado que compartimos preocupación pola situación no Estado\", apunta Paulo Carril, \"prevalece a represión e a política antidemocrática cando non se recoñece a realidade plurinacional do Estado e o contexto é de auxe do fascismo\". A explicación a esta situación, para o secretario xeral de CIG, estaría na dobre combinación de \"continuidade das políticas neoliberais que provocan o empobrecemento xeralizado e unha grande precariedade laboral\" combinado con outro elemento como \"o fanatismo sobre esa unidade de España que nin é certa nin é democrática\". Ambos sindicatos coincidiron no alarmante aumento da ultradereita Para Carles Sastre a situación actual coincide co \"control da dereita oligárquica española do Consello do Poder Xudicial\". Sastre explica que nas últimas eleccións a este organismo \"comprobouse que a cúpula xudicial está cada vez máis á dereita\". Para Sastre é un segundo movemento de penetración para controlar a xustiza desde arriba \"logo do que fixo Aznar na súa última lexislatura\". O responsábel de I-CSC cre que o momento \"é tan preocupante como para que sindicatos e organización nos poñamos de acordo non só en análise senón en campañas concretas para tentar reverter o avance claro da extrema dereita en Europa e no Estado español\". Catro reivindicacións fundamentais As centrais sindicais resumiron as súas demandas en catro reivindicacións. A primeira delas é unha táboa derrogatoria das reformas laborais, das pensións e das políticas \"que estiveron causando desigualdade social, fenda salarial e unha bolsa de pobreza laboral que se está a cronificar\", segundo Paulo Carril. A segunda reivindicación implica mudar as regras de negociación en materia laboral. \"As reversións de políticas de derogacións que se lle exixe ao Goberno español, sexa da cor que sexa, ten que ir acompañada de poder negociar as condicións laborais nos nosos respectivos países\", apunta Carril. Para Sastre \"a nivel sindical a negociación colectiva debería xestionarse desde a proximidade\". En relación á situación actual en Catalunya o responsábel de I-CSC asegura que \"é unha reivindicación histórica que agora mesmo evolucionou coa vista posta nunha futura República catalá\". Ambos sindicatos entenden que é unha axenda ambiciosa para parar o fascismo A terceira reivindicación do acordo e a creación dunha axenda democratizadora ampla na que figure como tema principal a anulación da denominada Lei Mordaza. \"Criminaliza o movemento social e sindical, tamén a folga, a protesta e a reivindicación\", asegura Paulo Carril. A cuarta demanda exixe a primacía da política para resolver os conflitos nacionais como o que enfronta Catalunya e o Estado español. \"Hai que acabar coa xudicialización da política e poñer en liberdade os presos políticos\", indica Carril. Para Sastre a solidariedade con Catalunya é un acto de intelixencia. \"Agora mesmo somos un laboratorio represivo e non existe abondo conciencia fóra de que o que se faga alí serán ferramentas que se estenderán ao resto do Estado\", asegura. O responsábel sindical lembra que seguen na cadea presas e presos políticos. Ambas organizacións sindicais entenden que é unha axenda ambiciosa mais consideran que é a única que pode poñer freo ao fascismo."}
{"ID": "NOS_45701", "summary": "O SLG vén de clausurar o seu décimo congreso en Vilalba, unha cita na que reafirmou o seu compromiso coa agroecoloxía, a soberanía alimentaria e os bens comúns.", "text": "Baixo o lema \"Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro\" decorreu en Vilalba o X Congreso do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Unha cita na que os ecos da pandemia volveron recalcar a importancia de garantir unha produción de alimentos de proximidade, baseados nun modelo respectuoso co medio ambiente e as persoas. Só esta experiencia pode garantir un medio rural vivo, na consecución da soberanía alimentaria dos pobos e a agroecoloxía. A denuncia da \"paulatina globalización do sistema agroalimentario\" centrou parte do discurso. \"Está a secuestrar o control da poboación e dos Gobernos sobre unha cuestión básica para a nosa supervivencia como é a alimentación, outorgándolles ás grandes multinacionais da distribución e da industria alimentaria unha posición de dominio absoluto na cadea de valor\". A canda os perxuízos para a saúde vinculados á imposición do modelo agroindustrial, o SLG remarcou \"un fortísimo ataque de acaparamento de terras no medio rural\". Co pretexto de avanzar cara a produción de enerxías renovábeis, \"que cada vez distan máis de poderen ser consideradas limpas\", destacou o avance da invasión eólica de montes e terras agrarias, a proliferación proxectos mineiros que fai máis necesaria que nunca \"a protección do noso territorio fronte ao espolio das empresas enerxéticas\". Vilalba, reelixida O SLG reelixiu a secretaria xeral desde o ano 2012, Isabel Vilalba, como líder da organización até 2024. No seu discurso, aproveitou para cargar contra a aprobación da nova lei estatal de cadea alimentaria, que \"segue sen impedir a venda por baixo de custos\". Ademais, Vilalba criticou o deseño da nova Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea \"ao servizo da agroindustria\" e a \"limitación de dereitos para a cidadanía como é o da participación\". O sindicato fará 50 anos en 2023, medio século de loita nos que a afiliación se configurou como \"verdadeiro motor\". \"A afiliación é o corazón e o corpo da nosa organización, porque están no día a día, pero sobre todo por producir alimentos, coidar o territorio e transmitir o coñecemento e cultura labrega\", proclamou Isabel Vilalba. A respecto da herdanza da pandemia, Vilalba declarou que \"non podemos permitir que, ante unha situación como a que vivimos durante o confinamento, as administracións públicas nos impidan ir ás nosas leiras, coidar aos nosos animais, ou pechar os mercados mentres fomentan o consumo masificado nas grandes e medianas superficies comerciais, á vez que seguen promocionando a concentración intensiva do gando\"."}
{"ID": "NOS_48981", "summary": "Amaiur, a coalición soberanista basca, vén de dar as grazas ao BNG, através do seu twitter oficial, logo da formación nacionalista non ter secundado o veto interposto polo PSOE contra a esquerda basca", "text": "\"O BNG tampouco secunda o veto contra Amaiur. Moitas grazas. Eskerrik Asko\", di Amaiur no seu chío.O grupo parlamentar do PSOE -por decisión do seu secretario xeral, Alfredo Pérez Rubalcaba- negouse a aceitar que Amaiur asinase o recurso ao Tribunal Constitucional que as forzas políticas da oposición parlamentar negociaron esta semana contra o decreto de non actualización das pensións.Ao axir deste xeito, o PSOE impediu que por vez primeira na historia parlamentar o conxunto da oposición asinase conxuntamente un recurso ante o Tribunal Constitucional.Xesto profundamente antidemocráticoO Bloque Nacionalista Galego, ben como Esquerra Republicana de Catalunya, optou por non secundar o veto por o considerar un xesto profundamente antidemocrático ao se arrogar o PSOE, escoltado por UPyD, a faculdade de determinar que forza política é democrática e cal non o é.Para a forza nacionalista galega, Amaiur -que é hoxe a segunda forza política en Euskadi- ten plena lexitimidade democrática para actuar conxuntamente co resto da oposición no Congreso dos Deputados.Izquierda Unida, Partido Nacionalista Vasco e Convergència i Unió si asinarán o recurso e por tanto, si transixiron co veto."}
{"ID": "NOS_27382", "summary": "Problemas de carácter técnico, polos que pedimos desculpas, estiveron na raíz da non emisión en streaming do debate e impiden agora a difusión dos vídeos-resumo do encontro dialéctico.", "text": "Deficiencias técnicas -polas que pedimos desculpas- frustraron a emisión ao vivo do #SermosDebate -realizado esta segunda feira coa participación de Nós Candidatura Galega, En Marea e PSdeG- e impiden agora tamén a difusión dos vídeos que recollían o confronto dialéctico entre as candidatas Carme Adán, Yolanda Díaz e Pilar Cancela. A análise do que deu de si este #SermosDebate -un debate aberto, galego, plural e sen exclusións- será un dos temas sobre os que se debruce especialmente o semanario Sermos Galiza, na súa edición 175, a saír do prelo esta quinta feira 10 de decembro."}
{"ID": "NOS_1939", "summary": "Redúcese o mínimo exento para declarar ao ter dous pagadores no mesmo exercicio", "text": "Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) queren evitar \"sustos\" na próxima declaración da Renda ás persoas que como consecuencia da pandemia da Covid-19 se viron afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE). Como explican desde Gestha, as persoas que se acolleron a esta figura terán a efectos fiscais dous pagadores, que son o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e a súa propia empresa, o que reduce a marxe de obriga para presentar a declaración dos 22.000 aos 14.000 euros. Neste senso, os técnicos de Facenda recomendan a este colectivo de traballadores e traballadoras que soliciten ao SEPE ─pagador da prestación de ERTE─ ou á súa propia empresa que practiquen axustes nas retencións de cara a evitar sorpresas no Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) o vindeiro ano. \"Dada a escasa ou nula retención aplicada ás prestacións públicas (en referencia ás dos ERTE), a carga tributaria trasladarase á declaración da renda de 2020\", avisan. Por este motivo, o persoal técnico de Facenda aconsella contactar coa empresa e co SEPE para corrixir esta situación. Deste modo, precisan, o pagamento sería o mesmo, mais cunha maior retención mensual (que tamén reduciría o importe líquido a percibir) o impacto na próxima declaración da renda do cobro da prestación do ERTE sería moito menor. En todo caso, apuntan desde Gestha, o resultado da mesma variará en función das circunstancias de cada cidadán e o cobro dos ERTE afectará fundamentalmente a aquelas persoas que teñen unhas percepcións en diñeiro a maiores."}
{"ID": "NOS_44382", "summary": "A concelleira de Santiago Reyes Leis fixo as veces de 'delegada' da Casa Real española para pedir á imaxe do apóstolo Santiago \"que nos ilumines nas nosas decisións e nos deas alivio nas fatalidades\". Leis, unha d@s tres edís do PP compostelán que non están imputad@s en causa ningunha (@s outr@s 10 teñen causas xudiciais abertas na súa contra) encomendou ao santo \"a sostibilidade\" do modelo de benestar.", "text": "Facer \"sostíbel\" o modelo do benestar. Que o ano que vén se poidan \"confirmar con gozo as primeiras noticias que hoxe apuntan xa ao reflotamento do sector naval\". Polo \"mantemento\" dunha entidade financeira \"firmemente enraizada na nosa terra\". Para \"fomentar o diálogo\" en prol \"dun proxecto nacional de vida en común en España\". Ou polo \"alivio nas fatalidades\", en referencia ao sinistro ferroviario rexistrado na curva da Grandeira, en Angrois, a noite do 24 de xullo. Son estas as cuestións que centraron o discurso pronunciado pola concelleira de Santiago Reyes Leis na Catedral de Santiago perante a imaxe relixiosa do Santiago apóstolo. Leis, que este ano fixo as veces de 'delegada' da Casa Real española, deitou no santo as responsabilidades políticas que atinxen ao seu partido, o PP, ao gobernar con maioría absoluta tanto na Xunta coma en Madrid. Entre autoridades militares e relixiosas Diante da plana maior do executivo galego encabezado polo seu presidente, Núñez Feijóo; e diante das autoridades relixiosas e militares, Leis pediu que o santo torne \"sostíbel\" o modelo do benestar que a formación conservadora desmantelou con medidas contra dereitos básicos como a educación e a sanidade. A edil falou de \"reflotamento do sector naval\" o mesmo día en que a petroleira mexicana Pemex adiou por quinta vez a adxudicación dos floteis que Feijóo comprometeu en firme en setembro de 2012. O mesmo mes en que o PP consumou a venda de Novagalicia Banco á entidade privada venezolana Banesco, Leis pediu unha banca \"enraizada na nosa terra\". Perante a teima do seu propio partido en se facer ouvidos xordos fronte aos berros do pobo catalán en prol da súa independencia de España, a concelleira pediulle \"diálogo\" ao santo. E após vetar tanto no Parlamento galego coma no Congreso español a constitución dunha comisión de investigación para depurar as responsabilidades políticas no accidente de Angrois en que morreron 79 persoas, Leis rezou para que o Santiago traia ao pobo galego \"alivio nas fatalidades\". Actos relixiosos \"de excepcional interese público\" Xa lle fixo saber Reyes Leis ao santo que a cidade que leva o seu nome \"será referencia mundial por mellores motivos\" que o sinistro da Grandeira. Nomeadamente, pola \"celebración do 800 aniversario da peregrinación de Francisco de Asís\". Cómpre recordar que a Xunta xa anunciou no Parlamento que as empresas que colaboren na organización dos actos relacionados con tal \"celebración\" terán beneficios fiscais, pois o evento terá a consideración de \"acontecemento de excepcional interese público\". Máis un acontecemento relixioso católico \"de excepcional interese público\" nun Estado cuxa Constitución proclama como \"aconfesional\". As \"funcións de incalculábel valor\" do Borbón O discurso de Leis foi redactado e pronunciado integramente en español agás un pequeno fragmento final en que a concelleira aproveitou para lle desexar \"boa saúde\" ao Borbón \"para que poida seguir a exercer as súas funcións, de incalculábel valor para a nación española\", dixo. Até aquí o resumo das peticións que o PP elevou ao ceo. Tal día coma este hai un ano o mesmo partido clamou pola creación de emprego."}
{"ID": "PRAZA_13008", "summary": "Hoxe é día de reivindicar, mais tamén de festexar. E mañá será día de vivir en galego con normalidade.", "text": "Hoxe é día de reivindicar. Día de reivindicar o galego como un dos principais bens comúns do país e das súas xentes, de reivindicalo como lingua que nos une ao pasado e ao porvir, de reivindicar a súa lexitimidade e a súa vixencia fronte ás insólitas agresións sofridas ao largo desta lexislatura que chega á súa fin preñada de incertezas e temores. Hoxe é día de reivindicar o galego como un dos principais bens comúns do país e das súas xentes, mais é día tamén de festexar Mais hoxe é día tamén de festexar. Porque temos unha lingua milenaria que cruzou séculos e oceanos, unha lingua que é de noso ao tempo que nos serve como vehículo de comunicación internacional e que vive en cada un, en cada unha de nós, sen importar as fronteiras deseñadas neses mapas que ignoran que Galicia é un país espallado polo mundo e aberto á rosa dos ventos. Porque posuímos grandes exemplos –como Valentín Paz-Andrade, homenaxeado nesta data, ou Celso Emilio Ferreiro, de quen celebramos o centenario– de homes e mulleres que fixeron as nosas letras recuperaren o brillo que un día quixeron arrebatarnos. E porque só teremos futuro como pobo se aprendemos da nosa historia, que tenazmente demostra que só cando exercemos o orgullo do propio fomos capaces de unirnos para avanzar, de abrirnos ao mundo e de conquistar a esperanza dun mañá máis libre e máis próspero. O galego é lingua de liberdade e é tamén lingua plural onde cabemos todas as persoas que amamos esta terra En fin, hoxe é día de reivindicar e de festexar, mais haberá un mañá. E mañá será día de vivir en galego con normalidade, de demostrar que os nosos desexos non habitan só no territorio dos soños, de xenerosamente recoñecernos en todos os proxectos (culturais, económicos, políticos, sociais e comunicativos) que contribúen a construír un país dono de si. Pois que o galego é lingua de liberdade e é tamén lingua plural onde cabemos todas as persoas que amamos esta terra. Chegados a este punto, facemos nosas as palabras dos \"Voares de esperanza\" escritas por Agustín Fernández Paz e que fan parte do manifesto que hoxe será lido na manifestación nacional pola lingua convocada pola plataforma Queremos Galego: Contra as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe– un país de emigración. Os medios en galego, piar insubstituíble de calquera proxecto de futuro, merecen e precisan do apoio da cidadanía á cal doan o seu traballo Antes de concluír, non podemos deixar de facer un chamamento a apoiar os medios en galego, piar insubstituíble de calquera proxecto de futuro. Estamos a vivir un ano de renacemento, marcado pola chegada de Praza Pública, Dioivo e Sermos Galiza, que veñen unirse a ducias de proxectos valorosamente erguidos e mantidos na web, nas ondas e no papel. Todos eses medios merecen e precisan do apoio da cidadanía á cal doan o seu traballo, como o merece a campaña Vitaminas para o galego, exemplo de unión en volta dun ideal compartido. Que este 17 de maio abrolle a primeira flor das mil primaveras que han de vir, e que a súa semente se espalle para que o próximo floreza en cada praza, en cada rúa e en cada parroquia do país."}
{"ID": "NOS_54697", "summary": "Racha así coa súa tradicional postura abstencionista nas convocatorias estatais.", "text": "Causa Galiza chama o independentismo galego a votar BNG o vindeiro 28 de abril. Embora as discrepancias ideolóxicas e de praxe que ten a respecto da organización nacionalista, Causa Galiza considera que de cara a estas eleccións votar BNG é \"a opçom tática mais acertada entre as existentes\", toda vez que desbota o abstencionismo. \"O bloqueio da deriva fascista a curto prazo nom se conjura com um abstencionismo auto-referencial de consumo interno\", afirman. O independentismo que representa Causa Galiza racha así co seu tradicional posicionamento abstencionista nas convocatorias de eleccións xerais, unha decisión que explican nun documento no que recollen dez reflexións ao respecto. Consideran que no marco da crise do réxime do 78 levou aos poderes sistémicos a apostar nunha involución democrática \"real\" e que o 28 de abril é unha das etapas. A ela concorre, afirma CG, una dereita involucionista e una esquerda española continuísta. Recoñecen que Causa Galiza non é quen de \"articular a sua própria proposta na frente institucional e contribuir, assim, junto a outras opçons ruturistas, para derrotar a soluçom fascista e alargar a crise de regime\". O voto no BNG, aclaran, \"nom é um assentimento à linha da atual dirigência nacionalista, ou a procura de integraçom num projeto que, à margem de retóricas ocasionais, aposta na gestom do regime\". Así, manifestan que Causa Galiza mantén a aposta na \"construçom dum movimento independentista forte (…). Este é o sentido do Processo Trevinca\". Isto, porén, non é contraditorio coa chamada ao independentismo para votar BNG nestes comicios."}
{"ID": "NOS_36625", "summary": "Piden a fin da \"precariedade\". O protesto tivo lugar fronte ao reitorado e coincidindo co consello de goberno da universidade.", "text": "\"Estamos fartas de que se nos silencie. Porque a carreira investigadora non pode seguir sendo sinónimo de precariedade\". Esta frase era unha das chamadas que estes días percorría a Universidade de Santiago (USC) animando a asistir á concentración que esta quinta feira reclamou \"dignidade laboral\" para o persoal investigador. Un grupo de investigadores e investigadoras, convocados pola Asemblea de Investigadores de Compostela, (AIC) e lucindo camisolas negras, concentrouse perante o reitorado, onde tiña lugar un consello de goberno, para expoñer as súas demandas, que se resumen na fin da \"precariedade\". Desde este colectivo denuncian que desde 2016 unha parte do colectivo de investigadores e investigadoras soporta unha discriminación que se concreta en que se lle empezou a pagar por baixo do salario mínimo que fixa a normativa, néganselle subas salariais que si ten o resto de persoal da USC, e non se lles paga a indemnización por extinción de contrato. \"Só pedimos que todas as persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da USC\", din desde a AIC. O reitor da USC, Antonio López, manifestou que no equipo de goberno \"somos conscientes do problema e estamos a tratar, loxicamente, de buscar solución\"."}
{"ID": "NOS_3083", "summary": "A cesta da compra subiu desde comezos de século entre o 30 e o 50% de media; porén, os ingresos pola venda de marisco nas lonxas sufriu unha baixada, como confirman os dados da plataforma Pescadegalicia, da Consellaría do Mar. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 237.", "text": "\"Aí temos unha mina; hai tal cantidade de ameixa que para cubrir o cupo apenas precisamos unha hora de traballo\". Así falaba hai uns anos Fran Martínez, un mariscador da ría de Ferrol, a respeito do banco das Pías, naquela altura o máis produtivo en ameixa babosa de Galiza. Lembraba dese xeito unha época, finais da década dos 90 e comezos da posterior, na que aínda non existía clasificación ningunha das zonas de produción –as que entraron en vigor no ano 2006 por orde da Unión Europea- e a extracción de moluscos bivalvos era, segundo os profesionais do sector, un auténtico maná. Hoxe, probabelmente, a súa percepción sería ben diferente. As limitacións impostas polos niveis de contaminación microbiolóxica –a química tamén, aínda que semella ser menos prexudicial- e o seu impacto na produtividade dos bancos marisqueiros a flote están a levar o sector profesional dalgunhas das rías a esmorecer. Paralelamente, o saneamento segue sen botar a andar nalgúns esteiros malia estar xa rematados os colectores e practicamente toda a infraestrutura de depuración das augas residuais. As rías agardan pola decisión que remate, por fin, coas verteduras urbanos como primeiro paso para o seu saneamento. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa ou quiosques e puntos de venda habituais]"}
{"ID": "NOS_26368", "summary": "\"Non soportan ver o avance que está a pegar Lugo neste período, e a ira lévaos a esta frustración\", replica Arroxo.", "text": "O tenente de alcalde de Lugo e portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo, denunciou na tarde desta terza feira, a través do seu perfil en Facebook, ter recibido ameazas de morte nas últimas datas. Así, fai alusión a dúas pintadas —adxuntadas na publicación— nas que se pode ler \"BNG ladrones fascistas\" e \"Cono bueno el cono muerto\". \"'Cono' é a palabra que usan para denominarme a min nas redes sociais coñecidos perfís da ultradereita xunto con algún concelleiro e membros do PP\", explica Arroxo. O concelleiro afirma que as forzas da oposición utilizan ese termo \"para tratar despectivamente iso que din de que 'está todo Lugo en obras', como se fose algo malo\", malia que para el, claro está, non o é. \"Claro que non é malo, mais non soportan ver o avance que está a pegar Lugo neste período, e a ira lévaos a esta frustración\", afirma. As pintadas están, asegura, están situadas \"en zonas polas que saben\" que Arroxo pasa \"con frecuencia\". Mais non se trata do primeiro ataque que recibe Rubén Arroxo: \"Súmase a ataques semellantes, se cadra sen chegar até este punto, nas redes con perfís falsos\", engade. \"O doado sería pedir que se condenen estas accións, mais prefiro pensar aquilo de 'van ter que roelo', porque por moito que lles doa e fruste a estes individuos, e os obrigue a lanzar bile nas redes ou nas paredes, Lugo vai seguir avanzando\", conclúe o tenente de alcalde lugués."}
{"ID": "NOS_42409", "summary": "Despois do éxito de Elisa e Marcela, A Panadaría estrea hoxe, en Tui, o seu novo espectáculo, As que limpan, no que falan das camareiras de piso, un sector cuxos problemas están intimamente ligados cos dun modelo de turismo depredador e insostíbel. A compañía tira de humor para facer crítica social.", "text": "De As que limpan sabemos aínda moi pouco, mais o que sabemos dá indicios de por onde pode ir o novo espectáculo da compañía A Panadaría. Da obra, que se estrea esta noite en Tui, no Teatro Municipal da Área Central, coñecemos unhas postais nas que alguén escribe Desde la tumbona vemos las excavadoras rellenando la costa de hormigón y cemento. Ya nos imaginamos el campo de golf que van a levantar encima, como un Benidorm chiquitito. Llegó el progreso a las Rías Baixas. Unha declaración na que as compoñentes a compañía -Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman- reivindican \"a loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras\". E algo de realidade: unhas traballadoras das que depende directamente o sector do turismo pero que non se benefician dos beneficios que deixa o seu florecemento. A Panadaría conquistou o público cun western xestual cando practicamente acababan de saír da escola de teatro: poucos foron os afeccionados ao teatro que resistiron a tentación de asomarse a ver Pan! Pan!, un espectáculo tan precario de medios como sobrado de frescura e talento e no que se ridiculizaban todos os clixés sobre a masculinidade presentes no cinema. Pagaron a peaxe do éxito prematuro coa súa segunda obra, Panamericana. E logo reconquistaron os patios de butacas de toda a península con Elisa e Marcela, o relato do primeiro matrimonio -pola Igrexa- entre mulleres. Agora, volven, segundo confesan a Nós Diario, \"sen perder os sinais de identidade da compañía. Seguimos facendo humor, seguimos tendo unha mirada feminista e a música segue a ter un papel destacado no espectáculo. Aínda que tamén é verdade que hai algunhas innovacións\". \"A situación das mulleres que limpan, das amas de casa, das que traballan no servizo doméstico... Ao final decantámonos polas camareiras de piso da hostalaría, mais coa idea de concentrar nelas a problemática das mulleres que limpan, que somos todas\". Elisa e Marcela efectuou unha xira particularmente longa, ao que se sumou o parón ao que obrigou a pandemia. Preguntámoslles ás compoñentes da Panadaría se hai algo de vertixe ao volver cun espectáculo novo aos escenarios, mais semella que a proposta foi precedida dunha fonda reflexión: \"No teatro sempre falta o tempo, sempre chegas a unha estrea coa sensación de que facía falta algo máis de preparación. Pero si é certo que a pandemia nos deu moito tempo para pensar ben o que queriamos contar. Tivemos unha xira tan extensa con Elisa e Marcela que precisabamos parar, e aí a Covid serviu un pouco de axuda para reflexionar sobre o seguinte espectáculo. A situación das mulleres que limpan, das amas de casa, das que traballan no servizo doméstico... Ao final decantámonos polas camareiras de piso da hostalaría, mais coa idea de concentrar nelas a problemática das mulleres que limpan, que somos todas\". Un modelo de turismo depredador O contexto sempre marca os discursos, e as compoñentes da Panadaría teñen claro que queren falar desde a Galiza, desde un lugar concreto cuxas particularidades poden axudar a entender a universalidade de certos conflitos. \"A verdade é que nos interesaba moito falar dese modelo de turismo depredador que se leva instaurando desde hai décadas. Na Galiza, polo de agora, os problemas non son tan apremantes como noutros lugares, como as Canarias ou Baleares, pero a realidade é que 'a Galiza se está poñendo de moda', como dicimos nun momento do espectáculo e a ameaza está aí, asexando. Corremos o risco de estragar o territorio e mesmo a vida das persoas\". A Panadaría volve á fórmula inicial de traballar sen a figura dunha directora que guíe o espectáculo \"aínda que tivemos o acompañamento de Paula Carballeira, cuxa mirada externa nos axudou moito en numerosos momentos do proceso de ensaios\". Mais volven co apoio do Centro Dramático Nacional, que coproduce a obra. Cal é a diferenza de traballar cunha institución como o CDN detrás? \"Dá moita tranquilidade a nivel loxístico e, sobre todo, sentímolo como un respaldo ao noso traballo. Pero ao final, cando chega o momento de entrar na sala de ensaios, o proceso é sempre o mesmo, segue sendo igual de arriscado\". Despois da estrea, As que limpan terá unha xira por diversas prazas da Galiza (Vilagarcía, Redondela, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Bertamiráns, Oleiros, Santiago e Gondomar), para despois estrear en castelán en Valencia e estar en cartel en Madrid durante un mes, onde algunhas das funcións serán en galego -\"as últimas, moi perto do Día das Letras Galegas\". O recente affaire das Tanxugueiras podería facer pensar que xa é máis doado levar outras linguas a outras partes do Estado, mais as Panadeiras matizan: \"Depende moito da zona. En Euskadi, por exemplo, a recepción é case como a que podemos ter aquí, En Madrid e en Castela, resulta sempre algo máis delicado. En todo caso, temos que dicir que, nese sentido, sempre tivemos o total apoio do CDN, no que parece haber unha sensibilidade diferente a respecto das linguas do Estado. Como debe ser, por outra parte, xa que si representa a todo Estado, terá que facelo reflectindo a súa pluralidade\". Feminismo con humor e música A Panadaría logrou facerse un oco no inestábel panorama do teatro galego desde o seu primeiro espectáculo, Pan! Pan!, cunha singular mestura de feminismo, humor e música que lles outorga unha personalidade inmediatamente recoñecíbel. A súa fórmula semella amábel, aínda que a crítica social -cunha mirada sempre atenta ás discriminacións sufridas polas mulleres- asexa detrás de cada chanza, de cada sketch cómico. A historia de Elisa e Marcela levounas por toda a península e valeulles o recoñecemento de público e crítica. As que limpan, un novo reto para a compañía, fala, din elas, do \"chan mollado sobre o que camiñamos cada día\": teñen todos os números para non esvarar"}
{"ID": "NOS_26264", "summary": "Tamén fecharía a de Avilés. A multinacional mantería a de San Cibrao. Na factoría coruñesa traballan por volta de 400 persoas e na asturiana, unhas 300. O persoal inicia as mobilizacións contra a decisión: na Coruña concéntranse para impedir a a entrada de camións con materia prima.", "text": "Os peores prognósticos semellan que van cumprirse: a multinacional Alcoa anunciou o fechamento de dúas das súas tres plantas no Estado español, a da Coruña e Avilés. Seguirá unicamente a de San Cibrao, na Mariña. A da Coruña ten un cadro de persoal de 400 traballadores e traballadoras e a de Avilés por volta de 300. A de Sam Cibrao, que en principio non se ve afectada por esta decisión, 1.200. A noticia trasladoulla a dirección aos comités das tres factorías, coas que mantén unha xuntanza nesta cuarta feira. O principal argumento de Alcoa é o elevado prezo da eletricidade, que se disparou nestes meses até facer dificilmente competitivo o negocio, afirman. A factura enerxético supón 50% dos seus custos de produción. Juan C. López Corbacho, presidente do comité de Alcoa Coruña sinala a \"inacción da Xunta\" O presidente de Asturies, Javier Fernández, xa notificou á multinacional o seu rexeitamento ao feche da planta asturiana de Avilés. Fernández tamén ofreceu a Núñez Feixoo colaboración para evitar que se clausuren as factorías da Coruña e Avilés. O presidente galego dixo que o fechamento era unha \"moi mala noticia\". Despedimento colectivo Juan C. López Corbacho, presidente do comité de empresa da planta da Coruña, manifestou ao trascender a noticia que o fechamento irá acompañado de despedimento colectivo para os operarios de ambas as dúas factorías. \"Non partillamos as causas que alega a empresa\", manifestou, ao tempo que denunciaba a \"inacción da Xunta\" e lembraba que desde 2011 o persoal de Alcoa Coruña estaba mobilizándose na defensa dos emrpregos e a factoría. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anuncia a convocatoria dun pleno extraordinario O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xa anunciou a través das redes sociais que se pon a disposición \"do cadro de persoal de Alcoa para facer fronte común en defensa do emprego e pola continuidade da actividade da planta\". Anunciou que esta quinta feira convocará os portavoces grupos municipais para realizar, \"canto antes\", un Pleno extraordinario. Desde o BNG e a través da súa portavoz Ana Pontón piden presidente da Xunta quen \"non deixe pasar nin un minuto sen poñerse á fronte dunha negociación coa empresa para evitar o peche e garantir a totalidade do emprego\". A nacionalista considera que \"é un disparate que se vete á tarifa eléctrica galega mentres hai empresas nas que perigan centos de postos de traballo polo prezo da electricidade\". Ana Pontón: \"É un disparate que se vete á tarifa eléctrica galega mentres hai empresas nas que perigan centos de postos de traballo polo prezo da electricidade\" Yolanda Díaz e Antom Gómez-Reino (En Marea) coincidiron en mostrar a súa preocupación olla deisión e en anunciar que peidrán ao goberno español que tome cartas. Negocio Alcoa comprou á Sociedade estatal de participacións industriais (Sepi) en 1998 varias plantas, entre elas as 2 galegas, pagando menos de 400 millóns de euros. Hai 20 anos. Desde entón, como sinalan os sindicatos, os beneficios xerados polas factorías galegas foron de centos de millóns de euros, que marcharon sen reverter no país. A filial española de Alcoa ingresa uns mil millóns de euros anuais. O 2015 non foi un bo ano para Alcoa, que rexistrou perdas (112 millóns de euros) Mais os exercicios anteriores deixaron importantes beneficios: Perto de 250 millóns de euros en 2014, máis de 110 millóns en 2013, en 2012 o gaño foi de 146 millóns de euros.... En 2016 desde representantes sindicais lembraban que que desde 1998 a 2011 a compañía gañou perto de 1.500 millóns de euros. Os operarios da Coruña lembran que en 2011, cuns beneficios sobre a mesa de máis de 400 millóns de euros, a dirección presentou un expediente de regulación de emprego (ERE)."}
{"ID": "NOS_57424", "summary": "O asasinato de George Floyd nos EUA conmocionou o mundo, mais os abusos policiais, cun compoñente racial engadido, non son fenómeno exclusivo do país norteamericano. Dentro das fronteiras europeas, os actos racistas por parte das forzas de seguridade non son inusuais. Na última semana, Francia ratificouno.", "text": "Case 20 minutos de golpes e insultos como \"sucio negro\". Ese foi o tempo empregado por tres axentes da Policía francesa para mallar e vexar o produtor musical Michel Zecler, nun novo incidente de violencia racista a mans ─e pés e porras─ das forzas de seguridade dun Estado, neste caso europeo, Francia, que ten na \"Liberté, Égalité, Fraternité\" os seus alicerces. O diario Liberátion non podía ser máis contundente e na súa edición desta sexta feira levaba á capa a imaxe da cara de Zecler, rota e ensanguentada, ocupando toda a páxina. Sobre ela, o titular, ben en grande: \"La Nauseé\". A náusea. Resumíao así o rotativo parisiense: \"Un novo vídeo de violencia inusitada, que mostra axentes da Policía acosando o sábado [21 de novembro] en París un home negro sen motivo aparente, súmase aos problemas alimentados durante varios meses por unha sucesión de asneiras e unha deriva de poder con acentos autoritarios\". E é que este incidente se produce só uns días despois do violento desaloxo dun campamento de inmigrantes na Praza da República da capital gala. Zecler encontrábase fóra do seu estudio musical, Black Gold Studios, localizado no distrito 17 de París, cando unha patrulla policial observou que non portaba máscara de protección contra a Covid. Os axentes seguírono até o local, onde accederon sen orde xudicial, e ao pouco de entrar comezaron a bater nel. Gravación do incidente Nunha primeira versión, os policías alegaron que o home tentara sacarlles a pistola e que os golpeara. Porén, non sabían que estaban a ser gravados polas cámaras de vixilancia. Estas imaxes, e as dos vídeos tirados pola veciñanza xa fóra do estudio, probaron a falsidade da declaración policial. Vídeos que publicou o xornalista de Loopsider David Perrotin comentados polo propio Zecler. Michel, un producteur de musique, a été tabassé par trois policiers samedi dernier à Paris. Ils l'ont ensuite accusé à tort d'avoir voulu prendre leurs armes et de rébellion. Mais les policiers ignoraient une chose : tout a été filmé. pic.twitter.com/PTo71fzJzP— David Perrotin (@davidperrotin) November 26, 2020 O agredido afirma que ao principio, ante a violencia dos axentes, mesmo dubidou que fosen policías. Tras máis dun cuarto de hora de golpes, é detido canda a outros nove artistas ─menores─ que estaban no interior do estudio. Perrotin publicou na quinta feira en Twitter o vídeo, que hoxe pola tarde xa fora compartido máis de 155.500 veces. Tamén onte engadiu outra entrada con novas imaxes, accesíbeis na súa conta persoal desta rede social. A revelación do vídeo permitiu, nun primeiro momento, que Zecler fose liberado, que lle fosen retirados todos os cargos e que os axentes implicados ─catro─ fosen suspendidos. Hoxe, finalmente, estes policías foron postos a disposición xudicial e tres deles están a ser investigados pola Fiscalía de París por \"violencia voluntaria, en grupo, con armas e de carácter racista\", segundo informou na súa web o semanario Le Nouvel Observateur. Indignación social O incidente cobrou unha gran magnitude nas últimas horas, con mostras de apoio a Zecler e de condena ao racismo por parte de personalidades da música e do deporte. A nivel político, o ministro do Interior, Gérald Darmanin, prometeu na noite da quinta feira, no telexornal de France 2, que se actuaría con firmeza, e anunciou que se pediría o despedimento dos axentes por ter \"manchado o uniforme da República\", \"axiña os feitos foren estabelecidos pola xustiza\". O presidente francés, Emmanuel Macron, recoñeceu estar \"conmocionado\" polas imaxes, e segundo informacións de Europe 1, mantivo unha conversa de 15 minutos con Darmanin logo de ver o vídeo. Vídeo que, ademais, se suma á polémica destes días en Francia pola aprobación da Lei de Seguridade Global (similar a norma española coñecida popularmente como \"Lei Mordaza\"). Neste sentido, o líder da plataforma de esquerda Francia Insumisa, Jean-Luc Mélenchon, considerou que o incidente é \"unha proba abafante da importancia vital do dereito a filmar a acción policial\". Tamén o secretario nacional dos Verdes, Julien Bayou, destacou que \"sen os vídeos, non se sabería nada\". Pola súa banda, a alcaldesa de París, a socialista Anne Hidalgo, escribiu no Twitter que \"O estado de dereito non é negociábel\". E o secretario nacional do Partido Comunista Francés, Fabien Roussel, chamou a secundar as manifestacións convocadas para hoxe co fin de exixir a retirada do artigo 24 da Lei Mordaza francesa. O que prohibe facer gravación dos axentes das forzas de seguridade do Estado como a que probou a inocencia de Zecler. Manifestacións en contra da Lei Mordaza gala O artigo 24, aprobado pola Asemblea Nacional na pasada terza feira, prevé a sanción \"dun ano de prisión e unha multa de 45.000 euros\" por difundir imaxes non borrosas dun policía ou un militar \"co evidente obxectivo de afectar a súa integridade física ou psíquica\". Ademais, crea un novo delito na lei de 1881 sobre liberdade de prensa. O sábado pasado desenvolvéronse por toda Francia protestas exixindo a súa retirada, manifestacións que está previsto que se repitan hoxe co fin de presionar o Senado, que debe examinar o texto antes da súa aprobación definitiva. O texto normativo foi louvado polos sindicatos policiais, que contan co apoio da dereita e da extrema dereita. Todo o contrario que os partidos de esquerda, sindicatos de clase e asociacións de xornalistas e de dereitos civís, que o consideran \"un ataque desproporcionado\" á liberdade de información e unha mostra da deriva autoritaria do Goberno de Macron."}
{"ID": "NOS_8738", "summary": "O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística será xulgado esta sexta por lle reclamar ao que foi xuíz decano da cidade, Fraga Mandián, o incumprimento deliberado da Lei de normalización lingüística. A asociación fala de proceso \"esperpéntico\" e apunta cara a unha nova tentativa de \"criminalizar\" a defensa do idioma", "text": "Esta sexta, 30 de novembro, dará comezo máis un xuízo pola lingua. Quen sentará no banco d@s acusad@s é Carlos Callón, presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego, imputado por un delito de inxurias após terlle recriminado a quen foi xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que \"no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña\". Na Mesa denuncian que se trata de máis un xuízo \"cara á criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma\". Perante este proceso, a Mesa, quen xa se pronunciara contra o \"disparate arrepiante\" de solicitar 45 anos de cadea para @s cidadá(n)s galeg@s xulgad@s pola contramanifestación do 8 de febreiro de 2009, volve reclamar agora o cesamento \"da caza de bruxas contra o galego\" e fai un chamamento para que a Xustiza \"garanta o dereito a usar e recibir información na lingua propia do país\". Na liña, informou Carlos Callón que, a pesar das reiteradas queixas, as citacións que recibiu para a vista \"fanse excluíndo totalmente a lingua escollida polo denunciando\". Aínda que a denuncia fora inicialmente desestimada, un recurso presentado por Fraga Mandián derivou na vista que se producirá a finais deste mes. Callón xa fora citado para o 10 de febreiro, mais o xuízo suspendeuse despois de que o avogado recusara á maxistrada por entender que non se respectaban as garantías procesuais. Así as cousas, o voceiro de Queremos Galego será xulgado finalmente nun proceso \"esperpéntico\", pois o propio Tribunal Constitucional emitiu diversas resolucións apoiando o uso único do topónimo A Coruña. O xuíz decano chegou a argumentar que empregaba a forma deturpada \"por un erro ortográfico\". Porén, A Mesa denuncia que \"tamén no escrito desta denuncia\" se empregou La Coruña. A asociación ten convocada unha concentración en solidariedade con Callón para o 30 de novembro ás 12.30 do mediodía diante dos xulgados, na rúa de Monforte. Cómpre lembrar que o 23 de outubro dera comezo en Compostela máis un xuízo pola lingua que finalmente ficou adiado sine die. Até doce persoas sentaron no banco d@s acusad@s \"por saíren á rúa o 8 de febreiro de 2009 para expresaren o seu desacordo coa manifestación contra a lingua galega que nesa data apoiaron o PP, a Falange e UPyD\", e que convocara Galicia Bilingüe, segundo o comunicado de solidariedade cos e coa encausad@s emitido pola Mesa. O colectivo en defensa da lingua apuntou que, ao igual que no xuízo contra Carlos Callón, \"a única pretensión desa petición de penas desproporcionadas é criminalizar os movementos sociais\" e considerou \"incomprensíbel\" que non se abrise ningunha investigación pola \"abusiva\" actuación policial aquel 8F. Para @s 12 procesad@s a acusación solicita 45 anos de cadea e 30 mil euros de multa."}
{"ID": "NOS_47724", "summary": "O filme pode verse De momento pode verse na plataforma Filmin.", "text": "Hai 49 anos, Vigo converteuse nun dos epicentros da loita obreira contra as precarias condicións laborais, pero tamén contra o réxime franquista. Roi Cagiao plasma en Vigo 1972 a cronoloxía dun movemento de solidariedade e resistencia exemplar que traspasou fronteiras e marcou, non só o camiño das seguintes negociacións polos dereitos da clase traballadora senón que tamén foi un punto de ruptura co status represivo imperante. O comezo, a modo de prólogo, apóiase nun perturbador audio que relata a manifestación dos traballadores de Bazán e Astano na quinta feira 10 de marzo de 1972 en Ferrol onde houbo máis de corenta feridos de bala e dúas persoas asasinadas pola policía. Un terríbel suceso que prendeu a faísca da solidariedade en Citroën. Seis meses máis tarde, Vigo foi á folga, unha das máis grandes da Galiza e un suceso determinante para pór en xaque o réxime franquista contribuíndo a súa derrogación. De maneira minuciosa, o filme vai plasmando, punto por punto, os feitos cronolóxicos. O despedimento de varios traballadores de Citroën o 9 de setembro de 1972 foi determinante para que se iniciara a folga do día 11. A resposta do aparato do réxime foi implacábel: brutalidade policial, torturas, ameazas de Carrero Blanco, instrucións do Ministerio de Traballo e do Goberno Civil para aplacar a folga... Pero a resistencia estivo á altura. Sobrevivindo nos montes, ou onde se podía, os líderes sindicais lograron que a folga durase 15 días, e todo grazas á solidariedade dunha cidade e das súas xentes que souberon pórse do lado correcto. Os testemuños altérnanse con imaxes de arquivo fotográfico e audiovisual nunha sucesión de acontecementos tan ilustrativos como abraiantes. Mais Vigo 1972 non pretende ser só un documental de testemuños e relato cronolóxico dun dos momentos chaves da loita obreira en época franquista. Decide arriscar cunhas secuencias de recreación dos feitos, en modo ficción, nun coidado branco e negro e unha narrativa visual próxima ao thriller e á banda deseñada, coa pantalla partida en dous ou en tres partes. E non só iso, nas secuencias con voz en off, Cagiao decide \"avellentar\" as voces, dunha maneira máis que convincente, logrando impregnar o conxunto dun aura vintage que nos transporta a aqueles días memorábeis (e tráxicos) nun equilibrio case perfecto entre entretemento, cinefilia e didáctica. O ano que vén, co gallo do 50 aniversario, debería reporse en todos os cinemas do país e do Estado español. De momento pode verse na plataforma Filmin. Vigo 1972 Roi Cagiao /Galiza / 2017 / 62 min"}
{"ID": "NOS_1426", "summary": "A sentença do tribunal militar norte-americano ao soldado que entregou à Wikileaks informações sobre a guerra dos EUA no Iraque e Afeganistão absólveo da acusação mais grave - ajudar o inimigo - mas corre ainda o risco de passar o resto da vida na prisão. Dezanove eurodeputados escreveram uma carta aberta a Obama a pedir a libertação de Bradley Manning.", "text": "Apesar de ser absolvido do crime de ajuda ao inimigo, que é punido com prisão perpétua, a soma dos restantes crimes, que incluem roubo e espionagem, somam uma condenação até um máximo de 130 anos de prisão, segundo o jornal Guardian. Mesmo que aplicado o cúmulo jurídico, as perspetivas de Manning poder regressar à liberdade nas próximas décadas é duvidosa. As reações à sentença não se fizeram esperar e a Amnistia Internacional declarou que \"não é difícil tirar a conclusão de que este julgamento de Manning serviu para enviar uma mensagem: o governo dos EUA vai perseguir-vos\". Por parte da Associação de Direitos Civis ACLU, a reação foi semelhante, com acusações ao governo de procurar intimidar quem venha a querer fazer denúncias semelhantes. \"Apesar de nos sentirmos aliviados por o sr. Manning ter sido absolvido da acusação mais grave, a ACLU sempre defendeu que a passagem de informações à imprensa por razões de interesse público não deviam ser julgadas à luz da Lei de Espionagem\", declarou Ben Wizner. Eurodeputados escrevem carta aberta a Obama Manning tornou-se um ícone da liberdade de expressão em todo o mundo e foi já nomeado três vezes como candidato ao Nobel da Paz. Esta terça-feira, 19 eurodeputados escreveram uma carta aberta dirigida a Barack Obama e ao secretário da Defesa Chuck Hagel, pedindo a libertação do soldado que denunciou com a sua ação alguns crimes de guerra que provocaram mortes civis. Entre os subscritores encontram-se as eurodeputadas portuguesas Marisa Matias, Alda Sousa e Ana Gomes. \"Longe de ser um traidor, Bradley Manning agiu em consciência em nome do superior interesse do seu país\", dizem os eurodeputados, recordando que \"onze anos e meio após a invasão norte-americana do Afeganistão, essa nação ainda tem de criar uma democracia que funcione e libertar-se dos Taliban e dos senhores da guerra fundamentalistas\". \"Estamos preocupados porque a guerra da administração norte-americana aos autores de denúncias como Edward Snowden e Bradley Manning é dissuasora do processo democrático tanto nos Estados Unidos como na Europa\", prosseguem os aurodeputados, pedindo a libertação do soldado que passou os últimos três anos presos, incluindo dez meses em regime de solitária \"em condições que o Relator Espacial da ONU sobre Tortura Juan Mendez considerou 'cruéis e abusivas'\". Tirado de Esquerda.net"}
{"ID": "PRAZA_13697", "summary": "O sobresemento da causa por suposta prevaricación contra o alcalde de Lugo, baseada nas declaracións do presunto líder da trama, converte o tamén presidente do PSdeG no primeiro cargo político que é oficialmente afastado das acusacións do caso Campeón", "text": "\"Aquel día dixen: non as fagas, non as temas e hoxe volvo dicir o mesmo. Eu sabía que isto tiña que rematar así, eu dicía que era inocente e o máis imporatente é que a xustiza di que son inocente\". Deste xeito se expresaba este martes o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, ao anunciarlle de \"urxencia\" á prensa da cidade que, case catro meses despois de que a xuíza instrutora do caso Campeón, Estela San José, o imputase por un presunto delito de prevaricación, a súa causa viña de ser sobresida ou, \"dito nunha linguaxe menos formal, veño de ser desimputado\", explicou o rexedor lugués co seu proverbial ton profesoral. Dorribo acusara o alcalde de Lugo de acceder a favores urbanísticos a cambio de patrocinios A acusación contra o tamén presidente do PSdeG baseouse, como ten informado Praza Pública, esencialmente nas declaracións ante a xuíza do presunto líder da trama, o empresario Jorge Dorribo, nomeadamente nas realizadas o 8 de agosto e o 13 de decembro de 2011. Na primeira comparecencia -de carácter voluntario-, segundo consta no sumario a cuxo contido tivo acceso este diario, Dorribo indicou que \"tamén quería falar do Concello de Lugo\" para expresar a suposta operación que, meses despois, deu lugar á imputación do rexedor lugués. Sempre segundo a versión do empresario, a súa compañía, Laboratorios Nupel, \"comprometeuse a patrocinar o Arde Lucus\", a festa romana da cidade, como contrapartida a un favor urbanístico. As naves dos seus laboratorios no polígono industrial do Ceao \"ocupaban o 100% da parcela\" e, polo tanto, non era posible \"segundo a lei urbanística\", declarou, comunicalas entre si \"se non se retranqueaban\". \"Facer esa obra (...) era moita pasta, polo que era máis doado patrocinar\", resumiu. Na segunda comparecencia Dorribo mantivo as acusacións, implicando ademais a unha traballadora do Concello. Os múltiples patrocinios de Dorribo Pero ese patrocinio non foi o único realizado por Nupel neses anos e o Concello da cidade non foi, nin moito menos, o único destinatario. Atendendo á memoria de actividades da empresa, incluída no propio sumario, Nupel gabábase de \"non esquecer a cidade onde naceu e medrou\" e por este motivo, aseguraba, \"participa e coopera de forma activa cos diferentes concellos, deputacións (sic), organizacións benéficas, institutos e colexios\", así como en \"eventos lúdicos, sociais e culturais da cidade, como o Arde Lucus, festa de ambientación romana que xa se converteu nunha referencia\". Froito desta política de patrocinios masivos, en poucos anos a cidade da Muralla inzouse de logotipos de Nupel e das súas marcas, ata o punto en apenas tres anos destinou 2,1 millóns de euros a \"publicidade, propaganda e relacións públicas\", segundo o informe elaborado polos administradores concursais da empresa, datado en xaneiro de 2012. En tres anos Nupel destinou máis de 2 millóns de euros a \"publicidade, propaganda e relacións públicas\" Equipos deportivos propios -a empresa promoveu o Nupel Racing Team de rallys- e alleos e numerosos eventos contaron co favor da empresa que, supostamente, era tamén o centro da presunta trama corrupta. Entre eles, efectivamente, figuran as achegas ao Arde Lucus. Segundo informou o propio Concello á xuíza instrutora, Nupel patrocinou a festa en 2007, 2009 e 2010 con achegas de 53.000, 28.000 e 32.480 euros. A única \"contraprestación\" que figura nos respectivos convenios é a inclusión do anagrama da empresa na publicidade da celebración. Ademais, o consistorio informou tamén a maxistrada de que a súa relación publicitaria con Nupel abrangueu un convenio máis, asinado en 2010 por 12.000 euros para a \"organización e realización\" dos actos conmemorativos do décimo aniversario da declaración da Muralla como patrimonio da humanidade. Neste caso, a \"contraprestación\", outorgada nun acto aberto aos medios de comunicación, consistiu na mesma inclusión de logotipos, o título honorífico de \"embaixador da Muralla Romana\" e un \"agasallo institucional\" en forma de figura cerámica. O primeiro político desvinculado do caso Despois de que Orozco tentase infrutuosamente demandar a Dorribo por inxurias e calumnias, a documentación e testemuños achegados semellan ter pesado dabondo para que a xuíza optase polo arquivo e convertese, deste xeito, ao alcalde de Lugo no primeiro dos políticos aos que se vinculou co caso en desligalo oficialmente do mesmo. Entre os máis salientables resta aínda saber que acontecerá coas imputacións sobre o ex ministro de Fomento, José Blanco e o ex conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Tamén permanece imputado, aínda que con ligazóns, atendendo ao sumario, presuntamente máis fortes co caso, o ex deputado do PP Pablo Cobián, quen supostamente tería intercedido ante a Xunta para que a trama se fixese con axudas do Igape nas que terían mediado facturas falsas. Orozco \"lémbralle\" a Feijóo que \"pedía a súa cabeza inxustamente\" Neste contexto o rexedor socialista coida que \"remata unha etapa\" que \"a partir de agora mesmo está esquecida\", o que non evitará que os seus avogados, \"tan pronto como poidan, continúen coa denuncia\" contra Jorge Dorribo, xa que \"non se pode consentir que aínda sendo imputado se calumnie aos demais\". \"A nosa Constitución recoñece o dereito a non dicir a verdade, pero en ningún caso fala de que se poida deifamar a calquera persoa, incluídos alcaldes e alcaldesas\". Deste xeito, abonda, \"se eu era inocente e me vía, como inocente, tan inxustamente tratado, creo na inocencia de todos os imputados e ata que se pronuncien os xuíces nunca se pode facer un xuízo\". Ao tempo, e mentres dende a Executiva nacional do PSdeG o seu secretario de organización, Pablo García, manifestaba a súa \"ledicia\" polo arquivo da causa, López Orozco aproveita para \"lembrarlles\" á oposición municipal e tamén \"ao presidente da Xunta e a outros membros do seu Goberno que pedían a miña cabeza\" que \"está máis claro que a pedían inxustamente\". \"Non se pode xulgar a honorabilidade de ningunha persoa por moito interese político que poida haber\", resolve."}
{"ID": "NOS_17185", "summary": "A alcaldesa da Coruña lembrou ao Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta ─que solicitara formalmente a cesión da talla─ que a Lei de Memoria Histórica é \"igual para todos\".", "text": "A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, replicou ao Goberno de Ceuta que \"ninguén está por encima da lei\", tras recibir a petición formal para a cesión da estatua que foi retirada en 2010 da praza herculina, agora denominada Praza das Atochas, e que, na actualidade, permanece nunha dependencia municipal. O Concello coruñés non só impedirá o traslado desta estatua, senón que poñerá en coñecemento da Xustiza o que, remarca, parece unha vulneración da Lei de Memoria Histórica, pola que \"os escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva do alzamento militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura, deberán ser retiradas dos edificios e espazos públicos\". O Goberno coruñés recordou ao da Cidade Autónoma de Ceuta que a Lei de Memoria Histórica é \"igual para todos\". Desde o Goberno local do @ConcelloCoruna defendemos a aplicación da #LeiDaMemoriaHistórica e calquera administración que pense que está por riba da lei, erra.Recibimos a petición do Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta para a cesión da estatua de Millán Astray xa retiradaSEGUE⬇️— Inés Rey García (@inesreygarcia) September 19, 2020 \"Se a estatua de Millán Astray foi retirada da nosa cidade, de ningún modo se vai a ceder a ningunha outra administración para a súa exhibición. Desde o Goberno local da Coruña defendemos a aplicación da Lei de Memoria Histórica e calquera outra Administración que pense que está por encima da lei está equivocada\", avisou. \"Reparar a memoria histórica\" A rexedora asegura que non é o único caso para \"reparar a memoria histórica\" da cidade, e recordou \"o espolio dos bens públicos\" levado a cabo na cidade pola ditadura franquista, como é o caso da Casa Cornide, pola que \"o Concello da Coruña continúa a loitar para que se lle devolva aos coruñeses o que é seu\". Tamén lembrou que o Concello coruñés foi parte da denuncia que recentemente se resolveu de forma favorábel a que os herdeiros do ditador Francisco Franco devolvesen o Pazo de Meirás."}
{"ID": "NOS_28335", "summary": "A delegada do Goberno galego en Vigo recoñeceu a empresa española Princelandia co galardón ao \"concepto nacional máis novidoso\". Que ten de novidoso? Sesións de maquillaxe, manicura, pedicura, perruqueiría, desfile en pasarela de moda, reposteiría e protocolo para nenas de 4 a 12 anos", "text": "Máis que un país para soñar, o da empresa Princelandia é un país ateigado de estereotipos de xénero onde o que se fomenta é a educación sexista a través dunha rede de spa´s repartidos por toda a xeografía do Estado español e onde só as nenas poden entrar, baixo a promesa de as facer princesas por un día. Malia que as organizacións feministas botaron as mans á cabeza e sinalárono deseguida como 'Espazo machista denunciado', a Xunta de Galiza non tivo reparo ningún en lle outorgar un premio de recoñecemento, ao considerar esta iniciativa \"o concepto nacional máis novidoso\". Nacional español, claro, pois na Galiza non hai aínda ningún centro. De momento. Princelandia é unha marca rexistrada que fai parte do grupo empresarial Diveralia Spa, con sede en Sevilla. Trátase dunha serie de franquicias que ofertan actividades e servizos pensados para o público infantil feminino, autodefiníndose como un espazo de \"ocio e beleza\" para nenas de entre 4 e 12 anos. Maquillaxe, manicura, perruqueiría, desfile en pasarelas de moda, masaxes, obradoiros de protocolo, baile, repostería.... e un apartado especial para primeiras comuñóns. Toda unha oferta sexista que pretende ser \"un modelo educativo relacionado coa saúde, o benestar e o coidado persoal tratando de que se sintan femininas nun mundo máxico de cor rosa\". Este é a declaración de intencións da iniciativa empresarial española que, repetimos, mereceu un premio da Xunta de Galiza a través da súa delegada en Vigo, María José Bravo. A simpatía cara a este tipo de iniciativas por parte do Goberno galego non é de estrañar. Ben mirado, o que se describe en Princelandia non é senón un modelo educativo que fomenta a segregación por sexos a unha idade temperá, o mesmo modelo que a consellaría de Educación finanza con tres millóns de euros ao ano a través de cinco centros de ensino privado. Os spa que mereceron o galardón á \"novidade empresarial\" perpetúan a idea das \"mulleres obxecto\", do amor romántico con príncipes azuis e medias laranxas, a submisión perante un ideal de beleza e a división sexual do traballo. A indignación anega as redes sociais e chega aos parlamentos galego e europeo Na Galiza, o proceder da Xunta espertou xa as voces críticas. Alén dos colectivos feministas, que transladaron a súa indignación ás redes sociais, no Parlamento galego o grupo de AGE pedirá explicacións ao goberno de Núñez Feijóo. Eva Solla, deputada da mencionada formación política, considera \"un erro lamentábel e inaceptábel\" este recoñecemento a actividades \"que nos recordan as ensinanzas impulsadas pola sección feminina de Falange\" nos anos da ditadura. Porén, as queixas chegaron tamén até o Parlamento europeo, onde Esquerda Unida presentou unha pregunta sobre a actuación da Xunta, que cualifican de \"lamentábel\", exixindo a retirada do galardón outorgado."}
{"ID": "NOS_45669", "summary": "Saca a concurso público a realización da feira. A empresa adxudicataria afrontará un canon de 2.500 euros, mentres o goberno de Carlos Negreira achegará o que falta: máis de 50.000 euros", "text": "O concello da Coruña si que financiará a feira taurina, aínda que o fará \"pola porta de atrás\". Denúnciano o BNG e a plataforma cidadá Galiza mellor sen touradas un mes despois de que o goberno local --PP-- anunciase que deixaría de entregar os 130 mil euros que todos os anos facía chegar á organización das touradas mediante unha subvención directa. No entanto, desde aquela, o concello non aclarou se sacaría a consurso a concesión da feira ou se seguiría cedendo de balde o recinto do Coliseo. O Instituto Municipal Coruña Espectáculos vén de aprobar o concurso, licitado polo consistorio, polo que a finais de xullo ou comezos de agosto volverá a realizarse a feira taurina da Coruña se apareceren empresas candidatas. E non será nada difícil que aparezan, dadas as facilidades que ofrecen os pregos técnicos do contrato. Seguindo as liñas, o concello terá que pagar a instalación e a ornamentación da praza, alén do acondicionamento das distintas zonas e os recheos de area. Tamén correrá da súa conta --e, por tanto, dos e das coruñesas-- unha parte da limpeza do Coliseo, a desratización a semana anterior ás touradas e o pagamento do persoal necesario para a montaxe. O concello cederá de balde o Coliseo, polo que a empresa gañadora do consurso aforrará as taxas. Vendo os requisitos, o BNG considera \"irrisorio\" o canon de 2.500 euros que terá que pagar a empresa beneficiaria \"en comparación cos cartos que achegará o Concello\". Segundo Galiza mellor sen touradas, esta suma superaría os 50.000 euros. Así, @s nacionalistas da Coruña denuncian que o goberno que encabeza Carlos Negreira \"subsidie as touradas sen transparencia\" a través dun contrato público, \"sabendo que se trata dunha actividade que xerou perdas de máis de medio millón de euros en tres anos\". Tanto o BNG como a Plataforma insisten en exixir a fin de calquera achega municipal a estes 'espectáculos', baseados \"na mutilación dun ser vivo\"."}
{"ID": "PRAZA_9059", "summary": "Os mesmos feitos que a Audiencia de Lugo interpretou como delitivos son considerados agora polo alto tribunal como simplemente \"unha situación laboral tensa, da que todos os implicados son responsables\"", "text": "Os mesmos feitos que a Audiencia de Lugo interpretou como delitivos son considerados agora polo alto tribunal como simplemente \"unha situación laboral tensa, da que todos os implicados son responsables\"\"Non pode deducirse máis que unha situación laboral tensa, da que todos os implicados son responsables\". Así vén de dar a volta o Tribunal Supremo á sentenza coa que hai ano e medio a Audiencia Provincial de Lugo condenaba a máis dun ano de cadea e nove de inhabilitación ao alcalde popular de Palas de Rei, Pablo Taboada, e o seu antecesor, Fernando Pensado, por prevaricación e acoso laboral contra unha ex-secretaria municipal, causa na que outros sete concelleiros e funcionarios recibiron penas inferiores. A secretaria municipal, segundo os feitos probados que o Supremo só varía puntualmente, tomou posesión do cargo en decembro de 2007, momento a partir do cal os acusados dificultáronlle o acceso a documentación e desobedeceron as súas peticións, chegando a ser trasladada de despacho. Posteriormente, iniciaron contra ela un proceso sancionador. Porén, o Supremo interpreta eses feitos de xeito distinto ao como o fixera a Audiencia de Lugo e considera que carecen da entidade que require o tipo penal do acoso laboral, que esixe reiteración e gravidade en actos hostís e humillantes. O tribunal considera que o vivido no Concello de Palas \"non pode dicirse que constitúa esa situación de hostigamento e humillación que sinalan os xuíces [da Audiencia de Lugo] senón, ao sumo, unha situación de fricción laboral, que non pode dar lugar á comisión delitiva que se sanciona\". \"Non pode identificarse desobediencia con acoso laboral\", conclúe.O Supremo ampárase nun informe favorable da Xunta para desbotar tamén o delito de prevaricación que se atribuía aos condenados por iniciar un proceso sancionador contra a secretariaO Supremo tamén desmonta o delito de prevaricación, atribuído aos condenados polo procedemento sancionador que abriron contra a secretaria. O tribunal di que a prevaricación esixe actuar \"a sabendas\" de que se está facendo mal, mentres que no caso de Palas os que impulsaron a sanción contra a secretaria fixérono contando cun informe avalando a súa actuación emitido polo daquela director xeral de Administración Local da Xunta, Norberto Uzal, que tamén estaba acusado por este caso pero que xa fora absolto pola Audiencia de Lugo. O Supremo di que ese informe do alto cargo do Goberno galego \"despexaba calquera dúbida de ilegalidade\" sobre a sanción que o alcalde e os concelleiros querían impoñer á secretaria."}
{"ID": "PRAZA_2666", "summary": "A acta asinada polos membros dimisionarios do comité de ética da Deputación de Ourense resalta que a resposta do barón do PP ourensán á petición de explicacións non foi \"satisfactoria\" nin \"contundente\". Dimite en pleno o comité ético de Ourense antes de ditaminar sobre o caso Baltar DOCUMENTO: Acta do comité ético sobre o caso Baltar", "text": "Dimite en pleno o comité ético de Ourense antes de ditaminar sobre o caso Baltar DOCUMENTO: Acta do comité ético sobre o caso Baltar Foron por unha \"resposta clara e contundente\" e atopáronse cunha defensa vaga. Os que ata este xoves eran membros do comité de ética da Deputación de Ourense, organismo creado e publicitado por José Manuel Baltar como modelo de \"transparencia\", decidiron abandonar os seus cargos tras non obter unha resposta \"satisfactoria\" do presidente no caso do seu presunto ofrecemento de emprego por sexo, da que o barón popular, explican, se defende formalmente, pero nin negar os feitos. E ante este panorama, decidiron que o seu labor carecía de sentido. Na súa última acta como membros do comité, á que tivo acceso Praza Pública, o catro dimisionarios explican que, tras comezar a abordar o caso a petición do PSdeG, reclamaron que Baltar expuxese por escrito e \"coa maior claridade\" a súa versión dos feitos. \"Lido e analizado o escrito\", o comité de ética \"non considera satisfactorias estas respostas, que adoptan un contido xurídico e político\" ao que \"o comité é alleo\", explican. Os dimisionarios indican que \"non puideron ser alleos ao alcance social e mediático producido polos feitos\" Ao que \"non puideron ser alleos\", advirten, é ao \"alcance social e mediático producido polo feitos obxecto de debate\", a denuncia contra Baltar por ofrecer emprego a cambio de sexo e as gravacións nas que se gaba de poder cambiar o resultado dun proceso selectivo. Estes \"feitos\", destacan, \"prexudican gravemente a imaxe do señor presidente e da institución provincial\", algo que \"non ten nada que ver coa presunción de inocencia\" á que Baltar apela recorrentemente e que, evidencian, \"antínxelle como a calquera outro cidadán\". Fronte á contundencia reclamada, o retruque de Baltar \"fai que o comité non poida pronunciarse, xa que, defendéndose, non admite pero tampouco nega a realidade dos feitos\". Neste contexto, os membros do comité indican que chegaron á \"convicción da inoperancia\" do propio organismo para abordar este caso e por iso dimitiron. \"Un esperpento\" \"É lamentable que dimita o comité de ética antes que o presidente\" Para o portavoz do PSdeG na Deputación, que iniciou o procedemento ante o comité, este episodio non é máis que \"un novo esperpento\" dentro dunha situación \"politicamente insustentable\". Para Ignacio Gómez resulta \"moi curioso e lamentable que o comité de ética dimita antes que o presidente\", o mesmo mandatario que creou este organismo para presentarse como \"adaíl da transparencia\". A xuízo do deputado socialista, os membros do comité, \"de acreditada experiencia profesional -representaban a institucións como o Colexio de Avogados, Transparencia Internacional ou a Universidade de Vigo-\", acabaron \"arrepentidos de formar parte dun paripé\". \"Se hai delitos ou non, xa o veremos\", indica Gómez, a cuxo xuízo a Baltar non queda xa máis saída que \"marchar á súa casa\"."}
{"ID": "PRAZA_17356", "summary": "Entidades sociais como Ecos do Sur ou SOS Racismo impulsan o proxecto Ciberespect, con recomendacións para contrarrestar os argumentos xenófobos que en ocasións parecen monopolizar os debates. Apostan por responder rapidamente e xerar narrativas alternativas para chegar aos públicos non posicionados Xunta e numerosos concellos galegos ofrécense a acoller as persoas refuxiadas do 'Aquarius'", "text": "Xunta e numerosos concellos galegos ofrécense a acoller as persoas refuxiadas do 'Aquarius' \"Es muy sencillo: todos los progres solidarios que quieran un inmigrante del #Aquarius que se lo lleven a su casa, lo mantengan y le busquen un trabajo\". Dende que se abriu a posibilidade de que o Estado español acollese as 629 persoas, comezaron a circular polas redes sociais mensaxes deste tipo, que dende posicións xenófobas redundan en lugares comúns como un suposto \"efecto chamada\", as mencións á \"criminalidade\" e á \"violencia\" provocadas por inmigrantes, a unha hipotética \"islamización\" de Europa, a reclamación de que as axudas sociais sexan só para as persoas nacidas en España. Unhas mensaxes que, por suposto, non existen só nas redes sociais, senón tamén en determinados medios de comunicación e por suposto nos fíos de comentarios de moitos xornais, tamén galegos. \"O discurso de odio ten un impacto particularmente destrutivo non só nas persoas que o sofren directamente, senón tamén entre os seus amigos e familiares, así como entre quen comparten as características da vítima e padecen os mesmos prexuízos\" Que efecto teñen estas mensaxes, tanto sobre a sociedade en xeral como sobre as persoas máis directamente afectadas -inmigrantes de todo tipo, minorías...-? Que se pode facer para contrarrestalas? É mellor deixalas correr, non enzoufarse nestes debates, evitar alimentar os trolls? Ou é importante responder, facer ver as outras posicións, os relatos e visións que contradín estes discursos de odio? A ONG coruñesa Ecos do Sur impulsou nos últimos tempos xunto con outras entidades (SOS Racisme, United Explanations ou o Institut de Drets Humans de Catalunya) o proxecto CibeRespect, que aposta pola creación de redes de apoio, o seguimento e análise do discurso en Internet e o ciberactivismo como estratexia integral para combater o discurso do odio contra as persoas inmigrantes e as minorías étnicas nos medios dixitais. A iniciativa incluíu distintas actividades, coma a realización de cursos para a formación de ciberactivistas ou a publicación dunha guía práctica para actuar nestas situacións. As entidades impulsoras de Ciberespect subliñan que \"o discurso de odio ten un impacto particularmente destrutivo non só nas persoas que o sofren directamente, senón tamén entre os seus amigos e familiares, así como entre quen comparten as características da vítima e padecen os mesmos prexuízos\". Alertan de que \"pode xerar nas vítimas estados de depresión, tensión, falta de autoestima e deixalas co temor de futuros ataques\" ou forzalas a evitar certos espazos. É máis, este tipo de discurso pode, a medio prazo, ir consolidando unha serie de argumentos na poboación xeral, na tantas veces reivindicada \"maioría silenciosa\", xerando un marco no que mesmo persoas que non se recoñecen como racistas repiten os mesmos conceptos elevados polos grupos xenófobos. Cando hai uns meses falabamos con Edo Bazzaco (SOS Racisme Catalunya), destacaba que \"certas posicións que hai 10 ou 15 anos só eran defendidas por partidos ultras hoxe son asumidas por formacións que se presentan como máis moderadas\". Dende Ciberespect conclúen que \"o discurso de odio pode contribuír a lexitimar e a perpetrar unha orde social discriminatoria, na que determinados grupos de persoas sofren a diario prácticas de exclusión social, sen que iso sexa percibido a nivel social\". \"Ademais de responder directamente aos discursos de odio, hai que que conseguir que esta resposta chegue a públicos amplos, contrapoñer o relato de odio con discursos diferentes\" Que se pode facer, pois? O propio Bazzaco facía fincapé en que \"ademais de responder directamente aos discursos de odio, hai que que conseguir que esta resposta chegue a públicos amplos, contrapoñer o relato de odio con discursos diferentes\". Dende a guía sublíñase que \"o obxectivo debe ser non deixar que a intolerancia e o odio se apropien do espazo en liña e contribuír a crear un clima de opinión tolerante e positivo\" e que \"a nosa mensaxe debe dirixirse principalmente ao lector ambivalente que ten opinións e sentimentos atopados respecto ao tema de discusión\". \"O noso público principal non son os haters ou os trolls, senón a denominada maioría silenciosa. A evidencia mostra que o obxectivo das mensaxes contra o odio debe ser 'plantar unha semente da dúbida' e non transformar a visión que alguén ten do mundo da noite para a mañá\", conclúen. É importante achegar datos que reforcen os argumentos, pero moitas veces non abonda con isto, atopando todos os días casos de persoas que desprezan as estatísticas obxectivas que contradín a idea preconcibida que teñen sobre un asunto Este ciberactivismo aposta por difundir \"contranarrativas\" e \"narrativas alternativas\", consolidando marcos de interpretación da realidade distintos aos que os grupos e persoas xenófobas pretenden impoñer. Unha narrativa é unha forma de contar e interpretar eventos conectados, son historias que van alén da narración duns feitos e ofrecen unha interpretación dos mesmos, interpretacións da realidade compartidas colectivamente que ofrecen explicacións da realidade nas que as emocións xogan un papel central. É importante achegar datos que reforcen os argumentos, pero moitas veces non abonda con isto, atopando todos os días casos de persoas que desprezan as estatísticas obxectivas que contradín a idea preconcibida que teñen sobre un asunto. Por iso dende Ciberespect tamén se engade a necesidade de acompañar as nosas mensaxes cunha narración que apele ao emocional e que conecte ese dato obxectivo cun relato máis amplo baseado en experiencias persoais e en valores. Alimentar ou non o troll? \"Os primeiros comentarios condicionan o clima do debate, facilitando que se estableza un diálogo e que se modere o ton xeral, animando a outros usuarios cun discurso tolerante a participar\" Dende Ciberespect sublíñase a importancia de intervir nos debates para evitar que trolls e haters monopolicen (cando menos en aparencia, por poucos que sexan fan moito ruído e adoitan impoñer os temas sobre os que queren que se debata) os espazos. Porén, recoméndase \"evitar a confrontación directa\", non responderlles directamente e evitar replicar cando sexamos interpelados, intervindo de forma xeral. Suxírese tamén buscar aliados (por exemplo, mediante a incorporación dalgún hashtag ou etiqueta). E, de forma moi importante, tomar a iniciativa e intervir ao comezo do fío de comentarios: \"Os primeiros comentarios condicionan o clima do debate, facilitando que se estableza un diálogo e que se modere o ton xeral, animando a outros usuarios cun discurso tolerante a participar\". Guía Ciberespect (.pdf)"}
{"ID": "PRAZA_18662", "summary": "O Goberno galego substitúe o xerente e dous dos tres directores de área da fundación encargada das urxencias sanitarias, investigada pola adxudicación das súas ambulancias e con conflitos laborais desde hai meses. Mentres, o Tribunal Superior anula os servizos mínimos do 100% impostos durante a folga do persoal de atención telefónica do propio 061 Ambulancias, PAC, urxencias: a sanidade, \"en pé de guerra\" contra a falta de medios e persoal", "text": "Ambulancias, PAC, urxencias: a sanidade, \"en pé de guerra\" contra a falta de medios e persoal O Goberno galego substitúe o xerente e dous dos tres directores de área da fundación encargada das urxencias sanitarias, investigada pola adxudicación das súas ambulancias e con conflitos laborais desde hai meses O pasado 13 de novembro o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou as novas instalacións na Estrada da fundación pública que xestiona o 061, o dispositivo de emerxencias sanitarias da Xunta. Ese día, nunha nota de prensa na que esa información se deixaba para os seus últimos parágrafos, o Goberno galego anunciou a \"substitución\" de quen viña sendo director-xerente do 061 desde a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta en 2009, José Antonio Iglesias Vázquez. Este martes, dúas semanas despois, o Diario Oficial de Galicia (DOG) desvelou que os cambios na cúpula do 061 son maiores e afectarán non só ao seu máximo responsable senón tamén a dous dos tres directores de área que o secundan. Unha crise na cúpula da fundación pública que se produce tras anos de polémicas en moi diversos ámbitos da súa xestión. De feito, este mesmo mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou os servizos mínimos do 100% impostos polo Goberno galego ao persoal de atención telefónica do 061 durante a folga que desenvolveu o pasado verán. Cando hai dúas semanas a Xunta anunciou a saída de Iglesias Vázquez indicou que o substituiría o ata agora director da área asistencial do 061, José Manuel Flores Arias \"en tanto non se resolve definitivamente a ocupación da praza\", evidenciando a precipitación daquel cambio. O proceso para cubrir esa praza por libre designación vén de abrirse este martes no DOG, pero ao tempo tamén se convocan as prazas da dirección asistencial (á que polo tanto non volvería Flores Arias) e da dirección de coordinación do 061, co que só se mantería invariable a terceira dirección da fundación, a máis administrativa de xestión e servizos xerais. José Antonio Iglesias Vázquez, director saínte do 061, á esquerda, co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha visita deste hai dúas semanas á nova sede da fundación na Estrada A Xunta non revisou varios elementos de seguridade das ambulancias e helicópteros sanitarios do 061 cando os adxudicou O 061 está inmerso actualmente nunha investigación penal dun xulgado de Santiago sobre o xeito en que adxudicou en 2015 o contrato de 120 millóns de euros para xestionar as súas ambulancias. Un técnico da fundación está imputado xunto con varios empresarios que supostamente tiveron acceso previo ás condicións do concurso. No marco desa investigación, un informe pericial da policía constatou diversas eivas de seguridade nas ambulancias do 061, que circularon durante meses con sobrepeso pero que a Xunta asegura que xa cumpren coa normativa. A fundación tampouco comprobou elementos de seguridade antes de adxudicar, este mesmo ano, os seus dous helicópteros sanitarios, segundo constatou o tribunal administrativo de contratos nun proceso de contratación de 10 millóns de euros que se alongou durante preto dun ano. No ámbito laboral, veñen sendo recorrentes as protestas tanto do persoal propio do 061 como do das empresas de ambulancias que prestan servizo para a fundación. Os sindicatos critican que o Goberno galego non ten en conta que as rebaixas que esas firmas ofreceron para facerse cos contratos son inasumibles economicamente para unha correcta prestación do servizo e acaban supoñendo ou recortes aos seus traballadores ou incrementos posteriores dos custos para a Xunta. A esas protestas sumáronse nos últimos meses as derivadas do traslado das sedes centrais dos dispositivos de emerxencias da Xunta desde Santiago a unhas novas instalacións na Estrada ás que foron obrigados a desprazarse os seus traballadores. O TSXG vén de anular os servizos mínimos do 100% que a Xunta impuxo ao persoal de atención telefónica do 061 durante a súa folga do pasado verán A última polémica laboral arredor do funcionamento do 061 ten data deste mesmo mércores. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia divulgou unha sentenza na que anulou, como vén facendo noutros moitos ámbitos, os servizos mínimos do 100% que a Xunta impuxo ao persoal de atención telefónica do 061, externalizado a través dunha empresa, durante a folga que desenvolveron o pasado verán. O tribunal considera, como defendía a CIG, autora do recurso, que o Goberno galego non xustificou por que eran necesarios servizos mínimos que na práctica impedían a folga xa que nin indicou o número de traballadores do cadro de persoal. A Xunta eloxia a coordinación de emerxencias do xerente saínte pero nunca fixo autocrítica das eivas detectadas no accidente de Angrois Por outra banda, na nota coa que hai dúas semanas a Xunta informou da substitución do xerente do 061, eloxiou o seu traballo indicando que \"dirixiu e coordinou os operativos sanitarios de urxencias extrahospitalarias en diversos incidentes de múltiples vítimas como o accidente de Angrois\", no que o 24 de xullo de 2013 houbo 80 mortos e 144 feridos. Sobre ese e outros operativos a Xunta salienta que demostraron \"a elevada capacidade resolutiva dos profesionais sanitarios\". Porén, máis alá da entrega do persoal, o accidente de Angrois evidenciou diversas eivas de coordinación e xestión dos servizos de emerxencias sobre as que o Goberno galego nunca fixo autocrítica. Durante os minutos posteriores ao sinistro, entre outras cuestións, un helicóptero sanitario informou de que non podía despegar \"por unha avaría\" ao tempo que o 061 non era quen de dirixir cara ao lugar do accidente ás ambulancias dispoñibles en Santiago."}
{"ID": "PRAZA_3460", "summary": "O PSdeG celebrou unha nova xornada do seu laboratorio de ideas, centrado nesta ocasión nas mulleres. Acompañado por Cristina Narbona, Carmela Silva, Inés Rey ou Lara Méndez, o candidato socialista cargou contra o PP: \"Quere parecer moderado, ten pel de cordeiro en Galicia, pero dentro ten o mesmo lobo daqueles que loitan contra o feminismo\".", "text": "O PSdeG-PSOE celebrou este sábado unha nova xornada do seu foro de ideas IdeaLab, centrado nesta ocasión nas mulleres e nas políticas de igualdade, baixo o título de 'Máis Muller, por unha Galicia en feminino'. En Santiago de Compostela o candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, estivo acompañado pola presidenta do PSOE, Cristina Narbona, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, as alcaldesas de A Coruña e Lugo, Inés Rey e Lara Méndez, e a coordinadora do laboratorio de ideas, Noelia Otero.\"O PP quere parecer moderado, ten pel de cordeiro en Galicia, pero dentro ten o mesmo lobo daqueles que loitan contra, en non a prol, do feminismo\", alertou CaballeroNo encontro Caballero foi moi crítico co Partido Popular e coas políticas desenvolvidas pola Xunta e realizou algúns anuncios de importancia. Entre eles, propuxo a creación dunha Consellería de Igualdade se chega á Presidencia da Xunta, un departamento que será \"referencia\", destacou.Caballero subliñou o seu \"compromiso\" cunha \"Galicia feminina e feminista\" e asegurou que as políticas de igualdade \"impregnarán todas as políticas da Xunta\", o que permitirá \"avanzar\" en cuestións que seguen pendentes e para impedir que haxa \"pasos atrás\". \"Preocúpanos especialmente que os avances que se fixeron no eido da igualdade están, agora mesmo, en risco\", dixo. \"Non podemos perder a loita. Hai que seguir avanzando porque queda moito por facer. Temos que estar alerta para que non haxa nin un paso atrás no compromiso coa igualdade\", engadiu Caballero, que cargou contra o Partido Popular en varias ocasións.\"Rexeitamos os pactos con calquera forza que queira retroceder\", afirmou, en referencia aos acordos entre PP e VOX. E alertou de que \"o PP quere parecer moderado, ten pel de cordeiro en Galicia, pero dentro ten o mesmo lobo daqueles que loitan contra, en non a prol, do feminismo\".Coa vista posta no primeiro ano de goberno, Caballero anunciou a creación de fogares temporais para as mulleres vítimas de violencia machista nas sete cidades galegas, así como unha mellora dos recursos humanos dispoñibles nos centros de información á muller (CIM) e a extensión destes servizos a todas as bisbarras galegas.\"En tan só un mes e medio aprobáronse medidas que benefician enormemente á muller. A quen credes que beneficia máis a suba do SMI ou a suba das pensións?\", dixo NarbonaNo encontro, Cristina Narbona fixo referencia á xestión desenvolvida polo Goberno progresista de coalición presidido por Pedro Sánchez: \"En tan só un mes e medio aprobáronse medidas que benefician enormemente á muller. A quen credes que beneficia máis a suba do SMI ou a suba das pensións?\", dixo Narbona. A presidenta do PSOE quixo facer un especial recoñecemento ás \"alcaldesas e concelleiras en lugares pequenos con grandes dificultades\". \"Sei que algunhas sodes as primeiras desempeñando ese cargo, pero o importante é que non sexades as últimas\", dixo.Tamén interviron Noelia Otero, Inés Rey, Lara Méndez ou Carmela Silva. Silva pediulles ás mulleres galegas que \"non apoien a Feijóo\". \"Non cre na igualdade, demostrouno. Que ten feito Feijóo polas mulleres? Tirade de hemeroteca\", dixo a presidenta da Deputación de Pontevedra.Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña reivindicou \"a todas as mulleres, todas, socialistas ou non, as que loitaron e traballaron para que hoxe esteamos aquí\". \"Fronte a esa dereita que non ten problemas en pactar cunha ultradereita que non cre nos dereitos das mulleres\", Inés Rey destacou o compromiso do PSOE na loita pola igualdade.Finalmente, a rexedora de Lugo afirmou que \"a máxima expresión da desigualdade é a violencia\". \"Non podemos consentilo nin seguir perdendo a nais, irmás ou fillas\", dixo. Méndez afirmou que a dereita \"carece de compromiso coa igualdade\", como evidenciou Feijóo cando \"chegou a dicir que non se definía como feminista porque descoñecía o alcance do concepto\"."}
{"ID": "QUEPASA_440", "summary": "Deixámosvos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da última fin de semana de marzo. Unha axenda que vén marcada, unha vez máis, pola chea de citas co teatro.", "text": "PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO SOLLEIRO E AIRE FRÍO Meteogalicia avísanos que o venres o anticiclón desprazarase cara ó leste situándose sobre o continente europeo, o que permitirá unha progresiva entrada de aire frío nas capas altas e un descenso na intensidade do vento. Con esta situación, continuaremos con ceos pouco anubrados ou despexados en xeral e coa formación de nubes de evolución nas zonas elevadas do interior. O sábado, ao igual que a xornada do día anterior, Galicia continuará con influencia anticiclónica con entrada de aire frío en altura polo que aumentará a inestabilidade atmosférica. Así, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados, con formación de nubes de evolución ao longo da tarde que poderían deixar chuvascos localmente treboentos. A xornada do domingo estará marcada pola presenza de aire frío en altura o que traerá inestabilidade atmosférica. Con isto, amenceremos con nubes baixas no litoral norte e néboas no interior. Venres 29 de marzo -Cata de viños Ribeiro en Laxe. -Presentación dun documental en Santa Comba. -Inauguración da exposición 'Lembranzas do Allo' en Zas. -Faladoiro sobre a historia de Ioga en Cee. -Obradoiro 'Nós mesmas' en Carnota Sábado 30 de marzo -Andaina 'Coñece a Costa da Morte' por Cee. -Teatro coas avoas de Laxe. -Festa dos maiores en Santa Comba. -Teatro infantil en Cee. -Concerto de Pálida en Carballo. -IV Mostra de Teatro en Zas. -Sábados de teatro en Vimianzo. Domingo 31 de marzo -Teatro en Cee con Talía Teatro. -Presentación da primeira novela de Mercedes Pazos en Laxe. EXPOSICIÓNS As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas \"Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa). Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas. No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días. A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova. TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE"}
{"ID": "NOS_48577", "summary": "Após dous anos á fronte do goberno español, boa parte das reformas lexislativas promovidas polo PP fan chiscadela ao sector máis duro do partido e restrinxen dereitos á cidadanía.", "text": "Algunhas delas aínda están pendentes de aprobación. Outras contan xa co visto e prace do poder lexislativo, embora seren aprobadas unicamente cos votos favorábeis do grupo que apoia o goberno. Revisamos as reformas lexislativas máis recentes e máis polémicas do Partido Popular. LOMCE. A Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) conseguiu por vez primeira unir a todos os sectores da comunidade educativa. Mais non o fixo arredor dunha mesa de negociación, senón nas rúas. Alcumada na Galiza como a Lei da 'Wertgoña' foi merecente mesmo dun vídeo musical que amosou o rexeitamento do estudantado, profesorado e Anpas á reforma estrela do Ministerio de Educación. Duramente criticada pola súa vontade \"españolizadora\" e pola elitización que suporá do ensino regrado, foron numerosos os protestos e folgas que paralizaron o ensino contra unha norma que, din desde as organizacións sindicais, \"retrotrae a educación\" até o franquismo. Introducirá de novo as reválidas, reducirá entre un 45% e un 35% a autonomía dos territorios en materia educativa; financiará con fondos públicos o ensino privado e outorgará 'liberdade' aos centros para determinar cantas horas se impartirán na lingua propia. Reforma do Código Penal. Actualmente en proceso de tramitación parlamentar, é un dos cabalos de troia do Ministerio de Xustiza español. Xunto coa aplicación das taxas xudiciais que limitarán o acceso das clases populares á xustiza, Alberto Ruíz Gallardón abandeira algunhas das reformas máis duras e controvertidas que visa aprobar o Goberno de Mariano Rajoy. A reforma do Código Penal instaura a cadea perpetua encuberta e tipifica accións de protesta como delitos Embora ser o español un dos Códigos Penais máis duros de Europa, o Partido Popular tirou de proxecto de lei e propuxo dúas grandes mudanzas coa reforma, a fixación da prisión permanente revisábel e da custodia de seguridade. Dous elementos que, alertan, suporán unha cadea perpetua encuberta. Aliás, tipificará como delitos accións de protesta que até o momento eran consideradas como faltas, entre elas, a ocupación simbólica e pacífica de entidades bancarias, o encadeamento para impedir un despexo ou convocar mobilizacións a través das redes sociais en determinados supostos. Penalización do aborto. Foi a máis anunciada e está a ser a máis agardada. A derrogación da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo aprobada polo Parlamento español en 2007 era unha das promesas electorais coas que o PP concorreu ás eleccións. Mais o ministro de Xustiza --que será o encargado de a tramitar en troca do de Sanidade-- non limitará a súa reforma á re-implantación da lei de supostos de 1985. Alberto Ruíz Gallardón prevé re-penalizar o aborto e suprimir a súa legalidade mesmo en casos de malformación do feto. O movemento feminista encabeza desde o seu anuncio unha importante batalla a prol dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Un combate que podería repuntar a vindeira sexta feira, cando o Consello de Ministr@s, previsibelmente, aprobe o anteproxecto de lei. As organizacións feministas e os grupos da oposición denuncian que detrás desta nova lei está a Conferencia episcopal e os grupos anti-abortistas e exixen ao Goberno de Madrid que dea marcha atrás e non aboque a milleiros de mulleres a prácticas clandestinas. Lei de Seguridade Cidadá. Foi a máis recente en ser proxectada mais tamén está a ser das máís criticadas. O Partido Popular presentou un proxecto lexislativo que visa mudar a coñecida como Lei da patada aprobada polo daquela ministro Corcuera (PSOE) en 1990. A nova lei sancionará con miles de euros as \"ofensas a España\" En virtude da nova lei sancionaranse as condutas que constitúan \"ofensas a España\" até con multas de 30.000 euros, tamén así será obxecto de sanción \"insultar\" a un axente das Forzas de Seguridade do Estado ou mesmo \"obstruír\" o labor destes cando unha familia é despexada. Aliás, prevé limitar o dereito de manifestación a través de espazos en que estas non poderán desenvolverse --como os escrachos. Para moit@s, un asalto á democracia e aos dereitos civís e políticos máis elementais nun momento en que o propio goberno e as institucións españolas están fortemente cuestionados."}
{"ID": "PRAZA_363", "summary": "O Tribunal Supremo estima parcialmente o recurso presentado polo seu avogado e retira o delito de integración en organización terrorista, mais mantén a acusación de tenza de explosivos e colaboración con banda armada.", "text": "A Sala Segunda do Tribunal Supremo vén de ditar sentenza sobre o recurso presentado polo avogado de Carlos Calvo contra a sentanza que en maio do pasado ano o condenou a 12 anos de cadea por \"tenza de explosivos e pertenza a organización terrorista\". O fallo estima parcialmente o recurso, desbotando a acusación de pertenza a Resistencia Galega, pero mantendo unha pena de 7 anos de prisión polo delito de colaboración con banda armada na súa modalidade de tenza e transporte de explosivos. O fallo estima parcialmente o recurso, desbotando a acusación de pertenza a Resistencia Galega, pero mantendo unha pena de 7 anos de prisión polo delito de colaboración con banda armada na súa modalidade de tenza e transporte de explosivos A sentenza determina que non existen probas sólidas que permitan asegurar que Carlos Calvo pertenza a organización terrorista ningunha. Na sentenza condenatoria de Carlos Calvo, que contaba co voto particular dun dos tres xuíces do tribunal a favor da súa absolución, esta acusación baseábase, principalmente, na declaración de Xurxo Rodríguez, que incriminou a Calvo a cambio dunha importante redución da súa condena. Tanto esta declaración coma os outros dous elementos de proba (unha carta manuscrita da compañeira sentimental do acusado, suxeita a interpretación, e os informes policiais de intelixencia) son consideradas pola nova sentenza como insuficientes para considerar a culpabilidade de Calvo. O fallo, con todo, confirma a sentenza orixinal nos restantes puntos, comezando pola tenza de explosivos para, presuntamente, atentar contra unha sede do PP, e a consecuente acusación de colaborar cunha banda armada: \"as probas acreditan a súa conexión coa banda e unha colaboración con ela en actividades terroristas (...) pero non a súa pertenenza á mesma\". O recurso presentado alegaba tamén a inexistencia da tal organización Resistencia Galega; porén, a sentenza reitera \"que Resistencia Galega, existe, está vixente e reúne as condicións precisas para integrar o concepto de organización terrorista, aínda que como se dixo (...) dados os limitados medios materiais cos que conta e o seu carácter incipiente, as súas actividades delictivas non sexan tan relevantes e sanguinarias coma outras bandas con maior tradición ou arraigo\". A sentenza reitera \"que Resistencia Galega, existe, está vixente e reúne as condicións precisas para integrar o concepto de organización terrorista\" Como lembrou unha vez máis hai unhas semanas o seu avogado Benet Salellas, Calvo \"sempre insistiu na sua negativa de pertencer a nenhum grupo que defenda a luita armada e assim o reiterou, nem só perante o juiz e na prisom, mas em todas as suas manifestaçons, escritos públicos e cartas\". Carlos Calvo leva en prisión no cárcere de Topas (Salamanca), en réxime de isolamento, desde setembro do 2011, cando foi detido en Vigo no marco dunha \"operación antiterrorista\" contra \"Resistencia Galega\". Estudante de Filosofía e Antropoloxía e xornalista de profesión, trasladárase aquel 15 de setembro de Santiago a Vigo para preparar unha entrevista a Xurxo Rodríguez sobre a peña futbolística Celtarra á que este pertencía. Foi detido xunto con Xurxo Rodríguez ao comprobarse que este tiña no coche que estaba estacionado ao seu carón unha mochila con dous termos explosivos. Xurxo Rodríguez pactou coa fiscalía no xuízo na Audiencia Nacional, celebrado o pasado mes de maio, a súa rebaixa de pena de 18 a 6 anos de cárcere a cambio de incriminar a Carlos Calvo. O pasado 18 de xaneiro Calvo foi trasladado á prisión de Estremera, ao sur de Madrid, pois no penal de Topas van realizar obras nos módulos de isolamento."}
{"ID": "NOS_57779", "summary": "O panorama de Sada entre xullo de 1936 e marzo de 1938 non é demasiado diferente do doutras localidades galegas. Ao rápido control do municipio por parte dos sublevados sucédelle a posta en marcha dun complexo aparello represivo. Logo, o exercicio da represión sobre as persoas consideradas desafectas, cun carácter sistemático e co estabelecemento de mecanismos deseñados desde os diferentes ámbitos do poder.", "text": "Cando se produce a sublevación militar de 1936, o municipio de Sada está encadrado nun territorio referente pola implantación do movemento obreiro, do republicanismo progresista e do galeguismo. Unha realidade política plural, non exenta dunha forte conflitividade, mais sen a rotura social que si se vai producir após a destrución do marco democrático. Para reaccionar contra esa Sada diversa, aberta aos procesos modernizadores do momento, e para construír a Sada do terror e do silencio, empregaranse estruturas identificábeis. Sada cae en mans dos sublevados apenas cinco días despois do golpe. O 23 de xullo, procedente de Betanzos, chegaba unha columna de soldados e gardas civís dirixida polo capitán Roger Oliete, facéndose co control da vila, que \"apenas advirtió de modo material los efectos de estos acontecimientos\". Porén, uns días despois a prensa daba conta do envío dunha \"camioneta conduciendo números de la Guardia civil con material de combate para prestar determinado servicio en aquella villa, en la cual parece que se advertía algún movimiento anormal\", o que denota movementos de resistencia. Sorprendentemente, o alcalde Antonio Fernández Pita, republicano sen adscrición a ningún partido, pero que viña de apoiar a Fronte Popular, non será cesado nun primeiro momento. Naqueles días, as accións dos que apoiaran o golpe víanse condicionadas aínda pola indefinición acerca do novo escenario que se quería construír. Porén, non tardará Fernández Pita en ser deposto e detido. É entón cando se procede a instaurar novas estruturas de poder desde as que xestionar o municipio en tempo de guerra e, tamén, coordinar a posta en marcha do aparello represivo. Unhas prácticas destinadas a anular ao adversario, ben mediante o seu exterminio físico, ben coa súa anulación como cidadán, agora abocado ao exilio, o ostracismo, a miseria económica ou a degradación moral. A Administración local quedará en mans das forzas de orde, co nomeamento sucesivo por parte do Gobernador Civil de Eustaquio de Riego –tenente retirado da Garda Civil–e Emilio Molina Carreño –comandante de cabalería retirado pola Lei Azaña– como Delegados de Orden Público. Xa en setembro será designada unha comisión xestora encabezada polo mestre Manuel López Quiñoá para facerse cargo do Concello, sendo substituída en decembro pola nova corporación municipal, co comerciante Toribio Pollán Nieto como alcalde. Desaparecía todo rastro de representatividade, ao substituír os novos concelleiros ao electos en 1931. Entre tanto, estendíase o temor e a incerteza entre as persoas que, nos anos previos, destacaran pola súa militancia política ou polo seu activismo sindical. Os faiados, os montes, os lugares máis insospeitados, convertíanse en refuxio daqueles que, nun primeiro momento, non tiveran máis opción que agocharse á espera de coñecer o desenvolvemento dos acontecementos. A caída da veciña cidade da Coruña en mans dos golpistas afastaba calquera esperanza de recuperar o control de Sada a curto prazo. Gustaríache proseguir coa lectura? Só tes que mercar o xornal de mañá nos quiosques ou na nosa loxa online. Se o que queres é ter todo o coleccionábel 'Os nomes do terror' nas túas mans, o máis sinxelo é que fagas a subscrición sen perder un minuto!"}
{"ID": "NOS_36642", "summary": "A lei de linguas impulsada polo PP en Aragón, e que derroga a existente, deixa a catalán e aragonés sen protección algunha na administración, toponimia... denuncian colectivos sociais", "text": "As cortes de Aragón votarán nos vindeiros días a nova Lei de Linguas, impulsada polo gobernante PP e que contará co apoio do Partido Aragonés (PA), derrogando a existente e, denuncian diferentes colectivos e entidades, deixando fóra de xogo a aragonés e catalán. O catalán, aliás, deixará de ser oficial nos topónimos das comarcas onde se fala. Segundo se recolle en Vilaweb, a nova lei \"borra tanto o catalán como o aragonés, deixándoos sen ningunha protección por parte da administración\". Non é catalán, é \"aragonés propio del área oriental\" Aliás, esta nova lei tamén implica a fin do recoñecemento da existencia de catalánfalantes en determinadas zonas de Aragón, e abre as portas a ter o español como única lingua oficial. Por outra banda, substitúese o nome dos idiomas por eufemismos. Así, o catalán pasará ser denominado 'lengua aragonesa propia del área oriental' (LAPAO); e o aragonés. 'lengua aragonesa propia de las áreas pirenaica y prepirenaica' (LAPAPYP). O catalán, aliás, deixará de ser oficial nos topónimos das comarcas onde se fala. A lei, propugnada pola presidenta de Aragón, Luisa Fernanda Rudi, xerou unha forte polémica parlamentar e social desde os seus inicios."}
{"ID": "QUEPASA_917", "summary": "Fontes da área sanitaria A Coruña-Cee confirman que non existe ningún brote de coronavirus na Costa da Morte.", "text": "Un novo positivo na zona fixo proliferar novamente os bulos aos que estamos acostumados. Fontes do Concello de Fisterra confirman que se trata dun só caso positivo nunha familia catalana que veu a pasar as vacacións ao pobo, xa que teñen familiares na zona. Unha persoa da unidade familiar, por motivos persoais, tivo que facer unha viaxe a Cataluña e, ao volver, fixéronlle a proba porque tivo contacto con outro familiar que dera positivo posteriormente á visita. Este dou tamén positivo sendo asintomático, polo que quedou illado na súa casa á espera de realizar a corentena de 15 días. Ao resto da familia tamén se lle realizou a proba, mais estes deron todos negativo. De todos xeitos, tamén están a gardar corentena noutra casa diferente ao que dou positivo. Ademais, fontes do Sergas da área sanitaria A Coruña-Cee desminten que haxa ningún tipo de brote de Coronavirus na Costa da Morte."}
{"ID": "NOS_14952", "summary": "A compañía basca informou á Comisión Nacional do Mercado de Valores da transacción que inicialmente prevía un pagamento mixto entre accións e efectivo.", "text": "A compañía de telecomunicacións galega, R, pasa a ser integramente do grupo basco Euskaltel. Así o confirmaron através dun comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de valores onde notifican a compra por 1.190 millóns de euros en efectivo. Con esta transacción --que inicialmente prevían através dunha fórmula combinada de accións/efectivo-- Euskaltel adquire o 100% do capital social de R Brigrantium, sociedade titular do 70% R Cable máis o 30% que pertencía até o momento a Abanca. A decisión de mudar a forma na que foi adquirida a compañía galega devén, sinala Euskaltel, da mellora nas previsións operativas de R, embora será preciso que unha xunta de accionistas extraordinaria ratifique a operación. Segundo a entidade basca, a compra \"dota o novo grupo de maior fortaleza, eficacia e capacidade de crecemento para competir nun mercado exixente como operador líder no norte do Estado [español]\" mantendo, acrecentan, \"a súa forte posición e compromiso na Galiza e Euskadi, onde ambas as dúas compañías gozan dun profundo arraigo\"."}
{"ID": "NOS_19900", "summary": "As Marchas da Dignidade convocan a tod@s @s galeg@s a acudir á cidade lucense no marco das mobilizacións polo \"pan, tranallo e teito\".", "text": "As Marchas da Dignidade de Galiza convocan para o vindeiro 28 de maio en Lugo unha mobilización nacional baixo o lema 'Unha muralla de dignidade', referíndose ao monumento identificativo da cidade. Un acto co que as MMDD volven á rúa para protestar \"contra a Troika\" e na defensa do \"pan, traballo, teito e dignidade\". Apostan en Lugo no marco dunha dinámica tendente a descentralizar as mobilizacións e protestos de Compostela, estendendo a resposta contra as políticas neoliberais; e chaman a todos os e as galegas a tomar parte nesta iniciativa de facer da muralla lucense \"un parapeto defensivo da dignidade\". O acto, aliás, serve de pulo de cara á mobilización que decorrerá a nivel estatal en Outono, tal e como se acordou recentemente na xuntanza da coordenadora das MMDD que tivo lugar en Zaragoza."}
{"ID": "NOS_45579", "summary": "O complexo contará cun total de 1.260 camas fronte ás 2 mil prometidas pola Xunta. O persoal da área sanitaria iniciou un calendario de mobilizacións apoiadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.", "text": "O novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, abrirá con 1.260 camas --delas, 845 de hospitalización. Unha cifra substancialmente máis pequena que as 2.000 ás que se comprometera o goberno galego. Esta \"importante redución\" que, segundo o persoal da área sanitaria de Vigo non se axusta ás necesidades da cidade olívica, motivaron a convocatoria dun calendario de mobilizacións que comezou esta terza feira. Unha manifestación contou co apoio de todas as centrais sindicais e da Plataforma galega en defensa da sanidade pública. Desde este movemento advirten que \"o presente e o futuro da calidade da asistencia sanitaria pública fica seriamente comprometido\" pois, a redución de recursos que contempla a abertura do hospital --numerosos servizos foron privatizados-- \"obríganos a preguntarnos ao servizo de que intereses están as autoridades políticas que tomaron estas decisións\". Quer o persoal da área sanitaria quer a Plataforma en defensa da sanidade pública instan a veciñanza viguesa a secundar as mobilizacións que terán lugar o 23 e 30 de xuño. As marchas convocadas sairán desde a entrada do Hospital xeral."}
{"ID": "NOS_49282", "summary": "As baixas no profesorado, as incertezas e dúbidas nas familias e a ausencia de miles de alumnos protagonizaron este 10 de xaneiro o reinicio do curso escolar na Galiza. O retorno veu marcado tanto polo virus que condiciona as vidas desde 2020 como polos recortes educativos desta década.", "text": "Non eran aínda as once da mañá e o número de baixas pola Covid entre o profesorado na primeira xornada abeiraba as 350, case o duplo das que anunciara a Consellaría de Educación a sexta feira, cando falaba de 200. A propia Xunta falaba, ás 14 horas, de 800 baixas de docentes entre o total de 13.000 ao contar con alumnado e persoal de servizo. O número pode parecer insignificante nun cadro de persoal de máis de 30.000 profesionais mais, como indican sindicatos e Anpas, non o é. \"A Consellaría leva desde a sexta feira chamando xente\", indica a Nós Diario o secretario nacional de CIG-Ensino, sindicato maioritario, Suso Bermello, \"mais como o ritmo siga así e coas corentenas, etc... non hai capacidade para cubrir as baixas\". Efecto \"recortes\" A situación actual hai que entendela, indica Bermello e tamén o apunta Fernando Lacaci, da Confederación de Anpas Galegas; non só polo impacto da Covid senón por como este chega nun escenario marcado polos recortes aplicados sobre o ensino durante todos estes anos. \"Temos menos preocupación sanitaria que educativa\", indica o representante do colectivo de nais e pais: \"Os centros de ensino non son máis inseguros que outros escenarios en canto a se contaxiar\", explica, \"mais o que nos preocupa é como vai ser o ensino coa falta de profesorado e para o alumno contaxiado que teña que facer corentena\". Unha preocupación que é partillada por nais e pais de alumnos, sobre todo de Infantil e Primaria. \"Se a miña filla dá positivo ten que ficar na casa e alguén ten que ficar con ela, claro. Mais o preocupante é que vai pasar con ela eses días a nivel educativo. Vai asistir virtualmente á aula? Se non é así vai o profesor conectarse con ela fóra do horario? Que seguimento vai haber?\", pregúntase Helena Muñiz, cuxa filla estuda nun colexio público de Santiago. Esa mesma preocupación formúlase desde Anpas Galegas. \"No confinamento xa ficou demostrado que o sistema non está preparado para o ensino non presencial\", afirma Lacaci, que incide na falla de profesorado como unha eiva estrutural no ensino estes anos. Nada, por outra parte, que non leven denunciando sindicatos e colectivos de defensa do ensino público estes anos. \"Ministerio e Consellaría, cada quen coa súa responsabilidade, querían que este fose un curso educativo 'de transición' cara á \"normalidade\", e iso significa volver ter menos profesorado\", afirma Suso Bermello. Nesa liña, Lacaci mostra pouca confianza en que se cumpran as promesas da Consellaría de substituír o profesorado de baixa pola Covid: \"Esta mesma Consellaría que di agora iso é a mesma que no mes de decembro non cubría as baixas que había e mesmo dicía que non era posíbel cubrilas automaticamente\". Bermello amplía o argumento: \"A política desta Xunta é desde hai anos non cubrir as baixas cada vez que se está perto dunha parada lectiva, quer nadal, quer verán... E en decembro fixo iso\". Contaxios O primeiro trimestre finalizou no ensino non universitario con 185 aulas fechadas e 2.200 casos activos no alumnado. O reinicio multiplica por catro eses datos de contaxiados, até os 13.000 desta segunda feira. O conselleiro, Román Rodríguez, volveu garantir que as baixas no profesorado cubriranse (\"de 800 baixas xa cubrimos 700\", dixo) e destacou a importancia da presencialidade. \"A presencialidade nunca estivo en cuestión!\", aponta o secretario nacional da CIG-Ensino, \"Ese non é o debate, non se cuestionou en xaneiro de 2021 non se vai cuestionar agora. O debate é como vai ser esa presencialidade\"."}
{"ID": "NOS_46484", "summary": "A coligazón de Anova, EU e Podemos aumentaría un deputado (até 7) a costa dos socialistas. Podemos, IU e confluencias superarían o PSOE, en votos e escanos. O PP sería o máis votado, en Galiza e no Estado. O BNG non acadaría representación.", "text": "En Marea e Unidos Podemos protagonizarán o 26 de xuño un 'sorpasso' sobre o PSOE na Galiza e no conxunto do Estado. Este é o prognóstico do inquérito do CIS, que sitúa o PP como a forza máis votada a nivel estatal e galego. En base a esta sondaxe, realizada en base a 17.000 enquisas, o PP tería en Galiza 10 deputados, os mesmos que obtivo nos comicios do 20 de decembro. Consolidándose como segunda forza, En Marea, que gañaría un escano (7) a costa do PsdeG, que pasaría dos 6 obtidos o 20D a 5, perdendo 1 en Pontevedra a favor das marés. Ciudadanos mantería o seu deputado por Galiza e o BNG Nós Candidatura Galega non acadaría representación nas Cortes españolas. Neste inquérito non hai estimación de voto final do Bloque, mais fontes consultadas por Sermos Galiza apontan que o resultado sería similar ao colleitado o 20D por Nós Candidatura Galega, cunha lixeira tendencia á alza na provincia da Coruña. O PP tería 10 deputados en Galiza, por 7 de En Marea, 5 do PSOE e 1 de Ciudadanos A nivel de Estado, Unidos Podemos e confluencias consuman o 'sorpasso' aos socialistas, que caerían até o terceiro posto. O primeiro, iso si, seguiría a ser para o Partido Popular, cun 29% dos votos e entre 118 e 121 escanos, un descenso respeito aos 123 que logrou hai seis meses. Unidos Podemos tería entre 58 e 60 escanos, máis que os 44 que Podemos e IU sumaban o 20 de decembro. Aumentan en representación En Comú Podem (14/15 fronte os 12 do 20 de decembro), Compromís-Podemos-IU (9/10, tiveran 9 nas anteriores eleccións) e En Marea. Entre todos, Podemos-IU-confluencias, suman 88/92 escanos e un 25,6% dos votos. Sobrepasan, logo, o PSOE, que o CIS prognostica que obterá 78/80 escanos fronte aos 90 de hai seis meses. Ciudadanos lograría o 14,6% dos apoios, un punto menos que nos anteriores comicios, logrando de 28 a 39 escanos. Esquerra Republicana de Catalunya mantería a representación acadada na anterior cita coas urnas ao atinxir 8/9 representantes, mentres que Convergència obtería 6/7. O PNV lograría 5 escanos (1 menos que o 20D) e EH Bildu, 3, aumentando así a súa representación nun deputado."}
{"ID": "NOS_13660", "summary": "A constante suba dos prezos dos alugueres (47% de incremento nos últimos seis anos) e as dificultades para adquirir unha vivenda en propiedade, contrastan co alto número de inmóbeis que se atopan baleiros na Galiza (340.500), mesmo nas áreas metropolitanas das sete cidades.", "text": "A burbulla inmobiliaria A vivenda baleira Vivenda desocupada de titularidade pública O prezo do aluguer 0,3% de vivenda pública na Galiza A Galiza rexistra 340.500 vivendas baleiras. Malia manterse sen ocupar 21,2% do parque total inmobiliario do país, conseguir unha residencia estase a converter nunha misión case imposíbel para boa parte das galegas e galegos. A este respecto, o presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), Benito Iglesias, ten sinalado que \"exclusivamente 1,5% das vivendas baleiras en 313 concellos da Galiza se atopan no circuíto de comercialización\". Nesta dirección, promotores inmobiliarios e urbanistas manifestan a súa sorpresa pola incapacidade das diferentes Administracións para mobilizar estes inmóbeis e sitúalos no mercado. A burbulla inmobiliaria As vivendas baleiras son unha realidade presente na totalidade do territorio galego. Unha das maiores taxas de desocupación sitúase naquelas zonas costeiras de moita presión turística, cunha boa parte dos inmóbeis destinados a segunda residencia e onde mandan as vivendas turísticas. Neste perfil atópase Foz, con 33,95% dos inmóbeis desocupados; Cedeira, con 33,96%, Carnota (34,2%), Malpica de Bergantiños (33,74%) e Camariñas (33,3%). A maiores, estes concellos padeceron na primeira década do século XXI unha actividade urbanística desenfreada, que nalgúns casos practicamente duplicou o parque inmobiliario. A vivenda baleira A lóxica do despoboamento de amplas zonas do país ten o seu impacto nos usos da vivenda. Neste sentido, o concello con máis vivendas desocupadas é A Porqueira, con 40.63% das vivendas baleiras; Castrelo do Val (38,8%), Melón (37,75%), Ramirás (35,42%), Rairiz de Veiga (34,96%), Carballeda de Avia (34,73%) e Maside (33,08%). Sen ir máis lonxe, A Porqueira perdeu 56,4% da súa poboación nos últimos 30 anos, Castrelo do Val perdeu 51,5%, Carballeda de Avia, 48,9%; e Maside, 44,9%. Os principais núcleos urbanos da Galiza non escapan a esta tendencia: A Coruña rexistra 19.283 vivendas baleiras (20,4% do parque inmobiliario total da cidade), Ferrol ten 8.318 vivendas baleiras (19,7% do seu parque inmobiliario); Compostela 9.512 (16,9%), Lugo 12.370 (20,4%), Ourense 14.561 (20,4%), Pontevedra 6.886 (17,4%) e Vigo rexistra 18.588 vivendas baleiras (12,9%). A deputada do BNG Alexandra Fernández sinala a Nós Diario que \"100.000 das 340.000 vivendas baleiras edificáronse entre 1991 e 2011, o que dá conta de que non estamos só diante de vivendas vellas\". Asemade, reclama á Xunta da Galiza \"un estudo preciso da realidade do parque galego de vivenda para determinar as zonas onde se precisaría mobilizar inmóbeis porque hai demanda e a partir de aí fixar as medidas impositivas precisas, atendendo as características do propietario\". O portavoz do PSdeG no Parlamento, Luís Álvarez, criticou esta semana na Cámara o \"fracaso das políticas de vivenda\" do Goberno galego, logo de coñecerse na terza feira que, segundo a liquidación do primeiro semestre deste ano, a Xunta só executou 3% do programa de acceso á vivenda. Pola súa parte, o presidente Alfonso Rueda recoñeceu na cuarta feira os problemas da mocidade para acceder á vivenda, porén puxo en valor as políticas neste ámbito do seu Goberno, significando as máis de 23.000 persoas que se beneficiaron das axudas ao aluguer da Xunta desde 2009. Vivenda desocupada de titularidade pública Unha parte destas vivendas desocupadas son de titularidade pública. Concretamente 2.735 inmóbeis baleiros existentes na Galiza pertencen á Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), popularmente coñecido como o banco malo, sendo o seu propietario o Goberno do Estado. Segundo Fegein, a parte máis importante destes inmóbeis localízanse en Vigo e na Coruña, onde se atopan 650 e 1.200 demandantes de vivenda, respectivamente. O alto número de inmóbeis desocupados contrasta coa alza dos prezos da vivenda en aluguer ou propiedade. Neste sentido, a sociedade de taxación de vivendas Tinsa sinala que \"no terceiro trimestre do ano o prezo da vivenda en propiedade rexistrou un incremento interanual de 7,3%\". Asemade, destaca que 6,2% desta suba concéntrase entre xaneiro e setembro de 2022. O prezo do aluguer Os últimos datos achegados por entidades independentes significan a alza no alugueiro. Precisamente o portal inmobiliario de referencia, El Idealista, sinala que o prezo do aluguer tense incrementado en 47% nos últimos seis anos, pasando de pagarse a 5,8 euros o metro cadrado en 2016 a 7,8 euros o metro cadrado en 2022. Ao tempo, destaca unha maior alza do prezo do aluguer nas áreas metropolitanas das sete cidades galegas. 0,3% de vivenda pública na Galiza O parque inmobiliario galego só conta con 0,3% de vivendas de titularidade pública. Estas cifras son unha anomalía no contexto europeo onde os inmóbeis en mans dos poderes públicos suman de media 9%. As razóns desta situación son estruturais mais agudizadas polas políticas da Xunta."}
{"ID": "NOS_34449", "summary": "Valls xa está onde quería: coas mans ceibas para facer política sen depender de Ciudadanos. Albert Rivera terá problemas para explicarlle a Emmanuel Macron por que pacta con Vox ao tempo que expulsa Valls das súas filas.", "text": "A ruptura con Valls pode lerse tamén en clave da sesión de investidura de Pedro Sánchez: que perda Ferraz toda esperanza de contar cos votos de Cs para evitar que o PSOE dependa por activa ou por pasiva dos votos das formacións independentistas. \"Decidimos separarnos do grupo de Valls e teremos grupo propio\", anunciou esta segunda feira Inés Arrimadas, a número 2 da formación laranxa. A ollos de Cs, hai \"moi pouca diferenza entre Maragall e Colau\", o que restaría todo simbolismo á voto afirmativo de Valls á reelección da líder de Barcelona en Comú. E se ficase algunha dúbida sobre o posicionamento estratéxico de Cs no flanco dereito, Arrimadas desbotou a abstención do seu partido na investidura do candidato do PSOE a presidir o goberno central. \"Teriamos un tsunami de críticas se désemos apoio a Sánchez, que está pactando con Bildu. O sanchismo é mao para España; é capaz de negociar con Junts per Catalunya e de pactar con ERC\"."}
{"ID": "NOS_51665", "summary": "A líder do BNG, Ana Pontón, asegura que o \"neofascismo deixa claro que busca acabar coa democracia e a pluralidade\". O PSdeG chama a \"defender a democracia\".", "text": "A sede de Podemos en Cartaxena (Murcia) sufriu esta madrugada un ataque con material explosivo, segundo denunciou o secretario xeral do partido, Pablo Iglesias, e o deputado da formación morada pola Rexión, Javier Sánchez Serna. \"Esta noite s extrema dereita deu un paso máis alá e atacou a sede de Podemos Cartaxena con material explosivo\", advertiu Sánchez Serna. O deputado publicou un tuit acompañado dun vídeo no que se aprecia como arroxan un artefacto inflamábel á sede de Podemos na cidade portuaria Iglesias publicou tamén un tuit co vídeo adxunto no que lamenta o \"ataque da ultradereita, con material explosivo, a unha sede Podemos hoxe mesmo\". Condena de Ana Pontón A líder do BNG, Ana Pontón, trasladou a súa solidariedade aos integrantes de Podemos despois do ataque da súa sede en Cartaxena con material explosivo. Nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter, Pontón asegura que o \"neofascismo deixa claro que busca acabar coa democracia e a pluralidade\". \"Por iso é tan grave blanquear á extremadereita. E fronte a eles, nós, sempre defendendo as liberdades\", apunta a portavoz nacional do BNG. O PSdeG chama a defender a democracia O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou a defender a democracia, a liberdade e a tolerancia fronte aos que \"usan a violencia para atacar aos que pensan distinto. Así o sinalou nunha mensaxe publicada a través do seu perfil da rede social Twitter, no que rexeita e condena o ataque con material explosivo a unha sede de Podemos en Cartaxena. \"Defendamos a democracia, a liberdade e a tolerancia fronte aos que usan a violencia para atacar aos que pensan distinto. Rexeitamos e condenamos totalmente os ataques de grupos de extrema dereita contra @Podemos hoxe en Cartaxena. Ningún tipo de fascismo. Así, non\", apunta o texto publicado en galego. Reacción do PPdeG O PPdeG, polo de agora, limitouse a retuitear unha mensaxe do PP estatal no que o alcalde de Madrid declara que \"a diferencia de Podemos, nós non temos problema ningún en condenar a violencia veña de onde veña\"."}
{"ID": "NOS_6254", "summary": "Espinosa de los Monteros e Rocío Monasterio acudiron a cear a un local da zona vella da cidade, onde varios veciños e veciñas lles mostraron o seu rexeitamento.", "text": "Espinosa de los Monteros e Rocío Monasterio están estes días por Galiza participando na campaña das eleccións galegas da súa formación, Vox. Lugo foi unha das prazas escollidas por esta parella de líderes do partido de ultra dereita. Na Praza do Campo detivéronse para cear na terraza dun dos locais hostaleiros da zona. A súa presenza non pasou inadvertida. De feito, desde terrazas desa praza lucense grupos de veciños e veciñas corearon diversas frases dirixidas aos dous ultras e os seus acompañantes. \"Aquí están os antifascistas\" foi unha. Outra, \"Galiza non é verde\", en referencia ao slogan de Vox para as eleccións do 12-X 'Galicia es verde'. Nas redes sociais, Monasterio afirmou que ela e Espinosa de los Monteros abandonaron a terraza entre berros de \"presidente, presidente\". Nas propias redes sociais aclaráronlle que eses berros eran... irónicos. Aquí tenéis el apoyo en Galicia, fascistas!GALIZA NON SE VENDE!!!#DENANTESMORTOSQUEESCRAVOS✊🏻💜@vox_es @Santi_ABASCAL @Ortega_Smith @monasterioR @ivanedlm pic.twitter.com/dBat5wruvT— Mígue (@MiguelTorron92) July 7, 2020"}
{"ID": "NOS_3894", "summary": "A maioría sindical vasca, convocante do paro da vindeira quinta feira en Euskal Herria, considera \"evidente\" a necesidade de responder \"a imposicións e reformas\"", "text": "Euskal Herria vivirá esta quinta feira, 30 de maio, a súa cuarta folga xeral nestes catro anos. Unha xornada de protesta e mobilización convocada pola maioría sindical vasca (ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, Hiru, CGT e CNT), para alén dun cento de colectivos, asociacións e agrupacións agrupadas na plataforma Gune. Ainhoa Etxaide, secretaria xeral de LAB: \"Este pobo ten que se levantar ante esta dictadura económica\" Segundo informa Naiz, nunha primeira recollida, máis de 600 comités de empresa de Euskal Herria xa anunciaron que ían secundar a folga xeral. \"E o número segue a aumentar día a día\". Para as organizacións convocantes, estas adhesións, así como que a listaxe vaia en aumento, mostran ás claras que \"a clase traballadora ten claro que hai que responder ás imposicións e ás reformas\". \"Loitamos por un modelo propio para Euskal Herria\" Sindicatos e agrupacións cidadáns, ambientais, culturais, de desenvolvemento, desempregad@s... fan un chamamento á sociedade vasca a saír este 30 de maio á rúa \"para afirmar con rotundidade que non aceptamos os recortes en Euskal Herria, que existen alternativas e que loitamos por un modelo propio\". Txiki Muñoz, secretario xeral de ELA: \"A clase política ten sido desprazada pola extrema dereita económica. Nós resistimos\" Sinalan que están a realizar desde hai tempo xuntanzas e asembleas \"comarca por comarca e sectorpor sector\" para informar e para animar a tomar parte nunha mobilización que ten que ser, afirman, \"un clamor xeral\" contra as \"políticas que nos impoñen\""}
{"ID": "NOS_35208", "summary": "Actuar rápido axuda a esquivar a suba dos prezos.", "text": "Os prezos aumentaron en outubro 5,7% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Esa diferencia, máis acusada nos carburantes e na enerxía, tamén está a condicionar os hábitos de compra das galegas e os galegos, que prefiren adiantar as súas compras para despois non levar sorpresas de última hora. No caso dos produtos do mar, moi demandados nas datas de Nadal, xa se está a notar ese incremento, até o punto de que \"moitas familias non poderán dispor de produtos habituais do Nadal porque o peto vaino impedir\", advirte o portavoz da Unión de Consumidores da Galiza (Ucgal), Miguel López. Ante esta situación, o presidente de Facua na Galiza, Víctor Muñoz, insiste na importancia, máis acusada este ano que en anteriores ocasións, de planificar e anticipar compras. Tanto el como Miguel López suxiren realizar unha listaxe do que se desexa adquirir para evitar así as compras compulsivas, e máis agora que o aumento da demanda após meses de consumo retido está a contribuír a incrementar uns prezos que xa repercuten en moitos dos casos o encarecemento dos custos de produción, nomeadamente dos da enerxía. Estes dous organismos avisan tamén sobre o risco de que a alza dos prezos se prolongue e mesmo chegue unha segunda onda de inflación, o que podería influír no consumo interno que, como lembran, é un dos motores que está a manter o crecemento da economía na actualidade, especialmente na Galiza. Neste senso, o responsábel de Facua, Víctor Muñoz pide as autoridades que asuman tarefas de inspección, pois entende que debe existir un \"control administrativo\" dos prezos. \"Teñen que vixiar que as empresas non se estean aproveitando destas circunstancias\", resalta. \"Todo se está a repercutir ao de sempre, ao consumidor, ao que os salarios non lle aumentan nin moito menos na mesma medida\", lamenta pola súa banda Miguel López. A este respecto, representantes do Consello Galego de Economistas ou do centro de estudos de BBVA xa avisaron do risco de \"conflitividade laboral\" nos próximos meses pola exixencia de adecuar soldos á inflación. Menos gasto en ocio Unha das consecuencias do encarecemento dos prezos e da perda de poder adquisitivo das galegas e os galegos é que cada vez saen menos a cear fóra da casa ou a desfrutar dun espectáculo, ou calquera outra actividade de ocio. Unha familia galega con catro membros, calculan desde a Ucgal, está a gastar só en produtos básicos como carne, peixe, lácteos e algún envasado, uns 600 euros ao mes. \"Isto fai que o escenario sexa complicado\", recoñece Miguel López. Ante isto, insiste en que a reacción do cidadán é a \"sempre recomendábel planificación das compras\" e tamén un \"uso máis responsábel dos alimentos\", para evitar o desperdicio. Do lado do comercio, o responsábel da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, augura compras \"máis moderadas\" ás que se poderían esperar pola inflación e o aumento do custo da vida por outros motivos como o incremento das cotizacións dos autónomos. Outro dos elementos que está a pasar factura ao comercio de proximidade, indica, é o adianto das compras polo denominado 'black friday', sobre todo porque estes estabelecementos teñen \"unhas marxes moi limitadas\" para competir con este tipo de campañas agresivas."}
{"ID": "PRAZA_2284", "summary": "Que é o que leva ás persoas desta sociedade, deste momento histórico, a actuar tan despiadadamente á hora de atribuirlle un valor superior á corporeidade por enriba do espírito? Qué o que leva ás cadeas a financiar eses programas de demolición do físico das mulleres?", "text": "A pasada semana a actriz Inma Cuesta difundíu a través dunha rede social dúas versións dunha mesma fotografía que impactaron á opinión pública. Unha, retocada con photoshop, a outra, o reflexo real do seu corpo en contraposición á silueta cincelada da primeira. Destinada a ocupar a portada da revista semanal do xornal El Periódico, aquela que foi alterada por photoshop supuxo para a actriz non menos que un ultraxe á súa dignidade como muller, e por elo se decidíu a denunciar en twitter un feito á que moitas actrices, modelos e personaxes de interese público se ven sometidas despois dunha sesión fotográfica. A mesma Cuesta, coñecida por participar en series de televisión como Águila Roja, opinaba que, até certo punto, intensificar o color do vestido ou darlle un aspecto máis brillante á súa pel poidera ser comprensible desde o punto de vista comercial; o impacto visual inflúe como aliciente na elección dun ou doutro producto de consumo, e as revistas que veñen adxuntas aos xornais as fins de semana están ateigadas de publicidade sobre moda e productos estéticos que as empresas queren vender. O que xa non lle pareceu tan axeitado foi que o maqueo informático pasase a amputarlle as cadeiras, facerlle unha liposucción no brazo e aumentarlle ao seu pescozo un anaco para convertila nunha especie de figurín escuchimizado de cera, que nada ten que ver coa muller que ela é en realidade. Eu, que son asidua ao café das mañáns dos domingos, soio botarlles un ollo a todas as revistas de moda que se acumulan nos bares. Yo Dona, El País S, Mujer de Hoy… están centradas na moda e pensadas para ser lidas por mulleres, pero é habitual que noutras como o Magazine de El Mundo ou o Dominical de El Periódico tamén aparezan apartados dirixidos específicamente a estas. En xeral todas son, por defecto, publicacións insustanciais, cunha importante pátina de elitismo plasmada nos prezos dos looks que propoñen modelos, cantantes ou actrices cada semana. O prototipo de muller que parecen elevar por enriba do resto das mortais sempre é máis o menos o mesmo: xove, moi delgada, altísima, estilizada e caucásica. Negras e hispanas aparecen esporádicamente aportando un toque exótico nalgún que outro número, pero está claro que a supremacía a ostentan as loiras, altas, fracas e brancas como Cara Delevigne. Nos casos que non encaixan de todo con ese perfil (e incluso nos que sí) xa vemos que habitualmente se procede a estiramentos varios, abolición de curvas e tantos outros miles de retoques de famosas que poderiamos atopar por internet. Actrices como Susan Sarandon, Salma Hayek, Julia Roberts, ou modelos como Cindy Crawford levan tempo denunciando as presións ás que son sometidas no seu traballo para estaren sempre perfectas, pero ao seren máis maiores carecen de influencia entre a franxa de idade na que as mulleres máis padecemos os dictámenes da industria da moda e do yuppismo audiovisual: dos vinte aos corenta. A partir de aí, deixamos de existir. Deixamos, para os homes da nosa idade e menores, de ser un obxeto de consumo. Revistas escritas por snobs, para ser lidas por yuppies. Contraproducentemente, o público maioritario dos magazins de moderneo hebdomadario, que soen ser lectores casuales de clase media, nunca podería permitirse un bolso de mil euros, tal vez nin de trescentos, e cantos non meteríamos nin cincuenta. Para ser un yuppie de metrópolis, por moito que digan, é necesaria unha boa inversión. Nos son o mesmo os tecidos e os deseños do Mango que os de Marc Jacobs. E iso sábeno moi ben todos eles e elas. Non obstante, aí están número tras número, coas súas sentencias sobre o que debes ou non poñerte para disimular a túa clase social, sexas gorda ou fraca, morena ou delgada, teñas vinte ou cincuenta, para parecerte a Taylor Swift (unha cantante de música facilona) ou a Charlotte Rampling nos teus sesenta, para parecer un ser que triunfa. Aí están eses pretenciosos suplementos, marcando os estándares da normalidade en tódalas décadas da vida dunha muller. A decoración da súa casa, a educación dos seus fillos, a prosperidade da súa empresa (fálannos a todas como se todas fosemos empresarias), os trucos para que a relación coa parella funcione… E sobre todo a estética: cóidese de parecer un enxendro. Para elo incorporan ás súas páxinas finais recetarios, onde nos presentan como suculentos manxares pratos hipocalóricos que se adaptarían mellor aos catro estómagos dunha vaca, pola cantidade de herba que concentran. E todo, todo, todo para que resultemos atractivas, non nos mintamos, para os homes. Esta dictadura da apariencia funciona a moitísimos niveis. Mentres vostede loita contra a nocilla, na televisión entrónanse os idolatrados estilistas do programa Cámbiame, francamente convencidos da seriedade do seu oficio e presentados como os novos benefactores da pobreza estética, e o que é máis grave, da pobreza moral de moita xente. Grandes prexuízos de clase emanan dos seus discursos de pacotilla, que contribúen a crear canteira de mulleres acomplexadas, desesperadas por deixar de ser \"chonis\", ou \"vulgares\". Estas mozas e señoras, e de vez en cando algún rapaz, desexan, en definitiva, deixar de parecer pobres. En Estados Unidos exiten programas que ao cambio de vestimenta lle suman unha operación de cirurxía estética. Algún deles emítese aquí, por exemplo Extreme Makeover (Cambio Radical) no esperpéntico canal Divinity, e chegou a haber unha versión española do mesmo que por fortuna tivo pouco éxito en 2007. O último que desde América acaba de aterrizar é un reality chamado Dr 90210, que alí leva en antena desde 2004. Que vostede se sinte gorda, plana, enrugada? Eles aspíranlle a graxa, póñenlle dúas pelotas de silicona en cada peito e fanlle unha coleta coa pel que lle sobra detrás da cabeza. Ás veces penso na sorte que temos en Galiza por termos carecido históricamente dunha grande urbe como sí acontece en Madrid ou en Cataluña. Estamos un pouco máis á marxe dos disparates da fauna da metrópole. Aínda así, cada vez coñezo máis mulleres, e en certa medida me incluio, preocupadas por adaptar o corpo a aqueles modelos materialmente imposibles de beleza que uns e outros medios difunden, propios de ciencia ficción, que tamén empezan a crear presión sobre o sexo masculino. Vexamos, para esta clase burguesa ligada á esfera audiovisual e tecno-cultural, que son os que parten a pana nesta sociedade do espectáculo, existe un mundo perfecto no que non caben máis que eles e as celebrities raza superior que admiran. Posiblemente Inma Cuesta como ao mellor vostede non encaixen de todo ben. Por mor desta discriminación, moitas mulleres se comen a cabeza coa celulite, as súas pernas curtas ou o paso dos anos. Hainas que desenrolan enfermedades nerviosas, como anorexia, bulimia ou depresións e episodios de ansiedade e obsesivo-compulsivos. Nese mundo perfecto de yuppies todo ten unha data de caducidade e é sustituído por outro producto humano que cumple co requisito de ser xoven, estilizado, vestido por Jean Paul Gaultier, depilado, rico, triunfador, culto e sorrinte. Para as mulleres comúns e correntes, o impacto destas ideas, especialmente na concepción que sobre o que nós debemos ser se fan os homes, son especialmente traumáticas. Lévannos a unha competición constante onde a imaxe é o único que parece prometer salvarnos de caducar como seres humanos. A imaxe soe importarnos porque nun momento de imperancia do individualismo e disolución dos vínculos afectivos abre as portas aos mesmos, a imaxe promete abrirnos as portas para ser amadas, admitidas, e aos homes, en moitísima menor medida, tamén. Todos eses contos de \"sé ti mesma, síntete orgullosa do teu corpo, o amor e o traballo non atopan barreiras se ti es única\" se desploman polo seu propio peso cando vemos que nas portadas das revistas aparecen mulleres que por moito deporte que fagamos, por moitas berzas que comamos e por moito potingue que botemos non imos poder ser na vida. Sei que xa é materialmente posible operar a tibia e mailo peroné para poñerlle unha prótese e contrarrestar o paticortismo, pero qué farán coas que teñan os brazos longos estilo inspector Gadget? Ata qué extremos pode chegar este delirio? Hai uns anos ser atractiva para a maioría ía chegando con non estar \"demasiado gorda\". Despois empezou a teima da depilación integral e parece ser que hai homes que non conciben o pelo nos xenitais dunha muller (nefasta influencia da pornografía), e atención ao seguinte disparate, o color escuro que co paso do tempo tinxe a zona do ano! Pero agora á repugnancia pola graxa e o vello nun corpo súmase a vergonza pola desproporción. Pode ser vostede delgada e presentar calvas a nivel xenital que tal vez os seus hombreiros fagan de vostede alguén demasiado ancho. Coñezo a mulleres para nada estúpidas nas que percibo constantemente unha inseguridade que as leva a dubidar da súa valía en moitas facetas da vida, todo por unha cuestión de non entrar no canon. E é que nese discurso de que \"a beleza está en todos os corpos\" a graxa, a \"desproporción\" e a vellez quedan relegados soamente a elementos anecdóticos da paisaxe dun catálogo de moda, nunca en elementos lexitimadores da importancia dunha vida real, dunha persoa real. É dicir, existe un discurso que nos repiten desde as revistas e os programas da televisión que sostén \"sé único, acéptate\", pero por outra banda no día a día unha experimenta que o irreal, a fantasía, articula todos os desexos dos homes e das mulleres nesta sociedade. Eles tamén se sinten peludos se non se depilan, eles tamén se observan a barriga, tamén se comparan, pero menos, claro. Que é o que leva ás persoas desta sociedade, deste momento histórico, a actuar tan despiadadamente á hora de atribuirlle un valor superior á corporeidade por enriba do espírito? Qué o que leva ás cadeas a financiar eses programas de demolición do físico das mulleres? Que é o que leva a eses editores a mutilar a verdade dun corpo como o de Inma Cuesta, que moitísimas mulleres non teñen a fortuna de ter na plenitude da súa saúde? Un gran machismo e aversión por todo o feminino, por todo o que simbolizamos a través da multiplicidade de características físicas dese amplísimo espectro femenino mundial, que tamén o é racial. Qué clase de valores da repugnante e euxenésica jet set de metrópolis corrompida estamos incorporando aos nosos códigos éticos, homes e mulleres de provincias e anciás nacións? Inma Cuesta deu a semana pasada un exemplo de valentía, desafío e transgresión contra a dictadura patriarcal de todos eses e esas yuppies que pretenden facer dos corpos das mulleres reais un motivo de replegamento na sociedade. Tal vez teman que, de atrevernos a valorar o noso intelecto por enriba dos nosos atributos físicos, tan pasaxeiros e efímeros, aconteza unha verdadeira revolución que os desbanque dos seus estáticos núcleos de poder."}
{"ID": "NOS_30464", "summary": "No seu primeiro acto de campaña, nas inmediacións dos xulgados da capital, e acompañada por máis de 40 mulleres, a portavoz da formación nacionalista, Ana Pontón, reivindicou \"a forza imparábel\" das galegas, as que define como \"feministas e loitadoras pola igualdade\".", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e as candidatas polas circunscricións de Pontevedra e Lugo, Carme Da Silva e Olalla Rodil, acompañadas por máis de 40 mulleres, concentráronse esta sexta feira, 1 de novembro, nas inmediacións dos xulgados de Fontiñas, en Compostela, para reivindicar \"a forza das mulleres\" e reclamar máis recursos contra a violencia de xénero. A cita produciuse no marco da campaña electoral para as eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro. Pontón incidiu en que \"queda moito por facer\" na loita contra a violencia de xénero e a desigualdade. Neste sentido, subliñou a \"desigualdade laboral\" e a \"fenda salarial\", así como as diferenzas noutros ámbitos como \"a cultura, o deporte ou a participación social\" das mulleres. A portavoz da formación nacionalista insistiu en situar no debate e na axenda pública \"a loita\" contra esta lacra \"hoxe máis que nunca\", ante os diferentes pactos do Partido Popular con forzas \"que queren dar pasos atrás\" na loita contra a violencia machista e \"mesmo cuestionando a súa propia existencia\", en referencia as alianzas do PP con Vox en distintas zonas do Estado. \"Por iso, dicímoslle a Feixoo, alto e claro que pactando con quen nega a realidade da violencia de xénero non está ao lado das mulleres, está ao lado dos que queren manter unha sociedade desigual e patriarcal\", advertiu Ana Pontón, que prometeu a reivindicación de \"xulgados específicos contra a violencia de xénero en todas as cidades do noso país\", así como \"abrir un debate sobre a urxencia de responder contra as violacións e agresións sexuais\", para o que -dixo- o BNG reclamará \"a asistencia gratuíta para as vítimas\". \"Non é abuso, é violación\" Ademais, a nacionalista tamén se pronunciou acerca da recente sentenza na violación en grupo a unha menor en Manresa, criticando que cualifique de abuso sexual o que \"en realidade é unha violación\", e criticou que as instancias xudiciais amparen o agresor en troques de defender as vítimas. Os delitos de agresión sexual -sinalou \"deben ser considerados públicos\", \"actuando de oficio a xustiza, aínda que a muller retire a denuncia\". Pontón tamén aludiu a outras medidas necesarias contra a violencia machista como o establecendo dun protocolo para todos os sectores que deben dar resposta inmediata ante unha agresión sexual así como mellorar na conciencia e formación da sociedade. \"Ou colocamos no centro do debate político que existen abusos ou seguiremos constando situacións que sitúan as mulleres na desigualdade\". \"Estamos aquí porque queriamos que o primeiro acto de campaña do BNG fose para reivindicar a forza imparábel das mulleres: Galegas, feministas e loitadoras contra a desigualdade\", concluíu Ana Pontón o seu discurso, no que tamén salientou que o BNG puxo en marcha a primeira Lei galega contra a violencia machista, \"pioneira e máis avanzada que a lexislación do Estado\"."}
{"ID": "NOS_11144", "summary": "Ana Pontón contrapuxo a traxectoria do BNG no Congreso en Madrid ao \"espectáculo e frivolidade\" das forzas estatais. Pontón presentou en Vigo a candidatura que encabeza Carme da Silva, acompañada por Olaia Fernández e Guillerme Vázquez. Na Coruña, o cabeza de lista do BNG, Néstor Rego, participou nun almorzo con xornalistas no que lembrou as actuacións na área metropolitana que as nacionalistas pretenden impulsar en Madrid.", "text": "\"Vimos o fracaso e a inutilidade das forzas estatais que demostraron que pasan olimpicamente dos problemas da cidadanía e da Galiza, demostraron que o único que as move son egos partidistas. Por iso, pedimos converter esa incompetencia e ese fracaso nunha oportunidade recuperando voz propia para Galiza a través do BNG\", dixo Ana Pontón, a portavoz nacional, que participou na presentación da candidatura do Bloque en Vigo pola circunscrición de Pontevedra. O 10-N é a oportunidade \"de poñer Galiza no mapa coa forza que ten detrás de si unha traxectoria de traballo que demostra que cando estaba no Congreso os galegos e as galegas tiñan unha voz que defendía os seus intereses\", indicou a líder nacionalista diante de Carme da Silva, cabeza de lista por Pontevedra, e acompañada polas ex deputadas Olaia Fernández Davila e Guillerme Vázquez (número 7 da candidatura). \"Galiza non pode seguir muda porque esa falta de voz fai que perda oportunidades, é fundamental contar cunha forza libre e sen ataduras que condicione a política do Estado a favor de Galiza e esa forza é o BNG\", concluíu Pontón. A candidatura do BNG en Pontevedra está encabezada por Carme da Silva, con Xesús Ignacio López Carreira como número 2, e Susana Camba Castro, no número tres. Para o Senado figura como número un André Vidal Capón. Néstor Rego, na Coruña: \"Galiza en primeiro lugar\" Mentres, na Coruña, Néstor Rego continuou esta mañá unha pre-campaña que xa realizou actos en Culleredo, Compostela e Arteixo nos últimos días. Acompañado por Francisco Jorquera e Avia Veira, concelleiras nacionalistas na cidade, Rego volveu falar \"das evidencias\" a respecto do traballo das representantes galegas no Congreso. \"Estiveron máis preocupadas polo que lles mandaban as súas direccións madrileñas que por colocar sobre a mesa os graves problemas sociais e económicos que afectan a Galiza\", dixo o número un do BNG na lista coruñesa ao Congreso. Rego referiuse ás necesidades da Coruña e sinalou á rexeneración da ría do Burgo, ás infraestruturas ferroviarias e á cesión dos terreos do porto interior á cidade como principais demandas do BNG na próxima lexislatura. \"O BNG sempre que estivo no Congreso caracterizouse por colocar en primeiro lugar os intereses de Galiza\", remarcou Rego, que tamén indicou algunhas cuestións da axenda que as nacionalistas pretenden desenvolver en Madrid: \"a defensa do dereito a decidir e dos dereitos e liberdades civís\". Menos candidaturas que en abril O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou as listas definitivas das 46 candidaturas que competirán nos comicios do 10-N na Galiza, informa Europa Press. Serán menos das que concorreron o 28-A. Non se presentan En Marea nin Compromiso por Galicia -esta, despois do seu acordo co BNG. Tampouco comparece Vivir Ourense, mentres que irrompe na Coruña e en Pontevedra o partido de Íñigo Errejón, Máis País. En total, nove opcións políticas presentan candidatura en todas as circunscricións galegas. Son as seguintes: PP, PSOE, BNG, Galicia En Común-Unidas Podemos, Ciudadanos, Vox, PACMA, Por mundo + xusto e o Partido Comunista dos Traballadores de Galiza (PCTG)."}
{"ID": "NOS_17880", "summary": "Un verán en Galeusca é un proxecto impulsado, por terceiro ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por María Rei, Yurre Ugarte, Andrea Barreira, Juan Luís Zabala ou Anxos Sumai entre moitos outros. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos catro medios.", "text": "Decatáronse todos os da ringleira, agás el, de que o home que tiña diante era, eh, sucio. Non, vaia, non era iso; tamén, pero, sobre todo, era alguén a quen non era necesario achegarse tanto. Semellaba sacado dunha reportaxe fotográfica do NYT. Non, en realidade tampouco non está ben dicir isto, non si? Era un mendigo: decatábase calquera que o mirase. Fer mirou durante un intre o abrigo do home e pensou: calquera diría que saíu dalgún contedor de lixo. Seguro que despois se pon a tocar a mercadoría que poñen ao redor da caixa para tentar á xente que está en ringleira, seguro - pero sen ánimo de mercar nada -; e caeráselle algo, seguro. O mundo estaba para que el aprendese. E el aprendía coma os nenos, tocando. -Tes cartos? Foi a caixeira quen preguntou. Fer mirou atrás, para ver se ao resto da ringleira lle parecera normal aquel requirimento. Seica si, incluído o destinatario da pregunta. Daquela Fer mirou o home e reparou en que era un mendigo e non un tipo que levaba un interesante abrigo verde. O home afirmou coa cabeza que tiña diñeiro. A caixeira comezou a pasar os produtos pola caixa. Fer quedou mirando para ela fixamente, como a secuencia dunha película, coa mandíbula medio durmida. O día non comezaba mal. Iso cría. Aparentemente, todo dependía da súa vontade, Eu tamén: deixeille o café preparado para poñelo ao lume e facelo, pan cortado e listo dentro da torradora para torralo ao erguerse. E a radio, e a ducha, e… En primeiro lugar, decidiu ir ao supermercado, o Dia: faríame algo delicioso para comer, a min. Aquel día a narración era unha narración de equipo; mentres eu estaba a traballar el limpaba a casa, facía a comida, todos os mandados, as cuestións burocráticas: facilitarme o traballo. E buscar traballo. Eramos un equipo, si, ás once da mañá aínda non era o inútil que envía a súa moza a cazar. O día non comezaba mal. Aparentemente, todo dependía da súa vontade Fer reparou en que, de xeito involuntario, el tamén gardara máis distancia con aquel home que a que gardaría con calquera outra persoa. Nas reportaxes fotográficas do NYT non se aprecia o cheiro. Mirou a caixeira e, como a través dos ollos da muller, a súa man aberta, as moedas que estaba a depositar alí o mendigo, unha a unha, colléndoas da súa man e depositándoas despois na palma aberta da caixeira. Ía para longo, o home do abrigo tiña moitas máis moedas vermellas que das outras: a caridade dos transeúntes mídese en céntimos pequenos. A caixeiro contaba en voz alta, de maior a menor, o que lle quedaba por pagar ao mendigo: noventa e cinco, noventa... A Fer pasóuselle pola cabeza que aquilo semellaba un concurso e case bota unha gargallada. O día comezaba ben, si.A man da caixeira seguía agardando, aberta, non se pechou, porque aínda faltaban moedas, pero non quedaban xa na man do home, non lle quedaba nada máis. Calculara mal. Agora debería abrirse o chan e o concursante caería polo burato e será a miña quenda, pensou Fer. Pero a terra non se abriu e o mendigo estaba alí, os dedos non contaban moedas na palma da man. E a caixeira estaba inmóbil, Fer semellaba agora o mendigo, mirando as invisibles moedas da man do home do abrigo, mirando a man, como se coa mirada fose posible crear moedas para pasar a quenda ao cliente seguinte. Pero non. -Merda! Pregunteiche se o tiñas…e agora, que? O mendigo non se movía e, nunha ringleira cada vez máis longa, comezou a escoitarse o murmurio. Fer deixara de prestarlle atención ás mercadorías que están ao carón da caixa. Miraba adiante e atrás; a escena e a xente que tiña detrás, a caixeira e o mendigo, a xente que tiña detrás outra vez. El era o único que se movía, como se a realidade quedase conxelada. E o que vía non axudaba á conciencia. Pan e chourizo de Pamplona. Isto era o que quería mercar o home, non eran dous envases de viño Don Simón. - Canto lle falta? Preguntou Fer E os dous, caixeira e mendigo, mirárono coas mans en posición de esmola, estendidas. O mendigo mirou a caixeira e despois a Fer, a caixeira de novo, a súa man, a outra man. - Canto lle falta? - 50 céntimos. Fer púxose a remexer nos petos cheos. O mendigo recolleu o chourizo e o pan e apertouno contra o corpo, sentindo a súa propiedade: xa non miraba a Fer. E nunca volveu miralo, cando Fer deixou os 50 céntimos na man do caixeiro tiña xa o chourizo dentro do abrigo interesante e o pan baixo o brazo. Todo no seu sitio. E cando ía moverse para dirixirse á rúa, caeu unha bolsa de plástico, como do ceo, sobre a cabeza do mendigo. Tirouna a caixeira mentres saía o recibo da caixa. - Eu regáloche a bolsa - Dixo berrando - De cando en vez está ben ser caritativo - E fíxolle un aceno a Fer, a un Fer de cera. \"Iso non é caridade\" pensou sen pronuncialo, dentro da súa cabeza. Pero a que se refería con \"iso\"? Á caridade do caixeiro ou á súa? Era caridade a súa? O que el executara fora un plan de prevención, a ver se o efecto bolboreta perduraba até que el mesmo o necesitase. Fora unha intervención de cara ao futuro. Fer comezaba todos os efectos dominó que podía, a ver se cando el estivese definitivamente arruinado algún seguía activo. Nas parábolas bíblicas, nos contos de Twain… é moito máis doado tirar leccións. Ao carón do pobre sempre hai un rico. Para iso son os pobres, non é? Para darlles leccións aos ricos. Unha caixeira racializada e un home branco desempregado que non poden pensar moito no xeito de soportar o paso dos días non sacarán leccións de todo aquilo. Un silencio nervioso. Un exercicio de contención para controlar o medo. A caixeira non preguntou a Fer se tiña cartos, el aínda parecía de clase media e para desfacerse dos cheiros aínda podía botar man dunha ducha. E desodorizante. Pero non había volta atrás, sentira medo. El, outra vez el. Non eu. El perdeu o equilibrio porque unha nómina e un horario fixo son mellores ca nada. O día non dependía del. Renunciou a tomar decisións. Pero non mo contou e, sobre todo, non me deixou darlle consellos polo seu ben. Cando comecei a falarlle da adrenalina do soldado a cabalo, que o meu xefe é insoportable e que non adiviñaría o que me fixera hoxe, botoume enriba os seus medos, que non me fixera unha comida deliciosa, algo si, pero non esa suculenta que quería, e porque matamos os mendigos e a el tamén o imos matar, que el se negaba, e berrábame, sen ningunha intelixencia emocional, que eu non respectaba o seu sistema de reciclaxe."}
{"ID": "NOS_57517", "summary": "\"Non semella nin serio nin xusto con Pontevedra que se abandone esa posibilidade e que se fale de novos investimentos noutros lugares sen tentar consolidar o que xa hai\", di Alfonso Rueda.", "text": "O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, mostrou esta segunda feira unha postura crítica coa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, por \"abandonar\" a idea de manter os postos de traballo de Ence na comarca de Pontevedra. Así o sinalou logo de que a pasada semana, na súa visita á Galiza, a ministra apuntase a posibilidade de trasladar a fábrica pasteira de Lourizán a zonas cualificadas como de \"transición xusta\", en referencia á área das Pontes e a de Cerceda, afectadas polo fechamento das centrais térmicas. \"Non semella nin serio nin xusto con Pontevedra que se abandone esa posibilidade e que se fale de novos investimentos noutros lugares sen tentar consolidar o que xa hai\", declarou o vicepresidente primeiro, nun acto decorrido en Sanxenxo. Alfonso Rueda sinalou que \"o primeiro que hai que tentar é que eses postos de traballo que xa existen en Pontevedra poidan ficar nesta comarca\". \"Primeiro hai que consolidar o que xa hai e despois tentar que novos investimentos sexan tamén na comarca onde Ence ten as instalacións\", engadiu. Máis unha vez, Rueda reiterou a súa aposta na adscrición ao porto de Marín dos terreos que ocupa actualmente Ence en Lourizán. Esta posibilidade permitiría sortear o problema creado polas sentenzas da Audiencia Nacional (AN) que anulan a prórroga da concesión de Costas a Ence na ría de Pontevedra. Se estes terreos de dominio público marítimo terrestre se adscriben ao ámbito portuario, deixaría de serlle aplicábel a Lei de Costas e pasaría a depender directamente de Portos do Estado. \"Hai unha solución que ao Goberno estatal non lle gusta nada, nunca nos explica por que non é viábel\", dixo. \"Falan de antigos informes, mais hai un informe agora mesmo do Consello Consultivo que di que iso é posíbel; por tanto, exploremos esa posibilidade\", incidiu. Sentenzas desfavorábeis da AN Cómpre salientar que o pasado mes de outubro a Audiencia Nacional emitiu o terceiro fallo contra a prórroga concedida a Ence en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Raxoi, que autorizaba a pasteira a ficar en Lourizán até 2073. Ence, pola súa parte, recorreu estas sentenzas ante o Tribunal Supremo."}
{"ID": "NOS_48450", "summary": "O perfil pouco catalanista da campaña electoral de Catalunya Si que es Pot e o peso que tiveron no tramo final Pablo Iglesias e Íñigo Errejón serían os motivos que levaron a Gemma Ubasart, secretaria xeral de Podemos en Catalunya, a presentar a súa dimisión.", "text": "Segundo publica o diario El Crític, a secretaria xeral de Podemos en Catalunya, Gemma Ubasart, presentará a súa dimisión no día de hoxe polas discrepancias coa cúpula madrileña. O motivo que levaría a Ubasart a abandonar o seu cargo serían as súas diverxencias coa organización da candidatura e da campaña electoral do 27 de setembro. Gemma Ubasart, que xa se amosara crítica co proceso de elección da candidatura de Catalunya Si que Es Pot, criticou o perfil pouco catalanista da campaña electoral e a forte presenza de Pablo Iglesias e Íñigo Errejón nos días antes dos comicios. A renuncia de Ubasart, que en febreiro gañou as primarias do partido en Catalunya á fronte da candidatura apoiada por Pablo Iglesias, supón un duro revés para Podemos a tan só dous meses das eleccións xerais."}
{"ID": "PRAZA_13459", "summary": "O Foro Enrique Peinador e a Deputación de Ourense organizan o vindeiro luns 25 o encontro Economía e Identidade, no que se pretende \"facer pedagoxía, desde a proximidade\" da importancia do uso do galego no mundo empresarial.", "text": "O Foro Enrique Peinador, en colaboración coa Deputación de Ourense, celebra o vindeiro luns 25 ao encontro Economía e Identidade. No centro cultural Marcos Valcárcel, este acto, que é itinerante, intenta facer pedagoxía co mundo empresarial galego para deixarlles claro algo tan lóxico como necesario. \"A lingua galega non é óbice para que unha firma teña éxito\", explica Xosé González, presidente do Foro, que advirte da colaboración destes pequenos cumios coas institucións, xa que son elas \"as que teñen obriga de fomentar o idioma propio en todos os ámbitos\". \"Instamos as adminisracións a que apadriñen determinados encontros de empresarios e sobre todo con aquelas empresas que traballan para a institución\", destaca González. O vindeiro luns, no acto estarán presentes responsables de diversas compañías que apostan claramente polo galego e que destacan tamén polo seu éxito empresarial. Grupo Cuevas, Academia Postal, R Telecomunicacións e algún adegueiro, ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación. O obxectivo é establecer unha especie de \"corpo a corpo\" entre empresarios e asistentes no que o debate pretende \"facer pedagoxía, desde a proximidade\". \"Consiste en explicarlles que unha empresa pode funcionar en galego e que isto non é óbice para que teña éxito\", insiste González, que pon R como claro exemplo do seu argumento. Ademais, González tamén pide coherencia a aqueles que apostan claramente polo galego, dentro do ámbito nacionalista ou galeguista, e que \"non son tan vehementes á hora de apostar ou esixir a etiquetaxe ou a aposta polo idioma entre as empresas\"."}
{"ID": "NOS_57436", "summary": "Un estudo encargado pola Xunta pon o foco no Goberno estatal.", "text": "As obras da dragaxe da ría do Burgo xa están adxudicadas, pero as mariscadoras seguen sen saber nada das compensacións por parar a actividade extractiva mentres duren os traballos na zona. Agora, un informe elaborado polo catedrático en dereito administrativo da Universidade de Compostela (USC) Luís Míguez Macho a pedimento da Consellaría do Mar sitúa o Goberno estatal como administración responsábel das compensacións por esta parada. O documento, remitido polo departamento que dirixe Rosa Quintana á confraría de pescadores da Coruña, analiza a distribución de competencias en relación coas eventuais compensacións económicas polo cesamento temporal da actividade marisqueira debido ás obras no dominio público marítimo-terrestre desta ría. Revisadas a Lei de Costas, as competencias administrativas e as sentenzas xudiciais, o texto conclúe que é o Goberno español quen debe facerse cargo destas compensacións como administración titular dos terreos e promotora da obra. Así mesmo, Macho sinala no seu estudo que a suspensión por parte da Xunta da actividade marisqueira na zona afectada é consecuencia da prevalencia da competencia estatal en materia de obras públicas de interese xeral sobre as competencias autonómicas que se exercen sobre o dominio público marítimo terrestre. Por conseguinte, apunta que as eventuais compensacións que poidan corresponder ás persoas e entidades afectadas pola suspensión da actividade marisqueira durante a execución do proxecto de dragaxe ambiental da ría do Burgo \"son competencia e responsabilidade exclusiva da Administración xeral do Estado\". As obras de dragaxe poderían comenzar en cuestión de semanas, por iso as mariscadoras reclaman saber algo das compensacións antes de parar."}
{"ID": "PRAZA_6551", "summary": "A voz portuguesa máis internacional do fado vén de publicar Quinto e actuará este sábado no Auditorio de Galicia", "text": "A voz portuguesa máis internacional do fado, António Zambujo, presenta en Compostela o seu último traballo, Quinto. Será este sábado 27, a partir das 21 horas no Auditorio de Galicia, e enmarcado dentro do ciclo Sons'14. Nas súas cancións Zambujo fusiona elementos do jazz, a bossanova, a morna, o chorinho e o cante alentexano co fado creando un estilo único. Aos seus 37 anos, dono de \"unha voz naturalmente musical\", como dixo o seu agora valedor Caetano Veloso, ninguén queda indiferente ao escoitalo coa súa delicadeza ao cantar, pronunciando con coidado e sentimento cada palabra co seu pausado acento alentexano. Nótanse en Zambujo unha sinceridade e unha paixón cada vez máis raros nos intérpretes contemporáneos. Nas súas composicións destacan o coidado pola palabra, o bo gusto nas letras e o sabor que ten o portugués na súa voz. Nel, o fado, parece máis verdadeiro. Todo isto marca a diferenza nos seus directos. Trátase indiscutiblemente dunha das máis valiosas xoias que a música portuguesa regalou ao mundo nos últimos anos. As entradas para este concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, mañá tamén se poden mercar no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde as 18.00h. Os prezos son de 12 euros en anticipada e 15 euros o propio día do concerto."}
{"ID": "NOS_1191", "summary": "Os datos de actuación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Galiza baixan ano a ano, amais, o novo Plan de inspección urbanística da Xunta de 2022-2023 marca prioridades á hora de impulsar os expedientes por infraccións ou delito urbanístico, asumindo que parte destas infraccións van quedar sen castigo.", "text": "Os concellos da costa, os que posúan espazos naturais ou áreas de especial interese paisaxístico, e mailos municipios polos que pasen as rutas do Camiño de Santiago de Compostela, por esta orde, terán prioridade para desenvolver as operacións de vixilancia que contempla o Plan de inspección urbanística da Xunta de 2022-2023. En base a estes criterios, cada trimestre, a persoa titular da Xefatura do Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Galiza (APLU) elaborará unha listaxe de municipios a inspeccionar. Co fin de tratar de minimizar a prescrición destes delitos, o texto publicado no Diario Oficial da Galiza prioriza a apertura de expedientes das \"obras en curso de execución\" e das obras terminadas que estean próximas a prescribir. Asumindo a limitación da capacidade de actuación da APLU, a norma especifica unha orde de prioridade \"no caso de que estean pendentes de paralizarse e incoarse varias obras en curso de execución de carácter prioritario\". Nestas situacións, optarase por comezar a incoar os expedientes das \"obras que afecten terreos especialmente protexidos\", as de \"maiores dimensións\" e as localizadas nos municipios integrados na Axencia. Ao tempo, subliña que terán prioridade os expedientes de sanción por obras que constitúan unha infracción urbanística moi grave, mentres que cando sexan detectados indicios de delito, serán remitidos os expedientes á Fiscalía. Unha vez sexa firme pola vía administrativa ou contencioso-administrativa a resolución que ordene demoler unha construción ilegal, imporanse multas coercitivas de até 10.000 euros para que a persoa acusada efectúe a execución forzosa da sentenza, no momento no que remate o período voluntario. Unha vez transcorra un ano, e se a demolición non se realiza, \"a Axencia poderá acordar a execución subsidiaria con cargo ao suxeito obrigado\", iso si, matizando a normativa que isto \"quedará supeditado á existencia de fondos orzamentarios suficientes\". Diminución dos expedientes urbanísticos Malia as responsabilidades da APLU en \"evitar que se leven a cabo obras, instalacións e usos que contraveñan a normativa urbanística e de costas\", e \"colaborar activamente cos Concellos para velar polo cumprimento da normativa\", as estatísticas de 2020 -a última actualización- ofrecidas pola entidade amosan un constante descenso nos últimos exercicios do número de actuacións da Axencia. No que atinxe aos expedientes iniciados, percíbese un descenso constante desde os 462 de 2016 aos 215 de 2020, o número máis baixo desde 2009, cando comezan os rexistros. Outro tanto cos expedientes resoltos, dos 458 de 2016 aos 207 de 2020. Hai que remontarse ao 2010 para atopar un número tan baixo. Con respecto ás multas coercitivas impostas, as 263 de 2020 son o rexistro máis baixo da serie histórica, e foron caendo ano tras ano desde 2017 (637), do mesmo xeito que o importe de multas e sancións por violar as leis urbanísticas e de costas, que por primeira vez nas estatísticas coas que conta queda por baixo do millón de euros, após chegar en 2011 ao seu pico, con case sete millóns de euros. As reposicións, pola súa parte, volveron a niveis de comezos da década pasada, cun abrupto descenso das 210 de 2018 ás 70 do ano 2020, cando apenas se remitiron á Fiscalía 35 expedientes por un presunto delito contra a ordenación do territorio."}
{"ID": "NOS_7160", "summary": "Rexeita unha coalición co partido de Inés Arrimadas para as eleccións galegas mais manda unha mensaxe a cargos de CS: \"Caben no PPdeG\".", "text": "Núñez Feixoo sabe que o 5 de abril cada voto conta e vai ser importante para chegar a esa liña, que segundo enquisas e sondaxes parece moi fina, que afasta a vitoria da derrota. Por iso, se ben non quer saber nada dunha coalición con Ciudadanos, tal e como lle insiste Arrimadas, quer evitar que esa posición semelle un 'desplante' a votantes da formación laranxa noutros comicios. De aí que faga chiscadelas, non só á base electoral de Cs na Galiza senón tamén ás súas dirixentes e cargos. Así, o presidente reafirmouse unha xornada máis no seu rexeitamento a ir ás eleccións do 5 de abril nunha coalición con Ciudadanos (Cs). Esta quinta feira argumentou que ás e aos galegos \"non lles gustan as improvisacións\" senón que prefiren os \"proxectos consolidados\", antes de insistir: \"os dirixentes de Cs aos que lles gusta a estabilidade e a moderación caben no PPdeG\". A preguntas dos medios, Feixoo asegurou que se sente \"rotundamente apoiado\" pola dirección do PP en relación a que Galiza se manteña á marxe da hipotética coalición con Cs que Inés Arrimadas puxo sobre a mesa para concorrer ás próximas citas electorais galega, vasca e catalá Tras o Consello da Xunta, o dirixente popular non ocultou o seu malestar ante a insistencia das xornalistas en relación ao hipotético acordo con Cs, xa que entende que hai unha \"estratexia\" por parte da formación laranxa para \"usar o PPdeG\" para lograr \"notoriedade\". \"Se lle parece, por que non falamos de Galiza? Non vou ocupar os primeiros días (de precampaña, deu a entender) falando dun partido político que non é o meu. Eu veño aquí a falar de Galiza. Se hai outros partidos que teñen interese en usar o PPdeG para que se fale deles, paréceme unha estratexia brillante e intelixente, pero aquí falamos de Galiza\", remarcou. Portas abertas Dito isto, reafirmou que o PPdeG mantén \"as portas abertas\" a Ciudadanos e precisou que non é que o diga \"el\", senón que \"o din os feitos\". Así, remitiuse aos \"máis de 100.000 votantes\" que no ano 2016 votaron nas eleccións estatais \"a favor de Cs\" e despois, nas galegas, apoiaron o PP galego. \"Espero que igual que os votantes de Cs confían no PPdeG, os dirixentes vaian detrás dos seus votantes. Iso sería o lóxico\", esgrimiu, convencido de que \"hai dirixentes\" da formación laranxa que opinan \"o mesmo\" que el. Engadiu que na Galiza o proxecto \"consolidado\" é o PPdeG, no que -insistiu-- \"caben\" os dirixentes de Cs. \"Aínda que non teñan representación parlamentaria, nin ningunha alcaldía \", dixo. \"A pesar diso, os dirixentes de Cs aos que lles guste a estabilidade e a moderación caben no PPdeG\", reafirmouse."}
{"ID": "NOS_55124", "summary": "Uns 8.000 profesores e profesoras non saben a tal altura onde impartirán aulas o curso que vén. A sentenza que invalidaba o concurso de traslados da Consellaría de Educación está a crear un fiasco sen precedentes polo que a CIG-Ensino reclama a demisión do responsábel, Jesús Vázquez.", "text": "Arredor de 8.000 profesores e profesoras descoñecen o destino no que impartirán aulas o próximo curso. Nin saben o centro nin tampouco cando e como a Consellaría de Educación resolverá a situación de caos provocada despois de se facer pública a sentenza que invalidaba o baremo de puntuación aprobado de maneira unilateral polo propio departamento de ensino da Xunta. A CIG-Ensino reclamou esta segunda feira responsabilidades políticas polo caos e a demisión do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que máis unha vez ve como unha decisión xudicial tomba a súa xestión. A administración educativa só fixo público que acataría a sentenza sen presentar recurso mais neste momento aínda non informou sobre o camiño que vai tomar para resolver a situación, cun atraso xa considerábel na adxudicación de prazas que afecta a persoas que están en situación de interinaxe, desprazamento ou supresión. \"Denunciamos as graves consecuencias derivadas da xestión dun conselleiro que non asume responsabilidades. A situación é de desatino absoluto e non deixa de ser un exemplo máis dunha actuación permanente da actuación dunha Consellaría que nin se digna a tratar estes temas coas organizacións sindicais\", explica Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino que esta mañá se concentrou diante das dependencias de San Caetano, en Compostela. Ronsel de sentenzas en contra \"Estamos diante do comportamento dunha consellaría que ten consecuencias irreparábeis e tome a decisión que tome vai afectar o profesorado\", engade Anxo Louzao que esixe que se arbitren as medidas oportunas para resolver o conflito do que é causante a propia administración e, por outra, a demisión do propio cargo máximo, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que, segundo di, \"ten obriga por principio democrático de asumir as responsabilidades políticas\". Lembra Louzao que a traxectoria de Vázquez \"está cargada de sentenzas en contra. Só no último mes a xustiza declarou ilegais os concertos que segregan por razón de sexo e os despedimentos do profesorado CELGA\". No concurso de traslados que agora está no aire, presentáronse arredor de 8.000 docentes e déronse 1.600 novos destinos. A aplicación dun novo baremo modificaría a adxudicación que foi comunicada, introducindo novos nomes á listaxe de adxudicacións e eliminando outros polo cambio de puntuacións. Da situación son afectadas directas as persoas que están á espera de destinos para o vindeiro curso, é dicir, os grupos de interinos, desprazados ou suprimidos. Polo de agora, descoñécese cal vai ser o camiño que elixa a Consellaría e as datas para que os profesores e profesoras saiban os seus destinos para o vindeiro curso."}
{"ID": "NOS_10610", "summary": "Namentres continúan as investigacións policiais sobre os atentados de Barcelona e Cambrils, veñen de ser convocadas dúas manifestacións contra o terrorismo. Baixo o lema \"No tinc por\" (Non temos medo), a mobilización convocada polas institucións catalás terá lugar o sábado. E esta segunda feira, ás 19h, persoas musulmás protestarán contra os atentados.", "text": "Dúas mobilizacións terán lugar na semana que entra en Barcelona contra os atentados perpetrados nesta cidade e en Cambrils. Esta segunda feira, 21 de agosto, ás 19h, partirá da Plaça de Catalunya unha manifestación baixo o lema \"Musulmáns contra o terrorismo\", un protesto convocado por máis de 15 entidades. Aliás, o sábado decorrerá polas rúas de Barcelona unha manifestación, que se prevé multitudinaria, da que deron conta o president da Generalitat, Carles Puigdemont, e mais a alcaldesa, Ada Colau. Esta mobilización partirá ás 18h dos Jardinets de Gràcia para rematar na Plaça de Catalunya baixo o lema \"Non temos medo\". Puigdemont nega \"discrepancias\" entre os corpos policiais O anuncio da convocatoria da manifestación tivo lugar o pasado sábado, día en que o president aproveitou para negar que discrepancias entre corpos policiais, \"a colaboración é magnífica e a coordinación é absoluta\". Puigdemont fixo estas declaracións após o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, afirmara que a célula que perpetraría os atentados se podía dar por desartellada, e logo de que o conseller do Interior, Joamquim Forn, sinalara que os Mossos non daban por desartellada a célula porque hai unha persoa en busca e captura. \"Quizais o ministro non se expresou correctamente\", apuntou o president. Puigdemont, Colau e Carmena, na misa con Rajoy e os reis Por outra banda, na mañá do domingo tivo lugar unha misa polas vítimas na Sagrada Familia en que participaron o propio Puigdemont e Ada Colau, amais de Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid, os reis de España –que o sábado se fotografaron nos hospitais con crianzas feridas nos atentados–, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, o seu homólogo de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa e o primeiro ministro do país luso, António Costa. A presenza do president da Generalitat, ao igual que a de Colau e Carmena esperta múltiplas reaccións nas redes sociais."}
{"ID": "NOS_57467", "summary": "Este sábado, Isidro Rajo inaugura un novo espazo en Sermos Galiza, adicado ao rock'n'roll, onde terán cabida críticas de discos actuais ou antigos e diversas opinións musicais.", "text": "-Vai abrir unha xanela ao rock en Sermos, que poderemos ver a través dela? Un pouco de todo, pero basicamente centrado en dúas, chamémoslle, seccións. Por unha parte, a dedicada á actualidade, as cousas que acaban de saír ou están riba da mesa pola cuestión quen sexa. Pola outra, o que quero chamar 'Volvendo a Escoitar', que será unha revisión de discos doutras épocas que merecen que se volva a eles. Para empezar, esta semana no primeiro apartado falarei do novo traballo de AC/DC e no segundo, dos Yellow Pixoliñas. -Trátase tamén de cubrir un oco: apenas hai crítica musical en galego. Certo. Eu detecto moita parálise, mesmo tamén a nivel de bandas, onde en Galiza seguen mandando os clásicos. -As túas bandas preferidas do rock en galego? Yellow Pixoliñas, cos que crecín no musical e no persoal; Heredeiros da Cruz e Diplomáticos de Monte Alto. Logo tamén está Siniestro Total, pero en castelán. -Todos grupos de ampla traxectoria. Cales destacarías das máis actuais? Sinto dicir que no que é rock'n'roll non chegan a esa altura ningunha das que está comezando, das que levan dous ou tres anos, porque despois... se pensas por exemplo en Nao ou Raiba xa é xente que con moita carreira detrás, non se lles pode considerar novidades. -Polo que se ve non vas caer no estendido vicio de aplaudir todo o que é de por aquí, senón que prometes polémica se é necesaria. Si, claro. Nisto do rock hai que ser honesto, para falsidades xa está o mainstream. -Por último, xa fóra de Galiza, as túas bandas referenciais. No punk todo no que estea Evaristo Páramo como La Polla ou Gatillazo, e tamén os Toy Dolls. Noutra onda, son moi de Iron Maiden."}
{"ID": "NOS_9022", "summary": "Face o 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, presentamos un caderno monográfico arredor desoutras violencias moitas veces invisibilizadas. Xa á venda nos quiosques e librarías do país mais tamén na nosa loxa.", "text": "Da man de activistas feministas e coordenado polas xornalistas Beti Vázquez e Olalla Rodil, presentamos un AFondo sobre a violencia na xustiza, no traballo, no rural, na sanidade ou nos medios de comunicación. Un caderno no que non falamos das 42 mulleres asasinadas no Estado español no que vai de ano, unha na Galiza. Mulleres que non morreron, que as mataron. Nestas oito páxinas non focamos a análise no asasinato machista como máxima expresión de violencia senón que visamos pór o acento nas outras violencias, esas que ollamos e non vemos ou que están tan enquistadas que xa nos semellan 'naturais'. Da man da xornalista Ana Viqueira, Margarida Corral (CIG-Muller), Luisa González (Observatorio da Mariña pola Igualdade), Luisa Ocampo (MNG), e da socióloga e activista dos feminismos Rocío Fraga preguntámonos se non hai violencia alá onde quizais nunca a ollamos. Ou é que non existe violencia nunha sentenza xudicial que determina que unha muller non foi violada porque durmía cun camisón moi curto? Non existe violencia nunha campaña publicitaria dunha pizzaría que di que \"esta noite teño dúas, están boas e veñen quentiñas por 6,95 a domicilio? Non existe violencia na linguaxe sexista, nos teitos de cristal ou na idea de que as mulleres ficamos perto de sermos decrecentistas porque algunhas aínda lavamos á man e exercemos de coidadoras sen recibir nada a cambio? Eis oito páxinas para a reflexión e o traballo. Eis un caderno que procura --modestamente-- botar luz e unha ollada crítica mesmo para a nosa tradición cuestionando se hai violencia en ditos populares que até criminalizan a alegría nun 'muller rideira ou puta ou meiga'. Todas esas violencias existen. Esta semana saímos á rúa contra o silencio cómplice. Xa á venda na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_57318", "summary": "De Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal ou Venezuela procede o alumnado que, desde esta terza feira 2 de xullo, aprenderá lingua e cultura galega nos cursos ofertados pola Real Academia Galega.", "text": "As aulas estenderanse até o 24 de xullo e combinarán \"clases teóricas e prácticas sobre o idioma e a cultura de Galiza con palestras, excursións e obradoiros\". Será o presidente da Academia, Víctor Freixanes, o encargado de impartir a conferencia inaugural a quinta feira 4 de xullo na propia sede da institución. En xornadas sucesivas intervirán o músico e escritor Antón Reixa, a música Paulina Ceremuzynska, a xornalista María Yáñez, o poeta Celso Fernández Sanmartín, o presidente da fundación Rosalía Anxo Angueira, o dramaturgo Quico Cadaval e o arqueólogo Jorge Suárez Otero. Os participantes tamén recibirán, se así o queren, obradoiros de música e baile tradicional. Os cursos, de nome Galego sen fronteiras, atinxen a súa edición número 32, codirixida polos académicos Henrique Monteagudo e Xosé Lois Regueira. Á organización da Real Academia Galega contribúe tamén o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e apóiano a Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta."}
{"ID": "NOS_24499", "summary": "A oposición veciñal aos parques eólicos de Enel Green Power/Endesa en Paradela vén de dar un paso adiante: constitúe a plataforma Stop Eólicos co obxectivo de impedir a instalación de 27 aeroxeradores de gran porte nunha \"na que ata o de agora era unha das paisaxes máis privilexiadas de Galiza\".", "text": "Segundo a plataforma, \"a empresa máis contaminante do Estado segundo os datos do Ministerio de Medio Ambiente e o último informe do Observatorio da Sostibilidade\" obvia \"os inasumíbeis impactos do parque eólico\". \"Chama tamén a atención que Endesa fale das miles de familias que poden abastecer estes parques eólicos cando esas mesmas familias están a pagar a factura eléctrica máis cara do Estado\", engade. Tampouco a presunta creación de emprego convence a veciñanza mobilizada en Stop Eólicos. \"O traballo ten un carácter precario e subcontratado\", denuncia, \"e só terá vixencia durante a fase de instalación dos parques eólicos, porque o seu mantemento apenas require man de obra\". Pola contra, considera, \"Endesa non fala do emprego que destruirá\" en sectores como o turístico ou o gandeiro. \"Na práctica, a instalación dos aeroxeradores implica unha serie de infraestuturas de evaluación eléctrica de media e alta tensión que atravesarán o territorio, convertido este de facto en solo industrial\", apunta. Stop Eólicos lembra que Paradela atópase entre o Camiño de Santiago, recoñecido pola Unesco como Patrimonio da Humanidade, e a Ribeira Sacra, que aspira é mesma distinción. \"Poderían ser afectados negativamente. Moito beneficio para uns poucos investidores e, porén, gran prexuízo para unha maioría social\", conclúen. A plataforma critica ademais a responsabilidade da Xunta e entende que \"urxe un novo plan sectorial eólico que respecte as paisaxes singulares de Galiza\". \"As esixencias da Consellaría de Medio Ambiente convértense en papel mollado mentre pouco a pouco o territorio esmorece, igual que o futuro do rural galego\", lamenta."}
{"ID": "NOS_13747", "summary": "Os Samesugas, herdeiros do espírito máis punk dos 90, levan dúas décadas xuntos, efeméride que celebraron cun single en compaña de WillySucco Brother e coa promesa de dous novos traballos: un \"disco de rarezas\" e un próximo paso polo estudio. Mentres agardamos, hoxe atoparémolos xogando na casa, no Feito a Man de Compostela. .", "text": "Samesugas é unha desas bandas que xa poderiamos chamar históricas, mais coa sorte de que seguen en activo. De facto, tocan hoxe dentro da programación do Feito a Man, unha cita que este ano, por mor da Covid-19, ten lugar no parque de Bonaval en lugar de situarse fronte aos distintos locais da zona vella compostelá, con capacidade limitada e billetes á venda. Aínda que a banda celebra este ano o seu 20 aniversario, levan máis de dúas décadas tocando. \"Hai que mirar moito para atrás\", afirma Alberte Leis, ou Albert Cochran, como asina o último traballo, cando lle preguntan polas orixes dos Samesugas. \"Foi no verán de 1999\", di, cando comezaron a xuntarse \"un grupo que xa nos coñeciamos da escena punk-hardore da Compostela da época\". Reuníanse así compoñentes doutras dúas bandas emblemáticas, Dirty Barriguitas e Fame Neghra, nun proxecto que naceu \"sen moita pretensión, porque nos apetecía tocar xuntos\", aínda que \"ao final o tempo fixo que fose o que máis durou de todos os que tivemos\". Criados nese hardcore underground dos anos 90, celebran as dúas décadas editando o single con WillySucco Brother, \"vello camarada\" co que xa colaboraran nos seus inicios Durante todo este tempo editaron discos e compilacións na Galiza, Arxentina, Alemaña, Xapón ou Finlandia. A súa música mantense fiel ás orixes, allea a modas para reivindicar a esencia máis pura do punk baixo o principio do \"faino ti mesmo\". Criados nese hardcore underground dos anos 90, celebran as dúas décadas editando o single con WillySucco Brother, \"vello camarada\" co que xa colaboraran nos seus inicios. El acompañaraos hoxe no palco, especialmente neses temas conxuntos que veñen de lanzar homenaxeando aos seus heroes Eddie Cochran e Gene Vincent. \"Fomos un grupo de composicións propias desde o comezo, pero sempre nos gustou moito facer versións, non renegamos delas\", explica Leis. Pois ademais de para pasalo ben, emular os artistas favoritos permite moitas veces \"aprender trucos ou outras cousas\". Pero o principal sempre foi, e segue sendo, desfrutar. Xogar na casa O certo é que 20 anos dan para moito. \"Tivemos os nosos máis e os nosos menos, pero se aguantamos tanto é que hai algo máis que un grupo\", afirma Leis. Acumulan así anécdotas e historias varias, que os levaron, por exemplo, a facer noite no mesmo hotel que os irmáns Calatrava. \"Para levar 20 anos non fixemos tantos concertos, porque tivemos épocas máis paradas\", comenta Leis \"Para levar 20 anos non fixemos tantos concertos, porque tivemos épocas máis paradas\", comenta Leis. Con todo, suman máis de 200 actuacións que os levaron a percorrer a xeografía galega e tamén Portugal, Euskal Herria ou o resto da Península, ademais dalgunha escapada ao norte dos Pirineos. Malia que sería difícil escoller entre tanta lembranza, coa vista posta no día de hoxe, o baixista confesa que \"os do Feito a Man sempre foron especiais\". E é que xogar no terreo propio nótase. \"Tocamos unha vez na porta do Bartolo, que é como a nosa casa, e foi espectacular\", recorda. Hai tres anos tamén estiveron no ciclo, desta volta na zona C. \"Esperamos que en Bonaval sexa parecido\", di, a pesar do estraño de observar un concerto de punk co público sentado en cadeiras. Volta ao estudio Alén dos clásicos da discografía da banda, tocarán no parque algúns temas novos, en adianto do que será o seu retorno ao estudio. Ademais, segundo veñen de anunciar, tampouco demorará en ver a luz un \"disco de rarezas\" no que os Samesugas reunirán un feixe de temas perdidos en edicións pequenas ou que mesmo non chegaron a editarse. O Feito a Man móvese a Bonaval Trasladada ao espazo de Bonaval, a 16ª edición do Feito a Man trae actuacións só de bandas galegas. Os concertos inclúen dous grupos por noite, até o 15 de agosto, e son de pago. Udra, David Lojo Quartet, Papá Bocó, Bakin Blues Band e Stormy trucks xa pasaron polo ciclo. A terceira xornada, que terá lugar hoxe, inclúe, alén de Samesugas, o blues psicodélico de Sr. Salvaje. Mañá o parque soará a ritmo máis tradicional, con Caldo e Habelas Hainas. O festival fecha o sábado con Viruxe e Bird Lives."}
{"ID": "PRAZA_8119", "summary": "Unhas 22.000 persoas maniféstanse nas diversas marchas convocadas por CCOO e UGT e pola CIG \"contra o desemprego e pola rexeneracion democrática\" e \"contra a pobreza e a explotación\".", "text": "Milleiros de persoas, máis de 20.000 segundo os sindicatos, saíron este domingo, Día da Clase Obreira Galega, ás rúas das principais cidades do país. Por unha banda, UGT e CCOO mobilizaron 15.000 cidadáns \"contra o desemprego e pola rexeneración democrática\", mentres que a CIG sacou unhas 7.000 a diversas localidades para conmemorar o 10 de Marzo e berrar \"contra a pobreza e a explotación\" e pola salvación \"dos nosos convenios\". Unha vez máis, e lembrando o asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla en 1972 a mans da Policía franquista durante unhas protestas laborais, Ferrol volveu ser o centro das manifestacións duns sindicatos, que destacaron a situación crítica dunha comarca cunha taxa de paro achegada ao 30% e cunha grave crise no sector naval. Unhas 15.000 persoas mobilizáronse con CCOO e UGT, mentres 7.000 acompañaron as marchas da CIG en todo o país Logo dunha ofrenda institucional, na que foi asubiado o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, unhas dúas mil persoas marcharon da man de UGT e CCOO. En toda Galicia, foron unhas 15.000 persoas as que participaron nas diferentes marchas convocadas para \"esixir un cambio nas políticas para saír da crise\", contra o desemprego e pola rexeneración da democracia. As marchas enmarcáronse, ademais de no Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de reivindicación á que chamou tamén o Cumio Social en todo o Estado e que forma parte dunha campaña máis ampla que impulsa a Confederación Europea de Sindicatos. Os secretarios xerais dos dous sindicatos en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión (CCOO) e José Antonio Gómez (UGT), acudiron á marcha de Ferrol, pero houbo manifestacións tamén na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo, ademais dunha concentración en Burela. \"Hai 300.000 razóns en Galicia para dicir que esta situación cada vez e máis dramática e insustentable\" Así, Sánchez Aguión lembrou que \"hai seis millóns de razóns e 300.000 en Galicia para dicir que esta situación cada vez é máis dramática e insustentable\" e que, cando \"non hai ningunha familia que non estea afectada o paro\", \"as políticas de axuste só empobrecen máis e levan a un túnel sen saída\". Ademais, denunciou a situación de \"incerteza\" que vive o sector naval e que podería xerar unha \"situación sen saída\". Así, reclamou ao Goberno \"que non xogue cos traballadores\" e que \"pase das palabras ás accións\", tanto na carga de traballo como na construción do dique flotante. As protestas do 10 de Marzo coincidiron coas mobilizacións celebradas en contra das políticas de axuste, unhas medidas que José Antonio Gómez cualificou de \"inútiles\", \"fracasadas\" e \"estériles\", porque só traen \"máis miseria, pobreza e desigualdade\", como reflicten as cifras de paro. \"300.000 persoas en Galicia dos que case 120.000 xa non reciben prestacións\", resumiu. Ante isto, pediu \"políticas que impulsen o crecemento\" e defendeu \"un pacto económico e social na UE\" para evitar que a recesión dos países europeos do sur esténdase \"como unha mancha de aceite ao conxunto de Europa\". Manifestacións da CIG Pola súa banda, a CIG manifestouse en Ferrol nunha protesta que se iniciou ás 12.30 horas na Avenida de Esteiro e finalizou ante o monumento ao 10 de marzo e que estivo secundada por preto de 800 persoas. \"As políticas non están pensadas para beneficiar a maioría social, senón a unhas minorías, os banqueiros e os especuladores\" O seu secretario xeral, Suso Seixo, lamentou que \"a situación cada vez vai empeorar máis no canto de mellorar\" debido a unhas políticas \"que non están pensadas para beneficiar a maioría social senón a unhas minorías, os banqueiros e os especuladores\", que \"seguen tendo beneficios\" cando \"os demais só teñen máis pobreza e máis exclusión social\". É por iso que avogou por \"a mobilización\" como resposta a esta situación. En clave local, lamentou as \"malas perspectivas\" do sector naval e atribuíunas a que o PP en Galicia e no Executivo estatal \"nunca quixo afrontar a situación do sector, porque sempre apareceron grandes plans de diversificación que nunca levaron adiante\". \"O sector naval de Ferrol é punteiro e tería moitas posibilidades de ser competitivo na UE se tivese un apoio que non ten da Xunta e o Goberno\", observou. Por outra banda, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través dun comunicado, defendeu que a clase obreira galega segue loitando polos mesmos obxectivos que en 1972, entre os que citou \"o dereito á negociación colectiva de ámbito galego\", \"condenada á morte\" pola última reforma laboral. Así mesmo, advertiu dun \"retroceso na calidade de vida e nos dereitos dos traballadores\" que sitúan \"á clase obreira preto dos niveis dos anos 80\". Malia que os actos centrais se celebraron en Ferrol, a de Vigo volveu ser a manifestacióno máis multitudinaria das convocadas pola CIG, que tamén xuntou milleiros no resto de cidades galegas."}
{"ID": "NOS_40397", "summary": "O 2 de xaneiro de 1921, o buque a vapor Santa Isabel, con máis de 200 pasaxeiras e pasaxeiros a bordo, encalla fronte á costa da illa de Sálvora por mor da mesta néboa. Antes de se afundir, tres mulleres da illa logran rescatar con vida 48 persoas remando de ouvido nunha gamela.", "text": "É a historia do \"Titanic galego\" e das \"tres heroínas de Sálvora\", un acontecemento real silenciado durante case cen anos e que, agora, Paula Cons (Compostela, 1976) recupera para a súa primeira longametraxe de ficción con guión escrito a catro mans con Luis Marías (nomeado a un Goya por Todo pola pasta). Nerea Barros (A estación violenta), Victoria Teijeiro (Chapa e pintura) e Ana Oca (Néboa) interpretan estas tres mulleres que \"fixeron o que tiñan que facer\": salvar o maior número de persoas posíbeis do naufraxio. Un periodista arxentino (Darío Grandinetti) cobre a noticia, pero comeza sospeitar que algo raro acontece cando detecta certa hostilidade e apuro en todas as xentes da illa, como se tivesen excesiva présa para que pase axiña o balbordo mediático. Ecos de John Sturges (Conspiración de silencio), na subtrama de pescudas de Grandinetti, e de David Lean (A filla de Ryan) no personaxe interpretado por un inmenso Milo Taboada –probabelmente o mellor do reparto– no rol dunha sorte de sosia atormentado do parvo da vila que inmortalizou John Mills, e polo que gañou un Óscar. Tanto o trío protagonista (Barros, Teijeiro, Oca), como María Costas (a cuarta heroína) tamén alcanzan un altísimo nivel interpretativo. Varios Mestre Mateo albíscanse no horizonte. Boas interpretacións, excelente ambientación de época e unha fotografía gris e nada preciosista que encaixa como unha luva no misterioso halo que envolve unha illa habitada por personaxes atormentadas que na vida pensarían ser consideradas heroínas polas autoridades competentes, as mesmas que subxugan a vontade dos seus habitantes con cacicadas. Chama poderosamente a atención que a escena do rescate, a priori unha secuencia crucial, sexa tan antiépica e carente de emoción. Frouxa, incluso. A priori pode parecer que hai falla de orzamento ou de inspiración, pero a medida que avanza a trama antóllase unha decisión meditada para transmitir precisamente o sentimento nada heroico que teñen as protagonistas."}
{"ID": "NOS_19809", "summary": "Uagadugú, capital de Burkina Faso, foi o escenario de dous atentados reivindicados por Al Qaeda que acabaron coa vida de arredor de 30 persoas e que deixaron outra trintena de persoas feridas. As forzas de seguridade liberaron 126 reféns do interior dun hotel.", "text": "Na noite da sexta feira, 15 de xaneiro, Al Qaeda perpetrou dous atentados en Uagadugú, capital de Burkina Faso, concretamente na cafetaría Capuccino e no hotel Splendid. Como resultado destes ataques morreron arredor de 30 persoas e hai un número semellante de persoas feridas.Na operación faleceron tres dos yihadistas. Pola outra banda, até a mañá do sábado, terroristas atrincheirados mantiveron 126 reféns no interior do hotel, finalmente liberados logo da intevención das forzas de seguridade. Entre os reféns atopábase un ministro de Burkina Faso. Al Qaeda do Magreb Islámico reivindicou os atentados e asegurou que tiveron lugar en \"vinganza contra os incrédulos de Francia e o resto de Occidente\". Segundo un comunicado publicado por The New York Times, Al Qaeda diríxese aos \"cristiáns, aos ocupantes das nosas terras, aos que saquean as nosas riquezas e aos que abusan da nosa seguridade\"."}
{"ID": "NOS_26017", "summary": "O acordo foi asinado pola Consellaría de Educación e fixa de maneira xeralizada un incremento do 20% do custe do servizo para aqueles centros que muden a xornada partida pola intensiva. A medida garántelle prórrogas ao sector até 2020.", "text": "A central sindical nacionalista denunciou a través dun comunicado de imprensa o contrato asinado entre a Consellaría de Educación e a patronal do transporte en relación ao servizo escolar que esta desenvolve. Neste senso, de acordo cunha cláusula recollida no concerto-marco aprobado en 2010 \"polo procedemento negociado\" e \"sen publicidade\", advirten desde a CIG-Ensino, o transporte escolar poderá incrementar o prezo do servizo nun 20% naqueles casos en que o centro mude o seu horario de xornada partida a continuada. Esta medida, que poderá ser prorrogada até decembro de 2020 --segundo o disposto na Lei 5/2009-- resulta para a central nacionalista \"inxustificada\" e \"abusiva\" polo que exixen a súa retirada. Aumentar os beneficios empresariais sen mellorar o servizo Para a CIG-Ensino \"esta cláusula\" permitirá ao sector ampliar \"de maneira automática a súa facturación un 20%, aínda que o custe do servizo, na realidade, sexa menor ou idéntico ao producido pola xornada partida\" e condicionará os horarios de moitos centros por se atoparen de fronte \"co rexeitamento das Xefaturas territoriais, debido a que teñen que facer fronte a un gasto dun 20% máis\". Aliás, explican desde o sindicato, a mudanza no horario non varía os itinerarios nen tampouco as paradas ou o número de autocarros que continuarán a ser os mesmos que no horario intensivo. Desde a CIG-Ensino afirman que \"estamos ante un feito gravísimo e abusivo, amais de tramposo e inaceptábel\" e denuncian que o acordo asinado pola Consellaría \"só se pode explicar pola submisión\" desta \"aos intereses da patronal do transporte que procura acrecentar máis os seus beneficios sen mellorar nin ampliar o servizo\". Así pois, exixen \"urxentemente\" a anulación do contrato."}
{"ID": "NOS_57952", "summary": "Decorrerá o vindeiro 19 de xuño na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.", "text": "A Plataforma Galega contra a OTAN vén de publicar o programa da \"contracimeira de carácter internacionalista e antiimperialista e na defensa da soberanía dos pobos\" que decorrerá na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, o vindeiro 19 de xuño. O acto, baixo o nome 'Galiza contra a OTAN. Contracimeira galega', comezará ás 9.30 horas, coa intervención do licenciado en Xeografía e Historia e experto en política internacional e xeoestratexia Duarte Correa, que falará da \"OTAN ao longo da historia\". Nace a Plataforma Galega contra a OTAN A continuación, ás 10.15 horas, será a quenda do enxeñeiro, escritor e profesor Alberte Blanco, quen tamén colabora con Nós Diario escribindo artigos de opinión, coa palestra 'Cara un mundo menos unipolar e máis multicéntrico'. O sociólogo e docente da Universidade de Berkeley (California), Ramón Grosfoguel, intervirá por por videoconferencia para falar das \"consecuencias dunha escalada militar a nivel mundial\". Lectura dun manifesto Ás 12 horas está previsto que os representantes da Plataforma Galega contra a OTAN Susana Méndez e Oscar Valadares fagan lectura dun manifesto contra a cimeira da OTAN que decorerrá en Madrid os días 29 e 30 de xuño. A Coruña berra nas rúas \"non á guerra\" Despois da lectura do manifesto terá lugar a presentación da campaña mundial #No+OTAN. A presentación correrá a cargo do Licenciado en Filosofía e avogado Fernando Rivero Osuna, un dos impulsores da campaña, quen tamén intervirá por videoconferencia. Ás 13 horas será a quenda da doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, Ángeles Diez Rodríguez, quen conversará do \"papel da OTAN no contexto mundial actual\". Programa do acto en Santiago de Compostela Finalmente, a clausura deste acto, sobre as 14 horas, será guiada pola representante da Plataforma Galega contra a OTAN Susana Méndez. Actos en xuño Con motivo do encontro da OTAN en Madrid, a Plataforma Galega contra a OTAN convocou durante todo xuño diferentes actos contra a cimeira da organización atlantista. A Plataforma Galega contra a OTAN mobilízase contra o cumio de Madrid As máis dunha trintena de organizacións integradas nesta entidade convocan estas actividades, afirman nun comunicado remitido aos medios, \"co obxectivo de difundir os verdadeiros obxectivos da OTAN, denunciar o seu carácter agresivo e expansivo, rexeitar o papel dos seus membros, en particular do Estado español, e o uso de infraestruturas e equipamentos en territorio galego\"."}
{"ID": "NOS_54479", "summary": "O escritor Suso de Toro foi recoñecido coa Creu de Sant Jordi otorgada pola Generalitat, unha das máximas distincións que concede o goberno catalán pola súa \"visión positiva da identidade catalá\".", "text": "A súa \"visión positiva da identidade catalá\" ademais de que a súa obra e o seu traballo como articulista \"exploran vías de diálogo sobre a realidade política española\" xunto co seu \"activismo cívico a través de plataformas de reivindicación ambiantal\", son as razóns que o goberno catalán dá para concederlle ao escritor Suso de Toro un dos seus máximos galardóns, a Creu de Sant Jordi, concedida maiormente a personalidades de Cataluña. Canda o escritor galego, nesta edición foron galardoados o escritor Jaumem Cabré, filólogo José Manuel Blecua, a xurista Alegría Borrás ou o compositor Xavier Berenguel. Nunha entrevista recente, publicada por Sermos Galiza, de Toro afirmaba que sempre admirara \"a dignidade cidadá que se dá en Catalunya\". ·\"Desde moi novo tiven claro que o que precisaba o meu país era esa conciencia de cidadanía. Avanzan construíndo. España non é democrática mais a sociedade catalá si. É unha sociedade que debate, con moita diversidade, que é quen de pactar, de negociar e ter un entendemento colectivo, profundo, de seren unha nación\", engadía o escritor, deixando á vista a a súa admiración polo proceso que se está a desenvolver en Catalunya. \"España non é democrática mais a sociedade catalá si. É unha sociedade que debate, con moita diversidade, que é quen de pactar\" \" A prensa de Madrid foi a peor. Teño publicado en cabeceiras madrileñas artigos que defendían o recoñecemento das nacionalidades mais hoxe xa non é posíbel. O españolismo é descarnado e vai acompañado dunha desinformación absoluta. O que pide esa prensa é a ocupación militar de Catalunya e oculta aos seus lectores a existencia das nacións. España é Madrid, a corte, a oligarquía madrileña. Logo están os vascos e cataláns e aquí temos a Feijóo, un chico de provincias que responde a esa oligarquía madrileña\", explicaba Suso de Toro, a quen tamén se lle recoñece co Creu de Sant Jordi a súa activa participación na plataforma Nunca Máis, sendo o primeiro autor que publicou un libro sobre o atentado do Prestige sobre as costas galegas, a donde se dirixiu cun caderno de notas nada máis chegar o chapapote ás praias."}
{"ID": "PRAZA_6359", "summary": "Unha aplicación incluída no popular Google Maps rexistra a ubicación física dos terminais móbiles coa autorización das persoas que os utilizan, presentando de novo o debate entre privacidade e servizos en Internet. Iago Varela, editor de Mallandroid, explica as súas vantaxes e problemas.", "text": "Hai pouco máis dunha década, mentres o Mundial de fútbol se estaba a xogar entre Corea do Sur e o Xapón, entre as curiosidades que chegaban daqueles países eran os avances tecnolóxicos que lles permitían aos seareiros, por exemplo, ter imaxes en cor dos xogadores nos seus teléfonos móbiles. O que daquela eran modernos terminais semellarían hoxe reliquias tecnolóxicas ao seren comparados cos trebellos que moitas persoas manexan de maneira cotiá. Entre as prestacións que ofrecen na actualidade moitos destes equipamentos móbiles están os vinculados ás aplicacións de mapas que, como a popular Google Maps, serve para localizar lugares concretos e trazar rutas, pero que tamén lle permite ao xigante tecnolóxico rexistrar e lembrar a posición das persoas que a utilizan sempre que estas llo permitan. Aínda que moitos usuarios e usuarias de Google e do seu sistema operativo para móbiles, Android, descoñecen que a empresa está rexistrando os movementos dos seus dispositivo poden comprobar que isto acontece accedendo á páxina de consulta do historial de localizacións co seu nome e contrasinal. Aí atoparán plasmados sobre o mapa e organizados por días e horas os movementos que realizaron en compaña do seu teléfono móbil, tableta ou ordenador con gran detalle, xa que non só especifica a cidade, vila ou barrio, senón a rúa ou lugar concreto. Pero, para que fai isto Google? E, sobre todo, é unha ameaza para a privacidade? Quen responde a estas preguntas é Iago Varela, editor de Mallandroid, o espazo galego de referencia sobre Android e outros produtos de Google. \"O rexistro de localizacións é algo que o usuario pode aceptar ou non durante o proceso de configuración inicial do seu terminal ou en calquera momento a través dos menús de axustes\" e faino ademais \"nunha pantalla específica e non agochada nunha longa listaxe de termos de uso\", polo que \"a cuestión da privacidade\" fica, neste caso, \"nas nosas propias mans\". E, que función ten ademais de refrescarnos a memoria a respecto dos lugares polos que andamos? Os datos, sinala Varela, sérvenlle a Google para, por exemplo, \"precidir onde imos ir, avisándonos para que chegemos a tempo, detectar onde deixamos aparcado o coche ou achegarnos resultados de busca determinantes nos nosos arredores\". \"É algo que o usuario pode aceptar ou non\", polo que \"a cuestión da privacidade fica nas nosas mans\", di o editor de Mallandroid Unha vez recompilados, os datos de localización pasan \"do noso smartphone á nube de Google, onde son replicados en diferentes servidores da empresa repartidos por todo o mundo, de xeito semellante ao resto de datos que manexa Google, como o correo de Gmail\". O seu obxectivo úlitmo é alimentar un dos produtos estrela da compañía, Google Now, que para o editor de Mallandroid é \"un dos mellores asistentes que existen\" porque \"actúa intelixentemente\" e é quen, por exemplo, de \"detectar os nosos eventos para avisarnos da hora á que debemos saír da casa para chegar a tempo\" ou \"amosarnos os cinemas máis próximos cos horarios cando buscamos información unha película en carteleira\". \"Un smartphone coa localización desactivada perde moitas posibilidades\", di. Os datos almacénanse en servidores de todo o mundo e utilízanse para ofrecer servizos personalizados Iago Varela explica, así e todo, que estas vantaxes tecnolóxicas non están exentas de \"problemas\" cando \"se dan casos como os recentes da NSA, con espionaxes por parte de entidades gobernamentais\". \"Porén -abonda- se nos quixésemos tomar o tema da privacidade tan en serio como deberíamos, veríamonos obrigados a renunciar á meirande parte dos servizos e aplicacións que usamos a diario en Internet\". \"Persoalmente -afirma- prefiro compartir ese anaco da miña privacidade con Google a cambio deses servizos extras\". Con todo, abonda con desconectar eses servizos de ubicación no teléfono móbil ou na páxina de Google Location para que se \"deixe de rexistrar\" unha ubicación que en determinadas ocasións pode ser errónea e chegar, por mor das \"triangulacións das redes de telefonía móbil\", a rexistrar lugares nos que non estivemos, algo que non adoita acontecer cando entran en xogo os satélites GPS. Páxina de Google co historial de localizacións"}
{"ID": "NOS_28282", "summary": "No verán soben as temperaturas e baixan as listas de persoas rexistradas no desemprego. O descenso estacional do paro na Galiza coa chegada de vacacións (verán, semana santa...) indica que o turismo é cada vez máis un alicerce de peso no seo da economía galega. Xa representa máis do 11% no conxunto do PIB de Galiza. Un sector que xera beneficios e ganancias que non chegan a gran parte das traballadoras e traballadores, nunha situación de precariedade. Publicamos un extracto da reportaxe recollida no semanario Sermos Galiza 256.", "text": "O de camareira ou camareiro é un emprego con demanda nas Rías Baixas tan pronto comeza a achegarse o verán. Este ano non é unha excepción. Concellos como Sanxenxo, O Grove ou Cambados figuran entre os municipios onde máis contratos se asinaron no pasado mes de xuño. Refórzanse os cadros de persoal de todo canto estabelecemento haxa. Mais son traballos duros. Recoñecíao Juan Suárez, que ten traballado de camareiro en xullo e agosto en lugares como Sanxenxo, O Grove e Cambados. \"Nalgún sitio teño currado seis días á semana, de once da mañá a unha da madrugada con pausa dunha hora, como moito, para comer. E o salario aínda non chega aos mil euros. Iso si, os xefes dicíanche todos cheos que a clientela daba boas propinas. O contrato, a media xornada, por suposto\". Aínda así, Suárez sostén que mesmo para traballar na hostalaría \"hai sitios peores\". O traballo nos locais de praia na Galiza vai a máis a medida que, a cada verán que pasa, o número deste tipo de instalacións vai en aumento. De feito, e en canto a 'chiringuitos' de praia, a comunidade 'Playea' sitúa Galiza como líder no Estado español, con máis de 260 destes tipos de estabelecementos, por diante de Andalucía e Catalunya, que teñen por volta de 250 cada unha. Un 30% dos areais galegos conta con 'chiringuito' ou quiosco de praia. \"Trabállase desde que chega o primeiro cliente até que marcha o último\", recoñecen no areal do Bao, na Arousa. \"Antes era un traballo moi de familia, con todos a botar unha man porque son moitas horas. É dicir, que iso de salario,contrato e tal... pois que non. Mais cada vez máis cóllese xente, e o soldo para as horas que mete é baixo, non imos dicir o contrario\". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 256 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]"}
{"ID": "NOS_41403", "summary": "A economista Miren Etxezarreta (Gipuzkoa, 1936), profesora da Universitat de Barcelona, actualmente xubilada, vén de visitar Galiza para participar nas xornadas convocadas por GUE/NGL e promovidas pola eurodeputada Lídia Senra \"O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa\". Eis un extracto da entrevista publicada no número 316 de Sermos Galiza.", "text": "Comezamos polo título da súa intervención nas xornadas organizadas por GUE/NGL, \"Reparto ou capitalización\". Que hai que facer para garantir as pensións públicas? A recapitalización non ten nada que facer, é fraudulenta. Entón o sistema ten que ser de reparto, mais non só reparto, porque con reparto hai problemas financeiros. Ten que ser reparto e fiscalización, é dicir, ten que pagarse o que faga falta con impostos. As pensións teñen que pagarse como todos os demais dereitos da cidadanía, con impostos xerais. Creo que hai que revisar totalmente o sistema de pensións e financialas como se financian todo tipo de gastos colectivos nun país, como se financian as estradas, as escolas, a sanidade… por que non financiar as pensións do mesmo xeito? E por que non se fixo até o de agora? Porque non hai vontade para o facer. Hai razóns moi potentes desde o sistema financeiro que queren absorber os fondos que se manexan para pensións, o mesmo que queren absorber os fondos que se manexan para a sanidade e para a educación. Queren privatizalo todo e queren privatizar as pensións tamén. Amósase crítica co feito de que no actual sistema de pensións só as persoas traballadoras paguen as pensións. Eu digo que por que teñen que ser só os traballadores. Por que non pode ser a poboación no seu conxunto? Calquera outro gasto social, pensa no Exército, na Casa Real, as infraestruturas… todo se paga con impostos. Por que non se pagan as pensións tamén? É porque historicamente se empezaron a pagar con cotizacións mais ese é un sistema que agora, como os salarios son baixos e ademais son precarios, non chega. Se os salarios fosen decentes, chegarían. As pensións non teñen que financialas só os traballadores. Non hai ningunha razón para iso. Por esa regra de tres, a Coroa terían que pagala só os monárquicos e o Exército, os coroneis. As pensións son un dereito social. Como son un dereito social, manter os anciáns é un gasto colectivo como as estradas, xa por non falar do Exército… Hai que desvincular os dereitos sociais do traballo? Hai que facelo gradualmente, porque agora é moi prematuro. De cara ao futuro, vai ser imprescindíbel porque cada día hai menos postos de traballo. De feito, no futuro haberá xente que non traballe nunca. As amas de casa traballan moitísimo mais non o fan como asalariadas. [Podes ler a entrevista íntegra no número 316 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_43668", "summary": "Enfermeiras en Loita denuncia que hai compañeiras que fixeron máis de 500 contratos pero só cotizaron seis anos. O BNG destaca a decisión de Europa de pór en dúbida o sistema do Sergas.", "text": "A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo vén de pedir á Comisión Europea información sobre a investigación que ten aberta en España polos supostos contratos laborais abusivos ao persoal de enfermaría na Galiza. A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, presidida por Dolors Montserrat (PP), demandou a información após decidir que a cuestión debe seguir aberta. De feito, a vicepresidenta da Comisión, Tatjana Zdanoka defendeu que se abra un procedemento de infracción e tamén se mandará unha carta ao Goberno galego para intentar solucionar o conflito. A representante de Enfermeiras en Loita, Catuxa Lagarón, comentou en Bruxelas a situación na que se atopan, pois as contratacións laborais por parte da Xunta son constantemente por prazos temporais. \"Moitas compañeiras teñen máis de 500 contratos firmados na súa vida laboral e só seis anos cotizados. O Goberno galego non aporta datos sobre os traballadoras sanitarias e vulnera a lei da transparencia\", engadiu Lagarón. Non hai conclusións definitivas pero o estudo da situación continúa aberta. \"Que a propia Comisión Europea recoñeza o abuso da contratación temporal significa que desde Europa se pon en cuestión o modelo de contratación do Goberno na sanidade pública\", destacou a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda. Para a nacionalista esta decisión de seis grupos políticos da Eurocámara, que apoian una denuncia contra a precariedade laboral no Sergas, é un \"feito histórico\". O socialista Nicolás González Casares resaltou que esta estratexia de incorporación de persoal \"é un mal endémico\" do Sergas que \"burla o dereito laboral\". \"Non se precariza algo eventual senón a atención continuada da saúde, que é un dereito da cidadanía\", insistiu. Pola súa parte, o europarlamentario popular Francisco Millán defendeu que o \"73% dos empregados do Sergas son fixos\"."}
{"ID": "PRAZA_18481", "summary": "O Fondo Galego está cofinanciando actuacións de ONGD galegas neste eido en Guinea-Bissau, Mozambique, en Honduras, Nicaragua, Perú, Cuba e Cabo Verde", "text": "O acceso á auga limpa é esencial para vivir e hai suficiente auga doce no planeta para abastecer a todos os seus habitantes. No entanto, o reparto actual non é o axeitado e a escaseza do líquido elemento afecta a máis do 40% da poboación mundial O acceso á auga limpa é esencial para vivir e hai suficiente auga doce no planeta para abastecer a todos os seus habitantes. No entanto, o reparto actual non é o axeitado e a escaseza do líquido elemento afecta a máis do 40% da poboación mundial. Un problema sobre o que Nacións Unidas chama a atención no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6, de entre os 17 ODS fixados en 2015 polos Estados membros, co que avoga por \"garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas\". Unha reivindicación que sacamos á palestra coincidindo co Día Mundial do Urbanismo, que hoxe se conmemora en aras de concienciar sobre o impacto que o desenvolvemento dos territorios ten sobre a sociedade e o medio ambiente. A planificación dos asentos humanos ha de ser contemplada desde unha perspectiva global e os servizos de subministro e saneamento son clave nestes plans a longo prazo. As administracións locais teñen moito que dicir na súa implementación no eido municipal, pero tamén noutras latitudes onde a seca agrava a pobreza e a desnutrición. Así o fan preto dun cento de concellos, coma o de Silleda, e mais as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, participando no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Entre os últimos proxectos da entidade, cómpre destacar o levado a cabo na vila mozambicana de Nhamayábue, onde a construción de dous pequenos sistemas de abastecemento de auga contribuirá a reducir as numerosas mortes que se viñan producindo polos ataques de hipopótamos e crocodilos cando as mulleres ían encher as garrafas no río Zambeze. O acceso a auga potable mingua tamén a incidencia de doenzas como a diarrea, que cada día provoca o falecemento de máis de 800 nenos e nenas menores de cinco anos. O Fondo Galego está cofinanciando ademais actuacións de ONGD galegas neste eido en Guinea-Bissau, con Asemblea de Cooperación pola Paz, e en Honduras, canda Enxeñería sen Fronteiras. Iniciativas todas elas que teñen en conta a participación da comunidade na xestión dos recursos hídricos. O Fondo Galego está cofinanciando actuacións de ONGD galegas neste eido en Guinea-Bissau, con Asemblea de Cooperación pola Paz, e en Honduras, canda Enxeñería sen Fronteiras Nicaragua, Perú, Cuba e, sobre todo, Cabo Verde, son outros dos países onde o Fondo Galego ten actuado a prol do abastecemento auga e o saneamento, mesmo coa dotación de baños e latrinas. Unha acción da que calquera concello galego pode participar uníndose a esta rede municipalista, tendo en conta ademais que, de aquí a 2030 a ONU propón no ODS 6 aumentar a cooperación internacional e o apoio a países en vías de desenvolvemento para a creación de programas de captación de auga, uso eficiente da mesma, desalinización ou depuración. A día de hoxe, máis do 80% das augas residuais resultantes da actividade humana vértense nos ríos ou no mar sen ningún tratamento e aproximadamente un 70% de toda a auga extraída dos cauces, lagoas e acuíferos se empregan para regar. Nicaragua, Perú, Cuba e, sobre todo, Cabo Verde, son outros dos países onde o Fondo Galego ten actuado a prol do abastecemento auga e o saneamento O Dereito Humano á auga e ao saneamento foi recoñecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 2010, de xeito que \"toda persoa ten dereito a dispoñer de auga suficiente, salubre, aceptable, accesible e asequible para o uso persoal e doméstico\". Cada unha e cada un de nós, pero tamén cada administración, pode tomar medidas para realizar un consumo racional, evitar a contaminación e protexer os ecosistemas vinculados á auga. Un xeito de actuar con impacto na nosa contorna inmediata, pero que tamén pode telo máis alá. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_16081", "summary": "O presidente da Xunta volve reclamar unha reforma electoral que remate co actual modelo de elección parlamentaria da presidencia dos gobernos. Durante unha visita a Madrid reclama \"máis presenza do Estado nas comunidades autónomas\" Feijóo di agora que o Estado financiará o centro de discapacidade que a Xunta mantén rematado e pechado dende 2013", "text": "O presidente di agora que o Estado financiará o centro de discapacidade que a Xunta mantén rematado e pechado dende 2013 A 'tregua' electoral está a finalizar. O 2017 foi en Galicia o primeiro ano sen chamada ás urnas tras un intensísimo trienio e aínda que neste 2018 tampouco se celebrará -agás sorpresa maiúscula- comicio ningún, as forzas políticas -moi especialmente o PP- teñen xa en marcha as súas maquinarias coa vista posta nas municipais de maio de 2019 entre ecos das eleccións catalás de decembro. Neste marco encádrase o novo ruxerruxe sobre un eventual paso de Alberto Núñez Feijóo á política estatal e no mesmo, o cuestionamento do sistema parlamentario vixente que o presidente da Xunta realizou aproveitando a súa estancia deste martes en Madrid. Agora tanto ten \"gañar ou perder\", dixo. Vinte e catro horas despois de non acudir á Xunta Directiva na que Mariano Rajoy explicou o seu plan para \"rearmar\" o partido tras o pau catalán e fronte ao ascenso demoscópico de Ciudadanos, Feijóo despregou unha intensa axenda madrileña que incluíu xuntanzas cos ministros de Facenda, Sanidade e Agricultura, a participación en actos vinculados á feira turística Fitur e intervencións en varios medios de comunicación. Unha delas foi unha entrevista en Televisión Española, onde o actual xefe do Goberno galego teimou en cuestionar as actuais regras electorais e de conformación de maiorías parlamentarias. Tras laiarse en varias ocasións que C's non vaia gobernar Catalunya malia ser o partido que sumou máis votos, Feijóo respondeu con afirmativo entusiasmo á pregunta de se \"é necesario modificar a lei electoral\". \"Téñoo clarísimo\", proclamou, porque \"se é igual gañar que perder, isto é un problema\". Igual que \"na noite electoral das municipais en Portugal todo o mundo sabe quen é o alcalde\", afirma, no conxunto do Estado hai que \"cambiar a lei electoral\" porque \"non pode ser o presidente dunha comunidade autónoma quen perdeu\", di en referencia á elección para a presidencia do Goberno dunha persoa que non sexa da forza política cuxas candidaturas sumaron máis votos. Isto é, do actual modelo parlamentario no que se elixen deputadas e deputados por circunscricións que, á súa vez, determinan a presidencia do Executivo. Feijóo volve reclamar unha reforma electoral que remate co actual modelo de elección parlamentaria da presidencia dos gobernos Segundo o presidente, a reforma ten que comezar precisamente polas institucións cuxa renovación está máis próxima. Ou, o que é o mesmo, o que Rajoy amagou con facer antes e despois das municipais de 2015. \"Isto ten que vir dende os municipios\", sinalou antes de suxerir cal sería a súa aposta para os parlamentos: un \"plus de representación ao partido que gañou\", en referencia ao máis votado. Isto é, un modelo semellante ao vixente en Grecia, onde a primeira forza parlamentaria suma automaticamente 50 escanos aos obtidos nas urnas. O líder dos conservadores non cuestiona, non obstnate, ningún dos elementos que actualmente máis distorsionan o sistema, como a sobrerrepresentación que obteñen as forzas máis votadas por mor das circunscricións provinciais. Remuda de Rajoy e Catalunya Como era previsible, no seu periplo madrileño o presidente da Xunta tivo que responder en varias ocasións á posibilidade de se postular como remuda para Mariano Rajoy. O actual xefe do Goberno de España \"ten máis claros que escuros\", defendeu, e no seu caso \"o meu contrato cos galegos remata en outubro de 2020\" e \"vouno cumprir\" .\"O meu traballo está en Galicia\", subliña, nun contexto no que di non \"verse\" optando \"a unha cuarta\" reelección. Así e todo, admite, durante anos mantivo que \"ía estar oito anos\" e finalmente reformulou ese compromiso. O presidente volveu suxerir que non se volverá presentar e reivindica máis \"presenza do Estado nas comunidades autónomas\" Na mesma intervención televisiva Feijóo reiterou o seus eloxios á candidata de Ciudadanos en Catalunya, Inés Arrimadas, quen representou nos comicios cataláns unha formación que, afirmou, foi quen de \"rendibilizar\" o traballo do Goberno de España na aplicación do artigo 155 da Constitución. Segundo Feijóo, o proceso soberanista debe servir para reflexionar sobre a \"retirada\" da \"presenza do Estado\" en territorio catalán\", onde \"o Estado ten os carteiros, a Axencia Tributaria e pare de de contar\". \"Non ter Policía nunha comunidae autónoma, se todos fósemos corresponsables coa lealdade constitucional é posible; pero cando alguén é un desleal, é un problema serio\" e diso \"deberíamos decatarnos PP e PSOE\". \"A presenza do Estado nas comunidades autónomas é importante e o Estado non pode dimitir das súas responsabilidades nunha comunidade autónoma para conseguir acordos políticos\", reflexionou nun contexto no que chama a \"solucionalo\" mediante acordos entre \"os partidos que cremos nun proxecto para o noso país\". A lei de Policía de Galicia, que contempla o despregamento dun corpo policial propio, está vixente e incumprida dende o ano 2007."}
{"ID": "PRAZA_7644", "summary": "Xulio Ríos publica China pide paso, unha análise dos cambios que vive a nova superpotencia, nun momento de cambios políticos e económicos e un novo líder: Xi Jinping", "text": "Xulio Ríos publica China pide paso, unha análise dos cambios que vive a nova superpotencia, nun momento de cambios políticos e económicos e un novo líder: Xi Jinping. Na actualidade as preocupacións centrais dos dirixentes chineses céntranse en catro aspectos: como garantir o alto ritmo de crecemento económico, como garantir a estabilidade social, como garantir a preservación da soberanía nacional e como garantir a hexemonía política do PCCh. Xulio Ríos é un dos meirandes expertos na política chinesa. É director do Observatorio da Política China e tamén dirixe o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991. Quen é Xi Jinping? Como pensa? Como realmente pensa non é doado sabelo. Na cultura política chinesa non é que un destaque sobre os demais en función dun determinado ideario ou carisma. É o colectivo quen decide quen destaca e este debe expresar un certo consenso. O ideario dese colectivo saído do congreso de novembro, apunta a un nacionalismo moderado, de signo conservador no político e reformista no económico. \"O ideario do colectivo saído do congreso de novembro, apunta a un nacionalismo moderado, de signo conservador no político e reformista no económico\" Que loitas de poder hai no seo do PCCh? Podemos distinguir dous grandes polos: os que suman liberalismo económico e conservadorismo político e os que apostan por unha política máis social con avances reformistas no sistémico? Nos últimos anos tense producido unha ampla dispersión do poder cunha incidencia crecente de lobbies territoriais, clánicos e sectoriais. No PCCh sempre houbo dúas liñas recoñecibles, mesmo na etapa maoísta, entre os que se deron en chamar voluntaristas e os pragmáticos. Hoxe é moito máis complexo. Poderíamos diferenciar primeiro entre os partidarios e os contrarios á reforma, estes sen proxección apenas nos liderados esenciais. E dentro dos partidarios, os máis adeptos de axustar o paso entre as reformas políticas e económicas, e aqueles que seguen primando as segundas sobre as primeiras. Pero esta distinción, que nos pode axudar a ver as cousas con certa claridade, pode inducirnos a unha excesiva simplificación. Os matices son moi ricos na política chinesa. \"China quere deixar de ser o taller do mundo e dotarse dunha economía moderna e desenvolvida que reforce a súa soberanía\" Pódese dicir que o crecemento económico chinés entra agora nunha nova fase? Sen dúbida. O modelo que primou ata aquí (man de obra barata, investimento exterior, e orientación da produción cara os mercados internacionais) está esgotado. Os salarios deben medrar neste lustro a unha media do 13 por cento anual. O investimento exterior baixa. A crise global reduce as capacidades exportadoras. O novo modelo de desenvolvemento prima outras variables. O fomento da demanda interna é unha delas, pero a cuestión clave é que China quere deixar de ser o taller do mundo e dotarse dunha economía moderna e desenvolvida que reforce a súa soberanía. Continuarán as privatizacións? A última gran vaga de privatizacións en China produciuse nos anos 90 e tivo como soporte esencial a transformación da propiedade colectiva en propiedade privada. Así, os xerentes do PCCh convertéronse na columna vertebral da nova clase empresarial. Pero quedou un sector público importante. Aínda hoxe, a planificación desempeña un papel clave e o PCCh detén o control básico sobre a economía. Os dez primeiros grandes grupos chineses son todos públicos. En 2011, os beneficios rexistrados polas 500 maiores empresas privadas chinesas non chegaban aos obtidos por China Mobile… Na banca, na enerxía, na comunicación, nos transportes…. o predominio público é absoluto. Na maior parte deses grupos, todos eles estratéxicos, existe participación privada en diverso grao. Agora podería agrandarse nun 20 ou 30 por cento, en principio sen mudar a naturaleza pública da propiedade. Pero este proceso está a xerar moito debate interno. Algúns temen que leve ao PCCh a perder o control desa base produtiva que xunto ao exército constitúen os dous piares esenciais que lle garanten a capacidade de incidencia efectiva no signo desta transición. \"Os datos amosan que a corrupción segue medrando, ao igual que a desconfianza pública. As redes sociais están a desempeñar un papel clave a favor dunha maior transparencia\" Até que punto é un problema a corrupción? Moi serio e preocupante. E de moi difícil solución en tanto non se admitan controis independentes. O PCCh é o principal protagonista da corrupción e tamén quen o combate. Os datos amosan que segue medrando, ao igual que a desconfianza pública. As redes sociais están a desempeñar un papel clave a favor dunha maior transparencia. A súa denuncia contribúe a limpar as estruturas pero afea ao poder instituído e este témelle porque son difíciles de controlar. En moitas ocasións, a corrupción é a escusa para dirimir controversias políticas internas. O actual proceso aperturista desembocará nun sistema formalmente democrático? Hai quen así o considera. Non obstante, na axenda do PCCh do que se trata é de apurar medidas que abran espazos a unha maior participación social, controlada, na toma de decisións (democracia deliberativa ou consultiva) sen alterar as bases esenciais do sistema, nomeadamente o monopolio do PCCh. China ensaia unha reforma política que tenta operar coa democracia do mesmo xeito que fixo co mercado: adaptación e instrumentación para dinamizar a economía ou a vida política pero sen substituír o esencial. Esta concepción impón límites severos. \"O PCCh dificilmente admite que a sociedade poida ir por diante. Isto percíbeo como un fracaso propio polo que toda iniciativa independente interprétase como un desafío\" Hai espazo para a sociedade civil baixo o poder do PCCh? Tenta emerxer de diversas formas, especialmente arredor dos problemas sociolaborais e ambientais, tamén nas redes sociais. O problema do PCCh é que ten un afán de control desmedido e non ten intención de ceder. Ao contrario, é probable que vaia a máis pois crecen os medos ante os signos de inestabilidade. Dificilmente admite que a sociedade poida ir por diante. Isto percíbeo como un fracaso propio polo que toda iniciativa independente interprétase como un desafío. Nesas condicións, o diálogo é complexo e a maior parte da enerxía diríxese a ocupar e fagocitar todo canto manifeste sinais de vida autónoma. Que papel xoga actualmente China na xeopolítica internacional? Polo momento é limitado, aínda que medrou considerablemente nos últimos anos, á par do seu protagonismo económico. Segue apostando polo desenvolvemento pacífico, a multipolaridade, etcétera. Pouco a pouco está conformando as bases dun novo tempo, dando azos a novos acrónimos como a OCS ou os BRICS, pero eludindo sempre a confrontación con EEUU e o mundo occidental, xa falemos de xeoeconomía ou xeoestratexia. O previsible é que desempeñe un papel cada vez máis activo e incisivo pero sen perder de vista que as súas prioridades están na fronte interna. \"Asia-Pacífico converteuse na zona de maior vitalidade económica do mundo\" O crecemento chino provocará tamén que os Estados Unidos miren máis cara ao Pacifico que cara ao Atlántico? Asia-Pacífico converteuse na zona de maior vitalidade económica do mundo. Segundo o Banco de Desenvolvemento de Asia, a mediados do presente século, a rexión representará a metade da economía global. EEUU precisa recuperar posicións nesa área e puxa por pilotala con iniciativas de integración como o TPP (que non inclúe a China), terciando nas desputas da zona ou revalidando as alianzas tradicionais (Xapón, Filipinas, Australia) e novas (India, Vietnam, Myanmar). De todos os países da área, China asoma como principal rival estratéxico de EEUU, esencialmente, porque insiste en non renunciar á súa soberanía e non se somete de boas a primeiras aos requirimentos do hexemón. \"Os problemas ambientais, os déficits tecnolóxicos, as desigualdades sociais, os desequilibrios territoriais, os problemas demográficos, as carencias políticas… constitúen desafíos inmensos\" Cales son as debilidades chinesas? Moitas e moi importantes. Pese aos números absolutos, as bases da súa economía son febles. Os problemas ambientais, os déficits tecnolóxicos, as desigualdades sociais, os desequilibrios territoriais, os problemas demográficos, as carencias políticas… constitúen desafíos inmensos. Quedan mais de 150 millóns de pobres na segunda potencia económica do planeta... \"China non está interesada en exportar o seu modelo nin aspira a exercer a hexemonía global\" Será China nas vindeiras décadas a potencia hexemónica no planeta? De non derrapar, será unha potencia importante, pero tardará décadas en resolver os seus problemas estruturais internos. Por outra banda, China é consciente de que o seu auxe económico a vai converter nun país central do sistema, pero non existe unha vocación mesiánica no seu proxecto. China non está interesada en exportar o seu modelo nin aspira a exercer a hexemonía global. A multipolaridade é inevitable, ademais de desexable."}
{"ID": "PRAZA_6815", "summary": "Agadic presenta un circuíto que pretende incrementar a oferta cinematográfica nos lugares sen sales e achegar máis títulos galegos ás pantallas. A rede comeza en catro concellos que proxectarán un mínimo de oito películas, cando menos cindo delas galegas.", "text": "A Consellería de Cultura e Educación, a través de Agadic, pon en marcha o circuíto Cinemas de Galicia. A aposta supón unha nova rede municipal de espazos de exhibición cinematográfica que nace coa idea de achegar o cine a localidades que non dispoñen de salas comerciais e de incrementar as posibilidades de distribución dos filmes galegos. As Pontes, Foz, O Carballiño e Sanxenxo serán os concellos nos que comece esta iniciativa Así, o proxecto arranca de principio cunha fase inicial de implantación en catro concellos, un por cada provincia. As Pontes de García Rodríguez, Foz, O Carballiño e Sanxenxo son os titulares dos cinco espazos que acollerán a programación inaugural da rede e a través dos que se achegan 1.232 novas butacas para o audiovisual galego: Casa do Peso e Cine Alovi nas Pontes, Salón de Actos do Cenima de Foz, Auditorio Municipal do Carballiño e Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo. E cunha entrada para as proxeccións cun prezo único de 3 euros. Na presentación deste proxecto, o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, advertiu que esta primeira experiencia ata final de ano pretende ser tan só o inicio dun circuíto \"chamado a medrar en número de socios municipais, a incrementar a cifra de público galego para os produtos audiovisuais e a ampliar a oferta cultural e de ocio en Galicia\". A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Cultura das Pontes, Sara Ramos, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, interviñeron tamén na presentación desta iniciativa, que xorde a partir dun proceso consensual cos principais representantes do sector en Galicia, así como da colaboración entre a Xunta, as administracións locais, as produtoras e as empresas distribuidoras. Proxectaranse un mínimo de oito filmes en cada concello e cinco delas, cando menos, serán galegas En canto ao desenvolvemento práctico do programa, que Cultura e Educación xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o conselleiro explicou que esta primeira programación bimestral de Cinemas de Galicia incluirá a proxección en cada un dos catro concellos dun mínimo de oito películas, das que cando menos cinco serán galegas. Os programadores están a traballar xa na configuración das súas carteleiras, para o que na web de Agadic teñen á súa disposición un catálogo de 18 longametraxes de moi diferentes estilos e xéneros, entre os que se atopan 11 destacados títulos galegos en fase de explotación comercial: Inevitable, de Jorge Algora; La tropa de trapo en la selva del Arco Iris, de Álex Colls; El árbol magnético, de Isabel Ayguavives; Arraianos, de Eloy Enciso; O ouro do tempo, de Xavier Bermúdez; Costa da Morte, de Lois Patiño; 9 ondas, de Simone Saibene; A cicatriz blanca, de Margarita Ledo Andión; Meñique, de Ernesto Padrón; Los increíbles, de David Valero, e Encallados, de Alfonso Zarauza. Esta oferta galega, conformada polas propostas recibidas nunha convocatoria aberta a filmes rexistrados no ICAA (Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales) con data de estrea posterior ao 30 de xuño de 2013, compleméntase con sete fitas europeas, seleccionadas en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) e avaladas por festivais e premios internacionais: 10.000 KM, de Carlos Marqués; Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!, de Guillaume Galiene; Ida, de Pawel Pawlikowski; La gran belleza de Paolo Sorrentino; Le week-end, de Roger Michell; Madre e hijo, de Calin Peter Netzer; e Stockholm, de Rodrigo Sorogoyen. Ademais de promover o hábito de ver cinema en pantalla grande, outra das finalidades desta rede é \"servir de complemento á actual oferta dos circuítos comerciais\". Neste sentido, segundo explicou Vázquez Abad, as películas proxéctanse baixo condicións económicas de contratación estandarizadas, cun custo regulado de 300 euros por pase, de xeito que a produtora ou distribuidora que posúe os dereitos de explotación do filme percibirá a mesma contía que se a exhibición se realizase nunha sala convencional. Respecto ao financiamento, a Consellería –a través da Agadic– asume a metade deste custo regulado para os oito pases obrigatorios que ofrecerá cada concellos. Pola súa banda, os catro concellos participantes nesta fase inicial asumirán o 50% restante deses pases, así como o 100% no caso das proxeccións que decidan facer a maiores no marco deste programa. A recadación da billeteira será integramente para os concellos."}
{"ID": "PRAZA_17784", "summary": "A feira gastronómica, celebrada este domingo, relizou unha das súas actividades no interior do espazo sanitario. A Xerencia de Xestión Integrada respondeu ás críticas da CIG afirmando que o centro pecha as fins de semana e que os actos non se realizarían \"en zonas asistenciais\".", "text": "A localidade ourensá de Oímbra celebrou este domingo a súa tradicional Festa do Pemento, que xerou importantes críticas pola realización dunha das súas actividades no interior do Centro de Saúde da vila. Xa o pasado venres a CIG denunciara que no programa figuraba unha degustación de pratos de pementos nas instalación do centro sanitario. O sindicato remitiulle un requirimento á alcaldesa de Oímbra e á Xerencia do Sergas en Ourense para que a actividade non se instalase nas dependencias do ambulatorio, senón que se buscase unha localización alternativa. \"Esa actividade choca tanto coas normas de saúde pública como coas de prevención de riscos laborais que se deben observar nos centros sanitarios\", criticou a central. \"Esa actividade choca tanto coas normas de saúde pública como coas de prevención de riscos laborais que se deben observar nos centros sanitarios\", criticou a CIG A exposición de pratos de pementos tivo lugar finalmente no Centro de Saúde de Oímbra. E, nunha resposta á CIG, a Xerencia de Xestión Integrada xustificou a escolla argumentando que o espazo sanitario pecha nas fins de semana, polo que \"a celebración da festa local non afecta ao dispositivo\" e afirmando que a actividade non se levaría a cabo \"en zonas asistenciais\", nin de consultas nin administrativo. Sinalou ademais que a actividade se limitaría \"á exposición de produtos, quedando a súa degustación para o final da xornada e sempre fóra das instalacións\". A CIG amósase moi crítica coa contestación da Consellería de Sanidade, subliñando que \"reflicte o ínfimo niveliño dos que nos gobernan que, para agachar o inxustificábel, non reparan en acudir á postverdade, vendéndonos unha realidade falsa\". O Sergas xustificou a escolla argumentando que o espazo sanitario pecha nas fins de semana e afirmando que a actividade non se levaría a cabo \"en zonas asistenciais\" O sindicato rexeita a afirmación de que a degustación de pementos non se levou a cabo en espazos asistenciais. \"Abonda con visualizar as fotos da festa celebrada en anos anteriores para constatar que a Xerencia falta á verdade\", di. E, sobre todo, critica que a outra xustificación utilizada sexa que o centro pecha nas fins de semana. \"Non sería máis lóxico que a Xerencia do Sergas pensase en abrir o Centro de Saúde nas fins de semana, que en organizar festas nel?\". \"A CIG estudará as accións que caiba exercer contra esta chocallada da Xerencia do Sergas que só pode ter cabida nun país gobernado por chocalleiros\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_14346", "summary": "O alcalde do Concello, David Rodríguez, que xunto con outros veciños tivo que traballar para frear o lume, denuncia que durante horas non apareceu ningún efectivo dos equipos de extinción. A Xunta négao e cifra en 400 as hectáreas queimadas, unha cifra que algúns dos afectados eleva a 1000. Audio no interior.", "text": "A chuvia evitou un desastre en Manzaneda. O lume que dende o mediodía afectou tres núcleos rurais do concello: Langullo, Cimadevila e a explotación gandeira da Mata, quedou finalmente controlado despois de queimar cando menos 400 hectáreas, segundo os datos oficiais da Xunta, que os veciños e veciñas poñen en dúbida. De feito, en declaracións á Cadena Ser, un adegueiro que viu a súa propiedade en perigo elevaba a superficie queimada ás 1000 hectáreas. O alcalde do Concello, David Rodríguez, non quixo dar unha cifra exacta pero confirmou que os habitantes dos núcleos máis próximos ás chamas cren que o espazo afectado é moi superior a esas 400 hectáreas. Rodríguez foi unha das persoas que deu a alarma polo lume, ao redor das doce do mediodia, e denuncia que durante horas ningún dos medios terrestres cos que conta a Consellaria de Medio Rural participou nos traballos de extinción. Segundo a Xunta nos labores de extinción traballaron un técnico, nove axentes forestais, 28 brigadas, 8 motobombas, 3 pás, 10 helicópteros e 7 avións, aínda que non indicaron a partir de que hora o comezaron a facer. David Rodríguez responde a iso que \"na explotación gandeira da Mata non houbo medios, dende logo\" e engade que \"ali estivemos traballando os veciños e unha parella da garda civil tragando fume\". Rodríguez maniféstase \"ofendidísimo pola falta de resposta da Xefatura de Medio Rural en Ourense máis tendo en conta que foi unha comarca absolutamente castigada polos incendios o ano pasado\" e fronte ás declaracións dalgún membros do PP que o acusaron de \"oportunismo\" declarou que \"oportunismo é o que fixo Feijoo ao estar con castellanos botando auga cunha mangueira\". A Xunta tamén indica que a meirande parte do queimado corresponde a monte raso, pero os veciños confirman que tamén arderon moitos carballos nun espazo de repoboación e un bosque autóctono de castiñeiros. David Rodríguez cualificou a Xunta de \"oficina de extinción de emprego público\" motivo polo que \"non hai xente traballando no monte\" David Rodríguez fixo un chamamento a \"poñer en valor o monte\" e a \"incrementar as penas para os culpables\" pero tamén cualificou a Xunta de \"oficina de extinción de emprego público\" motivo polo que \"non hai xente traballando no monte\". A Alternativa Galega de Esquerdas, partido ao que pertence o alcalde de Manzaneda, lembra que o Partido Popular diminuiu drasticamente os medios para a prevención e loita contra os incendios forestais. AGE afirma que \"só no ano 2012 (ao que hai que engadir o acumulado nos ejercicios anteriores) a Xunta recortou 2.000 postos de traballo dos servizos de extinción (302 traballadoras/es do Servizo de defensa contra incendios forestais (un 41% menos, case a metade do operativo) e 1.725 traballadores/as da empresa SEAGA (un 77% menos, polo que queda menos dun cuarto do operativo en servizo)\". O total recortado, segundo AGE, sería dun 68%, quedando menos dun tercio do persoal do que había no ano anterior. Este luns preséntase precisamente a Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e darase a coñecer o calendario de mobilizacións que o colectivo de traballadores e traballadoras da prevención e extinción de incendios forestais ten previsto realizar nas vindeiras semanas. Nun verán con pouca calor e polo tanto escasos lumes forestais foron moitas as voces que acusaron a Xunta de falta de planificación e de debilitar os servizos de prevención e extinción. As crítícas chegaron sobre todo despois dos lumes que afectaron á comarca de Valdeorras. Daquela acusouse á Xunta de \"impor un sistema fragmentado que provoca que a coordinación entre todos os medios presentes sexa unha quimera\"."}
{"ID": "NOS_20475", "summary": "Nova xornada do ciclo organizado por Adega.", "text": "A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) organizou na tarde desta cuarta feira unha nova xornada do seu ciclo de conferencias Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza, desta volta centrada nas afeccións destes proxectos sobre a biodiversidade. O encontro decorreu da man da enxeñeira ambiental de Adega Lucía Álvarez Anido, que exerceu de moderadora nunha mesa na que interviñeron Ernesto Díaz, da Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica; Óscar Chao, do Proxecto Rebinxe; Roberto Hermida, de Morcegos da Galiza, e Óscar Rivas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO). \"A implantación eólica no país, tal e como se está a desenvolver, ten efectos moi negativos para a biodiversidade galega\", sinala Rivas a Nós Diario, e salienta que as grandes dimensións das poligonais dos parques eólicos \"están a destruír áreas de repouso\" das especies autóctonas. Neste senso, o presidente da SGO fai fincapé na \"exigua\" Rede Natura 2000 da Galiza, que só inclúe 12% do territorio galego, menos da metade da media estatal. \"Desde os inicios elixiron para os eólicos enclaves pouco axeitados como a serra do Xistral, onde prosperaron diferentes proxectos porque daquela aínda non estaba desenvolvido o Plan Director da Rede Natura, e esta tendencia continuou malia a entrada en vigor do mesmo\", censura. Aliás, apunta que \"moitos espazos cun alto valor ambiental fican fóra da Rede\", e lamenta que algúns dos novos parques que se atopan en fase de tramitación estean proxectados en zonas limítrofes a estes espazos protexidos. \"Entendemos que non se deberían permitir estas instalacións en lugares como as montañas orientais ou zonas emblemáticas da costa atlántica coma Os Penedos de Traba e Pasarela (Laxe e Vimianzo), polo seu alto valor ambiental e os ecosistemas peculiares que os conforman\", explica. Rivas sostén que o impacto dos parques eólicos sobre a biodiversidade do país é \"moi amplo\" e pode supor \"un alto risco\" para a fauna e a flora autóctonas. \"No Xistral tense visto como influíron no sistema hídrico e as turbeiras, que son o seu hábitat principal\", afirma. Os animais, engade, tamén padecen as consecuencias dunha exposición \"cíclica e constante\" á contaminación acústica proveniente dos aeroxeradores."}
{"ID": "NOS_20489", "summary": "Manuel Valls, o primeiro ministro francés, coñecido por declaracións achegadas á xenofobia e que vén de teimar nos recortes sociais no seu país, comparte acto co PSOE catalán, que segue perdendo apoios.", "text": "O primeiro ministro francés, Manuel Valls, intervirá no acto central da campaña das eleccións europeas que farán os socialistas cataláns en Barcelona o vindeiro mércores 21 de maio, segundo informaron fontes da organización, que segundo as enquisas segue perdendo apoio pola súa negativa a acompañar o proceso de autodeterminación catalán, así como por teimar en políticas neoliberais que denominan \"socialdemócratas\". De feito, o reclamo electoral de Valls lembra tanto ás súas declaracións a prol da expulsión de ciganos de Francia e de poñer límites á migración -para competir no espazo electoral de Le Pen- como os recortes socias que implementou ás poucas horas de entrar no Goberno de París. No anunciado mitin, tomarán a palabra o candidato á presidencia do Parlamento Europeo, Martin Schulz, a cabeza de lista do PSOE ás eleccións europeas, Elena Valenciano, e o expresidente do Goberno español entre 1982 e 1996, Felipe González, dende hai anos conselleiro dunha multinacional eléctrica. Tamén se dirixirán ao público o primeiro secretario do PSC, Pere Navarro, a número 2 na candidatura d@s socialistas cataláns ao Parlamento Europeo, Esther Niubó, e o cabeza de lista que representa ao PSC, Javi López, nun acto que se fará no polideportivo da Vall d'Hebron, ante aforo limitado."}
{"ID": "NOS_53807", "summary": "Os dados do paro rexistrado reflicten un descenso de 3.340 persoas no mes de agosto. A maior parte das contratacións foron de carácter temporal. No conxunto do Estado español o número de persoas sen emprego aumentou en 8.070.", "text": "O Ministerio español de Emprego fixo públicos esta terza feira (2 de setembro) os dados do paro rexistrado relativos ao mes de agosto. Nesta estatística, Galiza sitúase entre os territorios onde máis descende o número de persoas rexistradas nos servizos de búsqueda de emprego. No concreto, o número de desempregad@s redúcese en 3.340 persoas no mes de agosto e en relación co mes anterior. En agosto creáronse 72.038 novos contratos dos que 67.919 foron temporais Neste senso, no noso país 236.939 persoas atópanse sen traballo. Porén, o númerode contratos creados (72.038) durante este período reflicten a crecente temporalidade dunhas cifras marcadas pola estacionalidade propia dos meses estivais. E é que a maior parte das contratacións foron temporais (67.919) fronte aos pouco máis de 4.000 contratos indefinidos (4.114). Por sectores, o descenso de desempregad@s salienta no sector servizos onde se rexistraron 1.299 parad@s menos. A industria e a construción continúan, seguidamente, a ser os ámbitos profesionais máis atinxidos polo paro con 32.815 e 32.205 persoas sen emprego, respectivamente. No tocante á agricultura e embora reducirse en 273 persoas o número de desempregad@s 7.839 persoas continúan sen traballo. En relación ás provincias Pontevedra rexistra o maior número de parad@s (95.846), seguida da Coruña (93.098), Ourense (25.404) e Lugo (22.591). O paro aumenta no Estado español No conxunto do Estado español o paro rexistrado marca un novo repunte no mes de agosto e increméntase en 8.070 persoas o que deixa 4,427.930 persoas sen traballo. Aliás, o número de filiacións á Seguridade Social descendeu en máis de 92.000 persoas."}
{"ID": "NOS_27512", "summary": "A Illa de San Simón acolleu, máis un ano, a homenaxe ás persoas vítimas e represaliadas a mans dos falanxistas e do terror nun acto en que as protagonistas foron as persoas exiliadas, as invisíbeis, carentes de relevancia política.", "text": "Pasaban das 11h cando perto de 400 persoas embarcaban cara á Illa de San Simón baixo un ceo que ameazaba con chuvia. Nada podía deslucir o acto da Iniciativa Galega pola Memoria –coordinadora nacional das entidades memorialísticas- que reclamaba verdade, xustiza e dignidade. Tanto tiñan as inclemencias do tempo para esas persoas que sufriron nas súas casas o terror. Entre estas, atopábanse hoxe as protagonistas desta homenaxe: as persoas exiliadas por razóns de supervivencia e ausencia de medios económicos. As persoas exiliadas \"invisíbeis\" son aquelas que carecen de relevancia política. Son aquelas que, sen seren conscientes até non hai moitos anos, tiveron que partir de Galiza en busca dun futuro mellor. Estas persoas, anónimas na súa meirande parte, foron encarnadas hoxe na figura de Darío Rivas, un dos promotores da querela arxentina contra os crimes do franquismo, co que conversou Sermos Galiza. Na illa da memoria, Darío Rivas, presentado por Baldomero Iglesias \"Mero\", reviviu a súa historia e a de tantos outros exiliados e exiliadas. O protagonista deste acto transmitiu a súa traxectoria vital, nomeadamente a historia do seu pai, Severino Rivas, alcalde de Castro de Rei asasinado a mans dos falanxistas en Portomarín cando levaba tres meses á fronte da Alcaldía. Darío Rivas, promotor da querela arxentina contra os crimes do franquismo, aproveitou a intervención para cargar contra a xustiza española, da que dixo que non respectara a petición ao dereito de buscar a verdade, e agradeceu que as súas peticións puidesen ver a luz na Arxentina. Fernando Souto: \"Os represores queren unha folla en branco na que poder relatar a súa propia historia, por iso hai que convocar este tipo de actos\" A presentación do acto correu a cargo de Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, quen advertiu de que \"o esquecemento é unha forma de represión\". \"Os represores queren unha folla en branco na que poder relatar a súa propia historia e por iso a recuperación da nosa memoria é a razón pola que convocamos este acto nacional de homenaxe e dignificación das vítimas\", sinalou. Souto apelou á \"verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición\" e reivindicou o apoio da sociedade para logralo. Finalizou, apelando ás Irmandas da Fala, \"polo que máis quero, prometo ser dos bos e xenerosos\". Non faltou a música nunha xornada tan especial. Nesta ocasión, amenizou o roteiro pola illa o gaiteiro Raúl Galego e Zurrumalla encargouse das pezas musicais entre as intervencións. Á hora da ofrenda floral soou na Illa de San Simón o Himno do Antigo Reino de Galiza. Pechouse o acto coa interpretación do Himno nacional."}
{"ID": "NOS_3883", "summary": "Hungría recibiu 365.000 euros pola venda e transporte dos antíxenos.", "text": "O ministro dos Negócios Estrangeiros de Portugal, Augusto Santos Silva, eloxiou o \"espírito da cooperação europeia\" que permitiu a Portugal comprar a Hungría 200.000 doses de vacinas contra a Covid-19 para reforzar a cooperación cos países lusófonos. O acordo \"mostra bem o espírito da cooperação europeia\", sinalou desde a Base Aérea de Figo Maduro, en Lisboa, acompañado polo seu homólogo húngaro, Péter Szijjártó, que chegou nas últimas horas á capital portuguesa para unha visita de traballo. Szijjártó aterrou arredor dunha horas despois de o facer un avión procedente de Budapest coas vacinas. \"Nos termos deste acordo, Portugal adquire 200.000 doses de vacinas AstraZeneca à Hungria que serão usadas para reforçar as nossas doações de vacinas aos países africanos de língua portuguesa e a Timor-Leste\", declarou Santos Silva. O ministro recordou que o primeiro ministro, António Costa, anunciara na recente cimeira da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) que Portugal tiña previsto triplicar as doazóns de vacinas a estes países. \"Isto significa doar três milhões de vacinas e, para isso, temos em conta não só as contratações directas que fizemos de vacinas, mas também as compras que podemos fazer a outros países Estados-membros da União Europeia\", precisou Santos Silva. Até 20 de xullo, Portugal cedera 196.000 doses de vacinas contra a Covid-19 a Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa (Palop) e a Timor-Leste. Szijjártó destacou que o acordo con Portugal se alcanzou \"hai menos de tres semanas\" e que a entrega se fixo tras recibir a autorización da Comisión Europea. O pago pola compra e transporte das vacinas foi de 365.000 euros. \"Estratexia diferente\" Por outra banda, defendeu a \"estratexia diferente doutros países da UE\" levada por Hungría, que incluíu a adquisición de vacinas a farmacéuticas occidentais, mais tamén ─malia non ter a aprobación da EMA─ de Rusia e China. Szijjártó sostivo que esta estratexia fai de Hungría \"un dos países mais seguros da Unión en termos de saúde\", e que dispón vacinas suficientes para axudar outros países. Até agora, dixo, Budapest vendeu ou doou mais de 1,3 millóns de doses a oito Estados, incluíndo o portugués. Portugal, cunha poboación de 10,1 millóns de persoas acumula desde o inicio da pandemia 955.000 casos e 17.307 mortes, con 53% dos habitantes totalmente vacinados. Hungría, cunha poboación de 9,6 millóns de persoas, suma 810.000 contaxios e 30.000 mortes, e ten 55,3% dos habitantes coa pauta completa."}
{"ID": "NOS_445", "summary": "O ciclo de concertos Butaca de Jazz celebrarase na Coruña no mes de novembro, con catro eventos que traerán o cuarteto de María Toro; Chicuelo e Mezquida; Carmona, Colina e Serrano e Jeff Ballard Trío.", "text": "A Coruña acollerá o ciclo Butaca de jazz, cun cartel de catro concertos organizados baixo a dirección artística de Inés Portela, que traerán á cidade herculina influentes artistas do panorama internacional. Terá lugar de 8 a 28 de novembro, mais as entradas e abonos están xa dispoñíbeis. Artistas O cuarteto da coruñesa María Toro inaugurará o ciclo na sexta feira 8 de novembro. Cunha traxectoria marcada pola sólida formación e múltiples colaboracións, presenta na súa cidade natal o seu último traballo, Ararás, no que destaca a influencia musical brasileira. A quinta feira 14 de novembro a guitarra flamenca de Chicuelo e o piano de Mezquida exporán tamén o seu álbum máis recente, No hay dos sin tres. Acompañaraos o percusionista Paco de Mode, con quen xa compartiron escenario en Alemaña, Austria ou Xapón. A harmónica de Antonio Serrano, o contrabaixo de Javier Colina e a guitarra de Josemi Carmona traerán na quinta feira 21 de novembro o seu son entre jazz e flamenco, que xoga coa maxia intuitiva da improvisación, cunha técnica depurada e cargada de experiencia. Jeff Ballard, músico recoñecido internacionalmente, dará peche á programación do Butaca de jazz. Batería habitual de Brad Mehlday, compartiu escenario con grandes nomes do jazz como Ray Charles, Chick Corea, Pat Metheny ou Joshua Redman. A súa música móstrase ateigada de improvisacións e toques sutís doutros xéneros, que se moven desde os grooves máis funkies até o ambiente minimalista. Nesta ocasión estará acompañado por David Virelles no piano e Seamus Blake ao saxofón."}
{"ID": "PRAZA_8876", "summary": "A proposta para a reforma da Lei de Normalización recolle propostas que buscan asentar o uso do galego por parte das administracións públicas, o ensino, a xustiza ou os medios. Pídese que os funcionarios empreguen o galego ou que a Xunta faga cumprir a radios e televisións os minimos de emisión na nosa lingua.", "text": "O BNG presentou este luns unha Proposición de lei de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega co obxectivo de completar o desenvolvemento dos preceptos recollidos do Estatuto de Autonomía e anovar e reformar a Lei de normalización lingüística de 1983. A proposición recolle numerosas propostas que buscan asentar o uso do galego por parte das administracións públicas, o ensino, a xustiza ou os medios de comunicación. A presentación das propostas foi realizada pola deputada Ana Pontón e as profesoras da UDC e especialistas en Sociolingüística, Pilar García Negro e Goretti Sanmartín. Pontón denunciou que o galego pasa por unha \"situación crítica\" polo que resulta necesario dar un salto a nivel \"lexislativo\" para \"revisar e modernizar\" o marco legal. Pola súa parte, as profesoras Goretti Sanmartín e García Negro indicaron que a planificación lingüística debe contar cun armazón para camiñar \"a par coa sociedade\" e avaliar o que se leva feito durante anos para que a lei non se converta en \"papel mollado\". Os nacionalistas pechan a exposicións de motivos da súa proposta afirmando que \"a sociedade e as necesidades comunicativas viaxaron a moita máis velocidade do que a implantación progresiva e constante da lingua galega\" O Bloque afirma que \"a ausencia de prescritividade e a vaguidade dos obxectivos\" desta lei \"non pode dar resposta ás actuais necesidades de potenciar o uso da nosa lingua. Tres décadas de vixencia desta lei aconsellan a súa actualización\". Engaden que \"en trinta anos, a Comunidade Autónoma ampliou as súas competencias, en materias como a sanidade, as políticas activas de emprego, ou a función pública autonómica\", e do mesmo xeito \"estes trinta anos coñeceron unha abondosa produción científica que vén certificar unha evidencia alarmante: unha acusada e persistente perda de falantes da lingua galega nas xeracións máis novas\". A proposta recolle que \"todos os cargos públicos da Xunta de Galiza, no desempeño da súa función, utilizarán oralmente e por escrito a lingua galega\" Finalmente o BNG argumenta que \"todos os estudos de campo e todas as prospeccións demoscópicas abonaron a idea de que o público preguntado demandaba máis presenza do galego en publicidade, medios de comunicación, ensino o oferta cultural\" e sinala tamén \"o extraordinario desenvolvemento que adquiriron novos medios e soportes de comunicación como a informática, a comunicación na rede ou na telefonía móbil\". Os nacionalistas pechan a exposicións de motivos da súa proposta afirmando que \"a sociedade e as necesidades comunicativas viaxaron a moita máis velocidade do que a implantación progresiva e constante da lingua galega\". Esta nova norma tamén incorporaría os proceptos derivados da asunción por parte do Estado español da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias e da Declaración universal de dereitos lingüísticos. Uso oficial da lingua A proposta recolle que \"a Xunta da Galiza, as demáis administracións galegas e entes que delas dependen empregarán a lingua galega nas súas actividades internas e externas\" e que \"todos os cargos públicos da Xunta de Galiza, no desempeño da súa función, utilizarán oralmente e por escrito a lingua galega\" ao igual que \"todos os impresos ou documentación\". O BNG tamén pide que \"a documentación que a Xunta da Galiza dirixir ás restantes administracións públicas actuantes na Galiza redixiranse en galego\". Ademais, \"no desempeño da súa profesión, os/as funcionarios/as dirixiranse á cidadanía, nas súas comunicacións orais, en galego\". En canto á contratación pública, a proposta prevé que \"os pregos de contratación e os anuncios redactaranse, aprobaranse e publicaranse en lingua galega sen prexuizo da publicación tamén noutra lingua oficial se así o esixir a lexislación de contratos do sector público nos contratos sometidos a publicidade comunitaria\" e qus \"as persoas físicas ou xurídicas concesionarias ou contratistas da Administración deberán respectar os usos lingüísticos da Administración na execución do contrato e, nomeadamente, na atención ás persoas usuarias e na documentación e publicidade dirixida ao público\". En canto ao ensino, a proposta defende que \"na educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos garantirase que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego\" A proposta contén asemade que \"as comunicacións e notificacións dirixidas a persoas físicas ou xurídicas residentes no ámbito lingüístico galego faranse en lingua galega, sen prexuízo do dereito das cidadás e dos cidadáns a recibilos en español se así o solicitaren\". En canto á sanidade, a proposta recolle que \"en todos os centros sanitarios dependentes da rede pública ou utilizados por ela, implantarase o uso do galego como lingua de comunicación normal en todas as súas rotulacións documentación, historiais e atención ao/á paciente\". Ensino En canto ao ensino, a proposta defende que \"na educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos garantirase que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego\". Ademais, na etapa de educación infantil, \"o profesorado usará na clase a lingua de instalación predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial da Galiza\". A proposta insta á Xunta a facer cumprir \"a todas as emisoras de radio e de televisión cuxa licenza de emisión depende de concesión autonómica o mandato de programación, información e publicidade en lingua galega, nunca inferior ao cincuenta por cento do total da súa emisión\" En canto á universidade, o BNG propón que a Xunta, en colaboración coa Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, \"elaborará un plano de uso da lingua galega no Sistema Universitario Galego, que inclúa ferta docente universitaria que teña o galego como lingua vehicular\". Ademais, quérese asegurar que \"o profesorado dos corpos docentes universitarios e das categorías laborais nos que o contrato teña unha duración superior a dous anos das universidades públicas debe acreditar o coñecemento suficiente do galego nos concursos de acceso convocados polas universidades\". Medios de comunicación A Xunta \"disporá axudas, subvencións ou convenios cos medios de comunicación privados que utilizaren a lingua galega nos seus produtos\" pero \"esta colaboración económica estará sempre supeditada ao aparecemento non residual e fragmentado da lingua galega\". En canto aos medios de comunicación, a proposta insta á Xunta a facer cumprir \"a todas as emisoras de radio e de televisión cuxa licenza de emisión depende de concesión autonómica o mandato de programación, información e publicidade en lingua galega, nunca inferior ao cincuenta por cento do total da súa emisión\". E especifica que \"disporá axudas, subvencións ou convenios cos medios de comunicación privados que utilizaren a lingua galega nos seus produtos\" pero que \"esta colaboración económica estará sempre supeditada ao aparecemento non residual e fragmentado da lingua galega\". Uso na Xustiza Tamén se prevé que a Xunta adopte \"medidas para impulsar a reforma da Lei orgánica do poder xudicial co fin de que xuíces, xuízas e maxistradas/os estean capacitados para desenvolveren en galego a súa función dentro da Galiza\" A proposta incorpora igualmente numerosas previsións para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás nos xulgados. Por exemplo, especifica que a Xunta \"ditará as medidas de protección do uso do galego por parte das persoas administradas nas súas relacións de todo tipo coa Administración de Xustiza e con todos os actos que teñen a ver coas relacións laborais\"e \"impulsará o coñecemento e o uso do idioma galego por parte do funcionariado de Xustiza\", ao tempo que \"impedirá a discriminación das persoas utentes do galego nas actuais xurídicas e de relacións laborais de toda clase\". Tamén se prevé que a Xunta adopte \"medidas para impulsar a reforma da Lei orgánica do poder xudicial co fin de que xuíces, xuízas e maxistradas/os estean capacitados para desenvolveren en galego a súa función dentro da Galiza\". Descarga aquí a Proposición de lei de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega"}
{"ID": "NOS_37039", "summary": "Unha iniciativa dun grupo de estudantes para que este termo sexa aceptado pola Real Academia Galega reúne en poucas horas centos de apoios.", "text": "'Barra de labios' ou 'Lapis de labios'. Son as fórmulas admitidas no dicionario da Real Academia Galega (RAG) para se referir á \"barra de material cosmético usada para pintar os labios. O que en portugués é 'batom' e en castelán 'barra de labios' ou 'lápiz de labios'. Un grupo de estudantes de Filoloxía Galega considerou que era unha mágoa que unha palabra tan propia do galego como 'beizos' ficase fóra do termo. Por iso puxeron en andamento en instagram a conta @pintabeizosfiloloxico. \"O noso primeiro obxectivo é integrar o termo 'pintabeizos' no Dicionario da RAG, En menos de 24 horas xa conseguiron centos de apoios. Recoñecen que esta iniciativa ten un valor simbólico \" orientada a futuros retos dirixidos á normalización do uso da nosa lingua en todas as funcións e ámbitos\"."}
{"ID": "NOS_9513", "summary": "Galinhas do mato (1985) foi o derradeiro disco en vida de José Afonso. Xa moi enfermo, a súa voz apenas comparece en dúas cancións. O seu testamento ficou así demediado. Mais os arquivos, oficiais e oficiosos, adoitan agochar sorpresas. O vindeiro 6 de abril publicarase a gravación de dous concertos inéditos do Zeca, un de 1968 e outro de 1980.", "text": "En 1968, José Afonso (Aveiro, 1929-Setúbal, 1987) atopábase en transición. Vital -viña de regresar dun estadía no Moçambique colonial como mestre- e musical: Cantares do andarilho (1968), o seu primeiro traballo editado por Orfeu, recuperaba aires tradicionais e fornecíaos de lírica alegórica e antiautoritaria. Ao ano seguinte, Contos Velhos, Rumos Novos funcionaría, xa desde o título, como o primeiro dos seus varios manifestos fonográficos. José Afonso ao vivo, así se titula o rescate da discográfica Tradisom, inclúe un rexistro daquela etapa. Era o día 4 do mes de maio de 1968, tan convulso, e o cantor actuaba no Teatro Avenida de Coimbra acompañado unicamente de Rui Pato. Na audiencia camuflábanse non poucos axentes da policía secreta do salazarismo, a PIDE. O documento existe porque o profesor agora xubilado Jorge Rino gravouno en bobina. Foi o editor José Moças quen achou a peza, ao pescudar a partir dunha fotografía pendurada en Internet. Antes fixera o propio coa actuación de 1980, un 23 de febreiro na Sociedade de Instrução e Recreio de Carreço, ao carón de Viana do Castelo. \"Un amigo do Júlio Pereira, de Carreço, gravara o concerto\", relatou Moças ao xornal portugués Público, \"pedinlle o contacto, e todo comezou así, nun encontro ocasional\". Aquel 1980, o sexto ano despois da Revolução dos Cravos, o Zeca deixaba atrás o tramo máis politizado da súa obra. Entre Cantigas do Maio (1971) -que contén o Grândola, Vila Morena- e Fura fura (1979), sucedéronse elepés esteticamente avanzadísimos, politicamente radicais, cumios da música de intervención europea: Eu vou ser como a toupeira (1972) -en que colabora Benedicto, de Voces Ceibes-, Venham mais cinco (1973), Coro dos tribunais (1974), Com as minhas tamanquinhas (1976) e Enquanto há força (1978). Poucos músicos poden presumir dunha secuencia de traballos desta envergadura artística. Incorpora influencias africanas, brasileiras, experimenta coa poesía, celebra a emancipación dos pobos e a unidade proletaria, e nútrese das achegas de José Mário Branco, o seu estreito amigo e autor dos fundamentais Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades (1971), Margem de certa maneira (1973) ou Ser Solidário (1982). No concerto de Carreço subiron ao palco como banda do Zeca o mesmo Júlio Pereira, Guilherme Inês e Henrique Tabot. O organizador foi o fan Manuel Mina, empeñado en presentalo na súa terra. Empregara un curioso método. \"Andou pola freguesía cunha folla de papel a recoller os nomes de quen asistiría ao espectáculo sen sequera ter unha data, só para garantir a billeteira\", contou Moças á Axencia Lusa. José Afonso ao vivo, en prevenda no web de Tradisom ate o 20 de febreiro, sae en formato caixa, con dous cedés, un vinilo e un libro de máis de 80 páxinas redactado polo xornalista Adelino Gomes, que en 1967 foi o primeiro en entrevistar José Afonso ao seu retorno de Moçambique. A presentación será o 6 de abril no mesmo local do concerto de 1980. Nota: arriba, imaxe do concerto de José Afonso (esquerda) con Rui Pato no Teatro Avenida de Coimbra en 1968. Abaixo, a edición de José Afonso ao vivo."}
{"ID": "NOS_47228", "summary": "A mostra reúne retratos en branco e negro de artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia na Galiza.", "text": "O Museo de Pontevedra acolle a exposición Sombras Atlánticas con rostros da pintura e da escultura galegas fotografados por Anxo Cabada. Nos últimos catro anos, o propio Cabada percorreu os estudios de 34 artistas por toda a Galiza acompañado dun pano negro para fotografar no seu contexto as persoas que configuraron a imaxe plástica do país nos últimos 50 anos. O resultado dese traballo pode verse desde onte no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A mostra reúne retratos en branco e negro de artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia na Galiza. \"Unha homenaxe\" José Manuel Rey, director do Museo, destacada que \"a exposición é unha homenaxe ás persoas que crean beleza a través dunha serie de magníficos retratos que funcionan de maneira illada pero que gañan presenza no diálogo que se estabelece entre eles\". O Museo de Pontevedra estréase como sede da Bienal de Vilanova de Cerveira Nas fotografías en gran formato que compoñen a mostra poden verse as e os artistas nalgúns casos na compañía dalgunha das súas obras, noutros casos cos materiais que empregan no seu traballo. Tamén hai imaxes tomadas en lugares de inspiración ou referencia. Polo obxectivo de Anxo Cabada pasaron un número parello de mulleres e homes artistas que marcaron a arte galega nas últimas décadas do século XX e no que vai do XXI. O Museo de Pontevedra supera as 108.000 entradas no que vai de ano e bate récord de visitantes Como sinala José Manuel Rey, \"a mostra dialoga coa exposición permanente do Museo, na cal podemos encontrar a obra de varios dos e das artistas retratadas, como Acisclo Manzano, Ánxel Huete ou Almudena Fernández Fariña. Os proxectos de Anxo Cabada Anxo Cabada, natural de Sabucedo (A Estrada). Leva fotografando o territorio galego durante anos en proxectos nos cales abordou diferentes temáticas como, entre outras, o mar, a terra e as vilas galegas. NAlgúnoutro dos seus proxectos tamén se centrou en retrar escritoras e escritores galegos."}
{"ID": "NOS_15160", "summary": "O custo da vida medra a un ritmo moi superior ao que o fan as contías dunhas prestacións sociais que, se ben chegan a cada vez máis xente, deixan fóra milleiros de persoas que afrontan situacións límite. A Galiza é o territorio do Estado con maior falta de cobertura á poboación máis vulnerábel: 52% dos fogares en situación de pobreza non recibe nin a Risga nin o IMV.", "text": "A pobreza segue a constituír un importante problema na Galiza aínda pendente de resolver. Segundo a Enquisa de Condicións de Vida publicada recentemente polo Instituto Nacional de Estatística, referido a 2021, un de cada cinco galegos e galegas (20,2%) está en situación de pobreza, e até 25,2% da poboación conforma a taxa Arope —risco de pobreza e exclusión—, un valor superior ao rexistrado nos anos posteriores á recesión económica de 2008 e unha porcentaxe que a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galiza) traduce en pouco menos de 700.000 persoas. Delas, até 250.000 estarían en situación de pobreza severa. Porén, a meirande parte das persoas potencialmente beneficiarias non perciben subsidio social ningún. Segundo o último Informe sobre a aplicación da Lei de Inclusión Social da Galiza, difundido recentemente pola Xunta con datos a 31 de decembro de 2021, Galiza concedéranse entón 7.211 prestacións da Renda de Inclusión Social da Galiza (Risga), unha cifra que continúa en descenso debido á incompatibilidade co ingreso mínimo vital (IMV), se ben o número de solicitudes presentadas si se incrementou en varios centos a respecto do ano anterior. Unha de cada catro persoas atópase en risco de pobreza ou exclusión social Pola súa parte, segundo os datos máis recentes, outorgáronse unhas 28.000 peticións do IMV, polo que se estima que entre esta prestación e a Risga a cobertura achegaríase ás 70.000 persoas. \"O IMV permite chegar hoxe a catro veces máis persoas que a Risga anteriormente, mais queda aínda moitísima xente con pobreza severa sen cubrir\", expón a Nós Diario o director de EAPN Galiza, Xosé Cuns. Segundo un recente informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef), 52% dos fogares galegos vulnerábeis non recibe ningunha destas prestacións, sendo deste modo o territorio do Estado español cunha maior falta de cobertura. De feito, o Ministerio de Inclusión xa avanzou a súa intención de \"buscar\" potenciais persoas beneficiarias en lugares como comedores sociais a partir deste mes de setembro. A excesiva burocracia na tramitación destas prestacións segue a ser un dos principais atrancos na concesión. De feito, ao remate de 2021 quedaran pendentes de resolver 1.592 solicitudes dun total de 6.938, isto é, 23% delas. \"Se algo aprendemos da crise da Covid-19 é que, cando se quere, pódense facer as cousas sen unha gran burocratización, con medidas específicas como a Tarxeta Básica, que permitiu ás familias acceder dunha forma áxil a alimentos e bens básicos\", di Cuns, que incide na necesidade de que a Xunta recupere esta axuda cancelada en xullo, se ben \"ten que ser un medio, nunca un fin en si mesmo\". Esa será unha das demandas que EAPN Galiza trasladará ao Goberno galego no encontro que prevé manter nas próximas semanas, así como a demandada compatibilidade co IMV para \"chegar onde esta axuda non chega\" e reiterar o compromiso alcanzado, de cara á modificación da Lei de Inclusión Social, de axilizar os trámites e reducir —cando menos— á metade os prazos de resolución. Unha das demandas que a Rede si logrou facer efectiva, celebra, é a gratuidade das gardarías. A desigualdade que deixa Feixoo en 8 datos O impacto da inflación Nun contexto no que unha inflación desbocada ascende por riba de 10%, estas prestacións fican insuficientes para moitas familias, pois o importe medio da Risga foi en 2021 de 435,21 euros mensuais por persoa beneficiaria, por volta duns 520 euros no caso do IMV. Aliás, o informe da Xunta mostra un dato rechamante: 2,8% das prestacións da Risga concédense a persoas que xa teñen un traballo. \"Pénsase que o emprego é a solución a todos os males, mais non é certo. Hai unha porcentaxe importante de perceptoras [das axudas] que queren traballar e non poden pola precariedade das condicións laborais ou por motivos de idade\", sostén Cuns, en alusión a que máis de 61% das persoas beneficiarias da Risga ten máis de 45 anos, e até 39,3% do total, incluídas estas persoas, supera os 55. Os cursos de inserción laboral que se promoven desde as administracións semellan non ser, pois, a resposta ao problema: \"Fai falta menos burocracia e facilitar unha formación oportuna para postos de traballo dignos e estábeis\". \"Cústanos moito transmitir esta realidade, que o acceso á vivenda é unha auténtica emerxencia\" Porén, as dificultades para acceder á vivenda seguen a ser o principal reto, pois, insiste Xosé Cuns, \"é imposíbel pensar en reducir de forma estábel e sistemática a pobreza na Galiza se non se avanza en políticas de vivenda pública de alugueiro social, en medidas de rehabilitación e illamento enerxético de edificios que cheguen aos fogares en pobreza severa…\". \"Cústanos moito transmitir á Xunta e a moitos concellos esta realidade que vemos no día a día, que o acceso á vivenda é unha auténtica emerxencia\", conclúe."}
{"ID": "PRAZA_14851", "summary": "Asociación proCentenario de Nós 2020 celebra este martes en Ourense unha completa xornada de actos para conmemorar o aniversario do nacemento da revista, en 1920.", "text": "En 2010 o Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense, co gallo de se cumprir daquela o noventa aniversario da publicación da revista Nós (1920-1935) no prelo de La Región, declarou o día 30 de outubro \"festa local de interese cívico-cultural\" na cidade de Ourense. Dende estón esta data dedícase a lembrar e poñer en valor a actividade do grupo cultural xurdido ao redor da revista e, sobre todo, quentar motores para as grandes celebracións que terán lugar en 2020, no seu centenario. Nesa data quérese celebrar un Congreso Global da Cultura Galega no que participen todos os sectores concernidos, neste eido, tanto do interior coma da diáspora. Para esa data hai tempo que se vén difundindo o Manifesto Ourense 2020, que promove Ourense como capital galega da Literatura e tamén como candidata a capital europea da Cultura. Hai tempo que se vén difundindo o Manifesto Ourense 2020, que promove Ourense como capital galega da Literatura e tamén como candidata a capital europea da Cultura A Asociación proCentenario de Nós 2020 conta coa participación de Concello de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, do Liceo-Recreo de Ourense, Sarabela Teatro, Grupo AuriaNós de Ourense, A.C. Bela Auria, Círculo Poético Ourensán, Gremio Literauria, Fundación Uxío Novoneyra e CIG-Ourense, entre outras entidades. As actividades deste 30 de outubro comezarán ás 12.30 nos Xardíns e Praza do Padre Feijoo cunha lectura pública de páxinas da revista Nós, a cargo dos directivos, socios e compromisarios da ApCNós2020. Actuará como mantedor Uxío Novoneira, directivo da ApCNós2020, e intervirán como lectores convidados especialmente nesta edición os actores de Sarabela Teatro, de Ourense pondo en voz textos dramáticos publicados na revista Nós. Un representante da Corporación Municipal de Ourense lerá unha declaración institucional exaltando os obxectivos da celebración. E procederase tamén á Lectura do Manifesto Ourense 2020, iniciándose a campaña de recollida de sinaturas dos cidadáns a prol do manifesto. O acto rematará cun Roteiro-memorial, guiado por Camilo F. Valdehorras, escritor e presidente da Asociación proCentenario de Nós 2020 Pola tarde, entre as 17.30 e as 18.30 no Camposanto de San Francisco de Ourense realizarase a ofrenda cívica aos escritores e artistas ourensáns, a cargo da directiva da ApCNós2020 e representantes de institucións e entidades locais e provinciais. O acto rematará cun Roteiro-memorial, guiado por Camilo F. Valdehorras, escritor e presidente da Asociación proCentenario de Nós 2020. A Asociación proCentenario de Nós 2020 dirixe ademais un chamamento ás institucións da cidade, ás entidades públicas e privadas compromisarias e á cidadanía en xeral para \"sermos conscientes do magno patrimonio literario-cultural que Ourense e Galicia atesouran e do imperativo de inverter a tendencia imposta polas trabucadas políticas vixentes de relear recursos públicos para o desenvolvemento dos sectores educativo, mediático e creativo\"."}
{"ID": "PRAZA_15619", "summary": "Os organismos provinciais só rebaixaron un millón de euros o seu gasto en órganos de goberno malia á crise. A de Pontevedra segue a ser a máis cara.", "text": "Son obxecto de horas de debates e de non poucas reflexións en etapa electoral pero, cando menos polo momento, a maioría das deputacións seguen coa súa estrutura decimonónica e, moitas delas, reflectindo nas súas contas moitos dos vicios adquiridos durante décadas, como o enorme peso orzamentario dos órganos de goberno ou do gasto de persoal. A presentación dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2013 permite coñecer de maneira homoxénea as cifras que manexaron os organismos provinciais galegos no ano que remata, uns números polos que pasou a crise, aínda que non igual por todas as partidas e moito menos por todos os gobernos, cuxo custo para os e as contribuíntes é dispar, sumando en conxunto 12,2 millóns de euros. O goberno da Deputación de Pontevedra é o máis caro Malia á dureza da crise económica, con especial impacto nas administracións locais, as deputacións apenas rebaixaron nun millón de euros os 13,3 que gastaron en 2011 na partida de \"órganos de goberno\". Así e todo, como en anos anteriores o gasto en gobernarse a si mesmas non é o mesmo nos catro organismos, cun rexistro no que a Deputación de Pontevedra segue a ser, con diferenza, a máis cara das catro. Así, o goberno que encabeza Rafael Louzán custou 4,5 millóns en 2012, apenas 500.000 euros menos que en 2011, moi por riba dos 2,9 millóns de Lugo -o mesmo que hai un ano-, dos 2,5 de Ourense -baixa 300.000 euros- e dos 2,3 da Coruña -aforrou outros 300.000-. Así as cousas, e ao contrario do que adoita figurar nalgúns imaxinarios políticos, a institución provincial máis custosa está gobernada por un só partido, o PP, e non por unha coalición. Ourense, á cabeza en peso do gasto de persoal Unha das partidas polas que si que se nota o paso da crise é outra das tradicionalmente máis observadas, a de persoal, aínda que a retallada vai tamén por provincias. Neste apartado, como adoita acontecer, a Deputación de Ourense segue a ser a líder no que atinxe ao peso do gasto en nóminas no conxunto do Orzamento. Así, no ano da retirada de José Luis Baltar e da chegada do seu fillo ao poder, o 42,5% do orzamento de gastos tivo como destino o capítulo de persoal, superando moi notablemente as outras tres deputacións, que quedaron no 28,2%, no caso da Coruña, no 26,8%, en Lugo, e no 26,1%, en Pontevedra. En Ourense, os gastos de persoal son o 42,5% do total Así e todo, os técnicos da Consellería de Facenda reflicten tamén estes gastos en termos absolutos, un apartado no que todas as deputacións aforran pero non con igual intensidade. Deste xeito, nos cadros orzamentarios é posible observar que a que máis cartos gasta en persoal é a Deputación de Pontevedra, cunha achega de 39,8 millóns de euros -en 2011 foron 44,5-. A continuación está a Deputación da Coruña, que ten 38,6 millóns no seu orzamento de persoal, cun aforro de algo máis dun millón a respecto de 2011. Neste indicador o organismo ourensán está no terceiro posto, con 30,3 millóns -31,8 en 2011- e péchao a Deputación de Lugo, que con 25,1 millóns -1,1 menos que hai doce meses- a propia Xunta recoñece o carácter \"austero\" do seu proceder nesta partida. Á marxe destas dúas partidas, as contas da Xunta reflicten que as deputacións manexaron neste 2012 un total de 454,8 millóns de euros, o que supón unha caída do 4,7% a respecto do ano anterior. Nestas cifras globais A Coruña perde a súa posición de liderado e é Pontevedra a que maior peso relativo ten. O organismo pontevedrés, xunto con Lugo, incrementou o seu orzamento para investimentos en 2012 -suman 2,5 e 8,3 millóns, respectivamente- mentres que as outras dúas o baixaron. En xeral, os gastos correntes supoñen o 62,7% do total do orzamento."}
{"ID": "PRAZA_11583", "summary": "A Xunta xustifica o peche da sala de partos aludindo a unha guía que recomenda non ter maternidade nos hospitais con menos de 600 partos anuais, cifra que non cumpre ningún centro comarcal. Persoal do centro apunta a criterios de \"comodidade\" e \"económicos\" e recea do alto número de bebés derivados a Ourense nos últimos tempos", "text": "A cidadanía de Verín continúa en pé de guerra tras o peche definitivo do paridoiro e do servizo de urxencias pediátricas do seu hospital comarcal. Continúa acoa denuncia que rebordou as rúas da localidade nunha manifestación histórica que implicou toda a comarca. Desde este mes de decembro, as mulleres de calquera localidade de Monterrei terán que ir parir ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) nunha viaxe de arredor dunha hora de duración por estrada no mellor dos casos. O Sergas xustifica a polémica medida co baixo número de nacementos; persoal do centro ve un paso máis no \"desmantelamento\"O Sergas xustifica a polémica medida no baixo número de nacementos atendidos no hospital, o que derivaría en problemas de \"seguridade\" para os pequenos e as nais pola falta de \"pericia\" e \"perda de experiencia\" dos traballadores, uns argumentos desmentidos por un persoal indignado que leva tempo acusando a Consellería de Sanidade de agochar as verdadeiras motivacións do peche: a deficiente organización, a falta de pediatras derivada desta e unha xestión baseada na rendibilidade económica e nos recortes.No fondo, advirten do \"desmantelamento\" dos centros comarcais en beneficio das grandes áreas urbanas mentres se preguntan se é esta \"a política do Executivo para evitar o despoboamento no rural\". Fontes profesionais advirten mesmo de toda unha estratexia do Goberno galego, \"propaganda incluída\", para intentar convencer dos supostos riscos que tería dar a luz en Verín. Que di a Xunta para xustificar o peche da atención ao parto no Hospital Comarcal de Verín?O Sergas xustifica o peche no baixo número de partos e na falta de \"pericia\" dos profesionais, que din sentirse \"agraviados e ofendidos\" e negan as acusaciónsA Xerencia da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco xustifica o peche no baixo número nacementos no hospital, o que suporía a perda de experiencia e pericia dos profesionais de xinecoloxía e obstetricia e o conseguinte risco para nais e bebés. O Sergas asegura que haberá uns 60 partos ao finalizar este ano, pero persoal do hospital aclara que o número sería moito máis alto de atenderse todos os nacementos previstos e de non derivarse a Ourense casos que non terían por que seren atendidos fóra do centro. A Consellería alude, ademais, ao \"consenso\" de profesionais e sociedades científicas, que recomendarían \"non dotar de maternidade\" a aqueles hospitais que non cheguen a 600 partos anuais, unha cifra que non alcanzaría ningún centro comarcal en Galicia. \"Péchase por unha cuestión de xestión, de recortes, de quitar un dereito a unha zona rural e deprimida polo custo que supón\", di Javier Castrillo, xefe de xinecoloxía do hospital comarcal. \"Se argumentasen que o peche é unha cuestión de gasto, de querer aforrar, eu oporíame frontalmente pero non me sentiría agraviado, pero cando aluden a unha cuestión de baixa calidade ou inseguridade, síntome agraviado e ofendido\", engade. Que di o documento de expertos co que o Sergas xustifica o peche?A guía Maternidad Hospitalaria, Estándares y Recomendaciones, elaborada pola Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde para o Ministerio de Sanidad en 2009 recolle no capítulo sobre \"organización y gestión\" un epígrafe sobre a atención hospitalaria ao parto no que di que \"parece prudente non dotar de Maternidade Hospitalaria aqueles hospitais que non teñan unha área poboacional de referencia (ou cuxo estudo de mercado non prevea) que xere unha demanda superior aos 600 partos ao ano\", pero engade a continuación que é recomendable \"agás por razóns de tempos de desprazamento ou accesibilidade que así o aconsellen\". A Xunta alude a un documento que recomenda non dotar de maternidade aos hospitais con menos de 600 partos anuais, cifra que non cumpre ningún centro comarcalAdemais de que o Sergas evita destacar esa excepción e que non advirte de que esa cifra de 600 partos é tamén inviable en calquera outro hospital comarcal, esquécese de que esa única recomendación que achega é destinada á optimización de recursos e non á seguridade, como destacan varios profesionais e os colexios de Enfermería de Galicia. Alén disto, como destaca persoal do hospital de Verín, obvia tamén que a recomendación é unicamente no caso de \"querer abrir\" un novo centro, pero en ningún caso para \"pechalos\". \"Estanse baseando nun parágrafo ambiguo e pouco claro dun documento de 200 páxinas\", lembra Castrillo. A Consellería de Sanidade obvia tamén outras recomendacións, do Ministerio de Sanidad ou da OMS, que recomendan ratios de unha muller/unha matrona na atención aos partos, algo que si se cumpre en Verín, ou que advirten do valor engadido para a calidade e seguridade asistencial que supón a proximidade da cidadanía ao hospital onde recibe as atencións. Cal é o motivo real segundo o persoal do hospital en Verín?Advertírono as matronas e outros profesionais: \"O Sergas está claudicando á presión dos pediatras de Ourense, que non queren ter que estar desprazándose ata Verín aínda que estean obrigados; a solución máis sinxela que tiñan era pechar o paridoiro\", explica un traballador na atención aos partos de Verín. A obriga á que se refire deriva dunha sentenza xudicial que obriga o persoal a ter que traballar, se así é requirido, nos diferentes centros da área sanitaria. \"Como o Sergas non dá incentivo ningún, nin quere gastar en contratacións... Tiraron polo fácil e radical, por moito que supoña deixar sen un servizo fundamental unha zona coma esta\", destaca outro membro do persoal. \"É unha cuestión de comodidade\", engade Castrillo, que advirte de que Ourense ten \"o mesmo problema\" que Verín e O Barco ao \"ter caído número de partos a máis da metade na última década\". \"O servizo de xinecoloxía e de pediatría do CHUO ten moito máis persoal e precisa rabuñar partos e atención pediátrica de onde sexa\", explica. Persoal de Verín apunta a criterios de \"comodidade\" e \"económicos\" e advirte de que o Sergas \"claudicou á presión dos pediatras que non queren desprazarse\"De aí derívase outra cuestión aínda máis complexa e polémica. Segundo din desde o hospital comarca, as derivacións de partos e neonatos á capital provincial nos últimos meses sufriu un espectacular aumento, incluíndo \"casos nos que non era preciso\". Todo, denuncian, para xustificar o labor dos que alí traballan e o peche de servizos nos centros comarcais. \"En Verín teríamos acabado o ano cuns 100 partos se non fose porque os pediatras que aquí viñan fixeron xa o seu labor enviando todo canto podían a Ourense\", explica unha fonte do hospital comarcal. \"Ao Sergas non lle compensa manter o paridoiro por unha cuestión puramente económica e non mira máis aló\", insiste outra. Persoal acusa o Sergas de usar a TVG para xustificar o pecheA esta acusación engádeselle outra moito máis grave feita tamén por varios profesionais do hospital de Verín. \"Usan os medios públicos para intentar xustificar o peche ante a opinión pública\", contan. Refírense, sobre todo, a unha nova do Telexornal do pasado xoves 28 de novembro. \"O último bebé nado no hospital de Verín tivo que ser trasladado de urxencia ao CHUO\", comezaba a información, con detalles sobre un leve problema cun neonato que foi trasladado a Ourense malia que, segundo estas mesmas fontes, puido ser atendido sen problemas no centro verinense e despois de que a propia familia quitase importancia ao problema. Xusto despois, outra información trataba a polémica polo peche do paridoiro. \"Foi unha cousa bastante fea, porque mesmo responsables do CHUO recoñeceron que lograran o seu obxectivo de xustificar o peche por unha falta de seguridade que non é tal\", din outras fontes. Profesionais do hospital comarcal alertan do elevado número de derivacións inxustificadas ao servizo de pediatría e xinecoloxía e obstetricia de OurenseQue o aumento das derivacións produciuse sobre todo nos últimos meses dá conta algún dato, neste caso en referencia ao Hospital do Barco. \"Nos últimos cinco anos debeu haber unha quincena de traslados, pero unha ducia deles foron nos últimos seis meses, coincidindo coa chegada dos pediatras de Ourense a esta localidade\", din profesionais comarcais. No caso de Verín, nos últimos catro meses, e coincidindo coa xubilación do anterior pediatra titular con praza, as derivacións de neonatos ao CHUO mutiplicouse por sete con respecto ao primeiro semestre. Foi xusto despois de que empezasen a prestar servizo os especialistas que eran enviados desde Ourense. A última polémica chegou co último neno nado no centro comarcal, cando o xefe de Xinecoloxía se negou a un traslado ordenado polo servizo de pediatría da capital. O apoio de persoal de Ourense á decisión do SergasUnha corentena de facultativos de Ourense asinaron apoiando a decisión do SergasMentres a mobilización da cidadanía e dos profesionais do hospital comarcal aumentaba, uns 40 facultativos dos servizos de pediatría e obstetricia e xinecoloxía de Ourense –todos menos os que non estaban traballando por baixa ou vacacións-- asinaron un escrito apoiando a decisión do Sergas. \"Todos os profesionais implicados no asunto\", aclaran desde Verín, onde unha traballadora asegura que mesmo un pediatra quen lle recoñeceu que lle fora moi difícil negarse a firmar un documento \"promovido polos xefes\". Desde Verín, persoal lembra tamén que, malia os intentos da Xunta, ningunha sociedade profesional amosou o seu apoio á decisión de pechar o paridoiro. \"Nin sendo verdade o que argumentan, que non o é, uns compañeiros se atreverían a asinar algo que cargue contra os seus compañeiros e poña en dúbida a súa profesionalidade e capacidade\", destacan."}
{"ID": "NOS_35507", "summary": "A Xunta Única de Resolución afirma que un procedemento de insolvencia tería maiores custos.", "text": "As accionistas e acredoras do Banco Popular, entre as que se atopan centos de galegas e entidades como a Fundación Pedro Barrié de la Maza, quedarán finalmente sen compensacións polo proceso de liquidación da entidade financeira en 2017. Así o ditaminou a Xunta Única de Resolución (XUR), a autoridade europea que asegura a resolución ordenada dos bancos en dificultades co menor impacto na economía e finanzas dos Estados membro, nunha resolución na que conclúe que, de terse levado a cabo un proceso normal de insolvencia no caso do Popular, a operación houbese xerado custos moito maiores. O Popular, que en 2012 absorbeu o Banco Pastor, un dos históricos dos sector financeiro galego, foi liquidado e posteriormente vendido por 1 euro ao Banco Santander, o que deixou ás accionistas e acredoras sen os seus cartos. Moitos deles recorreron á vía xudicial para recuperar parte do investido. O mecanismo funciona Agora, o organismo de resolución europeo, baseándose nunha avaliación posterior á resolución elaborada por unha consultora independente e na análise dos comentarios que as partes involucradas remitiron anteriormente, deixa sen compensación a moitas das persoas e entidades que apostaran no futuro da entidade financeira. \"Esta decisión fecha o proceso para analizar se unha insolvencia suporía un mellor resultado para as accionistas e acredoras de Banco Popular afectadas. Está claro que non é así\", indicou a presidenta da Xunta Única de Resolución, a alemá Elke König. \"Entendo que sexa decepcionante para aquelas que perderon, pero demostra que o marco de resolución é efectivo e protexe ás contribuíntes e á estabilidade financeira\", engadiu."}
{"ID": "NOS_5063", "summary": "Diversas ONG manifestaron xa a súa preocupación ante o anuncio de Musk de \"non castigar\" os discursos violentos e de odio.", "text": "A multinacional estadounidense Twitter aceptará finalmente as condicións impostas polo magnate Elon Musk para formalizar a compra —por perto de 44.000 millóns de dólares— da popular rede social, logo de que ameazase con rachar o contrato nas últimas datas, segundo vén de informar o xornal The Washington Post. As negociacións estancáranse hai unha semana, cando Musk exixiu que a compañía proporcionase datos sobre contas falsas e de spam, que el mesmo cifrou en \"20% das persoas usuarias\", un dato que desde Twitter reduciron a 5%. O magnate afirma que unha de cada cinco perfís da rede social son falsos Elon Musk sostén que precisa obter eses datos para realizar a súa propia análise de Twitter porque non cre nas \"laxas metodoloxías\" coas que a compañía opera actualmente. Mais agora, segundo o Post, o consello de administración da multinacional teconolóxica valora agora aceptar as demandas do magnate, que esta mesma semana podería recibir toda a información solicitada sobre esas contas falsas e de spam. O Twitter de Musk No caso —probábel— de se oficializar a venda, Musk procedería a \"optimizar o produto\" a través da instauración de algoritmos de código aberto para \"acabar cos bots\" verificando todas as persoas usuarias humanas. Elon Musk compra Twitter: que pasará agora? Preocupación ante os discursos violentos Porén, diversas ONG manifestaron xa a súa preocupación ante o anuncio de Musk de \"non castigar\" os discursos violentos e de odio. \"A liberdade de expresión non é un dereito absoluto, polo que Twitter precisa investir esforzos para manter os seus usuarios máis vulnerábeis seguros na plataforma\", dixo Deborah Brown, de Human Rights Watch (HRW). Na mesma liña apuntou Michael Kleinman, responsábel de dereitos humanos de Amnistía Internacional: \"O último que precisamos é un Twitter que fai a vista gorda no tocante á violencia e os discursos de odio\"."}
{"ID": "NOS_48141", "summary": "Euskal Herria conmemora este domingo, 27 de marzo, o Aberri Eguna, unha xornada festiva na que milleiros de persoas berraron \"Si á independencia\" nunha manifestación convocada pola rede Independentistak.", "text": "O acto máis masivo dos que tiveron lugar na mañá do domingo en Euskal Herria foi o convocado pola plataforma Independentistak, que reuniu milleiros de persoas encabezadas por unha gran ikurriña nunha mobilización que tivo lugar en Iruñea. Fontes da organización cifran en 15.000 as persoas que participaron na manifestación, que ten continuidade na tarde do domingo con actos festivos. Ao remate da mobilización, que contou con presenza galega –entre a que destacaba unha representación de Galiza-, o portavoz da rede Independentistak, Txutxi Ariznabarreta, apelou aos \"tempos de decidir\" e ao \"bai\" (si) á \"democracia, á xustiza social, ao euskera, ao Estado vasco e á independencia\". A rede Independentistak aposta en \"descolonizar e desconectar con Madrid e con París\" O portavoz da plataforma admitiu que \"o imaxinario colectivo está moi colonizado\" e sinalou que \"se queren liberar Euskal Herria teñen que comezar por liberarse a si mesmos\". Neste contexto, apostou en \"descolonizar e desconectar con Madrid e con París\". \"O centro de gravidade ten que estar en Euskal Herria\", apuntou. Tamén puxo de manifesto que \"o esquema de negociación bilateral co Estado está superado, é pasado e é unha quimera\". \"A única alternativa é seguir pola vía unilateral no movemento independentista\", engadiu. Na mobilización convocada por esta rede participou EH Bildu, cuxo portavoz, Pello Urizar, marcou como obxectivo do pobo vasco \"situar Euskal Herria en parámetros de futuro, artellando unha maioría social e política\". Urkullu, candidato a lehendakari O PNV aproveitou o acto convocado con motivo do Día da Patria vasca –que tivo lugar en Bilbo baixo o lema \"Un novo impulso\"- para anunciar que Íñigo Urkullu, actual lehendakari, aspirará á presidencia do Goberno vasco nas eleccións que terán lugar este ano. Aliás, o presidente do PNV, Andoni Ortuzar, sinalou en declaracións aos medios que o partido está disposto a falar coa esquerda abertzale de construír \"unha nación vasca, pero non unha Euskadi revolucionaria\". O PNV aproveita o Aberri Eguna para anunciar a candidatura de Urkullu a lehendakari Na mesma liña, Ortuzar salientou que \"de momento\", só ve \"mensaxes confusas na esquerda abertzale\" e apuntou que \"non parece realista pensar que, quen non se sente nin tan sequera abertzales, poidan abrazar a causa independentista\". Pola súa banda, Urkullu afirmou que o PNV avoga nun \"novo estatus\", \"o futuro é dar resposta á demanda social dun novo estatus político que actualice o noso modelo de relación co Estado\". Aproveitou tamén para facer balanzo da súa xestión á fronte do Goberno, \"levamos 8 trimestres seguidos de crecemento e emprego\" e confirmou a \"disposición\" do PNV para \"facilitar a gobernabilidade\" do Estado español. Podemos conmemora o seu primeiro Aberri Eguna Por vez primeira, e reforzado polos resultados das eleccións xerais de decembro, Podemos conmemorou o Aberri Eguna e fíxoo en Donostia, reclamando \"unha patria inclusiva na que collan todas as identidades, todo o mundo, que non deixe ninguén atrás\". Podemos conmemora o seu primeiro Aberri Eguna apelando por unha \"patria inclusiva\" A secretaria xeral de Podemos, Nagua Alba, sinalou que o proxecto da \"patria inclusiva\" deberá ter como base fundamental \"a defensa dos dereitos humanos, a paz e dos dereitos sociais\". No seu acto xuntou perto dun cento de persoas xunto á escultura da pomba da paz baixo o lema \"A nosa patria é a xente\"."}
{"ID": "PRAZA_2953", "summary": "Podemos concluir, por un lado, que existe unha certa desgaleguización identitaria, paralela, por outra banda, á perda de falantes da lingua propia (anque non existe unha relación observable entre ambos fenómenos); e, por outro, podemos apreciar como a perda de voto \"estrictamente nacionalista\" vai parella á caída deste sentimento entre a poboación galega.", "text": "As eleccións xerais do 20 de decembro deixaron insatisfeitas á maioría de formacións políticas; pero, sen dúbida, unha das que contemplou os resultados cun maior desagrado foi Nós-Candidatura Galega, que deixou no camiño máis de 110.000 votos respecto ó BNG en 2011, ocasionando a perda da representación nacionalista allea ó 100% a forzas de obediencia estatal. Se ben é verdade que En Marea obtivo o excelente resultado de 6 deputados, non é menos certo que a temática propiamente nacionalista galega asociada a esa organización quedou moi diluida durante a campaña. Do mesmo xeito, a súa natureza ideolóxica non era desa índole; e o perfil sociolóxico netamente galeguista só abarcaba a unha cuarta parte dos seus votantes, dacordo co CIS de decembro de 2015. Polo tanto, estamos ante un claro fracaso do nacionalismo galego, que contrasta, no outro extremo, cos resultados das eleccións autonómicas de 1997, cando o BNG superou a barreira do 25% dos sufraxios. Neste sentido, se nos detemos no sentimento nacionalista existente entón (tomando novamente como fonte o CIS) e o comparamos co habido en 2015, a xente que se sentía máis galega que española ou unicamente galega situábase ó redor do 35% da poboación, mentres que actualmente abarca ó 20%. Consecuentemente, podemos concluir, por un lado, que existe unha certa desgaleguización identitaria, paralela, por outra banda, á perda de falantes da lingua propia (anque non existe unha relación observable entre ambos fenómenos); e, por outro, podemos apreciar como a perda de voto \"estrictamente nacionalista\" vai parella á caída deste sentimento entre a poboación galega. A que se debe isto? No caso da franxa dereita (PPdeG), ó proceso de \"españolización\" vivido dende comezos desta centuria, imprimido primeiro polo \"aparato\" de \"Génova\" e logo por pola cúpula deste partido en Galicia. Estamos así, ante un proceso de arquitectura institucional que ocasionou a disminución progresiva do sentimento galeguista entre o seu electorado (hoxe, existente en 1 de cada 5). No que atinxe á á esquerda da política, podemos considerar como factores da mencionada caída: a asociación que fai boa parte da poboación do BNG coa \"vella política\", así como a mala imaxe pública da UPG. Neste caso, se ben é certo que cómpre separar a ideoloxía dos comportamentos humanos, unha vez producidos estes, boa parte do electorado relaciona inevitablemente estes cunha serie de ideas, sexa ou non de forma xusta, tal e como antes sinalamos. A nivel mediático, os numerosos discursos levados a cabo dende a maioría dos principais \"media\" contra os nacionalismos periféricos, que tiveron lugar especialmente dende o comezo dos procesos de reformas estatutarias; máis o apoxeo de canles privadas españolas e dos debates políticos -cunha temática marcadamente española e coa consabida existencia dunha escasísima ou nula presenza deste tipo de organizacións partidistas nos platós de televisión- poden incluirse como factores de desgaleguización desde o punto de vista do sentimento nacionalista. Deste xeito, os resultados electorais habidos nas catro últimas eleccións de distinto signo que houbo en Galicia -posteriores todos eles á Asamblea de Amio, e nos que a coalición entre a esquerda estatal e unha parte do nacionalismo sempre superou ás candidaturas integradas só por forzas galeguistas de ámbito da nosa CC.AA- amosaron, por un lado, dificultade para medir o nivel de sentimento identitario galeguista, dada a peculiaridade desta nova estrutura partidista; pero, ó mesmo tempo, deron lugar á sospeita e posterior confirmación de que este foi progresivamente declinando, estancándose no último lustro na quinta parte dos galegos. Curiosamente e en contra do que sempre se di en política: \"as eleccións, e non as enquisas, marcan as pautas politolóxicas\"; para obter información desta índole pode que os inquéritos, aínda sendo imprecisos, sexan máis útiles, sempre e cando teñan un erro de mostra considerablemente menor ó de outros estudos de opinión."}
{"ID": "NOS_19495", "summary": "O Concello de Moaña comezou a restauración e posta en valor da torre medieval de Meira, situada nun enclave denominado Monte da Torre, con vistas sobre a ría de Vigo.", "text": "Hai apenas un mes comezaban os traballos de restauración da torre de Meira, en Moaña. Unha actuación que desenvolve o concello do Morrazo, que asinou un convenio coa Comunidade de Montes de Meira, e que consiste nunha nova escavación da zona norte para ampliar as áreas que foran estudadas no ano 1976. No punto onde se acometen as obras localizaríase a suposta porta de acceso á fortaleza. A obra viu a luz verde na xunta do Goberno local de 21 de setembro de 2020 e o 11 de xaneiro o Concello contratou o proxecto das obras por un importe de 14.786 euros. A Deputación de Pontevedra, a través dunha subvención, asume 11.274 euros e a cantidade restante corre por conta das arcas municipais. A restauración da torre irá acompañada dunha sinalización que explicará a importancia do enclave e a súa historia. A orixe A fortaleza, situada nun promontorio a 140 metros de altitude, constaba dunha torre de vixilancia, un patio de armas, unha muralla e un foxo. Pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. Foi derrubada polos Irmandiños entre 1467 e 1469. No lugar atopouse material metálico, cerámico e restos óseos que permanecen depositados no Museo de Pontevedra. A parroquia de Meira posúe varios conxuntos de petróglifos da Idade de Bronce."}
{"ID": "NOS_34664", "summary": "O 14 de agosto de 1936 era asasinado nunha gabia de Palas de Rei, o artista plástico e deseñador Camilo Díaz Baliño. Persoa de compromisos fondos, pasou aqueles días previos ao seu asasinato debuxando aos seus compañeiros de martirio no cárcere compostelán da Falcona. A arte máis unha vez como compañeira contra a desesperanza.", "text": "É ben coñecida a representación que O Bosco fixo do inferno, con imaxes apocalípticas e seres demoníacos, un simbolismo xerminado dunha fantasía portentosa que leva o relato bíblico á mesma beira dun abismo diabólico. Non foi o único, ao longo da historia houbo escritores e artistas que describiron as súas propias versións do averno con todo tipo de detalles, imaxinando cos ideais teolóxicos de cada época. Dante, Munch, Kafka, Blake, Goya, Leopardi… rebuscaron ata resucitar das sombras espectrais a visión deses lugares comúns nos que reina a maldade, o aterrador, perverso, lúgubre... Concibiron a arte con mundos subxectivos, episodios sempre imaxinados nos que se regodeaban para expiar as súas propias fraquezas, mundos nos que, a pesar de todo, hai unha beleza que encandea e que nós mesmos construímos mentalmente, coñecedores de que o que vemos ou lemos é pura e creativa ficción. Todo o demais son \"percepcións, emocións, sentimento e coñecemento\", que achegamos para completar o propio sentido da obra. Na violencia da represión e a ignominia, o inferno é real. No 36, no cárcere da Falcona en Santiago, Camilo Díaz Baliño tratou de dobregalo retratando aos seus compañeiros de prisión Pero, que ocorre cando as autoras e autores nárrannos en primeira persoa o drama que viven desde unha cadea, un campo de concentración ou un gueto?. Cando sabemos que son eles e elas os protagonistas do horror?. O impacto e impresión que nos deixan entón as súas creacións é moito máis intenso, máis forte, porque é a crúa realidade a que se impón e non un tropo da mesma. Perseguidos pola súa ideoloxía, cultura, relixión, orientación sexual…, padeceron e sufriron todo tipo de atropelos, e, aínda así, converteron a arte en esperanza, producindo propostas que lles axudaron a ser máis libres, conscientes como eran de que a verdadeira liberdade atopábase detrás dun arame de espino. A arte nos campos de concentración Nos campos de exterminio da Segunda Guerra Mundial os prisioneiros recorrían á poesía, que recitaban en grupo, interpretaban pezas teatrais e partituras musicais, mesmo valíanse do emprego de sinxelos materiais para recompor a crueldade do día a día. Era o único xeito que tiñan de plantarlle cara a tanta brutalidade. Os republicanos españois en Gurs, como afirmación de resistencia, levantaron unha e outra vez esculturas efémeras de barro, tamén houbo quen logrou documentar a súa vida en catividade con apuntamentos e acuarelas ou sobre os escasos obxectos que tiñan a man, fosen cadernos, latas, anacos de madeira ou óso. Foron moitos os que se axudaron da arte na desesperanza. Moitos tamén os que non sobreviviron á barbarie Calquera cousa servía: as caixas de mistos de Roger Payen recrearon en miniatura os sucios barracóns da vergoña, os gouaches de Charlotte Salomon puxeron voz ao berro de Auschwitz, o mesmo que os Apátridas debuxados por Marx Ernst en Milles ou os carros con mortos esbozados por Zoran Music en Dachau. Foron moitos os que se axudaron da arte na desesperanza. Moitos tamén os que non sobreviviron á barbarie. As súas obras son as que, por fortuna, empéñanse en manter vivas as pegadas da historia. Na violencia da represión e a ignominia, o inferno é real. No 36, no cárcere da Falcona en Santiago, Camilo Díaz Baliño tratou de dobregalo retratando aos seus compañeiros de prisión. Nunhas follas de papel trazou perfís sobre fondos fríos e indefinidos, rostros tristes e ausentes. Vinte e seis sinxelas ilustracións para representar a mirada da incerteza duns homes acurralados por a mesma e miserábel experiencia. O artista esquécese dos xiros modernistas do seu traballo como escenógrafo, cartelista e ilustrador de libros, non hai tempo para ornatos estéticos, en momentos así tan só priman os trazos máis elementais, os máis sobrios, o ascetismo do perentorio. A obra de Díaz Baliño na Falcona Díaz Baliño foi un home comprometido co obxectivo nacionalista, implicado coas Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e a xeración Nós. Como artista, os deseños para teatro e a participación gráfica en distintas publicacións da época, así como as colaboracións en cubertas de editoriais ou a súa complicidade coa Coral de Ruada fixérono merecedor dun gran recoñecemento entre os seus contemporáneos. Naqueles aciagos días tivo o valor de deixar un testemuño transcendental, un documento crave que destapa con espontáneos debuxos un período sinistro da historia do noso país. Ánxel Casal, os Pasín, \"o Nécoras\", \"o Nouche\", Pepiño Areosa, José Caballero Rubio… son algúns dos retratados que foron asasinados polos seus ideais nos primeiros meses do golpe de estado. Políticos, mestres, militares republicanos, profesionais aos que o artista plasmou co seu \"lapis de carpinteiro\". Díaz Valiño foi inmolado, xunto ao estudante de medicina Sixto Aguirre, no mes de agosto en Palas de Rei. En topos adversos, onde semella que non existe espazo para a beleza, tal cal nós podemos imaxinala, é onde a arte creada ao límite retén a imaxe infame do relato e convértese en revulsivo da memoria. É aí, en toda a súa crueza, onde se sobrepón o real ao ficticio, a ética á estética, é aí, ao bordo do abismo, onde se improvisan as auténticas creacións."}
{"ID": "NOS_43321", "summary": "As axudas públicas á sanidade privada incrementáronse un 2% en 2020, medrando nun 20% desde a chegada de Feixoo ao Goberno galego. A Xunta da Galiza achegou no exercicio de 2020 a estes operadores 209 millóns de euros, correspondéndose 129 millóns de euros con concertos cos centros hospitalarios privados.", "text": "O Goberno galego financiou a sanidade privada con 209 millóns de euros en 2020. Segundo recolle o Informe de Fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de 2020, elaborado polo Consello de Contas, 62,1% do total dos fondos están destinados a sufragar o gasto derivado da actividade realizada polos centros hospitalarios privados conforme á carteira de servizos concertada. A contía restante correspóndese con outras prestacións sanitarias de operadores privados, entre elas, aquelas derivadas do dispositivo asistencial da saúde mental, dos programas especiais de hemodiálise, dos labores de rehabilitación ou fisioterapia e do conxunto das actividades asistenciais externalizadas polo Sergas. A Xunta da Galiza achegou á atención especializada en concepto de concertos 129 millóns no último exercicio fiscalizado polo Consello de Contas. A efectos contábeis, inclúense nesta partida a totalidade de prestacións incorporadas á carteira de servizos concertada entre o Sergas e os distintos centros hospitalarios privados, variando os contidos de cada un en función das capacidades asistenciais das entidades contratistas. Neste sentido, a maioría dos acordos inclúen diferentes probas diagnósticas, cirurxías ou servizos de resonancia magnética, medicina nuclear e TAC, sendo importante o número de profesionais que desenvolven a un tempo a súa actividade nos centros públicos e privados. A sanidade privada posúe xa seis de cada 10 hospitais na Galiza e 23% das camas Povisa, o máis favorecido O hospital vigués Povisa é o centro máis favorecido por esta fórmula de xestión. O complexo sanitario, propiedade desde o pasado 27 de xullo do grupo francés Vivalto Santé, recibiu en 2020 das arcas públicas 72 millóns. Asemade, a Xunta achegou a outros hospitais do mesmo grupo empresarial, como o lugués Polusa e o ferrolán Juan Cardona, algo máis de 11,2 millóns de euros. Na mesma dirección, os hospitais de Quirón, Quirónsalud A Coruña, Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo e Quirónsalud Domínguez de Pontevedra, recibiron máis de 9 millóns. Ao tempo, a firma Hospitales Madrid, titular da clínica Modelo da Coruña e da Rosaleda de Compostela, embolsouse máis de 8,5 millóns das arcas públicas. Os hospitais galegos Povisa, Polusa e Juan Cardona pasarán a ser propiedade dun grupo privado francés Consello de Contas As relacións entre os grupos sanitarios privados e a Xunta da Galiza levan anos no albo do Consello de Contas. A este respecto, no seu informe do ano 2020, o organismo dirixido por José Antonio Redondo afirma que \"o Sergas está a utilizar a autorización de uso temporal como unha forma ordinaria de contratación, de maneira directa, sen concorrencia, publicidade e igualdade de trato, de servizos sanitarios non concertados nos que, ademais de carecer das notas de excepcionalidade e temporalidade que identificarían esta figura, débese engadir que, ao obviarse a vía estabelecida na lexislación de contratos públicos, non existe expediente de contratación\". O órgano de fiscalización apunta, tamén, que \"hai determinados servizos nos que non se emprega ningunha fórmula contractual, senón que se recorre de forma reiterada ás autorizacións de uso. Esta figura, que ten a súa orixe na lexislación sanitaria, carece de sustento para ser utilizada con esta finalidade e vulnera os principios esenciais da contratación pública\". No mesmo sentido, o informe pon de manifesto que \"debe engadirse a existencia (cun notábel incremento neste exercicio) de gasto sustentado en documentos contábeis ADOK, que obedecerían potencialmente á adquisición de servizos vía contrato menor. Porén, pola súa dimensión económica e reiteración, non poderían ter a dita cobertura\"."}
{"ID": "PRAZA_16806", "summary": "ENTREVISTA | Falamos con María Navarro Limón, coordinadora da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), que esta fin de semana celebra na Coruña a súa asemblea anual, na que a reivindicación do seu dereito a emitir e a defensa da liberdade de expresión en España estarán moi presentes.", "text": "A Coruña acolle esta fin de semana a asemblea anual da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), na que medio cento de persoas dunha vintena de medios de toda España debaterán sobre a situación do sector, os avances na súa batalla para que Goberno central recoñeza o seu dereito a emitir e o estado da liberdade de expresión, ante as ameazas que nos últimos tempos pairan sobre ela. Tamén estará sobre a mesa o expediente que hai uns meses a Xunta abriu (e finalmente arquivou) contra Cuac FM a instancias do Goberno central. A asemblea comezará na mañá do sábado no centro cívico da Cidade Vella (rúa de Veeduría, 2) e finalizará o domingo. Antes, o venres ás 18.30 horas, Xabier Fortes (membro do Consello de Informativos de TVE), Isabel Lema (integrante de Cuac FM e vogal da ReMC na sección europea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias) e María Navarro Limón (coordinadora da ReMC) participarán alí nunha mesa redonda sobre liberdad de expresión. Falamos con María Navarro, que nesta asemblea será substituída por outra persoa á fronte da Rede. \"Temos unha PNL aprobada no Congreso, unha demanda da ONU ao Goberno de España para que responda por que non concede licencias a medios comunitarios e acaba de publicarse unha recomendación do Consello de Europa\" Por que escollestes A Coruña para a realización este ano da asemblea? Facemos unha asemblea anual en distintos puntos do Estado nos que exista algún medio comunitario que forme parte da rede. E este ano escollemos A Coruña porque queriamos apoiar os compañeiros de Cuac FM por mor do expediente sancionador tan salvaxe que lles interpuxo a Xunta a instancias do Estado. Pechouse sen sanción pero incorporando unha prohibición tácita de emitir en FM. Que obxectivos ten esta asemblea? Na asemblea levaremos a cabo unha renovación de cargos que xa toca, por exemplo no meu caso. E, sobre todo, analizaremos a situación xurídica e política vivida neste ano, no que a ReMC obtivo uns triunfos moi importantes: temos unha PNL aprobada no Congreso, unha demanda da ONU ao Goberno de España para que responda por que non concede licencias a medios comunitarios e acaba de publicarse unha recomendación do Consello de Europa instando a promover os medios comunitarios, para evitar situacións de concentración de medios privados, como está sucedendo en España. Parece que está dando froitos o traballo de moitos anos. Temos moito que celebrar e moito que debater, temos que decidir que estratexia imos seguir nos vindeiros tempos e se imos consolidar alianzas coa PDLI e outras entidades que están loitando pola liberdade de expresión. \"Está en debate a nova Lei Audiovisual Andaluza. Temos que ter cautela, pero parece existir sensibilidade para que a norma recolla un mecanismo para protexer os medios comunitarios\" Hai normativas, tanto a nivel español como internacional, que sosteñen o dereito dos medios comunitarios a emitir, pero iso segue se traducirse en cambios reais. Os medios comunitarios seguen nesa especie de limbo legal... Cambiará isto? Si, hai moitas directrices, a nivel estatal e europeo, que apoian o reparto de licenzas de emisión para os medios comunitarios, pero o Goberno non muda a súa posición. Dende a ReMC levamos ante o Tribunal Supremo este incumprimento de reparto, perdemos ese recurso e finalmente levamos o tema á ONU, que recolleu as nosas demandas, pero parece que o Goberno non se dá por aludido. É moi importante o que está sucedendo en Andalucía. Está en debate a nova Lei Audiovisual Andaluza e eu mesma participei como poñente no trámite parlamentario. Temos que ter cautela, pero parece existir sensibilidade para que a norma finalmente recolla un mecanismo dende a Comunidade Autónoma para protexer os medios comunitarios, instando o Estado a que leve a cabo un reparto de licenzas. De aprobarse, sentaría un precedente moi importante. En Galicia asistimos a un peche total da Xunta a recoñecer os medios comunitarios. En cambio noutras comunidades, como Andalucía, Navarra ou Cataluña si parece estar habendo avances tímidos... Tímidos, ti o dixeches. Porque ao final en Navarra a adxudicación da primeira licenza de radio comunitaria foi recorrida polas emisoras comerciais; que sigo que sen entender que nos vexan como unha ameaza. En Andalucía estamos ao final do trámite e todos os partidos interesáronse polas nosas emendas, incluído o PP, pero temos que ter cautela. En Cataluña si que hai un decreto de fomento dos medios comunitarios que supón un grandísimo avance. Dende a ReMC fixestes un estudo sobre a situación -económica, de persoal, de contidos, tecnolóxica...- dos medios comunitarios en España e a conclusión non foi boa. Supoño que en boa medida isto débese aos obstáculos impostos dende a administración, á negativa a conceder licenzas e a recoñecer estas entidades como medios... Claro, eu póñoche o exemplo do meu medio, Radiópolis, en Sevilla. En 12 anos de historia tivemos un expediente por parte do Estado central, que tamén foi arquivado, tivemos problemas co Goberno municipal, coas axencias de dereitos de autor..., unha cantidade de obstáculos que impiden ou dificultan levar adiante proxectos que teñen unha compoñente importante de voluntariado. Se ti es un medio moi visible socialmente e estás moi implicado cos problemas da túa comunidade, como lle pasa a Cuac ou como nos pasa a nós, ao final acabas tendo problemas e as administracións agárranse a esa alegalidade para imposibilitar o noso traballo. \"Somos un instrumento de alfabetización mediática e un elemento que permite crear vínculos entre a comunidade, dándolle voz e retransmitindo realidades que doutro xeito non terían espazo\" Noutros países o papel dos medios comunitarios está recoñecido polo Estado e pola sociedade, tense en conta a súa función como garantía de acceso da cidadanía a poder emitir e comunicar, como escolas de democracia e participación, como alfabetizadores mediáticos... Isto non se ve en España? TVE e as autonómicas non están garantindo neste momento o dereito de acceso dos distintos colectivos e entidades sociais. Isto fai que sexan os medios comunitarios a fiestra á participación e á posibilidade de emitir. Somos, neste senso, un instrumento de alfabetización mediática e un elemento que permite crear vínculos entre a comunidade, dándolle voz e retransmitindo realidades que doutro xeito non terían espazo. Moitos medios privados limítanse a facer redifusións dos contidos xerados noutro lugar, estase a perder a vertebración cultural do territorio. Aínda que respondemos de comunidades pequenas, facemos un labor importante de contrapoder. \"Ata agora parecía que moita xente non se sentía concernida pola reivindicación do dereito á información, pero cando comezaron a meterse con liberdades máis básicas, como pode ser o dereito a expresarse, a facer unha canción..., parece que se xerou unha alerta maior\" Este venres Xabier Fortes, Isabel Lema e ti debateredes sobre a situación da liberdade de expresión en España, ante as ameazas e ataques que está a sufrir. Hai motivos para a preocupación? E, neste senso, está a sociedade concienciada ante este problema? Parece que hai un certo espertar da preocupación por esta cuestión. Ata agora parecía que moita xente non se sentía concernida pola reivindicación do dereito á información, pero cando comezaron a meterse con liberdades máis básicas, como pode ser o dereito a expresarse, a facer unha canción..., parece que se xerou unha alerta maior. Dende a ReMC vimos loitando por estas cousas dende hai anos, e é bo que agora exista máis preocupación. Pero si, estamos nun momento alarmante. \"Sempre nos chama a atención que a administración nunca actúe contra as emisoras privadas piratas, que están ocupando ilegalmente unha frecuencia no dial, moitas veces mesmo recibindo diñeiro público\" Vides á Coruña para apoiar a Cuac FM. É un paradigma da situación que atravesan moitas outras emisoras no territorio español? Traballando dende hai anos, implantada socialmente, pero sen apoio público e tendo que superar obstáculo tras obstáculo para sobrevivir? Sempre nos chama a atención que a administración nunca actúe contra as emisoras privadas piratas, que están ocupando ilegalmente unha frecuencia no dial, moitas veces mesmo recibindo diñeiro público. Non pode ser que unha radio que emite música machista tape o sinal dunha comunitaria, como nos pasou a nós en Sevilla. Pero en cambio a administración si que vai contra un medio comunitario como Cuac, asentado socialmente, que vén realizando dende hai anos un traballo moi importante de alfabetización mediática, de acceso, con moito apoio... Seguramente a Xunta tivo que arquivar o expediente precisamente pola capacidade de mobilización que tivo Cuac, por ser un medio vinculado a unha comunidade física, algo moi importante e que se está perdendo nos últimos tempos."}
{"ID": "NOS_46744", "summary": "Clodomiro Montero afirma quen a entidade financeira oculta a listaxe de persoas que serán despedidas, así como as oficinas que serán fechadas após o proceso de re-estruturación.", "text": "Novagalicia Banco mantivo unha reunión cos sindicatos para entregarlles máis documentación sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) que formulou hai uns días e que afecta un total de 2.508 traballador@s. É a terceira reunión após que os sindicatos anunciaran que non tiñan información abondo para presentar unha proposta á entidade financeira. \"Sen a documentación que a lei obriga a facilitar é moi difícil que poidamos presentar ningunha contraproposta\", asegurou Clodomiro Montero, responsábel de CIG-Banca e voceiro do comité de empresa integrado polos sindicatos CGT, CIG, C.OO., Csica, UGT e ASCA que participaron na reunión. Entre a información que solicitan os sindicatos está a listaxe de persoas que a entidade financeira pensa despedir. \"Non sabemos as persoas afectadas, cando teñamos máis datos presentaremos propostas alternativas\", asegurou o portavoz dos sindicatos. A falta de documentación é unha das eivas que ten este proceso. \"Hoxe chamámoslle a atención á empresa porque eles propuxeron despidos e traslados sen facilitar nin os criterios nin a quen afectan\". Segundo o responsábel da CIG-Banca coa documentación entregada nesta reunión poderán presentar \"algunha proposta\" cara á seguinte que se realizará a semana vindeira. Entre a información que solicitan os sindicatos está a listaxe de persoas que a entidade financeira pensa despedir. Responsabilidades políticas polas preferentes e subordinadas Os sindicatos denunciaron tamén o que consideran \"unha manobra\" no tema das Preferentes e Subordinadas. \"Un dos problemas que ten a arbitraxe das preferentes é que parte da idea de exonerar aos directivos ea os responsábeis políticos centrando o problema nunha mala praxe por parte dos traballadores e traballadoras desta entidade\". Clodomiro Montero deixou claro que a culpa non é del@s posto que \"non decidiron colocar este producto\". Sinalou a responsabilidade \"política\" dos gobernos e demandou \"que se lle devolva á clientela o cen por cen dos seus aforros\"."}
{"ID": "PRAZA_6165", "summary": "Entre o venres 25 e o domingo 27 o festival celebrará a súa cuarta edición, de novo mantendo en segredo a maior parte das bandas e artestas participantes, e de novo con éxito: practicamente esgotou as 1.400 entradas postas á venda", "text": "O Sinsal San Simón é máis que un festival de música, por moitos motivos. Un deles deles pola singularidade do lugar no que se celebra, a Illa de San Simón, un espazo único no medio da ría de Vigo, absolutamente cargado de historia, dende a que evoca a súa ermida, até os seus tempos de leprosería, primeiro, e de campo de concentración franquista, despois. A segunda singularidade do festival é que é un dos poucos no mundo que non anuncia previamente o seu cartel, os grupos e artistas participantes, que permanecen en segredo até o mesmo inicio do mesmo. Mesmo así todos os anos (esta é a cuarta edición) o festival esgota todas as entradas que pon á venda (o aforo máximo permitido na illa é de 700 persoas). Este ano xa non quedan entradas para o sábado, e as do domingo van camiño de completarse, igualmente. Isto demostra, en boa medida, a confianza no criterio de Sinsal, que leva máis dunha década traendo a Galicia bandas coma Explosions In the Sky, Gang Gang Dance, Múm, Dominique A, Lali Puna, CocoRosie con Antony & the Johnsons, Young Marble Giants, Dirty Projectors, Bonnie Prince Billy, Ariel Pink's Haunted Graffiti ou Alt-J, moitos deles algúns anos antes de seren coñecidos polos seus públicos actuais. Este ano o cartel buscará continuar a mesma liña aberta en anos anteriores e que guía o traballo de Sinsal: a aposta por nomes que poden ser importantes na música nos vindeiros anos, propostas experimentais e tamén bandas galegas: \"Gústanos tamén a aposta por grupos galegos que empezan e sobre todo por aqueles que teñen dificultades para actuar noutros festivais polo seu estilo de música\", sinalaban os responsables de Sinsal en entrevista con Praza o pasado ano. As entradas, que inclúen o traxecto en barco (outro dos atractivos do festival) dende Vigo ou dende San Adrián, teñen un prezo de entre 43 e 47 euros para as xornadas do sábado ou o domingo. Este ano o festival incorpora unha novidade: unha xornada previa, o venres, con prezos máis reducidos (entre 25 e 28 euros) e cun cartaz máis reducido e xa anunciado: Throwing Shade, Friskstailers, Jagwa Music, Oso Leone e Xenia Rubinos. O festival incorpora outros atractivos, por exemplo o \"programa de Músicas Escondidas\", concertos que se levarán a cabo en distintos lugares da illa, e que serven para afondar na relación con este espazo tan especial. Catro formacións galegas: Apenino, Why Go, Trilitrate e Caspervek Trio, porán a música. Haberá tamén espazo para as artes escénicas na capela de San Simón. A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organiza a proxección de \"Artistas\" (proxecto de visibilización de obras artísticas das alumnas das facultades de Belas Artes, Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo). Ademais, a capela acollerá a representación de dúas obras de teatro comisariadas por Pablo Fidalgo, coordinador de Material Memoria do Museo MARCO de Vigo. As pistas Psicodelia e pop \"vintage\" para amantes de Beach Boys, Love, Kevin Ayers, Syd Barrett... Sorpresa maiúscula do 2013. Os nosos invitados viven na fronteira da psicodelia primitiva, sen espaventos. Con todo, inspirarse nos clásicos pode ser tan complicado como innovar fórmulas orixinais. Cando un afronta o peso do pasado necesita un talento especial para non caer nun exercicio de estilo máis propio dunha banda tributo Os nosos invitados poderían ser a gran revelación nacional do ano co seu son entre o kraut e space rock. Atentos! Hai sons e xestos deste novo grupo que recuperan pequenos momentos do afterpunk dos 80' con Décima Víctima ou Aviador DRO. Os nosos invitados, moito máis contemporáneos, pertencen á xeración que creceu cos Planetas, Chucho ou Spacemen 3. Volta de porca ao post-rock desde Oriente. Tradición e modernidade. Unha experiencia única para escoitar nunha illa. Os encargados de abrir o escenario San Antón de #SinsalSonEG brillaron con luz propia no pasado Womex 2013 de Cardiff e no recente SXSW 2014 Gústannos os artistas con personalidade. Paixón, sentimento, elegancia, soul, R&B, 80s. O noso gentleman favorito. O seu estilo defíneno como R&B lo-fi e a crítica é unánime ao destacar o seu talento e presenza escénica. Esa moza xira con estrelas do rock e enche páxinas nas revistas de tendencias. Podería ser a BSO de San Simón. Neste caso, unha canción na serie de moda da televisión cambioulle a vida. Con todo, non temos dúbida ningunha que foi o seu talento o que chamou a atención de medios especializados Cantos grupos coñeces que publicaron grandes discos nos 70s, 80s, 90s, s. XXI e son unha referencia no rock? Poucas bandas exerceron tanta influencia no pop rock dos últimos 30 anos coma os nosos convidados. Foron obxecto de numerosas versións por grupos de diferentes estilos e condición, ademais de ocupar os postos destacados na memorabilia dos medios especializados Artista que lidera un proxecto musical fascinante. A emoción da tecnoloxía entre as areas do deserto. O noso invitado lidera un estilo sorprendente entre o folk, a psicodelia e a electrónica que, ademais, ten a peculiaridade de difundirse entre os seus seguidores a través dos teléfonos móbiles. Pop onírico desde as antípodas. Unha proposta moi especial, engaiolante e embriagadora a vixiar no futuro. Artista escandalosamente nova que se incorpora con forza ao bo momento da música española electrónica e ao pop. A artista que abrirá Sinsal SON Estrella Galicia pertence a unha xeración que creceu sen complexos coas etiquetas e incorpora os \"micro-sons\" ao pop."}
{"ID": "NOS_7968", "summary": "Unha representación do profesorado denuncia que unha alumna chegada de Italia terá que \"retroceder dous cursos\" polas dificultades para validar as materias entre Italia e España. Aseguran que ten os coñecementos precisos para dar por superada a ESO e reclaman que se atenda o particular desta situación.", "text": "As e os profesores do IES Mugardos, así como a equipa directiva, veñen de denunciar os problemas que ten o sistema de validación dos estudos para estudantes que chegan doutros estados. Malia que falan dun caso concreto, as e os docentes poñen de relevo unha eiva na xestión. En concreto, alertan de que unha rapaza italiana que estudou no instituto e que tivo unha media de notábel vai ter que \"retroceder dous cursos polo réxime de validación entre Italia e España\". Dada a peculiar situación de Nerea Raffaele, que superou o equivalente a 4 da ESO en Italia \"e cursou con éxito notábel os primeiros meses de primeiro de bacharelato\", exixen que se apliquen \"medidas extraordinarias\" para que a moza non perda tempo dos seus estudos. \"Despois de agardar durante meses a validación dos seus estudos, e tras unha ardua pelexa por parte dos seus país, a decisión do Ministerio de Educación é non validar as materias necesarias para considerar a ESO superada\", lamenta a comunidade educativa mugardesa. Así, despois de tres recursos por parte dos proxenitores, as e os profesores alertan da situación para intentar axudar á alumna, que mesmo chegou a trasladarse ao IES de Caranza. \"É por isto que o equipo de profesores do IES de Mugardos quere facer chegar a súa queixa nun caso que, polas características demostradas da moza, debería ser considerado extraordinario\", din. Aliás, subliñan que \"o ano pasado por mor da crise da Covid-19 promocionaron todo o alumnado non só de España senón tamén de Italia\". Polo tanto, agardan a apertura dun diálogo ao respecto coas autoridades educativas."}
{"ID": "QUEPASA_722", "summary": "As táboas en www.futboldacosta.com", "text": "Xornada fatídica para os nosos. Triple derrota para os nosos. Segunda consecutiva para un Fisterra que mantén a segunda praza. 7º partido sen gañar da SD Sofán, que se segue asomando ao fío. Mentres o Xallas cortaba ma Coruña unha serie de 4 partidos sen perder, deixándose ademais unha ocasión inmellorable de alonxar aos dous de abaixo. Arteixo - Fisterra (1-0) Fisterra: Iván bouzón, Pablo Vigo, Colombia (Piti, m.71), Dani Rubia (Cristopher, m.81), Dani Asensio (Javi Suárez, m.90); Aarón López, Roa (Lobelos, m.71), Santi Taboada, Julián López, Andres Vigo e Capelo. Gol: 1-0, m.2. Saíu durmido o cadro fisterrán na mañá dominical ao céspede da Ponte dos Brozos, e nada máis comezar xa un cabezazo en forma de tanto. As baixas mermaban moito o potencial ofensivo dos verdes, que aínda así pelexaron os 90 minutos por darlle a volta ao marcador. Capelo, Aarón ou Dani Asensio tiveron ocasións pero non acertaron. Os últimos 15 minutos o cadro de Canosa estivo con 10 pola expulsión Pito. San Tirso - Sofán (2-1) Sofán: Álex López, Dani Becerra, Juanjo Viqueira, David Castro, Rubén Balsa (Raúl Añón, m.46), Canedo, Fabián, Jacobo Eibe, Parafita (Pablo Carro, m.65), Raúl. Goles: 1-0, m.13; 1-1, m.41: en propia; 2-1, m.81. Están \"negados\" os da SD, e así o demostraron no Monte, pois puideron ter sacado algo positivo ante un dos de arriba, pero voltaron, unha vez máis e xa son 7 seguidas, de baleiro. Tras os primeiros minutos de tanteo por parte dos dous equipos, chegou o gol dos locais no primeiro cuarto de hora, onde tras unha falta lateral botada por Alvaro e ante o tráfico na área colase na porteria de Alex López poñendo o 1-0.As chegadas constantes as áreas foron a tónica xeral durante todo o partido debido as dimensións do campo, e nunha delas, antes do descanso, chegaría o empate, tras un bo centro dende a banda esquerda de Eibe que remata no primeiro pau Canedo e o seu remate desviao o fondo da sua propia porteria César. Na reanudación volveron as alternancias nas ocasións en cada equipo. Eibe mete un centro que volve a pasearse pola area pequena sen que Raúl nin Fabian acertasen a rematar, e a mesma acción repetiriase uns minutos despois. Ademais, a SD reclamou un penalti sobre Juanjo que o árbitro non considerou como tal. A 10 do final, e tras unha xogada no que os locais reclamaron unha falta sobre Fabián, chega a acción do segundo gol, onde o balón chega a banda dereita, onde recibe Xian e tras adentrarse no vértice da area marca de tiro cruzado ante a saída de Alex López.Outra semana onde o equipo sofanista fai méritos para levarse o partido, pero o final a sorte decantase do lado contrario. At. Coruña Montañeros - Xallas (2-0) Xallas: Coke. Marcos Mouro, Jacobo, Peke, Marquiños, Borja, Santi, Pablo Mato, Juan de Celia (Carliños), Doro e Álex Blanco. Goles: 1-0, m.20; 2-0, m.42. Partido diante dun rival directo que se formulaba como unha final. Pero o equipo non saíu concentrado e os herculinos levaron o peso do partido. Pronto se colocaba por diante o cadro local tras unha perda da defensa xalleira. A lesión de Juan de Celia á media hora deixou orfo o ataque dos de Adrián Lema, que non reaccionaron ata o descanso, sufrindo ademais un tanto máis tras unha presión descoordinada. Saíron máis enchufados na segunda, con maior iniciativa ante un cadro local que se meteu atrás vendo o empuxe do cadro xalleiro. E houbo ocasións, dúas moi claras para empatar, un gol anulado (protestado) a Doro, unha acción de Álex Blanco e unha man na área que o colexiado non viu, e que puido ter permitido que os verdes trouxeran algo positivo e non romperan a boa liña dos últimos partidos. Todas as crónicas de Preferente As táboas en www.futboldacosta.com"}
{"ID": "QUEPASA_946", "summary": "Este sábado remata o prazo para presentar proxectos de serie en galego e optar a un premio de 3000 euros", "text": "O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que celebrará a súa oitava edición do 8 ao 11 de setembro, acaba de abrir as inscricións para o seu programa formativo. Falamos do xa famoso Taller Kamikaze de creatividade audiovisual \"extrema\" de tres días completos para 12 persoas; e do Obradoiro de creación de contido dixital para as xeracións Y e Z con responsables do medio de alcance global Freeda. A experiencia audiovisual kamikaze trasládase ao Pazo de Cultura de Carballo, os días 30 e 31 agosto e 1 setembro, en horario intensivo de 10h a 20. As 12 persoas que participen no obradoiro enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir capítulos de serie Dinosauro que se estrearán unha semana máis tarde no festival acompañadas por profesionais do sector da talla de Alfonso Zarauza, Lucía Regueiro, Antón Varela, Iago López, Leticia T. Blanco ou Javi Camino. As persoas que queiran vivir esta aventura audiovisual extrema poden preinscribirse, antes do 16 agosto, a través deste formulario de inscrición. A semana do festival, o xoves 9 de setembro, de 17:00h a 20:00h, as directoras de contidos de Freeda Raquel García Trigueros e Clara Amechazurra Falagán ofrecerán un obradoiro de 3h de duración sobre Creación de contido dixital para as xeracións Y e Z. As persoas interesadas en participar neste formación, poden inscribirse, antes do 23 de agosto neste formulario. Hai aforo de 20 persoas. 3000 euros para o mellor proxecto de serie en galego O festival conserva ademais, na súa oitava edición, a dotación económica de 3000 euros para o premio a proxecto de webserie en galego. A data límite para presentarse é este sábado, 31 de xullo, ."}
{"ID": "NOS_32719", "summary": "Eliseo Fernández Fernández (Ferrol, 1967) é autor dunha abondosa bibliografía sobre os movementos sociais, a II República e a represión. Conversamos con el en relación seu traballo sobre o papel de Victoriano Suanzes no operativo represivo en Ferrolterra e que se publica no coleccionábel Os nomes do Terror.", "text": "A sombra do Terror en Ferrolterra. A actuación represiva de Victoriano Suanzes é o título do seu traballo para o coleccionábel Os nomes do terror. Pero quen foi realmente Victoriano Suanzes? Victoriano Suanzes era un capitán da Garda Civil, membro dunha coñecida familia ferrolá de forte tradición militar. Estivera destinado en Ferrol no período republicano e fora trasladado a Calahorra pola súa implicación en conspiracións golpistas previas á sublevación de xulio de 1936. Cando tivo lugar o golpe de Estado, Suanzes veu a Ferrol e o seu antigo compañeiro de conspiracións o gobernador civil e delegado de orde pública da Coruña, Florentino González Vallés, nomeouno delegado de orde pública de Ferrol. Desde o seu posto de delegado e en cooperación co novo xefe da policía, o artilleiro José María Pagola Birebén, Suanzes estableceu en todo o norte da provincia da Coruña un réxime de terror, que traballou na eliminación física das persoas que destacaran polo seu activismo social na II República. Malia que a finais de outubro de 1936 Suanzes foi cesado no cargo de delegado de orde pública en Ferrol, en 1937 foi nomeado delegado de orde pública da Coruña, o que ven significar un recoñecemento do seu traballo anterior en Ferrol. Nesta nova etapa a súa actuación non foi tan sanguenta como a que tivera en Ferrol, aínda que non estivo exenta de violencia represiva. Até a súa morte nos anos 60, Suanzes continuou desempeñando altos cargos na Garda Civil, foi recibido en varias ocasións en audiencia polo ditador Franco e mesmo integrou unha misión internacional para adestrar á policía peruana na ditadura de Odriá nos anos 50. Sinala na súa investigación que \"máis da mitade dos asasinatos e practicamente o 90% das execucións extraxudiciais cometidas na comarca de Ferrol nos tres anos de guerra tiveron lugar nos dous meses e medio de Suanzes como delegado de Orde Pública\", que explicación lle dá a iso? Creo que a intensidade da represión nestes dous meses e medio é ilustrativa dun feito relevante, que é o de que a salvaxe represión inicial foi o resultado dunha serie de decisións tomadas de modo xerárquico polos sublevados. O Goberno de Burgos nomeou González Vallés, este delegou en Suanzes para a zona de Ferrol e o propio delegado de orde pública organizou ás súas ordes á Garda Civil, á Policía e ás milicias executoras da represión. A represión mortal estivo concentrada neste período por unha vontade de xerar un clima de terror que eliminara físicamente aos opositores, paralizara calquera iniciativa de resistencia e sentara as bases dun novo Estado totalitario. O terrorismo, entendido na súa acepción de goberno polo terror, foi exercido polo aparato estatal a través dos delegados de orde pública ao mando da garda civil, policía e as milicias O terrorismo, entendido na súa acepción de goberno polo terror, foi exercido polo aparato estatal a través dos delegados de orde pública ao mando da garda civil, policía e as milicias. Mediante as sacas dos cárceres, os paseos de xente inmediatamente despois de ser detida, as malleiras, as humillaciońs, as violacións e a extorsión, eliminou fisicamente ás persoas opostas ao réxime e evitou que moitas outras persoas tivesen a tentación de facer calquera actividade de oposición ou manifestase ideas contrarias ás impostas polo novo estado. No período de Suanzes en Ferrol houbo unha enorme cantidade de mortes e ademais a maior parte dos asasinatos foron realizados fóra de calquera xustificación legal. A represión exerceuse con impunidade e case con exhibicionismo, informando na prensa da realización das sacas e esgrimindo motivos completamente incríbeis. Non estamos, pois, falando de incontrolados, senón dun aparato de Estado que durante un período de tempo está entregado á misión principal de asasinar aos disidentes. Suanzes non foi un caso aíllado na actuación da Garda Civil na comarca de Ferrolterra, vostede mesmo cita a outros membros do corpo como Gerardo Casanova, Manuel Cebral, Abraham Uzal, Isidro García Teso comprometidos en accións represivas, que significaría do papel da Garda Civil na comarca? As informacións de prensa que dan conta das sacas dos cárceres inclúen o nome destes gardas civís, informando de xeito reiterado que son estes gardas os que retiran aos presos dos cárceres e os asasinan aducindo tentativas de fuxida. A presenza da Garda Civil daba carácter oficial aos asasinatos, malia que tamén participaran neles milicianos e outros corpos de seguridade e demostra o papel dos gardas civís na dirección, supervisión e execución dos asasinatos políticos. González Vallés e Suanzes dirixían a represión, os suboficiais e os números da garda civil se encargaban de levala adiante. Os seus nomes eran temidos en toda a bisbarra pola súa violencia e un deles, Gerardo Casanova, mesmo foi coñecido como \"O dos cen\" por atribuírselle a participación en máis de cen asasinatos. Ademais da Garda Civil hai outros actores implicados na represión política, en relación con estes que nos pode dicir do labor do corpo de milicias organizados polos falanxistas e outras formacións da dereita? A Falanxe tiña certa forza en Ferrol, mais ficou descabezada nos tempos iniciais despois do golpe pola morte en accidente de automóbil de Manuel Rodríguez Sanjurjo, o seu líder máis destacado. Como consecuencia, o papel inicial de Falanxe non puido ser de ningún modo director no proceso represivo; as milicias formáronse apresuradamente despois do golpe militar e xogaron un papel auxiliar na execución da represión paralegal. A idea de que falanxistas e outras milicias dereitistas actuaran por libre non se corresponde coa realidade. A imaxe dos \"incontrolados\" resulta inconcibíbel no Estado totalitario que se estaba conformando, e unicamente puideron darse \"excesos\" das forzas de orde pública e das milicias, pero sempre dentro dunha organización xerarquizada e no marco dunha política represiva organizada globalmente desde Burgos. Do mesmo xeito, e con respecto a outras zonas é posíbel distinguir grados na participación da Falanxe na represión en función do entusiasmo dos diferentes tipos de axentes actuantes, mais é posible constatar que os grupos executores e os roteiros represivos foron moi semellantes en toda a zona sublevada. Por outra banda, mais que falar da Falanxe como a forxadora da ditadura e a súa política represiva, en certa medida se pode considerar que a organización fascista española foi máis ben a resultante dun proceso de represión sobre a poboación xeral que levou á destrución do tecido societario previo e á imposición como alternativa do partido único e do sindicalismo vertical. Un proceso no que a Falanxe participou, mais no que tamén tomaron parte outros axentes, como o exército e a represión pola xustiza militar, as forzas e corpos de seguridade coa súa represión extraxudicial e a igrexa ofrecendo cobertura moral a todo o proceso represivo. Explica no seu traballo que unha das razóns do cese de Suanzes como delegado de Orde Pública en Ferrol foi o asasinato do crego de Monfero, Andrés Ares Díaz, pero á marxe deste caso cal foi o papel da igrexa no conglomerado represivo? O asasinato dun crego foi un exceso que probabelmente causou problemas fronte ás autoridades eclesiásticas, e algunhas testemuñas indican que esa foi a causa de que, pouco tempo despois, Suanzes fora cesado como delegado de orde pública, aínda que ningún dos asasinos foi xulgado nin tan sequera padecera represalias... Canto ao papel da igrexa na represión, nalgunha ocasión se ten falado dalgún crego de Ferrol que tería participado en xuntanzas nas que se decidía o nome das persoas a asasinar, mais a falta de probas concluíntes sobre unha implicación persoal da igrexa na represión, si que é posible constatar a súa complicidade co novo réxime e coas súas políticas represivas, das que foi enormemente beneficiada. Entre os membros da igrexa en Ferrol é interesante lembrar tamén o papel do mercedario Fermín Álvaro, relacionado coa familia de Victoriano Suanzes, que exerceu de capelán de Falanxe e participou en numerosos actos públicos; el foi ademais o intermediario para a conversión falanxista do futuro escritor Gonzalo Torrente Ballester."}
{"ID": "NOS_38729", "summary": "Fin do tabú. As cartas sobre a mesa. Era evidente que se forzaron a demisión do secretario xeral non era para manter o statu quo do non a Rajoy. Andalucía falou esta segunda feira e o presidente da xestora, Javier Fernández, pronunciou esta terza a palabra. Abstención.", "text": "O Comité Federal que moi probabelmente se convocará este próximo domingo formalizará o cambio de 180 graos na posición política do PSOE, que virará do \"non é non\" á abstención que viabilizará un novo mandato de Rajoy na Moncloa. Esta terza feira, nunha cimeira da xestora cos grupos parlamentares do Congreso e do Senado, Javier Fernández xa foi absolutamente explicito. \"Hai unha disxuntiva, unha elección: abstención ou terceiras eleccións\" e a seguir esclareceuno aínda máis: \"A abstención só é posíbel en democracia cando non hai ningunha alternativa\". Isto significa unha profunda mudanza da posición inicial do Comité Federal do PSOE en que implicitamente, ao se rexeitar o apoio a Rajoy e as terceiras eleccións, se mandataba ao secretario xeral a tentar a formación dun goberno alternativo. A nova equipa de dirección do PSOE xustifica a ausencia de alternativa na negativa de Cs e Podemos a conformaren unha maioría conxunta. A opción dun goberno con Podemos e o apoio dos soberanistas catalás é virtualmente inconcebíbel para o grupo liderado por Susana Díaz, caracterizado polo seu extremo xacobinismo. O asunto xa non é, pois, se abstención si ou non, senón abstención como. Aquí hai basicamente dúas opcións: facilitar a abstención técnica de 11 parlamentares -que mesmo poderían ausentarse o día da votación- ou ben tentar impor a disciplina de voto a todo o grupo parlamentar. Esta mesma terza feira, Miquel Iceta, reeleito primeiro secretario do PSC, reiterou que os 7 escanos do PSC votarán non a Rajoy. O mesmo ocorrerá con parlamentares do PSE, como Odon Elorza, e a grande incógnita está en saber que fará Pedro Sánchez. Unha das súas máis leais colaboradoras, a secretaria xeral de Madrid Sara Hernández, afirma nunha entrevista en ElDiario.Es que o ex máximo dirixente do partido votará contra Rajoy."}
{"ID": "NOS_10307", "summary": "12 de outubro, un día para render homenaxe ás seis vítimas mortais masacradas en Nebra (Porto do Son) pola Garda Civil cando se manifestaban contra un gravame inxusto e abusivo. Esta sexta feira o local veciñal de Nebra acolle a presentación do monográfico editado por Sermos Galiza S.A. 'Rebeldía Galega contra a inxustiza'.", "text": "Era 12 de outubro de 1916 cando un grupo de veciños e veciñas de Nebra (Porto do Son) erguían a súa voz nun protesto na ponte de Cans para botaren abaixo un imposto que lastraba a súa actividade agraria e que fora ordenado polo alcalde para saldar o déficit nas contas de 1915. Ese día, uns 300 veciños e veciñas mobilizábanse pacificamente contra o embargo dunha vaca a un veciño polo impago do tributo especial. A Garda Civil disparou indiscriminadamente contra a masa. Resultaron feridas de bala 32 persoas e faleceron Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Generosa Cadórniga, Rosa Cadórniga Maneira e Antonio Sobrado Luaces. O protesto na ponte de Cans non era a primeira mostra de rexeitamento do tributo por parte da veciñanza. De feito, a Liga Agraria de Nebra convocara reunións e concentracións en abril de 1916, unhas mobilizacións que tiveron continuidade até o fatídico 12 de outubro. Ao longo deses meses, todas as peticións dos veciños e veciñas foran desatendidas polo Goberno local. Actos de homenaxe 102 anos despois, continúan os homenaxes ás vítimas daquela masacre e lembrar a revolta agraria. O BNG organiza, ás 18:00 horas, unha ofrenda floral no monolito á memoria das vítimas, en Ponte de Cans. Ás 19 horas terá lugar unha ofrenda floral na ponte de Cans. Organizan familiares e amigos das Mártires de Cans e colabora a Comunidade de Montes de Nebra. Con motivo do 102 aniversario, esta sexta feira, día 12, o local veciñal de Nebra acolle a presentación do monográfico editado por Sermos Galiza S.A. 'Rebeldía Galega contra a inxustiza' Intervirán Patricia Torrado Queiruga (autora do ensaio Mulleres en loita a comezos do século XX), Roberto Vilameá Ponte (membro do Consello de Administración de Sermos Galiza) e Francisco Rodríguez Sánchez (coautor do monográfico)."}
{"ID": "NOS_3605", "summary": "Continúan as reaccións no movimento de liberación nacional do Curdistán após o falido golpe de Estado da pasada sexta feira en Turquía. O golpe, afirman, expresa unha loita de poder entre dous bandos identicamente reaccionarios.", "text": "Para entender a posición do movimento curdo a respeito da situación criada polo golpe falido da sexta feira 15 de xullo, hai que ter en conta que desde hai por volta dun ano o Curdistán do Norte está a ser cenario de confrontos durísimos entre o ocupante Exército turco e as milicias do Partido dos Traballadores do Curdistán. A ofensiva militar do réxime de Erdogan ten producido miles de mortos entre a populación curda, con bombardeamentos masivos de cidades como Amed, Cizîr e Nisêbin. Daí que o líder do HDP -o partido de maioría curda que se apresenta ás eleccións en toda Turquía e que ten neste momento 59 escanos no Parlamento de Ankara- utilice desde hai meses a expresión \"golpe de Estado civil\" para se referir ás políticas xenocidas de Erdogan. Mesmo así, o HDP e o conxunto do movimento curdo condenaron a intentona golpista do 15 de Xullo. Na súa memoria continúa moi fresca a brutal represión desencadeada polo Exército -lembremos, pro-occidental- contra os activistas pola liberación nacional curda quer en 1971 quer en 1980. Apresentar Erdogan e o seu partido do AKP como se fosen demócratas \"é unha focaxe aínda máis perigosa que o propio intento de golpe de Estado\" Na mesma noite do 18 de xullo, o HDP emitía un comunicado en que afirmaba estar en contra de \"calquera tipo de golpe, baixo calquera circunstancia, por unha cuestión de principios\", ao mesmo tempo que expresaba a súa arela de que Turquía \"inmediatamente abrace unha democracia liberal e pluralista, a paz interna e externa e os valores e convencións democráticos e universais\". Por súa parte, a Unión de Comunistas Curdos -unha das forzas básicas de sustentación do PKK- analisa que o golpe \"revela unha loita de poder entre forzas autoritarias, despóticas e antidemocráticas\". Queren deixar moi clara a súa distancia a respeito de Erdogan, tanto que chegan ao ponto de afirmar que apresentar o presidente turco e o seu partido do AKP como se fosen demócratas \"é unha focaxe aínda máis perigosa que o propio intento de golpe de Estado\". Para a UCC, Erdogan comezou un golpe de Estado moito antes de os militares idearen a súa asonada, caracterizado polo control do poder político sobre a xudicatura, a implementación de \"leis e políticas fascistas grazas á súa maioría parlamentar\", ben como o \"encarceramento de miles de políticos do HDP\"."}
{"ID": "NOS_50992", "summary": "A CIG denuncia que Abanca incorre en discriminación machista na aplicación do ERE.", "text": "Malia os avanzos normativos, a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes fica lonxe de se visar realidade. No mundo do traballo, décadas despois da incorporación da muller a discriminación, nas súas diferentes formas, mantense vixente. Tanto en empresas privadas, como tamén na administración pública, a condición de ser muller é causa para lles negar mesmo o seu dereito ao traballo. Así o testemuñan as denuncias referidas a dous casos recentes que afectan ao SERGAS e Abanca. \"Non apta\" por estar embarazada No referido ao Servizo Galego de Saúde, segundo denuncian as organizacións sindicais e colectivos feministas, a Dirección da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo (EOXI) tería impedido que unha celadora asinase o seu contrato de traballo por ficar embarazada. A EOXI escúsase nun informe da unidade de prevención de riscos laborais que de maneira insólita considerou a traballadora \"non apta\" por ser xestante. \"O procedemento a seguir tería sido adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade\" contrapoñen desde a as centrais sindicais. \"O contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista que conculca un dereito fundamental\", enfatizan. CIG, CCOO, UGT e a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, levaron as súas protestas a mañá da cuarta feira 19 de agosto até as portas da urxencias do Hospital Xeral, onde se concentraron. Alí deron lectura a un comunicado no que lembran que \"estar embarazada non é estar enferma e tense dereito a un posto de traballo\". Os convocantes expresaron a súa vontade de seguir a denunciar o que cualificaron como feito \"ilegal e ilexítimo\", que na súa opinión \"senta un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito do traballo\". Retallamentos que inscriben dentro da vaga de ataques contra as mulleres por parte de quen non acepta \"o modelo da independencia e da autonomía das mulleres\", en alusión ao Partido Popular, e que aseguran \"non estamos dispostas a tolerar\" ERE machista A Federación de Banca e Aforros da CIG denunciaba días atrás o nesgo de xénero co que, segundo denuncia, se estaría aplicar o cuarto Expediente de Regulación de Emprego en Abanca, afirmando que \"as medidas lesivas afectan maiormente as traballadoras da entidade que, ademais, teñen salarios inferiores aos dos homes\". \"Estar embarazada non é estar enferma e tense dereito a un posto de traballo\" CIG-Banca puxo o foco no recente proceso de traslados e despedimentos que o banco iniciou na provincia de Pontevedra. Un proceso no que o \"perfil prioritario para forzar o abandono da empresa\" é o de \"traballadora nova, recén casada e con pouca antigüidade\". Un feito que se engade a que outros axustes incluídos no ERE xa afectaran maiormente o persoal feminino. \"O 63% das persoas que sufriron cambio de xornada son mulleres\" explican. Aliás, aseguran que o ERE estaría desenvolverse de maneira fraudulenta pois mentres se aplican despedimentos e traslados con base nun \"suposto excedente de persoal\" realízanse novas contratacións temporais. Para alén de sinalar a gravidade dos feitos a central nacionalista carga tamén contra a \"hipocrisía\" da dirección de Abanca, por teren empregado a imaxe de mulleres no lanzamento da nova marca. CIG-Banca amosouse disposta a iniciaren unha campaña de sensibilización entre a clientela da entidade, e exixe da dirección do banco a paralización do ERE \"por ser claramente discriminatorio para as traballadoras\" e o inicio dunha nova negociación."}
{"ID": "NOS_980", "summary": "O Sindicato Labrego Galego (SLG) reelixiu esta pasada fin de semana a secretaria xeral desde o ano 2012, Isabel Vilalba, como líder da organización até 2024. 'Nós Diario' fala con ela da situación actual do agro, coa pandemia da Covid-19 como pano de fondo, e dos principais retos que ten por diante nos vindeiros anos.", "text": "Case dez anos como secretaria xeral. Neste período mudou moito a situación do rural e as súas reivindicacións? Creo que continuou un proceso de baleirado do rural. As grandes políticas neoliberais que viñeron desde Europa e trasladaron tanto o Ministerio como a Xunta promoveron un modelo de agricultura e de gandaría provedora de materia prima barata para as industrias e as grandes empresas orientadas á distribución que copan o mercado. En absoluto primaron outro tipo de modelo que crease valor engadido e chegar con alimentos saudábeis á cidadanía coa idea de crear tecido rural. Non se apostou para nada pola compra pública que apoiase eses pequenos proxectos locais, por avanzar nun marco da normativa hixiénico-sanitaria que permitise transformacións de proxectos directos para crear valor engadido e fechar ciclos produtivos. Temos todo un marco de política agraria que lle dá a maior parte dos recursos públicos ás grandes empresas en detrimento do tecido de persoas produtoras que podían darlle vida ao rural. As administracións públicas apostaron con claridade por un rural sen servizos e onde chegasen empresas a facer negocio, extraendo recursos mineiros, implantando grandes proxectos enerxéticos, ocupando o rural e deixando pouco valor engadido. Responden aos intereses que teñen os grandes grupos económicos con capacidade de incidir nos políticos. A pandemia marcará un punto de inflexión no trato ao agro como sector produtivo? Houbo un momento, cando se fechou todo, no que quedou patente que as persoas tiñamos que seguir alimentándonos. Recoñeceuse como actividade esencial a alimentación. Para que os alimentos cheguen ás mesas ten que haber persoas produtoras. Levamos anos escoitando que non importa que desaparezan aquí granxas, que chegarían os alimentos doutros lugares. Coa pandemia evidenciouse que a produción que non tiñamos nos colocou en grave perigo, ao ter que traer doutros lugares. Que pasaría se non tivésemos capacidade de achegar os alimentos ás mesas da xente? Creo que este problema deberíanos facer reflexionar. Agora estamos coa grave problemática do encarecemento das materias primas e hai moitas persoas que tentar facerse con determinados materiais que veñen de lonxe e asegúrannos que hai problemas co encarecemento dos combustíbeis. Creo que deberiamos aprender algo de todo isto. Temos que apostar por un modelo moito máis autónomo e coidar os recursos que temos. Ser sustentábeis a nivel económico, social e ambiental. Cales son os problemas máis importantes agora mesmo para as labregas e os labregos? Como urxente temos a recuperación dos prezos en orixe. Os diferentes sectores non poden ter futuro se os incrementos de custos non trasladan aos alimentos que vendemos. Hai que acabar co abuso das grandes industrias. Hai que conseguir unha lei da cadea que teña as marxes necesarias para manter a actividade. Necesitamos un sistema de mediación de contratos agrarios para que o prezo e as condicións non sexan abusivas. Outros retos son deixar de depender da importación de proteína para a alimentación animal e facilitar o relevo xeracional. Aumentará a presión sindical se non teñen resposta estas reivindicacións? Loitaremos con todas as ferramentas que teñamos para conseguir estas medidas. Apostamos polas demandas do sector mais para que sexan fortes, deberiamos agruparnos todas as organizacións ao redor dunhas reivindicacións mínimas. Non se entendería que non as aceptase todo o mundo. Faremos todo o posíbel por sumar. A importancia da produción saudábel Baixo o lema \"Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro\" decorreu en Vilalba este pasado domingo 12 de decembro o X Congreso do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Nesta cita aprobouse a continuidade de Isabel Vilalba como responsábel da Secretaría Xeral e salientouse a importancia da agroecoloxía para manter a capacidade de producir alimentos saudábeis, nutritivos e de proximidade. No encontro denunciouse tamén a globalización do sistema agroalimentario e a proliferación de proxectos industriais que acaparan as terras produtivas."}
{"ID": "NOS_17556", "summary": "O discurso de Cap d'Any do presidente da Generalitat emitirase polas redes sociais esta tarde, mais non pola TV3.", "text": "Carles Puigdemont, o presidente da Generalitat desde xaneiro de 2016 e no exilio en Bruxelas desde outubro de 2017, dirixirase hoxe a Catalunya nunha mensaxe de fin de ano que, en principio, non será emitida pola televisión pública catalá, TV3, como era tradicional coas intervencións de Cap d'Any nestas datas dos presidentes da Generalitat. O anuncio lanzouse esta mañá desde a conta que o Govern, cesado a finais de outubro pola aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya, mantén en Twitter, mais sen especificar a hora de emisión da mensaxe. O chío sinala que Puigdemont realizará este sábado \"a tradicional mensaxe institucional de fin de ano\" desde Bruxelas, onde reside desde principios de novembro, e varias fontes apuntan que probablemente emitirase polas redes sociais \"a última hora da tarde\". Medios cataláns apuntan que ademais do balance do 2017, o interese do discurso reside en saber se Puigdemont fará algunha referencia ao seu regreso e a formación do futuro Govern."}
{"ID": "PRAZA_9627", "summary": "A ministra Reyes Maroto asegura que o estatuto da industria electrointensiva permitirá salvar as plantas de Alcoa da Coruña e Avilés pero a multinacional advirte de que mesmo pon en risco o futuro da de San Cibrao, que supón o 30% do PIB de toda a provincia de Lugo.", "text": "A ministra de Industria e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este martes sobre Alcoa que o estatuto da industria electrointensiva \"vai permitir chegar ao 30 de xuño cunha garantía dun investidor\", tras advertir de que \"é niso\" no que está \"agora traballando\" o Goberno central, que publicou este luns o proxecto deste plan co que pretende salvar as plantas que a multinacional do aluminio pretende pechar na Coruña e en Avilés.Maroto, a preguntas dos xornalistas antes de participar nun encontro organizado pola Cadena SER, lembrou que hai actualmente unha mesa de seguimento, que precisamente se reuniu o pasado luns e na que estiveron o Goberno central, o comité de empresa e as dúas autonomías afectadas. Reyes Maroto asegura que o estatuto da industria electrointensiva \"vai permitir chegar ao 30 de xuño cunha garantía dun investidor\" para as plantas de AlcoaMalia a confianza do Executivo central, a resposta de Alcoa non foi nada entusiasta. Todo o contrario. Anuncia que presentará alegacións ao borrador sobre a industria electrointensiva por consideralo \"insuficiente e incerto\" para o sector do aluminio e advirte de que pon en risco tamén a planta de San Cibrao en Lugo, a única que pensaba manter aberta no Estado, cuns 1.100 empregos directos e uns 700 nas auxiliares e un impacto económico que representa máis do 30% do PIB da provincia de Lugo.Como deixan clara fontes da empresa, o proxecto do Goberno central non é solución para a sustentabilidade da industria do aluminio primario porque mantería un diferencial aínda importante no custo da enerxía con respecto a outros países competidores. E tampouco lle chegan outras medidas anunciadas por inceretas, como a da compensación polos custos indirectos pola emisión de gases contaminantes e que, din, non se garante en ningún caso. No entanto, a ministra Reyes Maroto asegura que no Executivo non teñen \"certeza aínda de que Alcoa tomase unha decisión sobre San Cibrao\", advertindo tamén de que na mesa de seguimento \"está a abordarse o futuro de Alcoa e o peche das dúas plantas, que é do que temos constancia\".Alcoa ameaza con pechar tamén a planta de San Cibrao, que supón o 30% do PIB da provincia de Lugo e achega 1.100 empregos indirectos e 500 nas auxiliaresPara a ministra, o estatuto da industria electrointensiva \"dá unha seguridade Alcoa sobre o prezo da enerxía\", lembrando que iso \"era un instrumento que Alcoa pedía tamén para poder debuxar ese necesario investimento que ten que facer outra empresa para a compra\".Pero a Alcoa tampouco lle chega e asegura que as medidas propostas polo Goberno central tamén dificultarían a venda das plantas de Avilés e da Coruña, ademais de poñer en risco a viabilidade da de alúmina-aluminio na Mariña lucense. É por todo isto polo que a multinacional estadounidense xa avanzou que presentará alegacións no intento de que o marco enerxético no Estado garanta custos competitivos e con certeza e semellantes a outros países achegados, algo que non cre que se produza co plan proposto."}
{"ID": "NOS_15675", "summary": "Presentan o Calendario Científico Escolar 2022, que xa se pode descargar, e no que colaborou a Universidade da Coruña, elaborando a versión en galego.", "text": "Xa está dispoñíbel o Calendario Científico Escolar 2022, dirixido principalmente ao alumnado de primaria e secundaria, coa colaboración da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), que desenvolveu a versión en galego, xunta o Consello Superior de Investigacións Científicas. No calendario incorpóranse 365 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico, como o nacemento de distintos persoeiros ou conmemoracións de achegas destacábeis. A UDC pon o foco en que a iniciativa \"pretende contribuír a achegar a cultura científica á poboación máis nova e crear referentes o máis próximos posíbeis a ela\". Neste sentido, o traballo profunda en persoas e achados \"que sexan referencias para a xuventude e ao mesmo tempo dean unha visión de dinamismo e actualidade\". Un dos aspectos específicos desta edición é o \"fomento da linguaxe non sexista e o aumento da visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas\", promovendo modelos con vocación científica, así como a divulgación das investigacións a nivel estatal. Formato accesíbel Onda o calendario, acompáñase unha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal, nun formato que permite a impresión caseira e accesíbel para sintetizadores de voz, lectores de pantalla ou liñas Braille. Ademais do calendario en galego, que se pode descargar nesta ligazón, desenvolvéronse versións en castelán, galego, catalán, asturiano, éuscaro, aragonés, inglés, francés, esperanto e árabe."}
{"ID": "PRAZA_16539", "summary": "A OU-0807 a San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) leva 15 anos pechada ao tráfico por mor do seu mal estado, pero o actual risco de derrubamento obrigou á Deputación de Ourense a bloqueala cun quitamedos. O alcalde iniciou un peche na Casa do Concello esixíndolle ao Goberno provincial as obras que leva anos anunciando.", "text": "San Vicente de Leira é unha parroquia de Vilamartín de Valdeorras na que viven 101 persoas (segundo os datos de 2014, cun rápido descenso dende os 155 cos que contaba en 2004). A estrada pola que se accede á vila (a OU-0807) leva 15 anos pechada ao tráfico por mor do seu mal estado, provocado pola actividade dunha canteira de lousa na parte inferior da montaña pola que transita. A seca dos últimos meses e posteriormente a intensidade das chuvias caídas empeorou aínda máis a situación, provocando desprendementos e deixando a vía ao borde da derruba. As protestas veciñais (repetidas varias veces nos últimos anos) redobráronse a pasada semana, iniciando un peche indefinido na Casa do Concello o alcalde de Vilamartín, o socialista Enrique Álvarez. Estamos ante un novo exemplo de abandono do rural galego, un proceso de falta de investimentos e de recortes nos servizos públicos que afecta especialmente ás infraestruturas máis básicas, como neste caso, e tamén á sanidade e ao ensino. A resposta da Deputación de Ourense foi pechar o acceso á estrada cun quitamedos \"por razóns estritamente de seguridade, para velar pola integridade física dos veciños\", deixando practicamente incomunicados os seus habitantes, que agora se ven obrigados a empregar o outro acceso á vila, cun percorrido moito máis longo e igualmente en moi mal estado. Enrique Álvarez esíxelle á Deputación un \"compromiso serio\" que permita \"poñer fin a unha situación rocambolesca e perigosa que afecta a máis dun cento de veciños, mentres primeiro Baltar pai e agora Manuel Baltar, pasan olimpicamente deles\". A pesar de que a estrada presenta fendas importantes dende hai moitos anos, neste tempo nada se fixo para mellorar o seu estado. O proxecto de reforma elaborado pola Deputación determinou que son precisos 13 millóns de euros para devolver a estabilidade á vía. \"Mais pasan os anos e a institución non fai absolutamente nada\", sinala o PSdeG-PSOE. O peche do rexedor na Casa do Concello foi apoiado polo portavoz na Deputación, Francisco Fraga; polo deputado provincial e alcalde de Petín, Miguel Bautista; polo presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García e polo alcalde da Rúa, Luis Álvarez, entre outros cargos socialistas e representantes veciñais. Os representantes socialistas na Deputación levaron a cabo igualmente unha protesta no propio edificio do Goberno provincial. \"Estamos a falar do principal acceso para máis un cento de veciños e veciñas que poñen en risco as súas vidas para facer algo tan cotiá como chegar a súas casas\", sinalou Francisco Fraga. \"A Deputación debe velar polo benestar de toda a provincia e parece que a comarca de Valdeorras, para o goberno de Baltar, non forma parte de Ourense\", denunciou. A veciñanza acusa o Goberno provincial de \"desidia\" e de deixar que se complete o derrubamento da estrada, o que \"lles permitirá ás empresas a explotación de pizarra ata chegar á propia vila\". No ano 2016 o PSdeG-PSOE presentou no Pleno da Deputación unha proposta de modificación de crédito de 1,5 millóns de euros para levar a cabo unha serie de actuacións na vía. A proposta foi rexeitada pola maioría absoluta do PP, que presentou unha emenda de substitución coa que simplemente se comprometeu a executar todas as obras necesarias para garantir un acceso digno a San Vicente cando \"se determine tecnicamente el proxecto axeitados e se reciba o informe ambiental pertinente que aprobe a actuación definitiva\". O resultado foi que non se realizou obra ningunha."}
{"ID": "NOS_49411", "summary": "Era empregado dunha empresa auxiliar que realizaba traballos nas instalacións da refinaría.", "text": "Un operario dunha empresa auxiliar de Repsol morreu esta mañá nun accidente laboral na refinaría da Coruña mentres realizaba traballos nas instalacións da factoría. Segundo informa Repsol, o ocorrido non garda relación coa actividade da propia refinaría, senón que se produciu durante unha obra civil dunha empresa auxiliar. A pesar da intervención dos servizos médicos, \"non foi posíbel evitar o seu falecemento\", engade a compañía, que ademais, \"en nome dos seus traballadores, transmite o seu pesar ás familias do falecido e á empresa na que traballaba\". Falece Unai Martínez, un dos operarios afectados polo escape de gas na refinaría da Coruña Tanto Repsol como a Policía Xudicial manteñen aberta unha investigación para esclarecer as causas do accidente. Condicións de traballo seguras Tras coñecer o ocorrido, a vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, lamentou esta \"terríbel noticia\" e enviou o seu \"agarimo\" á familia e achegados do falecido. \"A empresa debe garantir sempre unhas condicións de traballo seguras e débese esclarecer canto antes o ocorrido\", engadiu, a través de Twitter. Tamén a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mostrou o seu \"apoio e condolencias\" á familia do operario e dixo estar \"a disposición\" da dirección da empresa \"para o que precisen\". Segunda morte no que vai de ano Trátase do segundo sinistro laboral que ten lugar na refinaría de Repsol na Coruña no que vai de ano. 45 persoas morreron este ano en sinistro laboral, 150% máis O primeiro sinistro, no mes de marzo, resultado dun escape de gas durante unha parada técnica, acabou con dous traballadores no hospital e o falecemento dun deles ao non poder superar as feridas. A morte de Unai Martínez desencadenou as protestas dos traballadores das contratas da refinaría, que exixían máis seguridade a Repsol."}
{"ID": "NOS_24785", "summary": "Non é unha moda, mais si. A música e a estética dos grupos galegos dos anos 80 volve aos escenarios. Comezou onte en Vigo a xira que lembra a apoteose dunha movida con selo propio.", "text": "\"Un himno para tres xeracións\", é a frase publicitaria escollida no retorno aos escenarios de Antón Reixa lembrando os seus inicios. E pode ser certo se temos en conta o público potencial que quere recuperar a idade de ouro do noso pop rock nacional. O musical mostra unha movida que non tiña nada que ver coa madrileña. A que vivimos nos 80 foi moito máis crítica con temas como a reconversión naval, a represión e un humor propio que saltaba do satirico ao acedo. Cancións de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Radio Océano, Semen Up, Moncho e mailos Sapoconchos, Golpes Bajos ou Los Limones, por poñer só algúns exemplos dos que protagonizan o libreto de Antela Cid e Fran Peleteiro. Temas que moitos lembrarán neste espectáculo como Bailaré sobre tu tumba e ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?, Sector naval, Galicia Caníbal, Malos tiempos para la lírica, Fiesta de los maniquíes, Soy una punk ou Lo estás haciendo muy bien que estiveron nos primeiros postos de vendas nesa época. A movida dos 80 que retrata Reixa foi moito máis crítica que a madrileña con temas como a reconversión naval e un humor propio que saltaba do satirico ao acedo Xira e produtos derivadosGalicia Canival comezou a súa andaina en Vigo onte até o 15 de xullo. Logo visitará Compostela (Auditorio de Galiza do 18 ao 21 de xullo), Vilagarcía (Auditorio Municipal do 2 ao 5 de agosto), A Coruña (Teatro Colón do 9 ao 12 de agosto), Madrid (Novo Teatro Alacalá o 13 de setembro) e unha xira de inverno por Galiza con paradas en Monforte (30 de novembro), Pontevedra (6 de decembro), Ourense (14 de decembro) e Lugo. Despois visitará Zaragoza, Bilbo e Barcelona. Como en calquera superprodución, ao redor deste musical hai toda unha serie de produtos que completan o propio espectáculo. Un libro-disco-cd coa Banda Sonora Orixinal que se podera mercar nos teatros e nos espectáculos ao aire libre e merchandising específico para \"Galicia Caníbal, O Musical\" que poderá adquirirse ao saír do espectáculo. Mesmo teñen activado na súa web un xogo interactivo co cal poder lembrar ou aprender as letras das míticas cancións da movida."}
{"ID": "PRAZA_15827", "summary": "A Xunta autoriza a exploración de máis de 4.300 hectáreas en Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco por parte dunha empresa cuxo administrador foi xulgado por graves delitos medioambientais en Madrid. Varios colectivos presentarán alegacións ao expediente.", "text": "A ameaza da megaminería volve á Costa da Morte, á comarca de Bergantiños e a súa área de influencia, a mesma onde a Xunta acabou por desbotar a prevista mina de Corcoesto logo de meses de mobilización cidadá. Desta vez é só un primeiro paso, un permiso de exploración para buscar ouro en máis de 4.300 hectáreas concedido pola Xunta á empresa Grupo M-FM 2001, S.L., con oficinas en Madrid e Marbella. A Xunta admitiu a solicitude de exploración para buscar ouro sobre máis de 4.300 hectáreas en Santa Comba, Zas, Vimianzo e Coristanco Tal e como se pode comprobar no anuncio do DOG de hai pouco máis dun mes, a Consellería de Economía admitiu definitivamente a solicitude desta firma para a investigación de 156 cuadrículas mineiras que abranguen os municipios de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Coristanco e que foi rexistrada hai xa máis de catro anos. Pero debullando a documentación, compróbase que o permiso de investigación xa concedido (Isabela II), a empresa ten solicitado e tramitándose outro a maiores denominado Livia, que suporían outras 162 cuadrículas mineiras (4.536 hectáreas) nos municipios de Zas, Santa Comba e Mazaricos. Tal e como advirte Salvemos Cabana, a área alcanzaría un total de máis de 8.900 hectáreas, \"o que multiplicaría na práctica por dez a área prevista inicialmente para o frustrado proxecto mineiro de Corcoesto\". Malia que se trata só dun permiso de investigación para comprobar a presenza ou non de ouro nesta zona, foron xa varios os colectivos contrarios á megaminería contaminante os que levantaron a voz de alarma. Salvemos Cabana e a asociación ambiental Contramínate xa anunciaron que presentarán alegacións ao expediente xa aprobado, para o que hai un prazo de 30 días hábiles desde a publicación no DOG, e animan a outros colectivos a que examinen a documentación e interpoñan tamén as súas alegacións. Salvemos Cabana e Contramínante presentarán alegacións ao proxecto e piden ao resto de colectivos que fagan o mesmo Para Salvemos Cabana é \"difícil comprender\" como a Xunta pode ser \"proclive unha vez máis á minería de ouro e outros metais sen valorar outro tipo de condicionantes como as afectacións ao territorio e o medio ambiente\". O colectivo acúsaa de \"primar a actividade extractiva fronte a outros sectores produtivos básicos en Galicia como a agricultura e a gandería\" e lembra que o propio Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia \"aposta de maneira decidida polo renacemento da minaría metalífera e a apertura de novas explotacións\", recoñecendo máis de 40 solicitudes de permisos de exploración e investigación mineira nos últimos anos en territorio galego. Desde Contramínate ínstase a \"non permitir que a especulación e o espolio dos recursos naturais empobrezan a nosa terra\" e insiste na súa negativa ás minas á ceo aberto polo prexuízo tanto medioambiental como nos sectores produtivos das áreas afectadas. O administrador da empresa fora xulgado por graves delitos medioambientais en Madrid Os temores de varios colectivos son maiores ao comprobar que o administrador único do Grupo M-FM 2001 é Antonio Miranda Rojas, vinculado cun varias construtoras, inmobiliarias e empresas extractivas, e que foi dono de Tico SA, firma acusada pola Fiscalía por danos ambientais no Parque Regional del Sureste da Comunidad de Madrid. Naquel caso, o empresario extraera terra dentro deste parque sen contar coa declaración de impacto ambiental que exixía unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), tal e como aseguraba o fiscal. Diversas actuacións da súa empresa causaran graves problemas no ecosistema e afectaran gravemente a fauna e flora da zona. A Comunidad de Madrid resolvera a restauración dos terreos que danara Tico, unha multa de 240.000 euros e unha indemnización de máis de 800.000 euros. Grupo M-FM 2001 foi constituída en 2001 e entre o seu obxecto social está a solicitude e adquisición de dereitos mineiros e a explotación industrial mineira. Agora busca negocio nesta zona da Costa da Morte, preto de onde se prevía unha mina a ceo aberto, en Corcoesto, que ocuparía 800 hectáreas e a raíz da cal se solicitaran tamén moitos máis permisos que abranguían moito máis territorio. Neste caso, M-FM ten permiso para a investigación sobre máis de 4.300 hectáreas e pediuno tamén para unhas 4.500 máis. A empresa, no proxecto presentado á Xunta, incidiu no aumento do 543% do prezo do metal precioso de 2000 a 2011, chegando a alcanza os 1.886 dólares a onza (de aproximadamente 31 gramos de ouro). Con todo, como lembra Salvemos Cabana, a día de hoxe a caída da cotización do ouro é imparable e achégase actualmente á barreira dos 1.000 dólares a onza debido á desaceleración das economías emerxentes"}
{"ID": "NOS_9623", "summary": "A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu Rogelio Martínez, ex delegado da Xunta en Ourense, de presunto fraude nos fondos europeos para proxectos en Arnoia. Martínez enfrontábase a unha petición de 16 anos de prisión.", "text": "A suposta fraude sucedeu en axudas da Unión Europea para construír unha planta de biomasa e cinco obradoiros no Concello de Arnoia, do que foi alcalde. Na mesma causa había outras dez persoas investigadas, para sete das cales xa prescribiran os delitos. A sentenza conclúe que \"non existen indicios de que os investigados tivesen coñecemento da disfunción existente entre a realidade que acreditaban os documentos presentados e as obras realmente executadas\". Os feitos sucederon en 1999 e a primeira denuncia, presentada polo BNG comarcal, que logo se retirou da causa, data de 2006."}
{"ID": "NOS_37044", "summary": "Unha enquisa publicada por El País outórgalle a maior intención de voto ao PSOE, co 23,5%, practicamente empatado co PP, 23,4%. Séguelles moi de perto Ciudadanos, co 21,5%, que se sitúa como forza política clave.", "text": "A dous meses para as eleccións xerais, a enquisa de Metroscopia para El País sitúa o PSOE (23,5% dos votos) e o PP (23,4%) practicamente en táboas, seguidos moi de perto por Ciudadanos (21,5% dos votos), que confirma o seu auxe despois do resultado recollido nas eleccións catalás. O partido de Albert Rivera, único representante político das forzas estatais ao que as persoas enquisadas lle dan o aprobado, písalle aos talóns ao bipartidismo español e eríxese como forza clave nun hipotético empate entre PSOE e PP. O \"sorpasso\" de Ciudadanos xa quedou reflectivo a pasada sexta feira, día 9, no estudo de Metroscopia no que o coloca como forza líder na Comunitat Valenciana. A outra cara da moeda é Podemos, que ratifica a súa caída cada mes, situándose no 14,1%. Cómpre lembrar que no mes de xaneiro, Podemos acadaba nunha enquisa de Metroscopia o 28% dos votos, moi por riba do PSOE e do PP. Daquela, Ciudadanos estaba no 8% dos votos. Segundo esta enquisa publicada hoxe por El País, Izquierda Unida faríase co 5,6% dos votos."}
{"ID": "NOS_6127", "summary": "Quen fora presidente do Perú, Alan García, faleceu logo de dispararse na cabeza cando ía ser detido pola policía en relación ao caso de corrupción Odebrecht.", "text": "Confírmase o falecemento do ex-presidente peruano, Alan García, hospitalizado tras dispararse na cabeza cando ía ser detido en relación ao caso Odebrecht. A fiscalía peruana ordenou esta cuarta feira a súa detención, despois de que un ex-funcionario da construtora brasileira Odebrecht afirmara que o ex-presidente peruano tería recibido un pago por 100.000 dólares a través dun contrato simulado. O ex-presidente sufriu tres paros respiratorios mentres estaba sendo intervido quirurxicamente despois do disparo. Alan García Pérez naceu en 1949 e foi avogado e político peruano. Presidiu o país de 1985 a 1990 e de 2006 a 2011 pola formación política Alianza Popular Revolucionaria Americana."}
{"ID": "NOS_26967", "summary": "O Obradoiro rompeu a tendencia positiva e perdeu ante o Baloncesto Sevilla. Na Liga Asobal, o Cangas ganou ao Granollers. O Celta Selmak venceu na penúltima xornada da Liga Feminina 2.", "text": "Resultados: Fútbol: Primeira división: Getafe-Deportivo 2-1Celta-Barcelona 0-1 Segunda división: Lugo-Mallorca 4-0 Segunda división B: Celta B-Cultural Leonesa 2-1Racing Ferrol-Guijuelo 2-1Tropezón-Coruxo 1-3Zamora- Compostela 0-1Astorga-Somozas 0-2 Baloncesto: ACB: Baloncesto Sevilla-Obradoiro 86-60 LEB: Palma Air Europa-Breogán 83-70Ourense-Prat Joventut 67-55Leyma Coruña-Clavijo 71-66 Liga Feminina: Ferrol (rematou a tempada regular en 11º posición) Liga Feminina 2: Oviedo- Celta Selmark 55-63 Balonmán: Liga Asobal: Cangas-BM Granollers 25-24 Hockei: OK Liga: a competición volve o 11 de abril cos seguintes encontros: Barcelona-Liceo Cerceda-Reus"}
{"ID": "PRAZA_4810", "summary": "En Pedagoxía déronlles a palabra na mesa e cedeulles o seu sitio o profesor Caride para explicárense, fixérono e despois seguiron impedindo falar cos seus megáfonos. Por que? Supoño que porque como expresou unha das rapazas cando falou en Historia, onde tamén tiveron a súa quenda de palabra: eles xa saben a verdade e se basean en feitos obxectivos.", "text": "A acción de boicoteo ao ex-xuíz Baltasar Garzón en Historia, convocada e feita por Agir, Ceivar e seica outros grupos que se sumaron, a reacción diante do que alí pasou, a suspensión do que ía ser unha conferencia e debate ao longo de dúas horas e a transformación na presentación do documentario de X. Abad A pegada dos avós (no que aparece o propio Garzon entrevistado por estudantes) resultou finalmente revelador e altamente pedagóxico para unha aula interactiva da materia Historia Contemporánea da España do século XX para 100 estudantes de 3º do Grao de Historia. E non menos ilustrativa para o ciclo de Conferencias na que se enmarcaba (por iso o acto era aberto ao público que enviase un correo confirmando asistencia, ata encher o aforo), organizado polo grupo de investigación HISTAGRA, que leva por título Pasados incómodos: guerra, memoria e historia, e que se desenvolve ao longo deste semestre. O conferenciante ía falar de Verdade, xustiza e reparación, a propósito dos procesos relacionados co franquismo, o tratamento das vítimas e o coñecemento do que aconteceu. O asunto era indicado e o conferenciante aparentemente competente, 200 persoas en total estaban anotadas (na Aula Magna entran 180 sentadas) e con gañas de saber, enterarse e debater, e outras tantas dispostas a entrar. O conferenciante ía falar de Verdade, xustiza e reparación, a propósito dos procesos relacionados co franquismo, o tratamento das vítimas e o coñecemento do que aconteceu E logo pasou o que pasou, primeiro ás 9 en Ciencias da Educación e despois os mesmos (vid. fotos nos xornais) en Historia, onde xa non puido acceder Garzón por falla de condicións e de voz, despois de falar en Pedagoxía contra dous megáfonos. Que pasou? Que un grupo pequeno de \"enterados\" desprezaron os demais que queriamos enterarnos e quixeron rebentar unha actividade metade clase, metade conferencia e sempre debate aberto. En Pedagoxía déronlles a palabra na mesa e cedeulles o seu sitio o profesor Caride para explicárense, fixérono e despois seguiron impedindo falar cos seus megáfonos. Por que? Supoño que porque como expresou unha das rapazas cando falou en Historia, onde tamén tiveron a súa quenda de palabra: eles xa saben a verdade e se basean en feitos obxectivos..., e foi apupada por toda a aula ao dicir que xa cumpriran o seu obxectivo de que non falase Garzón, e aínda pediu respecto para o seu speech. O mesmo que non tiveron ela nin os outros 10 ou 15 co conferenciante nin coas 200 ou 300 persoas que querían escoitalo. En Pedagoxía déronlles a palabra na mesa e cedeulles o seu sitio o profesor Caride para explicárense, fixérono e despois seguiron impedindo falar cos seus megáfonos Relato o que pasou, segundo eu o vin -outros terán un relato diferente- porque non o vin explicado en ningún medio como información e porque os amigos de Praza me piden un artigo. Seguro que todos estamos de acordo en que a Universidade debe ser un espazo –sempre en construción- para a liberdade de cátedra, de expresión, de opinión; un espazo de tolerancia, onde sexamos quen de desenvolver debates intelectuais ou simplemente debates. Non é o único sitio pero a algúns tócanos facelo aquí porque ademais é o noso oficio. Pois o de onte foi un fracaso, digamos, do curriculum transversal que promove estas en competencias, actitudes e capacidades. Un fracaso completo. O de onte foi un fracaso, digamos, do curriculum transversal que promove estas en competencias, actitudes e capacidades. Un fracaso completo Completo non, porque a actividade celebrouse ao cabo, Abad presentou o documentario –antes falaron os rebentadores entre as protestas de moitos dos presentes- e despois tivemos un breve debate no que falou quen quixo despois de que os aplausos liberasen a tensión. Algúns defenderon o boicot, outros criticárono e todos falaron do que viñan de ver e escoitar. Falou tamén, entre outros, Fernando Souto como presidente da CRMH da Coruña, actual coordinadora da Iniciativa Galega pola Memoria, que como outros membros de asociacións de Ourense, do Barbanza, de Ordes, da 10 de Marzo ou da Alexandre Bóveda que acudiran ao convite, quedaron sen poder escoitar, coñecer e debater no foro sobre memoria e historia que tiñamos organizado. Algúns xornalistas espilidos preguntáronse onte nas redes con bon criterio Cui prodest? A quen beneficia o que fixeron os rebentadores? Non sei pero debéramos preguntárnolo. Seguín as súas preguntas e as súas pistas na prensa e atopei algunha resposta en dúas noticias 1) \"O PP aproba no Congreso limitar a aplicación da xurisdición universal polos xuíces españois\" 2) \"A Audiencia rexeita que as escoitas de Garzón contaminen todo Gürtel\". E se ollásemos os xornais veriamos que unha gran novidade –esta si histórica- vén de afectar ás universidades galegas: a Xunta aproba a creación da primeira universidade privada en Galiza. Isto non foi noticia onte na USC. Non escoitei ren e se alguén dixo algo quedou atoado pola gloriosa acción reivindicativa de rebentarlle os actos a Garzón ao berro indignado de torturador e fascista que en Historia, pola súa ausencia, nos dirixiron aos alí presentes. Vaiche boa Vilaboa! Reparo, por certo que este mes hai 30 anos que fundamos os CAF, aló por febreiro de 1984 en tempo de mimosas. Que eu saiba–e non deixa de ser significativo- ninguén está a lembralo Entre os que se sumaron a acción de AGIR seica estaban os Comités, a Liga e outros grupos, segundo un panfleto que confío fose apócrifo. Todos temos dereitos a cometer os nosos propios erros pero tamén a intelixencia de rectificalos. Coñecer, aprender, a iso intentamos dedicarnos nas universidade.., tamén a intentar mudar o mundo... Reparo, por certo que este mes hai 30 anos que fundamos os CAF, aló por febreiro de 1984 en tempo de mimosas. Que eu saiba–e non deixa de ser significativo- ninguén está a lembralo. Mágoa, aínda bo é que sendo miña profesión o pasado cando menos dou conta hoxe aquí. Pensando en hai 30 anos, non recordo que lle impediramos falar a ninguén, o que non lles impediu aos CAF gañar as primeiras eleccións ao claustro e ás xuntas de Facultade, nin protestar, reclamar, reivindicar, mesmo boicotear e tamén construír. Se estou errado que me corrixan, que todo pode ser. Non teño señardades nin prefiro o pasado, este presente é interesantísimo e o de onte foi unha historia da que tirar leccións cívicas e políticas de futuro. Espero."}
{"ID": "PRAZA_5978", "summary": "A CIG denuncia que as brigadas helitransportadas da Xunta (O Campiño, Marroxo e Vilamaior) están sen helicóptero dende o 15 de maio. O sindicato culpa da situación á privatización do servizo e alerta de que moitas das prazas dos equipos de loita contra o lume seguen sun cubrirse.", "text": "En decembro de 2012 o Goberno galego decidiu a privatización até 2015 \"do servizo integrado de helicópteros e brigadas helitransportadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais\". A medida incluía polo tanto a externalización do mantemento e posta á disposición das aeronaves e tamén dos equipos de brigadistas que viaxarían nelas. A privatización, cun custe para as arcas públicas de máis de 12 millóns de euros en dous anos, deu lugar de inmediato a denuncias sindicais, que mesmo chegaron até a Fiscalía, e que sinalaban que con esta decisión a Xunta buscaba \"beneficiar certas empresas\". Inaer e Natutecnia fixéronse coas adxudicacións, nun proceso sen concurso público. A sección sindical da CIG no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPDCIF) vén de denunciar que, coa campaña de incendios forestais a piques de comezar, as brigadas helitransportadas xestionadas directamente pola Xunta (O Campiño, Marroxo e Vilamaior) están sen helicóptero dende o pasado 15 de maio, unha situación da que culpan a esta privatización. Engaden que nas bases xestionadas por Natutecnia non hai ningunha persoa da Xunta de Galicia que supervise as horas de tempo efectivo de voo dos helicópteros e \"é a propia concesionaria xuez e parte do tempo que factura á administración\". Dende o sindicato lembran que a denuncia presentada contra as empresas beneficiadas por esta concesión por un presunto delito de prevaricación segue o seu curso, pero que mentres tanto o servizo de defensa contra o lume e extinción se atopa gravemente debilitado. \"Eles teñen a maioría absoluta e eles deciden. Realizan estes gastos tremendos, pero a xustiza vai á velocidade que vai\", din. Denuncian que estas brigadas, decote conformadas \"con obxectivos electoralistas\" e con persoal \"que carece de experiencia\", son ineficaces na loita contra o lume e, moitas veces, \"incrementan a perigosidade para todo persoal de extinción\" Os sindicatos alertaron en varias ocasións de que a privatización deste servizo supoñía \"que os traballadores contratados non o serán polas listas públicas que xa existen para a contratación de traballadores e, polo tanto, os requisitos que se lles esixan non se fundamentarán nos principios de igualdade, mérito e capacidade\", engadindo que en moitos casos as empresas adxudicatarias exclúen á mantenta persoal \"con experiencia e formación\". De feito, dende a CIG sinalan que se chegaron a dar casos de traballadores con moita experiencia que a ocultaron nos seus currículos para ter máis opcións de conseguir o emprego. Non é a única anomalía que denuncian. Ao igual que noutras ocasións, os traballadores do servizo sinalan que non se están a cubrir todas as prazas previstas. Así mesmo, alertan das graves consecuencian que a fragmentación do servizo. O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2014) prevé undispositivo formado por 5.767 persoas, do que máis do 40%, van proceder de brigadas muncipais. Os traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais denuncian que estas brigadas, decote conformadas \"con obxectivos electoralistas\" e con persoal \"que carece de experiencia\", son ineficaces na loita contra o lume e, moitas veces, \"incrementan a perigosidade para todo persoal de extinción\". \"No noso traballo corremos un risco moi grande, metémonos en sitios moi perigosos, e xente sen experiencia non sabe onde se mete. Houbo casos de brigadas municipais ou de brigadas contratadas por Tragsa, que se negan a apagar os lumes, alegando que non foron contratadas para iso\", engaden dende a CIG. A CIG denuncia \"esta situación de desmantelamento dun servizo público fundamental\" e reclama \"que estes traballadores conten cos medios adecuados para a defensa dos nosos montes sen que nos saia máis caro ás galegas e galegos\" Neste senso, tamén denuncian o estado dos vehículos e material de apoio con que conta o SPDCIF: \"camións antigos e obsoletos, que caen a cachos debido ao número de anos, quilómetros e horas de traballo que teñen enriba\", pero sinalan que \"en cambio mercan novos camións autobombas para os Concellos\". Ademais, volven advertir de que a Xunta \"tampea\" as cifras dos efectivos, \"incluíndo o persoal contratado con métodos electoralistas, ou dando datos do número de brigadas do SPDCIF que van ao lume, pero non dicindo que os integrantes das mesmas deberían ser cinco, e en cambio teñen de media dous ou tres integrantes\". Tamén sinalan que se están a pechar as torres de vixilancia fixa \"despois de gastar miles de euros dos cidadáns galegos en arranxalas, alegando que non son efectivas\", pero que ao mesmo tempo \"acoden aos voluntarios e as asociación de radioaficionados para que ocupen os postos destes traballadores\". A CIG denuncia \"esta situación de desmantelamento dun servizo público fundamental\" e reclama \"que estes traballadores conten cos medios adecuados para a defensa dos nosos montes sen que nos saia máis caro ás galegas e galegos\"."}
{"ID": "NOS_57240", "summary": "A asociación incide na necesidade inmediata dunha figura transversal para evitar a publicación de contidos machistas, sexistas ou que banalicen a violencia de xénero.", "text": "A asociación Xornalistas Galegas urxe os medios de comunicación de Galiza a incorporar unha figura ou departamento transversal que vele pola perspectiva de xénero nas informacións e contidos difundidos ao público, co fin de evitar a propagación de mensaxes e situacións machistas, sexistas ou que banalicen a violencia de xénero, incluída a prostitución. O colectivo amosa a súa preocupación pola frecuente propagación de contidos e pezas informativas \"sen perspectiva feminista nos medios galegos, con maior gravidade nos públicos, que deberían servir de exemplo e ser pioneiros na integración dunha figura que vele pola perspectiva de xénero de xeito continuado e rigoroso, antes, durante e despois da difusión de informacións e espazos informativos ou de entretemento\". No último ano, Xornalistas Galegas denunciou a través da súa canle de Twitter decenas de publicacións en medios galegos e estatais carentes de perspectiva de xénero e lembrou en numerosas ocasións a obriga legal por parte das persoas profesionais e responsábeis dos medios de promover a igualdade entre homes e mulleres. Neste contexto, o colectivo vén de impulsar ante o Parlamento galego unha iniciativa para garantir o cumprimento mediático das leis de igualdade e violencia de xénero, e solicitou á Secretaría Xeral de Igualdade o reforzo de mecanismos que garantan o compromiso dos medios coa perspectiva feminista."}
{"ID": "NOS_11590", "summary": "Até 13,5% das vendas das empresas galegas en 2021 saíron do Estado español.", "text": "A Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo presentaron na cuarta feira o Informe económico e de competitividade Ardán, que procesou as contas anuais de 2020 de 36.500 empresas galegas, cuns ingresos totais de 93.500 millóns de euros. A CIG de Vigo exixe á Zona Franca que corrixa as ameazas á seguridade dos traballadores Del despréndese que os ingresos e o valor engadido bruto das firmas con domicilio social na Galiza baixaron 8,6% e 8,1% respectivamente en 2020, cando estalou a pandemia. Ademais, o beneficio neto das empresas galegas caeu 14,5%, mentres que a súa rendibilidade económica mantívose en 2,4% e a financeira en 4,6%. \"O informe ofrece unha visión completa da economía da Galiza desde múltiples dimensións: macroeconómica, análise do tecido empresarial e a súa actividade por sectores e territorio. Inclúe ademais diagnósticos sobre o desempeño das empresas galegas nos factores que se consideran chave para a competitividade no contexto actual como a innovación, a internacionalización, a circularidade económica, a xestión do talento e a igualdade de xénero\", indicou o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, na presentación. O gasto en I+D na Galiza non chega ao 1% do PIB, menos da metade que na UE No lado positivo, xa con datos de 2021, a Zona Franca destacou o esforzo realizado polas empresas galegas no ámbito do I+D, que segue á alza e situouse en 1,5% da facturación e cada vez con máis fondos privados, \"o que reflicte o crecente compromiso das compañías en recursos para innovación\". Aumento das exportacións O documento tamén constata un crecemento anual da propensión exportadora das empresas galegas próximo a 5%. En 2021, máis ou menos, de cada 100 euros de vendas das empresas galegas, 13,5 euros tiñan como destino algún mercado internacional, sendo as compañías con máis de 50 persoas empregadas as que mostran unha intensidade exportadora máis alta. As importacións galegas subiron en maio 36% máis que as exportacións Neste sentido, a fabricación de produtos farmacéuticos, a produción de vehículos de motor, as actividades de investigación e desenvolvemento ou o sector de fabricación de material e equipo eléctrico son as que máis sobresaen, cunha propensión exportadora superior a 50%."}
{"ID": "NOS_35921", "summary": "O deputado Xosé Luís Rivas 'Mini' sinala que o grupo parlamentario nacionalista leva mais dun ano agardando por uns expedientes que deberían ter sido entregados en 30 días", "text": "Xosé Luís Rivas compareceu esta quinta-feira no Parlamento galego para denunciar a negativa continuada da Xunta a facilitar información á formación nacionalista sobre os proxectos mineiros que pretenden ser desenvolvidos no noso país. \"Algunhas das nosas peticións datan do 22 de novembro de 2016, e notifícannos o 11 de xaneiro que vaiamos de despacho en despacho consultar a documentación\", critica. Segundo o artigo 9 do Regulamento do Parlamento de Galicia, as administración públicas teñen a obriga de facilitar toda aquela información e documentación necesaria para o desenvolvemento das súas tarefas. \"O goberno dispón de 30 días de prazo para responder a este tipo de solicitudes, e curiosamente todos os expedientes ou informes que demoran en chegar versan sobre a minaría, polo que parece que algo están a ocultar\", sinala Rivas. Millóns de toneladas de residuos e unhas terras inertes O parlamentar do BNG alertou sobre a gravidade das consecuencias que implicaría a apertura destes proxectos mineiros en territorio galego. \"No caso da mina de Touro estariamos a falar dunha balsa de 126 hectáreas de superficie de 80 metros de alto que conterá millóns de toneladas de residuos inertes e ácidos, que en calquera momento pode baixar pola cunca do Ulla e ameazar a ría, as poboacións e o futuro dunha grande parte desa contorna\", explicou. No caso do proxecto de Erimsa, en Ordes, Xosé Luís Rivas engade que provocaría \"o espolio de terreos agrarios dos que se extraerá croio de sicilio que será procesado fóra do Estado español e que volverá a nós con todo ese valor engadido, ás veces até 4.000 veces máis caro\". Alén do custe económico, o deputado advirte sobre o estado no que ficarían as terras após a explotación: \"cada hectárea da que se extrae silicio non serve para nada, mais dana todo e non deixa máis que contaminación, desolación e terras inertes\". Esgotar a vía parlamentaria Rivas indicou que era innegábel o desastre que suporían estes proxectos mineiros. \"Non son supostos catastrofistas, son dados e a propia Consellaría de Agricultura emitiu un informe negativo\", apunta. Insistiu na demanda de \"transparencia\" por parte da Xunta, sendo que considera \"de primeiro curso de democracia que o parlamentarismo conte coa documentación suficiente para facer os seu labor de control do goberno\". Segundo Rivas, o grupo do Bloque Nacionalista Galego seguirá a insistir pola vía parlamentaria, \"que é a que nos corresponde\" para denunciar a situación."}
{"ID": "NOS_41103", "summary": "Final. Concluíu ás 24 horas desta sexta feira 22 de maio unha campaña eleitoral que non se afastou nen un milímetro do seu guión de primarias das eleccións xerais de novembro/decembro. As últimas mensaxes, antes da reflexión ritual, foron tamén as previsíbeis: o PP fixo un cántico á estabilidade, o BNG apresentouse como única opción de país con presenza en todos os concellos, o PSOE reivindicou a propiedade do termo socialdemocracia e as Mareas a patente da política nova.", "text": "Vigo foi a praza eleita polo BNG para fechar a campaña eleitoral das municipais. A mensaxe de Vence foi a que transmitiu durante estes quince días de procura do apoio cidadán: o voto ao BNG vale por 2. É un voto progresista, nas antípodas das políticas neoliberais e antisociais. E é tamén un voto en chave galega, \"un voto para construír un proxecto nacionalista no conxunto do país\". Un voto de país. Vence fixo unha apelación directa ás persoas que aínda non teñen decidido o seu voto, un continxente importante segundo os estudos demoscópicos. Xavier Vence: \"Somos a única opción de país que planta cara para derrotar o PP, desde todos os concellos\" \"Somos a única opción de país que planta cara para derrotar o PP, palmo a palmo, desde todos os concellos\", dixo o portavoz nacional do BNG, nunha clara alusión aos movimentos municipalistas que non cobren todo o territorio nen teñen articulación entre si. O dirixente nacionalista vendeu tamén dúas ideas forza. Unha, o BNG é un dique de contención face as políticas anti-populares da dereita. Dúas, o BNG, alí onde ten o goberno, é eficaz e é quen xerar progreso e riqueza. Hai un modelo de xestión nacionalista exitosa xa contrastada, enfatizou Vence. \"Este modelo de concello xa existe, -en Pontevedra, Allariz, Carballo, Ribadeo, Tomiño, Rianxo, Bueu, Riotorto,...- demostramos que é posíbel alí onde gobernamos e queremos encher Galiza destes concellos o 24 de maio\", recalcou. A maioría moderada do PP Neste final de campaña, no Palacio de Congresos da Coruña, o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, animouse a facer o seu contributo á teoría política. Onde Fraga falaba de \"maioría natural\", en alusión á converxencia entre a extrema dereita, o centro e a dereita, Feijóo fala agora de \"maioría moderada\", na que supostamente se atoparía a parte do león do eleitorado. O PP sería o referente político desa maioría e o único garante da \"estabilidade\", a outra palabra fetiche no discurso presidencial. O outro trazo do discurso, subliñar a españolidade de Galiza, pola vía de -e nisto si se emparenta con Fraga- de reclamar a condición de \"galegos e españois\" para as cidadás e os cidadáns deste país. Beiras, en Teo O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, fechou campaña en Teo, feudo do aspirante á Alcaldía de Santiago, Martiño Noriega. Na súa intervención, Beiras puxo en valor a achega de Anova ás mareas -dixo que apoia até 70 candidaturas \"cidadás\"en todo o país- e mostrou o seu desexo de que o curso político conclúa no outono/inverno próximo -momento de realización das eleccións xerais- cun encontro entre a esquerda e o nacionalismo para entoaren xuntos o \"Alba de Gloria\" de Castelao. \"Fago votos por que sexa así\", engadiu. Besteiro, nas Pontes e na Estrada As Pontes e A Estrada foron as vilas en que Besteiro, como secretario xeral do PSdeG, puxo fin á campaña da formación socialdemócrata. \"Somos a esquerda útil\", dixo o líder do Partido Socialista na Galiza, cun ollo posto nas marcas emerxentes, Podemos e Mareas, que aspiran a pescar nos seus mesmos caladoiros de votos. Besteiro -que este sábado estivo escoltado polo seu chefe de fileiras estatal, Pedro Sánchez, en senllos actos en Vigo e na Coruña- devolveu o golpe a Feijóo [o líder do PPdeG interpelou directamente en campaña as bases moderadas do PSOE] e pediu o voto aos eleitores que votaron PP no 2011 e que agora se senten traizoados. O PP, acusou Besteiro, goberna de \"costas aos cidadáns\", en canto que o PSOE \"quer sumar e non dividir\". Compromiso, en Vigo Tamén pechou campaña en Vigo Compromiso por Galicia. O candidato local Miguel Barros deu o último discurso no Centro Social Afundación, acompañado do secretario xeral, Xoán Bascuas. Compromiso por Galicia encara este 24 de maio con expectativas. \"As nosas sondaxes e inquéritos confirman sen ningunha dúdida que o 24-M, CxG terá representación en Vigo\", dixo Bascuas. Fin de campaña Conclúe, pois, a campaña sen que durante estes 15 días as distintas forzas en xogo se movesen en exceso dos seus respectivos libretos. Non se caracterizou a disputa eleitoral por grandes confrontos persoais, marcada tamén pola ausencia de debates [os da TVG foron só un simulacro, lastrados, aliás, pola emisión nunha canle, a segunda, de audiencia residual], en boa parte motivada polos vetos interpostos polo Partido Popular (o caso paradigmático, A Coruña). A campaña, en todo caso, féchase coas mesmas incógnitas coas que se abriu: que capacidade de resistencia terá o bipartidismo estatal? será quen Galiza de manter un espazo político propio, blindado aos ecos madrileños? responderán as forzas emerxentes -de Ciudadanos a Podemos pasando polas Mareas- ás expectativas criadas polos media e alimentadas polos inquéritos? Nota: todas as fotografías que acompañan esta información foron tiradas das contas twitter das forzas políticas galegas."}
{"ID": "NOS_19157", "summary": "Arnaldo Otegi anunciou o domingo a súa unión á folga de fame masiva iniciada por varios presos en apoio ao detido Uribetxeberría Bolinaga, que pediu ser liberado da súa reclusión por motivos de saúde.", "text": "O líder abertzale Arnaldo Otegi remitiulle á dirección do cárcere de Logroño, onde fica recluído, un escrito no que comunica oficialmente que se suma á folga de fame para pedir a excarceración inmediata de Iosu Uribetxeberría Bolinaga, segundo informaron fontes penais. Con Otegi, cinco detidos no centro penal rioxano remitiron a comunicación despois de almorzaren, por volta das 13.00, polo que xa non foron xantar. Desde que empezou a folga de fame o habitual é que entreguen estes formularios á primeira hora antes de almorzar, polo que aos presos de Logroño non se lles incluíu no reconto oficial elaborado este domingo por Institucións Penais sobre os presos en folga, que até agora ascende a 82 internos. A partir de agora, os funcionarios do cárcere de Logroño pasarán a confirmar que Otegi e os seus compañeiros efectivamente cumpren coa folga de fame e non acoden nin a cear nin adquiren alimentos do economato. En caso de confirmarse que o sete presos de Logroño secundan realmente a folga, a cifra de presos nesa situación ascendería xa a 88 nos cárceres españois. Tanto nos cárceres do Estado como nos franceses varios presos secundan a folga de fame en apoio da comezada por Josu Uribetxeberría Bolinaga, ingresado actualmente nun hospital do Euskal Herria. Este detido atopábase na lista de 14 internos da banda para os que a esquerda abertzale pide a súa liberación por motivos de saúde. Nos último días, a contorna abertzale intensificou a súa campaña de presión. Otegi informou de que se sumaba á folga de fame a través dun comentario na súa conta persoal de Twitter que xestiona o seu fillo: \"En solidariedade con Iosu, comezamos unha folga de fame indefinida na prisión de Logroño\". Até agora os cárceres con presos en folga de fame son Sevilla, Granada, Picassent, Alacante II, Castelló II, Herrera de la Mancha, Puerto II (Cádiz), Navalcarnero (Madrid). O ministro de Interior, Jorge Díaz Fernández, declarou este venres desde Navarra que a liberación de Uribetxeberría non ía depender do número de etarras que se puxesen en folga de fame e si do resultado das probas médicas que se lle practicaron a sexta feira."}
{"ID": "PRAZA_18046", "summary": "As recentes polémicas sobre os máster de Cristina Cifuentes, Pablo Casado ou Carmen Montón trouxeron ao primeiro plano o debate sobre o funcionamento sobre este tipo de estudos de postgrao. O pasado curso matriculáronse neles 5.736 alumnos e alumnas nas tres universidades galegas, o que representa o 11% de todos os e as estudantes", "text": "As recentes polémicas sobre os máster de Cristina Cifuentes, Pablo Casado ou Carmen Montón puxeron de relevo na opinión pública o debate sobre o funcionamento sobre este tipo de estudos de postgrao. En 2007 España incorporouse ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), máis coñecido como Plan Boloña, popularizando os máster, cunha duración de 1 ou 2 anos (entre 60 e 120 créditos) e un custo notablemente superior ao dos graos nas universidades públicas. O pasado curso nos 157 mestrados impartidos nas tres universidades galegas matriculáronse un total de 5.736 estudantes, unha cifra que non deixou de crecer dende o ano 2007, cando eran apenas 583 alumnos e alumnas. Os e as estudantes de máster en Galicia supoñen xa o 11% do total de universitarios e universitarias (51.861) O número de matrículas creceu rapidamente entre ese ano e o 2014 (5.501), aínda que nos últimos cursos o incremento ralentizouse notablemente. De igual xeito, o número total de másters impartidos acadou o seu máximo no curso 2014-2015 (197) e dende entón reduciuse ata os 148 no curso 2017-2018. En calquera caso, os e as estudantes de máster en Galicia supoñen xa o 11% do total de universitarios e universitarias (51.861), unha cifra que na última década experimentou un rápido descenso, dende os 70.812 do curso 2006-2007. No conxunto de España o número de estudantes de máster é moi superior, acadando no curso 2016-2017 os 184.745 matriculados e matriculadas, representando Galicia apenas o 3% do total. Ademais, mentres nas tres universidades galegas o número de matrículas case non variou nos últimos tres cursos, no conxunto do Estado segue medrando a un ritmo do 10% anual. Galicia apenas representa o 3% das matrículas de máster no conxunto de España Os mestrados convertéronse nunha importante fonte de financiamento para as universidades, necesitadas de ingresos ante os recortes orzamentarios dos últimos anos. O prezo do máster mantívose, iso si, relativamente estable e de feito o custo medio dos créditos (para másters non habilitantes) case non variou en Galicia, pasando dos 23,80 euros do curso 2008-2009 ata os 26,49 euros do curso 2016-2017. Pola contra, no conxunto do Estado, o prezo medio de cada crédito pasou neste tempo de 24,16 euros a 37,54 euros. Con ese prezo medio de 26,49 euros un máster de 60 créditos (o mínimo legal) situaríase nos 1589,4 euros e un de 120 créditos chegaría aos 3178,8 euros."}
{"ID": "NOS_30871", "summary": "Alberto Núñez Feijóo será investido presidente da Xunta de Galiza o vindeiro 29 de novembro. As sentenzas ditaminadas polo TSXG sobre o decreto do plurilingüismo e o concurso eólico ensombrecen a súa toma de posesión e anulan dúas das súas promesas cumpridas durante os últimos catro anos de goberno.", "text": "A Cámara galega vai collendo forma e o curso político, após a constitución do Parlamento, está a piques de comezar. Neste senso, despois da protocolaria rolda de contactos entre a presidenta, Pilar Rojo, e os voceiros das catro forzas políticas con representación parlamentar; a vindeira semana, Alberto Núñez Feijóo será, oficial e formalmente, investido como presidente da Xunta de Galiza. Neste senso, os votos en contra de BNG e AGE e a abstención do PSOE, non evitarán que @s 41 deputad@s do Partido Popular re-elixan presidente a Feijóo. Porén, a súa renovación como líder do executivo galego, estará marcada por senllas sentenzas do TSXG que tombaron dous dos seus proxectos estrelas na anterior lexislatura: o decreto do plurilingüismo e a anulación do concurso eólico aprobado polo anterior goberno bipartito. O TSXG anula as dúas promesas electorais cumpridas por Feijóo Alberto Núñez Feijóo, abandeiraba o seu programa electoral nos comicios de 2009 con dúas ideas forza que agora fican anuladas por senllas sentenzas do Tribunal superior de Xustiza. A suspensión do concurso eólico posto en marcha polo bipartito respondía –segundo o daquela candidato á presidencia da Xunta-- a unha suposta ilegalidade cometida pola Consellaría de Industria. No entanto, en agosto deste mesmo ano o TSXG aseguraba na súa sentenza que a estrutura xurídica empregada polo goberno da Xunta para perpetrar a devandita suspensión\", incorría en \"vicios de ilegalidade\" e mesmo, acusaba ao goberno galego de emregar \"a suspensión cautelar\" con fins partidarios encamiñados a cumprir cos obxectivos do Partido Popular. A cousa non ficaba aí, e a Xunta tería que afrontar unha demanda por indemnización patrimonial e mesmo por danos e prexuízos que no caso dunha das empresas afectadas pola anulación do concurso, podería ascender ao pagamento de 14 millóns de euros. Aliás, a sentenza, aseguraba os membros da Xunta de Galiza responsábeis da estrutura xurídica que sostiña a suspensión e parálise do concurso terían incorrido en delictos penais como a prevaricación ao empregaren argumentos falaces e manipulacións para xustificaren as súas decisións. Entre as persoas afectadas por un proceso xudicial ainda en marcha, atópase a directora xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galiza ou o secretario xeral da consellaría de Industria, naquela altura. No entanto, en campaña electoral, Feijó09 aseguraba que o seu goberno racharía coa \"imposición do galego\" nas escolas e respectaría a decisión das familias que serían as encargadas de elixiren en que lingua serían educadas as súas crianzas. A través da promulgación do Decreto 79/2010, Alberto Núñez Feijóo atopouse cunha forte resposta social que se opuña á desaparición do galego das escolas, pois en materias como matemáticas, tecnoloxía ou física e química, o galego ficaba, simplemente, excluído das aulas. Milleiros de persoas percorreron en diversas ocasións as rúas de Galiza para exixiren a recuperación do Plano de Normalización Lingüística e o mantemento, por parte do goberno da Xunta, das políticas de normalización lingüística que lle eran exixidas polo Estatuto de Galiza e a Lei aprobada en 1983 para a normalización de usos do galego. Ao abeiro destas mobilizacións masivas xurdiron diversas Plataformas na defensa do galego e do dereito a que este fose empregado en calquera ámbito –nomeadamente, no público. A sentenza feita pública polo TSXG a pasada quinta feira deixa claro que os artigos 5,2 e 12,3 do decreto aprobado pola Xunta de Galiza \"é contrario a dereito\" e polo tanto deben ser anulados. Xa que logo, a xustiza declara \"ilegal\" as consultas que o goberno galego desenvolvía entre as familias para que fosen elas as que determinasen en infantil e primaria a lingua vehicular do ensino. Malia a clareza e rotundidade da sentenza a Xunta de Galiza fixo ouvidos xordos e segurou que continuaría adiante coas consultas e, mesmo, aseverou que a resolución do Tribunal \"avalaba\" a política desenvolvida polo executivo en materia de lingua. Neste senso, o presidente en funcións ía aínda máis lonxe e afirmaba que o TSXG \"reforzaba\"coa súa decisión a política do seu executivo e rebaixaba a responsabilidade do aínda conselleiro de educación en funcións, Jesús Vázquez Abad, quen se negaba a dimitir malia as demandas dos grupos da oposición e das organizacións a prol da lingua. O discurso de investidura que Núñez Feijóo pronuncie na toma de decisión do vindeiro día 29 terá que afrontar –a máis dos incumprimentos do seu anterior programa de goberno-- as sentenzas en que a xustiza anulou as dúas promesas cumpridas."}
{"ID": "NOS_50256", "summary": "As forzas independentistas ficarían a 1 escano da maioría absoluta. O partido de Inés Arrimadas sería o máis votado.", "text": "O bloque independentista ficaría a un escano da maioría absoluta nas eleccións do 21D, segundo a enquisa que vén de publicar o Centro de investigacións sociolóxicas (CIS). Unha sondaxe que deixa un empate técnico entre ERC e Ciudadanos, sendo a forza de Inés Arrimadas a máis votada, a 32 escanos. Esquerra obtería 32 escanos, a lista de Carles Puigdemont (Junts per Catalunya), 25/26; e a CUP obtería 9. Sumarían 67, un menos que os necesarios para a maioría absoluta. Ciudadanos lograría 31/32 parlamentares, o PSC subirían de 16 a 21 e o PP retrocedería de 11 a 7. Sumarían 60 escanos, moi lonxe dos 8 necesarios para formar goberno. Catalunya en Comú tería, pois, a chave da gobernabilidade, cos 9 escanos que lle outorga o CIS. A enquisa realizouse entre 23 e 27 de novembro sobre unha mostra de 3.000 persoas entrevistadas."}
{"ID": "NOS_52198", "summary": "Emma Pedreira e Katixa Aguirre entre as plumas convidadas ao 1º Festival Literario (FLAZ) que nace coa intención de sumar unha nova actividade á programación municipal.", "text": "Allariz estrea este ano un novo evento cultural. Os días 1 e 2 de xullo terá lugar nese municipio o 1º Festival Literario (FLAZ) no que se debaterán as razóns que levan a autoras e autores a escribir. Nesta edición o evento contará con seis figuras da literatura actual na Galiza e no Estado español: Emma Pedreira, Juan Tallón, Katixa Aguirre, Edurne Portela, Diego Ameixeiras e José Ovejero. Allariz énchese de xardíns terapéuticos co seu festival A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio de Allariz, María López Rodríguez, sinalou onte na presentación que o obxectivo é \"consolidar o festival, que se suma á programación cultural diferenciada con eventos como o propio Poemagosto ou o Allariz Ilustrado\". Conversas e mesas redondas Cun formato de conversas a dúo e un encontro final co conxunto das figuras literarias convidadas, o FLAZ ten como procura \"ofrecer ao público unha programación de interese cultural que, desde o ámbito local, esperte o interese da comunidade lectora\". Poesía e música cítanse en Allariz Emma Pedreira e Juan Tallón encargaranse de abrir o FLAZ cunha primeira conversa titulada Por amor á arte o 1 de xullo ás 12 horas; na sesión da tarde, dúas escritoras vascas, Katixa Agirre e Edurne Portela, dialogarán baixo un enunciado interpelador: O pasado é un país estranxeiro. Tamén en Euskadi? (18.30 horas). O sábado quen sentarán xuntos o último Premio Nacional da Crítica en lingua galega 2022, Diego Ameixeiras, e o narrador madrileño varias veces premiado José Ovejero, para falar sobre O suspense na literatura actual (12 horas). O convivio literario do FLAZ reúne na súa sesión final a todas as figuras convocadas para que respondan á pregunta: Para que serve hoxe a literatura? (18.30 horas)."}
{"ID": "QUEPASA_209", "summary": "Nosaltres e Gente Hablando conquistan o palmarés do VI Carballo Interplay. As cousas do Choio conseguiu o premio a mellor serie en galego e Tarde Baby, o de mellor serie internacional. Ademais, repartiuse o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros, para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.", "text": "Rematou a VI edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Esa cita que volveu converter durante unha semana a vila bergantiñán na capital da cultura dixital global, e tras unha semana de actividade vertixinosa, pechou o telón a noite do sábado coa gala de entrega de premios ás mellores webseries. Unha Gala absolutamente ateigada, dun concurso pioneiro que xa é todo un referente a nivel internacional e que este ano recibiu máis de 200 propostas de todo o mundo. Foto de familia do CIP 19 de David Tombilla A gran gañadora no palmarés final foi Nosaltres, que se fixo co premio á mellor serie estatal e cos de mellor dirección, para María Medinilla e Roger Grau, e mellor actriz, para Paula Jornet. Esta webserie, que aborda en capítulos duns 10 minutos de duración temas capitais para a mocidade como o acoso, a relación coa familia, a amizade, o racismo ou as redes sociais. Prodúcea a Fundación Montblanc, e os capítulos poden verse na páxina web www.fundaciomontblanc.orges, onde tamén se poden descargar unidades didácticas que buscan fomentar o diálogo e o debate en clase. Gente Hablando de Flooxer, recollendo o premio--Foto-David Tombilla Gente Hablando, que recolleu o premio do público, unha mención especial do xurado e os premios ao guión, para Álvaro Carmona, e ao mellor actor, para Ramón Barea, é unha serie de autor na súa formulación, guión e dirección producida por Flooxer, a plataforma de contidos dixitais de Atresmedia. Cada episodio de 10 minutos inclúe unha conversa entre dúas persoas, sempre distintas, tentando parecer naturais. O premio á mellor serie internacional foi para a comedia arxentina Tarde baby, no que Malena Pichot e Charo López retratan un futuro post-apocalíptico. Sonia Méndez, directora e alma máter do Festival Carballo Interplay-Foto-David Tombilla Aposta polo audiovisual galego O premio á mellor serie en versión orixinal en galego acadouno o videoblog As cousas do choio (na imaxe), protagonizada por Juan O Choio, un octoxenario do rural e mariñeiro de toda a vida que se convirte en youtuber e ofrece, dende o seu alpendre, consellos de supervivencia en clave de humor a todos aqueles que queiran aprender da súa sabedoría. O xurado quixo, tamén, facer unha mención especial para o documental Cativos na cociña, que ofrece os produtos e receitas da Galicia enxebre a través da ollada dun cativo. Ademais, o xurado decidiu outorgar cadanseu Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón."}
{"ID": "NOS_23360", "summary": "Deseguido contámosche que atoparás nel. Se gostas do que les, apóianos!", "text": "Encetamos o debate que enfronta o dereito das mulleres ao aborto e a obxección de conciencia na sanidade pública. Entrevistamos o economista Pedro Carvalho que nos conta que: 'A permanência dentro do euro perpetuará o desmantelamento produtivo e o empobrecemento'. Na sección de política tratamos da nova Xunta do PP: botámoslle unha ollada ao gabinete madrileño de Núñez Feijóo e analizamos o documento para o debate feito público polo BNG con vontade de autocrítica. En Laboral temos en conta a nova tipoloxía de empregad@s por conta propia, as autónomas pola forza, cóntannos os motivos que @s levaron a emprender e afondamos na sentenza que absolve os tres sindicalistas condenados a prisión, e recoñece a prevalencia do dereito á folga. En Economía tres temas de actualidade: as ordes de Bruxelas para a reestruturación de Novagalicia Banco xeran incerteza na rede de Pemes galegas, Ouvimos o que nos teñen que contar desde a Costa da Morte ou Valdeorras sobre unha fraude na concesión de axudas a traballos forestais e pasadas as eleccións quixemos saber como van as solucións para @s estafad@s das preferentes. Tamén nos preocupamos pola Serra do Galiñeiro, dobremente ameazada: primeiro polos eólicos e agora tamén pola minaría a ceo aberto. No Ensino repasamos a contrarreforma de Wert: o galego, cuarta lingua; pagar polo español na privada; relixión, si ou si; e a Xunta, calada. Neste número entrevistas a Manuel Rivas, Pedro Carvalho, David Fernàndez, Marcos Sumavielle e as catro redactoras de Disquecool En deportes entrevistamos ao árbitro Marcos Sumavielle para que nos contase os problemas que tivo por arbitrar a selección galega de fútbol e falamos das dificultades para competir de Susana Rodríguez, paratriatleta viguesa. Na sección de Internacional entrevistamos a David Fernàndez, deputado electo pola CUP ao Parlamento catalán. En Memoria saímos na procura da historia do cable inglés e en Cultura recompilamos as últimas novidades do Ano Vidal Bolaño ademais de entrevistar a Manuel Rivas para que nos conte cousas do seu último libro. En viaxes da miña terra imos polos faros da Mariña, o noso Okapi preséntanos neste número a historia de 'Ponte... nas ondas!' e na Contra temos unha conversa coas catro redactoras de Disquecool."}
{"ID": "PRAZA_7552", "summary": "Compromiso por Galicia celebrou o seu primeiro Consello Político Nacional logo da celebración do seu Congreso Constituínte.", "text": "Compromiso por Galicia celebrou hoxe o seu primeiro Consello Político Nacional logo da celebración do seu Congreso Constituínte. Entre os asuntos da orde do día tratados destacaron a elección das responsabilidades da Comisión Executiva e máis o deseño do borrador do mapa territorial da organización. A proposta do secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, que saiu adiante sen ningún voto en contra, foi a seguinte: Sandra Araúxo farase cargo da Secretaría de Organización; Manuel González das Secretarías de Política Económica e de Finanzas; Xosé Anxo Laxe a Secretaría de Política Municipal; Paulo Carlos López a Secretaría de Comunicación; Inma López Silva a Secretaría de Igualdade e Muller e mais a Secretaría de Cultura; Henrique Monteagudo as Secretarías de Relacións Internacionais e de Lingua; Xulia Guntín a Secretaría de Formación e Liña Política; Ana Bande a Secretaría de Movementos Sociais. De igual modo Xosé Manuel Pérez Bouza asumirá, ademais da coordinación territorial de Ourense, a Secretaría de Servizos Públicos. Antes de dar comezo, gardouse un minuto de silencio pola morte de Xosé Posada, que se cualificou como \"un galeguista con maiúsculas\", e se incidiu en que a súa obra \"continuará na acción política do día a día de Compromiso\". Sobre a celebración do Congreso do Partido Popular esta fin de semana, Xoán Bascuas desexoulle, \"moita sorte nos debates\" e advertiulles \"que o galeguismo non só se predica, senón que se aplica\", á vez que se preguntou sobre se haberá algunha proposta de resolución \"que vaia na liña de afondar na loita anticorrupción\"."}
{"ID": "PRAZA_19253", "summary": "A venta dos billetes realizouse con total normalidade. A súa plasmación na viaxe, non. Dadas as circunstancias, non parece que houbese un plan estándar ante tales situacións climáticas.", "text": "Bo día dende un venres xa pasado: Os números están esperando por un medio de transporte polo cal pagaron. As fortes rachas de vento aumentan a sensación de intensidade nunha choiva fría, que cala nos ósos. A meteoroloxía non respecta un recinto de corte industrial que recobre as vías de tren. Os números seguen esperando. Hai risas nerviosas e pés inquedos. Non chegarán aos seus compromisos, mais non é o importante. O que realmente acontece é que ninguén informa. Ninguén. E os números seguen esperando. Non hai \"SAÍDA INMEDIATA.\" En vez dela, aparece un escueto \"RETRASO\" no panel informativo presente en cada vía. Nada máis. A megafonía só funciona para informar da chegada dos demais trens – sempre con retraso, normal -, non polo cal estamos agardando dende as 16:27. Dende que desapareceu a información do panel, non volvemos saber nada máis dese tren. Son as 17:15 e o pequeno vestíbulo de \"Atención ao Cliente\" xa está cheo. Os recepcionistas van e veñen, coma se o movemento se asimilase á resolución dos problemas. Precisan conter aos seus consumidores. Que se vendesen uns billetes para que despois ese tren non chegue non é o seu problema. Iso non é relevante. Crece a desinformación á par que as preguntas entre os viaxeiros: \"Vas no tren de Vigo?\" \"Sábese algo?\" Outros permanecen perdidos nunha estación de escasos metros cadrados. Pero todos chaman ás súas casas, lugares nos cales a preocupación mailo cruce de horarios fan xurdir pequenas tensións telefónicas. Unha boa solución por parte dos \"inocentes\" recepcionistas consiste en enviarnos ao que parece o \"posto de información\" (exterior) de Adif. Mans limpas. Traballo resolto. Nese lugar chégase a unha especie de acordo saído do estrés dos pasaxeiros. Respírase a confusión entre o que debe ser un dereito pero remata por converterse nun privilexio. Xuntade isto cun pouso de condescendencia e mesianismo por parte dos traballadores de Adif alí apostados. Ese privilexio significa fretar catro autobuses por mor de que o tren non da sinais de vida. A súa organización é outra historia. Son arredor das 18:00 e chegan os autobuses. Non se informa por megafonía (ou polo menos non escoito tal acción). A viva voz, unha das responsables da organización atrae a nosa atención. Establécese que viaxeiros entrarán en cada autobús. Xorden así tres enlaces directos; Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. O outro autobús recorrerá as paradas intermedias entre eses tres destinos. Fácil de comprender, non tanto de realizar. Todo isto - que conste - antes de subir ningún dos viaxeiros do ferrocarril no seu novo medio de transporte. Por \"seguridade,\" amén das persoas de seguridade da estación, rondaba unha parella da Policía Nacional. Descoñezo a súa rolda, pero, claro, os nervios podían desatarse en calquera momento. Cando menos, a sensación subxectiva é a dunha posible inversión da catalogación de \"vítimas\" se eses nervios estalan. Os dous primeiros autobuses saen coa normalidade dunha situación anormal. Iso sí, sempre dende a desconexión entre organización/viaxeiros. No terceiro – onde vai o narrador – vai coa mentira incorporada. Non vai directo a Vilagarcía. Unha vez dentro, sentados e momentaneamente aliviados, enterámonos que terá diferentes paradas. Non sabemos cales, pero sí que existen. Deduzo que o único coñecedor no seu momento da situación real é o chofer. Hai rumores de que un dos destinos é Redondela (non sei por que). Tampouco preguntamos. Íamos confiados co noso destino xa acordado previamente. A situación descrúbese por sí mesma. O terceiro autobús con destino directo Vilagarcía cubrirá aquelas paradas situadas entre Santiago e Vilagarcía, é dicir; Padrón, Pontecesures e Catoira. Sí, é o tren que se coñece coloquialmente como o \"lento,\" con seis vagóns e paradas en estacións de menor rango. No interior, con algún conato de bromas entre amigos que regresaban xuntos, reinaba un silencio saído da impotencia e cansazo. Só se quería chegar á casa. O meu caso, sumado só aos que ían con destino Vilagarcía, presenta un reconto desolador. Saída e chegada oficial: entre as 16:27 e as 17:05. Saída real: arredor das 18:15/18:30. Chegada real a Vilagarcía: 19:45. Descoñezo a situación e destino do cuarto autobús, mais pódese deducir. Sen contar o tremendo lío formado nas primeiras horas da maña, cando moitos viaxeiros son traballadores que se moven entre cidades, a situación é ben sinxela. Funciona e punto. Non se precisa máis. A importancia da información fundaméntase na súa escaseza. Ninguén sabe nada, polo tanto, ninguén é culpable. Resulta cando menos dubidable que a estación non estivese informada da situación dun tren que ten a súa parada coma unha das principais, por xente e entidade. É unha espléndida fachada que esconde un ser máis sutil. A venta dos billetes realizouse con total normalidade. A súa plasmación na viaxe, non. Dadas as circunstancias, non parece que houbese un plan estándar ante tales situacións climáticas. Nunca aparece un plan alternativo, pero sempre un tema recorrente; escorrer todo tipo de responsabilidade. A escusa pódese envolver facilmente nunha capa de sorpresa e incredulidade por parte de Renfe. É dicir, quen pode controlar os fenómenos meteorolóxicos, verdade?"}
{"ID": "NOS_7197", "summary": "Consideran que a resolución evidencia que a operación de venda \"foi unha enorme fraude\".", "text": "As organizacións sindicais con representación nas fábricas de aluminio da Coruña e Avilés reclaman dos Gobernos solucións industriais que garantan o mantemento dos empregos e poder retomar a actividade produtiva en ambas as dúas factorías. Esixen tamén que se cumpra cos termos da sentenza da Audiencia Nacional \"que declara abertamente que Alcoa intentou eludir as consecuencias do despedimento colectivo do ano 2019 a través dunha venda ficticia das plantas a unha empresa que carecía da solvencia e a seriedade necesarias\". \"Diante da inacción do Ministerio de Industria, da Xunta de Galiza e do Principado de Asturias ante esta enorme fraude cometida\", as organizacións xa avanzaron que continuarán na loita, promovendo todas as mobilizacións que sexan necesarias, e demandan a convocatoria das mesas de negociación que están paralizadas, para garantir unha solución de futuro. Reivindican das administracións a posta en marcha dos mecanismos necesarios para avanzar nunha intervención pública que permita buscar un plan industrial que garanta manter todo o emprego e a plena posta en actividade das plantas. Ademais, vaise solicitar que se activen as garantías contidas no acordo, tendo en conta que a venda foi ficticia e que o Grupo Alcoa segue sendo na realidade o empregador. \" É a Alcoa a quen hai que esixir, a través da Audiencia, que cumpra coa sentenza, aínda que de momento non sexa firme\". Con este obxectivo, solicitarase á Audiencia que aclare a data de cálculo das garantías, que os sindicatos fixan no 31 de xullo de 2019, data na que se materializou a venda das instalacións. Neste senso, pídese que ás traballadoras e aos traballadores que naquel momento tiñan menos de 53 anos se lles faga entrega ou garantía da cantidade indemnizatoria pactada, e para as persoas maiores de 53, demándase que poña en marcha o plan de rentas previsto, coa achega dos fondos necesarios. Do mesmo modo, advirten que, de non darse solucións para o persoal das fundicións, iniciaranse accións xudiciais para que se activen as garantías en iguais termos e condicións que para o persoal de electrólise."}
{"ID": "NOS_46878", "summary": "Con Elena Ferro os zocos tornáronse modernos. Filla e neta de zoqueiros, continuou elaborando calzado artesanal de sola de madeira mais pintouno a cores, púxolles pel de cebra, veludo nos cordóns ou pintas de xoaniña e revolucionou o oficio de tres xeracións dos Ferro. Non por iso a familia deixou de facer zocos como os de toda a vida e levalos ás feiras. Di que lle deben un respecto a quen os continúa mercando para ir ao campo no inverno e saír del cos pés enxoitos.", "text": "Cal é a receita para facer dos zocos un calzado moderno? Non o sei! O único que aporto é a ilusión e o gusto polo que fago. Cando ves que algo falla e queres seguir, a única solución é renovarse e actualizarse. Non sei cal é a receita mais a paixón, o esforzo e o traballo poden ser as chaves. -A sola ríxida de madeira pode parecer de difícil andar. Deféndame a comodidade dos zocos. Hai que probalos. Non a todo o mundo lle resulta igual. Eu, por exemplo, non son quen de usar zapatos de tacón. Un 80 ou 85% das persoas que os proban quedan convencidas. Temos diferentes alturas e anchos e tamén traballamos a medida para que se adapten a cada pé. -Vostede usa zocos? Uso mais son máis de inverno. No inverno dá moito gusto andar cos zocos. -Serán garantía de que a auga non entra... Claro! A auga non pasa e illan do frío e a humidade. A madeira e o coiro eran os materiais máis próximos para protexer do mal tempo. -A xente maior lembraba cando mercara os primeiros zapatos. Agora moita xente presume dos seus zocos. Os zocos e o pan de boroa eran símbolos de pobreza. Lembro de pequena que meu pai, que é un gran sabio e resume moi ben as cousas, cando alguén facía o comentario despectivo dos zocos contestaba que canto ben fixeran, que había que agradecerlle aos zocos que libraran de andar descalzos. Era o calzado da xente do campo. -Eses eran os zocos que comezou a facer o seu avó. Como levan na familia a súa \"modernización\"? Comezou meu avó e continuou meu pai e a miña tía Agripina. Eu estiven desde pequena no taller. Levo toda a vida no oficio, non só con zocos senón tamén facendo carteiras e outros produtos, que é a clave para sobrevivir. Todo foi progresivo, pouco a pouco. Eu cheguei primeira e logo veu miña irmá traballar. Miña nai coidaba vacas mais o leite comezou a ir mal e vendeunas e tamén entrou no taller. Tamén a miña outra irmá se sumou. Non temos grandes pretensións mais queremos continuar nun traballo que nos gusta e ter calidade de vida no taller. -Como foi cando viron que quería quedar no oficio e comezou a facer zocos de cores ou de pel de cebra? Teño moito que agradecer a toda a miña familia. A meu pai por me deixar facer sempre o que quixen. Sempre me animaron a experimentar cousas novas. O bo de vender nas feiras é que sabes en directo se os produtos gustan ou non gustan. Tamén nos axuda que se puxeran de moda, a verdade. Nos oitenta, meu pai pensou pechar e nunca imaxinou que se lle puidese dar unha volta e que as tres irmáns acabaramos traballando aquí. Failles ilusión que non se perdera o taller e para eles é moi gratificante. -Como se lle ocorreu facer un zoco dourado? Fixémolo polo Nadal. Son como de festa, que tamén os zocos poden ser para un día especial. A raíz diso fixemos un trofeo cos zocos dourados. -Rosas, azuis, de xoaniña, dourados, de pel de cebra, con lazos de veludo... cal zoco é o que máis gusta? Pois o de cebra foi dos modelos máis vendidos. Tratamos de que estean ao alcance de todo o mundo mais ás veces, as peles, como as de pelo, aumentan un pouco. O que fixemos foi facer outros só coa punteira de cebra e a traseira de cor negra. O de leopardo tamén o vendemos moito e a gama de pelo vai moi ben. As peles gravadas, as que imitan serpes ou crocodilos están tamén arrincando. -E o de xoaniña, que foi premiado? Facémolo só por encargo. Dos que vendemos nas feiras o que máis aceptación ten é un azul moi chamativo. Gusta moitísimo. Temos arredor de quince modelos mais non podes ter todos en todos os tamaños. Non se dá feito a numeración así que a xente que queira pode facer o modelo que prefira por encargo. Tamén hai quen decide como quere que lle fagamos o zoco! -Estamos a falar de calzado artesanal. Canto tempo leva facer un par de zocos? Cinco ou seis horas, o que pasa é que facemos varios ao tempo. Aos zocos tradicionais case non lle tiramos ganancia mais continuamos a facelos por respecto á xente do campo, que sigue usando e continúa mercando en feiras como a de Monterroso ou Lalín. -Como no tempo do seu avó, por que continúa vendendo maiormente en feiras? É o que nos dá de comer. Tamén vendemos nalgunhas tendas mais o bo da feira é que vas e traes os cartos para casa. De abril a outubro non paras mais grazas a iso vivimos e podemos ter un taller cómodo no que traballar. Ademais de artesáns, somos feirantes. -Zocos que se ven en Milán e Monterroso... E custan o mesmo en todas partes. -O de modelos de tempada e prezos de rebaixas non vai con vostede, non? Pois non. Os zocos non pasan de moda. Os de cebra, poño por caso, séguense vendendo e son de hai tres ou catro anos. Tampouco temos rebaixas. Os prezos son fixos."}
{"ID": "PRAZA_20173", "summary": "Depois de tratar de enmudecer sem sucesso os protestos populares polo despejo do CSO Escárnio e Maldizer, taparom com bloco todos os possíveis accessos ao prédio. Agora parece umha tumba. Isto é o que querem, um silêncio sepulcral.", "text": "A história repete-se, com a única variaçom da ubicaçom geográfica e os cenários nos que se desenvolve. A ocupaçom é umha luita contra o tempo e as lógicas dos poderes alinhados para fazer valer de maneira fatal e indefectível a qualidade e o peso dos direitos do capital perante os direitos das pessoas, neste caso organizadas para exercer o seu direito a organizar-se, reunir-se; auto-gerir as suas luitas, o seu ócio, o seu conhecimento... Sim, consumou-se o final violento contra o Centro Social Escárnio e Maldizer. A sua vida nas entranhas de um inmóbel desocupado era um desafio. Dar-lhe umha segunda vida a aquele espaço na forma em que lho davam aquelas gentes nom era admissível. Na Corunha, comarca na que eu resido, já vivemos dous casos parecidos em relativamente pouco tempo. O caso da Casa das Atochas, sediada num prédio propriedade de umha construtora, e do CSO Palavea que tinha como ubicaçom as instalaçons de umha antiga escola de orfos, propriedade de um banco. Sempre o desenlace é o despejo do prédio, com violência física ou sempre sob ameaça policial. Como pode haver grupos de gente nova, ou nom tam nova, com ideologia anti-capitalista, que tenham a desfazatez de ocupar espaços com destino já marcado para ensaiar um outro mundo, umha outra sociedade? Porquê nom aceitam submissos esses grupelhos, como aceita a maioria da sociedade, esse devalo imposto nas vidas das construçons, segundo o que depois do desuso vem o deterioramento progressivo, a demoliçom e a substituiçom por umha outra nova construçom? Seguramente a gente e as instituiçons \"da ordem\" em Compostela preferirám ver prédios invadidos pola silveira, o lixo e as ratas do que ver espaços valeiros que vam sendo ocupados por gente com inquietaçons culturais, políticas, ambientais, cientistas, artísticas... talvez seja melhor que esses espaços se convertam em rochos para o consumo e trafego de drogas... em qualquer caso um espaço vazio sempre se converte nalgumha cousa. O que nom se pode admitir, sob o ponto de vista das leis do intocável mercado, é que alguém ofereça aulas de auto-defesa, música tradicional, línguas ou o que for, sem o horizonte do lucro, e deixando fora de jogo os interesses empresariais. O que nom se pode admitir sob o ponto de vista das leis desse intocável mercado, é que a auto-organizaçom popular rompa com insolência os seus planos especulativos e lhe dea uso a umha cousa cujo valor se queria cegar, sem os interesses especuladores obter benefício. Por isso se bota mao da violência policial. A ocupaçom deixa ao descoberto o jogo perverso do capital. Num cenário de despejos habitacionais por reescisons de contratos de aluguer, ou por execuçons inmobiliárias, numha situaçom onde nom tod@s temos a mesma oportunidade de acceder a locais públicos para desenvolver atividades públicas, entre outras cousas pola perda progressiva de liberdades, é preferível para os que adirem à ordem ver locais vazios. Por isso, depois de tratar de enmudecer sem sucesso os protestos populares polo despejo do CSO Escárnio e Maldizer, taparom com bloco todos os possíveis accessos ao prédio. Agora parece umha tumba. Isto é o que querem, um silêncio sepulcral. Mas a ocupaçom nom é um capricho, é umha necessidade. A ocupaçom para vivenda sempre existirá, ainda que quem a pratique nom leve aneis no nariz nem estensores nas orelhas, nem seja anarquista, nem comunista, nem independentista. Simplesmente existiu sempre e sempre existirá, porque todo o mundo necessita um lugar onde viver e se a um o botam desse lugar simplesmente irá para um outro, até que o botem também daí e tenha que procurar um novo acobilho. Mas tendo em conta que a direita neoliberal é bastante amiga de impôr medidas económicas que no fundo tenhem umha intencionalidade política, já veremos se muitas entidades de todo tipo que hoje nom se plantejam ocupar, num nom demasiado longíquo futuro terám ou nom que considerar tal alternativa. Em qualquer caso, hoje quero dizer que sou ocupa no ânimo e na consciência, e o sensato hoje é ser ocupa. Estou com os companheiros e companheiras de Escárnio e Maldizer. O seu direito a existir é innegociável. Nom há Compostela que valha sem ellas e eles."}
{"ID": "NOS_21825", "summary": "Militantes de ETA pediron desculpas desde París polo dano causado durante o conflito co Estado español a aquel@s cidadás e cidadáns vítimas de accións armadas e que, de acordo coa organización vasca, non tiñan responsabilidades no confronto", "text": "\"Sentímolo\". Foi a mensaxe que @s militantes de ETA xulgadas en París esta segunda feira lanzaron \"ao corazón dos aparatos do Estado francés\" a favor da solución do conflito. Malia negárenlle toda lexitimidade ao tribunal que os enxuiza polo secuestro durante tres días dunha familia para lles roubaren a furgoneta coa que tencionaban perpetrar unha acción armada que finalmente non se levou a termo, o preso Garikoitz Aspiazu Rubina, 'Txeroki', deu leitura a unha declaración en nome da dirección da organización en que esta pediu perdón polo dano causado á cidadanía que se viu prexudicada pola acción de ETA aínda sen teren responsabilidade ningunha no conflito. Así as cousas, tod@s @s pres@s xulgadas en París recoñeceron a súa pertenza a ETA e a súa responsabilidade nos actos que se lles imputan. A renglón seguido, Garikoitz Aspiazu recordou na súa intervención o valor da negociación como método para resolver os conflitos, tal e como o recoñeceron Durão Barroso e Van Rompuy ao recolleren o Nobel da Paz, e reprochou das autoridades españolas e francesas que desen por boas as súas palabras malia rexeitaren o diálogo como vía para achegar posturas en Euskal Herria. \"Loitamos durante moito tempo no campo de batalla; demasiado tempo, demasiado sufrimento\", sinalou o preso, quen colocou riba da mesa o empeño de ETA por sentar a negociar subliñando que o alto o fogo de outubro de 2011 \"non ten trampa ningunha\" e que, \"o que é máis importante\", tal decisión responde á vontade da cidadanía vasca. Na liña, a organización armada recoñece ter tomado decisións non desexadas á hora de se abastecer de medios. Foi nesta liña cando manifestaron o seu sentir polo dano causado á familia secuestrada para lles substraer a furgoneta, sentir que fixeron extensíbel a todas as persoas que se viron afectadas pola acción de ETA sen seren, de acordo coa organización vasca, responsábeis do conflito."}
{"ID": "NOS_41561", "summary": "A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea en o 3 de marzo en Compostela o primeiro Valle-Inclán en galego, unha farsa titulada 'A cabeza do dragón', que percorrerá toda Galiza e tamén se representará en Portugal. Adiántase así á estrea do CDG de dúas pezas do arousán, prevista para o 31 de marzo.", "text": "Oitenta e un anos despois do pasamento do escritor e dramaturgo galego Ramón María del Valle-Inclán, a súa obra poderá ser gozada por primeira vez en galego. Será a peza \"A Cabeza do Dragón\" montada por Producións Teatrais Excéntricas -con Quico Cadaval ao fronte- a encargada de poñela sobre as táboas. O elenco está formado por Iván Marcos, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e o propio Cadaval. O Teatro Principal de Compostela será quen acolla a estrea desta obra, o 3 de marzo, e será testemuña de seis representacións do primeiro Valle-Inclán galego até o sábado 11 de marzo, para chegar, o 17 ás táboas do Teatro Colón, onde permanecerá en cartel até o venres 18 con dúas representacións programadas. \"A Cabeza do Dragón\" foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, ironicamente, \"Retablo de marionetas para educación de príncipes\". A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Nesta fábula Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento. A montaxe conta con Baltasar Patiño como responsable escénico e de iluminación. E a música foi composta ex profeso por Javier María López para este espectáculo. A gravación será dirixida polo director de orquesta Diego García, comandando o Taller Atlántico Contemporáneo). 'A Cabeza do Dragón' estará do 3 ao 11 de marzo en Compostela; o 17 e 18 na Coruña; o 24 no Barco de Valdeorras; o 25 en Cangas; o 1 d abril en Muros; o 21 en Vigo; o 22 en Oleiros; o 6 de maio en Noia; o 12 na Estrada; o 23 en Rianxo; o 19 en Lalín; e o 20 terá lugar a estrea en Portugal, en Matosinhos."}
{"ID": "NOS_39811", "summary": "Considera que se incumpre a lexislación en prevención de riscos laborais.", "text": "CIG-Ensino presentou unha denuncia en materia de prevención de riscos laborais contra a Consellaría de Educación coincidindo coa incorporación aos centros educativos de máis persoal a partir de hoxe, 11 de maio, para poder atender a fase final do prazo de admisión en centros escolares. O sindicato maioritario no ensino público xa advertira de quería dar este paso se a Consellaría non apostaba por negociar. Para a central, é \"inaceptábel\" a apertura dos centros escolares, argumentando que non se negociou a reapertura, \"como é preceptivo en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos\", e por se se tratar dun documento sen rango normativo \"que dificulta a xestión e non garante a saúde laboral\". . A CIG-Ensino reitera a determinación para que non se produza a incorporación do persoal se non existen todas as garantías e acusa a Consellaría de ter \"un peor trato co persoal dos centros docentes que co resto do persoal da administración xeral da Xunta\". Así, sinala que para todo ese persoal que, con independencia tanto das formas da negociación como do fondo do documento, \"si existe un protocolo publicado no DOG para a incorporación das traballadoras e traballadores\". Educación, acusa o sindicato, \"nin negociou nada, nin publicou ningún texto normativo oficial nin programou o estudo das necesidades con antelación á incorporación de máis persoal máis alá dun integrante do equipo directivo\". CIG-Ensino alerta tanto ao profesorado como ao conxunto do persoal da necesidade \"de extremar as medidas de distanciamento e protección e denunciar calquera incumprimento en materia de saúde laboral\". Ao tempo, chama as familias a que procuren usar a sede electrónica para formalizar a solicitude de admisión, \"facendo excepcional o desprazamento aos centros e procurando contactar antes coa dirección ou persoal administrativo para programar a visita ao centro, xa que a Xunta non fixou como obrigatoria a cita previa\"."}
{"ID": "NOS_34248", "summary": "Máis de 30 alcaldes socialistas dos 41 do PSdeG na demarcación provincial da Coruña amosaron esta sexta feira, 11 de outubro, o seu rexeitamento a Sogama. \"Os concellos pagan e a Xunta decide\", consideran sobre un modelo de xestión de residuos cada vez máis contestado na Galiza.", "text": "A resposta do Partido Socialista ten a ver co anuncio da Xunta no último Consello de goberno sobre a constitución dunha sociedade pública para \"a xestión profesionalizada do ciclo completo da auga\". Os primeiros edís do PSdeG esixen participar na mesma e que os investimentos sexan de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias. \"O 50% do que recada polo canon da auga nun concello debe destinarse a mellorar nese mesmo concello as infraestruturas hidráulicas\", aducen. O presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso entende que ese ordenamento sería \"xusto\" e pediu ademais integrar no Fondo Galego de Cooperación Local \"todos os fondos de subvencións a concellos para asegurar a obxectividade no reparto, como fai a Deputación co plan único\". A maiores, os alcaldes do PSdeG queren empregar os remanentes de tesouraría \"en investimentos que deriven en creación de emprego e actividade económica\"."}
{"ID": "NOS_31491", "summary": "Nomes tan míticos como Peste & Sida, punk rockers portugueses da quinta dos oitenta, e tan populares como Eladio y los Seres Queridos, vigueses que en Cantares (2016) repasaron alfaias do folk pop galego, atópanse na cabeceira do Verdoejo Art Rock. O festival, esta fin de semana en Valença do Minho, xunta bandas das dúas beiras da Raia.", "text": "\"Encontro de música multicultural que conxuga bandas consagradas e novos proxectos\", defínese a organización. En concreto, sete grupos galegos e oito portugueses. E con implicación social, ecolóxica: \"Un euro de cadar entrada vendida irá destinada á repoboación forestal autóctona transfronteiriza\". A bisbarra, recoñecida como eurorrexión pola Unión Europea, atópase inzada de eucaliptos. E esta especie non é allea aos incendios que o pasado ano queimaron amplas superficies en Galiza e Portugal. \"Un dos principais obxectivos deste festival é a obtención de fondos para a reforestación con especies autóctonas de dúas áreas ardidas a cada lado do río Miño, en Verdoejo, Valença, e en San Xurxo, Salceda de Caselas\", explica o propio festival. Para recadar eses fondos, o encontro musical, que arrinca esta sexta feira 27 de xullo e remata o domingo 29, convocou bandas portuguesas como Bratner ou Plastic People ou galegas como Moito!, The Lelli Kelly's ou Breakin' Bones. \"O noso festival está concibido para fortalecer os lazos cultuais e afectivos entre a poboación e os artistas da nosa eurorrexión, creando raíces fortes e saudábeis\", di a asociación promotora, Eventos Faz Diferente. Os concertos do Verdoejo van acompañados do Land Art Valença, en que artistas galegas e portuguesas \"van crear obras in situ, inseridas na temática dos incendios que decimaron as forestas, as casas e ate destruíron a vida das persoas\". Será en colaboración coa Bienal de Vilanova da Cerveira."}
{"ID": "NOS_31190", "summary": "O propietario de Hidralia, Luis Castro Valdivia, foi o principal beneficiado da enxurrada de concesións hidroeléctricas feitas por un goberno de Fraga que estaba xa en funcións. Entre 1999 e 2005, cando o seu cuñado Ramón Ordás foi director xeral de Industria, o seu nome apareceu vinculado a 35 sociedades do sector. A oposición no Parlamento exixe saber en que tratos anda o Goberno galego con esta empresa. Contámoschos", "text": "A visita esta semana a Galiza das activistas guatemaltecas Natalia Atz e Paula Irene del Cid serviu para tomar conciencia da situación pola que atravesan as 23 comunidades indíxenas ameazadas por un proxecto de Hidralia, con sede na Coruña e que pretende instalar unha hidroeléctrica nunha corrente de auga sagrada. A violación dos dereitos humanos continuada que exerce o persoal vinculado a esta empresa, con persecucións, ameazas, secuestros, violacións e agresións sexuais ás mulleres, represión e asasinatos, fora denunciada xa en agosto de 2012 no semanario Sermos Galiza, coincidindo cunha acción realizada na Galiza por activistas feministas en solidariedade coas mulleres de Barillas, onde se quere explotar a hidroeléctrica. A oposición no Parlamento pide explicacións á Xunta Atz Sunuc, da organización Ceiba, que xestiona proxectos de soberanía alimentar e desenvolvemento man a man coas comunidades indíxenas; e Del Cid Vargas, da organización feminista La Cuerda, mantiveron esta quinta feira unha reunión con todas as forzas da oposición que teñen representación no Parlamento galego. BNG, AGE e PSdG transladaron o seu compromiso de preguntar á Xunta pola relación que mantén con Hidralia e o seu propietario, Luis Castro Valdivia, que ten de aliado o presidente de Guatemala, o ex xeneral Otto Pérez Molina (vinculado ao xenocidio) após ter participado de maneira importante no financiamento da campaña electoral que o levou ao goberno e que tivo por lema Mano dura, cabeza y corazón. A oposición exixe que, calquera que sexa esa relación, se rache de inmediato. Na cronoloxía que segue explicamos paso a paso o 'desembarco' dos irmáns Castro Valdivia na riqueza natural non só de Guatemala, senón tamén da Galiza. 'O SEÑOR DAS MINICENTRAIS': DADOS QUE XUSTIFICAN UN ALCUME 2003 O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ramón Ordás Badía, autoriza dous aproveitamentos hidroeléctricos en favor da empresa do seu cuñado, Luís Castro Valdivia, alcumado uns anos despois como 'o señor das minicentrais'. 2005 Xa co goberno en funcións, Fraga adxudica unha enxurrada de concesións hidroeléctricas. A principal beneficiaria no sorteo a dedo é outra entidade dos irmáns Castro Valdivia. 2007 David e Javier Castro Valdivia, seguen coa minicentral de Chandrexa en Rede natura e con licenza de 2003 concedida á empresa Hidroeléctrica del Río Grande, da cal son administradores. A declaración de impacto ambiental corre a cargo de Imega, unha empresa da cal Luis Castro Valdivia, o irmán dos dous anteriores, é propietario do 50% das accións. 2008 Segue a investigación da Fiscalía anticorrupción na coñecida como \"a trama das renovábeis\" sobre Ramón Ordás, director xeral entre 1999 e 2005, e a sociedade Hidroeléctrica del Arnoya por tráfico de influencias, prevaricación e fraude. Hidroeléctrica del Arnoya (50% familia de Francisco Vázquez e 50% familia Castro Valdivia e Antonio Fontenla, presidente da Confederación de empresarios) renuncia a unha concesión no río Barcés autorizada por Fraga. 2009 A presión política e social levou os Valdivia alén mar. Aló son os responsábeis de distintos negocios de explotación de recursos naturais en países coma Nicaragua, Panamá, Ecuador, Venezuela, Honduras e a propia Guatemala. A día de hoxe, segundo dados tirados da súa páxina web, manexan unha carteira de traballos en execución de 1.152.000 euros. Ao tempo, comezou a se desfacer de parte de Ecoener, a matriz do seu entramado enerxético: dúas minicentrais ubicadas na Lama (Pontevedra) vendeullas a Norvento, e quixo colocar tamén os parques eólicos de Ribeiro (Lugo) e Ortigueira (A Coruña). 2010 O xulgado de Instrución nº1 da Coruña desestima as acusacións contra Ordás e a empresa de Luís Castro Valdivia, Vázquez e Fontenla. O xa apodado como 'o señor das minicentrais' (Castro Valdivia) seguiu a vender as súas accións en empresas que estaban a ser investigadas após o descarado beneficio que tiraron da Administración Fraga en forma de concesións de plantas de enerxía eólica, hidráulica e solar. A fiscalía atribuiulle participacións en 35 sociedades neste sector (dato do ano 2005), que lle foron outorgadas cando o seu cuñado (Ordás) era director xeral de Industria e Enerxía. Antes de 1999 (cando Ramón Ordás chegou ao cargo), Valdivia estaba vinculado unicamente a tres firmas do sector enerxético. Cinco anos despois das primeiras autorizacións (de Fraga) para a construción dunha nova central hidroeléctria no río Landro (entre Muras e Ourol), a planta conseguiu a adxudicación definitiva e o recoñecemento no réxime especial de produción para ter dereito a primas pola electricidade que xere. A Xunta de Feijóo desbloqueou a hidroeléctrica malia estar aínda investigada pola fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra Ordás Badía e Castro Valdivia. A empresa adxudicataria, Sociedad Lucense de Energía Hidráulica y Eólica, ten a sede na Coruña, no mesmo enderezo que a maioría das empresas de Castro Valdivia, malia non figurar el propio como titular. 2011 O TSXG rexeita tres concesións feitas por Fraga e confirma as malas prácticas destas empresas. Desestimou o recurso de Energías del Deza contra a adxudicación de tres minicentrais no río Deza, en plena Rede Natura e que foran anuladas polo bipartito por graves irregularidades nas súas respectivas declaracións de impacto ambiental asinadas por un goberno en que Núñez Feijóo era o vicepresidente. Energías del Deza é propiedade de Luis Castro Valdivia. 2012 A Xunta impulsa unha minicentral en Meirama, no río Barcés. A renuncia á concesión de Fraga a Hidroeléctrica del Arnoya para o mesmo río nunca foi publicada. Terá o PP intención de a resucitar? De o facer, os Castro Valdivia xestionarían as dúas minicentrais que se proxectan no encoro de Cecebre. Unha sería en virtude dunha concesión a Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia en 1998, empresa que non deu sinais até 2009, cando se encheu a balsa de Meirama e presentou proxecto para a súa explotación. A outra corresponderíase coa que aparece no proxecto para o Barcés, que non ten ningún outro adxudicatario coñecido para alén de Hidroeléctrica del Arnoya."}
{"ID": "NOS_16325", "summary": "Madrid é a grande gañadora da drenaxe do capital da Galiza", "text": "Os últimos dados ofrecidos polo boletín do Banco de España volven pór en evidencia a drenaxe do aforro galego por parte dos operadores financeiros con presenza na Galiza. Segundo as cifras referiras ao primeiro semestre do ano en curso, o total dos depósitos custodiados polos bancos con actividade na Galiza é de 74.481 millóns de euros, representando os créditos das mesmas entidades 47.648 millóns de euros, o que xera un fuga de capitais de 26.833 millóns de euros. A contía representa unha baixa de 393 millóns de euros en relación co trimestre anterior mais é superior á de 2019, cando se van expatriar 25.271 millóns de euros, sendo a 31 de decembro o monto do aforro galego de 66.819 millóns de euros e o total dos créditos de 41.548 millóns de euros. O aforro galego significa o 5,13% do total estatal mentres o crédito do sistema financeiro sitúase en 3,76%, unha porcentaxe de máis de dous puntos inferior ao peso da poboación galega no conxunto do Estado. Ao tempo, o crédito per cápita atópase nos postos de cola a nivel estatal, significando o aforro expatriado polos operadores bancarios unha contía económica considerábel, próxima a 41,6% do Produto Interior Bruto (PIB) galego e superior en 15.206 millóns de euros ao orzamento da Xunta de 2022. O impacto da expatriación do aforro polo conglomerado financeiro é moi prexudicial para a economía galega. Ao tempo, esta realidade xerase nun contexto de falla de músculo financeiro do tecido empresarial galego, que limita a súa capacidade para cometer novos investimentos e obriga, en moitos casos, a acudir a fórmulas de financiamento non exentas de perigos, como os fondos de capital risco. O impacto da expatriación do aforro polo conglomerado financeiro é moi prexudicial para a economía galega. Neste sentido, o economista Xosé Díaz advirte \"da descapitalización do país, a través da actuación do sistema financeiro operante na Galiza, que conduce a que os nosos depósitos non sexan realmente nosos\". Na mesma dirección, sinala que a lóxica dos créditos e dos depósitos \"veñen presentarnos a situación histórica que a Galiza se lle fixo xogar, drenándolle parte do seu capital, dos seus aforros, para financiar o sector empresarial e, en xeral, o desenvolvemento e o benestar do resto do Estado, nomeadamente Madrid, sede da maioría do sector financeiro operante na Galiza\". Madrid é a grande beneficiada, atopándose nunha dialéctica totalmente diferente á galega. Así, o Banco de España sinala que Madrid xera no primeiro semestre de 2021 o 28,42% do total do aforro estatal e recibe o 28,83% dos créditos, porén do aforro asignado a este territorio 9,41%, isto é 33.872 millóns de euros, correspóndense con depósitos da administración do Estado domiciliados en sucursais bancarias madrileñas. O crédito en Madrid ten aumentado en 3,6 puntos desde 31 de decembro de 2012 como consecuencia do proceso de concentración do poder económico na capital do Estado, impulsado por diferentes decisións dos poderes públicos. O proceso de reestruturación bancaria acometido no marco da Grande Recesión, onde se adoptan medidas para favorecer o estabelecemento das sedes das entidades de crédito en Madrid, ten impulsado este proceso. Galiza perde 51,52% das sucursais en 10 anos A drenaxe do aforro maniféstase nunha nova conxuntura marcada pola práctica desaparición das entidades de crédito galegas, polo proceso de exclusión bancaria para sectores da poboación e polo fechamentos de sucursais en toda a Galiza. Os dados fornecidos polo Banco de España sinalan que Galiza ten perdido na última década o 51,52% das oficinas bancarias, localizándose o groso dos fechamentos nos anos dos grandes movementos de concentración financeira da primeira vaga de fusións, nun proceso de axuste ao que non escapan as áreas urbanas. Así, entre estas, lideran a supresión de oficinas as cidades de Lugo, cunha redución de 26,66%, e Ourense, con 25,33%, malia ter desaparecido nas comarcas desta circunscrición máis de 60% das sucursais."}
{"ID": "NOS_25431", "summary": "A deputada popular Matilde Asian acusou de \"redundante\" a Proposición presentada polo BNG e asegurou que o Decreto 6/2013 polo que se aprobou a quita ás persoas estafadas pola fraude das preferentes \"xa ten por obxecto devolver integramente os seus aforros\" a aquelas que non foron debidamente informadas", "text": "Non é a primeira vez que acontece e menos en relación co calote das preferentes. E o certo é que o portavoz do Bloque no Parlamento, Francisco Jorquera, xa advertía esta mañá o que finalmente aconteceu. O grupo maioritario no Congreso español rexeitou modificar a lei 9/2012 sobre reestruturación e resolución de entidades de crédito que previamente apoiara no Parlamento de Galiza. A proposición de lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego fora previamente apoiada polo grupo popular na Galiza. O PP mantén así unha dupla linguaxe. O PP asegura que a Proposición de lei do BNG é \"redundante\" Madrid deixa sen efecto o acordo adoptado de maneira unánime na Galiza. Decisión á que apelaron diversas formacións con representación parlamentar que lanzaron un chamamento de \"coherencia\" ás bancadas populares para que en aras de \"rectificaren\" a súa actitude --asegurou o deputado socialista Antonio Hurtado-- perante unha \"arbitraxe dirixida\" que foi empregada como estratexia electoral e non está a dar unha solución \"real, universal e definiciva\" para os milleiros de persoas estafadas, salientou Joan Concubiela pola Izquierda Plural. O PP rexeita en Madrid revogar a quita após votar a favor na Galiza A deputada do PP, Matilde Asian, acusou ás deputadas nacionalistas de presentaren unha Proposición de lei \"redundante\" cuxas disposicións, dixo, xa aparecen recollidas polo \"ordenamento xurídico español\" e ten por obxecto, manifestou, \"devolver integramente os seus aforros\" ás estafad@s que non foron debidamente informadas da venda de produtos de alto risco. Afectad@s pola estafa das preferentes apuparon @s deputad@s do PP ao berro de \"Mans arriba, isto é un atraco\" Embora as plataformas de afectad@s polo calote das preferentes denuncian que a quita se aplicará, sen excepción, a todas as persoas prexudicadas pola estafa, a deputada popular asegurou que \"aqueles investidores que sexan detectados como aforradores\" non terán de asumir perdas nos seus aforros. Ao remate do debate parlamentar un grupo de convidad@s da Plataforma de Lugo apuparon ao Goberno español ao berro de \"mans arriba, isto é un atraco\" logo de que, por segunda vez, Madrid deixe sen lexitimidade un acordo unánime das forzas políticas da Galiza."}
{"ID": "NOS_56063", "summary": "Bubela é un obradoiro que rexentan Fran e Marta, e que elabora cervexas e pastas artesanais e ecolóxicas. Todos os ingredientes que empregan no seu oficio proveñen da natureza e son de calidade. Os dous artesáns aseguran que sempre respectan os tempos dos procesos e a esencia da materia prima, co obxectivo de preservar as súas propiedades nutricionais e organolépticas. É posíbel atopalos na súa páxina web, ademais de en moitas tendas ecolóxicas e de proximidade da Galiza.", "text": "-Cando nace Bubela? Por que pasta e cervexa? Comezamos cunha horta ecolóxica hai moitos anos. Tivemos un pequeno aproveitamento. Despois dun tempo, por circunstancias da vida, decidimos mudar a orientación do que era a idea orixinal, que era plantar sementes de cereal e despois elaborar pasta e cervexa artesanal. Cando comezamos co obradoiro decatámonos de todo o traballo que era. Nós só somos dúas persoas, Marta e mais eu, e aínda non temos capacidade para contratar ninguén, polo que é imposíbel atender un cultivo e ao mesmo tempo fabricar o produto. Finalmente, apostamos polo segundo. Por que escollemos pasta e cervexa? Nós os dous xa nos dedicábamos a facer este tipo de cousas na casa de maneira particular. Como nos parecía un mundo bastante interesante, comezamos a pensar que podía ser un medio para vivir. Así foi como xurdiu Bubela. -Fan os dous os mesmos traballos no obradoiro? Adoitamos facer os dous un pouco de todo, aínda que é certo que eu levo máis a parte da cervexa, mentres que Marta se ocupa máis da parte da pasta. Digamos que ela é a xefa dun obradoiro e eu son o xefe do outro, pero iso non quita que os dous poidamos facer calquera tarefa nun momento dado. Implicámonos en todo ambos os dous. -Que características posúe o seu método de elaboración de cervexas e de pasta? Intentamos empregar o cereal máis autóctono e máis próximo posíbel. Non é doado de atopar, porque nós traballamos de maneira ecolóxica, e ten que estar certificado. A base é ter unha boa fariña de cereal do país, o que nos permite traballar con nove liñas de pasta distintas hoxe en día. Cada unha deles require un amasado diferente; distintas proporcións de auga, fariña... Despois empregamos máquinas para darlle unha determinada forma á pasta. Tras iso, pasamos a pasta a un deshidratador para levar a cabo un secado lento a baixa temperatura durante seis horas aproximadamente. O que pretendemos con isto é preservar todas as propiedades da materia prima orixinal e que teña un sabor o máis vivo posíbel. En canto á cervexa, temos o problema de que non hai materia prima local, polo que adoitamos servirnos de cereal ecolóxico procedente de Bélxica e de Francia. Empregamos cereal malteado. É un proceso de elaboración bastante complexo. En canto ao lúpulo, obtémolo en Catalunya, aínda que a nosa idea é comezar a plantalo o ano que vén. -Como distribúen os produtos que elaboran? Traballamos sobre todo con tendas de proximidade e, na práctica, a gran maioría son de produtos ecolóxicos. Rexeitamos desde o primeiro momento as grandes superficies porque non nos entusiasmaba nada ese modelo. De feito tampouco consumimos nelas. É certo que temos unha produción pequena, pero temos posibilidade de vender toda a mercancía por estas canles. A nivel local, tamén vendemos nalgún bar e nalgún estabelecemento do estilo na zona de Lugo. A cervexa traballámola sobre todo na zona de Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense... A zona de Vigo e Pontevedra témola un pouco máis esquecida por cuestión de afastamento. Tamén vendemos en Madrid e Barcelona. A pasta está moito máis distribuída por toda a península. Ademais, temos unha páxina web por se a xente prefire comprar directamente, e de vez en cando tamén acudimos a algunha feira. -Que acollida está a ter Bubela? Penso que boa, non nos podemos queixar. Nunca fomos detrás das tendas para que comercializasen o noso produto. As que o fan é porque as donas probaron o que facemos e gostaron. A xente que nos descobre queda contenta e adoita repetir."}
{"ID": "PRAZA_12796", "summary": "A Asamblea Aberta de Ourense entregou o escrito na Fiscalía Anticorrupción, nun acto no que Miguel Quinteiro, ex traballador de Caixanova e membro de Attac, denunciou o proceso de bancarización das caixas e a acción dos consellos de administración das entidades, que facilitaron a \"conversión nun banco especulativo\".", "text": "A Plataforma polo Aforro Público continúa o seu labor de reivindicación da creación dunha banca pública en Galicia e de esixencia de responsabilidades ás persoas e entidades que considera que provocaron o proceso de bancarización das caixas de aforros galegas. Desta vez foi en Ourense, onde a Asamblea Aberta da cidade entregou un escrito na Fiscalía Anticorrupción, apoiado por máis de 2.800 sinaturas, no que pide que se investigue a xestión de Caixa Galicia e Caixanova e o propio proceso que levou as dúas entidades a converterse nun banco. O escrito salienta que \"as caixas de aforro en Galicia eran entidades, que con todas as súas eivas, trataban de ofrecer servizos financieiros dende unha perspectiva ética, sen ánimo de lucro, e que xeraban un patrimonio en beneficio da sociedade no seu conxunto\" e denuncia que neste momento ese patrimonio foi \"enaxenado\". O texto sinala, así mesmo, que \"a xestión das caixas ten sido mais que ineficiente, con operación oscuras nunca aclaradas\" e en concreto advirte que \"os dereitos dos traballadores e depositantes poden ter sido conculcados en todo o proceso de xestión e bancarización das caixas, xa que a súa voz foi sistemáticamente ignorada\". O escrito pídelle ao Fiscal Anticorrupción que valore a imputación dos administradores das caixas polo delicto de \"administración desleal\" e lembra que está en curso unha investigación semellante que afecta aos directivos da CAM valenciana Por todo iso, o escrito pídelle ao Fiscal Anticorrupción que valore a imputación dos administradores das caixas polo delicto de \"administración desleal\" e lembra que está en curso unha investigación semellante que afecta aos directivos da CAM valenciana. A plataforma, da que a Asamblea de Ourense fai parte, está recollendo sinaturas en toda Galicia, e en tres cidades, Vigo, Ferrol e agora Ourense, xa lle foron entregadas ao fiscal. A plataforma, da que a Asamblea de Ourense fai parte, está recollendo sinaturas en toda Galicia, e en tres cidades, Vigo, Ferrol e agora Ourense, xa lle foron entregadas ao fiscal No acto de entrega das sinaturas participou Miguel Quinteiro, ex traballador de Caixanova e membro de Attac, que denunciou o proceso de bancarización das caixas e a acción dos consellos de administración das entidades, que facilitaron a \"conversión nun banco especulativo\". En concreto, nun escrito remitido á Fiscalía Anticorrupción chama a atención sobre o papel desempeñado pola Xunta de Galicia, \"que participou moi activamente en todo o proceso, habendo claros indicios da súa complicidade coa estratexia deseñada para facer desaparecer as caixas en beneficio da banca privada\". Plataforma polo Aforro Público Asamblea Aberta Ourense"}
{"ID": "PRAZA_8835", "summary": "Sáenz de Santamaría pídelle a Wert un meirande traballo sobre o texto para concitar consensos. As plataformas convocantes cualifican de \"éxito rotundo\" un paro xeral que cualifican de \"maioritario\", cun seguimento de entre o 80 e o 90% no país. As manifestacións foron masivas tanto pola mañá coma pola tarde, con preto de 15 mil persoas en Vigo en cada unha das marchas. Galería de imaxes no interior.", "text": "O Goberno decidiu aprazar a aprobación da reforma educativa prevista para este venres tras unha xornada de folga na comunidade educativa marcada polas multitudinarias protestas nas rúas. Fontes do Partido Popular recoñecen que a falta de consenso ao redor da denominada Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa están detrás desa decisión. En concreto, o Executivo reclamaríalle ao ministro Wert un maior esforzo para lograr un consenso ao redor da lei que permita ao Goberno evitar un novo conflito nun contexto marcado polas protestas cidadás. Desde Moncloa téntase, con todo, evitar ligar as protestas deste xoves ao adiamento. Fontes do Goberno aseguran que a decisión de non levar a reforma educativa ao Consello de Ministros débese a que se estiveron pechando cuestións técnicas da memoria económica que impediron que o texto estivese listo para a súa incorporación á orde do día da reunión deste venres. Desde o Ministerio de Educación ofrécese unha terceira versión. Fontes do Ministerio explicaron a eldiario.es que o motivo do atraso é que se quere axustar o texto o máximo posible ás recomendacións formuladas polo Consello de Estado. En concreto, están buscando un maior consenso coa comunidade educativa e as comunidades autónomas en dous puntos criticados polo organismo no seu informe: a relixión e a lingua. Este xoves ao mediodía fontes de Moncloa recoñecían que o texto podería non ser tratado no Consello de Ministros, tal e como estaba previsto. Con todo, o ministro de Educación non confirmaba a noticia tras abandonar o hemiciclo pola porta de atrás para evitar os xornalistas. Durante esa conversa cos xornalistas, Wert preguntaba quen afirmara que a reforma non sería aprobada na reunión do Gabinete deste venres e respondía cun silencio á cuestión sobre o adiamento. Unha folga histórica Unha folga histórica que supón un \"non rotundo\" á Lomce, a polémica reforma educativa impulsada polo ministro José Ignacio Wert, que este mesmo venres inciará o seu trámite parlamentario no Consello de Ministros. O seguimento deste paro xeral situouse \"entre o 80 e o 90%\" en Galicia, logo de que por primeira vez se mobilizasen todos os sectores da comunidade educativa (nais e pais, alumnado e profesorado) en todos os niveis do ensino e en todo o Estado. CIG, CCOO e UGT cifran o seguimento da folga entre o 80 e o 90%; a Xunta, en menos do 18% Foron masivas as manifestacións, tanto as da mañá, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tivo a súa marcha máis exitosa en Vigo con 15 mil manifestantes, coma as da tarde da Plataforma en Defensa do Ensino Público, que reuniron máis de 15 mil persoas en Vigo, máis 10 mil na Coruña, preto de 5 mil en Ferrol e algo menos en Ourense e Lugo. Máis de 50 mil persoas en total nas cinco marchas da tarde. O obxectivo da comunidade educativa non era outro que Wert chegue ao Consello de Ministros deste venres \"coas noticias diante dunha folga e unhas manifestacións históricas\", tal e como adveritu Lois Uxío Taboada, secretario de Confapa. Semella que foi así, aínda que o ministro de Educación xa advertiu de que non ía dar marcha atrás cunha reforma criticada maioritariamente pola comunidade educativa, que coincide no seu rexeitamento case global á normativa. \"Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé\" ou \"Non á Lomce\" foron algúns dos lemas máis repetidos nas marchas celebradas pola mañá, nas que se reclamou tamén a dimisión do ministro Wert. Na manifestación de Compostela, o escritor Suso de Toro leu un comunicado final no que se criticou o \"afán privatizador\" do Goberno, así como a subvención a centros que segregan por sexo. Ademais da xa comentada de Vigo, tamén moi multitudinarias foron as manifestacións celebradas na Coruña e Compostela, así como as que se levaron a cabo no resto das cidades e en Vilagarcía e Burela. No resto de España as marchas tamén foron masivas. Segundo os organizadores, 120.000 persoas acudiron á marcha de Madrid e 100.000 á de Barcelona. Diverxencia de cifras Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino e voceiro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público asegurou que o apoio á folga \"é maioritario\" no país, cun seguemento \"do 90%\". \"É un éxito rotundo\", dixo, tras destacar que o paro é \"practicamente total\" no ensino secundario, aínda que algo menor no primario. Do mesmo xeito, destacou que Galicia é un dos territorios do Estado onde destaca máis o seguimento do paro e onde hai máis centros \"onde case non hai actividade ningunha\". Pola súa banda, Marcelino Brea, secretario xeral de FETE-UGT, un dos sindicatos sobre o que se nuclea a Plataforma en Defensa do Ensino Público, prefire non falar de cifras aínda, pero si advirte xa do \"amplo apoio\" do profesorado á folga e, sobre todo, da \"ausencia masiva\" ás aulas entre o alumnado, que está a secundar de maneira moi maioritaria o paro xeral. Pola súa banda, Luz López, voceira da plataforma, cifra a participación media nun 80% e máis achegada ao 90% na Universidade, destacando tamén a escasa presenza de estudantes en centos de centros educativos. Ademais, Confapa achegou cifras definitivas que cifran o paro nun 95% de seguimento na universidade, tanto entre os docentes como entre alumnos; dun 75% do profesorado en Primaria e Secundaria e dun 85% no caso dos estudantes. No entanto, os datos da Xunta son claramente diverxentes co dos convocantes. Así, a Consellería de Cultura e Educación cifra no 17,9% a incidencia da folga contra o anteproxecto da Lomce nos centros públicos galegos e asegura que o paro \"foi secundado por un 15% menos de efectivos da consellería que na folga do 14 de novembro de 2012\". A Administración \"valora a responsabilidade da comunidade escolar\", que di que se traduciu \"nunha total normalidade na xornada lectiva\". Unha lei \"segregadora, recentralizadora, elitista e sectaria\" Para a comunidade educativa que este xoves sae á rúa, a denominada Lei Wert é \"segregadora, recentralizadora, elitista e sectaria\". Os motivos que xustifican a negativa á Lomce son coincidentes en todos os sectores que se opoñen a ela, e resúmense nos que cita a Liga Estudantil Galega. Así, a reforma educativa permite que se blinden as subvencións a centros que segregan por sexo, así como a mercantilización da educación, \"encamiñándoa ás esixencias do mercado laboral\". Ademais, toda a comunidade educativa en protesta denuncia a \"centralización\" do ensino que suporía a Lomce, ao desprezar as culturas propias de cada comunidade, ademais do ataque que supón para a lingua galega, que deixaría de ser unha materia troncal e que podería quedar en tan só unha hora de clase á semana nos colexios. Do mesmo xeito, tamén é obxectivo de críticas a recuperación das reválidas, a primeira delas xa en 3º de Primaria, así como a eliminación de Educación para a Cidadanía e a creación dunha alternativa á materia de Relixión \"feita á medida ideolóxica do PP\". Por outra banda, outra das medidas que está a causar un maior rexeitamento é o feito de que o Consello Escolar dun centro pase a ser un órgano consultivo e que o director poida ser elixido pola Administración."}
{"ID": "NOS_47234", "summary": "O sindicato realizou protestas simbólicas nas sete cidades do país para reclamar \"salarios dignos\", \"protección social\" e \"seguridade nos centros de traballo\".", "text": "O sindicato CIG realizou nesta quinta feira, 23 de abril, protestas simbólicas nas sete cidades do país para reivindicar ao Gobernos español e galego medidas de protección laboral e social para a clase traballadora, así como para exixir que os custes da emerxencia sanitaria non recaian, \"unha vez máis\", sobre as maiorías sociais. As concentracións, nas que participaron unhas dez persoas en cada unha gardando o distanciamento de seguridade, desenvolvéronse diante da Delegación do Goberno español na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Compostela. 📢A CIG protestou nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade no traballo 🗣️Carril: \"Levamos semanas achegando propostas e reclamacións q non son atendidas por administracións nin empresas\"#Protexámonos1M ℹ️https://t.co/8UAGGh77Hc pic.twitter.com/Y6flGwBxDR— CIG (@galizaCIG) April 23, 2020 O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explicou que a central acordara realizar estas accións de carácter simbólico \"despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas\". Por iso, \"hoxe estamos aquí para reivindicar o cobro do paro e dos salarios, porque a falta de ingresos está a empobrecer moito máis o conxunto do pobo traballador; medidas de protección social para todas as persoas sen exclusións nin discriminacións; un control estrito do cumprimento das medidas de seguridade do persoal que está a traballar; e respecto polos dereitos e liberdades civís\". Salarios pendentes O dirixente sindical considera que as medidas aprobadas dende o decreto do estado de alarma \"son inxustas e insuficientes\", e que están a provocar un \"regueiro de despedimentos e ERTE\", e \"afondan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerábeis\", os eventuais e con contratos con ETT. Nesta liña, reclamou ao Goberno español que habilite mecanismos para garantir o cobro inmediato das prestacións, se salientou que hai traballadores que \"a día de hoxe só percibiron unha parte dos salarios de marzo\" e \"non teñen certeza algunha de canto nin cando poderán cobrar o desemprego\". ERTE \"fraudulentos\" O secretario xeral da CIG advertiu tamén do \"abuso patronal que se está a producir\". Considera que se están a dar ERTE \"sen garantías sequera de mantemento dos empregos\". Ademais, sinalou que \"moitas empresas están a aproveitar a emerxencia sanitaria para levar adiante suspensións de emprego fraudulentas\", mesmo rexistrándose casos de empresas \"cun ERTE vixente\" nas que \"se obriga o seu persoal a acudir a traballar\"."}
{"ID": "NOS_17371", "summary": "Non houbo persoas feridas dado que a circulación levaba un ano cortada por mor das obras que se estaban a producir.", "text": "Parte da ponte dos Castros, situada na autovía A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro en sentido cara á Coruña, caeu na mañá desta terza feira á altura do quilómetro 431, segundo apuntaron fontes de Tráfico da Garda Civil. Este desprendemento, producido nun treito duns 50 metros de lonxitude entre dous alicerces da ponte, non provocou feridos nin danos máis aló dos materiais. Precisamente a A-6 a esta altura, entre a localidade leonesa do Castro e o municipio galego de Pedrafita do Cebreiro, están a realizarse obras de reparación e mantemento desde hai perto dun ano. No momento en que caeu parte do viaduto non se atopaban vehículos en circulación nese carril, mais si no paralelo, en dirección Madrid, que segue aberto ao tráfico. A alcaldesa de Veiga de Valcarce (León), á que pertence O Castro, María Luisa González, en declaracións a Europa Press, gabouse de que o accidente se saldase sen feridos e lembrou que \"xa se sabía, polos técnicos, que os traballos de reparación neste viaduto non ían resultar fáciles, como así acabou hoxe a historia, debido á súa grave deterioración xa que soporta moita circulación e por mor da gran cantidade de fundentes que é preciso utilizar no inverno a causa do mal tempo\". Ante o ocorrido, a rexedora confesa un certo temor. \"Méteseche o medo no corpo, pero supoño que cando reparen a ponte quedará todo en perfectas condicións\", apuntou González, quen confía en que unha vez concluídas as obras mellore de forma notábel a comunicación na zona, onde un dos viadutos fica agora aberto e a respecto do sinistrado o tráfico do Castro derívase pola antiga estrada N-6. \"Queremos que os traballos rematen cando antes porque As Lamas e O Castro non poden acceder pola N-6 cara a Pedrafita, antes si que o facían e agora teñen que baixar á Portela. Pero o que nos interesa é que os viadutos queden en perfectas condicións\", salientou a alcaldesa. Pola súa parte, o rexedor de Pedrafita, José Luis Raposo, engadiu: \"Non son enxeñeiro, mais aí tivo que haber fallos cando foi a construción\". Aliás, sinalou que só hai outro modelo de ponte coma esta no Estado español: \"Crucemos os dedos os condutores cando pasemos\"."}
{"ID": "NOS_29422", "summary": "A asociación en defensa do galego celebrou a súa asemblea na Coruña, un acto marcado pola renovación na Permanente e o adeus de Carlos Callón após doce anos como máximo responsábel. Tanto el como Iria Taibo recibiron unha homenaxe en forma de agasallos e a proxección dun vídeo de recordo, no que foi o momento máis emotivo da xornada.", "text": "O centro Ágora da Coruña acolleu este sábado a asemblea da Mesa pola Normalización Lingüística, nunha cita que resultou histórica para a asociación en defensa da lingua ao supoñer o relevo de Carlos Callón logo de doce anos como presidente. O seu posto ocúpao agora Marcos Maceira, que recibiu o apoio unánime das arredor de 150 persoas que acudiron á cita. Dese xeito se aprobaron tamén o informe de xestión e o económico. Durante a asemblea, tanto Carlos Callón como Marcos Maceira convidaron ás persoas presentes e a tod@s @s galegos a participar nas oito mobilizacións convocadas pola plataforma Queremos Galego para o Día das Letras do próximo 17 de maio. Xa como presidente, Maceira pronunciou un discurso no que asegurou que \"non hai desenvolvemento social, económico ou humano se non se defenden as linguas propias\". Así mesmo, chamou a \"xuntar enerxías\" con este obxectivo e criticou ao titular da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo: \"Un presidente que non apoia o galego non apoia ao seu pobo\". A nova dirección da Mesa está encabezada por Marcos Maceira, licenciado en Historia e xestor cultural, con Mónica Pazos e Carlos Outeiro como vicepresidentes, Susana Méndez como secretaria xeral e Paulo Filgueiras, Elsa Quintas e Manuel Rei como vogais. O momento máis emotivo da asemblea tivo lugar cando se lles entregaron uns agasallos tanto a Carlos Callón como a Iria Taibo, que tamén deixa a Permanente, así como durante a proxección dun vídeo que recordou o seu traballo na Mesa."}
{"ID": "NOS_46215", "summary": "'Hat trick' de Iago Aspas nun partido moi especial e que leva os celestes a escalar até se situar a 3 puntos dos postos europeos.", "text": "Era un partido que había que gañar e gañouse. Non só polos tres puntos, non só por ir o equipo collendo forma e soltura para deixar atrás un inicio de tempada con dúbidas. Había que gañalo porque en Vigo e Galiza moitos esperaban esa vitoria como pequeno contributo (deportivo) fronte aos incendios. Tíñao claro o Celta, que saltou ao campo (tamén os canarios) coa camisola negra lexendada cun \"Dor e Rabia\"e con lembranza non só para Galiza mais tamén para Portugal e Asturies. O Celta goleou (2-5) e fíxoo embora xogar 40 minutos cun home menos após a expulsión do porteiro celeste, Rubén. Dáselle ben aos celestes o de ir de visitantes. No partido anterior venceran en Eibar por catro goles a cero. Fronte ás Palmas o Celta foi superior mais non tanto como pode dar idea o marcador. De feito, as Palmas armouse ben en defensa e cando tiña a pelota tiña claro o que facer con ela. O acerto goleador celeste (no minuto 20 gañaba por 0-2), porén, fixo que o equipo galego fose cada vez a máis. Un pulo no que destacou Iago Aspas, con tres goles que barrenan a seca goleadora do de Moaña. Un Aspas que mostrou o orgullo como galego dun pobo que combateu os incendios, lembrando o Prestige (Aspas é fillo de mariscadora). Os canarios non se renderon nunca. Coa expulsión de Rubén aproveitaron para se vir arriba, mais os seus dos goles pouco puideron facer fronte aos 5 goles do Celta. Ficha técnica As Palmas (2): Chichizola, Míchel Macedo (Lemos, min.63), David García, Bigas, Borja (Vitolo, min.62), Aquilani, Hernán, Jonathan Viera, Momo (Rémy, min.46), Oussama e Calleri Celta (5): Rubén, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Pablo Hernández (Radoja, min.79), Lobotka, Jozabed (Fontás, min.64), Wass, Emre Mor (Sergio min.55), Sisto e Aspas Goles: 0-1, min.16: Emre Mor; 0-2, min.20: Iago Aspas; 0-3, min.49: Iago Aspas; 0-4, min.71: Tucu Hernández; 0-5, min.76: Iago Aspas; 1-5; min.90: Vitolo; 2-5, min.93: Rémy Árbitro: Medié Jiménez, comité catalán. Expulsou Rubén con cartón vermello directo (min..51) e amoestou Jozabed, Bigas, Aquilani Campo: Estadio de Gran Canaria. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas dos incendios."}
{"ID": "PRAZA_18413", "summary": "Xoán Curiel e a Banda do Verán sacan o libro disco A casa do terror (Galaxia) e Hércules de edicions tira do prelo Mortiña. Dúas propostas culturais en galego orientadas ao público infantil e acaídas para o Samaín.", "text": "Xoán Curiel e a Banda do verán volven, despois de percorrer o país co seu espectáculo Estamos no verán!, con A Casa do Terror. Unha nova aventura tan terrorífica como divertida. Ou máis ben o segundo. Un libro+CD editado por Galaxia e un novo espectáculo ao vivo, centrado na idea da superación do medo, de aprender a afrontar as dificultades da vida con confianza. Falamos con Xoán Curiel. O libro-disco é o resultado dun traballo de dous anos. Como foi o proceso de creación? Comecei coas cancións no Nadal de hai dous anos. A medida que ían saíndo as cancións, funme decatando de que había unha temática que as unía. Ademais, tiña ganas de facer outro proxecto infantil, despois de Estamos no verán. Supoño que o tema do terror foi saíndo, tamén, por unha cuestión autobiográfica: de neno e de adolescente gustábanme as películas de medo. Entón,o proceso foi: primeiro compoñer as cancións, despois os arranxos vocais, despois os musicais, logo falamos con Galaxia por se lles interesaba o proxecto e gustoulles… \"Ademais de compoñer as cancións, escribín un conto\" Ademais de compoñer as cancións, escribín un conto. Non me considero escritor, pero é algo que me apetecía facer. Tiven, ademais, a sorte de contar con persoas que me axudaron facéndome a revisión, coma Charo Pita, a miña irmá Elena, ou as miñas sobriñas, que me deron moitas ideas… Iria Fafián fixo, ademais unhas ilustracións moi boas. Soubo meterse moi ben na historia. E penso que ao final quedou todo moi ben fiado: o conto, as cancións, o espectáculo… Porque o proxecto é un libro-disco e tamén un espectáculo co que comezamos agora a xira de Samaín. \"Os protagonistas do conto somos nós mesmos, a nosa banda\" Os protagonistas do conto somos nós mesmos, a nosa banda. Que un día, indo a unha actuación, queda atrapada no medio dunha treboada despois de que se lle estrague a furgoneta. Como temos moito frío, vamos a unha casa que vemos ao lonxe, que resulta ser a casa do terror. O conto, e o libro-disco, falan de medo. Pero non para asustar, senón para escorrentalo… Si. É coma unha viaxe iniciática: o sentido xeral é atravesar o que nos dá medo para gañar confianza. Os membros da Banda do Verán chegan a unha casa aterecidos. Ao principio senten medo, pero despois ven que os monstros que habitan a casa son moi \"enrollados\"... A idea de fondo é esa: atravesar o que nos dá medo, transitalo, e saír gañando confianza, co apoio dos colegas, despois de atreverte. \"A idea de fondo é esa: atravesar o que nos dá medo, transitalo, e saír gañando confianza, co apoio dos colegas, despois de atreverte\" O estilo é moi rock, mesmo ás veces parece un pouco ska… Non é o máis habitual nos discos dirixidos a nenos e nenas. En Estamos no verán xa había algo de rock, funky, reggae… Se a miña sobriña de 4 anos flipaba con Highway to hell de AC/DC, por que non lles ían gustar ás crianzas este tipo de músicas… Para nós é importante, ademais, non falarlles aos rapaces como se fosen nenos. Quero dicir, que unha das cousas que nos gusta deste espectáculo é que pode valer tanto para nenos como para maiores. Tamén por iso hai nas cancións chiscadelas para os maiores… Coma un \"bailo todo o día, con ou sen compañía\" dunha das letras. Moi dos 80. Xusto. Hai esa referencia a Alaska e outros detalles. Na canción Toca o teu pé hai algo dos Bee Gees, Lobo lover ten un toque rockabilly… Aí temos a sorte de ter o teclado de Alex Salgueiro, que ten varios tipos de teclados… Nesta canción utilizou un hammond para crear un efecto que lembrase as pelis de medo dos anos 50. No vestiario, de Uxía P. Vaello, tamén hai unha estética vintage… Como xurdira A Banda do Verán? Este é o voso segundo traballo. Primeiro foi un trío que formamos Jara Ortiz, Carlos Freire e eu. O nome era Son + d 2, (son máis de dous), que a verdade é que case ninguén conseguía ler ben. Comezamos co espectáculo Estamos no verán e vimos que a xente nos chamaba A Banda do Verán. Por iso ao final cambiamos o nome. Máis adiante eu coñecín a Álex Salgueiro, e entrou tamén Alberto Rodríguez, que tivo que deixalo por motivos de traballo, entón entrou no seu sitio Antón Fernández no baixo. E Marta Alonso, que fai danza e voces, e que continúa tamén neste proxecto. No disco hai bastantes instrumentos. Guitarra eléctrica, baixo e teclados, sobre todo. Pero máis cousas. A produción do disco fíxoa Alfonso Camarero. Parecíanos importante levar o son da banda a certos ritmos, a certos sons, que levasen á idea de medo, ou máis ben a unha parodia do medo. Por iso tiramos de biblioteca de sons tamén. A base instrumental da banda é guitarra, teclados, batería e baixo. As voces son a de Jara e a miña, pero tamén hai voces de nenos. Despois están o ukelele, a frauta traveseira e a táboa de lavar. Álex Salgueiro fai teclados, frauta traveseira e coros e Rubén Barros toca a guitarra eléctrica e acústica. \"A base instrumental da banda é guitarra, teclados, batería e baixo\" Hai partes do disco bastante teatralizadas. Quen se encarga diso? Eu mesmo dirixín toda esa parte teatralizada coa axuda de Alfonso Camarero e Pablísimo. Marta Alonso ten unha voz en Lobo lover, na que introduce a historia. Todos estamos no conto, e nas ilustracións, entón a min apetecíame que Marta, que leva a parte de danza, estivese tamén nas cancións. Da mesma maneira, tamén fan os coros os músicos. E os nenos. Despois, eu poño voces para facer varios dos personaxes, coma o lobo. \"Eu poño voces para facer varios dos personaxes, coma o lobo\" E Jara fai de bruxiña en A receita, por exemplo. Jara e eu facemos, en realidade, as voces de varios dos personaxes. Aí tamén tivemos a sorte de contar cun contacontos: Pablísimo, -Pablo Sánchez-, que tamén fai varios personaxes e coros. A teatralización tamén é porque o conto vai recomendando, en distintos momentos, escoitar unha canción. Así, todo queda integrado. Falabas antes da biblioteca de sons. Hai por exemplo risas terroríficas. Varios efectos dese tipo. Si, fomos á biblioteca pero tamén facemos nós mesmos moitos deses efectos que comentas. Como é o espectáculo, o directo? Vin un vídeo e supoño que procura bastante a participación… Hai un aspecto de dinamización que si, claro, coidamos no espectáculo. A entrada é de medo e despois vamos conducindo o público polo que conta o conto, a través das cancións. Buscamos a participación, pero de xeito que todo sexa orgánico, que non sexa forzado, que se vaia dando. Ao mesmo tempo, penso que o espectáculo é musicalmente bastante potente. Polo que nos dixeron ata agora, desfrútano nenos e pais. Nótanse, se cadra, os dous anos de traballo… \"Buscamos a participación, pero de xeito que todo sexa orgánico, que non sexa forzado\" Comeza coa historia do lobo lover que recibe os visitantes, e a casa do terror. Si, son as cancións que introducen a historia. Na primeira canción está o encontro co lobo, que resulta que quere ser artista, polo que queda impresionado coa chegada á casa dunha banda de músicos. Esta canción, como dicía antes, ten unha esencia rockabilly. \"Os nenos teñen máis medos, pero tamén máis confianza\" A cuestión é que a banda de música chega á casa e atópase con todo un bicherío, con moitos monstros que, nun principio, lles dan medo. Pero despois descobren que non son o que parecen. E eu penso que isto ten moito que ver con como son os nenos, que tenden a ter máis confianza que os adultos, que vamos aprendendo a desconfiar. Os nenos teñen máis medos, pero tamén máis confianza. Por iso segue unha canción sobre o medo, que é substituído polo valor e ata a carraxe, e despois unha pulga zombi contaxiosa… Si, aí o disco achégase un pouco ao circo. Hai un redobre de tambor, entra Pablísimo, e actúan as pulgas de Porto do Son, que teñen gheada e seseo. Despois aparece un monstro na lavadora e hai un rock de inverno, que é presentado como un tránsito cara o verán. O monstro da lavadora lembra a canción \"Estou na lavadora…\" Foi despois de facer esa canción cando nos decatamos de que si, que tiña relación coa canción que citas do Xabarín Club. Eu opino que pode ser o hit do disco. É moi pegadiza… O rock de inverno é un swing, que leva a táboa de lavar de Alfonso Camarero. É unha percusión que quere emular o xeito no que se facían os efectos no cine cando non había tecnoloxía. Co que se podía. Aquí, a táboa de lavar quere levar ao son dos ósos dos esqueletos… Logo chega unha receita asquerosa que lembra a historia de Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas. E unha pantasma acatarrada e asmática. O que quixemos aí foi facer unha canción bonita, cunha voz doce, pero contido asqueroso. Unha receita asquerosa. Jara pon a voz, que é dunha bruxa boa. Unha bruxa-fada case. Non pensaramos no libro de Ledicia pero, agora que mo dis, si que ten relación. En canto á pantasma con asma, é un grunge. A min grupos coma Nirvana sempre me pareceu que tiñan un punto escuro, que tamén é un pouco o que buscamos neste disco. É unha pantasma que quere axudar a súa nai e asustar, pero non dá feito porque ten catarro… Despois vén a escuridade, que ten que ver co medo á escuridade que teñen moitos nenos -eu mesma, de pequena-. E o tren do pesadelo, antes do baile de toca o teu pé antes de que saia a luz do día. A escuridade é como o último medo antes de que acabe a historia e a banda continúe o seu camiño. Eu tamén tiña moito medo á escuridade de pequeno. O que di é que a escuridade tamén pode ter a súa parte positiva, pois axúdanos a durmir. Aí hai dous bichos inventados polas miñas sobriñas, os gativampiros. Eu de neno tiña medo dos vampiros… \"Supoño que o medo é algo primixenio no ser humano\" Supoño que o medo é algo primixenio no ser humano… O tren do pesadelo é queda durmido e ter un pesadelo, facer unha viaxe en tren da que, aínda que tes medo, non queres fuxir. Queres percorrela, atravesala, ata o final. Como cando tes un pesadelo, o monstro perséguete, pero de repente decátaste de que estás soñando, e a ver se non é o monstro o que corre diante de ti… Toca o teu pé é un funky, cunha referencia ao Stayin' alive dos Bee Gees. Aí Pablísimo mete o personaxe cunha señora maior coa que nos poñemos a bailar.. E Xa é de día é, musicalmente, un contraste coas demais, porque é un reggae. Unha canción luminosa, que leva dalgunha maneira a Estamos no verán. Porque a treboada pasou, a banda atravesou as dificultades e o medo, saíndo con máis sabedoría. Mortiña, a nena zombi Hércules de edicións vén de tirar do prelo outra obra, -un libro-, que pode ser acaída para o Samaín. Trátase de Mortiña, a primeira versión en galego do orixinal da autora e ilustradora italiana Barbara Cantini, traducida por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González. Mortiña é unha nena con ganas de xogar e ter amigos, coma todos os nenos. Mais ela é diferente: é unha zombi. Mortiña é unha nena con ganas de xogar e ter amigos. Mais ela é diferente: é unha zombi Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña o o seu can Tristeiro, que non se sabe se está vivo ou morto. A tía, para protexela, prohibiulle deixarse ver pola vila, porque a xente asustaríase e as dúas terían que marchar. Pero Mortiña non se dá por vencida, e en chegando a festa do Samaín ten unha idea: nin sequera terá que disfrazarse. Bastará con repasar as olleiras e pouco máis… A nena, como di Xoán Curiel ao explicar A casa do terror, ten a confianza propia da infancia En Mortiña é, coma en A casa do terror, o medo o que, nun principio, se apodera dos protagonistas. No caso de Mortiña son, en concreto, os adultos: a tía, que teme a reacción dos vivos. Mais a nena, como di Xoán Curiel ao explicar A casa do terror, ten a confianza que teñen os nenos. Xunto co don da curiosidade, unido ao da ilusión. Por iso Mortiña tamén emprende, coma en A casa do terror, unha viaxe, da que sairá máis forte e feliz."}
{"ID": "NOS_21245", "summary": "O Goberno, a patronal e os sindicatos estatais volven á mesa de diálogo co obxectivo de prorrogar os ERTE até o 31 de maio. Mentres o acordo nesta materia semella próximo, as diverxencias entre os axentes sociais e o Executivo non deixan de medrar a conta da reforma das pensións e da lexislación laboral.", "text": "Goberno español e axentes sociais están convocados para a quinta feira coa intención de fechar unha ampliación do prazo de duración dos Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) máis alá do 31 de xaneiro. Na reunión da segunda feira presidida pola ministra de Traballo, Yolanda Díaz, non deron pactado unha solución para os 755.000 traballadores incluídos nos ERTE, mais agardan que na próxima xuntanza, onde ademais de Díaz participarán o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e a de Economía, Nadia Calviño, sexa posíbel atopar un punto de encontro. Os diversos actores da negociación discrepan sobre o estado da mesma. Mentres Escrivá comenta nas súas redes sociais que \"os aspectos pendentes se poden fechar e renovar con suficiente antelación con este mecanismo, que está sendo chave na pandemia\", a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), representada na reunión por Antonio Garamendi e Gerardo Cuerva, garda silencio. Pola súa banda, a Unión Xeral de Traballadores (UXT) sinala por boca do seu secretario xeral, Josep María Álvarez, que non se \"produciron avances\", mentres Comisións Obreiras (CCOO) fai \"unha valoración positiva\". Os axentes implicados no diálogo evitan dar importancia a estas diverxencias. Porén, a opinión máis estendida dá por feita a continuidade no esencial do modelo de ERTE acordado en setembro de 2020. Manteríase até o 1 de xuño a prestación de desemprego por 70% da base reguladora e as exencións das cotas empresariais oscilarían entre 70% e 100%, porén a patronal solicita que se permita despedir as persoas incorporadas nesa situación, limitándose á devolución das axudas ao custo dese persoal traballador. As pensións O primeiro encontro entre o Executivo estatal e os axentes sociais decorreu o mesmo día no que se fixo pública a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de enviar a Bruxelas a proposta de reforma do réxime das pensións, que amplía a base de cálculo a 35 anos. Malia que as organizacións sindicais e Unidas Podemos xa teñen manifestado a súa oposición frontal á modificación lexislativa polo importante recorte na contía final das xubilacións, o Executivo remitiu o documento á Unión Europea (UE) dentro do paquete de medidas propostas para acceder aos fondos de axuda. A proposta de reforma das pensións impulsada polo ministro José Luis Escrivá responde ás esixencias da Comisión Europea. A este respecto, as autoridades comunitarias advirten de que as medidas aprobadas en abril pola UE non son recomendacións como as recollidas anteriormente no coñecido como \"semestre europeo\", senón disposicións de obrigado cumprimento. Neste sentido, desde o Executivo español sinalan que os termos da mudanza das pensións están na liña do reclamado desde a UE e dan por feita a súa aprobación, malia seren conscientes de que os enfronta ás organizacións sindicais e a unha parte da esquerda e das forzas nacionalistas que apoiaron a investidura de Pedro Sánchez. A reforma laboral é outra das cuestións que causa maiores discrepancias. As organizacións sindicais e o groso da esquerda e das forzas nacionalistas esixen pór remate ao marco lexislativo aprobado polo Goberno de Mariano Raxoi, que ten repercutido negativamente na perda de poder adquisitivo do conxunto da poboación. Mais a área económica do Executivo de Sánchez decidiu non derrogala, argumentando que choca coas recomendacións da Comisión Europea. Nesta liña inciden en que o actual ordenamento laboral responde ás esixencias da UE e sinalan que non hai marxe nesta conxuntura para abordar unha proposta recollida no acordo de Goberno entre o PSOE e Unidas Podemos."}
{"ID": "NOS_45118", "summary": "Trinta Lumes conta a historia de Alba, unha rapaza do Courel que na tardiña dun día de outono entra en contacto co invisíbel. A primeira longametraxe de Diana Toucedo (Redondela, 1983) transita entre o real e a fantasía para falar sobre a construción do mito, a extinción ou o traballo. Proxectada e premiada en non poucos e importantes festivais, esta sexta feira estréase en seis salas galegas e tres do resto do Estado.", "text": "Toucedo, montadora de profesión, tardou varios anos en rodar o filme. O seu achegamento documental ao Courel foi aos poucos contaminándose do irreal, do invisíbel, da ficción popular. Cunha adolescente de 13 anos como protagonista e unha compañía de actores non profesionais cuxa confianza gañou co tempo, a cineasta elabora unha obra delicada en que o abandono e o despoboamento determinan a paisaxe. Producida por Lasoga Films, empresa galego catalá, e pola propia cineasta, Trinta Lumes recibiu achega económica de Agadic para \"producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e para a promoción e difusión en festivais e mostras de prestixio internacional\". A de Toucedo viuse, entre outros, no de Berlín, no de Málaga ou no Toulouse Cinespaña. A partir desta sexta feira, 8 de febreiro, Trinta Lumes chega aos cinemas. Estará nos Cantones da Coruña, nos Central da Estrada, nos Dúplex de Ferrol, no Codex de Lugo, na sala Numax e nos Norte de Vigo. Máis alá de Galiza, haberá pases nos Cinemes Girona de Barcelona, no Espai Funatic de Lleida e no Círculo de Belas Artes de Madrid. A algunhas destas proxeccións -na Coruña, Lugo, Santiago e Vigo- asistirá a propia directora. O número actual do semanario Sermos Galiza (333) publica unha entrevista con Diana Toucedo. Nota: a cineasta Diana Toucedo. Foto: cedida."}
{"ID": "NOS_22484", "summary": "O festival comeza en Compostela esta sexta feira. Até o próximo 22 de novembro proxectaránse case 100 creacións audiovisuais entre ficción e documentais", "text": "O festival Cineuropa regresa a Compostela esta sexta feira con case 100 longametraxes de ficción e documentais. Porén, unha das partes máis destacadas desta edición, que chega aos 34 anos coa pandemia enriba, será o recoñecemento ao cinema galego. Xa se anunciou que os galardóns de 2020 se destinan á cineasta e escritora Margarita Ledo; ao director e guionista Alfonso Zarauza; e ao actor Javier Gutiérrez. As súas traxectorias serán destacada malia a situación epidemiolóxica, que obriga a que os catro espazos que acollerán as proxeccións (Salón Teatro, Auditorio da Galiza, Teatro Principal e Sala Numax) restrinxan a súa capacidade máxima a 30 persoas. Ademais, haberá que saír entre sesión e sesión para que se fagan labores de desinfección. \"O consumo de cinema en salas está empiricamente demostrado que é cultura segura\", garantiu onte o director do evento, José Luis Losa. Un programa intenso até o día 22 de novembro As proxeccións dos filmes sucederanse até o domingo 22 cunha programación na que están representadas 38 nacionalidades diferentes, aínda que o 11% dos proxectos audiovisuais que se darán a coñecer serán traballos galegos. Esta edición manterá as proxeccións internacionais con cintas premiadas nos festivais de Berlín, Róterdam, Venecia, San Sebastian ou Sitges. Tamén haberá espazo para estreas absolutas en España, como o documental brasileiro Narciso em férias, sobre a detención do músico Caetano Veloso en 1968, durante a ditadura militar. En concreto, a organización distribuíu todos os contidos nunha ducia de seccións, ademais das xa recoñecidas Sección Oficial Europea, Docs Cineuropa e Fantastique Compostela, entre outras."}
{"ID": "PRAZA_18210", "summary": "O gaiteiro Anxo Lorenzo vén de sacar o seu cuarto disco, Vórtex, reflexo do bo momento que está a vivir como músico galego con proxección internacional.", "text": "A vida é un vórtice. Unha especie de espiral de idas e vidas para creadores coma Anxo Lorenzo, que desenvolven a súa carreira entre Galicia e todos os lugares do mundo dos que os chaman para traballar. E esta é, precisamente, a idea que alicerza Vórtex, o novo disco deste gaiteiro moañés, reflexo do momento profesional no que se atopa tras catro discos, moitos anos de percorrer festivais internacionais, facer colaboracións con grupos dos máis diversos estilos e seguir convencéndose, cada día, de que a música galega merece máis atención da que, moitas veces, se lle presta. Fóra e dentro. \"É como ter petróleo e non querer exportalo\", di. Conversamos con el. O disco foi gravado entre Galicia, Irlanda e Escocia. Penso que non só por unha cuestión loxística -porque tes moitos colaboracións de artistas de fóra-, senón porque buscabas un son diferente… Si, foi unha decisión tomada a conciencia. Non quería repetir fórmulas dos anteriores discos e necesitaba vivir esta nova experiencia arroupado por grandes músicos e amigos. Quería un son diferente. Foi un proceso creativo que desfrutei moito: traballando con outros produtores, con moitos colaboradores… O resultado é, penso, un disco moi variado e con sabores e cores moi diferentes. Un disco dun gaiteiro, -con gaita e whistle-, que nos leva a Galicia, a Irlanda, a Escocia... \"Non quería repetir fórmulas dos anteriores discos. Quería un son diferente\" Supoño que sería un esforzo de produción bastante grande. Moito traballo coordinar tanta xente, de distintos países… Foi un traballo duro, si, de ano e medio. Mais tiven a sorte de traballar con grandes profesionais que o fixeron todo moito máis doado. Ao final, resultou rápido, divertido e moi enriquecedor musicalmente. Glasgow é, ademais, o Hollywood da música folk. \"Glasgow é o Hollywood da música folk\" Alí están as produtoras, as discográficas, os estudios, o festival Celtic Connections… Desde alí exportan música a todo o mundo: a industria está alí, máis incluso ca en Dublín. É incrible, por certo, que nunha cidade coma Santiago, chea de turistas e peregrinos aos que tamén interesa desfrutar da música e da cultura galega, non haxa moita maneira de escoitar unha gaita, como non sexa no Obradoiro... Será que non van a sitios coma a Casa das Crechas. Xa, pero en Glasgow tes música tradicional todos os días da semana en moitos bares en diferentes puntos da cidade. En Irlanda pasa o mesmo… No mes de xaneiro podes ter vinte concertos de música folk á mesma hora en Glasgow. Entendo que non é o mesmo. Mais, alén dos problemas que hai en Santiago coa música en directo nos bares, se cadra é un tema de políticas culturais. E falo da cultura en xeral. Os irlandeses venden moi ben o seu. É tamén un xeito de proxección da súa identidade nacional. O goberno galego anda a outras cousas. Aquí coido que temos un problema sociopolítico, si. Ocórrenseme agora dous exemplos recentes. Hai pouco comezou na 2 de televisión española un programa de música en directo. E foi noticia porque había moitos anos que non había iso, un programa de música en directo. \"Debería ser normal que na televisión española se cantase en galego, en catalán...\" O outro exemplo é que hai uns días unha rapaza de OT cantou en galego. E iso tamén foi noticia. E non debería selo porque debería ser normal que na televisión española se cantase en galego, en catalán… Que estes dous feitos sexan noticia é un reflexo da situación real do galego e de que hai un problema, a nivel de políticas culturais. O título do teu disco ten a ver, creo, coa vida do músico: de aquí para alá... Vortex é vórtice, metáfora dun fluxo en espiral, turbulento. Ten que ver coa miña música e co momento que estou a vivir, viaxando polo mundo, reencontrándome con outros músicos en diferentes festivais… Este traballo ten moito diso, de reencontros, de conexións con outras músicas e músicos que comparten comigo este proxecto. \"Este traballo ten moito de reencontros, de conexións con outras músicas e músicos que comparten comigo este proxecto\" Eu penso que é un traballo moi coherente, feito desde a humildade, dun gaiteiro de Moaña que ten vontade de espallar a nosa música e a gaita galega polo mundo. Penso que temos que exportar a nosa música, a nosa gaita galega e presumir dela… A peza A Barroca é un exemplo do que mencionas. Tes dito que foi a primeira vez, que ti souberas, que se gravan xuntas unha gaita galega, a uilleann pipe, a northumbrian pipe e a small pipe. Si, penso que é a primeira vez que se xuntan e gravan estes catro tipos de bag pipes para tocar unha peza. É unha peza do repertorio de Muxicas e Xarabal. Na versión tiven a sorte de contar con Manu Conde (Milladoiro) na produción e nas programacións e con tres amigos virtuosos da gaita: Ross Ainslie, Andy May e Jarlath Henderson. Cada un co seu tipo de gaita. A primeira vez que tocamos os catro xuntos foi no William Kennedy Piping Festival (W.K.P.F.), en Irlanda, hai dez anos. \"A primeira vez que tocamos os catro xuntos foi no William Kennedy Piping Festival, en Irlanda, hai dez anos\" E alí estaba tamén o violinista, Eoghan Neff, que tamén colabora no disco. Volveremos encontrarnos no 25 aniversario deste festival, en novembro. A fusión das catro gaitas, en A Barroca é algo incrible. Os tres son profesionais dun nivel brutal: dos mellores gaiteiros do mundo. Auténticos referentes para as xeracións de gaiteiros do futuro. A Barroca e Silviris son, de feito, as pezas do disco que máis gustan. Hai gaita, whistle, guitarra acústica, violín, bodhrán, bouzouki… Moitos instrumentos. Fuches probando cousas desde o primeiro disco, Spiritu 986. Mais Vortex ten máis relación con Tirán e Confuxón... Sigo traballando na liña acústica, coa experimentación acústica. Neste disco hai máis temas de whistle, co que veño tocando e creando xa desde o principio. A diferenza principal deste novo disco é esa, que hai máis whistle, e máis timbres polo feito de ter moitos colaboradores, un son máis internacional. Temos a gaita, o whistle, o violín, o bouzouki, a percusión… A línea é acústica, aínda que tamén hai algo de teclado e algún elemento electrónico. Sempre me gustou esa fusión. E tampouco descarto voltar, no futuro a experimentar coa electrónica. \"Sempre me interesou a experimentación coa gaita, a fusión, para darlle un toque máis moderno, máis actual\" Sempre me interesou a experimentación coa gaita, a fusión, para darlle un toque máis moderno, máis actual, e tamén para chegar a un público máis amplo. Ademais, agora estamos nun bo momento: hai moias asociacións, escolas de música tradicional, grupos, a gaita está nos conservatorios… É un instrumento que evolucionou moito. Dixeches, ao respecto, noutras entrevistas que en Irlanda a música -tradicional- está moi presente no sistema educativo. Aquí non o está no sistema regrado, formal, mais hai, como dis, moitas asociacións, grupos… E hai moitas crianzas e xente nova que toca, baila… Refírome a que é algo que non se perdeu, polo menos no rural, e iso non pasa en todo o mundo. Temos a sorte de ter esa tradición musical viva, si. E despois, a situación do galego non é a do gaélico. Aquí falamos moito máis o galego ca eles o gaélico. Pero os galegos si estamos a anos luz dos irlandeses no que dis, na presenza da música no sistema educativo. Eles teñen un abano de instrumentos moito máis amplo, que non é só pandeireta, gaita e tambor... e ademais contan con apoios dos gobernos para estudos musicais e para fomentar así a formación de músicos máis novos, con moitas posibilidades de vivir da música tradicional e folk en todo o mundo. E a diferenza non é só que os nenos, alá, tocan nos recreos, que tamén: é que tocan na clase, despois da clase, coa familia e nos pubs cando xa son adolescentes… É moi diferente. Alí o sistema de educación musical dos rapaces é de moitísimo nivel. Vin nenos moi pequenos tocar o violín, guitarra acútica, o acordeón, a frauta ou whistle cunha destreza impresionante. En Escocia e Irlanda ves iso. Aquí é diferente… Falabamos antes de fusión. Penso que hoxe é o que reivindican case todos os músicos. Case ninguén é xa \"purista\". Dígoo porque, nese aspecto, tampouco é fácil xa diferenciarse. Si, pero a cuestión é conseguir unha fusión natural sendo orixinal, e iso non é tan doado. Pode non conseguirse, e que o resultado quede forzado. E despois, o feito de coller as maletas e empaparte das músicas doutros países, acumulando tantos anos de traballo, supoño que tamén fai que o teu traballo sexa diferente. \"Eu levo tocando toda a vida: a frauta desde os cinco e a gaita desde os seis\" Eu levo tocando toda a vida: a frauta desde os cinco e a gaita desde os seis. Todos os gaiteiros comezamos vinculados á tradición, estivemos en varios grupos tradicionais, eu ademais empecei a ir ao conservatorio sendo un neno… Por iso, algo que pode parecer tan obvio, e tan natural, como a fusión, non o é o tanto. Facelo ben é o resultado de moitos anos de traballo. E supoño que tamén por iso me chaman para tocar en Irlanda ou Escocia… En festivais de moitos lugares do mundo. Dentro de pouco iremos a Punta Arenas, en Chile, ao Encuentro Celta e tamén a México, Irlanda e Portugal. \"Algo que pode parecer tan obvio, e tan natural, como a fusión, non o é o tanto. Facelo ben é o resultado de moitos anos de traballo\" Entendo o que dis. Pero eu comentábacho porque, cando se reivindica moito o tema da fusión, ás veces parece que é algo novidoso, como se os anteriores estivesen ancorados no pasado. E iso non é certo. Nos 90 xa había moita xente facendo fusión. E a música tradicional nunca deixou de evolucionar, ademais. O que ocorre quizais é que o da fusión tamén é un estereotipo que me acompaña desde Spíritu 986. O folk é fusión, claro. É música tradicional mesturada con batería, con guitarra, con baixo, teclados, bouzouki… E o disco Spíritu 986, que publiquei cando xa estaba apagando o boom do folk dos 90, no seu momento chamou a atención pola experimentación coa electrónica… Despois, quedoume ese etiqueta. Ademais, máis adiante saquei un disco chamado Confuxon... Pero si, claro, todo o mundo fusiona, coa gaita e con outros instrumentos. Vortex comeza con Silviris e con Supernose, que tamén se funden entre elas: non nos decatamos do paso dunha a outra. Empezamos o repaso dos temas explicando estes? É un set de dous temas que van unidos, si, aínda que están en diferentes tracks do CD. Silviris fíxeno en Moaña para a miña filla, que se chama Iris, e a miña moza que se chama Silvia, durante os nove meses de embarazo. Quedou un tema bonito e moi alegre coma Iris. Nesta peza colabora comigo un dos mellores intérpretes de whistle na actualidade, un auténtico crack como é Ali Levack. O segundo, Supernose, é unha composición do violinista escocés Gabe McVarish (Daìmh). Nos dous temas teño comigo a Ali Levack, Eoghan Neff, Pablo Lafuente, David Foley e ao galego Kin García, de Talabarte… De A Barroca xa falamos un pouco antes. Un tema do repertorio de Xosé Manuel Fernández, (Muxicas). Cunha parte do cancioneiro Casto Sampedro. Si, é unha nova versión, con arranxos novos a catro gaitas que podería ser a banda sonora dunha película ambientada nos países Celtas. Héctor en Moaña ten bastante historia. Podes contala? Está inspirada na peza escocesa Hector the Hero, de James Scott. É un tema moi popular en Escocia, que normalmente se toca con gaita ou violín. O que fixen eu foi unha reinterpretación co low whistle, inspirado nesta peza, que en ten máis de 100 anos. E o curioso é que cando a toquei por primeira vez en Glasgow á xente soáballe familiar, pero non recoñecían a melodía orixinal. Berobreo Blues é un dos temas máis peculiares do disco. É iso, un blues feito con gaita. É, si, un blues que tocamos por primeira vez hai un ano, na gala dos premios La Opinión, á que nos convidou Oscar Losada. Despois decidín gravalo para o disco. Gústame moito o ambiente que se crea coa zanfona de Germán Díaz, que é outro auténtico crack, e a guitarra acústica de Pablo Lafuente. Penso que quedou un blues moi orixinal, con instrumentos tradicionais. \"Penso que quedou un blues moi orixinal, con instrumentos tradicionais\" Vórtice é o que dá nome ao disco. Eoghan Neff volve estar neste tema. Mencionabas antes como o coñeciches. A Neff coñecino en Irlanda no W.K.P.F., coma aos gaiteiros, como contei antes. E logo el mesmo propuxo que colaborásemos. Houbo feeling desde o principio, e xa colaborou comigo na produción e na gravación de Tirán e Confuxon. É un amigo, e un musicazo co que dá gusto traballar. Vórtice é unha composición miña que lle pedín a el que producise. \"A melodía de Vórtice está feita en Moaña, pero a peculiaridade é que parece unha jiga tradicional irlandesa moi antiga\" A melodía está feita en Moaña, pero a peculiaridade é que parece unha jiga tradicional irlandesa moi antiga. E logo ten tamén unhas percusións polo que a xente pregunta, porque non se recoñecen. Están feitas coa gaita desmontada, co son pasado por filtros de son e samplers, e o programador Joe Geaney deconstruíndo os ritmos. Conséguese, así un ritmo diferente, máis conceptual, máis moderno e máis innovador. Despois vén Rakish Pipers. Que salientarías dela? Os arranxos de Eoghan Neff e as colaboracións de Blackie O'Connell e Cyril O'Donoghue. Hai tres melodías. Primeiro o fiddle. Despois as gaitas galega e irlandesa, que entran xuntas ata o final do tema. Falabamos antes de como facer ben a fusión, e referíame a este tipo de cousas: xogando coas diferentes tonalidades e timbres das gaitas. \"Falamos distintas linguas, pero entendémonos. A min chámanme moito para tocar en Irlanda, en Escocia…\" Falamos distintas linguas, pero entendémonos. A min chámanme moito para tocar en Irlanda, en Escocia… E supoño que tamén é por iso, porque aprendín a tocar con xente que toca outros tipos de gaitas e non reparo á hora de tocar con eles a súa música tradicional e tamén a nosa. Amo é unha adaptación do tema tradicional galego Amores. É o tema máis experimental do disco. Unha produción de Neff moi de banda sonora, moi relaxante… Penso que, en xeral, este é un disco para iso, para escoitar relaxadamente de principio a fin. E mellor escoitalo con volume, para poder apreciar os matices. \"Penso que, en xeral, este é un disco para escoitar relaxadamente\" A Laranxeira procede tamén do repertorio de Muxicas. Si, é unha mazurca de Muxicas. Un tema que coñece moita xente. Nós fixemos a nosa versión. Destacaría os arranxos de Xosé Liz no bouzouki e a colaboración do músico vasco Xabi Aburruzaga. O último corte do disco é Slide/A Camposa, a parte do disco con máis sabor galego: polo son da gaita, os aturuxos, o tambor galego… \"Slide/A Camposa é a parte do disco con máis sabor galego: polo son da gaita, os aturuxos, o tambor galego…\" Marca a fin do disco, e cheira moito a Galicia . Son temas moi populares, interpretados coa gaita galega, cun son máis de directo. Slide parece unha muiñeira pero é unha peza tradicional irlandesa. E o curioso é esa boa unión coa peza galega, de Xosé Romero. Esta peza dobre é máis de bailar, máis de festa. Na produción tiveches a axuda de Scott Wood, Manu Conde, Xosé Liz, Joe Geaney e Eoghan Neff. Grandes profesionais que, como dicía ao principio, fixéronmo todo moito máis doado. Pero foi moito traballo: moitos viaxes, moitos estudios, arranxos, produción, deseño… E eu dirixín todo o proceso. Quería que o disco reflectise o momento que estou a vivir como gaiteiro galego polo mundo ben arroupado. \"Quería que o disco reflectise o momento que estou a vivir como gaiteiro galego polo mundo, ben arroupado\" Por que empezaches a tocar a gaita con seis anos? Foi no colexio, en Marín. Había un grupo de gaitas que aínda existe, Os Chaneiros, e foi un frechazo a primera vista. Teño aínda gardada a nota que o profesor de música lles escribira a meus pais, dicindo que o neno tiña talento, e recomendándolles que me comprasen unha gaita. \"Teño aínda gardada a nota do profesor de música aos meus pais recomendándolles comprarme unha gaita\" En Moaña había unha gran banda de gaitas chamada Semente Nova, no que estaba Xavier Blanco, que foi un dos meus primeiros mestres, xunto con Antón Corral, Moxenas (Nazario González Iglesias) ou Carlos Núñez. Formácheste entre Moaña e Vigo, entón. Si, o mestre Antón Corral, fundador da banda de gaitas Xarabal, é o meu artesán favorito e o de moitas xeracións de gaiteiros en Galicia. Moxenas de Muxicas tamén impartiu obradoiros en Moaña. A Carlos Núñez foi unha sorte telo de profesor no conservatorio de Vigo, onde daba aulas de gaita galega e frauta barroca. \"Carlos Núñez era un moi bo docente que nos motivaba moito\" Ao pouco tempo de ser profesor alí comezou a dedicarse máis á súa faceta artística. Foi cando comezou a colaborar cos Chieftains, xusto antes de saír o seu primeiro disco… Era un moi bo como docente e motivaba moito os alumnos. Tamén colaboraches con músicos e grupos de estilos moi diferentes. Pregúntanche moito pola xira con Amistades Peligrosas. Algunha colaboración que queiras salientar? Fixen moitas colaboracións, si. Con Amistades Peligrosas, con Marta Sánchez para a sintonía da Vuelta Ciclista, con Skape, Mónica Molina, coa Orquesta Nacional de Jazz de España… E logo, de folk, pois con Lunasa, Fred Morrison, Paddy Keennan, Kathryn Tickell… e con moitos musicazos. Despois nos mellores festivais do circuíto folk europeo. E que me chamen ano tras ano é o mellor recoñecemento que podo ter como gaiteiro. \"Que me chamen ano tras ano dos mellores festivais folk é o mellor recoñecemento que podo ter como gaiteiro\" Si, non creo que teñas moita queixa. Hai quen tivo que deixalo -os Berrogüetto mesmo-. Luar na Lubre mesmo tocan máis fóra que en Galicia… Hoxe tampouco estamos no boom do folk dos 90. Hai menos diñeiro, se cadra tamén máis variedade na música que se fai... Si, que un grupazo como Berrogüetto tivese que deixalo explica moitas cousas da situación da música e os músicos galegos no Estado. Unha gran mágoa non poder seguir gozando das súas creacións despois dunha carreira impecable. O disco leva unha foto interior dunha espiral e unha peculiar portada, cun tornado que apoia a idea do Vórtice. Quen fixo as fotos? A foto interior é de Xulio Lago, un artista plástico do Morrazo. As fotos da portada, de G/F Studio. Vai no sentido da metáfora do vórtice, si. O fotógrafo, Jacobo Gayo dicíame que a miña música tiña moita forza e transmitía moita enerxía, e quería reflectir iso. Por iso ese escenario de treboada. É unha portada diferente, arriscada, como a música que fago. Non queriamos caer nos tópicos de sempre. \"É unha portada diferente, arriscada, como a música que fago\" Falando de tópicos, a gaita tamén está asociada a moitos tópicos. No Estado español, fóra de Galicia, moita xente escoita a palabra gaita e pensa en determinadas imaxes folclóricas. Como afastarse diso? Si, está por unha banda a etiqueta da música celta, e por outra todo o misticismo que se asocia, si, con Galicia. Os tópicos están aí. Eu o que fago é música, ao fin e ao termo. Música desde Moaña para o mundo. E iso é o que importa. Nunha entrevista en Radio 3 dicíanme que, tal como dixera Xurxo Fernández, as culturas do norte non eran culturas minoritarias, senón minorizadas. E eu estou totalmente de acordo. A nosa é unha música que, se ten a oportunidade de escoitala, gústalle á maioría da xente. Outra cousa é que se promocione, valore, respecte ou non. \"Fago música, música desde Moaña para o mundo. E iso é o que importa\" Moita xente do folk di que se promociona máis a música do sur, o flamenco. Pero tamén depende de que tipo de flamenco. Que aí tamén se folcloriza, no mal sentido. Mais teño unha curiosidade. Como é recepción da túa música en Moaña, no teu pobo? Moaña é un pobo de bos gaiteiros con moita tradición musical, na que temos moitos grupos de gaitas, coros mariñeiros, corais, bandas de música….. e no que o novo equipo de goberno está facendo moi bo traballo para recuperar o Festival Intercético do Morrazo e apoiar as diferentes inquietudes culturais da veciñanza. Levo aquí toda a vida e é un bo lugar para a inspiración dun músico ademais dun paraiso espectacular nas rías baixas… Falabamos antes dos festivais. Como son os de Irlanda ou Escocia? A idade media do público é máis alta, comparada cos festivais galegos. Aínda que tamén hai moita xente nova. Pero unha cousa que se nota é a cultura musical que teñen. Son moi respetuosos cos músicos. -Os festivais sempre son de pago, en teatros…- \"A riqueza musical galega é como ter petróleo, e non querer exportalo…\" Pero iso nótalo tamén nos pubs. Alguén comeza a cantar, e todo o mundo cala por educación. E eu o que digo sempre é que en Galicia temos unha riqueza musical que poderiamos aproveitar para exportar moito máis. É como ter petróleo en Galicia, e non querer exportalo…"}
{"ID": "NOS_4445", "summary": "Na súa achega semanal á rede galega de vídeoblogues, o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, analisa como se apresenta a campaña a escasas horas de que se inaugure oficialmente.", "text": "Rajoy apura tranquilo o seu enésimo charuto no Palacio da Moncloa mentres PSOE e Podemos se disputan a segunda praza -a ver quen se fai coa coroa na liga da socialdemocracia-, así ve Xosé Mexuto o desenvolvimento duns últimos días de precampaña que xa son indistinguíbeis da campaña mesma, que formalmente dará comezo esta quinta feira ás 24 horas. Xosé Mexuto pergúntase tamén polo papel da Galiza nesta historia en contraste co que xogan Catalunya, Euskadi, Canarias e até Valéncia."}
{"ID": "NOS_31433", "summary": "En 2019 recibiu 25 millóns por subvencións compensatorias do CO2 .", "text": "Mil millóns de euros nesta década. Ese é o importe que Alcoa recibiu no Estado español a través de axudas e subvencións indirectas, segundo informaba a finais de 2018 o Ministerio de Transición Ecolóxica. Mais desde entón, esa liña de axudas continuou a medrar. En 2019 a multinacional americana obtivo 25 millóns por subvencións compensatorias, inxección de diñeiro que lle axudou a fechar o ano en positivo. Alcoa pagaba o quilowatt en 2018 a 4 céntimos mentres que o resto da industria o pagaba a 9. O Goberno do PP deseñou un sistema de poxas de interrompibilidade para certas empresas que lle permitiu a Alcoa ter un prezo reducido. Para o Goberno español, estamos a falar de subvencións públicas mais para a multinacional a visión é outra e incidían en que pagaba a electricidade máis cara que as súas competidoras en Europa."}
{"ID": "PRAZA_9849", "summary": "Quen dea por boa a tese de que en Galicia case todo sucedeu antes e teña algo de memoria sorprendeuse un chisco menos coa proposta dos \"concibidos non nacidos\" ou coa axencia de viaxes simulada polo PP", "text": "Hai quen defende que case todo o que pasa en política xa sucedeu antes, dun xeito ou doutro, en Galicia. \"Galicia foi o laboratorio de Podemos\", sinalou Anxo Lugilde ao presentar De Beiras a Podemos (Praza Pública, 2014) en referencia a como a xa desaparecida Alternativa Galega de Esquerda serviu en certo xeito a Pablo Iglesias, en labores de asesor, para \"aprender\" e experimentar nun \"campo de probas\" o que despois sería o seu propio partido. Tamén antes Galicia anticipou movementos, sobre todo na dereita, dende o devalo da UCD ata a resurrección política de Mariano Rajoy.Quen dea por boa a tese de que en Galicia case todo sucedeu antes e teña algo de memoria sorprendeuse un chisco menos coa proposta dos \"concibidos non nacidos\" ou coa axencia de viaxes simulada polo PPQuen dea por boa a tese de que en Galicia case todo sucedeu xa antes puido comezar a campaña electoral deste 28A cun chisco menos de sorpresa a respecto da proposta do PP de Madrid -se é de Madrid é sabido que a vaga expansiva chega a Cualedro, Coirós ou Guitiriz, nunca á inversa- para considerar os \"concibidos e non nacidos\" como membros da unidade familiar. Tal medida, con independencia da valoración que lle mereza a cadaquén, leva en vigor en Galicia case unha década.Algo semellante sucederá a quen teña algo de memoria ao comprobar que a primeira idea forza do PP nesta campaña das eleccións xerais fose cargar contra o rival a bater, o socialista Pedro Sánchez, polo uso dos avións oficiais para os seus desprazamentos, simulando para iso unha axencia de viaxes na mesma rúa de Madrid -onde vai ser- na que se sitúa a sede do PSOE. Lembran cando disque Galicia descubriu que os cargos da Xunta viaxaban en coche? Xa pasaron dez anos. Os socialistas anunciaron que levarán tal iniciativa ante a Xunta Electoral. Como o primeiro venres de campaña foi tamén Venres de Dores, ás portas da Semana Santa, a confraría andaluza que organiza a procesión do Cristo de la Buena Muerte -a dos lexionarios- xa decidiu advertir antes de acabar nunha foto de campaña. Pediu aos líderes de PP e Ciudadanos, así como ao partido de extrema dereita Vox, que se absteñan de asistir aos seus actos do Xoves Santo. O pasado ano varios membros do goberno de Rajoy entoaron nesa procesión o célebre Novio de la muerte, dando por boa á mestura de armas, Exército e Cristo que dificilmente aguanta unha lectura do Evanxeo.Sobre os primeiros compases da campaña segue a pairar a decisión do PSOE de que Pedro Sánchez acuda ao debate de Atresmedia, pero non ao de TVEEsta é a paisaxe dun primeiro día de campaña no que Pablo Casado seguiu arrenegando en forma e fondo do marianismo, o mesmo que remata o día tributándose unha auto-homenaxe en Pontevedra. A outra faciana da cidade, a do goberno municipal que encabeza Miguel Anxo Fernández Lores, é reivindicada á mesma hora no acto central da primeira xornada da campaña do BNG.Sobre estes primeiros compases da campaña segue a pairar a decisión do PSOE de que Pedro Sánchez acuda ao debate a cinco bandas organizado por Atresmedia pero non á cita a catro -PP, PSOE, Unidas Podemos e Ciudadanos- que convocara Televisión Española. O xeito en que a canle pública recolleu os reproches á decisión dos asesores presidenciais si que non sucedeu antes en Galicia. Nin un nin outro convocaron, así e todo, a forza ningunha cuxo líder non concorra a deputado por Madrid."}
{"ID": "NOS_28456", "summary": "Ourense fai dous anos baixo o bastón de mando de Gonzalo Pérez Jácome, sobre o que paira o risco dunha moción de censura. Socialistas e nacionalistas cargan contra o PP por manter o \"desgoberno\" e o \"caos\" no Concello.", "text": "Hai 10 días que o Pleno de Ourense rexeitou o expediente de modificación de crédito que o alcalde de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Jácome, vinculou a unha cuestión de confianza. Coa votación abriuse o prazo dun mes para os grupos presentaren unha moción de censura. E así chega a cidade das Burgas ao ecuador do mandato municipal. Unha etapa que comezou hai dous anos cando o PP investiu Jácome a cambio de que DO permitise a Manuel Baltar (PP) manter a Presidencia da Deputación. Logo, o PP abandonou o Goberno municipal e abriuse a unha moción de censura contra Jácome. Mais condicionou o seu apoio a que portavoz socialista, Rafael Villarino (cuxa candidatura foi a máis votada nos comicios), non for o candidato na moción e, cando este se apartou, o PP pediu que entregase a acta de edil, algo polo que o PSdeG non pasou. Aliás, o Goberno está en minoría, con tres dos seis concelleiros de DO no grupo de non adscritos. Moure pide estabilidade \"Cando pactamos con DO, o obxectivo foi garantir\" a \"estabilidade e gobernabilidade\", indica a este xornal Flora Moure, portavoz municipal do PP. Tamén alude a eses principios \"cando ofrecemos ao PSOE un gran pacto de coalición PSOE-PP que garantise un Goberno en maioría\", mais \"é algo que o PSOE de Ourense rexeitou\", considera Moure, sinalando que os socialistas preferiron antepor as súas siglas. \"Ourense precisa dun Goberno e é precisamente o que nós podemos ofertar polo ben da nosa cidade\", asegura. Villarino denuncia fraude Para o voceiro do PSdeG, Rafael Villarino, \"estes dous anos supuxeron a consolidación dunha fraude á cidadanía, xa que Jácome prometeu \"sacar\" Baltar da Deputación para dar un cambio á cidade e logo \"traizoou o votante para erixirse en alcalde\". Villarino critica o \"desmantelamento cultural, coa suspensión de todos os actos e o fechamento do auditorio\". Un desmantelamento que se dá no económico, cunha zona cero, A Concordia, que antes protagonizaba o comercio e que \"agora é un deserto\". Aliás, no Concello, os traballadores teñen que defenderse do alcalde, \"que os responsabiliza dos problemas da cidade\". O socialista lamenta que o PP sexa \"capaz de pasar por calquera humillación que lle faga Jácome con tal de impedir que goberne o PSdeG\". Seara alerta do \"caos\" Luís Seara, portavoz do BNG, ve estes dous anos de \"desgoberno\" como \"un barco que vai cara ás pedras sen ninguén ao temón\". Critica que o alcalde aproveitase a pandemia para \"aniquilar\" a cultura, pois \"ten unha cruzada en contra dela\" e agora quere eliminar a Universidade Popular. Denuncia a \"carencia de políticas de servizos sociais\", os cales non foron reforzados a pesar da pandemia \"e agora, para ter unha primeira cita, hai cinco meses de agarda\", e estamos a falar de \"cuestións tan básicas como poder comer\", explica Seara. Tamén lamenta que non \"se fixese nada\" a respecto do plan de mobilidade urbana sustentábel, porque o alcalde non cre nel\", o mesmo que acontece co termalismo. Seara é moi escéptico co futuro, xa que o PP bloquea a saída que permitiría a moción de censura."}
{"ID": "NOS_56464", "summary": "Reproducimos a seguir un extracto da lección 14 do curso de galego, sobre fraseoloxía galega, que Nós Diario publica hoxe. 'Curso de lingua galega: Mellor uso, máis calidade para o idioma' diríxese a todos os públicos e publícase a diaro nas catro páxinas centrais do xornal impreso.", "text": "Introdución Unha expresión idiomática é un conxunto de dúas ou máis palabras que se caracteriza por non ser posíbel identificar o seu significado mediante o sentido literal dos termos que constitúen a expresión. Son formas de expresión propias dunha lingua e que reflicten a súa riqueza ao transmitiren referencias culturais, históricas, lendarias..., a forma de ver o mundo ou a relación co medio de determinado pobo. Deste modo, en xeral, é moi difícil ou mesmo imposíbel traducir moitas expresións idiomáticas para outras linguas. Para coñecermos con propiedade unha lingua temos de saber utilizar correctamente as expresións idiomáticas e fraseolóxicas. Mais que acontece coas nosas? É claro que na actualidade a fraseoloxía galega está interferida polo español e deturpada pola introdución de expresións castelás de forma directa ou por medio de calcos. Non ten sentido falarmos de \"ter enchufe\" para conseguir un traballo cando a forma propia é a de \"meter unha cuña\". Imos revisar algunhas. Andar coa cabeza nas nubes Andar aos biosbardos. Andar na verza. Estar nas patacas. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'estar distraída, confusa ou fóra da realidade' e non: *Pensar nas musarañas. —*Hai que andar pensando nas musarañas para esquecer que hoxe tiñamos o exame de sociais.—Hai que andar coa cabeza nas nubes para esquecer que hoxe tiñamos o exame de sociais. Andar con pés de la Andar con pés de manteiga. Andar como a galiña cos ovos. Son expresións que debemos utilizar se quixermos expresar a idea de 'actuar con moita cautela; falar a alguén con coidado para obter unha cousa' e non: *Andar con pés de plomo / chumbo. —*Temos de andar con pés de plomo co alumnado de primeiro curso, son moi pequenos.—Temos de andar con pés de la co alumnado de primeiro curso, son moi pequenos. Como conseguilo? As persoas subscritoras, ben en papel ben na versión de acceso na nube, terán á súa disposición, nas páxinas centrais de Nós Diario, desde o 5 de maio, o curso de balde. As persoas que aínda non son subscritoras poden facerse ou ben adquirir o diario en papel nos quiosques e puntos de venda habituais por 1,50 euros de terzas a sextas feiras e por 3 euros os sábados (día en que se inclúe o semanario Sermos Galiza) ou ben mercalo para a súa lectura na nube."}
{"ID": "NOS_56662", "summary": "Retrasos na expedición de citas, demoras excesivas nas salas de espera dos centros de saúde, profesionais saturadas e saturados… Estas son algunhas das consecuencias da política de substitucións do Sergas nos meses de verán e que son cuestionadas pola maioría de axentes que interveñen na atención primaria. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 307 de Sermos Galiza.", "text": "A falta de persoal médico é un clásico do verán galego. A ausencia de previsión da Xunta, unida a un sistema de cobertura de substitucións excesivamente ríxido, está a provocar auténticos colapsos na atención primaria, desde a asunción de cotas desorbitadas até unha caída na calidade do servizo por saturación e sobrecarga das e dos profesionais. As consecuencias son visíbeis: médicas e pediatras que realizan até 50 e 60 atencións médicas nunha xornada laboral, escaseza de tempo para dar unha asistencia apropiada e razoábel ou medidas de agrupamento de profesionais que afectan as persoas usuarias do servizo. Entre os testemuños que revelan unha situación estresante para o profesional da sanidade hai casuísticas diversas. É o caso, por exemplo, das e dos médicos residentes. Un deles, que prefire permanecer no anonimato, explica en declaracións a Sermos Galiza que o seu contrato se renova anualmente. \"A min non me afecta persoalmente\", confesa, \"pero todos os días vexo compañeiras e compañeiros queimados por unha situación que lles está a xerar estrés persoal e emocional\". Na área de Vigo, por exemplo, unha das máis conflitivas neste sentido, as listas de substitucións conteñen \"situacións moi temporais, como que para cubrir unha baixa se empregan contratos de inicio e fin en troques de outorgar, como sería lóxico, a baixa completa; é dicir, fanse contratos por dous, tres, catro ou cinco días que se interrompen as fins de semana para volver contratar na segunda feira\". As modalidades de contratación son tamén diversas, explica este residente. \"Ofrécense paquetes de verán de 190 horas ao mes con cotas diferentes\", relata, \"sen estabilidade e coa obriga de facer gardas as fins de semana baixo a indicación de que se non as fas, din, es o único e que non te debes negar\". Postos sen cubrir ou redución ao mínimo dos médicos de urxencias son outras das consecuencias da política restritiva que aplica o Sergas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 307 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "PRAZA_3905", "summary": "Con esta carta quería compartir as razóns polas que necesitamos unha Renda Básica Universal. É máis necesaria que nunca e, en realidade, é a única solución factible na actual situación de parada técnica do modelo de desenvolvemento", "text": "Estimado Vicepresidente,Non nos coñecemos persoalmente, pero vou a permitirme dirixirme a ti con afecto e confianza. Quen compartimos ideas e proxectos para mudalo todo e asaltar os ceos, e, honestamente o tentamos, con acertos e erros, necesitamos complicidades e confianza.Con esta carta quería compartir as razóns polas que necesitamos unha Renda Básica Universal. É máis necesaria que nunca e, en realidade, é a única solución factible na actual situación de parada técnica do modelo de desenvolvementoCon esta carta, de forma directa e cordial, quería compartir as razóns polas que necesitamos unha Renda Básica Universal. Penso que é máis necesaria que nunca e, en realidade, é a única solución factible na actual situación de parada técnica do modelo de desenvolvemento que se nos impuxo no que levamos de s.XXI. Non me deterei en teorías políticas e económicas, seguro que as coñeces mellor que eu, ao fin e ao cabo ti es doutor en ciencia política e eu en psicoloxía política. Quería centrarme en aspectos máis humanos e pragmáticos, que derivan da miña experiencia como profesora de Intervención Sociocomunitaria e da breve pero intensa experiencia dirixindo as políticas sociais municipais en Santiago de Compostela, para poñer en marcha unha Renda Municipal de Garantía Básica Cidadá e deixar deseñada unha Renda de Garantía Infantil.Creo que este goberno esta poñendo toda a vontade política e todo o corazón en protexer as persoas máis vulnerables diante da crise social e económica que nos espera. Por iso, cada semana preséntase un paquete de novas medidas, a través dos ERTEs, do subsidio de desemprego para persoas desempregadas, subsidio de desemprego para persoas que non cumpren criterios para subsidio de desemprego, subsidio para persoas empregadas fixas discontinuas, para temporais... para autónomas e pequenas e medianas empresas; que se veñen a sumar as prestacións sociais existentes, tipo PNCs, prestacións por discapacidade, Rendas de Inserción Social, ás que se sumará a o Ingreso Mínimo Vital que prepara a Vicepresidencia de Dereitos Sociais xunto co Ministerio de Inclusión Social e Migracións. Como dixo Zygmund Bauman: estamos todas e todos no mesmo barco.Unicamente unha prestación Universal, Individual e Incondicional pode aplicarse e desenvolverse con axilidade e eficaciaSinceramente, creo que esto é imposible de xestionar desde una administración pública enfraquecida e moi pouco eficaz, e, só vai alimentar a burocracia e as posibilidades de que moitas persoas, ás máis vulnerables, se perdan entre os miles de requisitos administrativos e papeis para xustificar situacións e acceder á prestación máis adecuada. Acabarán conxestionados os servizos de emprego e os servizos sociais, e as persoas deixadas á deriva entre un e outro. E pasarán meses antes de que sexa efectiva para as persoas que necesitan os recursos económicos para garantir dereitos fundamentais como a alimentación ou a vivenda. Necesitamos un cambio de rumbo. Necesitamos un modelo diferente.Unicamente unha prestación Universal, Individual e Incondicional pode aplicarse e desenvolverse con axilidade e eficacia. Porque a súa xestión dependería do Ministerio de Facenda. A administración tributaria é con diferencia a administración máis modernizada e tecnoloxizada do Goberno de España. É tamén a administración que ten os datos económicos e patrimoniais de todos/as, e pode ingresar universalmente a Renda Básica proposta, e pode (e deberá) aplicar a fiscalidade necesaria para manter a RBU e investir en servizos públicos, como sanidade, educación, servizos sociais, e, así salvar vidas e correxir desigualdades. É o momento de investir na inspección fiscal e laboral e dotalas de profesionais de alta cualificación, esenciais para investigar a riqueza e colocala ao servizo do colectivo, para garantir dereitos sociais, comezando polos básicos como a vivenda e a saúde, e correxir desigualdades sociais e económicas que abran esperanza para un futuro sostible. As análises e propostas de Daniel Raventós e outros/as economistas mostran que é posible e non sería díficil. Os servizos sociais e os servizos de emprego libraríanse das tarefas vinculadas a fiscalizar a pobreza. Liberados das actividades de fiscalización poderían dedicarse a impulsar políticas activas de desenvolvemento comunitario Deste xeito, os servizos sociais e os servizos de emprego libraríanse das tarefas vinculadas a fiscalizar a pobreza e verificar o bo comportamento das persoas máis pobres e vulnerables, nas que consumen prácticamente todos os recursos e enerxías. Liberados das actividades de fiscalización poderían dedicarse a impulsar políticas activas de desenvolvemento comunitario e integración social, que tan necesarias van ser para construír un novo contrato social máis cooperativo e sostible. Ademais, co ingreso automático da renda, individual e suficiente, tamén evitaríamos ter millóns de persoas nun fráxil equilibrio ou nunha vulnerabilidade extraordinaria que as precipitase nas fauces de explotadores sen escrúpulos, para realizar traballos e actividades non dignas nin humanizadoras.Nada máis lonxe da miña iniciativa que centralizar competencias, as nacionalidades históricas e autonomías terían o seu propio papel. Das súas competencias e da súa vontade e responsabilidade dependería incrementar esa Renda Básica Universal, que estiman os colectivos promotores en 750€, para adecuala aos diferentes niveis de vida, características sociodemográficas ou de distribución poboacional. En Galiza non saíremos ben parados/as, o PP non ten costume de exercer competencias e menos de mellorar dereitos, pero o certo que tampouco se atreveu a derogar a RISGA, insuficiente e burocratizada en extremo, ou o salario da liberdade, instaurado polo goberno bipartito para garantir recursos mínimos ás mulleres vítimas de violencia machista.Só así podemos construír futuro e facer posible esa \"utopía para realistas\" da que fala Rutger BregmanImaxina que todas as persoas tivesen un ingreso económico individual e suficiente para facer fronte aos pagos de alugueiro, de autonómos, de alimentación ou ao consumo de cultura. Ao tempo que profesionais da Psicoloxía, do Traballo Social e da Educación Social, así como dos servizos de orientación laboral e inclusión social só se dedicaran a acompañar e apoiar os procesos individuais e colectivos de desenvolvemento … só así podemos construír futuro e facer posible esa \"utopía para realistas\" da que fala Rutger Bregman.Unha aperta virtual."}
{"ID": "NOS_2317", "summary": "O Alba, do ex primeiro ministro Alex Salmond, ameaza con fracturar o voto", "text": "Alex Salmond, ex primeiro ministro de Escocia, foi absolto de 13 delitos sexuais en 2020. Dous anos antes abandonara o Partido Nacional Escocés (SNP) para non o prexudicar; e a súa sucesora e protexida, Nicola Sturgeon, distanciouse del co fin de que o caso non fose politizado, \"rompendo unha relación que fora moi importante para min, política e persoalmente\", confesou esta semana. Agora volveranse reunir, mais cara a cara, pelexando polos mesmos votos. Salmond leva tempo convencido de que foi a camarilla de Sturgeon quen conspirou contra el. Dentro do propio SNP, partido que aglutina o voto independentista, mantén fieis aliados á figura que logrou convencer a Londres de convocar un referendo en 2014. Mais é Sturgeon quen elevou a real a posibilidade de gañar unha hipotética segunda consulta, tal e como mostran as enquisas. A última, publicada no Press and Journal, dá ao SNP unha ampla maioría nas eleccións parlamentarias do 6 de maio (67 deputados, por 61 que ten actualmente do total de 129). Serán fundamentais de cara ao panorama político dos próximos anos a respecto da organización territorial do Reino Unido. O soberanismo escocés preséntaas como plesbicitarias. Mais o anuncio televisado de Salmond onte, anunciando que concorrerá cun novo partido liderado por el, o Alba, racha con todos os esquemas. Na cuarta feira, a seis semanas dos comicios, disolveuse a Cámara. Na véspera, Sturgeon superaba unha moción de censura logo de que unha comisión parlamentaria a acusase de mentir durante as pescudas sobre Salmond, de ocultar información para protexelo. Unha investigación independente considerou que non tivera influencia no caso. Salmond asegurou que o seu obxectivo é lograr unha \"supermaioría pola independencia\" (#supermajory, é o lema que se podía ler ás súas costas), aproveitando as peculiaridades do sistema electoral. É dicir, sumar máis representantes, non dividir o voto. Sostivo que desta maneira se podería chegar até \"90 ou mesmo máis\". Porén, desde o Partido Laborista cualificaron o movemento de \"axuste de contas\". En calquera caso, a hexemonía do SNP sobre o soberanismo xa está en cuestión. Independencia, si, mais dentro da UE Son xa máis de 20 enquisas consecutivas onde a cidadanía escocesa se manifesta a prol da independencia. Non é esta a novidade, polo tanto, na última que acaba de ser publicada polo xornal Press and Journal ─o máis antigo de Escocia─. Desta volta a pregunta contiña un condicionante que fai variar decisivamente o resultado final: 53% din 'Si' a saír do Reino Unido, sempre e cando se entre na UE. A sondaxe, elaborada por Survation entre o 11 e o 18 de marzo sobre unha mostra de 2.000 persoas, estabelece unha variábel interesante: preguntados se \"Escocia debería ser un país independente\", 51% dos consultados responderon que non; mais a mesma pregunta coa garantía de regresar ao bloque comunitario deitaba esa cifra favorábel ao 'Si' de 53%. Esta alternancia na resposta é máis evidente nas persoas que no referendo do Brexit de 2016 votaron a favor de permanecer na UE: dun apoio de 54% na primeira pregunta, pasan a outro de 59% na segunda opción. A liña mantense desde hai cinco anos: a maioría dos votantes favorábeis ao Brexit oponse á independencia, e viceversa."}
{"ID": "NOS_35797", "summary": "No mes de xuño viviu o incendio do seu obradoiro. De seguido, entre a xente do mundo da música organizouse unha campaña de mecenado con achegas solidarias desde diversos campos da arte para que Reberete puidese volver montar o seu taller. Seis meses despois o local temporal está en marcha coa maquinaria precisa para afrontar o choio.", "text": "Como toma a decisión de facer un Verkami para poder remontar o negocio? Ardeume o obradoiro e as 24 horas seguintes foron de shock e de non saber que facer, por onde tirar. Xunteime coas miñas amizades e xurdiu a opción de facer un mecenado para saír do buraco no que estaba metido. En todo momento procurei orientalo ben, pensar cal debía ser a cantidade mínima para poder arrancar e consideramos os 40.000 euros, pero finalmente logramos 45.000. Unha cantidade que me chegou para mercar a ferramenta mínima e a madeira para poder retomar a actividade. O local aínda non o teño, pero iso será pouco a pouco, porque agora mesmo estou nun espazo que me cedeu o concello de Cea para estar durante un ano. Teño local, teño maquinaria e teño madeira... Podo empezar! Que tal se desenvolveu a campaña e como o fixo sentirse o resultado? A xente colleu moitos bonos para trocar por cursos, por pandeiretas, por tambores, por gaitas... Foi a recompensa á que máis se recorreu, aínda que tamén as había que eran directamente para crear unha pandeireta ou unha gaita. Houbo obradoiros, e xa se impartiron todos durante o verán; tamén houbo quen ofreceu libros, como Carlos da Aira, ou César, da Orquestra Pantasma, que fixo uns brinquedos; outra xente ofreceu discos... Toda aquela persoa que me puido achegar algo deumo, mesmo teño un amigo peiteador que ofreceu bonos para trocar por un tratamento ou por un corte de pelo. Síntome moi apoiado por toda a xente que colaborou e tamén moi responsábel para devolver esta enerxía que me deron a min, toda esa forza agora tamén debo correspondela. Teño que tirar para adiante e por iso estou tan enérxico e tan activo, porque vexo que isto ten que saír para adiante, que está nas miñas mans. Teño que entregar esas recompensas e iso tamén me dá enerxía para seguir. E xa ten aberto o taller? Aberto está, porque o obradoiro está aberto cando eu estou nel e estou das 10 da mañá ás 11 da noite. Xa recibín xente que pasou para recoller algunha encomenda ou facer encargas e, a verdade, estou activo desde que rematou o tema do mecenado, alí estou, na nave, dándolle caña ao asunto. Que sensación ten neste intre de cara ao futuro? Teño un pouco de incerteza porque está a cousa realmente parada, falo coa xente deste gremio e, a verdade é que, en comparación con outros anos, baixou 90% o que son os pedidos. O que pasa é que, agora mesmo, estou nun proceso inverso porque teño moitísimo traballo para facer, a maioría centrado nas recompensas a raíz do Verkami, entón choio por diante teño. Pero tamén noto ese outro sentimento de dicir \"a ver se vou volver montar o taller e non vou ter traballo\". Pero tamén coido que sairemos desta e volverá haber aulas, foliadas... E a xente volverá encargar cousas. De momento, todas as persoas que participaron no mecenado xa están na web de oreberete.com; todas aquelas que mercaron cursos xa os recibiron e agora estou a facer pandeiretas e algún colgante, chaveiros que fixen con cousas que resistiron o lume, como ferreñas de metal ou de buxo. Agora con tirar para adiante, montar o taller e facer as encomendas todas xa teño traballo até abril ou maio. E aínda queda xente que ofreceu facer un festival benéfico para apoiar a causa, e iso é algo que quedou pendente, porque até o de agora, con todas as medidas restritivas e a situación sanitaria, non se puido facer."}
{"ID": "NOS_10889", "summary": "O deus do pop escarva no lado cutre dun mundo de lentellolas e luces de cores, desvelando, máis unha vez, que a realidade adoita ser inmisericorde coas mitificacións, propias ou alleas.", "text": "Fálase moito do gran show do eu que é a sociedade actual, pero pouco da disparidade entre a realidade e a imaxinación dos individuos que sobrevaloran as súas propias capacidades. Esaxerar o noso valor ten o problema de que a realidade existe, e a pirandelliana confrontación entre como nos vemos a nós mesmos e como nos ven os demais provoca unhas disparidades bastante ruborizantes. Aínda que iso si, cunhas excelentes oportunidades para a comedia. O deus do pop / Dirección e interpretación: Diego Anido / Estrea no festival Escenas do Cambio / 2o de maio de 2021. O espectáculo de Diego Anido descóbrenos que o deus do pop resulta ser unha deidade insignificante e, aínda que talvez entrañábel, cunha capacidade de análise en absoluto fiábel. O personaxe debuxado por Diego Anido sofre dunha síndrome frecuente nos nosos días: se inventas unha vida, podes acabar crendo que a invención é real. Se fas da imitación de Michael Jackson o centro da túa existencia, podes rematar comportándote como se foses o cantante de Indiana. Non hai que buscar moi lonxe para atopar exemplos deste trastorno. A obra foxe da superchería que supón que un imitador de Michael Jackson procura unha vida privada semellante ao do divo. En absoluto: case sempre somos vítimas das circunstancias e enfrontalas coma se fosemos unha estrela internacional do pop abonda para manter a ficción. Demandar atención sobre o personaxe e a súa circunstancia constitúe a chave de bóveda do humor do espectáculo, de tal xeito que mesmo Michael Jackson é prescindíbel. O deus do pop escarva no lado cutre dun mundo de lentellolas e luces de cores, desvelando, máis unha vez, que a realidade adoita ser inmisericorde coas mitificacións, propias ou alleas. O universo da música dos setenta e dos oitenta, que tanto se reivindica ultimamente, confróntase aquí cunha visión que -case desde a inxenuidade- desmonta o lado épico que se lle adoita atribuír. Mais a medida que se interna nesa paisaxe, o personaxe protagonista vai diluíndose, perdendo forza. O que era o motor da comedia na primeira parte do espectáculo queda relegado a un pano de fondo sobre o que se proxectan outras preocupacións que nos afastan do impulso primeiro e reducen o atractivo do relato. Anido afonda aquí nunhas temáticas que xa estaban presentes na excelente Symon Pédícrí, e explora, máis que en ningún outro espectáculo anterior, as posibilidades do texto e as potencialidades expresivas da coreografía nun contexto de comedia. Mais o esmendrellante personaxe delineado no comezo da función pedía unha solución máis acorde co que prometía, máis atenta a ese contraste entre o real e o imaxinado. Que é, por outro lado, o que lle dá sentido ao teatro."}
{"ID": "NOS_50820", "summary": "A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) vén de facer público un documento no que recolle \"Instrucións aos concellos galegos\" para paliar os posíbeis danos colaterais nestas entidades provocados polo actual estado de alarma.", "text": "A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), presidida por Alberto Varela Paz, en vista da actual situación de estado de alarma que impera desde esta mesma madrugada no Estado español, vén de recoller nun documento que partillou publicamente un conxunto de \"instrucións\" para os concellos galegos co gallo de facilitar determinados trámites e/ou competencias dos concellos. Así pois, desde Fegamp lembran que, co estado de alarma, as Administracións Públicas están obrigadas a facilitar medidas que favorezan o traballo desde as súas casas ás empregadas públicas na medida do posíbel, e sempre que sexa viábel a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais. as Administracións Públicas están obrigadas a facilitar medidas que favorezan o traballo desde as súas casas ás empregadas públicas na medida do posíbel, e sempre que sexa viábel a prestación dos servizos públicos A primeira das medidas pase por crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19 que poderá estar formada polos seguintes representantes locais: a alcaldía, compoñentes da corporacións (concelleiras e concelleiros), a xefatura da policía local, a persoa responsábel dos Servizos de Emerxencia e Protección Civil maila xefatura dos Servizos Administrativos Municipais. O segundo dos puntos recolle que a comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica a través dos teléfonos da Casa do Concello, Policía Local, Emerxencias e / ou Servizos Sociais. O punto terceiro fai fincapé en que, en caso da non existencia de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello deberá atender de forma presencial, previa petición de cita telefónica, en horario de 9 a 14 horas. O cuarto dos puntos indica que os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos, que serán fixados por cada Concello en función da poboación e características do mesmo, e que a modo de exemplo, recoméndanse sexan atendidos por unha persoa cada un dos seguintes Servizos: Conserxaría Municipal, Estatística (Padrón Municipal de Habitantes), Rexistro de Entrada Municipal e Portelo Único, Secretaría Xeral, Rexistro de facturas telemático (Intervención), Pago a provedores (Tesouraría), Departamento de Informática, Departamento de Obras e Vías públicas, Departamento de Electricidade mais Cemiterios. Ademais do anterior, desde a Fegamp declaran que as e os empregadas municipais que \"acudan a prestar estes servizos deberán realizalo en días alternos, polo que se organizarán quendas\" polas correspondentes xefaturas de Servizo. O punto quinto, referido á Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, indica que estes entes continuarán coa prestación dos respectivos Servizos de xeito ordinario, que poderán ser reforzados cando a situación o requira. A sexta das indicacións está relacionada cos Servizos Sociais Municipais. Neste senso e dado o seu carácter asistencial, estes quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos estabelecidos polas persoas responsábeis de cada Área, co gallo de facilitar sempre que se poida o teletraballo ás empregadas públicas que presten servizos nestes Departamentos. A sétima medida fai referencia a todo persoal persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial. Este deberá estar dispoñíbel coa finalidade de prestar servizo ou reemprazar aos e ás compañeiras cando fosen requiridos. A oitava indicación céntrase nas sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas, Xerencia de urbanismo etc). Todas estas ficarán suspendidas, agás a Comisión de Seguimento do COVID-19 ou calquera outra que fose preciso realizar. a Comisión de seguimento da enfermidade COVID-19 estudará entre outros temas, a colaboración coas autoridades sanitarias, a atención a cidadanía, en especial as persoas máis vulnerábeis Por último, a novena das medidas recolle que a Comisión de seguimento da enfermidade COVID-19 estudará entre outros temas, a colaboración coas autoridades sanitarias, a atención a cidadanía, en especial as persoas máis vulnerábeis, a suspensión de cobro de taxas, así como todos aqueles aprazamentos e fraccionamentos de taxas, impostos etc., que fose preciso levar a cabo para os sectores económicos afectados pola crise sanitaria ocasionada polo coronavirus. E, así mesmo, tamén se avaliará a necesidade de pechar as praias, áreas recreativas etc. Así pois, desde a Fegamp propoñen que a adopcións das medidas abarquen desde a próxima segunda feira, 16 de marzo, e se estendan até o domingo 29 de marzo."}
{"ID": "NOS_1959", "summary": "Entrevista no 'Caderno de Verán' co integrante do dúo.", "text": "O dúo Verto está a acadar un grande éxito, principalmente entre as novas xeracións, como se está a desenvolver o verán? Con bastante traballo. Temos moitas actuacións en moitos lugares da Galiza. Quizais collamos vacacións unha semana deste mes, pero desde logo será un verán de traballo. Estamos moi contentos dada a situación, é un luxo que nos chamen nesta etapa tan complicada. Realmente tivemos moita sorte de que o noso formato gustase. Nesa semana que terá de vacacións que pensa facer? Ten algún plan? Conto con facer o Camiño de Santiago coa miña moza, xa o fixemos tres veces comezando desde diferentes puntos e gústame moito. Desta vez probabelmente saiamos desde Oviedo, xa fun antes e encántame o lugar. Prefiro facer o Camiño que as viaxes longas, levo moi mal o cambio de rutina. Ademais desta escapada, o meu plan principal é relaxarme, son unha persoa moi simple; na casa estou moi ben e agora que rematei a carreira toca descansar. Segundo o que ten pensado para este verán, non parece que a Covid vaia afectar ás súas vacacións. Non, eu son moi caseiro entón a Covid non chegou a cambiar a miña vida como tal. Claro que boto de menos saír pero no que respecta ao meu día a día estou ben. Pódese facer música nun espazo fechado, e o Camiño é perfecto ao realizarse ao aire libre, entón non truncou ningún dos meus plans. Estou máis triste, como todo o mundo, pero a miña vida non cambiou moito. Durante o verán habitúa visitar algún lugar concreto da Galiza que lle guste especialmente? Calquera sitio da Coruña, gústame descubrir a cidade. Hai pouco a miña moza e mais eu fomos a unha das casas burbulla que está a coller tanta fama e estivo moi ben. Xa que lle gusta pasar un verán tranquilo, podería recomendar un grupo de música, un libro ou o que queira para este verán? Recomendo a serie The Leftover, que trata sobre o sufrimento humano. No referido á música, estou escoitando moito a Colectivo da Silva. Con respecto ás lecturas, recomendaría Espera a la primavera, Bandini, de John Fante."}
{"ID": "NOS_36252", "summary": "A Coruña, Ferrol, Vilaboa, Vigo, Ourense ou Pontevedra. Nas últimas semanas murais de organizacións soberanistas apareceron luxados, riscados ou tapados ao tempo que se lles superpoñían todo tipo de insultos e simboloxía fascista. \"Non nos van amedrentar\", advirten desde as organizacións afectadas.", "text": "A pasada segunda feira o BNG da Coruña denunciaba o acto vandálico contra o mural que decoraba a fachada da súa sede na zona vella. Uns descoñecidos pintaron de negro, \"danado de xeito definitivo e irreparábel\", a obra feita por Felipe Senén. Non foi unha simple trasnada, indican os nacionalistas da Coruña, que destacan a planificación e preparación dun acto así. Non é o único ataque que tivo lugar nestas semanas en Galiza contra murais de organizacións soberanistas. A comezos do pasado mes de xullo luxaban con mensaxes en defensa da unidade española un mural dedicado a Rosalía de Castro en Pontevedra. Onde figuraban os versos de Rosalía de Castro \"Pobre Galiza, non debes chamarte nunca española\" pintouse por riba\"Pobre Galicia, que hoy niegan que siempre fuiste española\". Sobre a lenda de Galiza Nova, riscouse a palabra Galiza para escribir 'Dictadura' e, a maiores, engadiuse no mural unha mensaxe en castelán: \"Los mayores opresores siempre se han creido los mayores libertadores\". Desde entón, este tipo de ataques reproducíronse en diversas localidades. Por exemplo en Bueu, onde un mural do MGS defendendo a independencia de Galiza foi atacado: riscada a bandeira da patria e a palabra independencia para pintar por riba unha bandeira española e a lenda \"Bastardos\". En Ourense o albo foi un mural feminista, tamén do Movemento Galego ao Socialismo. Alén de tachar o lema, pintaron unha cruz céltica [empregada polos defensores da supremacía da raza branca] acompañada das siglas SS (organización paramilitar nazi). Tamén en Ourense e tamén do MGS foi luxado un mural no que se defendía \"aborto, libre e gratuíto'. Os atacantes taparon ese lema para pintar por riba \"Si a la vida, no mates a tu hijo\" ao tempo que comparaban o aborto cun \"asasinato\". En Vilaboa foi boicoteado un mural de Galiza Nova na defensa do colectivo LGTBI. Riscaron os lemas a favor da diversidade sexual e pintaron unha esvástica, nun ataque homófobo, comportamento habitual –a homofobia- nas ringleiras da extrema dereita. Tamén en Vigo tiveron lugar este tipo de accións. Un Mural de GN no barrio de Teis dedicado a Castelao sufriu as pintadas de \"Puto nacionalismo\" e bandeiras españolas, para alén de riscar onde poñía 'Día da Patria' para superpoñerlle 'Santiago Apóstol'. Pontevedra é unha das cidades onde máis ataques se produciron. Ao citado anteriormente hai que engadir a esvástica e a frase \"lucha contra e separatismo\" que luxaron un mural de Galiza Nova chamando a mocidade galega a se rebelar e organizar. En Ferrol o albo do vandalismo foi o mural de Artábria adicado ás Irmandades da Fala. Foi atacado na mesma noite en que se dera a coñecer a moción de Artábria levada a pleno polo BNG para pedir que Praza de España recuperase o nome de Porta Nova. Para Artábria non hai marxe de dúbida: \"Resposta do fascismo a proposta de recuperar legítimo nome de Porta Nova: boicotam esta noite mural dedicado as Irmandades da Fala\", escribiu na súa conta de twitter canda a imaxe do mural atacado As diferentes organizacións responsábeis dos murais atacados deixaron claro, ao denunciar os feitos nas redes sociais, que estas accións non ía conseguir amedrentalos ou meterlles medo. Apelaban ao \"Non pasarán\" - palabra de orde do antifascismo- para incidir na súa vontade de restaurar os murais atacados."}
{"ID": "NOS_53534", "summary": "Agustín Fernández Paz atópase entre as 207 persoas candidatas ao premio Astrid Lindgren do 2013. A nominación do escritor faise pública unha semana antes de que o próximo 18 de outubro sexa nomeado en Vigo Socio de Honra de Gálix 2012.", "text": "O premio Astrid Lindgren leva o nome da creadora de Pippi Meiaslongas, un dos personaxes máis rebeldes e coñecidos da literatura infantil e está outorgado polo goberno de Suecia. Concédese cada ano a un autor ou autora de literatura infantil e xuvenil ou a alguén do mundo da ilustración, a edición ou a animación á lectura. A nominación coñécese xusto unha semana antes de que o próximo día 18 de outubro, Fernández Paz sexa nomeado Socio de Honra de Gálix 2012, nun acto no que a que foi compañeira súa no ensino Paz Raña Lama será encargada de ler a laudatio. Escolares de Vigo participarán nesta nova homenaxe ao escritor que está a piques de publicar O rastro que deixamos, unha obra que terá singularidade na súa sólida traxectoria literaria ao se trataren de textos de carácter autobiográfico."}
{"ID": "NOS_2046", "summary": "O proxecto de decreto que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, propón ás principais forzas políticas, implica retrasar as eleccións galegas, convocadas para o 5 de abril, ata xusto antes do verán ou do outono, cando esgotaría a lexislatura.", "text": "Fontes consultadas por Europa Press suxiren que o outono é a opción máis viábel, xa que incluso os escenarios de control de virus máis optimistas non deixarían moito espazo antes do verán. E no verán, a priori, hai coincidencia en que non tería ningún sentido realizar a cita electoral. En concreto, o borrador que a Xunta propón distancia dous meses a nova cita electoral do fin do estado de alarma, unha decisión que se diferencia da proposta que se acordou en Euskadi, e que habilita o presidente vasco para redactar o novo decreto convocante eleccións. Feixoo e os líderes do PSdeG, Gonzalo Caballero, Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, BNG, Ana Pontón e Ciudadanos, Beatriz Pino, volveron reunirse esta terza feira. A reunión estaba prevista para as 12.00 horas, pero foi aprazada ata as 12.45 horas, segundo informou a Xunta. O proxecto de decreto, a cuxo contido e tivo acceso Europa Press, afirma que as eleccións suspenderanse \"a todos os efectos\" e propón retomar o proceso electoral na \"data máis próxima posíbel\" ao levantamento do estado de alarma. O presidente resérvase o dereito a convocar a data e a duración da campaña electoral nun novo decreto da Xunta. Ademais, propón que as eleccións non se poidan realizar nos meses de verán, polo que leva á súa celebración no outono."}
{"ID": "NOS_55757", "summary": "Son 260.", "text": "Sete días consecutivos de incremento de casos activos de coronavirus na Galiza, que xa son 260, 112 máis ca onte. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 260. Deles 76 son da área da Coruña (5 máis), 80 da de Lugo, 7 da de Ourense (1 máis), 23 da de Pontevedra (3 máis), 49 da área de Vigo (-1), 23 da de Santiago (+2), e 2 da de Ferrol (+1). Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 250 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.262 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 248.544. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas."}
{"ID": "PRAZA_20231", "summary": "As sospeitas sobre a execución das obras por parte das empresas engádense ás que a causa de Angrois ten abertas sobre a xestión e operación posterior da liña por parte de Adif Feijóo pide investigar \"se houbo algunha deixadez nos técnicos que diminuíra a calidade dos materiais\"", "text": "Feijóo pide investigar \"se houbo algunha deixadez nos técnicos que diminuíra a calidade dos materiais\" Este martes a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia informou de que vén de abrir un expediente sancionador a 25 empresas subministradoras de sistemas de electrificación e equipos electromecánicos para a rede ferroviaria. Unha investigación administrativa que se facía pública pouco despois de que Adif, a empresa estatal xestora da maioría da rede, informara, en resposta a unha pregunta parlamentaria de En Marea no Congreso, de que abriu un expediente sobre as derivadas internas que poida ter a investigación xudicial en marcha desde hai catro anos sobre supostos subornos pagados por construtoras a técnicos seus para que lles validasen obras non realizadas segundo o contratado. Se a investigación de Competencia analiza o encarecemento das obras ferroviarias, tamén as galegas, por un posible pacto entre empresas, a xudicial e agora tamén interna de Adif estuda a posible rebaixa da calidade das actuacións realizadas, varias delas en Galicia. As sospeitas sobre a execución das obras por parte das adxudicatarias engádense ás que a causa de Angrois ten abertas sobre a xestión e operación posterior da liña por parte de Adif A investigación xudicial sobre presuntos subornos a técnicos de Adif por parte de construtoras iniciouse a raíz dunha denuncia sobre irregularidades nunha obra do AVE en Barcelona realizada por Isolux Corsán entre 2008 e 2011, pero estendeuse máis tarde a actuacións por toda España. Os investigadores atribúen á empresa o regalo de viaxes de pracer a responsables de Adif a cambio de que validasen como realizadas obras que non se executaran ou feitas con materiais ou técnicas de inferior calidade. Un dos treitos que se adxudicou Isolux Corsán, en 2003, foi o Ourense-Amoeiro da liña de AVE Ourense-Santiago. Segundo informou El País, a empresa soubo que \"un tipo de formigón\" empregado na obra \"non ofrecía a resistencia necesaria para o encofrado\", pero aínda así evitou revisar a obra. Corsán, segundo os investigadores citados polo diario, aboou unha viaxe de pracer ao director da obra de máis de 1.500 euros. Na investigación por presuntos subornos tamén estarían implicadas as galegas Copasa e Puentes y Calzadas, segundo El País Os investigadores non só levaron máis alá de Barcelona a súa investigación sobre Corsán senón que tamén ampliaron as súas sospeitas a outras empresas, como as galegas Copasa e Puentes y Calzadas. Novamente segundo El País, as dúas pagaron tamén viaxes de pracer a cargos de Adif, a primeira en colaboración con Corsán e Acciona en relación coa obra de Barcelona e a segunda ao tempo que era adxudicataria da construción de treitos do AVE galego como o acceso a Santiago ou o Requejo-Padornelo. Segundo o Goberno, a propia Adif está a colaborar coa investigación xudicial desde mediados de 2013 e agora vén de responder a En Marea que tamén abriu un expediente interno. Segundo esa resposta, \"se esixirán as responsabilidades que correspondan adoptar no proceso penal no que Adif se atopa persoado como acusación particular, e as de índole disciplinaria se adoptarán por Adif no que a pendencia do proceso penal permita\". Adif tamén sinala que revisa como se realizaron as obras en cuestión. Á marxe destas investigacións tanto penal como interna de Adif sobre a relación entre as construtoras e os técnicos da empresa pública, Competencia vén de abrir outra a 25 empresas suministradoras de sistemas de electrificación e equipos electromecánicos para a rede ferroviaria por \"posibles prácticas anticompetitivas\". Competencia analizará se as empresas se puxeron de acordo para repartirse entre elas os concursos públicos de instalación e mantemento dos sistemas de electrificación e seguridade das liñas ferroviarias. Entre as firmas implicadas están as principais do sector e as súas matrices, que nos últimos anos veñen traballando de xeito activo no AVE galego: Alstom, ACS, Comsa, Elecnor, OHL, Isolux Corsán, Abengoa, Indra Sistemas, Sacyr ou Siemens. As investigacións dos subornos e o cártel poñen o foco na construción da obra civil e a instalación nela do equipamento técnico por parte das empresas, mentres que a de Angrois analiza a xestión e operación posterior da liña por parte de Adif As sospeitas que estas investigacións espertan sobre como foi construído o AVE galego por parte das empresas adxudicatarias e os sobrecustos que se lles pagaron engádense ás que a causa de Angrois ten abertas sobre a xestión e operación da liña Ourense-Santiago por parte de Adif. Porén, se nos dous primeiros casos o que se investiga é se as empresas adxudicatarias ocultaron información a Adif sobre os materiais e técnicas que empregaron ou se pactaron uns prezos máis elevados polos seus servizos, a documentación achegada á causa de Angrois revela que as empresas informaron a Adif dos riscos existentes na liña pero sería esta a que non os xestionou de xeito adecuado para evitar o accidente. Isto é, as investigacións sobre os supostos subornos das construtoras e o presunto cártel das empresas poñen o foco sobre o proceso construtivo da obra civil e a posterior instalación nela do equipamento técnico por parte das adxudicatarias, mentres que a investigación sobre o accidente de Angrois está a analizar a xestión e operación posterior da liña por Adif."}
{"ID": "NOS_211", "summary": "A sección de Administración da CIG alerta de que as escolas de Infantil, Primaria, institutos de ESO, Bacharelato, educación especial, escolas de idiomas, conservatorios e Formación Profesional da Xunta abrirán en setembro as súas portas \"sen a seguridade suficiente fronte á Covid-19 ao non poder garantirse a hixiene, desinfección e limpeza axeitada das súas instalacións\" pola falta de reforzo dos equipos de limpeza.", "text": "O sindicato denuncia que o protocolo da Xunta para adaptar o inicio de curso á situación epidemiolóxica é \"inasumíbel\" porque aumenta as tarefas de limpeza sen reforzar o cadro de persoal. \"Co traslado dunha persoa de tarde para tarefas Covid-19 para a mañá provócase que, na práctica, non se dea feito unha limpeza ordinaria pola tarde e moito menos unha limpeza Covid\", afirma a responsábel nacional de Administración, Zeltia Burgos. Como fai notar, o operativo específico polo virus inclúe \"varrido e fregado de todas as superficies, como se se tratase dunha limpeza xeral, pero nun só día\" en todos os recintos e espazos do centro. \"Realmente poden dúas persoas limpar todas as superficies de contacto cada día e, algunhas delas, varias veces ao día?\", pregúntase. A organización asegura, ademais, que este persoal non recibiu formación ningunha en materia de prevención, nin sabe de que EPI vai dispor –sobre todo para limpar zonas de alta concentración de virus, como poden ser os lavabos– ou se contará con servizo de lavandaría para desinfectar a súa roupa de traballo, o que a ollos da CIG supón \"unha nova desfeita\" da Xunta que deixa en grave risco este colectivo profesional."}
{"ID": "NOS_56697", "summary": "Autoriza o seu uso sen restricións mentres Bruxelas agarda por novos informes técnicos.", "text": "Malia a oposición popular, ecoloxista e mesmo dalgúns Estados membros da UE como Franza, a Comisión europea vén de aprobar esta cuarta feira (29 de xuño) o uso sen restricións de produtos que conteñen glifosato --un herbicida non selectivo de amplo espectro considerado potencialmente canceríxeno pola OMS. A OMS catalogouno como potencialmente canceríxeno para os seres humanos A decisión adoptada pola Comisión é de carácter temporal (18 meses) á espera de que novos informes técnicos sobre o grao de toxicidade do glifosato embora a Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC) o situou na categoría 2A de principios activos considerados como probábeis carcinóxenos para os seres humanos. Pola contra a FAO e a Axencia Europea de Seguridade Alimentar (EFSA) aseguraron que non era tal. Finais de 2017 Neste senso, Bruxelas solicitou máis unha avaliación á Axencia Europea de Substancias Químicas (ECHA) que podería demorarse até finais do vindeiro ano. Entretanto, a Comisión dá luz verde para que se continúe comercializando e usando en espazos públicos --para alén da actividade agraria. Na Galiza a polémica arredor do uso do glifosato incrementouse nas últimas semanas pola chegada do comboio co que ADIF fumiga as marxes da rede ferroviaria. O tren foi filmado en Curtis (Teixeiro) mentres esparexía este herbicida para impedir que a herba medre nun radio de até 30 metros de distancia das vías. Unha práctica que se repite en estradas e mesmo nas zonas urbanas."}
{"ID": "NOS_23062", "summary": "Os contratos de mobilidade que a Xunta vén de lle ofrecer ao persoal médico de Medicina Interna, Radiodiagnóstico e Traumatoloxía do Sergas para paliar as carencias destes servizos deixan entrever tamén as eivas dos hospitais comarcais, faltos de especialistas, de competencias e de propostas estábeis.", "text": "Os hospitais de Valdeorras, Burela e Monforte de Lemos foron os primeiros en empezar a configurar na década dos 80 a rede de centros comarcais do Servizo Galego de Saúde. Nos 90 ampliaríase cos hospitais de Verín, Cee e O Barbanza. Completouse no ano 2001 coa inauguración do hospital do Salnés. A súa posta en marcha tivo un impacto social e laboral moi alto nas súas contornas, mais, sobre todo, en termos de saúde. Os hospitais comarcais supuxeron toda unha revolución asistencial para as súas poboacións de referencia. Hoxe adoecen de persoal e servizos que noutro tempo prestaron con maior capacidade e autonomía. \"O principal problema dos comarcais é a falta de especialistas\", afirma Vicente Vázquez, técnico de raios no hospital de Monforte. \"Non é que non haxa, é que están nos hospitais grandes\", os de cabeceira das sete áreas sanitarias da Galiza. A precariedade laboral esporea a fuga de internistas novos do Sergas O plante dos especialistas de Medicina Interna do Sergas pola fraqueza dos cadros de persoal e o aumento da sobrecarga puxo de manifesto esta carencia que afecta outras especialidades. No hospital de Verín a perda de internistas é moi anterior á pandemia da Covid. Desde o ano 2015 o cadro de especialistas reduciuse de oito a catro, máis un hematólogo que entra na rotación de gardas tras a solicitude de exención por parte dun facultativo. \"Cando en decembro de 2019 nos sorprendeu o anuncio do feche do paritorio, a primeira gran manifestación convocada era para denunciar a situación de Medicina Interna\", lembra Eva Fernández, auxiliar administrativa e presidenta da comisión delegada do hospital. Servizos empobrecidos O 'Verín non se fecha' que acabou por garantir a continuidade dos partos e das urxencias pediátricas eclipsou a mingua de profesionais en Medicina Interna, que en xaneiro de 2020 derivou na perda do servizo de Paliativos e de Hospitalización a Domicilio. \"Desde hai tempo Verín converteuse na punta de lanza dos recortes. Unha zona interior, cunha poboación cada vez máis envellecida e menos reivindicativa\", afirma Nacho Soto, internista no hospital comarcal desde hai 12 anos. \"Son escéptico. Creo que estamos onde querían que estivésemos, que estamos nun punto de non retorno\". Entre xuño e outubro, cinco meses do ano, as consultas de Medicina Interna ficarán fechadas \"Sempre teimaron con que estabamos sobredimensionados, con que eramos moitos, pero hoxe vese que somos insuficientes\", di, até o punto de que entre xuño e outubro, \"cinco meses do ano, as consultas de Medicina Interna ficarán fechadas\". Até dous anos de espera en Uroloxía na Mariña: \"A xente paga para ter unha atención decente e non morrer no intento\" Como a finais de 2019 Verín segue sen dermatólogo e acaba de perder un pediatra. Monforte conta cun único especialistas en dixestivo a piques de xubilarse. \"Tememos o desmantelamento do servizo tras a súa marcha\", advirte Vicente Vázquez que destaca a dependencia dos especialistas que cada semana acoden desde o HULA para tender os doentes de Cardioloxía e Uroloxía. Perda de autonomía Desde o hospital da Mariña, o enfermeiro da unidade de prematuros Xoán Bouza apunta dúas datas chave para os hospitais comarcais: 2013 e 2017. Dúas reformas lexislativas supuxeron, primeiro, a perda de autonomía orzamentaria dos centros periféricos, que pasou a depender dos hospitais de referencia, máis adiante, a perda de independencia organizativa. Hoxe temos máis metros cadrados, pero menos e peores servizos, ademais dun déficit estrutural en case todas as categorías profesionais A reforma da Lei de saúde de 2008 hai un lustro presentouse como unha garantía para \"blindar\" o futuro dos hospitais comarcais. \"Máis e mellores servizos, prometía o Goberno do PP. Hoxe temos máis metros cadrados, pero menos e peores servizos, ademais dun déficit estrutural en case todas as categorías profesionais\", asegura Bouza. \"O cadro de persoal de Medicina Interna está minguado ao 50%. O de radioloxía ao 40%. A fuga de enfermeiras cara a Asturies e Euskadi baleirou as listas. Ademais, nos últimos anos deixouse de pór marcapasos, de facer endoscopias e intervencións sinxelas de xeonllo\". Desmantelamento de hospitais comarcais após a Lei de Saúde de Galiza A actividade vai cada vez a menos o que significa que a poboación mariñá, unhas 70.000 persoas, \"viaxa máis a Lugo\". No caso do hospital do Barbanza, centro de referencia para máis de 60.000 persoas, os desprazamentos, cada vez máis habituais, son cara a Compostela, onde se atopa o hospital de cabeceira Pouco atractivos A pediatra Marián Rodríguez recoñece que os hospitais comarcais afrontan o día a día con cadros de persoal moi axustados, o que provoca \"problemas cíclicos\" para distintas especialidades. \"Agora mesmo nós temos dificultades en Xinecoloxía, Pediatría, Radioloxía, Traumatoloxía, Medicina Interna\". Asegura que son poucas especialistas para unha carga de traballo moi avultada, que complica as gardas e agrava a dependencia de Santiago, \"cuxos profesionais non sempre están dispostos a vir prestar apoio\". Miles de persoas claman na rúa contra o desmantelamento do hospital de Valdeorras Os comarcais non son atractivos, nin por distancia, nin por condicións laborais nin por desafío profesional. \"No momento en que se quedan as áreas de xestión integrada e se lles dá prioridade aos hospitais grandes prodúcese unha diminución da complexidade do que se fai nos pequenos, que deixan de ser atractivos para os profesionais, que veñen estar o menos tempo posíbel\". Galiza necesita os hospitais comarcais. Son esenciais para vertebrar a poboación e coidar da súa saúde \"Traballar nun hospital pequeno non pode ser un hándicap, non pode penalizar os profesionais como está a suceder\", afirma a pediatra. \"Galiza necesita os hospitais comarcais. Son esenciais para vertebrar a poboación e coidar da súa saúde. Cómpre un cambio de mentalidade\"."}
{"ID": "NOS_22930", "summary": "Faise unha semana do masacre homófobo de Orlando e facemos unha radiografía do estado do acceso ás armas de fogo nos EUA, un país no que hai máis armas que habitantes, segundo dos dados do Congreso.", "text": "Na madrugada do pasado domingo tiña lugar nun clube LGTBI de Orlando un masacre perpetrado por un norteamericano homófobo. A raíz deste ataque volveu abrirse o debate arredor do acceso ás armas de fogo nos EUA, un país onde cada día, cando menos, 30 persoas resultan feridas por este tipo de artefactos. O país que \"loita contra o terrorismo mundial\" ten un grave problema co uso das armas de fogo. O propio Congreso advirte de que nos EUA hai máis armas que habitantes. E é existen entre 270 e 310 millóns de armas de fogo e estímase que no 37% dos fogares existe un adulto que posúe, cando menos, unha. Aliás, este negocio move, ao ano, uns 10.000 millóns de dólares. Nos EUA o dereito a portar armas recóllese na segunda emenda da constitución, unha emenda que ten distintas interpretacións. Mentres hai persoas que cren que ese dereito está estabelecido unicamente para unha milicia organizada, outras persoas cren que inclúe os individuos a nivel particular. Entre 2001 e 2011 os sucesos nos que houbo armas de por medio deixaron 40 veces máis falecidos que os ataques cualificados polas autoridades como terroristas Segundo as cifras do Departamento de Xustiza e o Consello de Relacións Exteriores dos EUA, entre 2001 e 2011 os sucesos nos que houbo armas de por medio deixaron 40 veces máis falecidos que os ataques cualificados polas autoridades como terroristas. Só en 2015 morreron, en total, 462 persoas e resultaron feridas arredor de mil após 300 tiroteos. A Asociación Nacional do Rifle O presidente dos EUA, Barack Obama, chegou a recoñecer que o país gastou un billón de dólares para evitar ataques terroristas \"e, non obstante, temos un Congreso que explicitamente nos impide recolectar a información sobre como poderiamos potencialmente reducir as mortes con armas de fogo. Como é posíbel?\". As persoas expertas aluden aos grupos de presión e mais ao negocio da industria armamentística para explicalo. A Asociación Nacional do Rifle, fundada en 1871, é un dos máis importantes lobbies nos EUA. Con 5 millóns de persoas sociais, este colectivo ten influencias sobre os membros dos principais partidos políticos –nomeadamente sobre os republicanos- e posúe capacidade de mobilización de votantes. Para as eleccións de 2016, a asociación apoiou de maneira explícita Donald Trump."}
{"ID": "NOS_27997", "summary": "A organización comezará a traballar no programa electoral e a candidatura ás europeas á espera de que Anova determine a súa política de alianzas.", "text": "O secretario de organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, e a coordenadora nacional da organización, Yolanda Díaz, anunciaron esta segunda feira en comparecencia de imprensa que a federación de IU na Galiza encetará o proceso interno de debate do que sairán @s candidatábeis que integrarán a listaxe electoral de Izquierda Unida federal e o programa co que se presentarán ás eleccións europeas. Desta maneira, o Consello político de EU decidirá o \"enroque de Galiza como país do sur de Europa\" no programa electoral co que a formación se presentará aos comicios e o \"proceso de elección\" das dúas persoas --home e muller-- que pasarán a integrar a candidatura de IU-Federal, explicou Yolanda Díaz. Esquerda Unida inicia así o debate interno face a convocatoria electoral do vindeiro mes de maio. Un proceso que se encardina no calendario fixado desde Madrid e que culminará no mes de marzo. Esa é a data límite para que as federacións de Izquierda Unida determinen de que maneira se presentarán ás eleccións. No caso galego, este é o tempo co que contará EU para formalizar posíbeis alianzas con outras forzas políticas. Porén, o conflito interno xerado en Anova podería pór en risco a re-edición de AGE nas europeas. A crise en Anova condiciona o futuro da coligación A este respeito a coordenadora nacional de Esquerda Unida asegurou estaren \"atendendo con moito interese\" os movementos no seo de Anova --os seus socios principais nas eleccións ao Parlamento galego en 2012 xunto con Equo e Espazo ecosocialista. No entanto, Yolanda Díaz aclarou que ollan \"con absoluto respecto\" as fricións en Anova arredor da política de alianzas mais quixo lanzar unha mensaxe á súa militancia --á de Anova. A líder de EU lembrou que \"AGE non nos pertence a nós\", indicou en relación ás organizacións políticas que conforman a coligación electoral, pois \"é da cidadanía\" que \"dixo si\" ao discurso da candidatura. Aplicar o modelo ICV-EUiA de se producir a confluencia Desta maneira, a coordenadora nacional de Esquerda Unida amosou a preferencia da súa organización por re-editar as siglas nos comicios europeos no que denominou unha \"fronte popular democrática\", unha decisión que no caso de Anova dependerá do resultado obtido na Conferencia nacional do mes de febreiro. Mais, como se encardina esa posíbel confluencia política na candidatura estatal impulsada por IU? Esquerda Unida ten claro que de ser así aplicarán \"o modelo catalán\" experimentado nas europeas de 2009 --indicou Yolanda Díaz-- e no que o candidato da coligación ICV-EUiA, Raül Romeva Rueda, pasou a se integrar na candidatura de IU-Federal como número dous. Embora, após ser elixido europarlamentar rachou co acordo inicial integrándose no grupo dos Verdes en troca do da Esquerda unitaria. Porén, á espera de que Anova decida cal será a súa política de alianzas, desde EU deron xa a pistolada de saída ao \"proceso interno\" co que elixir a dúas persoas de entre a súa militancia que pasarían a integrar a candidatura de IU de se frustraren as súas aspiracións frontistas con Anova."}
{"ID": "NOS_29195", "summary": "A infografía presentada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nun acto do 29 de xaneiro prevía a expropiación de varias vivendas. O Concello da Coruña presentou un proxecto que trata de minimizar o impacto no barrio dunha posíbel ampliación.", "text": "\"CHUAC si, pero non así\", é o lema da plataforma constituída no barrio de Eirís para facer fronte as posíbeis expropiacións que comportaría o proxecto de ampliación do Centro Hospitalario Universitario da Coruña, o CHUAC, proposto pola Xunta. O 29 de xaneiro o presidente do Goberno, Alberto Núñez Feixoo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron a proposta de ampliación do CHUAC nas propias instalacións do centro ante a alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, e as traballadoras. Feixoo destacou a duplicación da superficie actual do complexo, que acadaría 86.000 metros cadrados. O investimento, avanzou, ascenderá a 395 millóns de euros, que engloban os 252 millóns previstos para as obras e 31 millóns para a urbanización e accesibilidade. Do monto total, 12 millóns de euros destinaríanse a costear expropiacións necesarias para a obra. Neste apartado saltaron as alarmas da veciñanza de Eirís, ao saber polos medios de comunicación que a infografía amosada durante a presentación incluía a expropiación de até 19 vivendas do barrio. Nexiste un proxecto, tan só esa infografía, explican desde o Concello da Coruña Fontes do Concello da Coruña informan a Nós Diario de que presentaron a Xunta unha proposta alternativa que minimiza o impacto da futura obra tras manter unha reunión coa veciñanza. \"Hai que subliñar que non existe un proxecto, tan só esa infografía, e que temos marxe para traballar\", aseguran. Resta continuar avanzando en futuros encontros coa Xunta. A proposta municipal pasa por ampliar o centro pola súa cara sur, incluíndo o espazo no que hoxe se atopa un aparcadoiro privado a través dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). As veciñas reclaman máis información Dous días despois do anuncio de Feixoo a asociación de veciñas de Eirís Uxío Carré mantivo unha reunión. Mónica Díaz, a súa presidenta, critica que a veciñanza tivo noticia da expropiación de vivendas \"a través dos medios de comunicación\". \"Sorprendeunos que ninguén nos informase; quitarlle a casa a alguén non é cuestión baladí\", engade Díaz. A veciñanza reuniuse con todos os grupos políticos coa excepción, polo momento, do Partido Popular, e mais co concelleiro de Urbanismo, Manuel Díaz Villoslada, para trasladarlle as súas inquedanzas. Quitarlle a casa a alguén non é cuestión baladí, di Mónica Díaz As veciñanza tamén informou da súa preocupación pola construción de vías de acceso polo barrio e o futuro incremento dos vehículos. Lourdes Cordero, veciña do barrio desde hai trece anos e médica do CHUAC, desaproba a proposta da Xunta. \"Penso que habería que empregar mellor o que xa existe\", declara a este medio, ao tempo que critica que hai áreas do hospital infrautilizadas, como a cuarta, quinta e sexta planta de quirófanos, pechadas na actualidade. \"O centro medrou en moitos sentidos, número de pacientes, servizos asistenciais, e iso nótase. Mais tamén creo que hai unha maior presión polas carencias actuais na Atención Primaria ou nos Puntos de Atención Continuada\", engade, denunciando que o persoal sanitario \"nin se ampliou, nin se renovou\". Hai unha maior presión polas carencias na Atención Primaria, valora Lourdes Cordero A plataforma solicitou reunirse con representantes da Administración galega. O encontro terá lugar na quinta feira e as veciñas poderán trasladar as súas dúbidas ao delegado territorial da Xunta da Galiza na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o concelleiro de Urbanismo, Díaz Villoslada."}
{"ID": "PRAZA_2433", "summary": "Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de outubro.", "text": "Outubro Semana 1 A conselleira caída Feijóo inauguraba outubro tentando mudar a pel. Decidía facer cambios estruturais no Goberno e anunciábaos a golpe de domingo, como querendo coller despistados aos mesmos que están en misa e desconectan durante a homilía. Desta viraxe, o máis substancioso foi a destitución de Rocío Mosquera como conselleira de Sanidade. Días despois de ser destituída, as Urxencias do \"Álvaro Cunqueiro\" inundábanse de augas fecais e os vermes asomaban nos pratos de comida do hospital. Xa caeu do seu cargo unha responsable. A pregunta é que máis terán que padecer os doentes do \"mellor hospital de Europa\", para que caia o seguinte. E o seguinte. Morra a morte Millán Astray sufriu de vertixe durante toda a súa vida. Cada vez que xiraba a testa con enerxía, mareábase. A doenza era consecuencia dun disparo que o fundador da Lexión Estranxeira recibiu no ollo dereito durante a guerra. Levaba un parche. Tamén tiña un brazo de menos. A un sádico deste calibre bastáballe cun só brazo, non crean. Esta semana, o Goberno Municipal da Coruña decidía cambiar o nome da \"Praza General Millán Astray\" polo de \"Praza das Atochas\". Viva la muerte, din que berraba Astray, moi forte, en branco e negro. E Muera la inteligencia, tamén. Joder, que ben senta agora o oxíseno da viceversa: \"Viva a intelixencia, morra a morte\". Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Á beira de Ledicia Costas nacen cousas máis divertidas incluso que un Premio Nacional de Literatura: poemas sen lagañas, un gato e un arácnido titulado Lady Horreur; cociñeiras podres e lindas. Tamén a morte, contada por ela, ten boa pinta. A escrita de Ledicia posúe toda a intelixencia do fondo do mar. Véxanlle aos ollos. Semana 2 Marta \"Gosadera\" de la Cruz Esta semana descubriamos que \"La Gozadera\" é a canción máis escoitada polos galegos no Spotify. Tamén que Marta Rivera De la Cruz confundía ao alcalde de Ferrol cun \"indixente\" de \"pinta innoble\" e que o poñía por escrito nun artigo. Y se montó la gozadera, claro. Ciudadanos me lo confirmó. Promesas preelectorais Celebrábase o chamado \"Debate sobre o Estado da Autonomía\" e, dende a tribuna do Parlamento, Feijóo lanzaba gorentosas promesas: a exención do imposto de sucesións, 10.000 novos dependentes no sistema, un programa para evitar os cortes de luz por impago ás familias máis vulnerables, un cheque bebé, axudas para os pais con fillos sen acceso á gardería,… Doe notar como baixo a sentenza \"agora si podemos facelo, antes non\" –que curiosamente están a dicir todos os membros do PP dous meses antes das eleccións- se agoche tanta crueldade. Semana 3 Gayoso e compañía Os \"recanteiros\" de Luar teñen un soño: ser cantantes de orquestras de moda. Nótaselles nos xestos. Por iso, o día que escoitaron no Telexornal que Gayoso fora condeado a dous anos de cárcere case vomitan dos nervios. Menos mal que ao final non era ese Gayoso, que era o de Caixanova. Canda a el, foron tamén condeados Pego, Gorriarán e Estrada por repartírense prexubilacións multimillonarias mentres miles de preferentistas facían soar as cornetas. Vistos así, na bancada do xulgado, en ringleira, esperando a condea, os exdirectivos de Novacaixagalicia si que forman unha orquestra simpática desas que actúan en playback. Regreso ao pasado Marty McFly viu, confirmou a pregunta que lle fixera a Doc (\"Entón no futuro volvémonos gilipollas?\") e marchou. Fuxiu ao pasado, igual que faría Tony Blair días despois pedindo desculpas polo \"erro\" de Irak. Naquel pasado no que o \"Trío das Açores\" adiantouse ao futuro sen prever a morte de milleiros de persoas nin os atentados por vinganza. Semana 4 Inaugurar algo Rajoy inauguraba unha oficina antifraude sen nada dentro. Un organismo para que \"ningún delincuente poda disfrutar do roubado\" coas dependencias baleiras. O importante é inaugurar algo. Algúns chámanlle fe. Pisar por primeira vez un par de tramos de autovía, dirixir unhas palabras sobre o piche fresco, apurar esa foto de \"Presidente, póngase aquí, por favor\". A OMS debería deixar en paz a carne procesada e vermella -igual que a melena de Maureen O´Hara- e dedicarse a analizar o dano que provoca na saúde a carne que aínda está por \"procesar\". A ruptura O día 27, Junts pel Sí e a CUP pactaban iniciar o proceso de creación do Estado catalán, a ruptura con España. Deste xeito, os soberanistas daban o paso adiante definitivo deixando vella incluso a loita polo \"dereito a decidir\". Xa están máis alá. Se alguén quixo evitar nalgún momento esta situación non fixo nada. Rajoy, que leva tres anos declarando que o problema é grave, mantívose atado a un interese pandémico por non cumprir unha desas regras básicas da democracia: falar. Cun Artur Más altivo e excesivamente teatreiro, pero falar. Temas en común para arrancar a conversa teñen: a corrupción nos seus partidos, por exemplo. Logo xa se vería. Máis agora, todo indica, é algo tarde. Baltar metido en fariña \"Denuncian ao presidente da Deputación de Ourense por ofrecer traballo a cambio de sexo\", titulaba en exclusiva eldiario.es a mediados desta semana. Audios de conversas entre a denunciante e Baltar, mensaxes de móbil que suxerían os prequecementos. O sexo polo medio dálle máis forza á historia, incluso créanos a sensación de que repugna (lembren a Carlos de Inglaterra e Camilla Parker) pero a gravidade do asunto é a de toda a vida: que na Deputación de Ourense estáse a ofrecer traballo a cambio de algo. Esta historia constata que a sombra do trombón é longa. Mentres tanto, a cúpula do partido, logo de pechar por dentro a porta do despacho, usa o código ético para calzar a mesa de reunións."}
{"ID": "NOS_8762", "summary": "Esta sexta feira chega a primeira representación de Valle-Inclán en galego, como consecuencia da liberación de dereitos e, polo tanto, a extinción da prohibición da familia. As funcións de 'A cabeza do dragón', dirixida por Quico Cadaval, serán os días 3,4,5,9,10 e 11 de marzo no Teatro Principal.", "text": "Hoxe presentouse en Compostela un dos fitos culturais do ano: a estrea de 'A cabeza do dragón', a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego. Producións Teatrais Excéntricas (a compañía de Quico Cadaval e Mofa e Befa) presenta esta fábula que poderemos ver por primeira vez no Teatro Principal os días 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo ás 20.30 horas. Cadaval é precisamente o responsable da dramaturxia e dirección do evento e tamén estará no escenario, acompañado dun elenco de luxo: Iván Marcos, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi. Baltasar Patiño deseñou a escenografía e o espazo lumínico; Suso Montero o vestiario, atrezzo e deseño gráfico; e a música, composta por Javier María López, está interpretada polo TAC, Taller Atlántico Contemporáneo, formado por prestixiosos músicos, moitos deles membros da Real Filharmonía de Galicia, dirixido por Diego García Rodríguez. Alén das funcións o 9 de marzo haberá un coloquio ao remate co director e algún membro do elenco artístico. Tamén conta con música orixinal composta por Javier María López e interpretada polo Taller Atlántico Contemporáneo Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de \"A Cabeza do Dragón\" no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. Trátase da primeira obra de Valle-Inclán que se representa en galego e será apta para todos os públicos para que poida ser gozada tanto por nenos e nenas, como adolescentes e maiores. Unha fábula \"A cabeza do Dragón\" foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, \"Retábulo de marionetas para educación de príncipes\". A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade. Nesta fabula, que é do dominio público, Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento."}
{"ID": "NOS_18106", "summary": "CIG afirma que a propietaria, Lucía Pedroso, pretendía ocultar a sobreocupación do centro da terceira idade.", "text": "Inspección constatou na residencia da terceira idade 'Mi Casa' a presenza de cinco maiores agochados durante horas, primeiro na lavandeiría e despois nun galpón. O centro é propiedade da presidenta provincial da Asociación de Jóvenes Empresarios en Pontevedra, Lucía Pedroso Suárez. A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Pontevedra, Diana Rodríguez, e o responsábel de Negociación Colectiva da federación, Pedro Pérez, denunciaron publicamente o sucedido durante unha inspección ordinaria de Política Social a esta residencia situada na parroquia de Amoedo, no concello de Pazos de Borbén. Explicaron que cando a inspectora da Xunta accedeu a ' Mi Casa', \"tivemos coñecemento de que cinco persoas maiores foron agochadas no interior da lavandería para que a inspección non detectara que a residencia ten usuarios de máis\". A inspectora, explican, achegouse até a zona de lavandería para comprobar este extremo. \"Alí atópase a porta pechada e pide que lla abran, negándose en todo momento a responsábel da residencia aducindo que o cuarto está en obras\". A inspectora insiste e volven prohibirlle o acceso, polo que ameaza con chamar a Garda Civil. \"Dinlle que faga o que queira, e cando se ausenta un momento para comunicarlle ao departamento autonómico que non lle permiten entrar no cuarto aproveitan para cambiar os maiores de sitio\". E, denuncian desde a CIG, lévanos a un galpón que se atopa na parte traseira do inmoble. \"Trátase dun habitáculo duns dous metros de alto con tellado de uralita no que os cinco usuarios da residencia son confinados/as xunto a unha auxiliar\". Ao se enteirar dio cambio, advirten á inspectora, que vai até o galpón e piden que lle abran a porta, \"ao que se volven negar alegando que dentro non hai nada, a pesar de que se escoitaban as voces das persoas que se atopaban no interior\". Nese momento decide chamar os axentes. Perante a chegada de axentes da Garda Civil, a responsábel da residencia accede a abrir a porta do galpón, atopándose os axentes cos cinco maiores e a auxiliar. \"Estas persoas estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, primeiro na lavandería e logo no galpón a máis de 25 grados de temperatura, sen auga, sen a súa medicación e incluso sen cueiros\". 'Mi Casa', di a CIG, é unha residencia privada que ten un concerto público coa Xunta polo que pon 22 prazas a disposición do departamento autonómico. O centro conta en total con 58 prazas, mais no momento da inspección había un total de 63 usuarios. \"Foi precisamente para ocultar esta sobreocupación polo que deciden agochar os cinco maiores, cando ao único que se enfrontarían no caso de que a inspección detectase o desfase sería a unha sanción administrativa\". Lucía Pedroso, lembra a CIG, ademais de presidenta da AJE de Pontevedra é tamén vicepresidenta da Confederación Española de Jóvenes Empresarios (CEAJE) e vocal da patronal española COE"}
{"ID": "NOS_43399", "summary": "O secretario xeral da UPG, Néstor Rego, defendeu a necesidade de superar \"o actual marco político da Constitución e o Estatuto para podermos decidir sobre o noso de maneira soberana\" e reiterou o apoio do nacionalismo galego ao proceso independentista en Catalunya.", "text": "A Unión do Povo Galego (UPG) rendeu máis un ano tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia, \"Moncho Reboiras\", militante do partido comunista e patriótico que foi asasinado o 12 de agosto de 1975 pola policía española na ferrolá rúa da Terra. A homenaxe principiou pola mañá no cemiterio de Imo (Dodro), cunha ofrenda floral. Despois tivo lugar un xantar de confraternidade en Fene que foi seguido dunha \"sobremesa de debate\" baixo o título \"Construíndo a soberanía de Galiza hoxe\". Ás sete da tarde realizouse a tradicional concentración diante do portal número 27 da rúa da Terra, cunha breve intervención a cargo de Iván Ribas, voceiro do BNG en Ferrol, para deseguido principiar un acto político no Cantón, que desta volta contou coas intervencións de Sandra Permui, concelleira e portavoz municipal do BNG en Fene, Adrián R. Bravo, secretario xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG) e mais Néstor Rego, secretario xeral da UPG. Os actos de tributo á figura de Reboiras serviron tamén para para denunciaren a \"encarnizada persecución a que foi sometida a militancia da UPG nos anos finais da ditadura franquista\". Soberanía Rego, centrou a súa intervención na defensa da \"necesidade de soberanía\" para Galiza, no marco do debate aberto no Estado por causa do proceso independentista en Catalunya. Para o secretario xeral da UPG, a cuestión nacional vai ser o \"eixo\" que defina o novo período político e defendeu que o nacionalismo galego actúe para lograr que en Galiza o debate xire \"sobre a necesidade de soberanía para o noso País\". \"O que nos interesa é que aquí o debate se centre sobre o noso País, sobre a necesidade de superar o actual marco político da Constitución e o Estatuto para podermos decidir sobre o noso de maneira soberana. Ese é o esforzo que vai facer o nacionalismo nos próximos meses. Explicar socialmente as razóns para a soberanía da Galiza. Cataluña vai lograr antes ou despois a súa independencia. A nosa temos que conquistala nós e só podemos facelo gañando o povo para a nosa causa\", afirmou. A respeito do proceso catalán, o secretario xeral da UPG asegurou o apoio do nacionalismo galego ao referendo de autodeterminación de Catalunya. \"Non xa por unha cuestión de solidariedade, senón porque a loita do povo catalán é a nosa mesma loita\", explicou. Neste sentido, Rego chamou a prepararse fronte a reacción \"autoritaria e antidemocrática\" coa que, na súa opinión, o rexime político español tencionará tronzar as loitas soberanistas e \"cercear inda máis as liberdades democráticas e os dereitos individuais e colectivos\". Críticas á \"esquerda española\" Segundo Néstor Rego a esquerda española \"escolleu --como sempre-- xogar ao chovisimo\" O secretario xeral da UPG cargou tamén con dureza contra a posición que as forzas da \"esquerda española\" manteñen a respeito do referendo do 1-O en Catalunya, acusando tanto á vella esquerda (PCE e Esquerda Unida) ou a \"nova autoproclamada esquerda rupturista\", en alusión a Podemos, de prestaren \"un novo e impagábel servizo á oligarquía española posicionándose rotundamente contra o referendo de autodeterminación que Catalunya vai realizar no día 1 de outubro\". Unha actitude, que equiparou á mantida polo PCE durante a chamada Transición, colaborando \"para a reforma que garantiu a continuidade do Estado español unitario e para a lexitimación como Xefe de Estado dos Borbóns\". Para Rego, \"unha verdadeira esquerda española que merecese ese nome apoiaría o proceso de emancipación das nacións oprimidas e aproveitaría o enfraquecemento político do sistema para derrubar o Estado burgués da nación opresora\". \"Non é que tivesen que ser a favor da independencia de Cataluña. Chegaba simplemente con que fosen demócratas. No entanto, o máximo dirixente da UPG lamentou que nada diso está a acontecer. \"Todo o contrario, escolleron –como sempre-- xogar ao chovinismo\". A este respeito rexeitou, de plano, o argumento de que o referendo non ten sido acordado co Estado español como xustificación para non o apoiar. \"Pode a ruptura ser pactada coa oligarquía española? Alguén é capaz de manter iso seriamente? Quen sosteña que a revolución pode ser acordada cos opresores é que renunciou definitivamente a ela\", aseverou. Organización e activismo Recoñecendo o \"firme e activo compromiso militante\" de Moncho Reboiras, e chamando a recoller o seu exemplo de \"fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza\" pola que entregou a vida, Néstor Rego destacou o enorme valor que para a UPG teñen a \"organización e o activismo\". \"A organización do noso povo é o labor máis importante que temos por diante\", proclamou. Neste sentido, Rego sinalou que a principal fortaleza dunha \"organización política revolucionaria\" radica \"na capacidade de permeabilización social, de mobilización, e nunha militancia activa e ben formada\". \"É esa fortaleza a que lle permite resistir nos momentos complexos e a que posibilita avanzar nos máis propicios. É a organización, a mobilización, a imbricación na sociedade a que permite gañar apoios políticos e nesa medida tamén electorais. Esta debe ser sempre, por tanto, a nosa prioridade política\". 40 anos da UMG Adrián R. Bravo reivindicou a UMG no seu 40 aniversario como \"escola de militancia revolucionaria\" Este 12 de agosto cadrou tamén coa celebración do 40 aniversario da fundación da Unión da Mocidade Galega, a organización xuvenil da UPG. O actual secretario xeral da UMG, Adrián R. Bravo, reivindicou a organización como \"escola de militancia revolucionaria\" poñendo en valor a achega desde a UMG \"de activistas e cadros comprometidos coa plena emancipación social e nacional do noso País\". \"Militantes entregadas e entregados que contribuíron e contribúen, a eito, ao fortalecemento do movemento nacionalista galego en todos os ámbitos de actuación, a principiar polo xuvenil e o estudantil, mais tamén no cultural, ambiental, na defensa da lingua, no sindical e na loita política\". Bravo chamou a toda a militancia da UMG a \"contribuír con toda a nosa forza e dedicación á expansión de Erguer-Estudantes da Galiza por todo o territorio nacional\" e a fortalecer Galiza Nova (as mocidades do BNG). Pola súa banda, Rego recoñeceulle á UMG ter cumprido cos obxectivos que a fixeron nacer: \"o de ser escola de militancia comunista e patriótica e o de levar o nacionalismo e as posicións da UPG á mocidade galega\". \"Os mozos e mozas militantes e amigas da UMG sodes a mellor garantía da continuidade do Partido e representades tamén a certeza de que máis cedo do que tarde a liberdade da Galiza será unha fecunda realidade\", proclamou. A UMG realizou en Ferrol, o 11 e o 12 de agosto a cuarta edición das xornadas formativas \"Moncho Reboiras\", con diversas palestras e actividades."}
{"ID": "NOS_43631", "summary": "Con 26 días de folga ás súas costas, @s operari@s saen de novo á rúa, en defensa do seus dereitos e con ataques á xestión do alcalde López Orozco.", "text": "Após 26 días de folga de recollida de lixo, o persoal marchou de novo para esixir unha suba salarial conforme á actualización do IPC e a consolidación dunha paga de 600 euros, peticións sobre as que xiraron as dúas reunións sen éxito celebradas esta semana entre ambas as dúas partes. A representante da CIG-Servizos, Carme Antas, salientou que con esta mobilización \"puidemos demostrar á cidadanía de Lugo, a Urbaser e ao alcalde, Xosé López Orozco, o apoio e a unidade do cadro de persoal de Urbaser neste conflito e que por moito que pensen que por aguantar nos van facer desistir desta loita están absolutamente equivocados\". Paulo Carril, secretario de Organización da mesma central, destacou a \"dignidade\" dos traballadores e denunciou o \"terrorismo patronal\". A CIG, satisfeita porque cre que a mobilización demostroulle ao concello e a empresa que \"non van desistir\" Pola súa parte, o secretario provincial de UGT en Lugo, Ángel Tomé, protestou porque o Concello \"non fai o que debe facer porque como prestador dun servizo debe obrigar á empresa a cumprir o contrato, pero lle dá prórrogas e ampliacións de prazo\". Xuízo Por outra banda, o xulgado do social citou ao Concello a un acto de conciliación previo a xuízo o próximo 4 de agosto para responder sobre a decisión de contratar a empresa Tragsa, nunca utilización que os sindicatos consideran ilegal e executada grazas a \"esquirois\"."}
{"ID": "NOS_26657", "summary": "A CIG vai renderlle homenaxe este sábado, 30 de setembro, en Compostela a Anxo Louzao, quen foi cabeza visíbel e secretario nacional da CIG-Ensino 16 anos. O sindicalista deixou a Secretaría Nacional a finais do curso 2016-2017, cando Suso Bermello o relevou no cargo.", "text": "O 30 de setembro terá lugar nos Abetos, Compostela, a homenaxe que a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, lle rende a quen foi secretario nacional durante 16 anos, Anxo Louzao. Salienta as e os seus comoañeiros a súa \"inquebrantábel defensa do ensino público e da clase traballadora\". - Como afrontas unha homenaxe dos teus propios compañeiros e compañeiras de sindicato? - É unha mostra de xenerosidade. Durante estes anos teño a certeza e a seguridade, porque así o vivín, que foi unha fortuna partillar o traballo e afrontar as dificultades do combate contando con compañeiros e compañeiras como estas. Esta homenaxe, ademais, só pode entenderse como recoñecemento a un traballo colectivo, de moitos persoas, que ao longo destes anos fomos quen de facer da CIG a referencia para o profesorado galego. - Após 16 anos na secretaría nacional de CIG-Ensino, a un ritmo de traballo frenético, pasaches o relevo. Tes xa, por fin, tempo para aburrirte? - Non me aburro, non. Nin moito menos, teño moitas cousas pendentes que facer porque a secretaría nacional foi algo que me ocupou totalmente. Así que agora preciso un pouco de tempo para as miñas cousas. É evidente que manteño o meu compromiso, quer no ámbito sindical, quer no político ou no cultural. A outro ritmo, claro. Nestes momentos atópome máis liberado, xa non existe esa presión, esa responsabilidade. - Este foi o teu primeiro inicio de curso en 16 anos sen estar en primeira liña. Como se ve desde ese outro plano a situación do ensino galego? - Véxoa igual, a perspectiva non me cambiou por non estar na secretaría nacional (ri). Pretendo seguir estando ao día e comprometerme. O ensino galego adoece de moitas carencias e necesidades. Padecemos un goberno galego que non merece nin levar ese nome, pois fai simple seguidismo da política españolizadora de Madrid, un goberno que ten como obxectivo desmantelar o ensino público en beneficio do privado. Eses son dous sinais de entidade deste goberno a respecto do ensino. O inicio de curso deixa clara a necesidade dun cambio radical na política educativa. Falta profesorado, aulas masificadas, aumenta a precariedade, non se atende a diversidade. O marco autonómico está marcado por un deseño no que prima a españolización e a privatización. Só superando ese marco, tendo soberanía plena, poderemos ter un sistema educativo de noso. - Que é o que máis valoras deses 16 anos á fronte de CIG-Ensino? - Fomos quen de agrandar o sindicato, de facer da CIG o sindicato referente para o ensino galego. Perante calquera problema, calquera necesidade.. Fomos quen tamén de condicionar, moito menos do que nos gustaría, iso si, a política educativa galega. A educación en Galiza sería moito peor se non existise unha organización como CIG-Ensino. Non somos só a organización maioritaria no sector, con 46% de representación. Hoxe son máis de 8.000 docentes galegos afiliados á CIG, o que supera a suma da afiliación do resto dos sindicatos actuantes na Galiza. Ser unha ferramenta fundamental para a clase traballadora no ensino, para avanzar cara á liberación social e nacional, é unha satisfacción. O máis destacábel, pois, sería iso, ter consolidado unha organización sindical propia ao servizo do profesorado, imprescindíbel no ámbito educativo, referente, á que acoden mesmo docentes afiliados a outros sindicatos. O profesorado sabe que ten na CIG un instrumento para a defensa dos seus intereses e dun ensino público e ao servizo deste país."}
{"ID": "PRAZA_6228", "summary": "O Supremo manda tramitar a caducidade da súa concesión e Salvemos Pontevedra interpreta que supón tamén o futuro cesamento da súa actividade. A empresa entende que pode seguir \"e seguirá\" realizando as súas actividaes en Lourizán.", "text": "O principio da fin de Ence na ría? Depende de quen opine. Salvemos Pontevedra interpreta que si tras a última senteza do Supremo que, segundo asegura, non implica só a incoación do expediente de caducidade da concesión en Lourizán, senón tamén o cesamento da súa actividade. Francisco Díaz, presidente do colectivo, aclara que o alto tribunal o que fixo foi referendar con este ditame a sentenza emitida pola Audiencia Nacional, cuxo recurso ante o Supremo perderon a Administración e a celulosa. Para o colectivo, o fallo ratifica o futuro final e \"comina o Estado a adoptar as medidas cautelares precisas para o peche e a paralización das actividades industriais das instalacións\". Salvemos Pontevedra interpreta que a última sentenza do Supremo implica tamén o cesamento da actividade da celulosa Pero Ence rebate esta interpretación da sentenza e asegura que pode seguir \"e seguirá\" realizando as súas actividades na ría de Pontevedra. Reivindica, ademais, o seu \"lexítimo dereito\" a obter unha prórroga da súa concesión \"ao abeiro da Lei de Costas\". A factoría cre que a concesión está \"plentamente vixente\" e acusa a Salvemos Pontevedra de \"faltar á verdade e manipular\" ao dicir o contrario. Segundo a compañía, o ditame \"tan só condena a Administración a iniciar un expediente de declaración de caducidade da concesión, pero en ningún caso se prexulga o resultado final deste\". A empresa di que a concesión é \"plenamente vixente\" e acusa o colectivo de \"faltar á verdade e manipular\" A sentenza, en todo caso, non chega nun bo momento para Ence, que está á espera do novo Regulamento de Costas para solicitar unha prórroga da concesión máis aló de 2018. O que fixo o Supremo foi xulgar o sentido da inacción da Administración, que nunca reaccionou ante os requirimentos de Salvemos Pontevedra. Tanto a Audiencia hai tres anos como o Supremo aseguran que o silencio equivale a dar a razón ao reclamante, polo que ordea incoar ese expediente de caducidade. Pero este proceso está regulado polo regulamento vixente da vella Lei de Costas, que prevé declarar caducada a concesión en varios supostos. A alteración da finalidade do título e o incumprimento das regras sobre a transmisión son ás que alude o colectivo para demandar o peche da celulosa. Agora, Salvemos Pontevedra espera que en menos dun ano se tramite o expediente, pero a empresa fala de \"varios anos\" e segue a confiar en que se resolva ao seu favor. \"Só se ordena tramitar un procedemento, pero en ningún momento se pronuncia sobre se existe ou non causa de caducidade da concesión\", xustifica Ence \"Só se ordena tramitar un procedemento, pero en ningún momento se pronuncia sobre se existe ou non causa de caducidade da concesión, como tampouco o fixo no seu día a sentenza da Audiencia Nacional\", sostén a empresa, que agrega que a execución da sentenza do alto tribunal \"consistirá exclusivamente na apertura do devandito expediente administrativo\". Ademais, aasegura tamén que \"Ence ten a convicción de que este expediente se resolverá favorablemente porque non existen motivos para declarar a caducidade da concesión\". Así mesmo, ratifica que a actividade de Ence non se verá afectada pola sentenza do Supremo."}
{"ID": "PRAZA_15023", "summary": "Os seus organizadores entenden que para que a folga sexa xeral toda a cidadanía debe estar implicada e por ese motivo van realizar unha \"culebra social\", que se moverá \"de praza en praza, coma se fosen talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría\".", "text": "En Ferrol chámanlle culebra, ou \"facer unha culebra\" ou \"saír en culebra\" aos grupos de traballadores e traballadoras dos estaleiros que van por todos os talleres da factoría chamando as compañeiras e compañeiros a unha asemblea, un paro ou folga. Iso é que se quere facer este martes 13, véspera da folga xeral, na cidade. Os seus organizadores entenden que para que a folga sexa xeral toda a cidadanía debe estar implicada e por ese motivo van realizar unha \"culebra social\", que se moverá \"de praza en praza, coma se fosen talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría\" chamando \"as compañeiras e compañeiros a debater, falar, escoitar en asembleas abertas e participar na Folga Xeral\". A convocatoria é este martes na Praza de Armas ás nove da mañá, onde se abrirá unha asemblea onde se elexirá unha persoa para moderar os debates. A seguir, sairá a culebra \"con música, repartindo panfletos, e todo o que se nos ocurra para chamar a atención, carteis...\". A primeira parada será ás 9.30 na Praza do Himno Galego en Esteiro. A segunda, ás 10.30, diante do Mercado Municipal de Caranza. A terceira, ás 12.30, na Praza de Porta Nova no Inferniño. E a cuarta, ás 13 horas, na Praza Amada García, diante do edificio da Xunta. En cada parada celebrarase unha asemblea aberta."}
{"ID": "NOS_6953", "summary": "Fesan e Propolp reparten a xestión privada dos centros Pontevedra-Monte Porreiro, O Pino, Coristanco, Carballo-A Baña e Betanzos. Desde a CIG atribúen a \"liquidación\" destes centros, antes Galescolas, co modelo educativo en galego e insertado na realidade do país que desde elas se promovía", "text": "A Fundación de Estudos e Análises --Fesan--, unha empresa vinculada ao Opus Dei, e Promoción de la Formación Las Palmas --Profolp--, con sede en Madrid, acapararon todos os pedazos do pastel repartido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que formalizou esta semana a xestión privada de cinco centros integrados na Rede Galega de Escolas Infantís. Trátase da atención educativa que se presta en Pontevedra-Monte Porreiro, O Pino e Coristanco --Fesan--, ademais de Carballo-A Baña e Betanzos --Profolp--. A adxudicación dos centros, publicada no Diario Oficial de Galiza --DOG--, fora adiantada xa pola CIG. En concreto, o sindicato nacionalista denunciou a campaña de \"austeridade hipócrita\" emprendida polo Goberno galego, que se traduce no desmantelamento dos servizos públicos \"bombardeando con que non hai cartos\" para proceder ao desvío de fondos \"para a formalización de novos contratos para a xestión privada coas empresas de sempre\". Nesta liña, o responsábel nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, atribuíu a \"liquidación\" das Galescolas, creadas durante o Goberno bipartito, á identificación destes centros cun modelo educativo galego e adaptado á realidade do país desde un punto de vista social e cultural. O ensino entre o 0 e os 3 anos é \"un servizo público esencial\", e o seu desmantelamento, unido á paralización na construción de novas escolas de Infantil, traducirase en que serán as mulleres as que teñan que renunciar ao traballo fóra da casa para volver asumir o coidado das súas fillas e fillos. Por iso, a CIG denuncia \"o asalto a esta importante bolsa de negocio para as empresas privadas\" que son os servizos públicos, e exixen a posta en funcionamento dunha comisión de control sobre a súa externalización por parte da Xunta de Galiza."}
{"ID": "PRAZA_9876", "summary": "Axitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco en Galicia", "text": "A primeira semana completa de campaña electoral comezou coas forzas políticas a navegar na enchente de enquisas que foron publicadas durante a fin de semana e continuaron o propio luns. No inicio da que tamén é a derradeira semana antes do veto legal a facer públicos novos inquéritos todos os estudos demoscópicos publicados coinciden en situar o PSOE como primeira forza do vindeiro Congreso dos Deputados con diferenzas en canto á intensidade desa primacía. Todo nunha campaña na que a máquina de meter medo gaña decibelios.O abano demoscópico coincide en situar o PSOE en cabeza e vai dende o escenario dos socialistas sumando maioría con Unidas Podemos e PNV ata un futuro Executivo baseado nun pacto tripartito da dereitaO abano demoscópico vai dende os escenarios como o debuxado por GAD-3 para La Vanguardia, no que os de Pedro Sánchez ascenderían por riba dos 130 escanos e poderían aspirar a unha maioría con Unidas Podemos e o PNV ata o que bosquexa NC Report para La Razón, que segue situando como viable un futuro Executivo baseado nun tripartito de dereitas co PP á fronte. O tracking diario de ISOP para El Confidencial secunda a hipótese da primacía dos de Pedro Sánchez, igual que o de Sociométrica para El Español. O único destes seguimentos demoscópicos diarios que debulla datos para Galicia, o de Sondaxe -a casa de enquisas de La Voz de Galicia- apunta tamén a bos prognósticos para o PSOE; que mesmo competiría pola primeira posición co PP entre o electorado galego cun empate a 10 escanos tras os que quedarían 2 para Unidas Podemos e 1 para Ciudadanos. Axitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco en GaliciaA principal disparidade entre unhas e outras enquisas é calibrar o impacto co que entrará no próximo Congreso a formación de extrema dereita Vox, a que semella unha das principais vías de fuga de votos para o PP, cuxa caravana electoral principal pasaba o domingo por Santiago con Pablo Casado á fronte para reproducir en versión reducida as romarías electorais dos tempos de Fraga. Dese xantar-mitin en Nemenzo (Santiago) saíron mencións á ETA que os populares seguiron a axitar este luns apoiándose na protesta abertzale contra un mitin de Ciudadanos na localidade vasca de Errenteria o pasado domingo.Casado reitera o nome da disolta banda terrorista mentres Feijóo fai propio con Batasuna, o desaparecido partido abertzale, para asociar dun xeito máis ou menos explícito a sombra da violencia -e do \"separatismo\"- á idea dun triunfo do PSOE apoiado por Unidas Podemos e formacións soberanistas. España disque rompe. Outra volta. Moi probablemente as advertencias da máquina do medo estarán sobre a mesa no único debate televisado para toda Galicia previo ao 28A, este 16 de abril ás dez da mañá na TVGAxitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco o é en Galicia, onde seica case todo pasou xa antes, politicamente falando. Sirvan como mostra as advertencias guindadas polo PPdeG na primavera de 2005 cando as enquisas apuntaban cara á fin do fraguismo mediante un Executivo de coalición de PSdeG e BNG. Daquela un colectivo de vítimas do terrorismo advertira en rolda de prensa na Coruña de que se o PP perdía a Xunta, \"dentro de pouco teremos aquí a ETA\". Preguntado ao respecto por Iñaki Gabilondo na Cadena SER, o propio Fraga secundaba a ameaza: \"Unha coalición PSdeG-BNG podería facilitar a chegada do terrorismo a Galicia\", afirmara.Estas advertencias de calibre groso serven de combustible para a máquina do medo en sentido contrario, toda vez que as forzas da esquerda as presentan como mostra do escenario político que propiciaría a alianza das dereitas no poder. Moi probablemente unhas e outras serán postas en escena no único debate electoral televisivo que será emitido para toda Galicia polos medios públicos galegos, ás 10 da mañá deste martes na primeira canle da Televisión de Galicia como parte do seu programa informativo matinal. Non cabe agardar, dadas as horas, que contribúa a mover moito a enchente de enquisas."}
{"ID": "QUEPASA_484", "summary": "Os calendarios completos da ligas base en www.futboldacosta.com. O calendario da Liga Infantil está sendo modificado pola baixa a última hora do EFM Vimianzo.", "text": "Xuvenís, Cadetes e Infantís xa teñen os calendarios en www.futboldacosta.comXa temos a plataforma www.futboldacosta.com, esa que seguides máis de 5000 persoas cada semana, chea de táboas. Ademais das 4 ligas dos maiores e os dous grupos do FútFem, xa temos tamén actualizadas as ligas de Xuvenís, Cadetes e Infantís. Coma sempre, infantís sábado pola mañá; xuvenís sábado pola tarde e cadetes domingo pola mañá. Xuvenís 16 equipos hai na Liga Xuvenil, que comeza o 21 de setembro. Novidades son a baixa do Baio e a alta o Seaia, deixando un derbi Malpica-Seaia moi vivo. A liga Xuvenil, como a cadete, rematará a primeira fin de semana de maio. Cadetes Tamén son 16 equipos en Cadetes, a categoría con máis novidades, que tamén comeza o domingo 22 de setembro. Laxe, Xallas, Fisterra e EF Vimianzo son os novos equipos en liza, nunha liga que perde o Seaia (os seus xogadores pasaron de categoría e, como vimos, inscribiron equipo en Xuvenís). Infantís O Calendario da Liga Infantil tivo que ser modificado pola baixa de última hora, e fóra do prazo, do EFM VImianzo. Son entón 16 equipos (tamén caeu o cadro das Baleas) e a competición pasa a comezar a mesma fin de semana que as ligas cadetes e xuvenís."}
{"ID": "NOS_37450", "summary": "A publicación no Diario Oficial da Galiza (DOG) da resolución das axudas conxuntas das consellarías de Educación e Economía á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema Universitario de Galiza, en organismos públicos de investigación e noutras entidades do Sistema de I+D+i revela un descenso tanto na achega do Goberno galego como no número de persoas beneficiarias.", "text": "A Xunta vén de facer pública no Diario Oficial da Galiza (DOG) do 4 de outubro a resolución das axudas de apoio á etapa posdoutoral no Sistema Universitario de Galiza (SUG) e noutras entidades, que revela un descenso de 10% tanto na cantidade investida polo Goberno galego como no número de achegas a respecto do ano anterior. En concreto, en 2019 as consellarías de Cultura e Educación e de Economía destinaron un total de 5.729.000 euros a esta liña de achegas, 10,35% menos en comparación cos 6.390.240 euros investidos na modalidade \"A\" desta liña de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral en 2018. Ese descenso tamén se produce no referente ao número total de axudas, que pasa das 52 de 2018 ás 46 en 2019, 11,53% menos, sendo a principal prexudicada a Universidade da Coruña (UDC), que perde 75% das achegas, quedando con tan só unha, 12 menos que a de Vigo e 25 menos que a de Santiago. A Universidade da Coruña perde o 75% das achegas A UDC queda por baixo mesmo das tres do Instituto de Ciencias de Patrimonio do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e as mesmas que o Instituto de Investigacións Mariñas do propio CSIC, a Fundación Novoa Santos e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Financiamento con compromiso de retorno O obxectivo final desta liña de axudas é a formación de persoal de investigación doutor a través do financiamento dun contrato de estadía para tituladas superiores, sendo este de dous anos no estranxeiro e dun ano na Galiza (ao retorno desta estancia). O importe das axudas nesta modalidade concédese a fondo perdido e destínase a pagamento dos contratos, custos sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. No referente á súa contía, teñen un importe máximo máximo de 49.900 euros brutos anuais por cada unha delas, con contías variábeis en función do destino dos dous primeiros anos de estadía, baixando até os 38.000 na denominada \"fase de retorno\". Ademais, as axudas destinadas ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright (un prestixioso programa desenvolvido polo Goberno dos Estados Unidos) teñen unha dotación complementaria de 5.000 euros por ano de estadía, sendo este ano os beneficiados dous científicos, Xabier García Feal e Gonzalo Pérez de Lis. Cada un deles recibirá 3.366,67 euros de achega."}
{"ID": "NOS_20659", "summary": "Baixo cancelos como #SuspensiónAlugueirosXa ou #HuelgaAlquileres, sindicatos de inquilinas e organizacións polo dereito á vivenda chaman a unha folga no pago do alugueiro desde o 1 de abril para exixir ao Goberno central medidas que cubran os dereitos básicos durante o confinamento causado pola crise sanitaria.", "text": "A campaña, que se organiza en todo o territorio estatal e que tamén na Galiza está a ecoar a través de entidades como Ecoloxistas en Acción de Vigo ou os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) da Coruña, denuncia que o Goberno \"ignora\" as demandas de suspensión do pago do alugueiro e \"prioriza que todas as rendas inmobiliarias se sigan cobrando a prezo de ouro, coma se a economía non se tivese paralizado, e pretende que miles de persoas se endebeden para pagalas\". Non pode ser que a xente máis vulnerable pague os impactos desta crise. Milleiros de persoas non van poder enfrontar o pago do alugueiro estes meses. Non están soas!#SuspensiónAlugueirosXa #HuelgaAlquileres pic.twitter.com/bXzfGaW3bx— GAM_Coruna (@CorunaGam) March 30, 2020 Así, baixo a premisa de que \"se a economía produtiva para, a economía rentista tamén\", as organizadoras chaman a unirse á folga e informan dos trámites a seguir, a través da web www.suspensionalquileres.org, na que tamén teñen aberta unha iniciativa para crear unha caixa de resistencia coa que financiar asesoramento legal e outros gastos. Entre as medidas que reclaman está a suspensión dos pagos do alugueiro e hipotecarios á vivenda habitual, así como das subministracións básicas de auga, luz e gas, e a posta a disposición das vivendas baleiras de persoas sen fogar. Ademais, reclaman un plan de acción para cando remate o confinamento, para afrontar as consecuencias socioeconómicas que sufrirán, en especial, as persoas máis vulnerábeis. A campaña inclúe unha petición de suspensión de alugueiros a través de change.org. \"É a hora de rescatar as persoas, de confinar privilexios. A suspensión do pago dos alugueiros é o primeiro paso necesario para devolver a función social á vivenda e superar as consecuencias sociais da pandemia\", propón."}
{"ID": "NOS_47428", "summary": "A tomada de posse decorrerá este sábado na Casa da Língua Comum, em Compostela.", "text": "A angolana Irene Alexandra Neto e o brasileiro Gilvan Müller de Oliveira tomarão este sábado posse como académicos correspondentes da AGLP, a Academia Galega da Língua Portuguesa. O ato decorrerá na Casa da Língua Comum, sita em Compostela. Irene Alexandra da Silva Neto (1961) preside o Conselho de Administração da Fundação Dr. António Agostinho Neto e é deputada da Assembleia Nacional de Angola, na que preside a 7ª Comissão de Saúde, Família, Juventude e Desportos, Antigos Combatentes e Ação Social. De 2005 a 2007 foi Vice-Ministra das Relações Exteriores da República de Angola para a Cooperação, sendo a primeira mulher angolana a exercer esse cargo. É membro do Comité Central do MPLA e do Júri do Prémio Internacional de Investigação Histórica \"Agostinho Neto\". Licenciada em Medicina e Mestre em Oftalmologia. Em 1998 publicou a obra Angola, à flor da pele (Luanda: Instituto Nacional do Livro e do Disco), tendo contribuído diversos textos para obras coletivas. Gilvan Müller de Oliveira é professor adjunto no Departamento de Língua e Literatura Vernáculas da Universidade Federal de Santa Catarina e Secretário Executivo Adjunto da MAAYA - Rede Mundial de Multilinguismo, com sede em Paris. Entre 2010 e 2014 respondeu pela Direção Executiva do Instituto Internacional da Língua Portuguesa (IILP), da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), situado em Cabo Verde. À frente dessa instituição promoveu o desenvolvimento do Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa (VOC) e do Portal do Professor de Português Língua Estrangeira/Língua Não Materna, entre outras iniciativas. Fruto desse trabalho intenso, em 2014 recebeu o Prêmio Personalidade Lusófona do Ano do Movimento Internacional Lusófono (MIL) e em 2015 o Prémio Meendinho, da Fundação Meendinho, por serviços prestados à Língua Portuguesa e à Galiza."}
{"ID": "NOS_47618", "summary": "A Sección Sindical da CIG demanda un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría da Coruña", "text": "Un grupo de traballadores/as de Alcoa Inespal iniciaron unha marcha a pé até Compostela en demanda dunha tarifa eléctrica competitiva e exixir un plan industrial que garanta a viabilidade da produción do aluminio na comarca da Coruña. A protesta, que arrancou por volta das dez da mañá dende a Delegación do Goberno na Coruña, rematará o mércores cunha manifestación polas rúas de Compostela até as portas da Xunta de Galiza. A primeira etapa da marcha a pé cubrirá a distancia entre A Coruña e o Mesón do Bento; no segundo día a camiñada chegará até o Monte do Gozo; e xa na mañá da cuarta feira, o persoal irá en manifestación até San Caetano, a onde pretenden chegar por volta das doce do mediodía. Tamén está previsto que ao último tramo da marcha se sumen compañeiros e compañeiras chegados da factoría de Alcoa en San Cibrao. Os delegados da CIG en Alcoa Inespal que tomaron parte da marcha reclamaron garantías de futuro e viabilidade da factoría de aluminio da Coruña e rexeitaron calquera proceso de deslocalización pretendido pola multinacional. Neste senso, matizaron que a o prezo da tarifa eléctrica é un dos factores que vai influír na continuidade da actividade da planta coruñesa, mais subliñaron que \"non é o único problema nin vai ser a cuestión determinante\" para o mantemento da produción e os postos de traballo. Por iso mesmo, dende a Sección Sindical da CIG continúase amosando o rexeitamento ao ERE temporal vixente na factoría, por entender que non soluciona a problemática económica ou produtiva que poida existir nin tampouco garante a viabilidade da empresa. De feito, a Sección Sindical volveu amosar a súa preocupación porque as verdadeiras intencións da multinacional do aluminio pasen pola deslocalización da produción en Europa, deslocalización que comezaría precisamente polo desmantelamento da planta da Coruña. Deslocalización Neste senso, cómpre lembrar que Alcoa está a construír a maior planta de aluminio do grupo en Arabia Saudita, que se prevé que entre en funcionamento durante o ano 2013. Tamén é coñecido que Alcoa está a investir capital para mellorar a produción doutras plantas en diferentes países. Pola contra, hai dous anos a dirección acordou a supresión da produción de 20.000 T/anuais de alambrón planta da Coruña en favor da fábrica de Islandia, o que supuxo a parada definitiva da instalación de laminación de Alcoa Inespal."}
{"ID": "NOS_662", "summary": "Beneficios do 67% neste trimestre que se suman a un 2014 no que aumentaron un 35%. Gaños obtidos pola banca nun terreo de xogo no que estados e institucións dérono todo para que así fose. A costa de quen e o como contámoscho aquí.", "text": "A crise foi curta para a banca española. Pechou o 2014 cuns beneficios de 10.000 millóns de euros, un 35% máis que no exercicio anterior,. E o primeiro trimestre de 2015 deixaba uns resultados insultantemente positivos (os beneficios foron de 4.138 millóns, un 67% máis) para os coñecidos como 'os 6 grandes: Santander, BBVA, Caixabank, Sabadell, Bankia e Banco Popular. Para poñer o ramo, axencias de cualificación como Standard & Poor´s - de amplo predicamento nese mundiño- afirma que en 2016 a banca española recuperará o nivel de beneficios e lucro que tiña antes da crise. Mel sobre filloas para os grandes banqueiros españois. A gran banca debe dar as grazas polos importantes beneficios obtidos en 2014 a unha serie de factores, como a dispoñibilidade de liquidez ou a depreciación do euro a respecto das principais divisas. Ou á inxente enxurrada de diñeiro público posto polos gobernos -recortando onde e como fose- para salvala. Mais unhas grazas especiais débellas dar principalmente aos auxilios extraordinarios do Banco Central Europeo e do Banco de España. Negocio Entre 2012 e 2013 o BCE emprestou un billón de euros á banca europea a un tipo de interese privilexiado, do 1% neses anos. Por volta do 30% dese diñeiro, 12.000 millóns de euros, foi para bancos españois, unha cifra considerábel pois triplicaba o peso do sector. Unha parte dese diñeiro foi utilizado pola banca española para facer fronte ao vencemento de créditos a curto prazo con bancos alemáns (así se entende mellor que o Estado español captase o 30% daquel diñeiro barato). Mais boa parte dese carto do Banco europeo-prestado a un 1%- foi empregado polas entidades españolas para comprar débeda pública, con rendementos do 2,5% e mesmo até un 4%. Até aquí o 'auxilio extraordinario' do BCE á banca española que explica en parte os importantes beneficios que tivo en 2014. Unhas gañancias que tamén en parte se deben a unha decisión do Banco de España: limitar o rendemento dos depósitos de aforradores e empresas. A información completa sobre este asunto, unha reportaxe a a dupla páxina, tela no número 144 do semanario disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa"}
{"ID": "PRAZA_548", "summary": "ENTREVISTA José Antonio Barbeito Mancusi, porteiro galego en Abu Dhabi, foi declarado mellor xogador dun torneo onde as seleccións galegas estrearon a oficialidade nun campionato internacional ao que os deportistas acudiron pagando case todos os gastos do seu peto.", "text": "Con experiencia no fútbol -xogou nas categorías inferiores do Deportivo-, José Antonio Barbeito Mancusi foi un día ver un partido de fútbol gaélico que disputaban uns amigos. Quedou prendado daquel novidoso deporte e aos poucos días decidiu probar. A pasada fin de semana, proclamouse coa selección galega subcampión do mundo en Abu Dhabi, onde Mancu -así o chaman todos- foi elixido mellor xogador do torneo. El é un exemplo perfecto da incrible e rápida evolución de Galicia nesta disciplina irlandesa na que o país xa é potencia e cuxo nivel sorprende mesmo aos propios organizadores dos Xogos Mundiais. Xa de volta de Abu Dhabi, que reflexión fai do vivido alí? Foi unha cousa moi bonita. Xogar con Galicia un Mundial, nun lugar tan afastado como Abu Dhabi, contra todas esas seleccións e no máis alto dun deporte como o fútbol gaélico... A experiencia foi moi boa para todos. Esperabades na selección facer tan bo papel? Sabiamos que levabamos un bo equipo, pero non agardabamos chegar tan lonxe. Sabiamos que Suráfrica era un equipo complicado e que Arxentina levaba moito tempo preparando a súa participación no torneo. Ademais, Oriente Medio xuntaba moitos países nun mesmo equipo. Iamos a ver o que pasaba, ata onde podiamos chegar e ao final as cousas saíron moi ben. \"Nin se me pasaba pola cabeza ser declarado mellor xogador, menos aínda sendo porteiro\" E vostede declarado mellor xogador do Mundial... Iso si que non se me pasaba pola cabeza, claro que non. Menos aínda sendo porteiro. Como lle deu por empezar a xogar ao fútbol gaélico? Tiña uns amigos que empezaron a xogar e un día fun ver un dos partidos dun torneo ibérico que se diputaba na Coruña. Todo o que sexa deporte gústame e fun ver un encontro pero ao final quedei catro horas vendo o campionato. Á semana seguinte xa quixen probar e alí empezou todo. Ata agora. \"Fun ver un partido de gaélico duns amigos e quedei catro horas vendo o torneo enteiro; á semana seguinte empecei... E ata agora\" Foi porteiro de fútbol, axudoulle esa experiencia para este novidoso deporte en Galicia? Algo axuda. Xoguei nas categorías inferiores do Deportivo de porteiro. A miña función no fútbol gaélico é parecida ao dun gardameta de fútbol, pero coa vantaxe de que tamén podes xogar coa man forá da área. Hai quen di que foi un Mundial un pouco descafeinado por contar con poucos equipos... Temos que ter en conta que este foi o primeiro Mundial na historia do fútbol gaélico, un deporte puramente irlandés. Lembremos que no primeiro Mundial de fútbol que se xogou a maioría das seleccións eran americanas porque de Europa case non participou ningún equipo. En Irlanda xógase por condados e eles non participan como selección. Ademais, nós tivemos que custearnos todo para poder participar. \"Fomos a única selección dos Xogos Mundiais que tivemos que sufragarnos os gastos, por iso o éxito ten aínda máis mérito\" Todo? Tiñamos a axuda da Deputación de Pontevedra e dos cartos que conseguimos a través do crowdfunding, pero a maioría dos gastos sufragámolos nós mesmos coa axuda de familiares, amigos e algunha empresiña que nos achegou algo de fondos. Eramos a única selección en Abu Dhabi, incluíndo tamén os equipos das outras disciplinas dos Xogos Gaélicos, que tivemos que custear os gastos. A cousa aínda ten máis mérito. Agardan que o éxito das seleccións masculina e feminina anime ás administracións ou empresas a implicarse no fútbol gaélico? Xa non é iso, pero con estes resultados agardamos que se coñeza máis o deporte, que teña máis repercusión e que cada vez se anime máis xente a xogar. Iso tería unha indubidable repercusión económica para o fútbol gaélico en Galicia. \"A repercusión do fútbol gaélico en localidades como O Grove ou A Estrada é impresionante\" Moven unhas 250 persoas cada fin de semana xa... Hoxe en día móvense máis. Temos liga masculina e feminina e para o ano que vén vai haber dous ou tres equipos máis en cada categoría. Cada vez máis xente se interesa polo deporte e pregunta como facer para iniciarse nel. Hai localidades onde a repercusión é incrible, como no Grove ou na Estrada, onde a mobilización é impresionante. Non ocorre o mesmo nas cidades, pero a evolución foi moi importante nos últimos anos. Temos en mente promover o gaélico entre os máis pequenos e xa estamos intentando facer algunha escola ou campus pequenos para lograr que os máis novos se vaian metendo no deporte. A repercusión é importante tendo en conta que é unha disciplina con apenas cinco anos no país, a que cre que se debe o éxito do deporte en Galicia? Irlanda e Galicia sempre tiveron lazos moi fortes e iso inflúe, pero é moi importante o feito de que sexa un deporte con emoción, con alternativas e no que sempre tes que estar en tensión porque tes posibilidade de gañar ou perder calquera partido. No fútbol pode haber partidos aburridos e de empate a cero pero aquí non, aquí todo pode cambiar no último segundo, como nos pasou a nós na final. \"Galicia sorprendeu polo seu nivel individual e colectivo en Abu Dhabi\" Na entrega de medallas véselle afectado pola derrota, foi así? Estaba desfeito, a verdade. Tivémolo tan, tan perto... Que che empaten a falta dun segundo é duro porque, ademais, iamos gañado 3-0 ao descanso e algunha decisión discutida tamén nos afectou. Arxentina fixo o último punto e o árbitro asubiou o final. Fomos á prórroga e perdemos. Sorprendeu en Abu Dhabi o nivel da selección galega? Sorprendeu moito, tanto o nivel colectivo como o nivel individual. Preguntábanche se eras a selección española e tíñaslle que explicar a realidade e, claro, quedaban sorprendidos porque alí había eqiupos doutras disciplinas de Bélxica, Canadá... Estamos falando dun pequeno territorio que, ao principio, non tiña moito público. A medida que ía avanzando o campionato, cada vez había máis xente e preguntaban por xogadores para interesarse onde e como xogaban. Fomos unha sorpresa para eles. \"Galicia está recoñecida internacionalmente e non cremos que haxa problema ningún para seguir xogado como selección\" Xa teñen en mente o vindeiro Mundial? Si. Esperemos que nos conviden. Ao parecer, será xa o próximo ano en Irlanda e confiamos en estar alí outra vez. Temen algún problema no caso de que a selección española chegase a ter selección oficial algún día? Non creo. Estamos recoñecidos a nivel internacional pola GAA, que sería como a FIFA se falásemos de fútbol. Non cremos que haxa problema ningún porque cumprimos con todos os requisitos. Se España participase algún día e houbese problemas, habería que loitar para seguir xogando como selección galega."}
{"ID": "NOS_31475", "summary": "Amílcar Cabral foi o líder da libertação de Cabo Verde e Guiné Bissau, assassinado a 20 de Janeiro de 1973 antes de ver a independência das (ex) colónias africanas de Portugal.", "text": "Agrónomo, revolucionário anti-fascista, guerrilheiro e panafricanista, Amílcar Cabral marcou a História pelo seu papel central na luta pela auto-determinação dos povos de Cabo Verde e de Guiné Bissau que viviam sobre o domínio português. Como um dos fundadores do PAIGC (Partido Africano da Independência da Guiné Bissau e Cabo Verde), foi um dos mais bem sucedidos líderes de uma revolução de guerrilha, tendo em algum momento dominado grande parte do território guineense (cerca de 70%) antes de Portugal concordar em ceder o poder a quem era de direito. Enquanto estudante universitário em Lisboa, estabeleceu contacto com Agostinho Neto e Eduardo Mondlane que viriam a liderar movimentos de libertação em Angola e Moçambique, respectivamente. Fez parte, em Lisboa, da Casa dos Estudantes do Império, que se tornou num centro de valorização das culturas africanas. Foi aí que se estabeleceu o contacto entre Cabral e outros intelectuais contemporâneos, tais como Marcelino dos Santos, Mário de Andrade, Noémia de Sousa e Alda Espírito Santo, entre outros. Foi esta elite que deu origem ao Centro de Estudos Africanos e deu início ao processo de consciencialização das então colónias portuguesas, através do qual se estabeleceram movimentos de libertação. Este pequeno grupo privilegiado de estudantes universitários oriundos de diferentes pontos do continente africano foi capaz de não só questionar a lógica colonial, mas mais do que isso, mobilizar forças para dar um fim definitivo ao colonialismo português. A ligação entre os movimentos de libertação foi de grande importância para o sucesso das lutas pela independência A ligação entre os movimentos de libertação foi de grande importância para o sucesso das lutas pela independência. Mas Cabral destacou-se sobretudo pela sua articulação e pelo trabalho que fez como questionador do seu tempo, teorizando grande parte das suas visões para África. O que mais marca Cabral é o papel que ele dá à valorização das culturas nativas. Segundo ele, a cultura é o fundamento da luta anti-colonial na medida em que só se libertam os povos que vêem a sua capacidade de criar e praticar cultura limitada. Ou seja, a subjugação de uma cultura nativa face à imposição de uma cultura estrangeira é que obriga uma determinada sociedade a lutar pela sua libertação. De uma forma alargada, muito daquilo que se fala hoje sobre a globalização e neo-colonialismo já tinha sido antecipado por Cabral. Só se pode dizer livre um povo que é capaz de negar influências negativas de outras culturas de modo a preservar a sua cultura e a sua identidade. Na sua compreensão do mundo ele vai para além das ideias do Homem Novo que muitos movimentos revolucionários da época defendem, e projecta um resgate dos valores e hábitos tradicionais africanos. Para ele é central o papel da cultura para a resistência anti-imperialista Para ele é central o papel da cultura para a resistência anti-imperialista e daí a necessidade de criar espaço para a cultura, através da luta, restaurar as pessoas oprimidas e transformá-las em agentes completos da sua própria história e identidade. O desmoronamento do Estado Novo em Portugal, embora não fosse a finalidade do trabalho de Cabral e dos seus contemporâneos, acabou sendo um dos resultados da sua luta. O colonizador inevitavelmente acabou sendo libertado pelo colonizado. Para Cabral, isso era previsível pois a revolução opunha mais os povos dominados aos dominadores, desafiando a própria essência da ditadura fascista, do que opunha o proletariado (colonizados) à burguesia (colonizadores). O colonizador inevitavelmente acabou sendo libertado pelo colonizado Pode-se dizer, portanto, que não foi Portugal que libertou as colónias, mas sim foram as colónias que libertaram Portugal. Na medida em que através da defesa da sua auto-determinação e da exigência do reconhecimento da sua humanidade plena puseram em causa a própria natureza do Fascismo Português, destruindo-o. É importante perceber como, para Amílcar Cabral, a luta armada pelo fim do colonialismo não termina na declaração da independência. Para ele, era preciso compreender dilemas persistentes como a ligação cultural entre os povos africanos e o povo português (que ele sempre separou do Estado Português), bem como as ideias de construção de Estado num contexto de pan-africanismo. Embora panafricanista, Cabral rejeitava a ideia de se tratar da África Negra como um espaço homogéneo Embora panafricanista, Cabral rejeitava a ideia de se tratar da África Negra como um espaço homogéneo. O panafricanismo de Cabral defendia as especificidades de cada nação africana e o seu estudo de forma isolada. A dimensão de libertação de Cabral ia para além da auto-determinação a nível da organização política,mas passava também sobre a auto-descoberta da cultura nativa e do seu desenvolvimento. Por isso é tão importante revisitá-lo hoje, 44 anos após o seu assassinato. O legado político de Amílcar Cabral vai para além do seu estudo crítico dos desafios e ameaças dos movimentos de libertação africanos dos anos 50 e 60. Ao explorar as a centralidade da cultura e da identidade, bem como ao desafiar as noções de imperialismo e colonialismo, Cabral obriga-nos a observar o panorama social actual e a reconhecer padrões idênticos àqueles que ele lutou para derrubar. O seu pensamento é relevante e contemporâneo para falarmos de apropriação cultural, de movimentos migratorios e de novas formas de dominio dentro do próprio continente africano. Este texto viu a luz no blogue da autora, escreveelianaescreve.com"}
{"ID": "NOS_51889", "summary": "Un cuarto nun hostal e 60 euros \"para que os estires\" é todo o que Servizos Sociais lle facilitou a Ana María, veciña da cidade departamental que vén de ser desafiuzada polo impago de 3 meses de alugueiro. Após as queixas recibidas, accedeu a lle pagar a pensión completa nun hotel até o día 22 de abril", "text": "Unha habitación nun hotel que tiveron que pagar @s veciñ@s porque no estabelecemento non se fiaban da palabra do Concello e 60 euros \"para que os estires\" foi todo canto o departamento de Servizos Sociais de Ferrol lle ofreceu a Ana María, unha nai con dúas crianzas de 14 e 17 anos ao cargo. Tamén lle explicaron que ela poderá ir xantar á cociña económica, mais non as crianzas. Até terían chegado a a ameazar con lle retirar a custodia, argüíndo que non pode facer fronte aos gastos de manutención. Após as queixas recibidas, accedeu a lle pagar a pensión completa nun hotel até o día 22 de abril. Desde a plataforma Stop-despexos de Ferrolterra denuncian o trato dispensado a Ana María e pensan xa en poñer os feitos en coñecemento da Fiscalía de menores. \"Unha nai pasa sen comer antes que os seus fillos. Dicirlle que pode comer ela pero os pequenos non é unha barbaridade\", revólvese un activista deste colectivo en conversa con Sermos Galiza. Despexada por non pagar tres meses de alugueiro Ana María non puido pagar tres meses do alugueiro e os propietarios do inmoble botárona da casa. Stop-despexos subliña a situación de especial precariedade en que se atopa. \"Estamos a facer un balance das vivendas que hai baleiras para termos un parque de pisos en alugueiro social ou en acollemento social, porque familias como a de Ana María non poderían achegar ningún diñeiro\", sosteñen. Aínda así, Servizos Sociais dixo ter que estudar a proposta achegada polo colectivo contra os desafiuzamentos, que reclamaban para a muller un aloxamento nun hotel que incluíse tamén a súa manutención, e todo isto pagado polo Concello. \"Cando chegamos con ela ao hotel tivemos que xuntar cartos entre todos e deixar a habitación pagada porque non se fiaban da palabra do Concello\", relata o activista co que conversamos, salientando que só no barrio de Recimil hai \"por volta de cen pisos baleiros\", das vivendas sociais coñecidas como 'casas baratas'. Acrecenta que outras tantas familias as teñen adxudicadas desde hai catro anos e o Concello, no canto de llas entregar ás persoas beneficiarias, tapia con ladrillos a entrada. Censura en Radio Voz Cuestións coma esta foron transladadas ao alcalde, José Manuel Rey Varela (PP), durante a gravación dun programa de Radio Voz desde a cidade en que se valoraba a baixada demográfica da comarca de Ferrol. Após a intervención do rexedor, sinalando que para facer atractivo o lugar cumprían servizos públicos, un integrante de Stop-despexos \"leulle a cartilla\". A emisora do grupo Voz emitiu a reportaxe esta sexta feira \"e censurou todas as intervencións da cidadanía\" malia telas autorizado previamente como parte do programa."}
{"ID": "NOS_56771", "summary": "O cambio de ano trouxo unha nova polémica que segue aberta a día de hoxe. A raíz das declaracións que o ministro de consumo Alberto Garzón realizou nunha entrevista ao medio británico The Guardian, na que criticou o modelo de explotación gandeira de carácter intensivo, comunmente coñecido por \"macrogranxas\", volveuse pór o foco no debate sobre a problemática da dificultade de convivencia entre as granxas industriais e as tradicionais.", "text": "Se ben na actualidade o termo macrogranxa está totalmente normalizado, a denominación precisa é explotación gandeira de carácter intensivo ou industrial. Este tipo de gandaría intensiva, tamén denominada gandaría sen base territorial, obriga a unha gran concentración de animais pechados nunha nave na que apenas se poden mover e da que nunca saen. A alimentación tampouco é a idónea, o penso que se lle proporciona ao gando, soia e millo transxénico, segundo Cristóbal López, portavoz de Ecoloxistas en Acción, \"está normalmente acompañado de medicamentos, analxésicos e calmantes\". As consecuencias deste tipo de gandaría non inflúen unicamente nas condicións de vida dos animais, senón tamén na calidade do produto, que resulta peor, e na calidade ambiental, xa que estas macrogranxas provocan unha gran contaminación na contorna debido ás inxentes cantidades de residuos que xeran e que a terra non é capaz de asimilar. Pola contra, na gandaría de carácter extensivo, tamén denominada tradicional e familiar, dado o seu menor tamaño, o gando aliméntase do que produce a terra e esta retroaliméntase do esterco dos animais, que funciona de abono. Constitúe un ciclo pechado no que existe un equilibrio entre o que produce o gando e o que a terra é capaz de sustentar. A boa alimentación dos animais e a posibilidade de que se movan no exterior tamén permite que o produto conte cunha maior calidade. Manuel García, agricultor e activista da comarca da Limia, afirma que a produción tradicional é sustentábel no tempo dado que se relaciona de maneira positiva co medio natural. O modelo de explotación intensiva provoca que a supervivencia na industria cárnica sexa case insostíbel para as granxas tradicionais, que teñen que competir cos prezos baratos da carne de produción industrial A gandaría intensiva comezouse a implantar na Galiza nos anos 70 por influencia do modelo norteamericano, cuxa importancia foi acabando co tipo de produción agrogandeira tradicional porque non resultaba rendíbel. \"A industria cárnica quere producir barato para obter un maior beneficio económico\" indica García, quen engade que \"a estas industrias déuselles durante anos o privilexio de externalizar os custes de produción a costa da sociedade e do medio ambiente\". O modelo de explotación intensiva provoca que a supervivencia na industria cárnica sexa case insostíbel para as granxas tradicionais, que teñen que competir cos prezos baratos da carne de produción industrial. \"Cando se aposta pola gandaría intensiva, a capacidade da terra queda en moi poucas mans que son donas de todo\", argumenta o secretario técnico de Adega, Fins Eirexas. A competitividade non debe entenderse só en termos económicos, senón tendo en conta tamén a calidade do produto. Os problemas da gandaría intensiva na Galiza Parece que hai unha certa conciencia de que na Galiza a maior parte das explotacións gandeiras son de tipo tradicional. Se ben iso pode ser certo, se temos en conta a carga gandeira (o número de animais) comprobaremos que a realidade non é esta. Desde o punto de vista medio ambiental resulta equivalente a existencia dunha granxa de 10.000 porcos á de cinco granxas máis pequenas situadas a poucos quilómetros entre si de 2.000 cada unha; a carga gandeira continúa a ser a mesma. Segundo explica Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), \"o problema comeza cando a carga gandeira por unidade agraria útil supera un determinado nivel\", polo que non se refire só á presenza de macrogranxas senón \"á concentración de granxas industriais\" de tamaño máis pequeno nun mesmo territorio. Os trámites precisos para a apertura e mantemento das granxas son diferentes segundo a súa carga gandeira. O límite reside nos 2.000 porcos ou nos 40.000 polos; se a carga é menor, o trámite resulta sinxelo e de autorización rápida, mentres que, se é superior, é preciso un estudo de impacto medioambiental integrado. Isto provocaría que algunhas compañías entrasen na picaresca de segmentar as súas explotacións para evitar ese control máis rigoroso. Manuel García critica a pouca transparencia das consellarías competentes na materia en relación ao número de granxas de produción intensiva presentes na Galiza. A Consellaría de Medio Rural recorda que \"desde o punto de vista técnico non existe unha definición de gandaría industrial\" e engade que a Galiza \"dista moito de contar con explotacións que se poidan asimilar a algo parecido a macrogranxas\". Os datos achegados pola Consellaría indican que no país existen máis de 19.500 explotacións gandeiras que \"teñen unha media de 22 animais cada unha\" e só 73 desas granxas superan os 250 animais. Ademais, insisten en que desde \"a Xunta defendemos as granxas con base territorial e que apostan pola sustentabilidade\", a cal \"está demostrada no sector bovino de carne na Galiza; así como as prácticas tradicionais dos nosos gandeiros que son moi respectuosas co medio ambiente.\" O procedemento común que seguen os grandes grupos da industria cárnica é funcionaren como empresas integradoras que acollen no seu interior a diversos socios. Desta forma, as compañías buscan persoas investidoras que constrúan unha nave e a doten da tecnoloxía precisa; tamén proporcionan o gando e o penso. \"Quen queda fóra destas integradoras non ten posibilidades de sobrevivir, pois elas controlan os prezos\", asegura García, quen engade que \"a produción industrial está moi subvencionada polo goberno galego\". Unha das integradoras máis relevantes na Galiza é Coren, un grupo empresarial de produción avícola e gandeira considerada unha das principais cooperativas a nivel estatal. O principal problema co que se enfronta a comarca da Limia é a contaminación das augas superficiais e subterráneas cuxos niveis de nitratos aumentaron exponencialmente nos últimos anos. O caso da comarca da Limia Un dos lugares máis afectados na Galiza pola contaminación resultante da gandaría intensiva é a comarca da Limia. Na Limia produciuse un crecemento desmesurado das granxas industrias desde o ano 89 e, desde 2007 a SGHN vén advertindo que a carga gandeira xa sobrepasa os niveis de sustentabilidade da comarca. Con todo, en ningún momento se atendeu ás demandas dos ecoloxistas e o problema foi medrando con consecuencias sobre a biodiversidade, o medio ambiente e a saúde das persoas. O principal problema co que se enfronta a comarca da Limia é a contaminación das augas superficiais e subterráneas cuxos niveis de nitratos aumentaron exponencialmente nos últimos anos. Un dos casos máis representativos é o encoro das Conchas, coñecido xa como \"a sopa verde\" debido á concentración de cianobacterias que producen unha toxina moi potente e daniña para a saúde, as cales proveñen dos xurros das granxas industriais localizadas na comarca que, ao produciren unha cantidade de residuos tan esaxerada, non permiten que a terra os asimile e acaban nos ríos dificultando a súa potabilidade. \"Non se están xestionando os residuos de maneira adecuada; deposítanse para \"abonar\" as fincas cando en realidade o que fan é unha vertedura encuberta\", indica Eirexas, ao que García engade que \"Ourense regalóuselle a Coren, que o monopolizou todo borrando do mapa as pequenas producións que había na zona\". Se ben Coren declinou facer declaracións ao respecto, remitiunos á Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultoras da Limia (Adegal) cuxos membros son, maioritariamente, persoas vinculadas á integradora. Maite Joga, presidenta de Adegal, asegura que os tempos cambiaron e que a sociedade comezou a demandar algo máis que a gandaría para o autoconsumo de épocas anteriores. Joga asegura que \"nunca existiu ningunha denuncia formal que prosperase\" a propósito da contaminación das augas polos vertidos das granxas industriais e que \"a pesar do que se di, a normativa existente no tema de residuos é realmente estrita\". Ademais, opina que \"se está a facer unha formulación moi alarmista de cara á poboación; se a situación fose tan grave como se nos fai ver, Sanidade xa tería adoptado medidas\". Con todo, xa no ano 2011, a Confederación Hidrográfica levou a cabo unha proposta que declarase a Limia zona de augas afectadas; por outro lado a Comisión Europea denunciou o Estado español por incumprir a normativa de nitratos, algo que está a suceder na comarca da Limia. A resolución aínda non se publicou por \"presións da consellaría e do sector cárnico pois, unha vez se publique, a Xunta terá que declarar a Limia como zona vulnerábel de nitratos e elaborar un plan para a redución da contaminación agrogandeira, e iso non interesa\", explica García. Segundo o Instituto de Política Agrícola e Comercial, a compañía Coren sitúase no posto 17 a nivel europeo de empresas máis contaminantes, un dato que a presidenta de Adegal afirma non comprender pois sorprendentemente considéraa unha empresa \"pequena\". A Consellaría de Medio Rural alega que \"o Goberno galego está traballando na aprobación dunha nova lei galega para regular as dexeccións gandeiras\". A resposta da xustiza González indica que os principais responsábeis de que a comarca da Limia chegase a este extremo son, por unha parte, as empresas donas das granxas que deberían ter xestionado ben os seus residuos e, por outra parte, a Administración Autonómica e, en especial, as consellarías de Medio Rural e de Medio Ambiente que, como tamén comparte García, \"seguen autorizando a creación e ampliación de granxas a sabendas de que hai unha carga gandeira abusiva nesta comarca que non é capaz de xestionar a cantidade de residuos que produce\". Eirexas comparte que \"a responsabilidade é da Administración galega polo seu desleixo\" e por permitir \"que o mercado se autorregulase\". Ante estas acusacións, a Consellaría de Medio Rural alega que \"o Goberno galego está traballando na aprobación dunha nova lei galega para regular as dexeccións gandeiras\". Con todo, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza acaba de anular a licenza de ampliación dunha das granxas de polos de Coren en Rairiz de Veiga, na Limia, ampliación previamente aprobada pola Xunta. O recurso foi presentado pola veciñanza prexudicada. O presidente da SGHN explica que \"a sentenza do tribunal é demoledora e demostra que nunca se tiveron en conta as nosas alegacións\", ao que López engade que \"a Xunta permite todo; o lobby de Coren pesa moito nos intereses do partido\". Tamén o 18 de xaneiro o grupo Coren se viu prexudicado por unha sanción da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por ser responsábel dunha vertedura de xurro na parroquia de Celeirón, en Parada do Sil, producida o pasado ano; unha denuncia que a Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense decidiu arquivar pois entendía que non consistía ningunha imprudencia ecolóxica. Unha moratoria necesaria As asociacións ecoloxistas concordan en que a medida máis urxente que se debe levar a cabo na Limia é unha moratoria inmediata, tanto da apertura de granxas novas como de ampliación das existentes. Para González esta medida tan necesaria xa non sería suficiente a día de hoxe e debería ser complementada con outro tipo de actuacións. Pola contra, a presidenta de Adegal frivoliza ao afirmar que \"máis moratoria que a crise económica que está afectando ao sector non hai\", polo que non a considera precisa. Cómpre con urxencia apostar pola gandaría extensiva e respectuosa co medio ambiente, que ademais produce unha carne de maior calidade e máis saudábel. Para Eirexas é primordial analizar o estado da zona e valorar a capacidade de carga gandeira máxima asumíbel polo territorio para despois poder planificar se se debe manter ou reducir esa carga gandeira; \"simplemente xestionar, algo que a Xunta nunca fixo\". Tamén é preciso un código de boas prácticas que sexa obrigatorio para penalizar os vertidos e outras formas de contaminación. \"Coren asentouse na Limia porque había unha gran extensión agrícola ben concentrada e grandes parcelas onde poder usar os residuos das industrias cárnicas como abono, pero chegou un punto no que se superou a carga gandeira. Agora os residuos non son fertilizantes senón vertidos, por iso o código de boas prácticas é fundamental\", asegura García, e engade que \"mentres os políticos deste país estean só ao servizo dos grandes intereses económicos en vez de ao servizo da poboación, hai pouco que facer polo futuro da Galiza\". Coren contra Manuel En 2020, Manuel García, agricultor e activista da Limia, foi denunciado por Coren por mostrar nun programa de televisión un dos camións da compañía botando xurros nun prado da comarca. A empresa pedíalle unha indemnización dun millón de euros por danos e prexuicios. \"Estamos nun impasse, Coren de momento non se atreveu a seguir pero aínda ten tres anos para continuar coa demanda\", comenta García, quen asegura que \"intentaban calarme por ser unha voz incómoda pero produciuse o efeco contrario, a xente mobilizouse\". Pola súa parte, Adegal explica que non existiu tal demanda, que todo quedou nun acto de conciliación no que García se retractou das súas palabras, unha afirmación que o propio acusado nega e asegura que durante o acto se mantivo firme na súa postura. A asociación ecoloxista Greenpeace levou a cabo unha campaña de apoio a Manuel García baixo o nome de Coren contra Manuel."}
{"ID": "NOS_42385", "summary": "\"Non pode dicir que non ten nada a ver con iso\", sinala.", "text": "A ex amante do rei emérito español, Corinna Sayn Wittgenstein, apunta directamente a Felipe VI como beneficiario dos negocios de Xoán Carlos I que a fiscalía Suíza investiga. Así o afirmou, de forma rotunda, nunha entrevista en OK Diario: \"Felipe non pode dicir que non ten nada que ver con iso se se beneficiou toda a túa vida. Así que penso que aquí reside o problema\". \"Non podo dicir nada sobre se ten contas offshore. Penso que o rei Felipe efectuou un cambio bastante substancial cando chegou ao poder, no sentido que subscribiu á Familia Real e a Casa Real á Lei de Transparencia, e creo que este é un cambio grande\". Sobre se estes escándalos acabarán afectando directamente á monarquía actual española, Corinna desmárcase: \"Eu non son española nin residente en España. Penso que a mesma Casa Real foi artífice dos seus propios problemas. E despois houbo persoas que os asesoraron mal. Como acabe iso no futuro é unha cousa que debe decidir o pobo español\". A máquina de contar diñeiro Corinna fala sen pelos na lingua. Algún dos detalles que explica é a famosa máquina de contar diñeiro que tiña Xoán Carlos I na Zarzuela: \"Vina. Vina bo Palacio, na Sala de Tesourería, creo que era o ano 2006 se non recordo mal. Era sorprendente. Fiquei pampa\"."}
{"ID": "NOS_50400", "summary": "Durante 15 minutos, A Mariña apagou a luz para reclamar unha solución para a factoría. Ao tempo, máis de 2.500 persoas concentrábanse en Burela en apoio aos traballadores de Alcoa", "text": "A Mariña volveu, máis unha vez, a amosar o seu compromiso coa continuidade de Alcoa, factoría que dá traballo directo a máis de 2.000 persoas. Durante 15 minutos, entre as 21:30 e 21:45, as luces de moitos fogares e locais desta comarca de Lugo apagáronse, nun xesto de apoio á Alcoa e á demanda dunha tarifa eléctrica acaída ás necesidades desta fábrica de San Cibrao. Ao mesmo tempo, e na Praza do Concello de Burela, máis de 2.500 persoas concentrábanse cunha candea na man no medio da escuridade. Outro xesto de apoio a Alcoa. Nas últimas semanas están a se intensificar as mobilizacións e medidas de presión para lograr esa 'tarifa competitiva'. Así, hai uns días case mil persoas se manifestaron na Mariña. A factoría de aluminio dá emprego directo a 2.000 persoas e xera unha terza parte do PIB da provincia de Lugo. O BNG pediu a semana pasada unha reunión urxente da deputación permanente do Parlamento galego para tomar unha postura fixa sobre Alcoa. Foto: Tirada do facebook de El progreso"}
{"ID": "NOS_33130", "summary": "Dinámico e participativo. Eses foron os adxectivos cos que Guillerme Vázquez avaliou o desenvolvimento da sesión do Consello Nacional do BNG. Dinámico, participativo e longo. O Consello Nacional, que comezou por volta das 10.30, concluiu seis horas despois. O relatorio a debate na Asemblea Nacional do BNG, que se realizará o 17 de Marzo, foi aprobado ao fío das 16.30 horas, cunha soa abstención.", "text": "Longa reunión do Consello Nacional do BNG. O propósito básico da reunión do máximo órgao nacionalista entre asembleas, dar luz verde aos textos a debate na Asemblea Nacional do 17 de Marzo. O relatorio non tivo, en troca, o apoio do grupo de dirixentes nucleado arredor do viceportavoz parlamentar, Carlos Aymerich. Abrente formulou un voto particular aos textos, que agora pasan ao debate nas asembleas comarcais. En conferencia de imprensa realizada durante un intervalo da reunión, Guillerme Vázquez xulgou como \"dinámico e participativo\" o debate habido no Consello Nacional e valorizou o facto de ser un proceso \"de abaixo arriba\", a partir das achegas da militancia. O líder nacionalista considera normal, na lóxica dunha organización democrática, que a estas alturas do proceso, aínda na fase previa ao debate das teses nas comarcas, se formulen votos particulares e emendas. \"O que non é normal é que Feijóo non faga que demitan os seus concelleiros en Santiago\" Tamén houbo espazo para a actualidade política na conferencia de imprensa. O portavoz nacional cargou contra Feijóo a respeito da grave crise institucional aberta no concello de Santiago. \"Feijóo di que non é normal o que acontece en Santiago. Pois ben, o que non é normal é que Feijóo non faga que demitan os seus concelleiros en Santiago\", alegou. En relación ao proxecto de reforma da administración local que quer presentar o PP, sinalou que \"é absolutamente inutil para os concellos e para aforrar gastos\". Segundo o dirixente nacionalista, \"as verdadeiras intencións do PP é reducir a democracia e quitarlle competencias aos concellos, alén de recuperar o vello modelo de Estado centralizado\". Perguntado sobre se o BNG encetou un diálogo con outras forzas soberanistas, Guillerme dixo literalmente: \"Oficialmente o BNG non ten abertas conversas con Causa Galiza e outras correntes soberanistas; outra cousa é que neste país a xente fale, como é normal\"."}
{"ID": "NOS_52589", "summary": "A editorial Bolanda vén de publicar 'Os papeis do vello mariñeiro', máis de 60 historias de mariños mercantes galegos que Xosé Neira Vilas recompilou e deixou inéditas.", "text": "Nela o autor dálle voz a un navegante galego alén mar: un personaxe dunha aldea do interior de Galicia, labrego, fillo e neto de labregos, que ao morrer deixa nun pallal esquecidos moitos dos recordos da súa vida de navegante. Esta obra póstuma Neira Vilas ofrece, a través de entretidos contos e do personaxe do vello mariñeiro, unha clarificadora visión dun mundo moi descoñecido: o dos mariñeiros que pasan longas tempadas en alta mar percorrendo lugares do máis diverso e coñecendo países, xentes e culturas ben diferentes á propia. Experiencias que conforman unha forma de ser moi particular e que o autor transcribe nestes \"papeis\" póstumos para que poidamos coñecer mellor o vello mariñeiro galego e as súas peripecias polo mundo adiante nun tempo non moi afastado pero ben diferente ao actual. A publicación intégrana máis de 60 relatos acompañados de cadansúa ilustración de Alberto Fernández, autor tamén da imaxe da capa. Trátase do sexto título do autor editado por Bolanda, tras 'Xosé Neira Vilas: Memoria Gráfica' (2013), 'Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade' (2014), 'Semente Galega en América' (2015), 'Contos vellos para rapaces novos' e 'Quique na aldea' (2016)."}
{"ID": "NOS_7474", "summary": "En 2022 será o terceiro referendo secesionista acordado con Francia", "text": "O independentismo ostentará a maioría no Executivo de Nova Caledonia ─arquipélago do Pacífico de arredor de 270.000 habitantes baixo soberanía de Francia desde 1853─ por vez primeira desde que París concedeu unha autonomía limitada hai dúas décadas co Acordo de Noumeá (1998). A mudanza prodúcese tras a crise de Goberno ─de maioría unionista─ do pasado 2 de febreiro, logo de os ministros soberanistas dimitiren ante os plans de venda dunha importante mina de níquel á compañía multinacional suíza, Trafigura. Consideran que tanto o Goberno de Francia como a actual propietaria, a brasileira Vale, desbotaron unha boa oferta realizada por unha empresa local. A situación derivou en fortes protestas, incluído o lanzamento de cócteis molotov e a destrución de equipamento do xacemento. O independentismo contará a partir de agora con 6 dos 11 membros do Gabinete tras o voto onte do Congreso de 54 membros, informa AFP. A coalición Union Calédonienne-Fronte de Liberación Nacional Kanak Socialista (UC-Flnks) logrou o apoio da formación minoritaria Eveil Océanien (EO, de centro, non independentista), co que sumou tres representantes, ademais doutros tres nunha segunda lista. As formacións unionistas contaban tamén con dúas listas: Futuro con Confianza (AEC, dereita), que se fixo con catro representantes grazas aos 18 votos no Congreso, e Caledonia Unida (CE, centro dereita), con outro. A venda da mina e a cuestión da xestión dos recursos naturais do arquipélago é fundamental para entender o conflito entre o París e o movemento independentista. Conflito que na década de 1980 tornouse violento. En 1988 produciuse un dramático suceso durante unha crise de reféns que acabou coa morte de 19 militantes separatistas e 6 policías. Dous 'nons' En 1998 chegou a paz co Acordo de Noumeá, que contempla a organización de tres referendos de independencia até 2022. Nos dous primeiros, en 2018 e 2020, a poboación das illas votou a prol de seguir como territorio francés de ultramar. No de outubro do ano pasado, porén, o resultado foi moi igualado e o apoio ao independentismo continúa a medrar, segundo os medios galos. Nova Caledonia ─que afronta unha crise orzamentaria e foi golpeada pola Covid─ supón para Francia unha importante fonte de recursos pesqueiros, alén das reservas de níquel. A maioría da poboación autóctona, o pobo kanak, é favorábel á independencia, en tanto que a poboación descendente de europeos apoia maioritariamente o mantemento do control francés sobre o territorio."}
{"ID": "NOS_1232", "summary": "A Plataforma da Coruña polo Dereito ao Aborto e a Marcha Mundial das Mulleres manterán esta cuarta feira unha entrevista coa Fiscalía Provincial para lle expor a deficitaria atención que sofren as mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de xestación. Aliás, convocan un con motivo do Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto.", "text": "A violencia obstétrica e a atención deficitaria que sofren as mulleres que abortan na área sanitaria da Coruña, un asunto do que se fixera eco en exclusiva Sermos Galiza, chega á Fiscalía Provincial após a Plataforma da Coruña polo Dereito ao Aborto e a Marcha Mundial das Mulleres puxeran no seu coñecemento os feitos. Esta cuarta feira unha representación da Plataforma e máis da Marcha manterán unha reunión coa Fiscalía para lle expoñer as deficiencias denunciadas por varias afectadas co fin de que corrixa a situación. A Plataforma e a Marcha dirixíronse no mes de maio á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) para que investigase os feitos e actuase para garantir a atención integral do aborto nos hospitais públicos galegos, sen que o seu dereito sexa subordinado a criterios ideolóxicos como o da obxección de conciencia. Na reunión da cuarta feira, as activistas solicitaranlle, máis unha vez, á Fiscalía que a muller estea atendida durante todo o proceso de indución, expulsivo e despois por unha matrona; o apoio emocional á muller durante todo o proceso, tendo en conta as súas necesidades, inquedanzas e desexos para poder abordar de xeito integral a súa saúde física e psíquica e que garanta a mesma atención que nun parto: expulsivo en sala axeitada, con posibilidade de anestesia epidural e atendida por profesional de xinecoloxía ou matrona. Todas estas peticións están recollidas en protocolos internacionais. Neste senso, a Fiscalía da Coruña xa rexeitara investigar os casos denunciados na imprensa como solicitaba o Defensor do Paciente argüíndo que a redacción dos feitos non tiña \"encaixe legal en precepto penal\". Protesto diante da Audiencia Provincial Coincidindo coa entrevista na Fiscalía e co Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto, a Plataforma e a Marcha convocaron para esta cuarta feira un protesto diante da Audiencia Provincial. Terá lugar ás 12.30h e servirá para reivindicar o exercicio efectivo e mais o respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, así como para denunciar o contido da reforma da lei do aborto. A mobilización denunciará a vulneración, por parte das autoridades sanitarias, dos dereitos reprodutivos das mulleres que teñen necesidade de que se lles practiquen abortos de máis de 14 semanas por causas médicas no hospital materno-infantil Teresa Herrera. Concentración en Compostela A falta de confirmar outras mobilizacións con motivo do 28S, Compostela acollerá unha concentración na rúa Nova, ás 20h, para reclamar un aborto libre e de balde na sanidade pública."}
{"ID": "PRAZA_11079", "summary": "\"O habitual é que o prioritario sexa botar a culpa ao que está gobernando; a nova política sería sentar nunha mesa e buscar solucións, que as hai\", afirma González Formoso", "text": "D.L.Dez mil empregos no naval, 2.700 en Enesa, 200 en Gamesa, 200 en conservas La Jira ou 150 en Pizarras Campo. Son algunhas das cifras expostas polos vinte e cinco gobernos municipais representados este luns na xuntanza na que alcaldes e alcaldesas do norte de Galicia abordaron as consecuencias do adianto do peche das térmica das Pontes. Son, din, a mostra da crise industrial para a que piden \"auxilio\" ás \"dúas administracións con competencias en industria\", isto é, á Xunta e ao Goberno central.Na casa consistorial de Ferrol a representación destes vinte e cinco gobernos locais de Ferrolterra, Eume, Ortegal, da Terra Chá e da Mariña aseguraron non xuntárense para repartir culpas, senón para pedir axuda. Para pedir que \"con carácter urxente\" os gobernos español e galego asuman que a contorna precisa \"unha iniciativa conxunta de reactivación económica e captación industrial\".\"O habitual é que o prioritario sexa botar a culpa ao que está gobernando; a nova política sería sentar nunha mesa e buscar solucións, que as hai\", afirma González FormosoO máis \"urxente\", subliña o rexedor ferrolán, Ángel Mato, é \"traballar para reverter\" o peche da central das Pontes. Pero tamén que os gobernos interveñan no prezo da enerxía que está a \"influír moito na desactivación industrial destas comarcas\". Únense, afirman, para que ambos gobernos se unan. \"Levantamos a man para que se fixen no que está a suceder\".Neste sentido, o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asegura que este \"histórico\" encontro de gobernos locais \"non vai contra Feijóo nin contra Pedro Sánchez, senón que se trata dun berro de auxilio\". \"Está en xogo -advirte- o futuro da segunda comarca de Galicia en canto a capacidade industrial\" e as administracións competentes deben intervir \"con recursos e con sentido, evitando erros do pasado\". \"É habitual que o prioritario sexa botar a culpa ao que está gobernando, pero a nova política sería sentar nunha mesa a buscar solucións, que as hai\", asegura o socialista."}
{"ID": "NOS_57355", "summary": "Un semanario máis, o nº85. Entrevistas a Ian Hudghton (presidente do SNP escocés), o actor Miguel de Lira ou o documentalista Xosé Abad, entre outros moitos temas, da corrupción política aos 30 anos da primeira folga xeral galega.", "text": "O Sermos Galiza chega xa o número 85. Un semanario máis nas rúas e quiosques. Desta vez, o tema central achegarase a como as eléctricas castigan a pobreza. Unha realidade, a de familias que sofren a pobreza enerxética, que en Galiza multiplicouse por tres desde o 2010. Neste número tamén debullamos as distintas operacións anti-corrupción que se desenvolveron na Galiza, lembramos a primeira folga xeral galega da que se celebran 30 anos, ou reflexionamos sobre como A Moncloa está a manobrar para aumentar o seu control sobre a prensa escrita. E este número vén completiño en entrevistas. Falamos con Ian Hudghton, presidente do Partido Nacional Escocés (SNP) para coñecer de primeira man o proceso independentista desta nación celta. Entrevistamos a Xoán Carril, voceiro do BNG na Coruña, e a Henrique Costas, da Coordenadora Nacional de Causa Galiza. Christina Moreira, das Mulleres Cristiás Galegas Exeria explica o seu compromiso crente e feminista; e Xosé Lois González 'O Carrabouxo' colle o testemuño de Comunidade Sermos. Con Viaxes na Miña Terra percorremos unha parte da Ría de Arousa e en Cultura navegamos polo Taller Atlántico Contemporáneo. O actor Miguel de Lira fala con nós co gallo da rodaxe de 'A Esmorga'. Todo isto, e moito máis, podes atopalo neste número do Sermos."}
{"ID": "NOS_32800", "summary": "Os orzamentos que cada ano presenta a Xunta para a sanidade non abondan para atender as \"necesidades reais de gasto\". Así o considera o Consello de Contas e así o expuxo José Antonio Redondo, o seu conselleiro maio, na desinchada comisión de investigación sobre a materia no Parlamento galego.", "text": "Segundo explicou Redondo, \"ese déficit inicial\" consecuencia da \"escasa planificación\" das contas do Goberno de Núñez Feixóo corríxese despois con modificacións orzamentarias e o crecemento dos créditos. E aínda así non chegan a cubrir o gasto real do Sergas. O seu discurso contradí con contundencia o do oficialismo: a sanidade pública sofre de infrafinanciamento, t6al e como denunciaron, nos últimos días, os médicos de familia. O Consello de Contas realizou máis de 110 informes referidos á sanidade pública. Redondo expuxo no organismo parlamentario -en que a oposición non participa debido ás imposicións do Partido Popular á hora de programala- que eses textos serven para detectar \"as dificultades do sistema\". O conselleiro maior, con todo, tamén afirmou que os gobernos de Feixóo \"se esforzaron porque a sanidade fose, dalgún xeito, de todos os ámbitos, o menos afectado\". Mais que, tal e como o órgano que representa \"recomendou reiteradamente, deberían corrixir moitas das ineficiencias do sistema\"."}
{"ID": "NOS_33997", "summary": "A operación forma parte dunha transacción entre Vivalto Santé e Centene Corporation.", "text": "Vivalto Santé, terceiro grupo privado sanitario de Francia, vén de mercarlle o grupo valenciano Ribera á aseguradora multinacional americana Centene Corporation, que xestiona nove hospitais no Estado español, ademais de brindar outros servizos sanitarios. Os donos do negocio da sanidade privada na Galiza Entre os hospitais que pasan a mans deste grupo de investimento privado están o vigués de Povisa; Polusa, situado na cidade de Lugo; e o Hospital Juan Cardona, en Ferrol. Centene Corporation confirmou nun comunicado que a transacción formalizarase cando obteña as autorizacións regulatorias dos organismos administrativos competentes, polo que podería formalizarse a finais de ano. Denuncian \"deslealdade\" da sanidade privada por pechar instalacións en plena emerxencia sanitaria Neste sentido, o grupo Ribera salientou \"os oito anos de exitosa colaboración coa aseguradora americana líder en programas sanitarios públicos, que facilitou a innovación tecnolóxica e a presenza en proxectos en Reino Unido e Centro Europa\". Vivalto Santé Pola súa parte, a directora xeral de Centene Corporation, Sarah London, sinalou nun comunicado que esta operación forma parte da revisión da súa estratexia para as súas divisións internacionais. Así, destacou que esta transacción representa \"outro fito importante\" no \"plan de creación de valor e revisión continua da carteira\". A sanidade privada aumenta a súa actividade na Galiza e xa representa 26,5% da atención hospitalaria London destacou Vivalto Santé como \"un socio líder no coidado da saúde en Europa, quen creo que está mellor posicionado para impulsar o crecemento e realizar investimentos adicionais en Ribera Saúde para que poida continuar brindando atención de alta calidade aos pacientes en todo o mundo\". Vivalto Santé é a terceira empresa hospitalaria privada máis grande de Francia, opera máis de 50 hospitais privados e está controlada por Vivalto Partners, unha firma europea de capital privado dedicada á industria da saúde. Máis de 1.000 médicos tamén son accionistas do grupo. Cando só gaña o negocio da sanidade privada Centene ten a intención de utilizar a maioría dos ingresos netos da venda para recomprar accións e o resto para reducir a súa débeda."}
{"ID": "NOS_43602", "summary": "O vídeo do profesor de Económicas da Universidade de Compostela Luciano Méndez en que atacaba con dureza a muller vítima da Manada foi hoxe contestado por ducias de alumnas e alumnos. Concentradas perante o reitorado, na praza do Obradoiro, esixiron a expulsión do docente.", "text": "Méndez, que xa fora sancionado en 2016 por realizar comentarios machista nas aulas, pendurou unha gravación nas súas redes sociais en que defendía os cinco homes condenados a nove anos de prisión por \"abusos sexuais\" e chegaba a firmar que a denuncia da muller vítima fora un intento de engano \"para conseguir a pílula do día despois\". A indignación percorreu axiña a institución universitaria. O reitorado anunciou que se lle abriría un expediente. E o alumnado convocou unha proposta ás portas da sede do goberno universitario, á que chamaron a participar as principais organizacións do estudantado."}
{"ID": "NOS_54055", "summary": "Deixará de ser primeira ministra o vindeiro 7 de xuño", "text": "O Brexit fai caer o segundo primeiro ministro británico en menos de tres anos. Após david Cameron agora é a quenda de Theresa May, que deixará o cargo o 7 de xuño. Canda o mando no goberno británico deixa tamén o luiderado do Partido Conservador, os 'torys'. Após 48 horas de constantes ruxe ruxes nos que se apontaba a esta dimisión foi a propia May, emocionada, quen compareceu perante a porta da súa residencia oficial no nº10 de Downing Street para anunciar que o deixaba. Falou do \"gran honor\" que é \"servir o país que amo\" e recoñeceu que, embora \"facer todo o que puiden\" para \"negociar as condicións do Brexit\", non foi quen de \"fechalo\". \"Fallei 3 veces\", concluíu. A noticia prodúcese cando a cidadanía de Reino Unido xa está votando (empezou esta quinta feira) nas eleccións europeas. O referendo do Brexit logrou o apoio maioritario no Reino Unido a marchar da UE, embora en territorios como Escocia e Irlanda do Norte gañou a outra opción: permanecer na Unión Europea."}
{"ID": "NOS_45529", "summary": "Na xuntanza prepararase a axenda de mobilizacións para o presente 2015. Está prevista a asistencia de representantes das distintas organizacións que apoian as MMDD de todo Estado español.", "text": "Cangas do Morrazo acollerá este sábado, 17 de xaneiro, a Asemblea de coordinación a nivel estatal das Marchas da Dignidade, unha xuntanza co obxectivo de \"preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015\". Esta asemblea vai ter lugar en sesións de mañá e tarde no salón de plenos do Concello de Cangas, e está restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios. Segundo informaba hai uns días o portal da CUT, prevese a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo Estado español que compoñen este movemento. Xa confirmaron a súa asistencia representantes de sindicatos como a CNT, CGT, o ESK vasco ou o SAT andaluz, entre outros. Tamén edstarán nesa cita en Cangas representantes doutras entidades, como Attac. Acto de apoio O día antes desa asemblea, a sexta feira 16 de xaneiro, haberá en Cangas un acto de apoio ás Marchas da Dignidade. Será a partires das 19:30 no Concello da vila e tomarán parte o escritor e poeta Pepe Álvarez Cáccamo, o secretario xeral da IAC de Catalunya, Lluís Blanco, a portavoz de Red Roja, Nines Maestro, Javier García do SAT, o secretario xeral do SF-CI Rafa Escudero, Ginés Fernandez da Fronte Cívica, J.M. Políz secretario xeral da CGT e Manolo Camaño, da CUT."}
{"ID": "NOS_39890", "summary": "Segundo comunica a Xunta, non hai novos positivos. A residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar segue a ser o principal foco nestes centros.", "text": "Nestas últimas horas, 30 residentes do centro asistencial do Incio, intervido pola Xunta desde finais de agosto, recibiron a alta. Sen máis casos positivos os activos pola Covid-19 nas residencias galegas baixaron a 424. Os datos da Consellaría de Política Social, actualizados a última hora deste sábado sinalan que a residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar, tamén intervida, mantense como principal foco con 153 maiores infectadas, despois de que este sábado se coñecese o contaxio doutras 41 anciáns. Tras este está o centro DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, con 130 internos cunha PCR positiva. Tamén contan con grandes grupos de residentes con coronavirus a residencia Val de Monterrei, con 57, e a Nosa Señora do Viso de Lobeira, con 33. Ademais, a residencia Santa Marta de Vigo conta con 13 maiores infectados; a do Incio contabiliza 12 despois de curarse unha trintena nas últimas horas; e Las Salinas de Ourense ten 11. Finalmente, hai casos positivos na Torrente Ballester da Coruña (5), na Ballesol de Oleiros (3), en DomusVi Coruña de Culleredo e a Virgen Blanca (con 2 cada unha); e a residencia de Arteixo, os apartamentos tutelados do Incio e a Nosa Señora dúas Milagres de Barbadás (un caso cada unha). Traballadoras e traballadores contaxiados En relación ao persoal das residencias con Covid-19, mantéñense en 138 en total, ao non rexistrarse ningún alta nin ningún novo positivo nas últimas 24 horas. Así, o cadro con máis positivos de coronavirus é a dos Gozos, con 29 empregadas, seguida de 20 en DomusVi Outeiro de Rei; 16 en Val de Monterrei; 17 en Nosa Señora do Viso; e nove no Incio. Las Salinas de Ourense conta con catro traballadoras con Covid-19, mentres a Nosa Señora do Socorro de Arnoia e a Virxe Branca teñen tres. Da mesma maneira, con dous casos sitúanse as residencias Ballesol de Oleiros; DomusVi Coruña; Fundación José Otero de Compostela; Orpea Lugo; Casa Grande de Maside; Residencia San José de Ourense; Nosa Señora do Rosario da Cañiza; e o CRAPD Vigo I. E cun positivo entre os seus traballadores atópanse as residencias El Pinar de Culleredo; Fogar residencial Nosa Señora do Carme de Fisterra; Porta do Camiño de Compostela; Volta do Castro da capital galega; Residencia Os Tercios de Touro; Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove; Nosa Señora dos Milagres de Barbadás; Residencia de maiores con dependencia do Carballiño; DomusVi Barra de Miño de Coles; Quercus de Leiro, Vivenda Comunitaria Dacon de Maside; Santa María de Melón; Virxe da Clamadoira de Muíños; Fogar Santa María de Verín; Santiago Apóstolo de Vilamarín; Campolongo; DomusVi Ribadumia; CRAPD Vigo II; Fogar Residencial Vistahermosa de Vigo e Residencia Xeriátrica Albi-Beade. Centros de discapacidade En relación aos centros de atención a persoas con discapacidade na Galiza, continúan unicamente cun usuario e 10 traballadoras con Covid-19. Deste maneira, o único usuario coa enfermidade localízase na Residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, onde tamén hai catro traballadoras infectadas. A residencia de adultos Pai Menni de Betanzos mantén tres traballadoras infectadas e tamén hai un no CAPD A Coruña, na residencia Juan Vidán Torres de Compostela e no San Vicente Paúl de Lugo, respectivamente."}
{"ID": "NOS_13389", "summary": "Nas montañas da Galiza é a segunda das sinfonías creadas polo violinista e compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar de Prata, Arxentina, 1959). Escrita entre 1917 e 1919, exemplo de restauración culta, académica, das músicas populares, Gaos nunca a viu interpretada. A estrea sería o 28 de xullo de 1974 dentro das xornadas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires co gallo do centenario do músico. Un ano máis tarde pasaría polo Teatro Colón da Coruña, dirixida por Rogelio Groba. A Orquestra Sinfónica da Galiza executaríaa en diferentes ocasións.", "text": "É agora outro compositor, o mestre Joám Trillo, quen transcribe e revisa as partituras da Sinfonía nº2 Nas montañas da Galiza. O obxecto, a súa coedición entre a editorial viguesa Dos Acordes e a Xunta na colección Ars Gallaeciae Musicae. O volume ofrece, segundo a nota remitida polo Goberno galego, «nova información sobre a obra», e incorpora unha introdución a cargo do musicólogo Carlos Villanueva, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. A iniciativa cadra co Ano Gaos, declarado pola mencionada universidade no 60 cabodano do pasamento do compositor. Andrés Gaos formouse entre a súa Galiza natal, Madrid, París e Bruxelas. Residiu durante décadas en Bos Aires, e alí tamén exerceu a docencia. Como concertista especializouse no violín. Configurou un repertorio de máis de 70 obras, entre elas a Sinfonía nº1, Aires galegos, Romanza para Violino e Piano, Elexía para piano e violín, dedicada ao seu amigo o catalán Pau Casals ou Impresión nocturna. Non é tampouco a primeira vez que o mestre Joám Trillo se enfronta á obra de Gaos. No seu día revisou e adaptaou pezas como a mencionada Impresión nocturna, Amor vedado ou Allegro para violino e orquestra."}
{"ID": "NOS_28484", "summary": "O Constitucional admite a trámite os recursos de PP e Vox para anular a norma que limita a capacidade do Poder Xudicial de facer nomeamentos se está en funcións. Até catro maxistrados teñen o mandato caducado desde 2019, polo que de revogar a lei poderían manter a maioría conservadora.", "text": "Tras a decisión do Goberno estatal de limitar a finais de marzo a capacidade dun Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) en funcións de facer nomeamentos, cando se dispuña a seleccionar maxistrados para o Tribunal Supremo, tanto o Partido Popular (PP) como Vox presentaron recursos de inconstitucionalidade. Na xuntanza do Tribunal Constitucional, que rematou a quinta feira, o pleno da maxistratura decidiu admitir a trámite os recursos, abrindo a porta a suspender unha medida que permitiu frear a actividade dun Poder Xudicial con maioría conservadora -acordado durante a etapa de Mariano Raxoi á fronte do Estado español- e que xa fixera 78 nomeamentos de postos chave na maxistratura nos case tres anos que leva co mandato caducado. Estas posicións non poderán ser modificadas até dentro de varios anos a pesar do cambio na correlación de forzas no Congreso nas últimas eleccións. Entre os postos cuxa renovación quedou bloqueada pola decisión gobernamental, están catro xuízas e xuíces do propio Constitucional que actúan en funcións desde novembro de 2019, como é o caso do presidente do tribunal, Juan José González Rivas, e a vicepresidenta, Encarnación Roca. Nesta semana, fíxose público que o CXPX estudar trasladar xuíces da Sala Militar do Supremo á do Contencioso-Administrativo para manter a operatividade do tribunal. Asemade, os seus membros negáronse a dimitir para forzar o PP a negociar a renovación, pola que tamén agarda o Tribunal de Contas ou a Defensoría do Pobo. Defectos formais Nas alegacións que sosteñen o recurso, PP e Vox cuestionan que a tramitación parlamentaria da norma que limita a un Poder Xudicial en funcións iría en contra da Constitución por defectos formais. Tamén argumentan que vulnera a independencia xudicial. Despois da admisión, a maxistratura informou o Congreso, o Senado e o Goberno español para participar no proceso. Preparan unha sentenza en contra da suspensión do Congreso pola Covid-19 Outro dos recursos de Vox presentados en contra da actuación do Executivo estatal durante o comezo da pandemia de Covid-19, está preto de recibir unha sentenza favorábel por parte do Tribunal Constitucional, confirmou Europa Press, neste caso para impugnar o acordo da Mesa do Congreso polo que se suspendeu a actividade lexislativa poucos días despois de entrar en vigor o primeiro estado de alarma. No pleno da maxistratura, a maioría conservadora impuxo o seu sentir, a pesar de que a proposta do xuíz Antonio Narváez consistía en desestimar o recurso. O fallo definitivo agárdase para outubro. Do 19 de marzo ao 13 abril de 2020, a Mesa pactou suspender as respostas do gabinete e a presentación de emendas a proxectos e proposicións de lei."}
{"ID": "NOS_16702", "summary": "Con motivo do Día mundial das Montañas, o sábado, 11 de decembro, a Coordinadora \"Eólica, Así Non\" apoiada en máis de 170 colectivos de toda a Galiza convoca a sociedade galega a unha \"nova grande mobilización\" fronte a actual \"invasión\" eólica baixo o lema \"Na defensa das montañas. Eólica Así Non\".", "text": "A Coordinadora \"Eólica Así Non\" retoma as protestas após a mobilización masiva que concluíu o 5 de xuño na praza do Obradoiro de Compostela. Farao o 11 de decembro, en varios puntos da Galiza, para \"facer fincapé na necesidade cada vez máis urxente de paralizar todos os proxectos eólicos que están en tramitación, tanto na Xunta como no Estado, até que non se derroguen o desfasado Plan sectorial eólico da Galiza e as Leis de depredación\", advirten nun comunicado de prensa. Reclaman, tamén, o deseño, dunha planificación eólica \"máis xusta coa sociedade galega, o noso rural e a contorna ambiental\", pois entenden que \"estamos deixando en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio\". Cifran en máis 300 os \"megaproxectos eólicos\" que están en tramitación, e que en total proxectan 10.000 MW de potencia, o que equivalería ao 43% do obxectivo en potencia eólica para 2030 en todo o Estado español. \"Lembramos ademais, que Galiza exporta máis do 30% da electricidade que produce\", salientan. Unha moratoria \"falsa\" Por outra banda, advirten de que a \"mal chamada moratoria eólica\" da Xunta da Galiza \"non dá resposta a ningunha das nosas reclamacións\". \"Pola contra, promove a confusión na opinión pública e pretende desmobilizar a sociedade crítica coa actual invasión eólica\". A medida, que cualifican de \"falsa\" e de \"inefectiva\", \"só afectaría os proxectos que inicien a súa tramitación no ano 2022 (e con excepcións), pero non tería eficacia sobre ningún dos máis de 300 proxectos eólicos que xa están en tramitación\". Ademais, alertan de que pode acontecer o mesmo que coa moratoria do eucalipto, \"a falsa moratoria eólica do PP podería estar provocando un efecto chamada, e animando as promotoras a iniciar a tramitación dun maior número de proxectos antes de que remate o ano\". 22 actos programados Neste contexto, a plataforma, que se pronuncia a favor das enerxías renovábeis, mais que é contraria ao actual modelo enerxético e á forma na que se está a concibir a implantación da enerxía eólica, convoca con motivo do Día das Montañas o 11 de decembro unha \"mobilización descentralizada por áreas xeográficas especialmente afectadas pola actual vaga eólica\". Desta maneira, daráselle visibilidade ás plataformas e colectivos da veciñanza que viven nos territorios máis directamente afectados \"por esta enxurrada incesante de proxectos eólicos\". Realizaranse concentracións e outros actos como mínimo en: Bembibre-Val do Dubra, Carral, Coristanco, Ferrol, Mazaricos, Antas de Ulla, Becerreá, Chantada, O Courel, Foz, Lugo, Meira, Vilalba, A Lama, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Marín, Pontevedra, Vila de Cruces, Castro Caldelas e Laza."}
{"ID": "NOS_7760", "summary": "O lema 'Tan diferentes como iguais' volve marcar a conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down na Galiza, unha xornada que mestura celebración e reivindicación. Dos dereitos conquistados mais dos aínda pendentes de alcanzar. Entre outros, a inclusión educativa, capaz dun beneficio persoal e social.", "text": "Este domingo, 21 de marzo, conmemórase en todo o mundo o día da síndrome de Down. Unha data simbólica escollida por Nacións Unidas en referencia á trisomía do cromosoma 21 que dá lugar á condición xenética da síndrome de Down. Cada persoa ten 23 pares de cromosomas. Mais as persoas con síndrome de Down, no par 21, en vez dous, teñen tres. Un cromosoma extra que as fai tan diferentes como iguais ao resto. Co mesmo desexo de xogar, de ir á escola, de saír coas amigas e de emanciparse. Coas mesmas ganas de facer e de aprender. Cadaquén co seu xenio, cun abano de emocións, gustos e opinións para compartir tan amplo coma o propio. Unha sociedade que mira ao futuro non pode permitir a segregación do alumnado no ensino Son e compórtanse coma calquera. E coma calquera precisan do seu tempo e de apoio para alcanzar determinados logros. Os seus dereitos son os de todas, mais non sempre recoñecidos nin atendidos. Por iso, unha vez máis, desde o movemento Down, na Galiza, planean un 21 de marzo \"moi semellante\" ao doutros anos. \"Será unha xornada de celebración e de reivindicación dos dereitos aínda por conquistar\", explica a Nós Diario o presidente de Down Galiza, Delmiro Prieto, quen recoñece barreiras pendentes de derrubar. \"E as que non son físicas son as que máis custa abater\". Educación inclusiva Neste sentido, sinala o ámbito educativo como un contorno de actuación prioritario. \"Unha sociedade que mira ao futuro non pode permitir a segregación do alumnado no ensino. De aí a nosa teima en reclamar, dunha vez por todas, unha educación inclusiva\". Nacións Unidas elaborou en 2006 unha guía para o fomento da inclusión educativa que o Estado español asumiu como propia en 2008. Mais non se chegou a desenvolver, advirte Prieto. Como vai ser a sociedade solidaria e respectuosa coa diferenza e a diversidade se non a coñece? Na actualidade, a reforma promovida baixo a denominación de Lei Celaá abre un tempo novo. \"Persoalmente gustaríame que fose máis ambiciosa, pero dou por bo o itinerario de transición previsto para a próxima década. Espero que a actuación nos centros públicos de educación sexa o suficientemente contundente para poder dar resposta a todas as necesidades de todas as persoas que acceden ao ensino ordinario. Entón poderemos falar do inicio dun proceso de inclusión real\", onde todos os nenos e nenas con distintas capacidades sexan parte do mesmo espacio físico con todos os apoios que precisan no seu propio contorno, non nun ámbito específico. Como vai ser a sociedade solidaria e respectuosa coa diferenza e a diversidade se non a coñece?, conclúe o presidente de Down Galiza. Escolarización ordinaria \"Cando temos un fillo ou unha filla nunca somos conscientes de canto nos van preocupar tantas cousas. Máis se ten unha discapacidade\", detalla Noemí Álvarez, nai dunha nena de cinco anos con síndrome de Down. \"Cando chega o momento de acceder á escola, todas as persoas reflexionan moito sobre cal é a educación mellor para os seus fillos, o sistema, o centro. Por iso é fundamental que ofrezan unha moi boa acollida. As familias que teñen un neno ou unha nena con discapacidade precisan sentirse comprendidas\", aclara, e o primeiro que escoitan moitas persoas cando chegan ao centro elixido é se esa nena ou neno non estaría mellor atendido noutro sitio, aclara. Todos os centros teñen que acoller a todos os nenos e nenas porque todos os nenos e nenas teñen o mesmo dereito a ser escolarizados \"Esa falta de receptividade non debería darse. Todos os centros teñen que acoller a todos os nenos e nenas porque todos os nenos e nenas teñen o mesmo dereito a ser escolarizados\". No seu caso, afirma Noemí Álvarez, nunca dubidaron. \"Tiñamos claro que a escolarización ordinaria era a mellor opción para a nosa nena. Ten un irmán maior e vemos como aprende de modelos positivos. Ademais, é unha nena que polo seu carácter intenta sempre superarse, facer as cousas, aprender. Deducimos que ía ser moi bo para ela\". A maiores, tiñan a convicción de que \"canto máis a coñecesen máis aceptada ía ser. Non so no ámbito educativo senón no tamén social\". Por iso acordaron escolarizala no centro que lle correspondía, o mesmo ao que vai se irmán, onde comparten amigos que despois ven fóra da escola. Os beneficios da inclusión Coñecer os nenos e nenas con Down ou outra diversidade, convivir con eles, aceptalos de forma natural malia a que teñan comportamentos diferentes, salienta Álvarez, permite construír unha sociedade mellor, moito máis respectuosa. \"A inclusión educativa real nun centro educativo ordinario é moi positiva non só para a persoa que ten unha circunstancia diferente tamén ten un impacto social\". Porque o non está presente non existe, \"mais o que está presente percíbese de forma natural\", incide. A inclusión é presenza, participación e aprendizaxe Porén esta inclusión plena, advirte, \"depende moito dos recursos. A inclusión é presenza, participación e aprendizaxe. Non ten porque ser a mesma que a do resto de compañeiros pero ten que existir\". E para que estean presentes, participen en igualdade de condicións que o resto e aprendan ao seu ritmo fan falta recursos humanos, materiais e económicos. O gran reto de apoiar e aprender da inclusión Rosa Fidel e profesora no CEP Antonio Magariños de Cambados e unha apaixonada da educación inclusiva. \"O meu sentir sempre estivo co dereito de nenos e nenas a educarse no seu contorno natural, aínda cando as crianzas con síndrome de Down permanecían nos seus cuartos sen ningunha esperanza de que puidesen aprender a ler. Era un soño que estiven nos colexios. E cumpriuse. Aí están, lendo, escribindo, contando e xogando no patio\". A escola, defende, debe ser un reflexo da sociedade. \"Aí aprenden eles, aprendemos as profes e os compañeiros. A clase mellora cando acollemos e atendemos todas as diversidades, facilitando o acceso á información mais tamén a aprendizaxe a través da convivencia\". Ese ha de ser o camiño, pero require cambios. \"Temos que deixar de lado etiquetas e diagnósticos para falar de apoio á inclusión. Non a un alumno, senón a toda a aula en conxunto, favorecendo o seu funcionamento sen exclusión ningunha\"."}
{"ID": "NOS_27515", "summary": "Os catro concelleiros do PSOE na corporación municipal de Fene facilitaron este sábado a alcaldía ao candidato do PP, Gumersindo Galego. Fixérono ao votar pola súa propia candidata, Mar Piñeiro, e non polo do BNG, Juventino Trigo.", "text": "O Bloque obtivo seis concelleiros o pasado 26 de maio e xa acadara un acordo co edil electo de Esquerda Unida. As propostas dos nacionalistas ao Partido Socialista para negociar a investidura non prosperaron e este acabou por abrir paso ao Partido Popular. O xa alcalde de Fene accedera ao posto no pasado mandato logo dunha moción de censura contra Trigo apoiada por Somos Fene. \"O PSOE impide que se cumpra a vontade, por ampla maioría, dos veciños de Fene, que querían un Goberno de esquerdas\", declarou o candidato do BNG ao rematar o pleno. Á saída da investidura houbo apupos para a concelleira socialista Mar Piñeiro."}
{"ID": "NOS_45255", "summary": "Declarado Ben de Interese Cultural, atópase agora nun dos seus peores momentos tras o derrubamento dunha parte do tellado, denuncian desde a plataforma SOS Mosteiro", "text": "SOS Mosteiro vén de denunciar \"a lamentábel situación\" na que se atopa o Mosteiro de Oia, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1931 e que, afirman, \"está nunha situación total de abandono\" por parte dos seus propietarios. A plataforma estuda presentar unha moción no pleno do concello e alega unha situación de \"ilegalidade\" ao tempo que esixe a súa expropiación, así como a posta en marcha dun plan de rehabilitación que free o seu deterioro. O proxecto de rehabilitación, que leva parado 17 anos, foi obxecto de especulación en máis dunha ocasión, denuncia SOS Mosteiro. No ano 2000 o Banco Pastor adquiría a abadía por medio dunha SA co fin de construír un hotel de luxo, proxecto que nunca se chegou a levar a cabo. A propiedade, que xa ten mudado varias veces, atópase desde 2004 en mans de Kaleido Ideas & Logistics, segundo lembra a plataforma. Un ano despois de adquirilo, a empresa crea o proxecto Residencial Monasterio de Oia, \"nun intento de diversificarse\". \"Esta empresa tamén ten o proxecto Cabo Estai en Vigo, paralizado por cuestións ambientais. Xa teñen bagaxe nestes temas\", explica un dos integrantes da plataforma. No ano 2011, o Concello de Oia recibía por parte dos propietarios do mosteiro unha proposta de convenio para a edificación de 173 vivendas na zona da abadía, a cambio da rehabilitación e recuperación do templo. A oferta económica, que alcanzaba a cifra de 111.236 de euros, pedía tamén o permiso para a construción dun hotel spa de catro estrelas. A fondo perdido Ademais, o propietario recibía por parte da Xunta unha subvención a fondo perdido de 3 millóns de euros para labores de rehabilitación e posta en valor do conxunto histórico, sempre segundo o colectivo. \"Esta subvención non estaba en ningún momento supeditada a realización da urbanización. \"Foi un auténtico pelotazo urbanístico por parte dos propietarios\", explican desde a plataforma SOS Mosteiro. \"O proxecto non contou nunca con permisos de medio ambiente e patrimonio, ademais de ser unha agresión á paisaxe, á veciñanza e aos recursos naturais da zona\", afirman. \"Aínda que o principal problema é o da traída da auga, a zona non conta cunhas condicións básicas de depuración ou saneamento para poder manter un hotel\". Ademais, engaden, \"co cambio da lei do solo, o plan mudou. Había que comezar de cero. Isto, burocraticamente, son arredor de cinco anos entre estudos, acordos, reclamacións etc.\", explica un dos membros da plataforma SOS Mosteiro. \"O concello e Oia fixo un investimento de 400.000 euros para sacar adiante o Plan Xeral de Ordeación Municipal, que agora non vale para nada\". \"Non queremos máis parches nin que se solucione o proxecto. Esiximos unha rehabilitación integral e fondos públicos para facelo\" \"Non queremos máis parches nin que se solucione o proxecto. Esiximos unha rehabilitación integral e fondos públicos para facelo\". A plataforma indiva que o propietario do mosteiro, \"ameaza agora con demandar ao concello por ter perdido estas subvencións\". \"Non importa o máis mínimo o estado do mosteiro, nin ao propietario, nin ao concello, nin á Xunta\", reclaman. \"A alcaldía de Oia estivo maioritariamente gobernada polo PP, que ten moi boa relación co propietario do mosteiro, polo que non fixeron nada para parar esta situación\", sinala unha veciña da zona. \"Hai unha deixadez total por parte do concello. Alegan descoñecer a situación do mosteiro, cando o despacho da alcaldesa está xusto en fronte\", quéixanse. \"Por parte da Xunta, máis do mesmo\". Deterioro Lamentan que \"ata hai pouco, facíanse visitas organizadas por unha asociación que se chama Amigos do Mosteiro. Deixáronse de facer porque supón un risco que vaian visitantes. Está tan deteriorado que en calquera momento pódese vir abaixo\". A situación xeográfica do mosteiro tampouco axuda: \"Ao estar tan pegado ó mar, sopra moito o vento. Despois do último temporal hai aínda máis desperfectos\", explican. A organización SOS Mosteiro ten escrita unha moción que se presentará proximamente no pleno do concello. Na moción, a plataforma esixirá ao concello \"que a alcaldesa actúe\". \"Estamos ante un Ben de Interese Cultural e os propietarios non fan nada para mantelo. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (Lei 5/2016, 4 de maio) recolle que no caso de que un ben destas características non se poda manter polos seus propietarios, deberá ser cedido ás administracións públicas para evitar o seu deterioro\". \"Parece que se está esperando que o mosteiro se veña abaixo para derruílo e facer enriba del o que lles pete\", conta unha das integrantes de SOS Mosteiro. Desde a plataforma, \"esiximos a expropiación e rehabilitación do mosteiro\"."}
{"ID": "NOS_666", "summary": "Semella a \"maría\" dos procesos electorais. Mentres as elites europeas preparan unha operación de \"chapa e pintura\" do proxecto europeo para que nada mude, a cidadanía desenténdese duns comicios que, malia todo, testemuñarán o malestar que percorre o continente. A Unión Europea sométese ao veredicto das urnas. Eis un extracto da información publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "Acampaña electoral europea bascula entre a inercia xeneralizada e a falta de fondura política. O descoñecemento, ocultación e distancia arredor dos asuntos e decisións das institucións comunitarias e a escasa relevancia política do Parlamento europeo son algunhas das razóns que explicarían este comportamento. O conglomerado institucional da Unión Europea, pero tamén a experiencia do seu funcionamento nas últimas décadas, certifica a incapacidade do Parlamento para definir as políticas da zona euro, adoptadas en órganos de decisión non suxeitas a ningún tipo de control democrático, como son a Comisión, o Consello, o Eurogrupo e o Banco Central. A Unión Europea realmente existente está enfrontada coa democracia. A negativa das autoridades comunitarias a respectar a opinión popular cando esta entra en contradición co seu modelo de Europa –como aconteceu con motivo do referendo do Tratado Constitucional (entre 2004 e 2006) e de Lisboa (2007) en diversos países europeos–, a limitación das funcións do Parlamento a simple instrumento de fiscalización previa e a transferencia como norma da iniciativa lexislativa á Comisión, quebrando o principio básico dos réximes parlamentares ou os poderes reforzados dos órganos executivos e xudiciais non deixan dúbidas ao respecto. A arquitectura institucional da Unión é paradigmática do modelo neoliberal, orientado a baleirar de contido o poder lexislativo, tanto no proceso de toma de decisións como na súa capacidade de control sobre o executivo, comprometido con gobernos dirixidos polas elites e os tecnócratas e onde a democracia pasa a ser sospeitosa, até o punto de considerarse un luxo o goberno da maioría. As políticas económicas comunitarias son dabondo coñecidas na Galiza. O proceso de reconversión industrial que laminou primeiro o sector da construción naval e posteriormente limitou a súa actividade, o desmantelamento do complexo agrario que abriu a porta á desertización do medio rural ou a redución da capacidade de capturas e de man de obra ocupada na actividade pesqueira son consecuencia directa dos deseños europeos. Malia os efectos que puidese ter na resultante final os termos nos que se concretou a integración do Estado español na Comunidade Económica Europea, en 1986, derivados da ausencia de peso político do país, o escenario último está ligado á particular división do traballo na zona euro, dirixido a unha especialización produtiva que garante os intereses do seu centro en detrimento da periferia. [Podes ler a información íntegra no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_53506", "summary": "Este galardón busca recoñecer á mellor xogadora de universitaria no seu último ano. A votación está aberta por internet até o día 22 de marzo.", "text": "A baloncestista galega Blanca Millán quedou entre as dez finalistas aos \"Senior Class Award\", un premio que nos Estados Unidos de América (EUA) recoñece as mellores xogadoras de último ano nas universidades. \"Xa foi toda unha sorpresa para min estar nesta listaxe e, por suposto, unha honra porque non só é un recoñecemento como deportista senón tamén como estudante e como referente en acción social da miña contorna\", recoñece en conversa desde Maine a Nós Diario. Unha lesión que a mantivo fóra da cancha, e a propia pandemia da Covid-19, non foron quen de baixar o seu nivel e agora podería chegar a ser a primeira galega en conseguir este galardón. Millán chegaba á Universidade de Maine en 2016 procedente de Compostela e aproveitou estes anos para graduarse en Kinesioloxía e Educación Física. A deportista de Ames amósase satisfeita de quedar finalista deste galardón \"rodeada das mellores xogadoras seniors do país tanto que moitas delas soan con forza nos primeiros postos no ránking do draft para a asociación nacional de baloncesto feminino (WNBA)\". Por este motivo cre que é \"moi difícil que consiga o premio final\" mais aínda así afirma que \"xa me sinto moi recoñecida por estar entre esas 10 finalistas e por todo o apoio que me está a chegar desde a Galiza\". Votación profesional e popular Na votación contan por igual, un terzo cada un, os votos de xornalistas especializados, adestradores e a que xa está aberta por internet. A través desta última a xogadora xa recibiu moitos apoios desde Galiza. \"Sei que me están votando e aproveito para agradecelo desde aquí\", sinala Millán. O período de votación estará aberto até o día 22 de marzo e ao feche desta edición a xogadora estaba situada en terceiro lugar, despois de Rennia Davis (Universidade de Tennessee) e Arella Guirantes (Universidde de Rutgers). Para chegar a ser finalista tívose en conta varios méritos, ademais dos deportivos, como a participación en actividades de apoio a estudantes de primeiro ano. O galardón entregarase na final da asociación Nacional Deportiva Universitaria (NCAA) que terá lugar en San Antonio, e o seu equipo, os Black Bears de Maine, é un dos candidatos a estar presente por figurar xa clasificado para a semifinal dos play offs, que se disputarán os días 6 e 7 de marzo."}
{"ID": "NOS_45761", "summary": "O ateneu 'Aquén Nós' replica ao presidente do Centro Galego de Barcelona, que manifestou que os galegos eran contrarios á consulta, que \"non representa a tod@s @s galegos en Catalunya\".", "text": "O ateneu galego de Girona 'Aquén Nós' defende o dereito de Catalunya a decidir o seu futuro. Unha postura que parte da lóxica de que defenden ese mesmo dereito para Galiza. As declaracións de Manuel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, a un xornal español no que se posicionaba contra a consulta do pobo catalán; \"non son representativas dos galegos en Catalunya\". Para 'Aquén Nós', e así o manifesta no seu blog, Carrete confunde deliberadamente as súas opinións persoais coa representación que ocupa, pois tamén é vice-presidente da Federación Galega de Entidades Galegas en Catalunya. Aliás, repróchanlle \"a súa afección a se fotografiar con cargos do PP en Catalunya acompañando ao presidente da Xunta\". Por último, pídenlle que se centre en garantir a transparencia e a pluralidade no centro galego da cidade condal."}
{"ID": "PRAZA_2850", "summary": "A xuíza chama a declarar á muller que demandou o presidente do PP provincial e pide á Fiscalía as gravacións das conversas. A aceptación da denuncia coloca nunha complicada situación o barón ourensán en plena campaña electoral.", "text": "O xulgado de instrución número 3 de Ourense vén de citar a muller que denunciou a José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, para que declare sobre a súa acusación sobre o tamén presidente do PP provincial, ao que denunciou por terlle ofrecido un posto de traballo a cambio de manter relacións sexuais con ela. A Fiscalía arquivara o caso, pero a xuíza admite agora a denuncia e pide ao Ministerio Público unha copia das gravacións A Fiscalía arquivara o caso ao non ver delito, pero agora a xuíza inicia as pescudas logo de que a muller acudise directamente ao xulgado pola vía da instrución nunha segunda denuncia. Ademais, a maxistrada pide ao fiscal que lle achegue unha copia das gravacións coas conversas entre a muller e o político e que fixera públicas en exclusiva eldiario.es. Este novo avance no caso -a aceptación da denuncia, a citación da muller para declarar e a petición á Fiscalía das gravacións- colocan a José Manuel Baltar nunha complicada situación logo de que o arquivo das dilixencias de investigación por parte do Ministerio Público alimentase as súas esperanzas de que todo quedase en nada. De feito, o PP dera o caso por \"pechado\" e mesmo o presidente da Deputación anunciara, sen citalos, que membros da oposición lle pediran desculpas. Pero o proceso segue en plena campaña, na mesma onde incluso a vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, acompañou o presidente da Deputación nalgún acto. A demanda xudicial da muller ampliara o relato dos feitos, que é máis exhaustivo. Así, por exemplo, a denunciante explica no seu escrito que coñeceu a Baltar no marco do congreso no que foi designado presidente provincial do PP en substitución do seu pai, José Luis Baltar, o mesmo no que votaron as 104 persoas que, segundo a Xustiza, foron enchufadas polo patriarca do clan na Deputación poucos días antes do conclave. A denunciante tentará agora poñer sobre a mesa elementos como as mensaxes de móbil intercambiados co barón ourensán e os cales, asegura sorprendida, non lle foron requiridos polo fiscal, se ben este asegura que os tivo en conta. Deste xeito, está agora en mans do xulgado decidir se ten en conta o que a denunciante presenta como probas e se, como ela reclama, cita a Baltar a declarar. De ser citado, unha das posibilidades sería que o fixese en calidade de investigado, o que popularmente se segue coñecendo como imputado, por presuntos deltios de acoso sexual, prevaricación e violencia de xénero, os aludidos pola demanda. A ausencia de accións xudiciais contra Baltar foi o parapeto empregado por Alberto Núñez Feijóo para non emprender accións contra el no seo do PP galego nin reclamarlle a súa marcha da presidencia da Deputación."}
{"ID": "PRAZA_741", "summary": "A Real Academia Galega de Belas Artes instituíu esta xornada como Día das Artes Galegas, unha data xa celebrada polo colectivo A Nave das Ideas entre 2011 e 2013, en homenaxe a Urbano Lugrís, María Casares e Xesús Bal y Gay.", "text": "Hoxe é o Día das Artes Galegas. A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu instituír esta conmemoración, que se celebrará todos os anos neste día, para \"exaltar, divulgar e promover a creación artística en Galicia\". A efeméride lembra a data (en 1188) \"constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo\". Así pois, é o propio Mestre Mateo a figura que protagoniza as celebracións impulsadas pola Academia de Belas Artes, que elaborou un cartaz para a ocasión no que o creador do Pórtico é retratado por Miguelanxo Prado. \"País de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro\", destacan dende a Academia para sinalar a oportunidade de dedicarlle unha data fixa ás artes e aos e ás artistas galegas. Cómpre lembrar que a celebración ten un precedente, entre 2011 e 2013, na organización por parte do colectivo A Nave das Ideas dunha serie de actos ao redor do Manifesto do Día das Artes Galegas e en homenaxe a Urbano Lugrís, María Casares e Xesús Bal y Gay. Aquel manifesto, asinado por Abe Rábade, Aíd, Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Luís Iglesia Besteiro, Patricia de Lorenzo, Ángel de la Cruz, Andrea Costas, Uqui Permui, Gonzalo Vázquez, Isabel Aguirre ou Manuel Caamaño, buscaba poñer en valor as creacións culturais galegas en todos os eidos: \"queremos pór en valor o que somos, situar na comunidade a creación que realizamos, identificarnos co gran diálogo público-artista que outorga existencia a toda obra\". \"Recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística\" Así mesmo pedía non limitar \"a nosa mirada\" ás letras: \"recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística. Non desexamos ocultar nada, antes ben, pretendemos iluminar este grande espazo cultural\". Reivindicaba, en definitiva, \"o sempre dificilmente delimitable territorio da arte\" como aquilo \"que abrangue desde a artesanía até o deseño industrial, recollendo toda expresión artística, sexa cal for. Abrazámolo na súa totalidade e integridade\". \"Por iso facemos a reclamación global do Día das Artes Galegas\", concluía. Aínda que o manifesto foi difundido en 2012, xa o ano anterior celebráranse, en paralelo en Vigo en na Coruña, unha serie de actos en homenaxe ao pintor Urbano Lugrís, xa coa reivindicación do Día das Artes presente: \"Rachemos coas fronteiras do Día das Letras Galegas para crearmos o Día da Artes Galegas. Invadamos toda Galicia de arte, convertamos o Día das Artes Galegas na causa da cultura galega\", sinalaba o chamamento. En 2012 a actriz María Casares foi a protagonista dos actos, celebrados en Vigo. E en 2013 foi a quenda do músico Xesús Bal y Gay. Para Manuel Bragado, a celebración supón \"unha ollada transversal, modernizadora e vivificadora da cultura galega, aínda moi ancorada nos límites do fenómeno literario\" Como destacaba este luns Manuel Bragado no seu blog, \"este Día das Artes Galegas da Academia de Belas Artes, como a proposta que hai varios anos xa fixera A Nave das Ideas\" supón \"unha ollada transversal, modernizadora e vivificadora da cultura galega, aínda moi ancorada nos límites do fenómeno literario\". \"Celebrar a nosa creación artística no seu conxunto, sexa a literaria, a musical, plástica, dramática, cinematográfica ou transmedia, supón unha oportunidade para que a cultura galega recupere azos e alento en tempos moi difíciles como os que vivimos\", engadía."}
{"ID": "NOS_51844", "summary": "As candidatas Carme Adán (Nós Candidatura Galega), Yolanda Díaz (En Marea) e Pilar Cancela (PSdeG) debateron na Nave de Vidán, nun confronto dialéctico no que se expueron as respectivas propostas sobre catro blocos temáticos: economía e traballo, política internacional, dereitos sociais e liberdades públicas e Galiza ante o debate territorial.", "text": "Galiza e o seu papel nunha lexislatura que virá marcada pola cuestión territorial foi o ponto álxido do debate que decorreu na mañá desta segunda feira na Nave de Vidán (Compostela) e no que tomaron parte das candidatas Carme Adán (Nós), Yolanda Díaz( En Marea) e Pilar Cancela (PSeG), con arredor de 30 persoas como público asistente. As candidatas de PP e Ciudadanos optaron finalmente por declinar a súa participación neste acto, embora ter confirmada asistencia, o que foi cualificado por Cancela como \"covardía democrática\". O papel que lle cómpre xogar a Galiza na axenda territorial evidenciou os diferentes posicionamentos das forzas presentes. Para Carme Adán, o dereito de Galiza a decidir como nación é o alicerce da cuestión, un dereito que non recoñece a Constitución, \"polo que non a apoiamos no 78 e non a apoiamos tampouco agora\". A candidata de Nós pula por un proceso constituínte desde Galiza e sitúa a formación pola que é candidata como a \"única garantía\" de que o país estea presente \"sen interferencias\". Yolanda Díaz apelou á necesidade de camiñar cara a un novo escenario no que \"todos poidan decidir libremente o que queiran ser\" e afirmou con rotundidade que a \"Constitución está morta\". Foi a socialista Pilar Cancela a menos crítica coa 'Carta Magna'. Embora recoñeceu que é necesario abordar unha reforma, incidiu en que contén \"elementos válidos\" e que foi quen de garantir \"37 anos de estabilidade democrática\". A candidata do PSdeG pola provincia da Coruña cualificou o PSOE como \"federalista\", ao tempo que aceptou sen problema a etiqueta de \"estatalista ou españolista\", se ben enfatizou que no cerne do seu ideario está tamén o \"galeguismo\". En Marea e Nós, a un mesmo grupo parlamentar? Foi neste bloco temático que Yolanda Díaz apuntou o seu desexo que de ter representación Nós e En Marea ambos poidan conformar un \"grupo parlamentar propio galego\". Adán lembrou que Nós, desde o proceso do seu nacemento, tivo como un dos seus alicerces a defensa e conquista dun grupo parlamentar. En todo caso, puxo moito a énfase en que a súa é \"unha candidatura\" sen ataduras con ningunha forza estatal. Economía e Traballo Foron estas cuestións, Economía e Traballo, as que abriron o #SermosDebate na Nave de Vidán. Adán, Díaz e Cancela coincidiron no retrato da situación económica galega, con desemprego, precariedade e temporalidade en niveis insoportábeis e sectores fulcrais (do naval á pesca, pasando polo gandeiro...) en grave risco. Para a candidata socialista, o fomento das políticas activas de emprego e a aposta nos \"sectores estratéxicos\" e ter claro \"o modelo de país\" e \"de desenvolvemento\" a ter son cuestións chave. Yoanda Díaz puxo sobre a mesa propostas como a renda mínima para quen non traballo e a renda complementaria para os traballadores con salarios precarios; alén de defender \"un novo sistema tributario no que paguen os que máis teñen\" e avogar pola necesidade de baixar o IVE a produtos de primeira necesidade. \"Debemos poñer a economía ao servizo das persoas\", remarcou a candidata de 'En Marea', que tamén falou de crear un instituto financeiro público. A aposta nos sectores produtivos, a reindustrialización de Galiza nos seus sectores máis fortes e a aposta no I+D+i constitúen para Carme Adán tres eixos básicos para o noso país e reverter a situación actual, marcada polo paro, a precariedade e a emigración, nomeadamente entre a mocidade. A nacionalista falou de propostas concretas, como libertar de peaxes a AP9 ou a tarifa eléctrica galega, que repercutirían favorabelmente na economía e nas persoas. Tamén abordou a necesidade de emprender accións que rematen coa fenda salarial entre homes e mulleres. Política Internacional O bloco de Política Internacional deu para debater sobre que papel xoga (e o que debería xogar) Galiza nese campo, mais tamén a Unión Europea como modelo ou o combate 'contra o terrorismo'. O 'Non á guerra' foi defendido polas candidatas, mais con diferenzas. Para Cancela o atentado de París é \"un acto terrorista e Europa debe responder unida a través da política\". Unha UE que a candidata do PSdeG defendeu reivindicando \"esa Europa dos dereitos sociais, referente en todo o mundo\". Sobre o papel de Galiza no ámbito internacional, lembrou que as relacións exteriores son competencias exclusivas do Estado, e que así o dispón a Constitución, se ben se amosou partidaria de debater esta cuestión nunha eventual reforma da Carta Magna. Para Carme Adán \"o pacifismo\" do nacionalismo galego lévalle a denunciar que tras as guerras o que moitas veces se oculta \"é a vontade de expolio e dominio doutros países\". Canto ao papel de Galiza, Adán criticou que Galiza non poida ter ningún tipo de cooperación ou relación con quen o Estado español non as teña, o que mingua as capacidades do país. \"O marco das nosas relacións exteriores deberíase marcar desde aquí e non que nolas marquen en Madrid\", dixo, avogando por \"un novo marco\" de relacións internacionais no que Galiza \"estea como nación\". Yolanda Díaz cargou contra a \"hipocresía\" de quen fala de terrorismo para despois vender armas. A candidata de En Marea abordou a necesidade de opoñer á guerra, mais tamén a aqueles tratados e acordos que conleven pobreza e desigualdade entre os pobos e ataque ás maiorías sociais, citando o TTIP. Tamén avogou por traballar a todos os niveis por poñer couto e fin \"aos paraísos fiscais\". E o euro? Neste bloco de política internacional houbo unha pregunta a maiores: se a raíz da experiencia de Syriza hai marxe de manobra para outros modelos dentro do euro. Carme Adán manifestou que \"a Unión Europea non é o modelo, vai contra a igualdade dos pobos e das persoas\", situando o euro como \"instrumento deseñado para uns intereses que, desde logo, non son os dos pobos e da maioría social\". Tamén Yolanda Díaz se manifestou con rotundidade contra o euro: \"Neste modelo de euro non hai saída. Nin para Galiza nin para os pobos do sur de Europa\", avogando porque \"as esquerdas\" dean \"o debate\", denunciando que \"as políticas de austeridade e défice cero foron armas de destrución masiva\". Pilar Cancela expuxo outra opinión. \"Apoiamos a UE, a dos dereitos e liberdades\", sinalou, para a seguir recoñecer que \"agora son outros os intereses que priman\" na Unión Europea, mais confiando que a medida que \"vaia habendo gobernos de esquerdas\" se podan ir recuperando os valores citados ao principio. \"O modelo da UE debe reconfigurarse\", dixo, \"mais segue a ser unha ferramenta importante\". Dereitos sociais e liberdades públicas Houbo coincidencia en denunciar o acontecido nestes catro anos de goberno de Mariano Rajoy, unha lexislatura que laminou dereitos e liberdades. As tres mulleres abordaron os dereitos sociais desde unha visión ampla, falando de educación, sanidade ou igualdade, tres eidos nos que o retroceso, coincidiron, foron máis que notábeis. \"A política de Mariano Rajoy arrasou con todo no eido social\", dixo Carme Adán. Agora é momento de nos preguntar \"que sociedade queremos\" e para conformar unha verdadeiramente xusta e libre a aposta debe ser \"na educación e sanidades públicas, na igualdade\". \"Nós somos a candidatura de Galiza e a candidatura contra os recortes\", dixo. A candidata de En Marea apelou a acabar e reverter os procesos de privatizacións na sanidade e na educación. Cancela presentou o PSOE como o partido que \"garante a igualdade de oportunidades, esa é a pedra angular da sociedade que queremos\". Minuto de Ouro Como broche do #SermosDebate cada unha das intervintes tivo o que se coñece como o 'minuto de ouro', 60 segundos nos que resumir a mensaxe que queren transladar. Comezou Pilar Cancela, afirmando que \"estamos no momento de decidir que modelo de sociedade queremos\" e que \"a alternativa\" para mellorar a situación pasa por \"un goberno de esquerda\" e aí a chave é, engadiu, o PSOE. \"O cambio xa está en marcha\", sinalou Yolanda Díaz, \"do que se trata é de materializar ese cambio que ten rostro cidadán\". A candidata de En Marea dixo que o fulcral \"non é cambiar o goberno, senón cambiar o país\". E culminou: \"Nestas eleccións trátase de defender a vida\". Carme Adán defendeu a necesidade de ter no Congreso unha forza que teña \"o corazón, as mans, a cabeza e os pés en Galiza\" e que iso non se atopa nun \"bipartidismo a catro que é máis do mesmo\"."}
{"ID": "NOS_48400", "summary": "Arredor dun milleiro de persoas procedentes das comarcas de Pontevedra, Terra de Montes e O Morrazo concentráronse hoxe diante da Delegación da Xunta da Galiza en Pontevedra para protestar contra o desenvolvemento eólico promovido polo Goberno galego.", "text": "A mobilización, convocada por entidades integradas na plataforma Eólicos Así Non, contou cunha participación procedente, na súa maior parte, daquelas localidades máis afectadas polas instalacións eólicas, destacando os catro autobuses fretados polo Concello de Ponte Caldelas. Precisamente nesta localidade, preocupa o parque eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade, onde se prevé levantar un complexo cunha potencia instalada de 30 megawatts e aeroxeradores de 200 metros de altitude, algúns dos cales localízanse a menos de 500 metros das vivendas Terra de Montes Félix González, membro da plataforma Eólicos Así Non de Cerdedo-Cotobade, expresa a Nós Diario a súa preocupación pola situación xerada por este complexo e lembra que no seu concello están previstos 14 proxectos eólicos diferentes. González lamenta con \"tristeza\" a ausencia na protesta do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e valora \"moi positivamente a mobilización de hoxe porque todos os proxectos fan parte do mesmo problema\". Sara Montenegro, voceira do colectivo Eólicos no Morrazo Non e outras das persoas presentes na mobilización, apunta a Nós Diario que \"nos constituímos como plataforma cando comezaron as primeiras conversas das empresas eólicas\" e advirte \"que enfrontan unha verdadeira avalancha eólica\". O Morrazo Montenegro, veciña de Ardán, en Marín, afirma que \"a preocupación na comarca é palpábel\". \"Á veciñanza preocúpalle a perda de valor da súas propiedades, derivada do cambio na cualificación do solo\", destaca Montenegro, quen pon tamén o foco no seu impacto sobre os servizos de auga porque \"moitos núcleos do Morrazo non temos auga de traída municipal. Os colectivos convocantes da mobilización aproveitaron a mobilización para instar á Xunta da Galiza a paralizar o plan eólico e insisten en que é \"máis necesaria que nunca, tras a recente resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), que pon de manifesto irregularidades na tramitación de parques eólicos por parte da Xunta, contraria a dúas directivas europeas en materia de medio ambiente\". A protesta contaron tamén, coa presenza de responsábeis institucionais das zonas afectadas, entre eles, varios alcaldes, como Miguel Anxo Fernández Lores de Pontevedra, Andrés Díaz de Ponte Caldelas e Luciano Sobral de Poio. O responsábel de Medio Ambiente do grupo parlamentario do BNG, Luís Bará sinalou a Nós Diario desde o acto que \"hoxe estivemos nun dos quilómetros da depredación eólica patrocinada e promovida pola Xunta do PP\". Bara significou a importancia da mobilización e referiuse á mensaxe da veciñanza que \"estivo reclamando á Xunta eólicos así non\" e reclamou \"un novo plan eólico que responda aos intereses do país e respecte e que permita un desenvolvemento sustentábel\""}
{"ID": "NOS_14295", "summary": "A iniciativa da Comissió per la Dignitat, Junts Pel Si, a CUP e Catalunya Si que Es Pot pretenden aprobar no Parlament unha proposición de lei que rompería co ordenamento xurídico español e co poder xudicial, pois anularía as sentenzas dos consellos de guerra franquistas.", "text": "Na orde do día do pleno previsto para o 19 de outubro, Junts Pel Si, a CUP e Catalunya Si que Es Pot queren incorporar a anulación das sentenzas políticas do franquismo a instancias da Comissió per la Dignitat, unha proposición de lei de reparación xurídica das vítimas do franquismo. Esta sería a primeira lei de \"desconexión\" da \"soberanía concedida polo pobo de Catalunya\", ao romper co ordenamento xurídico español e mais co poder xudicial ao anular as sentenzas dos consellos de guerra franquistas. No primeiro artigo, a proposición da Comissió per la Dignitat emprázase a declarar nulos e sen efecto xurídico ningún todos os consellos de guerra sumarísimos e as súas correspondentes sentenzas, instruídas por causas políticas en Catalunya polo réxime franquista. Aliás, faculta o Govern para regular o sistema que forneza as familias dunha \"certificación de nulidade do procedemento e a sentenza correspondente\". A normativa que se votaría o 19 de outubro, xulgaría, valoraría e sentenciaría o franquismo e acabaría co silencio e co esquecemento imposto pola transición De se aprobar, a normativa que se votaría o 19 de outubro, xulgaría, valoraría e sentenciaría o franquismo e acabaría co silencio e co esquecemento que a transición deitou sobre os crimes do franquismo e sobre a represión. La Vanguardia fixo públicos os dous primeiros artigos da citada proposición, que serían os seguintes: Art.1: Decláranse nulos e sen efecto xurídico todos os consellos de guerra sumarísimos e as correspondentes sentenzas, instruídos por causas políticas en Catalunya polo réxime franquista de acordo co Bando de 28 de xullo de 1936, o Decreto de 31 de agosto de 1936, o Decreto número 55 do 1 de novembro de 1936, a Lei do 2 de marzo de 1943, a Lei de 18 de abril de 1947, o Decreto 1794/60, de 21 de setembro, e o Decreto Lei 10/75, de 26 de agosto. Art. 2: O Departamento de Xustiza da Generalitat de Catalunya, de acordo coa presente lei, emitirá a solicitude dos procesados ou dos seus familiares unha certificación da nulidade do procedemento e sentenza correspondentes."}
{"ID": "NOS_48064", "summary": "CIG-Saúde denuncia que a Consellaría e a Xerencia aproveitan a reforma e ampliación do Hospital Montecelo, Pontevedra, \"para entregarllo [o servizo de mantemento] a unha empresa\".", "text": "A CIG-Saúde denuncia que a Consellaría de Sanidade pretende privatizar o servizo de mantemento do hospital Montecelo. A estratexia utilizada, afirman, é cederllo a unha empresa aproveitando o proceso de contratación da reforma e ampliación do centro sanitario. Segundo indica o sindicato, a estratexia da Consellería e da Xerencia da área de Pontevedra e O Salnés pasa por adxudicar o servizo de mantemento en contrato a unha empresa privada, \"tal e como se recolle no prego de cláusulas administrativas para a contratación da reforma e ampliación do hospital Gran Montecelo\". Aseguran que no prego de cláusulas administrativas consta que o licitador incluirá un plan de mantemento do edificio dende o remate das obras até o remate do prazo de garantía, que é de tres anos, e no que se incluirán os medios humanos e materiais. Ao mesmo tempo, salientan que non existe partida orzamentaria para o servizo de mantemento, \"co que é de supoñer que a empresa terá que facer fronte a este custe rebaixando a calidade dos materiais da obra\". Este servizo conta na actualidade cuns 50 traballadores e traballadoras."}
{"ID": "NOS_51375", "summary": "A Fundación Laxeiro expón unha instalación do Colectivo NEG para conmemorar o 25º cabodano do pintor.", "text": "Por mor do vixésimo quinto cabodano do pintor Laxeiro, a fundación que leva o seu nome ofrece na súa sede de Vigo unha mostra do Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) conformada por unha instalación en que o son ten especial importancia, como creador do ambiente e como centro do discurso. A peza parte dun texto do propio Laxeiro intitulado Recordoleterlorintorel, escrito en que o artista parodiaba o seu propio currículo artístico por medio de palabras inventadas, como crítica ao sistema da arte, que para el estaba configurado como unha realidade allea de vez a calquera actividade creativa. O texto foi pronunciado por Laxeiro na Galería Torques en Santiago de Compostela, con motivo da inauguración dunha exposición do artista de Lalín en 1978. Recordoleterlorintorel / Artistas: NEG (Nova Escultura Galega) / Comisariado: Javier Pérez Buján / Instalación / Fundación Laxeiro, Vigo / Até o 19 de setembro O colectivo NEG, formado por Misha Bies Golas (Lalín, 1977), Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, 1979), Jorge Varela (Allariz, 1971) e Diego Vites (O Grove, 1986), desenvolve esta idea nunha peza, alén da súa conformación plástica, ten moitos ecos das prácticas sonoras da tradición da modernidade. Estes procesos iniciados no ámbito das vangardas históricas seguen o ter, como demostra esta instalación, desenvolvemento na actualidade. De feito, contemplando e ouvindo Recordoleterlorintorel veñen á mente obras como as do futurista Luigi Russolo, os poemas fonéticos do dadaísta alemán Raoul Hausmann (1919) ou a Ursonate (1922-33) do tamén xermano Kurt Schwitters. Nesta liña o colectivo NEG crea unha pasaxe inharmónica que dialoga co Laxeiro máis irreverente, de feito o título Recordoleterlorintorel fai referencia ao currículo que ideou Laxeiro para a citada mostra na Galería Torques de Santiago de Compostela do ano 1978, no cal, con palabras inventadas, facía unha crítica sarcástica á configuración do sistema da arte. O Colectivo NEG bota man desta acción de Laxeiro para apelar, segundo teñen manifestado, á falta de sintonía, que con frecuencia se dá, entre o mundo da creación artística e o sistema en que esta se insire. Tendo como fío condutor as circunstancias e realidades problemáticas que se producen na interacción entre as artistas e o sistema da arte, as reflexións do colectivo están centradas no absurdo das accións ligadas ao contexto artístico, que ao seren elaboradas nun espazo concreto, permiten un achegamento crítico á situación do individuo no espazo social e aos límites da nosa liberdade persoal."}
{"ID": "NOS_10469", "summary": "Os serviços secretos americanos reconheceram publicamente que estiveram diretamente envolvidos no golpe de Estado que derrubou o primeiro-ministro Mohamed Mossadeq, democraticamente eleito em 1951. O ex-primeiro-ministro bateu-se pelo controlo público dos recursos naturais do país, como o petróleo, o que lhe valeu muitas inimizades no Ocidente. Artigo tirado do jornal digital Esquerda.net", "text": "A CIA reconheceu explicitamente que esteve por detrás do golpe de Estado que derrubou o primeiro-ministro iraniano Mohamed Mossadeq em 1953, segundo documentos publicados no passado domingo pelo Arquivo da Segurança Nacional. Ainda que a agência tenha já difundido uma versão da sua intervenção nesses acontecimentos em 1981, esta é a primeira vez que se faz referência concreta ao seu envolvimento no planeamento e na execução do golpe. \"A CIA reconheceu explicitamente que esteve por detrás do golpe de Estado que derrubou o primeiro-ministro iraniano Mohamed Mossadeq\" O nome de código da operação da CIA era TPAJAX e nunca tinha sido mencionada nos documentos revelados pela agência em 1981. \"As participações do Reino Unido e dos Estados Unidos sempre foram do domínio público e está bem documentada, mas esta é a primeira vez que a CIA reconhece que ajudou a criar e a levar a cabo o golpe de Estado\", assinala o Arquivo. A operação TPAJAX incluía o uso de propaganda para minar a credibilidade política de Mossadeq, com a colaboração do Sha, o suborno a vários membros do Parlamento, a organização de forças de segurança e a incitação a manifestações e protestos. A iniciativa prevista em TPAJAX falhou, mas finalmente todos que, de alguma maneira compartilhavam o interesse em derrubar o primeiro-ministro, conseguiram coordenar e juntar as suas forças com sucesso a 19 de agosto. \"A nova propaganda acusa o primeiro-ministro de se fazer passar pelo \"salvador do Irão\" e admite que, invés disso construiu um amplo aparelho de espionagem para o qual capturou todos os setores da sociedade, desde o Exército à imprensa, passando por políticos e líderes religiosos. Mostram-se imagens da sua suposta aliança com os bolcheviques sob o lema: \"É esta a maneira como pretendes salvar o Irão, Mossadeq? Sabemos o que queres salvar, queres salvar a ditadura de Mossadeq!\", lê-se nos documentos revelados sobre as operações de propaganda previstas no TPAJAX. O novo papel da agência no golpe deu-se a conhecer na véspera do 60º aniversário da expulsão do poder de Mossadeq, eleito democraticamente como primeiro-ministro do Irão em 1951. O novo papel da agência no golpe deu-se a conhecer na véspera do 60º aniversário da expulsão do poder de Mossadeq, eleito democraticamente como primeiro-ministro do Irão em 1951. O seu sucessor, o general Fazlollah Zahedi, foi imposto através de uma decisão conjunta dos serviços secretos britânicos MEU6 e da CIA. \"Aplaudimos a decisão da CIA em tornar acessível ao público estes documentos. A nova informação demonstra claramente que este material poderia se ter desclassificado perfeitamente há muitos anos sem nenhum perigo para a segurança nacional\", defende o Arquivo Durante muitos anos, membros da CIA asseguravam que os relatórios relativos ao sucedido no Irão nessa data tinham sido destruídos e extraviados em 1960. No entanto, nos últimos anos, várias publicações provaram o envolvimento da CIA e inclusive dois presidentes, Bill Clinton e Barack Obama, reconheceram a intervenção dos Estados Unidos da América no derrube de Mossadeq."}
{"ID": "PRAZA_15426", "summary": "Alerta de que a Xunta se nega a recuperar uns 50 quilómetros do trazado orixinal e deixa fóra de protección máis dun cento de elementos patrimoniais e solicitará que a declaración como Patrimonio da Humanidade estea condicionada á protección, recuperación e posta en valor da vía orixinaria", "text": "O Foro do Camiño Primitivo vén de facer público que denunciará a Xunta ante a Unesco e ICOMOS-España para denunciar \"a delimitación fraudulenta do itinerario\" pois acusa a Xunta de negarse a recuperar uns 50 quilómetros do trazado orixinal e de deixar fóra de protección máis dun cento de elementos patrimoniais asociados ao primeiro Camiño a Compostela. O Foro solicitaralles que condicionen a declaración do Camiño Primitivo de Santiago como Patrimonio Mundial \"á delimitación obxectiva e á recuperación da traza histórica do Camiño alí onde o permiten as fontes documentais, históricas e arqueolóxicas dispoñíbeis\". Demandarase pois á UNESCO que atrase a decisión \"en tanto a Xunta non respecte os criterios de integridade e autenticidade\". Segundo o Foro este itinerario aprobado pola Xunta \"deixa fóra de toda posibilidade de recuperación e de posta en valor uns 50 quilómetros da traza medieval orixinaria\" A Consellaría de Cultura aprobou recentemente a delimitación definitiva do Camiño Primitivo de Santiago que foi, segundo o Foro, \"repetidamente rexeitada e rebatida polo parecer experto de investigadores e organizacións culturais, ambientais e académicas ao longo dos últimos vinte anos\". Segundo o Foro este itinerario aprobado pola Xunta \"deixa fóra de toda posibilidade de recuperación e de posta en valor uns 50 quilómetros da traza medieval orixinaria\", legalizando ao mesmo tempo outros tantos quilómetros \"de itinerario falsificado cuxo desvío corresponde a intereses particulares e ilexítimos\". O Foro acusa o Goberno galego de empregar a estratexia de \"feitos consumados\" para poder \"eludir a súa responsabilidade pública na recuperación dos treitos usurpados e na protección do territorio histórico asociado ao camiño\". O Foro denuncia tamén que fican fóra de catalogación ou do territorio histórico protexido \"máis dun cento de elementos patrimoniais chave no devir da vía primitiva\", coma o monumento de Santa Olaia de Bóveda, hospital de San Martiño de Bolaño, San Lázaro en Castroverde, casa do Hospital de Gondar, Cova da Valiña, igrexa de refuxio da Esperela, vía XIX por Guntín de Pallares, etc. Denuncia tamén que este proceso foi iniciado \"ás agachadas\", en pleno período vacacional de Agosto, e concluíuse \"de xeito repentino\" no mesmo día en que se enviaron as respostas ás alegacións presentadas polos numerosos colectivos que integran o Foro. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural rexeita a práctica totalidade dos centos de alegacións presentadas, agás dous puntos \"de carácter residual\". O Foro conclúe que a aprobación definitiva desta fraudulenta delimitación oficial ten unhas consecuencias \"funestas\" pois \"arruína o ímprobo esforzo colectivo de recuperación do primeiro e máis antigo itinerario histórico a Compostela desde hai máis de 20 anos, premia os invasores do noso patrimonio camiñeiro, consolida con recursos públicos a ocupación do itinerario orixinario e a destrución do seu territorio histórico e bens asociados e pon en risco a candidatura da vía primitiva a Patrimonio da Humanidade\"."}
{"ID": "PRAZA_14942", "summary": "Un afeccionado do Obradoiro denuncia que a Policía o ameazou cunha multa de 3.000 euros se non agochaba o símbolo. Seguidores do Celta xa se queixaran de que lles foran requisadas bandeiras no Bernabéu, ao igual que a seareiros deportivistas en Pamplona hai anos.", "text": "Non é a primeira vez que ocorre. Nesta ocasión, a denuncia chega logo dun partido de baloncesto entre o Obradoiro e o Cajasol. Segundo asegura un afeccionado do equipo galego, co que puido falar Praza, a Policía obrigou a outro seareiro a retirar unha bandeira galega coa estrela vermella que penduraba dun valado do Multiusos Fontes do Sar. Baixo ameaza dunha multa de 3.000 euros, un axente vestido de paisano advertiulle ao implicado da infracción que podería supor a súa actitude. Un seareiro do Obradoiro foi ameazado cunha multa de 3.000 euros por lucir unha bandeira galega con estrela vermella Esta nova denuncia chega despois de que numerosos afeccionados do Celta se queixasen hai dúas semanas de que varios axentes de policía impediran o paso ás bancadas do estadio Santiago Bernabéu con bandeiras galegas coa estrela vermella con motivo do encontro disputado entre o equipo vigués e o Real Madrid. As redes sociais expresaron tamén o malestar polo trato recibido por parte da Policía nun recinto onde adoitan exhibirse bandeiras preconstitucionais ou de ideoloxía fascista. Tampouco foi esta a primeira vez que ocorreu algo semellante nun desprazamento de equipos galegos. Hai anos, nun encontro en Pamplona entre o Deportivo e o Osasuna, varias bandeiras galegas foran requisadas por axentes na entrada ao estadio do Sadar. Incluso en Riazor se lembran advertencias do mesmo tipo non hai moito tempo. Un seguidor do Barcelona xa fora sancionado por exhibir unha 'estelada' no Bernabéu A polémica chega a Galicia logo de que un afeccionado do Barcelona fora multado o pasado mes de decembro con 3.001 euros por introducir unha estelada (bandeira independentista catalá) no Santiago Bernabéu. Daquela, o propio Ministerio de Interior recoñecera que estas bandeiras non constituían \"ningún tipo de infracción\" da Lei contra a Violencia no Deporte, pero aclaraba que poderían ser confiscadas se a autoridade policial presente no recinto deportivo considera que supoñen un risco de alteración de orde pública. Lucir a bandeira non é delito, pero pode ser confiscada se a autoridade policial considera que poden alterar a orde pública \"Neste caso, o rapaz colocaba esa bandeira cada fin de semana no mesmo fondo desde hai tempo\", asegura o afeccionado do Obradoiro que contactou con Praza, que luciu despois a estreleira e que chegou a falar co axente de paisano e co axente de seguridade que intentaron vetar o símbolo. \"Pode haber alguén a quen lle moleste\", disque lle argumentaron. \"Contactei cos meus avogados, que incluso consultaron o caso á Delegación do Goberno, onde lles confirmaron que non existe lei ningunha que prohiba exhibir esa bandeira nos espectáculos deportivos\", confirma o afectado, que asegura que desde o club atribúen o veto á Liga ACB. O caso, polo que parece, queda á interpretación do operativo policial que se despregue en cada un dos partidos, o que explicaría que bandeiras deste tipo luzan cada fin de semana en Riazor ou Balaídos sen atranco ningún."}
{"ID": "NOS_25156", "summary": "Luís Bará, deputado do BNG, alerta dunha operación na que participan 50 camións para o traslado de cadros, tapices e elementos da biblioteca de Pardo Bazán", "text": "O deputado do BNG, Luís Bará, alerta dunha operación de mudanza na que participarían entre corenta e cincuenta camións de transporte para o traslado de numerosos bens,cadros, tapices e elementos da biblioteca de Pardo Bazán do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco. Ante esta situación, o BNG solicita á Xunta que demande ante o xulgado medidas cautelares para garantir que non sexan trasladados bens que forman parte do patrimonio público así como a inmobilización de todos os bens de titularidade pública e froito do \"espolio franquista\". Recentemente, a Real Academia Galega tamén solicitou que o conxunto da biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarado BIC e lembrou que no pazo de Meirás se gardan unhas 3.200 obras das máis de 11.000 que formaron parte da colección persoal da escritora coruñesa. Para a entidade, esa declaración significaría \"garantir a súa protección e uso público\". a Real Academia Galega tamén solicitou que o conxunto da biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarado BIC Desta volta, o deputado do BNG insta a Xunta a velar pola integridade e protección das esculturas do Mestre Mateo, declaradas bens de interese cultural que se atopan no Pazo de Meirás, e reclama a elaboración dun inventario de todos os bens do Pazo de Meirás relacionados coa súa condición BIC. Neste caso, a Xunta da Galiza mais o Concello de Santiago de Compostela acordaron recentemente constituír un grupo de traballo con expertos xurídicos e históricos que analizarán a aparición de nova documentación e evidencias sobre estas pezas. O deputado lembra que o vindeiro 10 de decembro debe ser executada a sentenza da devolución do Pazo de Meirás e polo tanto, a Xunta debe impedir que a familia Franco continúe coa mudanza de bens que pertencen ao patrimonio público galego."}
{"ID": "PRAZA_16607", "summary": "A doutora María de la Fuente inicia con En Marea unha rolda de contactos cos grupos políticos galegos para reclamar que a maternidade deixe de ser un obstáculo nas carreiras investigadoras", "text": "María de la Fuente é licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago e doutora en nanomedicina e terapia xénica. Ten un amplísimo currículo internacional na investigación oncolóxica e case unha corentena de publicacións científicas. No ano 2013 logrou, mediante concorrencia competitiva, un contrato cofinanciado polo Instituto Carlos III e o Sergas para incorporar liñas de investigación de teses de doutoramento a hospitais públicos, o que no caso da doutora De la Fuente implicaba achegar á sanidade pública os seus avances para combater metástases tumorais. Malia os éxitos profesionais, a súa carreira investigadora foi penalizada polo feito de ser nai. É o que a levou a iniciar unha reivindicación que este luns chegou ao Parlamento galego. Como a propia María de la Fuente relata, a discriminación por ser nai chegou no momento en que tivo que se presentar \"a unha avaliación obrigatoria para continuar co meu posto de traballo e poder subir de categoría\". Un dos aspectos avaliados nas candidaturas son \"os nosos méritos profesionais nun período concreto de tempo\", como publicacións científicas, conferencias ou patentes. Pero \"na miña valoración non se tivo en conta o tempo que estiven de baixa por maternidade\" e daquela, \"se traballei menos tempo, é lóxico que teña menos méritos profesionais\", o que a leva a \"estar en clara desvantaxe\", como \"todas as mulleres que se acollen a unha baixa por maternidade\". A doutora De la Fuente concorreu a unha avaliación obrigatoria para \"subir de categoría\" e, na valoración de méritos, \"non se tivo en conta\" que estivera de baixa por maternidade A vontade de \"mudar isto\" levou a doutora De la Fuente a iniciar unha recollida de sinaturas á que xa se sumaron máis de 160.000 persoas, pero tamén a iniciar unha serie de contactos políticos para tentar impulsar un cambio legal. Eses encontros comezaron este luns na Cámara galega co voceiro de En Marea, Luís Villares, e mais a deputada desta formación Paula Vázquez Verao. Aínda que \"a solución acorde a dereito e non discriminatoria\" para casos coma este \"sería unha prorrata entre o tempo traballado e os méritos alegados para ter a mesma oportunidade que o resto de persoas que competían polo proxecto\", explica Villares, En Marea anuncia unha iniciativa para \"solicitar que se modifiquen as bases das convocatorias dos organismos adscritos ao Sistema Nacional de Saúde\", como o Carlos III, para \"garantir que se inclúan\" cláusulas \"de non discriminación\". Luís Villares anuncia iniciativas de En Marea ao respecto e reclama a \"revisión de procedementos firmes\" afectados por \"estas discriminacións\" Trátase, resalta Villares, de que a maternidade non implique perder \"dereitos laborais recoñecidos legalmente\", tal e como \"ocorre xa no Espazo Europeo de Investigación, onde xa hai unha normativa\" ao respecto. Ao tempo, resalta, cumpriría que \"os organismos responsables inicien procesos de revisión de procedementos administrativos firmes onde se produzan estas discriminacións para revogar de oficio as situacións xurídicas individualizadas nas que xa se vulnerase o dereito á igualdade\", toda vez que en última instancia mesmo está a ser vulnerado \"o artio 14 da Constitución, no que se recolle o dereito de todas as persoas a seren iguais ante a lei\". A xuízo de Villares a reivindicación da doutora De la Fuente fai que aínda \"resoen\" con maior \"eco\" as mobilizacións feministas do 8 de marzo, nas que as mulleres \"reivindicaron a visibilización da fenda salarial, o papel nos coidados familiares e a superación dos teitos de cristal\" coma este. Tras o encontro con En Marea a científica manterá xuntanzas co resto de formacións á procura dun apoio unánime. Recollida de sinaturas impulsada pola doutora María de la Fuente Currículo profesional de María de la Fuente"}
{"ID": "PRAZA_11086", "summary": "Déixenos poñer en marcha plans, programas, proxectos educativos e accións docentes, déixenos traballar a mediación entre persoas e a posibilidade de traballar sexualidade, imaxe corporal, intelixencia emocional, conciencia crítica... Nos centros educativos", "text": "Chega o 2 de Outubro e, como cada ano, a Educación Social reivindícase na nosa sociedade como una profesión imprescindible. Pero, porque é tan necesaria? Pois para comezar, porque é un dereito de toda a cidadanía, concretándose nunha profesión de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas.Pese a isto e coma sempre, estamos afastadas da educación formal, o espazo socializador por excelencia, onde o noso traballo podería transformar a sociedade... A semana pasada, a Conselleira de Educación, nunha reunión co Colexio Oficial de Educadoras Sociais de Galicia, expresou que\"Non podemos converter os colexios nun maremagnum de profesións\" ao ser preguntada pola inclusión da profesión en centros educativos.Pois ben, a irresponsabilidade é máxima. Primeiro, polo descoñecemento da Educación Social, un Grao impartido en tres dos Campus galegos, e con experiencias de intervención social únicas en todo o Estado español. Se tivese en conta a profesión, entendemos non dubidaría en potenciar a nosa acción e incluírnos como axentes dentro dos grupos multidisciplinais dos Centros (que resulta que agora é un problema a diversidade profesional en educación).En segundo lugar, porque é a figura encargada de poñer solución a temas como a mediación social, cultural e educativa, e non o está a facer salvo por campañas estandarizadas, máis de cartel que de actividade.Gustaríame explicarlle, que cando falamos de ciberacoso, de uso excesivo do móbil, de diversidade cultural, de hábitos saudables,… estamos a falar da necesidade de que a nosa mocidade non sexa suxeito pasivo do seu propio desenvolvemento persoal. Teñen que decidir, expresarse, organizar, crear, debater… Dicir que \"acosar está mal\" ou \"que está sancionado\" sabémolo todas. O que temos que facer é traballar na prevención.Vou a poñer un exemplo que habitualmente comparto en clase: Cando unha de nós senta na mesa a xantar, e ten a un lado un garfo e a outro un coitelo, non se lle pasa pola cabeza que ese coitelo pode servir para cortar \"algo máis\" que a comida. Isto é traballo en positivo. Isto é, para o que é. Asimilamos unha acción a través da educación. Loxicamente e sendo críticas, entendemos que tería máis usos. Por suposto, sabémolo. Pero esta é a vantaxe de educar na acción, nas posibilidades, na decisión autónoma. Cando dicimos que \"as redes sociais son malas\", deberíamos previamente formularnos a seguinte cuestión: Para que serven? Estamos ensinando a traballar con elas? A comunicarnos con elas? É clave. Que pasaría se o discurso vén de igual a igual, non criminalizando e transformando a prohibición en posibilidade?Querida Conselleira:Déixenos poñer en marcha plans, programas, proxectos educativos e accións docentes, déixenos traballar a mediación entre persoas e a posibilidade de traballar sexualidade, imaxe corporal, intelixencia emocional, conciencia crítica... Nos centros educativos. Só, a través disto, faremos prevención (con acción).Sementar para cambiar."}
{"ID": "PRAZA_17392", "summary": "Hoxe conmemórase o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, un dos principais retos medioambientais do noso tempo a nivel global", "text": "Hoxe conmemórase o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, un dos principais retos medioambientais do noso tempo a nivel global Nun lugar como Galicia, onde aparentemente a auga agroma en calquera recuncho, semella non ter sentido falar de desertización, pero tamén é certo que no país dos mil ríos se teñen dado problemas de desabastecemento ou deforestación e que, en todo caso, o noso xeito de actuar aquí ten efectos sobre zonas en principio afastadas. Hoxe conmemórase o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, un dos principais retos medioambientais do noso tempo a nivel global, tal e como recollen os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados por Nacións Unidas. Un fenómeno contemplado explicitamente no ODS número 15, que chama a tomar medidas para reverter a degradación da terra, pero que tamén ten relación directa co ODS 2: Poñer fin á fame, acadar a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible. Aínda que a cifra baixou nos últimos anos, estímase que na actualidade 815 millóns de persoas seguen a estar subalimentadas no mundo Aínda que a cifra baixou nos últimos anos, estímase que na actualidade 815 millóns de persoas seguen a estar subalimentadas no mundo. Un dato a todas luces intolerable, cando actividades como a acuicultura e os cultivos, canda os recursos dos montes e os océanos, permitirían alimentar a todo o planeta, se se xestionaran de maneira axeitada. No entanto, os mares e os bosques están a sufrir un rápido deterioro debido á sobreexplotación e o cambio climático, polo que é preciso emprender reformas para atallalo. Ao tempo, cómpre previr as distorsións nos mercados agropecuarios mundiais, facilitando a información sobre as reservas de alimentos de xeito que se reduza a extrema volatilidade nos prezos e, polo tanto, as dificultades de acceso. A situación é especialmente grave cando falamos de poboación vulnerable e de zonas desérticas. Así aconteceu en 2017 nos campamentos de Tinduf (Alxeria), onde vive a poboación refuxiada saharauí. O esgotamento das reservas de produtos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigou ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, polo que foi preciso reclamar a colaboración da comunidade internacional. Unha axuda humanitaria que foi posible aportar, coma noutras ocasións, grazas ao compromiso solidario das administracións locais que integran o Fondo Galego. Unha rede na que o Concello de Rianxo está orgulloso de participar Un chamamento ao que responderon entidades coma o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que achegou 6.000 euros para a provisión de alimentos a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps). Unha axuda humanitaria que foi posible aportar, coma noutras ocasións, grazas ao compromiso solidario das administracións locais que integran o Fondo Galego. Unha rede na que o Concello de Rianxo está orgulloso de participar, non só porque coa súa cota contribúe a paliar situacións de emerxencia, senón porque tamén apoia proxectos de desenvolvemento nos países do Sur, actividades de sensibilización fronte as desigualdades en Galicia ou programas de cooperación técnica como Vacacións con Traballo, co que dúas empregadas municipais tiveron a oportunidade de colaborar en Cabo Verde e Mozambique. Son pequenas accións, pero todas elas moi valiosas para afrontar o desafío de acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030. Publicidade"}
{"ID": "PRAZA_4877", "summary": "ADEGA advirte dun auxe nas solicitudes de apertura destas instalacións en todo o país, mesmo en espazos da Rede Natura. Galicia concentra o 80% das granxas de visón americano de España, prohibidas en varios países do continente.", "text": "Galicia concentra o 80% das granxas de visón americano de España e ADEGA alerta da multiplicación nos últimos meses das solicitudes de apertura de novas instalacións pelexeiras no país. Sobrado, Agolada, A Estrada, Oza dos Ríos, Oia ou Forcarei son algúns dos lugares nos que distintas empresas están buscando espazo para esta industria, que nalgúns casos tamén quere ocupar espazos da Rede Natura. España e especialmente Galicia, polo clima e a permisividade da administración, convertéronse nos últimos meses en obxectivo de multinacionais como Grislee International Furs, Celtic Mink ou Saga Furs, ante a decisión de varios países do continente (Holanda, Reino Unido, Alemaña, Suíza, Austria ou Croacia) de prohibir este tipo de instalacións. España e especialmente Galicia, polo clima e a permisividade da administración, convertéronse nos últimos meses en obxectivo de multinacionais peleteiras Ademais da crueldade e o maltrato que os animais sofren neste tipo de granxas, preocupa tamén a posibilidade de fugas dalgún destes visóns americanos, polos graves prexuízos que poderían provocar no entorno, sobre todo a outras especies animais. O visón americano é un predador que xa se reproduce en liberdade en Galicia, ocupa distintos hábitats e compite polos recursos con carnívoros autóctonos como a marta, a xeneta, a denociña ou a lontra. A permisividade co visón americano mesmo pon en risco algunhas especies autóctonas en perigo de extinción, como a auganeira (Galemys pyneraicus) ou o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). E o propio visón europeo, habitual en todo o continente até o século XIX, e hoxe en crítico risco de extinción, atopándose apenas algúns individuos en Rusia, Rumanía, Ucraína e España. ADEGA critica a política seguida polo Partido Popular ante esta e outras especies invasoras. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de Arias Cañete modificou o catálogo español de especies invasoras para amnistiar a troita arco iris, ou o cangrexo americano, e permitir o seu aproveitamento comercial. De igual xeito, no caso do visón americano e debido ás presións da industria pelexeira, autorizouse a súa cría \"nos territorios onde non compita co visón europeo\", todo segundo a organización ecoloxista, \"movido por intereses comerciais e presións empresariais\". \"O Catálogo de Especies Invasoras debería estar baseado en criterios científicos e non en intereses económicos, como pretende o PP\", denuncia ADEGA. \"O Catálogo de Especies Invasoras debería estar baseado en criterios científicos e non en intereses económicos, como pretende o PP\", denuncia ADEGA A asociación demándalle á Xunta que, como aconteceu en moitos países de Europa, non autorice máis granxas de visón en Galicia: \"Alén de seren lugares de sufrimento e innecesaria crueldade cos animais para uso exclusivo da industria do luxo, moitas destas granxas son pouco máis que galpóns cun peche de bloques ou arame. As lamentábeis condicións de vida (e morte) dos visóns nestas granxas, a ameaza que supoñen para a biodiversidade e os custos que ocasiona a erradicación dos animais silvestres, xustifican sobradamente unha inmediata moratoria para novas solicitudes ou ampliación\"."}
{"ID": "NOS_4358", "summary": "Cando apenas a metade da poboación do Estado conta coa pauta completa da vacinación, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, confirma que será necesaria unha terceira dose dos compostos que exixen dúas picadas, amais dunha inxección anual, para manter o nivel de protección das vacinas.", "text": "Haberá que inocular unha terceira dose de reforzo da vacina contra a Covid-19, recoñeceu esta sexta feira a ministra de Sanidade, Carolina Darias, que non quixo pór data ao comezo desta parte do proceso de inmunización. Mais, o primeiro é \"seguir vacinando a todo o mundo até acadar, se é posíbel, o 100%\" da poboación do Estado, precisou Darias nunha entrevista. A ministra adiantou que, \"sen ningunha dúbida\", cada ano se terá que recibir unha nova picada para manter o nivel de protección contra o coronavirus. Para iso, sinalou, o Executivo do Estado asinou un contrato de 1.800 millóns de euros con Pfizer e de 480 millóns de euros con Moderna, co fin de garantir a subministración de inxeccións en 2022 e 2023. Albert Boula, director executivo de Pfizer, recoñecera en abril que unha terceira dose sería necesaria para manter o nivel de anticorpos. Xa a comezos de xullo, a farmacéutica privada anunciou que ían efectuar a solicitude para autorizar a terceira dose, despois de finalizar un estudo ao respecto. Problemas coa vacinación en Madrid Darias criticou o \"caótico\" proceso de vacinación na Comunidade de Madrid, que hai uns días solicitou máis picadas a pesar de ter un millóns de doses gardadas sen utilizar, \"non sorprende que no resto de territorios non pase isto?\", cuestionou a titular de Sanidade. Esta situación non se deu con Gobernos de \"todo signo e cor\", salientou, antes de explicar que todos os territorios sabían a cantidade que ían recibir, \"fixemos con eles proxeccións, que dispositivo tes que ter para a picada: todos os escenarios distintos\". Resposta a Euskadi Esta semana, o lehendakari Iñigo Urkullu reiterou a petición ao Goberno do Estado para que o uso da máscara volvera ser obrigatorio. Darias defendeu que a norma aprobada vai na liña do que solicita Urkullu, e que este deber xa se inclúe no caso de que haxa moita xente na rúa. A OMS critica a inxección extra, \"que incrementa a desigualdade\" Francia e Israel iniciaron a inoculación da terceira dose a semana pasada a persoas con imnunodepresión, o que está sendo cuestionado desde a Organización Mundial da Saúde (OMS). O presidente do Comité de Emerxencia da institución, Didier Houssin, destacou que \"os datos científicos non xustifican polo momento esa dose de reforzo, que ademais incrementa a desigualdade\". O obxectivo da OMS é que o 10% da poboación mundial estea vacinada en setembro. \"Coa segunda dose tería que ser suficiente\" aclara a experta do CSIC Margarita del Val, e se algunha vacina non cumpre \"é mellor descartala\". Nos Estados Unidos, o coordinador da xestión da pandemia, Anthony Faucci, pediu un \"proceso rigoroso baseado na ciencia\" para determinar se é precisa."}
{"ID": "PRAZA_11534", "summary": "Arela Comunicación vén de lanzar unha web que selecciona e organiza un cento de pequenos produtores e establecementos galegos que realizan vendas por Internet. Busca amosar que no comercio local \"hai alternativas\" para competir coas grandes superficies e plataformas", "text": "A web inclúe polo de agora un cento de tendas, pero que continúa en actualización, incorporando novos comercios e produtosEste venres celébrase o black friday, unha xornada de descontos no comercio nacida hai algunhas décadas nos Estados Unidos e que pouco a pouco gaña peso tamén en Galicia. En boa medida funciona como un día para que os comercios (sobre todo os de gran tamaño) se liberen de parte do seu stock de produtos antes das semanas de nadal. E vén sendo criticada polo comercio pequeno e local, incapaz de competir con estes descontos e que ve como pouco a pouco vai perdendo espazo ante as grandes superficies e as compras por Internet a través de plataformas como Amazon ou AliExpress.Coincidindo con esta data, a axencia Arela Comunicación Sostible decidiu lanzar unha selección de pequenas tendas galegas que realizan vendas online. É un xeito de competir co black friday e, en xeral, coa dura competencia que exerce o gran comercio. Unha forma, tamén, de dar a coñecer a produción de calidade elaborada por profesionais locais, e de facilitar o contacto co consumidor final. Pensado, ademais, nas compras de Nadal e Reis.\"Os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na rede e os usuarios deixamos de comprar nas nosas tendas de proximidade\"Cos pés na Terra e os produtos na nube é o nome da paxina, que aparece dividida en seccións: agasallos, alimentación, artesanía, beleza, decoración, libros, mascotas, nenas e nenos, xardín, xogos... A web inclúe polo de agora un cento de tendas, pero que continúa en actualización, incorporando novos comercios e produtos. Dende Arela destacan que \"as compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como consumidores\" e que na actualidade \"os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na rede e os usuarios deixamos de comprar nas nosas tendas de proximidade porque consideramos que é máis rápido e fácil comprar en Amazon, AliExpress…\". \"Existe un tecido moi importante de pequenos e medianos ecommerce distribuídos por toda a xeografía galega, creando postos de traballo e contribuíndo ao futuro de lugares pequenos\"\"Queremos amosar que hai alternativas\", din, subliñando que en Galicia hai empresas \"que están traballando moi duro para ter visibilidade, con ideas moi boas e con produtos de gran calidade\". E engade que \"compartir esta listaxe de tendas en liña galegas, comprar e recomendar os seus produtos, tamén é defender o comercio local\", pois \"existe un tecido moi importante de pequenos e medianos ecommerce distribuídos por toda a xeografía galega, creando postos de traballo e contribuíndo ao futuro de lugares pequenos\".Así, na listaxe aparecen tendas de Paderne, Nigrán, A Illa de Arousa, Cervantes, Betanzos, Lalín, Vedra, Muxía, Cambados, Allariz, Verín, Vilar de Barrio, A Fonsagrada, Vilardevós, Chantada, Malpica, Carnota, Bueu, Monterroso, Tomiño, Fisterra, Moaña, Poio, Melide, Viana do Bolo, Bergondo, Fene ou Mondoñedo, ademais de, por suposto, as sete grandes cidades. Na súa web, Arela ofrece tamén consellos dirixidos aos pequenos comercios para \"optimizar a súa tenda en liña para vender en black friday\". E lembra que \"entramos na tempada clave para o comercio electrónico e as tendas en liña. Tres meses (novembro, decembro e xaneiro) nos que se concentran as campañas máis importantes do ano (Black Friday, Nadal e Rebaixas)\"."}
{"ID": "QUEPASA_984", "summary": "Vicente Rivas é unha cara nova en primeira liña, pero leva máis de 30 anos vinculado na política, no BNG. Foi de feito, candidato e concelleiro en Cee hai 24 anos. Agora volve para \"liderar\" (non lle gustan nada esas palabras de mando unipersonal) este novo BNG vimiancés, despois desta últim a convulsa lexislatura.", "text": "Para todos eses veciños e veciñas que non o tiveran escoitado, seguro que ficaron sorprendidos pola súa dialéctica durante as visitas que leva facendo esta semana, no marco desta campaña para unhas eleccións do máis impredecibles na capital de Soneira: QPC: Como afronta estas eleccións o novo BNG de Vimianzo despois de tantas cousas que pasaron nesta lexislatura? Afrontámolas con ilusión, porque a maioría da lista somos xente que comeza de novo (non é o meu caso), e son como rapaces con zapatos novos. Por outra parte, foi unha tristura, unha \"traición\", ou como mínimo unha deslealdade, o comportamento do anterior alcalde. Ademais das relacións políticas había unhas relacións de amizade que non se poden esquecer. Eu levo 25-30 anos sendo o seu amigo, e iso non se pode esquecer dun día para outro. Os que temos experiencia, levamos unha decepción polo que pasou, pero é un exemplo dunha epidemia que aconteceu en todo o país, non só en Galicia, cando fai 4 anos houbo un espellismo que se chamou Podemos, que se chamou Pablo Iglesias, que como flautista de Hammelin foi convencendo a xente e que sentou como unha verdadeira plaga para o BNG, provocando deslealades e erros. Pouco a pouco a xente vaise dando conta dese erro e vai volvendo. Nese entido, o propio Antelo está recoñecendo nos últimos días, que foi un erro inmenso, porque da man do BNG conseguiu o mellor resultado histórico en Vimianzo, non só do nacionalismo, se non que nunca conseguira un partido unha maioría así en Vimianzo. Todo coa imaxe do BNG. Cando foi imputado o BNG viu que era unha imputación inxusta, unha manobra da oposición, e o BNG volcouse no seu apoio. Que despois o deixara nun momento dado foi un erro, porque se desprendeu dunha cobertura política, que ademais despois provocou un erro político tremendo pola súa parte, porque pola súa denuncia perdemos a presencia dun deputado provincial no parlamento. Primeiro apareceu ca elite das Mareas, proclamando que forma parte da creación do partido instrumental. Pero despois de todos os cristos que tiveron… de repente, da nada, crea o seu partido en febreiro. E agora asegura na prensa que segue a ser o mesmo BNG de sempre. Está moi perdido, non se entende cos seus movementos. En definitiva, véxoo con tristeza porque podería terse confirmado unha maioría afianzada do nacionalismo en Vimianzo, pero por desgraza coa maioría absoluta se endiosou, sufriu enaxenación de poder, e foi eliminando aos que non lle dicían \"si buena\". Agora Antelo é o Rei Sol, non deixa de ser unha figuar estelar, cunha constelación ao seu arredor, que non miran máis á súa alcaldía. Un día subiuse ao Castelo e proclamouse noble feudal… Agora é Manolo Antelo e a súa circunstancia\". QPC: Vicente Rivas é xa un veteranos de guerra en política municipal. Cóntanos que viñas facendo estes últimos anos e como te decides a dar o paso á primeira liña? Son un afeccionado de toda a vida. Onde vexo unha causa perdida, alí me apunto. A min me gusta xogar ao póker e perder. Eu sempre militei no BNG, fun candidato en Cee fai 24 anos, fun concelleiro, cun resultado discreto. Volvín recuncar e me considerei censurado porque confiaron no BNG para Europa e non confiaron en min para o Concello. E eu que son de quererme pouco a min mesmo (son Marxista no sentido de Groucho Marx, no sentido de que \"nunca formaría parte dun club que me aceptase como socio), din un paso atrás. Agora levo moitos anos entre Vimianzo e Camariñas, pois vivo na parroquia de Carnés, e teño o meu estudio de arquitectura na Ponte do Porto, onde me dedico a facer obras a particulares. Antes de 2007 íame moi ben, e despois vaime menos ben pero imos tirando. A nivel político, son unha voz super recoñecida no seo do BNG nacional como verso libre, pero democrática. Sempre estou poñendo enmendas pero aceptando os resultados. De feito, eu considéronme de centro, como un pequeno burgués orgulloso de selo, pero cando falo con alguén de centro, parezo de extrema esquerda. Porque en España, hai un desprazamento político cara a dereita, porque para min, o PSOE non é esquerda, dende logo, é centro. Por exemplo considero que os saltos de Ferroatlántica deberían ser xestionados polo goberno, pero parece que son stalinista que quere expropiar a Villar Mir… QPC: Parece que serán unhas eleccións tremendamente igualadas… 4 candidaturas absolutamente novas. Cres que haberá un cambio radical no pleno? Non o sei, a verdade. Eu falo coa xente e a xente di moitas cousas, e todos din que \"o pensará\". Estou intentando chegar a todas as casas, especialmente no rural que o papei enteiro. E intento falar coa xente, contar o noso, pero tamén escoito. E a xente sabe moito, de cando eu era neno a agora, mellorou en todo. Culturalmente, en información… á xente non se lle engana. Xa non hai carretaxe. A xente vota o que lle peta. QPC: E que che pareceu a oposición ofrecida por PP e PSOE? Pareceume mal. Todo o mundo xogou moi mal. Eu parto de que o contrario sempre ten parte da razón. Cando son temas discutidos e discutibles, todos temos partes de razón. Iso xa che obriga a ser autocrítico contigo mesmo e tamén a escoitar mellor ao resto. Por iso, eu considero que os plenos na política local deberían ser máis como unha reunión de amigos que como unha pelexa de bar. E aquí é o peor. Cando fun concelleiro en Cee, a pesar do meu nulo éxito, ao remate íamos a tomar a cervexa xuntos, e non había problema. Mesmo comíamos algunha vez xuntos, dende posicións ideolóxicas moi distintas, pero dende o respecto e intentando traballar polo ben do pobo. Se entramos podemos dicir moitas barbaridades pero ningunha será para non poder ir tomar unha cervexa ao remate. Pero o caso de Vimianzo é a ostia, é que as outras listas non se sabe de onde saen. Por un lado \"Manuel Antelo Sociedad Anómima\" Por outro, a candidatura de Mónica Rodríguez, que non me atrevo a chamar PSOE polo seu pasado tránsfuga, co seu \"pequeno\" amigo do sur, que puxo os seus acólitos para conseguir acceder á presidencia da Deputación. Unha candidatura que foi antes herdeira dun tío alcalde que vía o concello como unha área de negocio, que despois foi independiente, e de que despois volve da man do seu \"pequeno gran home\". Por outra parte, a candidata do PP, que é veciña miña e é unha boa rapaza, mesmo colaboramos algunha vez no eido laboral. Pero leva de 3º a un que foi cabeza de Terra Galega, que foi do PSOE e mesmo se achegou ao BNG… QPC: Cres que as eleccións xerais do 26 de abril, nas que o BNG recuperou a liña ascendente tras moitos anos de retroceso, influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes? Un pouco si, pero moi limitadamente. Inflúen máis os detalles locais. Que subise Pedro Sánchez pode axudar ás candidaturas que van ca marca PSOE… pero é que o caso de Vimianzo é singular. QPC: Nunha frase: Que necesita Vimianzo? O noso programa vai de ideas, non de como gastar os cartos. \"O noso programa é o proceso, non o resultado\". QPC: Cal é o proxecto estrella do voso programa? Temos Catro puntos fundamentais: Coidar a xente: é dicir que concello e xente nos coidemos mutuamente, facendo noso \"o dereito á busca da felicidade\", como nos EEUU, que se traduce no que a xente necesite segundo o momento. Hai unha poboación envellecida nas aldeas, e si que hai unhas necesidades sociais que que deberían ser prioritarias, pero iso deben decidilo os propios veciños.Por exemplo, temos no programa por exemplo a creación duns Centros de convivencia, que se derivarán como queiran os veciños. Outro punto trata de solventar unha das máis importantes carencias do Concello: que non temos Plan Xeral de Ordenación Municipal. E polas nosas profesións, os meus compañeiros Roberto Roget ou Manolo Soto, temos grandes ideas medioambientais para desenvolvelo, pero sempre dende a participación e o consenso.Unha cousa que sempre se nos esquece é que Vimianzo ten costa, e como digo eu, temos 3 costas, e temos que desenvolver actividades para elas. Temos os 100 metros de Sabadelle, no centro do litoral da Costa da Morte. Temos un portiño, cunha carpintería, onde vive e atraca o único mariñeiro con barco en Vimianzo, como é Cereixo, unha potencia histórica. E temos unha terceira costa, que é a parroquia de Bañiñas, que ten un treito de costa do encoro da Fervenza, que hai que potenciar a creación de usos máis alá de almacenar enerxía para o señor Villar Mir. Temos que traballar para o agro, o sector primario hai que desenvolvelo. Ademais, hai outro sector, no que estou metido, un gran sector forestal. Algúns ben xestionados, pero outros totalmente deordenados. Fai falta unha ordenación. A xente nova non sabe nin onde están as súas fincas. E o catastro a nivel forestal é un desastre e non se corresponde.A partir do PXOM temos que reactivar todas estas actuacións, e tamén o desenvolvemento de infraestruturas, como é a vía de A Piroga ata Regoelle, Dumbría, que non debe ser municipal polo seu tráfico, debería ser Provincial ou Autonómica, e temos que pelexar por transferila, como a que vai dende Cereixo cara Leis, cara Muxía. Hai tamén outras dúas ideas básicas: desenvolver a economía a nivel local. É triste que a meirande exemplo de desenvolvemento industrial sexa a creación dun almacén de cervexa no polígono… paréceme unha pobre ambición. Cando outras empresas se marcharon do concello, como Induplan: cando tivo Gerca para instalarse nun polígono que está como está a medio gas… é que algo se fixo mal. Ou que pechara unha fábrica textil en Treos non é para estar orgullosos.Dende o Concello hai que promover o xurdimento e dar facilidades á creación de iniciativas empresariais en temas de tecnoloxía para que a mocidade formada non teña que marchar. Por exemplo, intentar crear no polígono, unha incubadora de iniciativas empresariais, dando facilidades para que nazan. Sería unha alegría que o Xindows do futuro fose creada nun pequeno lugar da comarca de Soneira.Ademais, urxe axilizar a administración. Eliminar leis, que a burocracia é demasiado pesada para todo. Que pasa no Concello que cambiou 5 veces o técnico; e que estivo moito tempo sen secretaria municipal? A lei di que a licenza de obras se tiña que dar en 3 meses e en Vimianzo se a conseguías nun ano era un éxito.Falta operatividade, e creo que o alcalde, no seu afán de Rei Sol, nunca quixo deixar cousas sen que estivesen ao seu control, e iso o que provoca é un tapón, un embudo. QPC: A túa lista está formada por Lorena Suárez, Saleta Ameixeras, Óscar Soto, Roberto Roget, Manuel Soto, Martín Peña, Clementina Martínez, Elena Campos, Manuel Martínez, Irene Suárez, Mercedes Pérez Queiro e Martín Caamaño.:Cales son os puntos fortes do teu equipo? Temos un exceso de autocrítica, un exceso de ilusión. É certo que nos custou moito completala, porque moita xente recibiu presións bestiais. Pero conseguimos unha lista tremendamente formada. Eu son arquitecto; a nº2 é profesora e enfermeira; a nº3 é enxeñeira forestal; o nº4 é gandeiro, e coñece o sector agrícola de sobra; o nº5, que non é militante, foi un descubrimento para nós, que se incorporou precisamente polas presións, e é un dos almas máters da Via Mariana, e un activo vivo de Baíñas; o nº6 catedrático da universidade especialista en medio ambiente… E moita xente nova que se foron unindo ante estas presións. En todo caso, eu vou de primeiro por ir, porque ten que ir un, pero a min non me gusta a palabra alcalde, eu o relaciono a unha política caciquil. Eles todos fixeron o programa. Se chgeamos ao goberno imos ser un auténtico goberno global."}
{"ID": "PRAZA_19906", "summary": "A Sareb comunica por carta á Cámara galega que non lle facilitará o listado que reclama a comisión de investigación das antigas caixas para coñecer os detalles dos máis de 5.000 millóns de euros de activos que absorbeu da entidade herdeira de Caixa Galicia e Caixanova", "text": "Primeiro torpedeo ao reinicio da investigación sobre a fusión e quebra das antigas grandes caixas de aforro galegas. Dende o pasado xaneiro os grupos do Parlamento de Galicia traballan de novo na comisión de investigación sobre a desaparecida Novacaixagalicia, que tras tres anos de parálise foi reaberta cos límites determinados polo PP, que procura un peche rápido. Entre as escasas concesións dos populares á ampliación dos traballos está a incorporación de nova documentación, pero a achega dun dos informes solicitados vén de ser bloqueada pola entidade estatal que tiña que facilitalo: a Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb). Isto é, o banco malo participado polo Estado que foi creado para quedar co 'ladrillo tóxico' das entidades rescatadas. O que o Parlamento pediu, concretamente, ao banco malo é un \"listado\" dos \"activos traspasados\" por NCG Banco durante o proceso de reestructuración. Dito doutro xeito, unha lista das propiedades inmobiliarias sen vender e dos créditos concedidos a ese sector dos que a entidade resultante da fusión e bancarización das caixas se tivo que desprender como parte das condicións para acceder aos fondos públicos do rescate. Naquela operación o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) inxectou en Novagalicia algo máis de 5.400 millóns de euros e, á súa vez, o banco trasferiu á Sareb activos considerados tóxicos por importe de 5.096,9 millóns de euros. O banco malo absorbeu en 2012 máis de 5.000 millóns de euros de activos tóxicos dentro da operación de rescate das antigas caixas O importe total dos activos tóxicos transvasados ao banco malo é parte da escasa información que Novagalicia e a propia Sareb fixeran pública daquela operación. Fixérano, nomeadamente, na obrigada comunicación de NCG Banco á Comisión Nacional do Mercado de Valores en decembro de 2012. O banco malo quedaba o lastre inmobiliario das vellas caixas e a cambio entregáballe á entidade rescatada \"valores de renda fixa\" que contaban \"coa garantía irrevogable do Estado español\". Tratábase, informaban daquela, dun mecanismo semellante ao que atinxiu ao resto de caixas rescatadas. Neste contexto, unha vez aprobada a solicitude de documentación o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, fíxolla chegar formalmente á Sareb, que respondeu cunha carta chegada ao Parlamento o pasado día 18. Na resposta, de apenas cinco liñas, o banco malo di \"lamentar comunicar\" ao lexislativo galego que \"non pode dar cumprimento á solicitude\". Faino, asegura, porque a información solicitada \"afecta a persoas físicas\" e está \"suxeita\" á lei de protección de datos. Ademais, agrega, o contrato polo que Novagalicia Banco lle traspasou os activos tóxicos inclúe unha cláusula de confidencialidade. A Sareb alega que os datos reclamados polo Parlamento son confidenciais e están amparados pola lei de protección de datos Así as cousas, a Cámara galega quedará sen coñecer con exactitude ata onde chegaron as alegrías inmobiliarias das antigas Caixanova e Caixa Galicia, os nomes das promotoras e construtoras que se beneficiaron dos seus créditos e as propiedades que non foi quen de vender. Deste xeito, o máis semellante a unha información sobre esta área das malogradas caixas é o paquete inmobiliario que ofertaba Novagalicia Banco inmediatamente despois do rescate. Naquela altura NCG ofertaba máis de 9.000 vivendas a través da súa firma inmobiliaria. Delas, apenas o 40% se atopaban en Galicia. Aquel portal non incluía, no entanto, información ningunha sobre os préstamos e promocións inmobiliarias fracasadas durante os anos da burbulla. Ante esta primeira negativa a formación que incorporou esta petición ao plan de traballo da comisión, o BNG, valorará tramitar unha queixa formal ao respecto. Agardará, non obstante, a coñecer a dispoñibilidade ou non do resto da documentación solicitada. Fontes parlamentarias consultadas por Praza.gal subliñan, non obstante, que a negativa do banco malo a colaborar co Parlamento de Galicia ten escasa \"xustificación\" non só polo tempo transcorrido dende a trasnferencia de activos, senón tamén polo feito de que boa parte da documentación manexada pola comisión ten \"carácter reservado\", polo que os datos persoais que eventualmente puidesen figurar no informe estarían acollidos a esa mesma precaución."}
{"ID": "NOS_55250", "summary": "Denuncia que impor a auto diagnose e o pagamento dos antíxenos en lugar de reforzar a atención primaria é un paso máis na privatización da sanidade.", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou a homenaxe que a fronte nacionalista lle rendeu a Castelao na súa Rianxo natal no aniversario do seu pasamento, para destacar a plena actualidade do legado dunha das personalidades políticas que máis contribuíu á defensa de Galiza como nación. \"Foi, é e será un referente, un imprescindible (...), poucos demostraron tanto amor e tanta entrega a este País\", subliñou, \"por iso honramos a súa memoria e reivindicamos a vixencia do seu pensamento\". Nun concorrido acto, Pontón destacou que o Bloque se sente orgulloso herdeiro de Castelao porque, alegou, \"a esencia do BNG é defender Galiza, e quero recalcalo porque se ben o mundo de hoxe é outro, hai algo que non mudou: a necesidade do nacionalismo para darlle futuro ao País, que precisa como nunca unha forza política coas mans libres para defender os nosos intereses fronte a un centralismo cada vez máis madrileño que actúa de freo\". \"Urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza\", dixo Pontón. Tamén agora, recalcou, \"urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza. O BNG, -dixo-, ten ese proxecto e a capacidade de poñelo en marcha\", priorizando os intereses dos galegos e das galegas en contraposición ós que practican \"a confrontación estéril ou o servilismo inútil, ambos iguais de letais, igual de tóxicos\". \"A defensa de Galiza, esa é a esencia do BNG\", recalcou. Pontón preguntouse, xunto ao busto do ilustre rianxeiro, cales serían as estampas que hoxe incluiría Castelao nun álbum Nós inspirado na Galiza de 2022, e aventurou que o lapis creativo do rianxeiro denunciaría o centralismo económico e político, o espolio dos recursos naturais, a emigración da xente moza, o declive do sector industrial, a desesperación dos produtores que soportan prezos por debaixo de custe ou o retroceso do sector pesqueiro cunha frota cada vez máis minguada. \"Seguro que o impacto das cotas de pesca lle inspirarían unha estampa non moi diferente a aquela á que lle puxo por título As sardiñas volverían se os nosos gobernos quixesen\", destacou. A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP, porque a clase traballadora merece recuperar os dereitos perdidos. \"O BNG está onde sempre estivo, na defensa da liberdade, da democracia e dos dereitos dos traballadores e das traballadoras, -subliñou Pontón-, e para poñer fin á precariedade, ós baixos salarios e á explotación brutal que é pan de cada día de miles de persoas hai que derrogar integramente a reforma laboral de 2012\". Neste sentido, recalcou, \"a posición do Bloque está clara: non imos apoiar un lavado de cara da reforma laboral do PP\". Liñas vermellas De feito, a portavoz nacional indicou cales eran as \"liñas vermellas\" que non son outras que a recuperación de dereitos, como a indemnización de 45 días por ano, os salarios de tramitación nos despidos improcedentes, a autorización dos EREs desde a Administración e acabar coa barra libre para despedir. Igualmente, que se permita negociar melloras nos convenios estatais a nivel galego ou recuperar os dereitos en materia de clasificación profesional, salarios e mobilidade que había antes da contrarreforma. \"Hai unha maioría que permite a derrogación e a recuperación de dereitos e o Goberno do Estado debe decidir se pacta coa dereita ou cumpre a palabra dada, porque as urnas falaron e deron unha maioría suficiente para poñer fin a esa contrarreforma\", sintetizou. A líder nacionalista concluíu a súa intervención convidando a traballar co obxectivo de abrir un tempo novo en Galiza cun BNG liderando o Goberno do País. Sexta onda En plena sexta onda e cos contaxios en récord diario, cunha atención primaria e un persoal sanitario desbordado, A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP. \"Xa nin disimulan a súa incapacidade e ante o colapso da sanidade non reforzan con máis medios e recursos, pídenlle a cidadanía que se auto diagnostique. Que será o seguinte, facernos na casa as analíticas?\", interpelou tras denunciar o empeño en \"desmantelar\" a sanidade pública para favorecer á privada, \"como fai o PP, pero terán ao BNG en fronte porque é un atentado contra a saúde da cidadanía\". A líder nacionalista concluíu a súa intervención convidando a traballar co obxectivo de abrir un tempo novo en Galiza cun BNG liderando o Goberno do País. \"Un reto que require de toda a humildade, intelixencia colectiva e ambición para ampliar a base social do nacionalismo, para sumar a cada vez máis cidadanía que ve no Bloque un proxecto gañador capaz de disputarlle a hexemonía e Presidencia da Xunta ao PP\". O reto de liderar o goberno Un reto que pasa por \"dar un gran salto adiante\" nas eleccións locais aproveitando a fortaleza dos gobernos municipais, destacou no acto no que tamén participou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e a portavoz local, Mercedes Pimentel. \"Temos un proxecto que nace da ambición e da confianza no País para construír unha Galiza máis xusta, con servizos públicos fortes e con benestar social; que sexa vangarda en ciencia e coñecemento; en primeira liña na loita contra a emerxencia climática, con oportunidades para a xente moza, unha Galiza feminista e igualitaria\", salientou, \"é para conseguila seguiremos o exemplo de Castelao e dos homes e mulleres que coma el soñaron unha Galiza en grande e dona do seu futuro, e nunca deixaron de loitar para facela realidade\", concluíu."}
{"ID": "PRAZA_11109", "summary": "A xuíza instrutora sinala que as dúas administracións concederon autorizacións para o evento malia non realizar durante anos ningunha actuación de mantemento da zona que afundiu ferindo centos de persoas", "text": "A xuíza instrutora sinala que as dúas administracións concederon autorizacións para o evento malia non realizar durante anos ningunha actuación de mantemento da zona que afundiu ferindo centos de persoasA xuíza instrutora do accidente ocorrido o 12 de agosto de 2018 durante a celebración en Vigo do Festival O Marisquiño, no que resultaron feridas centos de persoas ao afundirse parte dun paseo marítimo, vén de citar a declarar como investigados (antiga figura do imputado) a dous técnicos da Autoridade Portuaria de Vigo e outros dous do Concello.No auto a xuíza sinala que \"a día de hoxe non consta que nin o Porto, como titular do devandito paseo sobre o mar, nin o Concello, como asinante da acta de entrega das obras e do convenio no que se fai cargo do mantemento, realizasen ningunha actuación nin inspección para o mantemento e conservación das devanditas obras nin se requirisen un ao outro para iso, a pesar dos moitos anos transcorridos desde a súa construción inicial e a súa remodelación co proxecto Abrir Vigo ao Mar\". \"Non obstante o cal\", engade o auto, \"ambas entidades concederon sendas autorizacións para o evento\".Tras o afundimento do paseo o Concello e o Porto, presidido polo popular Enrique López Veiga, culpáronse mutuamente do sinistro atribuíndose a responsabilidade do mantemento dese espazoO auto do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo que investiga o caso prodúcese tras analizar os informes periciais e diversa documentación e nel a xuíza di que tras a construción hai máis de 30 anos da estrutura que sustentaba o paseo afundido \"non foi levada a cabo por ningunha das entidades titulares, cesionarias ou usuarias da devandita construción sobre o bordo marítimo actividade ningunha de conservación ou mantemento, a pesar de que os paneis prefabricados se atopaban a pouca altura sobre o nivel do mar e na zona de salpicaduras, que é onde o ambiente marítimo causou maiores danos sobre os paneis de formigón e aceiro\". Todo iso, segundo consta no auto, \"provocou a rotura da estrutura por colapso como consecuencia do avanzado estado de corrosión do armazón de aceiro dos paneis prefabricados que a sostiñan durante a celebración do evento\".Tras o afundimento do paseo, o Concello, gobernado polo socialista Abel Caballero, e o Porto, presidido polo popular Enrique López Veiga, culpáronse mutuamente do sinistro atribuíndose a responsabilidade do mantemento dese espazo, incluído no acordo Abrir Vigo ao Mar polo que hai tres décadas varias zonas portuarias foron urbanizadas e cedidas ao Concello para uso público. Agora o xulgado sinala que tanto o Porto como o Concello, a pesar da falta de mantemento, concederon autorizacións para o evento. A xuíza di que, por iso, dedúcese \"indiciariamente\" a posible comisión dun delito de lesións por imprudencia.O auto tamén pide diversa documentación ao Porto, o Concello e o Real Club Náutico de Vigo, veciño da estrutura afundida, sobre posibles queixas ou reclamacións previas sobre o estado da zonaO auto empraza á Autoridade Portuaria como responsable civil, \"dada a cesión de uso sobre o terreo da súa titularidade realizada sen ter constancia da existencia de revisións ou inspeccións levadas a cabo por calquera cesionario desde que se construíu a estrutura colapsada\" e cita á directora do Porto en calidade de responsable civil para que aclare as circunstancias da firma do contrato de cesión de uso do devandito terreo á empresa que celebraba O Marisquiño. Igualmente, pide ao Porto que informe sobre a identidade do director técnico ou do técnico encargado do control e supervisión do estado das infraestruturas da súa titularidade en agosto de 2018 para, unha vez identificado, tomarlle declaración igualmente como investigado.Canto ao Concello, a xuíza cita tamén en calidade de investigado ao seu enxeñeiro xefe de Vías e Obras así como ao xefe de Urbanización e Infraestruturas, os cales deberán achegar xustificacións documentais en caso de ter realizado obras de mantemento e conservación antes do derrubamento. O auto tamén pide diversa documentación ao Porto, o Concello e o Real Club Náutico de Vigo, veciño da estrutura afundida, sobre posibles queixas ou reclamacións previas sobre o estado da zona.Tras o sinistro, o cruce de acusacións entre Porto e Concello levou á creación, por iniciativa de En Marea e BNG e co consentimento do PP, dunha comisión de investigación política no Parlamento de Galicia na que o PSdeG rexeitou participar. Á espera aínda das súas conclusións, o presidente Feijóo chegou a prexulgar que a comisión poría o foco na responsabilidade do Concello máis que na Autoridade Portuaria. Pola súa banda, na súa comparecencia na mesma o alcalde, Abel Caballero, insistiu en que o afundido foi unha estrutura portuaria e que tras o accidente Feijóo buscou \"un ataque a Vigo e ao seu alcalde\"."}
{"ID": "NOS_3038", "summary": "O que fora líder do PSdeG senta no banco de acusados, con outras catro persoas, por un presunto delito de prevaricación continuada cando era rexedor do municipio do Carballiño (entre os anos 1995 e 2005). Fálase de irregularidades en até 60 contratos de empregadas e empregados para o Concello.", "text": "O terceiro día do xuízo ao ex secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, por presunta prevaricación cando era alcalde do Carballiño decorreu coas declaracións de até nove empregadas e empregados que intentaban demostrar que se cumpriron os principios de capacidade e méritos nas súas contratacións. Curiosamente, varias das persoas chamadas afirmaron non lembrar ben como foran as súas entrevistas ou as fases para conseguir o contrato do Concello \"porque pasaron moitos anos\". Nesta vista na que están acusados Vázquez e outras catro persoas, para as que a Fiscalía pide inhabilitación política, as traballadoras deron diferentes versións. Moitas das testemuñas xa están xubiladas e, en xeral, dixeron non ter os detalles de como se incorporaron ao cadro de persoal do Carballiño. En calquera caso, afirmaron que houbo probas entre diferentes candidatos. \"Decateime dunha para para mecánico, presenteime e fixéronme as probas nun taller\", comentou un ex operario. Mais non houbo máis detalles. Papel da secretaria municipal Tamén compareceron dous técnicos municipais que comentaron que a secretaria municipal \"participaba activamente nos procesos de selección\", algo que ela (que tamén está a ser xulgada) negara na vista oral previa. O primeiro destes empregados indicou que moitas das altas eran grazas a \"subvencións de entidades públicas\", gran parte da Xunta, e que xa había unhas condicións marcadas previamente."}
{"ID": "NOS_30567", "summary": "O Observatorio da Mariña pola Igualdade quéixase de que os recortes do Goberno español se ceben \"coa loita contra a violencia de xénero\", destinando un 21% menos de orzamento á prevención desta lacra e á atención directa ás mulleres que a viven", "text": "Facendo fincapé na feminización da pobreza que se acentúa da man dunha crise na que as mulleres son dobremente agredidas, como traballadoras --remuneradas ou non-- e como mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade demandou esta quarta feira máis políticas de prevención e mellora na atención directa a aquelas persoas en situación de violencia machista. Entenden que é precisa unha delimitación de prioridades de gasto adaptadas á realidade social. E é que \"a cidadanía aínda non sabe que é a violencia de xénero, nin como parala\". Porque existe \"falta de coordinación e funcionamento dos distintos axentes que interveñen na atención ás mulleres\" --persoal das FCSE, da xudicatura, da avogacía, persoal sanitario ou dos servizos sociais--. Porque \"contan o trato humillante\" que sofren moitas das que dan o paso de denunciar. A violencia machista asasinou 16 mulleres en catro meses no Estado español neste ano. Dúas eran galegas. 21% menos do orzamento respecto ao 2011Con este panorama, o Observatorio alerta da redución nos orzamentos do Estado para o 2012 nas políticas dirixidas a paliar os malos tratos ás mulleres. O presuposto global da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero é de 23.905.000 euros, un 21% menos --6.457.180 euros-- menor que en 2011. \"Evidénciase unha total falta de sensibilidade\" con esta problemática, e os recortes \"cébanse coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero\" Os fondos destinados á loita contra a violencia machista \"sofren unha tesourada superior á do orzamento total do ministerio do que dependen, Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade\". Este departamento ten para este ano un 13,75% menos (2309 millóns de euros). A isto hai que endadirlle, xa que estamos ante un problema multidimensional e de carácter transversal, os recortes das áreas de Educación e Sanidade. De Educación, porque a única prevención da violencia a longo prazo é a través da educación en igualdade. E na Sanidade vai afectar na atención ás mulleres, no tempo para a detección da violencia de xénero. Así as cousas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade informa de que se manterán tres servizos de atención ás mulleres en situación de violencia machista: o servizo teléfonico do 061, as pulseiras GPS para os agresores e o teléfono de emerxencias con localizador de chamada e servizo 24 horas (Atenpro). Mais o que non contemplan os orzamentos deste ano é unha partida específica para o programa de reeducación de maltratadores, que supuña un custo dun millón de euros. A última morta, unha galega emigrada en MadridSegundo os datos facilitados polo colectivo feminista, o 71% redúcese o presuposto destinado ás campañas publicitarias de sensibilización e contra a violencia machista, xa que se considera \"que o gasto publicitario non é prioritario\". Desde o Observatorio cuestionan o que consideran \"unha falta de coñecemento da realidade\", apostando por \"reciclar e reutilizar\" as campañas ou por difundir estas unicamente a través das redes sociais, tendo en conta que en moitas casas do rural nin sequera hai internet. \"A alfabetización dixital non é universal nin pública\", critican desde o colectivo. Estase a incumprir a lexislación vixente e isto está repercutindo en cuestións tan básicas como na atención ás propias vítimas da violencia de xénero. Esta semana morría en Madrid unha muller asasinada polo seu marido. Juventina, galega emigrada, \"fixera chamadas ao 061, @s veciñ@s avisaron á policía ante unha discusión de gravidade a horas intempestivas, os axentes presentáronse alí e saltáronse o abc básico: Non se pode entrevistar á vítima e ao agresor xunt@s e os servizos de atención ás vítimas teñen que respostar ante calquera indicio\"."}
{"ID": "PRAZA_7267", "summary": "A comisaria europea de Emprego, Marianne Thyssen, confírmalle ao socialista José Blanco que as autoridades comunitarias agardan dende o pasado 10 de decembro por \"información\" dos cursos de formación presuntamente fraudulentos para decidir se inician unha investigación propia.", "text": "Unha investigación europea mentres se veta a investigación no Parlamento de Galicia. É o posible escenario que ten por diante a póla administrativa da Operación Zeta, a trama de presunta fraude en cursos de formación supostamente liderada polo empresario coruñés Gerardo Crespo. Cando resta algo máis dun mes para que a trintena de persoas imputadas na causa comecen a declarar ante a xuíza a comisaria europea de Emprego, a belga Marianne Thyssen, vén de lle confirmar ao eurodeputado socialista José Blanco que está a agardar por información da Xunta para determinar se hai motivos para abrir unha investigación de seu. Thyssen vén de responder á pregunta formulada ao respecto por Blanco tras o levantamento do segredo de sumario da investigación. Dado que os cursos foron \"financiados con fondos europeos xesitonados pola Xunta e que a investigación xudicial provocou a dimisión dun director xeral do Goberno galego\" o parlamentario do PSOE preguntáballe se tiña coñecemento \"dos feitos investigados pola Xustiza galega\" e se \"mantivo contacto coas autoridades galegas ou españolas en relación a estes feitos\". E, efectivamente, o Executivo comunitario é consciente do que acontece co caso que veu axitando a política galega neste outono. \"A Comisión está ao corrente da investigación que están desenvolvendo as autoridades españolas en relación cuns cursos de formación en Galicia\", explica Thyssenn na resposta, na que aclara ademais que, \"inmediatamente despois das publicación dos primeiros informes\", foi a propia Comisión a que \"pediu ás autoridades nacionais que xestionan o Fondo Social Europeo\", isto é, en última instancia, á Consellería de Traballo da Xunta, \"que comprobasen se os proxectos que implicaban unha presunta fraude foron cofinanciados\" con este fondo comunitario. Ademais, advertiu da necesidade de \"tomar as correspondentes medidas correctivas e preventivas\" se este caso se dera. Do mesmo xeito, \"a Comisión informou á OLAF\". \"A Comisión podería iniciar a súa propia investigación sobre este caso\", advirte Thyssen en resposta a Blanco Unha vez feito este requerimento \"dende o 10 de decembro non se recibiu ningunha resposta das autoridades nacionais sobre este asunto\", confirma a comisaria. Cando esta información chegue a Bruxelas e, \"en función dos datos transmitidos, a Comisión podería iniciar a súa propia investigación sobre este caso\", advirte. A xuízo de Blanco da resposta Comisión cabe concluír que \"o Goberno retén información á Comisión Europea sobre a fraude nos cursos de formación de Galicia\". Xunta e PP vetan a investigación en Galicia Esta advertencia da Comisión Europea chega mentres, en Galicia, a Xunta e o PP se veñen negando sistematicamente á apertura dunha comisión de investigación con, entre outros argumentos, que xa hai unha investigación xudicial en marcha ou que indagar dende o Parlamento implicaría \"politizar\". Asemade, nas últimas semanas o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, negouse a comparecer sobre a trama e a aclarar os seus contactos co presunto conseguidor da mesma, o empresario Pachi de Lucas. Do mesmo xeito, os populares e a conselleira de Traballo chegaron a afirmar e a negar nunha mesma comparecencia que a Xunta está sendo investigada pola Xustiza no marco desta operación contra a corrupción."}
{"ID": "NOS_27044", "summary": "A súa praza vai ser ocupada por Flora Miranda (Compostela Aberta).", "text": "\"Como militante de Podemos e deputada de En Marea no Parlamento galego, comunico que con data do 1 de setembro entrego a miña acta de deputada. Complicacións de saúde non me pemitiron desempeñar as responsabilidades de maneira adecuada nos últimos meses\", afirma Barahona —persoa próxima á secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos— no seu perfil de Facebook. Coa marcha de Barahona do Pazo do Hórreo e a saída de Pancho Casal da formación —o coruñés está aliñado con Luís Villares—, Podemos perde representación no grupo parlamentar de En Marea, aínda que, con 5 escanos, continúa a ser o colectivo partidario con maior presenza no seo da confluencia."}
{"ID": "PRAZA_1903", "summary": "A vila lucense celebrou uns polémicos festexos entre as protestas de veciños e cargos públicos. A localidade é unha das tres que aínda acolle touradas no país, onde tan só se celebran xa cinco corridas ao ano. O apoio social á abolición aumenta con 245.000 sinaturas en Galicia contra a tauromaquia.", "text": "Triacastela acolleu este pasado sábado un polémico festexo taurino, herdado do veciño concello de Sarria, onde a saída do PP do goberno local tras o 24M propiciou a fin do espectáculo de tortura animal nas súas festas. O empresario que organizaba a tourada sarriá, apoiado por un edil do PP da vila, facilitaron a mudanza, que a alcaldesa de Triacastela, a tamén popular Olga Iglesias, acolleu de bo grao. Malia a posición en contra de moitos veciños, dos carteis de múltiples establecementos da localidade contra a idea, da ameaza de boicot turístico por parte dos moitos visitantes e peregrinos que chegan ao lugar e mesmo da forte chuvia e da lameira na que se converteu a praza portátil, a teima da administración local deu o seu resultado. Nin as protestas dos vedciños nin as fortes chuvias impediron a celebración das touradas en Triacastela A vila lucense sitúase así como unha das xa escasas e residuais localidades que acollen touradas en Galicia: Padrón, cunha novillada menor no mes de abril; Pontevedra, co habitual cartel nas festas da Peregrina; e Triacastela, que decidiu organizar agora o espectáculo de tortura animal que o seu concello veciño rexeitou tras o cambio político. Cinco festexos en tres localidades, fronte aos oito en seis localidades que se organizaran en 2013 ou os 64 que tiveran lugar entre 2008 e 2012 en trece vilas do país, segundo datos achegados pola propia Xunta. Dunha media duns doce espectáculos taurinos ao ano en máis dunha ducia de concellos aos cinco festexos e tres municipios de 2015, un descenso do 64% con respecto a 2009, segundo aclara Galicia Mellor sen Touradas (GMST). A retirada das subvencións públicas na Coruña, o que implicou a desaparición dunhas touradas nas que o Concello gastara 2,2 millóns nos últimos vinte anos, foi o símbolo máis visible dun aumento da mobilización social pola abolición que se veu correspondido en moitos lugares polo cambio político nas últimas eleccións municipais. Tan só tres localidades (Padrón, Triacastela e Pontevedra) acollen algún tipo de festexo taurino en Galicia fronte ás máis dunha ducia de hai poucos anos \"Menos do 1% dos concellos de Galicia acolle touradas\", aclara Rubén Pérez, voceiro de GMST, que sinala tamén que os propios datos do Ministerio de Cultura indican que só o 0,8% dos galegos declara asistir a corridas de touros, unha porcentaxe que será aínda menor nos datos de 2015. Ademais, a asistencia e o número de festexos nas localidades que aínda manteñen as touradas é cada vez menor. Pontevedra pasou das catro touradas -e mesmo cinco de hai algúns anos- ás tres da actualidade, mentres que en Triacastela non se logrou encher unha praza móbil con capacidade para 2.000 persoas, fronte ao aforo de 2.500 que tiña a de Sarria. E iso, \"malia o elevado número de convites que se repartiron entre veciños e locais da vila\", tal e como destaca Rubén Pérez, un dos presentes na manifestación antitaurina do pasado sábado. A organización da que é portavoz, ademais, vén de trasladar á Valedora do Pobo a súa preocupación polo acceso libre d enenos e nas á tourada desta fin de semana. Hai menos touradas e menos público nos escasos festexos taurinos que se celebran no país Antes, entre 150 e 200 persoas participaron nunha mobilización na que \"houbo tensión, pero para nada violencia nin problemática ningunha\".\"Había veciños, peregrinos e unha importante representación de cargos electos\", destaca Pérez, que cre que a implicación de concelleiros e deputados \"é algo moi importante\". Entre os asistentes á manifestación, o voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo; o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha; o deputado provincial do Bloque Cosme Pombo, o concelleiro nacionalista de Sarria, Efrén Castro; ou a concelleira do PSdeG de Paradela e tamén deputada provincial, Sonsoles López. Foron algunhas caras visíbeis máis dunha corrente contra as touradas que cada vez está máis mobilizada. De feito, como destaca GMST, as peticións para acabar coas corridas de touros en Galicia superaron \"un novo teito histórico\" ao alcanzar as 245.000 sinaturas repartidas en tres solicitudes. Supón, xa que logo, unha \"moi boa expectativa\" para \"trasladar a forza cidadá ás institucións con competencias para suprimir uns espectáculos de maltrato e violencia cara aos animais\". Galicia supera xa as 245.000 sinaturas contra as touradas e o movemento abolicionista agarda que a supresión definitiva chegue a curto prazo da man dunha nova Xunta De feito, desde GMST son \"moi optimistas\" de cara a unha futura abolición das touradas en Galicia en canto a correspondencia de forzas varíe no Parlamento galego. A súa intención é presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a que tan só se requirirían 10.000 sinaturas, un número máis que asequible para un movemento abolicionista moi activo no país. A aprobación da supresión dos espectáculos taurinos, xa rexeitada polo PP noutras ocasións, precisaría de maioría simple na Cámara galega, unha condición que xa non semella imposible a curto prazo."}
{"ID": "NOS_8087", "summary": "Arredor de cen persoas percorreron as rúas de Compostela até a Praza do Obradoiro para reclamar unha Compostela sen corrupción. No comunicado final reclamaron a disolución da corporación xa que, ao seu ver, non val xa ningunha outra posibilidade.", "text": "A demisión do alcalde Ángel Currás, imputado no caso Pokemon, significaría que en ano e medio o goberno municipal de Santiago de Compostela estaría presidido por tres alcaldes distintos, unha vez o cabeza de lista nas municipais Conde Roa se vira tamén na obriga de dimitir polas acusacións xudiciais. Arredor de cen persoas que participan na plataforma cidadá Compostela Transparente creada para demandar transparencia e eliminar a corrupción do goberno municipal manifestaron este domingo a súa oposición a calquera outra medida que non for a disolución da corporación municipal. María Díaz, encargada de ler o manifesto final na Praza do Obradoiro, diante do Pazo de Raxoi, sede do Concello, sinalou a vontade de \"seguir presionando até que a corporación se disolva e se convoquen eleccións. Dada a situación mesmo sería máis razoábel que estivera presidido por unha comisión xestora\". A manifestación convocouse despois de terse celebrado unha serie de asambleas previas desde que se coñeceu a imputación do alcalde. \"É necesario a creación doutro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban todas as expresións políticas e culturais, onde o pensamento non estea privatizado\" defenden desde a plataforma cidadá que reclama transparencia e eliminar a corrupción do goberno municipal. As persoas participantes chamaron a atención sobre o forte control policial despregado arredor da marcha. Once furgonas policiais seguiron o percorrido, sete delas na propia Praza do Obradoiro na que se congregaron máis de corenta policías especiais aos que se lle sumaron membros da Policía Municipal e da Policía Nacional, segundo comentaron."}
{"ID": "NOS_3904", "summary": "A Xunta confirma que hai 125 persoas que traballan na sanidade galega que deron positivo nas probas da COVID-19.", "text": "A Xunta da Galiza confirmou esta terza feira que hai un total de 125 profesionais sanitarios contaxiados polo coronavirus no país. Entre estas 125 persoas hai médicos, persoal de enfermería e outro persoal implicado no eido sanitario de todas as áreas da Galiza. Segundo o Goberno galego, neste momento as profesionais da sanidade contaxiadas supoñen o 9% das pacientes con COVID-19 detectadas na Galiza. Así mesmo, desde a Xunta explican que non todos os casos son de profesionais que resultaron infectados durante o seu exercicio profesional, pois algúns deles entraron en contacto co coronavirus por viaxes a Madrid e tamén pola visita de familiares procedentes da capital do Estado. Hai 5..400profesionais do persoal médico que están infectados polo coronavirus en todo o Estado español, segundo anunciou o propio Ministerio de Sanidade. Unha cifra que supón 12% do total de persoas que teñen Covid-19."}
{"ID": "PRAZA_20351", "summary": "Un artigo na revista Scientific Reports recolle as conclusións dunha investigación que analiza a correlación entre as elevadas concentracións deste gas en determinados concellos de Galicia e o número de mortes por este tipo de cancro", "text": "Unha gran parte de Galicia presenta elevadas concentracións de gas radon Un grupo de investigadores do Laboratorio de Radon de Galicia da Universidade de Santiago veñen de publicar un artigo na revista Scientific Reports, que recolle o resultado dun dos seus estudos, no que analizan a correlación entre a exposición ao radon en Galicia e unha maior incidencia dos tumores cerebrais. Na investigación, o equipo relacionou o nivel de concentración de radon en cada un dos concellos galegos coa mortalidade rexistrada por mor deste tipo de cancros en cada localidade no período 1999-2008. En total analizáronse os datos de 251 localidades (as que tiñan, cando menos, tres medicións da concentración do gas), cunha media de 14 medicións en cada concello. O texto conclúe que existe unha \"correlación significativa\" entre niveis elevados de radon en espazos residenciais cunha alta mortalidade por tumores cerebrais. A correlación dáse tanto en homes coma en mulleres, pero é máis elevada aínda nas mulleres. O equipo, dirixido por Alberto Ruano-Ravina, reforzou os resultados cunha análise máis específica nos concellos para os que se conta con máis de cinco medicións. E suxire que se debe afondar nesta liña de traballo, para validar as conclusións, a través do uso de deseños epidemiolóxicos máis sólidos. O texto conclúe que existe unha \"correlación significativa\" entre niveis elevados de radon en espazos residenciais cunha alta mortalidade por tumores cerebrais. A correlación é máis elevada nas mulleres O pasado mes de novembro o Laboratorio presentou un detallado mapa das concentracións de radon residencial en Galicia, que revelaba que un total de 20 concellos de Galicia presentan unha media superior a 300 bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire no interior) nas medicións realizadas polo Laboratorio. Noutros 41 concellos a media sitúase entre 200 e 300. A Axencia de Protección Ambiental norteamericana considera 148 Bq/m3 como nivel de referencia a partir do cal se pode considerar \"perigoso\"; pola contra, na UE entrará en vigor en 2018 unha nova directiva europea que elevará este límite ata eses 300 Bq/m3 (na actualidade é de 200). Distintas investigacións xa demostraron que a exposición ao gas radon é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. E, en concreto, os estudos clínicos realizados en Galicia polo grupo de investigación ao que pertence Ruano proban a maior incidencia deste cancro nas persoas non fumadoras que viven en espazos con alta concentración de radon. Agora, esta nova liña de investigación pode comezar a relacionar a presenza deste gas cos tumores cerebrais malignos. O Bolo, A Mezquita, Padrenda, A Pobra de Trives, Esgos, Cenlle, Fornelos de Montes, Samos, Cualedro, Mos, Sober, Campo Lameiro, Salceda de Caselas, Meaño ou Bueu son algúns dos concellos nos que se rexistraron nos últimos anos concentracións máis elevadas deste gas. E en todos eles dáse tamén unha maior incidencia dos casos de tumor cerebral, sobre todo nas mulleres, segundo recolle o estudo. Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a> Consulta aquí o artigo: Residential radon exposure and brain cancer: an ecological study in a radon prone area (Galicia, Spain)"}
{"ID": "NOS_12793", "summary": "A plataforma Avante fixo público nas últimas horas o ataque homófobo do que foi vítima na noite do pasado sábado un mozo de Viveiro á saída dun pub desta localidade. Tal e como se fixo constar na denuncia, a agresión física, na que interviñeron varios rapaces menores de idade, foi precedida de insultos alusivos á másculinidade da vítima.", "text": "O ataque, polo que o agredido tivo que recibir atención médica por golpes na cara e no pescozo, súmase ao que sufriron este mesmo mes dúas rapazas menores de idade a mans nun parque de Carballo, tamén a mans dun grupo de menores. No caso ocorrido esta fin de semana en Viveiro, e segundo informan desde a organización de defensa dos dereitos LGTB, os agresores increparon a súa vítima con insultos homófobos, que se converteron en ataque físico cando o mozo lles pediu que o deixasen tranquilo. «Tirárono ao chan e lanzáronlle patadas na cara e no pescozo, que o deixaron case sen poder falar», sinalan desde a coordinadora de Avante LGTB, entidade que contactou co rapaz ao coñecer os feitos a través das redes sociais. Segundo fan notar desde esta plataforma, o denunciante non ten dúbidas ao vincular os feitos coa súa condición sexual, á vista dos insultos que recibiu no primeiro momento e de experiencias previas coa contorna dos atacantes. Os agresores increparon a súa vítima con insultos homófobos, que se converteron en ataque físico cando o mozo lles pediu que o deixasen tranquilo «Amosamos o noso máis firme reixeitamento a este tipo de actos, que atentan contra as nosas vidas, así como contra a incompetencia institucional que nos deixa sen amparo. Sabemos que a intención dos agresores é manternos caladas e asustadas, por iso nos posicionamos publicamente e sen medo», manifestan desde Avante LGTB. Tratamento no centro hospitalario A entidade tamén é crítica co tratamento que se lle proporcionou ao mozo no centro hospitalario. «No centro de saúde, o médico que o recoñeceu case nin o explorou, non atendeu as súas feridas e non as recolleu no parte de lesións, de maneira que lle permitise poñer a denuncia, polo que tivo que repetir o proceso despois de ir denunciar», recolle o seu comunicado. Segundo indican membros da coordinadora da asociación, foron os propios axentes policiais que lle tomaron declaración ao agredido para formalizar a denuncia os que o emprazaron a volver ao centro médico para solicitar un parte máis detallado das feridas, posto que o primeiro unicamente indicaba que os golpes eran «acordes» coa situación relatada polo doente. Entidades como a Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ –unha plataforma formada por educadoras, educadores e docentes de 98 centros de ensino do sistema educativo galego– veñen solicitando a ampliación e mellora da Lei LGTB galega, e reivindicando a necesidade de formación «obrigatoria, real e efectiva en diversidade sexual, de identidade de xénero e familiar de toda a sociedade, especialmente no sistema educativo, para erradicar toda conduta discriminatoria e violenta». Hai poucas semanas, a Rede denunciaba tamén a campaña lgtbifóbica da asociación Hazte Oír en centros educativos de todo o estado, por atentar «contra os dereitos fundamentais das persoas, o dereito á educación e a liberdade do ensino e fomenta o odio cara ás persoas e familias LBGTIQ+»"}
{"ID": "NOS_39331", "summary": "O comité electoral tomou esta decisión após a 'treboada' desatada en certos sectores da plataforma pola elección de Xosé Mosquera, de Compromiso por Galicia, como candidato.", "text": "O comité electoral de Ourense en Común decidiu que os resultados das primarias realizadas pola formación para elixir candidato a alcalde teñen que ser validados pola asemblea xeral. Este organismo elaborou un informe sobre o proceso que terá que ser votado nesa asemblea. Daquelas primarias -no que tomaran parte 1.500 persoas- saíu eleito Xosé Mosquera -de Compromiso por Galicia- como alcaldábel, por unha marxe duns 20 votos sobre Miguel Doval, membro do movemento veciñal. A segunda máis votada fora Ana Bande, tamén de Compromiso por Galicia. Mais os resultados non gostaron en certos sectores de Ourense en Común, algo que transcendeu xa desde un principio e que se plasmou en asembleas e fóra delas. Unha plataforma que se enmarca na denominada 'nova política' levando como candidato a unha persoa con décadas na política, pasando por formacións como Coalición Galega, PNG-PG ou BNG, non é acaido, sostiñan os críticos. Foi o máis votado nas primarias, nun proceso totalmente democrático, alegan os partidarios. O comité electoral de Ourense en Común reuniuse esta fin de semana e optou por se lavar as mans, acordando que sexa a asemblea xeral quen decida sobre se valida ou non o resultado das primarias. Alegan que no proceso houbo 'campañas paralelas'."}
{"ID": "NOS_42766", "summary": "Afectará todo o persoal de todas as empresas que traballan no aeroporto: AENA, compañías aéreas, limpeza, mantemento, seguridade privada, servizos auxiliares, etc., que suman un colectivo de arredor de 1.000 persoas.O conflito deriva do feche da cantina para os traballadores e traballadoras.", "text": "A coordinadora do comité intercentros do aeroporto Rosalía de Castro de Compostela, coñecido tamén popularmente como Lavacolla, informou que a asemblea de persoal acordou a convocatoria de varias xornadas de folga parcial en agosto e setembro para esixir que se manteña o servizo da cantina en condicións similares ás se veu prestando dende hai máis de 60 anos Pablo de Prado, en representación do comité, denunciou que o director de aeroportos do Grupo II, Julián Cámara, negouse a recibir a coordinadora (que representa a todo o persoal de todas as empresas que prestan servizos no Rosalía de Castro) e só aceptou reunirse co comité de centro de AENA. \"Solicitamos a reunión para pedirlle que cumprira coa Proposición Non de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego \". A través desa PNL,a Cámara galega instou a empresa pública a que manteña a cantina do persoal cuns prezos similares e nas mesmas condicións que tiña. O representante sindical reiterou que a única demanda do persoal é que se manteña o servizo de cantina, que leva 64 anos ininterrompidos funcionando no aeroporto de Santiago. AENA e a empresa concesionaria tiveron en 2018 uns beneficios de por volta de 1500 millóns de euros Advertiu que a folga afectará a todo o persoal de todas as empresas que traballan no aeroporto: AENA, compañías aéreas, limpeza, mantemento, seguridade privada, servizos auxiliares, etc., que suman un colectivo de arredor de 1.000 persoas. A cantina é a pinga que reborda o vaso. O cadro de persoal denuncia \"recortes inxustificados por parte de AENA \"na práctica totalidade dos servizos dependentes. \"Algúns deles moi graves, como a non cobertura do servizo de enfermería nun aeroporto que permanece aberto 24 horas e que conta con 3 millóns de pasaxeiros\". Tamén denunciaron a privatización do aparcadoiro, que supuxo que os empregados teñan que pagar por ir ao seu posto de traballo. A isto engaden a sobrecarga de traballo das diferentes contratas: limpeza, seguridade, etc., que manteñen os mesmos cadros de persoal que tiñan na antiga terminal a pesar de que a nova ten o dobre de superficie e un millón máis de pasaxeiros. Así como o incumprimento das empresas de handling na cobertura dos postos de traballo establecidos no prego de AENA."}
{"ID": "NOS_11660", "summary": "No Día Mundial das Aves, Adega anuncia que vai denunciar os feitos ante a Fiscalía após o Valedor recoñecer que a actuación da Xunta é prexudicial neste caso. Nos Canóns do Sil habitan unha das escasas parellas existentes na Galiza de águia real.", "text": "Apenas media ducia de parellas de águias reais (Aquila chrisaetos) habitan na Galiza, sendo unha especie en perigo crítico de extinción e que é obxecto dun Plano de Recuperación. Algunha destas poucas parellas reprodutoras de águia fixaron nos Canóns do Sil, na Ribeira Sacra, o seu hábitat. A obriga da Xunta sería a de protexer e conservar un valioso patrimonio para o país. Mais o goberno galego estaría a xogar un outro papel, como vén de denunciar, coincidindo coa celebración este domingo do Día Mundial das Aves, a asociación ambientalista Adega. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza reitera neste día a denuncia feita hai un ano sobre a construción dun heliporto turístico nun cámping ubicado no concello de Parada do Sil, en pleno LIC dos Canóns do Sil. Desde aí, helicópertos faría voos turísticos sobre a zona, área de cría das parellas de águias reais, uns voos que poderían, denuncian os ambientalistas, ter graves consecuencias sobre esta especie e a súa conservación. Para o Valedor, a actuación da Xunta \"resulta claramente perxudicial para o ben xurídico protexido\", a aguia real Gravidade A gravidade dos feitos levou a Adega a pedir á Xunta que fixese unha investigación. O Valedor do Pobo notificou a Adega que, sinala este colectivo, a actuación da Xunta limitouse a \"iniciar un expediente sancionador... e deixalo caducar; negarse a facilitar información tanto a ADEGA como ao Valedor e impedir a personación da nosa entidade no expediente sancionador contra Aeronaves del Noroeste SL\". Complicidade Alén disto, para o Valedor, a actuación da Xunta \"resulta claramente perxudicial para o ben xurídico protexido [a aguia real] pola norma sancionadora que quedou sen efectividade\". Por todo isto, desde Adega anúnaciase que van poñer en coñecemento da Fiscalía este comportamento da Xunta \"para que dirima as eventuais responsabiliades. Porén, pola súa incompetencia, desprezo polas leis, bulra ao Valedor e prácticas escurantistas, os actuais responsábeis da Dirección Xeral de Conservación da Natureza non deberían seguir nin un minuto máis tendo conta do noso patrimonio natural\"."}
{"ID": "PRAZA_10400", "summary": "A lei dá 30 días aos alcaldes e alcaldesas tras as súas investiduras para convocar un ou varios plenos extraordinarios nos que informen do reparto de áreas nos seus gobernos municipais e establezan a organización interna de cada concello", "text": "A lei dá 30 días aos alcaldes e alcaldesas tras as súas investiduras para convocar un ou varios plenos extraordinarios nos que informen do reparto de áreas nos seus gobernos municipais e establezan a organización interna de cada concelloInvestidos os alcaldes e as alcaldesas o pasado sábado, agora toca establecer as estruturas de goberno de cada concello e designar as persoas encargadas de cada área, algo que nas cidades de Vigo, Santiago e Pontevedra xa está claro mentres que no resto a situación oscila entre a de Lugo, onde xa está asinado o acordo de goberno entre PSdeG e BNG e falta concretar os nomes para cada área, e a da Coruña, onde o reparto de áreas e a organización municipal en xeral quedou pendente de que PSdeG retome conversas con Marea Atlántica.A lei establece que \"dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva, o alcalde convocará a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan precisas\" para aprobar cuestións como a periodicidade de sesións do Pleno, o nomeamento de representantes da Corporación nos órganos colexiados nos que deba estar representada ou informar dos seus nomeamentos de tenentes de alcalde, membros da comisión de goberno e delegacións de áreas de goberno, así como establecer os soldos e organización interna de cada Concello. A falta de 28 días para que se cumpra ese prazo, isto é o que se sabe da composición dos gobernos nas sete cidades galegas:VigoA amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permitiralle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao ConcelloEn Vigo a amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permitiralle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao Concello. Este luns xa celebrou a primeira xunta de goberno do seu cuarto mandato e fixo público este reparto de responsabilidades:Abel Caballero, alcaldeCarmela Silva, primeira tenente de alcalde e área de Patrimonio HistóricoJavier Pardo, segundo tenente de alcalde e áreas de Fomento ou Vías e Obras, Servizos, Limpeza, Transportes e AugaElena Espinosa, terceira tenente de alcalde e áreas de Economía, Seguridade e Réxime InteriorMaría José Caride, cuarta tenente de alcalde e áreas de Urbanismo e TerritorioAbel Losada, áreas de Cultura, Emprego e Participación CidadáAna María Mejías, áreas de I+D e Dinamización AdministrativaCarlos López Font, portavoz e coordinador do goberno localJaime Aneiros, área de FacendaManel Fernández, área de DeportesYolanda Aguiar, áreas de Política Social e Candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da HumanidadePatricia Rodríguez, áreas de Contratación, Patrimonio e Xestión MunicipalÁngel Rivas, áreas de Parques e Xardíns, Comercio e Festas especiaisNuria Rodríguez, área de Medio AmbienteGorka Gómez, áreas de Xuventude e EducaciónUxía Blanco, áreas de Igualdade e Normalización LingüísticaMaría Lago, áreas de Festas e TurismoOs concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas e Ana Laura Iglesias non terán área asignada e serán propostos como deputados provinciais, xunto con Carmela Silva, candidata a presidir a Deputación, Carlos López Font e Gorka Gómez.A CoruñaO reparto de áreas na Coruña espera a que se retomen as negociacións entre PSdeG e Marea AtlánticaNo Concello da Coruña o reparto de áreas de goberno e os nomeamentos para cada posto aínda deberán agardar ás negociacións que o PSdeG prevé retomar esta semana con Marea Atlántica e BNG, que xa ten claro que non vai entrar no goberno. Os socialistas, que barallan desde gobernar en solitario en minoría ata facelo en coalición ou chegar a acordos puntuais, asumen que tras a investidura de Inés Rey como alcaldesa o tempo corre e que sen decidir a organización concreta do goberno municipal e da estrutura do concello o mandato non empezará de xeito efectivo.OurenseO pacto xenérico divulgado entre Jácome e Baltar para o Concello e a Deputación de Ourense non concreta aínda o reparto de áreasEn Ourense a investidura como alcalde de Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, foi posible o sábado tras divulgar a última hora do venres esa formación e o PP o pacto xenérico ao que chegaron a cambio de que DO apoie aos populares dentro duns días na Deputación de Ourense. Porén, ese acordo marco non concretou o reparto de áreas no Concello, pendente aínda de coñecerse e que podería comezar a ser concretado este martes.LugoEn Lugo PSdeG e BNG xa divulgaron a pasada semana o seu acordo de goberno en coalición pero aínda está pendente de coñecerse o reparto de áreasAo igual que en Pontevedra, a outra cidade que cogobernarán, PSdeG e BNG fixeron público a semana pasada o acordo programático para Lugo. Neste caso, malia que se debaullaron en detalle as principais actuacións a acometer, aínda non se concretou o reparto concreto de áreas municipais e os nomes dos concelleiros que asumirán cada unha. PontevedraEn Pontevedra BNG e PSdeG non só divulgaron xa a pasada semana o seu acordo de goberno senón tamén o reparto de áreasO goberno local formado por BNG e PSdeG xa fixo público a semana pasada non só o seu acordo de goberno senón tamén o reparto de áreas. Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), alcaldeAgustín Fernández (PSdeG), primeiro tenente de alcalde e áreas de Educación, Deportes e SaúdeAnabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de Fondos Anabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de Fondos Edusi e Grandes Eventos DeportivosXaquín Moreda (BNG), áreas de Urbanismo e Patrimonio HistóricoDemetrio Gómez (BNG), áreas de Obras Urbanas e Transporte PúblicoCésar Mosquera (BNG), áreas de Ordenación do Territorio e InfraestruturasCarme da Silva (BNG), Patrimonio Municipal e AugaEva Vilaverde (BNG), área de Espazos Públicos UrbanosRaimundo González (BNG), áreas de Economía, Facenda, Persoal e ResiduosPaloma Castro (PSdeG), áreas de Benestar e IgualdadeGloria Blanco (PSdeG), áreas de Promoción Económica, Turismo e UniversidadeIván Puentes (PSdeG), áreas de Desenvolvemento Sostible e Medio RuralSantiagoInvestido como candidato máis votado sen lograr maioría, Bugallo está disposto a gobernar Santiago en minoría e este luns xa repartiu as áreas de gobernoEn Santiago o socialista Xosé Sánchez Bugallo foi investido alcalde por ser o candidato máis votado, pero sen lograr maioría. Malia a iso, está disposto a gobernar en solitario e este luns xa fixo pública a composición do seu goberno:Xosé Sánchez Bugallo, alcalde e áreas de Promoción Económica, Emprego, Comercio e MercadosMercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e áreas de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción CulturalGumersindo Guinarte, segundo tenente de alcalde, Delegado do Ano Santo 2021 e áreas de Presidencia, Relacións Institucionais e TurismoMilagros Castro, terceira tenente de alcalde e áreas de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e XardínsGonzalo Muíños, cuarto tenente de alcalde e áreas de Mobilidade, Seguridade Cidadá e FestasMarta Abal, quinta tenente de alcalde e áreas de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración LocalJosé Manuel Pichel, área de Medio RuralNoa Díaz, áreas de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas LingüísticasJosé Javier Fernández, áreas de Centros Socioculturais, Barrios e ObrasEsther Pedrosa, áreas de Deportes e Benestar AnimalFerrolO socialista Ángel Mato foi investido co apoio de Ferrol en Común e BNG pero aínda non se concretaron as negociacións para o goberno localEn Ferrol o socialista Ángel Mato foi investido alcalde o sábado co apoio tamén de Ferrol en Común e BNG. Porén, máis alá da investidura e de contactos \"informais\" privados e por separado con esas dúas forzas políticas, non houbo aínda grandes avances de cara á posible formación dun goberno bipartito ou tripartito nin tampouco ningunha aposta tan clara para gobernar en solitario como a dos socialistas de Santiago. A Mato, como a Rey na Coruña, a Jácome en Ourense ou en menor medida a Méndez en Lugo, quédanlle catro semanas por diante para concretar como será o seu goberno."}
{"ID": "NOS_16642", "summary": "Abel Caballero sinala que é unha medida que se podería aplicar nos areais vigueses durante este verán e explica que tratará esta idea co comité asesor para a desescalada após o confinamento polo coronavirus.", "text": "O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou esta terza feira a idea de estabelecer \"cuadrículas\" nas praias para garantir a seguridade e evitar posíbeis contaxios de coronavirus, e sinalou que é unha medida que podería aplicarse nos areais vigueses este verán. Nunha rolda de prensa telemática, Caballero, que tamén é presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), asegurou que \"xa hai dez días\" comentou esta idea nunha reunión da entidade municipalista estatal, antes de que a expuxese o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno, coas súas \"mesmas palabras\". Abel Caballero admitiu que esa medida podería implementarse nas praias de Vigo, unha decisión que, en todo caso, quere analizar co comité asesor de expertos, no marco das actuacións que levarán a cabo para a 'desescalada' do confinamento. \"Quero que o vexa o comité asesor. Trátase dunha idea inicial, estabelecer cadrados cun máximo de persoas. Esa idea ocorréusenos aquí, e non a descarto. Estamos a facer o estudo xa\", afirmou. Segundo o alcalde, hai que \"buscar, na nova normalidade, medidas que permitan a seguridade e o goce social\", e proclamou: \"Eu teño moitas ideas, vou moi por diante, outra cousa é que non o conte\"."}
{"ID": "NOS_29932", "summary": "Compostela acolleu esta segunda feira unha xornada do Galo sobre o intelectual ferrolán. Francisco Rodríguez repasou algunhas das súas opinións no marco dunha sesión na que tamén se proxectou un documento audiovisual do autor.", "text": "\"Carvalho é perenne, non caduca, e coas actuais circunstancias merece a permanencia continua e o título de mestre\". Así o comentou o experto Francisco Rodríguez Sánchez nun coloquio decorrido onte no museo das Peregrinacións de Compostela. A actividade, \"Ricardo Carvalho Calero. Tempo de esperanza\" -organizada pola Asociación Cultural O Galo coa colaboración do Concello de Compostela e o apoio da Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG)- tamén contou cunha proxección na que o estudoso trasladaba o seu pensamento. Coa proximidade das Letras Galegas na honra da autora Xela Arias, non son poucas as institucións que continúan a render homenaxe tamén ao ferrolán, pois gran parte do asociacionismo cultural de base reclamou, sen éxito, á RAG a prolongación do Ano Carvalho Calero a 2021. O intelectual segue presente na mente de moitos estudosos, como é o caso de Francisco Rodríguez, que destacou a supervivencia do seu discurso en cuestións como a lingua. \"Carvalho tiña unha obsesión científica, intelectual e tamén emocional e humana pola sorte do galego\", subliñou, deixando claro en declaracións a Nós Diario que o profesor e escritor pretendía que a lingua tivese \"dereitos propios\" e que era preciso restaurar os seus usos sociais. Rodríguez destacou que o ferrolán era \"favorábel á unidade do galego e o portugués porque son basicamente o mesmo\", pero estaba máis preocupado por esa recuperación do idioma en todos os ámbitos posíbeis. Así, aludiu á actualidade da defensa que facía pola \"restauración\" do idioma nun momento no que \"o galego pode quedar reducido a un grupo endogámico de profesionais e a un uso puntual pero non colectivo\". Na súa intervención, Rodríguez destacou outras dúas características fundamentais de Carvalho: \"Era un autodeterminista no sentido de que Galiza tiña que definir ela por si propia os seus destinos, o que debía ser, como... Sen tutelas nin subordinación a ninguén\", aclarou. Igualmente fixouse no estudo \"da evolución literaria\" do país sendo \"pioneiro o adaíl da sociolingüística\". Con esta entrega \"á causa da liberdade\" acabou padecendo a \"represión\". Segundo Rodríguez hai algo básico que explica a súa actitude: \"O pobo galego existe, merece atención das galegas e galegos e tamén quería facer da Galiza un 'pobo normal' que se identificase coa súa propia lingua e que fose consciente de que tiña unha cultura específica que pagaba a pena seguir desenvolvendo\"."}
{"ID": "PRAZA_20715", "summary": "A case totalidade dos terroristas actuantes na Europa non son refuxiados da guerra de Siria, senón nacionais europeos ou, cando menos, residentes estábeis. Na súa conversión en terroristas adoita ser decisivo o discurso dalgunhas mesquitas adoito financiadas polo diñeiro saudí.", "text": "Para enxergarmos a realidade do terrorismo yihadista cómpre enfrontar as solucións dende a perspectiva europea, desenvolvendo a escalas continental e local todas as actuacións de represión e prevención a curto prazo que sexan compatíbeis co Estado de Dereito e co contido esencial das liberdades. Urxe, neste senso, transformarmos a Europol nun auténtico FBI europeo que coordine as respostas de intelixencia ao terrorismo na Europa toda. Mais non haberá solución global e europea sen modificacións substanciais nas políticas de inclusión dos residentes musulmáns na Europa e sen unha remuda substancial das políticas exteriores europeas. A case totalidade dos terroristas actuantes na Europa non son refuxiados da guerra de Siria, senón nacionais europeos ou, cando menos, residentes estábeis. Na súa conversión en terroristas adoita ser decisivo o discurso dalgunhas mesquitas adoito financiadas polo diñeiro saudí. De feito, wahabismo e dinastía saudí son inseparábeis dende o século XVIII e a aplicación radical da sharia e o concepto de yihad son semellantes en cadansúas cosmovisións do réxime saudí e do Estado Islámico. Arabia Saudí é socio comercial privilexiado do Estado español no que atinxe á merca de armas, construción de infraestruturas e venda de petróleo. Os intereses comerciais de determinadas grandes empresas españolas son alí moi importantes e mesmo o anterior Xefe de Estado foi quen garantiu a subministración de petróleo saudí naqueles anos 1977 e 1978. Por que non se curta o financiamento saudí a moitas mesquitas españolas? Por outra banda, o apoxeo do Estado islámico veu da man da intervención militar USA, secundada polo Reino Unido, ao destruír a ditadura de Saddam Hussein en Iraq e financiar a oposición islamista á ditadura siria de Bashar al Assad. Os intereses petrolíferos occidentais preferiron Estados faliidos que remataron co apoxeo dun Estado Islámico que vendía barato o petróleo de Mossul a través de Turquía. Unha Turquía que tampouco quere destruír de todo aos yihadistas, porque non quere un Kurdhistan forte, reunificado e independente. Non pode haber loita eficaz contra o yihadismo sen actuar sobre estes parámetros. Cómpre analizalos polo miúdo e non mercarlle aos de sempre explicacións islamófobas de todo a cen."}
{"ID": "PRAZA_17630", "summary": "GALERÍA DE IMAXES | A terra e a pedra do acceso ao castelo de Monterrei veñen de ser substituídas por cemento nun novo chanzo do polémico proceso que lle dá uso hoteleiro", "text": "\"Que pensarían a cidadanía e os xestores patrimoniais se cementaran e alisaran o acceso ao Hostal dos Reis Católicos?\" Con esa frase que a Plataforma cidadá en defensa do castelo de Monterrei atribúe a unha técnica do Consello da Cultura Galega exemplifica o que vén de pasar na considerada maior acrópole galega, o castelo de Monterrei, no que constitúe un novo chanzo do polémico proceso para darlle uso hoteleiro: A pedra e a terra do seu acceso tradicional veñen de ser sepultadas polo formigón. A terra e a pedra do acceso ao castelo de Monterrei veñen de ser substituídas por cemento nun novo chanzo do polémico proceso que lle dá uso hoteleiro A plataforma en defensa do castelo vén de distribuír unha serie de imaxes co antes e o despois das últimas actuacións alí realizadas. \"As obras se realizan sen ningún respecto ao monumento, esnaquizando unha vez máis partes importantes da muralla do XVII coa mais absoluta impunidade, empregando materiais de carácter irreversible como o formigón armado e subindo o nivel dunha calzada co que se está alterando a volumetría do monumento, a autenticidade a integridade e a lectura histórica\", salienta o colectivo, que lembra a textualidade do artigo 44 da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia respecto aos bens de interese cultural (BIC): \"O volume, tipoloxía, morfoloxía e cromatismo das intervencións na contorna dos monumentos non pode alterar o carácter arquitectónico e paisaxístico da zona, nin perturbar a contemplación do ben\". A plataforma lembra a súa longa loita contra o cambio de uso do castelo de cultural por hostaleiro impulsado pola propia Xunta que ao seu ver debera ser a principal responsable de conservar este ben declarado monumento histórico-artístico en 1931. Esta non é primeira vez nin a única zona do castelo que sofre a invasión do cemento. En 2015 xa se fixera unha actuación similar no patio do recinto."}
{"ID": "NOS_47018", "summary": "Serían 291.187 de non incluírmos o colectivo de 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. As férias de 'semana santa' só reduciron o paro en 1.636 persoas no País", "text": "Malia a pequena baixada que as férias de 'semana santa' trouxeron na cifra do desemprego rexistrada en marzo na Galiza, en 1.636 persoas, o terceiro mes do ano pecha no noso País cun total de 307.786 incluíndo @s 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. Sen as contar, o número de demandantes quedaría en 291.187 persoas. Galiza é un dos nove territorios onde baixou o desemprego, unha caída que se pode achacar á semana feriada porque o paro reduciuse unicamente no sector servizos e por ser a primeira vez que cae en marzo desde 2008, último ano en que eses sete días cadraran integramente en marzo. Respecto do mes de marzo de 2012, a cifra medrou no País e son agora 14.392 máis @s traballador@s que non teñen emprego, un incremento interanual do 5,2%. Datos do Estado: 5.348.392 desempregad@s Até 5.348.392 persoas no desemprego son as rexistradas no conxunto do Estado, sumando o colectivo de Denos. Sen contabilizalo, a cifra total seguiría por riba dos cinco millóns de persoas, n@s 5.035.243 anotad@s. O respiro que ofreceron os últimos sete días do mes, que foron feriados, traduciuse en que 4.979 persoas atoparon un emprego na 'semana santa' e trouxo canda si a primeira caída no desemprego desde decembro de 2012."}
{"ID": "PRAZA_18087", "summary": "Feijóo centra a responsabilidade nos socialistas despois de que os populares vetasen a petición unánime do Parlamento de Galicia tres veces en apenas ano e medio. Gonzalo Caballero subliña o \"talante\" do equipo de Sánchez e En Marea e BNG reclaman o desbloqueo das transferencias DOCUMENTO | O Goberno de Sánchez elimina o veto á lei do traspaso da AP-9 no Congreso", "text": "DOCUMENTO | O Goberno de Sánchez elimina o veto á lei do traspaso da AP-9 no Congreso A petición unánime do Parlamento de Galicia de que a titularidade da autoestrada AP-9 pase do Goberno central á Xunta vai ser á fin debatida no Congreso dos Deputados tras levantar o PSOE o veto co que durante anos o impediu o PP, pero nin populares nin socialistas aclaran que votarán nese momento. \"Unha cousa é que se discuta e outra é votar a favor de que se aprobe\", advertiu este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Feijóo centra a responsabilidade nos socialistas despois de que os populares vetasen durante anos a petición unánime do Parlamento de Galicia Despois de que o Executivo de Pedro Sánchez informase ao Congreso de que non ten impedimento en que se debata a proposición de lei remitida polo Parlamento de Galicia, este xoves Feijóo centrou a responsabilidade do que pase a partir de agora nos socialistas. \"Veremos a postura dos grupos da Cámara, basicamente a do Goberno, que é quen ten a chave, sen o Goberno non se pode aprobar\", di o presidente galego. Porén, aínda que ningún deles é determinante para o resultado da votación senón que unha decisión ou outra requirirá do que voten o resto de grupos, os populares contan con máis deputados que os socialistas. Preguntado por ese feito e por cal será o voto do PP, Feijóo non foi quen dicilo. \"Que vai facer o PP? Eu teño claro que o que debería é votar a favor. Que fixo en anteriores ocasións? Votar en contra\", admite Feijóo \"Que vai facer o PP? Eu teño claro que o que debería é votar a favor. Que fixo en anteriores ocasións? Votar en contra\", dixo o presidente. Feijóo asegurou que el seguirá a \"trasladar\" aos seus compañeiros de partido en Madrid a conveniencia de votar a favor do traspaso, pero engadindo a continuación que \"o PSOE non nos transmitiu que vaia votar a favor desa transferencia\", en referencia ao encontro que mantivo con Sánchez en xullo e no que o segundo limitouse a abrir a porta a esa posibilidade. Este mesmo xoves o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, foi preguntado por esa mesma cuestión e, ao igual que Feijóo, non aclarou cal vai ser a postura do seu partido en Madrid. O socialista centrouse en salientar o cambio de actitude e \"talante\" do Goberno central con Sánchez á fronte ao permitir agora o debate da iniciativa. Pero nada dixo sobre o sentido do voto socialista. En Marea e BNG reclaman ao novo Goberno central que desbloquee as transferencias a Galicia Pola súa banda, desde o BNG, grupo autor da primeira iniciativa legal aprobada no Parlamento de Galicia para a transferencia da AP-9, a súa súa portavoz, Ana Pontón, insistiu este mércores en que os socialistas deben desvelar xa cal vai ser o sentido do seu voto. Do mesmo xeito, En Marea vén insistindo na necesidade de que o novo Goberno socialista reinicie o traspaso de competencias a Galicia tras dez anos sen concretarse ningunha. Este xoves o seu vicevoceiro no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, considerou unha \"boa nova\" o desbloqueo do debate, reclamou a PSOE e PP que voten a favor do traspaso da AP-9 e insistiu en que o resultado final ten que ser \"o seu rescate para o público\", que considera \"economicamente factible\"."}
{"ID": "NOS_44349", "summary": "José Pose Vaquero, primeira das testemuñas en participar no xuízo pola catástrofe do Prestige, asegura que a decisión das autoridades marítimas dificultou o traballo de salvamento. A segunda testemuña, o ex-capitán marítimo da Coruña, mantivo que a decisión das autoridades foi a correcta.", "text": "Comezaron a declarar hoxe as primeiras testemuñas citadas para o xuízo do Prestige que se desenvolve na Coruña desde o pasado 16 de outubro. Case dous meses despois pasaron polas instalacións de Expocoruña os únicos acusados: o capitán do Prestige, Apostolos Mangouras, o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos e o ex-director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. Despois dos seus interrogatorios toca agora escoitar as 133 testemuñas que se citaron comezando por José Pose Vaquero, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra. Hoxe declararon José Pose Vaquero e o ex-capitán marítimo da Coruña, Ángel del Real. O primeiro, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra en 2002, valorou como negativo o afastamento da costa despois de que o petroleiro estaba estabilizado e contaba con remolque. Despois cuestionou a orde de que se seguise a afastar despois tal e como estaba o mar e as dificultades para salvamento. \"Dificultaba o traballo\". Asegurou que houbo posibilidades de salvalo \"nun lugar refuxio\" e confirmou que as autoridades tiñan por norma, daquela, afastar aos buques con problemas. José Pose Vaquero defendeu o traballo dos remolcadores que participaron no rescate eses días, aínda que recoñeceu que ningún dos dous eran de salvamento. \"Empregouse os que había e máis\". Segundo a súa opinión non era necesaria a participación de máis xente nesas primeiras horas polo perigo de expoñer \"a máis xente\" tal e como estaba a situación. Pose Vaquero cuestionou a orde de que se seguise a afastar o Prestige despois tal e como estaba o mar e as dificultades para salvamento A decisión \"correcta\" do ex-capitán marítimo da Coruña Ángel del Real, ex-capitán marítimo da Coruña, foi a segunda testemuña en declarar da xornada. A súa versión seguiu o camiño das declaracións de López Sors e insistiu en que a decisión de afastar o Prestige foi a \"correcta\". Asegurou que non había outra saída para o petroleiro que ir lonxe da costa \"polo risco de que rompese\". Desbotou calquera outra alternativa, como a de transvasar a carga. \"Era imposíbel polo mal tempo\". Despois traspasou a responsabilidade á empresa de salvamento que tiña que intervir antes de afundir o petroleiro. As seguintes testemuñas serán mañá Serafín Díaz, inspector marítimo do Porto da Coruña, e os tres controladores de centros zonais, capitáns e tripulacións dos remolcadores Ría de Vigo e Ibaizabal."}
{"ID": "PRAZA_19552", "summary": "Garda Civil e Policía Autonómica iniciarán controis de tráfico nos vindeiros días. A Xunta decretou unha zona tapón noutras 16 localidades límitrofes, nas que os e as produtoras tamén deben declarar as plantacións e os tubérculos recollidos non se poderán dedicar a sementar", "text": "A conselleira do Medio Rural e o delegado do Goberno mantiveron esta martes unha xuntanza con responsables da Garda Civil e a Policía Autonómica co obxectivo de coordinar os efectivos das dúas administracións no labor de control da couza da pataca para evitar a súa extensión. Neste senso, Garda Civil e Policía Autonómica iniciarán nos vindeiros días controis de tráfico nas estradas dos 31 concellos afectados pola praga, nos que está prohibido o tránsito de tubérculos \"salvo que se realice baixo seguimento oficial como traslado aos vertedoiros autorizados\". O incumprimento desta norma será castigado con multas que van dende os 300 ata os 3.000 euros. A entrada de pataca nestes concellos será só para consumo directo e irán preparadas e envasadas para o comprador final. En todo caso, estas xa nunca poderán saír da área demarcada, unha vez fosen almacenadas en instalacións localizadas neste entorno. A Xunta decretou unha zona tapón noutras 16 localidades límitrofes, nas que os e as produtoras tamén deben declarar as plantacións e os tubérculos recollidos non se poderán dedicar a sementar O pasado venres Medio Rural publicou unha resolución no DOG na que desenvolvía o real decreto do Ministerio de Agricultura, aprobado hai dez días e concretaba as accións prohibidas e tamén as actuacións previstas. Unha das novidades que presentaba esta resolución de Medio Rural era a incorporación dunha zona tapón, formada polos erreos comprendidos nunha franxa de 5 quilómetros ao redor dos límites dos 31 concellos afectados pola praga. Nesta situación están incluídos a totalidade dos termos municipais de Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño. E, ademais, unha parte significativa doutras 11 localidades: Pontedeume, Monfero, Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. Nestes 16 concellos tapón tamén se aplicará o tratamento fitosanitario ás patacas, instalaranse trampas de feromonas e os tubérculos recollidos non se poderán destinar a sementar. Hai, igualmente, medidas de obrigado cumprimento para os almacenistas. Nos 31 concellos afectados está prohibido o cultivo de pataca durante dous anos, e tamén é obrigatorio o levantamento e destrución das patacas xa plantadas tanto neste ano coma en anteriores. Ademais, é preciso levar a cabo un tratamento fitosanitario nas parcelas de cultivo. Será a Xunta de Galicia a que asuma este traballo de transporte (en camións estanco) e a destrución dos tubérculos. Os almacéns deberán entregar todas as patacas e sementes, desinfectar e desinsectar axeitadamente os locais, instalar trampas específicas de feromonas e destruír os sacos e caixas que estiveran en contacto coas patacas infectadas ou simplemente na mesma estancia. A resolución publicada o pasado venres marcaba ademais un prazo de 15 días hábiles para comunicar as parcelas plantadas antes da entrada en vigor do Real decreto. Medio Rural publicará nos vindeiros días unha orde que recollerá as compensacións para aqueles produtores que tivesen que destruír pataca. As contías pecharanse en negociacións con Ministerio e o Goberno de Asturias para igualar as mesmas. Resolución de Medio Rural publicada o pasado venres Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo"}
{"ID": "NOS_23707", "summary": "Cabeza de Manzaneda, principal protagonista da prestixiosa proba.", "text": "Coincidindo co final da Volta a España 2021 na Praza do Obradoiro de Compostela, Galiza acollerá entre o 2 e o 5 de setembro a Challenge da Volta a España, unha das probas máis importantes no calendario WorldTour feminino. Será a primeira vez que esta prestixiosa carreira, presentada esta terza feira oficialmente en Cabeza de Manzaneda, chegue a territorio galego. Contará con catro etapas. A primeira, con saída na Estación de Cabeza de Manzaneda (1.006 metros) e final na Rúa, tras 118 quilómetros e un porto de montaña de 1ª categoría. O percorrido levará as corredoras pola Pobra de Trives (749 m.), Larouco (526 m.), A Rúa (299 m.), Vilamartín de Valdeorras (310 m.), Alto da Portela (1.125 m., porto de 1ª), Prada (926 m.), A Veiga (882 m.), Santa Cruz (596 m.) e de novo pola Rúa, onde estará a meta. Ao día seguinte, a segunda etapa será unha cronoescalada individual en Cabeza de Manzaneda, cun percorrido de 7,3 quilómetros e un ascenso de case 500 metros até ascender aos 1.490. A terceira etapa, de 107,9 km, comezará de novo en Cabeza de Manzaneda e finalizará en Pereiro de Aguiar. Outra clásica etapa galega sobre un terreo moi exixente, con dous portos de montaña, de 3ª e 2ª categoría. O percorrido inclúe A Pobra de Trives (749 m.), o Alto da Cerdeira (943 m., porto de 3ª), Castro Caldelas (780 m.), Pedrafita (905 m.), Alto da Lama (930 m., porto de 2ª), Casestas de Rodicio (939 m.), Maceda (575 m.), o Pinto (505 m.) e final na localidade de Pereiro de Aguiar (505 m.). Para a derradeira xornada, as corredoras abandonará a montaña e trasladaranse á localidade das Pontes, de onte partirá a carreira nun percorrido con meta en Compostela ─moi posibelmente con chegada ao esprinte─ coincidindo co final no Obradoiro da Volta a España. Nesta proba en chan, as ciclistas pasarán polo Vilariño, Guitiriz, Teixeiro, Sesmonde, Pontecarreira, Sigüeiro e final na capital galega tras 107,4 quilómetros. Participación galega As etapas disputaranse en horario matinal. Existen moitas posibilidades de que o Team Farto de Pontevedra participe na Challenge, algo que se confirmará nos próximos días. O pontevedrés é o único equipo galego inscrito como profesional na Unión Ciclista Internacional. As mellores corredoras do mundo daranse cita nesta carreira, a máis importante a nivel estatal do calendario ciclista e que se disputa desde o ano 2015. A alemá Lisa Brennauer, do equipo Ceratizit-WNT Pro Cycling, foi a gañadora das dúas últimas edicións."}
{"ID": "NOS_52279", "summary": "Piden reorientar os plans Next Generation para a Ribeira Sacra para que non traian xentrificación.", "text": "O proxecto de Orzamentos da Xunta para 2022 adoece, no que ten a ver co interior do país, de \"continuísmo\" e \"falta de transparencia\", segundo denuncia Interior Galego Vivo (IGV). Paula Verao, integrante da coordinadora desta entidade, afirma a Nós Diario que as contas do Executivo de Alberto Núñez Feixoo implican \"afondar na discriminación e na falta de investimentos\" no interior. Ademais, IGV pon de manifesto que as liñas de axuda para a reserva da biosfera na Ribeira Sacra, procedentes dos fondos Next Generation e previstas nos orzamentos, beneficiarán axentes externos e favorecerán a xentrificación. Os orzamentos da Xunta contan con escasos fondos para o interior e non hai proxectos de calado -tampouco para a Ribeira Sacra ou as reservas de biosfera- nin existen liñas transformadoras nin tractoras de cara á integración das axudas europeas para saír dunha estrutura económica cada vez máis dependente e pauperizada, explica o IGV nun comunicado. E todo, a pesar de que o Executivo galego leva meses anunciando que entre os plans que ten para a captación de fondos europeos Next Generation figuran liñas de actuación sobre a Ribeira Sacara para impulsar a recuperación de espazos de alto interese patrimonial. Trátase dunha medida, di a Xunta, que aspira a captar 40 millóns de investimento. Porén, como advirte Paula Verao a Xunta segue sen ir alén do anuncio e descoñécese o contido dos proxectos Next Generation. Nin o Parlamento ten a información, recalca Verao, que tamén reprende o Executivo de Feixoo pola \"falta de transparencia\" no desglose territorializado dos recursos nos orzamentos de 2022. O porto fantasma de Porto Seco, en Monforte Os orzamentos carecen de política industrial, valora o IGV, e centran \"os exiguos investimentos no turismo\". Non hai plan tampouco para o Porto Seco de Monforte, lamenta Verao, inaugurado hai xa sete anos e con cero empresas captadas, e cuxo acceso á rede principal de estradas aínda non está rematado, a pesar de que a Xunta leva catro anos orzando uns 750.000 euros para rematar a conexión (800 metros de estrada). Esa cantidade nunca se gasta. De novo, no capítulo de infraestruturas a Xunta repite para 2022 a partida de 750.000 euros para os accesos do Porto Seco coa N-120. En IGV sospeitan que un ano máis ficarán se executar. \"Falta unha visión estratéxica de desenvolvemento industrial e que teña o ferrocarril como vía estratéxica de transporte de mercadorías e de persoas\", considera Verao. Macrorresidencias A aposta polas \"macrorresidencias\" de maiores, a falta de investimentos en materia sanitaria e a falta de partidas por concellos como Laza, Xinzo, Manzaneda, Chandexa, Chantada, Samos, Quiroga, Trives, Sober, Vilalba, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao... son outras das denuncias que formula a entidade. En canto á atención á dependencia e persoas maiores, Verao demanda un cambio de modelo. Os fondos \"teñen que estar orientados a estas persoas, pois ademais de mellorar na atención crearíase emprego digno, sobre todo para as mulleres, e combateríase o despoboamento\". Nese sentido, reclama partidas nos orzamentos da Xunta para residencias de media estancia que alberguen persoas que após un ingreso hospitalario pasen un tempo en situación de dependencia; xa que a \"falta deses recursos precipita o ingreso en residencias\". Aliás, en canto a servizos sociais, o IGV considera que o cofinanciamento para o Servizo de Atención ao Fogar e para escolas infantís \"é cativo e obriga a concellos que perden poboación e recursos a achegaren cada vez proporcionalmente maiores recursos\". O PP veta unha iniciativa a prol dos IES do rural O PP defendeu onte na Cámara galega que na Galiza hai \"os profesores que se necesitan\" fronte ás denuncias de BNG e PSdeG sobre \"recortes\" nos centros públicos con críticas, en concreto, aos problemas xurdidos no inicio do curso en institutos galegos, sobre todo do rural, polos criterios impostos para cursar determinadas materias se non se chegaba ao mínimo de alumnado estabelecido. O PP rexeitou así a proposta do BNG que instaba a Xunta a autorizar poder cursar materias troncais, como latín e grego, nos IES rurais con independencia do número de alumnado matriculado e do profesorado do centro."}
{"ID": "NOS_32062", "summary": "Á hora na que esta segunda feira 25 de agosto a chanceleresa alemá e o presidente español visiten a Catedral de Compostela, unha concentración na cercana Praza da Quintana rexeitará as políticas de recortes da UE.", "text": "Segundo a axenda oficial, esta segunda feira, 25 de agosto, ás 11:00 da mañá Merkel e Rajoy visitarán a Catedral de Compostela, entrando pola porta principal, da Praza do Obradoiro. A esa mesma hora, e ás portas doutra das entradas á Catedral, pola Praza da Quintana, haberá unha concentración convocada por diferentes forzas e colectivos para rexeitar as políticas que impulsan e representan ambos os dous mandatarios. \"Todas esas políticas van dirixidas a favorecer os intereses do capital financeiro. E Angela Merkel é fiel representante destes intereses e a principal promotora no seo da Unión Europea das políticas tan antisociais\", asevera Suso Seixo, secretario xeral da CIG, unha das entidades que convocan o protesto. Por iso, insta a participar na convocatoria da vindeira segunda feira na Quintana, para demostrar a frontal oposición ás políticas de recortes da UE e a Troika. A CIG chama a esa mobilización para manifestar o rexeitamento \"ás políticas promovidas dende a Unión Europea, porque afectan directamente a sectores produtivos básicos da nosa economía, limitando as nosas capacidades produtivas, provocando o peche de empresas e sectores industrias completos, e coartando as posibilidades de creación de emprego digno na nosa Terra\"."}
{"ID": "NOS_36208", "summary": "A industria achega 18,5% do produto interior bruto (PIB) da Galiza e 16% do emprego.", "text": "O anuncio da dirección de Alcoa a semana pasada para a planta de San Cibrao sitúa no disparadeiro do desemprego a case 800 traballadores e traballadoras, entre as da factoría de aluminio e auxiliares. Un impacto considerábel para o tecido económico da comarca da Mariña e unha pegada negativa máis no sector industrial de Galiza, que doce despois do inicio da crise de 2008 aínda non atinxe as cifras de emprego que xeraba daquela. Desde 2008 até o primeiro trimestre de 2020 perdéronse milleiros de empregos na industria galega. Agora o IGE rexistra que hai 175.200 persoas asalariadas no sector industrial. Son 6.000 menos que en 2008. É 8,5% menos de postos de traballo nun sector indispensábel para calquera economía competitiva. A industria achega 18,5% do produto interior bruto (PIB) da Galiza e 16% do emprego. Os estudos da Unión Europea, concretados nun obxectivo político, veñen sinalando desde hai anos que para consolidar unha economía equilibrada o peso da industria no conxunto do Produto Interior Bruto debería acadar 20% en 2020. Transcorrido un período de tempo razoábel, os Estados que integran o espazo comunitario non só non se aproximan á devandita meta senón que mesmo se van afastando."}
{"ID": "NOS_39941", "summary": "O profesor, escritor, poeta e político nacionalista Xosé Manuel Millán Otero faleceu esta quinta feira, 29 de outubro. Moaña dirá o último adeus ao seu ex alcalde.", "text": "Xosé Manuel Millán Otero, profesor, escritor, poeta e ex alcalde nacionalista de Moaña, finou na tarde desta quinta feira, 29 de outubro, nun centro hospitalario de Vigo, onde se atopaba ingresado por unha enfermidade que padecía nos últimos anos. A corporación do Concello de Moaña rendeu un minuto de silencio a quen gobernou o concello desde o Bloque Nacionalista Galego do ano 2003 a 2011. Ademais, foi membro do consistorio entre os anos 1999 e 2015. Xosé Manuel Millán naceu na parroquia de Beluso, Bueu, en 1964 e foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña. É autor de diversos estudos e edicións críticas de escritores de preguerra (Ramón Cabanillas, Vicente Risco...) e actuais, como Bernardino Graña. Participou tamén en obras colectivas como a Historia da Literatura Galega (1996), editada por A Nosa Terra / ASPG e Literatura galega. Século XX (A Nosa Terra, 2001). Como poeta publicou Este é o tempo do sal (Accésit do Premio Esquío, 1991) e As palabras no espello (Ed. Do Castro, 1995), esta última galardoada co VII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón; Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo (2010, publicado na internet), As cinzas de Pasolini (2018, Editorial Toxosoutos). A actividade cultural e literaria de Xosé Manuel Millán foi á par do seu compromiso político e social. Adherente de Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA), membro de relevo dos Comités Abertos de Facultade (CAF) na Facultade de Filoloxía e no campus de Santiago de Compostela, militante da Unión do Povo Galego (UPG), participou no Bloque Nacionalista Galego (BNG) desde a súa fundación. A súa morte deixa un fondo pesar no mundo da cultura e do nacionalismo galego."}
{"ID": "NOS_32862", "summary": "A variante delta continúa a estenderse por Portugal e xa non só afecta Lisboa e a súa área metropolitana. Tamén preocupan Porto e Braga. Para tratar de atallar a situación, o Executivo de António Costa decidiu recuperar o toque de recoller nas zonas máis prexudicadas.", "text": "O crecemento no número de contaxios en Portugal ten unha responsábel: a variante delta, máis contaxiosa que as outras coñecidas. As restricións impostas polo Goberno de António Costa, como o fechamento perimetral de Lisboa durante as fins de semana -unha medida que non afecta os turistas estranxeiros que cheguen ou saian da rexión por estrada- , non están a ser suficientes para conter a súa propagación, de aí que decidira impor o toque de recoller. A recollida obrigatoria estará vixente desde esta sexta feira, día 2, entre as 23 horas e as 5 horas, nun total de 45 municipios. Son aqueles cunha acumulación de contaxios que oscilan entre 120 e 240 casos por cada 100.000 habitantes. Onde afecta? Entre os municipios sobre os que pesa o toque de recoller atópanse os puntos máis turísticos do país, como Lisboa, Porto, Cascais, Sintra, Oeiras, Braga, Albufeira, Faro e Portimão. As outras restricións adicionais que estaban en vigor en Lisboa, Sesimbra e Albufeira esténdense agora a 16 municipios máis: Cascais, Sintra, Oeiras, Almada, Amadora, Barreiro, Constância, Loulé, Loures, Mafra, Mira, Moita, Odivelas, Olhão, Seixal, y Sobral de Monte Agraço. A medida ten como obxectivo \"evitar as reunións e festas de mozos na rúa até altas horas da madrugada\", segundo expuxo a ministra da Presidencia e portavoz do Goberno, Mariana Vieira da Silva. \"Estamos nunha loita contra reloxo que hai que gañar aumentando a vacinación, reducindo as reunións e os contactos sociais descontrolados\", apuntou a responsábel do Executivo. Portugal confirmou 2.449 novos positivos, 54% na rexión de Lisboa, mais tamén aumentan de maneira considerábel no Algarve, Alentejo e na rexión norte, nomeadamente en Porto e Braga."}
{"ID": "NOS_34467", "summary": "Nacionalistas contra Franco", "text": "Eran moitas naquel universo nacionalista de finais dos sesenta e dos primeiros setenta onde a militancia se contaba por ducias no mellor dos momentos. Urxe recuperar a súa loita, poñerlle cara ao compromiso e dar testemuño dos ideais que as movían. Precisamos restaurar a súa memoria porque é un capital político do que non podemos prescindir, divulgar o seu libro de estilo se acreditamos nas persoas ao servizo dos obxectivos políticos e poñer negro sobre branco a sementeira destas mulleres de ferro que hoxe recollemos. É necesario, ao fin, dar voz á historia das mulleres que fixeron o nacionalismo, das que ergueron sindicatos, organizacións e asociacións culturais, das que ocuparon responsabilidades e das que participaron na base. É necesario dar voz á historia das mulleres que fixeron o nacionalismo Eran moitas, falamos das militantes nacionalistas na clandestinidade, das mulleres patria que viviron células, comités, xermes, trepias, que bailaron cárcere, exilio, pisos de seguridade, que festexaron nome de guerra, saltos e pásaos. Falamos de María Xosé Queizán e Natalia Gómez \"Natacha\" que participaron dos debates e do nacemento da UPG, de Sabela Pita e Saleta Goi con nos desde 1964 e até hoxe, de Carmela Arbones e de Natalia Escrig \"A Cuqui\", motor da \"Nova Canción Galega\"e de EDIGSA; Luísa Viqueira, a exiliada filla de Xoán Vicente, Helena Mosqueira ou Pilar Xeremías a organizar partido na emigración de Mexico, Franza e Uruguai; Helena Veiguela, Carme López Teixeiro, Felisa García ou Pepa Baamonde a construír a UTEG; Maite Caramés e Marisa Canto no \"aparato\" en Vigo e de Lugo; Pilar Allegue, a dirixente do 68 madrileño, Cuqui Fraguela,ou Carme Entenza, clandestinas na dirección da ANPG; Africa Leira e Pencha Santamaría, facendo Comisións Labregas e erguendo o povo contra Xove Nuclear e Xenoveva Ferreiro, artellando xermes sindicais, e María do Carmo García Negro, pensando xa Galiza e militando full time, e Marisa da Fonsagrada, movemento estudantil antes de ERGA, e Carme Fernández, construíndo movemento cultural e Nati, a mestra de Rianxo que tiraba propaganda, elaboraba \"O Barbeiro Municipal\" e agochaba a un Reboiras clandestino na súa casa. Eran moitas outras, aquí deixamos unhas pezas para facer o mosaico, pezas que hai completar con outras, máis aínda, novas e darlle forma para fixar, sen dúbidas, un capitulo da historia de nos, para lembrar, sempre, de onde vimos e a onde vamos, para homenaxear hoxe e mañá as nosas rosas. Eran moitas, naqueles días negros de Agosto de 1975, que sufrían cadea e exilio polo seu compromiso patriótico Eran moitas, naqueles días negros de Agosto de 1975, que sufrían cadea e exilio polo seu compromiso patriótico. Houbo un once, un doce e un trece e moitos máis días de Agosto no que entraron na cadea, como xa entrara Marisol Juarez , aquela moza da célula de Erga que dirixía Reboiras, con dezaseis anos, mulleres da Galiza enteira. N´A Coruña Amparo Carracedo, en Vigo Margarita Vázquez Veras e Luz Rei Pousada, e en Compostela Asunción Múñiz e Marisa Vázquez que non sairá da prisión até 1977. Máis unha vez Portugal, que xa acollera en 1846 aos fuxidos da revolución con Antolín Faraldo á cabeza, pasa a ser morada das militantes da UPG que tiveron que abandonar o País. Ala, nun piso d´O Porto, desde 1974 atopábase a Delegación do Exterior deste Partido dirixida por Margarita Ledo, que se tivera que exiliar anos atrás ao ser sorprendida nun reparto de follas voandeiras, e que no seu traballo recibía o apoio da tamén exiliada Carme Graña Penedo, que fuxira de Galiza após ser desmantelado o aparato de propaganda da UPG n´O Morrazo en 1973. A comuna de refuxiadas en Portugal aumentaría neses días co establecemento no País veciño de Elvira Souto, Elsa Costas e Concha Fernández \"Conchita\". Aquel Portugal de Abril que foi casa para as represaliadas galegas será tamén sé de ferrados de solidariedade para as que sufrían represión en Galiza ou estaban a poñer en marcha de novo unha UPG duramente golpeada pola represión. Eran moitas, eramos, máis ou menos novas, as que o pasado Día da Patria Galega partillabamos en conversas na Carballeira a necesidade de achegar ás nacionalistas de hoxe á experiencia da xeración anterior, e rachar así o malfado que nos impuxo o Piñeirismo de ter que comezar de novo, unha sorte de táboa rasa que nos agochou a experiencia das que nos precederon na loita e que nos obrigou a mal descubrir pola nosa conta ás Bao Maceira, ás María Miramontes, ás López Jean, ou ás Marisol Morales, mulleres tamén de ferro naquel nacionalismo dos anos vinte e trinta. Moitas, tamén, máis ou menos novas, o 25 de Xullo declarabámonos parte do Partido de Reboiras, un partido que vai máis alá do corsé do sistema partidario galego, o partido que entende co futuro de Galiza depende das forzas políticas propias, o partido que pensa que sen autoorganización non hai autodeterminación, o partido que considera a liberación nacional como condición sine qua non para a mellora das condicións de vida das galegas e para calquera mudanza progresista do espazo ibérico e europeo."}
{"ID": "NOS_6468", "summary": "O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra -un proxecto impulsado polo vicepresidente da institución, César Mosquera (BNG)- ten no seu programa educativo un dos seus alicerces, unha aposta en 'Apúntate á compostaxe' na que tomaron parte 47 centros de ensino e na que participaron máis de 10.500 persoas, entre alumnado e profesorado. Falamos con Manuel Domínguez, biólogo e educador ambiental, é un dos responsábeis do proxecto.", "text": "Este 29 de maio ten lugar o congreso escolar que pon o ramo a esta tempada do programa educativo do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra entre os centros de ensino da provincia. 'Apúntate á Compostaxe´é o lema dunha iniciativa na que a comunidade escolar se implica a fondo. -Cales son os obxectivos desta iniciativa e como é o desenvolvemento da mesma? -Primeiro dicir que isto fai parte da oferta educativa de Revitaliza, un programa da Deputación de Pontevedra para levar a compostaxe aos concellos, para tratar mediante a compostaxe a compoñente orgánica do lixo doméstico, urbano. Ademais do que son as accións físicas como poñer composteiros e ter persoal para supervisalos, hai actividades de formación para adultos. Mais hai unha pata do proxecto que son as actividades en escola. O programa educativo ten actividades a demanda dos centros, aos que se lles ofrecen charlas, obradoiros, visitas guiadas a composteiros comunitarios.. Ademais está o congreso escolar, no que os centros de ensino presentan un proxecto ao redor da compostaxe para desenvolver no seu centro. Un proxecto que pode ser desde calquera punto de vista, pode ser artístico, comunicativo, experimental, mixto… Os centros fan unha proposta e nós seleccionámolas. Hai unha pequena dotación económica para os custos do proxecto. E agora, a finais de maio, ten lugar a posta en común dos resultados. Os centros veñen e expoñen os seus programas. Non´é un encontro de educadores, é o propio alumnado quen presenta as comunicacións. Este ano hai escolares de Primaria e Secundaria, o ano pasado fixéramolo só de Primaria. -Como é a recepción por parte do alumnado do programa, como se achegan á compostaxe, un tema que para moitos deles será descoñecido? -O alumnado reacciona moi ben, ao igual que o profesorado. Tan pronto comezas a falar de compostaxe os nenos ven que é a opción lóxica. Unha tona de banana podemos poñela aquí no composteiro e facer abono, que é o que fai a natureza, ou darlle un paseo por todo o país en camión para levala a queimar a Cerceda. Os nenos entenden a lóxica do proceso. O que si pasou aquí é que durante moio tempo déronse cousas por sabidas e hai moito mito, moito descoñecemento do que son os ciclos, os custos ambientais, polo que fan falta programas como este. Unha tona de banana podemos poñela aquí no composteiro e facer abono, que é o que fai a natureza, ou darlle un paseo por todo o país en camión para levala a queimar a Cerceda -Aquí o profesorado xoga un papel importante… -Xoga, si. De feito, no programa educativo hai unha actividade que é formación de profesorado coa que pretendemos darlle un fondo, por dicilo así, demais de dialogar con eles sobre estas cuestións. No programa participan 47 centros de ensino. O programa ofréceselle a todos os centros de ensino públicos e concertados de Infantil e Secundaria dos concellos que están en Revitaliza. Incluso ofrecemos unha parte de actividades para concellos que non están no plan. Traballamos con máis de 10.500 persoas, a gran maioría escolares. -Habería que incidir máis no propio ensino no que é a educación ambiental? -Realmente a propia educación ambiental xa fai parte do currículum: o coñecemento do medio, bioloxía, ciencias naturais… Hai logo marxe para traballar nisto, para metelo na axenda."}
{"ID": "NOS_37875", "summary": "A entrevista no espazo 'Bos Días' da deputada do PP por Barcelona, e en castelán a petición da entrevistada, volveu poñer en primeira liña a función dos medios públicos.", "text": "Entrevista no programa 'Bos Días', un dos principais da TVG, a cargo do redactor xefe de Informativos da Televisión Galega e no idioma que pide a propia entrevistada, o castelán, porque é, dixo, \"el que nos une\". Cayetana Álvarez de Toledo hai tempo que saíu da primeira liña política e informativa do estado español. Mais na TVG déronlle un trato informativo do que carecen outros líderes políticos na Galiza. \"Xa foi máis entrevistada na TVG que a líder do BNG e da oposición\", denunciaba o Bloque nas redes sociais. As redes sociais 'ferveron' coa entrevista. Basicamente por dúas cuestións. A primeira, a de entrevistar unha deputada que pouco di a Galiza e que aproveitou a entrevista para debullar os argumentos da dereita pura. En segundo, polo feito de que a CRTVG, \"unha vez máis\", deixase de lado o seu compromiso coa lingua propia, obriga recollida nos seus propios estatutos. \"Imos facer a entrevista en castelán, tal e como pediu [Cayetana Álvarez]\" di Marcos Sueiro, o entrevistador ao inicio da conversa. A deputada do PP aproveita a súa primeira intervención para falar desa petición. E non di que pedise que se lle entrevistase en castelán porque tería dificultades para entender o galego. A resposta foi o habitual entre os defensores do 'supremacismo' do español sobre o resto de linguas do Estado: \"Pedín que fose en castelán porque temos unha lingua común, un valor importante, para podernos comunicar nunha lingua que nos une e porque me interesa máis o que nos une que o que nos separa\". Por se non puidestes ver a entrevista exclusiva da TVG a Cayetana Álvarez de Toledo... Gran traballo de Marcos Sueiro Servizo público! Xornalismo! E en castelán, para que a entendan en Madrid, que é do que se trata! https://t.co/NfGVGYHh8j— Carlos Meixide (@carlosmeixidefl) March 22, 2021 Por que razón se enviou un equipo a entrevistar unha deputada rasa con nulo interese informativo agora mesmo a unha cidade na que a propia CRTVG ten delegación propia? 🤔 https://t.co/4TqGNM15cQ— Alberto Rivera (@ARiveraRey) March 22, 2021 Hostias! O que opine unha Cayetana que ata a apartaron da vista en Madrid é SÚPER IMPORTANTE para sacalo na TVG que pagamos todos e todas as galegas. Claaaro que si 😳🤦♀️ https://t.co/46o3mX3iaf— A Yoli 💜 #independencia💙♥️💙 🎗 (@nadjanf) March 22, 2021 Esta é a CRTVG do PP. Quen é e que ten a ver Cayetana Álvarez de Toledo con Galiza? Nada. Pois aínda así, xa foi máis entrevistada na TVG que a líder do BNG e da oposición, @anaponton. https://t.co/qdofy9JihG— BNG (@obloque) March 22, 2021 ¿Qué tiene que ver una española con España?, se pregunta el BNG. https://t.co/WmyxFxpRPx— Cayetana Alvarez de Toledo (@cayetanaAT) March 22, 2021"}
{"ID": "NOS_15179", "summary": "O portavoz do grupo parlamentar socialista foi taxativo após a Xunta de portavoces: \"Non estamos negociando nada\" e advertiu que acudirán á xuntaza co PP para \"escoitar\" a súa proposta mais non para cruzaren o que consideraron \"unha liña vermella\"", "text": "@s socialistas manteñen a postura que manifestaron inicialmente. Non negociarán co partido maioritario a redución do arco parlamentar, malia aceptaren o convite para se reuniren esta quinta feira. Abel Losada --que eludiu avanzar cal será a proposta de redución de gastos institucionais que achegarán desde o PSdeG-- afirmou de maneira taxativa que asisten á xuntanza \"para escoitar\" a reforma prevista pol@s populares mais que non negociarán a redución do número de deputad@s prevista ao consideraren \"unha liña vermella\" a representación parlamentar. Aliás, apuntan \"o problema do Parlamento é a utilidade do mesmo e non\", din, a cantidade de escanos que compoñen o seu arco. Abel Losada afirmou en comparecencia de imprensa que para o seu grupo a composición da Cámara é \"unha liña vermella\" e de mudar o seu número @s socialistas apostan \"por abrir e non reducir\". O PP acepta falar con AGEMarta Rodríguez Arias confirmou esta terza feira que o grupo maioritaria manterá unha xuntanza bilateral do PSdeG e malia rexeitaren inicialmente que non reiterarían o convite a AGE após considerar que est@s só buscan \"boicotear\" a reunión, Pedro Puy comunicou esta tarde que \"acepta a solicitude\" da coligación para tomaren parte da reunión. AGE asegurou que participarían das reunións sempre \"que outro grupo aceptase\". Pola súa banda, o Bloque rexeitou máis unha vez reunirse c@s populares por entenderen que a proposta é \"antidemocrática\" alías, reiteraron que defenderán a súa reforma electoral."}
{"ID": "NOS_16646", "summary": "Os xogadores do Depor e o Celta con conta en Twitter non entran a falar do derbi de hoxe. Hai unha excepción, a de Insúa e un misterioso \"que vén un palizón... Jaja\"", "text": "A comunicación directa e aberta, en case todos os casos, que teñen as redes sociais chega cada vez máis aos vestiarios dos clubes de fútbol. Algúns xogadores do Depor e o Celta teñen conta con máis ou menos actividade. Desta vez non entraron en polémicas e os chíos son de agradecemento, persoais ou para rechíos do seu interese. Entre os xogadores do Depor non houbo palabras sobre o derbi nas súas contas de Twitter coa excepción de Insúa (@AlexBG_24) que o 13 de marzo deixou un misterioso chío no que dicía \"que vén un palizon... Jaja\". Nas outras contas habilitadas por Alex (@AlexBG_24), Aythami (@aythamiartiles), Abel Aguilar (@abelaguilart) e Bruno Gama (@brunogama_16) o silencio é absoluto. No Celta varios xogadores teñen conta en Twitter. Algúns como Natxo Insa @NatxoInsa ou Sergio Álvarez (@sergioalv1) non teñen moita actividade. Quen se move moito nesta rede social é Iago Aspas (@aspas10) , aínda que sen comentar nada do derbi. As mensaxes máis positivas veñen de Andrés Túñez (@andrestu87) que aseguraba a principios do mes pasado estar \"orgulloso dos meus compañeiros,creo nesta equipa e non cambiaría por nada! Agora máis ca nunca #XuntosConseguiremolo\". Da última incorporación á primeira equipa para o noso derby, Levy Madinda (@LevyMadinda), podemos recoller o chío que realizou o 20 de febreiro no que dicía que \"hai cousas que non entendo no fútbol mais despois dunha fase mala chega a boa seguir traballando e pelexar para o meu futuro\". Etiquetas No partido as etiquetas, hashtags, que se empregarán tentarán chegar a ser tema do día. Por agora temos as oficiais dos clubes. O Celta empregará #XuntosConseguirémolo mais xa funcionan as de #aupacelta, #letsgocelta e #corazonceleste. O Depor conta con dúas oficiais, #Pódese e #NuncaChoveuQueNonEscampara. Cando comece o encontro anunciaron outro, #MosaicoRiazor.Por Twitter atopamos outras comúns como #DerbiGalego #sisepode #aportodas e a máis empregada é a que propoñemos todos estes días: #onosoderbi. Videomarcador preparado Desde o Deportivo da Coruña anunciaron que teñen o videomarcador para esta noite. A imaxe que verán milleiros de persoas en Riazor e a través das imaxes televisadas. Coa bandeira galega de fondo os clubes contan con dous símbolos de ambas cidades: a estatua de María Pita e o monumento de Juan José Oliveira na popular \"Praza dos Cabalos\"."}
{"ID": "PRAZA_7937", "summary": "A sección oficial contará con cinco filmes procedente de China, Bulgaria ou os Estados Unidos, ademais da galega Arraianos, tamén na competición internacional. As dúas últimas edicións premiaron Todos vós sodes capitáns e Vikingland, de Oliver Laxe e Xurxo Chirro.", "text": "Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui celebrará do 13 ao 17 de marzo a súa novena edición. Volverá reunir algúns dos mellosres documentais producidos no último ano en todo o mundo, unha selección de películas que toman o pulso ás últimas tendencias do documental de autor máis independente e innovador. A sección oficial contará con cinco filmes procedente de China, Bulgaria ou os Estados Unidos, ademais da galega Arraianos, tamén na competición internacional. Estará o último traballo de Wang Bing, figura central do novo documental chinés, que revolucionara o xénero con West of the Tracks (2003), un tríptico de case dez horas que retrataba as condicións de vida dos obreiros dunha fábrica de carbón no proceso de desmantelarse. A súa película Tres irmás – Soas (2012), incluída na selección deste ano de Play-Doc, incide neste método, retratando desta volta o día a día de tres nenas nunha aldea afastada da provincia de Iunnan. Esta visión únese á de novos talentos, coma o de Ilian Metev en Sofia's Last Ambulance (2012). Galardoado como mellor documental no prestixioso festival de Karlovy Vary, foi recibido con entusiasmo por crítica e público na súa presentación internacional en Cannes. A película segue a única ambulancia de Sofía con unidade de reanimación unha noite calquera. E, da sanidade, aos servizos sociais. En The Patron Saints (Brian M. Cassidy, Melanie Shatzky, 2011) Os protagonistas son pacientes dunha residencia para anciáns e pacientes con discapacidades. Le libraire de Belfast (Alessandra Celesia, 2011) é outra película notable, cunha ollada única. Concibida máis como un poema, que como un mapa da cidade irlandesa, as súas hipnóticas imaxes están ligadas directamente aos seus singulares personaxes. A seleccionada galega deste ano é Arraianos (Eloy Enciso, 2012) que xa pasou con éxito por Locarno, Sevilla, a Viennale ou o Museum of the Moving Image de Nova York. Nas dúas anteriores edicións, un xurado internacional decidiu outorgar o premio a Todos vós sodes capitáns e Vikingland, de Oliver Laxe e Xurxo Chirro, respectivamente. Arraianos constata, por terceiro ano consecutivo, a boa saúde do cinema galego independente. Arraianos constata, por terceiro ano consecutivo, a boa saúde do cinema galego independente Un xurado internacional decidirá quen leva o galardón. Este ano está composto por Luis Miguel Oliveira, responsable do Departamento de Divulgación e Exposición Permanente da Cinemateca Portuguesa; Nick Bradshaw, editor da web da prestixiosa revista británica Sight&Sound; e Hans Hurch, director da Viennale, un dos festivais con máis renome de Europa."}
{"ID": "NOS_18520", "summary": "O presidente en funcións dixo en 13TV sentir \"dor\" pola decisión do pleno pontevedrés. \"Podería dicir que me importa unha figa o que digan estes señores, que son uns radicais e tal, mais non, tampouco lles teño manía\".", "text": "Mariano Rajoy confesou nunha entrevista en 13TV sentir \"dor\" pola súa declaración como persoa 'non grata' en Pontevedra, afirmando que se sinte \"moi pontevedrés\" e lembrando que nesta cidade ten pasado boa parte da súa vida, onde ten moi boas amizades e a onde regresa en vacacións. \"Podería dicir que me importa unha figa o que digan estes señores, que son uns radicais e tal, mais non, tampouco lles teño manía\", manifestou na entrevista, opinando que o alcalde, Fernández Lores, \"non debería telo feito\" porque, dixo, \"nin el propio o cre\". A moción para declaralo 'non grato' foi impulsada por Marea e PSOE e contou co apoio no pleno dos votos do BNG e o voto en contra de Ciudadanos. Os edís do PP marcharon da sesión antes da votación deste punto."}
{"ID": "PRAZA_11889", "summary": "Se o Uruguai aproba a norma que permita a recuperación dos auténticos apelidos galegos será un exemplo que logo seguirán outros países xa que non é un tema menor, mire por onde se mire, xa que estamos diante dun apartado que forma parte dos dereitos da humanidade.", "text": "Los chanchos que Vigodet Ha encerrado en su chiquero, Marchan al son de una gaita Hechando al hombro un fungeiro. Cielito de los gallegos Ay! Cielito del Dios Baco, Que salgan al campo limpio Y verán lo que es tabaco. Vigodet en su corral Se encerró con sus gallegos, Y temiendo que lo pialen Se anda haciendo el chancho rengo. Cielito de los mancarrones Ay! cielo de los potrillos, Ya brincarán cuando sientan Las espuelas y el lomillo. Cielito de MontevideoBartolomé Hidalgo [1788-1822] Dona Diáspora é da opinión que a primeira vez que se utiliza unha palabra galega nun poema escrito en terra americana foi no Cielito de Montevideo do egrexio Bartolomé Hidalgo, aínda que Arturo Sergio Visca considera moi dubidoso que sexa da súa autoría. O especialista uruguaio expresa: \"El amor patriótico, el sentimiento de la libertad, el entusiasmo por la independencia de América son las raíces de los cielitos. Antes que poesía quieren ser ---y lo fueron--- armas de combate\". Se falamos de Hidalgo temos que retroceder aos tempos nos que Gaspar de Vigodet era Gobernador Militar de Montevideo, nomeado polo Consello de Rexencia de Cádiz en outubro de 1810. Foi autor de pouca obra literaria pero tamén un bo soldado de Artigas; loitou no combate do Cardal, acompañou a don Xosé a Salto e Paysandú e participou no primeiro cerco de Montevideo. O poeta Hidalgo fala da gaita e do fungeiro [así consta no texto orixinal] o cal significa que recibiu información dun músico gaiteiro que lle dixo que o ronco ou roncón que fai de baixo no instrumento ten semellanza co pao [estadullo, fumeiro ou fungueiro] que espetado en vertical serve para protexer a carga que se transporta no carro. Postos a supoñer ata se pode albiscar que o informante de Hidalgo era coruñés ou pontevedrés xa que é onde predomina a pronunciación con gheada, un fenómeno fonético propio da lingua galega. Na pequena Montevideo de comezos do século XVIII aínda non había emigrantes galegos e soamente podemos contabilizar algún que outro militar ou sacerdote . Dona Diáspora falará co novo secretario xeral de Política Lingüística para propoñerlle un proxecto de recuperación dos apelidos orixinarios e auténticos dos descendentes de emigrantes galegos no Uruguai. Foi na capital uruguaia onde o pioneiro arousán Luís Costa García [Juan García Durán] conseguiu en 1963 o establecemento dunha cátedra de Lingua e Literatura Galegas no seo da Facultade de Humanidades e tamén alí en 1984 ---na sede do Patronato da Cultura Galega--- tivo lugar o primeiro curso de galego normativo no exterior. Por tanto é o lugar máis axeitado para comezar a camiñar polo rego da memoria e honrar aos avós emigrantes mediante a tramitación oficial diante do Rexistro Civil da reposición dos apelidos estragados pola intolerancia. Os que coñecemos a Valentín García Gómez sabemos que é unha persoa de fondo sentimento galego que non esquece aquel mate quente que recibiron os nosos desprazados cando se achegaron a quecer as súas friaxes nas beiras riopratenses. Os nosos nomes de familia están presentes na vida social uruguaia desde antes do nacemento do país ---18 de xullo de 1830--- e algúns son inequívocos: Aldao, Alvite, Ares, Baliñas, Barreiro, Beiras, Cao, Calo, Canosa, Chaín, Chans, Cores, Collazo, Deira, Dieste, Esmorís, Fidalgo, Figueira, Gonda, Ínsua, Lama, Lamas, Leira, Lorenzo, Muíño, Neira, Novo, Novás, Nóvoa, Oubiña, Outeda, Outes, Pazos, Pena, Porteiro, Portela, Rosende, Saa, Saavedra, Saborido, Soliño, Traba, Trobo, Touriño, Varela, Vázquez, Vieites, Vilar, Vigo, Vieira. O problema está nos que foron deformados ou deturpados polos funcionarios esnaquizadores da lingua propia de Galicia. O autoritarismo fixo que milleiros de familias perdesen os seus apelidos orixinais ao seren substituídos por chafalladas que pretendían impoñer unha lingua superior. Será moi emotivo que os descendentes se presenten no rexistro para solicitar a restitución do seu patrimonial Seixo [Seijo non é nada porque traducido ao castelán é cuarzo] ou do seu eufónico Ameixeiras [Ameijeiras non existe xa que traducido sería ciruelos] manifestando que son herdeiros da moi antiga etnia galega dos sementadores de solidariedade polos vieiros do mundo. O goberno uruguaio recibirá da Xunta de Galicia un completo e rigoroso informe técnico que lle servirá de fundamentación científica para a aprobación dunha orde ministerial que desenvolva a normativa a seguir polos interesados e as oficinas do Estado Civil para que o cambio teña efecto legal. Dona Diáspora pensa que don Valentín debería de viaxar a Montevideo para entrevistarse co presidente Mujica que é unha persoa sensible e agradecida cos galegos que axudaron na consolidación dunha ampla clase media de pequenos comerciantes e industriais. O presidente poderá escoitar unha completa explicación histórica e filolóxica sobre a evolución da lingua galega ao mesmo tempo que recibirá unha descrición da paisaxe das terras estradenses de Montillón. O actual secretario xeral estivo moitos anos traballando no concello da Estrada e leva tempo intentando que o gran Silva teña en Galicia un espazo cultural propio onde se expoña algún dos seus máis coñecidos retratos. Soamente coas fotos que lle fixo a Carlos Gardel [Carlos Escayola Oliva] nas sesións realizadas en outubro de 1933 xa temos un lugar de referencia para os amantes do tango e da fotografía. Se o Uruguai aproba a norma que permita a recuperación dos auténticos apelidos galegos será un exemplo que logo seguirán outros países xa que non é un tema menor, mire por onde se mire, xa que estamos diante dun apartado que forma parte dos dereitos da humanidade. Galicia é unha terra con identidade diferenciada desde a prehistoria que non debe permitir que un curto período de escuridade deixe nas familias emigradas a triste e inxusta herdanza dunha marca represiva. O proceso represor buscaba a infravaloración da lingua propia para obter unha sociedade galega de súbditos sen autoestima e por tanto sen voz. Non tivo éxito a ofensa xa que só feriu na casca. Nós somos unha dura amálgama saída da aliaxe coa vella tribo dos penedos que o vento moldea pero nunca escacha. Por iso hai que limpar o lixo que quedou esquecido nas enrugas dos nosos apelidos."}
{"ID": "NOS_53323", "summary": "A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou este sábado a VI Andaina da Vergoña para denunciar as homenaxes \"aínda visíbeis\" na cidade herculina a personaxes relacionados coa ditadura franquista.", "text": "Baixo a lema 'Fóra franquistas das nosas rúas', o itinerario comezou na Praza de María Pita contra o mediodía, onde se atopa casa natal de Pedro Barrié da Maza, \"principal colaborador de Franco na Coruña\". O paseo estivo dirixido pola actriz Isabel Risco e o músico Xurxo Souto e nel participaron representantes do BNG na cidade, entidades locais e xentes da cultura como o actor Fernando Morán, encargado de ler o manifesto. Acompañados por unha banda de gaiteiros, os organizadores denunciaron que \"colaboradores directos dun réxime ilegal reciban recoñecemento día tras día\". O presidente da entidade, Fernando Souto, asegurou durante o percorrido que Barrié \"axudou a extinguir os veciños\", polo que instou a retirar placas como a do coruñés das rúas da cidade. \"Deben estar en museos\", precisou, mais non poden perdurar nas rúas que levan o nome de \"xente que quería converter en súbditos as persoas. Somos cidadáns, non súbditos\", incidiu. Souto lamentou que \"facer cumprir unha lei sexa unha protesta na Coruña\" -en referencia á Lei de Memoria Histórica- e insistiu en que as placas conmemorativas \"limitan a convivencia\". \"Con cada rúa, triunfa o franquismo\", asegurou. Cinco biografías do franquismo Ademais da casa natal do Marqués de Fenosa, a ruta pasou polo monólito do alcalde Alfonso Molina en Porta Real; polo busto do alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, detrás do Concello; a praza do Pintor Sotomayor, fronte ao Consulado, e a Rúa Ambrosio Feijoo, nun lateral de Correos. Este cinco nomes, lembraron, figuran na relación das 14 rúas que o informe do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, encargado polo Concello, propón eliminar pola súa relación co franquismo. O Pleno da corporación aprobou o 2 de decembro de 2021 unha moción que instaba o Goberno municipal a \"divulgar\" esas 14 biografías. Segundo sinalan desde a Comisión pola Memoria Histórica da Coruña, nesta VI andaina propúxose cambiar o nome da rúa Pintor Sotomayor polo de María Miramontes e a de Ambrosio Feijoo, polo 10 de Marzo. As andainas da vergoña As andainas da vergoña, iniciadas en 2005, pretenden sinalar os restos do franquismo que deberan ser eliminados, 110 dependentes do concello da Coruña e 37 da Deputación, entre eles as distincións de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga e a Medalla de Bronce ao rei Juan Carlos, concedidas na ditadura. Neste sentido a VI ruta da vergoña pola cidade serviu para denunciar, tamén, a falta de vontade política por parte do Goberno municipal da Coruña para acabar cos restos do franquismo. \"Aprobouse en 2017 a constitución do Consello da Memoria Democrática e cinco anos despois aínda non comezou o debate para acabar coa simboloxía franquista despois de secuestrar durante un ano o informe do Instituto José Cornide\". \"O goberno municipal non divulga o citado informe nin executa as súas recomendacións, como aprobou o Pleno en decembro de 2021. Non retira a rúa do alcalde Peñamaría de Llano, cando o Pleno do Barco de Valdeorras aprobou por unanimidade a proposta de cambiar esa rúa por Mártires de Valdeorras, honrando así as vítimas da actuación criminal nesa comarca da Lexión, dirixida por Peñamaría\", conclúen desde a entidade."}
{"ID": "NOS_6562", "summary": "Os galegos queren facerse co torneo por terceira vez", "text": "O Leite Río Breogán ten mañá a oportunidade de engadir un novo título ao seu palmarés, a Copa Princesa na súa edición de 2021, que disputará ante Lucentum Alacante a partir das 19.30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo e que os afeccionados e afeccionadas celestes de todo o mundo poderán seguir a través do portal laligasports.tv. Esta será a segunda ocasión na que a pista lucense acolla a final dun torneo que a escuadra galega aspira a conquistar por terceira vez, sempre e cando llo permita un Alacante que pretende continuar coa inercia de vitorias visitantes inaugurada o ano pasado por Delteco Gipuzkoa. Ambos os equipos conseguiron o privilexio de disputar este encontro logo de seren os mellores clasificados nos seus respectivos grupos do novo formato da LEB Ouro. Durante o mesmo, os galegos vestirán un deseño exclusivo na camiseta, deseñada por Sargadelos, coa que pretenden \"homenaxear os máis de 50 anos de historia celeste e a memoria empresarial e cultural da Galiza que representa a propia Sargadelos\", segundo explicaron desde o Leite Río. \"No deseño desta camiseta -engaden-, á intensa cor azul uniuse a aplicación dunha trama baseada nos seus decorados máis emblemáticos. Este decorado abstracto está inspirado nas formas dos casetóns das bóvedas barrocas. Desenvolto en 1967 como relevo en branco para servizos de mesa, en 1970 toma protagonismo como ornamento, e aos poucos vaise afianzando como un dos elementos decorativos máis representativos de Sargadelos\", din. O Leite Río Breogán, favorito sobre o papel A gran final da Copa Princesa chega cos seus dous protagonistas inmersos en xeiras ben diferentes. Así, mentres que os lucenses -a pesar do recente tropezo contra o Básquet Coruña- son líderes sólidos do seu grupo na LEB Ouro, os alacantinos cederon ese liderado e non saben o que é gañar un partido desde o pasado ano 2020, cando superaron o Força Lleida por 67-87. Non obstante, en Lugo poderán contar coa achega da súa última fichaxe, o ala de 2,03 de altura Noah Allen, que conta cunha ampla experiencia na NCAA, a NBA Summer League e a G-League americanas, así como na propia LEB Ouro, na que defendeu as cores do Baxi Manresa na tempada en que o equipo catalán conseguiu o ascenso á ACB. Independentemente da presenza de Allen, para Diego Epifanio, preparador do Leite Río Breogán, esta será unha final de Copa \"imprevisíbel\", pois considera que \"cada partido ten unha historia totalmente diferente\". Ademais, destaca do Lucentum Alacante o feito de que é \"o equipo que máis puntos anota de toda a competición\", polo que insta os seus xogadores a \"estar atentos aos inicios\" de cada cuarto\". Nunha liña similar maniféstase o capitán, Salva Arco, quen considera que o triunfo final pasa por \"controlar o ritmo do partido\". \"Sabemos que até o de agora as cousas foron moi ben, e que esta final é un premio, pero iso non debe facer que nos relaxemos, senón que sigamos sendo igual de competitivos que até o de agora, pois o rival é moi complicado. Creo que como equipo temos moi ben asumidos os nosos roles e que debemos seguir nesta liña, porque o Alacante ten moita experiencia e fai moitos puntos, polo que teremos que igualar a súa dureza interior para poder impor o noso ritmo de xogo\", conclúe."}
{"ID": "NOS_7953", "summary": "O Centro Galego de Barcelona foi durante décadas a entidade galega de referencia da Galiza na capital catalá. Desde a súa creación en 1892 viviu desde o corazón mesmo da cidade, na contorna dos barrios de El Raval e Gòtic ao carón do porto, acontecementos que marcaron o seu carácter. Por el pasaron desde emigrantes que chegaban para traballar na cidade até alto funcionariado e mesmo cargos de relevancia política. Hai tres meses anunciaban a súa posíbel desaparición e a perda do seu patrimonio. Unha xestora de emerxencia formada por unha xeración nova de galegas e galegos decidiu reunir unha candidatura para tentar recuperar económica e socialmente a entidade e evitar a súa desaparición.", "text": "Os últimos anos as entidades galegas da emigración sufriron un proceso de deterioración que as levou a cuestionar seriamente a súa continuidade e o futuro do seu patrimonio. Os casos máis sonados foron os que tiveron lugar na América do Sur e tiveron como protagonistas o Centro Galego de Bos Aires, na Arxentina, e a Casa da Galiza de Montevideo, no Uruguai. O pasado 7 de maio sabíase das dificultades polas que pasaba outra histórica entidade, o Centro Galego de Barcelona (CGB). No programa de radio 'Galiza, algo máis', de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC), Suso Mon, un dos seus responsábeis, entrevistaba a Toni Cotado, presidente da xestora recentemente nomeada polas socias e socios tras rexeitar en asemblea as contas da directiva actual do CGB. \"A entidade pode desaparecer\", alertaba Cotado nesa entrevista. Os feitos que denunciaba eran graves. Tras consultar as contas da entidade atoparon unha renegociación da hipoteca do local social, varios avais persoais ademais de grandes débedas en subministracións e servizos como o da xestoría contratada. Da directiva só sabían do seu presidente, Carlos Mandianes, nunha xunta na que aparecían nomes que nunca pasaban polo Centro, como o seu tesoureiro, falecido dous anos antes, ou o catedrático Basilio Losada, que só figuraba nos papeis mais sen presenza física real na entidade. Obrigada a dimitir a directiva, créase unha xunta xestora que anunciaba unha asemblea para decidir o futuro do Centro e que tería lugar a mediados deste mes de xuño. Unha entidade con 130 anos de historias O Centro Galego de Barcelona non é unha entidade máis da emigración. A súa fundación tivo lugar en marzo de 1892 e foi inscrita no rexistro de sociedades un mes máis tarde, converténdose na sociedade galega no exterior máis antiga de Europa. Nos seus primeiros anos a mudanza de local social foi unha constante con até nove enderezos distintos, sempre na contorna do porto barcelonés nos barrios de El Raval e La Rivera, desde a súa creación e até xaneiro de 1939, en que as súas instalacións padeceron un dos moitos bombardeos da aviación de Franco. En 1941 a masa social aluga o local actual até mercalo en 1992 para non perdelo pola nova normativa da Llei d'Arrendaments Urbans. Unha parte importante do patrimonio do CGB ten relación co propio edificio que o alberga. A súa construción, de mediados do século XIX, constaba inicialmente con dous inmóbeis no número 30 das Ramblas, propiedade de Joan Güell que o empregaba como a súa residencia habitual. En 1864 reforma a fachada, que é a que se conservou até a actualidade. Ao morrer, a propiedade pasa ao seu fillo, Eusebi Güell que manda construír un pazo con entrada por unha rúa lateral, Nou de les Rambles, obra do arquitecto Antoni Gaudí (ao que tamén encargaría a realización do Parc Güell, entre outras obras). Ambas construcións continuaron comunicadas a través dun pasadizo que ao separarse co tempo ambas propiedades, estivo agochado até que se descubriu nos anos 90 que conectaba coas dependencias do bar da entidade. Outro patrimonio é o humano que deixou a súa pegada nesta entidade. Por ela pasaron innumerábeis persoeiros que formaron parte da súa historia, directa ou indirectamente, nalgunha etapa do seu percorrido até hoxe. É o caso de Manuel Portela Valladares, do que se conserva unha conferencia realizada o 25 de xullo de 1932 defendendo a Autonomía da Galiza ou a xornalista María Luz Morales Godó, designada en 1936 como directora do xornal La Vanguardia. Esta última sufriu cárcere como represalia rematada a Guerra Civil e posteriormente estivo apartada da súa profesión. En 1954 foi nomeada Presidenta de Honor do Centro Galego e mantivo o apoio da colectividade nos proxectos que levou adiante, como cando creou a editorial El Surco. Outro exemplo relevante en pleno franquismo foi Manuel Casado Nieto, fiscal da Audiencia e escritor que presidiu a sociedade entre 1956 e 1972. Durante o seu mandato reviviu a revista Alborada, nacida anos antes, introducindo a lingua galega con normalidade e burlando a censura do réxime ditatorial. Nese mesmo período entra en contacto coa entidade Manuel Caamaño Suárez, que tivo a responsabilidade de vicepresidente entre 1959 e 1962 e despois voltaría á Galiza dos fundadores do Partido Socialista Galego, da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) en 1976 ou da Fundación Castelao en 1983. Daquela, en 1960, fundaríase no seo do CGB o grupo Mocidades Galeguistas de Barcelona no que participou xunto aos Irmáns Pérez Guerra e Basilio Losada. Foron os responsábeis da creación da biblioteca, cun importante fondo bibliográfico formado por numerosas primeiras edicións de libros que comezaban a publicarse na Galiza e tamén que chegaban de Arxentina e México. Malia ter padecido un importante incendio en 1978 segue a considerarse hoxe en día como a biblioteca galega máis relevante, fóra das situadas na Galiza, que existen en toda Europa. Radio Celta, 'Nunca máis' e o cambio de século O CGB tivo a súa propia transición coa morte de Franco mantendo as actividades clásicas, como o grupo de folclore e a coral Lonxe da Terra (que chegou a actuar no Teatre del Liceu para a ópera Maruxa do catalán Amadeu Vives ou na cerimonia inaugural do Mundial de Fútbol de 1982) e introducindo outras novas como foi o caso dunha emisora de radio propia. A historia de Radio Celta foi breve, comezou a emitir a finais de 1984 e fechou ao ser intervida en xuño de 1985 pola Generalitat por carecer de licenza. A iniciativa, obra de Xosé Fernández Fernández, emitía das oito da mañá deica as doce da noite, contaba con dezaoito colaboradores permanentes e aproximadamente a metade da súa programación era en galego. Entre os seus programas salientaban A Romaría e Camiñar por Galicia. Nesa mesma década naceron outras experiencias radiofónicas que confluíron na asociación de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC), constituída como entidade en 1993 e que contou durante uns anos cun local cedido no CGB. O teatro foi outra das actividades que salientaron no CGB. Do primitivo Coro Escénico Lonxe da Terra naceu o Cadro Escénico do mesmo nome que tivo, entre outras fitas históricas, a posta en escena de A cántigas das Cántigas (1960), tradución e posta en escena de Manuel Casado Nieto. Na década dos 80 aparece un novo grupo, interesado polo teatro experimental e de rúa, Terceiro Andar, que dirixían X.A.M. e Anxo Baranga. Este último fundaría o grupo Furafollas que iniciou a súa andaina tamén no CGB. O afundimento do petroleiro Prestige na costa galega en novembro de 2002 tamén tivo a súa repercusión na entidade. De maneira espontánea os salóns do CGB foron testemuña de xuntanzas e reunións de socias e socios, de galegas e galegos chegados nos últimos anos á cidade que nunca pisaran as súas instalacións e da cidadanía catalá que quixo botar unha man enviando material e persoas voluntarias ás praias galegas. Nacía a Plataforma 'Nunca Máis de Catalunya' que conseguia convocar a máis de 50.000 persoas nunha manifestación polas rúas de Barcelona e organizar varios eventos na propia cidade. Cos anos parte dese colectivo tentou acceder á presidencia da entidade sen éxito. O futuro en mans dunha nova xeración \"Se o CGB ten futuro este virá da man das novas xeracións\", explicaba a Nós Diario, Toni Cotado. Pasados os tres meses que indicaba a normativa da entidade o pasado sábado 11 de xuño tivo lugar a asemblea extraordinaria que tería que decidir sobre ese futuro. Sobre a mesa, unha única candidatura na que coincidiron descendentes de socias e socios cunha extensa traxectoria no Centro xunto a novas incorporacións de galegas e galegos que chegaron a Barcelona nos últimos anos. A aprobación desta nova xunta directiva pon un punto e seguido na historia da entidade no seu 130º aniversario. No equipo que rexerá o destino do CGB a partir de agora atópase Pilar Ansede, licenciada en pedagoxía e de familia galega, que será a presidenta. O seu primeiro contacto coa entidade foi en 1982 formando parte dos grupos do Centro de maneira intermitente até dedicarlle máis tempo desde hai uns anos, formando parte do grupo de pandeireteiras. \"A falta de transparencia da anterior directiva e o feche do local pola pandemia decidiunos a presentar unha alternativa para que o Centro continúe aberto\", indica en conversa con Nós Diario. Ansede é consciente \"do moito traballo que temos por diante\" e agarda que non haxa \"moitas máis sorpresas económicas\" das que descubriron ao ter acceso ás contas. Por ese motivo ponse como primeiro obxectivo \"a transparencia que non tiveron con nós\". Tal e como aseguraba o sábado á masa social, admite que \"o Centro Galego está financeira e socialmente na UCI\" pola importante débeda que arrastra e a perda de socias e socios que padeceu nos últimos quince anos. \"Queremos unha entidade inclusiva e aberta, acorde cos tempos\", indicaba, \"que teña en conta a cultura diversa que hai na Galiza e, ao mesmo tempo, tendo os pés na que hai en Catalunya\", engadía. Outra das caras visíbeis do novo proxecto é o compostelán Eduardo Armas, letrado do Estado en Barcelona desde 2009 e profesor de dereito. Chegou a Catalunya \"como unha opción ao escoller destino após aprobar as oposicións e a cidade atrapoume\", admite. Con espírito emprendedor, xunto a outras galegas e galegos da súa mesma idade, ao redor dos 40 anos, participa na apertura dos restaurantes Arume e Louro, este último dentro das instalacións do CGB desde 2017. A diferenza doutros responsábeis de proxectos de restauración que pasaron pola entidade, Armas procurou integrarse na súa dinámica social e con esa idea aceptou o cargo de vicepresidente. Entre as súas propostas para dinamizar o Centro está levar até Barcelona iniciativas culturais que teñan que ver co Novo Cinema Galego ou a música máis actual. No eido económico apunta a o seu \"compromiso persoal mais tamén colectivo, pois os membros do restaurante estamos axudando a asumir unha parte da débeda que ten a entidade\". A chave, para Armas, da recuperación viría da man de ser \"autosuficientes\" e por ese motivo procurarn alugar algunhas das salas da entidade e aumenta a masa social. Ademais, estabeleceron contacto cunha coñecida marca de cervexas galega para algún dos seus festivais e cunha multinacional de roupa para a presentación de moda galega. A continuidade da historia do CGB agora depende de que estas novas ideas funcionen na práctica. \"Por falta de ilusión e traballo non será\"."}
{"ID": "NOS_42866", "summary": "Un varón de 72 anos que estaba na UCI do Chuac.", "text": "Cuarta persoa morta polo coronavirus na Galiza. Era unha persoa de 72 anos de idade, natural de Cedeira, que estaba ingresada na UCI do Chuac e que tiña patoloxías previas. Esta morte súmase así a ás tres anteriores. A terceira persoa falecida, de 45 anos de idade, estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e tiña \"moita patoloxía previa\". A segunda morte en Galiza foi a dun home de 81 anos con diversas patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira vítima mortal no noso país foi unha muller de 92 anos con múltiples patoloxías previas ingresada en Povisa. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 333, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e 8 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galiza rexistráronse 4 altas de pacientes. O número de PCR realizadas é de 2.614. No Estado español a cifra de persoas con COVID-19 é de 13.716, e xa hai que lamentar 558 mortos por este motivo."}
{"ID": "NOS_10033", "summary": "Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, denuncian que o novo decreto horario aprobado pola Xunta da Galiza converterá as Salas de Concerto nunha \"categoría baleira de contido\". De saír adiante, deixará desamparados este tipo de locais fronte á competencia de Salas de Festa.", "text": "A pasada segunda feira 9 de decembro, a Comisión de Espectáculos da Xunta da Galiza daba luz verde ao trámite dun novo decreto para regular os horarios de apertura e peche dos locais presentes no catálogo de actividades, que suporá un retroceso que \"baleira de contido a categoría de Salas de Concertos\", segundo denuncian desde Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. Salas de Festa e de Concertos deben cumprir uns requirimentos técnicos, urbanísticos e de illamento acústico maiores, que son ademais idénticos en ambos os casos Eles mesmos reclamaran a inclusión desta categoría no catálogo para dotar de entidade propia este espazo sectorial que actualmente opera baixo a licenza de Salas de Festa. Até o momento, na Galiza non existían Salas de Concertos, só Cafés Concerto ou Salas de Festa. Quer as primeiras quer as segundas comparten coas Salas de Festa —categoría coas que compiten as grandes salas galegas— a capacidade para programaren música en directo. Porén, mentres os Cafés Concerto contan cunhas esixencias técnicas menores, as outras dúas deben cumprir uns requirimentos técnicos, urbanísticos e de illamento acústico maiores, que son ademais idénticos en ambos os casos. Ás Salas de Festa permíteselles pechar ás 6:00 horas, mentres as de Concerto só poderán abrir até as 4.30 horas A polémica aparece cando ás Salas de Festa se lles permite pechar ás 6:00 horas, mentres as de Concerto só poderán abrir até as 4.30 horas, \"media hora máis que un pub\", compara Alberto Grandío, presidente de Clubtura en declaracións a Sermos Galiza. \"Se ambas poden programar concertos e teñen os mesmos requisitos, por que só as salas de concertos debemos pechar antes?\", pregúntase. Para Clubtura este \"claro agravio comparativo constata o evidente desinterese da Xunta por coidar e fomentar a cultura, especialmente a música en directo en pequeno formato\". Grandío expresa o seu malestar: \"Nin sequera o responsábel da Consellería de Cultura presente na Comisión, nos apoia\". Para alén de votar a favor do decreto, non se manifestou sequera ao respecto cando os profesionais expuxeron as súas queixas. Pequeno formato en risco Ante distribución demográfica galega en moitos núcleos de poboación \"corremos o risco de que unha enorme porcentaxe da poboación perda o acceso para vivir e gozar música en directo\", advirten desde Clubtura A Asociación Galega de Salas de Concertos xa fixera públicas as súas alegacións á proposta do novo catálogo de actividades vinculado á Lei de Espectáculos o pasado mes de setembro. O colectivo lembra á Xunta a importancia de protexer e manter vivo un sector que permite o nacemento de novos talentos musicais, discriminado fronte a outros eidos, como o dos festivais, que si contan coa protección da institución. Así mesmo, insisten en que ante distribución demográfica galega en moitos núcleos de poboación \"corremos o risco de que unha enorme porcentaxe da poboación perda o acceso para vivir e gozar música en directo\". Grandío anunciou que procurarán \"apoios a nivel político e cultural\", porque se algo está claro \"é que calados ante isto non imos quedar\"."}
{"ID": "NOS_44581", "summary": "A presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, anunciou un programa de investimentos de 133 bilhões de reais, arredor de 53,520 millões de euros para a modernização e ampliação da malha rodoviária e ferroviária.", "text": "Segundo a presidenta, Brasil terá, logo de aplicar o Programa de Investimentos em Logística: Rodovias e Ferrovias, \"uma infraestrutura compatível com o seu tamanho\". Este programa de estímulo suporá a construçao de 7.500 quilómetros de rede doroviária e 10.000 ferroviária en 25 anos. \"Nós estamos iniciando hoje nessa solenidade uma etapa da qual o Brasil vai sair mais rico e mais forte, mais moderno e mais competitivo. Uma etapa que dará à economia brasileira o tamanho que as necessidades de nossa população exigem. O Brasil terá, finalmente, uma infraestrutura compatível com o seu tamanho\", afirmou, como recollhe a web do PT, partido no governo no Brasil. O programa desenvolverase por meio de concessões que, ao seu ver, ten como objetivo reduzir o custo do transporte e tornar a economia mais competitiva. \"O nosso propósito com este programa e os que anunciaremos na seqüência para aeroportos e para portos é nos unirmos aos concessionários para obter o melhor que a iniciativa privada pode oferecer em eficiência, e o melhor que o Estado pode e deve oferecer em planejamento e gestão de recursos públicos\", disse.Dilma Rousseff convidou aos investidores a se achegarem a Brasil já que oferece hoje extraordinárias oportunidades de investimento em um ambiente de estabilidade econômica e institucional.\"As parcerias que estamos propondo em rodovias, concessões e ferrovias PPP são muito atraentes em termos de rentabilidade, de risco e de financiamento. Meu governo reconhece as parcerias com o setor privado como essenciais à continuidade e aceleração do crescimento. Essas parcerias nos permitirão oferecer bens e serviços públicos mais adequados e eficientes à população\", sinalou."}
{"ID": "PRAZA_7610", "summary": "Os nacionalistas cren que o PP tomou a decisión \"para desviar e tapar as vergoñas da política clientelar que ven desenvolvendo a Deputación\" e para tomar posicións de cara ao congreso provincial dos populares.", "text": "Hai uns días o PP regresou ao poder neste pequeno concello de Valdeorras, que goberna de forma ininterrompida dende hai décadas, coa única excepción dos dous anos de alcaldía do PSOE, que se pecharon coa moción de censura da pasada semana. A agrupación local do BNG no Concello, que non conta con representación municipal, é moi crítica coa nova alcaldesa, María Jesusa Candal, pero tamén fai extensiva esta valoración aos restantes grupos con representación. Para o BNG o PP tomou a decisión \"para desviar e tapar as vergoñas da política clientelar que ven desenvolvendo a Deputación\" e para tomar posicións de cara ao congreso provincial dos populares O BNG cre que a moción de censura \"só responde ás necesidades do baltarismo\" e que o PP tomou a decisión \"para desviar e tapar as vergoñas da política clientelar que ven desenvolvendo a Deputación\" e para tomar posicións de cara ao congreso provincial dos populares. Os nacionalistas afirman tamén que a operacion estivo \"cimentada sobre o engano masivo aos votantes de APGa, traizoados e empregados como moeda de cambio\" e que os concelleiros populares e os dous independentes que apoiaron a moción \"están nos plenos exercendo de sicarios políticos do Baltarismo\". Para o BNG a moción de censura buscou \"o poder polo poder, sen importar o máis mínimo se as cousas funcionan ben ou non, sen tentar melloralas, só se trata de acadar a foto e a ocupar a institución e unha maior cota de poder posible\". \"Para falar da unidade de Vilamartín hai que artellala ao redor de proxectos, de ideas, non de persoas\" Critican tamén que se sitúe a xente de Vilamartín \"nun debate continuo de conmigo ou contra min\". E defenden que \"para falar da unidade de Vilamartín hai que artellala ao redor de proxectos, de ideas, non de persoas, rexeitamos frontalmente un neocaudillismo que dista moito da democratización real que se precisa para integrar a todas e todos os veciños\". Conclúen que se debe apostar \"por traballar en prol de unha democratización maior das institucións e do concello, como única ferramenta para integrar e procurar unha unidade real do pobo\"."}
{"ID": "PRAZA_19018", "summary": "O evento, que comezou este xoves, desenvólvese nesta ocasión en Philadelphia (Estados Unidos) e rematará este domingo", "text": "A Convención Anual da Modern Language Association (MLA), o evento máis importantes de linguas e culturas do mundo, comezou este xoves en Philadelphia, e desenvolverase ata o domingo. O encontro dedícalle tres sesións íntegras a contidos relacionados co idioma galego e, ademais, unha cuarta sesión terá tamén presenza temática galega. En 2015 a entidade creou unha sección permanente dedicada especificamente ás nosas letras, que se fixo efectiva na convención celebrada en xaneiro de 201 en Austin. En 2015 a entidade creou unha sección permanente dedicada especificamente ás nosas letras, que se fixo efectiva na convención celebrada en xaneiro de 201 en Austin Este venres reflexionarase sobre Que é o galego nos estudos galegos? (What is \"Galician\" in Galician Studies?), nun panel coordinado por Danny Barreto (Colgate University) e no que intervirán Alejandro Alonso (Brooklyn College, City University of New York); Antón Figueroa (Universidade de Santiago de Compostela); Gabriel Rei-Doval (University of Wisconsin, Milwaukee) e Eugenia R. Romero (Ohio State University, Columbus). Destácase que os estudos galegos ampliaron nos últimos anos o seu radio de acción, traballando en campos multidisciplinares en diálogo con múltiples áreas lingüísticas e xeográficas e puntos de vista teóricos. Xa o sábado será a quenda da reflexión sobre as experiencias transnacionais nos estudos galegos e na literatura galega contemporánea (Translational Encounters in Galician Studies: Contemporary Literature across Transnational Borders), unha sesión coordinada por Olga Castro (Aston University), con tres relatorios: \"Self-Translation as Postnational Border Crossing in Contemporary Galician Poetry\", Brandon Rigby, Univ. of Oregon; \"Intranational Travels within Multilingual Spain: Made in Galiza in Catalan and Basque Translation\", Olga Castro; \"Travels of Made in Galiza from Galician to Kurdish: A Tale of Collaborative Translation as Cross-Border Resistance and Solidarity\", Emek Ergun, Univ. of North Carolina, Charlotte. O encontro dedícalle tres sesións íntegras a contidos relacionados co idioma galego e, ademais, unha cuarta sesión terá tamén presenza temática galega O sábado pola tarde debaterase sobre a estandarización do galego atendendo aos procesos de conservación e de mudanzas en linguas en contacto (The Standardization of Galician: A Response to Language Maintenance and Change in Languages in Contact), unha sesión moderada por Obdulia E. Castro (Regis University), con tres relatorios: \"A Comparison between the Galician Dialects and the Standard Variety\", de Francisco Dubert-García, Univ. de Santiago de Compostela e Xulio Sousa, Univ. de Santiago de Compostela; \"The Standardization of Modern Galician: Between Tradition, Variation, and Identity\", de Rosario Alvarez, Univ. de Santiago de Compostela; e \"Poetic Identity; or, The Poem as 'A Liberty-Producing Linguistic Machine' in Seven Galician Female Poets: A Poetic Language Approach at the Galician Standardization Process\", de María A. Rey-López, Metropolitan State Univ."}
{"ID": "NOS_52801", "summary": "O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, formou un Goberno con contrapesos ao seu socio de coalición, Unidas Podemos, e cunha pequena cota galega representada por Yolanda Díaz –Traballo- e Nadia Calviño, que ocupará unha vicepresidencia económica.", "text": "O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, formou un Goberno con contrapesos ao seu socio de coalición, Unidas Podemos, e cunha pequena cota galega representada por Yolanda Díaz –Traballo- e Nadia Calviño, que ocupará unha vicepresidencia económica. O novo Goberno español contará con máis ministros do PSOE que independentes, dado que o presidente só fichou nesta ocasión a dúas persoas sen afiliación coñecida ao partido, que ocuparán as carteiras de Exteriores e Seguridade Social. Tamen é destacable a perda do selo feminista que adquiriu o primeiro gabinete de Sánchez, formado por 11 mulleres dun total de 17, pasando a estar formado por 12 homes fronte a 11 mulleres. O seu socio de coalición, Unidas Podemos, está representado por máis homes que mulleres, tres fronte a dous: o vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias; o ministro de Universidades, Manuel Castells, e o de Consumo, Alberto Garzón; a quen se une as ministras de Traballo, Yolanda Díaz, e de Igualdade, Irene Montero. As competencias máis relevantes que estarán en mans de Podemos son as de Iglesias e Díaz, que con todo contarán con contrapesos de ministros da cota PSOE nas súas respectivas áreas, como é o caso da vicepresidencia de Transición Ecolóxica de Teresa Ribeira --vinculada tamén á Axenda 2030 que levará Iglesias-- ou o Ministerio de Seguridade Social de Escrivá Belmonte, que arrebata a Díaz a responsabilidade en pensións. Renovación Limitada Sánchez renovou só seis dos 18 Ministerios que tiña reservados para el (isto é, os que non estaban reservados a Podemos) e optou maioritariamente por militantes do PSOE fronte a independentes. Así, a carteira de Xustiza recaeu no maxistrado e deputado do PSOE por Cádiz Juan Carlos Campo; a de Sanidade, no secretario de Organización do PSC, Salvador Illa; a de Política Territorial, en Carolina Darias, actual conselleira de Economía no Goberno canario e a de Cultura e Deporte, no filósofo do dereito José Manuel Rodríguez Uribes, membro da actual Executiva Federal do PSOE."}
{"ID": "NOS_18173", "summary": "Máis dun cento de universitarios recibiron o presidente con berros contra a privatización do ensino ou \"fóra fascistas da USC\". O reitor lamentou o que cualificou de \"incidentes\".", "text": "Varias ducias de estudantes concentráronse desde primeira hora da tarde ás portas da Facultade de Matemáticas da Universidade de Compostela (USC), lugar onde ía decorrer a Conferencia de Matemáticas de España que ía ser inaugurada por Núñez Feijóo. Con cartaces e lemas contra os recortes na educación ou contra a presenza do presidente galego este cento de persoas mostrou o seu rexeitamento á asistencia de Feijóo. O presidente autonómico e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ficaron no exterior da facultade, optando finalmente por marchar sen inaugurar o curso. A decana de Matemáticas, Victoria Otero, convidou as persoas que protagonizaron a protesta a que explicasen os motivos da mesma e a súa actitude, segundo recolle La Voz de Galicia. As e os estudantes leron un escrito, subscrito por unha 'asemblea de estudantes' e na que se criticaba a LOMCE e os recortes. Juan Viaño, reitor da USC, lamentou os \"incidentes\", sinalando que \"non os esperaba\". Xa sen a presenza de Núñez Feijóo, a Conferencia de Matemáticas decorreu con normalidade."}
{"ID": "PRAZA_4656", "summary": "A miña infancia ule ao Mercado de Teis. Onde me criaron. Hoxe, quen sabe por que, saboreei aquí con vostedes a Madalena de Proust.", "text": "A miña infancia recende a flocos de millo en bolsas xigantescas de sal gordo inacabables infinitas deliciosas festivas e felices. No Cine Roxy. En Teis. E ule a chicle de fresa Niña na boca de Cristinita, beso-verdad-condición. E á colonia forte e barata no seu pescozo, fresco como a vida que empezaba. A miña infancia recende a papel de Hoja del Lunes abandonada a medio día na barra da taberna Rascacielos como esperando por min, que a lía sen entender case que nada pero fascinado polas letras de molde A miña infancia recende a papel de Hoja del Lunes abandonada a medio día na barra da taberna Rascacielos como esperando por min, que a lía sen entender case que nada pero fascinado polas letras de molde. E recende a escuma de afeitar na brocha do meu pai os domingos. E ao perfume azucrado nos panos que usaba a miña nai no colo. A leite condensado dentro da perola do cocido. A fritada eterna de aceite eternamente reciclado comida tras comida. A café a todas horas nas cuncas gastadas que me alimentaron cando probablemente era mellor non ter consumido aínda cafeína. E ao serrín de pola noite cando recollían en Casa Moncho. A miña infancia cheira a cera de catequese repudiada. A xiz no aire envolvéndoo todo. A sumidoiros atascados de escola unitaria. E a herba do campo irregular de partidos épicos. E á coreana de Maricarmen logo das clases da tarde, no portal escuro da miña tía. Cando descubrín que tiña mans e o pracer de acariñar. E sobre todo, a miña infancia ule ao Mercado de Teis. Onde me criaron Recende a iogur Larsa, a bolsa de leite, a bacallau colgado do teito na de Purita. E a Supergén pegado nos dedos na sufrida clase de Trabajos Manuales. E sobre todo, a miña infancia ule ao Mercado de Teis. Onde me criaron. Hoxe, quen sabe por que, saboreei aquí con vostedes a Madalena de Proust. Porque hoxe, quen sabe por que, case que todos os asuntos que lle deberían preocupar a un columnista coma min, a verdade, non lle interesan en absoluto. A vida é así. Cando menos hoxe. Disimulen."}
{"ID": "NOS_48952", "summary": "Tres grandes chefs de requintado sibaritismo francés preparan en escena receitas do libro de Álvaro Cunqueiro. Arredor deste singular encontro, Teatro dos Ghazafellos ofrecen a súa nova produción na que ameazan ao público con \"escachar ca risa\". A obra estréase o día 7 en Narón.", "text": "Nin máis nin menos que Antúa de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son os nomes dos chefs que se enfrontarán ao recetario de cociña tradicional galega de Álvaro Cunqueiro, un libro caracterizado por preparados simples, maiormente con pouca elaboración e centrados na calidade dos productos da terra. Deste encontro xurde a obra Bon appétit que Teatro dos Ghazafellos estrea en Narón o día 7, unha producción pensada para un público \"de 5 a 100 anos\". Cociña tradicional e clown a partes iguais nesta proposta que promete unha innovadora posta en escena e que ten o riso e a alegría como principal obxectivo. A idea orixinal é de Montse Piñón e o texto e a dirección de Pepablo Patinho que, canda Jorge Casas completan o elenco dos cociñeiros da obra. Despois da estrea en Narón, Bon Apettit poderase ver nas próximas semanas en Ferrol, Vigo, Boiro, Narón, Noia ou Redondela. Con seis anos de experiencia en proxectos teatrais, visitando a mímica, os contacontos, obradoiros ou títeres,a compañía nada en 2006 en Ferrolterra, Teatro dos Ghazafellos preséntase agora cunha obra na que queren continuar coa filosofía que conduce a traxectoria da compañía: \"Evocar ás grandes xenialidades que entenderon o máis efímero da nosa vida: a infancia\". Contos Mariñeiros, Frankenstein ou Nana para un Soldado ou Non é país para cabaleiros son algunhas das súas anteriores producións."}
{"ID": "NOS_375", "summary": "Un debate organizado sobre o libro de Héitor Picallo O escudo do Reino da Galiza, editado por Sermos Galiza, relata unha historia antiga e exuberante e cunha proxección internacional até o de agora insospeitada. O traballo, ademais, pon de manifesto as lagoas que aínda quedan por cubrir sobre a nosa Historia.", "text": "A Historia revelada a través da heráldica. A idea, se cadra, non estaba de abondo explotada, mais o libro de Héitor Picallo O escudo do Reino da Galiza, publicado por Sermos Galiza, pon de manifesto que as consideradas \"ciencias auxiliares\" poden converterse en protagonistas de achádegos de enorme valor. A Asociación Cultural O Galo de Compostela organizou hoxe un debate arredor deste volume coa presenza do autor da obra, de Anselmo López Carreira -profesor da UNED-, de Xosé Manoel Sánchez -director da área de medieval do Arquivo da Catedral de Santiago-, de Ana Rodiño -membro do Consello de Administración de Sermos Galiza- e de Mª Antonia Pérez, presidenta da propia A.C. O Galo. As primeira representación coñecida do escudo do Reino da Galiza procede do Segar´s Roll, un armorial -publicación dedicada á descrición sistemática de emblemas heráldicos ou escudos de armas- inglés elaborado arredor de 1282, no que aparecen recollidos 24 escudos reais, entre eles o da Galiza, representado \"en campo azur, tres cálices de ouros ben ordenados\". Mais iso, como indica Picallo, \"non indica que con anterioridade non houbese máis emblemas galegos\". A partir desa orixe, o libro vai desvelando o desenvolvemento do escudo da Galiza: a súa evolución, a relación coa materia de Bretaña e a busca do Graal, co ciclo artúrico, a curiosa intervención de Durero nunha representación que celebraba Maximiliano I de Habsburgo, a súa difusión por Europa e América ou os cambios introducidos ao longo do tempo. Anselmo López Carreira, en conversa con Nós Diario, subliña a \"sorprendentemente sorprendente\" cantidade de información que Héitor Picallo foi quen de recompilar neste libro. \"E dígoo, así, desta forma redundante, porque malia todos os datos que até de agora tiñamos sobre o Reino da Galiza como entidade política independente durante unha boa parte da Idade Media, segue provocando incredulidade que toda esa información permaneza inédita e descoñecida para nós\". López Carreira, un dos máis recoñecidos especialistas no período medieval, recoñece que el sabía de \"dous armoriais nos que o escudo da Galiza estaba presente, pero a cantidade de novos achádegos que Picallo pon a disposición do público segue a provocar un gran choque coa realidade da historiografía oficial\". A investigación de Picallo transita por diversos espazos da xeografía europea como Bélxica, Francia, Dinamarca, Austria, Alemaña ou Italia, e atopa que os principais escenarios da historia europea contan con representacións do escudo do Reino da Galiza \"É abraiante que toda esa iconografía estivese oculta\", di López Carreira. \"Non no sentido de que alguén quixese agochala, porque estaba á vista de todos, mais nunca se estudara dunha forma sistemática, non eramos conscientes desa riqueza que agora nos descobre este libro\". Xosé Manuel Sánchez, doutor en Historia Medieval e director da área de medieval do Arquivo da Catedral de Santiago, coincide con López Carreira: \"Eran datos que estaban agardando a que alguén os descubrise, que alguén lles prestase atención. Penso que, ás veces, dedicamos moito tempo e moitos esforzos a estudar temas que, supostamente, teñen máis repercusión na opinión pública ou nas instancias académicas e deixamos de lado outros que damos por sabidos. Este estudo de Picallo demostra que un aspecto da identidade galega como é o da súa representación heráldica pode ser extraordinariamente fértil e provernos de moitísima información que quizais é máis complicada de obter por outras vías\". López Carreira ve neste estudo unha forma de afondar na historia da Galiza e de confirmar o tratamento historiográfico do reino medieval \"é dicir, do seu esquecemento\", apunta o historiador. \"Este volume serve para nos lembrar que a existencia e coñecemento do Reino da Galiza é moi longa e que a súa proxección internacional é aínda maior do que pensabamos\". Abundando no tema, Sánchez cre que \"podemos discutir sobre o peso político que tiña a Galiza medieval, pero a súa presenza é indiscutíbel. O estudo de Picallo vai máis alá da confirmación desa entidade independente: tamén explica a súa continuidade no tempo cunha entidade consuetudinaria e mesmo xurídica que se mantén ao longo de toda a historia\". Claridade expositiva Os participantes no debate eloxiaron tamén a claridade e a sinxeleza con que Picallo ofrece os seus datos. \"Non é preciso ter grandes coñecementos de Historia para comprender a información que pon ao noso dispor o libro\", comenta Sánchez a este diario. \"Calquera que se achegue a el vai ver moi enriquecidos os seus coñecementos sobre os alicerces do Reino da Galiza pola claridade expositiva de que fai gala e, ademais, desfrutará moito coa estupenda prosa do autor\". Oferta especial para persoas subscritoras O libro O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional -224 páxinas a toda cor e máis de 150 ilustracións- amplía en 8 capítulos o traballo inicial do coleccionábel distribuído hai un ano con Nós Diario. Ten un prezo especial para subscritoras de Nós Diario de 7,90 euros. Tamén estará nas librarías, a 29,90 euros."}
{"ID": "PRAZA_9215", "summary": "Precisamos unha regulación de noso dos servizos de mobilidade mínimos a un prezo máximo en todo o territorio, nomeadamente na Galicia rural e interior.", "text": "Mito.- As VTC son máis baratas. Non tal. As VTC son libres para pactar un prezo. Cando hai moita demanda dos seus servizos éste pode ser bastante máis alto ca os dos taxis, regulados no seu prezo por un sistema ben transparente (taxímetro). Si é verdade que cómpre unificar prezos do taxi na Galicia para áreas urbanas-comarcais no canto dos límites municipais. Verdade.-Os taxis están moi regulados no beneficio do consumidor. As VTC non.Certo. Ademáis do control dos prezos, os taxistas non poden usar vehículos máis vellos ca dez ou doce anos. Os VTC non teñen esa caste de controis e a súa meirande parte abusan das horas extra non remuneradas a xeito e dos falsos autónomos.Mito.- O lóxico e competitivo é que os VTC poidan contratar en igualdade de condicións ca os taxis, é dicir simultáneamente á prestación do servizo.Falso de toda falsidade. VTC significa \"vehículo de turismo concertado\"- Quere dicir que é esencial ao seu concepto que o contraten con anticipamento á execución do servizo. Velaí o acerto da recentísma normativa do Govern catalán ao impor un mínimo dunha hora entre a contratación e o comezo da execución do servizo. Mito.- Cómpre unha regulación unitaria das VTC para todo o Estado.Desaquelado de todo. O Tribunal da UE, que define o libre mercado, dixo que as VTC están suxeitas ao rèxime regulador do servizo público de cada territorio.Galicia é un país coa metade dos núcleos de poboación do Estado con 2,7 millóns de habitantes que se amorean nun 70% no eixo atlántico. Precisamos unha regulación de noso dos servizos de mobilidade mínimos a un prezo máximo en todo o territorio, nomeadamente na Galicia rural e interior. Verdade.- O servizo do taxi precisa dunha continua actualización.Certo e os taxistas están a desenvolvela, en liñas xerais, malia que cumpran melloras para garantir os pagamentos con móbil e tarxetas ou para poder contratar no momento partillar un taxi (velaí a oferta da app Compartaxi e outras análogas).Mito.- As VTC melloran a competitividade.Falso. As VTC no Estado están case monopolizadas por catro grandes empresas: Moove Cars, Auro News Transport Concept, Vector Ronda e máis Cibeles, que veñen pagando soldos de 1.100 € netos/mes por xornadas de 10-12 horas de traballo. O servizo do taxi alicérzase en milleiros de autónomos, moitos deles co máximo dun só empregado."}
{"ID": "NOS_39973", "summary": "Mellor filme, mellor fotografía e mención especial do xurado de novos realizadores para 'Lúa Vermella'. E mención especial do xurado e premio ao mellor deseño sonoro para 'Longa Noite'.", "text": "A segunda longametraxe de Lois Patiño, Lúa Vermella, logrou o premio ao mellor filme no Festival de Toulouse. Non foi este o único galardón que a película do director galego obtivo nesta cita cinematográfica. Tamén logrou o premio á mellor fotografía e mención especial do xurado de novos realizadores no Festival. Este premio únese aos que xa obtivo este filme nestes meses coma o Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección Zonazine do Festival de Málaga. Nese mesmo festival tamén resultou premiado outro filme galego, 'Longa noite', de Eloy Enciso. Para este traballo foi a nmención especial do xuradoe o premio ao mellor deseño sonoro. O tránsito cara á ficción de Patiño conserva o aroma documental, que mantén a constante indagación na paisaxe que caracteriza a obra do realizador. O argumento de Lúa Vermella trasládanos a unha vila costeira na que o tempo se detivo. As habitantes fican paralizadas, mentres a natureza e os animais continúan en movemento. O son cotián do fluír da vida crea a sensación de estar nun \"limbo cheo de espectros\". Tres mulleres (Ana González, Carmen Martínez e Pilar Rodríguez), capaces de transitar entre dimensións, chegan na procura do Rubio, un experimentado mergullador desaparecido. A segunda longametraxe de Patiño chega tras a celebrada opera prima Costa da Morte (2013), na que o director xa traballara con Zeitum, que neste caso une forzas coa produtora Amanita Studio. A rodaxe transcorreu entre a comarca de Lemos e a Costa da Morte. O filme, antes titulado Tempo Vertical, foi subvencionado pola Agadic. Longa Noite Anxo regresa á súa vila no interior da Galiza. Pasou a Guerra Civil e polo que se intúe, é un vencido. Debe entregar unha carta. A súa viaxe á longa noite de pedra franquista transcorre entre aparicións e sombras, entre a procesión de derrotadas e a constatación de que a nova orde tamén se impón dentro das persoas. Austero, radical, dunha beleza estática e terríbel, o segundo filme de Eloy Enciso (Meira, 1975) titúlase xustamente Longa noite (2019). O seu guión está construído a partir da literatura do exilio."}
{"ID": "NOS_42145", "summary": "Reproduzimos a seguir um artigo tirado de Operamundi.Com.Br sobre o que há trás a destituição de Dilma Rousseff.", "text": "1) O que está em curso no Brasil não é apenas um golpe em um governo legitimamente eleito mas uma contra-revolução neoliberal, típica de uma terceira fase regressiva do neoliberalismo no plano internacional. Se os anos oitenta marcaram a dominância de uma nova corrente regressiva do liberalismo, crítica e corrosiva ao liberalismo social que havia predominado no pós-guerra, se os anos noventa expressaram já após a dissolução da URSS uma desorganização avançada da tradição e do programa social-democrata através das chamadas terceiras-vias, os anos iniciais deste século evidenciam exatamente o surgimento de uma radicalização regressiva do programa neoliberal que se organiza em frente com forças e lideranças proto-fascistas. É por um radical ataque aos princípios republicanos e democráticos fundamentais que o neoliberalismo, em sua terceira fase, pretende resolver a sua incapacidade de formar maiorias nas democracias e legitimar uma nova onda de ataques aos direitos humanos e sociais. 2) Esta caracterização de uma contra-revolução neoliberal internacional, em sua terceira fase regressiva, é fundamental para entender o seu programa, a sua dinâmica, a sua força. A esquerda latino-americana, vinculando luta social e luta democrática, havia conseguido nos últimos quinze anos derrotar as forças neoliberais, através de programas de democratização do poder político, de inclusão e novos direitos sociais, de afirmação das soberanias nacionais. Em diferentes processos e em diferentes graus, ela foi colocada na defensiva e agora está sendo derrotada pelas políticas organizadas pelo neoliberalismo nesta sua terceira fase regressiva. Como esta ofensiva neoliberal utiliza-se instrumentalmente de mecanismos internos às próprias instituições democráticas, quanto mais institucionalizadas estas forças de esquerda e progressistas, mais dificuldades elas têm de enfrentar esta nova onda conservadora neoliberal-fascista. Os anos iniciais deste século evidenciam exatamente o surgimento de uma radicalização regressiva do programa neoliberal que se organiza em frente com forças e lideranças proto-fascistas 3) É a partir deste enquadramento geral que devemos entender o programa da contra revolução neoliberal-fascista que está em curso no Brasil. Ela combina a derrubada inconstitucional do segundo governo Dilma, a criminalização ampla da esquerda e dos movimentos sociais e a imposição de um programa de reformas constitucionais que atinge direitos democráticos fundamentais gravados na república democrática fundada em 1988 e até mesmo direitos trabalhistas consagrados na Constituição de 1946. A violência não apenas anti-socialista mas anti-republicana e anti-democrática contida neste programa contra os direitos humanos, os trabalhadores, os pobres, os sem-terra e os sem-teto, os negros, as mulheres, os índios, os gays exige qualificá-lo como a atualização de um programa de barbárie. 4) A diferença entre uma posição ultra-conservadora e uma posição fascista é que a primeira vale-se de juízos e preconceitos arraigados contra a esquerda e suas bandeiras históricas mas reconhece a existência de direitos civis e pluralismo e a segunda não aceita sequer discutir e disputar com a esquerda mas deseja construir a sua execração pública e exterminá-la da cena política. Na conjuntura brasileira atual, tal execração se faz pela generalização seletiva da acusação de corrupção ( o PT seria neopatrimonialista, na versão de FHC, ou \"uma quadrilha criminosa que assaltou o poder\", como na versão mais vulgar de Aécio Neves ou do Procurador Geral Janot), pela via do fundamentalismo religioso ( a esquerda seria satanista) ou até pelo discurso explicitamente fascista como na fala de Bolsonaro ou do MBL). O extermínio político da esquerda na \"democracia\" se daria através da criminalização ampla dos seus partidos, das suas lideranças, dos movimentos sociais pela via jurídica repressiva. 5) A dinâmica da contra-revolução neoliberal-fascista combina quatro dimensões decisivas. A primeira é o processo de radicalização neoliberal do programa do PSDB que o empurrou para a aliança com a direita proto-fascista e se combinou com uma estratégia golpista de não reconhecimento do resultado das eleições presidenciais de 2014. Este deslocamento é fundamental para entender a dinâmica da contra-revolução não apenas em seu sentido programático mas, devido à grande inserção financeira e empresarial, midiática e institucional deste partido, por sua capacidade de organizar uma coalizão golpista majoritária no Congresso Nacional, articulando-se inclusive nas corporações jurídicas e na Polícia Federal. Esta radicalização neoliberal do programa do PSDB levou a uma forte impopularidade de seus governos estaduais (ver São Paulo e principalmente Paraná), deslocou a base histórica de sua intelectualidade que ainda mantinha alguns traços progressistas, renovou à direita sua base de representação parlamentar, acentuou a sua retórica anti-pluralista. O extermínio político da esquerda na \"democracia\" se daria através da criminalização ampla dos seus partidos, das suas lideranças, dos movimentos sociais pela via jurídica repressiva 6) A segunda dimensão decisiva é o novo papel e o novo discurso dos oligopólios de mídia que dominam a comunicação pública no Brasil muito orgânicos à inteligência política do PSDB. Eles têm sido fundamentais para a legitimação do processo de judicialização da democracia, para a mobilização de massas e para a disseminação social de um discurso de ódio contra a esquerda brasileira. O chamado discurso do ódio, que se caracteriza pela execração e linchamento moral do oponente, autorizando e incentivando o seu extermínio, é bastante típico dos grandes momentos históricos regressivos da democracia, como no fascismo, nazismo, franquismo e salazarismo. É um passo além da parcialidade e anti-pluralismo vigentes nos oligopólios de mídia nas últimas décadas brasileiras. Trata-se da legitimação de um regime anti-republicano e anti-democrático, de tipo neoliberal-fascista. 7) A terceira dimensão decisiva é o processo de judicialização, em estágio avançado, da democracia brasileira que se organiza em torno a um concepção policial do combate à corrupção sistêmica existente na democracia brasileira. Esta concepção policial do combate à corrupção propõe abolir o devido processo legal, a presunção de inocência e os direitos humanos em troca de uma sistemática violação da constituição e das leis penais, de uma condenação pública e inclusive aprisionamento antes do julgamento e de um máximo estreitamento dos direitos de defesa do acusado. Esta concepção policial, que organiza a Operação Lava-Jato e a ação da Procuradoria Geral da República, tem sido legitimada na prática pelo STF, tornando-se dominante no Judiciário brasileiro. Ela é partidarizada, arbitrária e seletiva, formando jurisprudências e tribunais de exceção, típicos de períodos regressivos da democracia e da república. 8) A quarta dimensão decisiva é a formação de uma base de massas neoliberal-fascista, que publicita, organiza e protagoniza ataques públicos à esquerda e às suas lideranças. Fazem parte deste fenômeno manifestações de centenas de milhares de pessoas, unificadas pelo discurso do ódio, grupos ativistas fortemente ancorados nas redes sociais, grupos evangélicos fundamentalistas, além de ataques terroristas a sedes e símbolos da esquerda e dos movimentos sociais que se tornaram frequentes no último período. 9) O que está se organizando mais além de um novo governo é uma refundação do Estado brasileiro a partir de fundamentos neoliberais-fascistas, um novo regime de organização do poder e de direitos que se propõe a substituir o regime nascido da Constituição de 1988. Este novo pacto de poder é orgânico as classes dominantes internacionais, solda em uma unidade classista os setores financeiros, industriais, comerciais e do agro-negócio da grande burguesia brasileira, tem o apoio orgânico dos grandes oligopólios de mídia, pretende o controle do executivo, formar uma sólida maioria conservadora no Congresso nacional, além de dominar as posições chaves do Judiciário e da Procuraria Geral do Estado brasileiro. A sua base de massas é fundamentalmente classista, articulando os estratos sociais burgueses e mais privilegiados da sociedade brasileira, inclusive nas classes médias, mas organiza um apoio popular principalmente através das igrejas evangélicas fundamentalistas."}
{"ID": "NOS_40133", "summary": "Lois Patiño estrea en Locarno a súa primeira longametraxe, \"Montaña en sombra\". É un dos nomes do que se deu en chamar Novo Cinema Galego e que agrupa a unha serie de cineastas que están a revolucionar a produción audiovisual galega. Aos nomes de Oliver Laxe, Xurxo Chirro ou Eloy Enciso súmanse outros moitos que constitúen a xeración máis numerosa e prometedora da historia do cinema galego.", "text": "Roger Koza, programador do Ficanam, Filipe Lage, produtor de Zaitan Films, Beli Martínez, produtora e profesora de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e a directora e montadora Diana Toucedo achégannos á dimensión e aos retos do Novo Cinema Galego no A Fondo publicado no Sermos Galiza n. 59 e coordinado polo xornalista Víctor Paz. O número inclúe unha ampla entrevista con Lois Patiño. \"Formar en cinema, apostar por el, é facer pais. Que Galiza estea preparada para vehicular todo o talento que está a vir\" defende o coordinador do número que cita, alén dos xa nomeados, a autores como Pela del Álamo, Xacio Baño, Jaione Camborda, Pablo Cayuela, Eloy Domínguez, Diana Gonçalves, Alberto Gracia, Ramiro Ledo, Marcos Nine, Alberte Pagán, Otto Roca, María Ruído, Ángel Santos, Víctor Hugo Seoane, Diana Toucedo, Peque Varela ou Xan Gómez Viñas como esa xeración de creadores e creadoras que están a construír un tempo novo para o cinema galego."}
{"ID": "NOS_16132", "summary": "O evento organizado pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza, terá lugar o día 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro na Coruña e lembrará o centenario da actriz.", "text": "A gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares xa ten director. Nesta segunda feira anunciouse que neste 2022, ano no que se conmemora o centenario da actriz que dá nome ao galardón, o responsábel da mesma será o director, actor e dramaturgo andaluz Carlos Álvarez-Ossorio. 'Cigarreiras', 'Othello' e 'A lúa vai encuberta' parten como favoritas nos María Casares A súa proposta trazará sobre o escenario un percorrido pola traxectoria vital e artística de Casares. Con ese obxectivo contará cun elenco conformado integramente por mulleres que se encargarán de poñerlle voz ás palabras da propia actriz, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias. Na cerimonia de entrega dos premios de teatro actuarán as actrices Marián Bañobre, Nerea Brey, Sheyla Fariña, Rosa Puga Davila, Marta Pérez e Mónica de Nut. A música ao vivo correrá a cargo de Proxecto X, un conxunto de músicos da nova xeración de jazz. A formación está integrada pola guitarra de Virxilio da Silva, o baixo de Paco Charlín, a batería de Diogo Silva e a voz da propia De Nut. Por outra banda, Violeta Martínez Rivera encargarase do deseño de iluminación e mais do espazo escénico, Marián Bañobre será a vestiarista e Rubén Porto é o axudante de dirección. A gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza, terá lugar o día 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro na Coruña e nela competirán un total de 14 espectáculos nas diferentes categorías nas que se dividen os premios. A lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro correrá a cargo do actor e director Fernando Dacosta. Finalista ao Premio Max Carlos Álvarez-Ossorio (Sevilla, 1973), formou parte do Centro de Investigación Teatral Territorio Nuevos Tiempos (TNT) de Sevilla. Foi director artístico e técnico da Feria de Teatro de Calle LaTeatral de Sevilla, director técnico do Festival Sevilla Circada e do Festival Express, director convidado no encontro europeo 'Connaître, produire, jouer le jeune théâtre européen'. A cultura galega volve do exilio: María Casares En 1996, fundou a Compañía 'Cámara Negra' e en 2006 gañou o Premio Max 2007 ao mellor autor en galego. Neste 2022 Álvarez-Ossorio é finalista ao Premio Max ao mellor actor pola súa obra Si esto es un hombre, adaptación teatral da referencial obra autobiográfica de Primo Levi."}
{"ID": "NOS_38203", "summary": "O BNG leva a Cámara galega a petición de indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, traballadores que van ingresar en prisión condenados a tres anos por tomar parte nun piquete de Vigo na folga do transporte do 2008.", "text": "O BNG rexistrou no Parlamento galego unha iniciativa para pedir o indulto dos dous sindicalistas, Serafín Rodríguez e Carlos Rivas condenados a tres anos de cárcere pola súa participación nun piquete informativo en Vigo durante a folga do transporte de mercadorías en 2008. O grupo parlamentario nacionalista solicita un pronunciamento do Parlamento galego e a petición ao Goberno do Estado e Consello de Ministros \"con carácter inmediato o indulto dos dous sindicalistas condenados\".CIG, UGT e CC.OO solicitaron do Consello de Ministros a concesión do indulto, o que foi denegado o pasado mes de decembro. Os dous traballadores afectados atópanse á espera de que o Xulgado lles comunique o ingreso en prisión, logo do cal terán un prazo de 10 días para facelo efectivo. Sinaturas A petición de indulto ía avalada pola sinatura de miles de cidadáns que consideran esta condena de carácter ideolóxico, \"coa que se pretende criminalizar e reprimir as protestas da clase traballadora e que os movementos sociais e sindicais non lle fagan fronte ás políticas regresivas en dereitos\". O grupo parlamentar do BNG considera que o Parlamento de Galiza, \"como representante da cidadanía galega debe pronunciarse inequivocamente a favor de que o Consello de Ministros tome en consideración a petición que acaban de reclamar os sindicatos maioritarios e miles de cidadáns galegos, petición que este grupo comparte\". O BNG defende no Parlamento instar ao Goberno Galego a que se dirixa ao Goberno do Estado a fin de solicitar, con carácter inmediato, do Consello de Ministros a concesión da \"medida de graza\" de indulto aos sindicalistas, Serafín Rodríguez e Carlos Rivas."}
{"ID": "NOS_27956", "summary": "Confirma que ten un proxecto, pero \"sen presa ningunha\" en lanzalo", "text": "O presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, protagonizou na xornada desta segunda feira unha nova rolda de prensa na que analizou diferentes asuntos de relevancia sobre a actualidade celeste, catro días despois da incendiaria comparecencia pública na que cargou contra Denis Suárez e Santi Mina. A afirmación máis salientábel do máximo mandatario do conxunto olívico foi a confirmación do segredo a voces de que haberá que seguir agardando polo demandado equipo feminino. Nenas, afeccionadas e profesionais do calibre de Pauleta e Vero Boquete levan anos reclamando a creación dun Celta feminino, sendo a escusa até a creación da nova Cidade Deportiva de Mos a ausencia dos \"campos\" necesarios na Madroa e, agora, a necesidade de estabelecer un proxecto \"con bases firmes\" para que \"non fracase\". \"O fútbol feminino ten que ter 200 ou 300 nenas no Celta adestrando todos os días, exactamente igual que acontece no masculino, para poder facer grandes conxuntos\", indicou un Carlos Mouriño para quen \"darlle 50.000 euros e o nome do Celta a un equipo e dicir que con iso cumprimos\" non lle daría \"satisfacción\". Cuestionado sobre os prazos e os detalles do seu plan, o presidente non entrou no fondo da cuestión, mais precisou que se trata \"dun proxecto a medio e longo prazo\" e que non ten \"presa ningunha\". Marchesín, preto de Vigo O Celta confirmou esta pasada fin de semana -a falta do recoñecemento médico- a fichaxe do defensa central Óscar Mingueza, procedente do Fútbol Club Barcelona, quen non será a última das incorporación as filas celestes. Carlos Mouriño tamén informou de que Agustín Marchesín estaba fechado como novo xogador do Celta. O arxentino de 34 anos é o actual suplente do Porto, aínda que na escuadra galega ocuparía o rol de titular. Máis lonxe parece o dianteiro do Barça Martin Braithwaite. O internacional danés non é a \"primeira opción\" de Mouriño para acompañar Aspas, o mesmo que un Joselu descartado pola súa idade. Como fixera na súa última intervención, Mouriño dixo que o número e calidade das chegadas dependerá dos hipotéticos adeus de Santi Mina e Denis Suárez. Edu Sousa xa é branquiazul Cambiando o Celta polo Deportivo, difícil misión a que ten por diante o gardameta tudense Edu Sousa, que non é outra que pelexar polo posto de porteiro titular do Deportivo cun dos mellores -senón o mellor- arqueiro da categoría, Ian Mackay. Formado nas categorías inferiores do Areosa, o Celta e o Atlético de Madrid, Sousa regresa á que foi a súa casa entre 2007 e 2012, aínda que nunca chegou a ter unha oportunidade no primeiro equipo deportivista. Agora, aos seus 31 anos, e moi curtido na categoría de bronce, onde leva xogando como titular de modo ininterrompido primeiro no Pontevedra (2015-20) e logo no Talavera (2020-22), afronta o desafío máis importante da súa carreira. Durante o seu acto de presentación como xogador branquiazul, que tivo lugar na mañá de onte na Cidade Deportiva de Abegondo, onde estivo acompañado polo presidente do Dépor, Antonio Couceiro, Edu Sousa confirmou que non se resigna a ser o suplente de Mackay, con quen competirá \"de maneira sa\" pola titularidade. \"Temos unha relación de respecto e admiración mutua que será boa para o club\", engadiu. Miguel Loureiro e Mehdi El Hacen reforzan o Lugo O Club Deportivo Lugo continúa co seu particular 'Plan Renove' e suma dous novos movementos nun mercado de fichaxes no que xa acumula 12 baixas e oito altas. As dúas últimas novidades neste último apartado son as incorporacións de Miguel Loureiro e Mehdi El Hacen. O primeiro é un lateral dereito de Cerceda que a pesar da súa xuventude (25 anos) conta con máis de 150 partidos oficiais ás súas costas entre a Segunda División e a Primeira Federación/Segunda B en equipos como Pontevedra, Córdoba, Andorra e Rácing de Ferrol, onde rematou contrato o pasado 30 de xuño. Neste último conxunto foi un dos activos máis importantes do bloque que pelexou sen éxito polo ascenso á categoría de prata a campaña pasada, disputando 35 partidos, todos eles como titular. Pola súa parte, o mediocampista Mehdi El Hacen é un vello coñecido da parroquia lucense, pois xa defendeu as cores albivermellas en calidade de cedido entre xaneiro de 2020 e xuño de 2021. A pesar do bo recordo que deixou, o seu rendemento é unha incógnita, pois non compite desde que en xuño de 2021 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior nun partido coa súa selección, Mauritania. Esta é a razón pola que aínda non é oficial a incorporación de El Hacen -sen equipo desde xaneiro- ao Lugo, aínda que xa forme parte da dinámica dos adestramentos."}
{"ID": "NOS_10370", "summary": "Antonio Roma teima na teoría oficial de que o único responsábel da traxedia de Angrois foi o maquinista, como lle interese a PP e PSOE, e recorre a imputación dos que foron cargos de ADIF e non colocaron na rede ferroviaria galega os sistemas de seguridade que si instalaron noutros lugares.", "text": "O fiscal Antonio Roma recorreu a decisión de imputar a once antigos cargos de Adif da época de José Blanco, agora candidato do PSOE, que tomou o xuíz Luis Aláez, que instrúe a causa polo accidente do Alvia en Angrois que ocasionou 79 mortes e centos de ferid@s. Estes ex-directivos están citados para declarar a partir da vindeira semana, en plena campaña electoral. Nun escrito remitido este venres, Antonio Roma recorre esta decisión do maxistrado por \"considerar que non existen elementos na causa para imputar a persoas concretas as infraccións criminais indicadas na resolución\". A imputacións destes antigos cargos de designación política debéronse ás conclusións derivadas dos catro informes periciais preliminares recibidos polo maxistrado. Roma analiza os devanditos argumentos e, en concreto, rexeita unha conclusión común de dous peritos, a relativa a que se estivese instalado o sistema de seguridade ERTMS até a a estación de Santiago, como estabelecía o proxecto de obra orixinal, o sinistro non se produciría. Ese sistema freaba o tren de forma automática ante situacións de risco."}
{"ID": "NOS_40643", "summary": "Non só houbo vítimas, tamén verdugos. Tendemos a mudar a vítima en heroe e a revestir o verdugo dunha maldade desmesurada. Poderiamos centrarnos nos enlamados na conspiración, na baixeza moral dos asasinos, limitarnos ao cabo Pena, ao Rabioso, aos \"civís\" Rúa Cabanas ou Gutiérrez Peón, ao \"cívico\" Alonso Vila, a Gerardo 'Fandiño', Roade, Lusquiños ou aos que decidían sobre a vida e ordenaban a rapaces que a roubasen. Foron moitos máis. Uns poucos non serían quen de facer aquela carnaxe.", "text": "A brutal persecución desatada no Val de Miñor desde a véspera do día Santiago de 1936, festa en Sabarís, cando o tomaron os sublevados, non foi obra duns cantos nomes que a memoria popular identificou coa perversión moral, senón dun aparato organizado, mesmo desde antes do golpe de Estado, perfeccionado nos meses de lume e ferro, consolidado desde abril de 1937 até o final de guerra para servir de sustento, durante catro décadas, ao réxime ditatorial. A Falanxe da Ramallosa: a fundación A partir de maio de 1938, pacificada e controlada a retagarda, procedeuse á formalización burocrática da denominada FET-JONS. Os militantes debían renovar os seus carnés cumprimentando unha instancia na que debían achegar os méritos realizados na acción contra o marxismo. Daquela xa caera en desgraza o seu primeiro dirixente, Gerardo González Fernández. Este, na súa ficha repasa o seu percorrido político até que forma a Falanxe e asume a xefatura, o seu é o carné nº 1. Nese cargo continuará \"hasta que en julio de 1937 me relevaron\". Coñecido como Gerardo 'Fandiño', este \"propietario y rentista\" residía en Sabarís. En carta adxunta á instancia dirixida ao, na altura, xefe local Julio Roade Niel, o gran contrincante de 'Fandiño' pola xefatura, o auxiliar de farmacia Celso Milleiro Sampedro afirma que a Falanxe fundouse \"el 10 o 11 de julio del 36\" e \"como aquello se hacía entonces ocultamente no fue oficial\". A fase clandestina confírmaa o industrial de S. Cristina, Avelino Costas Gonda, que aduce como mérito ter achegado 100 pesetas á organización o 28 de suño 1936, data do plebiscito do Estatuto. Baixo a legalidade dos sublevados, constitúese o \"10 de agosto de 1936\" como indica José Pereira Troncoso a quen \"se le asignó el cargo de tesorero\". Desde esa, Gerardo 'Fandiño' exerceu a xefatura até que, tras os denominados \"sucesos de Salamanca\" (abril de 1937), foi destituído. Franco emitiu daquela o \"Decreto de unificación\" polo que a anterior FE-JONS mudaba en FET-JONS e incorporaba os requetés e a extrema dereita monárquica. Desde o 15 de xullo dese ano a Falanxe da Ramallosa estará dirixida polo veterinario Julio Roade Niel. A incorporación dos monárquicos, algúns deles activos na política republicana, provocou gran malestar entre os falanxistas, tanto en tempos de 'Fandiño' como nos de Roade, amosando este último unha gran resistencia a admitilos. Tiveron que aceptalos. O párroco de S. Cristina, José Gómez Alonso, conseguirá ser nomeado capelán da Falanxe e despois provocou a intervención do xefe Suevos e, en especial, do secretario provincial Ramón Babé, quen lle recorda ao xefe local que non é motivo de exclusión de ninguén que formase parte dalgún partido político, agás que fose da FP ou tivese participación activa ao servizo da república. Agora o que che prestaría é seguir a ler este tema? Procura este novo capítulo do coleccionábel 'Os nomes do terror' co teu Nós Diario de hoxe, dispoñíbel nos quiosques ou na nosa loxa online. Para aforrar tempo os próximos días, agardamos a túa subscrición!"}
{"ID": "NOS_43017", "summary": "Por segundo ano consecutivo a Compañía de danza Traspediante trae esta expresión artística a diferentes espazos da cidade das Burgas. Do 13 ao 15 de setembro 33 artistas implicarán á cidadanía coa arte o corpo.", "text": "O corpo como expresión e a terra como paixón xurdirá en Ourense entre o 13 e 15 de setembro na segunda edición do Festival 'Corpo(a)terra'. Unha das artes escénicas máis atractivas e máis minorizadas triunfou ano pasado despois da experiencia que aportou a Compañía (e asociación) trasPediante. Marta Alonso e Begoña Cuquejo. Ambas artistas vivern por e para a danza. \"A danza escolleunos a nós, non nós a ela\", recoñece Begoña Cuquejo quen engade que é \"toda unha paixón\". Desta intensa relación xurden inciativas como a Aula de danza Universitaria ou a propia compañía. \"O ano pasado decidimos levar a nosa paixón á rúa, bailar en espazos abertos de Ourense, e funcinou\". Daquela pensaron que catro artitas podían asumir unha boa mostra, este ano cnseguiron involucrar a 33. A segunda edición de 'Corpo(a)terra' terá como punto de inicio a Praza de Santa Eufemia A segunda edición de 'Corpo(a)terra', nome escollido polo propio público o ano pasado, terá como punto de inicio a Praza de Santa Eufemia cada día ás 20:00 horas. \"Como novidade pensamos integrar a arte antiurbana do artista \"Peri\" que pintará unha parede de San Cosme\", apunta Begoña Cuquejo, \"e agardamos manter a obra que se faga despois do remate do festival\". Catro serán as compañías ourensanas que presentarán espectaculo. Do ano anterior repiten Pisando Ovos, Patricia Varela, Paula Quintas e trasPediante. De fóra actuarán artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari, as cubanas Entremáns, as madrileñas Almudena Rubiato e Lorena Díaz, e a irlandesa Liadan Herriot. Cun achegamento ao circo participarán Pablo Trasno e Fredi Circanelo e cun sentido máis poético Nonou Edicións. Imaxe: Moisés Álvarez"}
{"ID": "NOS_39740", "summary": "A igrexa de Santa María de Zos (Trasmiras), construída en estilo románico, de finais do século XII, consta dunha soa nave e cabeceira rectangular, destacando na súa fábrica a portada da súa fachada principal, con arquivoltas semicirculares decoradas con motivos xeométricos e vexetais con fortes paralelismos noutras igrexas da zona; o tímpano da porta sur aparece tallado cun singular motivo de entrelazo, de afastada orixe castrexa, sen parangón nas obras románicas coetáneas, só relacionable cos motivos de rodas de radios curvos presentes nas igrexas de Seoane de Oleiros e Santo Tomé de Morgade (Xinzo de Limia).", "text": "A igrexa de Santa María de Zos, na comarca e antigo arciprestado da Limia, concello de Trasmiras, representa un bon exemplo do románico avanzado no ámbito do territorio ourensán. Aínda que parcialmente modificada por reformas posteriores, a súa fábrica conserva as características propias deste estilo artístico, con particularidades propias na súa ornamentación. En 1928-1929, Ángel del Castillo, na súa \"Guía artística y monumental de la provincia de Orense\", daba as primeiras noticias acerca desta igrexa nas páxinas do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, onde se ofrecía unha visión global do patrimonio artístico da provincia, sendo incorporada tamén por Couceiro Freijomil, en 1937-1938, nos \"Monumentos de la provincia de Orense\". Novos e máis recentes estudos contribuíron, con criterios actuais, a dar relevo e difusión ás peculiaridades construtivas e ornamentais deste expoñente do románico galego. A igrexa sitúase na entrada do núcleo de Zos, sobre un alto outeiro, en posición dominante sobre a paisaxe circundante. Na súa arquitectura fanse evidentes algunhas das pautas estilísticas e decorativas da fábrica catedralicia, que coñeceron unha rápida e intensa proxección por todo o territorio diocesano cunha continuidade rutineira, progresivamente ruralizada. Pero, pola súa proximidade coas terras portuguesas, acusa tamén a influencia de certos temas ornamentais e composicións propias do país veciño. Trátase dunha edificación de pequenas dimensións, provista dunha soa nave rectangular, cos volumes claramente diferenciados Segundo a correspondente ficha da Catalogación do Patrimonio Cultural da Alta Limia, o seu patrimonio foi moi modesto, tendo en 1677 de renda, fóra das primicias, tres fanegas de centeo que se pagaban polo arrendo de tres rodas de muíño en Faramontaos, que foron deixadas á igrexa polo Lcdo. Álvaro de Chamusiños, sepultado en Atanes (Santa María de Escornabois), e compradas a Estevo Gil, veciño de dito lugar de Faramontaos. Como en tantos outros templos rurais románicos, a modestia económica vai en relación co seu esquema construtivo, de gran sinxeleza. Trátase dunha edificación de pequenas dimensións, provista dunha soa nave rectangular, cos volumes claramente diferenciados. O actual presbiterio, de testeiro recto, é de fábrica moderna, pois no ano 1759 solicitouse licenza para a súa reedificación, e novamente en 1772, debido a que o orixinal \"por su antigüedad amenaza ruina\"; iguala en altura e anchura a nave, dando como resultado unha construción unitaria, de aspecto compacto, mais esta intervención impide coñecer as singularidades estruturais e decorativas da primitiva cabeceira. 1787, a caída da nave A nave exhibe un sinxelo corpo con aparello de cantería granítica, de bos perpiaños, algúns deles con cruces incisas, sendo a cuberta a dúas augas. Consta que no ano 1787 esborrallouse a nave, tendo que levantarse de novo. A iluminación practícase por medio da apertura de estreitos vans en seteira, de arquiños semicirculares, abucinados, coas arestas perfiladas por finos baquetóns. No interior, os vans ábrense en amplo derrame, coa mesma decoración moldurada do exterior, completada cun motivo de zigzag na escocia que se prolonga no muro. Catro ménsulas dispostas no muro meridional evidencian a existencia dun desaparecido soportal lateral. Baixo a cornixa, o beirado, labrado en nacela lisa, descansa sobre unha serie de catorce canzorros en cada lado, cuxa decoración se limita a motivos xeométricos que, en ocasións semellan decoracións vexetais. A fachada occidental, aos pés do templo, conserva a portada tardorrománica, construída no tránsito do século XII ao XIII, carente de tímpano, como outros exemplares románicos da comarca. Presenta un profundo abocinamento, enriquecéndose cunha variada ornamentación de pouco relevo, moi pegada ao plano. Componse de dúas arquivoltas semicirculares e chambrona da mesma directriz, coidadosamente molduradas e cun tratamento individualizado. A rosca do arco de acceso recórtase en aresta viva, sen ornato, mentres que debaixo do cimacio aparece esculpido un entrelazo e unha aguia, símbolo do evanxelista Xoán, en posición de perfil, coas garras ben marcadas. A primeira das arquivoltas decórase cun motivo vexetal, volteando sobre columnas con capiteis dunha e dobre fila de follas dispostas radialmente; a segunda presenta un fermoso entrelazo, sobre capiteis con novos entrelazos e unha cabeza humana entre follas. A chambrona moldúrase con dous boceis, un liso e outro con motivo de cordón, e zigzag na escocia, repetíndose no arco externo a mesma decoración da primeira arquivolta. Percorre o cimacio un motivo de follas en forma de volutas afrontadas. A igrexa de Zos, pese Á súa sinxeleza, representa unha mostra xenuína da arquitectura tardorrománica da Limia Na primeira metade do século XVII engadiuse a espadana barroca para a colocación das campás; segundo a habitual composición deste elemento, presenta dobre arco de medio punto e frontón triangular rematado con cruz. Consta que en 1640 foi fundida e traída desde Verín unha das campás, concertada en 300 reais conforme a escritura asinada con Juan Fernández. Unha inscrición na fachada indica: \"Consagración solemne de la definición dogmática de la Asunción. Año 1950\". No centro dos muros laterais abren sendas portas –a do evanxeo hoxe tapiada– con arcos semicirculares de lisas doelas. O tímpano do lado da epístola está decorado cun fermoso e complexo entrelazo, motivo frecuente nas igrexas románicas portuguesas. A planimetría da igrexa viuse alterada cando no ano 1675 se engadiu, no costado sur, un novo espazo destinado á sancristía, de planta cadrada, con acceso interno desde o presbiterio. Polos libros de Fábrica sábese que foi construída no ano 1675, figurando entre as partidas de gasto certos libramentos a un tal Caballero, nome que figura entre os pedreiros que a levaron a cabo; en 1686, abóanse 46 reais aos pedreiros que compuxeron o seu pisado, co que a estancia quedaría concluída. O adro que rodea a igrexa foi construído no ano 1764, pagándose 27 reais ao canteiro que fixo a súa parede. Sobre a súa cima foron colocadas as cruces de pedra que formaron parte dun desaparecido viacrucis, segundo os 410 reais que en 1840 tiveron de custo as catorce cruces e unha pía de auga bendita colocada a man esquerda da porta pequena. Na igrexa traballou o entallador flamengo Aymon Pourchelet, un de tantos artistas chegados do norte europeo a Galiza na segunda metade do século XVI. Así consta da obriga con Pedro Fernández, mordomo da parroquia, do 8 de marzo de 1582, de facer un retablo para a capela maior, conforme ao que facía para San Lourenzo de Nocelo da Pena (Sarreaus), da mesma madeira, paneis e cornixa; agás que tería doce palmos de alto, dez de ancho, e a imaxe de Nosa Señora co Neno en brazos, no medio, de tamaño conforme á caixa do retablo, de catro palmos de alto; debería estar terminado para outubro, por 34 ducados, figurando como fiador do entallador Pedro Martínez de Montenegro, mestre de facer órganos, residente en Ourense. O 21 de decembro, Francisca Çellenque, muller de Pourchelet, daba carta de pago ao mordomo da igrexa de 11 ducados recibidos para parte do retablo que facía o seu marido, actuando como testemuñas deste o seu cuñado, Antonio Çellenque e Nicolao Flamenco. Desta mostra da arte escultórica do Renacemento nada se conserva, ao ser substituída en 1730 polo retablo actual. Para o retablo colateral da epístola, dedicado a Nosa Señora, mandouse facer, en 1669, unha caixa onde colocar as súas imaxes. O amoblamento da igrexa complétase cun coro ou tribuna, aos pés da nave, feito entre os anos 1631 e 1634 polo mestre Sebastián Pereira. Como en tantos casos de templos rurais, o illamento da igrexa favoreceu o seu espolio. Consta que á redor de 1850 sufriu un roubo, segundo se desprende dos 26 reais que se empregaron en madeira, cravos e manutención de dous días e medio de salario dun carpinteiro para reparar as avarías que fixeron os ladróns nos tellados da tribuna, sancristía, porta travesa, e destrución da vidreira do altar maior. Nexos con Portugal En definitiva, a igrexa de Zos, pese a súa sinxeleza, representa unha mostra xenuína da arquitectura tardorrománica da Limia, compartindo en boa medida unha serie de formulacións cun amplo grupo de igrexas desta comarca ourensán. Nelas, os trazos máis distintivos localízanse nas portadas polo seu rico tratamento decorativo, con motivos e repertorios habituais nos talleres portugueses, así como a presenza de rechamantes tímpanos con lousas perforadas por cruces, rodas e complexos entrelazos, inexistentes noutras zonas, que evidencian relacións e nexos artísticos cos talleres que traballaron nas construcións dos últimos anos do século XII, e preferentemente nos inicios do XIII, no norte de Portugal. Portada occidental Fronte á xeral presenza de tímpanos nas igrexas románicas ourensás, coa súa variedade de temas iconográficos, en moitas das igrexas da comarca da Limia prescíndese deste elemento. Ademais da igrexa de Santa María de Zos, cumpren esta regra as de San Salvador de Vilar de Lebres, no mesmo concello, Santa María de Couso de Limia (Sandiás) e as de Santo Tomé de Morgade, San Nicolao de Novás e Santo Andrés de Piñeira Seca (Xinzo de Limia). Pola contra, nas portas principais destes pequenos templos o número das arquivoltas aumenta, estando labradas cun profundo abucinamento, e nalgún caso, sensiblemente apuntadas como consecuencia da súa construción en datas avanzadas. En todas, as roscas dos arcos moldúranse en bocel, con medias canas que albergan decoracións de tipo xeométrico e vexetal, dispostas radialmente, con deseños moi esquematizados, de labra dura, e escaso relevo, moi pegado ao plano. Todas estas características están presentes na porta principal da igrexa de Zos, téndose sinalado a intervención nela dun taller dependente do estilo desenvolto no mosteiro cisterciense de Oseira. A igrexa de Zos comparte con outros exemplos da comarca certas solucións decorativas de afastada orixe castrexa Así mesmo a igrexa de Zos comparte con outros exemplos da comarca certas solucións decorativas, de afastada orixe castrexa, inexistentes noutras obras deste estilo, que reforzan a súa singularidade no conxunto do románico ourensán. Entre os motivos desta ancestral orixe, presente tamén na decoración das construcións do prerrománico galego, cabe citar as rodas de radios curvos, labradas nas portas colaterais de Seoane de Oleiros (Xinzo de Limia) e Santo Tomé de Morgade, aos que se suman os entrelazos das portadas de Zos, un motivo relativamente frecuente, aínda que con diferente tratamento, nas igrexas románicas do norte de Portugal. A común utilización destas composicións e motivos ornamentais, descoñecidos noutras partes de Galiza, son para Yzquierdo Perrín produto das relacións entre a arte románica galega e portuguesa, e co foco bracarense, en particular, así como proba inequívoca da permeabilidade cultural entre os territorios a ambos os lados da fronteira durante a Baixa Idade Media. Portada do muro sur A utilización do motivo decorativo do entrelazo cobra especial protagonismo no tímpano da porta sur da igrexa de Zos, -estando hoxe a setentrional tapiada-, sen parangón en ningunha outra igrexa da zona, podendo ser cualificado como un dos máis orixinais de todo o románico galego. O arco de ingreso desta porta, de sinxela configuración e directriz semicircular, fórmase por doelas ben despezadas, enrasadas no muro e dispostas sobre as xambas en aresta viva. A singular composición do entrelazo ocupa toda a superficie do pequeno tímpano, cun deseño xeométrico de dobres cintas curvadas nos extremos, formando cadrados e rombos centrais, perfiladas en profundidade sen chegar a perforar a laxa de base. Dito motivo, relacionado só, pola súa afastada orixe protohistórica, coa grande roda de radios curvos da citada igrexa de Morgade, pon de manifesto, en palabras de Yzquierdo Perrín, como os habituais temas cristiáns ceden o seu lugar a motivos de profundas raíces da nosa cultura."}
{"ID": "NOS_30046", "summary": "A división de estudos do BBVA sitúa Galiza como o terceiro territorio no que máis vai crecer o PIB en 2021.", "text": "O produto interior bruto (PIB) da Galiza crecerá 6,8% en 2021, segundo a análise que publicou recentemente BBVA Research baixo o título 'A recuperación do consumo marca as diferenzas no crecemento rexional'. No escenario actual, apunta o estudo, Balears (+8,3%) e Canarias (+6,9%) sitúanse á cabeza do crecemento en 2021, o que \"en parte é reflexo da maior caída que sostiveron o ano pasado e dáse a pesar da súa maior dependencia do turismo exterior\". En troques, o consumo doméstico acelera a economía dalgúns territorios, como é o caso de Andalucía e País Valenciá (+6,7%), e Catalunya e Murcia (+6,6%), que \"crecerán máis que o conxunto de España, xa que, ademais, vense favorecidas polo auxe do turismo estatal\". Tamén o farán Cantabria e Galiza (+6,8%) e Aragón (+6,6%). \"O maior gasto asociado ao turismo estatal prodúcese en detrimento dos puntos de orixe destes turistas, como Madrid (+6,3%), ou o sur de Catalunya, que se viron beneficiados en trimestres anteriores polo consumo cativo\", indica o informe da división de estudos de BBVA. A este respecto, a entidade financeira sinala que os datos das operacións con tarxeta que realiza a clientela de BBVA fóra da súa residencia superou o nivel de 2019, tanto no segundo trimestre como en xullo en todos os territorios do Estado español, coa única excepción de Madrid, que ve como o turismo de negocios e urbano aínda non se recupera. Nivel previo á crise Doutra banda, a análise de BBVA Research indica que a forte recuperación do investimento observado en 2021 (que se apoia, en parte, nas axudas ao financiamento que recibiron as empresas pola pandemia) apunta un posíbel adianto de operacións de compra de bens de equipo respecto do que se esperaba hai uns meses. Como consecuencia deste comportamento, espérase que o investimento sexa \"algo menos dinámico\" en 2022. Territorios como Castela e León (+6,1%) ou Aragón, e a propia Galiza (+6,2%), ven reducidas así levemente as súas expectativas de crecemento, indica a división de estudos do BBVA. No entanto, \"iso non impediría que alcancen o nivel de produción precrisis antes de acabar o ano\", engade."}
{"ID": "PRAZA_16440", "summary": "O 23-F fracasou na consecución dos seus obxectivos inmediatos mais propiciou o nacemento dun novo escenario político caracterizado por un clima de maior conservadorismo e por unha notábel recentralización, materializada na LOAPA.", "text": "No exercicio de memoria histórica que se fai, habitualmente, nos aniversarios do 23-F, abondan as preguntas sobre o lugar no que se atopaban ou o labor no que se ocupaban distintos persoeiros da vida pública e apenas se formulan interrogantes sobre o nivel de coherencia discursiva que mantiveron os protagonistas mais directos e os seus sucesores. A entrada de Tejero no Congreso dos Deputados e as graves incertezas vividas nas horas posteriores foron os contrapuntos dramáticos á verbalización que se repetía dende todos os grupos parlamentares daquel momento a respecto da consolidación indiscutíbel do pacto político que presidira a transición dende o franquismo ao réxime constitucional. Para todas as persoas que manifestabamos abertamente o noso escepticismo, fundamentado nas serias hipotecas derivadas da evidente presenza de franquistas confesos nos aparatos militar, policial e xudicial, o relato dominante non deixaba marxes para a dúbida crítica: as tensións golpistas eran cualificadas de moi minoritarias, todo se desenvolvía seguindo o guión establecido durante o bienio 1976-1977 e calquera outra consideración só expresaba a frustración daqueles sectores políticos que defenderamos o programa da ruptura democrática e ficaramos fora do taboleiro parlamentar. O repaso do sucedido naquela xornada singular non deixa lugar a moitas especulacións:a democracia española tiña unha debilidade notábel por mor do proceso seguido na súa xestación. PSOE e PCE tiñan apostado todo a unha carta: que o Rei e a UCD foran os garantes dunha tolerancia pasiva dos mandos militares. A grande maioría da sociedade cría –ou necesitaba crer- o que lle dicían Adolfo Suárez, Felipe González e Santiago Carrillo: que os xefes do Exército aceitaban a lóxica democrática e non ían repetir as vellas prácticas que eles mesmos e os seus antecesores protagonizaran na primeira metade do século XX. Por iso non existiu unha resposta inmediata nas rúas. A sorpresa e o medo provocaron un efecto paralizante que reforzou indirectamente a exhibición disuasoria promovida por Milans na noite valenciana. Quen diga agora que todo estivo controlado e faga da necesaria –por inevitábel- pasividade cidadá a virtude dunha presunta madurez democrática do corpo social confunde a realidade cos seus desexos e conta a historia do final feliz que case todo o mundo gosta de transmitir aos seus descendentes. O 23-F fracasou na consecución dos seus obxectivos inmediatos mais propiciou o nacemento dun novo escenario político caracterizado por un clima de maior conservadorismo e por unha notábel recentralización, materializada na LOAPA. O suicidio da UCD –derivado das súas loitas autodestrutivas- permitiu o triunfo espectacular de Felipe González e a correlativa marxinación parlamentaria do PCE. No outono de 1982, sobre as cinzas de Suárez e Carrillo, tomaba corpo o bipartidismo que nos ía acompañar até decembro de 2015. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aeb814d4&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=366&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aeb814d4' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_33547", "summary": "A década de 1880 foi rica en xornais en galego. Oito das catorce publicacións tratadas neste coleccionábel son dese período. A Monteira aparece cara ao final da década póndose á venda o primeiro número en Lugo o 5 de outubro, San Froilán, de 1889. Dirixido por Amador Montenegro Saavedra ten como redactores a Manuel Pardo Becerra e Anselmo Montenegro Saavedra. Publicáronse 65 números, o derradeiro o 27 de decembro de 1890. Definida explicitamente como rexionalista, asume todos os principios deste movemento, a comezar pola lingua e a cultura tradicional.", "text": "Õs nosos peisanos Cando rompendo os estreitos e esquivos moldes en que hastra dagora estivo presa a literatura gallega érguese maxestuosa e chéa de vida; cando salvando os límites da Rexión, as fronteiras da patrea e atravesando os mares, van resoar á lexanas terras as melancónecas e doces notas arrincadas á sua lira polos nosos vates; cando fillos enxebres deste anaco de terra que chamamos Galicia, fan ver ô mundo enteiro como coa tan armoniosa como inxustamente aldraxada língua gallega, pódese, millor aínda que con outras moitas, espresar os mais tenros sentementos da nosa i-alma, os afeutos mais nobres do corazón humano; cando a múseca das nosas montanas e vals, das nosas cañadas e ribeiras, é escoitada, apraudida e premeada en internacionás certámes; cando, en fin a idea rexionalista surxe, medra e imponse, recramando pra nosa esquencida Rexión os direitos que lle corresponden, ¿ten algo de estrano que nosoutros, mozos aínda e amantes como o que mais da terra en que se arrolaron os nos berces, nos sintamos antuseasmados, e pouco refreusivos quizáis, lancémonos á espoñer dun modo solene tal antuseasmo? Asistimos, por fertuna, o renacemento, que non se pode negar, da nosa literatura; pro somos tamén testigos das dificultás grandes que se opoñen á que este renacemento sexa o rápedo que debera, e entre elas a que cremos mais grave: o pouco amor, o escaso afeuto que os fillos desta terra mostran polo seu propeo lenguaxe. O vulgo iñora o seu mecanismo e as crases que se chaman ilustradas, avergónzanse de úsalo nas comús nacesidades da vida. Afeitos á non ouvilo maisque na boca de probes e míseros labregos ou artesaos, non se pensa, nin quizais se comprende que, aquel lenguaxe que ao parecer ten en sí moito da rudeza da forma de quen o fala, garda elementos da mais alta perfeución; que foi o mesmo de que se valiu D. Alfonso o Sábeo pra cantar â Virxen, o mesmo en que Macias compuxo trovas de amor e Rodrigues de Padrón can tou as suas disgracias; o mesmo que usaron os nosos vellos en tódalas nacesidás da vida; o mesmo que sirviu, en fin, nos nosos días a Rosalía Castro e tantos outros vates, cuias obras chaman a atención xa dos estranxeiros. A consideración de que Portugal chegou, cultivándoo, donde chega un pobo en que a litera tura frorece, non é bastante, por outra parte, pra desterrar tan inxustificada prevención. A vencer esa repunancia ó noso idioma, popularizandoo en canto poida e da súa parte esteña, ven A Monteira a pubricidá, con fe, si; pro sen pretensiós tolas que nos enganen na medida e aprezo das nosas probes e debles forzas. Mais como mal se pode querer unha lingua se non se quer o pais en que se fala; como mal se pode espertalo antuseasmo pola nosa nacente literatura se non se esperta o amor a terriña en que vivimos, a nosa adourada Galicia, A Monteira, tendo esto moi presente, defenderá en canto poida os intreses da Rexión; será, nunha palabra, rexionalista no sentido san da palabra, sen confondirse cos que prostituen idea tan nobre, queréndoa facer senónema do ausurdo e antepatreóteco soparatismo, xa franco, xa escondido e desemulado baixo a envolveita dunha idea políteca. Unha tendencia vimos ouservando con desgosto en muitos dos que con éusito coltivan a nosa fala, cal é o apartarse dunha maneira as veces escandalosa, dos preceutos e insinanzas da moral, sen a que, pensamos nosoutros, que non pode haber obra artísteca que tal nome en xusticia levar mereza. A Monteira, que quer e aspira á entrar sen peligro en tódolos lares, enformará os seus traballos nos sanos preceutos daquela, e conforme á éles han ser sen duda, os de todol-os que queiran honrarnos coa sua colaboración. En canto á milloras materiás, baste decir que estas han de estar en relación co favor do púbrico e que nengún sacrificio se ha de oumitir se aquel é como esperamos. O noso maor gusto, o noso desexo mais grande, é facer do somanario unha revista ilustrada e na que aparezan as firmas mais queridas e respetadas da nosa Galicia, coa colaboración dalgunha das que contamos xa. Queda esposto en poucas palabras o programa d'A Monteira e do que ha percurar non sopararse. Se o fin consiguimos algo do que nos propuxemos o sair â lus, por ben premeados teremolos nosos traballos, e calquera que sexa o resultado quedaranos a satisfaución do compre o seu deber. [A Monteira, número 1 de 5 de outubro de 1890] 'A Monteira' é a experiencia máis exitosa das cabeceiras nacidas na década de 1880 De todo un pouco A Monteira, ó vela lus púbrica, cumpre con gusto un deber de curtesía dirixindo seu afeutuoso e sinceiro saúdo a toda a prensa en xeneral, a da Rexión en particolar, e moi especialmente os apreciabres compañeiros O Tío Marcos d´a Portela de Ourense e A Tía Catuxa de Pontevedra que tan valentemente veñen loitando pola rexeneración da nosa amorosiña lingua. Os nosos peisanos do outro lado dos mares, ôs que a sorte encostante e caprichosa fixo abandonal-a terra en que naceron da que probas teñen dado de sobra que non se esquecen, A Monteira espera hana de recibir como un amigo que con eles ha de chorar as disgracias de Galicia e regocixarse lembrando as suas grorias. [A Monteira, número 1 de 5 de outubro de 1890] Paréntesis Un ano e tres meses leva de vida A Monteira e durante este tempo, nin as forzas nín o antuseasmo nos faltou un istante, nín tivemos que queixarnos do auxíleo do púbrico en xeneral e moi especealmente dos que exercen o apostolado rexionalista coas producios da súa pruma. Amantes de Galicia-esquencida e aldraxada, e coa conviución prena de que soilo nas salvadoras doutrinas do Rexionalismo teñen romédeo seus males, no orde autual de cousas, nosoutros quixemos facer canto da nosa parte estivese pra propagar aquela doutrina e facer algo por este país i-os seus habitantes, tan dinos de millor sorte e tan inxusta como inhumanamente tratados por gobernos sin concéncea. Esta idea fixo surxir na nosa mente á idea de fundar un somanario redautado na docísema fala de Alfonso X e de Macias e A Monteira víu a luz púbrica nesta capital e vivía hastra fecha sendo ouxeto de distinciós e xuícios que non soñáramos, certamente, merecer. Mais o refrán di «O home propón é Dios dispón», e cando con máis antuseasmo latexan no noso peito aqueles ideás, cuio trunfo coidamos que ô fin se ha de impoñer pra ben de Galicia; cando as nosas forzas medraban ô amparo da proteución ô noso homilde somanario dispensada e nos compracemos en ver como este país marcha polo camiño da rexeneración, vémonos obrigados á suspende-la pubricación d'A Monteira indefinidamente, si con pena, coa satisfaución que sempre proporceon a idea do cumprimento dun deber e de que as nosas debres esforzos non foron de todo estéreles: témola vanidá ou como queira chamarse, de que quitamos á algús o noxo que todo o gallego lle daba. A enfermeda que padecen seres que nos son moi quiridos, á pouca salú de que disfrutamos algús de nosoutros mesmos i-as ocupaciós crecentes doutros, causas son de que non poidamos atender, como se debe, â pubricación do noso semanario e de que a suspendamos indefinidamente i hastra que as forzas nos dían novos alentos pra siguir nunha empresa que consideramos grande: a defensa de Galicia i a propaganda dunhos ideás que cremos salvadores. Vosoutros, os que co produto do voso inxenio axudástesnos a levar o traballo e destes coas vosas firmas honra ás colunas d'A Monteira, recibide a espresión da nosa inmensa gratitú que facemos estensiva a cantos nos ausiliaron na nosa empresa. E pra terminar e ao dar o adiós a todos, a todos rogamos adouten por lema o que a nosoutros nos sirviu e queda compendeado nestas duas frases: Viva Galicia! Viva o rexionalismo! [A Monteira, número 65 de 27 de decembro de 1890] Entre as primeiras preocupacións está o idioma e a súa reivindicación O compromiso rexionalista A Monteira é a experiencia máis exitosa das cabeceiras nacidas na década de 1880, un período rico en xornais en galego. Oito das catorce publicacións tratadas neste coleccionábel son dese período. E nos últimos cinco anos da década aparecen sete delas: Galicia, cencias, literatura, artes (Ferrol, 1885); A Gaita Gallega (Habana, 1885); O Antroido (Betanzos, 1886); A Fuliada (Betanzos, 1887); O Novo Galiciano (1888); A Tía Catuxa ( Pontevedra, 1889) e A Monteira (Lugo 1889). O 5 de outubro de 1889 publícase en Lugo o primeiro número do semanario A Monteira. Redactado integramente en galego, levaba por subtítulo Somanario de Intreses Rexionales e Literatura. Consta de oito páxinas, a última de cada número destinada a anuncios. Fundado e dirixido por Amador Montenegro Saavedra, mantivo un indiscutíbel compromiso coa lingua e mostrou un apoio expreso ao movemento rexionalista. Nas oito páxinas do semanario os temas literarios ocupaban un lugar destacado, especialmente a poesía. O propio Montenegro publica un poema no primeiro número e a partir do número dezanove, oito de febreiro de 1890, deu a coñecer once poemas baixo o pseudónimo de Esperanza Roca. O número 35, do 31 de maio de 1890, incluíu o poema Os Pinos de Eduardo Pondal, composto para o Certame Musical que se celebraría en agosto dese ano na Coruña, e que será a base da letra do himno. En A Monteira, ademais da publicidade, apareceu a primeira necrolóxica en galego. Deixa de publicarse o 27 de decembro de 1890 co número 65. 'A Monteira' mantén desde o número un o compromiso rexionalista Entre as primeiras preocupacións está o idioma e a súa reivindicación. A asunción da defensa do galego está presente desde o primeiro número sumando, á reivindicación do uso para todos os contextos, as propostas de normalización, centradas en recuperar a autoestima dos galegos quer apelando á longa e brillante historia do idioma quer á defensa da lingua desde o seu propio valor estético. Mais non é o tema lingüístico o único, sendo central. Nas páxinas d'A Monteira aparece recollida unha boa recompilación da literatura de tradición oral, desde cantares a refráns e contos que tratan cuestións de antropoloxía social, tratadas desde unha óptica máis de valoración da tradición do que de análise de tipo sociolóxica. A Monteira mantén, ao longo dos 65 números publicados, o compromiso rexionalista proclamado no número un. Mais, que é o \"rexionalismo\" d'A Monteira? Para Montenegro a rexión é un concepto natural ou social, un feito natural que ten dereitos per se, como o dereito a vivir dentro da liberdade e da orde. Afástase nisto pois da concepción de Murguía, mais centrada na raza e na lingua. N´A Monteira a lingua é un dereito que ten a rexión galega mais non se utiliza o idioma para demostrar que Galiza é unha rexión. Daquela, dando por suposto que temos ese dereito, céntranse en encarecer o uso. No contexto social en que nace A Monteira, co rexionalismo como concepto predominante e con diferentes modelos de o entender mais cun único concepto aceptado por todas as correntes: é preciso devolver a Galiza o poder que o centralismo lle roubou, nese contexto o xornalismo xogou un papel predominante e A Monteira rompeu moldes asumindo coerentemente o rexionalismo e a defensa do idioma, proclamando que era unha contradición facer propaganda do galego en castelán. Por iso, cando en 1909 Amador Montenegro leu o discurso de ingreso na RAG, tamén o fixo en galego converténdose así na primeira persoa que utilizou o noso idioma para o ingreso na RAG."}
{"ID": "NOS_12215", "summary": "A delegada da Xunta en Vigo faise coa Presidencia do PP local, ao vencer ao seu rival, Javier Guerra. A tensión durante a campaña tivo o seu momento álxido semanas atrás, cando a comisión organizadora do congreso local alertou de intentos de \"afiliación irregular\". Feixoo clausura o congreso apelando a unir o PP vigués para superar os \"humillantes\" resultados electorais na cidade.", "text": "O PP de Vigo puxo fin a un período de máis de dous anos de interinidade este sábado, 18 de decembro, coa proclamación como presidenta de Marta Fernández-Tapias, que anunciou o comezo \"dun camiño desde Vigo, por Vigo e para Vigo\" e fixo un chamamento para \"traballar xuntos\" ao outro candidato, Javier Guerra, e o seu equipo. Durante o XIII Congreso Local do PP de Vigo, Fernández-Tapias impúxose con 300 votos ante o outro candidato, o ex conselleiro e senador Javier Guerra, que obtivo 222. En total, emitíronse 523 votos, un deles en branco, e había un total de 615 afiliadas e afiliados chamados a participar. Este congreso puxo fin a dous anos e medio de interinidade en que unha xestora presidida pola ex alcaldesa Corina Porro estivo á fronte do partido e a unha campaña tensa entre os dous candidatos, que non se saudaron nin durante nin despois do acto. Algúns militantes presentaron cartas nas que se anunciou a impugnación do congreso ou se sinalou a imposibilidade para poder votar a pesar de afirmarse o cumprimento dos requisitos. Así concluíu un proceso que busca rearmar o PP de Vigo despois do desastre electoral das municipais de 2019, cando quedou con 4 edís. Ábrese deste modo un período que se deberá centrar en tratar de arrebatar a Alcaldía a un Abel Caballero que conta con 20 dos 27 edís da corporación municipal. Despois de coñecerse os resultados, a presidenta electa realizou unha intervención en que insistiu en \"mostrar as portas abertas\" a Javier Guerra e o seu equipo para \"traballar xuntos\" co obxectivo de converter o PP \"nun partido útil para a cidade\". Ademais, garantiu a súa \"lealdade\" ao presidente e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda -que ademais é presidente provincial do PP-. De feito, a súa candidatura estivo apoiada por varios directores xerais e o ex alcalde Manuel Pérez, mentres os concelleiros do PP na cidade, a senadora Elena Muñoz e o deputado Diego Gago secundaron a de Guerra. En liña coa mensaxe transmitida durante a súa campaña, volveu reivindicar a súa vinculación coa cidade e comprometeuse a traballar para que \"os vigueses recuperen o orgullo de ser do PP\" e o partido senta o mesmo respecto á urbe. Fernández-Tapias, que é delegada territorial da Xunta en Vigo, afirmou que se debe \"ir a por un alcalde que reclama o protagonismo para si\" e \"unha tenente de alcalde manchada pola corrupción\" que \"seguen sen dar ningunha explicación\" sobre a sentenza que condenou un funcionario do Concello polo \"enchufe\" a unha cuñada de Carmela Silva. Aliás, anunciou o nomeamento de Chema Figueroa, concelleiro en varios mandaros e sucesor de Corina Porro cando esta deixou o liderado do PP local, como presidente de honra do PP de Vigo. Feixoo chama a unir o PP de Vigo para superar os resultados \"humillantes\" Pola súa banda, o presidente da Xunta, que clausurou o acto, lembrou o congreso que en 2006 levouno a liderar o PP galego para defender que a unidade alcanzada tras o mesmo derivou en catro maiorías absolutas en eleccións galegas. Con esta lectura, pediu \"unidade e humildade\" aos afiliados \"para construír unha alternativa real\" ao Goberno local de Abel Caballero. Deste modo, sinalou a unidade como o modo de superar os \"humillantes\" resultados das pasadas eleccións municipais. \"A primeira decisión que se toma nun congreso non é elixir un presidente do partido, é responder á pregunta de se queremos gañar todos ou perder todos\", aleccionou, ao tempo que advertiu de que se debe \"remar na mesma dirección\" ou \"se volverá fallar\". \"Acórdome do congreso anterior e todos nos acordamos do que pasou e dos resultados que produciron o que pasou posteriormente\", incidiu Feixoo en alusión ao evento en que Elena Muñoz venceu fronte a Guerra e pasou a liderar un PP que quedou con catro concelleiros na cidade. \"Presidenta, presidenta\" Tras coñecerse os resultados, Fernández-Tapias foi rodeada por un grupo de militantes que corearon 'presidenta, presidenta' entre aplausos. Posteriormente, fundiuse en abrazos coa ex ministra Ana Pastor e outros históricos militantes populares. Ademais, compareceu ante medios gráficos xunto a Pastor e o secretario xeral do PP na Galiza, Miguel Tellado. Apoio a Guerra Pola súa banda, afíns a Javier Guerra mostráronlle o seu rodeándoo e coreando o seu nome. Na súa intervención, realizada durante as votacións, este candidato volveu reivindicar a necesidade de escoitar as bases e denunciou que no Congreso Local anterior \"as cousas foron moi diferentes\". Así, afirmou que \"non é xusto\" que a \"un afiliado que vai un domingo a unha mesa electoral non se lle exixa estar ao corrente dos seus pagos\" e \"non se lle deixe actualizalos\" para participar no realizado este sábado. Precisamente, afíns a esta candidatura chegaron a denunciar obstáculos para regularizar as súas cotas ou votar nunha campaña cuxo pico de tensión tivo lugar cando a Comisión Organizadora do Congreso ( COC) comunicou que o senador e persoas afíns facilitaran as súas contas para a domiciliación de cotas de afiliados e alertou de intentos de afiliación irregular. Ante esta situación, a candidatura de Fernández-Tapias acusou de realizar \"manobras\" na \"sombra\" a Guerra, que xustificou que se trataba de persoas da súa contorna e, por tanto, dunha actuación permitida."}
{"ID": "PRAZA_9748", "summary": "A Coordinadora convocante pide á Xunta abordar os \"cinco puntos irrenunciables\", que a Consellería de Sanidade reduce a cuestións \"inconcretas e xerais\", para frear os paros dos días 9, 10 e 11 de abril.", "text": "Unha mesa de diálogo aberta polo Sergas para negociar \"un novo modelo\". Esa é a condición que pon a Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP) para desconvocar a folga fixada para os vindeiros 9, 10 e 11 de abril, na que esperan un \"grande apoio\" por parte dos profesionais. Así o aclarou un dos portavoces da CGAP, Xosé María Dios, na rolda de prensa onde presentou, xunto representantes de tres dos sindicatos convocantes e outros integrantes do colectivo, a folga da próxima semana. Así, instou o Sergas a abrir esa \"mesa de diálogo\" para abordar os \"cinco puntos irrenunciables\" que a Coordinadora pon enriba da mesa para \"un novo modelo de Atención Primaria\". No caso de que a Xunta convoque ese foro, os paros serían desconvocados. A Coordinadora insta o Sergas a abrir unha \"mesa de diálogo\" para abordar os \"cinco puntos irrenunciables\" que pon enriba da mesa para \"un novo modelo de Atención Primaria\"Ademais, a CGAP advertiu de \"dúas liñas vermellas\": \"revogar as EOXIs\" e un incremento progresivo do orzamento da Atención Primaria, aspecto que consideran \"a base para acabar coa precariedade\", como aclarou Manuel Martín, membro do colectivo e presidente da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. Os convocantes, ao tempo, advírtenlle a Xunta que os paros non serán \"os tres últimos días de mobilización social\" no caso de que non se aborde esa mesa de diálogo para falar sobre os cinco puntos que consideran fundamentais e que se resumen nese incremento da achega económica, a recuperación das xerencias de Atención Primaria, un incremento de persoal, rematar coa devandita precariedade e \"solucionar o conflito\" dos Puntos de Atención Continuada (PAC), cuxo persoal continúa en folga. Pola súa banda, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, incidiu no \"desmantelamento absoluto\" da Atención Primaria por parte do Goberno do PP, razón pola que a CGAP chegou ao punto de convocar a folga e que provoca a \"perda de profesionais\" e, xa que logo, a diminución da calidade na asistencia. \"A Consellería de Sanidade ten que recoñecer o fracaso da súa política e crear unha mesa de diálogo\", dixo, tras advertir de que a clave é \"recuperar o consenso\".Ademais, os representantes de CCOO e UGT, Emilia Lmas e Javier Martínez, reivindicaron un \"tempo de consulta digno, como mínimo dez minutos\" por paciente e advertiron de que a situación na Atención Primaria \"vai a peor\" de non tomarse medidas para \"deseñar o modelo do futuro\". Desde Agamfec lembrouse o \"problema serio\" nas consultas. Ademais, o seu portavoz, Jesús Sueiro, avogou por un \"orzamento blindado\". Respecto das mobilizacións previstas pola folga, a CGAP adiantou xa unha concentración o día 11 na Praza do Obradoiro de profesionais que, vestidos con roupa de traballo, manifestaranse dando voltas ao quilómetro cero do espazo. O Sergas cualifica de \"inconcretas e xerais\" as demandas dos convocantes da folga e acúsaos de oficializar os paros no último día para \"non deixar moito prazo para negociar nada\"Ademais, a Coordinadora aclarou que a folga abrangue todo o persoal, incluído o residente, de todas as categorías que prestan os seus servizos nos centros de saúde e nos PAC, agas ao que xa está en folga indefinida nestes puntos. Os portavoces advertiron de que \"non se pretende molestar\" aos usuarios do sistema sanitario e consideraron que estes \"van entender\" que os profesionais \"estean en folga\". \"Non vai quedar xente sen atender\", garantiron.Desde a Xunta, pola súa banda, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, xa dixo que o tempo de negociación era \"moi reducido\" e cualificou as súas demandas de temas \"inconcretos e xerais\". Para este responsable, o feito de que se presentase a convocatoria de folga o último día xa \"xera unha certa dúbida de se hai vontade de diálogo\". \"Convócase o último día co obxecto de non deixar moito prazo para negociar nada\", lamentou quen ve nas demandas da Coordinadora \"un sesgo político claro\". Por outra banda, a ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, avogou por \"reformas estruturais\" para abordar os problemas da Atención Primaria e insistiu en que \"non é factible\" unha convocatoria de MIR extraordinaria."}
{"ID": "NOS_48514", "summary": "Así o acordou Agromuralla que explicará as razóns na sexta feira (15 de xaneiro).", "text": "A tractorada que se mantiña arredor da muralla de Lugo desde o mes de decembro rematará esta sexta feira, 15 de xaneiro. Após 35 días rodeando o emblemático monumento, Patrimonio da Humanidade, e das queixas e ameazas proferidas desde a patronal luguesa, o colectivo convocante, Agromuralla, decisiu por votación dar por finalizada a protesta. Así o comunicaron esta quinta feira ao tempo que convocaron aos medios de comunicación para dar conta das razóns desta decisión. A comparecencia de imprensa terá lugar mañá. O obxectivo da tractorada, que regresou a Lugo após semanas de reivindicación no mes de setembro, era conseguir prezos dignos para as explotacións produtoras de leite. En asemblea, a práctica totalidade da produción láctea luguesa acordou tamén constituír unha OLP e iniciar os trámites para a creación dun grupo lácteo galego co que recoller e transformar o leite do país."}
{"ID": "NOS_24840", "summary": "No Goberno español recúan nas súas críticas: \"O protocolo non fallou\". Pola súa banda, Galiza xunta portas para pedir xustiza.", "text": "O escándalo do xa coñecido como \"Caso Fuenlabrada\" non para de aumentar. Durante a tarde de hoxe fixéronse públicos os resultados das novas probas realizadas á expedición do Fuenlabrada desprazada a Galiza para participar no partido contra o Dépor da derradeira xornada da Segunda División, confirmando aínda máis positivos en Covid-19. Ademais, as fontes da sospeita aumentan sobre o Club de Fútbol Fuenlabrada, que pasadas as seis da tarde de onte anunciaba que sumaba 10 contaxiados na Galiza máis catro en Madrid, cando a esa hora, segundo fontes sanitarias consultadas por Nós Diario, non estaban rematadas as análises das mostras tomadas ao conxunto madrileño que se estaban a realizar na Coruña. De feito, pasadas ás 22.30 da noite o Sergas emitía un comunicado confirmando que eran 12 os contaxiados, e non escondía o seu malestar coa Liga e o Fuenlabrada por \"reincidir na realización de test sen comunicarllo previamente ao departamento de Saúde Pública da Xunta da Galiza, tal é como establece a normativa vixente\" e \"coñecer do resultado de cinco novos positivos no plantel do cadro madrileño a través dos medios de comunicación\" Así mesmo, Saúde Pública lamenta o carácter reincidente deste tipo de comportamentos \"que incumpren a normativa vixente en materia de comunicación obrigatoria das enfermidades infecto-contaxiosas\", como é o caso da covid-19, e anunciaba que o novo incidente que tivo lugar na xornada de onte será incorporado ao expediente aberto polo servizos de inspección de Saúde Pública a pasada segunda feira. Ao mesmo tempo, a presión a todos os niveis sobre o Fuenlabrada e a Liga de Fútbol Profesional (LFP) non para de crecer... con excepción do Goberno español. Tan só un día despois de que o Consello Superior de Deportes (CSD) acusase a LFP de \"neglixencia\" e de \"non respectar o protocolo\" contra a Covid-19 -que desembocou na ruptura de relacións unilaterais por parte da Liga entre ambos os organismos- o ministro de Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, saíu a botarlle un chaleco salvavidas a Javier Tebas, presidente da LFP. \"A Liga desenvolveuse con absoluta normalidade, pero é certo que no último momento sucedeu o do Fuenlabrada, así que haberá que ver que pasou, pero non quero anticipar acontecementos\", comentou Rodríguez. O ministro, ademais, quixo suavizar a contundencia coa que se expresaran desde o Consello Superior de Deportes: \"O que quixeron dicir é que puido haber algún problema de información, pero a Liga desenvolveuse con absolutas garantías durante moitas xornadas, mais os protocolos foron ratificados por Sanidade e expertos sanitarios e están ben feitos\". Galiza xunta forzas O caso dos positivos do Fuenlabrada hai moito que transcendeu as fronteiras meramente deportivas, como demostran as queixas da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios da Coruña. Os primeiros denuncian os danos que está causando á economía local, especialmente ao sector hostaleiro, nunha postura que o segundo grupo ratifica engadindo, ademais, o seu apoio ás medidas legais anunciadas por institucións como o Concello da Coruña. O consistorio dirixido pola socialista Inés Rey presentou na mañá de onte un escrito ante o fiscal xefe da Audiencia Provincial no que exixe a apertura de dilixencias para esclarecer \"por que non se informou ás autoridades sanitarias do primeiro positivo no cadro de xogadores e porque viaxaron até A Coruña\". Ademais, a alcaldesa apostilou que tamén solicitan ao fiscal \"que decida se existen responsabilidades penais ou pola vía administrativa\". Polo contrario, en declaracións públicas, o seu homólogo fuenlabreño, o tamén socialista Francisco Javier Ayala, expresou \"todo o apoio\" ao Club de Fútbol Fuenlabrada fronte ás \"inxustas acusacións\" de Inés Rey, das que condenou o seu \"ton\", e fixo un chamamento a \"rebaixar a tensión\" pero sen facer un só ápice de crítica ao equipo da súa cidade."}
{"ID": "PRAZA_14894", "summary": "A futbolista galega podería proclamarse campioa de Liga sueca se o seu equipo vence o líder no último partido de Liga. Completaría un ano espléndido logo de darlle á selección española o billete á Eurocopa no último minuto da prórroga.", "text": "Todo ou nada en 90 minutos. A galega Verónica Boquete pode engadir este sábado un novo título ao seu palmarés. A considerada mellor futbolista española do momento -e unha das mellores do mundo- podería proclamarse campioa da Liga sueca, considerada a máis potente do planeta, se o seu equipo vence no último partido do torneo. Non o terá doado porque o Tyresö, subcampión de Copa, deberá vencer na casa do actual líder, o Malmö. Pero está máis fácil que hai uns días, cando as opcións eran máis que remotas logo de que o conxunto onde milita a xogadora compostelá caera nun dos seus últimos partidos. O inesperado empate do líder deixa a galega a un só paso dun triunfo soñado tanto para ela como para o seu club, que sumaría o seu primeiro título ligueiro e confirmaría as expectativas que creou no inicio do torneo. O Tyresö de Boquete debe gañar no campo do líder no último partido para gañar a liga sueca, a máis forte do mundo O deporte, tan cruel ás veces, amosoulle a Verónica Boquete a súa cara e cruz en tan só uns días. Perdeu a final da Copa sueca ante o Göteborg nunha oportunidade que semellaba única. Logo, coa selección española, errou un penalti a poucos minutos do final da prórroga que evitaba a ansiada clasificación do equipo para a Eurocopa logo de varios anos sen disputala. No entanto, na última xogada do partido, a galega enganchou unha volea que lle deu a vitoria ao equipo e o billete para o torneo continental. \"O mellor momento da miña vida\", asegurara a futbolista, emocionada pola fazaña. En poucas semanas, a galega perdeu a Copa e deulle a España o billete á Eurocopa na última xogada da prórroga Agora loitará en 90 minutos por gañar a Damallsvenskan, o campionato feminino máis compeititivo na actualidade e que reúne a unha morea de estrelas mundiais, moitas delas compartindo vestiario con Verónica Boquete, que xa está nominada a mellor xogadora e mellor centrocampista do campionato. A Liga sueca engadiríase a un palmarés xa amplo, con dúas copas no Espanyol e un campionato nos EUA Tras comezar no Xuventú de Aguiño, pasar por Zaragoza e Espanyol, probar en Rusia e triunfar nos Estados Unidos, o orgullo do fútbol galego feminino pelexará este sábado por un novo título. Uniríase ás copas obtidas co Espanyol, a Eurocopa sub 19 con España ou o campionato en América. Pasaría de ser unha excelente xogadora a converterse nun mito. Está nas súas mans e nas das súas compañeiras."}
{"ID": "NOS_32223", "summary": "A máxima instancia na Galiza admitiu a trámite o recurso presentado pola CIG-Ensino no que exixen o cumprimento das sentenzas que declaran ilegais as consultas ás familias sobre o uso do galego no ensino infantil", "text": "\"Un acto de desobediencia á xustiza\". Así consideran desde a CIG-Ensino a teimosía da Xunta de Galiza por manter as enquisas ás familias en relación coa lingua vehicular nas escolas infantís. Após cinco sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en que exixe a derrogación do artigo 5.2 do decreto do plurilingüismo, a Consellaría de Educación mantén as consultas ás familias. Neste senso, a central nacionalista presentou a pasada semana un recurso perante o TSXG en que exixe a nulidade destas enquisas por contravir a sentenza do Tribunal e constituír un \"acto de desobediencia\" que mostra, din, \"máis unha vez a galegofobia\" do executivo de Núñez Feijóo. Após admitir a trámite o recurso presentado pola CIG, o TSXG dá 20 días á Xunta para que alegue o que estime procedente en relación con este \"incidente\" na execución da sentenza. No entanto, desde a central nacionalista agardan que a máxima instancia no país \"dite unha resolución\" que \"poña fin\" á \"persecución do noso idioma\" nas aulas de infantil."}
{"ID": "NOS_8418", "summary": "Unha vintena dos máis destacados artistas e agrupacións cítanse na XXXVII Reunión Internacional de Gaiteiros procedentes de diferentes partes da Galiza e doutros países como Bélxica, Cuba ou Francia.", "text": "O castelo de Monterrei acolle entre esta sexta feira e o sábado a XXXVII Reunión Internacional de Gaiteiros, unha cita que reunirá na fortaleza unha vintena dos máis destacados músicos e agrupacións chegadas de diversos puntos da Galiza, mais tamén doutros países como Bélxica, Cuba ou Francia, alén de ofrecer exposicións e conferencias. O evento, que conta co apoio da Deputación de Ourense, presentouse no Pazo Provincial coas intervencións do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e o director da Escola de Gaitas, Xosé Lois Foxo. Rosendo Fernández cualificou esta actividade como \"unha cita destacada dentro do calendario de actividades culturais da provincia\", pola que \"pasaron ao longo do tempo os mellores gaiteiros de calquera lugar do mundo\". Cristina Pato: \"Os artistas sempre están moito máis avanzados que as chamadas políticas culturais\" Deste modo, asegurou que o Goberno provincial \"contribúe a reforzar a identidade propia que representa a gaita\", apoiando o certame e póndoo en valor. Aliás, lembrou que está declarado evento de interese turístico e cultural desde 2016. Pola súa parte, o rexedor municipal de Monterrei apuntou que a vila tornou en 2007 en sede permanente do evento e apostilou que \"foi todo un acerto\". Á súa vez, Xosé Lois Foxo manifestou a necesidade de homenaxear ás persoas que \"transmitiron a cultura da gaita ao longo dos séculos\". Po iso, esta edición dedícase ao mestre gaiteiro coruñés Miguel Ángel López Paradela. Pablo Carpintero: \"Na Galiza e Portugal hai gaitas que se empregan desde a Idade Media, algo único no mundo\" Programa de actividades O programa da XXXVII Reunión Internacional de Gaiteiros comeza nesta sexta feira, día 26, cun curso de técnica de Uileann Pipe, gaita irlandesa, a cargo de César Pastor, nunha xornada que se completa cun concerto da cantante Carmen Penim. Haberá tamén unha exposición fotográfica sobre a gaita desde o século XII ao XX. O sábado, día 27, o investigador francés Jean-Luc Matte ofrecerá unha conferencia sobre a representación dos pastores na iconografía do Nadal. O acto principal será ás 19,00 horas coa intervención de case vinte músicos de agrupacións musicais. Xosé Manuel Sánchez Rei: \"Ribeira de Piquín sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita\" Entre eles figuran o cubano Alejandro Suárez, a belga Marieke Van Ransbeek ou o pontevedrés Óscar Ibáñez. Pechará o evento a Real Banda de Gaitas da Deputación desde a base do castelo."}
{"ID": "NOS_36154", "summary": "As causas dos incendios son complexas e as súas solucións \"poden ser difíciles de aceptar por unha parte importante da poboación\". É por iso que cómpre \"un amplo consenso político e social\". E unha mudanza radical das políticas públicas para o rural galego. Esta é a liña argumental do manifesto Por unha nova política para o rural galego, asinado por máis de 80 profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.", "text": "Os asinantes afirman que, para dar resposta á pregunta \"por que sufrimos vagas de lume de xeito recorrente\", cómpre \"unha reflexión colectiva\". E que esta, en que deben participar habitantes do rural e do urbano, debe evitar \"suposicións ou opinións difundidas en medios de comunicación\". A tese do \"terrorismo incendiario\", ardentemente defendida por Alberto Núñez Feijóo no último pleno do Parlamento, é das máis vistosas. E das que menos ten a ver coa realidade dos acontecementos, segundo especialistas da xudicatura ou da universidade. \"A reflexión colectiva ten que se apoiar no coñecemento científico achegado desde múltiples fontes\", sinala o documento, quen advirte de que os resultados dunha \"nova política para o rural\" só se notarán \"a medio e longo prazo\". As persoas que refrendan o manifesto proceden de diversos ámbitos relacionados co problema dos incendios: agronomía, bioloxía, economía, historia, enxeñaría de montes, xeografía. E pechan o seu chamado cunha síntese dos eixes que, ao seu ver, deben centrar o proceso de reflexión colectiva que reclaman: a ordenación territorial, frear a perda de terras de usos agrarios, o cumprimento da lexislación vixente e a transformación do actual dispositivo de extinción. Os docentes e investigadores promotores do texto amosan a súa disposición \"para colaborar nun proceso de debate aberto e participativo e conseguir un modelo de xestión que permita superar a situación actual\". De fondo, a procura de \"novas oportunidades para o medio rural\". A súa intención é, agora, que o manifesto teña certo percorrido e incidencia real, para o que prevén presentarllo aos grupos políticos con representación parlamentaria e abrilo ás outras universidades."}
{"ID": "NOS_57965", "summary": "Asinou un acordo comercial con Mémora que lle garantía unha comisión de ata 700 euros por cada familia dun residente falecido que contratase a funeraria.", "text": "O ano pasado morreron 2.100 ancians e anciás en centros de DomusVi no Estado español. Segundo vén de desvelar Infolibre, Domus Vi ten asinado un contrato con Mémora, a principal compañía de servizos funerarios no Estado. Este contrato garante, segundo afirma este medio, unha comisión de até 700 euros por cada familia dun residente falecido que contratase esta funeraria. DomusVi vén actuando como comisionista polo seu labor comercial en favor de Mémora polo menos desde outubro de 2015, cando entrou en vigor un \"acordo de colaboración e prestación de servizos\" entre ambas as compañías, ao que tivo acceso infoLibre. DomusVi xestionaba o ano pasado 30 centros de maiores na Galiza e 139 no Estado que tiñan en total preto de 18.500 prazas. \"DomusVi leva polo menos desde 2015 cobrando como comisionista por enviar clientes ao grupo funerario. O 1 de outubro daquel ano entrou en vigor o \"acordo de colaboración e prestación de servizos\" entre ambas as compañías. DomusVi chamábase entón Geriatros –cambiaría de nome tras adquirir Sarquavitae en 2017– e o contrato asinouno a súa conselleira delegada, Josefina Fernández Miguélez\". DomusVi presentou o pasado mes de marzo unhas contas nas que declaraba uns beneficios millonarios, que daban conta do bo negocio que estaba a facer coas residencias galegas, tristemente protagonistas durante a crise da Covid-19 por concentrar un alto número de falecementos. Segundo as contas consolidadas da compañía a 31 de marzo e recollidas por Economía Digital, GeriaVi, a matriz do holding, obtivo en 2019 un beneficio antes de impostos de 19,5 millóns de euros, e de algo máis de dez millóns unha vez descontadas as cargas fiscais."}
{"ID": "NOS_4625", "summary": "Desde que o PP chegou á Xunta producíronse retallamentos do 45% no primeiro exercicio (2011) e do 75% no segundo exercicio (2012) namentres @s gandeir@s si acataron as esixencias do acordo asinado coa consellaría de Medio Rural durante o goberno bipartito e cunha vixencia de cinco anos.", "text": "Centos de gandeir@s mobilizáronse esta terza feira diante da delegación da Xunta da Galiza en Lugo contra o retallamento das axudas que recibían produtor@s de razas autóctonas en réximes extensivos. Convocad@s pola Federación Rural Galega, a Fruga, @s manifestantes rexeitaron os recortes continuados practicados polo PP desde que chegou ao Goberno galego en 2011. Así as cousas, sobre unha liña de subvencións asinada en abril de 2008 pola consellaría do Medio Rural co sector agrogandeiro e que tería unha vixencia de cinco anos, en 2011 a Xunta reduciu a cantidade nun 45% sobre a inicial, de 156 euros anuais por animal reprodutor. Con todo, foi na campaña correspondente a 2012 --que aínda se vén de resolver recentemente-- cando o Executivo que preside Núñez Feijóo \"deixou ver o pouco que significa para el o sector vacún de carne galego\", denunciou Elías Somoza, responsábel de sectores gandeiros da Fruga. Sostén a organización agro-gandeira que son por volta do 75% das solicitudes de renovación as que quedaron fóra das axudas \"unha vez que as explotacións afectadas si cumpriron coa súa parte das obrigas\" de fomentar as razas autóctonas en base á superficie. A este panorama responde a campaña de accións de protesto emprendida pola Fruga en que denunciaron retrasos na resolución das subvencións, na notificación a través do Diario Oficial de Galiza e os erros que deron moitas das solicitudes aprobadas. O sector denuncia \"indefensión\" por mor da \"agresividade\" da Xunta Por todo isto, cualifican de \"indefensión\" a situación en que se encontra o sector e chamaron a \"deter a agresividade\" con que a Xunta actúa \"contra o vacún de carne\". Neste punto, recordaron a paralización de medidas coma os Banco de Terras --Bantegal-- ou \"a falta de defensa dos intereses das granxas galegas\" na reforma da Política Agraria Común --PAC--, que suporá aínda menos ingresos \"sumada ao continuado incremento dos custos de produción e á conxelación dos prezos que reciben os labregos\"."}
{"ID": "NOS_1156", "summary": "A dirección política da formación acordou nunha votación secreta descolgarse da folla de rota aprobada polo Parlament.", "text": "Após meses a medio camiño entre a defensa do dereito a decidir e a aposta federal deseñada desde Madrid o PSC aprobou esta fin de semana unha proposta de resolución (co 83% dos apoios no Consello político) para desmarcarse do proceso soberanista iniciado en Catalunya. Así, o partido encabezado por Pere Navarro acordaron \"votar en contra de calquera proposta ou iniciativa lexislativa relacionada coa consulta que non for previamente negociada e acordada co Goberno español\". No entanto, o sector máis crítico da formación --que solicitou unha votación secreta-- asegurou após coñecerse o resultado que non desbotan a posibilidade de rachar coa disciplina de voto en vindeiras votacións. Rexeitan a consulta popular e demandar competencias ao Goberno E é que o vindeiro 4 de decembro o Parlament catalán votará unha proposta de resolución encamiñada a reclamar a Madrid a competencia que permitiría ao Govern da Generalitat convocar un referendum --até o momento é o executivo español en exclusiva quen conta con esta capacidade. Desde o PSC rexeitan esta iniciativa así como fixar unha data e pregunta para a consulta popular o que coidan é \"outro erro político\". Con esta decisión o PSC afortala as súas posicións federalistas e entra no rego deseñado por Ferraz, embora negaren oficialmente esta idea. \"Até aquí chegamos\", sentenciaron desde o PSC, \"non imos ir en compaña dalgo que é un suicidio\"."}
{"ID": "NOS_16638", "summary": "O presidente de Iberdrola faltou ás persoas que apostan neste sistema, pensado para protexer á clientela máis vulnerábel.", "text": "O presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, non dubidou en cualificar de \"parvas\" as persoas acollidas ao mercado regulado da luz, que representan máis de 11 millóns no conxunto do Estado español. Fíxoo esta quinta feira durante un acto en Sagunto (Valencia) no que explicou que \"80% dos españois non pagan o prezo do 'pool'\", en referencia ao mercado almacenista, que fixa os prezos diarios por franxas horarias e que non só serven de referencia nos contratos da tarifa regulada, senón tamén boa parte dos do mercado libre. Segundo Galán, as persoas con contratos de enerxía no mercado libre \"están a pagar menos prezo que no ano 2018, porque baixaron os impostos\". De feito, este é un dos motivos que levaron a moitos fogares galegos a dar o salto da tarifa regulada ao mercado libre, mesmo liderando a taxa de cambio a nivel estatal. Porén, ese cambio non sempre implicou un cambio de compañía. De feito, segundo explican fontes coñecedoras do sector, as grandes eléctricas son as primeiras interesadas en que se produzan eses cambios. As grandes eléctricas arrastran a clientela da súa oferta regulada á libre Para iso válense de estratexias comerciais nas que ofrecen un prezo fixo por megawatt máis baixo que o prezo medio do mercado regulado ─aínda que algúns días e a determinadas horas queda por riba deste─. Fano grazas a que tamén contan con filiais xeradoras e distribuidoras de enerxía, o que lles permite fechar contratos internos para que as comercializadoras poidan facer estas ofertas. O resto de firmas do mercado libre non teñen esta marxe de manobra. Con todo, é previsíbel que, de saír adiante a 'solución ibérica' para o mercado da enerxía, a tarifa regulada volva ser, como así a concibiu o Goberno español, a tarifa óptima para consumidoras vulnerábeis. Estratexia comercial Esta sexta feira, un día despois das declarcións de Galán, Iberdrola anunciou o inicio dunha campaña na que anima ás persoas consumidoras a subscribir contratos de subministración eléctrica a través do mercado libre por ser máis baratos que a tarifa regulada polo Goberno español. \"Aforro, estabilidade e seguridade son as propostas polas que aposta a compañía, fronte aos contratos sometidos ás incertezas e á conxuntura dun mercado regulado e inestable\", destacaron desde a eléctrica. Na mesma liña, engadiron que \"España é o único país de Europa cuxa tarifa regulada cambia cada hora, o que xera aos clientes máis dúbidas e incerteza\", e aseguraron que queren demostrar a cidadanía que un prezo \"menor e máis estábel\" é posíbel."}
{"ID": "NOS_21338", "summary": "O galeguismo era unha forza con relativa relevancia na comarca de Compostela dos anos 30 e contaba con máis de 450 afiliados, afirma Xosé Ramón Ermida, autor de 'Mortos por amor a Terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)', quen mañá sexta feira ofrecerá unha palestra promovida polo Galo sobre a memoria dos galeguistas represaliados.", "text": "A charla terá lugar a sexta feira 30 de setembro ás 20.30 horas no espazo etnocultural Vide Vide, como acto de recuperación da memoria dos galeguistas da comarca de Compostela represaliados polo franquismo. Consistirá na presentación do libro 'Mortos por amor a Terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)' (publicado por Sermos Galiza), que contará coa participación do seu autor Xosé Ramón Ermida Meilán, e será presentado polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira Eiras e polo membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa Luis Gonçalez Blasco \"Foz\". O PG, segundo Ermida, contaba con máis de 450 afiliados, tiña presenza, á marxe da cidade, na Baña, Brión, Negreira, Ordes, Padrón, O Pino, Trazo, Teo e Val do Dubra, dispuña dun bo número de concelleiros e entre os seus militantes, atopábanse o editor Anxel Casal, alcalde de Compostela, e Xosé Rodríguez Vázquez, alcalde de Teo e pai do recoñecido xurista Gonzalo Rodríguez Mourullo. \"Non debe estrañarnos, atendendo á propia composición social da cidade, a forte presenza de estudantes universitarios nas súas filas así como a influencia no movemento estudantil, organizado na altura no ámbito da Federación Universitaria Escolar, a FUE, da que foron dirixentes, entre outros, Ricardo Carvalho Calero ou Francisco Fernández del Riego\", explica Ermida. A un tempo, segundo nos conta o autor, \"os galeguistas participaban de diversas iniciativas sociais, sindicais ou culturais ao longo de toda a Comarca. No puxante agrarismo destacaban galeguistas como Ramiro Rodríguez, \"Ramiro do Crecho\", presidente dos agrarios de Lañas e Rial en Val do Dubra, Avelino Pousa Antelo na Baña, Xosé Botana en Lavacolla ou Ramón Leborán en Bastavales\". Menor foi a influencia, sinala, no sindicalismo obreiro, \"aínda así atópanse cadros de relevo na CNT como Manuel Fuente ou Luís Loureiro e na sección do ensino da UXT, dirixida por Bernardo Mato\". Especial relevo na súa actividade vai ter o traballo cultural, significándose na cidade iniciativas como a editorial e imprenta Nós, a cuxo fronte se atopaba Ánxel Casal e María Miramontes, ou o Seminario de Estudos Galegos, impulsado entre outros por Lois Tobío e Ramón Martínez López. A guerra Os galeguistas non libraron da persecución contra os demócratas que se iniciou tras o golpe de estado de 1936. A Editorial Nos é asaltada e saqueada, o Seminario de Estudos Galegos clausurado e algúns dos seus militantes sometidos a diferentes tipoloxías represivas. Segundo os datos de Ermida, algúns marcharán ao exilio, como o profesor da universidade e secretario do Seminario de Estudos galegos Sebastián González Paz (a Puerto Rico); Xoán López Durá, profesor da Facultade de Dereito e concelleiro a México; Ramón Martínez López a Estados Unidos; o alcalde de Teo, Xosé Rodríguez Vázquez, a Arxentina; ou María Miramontes, tamén fuxida a Arxentina. Outros serán expedientados e expulsados do seu posto de traballo como o profesor da Facultade de Dereito Francisco Fernández del Riego, o concelleiro e xurista Xoán Brañas Cancelo, o director da Escola de Maxisterio Xosé Toba ou a mestra da Baña Clara Sanmartín. Son moitos os que pasaron pola cadea como o propietario da Academia Xelmirez e concelleiro compostelán Xosé Teixeiro Rodríguez, o presidente dos galeguistas de Trazo Xosé María Abeixón Pardal, o mestre da Luaña en Brión Humberto Vidal e o agrarista do Val do Dubra Ramiro Rodríguez. A formula máis definitiva da represión vai ser a aniquilación física do disidente, explica Ermida. Así serán asasinados os veciños de Compostela Ánxel Casal Gosenge, Camilo Díaz Baliño, Xoán Xesús González Fernández. Casal, fundador das Irmandades da Fala, peza central na conformación do sistema literario galego como promotor e propietario da Editorial lar e Nos, Alcalde de Compostela coa Fronte Popular, organizador da resistencia ao golpe na cidade, será paseado na noite do 18 de Agosto en Cacheiras-Teo. Camilo Díaz Baliño, pai de Isacc Díaz Pardo, funcionario do Concello de Compostela, escenógrafo, deseñador gráfico e figura chave na renovación da pintura galega nas tres primeiras décadas do século XX, será confinado primeiro no cárcere de Compostela, onde debuxará algúns compañeiros de prisión, sendo paseado o 14 de Agosto de 1936 en Palas de Rei. Xoán Xesús González canteiro, mestre, xornalista, libreiro e avogado, sinalouse tamén como escritor galego, fundou en 1932 a \"Unión Socialista Galega\", formación de orientación marxista e nacionalista, sendo fusilado o 12 de setembro de 1936, tras un papel importante na resistencia ao golpe en Compostela como organizador dos \"Terzos de Calo\". Os veciños de Ordes Xosé del Río Pampín e Xosé García Fernández serán fusilados contra os muros de Boisaca, canda outras oito persoas, o 8 de febreiro de 1937. Xosé del Río, barbeiro e militante do Partido Galeguista desde a súa constitución en Ordes, xogou un significado papel na oposición ao golpe na súa vila, sendo asasinado con 24 anos. Xosé García, mestre, veterinario e antigo profesor da Escola de Veterinaria en Compostela, era membro do Consello Nacional do Partido Galeguista. Detido nos primeiros días de agosto de 1936, foi salvaxemente torturado, primeiro diante da súa propia familia e posteriormente no cuartel de Ordes. O galeguista da Baña, Erundino Vieito Baña, labrego e carpinteiro da parroquia de Lañás, formou parte do exército republicano como membro do \"Batallón Galicia\", detido polos franquistas despois da toma de Asturias, é confinado no campo de concentración de Candás en Carreño, sendo asasinado o 4 de Febreiro de 1938 cando ía ser trasladado ao campo de Concentración de Camposancos na Guarda. O mestre de Teo Bernardo Mato Castro morreu na Estrada despois dunha longa agonía o 4 de setembro de 1936, a consecuencia dunha malleira que lle propinaron os falanxistas cando tentaba fuxir da casa familiar de Teo. Secretario da FETE na Comarca de Compostela, colaborador do Partido Galeguista, militara na \"Unión Socialista Galega\" e na \"Xuntanza Nazonalista da Estrada\", á súa volta da emigración cubana."}
{"ID": "NOS_30760", "summary": "O Goberno galego declarou o Sestercio Ben de Interese Cultural.", "text": "O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do Sestercio de Augusto, unha moeda do século I a.C. da que só se coñecen tres exemplares no mundo, un deles nunha colección particular na Galiza. Detalle do Sestercio de Augusto. (Foto: Nós Diario) Con esta decisión, o Goberno galego culmina o procedemento iniciado en marzo deste ano, tras a petición, en 2021, da Dirección Xeral do Ministerio de Cultura e Deporte, que destacou o seu \"especial interese\" para o patrimonio español, tendo en conta o carácter único da moeda. Hermerico. O fundador do reino da Gallaecia (409-438) A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta abriu o expediente de declaración BIC que, tras o informe favorábel da Real Academia de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, é aprobado agora para, posteriormente, ser publicado no Diario Oficial da Galiza (DOG). Orixe da moeda O Sestercio de Augusto é unha moeda do século I antes de Cristo, de bronce e duns 38 gramos. Forma parte da serie coñecida como do Noroeste, polo seu lugar de circulación ou da caetra, polo escudo redondo do reverso, acuñada por Octavio Augusto, moi probabelmente para facer fronte aos gastos militares das Guerras Cántabras (27-19 a. C.), a última fase da conquista romana da Península Ibérica. A Cibdá galaico romana de Armea Á hora de abrir o expediente, a Xunta valora que esta moeda sexa case única, ao existir só dúas máis. Unha atopouse en 2005 nunha escavación arqueolóxica en Bracara Augusta (Braga-Portugal), e consérvase no Museu de Arqueoloxía don Diego de Sousa, mentres que outra foi vendida nunha poxa en 1968 e 1979, descoñecéndose o seu paradoiro actual. O exemplar declarado agora BIC foi adquirido nunha poxa en Nova York en 1999 e publicado en diversos manuais científicos de referencia para o estudo da moeda romana provincial en Hispania. Iolanda Álvarez: \"Na fase romana do castro de San Cibrao de Las conviviron varios tipos de vivendas\" A serie non presenta marcas de datación, polo que a súa data de emisión e lugar de produción non están definidas e son obxecto de investigación. Atribúese a cecas como a de Emerita (Mérida), Lucus (Lugo) ou Colonia Patricia (Córdoba) e a talleres móbiles que acompañaban o exército."}
{"ID": "NOS_2267", "summary": "Baixa os ingresos nas UCI e en planta e redúcense os casos activos. Porén, as infeccións detectadas nas últimas 24 horas seguen por riba de mil.", "text": "Tregua na presión hospitalaria. Os vindeiros días dirán se é ou non o principio do descenso nos ingresos de pacientes con Covid-19 en planta e coidados intensivos. Hai hoxe nos hospitais galegos 67 persoas ingresadas menos como consecuencia do coronavirus, e nas UCI pasouse de 253 a 247. Unha cifra, porén, que se mantén moi por riba daqueles 177 ingresados en coidados intensivos que se acadou no 'pico' da primeira onda do virus. Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee os hospitalizados con coronavirus en UCI baixan en oito até os 85 e os ingresados noutras unidades caen en 17 até os 306; mentres que na de Santiago e Barbanza redúcense en catro -até os 43- e en 16 -até os 125-, respectivamente. Tamén a área de Pontevedra e O Salnés experimenta unha redución destacada de pacientes con Covid hospitalizados ao pasar a 29 en UCI -un menos- e 117 noutras unidades -13 menos-; mentres que na de Vigo descenden a 24 -un menos- e 165 -sete menos-, respectivamente. Na de Ourense os pacientes con Covid en UCI aumentan nun até os 14, pero os que permanecen noutras unidades descenden a 176 -oito menos-. Por contra, na de Ferrol soben en catro as persoas en UCI con este virus até as 27 e mantéñense en 166 as que están noutras unidades. Tamén no distrito sanitario de Lugo increméntanse os pacientes con Covid en UCI até o 25 -tres máis-, pero seguen sen cambios 70 noutras unidades de hospitalización. Baixan tamén os casos activos: hai 82 menos e son en total agora 22.440. Unha cifra que supera en 1.200 os que había hai unha semana. Por áreas sanitarias, descenden nas Santiago e Barbanza (3.366); Ourense (2.815) e Lugo (2.093). Por contra, os casos activos aumentan nos distritos sanitarios da Coruña e Cee (5.889, tras sumar seis máis); Vigo (3.867, que suma seis máis); Pontevedra (2.578, despois de engadir 75) e Ferrol (1.832, con oito máis). O que repunta son os contaxios detectados nesta última xornada: 1.141, de novo por riba da barreira dos mil, coma na terza feira, en que eran 1.001, aumentando a respecto de principios de semana, cando estaban por baixo dos mil. Os 28 falecementos destas últimas horas poñen a cifra de mortos pola pandemia de coronavirus rexistrados polo Sergas en 1.843. Os datos de defuncións da primeira metade de 2020 ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística confirman unha suba da taxa de mortalidade na Galiza. O incremento é de dous puntos con respecto á mediana do primeiro semestre da última década, comprendida entre 2010 e 2019. A Covid deixou na Galiza 619 persoas falecidas durante a primeira vaga, unha cifra que no pico da terceira onda de contaxios xa se multiplica por tres. A positividade das PCR é de 8,4% e a incidencia acum,ulada a 14 días,755 (onte era 764)."}
{"ID": "NOS_41568", "summary": "O Govern da Generalitat anunciou a decisión através da súa conta oficial de Twitter. Perde así a súa condición de aforado.", "text": "O ex-president da Generalitat de Catalunya e deputado da coligazón Junts pel Sí, Artur Mas, renunciou formalmente esta cuarta feira á súa acta de deputado. Así o comunicou o propio Govern através da súa conta oficial de Twitter. Mas fíxoo após dar un paso atrás como candidato á presidencia, unha condición da CUP para apoiar a proposta de JxSí. En data d'avui el #presidentMas ha entregat la renúncia a l'acta de diputat del #Parlament— Govern. Generalitat (@govern) January 13, 2016 Desta maneira Mas perde a condición de aforado da que gozan as persoas con representación parlamentar. Un feito que podería incidir no proceso xudicial que lle foi aberto pola consulta popular do 9 de novembro."}
{"ID": "NOS_16720", "summary": "As linguas cooficiais do Estado español foron excluídas da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para ver garantida a súa protección nas plataformas de contidos á carta. O proxecto non recolle ningunha das demandas a favor do galego, euskara, catalán, segundo adianta 'El Periódico'.", "text": "O Goberno español exclúe do novo proxecto da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual a protección ás linguas cooficiais do Estado – galego, euskara, catalán–, en plataformas de contidos á carta como Netflix, HBO ou Amazon Prime. Segundo unha información de 'El Periódico', a norma recolle que polo menos o 50% \"da cota dedicada a obras audiovisuais europeas debe reservarse a obras en castelán ou nas linguas cooficiais autonómicas\", mais sen determinar unha porcentaxe concreta para estas últimas. Desta maneira, na segunda fase de audiencia pública, o Executivo estatal non tivo en conta as peticións de diferentes institucións, plataformas e entidades, que reclamaba un 50% da cota de obras en linguas do Estado español fose en euskara, catalán ou galego. Concretamente, establécese que un 30% das obras do catálogo das plataformas de contidos debe estar dedicado a obras europeas e, á súa vez, polo menos un 50% destas \"será reservado para producións en castelán ou nalgunha das outras linguas do Estado\". Unha redacción que non inclúe garantía algunha para acometer a protección das linguas cooficiais. O mesmo ocorre nos investimentos de obras audiovisuais. O proxecto indica que os prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisivo cuns ingresos superiores a 50 millóns de euros deberán financiar obras europeas cun 5% dese diñeiro. En cambio, desa cantidade, \"un mínimo dun 70% deberá ir dirixida a obra de produtores independentes na lingua oficial do Estado ou nalgunha das linguas oficiais das comunidades autónomas\". De novo en situación de desvantaxe, entidades e colectivos propuñan que esa porcentaxe aumentase do 5% ao 10% e con iso poder financiar obras en euskara, catalán ou galego, aínda que esta petición non se recolleu na nova versión, segundo este adianto. Apúntase que o Goberno aprobará o proxecto de modo inminente, quizais esta terza no Consello de Ministros Sinaturas A Iniciativa Xabarín, refrendada con máis de 33.000 sinaturas e co acordo unánime do Parlamento galego, exixía -ademais de aumentar a programación infantil de calidade nas canles da CRTVG- garantir o acceso a todos os contidos audiovisuais en liña con opción dobrada e lexendada, así como informacións e audiodescricións en galego. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordaba que dos 25.872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. \"Pode resistir un idioma nestas condicións?\", preguntaba Maceira."}
{"ID": "NOS_21910", "summary": "O Partido Popular dificulta o acordo utilizando todo tipo de pretextos, entrementres o BNG volveu manifestar a súa disposición para que se celebren os debates \"sexa como sexa\".", "text": "Será necesaria unha terceira reunión, despois da falta de acordo na xuntanza entre a dirección de campaña de PP, BNG e PSOE, que tivo lugar esta cuarta feira. Segundo puido saber Sermos Galiza, no encontro de onte o Partido Popular utilizou as diferenzas co PSOE en relación ás posíbeis datas dos debates como pretexto para non pechar un acordo. O Bloque deixou patente a súa disposición para que os debates teñan lugar \"sexa como sexa\" @s populares tentaron impoñer un formato \"a dous\", onde se cruzarían os candidatos á presidencia dos tres partidos en tres debates diferentes (PP-PSOE, PSOE-BNG e PP-BNG), entrementres o PSOE expresou concordancia coa proposta do BNG para que se celebren \"a tres bandas\". Con todo, o Bloque deixou patente a súa disposición para que os debates teñan lugar \"sexa como sexa\", polo que @s nacionalistas non farán causa de ningún aspecto formal xa que consideran \"esencial en termos democráticos\" que @s elector@s teñan a oportunidade de coñecer e contrastar as diferentes propostas políticas que se medirán o 21-O. A próxima xuntanza entre @s responsábeis das campañas terá lugar esta sexta."}
{"ID": "NOS_34357", "summary": "A Lei de Rehabilitación favorecerá \"o abandono e a especulación\". Polo menos así o considera o grupo parlamentario de En Marea, cuxo viceportavoz Antón Sánchez denunciou esta mañá un texto, presentado polo Partido Popular, que \"non ordena nada, senón que revolve, remexe e estende a confusión normativa\".", "text": "A norma xa pasou por un período de suxerencias e foi modificada en diversos puntos. Sánchez lamenta que a \"falta de previsión\" do Partido Popular provoque continuas colisións entre leis recentemente aprobadas no Parlamento de Galiza. \"A Lei do Solo, aprobada hai dous anos, leva xa catro modificacións. De aprobarse a de Rehabilitación, serían unhas cantas máis\". O mesmo sucedería coa de Patrimonio. \"O PP prolonga unha mala práctica: aprobar leis que derrogan parcialmente outras leis, pola porta de atrás\", asegura. Antón Sánchez critica, ademais, a falta de orzamentos públicos na aplicación da normativa: \"O problema non é facer unha lei, senón dotala de orzamento público. Do contrario, entra o capital privado a facer negocio\". Segundo o viceportavoz de En Marea, o documento lexislativo \"non ten en conta as persoas que viven nas zonas que se queren rehabilitar e rexenerar\". E engade: \"É unha lei que libera ás peores forzas do mercado especulativo. Non queremos só políticas de renovación arquitectónica, queremos lei que non expulsen as xentes das súas casas, dos seus barrios, para que veñan fondos de inversión, lobbys, sacar diñeiro\". O tamén portavoz de Anova lembrou, nunha comparecencia de prensa no Hórreo, que \"apenas está regulada a rehabilitación da cidade xa existente. Bótanse de menos políticas para actuar dentro da cidade e nos núcleos rurais xa contruiídos\". A maiores, afirmou que o texto contén trazas \"de discutíbel axuste á legalidade\". Como exemplos, colocou o caso da expropiación forzosa aínda cando non haxa un consentimento do propietario. Segundo el, contradí a Lei do Solo e a Lei de Expropiación Forzosa, que \"en ningún caso inclúen este feito\". Tamén o canon de abandono, que para o deputado \"favorece o abandono e o abandono rural e urbano só xera especulación\"."}
{"ID": "NOS_24890", "summary": "Puntogal e Voltier Electronics selan un acordo de patrocinio da selección galega de fútbol gaélico. Cubrirá a participación do equipo galego nos GAA World Games deste verán e no campionato europeo do ano que vén, que podería disputarse no noso país..", "text": "A empresa galega Voltier Electronics e a Asociación PuntoGal asinaron esta cuarta feira o acordo polo que van ser as entidades patrocinadoras principais da Selección Galega de Fútbol Gaélico para os vindeiros dous anos. Na sinatura do convenio participaron o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), Ángel Negrete, mentres que en representación de PuntoGal estiveron presentes o seu presidente, Manuel González, e o seu director xeral, Darío Janeiro, e por parte de Voltier Electronics Iván Souto e Luis Rama, socios fundadores. Negrete subliñou a transcendencia deste convenio de patrocinio \"que nos permitirá seguir medrando como referencia do fútbol gaélico a nivel internacional a través da Selección Galega\". O convenio cubre a participación da selección no mundial deste verán e no europeo do ano que vén para o que, ademais, anunciou \"estamos traballando na candidatura de Galiza como sede\". \"As achegas de entidades empresariais unidas a outro tipo de iniciativas que vimos levando a cabo para conseguir fondos\" -engadiu Negrete- \"son imprescindibles para poder afrontar a participación das Seleccións en torneos internacionais, tendo en conta que somos totalmente amateurs\"."}
{"ID": "NOS_46848", "summary": "O líder de Unió sinala que, fale do que fale e opine do que opine no blog, todos os comentarios son sobre a cuestión nacional catalá.", "text": "Josep Antoni Duran i Lleida, o nacionalista catalá do que tanto gostan en Madrid, pecha o seu blog. E faino cun último post cun título ben explícito: 'Au reveure'. O lider de Unió (o socio minoritario de CiU) dí estar farto de que o independentismo, o dereito a decidir e a cuestión nacional de Catalunya copen todo. Afirma que, fale do tema que fale, os comentarios que se lle poñen non son para opinar desa cuestión, senón para se pronunciar sobre o proceso soberanista aberto en Catalunya- Durán i Lleida dí que o tema é importante, mais que non todo ten que pivotar sobre el. O blog, que comezou en 2007, seguirá aberto para os que queiran facer comentarios, mais o dirixente nacionalista xa non publicará máis post. Iso si, sinala que seguirá a escribir as súas cartas semanais á militancia de Unió. Dereito a decidir, sempre Durán i Lleda defende o dereito a decidir mais postúlase contra a independencia. Unha tese que perde adeptos en Unió, onde boa parte da militancia ve con bos ollos o proceso soberanista."}
{"ID": "NOS_108", "summary": "En contra do parecer expresado pola defensa e polo Ministerio Fiscal, a sala terceira do Tribunal Supremo español acordou de maneira unánime manter vixente a inhabilitación do president da Generalitat, Quim Torra, como deputado do Parlament de Catalunya.", "text": "Por unanimidade de todos os seus membros, a sala terceira do Tribunal Supremo (TS) español decidiu nesta quinta feira, 23 de xaneiro, manter en vixencia a resolución da Xunta Electoral Central (XEC) do pasado 3 de xaneiro que ordenaba a inhabilitación como deputado da Cámara catalá do president da Generalitat, Quim Torra. \"Non mudou nada e non retrocederemos\", anunciou onte Torra desde Girona ao coñecer a resolución. Desta maneira deixou claro que non asume a sentenza e que ten a vontade de continuar como no escano e como president. A sala terceira do TS non atendeu o criterio da defensa de Torra nin da Fiscalía, que propuñan deixar en suspenso a inhabilitación ordenada pola XEC mentres o propio Supremo non se pronunciase sobre un recurso de Torra contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, que á súa vez o condenou en decembro a un ano e oito meses de inhabilitación. A causa das resolucións e dos recursos atópase no mesmo conflito: cando o president non atendeu o criterio da Xunta Electoral de retirar do edificio do Govern unha faixa con lazos amarelos en solidariedade coas presas e presos políticos. Agora, á espera de que o Supremo tamén decida sobre o fondo da causa, é dicir, sobre o recurso contra a sentenza de inhabilitación do Tribunal de Xustiza de Catalunya, as liñas que se abren para Torra e o Parlament son o non recoñecemento das resolucións, ou aceptar a inhabilitación como deputado mais continuar como president, ou ben deixar ambos os postos, xa que o Estatut catalán marca a necesidade de que o mandatario sexa tamén membro da Cámara. O Parlament xa rexeitou o pasado día 4 de xaneiro facer efectiva a orde da XEC e defendeu a permanencia de Torra como deputado e como mandatario. Nese sentido pronunciouse esta terza feira a ministra de Defensa do Goberno español, Margarita Robles, quen subliñou que a sentenza invalida Torra como deputado mais non como president. Pola súa banda, Pedro Sánchez suxeriu que manterá a reunión programada con Torra, en calidade de president, pese a que declinou anunciar a data da cimeira. O PP ameaza con inhabilitar Torrent Afondando na vía punitiva e na xudicialización do conflito político, o secretario xeral do PP catalán, Daniel Serrano, ameazou con inhabilitar o president da Cámara, Roger Torrent, de non acatar a decisión do Supremo e de, por tanto, non destituír o president de Catalunya, Quim Torra. \"Imos ver que inventa agora o bravo president do Parlament Roger Torrent para non asumir e acatar que Quim Torra xa non é deputado e que non poderá votar no pleno, salvo que queira rematar como el, que todo é posíbel\", afirmou o popular."}
{"ID": "NOS_15644", "summary": "A organización frontista reunirase a vindeira semana co PSOE para reiniciar as conversas sobre as deputacións de Coruña e Pontevedra mais tamén para valorar os \"movementos\" que se produzan en Lugo.", "text": "A decisión do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, de se votar inicialmente a si propio e logo en branco, outorgoulle o goberno provincial ao PP após 8 anos dun goberno de coligazón entre PSOE e BNG. Neste senso, desde a organización frontista agardan que a situación se \"reconduza\". Como valorades o acontecido na Deputación de Lugo?Para nós o fundamental é que se puxo en evidencia que o BNG tiña razón ao non coidar acaído a Martínez, primeiro por estar imputado e logo por antepór o seu interese persoal e ter poder político. A sesión foi esperpéntica e agardamos que se reconduza. Valoramos positivamente o xesto do PSOE, quizais un pouco tarde, ao facer unha proposta nova coa que nós podiamos estar de acordo. Coidades que o apoio amosado pola dirección do PSOE durante os días anteriores a Manuel Martínez puido propiciar a situación vivida na investidura? Non imos entrar a valorar cuestións internas do PSOE. Valoramos positivamente a decisión que facilitaría un goberno alternativo pois témoslle trasladado desde o comezo e con rotundidade que non iamos apoiar un candidato imputado. Mais agora temos que mirar para o futuro. Sentar a negociar. De maneira informal acordamos ter unha xuntanza a vindeira semana. Que acontecerá con Coruña e Pontevedra?Volverémonos xuntar e retomaremos as negociacións no punto onde había discrepancia que era o programático dada a vontade do BNG de traballar pola disolución das Deputacións através dun adelgazamento das mesmas. A idea principal é que após un acordo nacional poidamos falar en concreto da Coruña e Pontevedra. Nese encontro avaliaremos tamén os movementos na Deputación de Lugo cara á un goberno alternativo. Valorades unha moción de censura?Depende do que decida Martínez e do que poida facer o PSOE. Os escenarios poden ser moitos, sería precipitado aventurarse. Imos agardar. Que opinión vos merecen algunhas voces que tamén responsabilizan o BNG do acontecido?O BNG non ten responsabilidade, ben se viu en como actuou que é unha decisión individual clarísima. Disparar cara á outro lado carece de lóxica. A inmensa maioría da poboación entende que o Bloque actuou con coherencia. Comunicamos [ao PSOE] desde o comezo que de ningunha maneira apoiaríamos un candidato imputado. Non queremos ser xuíces mais estamos nun momento en que a cidadanía exixe cambios e temos que ter un comportamento exemplar. Unha vez tomaron nota diso e propuxeron unha persoa distinta apoiamos o candidato socialista."}
{"ID": "NOS_15809", "summary": "Disque \"nunca choveu que non escampara\", mais o dioivo parecía estenderse moito máis no fútbol gaélico que en calquera outra disciplina, pois meses despois de que o atletismo, o tenis, o hóckey ou o baloncesto retomaran a súa actividade, a única modalidade deportiva na que Galiza conta cunha selección nacional recoñecida internacionalmente continuaba parada... até agora.", "text": "A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) vén de informar do inminente regreso da competición oficial, tanto na súa modalidade masculina -no día de mañá- como na feminina, unha volta que vai ser \"nun formato un pouquiño diferente\", segundo explican a Nós Diario desde organismo regulador deste deporte. O maior cambio con respecto a anos anteriores será o uso obrigatorio da máscara. \"Estamos adestrando con ela, e imos usala tamén para xogar porque non temos outra opción, pois os nosos clubs non contan cos fondos necesarios para facer os tests que se realizan no fútbol e non podemos agardar máis para volver xogar\", sinala Miguel Otero, presidente do Keltoi de Vigo, quen engade que \"non organizar unha competición este ano podería ser a nosa tumba\". O Keltoi será, precisamente, un dos seis equipos que conforman o novo formato de competición masculina de fútbol gaélico que se estreará no día de mañá e que estará integrada, ademais, por un filial da propia escuadra viguesa -Keltoi Estibadores-, polos coruñeses Fillos de Breogán, Auriense de Ourense, Cambados e Estrela Vermelha de Compostela. Estes conxuntos estarán estruturados en dous grupos de tres equipos cada un, que se enfrontarán nunha fase inicial que dará paso a unhas semifinais previas á gran final. \"Todo coa idea de que a competición non se prolongue demasiado no tempo e evitar así que esta quede sen acabar, como sucedeu o ano pasado, no caso de que nos vexamos inmersos noutra serie de fechamentos a causa dun novo pico de contaxios\", apuntan desde unha Asociación Galega de Fútbol Gaélico que, con todo, se mostra optimista ante o futuro desde deporte na Galiza, \"pois a pesar de toda esta situación estamos a notar que a xente mostra interese e que se anima a probar e coñecer o fútbol gaélico\". O feminino, en formato triangular: as mulleres volven unha semana máis tarde O regreso da competición oficial feminina non será tan inminente como a masculina, mais o domingo, 14 de marzo, as mulleres de Auriense e Estrela disputarán un amigábel que supón o primeiro paso para unha volta que terá lugar unha semana máis tarde, o 20 de marzo. María Victoria Benavides Rodríguez, secretaria da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, indica que as mulleres \"tivemos máis problemas para retomar a actividade que os homes, pois somos menos practicantes\", razón pola que se decidiron a desenvolver \"un sistema completamente novo para evitar que algún dos equipos non contase con suficientes xogadoras no medio da competición\". Xa que logo, nesta primeira fase do seu regreso terá lugar un triangular entre tres conxuntos, \"un formado por xogadoras de Vigo e Gondomar, outro de Ourense e Lalín e o último da Coruña e Compostela\"."}
{"ID": "NOS_17449", "summary": "En só unha década a frota pesqueira galega perdeu máis de mil trescentas unidades. De 5.565 embarcacións censadas en 2004 ás 4.204 de inicios do presente 2014. Unha perda sufrida principalmente no sector de baixura, o máis importante para Galiza.", "text": "En só unha década Galiza perdeu máis do 20% das embarcacións da súa frota pesqueira. Unha 'reestruturación', como a cualifican desde as diferentes administracións, sexa europea, estatal ou autonómica; que se levou por diante uns mil trescentos barcos en 10 anos. En concreto, 1.361, segundo os propios datos oficiais da Xunta dispoñíbeis no rexistro de buques pesqueiros. Así pois, e de media, cada dous ou tres días Galiza tiña unha embarcación pesqueira menos. En 2004 eran 5.565, das cales 4.867 eran do sector de 'artes menores', o tradicional, que faena perto da costa e é o sostíbel ambiental e socialmente. En 2014 hai 4.204 embarcacións. De 'artes menores' ou baixura, 4.017. Tamén nas pesqueirías comunitarias Foi, logo, a baixura a máis damnificada por unha política de despezamentos (desguaces) e axudas á paralización da actividade que supuxo que nesta década desaparecesen 850 embarcacións deste sector. Mais a sangría afecta tamén a aqueles barcos que faenan nas pesqueirías comunitarias (en caladoiros da UE), de maior eslora e porte, loxicamente. En 2004 Galiza tiña unha frota de 144 buques con licenza para faenar nesas zonas. Dez anos despois só fican 87. Unha perda de peso e presenza que deixa un baleiro que axiña é cuberto por frotas doutros estados da Unión Europea. Segundo dados dos servizos estatísticos da Xunta, os sectores extractivo, acuícola e transformador empregan conxuntamente en Galiza a 38.000 persoas (o 52% do emprego total pesqueiro no Estado español e o 10% no conxunto da UE). Un dado: a produción extractiva galega anual supón, en termos de valor, o 15% da Unión Europea, superando así a produción conxunta de Alemaña, Bélxica, Finlandia, Grecia e Suecia."}
{"ID": "PRAZA_10593", "summary": "Máis da metade dos 1.300 millóns de persoas identificadas como pobres, uns 663 millóns, son nenos menores de 18 anos, e aproximadamente un terzo, uns 428 millóns, teñen menos de 10 anos", "text": "Segundo un informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), un total de 1.300 millóns de persoas son \"pobres multidimensionais\". Así estamos. O Índice Global de Pobreza Multidimensional do PNUD (MPI, siglas en inglés) 2019 mostra que nos 101 países estudados - 31 con ingresos baixos, 68 de renda media e dous de alta renda – 1.300 millóns son \"pobres multidimensionais\", no ben entendido de que a pobreza non está definida só en función dos ingresos senón tamén por varios indicadores, como a mala saúde, as malas condicións de traballo e a ameaza de violencia.Segundo o informe, hai enormes disparidades entre países e entre os segmentos máis pobres das sociedades.Máis da metade dos 1.300 millóns de persoas identificadas como pobres, uns 663 millóns, son nenos menores de 18 anos, e aproximadamente un terzo, uns 428 millóns, teñen menos de 10 anos\"A acción contra a pobreza é necesaria en todas as rexións en desenvolvemento\", indica o informe, sinalando que a África subsahariana e a Asia do Sur son as rexións con maior proporción de persoas pobres, preto do 84,5 por cento.Nestas rexións, o nivel de desigualdade descríbese como \"masivo\". Na África subsahariana, varía do 6,3 por cento en Sudáfrica ao 91,9 por cento no sur de Sudán. A disparidade no sur de Asia varía do 0,8 por cento nas Maldivas ao 55,9 por cento en Afganistán.En moitos dos países estudados no informe, observouse que os niveis internos de desigualdade \"esténdense\". En Uganda, por exemplo, a incidencia da pobreza multidimensional nas diferentes provincias varía do 6 por cento en Kampala ao 96,3 por cento en Karamoja.Máis da metade dos 1.300 millóns de persoas identificadas como pobres, uns 663 millóns, son nenos menores de 18 anos, e aproximadamente un terzo, uns 428 millóns, teñen menos de 10 anos.A gran maioría destes nenos, ao redor do 85 por cento, viven no sur de Asia e na África subsahariana e están divididos aproximadamente entre estas dúas rexións. A situación é particularmente grave en Burkina Faso, Etiopía, Níxer, Sur de Sudán e Chad, onde o 90 por cento ou máis dos nenos menores de 10 anos son considerados \"multidimensionais pobres\".A situación é particularmente grave en Burkina Faso, Etiopía, Níxer, Sur de Sudán e Chad, onde o 90 por cento ou máis dos nenos menores de 10 anos son considerados \"multidimensionais pobres\"O informe tamén avaliou os progresos cara ao Obxectivo 1 da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible \"Rematar coa pobreza en todas as súas formas e en todo o mundo\".O informe identificou 10 países, cunha poboación total de preto de 2.000 millóns de persoas, para ilustrar o nivel de redución da pobreza e todos estes países, desde un punto de vista estatístico, avanzaron significativamente no camiño da redución da pobreza. As reducións máis rápidas foron observadas en India, Camboxa e Bangladesh.Non obstante, ningún indicador é suficientemente fiable por si só para identificar as desigualdades e a pobreza multidimensional e estudos como este MPI, o Índice de Desenvolvemento Humano ou o coeficiente de Gini, que é unha medida estatística da dispersión dunha distribución nunha determinada poboación, poden cada un contribuír a proporcionar informacións importantes e distintas susceptibles de argumentar as accións políticas orientadas a reducir eficazmente a pobreza, apunta o informe."}
{"ID": "NOS_30933", "summary": "Perto de 2.000 galegos e galegas poderían verse obrigadas a aboar o importe percibido da Risga durante os meses en que tamén se lles concedeu o Ingreso Mínimo Vital (IMV), por seren prestacións \"incompatíbeis\". Así o advertiu nas últimas datas a Xunta, que delega no Goberno estatal a responsabilidade de \"non prexudicar\" as afectadas.", "text": "O Goberno galego vén de advertir por escrito ás persoas que nos últimos meses percibiron tanto o importe da Renda de Inclusión Social da Galiza (Risga) coma o Ingreso Mínimo Vital (IMV) que, por mor da \"incompatibilidade\" das axudas, poderían ter que devolver nas vindeiras datas os cartos correspondentes á prestación galega. Isto débese a que, ante os atrasos na resolución das peticións do IMV, a Xunta seguiu aboando a Risga a todas as e os beneficiarios \"para que non quedasen sen ningún ingreso\", mais o Estado está a desembolsar agora de forma retroactiva todas as mensualidades desde que a persoa formulou a petición até que esta foi resolta. De se confirmar, esta medida afectaría perto de 2.000 galegos e galegas, que nalgúns casos poderían chegar a contraer débedas superiores aos 3.000 euros coa Administración. A Xunta culpa o Estado Desde a Consellaría de Política Social sinalan a este xornal que a decisión aínda non é firme. Porén, descargan a responsabilidade no Executivo estatal e piden que estabeleza \"un mecanismo de compensación para evitar que estas persoas se vexan prexudicadas\" a causa dos meses nos que compatibilizaron ambas as prestacións. Aliás, demandan ao Estado as competencias do IMV para \"mellorar a xestión\" e \"evitar solapamentos con outras axudas\", e xustifican esta exixencia aludindo á \"experiencia\" previa da Administración galega na tramitación da Risga. \"Ante a falta de alternativas propostas até o momento polo Ministerio para resolver o asunto, a Xunta trata de facilitar o máximo posíbel a devolución, dando 30 meses para iso e permitindo ás persoas con menores a cargo condonar unha parte da débeda até un máximo de 3.400 euros\", din. Pola súa banda, fontes do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións consultadas por Nós Diario matizan que o regulamento do IMV \"non o fai incompatíbel\" coa percepción doutras axudas. Si acontece coa normativa da Risga, polo que o Parlamento tería que impulsar unha modificación lexislativa para permitir a compatibilidade, unha cuestión que veñen demandando as forzas da oposición. \"O País Valencià xa deu ese paso\", apunta o Ministerio. \"Paralelamente a estas xestións, a Xunta está traballando na modificación da Lei de Inclusión para adecuar a Risga ao novo escenario derivado da creación do IMV. Con todo, debido ás continuas modificacións da prestación estatal, esta modificación estase ralentizando\", afirmaron desde a Consellaría. Decisión \"irresponsábel\" \"Falamos de familias vulnerábeis, que precisamente por iso cobraban a Risga. Se a Xunta xa era coñecedora da situación o ano pasado, por que non advertiu que as persoas beneficiarias de ambas as prestacións terían que devolver as mensualidades da Risga?\", cuestiona, en conversa con Nós Diario, Sonia González, directiva do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais da Galiza (Ceesg), que pediu por escrito á conselleira, Fabiola García, que recúe e, como recolle a Lei galega de inserción social, condone a débeda por ser esta incompatibilidade unha \"causa non imputábel\" á persoa beneficiaria, \"dado que a Xunta sabe que persoas reciben o IMV\". González apunta, así mesmo, a \"falta de criterio\" desta decisión: \"A algunhas persoas dixéronlles que terían que devolver o importe nun prazo de 30 meses; a outras, en cambio, faláronlles de facelo mes a mes. Semella unha incongruencia total, non tería sentido que quen máis sufriron pola pandemia se visen abocadas a esta situación\", lamenta. Aliás, salienta que o IMV é \"unha renda básica para partir dunha mínima dignidade\", polo que en moitas ocasións \"debería poder compatibilizarse con outras axudas\". Tamén Carla Leiras, portavoz do colectivo Os Ninguéns de Vigo, alerta da \"irresponsabilidade\" que suporía esta medida de se confirmar finalmente: \"Estaría a discriminar unhas persoas que padecen a mesma situación que hai oito meses, e que en moitos casos xa destinaron eses ingresos ao pagamento de débedas ou o alugueiro. Nós levamos tempo pedindo á Xunta que modifique a lei para posibilitar que ambas as prestacións fosen compatíbeis\"."}
{"ID": "NOS_51930", "summary": "O Consello de Administración de Galaxia, que aínda non rematou a estas horas, vén de aceptar a renuncia do até o momento director de Galaxia, Víctor Freixanes, e de nomear -por unanimidade- o seu substituto.", "text": "O novo responsable executivo da editorial será o escritor Francisco Castro, que ocupaba o posto de director de Comunicación da empresa. Castro (Vigo, 1966) é un dos máis prolíficos narradores da literatura galega actual, tanto para adultos como en novela infantil e xuvenil, alén de coleccionista de premios: Lueiro Rey, Blanco Amor ou García Barros, entre moitos outros. Esta tarde o Consello de Administración de Galaxia aceptou a renuncia como director de Víctor Freixanes, tal e como anunciou onte Sermos Galiza, por mor da súa xubilación e para dar paso a un relevo xeracional na empresa, aínda que xa hai tempo que non levaba a xestión do día a día da editorial. Iso si, seguirá ligado á empresa tanto na súa condición de conselleiro como na presidencia da Fundación Otero Pedro e na dirección da revista Grial. Nos último anos, en plena crise, Freixanes liderou a internacionalización de Galaxia, creando un selo de literatura galega en español, Mar Maior. Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) iniciou a súa carreira profesional no xornalismo, sendo pioneiro en introducir o galego en Radio Popular de Vigo. Logo foi director de Xerais entre 1989 e 1993, sendo fichado a continuación por Alianza Editorial, onde permaneceu de 1994 a 1998. Volveu a Galiza como profesor de Xornalismo da USC e en 2002, logo do pasamento de Carlos Casares, asumiu a dirección de Galaxia. Nos último anos, en plena crise, Freixanes liderou a internacionalización de Galaxia, creando un selo de literatura galega en español, Mar Maior. Paralelamente, levou adiante unha destacada carreira como narrador, que iniciou máis próximo ao xornalismo con 'Unha ducia de galegos' (1976) e 'Memoria dun fuxido' (1980). O seu paso á literatura prodúcese ao gañar o Modesto R. Figueiredo en 1978 con 'A caza de cascudas'. Logo viría 'O triángulo inscrito na circunferencia' (1982), co que acadou o premio Blanco Amor, e posteriormente publicaría 'O enxoval da noiva (1988), 'A cidade dos césares' (1993) e 'Cabalo de Ouros' (2010)."}
{"ID": "NOS_40567", "summary": "A ministra Nadia Calviño adiantou o dato durante o acto de clausura da xornada 'Fondos europeos de recuperación: os principais proxectos, ao detalle'.", "text": "A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, avanzou esta cuarta feira que o Indice de Prezos de Consumo (IPC) de abril, que se dará a coñecer na sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), descendeu unha décima até situarse en 8,3%. O pasado mes de marzo, o dato do IPC situárase en 9,8%, polo que tivo lugar unha baixada de 1,5 puntos porcentuais. O IPC, disparado: bate todas as marcas dos últimos anos e sobe até 10,5% na Galiza Calviño afirmou que o dato de 8,3% segue a ser \"inaceptábel\", e asegurou que o Goberno fará \"todo o posíbel\" para que a inflación alcance os niveis previstos polo Banco de España e o Banco Central Europeo, próximos a 2% o vindeiro ano. A ministra adiantou o dato durante o acto de clausura da xornada 'Fondos europeos de recuperación: os principais proxectos, ao detalle'. Marco normativo de \"atracción de investimento\" Calviño tamén manifestou que o Estado español desenvolverá este ano un marco normativo que o colocará \"entre os países máis modernos e cunha maior capacidade de atracción de investimento e talento\". A titular de Asuntos Económicos desagregou brevemente o catálogo de reformas que o Goberno pretende culminar nos vindeiros meses. A Galiza, á cabeza na suba da inflación Entre elas, están a Lei de Telecomunicacións, a de Audiovisual, a de creación e crecemento empresarial, a de 'startups' ou a reforma concursal. \"Con iso teremos este ano en 2022 a velocidade de cruceiro\", concluíu a vicepresidenta primeira do Executivo de Pedro Sánchez."}
{"ID": "NOS_19601", "summary": "As cifras da Xunta non coinciden coas valoracións que chegan desde o concello. Segundo a versión oficial queimaron 465 hectáreas e desde Manzaneda fálase de 1.000. Extinguido tamén o lumes rexistrados no Saviñao (95 ha).", "text": "O goberno galego informou que o lume que se iniciou onte sábado ás 12:48 horas na parroquia de Cesuris, en Manzaneda, quedou controlado ao longo desta mesma maña de domingo. A situación meteorolóxica botou unha man nunhas tarefas de extinción que se realizaron, segundo comentou á prensa o propio alcalde deste municipio ourensán, \"sen medios\". Tamén é contraditoria a versión oficial que fala de \"estimacións provisionais\" e cifra en 465 hectáreas a superficie afectada cando en Manzaneda falan de que chegarían ás 1.000 hectáreas. Tampouco coincide a versión da Xunta no valor ecolóxico da zona queimada posto que segundo a versión oficial na súa meirande parte era monte raso e desde o concello informan de que se perderon especies autóctonas da zona. No mesmo informe considera controlado outro incendio na parroquia de Sobreda, concello do Saviñao. Segundo as estimacións provisionais do goberno galego a superficie afectada sitúase nas 85 hectáreas, das cales aproximadamente 55 corresponden a monte raso e as 30 restantes a arborado. No control deste lume traballaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 21 brigadas, 7 motobombas, 2 palas, 4 helicópteros e 6 avións."}
{"ID": "NOS_52134", "summary": "O saxofonista estadounidense Charlie Parker, 'Bird', supuxo un antes e un despois no mundo do jazz. O seu legado aínda perdura e forma parte da formación de numerosos músicos e músicas na actualidade. O 30 de agosto en Lugo, coincidindo co que tería sido o centésimo aniversario de Parker, máis dun cento de jazzistas da Galiza xuntaranse para tocar a súa música durante cinco horas como tributo.", "text": "\"Charlie Parker revolucionouno todo\", asegura desde o outro lado do teléfono o saxofonista Pablo Castaño, quen escoitou por primeira vez a un dos pais do bebop cando contaba doce anos. Castaño é un dos integrantes do proxecto Bird Lives, un tributo que el e os seus compañeiros querían ofrecer a Parker no día no que tería celebrado o seu centésimo aniversario, o vindeiro 29 de agosto. \"Eu toco jazz por causa del\", admite. 'Bird', paxaro, é o alcume que recibiu Parker pola súa maneira de facer soar o saxofón. \"Naceu nos anos vinte, cando estaba de moda o swing e os improvisadores partían dunha linguaxe bastante básica en canto a harmonía e patróns rítmicos\", di Castaño. Na súa curta carreira, pois faleceu aos 34 anos de idade, Parker rachou con todo e deu luz ao bebop. \"Era rápido, con contrapuntos, moi vivo\", engade Alberto Grandío, dono da sala de música Clavicémbalo en Lugo. Parker era rápido, con contrapuntos, moi vivo, explica Alberto Grandío Grandío rexenta o local onde Castaño e os seus compañeiros ían tocar o 29 de agosto, a data do que nacemento Parker. A formación conta con outros dous Pablos, Sax e Añón, ademais de Castaño no saxofón alto; Alejandro Vargas no piano, Yudit Almeida no contrabaixo e Ana Sanabria na batería. Estreáronse no Feito a Man, en Compostela, mais a Covid impide que repitan en Lugo polo fechamento da sala. Porén, si participarán noutra homenaxe, iniciativa de Alberto. Cinco horas de jam \"Xa no mes de febreiro pensei nun concerto no 'Clavi' que coincidise co aniversario de Parker, mais despois ampliei a idea a que todos os músicos galegos que se atrevan a tocar a súa música, que hai moitos, participasen nun tributo\", di Grandío. Esta 'Festa do jazz galego' servirá ademais como antesala do Festival de jazz de Lugo, que este ano suma tres décadas e que organiza tamén Alberto. Toda a esta xente procedente de culturas diferentes que se xunta para tocalo, vai ser unha marabilla, acrecenta Grandío Unha listaxe de músicos e músicas da Galiza recibiron o convite para tocar a 'Bird'. O resultado serán cinco horas seguidas de melodías legadas por Parker que encherán a praza de Santa María o día 30 a partir das 13 horas. \"Veñen músicos galegos e outros que viven na Galiza, mexicanos, arxentinos, portorriqueños, asturianos, a mestura de toda a esta xente procedente de culturas diferentes que se xunta para tocalo, vai ser unha marabilla\", avanza Grandío a Nós Diario. Castaño será un dos profesionais participantes. \"Tocalo non é doado, pero é parte da formación de todos nós. Quen estudou esta música escoitouno, imitou os seus solos, medrou con el, hai temas que eu nin tan sequera teño que estudar, lévoos na memoria\", declara. El mesmo puido gozar nos Estados Unidos das ensinanzas de profesionais que tocaran canda 'Bird'. Quen estudou jazz escoitouno, imitou os seus solos, medrou con el, afirma Pablo Castaño Para tocar jazz tes que pasar por el, xunto con Thelonious Monk e Dizzy Gillespie deixou un legado que aínda perdura\", acrecenta o guitarrista Marcos Pin, outro dos intérpretes que pasarán pola praza de Santa María e que tamén participa do proxecto Bird Lives. Pin, xunto con outros compañeiros de profesión, axudou a Alberto Grandío a recrutar os compañeiros e compañeiras que quixesen rememorar Parker, o que non lle resultou nada traballoso. \"Quen non se achega o domingo é porque realmente non pode, a resposta foi masiva\", asegura. Quen non se achega o domingo é porque realmente non pode, a resposta foi masiva, asegura Marcos Pin Mentres a música de Parker resoa en Lugo, un ramo de flores será depositado na tumba de Charlie Parker en Kansas, cidade natal do saxofonista. \"É unha lembranza de parte de todos os músicos e músicas galegas que se van xuntar para gozar das súas melodías\", di Grandío. Como amante do jazz, especialmente do bebop, o dono da sala Clavicémbalo suma anos de escoitar a 'Bird'. \"Eu fun profesor durante toda a miña vida laboral, tiven que impartir música aínda que non me tocaba e un día decidín poñerlle jazz ao alumnado. Para a miña sorpresa, o que máis lles gustou foi Charlie Parker, eu flipei!\", conta. Grandío lamenta que a emerxencia sanitaria limite a afluencia do público o vindeiro domingo. \"Eu pídolle á xente que teña paciencia, porque seguramente as horas abonden para que quen queira escoite un anaco\", apunta, asegurando que de terse celebrado o evento na vella normalidade \"a praza tería quedado escasa para tanto ouvinte\". Músculo xeracional Que tantos músicos e músicas se acheguen o 30 de agosto a tocar a Lugo é para a organización e os participantes un síntoma da boa saúde do jazz na Galiza. \"Nos comezos estaba Clunia, con Nani García e outros, e pouco máis, agora hai rapaces e rapazas novos que chegan como feras\", asegura Alberto Grandío, quen acolleu na Clavicémbalo moitos deles. A escena do jazz foi medrando moito cos anos, valora Castaño \"A escena foi medrando moito cos anos, nos 70 era unha cuestión residual, logo houbo quen marchou formarse fóra, a Holanda e os Estados Unidos. Algúns quedaron, pero moitos decidimos volver. Hai festivais e encontros como o de Lugo ou Pontevedra, centros de ensino e novas xeracións con moita calidade\", remacha Pablo Castaño."}
{"ID": "NOS_13523", "summary": "As do sur do país caen co Bera Bera por 26-33", "text": "Dúas brasileiras, dúas Fernandes. Elas foron a lanza e o escudo do Bera Bera na Sangriña para inflixir ao Mecalia Atlético Guardés a súa primeira derrota ligueira en casa da tempada. Mariane en ataque, con oito goles, e Alice na portería, con 12 paradas, foron un auténtico pesadelo para as xogadoras locais, que pagaron os seus malos comezos de ambos os tempos, lastres insuperábeis contra un líder da Liga Guerreiras que aproveitou os minutos finais para distanciarse definitivamente no electrónico. Con todo, os problemas comezaron xa tras o asubío inicial, pois en apenas dous minutos as xogadoras dirixidas por José Ignacio Prades concederan tres goles, un escenario que aumentou a dificultade da xa de por si complicada empresa de superar un dos mellores equipos do mundo. Isto obrigou o técnico local a realizar numerosos axustes, e a partir de que a defensa 6:0 comezase a carburar o Bera Bera pasou a ceder perdas e faltas en ataque que permitiron que o Guardés se achegase. En parte tamén grazas a unha inspirada Míriam Sempere, que relevou Carratú mediado o primeiro acto para achegar varias paradas de mérito. Pero, como se fose imposíbel alcanzar o empate, cada vez que lles estaban a piques de igualar o marcador, as guipuscoanas dalgún modo conseguían distanciarse de novo. Até por dúas veces chegou a estar o Atlético Guardés a un só tanto, a última nos compases finais dun primeiro parcial que rematou 14-16. No segundo tempo, a irrupción do cansazo comezou a pasar factura á escuadra galega, algo que aproveitou o Super Amara Bera Bera, quen cheirou sangue e sen piedade aproveitou a oportunidade de fechar o partido e quedar cos dous puntos da man de Mariane Fernandes."}
{"ID": "PRAZA_2820", "summary": "O pasado sábado centos de nenos, nenas, nais e pais participaron en Malpica nunha cadea humana organizada pola Confederación Anpas Galegas reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria, e na que participaron Nieves Villar o seu fillo Hadrián", "text": "O pasado sábado centos de nenos, nenas, nais e pais participaron en Malpica nunha cadea humana organizada pola Confederación Anpas Galegas reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria. Na mobilización participaron Nieves Villar o seu fillo Hadrián, que veñen personalizando no seu caso esta reivindicación e esta problemática, que afecta a moitos outros rapaces e rapazas en Galicia. En outubro a situación de Hadrián Antelo saltou ás portadas do medios, un rapaz de once anos que sofre leucemia e para o que a súa familia reclamaba unha mellor atención educativa, entendendo que o ensino debe ser garantido en condicións de igualdade pola Administración. A loita de Hadrián e a súa familia fixo que semanas despois a Xunta reaccionase, activando a Consellería Educación o Protocolo de Atención Educativa Domiciliaria, que permitirá impartir aulas nas súas casas aos alumnos que falten máis dun mes ao colexio por unha longa enfermidade. Unha medida positiva pero que a familia de Hadrián e outras xulgaron insuficiente. Este sábado en Malpica demandouse que a Consellaría convoque \"unha mesa na que estean presentes familias, profesionais da educación que agora mesmo están atendendo a estas nenas e nenos, profesionais da saúde, profesionais da educación que forman aos profesionais que atenden a estas nenas e nenos, técnicos da administración educativa e a todos aqueles sectores da sociedade que sexan necesarios, para que entre todas e todos elaboremos unha normativa acorde á realidade e as necesidades das nosas fillas e fillos\". Unha normativa que \"garanta dereitos concretos e procedementos claros\". Lembrouse, así mesmo, a loita desenvolvida durante os anos 2001 e 2002 na cidade de Vigo e a súa comarca \"por familias cuxas fillas e fillos estaban a padecer o abandono educativo que hoxe denunciamos\", unha mobilización que logrou que a administración educativa galega \"recoñecera o dereito a atención educativa hospitalaria e domiciliaria de todas as alumnas e alumnos que non podían asistir ás aulas por mor dunha longa enfermidade ou dunha lesión\". O manifesto final criticou o \"protocolo para a atención educativa domiciliaria\" aprobado pola Consellaría, \"un documento que dedica cinco páxinas a tratar a atención domiciliaria, esquecéndose completamente da hospitalaria e que non achega absolutamente nada ao que agora temos que é: nenas e nenos que dependen educativamente do esforzo individual e voluntarista de profesionais sen medios, sen recursos, sen apoios e sen contacto entre eles\". E esixiu que a Xunta \"blinde este dereito fundamental, ampliando a regulación e establecendo dereitos concretos e procedementos obrigatorios para as distintas administracións\". No texto tamén se fixo un recoñecemento destacado á loita de Hadrián e a súa familia, sobre todo a súa nai Nieves, \"polo seu enorme esforzo e polo exemplo de solidariedade na procura deste obxectivo común\". \"Grazas pola vosa disposición incondicional a encabezar esta loita que é de todas e de todos\", salientouse."}
{"ID": "PRAZA_15931", "summary": "\"Pero alma cándida, seica non che chegou? Marcha para Verín dunha santa vez, con cigarro ou sen cigarro, pero foxe ... mira que che gusta xogar a perder!\"", "text": "Saín de Vilanova dándolle voltas ao meu discurso para a XV Asemblea da Refundación do Nacionalismo (II d.A., segunda despois de Amio); e hora e media despois, nos arredores de Ourense, xa tiña os puntos sobre os is da argumentación toda e os parágrafos esparexidos buscando acomodo pola cabeza adiante. Así que decidín parar na estación de servizo da Merca, para baixarlle un café con melindradas e acougar os miolos. \"Xa logo en Verín, co foleco quente, baleiro a cabeza no papel nun santiamén\", pensei contento e confiado. Por riba, cando entrei no aparcadoiro, vin que non había mais coches. \"Recoiro! Isto pinta ben, toda a barra para min só\". Por que será que canta menos clientela hai nun local mais tempo tardan en mirarte? É un misterio e aínda non dei coa explicación científica, se é que a ten. Se cadra é unha variedade do \"ollo nugallán\", que cantas menos cousas ten que mirar menos se esforza en mirar. Vai ti saber. Aproveitei o tempo morto para botarlle un ollo á lacena acristalada onde gardan as larpeiradas e levei a primeira na fronte: só un bocata anano de chourizo e un sándwich de tres pisos, pero nin o cheiro de cruasáns, cos que viña soñando dende que saíra da casa. \"Acouga, meu, que se a moza che quenta ben o café vai tirar do cigarro e podemos salvar o día\". Zás! Segunda pescozada: cando lle pedín o café con leite, a moza díxome que ía ter que esperar un chisco, que a máquina aínda non se quentara de todo. \"Acouga, meu...\" E vaste matar? Non vas fuxindo da policía nin tes en Verín a Teresa Lisbon en camisón rabelo e satinado agardando por ti, logo que présa tes? Nesas que esperaba arrimado ao mostrador, vin de esguello como un autobús chegaba ao aparcadoiro e uns segundos despois, vin baixar del unha recua interminable de vellos e vellas. Outra vaca no millo! Entraron en tropel cun barullo de voces que encheu o local antes no mais absoluto silencio. Mortos de sede e con gañas leria, pedían a berros as cervexas, berrábanlle piropos á taberneira, berraban uns cos outros por pagar as contas, e entre berros fóronme arrecantando no mostrador ata que xa case me faltaba o aire de respirar. Desesperado e asustado, eu só rezaba que cando menos o meu café viñera quente. Zás! Pois non, que se algo vai mal aínda pode virar a peor. Xa cando mo traía a taberneira vin que non fumegaba por ningures e confirmeino decontado no primeiro grolo: morno, non pasaba de morno. Tan morno que o baixei todo no seguinte grolo, e facendo forza cos cóbados, conseguín desentalarme do mostrador e marchei escopeteado de alí. Pero antes de botar porta fóra, e co medo a que o cigarro non me sentara ben por riba desta augaxada no estómago, aínda tiven o atrevemento de entrar na tenda de revistas, lembranzas e golechadas, na que remexían enredadas catro vellas e mais un vello. Unha voz interior non me paraba de zoar na cabeza. \"Pero alma cándida, seica non che chegou? Marcha para Verín dunha santa vez, con cigarro ou sen cigarro, pero foxe ... mira que che gusta xogar a perder!\" Por suposto, non lle fixen caso e púxenme na procura dalgunha vianda que tirara do cigarro; dubidei entre un paquete de donuts e unha bolsa de patacas fritidas (gústanme as dúas cousas), pero decidinme por unha bolsa de rosquillas de Chantada (que non me gustan), e non sei por que. Estaba claro, xa perdera o norte e non era dono dos meus actos. Pero a cousa non quedou aí. Cando ía pagar, o vello adiantóuseme e pousou a súa compra riba do mostrador; a moza díxolle a conta e el púxose a sacar billetes en cámara lenta da carteira, e despois moedas dun moedeiro; e non me preguntedes como facía, pero por cada moeda que conseguía poñer no mostrador caíanlle tres ou catro no chan; e cando apañaba algunhas do chan caíanlle outras de non sei onde. Pensei en botarlle unha man, pero vinlle na mirada así como certa desconfianza nas miñas intencións e desistín. Como aquilo non lle vía trazas de acabar algún día, abrín a bolsa das rosquillas e púxenme a roer nelas, mirando absorto o baile do vello cos cartos e tratando de non pensar en mais nada. Unha hora despois da miña parada rápida a tomar un café estaba xa de volta na autoestrada camiño de Verín. Adele díxome Hello pola radio e de seguido púxoseme a contar os seus problemas de comunicación coa outra beira do mar. Xa non dei mais. \"Mira, Adeliña, terás problemas e non cho discuto, pero ... cóntoche eu os meus? Non, pois xa sabes ...\""}
{"ID": "NOS_11186", "summary": "Coa reapertura do paso que une A Limia con Portugal, Galiza gaña un terceiro punto de conexión co territorio luso, dos 27 que funcionan de maneira ordinaria. Entidades como a AECT Río Miño reclaman o levantamento total das restricións de mobilidade, polas repercusións do peche na actividade económica e social.", "text": "Desde onte, Galiza e Portugal gañan unha conexión para a mobilidade transfronteiriza, coa reapertura do paso de Calvos de Randín (na Limia) e Tourém (Montalegre), aínda que unicamente dúas veces por semana, na segunda e quinta feiras, e cun horario taxado: de 6 a 8 horas e de 17 a 19 horas. É o terceiro punto que se activa, xunto co de Tui-Valença e o de Chaves-Verín, que funcionan a diario, mais segue a representar unha mínima parte dos 27 pasos que conectan ambos os dous territorios, moi ligados económica e socialmente. Esa forte vinculación, e o impacto que o feche da fronteira –derivado da crise sanitaria da COVID-19– está a ter na súa actividade laboral, é un dos argumentos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño para reclamar a apertura \"urxente\" de todos os pasos para facilitar a mobilidade co país veciño, así como a activación de instrumentos de compensación económica polas perdas producidas no territorio raiano. O director desta entidade, o deputado Uxío Benítez, mantivo onte un encontro virtual cos presidentes da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, da Confederación Empresarial do Alto Minho, Luis Ceia, e da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, xunto co profesor Martínez Cobas, autor do estudo de impacto económico encargado polo AECT á Universidade de Vigo, para seguir sumando apoios á reivindicación pola reapertura dos pasos fronteirizos. Co mesmo obxectivo, o director da AECT Río Miño mantivo tamén un encontro cos alcaldes e alcaldesas da fronteira do Miño, para perfilar accións de protesta conxunta e inminente \"despois de que o ultimátum para a apertura de máis pasos fronteirizos con Portugal non fose atendido por ningunha das Administracións competentes\", que xa se empezan a concretar coa colocación de pancartas."}
{"ID": "NOS_45778", "summary": "O parque da Milagrosa, en Lugo, converteuse no epicentro da actividade da plataforma de crítica literaria A Sega para homenaxear Marica Campo (O Incio, 1948) no V Día das Galegas nas Letras. Un acto lúdico e reivindicativo do papel da muller na literatura.", "text": "Pasadas as 12 horas, o parque da Milagrosa, en Lugo, acollía perto dun cento de mulleres que, convocadas por A Sega, celebraban o 15 de agosto como \"Día da Nosa Señora (das letras Galegas)\". Encetábano cun divertido roteiro imaxinario pola obra da quinta muller recoñecida co Día das Galegas nas Letras, Marica Campo. Susana Sánchez Aríns foi a condutora dunha actividade na que o maxín cumpriu un papel principal. A integrante da Sega ía contando anécdotas da vida de Marica Campo acompañada das lecturas do público, que tiraba de fragmentos da obra da homenaxeada. Andrea Barreira, unha das organizadoras da xornada, sinala, en declaracións a Sermos Galiza que as persoas participantes \"ían lendo pasaxes de libros relacionados co momento vital de Marica Campo que narraba Susana Sánchez Aríns\". \"Foi todo imaxinario, percorremos o parque buscando semellanzas co que contaba Susana\", acrecenta. O manifesto Un dos momentos máis emotivos da xornada chegou coa lectura do manifesto, \"centrámolo en explicar que Marica Campo, como autora, abriu o camiño ás que vimos detrás\", explica Andrea Barreira. \"Marica vai removendo a terra para que poidamos medrar como autoras. Precisamente, por ser ela unha escritora que tira polas demais, pode ficar na profundidade da terra e non se recoñece o seu traballo tanto como se debería recoñecer\", engade. \"Hai autoras que son coma os ollos das patacas, como patacas con ollos, que dende a súa leira e o seu campo van tirando das que estaban aí, das que están ao lado. Sen preguntar de onde es ou que tipo de pataca serás no futuro, abren os seus ollos para abriren ollos en ti\", salienta o manifesto Os ollos das patacas. \"Nosoutras, que somos segadoras, agardamos as patacas. Queremos ser patacas con ollos. Que fillen tantas outras cálidas, profundas e combativas coma ela. Coma a Nosa Señora das Letras Marica Campo\", conclúe. Agradecemento A resposta de Marica Campo ás palabras que falaban de abrir camiños ás escritoras máis novas foi o agradecemento, \"agradeceu todas as homenaxes que se lle están facendo en recoñecemento da súa obra, sobre todo as que son desinteresadas\". \"Tamén deu as grazas pola presenza de todas as que participamos, entre elas, a súa familia, que no día de hoxe sempre celebraba a onomástica da súa nai\", afirma Andrea Barreira, que destaca o labor de Marica Campo na defensa e impulso da lingua e da cultura galega e da igualdade. O groso da celebración chegou após o xantar, con contos a cargo de Vero Ríos; música de Raiceira, Xaora, Paloma Suances e Mercedes Peón; lectura de fragmentos da obra da homenaxeada por Ana Torres, Tereixa Campo e Belén López; o obradoiro Traer a lenda ao presente, da man de Andrea Barreira, e a lectura dramatizada de O Premexente non pode cos paxaros rebezos, coordinada por Lorena Conde. Quinta homenaxeada É o quinto ano que A Sega celebra o V Día das Galegas nas Letras coa finalidade de celebrar a figura dunha muller que contribuíse de maneira sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. A primeira edición foi homenaxeada Dorothé Schubarth; na segunda, María Victoria Moreno; na terceira, María Xosé Queizán (que estivo presente nas actividades de hoxe) e na cuarta, Patricia Janeiro. Con motivo da elección de Marica Campo como quinta homenaxeada pola plataforma A Sega, o semanario Sermos Galiza publicou unha extensa entrevista no número 306, á venda na loxa."}
{"ID": "NOS_31664", "summary": "A pasteira quer instalar aí un centro de investigación. A Deputación négase a avalar o proxecto e sostén que apoiaría o centro se fose da Xunta.", "text": "O vicepresidente do goberno, Alfonso Rueda, desprazouse Pontevedra acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para interceder ante a Deputación de Pontevedra a favor de Ence. Rueda trasladou a Carmela Silva e César Mosquera, presidenta e vicepresidente da entidade provincial, a proposta da pasteira de investir 10 millóns de euros no Pazo de Lourizán, que en 1943 foi cedido a estado e desde 1999 na Xunta. O proxecto, sinalou Rueda, supón o investimento de 10 millóns de euros, 5 millóns para rehabilitación e outros 5 para instalar un centro de investigación forestal. Desde a Deputación amosaron o seu apoio a un centro de investigación nas instalacións, mais sempre que este fose da Xunta e non de Ence. \"Colaboraremos coa Xunta nun futuro centro de I+D mais non avalaremos o proxecto de Ence para Lourizán\", manifestaron desde a Deputación. A entidade lembrou que no convenio para Lourizán, no que están Xunta e Deputación, figura entre as obrigas da Conselleria de Medio Ambiente \"desenvolver na leira un proxecto ambiental que inclúa a investigación da xestión sustentábel do monte\" e tamén \"efectuar obras de conservación necesarias na zona nobre\". Silva incidiu en que estarían encantados de \"colaborar ao cen por cen\" con ese proxecto ambiental que establece o convenio, \"mais coa Xunta, non con Ence\". César Mosquera, pola súa banda, dixo que a proposta que trouxo Rueda era \"é unha especie de patrocinio, a cambio de deixarlle poñer a publicidade na camiseta\" e considera que Ence o que realmente procura é lograr que se consolide a súa concesión. Perto dun cento de persoas tomaron parte nunha concentración na que se rexeitaba a proposta de Ence para o Pazo de Lourizán e na que tomaron parte, entre outros Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra e Adega."}
{"ID": "PRAZA_19869", "summary": "Contraproducións vén de presentar en Santiago O tolleito de Inishmann.", "text": "Un mozo tolleito que loita, nunha sociedade pechada, nunha illa de Irlanda nos anos 30, por cumprir os seus soños. Aínda que sexa fuxindo. Diso vai O tolleito de Inishmann, a última montaxe de Contraproducións, que vén de pasar polo Teatro Principal de Santiago. Cándido Pazó dirixe esta obra, con texto de Martin McDonagh, interpretada por Evaristo Calvo, Ana Santos, Pepo Suevos, Melania Cruz, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans. Unha historia de seres que viven as súas vidas como mellor saben e poden. Cadaquén, coas súas limitacións e as súas estratexias para superalas. Ao ver a obra enténdense os premios María Casares… Como foi o traballo cos actores? O traballo comeza no momento en que fas o reparto, ao escoller, dentro dun catálogo de actores e actrices amplo, os máis axeitados para os personaxes. Para iso, sempre tes un ou dous candidatos ou candidatas que che parecen os mellores para o papel. Despois, trátase de levar a potencialidade, o talento e as posibilidades do actor ou actriz cara onde imos conducir o traballo. \"Paréceme unha aberración que se apliquen eses procesos á contratación de actores e actrices para as producións do CDG\" O primeiro, así é o reparto, que é un dos máis importantes traballos dun director ou directora. E dígoo polo que está a pasar no CDG, con procesos moi mediatizados pola burocracia, pensados para a contratación laboral de persoal da administración. Paréceme unha aberración que se apliquen eses procesos á contratación de actores e actrices para as producións do CDG. Eu mesmo traballei para o CDG en Xardín suspenso, e entón buscábase outro sistema. Eu entendo que hai que cumprir a lei, mais cando a lei non é a axeitada, hai que cambiala. Reivindico que, con castings ou sen eles, con probas restrinxidas ou xerais, como sexa, o director ou directora ten que ser soberano na escolla de actores e actrices. O traballo de Santi Romay parece bastante esixente desde o punto de vista físico. Foi Santi quen propuxo facer o texto de Martin McDonagh. Eu estudei francés, o meu inglés é menos que parco, polo que as miñas lecturas de autores anglosaxóns son limitadas. El quería facer este texto e este personaxe. Eu dicíalle que o personaxe do irmán, Bartley McCormick, -o que interpreta Marcos Pereiro-, era moi simpático e podíalle gustar facelo, pero el tiña claro que quería facer o tolleito. E así foi. A miña proposta despois foi que utilizase unha muleta, el probou e pareceulle que funcionaba, así que dixo que si. \"Foi Santi quen propuxo facer o texto de Martin McDonagh\" Santi tomou moi en serio o traballo, estivo adestrando con Víctor Mosqueira, que ten moita práctica no traballo físico… E, claro, ten que prepararse antes de cada función e estirar despois, para recuperar a musculatura, porque son case dúas horas engruñado. Despois da preestrea na Illa de Arousa, -onde tento facer sempre o que chamo \"proba de mar\"-, Santi estaba paseando pola illa e unha señora achegóuselle e díxolle, \"pero non es tolleito? Porque eu quería rir e procuraba non rir porque me parecía unha falta de respecto…\" Estivo moi ben, porque era unha proba de que as eivas do personaxe foran ben asumidas polo seu corpo… Na obra vese a actitude que a sociedade podía considerar normal manter cara un eivado hai unhas poucas décadas. Integrado, dalgún xeito protexido, pero tamén obxecto de mofas e considerado inferior. Estará no texto mais, como traballaches este aspecto? Eu teño 57 anos e lembro os eivados nas feiras e festas, a maneira na que eran tratados, que podía ser con respecto, pero nunca con consideración. Entendíase que para eles a eiva era un condicionante, unha limitación que tiñan que aceptar. E ás veces na taberna vías situacións un tanto bruscas, cando non brutais, pero non só cos eivados. Falarse mal, insultarse, era unha maneira aceptada de relacionarse nas tabernas, supoño que tamén porque era unha xeración que tivera unha vida dura e que foran eles tamén, de pequenos, obxecto de burla nas tabernas, porque daquela os nenos eran tratados así... \"Lembro os eivados nas feiras e festas, a maneira na que eran tratados, que podía ser con respecto, pero nunca con consideración\" Neste contexto, se eras eivado, pois peor aínda. Ademais, daquela había máis eivados porque, se tiñas un accidente ou unha enfermidade, era moito máis probable que quedases mal porque non había a atención médica que temos agora. Lembro ditos como \"non hai coxo bo\"... E o que pasaba é que, moitas veces, unha persoa eivada para facerse valer tiña que facerse un sitio na sociedade ás bravas. Era unha cuestión de sobrevivencia. Non é o caso do noso personaxe, que non é así, pero iso é o que pasaba. O personaxe de Melania Cruz, -antes María Roja-, non deixa de ser coma do tolleito, doutra maneira. Para defenderse, ela escolle a coiraza de brava. É como se fose eivada por ser muller nova e, polo tanto, obxecto de acoso. Busca protexerse, coma el. Só que el opta por tentar marchar, - e ela tamén, en realidade-. O autor déixao claro. O personaxe de Melania, Helen McCormick, facíao María ata hai pouco, e tampouco tivemos tempo de darlle máis viradas. María é unha moza moi doce, e o personaxe é unha moza que ten que facerse dura para evitar que os curas lle toquen o cu... Para evitar que a traten coma un obxecto. Por iso, tras a súa fraxilidade aparente, ela deixa claro que é unha muller que che pode sacudir se te metes con ela… Non ten outro camiño para facerse valer. É unha illa, con pouca xente… e ela faise o seu oco como pode. El non ten eses recursos porque a súa eiva é física. El o que quere é ser querido e valorado, vivir a súa vida… Ten moito medo de descubrir que os seus pais non o querían. Nese sentido, pode supoñer unha certa contradición o que fai, en relación coas tías que o acolleran... El quere cumprir os seus soños \"a pesar de\". En realidade, todos somos eivados en algo e, malia as nosas eivas, perseguimos os nosos soños. A relación que ten coas súas tías é funcional, utilitaria. Cóidano, e non vive mal: elas teñen unha tenda… Pero el quere facer a súa vida e por iso toma a decisión que toma. Elas din que é un desagradecido, pero tamén é valente, porque sae da súa zona de confort. Decide deixar o niño no que está cómodo… \"Todos somos eivados en algo e, malia as nosas eivas, perseguimos os nosos soños\" É unha obra cómica, cun fondo bastante dramático: unha vida dura, illada, con bastante violencia na relación entre veciños… Quixestes levalo máis á comedia? A comicidade está no texto de McDonagh. El sempre mestura o tráxico e o cómico. Presenta fondos tráxicos, brutais, pero cunha grande dose de comicidade. Eu tamén fago iso nos meus traballos: en A Piragua, por exemplo… O autor é un home de teatro e sabe ben o que fai. Sabe que as tallada duras entran mellor con algo de prebe. \"McDonagh presenta fondos tráxicos, brutais, pero cunha grande dose de comicidade\" Ademais, o público xeral o que quere é pasalo ben, polo que un pouco de prebe, en forma de humor, vén ben. É como o azucre: non é a base da comida, pero dá sabor. Eu o que fago é tentar manter o equilibrio entre o tráxico e o cómico: onde sei que o humor se vai perder, por exemplo, pola tradución, pois tento metelo noutro lado… Aínda así, penso que si, que se cadra a nós nos quedou máis virado cara á comedia. Excéntricas fixera xa Oeste solitario e Un cranio furado, do mesmo autor. Ao público galego pode por iso resultarlle fácil asocialo co humor… De McDonagh tamén fixo IlMaquinario O home almofada, que vai por outro lado. É un teatro realista doutra etapa do autor. O tolleito vai, si, na liña dos textos del máis costumistas, máis sobre as tradicións irlandesas… É interesante tamén o personaxe do xornalista, -que fai Evaristo Calvo-. Unha persoa que busca notoriedade, que non dubida en espiar os veciños… Pode entenderse como un personaxe tipo dun ambiente vilego, -ou de Vigo, mesmo-, que é o erudito local que adopta o papel de cronista da vila, e que busca notoriedade, si. En O tolleito, parece en certo modo un tipo miserable, aínda que despois vas descubrindo que, no fondo, é unha boa persoa. De todos os xeitos, hai algo que pode escapársenos se facemos unha análise só de contido. Se ollamos ás formas, o personaxe é un eixo de carpintería. O eixo temático é Billy Claven, o tolleito, pero o eixo formal é Johnnypateenmike, o xornalista. \"O eixo temático é Billy Claven, o tolleito, pero o eixo formal é Johnnypateenmike, o xornalista\" É quen fai avanzar a acción, si. Si, el é o eixo máis importante no que toca á estrutura. Sobre el pivota a acción. Con este tipo de personaxes, o autor demostra ter moito oficio, moitas táboas. El escribe xa pensando na montaxe. Eu tamén o fago: se non vou estrear, xa non escribo. Non por nada: é que se non vou montar quedaría o texto para máis adiante e acabaría quedando a medias. O autor é un home moi pragmático. \"O autor demostra ter moito oficio, moitas táboas. Escribe xa pensando na montaxe\" No texto orixinal hai un personaxe máis que nós non temos, que é o da nai do xornalista. Aparece cando vai vela o médico, -o Doctor McSharry, que na nosa montaxe é Luís Iglesia-, ou na escena do cine, que eu decidín que fose na tenda das tías. É unha muller de máis de 90 anos, e a verdade é que eu non acababa de atopar a actriz que puidese interpretala. Non quería meter unha actriz de 50 ou 60 anos e falsear a idade con maquillaxe, que iso sempre se nota. Pero houbo outra razón: xa son 8 actores, e con ela serían 9. E oito intérpretes, tal como está a cousa, xa son moitos. É superprodución. Si, e tal como están as cousas, un salario menos nótase moito. Tamén suprimimos un monólogo de Billy que estaba no texto orixinal, porque nos obrigaría a facer unha montaxe máis longa e porque eu creo que súa función, basicamente, é facilitar un cambio de decorado. E iso non é nada raro: xa o facía Shakespeare. Pero, neste caso, non me pareceu necesario que estivese: o que dicía xa estaba dito, xa se entendía. A obra orixinal, sen cortala, duraría dúas horas e media, e penso que podería facerse longa para o público. Son case dúas horas, pero non se fai longa. Para un espectador que non estea afeito a ver teatro pode resultar longa. Pasounos nas Cruces, por exemplo. Uns rapaces duns 18 ou 20 anos dixéronnos que se lles fixera longa. Dúas horas e media xa sería demasiado. A montaxe ten, ademais, música orixinal. De Guillerme Fernández. E foi un achádego, realmente. Eu coñecíao de Berrogüetto, claro, pero nada máis. Sempre traballo con Manuel Riveiro e estou encantado, pero desta volta el tiña moito traballo e éralle imposible. Alguén me dixo que por que non chamar a Guillerme e el aceptou encantado. Eu sei que el está feliz co resultado, pero eu estou aínda máis feliz. \"Eu sei que Guillerme Fernández está feliz co resultado, pero eu estou aínda máis feliz\" E a escenografía? É de Carlos Alonso, con quen traballo sempre, tamén. En Foucellas fíxoa Dani Trillo e quedou moi ben, pero normalmente traballo con Carlos, e con Afonso Castro como iluminador. Penso que se pode recoñecer o estilo… Vin outras montaxes do mesmo texto, e eu o que quería era unha escenografía máis ilustrativa que realista. Por iso, para retratar unha tenda, poñemos un mostrador, e para retratar unha praia, unha barca pequeniña, e non unha barca grande como vin noutros sitios. Basta co simbólico, nese caso -aínda que na nosa montaxe non hai obxectos simbólicos, todo representa o que parece-. Para representar un ambiente de mar, temos un barquiño e unhas botellas. Eu quería iso, unha escenografía realista, cun fondo neutro, que é unha tea de saco. Nun espazo como o Teatro Principal de Santiago poderíase traballar con cámara negra, pero se optas por iso, estás vendido, porque en moitos outros espazos non vas ter cámara negra. Comentabas hai pouco nas redes sociais algo relativo a ir a billeteira ou a caché… Vén a conto do IVE cultural. A cuestión é que, cando se recuperase a normalidade, porque un IVE do 21% non tiña sentido e había que poñelo en harmonía co resto de Europa, o que a min me preocupaba era se esa redución afectaría aos prezos das entradas só ou tamén ao caché. Porque o 90% da actividade escénica que se fai no país -de teatro, danza, música, monicreques... - vai a caché. Imaxina que unha asociación cultural dun concello ten uns cartos para contratar actividades culturais. Se ten 300 euros para cada actividade, e ten que pagar 21% de IVE, o que vai pasar é que vai organizar tres ou catro actividades menos cada ano. \"Nun espectáculo como O tolleito, se houbese que ir só a billeteira habería que cobrar 20, 30 ou 40 euros pola entrada\" Nun espectáculo como O tolleito, con oito actores, dous técnicos, persoal de produción, distribución, dirección… se houbese que ir só a billeteira habería que cobrar 20, 30 ou 40 euros pola entrada. E iso sería normal en Madrid, pero non o é en Galicia. Entón, ou entendemos o teatro como no XIX, como unha actividade para a burguesía, ou adaptámonos á realidade. \"Nin as subvencións nin os cachés pagados con fondos públicos son \"mamandurrias\" Ademais, así poderiamos buscar unha rendibilidade económica, pero non unha rendibilidade social. Nas vilas, nas parroquias…, onde o hábito é pagar cinco euros por entrada ou menos, tamén teñen dereito a ir ao teatro. Ademais, nin as subvencións nin os cachés pagados con fondos públicos son \"mamandurrias\". A subvención é un xeito que o Estado ten de redistribuír a renda entre os cidadáns. E logo hai fórmulas mixtas que serven para que o cidadán poida adquirir determinados bens e servizos a prezos asequibles. Como o Plan Renove, que serve para que poidas mercar un coche máis barato. \"Nas vilas, nas parroquias…, onde o hábito é pagar cinco euros por entrada ou menos, tamén teñen dereito a ir ao teatro\" Por iso, teremos que atopar algunha fórmula, de xeito que conten tamén as decisións dos cidadáns sobre en que queren gastar os seus cartos. Eu penso que no teatro hai que pagar unha entrada sempre, para que ver teatro sexa o resultado dunha decisión, e non simplemente un \"imos ver que hai\". Mesmo dous euros, como se paga nalgún sitio, paréceme moi pouco. Polo menos cinco. \"A cidade demograficamente máis potente, que é Vigo, non o é culturalmente\" Pero o que non podemos é cobrar 30. En cidades coma Vigo, Santiago ou A Coruña, o hábito é pagar uns 10 ou como moito 12 euros. Ademais, a cidade demograficamente máis potente, que é Vigo, non o é culturalmente. En Santiago estamos catro días con O tolleito, pero en Vigo é moi difícil estar máis dun día. A Santiago, por certo, tardou en chegar O tolleito. A estrea fora xa no FIOT, en Carballo. Si, non puidemos ir a Santiago antes. Non había oco na programación, aínda que nós si queriamos vir antes, claro. Ademais, se fose en xaneiro, que era o que pensaramos, María Roja podería estar, e eu sei que a ela lle gustaría moito… Pero María marchou para o CDG, e substituíuna Melania. En Melania foi en quen pensamos ao principio para o reparto, pero ela non podía por unha cuestión de datas. Ao final veu María, que foi un achádego, e nós encantados. Mais cando María decidiu marchar, veu Melania, así que ao final puidemos ter ás dúas. Tamén, como pasou xa tempo, Ricardo de Barreiro marchou, e substituíuno Pepo Suevos, que nos parecía que ía facelo ben, como o fixo. A ver, todas as funcións son importantes…, mais a nós poden apetecernos máis unhas que outras, por motivos afectivos ou polo que sexa. Pero hai que recoñecer que Santiago é especialmente apetecible porque, culturalmente, é o centro… Antes de O tolleito fixeras Foucellas e Demolición... Ou a ópera Brundibár… Agora estamos a traballar na seguinte obra de Contraproducións, Nacidas libres, que parte do caso aquel das tres monxas de clausura do convento das Madres Mercedarias ás que non lles deixaban marchar, que fora rescatalas a policía, e que despois parece que quedou en nada... É unha peza moi brechtiana, cun método de investigación semellante ao que se fixo para As do peixe, e coas mesmas persoas: eu escribo e dirixe Cristina Domínguez, e as actrices son as mesmas: Susana Dans, Mónica García, Rocío González e Casilda Alfaro. Como no caso de As do peixe, elas viñeron onda min xa con moito material, moitas horas de gravación. Elas ensaian nun espazo de traballo que teño na miña casa para iso, eu escribo, ando subindo e baixando… As do peixe causara un impacto moi grande no público. Lembro as reaccións… As do peixe é un espectáculo aínda vivo que, si, está a funcionar moi ben. Hai espectáculos con esa capacidade para producir reaccións emotivas, solidarias… porque son temas inscritos na nosa memoria colectiva. Independentemente do mérito do equipo que fai o espectáculo, que claro que é moi importante, hai obras que tocan a fibra emotiva colectiva. \"Non podes estar sempre perseguindo esa corda da conexión coa memoria colectiva, pero cando está, tes que pulsala\" Iso sucede poucas veces, e cando sucede podes beneficiarte tamén diso. Pasa, por exemplo, con Memorias dun neno labrego, da que levo 170 funcións. E, como lle dixen a Neira Vilas, non a vou descatalogar. É un libro que fala de todos nós, de como somos ou de como fomos no pasado. E non podes estar sempre perseguindo esa corda da conexión coa memoria colectiva, pero cando está, tes que pulsala."}
{"ID": "PRAZA_13224", "summary": "O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller cromagnon, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos.", "text": "O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller prehistórica pertencente a especie Cro-Magnon que, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva. A novela foi editada en galego pola nova editorial Puntogue e pode adquirirse nesta páxina. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos. Descarga aquí os dous primeiros capítulos de O clan do oso das cavernas (.pdf)"}
{"ID": "NOS_41785", "summary": "En Marea, PSdeG e BNG pactaron sumar forzas para que no Parlamento galego se cree unha comisión de investigación sobre a morte dun paciente no PAC da Estrada e as consecuencias dos recortes en Sanidade. Conversamos con Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento e portavoz de Sanidade de En Marea na Cámara galega, sobre este os obxectivos e percorrido deste órgano parlamentar", "text": "-Por que unha comisión de investigación no Parlamento de Galiza sobre a sanidade galega? -A saúde é un aspecto relevante para calquera persoa, por iso calquera cuestión en torno á sanidade é de gran importancia. E a sanidade en Galiza está a ser un dos nichos de negocio e privatización habituais para a industria, favorecidos polo goberno do PP. Ademais, esa privatización e os recortes destes anos leva a un deterioro do sistema público, algo que se fixo notábel e palpábel nesta etapa de goberno do Partido Popular. A morte en agosto dun paciente no PAC da Estrada [sen asistencia médica] é a faísca que prende a necesidade da comisión. A sanidade en Galiza está a ser un dos nichos de negocio e privatización habituais para a industria, favorecidos polo goberno do PP -O falecemento de José Manuel Brea no PAC da Estrada en agosto non vai ser a única cuestión a debate e análise nesta comisión de investigación, xa desde a posición anunciastes que se ían abordar máis temas. -Creo que hai dous bloques moi importantes para tratar aquí. Un, o que ten a ver cos recortes e onde o protagonismo ten que recaer nos profesionais dos diferentes servizos, aí ten que ouvirse a opinión dos representantes sindicais, dos propios traballadores que poidan acudir á comisión para constatar eses efectos dos recortes. Outro bloque sería o relativo ás privatizacións no sistema galego de saúde. Nos últimos anos tivemos aspectos bastante chave, como o que ten a ver co que pasou no Hospital de Vigo, con Medtronic [En Marea acusou a Xunta de permitir que unha multinacional \"dirixa\" as unidades de cardioloxía nos hospitais galegos], coa privatización en campos como a alta tecnoloxía no sistema galego de saúde… Entendemos que teñen que comparecer na comisión os máximos responsábeis desta privatización, desde o propio presidente da Xunta, Núñez Feixóo, até os que iniciaron este proceso, como pode ser Romay Becaría. Non sabemos se o PP vai estar disposto a permitir estas comparecencias mais nós entendemos que son necesarias. Teñen que comparecer na comisión os máximos responsábeis desta privatización, desde o presidente da Xunta, Núñez Feixóo, até os que iniciaron este proceso, como pode ser Romay Becaría -Na presentación da comisión, as tres forzas coincidiades na preocupación porque o PP puidese usar a súa maioría para 'bloquear' ou 'desvirtuar' unha comisión da que é evidente que non gosta -Esa preocupación haina, é evidente. Eles [o PP] xa anunciaron que non estaban polo feito de que esta comisión se alargase. É importante que neste órgano se trate a morte do paciente na Estrada ou o dos falecidos polo atrasamento nos tratamentos da Hepatite C, mais tamén debe servir para facer unha análise que poña cara aos responsábeis de todo o que pasou nestes anos na sanidade galega. O PP non está cómodo nesta situación, é evidente, polo que pode intentar coartar os plans de traballo do órgano, dificultar a comparecencia de determinadas persoas… Supoño que o que van facer é intentar xustificar esa estratexia dicindo que non queren que se eternice a comisión. -A comisión nace da acción conxunta dos tres grupos da oposición, é ese o camiño a seguir para facer fronte ao PP? -En xeral e en materia de sanidade hai un consenso amplo nos tres grupos da oposición. Hai un consenso e nas comisións de Sanidade no Parlamento evidénciase, así como no Pleno cando se tratan estes temas, pois hai apoio das propostas dun grupo polos outros. A situación de deterioro da sanidade pública é tan grave que calquera persoa cun mínimo de sensibilidade para coa sanidade pública sumaría forzas na súa defensa, independentemente dos matices en cuestións concretas."}
{"ID": "NOS_5731", "summary": "Chaman a habilitar vías legais de entrada para as persoas refuxiadas hun manifesto que será remitido ás dióceses de Galiza.", "text": "Asociacións de igrexa de base galegas deron a coñecer a tradicional reflexión que todos os anos fan por volta do 1 de xaneiro (Día da Paz) e que nesta ocasión centran en cuestións como avogar pola derrogación da lei de estranxeiría. O documento será remitido ás dióceses de Galiza. Entidades como Somos Igrexa, Irimia, Mulleres Cristiás Galegas e outras integradas na Coordenadora de Crentes Galegos piden que a actual lei de estranxeiría deixe paso a \"unha nova lexislación que garanta os dereitos das persoas migrantes\". Tamén avogan estes crentes de base pola \"promoción dunha actuación internacional en Siria e noutros países con situación similares nas que se priorizen o benestar e os dereitos das poboacións antes que os intereses político-económico-estrátexicos dos países occidentais\". Algo que ten que ser completado co \"recoñecemento do dereito ao refuxio para todas as persoas que o soliciten, para que así poidan viaxar por vías legais e seguras aos seus países de destino\" No referente á Igrexa Galega e á española, afirman, cada Diócese debe achegar unh listaxe detallada de edificios, persoas e recursos que poden destinarse a estas actuacións."}
{"ID": "PRAZA_8010", "summary": "Despois dun ano, a norma non cumpriu coas expectativas da industria de contidos, aínda que dificultou a tramitación das denuncias. A Comisión de Propiedade Intelectual abriu expedientes contra sitios que xa pasaran previamente polos xulgados civís ou penais", "text": "O 1 de marzo de 2012 empezou a aplicación práctica da chamada Lei Sinde-Wert, a Disposición Final 43ª da Lei de Economía Sustentable. Tras máis dun ano de tramitación, fora rexeitada no Congreso e o texto definitivo aprobouse o 30 de decembro de 2011. Para esa data o novo Goberno do PP xa comezara o seu mandato e o seu impulso á lei fixo que se alcumase popularmente como Sinde-Wert, en referencia aos dous ministros de Cultura que estiveron involucrados no seu desenvolvemento. A pesar da aprobación do regulamento e as ordes ministeriais o 1 de marzo do pasado ano, a Comisión de Propiedade Intelectual non empezou a actuar até xuño, cando abriu os primeiros expedientes. A identidade dos membros deste organismo administrativo, creado para a xestión das denuncias, permaneceu segreda até que hai poucas semanas foi revelada por El Mundo. Entre os primeiros casos estaban os de Cinetube.es e Bajui.com. Ambos os procedementos dirixíronse contra os servizos que tiñan aloxados o contido protexido con dereitos de autor, Letitbit.net e uploaded.to respectivamente. As webs españolas, ao tratarse de páxinas de ligazóns, que non almacenan as obras, foron tratadas como intermediarios. Como conta o avogado David Bravo sobre o caso de Bajui.com a quen el mesmo representa, o proceso que seguía a comisión consistía en resolver que o contido foi subido ao servizo de aloxamento sen que o denunciante o autorizase. Desta forma, esixiríase ao intermediario que o retirase e que evitase que volvese aparecer na web. Tendo en conta que se trata de sitios nos que son os usuarios quen publican as ligazóns, a tarefa non é sinxela. Agora ben, ao administrador de Bajui.com xa lle deron a razón previamente os xulgados civís e penais. Trabas e expedientes arquivados Segundo datos da Secretaría de Estado de Cultura, que recolle El País, unicamente 25 expedientes abertos terminaron en acordo para retirar os contidos. Nestes momentos hai 90 denuncias que se están investigando O expediente aberto contra Bajui.com foi arquivado por silencio administrativo. Pasou o tempo e a Comisión de Propiedade Intelectual non contestou ás alegacións do sitio web, segundo comenta David Bravo. Ao transcorrer o prazo superior aos tres meses que dita a lei para resolver, o procedemento caducou. O caso de Cinetube.es tamén se arquivou por caducidade. \"Practicamente todos os casos acabaron en arquivo\", apunta Carlos Almeida, do Bufet Almeida, avogado defensor do portal e doutros clientes que foron denunciados pola vía administrativa que estableceu a Lei Sinde-Wert. Segundo datos da Secretaría de Estado de Cultura, que recolle El País, unicamente 25 expedientes abertos terminaron en acordo para retirar os contidos. Nestes momentos hai 90 denuncias que se están investigando. Estas cifras extráense do total de 161 denuncias que pasaron pola Comisión de Propiedade Intelectual neste último ano, excluíndo as 200 que presentou o músico Eme Navarro, co fin de demostrar a ineficacia da lexislación. A Lei Sinde-Wert sacou do procedemento aos xuíces, dando poderes a un órgano administrativo, como é a Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual, para resolver nos casos nos que se vulneren os dereitos de autor De feito, José Manuel Tourné, presidente da FAP (Federación para a Protección da Propiedade Intelectual), unha das organizacións que apoiaran unha lexislación como a Lei Sinde-Wert, móstrase decepcionado cos resultados. Que ocorreu para que quen foron defensores da norma agora se mostren descontentos coa súa aplicación? Sinxelamente estase aplicando a lexislación en vigor. A Lei Sinde-Wert sacou do procedemento aos xuíces, dando poderes a un órgano administrativo, como é a Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual, para resolver nos casos nos que se vulneren os dereitos de autor. Tamén converteu en tarefa difícil o proceso para presentar alegacións, mediante burocracia cibernética. En 48 horas, a partir da notificación, o denunciado debe contestar a través dun sistema online engorroso, sen que se lle estea permitido facelo doutro xeito. \"A Comisión Sinde é un monstro xurídico que complicou extraordinariamente a tramitación destes temas\", comenta Carlos Almeida, quen cualifica o proceso informático de horroroso. \"Basta que haxa calquera actualización de Java para que se interrompa\", sinala. En 48 horas, a partir da notificación, o denunciado debe contestar a través dun sistema online engorroso, sen que se lle estea permitido facelo doutro xeito Para aclarar o proceso, a Secretaría de Estado de Cultura publicou un manual de 60 páxinas, mentres que o prazo para presentar alegacións segue sendo de 48 horas. Con todo, cando o órgano administrativo ten que resolver debe aplicar a Lei de Propiedade Intelectual vixente. Tan só nun dos casos que está a levar Bufet Almeida ordenouse a retirada das ligazóns. A resolución foi recorrida ante a Audiencia Nacional. En realidade a páxina contén URLs acurtadas en texto plano, sen hipervínculo. Ademais, o procedemento non se dirixe contra a web que aloxa o contido con dereitos de autor, a pesar de ser española e telo polo tanto máis fácil para acceder a ela. O expediente de Vagos.es tamén foi arquivado. Neste caso porque a Comisión comprobou que os contidos non estaban. Ademais, como ocorre con Bajui.com, algúns dos casos que levou a Comisión de Propiedade Intelectual xa foron resoltos polas vías civil ou penal. É dicir, xa houbo xuíces que aplicaron a norma e estableceron que non existía falta nin delito. Cambiou en algo que as denuncias as tramite un órgano administrativo? O resultado final segue sendo o mesmo. O caso de Pordescargadirecta.com mostra como a Comisión de Propiedade Intelectual abriu un expediente ao portal mentres que este se atopaba no medio dun procedemento penal, que ten prioridade sobre o administrativo. O órgano da Lei Sinde-Wert deixou que o tempo pasase e arquivou as actuacións por caducidade. \"Sempre que a Comisión se viu contra a espada e a parede, produciuse a caducidade do expediente\", apunta Bravo, avogado defensor de Pordescargadirecta.com. A próxima xogada A Lei Sinde-Wert non tocaba os preceptos legais aos que está suxeita a propiedade intelectual senón que establecía un novo procedemento, diferente do civil e do penal, para resolver os casos que afectasen a este tema. Con todo, nos últimos meses producíronse movementos que apuntan a unha pretensión de modificar a propia Lei de Propiedade Intelectual. Xa existe un borrador do futuro texto que se pretendería aprobar leste mesmo ano. No medio das informacións sobre a tramitación dunha nova lei, Christopher Dodd, presidente da MPAA (Motion Picture Association of America ou Asociación Cinematográfica de Estados Unidos) visitou España. O líder do lobby da industria audiovisual estadounidense mantivo unha conversa con Mariano Rajoy, nunha reunión privada que non se incluíu na axenda oficial do presidente de Goberno, segundo apuntou Moncloa. Está a fraguarse o texto que modificará a regulación da Propiedade Intelectual en España. Un dos novos actos penados que se barallan para incluír na nova norma é o \"facilitar a localización\" de contido que se ofrece de forma ilícita Por outra banda, a directora executiva da Federación Internacional da Industria Discográfica (IFPI), Frances Moore, botoulle a culpa á Lei Sinde-Wert dos malos números que obtivo o mercado da música en España o pasado ano. Mentres que no resto do mundo esta industria crece un 9%, no país só o fai un 4%. Córrese o risco de volver estar na lista dos estados con máis pirataría. Neste contexto está a fraguarse o texto que modificará a regulación da Propiedade Intelectual en España. Un dos novos actos penados que se barallan para incluír na nova norma é o \"facilitar a localización\" de contido que se ofrece de forma ilícita. Nesta expresión pódese ver sen dúbida que o obxectivo son as páxinas de ligazón, as mesmas que non puido tombar a Lei Sinde-Wert."}
{"ID": "NOS_4230", "summary": "'Curva España' de Chévere levou o premio ao Mellor Espectáculo, Machi Salgado a Mellor Actor e Patricia Vázquez a Mellor Actriz. O Fetega celebraba nesta edición os seus 30 anos.", "text": "A 30ª edición do Festival de Teatro Galego 'Celso Parada' (Fetega) do Carballiño puxo esta sexta feira o ramo á súa edición de 2019, que se celebrou na primeira semana de setembro. A entrega do seu premio de honra ao actor e cofundador da compañía Chévere Miguel de Lira, pola súa achega \"imprescindíbel\" ao mundo das artes escénicas marcou o acto de clausura. Non foi o único premio entregado na gala de feche do Fetega. Así, o xurado escolleu como mellor monologuista a Pepo Suevos, '4 segundos' da compañía ÍO recibe o galardón a Mellor Espectáculo de Rúa, Machi Salgado a Mellor Actor e Patricia Vázquez a Mellor Actriz. 'Curva España', da compañía Chévera leva o premio a Mellor Espectáculo. O Fetega do Carballiño fai tres décadas. Cinco compañías conformaron o groso da programación da edición número 30, do 2 ao 6 de setembro e que tamén incluíu monólogos, novo circo e animación de rúa. Este ano amplliou o seu nome e pasa chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada."}
{"ID": "NOS_28420", "summary": "A comunidade educativa da Escola de Arte Dramática de Galiza (Esad) convoca unha manifestación esta terza feira en Pontevedra. Lembran que ''non hai unha sociedade libre sen teatro de calidade''.", "text": "A comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESAD), con sede en Vigo, manifestarase esta terza feira en Pontevedra, ás 10:00, perante a xefatura territorial de Educación para amosar o rexeitamento á decisión da Consellería de Educación de reducir en case o 10% o seu profesorado. A respecto do curso pasado, e tendo en conta a adxudicación provisoria de destinos, a ESAD xa vira reducido o seu cadro de profesorado en dúas persoas, \"aos que se pretende agora reducir dous máis, deixando a escola cun número de docentes claramente insuficiente para cumprir coas súas necesidades académicas e artísticas\", segundo a CIG. Profesorado, alumn@s e sindicatos entenden que este recorte, ademais, suporá o incumprimento de varias das esixencias aplicadas polo Espazo Europeo de Educación Superior no que se inclúe a ESAD, único centro en Galiza que ofrece un título superior en Arte Dramática. Alumn@s e sindicatos entenden que este recorte, ademais, suporá o incumprimento de varias das esixencias aplicadas polo Espazo Europeo de Educación Superior Deste xeito, está a decorrer unha campaña para informar e pór en evidencia a gravidade da situación. Partindo dun correo electrónico masivo dirixido ás autoridades educativas que, en ton de manifesto, declara que \"non existe unha sociedade libre sen un teatro de calidade\" para o que \"o saber da palabra e a escena deben ser transmitidos\", a comunidade educativa da ESAD insiste na necesidade de manter o seu proxecto artístico e docente, ao tempo que remata sinalando: \"Necesitamos medios humanos suficientes. Non á redución do equipo docente\". Finalmente, ademais da manifestación ante o edificio administrativo de Pontevedra, o profesorado da ESAD insiste en que manterán as accións reivindicativas e mobilizacións até que se restitúa o profesorado despedido, \"garantindo así unha educación de calidade para o seu alumnado e unhas condicións de traballo dignas para os docentes\"."}
{"ID": "PRAZA_14370", "summary": "O máis torpe dos ministros debera coñecer esta obviedade: que as escolas e os institutos non cambian a golpe de Boletín Oficial do Estado ou de Diario Oficial de Galicia. E moito menos si, previamente, sometemos á profesión docente a unha denigración xeral inxusta, a recortes económicos moi relevantes en salarios de por si moi baixos, suprimimos pagas extras, empeoramos notablemente as súas condicións laborais ou aplicamos un recorte drástico de financiamento.", "text": "A primeira reflexión que se me ocorre sobre a nova lei de educación, a promovida polo ministro Wert, é que, nos termos en que se propón, no fondo e na forma, resulta completamente innecesaria. Efectivamente, parece unha cortina de fume para tentar distraer a atención do debate social e as numerosas protestas contra dos drásticos recortes que o PP está propiciando, aceleradamente, cunha caída dos indicadores de calidade, sobre todo, polo incremento de ratios na secundaria e a non renovación de miles de profesores e profesoras co incremento da carga horaria lectiva, amen da supresión de servizos de atención, reforzos, etc. Parece unha cortina de fume para tentar distraer a atención do debate social e as numerosas protestas contra dos drásticos recortes que o PP está propiciando No caso de Galicia son centos (sobre 800 segundo os sindicatos) os docentes que pasaron xa ó paro, con todo o que leva consigo tal situación, para eles e as súas familias. Nunca antes acontecera algo similar e o mérito vai todo para Jesús Vázquez Abad, sen dúbida, o peor conselleiro de educación da democracia, aquel que pasará á historia da nosa autonomía non só por ser o que mais, e con máis saña, atentou contra da nosa lingua e cultura, senón tamén, o que, desobedecendo -con coñecemento de causa- ó Tribunal Supremo, seguiu financiando a educación concertada que segrega por sexos, noutras palabras, ó Opus Dei, sen rubor algún, facendo méritos para que Feijóo o premie como primeiro candidato por Ourense, como o seu mellor hooligan. Quen o ía a dicir... pero sobre todo, por levar á ruína, o sufrimento e a desesperación, a moitas persoas e familias, en moitos casos hipotecadas de por vida, con crueldade. Innecesaria, ademais, porque somos o Estado que máis reformas educativas puxo en marcha en menor tempo Innecesaria, ademais, porque somos o Estado que máis reformas educativas puxo en marcha en menor tempo. Nisto si que somos campións do mundo. E maioritariamente sen acordo, sen consenso, por imposición. Así, desde que aprobamos a Constitución de 1978, ata hoxe, sae aproximadamente a unha media dunha lei de educación por cada dous anos e medio. Vaia marca!. Lamentable, para a educación e para toda a comunidade educativa, para o país enteiro, si temos en conta que necesitamos uns doce anos para avaliar -con rigor- os resultados dunha reforma educativa. Pero é que ademais, esta nova lei (Wert non ía a ser menos) fíxose sen debate social algún, sen acordo, nin político nin social nin tampouco educativo. Compre lembrar aquí ó admirado ministro Angel Gabilondo quen tentou, sen éxito, precisamente pola intransixencia do PP, un acordo educativo que introducira serenidade e sosego nos centros escolares por moitos anos. Estivo a punto de acadalo pero os intereses electorais, ó final, frustraron tan meritoria intención que reclamaba todo o sector a voces. Esta nova lei (Wert non ía a ser menos) fíxose sen debate social algún, sen acordo, nin político nin social nin tampouco educativo Claro que necesitamos mellorar os resultados académicos do alumnado, atallar o absentismo, diminuír o fracaso escolar e social…, os docentes o sabemos mellor que ninguén. Como tamén somos conscientes de que as melloras da calidade non son sempre cuestión de recursos, evidentemente. Sen embargo, calquera sabe que unha reforma educativa non se fai contra o profesorado e contra a comunidade educativa. O máis torpe dos ministros debera coñecer esta obviedade: que as escolas e os institutos non cambian a golpe de Boletín Oficial do Estado ou de Diario Oficial de Galicia. E moito menos si, previamente, sometemos á profesión docente a unha denigración xeral inxusta, a recortes económicos moi relevantes en salarios de por si moi baixos, suprimimos pagas extras, empeoramos notablemente as súas condicións laborais ou aplicamos un recorte drástico de financiamento. O máis torpe dos ministros debera coñecer esta obviedade: que as escolas e os institutos non cambian a golpe de Boletín Oficial do Estado ou de Diario Oficial de Galicia Un conxunto de medidas regresivas que van, precisamente, na dirección contraria á mellora da calidade. Particularmente o anuncio do que aínda está por vir, é dicir, a diminución significativa da porcentaxe do PIB que España dedica a educación, contra todas as recomendacións internacionais. A verdade é que, neste aspecto, nunca chegamos ó 6% do PIB, suxerido e aplicado por moitos países do noso entorno desde hai anos. Quedámonos, no mellor momento, moi cerca do 5%. Agora, coas novas medidas, baixaremos ó 3,9% do PIB, unha caída libre que nos leva a principios dos anos '80 en recursos destinados á educación. E mentres isto acontece, seguimos a financiar (despilfarrar sería mellor dicir) recursos escasos subvencionando a colexios sectarios e de elite como os do Opus Dei (5 deles en Galicia) que segregan por sexo, vulnerando deliberadamente as sentencias recorrentes do Tribunal Supremo e blindando, na propia lei, tal práctica de financiamento privado con fondos públicos para os seus amigos. ¿Onde queda aquilo de respectar as decisións xudiciais, o imperativo legal? O PP ten uns principios, como Groucho, pero os cambia si non interesan... Nada novo si observamos o que fan co rescate da banca privada ó tempo que abandonan á súa sorte á maioría, todo moi cristián... Seguimos a manter o financiamento público do ensino concertado, incrementando as subvencións en tempos de crise, e o profesorado de relixión, e a catequese nos centros escolares... E seguimos a manter o financiamento público do ensino concertado, incrementando as subvencións en tempos de crise, e o profesorado de relixión, e a catequese nos centros escolares... mentres que suprimimos a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos por... adoutrinadora! Vivir para ver... A segunda reflexión é que a reforma educativa aprobada no consello de ministros resulta anacrónica, non só polo que vimos de comentar, porque nos retrotrae ó pasado, a modelos superados en todo o mundo, senón que desprende, ó lela, un tufo a incenso e a formación do espírito nacional que tira para atrás, a un neoliberalismo do máis rancio, con continuas apelacións á competitividade, ós mercados, á segregación do alumnado a idades máis temperás, ó desvío dos que cargan con máis dificultades cara outros itinerarios de fracaso, retomando as vellas aspiracións da dereita en relación cun modelo equitativo recoñecido internacionalmente. Demasiado equitativo. Moi igualitario. Xa está ben de que os fillos de un calquera podan ir á universidade. Onde se viu tal cousa? Trátase de eliminar, canto antes, ós que estorban, para dedicarse, tamén, canto antes, ós excelentes, é dicir, ós fillos e fillas dos sectores económica e culturalmente máis favorecidos, tanta igualdade de oportunidades para que?, xa está ben de tanto igualitarismo... Reduce as competencias dos pais e das nais nos Consellos Escolares, reforza as funcións directivas e opta pola designación dos directores ó tempo que diminúe o peso das materias artísticas, da educación cívica, e volvemos á vella separación do coñecemento do medio na primaria con dúas materias, naturais e sociais. Non tardaron un minuto as autoridades educativas vascas e catalás en denuncialo. O noso conselleiro, polo contrario, está encantado con reducir as nosas competencias Terceira reflexión. Claro que se trata dunha lei centralista por moito que Wert se empeñe en desmentilo ou en utilizar eufemismos para disimulalo. O artigo dedicado ó currículo o afirma categoricamente. \"Corresponderá ó goberno o establecemento e definición das competencias básicas de cada ensino e dos criterios para a súa avaliación e a fixación dos contidos comúns necesarios para a adquisición das competencias básicas\". Non tardaron un minuto as autoridades educativas vascas e catalás en denuncialo. O noso conselleiro, polo contrario, está encantado con reducir as nosas competencias, aquelas que el está obrigado a defender por lei, as que figuran no Estatuto de Autonomía de Galicia. Vaia papeliño. Tanto os criterios de avaliación e as características xerais das probas de 2º e 6º de Primaria como as de 2º e 4º da ESO serán fixadas polo goberno central e aplicadas e cualificadas por especialistas externos a cada centro educativo. E outra proba máis de avaliación final do Bacharelato, máis madeira, tamén competencia do goberno central. Probablemente Wert soñe con aqueles anos nos que el era estudante e añore tempos pasados de exames e reválidas, de exclusión dos máis, de segregación sexual, de represión e incenso, de leite en po e queixo americano... A súa reforma camiña cara as montañas nevadas, bandeiras ó vento… Unha auténtica wertgoña…"}
{"ID": "NOS_47340", "summary": "Até 20 mobilizacións en toda Galiza advirten a Feijóo de que o estudantado \"rexeita estes recortes e denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 docentes\". Así o recolle o manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que foi lido ao remate da concentración, diante da Xunta", "text": "O reloxo marcaba as doce do mediodía cando os berros comezaron a se ouvir polas rúas da Galiza. Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé, dicían os altofalantes, e repetían ao unísono case 4.000 persoas en Compostela, outras 2.500 na Coruña, 2.500 en Vigo, 500 en Lugo, 400 en Ourense e 250 en Ferrol e en Pontevedra. \"Despois desta xornada --Alberto Núñez-- Feijóo non pode seguir mirando para o outro lado. Ten que dicir 'non' aos recortes, e non pode facelo coa boca pequena\", apunta Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, visíbelmente emocionada pola multitudinaria resposta que tivo a convocatoria desta xornada de folga xeral no ensino público do país. \"Isto é un clamor que lle exixe á Xunta que non aplique o decreto e que o recorra por invadir competencias\", engade, en referencia ao Real Decreto-lei 14/2012. Nesta quinta feira, vinte mobilizacións en vilas e cidades denunciaron os recortes do PP no ensino público galego. Nas últimas semanas a dereita española, co apoio da dereita galega, foi anunciando un a un os capítulos \"dun dos maiores ataques dos últimos tempos\", segundo valora a Liga Estudantil Galega. A súa voceira, Saleta Chao, considera que a folga foi \"un exitazo\", e cifra no 90% o seguimento que tivo en todo o territorio galego, dato consensuado entre todas as organizacións convocantes. \"Os únicos problemas dos piquetes foron por Bolonia, porque houbo coaccións ao estudantado con faltas de asistencia que non poderían xustificar se secundaban o paro\", informa Chao. \"A resposta foi masiva, de acordo coas expectativas que nos marcamos inicialmente\", sinala desde os Comités o seu responsábel nacional, Daniel Candal, quen asegura que a xornada de hoxe foi \"só un paso\" dos que a mocidade galega está disposta a dar en defensa \"dun ensino público e de calidade\" na Galiza. Hai palabras de Candal contra a suba das taxas universitarias, que máis unha vez volve cualificar de \"desproporcionada e inxusta\", e fala dun seguimento no ensino medio que se aproximaría ao 80%, mentres no universitario só se impartiron \"unhas poucas\" aulas nas facultades de Dereito da Coruña e de Medicina en Compostela. A cuarta organización estudantil cuxa faixa lucía na cabeceira da manifestación é Agir. Non están entre as organizacións convocantes, mais sumáronse á protesta \"porque tamén defendemos un ensino público e de calidade, e non quixemos entrar nunha guerra de convocatorias\", explica o seu voceiro, Miguel Cuba. Segundo as súas palabras, o seguimento da folga desta quinta \"representa a recuperación da vitalidade dun movemento estudantil que semellaba adormecido\". Entende que ao premer o botón das tesoiras \"o PP creou un poderoso inimigo que acaba de deixar claro que non vai permitir que lle rouben o dereito á educación\". Ademais dos colectivos estudantís xa citados, na protesta de Compostela --onde foron recollidas as declaracións-- participaron tamén a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público --integrada por CIG-Ensino, Comités, Galiza Nova, Liga Estudantil, AS-PG, BNG e varias asociacións de nais e pais do país; e cuxo manifesto foi lido a varias voces ao remate da concentración diante da Xunta--, así como os sindicatos CIG e CUT. Alén disto, e pese a convocar pola súa conta, finalmente acabou adheríndose a manifestación da Plataforma en Defensa do Ensino Público --liderada polo Sindicato de Estudiantes e que conta co apoio de CC.OO-Ensino, FETE-UGT, CSI-F, Confapa, Iesga e Escola Viva--, e que contou cun seguimento moi escaso. Suba das taxas universitarias Abrindo o libro das agresións ao ensino público, o primeiro episodio foi a presentación dos Orzamentos Xerais do Estado, onde aparece un oco de máis do 20% nas partidas que o Ministerio de Educación destina a este dereito básico, o que se traduce nunha redución de máis de 600 millóns en programas de ensino. A partida de bolsas deste departamento rebáixase tamén en 166 millóns, e endurécense as condicións do estudantado para poderen acceder a elas. O recorte en investigación é \"aínda máis dramático\", din desde a Liga, pois a tesoirada alcalza o 35% en relación ás partidas do ano pasado, isto é, 630 millóns menos. \"O Estado español pretende saír desta crise a través da precarización da forza de traballo\", denuncian desde Agir, a organización estudantil da esquerda independentista, que chamou tamén á folga neste 10 de Maio. Alertan da suba das taxas universitarias \"até niveis inasumíbeis pola maioría social\", e foi esta a seguinte labazada de Madrid ao ensino público: un incremento nas matrículas da Universidade pública que poderá chegar até o 66%, de tal xeito que o prezo medio da primeira convocatoria será de 1.500 euros, e a partir da cuarta matriculación o alumnado terá que sufragar a totalidade do crédito, máis de 6.000 euros polo curso completo. Porén hai máis. As organizacións estudantís quéixanse de que nin sequera o cálculo desa 'totalidade do custo' é correcto, ao incluír partidas do orzamento universitario que nada teñen que ver co ensino, como poden ser a investigación \"e algúns outros dos poucos servizos que quedan sen privatizar\", consideran desde os Comités. Na actualidade, a matrícula \"non equivale só ao 15% do custo total, como di o Goberno, ao contabilizar aspectos que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado\". Segundo a Liga, o estudantado paga máis do 40%. Feijóo tamén 'xoga' coas tesoirasGaliza Nova suma aos recortes do Goberno español os emprendidos polo galego nestes últimos 3 anos: 2.000 profesor@s menos, supresión da gratuidade dos libros de texto, 425 millóns menos para o ensino público, supresión de unidades de bacharelato e de ESO e aumento da subvención pública a centros privados, mesmo aos que segregan ao alumnado por sexo. É certo que desde Madrid se impón un intervalo onde as autonomías teñen liberdade para escoller a suba que practican nas taxas universitarias, mais cos datos aportados polo colectivo nacionalista nada fai presaxiar que a mocidade galega vaia saír 'beneficiada' do incremento nos prezos das matrículas. Os Comités fan un repaso da subida en pendente: agás en 2008 e en 2009, cando Laura Sánchez Piñón (PSOE) mantivo conxeladas as taxas pola presión das organizacións estudantís, o resto dos anos o aumento foi progresivo e andou entre o 3% e o 4%. Neste ano pode chegar até o 66% \"para compensar o recorte de 3.000 euros que veñen de aplicarlle á educación\". E hai máis aínda. Segundo o Plan Nacional de Reformas que o Goberno español enviou a Bruxelas e que o departamento que dirixe José Antonio Wert pretende aplicar no vindeiro curso 2012-2013, o estudantado que conte cunha bolsa deberá superar entre o 90% --bolsas xerais-- e o 100% dos créditos --bolsas salario-- se quixeren renovar dita axuda. En Galiza, os Comités aseguraron que esta nova disposición non @s colleu por sorpresa. \"Non é máis ca unha continuación de todas as políticas que están a desenvolver no ensino\", un recorte máis que apunta á calidade do sistema público e carga nos ombreiros das e dos estudantes o peso económico da súa formación. A consecuencia dos recortes anunciados por Wert supón a maior suba de taxas da historia, mentres o titular do Goberno español, Mariano Rajoy, di que \"non hai cartos para os servizos públicos\" e pide unha 'esmola' de \"uns poucos euros\" entre a cidadanía. Que os recortes non se apliquen na GalizaDesde Agir critican \"esta tese de que o estudantado que suspende é porque non se esforza e, polo tanto, debe ser castigado\", e cualifican de \"contraditorio\" aumentar o nivel de exixencia económica \"e pseudo-académica\" cando as axudas ao estudo van devecendo. Os reitores das tres Universidades galegas manifestaron o seu rexeitamento á suba das taxas e aos recortes na educación pública. En Galiza Nova acolleron positivamente este posicionamento en favor do estudantado --é a primeira vez que as tres Reitorías se poñen de acordo para criticar medidas destas características desde as mobilizacións en contra da LOU--. Mais a organización xuvenil do BNG lamentou que a Xunta \"volverá antepoñer os intereses do seu partido\". \"Sería bo que Feijóo tomase nota e anunciase que non aplicará os recortes na Galiza\", así como que presentará un recurso contra o Real Decreto-lei 14/2012 por invadir competencias da Consellería de Educación. Mais as organizacións estudantís son realistas: \"non imos provocar cambios relevantes\" na postura do Goberno galego. E lanzan unha advertencia: \"se o goberno do PP non rectifica esta folga será só a primeira\"."}
{"ID": "PRAZA_15576", "summary": "A entidade que preside José María Castellano comunícalle á CNMV a transferencia de activos inmobiliarios á sociedade estatal que xestiona os activos \"procedentes da reestruturación bancaria\"", "text": "As alegrías inmobiliarias das antigas caixas de aforro galegas xa teñen prezo. A entidade que asumiu o negocio financeiro de Novacaixagalicia, Novagalicia Banco, vénlle de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que xa cumpriu coa obriga de transferirlle os seus activos inmobiliarios tóxicos á Sociedade de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), isto é, ao banco malo creado polo Estado. Segundo figura nesa comunicación, o \"importe\" da transmisión é de 5.096.904.194 euros. Atendendo ao comunicado emitido por NCG Banco, S.A., este contrato \"ten como data de efectos o 31 de decembro\" e o banco malo vai \"satisfacer\" o prezo \"mediante a entrega de valores de renda fixa\" que \"contarán coa garantía irrevogable do Estado español\". O traspaso de activos inmobiliarios aféctalle tanto a Novagalicia como a \"aquelas sociedades participadas polo mesmo afectadas\" polo \"deber legal\" de reestruturarse, proceso que deixa a entidade galega ao bordo da venda. O traspaso forma parte do proceso que implica tamén a inxección de máis de 5.4000 millóns de cartos públicos O paso a mans do Estado dos activos inmobiliarios de Novagalicia Banco forma parte dun proceso que implica tamén a chegada á entidade dunha inxección de capital \"por importe de 5.425 millóns de euros\" a cambio da cal o banco, agora público en máis dun 97%, terá que ser \"privatizado\". Ata esa privatización as autoridades españolas e europeas impóñenlle a Novagalicia condicións como \"centrar o seu negocio e actividade no perímetro actual da marca (...), vinculado ao seu territorio de orixe\" e facerlle unha quita ás persoas propietarias de participacións preferentes. Este proceso é o que implica tamén a redución no cadro de persoal \"ata nun máximo dunhas 2.5000 persoas\". Esta cifra \"pode variar durante os próximos anos, tendo en conta que a entidade dispón de dous anos\" para vender a súa filial EVO e que ten que dedicar persoal \"á xestión de activos inmobiliarios\" que agora son propiedade do banco malo. Ademais, segundo sinalou a entidade, Novagalicia pode \"traspasar emprego a investidores especializados en recuperación e podería vender oficinas\"."}
{"ID": "PRAZA_1996", "summary": "A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou xa unha concentración para o vindeiro 16 de setembro ante a Consellería. Denuncia \"falta de profesorado, masificación nas aulas e perda de peso do galego\", ademais do \"desorde\" que supón a aplicación da Lomce", "text": "O curso comeza de novo con reproches, queixas e protestas polos recortes e a degradación do ensino público en Galicia. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou xa unha concentración para o vindeiro 16 de setembro ante a Consellería de Educación ás 11.30. Será un día despois do inicio de curso en Secundaria, Bacharelato e FP cando o colectivo, un curso que, para o colectivo, vólvese caracterizar pola \"falta profesorado nos centros, a masificación das aulas, a perda de peso do galego como lingua vehicular do ensino e a actitude autoritaria do conselleiro\". Unha concentración o 16 de setembro protestará ante Educación contra os recortes, a masificación nas aulas ou a Lomce Así o asegurou Anxo Lorenzo, voceiro da plataforma, que acusa a Consellería de Educación de estar \"ao servizo dos intereses da patronal do ensino privado e concertado, maioritariamente confesional, en detrimento do público\". O colectivo, que agrupa varias anpas, partidos, organizacións xuvenís e sindicatos, denuncia o peche de 48 unidades e 13 centros no ensino público \"mentres se abren 26 novas unidades no ensino concertado, ao que a Xunta destinou máis de 1.000 millóns de euros en catros anos mentres reducía en 181 millóns de euros os orzamentos de Educación\". A plataforma exixe a fin dos recortes, así como a derrogación da Lomce e do decreto do plurilingüismo. Segundo Louzao, a aplicación da denominada lei Wert está a supoñer \"desorde\", provocado tamén polo feito de que Educación non publicara os currículos e o deseño das novas materias ata xuño e por non levar parella a normativa que ten que desenvolver a nova lei. \"A Xunta pecha 48 unidades e 13 centros no ensino público mentres se abren 26 unidades no concertado\" Tamén denunciou a plataforma a falta de prazas no ensino público, nomeadamente na FP, a suba das taxas e unhas bolsas que \"lonxe de cumprir a función de garantir o acceso á ensinanza de todos\", continúan premiando \"estudantes con mellores notas\". Segundo José Bustela, en representación das familias, o 40% das familias \"non van ter acceso a ningunha axuda para os libros de texto e que a maioría terán que seguir soportando o custo de servizos como o de comedor e transporte escolar\". Ademais, e tal e como adiantara Praza, as ANPAS alertan dun inicio de curso sen libros pola falta de organización da Xunta. Mentres a Consellería de Educación sinala que o seu novo \"fondo solidario\" xa recolleu 200.000 manuais, as asociacións de pais e nais aseguran que \"de momento non se sabe nada\" e advirten de que a implantación da Lomce incrementa a incerteza. Desde a plataforma engaden moitas máis eivas: máis de 300 centros sen a dotación de profesorado necesario, máis de 200 unidades con máis alumnos dos recomendados, profesores que seguen cos seus salarios e pagas extras recortadas ou a falta dun plan integrar para mellorar os centros, nos que -denuncian- tamén se atopan moita deficiencias. Ao tempo, o colectivo denuncia o aumento nas itinerancias dos mesters con estino provisional. \"Un 35% do profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, nalgúns casos até cinco diferentes\" \"Un 35% do profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, nalgúns casos até cinco diferentes. Nos últimos cinco anos suprimíronse 3.000 postos docentes, xa que mentres se xubilaban máis de 4.000 só se convocaban oposicións para 993 prazas\", insisten. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, BNG, Comités, Agir, Federación Provincial de ANPA de Lugo xunto con outras ANPAs, Liga Estudantil Galega, Sindicato de Estudantes ou Galiza Nova, entre outros."}
{"ID": "PRAZA_19415", "summary": "Este non é un caso illado nin a única evidencia de que as vítimas da violencia de xénero nin estamos protexidas nin, e isto e tanto ou mais grave, se nos toma moitas veces en serio, polo que non é de estrañar que se nos siga matando dun xeito atroz e case indiscriminado", "text": "As pasadas semanas algúns medios de comunicación daban a coñecer as manifestacións do Delegado do Goberno en Aragón, nas que responsabilizaba a Soraya, a muller asasinada pola súa ex parella en Zaragoza, do seu tráxico final. Cando fun quen de conter a duras penas o noxo e a carraxe ante este novo maltrato que se lle estaba a inflixir a esta muller mesmo despois de morta (porque eso, \"Sr.\" Gustavo Alcalde é o que vostede está a facer: maltratar!), teño que confesar que me vin somerxida nun estado de total impotencia. De novo sentín esa indefensión aprendida que as vítimas de malos tratos sentimos, ou, mellor dito, nos fan sentir: Fagamos o que fagamos, loitemos o que loitemos, pouco ou nada acadaremos mudar, porque neste xuízo, un xuízo no que están en xogo as nosas vidas e quizais as das nosas crianzas, o veredito xa está decidido de antemán: Es muller e maltratada, ergo ti es a culpable e a única responsable da tua supervivencia. Neste xuízo, un xuízo no que están en xogo as nosas vidas e quizais as das nosas crianzas, o veredito xa está decidido de antemán: Es muller e maltratada, ergo ti es a culpable e a única responsable da tua supervivencia. O caso de Soraya non e, por desgraza, nin insólito nin infrecuente no eido da violencia machista. Soraya foi asasinada non soamente pola súa ex parella, se non por un sistema ineficaz, destrutivo, que a deixou a mercé do seu verdugo. Ela, coma moitas mulleres que están a vivir no inferno, coa espada de Damocles enriba das súas cabezas, levou a práctica esa prevención da que tanto se fala, pero que a vista está, de pouco ou nada serve. Fixo o correcto, denunciou, pero malia ter unha orde de afastamento, unhas mentes sisudas, desas que estudan moito, acumulan títulos, dominan estatísticas e que aínda por riba din protexernos, porque sempre actúan, como debe ser, seica, \"polo libro\", pero que non teñen nin a mais mínima idea de cal é a realidade, a dura e terrible realidade dunha vítima da violencia machista, decidiron que o risco que esta muller corría era \"mínimo\" Que eles saben moitísimo de baremos e valoracións, faltaba mais! Insisto, este non é un caso illado nin a única evidencia de que as vítimas da violencia de xénero nin estamos protexidas nin, e isto e tanto ou mais grave, se nos toma moitas veces en serio, polo que non é de estrañar que se nos siga matando dun xeito atroz e case indiscriminado. Este non é un caso illado nin a única evidencia de que as vítimas da violencia de xénero nin estamos protexidas nin, e isto e tanto ou mais grave, se nos toma moitas veces en serio, polo que non é de estrañar que se nos siga matando dun xeito atroz e case indiscriminado Por poñer un exemplo, e sen ir mais lonxe, a Si, hai saída, o colectivo contra a violencia de xénero que presido, non hai moito que nos chegou un caso no que o agresor, un virtuoso no maquiavélico arte do maltrato psicolóxico, que vén exercendo dende hai moitos anos, e que é obvio que representa un perigo tanto para a súa ex-parella como para seus fillos, que calquera pode ver que é un barril de pólvora a piques de estalar., pero que se atopa semella que blindado pola súa profesión e o seu status social. Pois ben, o letrado da muller, letrado que, por certo, cobra unha substanciosa minuta por \"defendela\", cando esta se decide, despois dun longo e doloroso proceso para tentar asumir a súa situación e saír dela, a tomar as medidas oportunas, reunindo un valor que lle custou anos conseguir, comeza, por fin, a propoñerse a posibilidade de denuncialo, novamente se atopa totalmente afundida ante a actitude do seu avogado, que lle recrimina duramente a súa decisión, e a culpabiliza de \"provocalo\"... Mellor deixalo estar!. Dito doutro xeito: Se finalmente te mata, a ti, ou aos teus fillos, que che quede clariño, a culpa será túa e soamente túa, por ter a ousadía de tentar defenderte, de tentar impedir que a vida de dous menores quede marcada para sempre, de exercer esa prevención que che aconsellan cando hai foto, cando unha muller máis perdeu a vida nas mans dunha mala besta, con perdón, e cómpre poñer cara de circunstancias diante das cámaras. Unha vez que a cámara se apague, cando retornes a realidade, unha realidade ben diferente, traxicamente diferente, daraste de bruzos coa mensaxe real, con esa mensaxe que se tenta disfrazar diso que se chama eufemisticamente prevención: \"Muller, denuncia, pero que saibas que se espertas a fera, se te mata, a culpa será túa e soamente túa... Por provocalo, e a quen provoca, non se lle protexe, se acaso, e como moito, se lle aplica un baremo\". Perdoade se soa moi duro, sinto. Se algo desexaría de corazón, sería albiscar un chisco de esperanza que me permitise expresarme doutro xeito,pero non son quen de velo. O peor de todo e que a quen cala, a quen consente, a quen, en definitiva tamén maltrata, tamén mata coa súa permisividade, co seu \"buenismo\" hipócrita, non se lle chama culpable. Sinxelamente actúa \"correctamente\". Non hai dereito!"}
{"ID": "NOS_28164", "summary": "A candidata número dous por Ourense na listaxe que a coligación de Anova e EU presentou ao Parlamento galego encetou este 9 de decembro a tramitación da súa acta de deputada e o 16 toma posesión do cargo.", "text": "A candidata número dous por Ourense na listaxe eleitoral con que AGE se presentou ao Parlamento galego, Carmen Iglesias Sueiro, solicitou a adscrición ao grupo desta coligación na Cámara. Na documentación que preencheu este 9 de decembro e que entregará o día 13 \"puxen AGE e entre paréntese EU\" na caixa correspondente á formación política da cal quere facer parte na Cámara galega. En conversa con Sermos Galiza o mesmo día en que encetou a tramitación da súa acta de deputada, Iglesias Sueiro recoñeceu que as declaracións realizadas por ela propia cando David Fernández Calviño comunicou a renuncia ao escano fixeron pensar que desenvolvería a súa actividade parlamentar como deputada non adscrita. Porén, desménteo: \"pensouno moita xente, pero eu non son unha tránsfuga\". Desde que Carmen Iglesias entregue os escritos que lle solicitaron, na sexta feira 13, o voceiro do grupo parlamentar de AGE, Xosé Manuel Beiras, disporá de cinco días hábiles para se pronunciar sobre se a ourensá senta ou non nas bancadas da coligación. \"Ao mellor non é a opción persoal que máis me presta pero é a que debo escoller, por coherencia e porque as ideas de AGE son as que defendín na campaña eleitoral e son as que vou defender no Parlamento porque son as miñas\". Prometerá o cargo o 16 de decembro Iglesias Sueiro destacou o \"moi bo ambiente\" que percibiu nesta visita á Cámara galega, a segunda que realiza. Así, a primeira vez que pisou o Parlamento foi só até a tribuna de convidad@s e foi en calidade de activista feminista, facendo parte dunha acción reivindicativa da Marcha Mundial das Mulleres. Xustamente no eido do feminismo e da equidade de xénero é onde considera que pode desenvolver mellor a súa actividade. \"Tamén no ensino\" porque \"eu veño da rúa\". Carmen Iglesias tomará posesión do cargo no pleno da segunda feira 16 en contra do criterio da organización política en que milita, EU. A súa líder, Yolanda Díaz, pediulle que deixase correr a listaxe un posto para que o escano fose para Iolanda Docampo, número tres por Ourense e segunda candidata de Anova despois de Fernández Calviño, para manter así o equilibrio parlamentar con catro deputad@s para Anova e cinco para EU. Porén, a ourensá declinou tal exixencia e manifestou sempre a súa intención de entrar no Hórreo, embora fose como única integrante dun grupo mixto."}
{"ID": "NOS_51169", "summary": "No caderno Coñecer, que atoparás maña no quiosque xunto co teu Nós Diario de sempre e o semanario Sermos, vas descubrir a historia dun monarca que reinou contra a Galiza. Así mesmo, fornecémosche temas como a obra literaria de Concha Castroviejo.", "text": "Se na actualidade o mundo académico semella ter bautizando a nosa como a \"era das comunicacións\", sen dúbida un dos seus elementos máis icónicos e influentes son xa as coñecidas como noticias falsas ou fakenews. Porén, a intencionalidade presente detrás dos textos e a súa capacidade para mudar a sociedade representa unha constante na humanidade, mesmo desde os inicios da propia escritura na Antigüidade. Uns dos testemuños máis evidentes do poderío político-económico acadado polos reinos da Galiza e de Portugal ao longo dos séculos XII e XIII, as cantigas galegas e portuguesas, escritas e interpretadas ao longo da Idade Media, tampouco foron creacións alleas a este fenómeno. Abonda con botar a ollada cara aos louvores políticos que afloran nas cantigas de célebres trobadores, tales como Paio Gomes Chariño ou Pero da Ponte, onde se gaban as figuras de certos reis e as súas conquistas, especialmente contra o mundo andalusí. Con todo, na outra cara da moeda, non menos intencionadas resultaron as acedas críticas que inundan boa parte da produción lírica medieval, nas que se censuran defectos morais como a avaricia, a falsidade, ou a deslealdade, vicios que o rei castelán tradicionalmente coñecido como Afonso X \"o Sabio\", non dubidou en dedicar a boa parte dos nobres e cabaleiros dos seus reinos. Fortes tensións Non foi circunstancial, tras a sátira que envolve as cantigas anti-señoriais de Afonso X atopábase a existencia de fortes tensións entre un monarca que aspiraba a gobernar con man dura e un séquito de nobres que ansiaba un reparto máis favorábel do poder: un choque inevitábel que finalmente levaría a Sancho IV, primoxénito de Afonso X, a organizar unha conxura que acabou por derrocar o seu pai no ano 1282. Unha revolta na que participaría activamente Estevo Fernandes de Castro, pertigueiro da Terra de Santiago e a máxima autoridade política no reino da Galiza. Mais lonxe de motivacións persoais, a participación de Estevo Fernandes de Castro revelou a existencia dun sector da nobreza galega que, tras 40 anos de dominio castelán, estaba disposto a facer valer a súa posición e mesmo a recuperar a independencia perdida en 1230, cando o rei castelán Fernando III, pai de Afonso X, usurpara violentamente o trono de Compostela ás futuras raíñas galego-leonesas, iniciando deste xeito o dominio castelán sobre o reino da Galiza. Queres continuar con esta interesante lectura? Non tes máis que ir mañá ao quiosque ou acceder á nosa tenda online para facerte co Nós Diario e co caderno Coñecer. Tamén vas atopar artigos de opinión e reportaxes sobre as bandeiras e a autora Concha Castroviejo, entre outros contidos. Para que non o esquezas outra fin de semana, podes facer a subscrición xa!"}
{"ID": "NOS_22493", "summary": "O executivo de François Hollande dirixiu as súas hostilidades contra a cidade de Raqqa, reivindicada polo ISIS como a súa capital. Ao tempo, decorreron 168 operativos das forzas de seguridade en varias cidades francesas.", "text": "Este domingo o Ministerio de Defensa francés comunicou a súa decisión de intensificar os ataques que están a desenvolver en Siria após o acontecido en París na madrugada da quinta feira. No concreto, foron despregados 13 cazas cuxo obxectivo era bombardear diversos puntos do ISIS sobre os que caeron un total de 20 bombas, de acordo coas informacións recollidas na imprensa francesa. A operación, desenvolvida de maneira coordinada cos EUA, foi executada desde Xordania e os Emiratos Árabes e non visa, aseguran desde Defensa, levar a cabo \"ataques espectaculares\" mais si aumentar de maneira \"gradual\" a intensidade dos mesmos. En declaracións á canle de televisión francesa TF1, Manuel Valls, xefe de goberno francés, asegurou que o seu país está \"en guerra\" polo que responderían aos ataques de París do 13 de novembro nos que foron asasinadas máis dun cento de persoas. O contraataque francés\", estaría ao \"mesmo nivel\" que os atentados, acrecentou. Cumpre lembrar que Francia iniciou ataques en Siria contra posicións do ISIS no mes de setembro. Redadas e rexistros Ao tempo que decorrían estes ataques aéreos, as forzas de seguridade francesas realizaban 168 operativos 'anti-terroristas' en cidades como Marsella, Jeumont, Toulouse ou Grenobel, entre outras, segundo informan medios galos. No transcurso dos operativos requisáronse 31 armas. O ministro de Interior galo informou esta segunda feira que desde os atentados foran arrestadas 23 persoas pola presunta vinculación con estes atentados que asasinaron 129 persoas en París e deixaron centos de feridas. Cinco dos sete 'yihadistas' suicidas que participaron nos atentados de París están xa identificados formalmente. Desde os ataques efectuáronse 23 arrestos, 104 persoas están baixo arresto domiciliario e foron incautadas 31 armas, 4 delas \"de guerra\", segundo o ministro francés do Interior, Bernard Cazeneuve."}
{"ID": "NOS_46182", "summary": "O arquitecto Jorge Salgado Cortizas traballa coa mirada posta na paisaxe. Cada proxecto na súa contorna é unha maneira de ir arranxando aos poucos, e con modestia, o seu territorio máis próximo.", "text": "A patria máis prezada é a infancia, di o arquitecto. Os recordos gozosos dunha época feliz agroman ao rememorar as súas orixes. Naceu nunha aldea moi próxima ao río Eume, ao seu paso polo concello de Cabanas. Alí, o seu pai tiña un taller de carpintería onde facía modelos de madeira das hélices do barcos de Ferrol. A súa nenez transcorreu entre madeiras, debuxos a lapis no taller, as historias e lendas contadas polos avós, a escola en Pontedeume a os recreos no adro da igrexa de Santiago. Ese proceso ten como contexto un territorio e un val desenvolvido ao redor do río. O futuro arquitecto viviu intensamente unha paisaxe, aprendendo o nome de cada lugar, camiño e cruce. Ao medrar tivo que deixar a súa contorna para ir á Coruña. Tal como de neno cruzaba a ponte de pedra para ir á escola, de maior cruza a ponte de ferro para ir estudar arquitectura. Durante a carreira danlle clase referentes da profesión como Andrés Fernández-Albalat, Manuel Gallego Jorreto ou Alberto Noguerol. Aínda que algunhas das experiencias que máis fonda pegada deixaron nel foron as viaxes de estudos. En 1987 a Porto e dous anos máis tarde por Holanda. Xunto cos seus compañeiros estuda de primeira man o facer doutros arquitectos e descobre outras paisaxes. Rematada a carreira volta á casa e decide abrir o seu estudio na paisaxe que o viu nacer. Ir a unha gran cidade seguramente lle daría máis visibilidade e clientes pero intencionadamente exerce desde Pontedeume. O arquitecto non escolle o territorio polo rédito que poida obter del, ao revés, traballa desde ese lugar para cambialo. Salgado aséntase nunha terra á que está vinculado cultural e emocionalmente, e que coñece. Exerce o oficio mediante pequenos proxectos encamiñados a mellorar a súa contorna e país. Alén da calidade da arquitectura construída, o enfoque do arquitecto é máis ambicioso: \"A miña primeira preocupación é o territorio. Non é facer só unha casiña ben feita, tamén é importante o que sucede ao redor. Hai que ter a mirada posta máis lonxe. Construíuse moi mal nas últimas décadas. Dá pena ver que nun núcleo rural o único edificio con licenza municipal é o máis inapropiado. Antes, con poucos recursos e sen practicamente normas facíanse as cousas con máis cabeza e ben resoltas. Esa filosofía é a que trato de aplicar no estudio, sen grandes proxectos, pero entendendo onde se está a traballar. Levo 30 anos exercendo no mesmo sitio, polo menos teño claro o que non se debe facer\". Aínda que a maioría das súas obras están localizadas na súa comarca, desde o seu pequeno estudio de Pontedeume tamén ten transformado outros lugares. Xunto ao seu equipo vén de gañar o concurso para a Panificadora de Vigo, o edificio na antiga estación de autobuses de Santiago ou a rehabilitación dun palacio en Santander. Desde a paisaxe Nunha exposición en Pontedeume o arquitecto coñece a un escultor e ao pouco bromean coa idea de que no futuro faralle a súa casa. Pasan os anos, e o escultor e a súa parella que vivían en Jerez mercan unha parcela preto do Cabo Prior en Ferrol. O arquitecto foi ata Andalucía a explicarlles as ideas do proxecto. Xuntos marcaron sobre a area da praia a distribución da vivenda, así naceu o encargo. A vivenda tiña un orzamento moi limitado e unhas necesidades moi sinxelas: unha pequena casa ao tempo que taller de escultura. Salgado aproveitou o proxecto para facer un volume mínimo que non perturbara a paisaxe. A casa é un sinxelo prisma branco que se pecha ao camiño e aos fortes ventos, ao tempo que se abre ás vistas do cabo. Os espazos interiores son xustos mais con grandes ocos, como miradoiros sobre a paisaxe, fan que a sensación sexa de amplitude. Próxima ao parque das Fragas do Eume encargáronlle a Salgado a rehabilitación dunha casa tradicional en ruínas como vivenda de fin de semana. Fora una casa de labregos que traballaban as terras do mosteiro de Caaveiro, da que só quedaban en pé os muros perimetrais. Ademais de recuperar a vivenda, o proxecto tiña que paliar a falta de luz natural. Recuperou os niveis existentes na vivenda e os elementos tradicionais como a lareira. Para o problema lumínico, fixéronse pequenas aperturas en fachada e na cuberta para gañar luz, unha das novas fiestras ilumina á mesa do comedor. Os materiais empregados no exterior foron madeira de castiñeiro para as fiestras e zinc na cuberta. Na parcela mantivéronse as árbores vellas e plantáronse novas, para que a vivenda pase inadvertida dentro da paisaxe. Escala urbana O respecto ao territorio de Jorge Salgado Cortizas non só o exerce no mundo rural, tamén no urbano hai valores importantes a manter. Un deles é a escala, a relación do tamaño das cousas. Exemplo disto é o proxecto dunhas vivendas en fileira en Mugardos. A Consellería de Vivenda encargáralle unhas vivendas sociais no barrio de Santa Lucía, barrio humilde composto por casas de dúas plantas. O concello permitía construír tres plantas e baixo cuberta, polo que o novo volume estaría fóra da escala respecto ás casas da contorna. O arquitecto convenceu á administración de reducir o número e a altura das casas, a cambio de manter as características do barrio. Serán nove vivendas en fileira e un equipamento público o que finalmente se constrúa. Aproveitando ao máximo a parcela, as vivendas son moi estreitas e en dúplex, así todas as vivendas contan con dupla orientación, o que lles permite regular de forma natural a ventilación do interior. No centro de cada vivenda está a escaleira, iluminada por un lucernario en cuberta. A entrada ás vivendas prodúcese mediante un espazo común peonil e con zona verde. Está previsto que este espazo sexa o lugar de xogo dos nenos dos veciños, protexidos do tráfico da rúa. Para rematar o edificio, a esquina curva ocúpaa un equipamento público. O edificio podería recordar ao barrio de Kiefhoek, do arquitecto holandés Oud, que seguramente permanecía no inconsciente do arquitecto desde aquela viaxe de estudos de mozo. Moi próxima ao estudio do arquitecto, en Pontedeume, unha curmá encárgalle a rehabilitación dunha vivenda do casco vello para uso vacacional. Esta era unha humilde casa mariñeira moi estreita, do ancho dun remo. O interior atopábase moi deteriorado polo que tivo que baleirarse por completo, para construír un novo forxado de madeira. Aproveitáronse os muros de pedra existentes. Dada a posición da vivenda, con vistas privilexiadas, déuselle \"a volta\". Na parte baixa está a zona privada e na alta as zonas comúns da casa. Éntrase por un espazo limiar e logo ascéndese pola escaleira ata a última planta, onde se atopa o salón con vistas. Destaca o minucioso traballo de carpintería de madeira, algo moi presente antes nas vilas mariñeiras e que se foi perdendo co tempo. Esa perda é recuperábel en Pontedeume segundo Salgado que, co seu traballo, proxecto a proxecto, inténtao."}
{"ID": "NOS_45337", "summary": "De xira por Galiza aceptaron o convite de falar antes de presentar en directo o seu novo traballo Vostè és aquí. Agora sabemos algo máis da súa música, do seu público, do seu mundo desde Compostela.", "text": "Pau Debon e Joan Roca, voz e baixo do grupo catalán Antònia Font, tiveron a posibilidade de falar con parte do seu público na Casa das Crechas (Compostela) nun encontro promocional ben particular. Están de xira por Galiza para presentar Vostè és aquí, o seu sétimo traballo discográfico. Ano e medio após o Lamparetes, os Antònia Font reinventan o seu propio estilo con 40 cancións de curta duración, pezas que condensan historias entre minuto e medio e dous minutos. \"Unha canción de Pop pode ter calquera duración\", aclarou o cantante da formación mallorquina. \"O directo desta xira é difícil e diferente pola duración das cancións\", admitiu Pau Debon no seu característico catalán de Mallorca, \"por esta razón xuntamos tres ou catro temas seguidos para que o concerto tivera máis axilidade\". O tema lingüístico foi o primeiro a tratar entre a vintena de privilexiad@s que asistiron á baiuca compostelá e por maioría pediuse que fose na lingua materna dos músicos. Como serán os concertos? O grupo mallorquín visitará Compostela (28 de febreiro), Vigo (1 de marzo) e A Coruña (2 de marzo) cun resumo da súa traxectoria \"por se hai xente que veña a vernos por vez primeira\" e traerá, por suposto, os temas do seu último traballo. Vostè és aquí comezou a súa andaina en Vic no mes de setembro do ano pasado. Desde o seu nacemento en 1997 continúan fieis coa investigación de \"novos espazos e dando forma a novas ideas que non se poden facer nun formato máis radiofónico\", segundo afirmou Joan Roca. A traxectoria de Antònia Font foi sempre a máis. \"En Taxi non sabiamos cara onde tirar e eliximos o camiño de procurar un pouco a nosa propia filosofía, non pensamos en se sería máis ou menos comercial\", explicou o baixista. \"Desde Pink Floyd até música clásica ou jazz mais non temos unha tendencia clara, escollemos os elementos dos que gostamos\" A súa lingua Cantar en catalán ten o seu prezo e os Antònia Font contan con experiencias singulares por dar a coñecer a súa música fóra dos Països Catalans. \"A nosa fronteira é a catalano-falante\", afirmou Joan Roca, \"mais o tema lingüístico penso que é máis un problema dos políticos, non da xente que escoita música en moitos idiomas\". Recoñeceron que \"para nós é algo máis complicado fóra de Catalunya\" e mesmo explicaron unha anécdota ben significativa. \"Estivemos en Murcia hai un mes e o promotor recoñeceu que tiña problemas para contratar un grupo que cantara en catalán\", asegurou o baixista, \"a frontera das linguas existe aínda que o público que asiste aos nosos concertos non ten eses prexuízos\". Cal pode ser a razón das dificultades e acceder a certas \"prazas\"? Para Pau Debon se falamos de programadores é que \"non se atreven\" aínda que recoñeceu certos cambios co tempo. \"En Benicassim non había posibilidades de entrar se non cantabas en castelán e agora algo mudou\". O seu público \"Valórasenos máis na península\", admitiu Joan Roca, \"a xente sabe que estamos mais non vai máis alá dunha relación natural\". Dezaseis anos na estrada e na súa Mallorca tocan de dúas a cinco veces ao ano. Pouco? Ao falar das outras illas recoñeceron que depende dunha relación humana directa para poder actuar. \"En Menorca algunha vez e a Eivissa algo menos, tamén en Formentera, hai menos tradición de concertos nas festas\". As súas influenzas Joan Roca e Pau Debon admitiron que no grupo escoitan moita música. \"Desde Pink Floyd até música clásica ou jazz mais non temos unha tendencia clara, escollemos os elementos dos que gostamos\". Entre os músicos que admitiron como referentes \"en certas épocas do grupo\" figuran Kiko Veneno \"sobre todo nas letras\". Pau Debon escoita a letristas como Rosendo ou Quimi Portet e Joan Roca o jazz clásico dos 60' e grupos como Beirut. A súa discográfica Os Antònia Font contan con discográfica propia, Robot Innocent Companyia Discogràfica, que estrearon co seu anterior álbum. \"Se controlas todo o proceso, desde a gravación das cancións até a masterización, podes asegurar que ten o teu selo e a discográfica foi a última fase\". Para Joan Roca o proceso \"artesanal\" de creación é imposíbel de realizar doutro xeito. \"Tal e como está o negocio é mellor controlar todo\". O encontro rematou cunha peza en solitario de Pau Debon. Agora a música vai ser de todo o grupo. Aqui tedes, como mostra, o videoclip Per jo i tots es ciclistes, unha das cancións do seu último disco que sairá nos seus concertos por Galiza."}
{"ID": "PRAZA_1567", "summary": "Salvemos Cabana advirte de que \"nons e realizaron tarefas que denoten ningún tipo de restauración\" na zona afectada pola vertedura de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos procedentes do rebentón dunha balsa mineira. Galería de imaxes no interior.", "text": "En febreiro de 2014 unha das balsas de residuos da canteira do monte Neme, entre Malpica e Carballo, rebentou e provocou a vertedura de máis de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos. Nos seguintes meses, e mentres a Consellería de Industria atribuía o sucedido en exclusiva ao mal tempo, Sanidade confirmou a existencia de augas tóxicas na zona. Case un ano e medio despois a plataforma Salvemos Cabana alerta de que a todo o sucedido e ao \"desentendemento dos efectos do accidente por parte da aseguradora\" estase unir a pasividade da Xunta na aplicación do \"pretendido plan de rehabilitación da contorna\", ata o punto de que a auga tóxica segue a fluír polo Neme. En días pasados membros da plataforma comprobaron sobre o terreo como se seguen a \"obviar os riscos aínda presentes nesta explotación abandonada\". \"Polo momento -advirten- non se realizaron tarefas que denoten de maneira significativa ningún tipo de restauración\", ata o punto de que a actuación da Xunta \"parece limitarse unicamente á instalación de dous carteis de advertencia á entrada do complexo, sen sinalizar en ningún caso as zonas de perigo\", con cembas \"cortadas verticalmente\" que nalgúns puntos poderían provocar caídas de \"varias decenas de metros\". \"Polo momento non se realizaron tarefas que denoten de maneira significativa ningún tipo de restauración\", di Salvemos Cabana \"O perímetro -detallan dende o colectivo- continúa completamente desprotexido e tampouco se procedeu á desecación das balsas mineiras, o que, alén da instalación de tubos de drenaxe no lugar do suceso, supón un perigo potencial\" en caso de \"incremento repentino\" das chuvias. Isto sucede mentres a propia plataforma \"constata novamente a vertedura de espumas e augas contaminadas na balsa situada ao leste da concesión mineira\" denominada Reconquista. A empresa concesionaria desta explotación, Leitosa, \"solicitou en 2011 autorización oficial para verter \"augas residuais industriais e de escorregada depuradas\", o que \"en ningún caso ten relación coa situación observable sobre o terreo\". Isto, para Salvemos Cabana, \"confirma unha vez máis o escaso control que a Dirección Xeral de Minas exerceu até a data do accidente\". \"O perímetro continúan completamente desprotexido\" Neste contexto, a plataforma lembra que \"xa presentou no seu momento alegacións ao proxecto de abandono e clausura do grupo mineiro Monte Neme, ao considerar a rehabilitación proposta como incompleta\". Este plan de restauración, resaltan, \"deixaba completamente á marxe outras zonas do monte procedentes da antiga explotación de wolframio\", contornas que \"aínda que a Xunta considera restauradas, presentan un evdiente estado de degradación ambiental\"."}
{"ID": "NOS_26159", "summary": "O letrado da demandante afirmou nun comunicado estar \"un paso máis cerca dunha vista dos feitos en cuestión\".", "text": "O xuíz do Tribunal Superior de Xustiza do Reino Unido Matthew Nickin rexeitou novamente nesta terza feira as alegacións presentadas polos avogados de Juan Carlos I en relación ao fallo da xustiza británica na que se nega a inmunidade do rei emérito, e insiste en que será xulgado por un presunto delito de acoso a Corinna Larsen. No seu auto, Nicklin sinala que \"ningún dos fundamentos para defender a existencia de inmunidade de Estado logrou demostrarse, e polo tanto, a demanda debe seguir adiante\", xa que os presuntos feitos cometéronse con posterioridade a 2014, momento no que Juan Carlos I deixou de ser monarca do Estado español, e o maxistrado entende que xa non contaba coa inmunidade da Coroa. Perante a decisión do xuíz británico, os letrados da defensa decidiron recorrela ante o Tribunal de Apelación, segundo apuntan fontes presentes na audiencia que recorreu esta mañá a Europa Press. Pola súa parte, o avogado da demandante, Robin Rathmell, rexeitou os intentos do rei emérito de non ser xulgado polos presuntos delitos cometidos, e afirmou nun comunicado que a súa defendida e el están \"un paso máis cerca dunha vista dos feitos en cuestión\". Acusado de vixilancia e ameazas Os letrados de Larsen presentaron unha demanda en 2021 contra o rei emérito por un presunto delito de \"vixilancia ilegal\" e ameazas por parte dos servizos de intelixencia españois (CNI). Segundo a versión da alemá, as ameazas comezaron en 2012, despois de finalizar a relación sentimental que os unía e do incidente de Juan Carlos I en Botsuana. A partir dese momento, Larsen denunciou ter sufrido as ameazas do monarca, quen chegou a empregar o CNI para espiala, tanto en Abu Dhabi, onde residía, como en Reino Unido. Nas súas declaracións afirmou que o rei emérito, despois de que ela se negara a devolverlle unha comisión de 65 millóns de euros procedentes de Arabia Saudí, comezou a fomentar unha campaña de descrédito e difamación entre os seus clientes. Incluso relatou que tanto ela como os seus familiares sufriron ameazas á integridade física, polo que ademais dunha indemnización, a demanda tamén recolle que se estabeleza unha orde de arredamento de 150 metros de distancia."}
{"ID": "PRAZA_4615", "summary": "O lanzamento de Oink! o verán pasado foi acollido con entusiasmo en medios dixitais e redes sociais, ao non existir no mercado ningunha revista en galego dirixida a cativos. Mais a lingua, que foi percibida coma o auténtico valor engadido da publicación, non é o seu único elemento diferencial. Tamén o é o tratamento que nas súas páxinas recibe a banda deseñada.", "text": "Eduardo Maroño analiza en Qadriños, o blog de Praza dedicado á banda deseñada, a situación da revista Oink! e a súa aposta polo cómic. Praza recollía a nova hai uns días: nun comunicado feito público na súa web, Agalip anuncia que carece de liquidez para asumir o custe de impresión e posterior distribución do quinto número da revista Oink!. A empresa presenta esta situación coma resultado de varios factores, nomeadamente a caída das vendas tras as boas cifras acadadas polos primeiros números e a demora no pagamento dos anunciantes, ao tempo que anticipa que emprenderá unha campaña de crowdfunding para obter un financiamento que asegure a viabilidade da publicación. O lanzamento de Oink! o verán pasado foi acollido con entusiasmo en medios dixitais e redes sociais, ao non existir no mercado ningunha revista en galego dirixida a cativos. Mais a lingua, que foi percibida coma o auténtico valor engadido da publicación, non é o seu único elemento diferencial. Tamén o é o tratamento que nas súas páxinas recibe a banda deseñada. A diferenza entre a banda deseñada desta publicación e as restantes non é cuantitativa senón cualitativa. E enorme. As tradicionais revistas de historietas, os tebeos editados en grampa co cómic coma contido esencial ou único, desapareceron do mercado xeneralista durante os anos 90 debido ao auxe doutras alternativas de ocio para cativos, nomeadamente as tecnolóxicas. O máis semellante que a día de hoxe podemos atopar en quioscos e librarías de prensa son certo tipo de revistas para cativos, tamén en grampa, vinculadas polo xeral a algún canal, programa ou personaxe de televisión, puro merchandising no que o cómic deixou de ser a substancia fundamental para ocupar un pequeno espazo canda outro tipo de contidos. É con estas revistas coas que compite Oink!, e faino adoptando uns contidos moi semellantes. Nas súas páxinas, a banda deseñada comparte espazo con reportaxes, pasatempos, entrevistas, axenda… Agora ben, a diferenza entre a banda deseñada desta publicación e as restantes non é cuantitativa senón cualitativa. E enorme. Posto que se trata de presentar unha marca televisiva baixo un novo formato, o que atopamos na maioría de revistas infantís actuais son cómics ferreamente estandarizados, elaborados baixo unha premisa estritamente comercial, que non pretenden ofrecer ao lector unha experiencia de seu senón unha nova faceta dunha experiencia maior. Un cómic de \"Dora la Exploradora\" non estará nunca ao servizo dun relato, senón do personaxe ou, para ser máis exactos, da marca. Como é obvio, a capacidade dun cómic elaborado nestas condicións para ir máis aló do anecdótico é moi limitada. Seguir lendo o artigo en Qadriños"}
{"ID": "NOS_40923", "summary": "Segunda feira chea de inquéritos. O de sigma 2 para El Mundo confirma o sismo eleitoral: Podemos sería primeira forza.", "text": "De acordo con un inquérito de Celeste Tel para eldiario.es, o nacionalismo galego conseguiría, por sexta vez consecutiva, representación no Congreso dos Deputados, ao obter entre 1 e 2 actas e o 0,55 % dos votos emitidos en todo o Estado. Esta percentaxe é inferior á lograda polo Bloque nas xerais de 2011 (0,77%), mais representa un incremento significativo a respeito dos últimos dados deitados polo CIS (0,4%). O BNG neste momento ten dous escanos no Congreso. Podemos continúa en forma nos inquéritos. É primeira forza, por primeira vez na súa corta historia, nunha proxección para as eleccións xerais realizada por Sigma Dos para El Mundo. Seríao co 28,3% dos sufraxios, mentres que o PP se fai co 26,3% dos votos e o PSOE co 20,1%. A enquisa de Celeste Tel para eldiario.es é pior para os de Pablo Iglesias. Neste inquérito sería primeira forza o PP, co 30,5%, inmediatamente seguidos de PSOE (24,5%) e Podemos (21,6%). Podemos sería tamén a primeira forza en Catalunya de se realizaren hoxe as xerais, de acordo cun inquérito publicado en El Periódico. Esta proxección rebaixa considerabelmente as espectativas do independentismo e mostra a enorme fragmentación da política catalá: até 8 forzas distintas teñen opción a se sentaren no Congreso dos Deputados. Os resultados serían: Podemos, 22,8% dos votos (10-12 escanos); CiU, 17,3% (10 escanos); ERC, 15,4% (8-9 escanos); Ciutadans, 10,5% (4); PP, 11,8% (6-7); PSC, 11,3 % (5-6); ICV, 5,2% (1-2); CUP 3% (0-1)."}
{"ID": "NOS_52627", "summary": "O director de cinema Oliver Laxe vén de se converter no \"mellor embaixador\" polo mundo de Navia de Suarna, segundo presumía onte o alcalde deste concello, José Fernández. E é que esta semana o pleno municipal acordaba por unanimidade outorgar o título de \"fillo adoptivo\" do Concello, tendo en consideración as orixes maternas do cineasta na parroquia de Son, no lugar de Vilela.", "text": "\"É unha persoa que ten un grande apego ao noso concello. Retornou e volveu vivir aquí de onde eran as súas raíces\", lembrou de Laxe, que naceu con todo ben lonxe, en París en 1982, mais voltaba á Galiza aos seus anos para emprender logo a marcha a Barcelona. Fernández puntualizou que o director da galardoada e celebrada O que arde que \"desde a parte pública e política\", entendían \"que o mellor era nomealo fillo adoptivo\". \"Xa antes deste nomeamento é o mellor embaixador que temos por todo o mundo\", proclamou Fernández. Ademais, destacou que \"é un emprendedor, á parte dun grande director de cinema está \"arranxando a vivenda de onde eran os seus sus avós e a súa nai e vai montar unha actividade para dar a coñecer a nosa zona\". A pegada de O que arde O alcalde de Navia insistiu na importancia do propio filme, o último na lista do director, O que arde, xa convertido no que máis público conseguiu reunir na historia do noso cinema, mesmo malia o impacto da pandemia. \"Veuno rodar aquí e saíu moi ben, gañou dous premios e desde o 29 de setembro do ano pasado deixou un impacto no noso concello e en toda a Galiza moi importante\", valorou. \"Destacou moito o que é Navia de Suarna\", concluíu o socialista."}
{"ID": "NOS_36327", "summary": "A proposta parte da asemblea de médicos de atención primaria.", "text": "A e os médicos de atención primaria propoñen unha folga en todas as áreas sanitarias da Galiza o vindeiro 19 de xuño. Un paro, indican, \"con puntos reivindicativos comúns e logo específicos de cada área\". Será, pois, unha folga \"de toda Galiza de licenciados sanitarios pero co respaldo de cada área\". Ademais, este colectivo de facultativos e facultativas mostra o seu apoio a folga de Vigo con concentracións nas diversas áreas os días 21 e 22 de maio co lema \"Por unha primaria digna – Vigo somos todos\". Por último, tamén decidiron non recoñecer o Consello Técnico de Atención Primaria."}
{"ID": "NOS_20349", "summary": "Máis de 476.000 fogares recoñecen que acaban o mes \"con dificultades\" e case 138.000 con \"moita dificultade\". Nun de cada tres fogares de Galiza os seus ingresos proceden só de prestacións.", "text": "Seis de cada dez fogares de Galiza recoñecen que chegan a final de mes con dificultade ou con moita dificultade, segundo o informe publicado esta terza feira polo IGE. Un 58% das familias recoñecen esta situación, o que supón un aumento a respeito do ano anterior, en que a porcentaxe era do 57%. De cada 100 fogares galegos, 45 afirman que chegan a final de mes con \"dificultade\" e 13 con \"moita dificultade\". Na outra cara da moeda, os 42 que afirman que acaban o mes con facilidade ou moita facilidade. Así pois, hai 476.000 fogares no país que pasan dificultades para acabar o mes e 138.000 que pasan moitas dificultades. Esta radiografía do país que ofrece a 'Enquisa estrutural a fogares' tamén indica que nun 32% dos fogares os seus ingresos proceden só de prestacións. E para o 44,6% das familias as prestacións representan máis da metade dos seus ingresos. Aliás, o 22% da poboación que vive en Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social. Dase un incremento na poboación entre 50 e 60 anos de idade, mentres que entre os de máis de 65 anos baixa lixeiramente."}
{"ID": "NOS_57405", "summary": "Pintor e presidente da Academia Galega de Belas Artes, Quintana Martelo lamenta a situación no CGAC, que está a preparar a eliminación de dous novos postos de traballo, dentro dunha política de recortes que supuxo nos últimos 8 anos unha redución de 11 traballadores no principal centro de arte contemporánea de Galiza.", "text": "- Como se avalía desde a Academia de Belas Artes a sitaución que está a atravesar o CGAC neste momento, que vai amortizar dúas prazas e leva perdidos 11 postos de traballo en oito anos?- Como presidente da Academia a nós preocúpanos calquera debate dentro de todo o ámbito da cultura, porque temos seccións a todos os niveis: arquitectura, pintura, artes da imaxe, etc. Eu creo que a reflexión basicamente que facemos, eu persoalmente, e non dubido que o equipo o compartiría, é que o mundo da cultura está nunha situación bastante lamentable, non só en Galiza senón en todo o país, só hai que ver como mermaron os orzamentos para todos os centros. Probablemente aí está o centro do debate. Cal é a opinión nosa sobre a merma dos traballadores do CGAC? Pois, nós como Academia non tivemos un debate sobre isto nin desde o CGAC chegou ningún tipo de petición de reflexión sobre esta cuestión. Eu estou falando desde o punto de vista persoal, coa voz que implica a presidencia, e cunha preocupación, pero a todos os niveis. Hai moitas cousas do CGAC que non chegan a nós. Pedimos varias veces a incorporación dun representante, precisamente para ter unha voz e unha implicación pero non foi posible. - Vostede como pintor de relevancia supoño que terá unha opinión...- Como pintor e como presidente e como persoa da cultura transmito esta preocupación pola cultura. Neste país o primeiro que cae é a cultura. Sempre que hai problemas económicos o primeiro que cae son as entidades culturais, somos os que suscitamos o debate social menos evidente e cando hai situacións de paro tan grave, parece que reclamar para a cultura ponnos nunha posición de élite, e tampouco é así, porque un pobo maniféstase a través da súa cultura. Como pintor e como persoa independente, preocuparíame iso, como me ten preocupado outras veces o traballo -teño que dicir- deficiente que se ten feito desde o propio CGAC. Eu creo que a reflexión debería ser máis plural. Se falamos de postos de traballo, calquera merma en postos de traballo do país, paréceme lamentable, e se é en cultura, máis aínda, porque vai influír no funcionamento óptimo do centro. Sempre que hai problemas económicos o primeiro que cae son as entidades culturais, somos os que suscitamos o debate social menos evidente - Cales son as eivas do CGAC na súa opinión?- O CGAC leva bastantes anos nunha situación de distanciamento no ámbito social bastante importante. Pasou un momento bo no seu nacemento, aínda que tiña tamén os seus detractores. Logo tivo unha etapa bastante equilibrada, pero caeu absolutamente cando Manuel Olveira estivo á fronte, a uns niveis absolutamente lamentables. E a partir de aí está costando moito levantar ese centro, e para min había que quizais ter unha situación non só de pluralidade no que debe ter un centro galego de arte contemporánea, que non debe ser só arte máis ou menos radical ou máis ou menos marxinal, senón atender a todo o que se está a facer no mundo da cultura, pero si sobre todo, non ter unha dirección ou unha presidencia que teña o mando absoluto. Debería haber un colectivo máis amplo e unha maior reflexión do que debe ser un centro de arte contemporánea. - Unha das cuestións que esta reforma propón é que o director do CGAC sexa un funcionario. - Eu iso lino a través dun comunicado que nos chegou, pero non teño información fehaciente diso. Como artista pareceríame bastante lamentable que houbese intromisión política directa nun centro de arte, pero como presidente até que non teña información oficial, non debo opinar. Un modelo a observar sería o dos centros de arte nos Estados Unidos, onde a iniciativa privada, o altruísmo e a filantropía está moito máis implicada - O CGAC é un dos poucos museos da súa caste que depende directamente dunha administración. Cre que debería ser parte dunha fundación (ou calquera outro modelo máis independente) para que tivese unha certa autonomía do poder político?- Creo que eu entendo que ningún museo nin centro de arte debería estar baixo un control político. Debería haber independencia absoluta, porque entendo que é a única maneira de poder desenvolver a arte e a arte non atende a cores nin a normativas políticas de ningún tipo, entón aí si que debería estar fóra diso, pero tamén é que este tema é moito máis profundo. Por outra banda, tamén os centros dependen de subvencións e veñen a través de orzamentos públicos, e unha das cousas que a min me parecen penosas é que ningún centro se plantexe un modelo de pervivencia, que non sei se é posible, pero eu xa teño dito moitas veces que un modelo a observar sería o dos centros de arte nos Estados Unidos, onde a iniciativa privada, o altruísmo e a filantropía está moito máis implicada. Non teñen que ser os políticos os que resolvan todos os temas, tería que haber moita máis participación da sociedade e entendo que aquí non a hai. - En Estados Unidos non hai nin ministerio de cultura. Alí o modelo é completamente diferente. - Alí os centros de arte teñen un modelo case empresarial. Teñen unha organización extraordinaria, funciona por resultados, que teñen que ser positivos. Cal é un dos centros que mellor funciona en España? O Thyssen, porque ten un modelo que se achega máis ao americano en moitas cuestións."}
{"ID": "NOS_12513", "summary": "Esta segunda feira (16 de decembro) o Parlamento europeo debaterá o informe elaborado sobre o estado das rías galegas elaborado pola misión de investigación enviada desde Bruxelas. O ton amábel do texto final contrasta coa realidade destes espazos e coa morea de emendas presentadas mesmo por integrantes da delegación enviada pola Eurocámara.", "text": "O pasado mes de febreiro, unha delegación integrada por tres europarlamentares visitaba as rías da Coruña, Ferrol e Vigo para valorar de primeira man o seu estado. A viaxe, que fora adiada en abril de 2012 a petición do Partido Popular, viña motivada polas múltiples solicitudes rexistradas na Comisión de Peticións do Parlamento europeo por asociacións ecoloxistas que denunciaban o mal estado das rías galegas. 84 emendas a un texto compracente coa actuación da Xunta Após a visita e longas conversas entre @s integrantes da delegación, o xefe da misión de investigación, o conservador Philippe Boulland, emitiu un informe final no que recolle as conclusións tiradas da visita. O texto será sometido a debate esta segunda feira (16 de decembro) na Eurocámara e conta mesmo con emendas presentadas polas outras dúas integrantes da comitiva, a austríaca liberal Angelika Werthmann e a letoa dos Verdes Tatjana Zdanoka. Aliás, das 84 emendas achegadas, 16 foron rexistradas pola deputada do BNG, Ana Miranda. As críticas chóvenlle ao texto pola súa condescendencia cunha realidade ecolóxica marcada pola grave contaminación denunciada mesmo pola propia delegación europea. As rías galegas, espazos naturais únicos dun alto valor medioambiental e económico, acaparan o 80% das zonas co nivel máis alto de contaminación fecal do Estado e mesmo unha delas, a de Ferrol, conta cunha zona categorizada como de exclusión na enseada de Carranza. Un espazo no que está prohibida a recollida de marisco e bivalvos por constituír un delito contra a saúde pública. O propio Boulland aseguraba no seu paso pola ría da Coruña que a situación era \"escandalosa\". Os lodos acumulados --cunha altura de até 2 metros de altura-- mesmo chegaron a causar a morte dun veciño. Porén, no informe redactado finalmente, o eurodeputado conservador facía unha concesión ás administracións galega e española ao valorar o suposto esforzo realizado por estas por mellorar o estado das rías. Lodos contaminantes, augas fecais, residuos urbanos e industrias perigosas No entanto, as cifras non concordan co expresado polo deputado. E é que desde a época de Fraga aínda non se cumpriron os compromisos alcanzados con Bruxelas para o saneamento das rías, malia os fondos europeos recibidos. Desde o Partido Popular teiman en asegurar que a situación mellorou mais o certo é que os colectores urbanos continúan a enviar residuos directamente á auga nunha ría de Vigo na que se está a construír, a día de hoxe, unha depuradora. Mais esta realidade non atinxe só a Vigo. A ría da Coruña conta con lodos de perto de 2 metros de altura, altamente contaminantes. En Ferrol, o perigo de Reganosa e as augas residuais deixan a ría nunha situación lamentábel. No caso de Pontevedra --espazo que non foi visitado pola misión de investigación-- é coñecida a presenza de vertidos procedentes das balsas de mercurio empregadas por Ence-Elnosa. Algo semellante ao que acontece na ría de Arousa, onde as mareas vermellas se mesturan co risco inherente ao almacenamento de residuos químicos decorrentes da actividade de Finsa-Foresa. En Foz xa está prohibido o marisqueo debido ás augas fecais e no caso de Muros, a contaminación por salmóns mortos froito dun proxecto acuícola experimental pon en risco esta actividade económica que move no país 68 millóns de euros (dados do 2009) e emprega a 4.000 galeg@s. Imaxes da ría de Ferrol (X. Lorenzo)"}
{"ID": "NOS_25123", "summary": "A Comisión de Centro de Atención Especializada da EOXI da Coruña di que é habitual que haxa pacientes nos corredores e afirma que as profesionais traballan en \"condicións deplorábeis\".", "text": "\"Aínda que non comezou o \"pico de gripe\" mais a situación actual é tan crítica que se está a dilucidar por parte da Xerencia situar as e os pacientes nun corredor de saída á rúa que nunca foi utilizado para tal fin e que está nunhas condicións non acaídas para a atención de doentes, sen medios estruturais, con correntes de aire, sen un lugar de saída de pacientes, familias, persoal, etc\". Esta é a denuncia que se fai desde a Comisión de Centro de Atención Especializada da EOXI da Coruña sobre o servizo de urxencias do HUAC, denunciando unha \"situación de colapso\". Esta comisión recoñece que \"é un feito habitual o colapso do servizo de urxencias\", derivada da \"falta de previsión\" por parte da Xerencia. A saturación do servizo non é un feito illado, critican, e afirman que é \"habitual\" dispoñer as e os pacientes \"en corredores dentro do servizo de urxencias, algo intolerable desde o punto de vista do dereito á intimidade e a dignidade da/o paciente\". Condicións \"deplorábeis\" \"Os e as profesionais traballan arreo en condicións deplorábeis, co ratios de paciente por profesional dificilmente soportábeis para dar unha atención adecuada\", acrecentan. A Comisión de Centro lembra que \"ano tras ano\" pide á Xerencia que teña un plan de continxencia que realmente evite chegar a esta situación."}
{"ID": "NOS_15942", "summary": "A CIG, sindicato maioritario no sector, valora a convocatoria dun paro en todos os niveis educativos.", "text": "O inicio do curso escolar na Galiza podería estar marcado por unha folga, segundo avanzou a Cadea Ser Galiza. Segundo puido saber esta emisora, a CIG, sindicato maioritario na educación galega, exporá nos vindieros días aos demais sindicatos a convocatoria dunha folga en todos os niveis educativos se a Xunta non rectifica o seu protocolo para a Covid de inicio de curso Segundo as fontes consultadas, hai consenso entre os sindicatos da necesidade de mobilizarse ante a actitude da Xunta, \"que se negou a acordar a normativa que regulará o acceso e a presenza dos alumnos nas aulas\", indica a emisora. Noutros territorios do Estado, como é o caso de Madrid, a convocatoria dun paro no inicio de curso xa está en marcha por parte de diferentes sindicatos"}
{"ID": "NOS_45417", "summary": "A portavoz do BNG reivindica que se celebren dous debates, en horario de máxima audiencia", "text": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou este domingo a Xunta Electoral da Galiza a emprender accións para evitar que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, poida seguir utilizando os medios públicos como \"canle propagandística cun mitin diario de precampaña\". Ao seu xuízo, a intervención sería unha forma de ofrecer \"garantías democráticas\" aos comicios que afronta a Galiza o próximo 12 de xullo, unha cita para a que pide ademais as debidas \"garantías sanitarias\". Pontón fixo fincapé tamén no dereito ao voto por correo e no desenvolvemento correcto do propio proceso electoral. \"Non nos dá ningunha seguridade nin tranquilidade o que poida facer un Partido Popular experto en artimañas e malas prácticas\", afirmou. \"Desconfinar\" a TVG Dentro das reclamadas garantías democráticas considera necesario \"desconfinar\" os medios públicos galegos e que a información sexa plural e ecuánime. Nesta liña, pide que se celebren dous debates, en horario de máxima audiencia, e unha cobertura plural nos espazos informativos, de opinión e tertulias. Pontón pide que se celebren dous debates, en horario de máxima audiencia A nacionalista criticou que a pandemia foi a coartada perfecta para xustificar a \"presenza abafante de Feixoo na TVG a unha media de catro horas semanais e co desfile de conselleiros, conselleiras e cargos do PP de Galiza e o Estado\". Desde a declaración do estado de alarma, o pasado 14 marzo, até o comezo desta semana, 18 de maio, Feixoo compareceu 31 veces en directo na televisión pública en horario de máxima audiencia, un total de 1.634 minutos. Tendo en conta que a duración media das novas do BNG son de 30 segundos, explica Pontón, \"o Bloque necesitaría 4,5 anos para conseguir esta cota de pantalla\"."}
{"ID": "NOS_37308", "summary": "Son as súas segundas eleccións galegas como candidato. En 2012, con el como cabeza de lista, CxG obtivo 14.600 votos. Xoán Carlos Bascuas (Alemaña, 1970) aspira a se situar no centro entre o bloco autonomista e o soberanista.", "text": "-Que tal está indo a campaña para Compromiso por Galicia? -Comezamos a precampaña moi cedo. Tiñamos os cabezas de lista xa no mes de maio. En xullo xa tiñamos efectuadas as nosas primeiras reunións para a elaboración do programa, xuntas con entidades do ámbito social. O noso traballo está a ser moi intenso desde o mes de agosto, non apañamos ferias, estamos pateando o país e dando a coñecer o proxecto de CxG. -E que receptividade estades tendo? -Pois a verdade é que moi boa, as cousas como son e non o digo porque esteamos en campaña. Penso que tamén se debe ao alto grao de civismo que hai entre a cidadanía galega por regra xeral. Estamos tendo unha moi boa, moi boa acollida. -E o obxectivo realista de CxG nestas eleccións onde o situarías? -O noso obxectivo é ser a forza política que achegue cordura e amalgame as forzas do cambio, isto é, cremos que nós podemos ocupar unha posición central, achegando coa nosa proposta progresista e socialdemócrata ao PSOE e no discurso galeguista, pois, achegando ao Bloque Nacionalista Galego. -Que che pareceu o debate da CRTVG? -Foi instrutivo. A cidadanía galega ten unha visión clara de cal é a carta de apresentación de cada unha desas cinco forzas políticas, non? Dito isto, que pode parecer positivo, lamentabelmente houbo ausencia de propostas. Máis que un debate houbo un intercambio de reproches. Creo que a cidadanía merecía moito máis que iso. -Un debate no que CxG non estivo presente… -A Xunta Eleitoral Galega actuou dunha forma arbitraria. Non ten ningún sentido que Cs - que nas pasadas municipais presentou 19 candidaturas, nen sequer presentou ningunha en Ourense, que obtivo 16 concelleiros e non accedeu a ningunha alcaldía- participe nun debate en que fica fóra unha organización que apresentou 41 candidaturas propias e participou en dúas coligazóns, obtivo 41 concelleiros e dous máis en cada unha desas coligazóns, e conseguiu 3 alcaldías. Creo que é manifestamente inxusto este criterio, non? Por certo, quero agradecer as mostras de apoio e solidariedade que recebemos, mesmo de persoas de diferentes forzas políticas, o cal mostra que aínda habita algo de democracia no noso país. -Entre as posicións digamos autonomistas ou que defenden que o Estatuto aínda está por completar -aí estarían Leiceaga e Villares- e as propostas soberanistas do BNG, onde se situaría Compromiso? -Pois xustamente nunha situación intermedia. Cando falaba de amalgamar as forzas políticas do cambio referíame a cousas deste teor. Entendemos que o Estatuto de Autonomía actual non está aínda esgotado, pero, con todo, despois de 8 anos sen que houbese unha soa transferencia de competencias, nós cremos que é posíbel acadar competencias como a de tráfico ou a da policía nacional galega e que a súa vez podamos seguir no camiño dunha reforma absolutamente necesaria. Pensemos que comunidades autónomas son as que xa teñen efectuado unha reforma estatutaria e cales non e atoparémonos con que -alén de Euskadi e Nafarroa, que son dúas comunidades cun status especial- veremos que Galiza e A Rioxa son das poucas que non teñen efectuado esa reforma estatutaria. Pensemos no significado que tería para a cidadanía entrar nun proceso de reforma estatutaria, basta con pensar que aconteceu en Catalunya no seu momento. -Por que cres que hai que votar CxG nestas eleccións? -Porque hai un espazo político que está por cubrir, que é o do galeguismo como tal. Existe unha forza nidiamente nacionalista como é o BNG e logo existen forzas políticas que ou ben son ambiguas no seu discurso para co país ou que son directamente forzas políticas de obediencia a Madrid e que, xa que logo, priorizan os mandados desde as súas sedes centrais antes do que é interesante para o proprio país. Nese sentido, pensamos que o discurso do galeguismo está aínda por construír e CxG estao a facer e faino investido cun discurso progresista e socialdemócrata, o cal demostra que Compromiso ambiciona ocupar o espazo no que se declara a maioría da cidadanía galega. -Vós insistedes moito na ideia de que CxG é un compromiso a meio prazo. Cando cres que chegará o voso momento? -Nós dicimos que é un proceso en construción. Igualmente que a loita pola defensa da identidade da nosa nación é un proceso continuado e en permanente construción, pois Compromiso leva unha historia paralela á do propio país, isto é, nós temos moito que facer, certamente, pero vaise organizar sempre ligado a unha consolidación territorial, a conseguir unha maior presenza. Queremos que CxG sexa esa forza que cando se estude a historia política do país se vexa que é protagonista, isto é, no futuro, cando se queira constituír un goberno galego, terá que pivotar sempre sobre Compromiso por Galicia. -Non vos arrependestes durante estes meses de non vos terdes integrados na Marea? -He, he. A pergunta está ben… Non nos arrepentimos de nada. Cando unha persoa desenvolve un proxecto no que acredita, sexa unha empresa, unha familia, un proxecto vital do tipo que sexa, ten que pelexar até o último segundo polo proxecto no que cre. E nós cremos sinceiramente que a este país lle fai falta unha forza política do noso teor, das nosas características. Esta é a razón pola cal estamos traballando cada día en alcanzar un obxectivo como o que acabo de mencionar, ser a forza que sexa a central e a protagonista á hora de desenvolver a política do país. -E, xa para rematar a conversa, nese medio prazo do futuro de Compromiso está como tarefa a reunificación do nacionalismo ou é un horizonte no que deixastes de pensar? -É que reunificar…Eu creo que nunca estivo unificado, estivo xunto, que é un conceito distinto, non? Eu non son pitoniso nen podo determinar o que poda acontecer no futuro. O que si digo é que nós traballamos na nosa propia folla de rota, que é a consolidación da nova forza política galeguista que este país precisa."}
{"ID": "NOS_41532", "summary": "Clara Ponsatí está libre segundo ditou a xustiza escocesa, após entregarse na Policía de Edimburgo con motivo da euroorde emitida polo xuíz Pablo Llarena acusándoa de sedición pola súa suposta implicación no referendo de 1 de Outubro.", "text": "A xustiza escocesa deixou en liberdade Clara Ponsatí após a euroorde emitida polo xuíz Pablo Llarena, en relación coa sentenza do Tribunal Supremo contra as e os independentistas. Na orde é acusada de sedición polo referendo de autodeterminación do 1 de outubro en Catalunya. A ex consellera de Ensino no Goberno de Carles Puigdemont entregouse na mañá da quinta feira 14 de novembro na Policía de Edimburgo, Escocia, acompañada do seu avogado Aamer Anwar, reitor da Universidade de Glasgow. O propio Awnar escribiu nun chío: \"Gañamos a batalla, pero non a guerra, aínda queda un longo camiño\". A defensa de Clara lembra que en Escocia o delito de sedición hai moitos anos que foi abolido. Ponsatí fica en liberdade e co seu pasaporte para poder viaxar libremente. Reino Unido aceptou tramitar a nova orde de detención europea para Ponsatí polo presunto delito de sedición en relación coa súa participación na organización do 1 outubro. Porén, ao recibir a ode emitida por Llarena aseguraron desde a xustiza do RU que non atenderían a pertición por considerala desproprcionada. Finalemnte, accedeu a tramitala. Statement at 3.30pm outside the court as @ClaraPonsati is released on bail from extradition hearing -\"Hem guanyat la batalla però no la guerra, encara queda un llarg camí!\" 🎗Si us plau, doneu suport i compartiu el llançament del meu crowdfunding jurídi https://t.co/5UH3krTOcP pic.twitter.com/Grl8lhZaxZ— Aamer Anwar🎗✊🏽 (@AamerAnwar) November 14, 2019"}
{"ID": "NOS_31248", "summary": "A decisión de rexistar esta iniciativa no Congreso xa está tomada polo seu núcleo impulsor (o Podemos de Pablo Iglesias), mais En Marea quer consultar as súas bases sobre se a respaldan ou non.", "text": "A consulta vai ter lugar esta fin de semana e combinará a votación telemática e presencial, anunciaron esta segunda feira en conferencia de imprensa o portavoz e a viceportavoz de En Marea, Luís Villares e Ana Seijas, respectivamente. A corrupción xeneralizada en que se acha instalado o PP e o uso por parte deste partido de institucións do Estado como a fiscalía son os argumentos que esgrimiu Villares na comparecencia para xustificar a moción. Para os dirixentes da confluencia galega, esta iniciativa -formalmente do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea- é unha \"moción cidadá\", polo que o lóxico é que se consulte a cidadanía sobre a súa pertinencia. Durante esta semana, a confluencia chamará á mobilización da súa base social para garantir a maior participación posíbel na consulta, que se convoca baixo o lema xenérico de #DecideAMocion."}
{"ID": "NOS_51716", "summary": "A organización frontista clamará este 25 de xullo pola soberanía política para Galiza como único instrumento, din, para ter futuro", "text": "Con Galiza \"como centro de actuación\" e \"única prioridade\". Así será o 25 de xullo para o BNG segundo afirmaron o secretario de organización, Bieito Lobeira, e a responsábel de campañas do Bloque, Montse Prado. Con motivo da presentación do cartaz que este ano acompañará a campaña do Día da Patria, desde o BNG lanzaron un chamamento á cidadanía galega para secundar de maneira masiva a manifestación convocada para o vindeiro 25 de xullo. Ao igual que cada ano, a mobilización partirá da Alameda compostelá ás 12.00 e percorrerá as rúas da capital da Galiza até rematar na Praza da Quintana. Alí, tomarán a palabra 19 representantes das delegacións internacionais que acompañarán á organización frontista na conmemoración do Día da Patria. Aliás --e ao igual que o pasado ano-- representantes dalgúns dos sectores máis prexudicados polas políticas dun goberno \"que nos leva ao abismo económico\" --sinalou Prado-- tomarán a palabra xunto co portavoz nacional da fronte, Xavier Vence e o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera García. 19 delegacións internacionais, representantes do naval, da estafa das preferentes e desempregad@s intervirán no acto político da Quintana Bandeiras en todas as xanelas para reclamar \"a soberanía para Galiza\"Desde o BNG chaman a pendurar bandeiras galegas en todas as xanelas e balcóns do país para \"popularizar a reivindicación da soberanía política de Galiza\" como un dereito e necesidade contra a situación \"dramática\" que está a arrastrar o noso país. Un pobo, asegurou Lobeira, historicamente \"maltratado, anulado e negado\" por un marco político \"que lastra a posibilidade de levantar cabeza\" de Galiza. Neste senso, Lobeira vinculou a falta de soberanía aos problemas de moitos sectores produtivos galegos entre os que destacou o naval, pesqueiro, agrogandeiro, pequeno comercio e a fraude das preferentes. Así, @s nacionalistas exixen \"a soberanía para Galiza\" como único instrumento para non emigrar, para ter futuro, postos de traballo dignos nunha \"Galiza rica en recursos\". Mais, que, aseguran, debe \"soltarse do lastre histórico\" que supoñen a UE e o Estado español."}
{"ID": "NOS_43430", "summary": "Na sesión plenaria da pasada sexta feira, a concelleira e tenente de alcalde de Pontevedra, Carme Da Silva, expuña os motivos que levaron o Goberno municipal a presentar un recurso contencioso-administrativo contra a prórroga da concesión de Ence en Lourizán aprobada cando o Executivo de Mariano Raxoi se atopaba en funcións. Conversamos con ela ao respecto.", "text": "A decisión do Goberno central de desistir de defender a prórroga a Ence na causa aberta na Audiencia Nacional despois da ampliación da concesión por parte do Executivo de Mariano Raxoi en xaneiro de 2016 -en funcións- \"abre a porta a esperanza de que poidamos ver recuperada a ría\". Así o expresa, en conversa con Sermos Galiza, Carme Da Silva, concelleira e tenente de alcalde de Pontevedra, que na pasada sexta feira. \"Dixemos que traballariamos con todos os recursos á nosa disposición para que Ence saia da súa localización actual na ría, co fin de recuperala, e é o que estamos a facer. Cumprimos co compromiso que adquirimos coa sociedade\", explica a edil nacionalista, que lembra que o Goberno municipal encabezado por Miguel Anxo Fernández Lores decidiu presentar un recurso contencioso-administrativo ante unha concesión \"irregular\" decidida \"por un goberno en funcións\". \"Se o PP considera que se fixo todo ben e non cometeu irregularidade ningunha para beneficiar a empresa, que medo ten?\" \"Tanto o Goberno municipal como os servizos xurídicos do concello entendiamos que a decisión de ampliar a concesión tiña moitas irregularidades e de aí a presentación do recurso na causa aberta na Audiencia Nacional\", sinala, \"o que me pregunto é: se o PP considera que se fixo todo ben e non cometeu irregularidade ningunha para beneficiar a empresa, que medo ten?\". Da Silva refírese á reacción \"absolutamente desmedida\" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e do portavoz e candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafael Domínguez, \"parece que fan méritos para accederen ao Consello de Administración de Ence\", chancea a concelleira, que acusa Feixoo de \"estar ausente en todos os temas que afectan a Galiza\", de \"estar calado cando debería ter saído defender os intereses galegos\" e de \"ser sumiso ao que lle di o PP en Madrid\" cando neste caso \"salta como un resorte poñéndose a exercer de portavoz de Ence\". A concelleira nacionalista dá conta do que considera unha \"chapuza\" do PP e de Ence. \"O informe da Avogacía do Estado recolle expresamente o seguinte: na orde ministerial recorrida non queda xustificado que a localización da mercantil sobre dominio público marítimo-terrestre non poida ter outro emprazamento. Isto non sería conforme co réxime normativo aplicábel\". \"Estaban tan preocupados de darlle a prórroga que non se preocuparon de que no informe esqueceron explicar que non había posibilidade de facer esa actividade noutra localización que non fose dominio público\", subliña. \"A orde ministerial pola que se outorga a Ence a prórroga solicitada por un prazo de 60 anos a contar desde 2013 non sería conforme a dereito\", mantén a Avogacía do Estado Da Silva cita outra das \"chapuzas\" que pon ao descuberto o informe da Avogacía do Estado, ao que tivo acceso Sermos Galiza, \"o prazo máximo de 75 anos é o resultado da concesión inicial e o prazo da prórroga, non podendo superara no conxunto 75 anos. A orde ministerial pola que se outorga a Ence a prórroga solicitada por un prazo de 60 anos a contar desde 2013 non sería conforme a dereito\". \"Estes son argumentos que tamén esgrimía a asesoría xurídica municipal e que agora son motivo da solicitude de achantamento por parte da Avogacía do Estado\", sinala. A concelleira do BNG pon de manifesto que a actual localización de Ence \"é inadmisíbel en calquera outro Estado europeo\". \"Todas as instalacións industriais en espazos destas características están a ser trasladadas. Por que aquí temos que soportar a Ence?\", pregúntase, \"trátannos como colonia\", denuncia Da Silva, que acusa o Partido Popular de acometer \"todas as modificacións lexislativas necesarias\" e de empregar \"o aparato do Estado\" para que Ence se manteña en Lourizán, no canto de buscar unha localización alternativa. \"Todas as instalacións industriais en espazos destas características están a ser trasladadas. Por que aquí temos que soportar a Ence?\", pregúntase Da Silva A concelleira insiste en apuntar que tanto o BNG como o Goberno municipal están do lado \"da maioría da sociedade de Pontevedra, que leva moitísimos anos traballando para recuperar a ría\". \"O PP, en vez de posicionarse coa meirande parte da sociedade, ponse do lado do Consello de Administración de Ence\", acrecenta. Unha dirección que, tal e como revelara Sermos Galiza no seu día, posúe vínculos co Partido Popular. Non é a primeira vez que Feixoo se pon do lado de Ence. A finais de 2018, o DOG publicaba unha actualización da autorización ambiental da que dispuña a factoría desde abril de 2008. O Goberno galego prorrogou a autorización ambiental logo de rexeitar todas as alegacións formuladas polo goberno municipal de Pontevedra (BNG) e de colectivos como a Asociación pola defensa da Ría (APDR), Confraría de Pescadores de Lourizán e a Marea local."}
{"ID": "NOS_40802", "summary": "Tsipras exclúe as mulleres do seu primeiro goberno e si nomea un ministro de Finanzas que se di marxista, mais que confesa que desde o estourido da crise promove un \"programa de actuación fundamentalmente burgués para salvar o capitalismo de si mesmo\".", "text": "A estrela do primeiro Tsipras é indubidabelmente Yanis Varoufakis, un economista crítico que goza de grande prestixio académico e que se define como marxista. Aos seus 53 anos, Varoufakis, que ten a dupla nacionalidade grega e australiana, móvese nos meios audiovisuais como peixe na auga e ten publicado libros claramente críticos co nesgo neoliberal da globalización como O Minitauro Global. Varoufakis sostén, como Syriza, que foi un erro a entrada de Grecia no euro, mais acredita tamén que ese erro é irreparábel, non ten volta atrás, e que hoxe para o seu país abandonar a eurozona produciría máis danos do que beneficios. Nas súas primeiras declaracións como novo ministro de Finanzas, Varoufakis considerou que o programa de compra masiva de débeda pública por parte do BCE é unha medida que vai na boa dirección, se ben é un movimento insuficiente dada a entidade da crise. \"A política monetaria non é suficiente\", declarou. Cre que debe ser acompañada de políticas expansivas do gasto público, destinadas a incentivar a demanda. Varoufakis defínese como marxista e ten afirmado que un futuro \"democrático, libertario e socialista é o único polo que merece a pena loitar\", mais ao mesmo tempo ten dito que desde que estourou a crise global en 2008 \"comecei a escribir artigos e a irromper máis ou menos atrabiliariamente nos meios, quer do sistema quer alternativos, para promover un programa de actuación fundamentalmente burgués ¡para salvar o capitalismo de si propio!\" (neste sentido pronunciouse durante a súa intervención no l 6ª Festival Subversivo, Kino Europa, Zagreb, o 14 de mayo de 2013. Un goberno sen mulleres Syriza forma o seu primeiro gabinete e faino desde presupostos abertamente patriarcais: Tsipras non nomeou para o seu goberno a ningunha muller. Este xesto non debe sorprender, tendo en conta que o forte de Syriza non son as políticas de estensión das liberdades cívicas: a formación de Tsipras decidiu en última instancia retirar do seu programa eleitoral o dereito das parellas homosexuais á adopción. Aliás, Syriza partilla goberno cunha forza política -Independentes Gregos- de ideoloxía claramente conservadora e até integrista no plano relixioso. O líder desta excisión de Nova Democracia será o novo ministro de Defensa."}
{"ID": "NOS_52624", "summary": "A liberdade de movemento esténdese a toda Galiza na fase 3 do desconfinamento, que estará activa desde o vindeiro día 8, e na que a Xunta asumirá a xestión.", "text": "Desde a vindeira segunda feira, Galiza pasa a ser considerada unha unidade territorial única, o que implica a liberdade de movemento por todo o seu territorio. Até a fase 2, a circulación estaba limitada por provincias. O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste sábado recolle a orde do Ministerio de Sanidade que estabelece a flexibilización de medidas naqueles territorios do Estado que avanzan á fase 2 e á fase 3 do plan de transición cara á nova normalidade. Entre as unidades territoriais que pasan á última etapa atópase Galiza na súa totalidade e non as catro provincias, como foi habitual ao longo do proceso de flexibilización das restricións sociais e de mobilidade. Segundo esta orde, a liberdade para o tránsito interprovincial será efectivo en todos os territorios que pasen á fase 3 agás en Estremadura, que non o solicitou. A plena mobilidade dentro da Galiza foi unha petición recorrente do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que vinculou o seu voto nas sucesivas prórrogas ao estado de alarma decretada polo Goberno central á adopción desta medida, postergata até a data. A mobilidade interprovincial foi tamén unha das demandas da Xunta no proceso de desconfinamento. Esta sexta feira, o Goberno galego solicitou formalmente ao Ministerio de Sanidade que o incluíse expresamente na orde ministerial publicada hoxe. O BOE recolle ademais a última prórroga do estado de alarma, que sinala que a autoridade competente delegada para a \"adopción, supresión, modulación e execución\" de medidas correspondentes á fase 3 será, en exercicio das súas competencias, \"exclusivamente\" quen ostente a presidencia dos Gobernos territoriais."}
{"ID": "PRAZA_20403", "summary": "O estudo liderado pola científica galega Marisol Soengas descobre novos \"mecanismos\" na metástase do melanoma e permite anticiparse á \"colonización\" doutros órganos. O traballo \"pode adaptarse a distintos tipos de cancro, non só ao melanoma\"", "text": "O melanoma cutáneo é un dos cancros máis agresivos. É un tumor da pel no que a detección precoz resulta esencial, porque cando mide pouco máis dun milímetro xa pode comezar a diseminarse e a \"colonizar\" outros órganos. Isto é, a desenvolver a metástase que complica moi notablemente o prognóstico dos paciente. Ata agora as investigacións oncolóxicas puideron paliar este proceso, pero de agora en diante teñen xa algunhas respostas para \"unha das grandes preguntas; como se produce a diseminación tan rápida dos melanomas\". Esa resposta vén de se publicar na prestixiosa revista Nature e é o resultado do traballo dun equipo de investigación internacional liderado pola investigadora galega Marisol Soengas. Soengas, bióloga experta en microbioloxía, dirixe dende hai case unha década o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas e vén de presentar un traballo que, explican dende o CNIO, ten unha \"dobre relevancia\". \"Puidemos descubrir mecanismos descoñecidos do desenvolvemento do melanoma -subliña Soengas- e identificar novos marcadores de metástase\", novos sinais de que o tumor ataca outros órganos que \"poden abrir novas vías para tratamentos farmacolóxicos\". Boa parte da base desta investigación é o proxecto MetAlert, un traballo con ratos \"nos que se pode ver, sen operación cirúrxica nin intervencións adicionais, como o melanoma actúa en todo o organismo desde antes que suceda a metástase\". Para facelo contan coas modificacións xenéticas doutro grupo do CNIO, o liderado pola investigadora Sagrario Ortega, cuxo traballo \"logrou que os ratos emitan luz\" cando os seus vasos linfáticos son atinxidos pola enfermidade. \"Estes ratos son idóneos para investigar o melanoma, porque a xeración de vasos linfáticos é un dos pasos iniciais do espallamento deste cancro\". O estudo liderado por Marisol Soengas descubre novos \"mecanismos\" na metástase do melanoma e permite anticiparse á \"colonización\" doutros órganos Este avance abre a porta, daquela, a que a oncoloxía 'corra máis' que o melanoma e que ademais o faga con técnicas de seguimento moito máis \"sensibles\" que as actuais. \"Os investigadores -sinala o CNIO- detectaron os mecanismos que os melanomas activan\" nun momento \"moi temperán\" para \"crearen as súas propias autovías de diseminación\" polo corpo. \"Sospeitábase -ilustran- que os melanomas, antes de se espallar, preparan o terreo dos órganos que van colonizar\" e agora o grupo liderado por Soengas \"descubriu o porqué\". \"Cando estes tumores son agresivos -sinala a científica galega- actúan a distancia moito antes do que se cría e fano sen necesidade de recorrer ás proteínas que se consideraban esenciais para activar a creación de vasos linfáticos no tumor\". Trátase de todo \"un cambio de paradigma no estudo da metástase do melanoma\". Un rato MetAlert con melanoma agresivo antes da metástase (esquerda) e un rato con melanoma non agresivo (dereita), sen alerta luminiscente / CNIO Unha proteína clave no espallamento do cancro O traballo \"pode adaptarse a distintos tipos de cancro, non só ao melanoma\" Co estudo deste mecanismo sobre a mesa o grupo de investigación foi quen de trazar \"un mapa completo de todas as proteínas\" que interveñen nesta metástase e atoparon \"moitas\" ligadas a melanomas que \"actúan a distancia\". Unha delas é a MIDKINE, na que se centrou o traballo \"pola súa novidade e potencial como diana terapéutica\". A activación desta proteína en concreto é clave na \"capacidade do tumor para espallarse polo organismo\", como demostrou a parte do traballo realizado en colaboración con especialistas en dermatoloxía e patoloxía do Hospital Clinic de Barcelona e do 12 de Octubre de Madrid. \"Con MIDKINE -conclúe Marisol SOengas- atopamos unha posible estratexia contra a que desenvolver fármacos\". Esta non é a \"única diana, por suposto\", pero \"como o melanoma é o cancro con maior número de mutacións descritas, atopar unha proteína que poida servir para bloquear a metástase é un paso importante\". Este achado, asegura este equipo, é \"só o principio\", porque os seus descubrimentos \"teñen unha enorme utilidade\", toda vez que \"poden adaptarse a distintos tipos de cancro, non só ao melanoma\". Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a>"}
{"ID": "NOS_35820", "summary": "A organización sostén que \"Galiza non ten rei\" e protestará esta cuarta feira pola visita do monarca á Comandancia Naval da localidade. A concentración terá lugar ás 12 horas na praza dos Cabalos.", "text": "O colectivo Galiza Nova vén de convocar unha concentración contra a Monarquía para esta cuarta feira. Esta protesta coincide coa visita de Felipe VI á Comandancia Naval de Tui. A posición de Galiza Nova coa institución e coa figura do rei é moi crítica, polo que chaman a toda a cidadanía a protestar conxuntamente ás 12 horas. A convocatoria terá lugar na Praza dos Cabalos (Corredoira). \"Non hai cabida para a monarquía nunha democracia, nós témolo claro\", afirma o secretario xeral da organización, Paulo Ríos. Desde o punto de vista da organización que convoca esta protesta, esta institución \"representa un dos piares da represión colonial que sufre o noso país. As mozas galegas farémoslle fronte, demostraremos que non o queremos aquí e que non somos súbditas de ninguén.\""}
{"ID": "NOS_9958", "summary": "Boas noticias. O Deportivo está vivo. É mellor que iso: o Deportivo redescubriu o fútebol, o passing game, a posesión da bóla. Que nin a vexa o contrario. Fernando é fiel ao seu estilo. Até cando se pasea polo gume da navalla. Vitoria importantísima en Son Moix (2-3), a primeira fóra de casa en todo o campionato. A equipa está agora a 4 pontos da liña de salvación.", "text": "En fútebol o pior que che pode pasar é non saber a que xogas. O Deportivo, con Fernando Vázquez ao leme, xa sabe a que xoga. A que a pelota a teñan os mellores futbolistas. A que non a guinden caprichosamente. A que se asocien. A que a movan. Passing game. Ese é o estilo. Futebol combinativo. Posse da bóla. Que corran os contrarios. A pelota nunca se cansa. Juan Domínguez está no campo. Valerón está no campo. Riki está feito un rapaz. Manuel Pablo volta a crer en si mesmo. Abel Aguilar fai todos os quilómetros do mundo. Pizzi deita destellos. Aythami colle confianza. Silvio até golea... O resultado é moi enganoso. O normal tería sido un 1-4, mas o Deportivo nunca foi un killer, nunca, nen sequer nas épocas douradas, foi unha equipa exterminadora Alén das individualidades, o Deportivo foi unha equipa de futebol en Son Moix. O resultado é moi enganoso. O normal tería sido un 1-4, mas o Deportivo nunca foi un killer, nen sequer nas épocas douradas foi unha equipa exterminadora. Co 1-3 no taboleiro de marcas (1-0, m . 18: Víctor; 1-1, m. 25: Silvio; 1-2, m. 48: Marchena; 1-3, m. 60: Riki), e logo de o Mallorca non pór a proba nen unha soa vez a Aranzubia na segunda metade, o 2-3 asinado por Nsue a apenas 4 minutos do final tensionou o combo coruñés, que por vez primeira no partido comezou a deixar de ser el propio. Mas a escadra de Goyo Manzano non ten o que si tivo e ten este Deportivo, fútebol, xogo, e o partido morreu aí, cunha importantísima vitoria para a equipa de Fernando. Haxa o que houver, pasar o que pasar no que fica de campionato (9 xogos por diante), hai un estilo, hai un xogo, hai unha idea. Este 2-3 é a segunda das 8 vitorias en que Fernando cifrou a salvación cando apañou a equipa. Talvez agora con 5 máis sexan abondo."}
{"ID": "NOS_20831", "summary": "A veciñanza do lugar de Mourelle desprazouse até San Caetano, onde solicitou do goberno galego que impida unha instalación nunha contorna natural e \"moi preto das casas\".", "text": "Veciñ@s de Santa Comba marcharon este sábado até Compostela para protestar ante a Xunta de Galiza contra a instalación dunha planta de gas no lugar de Mourelle, \"a escasos 40 metros das casas\" e nunha contorna natural. Cunha faixa na que se lía \"Non á planta de gas ao carón das vivendas\", @s veciñ@s berraron ante San Caetano contra a instalación desta factoría, facendo ruído e con lemas como \"Alcalde, escoita aos veciños\" ou \"Gas Galicia non respecta o noso agro\". En declaracións á axencia Europa Press, o presidente da asociación cultural para a defensa da contorna natural de Mourelle, Xosé Luís Pazos, explicou que acudiron até Santiago para \"solicitar aos políticos que gobernan que axuden para cambiar a ubicación da planta que Gas Galicia pretende instalar\". \"Consideramos que non é o sitio adecuado, que hai outras alternativas e pedimos que interveñan para facer reflexionar á empresa e que busquen unha nova ubicación na que non exista ningún tipo de perigo para as persoas\", reclamou Pazos."}
{"ID": "NOS_49587", "summary": "Que é o que sostén a Breogán Riobóo ao fronte da secretaría xeral de Podemos Galiza após a disolución da súa dirección e do nomeamento dunha xestora, decisións decretadas desde Madrid? O secretario xeral, en declaracións a Europa Press, deixa entrever que conta cun apoio de peso: Carolina Bescansa.", "text": "\"Non é unha cuestión de que non quera demitir, é que non debo. Primeiro porque os documentos que aprobamos 85.000 persoas en Vista Alegre [congreso do partido, reférese á consulta telemática posterior] din que non debo demitir; e segundo porque a política da chantaxe e da presión é algo do que Podemos ten que fuxir\", afirma o aínda secretario xeral da organización podemita galega. Chantaxe e presión son termos duros e con eles reférese Breogán Riobóo a medidas adoptadas desde a cúpula estatal do seu partido para o forzar a deixar o cargo. El non o vai facer porque se sente lexitimado para continuar ao ter sido eleito en primarias. Riobóo sempre pasou por ser un dirixente próximo a Carolina Bescansa, a compostelá que ocupa a secretaría de programas estatal e que cofundou a organización con Iglesias e Errejón Riobóo sempre pasou por ser un dirixente próximo a Carolina Bescansa, a compostelá que ocupa a secretaría de programas estatal e que cofundou a organización con Iglesias e Errejón. El esfórzase agora por transmitir a idea de que mantén o seu apoio. E así, perguntado a respeito de se o respalda no confronto que dirime co líder do partido, o secretario xeral galego afirma que Bescansa \"mostrou acordo no plantexamento de poder debater e poder decidir conxuntamente a rota de Podemos Galiza para as autonómicas\". O conflito xurdiu ao non dar por suposto Riobóo a continuidade da fórmula de En Marea para as eleccións galegas e ao postular que debían ser as persoas inscritas en Podemos Galiza as que determinasen se a organización vai en coligazón a eses comicios ou os afronta coa súa propia marca."}
{"ID": "NOS_1856", "summary": "A medida que avanza o xuízo polo pago en diñeiro negro de parte das obras da sede do Partido Popular en Madrid, máis antigos cargos públicos da formación recoñecen ter recibido fondos de xeito irregular que coinciden coas anotacións manuscritas de Luís Bárcenas na presunta contabilidade B do PP entre 1990 e 2008", "text": "O ex diputado do Partido Popular Jaime Ignacio del Burgo confirmou que José María Aznar autorizou o pago dunha \"compensación económica\" -que aparece nos papeis de Bárcenas- por 24000 euros a un cargo público entre decembro de 1991 e outubro de 1992. A declaración esta terza feira do ex deputado popular durante a sesión do xuízo polo pago en diñeiro negro dunha parte das obras na sede do PP na rúa Génova sinalou como o entón presidente do PP tramitou estes pagos para Calixto Ayesa cando asumiu unha Consellería no Goberno de Nafarroa, que dirixía Unión del Pueblo Navarro, naquela altura, a marca do PP no territorio. Del Burgo afirmou que despois de ter esa conversa con Aznar recibiu a chamada do tesoureiro do PP, Álvaro Lapuerta (xa defunto), quen lle comunicou que comezaría a entregarlle os cartos \"en metálico e de forma periódica\". Aproveitando as súas viaxes a Madrid pola súa condición de deputado, Del Burgo recollía os cartos e entregáballos a Ayesa. Ademais de Del Burgo, tamén o ex deputado do PP Eugenio Nasarre admitiu que os apuntes sobre entregas de diñeiro na presunta contabilidade B do PP nas que aparecen os seus nomes son verídicos. Súmanse aos de Luis Fraga -ex senador do PP-, Cristóbal Páez -ex xerente do partido- e Luis Bárcenas, que xa recoñeceron a súa validez. Negan as acusacións Nesta sesión do tribunal tamén declararon Javier Arenas, ex deputado e ex secretario xeral do PP, e Jaume Mata, ex ministro e ex presidente das Illes Balears, que negaron ter recibido os cartos ao seu nome nos papeis de Bárcenas, se ben o primeiro aceptou que algúns dos apuntamentos da contabilidade B poden ser certos. Despois chegou a quenda de declarar coma testemuñas de Pío García Escudero, ex presidente do Senado, Francisco Álvarez Cascos e María Dolores de Cospedal, ex secretarias xerais do PP, que negaron a existencia dunha contabilidade B no Partido Popular."}
{"ID": "NOS_23216", "summary": "O feminismo compostelán repetiu este 18 de Xullo o acto en memoria das irmás Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, máis un día para contar a historia das dúas mulleres da estatua da Alameda. Aliás, a asociación cultural O Galo e o Ateneo continúan co proxecto para lles ofrecer unha sepultura digna onde xaceren xuntas: unha foi enterrada na tumba da nai e a outra na da súa irmá Sara", "text": "A súa cara vende postais. A 40 céntimos nunha pequena tenda da Algalia de Arriba, en Compostela. Por mercar máis de tres, o encargado rebaixa o prezo e déixaas nun euro xusto. \"As nosas mulleres\", di, namentres mete a postal nun sobre de papel. Maruxa, a máis baixiña, tapa o corpo cun vestido de raias, vermellas e brancas, e cobre o lombo cun abrigo a xogo. Coralia, que desde moza quixo ser Rocío, tamén vai de vermello. Curiosa cor, pois o réxime e quen lle bailou as augas tivéronas sempre por 'roxas'. E por 'putas'. A súa cara tamén sae nas fotos d@s turistas que visitan a Alameda de Compostela. Collen unha da man ou agarran a outra polo van sen saber moi ben quen son, á parte de dúas mulleres con roupas rechamantes que dan ben en cámara. O 18 de xullo de hai dous anos, cadrando co 75 aniversario do levantamento militar do fascismo en 1936, a asociación cultural O Galo e o Ateneo de Santiago quixeron recordar estas dúas mulleres nun acto inzado de poesía e flores. Desde aquela, é o movemento feminista da cidade, nomeadamente a cooperativa As Dúas e a libraría Lilith, quen convocan unha mullerenaxe en que recordar a súa historia de resistencia. Volveu ser esta quinta feira, na Alameda. Ás dúas en punto. A mesma hora á que contan que saían de paseo polas rúas compostelás, ao pechar o taller de costura que rexentaban. Eran doce @s fill@s do zapaterio da rúa Espírito Santo, tres deles militantes da CNT. Un foi paseado. Os outros dous fuxiron e ficaron agochados varios anos, até que deron con eles e os encarceraron. A elas torturáronas. Querían información sobre os irmáns varóns. O vestir, a maquillaxe e a desafiaron o gris daqueles anos. Ás dúas en punto do día en que comezou a súa historia de represión pararon os reloxos. E diante da escultura que César Lombera ergueu para elas na Alameda @s asistentes, rodeadas de flores lilás e vermellas, recordáronas. Separadas despois de mortas A recuperación da memoria histórica de Compostela está detrás do proxecto que na primavera deste ano encetaron a asociación cultural O Galo e o Ateneo, coa colaboración da Asociación de marmoristas da Galiza. Procurar para As Marías, as mulleres máis coñecidas e retratadas da capital do País, unha sepultura que lles devolva, agora mortas, a dignidade que en vida lles fora arrebatada. Que se emprendera tal iniciativa neste ano non é casualidade, pois foi en febreiro de 2013 cando apareceu a tumba onde se pensaba que as dúas irmás xacían. A investigación dos mencionados colectivos, consultando os rexistros oficiais, permitiu coñecer que os tres anos de diferenza que separaron a súa morte, levou a que as enterraran por separado. Así, unha estaría nunha sepultura propiedade da nai, namentres a titular da outra sepultura era da terceira das irmás Fandiño Ricart, Sara, quen morreu moi nova. Así llo explicou a Sermos Galiza Pancho Candela, secretario do Ateneo compostelán, facendo fincapé nas dificultades burocráticas que se aveciñan para poder soterrar xuntas \"estas dúas veciñas que nos fixeron libres\". Aínda que de momento non é máis que unha idea e que require, en todo caso, do visto e prace, d@s familiares das Marías que aínda viven, Adrián Candela, secretario do Galo, explica que o que se pretende é a construción dunha lápida \"parecida á de Valle-Inclán\", realizada en granito rosado para xogar coa pedra de Compostela e coa cor que caracterizou sempre as dúas mulleres."}
{"ID": "NOS_4945", "summary": "Logo de doce anos da promulgación da Lei de Memoria Histórica, os quinteiros de moitas vilas e cidades galegas seguen a homenaxear moitos afíns á ditadura. Na localidade do Barco dixeron basta e veñen de aprobar no pleno e por unanimidade unha moción na que informan o Concello da Coruña de que teñen unha rúa dedicada a Serxio Peñamaría de Llano, rexedor durante o franquismo que chegou a disparar \"tiros de graza\" na comarca de Valdeorras. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "O Ventorrillo é un populoso barrio obreiro da Coruña que foi creado na segunda metade do século XX para dar acubillo á marea migratoria que protagonizou o éxodo rural. Cos anos, tanto a paisaxe urbana como a paisanaxe foron mudando, mostrando agora unha nova faciana marcada pola construción en altura, a falta de prazas de aparcadoiro e a multiculturalidade. O que non mudou foi o rueiro, que segue a presentar unha mestura de nomes onde abundan fundamentalmente os mosteiros (como os de Caaveiro, Toxosoutos, Monfero ou Sobrado) e os alcaldes franquistas (desde Jaime Hervada até Salorio Suárez, pasando por Peñamaría de Llano). A placa deste último leva anos sendo especialmente denunciada polas asociacións que traballan a prol da recuperación da Memoria Histórica, que agora veñen de atopar un aliado no Concello do Barco. Con votos a favor de todas as forzas políticas, incluído o Partido Popular, aprobouse no pleno municipal unha moción para informar o Concello da Coruña sobre as actuacións do \"tenente da Lexión Serxio Peñamaría de Llano\" na comarca de Valdeorras. Tiros na caluga Na devandita moción –presentada e defendida polo concelleiro nacionalista Suso Vilasánchez– explícase grazas ao traballo de historiadores, documentos e testemuñas como o alcalde da Coruña entre 1959 e 1963 fora dúas décadas antes tenente do I Terzo da III bandeira da Lexión destacada en Viloira, a unidade encargada da represión na comarca de Valdeorras. Xa rematada a guerra civil española, o tenente Peñamaría de Llano \"participou directamente na execución de Domingo Rodríguez e Amalia López\", dous veciños da aldea de Soulecín aos que \"deu o tiro de graza\". Asemade, logo de asasinalos, el e os seus homes \"colleron as cousas de valor da casa e da corte, as vacas, os porcos e as galiñas que tiña a familia e, en carros, levárono todo\". Tan só un día despois do suceso, o 19 de outubro de 1939, levou a cabo o \"asasinato de Adoración Fernández Cardóniga e a súa filla Remedios pendurándoas dunha árbore, así como a queima da súa vivenda, obrigando os veciños a contemplar o crime\". Como tenente do I Terzo da Lexión, Peñamaría de Llano \"asasinou\" unha nai e maila súa filla pendurándoas dunha árbore Memoria selectiva Todos eses feitos permanecen ocultos nas biografías e novas referenciais ao ex alcalde, até o punto que googleando o seu nome, o segundo resultado que ofrece o buscador é un obituario escrito polo seu xenro, antigo xefe do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, e publicado en La Voz de Galicia co gallo do seu pasamento a finais do ano 2004 co título Sergio Peñamaría de Llano: un hombre bueno. Enterrado con homenaxe solemne da Policía Local e a Garda de Honra nun acto organizado sendo alcalde Francisco Vázquez, da súa figura adóitase lembrar a autoría do slogan \"La Coruña, ciudad donde nadie es forastero\", a instalación da Coca‑cola, a construción da fonte de Catro Camiños ou a inauguración de Alvedro, pero non a súa outra cara. A moción aprobada no pleno muncipal do Barco de Valdeorras revela ese lado escuro, que inclúe a súa \"participación como fiscal militar en Consellos de Guerra Sumarísimos\", con solicitudes \"inxustificábeis\" de penas de morte, como o de 31 de xullo de 1947, con tres penas capitais e condenas de un a 30 anos para 47 procesados. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_45653", "summary": "Os novos estatutos de IU-Madrid prohiben expresamente criticar en público as decisións da formación, segundo informa El Diario.Es, sob amenaza de suspensión de militancia. Os estatutos madrileños, informa o xornal madrileño, virían incluír unha fórmula xa existente a nivel de IU federal.", "text": "Prohibición expresa á militancia de facer críticas en público ás decisións da organización. Segundo informa El Diario, nos novos estatutos de IU de Madrid cualifícase como \"infracción grave\" que un militante faga \"unha manifestación pública, por calquera medio de difusión, de opinións, ideas e comentarios contrarias ás decisións, acordos e resolucións dos órganos de IU Madrid\". Sempre según o sinalado por El Diario, a sanción prevista nos estatutos para este tipo de \"conduta crítica é a suspensión como afiliado durante un período que pode ir desde un mes até un año. A reiteración na crítica pública implicaría unha infracción moi grave, castigada con suspensión de militancia de ata 2 anos ou incluso a expulsión\". Izquierda Unida a nivel federal xa inclúe esta mesma fórmula nos seus estatutos desde hai anos, afirma El Diario. Estas normas aprobáronse durante a Conferencia de Organización e Estatutos de IU-Madrid e foron impugnadas polo 49% d@s delegad@s."}
{"ID": "NOS_38803", "summary": "Cunha carta dirixida ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Prolingua esixe que se fagan públicos os resultados da avaliación oficial da situación do galego no ensino non universitario e reclama que se tomen medidas perante un \"retroceso sen precedentes\".", "text": "De \"alarmante\" cualifican desde Prolingua a situación do galego no ensino, en especial nas primeiras idades educativas, que supón, ao seu ver, unha perda da \"liberdade lingüística\". A entidade de defensa do galego vén de remitirlle unha carta ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez na que lle esixe que fagan públicos os resultados da avaliación e do seguimento dos tres últimos cursos nos centros educativos non universitarios que estaban previsto por decreto así como os efectos dos programas de fomento da lingua en cada centro. Prolingua solicita tamén a publicación dun mapa de uso das linguas nos centros non universitarios e os seus proxectos lingüísticos ademais a publicación dos criterios sobre os procedementos de avaliación inicial de competencias nas dúas linguas oficiais en Primaria e Secundaria Obrigatoria. A entidade remitiu o escrito tamén ao presidente do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega e dos partidos políticos. \"Está en perigo a liberdade lingüística de boa parte da cidadanía, de milleiros de nenos e nenas galegofalantes, esencial nunha sociedade democrática\", afirman, no que cualifican como situación de \"dramática incerteza\".Consideran alarmante a porcentaxe de 10,4% de galego nos centros das sete grandes cidades que ofreceu o propio conselleiro no Parlamento galego o que supón, ao seu ver, \"un retroceso sen precedentes no emprego da lingua galega nun período educativo decisivo para a consolidación das competencias de comunicación lingüística por parte de todo o alumnado\". Para Prolingua o incumprimento da lexislación e as distintas normativas en materia lingüística queda á vista cando o 85 % do alumnado galego non pode desenvolver a súa etapa escolar en lingua galega."}
{"ID": "QUEPASA_313", "summary": "O Concello incrementa en máis de 1.100 horas mensuais o seu servizo de axuda a domicilio a persoas dependentes", "text": "Esta semana arrincan os traballos de instalación da rede de fibra óptica no Concello de Malpica. Os operarios da empresa designada para a intervención iniciarán o cableado do sistema en Malpica, unha rede que funcionará a través da operadora Rede Aberta Galega. Nas vindeiras semanas proseguirase no resto de núcleos do concello. Para calquera dúbida, consulta ou suxestión, as persoas usuarias poden poñerse en contacto co 696 448 130 ou co Concello no 981 720 001. Servizo de Axuda no Fogar Paralelamentem, da man da Consellería de Política Social, o Concello pode incrementar en 1.107 horas ao mes (un 21%) o servizo de axuda a domicilio (SAF) para persoas dependentes. Son agora ás 5.180 horas por mes. Reduce así a lista de agarda."}
{"ID": "PRAZA_103", "summary": "Montse Dopico entrevista Suso Lista, que publica Salseiros (Edicións Embora), un libro de relatos que respira vida. Frescura. Liberdade. Humor. Unha achega ás historias de Corme. Da Costa da Morte. Do mundo enteiro", "text": "Salseiros (Edicións Embora), é un libro de relatos que respira vida. Frescura. Liberdade. Humor. Crítica e autocrítica. Unha achega ás historias de Corme. Da Costa da Morte. Do mundo enteiro. De mariños mercantes. Percebeiros. De peculiares santos. Soños. Utopías. De loitas. De medos. De sentires. Do que é importante e do que non. É a segunda obra en papel de Suso Lista, e recolle textos publicados no seu blog. Aínda que hai moito que comezou a escribila. Se cadra, cando embarcou aos 16 anos e comezou a ler clásicos. No medio do mar. Salseiros recolle textos do teu blog. Como foi o paso ao papel? Tiven o blog activo durante cinco anos. Escribía moito: todos os días. Despois pecheino e abrín unha conta no facebook, onde fago algo parecido: subo fotos e relatos. Un día Xosé Manuel Varela, que é de aquí ao lado, de Malpica, díxome que se non tiña pensado publicalos… Alfredo Conde animoume tamén moito a publicar. Eu nesas andaba falando con Galaxia por outro proxecto, que ía levar ilustracións de Jorge Cabezas. Faleilles tamén deste, pero non foi para adiante: tiña que esperar. Mais os de Embora interesáronse ao momento e, claro, eu encantado. Falei con Francisco Castro e pareceulle ben. Falei con Miguel Toval… e así foi. Son 58 relatos, que mesturan realidade e fantasía. Ao principio custábame escribir en galego. Teño 52 anos e deixei de estudar aos 16, e ademais estivera internado en Valencia para facer a EXB. A escola que tiven foi en castelán, e ademais lía en castelán. Aínda sigo aprendendo galego… Contas nun dos relatos que escribes o que che sae, sen pensar moito antes. Por iso esa frescura… É que non tiña ordenador na casa. Ía escribir, despois de traballar, ao local da Asociación de Veciños, e tiña moi pouco tempo antes de que pechasen. Ás veces ía xa no coche pensado un tema, pero nada máis. Non había planificación ningunha. As fotos servíanme de punto de partida, e escribía o que a foto me suxería. Creo que foi Manuel Lourenzo, que che daba aulas de teatro, outro dos de que te animaron a publicar… El foi o primeiro, de feito. Xa antes de que eu tivese o blog. Eu ao principio o que escribía eran os contos que me contou miña avoa e cousas así. Manuel Lourenzo animábame moito, e así comecei a escribir máis cómodo. Sempre che gusta que a xente tan importante lle guste o que fas… Tamén Manolo Rivas: foi outro dos que me dicían que escribise... Aínda que eu non son nada vaidoso. Creo que o importante é que te divirta escribir, e eu paseino moi ben escribindo estes relatos. Se non te divirte, non ten sentido. Entendo que Suso de Toro decidise abandonar, por iso. \"Eu o que quero é sacarlle á xente un sorriso coas miñas historias. Ademais, na Costa da Morte somos así. \"Guasa\" témola nós, e non os andaluces\" Eu o que quero é sacarlle á xente un sorriso coas miñas historias. Ademais, na Costa da Morte somos así. \"Guasa\" témola nós, e non os andaluces. Ou teñen eles ese humor negro que temos nós co tema da morte? Eu agora traballo de camareiro no bar de meu irmán, e á xente gústalle escoitar este tipo de historias… Ademais, en Corme todo o mundo fala galego. E houbo xente que me dixo que non lera nunca un libro en galego, e que o meu o lera dun tirón. A xente nunca tanto leu: lemos moito en internet. Pero se cadra non hai tempo para textos longos. Por iso funcionan ben os textos curtos, entretidos… Cando se fala de mestura de realidade e ficción saen os tópicos: realismo máxico, Cunqueiro… Mais se cadra non é máis que a tradición de literatura oral, que é así. Si, claro. É o tipo de historias que escoitabas. Ademais, eu non lera a Cunqueiro cando comecei a escribir. Despois lin As crónicas do Sochantre e quedei fascinado. Desde entón leo en galego sen problema. Como dicía antes, eu ao principio lía en castelán. De feito, comecei cando estaba embarcado como mariño mercante. Lía as novelas de vaqueiros de Estefanía. Despois xa comecei a ler outras cousas… Mais si, creo que á xente o que lle gusta, cando lle contan historias, é imaxinar. E eu tento escribir así, como se me estivesen contando a min unha historia. Despois, cada salseiro ten a súa gotiña… \"O mar é unha riqueza inmensa, e é incrible que a xente non poida vivir del e teña que marchar. Corme tivo case 5.000 habitantes no 1945. Agora somos uns 1.000. Teriamos que comezar de cero\" Nos relatos saen moitos temas relacionados contigo e con Corme. Como a túa loita pola pesca sustentable. É un tema que sempre me preocupou, e máis cando fun patrón maior da confraría. É que no mar habería que facer unha revolución, igual que na terra. O mar é unha riqueza inmensa, e é incrible que a xente non poida vivir del e teña que marchar. Corme tivo case 5.000 habitantes no 1945. Agora somos uns 1.000. Teriamos que comezar de cero. Non é \"deixar vivir\": hai que cumprir a lei, estar quietos cando é necesario, porque o mar ía agradecelo: a pesca, o marisqueo. Agora o que temos é un pobo case baleiro. Nós somos cinco irmáns e quedamos por aquí, e o traballo que hai é este: o mar. Aínda que sexa precario. E por suposto non defendo a precariedade. Mais temos que respectar o mar. Tamén comentas que hai unha idea errada do furtivo como un pobre alcohólico que busca a vida… E que é parte da mesma \"picaresca\" que levou a algunha xente a cobrar indemnizacións do Prestige sen ter sido afectada por unha gota de fuel. É verdade que á picaresca recorre máis a xente con menos cultura, menos ética… Tamén hai que ter en conta que aquí a xente levou paos durante séculos, e que a picaresca foi un xeito de supervivencia. Pero agora xa non é necesaria para sobrevivir, e segue existindo. O furtivo rouba aos pobres para darllo aos ricos, como digo nun dos relatos. Tamén é verdade que os furtivos son, moitas veces, xente con licencia. Eu fun percebeiro 23 anos e, claro, tiven diante moitas mazás que trabar. Porque a tentación é forte: coller demais… Mais sempre cumprín a lei. E se picas un día, outro día non podes dicirlle nada a ninguén porque faga o mesmo. Ademais, o da permisividade é algo que vén de arriba. Hai moito politiqueo e moita mafia. Eu alucinei cando era patrón maior. Fun concelleiro do BNG, cun alcalde do PP. Dicíanme que eu tirara a confraría abaixo. E o único que fixen foi abrir o caixón. Se non somos honestos, non somos nada. \"A xente vai morrendo e hai cousas que podían ter cambiado hai 20 anos e seguen igual. Chegaba con que houbese tres persoas en cada pobo dispostas a poñer todo patas arriba\" De honestidade, e de humanidade, falas moito nos relatos. E de loitar, e non deixarse levar polo mar, que é máis doado. Nese sentido, non hai idealización de Corme como unha sorte de lugar feliz e perfecto. Falas de inmobilismo... É que o que nos fai humanos é iso. Poder falar, mudar de idea se nos equivocamos… Mais é verdade que é máis fácil deixar que o mar te leve que loitar contra el. E ese inmobilismo non o hai só aquí. A xente vai morrendo e hai cousas que podían ter cambiado hai 20 anos e seguen igual. Chegaba con que houbese tres persoas en cada pobo dispostas a poñer todo patas arriba. Por iso nos meus relatos mandan os nenos, a xente nova. Pero é só metáfora… Tamén comentas que é unha sociedade \"tribal\", na que todos sodes iguais. E que cadaquén busca o xeito de gozar da vida. Con liberdade. O da liberdade ten unha explicación fácil. En Corme sempre se traballou na mariña mercante. Nós, os pais, os avós, os bisavós… Sempre tivemos contacto co exterior, coas cousas novas. Iso fai que a xente sexa máis liberal. Aquí houbo dous cines e catro bandas de música. Paraban moitos barcos, era un pobo moi cosmopolita. Chegou a ser o segundo ou terceiro porto máis importante en exportación de madeira. Ademais, as casas están moi pegadas. A vida non é privada: xa nada se esconde porque todo se sabe. Cando se proclamou a República, aquí chegou a noticia antes, por mar, e izaron a bandeira republicana. Cando viñeron os cataláns montar as fábricas de salga, en Corme era xente de aquí a que montou todo, aprendendo dos outros. E así todo. Somos un pobo moi libre, e con moitas ganas de vivir e de facer cousas. \"En Corme sempre se traballou na mariña mercante. Nós, os pais, os avós, os bisavós… Sempre tivemos contacto co exterior, coas cousas novas. Iso fai que a xente sexa máis liberal\" Embarcaches como mariño mercante aos 16 anos. Aos 25 volviches á terra para traballar como percebeiro. Moito mundo debiches ver, xa que falas de cosmopolitas. Era o traballo que había se non querías estudar. Tiña 16 anos, case 17. Fíxeno, ademais, de costas a meu pai, que tamén estaba embarcado. Un día chegou, preguntou por min e dixéronlle que embarcara. Eu andaba, si, descubrindo mundo. Europa, norte de África. Era o normal: falábase de Hamburgo, de Nova York, de Nova Orleáns…, como quen falaba do pobo de ao lado. Cando deixei de pasalo ben así decidín quedar na terra. Ademais, o do percebe era un traballo polo que loitar. O plan de explotación de Corme foi un éxito, imitado despois noutros sitios. Navegando foi como descubrín a literatura, ademais. Porque no barco hai moito tempo. Fíxenme un lector de clásicos moi asiduo. A imaxe do traballo do percebeiro pode converterse en estampa turística. Mais ti falas de medo. Non de heroicidade, de épica. Claro que tes medo. E un día collín medo de verdade. Estiven a micronésimas de segundo de soltarme, porque non aguantaba dos brazos. Souben o que era o medo. Eu sempre digo que respecto téñollo a meu pai. Ao mar, medo. Vin como sacaban xente do fondo. Unha nai que deixou catro fillos pequenos. Amigos mortos. Un vello que en vez de ir á festa foi ao mar e non volveu. Hai que estar alí para saber o que é o mar: o ruído que mete, a impresión. O inferno debe ser algo parecido. \"Navegando foi como descubrín a literatura, ademais. Porque no barco hai moito tempo. Fíxenme un lector de clásicos moi asiduo\" Falas tamén do Gran Sol. Dis que é xunta moi dura, porque se non o fose non aturaría esa vida. E que ás veces parece que non teñen sentimentos. Nese sentido, dis o contrario de Xurxo Souto, que ve poesía no medio da dureza. Falo por exemplo de Villaverde, que é amigo íntimo. Poetas somos un pouco todos, ata o enterrador e o verdugo. O que pasa é o que eu destaco é a dureza, porque é unha vida moi dura. Eles mesmos contan cousas como que cando afoga un miran a ver se levaba un reloxio de ouro a ver se llo sacan. Por iso digo que ás veces parece que non son humanos. Supoño que será, tamén, ese humor negro que serve de mecanismo de defensa. É verdade, tamén, que era a xente excluída a que moitas veces embarcaba. Xente alcohólica, enganchada… que ao volver a terra gastaban a marea enteira en priva, en putas, en droga… Agora xa non é así. Xa se controla. Antes bebíase moito nos barcos. Hai humor negro tamén no que contas da seita de Suso. E como unha crítica á hipocrisía que pode haber arredor da Igrexa. Algo diso hai, si, cando me presento a min mesmo como un santo. E humor negro, claro, porque descubríronme un tumor na garganta, e cando te ves así… Cando me ían operar pensei que ía quedar sen voz. Pero quedoume unha voz mellor da que tiña. Antes tiña unha voz rota… Ademais, fun monaguillo, así que coñezo ben o tema dos santos, as misas, as xentes… O que non comentas é nada do teu traballo como actor. O primeiro foi o papel en Mareas Vivas, supoño. É que tampouco lle dou máis importancia cando non ando niso. En Mareas Vivas foi McGregor quen tirou por min. Que é ademais outro dos que me animaron a escribir. Como guionista, e con Omar Rabuñal, fixen Para mariñeiros, nós, primeiro en youtube e despois en V Televisión. E sigo escribindo. Gústame escribir diálogos e guións. Tamén teño pensado publicar un segundo libro de relatos. \"Pondal tivo relación con Corme. Era un pobo moi comunista para el. Seu irmán foi un dos que levaron o concello da Ponteceso, e nós sempre quixemos ser independentes\" Está ben o que contas de que Pondal se revolvería na tumba de ver a cultura actual, sen señoritos nin mansións. É que Pondal tivo relación con Corme. Era un pobo moi comunista para el. Seu irmán foi un dos que levaron o concello da Ponteceso, e nós sempre quixemos ser independentes... Cóntanse moitas cousas de Pondal, como que atendía os enfermos pobres desde o balcón, para que non o contaxiasen. A min de himno gustábame máis que Queixumes dos pinos unha de Celso Emilio Ferreiro. Este é un pobo de moitas historias, de moitos personaxes."}
{"ID": "NOS_16918", "summary": "Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e até colchóns foron retirados nesta acción de voluntarios organizada por Adega ao longo de 30 areais galegos.", "text": "Durante a pasada fin de semana máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 4ª Limpeza Simultánea de Praias organizada por Adega. Tarefa na que recolleron por volta de 4.000 quilogramos de lixo, na súa maioría de orixe plástica Tomaron parte nesta actividade centros de ensino, surfeiros, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mariscadoras. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e ata un colchón. Houbo limpezas que aumentaron o número de voluntarios cando os propios bañistas se uniron á actividade, como en Fisterra. E incluso houbo limpezas en barco, a limpeza organizada na ría de Vigo pola CEMMA recolleu 1 residuos cada 280 metros navegados, un dato alarmante no que se refire ao lixo mariño. O lixo mariño é, sinala Adega, un dos graves problemas ambientais do planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. \"Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra\"."}
{"ID": "NOS_30319", "summary": "Blue Jasmine é un Allen notábel. Non o mellor Allen, mais si un Allen perfeitamente recoñecíbel. Cóntanolo, na súa entrega das sextas feiras, o noso crítico Andrés Castro.", "text": "BLUE JASMINEAno: 2013Duración: 98 min.País: Estados UnidosDirector: Woody AllenGuión: Woody AllenFotografía: Xabier AguirresarobeMúsica: VariosReparto: Cate Blanchet, Alec Baldwin, Sally Hawkins, Peter Sarsgaard, Bobby Cannavale, Andrew Dice Clay SINOPSEJasmine (Cate Blanchet) é unha muller rica da alta sociedade de Nova Iorque que ten que mudarse á casa da súa irmá Ginger (Sally Hawkins) por mor de quedar de súpeto sen cartos, sen casa e sen marido. Jasmine vai ter que se adaptar a vivir sen luxos nun pequeno apartamento, buscar traballo e reinventarse a si mesma para poder sobrevivir ao momento máis crítico da súa vida. CRÍTICAWoody Allen abandona momentaneamente o seu periplo cinematográfico por Europa, tras a excelente \"Midnight in Paris\" e a fallida \"A Roma con amor\", e trasládase ás rúas de San Francisco para contar a historia dunha muller que ten que se reinventar a si mesma tras o duro pau que lle dá a vida: perde o seu queridísimo marido rico, perde todas as pertenzas e queda sen un can até o punto de ter que vender peles e xoias, pero nunca os bolsos de Louis Vuitton. Non lle queda outra que ir vivir coa súa irmá, coa que tampouco é que teña unha relación moi boa. Alí dá de fouciños coa realidade tras moitos anos vivindo a todo tren nunha sociedade decadente de luxo e conveniencias. O marido enganábaa, pero trataba de mantela contenta con xoias, regalos e caprichos caros. Jasmine firmaba todo o que lle poñía diante relacionado cos negocios para evitar ao fisco con tal de vivir como unha raíña. Facíase a longuis pero no fondo sabía o que estaba a pasar. Cando cachan o marido e dá cos ósos na cadea, ela cae en shock. Decátase de todos os enganos e ten que pórse de pastillas até as cellas para afrontar a crúa realidade. Cate Blanchet, soberbia Se ben moitas das películas de Allen poden estar interpretadas por calquera por teren un guión sólido e sen fisuras, nesta ocasión as actuacións son determinantes para que \"Blue Jasmine\" se estea convertendo na película máis taquilleira de Woody Allen até a data. Cate Blanchet está soberbia e desta volta non lle sobra nin un só aceno. Nela descansa o éxito do filme. A destacar tamén Sally Hawkins, que fai da irmá da protagonista. Xa a miráramos en \"Happy-go-lucky\" (2008, Mike Leigh) coa que se gañara un Globo de Ouro ese mesmo ano e tamén un Oso de prata na Berlinale. Aquí está á mesma altura aínda que nun papel algo menor. Entre os demais secundarios cumpre resaltar a presenza de Andrew Dice Clay, recordado pola película de culto dos noventa \"As aventuras de Ford Fairlane\" (1990, Renny Harlin). Para variar, a banda sonora está chea de música jazz. Desde Louis Armstrong a Julios Block pasando por Joe King Olvier, entre outros. Ademais, a omnipresente balada de Blue Moon (o clásico de Richard Rodgers e Lorenz Hart) que dá título ao filme. Na fotografía está o vasco Xabier Aguirresarobe que xa traballara con Allen en \"Vicky, Cristina, Barcelona\", e que desde a súa participación en \"Mar Adentro\" con Amenabar, estase a facer un oco en Hollywood con películas coma \"The Road\", \"Memorias dun zombie adolescente\" ou no remake, de próxima estrea, de \"Poltergeist\". Fuxindo de Manhattan Allen leva un tempo fuxindo do ambiente de Nova Iorque e o seu querido Manhattan, quizá xa un pouco farto de anos vendéndoo como un lugar xenial. Por fin quere mostrar que non todo é bo e que pulula un ar malsán e falso que ás veces pode facerse irrespirable. Os ataques de ansiedade da protagonista non creo que sexan porque si. Tampouco escolleu a cidade de San Francisco de forma aleatoria, senón coma unha pequena homenaxe a \"Vertixe\" de Hitchcock. Se naquela a reinvención da protagonista (Kim Novak) era de mans dun home obsesivo (James Stewart), nesta a protagonista reinvéntase a si mesma. En fin, coma sempre, hai moito de Woody Allen na película. O espectador espelido pode xogar a atopar as referencias se quer. Xa está a rodar a súa seguinte obra no sur de Francia, con vistas a estrear no 2014 para acadar a periodicidade anual á que nos ten acostumados. \"Blue Jasmine\" non é do mellor de Allen, pero é unha boa película que recupera o director neoiorquino máis serio e reflexivo. A sentenza do filme é que as veces non é tan doado esquecer o pasado e facerse o/a longuis dos negocios turbios da parella acaba tendo consecuencias. É dicir, o karma acaba volvendo dunha maneira ou doutra. Algo me di que a Ana Mato ou á infanta Cristina vailles prestar moito o filme."}
{"ID": "PRAZA_13418", "summary": "A prestixiosa universidade acolle a décimo quinta edición do Forum for Iberian Studies, centrado nesta ocasión na análise das identidades nacionais a través da literatura e o audiovisual. Bernardo Atxaga inaugura este mércores o congreso, no que participan Margarita Ledo, Diego Ameixeiras, José Manuel Sande ou Belén Regueira, entre outros galegos e galegas.", "text": "De que maneira se crean e definen as identidades nacionais da Península Ibérica? Como se constrúen a través da literatura e do cinema e outras producións audiovisuais, e na intersección dunha e doutras? A Universidade de Oxford acolle esta semana, entre o mércores e o venres unha nova edición do Forum for Iberian Studies, que chega xa á súa décimoquinta edición e que coma nos anos anteriores reúne investigadores e autores de Euskadi, Catalunya, España, Portugal e Galicia. O programa inclúe achegas de todo tipo á investigación sobre a cultura galega O encontro abrirase cunha interveción de Bernardo Atxaga, o mércores, para continuar nos dous días seguintes con mesas de debate e palestras,como por exemplo a que ofrecerá José Manuel Sande, programador do CGAI, centrada Na procura do novo cine galego. Historia, narración(s), identidade e modelos de representación. O programa inclúe achegas de todo tipo á investigación sobre a cultura galega, dende A cultura e a gastronomía galega: Floyd vs Paltrow (Isaac Xubín), \"Cándida\" e a representación da emigrante galega a América (Margarita Ledo e Silvia Roca), Do nacionalismo literario á literatura post-nacional? Sobre o concepto de nación e os usos da identidade nos estudios culturais galegos (Alejandro Alonso), \"Castelao e a sua época\": unha tentativa de (re)coñecemento a través do teatro (Antonio Iglesias), Galizan Memorials. Refiguring the Trauma of Fascism (John Thompson), (Re)-constructing national cinema in minoritized language contexts: The case of Wales and Galicia (Antía Pereira), The funny 'others'. Stereotype and resistance in the humour of the emerging nations of Europe: a comparative analysis between Wales and Galicia (Daryl Perrins e Marta Perez Pereiro) ou Cinema galego: cuestións metodolóxicas para o seu estudo (Ánxeles Torres). Ademais, o congreso contará con outras actividades, en paralelo, comezando cun obradoiro práctico de elaboración de guións, impartido por Diego Ameixeiras; tamén haberá unha sesión de novo cinema galego, con proxección de obras de Ángel Santos, Peque Varela, Ramiro Ledo ou Óliver Laxe. E tamén unha sesión explicativa sobre os medios de comunicación en Galicia, a cargo de María Yáñez e Belén Regueira. Programa do encontro (.pdf)"}
{"ID": "NOS_20994", "summary": "Carlos Varela amosa a súa preocupación polos \"reflexos\" da delincuencia económica e pide que o \"macroproceso\" pola Pokémon teña lugar canto antes.", "text": "O fiscal superior de Galiza, Carlos Varela, ve o sistema penal \"lento e democrático\", en contraposición coa corrupción, á que vai \"imaxinativa\", \"rápida\" e \"global\". \"Necesitamos mellorar nestas respostas, porque a criminalidade económica é rápida, informal, creativa, mutante e global; mentres que o sistema penal é lento, formal e burocrático\", alertou Varela nunha entrevista na Cadena Ser. O fiscal superior de Galiza sostén que este \"desfase\" ten que \"ser superado constantemente\" cos \"escasos recursos dispoñibles\". Neste sentido, subliñou que o actual modelo revela \"serias carencias\" para facer fronte á corrupción económica e aos comportamentos corruptos, que \"sempre derivan en macroprocesos\". Ante estes, o fiscal superior apostou por \"organismos centralizados\" que teñan \"proxección\" en toda Galiza. A este respecto, Varela cualificou como \"macroproceso\" á 'Operación Pokémon', que confía en que \"se leve canto antes a xuízo\" para que non se converta nun \"proceso ingobernable\"."}
{"ID": "PRAZA_10881", "summary": "O DOG publica a declaración BIC das estatuas de Abraham e Isaac, que impón aos herdeiros do ditador a obriga de mostralas publicamente un mínimo de catro días ao mes desde este xoves ou expoñelas varios meses durante dous anos", "text": "Os Franco teñen a obriga, desde este xoves 5 de setembro, de amosar ao público as estatuas de Abraham e Isaac. Así se dispón na declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) destas esculturas --e das outras sete do Mestre Mateo procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago-- publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os Franco deberán amosar ao público as esculturas un mínimo de catro días ao mes ou exhibilas nun lugar acordado un máximo de cinco meses en dous anosA declaración BIC, proceso iniciado o pasado mes de febreiro e aprobado en xullo polo Consello da Xunta, non afecta á propiedade dunhas figuras que reclama o Concello de Santiago xudicialmente pero que se manteñen no poder da familia do ditador. No entanto, si obrigará aos Franco a \"permitir a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente\". De non optaren por esta opción, os herdeiros do xeneral fascista poderán acordar co Goberno galego unha alternativa: o depósito destes bens nun lugar \"que reúna as adecuadas condicións de seguridade e exhibición durante un período máximo de cinco meses cada dous anos\". A tal hora, se non houbo mudanzas nas últimas semanas, as esculturas que representan os profetas identificados como Abraham ou Xeremías e Isaac ou Ezequiel atópanse nunha das entradas do Pazo de Meirás, outro BIC propiedade dos Franco e cuxa obriga de ser aberto ao público un mínimo de días ao mes non é sempre cumprida. De feito, e logo de impoñerlle multas hai dous anos por irregularidades, a Xunta volveu abrir este verán un expediente para investigar os atrancos denunciados por varios visitantes. Pouco antes, ademais, Xunta e Concello de Sada uníronse á demanda do Estado para botar aos Franco do Pazo e lograr a reversión da propiedade ao patrimonio público. Na súa demanda o Estado pide a nulidade da doazón de Meirás ao \"autoproclamado Xefe do Estado\", do posterior contrato de compravenda e da transmisión do inmoble aos herdeiros do ditador, para os que reclama a condena a devolver a propiedade. As figuras atópanse no Pazo de Meirás, outro BIC propiedade dos Franco, aos que investiga a Xunta por se volveron incumprir as obrigas que implica esa condiciónA declaración BIC das estatuas do Mestre Mateo supón tamén para os seus propietarios o deber de \"conservalas, mantelas e custodialas debidamente e evitar a súa perda, destrución ou deterioración\", ademais de permitir o acceso ao persoal habilitado para a inspección, ao persoal investigador ou ao persoal técnico que encargue a Administración para realizar os informes necesarios. Neste caso, os Franco tamén poden optar pola alternativa de depositar nunha institución que indique a Xunta as estatuas durante un período máximo de dous meses cada cinco anos. Alén disto, deberá comunicarse \"calquera dano ou prexuízo\" que sufrisen as esculturas e que \"afecte de forma significativa o seu valor cultural\": A Xunta, ademais, terá \"dereito de tanteo e retracto\" no caso de que os Franco decidisen nalgún momento desfacerse das figuras e deberá tamén solicitar autorización para calquera traslado. Todas estas condicións son aplicables tamén para as sete figuras restantes que non están en poder da familia do ditador pero que se atopan xa en institucións públicas, como o Museo da Catedral de Santiago ou o Museo de Pontevedra. As de Isaac e Abraham, como indica a propia declaración BIC, forman parte dunha \"colección particular\", a dos Franco, malia que o Concello de Santiago atopou os documentos que certifican a propiedade municipal.Os vínculos con Franco da xuíza que desestimou a demandaNos últimos dous anos, o Parlamento de Galicia e o Congreso aprobaron por unanimidade peticións para que os herdeiros do ditador devolvesen estes bens aos seus lexítimos propietarios. O Concello compostelán presentou unha demanda xudicial para que as estatuas regresasen ao patrimonio público, pero o xulgado número 41 de Madrid desestimou \"integramente\" a demanda do Concello, que recorreu e continúa coa batalla xudicial. Investigadores da Universidade de Santiago, coñecida a sentenza, desvelaron os vínculos da xuíza que a ditou coa familia Franco e coa alta xerarquía franquista, ademais de denunciar un relato que \"referenda a memoria e o discurso da propia ditadura\". Desde o Concello de Santiago, o seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, asegura que se levarán a cabo \"todas as accións ao alcance para intentar recuperar a posesión deses bens\", aínda que aclara que \"todo dependerá do que digan os tribunais\". Segundo o rexedor, o feito de que no recurso se incorporasen documentos dos anos 50, que non se achegaran e que certificarían a propiedade municipal, aumentan a \"esperanza\". \"Preparámonos para gañar\", aclarou. A xuíza que deu a razón á familia do ditador sobre a propiedade das esculturas ten estreitos vínculos coas altas xerarquías do réxime de FrancoA resolución da Consellería de Cultura que iniciaba o proceso para a declaración BIC lembraba que \"en 1948, o Conde de Ximonde vendeu ao Concello de Santiago as esculturas coa condición de que nunca abandonasen a cidade\" e que \"as esculturas estiveron na escaleira do Pazo de Raxoi ata que pasaron a mans particulares\".O 25 de xullo de 1954 Francisco Franco e a súa dona Carmen Polo visitaron Compostela para participar na ofrenda ao Apóstolo e inaugurar o antigo hospital como Parador Hostal dos Reis Católicos. Carmen Polo amosou ante o daquela alcalde compostelán, Enrique Otero, un \"interese insistente\" nas esculturas, \"suxerindo de forma inequívoca que pasasen á súa posesión\". Aínda que non existiu \"formalidade ningunha\" nin ningún acordo formal ao respecto, o rexedor accedeu á petición da esposa do ditador, enviándolle as esculturas.Mentres, os netos do ditador retrucaron ante o xulgado que os seus avós mercaron as esculturas a \"un anticuario\" e negan que o Concello de Santiago chegase a mercalas, como acredita a documentación achada polo goberno local."}
{"ID": "NOS_10319", "summary": "Inclúe 40 cadros e textos de Álvarez Cáccamo, Bernárdez e De Nieves", "text": "A primeira exposición da pintura de Berta Cáccamo despois da súa inesperada morte en 2018 ten unha primeira consecuencia tanxíbel: o libro Enteiramente pintado: rexistro dun percorrido vital (Chan da Pólvora, 2020). A obra é \"a concreción da exposición que organizou a propia familia da artista para expor o seu legado\". A mostra puido visitarse no Pazo Torrado de Cambados entre o 27 de setembro e o 3 de novembro do pasado ano. En Enteiramente pintado escriben Juan de Nieves (A Coruña, 1964), comisario da exposición; o crítico e ensaísta Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) -unha intepretación analítica da obra-, e o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, irmán da pintora -sobre a orixe do legado que conformou a mostra. A maiores, o volume reproduce as 40 pezas de Berta Cáccamo (Vigo, 1963-2018) que fan parte do mencionado legado. O libro presentarase hoxe, 6 de febreiro, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Participarán os tres autores. Xosé María Álvarez Cáccamo lerá ademais o seu poema Berta, unha elexía estremecida escrita á morte da irmá, e publicado tamén por Chan da Pólvora.A de Berta Cáccamo foi unha das pinturas máis persoais da arte galega contemporánea. De tendencia á abstracción, empregaba materiais diversos. Considerábaos tan importantes como o propio trazo. \"Foi unha artista dunha inusual intuición pictórica\", explicaba o comisario de Enteiramente pintado na inuaguración da exposición de Cambados. O legado da artista O legado de Berta Cáccamo é o espazo que a familia da pintora habilitou para abeirar a obra e documentación que a artista gardaba no seu estudio de Coruxo. Agora atópase depositado en Vilaboa. A custodia do mesmo corre a cargo do seu irmán Xosé María, de De Nieves e máis de López Bernárdez. Berta Cáccamo estudara en Catalunya. Comezou a expor o seu traballo en 1986, vinculada ao grupo Atlántica. En 2017, un ano antes da súa morte, recibiu o premio Cultura Galega das Artes Plásticas, outorgado pola Xunta. \"A súa obra parece ter unha vontade fóra, máis alá do propio xesto\", consideraba Juan de Nieves na apertura da mostra de Cambados."}
{"ID": "NOS_24963", "summary": "No exercicio 2016 ficaron sen executar nestes campos uns 100 millóns de euros.", "text": "A 30 de setembro a Xunta tiña sen executar 330 millóns de euros das partidas para dinamización económica e fixación de poboación no rural. Unha cantidade a engadir aos 100 millóns de euros que deixaron sen executar xa no exercicio de 2016. A responsábel de Política Municipal do grupo parlamentar socialista, Begoña Rodríguez acusou o goberno galego de \"facer unha gran mentira ao, como resultado dunha boa orzamentación que se traduce nunha mala execución\". Nas partidas de dinamización económica do rural só gastaron 32,3 por cento, mentres que na de fixación de poboación só executaron 6,3 por cento. Modernización e diversificación do tecido produtivo rural apenas gatou 33,9 por cento do orzsmentado, e en ordenación das producións forestais 36,8%. Nos últimos nove anos Galiza perdeu perto de 10.000 persoas cada ano, entre as que se contan 1.400 menores de 20 anos, e un total de 54.874 habitantes nos concellos de menos de 10.000 habitantes."}
{"ID": "NOS_1505", "summary": "O ingreso medio por cabeza dun veciño dun muncipio como Oleiros triplica o dun que viva en Cervantes. Máis de 23.000 euros anuais de diferenza que marcan a físgoa que existe en Galiza.", "text": "Un recente informe da Axencia Tributaria española sitúa Oleiros como o concello con maior renda per cápita de Galiza, con 34.698 euros. Moi por riba da media galega (que situaban en 21.394 euros) e mesmo da española (24.600 euros). Este municipio lidera a lista dos concellos con maior ingreso por cabeza do noso país, seguido das Pontes de García Rodríguez (29.298 euros), A Coruña (26.450) e Nigrán, con 26.314 euros. Mais neste informe, que analiza a situación de 288 concellos galegos, que que superan os mil habitantes, tamén recolle a outra cara da moeda. A daqueles municipios cunha renda per cápita moi distanciada xa non da dos concellos antes citados, mesmo tamén da media galega. Cervantes, con pouco máis de 11.000 euros anuais, Toques, con 11.497; e Baltar, con 12.334; son tres exemplos reflectidos no documento da Axencia Tributaria. Entre Cervantes e Oleiros a fenda na renda per cápita é dun 330%. Das 53 comarcas en que se divide Galiza só 11 teñen un produto interior bruto (PIB) por habitante que iguala ou supera a media do país. Mais este informe non descobre nada novo. En todo caso vén achegar novos datos e cifras a unha tendencia que non é de agora e que nos últimos anos foise alargando: a diferenza que se está a sentar no noso país entre zonas economicamente dinámicas, poboadas e xeradoras de riqueza con outras abandonadas e empobrecidas. No Mapa de Ingresos por Fogar que elabora o Instituto Galego de Estatística só 5 das 20 áreas en que o IGE divide o noso territorio chegan ou superan a media galega. Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo. O tresto fican por baixo. Algunhas fican moi por baixo deses ingresos medios por fogar de Galiza, como son as de Ourense Sur (comarcas de Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana). Aí eses ingresos son un 30% inferiores aos da área da Coruña."}
{"ID": "NOS_10826", "summary": "Análise da obra O destino de Kameko publicada por Aira Editorial.", "text": "Chiharu é unha moza orfa a quen Kameko, unha misteriosa rapaza cunha serie de habilidades impresionantes na loita, salva a vida. Ambas iniciarán un percorrido xuntas que as levará a vivir intensas aventuras nunha obra que é unha homenaxe continua á cultura xaponesa e que, sen dúbida, bebe directamente das fontes do manga. Abel e Jorge son xa veteranos no mundo da BD galega, ambos teñen obra publicada tanto en solitario como con distintas parellas artísticas. Lembremos aquela impresionante Alter-Nativo de (Aira editorial, 2017) de Jorge cos seus máis de catro metros de mural e a divertida A Tumba de Breogán (Demo editorial, 2018) de Alves e Tolj, por citar tan só dous exemplos. Desta volta xuntan talentos e experiencia, Abel no guión e Jorge no lapis forman equipo creativo para traernos unha BD xuvenil ambientada na terra onde nace o sol. Unha proposta moi interesante que abre a ollada a novos mundos dende o noso. Unha obra que nos ofrece todo o que agardamos dunha historia do Xapón feudal, katanas, ninjas, loitas, espíritos e unha historia que xunta todo coas doses xustas, ademais, co plus de ter a dúas rapazas e unha tartaruga como protagonistas. Sen dúbida, unha escolla que é un acerto. O guión de Alves constrúe unha narración que dá poucos descansos e que avanza con rapidez. Usa unha linguaxe moi asumíbel para o público preadolescente que marida á perfección co debuxo de Campos, quen opta por un estilo moi desenfadado e, mesmo, cun punto naif que semella moi axeitado para lectores e lectoras xuvenís. A cor mellora todo o conxunto e fuxindo de estridencias achega o valor engadido que ten que achegar, sen facer de menos narración e o debuxo, sen desentoar con estes, sumando valor. O feito de ambientar a historia no Xapón pode ser un acerto que aproxime a obra ao seu público obxectivo, tan afeito ás obras e códigos do Manga e o Anime. Ademais a editorial Aira, unha das máis novas do país pero que está a desenvolver un traballo moi serio e digno, edita a obra cunha boa calidade na impresión e no papel e, sobre todo, a un prezo moi axustado que se agradece nestes tempos incertos. O destino de Kameko Abel Alves e Jorge Campos / Aira Editorial / 2021 / 100 páxs. / 15 euros"}
{"ID": "NOS_57945", "summary": "O organismo trasladou un informe ao Defensor do Pobo español.", "text": "A Valedora do Pobo vén de iniciar dilixencias de oficio polo presunto asasinato machista de Jéssica Méndez, a moza de Barro que faleceu despois de que un veciño seu, ao que denunciara por acoso con anterioridade, levara por diante o seu coche. Nun informe remitido ao Defensor do Pobo español, o organismo ínstao a que lle solicite ao lexislador a normativa para desenvolver o Pacto de Estado contra a violencia sobre a muller, que recolle que feitos como o acontecido teñan a consideración de violencia de xénero, as vítimas, a protección e asistencia especializada previstas pola LO1/2004. Deste xeito, segundo a comunicación remitida e recollida por Europa Press, o presunto asasino, para gozar de calquera beneficio penitenciario, debería cumprir as condicións xa estabelecidas pola lexislación específica, que fundamentalmente sería a súa participación en programas formativos. No seu informe, o alto comisionado da Galiza lembra que tanto o Convenio de Istambul do 11 de maio de 2011, asinado polo Goberno español, como o Pacto de Estado contra a violencia de xénero recollen que actos como o acontecido en Barro sexan considerados como violencia de xénero. Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero A Valedora do Pobo tamén lembra que o propio pleno do Congreso aprobou por unanimidade en 2016 unha proposición non de lei que instaba o Goberno español a impulsar a sinatura dun Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero por parte do Executivo estatal, as autonomías, Ceuta e Melilla e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O obxectivo deste pacto é \"seguir a impulsar políticas para a erradicación da violencia contra as mulleres como verdadeira política de Estado\". Ademais de prestar especial atención ao impacto nos fillos das mulleres que sofren violencia, tamén se atende a outras formas de violencia (sexual, trata de mulleres e nenas e mutilación xenital feminina), así como actos de violencia de xénero que poidan implicar danos ou sufrimentos físicos, sexuais, psicolóxicos ou económicos nas mulleres, incluídas as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, na vida pública ou privada. No seu informe, a Valedora advirte de que casos como o de Barro supoñen \"a culminación do acoso a longo prazo\" e \"terían a valoración que merecen\", ofrecendo ás mulleres que sofren este tipo de violencia, ou outras vítimas afíns, o amparo que a lei estabelece."}
{"ID": "PRAZA_12334", "summary": "A tenda compostelá de Xosé Barreiro celebrará en maio o seu aniversario cun concerto de The Sweet Vandals en Capitol e cunha incursión no eido da edición, xa que coeditará -xunto a Demo- Castelao: O pobre tolo, libro de Inacio Vilariño e Iván Suárez que forma parte dunha serie de banda deseñada sobre o autor de Sempre en Galiza", "text": "\"No momento en que abrín a tenda, non contaba con chegar a falar dun 25 aniversario\". Cando os calendarios van fuxindo e os lustros acaban por sumar cifras redondas, a memoria bota a andar. E Xosé Barreiro, propietario da histórica Libraría Komic de Santiago, mergúllase este ano nos recordos. A memoria, como a cabeza, non para e Barreiro lembra nitidamente como o 4 de maio de 1987 se fixo cargo dun vello quiosco no número 34 da Rúa San Pedro de Mezonzo. \"Antes fora unha froitería dos Fandiño, unha coñecida familia de Santiago. O aspecto que conservaba o local era o propio dos anos sesenta\", rememora o propietario de Komic, que neste 2012 conmemora os seus 25 anos de vida. Un cuarto de século no que o establecemento se converteu nun referente en Galicia para os seguidores da banda deseñada. \"Non contaba con falar do 25 aniversario. Non tiñamos esa perspectiva. Entramos no local e a ver como ía. Uns meses, un ano... Non pensabamos chegar até aquí\", lembra o dono de Komic, que xa anda a ultimar os detalles dos festexos, que se celebrarán na primeira quincena de maio e incluirán un concerto na Sala Capitol o 11 de maio, a publicación en colaboración con Demo dun álbum sobre Castelao de Inacio Vilariño e Iván Suárez e unha mostra cos orixinais desta obra, que se titulará Castelao: O pobre tolo. \"Entramos no local e a ver como ía. Uns meses, un ano... Non pensabamos chegar até aquí\" Eses son as principais celebracións nas que Xosé Barreiro está a traballar a pesar de que, en 1987, non contaba con celebrar as vodas de prata como libreiro. \"Non otiña en mente. Non era a miña vocación ser comerciante. Tiña experiencia no trato co público, porque meu pai era tratante de gando e tiña unha carnicería na que traballei. Apareceu o local de San Pedro de Mezonzo e fixémonos cargo nel a miña muller, Ana Manteca, e mais eu. Somos os dous copropietarios dende o principio. A tenda é dos dous\", explica Barreiro, que na actualidade rexenta o negocio na compaña da súa esposa e de Xaime Lis, o \"mellor empregado\" que tivo nestes 25 anos. Comezaron así a ofrecer produtos de banda deseñada a unha clientela que existía, pero que carecía de puntos de venda de referencia O 4 de maio de 1987 entraron na tenda e, no verán, pechárona por obras, para adecuar o espazo aos novos usos que se buscaban. En agosto dese ano reabriron xa co nome de Komic, cun logotipo realizado por Xosé Cobas a modo de agasallo e iniciaron o longo camiño cara á especialización. Comezaron así a ofrecer produtos de banda deseñada a unha clientela que existía, pero que carecía de puntos de venda de referencia. \"A editorial Bruguera chegou a vender un millón de cómics á semana, toda España lía cómic. Eu crieime con eses cómics. E nos oitenta veu a explosión das revistas. Había público agardando. E nós pensabamos, xa dende o principio, en crear unha libraría para cómic. Pero a consolidación tardou moito\", lembra. \"A editorial Bruguera chegou a vender un millón de cómics á semana, toda España lía cómic. Eu crieime con eses cómics. E nos oitenta veu a explosión das revistas\" A consolidación tardou en chegar e, nun primeiro momento, Komic vendeu prensa e material de libraría. A prensa foi durante cinco anos parte dos ingresos, pero chegou un punto en que decidiron parar cos xornais. Iniciábase así a especialización. Durante moitos anos, ademais, os responsables desta libraría dedicáronse a distribución. \"Viaxaba moito a Barcelona para coñecer as editoriais, traballar con elas e durante quince anos traballamos como distribuidora. Era outra forma de consolidar a tenda e abastecíamos o resto de librarías de cómic que, pouco a pouco, foron aparecendo en Galicia\", sinala o propietario de Komic, quen chegou a traballar con todas as editoras que existían daquela: Norma, Zinco, New Comic, Planeta, Toutain, Eurocomic ou La cúpula. \"De todas esas, só seguen vivas Norma, Planeta e La Cúpula\", aclara. \"Viaxaba moito a Barcelona para coñecer as editoriais, traballar con elas e durante quince anos traballamos como distribuidora. Era outra forma de consolidar a tenda e abastecíamos o resto de librarías de cómic\" O público e maior presenza feminina Tras 25 anos satisfacendo as necesidades dos amantes do cómic, Xosé Barreiro viu medrar varias xeracións de lectores. O público mudou moito dende 1987. Cambiou, ampliouse, evolucionou. O dono de Komic comprobouno ao outro lado do mostrador. Non obstante, pese ao paso do tempo, a masa lectora daquela época segue presente. \"O público de sempre non se perdeu, segue aí. Os compradores do cómic son coleccionistas e iso segue a ser un trazo destes lectores. Pero co paso do tempo, gañouse outro público que vén do libro. Temos polo tanto o público tradicional, o de sempre, e o novo público que chegou ao mundo do cómic a través do que se chama novela gráfica, un termo que non deixa de ser unha etiqueta\", reflexiona o libreiro. \"O público feminino é máis grande, moito máis amplo do que era. Mesmo poderíase dicir que son agora máis mulleres as que entran na tenda\" Esa evolución da masa lectora tamén incluíu un aumento do público feminino. Cando Komic botaba a andar no ano 87, a inmensa maioría dos clientes eran homes. \"O público feminino é máis grande, moito máis amplo do que era. A estas alturas pódese dicir que se equiparou. Mesmo poderíase dicir que son agora máis mulleres as que entran na tenda. Hai vinte anos non era así. As mulleres interésanse moito máis pola banda deseñada, tamén len máis agora que os homes e nestes anos xurdiron máis autoras, como a de Persépole\", sinala Barreiro, que tamén é coñecido polo alcume de Pío. A crise \"Nós comezamos nun momento de optimismo económico. Era máis fácil vender daquela do que resulta hoxe. O público estaba alí e nese momento éramos os únicos que ofrecían banda deseñada\". Así lembra Barreiro os comezos de Komic nunha época ben diferente á que vivimos na actualidade. A crise é omnipresente e todos os sectores reciben os duros golpes do colapso económico. As industrias culturais son as vítimas de recortes e da contracción do consumo. O negocio da banda deseñada tamén está a sufrir os paus, mais conta cunha resistencia maior que outros sectores da cultura ou da edición. Unha clientela de menor tamaño, pero moi fidelizada ofrece unha marxe que outros non teñen. \"O negocio da banda deseñada tamén está a sufrir os paus, mais conta cunha resistencia maior que outros sectores da cultura ou da edición. Unha clientela de menor tamaño, pero moi fidelizada ofrece unha marxe que outros non teñen\" Pero as dificultades claro que se notan. \"Estamos nun momento baixo, as vendas caen. A temporada máis forte é entre setembro e decembro. E o ano pasado houbo finais de mes moi malo e durísimos en outubro ou en novembro. O mellor ano foi 2008 e, dende aquela, todo foi baixar\", admite Pío, aínda que matiza que o sector aguanta mellor ca outros. \"Nós baixamos en tres anos o que outros baixaron só nun\", conclúe. As malas cifras agroman nos libros de contabilidade de calquera negocio. A crise está moi presente e atenaza calquera movemento. Barreiro non imaxinaba celebrar o 25 da libraría cando abriu a tenda e, seguramente, nese momento inaugural tampouco se lle pasou polo maxín que as cousas se porían tan costa arriba nun futuro que xa padecemos. \"Sempre hai nostalxia nas celebracións, pero quizais a nostalxia máis forte é a do optimismo\", conclúe o libreiro."}
{"ID": "PRAZA_12697", "summary": "A existencia dun cárcere secreto da CIA en Polonia, onde foron detidos ilegalmente e torturados presuntos terroristas islamitas, provocou unha tormenta política no país centroeuropeo. O Goberno de centrodereita de Donald Tusk desmentiu até agora as afirmacións do Consello de Europa. Pero en agosto de 2008 a xustiza polaca iniciou unha investigación e en outubro de 2010, a fiscalía revelou que un detido de Guantánamo, o saudita Abd ao Rahim ao Nashiri, fora trasladado a Polonia e detido e interrogado por axentes dos servizos secretos estadounidenses. Unha crónica de Correo Diplomático.", "text": "A existencia dun cárcere secreto da Axencia Central de Intelixencia (CIA) de Estados Unidos en Polonia, onde foron detidos ilegalmente e torturados presuntos terroristas islamitas, provocou unha tormenta política no país centroeuropeo. Este centro de detención clandestino funcionou entre 2002 e 2003 en Kiejkuty (nordés de Polonia). O Goberno de centrodereita de Donald Tusk desmentiu até agora as afirmacións do Consello de Europa, segundo as cales membros de Al Qaida estiveran detidos e maltratados en Polonia en accións ilegais levadas a cabo pola CIA. Pero en agosto de 2008 a xustiza polaca iniciou unha investigación e en outubro de 2010, a fiscalía revelou que un detido de Guantánamo, o saudita Abd ao Rahim ao Nashiri, fora trasladado a Polonia e detido e interrogado por axentes dos servizos secretos estadounidenses. Varsovia fixo caso omiso ás peticións de Bruxelas, pero hai uns días a polémica política acrecentouse en Polonia despois de que o diario de centroesquerda Gazeta Wyborcza informase sobre a inculpación do ex xefe dos servizos de intelixencia polacos, Zbigniew Siemiatkowski Outro prisioneiro de Guantánamo, o palestino Abu Zubaydah, considerado como un estreito colaborador de Osama Bin Laden, solicitou tamén unha investigación sobre o seu traslado ilegal a Polonia. Un ano antes, en outubro de 2009, o Departamento de Xustiza de Estados Unidos rexeitara unha solicitude polaca de axuda xurídica, considerando que o caso estaba pechado. En setembro de 2011, o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Thomas Hammarberg, pediu a Polonia e a outros ex países comunistas, como Rumania e Lituania, que desen explicacións sobre a existencia de \"sitios negros\" da CIA nos seus respectivos territorios. Varsovia fixo caso omiso ás peticións de Bruxelas, pero hai uns días a polémica política acrecentouse en Polonia despois de que o diario de centroesquerda Gazeta Wyborcza informase sobre a inculpación do ex xefe dos servizos de intelixencia polacos, Zbigniew Siemiatkowski, no marco da investigación sobre a suposta existencia dun cárcere secreto da CIA neste país centroeuropeo. Así as cousas, o ex primeiro ministro socialdemócrata, Leszek Miller, un oportunista do antigo réxime comunista que actualmente lidera o opositor partido socialista SLD, tamén podería ser obrigado a comparecer ante os xuíces por permitir a instalación da citada base secreta estadounidense entre 2002 e 2003 Siemiatkowski dixo ao citado rotativo: \"Negueime a declarar ante a fiscalía e seguirei negándome durante todo o proceso, incluído no Tribunal\" para defender a \"seguridade do Estado\". O portavoz da fiscalía de Cracovia (sur de Polonia), Piotr Kosmaty, negouse a confirmar ou desmentir a inculpación de Siemiatkowski, porque, segundo declarou aos medios, \"a investigación, que consideramos prioritaria, é secreta e o expediente debe permanecer confidencial. Só podo dicir que non houbo ningunha detención\". Así as cousas, o ex primeiro ministro socialdemócrata, Leszek Miller, un oportunista do antigo réxime comunista que actualmente lidera o opositor partido socialista SLD, tamén podería ser obrigado a comparecer ante os xuíces por permitir a instalación da citada base secreta estadounidense entre 2002 e 2003. \"Os ultraconservadores da Partido Lei e Xustiza (PiS) de Jaroslaw Kaczynski, que gobernaron en Polonia entre 2005 e 2007, e os socialdemócratas de SLD selaron un pacto non escrito para impedir que o Parlamento tome cartas no asunto\" Diversas reaccións Mentres o Goberno de Donald Tusk tenta capear o temporal político como pode, os ultraconservadores da Partido Lei e Xustiza (PiS) de Jaroslaw Kaczynski, que gobernaron en Polonia entre 2005 e 2007, e os socialdemócratas de SLD selaron un pacto non escrito para impedir que o Parlamento tome cartas no asunto e non ven con bos ollos que a xustiza siga investigando a existencia dunha prisión secreta da CIA. Pero no seo da oposición, Janusz Palikot, que lidera o partido anticlerical de centroesquerda Movemento Palikot (RP), pediu que se esclareza toda a verdade sobre esta cuestión, e acusou a Leszek Miller de pór en perigo a seguridade de Polonia fronte á ameaza terrorista ao autorizar á CIA a actuar ilegalmente no seu país. Donald Tusk asegurou que \"Polonia non será nunca máis un país onde os homes políticos, aínda que vaian da man da maior potencia do mundo, poidan eludir as súas responsabilidades\", pero lamentou que o seu país sexa a \"vítima política\" da \"indiscreción\" O ex comunista Miller reaccionou cualificando a Palikot de ser \"o portavoz de Al Qaida\", e deixou claro que \"non vou chorar polos criminais. Un bo terrorista é un terrorista morto\". Pola súa banda, o presidente Bronislaw Komorowski, que pertence ao mesmo partido que Tusk, a Plataforma Cívica (PO), considerou que hai que investigar esta cuestión, \"aínda que se trate dun asunto delicado e quizá doloroso para o Estado polaco, xa que se trata da imaxe pública de Polonia\". Seguramente presionado polos acontecementos, Donald Tusk asegurou que \"Polonia non será nunca máis un país onde os homes políticos, aínda que vaian da man da maior potencia do mundo, poidan eludir as súas responsabilidades\", pero lamentou que o seu país sexa a \"vítima política\" da \"indiscreción\" dalgúns responsables da Administración estadounidense. Polonia é o primeiro país europeo que se atreve a investigar abertamente este espiñento asunto. En Europa do Leste, ademais de Polonia, Romanía, Lituania e Ucraína cederon o seu territorio ás actividades secretas da CIA na loita contra Al Qaeda Asumir responsabilidades Polonia é o primeiro país europeo que se atreve a investigar abertamente este espiñento asunto. En Europa do Leste, ademais de Polonia, Romanía, Lituania e Ucraína cederon o seu territorio ás actividades secretas da CIA na loita contra Al Qaeda. No caso de Romanía, a CIA utilizou durante varios anos e até 2009 de forma clandestina un edificio gobernamental en Bucarest no que interrogou e maltratou a presuntos terroristas. Este edificio era e é utilizado pola Oficina Nacional de Rexistro de Información Secreta (ORNISS) de Romanía e nas súas instalacións almacénase información reservada da OTAN e a Unión Europea (UE). Para Woiceijh Czuchnowski, do diario Gazeta Wyborcza, \"os políticos que adoptaron estas decisións terían que asumir a responsabilidade dos seus actos\". Páxina de Correo Diplomático"}
{"ID": "NOS_15256", "summary": "\"Deus femmes contre l´oppression franquiste. Les couleurs de la dignité: Maria et Coralia Fandiño Ricart\", é o título do traballo da ensaísta e profesora galega María Lopo publicado na revista Les Cahiers du CTDEE que leva a historia das dúas irmás de Compostela ao mundo cultural francés.", "text": "O traballo sobre a historia de María e Coralia Fandiño, as Marías, \"Deus femmes contre l´oppression franquiste. Les couleurs de la dignité\", da profesora e ensaísta María Lopo vén de ser publicado na revista Les Cahiers du CTDEE, editada polo Centro Tolosano de Documentación sobre o Exilio Español. María Lopo achégase neste traballo á represión que padeceu a familia anarquista das irmás Fandiño ao tempo que analisa a \"insuficiente e deformada\" recuperación da súa memoria. Doutora en Literatura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña, María Lopo desenvolveu varias investigacións arredor de mulleres exiliadas, en especial da artista Amparo Segarra e a actriz María Casares. Arredor da grande actriz do teatro francés nacida na Coruña publicou o libro Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares. Lopo formou parte do equipo fundacional de Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, revista que publicou no seu último número varios dos seus traballos en Ensaios en espiral."}
{"ID": "NOS_11040", "summary": "Así mesmo, as e os expertos reunidos con representantes da Xunta decidiron que fiquen tamén no nivel medio-alto de limitacións Malpica e Camariñas. No encontro de traballo desta terza feira estaba previsto falar tamén da adaptación das capacidades e mesmo dun protocolo sobre o emprego da máscara nos espazos abertos.", "text": "A Consellaría de Sanidade e o Comité Clínico que asesora á Xunta sobre a evolución epidemiolóxica da Covid-19 na Galiza acordaron esta terza feira que suban de nivel de risco Cambre, Poio e Castroverde, que así súmanse aos municipios de Malpica e Camariñas. Estes fican no nivel medio-alto desde a semana pasada. Así mesmo, Soutomaior descende a nivel medio-baixo despois de varias semanas. Así, a partir do día 26 de xuño ficarán coas limitacións propias do nivel medio-alto -que implican cambios na capacidade dos estabelecementos hostaleiros, entre outras cuestións- Malpica, Camariñas, Cambre, Poio e Castroverde. O resto dos concellos da Galiza continuarán no nivel medio-baixo salvo cambios moi salientábeis, pois a próxima xuntanza quedou fixada para a próxima terza feira. Estas modificacións entrarán en vigor na medianoite do sábado. Con total seguridade, estas novas serán ampliadas mañá debido a que, ademais de analizar a situación concello a concello, estaba previsto tratar outros asuntos de maior calado coma o uso da máscara. Protocolo para a máscara Despois de que o presidente do Goberno do Estado español, Pedro Sánchez, anunciara o fin da obrigatoriedade de empregar este elemento de protección nos espazos exteriores a partir deste sábado día 26, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, comunicou que as e os expertos traballaban nun protocolo específico sobre o asunto. A idea é estipular en que condicións se pode prescindir deste complemento para a saúde e en que momentos non. \"Están a deseñar os lugares nos que non será obrigatoria\", afirmou na segunda feira nunha visita a Vigo. Así puxo como exemplos de lugares con maior permisividade as zonas rurais, aldeas, espazos de lecer amplos ou \"na maior parte das rúas\". Por outra parte, na orde do día tamén estaba analizar se as capacidades aprobadas hai unhas semanas son as axeitadas. Así poderían ampliarse nalgúns lugares e mesmo reducirse noutros, en función de como responderan as estatísticas de contaxios. Vacinas, ausencia de corentenas e variantes Neste contexto, a boa nova da semana é que máis do 42% da poboación diana á que se dirixen as vacinas do coronavirus xa ten a pauta completa. Nestes días o dispositivo continúa centrado en inocular os tratamentos á poboación comprendida entre os 40 e os 49 anos, a máis numerosa do país. Pola contra, hai certa preocupación porque xa se prevé que a variante delta, tamén coñecida como a cepa india, sexa a dominante nos casos de infección por coronavirus. De feito, xa se detectou nas augas residuais da Coruña, por indicar un exemplo."}
{"ID": "PRAZA_14933", "summary": "Nun contexto de crise económica, de desmantelamento do estado do benestar como consecuencia da ideoloxía neocons que asolaga Europa, é máis necesaria do que nunca un partido político, que pretenda achegar a política á cidadanía, facéndoa coparticipe das súas decisión con fórmulas como as primarias abertas á cidadanía e que sexa unha ferramenta do país e das súas xentes. Porén, para iso ten que acertar na definición dun proxecto político, que terá a súa proba de lume nunhas eleccións municipais, porque o país hai que comezalo a construír desde os concellos", "text": "As eleccións autonómicas do 21-O foron o primeiro exame que pasaron diante da cidadanía os novos proxectos políticos nacidos no ámbito do nacionalismo galego após a convulsa asemblea nacional do BNG en Amio. Neste sentido ANOVA, que concorreu ás mesmas da man da esquerda antisistémica española e Compromiso por Galicia (CxG) correron diversa sorte. A primeira formando unha coaligación con IU (AGE) situouse como terceira forza no parlamento galego co liderado de Xosé Manuel Beiras, beneficiándose da queda electoral tanto do PSOE como do BNG. CxG ficou fóra do parlamento obtendo 14.459 votos, un resultando sen dúbida por baixo das expectativas criadas, e que obriga a unha reflexión pausada de cara ao seu congreso constituínte No que atinxe a CxG ficou fóra do parlamento obtendo 14.459 votos, un resultando sen dúbida por baixo das expectativas criadas, e que obriga a unha reflexión pausada de cara ao seu congreso constituínte, non tanto porque se fixesen mal as cousas senón de cara a onde debe ir un proxecto político que está en construción, e que cousas hai que corrixir para ser a ferramenta que o país precisa. Aínda, que como xa teño dito a avaliación do suceso ou non dun proxecto político é necesario que este pase por un ciclo electoral completo (eleccións autonómicas, xerais, europeas, municipais e autonómicas de novo), porque ao cabo, é a cidadanía co seu voto quen determina a necesidade ou non dunha organización política, como ferramentas que son ao servizo da sociedade. Estas eleccións, sen dúbida, chegaron moi cedo para CxG, sufrindo dúas eivas fundamentais: o escaso coñecemento por parte da sociedade galega das súas siglas, e en moitos casos unha imaxe deturpada da realidade, asimilando esta organización política aos pequenos partidos do centro galeguista que se foron incorporando, canda da lectura do seu programa e das súas bases programáticas estábamos diante dun proxecto nidiamente social-democrata. Ademais, a incorporación destes partidos do centro galeguista e a alianza con TEGA non deu os resultados agardados. Lembremos que en 2009 esta formación obtivo 15.653 votos. CxG non só ten espazo senón que tamén é necesaria, nun contexto político onde se albisca que no ámbito estatal se vai volver de novo a debater con grande intensidade a súa estruturación territorial Unha análise polo miúdo dos resultados electorais demostra que unha forza como CxG non só ten espazo senón que tamén é necesaria, nun contexto político onde se albisca que no ámbito estatal se vai volver de novo a debater con grande intensidade a súa estruturación territorial, como consecuencia da maioría nacionalista en Euskadi e aposta clara de CiU pola construción dun estado propio no seo da UE. Nestas eleccións produciuse unha debacle tanto do BNG que perde 125.323 votos, e do PSOE que perde 230.817 votos. En cambio AGE, tendo en conta que nas eleccións de 2009 IU obtivo 16.441 votos, só gaña 183.660 votos. Polo tanto, hai unha parte do electorado tanto do BNG como do PSOE, que ou votaron a forzas extraparlamentarias ou que se foron á abstención ou ao voto e branco e nulo. Para reforzar esta idea hai que ter en conta que en 2009 a suma de BNG, PSOE e IU era de 811.641 e nas pasadas eleccións a suma das forzas progresistas parlamentares foi de 639.161. Como se pode ver nestes datos hai sitio para unha nova forza política de carácter progresista que tamén debe aspirar a convencer a parte dos 135.493 votos que perde o PP. Parece pouco probábel que poida haber un goberno alternativo ao PP na Galiza liderado pola AGE, polo seu carácter antisistémico, ao igual que o que seguramente aconteza co BNG Nos sistemas políticos europeos a alternancia política sempre veu da man de forzas políticas social-democratas. Neste sentido, parece pouco probábel que poida haber un goberno alternativo ao PP na Galiza liderado pola AGE, polo seu carácter antisistémico, ao igual que o que seguramente aconteza co BNG, e que tente competir con esta no campo da extrema esquerda. Porén, unha forza progresista de centro-esquerda si que podería ser quen de conseguir o voto de electores moderados tanto do PSOE, como do PP e do BNG. Para alcanzar o obxectivo de ter relevancia no sistema político galego CxG debe seguir co seu traballo de expansión organizativa, converténdose nun partido único no seu congreso do día 16 de decembro, dando a coñecer o seu proxecto, asentándoo nun discurso claramente progresista de defensa do estado do benestar e do autogoberno e totalmente europeísta. Porque desde o centro-esquerda tamén se pode construír o partido nacional galego que avance na construción nacional, asentado nas clases medias e buscando a complicidade das pequenas e medianas empresas galegas, que tamén están a sufrir os efectos da crise. E falo de partido nacional galego porque unha das tarefas prioritarias é a construción nacional e o aumento do autogoberno. Cataluña e Euskadi camiñan cara a un estado propio porque durante máis de 20 anos houbo forzas nacionalistas que xeriron as institucións autonómicas e as puxeron ao servizo do seu national building, e agora esas sociedades son as que demandan avanzar un paso máis. Ten que acertar na definición dun proxecto político, que terá a súa proba de lume nunhas eleccións municipais, porque o país hai que comezalo a construír desde os concellos Nun contexto de crise económica, de desmantelamento do estado do benestar como consecuencia da ideoloxía neocons que asolaga Europa, é máis necesaria do que nunca un partido político, que pretenda achegar a política á cidadanía, facéndoa coparticipe das súas decisión con fórmulas como as primarias abertas á cidadanía e que sexa unha ferramenta do país e das súas xentes. Porén, para iso ten que acertar na definición dun proxecto político, que terá a súa proba de lume nunhas eleccións municipais, porque o país hai que comezalo a construír desde os concellos, e que se adapte a un contexto político e social produto da globalización e da reconfiguración que se leva operando no contexto internacional desde a queda do muro de Berlín da soberanías estatais, nomeadamente nunha UE, que configura un sistema internacional de carácter postmoderno, que ten sería eivas democráticas, mais ao mesmo tempo é unha oportunidade para as nacións sen estado para avanzar no autogoberno e mesmo na constitución dun estado propio."}
{"ID": "PRAZA_20650", "summary": "ENTREVISTA Un mozo galego, Andrés Goteira, conseguiu coa súa opera prima levar a Sitges unha película rodada na nosa lingua.", "text": "\"DHOGS é unha longametraxe de ficción \"Made in Galicia\" formada por moita xente e que medra dende o rural galego. A tales efectos únense novas tecnoloxías, novas formas de traballo e un motivado equipo que o levará a cabo coa maior da dignidade posible, a iso andamos!\". Así se presenta Dhogs, a primeira película de Andrés Goteira, que vai ser o primeiro filme rodado en galego que estará no festival de Sitges. Dhogs é, ademais, mostra dun tipo de cinema bastante escaso en Galicia. Ficción, fantasía. Homenaxe aos filmes de xénero. Ás novas narrativas. E advertencia. De cara onde pode camiñar unha sociedade que permanece, tantas veces, pasiva ante a dor. A película estivo no Bafici, vai estar no Frighfest de Londres e en Sitges… Está a irlle ben... Está indo ben, si. E ao mellor despois de Sitges segue por aí circulando… Hai que buscar festivais algo potentes para despois poder ir a outros que non o son tanto. Se comezas polos pequenos despois non che collen a película nos grandes… É así. Cando concibiches a película pensabas que podería ter este percorrido? Non. Foi xurdindo. Nun principio ía ser un traballo máis pequeno, que ía rodar en Meira (Lugo)… Pero o proxecto foi medrando pouco a pouco. Está rodada, de feito, entre Galicia e Almería. A paisaxe inhóspita e seca de Almería reforza a historia… Escribín a historia cando estaba en Escocia traballando nun hostel. Alí xa pensei que tería unha parte de día, no deserto, e outra de noite… Claro, nese momento non pensaba que despois non me ía ser nada fácil levalo a cabo… Para poder facelo, o que fixemos foi rodar por partes. Primeiro gravamos un teaser en Lugo, con Celso Bugallo que, despois, por diversas circunstancias, non puido facer a película con nós. Fixemos o teaser como xeito de presentación, para poder captar diñeiro… Despois fixemos a primeira parte da rodaxe: a parte escura, da noite, na Coruña, para o que tivemos os cartos do crowdfunding. Despois veunos, por fin, a axuda de Agadic, e entón puidemos rodar a parte do deserto, en Almería. Non podía ser aquí porque, claro, en Galicia desertos non hai. E si que é verdade que o feito de estar rodada nun deserto axúdalle moito á película, á historia… Tes un reparto de luxo: 'Morris', Miguel de Lira, Carlos Blanco, Melania Cruz, Iván Marcos, María Costas… E era a túa primeira película. Como os convenciches? Eu nunca traballara antes con actores, ademais. Pensei que serían menos accesibles… Eu penso que aceptaron porque o guión parecíalles atractivo, porque é un tipo de cine que aquí non se fai. Eu entendo que a película é rara… Melania mesmo díxome que tivera que ler o guión dúas veces para entendelo, pero que quería facer a película. Con 'Morris' o mesmo: quedamos con el varias veces, e dicíanos que non tiña claro que queriamos que fixese… Pero nunca dicía que non. \"Eu penso que aceptaron porque o guión parecíalles atractivo, porque é un tipo de cine que aquí non se fai\" Ti mesmo dixeches que querías facer unha película de xénero. En realidade, lévanos a distintas referencias: o western, a roadmovie, certos filmes de terror… Xoga moito co espectador, engánao... É que era a miña primeira película, eu non sabía que ía acabar en Sitges -por exemplo- e sentinme libre para facer o que me apetecía. O produtor, -Suso López, que somos amigos de toda a vida-, tampouco me puxo ningún problema… Eu o que pensaba é que quería facer o tipo de película que eu querería ver, como espectador. Hai distintas referencias, si, xogos co espectador… E tampouco é unha película pechada, no sentido de que o que me interesa é que o espectador complete a historia. Non quero darllo todo pensado. A historia está contada desde distintos puntos de vista e eu, como director, non me posiciono. Penso que iso correspóndelle ao espectador. \"Eu o que pensaba é que quería facer o tipo de película que eu querería ver, como espectador\" Hai uns espectadores anónimos -non lles vemos as caras- que miran unha película. Poderían representar a pasividade social ante acontecementos terribles. Ou podería ser coma un cuestionamento do propio espectador. Por que segues a mirar? Que buscas? Podería ser o que dis, si, pero eu tampouco quero explicar o que é o público porque quero que cada persoa interprete o que lle pareza. Si está claro que sinalo moito o público, e que podemos ser nós mesmos, a nosa pasividade como sociedade e a nosa busca do morbo como público. Mais o público é un punto clave que eu marquei. Só unha vez aplaude, como se fose dominado por alguén… Iso tamén me interesa. A sinopse explica que a película retrata os malos nun mundo perverso de amos e escravos no que unha sociedade pasiva o permite todo… O título xoga coas palabras 'Dogs' e 'Hogs'. O animal fiel -e submiso- e o animal salvaxe e porco… Si, na película hai persoas perversas e persoas submisas. Ningún dos dous tipos debería existir, pero existe. E a ese tema acáelle moi ben o xogo de palabras do título. \"Na película hai persoas perversas e persoas submisas. Ningún dos dous tipos debería existir, pero existe\" Falabamos antes un pouco da narrativa. Ten unha estrutura fragmentaria, con flashbacks, repeticións… Hai bastantes homenaxes aí tamén. Hai homenaxes, claro. É a miña primeira película e aparecen moitas cousas que me gustan, si. Haberá xente que a vexa por divertirse, e xente cinéfila que recoñeza cousas… Hai distintas cousas, e que tentei foi mesturalas con coherencia. Xogo cos xéneros, pero sutilmente, tampouco é que queira seguir todas as convencións de cada xénero. Como me dicía Miguel de Lira, é unha película multicapa: hai teatro, cine… \"Como me dicía Miguel de Lira, é unha película multicapa: hai teatro, cine…\" Tamén pode haber algo de literatura. A película lévanos ao presente e, ao mesmo tempo, a un futuro que non tardaría en vir. Como unha advertencia: isto é o que pode pasar se non reaccionamos. É ficción distópica… Por aí vai, si, tal como dis. O que pasa pode entenderse coma unha metáfora. Hai moita metáfora na película. É cine e é ficción. Non está traballado desde o realismo, pero si hai metáforas da realidade. Pero si, é un preguntarse cara onde vamos. Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada diante do que está a pasar. É unha película moi dura, iso tamén. Tiña que ser dura. Dura sobre todo polo que lle pasa á personaxe de Melania. Que sobrevive, malia todo. Cunha actitude de forza, despois de sufrir moitísimo. Iso é o que dicía ela, que o seu personaxe é unha sobrevivente, que se ergue e que mira para o horizonte e segue para adiante. Hai un detalle un pouco tópico de xénero, -como en certas películas de terror para adolescentes-. Despois do sexo chega a cadea de violencia extrema. Estaría ben que a violencia viñese despois de, eu que sei, ir á misa, porque senón pode interpretarse coma unha sorte de castigo, de condena. A verdade é que non pensei niso, pero tampouco era a miña intención. E si que hai estereotipos do xénero, claro. Falando diso, o personaxe de Melania é se cadra o máis traballado. Os outros son tipos, esteotipos, case caricaturas… Pedíao a historia -non podemos espoilear- pero tamén parece unha opción. Si, claro, porque é coma un comic, cos seus tipos. Pero eu xogo con iso, con eses tipos, para levalos a outro tipo de película, a outro contexto… Tampouco me daba conta a contar máis da historia dos personaxes porque todo é moi inmediato. Os propios actores axudaron moito niso, a crear os seus propios personaxes. Xa me dicían eles que non sabían nada dos seus personaxes: de onde viñan, quen eran… Foron máis alá do guión. \"Os propios actores axudaron moito a crear os seus propios personaxes\" Co personaxe de Melania si que parece que buscas a empatía do espectador… Non era nada fácil atoparlle o punto, supoño. Non era fácil, non. Pero ela ten un método moi bo… É moi… non sei como dicilo. Vive moito o personaxe, é moi sensible, moi visceral… Ponse nun recuncho co guión e de repente, xa está, como se explotase. Ten unha enerxía moi especial. Tivestes claro desde o principio que a rodaxe ía ser en galego? Digo porque vos puido complicar as cousas para movela polos festivais… É unha película en galego e nada máis, sen dobraxe nin nada. Para os festivais mandámola con subtítulos en inglés e castelán. Ademais, é moi visual. Iso tamén pode axudar para que guste á xente nova… Os escenarios son galegos, polo que é moito mellor que estea en galego... Ademais dos 300 investidores do micromecenado e da axuda de Agadic e da Deputación Provincial de Lugo tiveses algún patrocinio... Si, Galipizza, da Cerveza Áncora -que se fixo para financiar a película- do concello de Meira… Fomos facendo como puidemos, aprendendo tamén a iso. Uniuse a nós PixelFilms… E estamos moi contentos. Non era fácil conseguir o diñeiro e menos cun guión así… \"Non era fácil conseguir o diñeiro e menos cun guión así…\" Falabamos antes un pouco do xeito de contar a película. Narrativamente está moi coidada. Como pensaches a estrutura? -Que ten como capítulos, con voltas adiante e atrás-. Non son nada conformista co guión, fun dándolle voltas. O cine que me gusta a min, moitas veces, é o desestruturado, e iso tamén axuda a manter a tensión... En todo o proceso de escrita de guión vin moito cine, lin libros… e empecei a estruturar a película segundo o que a min me gustaría ver como espectador, como dicía antes. Cando escribes, na túa mente xa vas vendo como será… \"O cine que me gusta a min, moitas veces, é o desestruturado\" Falabamos antes tamén de multiperspectiva. Escenas, por exemplo, que se repiten para que as vexamos a través de distintos ollos. Son riscos que quixen asumir. Unha escena vese desde o punto de vista do personaxe de Melania, con cámara en man, e despois ábrese moito o plano e vémola desde os ollos doutra persoa, abrindo outro camiño para a historia… Nesa caso si se procura unha empatía co personaxe dela. Non se busca no de Miguel de Lira… O de Miguel de Lira ten as súas ambigüidades… Si, ben, tamén ela ten as súas dobreces, obrigada polas circunstancias. Si, pero a idea é que sexa o espectador quen decida de que lado quere estar. O de cambiar o punto de vista tamén é unha maneira de que o espectador saia da historia, se distancie, e poida respirar, pensar, reflexionar un pouco… Ademais que xogar coa cámara é moi bonito. \"A idea é que sexa o espectador quen decida de que lado quere estar\" E ti moito no xogaras antes. Tiñas algunha curtametraxe ou algo? Estudaches Imaxe e Son… Fixera algunha cousa en Meira, sen ningunha pretensión. Pero tiven un equipo técnico e de actores moi bo. Non sei como saíu a película, co medo que tiña eu ao principio... Eu tiña moitos planos na cabeza que despois fun eliminando porque me fun dando conta de que non facían falta. Ademais tivemos só 16 días de rodaxe, e 2 choveunos. Despois, na fase de montaxe podes facer moitas cousas. Eu estudei Son na Escola de Imaxe e Son. Eu non era de imaxe, pero tiña envexa cando vía a xente traballar coa cámara… Tamén fixen Teleco, pero non ten nada que ver. \"Os actores non son só bos actores, son xente boa. Se non fosen boa xente a cousa non iría para adiante\" Algo máis que queiras dicir? Que tiven un equipo brutal que me axudou moitísimo. Os actores non son só bos actores, son xente boa. Se non fosen boa xente a cousa non iría para adiante. Foi un proceso duro. É unha película escura, de malos, feita por xente boíña. Teño que agradecerlle tamén moito a Suso, o produtor, que é tamén actor na película -o mozo da gasolineira- e ademais fai unha das cancións. Eu penso que Suso foi quen peor o pasou, co traballo que lle demos. Foi un caos. Pero facer unha película é sempre un caos… E eu xa dicía: eu penso que lle vai gustar a 3 espectadores de cada 10…"}
{"ID": "NOS_6934", "summary": "O grupo Ailá vén de presentar o seu primeiro traballo musical, no que recollen unha serie de temas tradicionais galegos que mesturan con \"sonoridades da música contemporánea\". Para este disco, o grupo realizou unha investigación nos arquivos públicos e privados da música tradicional da Galiza.", "text": "Da redución ao máis esencial do mítico retrouso da tradición oral da Galiza \"Ailalelo, ailalalá\" nace o nome da formación musical Ailá. O proxecto, integrado por Xan Pampín, ao acordeón e ao bombo; Manuele Pardo, voz, percusión e gaita; Ángela Carou, voz e percusión, e Abel Gañete, fiscorno e trompeta, nace das noites de foliadas na Casa das Crechas (Santiago de Compostela). \"Ángela Carou e Abel Gañete foron alumnado meu cando eran cativos e os camiños volvéronse xuntar nese lugar\", sinala Pampín en conversa telefónica con Nós Diario. Co mesmo nome do propio grupo, Ailá vén de lanzar o seu primeiro disco, que reflicte a premisa de que \"o baile é inseparábel da música festiva\".Cun repertorio que aposta pola hibridación das músicas populares galegas con sonoridades actuais, Ailá realizou unha investigación nas composicións de baile galego. A través da análise dos arquivos sonoros públicos e recollidas particulares, o grupo propón unha ducia de temas, máis un de agasallo, que aposta por unhas \"coidadas e meticulosas métricas e rimas que poñen de manifesto a vixencia e necesaria reivindicación da esencia da música de creación colectiva\". \"Existen miles de horas de gravacións, arquivos únicos e singulares que merecen ser estudadas e dadas a coñecer\", expón Pampín. As trece composicións están pensadas \"para que a xente baile con elas; temos ritmos clásicos da nosa terra como a muiñeira e a xota, mais tamén outros traídos da emigración como son os valses, as rumbas ou habaneras\". Todo isto, \"pasado pola nosa 'peneira' artística\" na que dan a súa propia sonoridade máis contemporánea. O trompetista Abel Gañete explica que \"xa este tipo de formación, con unha trompeta e un acordeón e dúas voces, unha masculina e outra feminina, non é o máis habitual\" e \"isto é o que tamén nos dá a nosa sonoridade máis orixinal\", engade Pampín. Entre as diversas cancións que se poden destacar, como A Xitana, \"a miña favorita\", aclara Gañete, unha muiñeira que xorde a partir dunha das gravacións feitas por Gustav Henningsen no ano 1967 no concello de Coles, na comarca de Ourense; ou Seisdedos \"un pasodobre que ten un aire moi balcánico e no que xogamos moito co cambio de tempo lento e rápido até a fin para darlle un final apoteótico\", apunta o acordeonista. Este tema ten como referencia unha recollida nos Seixedos, nas montañas do concello de Covelo, \"isto fai que sexa unha peza cun estilo melódico moi coñecido e que ten moito éxito no sur da nosa terra\". Outro dos seus temas, que foi un dos adiantos do disco e xa conta con videoclip, é a Muiñeira de Frades. \"Foi a primeira peza que montamos no grupo e presentámola como adianto por ser a que máis interiorizada tiñamos e a que mellor recollía o noso estilo\", sinala Pampín. Na peza audiovisual resalta a \"integración interxeracional\" que se reflicte nunha parella danzando baile tradicional galego con roupa actual. \"Antes da pandemia daba gusto ver como cada vez máis xente moza se animaba a participar nas foliadas e nos seráns\", indica Ángela Carou en conversa co xornal. Esta canción, inspirada nunha recollida feita por Baldomero Iglesias no concello de Frades, destaca tamén no seu deseño gráfico do disco. Serxio Cobos, creador do sistema de transcrición para os pasos do baile tradicional, coñecido como bailegramas; foi o encargado de plasmar este deseño. \"Neste Cobos mestura a música e a danza de forma gráfica a través de círculos completos para representar un todo, que é o que queremos transmitir con este traballo, que a música e a danza van sempre ligadas\", conclúen desde o grupo."}
{"ID": "NOS_39305", "summary": "Xa hai data para o pleno de investidura de Pedro Sánchez. Será durante os días 4, 5 e 7 de xaneiro, segundo fixou a presidenta do Congreso dos deputados, Meritxell Batet.", "text": "O vindeiro día 2 de xaneiro a presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, formalizará a convocatoria do pleno de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Estado. Ese pleno decorrerá durante os días 4 e 5 de xaneiro e, de o candidato do PSOE non obter unha maioría absoluta de apoios, repetirase a sesión o día 7 de xaneiro onde xa só se precisa unha maioría simple de votos afirmativos. Dado o número de votos a prol cos que conta o PSOE, todo indica que a investidura non se producirá até o día 7 se ERC acorda absterse. O PSOE quería unha investidura antes do Nadal e, finalmente, non será ante 2020. A presidenta da Cámara Baixa, que é quen ten a faculdade de convocar os plenos de investidura previa consulta do candidato, decidiu que a sesión se realice os días 4, 5 e 7 de xaneiro."}
{"ID": "NOS_32761", "summary": "O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, censura a \"improvisación e a incompetencia\" do Goberno español nas decisións para a xestión da pandemia, e que se demostra, segundo o sindicato, no anuncio da paralización de toda a actividade laborar non considerada como esencial.", "text": "\"Desde a CIG levamos semanas exixindo que se paren todas as actividades menos as imprescindíbeis pola alerta sanitaria, e esta decisión parécemos que se anuncia tarde e mal, con improvisación e incompetencia, porque, á hora de tomar decisións non é de recibo que o venres teña lugar un consello de ministros e ministras, se anuncie un paquete de medidas, se anuncie un novo consello de ministros. Reúnense máis para tomar medidas que para executalas\", lamenta Paulo Carril. Como censura, a falta de previsión no ámbito laboral está a causar \"centos de miles de despedimentos, ERTE e desprotección para múltiples colectivos profesionais\". O secretario xeral da CIG lamenta tamén que non se aprobaran as propostas \"que desde o primeiro día reclamou o sindicato\", como son o permiso retribuído por deber inescusábel para coidados e alerta sanitaria, un fondo extraordinario do Estado para sufragar estes gastos, compensacións especiais nos sectores que deban permanecer en activo e control estrito das condicións de seguridade nestes sectores. \"Se desde o primeiro momento fosen esas as medidas, o caos social e a inxustiza para moitas persoas non se tería producido\", observa, e critica o papel de UGT e CCOO, por \"avalar e colaborar con todas e cada unha destas erráticas decisións do Goberno\". Plan de choque social A CIG alerta tamén da falta dun plan de choque social para paliar as consecuencias que para a clase traballadora terán as medidas que se están a adoptar. \"Miles de traballadoras e traballadores aos que non se lles dá alternativa, e que sufrirán ademais unha grave perda de ingresos, sen certeza de canto e cando van cobrar\", observa Nese sentido, a CIG reclama unha moratoria no pagamento de subministros básicos e o abaratamento dos bens de primeira necesidade. Ademais de compensacións para as empresas, pide compensacións especiais en sectores como o sanitario, coidados e do comercio que permaneza activo. \"Seguen sen acordarse solucións para enfrontar a desprotección total na que se deixou ás traballadoras e traballadores temporais, ETT, despedidas nas ultimas semanas ou das empregadas do fogar, para as que non se preveu ningunha medida\", alerta Carril."}
{"ID": "PRAZA_3252", "summary": "O novo marco enerxético para as empresas grandes consumidoras procura abaratar os custos e garantir a viabilidade de plantas como as de Alcoa na Mariña. A intención é rebaxarlle á industria ata un 85% dos cargos polas renovables.", "text": "O novo marco enerxético para as industrias electrointensivas está preto. Así se deduce das conversas mantidas na última xuntanza da mesa de seguimento por Alcoa e dos avances anunciados polos representantes do Goberno central, que confían en que ese desexado estatuto poida estar mesmo aprobado no vindeiro Consello de Ministros do martes, logo de meses de demora. O estatuto para empresas electrointensivas procura abaratar os custos da enerxía e garantir a viabilidade de numerosas compañías grandes consumidoras, como a planta de alúmina e aluminio de Alcoa na Mariña, que teme desde hai meses polo seu futuro. O presidente do comité da firma de San Cibrao, José Antonio Zan, recoñeceu que nesa última xuntanza transmitiuse que \"a Unión Europea deu o visto e prace a ese estatuto\", polo que o persoal agarda agora \"se o publican ou o fan público\", momento no que analizará se cumpre coas expectativas e dá \"solución\" ás súas demandas e ás da propia multinacional. O Goberno central adiantou na última mesa de seguimento de Alcoa o \"visto e prace\" da UE ao texto que podería facerse público na vindeira semanaGonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, anunciou que o estatuto faríase \"público de xeito inminente\". \"Sairá a exposición pública nos vindeiros días\", asegurou este mércores. Será un documento inspirado na regulamentación de Alemaña e baseado en tres claves. Unha delas será a rebaixa do sobrecusto das primas e os custos extrapeninsulares, a parte que as empresas pagan para financiar enerxías limpas e a produción eléctrica de Ceuta, Melilla e as illas. Ademais, reforzaranse as compensacións polas emisións indirectas de CO2 e fomentaranse os contratos bilaterais para a contratación de enerxía. Así o explicou o secretario xeral de Industria, Raül Blanco, nunhas xornadas empresariais en Barcelona. O recorte previsto no estatuto é de ata un 85% nos cargos soportados polos grandes consumidores electrointensivos en concepto de primas para renovables e produción eléctrica extrapeninsular. Serían bonificacións que correrían a cargo dos orzamentos estatais, do mesmo xeito que as compensacións por custos de emisións indirectasde CO2, unha partida que superou os 170 millóns en 2019 e que se prevé que vaia aumentando ano a ano. O estatuto prevé rebaixar o sobrecusto das primas e os cudtos extrapeninsulares, reforzar a compensación por emisións de CO2 e fomentar os contratos bilateraisO visto e prace da UE, que non considera o estatuto unha axuda de Estado, é clave para que por fin chegue a súa publicación. Será daquela cando industria e persoal debullen o texto, que consideran un avance pero que agardan que sexa ambicioso. Na súa reunión co persoal de Alcoa na Mariña, Caballero adiantou que o estatuto será unha medida \"favorable ás empresas que son grandes consumidoras de enerxía\" e que \"contará con todas as garantías xurídicas e cumprirá coa normativa e as indicacións das institucións europeas\". Malia este anuncio, o persoal de Alcoa xa advertiu de que seguirán as mobilizacións, con outra xa este vindeiro venres no concello de Xove, onde se distribuirán lazos azuis e se repartirán carteis reivindicativos polos comercios e locais da zona."}
{"ID": "NOS_5341", "summary": "O Brasil anunciou nas últimas horas unha serie de medidas para evitar a expansión da COVID-19 entre a poboación indíxena, algo que reclama a sociedade civil desde hai tempo e que podería chegar demasiado tarde por parte dun Goberno que, segundo denuncian as ONG, lexisla en contra dos intereses destes pobos amerindios.", "text": "Na pasada sexta feira facíase público o pasamento de Alvanei Xirixana, un adolescente ianomami de 15 anos, a primeira vítima pola COVID-19 en territorio indíxena. Anteriormente finaran outras dúas persoas, membros de pobos orixinarios, mais que vivían en zonas urbanas: unha muller borari de 87 anos, no Estado do Pará, e un home mura en Manaos, a capital do extenso Estado do Amazonas, onde, segundo a Secretaria Especial de Saúde Indígena (Sesai), hai sete casos de indíxenas infectados polo novo coronavirus SARS CoV-2, informou onte O Globo. Segundo detallou a Folha, Xirixana era da aldea Rehebe, á beira do río Uraricoera, rexión de entrada para miles de garimpeiros ilegais (persoas que se dedican ás actividades extractivas de minerais), á procura do ouro que se encontra nas terras ianomami (na fronteira con Venezuela). Durante a chamada \"invasão garimpeira\", entre os anos 1960 e 1980, arredor de 15% da poboación faleceu como consecuencia de varias enfermidades víricas, principalmente o sarampelo. Jair Bolsonaro chegou á presidencia do Brasil prometendo abrir as terras indíxenas á explotación. O pasado 5 de febreiro, cando se facían 400 días da súa asunción no cargo, presentou un proxecto de lei que permitirá nestes territorios a actividade agrícola extensiva, a xeración e transmisión de enerxía e a exploración de petróleo, gas e outras actividades. \"Vamos sofrer pressões dos ambientalistas? Ah, esse pessoal do meio ambiente, né? Se um dia eu puder, eu confino-os na Amazônia, já que eles gostam tanto do meio ambiente. E deixem de atrapalhar os amazônidas daqui de dentro das áreas urbanas\", afirmou na altura Bolsonaro. Pola súa banda, os ianomamis denunciaron que nos últimos meses houbo un aumento das invasións ao seu territorio, unha cifra que a asociación que os representa, Hutukara, estima en 25.000 mil garimpeiros ilegais. No Brasil hai uns 850.000 membros de pobos indíxenas. Os que viven na Amazonia son especialmente vulnerábeis á COVID-19. Durante séculos as enfermidades occidentais, novas para os seus sistemas inmunolóxicos, foron minguando a súa poboación, que está dobremente ameazada ante a carencia de recurso sanitarios. Ademais, residiren en casas comunais complica respectar a \"distancia social\", chave para deter o contaxio, como o é o uso de xabón para lavar as mans. Integrismo gobernamental Ante esta situación, o Goberno brasileiro anunciou finalmente nesta segunda feira (madrugada de onte na Galiza), unha serie de medidas para frear a expansión do virus: a prohibición da entrada de persoas non indíxenas ás súas terras e a distribución de máscaras, luvas, tests e comida. Comunicouno Damara Alves, ministra da Mulher, da Família e dos Direitos Humanos, que informou dun investimento de 4.700 millóns de reais (827 millóns de euros) até xuño. Alves é pastora evanxelista, credo relixioso que foi chave na chegada ao poder de Bolsonaro, e foi protagonista de varias polémicas nestes meses, por exemplo, tras negar a teoría evolutiva. A revista Época publicaba o 31 de xaneiro unha información asegurando que a filla adoptiva de Damares, indíxena kamayurá, fora sacada irregularmente da súa aldea cando tiña seis anos de idade, segundo denunciaron os seu familiares. Así é que, máis alá da incidencia do virus, as ONG levan tempo denunciando as políticas de Bolsonaro e do seu Gabinete a respecto dos pobos amerindios. O pasado 23 de xaneiro designaba o seu vicepresidente, o xeneral Hamilton Mourão, coordinador do Conselho da Amazônia. Durante o anuncio aos medios, Bolsonaro declarou que \"o índio tá evoluindo, cada vez é mais ser humano igual a nós\". Mourão tamén foi albo da polémica recentemente. O pasado 31 de marzo, aniversario do golpe de Estado de 1964, escribía no Twitter: \"Há 56 anos, as FA [Forças Armadas] intervieram na política nacional para enfrentar a desordem, subversão e corrupção que abalavam as instituições e assustavam a população\". O raposo e as galiñas E o mesmo 5 de febreiro en que abriu as portas á explotación das terras indíxenas, o presidente brasileiro facía oficial a designación do misioneiro evanxélico fundamentalista Ricardo Lopes Dias para dirixir o departamento da FUNAI (Fundação Nacional do Índio) que se encarga de protexer os territorios dos pobos non contactados, \"os máis vulnerábeis do planeta\", segundo denunciou a organización Survival International. Ao respecto, esta ONG declarou recentemente: \"Pór un misioneiro evanxélico a cargo do departamento de indíxenas illados da FUNAI é como pór un raposo a coidar do galiñeiro\"."}
{"ID": "NOS_2869", "summary": "Anuncian que presentarán un recurso. Piden á Xunta que acelere a declaración BIC e ao Concello da Coruña que presente a querela para lograr a devolución", "text": "Os condenados por subir ao balcón da Casa Cornide, en 2017 na Coruña, nun acto simbólico para esixir a devolución ao patrimonio público desta propiedade en mans dos Franco, anunciaron que recorrerán unha sentenza que ven \"un escándalo democrático\". Coincidindo coa comparecencia ante os medios dunha parte dos oito condenados, reclamaron, por outra banda, á Xunta que \"acelere\" a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC) e ao Concello da Coruña que presente \"de inmediato\" a querela para reclamar a súa devolución após o acordo plenario a este respecto. Fixérono ante o exterior do inmóbel e despois de que o Xulgado de Instrución número 4 da Coruña condenounos a pagar unha multa de 180 euros a cada un deles por aquela acción reivindicativa de 2017. O xuíz, que os considerou autores dun delito leve de coaccións, absolveu un noveno acusado ao considerar que non se acreditou que accedese á vivenda. \"Estamos moi orgullosos do que fixemos, foi útil para provocar un impacto social e para que o espolio perpetrado polo ditador, e que agora os seus descendentes aspiran a perpetuar, sexa coñecido polo maior número de persoas posíbeis\" Após facerse público o fallo, os activistas, militantes do BNG, confirmaron que presentarán recurso contra unha sentenza que un dos condenados, Bieito Lobeira, cualificou de \"escándalo\" e de \"despropósito democrático\". \"É unha interpretación torticera do delito de coaccións\", expuxo. Ao fío diso, rexeitou que houbese \"un uso da violencia ou a intimidación\", en alusión ao contido do fallo no que se afirma que actuaron \"en detrimento dos dereitos doutros\" e \"deveu innecesario o acto de violentar, se queira en parte, o uso pacífico da casa e a integridade dos seus titulares\". Causa dos '19 de Meirás' Da sentenza, cuestionaron tamén o uso de termos \"propios da Fundación Franco\". Así, Lobeira aludiu á utilización de \"duquesa de Franco\". \"Iso só o fai a Fundación\", recalcou, ademais de cuestionar que \"se deturpe o topónimo oficial da Coruña nun texto oficial xudicial\", engadiu pola referencia á cidade como 'La Coruña'. Así mesmo, insistiu en que se trata dunha resolución que \"dá a razón ao Franco\", mentres apuntou \"o problema penal\" para tres deles ,do colectivo '19 de Meirás' -entre os que se atopa el-, procesados pola ocupación simbólica do pazo en agosto de 2017. \"Agrava a situación penal nese proceso no Supremo\", expuxo. Pola súa banda, outra das condenadas, Carolina Fernández, asegurou que entenden que \"hai base xurídica máis que suficiente para tombar\" este fallo xudicial. \"Estamos moi orgullosos do que fixemos, foi útil para provocar un impacto social e para que o espolio perpetrado polo ditador, e que agora os seus descendentes aspiran a perpetuar, sexa coñecido polo maior número de persoas posíbeis\"."}
{"ID": "NOS_41587", "summary": "De aprobarse, estabelecerase un prezo limitado inicial de 40 euros/MWh para o gas, que subirá nas seguintes semanas até os 50 euros/MWh, e que terá unha duración de 12 meses, até o remate do vindeiro inverno.", "text": "O primeiro ministro de Portugal, António Costa, vén de anunciar que a Comisión Europea aceptou a proposta conxunta do seu Goberno e o do Estado español para abaratar o prezo do gas empregando a fórmula da \"excepción ibérica\". Costa, que participou esta segunda feira na Conferencia sobre o futuro de Europa, en Estrasburgo, detallou a varios xornalistas portugueses que \"hoxe mesmo a Comisión Europea deu luz verde á proposta portuguesa e española para evitar a contaminación do prezo da electricidade pola suba do gas\". Acordo entre Bruxelas e o Estado español e Portugal: prezo medio do gas de 50 euros mW/h Para o dirixente luso, \"é unha medida de gran alcance\". Neste sentido, o primeiro ministro portugés asegurou que tanto o seu Executivo como o de Pedro Sánchez están a coordinar \"como aprobar a respectiva lexislación, e faremos todo o posíbel para poder facelo xa mañá\". Aplicar a medida \"canto antes\" Tal e como avanzou Costa, a intención de ambos Gobernos e que a medida poida ser aprobada \"canto antes\". No caso español, o Executivo estatal traballa para que esta terza feira, coincidindo co Consello de Ministras e Ministros, poida ser aprobado o mecanismo. Como afectará a factura da luz o acordo entre o Estado español e Bruxelas? A este respecto, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, asegurou que estabana \"traballar contrarreloxo\". De aprobarse, estabelecerase un prezo limitado inicial de 40 euros/MWh para o gas, que subirá nas seguintes semanas até os 50 euros/MWh, e que terá unha duración de 12 meses, até o remate do vindeiro inverno."}
{"ID": "NOS_31081", "summary": "Sete anos despois do último poemario de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), o editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, peta na súa gorxa. Logo da longa espera, chega aos andeis Tempo fósil, cunha delicada edición en azul prusia brillante deseñada por Manuel Martínez. No libro, a voz poética aborda –como un gato, con distancia e entrega absoluta–, a nada que, após erixirmos todo, imos deixar atrás.", "text": "\"O incendio da memoria/mentres se parte o esternón da casa\". Así acaba o primeiro poema, que marca o ton do resto do libro. Esa casa, en Culleredo, fíxoa o meu pai coas súas propias mans e traballamos nela absolutamente todos. Foi derrubada xunto con outras 70 en decembro de 2011, na terceira ou cuarta ampliación do aeroporto de Alvedro. Eu daquela acababa de publicar Leopardo son, entón estaba noutra cousa. Coincide cunha época na que me entrou moito a teima de anotar para gardar na miña memoria circunstancias ou persoas que coñecín, sen pensar en leitores nin en literatura. A finais dese ano escribín tres poemas. O primeiro ten a ver con ese feito. É como enumerar o dafne, a roseira brava... existían todos na horta, non hai nada inventado. E o segundo poema non tiña tampouco que ver de inmediato, era só pensar onde estaban os ósos dos animais da casa: son destruídos, remexidos, mesturados... Os poemas ficaron alí e un ano ou dous despois escribín o terceiro. A partir de aí, lentamente, continúo o libro. A destrución da casa é un punto de partida e vaise mesturando cun proceso de aniquilación dunha familia moi pequena, unha que non está desde hai moito tempo. Non é un pai simbólico, é o meu pai, que morreu hai 25 anos e que agora mesmo está soterrado no cemiterio de Culleredo, nunha igrexa románica preciosa que ten enriba un terraplén inmenso. Entón o pai está aí, como unha presenza… A morte, o paso do tempo e a irreversibilidade son constantes nas súas obras. En Tempo fósil, porén, esta visión é distinta, se callar máis en comuñón con outros seres? Chámame moito a atención que sempre se observe a morte como unha constante na miña poesía, porque para min o sorprendente é que a morte non estea presente. É unha constante na vida, está aí, todos os días. Vivimos nunha sociedade onde todos facemos como que non existe, e para min tampouco é algo especialmente dramático… Non creo en nada transcendente, mais si creo nunha especie de continuidade na materia. O libro leva unha cita de Jean Rhys de O Mar dos Sargazos no que fala de que as persoas que teñen sorte morren dúas veces, as que non morren, moitas máis. Está facendo mención aos mortos vivos, aos vivos mortos… desde unha perspectiva non negativa.Morremos, mais como materia continuamos. En certa maneira, nunca chegamos a estar completamente mortos. Unha persoa ou outros seres non morren se os gardamos na memoria, se están presentes na nosa vida, ou non morren se están soterrados e lles nace nova vida. Non é unha visión negativa da morte, para min é parte dun ciclo. En Tempo Fósil é unha casa, a aniquilación dun lugar… Téñenme dito que é no que o eu está menos presente. No fondo, estou eu completamente, o que pasa é que é unha experiencia moi persoal, un eu que está completamente formando parte dunha cousa. Penso que en ningún momento fago mención á desaparición das outras 70 casas que caeran coa miña porque dese núcleo de 70 casas non formabamos parte. Por iso non fago mención aos veciños, que tamén son exiliados e tamén perden, mais porque iso non existía na miña experiencia. Tamén fai referencia a restos concretos como vaixelas, ósos... É unha especie de obsesión miña que logo conflúe con outras cousas de xeito pouco consciente. É a destrución da casa, a obsesión por unha horta que é un camposanto… A casa onde eu nacín está moi presente no libro sen nomeala. É a casa que tivemos que deixar ao ir para a casa nova. Aínda existe, está nun lugar no medio doutras, con veciños. De súpeto, trasladámonos para unha casa que para os pais supón un progreso, que é ter unha casa propia, mais que está ao lado dun val no que non había absolutamente nada. Penso que xa na lapela di que non hai nostalxia no libro, porque é unha relación amor-odio cun lugar e cunha casa, porque para os nenos foi tamén un lugar de exilio, de desterro, para toda a familia. \"Eles eran os primeiros poboadores/e este só chan de exilio\". Exacto. Na casa inicial, na que nacín, sendo parte dunha familia de clase obreira con moi poucos obxectos, un xogo de café e máis nada, xogábamos moito a andar cachando na horta a ver que aparecía, e aparecían restos da xente que vivira alí antes. Sobre todo anacos de louza. Eu fun facendo o libro cando reparei que sempre vivín en casas que foran habitadas antes, mesmo na que vivo agora. A única casa que inauguramos foi precisamente esta, entón chegas a un lugar que é unha casa feita na aba dun val onde non hai nada, non hai restos, non hai vida anterior que ti percibas. Tampouco era moi consciente ao facer o libro, mais hai a sensación abismal de que logo tampouco vas deixar nada. Non tes tempo a que se vaian sobrepondo uns estratos sobre outros, a crear un sedimento. É a túa unha poesía da desposesión? Non son consciente de estar falando sobre a desposesión. Son consciente de estar falando sobre a perda, sobre a aniquilación e ten moito que ver tamén con procesos persoais. Sobre esa imposibilidade de deixar pegada, eu creo que está moi no mundo no que vivimos. Detrás de nós pouco vai quedar. Ese estar construíndo sobre nada e, en certa medida, para nada. Construíndo algo que logo, por causas totalmente alleas a ti, é derrubado e desaparece. Iso tamén ten que ver co social. Unha cousa é estar nun lugar que sabes que non vai desaparecer e outra cousa é estar neste bairro, que é estar nunha casa que foi o soño da túa familia mais que se nun momento determinado proxectan construír vivendas vai ser eliminada como se nada, como se todos os soños desas persoas non servisen para absolutamente nada. Eu iso estenderíao á vivencia das clases populares no noso mundo, ou da maior parte das persoas que viven nese planeta. O que construamos, os soños que teñan non valen para nada. Nun momento determinado poden desaparecer sen deixar practicamente pegada. Falas do trasfondo social que hai nese tratamento da casa. Chama a atención como en Entre lusco e fusco, o teu primeiro libro, si que había un carácter social marcado. Só volve emerxer neste libro? O primeiro libro non tiña pensado publicalo, eu ía a tertulias de Paco Pillado e alí el organizou para que lle lese poemas a Luís Seoane. Daquela, para min os poemas non tiñan maior importancia, porque eu durante toda a miña vida quixera ser pintora. Foi Seoane quen decidiu que había que publicar un libro e comprometeume a que lle levase o libro organizado o día da homenaxe a Lourenzo Varela no Ateneo da Coruña. El morreu a noite anterior e foron Isaac Díaz Pardo, Maruxa Seoane… quen seguiron co compromiso de que o libro saíse. O título ten moito a ver co que dis, porque eu era consciente de que había toda unha parte de poesía intimista, moi tremendista. De feito, lembro un día que estaba Rafael Dieste, que me rifou porque nun poema eu dicía que tiña apodrecida a alma. \"Como unha rapaza de dezanove anos pode dicir iso?\". Logo, a presenza do social ten moito que ver coa poesía galega que eu ía coñecendo, e unha das fascinacións da miña vida foi Longa noite de pedra, que lin cando facía COU. Ten moito a ver tamén coa descuberta deste país. Corresponde cun proceso que é real. Cando estaba nos finais do bacharelato, coñecín a Moncho Valcarce, o cura de Sésamo, e foi a primeira vez que tiven consciencia de que este país existía e tiven consciencia lingüística.O libro recolle iso, non é literatura, é un proceso que ten que ver co meu proceso vital. Nos seguinte libros non está presente. Porén, sempre penso que ao mellor sería interesante facer unha escolma dos poemas máis convencionalmente sociais que fomos facendo as persoas que en aparencia non facemos esa poesía. Porque logo eu paralelamente si que fixen moitos poemas que non cadran cun libro en concreto. Todos temos feito poemas sobre Palestina ou sobre Alexandre Bóveda ou sobre o Prestige, e non se teñen en conta porque non pintan nada se estás facendo unha obra que ten que ver con algo diferente. Hai moita tendencia na poesía intimista a pensar erroneamente que é autobiográfica, mais vostede di que cada libro, en certa medida, reflicte unha etapa vital. No meu caso, creo que todo o que fago si que ten que ver moito coa miña biografía, mais como punto de partida, porque a miña experiencia particular impórtalle ás persoas que me coñecen e que me queren, aos demais non. Do que se trata é precisamente de, partindo dun material que é biografía ou a túa visión do mundo, utilizalo como material construtivo, conseguir con iso unha reflexión que sexa en certa maneira arquetípica, que poida ser entendida e que diga algo que teña un significado nunha época, ou nunha circunstancia ou para persoas que en absoluto sabes como es ti como ser humano. Hai ese proceso de distanciamento, de universalización e de ficcionalización. Deixa pasar tempo entre un libro e outro. Como aborda cada poemario? Ten claro o conxunto, vai creando até ver un fío condutor…? Esta é a primeira vez que son consciente de estar a facer un libro non só sobre un tema, senón que ten unha unidade. Cada poema era como unha especie dun fragmento dun todo. Eu antes era fundamentalmente autora de poemas, e logo hai libros que chegan a ter unha certa unidade mais ten que ver cun proceso interno. Teño tempos moi lentos, estás nunha época dándolle volta a unhas cantas teimas e obsesións que logo aparecen no libro mais como unha unidade miña, do meu proceso. Mesmo no Livro das devoracións é iso. É un reflexo das etapas vitais. En Tempo fósil é unha obsesión sobre a desaparición da casa, a aniquilación da familia, mesmo a derrota para os soños dunha clase social. O que fixeron os meus pais é cumprir inicialmente o soño que seguen a ter as clases populares, e que está en moitas persoas que emigran, que é facer unha casa, acceder a outra forma de vida. Facer unha casa na que pasas, por exemplo, como na miña xeración, de ter un baño na horta a ter un baño onde te podes lavar en algo que non sexa unha tina. Ou ter mesmo obxectos ornamentais, cousas que non teñen por que ser útiles. Luciano Rodríguez ten dito que é \"a dona da xusta medida\". Como traballa os textos para chegar a unha poética tan contida? A min a poesía feita desde a racionalidade non me interesa nada. Desde o dominio da razón son previsíbel, entón claro que podes facer un poema en calquera momento, aplicas unha receita como se estiveses a facer lacón con grelos. Iso non me interesa porque eu basicamente son leitora. Como leitora a min non me enganan demasiado, entón tendo moito a verme a min desde fóra e ante un poema meu tamén son leitora. Se a min non me convence, xa me couta completamente. Tamén escribo nun proceso de ideas, obsesións que van levedando, mais teño que conseguir que non estea a razón dando a lata e moitas veces o detonante é unha imaxe ou un ritmo que está aí e fai que o poema se desencadee, non a inspiración, que é outro proceso diferente.Creo que se conseguimos adormecer un pouco a razón, os seres humanos sabemos máis e aparecen cousas ás que nun estado de dominio racional nunca chegariamos. Por exemplo, o poema meu que todo o mundo máis recoñece é o poema do escriba. Ese poema eu non sei moi ben como xurdiu, é un poema que se fixo case só. Nos primeiros versos –'a luz do escriba'– estou a facer mención a un escriba moi concreto, que é o escriba sentado que está no museo do Louvre. Moitos anos despois de ter estado alí, é como unha visión, o escriba cun resplandor que non existe, porque non está nunha sala onde haxa un resplandor de fóra nin nada. De súpeto hai unha imaxe que procede de moito tempo atrás que non sabes como se desencadea, ou un ritmo. É algo que a razón non está a controlar mais non é inspiración."}
{"ID": "PRAZA_16041", "summary": "A Audiencia Nacional obriga a facer públicos os nomes dos viaxeiros pero só desde a entrada en vigor da Lei de Transparencia en decembro de 2014. Hai ano e medio Praza.gal publicou información previa a esa data facilitada polo Ministerio de Fomento de Ana Pastor. HEMEROTECA | Blanco e Pastor usaron sete veces avión oficial para voar a Galicia como ministros", "text": "HEMEROTECA | Blanco e Pastor usaron sete veces avión oficial para voar a Galicia como ministros O diario El País publica este venres un listado cos nomes dunhas 500 persoas que viaxaron a bordo de 220 voos oficiais realizados nos avións militares do Grupo 45, os coñecidos Falcon. A Audiencia Nacional, a petición da Fundación Civio, obrigou ao Goberno a facer públicos eses nomes en aplicación da Lei de Transparencia, pero o listado só inclúe datos desde decembro de 2014, cando entrou en vigor a norma. Porén, hai ano e medio o Ministerio de Fomento daquela dirixido por Ana Pastor facilitara información previa a esa data, publicada por Praza.gal e tamén requirida en aplicación da Lei de Transparencia, que reflectía que desde 2009 o ex-ministro socialista José Blanco empregara os Falcon cinco veces para desprazarse a Galicia por dúas da propia Pastor. A lista non contén datos dun voo do ex-ministro canario José Manuel Soria a Canarias facilitados a Praza.gal polo Ministerio de Industria, evidenciando os dispares criterios de transparencia do Goberno A información agora publicada por El País ratifica, como xa avanzara Praza.gal, a disparidade de criterios do Goberno á hora de responder a peticións de información en aplicación da Lei de Transparencia. O novo listado, ao contrario do facilitado a este diario, non indica as datas dos voos e só nalgún caso indica os destinos. No seu momento a información publicada por Praza.gal pretendía analizar que uso realizaran dos avións oficiais os ministros galegos de Fomento de PSOE e PP, que adoitaban axustar as súas axendas oficiais para ter actos en Galicia nas fins de semana. Para poder comparar, tamén se preguntara ao Ministerio de Industria polos voos a Canarias do ex-ministro canario José Manuel Soria. Daquela, mentres Pastor si ofrecera información sobre os voos do seu predecesor Blanco previos á entrada en vigor da Lei de Transparencia, Industria só os facilitara con posterioridade a esa data. Con ese criterio informara de que Soria só empregara unha vez un avión oficial para desprazarse a Canarias e explicaba que o fixera acompañado do embaixador dos Estados Unidos, James Costos. Porén, no listado agora facilitado polo Goberno co mesmo criterio de que sexan voos posteriores a 2014, o nome de Costos non aparece. O listado agora publicado por El País reflicte unha viaxe Madrid-Vigo co ministro de Xustiza da viguesa Lucía Molares, responsable da entidade estatal de solo Un dos poucos voos nos que se indica o destino no listado publicado por El País é un realizado polo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, no que se di que no traxecto Madrid-Vigo foi acompañado pola viguesa Lucía Molares, responsable da entidade estatal de solo público (SEPES), organismo que nada ten que ver co seu ministerio. Molares, que foi concelleira en Vigo e delegada na cidade da Xunta de Feijóo, acompañou en outubro de 2015 a Catalá nunha visita que este fixo á sede local do PP no marco dunha viaxe do ministro a cidade na que tivo tamén axenda pública do seu departamento."}
{"ID": "NOS_20182", "summary": "Pola República Galega é o lema escollido para este ano. O acto central do Día da Patria Galega terá lugar no Parque de galreas, Compostela. O 23, en Vigo, unhas xornadas sumarán voCes galegas e portuguesas \"para manter a vixencia e a urxencia do internacionalismo\".", "text": "O 25 de Xullo como una data \"reivindicativa e lúdica\" na que \"galegos e galegas debemos cimentar un proxecto colectivo, un proxecto nacional\" que debe estar articulado \"nos valores e principios da esquerda\". Así defindiu Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova, a importancia desta data. \"A cuestión nacional non deixa de ser outra cara da moeda da cuestión social, a cuestión da vida das persoas\", incidiu, polo que desde Anova reivindican \"a necesidade de que nós mesmas nos gobernemos para mellorar as condicións de vida das persoas deste país\". Oriana Méndez, concelleira en Vigo, informou das xornadas 'Esquerda e República' que decorrerán en Vigo o día 23, coa presenza de voces como as de Joana Mortágua (Bloco de Esquerdas) ou Martiño Noriega (Compostela Aberta). \"Mostrar o vínculo histórico entre Galiza e Portugal e facendo unha chamada conxunta para manter a vixencia e a urxencia do internacionalismo.\" Entende que este diálogo ten lugar nun momento no que \"unha nova Internacional Reaccionaria, con tentáculos no Estado español, pretende unha involución en termos sociais e democráticos e un avance ao mesmo tempo na folla de ruta do neoliberalismo\" Antón Sánchez afirmou que dende Anova \"entendemos a cuestión nacional non tanto como unha cuestión identitaria senón como unha cuestión material, coa necesidade de decidilo todo. Por iso lanzamos este ano o lema de pola República Galega\"."}
{"ID": "PRAZA_5686", "summary": "A xuíza Pilar de Lara considera que as condutas da voceira do PPdeG na súa etapa como edil \"poderían ser constitutivas de infracción penal\". O PP suspende un acto electoral no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribúeo a un \"erro\".", "text": "O pasado marzo o levantamento parcial do segredo de sumario da operación Pokémon sacaba á luz un informe de case 120 páxinas dedicado ás actividades de Paula Prado, actualmente deputada e voceira do PPdeG, na súa etapa como edil no Concello de Santiago. Aquel documento, que sumiu no silencio a Prado no que á súa actividade política pública se refire -este mesmo xoves o PP supendeu un acto de campaña no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribuíuno a un \"erro\"-, vén de ser ampliado na nova entrega deste sumario, a cuxo contido tivo acceso Praza Pública. Nos novos informes o Servizo Vixilancia Aduaneira, utilizado pola xuíza Pilar de Lara como corpo policial, ve a Prado \"sabedora\" de que lle pasou ao Concello compostelán cando menos unha factura \"inchada\", operación que, entre outras, levan á maxistrada a ver motivos para mudar a condición da conservadora de testemuña a imputada. A factura en cuestión é a cargada ao consistorio pola realización dun espectáculo sobre a Abella Maia no pavillón Fontes do Sar. A montaxe, di Aduanas no seu informe, \"pasaría de 6.090 euros a 11.210 co IVE\" e isto sucedería \"con coñecemento e aprobación de funcionarios e/ou autoridades do Concello\". \"De ditos cartos -especifica- aproximadamente 3.000 euros serían para Jesús Fuentes Maceira\", promotor de espectáculos imputado no caso, \"como contraprestación a un acordo con Gerardo Conde Roa\", ex alcalde da cidade. Paula Prado, continúa o informe, \"decidiu pasar a factura para o seu pagamento co importe superior para que 3.000 euros os gozase\" o devandito empresario, \"sabedora do feito de que estaba a factura inchada\" e aínda que o alcalde, Ángel Currás, era \"coñecedor dos prezos do mercado\" por ser o \"anterior concelleiro de Cultura\" e considerou que a factura \"era cara\". Os axentes cren que Prado \"decidiu pasar a factura\" malia saber que \"estaba inchada\" Os axentes ven \"corroborados os feitos relatados\" a través dos \"correos electrónicos intervidos no Concello de Santiago\" nunha das súas múltiples visitas ao Pazo de Raxoi. \"Na bandexa de entrada de 'alcaldía' Aduanas \"comprobou\" que \"tanto o orzamento como o contrato, así como a proposta de gasto asinada polo alcalde\" foron realziadas \"o mesmo día\", o 3 de maio de 2012, aínda que \"Paula afirma o día 7 de maio que todavía non estaba asinado\". No entanto, sinala a investigación, \"o contrato enviado ese día 3 de maio de 2012 aparece como data do mesmo o 24 de abril de 2012, é dicir nove días antes do orzamento\", aínda que despois se cambiaría esa data\". Así as cousas, Vixilancia Aduaneira ve probado o amaño do contrato. Ao Tribunal Superior Para a xuíza De Lara destes informes \"resultaría a presunta comisión de certas irregularidades que poderían ser constitutivas de infracción penal\" por parte de Paula Prado. Dada a súa condición de deputada e, polo tanto, de \"aforada a efectos de instrución e enxuizamento\", a maxistrada considerou pertinente abordar o asunto nunha peza separada que sexa elevada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, órgano competente para enxuizar as persoas protexidas polo aforamento. A xuíza cre que as actuacións de Prado \"poderían ser constitutivas de infracción penal\" As investigacións, di este auto de decembro de 2012, \"revelan a participación\" da voceira do PPdeG, ademais de no \"pagamento dunha factura inchada\", en \"actividades\" como \"influencias nas que interviría xunto a outros concelleiros\" para \"beneficiar economicamente o seu cónxuxe\" ou \"influencia na contratación de determinadas persoas afiliadas ou próximas ideoloxicamente ao PP en empresas concesionarias de obras e servizos do Concello de Santiago\" no que Prado, destaca, \"era, ademais de concelleira, responsable da Axencia de Colocación\" municipal, contexto no que \"chegou a adaptar os currículos aos postos de traballo\". Tamén \"tería enchufado supostamente algunha persoa para ser contratada pola empresa Sermasa, adxudicataria do concurso da escola infantil de Salgueiriños\". As conversas Vixilancia Aduaneira e a propia xuíza tiran boa parte das súas conclusións das conversas telefónicas entre Prado e o ex xefe de gabinete da Alcaldía compostelá, Ángel Espadas, tamén imputado na causa e cuxo teléfono estaba intervido por orde xudicial. Nestas parolas Prado e Espadas abordan o asunto da factura supostamente inchada e, como nota anecdótica, empregan o galego para relatar algúns dos acontecementos. Este é un treito das transcricións incluídas no sumario: PAULA: La Abeja Maya , joder. Tengo ahí a Susito entregado a la causa... ¡Ostí! Le metí, le metí un gol a Currás, le ... bueno, aún no me lo firmó, hasta que me lo firm ... pero bueno, me dijo que sí; lo de la Abeja Maya , ¿a ti cuánto te dijo Susito que valía? ÁNGEL: Ocho quinientos creo que era. PAULA: Bueno, once mil más IVA o ocho quinientos más IVA, no sé si fueron once mil y pico .. . ÁNGEL: Ocho quinientos más IVA es... , eh, Paula ... PAULA: ¿Y dan los once mil? ÁNGEL : No, no da tanto, tía , ¡Hostiá! PAULA: Bueno, once mil y pico, yo creo que son once mil más IVA, eh, o los , once mil y pico con IVA... ÁNGEL : Yo creo que eran ... PAULA: Eso. ÁNGEL: No sé si eran ocho, ocho quinientos, por ahí eran , más IVA. .. PAULA: Once mil y pico con IVA. ÁNGEL: Y el IVA eran , eh ... mil y pico euros o así. .. \"Que los disfrute (...), ha de ser o que leve porque non creo que lle contraten nada máis...\" PAULA: No, once mil y pico todo , me decía Adrián , yo me escarallaba, me decía Adrián: \"ahí están los tres mil euros pa Susito, hombre, hay tres mil euros pa Susito ... \", dijo yo : \"¡qué carallo! , pues que los disfrute, hombre, ¡qué cojones!, ha de ser o que leve porque non creo que lle contraten nada máis ... \" ÁNGEL: ¿Sabes lo que pasa? ... no ¿sabes lo que pasa? Que igual cambió el precio y ya sé yo por qué, me estuvo, me estuvo consultando a mí la semana pasada . Suso en Madrid le dieron un precio, pero era cobro previo a la actuación ... entonces .. .al no ... PAULA: No, no , ya lo sé, pero al pagar, pero ven ía igual ese contrato con el cobro previo a la actuación y venía el mismo precio con el cobro sin ser previo, eh .. . ÁNGEL: Lo que pasa que ya .... .. meten ese precio porque saben .. . PAULA: Porque Currás no lo quiso firmar .. . ÁNGEL: ... meten ese precio porque ya saben que no van a cobrarlos. ÁNGEL: De todas formas tengo que llamar a Suso y preguntarle el precio porque éste también a veces se calienta de más eh ... \"No creo que el alcalde firme otra de éstas, eh... Así que... fai ben\" PAULA: Pero ya está firmado , olvídate, ya hay retención de crédito y ya está todo firmado , eh . ÁNGEL: Bueno, bueno .. . PAULA: Déjalo, joder ... si es lo .. . es lo único que va a llevar, eh, porque no creo yo que el Alcalde firme otra de éstas, eh ... y yo no tengo presupuesto para esas cosas .. . así que ... fai ben ..."}
{"ID": "NOS_33032", "summary": "O lenzo, entitulado Árbore de montaña, estaba en posesión da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo e será restaurado no Museo de Belas Artes da Coruña.", "text": "A Fundación Rosalía de Castro vén de se facer co cadro Árbore de montaña, asinado por Ovidio Murguía, fillo da poeta nacional. O lenzo, que se atopaba en mans da familia Bustelo Calvo-Sotelo, en Ribadeo, é quizais un dos meirantes que pintou Murguía e, unha vez que remate o proceso para a súa restauración no Museo de Belas Artes da Coruña, pasará a facer parte do programa expositivo da Casa Museo xestionada pola entidade que preside Anxo Angueira. A obra non está catalogada porque nunca saíra da casa en que foi localizada. As primeiras informacións apuntan a que o cadro foi adquirido nas mesmas datas en que foi pintado, 1899, un ano antes da morte por tuberculose do seu autor, o único fillo varón de Rosalía de Castro. Ovidio Murguía faleceu con 28 anos e sen levar a termo a derradeira encomenda que lle foi realizada: un conxunto de pezas para o salón de fumar do pazo de verán de Montero Ríos en Lourizán. O encargo chegoulle na emigración, en Madrid, onde continuaba coa súa educación autodidacta encetada aos 24 anos e tutelada a distancia polo seu pai, Manuel Murguía. O meirande lenzo pintado polo fillo de Rosalía Cunhas dimensións de 190x130 centímetros, Árbore de montaña é, posibelmente, o lenzo de maior tamaño que pintou o fillo de Rosalía. A peza garda relación con outras dúas que recollen paisaxes da Serra do Guadarrama e que se conservan no Museo de Belas Artes da Coruña e no Museo de Pontevedra. Porén, a diferencia destas dúas obras, na que vén de ser adquirida pola Fundación Rosalía a cimeira das montañas pasa a un segundo plano e o autor recupera fórmulas onde as árbores cumpren o mesmo papel que as figuras nas obras de composición, tal e como acontece nas paisaxes de finais do século XIX. Localizada no Guadarrama, si, mais a protagonista é unha árbore senlleira, caducifolia, que desprega en maxestuosidade a súa copa ao pé dun regato. O propio Murguía chegara a escribir que \"los paisajes con árbol son los que la gente entiende (...) y si puedes no dejes de poner aguas que ya sabes lo bien que hacen\". Dous anos despois deste consello enviado a Madrid por carta, Ovidio Murguía pintou Árbore de montaña, peza que, segundo a Fundación Rosalía, tería sido unha encomenda da familia en cuxo salón estivo pendurada até hoxe."}
{"ID": "NOS_36530", "summary": "Anos de abandono, proxectos orzamentados mais non executados. Ese é o retrato que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fai do estado das obras do AVE en Ourense. A líder nacionalista pisou o terreno esta cuarta feira e botou de menos unha presenza, a do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.", "text": "De la Serna estivo esta terza feira en Ourense, mais non apareceu polos tramos abandonados do AVE en Ourense. Quen si o fixo e precisamente para denunciar a ausencia do ministro nese enclave foi a líder do BNG. \"Hoxe tiña que estar neste lugar o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, porque non hai obras do AVE neste tramo e son necesarias para modernizar o ferrocarril en Galiza\", enfatizou Ana Pontón, quen estivo acompañada na visita pola tamén parlamentar no Pazo do Hórreo Noa Presas, ben como polos alcaldes de Allariz e Baños de Molgas -Francisco García e Xaime Iglesias, respectivamente- e responsábeis do BNG ourensá. Pontón ligou a parálise das obras do AVE co descenso dos orzamentos para Galiza, o que ten baptizado estes días como Recortazo, tesourada que é especialmente significativa na provincia de Ourense. Segundo a nota de imprensa servida polo Bloque, neste territorio galego o descenso das contas estatais é de 36 por cento, 274 millóns de euros menos (a parte do león da redución precisamente polo AVE). A líder soberanista puxo a énfase en denunciar que unha cousa é que nos orzamentos aparezan determinadas partidas -previsión de créditos a asinar pola administración do Estado para financiar a realización de obras- e outra ben distinta é que eses fondos finalmente se invistan e os proxectos se executen. Nun plano máis xeral, a portavoz nacional do Bloque criticou que, mentres o Goberno Rajoy retalla os investimentos na Galiza en 30 por cento, aumente, en troca, o orzamento de Defensa en 7 mil millóns de euros. Acordo das forzas políticas e plano de investimento para Ourense Avanzou tamén Pontón que no próximo pleno do Parlamento galego demandará a Feijóo que se sume a un pacto das forzas políticas galegas contra o Recortazo -o PP valenciano acaba de facer o propio na súa comunidade autónoma-, ao tempo que anunciou que o BNG proporá un plano de investimentos para Ourense \"para atender á situación acelerada de despoboamento e precariedade no emprego. Con investimento público pode xerarse emprego de calidade no sector agrogandeiro, turístico ou termal así como riqueza cultural\"."}
{"ID": "NOS_21081", "summary": "Os celestes puxeron vontade fronte ao Vilareal mais con iso non chegou. Perdeu (0-1) o partido, deixou marchar 3 puntos e afástase a posibilidade de se enganchar a prazas europeas.", "text": "Dúas derrotas consecutivas na Liga. A derrota perante o Vilareal (0-1) en Balaídos deixa o Celta a 13 puntos das prazas europeas. Os celestes non foron inferiores ao Vilareal mais tampouco foron quen de crear ocasións decisivas. Puxeron vontade e, sobre todo na segunda metade, intensificaron a visión de ataque sobre a área contraria, acabando coa lingua fóra mais sen os tres puntos. O gol de Soldado (que debería ser expulsado pola súa dura entrada a Marcelo), a piques de finalizar a primeira metade foi a balón parado. E esta é unha materia pendente do Celta desde hai xa demasiado tempo. O Celta puxo vontade mais faltaron as ideas. O partido non tivo na primeira fase un dominador claro. Ao Vilareal chegoulle cun punto de seriedade no xogo e acantoarse na defensa cando viñan mal dadas. Na segunda metade o Celta intensificou a tendencia ao ataque, con Beauvue e Aspas ao asedio do forte valenciá. Mais esa ansia non se deu concretado en ocasións e oportunidades claras. Ficha Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez (Wass, min.81), Planas, Marcelo Díaz, Radoja (Iago Aspas, min.69), Jozabed, Hjulsager (Beauvue, min.59), Bongonda, Rossi. Villareal (1): Andrés, Mario, Musacchio, Víctor Ruiz, Jaume Costa, Trigueros, Bruno, Dos Santos, Soriano (Rodrigo, min.88), Soldado (Sansone, min.70), Bakambu (Castillejo, min.81). Goles: Soldado, 0-1, min.44. Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amoestou Hugo Mallo, Planas, Bongonda, Aspas (Celta); Soldado, Dos Santos Mussachio (Villarreal). Campo: Balaídos (16.651 espectadores)."}
{"ID": "PRAZA_4447", "summary": "Este xoves deron comezo as fórmulas de flexibilidade horaria e teletraballo para os empregados públicos da Xunta. CIG-Autonómica saúda a medida, pero subliña que só unhas poucas persoas poderán traballar dende a casa e lembra o contexto de recortes no que se enmarca.", "text": "Este xoves deron comezo as fórmulas de flexibilidade horaria e teletraballo para os empregados públicos da Xunta. A flexibilidade, á que se poderán acoller os funcionarios que así o demanden, establece distintos tipos de xornadas e horarios laborais. Até o de agora tan só existía un horario ríxido, de 7.45 a 15.15 de luns a venres, e que só se permitía a flexibilidade por razóns de conciliación familiar para persoas con fillos menores de 12 anos ou maiores ao seu cargo. A partir de agora establécense tres tipos de horarios, un xeral, un flexible por conciliación familiar e outro de flexibilidade automática A partir de agora establécense tres tipos de horarios, un xeral, un flexible por conciliación familiar e outro de flexibilidade automática. O horario flexible por conciliación familiar e laboral continúa afectando a traballadores con fillos menores de 12 anos ou maiores ao seu cargo. Neste caso, dentro dunha marxe entre as 7.30 e as 18.30 horas, á petición da persoa interesada, fixarase un horario diario de referencia. A terceira modalidade é a flexibilidade automática. Neste caso o horario constará de dúas partes: unha parte fixa (de 9.00 a 14.30 horas) que será de presenza obrigada no posto de traballo. A parte flexible será de entre 7.30 a 9.00 horas de luns a xoves e entre as 14.30 a 18.30 horas, de luns a xoves, así como entre as 14.30 e as 15.30 os venres. En ambas flexibilidades (por conciliación e automática) o cómputo de horas traballadas efectuarase mensualmente e, en caso de eventuais incumprimentos, poderán compensalo dentro da parte flexible do horario do mes seguinte. Fernando García, secretario nacional da CIG-Autonómica, sinala que \"a flexibilidade supón unha mellora para os traballadores, para a empresa e tamén para os cidadáns, é unha medida racional, non exactamente a que nos gustaría a nós, pero vai na boa dirección\" Fernando García, secretario nacional da CIG-Autonómica, sinala que \"a flexibilidade supón unha mellora para os traballadores, para a empresa e tamén para os cidadáns, é unha medida racional, non exactamente a que nos gustaría a nós, pero vai na boa dirección\". Porén, tamén destaca que \"non é nada extraordinario, está implantada en moitas empresas e tamén noutras administracións\" e lembra que chega no marco doutras medidas moi prexudiciais para os empregados públicos, coma os recortes salariais, a perda de poder adquisitivo ou a redución de días de libre disposición. Teletraballo, para uns poucos Outra das novidades que introduce a normativa que agora entra en vigor é a posibilidade de que un empregado público se acolla á modalidade de teletraballo, é dicir, que realice as tarefas do seu posto fóra das dependencias administrativas. Estes empregados poderán acollerse ao teletraballo un máximo de tres días á semana e ademais deberán cumprir outros requisitos coma estar en servizo activo, ter unha antigüidade igual ou superior a dous anos no posto para o que se solicita o teletraballo ou acreditar experiencia en postos con tarefas análogas e que as características técnico-funcionais do posto o fagan susceptible de ser desenvolto baixo esta modalidade. Así mesmo, a persoa interesada deberá dispor dun equipo informático básico con acceso a internet, un lector de tarxeta e teléfono móbil (que non lle proporcionará a Administración) e dispoñer dos coñecementos informáticos e telemáticos necesarios para o exercicio das súas funcións. \"O teletraballo é algo moi restrinxido, afecta a moi pouco persoal: letrados, informáticos, tradutores. A maior parte dos traballadores non van poder optar a el, para nós é coma se non existise\" Segundo a Xunta, hai arredor de 2.500 postos de traballo repartidos en todas as Consellerías que reúnen os requisitos para o teletraballo. Porén .será necesario o informe favorable previo da dirección xeral de avaliación e reforma administrativa e de función pública que analizará a natureza e funcións do posto en concreto para o que se solicite o teletraballo. Pola contra, CIG-Autonómica sinala que \"o teletraballo non vai afectar nin ao un 1% do cadro de persoal; sempre referido a persoal da Administración Xeral que non traballe a quendas, que non traballe en centros de ensino e que non teña algunha dispoñibilidade vía RPT\". Para Fernando García, \"o teletraballo é algo moi restrinxido, afecta a moi pouco persoal: letrados, informáticos, tradutores. A maior parte dos traballadores non van poder optar a el, para nós é coma se non existise\". A CIG rexeita \"o uso propagandístico do Goberno de Feijóo da flexibilidade e do teletraballo\" A CIG rexeita \"o uso propagandístico do Goberno de Feijóo da flexibilidade e do teletraballo\" e lembra que \"en menos de 9 meses fixo ata 3 veces un uso propagandístico da implantación da flexibilidade e o teletraballo: en abril cando se inciaron as negoaciacións coas organizacións sindicais, en outubro cando concluíron e a comezos do 2014, cando realmente entra en vigor\". O sindicato denuncia que \"este uso propagandístico dos dereitos das traballadoras e traballadores públicos só contribúe a promover unha visión sesgada do persoal dos servizos públicos desde o conxunto da sociedade\"."}
{"ID": "NOS_19789", "summary": "Un terzo máis de casos que hai unha semana.", "text": "Os centros, institutos e escolas infantís galegas volveron a experimentar un repunte de casos positivos por Covid-19 nas últimas xornadas. Os contaxios detectados polas autoridades sanitarias alcanzan xa os 867, o que supón 138 máis que o sábado e que supoñen un terzo de incremento no últimos sete días. A situación epidemiolóxica obrigou a pechar unha nova escola infantil, a gardería Golfiños de Lugo, que conta con polo menos tres positivos confirmados. Este caso únese ao peche do punto de atención á infancia de Boborás, que conta con seis contaxios por coronavirus. Ademais destes dous centros, as autoridades sanitarias manteñen pechadas polo menos 36 aulas en toda Galiza. Con todo, este número poderían ser maior ás cifras da Xunta, posto que o balance recolle unicamente as unidades e escolas clausuradas por decisión do Sergas pero non outros peches que se producen no territorio por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo de acción ante a COVID-19. O incremento de casos detectados prodúcese, ademais, nun contexto de novas restricións e do decreto do estado de alarma por parte do Goberno estatal. Na área da Coruña hai 152 persoas contaxiadas e 5 aulas pechadas. Na de Ferrol, as cifras son de 70 e 4 respectivamente. Na área sanitaria de Santiago hai 137 contaxiados e as aulas que tiveron que pechar son 5. Os dados da área de Lugo son: 6 aulas pechadas, 90 contaxiados e 1 centro de ensino que tivo que pechar. Na de Ourense, 133 infectados, 4 aulas e 1 centro pechados. Na de Pontevedra: 98 e 3, mentres que na de Vigo as cifras son de 187 contaxiados e 9 aulas cerradas. Na ligazón externa a esta noticia pode accederse á listaxe de todos os casos detectados. O incremento de casos detectados prodúcese nun contexto de novas restricións e do decreto do estado de alarma por parte do Goberno estatal. Unha das características da evolución na Galiza é que os centros das áreas de Vigo, A Coruña e Santiago xa exceden a Ourense como os máis afectados de todo o territorio. O coronavirus na Galiza continúa a avanzar e se estender con cifras por riba dos 500 contaxios diarios. Nas últimas 24 horas detectáronse 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e xa superamos os 7.000 casos activos ao chegar a 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde a pasada sexta feira"}
{"ID": "NOS_44415", "summary": "As seleccións vasca e catalá conmemoran este domingo o centenario do primeiro encontro entre ambos equipos nacionais. Xogan un amistoso en San Mamés.", "text": "No estadio de San Mamés de Bilbao conmemorarase o vindeiro domingo día 28 o centenario do primeiro encontro entre as seleccións vasca e catalá que se desenvolvera o 2 de xaneiro de 1915. Será a terceira vez que ambas equipas se atopen en terreo de xogo neste milenio despois dos partidos do 8 de outubro de 2006 no Camp Nou de Barcelona e do 29 de xaneiro de 2007 no antigo San Mamés. O partido enmárcase no habitual amistoso que a selección catalá xoga desde hai dúas décadas por estas datas e cadra co centenario da estrea da selección vasca naquel histórico partido no que venceu seis a un á equipa de Catalunya, que levaba xa dez anos de existencia. Para o amistoso o seleccionador catalán Gerard López convocou nove xogadores do FC Barcelona (Masip, Jordi Alba, Marc Bartra, Montoya, Piqué, Sergio Busquets, Xavi, Sergi Roberto e Sergi Samper), catro dol Español (Kiko Casilla, Víctor Álvarez, Víctor Sánchez e Sergio García), dous que xogan na actualidade co Celta (Andreu Fontàs e Sergi Gómez), dous tamén do Sevilla (Gerard Deulofeu e Alejo Vidal) e un do Villarreal (Gerard Moreno), outro do Granada (Piti), un máis do Getafe (Álvaro Vázquez), un do Real Sociedad (Alberto de la Bella), ademais de Jonathan Soriano que xoga no Salzburgo austríaco. Por parte da selección vasca están chamados dez xogadores do Athletic de Bilbao, seis da Real Sociedad, cinco do Eibar e un do Osasuna. ."}
{"ID": "NOS_34566", "summary": "Ánxel Casal e o libro galego foi unha primeira aproximación á figura de Casal e ao seu tempo, cando moi poucas persoas sabían da súa existencia e do seu inmenso labor.", "text": "Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 -Vigo, 2010) é unha personalidade que admiramos por toda a súa traxectoria humana, intelectual e política, desde os seus tempos de activista universitario até os últimos días da súa vida. A súa biografía é unha liña recta no compromiso coa cultura galega e con Galiza. Foi talvez don Paco del Riego unha das figuras que máis afecto, respecto e admiración mereceron sempre, e ademais -e o que é máis excepcional- desde diferentes visións e sentimentos de país. Ánxel Casal e o libro galego / Francisco Fernández del Riego / Ediciós do Castro / 1983 / 226 páxinas Poucas figuras coma el acadaron en vida o recoñecemento unánime daqueles sectores da nosa sociedade que desde moi diversas posicións acreditan no país, desde o galeguismo cultural ao nacionalismo político. E nin así fomos quen de tributarlle a homenaxe multitudinaria e plural que el merecía e que tanto nos honraría a nós como pobo. Un acto desas catacterísticas engrandeceríanos como país. O día que sexamos capaces de unirnos nun banquete para homenaxear a unha persoa ou a toda unha xeración pola súa dedicación ao país estaremos colocando a Galiza no centro das nosas prioridades e noutra relevancia política. Ese é o espírito co que traballou de maneira incansábel don Paco del Riego ao longo de toda a súa vida, tendendo pontes e sumando a prol do país. E ese é tamén o espírito co que debemos construír o futuro. Da amplísima bibliografía que nos deixou Francisco Fernández del Riego nós queremos traer hoxe a esta sección o volume Ánxel Casal e o libro galego, non só porque foi unha primeira aproximación á figura de Casal e ao seu tempo, cando moi poucas persoas sabían da súa existencia e do seu inmenso labor, senón tamén porque ese libro recolle unha primeira entrega das memorias de Del Riego, que terían continuidade noutros títulos como O río do tempo. Unha historia vivida, A Xeración Galaxia ou Camiño andado. Non negamos que eses textos quedaron superados por outros traballos de investigación que se publicaron posteriormente. Pero o valor deses libros hai que contextualizalo no momento en que saen á luz e en todo o que teñen de memoria vivida. E tamén coa inevitábel fraxilidade da memoria, que non sempre é fiel ao dato preciso como si o é o traballo de investigación. Mais o importante é o relato, a verdade e a emoción coa que se transmiten os feitos, e non tanto se aconteceron nunha data ou noutra. Para elaborar ese relato, tantísimos anos despois, Del Riego valeuse da súa propia memoria persoal, certamente prodixiosa, e mais das lembranzas dos seus amigos, de galeguistas como Isaac Díaz Pardo, Antón Fraguas, Manuel Beiras García, Luís Tobío ou Xoaquín Lourenzo. O resultado é un libro que nos ilustra e emociona, algo que dificilmente conseguen as obras de investigación histórica. Mágoa que libros coma este non chegasen aínda a todas as mans."}
{"ID": "PRAZA_871", "summary": "Feijóo gábase de que a economía galega está a recuperarse aínda que os indicadores económicos son practicamente planos. O principal imposto sobre o consumo acredita a súa atonía malia á suba de tipos de 2012.", "text": "O presidente da Xunta tivo que responder este mércores, por segundo pleno consecutivo, a respecto do estancamento económico de Galicia que revelan os diferentes indicadores do ano 2014. \"Segue pensando que coas súas políticas Galiza está en mellores condicións para ser unha das primeiras comunidades en saír da crise?\", cuestionouno o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, parafraseando o discurso de investidura de Alberto Núñez Feijóo en 2012. Ante as acusacións de estancamento o xefe do Executivo esgrimiu datos como a leve baixada do paro rexistrado ou o comportamento do PIB para sentenciar que a economía do país vai por bo camiño. A oposición, di Feijóo, debe \"aceptar\" que os números xa permiten observar que \"estamos recuperando o consumo\", un dos principais termómetros do dinamismo económico que, malia á afirmación presidencial, está practicamente paralizado. Se ben é certo que, en rigor, o consumo si se recuperou un chisco en Galicia durante 2014 non o é menos que esa recuperación é tan leve que dá lugar a unha fotografía practicamente plana e que, ademais, deixa o país no furgón de cola das comunidades autónomas. Así, por exemplo, o IGE acredita que a achega do gasto en consumo final ao produto interior bruto galego durante o cuarto trimestre de 2014 experimentou unha levísima suba do 0,2%. Do mesmo xeito, un dos principais espellos do consumo, a recadación por IVE, amosou unha clara atonía. O Goberno gábase da recuperación do consumo, aínda que a tendencia é practicamente plana Os datos da Axencia Tributaria amosan que durante o pasado ano se recadaron en Galicia 2.480,6 millóns de euros en concepto de IVE, apenas 80 millóns e medio maís que un ano antes. Esta suba de apenas un 3% fai que a recadación galega do IVE sexa o segunda que menos se incrementa no conxunto do Estado, só por diante de Murcia. Ademais, unha ollada en perspectiva debuxa unha tendencia practicamente liñal. Non en van, a recadación do pasado ano foi practicamente a mesma que en 2013 e un 1,6% menos que en 2012. A recadación semellante en 2012, 2013 e 2014 malia á suba do imposto amosa a atonía do consumo A comparación entre estes tres últimos anos resulta especialmente elocuente porque foi en 2012 cando entrou en vigor a última suba do IVE. En virtude da decisión do Goberno central o tipo xeral deste imposto pasou do 18% ao 21% e o reducido, do 8% ao 10%. Ademais, o IVE cultural saíu do tipo reducido para incorporarse ao xeral e produtos como o material escolar sufriron unha escalada de 17 puntos, pasando do tipo superreducido, que ficou no 4%, ao xeral. Malia todos estes incrementos a recadación de 2013 e 2014 foi semellante á de 2012, o que amosa o estancamento do consumo. Si houbo crecemento na recadación, no entanto, no 2012 a respecto de 2011, último ano completo co IVE xeral ao 18%, e tamén se produciu unha suba relevante entre 2009 e 2010, ano no que se aplicou a anterior suba do imposto, do 16% ao 18%, ditaminada polo Goberno do PSOE ante o risco de rescate inminente. Nos anos anteriores, entre 2007 e 2009, a recadación do IVE en Galicia experimentara tamén notables caídas."}
{"ID": "NOS_40711", "summary": "Apois unha nova reunión en Compostela da mesa industrial de Vestas, coaparticipación do comité, a empresa, a Xunta e o Goberno español, trascendeu o interese dalgunhas compañías pola factoría de Viveiro.", "text": "Até oito posíbeis compradores identificou a Xunta da Galiza que poderían encaixar nunha operación de venda da factoría de Vestas en Viveiro. Aínda así, segundo asegura a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, a marxe de manobra é nula ao ampliar a empresa o período de consultas do expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción do 28 de outubro ao 4 de novembro. Foi a única novidade que se sacou tras unha nova reunión en Compostela da mesa industrial de Vestas na que tamén estiveron presentes o comité, a empresa e o Goberno español. Para o presidente do comité de empresa, David Mariño, esta foi unha reunión \"infrutuosa\" porque \"hai unha serie de malentendidos entre a empresa e a mesa industrial\". Indica que a compañía deu conta de que vai contratar a unha consultora para estudar \"unha posíbel venda da fábrica\", aínda que \"non informa\" diso á mesa industrial que \"está a facer ao mesmo tempo esa mesmo labor desde antes\". En palabras deste sindicalista as declaracións da compañía son \"unha serie de incongruencias que non teñen nin pés nin cabeza\". Por este motivo, Mariño cre que Vestas o único que persegue é \"acabar de fechar o expediente do ERE\", para o que \"engadiron o tempo que lles facía falta para mandarnos á rúa\". \"Á empresa non lle interesa que salvemos a industria da Mariña, só lle interesa acabar con este expediente canto antes e esquecerse de que existe unha fábrica en Viveiro\", reprobou o presidente do comité. Mobilización do persoal en Compostela Convocada polo comité de empresa de Vestas en Viveiro, esta segunda feira operarias e operarios desta empresa manifestáronse en Compostela coincidindo coa reunión da mesa industrial. Arroupando ao comité, a marcha desenvolveuse desde a Alameda compostelá até a praza do Obradoiro. Despois, o persoal da factoría trasladou a concentración até diante a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde tivo lugar a mesa industrial. O obxectivo da mobilización, subliñou o comité, foi \"defender\" os postos de traballo, tendo en conta que perigan 150 empregos da fábrica unha vez anunciado o feche. Empresa e persoal reuniranse de novo esta sexta feira para tratar do ERE de extinción."}
{"ID": "PRAZA_4633", "summary": "María Xesús Lama, profesora que atopou tres poemas inéditos da autora, cre \"extraordinaria\" a información que sobre a última etapa literaria da autora nos achegan os manuscritos.", "text": "A profesora da Universitat de Barcelona María Xesús Lama foi unha das investigadoras que participou no último achado de manuscritos inéditos de Rosalía de Castro. A Real Academia Galega (RAG) presentou hai unha semana un poema en galego e tres en castelán, unha descuberta \"valiosísima\" que indica que a escritora preparaba pouco antes da súa morte Postrimerías, o seu último libro. Son estes textos en español os que analizou Lama, que cualifica de \"extraordinaria\" a información que sobre a última etapa literaria da autora nos ofrecen estes escritos. Como atopou eses inéditos? Atopeinos percorrendo os arquivos. Fun ao da RAG para ver o que alí había e ensináronme unha carpeta cunha serie de materiais. O que me parecía interesante recibino en arquivo dixital, xa en 2012. A Academia ten o proxecto de facer un álbum cos manuscritos de Rosalía, revisaron todo o que alí tiñan e Henrique Monteagudo atopou tamén estes materiais e veu que había alí unha solicitude miña para dalos a coñecer e, respectando este proceso, chamoume para participar na presentación porque era un material que eu xa tiña traballado. \"Non se espera que haxa moitos máis inéditos de Rosalía; algo pode aparecer, pero non se agarda\" Agárdase que se atope algún inédito máis? Non se espera que haxa moitos máis. Algunha cousa máis pode aparecer, pero non se agardan moitos máis materiais inéditos por iso de que Rosalía mandou queimar as súas obras ao morrer. Como de importante é este achado? A importancia é a de ver que ela tiña un proxecto dun libro novo, máis aló de que atopemos dous ou tres poemas máis. O que é un milagre é que, igual que se retallaron noutros manuscritos outras partes, non se tivese retallado aquel pedaciño onde pon \"del tomo inédito Postrimerías\". Se fose retallado, non teriamos esa noticia. Serían tres poemiñas máis, algún fragmentario, e aínda por riba non saberiamos que formban parte dun libro novo. É algo extraordinario porque Rosalía publica o seu último libro en 1884 e morre en 1885, polo que todos tiñamos máis ou menos claro que todo o que escribira ao final o recompilara en En las orillas del Sar. \"O importante do achado é comprobar que Rosalía preparaba un libro novo, algo extraordinario co que non se contaba\" Cambia o concepto que se tiña do seu final literario... O que isto nos dá é unha noticia de que ela seguía escribindo e non só iso, senón que tiña o proxecto de acabar un volume. Se a enfermidade chegase a ser máis lenta, seguramente chegaría a haber un libro de poemas máis e creo que isto é o importante da descuberta. Os poemas foron cualificados na súa presentación como \"terríbeis\" ou \"funestos\". Isto se cadra temos que relativizalo porque o dixemos dunha maneira moi contundente. É certo que son versos descarnados, pero non moito máis que outros que coñecemos e que xa están publicados en En las orillas del Sar ou incluso en Follas Novas. Xa hai alí poemas moi contundentes no escepticismo vital. Estes tres descoñecidos están nesa liña basicamente, e tampouco é que acheguen nese aspecto unha gran novidade. \"Pode que outros poemas que apareceron soltos formasen parte do que conformarían esta última obra, pero iso haberá que dilucidalo\" É posible que aparezan máis poemas dese Postrimerías? É moi difícil. O que si nos serve isto é para recompoñer, entender e dar coherencia a outros poemas soltos que hai, ademais dos que Murguía introduciu na segunda edición de En las orillas del Sar. Seguramente formarían unha unidade nese libro con outros poemas que xa se atoparon en publicacións soltas. Pode que algúns poemas que apareceron soltos nalgunha publicación, datados nos últimos anos da súa vida, e que non se incluíron en En las orillas del Sar, están na liña que conformaría ese último volume, pero iso terémolo que ir dilucidando con calma. Por que Rosalía mandou queimar o que quedaba da súa obra? Iso non o saberemos nunca. Pertence aos misterios insondables. Era unha persoa moi independente e cun criterio moi claro e moi firme. Debía ter unha boa razón para facelo. Non a saberemos nunca e teremos que respectala. O presidente da RAG anunciou a posibilidade de atopar unha obra inédita de Rosalía, Historias de mi abuelo, que estaría en mans dunha familia de Compostela. Non teño nin idea de se é ou non probable que apareza ese manuscrito. Agardo que, se é verdade que hai unha familia que o ten, que se confirme, pero non sei se o dato é fiable ou ata que punto está comprobada a existencia dese manuscrito. Rosalía anunciou que estaba escribindo esta obra nunha notiña de Cantares Gallegos, pero moitas veces os escritores anuncian obras que logo non se fan realidade. Antes de que Alonso Montero anunciase isto, máis ben tendía a pensar que o probable é que non o tivese escrito nunca, pero a vida dános moitas sorpresas e oxalá esta sexa unha delas. \"Atopar 'Historias de mi abuelo' claro que sería un acontecemento maiúsculo porque ademais sería un xénero diferente aos que Rosalía cultivou\" Sería un \"acontecemento maiúsculo\" como o definiu Alonso Montero? Claro que sería un acontecemento maiúsculo. É un libro completo de Rosalía, pero ademais sería unha obra que pertence a un xénero diferente, que non é nin poesía nin prosa, que é o que maioritariamente escribiu, senón un libro de crónicas, de memorias... Sería moi, moi importante. Sería probablemente un testemuño sobre a súa historia familiar e do século XIX a partir da súa crónica familiar porque o seu avó foi militar. Sería moi interesante, por suposto."}
{"ID": "NOS_16129", "summary": "En 2022 estréase a longametraxe Galicia 10 de marzo, dirixida por Roi Cagiao", "text": "A comezos deste mes rematou a primeira fase da rodaxe da longametraxe documental Galicia 10 de marzo, centrada nos tráxicos feitos acontecidos en Ferrol en 1972 nesa data, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, onde morreron dous responsábeis do comité ferrolán de Comisións Obreiras, Amador Rei e Daniel Niebla, e resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dirixido por Roi Cagiao e coa produción executiva de Emilio J. Fernández, funciona como díptico co seu anterior traballo, Vigo 1972, unha parte complementaria que non verá a luz até 2022. Que os moveu a pór en marcha este proxecto? Quer eu como director quer o produtor executivo, partimos dunha experiencia previa que foi o filme Vigo 1972, sobre a folga na cidade nese ano, que creamos en 2017. Obviamente toda a cuestión da loita antifranquista e do movemento obreiro é algo que me interesa. Meu pai foi traballador de Citroën no 72. É curioso como un se dá conta das cousas cando pasa o tempo. El viña do rural é a súa universidade foi a fábrica, onde se formou ideoloxicamente. Tanto el como miña nai pasaron de ser crentes a ser ateos, formáronse no marxismo e tomaron mesmo conciencia nacional, educáronse nese contexto de mobilización nos anos 70. Eu son unha persoa activa socialmente e en Vigo, se te moves nese ambiente, que saia o tema do 72 non é difícil, porque moitas das compañeiras e compañeiros vivirono. Iso lévanos, unha vez feito o traballo sobre esta cidade, do que quedamos satisfeitos en moitos aspectos, a comezar agora coa longametraxe dos sucesos do 10 de marzo. Teño que dicir que o proxecto inicial era facer un documental sobre o ano 72 na Galiza, o que pasa é que era demasiado extenso e moi complicado a nivel loxístico, por iso fixemos primeiro o de Vigo que este vén completar. Pódese dicir que compoñen un díptico. Todo o mundo sabe o que pasou aquel día en Ferrol, recuperouse a memoria desa loita heroica. Veñen de rematar a primeira parte da rodaxe, en que consistiu? O que fixemos basicamente foi gravar todas as entrevistas, con 11 dos protagonistas dos feitos: Ángel Porto, Ramiro Romero e Rafael Pillado (líderes sindicais na Bazán); Suso Díaz e Xan Carballal (de Astano); Fernando Miramontes, Sari Alabau, Fina Varela, Encarna Puentes e Ánxela Loureiro (dirixentes e activistas do Partido Comunista); Anxo Currás e Vicente Couce (os \"cregos roxos\"). Cada un ten a súa forma de traballar, pero no meu caso faise o guión a medida que vas editando. Unha vez iso fique fechado, é posíbel engadir algunhas dramatizacións, como xa se fixo no anterior, aínda que fose un pouco polémico. Por que é unha cuestión polémica? Entendo que as dramatizacións son unha cousa moi complicada, que moitas veces se emprega mal, hai que ter moito coidado de como se usan. Moitas veces o que fan é repetir o que che está a dicir a persoa narradora, en lugar de procurar que lle dea un contrapunto. Por outra banda, hai que ter coidado de que non dea pé a confusión no espectador co que é a imaxe de arquivo. É delicado. A estrea está pensada para 2022? Si, a nosa idea é esa, queriamos telo tamén algo antes para poder levalo por festivais. No de Vigo 1972 non se fixo dese xeito e funcionou moi ben, pero neste temos a oportunidade e decidimos facelo aí. Traballa con temáticas sociais. Cal é a concepción do audiovisual que manexa? No audiovisual, como en calquera outra forma artística, hai unha determinada ideoloxía. A incidencia que ten o audiovisual á hora de conformar modelos, valores, crear estados de opinión e puntos de vista, penso que é importante. Ten un peso e é efectivo, é un medio que chega, por iso tamén ten relevancia que as reivindicacións de determinadas cuestións existan nel, que estean aí."}
{"ID": "NOS_51877", "summary": "María Pilar García Negro, Dolores Vilavedra e Xosé Ramón Pena abordarán esta faceta do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 moderados por Marilar Aleixandre.", "text": "A Real Academia Galega (RAG) organiza mañá 15 de outubro, a partir das 19 horas, unha nova xornada do simposio arredor de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Nesta ocasión, afondarase no labor de Calero como crítico literario. A profesora honoraria da Universidade da Coruña María Pilar García Negro participará deste encontro xunto coa profesora de literatura galega da Universidade de Santiago de Compostela Dolores Vilavedra. Tamén intervirá o investigador Xosé Ramón Pena nunha sesión que estará moderara pola académica Marilar Aleixandre. Vilavedra porá o foco nas contribucións de Calero á canonización da narrativa galega, mentres que Pena fará o propio coa poesía. Pola súa banda, García Negro centrará a intervención nos estudos do escritor, docente e investigador galego sobre Rosalía de Castro,\"unha achega maxistral\". Nesas liñas, Calero conta entre as súas obras con Sete poetas galegos, Historia da literatura galega contemporánea, Versos iñorados ou esquencidos de Eduardo Pondal ou Arredor de Rosalía en 7 ensaios sobre Rosalía. A xornada poderá seguirse en directo a través do portal en liña da Real Academia Galega desde a sección dedicada ao autor."}
{"ID": "NOS_35169", "summary": "Sobre 200 persoas protestan pola presenza do ex-presidente e Juan Luis Cebrián na Universidade Autónoma, onde ían tomar parte nunha conferencia que tivo que ser suspendida.", "text": "Felipe González e Juan Luis Cebrián acudían á Universidade Autónoma de Madrid para participar nun coloquio no marco das xornadas 'Sociedade e cambio global'. Nas escaleiras de acceso á Facultade de Dereito agardábanos por volta dunhas 200 persoas, que protestaban pola presenza do ex-presidente español e o presidente executivo do grupo Prisa. \"Felipe González e Juan Luis Cebrián, non sodes benvidos. GAL, papeis de Panamá, censura, torturas, manipulación...\" Protesta contra Felipe González y Cebrián en la UAM.Pancarta:\"Tus manos están manchadas de cal viva\".#Madrid #Ahora pic.twitter.com/ovanQSNKVW— Juan Miguel Garrido (@Juanmi_News) 19 outubro 2016 Algúns dos participantes no escracho levaban caretas brancas, nalgunhas das cales que figuraban os nomes de vítimas dos atentados dos GAL, como Joxean Lasa, Christian Olaskoaga ou Robert Caplanee. Ao berro de 'Felipe González, estás manchado de sangue', 'Fóra golpistas da universidade' ou 'Asasinos, non sodes benvidos', as concentradas protestaban contra \"dúas persoas que representan o peor do vello e que non remata de morrer\", como se explicaba nunha das voandeiras repartidas durante o protesto. \"Consideramos un deber denunciar e incomodar a aquelas persoas que empregan o seu poder e influencia política en agrandar as desigualdades sociais mediante todo tipo de mecanismos\", engadíase nese texto. \"Cheira a cal vivo\" foi outra das palabras de orde coreadas polos concentrados, referencia a Lasa e Zabala, membros de ETA asasinados polos GAL. O lapsus de Felipe González e as \"cousas\" que se fixeron en Euskadi A finais de setembro, nunha entrevista na Cadena Ser co debate interno do PSOE como elemento central o ex-presidente nun estraño lapsus, afirmou: \"Nunca tivemos peor resultado no País Vasco a pesar das cousas que fixemos.. ta-pa-tá\". A frase axiña se estendeu polas redes sociais e a interpretación maioritaria foi que se estaba a referir aos GAL e a época de terrorismo de estado baixo os anos de gobernos socialistas contra ETA."}
{"ID": "NOS_46877", "summary": "O Goberno galego preguntará ao Consello Consultivo se é posíbel que a pasteira pase a formar parte dos terreos do porto de Marín", "text": "O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, avanzou que o Goberno galego preguntará ao Consello Consultivo de Galiza sobre se \"é posíbel\", desde o punto de vista legal, que a planta de Ence en Pontevedra pase a formar parte dos terreos da Autoridade Portuaria de Marín. En declaracións á prensa tras reunirse en Santiago cos comités de empresa de Ence -nun encontro o que tamén participou a conselleira de Emprego, Conde afirmou que traballadores e Xunta coinciden en que a \"única alternativa posible para a localización da planta de Ence é en Lourizán\". Por iso, o Goberno galego apoia a vía aberta polos traballadores para que Ence ise integre no chan portuario de Marín -forma parte de Puertos del Estado-, de modo que \"podería avaliar a posibilidade de ampliar os seus terreos actuais\". A este respecto, Conde di que Ence é unha empresa \"moi vinculada coa actividade loxística do porto\" e os servizos portuarios, polo que cre necesario \"explorar desde o punto de vista xurídico\" esa posibilidade. Defende identificar calquera alternativa para \"evitar o peche\". Unha vez se pronuncie o Consello Consultivo de Galiza, a Xunta remitirá o informe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica coa fin de que poida analizalo xuridicamente. O vicepresidente económico galego explica que esta solución \"implicaría diferentes departamentos dentro do Goberno\", de forma que o Ministerio sería o encargado de \"concretar\" procedementos e trámites a seguir para facer posíbel esa solución. Respecto diso, Francisco Conde critica que \"a única opción que expón\" o Ministerio \"é o peche de Ence en Lourizán\". \"Non o podemos permitir\", deixa claro. Deste modo, demanda ao Goberno que \"rectifique e se una á Xunta e ao comité de empresa para atopar conxuntamente unha alternativa\" para a continuidade da pasteira. A argumentación que esgrime a Xunta é que os portos son dominio marítimo-terrestre, pero cumpren unha finalidade especial á hora de facilitar actividades económicas complexas e de interese xeral. Pola súa banda, a presidenta do Comité de empresa das oficinas centrais de Ence Pontevedra, Ana Cedeira, remarca que esta \"é unha posíbel solución xurídica-administrativa\" e valora que \"a intención da Xunta é colaborar neste tema\"."}
{"ID": "NOS_40886", "summary": "O pasado 20 de novembro, os gobernos do Estado con linguas propias facían público en Bilbo a súa decisión de conceder a Guadi Galego o premio á Promoción da Realidade Plurilingüe.", "text": "Guadi Galego recolle hoxe en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, un galardón outorgado polos gobernos de Nafarroa, Valencia, Galiza, Catalunya, Euskadi e Illes Balears. A entrega foi programada na véspera do Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola Unesco, que este ano se celebra co lema \"Idiomas sen fronteiras\" para resaltar o valor das linguas que son á vez locais e transfronteirizas. Trátase da primeira conmemoración conxunta destes gobernos, que para alén do acto axendaron un concerto da artista galega, no que estará acompañada das colaboradoras Mikel Urdangarin, Alidé Sans, Clara Peya, Silvia Quesada, Alfredo González, Vega, Javier Otero e Álex Ínsua nos Cines Callao de Madrid. Este recoñecemento nace coa vontade de destacar o labor de persoas, entidades ou empresas na defensa e promoción da diversidade lingüística. Desde a súa creación en 2008, foi outorgado a empresas como Microsoft ou Eroski, sendo esta edición a primeira que se concede a unha persoa a título individual. O premio, unha distinción honorífica sen contía económica, consiste nesta ocasión nunha escultura de Monique Bastiaans que representa un ramo de flores, en referencia á Árbore das Linguas (l'Arbre de les Llengües), na que cada flor é diferente. Así, a peza simboliza a \"convivencia en harmonía e diversidade\". A colaboración como chave O galardón xorde no marco dun protocolo de colaboración en materia de política lingüística, asinado en 2007 pola Xunta, a Generalitat e o Goberno Vasco, ao que logo se sumaron os demais organismos. O acordo persegue unir forzas para promover medidas e accións normativas para o uso das linguas oficiais distintas do castelán nas institucións. Un universo persoal e multilingüe Guadi Galego declaraba a Nós Diario que este premio é \"o máis importante que me concederon nunca\", polo que implica en relación coa súa maneira de concibir a música e a realidade, sempre desde a diversidade. De facto, o galardón non recoñece só o disco como resultado, senón todo o proceso que agocha detrás. Trátase dese contexto de creación conxunta, que levou a cabo a artista na súa particular Immersion, cantando temas vellos en sete linguas distintas: galego, euskera, catalán, aranés, astur, portugués e castelán. As colaboracións con 17 artistas levárona das \"Fronteres\" de Judit Neddermann e Clara Peya, á \"Cedeira\" compartida con Iván Ferreiro, pasando polo \"Sen remordementos\" con Xabier Díaz ou \"Vas Entá Tú\" con Alidé Sans. Toda unha aventura creativa que se insire no seu afastamento premeditado das etiquetas, na procura dunha música na que a identidade e o respecto son bandeira dunha personalidade única. Este universo íntimo e arriscado foi producido pola propia artista xunto a Vic Moliner, Carlos Abal e Pau Brugada."}
{"ID": "PRAZA_14242", "summary": "O candidato do PSdeG á Xunta lanza os seus candidatos a percorrer as comarcas do país mentres asegura ver a Feijóo \"desnortado\" e pensando \"só en salvar os compoñentes do Goberno\" ante unha posible derrota", "text": "\"Mobilización total\". Deste xeito define o secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Pachi Vázquez, o estado interno do seu partido. A un mes e unha semana da cita coas urnas o líder dos socialistas xuntou este venres na sede nacional da súa formación a representantes socialistas no Congreso e no Senado, por unha banda, e a cargos da formación no ámbito local, por outra, para instalos a \"elevar a tensión de traballo aos máximos niveis\" ata o 21-O e encargarlles unha intensa axenda de traballo que inclúe percorrer todas as comarcas do país. Trátase, di, de \"traballar todos unidos\" ante a posibilidade de que, tras os comicios, en Galicia poida haber \"un goberno de progreso\". \"Feijóo xa só está preocupado de salvar os compoñentes do Goberno\" nas listas do PP, asegura Vázquez Asegura Vázquez que, ademais dun desexo, esta expectativa tamén está avalada polos \"datos demoscópicos que manexamos\" no seo do propio PSdeG. Eses inquéritos, di, \"confirman a posibilidade dun cambio\" e \"cada día que pasa fano con maior intensidade\", asegura. É por iso, na súa opinión, polo que o Goberno galego, ademais de \"estar ausente\" e \"desnortado\" agora xa \"só pensa en salvar os seus compoñentes\", situándoos en postos de saída das listas do PPdeG que garantan a súa presenza no Parlamento no caso de perder o poder, razoa. Mentres isto acontece, os \"interese\" dos socialistas é \"sacar adiante propostas que evidencien que o engano e o sufrimento ao que nos someten Rajoy e Feijóo é reversible\" e \"ilusionar\" con elas á cidadanía. Algunhas desas proposta serán expostas este sábado polo propio Vázquez no compostelań parque de Bonaval, onde presentará as candidaturas electorais do partido antes de partir a Arxentina e Uruguai. Mentres o candidato viaxa á outra beira do Atlántico en Galicia os cabezas de listas das catro provincias e cargos estatais do PSOE como Trinidad Jiménez, Antonio Hernando ou Jesús Caldera protagonizarán diversos actos e visitas. Así, por exemplo, o número un da Coruña, Francisoc Caamaño, achegarase á feira de Paiosaco, na Laracha, e visitará unha feira en Ferrol, entre outros actos. En Lugo a cabeza de cartel, Concepción Burgo, percorrerá a feira de Pedrafita e pola tarde reunirase con veterinarios en Chantada. Pola súa banda a número dous de Ourense, María Quintas, presenciará a saída da Volta a Galicia no Barco de Valdeorras e manterá unha xuntanza con veciños. En Pontevedra, Abel Losada realizará un percorrido pola capital da provincia e manterá un encontro con mariñeiros en Bueu."}
{"ID": "NOS_49063", "summary": "A Axencia Ferroviaria Europea ten que entregar un informe ao respecto antes do 26 de xaneiro. As vítimas do sinistro de Angrois consideran que o Estado español non avaliou correctamente os riscos e incumpriu a normativa europea en materia de seguranza.", "text": "Bruxelas solicita a Axencia Ferroviaria Europea que prepare un novo informe para comprobar que a seguranza ferroviaria no Estado español cumpre coa normativa comunitaria. Así o comunicou a comisión de peticións do Europarlamento á plataforma de vítimas do accidente do Alvia. Bruxelas quere conclusións e unha resposta antes de catro meses. A Axencia Ferroviaria Europea, pois, terá que ditaminar se os trens que circulan actualmente pola rede ferroviaria española fano cumprindo coas medidas de seguranza establecidas en toda a Unión Europea ou non. Unha cuestión que formula a Comisión Europea mais que tamén levan tempo sinalándose desde os colectivos de vítimas do accidente de tren de Angrois. A Axencia Ferroviaria Europea concluía hai un ano que a investigación do accidente feita por Fomento non foi todo o imparcial que debería e a esa axencia o xuíz que instrúe o caso pediulle que analice se se tiveron en conta todos os riscos que había ou podía haber na curva de Angrois. \"Hai vontade política en Europa\" Para Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, este paso demostra que o en Europa \"hai vontade política\" para atender as demandas das vítimas e que se esclareza todo en torno ao sinistro de Angrois. \"Comisión Europea, Axencia Ferroviario Europea e Parlamento europeo están pedindo que se abra unha comisión de investigación\", indica en declaracións a Sermos Galiza."}
{"ID": "NOS_56780", "summary": "O Executivo de Pedro Sánchez publicará unha orde do Consello Ministerial coa que se prohibe, salvo determinadas excepcións, os voos comerciais e privados e o desembarco de persoas nas Illes Balears, co obxectivo de conter o contaxio do coronavirus.", "text": "A presidenta balear Francina Armengol (PSOE) pediu o aillamento das illas para reducir o contaxio do coronavirus e o Executivo español aceptouno, segundo confirmou a propia Armengol esta terza feira, 17 de marzo, ao tempo que anunciou que se procederá ao de portos e aeroportos. Porén, o Goberno español continúa a desouvir a petición do Govern catalá de fechar confinar toda Catalunya así como a de distintas forzas políticas que piden tamén o feche de Madrid, ao ser o principal foco da COVID-19, e no caso do noso país, o Bloque tamén pediu blindar Galiza. Féchase pois Balears, que rexistra segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Sanidade en 17 de marzo, un total de 92 casos de contaxio. Non se fecha porén, Madrid con 4.871 nin a Galiza con 292. A orde ministerial chega supón case o feche do espazo aéreo e marítimo de Balears, con fortes restricións e algunhas excepcións para garantir os desprazamentos por cuestións de necesidade, como son tratamentos médicos e traballo en servizos esenciais, mais tamén a saída de turistas e o retorno das e dos cidadáns das illas que se atopen no exterior. \"Non poderá chegar ningún pasaxeiro a Balears por vía marítima\", sentenciou Armengol En concreto, prohíbense todos os voos comerciais estatais con Balears e todos os voos privados, tanto estatais como internacionais. Isto afecta por tanto a servizos como os aerotaxis e os jets privados. Como excepción, permitirase un voo diario por compañía desde Madrid, Barcelona e Valencia con Palma, e un voo diario desde Barcelona e Madrid cara a Menorca e Eivissa. En canto aos traxectos entre cada illa, permitirase un voo diario por compañía en cada sentido entre Eivissa, Menorca e Mallorca. Nestes voos deberánse cumprir as restricións impostas polo Goberno, de maneira que non se poderán encher completamente os avións, senón que terán que voar a un terzo da súa capacidade. Ademais Balears está procedendo á 'operación retorno' das e dos turistas que aínda se atopan nas illas e que son perto de 25.000, á vez que suspende a actividade de hoteis e pisos vacacionais. Tamén se prohibe o desembarco de persoas de barcos de liña regular e as entradas, en todos os portos das illas, de embarcacións de recreo, xa sexan de particulares ou de aluguer. \"Non poderá chegar ningún pasaxeiro a Balears por vía marítima\", sentenciou Armengol. O Executivo español segue rexeitando que existan territorios na criseA pesar de blindar Balears e de que desde hoxe as fronteiras terrestres do Estado español fiquen fechadas, o Goberno de Pedro Sánchez continúa a negar \"que existan territorios\" na crise do coronavirus. Desouve así a petición de blindar Catalunya que fixo o Govern de Quim Torra, a solicitude de fechar Madrid para conter o contaxio no Estado e a posibilidade de blindar a Galiza, aproveitando ademais o bloqueo da fronteira sur con Portugal."}
{"ID": "PRAZA_342", "summary": "O noso mar é unha porta aberta, unha grande oportunidade para o progreso económico que merecemos. Hai que construír un novo modelo de Estado, plurinacional, si, pero sobre todo máis xusto e máis eficiente.", "text": "Dende os montes, pasando polas terras de labranza ata chegar ao mar, o goberno do PP parece empeñado en destruír todos e cada un dos nosos sectores produtivos. O último exemplo é a vergoña que supón que Europa devolvese estes días o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020 á Consellaría do Medio Rural e do Mar por, entre outras neglixencias, facelo sen consultar aos axentes sociais implicados. Nada novo: alén da incompetencia, o PP desexa perpetuar o atraso económico de Galicia porque se nutre do caciquismo, que non é outra cousa que a administración da miseria. Pero eu quero hoxe poñer o foco sobre o noso mar. Por dous motivos; un, porque o fago dende Vigo, esta cidade á que o réxime caciquil lle roubou a oportunidade de consolidarse como a capital das Ciencias Mariñas e, dous, porque Galicia é un país eminentemente marítimo. Temos máis de 1500 quilómetros de costa, achegamos o 15% da produción mundial de mexillóns e o mar inflúe no 80% dos 56 sectores produtivos nos que se estrutura a nosa economía, contribuído, cando menos, a un 10% do P.I.B. Case o 60% da nosa poboación se asenta en concellos costeiros, que só representan o 16% do territorio. O noso mar é, pois, unha porta aberta, unha grande oportunidade para ese progreso económico que nos merecemos. Pero que nunca acadaremos se seguimos gobernados por intereses que non responden nin ao sentido, nin ao ben común. O noso mar é unha porta aberta, unha grande oportunidade para o progreso económico que merecemos O mar precisa recursos en investigación. As distintas Administracións públicas teñen investido nas últimas décadas en capital humano e infraestruturas adicadas á formación, investigación, desenvolvemento, xestión, innovación e divulgación das ciencias e tecnoloxías mariñas, sobre todo aquí, en Vigo. Sen embargo, a ciencia segue sen considerarse unha cuestión de Estado e aos recortes orzamentarios do Goberno central e á discriminación que sufrimos fronte á franxa mediterránea, hai que sumar que o goberno de Núñez Feijoo anulou o programa sectorial de I+D+i en recursos mariños e vetou o acceso dos organismos públicos de investigación de filiación estatal (CSIC e IEO) aos fondos competitivos de investigación, cando estas institucións son as que sostiveron a investigación mariña en Galicia durante décadas. Hai que construír un novo modelo de Estado, plurinacional, si, pero sobre todo máis xusto e máis eficiente Galicia, sendo a parte do Estado que máis recursos económicos xera das actividades pesqueiras, debería ter unha investigación acorde a este potencial. Pero o Goberno español sempre considerou xeoestratéxico o Mediterráneo e non o Atlántico. E, por outra parte, en zonas como Cataluña existe unha unión e uns poderes públicos que aquí non temos para facer forza e reclamar o que nos corresponde. Penso que hai que construír un novo modelo de Estado, plurinacional, si, pero sobre todo máis xusto e máis eficiente, capaz de identificar claramente cales son os seus sectores económicos relevantes e apostar por eles apostando pola investigación, que é o piar no que se asenta o progreso. O Goberno de España debe saber que o mar é estratéxico para Galicia pero tamén para o conxunto do Estado, e actuar en consecuencia."}
{"ID": "PRAZA_280", "summary": "A Marea Atlántica pecha o acordo de confluencia e aproba o calendario de primarias, que a Marea Pontevedra completa este sábado. Tamén Ourense en Común define hoxe a súa participación, e a Marea Ártabra aprobou o xoves presentarse aos comicios, como xa fixeran hai uns días Lugonovo ou a Marea de Vigo.", "text": "As eleccións municipais do 24 maio están cada vez máis preto, e os prazos límite para formalizar as candidaturas achéganse, o que está acelerando o traballo das distintas iniciativas políticas que concorrerán aos comicios. Sobre todo das máis novas, comezando polas candidaturas cidadás municipalistas. En paralelo, os círculos locais de Podemos deben decidir nos vindeiros días (o de Compostela celebrou votación esta mesma semana, cuxos resultados se coñecerán en breve). A Marea Atlántica pecha o acordo de confluencia con Anova, Esquerda Unida, Podemos, Equo, Espazo Ecosocialista e Compromiso por Galicia A coruñesa Marea Atlántica aprobou esta mañá por aclamación os tres documentos (Código Ético, a Forma de Goberno, o método de Primarias e o sistema de Programa Participativo) que guiarán o seu camiño até as municipais. Estes documentos configuran o marco de confluencia respaldado polo conxunto das sensibilidades que concorren no proceso, tanto as dos cidadáns sen adscrición partidaria como as das xentes de Anova, Esquerda Unida, Podemos, Equo, Espazo Ecosocialista e Compromiso por Galicia. Todas estas organizacións políticas terán que validar agora estas teses nos seus órganos internos, da maneira na que corresponda en cada caso. A Marea Atlántica presentarase ás eleccións municipais de maio coa súa propia marca e un partido instrumental do mesmo nome, descartando así facelo como coalición ou agrupación de electores. Calquera pacto postelectoral, segundo as teses aprobadas esta mañá, terá que ser aprobado pola Rede, a súa asemblea xeral, e referendado pola cidadanía. A plataforma acordou tamén cooperar, no ámbito metropolitano, con outras iniciativas municipalistas coas que comparta métodos e obxectivos. Así mesmo, e malia a ter unha posición crítica a respecto das Deputacións, procurará fórmulas para agregar os seus votos no partido xudicial da Coruña para facilitar tamén un cambio a nivel supramunicipal. A plataforma leva varias semanas inmersa no proceso denominado Marea Viva, que busca definir as ferramentas básicas coas que presentarse ás eleccións. Á Marea Alta deste sábado chegábase cunha proposta única para a Forma de Goberno, dúas para as Primarias e Programa Participativo (unha proposta de consenso entre distintos equipos e outra presentada polo Grupo10) e tamén dúas para o Código Ético (de novo, unha de consenso, e outra formulada polo Grupo7). Porén, non foi necesario proceder á votación aberta prevista para este domingo, pois na xuntanza celebrada esta mañá as persoas impulsoras dos documentos alternativos acabaron por sumarse ao consenso xeral ao redor de ambos os dous textos, que foron aprobados por unanimidade. A Marea Atlántica celebrará as súas primarias os días 7 e 8 de marzo, un proceso no que poderán votar todas as persoas residentes na Coruña (ou que residiran nos cinco anos anteriores) e que asinen o manifesto da Marea Atlántica antes do 2 de marzo. Para poder presentarse todas as candidatas e candidatos deberá presentar 5 avais de persoas asinantes (15 no caso das cabezas de lista) e asumir o Código Ético. Quedarán excluídas as persoas que ostentaran \"algún tipo de responsabilidade como representante nos anteriores gobernos municipais do goberno da Coruña\", as persoas imputadas por delitos relacionados con corrupción ou con racismo, machismo ou homofobia. As candidaturas deberán ser paritarias e votarase por separado a cabeza de lista (que deben presentarse a título individual) e os restantes candidatos, que si poden formar listas, pero que se votarán forma individual e aberta. Os seus cargos públicos non poderán exercer máis de dous mandatos e someteranse a un estrito Código Ético que tamén limita os seus salarios a un máximo de 40.000 euros brutos anuais (2.100 netos ao mes en 14 pagas). Os cargos serán revogables e estarán sometidos a esixentes mecanismos de rendición de contas, tanto na propia marea como no conxunto da cidadanía. Marea Pontevedra A Marea Pontevedra celebra este sábado as súas primarias, nas que a iniciativa cidadá escollerá os seus candidatos e candidatas para a conformación da súa lista electoral A Marea Pontevedra celebra este sábado as súas primarias, nas que a iniciativa cidadá escollerá os seus candidatos e candidatas para a conformación da súa lista electoral. As votacións en urna realizaranse entre as 10.00 e as 19.00 horas na casa sindical de Pontevedra (Rúa Pasantería, 1). Para as persoas que non puidesen achegarse este sábado ata alí, tamén se habilitou a posibilidade de votar por correo electrónico entre o mércores e o venres. Poden votar todas as persoas residentes en Pontevedra que se inscribiran na Marea antes do mércores 3 de febreiro, un total de 363 persoas. O escritor Luís Rei Núñez é o candidato de consenso para encabezar a lista e nas últimas semanas recibiu o apoio, ademais, de Esquerda Unida, Podemos, Anova, Espazo Ecosocialista e de varios colectivos sociais da cidade. Para os restantes postos hai 13 candidatos e candidatas, entre elas a radióloga María Luisa Lores, o arquitecto Guillermo Casalderrey ou a historiadora Vanessa Angustia Gómez. Ourense en Común Este sábado, no Centro Cívico de A Ponte, Ourense en común celebra unha nova xornada participativa para deliberar sobre o regulamento para as eleccións primarias das que deberá saír a candidatura cara as eleccións municipais de maio de 2015. O regulamento debe definir o calendario de primeiras, os seus censos (quen pode votar), as condicións esixidas ás persoas elixibles e a fórmula de confección das listas da candidatura. Segundo os responsables desta plataforma cidadá, este regulamento \"dará reflexo da pluralidade de persoas que integran Ourense en común, ofrecerá un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran ao proceso de primarias, garantirá que todo o poder de decisión recaerá no voto cidadán, establecerá un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento\". Marea Ártabra En Ferrol a Marea Ártabra decidiu este xoves en asemblea concorrer ás eleccións de maio, e facelo ademais baixo a fórmula de partido instrumental de carácter provincial e aberto a coalicións a nivel galego, rexeitándose a proposta de concorrer aos comicios como agrupación de electores. A coordinadora e a comisión de traballo da Marea reuniranse nos vindeiros días para dar de alta o partido, aprobar os estatutos e aprobar un código ético e un regulamento para celebrar primarias. A fórmula escollida permitirá, por exemplo, a participación de Esquerda Unida, que rexeitara participar nunha agrupación de electores. Outras candidaturas En Lugo, a pasada fin de semana os e as integrantes das plataformas Gañemos Lugo e Lugo en Común aprobaron en asemblea a súa confluencia En Lugo, a pasada fin de semana os e as integrantes das plataformas Gañemos Lugo e Lugo en Común aprobaron en asemblea a súa confluencia e integración nunha única plataforma, denominada Lugonovo. Fixérono case por unanimidade, agás dúas abstencións. E, ao tempo, ratificaron a súa vontade de esta candidatura concorra ás eleccións municipais de maio. Na mesma asemblea constituíuse unha comisión formada por unha vinte persoas, que estará encargada de elaborar un código ético, comezar a preparar o programa electoral e definir como se desenvolverá o proceso de eleccións primarias. En Vigo, o pasado xoves 29 150 persoas participaron na asemblea da Marea, na que aprobaron a fórmula para concorrer ás eleccións de maio: unha opción mixta partido instrumental-agrupación de electores. En Santiago, Compostela Aberta, que hai tres semanas aprobou o seu código ético, decidirá nos vindeiros días as fórmulas para concorrer aos comicios. A plataforma cidadá Ames Novo, que leva traballando boa parte da lexislatura, convocou para finais de febreiro (entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo) primarias Máis avanzado está o proceso en Ames. A plataforma cidadá Ames Novo, que leva traballando boa parte da lexislatura, convocou para finais de febreiro (entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo) primarias para elixir once candidatos e candidatas, o número equivalente á maioría absoluta na corporación municipal amiense. Estas persoas deben subscribir un código ético que foi aprobado hai unhas semanas e que leva por título \"Gobernar obedecendo ao pobo\". Son lista abiertas, pero establécense mecanismos de corrección: entre os dez primeiros postos haberá un 50% de mulleres e cando menos tres personas de Bertamiráns, tres de Milladoiro e tres das zonas rurais do concello. Poderá votarse de forma electrónica e tamén en distintos puntos das diferentes parroquias. Outras plataformas e iniciativas cidadás municipalistas, en concellos de vilas de todo o país tamén ultiman nestas semanas a súa participación nas municipais de maio Outras plataformas e iniciativas cidadás municipalistas, en concellos de vilas de todo o país tamén ultiman nestas semanas a súa participación nas municipais de maio. Dende Boqueixón (Agora vós-Veciñ@s de Boqueixón), a Padrón (Veciños de Padrón), pasando por Neda (Moveneda), Ribadeo (Ribadeo en Común), Noia (Marea Cidadá de Noia), Chantada (aínda en formación), Ribadumia (Somos Ribadumia) así coma as distintas iniciativas de Somos Maioría, entre moitas outras plataformas locais."}
{"ID": "NOS_29533", "summary": "Un disparo raso de Ryan Babel lambendo o pau deulle o triunfo aos deportivistas fronte aos asturianos (2-1).", "text": "\"Tiñamos que gañar, polo civil ou polo criminal, e fixémolo xogando ben\" dixo Gaizka Garitano na súa comparecencia unha vez finalizado o partido no que o Deportivo se impuxo ao Sporting de Xixón por 2 goles a 1. O adestrador deportivista era consciente do importante de gañar este partido, e dar así un golpe sobre a mesa antes do parón obrigado polas citas da selección española e tras o cal lle espera un calendario exixente. O gol de Ryan no derradeiro suspiro de partido, minuto 89, dun tiro raso pegado ao pau deulle os 3 puntos a un Deportivo que dominou a bola e o espazo mais ao que lle faltaba ese último pase. O equipo medrou en torno a Emre Çolak, a máis en cada partido, pero non era quen de fiar esa xogada final. Tivo oportunidades, mais estas bateron con Pichu Cuellar, cunha tarde de boas intervencións. O Sporting plantou cara, mais esqueceuse da portería rival. Celso Borges marcou para os coruñeses no minuto 34 o primeiro gol do partido. Así se chegou ao descando. Na segunda metade, Sergio empatou para os asturianos no minuto 65. Mais o Dépor continuou insistindo e tivo premio, na recta final do encontro co tanto marcado por Babel."}
{"ID": "PRAZA_9790", "summary": "\"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido\", advirte Gonzalo Caballero sobre o posible impacto do caso da Valedora nas eleccións xerais. \"Tampouco Rajoy quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel\", dille a Feijóo", "text": "A práctica totalidade das enquisas preelectorais cara aos comicios xerais do 28 de abril coinciden en sinalar que o PSOE será a forza máis votada cun ascenso potenciado pola división do voto da dereita que mesmo o PP sinalou nos seus argumentarios internos de precampaña. Pero esas expectativas optimistas infunden nos de Pedro Sánchez dous temores: un, que boa parte do seu ascenso traia consigo un devalo demasiado intenso de Unidas Podemos que dificulte a formación de Goberno. Outro, que deriven en desmobilización do seu potencial electoral.Cara a ese segundo risco, o da desmobilización, diríxense boa parte das mensaxes de precampaña dos socialistas, tanto dende a dirección federal do PSOE como en Galicia. Así, por exemplo, este mesmo sábado Sánchez advertía dende Andalucía de que \"se non queremos involución\" cómpre \"mobilización\" e tensión de campaña, a comezar pola propia militancia do partido para evitar un \"retroceso de 40 anos\". E case ao mesmo tempo, en Galicia, o PSdeG lanzaba advertencias no mesmo sentido.Diante das expectativas optimistas debuxadas polas enquisas nas filas socialistas detéctase o risco de relaxación da súa base electoral: \"Cada voto é necesario\", advirte Caballero\"Non nos podemos permitir\" o \"modelo\" de sociedade que traería consigo un Goberno da actual dereita española, reflexionou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, durante o mitin de presentación da candidatura socialista ás municipais en Cangas, inevitablemente marcado tamén polo 28A. \"Cada voto é necesario\" para frear a dereita e tamén para \"avanzar no modelo social que representa o soicalismo\", afirmou Caballero.Nun sentido semellante o secretario provincial do partido en Pontevedra, o edil vigués David Regades, aguilloou os presentes no acto sobre o papel que deben xogar nas súas contornas máis próximas. \"É fundamental que sexamos capaces de transmitir o importante que é ir votar\", resaltou Regades, porque \"de nada serve queixarse ao día seguinte se goberna a dereita, os resultados conséguense nas urnas\", evidenciou entre lembranzas das eleccións andaluzas.O impacto do caso da Valedora\"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido\"A xuízo de Caballero, na carreira electoral que oficialmente bota a andar a vindeira semana tamén van pesar contra o PP algúns dos últimos acontecementos en clave galega, como o caso da Valedora no que Feijóo, coida, está a tentar \"poñerse de perfil\". Pero o certo, lembra, é que o Supremo vén de rexeitar \"o recurso sobre a sentenza do TSXG que sinalou a nulidade do nomeamento dun familiar dun alto cargo do PP\", a irmá do voceiro parlamentario dos populares, precisamente nunha institución que debera ser \"exemplo para todos os galegos\".Para o líder do PSdeG a sitaución é \"de máxima gravidade\" e os movementos do PP e da propia Valedora para que a remuda no cargo non sexa inmediata deixaron a cidadanía \"atónita\". \"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido\" e, igual que Rajoy \"non quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel e houbo que retiralo cos votos no Congreso\", se a Feijóo \"non lle importa a exemplaridade\" en casos como o da Valedora, \"terá un non rotundo da cidadanía galega\" tras este \"espectáculo pouco digno\" en vésperas do 28A."}
{"ID": "NOS_19287", "summary": "Sermos O Diario Galego ten caseta propia na 11 edición do Culturgal que está a ter lugar nesta primeira fin de semana de decembro. Podes adquirir os libros publicados por Sermos Galiza, S.A. e subscribirte ao proxecto para lanzarmos o diario en papel en 2019.", "text": "Máis un ano Sermos Galiza volta a estar presente na maior feira das industrias culturais de Galiza, o Culturgal, que neste 2018 fai 11 anos e que está a desenvolverse nesta primeira fin de semana de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Na caseta de Sermos O Diario Galego podes coñecer o proxecto para a saída do xornal en papel e asinar a subscrición para facelo unha realidade en 2019. Tamén podes subscribir a quen desexes como agasallo do apalpador. Seguimos sumando subscritoras e subscritores até o 31 de decembro e necesitamos 3.000! Aliás, no posto de Sermos O Diario Galego podes adquirir as novidades editoriais de Sermos Galiza, como o monográfico enmarcado na colección De Nós sobre o ano 1968. Tamén están á venda o monográfico sobre a loita labrega e sobre María Victoria Moreno, todos eles con fermosas capas ilustradas polo artista Leandro Lamas. O libro-DVD Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María; As contas que nos contan; O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional; Mortos por amor á terra e Os nomes do terror, editados todos eles por Sermos Galiza, S.A., poden mercarse na caseta que temos no Culturgal, á que podes achegarte para nos coñecer e para nos formular dúbidas ou suxestións sobre o proxecto para a saída dun diario galego. Ademais, podes facerte co monográfico sobre Sermos O Diario Galego de balde."}
{"ID": "PRAZA_11115", "summary": "Pontón amósase convencida de que \"desta vai\" e presenta a formación nacionalista como a única garantía de que Galicia teña voz propia en Madrid", "text": "Pontón amósase convencida de que \"desta vai\" e presenta a formación nacionalista como a única garantía de que Galicia teña voz propia en Madrid\"É a segunda volta para que Galiza poida ter voz propia en Madrid da man do BNG\". Así presentou este sábado a portavoz nacional da formación nacionalista, Ana Pontón, as novas eleccións xerais que se celebrarán o 10 de novembro despois de que, segundo dixo, nos comicios de abril tivesen \"na punta dos dedos\" volver entrar no Congreso tras dobrar os resultados obtidos nas xerais de 2016.A presentación en Santiago das cabezas de lista do BNG (Néstor Rego pola Coruña, Carme da Silva por Pontevedra, Olalla Rodil por Lugo e Francisco García por Ourense) serviu para que Pontón apelase ao electorado a transformar o \"cabreo\" co bloqueo político dos últimos meses nunha \"oportunidade\" para que a súa formación volva ao Congreso. \"Estamos convencidos de que desta vai\", dixo, pero evitando pronunciarse sobre enquisas que avalarían esa posibilidade por \"precaución\". \"Se algo necesitamos neste momento é menos Madrid e máis Galicia\", di PontónNa súa intervención Pontón insistiu na necesidade de que Galicia teña \"voz propia en Madrid\" e lamentou que tanto \"a vella e a nova política\" coinciden en seguir discriminando a Galicia. Nesa liña, criticou que o pacto de Podemos co PSOE para os orzamentos do Estado, que finalmente non saíron adiante pola falta de apoios suficientes entre outros partidos, ían consolidar \"os peores orzamentos en décadas para Galiza\", algo que o BNG non secundaría, di, porque é unha forza \"sen ataduras\" que só pensa no país. \"Cada vez hai máis galegos que son conscientes de que Galiza perde cando non está o BNG defendendo os seus intereses no Congreso\", asegura Pontón, que tamén lanzou unha crítica ante a presentación tamén pola Coruña e Pontevedra da nova formación de Íñigo Errejón sinalando que \"se algo necesitamos neste momento é menos Madrid e máis Galiza\"."}
{"ID": "PRAZA_7783", "summary": "Zonas de Pontevedra, Ourense, Asturias, Biscaia e Guipúscoa rexistran os maiores niveis de cesio-137, restos das dúas mil explosións atómicas producidas no planeta dende 1945. Pero non hai perigo ningún.", "text": "Entre 1945, cando EEUU detonou a primeira bomba atómica en Alamogordo, e 1996, cando China levou a cabo o seu último ensaio, o ser humano estourou unhas 2.000 bombas nucleares, case de calquera xeito imaxinable: colgando de globos aerostáticos, flotando sobre barcos, no último piso dunha torre, a 600 metros baixo a auga, en túneles, en buracos a 2.400 metros baixo terra, desde avións, na estratosfera. E esta obscena traca atómica deixou o seu rastro radioactivo por todo o planeta, incluída España. O ser humano estourou unhas 2.000 bombas nucleares. E esta obscena traca atómica deixou o seu rastro radioactivo por todo o planeta, incluída España Un grupo de científicos elaborou agora o primeiro mapa que mostra onde está depositado o cesio-137 resultante das explosións. As zonas máis bañadas por este elemento radioactivo foron rexións de Pontevedra, Ourense, Asturias, Biscaia e Guipúscoa, pero non hai ningún risco. Os autores do mapa describen concentracións de entre 251 e 6.073 becquerelios por metro cadrado en España. Segundo os criterios do Comité Científico de Nacións Unidas sobre os Efectos da Radiación Atómica, unha rexión considérase contaminada cando presenta niveis de cesio-137 por encima de 37.000 becquerelios por metro cadrado. As zonas máis bañadas por este elemento radioactivo foron rexións de Pontevedra, Ourense, Asturias, Biscaia e Guipúscoa, pero non hai ningún risco \"En España hai cantidades baixísimas\", subliña Ángela Caro, do Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (Ciemat) e principal autora do mapa. O seu equipo mediu a actividade do cesio-137 directamente en 34 puntos do solo do país e revisou medicións parciais anteriores. Ademais, os científicos consultaron as bases de datos de precipitacións de 778 estacións meteorolóxicas nas décadas de 1950, 1960 e 1970, xa que a choiva desempeña un papel fundamental na deposición do cesio-137 e outros elementos radioactivos. Este cóctel de datos meteuse en dous programas informáticos diferentes para corroborar os resultados. Freo nos Pireneos \"O coñecemento detallado da cantidade de cesio-137 que hai depositado no solo permitiríanos, en caso dun accidente con fuga radioactiva, calcular mellor as súas dimensións e establecer medidas para remediar os efectos\", explica Caro. O Consello de Seguridade Nuclear, gardián do sector atómico en España, financiou o mapa. \"Doutra banda, estes datos serven para facer estudos da erosión do chan, observando a evolución da cantidade de cesio-137 ao longo dos anos\", detalla. Caro xa publicou en 2011 un avance deste mapa, moito máis básico. O cesio-137 depositado en España procede fundamentalmente das 500 bombas nucleares estaladas na atmosfera por EEUU (200), a Unión Soviética (200), Francia (50), Gran Bretaña (20) e China (20). Moi pouca cantidade é atribuíble á nube radioactiva formada en 1986 tras o desastre na central nuclear de Chernóbil, que practicamente se freou nos Pireneos. Outros países tiveron menos sorte co réxime de vento e choivas. En Noruega, 25 anos despois do accidente atómico da URSS, as autoridades seguen descartando nos matadoiros ovellas e renos demasiado radioactivos, ao alimentarse de cogomelos e líques contaminados por cesio-137. De onde procede a radiación que recibimos? O 80% da radiación que recibe unha persoa provén de fontes naturais, coma os raios cósmicos e o gas radón do subsolo, segunda causa de cancro de pulmón en moitos países O 80% da radiación que recibe unha persoa provén de fontes naturais, coma os raios cósmicos e o gas radón do subsolo, segunda causa de cancro de pulmón en moitos países. Case o 20% restante procede de probas médicas, como radiografías, escáneres e exploracións de medicina nuclear. Soamente un 0,2% estaría vinculado ás partículas radioactivas, coma o cesio-137, liberadas pola explosión de bombas atómicas. E un 0,1% pódese atribuír ao accidente de Chernóbil. Finalmente, un 0,01% é achacable á actividade das centrais nucleares, sempre segundo as cifras do Comité Científico de Nacións Unidas sobre os Efectos da Radiación Atómica. No seu estudo, publicado en Journal of Environmental Radioactivity, os autores do mapa do cesio-137 en España sosteñen que é \"interesante\" medir a cantidade deste elemento no chan porque \"foi amplamente distribuído debido á choiva radioactiva e non debe ignorarse a súa contribución á dose de radiación que reciben as persoas\"."}
{"ID": "NOS_47138", "summary": "O grupo Fiadeiras traballa na inclusión do feminismo na educación social", "text": "\"A educación social será feminista ou non será\", afirma Natalia Domínguez Galán. Este lema resume o foco de atención de Fiadeiras, un grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais da Galiza (Ceesga) do que forma parte. Conversamos con ela sobre os principais desafíos que enfrontan. En que consiste o labor de Fiadeiras? O Ceesga ten unha serie de grupos de traballo en diferentes eidos de intervención da educación social. Nós, concretamente, nacemos pola inquedanza de incorporar a perspectiva feminista dentro da nosa disciplina e, polo tanto, facer unha intervención integral e dirixida á cidadanía desde esta óptica. O que pretendemos é levar a cabo desde accións internas dentro do colexio para incorporar cada vez máis esa linguaxe inclusiva, non sexista, e a intervención socioeducativa desde a perspectiva de xénero, até desenvolver actividades de sensibilización, divulgación, formación... para a sociedade. Sempre en temas de feminismo e en concreto da educación social. Teñen tamén algunhas publicacións, non? Si. Como grupo, queriamos recoller temas de violencias cotiás que podían xurdirnos ás mulleres polo simple feito de selo. Con esta idea, lanzamos unha campaña nas redes para que as mulleres nos contasen se sufriran o que se denomina \"micromachismo\", malia ser este un concepto co que non concordamos. Nós pensamos que os machismos que vivimos, aínda que sexan cotiáns, non poden nivelarse. Cada unha sénteos dunha maneira e ninguén lle pode dicir se son grandes ou pequenos, micro ou macro, pois son machismos puros e duros. Cada unha sente os machismos dunha maneira e ninguén lle pode dicir se son grandes ou pequenos, micro ou macro, pois son machismos puros e duros Recollemos estas experiencias das redes xunto coas que nós mesmas tiñamos. Viamos que había moitas mulleres que querían falar, e moitas que calaban porque non eran capaces de contalo, e por iso nos puxemos en marcha. Pedimos a colaboración de artistas, escritoras, educadoras sociais... para escribir unha publicación que ao final acabou sendo Machismos: de micro nada. Xa hai anos, pero tivo bastante éxito. Agora úsano moitas mestras como material didáctico nas súas aulas. Énchenos de orgullo cando isto acontece. Por que escolleron o nome de Fiadeiras? Hai dúas razóns fundamentais. Primeiro, responde a dar visibilidade ás mulleres que fían, ás galegas que traballan no téxtil, quer nas casas quer no sector máis industrializado. Por outra banda, hai unha metáfora de que temos que crear fíos violetas e feministas para favorecer a sororidade entre as mulleres. E cales identifican como os principais desafíos feministas no eido da educación social? A educación social ten que ser feminista, ou non será. É un lema que sempre dicimos, porque non entendemos unha educación social que non incorpore en todos os seus eidos esta perspectiva. Como disciplina, a educación social ten moitos retos. Primeiro, en relación ás universidades, é preciso incorporar materias de xénero puntuais, que non todas o teñen, e facelo ademais de forma transversal, isto é, que o profesorado do Grao de Educación Social se forme en xénero e incorpore isto ás aulas. Logo, desde o colexio levamos moito tempo reivindicando unha lei de Educación Social, que ten que ser tamén, se algún día o conseguimos, feminista. Cómpre mudar o sistema asistencialista e tratar as persoas, maioritariamente mulleres, que acoden aos servizos sociais de forma equitativa Hai así mesmoun traballo moi importante para facer chegar a educación social feminista aos servizos sociais. Para iso cómpre mudar o sistema asistencialista e tratar as persoas, maioritariamente mulleres, que acoden aos servizos sociais de forma equitativa. E dar un cambio á intervención socioeducativa desde esa perspectiva. Como? Incorporándoa á escola, onde ten un papel moi importante en relación á coeducación. Como profesionais, poderiamos entrar na escola cun discurso feminista que susceptíbel de transformar totalmente a sociedade. Por último, outros espazos que queremos conquistar é a intervención con mulleres vítima de violencia de xénero. Actualmente estamos a reivindicar a nosa presenza nos centros de información, algo que tampouco conseguimos polo momento."}
{"ID": "PRAZA_2352", "summary": "Iniciativa pola Unión manifestou a súa \"disposición para propiciar o entendemento e participar activamente\" no cónclave que pula por unha candidatura galega de unidade popular e á que declinara asistir, xunto ao BNG, ao limitarse os convites a oito formacións políticas", "text": "O foro político organizado polo Encontro Cidadán para unha Marea Galega (Marea.gal) valorará a incorporación solicitada dende Iniciativa Pola Unión (IxU). Así o vén de facer público nun comunicado logo de que IxU manifestase onte a súa \"disposición para propiciar o entendemento e participar activamente\" no cónclave que pula por unha candidatura galega de unidade popular. Marea.gal aclara que a vontade amosada por IxU non supón acordo ningún entre plataformas Así, Marea.gal aclara tras a comunicación feita pública pola IxU da súa \"vontade de incorporarse\" que \"as bases de consenso desde foro son públicas\", ao igual que \"o feito de que ese espazo está aberto a calquera organización política ou social que acepte eses consensos\". \"A decisión feita pública por IxU non supón acordo ningún entre ambas plataformas senón que é unha decisión que esa organización adopta soberanamente, como o pode facer calquera outra\", insiste o Encontro, que recoñece contactos entre as coordinadoras de ambos os dous espazos. Segundo Marea.gal, a petición vía correo realizada por IxU foi trasladada ás demais organizacións que neste momento constitúen o foro \"para o seu coñecemento\". Iniciativa anuncia nela a súa \"vontade de participar\", unha demanda que será \"tratada no seo do propio foro entre todos os axentes que o conforman\". Para o Encontro, IxU \"amosa a súa vontade de incorporarse ao que xa está en marcha\" e aclara que \"os consensos que serven de base están claramente expresados\" Deste xeito, Marea.gal aclara que \"non existe, xa que logo, ningunha convocatoria que supoña a apertura dun novo proceso\". \"Só a manifestación por parte dunha organización da súa vontade de incorporarse ao que xa está en marcha\", insiste este plataforma, que asegura que \"os consensos acadados e que serven de base para o foro político están claramente expresados e calquera axente que desexe integrarse nel debe expresarse ao respecto coa mesma clareza\". As forzas participantes no foro político (Anova, Cerna, CxG -que vota o día 24 como concorrerá ás xerais-, Espazo, Equo, EU e Podemos e mais a propia Marea.gal) apostaron por ir \"unidas\" ás xerais e ás galegas. O encontro ía estar inicialmente auspiciado por Marea.gal pero tamén por IxU, que acusou a Marea.gal de reducir a convocatoria a oito partidos, que xa participaran nun encontro anterior, impedindo \"un acto aberto, plural, no que teñan cabida todas as organizacións políticas e partidos que o desexen\". Estas \"exclusións\" foron tamén o motivo aludido polo BNG -o outro partido convidado para \"declinar\" participar no cónclave. Por outra banda, o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, asegurou este mércores que \"quen diga que o BNG pon obstáculos á unidade é un mentireiro ou está en Marte\". Respondeu así ás acusacións de Beiras e sinalou a Anova por levar ra cabo \"esforzos por mendigar concesións por parte de forzas estatais\". Con todo, cre que a nova convocatoria do foro político é unha oportunidade pero asegurou que \"ten que estar clara cal é a aposta de cadaquén. A nosa é ter un grupo parlamentario propio para defender os intereses do país; s outros teñen outra, terán que explicala\"."}
{"ID": "NOS_16792", "summary": "31 persoas. Ese é o descenso no número de desempregos no Estado español, unha baixada que esta mesma segunda feira, a ministra de Traballo, Fátima Báñez, auguraba como histórica e que ía ser o mellor agosto da última década. Na Galiza, o descenso foi de 3.578 persoas respecto a xullo. Mais na comparación interanual, hai 257 desempregad@s máis", "text": "O número de desempregados no Estado español é de 4.698.783, 31 persoas menos que no mes de xullo. O número de afiliados á Seguridade Social descendeu en case 100.000 persoas. No que atinxe a Galiza, o desemprego descendeu entre xullo e agosto en 3.578 persoas. Mais na comparativa interanual, o noso país ten agora 257 parad@s máis que hai un ano."}
{"ID": "PRAZA_4811", "summary": "As persoas que este mércores ocuparon o abandonado teatro compostelán lembra que ao día seguinte de que a policía desaloxase a anterior ocupación (a finais de 2011) Conde Roa dixo que estaba a piques de pechar un acordo cos propietarios para retomar a actividade. Hoxe comeza unha programación cultural alternativa.", "text": "Na maña deste venres un grupo de persoas entrou nas instalación da Sala Yago, un teatro situado na zona vella de Compostela e sen actividade dendeo ano 2007. Facíano reclamando que se convirta nun \"espazo cultural liberado\", unha demanda que se podía ler nunha das faixas penduradas da fachada do inmoble: \"Sala Yago, espazo liberado\", acompañada doutras dúas: \"¿Rehabilitación? Mentira\" e \"Violencia é non chegar a fin de mes\". A Sala Yago fora xa ocupada en novembro de 2011, tamén co obxectivo de que o emblemático teatro volvese ser un espazo cultural. Naquela ocasión a ocupación, que fora acompañada dunha variada programación cultural, rematou aos cinco días, tras unha intervención da policía antidisturbios que rematou con once persoas detidas e unha carga policial polas rúas do caso histórico compostelán. En 2011 Conde Roa dixera lamentar que a ocupación se producira \"xusto cando o Concello estaba a piques de pechar un acordo\" coa familia propietaria do teatro para utilizar as instalacións O daquela aínda alcalde, Gerardo Conde Roa, dixera lamentar que a ocupación se producira \"xusto cando o Concello estaba a piques de pechar un acordo\" coa familia propietaria do teatro para utilizar as instalacións e recuperar a súa función cultural. Pasaron dous anos e tres meses sen ningún avance nin anuncio neste senso e é esta promesa incumprida polo Goberno municipal o principal argumento desta nova ocupación. Nun manifesto que os activistas que se atopan no interior do teatro distribuíron polos arredores do mesmo, explican que \"xa pasaron 2 anos e 3 meses e desas promesas nada de nada así que, de novo, un outro grupo de veciñas retomamos hoxe a iniciativa de recuperar, unha vez máis, este espazo para devoltarllo á cidadanía e enchelo de actividades que partan da base social desta cidade e sexan, por tanto, totalmente alleias ao mercantilismo da incultura\". \"Non imos permitir o trunfo da especulación que se agocha detrás do abandono premeditado desta sala, de grande interés histórico e social, non imos deixar que caia en ruínas\" Neste texto, encabezado por unha cita de Henry David Thoreau (\"A non cooperación con o mal é tan obriga moral como a cooperación con o ben\") e que se pecha dicindo \"Fóra políticos das nosas vidas\", engaden que \"a alcaldía carece de autoridade moral para criminalizar esta nova okupación\" e que \"calquera persoa honrada desta cidade gobernada por ladróns, estafadores, acosadores laborais e mentideiros entenderá que volvamos a ocupar. Nunca esperamos nada de Pokemons e Pikachus pendentes de xuízo por corrupcións múltiples e variadas\". Conclúen que \"non imos permitir o trunfo da especulación que se agocha detrás do abandono premeditado desta sala, de grande interés histórico e social, non imos deixar que caia en ruínas. Por iso voltamos a ocupala, para recuperala, para que volva ás mans de toda a cidadanía e para enchela de novo de actividades\". Ángel Curras afirmou que a Yago \"non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo, que foron infrutuosos\". E desentendeuse do asunto, defendendo que \"é un tema que se circunscribe ao ámbito privado\" O actual alcade compostelán, Ángel Currás, dixo \"lamentar\" a ocupación, fixo un chamamento ao \"civismo\" e afirmou que a Sala Yago \"non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo, que foron infrutuosos\". Así mesmo, desentendeuse do asunto, defendendo que \"é un tema que se circunscribe ao ámbito privado\". Tamén comunicou que o Concello lle comunicou a ocupación do espazo ao propietario \"para que adoptara as medidas oportunas ao respecto, segundo indica o protocolo de actuación nestes casos\". Programación Cultural provisional Sala Yago Espazo Liberado Ao igual que na anterior ocupación, que permitiu que durante cinco días a Yago acollese palestras, debate, concertos e espectáculos escénicos, xa se fixeron públicas as primeiras actividades programadas, que comezarán este xoves. Xoves 13 14:30. Xantar 17:00. Asamblea Aberta 18:30. \"Mesa redonda sobre okupacion\" 21:00. Proxección do filme Douro Faina Fluvial de Manoel Oliveira. A partir das 22:30. Foliada, Cabaret e Variedades Venres 14 11:00. Obradoiro de reparación Faino ti mesmx 14:30. Xantar 17:00. Proxección da Obra de Teatro: Torturadxs 19:30. Asamblea Aberta A partir das 22:30- Timba Poética e espectáculo de Break Dance. Concertos: Pura Mestura, Furnier. Sábado 15 12:00. Obradoiro e Xogos para crianzas 14:30. Xantar 16:30. Dinámicas de coidados para o traballo en grupo. 18:00. Proxección documental: La Voz del Gamonal, De quien es la calle?. 19:30. Asamblea A partir das 22:30. Concertos: Folkolikos, Transxenéricas, Mars Attacks e sesión aberta"}
{"ID": "NOS_12577", "summary": "O secretario xeral da CIG, Suso Seixo e o secretario xeral de ELA, Adolfo Muñoz, \"Txiki\", presentaron esta mañá unha denuncia na sala do penal do Tribunal Supremo en Madrid, para evidenciaren \"a connivencia dos poderes financeiros e os responsábeis políticos no saqueo das contas públicas\".", "text": "Os acusados: os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras. A acusación: \"prevaricación por omisión\". Explica Suso Seixo que, sabendo dos riscos de carácter crediticio que carrexaba o negocio inmobiliario (existían xa informes da Asociación de Inspectores do Banco de España alertando deles no ano 2006), os sucesivos gobernadores do Banco de España e responsábeis de Economía, na vez de adoptar medidas, \"actuaron irresponsablemente, ata levarnos a esta situación de crise, que afecta a moitos millóns do erario público\". Por iso se presentou esta denuncia, coa esperanza de que a sala do penal a tome en consideración e a leve a trámite: \"ademais de responsabilidades políticas, das que responderán nas eleccións, consideramos que teñen responsabilidade penal\", di Seixo. Do mesmo xeito que a CIG presentara o pasado 1 de outubro ante a Fiscalía Xeral do Estado unha denuncia contra os antigos dirixentes das caixas galegas, e esta pasoulla a Anticorrupción, Seixo agarda que se siga aquí o mesmo camiño. \"A ver se a Fiscalía é tal dilixente coma cos dirixentes sindicais acusados de ocupar un edificio da Xunta\" dixo en referencia ao xuízo de Antolín Alcántara e Víctor García, da CIG, que tivo lugar onte en Vigo. \"Algo que non ten ningunha transcendencia económica. Canto máis terían que ser dilixentes con políticos que levan á ruína entidades semipúblicas, e que aínda por riba son premiados con indemnizacións\". Para el, isto é unha síntoma de como funciona o aparello xudicial, en termos de clase. \"Actúase con total dureza ante calquera conflito de carácter laboral e de reivindicación dos dereitos dos traballadores/as, mentres que os responsábeis destas políticas económicas, que tan graves consecuencias tiveron para o conxunto da poboación, non teñen a consideración legal de delito e, polo tanto, non reciben castigo penal de ningún tipo polos seus actos\"."}
{"ID": "NOS_28204", "summary": "A Fiscalía solicita 5 meses de prisión por 'desorde pública' a raíz dun escrache contra un profesor que mantén que \"na homosexualidade debe haber algunha alteración xenética\".", "text": "Antía, Atanes e Mario, estudantes da Universidade de Compostela, enfróntanse esta segunda feira, 3 de outubro, a un xuízo no que a Fiscalía pide 5 meses de prisión por consideralos responsábeis dun delito de de 'desordes públicas' a raíz dun protesto contra a homofobida dun profesor da USC. Diversas organizacións convocan para ese 3 de outubro, ás 10:00 horas, unha concentración solidaria perante os Xulgados de Fontiñas, na capital de Galiza. O escracho polo que agora son xulgados os estudantes foi para protestar pola readmisión dun profesor homófobo, Domingo Neira, docente de Ciencias da Educación e que foi acusado e denunciado en distintas ocasións por manter un 'discurso de odio' contra os homosexuais. De feito, a propia Universidade afastárao das aulas durante o curso 2013/2014. Porén, volveu exercer no curso seguinte, se ben nun posto diferente \"A homosexualidade é contaxiosa\" Neira chegou a asegurar nas aulas que \"a homosexualidade é contaxiosa\", que \"os homosexuais carecen de hombría e non poden educar\" ou que \"as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal\". Nun principio foron catro as persoas acusadas, mais após comparecer nos xulgados (en febreiro) unha cuarta estudante que inicialmente fora imputada desaparece da causa pola \"imposibilidade de a identificaren\". A Universidade de Compostela é unha das partes denunciantes."}
{"ID": "PRAZA_18376", "summary": "A mostra, comisariada por Manuel Gago, inaugurarase o 7 de novembro e poderase visitar ata o 3 de febreiro. O derradeiro discurso de Castelao celebrou o pasado 25 de xullo o seu 70 aniversario", "text": "O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu histórico discurso Alba de Groria no marco do festival do Centro Gallego de Bos Aires, celebrado no Teatro Argentino da cidade. Foi, ademais, o seu derradeiro discurso e polo seu contido e significación histórica converteuse nun dos fitos simbólicos para o nacionalismo e o soberanismo galegos. Este verán celebrouse, polo tanto, o 70 aniversario daquela data. Agora o Consello da Cultura Galega está a piques de inaugurar unha exposición, titulada igualmente Alba de Gloria, que analiza e recrea o contido do discurso, o seu contexto histórico e a súa influencia posterior.O derradeiro discurso de Castelao celebrou o pasado 25 de xullo o seu 70 aniversarioA mostra, comisariada por Manuel Gago, inaugurarase o 7 de novembro e poderase visitar ata o 3 de febreiro no Panteón dos Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) O obxectivo, destaca o CCG, é \"plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora\" a alocución de Castelao, que \"encerra en si mesmo dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega\", sinala.\"Si no abrante d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicions, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única\". Así comezaba o histórico discurso, composto para celebrar a \"festa maor de Galiza, a festa de todol-os galegos\", aínda que os dous primeiros parágrafos do discurso xa foran escritos un ano antes e forman parte do primeiro capítulo do libro IV de Sempre en Galiza.Cita algunhas grandes figuras esenciais na configuración da cultura galega. Pero tamén fai fincapé \"na importancia do pobo, da tradición da xente anónima na configuración da nosa identidade\"O Alba de Groria cita algunhas grandes figuras esenciais na configuración da cultura galega. \"Entre Prisciliano, ao que Castelao chama o \"heresiarca decapitado\", e o \"gran Don Ramón\" (Valle-Inclán), trázase unha Santa Compaña que dá forma narrativa a unha enumeración de figuras relevantes para a historia do noso país\", explica o CCG. \"Con todo, o discurso tamén fai fincapé na importancia do pobo, da tradición da xente anónima na configuración da nosa identidade\", engade."}
{"ID": "NOS_6434", "summary": "Cinco temas celtistas e cinco deportivistas. E unha canción extra. De estilos e épocas diferentes. Algúns ben coñecidos e outros, a verdade, non tanto. Para cantar ou apupar, segundo as cores e os gostos de cada quen. Aló imos.", "text": "Falta pouco para un novo Celta-Dépor, #onosoderbi, e non debemos perder de vista que, como todo espectáculo que se precie, fai falla unha BSO, unha banda sonora orixinal. Propoñemos 10 temas, cinco celtistas e cinco deportivistas, para cantar (ou apupar, segundo a canción e a afección) ás portas do encontro. 1) A Roda: Foliada do Celta Estamos perante moito máis que o himno oficioso do Celta. Un respetiño. Unha desas cancións que soan ben sexa nas gorxas a bruar en Balaídos sexa nesa arte que é o canto acoplado a tres voces dos bos 'chiquiteiros' nos furanchos e tascas. \"Díxolle o sobriño ao tío / o entrar en Balaídos...\" marca unha canción tabernaria e popular. Case nada, vamos. Aínda que hai quen pensa que A Roda popularizou un tema tradicional, non tal, esta foliada é obra deste grupo de amigos do barrio de Teis, alicerzado no gusto polos furanchos e cantar nas tabernas. Publicouse en 1979, no disco 'Falemos Galego' de A Roda e en pouco tempo fíxose mítica. 2) Cacahué: Rock del Deportivo (Himno) Poucos retrousos se cantaron tanto nos 90 como ese \"Y digo Deportivo / vamos a ganar este partido\". O Himno do Deportivo da Coruña, un rock pegadizo que veu da man do 'Superdépor' e que tivo un gran éxito, tamén alén de Galiza. Os branquiazuis tiñan himno, de 1924, composto por Maximiliano Suarmanoff, mais cos novos aires que o equipo tiña a principios dos 90 optou por se renovar a base de rock. Cacahué, un grupo local, co seu cantante Gandy á fronte foi o responsábel. 3) Keltoi: 1923 (Sempre Celta) Foi publicada en 2010 no disco 'A nosa cinza', o segundo traballo desta banda, un conxunto xa clásico do punk-oi vigués e galego. Un tema que xa axiña callou entre as fornadas máis novas do club celeste. Membros do grupo son recoñecidos afeccionados celtistas, como o cantante, Sime, un dos pioneiros en dar pulo ao que foi 'Seareiros Galegos'. \" 4) Os diplomáticos + Rodri Suárez: \"O Son das túas ondas\" O xornalista e poeta Dani Salgado ten escrito que o que foron The Dubliners para os Pogues fórono A Roda para Os Diplomáticos. Perhaps. Porén, Dubliners e Pogues, como bos irlandeses, partillaban paixón polo Celtic de Glasgow, o equipo escocés fundado por emigrantes irlandeses a raíz do 'apartheid' que os protestantes estableceron no Rangers (non podían xogar católicos). A Roda e Os Diplomáticos, como bos galegos, tiran por equipos diferentes. Se hai un grupo que se pode identificar claramente co Dépor e que ao tempo tamén xera simpatías entre os seareiros celestes é Os Diplomáticos de Monte Alto. Aquí traemos o tema con letra do xornalista e escritor Rodri Suárez, recoñecido e afervoado deportivista, 'O Son das túas ondas', todo un himno de amor e paixón polo Deportivo. 5) Murzidky International: \"Alexander Mostovoi\" Tekno-ska eslavo machacante fabricado por un dúo con fasquía de 'malotes' de filmes sobre a mafia rusa. Unha canción de honra ao gran Alexander Mostovoi, unha melodía propia de festa en karaoke mollada en litros de vodka. Tense posto no descanso dalgún partido de Balaídos, con éxito 'asegún' nas bancadas. A letra, iso si, de certo que xera unanimidade entre os seareiros celtistas: \"Non deixaba ninguén indiferente / amargaba os rivais coas súas xogadas / eles terán pesadelos sempre co seu nome: / Mostovoi, Mostovoi, Mostovoi!!\". Bótanse en falta unhas ráfagas ao ar de kalashnikovs. 6) La Banda del Camión: 'Depor 100', Himno del centenario O grupo coruñés, nado no 2000, foi o que realizou esta canción, o himno do centenario do Deportivo da Coruña. No conxunto hai varios integrantes de Cacahué, aquel combo que fixo o inesquecíbel e non superado \"Rock del Dépor\", Himno do club herculino. 7) Siniestro Total: Himno do Celta O grupo vigués (e celtista), que tamén se baila na Coruña. Bon, quizás non este tema. Foi durante unha época habitual nos concertos ao vivo de Siniestro que aparecese o himno oficial do celta, cantado 'a capella' polos membros do grupo. En apoiar ao Celta desde os escenarios, porén, un dos que leva premio é Evaristo, cantante da extinta La Polla Récords e actualmente en Gatillazo. Camisolas do Celta e vivas ao equipo celeste (que mesmo ficaron gravadas en discos ao vivo de La Polla) non eran raras nos concertos deste vasco de Agurain con raíces na Galiza. 8) Os Diplomáticos de Monte Alto: Manda tralla (Oda a Arsenio) Unha verdadeira Oda a Arsenio Iglesias, o histórico treinador do Deportivo da Coruña. Ascendeu o equipo e baixo a súa batuta este conquistou unha Copa do Rei e dous sub-campionatos de Liga, para alén de desputar por primeira vez competicións europeas. A canción figura no álbum 'Avante toda!' e a letra resume á perfección a 'sapiencia' do de Arteixo, \"onde lle aprendeu Arsenio / os recortes ao raposo\". Canción bailada até por celtistas, dou fe. E se antes falabamos de Evaristo LPR como vasco (de raíces galegas) celtista; non podemos esquecer aquí a Manu Chao, francés (de raíces galegas), deportivista. A camiseta do 'Superdépor' é unha das reliquias que máis mima. 9) Liverpool KOP: 'Iago aspas' Os seareiros de KOP, a zona máis animada do Anfield, o mítico estadio do Liverpool FC, onde Aspas militou entre 2013 e 2014, cantábanlle desde as bancadas ao galego diversas cancións. Disque dunha delas, empregando a música de 'Rock the casbah' dos nunca ben alabados The Clash, saiu este vídeo inclasificábel. Iso si, letra corta, directa e que o dí todo: \"We really like him... Iago Aspas!\". 10) Manu Martorell: \"Dépor, yo te quiero\" Nas redes tamén abundan as cancións compostas por afeccionados e siareiros. Como esta de Mani Martorell, que fixo en 2013 e que en só un mes tivo máis de 13.000 reproducións. Extra: Balada de Cachamuíña y María Pita (Siniestro Total) \"Tú serás del Celta / Yo del Deportivo / Rías Altas, Rías Baixas / Ourense y Lugo al mismo son / Cachamuíña y María Pita / Ron, ron, ron, la botella del ron\". Siniestro compuxo esta canción de irmandade viguesa-coruñesa a maior gloria de Galiza. Tópicos, alcohol, fútbol e cachondeo para un tema que saiu publicado no disco 'De Hoy no pasa' (1987). Moito se cantaba nesa época, meu deus, moito."}
{"ID": "NOS_3186", "summary": "O Señor dos aneis: Os aneis do poder estará dispoñíbel desde esta sexta feira na nosa lingua.", "text": "A plataforma de contidos audiovisuais Prime Video estreará esta sexta feira, 2 de setembro, a serie Os aneis do poder, do universo cinematográfico de O señor dos aneis. A superprodución, que leva a ser preparada durante cinco anos, estará dispoñíbel na nosa lingua, o que podería facer que se convertera na serie dobrada ao galego máis vista da historia. Tamén estará lexendada en galego. Campaña para que as series e filmes das plataformas dixitais estean lexendadas en galego Os seus creadores, John D. Payne e Patrick Mackay, aseguraron que Os aneis do poder, que podería contar cunhas cinco tempadas de duración, gardará a fidelidade coas novelas de J. R. R. Tolkien e as súas adaptacións cinematográficas. Neste sentido, a serie centrarase nos feitos ocorridos miles de anos antes das aventuras de O señor dos aneis. Para a elaboración deste \"ambicioso\" guión, Payne e Mackay recompilaron a información achegada por Tolkien nas súas novelas, así como os apuntes que o escritor inglés, nado en Sudáfrica, deixou nos apéndices da súa triloxía. 'O monstro mariño', primeira produción animada de Netflix en galego, estréase o 8 de xullo Esta primeira tempada foi rodada integramente en Nova Zelanda, onde xa se gravaran moitas das escenas da triloxía de O señor dos aneis. Os dous primeiros episodios correrán a cargo do director Juan Antonio Bayona. A serie máis cara da historia Esta primeira tempada, que consta de oito capítulos, serviu para que Os aneis do poder sexa xa a serie máis cara da historia. Para a súa produción, que correu a cargo de Lindsey Weber, investíronse uns 468 millóns de dólares, aínda que o orzamento final pode elevarse até os 715 millóns. Netflix incluirá en 2022 perto de 220 horas de contidos audiovisuais en lingua galega Até hai só uns días, estaba confirmado que a serie podería verse en catalán e euskera, mais houbo que esperar até a semana da estrea para ter por seguro que Os aneis do poder tamén sairá en galego dobrado e lexendado. \"Hai tempo que podemos gozar dos libros de Tolkien en galego. E en breve, a nova proposta audiovisual O Señor dos aneis: Os aneis do poder, inspirada no universo máxico do autor, estará tamén na nosa lingua\", sinalaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística pouco despois de que se confirmara a presenza do galego nesta serie. A protección do galego, a debate no audiovisual: Hai que obrigar as grandes plataformas a incluílo? No momento de coñecerse a noticia, foron moitas as reaccións nas redes sociais de amantes de O señor dos aneis que celebraron que esta nova serie, na que a industria cinematográfica ten postas moitas esperanzas, vaia estar dispoñíbel na nosa lingua."}
{"ID": "NOS_7754", "summary": "\"17 Agosto 1936. Chefe de Gabinete do Ministério do Interior. A Guarda Fiscal perseguiu ontem a tiro na serra de Montezinho um grupo de 5 comunistas, sendo 3 espanhóis e 2 portugueses, que ali tentavam assaltar os pastores, os quais conseguiram refugiar-se em Espanha abandonado uma pistola de pequeno calibre. Este grupo entrou em Portugal estando algum tempo nas proximidades de Espinhosela, donde é natural um dos portugueses que o compõe, de nome Mário e conhecido como perigoso bandido... O Secretário do Governo Civil de Bragança\"", "text": "Entre Castro Laboreiro e Bragança Os lobisomens dormem ao relentodeitados como os lobos sobre a terra.Ao largo pairam os pregões de guerra,nos arbustos queimados geme o vento....Trazem a barba intonsa e enfarinhadade neve e os seus cabelos tão compridoscheios de pó. Nos dedos ressequidosa espingarda sempre carregada! José de Terra, \"Lobisomens\", Canto da ave prisioneira, 1949 Así, neste poemario censurado polo Estado Novo, describe o escritor portugués José Terra a dura condición dos grupos, primeiro fuxidos e logo guerrilleiros, que inzaron a Raia Seca do Minho até o Montezinho trasmontano, desde o verán de 1936 até outubro de 1947, procurando alén a fronteira unha retagarda na que se resgardar da asañada persecución da que eran obxecto pola Guardia Civil, os carabineiros, as milicias falanxistas e, mesmo, o Tercio da Legión e os soldados musulmáns dos Regulares. Neste espazo, aproveitando afinidades que as redes sociais locais teceron por riba dos Estados, sustentadas quer no contrabando e no pastoreo, quer no intercambio comercial ou cultural, nun primeiro intre os perseguidos que procedían da orla fronteiriza luso-ourensá-zamorana fixeron a un tempo de guieiros e de factotums duns fuxidos descoñecidos chegados doutras zonas do país, do Bierzo, de Asturias, da Seabra, naquel comunitario universo raioto onde a humanidade do mutuo apoio aínda tiña significado. As primeiras resistencias Deste xeito na altura de 1940 Eduardo Pérez 'Tameirón', Cándido Losada 'Malvavisco' ou o portugués Silvino João Domingues foron os introdutores de célebres guerrilleiros astures e bercianos como Marcelino Villanueva 'O Gafas', os irmáns Morán, os Girón, Eduviges Orozco ou Luis Gómez 'Pambarato', na Terra Fría dos Pinheiros, de Cisterna, das aldeas da Lomba e, sobre todo, de Sernande, na raia de Vinhais. Neste recanto, tamén tivo acollida a partida de Joaquín Pérez 'Quinito', que tiña de man o presidente da freguesía de Pinheiro Novo para os pasos de fronteira pola Esculqueira-A Mezquita. E como feito singular, entre 1941 e 1944 actuou a ambas as bandas da raia a partida de 'Os Cucos', composta por nove agricultores-contrabandistas dos Pinheiros e, por tanto, nacionais portugueses. No Cambedo e na Castanheira, na montaña de Chaves, os locais Demetrio García, Angel Santos 'Luís de Flariz' e o galaico-portugués Manuel Varzea fixeron o propio cos Girón, Bernardino García, Hilario Álvarez, Orozco, José Vega 'Animas' e demais, coa particularidade de que naquela remota freguesía de Chaves se estaba a conformar o duradeiro (até os anos 60) \"aparelho de fronteira\" primeiro da delegación do PCE en Portugal e, logo das caídas de 1941, do propio PCP, no que colaboraron entre outros o antigo tenente de alcalde de Monterrei (PSOE) Sergio Sandoval e o propio Santos. Algo semellante pasou na contorna de Castro Laboreiro, cos Ribeiros e a Ameijoeira como lugares de especial concentración de perseguidos, onde os nexos dos locais José Fernández González 'Rizo' (de Ferreirós-Entrimo) e José Fernández Alonso 'Gres' (de Lobeira), serviron de base para a supervivencia da guerrilla encabezada por Víctor García Estanillo 'O Brasileiro', enviado da Internacional Comunista a Galiza e Portugal, e os lucenses José Rodríguez 'Pepe Dente de Ouro' e Ramón Yáñez, antigo policía da Generalitat. Naquel agreste recuncho comprendido entre a Peneda-Gerês e O Barroso, tamén tiveron acollida outros grupos tal que os de Albino Gomez 'Moreiras' e Manuel Álvarez, ambos de ideario comunista, así como o fuxidío de Casto Cabezas, activo na Limia. A capacidade destas partidas para a simbiose cunha poboación que desconfiaba dos fardados e a súa mobilidade (os vínculos entre as partidas que actuaban desde Castro Laboreiro, Pitões, a Castanheira, Cambedo, os Pinheiros ou Sernande, están operativos xa en 1940) fixeron posíbel, quer a delongada permanencia en territorio luso, quer unha intensa actividade insurxente no sur da provincia de Ourense, malia a presión armada de ambas as ditaduras. Unha guerrilla particular Desde diversas fontes, algunhas tan autorizadas como Hartmut Heine, tense presentado a guerrilla da raia como pouco politizada, con accións lindeiras co bandoleirismo. Se pasamos revista aos seus alicerces, cómpre, cando menos, matizar esta interpretación. Porque se atendemos a Demetrio García, obxecto de dilixencia de embargo dos seus bens en maio de 1937 cando deserta do exército franquista e pouco despois dun Expediente de Responsabilidades Civís a carón de Ángel Santos, conceptuado de opositor activo ao \"Movimiento Nacional\" e do seu curmán o tamén guerrilleiro Alejandro Álvarez Justo, ningún deles coincide con ese perfil. E moito menos cadros do PCE como Víctor García, Albino Gómez e Manuel Álvarez, experimentados loitadores como 'Pepe Dente de Ouro' ou militantes da CNT forxados nas loitas no camiño de ferro tal que 'Tameirón'. Mesmo de Juan Salgado 'O Juan', considerado como prototipo de \"bandoleiro social\", temos indicios dos seus vínculos co anarcosindicalismo do Val de Monterrei na IIª República. Máis dúbidas presentan as accións de 'Os Cucos' en territorio portugués, que deixaron mal recordo en Vinhais e nos propios guerrilleiros alí refuxiados, mais tampouco cabe esquecer os seus antecedentes de simpatías polos \"vermelhos espanhóis\", o que lles carrexou non poucas persecucións en ambos os lados da fronteira previas á decisión de se botaren ao monte. Ademais, cabe lembrar que no territorio raioto tamén tiveron lugar episodios relevantes para o devalar da guerrilla galaico-berciana: eis, a xuntanza que mantiveron o 1 de agosto de 1940 en Sernande 'O Gafas' e 'O Brasileiro', nunha tentativa pioneira de coordinar os distintos grupos e territorios, ou a certeza de que a IIª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia se conformou ao longo de 1946 en tres escenarios: O Cambedo, Sernande e Casaio. O activismo da guerrilla da raia non tería sido posíbel sen a permeabilidade da fronteira, ben explicada o 29 de abril de 1946 polo Comandante da GNR de Bragança, Herculano São Boaventura de Azevedo: \"A maior parte da população presta-se a encobri-los, não sei se por receio, se por ganância, ou se por qualquer outra circunstância, mas em qualquer dos casos dão sempre o carácter de humanidade. Assim, nenhuma dúvida tenho de que o facto de ter sido nulo o resultado da batida, não se justifica que amanhã não se encontrem na região citada foragidos, pois passam com toda a facilidade a fronteira e, então, podem agora estar em Espanha e muito pouco tempo depois em Portugal. Todavia estes não serão capturados pelos processos de batidas até agora usados, pela muita facilidade que têm em se deslocarem em terrenos quase inacessíveis e de serem informados, mesmo à última hora, de qualquer movimento de tropas.\". En todo caso, a vulnerabilidade fronteiriza foi tamén aproveitada polos falanxistas ou pola propia Guardia Civil e son abundantes os episodios documentados da súa intervención en territorio portugués en persecución dos combatentes. Sen que estivesen a salvo da delación ou do interese crematístico (a guerrilla adoitaba pagar comidas, durmidas e outros servizos), o recoñecemento dos proscritos polos habitantes das aldeas, estivo en boa medida baseado nunha confianza que incluía a participación daqueles en distintos traballos e o acceso ás redes de cooperación locais; non é estraño, pois, que aínda hoxe atopemos informantes en Sernande, Os Pinheiros, Cambedo ou A Castanheira, que os definen como \"homes de respecto\" prestixiados polo seu comportamento cotiá. Pero, sobre todo, nesta afinidade influíu a decisión da guerrilla de evitar en territorio portugués, para non prexudicar a quen lle protexía e non dar razón ás autoridades lusas para acometer as operacións de limpeza que os franquistas esixían. Un exemplo estremo do devandito está nos oito meses que un fato de guerrilleiros debeu pasar en Sernande, encanfurnados alí entre setembro de 1940 e abril de 1941 polo acoso e un inverno moi cru: todo un episodio de silencio e apoio popular que merecería ser estudado. O epílogo da guerrilla na Raia O custo deste apoio foi grande para a poboación arraiana, pois houbo intres en que 19 veciños de Sernande (1940) e 18 do Cambedo (1946) estiveron presos ao tempo; tras os sucesos de decembro de 1946 na última localidade (que Paula Godinho trata noutro fascículo), foron apresadas 63 persoas, 8 delas galegas e o resto da Castanheira, O Barroso, Chaves, Vinhais e o propio Cambedo. E tamén foron ducias de persoas as detidas na contorna de Castro Laboreiro e a Peneda-Gerês no período, que, como as anteriores, padeceron malos tratos nos interrogatorios levados a cabo nas delegacións da PVDE/PIDE de Bragança, Porto, Chaves ou Peso-Melgaço. Ao cabo, un veciño de Sernande (1940) e outro de Sanfins da Castanheira (1946), morreron polas torturas da policía política en Bragança e Porto, respectivamente. Foi, pois, un tempo no que a raia seca viviu nun estado de excepción non declarado. O fin da guerrilla en territorio portugués veu dado por dous factores. O primeiro, a certeza de que os aliados vitoriosos na IIª Guerra Mundial non ían intervir na Península Ibérica, lexitimando así o auxe da represión de ambas Ditaduras. O segundo, o erro político cometido pola guerrilla ao actuar en varias ocasións en Portugal, dando pé á masiva intervención do aparato represivo luso: en maio de 1943, cando Víctor García matou un garda fiscal ao saír dunha \"casa de jantar\" de Castro Laboreiro; en abril do 46, no atraco a un contrabandista de moeda no lugar de Cisterna, que rematou coa morte dun axente da PIDE a mans de Bernardino García; o 17 de setembro dese ano, co asasinato en Negrões-Barroso dun labrego abastado por parte do grupo de 'O Juan', episodio referido por Paula Godinho. Daquela, a cooperación franco-salazarista reforzouse mediante diversas operacións conxuntas na fronteira, que afogaron á insurxencia e minaron seus apoios locais. Adoitase presentar a denominada \"batalla de Cambedo\" como remate da guerrilla na raia e en boa medida así é. Porén, non convén pasar por alto dous estarrecedores sucesos acontecidos no outono de 1947: no adro da ermida de Sernande, descansa o guerrilleiro natural de Xares-A Veiga Alfredo Yáñez 'O Aguirre', tratado cal fera por unha manda de fardados portugueses e españois (fálase de 50 gardas civís) que o día 5 rodearon a aldea e acabaron con el nuns lameiros encostados. Quince días despois, o vil asasinato por parte dos gardas e do Somatén en Florderrei-Vilardevós, a dous pasos da fronteira, dun matrimonio que daba acollida a Ángel Santos e ao guerrilleiro da Castanheira, José Pinheiro Barbosa, fixo entrar en shock a unha contorna que aínda hoxe non acredita en semellante barbarie. Eiquí acabou todo."}
{"ID": "PRAZA_19013", "summary": "Luís Villares amósase \"moi satisfeito\" por un acordo que cre \"inmellorable\". A lista será \"de consenso e participada por todo o espazo da confluencia\".", "text": "A coordinadora de En Marea acordou impulsar unha candidatura única para as vindeiras eleccións ao Consello das Mareas. Será, segundo anunciou a formación nun comunicado, unha lista \"de consenso participada por todo o espazo da confluencia\" e que se formará coa \"escoita activa e sintetizando as distintas achegas políticas e persoais\". Será unha lista \"de consenso e participada por todo o espazo da confluencia\" O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, en declaracións aos medios, mostrouse \"moi satisfeito\" polo acordo, ao seu xuízo \"inmellorable\", alcanzado pola coordinadora para esta lista unitaria, unha opción que era pola que apostaba o portavoz da formación para elixir os 35 membros dun Consello das Mareas. A coordinadora dirixiu unha carta aos inscritos da formación lembrando que o vindeiro día 10 se abre o prazo de presentacións de candidaturas ao Consello das Mareas. E lembra que esta será \"a primeira dirección electa de En Marea\" e que responderá aos \"compromisos\" que se asumiron na asamblea de Vigo e ao espíritu de construción do espazo \"en clave cooperativa e non competitiva\". Villares cre \"inmellorable\" o acordo e amósase \"moi satisfeito\" polo acordo Para a Coordinadora de En Marea, a intención neste proceso electivo que se abre a vindeira semana é \"crear as condicións para unha candidatura de consenso participada por todo o espazo da confluencia\". A coordinadora pediu aos inscritos, logo da xuntanza, que contribúan a construír esta candidatura \"tanto a nivel programático como no que se refire ás persoas que integrarán o Consello das Mareas\". A Coordinadora de En Marea lembrou tamén que segue activa a plataforma para inscribirse e que a inscrición é un requisito impresdincible para participar."}
{"ID": "NOS_14100", "summary": "A conserveira Jealsa renunciou a un acordo coas partes afectadas para pór fin ao problema das verteduras á ría de Arousa.", "text": "A Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña presentou unha denuncia contra a conserveira Jealsa Rianxeira por verteduras da súa fábrica do municipio de Boiro á ría de Arousa. Segundo o escrito da Fiscalía, ao que tivo acceso Nós Diario, desde o ano 2000 téñense constatado verteduras \"con habitualidade\" na zona da Punta do Capitán, en Abanqueiro (Boiro) que teñen provocado \"unha notábel mortandade da fauna piscícola\". Porén, apunta que \"non pode concluírse a procedencia exclusiva destas substancias da conserveira Jealsa\", xa que en 2019 tamén se detectou un episodio de contaminación con orixe na depuradora de Rianxo, en proceso de ampliación. A Fiscalía chama a atención sobre a reiteración das verteduras, con máis de once episodios documentados entre os anos 2017 e 2020, un \"efecto acumulativo\" que, como advirte o Ministerio Público, \"podería presentar a entidade suficiente para determinar unha alteración substancial da calidade das augas\", cunha \"compoñente dolosa\". Neste senso, sinala que, de confirmarse que Jealsa Rianxeira está detrás destes episodios de contaminación, \"constituiría unha acción de vertedura de augas contaminadas sen tratamento adecuado no medio mariño da ría de Arousa, sen axustarse aos límites autorizados na autorización ambiental integrada\", \"e sen que conste efectuado un seguimento adecuado\" do seu cumprimento \"nin o exercicio de maneira adecuada da potestade sancionadora da Administración\". Precisamente, sobre este último aspecto, a Fiscalía cuestiona o papel da Xunta, con varias inspeccións e expedientes por parte de Augas da Galiza que non puxeron fin ás verteduras. \"Só consta a imposición dunha sanción á empresa infractora leve que non atallou o problema, que retorna con periodicidade\", apunta o órgano xudicial. Solución extraxudicial Desde a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, unha das entidades que denunciou os vertidos, o seu portavoz, Xocas Rubido, explica a este diario que hai dous anos organizaran unha xuntanza cos propietarios de parques de bateas afectados, as confrarías, desde Aguiño até Rianxo ─que ten competencias na zona─ o Concello de Boiro, a empresa e representantes de Augas de Galiza e Intecmar para tratar de buscar unha solución ao problema, pero que a empresa \"coa complicidade de Augas de Galiza\" negou calquera tipo de relación cos mesmos. \"Un paripé innecesario cando o que intentabamos era tender pontes\", lamenta Rubido. Pola súa banda, o patrón maior de Rianxo, Miguel Iglesias, recoñece que \"nós non queríamos chegar a este punto\". De feito propuxeron acordos a Jealsa para optar a algunha axuda que permitise mellorar a depuración. \"Pola nosa parte todo era colaboración, pero pola súa todo era negalo\", lamenta. \"Non podemos pasar máis, porque esa zona era un criadeiro natural e era impresionante o que daba de cría; agora está a morrer\", denuncia Iglesias, que non entende que \"por salvar os dous mil empregos de Jealsa permitan verteduras que prexudican as 600 persoas que viven do marisqueo na confraría\"."}
{"ID": "NOS_27992", "summary": "Unha imaxe de persoas refuxiadas na illa grega de Lesbos do fotógrafo Gabriel Tizón obtivo o galardón \"Fotografía do ano\" no certame Estação Imagen 2016, que tivo lugar en Viana do Castelo.", "text": "En \"O mapa dos refuxiados\", Tizón presenta unha fotografía que tirou o novembro pasado no campo de refuxiados de Moria, en Lesbos. Nela vese un mapa transparente de Europa e unha muller que \"toca\" Alemaña. O fotógrafo galego tamén recibiu o primeiro premio no apartado de Deportes e o premio de honra no apartado de Vida Cotiá. A reportaxe \"Talibés, Escravos dos Tempos Modernos\", do fotoxornalista portugués Mário Cruz foi o gran vencedor do Prémio Estação Imagen 2016. No traballo retrata o tráfico e a explotación infantil no Senegal. Este certame é o máis importante de Portugal arredor da fotografía social. Formaron parte do xurado Joao Silva (fotógrafo do New York Times e cofundador do Bang Bang Club), Aindan Sullivan (vicepresidente do Servizo fotográfico de Getty Images e presidente do xurado World Press Photo 2012), Cheryl Newman (directora de fotografía da revista Telegraph Magazine) e Laurent Rebours (Director de fotografía de Associated Press para Francia e Norte de África). A praza do Obradoiro de Santiago acolle durante todo o mes de abril a exposición de Tizón \"Refuxiados sen camiños\", na que reflicte a vida dos refuxiados de diferentes países."}
{"ID": "NOS_41976", "summary": "A patronal do metal presenta un informe no que propón tres zonas de implantación (a curto, medio e longo prazo) da eólica mariña na Galiza. A institución advirte que a pregunta non é se hai que apostar nesta estratexia senón \"onde e como\".", "text": "A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime), a patronal do sector, presentou nesta quinta feira o Estudo preliminar sobre o potencial da enerxía eólica mariña, no que analiza as posibilidades que ofrece a costa galega para o aproveitamento eléctrico. Para o presidente de Asime, Justo Sierra, esta podería ser \"unha oportunidade sen precedentes\" para Galiza. \"É unha industria que pode ser chave para afrontar os retos que se nos presentan, como reducir a dependencia enerxética doutros países, dar resposta ao incremento no consumo eléctrico e contribuír á descarbonización\", dixo, e afirmou que a pregunta \"non é se debemos implantala\", senón \"onde e como\". \"Podería xerar no país até 5.000 empregos directos de aquí a 2030, e chegar a producir 17.000 xigawatts\", engadiu. No acto en que se presentou o citado estudo tamén interveu o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, que salientou a \"responsabilidade común\" de explotar as capacidades da eólica mariña a nivel enerxético e industrial: \"É a nosa vontade facelo desde o consenso, garantindo o seu desenvolvemento desde o respecto ás actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño\". Zonas proxectadas Asime propón tres \"zonas potenciais\" para a implantación de aeroxeradores a curto (entre os próximos cinco e oito anos), medio (de oito a dez anos) e longo prazo (a partir de dez anos), das que exclúen os caladoiros de pesca e os espazos de acuicultura mariña (viveiros e bateas) que recolle o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación: A Mariña-Xove, Punta Langosteira-Sabón e Val Miñor-Atios. Para iso, diferencia entre as zonas de tipo 1, desde as 2,5 millas náuticas de distancia á costa até as 12 millas e cunha profundidade mínima de 50 metros, e de tipo 2, de 12 a 24 millas e con profundidade superior a 100 metros. Neste senso, a Xunta expuxo esta mesma semana a súa intención de converter Ferrolterra nun \"polo industrial de enerxía eólica\", unha proposta que trasladou ao Executivo de Pedro Sánchez para incluír no Pacto de Estado por Ferrol. Aliás, Greenalia opta aos fondos europeos Next Generation cun proxecto eólico mariño na Galiza como o que xa está a tramitar co Goberno de Canarias. Efectos sobre a contorna Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), expón a Nós Diario os \"dous principais problemas\" que poderían implicar estas instalacións: \"En primeiro lugar, as zonas pouco profundas nas que se poderían ancorar os aeroxeradores adoitan ser dunha alta produtividade biolóxica e moi importantes para a conservación dos recursos mariños, polo que poderían entrar en conflito cos intereses pesqueiros. E, por outra banda, toda a costa galega é zona de paso de milleiros de aves mariñas, até 5.000 por hora\". O biólogo pregúntase \"como van cuantificar\" as aves falecidas contra as aspas dos muíños, xa que \"o mar non deixa rastro\", e salienta a este respecto que o Goberno galego \"non ten ou non quere facilitar\" os datos de mortalidade de morcegos e aves nos parques eólicos terrestres, unha información demandada en diferentes ocasións pola SGHN. Así mesmo, González Prieto lembra a importancia de apostar \"polo aforro enerxético e a eficiencia\". O sector do mar pide \"respectar\" a actividade pesqueira Fontes da Federación Galega de Confrarías consultadas por este xornal afirman que a Xunta aínda non lles comunicou os detalles pormenorizados do proxecto, mais advirten das súas \"liñas vermellas\": \"Nós non temos ningún inconveniente, sempre e cando non teña consecuencias sobre a nosa forma de traballo ou a biodiversidade\". Aliás, apuntan que, malia que os muíños non se situasen perto da costa para non prexudicar a pesca de baixura, \"máis aló poderían afectar o arrastre\"."}
{"ID": "NOS_15808", "summary": "Un informe da Organización para a cooperación e desenvolvemento económico sinala que coa crise, nos 34 estados que integra, o 10% dos máis ricos posúe o 50% da riqueza mentres que o 40% dos máis desfavorecidos ten só 3% da mesma.", "text": "A fenda entre persoas ricas e persoas pobres é máis grande que nunca nas últimas tres décadas. Así o recoñece a OCDE nun informe titulado 'Por que menos desigualdade beneficia a todos', documento no que sinala que ene estados como o español esa diferencia entre os que máis teñen e os que menos disparouse. Coa crise, e nos anos máis duros (2007-2011) no 10% dos fogares máis desfavorecidos perderon unha media dun 13% anual dos seus ingresos. Pola contra, o 10% dos fogares que máis tiñan perderon un 1,5% das súas ganancias. As capas máis baixas pagaron, malia ter menos, moito máis as consecuencias da crise que as privilexiadas. Nos 34 estados representados na OCDE o 10% das persoas máis ricas posúe o 50% do total a riqueza, mentres que o 40% das persoas máis pobres só detena ao 3 por cento da mesma. Os recortes sociais, os axustes fiscais, o desemprego... son algunhas das causas que neste informe se sinalan como explicación dese aumento preocupante da desigualdade. O informe destaca tamén que a pobreza aumentou de maneira preocupante nos anos de estudo, 2007-2011, en toda a OCDE. A poboación que está por baixo do nivel da pobreza pasou do 1 ao 9,4%."}
{"ID": "NOS_19238", "summary": "A proposta non de lei feita polo grupo do Bloque Nacionalista Galego será tratada esta sexta feira na comisión de Cultura da cámara galega. A pretensión é que se recoñeza o valor deste patrimonio cultural e histórico dedicado á memoria dos fusilados en 1846 na vila.", "text": "A proposta do Bloque para declarar o monumento na memoria dos Mártires de Carral un Ben de Interese Cultural (BIC) chega mañá ao Parlamento. A comisión de Cultura será a encargada de debater esta proposta non de lei para estabelecer unha maior protección sobre o monumento pétreo que preside o centro da vila de Carral. Os nacionalistas locais lembran que este legado na memoria dos fusilados en 1846 erixiuse en 1904 a iniciativa da asociación Cova Céltica da Coruña e da emigración galega en América. Os coñecidos como \"Mártires da Liberdade\" representan, segundo o BNG, un \"fito fundacional do galeguismo contemporáneo\". Malia que semella un elemento do patrimonio relixioso non é así. O arquitecto Juan Álvarez Mendoza elixiu a forma de cruz e, curiosamente, esa escolla evitou que moitos anos despois o réxime franquista a tirara abaixo. Porén, na ditadura non foron posíbeis as homenaxes públicas. De cara ao futuro, agárdase conseguir o apoio de todas as forzas representadas na Cámara galega polo \"valor artístico, histórico e o sentido e dignidade do país\". Así o sinala a deputada Mercedes Queixas, que insta a clase política galega a abrir \"un punto e aparte na conservación e dignificación do mesmo e do significado e legado dos Mártires de Carral\". Desde o BNG de Carral, Vitoria Louro, demandou unha maior implicación coa conservación deste monumento tanto por parte da Xunta como do resto de Administracións, comezando polo \"Concello de Carral\"."}
{"ID": "NOS_35901", "summary": "Pili Estévez enceta unha rolda de entrevistas que Sermos vai publicar coa vista posta no Día Internacional das Mulleres e explícanos as razóns da convocatoria unitaria lanzada polo conxunto do movemento feminista \"na súa diversidade\".", "text": "Pili Estévez fai parte da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto. Do seo deste espazo de traballo colectivo xurdiu a convocatoria dunha manifestación unitaria o vindeiro 8 de marzo. Desde a \"diversidade\" do feminismo galego lanzan un chamamento a se mobilizar no Día Internacional das Mulleres polos dereitos de todas e contra o \"retroceso\" que en materia de igualdade están a supor as políticas da dereita. Baixo o lema 'Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita' a manifestación partirá da estación de comboios de Compostela o domingo ás 12.00 horas. Como xorde a convocatoria dunha mobilización unitaria?O 8 de marzo é unha data de axenda que abrangue todo o feminismo. O pasado ano fora convocada a manifestación desde a Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto mais este ano entendiamos que a convocatoria debía partir do conxunto do feminismo galego na súa diversidade, de todas as organizacións e colectivos. De aí que sexa un chamado amplo e unitario. Coidamos interesante confluír. A manifestación, convocada baixo o lema \"Feminismo para avanzar\", partirá da estación de comboios de Compostela o domingo ás 12 horas Nos últimos anos a loita en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos, nomeadamente o dereito ao aborto, centrou as reivindicacións. Desta volta, volve ser un 8 de marzo transversal?Desde o momento no que é unha convocatoria unitaria trascende a unha soa loita. Todas as organizacións e mesmo a propia plataforma coincidimos en denunciar os retrocesos sociais que se están a producir froito das políticas do Partido Popular. No plano social, económico ou laboral. Neste senso, o lema é o máis expresivo posíbel [Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita]. \"Se quedamos na casa, se non alzamos a nosa voz, esmagarán os nosos dereitos\" Existe unha variábel de xénero nas consecuencias da crise?Por suposto. A situación das mulleres, por exemplo, no mundo laboral así o evidencia. Atínxenos unha maior taxa de desemprego e precariedade. Aliás, padecemos a volta ao rol asignado de coidadoras téndomos que asumir o traballo da casa, non remunerado, co que se está a suplir o desmantelamento dos servizos sociais e das axudas. Para alguén que nunca participara nunha mobilización o 8 de marzo, que razóns lle darías para acudir?Esta é unha loita importante, como tantas outras. Se quedamos na casa, se non alzamos a nosa voz, esmagarán os nosos dereitos. E vímolo, por exemplo, coa retirada do anteproxecto de lei de reforma do aborto. Se non fose pola presión social e o custe electoral que esta cuestión lles estaba a carrexar non o terían retirado. Os dereitos non se agasallan, conquístanse. É por iso importante loitar. Fe de grallas. Este artigo foi editado por volta das 12.20h para mudar o que, por erro, se atribuíu como lema da manifestación e que, en realidade, se corresponde co título do manifesto de convocatoria, 'Resistimos e loitamos'. A lexenda correcta é 'Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita'."}
{"ID": "PRAZA_10758", "summary": "\"O 90% de nós somos mulleres, cunha media de 32 anos e o 73,3% non temos fillos\", subliñan as Enfermeiras Eventuais en Loita no marco da iniciativa '12 meses, 12 loitas', inspirada na primeira mobilización do colectivo, o pasado 12 de maio nas oposicións en Silleda", "text": "As enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde abriron o pasado maio unha fronte de reivindicación tan intensa como inesperada. Cadrando cos exames de oposición celebrados en Silleda xermolou a plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita para poñer cifras e rostros á protesta contra a precariedade laboral do colectivo, pero tamén para seren activas no debate político despois de que a Xunta tentase amortecer o impacto das súas denuncias. A primeira mobilización das enfermeiras eventuais, o 12 de maio nas oposicións en Silleda, inspirou a iniciativa '12 meses, 12 loitas'Aquel 12 de maio inspirou o colectivo para manter a reivindicación, articulada xa en torno a un manifesto e cun documento de propostas básicas coas vías que, ao seu xuízo, serían imprescindibles para poñer fin á precarización do sector. Nacía así 12 meses, 12 loitas, unha cita mensual coa mobilización das enfermeiras que este 12 de agosto se centrou na reivindicación do dereito á conciliación da vida laboral e persoal, o cal torna en imposible coa concatenación de contratos duns poucos días e a necesaria dispoñibilidade \"permanente\" para o Sergas, din. Ao tempo, a Consellería de Sanidade volveu responder alegando, como noutros conflitos sanitarios, que hai unha década a situación era peor.Concentracións ante diversos centros sanitarios por toda Galicia, varias delas apoiadas por representantes da oposición galega, reivindicaron este luns o \"dereito a conciliar\". Na concentración da Coruña quen puxo voz ao manifesto foi a enfermeira Silvana Muñoz, quen instou a Xunta a facer compatibles as súas alertas pola crise demográfica co tratamento a estas profesionais. \"O 90% de nós somos mulleres, cunha media de 32 anos e o 73,3% non temos fillos\"\"O 90% de nós somos mulleres, cunha media de 32 anos e o 73,3% non temos fillos\", relatou Muñoz, para despois engadir que \"as que se arriscan\" a seren nais, \"non reciben apoio do Sergas\". Non en van, Sanidade esíxelles na práctica \"dispoñibilidade de 24 horas, non temos dereitos a baixa por embarazo de risco\" nin a adaptacións do posto dun traballo que consiste en encadear contratos \"de servizo en servizo, subindo a ambulancias\" e sempre pendentes do teléfono.En situacións coma esta, pero tamén do posterior coidado de fillas e fillos ou de persoas maiores, \"só nos queda a opción da suspensión do chamamento\". E \"se non traballas, non cotizas e non cobras\", polo que as máis das veces \"segues no bucle: non podemos coller baixas porque o Sergas non coida a quen coida; tampouco temos vacacións, nin permisos por matrimonio\" e mesmo \"en moitas ocasións, as libranzas\". A Xunta, ao cabo, non recoñece que \"temos vida máis alá do Sergas\", lamenta. \"Temos contratos eventuais durante anos aínda que aprobemos oposicións\"Enfermeiras Eventuais en Loita lembran que estas son as consecuencias concretas da concatenación de contratos. \"Temos contratos eventuais durante anos aínda que aprobemos oposicións\", afirmou na concentración da Coruña o enfermeiro Hugo Bermúdez, da Asociación de Enfermaría Sociosanitaria (Aensac). \"Tanto ten que teñamos moitos anos traballados, como non sacan prazas dabondo, estamos continuamente cubrindo ocos con prazas eventuais\", máis aínda no verán, subliña.A Xunta retruca que co bipartito había menos enfermeirasIgual que ante anteriores conflitos sanitarios, caso da escaseza de pediatras, o Goberno galego volveu optar por retrotraerse ao ano 2008, o derradeiro completo do Executivo de coalición de PSdeG e BNG na Xunta, para vir concluír que o gabinete do PP mellorou a situación. Nun comunicado feito público mentres se desenvolvían as mobilizacións, a Consellería de Sanidade \"reitera\" o que define como \"firme e decidida aposta polo persoal de enfermaría\", o cal queda \"reflectido nas 1.519 prazas ofertadas nesta categoría\" dende 2013, sinalan.Sanidade defende que na actualidade hai 700 enfermeiras máis que en 2008 e \"ademais, o 88% do persoal é estable\"Sanidade defende que o Sergas conta na actualidade con \"preto de 11.000 profesionais e enfermaría, o que supón 700 máis dos que había no 2008\" e \"ademais, o 88% persoal estable\". O eventual, agrega, é \"necesario para reforzar\" os cadros de persoal \"en momentos de maior carga asistencial ou cubrir as ausencias\" do persoal estable, agrega.A \"creación de 130 prazas de enfermaría\" en Atención Primaria ou \"o contrato de continuidade, mediante o que se lles ofrece un período de estabilidade no emprego\" de un a tres anos, son outras das medidas que Sanidade subliña fronte á mobilización das enfermeiras. No entanto, Enfermeiras Eventuais en Loita advirte de que os datos que manexa a plataforma, pero tamén os máis recentes do Consello de Contas, \"contrastan moitísimo co que di o Sergas\". O organismo fiscalizador, destacan, \"indica que máis dun 40% estamos en situación eventual\"."}
{"ID": "NOS_18033", "summary": "As mudanzas que introduciu nos últimos días a Consellaría de Educación a respecto dos protocolos relativos á Covid-19 nos centros de ensino está a causar malestar entre a comunidade educativa. A última: os casos sospeitosos de coronavirus teñen que ir ás aulas en caso de ser alumnado ou profesorado.", "text": "De \"temeridade\". Así cualifica a CIG-Ensino a nova mudanza de Educación a respecto do tratamento de casos sospeitosos de coronavirus, máxime cando 1 de cada 8 casos activos está nas escolas. Na actualización do protocolo ante a Covid-19 no sistema educativo, cando exista un caso dubidoso no núcleo familiar ou que presente síntomas compatíbeis coa doenza, o resto de persoas conviventes terán que minimizar e evitar as interaccións sociais, mais poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, no caso de seren docentes. De se confirmar o positivo, os familiares non poderán acudir ao centro de ensino ao seren considerados casos estreitos e terán que gardar corentena por un período de dez días, de acordo coas indicacións das autoridades sanitarias. A medida está a causar indignación na comunidade educativa, \"parécenos unha exposición gratuíta e innecesaria a un risco que, de se realizar unha PCR con rapidez, non debería dar maior problema por manter a unha persoa convivente, sexa docente ou alumna, na súa casa\", considera a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector. \"Ir ao centro educativo sen saber se a persoa coa que convives deu positivo, é un risco non só para a persoa senón para o resto das persoas coas que traballa ou está na aula\", abunda. Nestes momentos, as PCR a contactos estreitos en centros escolares sofren unha espera de entre sete e 15 días. Contradí a última orde do DOG e as recomendacións do ministerio A mudanza no protocolo de educación colide coas recomendacións que se manteñen para a poboación xeral e que veñen de ser referendadas no DOG do 4 de novembro, na Orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19. No texto da orde recóllese que as persoas \"consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probábel ou confirmado deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas\". Tamén resulta contraditoria a medida coas recomendacións do Ministerio de Sanidade, que claramente mantén o criterio de gardar corentena en casos de conviventes de persoas con sintomatoloxía susceptíbel de ser Covid á espera de resultados. En que consiste o cambio? Até esta quinta feira, o protocolo de Educación advertía de que \"se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan con elas non poderán acudir ao centro até que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora Covid do centro\". Desde a quinta feira, día 5, o protocolo dita que \"os conviventes dunha persoa con síntomas compatíbeis coa COVID (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo\"."}
{"ID": "PRAZA_8021", "summary": "Obsolescência e confusom na política, erosom e abandono na língua. Nem as ortodoxias de partido nem as políticas lingüísticas de signo adaptativo dam mais de si. A sociabilidade emergente animada pola proliferaçom de foros digitais, comunicaçons persoais instantáneas, informaçom plural na Internet e iniciativas associativas de todo tipo reclama novos discursos e formatos, novos procedimentos designados para acelerar o nascimento da Galiza que pugna por brotar.", "text": "O 27 de janeiro de 2013 tinha lugar em Compostela a terceira manifestaçom nacional \"em defesa da língua que nos une\"como proclamava com eloquência o lema da convocatória. Manifestaçom nacional, efectivamente, por participaçom, por concorrência plural e polo respeito manifestado a todo o espectro de posiçons persoais ou colectivas em prol do signo lingüístico que nos singulariza como povo e como sujeito político. Sem língua seríamos apenas umha província espanhola marginal e insignificante. As imagens da demonstraçom de civismo reivindicativo conservadas som, mais umha vez, memoráveis. Tanto a língua como o mapa nacionalista de Galiza experimentam grave erosom, vítimas num e outro caso de progressivo desafecto social A língua é o nosso signo supremo de identidade diferenciada da mesma maneira que a posse de um sistema de forças políticas próprias é garantia de um futuro potencial incondicionado, embora incerto, para o nosso país. Mas, tanto a língua como o mapa nacionalista de Galiza experimentam grave erosom, vítimas num e outro caso de progressivo desafecto social. Língua e política parecem terem-se tornado socialmente prescindíveis visto nom poderem oferecer utilidade clara a olhos de amplos segmentos da sociedade galega. Míngua a língua vítima de um processo de marginaçom secular expressado nos nossos dias em episódios tam agressivos como as medidas de confinamento em lazareto de tratamentos paliativos prescrito polo Governo galego no Decreto 79/2010. O objectivo declarado é \"ordenar o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia\", quer dizer: reduzir a escolarizaçom no idioma próprio encomendando a culminaçom da tarefa de downsizing empreendida ao cosmopolitismo da Universidade e à imersom mediática assimilista. As forças políticas próprias no entanto -o BNG até o momento e a instável constelaçom nascida do seu big bang agora- atravessam umha profunda crise existencial de incerta evoluçom. Enquanto, acampado nas margens, o 25% do corpo eleitoral galego, 350.000 cidadáns mais ou menos, esperam diagnostico e resultados. Suponhamos por um momento que é o que teria acontecido se as sucessivas convocatórias do Dia da Pátria tivessem adoptado desde o seu início o formato de pluralismo, convivência e respeito que presidiu a manifestaçom do 27 de Janeiro de 2013 O actual cenário convida a ensaiar um pequeno exercício de história contrafactual que embora nom mova moinhos pode ajudar à compreensom dos erros cometidos e ao reconto das oportunidades perdidas pola família nacionalista sem aparente propósito de emenda. Suponhamos por um momento que é o que teria acontecido se as sucessivas convocatórias do Dia da Pátria tivessem adoptado desde o seu início o formato de pluralismo, convivência e respeito que presidiu a manifestaçom do 27 de Janeiro de 2013. Ninguém poderá negar que, em tal caso, o grau de identificaçom social com o movimento nacionalista teria sido radicalmente diferente do actual. Imaginemos que desde os sessenta finais -meio século lá vai, o senhor Santiago nos valha!- as sucessivas convocatórias patrióticas estivessem presididas polo sao princípio de pluralismo nos discursos e respeito às opinions alheias. Que os nossos particulares Aberri Eguna -dias da patria- nom tivessem degenerado em Alderdi Egunas -dias do partido- para solaz exclusivo de paroquianos e aderentes. História contrafactual certamente mas em nengum caso de ciência ficçom. O Partido Galeguista de Bóveda e Castelao praticou com cívica tenacidade umha política tal, de seducçom do distante e cordialidade fraternal com o próximo. A evocada fraternidade galeguista -que nunca ocultou as diferenças de procedência e projecto político que a atravessava- só chegou a quebrar com o terror do trinta e seis, e mesmo naquela ocasiom mais impregnada de amarga decepçom que de repulsom sectária. O juízo sumaríssimo seguido de condena ao heresiarca tem raiz religiosa, nom cívica. Podemos rastrear a sua épica em obras como \"Assi se temperou o aceiro\" de Nikolai Ostróvski, que pretendia inculcar nas futuras geraçons soviéticas o espírito de ascese necessário para criar o home novo e alcançar a libertaçom definitiva da humanidade. Corria daquela o ano 1934 no qual Stalin decidiu decretar a indecente série de autos de fé para regenerar o projecto autocrático socialista e que só serviu para erradicar o discurso cívico: os homes de aço prevalecérom já sem remissom sobre os homes de palavra. Como queira que seja, a língua nom vai morrer porque nom o permitiremos. Onde cresce o perigo cresce a salvaçom, enunciou um grande poeta alemám; Holderlin rematava o seu poema anunciando que despois de aventar o cereal o farelo dispersa-se e fica o grao. O farelo que provocou a saída à rua a milhares de persoas o 27 de janeiro de 2013. Que o idioma galego está doente sabemo-lo bem por mais que talvez seja mais resistente do que é imaginado. Míngua e degrada-se a qualidade da transmissom oral mas emergem nas margens da sociedade pujantes movimentos de reacçom contra o assimilismo abafante Que o idioma galego está doente sabemo-lo bem por mais que talvez seja mais resistente do que é imaginado. Míngua e degrada-se a qualidade da transmissom oral mas emergem nas margens da sociedade pujantes movimentos de reacçom contra o assimilismo abafante. Dous deles som primordiais: o uso comprometido e consciente do idioma por parte da juventude mais activa e a crescente reafirmaçom da dimensom internacional do nosso idioma. A firme reivindicaçom do idioma como veículo de comunicaçom habitual vai à par com a crescente convicçom da necessidade de revitalizar o idioma mediante a impregnaçom com o português -240 milhons de usuários- nom obstante os viscosos prejuízos anti-reintegracionistas em vigor. Ninguém nasce reintegracionistas, o imperativo da projecçom internacional da língua é produto da reflexom. Permitide-me evocar dous exemplos recentes de este processo em marcha. Refiro-me a Ramón Villares, presidente do Conselho da Cultura Galega e a Santiago Lago Peñas, doutor em economia e professor da Universidade de Vigo. Convido ao leitor interessado a consultar o fruto mais recente das reflexons do eminente historiador e o esperto economista. A firme reivindicaçom do idioma como veículo de comunicaçom habitual vai à par com a crescente convicçom da necessidade de revitalizar o idioma mediante a impregnaçom com o português Poderíamos ainda acrescentar a recente publicaçom em português do Informe Anual 2013 sobre política chinesa do IGADI. O seu director, Xulio Ríos, é um reconhecido especialista em política internacional. Escusado manifestar que a estratégia reintegracionista deve progredir por via de consenso e difusom massiva, evitando situaçons indesejáveis de confusom social ou descontinuidade. Quanto à política, um segmento decisivo do eleitorado, o mais novo e comprometido, assiste incómodo ao difícil parto do nacionalismo galego do século XXI. Os concorrentes exigem renovaçom, arrenegam do patriotismo de partido e preferem a tonalidade pragmática e secular a nebulosas alter-soluçons sem contrastaçom histórica. Talvez nom lhes falte razom; a filosofia da praxe avisava que \"a humanidade nunca projecta tarefas que nom esteja em condiçons de abordar\". O nacionalismo galego em estado difuso -quero dizer, o nacionalismo em projecto- ultrapassa as pequenas biografias de partido e talvez tenha dificuldade mesmo para compreender as suas peculiaridades organizativas, filias e fobias. O imperativo de actualizar estruturas e mensagens precisa de ouvido fino e ousadia suficiente para esvaziar a arca da aliança onde se guardam credos, medos e preitos esquecidos. Nem as ortodoxias de partido nem as políticas lingüísticas de signo adaptativo dam mais de si Obsolescência e confusom na política, erosom e abandono na língua. Nem as ortodoxias de partido nem as políticas lingüísticas de signo adaptativo dam mais de si. A sociabilidade emergente animada pola proliferaçom de foros digitais, comunicaçons persoais instantáneas, informaçom plural na Internet e iniciativas associativas de todo tipo reclama novos discursos e formatos, novos procedimentos designados para acelerar o nascimento da Galiza que pugna por brotar."}
{"ID": "NOS_21088", "summary": "Conferencia de imprensa de Feijóo após a reunión semanal do Consello. Sermos Galiza perguntou directamente ao titular da Xunta se Conde Roa lle causa tamén repugnancia (Feijóo dixo onte literalmente: \"Bárcenas repúgname\"). O presidente do Goberno galego eludiu situar a Conde Roa á altura de Bárcenas. En realidade, a Conde Roa nin o nomeou. Si dixo que \"o que pasa en Santiago\" non é normal.", "text": "Feijóo deixou a mensaxe de que os seus compañeiros de partido no concello de Santiago terán de dar explicacións e pedir desculpas, porque o que está a pasar, admitiu, \"non é normal\". Segundo o presidente do executivo galego \"teremos que estar atentos\" ao decorrer das investigacións \"para tomar as decisións oportunas\", porén, Núñez Feijóo eludiu tomar parte nos acontecementos desta quinta feira e non quixo posicionarse a respecto de se exixirá demisións na administración local. Feijóo: \"O que acontece no Concello de Santiago non é normal, teremos que estar atentos\" Os feitos producidos hoxe coa detención de catro persoas en Santiago de Compostela amais do rexistro na morada do ex alcalde Gerardo Conde Roa, aumentan a presión sobre Feijóo e véñense a se sumar aos últimos movementos xudiciais nas filas do Partido Popular, entre elas, o procesamento do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez (ex alcalde de Arnoia). No entanto, o líder d@s populares quixo sacar ferro ao asunto apelando a outros concellos --de maneira velada ao de Lugo cuxo rexedor, o socialista López Orozco, tamén foi obxecto de investigacións xudiciais-- cun tallante \"tampouco me parece normal o que acontece noutros concellos\". En resposta á cuestión achegada por Sermos Galiza a respecto de se o presidente da Xunta se amosaba igualmente \"repugnado\" polo acontecido en Compostela, como si o manifestou do caso Bárcenas, Núñez Feijóo non se quixo pronunciar e insistiu en considerar que \"non é normal\" o número de imputacións producidas na localidade. Porén, acrecentou \"hai que agardar\". O finiquito de Bárcenas O vice-secretario de organización do Partido Popular en Génova, Carlos Floriano, recoñeceu o pagamento dun finiquito prorrateado ao seu ex tesoureiro, en concepto de indemnización por despedimento improcedente e máis da Seguridade Social tal e como se fixo público esta quinta feira, \"un pagamento a prazos, iso é o que hai\", aseverou o vice-secretario. Segundo Floriano isto non constitúe \"fraude de lei\", como tampouco o sería segundo o popular o pagamento da Seguridade Social sen existir relación laboral. O presidente da Xunta de Galiza eludiu pronunciarse ao respecto após o Consello da Xunta. No entanto asegurou ter \"a mesma opinión\" que amosou a pasada cuarta feira no Pleno do Parlamento."}
{"ID": "NOS_4799", "summary": "É unha figura decisiva na historia da Galiza do século XV. Segundo uns, era orixinario de Ferrol e morreu en Pontedeume nos momentos finais da irmandade. Para outros, entre eles nós, era rexedor da Coruña e morreu en Xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade \"O Mozo\", após facer testamento un ano antes.", "text": "Sexa como for, este fidalgo, como a totalidade dos dirixentes irmandiños desa centuria, foi a cabeza daquela revolta que abalou á altura de 1431 as terras de Nuno Freire de Andrade \"O Mao\" e que remataría por estenderse a todo o norte galego coa clara intención de xeneralizar a protesta. Ergueu e dirixiu nunha revolta de 3.000 persoas, procedentes das comarcas de Trasancos, As Mariñas e a Terra Chá, á que non tardarían en sumarse os descontentos das terras dos bispados de Lugo e Mondoñedo, até formar unha milicia de máis de 10.000 persoas que comezaron a derrubar fortalezas e cortar viñas, visando espallar a revolta por toda a parte. O norte galego vai ser o escenario dos principais capítulos desta loita. A pelexa será especialmente dura nas terras de Ferrol e Pontedeume, en cuxo pazo serán asediadas a muller e a filla de Nuno Freire de Andrade polas xentes de Roi Xordo, repetindo o operativo no castelo da Nogueirosa e continuándoo en Betanzos, onde chegan a queimarlle a residencia. A expansión da revolta ao centro de Galiza e o intento mesmo de tomar Santiago de Compostela, rematando co poder do arcebispo Lope de Mendoza, representará o comezo do declive da protesta, ao ser rexeitadas ás forzas de Roi Xordo ás portas da cidade e non ser aceptadas as súas demandas polos mediadores reais. Reagrupados os irmandiños sobre as súas bases iniciais na zona das Mariñas, serán derrotados definitivamente en Pontedeume polos exércitos de Nuno Freire de Andrade \"O Mao\" e do corexedor real Gómez de García de Hoyos, que non só logran levantar o cerco sobre o castelo da vila, senón que inician unha forte represión contra os rebeldes. A revolución dirixida por Roi Xordo é a resposta ás medidas fiscais de Nuno Freire de Andrade \"O Mao\", persoa chave do poder real castelán no pais A revolución dirixida por Roi Xordo é a resposta ás medidas fiscais de Nuno Freire de Andrade \"O Mao\", persoa chave do poder real castelán no pais, e a vontade de Ferrol e Pontedeume por recuperar o carácter de vilas de reguengo, perdido polo seu apoio a Pedro I. As súas demandas son ben coñecidas, fundamentalmente a raíz das queixas achegadas ao rei Xoán II a finais de 1461 ou comezos de 1462 polo rexedor de Ferrol, Pontedeume e A Coruña, Pedro Padrón, nas que demandaba a volta destas tres localidades ao señorío real, reivindicación que se fará efectiva temporalmente á volta de 1441. Agora ben, as causas estruturais do conflito e a explicación do alargamento da rebelión a todo o norte galego, están ligadas as consecuencias das políticas dos Trastamara, cun programa de goberno ao servizo da oligarquía señorial e eclesiástica e enfrontados aos intereses das vilas e das cidades, merecedoras da atención de Pedro I. A irmandade de 1431 foi un ensaio xeral para o norte galego da grande revolta irmandiña de 1467, xogando a mesma función que a \"revolta dos portos\" de 1451 e 1452 nas Rías Baixas, cumprirá para o sur do país. Estamos diante dun movemento de longa tradición no Reino de Galiza, cuxas orixes arrancan do século XII, con réplicas nas centurias seguintes, de carácter endóxeno, cunha lóxica e propósitos diferentes ás experiencias xurdidas no marco da coroa de Castela. Se para este último caso as irmandades responden a un programa de orde público asociado a novos fenómenos de poboamento urbano, no noso atende a obxectivos políticos asociados ao proceso de inserción subsidiaria no espazo castelán e da propia dinámica de clases interna, nun tempo que os sectores socias emerxentes, basicamente extractos da baixa e media fidalguía e do artesanado, tentan disputar a hexemonía aos grupos oligárquicos de matriz señorial ou eclesiástica. A irmandade de 1431 foi un ensaio xeral para o norte galego da grande revolta irmandiña de 1467 Roi Xordo é vítima do malfado da historia de Galiza e dunha visión mitificada e deformada da loita irmandiña. Así, unha parte da historiografía, fundamentalmente aquela fundacional do discurso españolista, tenta converter este movemento no capitulo galego da revolta dos comuneiros, na perspectiva de integrala no grande relato que é a invención de España. Ao tempo, debedora neste caso dunha interpretación escolástica do marxismo, asócianse ás revoltas a unha loita de dirección popular, porén á súa fronte atópanse sectores da fidalguía, como acontece con Roi Xordo en 1431 pero tamén en 1466 con Diego de Lemos, Alonso de Lanzós e Pedro Osorio, fillo do poderoso conde de Trastamara. Roi Xordo, unha rebeldía aínda por coñecer debidamente; a revolución irmandiña, un capítulo central da vida do noso pobo por explicar; a historia do Reino de Galiza, unha realidade por divulgar."}
{"ID": "NOS_45981", "summary": "Continúa o debate no PSOE sobre se facilitar ou non a investidura de Rajoy a meio dunha abstención. O líder histórico Felipe González pronunciouse a favor esta sexta feira através dun artigo en El País. A presidenta de Baleares oponse.", "text": "No meio do debate, un silencio clamoroso, o do secretario xeral do partido, Pedro Sánchez, quen non realizou nen unha soa declaración desde a noite eleitoral. Todo indica que Sánchez non se pronunciará até que o Comité Federal, máximo órgao do partido entre Congresos, se reúna o próximo sábado. Fontes do PSOE informan de que o Comité Federal votará este sábado o non á investidura de Rajoy, mais algúns portavoces teñen admitido nos off the record cos meios que non se desbota que, en función de como vaian os acontecimentos, unha reunión ulterior dese mesmo Comité puidese variar a posición, eventualmente cara á unha abstención. Sen a abstención do PSOE é materialmente imposíbel a investidura de Rajoy, sendo que, no plano máis optimista, o PP podería aspirar no máximo a 175 votos favorábeis, os seus 137, os 32 de Cs, os 5 do PNV e CC. O comezo da negociación co PNV foi, aliás, negativo. Aitor Esteban, o seu portavoz no Congreso, dixo onte após se ver con Rajoy que o seu partido está neste momento no \"non\" porque non se pode pretender borrar nunha semana desencontros de varios anos co partido no goberno. En todo caso, esta posición é perfeitamente movíbel e o PNV ten unha acreditada posición pactista. O único problema, o calendario eleitoral. Hai eleccións en Euskadi e o PNV pode valorar que o si a Rajoy lle podería restar apoios nas bases abertzales, para ledicia de Arnaldo Otegi. Aitor Esteban, o portavoz do PNV no Congreso, dixo esta cuarta feira após se ver con Rajoy que o seu partido está neste momento no \"non\" Con 175 votos favorábeis a investidura sería imposíbel de haber 175 votos en contra, daí que Felipe González defenda no seu artigo en El País que \"excluíndo a coligazón e o apoio ao PP na investidura, en caso de necesidade, [o PSOE] non debe ser un obstáculo para que houber un goberno minoritario\". Esta posición de González vénse sumar á expresada polo presidente de Estremadura e remite á que implicitamente mantén a baronesa andaluza, Susana Díaz. Mais González xa non é o tótem incuestionábel que foi no pasado dentro do PSOE e esta mesma quinta feira a presidenta de Baleares, Francina Armengol, mostrou a súa total oposición a que o partido socialista facilite a investidura de Rajoy. Após dicer que non partillaba \"para nada\" a posición de González, Armengol dixo: \"Non podemos permitir nen por activa nen por pasiva un goberno do PP\". Armengol alcanzou a presidencia do goberno balear após un pacto do PSOE con Podemos e co nacionalista Més. Por súa parte, o líder do PSC, Miquel Iceta, dixo esta cuarta feira que, caso de Rajoy fracasar na investidura, o PSOE debería estudar a hipótese de encabezar unha alternativa. O partido socialista só podería alcanzar a Moncloa ou ben nun pacto trilateral moi improbábel con UP e Cs ou ben nun acordo con Unidos Podemos que fose votado afirmativamente polos soberanistas cataláns."}
{"ID": "NOS_54435", "summary": "O Deportivo xa peina o mercado en busca dun remplazo no banquiño, despois da destitución de Victor Sánchez del Amo, anunciada onte polo clube. Con isto, Víctor convértese no terceiro técnico despedido no período de dous anos de Tino Fernández. O candidato mellor situado para o posto é Paco Jémez, mais o seu alto caché complicará as negociacións.", "text": "Víctor Sánchez del Amo non adestrará máis ao Deportivo da Coruña. Após un ano de altibaixos, que rematou do peor xeito con problemas internos no vestiario. O contrato de Víctor foi rescindido cando aínda lle quedaba unha tempada máis e convértese na terceira destitución de Tino Fernández nos seus dous anos como presidente do Deportivo. O madrileño rematou do mesmo xeito que previamente o fixeran Fernando Vázquez e Victor Fernández. Neste caso o detonante foi moi diferente. No caso de Fernando Vázquez, a destitución atribuíuse a unhas palabras críticas coa política de fichaxes do clube. Por outra banda, Víctor Fernández pagou os seus malos resultados no banquiño, que posteriormente, ocuparía Sánchez del Amo, quen no seu caso se viu superado na xestión do vestiario o cal desencadeou nunha deficiente segunda volta do campionato ligueiro que a piques estivo de rematar en descenso. Agora, o Deportivo rastrexa o mercado para contratar ao terceiro adestrador da era Tino. Paco Jémez soa con moita forza e semella o candidato perfecto, após a súa grande etapa como adestrador do Raio Vallecano. Jémez é un técnico que aposta polo bo xogo e que se caracteriza por ser un gran líder no vestiario, mais a maior traba para chegar a un acordo poden ser as súas pretensións económicas, poida que excesivas para as arcas do Deportivo. Víctor despediuse dende as redes sociais con boas palabras para o clube: \"Mis mejores deseos para #Onosodépor\", publicou o madrileño. Por outra parte, un dos principais artífices da división no vestiario coruñés, Lopo, anunciou a súa marcha de terras coruñesas, pois non seguirá na próxima tempada."}
{"ID": "NOS_30059", "summary": "O mago das finanzas, o arquitecto do suposto milagre económico español de finais dos 90, acaba de ser condenado a 4 anos e 6 meses de prisión polo caso dos cartóns Black. El e Blesa -condenado a 6 anos- terán de responder solidariamente polo conxunto do diñeiro roubado á entidade, 12,5 millóns de euros entre 2003 e 2012.", "text": "A sección cuarta da Sala do Penal da Audiencia Nacional española ditou condena contra as 65 persoas acusadas polo uso fraudulento dos cartóns de crédito Black -unhas visas opacas que utilizaban sen ningún tipo de control- durante o período 2003-2012. Os condenados son ou ex conselleiros ou ex directivos de primeiro CaixaMadrid e despois Bankia, entre eles unha nutrida representación de cadros do PP e do PSOE -destaca a presenza do ex ministro Virgilio Zapatero, cunha sentenza de 8 meses de prisión- , mais tamén de Izquierda Unida (o histórico dirixente Jose Antonio Moral Santín é condenado a catro anos de cadea). Tamén foron sentenciados a penas de cadea ex dirixentes de CC OO, como o destacado cadro sindical Rodolfo Benito (3 anos de prisión), e de UGT, Gonzalo Martín Pascual (2 anos). A patronal tampouco safa, o seu ex presidente Díaz Ferrán recebe unha condena de dous anos de cadea, como tampouco libra a contorna da monarquía, co ex chefe da Casa Real Rafael Spottorno (dous anos). Unha longa lista que totaliza 64 persoas, un sarillo de corrupción económica á fronte do cal a sentenza sitúa Miguel Blesa primeiro e despois, a partir da súa chegada a CaixaMadrid en 2010, Rato. O ex vicepresidente do goberno Aznar herdou a operativa de Blesa sen a modificar en absoluto, libre disposición do diñeiro para un uso privado e fraudulento sen dar contas en ningún momento á entidade financeira, que, após o seu estourido, acabou sendo nacionalizada polo Estado. O buraco deixado polos directivos tiña tal dimensión que o FROB se viu obrigado a inxectar na entidade 24.000 millóns de euros. A sentenza condena Blesa e Rato a responderen solidariamente polas cantidades dispostas fraudulentamente por todos os encartados nesta causa, isto é, 12,5 millóns, monto do que, iso si, haberá que deducir as cantidades prescritas que non foron submetidas a xuízo. Rato, un consumado defraudador No caso concreto de Rato estamos perante un consumado defraudador, tal e como aponta o demoledor informe da Oficina Nacional de Investigación da Fraude achegado ao xuíz da causa. Segundo a ONIF, o ex director xerente do FMI defraudou o fisco ao longo de máis dunha década por volta de 6,8 millóns de euros."}
{"ID": "NOS_45027", "summary": "A precampaña do PP ten como claro protagonista o desencontro entre Rajoy e Aznar que se salda, segundo confirma o xornal El Mundo, coa negativa do ex-presidente a participar no programa de actos do partido de cara ás eleccións europeas. O expresidente, que non fora convidado polo PP até onte, responde que a súa axenda está completa.", "text": "A precampaña do PP ás europeas ten un tema estrela que é a exclusión do ex-presidente José María Aznar dos actos programados para defender a candidatura ao Parlamento Europeo. Agora foi Aznar quen, segundo o xornal El Mundo, pon o ramo á liorta afirmando que \"non hai nin un oco\" na súa axenda. Desde a próxima segunda feira, Aznar estará fóra do territorio español, segundo dixo para confirmar que a súa axenda non resiste a tal altura modificación algunha que incorpore actos de campaña, até agora non previstos por Génova. Despois da polémica levantada pola ausencia do ex-presidente do Goberno e ex-presidente do PP, a chamada do director de campaña Carlos Floriano ao secretario xeral das FAES, fundación presidida por Aznar, de nada valeu para mudar a situación. Aznar rexeita o convite, fóra de hora, do seu partido e argumenta o seu rexeitamento a participar na campaña pola súa cumprida axenda internacional na que non se contempla a convocatoria dunhas eleccións europeas. O propio candidato do PP, Miguel Arias Cañete, sinalou a RNE que a chamada de onte non respondía a unha rectificación senón a unha confirmación de axenda, dando a entender que o PP está agora a pechar os principais actos dunha campaña que comeza en días. A tensión sube de ton entre a dirección do PP e o entorno das FAES e, mentres o grupo de Rajoy di lamentar a postura arrogante de Aznar, no ámbito do expresidente falan dunha clara exclusión con ton airado. Pola banda de Aznar, Esperanza Aguirre apurouse a defender a necesaria presenza dunha figura clave na historia do PP na campaña electoral mentres o presidente do Congreso, Jesús Posada admitiu que o partido tiña que ter contado con el \"de maneira máis explícita\" na programación da campaña."}
{"ID": "NOS_10141", "summary": "Os dous condutores, que saíron ilesos, recoñeceron que tomaron a máis de 200 quilómetros por hora a curva anterior á do sinistro, nun tramo onde fontes de Renfe sitúan o linde de velocidade nos 80 quilómetros por hora. Os últimos datos apuntan a 78 vítimas mortais e máis de cento trinta persoas feridas.", "text": "78 vítimas mortais e unhas cento corenta persoas feridas é o balanzo destas primeiras horas dun 25 de xullo que onte ás 20.40 horas deixou de ser un día de festa, despois de que o tren Alvia descarrilase só tres quilómetros do centro de Santiago, no lugar de Angrois. Desde as tres da madrugada non ingresan novas persoas feridas no Clínico de Santiago. Unha curva tomada a 200 quilómetros por hora nun tramo onde a velocidade, segundo Renfe, está limitada a 80, perfílase como a causa do accidente de tren que esta cuarta feira causou a traxedia no lugar de Sandino, en Angrois, a catro quilómetros de Compostela. O tren proviña de Madrid e tiña en Ferrol o final de destino. A traxedia producíase vinte minutos antes das nove da noite e despois de toda a noite, o balanzo segue sen ser definitivo porque os servizos de emerxencia continúan a traballar no lugar do sinistro. Pasaban as sete da mañá cando o guindastre conseguiu apartar das vías dous vagóns, que foron inspeccionados no seu interior. O pavillón Fontes do Sar converteuse no improvisario tanatorio onde durante toda a noite estiveron chegando cadáveres, algúns aínda sen identificar. Policía científica, forenses e policia xudicial traballaron durante toda a noite no interior das instalacións para identificar os corpos. Os corpos trasladaranse ao Clínico para efectuárense as autopsias. No edificio Cersia do barrio compostelán de San Lázaro instalouse un operativo de quince psicólogos que estiveron a atender as familias durante toda a noite. A primeiras horas da mañá, familiares laiábanse de non coñecer aínda a sorte das persoas próximas que viaxaban no tren. As autoridades responsábeis do operativo non fixeran público, ás oito da mañá, ningunha listaxe de vítimas mortais. A policía indica que entre as vítimas mortais atópase moita xente nova que se dirixía a Compostela para as celebracións do día. Desde que se coñeceu o suceso, unha cidade conmocionada envorcouse para contribuír co que as indicacións oficiais recomendaban. As fileiras de persoas que se xuntaron no Centro de Transfusión -que mesmo se colapsou- falaban dunha solidariedade que se mostrou inmediata no lugar de Angrois onde a propia veciñanza acudiu na axuda das vítimas. A Asociación de Hostelería ofreceu habitacións para familiares que se achegaban a Santiago. Un día con distinto programa Arredor de 200 persoas traballaron durante toda a noite no lugar do sinistro no que, a primeira hora da mañá, os vagóns continuaban amoreados e grandes guindastres aínda non foran quen de movelos de enriba das vías. Por volta das 7 da mañá, apartaron o primeiro para a estrada lateral. Á primeiras horas desta mañá comezarán a efectuarse as autopsias e, por volta das 9.30, vaise realizar un Consello da Xunta extraordinario e tamén pleno no Concello de Santiago. Tamén arredor das 9 está previsto que o Clínico de Santiago faga público un informe sobre o estado das persoas feridas. O xuíz precintou a caixa negra do tren e desde Renfe aínda non se ofreceron explicacións das razóns do sinistro. De todas maneiras, as testemuñas continúan a afortalar a hipótese de exceso de velocidade. A declaración do condutor do comboio serviu para esclarecer as circunstancias do acontecido e desbotar deste xeito a hipótese dun atentado. Varias testemuñas declararon ter ouvido unha forte explosión que se correspondería co impacto dos vagóns ao saír da vía e chocar contra un muro de formigón. O Goberno español desmentiu xa esta posibilidade por boca de dous dos seus representantes: o subdelegado na Galiza, Samuel Juárez, e o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz. Os dous sinalaron á imprensa que \"non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento\" e que \"non caben outras hipóteses sobre outras causas\". Primeiro accidente en AVE O de Compostela é o primeiro accidente na historia das vías do tren de alta velocidade e o máis grave dos últimos corenta anos en todo o estado español. Galiza rexistra no seu día o accidente de tren máis grave dos acontecidos en todo o mundo no que vai de 2013. A maior traxedia ferroviaria acontecida nas vías galegas até esta de Santiago tivera lugar en Rande en 1975, cun choque de trens que provocara quince mortos e vintenove feridos."}
{"ID": "NOS_24125", "summary": "Para cumprir cos obxectivos climáticos de cara a 2030 a Galiza debería reducir as emisións, cando menos, en 65%.", "text": "O Observatorio Galego da Acción Climática (Ogacli) vén de presentar o informe As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2020), con base nos datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica referidos ao país. O documento evidencia unha redución considerábel destas emisións. Así, os gases de efecto invernadoiro superaron os 18,6 millóns de toneladas en 2020, unha cifra, porén, que supón unha mingua de 35,9% en comparanza coa situación de tres décadas atrás. Mais os datos que recolle o Ogacli non abondan aínda: para contribuír á meta de limitar o quecemento global a 1,5 graos centígrados a Galiza \"debería diminuír as súas emisións cando menos en 65% en 2030\". Crise climática (I). Non debemos seguir crecendo \" A Xunta elevou recentemente o seu obxectivo a 55%, mais non concretou aínda unha folla de ruta para o lograr, a través da revisión da Estratexia Galega de Enerxía e Cambio Climático 2050\", subliñan desde a entidade. Aliás, poñen o foco en que \"só en 2019 e 2020 as emisións galegas ficaron nidiamente por baixo dos niveis de 1990\", e as razóns, precisan, \"foron o colapso da xeración eléctrica con carbón e o forte decrecemento económico en 2020 derivado da Covid-19\". Neste senso, indican que foi fundamental a \"desfosilización\" do sector enerxético, que baixou as súas emisións en 11,5 millóns de toneladas, isto é, 78%. No proceso a chave foi a remuda da electricidade proveniente de centrais de carbón pola procedente de fontes renovábeis, así como a suba do prezo das emisións de CO2 no mercado europeo nestes últimos anos. As Pontes e Sabón seguen no 'top' por emisións pese ao feche das térmicas \"A aceleración da transición enerxética, a través tanto da redución da demanda como dun crecemento socioambientalmente axeitado das enerxías renovábeis, segue a ser a principal vía para afondar na redución de emisións de gases causantes de cambio climático\", inciden."}
{"ID": "NOS_16473", "summary": "O Festival de Cans vén de anunciar que a produtora Emma Lustres é a merecedora do Premio Pedigree deste ano. Os Chimpíns de Prata \"Premio Pepe Puime\" nesta ocasión son para os veciños Chelo Fortes e Manolo Cid e o músico Xurxo Souto.", "text": "A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Xa cunha longa traxectoria, ten colleitado grandes éxitos para as súas producións proporcionándolle unha gran visibilidade a numerosos profesionais galegos. É o caso de filmes como El Desconocido de Dani de la Torre (Premios Goya a mellor montaxe e mellor son, con oito nominacións en total e que acaba de recibir 15 nominacións aos Mestre Mateo) e Celda 211 de Daniel Monzón (oito Premos Goya, entre eles o de mellor película e mellor actor para Luis Tosar). O festival quere recoñecer a súa sólida carreira e sobre todo o seu labor como impulsora dos creadores galegos, nomeadamente os novos realizadores. Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata \"Premio Pepe Puime\", que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da \"Casa do Cid\", centro de apoio loxístico durante os días do evento, e a Xurxo Souto, incondicional de Cans que comparte ano tras ano o seu saber musical e popular con locais e foráneos, facendo un roteiro pola parroquia que o converteu xa nun máis da familia. Todos eles recollerán o seu premio na \"Noite das Homenaxes\" que se celebrará o venres 20 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación no Torreiro da estrela de Emma Lustres. Traxectoria fulgurante Malia a súa xuventude, Emma Lustres (O Grove, 1975) xa conseguiu multitude éxitos coa súa produtora Vaca Films, coa que recibiu o Goya ao mellor filme por Celda 211, un dos filmes de maior éxito dos últimos anos que se fixo en total con oito Goyas. Este ano, xunto co seu socio Borja Pena, volveu lograr oito nominacións con El Desconocido, sen dúbida unha das producións do ano, que conseguiu finalmente dous galardóns, o de mellor montaxe para Jorge Coira e o de mellor son con David Machado formando parte do equipo. Esta produción vén de postularse tamén como favorita nos Premios Mestre Mateo, con 15 nominacións, entre elas as de mellor longametraxe, dirección, interpretación masculina e interpretación feminina. Este é precisamente un dos feitos que o Festival de Cans valora para concederlle o Premio Pedigree, a gran visibilidade e as oportunidades que lles dá como produtora aos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos ou actrices e actores. Será a cuarta muller que recibe o premio Pedigree, despois de María Bouzas, María Pujalte e Mabel Ribera. O festival avanza así no seu compromiso de potenciar o traballo das profesionais do audiovisual galego, aplicando a medida do seu Decálogo de visibilidade das mulleres que recolle a vontade de que non pasen dúas edición sen que unha muller reciba este galardón. Emma Lustres recollerá así o testigo Javier Gutiérrez, homenaxeado o ano pasado, e deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas na Noite das Homenaxes, o venres 20 de maio. Continúa así completándose un grupo de recoñecidos Premios Pedigree compartido tamén con Luis Tosar, Celso Bugallo, Antón Reixa, Chete Lera, Xavier Villaverde, Ernesto Chao, Antonio Durán \"Morris\" e Manuel Manquiña."}
{"ID": "NOS_23115", "summary": "Sanidade comunica que o 50% dos virus secuenciados proceden da cepa británica. Nós Diario xa avanzaba este feito nuha publicación da semana pasada.", "text": "Segundo a Consellaría de Sanidade, 50% dos virus secuenciados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) proceden da cepa británica. Así o advertiu no día de hoxe o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Nuñez Feixoo, \"unha parte significativa da explosión de contaxios que se produce na terceira vaga, ven como consecuencia da mutación do virus e de que esta cepa estase a converter na dominante\", sinalaba. Nós Diario, nunha información publicada o día 4 de febreiro, puña de manifesto que a variante procedente do Reino Unido estaba xa consolidada na Galiza e que a transmisión era a esas alturas comunitarias. En declaracións a este medio, Tomas Camacho, xefe de Servizo de Análise Clínica de VithasLab (centro de referencia para unha vintena de clínicas privadas do Estado, con sede en Vigo), explicaba que, xa por aquel momento, identificou a variante británica en 16% dos casos positivos detectados. \"Primeiro mediante PCR, a través dun equipo que nos alerta dunha variante distinta á clásica. Mais só a través da secuenciación xenómica é posíbel confirmar o apelido desta cepa\", recoñecía, a información complementaria é fundamental \"para iniciar o que se denomina epidemioloxía xenómica, que nos permite coñecer a trazabilidade dos contactos\". Neste sentido destacaba a transmisión comunitaria da cepa británica, xa consolidada na Galiza desde os primeiros contaxios, o risco de importar a cepa brasileira e a forza dos \"eventos supercontaxiadores\" como auténticos propagadores do coronavirus. \"Na primeira vaga foron chave\". Camacho coincidía coas conclusións dun estudo da USC que mantén os supercontaxiadores como \"motor\" da crise sanitaria actual e orixe de grandes focos, máis aló de cal sexa a cepa predominante."}
{"ID": "NOS_6530", "summary": "\"Se mudásemos o secretario xeral de Política Lingüística por unha estatua de cera ninguén o notaría\", denunciou o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, após comprobar un uso ilegal de topónimos que non se daba \"nen no franquismo\".", "text": "Ribeira, Aguiño, Ameixida, Revuelta e Castiñera. Son as augas que vai deputar a nova estación cuxas obras vén de licitar o ministerio español de Agricultura, segundo informou nunha nota de imprensa. Se a deturpación da toponimia galega é habitual por parte do goberno de Madrid e das institucións que del dependen, coma a TVE, desta volta o departamento que dirixe Miguel Arias Cañete foi máis aló e empregou formas ilegais \"que non se usaban nen no franquismo\". \"De mudarmos o secretario xeral de Política Lingüística por unha estatua de cera ninguén se decataría\" Así o denunciou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, após coñecer a nova de que un comunicado oficial dun Ministerio mudaba a toponimia propia por outra deturpada no caso destas das parroquias de A Revolta e Castiñeiras. Callón, que para alén do cargo que ocupa e da actividade que desenvolve é tamén veciño desta última parroquia, preguntouse \"como pode ser o proceso polo cal a administración de Rajoy decide desgaleguizar os topónimos galegos\". Desbotada a posibilidade de que se trate dun erro propio dun traductor automático --pois Castiñeiras sería Castañares--, Callón considerou que desta volta a castelanización é \"aínda máis chafalleira\" e reproduce \"un desprezo absoluto pola nosa realidade\". As explicacións exténdense tamén até a Xunta da Galiza, nomeadamente ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a quen acusa de desleixo enfatizando que \"de o mudarmos por unha estatua de cera ninguén se decataría\"."}
{"ID": "PRAZA_4321", "summary": "O censo de residentes en Galicia está composto neste 2020 por case 24.000 persoas menos que nas eleccións galegas de 2016. O electorado máis mozo reduciuse algo máis dun 45% no que vai de século ata ser o grupo electoral menos numeroso. A perda de electorado concéntrase no interior: mentres en Ames teñen dereito a voto neste 2020 case un 75% máis de persoas que en 2001, municipios ourensáns como San Xoán de Río ou A Teixeira experimentan reducións de case o 50%", "text": "O adiamento das eleccións galegas previstas para o 5 de abril e a súa nova convocatoria para o vindeiro 12 de xullo fixo necesario reiniciar todos os trámites dos comicios, tamén a conformación do censo. Esa actualización censual quedou pechada a pasada semana por parte do INE e as súas cifras reflicten unha redución aínda máis intensa no número total de persoas con dereito a voto no interior de Galicia, así como outro mínimo histórico no electorado máis mozo.O vindeiro 12X están chamadas a elixir a composición do vindeiro Parlamento de Galicia un total de 2.697.315 persoas. Delas, 2.234.152 residen en Galicia e as restantes 463.163 están inscritas no censo de \"residentes ausentes\", que inclúe tanto á poboación emigrante no estranxeiro como aos seus descendentes que obtiveron a nacionalidade española adscrita a unha das provincias galegas.O censo de residentes en Galicia está composto neste 2020 por case 24.000 persoas menos que nas eleccións galegas de 2016. O electorado máis mozo reduciuse algo máis dun 45% no que vai de século ata ser o grupo electoral menos numeroso No que atinxe ao censo electoral de residentes en Galicia, agora está composto por case 3.000 persoas menos que o que rexía para as eleccións do 5 de abril que non se chegaron a celebrar a causa da pandemia do coronavirus. Aínda que se incorporan ao electorado un total de 78.503 persoas que fixeron 18 anos dende as anteriores eleccións galegas, as que se celebraron en 2016, isto non impide que o censo de persoas residentes en Galicia teña neste 2020 un total de 23.979 persoas menos que hai catro anos e tampouco que o peso da mocidade sexa cada vez máis residual.Nas que serán as sextas eleccións ao Parlamento galego no que vai de século, o electorado considerado estatisticamente mozo -menor de 35 anos- volve ser o grupo de poboación con menos peso sobre o total. Son pouco máis de 378.000 persoas nesta franxa de idade, 47.250 menos que nos comicios galegos de 2016. As últimas eleccións nas que a mocidade foi o grupo con máis peso no electorado residente en Galicia foi nos comicios galegos de 2005, os que supuxeron a perda da Xunta por parte do PP de Manuel Fraga. En comparación coas primeiras eleccións galegas do século, as de 2001, o electorado mozo reduciuse algo máis dun 45%.O electorado maior de 65 anos aumentou un 20% dende as primeiras eleccións galegas do século e afiánzase como o máis numerosoMentres o devalo do electorado mozo continúa e sucede o mesmo -aínda que con menos intensidade- co que ten entre 35 e 49 anos, o grupo das persoas maiores de 65 anos afiánzase como o de máis peso entre a poboación con dereito ao voto en Galicia. Son xa máis de 695.000 persoas, 30.482 máis que nas eleccións galegas de 2016, o que supón un incremento de case o 20% con relación ás primeiras eleccións galegas do século. [Aberto ata o 2 de xullo o prazo para votar por correo nas eleccións galegas]Os sucesivos estudos postelectorais entre o electorado galego indican que, aínda que o electorado non é nin de lonxe o único elemento que condiciona o sentido do voto, o peso das diferentes opcións electorais é moi dispar en función da idade. Así, os inquéritos posteriores ás eleccións galegas veñen deixando claro que a preponderancia do PP segue a ter unha base esencial na poboación maior de 50 anos e, moi especialmente, na maior de 65. Por exemplo, no estudo postelectoral do CIS correspondente ás eleccións galegas de hai catro anos os populares acadaban máis dun 64% de apoio entre maiores de 65 anos.Na banda contraria, a da mocidade, naqueles comicios deuse un feito rechamante con relación a anteriores convocatorias. En contraste co sucedido en 2009 e 201-, o PP non foi primeira forza entre a poboación de 18 a 24 anos e tampouco entre quen tiñan daquela de 25 a 34 anos. En ambos casos a primeira posición correspondera a En Marea, segundo estes estudos. Na poboación de 35 a 44 anos os conservadores xa recuperaban a súa preponderancia, que se disparaba nas franxas de idade máis elevadas.O electorado aumenta no eixo atlántico e decae no interiorMentres en Ames teñen dereito a voto neste 2020 case un 75% máis de persoas que en 2001, municipios ourensáns como San Xoán de Río ou A Teixeira experimentan reducións de case o 50%Esta perda de electorado, como o devalo poboacional galego en xeral, non é homoxéneo no territorio. Mentres municipios do interior -moi especialmente do sur-leste ourensán- viron ata case a metade do seu electorado dende as primeiras eleccións galegas do século, a liña trazada pola AP-9 e a súa contorna de influencia viu como o número de votantes aumentaba ostensiblemente. Así, mentres no Concello de Ames teñen dereito a voto neste 2020 case un 75% máis de persoas que en 2001, municipios ourensáns como San Xoán de Río ou A Teixeira experimentan reducións de case o 50%.Mentres o electorado residente en Galicia decae, a situación é inversa en case toda Galicia no referido ao censo dos \"residentes ausentes\", que aumentou nestas dúas décadas tanto pola emigración como polo acceso á nacionalidade de descendentes de primeira e segunda xeración de persoas emigradas no pasado. O CERA aumentou en toda Galicia pero o seu incremento tampouco é homoxéneo; fronte a incrementos na contorna do 20% dende comezos do século en comarcas como as da Costa da Morte, municipios do interior rexistraron aumentos superiores ao 100%. Non obstante, dende a reforma electoral do ano 2011, aínda vixente, a importancia do coñecido como voto emigrante nos resultados electorais galegos é moito menor."}
{"ID": "NOS_6899", "summary": "O Foro do Camiño recolle sinaturas para poñer fin a unhas actuacións que \"destrúen a esencia e tradición\" das vías históricas a Compostela.", "text": "Desde hai máis de un ano, afirma o Foro do Camiño, estanse a recibir queixas de veciños, asociacións e colectivos, así como de peregrinos polas \"drásticas intervencións\" que está a sufrir o Camiño de Santiago en Galiza. Unhas obras que, denuncia o Foro, \"nos últimos meses desfixeron e desnaturalizaron grande parte dos trazados tradicionais dos Camiños Norte e Primitivo, que pronto cumprirán dous anos como Patrimonio da Humanidade\". Actuacións desenvolvidas pola Axencia Galega de Turismo, sinalan, sen que as administracións interveñan para poñer couto ao que o Foro – que di reunir 30 entidades defensoras do patrimonio- considera que é \"eliminar o carácter tradicional e rústico das sendas primitivas a Santiago\". \"Están a converter moitos treitos dos Camiños de xeito irreversible en pistas de varias capas de saburra artificial e de cemento, coa rasante do terreo, calzadas e antigas drenaxes modificadas, sen vexetación natural, atravesados por gabias de formigón e saturados de fitos de sinalización agresivos e inoperativos que non deixan rastro do carácter rural e tradicional que caracteriza estas vías históricas de peregrinaxe\", lamenta o Foro. Esta plataforma vén de activar unha campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma change.org para pedir directamente á Unesco, o máximo órgano responsable dos bens Patrimonio da Humanidade, a súa intervención e que inste á Xunta a paralizar de xeito inmediato as sinaladas obras da Axencia Galega de Turismo. \"Unesco: paralice as obras de destrución do Camiño de Santiago\""}
{"ID": "PRAZA_19496", "summary": "A 'Irmandiña' vence 6-2 con catro goles de Cecilia nun partido enmarcado nos actos polo Día Internacional da Muller Traballadora, que serviu para reivindicar a igualdade e ao que acudiron máis dun milleiro de afeccionados", "text": "Case vinte anos despois do seu último encontro, a selección galega feminina de fútbol sala asinou unha goleada na súa reestrea. Ante Catalunya, as xogadoras dirixidas por Castillo e Queru acadaron unha contundente e merecida vitoria ante máis dun milleiro de persoas no polideportivo compostelán de Santa Isabel. Máis de mil espectadoras e espectadores para un partido que serviu para reclamar a igualdade co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora e para fomentar un deporte feminino que goza cada vez de mellor saúde no país. Máis de mil persoas presenciaron o encontro amigable enmarcado nos actos do Día da Muller Traballadora 6-2 venceu Galicia nun encontro amigable que tivo unha protagonista: a xogadora do Poio Pescamar Cecilia, que comezou axiña marcando dous goles logo de dous contraataques que encarreiraron a vitoria galega. Malia o gol que acurtaba distancias das catalás, as branquiazuis dominaron e amosaron unha superioridade que confirmarían no segundo tempo. Cecilia, autora de catro goles, foi a protagonista dun partido no que Galicia amosou a súa superioridade No regreso, Marta puxo a tranquilidade no marcador ao pouco de iniciar o último acto para que logo Cecilita volvese anotar dous tantos, sumar catro e confirmar o triunfo. Outro tanto catalán e un máis de Marta deixaron en 6-2 o taboleiro final e o trofeo na casa. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, fixeron entrego dos galardóns a un conxunto que volveu pola porta grande. FICHA TÉCNICA Galicia: Silvia Aguete, Beatriz Seijas, Iria Saeta, Marta, Cecilia –cinco inicial- Lara, Charo, Sonia Pacios, Andrea, Lucía, Yenni e Ana. Cataluña: Noe, Burgui, Carri, Berta, Estefa -cinco inicial- Bet, Roig, Riera, Cris, Celia, Villa e Utri. Goles: 1-0 Cecilia (3'); 2-0 Cecilia (9'); 2-1 Villa (8'); 3-1 Marta (22'); 4-1 Cecilia (31'); 5-1 Cecilia (34'); 5-2 Marta (37'); 6-2 Marta (39`). Árbitros: Raquel Manteiga Rodríguez e Álvaro Cid Bragado, con Carreira Romero de terceiro árbitro e Patricia Doval na mesa. Pavillón: Santa Isabel. Algo máis de mil espectadores."}
{"ID": "NOS_35174", "summary": "Entre os actos de celebración que se desenvolverán, encóntranse un recital de Ana Romaní e Nuria Vil así como a presentación da colección Sentulo", "text": "A editora e libraría Chan da Pólvora reabrirá o vindeiro 28 de xuño, após a parada obrigada pola pandemia, a súa Horta das Chas para celebrar o sexto aniversario da actividade da editorial. Este espazo localizado no barrio de San Pedro de Compostela é un predio de seiscentos metros cadrados que forma parte dun ámbito comunal de cultivos. A denominación de Horta das Chas recolle a disposición en socalcos deste predio, onde tamén se asenta unha das institucións máis activas do barrio, a asociación A Xuntanza. Entre os actos de celebración que se desenvolverán, encóntranse un recital de Ana Romaní e Nuria Vil así como a presentación da colección Sentulo, que, segundo Chan da Pólvora é \"unha aposta fronte á inflación desbocada e ao encarecemento do papel\". Nese desafío, propóñense relanzar a súa colección de libros de man, que se iniciara coa antoloxía Os dentes da mazá. Ana Romaní: \"O acto de radical rebeldía é abrir os labios\" Para este relanzamento reeditáronse Simún de Nuria Vil, A desvértebra de Ana Romaní ou O gran poema, epopea coa que Constantino Bértolo recuperou o galego para a súa obra. A editora Xurdida no contexto dun proxecto comunal que incluía unha libraría, un espazo de arte e unha editorial oral, Chan da Pólvora mantense en activo seis anos despois \"cun dos máis relevantes catálogos poéticos das últimas décadas na Galiza\". Contan con máis de setenta títulos distribuídos en coleccións temáticas e levan a cabo accións en colaboración con outras editoriais, institucións, colectivos ou creadores que lle confiren a Chan da Pólvora \"un gran dinamismo e unha personalidade propia\", segundo indican. Chan da Pólvora crea unha editorial especializada na Ribeira Sacra Na actualidade contan con 80 subscritores que son \"os alicerces da editora e os seus soportes de difusión\", salientan."}
{"ID": "NOS_50238", "summary": "Unha investigación da USC conclúe que, se ben aínda non se pode demostrar unha relación causal, os resultados sentan \"unha base o suficientemente sólida como para iniciar estudos no ámbito clínico e epidemiolóxico\".", "text": "Un estudo realizado por persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) detectou evidencias moleculares da posíbel relación xenética entre a infección da Covid-19 e o cancro. \"Isto non demostra unha relación causal entre o SARS-CoV-2 e o cancro, pero no caso de que estudos máis grandes en mostra e extensos en seguimento así o confirmen, o impacto na saúde pública mundial sería enorme\", sinalaron os responsábeis da investigación, dirixida polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón xunto con Alberto Gómez Carballa, do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS). Segundo informou a universidade, o proceso consistiría, con base nas evidencias do estudo, en que os antíxenos do SARS-CoV-2 \"secuestran\" a proteína oncosupresora p53, levando á súa dexeneración por dano oxidativo. As mortes por cancro que poderían evitarse: así afectan o tabaco e o alcol Desta forma, segundo o persoal investigador, o SARS-CoV-2 aproveitaría as vías controladas por p53 durante a fase de infección, eludindo as respostas inmunitarias. Así, isto implicaría que a inhibición a longo prazo desta proteína por parte do SARS-CoV-2 podería supor un factor de risco de carcinoxénese —proceso polo que se orixina o cancro—. Durante o estudo obtívose evidencia de que pacientes na fase aguda da Covid-19 e os de infección con Covid-19 persistente mostraban unha baixa presenza de p53. Lucía Estrada, doente de Covid persistente: \"Vivo nunha constante febrícula e cada esforzo pon o meu corpo ao límite\" \"A nosa evidencia orixínase no ámbito da expresión xénica, o que nós denominamos a transcriptómica. O feito de que atopásemos unha evidencia converxente en tres estudos independentes senta unha base o suficientemente sólida como para iniciar estudos no ámbito clínico e epidemiolóxico que permitan botar luz sobre este posíbel vínculo\", precisaron."}
{"ID": "NOS_32061", "summary": "A firma galega de renovábeis fecha a súa primeira xornada no parqué cun esborralle de 15%.", "text": "'We are different' (Nós somos diferentes) podíase ler no escenario preparado para a ocasión. E abofé que o foron. A firma galega Ecoener protagonizou hoxe o primeiro fracaso dunha firma de renovábeis na súa saída a bolsa. Após reducir as súas pretensións na fase de colocación, a empresa capitaneada por Luis de Valdivia ─encargado do protocolario toque de campá─ comezou esta terza feira a cotizar a un prezo de 5,9 euros por acción no mercado continuo da Bolsa de Madrid. Nos primeiros momentos, os títulos chegaron a revalorizarse preto de 2%, pero conforme avanzou a xornada a tendencia á baixa foise acrecentando até rematar nos 5 euros por título, o que supón un esborralle histórico de 15,2% no seu debut bursátil. O de Ecoener estaba chamado a ser a primeira gran saída dunha firma de renovábeis ao parqué e o termómetro para o resto de candidatas a dar o salto: Acciona, Opdenergy e Repsol. Após o tradicional toque da campá, Valdivia asegurou non estar preocupado pola evolución na estrea. Así, incidiu en que a firma galega \"mira ao longo prazo e os momentos puntuais non deben despistar do obxectivo de crear unha empresa sólida e estábel no medio prazo\". Respecto a unha valoración, dixo que chegará cando teñan esas metas cumpridas. En todo caso, o empresario conservará o 70% das accións."}
{"ID": "NOS_26329", "summary": "A seguir, publicamos un texto de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística con motivo do pasamento de Xosé Chao Rego, do que tivemos coñecemento este sábado.", "text": "Foi Castelao quen situou Prisciliano á fronte da Santa Compaña de inmortais galegos. Non mudaríamos unha soa liña do seu Alba de Gloria, se hoxe situarmos Xosé Chao Rego na procesión de galegos inmortais. Pola súa obra, escrita ou non, de toda unha vida dedicada a quen máis o precisou, a conxunto do pobo, de todos e nós, coñecémolo e seguiremos a coñecer a que nos fixo revivir renacendo galegos. O texto que vén a continuación mantén plena actualidade, e foi escrito con motivo da publicación en 2010, pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, das actas do simposio-homenaxe a Xosé Chao Rego, Renacer galego que a Agrupación Cultural O Galo organizou en 2004, e que para min foi unha honra inmensa coordinar pola oportunidade que se me deu de me de achegar directamente á inmensa persoa de Pepe Chao. \"Os elementos que conforman a identidade de Galiza son tamén parte fundamental da súa existencia; son os que permiten que nos poidamos mirar ao espello e vermos unha imaxe compartida que a podemos describir cunha palabra bonita e sinxela mais da que aínda renegan moitos e moitas, especialmente desde o poder: galegos, galegas. O poder que, cando non oculta a nosa propia imaxe, manipúlaa, defórmaa e transfórmaa nunha caricatura de nós mesmos. Desgraciadamente esta imaxe ridiculizada é a que aínda moitos galegos teñen de si como individuos e como pobo. Somos pesimistas porque vemos a realidade que nos rodea e porque non nos conformamos con ela. E por iso mantemos a esperanza que nos dá forzas para facermos fronte á adversidade. Chao mostrounos a verdadeira imaxe de Galiza, a do pobo, a dos humildes, a que se pode mostrar con orgullo e alegría de manterse viva contra vento e maré E a esperanza mantémola grazas a homes e mulleres como Xosé Chao Rego, profeta contra o poder como o fora Prisciliano no seu tempo. Nesa loita de liberación contra o poder que nos cega, Chao mostrounos a verdadeira imaxe de Galiza, a do pobo, a dos humildes, a que se pode mostrar con orgullo e alegría de manterse viva contra vento e maré. A magna obra de Xosé Chao fai case imposíbel relatar todos os aspectos que trata. Mais sempre está presente o seu país e a denuncia contra todas as formas de opresión. A súa obra constitúe o máis grande monumento ao compromiso desde e con Galiza. Pepe é dos que se molla nas augas de todos os ríos que atravesan o noso país; é dos que se atreven a nadar contracorrente e non busca o acubillo fácil das augas encoradas que non levan a ningún lugar. A mensaxe liberadora está presente en toda a obra de quen é o maior escritor galego en cantidade e, especialmente, en calidade A mensaxe liberadora está presente en toda a obra de quen é o maior escritor galego en cantidade e, especialmente, en calidade. Resaltamos o de galego porque non abonda con escribir desde Galiza se non se ten o compromiso de facelo como galego, o que Pepe fai xa en plenitude de conciencia desde que decidiu volver á vida, renacendo no Pedregal de Irimia, onde tamén renace cada día o Pai río das galegas e galegos. Se xa sempre o foi, hoxe, case seis anos despois daquel Simposio-Homenaxe (29, 30 e 31 de outubro de 2004), coñecermos Pepe Chao e a súa obra é máis necesario que nunca. Hoxe os poderosos de sempre reaxen con máis virulencia e cargados de cinismo contra a base da nosa identidade e unidade nacional e colectiva, a nosa lingua. Hoxe temos que escoller entre a comodidade de deixarse levar ou tomar partido activamente con nós mesmos, cos que máis precisamos de manternos na loita como único de xeito de vencer á adversidade. A Homenaxe a Xosé Chao foi o agradecemento colectivo a quen nos dá a fe e a esperanza imprescindíbel para acreditarmos e comprometérmonos co futuro de liberdade que chegará máis axiña que tarde. Recoñecermos Xosé Chao foi o obxectivo do Simposio Homenaxe que o seu pobo lle tributou coa intermediación da Asociación Cultural O Galo de Santiago e co traballo de todas as persoas que achegaron os seus traballos dotando ao Simposio dun grande nivel en todos os aspectos, especialmente no humano. Desde O Galo mostramos o noso máis sincero agradecemento a todos e todas as autoras que colaboraron para que estas actas puidesen ver a luz; uns traballos de grande valor, tanto desde unha perspectiva histórica como ensaística. O grande recoñecemento e agradecemento que existe a Chao Rego evidenciouse no Teatro Principal de Santiago onde centos de persoas acudiron á homenaxe nacional (11 de decembro de 2004) que se lle tributou O grande recoñecemento e agradecemento que existe a Chao Rego evidenciouse no Teatro Principal de Santiago onde centos de persoas acudiron á homenaxe nacional (11 de decembro de 2004) que se lle tributou e onde se contou coa inestimábel colaboración da Asociación Cultural Musical Solfa de Santiago, da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, do grupo A Quenlla e dos poetas que participan nesta publicación. Tamén na declaración, por parte do Concello de Santiago, de Xosé Chao Rego como fillo adoptivo da capital de Galiza dándolle o seu nome a unha rúa. Ao Galo só lle correspondeu a iniciativa. Unha iniciativa tan necesaria como necesaria é a obra de Xosé Chao Rego como ferramenta para o compromiso coa que luxar as mans e construír un futuro de xustiza e paz para Galiza, o seu pobo e toda a humanidade. Galiza recoñeceu neste tributo que hoxe transformamos en publicación –grazas á colaboración da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas–, o traballo e esforzo inesgotábel de Xosé Chao Rego, que puxo sempre o mellor de si mesmo ao servizo do seu País, da súa Nación, e xa que logo ao conxunto da humanidade, tan necesitada de recoñecerse na súa propia identidade nun mundo cada vez máis globalizado, no que se pretende reducir a pluralidade étnica, nacional, cultural, a unha lacra contraria ao progreso, nese camiño que se nos pretende marcar cara a unha visión única do mundo no que, en consecuencia, os Pobos non teñen espazo. Pepe realizou e realiza unha obra necesaria para entender o país e a nós mesmos. A súa obra, unha vez lida, non nos resulta indiferente Fronte a isto, Pepe realizou e realiza unha obra necesaria para entender o país e a nós mesmos. A súa obra, unha vez lida, non nos resulta indiferente. É Pepe un home apaixonado e comprometido coa Galiza até mais aló do que poida alcanzar a nosa imaxinación. O seu compromiso social e cultural levouno a proclamar e afirmar o Eu Renazo Galego. Frase que define a súa andaina e a de case que todos os galegos e galegas, xa que todos tivemos que ter un segundo nacemento, o galego, para atoparnos a nós mesmos. O primeiro fustrouse polo ocultamento do noso País e a negación da súa historia. Nacer orfos de identidade e anestesiados con vacinas inxectadas na nosa razón por quen negan, renegan e buscan suprimir Galiza. Renacer galego é atoparse co que é un e co que é o País.\""}
{"ID": "NOS_27364", "summary": "A presidencia de Trump -o magnate estuda a alza dos aranceis- e as secuelas do estourido do boom inmobiliario son os desafíos da economia chinesa para 2017.", "text": "A economía de China medrou un 6,7% o ano pasado, o ritmo máis lento en máis de 20 anos. Os líderes do país empregan enormes estímulos monetarios para que a economía alcance a súa meta este ano. A superpotencia asiática é un motor esencial de crecemento global, mais Pequín está a tentar reducir a súa forte dependencia das exportacións e do investimento apoiado polo Estado e concentrarse en fomentar a demanda interna para retomar a expansión. O sector das manufacturas tivo que facer fronte a unha demanda globalen retroceso e a un exceso de capacidade industrial após o estourido da burbulla inmobiliaria. Isto fixo que a economía medrara un 6,7% en 2016, na liña das previsións, mais por debaixo do 6,9% do 2015. Segundo as estatísticas, este é o peor rexisto desde 1990. \" A economía de China estaba dentro dun intervalo axeitado coa mellora da calidade e eficiencia. Mais, hai que ser conscientes de que as condicións internas e externas aínda son complicadas e graves\", dixo o departamento de estatística nun comunicado."}
{"ID": "NOS_5400", "summary": "A confirmación do asilo diplomático de Assange ratifica a vontade do país sudamericano de defenderen a liberdade de información contra as grandes potencias mundiais. Reino Unido reafirmouse no seu interese contra o fundador do WikiLeaks e ameazou coa detención.", "text": "O ministro ecuatoriano de Asuntos Exteriores, Ricardo Patiño, anunciou que o seu país concedía asilo diplomático a Julian Assange, fundador do WikiLeaks. Despois de dous meses na embaixada dese país en Londres, a confirmación por parte ecuatoriana de accederen a recibir a Assange coincide coa grave ameaza de Reino Unido de aplicaren unha lei de 1987 que suspende o estatuto diplomático das embaixadas para permitiren a entrada violenta da policía nas instalacións. Pola súa parte, a figura do \"asilado diplomático\" que propón Ecuador permitiría abandonar a embaixada e viaxar ao país que a concedeu, neste caso Ecuador. A decisión de Ecuador fundaméntase na traxectoria do propio Assange Desde a Convención de Viena de 1961 ningún país violou a Lei de asilo en embaixadas, mesmo en caso de conflitos bélicos. Se o Reino Unido senta un precendente estaría en perigo todo o sistema diplomático mundial. A decisión de Ecuador fundaméntase na traxectoria do propio Assange e a falta dun xuízo xusto se non hai garantías da súa extradición a un terceiro país fóra da Unión Europea. WikiLeaks publicou en 2010 informacións moi comprometedoras e clasificadas de varios gobernos, entre eles os EEUU. Desde entón a propia organización sofreu unha auténtica persecución e tamén as persoas que colaboraron en facilitaren milleiros de telegramas secretos sobre as actividades de varios gobernos."}
{"ID": "NOS_4562", "summary": "Fernando Vidal Collazo (Corme,1968) tense achegado nos seus traballos a diversos aspectos do proceso represivo e da resistencia ao franquismo na Costa da Morte. Hoxe achegámonos da súa man a realidade dos vitimarios en Ponteceso, como adianto ao artigo no coleccionábel Os nomes do terror.", "text": "Barbarie en Ponteceso. Unha década de represión continua contra Ezequiel Camaño é o título do seu traballo para o coleccionábel Os nomes do terror, pero quen foi realmente Ezequiel Camaño e cal foi a súa significación política no período republicano? Ezequiel Caamaño exerceu diferentes funcións no Concello de Ponteceso nos últimos anos da II República. Traballou de secretario, foi tamén concelleiro e mesmo alcalde durante dous meses en 1936. Como era unha persoa comprometida, traballou pola xustiza social. Isto fíxoo chocar cos sectores de dereitas, que querían manter os seus privilexios a toda costa. Ezequiel era unha persoa instruída e íntegra, dúas características que o converteron en obxectivo prioritario da represión. Porque as elites económicas e militares que usurparon o poder en 1936 sabían que, se querían manterse nel durante décadas, tiñan que ir por aquelas persoas que integraran capacidade de liderado e compromiso social. E iso foi o que fixeron, perseguindo e asasinando a tantos cadros sindicais, líderes políticos, pequenos empresarios, mestres. Estas foron as razóns polas que en Ponteceso perseguiron a Ezequiel Caamaño, as mesmas polas que na veciña vila de Corme tiveron por obxectivos a Luís Ferro Souto, José Centeno Ferreiro, Ezequiel Amor Lema, Manuel Soto Blades e tantos outros. Polo que sinala Ezequiel Camaño é un vítima destacada da represión franquista en Ponteceso, pero cal foi realmente a dimensión e a natureza do terror na localidade no período posterior ao golpe de Estado de 18 de xullo de 1936? Foi cruel e sanguinario, coma en todas partes. Julio Pérez Núñez, Fernando Moreira Parga, Francisco Devesa Centeno, Manuel Castro Castro, José Neira Pasandín e José García Figueroa foron detidos e executados nos macabros paseos ou en condicións semellantes. Outra execución tristemente destacábel é a de Alejandro Dopico Saleta, un rapaz cormelán de 19 anos que foi detido na Coruña nun intento frustrado de fuxida por mar á zona republicana. Alejandro foi xulgado e condenado a morte e foi fusilado no Campo da Rata da Coruña mes e medio despois do seu 20 aniversario. Se falamos dos días inmediatamente posteriores ao 18 de xullo de 1936, a represión en Ponteceso e Corme tivo a súa particularidade. Porque a persecución non empezou no minuto cero. Houbo uns poucos días de dúbida, de desorganización entre os represores. Ezequiel Caamaño foi á casa do Concello poucos días despois do 18 de xullo, fixo entrega do cargo de secretario ao delegado gobernativo nomeado pola autoridade militar, e deixárono volver tranquilamente á súa casa. Alégrome de poder aclarar agora este feito, que non puido ser tratado no artigo do coleccionábel por falta de espazo. O feito de que deixaran marchar a Ezequiel do concello sen detelo proba que a represión tardou días en organizarse. Outro feito que avala esta tese é que os obxectivos prioritarios da represión na vila de Corme, dos que falamos ao principio, puideron fuxir ao monte a agocharse. Nos primeiros días non detiveron a ninguén. Como estamos vendo nas entregas do coleccionábel Os nomes do terror, se Ezequiel Caamaño e o resto de nomeados na primeira pregunta viviran noutra vila galega terían sido feitos prisioneiros nas primeiras horas, e quizais executados ás poucas semanas. Sen embargo, Ezequiel puido escapar de Ponteceso. E Luís, José, Ezequiel, Manuel e algúns outros puideron agocharse en Corme, e aguantar os tres anos da guerra sen ser descubertos. Sometidos, iso si, a unha presión que non sei como foron quen de soportar, e que os obrigou a cambiar de agocho moitas veces. Foi quizais a frustración que medraba nos vitimarios por non poder dar caza a ningún dos obxectivos principais a que os levou a escoller ás vítimas case ao chou. Porque, no caso de Corme, Manuel Castro e Francisco Devesa foron detidos na súa casa, e asasinados como xa dixemos. E aínda hoxe ninguén se explica por que lles tocou a eles. A estratexia non foi gratuíta. Meteu o medo no corpo a toda a sociedade. Outra represión moi importante no caso de Corme foi a apertura de causas xudiciais. Nada menos que 128 persoas naturais de Corme foron procesadas. Unhas tiveron como consecuencia penas de cárcere. Outras foron desestimadas e arquivadas, pero isto non quixo dicir ausencia de castigo, pois todas as persoas non condenadas tiveron algún tipo de represalia, en moitos casos a retirada da documentación que lles permitía exercer o seu oficio no mar, condenándoos ao paro ou ao subemprego durante anos. A causa da morte de Ezequiel Camaño está asociada á súa colaboración coa actividade da guerrilla antifascista, que sinalaría do labor e da incidencia da resistencia armada ao franquismo na comarca así como o do seu apoio social? A guerrilla tivo unha actividade importante na Costa da Morte, con accións que foron levadas a cabo por partidas de até 10 guerrilleiros. E cun retén de 3 ou 4 guerrilleiros que estiveron case continuamente presentes na comarca entre setembro de 1946 e abril de 1947. En canto aos integrantes da guerrilla, houbo varios guerrilleiros naturais da Costa da Morte. O máis destacado foi sen dúbida o cormelán Adelino Rivas Pombo, que volveu clandestinamente a Galiza a mediados de 1943 para traballar na reorganización do PCE. Nese labor tivo moitos contactos coa guerrilla, que se foron intensificando co paso dos anos até que a finais de 1946 podemos considerar a Adelino como dirixente da IV Agrupación guerrilleira, apartado xa do labor político. Pero na nosa comarca, o máis importante foi a rede de apoio á guerrilla que se foi tecendo nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo e Zas. Cando a xustiza militar desartellou esa rede na primavera de 1947, foron detidas nada menos que 51 persoas nos anteditos concellos. O apoio non foi en puntos xeográficos concretos. Era unha malla mesta, pois houbo detencións en practicamente todas as parroquias deses concellos. Unha demostración de que o antifascismo, despois dunha longa década de represión, aínda seguía vivo e disposto a loitar. Que diferenzas presenta o operativo represivo aplicado contra a guerrilla do levado adiante nos anos posteriores a 1936? Pois son certamente diferentes. En 1936, aínda que a Garda Civil tivo un papel clave na represión, as partidas que saíron á caza de seres humanos estaban formadas por elementos de moi distinta tipoloxía, con motivacións que se mesturaban. Estaba o afán de desquite ou o desexo de medrar na nova situación que se abría. E tamén estaban os que sinalaban, os que animaban a persecución pero non participaban nela. Pois ben, a participación na represión de todas estas tipoloxías humanas está probada documentalmente, quedou constancia da participación de todos en causas militares e outros documentos da época. Polo contrario, a documentación da represión contra a guerrilla que eu manexei é moito menos coral. Os procesos empezan case sempre coa Garda Civil facendo detencións, e os interrogatorios e torturas posteriores dan como resultado novas detencións. A participación de elementos civís parece moito menor que dez anos antes. Pero esta podería ser unha conclusión equivocada, pode que a participación das novas elites sociais fora agora ocultada. En canto ás forzas represivas da guerrilla, o que si querería destacar é o que esta represión supuxo como mérito na carreira de determinados integrantes da Garda Civil. En concreto na carreira de Francisco García Laclaustra, de quen falaremos máis amplamente na entrega do coleccionábel Os nomes do terror. Esta persoa tivo un papel moi destacado na represión de Ezequiel Caamaño Toja e doutros integrantes da rede de apoio á guerrilla. Francisco Laclaustra empezou en Carballo unha carreira de ascensos que culminou en 1981, en plena monarquía parlamentaria, cando tendo acadado o rango de xeneral foi nomeado subdirector da Garda Civil a nivel estatal. Nun rastrexo en internet, ao lado do seu nome aparecen cargos políticos cos que tivo estreita relación aínda en plena ditadura, con apelidos tan coñecidos hoxe como Trillo-Figueroa. Un indicio máis que tira por terra esa modélica Transición que chega a cada pouco aos nosos tímpanos como un bucle interminable."}
{"ID": "NOS_19338", "summary": "No suplemento Gozar desta semana Lucía Freitas convídate a acompañala por unha ruta dos mellores queixos do mundo e Fernando Trigo Choucinho pon en dúbida o futuro da dieta mediterránea. Tamén chegarás a saber máis da cooperativa que produce os pementos de Herbón más coñecida", "text": "Gustaríache saber cales son os mellores queixos do mundo? Estás de sorte porque a coñecida Lucía Freitas darache un paseo que case poderas saborear coas papilas gustativas. Farao a través da reportaxe 'Do queixo do País, os mellores queixos do mundo' que vas atopar hoxe no Caderno Gozar que sae hoxe á rúa co teu Nós Diario. A capa completarase cun texto de Francisco Rego na sección 'Tesouros'. Prepárate para ler 'Negueira. Renacer dos viños do Navia'. Nas páxinas centrais a bióloga ambiental Verónica Torrijos Pérez vai ensinar a 'Gozar da natureza' falando de cousas que, de seguro, non te serán alleas. A reportaxe do apartado 'Saúde ou ideoloxía? propón a posibilidade de que estemos a ver 'O sol-pôr da dieta mediterránea'. Asinaa Fernando Trigo Choucinho. (Podes ler o artigo íntegro de 'O mal que ameaza o fútbol' no suplemento Gozar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Neste número, ademais, poderás coñecer máis a presidenta da cooperativa A Pementeira de Herbón, Milagros González, que protagoniza o 'Selfie'. En 'Quenfaique' falamos de libros, da ruada da patria de Vigo e do Camiño dos Arrieros. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel."}
{"ID": "NOS_19040", "summary": "\"Non permitan que os neonazis e os ultranacionalistas utilicen os seus fillos, esposas e anciáns como escudos humanos, tomen o poder nas súas mans\", dixo o presidente ruso, en alusión ao Goberno de Ucraína.", "text": "O presidente da Federación Rusa, Vladimir Putin, instou esta sexta feira o Exército ucraíno a \"tomar o poder\" pola forza para derrocar as autoridades do país, que, dixo, está nas mans de \"drogaditos\" e \"neonazis\". \"Non permitan que os neonazis e os ultranacionalistas utilicen os seus fillos, esposas e anciáns como escudos humanos, tomen o poder nas súas mans\", apuntou, en declaracións recollidas pola axencia rusa Sputnik. Rusia confirma que os seus soldados entraron en Kiev Nesta liña, afirmou que \"semella que será máis doado\" alcanzar un acordo cos militares \"que con esta banda de drogaditos e neonazis que se aloxou en Kiev e tomou como refén o pobo ucraíno enteiro\", engadiu, en alusión ao Goberno que preside Volodimir Zelenski. \"Os ultranacionalistas ucraínos e os neonazis despregan armas pesadas, incluídos lanzafoguetes múltiples, directamente nas zonas centrais das grandes cidades, mesmo en Kiev e Kharkiv. Prevén provocar o lume de resposta dos sistemas de ataque rusos contra áreas residenciais\", salientou o presidente de Rusia. Eses \"neonazis\", segundo Putin, \"actúan da mesma maneira que os terroristas en todo o mundo, agochándose tras as persoas coa esperanza de acusar Rusia das baixas civís\", concluíu. EDITORIAL | Non á guerra Aliás, aproveitou para gabar a \"eficacia\" das Forzas Armadas rusas: \"Estiveron actuando de forma honorábel e heroica para protexer o pobo ruso e a súa patria\". A vía diplomática A respecto da petición de Zelenski de estabelecer un diálogo para cesar a invasión e \"deter a morte de persoas\", Putin afirmou: \"Estamos dispostos a enviar representantes do Ministerio de Exteriores e a Presidencia para unhas negociacións\"."}
{"ID": "PRAZA_4936", "summary": "Fernando Pereira publica Rosalía de Castro: Imaxe e realidade (Xerais), o primeiro estudo iconográfico dedicado á poeta. O autor salienta que a pesar da importancia da icona, non foi até hai pouco que comezou a haber un verdadeiro traballo de reflexión e reinterpretación sobre a súa imaxe.", "text": "A efixie de Rosalía de Castro é posiblemente unha das imaxes máis recoñecibles para calquera galego ou galega, unha icona, un símbolo cun enorme forza e unha grande importancia sobre o que, no entanto, apenas houbo historicamente un traballo de reinterpretación artístico, e tampouco unha reflexión teórica, na forma de estudo iconográfico. É precisamente o oco que o libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade (Xerais), do profesor Fernando Pereira, quere contribuír a encher. Hai moitas imaxes de Rosalía, iso é certo, e de feito esta obra analiza un total de 150, pero todas elas parten duns poucos modelos iniciais, en concreto de sete fotografías e dun único retrato en pintura realizado en vida da poeta. O resto son copias e reinterpretacións destas imaxes iniciais, pero iso si, afastándose moi pouco dos orixinais, o que levou a que ao longo dun século a imaxe que se transmitiu da autora fose unívoca e apenas variase co tempo. Por que até agora non se afondara nesta cuestión? \"Esa é a mesma pregunta que me facía eu, e que me levou a facer este libro\" -di Fernando Pereira- \"Vin que había que encher un oco bibliográfico sobre o que non había nada. E é moi importante, ademais, porque a imaxe tamén contribuíu a que Rosalía sexa hoxe unha figura ben visible e coñecida por todo o mundo. É unha imaxe moi popular, moi consolidada, inconfundible. Todos os galegos a recoñecen, e xa hai un século era recoñecible por boa parte da poboación, tamén entre os emigrantes\". Durante moitos anos a imaxe icónica de Rosalía non cambiou nada, primando sobre todo as que proviñan da fotografía tirada por Sellier e interpretada despois por Portela nun debuxo realizado despois da morte da poeta. E só foi nos oitenta e nos noventa cando comezou a haber reinterpretacións, sobre todo a partir de 1985. É nese ano, co congreso que se celebra coincidindo co centenario da súa morte, cando xorden outras Rosalías. Fernando Pereira sinala que \"é unha mágoa que os grandes pintores galegos non interpretaran máis a Rosalía. Falo de Castelao, de Laxeiro, de Colmeiro. Unicamente Maside e Seoane teñen algunha cousa pequeniña. E tampouco o fixeron nos anos oitenta os renovadores da pintura galega, a xeración de Atlántica, tampouco interpretaron a Rosalía. Refírome a Lamazares, a Menchu Lamas, a Patiño...\". Pereira engade que \"sempre imaxinei que sería moi interesante ver o que faría Leiro. No libro non trato o monumento público, pero tampouco no monumento público Rosalía foi tratada como merece. Rosalía ten moi poucos monumentos e estes non están á altura do mito\". O autor deste estudo iconográfico subliña que os artistas se achegaron polo xeral a Rosalía \"dunha maneira moi estática, moi pouco atrevida, cunha imaxe moi estereotipada, e houbo unha certa sacralización da súa figura, que impediu a renovación da icona\". Pereira salienta a \"consistencia icónica de Rosalía, con moitas imaxes que reinterpretaron unhas poucas imaxes iniciais e que a forza de retocalas foron perdendo a conexión do orixinal\". \"A distancia entre a modelo e a copia fíxose infinita\", conclúe. Explica que \"foi convertida en mito, e os mitos sofren manipulacións. Hai intervencións mitificadoras e desmitificadoras nos anos cincuenta e sesenta, pero en realidade todos contribuíron a aumentar o mito\" e cita o escritor colombiano Darío Jaramillo, que afirmou que \"non hai nada máis mitificante que o labor dos desmitificadores\". Pereira lamenta igualmente a falsificación provocada tanto por algunhas imaxes como por certas interpretacións da súa obra ou por certas descricións e testemuñas literarias realizadas por distintos autores ou biógrafos, \"que determinaron unha certa maneira de ver a Rosalía. Esa Rosalía melancólica, chorona, lánguida, que se pode ler nalgunhas imaxes e que nada tiña que ver coa Rosalía real\". Nese senso, Fernando Pereira salienta que o cadro de Modesto Brocos (o único pintado en vida) \"é moi interesante, porque amósanos unha Rosalía distinta, unha Rosalía de carne e óso, sen máscara, unha Rosalía bastante real\". Para Pereira, Brocos \"fixo un gran cadro, que recolle unha muller forte, de forte carácter, nada que ver con esa imaxe de melancolía que se quixo transmitir ás veces\". As relecturas A partir dos anos oitenta comeza a haber novas lecturas da icona. Todos temos na cabeza (e nalgunha camisola) a relectura pop realizada por Rei Zentolo. Pero non foi a única. Tamén Elba Fernández xogou coa imaxe de Rosalía e a inseriu directamente no século XXI. E moi recentemente puidemos asistir á iniciativa da AELG para que a imaxe da poeta enchese os muros do país (sobre todo dos centros de ensino) en forma de graffiti. \"Este movemento é moi importante\" -destaca Pereira- \"porque achegou a imaxe de Rosalía á mocidade, que non se podía sentir identificada cunha imaxe melancólica ou chorona\". Con todo, o autor amosa a súa sorpresa porque \"estas novas visións sobre Rosalía veñen non da man de grandes nomes ou de artistas moi coñecidos, senón do mundo do deseño gráfico, da ilustración, da caricatura, da banda deseñada...\". De igual xeito, tamén sinala o feito de que \"unha figura tan importante, un símbolo nacional e cultural galego\", non tivera até o momento demasiada presenza no mundo audiovisual: \"Nos anos setenta houbo en TVE unha telenovela que trataba a vida de Rosalía, e un pouco máis tarde houbo outra produción baseada nunha obra súa. Pero despois non houbo moitas máis achegas, e en Galicia, a partir de que se crea a TVG, non hai moita cousa tampouco, resulta curioso\"."}
{"ID": "NOS_58368", "summary": "A empresa de Juan Roig, de actualidade pola denuncia aos sindicalistas do SAT, en evidencia pola súa política de retirada de alimentos caducados e de non respecto dos dereitos laborais.", "text": "A empresa Mercadona está de actualidade estes días despois de que vari@s sindicalistas do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT) entraran en varios supermercados para recolleren alimentos e distribuílos entre as persoas necesitadas. Só Mercadona decidiu presentar denuncia \"polo roubo de nove carros e agresións leves\". Un portavoz da empresa aseguraba que \"a única maneira de rematar coa crise é crear emprego, xusto o que facemos nós\". Non é a primeira vez que Mercadona presenta unha denuncia por roubo de alimentos. Noutra ocasión levou a xuízo a unha parella de 92 e 76 anos polo roubo dunha lata de anchoas valorada nun euro nun Mercadona de Madrid. Mercadona naceu como empresa familiar en 1977 mais medrou a partir de 1981 cando se fixo cargo dela Juan Roig. Conta na actualidade con 1.383 supermercados localizados en 46 provincias. O seu éxito empresarial, este ano pasado tivo beneficios por valor de 922 millóns de euros, baséase no control de provedores e na implantación de marcas brancas até o punto de eliminaren dos seus estabelecementos unha boa parte das marcas máis consagradas. O propio Roig ten un soldo de 3,8 millóns de euros en 2011, algo do que non se esconde. Noutra ocasión levou a xuízo a unha parella de 92 e 76 anos polo roubo dunha lata de anchoas valorada nun euro nun Mercadona de Madrid. Alimentos e necesidadeNon todas as empresas que traballan no sector da alimentación entregan os produtos retirados por caducidade ou a piques de caducar a algunha ONG ou banco de alimentos. Segundo un estudo realizado polo Ministerio Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente só un 20,5 por cento acostuma a realizar grandes doazóns que beneficien ás persoas necesitadas. Algunhas destas grandes cadeas rexeitan boa parte do que non venden en contedores no exterior das súas instalacións, con liberdade para que calquera acceda a eles. Mercadona ten outra política. Segundo confirmou un ex-traballador da empresa \"os contedores están no interior e ninguén pode acceder a eles excepto @s propi@s traballador@s\". O aproveitamento dos miles de quilos que se eliminan a diario é nulo. \"Logo chega un camión de URBASER, a empresa do lixo do concello, e leva todo\", asegura. En máis dunha ocasión tentaron falar cos responsábeis da empresa e a resposta foi que \"xa daban cartos a algunhas entidades\". Esta última afirmación nunca foi probada nin confirmada, segundo afirma o ex-traballador, por ningunha das entidades de axuda da provincia de Lugo. Problemas laboraisA actitude de Mercadona cos traballadores e traballadoras ten as súas luces e sombras. Por un lado, esta a súa política de incentivaren as vendas con pagas de produtividade e facilitaren os horarios e, por outro, unha adversión contra as persoas que collen a baixa laboral. Segundo explica un ex-traballador que estivo en varios dos seus hipermercados en Lugo as presións por enfermidade eran habituais \"por parte das súas mutuas e equipos médicos\". Tampouco era moi positiva a súa actitude para cos dereitos sindicais. Cando a folga xeral do 29-X foi unha das empresas que máis denuncias, algunhas publicadas aquí. Tamén os sindicatos teñen problemas para estaren presentes nos Comités de Empresa. En Lugo, como asegura este ex-traballador, a CIG tivo verdadeiros problemas. \"Cando sabían que alguén presentaba candidatura falaban con esa persoa e facían que desistira\". En Vilalba o fiscal tivo que actuar de oficio despois de que unha traballadora estivera retida nas propias instalacións da empresa. A denuncia prosperou mais rematou arquivada despois de que as propias traballadoras non quixeron seguir adiante. Marca branca e cosméticosMercadona decidiu retirar once produtos de cosmética despois de que a Agencia Española del Medicamento advertira que a súa fórmula tiña dous elementos prohibidos nun único producto. A empresa asegurou que a decisión foi \"voluntaria\" e os cosméticos, da marca Deliplus, xa non están á venda nos seus centros. A empresa fabricante, RNB, é o que Mercadona chama un \"interproveedor\" posto que traballa en exclusiva e previo acordo coa propia empresa de alimentación."}
{"ID": "NOS_31318", "summary": "Esta é unha crítica especial, porque non é dun disco, como adoito facer. Cando vin nas redes que sacaran este traballo, encantoume a idea. Mulleres bravas e creativas que homenaxean outras. Esta é a sororidade que asoma no noso gremio. Marabilla!", "text": "Coñecía a Laura Romero, ilustradora e urban sketcher, do proxecto Músicas Galegas Ilustradas, do que son moi seareira desde hai anos. Alí retrata diferentes mulleres do panorama musical, do presente e do pasado, para visibilizalas. Pola súa banda, Iria Pedreira é filóloga, tradutora e crítica literaria. E foi quen se encargou dos acertados textos. Adorei como escribe. Ferreñas e Rock and Roll / Laura Romero e Iria Pedreira / Baía Edicións / 2019 / 17 euros Ambas coñecéronse na Escola de Música de Ordes e agora sacan este libro, da man de Baía Edicións. Iria Pedreira é música amadora (frauta traveseira) e Laura Romero é baixista en Zënzar e MJ Pérez. Segundo nos contan no limiar, este libro é unha prolongación de Músicas Galegas Ilustradas, e o obxectivo é o mesmo, seguir visibilizando o papel das mulleres na música. Son máis dunha trintena de mulleres as que aparecen, con historias sorprendentes. Destaco as daquelas que viviron en tempos pasados e que se enfrontaron con moita determinación aos obstáculos impostos polo patriarcado. Menciónanse no libro, ademais, un par de cuestións sobre a discriminación da muller na música. Por un lado, que pese a haber tantas e tan boas músicas, nos festivais a súa presenza é moi escasa se a comparamos coa dos homes. Por outro, que sofre unha dobre marxinación: por muller e por facer música en galego. E eu estou completamente de acordo con Laura e Iria. A lectura do libro provocoume unha sensación agridoce. Dunha banda, tiven a ledicia de coñecer historias fantásticas, de mulleres bravas que contra vento e marea seguiron facendo o seu traballo. Porque ás veces, ser música e muller xa é, en si, un acto político e de rebeldía, sobre todo en certos estilos de música. Doutra banda, entristeceume moito decatarme do pouco que sei, que sabemos, sobre este legado. Sobre mulleres tan sobresaíntes. A lectura deste libro foi para min unha raiola de luz asombrosa. Ferreñas e Rock and Roll leva detrás un vasto e meticuloso traballo de documentación. Ademais, é moi ameno na lectura. Cada artista ten un resumo da súa biografía, nada aburrida, no que se conta o máis destacábel desde un punto de vista moi humano. Deixádevos levar e mergulládevos neste Ferreñas e Rock and Roll! \"Dobre invisibilidade das mulleres, porque ao patriarcado de escenario, nesta parte do mundo, sumouse a propia marxinación que sufriu a música que se fai en galego na propia Galiza. Entón chegou Laura a nos traer tanta luz\"."}
{"ID": "NOS_45634", "summary": "Dous poemas en galego e un debuxo a cores con elementos de grande significado na súa obra como o arco da vella ou a mazá son parte do acervo que Álvaro Cunqueiro agochou nunha trabe da casa na que viviu en Mondoñedo que Sermos Galiza publica no seu número 102. O especialista César Morán valora o alcance do achado.", "text": "Canda estes papeis con escritos poéticos, lastimados polo paso do tempo, atópanse outros textos literarios, cartas, borradores de conferencias e escritos doutrinais e documentos orgánicos do Partido Galeguista. Sermos Galiza desempoeira agora eses poemas inéditos manuscritos que comparten estética coa súa obra creativa dos anos trinta, dun Cunqueiro aínda mozo, \"arredista\" e comprometido co país, do que dan conta os outros papeis que poden ser chave para explicar as razóns de que a carpeta estivera até agora agochada. César Morán, experto na obra de Cunqueiro, confirma a autoría e o carácter inédito dos poemas e valora como \"espléndidos\" algúns dos versos agora descubertos. -Podemos confirmar que estes documentos de Cunqueiro son inéditos? Para min son e confirmeino tamén con outros amigos cunqueiriáns. O autor ten cantidade de artigos, algúns aínda non recolectados e, de repente, incrustaba un poema nun deles. Admito que, en último caso, puidera existir esa posibilidade mais, tampouco están na revista Galiza que el dirixiu nos anos trinta. -Que elementos identifican a súa autoría? Teñen a mesma estética que os poemas de Mar ao Norde do 32 e Poemas do si e non do 33. A propia letra é a del. Apréciase a presenza de Manuel Antonio mesmo no emprego de certas palabras. Ao meu ver, o poema que comeza \"Cada día chegamos máis lonxe\" é de grande intensidade. Hai palabras, a presenza reiterativa de \"ela\" como suxeito ou a técnica de versos longos, cortados por outros máis breves que están en Poemas do si e non. Fálase de influencia de Lorca, mais aquí está tamén Alberti, para el o gran poeta surrealista. Nótase tamén un pesimismo intenso que emana da melancolía e da saudade dun tempo ido, xa presente nos poemas de preguerra aínda que se manifeste máis en libros posteriores como Dona do corpo delgado u Herba aquí e acolá. Chámanme a atención algúns versos espléndidos que amais de conectar con esa época son preludio da posterior, por exemplo, a imaxe de \"comezar a morrer\" ou a insistencia na palabra \"pozos\". Son poemas da época paralela e Poemas do si e non, mais na liña surrealista que Mar ao Norde, aínda que todo estea escrito en moi pouco tempo. -Como interpreta que aparezan na trabe dunha construción anexa á casa na que viviu? Descoñezo a razón mais pode ser que non fose polos poemas, senón pola documentación política que había na mesma carpeta, algunha do Partido Galeguista. Sendo de Cunqueiro, todo o que apareza é interesante. -Que significa esa documentación na traxectoria ideolóxica de Cunqueiro? Non vin esa documentación, mais nesa época Cunqueiro era non só galeguista senón que simpatizaba cos arredistas, por si a palabra independentista é demasiado forte. Cunqueiro tivo un medo atroz cando viu que os seus amigos ou eran asasinados ou se tiñan que exiliar. Debeu agarrar pánico. Posibelmente non fose un home valente e tivo certas actuacións das que non ficou orgulloso e mesmo condicionaron certas temáticas da súa obra. A idea de dúbida, do medo ou ocultar o fardel que levas dentro están na súa escrita. Ese Cunqueiro da parte do réxime existe, mais dura poucos anos porque desde a metade dos corenta, cando ven de Madrid, chega fracasado e reclúese en Mondoñedo ao ser defenestrado polos mesmos que o uparan. A partir de aí é cando comeza a escribir o mellor da súa obra. -Que opinión lle merece o debuxo, con elementos moi presentes na súa obra? Para min o máis importante de todos os elementos é o arco da vella, que forma parte do léxico que el emprega nos seus libros. O aspecto xeométrico ten a ver coa concepción cubista pola que está moi influenciado. Cunqueiro debuxaba moito, mesmo ten un autorretrato coa cabeza na man. Neste caso chámanme a atención as cores do arco da vella como elemento léxico, formaría parte do léxico vangardista do autor. En canto ás mazás, o escritor dicía que non podía escribir sen elas e tiña a casa de Vigo chea de mazás, que tiñan que ser de Mondoñedo, e laranxas, mesmo ciscadas polo chan. Entra tamén dentro da súa concepción surrealista, mestura do carácter galego e o seu propio. Non é casual que a mazá apareza no vértice dun triángulo, atravesando o arco da vella. Toda a información sobre este achado -para alén dos proprios poemas e do debuxo inéditos- tela ao teu dispor no número 102 de Sermos Galiza, xa disponíbel nos quiosques e na nosa loxa."}
{"ID": "NOS_1967", "summary": "É a cantidade que o Concello de Santiago solicitou á Rede Feminista e ao Cineclube en concepto de taxas, en virtude da nova ordenanza municipal que regula a ocupación e uso da vía pública e que aínda non está en vigor. Aprobarase esta quinta feira.", "text": "Dúas organizacións sen ánimo de lucro de Compostela, Rede Feminista Galega e Cineclube, tramaban o cartaz para un ciclo de cine feminista ao ar libre. E toparon co Concello. Cando foron solicitar os correspondentes permisos coñeceron de primeira man a nova ordenanza de ocupación e uso da vía pública que aínda non entrou en vigor --aprobarase esta quinta, día 31 de maio-- mais que o Goberno que encabeza Ángel Curras comezou a aplicar xa a título informativo, e en virtude da cal estes dous colectivos deben achegar ás arcas municipais a cantidade de 400 euros. Será finalmente a metade o que deban pagar, ao seren estas actividades completamente de balde para o público asistente e non procurar, por tanto, ningún beneficio á organización. De botarmos unha ollada ao texto da normativa con présa non é doado encontrar as taxas que cómpre aboar polo uso da vía pública, e que terán que achegar tamén os puntos de descarga de vehículos eléctricos, os caixeiros automáticos e as mesas informativas. Os artigos en que aparecen previstas son o 109 e seguintes, ao final da norma que sairá adiante nesta semana e que vén actualizar a vixente até o de agora, de 1998. Segundo alertaron desde diversos colectivos sociais e a oposición no propio Concello, a ordenanza municipal pode vulnerar nalgúns puntos o dereito á liberdade de expresión da cidadanía. Prevé multas de até 3.000 euros se non se aboaren as taxas correspondentes, e equipara para os efectos de tramitación e taxas a colocación dunha mesa informativa, un acto cultural e a colocación das barracas das festas."}
{"ID": "NOS_6151", "summary": "O último, este domingo, ao norte de Viveiro.", "text": "O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) rexistrou este domingo un terremoto de magnitude 3,3 na escala de Richter, o sétimo con epicentro no Mar Cantábrico notificado desde a madrugada da sexta feira, cando se produciu o primeiro, de 4,4 graos. En concreto, o sismo produciuse ás 9,47 horas ao norte de Viveiro (comarca da Mariña), a escasas millas do rexistrado a sexta feira. Ademais, é o segundo máis forte do últimos tres días. Ao longo da fin de semana fóronse rexistrando outros cinco terremotos máis pequenos que oscilaron entre os 2,2 e os 2,7 graos de magnitude Richter. O máis forte de todos eles, o de 4,4 ás 4:32 horas da madrugada da sexta, sentiuse en decenas de concellos galegos do norte, aínda que en ningún deixou incidencias destacábeis. Ao longo da fin de semana fóronse rexistrando outros cinco terremotos máis pequenos que oscilaron entre os 2,2 e os 2,7 graos de magnitude Richter. Foi o maior terremoto sentido na Galiza desde 1997, cando tivera lugar en Triacastela, cunha magnitude de 5,1. Aquel fora ao fío da medianoite do 21 de maio, producíndose de modo practicamente consecutivo un sismo de 4,1 graos e outro posterior de 5,1. Rexistráranse danos materiais en numerosos inmóbeis e réplicas importantes nos días posteriores. Lamentabelmente, unha persoa perdeu a vida a causa dun infarto O pasado 21 de maio rexistrárase o maior movemento de terra do ano, con epicentro en Laza e magnitude de 3,9 graos. Fora o máis forte dos máis de 50 sismos sentidos durante eses días na comarca de Verín."}
{"ID": "PRAZA_5796", "summary": "A monarquía nunca tivo lexitimidade de seu. Só utilidade. Foi colocada polo franquismo e lexitimouse de cara a opinión pública a noite do 23F. Esa noite atopouse coa Historia. E gañouna na primeira volta. Até o punto que o necesario debate entre monarquía e república non se fixo na altura, cando tocaba.", "text": "O Filipe naceu no 68. Tiñamos 9 anos cando os nosos pais foran cominados nas eleccións lexislativas do 77 a lexitimar a democracia con Bourbon. Ese ano empezabamos quinto de Educación General Básica. A mestra de cuarto, que xa lle aprendera castelán a miña irmá, nai e tías era vítima da represión que recibira o seu marido, tamén mestre, cando foi apartado da docencia. Daquela érache unha sorte solar dar cun mestre que non agochara a realidade lingüística e cultural de noso. Porén, ambos emocionamos coas palabras compunxidas de Arias Navarro na televisión. Disque, a diferencia dos nosos pais, os do 68 fomos criados en democracia. Non recibín a primeira palestra de lingua materna até segundo de bacharelato. No entanto, o principiño comezara a dominar o inglés e o francés no Colegio Santa María de los Rosales de Madrid. Malia o exilio portugués, non lembro un só día que o seu pai Xan Carlos se dirixira aos galegos na súa lingua. El Rei non o era de todos os españois. Os nenos non entenden ben o silencio ou a omisión das palabras-aloumiño que os reconfortan e lles dan de comer. Dende aquela non espero nada. Será por ese motivo que o cidadán 015 é prudente e quere reinar mentres eu teimo en esquecerme dos números do DNI procurando as palabras que me roubaron, por iso sempre falo de máis. A monarquía nunca tivo lexitimidade de seu. Só utilidade. Foi colocada polo franquismo e lexitimouse de cara a opinión pública a noite do 23F. Esa noite atopouse coa Historia. E gañouna na primeira volta A monarquía nunca tivo lexitimidade de seu. Só utilidade. Foi colocada polo franquismo e lexitimouse de cara a opinión pública a noite do 23F. Esa noite atopouse coa Historia. E gañouna na primeira volta. Até o punto que o necesario debate entre monarquía e república non se fixo na altura, cando tocaba. Malia a negra sombra que arrastra viviu un reinado ben confortábel até que esqueceu que a súa utilidade derivábase de disimular a súa inutilidade. Os vindeiros días, ratificará o recambio un sistema que xa non representa o mapa político español porque un dos motivos fulcrais é a tutela da unidade do estado fronte o proceso catalán. Perdida a maioría social, a debilidade e devoción monárquica do PSOE impedirá, mais unha vez, o debate sobre a república. A monarquía xustifica o recambio xeracional. Porén, quen pertencemos á mesma xeración do Filipe sabemos que aquela democracia non foi igual para todos, como desigual é agora A monarquía xustifica o recambio xeracional. Porén, quen pertencemos á mesma xeración do Filipe sabemos que aquela democracia non foi igual para todos, como desigual é agora; que o poder que tivo o pai non o terá ele e que calquera mudanza terá de producirse cando a cidadanía, pasados os días da entronización, recuperen o principio de realidade: a dimensión social da crise, o descrédito das institucións, o proceso catalán e a reedición da Galiza arredada. Que caste de achega poderá facer ás nosas vidas editar máis do mesmo? Non espero nada ou moi pouco no novo reinado. Porque quen quixeron a mudanza da Coroa son os que queren que nada mude. Nen rastro de vergoña. Unha vez Alexandre o Grande ao encontrarse con Dióxenes de Sinope preguntoulle o que podía facer por el, ao que o filósofo tamén coñecido como Dióxenes o Cínico, respondeu: \"non me tires o que non me podes dar!\" (variantes: \"déixame ao meu sol\", \"non me fagas sombra»)."}
{"ID": "NOS_29257", "summary": "O SLG expón no Observatorio do Mercado do Leite que eses excedentes nunca deberían chegar ao mercado e que cómpre buscar vías alternativas.", "text": "A Comisión europea pretende liberar no mercado en decembro un continxente de 20.000 toneladas de leite en po, procedente das retiradas pola intervención pública. Unha medida que desde o Sindicato Labrego Galego xa anuncian que implicaría un novo afundimento dos prezos. A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, participou nunha nova xuntanza do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO), en Bruxelas, onde se deu a coñecer esta nova. \"O mercado non está en condicións de recibir un continxente de execedentes de leite\", mantén o SLG. De finalmente producirse, \"remataría cos primeiros síntomas de recuperación da crise do sector lácteo e volvería a afundir os prezos\". A Comisión Europea argumenta que a mellor época para liberar estes excedentes é entre outono e inverno, aproveitando a baixada estacional na produción pois en primavera ou en verán aumenta a produción de leite. Porén, sostén o Sindicato Labrego, eses excedentes nunca deberían chegar ao mercado, \"cómpre buscar vías alternativas para a súa utilización que non inflúan no prezo do leite, como destinalo a alimentación animal\". Isabel Vilalba puxo esta cuestión enriba da mesa na xuntanza mantida esta quinta feira entre a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e SLG, UUAA e XXAA. A secretaria xeral do SLG pediulle expresamente a Vázquez que Galiza se posicione en contra da liberación destes excedentes de leite en po, e que interceda diante da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para que faga outro tanto no Consello Ministerial de Agricultura da UE."}
{"ID": "PRAZA_4002", "summary": "O sindicato teme que o anuncio da Xunta tras o adiamento das probas supoña non incrementar en 2021 todas as prazas de reposición e de necesidades estruturais.", "text": "A menos de dous meses de que se celebrasen e máis dun mes despois da declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus, a Xunta anunciou o aprazamento das oposicións de docentes previstas para o 20 de xuño ao vindeiro ano, 2021. No anuncio e na posterior nota de prensa, a Consellería de Educación advertiu que a Xunta matería o prazo de inscrición, que se iniciaría en canto remate o estado de alarma, e sinalou o Executivo de Pedro Sánchez. \"Ante os anuncios do Goberno central de posibles recortes, Carmen Pomar anunciou que blindará as prazas ofertadas para os actuais aspirantes activando as inscricións en canto se levante a suspensión dos prazos administrativos\", di a Xunta. A Xunta anunciou que mantería o prazo de inscrición \"ante os anuncios do Goberno central de posibles recortes\" e a CIG di descoñecer eses anunciosNesta frase, e na ambigüidade do anuncio, hai tamén \"letra pequena\", como denuncia CIG-Ensino, sindicato maioritario na educación en Galicia, que pide que se \"aclaren\" varias cuestións tras o anuncio da Consellería, que teme que sexa unha \"manobra\" para non incrementar nas oposicións de 2021 todas as prazas de reposición de efectivos e de necesidades estruturais necesarias.Así, a CIG asegura que \"descoñece\" que se teña producido por parte do Goberno central ningún tipo de declaración sobre a aplicación de recortes no ensino público e insta a Xunta a indicarlle cales son e a comprometerse a non secundalos. \"Sería toda unha novidade e conversión nunha administración, a de Feijóo, responsábel dos maiores recortes no ensino público e nos dereitos do profesorado\", lembra.Respecto do mantemento do prazo de inscrición nas oposicións, a CIG advirte de que iso non é o que pode blindar a súa celebración en 2021, senón a propia Lei de emprego publico de Galicia e o Decreto de Oferta Público de Emprego, que aclaran que \"a execución da oferta de emprego público débese desenvolver dentro do prazo improrrogable de tres anos, contado a partir do día seguinte ao da publicación daquela no correspondente diario oficial\".Ademais, o sindicato adivrte de que non hai aínda \"actuais aspirantes\" xa que o prazo de inscrición aínda non se chegou a abrir, polo que a Consellería \"debe modificar a orde da oposición ou publiciar unha nova na que se modifiquen os prazos\" e, ademais, \"deben negociala previamente na Mesa Sectorial\". A CIG teme que o mantemento das prazas sexa unha \"manobra\" da Xunta para non incrementar en 2021 todas as prazas de reposición e de necesidades estruturaisA CIG \"desconfía\" da intención da Xunta e teme que \"detrás desta manobra se agoche a decisión de non incrementar nas oposicións de 2021 todas as prazas de reposición de efectivos e de necesidades estruturais necesarias\". \"É fundamental que se recolla nunha orde publicada no DOG a decisión de manter a repartición actual de prazas por especialidades e que a estas se lle engadan as necesarias do curso que vén\", di o sindicato, que cre que \"só se existe unha garantía por parte da Xunta de que a oferta pública de emprego do 2021 se vai acumular á do 2020 e se celebrarán conxuntamente pode ser unha medida válida a anunciada pola Consellaría\", Con todo, considera a CIG que \"o máis práctico\" é que haxa \"un único prazo de matrícula no 2021 e unha única orde de convocatoria, tamén no 2021, na que se recollan todas as prazas de 2020 exactamente nas mesmas condicións nas que se ofertaron\"."}
{"ID": "NOS_8971", "summary": "O portavoz nacional do BNG pide que se abandone \"a estratexia de declaracións cínicas\" e amosou a súa esperanza de que na convocatoria de IpU e o Encontro \"todos aposten nunha candidatura de unidade\".", "text": "\"O que resulta cansino son os discursos baleiros\". Con esta frase respondeu o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, ás declaracións feitas na fin de semana por Martiño Noriega, alcalde de Compostela e co-portavoz de Anova, cando dixo nunha entrevista na Cadea Ser que \"empeza a resultar bastante cansino todo o proceso destes meses nos que o BNG fai chamamento á unidade popular, pero no fondo pon 25 condicións para chegar á unidade popular\". A preguntas dos xornalistas, Vence dixo que as declaracións baleiras \"e cínicas non axudan a sentar as bases para unha candidatura unitaria galega\", unha candidatura que si cre que se pode lograr. Por iso, dixo, o BNG vai asistir ao acto convocado por Iniciativa pola Unión e o Encontro cidadán por unha marea galega. \"Nós imos ir e queremos que asistan todos. Iremos aí coa mellor vontade e toda a disposición para sumar. Sumar para ter grupo parlamentar propio\", manifestou. 40 propostas O portavoz nacional fixo estas declaracións na presentación da postura do BNG sobre o debate do estado da nación que decorre esta semana no Parlamento. Xavier Vence considera que o debate \"será o balanzo dun fracaso, da falta de proxecto de Feijóo que deixa un país esnaquizado. É o final de todo un ciclo de recortes, en benestar, en servizos públicos e sociais, cos sectores produtivos desmantelados, un ciclo de declive económico e demográfico\", sintetizou Vence, quen avanzou que o BNG, após facer unha diagnose \"realista\" da situación, presentará 40 propostas de resolución para \"un proxecto de país\". Vence quixo deixar claro que o BNG fará un relato real da situación de Galiza fronte \"á propaganda\" que afirmou despregará Feijóo na súa intervención para agochar a realidade dun país \"que se desfai a cachos como consecuencia das políticas nefastas do PP ao longo destes anos\"."}
{"ID": "NOS_7766", "summary": "O 112 recibiu 63 alertas por diferentes incidencias vencelladas ás adversas condicións climatolóxicas.", "text": "A Galiza viviu unha noite marcada polos efectos dunha borrasca que xa se deixou notar durante a tarde da terza feira, pero que bateu con forza no país entrada a madrugada desta cuarta, cando se rexistraron máis de mil raios, fortes precipitacións, saraiba e ventos de máis 100 quilómetros por hora. En consecuencia, entre a medianoite e as 8 horas, a central do 112 recibiu un total de 63 avisos por incidencias, malia que ningunha delas era de gravidade. A maioría, até 32, foron alertas por caída de árbores e pólas en estradas, con especial incidencia nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde 28 das 53 incidencias xestionadas polo 112 durante a madrugada estiveron asociadas con obstáculos nas vías de comunicación. Pola súa parte, en Ourense houbo seis incidentes, dos cales catro foron por caídas de árbores, protagonistas de tres das catro alertas xestionadas pola central de emerxencias na provincia de Lugo. O furacán 'Danielle' chegaría á Galiza, aínda que convertido en borrasca, apuntan os meteorólogos Todo iso nunha madrugada de tormentas na que, entre as 00 e as 9.30 horas, caeron na Galiza un total de 1.159 raios, concentrados na metade oeste do país e que se deixaron notar especialmente entre as 4 e as 6 horas. Así o rexistran os medidores de Meteogalicia, que sitúan Santa Comba como o punto máis húmido das últimas horas ao recoller 66,8 litros por metro cadrado, 13 máis que o seguinte na lista, Entrimo (53,9 l/m2), e case o dobre que en Zas (39,8 l/m2). Aliás, os ventos superaron os 100 kilómetors por hora en varios puntos da Galiza. O valor máximo rexistrouse en Lardeira (Carballeda de Valdeorras), ás 5.30 horas da madrugada, con 128 quilómetros por hora. Nas estacións de Meteogalicia situadas por baixo dos 900 metros de altitude, pasáronse os 100 quilómetros hora en Oia, con 106,5; Viveiro, con 106,4, e Vimianzo, con 102,3 km/h."}
{"ID": "NOS_17354", "summary": "Na única tenda que a multinacional ten en Galiza traballan por volta de 50 persoas, todas contratadas por 30h. Pasarán a cobrar 400 euros mensais, cando o umbral da pobreza fixa o salario mínimo nos 625. Malia a crise, a empresa, que tamén lles suprime o seguro médico, incrementou beneficios en 60 millóns", "text": "O xigante da venda de artigos electrónicos e culturais Fnac vén de anunciar que recortará nun 15% os salarios d@s 2.400 operari@s que traballan nas 24 tendas que posúe en todo o Estado. A da Coruña, única fincada na Galiza, dá emprego a por volta de 50 persoas. Para alén da rebaixa nos soldos, tamén lles retirará o seguro médico, \"único beneficio social de que goza o cadro de persoal\", segundo denuncia Francisco Castro, sindicalista de UGT e voceiro do comité de empresa. Explica Castro en declaracións a Sermos Galiza que o cadro de persoal do Fnac-A Coruña irá á folga indefinida a partir do día 25 co obxectivo de que a empresa recúe, pois a \"drástica\" redución de beneficios en que se escudan \"non existe\". Non manexan datos de Galiza pois sinala que \"a información que nos chega desde a empresa está bastante manipulada\" e que \"mudaron as cifras declaradas desde que presentaron o ERE\". Con todo, o certo é que a transnacional non deixou de gañar cartos nin un só exercicio desde o estalo da crise capitalista. Desde 2008 até hoxe incrementou o seu haber en máis de 60 millóns de euros. \"Fnac-España e Fnac-Portugal son as tendas que máis ingresos reportan\", acrecenta o sindicalista, cifrando aqueles no 25% do total. O procedemento aberto para recortar nos seus dereitos laborais é, ao entender do representante d@s traballador@s da Coruña, \"abusivo, innecesario e inxustificado\". Castro achácao á saída a bolsa da empresa. A reforma laboral aprobada polo PP deixa vía libre para continuar con este plan, que vén sumarse ao despedimento de 214 traballador@s practicado en 2012. Na tenda fincada na cidade herculina foron catro as persoas despedidas e os seus postos non se cubriron. Daquela retiráronlles xa o plus por traballar os domingos e intentaron retirarlles tamén o seguro médico, canda os descontos para empregad@s. \"Antes sempre comprabamos no Fnac e o montante de beneficios que correspondían a compras de traballadores era importante. Agora sáenos mellor mercar fóra\", explica Castro. As negociacións emprendidas coa empresa salvaron o seguro médico. Iso si, mudando de compañía \"sen previo aviso e para outra que lles sae moito máis barata\". Así as cousas, o ERE que prepara Fnac suporá unha redución da xornada laboral nun 12%, coa conseguinde rebaixa nos salarios, que se aplicará durante todo o ano agás entre o 7 de decembro e o 7 de xaneiro, polos evidentes beneficios que reportan estes festexos. Aliás, o soldo total anual reducirase nun 3%. \"Xa non se fan contratos a xornada completa porque din que non lles compensan\", recalca Francisco Castro. Na Coruña, practicamente tod@s @s traballador@s están contratad@s por 30h. Dos 600 euros que cobraban pasarán a cobrar 400 euros. Castro conclúe: \"o umbral da pobreza estabelece que o soldo mínimo está nos 625 euros\"."}
{"ID": "NOS_34276", "summary": "Se xogas na casa co líder, vas perdendo no minuto 54 —case no primeiro chut á túa portería— e aínda por cima te expulsan un xogador —o teu mellor puñal en ataque—, daquela acabas vivindo o empate final como unha vitoria.", "text": "Non xogou mal o Deportivo co Málaga, o rácano líder da categoría, un combo que conseguiu empoleirarse ao liderado con apenas 10 goles a favor e, eis a chave, só 3 en contra nos primeiros 8 capítulos do campionato. A escadra riazoreña tivo posesión e tivo ocasións de gol, malfadadamente unha moi clara desbaldida por Quique González no minuto 4, após unha incursión fulgurante por banda dereita do sempre faiscante David Simón. O Málaga fixo o remake dos choques protagonizados esta temporada en Riazor por Sporting e Granada, os outros ilustres visitantes. Apostou no 0-0 de entrada e especulou con algún golpe de fortuna. O que non tiveron asturianos nen nazaríes si que o gozaron os malacitanos, que se puxeron por diante no taboleiro de marcas co típico gol parvo —un barullo diante de Dani Giménez, unha bola rebotada— que a bancada branquiazul se afixo a receber en pasadas campañas. Co gol en contra non perdeu o oremus a equipa treinada por Natxo González e esa é a confirmación dunha moi boa noticia: a diferenza de pasados exercicios, este Dépor acredita en si propio e nas súas opcións: os goles parvos non o afunden ás primeiras de cambio. Destarte, o combo coruñés incrementou a súa produción ofensiva e nunha excelente combinación entre Saúl e Bergantiños, por banda esquerda, tivo orixe o gol de Carlos Fernández, cheo de astucia e de calidade técnica no seu axustado disparo ao pau largo da portería defendida por un Munir que estivo moi inspirado durante todo o xogo. O punta andaluz medra a ollos vistos e xa é unha referencia incontornábel na vangarda deportivista. Todo estaba servido para a reviravolta no taboleiro de marcas, até que unha chilena destemida de Quique González, fogoso na procura do gol, se saldou coa súa expulsión, ao golpear na cabeza dun zagueiro malacitano. Xa con 10 futebolistas só no campo, o Dépor traballou para manter o empate. Un deses puntos con inequívoco aroma a vitoria. Visto en perspectiva, e tendo en conta que o Dépor xogou 5 choques fóra e só 3 na casa, a colleita até agora non é má: a equipa viaxa comodamente no furgón do play off de ascenso, a só 2 puntos do Granada, neste momento dono da segunda praza que dá pasaporte directo á Primeira División. RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Didier Moreno (Edu Expósito, min. 71), Álex Bergantiños, Krohn-Dehli, Carles Gil (Christian Santos, min. 63), Carlos Fernández (Bóveda, min. 90) e Quique. Málaga CF: Munir, Iván Rodríguez, Luis Hernández, Pau, Ricca, Juanpi (Pacheco, min. 46), N'Diaye, Adrián, Ontiveros (Hicham, min. 72), Harper (Héctor Hernández, min. 87) e Blanco Leschuk. Goles: 0-1 N'Diaye (min. 54); 1-1 Carlos Fernández (min. 76). Árbitro: Díaz de Mera (c. castellano-manchego). Expulsou con vermella directa a Quique (min. 78). Cartóns amarelos a Juanpi (min. 29), Harper (min. 40), Ontiveros (min. 69), Iván Rodríguez (min. 72) e Adrián (min. 80). Incidencias: partido correspondente á 8ª jornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 18.362 espectadoras/es."}
{"ID": "NOS_39207", "summary": "Os nacionalistas tamén solicitan a devolución ao ámbito público do Pazo de Meirás A Fundación Nacional Francisco Franco emitiu un comunicado no que afirma que \"Franco non fusilou ninguén\" e que entre as funcións da entidade está a defensa de \"vítimas\" da Fronte Popular e fala dun \"xenocidio de católicos\".", "text": "O BNG presentou unha declaración institucional e unha proposición non de lei na que demanda ao Parlamento e á Xunta que se posicionen en relación co Pazo de Meirás, instándoos a pedir a súa \"devolución\" ao ámbito público e declarando tanto a familia Franco como a Fundación Francisco Franco \"non gratos\" en Galiza. \"É o mínimo que se pode pedir\", asegurou. O deputado nacionalista Luís Bará reclamou que sexa o Parlamento de Galiza quen lidere un \"chamamento a todas as institucións\" para que se adhiran á plataforma creada \"en prol da devolución do pazo\". O BNG insta o Parlamento e Xunta a apoiar a declaración aprobada polo Concello de Sada pedindo xestionar desde o ámbito municipal as visitas a este espazo, así como que \"se impida a entrada da Fundación Francisco Franco neste enclave\". \"Xenocidio de católicos\" A Fundación Nacional Francisco Franco emitiu un comunicado no que afirma que \"Franco non fusilou ninguén\" e que entre as funcións da entidade está a defensa de \"vítimas\" da Fronte Popular ao tempo que fala dun \"xenocidio de católicos\". A Fundación criticou as peticións de ilegalización da entidade e asegura que o ditador \"ofreceu aos caídos da Fronte Popular a maior dignidade que estaba na súa man\", a de \"durmir o soño eterno baixo a cruz do Val dos Caídos\"."}
{"ID": "PRAZA_5691", "summary": "O Legado de Tibu é un reto consistente en bañarse en auga fria e desafiar outras tres persoas a facelo. Naceu nos Estados Unidos por motivos benéficos, chegou a Galicia a través dun mozo emigrado en Suíza e xa enganchou milleiros de persoas na Costa da Morte, entre eles os alcaldes de Vimianzo, Muxía e Fisterra. Núñez Feijoo está nomeado. Mollarase?", "text": "Se es da Costa da Morte, todo isto xa o sabes, pero dende hai unhas semanas unha moda domina as redes sociais: o Legado de Tibu. Un reto consistente en bañarse en auga fria e desafiar outras tres persoas a facelo, persoas que, no caso de non mollarse nun prazo de 48 horas, teñen que convidar a xantar. O meme naceu hai un tempo en Missouri, nos Estados Unidos, con fins benéficos, para recadar cartos para un neno enfermo de cancro. O reto chegou a Weinfelden, en Suiza, onde vive e traballa un enxeñeiro de Camariñas, Damián Pereira, un de tantos mozos e mozas da Costa da Morte emigrados fóra da súa comarca e de Galicia. Damián, que adoita xogar ao fútbol coa camisola de Puyol (alcumado Tiburón), polo que é coñecido por Tibu, mollouse e retou a tres amigos de Xaviña (Camariñas). O reto, coñecido xa como o Legado de Tibu, xa estaba na Costa da Morte. Dende entón, espallouse polas redes sociais a unha velocidade espectacular, de forma viral e exponencial, de xeito que hoxe se cadra é difícil atopar na Costa da Morte quen non foi convidado a facelo. Creouse mesmo un grupo no Facebook, que xa supera amplamente os mil membros, nos que moita xente vai publicando vídeos que serven de proba do reto realizado, e nos que queda constancia das persoas nomeadas. Hai xa centos de vídeos, moitos en praias e portos da Costa da Morte, tamén en Riazor e Samil ou no lago artificial das Pontes, pero así mesmo en ríos, lavadoiros, na bañeira da casa ou nun xardín, a golpe de mangueira. A pasada semana o reto chegou ao mundo da política. O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, foi o primeiro nomeado. E cumpriu o reto o sábado 17, Día das Letras, como quedou constancia neste vídeo publicado por La Voz de Galicia. \"A min nomeoume xente nova de Vimianzo, a través do Facebook\" -comenta Antelo- \"Fun o primeiro alcalde ao que nomearon, e en certa maneira rompín esa barreira da formalidade do mundo político e institucional\". \"Aproveitei que coincidía coa convocatoria dun pleno extraordinario no Concello, no que o PP pretendía retirarme o soldo, e por iso nomeei a tres hostaleiros locais, a ver se así cando menos me convidaban a comer\", explica entre risas. Outros políticos tamén aceptaron o reto, coma o rexedor de Muxía, Félix Porto. E tamén o fixo o ex-alcalde de Cee, Ramón Vigo. Vigo, ademais, apuntou alto nas súas nominacións, cargadas de intención. Este luns propuxo que se mollasen a actual rexedora, Zaira Rodríguez (que chegou á alcaldía cunha moción de censura que desaloxou a Vigo), ao alcalde de Fistera, José Manuel Traba (que prometeu que o cumpriría), e tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Tamén están nomeados os alcaldes de Dumbría, José Manuel Pequeño, de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, de Zas, Manuel Muíño, ou de Laxe, Antón Carracedo. \"Serve para afianzar a identidade da Costa da Morte na xente nova, para tecer lazos e para reivindicar o feito de ser de aquí. Creo que isto explica por que se estendeu tan rápido na comarca\" Manuel Antelo celebra o \"simpático\" da idea, e destaca que \"tamén serve para afianzar a identidade da Costa da Morte na xente nova, para tecer lazos e para reivindicar o feito de ser de aquí. Creo que isto explica por que se estendeu tan rápido na comarca\". Subliña, ademais, que \"está participando xente que segue vivindo aquí, pero tamén moitos que están emigrados, traballando fóra\". \"A xente necesita verse, atoparse e este xogo serviu para isto\", conclúe. Damián Pereira, o iniciador de todo isto, avisa que en agosto estará de vacacións por Camariñas e xa propuxo, a través de Radio Voz, facer unha quedada nalgunha das praias da Costa da Morte, unha mollada colectiva entre todas as persoas que gravaron algún vídeo ou que cumpriron co reto. Unha idea á que tamén se apunta Manuel Antelo, e que de seguro que servirá para afianzar eses lazos e esa identidade comarcal que reivindicaba o alcalde de Vimianzo."}
{"ID": "NOS_693", "summary": "Tem nome de mulher, de muitas mulheres. É a revolta de Maria da Fonte, a revolta do Minho, musicada, romanceada, analisada, feita carne de teses de doutoramento, submetida à imaginação popular. Mas sempre viva.", "text": "Em abril de 1846, em paralelo com a revolução havida na Galiza, corre em Portugal uma revolta com nome de mulher: a revolta de Maria da Fonte, também chamada revolta do Minho por se ter iniciado na Póvoa de Lanhoso e progressivamente estendido por todo o norte. As razões de tal revolta, enquadrada no contexto do após-guerra entre liberais e miguelistas, ficam fora deste comentário, interessando mais nas repercussões que tal facto teve na consciência popular, incluída a da Galiza. Com todo, cabe citar o que diz o Dicionário Histórico de Portugal: \"A causa imediata da revolta foram umas questões de recrutamento, e a proibição dos enterramentos feitos dentro das igrejas, em que desempenhou um papel irrequieto e activo uma desembaraçada mulher das bandas da Póvoa de Lanhoso, conhecida pelo nome de Maria da Fonte. Os tumultos multiplicaram-se, tomando afinal as proporções sérias duma insurreição, que lavrou em grande parte do reino\". Modificações no sistema de enterramentos, que com as novas normas devem ir para o exterior das igrejas, a obrigação de participar no recrutamento militar e outros descontentamentos com o governo propiciaram a revolta. Tudo começou à morte da Custodia. O enterramento na igreja estava proibido. Muitas mulheres armadas de paus e dos mais variados instrumentos agrícolas dispuseram-se a impedir o enterro fora da igreja. Assim aconteceu tudo: \"Quatro (mulheres) agarraram no caixão e todas as acompanharam em correria, ao longo de um quilómetro, até ao mosteiro onde sepultaram a vizinha sem esperar pelo serviço religioso. À frente, de vermelho, empunhando a cruz e com uma pistola à cintura, ia Maria Angelina, irmã do sapateiro de Simães e a única que escolhera uma arma de fogo. Esta Maria da Fonte deveria ter cerca de 20 anos, estatura média, uma aparência robusta e, como as outras, terá gritado vivas à rainha e morras aos Cabrais e às leis novas\". Estes factos derivaram em prisão para quatro \"Marias da Fonte\": Joaquina Carneira, Maria Custódia Milagreta, Maria da Mota e Maria Vidas, o que motivou que se reuniram milhares e decidiram libertar as companheiras arrombando com machados as portas da cadeia. Com pistolas, com machados, como taberneira, muitos foram os rostos de Maria da Fonte. Tantos que mereceu um hino. Modesto Castilla, no livro Historia de la Junta de Defensa de Galicia, publicado em 1894, confirma a popularidade de Maria da Fonte ao comentar a revolta do Porto, de 1867, contra os impostos de consumo e indica que \"aos três dias de começar no Porto a resistência passiva, caiu todo o ministério, venceu o povo e cantava-se em todas as populações o hino popular de Maria da Fonte. O hino, composto no mesmo ano de 1846 por Paulo Midosi, foi interpretado por vez primeira em público o 24 de Junho, um mês após os principais incidentes revolucionários. E hoje continua a ser utilizado em actos cívicos e militares. O hino apresenta uma das muitas figuras que se popularizaram de Maria da Fonte. De facto Joana Maria Esteves, Joaquina Carneira, Josefa Caetana, Maria Angelina, Maria Custódia Milagreta, Maria da Fonte do Vido, Maria da Mota, Maria Luiza Balaio, Maria Vidas, todas podem ter sido a Maria da Fonte que deu nome à revolta de 1846, um motim popular dirigido por mulheres, por muitas e não apenas por uma. Mas o hino popularizou só uma: a Maria que leva pistola na mão: Viva a Maria da FonteCom as pistolas na mãoPara matar os cabraisQue são falsos à nação disposta a matar os Cabrais, na altura com altas responsabilidades no Governo. Não foi o hino a única representação literária de Maria da Fonte. Camilo Castelo Branco escreveu um livro com o título Maria da Fonte, que trata minuciosamente deste assunto. Também são interessantes os Apontamentos para a historia da Revolução do Minho em 1846 ou da Maria da Fonte, escritos pelo padre Casimiro, que mesmo chegou a pagar uma quantidade importante de dinheiro para obter a informação. Na Biblioteca do Povo e das Escolas, o número 167 esta dedicado à história da Revolução da Maria da Fonte, contada por João Augusto Marques Gomes. Um dos primeiros trabalhos do romancista Rocha Martins intitula-se Maria da Fonte. E Zeca Afonso escreveu a canção \"As 7 mulheres do minho\"; mulheres que põe nas páginas mais brilhantes da história de Portugal, para lembrar este facto. Hino de Maria da Fonte: Viva a Maria da FonteCom as pistolas na mãoPara matar os cabraisQue são falsos à nação É avante PortuguesesÉ avante não temerPela santa LiberdadeTriunfar ou perecer É avante PortuguesesÉ avante não temerPela santa LiberdadeTriunfar ou perecer Viva a Maria da FonteA cavalo e sem cairCom as pistolas à cintaA tocar a reunir É avante PortuguesesÉ avante não temerPela santa LiberdadeTriunfar ou perecer Lá raiou a liberdadeQue a nação há-de aditarGlória ao Minho que primeiroO seu grito fez soar As 7 mulheres do Minho As sete mulheres do Minhomulheres de grande valorArmadas de fuso e rocacorreram com o regedorEssa mulher lá do Minhoque da foice fez espadahá-de ter na lusa históriauma página doiradaViva a Maria da Fontecom as pistolas na mãopara matar os Cabraisque são falsos à nação."}
{"ID": "PRAZA_13781", "summary": "Industria comeza a contratación dunha campaña publicitaria que desenvolverá o vindeiro outono para transmitir que Galicia é \"competitiva\" e que o \"emprendemento e a internacionalización\" son \"clave para o crecemento económico\"", "text": "\"A reactivación económica e o emprego son o primeiro obxectivo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia\". \"Moitas das decisións relacionadas coa economía transcenden o ámbito de actuación autonómica, pero no que respecta a nós temos que seguir traballando como ata agora e estar preparados para cando remita a crise\". Deste xeito comeza o prego de condicións a través do cal a Consellería de Economía e Industria se dispón a contratar unha campaña publicitaria para transmitir que Galicia é \"competitiva\", que o \"emprendemento e a internacionalización\" son \"clave para o crecemento económico\" do país e, en último caso, \"optimismo\" fronte á crise. A colocación nos medios de comunicación e nas rúas galegas destas ideas forza non sairá barata para as arcas públicas. Ben ao contrario, o departamento que dirixe Javier Guerra está disposto a gastar ata 826.271 euros máis o correspondente IVE, aínda do 18% por estar convocado o concurso convocado antes do 1 de setembro. Aínda así, o montante total pode ascender a case 975.000 euros. Industria xustifica a campaña en motivos de \"aforro e eficiencia\" e na necesidade de \"provocar a creatividade e a valentía\" para lanzar proxectos empresariais Malia ao avultado do orzamento a Consellería xustifica esta operación precisamente en cuestións de austeridade. O departamento autonómico \"precisa facer unha campaña de comunicación e divulgación\" coa \"intención de facer chegar aos cidadáns as novas formas de reactivar a economía, crecer, xerar emprego e saír da crise\", argumenta o mesmo documento. \"Motivados pola dificultade orzamentaria para poder facer promoción individual de todos os departamentos da Consellería\" e \"pola busca de aforro e da eficiencia\", o Goberno galego decide \"desenvolver unha ambiciosa acción de sensibilización e promoción\" para \"sumar aos galegos ao novo modelo económico que está a impulsar, centrado na competitividade\", xustifica. Así, a través dos anuncios inseridos en diarios impresos, radio, televisión, internet e valados exteriores amosará \"casos de éxito\" e tentará \"provocar a creatividade e a valentía da xente nova para lanzar o seu propio proxecto\" ou \"impulsar as boas ideas\". \"Todas estas e outras máis son opcións que deben ser trasladadas a empresarios e galegos en xeral para provocar novas ideas, deixar atrás a crise e mirar cara a adiante con optimismo\", reitera. Estes valores intanxibles sustentados no devandito gasto público serán os que o Executivo lle dirixa a dous públicos, un \"específico\", formado por \"traballadores por conta propia, directores de gran empresa, directores de pequenas empresas e mandos superiores\", e outro \"xeral\", composto por todos os \"residentes en Galicia maiores de 16 anos\". Os \"obxectivos de comunicación\" procurados son \"a aposta decidida en Galicia pola competitividade\", \"incrementar a confianza do cidadán no futuro e que se sinta un factor activo decisivo na recuperación económica\", pero tamén \"comunicar as actuacións necesarias en materia económica e a repercusión final das mesmas na vida diaria dos galegos\". Soportes elixidos e outras campañas Dados os prazos que inclúe o propio prego de condicións, todo semella indicar que esta campaña será desenvolvida pola Xunta á volta do verán e no entorno do outono, tendo en todo caso ata o 15 de decembro para realizala. Así as cousas, en caso dun adianto electoral o Goberno galego tería que suspendela, xa que a lei impide realizar este tipo de accións publicitarias dende a convocatoria dos comicios -cincuenta e cinco días antes de votar-. Sexa como for, Industria formula un ambicioso plan de medios que inclúe a televisión, con anuncios \"na cadea líder con posibilidade de segmentación publicitaria\", isto é, a TVG, insercións nos \"seis diarios líderes nas sete maiores cidades de Galicia\", en \"outros diarios con audiencia segundo o último EGM\" e tamén na radio, nas \"catro cadeas xeralistas e as súas tres emisoras radio fórmula con maior audiencia\" e, \"no seu caso, noutras emisoras con audiencia en Galicia\". En caso de adianto electoral, a campaña tería que ser suspendida No caso do que a Xunta denomina \"prensa on line\", a consellería elixe os devanditos \"diarios electrónicos dos seis diarios impresos de información xeral líderes nas sete maiores cidades\" e \"o diario electrónico da cadea de TV líder en Galicia\", isto é, na web da CRTVG. Ademais, inserirá anuncios nun \"mínimo de catro xornais dixitais de acreditado prestixio e auditados por ComScore, Alexa, Nielsen ou EGM\" e con \"segmentación publicitaria para Galicia\". O plan de publicidade complétase con valados publicitarios cunha \"duración dun mes\", \"situados proporcionalmente á súa poboación nas sete maiores cidades de Galicia e a súa área metropolitana\". Esta non será a primeira ocasión na que a Xunta destine unha importante suma económica a elaborar e difundir anuncios vinculados á crise económica. Como xa informou Praza Pública, o pasado febreiro a Consellería de Facenda iniciou os trámites para gastar outros 800.000 euros nunha campaña centrada na \"solidariedade\" coas arcas públicas. Antes, en decembro, tamén Facenda se dirixiu aos galegos a través da prensa baixo o lema \"cada euro conta\", unha acción propagandística que supuxo 400.000 euros de fondos públicos."}
{"ID": "NOS_10436", "summary": "Herculinos e vigueses ocupan os dous postos de ascenso directo", "text": "O Valladolid empatou co Hércules (1-1), un resultado que outorga ao Celta o segundo posto na clasificación de segunda división (empatado a 72 puntos co Valladolid) á vez que aumenta a distancia dos coruñeses cos seus máis inmediatos seguidores a 7 puntos. Xa que logo, Depor e Celta volven depender de si propios para gañar o ascenso a primeira. Cómpre lembrar que esta última xornada o Deportivo venceu ao Numancia (0-3), e o Celta venceu ao Alcorcón."}
{"ID": "PRAZA_19159", "summary": "Foi un home de esquerdas comprometido coa causa do laicismo e do republicanismo, que defendeu con gran coherencia ideolóxica e de acción, con rigor, intensidade e paixón. Tiña a presenza aristocrática e severa que no noso imaxinario aínda lle atribuímos a un embaixador. E iso é exactamente o que foi: un embaixador, pero non só de España, senón, e sobre todo, da razón ilustrada.", "text": "O 10 de xaneiro morreu en Getxo (Biscaia) o diplomático e intelectual Gonzalo Puente Ojea, nado o 21 de xullo de 1924 en Cienfuegos no seo dunha familia galega. Tras a morte do pai, cónsul xeral en Santiago de Cuba, foi en Vigo onde pasou a infancia e a primeira adolescencia. A falta de estatura do executivo do PSOE encabezado por Felipe González truncou a súa carreira profesional. Tras ser nomeado embaixador ante a Santa Sé –malia que había tempo que deixara de ser crente–, tivo que abandonar o posto en 1987 cando se divorciou e volveu contraer matrimonio civil. Aínda está por valorar debidamente a extraordinaria e extensa obra intelectual que nos legou Puente Ojea. Non tivo a proxección que merecía, se cadra porque era independente e non pertencía á academia. É curioso, por exemplo, que o seu libro quizais máis memorábel, Ideología e historia. La formación del cristianismo como fenómeno ideológico, que apareceu en 1974, sexa tan pouco citado pero siga a editarse. Non hai teólogo que non o coñeza, pero é como se non existise. Puente Ojea tamén nos ofrece unha valiosa valoración crítica do papel da igrexa católica na historia contemporánea de España. Segundo o autor, a igrexa, tras ver como perdía moitísimo poder durante a II República, implicouse na Guerra Civil e acabou tendo unha relación simbiótica co Estado franquista. O Concilio Vaticano II marcou un punto de inflexión: malia a súa ideoloxía nacionalcatólica, os prelados españois foron afastándose paseniño dun réxime imposíbel de encaixar no modelo liberal-democrático adoptado por Roma. A partir daquel momento, á igrexa española preocupoulle basicamente manter a súa posición de privilexio no posfranquismo. A renuncia á catolicidade formal do Estado parecía inevitábel, así que había que procurar que a democracia que se anunciaba só fose aconfesional en aparencia. A transición política foi, segundo Puente Ojea, un proceso defectuoso: fíxose sen garantías democráticas, sen un goberno provisional neutral e sen un parlamento constituínte. Naquel contexto atípico, a igrexa soubo moverse cunha destreza fabulosa. A maioría católica e a indolencia da esquerda fixeron que o relatorio constitucional non deparase sorpresas, mentres a Santa Sé negociaba co Estado uns acordos internacionais que se asinaron só uns días despois da promulgación da lei fundamental. Finalmente, a igrexa católica colocouse na posición privilexiada que segue a ocupar: vantaxes fiscais e financeiras, protagonismo destacado no campo educativo, nos hospitais, nas forzas armadas e nos cárceres, violacións da aconfesionalidade do Estado, calendario laboral condicionado polas festividades católicas, etc. Nestes tempos de pensamento amansado paga a pena achegarse á figura e á obra de Gonzalo Puente Ojea. Foi un home de esquerdas comprometido coa causa do laicismo e do republicanismo, que defendeu con gran coherencia ideolóxica e de acción, con rigor, intensidade e paixón. Tiña a presenza aristocrática e severa que no noso imaxinario aínda lle atribuímos a un embaixador. E iso é exactamente o que foi: un embaixador, pero non só de España, senón, e sobre todo, da razón ilustrada."}
{"ID": "NOS_1465", "summary": "A recén creada Asociación Galega de Fútbol Gaélico comezou o día de Saint Patrick un torneo sete a sete de cinco xornadas.", "text": "A primeira competición galega de fútbol gaélico comezou o pasado 16 de marzo a véspera do día de Saint Patrick. Na Coruña xogaron Fillos de Breogán con Ártabros de Oleiros un partido moi igualado que rematou co resultado de 15-14. O outro encontro reuniu na Estrada a Irmandinhos contra Bráithreachas, coa vitoria dos segundos por un contundente 20-3. A seguinte xornada, o 23 de marzo, será na Coruña cos partidos entre Fillos-Irmandinhos e Ártabros-Mecos. A terceira xornada o campionato viaxará á Estrada, cos encontros Irmandinhos-Mecos e Bráithreachas-Fillos. A cuarta trasladarase ao Grove e enfrontará a Mecos-Bráithreachas e Irmandinhos-Ártabros. O último día non ten un lugar definido aínda que e a organización pensa que se realice nalgunha cidade do país. O peche do campionato será cos partidos entre Ártabros-Bráithreachas e Fillos-Mecos. Foto: Kamy Fernández"}
{"ID": "NOS_540", "summary": "O colectivo de traballadoras e traballadores, aliás, lamenta a \"omisión do lexítimo dereito á información\" en relación aos expedientes abertos na Xerencia, á que lle solicita unha reunión formal.", "text": "A Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) vén de solicitar unha reunión coa Xerencia da área sanitaria para obter información sobre os expedientes de sanción abertos aos profesionais de dita Xerencia, unha petición da que, afirma o colectivo de traballadoras e traballadores, \"a día de hoxe non hai resposta\". No escrito, a Xunta de Persoal lamenta a \"omisión do lexítimo dereito á información\": \"Non fai falta ser entendido en Dereito para decatarse axiña de que se está a vulnerar a Lei 9/1987, artigo 9.3, que recoñece o dereito da Xunta de Persoal de ser informada das sancións\". Tamén se estaría a incumprir o artigo 11.c da citada lei, \"que consiste en escoitar á Xunta de Persoal nos expedientes disciplinarios aos que puidesen ser sometidos os seus membros\". Fan alusión, deste modo, á sanción imposta recentemente á doutora do CHUS Fátima Nercellas, acusada de \"desobediencia\" após atender dous pacientes nos corredores de Urxencias e derivalos á sala de Observación, algo que a médica entendeu como unha \"represalia\" pola súa actividade sindical en Omega. Esta cuestión tamén a denuncia a Xunta de Persoal, que fala de \"persecución á delegada sindical\". Nercellas, nunha entrevista concedida a Nós Diario, apuntaba días atrás: \"Este é o terceiro intento de abrirme un expediente nos últimos quince anos de actividade sindical, e tamén o que máis lonxe chegou. Nos puntos que leva o expediente vese que é unha represalia. Non puideron facer nada coas miñas declaracións sindicais e quedaron co punto da 'desobediencia' a unhas instrucións básicas, mais non desobedecín, porque din que o paciente, antes de pasar a observación, será valorado por un facultativo nos espazos existentes para iso. Onde mo puxeron? No corredor. E aí o atendín\". Mobilización no Clínico Por outra parte, a Xunta de Persoal convocou unha mobilización fronte ao Hospital Clínico de Compostela a vindeira cuarta feira, 23 de febreiro, contra as 12 horas."}
{"ID": "NOS_27908", "summary": "Finalmente tocoulle a María Rozas liderar a lista de Compostela Aberta, tras descartarse a última hora Marta Lois, a cabeza de Sumar, o proxecto de Yolanda Díaz, na Galiza. Mentres tanto a principal referencia da formación, Martiño Noriega, comeza a dirixir o proxecto de Anova.", "text": "María Rozas, militante de Esquerda Unida (EU) que non do Partido Comunista da Galiza (PCG), será a cabeza de cartaz de Compostela Aberta para as eleccións locais de maio de 2023. A nova candidata da marea compostelá atesoura anos de experiencia na política local, primeiro como concelleira de Facenda durante o período de Martiño Noriega na Alcaldía e despois como edil da oposición con Marta Lois como voceira. A elección de Rozas resultou unha sorpresa para os propios inscritos de Compostela Aberta. Primeiramente, porque desde a renuncia de Martiño Noriega a acta de concelleiro, na formación dábase por feito a candidatura de Marta Lois a Alcaldía. En segundo termo, porque a proxección social de Rozas nunca foi significada, sendo dos membros do grupo municipal cun nivel de coñecemento máis baixo. E, por último, porque a elección como líder dunha militante de Esquerda Unida, réstalle independencia e escora cara unha opción partidaria a candidatura municipalista. Rozas rematou como cabeza de lista de rebote porén unha vez coñecida a decisión de Lois de non concorrer rexistráronse movementos internos de diversa magnitude en Compostela Aberta. Segundo informaron a Nós Diario fontes coñecedoras do proceso, o poderoso xefe de Gabinete de Noriega na Alcaldía Compostela, Miguel Penas, todo un veterano da política local, manifestou a súa disposición para liderar o proxecto, non contando con apoios na formación. Os parceiros galegos de Yolanda Díaz A renuncia de Marta Lois a presentarse a un novo mandato colleu a Compostela Aberta co paso cambiado. Neste sentido, os inscritos na formación asumían que a voceira do grupo municipal tras a renuncia de Noriega encabezaría a lista de cara as locais de 2023. A esta idea contribuíu a propia Marta Lois, que non se descartou para tal responsabilidade e que mesmo nalgún momento asumiu liderar o proxecto nos vindeiros catro anos. As razóns que explican este movemento de Lois continúan sen aclarar. Así, un sector de Compostela Aberta enténdeo como un paso atrás ligado a cuestión persoais e a novas perspectivas vitais. Ao tempo, outra parte da afiliación vincula a súa marcha da corporación compostelá ás novas obrigas derivadas da súa vinculación a Sumar e mesmo á posibilidade de encabezar a lista da nova organización de Yolanda Díaz na circunscrición da Coruña. O tempo dará e quitará razóns mais parece evidente que Lois continuará na política activa. A esta idea contribuí a propia interesada cando anunciou a súa renuncia a facer parte da candidatura de Compostela Aberta e nesa dirección se explica o seu maior compromiso co proxecto de Díaz. Os camiños futuros de Anova Martiño Noriega a diferenza de Marta Lois semella cada día máis lonxe do proxecto da ministra de Traballo. Neste sentido, tense manifestado publicamente en diversas entrevistas concedidas nas últimas semanas aos medios de comunicación, onde mesmo apostou por formas de colaboración co BNG de cara as municipais. Porén, o rexedor compostelán non só expresou o seu apoio á candidatura de Rozas senón que participou da súa presentación pública. Noriega continúa ser unha referencia inescusábel para Compostela Aberta pero as súas preocupacións actuais van por outro lado. Neste momento, traballa como voceiro de Anova en activar ese proxecto político, coa perspectiva dos vindeiros comicios locais pero sen perder o horizonte sobre as vindeiras citas electorais no ámbito estatal e nacional. Anova estará presente nos comicios a celebrar en 2023 e 2024. A este respecto, a opinión maioritaria da organización é concorrer aos mesmos en parcería con outras forzas políticas. Descartada de momento a opción de Sumar e Yolanda Díaz, non sería de estrañar que buscase novos socios no campo do nacionalismo galego"}
{"ID": "NOS_28539", "summary": "Fanse cincuenta anos do pasamento de Vicente Risco e Allariz lembra a perda do escritor cunha xornada de homenaxe promovida pola Fundación que leva o seu nome mais as asociacións comerciais da localidade. O opúsculo \"Quen é Vicente Risco?\" revisa a figura do escritor, a súa obra e o seu perfil ideolóxico.", "text": "A Fundación Vicente Risco, en colaboración con diversas asociacións de comerciantes da localidade, lembran o cincuenta aniversario do pasamento do escritor repartindo aos clientes dos centros asociados a obra \"Quen é Vicente Risco?\" na que se busca, de maneira sinxela realizar \"unha achega, sen dúbida necesaria, para lembrar o legado e compromiso para coa súa terra\". Durante a xornada, unha misa na igrexa de Santiago e un acto no cemiterio do concello de Allariz lembrarán a figura do escritor membro do grupo Nós. En colaboración coas asociacións, Agrupación de Libreiros de Ourense, Agrupación de Comerciantes de Allariz, Centro Comercial Aberto de Ourense, CCA Centro Couto e CCA Ourense Norte, distribuirase o opusculo \"Quen é Vicente Risco?\". O libro, editado pola Fundación Vicente Risco, achéganos a un home singular, con contradicións e acertos, cunha obra de relevo e un papel singular na reflexión arredor do país. \"Deixou Risco de ser un inadaptado? En certo modo, non. Pois, polo de pronto, non podía atoparse a gusto no medio da pseudocultura urbana colonizada imperante na burguesía; rodeado, como diría Risco, de filisteos e de filisteísmo, e asistindo ao proceso dunha desgaleguización progresiva\" recolle, arredor da súa complexa personalidade. \"Deixou Risco de ser un inadaptado? En certo modo, non\" Como un dos máis relevantes, e escasos, pensadores do século XX, preséntase e no opúsculo laméntase que, mália iso, a súa obra continúe \"a ser obxecto da crítica procedente de dogmáticos que non son capaces de contextualizar a súa obra, que analizan con prexuízo e/ou descoñecemento da fonda e complexa estrutura intelectual do pensamento risquián.\" Novidoso é o ensaio á hora de situar ideoloxicamente o autor nos paradigmas do seu tempo, achegándoo á teorización do nacionalismo e alonxándoo do fascismo que, ás veces, se lle atribuiu. \"Segundo o propio Risco, o fascismo non debe ser considerado auténtico nacionalismo toda vez que anula os dereitos individuais, que Risco defende, e porque a concepción totalitaria do fascismo pon o Estado por riba da Nación, ou dito coas súas palabras: \"a confusión da Nación co Estado, o sacrificio do individuo ao Estado, e a prepotencia do Poder executivo\", aspectos que Risco critica\" anótase, nunha obra que está ao acceso na súa integridade na rede e na que se apresenta unha obra \"viva\" de relevancia para os nosos días."}
{"ID": "NOS_39430", "summary": "Só nos dous primeiros meses de 2015 perdéronse 1.235 postos de traballo, unha media de 21 cada día. Desde 2008 até hoxe foron máis de 5.400 os empregos perdidos.", "text": "A crise económica está a bater con dureza no sector do mar de Galiza, un importante alicerce do emprego e o desenvolvemento que desde hai uns anos sofre unha sangría de perda de empregos: por volta dun 20% dos que este sector xeraba hai sete anos, no 2008. Esta realidade é certificada polos informes de afiliación na Galiza ao réxime especial do Mar da Seguridade Social, os dados que permiten coñecer con exactitude a magnitude da destrución de emprego neste sector. Neste rexime están os mariñeiros, as mariscadoras, os estibadores, o persoal das confrarías, os embarcados na mercante, as redeiras, os pequenos armadores... A comezos de 2008 sumaban 25.893 afiliacións. A 28 de febreiro de 2015 esa cifra era de 20.411. Iso supón unha perda desde o inicio da crise de máis do 20% dos empregos galegos no mar. Un total de 5.482 postos de traballo menos. Hai unha década máis de 30.000 persoas estaban suxeitas ao réxime especial do Mar en Galiza. Agora son 10.000 menos Esta queda deixouse notar, e moito, tamén no comezo deste 2015. En decembro había 21.646 persoas rexistradas no réxime especial do Mar da S.S. Dous meses despois son 1.235 menos, o que supón unha media de 21 empregos perdidos cada día. Hai unha década máis de 30.000 persoas estaban suxeitas ao réxime especial do Mar en Galiza. Unha perda de 10.000 empregos nunha década. Cómpre lembrar que en só unha década a frota pesqueira galega perdeu máis de mil trescentas embarcacións. De 5.565 embarcacións censadas en 2004 ás 4.204 de inicios do presente 2014. Unha perda sufrida principalmente no sector de baixura, o máis importante para Galiza."}
{"ID": "NOS_24815", "summary": "O IPC na Galiza experimentou no mes de marzo unha das maiores subas, de 1,7%, catro décimas por riba da media do Estado español.", "text": "O índice de prezos de consumo (IPC) na Galiza apuntou en marzo unha das maiores subidas, de 1,7%, catro décimas por enriba da media estatal. Detrás desta alza está, entre outros factores, o aumento do prezo da enerxía e os combustíbeis. De feito, os datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística revelan que o transporte é o sector no que máis aumentaron os prezos, 4,9% no que vai de ano e 4,3% se se compara co mesmo período de 2020. A crise do canal de Suez pasou factura ao comercio internacional de petróleo, o que sumado á escasa demanda levou a empresas como Repsol a reducir a produción, o que no caso da Galiza se traduce nun ERTE para 212 traballadores e traballadoras da refinaría da Coruña. Pero o combustíbel do transporte non é o único que sobe no que vai de ano. Segundo os datos do último barómetro da Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE), o prezo da enerxía aumentou 46% no que vai de ano, o que supón unha nova lousa para a industria electrointensiva galega. Empresas como Alcoa, Megasa, Celsa Atlántic (que pediu o rescate ao Goberno español), Alu Ibérica, Ferroatlántica ou Xeal pagan agora 65,9 euros por megavatio (MW), o dobre do que paga unha compañía francesa (32,92 euros) e máis dun 50% por riba do que paga unha alemá (41,15 euros). Ao aumento do prezo da enerxía, após un 2020 con valores asumíbeis para a industria, súmase outro factor determinante para boa parte destas compañías, como é o custo das emisións de CO2. Se a principios de ano se pagaban arredor de 30 euros por tonelada, os datos do último barómetro de AEGE ─con data 12 de abril─ sitúan o seu prezo nos 43,6 euros. Ante este escenario, a viabilidade dalgúns proxectos, como o aproveitamento de biorresiduos para a produción enerxética na central das Pontes, semella se cabe máis complexa. Procura de alternativas Desde o Ministerio de Industria púxose en marcha hai uns meses unha liña de axudas para facilitar a compra de enerxía verde na industria. Este sería un paso intermedio antes de contar cun estatuto que regule dunha vez por todas a fixación do prezo da enerxía para as industrias electrointensivas. Algunhas delas, como é o caso de Alcoa en San Cibrao (Cervo), poderían solucionar este problema da man dunha planta de hidróxeno verde asociada a un parque eólico, unha posibilidade que mesmo contempla nos seus plans a británica Liberty House, potencial compradora da planta, para mellorar a eficiencia nos procesos de produción. As renovábeis e algúns dos proxectos ligados aos fondos europeos poderían ser unha saída para abaratar o prezo da enerxía. Aínda así, farían falla outro tipo de mecanismos para baixar o prezo do megavatio para a industria electrointensiva até valores que fagan rendíbel a súa actividade e, sobre todo, competitiva fronte ao resto de territorios da Unión Europea. En outubro de 2020, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, cuestionado sobre a situación de Alcoa, recoñecía que \"a 45 euros o megavatio non se pode producir unha tonelada de aluminio. É imposíbel\", aseguraba, e suxería, situalo entre \"30 e 35 euros\", prezos como os que manexan en Francia na actualidade. Outra das vías para rebaixar a factura eléctrica pasa por mellorar a eficiencia enerxética dos procesos de fabricación. Abandono do fuel óleo Nesta liña, Alu Ibérica, herdeira das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés e inmersa nunha investigación por parte da Audiencia Nacional, vén de anunciar que retomará nas vindeiras datas as obras na factoría coruñesa para a transición a gas natural, uns traballos que, segundo a empresa, \"se detiveron como consecuencia da folga na factoría, que fixo imposíbel o acceso ás instalacións\". A dirección da compañía destaca nun comunicado que esta transformación é \"un fito chave\" para abandonar definitivamente o fuel óleo como combustíbel nos fornos e, ao mesmo tempo, adaptar a planta á normativa europea en materia de emisións e eficiencia enerxética. Nas próximas semanas, colocaranse as tubaxes e as válvulas de entrada en fundición e comezará a instalación na liña de fornos 1A. \"A adaptación destes equipos durará aproximadamente 90 días, mantendo a produción na liña de fornos 1B. Unha vez concluídos os traballos na liña 1A, efectuarase a mesma adaptación dos fornos 1B e, finalizada dita mellora, alcanzarase a plena normalidade na capacidade de produción\", explican desde a compañía."}
{"ID": "NOS_5516", "summary": "Premio para a tradución de Telegram, Facebook e un navegador GPS ao sardo.", "text": "Sardware gaña o premio Is.Be (Instituto Camilo Bellieni) pola promoción da lingua sarda. Achegar a lingua sarda á maior cantidade de xente posible grazas á tecnoloxía, informan en Nación.. Este é o obxectivo do proxecto Sardware, creado por 4 mozos voluntarios que estudaron como traducir as principais aplicacións e programas informáticos ao sardo e que, polo tanto, gañaron o premio \"Si moves sa limba, sa limba ti movet\". O Institut Camillo Bellieni premia a personalidades que se distinguiron significativamente na difusión e promoción da lingua. O proxecto aínda está nos seus inicios, pero os impulsores xa conseguiron traducir Telegram, Facebook, un navegador GPS ao sardo e traducirán outras aplicacións. O obxectivo, segundo os gañadores, é \"achegar a lingua sarda ás ferramentas da modernidade e achegala cada vez máis ao alcance da mocidade. Co apoio das institucións poderiamos facelo mellor. Este premio dános un pouco máis de enerxía para continuar na boa dirección \"."}
{"ID": "NOS_52568", "summary": "O Instituto Galego de Estatística vén de publicar os datos de exportacións de marzo, nos que Galiza rexistrou a maior caída do Estado español. O téxtil foi o principal sector prexudicado pola incidencia da COVID-19 nos mercados internacionais.", "text": "Xa se sabía que o feito de que a COVID-19 comezara a súa expansión pola China non ía traer boas novas ás firmas de moda galegas que teñen no país asiático parte da sua produción e tamén un dos seus principais mercados. O dato de exportacións publicado onte polo Instituto Galego de Estatística corrobora esta sospeita. O pasado mes de marzo, o valor das exportacións galegas acadou os 1.357 millóns de euros, o que supón un afundimento de 26,7% respecto ao mesmo mes de 2019. Detrás deste derrumbamento está o mal dato das vendas ao exterior de pezas de vestir, que caeron 52%. A baixada das exportacións galegas é tamén a maior de entre todos os territorios do Estado español, onde o retroceso medio sitúase en 14,4%, case a metade. Ademais, o dato negativo corta a tendencia marcada ao inicio do ano, xa que antes da irrupción do coronavirus as exportacións galegas medraban 8% entre xaneiro e febreiro. Así, no primeiro trimestre o saldo queda en negativo, cunha baixada de 4,5%, tamén máis acusada que a da medida de territorios (3%). A caída das prendas de roupa acapara o protagonismo, mais non é o único dato negativo nas estatísticas. Por detrás tamén están os combustíbeis (-3,7%), co bioetanol como protagonista, xa que a demanda interna aumentou pola fabricación de xel hidroalcohólico, e o material eléctrico (-3,1%). En cambio, a demanda de conserva durante o confinamento fixo que medrasen as súas exportacións. Caída das importacións No que atinxe ás importacións a caída en marzo tamén é salientábel: 16,1%. O importe total de bens importados logrou os 1.359 millóns de euros e deixa un saldo negativo na balanza comercial de 2 millóns de euros. Combustíbeis (-7,6%) e automóbiles (-4%) son os que presentan os peores datos en marzo, mentres soben as pezas de vestir. Uns comportamentos que se reproducen de forma similar no primeiro trimestre de 2020, no que as importacións caeron 7,6%, por riba da media estatal. Eliminación das restricións O Club de Exportadores e Inversores (CEI), á vista destes resultados, considera \"urxente\" que as autoridades españolas e comunitarias eliminen de forma \"paulatina\" as restricións á mobilidade internacional na Unión Europea e co resto do mundo para que as empresas exportadoras poidan recuperar a súa actividade e contribuír á recuperación económica. Neste senso, o seu presidente, Antonio Bonet, reclama a apertura de máis oficinas comerciais no exterior, unha campaña para recuperar a imaxe no estranxeiro, así como renunciar á suba de impostos e cotizacións sociais. Bonet alertou de que os datos de marzo anticipan un \"durísimo impacto da crise da COVID-19 no segundo trimestre do ano\", que xa está a pasar factura a 80% das empresas con actividade internacional."}
{"ID": "NOS_17134", "summary": "Cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado xa está pechada, chegan as novas instrucións desde a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro curso académico e continúa a polémica situación de exclusión da lingua galega.", "text": "Nas mesmas instrucións a Consellaría volve limitar o impartir materias como Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas a que haxa un número mínimo de alumnas e alumnos, incluso no caso de pequenos centros de ámbitos rurais ou pequenos núcleos de poboación, este mesmo límite aplícase a todas as optativas da Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Desde CIG Ensino Galiza aseguran que \"volve quedar claro que a Consellaría só busca un rendemento económico e de cifras, posto que nin sequera deixa aplicar os Programas de mellora na aprendizaxe e do rendemento nos cursos de terceiro e cuarto da ESO, limitándoos a 1º e 2º da ESO\", so de maneira excepcional se a permitir en terceiro curso, mais cun número mínimo de alumnas e alumnos. Amais, recalcan que desde a Consellaría \"fan unha nula defensa da nosa lingua ó non aproveitar estas instrucións para dar solución a situación de 'exclusión' e 'eliminación' que o galego sofre no ensino, após das modificacións na carga lectiva de diferentes materias da ESO\". O alumnado terá 31 horas en castelán fronte ás 18 horas en galego, en caso de cursar ensinanzas aplicadas, e 21 horas en caso de cursar ensinanzas académicas."}
{"ID": "NOS_31304", "summary": "A App 'Abertos ao galego' está dispoñíbel de xeito gratuíto para terminais Android e IOS nas principais plataformas dixitais.", "text": "Unha aplicación móbil que permite poñer en valor a presenza do galego nos establecementos comerciais e servizos. Isto é a APP 'Abertos ao galego' que esta segunda feira foi presentada en Pontevedra por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Celia Armas, directora de Abertos ao galego; e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. A aplicación será gratuíta e está dispoñíbel para terminais móbeis Android e IOS nas principais plataformas dixitais. O funcionamento da aplicación é sinxelo e intuitivo. Permite localizar os negocios tanto en modo mapa como en modo busca, filtrando tanto polo nome como por categorías. Cada persoa usuaria rexistrada pode puntuar, do 1 ao 5, o uso que se fai da lingua galega na atención oral, escrita e virtual de estabelecementos e comercios. Tamén se poden facer comentarios adicionais, para ampliar a precisión da valoración. A App fica, ademais, aberta a novas incorporacións. \"Os estabelecementos que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade\", salientou Leal. \"A App Abertos ao galego quere apoiar este compromiso, facendo visíbeis os centos de negocios \"abertos ao galego\" espallados por todo o país\", explicou Celia Armas. Para Maceira, \"a mellor proba de compromiso e responsabilidade co noso idioma é o seu uso normal\". Esta nova App xorde co obxectivo de que o público valore e priorice o consumo e utilización de servizos proporcionados en estabelecementos lingüisticamente responsábeis. A aplicación móbil forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego, até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións,"}
{"ID": "NOS_34502", "summary": "O 'Swiss Lady', procedente de Ribadeo, emitiu unha alerta cando navegaba ao nor-noroeste da Torre de Hércules, no que é o terceiro incidente desta semana.", "text": "Un veleiro con tres tripulantes a bordo emitiu na madrugada do domingo, 20 de setembro, unha alerta por un novo 'ataque' dun grupo de candorcas, mentres navegaba a 2,5 millas ao nor-noroeste da Torre de Hércules, na Coruña. Segundo Salvamento Marítimo, sobre as 5,48 horas o centro da Coruña, encargado de coordinar o operativo, recibiu o aviso da embarcación afectada, o veleiro Swiss Lady, que proviña de Ribadeo (A Mariña). Os seus tres tripulantes, dous de nacionalidade suíza e un alemán, informaban de que aínda que non había feridos, precisaban asistencia porque recibiran varios golpes por parte das candorcas mais descoñecían o alcance dos danos. Acometida de orcas contra el velero Swiss Lady de madrugada/2,5mn NNE Torre Hércules. Un tripulante alemán/2 suizos; procedentes de Ribadeo con destino Coruña.El pesquero L'Espoir acompañó al velero hasta la llegada de la S/Betelgeuse que lo escoltó hasta Real Club Náutico Coruña— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 20, 2020 Nun primeiro momento, foi o pesqueiro L'Estoir o encargado de acompañar o veleiro até que chegou a Salvamar Betelgeuse de Salvamento Marítimo, que a guiou até o club náutico da Coruña. Aínda que o Swiss Lady non precisou remolque e podía seguir navegando polos seus propios medios, aseguran as mesmas fontes, non foi até que chegou a porto cando se puideron avaliar os danos recibidos. Trátase do terceiro ataque de candorcas a veleiros acontecido esta semana na costa coruñesa. Os dous anteriores foron na madrugada da segunda feira, 14 de setembro, ao oeste do municipio de Cedeira, aínda que as dúas embarcacións afectadas nesas ocasións si necesitaron ser remolcadas ao perder o temón."}
{"ID": "NOS_21358", "summary": "Convocados Fontás, Sergi Gómez e Carles Planas para o encontro contra Euskadi. Só Barça e Espanyol teñen máis convocados. Do Deportivo hai dous xogadores chamados: Lopo e Navarro.", "text": "Celta de Vigo e Deportivo da Coruña achegan 5 xogadores á selección de Catalunya que este 26 de decembro se vai enfrontar a Euskadi nun torneo amistoso de Nadal que decorrerá no Camp Nou a partir das 21:30 horas. O Celta é o terceiro equipo con máis xogadores convocados polo combinado catalán: 3. Un número que só superan Barça (con 7 convocados) e Espanyol, con 6. Os célticos chamados para vestir a camisola da selección de Catalunhya neste partido son Fontás, Sergi Gómez e Carles Planas. Do Deportivo hai convocados 2 xogadores, Albert Lopo e F. Navarro. Entre os elexidos por Sergio González e Gerard López para ese partido hai xogadores de 25 equipos, desde os xa mencionados até do Inter de Milán, Porto ou AEK. E tamén hai un convocado do Real Madrid, Kiko Casilla. Galiza Nese mesmo día, 26 de decembro, un combinado galego enfrontarase a un combinado do Senegal nun partido que se desputa no marco dunha xornada organizada por Seareiros Galegos para reivindicar a selección galega e a súa oficialidade."}
{"ID": "NOS_58514", "summary": "Samertolameu e Ares pugnan polo liderato na categoría A mentres Rianxo e Cabo B despútano na B. Na Liga ACT Tirán e Cabo manteñen posicións.", "text": "A Liga Galega de Traiñeiras emproa a recta final da tempada e faino cun escenario aberto e emocionante, tanto na categoría A como na B. As regatas desta fin de seamana non fixeron outras cousa que manter as espadas en alto e multiplicar a emoción. Na LGT-A (11 traiñeiras) Samertolameu de Meira conseguiu imporse o sábado en Bueu mais na regata do domingo en Carril foi Ares quen ergueu a bandeira. O que mantén os dous clubs, Meira e Ares, con catro vitorias para cada un. Na Xeral, Samertolameu lidera a táboa, con 104 puntos, só 1 por diante da traiñeira de Ares, con 103. Pobra é terceira, mais xa a distancia, con 98 pts. Na categoría B (7 traiñeiras), Rianxo e Cabo de Cruz B compiten polo liderato. Os rianxeiros van líderes con 36 puntos e 3 bandeiras e seguidos moi de perto, con 35, polos boirenses, con 2 bandeiras. En terceiro posto, a embarcación de A Cabana-Ferrol, con 29 ptos. Esta traiñeira foi a que se impuxo na proba do domingo, desputada en Redondela. A do sábado, que ía ter lugar en Mera, tivo que ser suspendida pola intensa néboa. Na Liga Feminina, Cabo de Cruz mantén liderato (6 puntos), por diante de Chapela e A Cabana. Mentres, na Liga ACT ou San Miguel, na que compiten 12 traiñeiras vascas, galegas e cántabras, Tirán e Cabo de Cruz mantéñense na zona intermedia da clasificación, todo un mérito se temos en conta o desfase orzamentario entre os clubs galegos e o resto de competidores, por non entrar nas longas distancias que deben percorrer Cabo e Tirán para competir en boa parte das regatas, que se desputan en Euskal Herria. Na regata desta fin de semana, nas augas de Zarautz, a vitoria foi para Urdaibai, que redobra así a presión sobre os líderes, Hondarribia. Tirán finalizou quinta e Cabo de Cruz, sexta. Na Clasificación, liderada por Hondarribia (146 ptos) e con Urdaibai pegadiños á súa popa (145 ptos), Tirán é quinta e Cabo, oitava. Bandeira da Deputación da Coruña O Club de Remo de Cabo de Cruz foi o gañador da vixésimo sétima edición da Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada esta segunda feira en augas do porto de Ares. Participaron 8 embarcacións, o segundo posto foi para Pobra e o terceiro, para Rianxo."}
{"ID": "NOS_50581", "summary": "Unha boa versión do Deportivo non deu pasado do empate en Riazor face o Valencia. A explicación, que a equipa rival ten entidade (combateu de ti a ti co Barcelona en Mestalla) e que o Dépor continúa a encaixar goles parvos, evitábeis.", "text": "O Deportivo saíu ao campo moi enchufado, consciente do que estaba en xogo, non ta só caer en postos de descenso, senón tamén probabelmente a continuidade do treinador após as pesadas derrotas consecutivas face o Barça e o Celta. O vestiario está con Garitano e iso viuse sobre o céspede de Riazor. Mentres lle durou a gasolina ao Deportivo nos primeiros 20 minutos do partido, o Valencia abondo tivo con aturar os embates galegos. Non é que houbese moita claridade no xogo riazoreño, mais si enerxía entreverada de destellos de talento do turco Çolak, que voltaba ao once titular após penar a súa non esclarecida indisciplina coa non convocatoria no derbi co Celta. Çolak está nunha dimensión distinta á do resto dos seus compañeiros. Ve futebol onde os outros non ollan nada. Non só por capacidade técnica, senón tamén posicional. Só iso explica que un futbolista da súa exigua estatura, menos de 1,70, puidese rematar de cabeza totalmente só a boca de gol até en dúas ocasións moi claras. Na primeira abeirou o tanto. Na segunda (xa no desconto da primeira parte) non fallou. Çolak está nunha dimensión distinta á do resto dos seus compañeiros. Ve futebol onde os outros non ollan nada Após a saída de vertixe do Dépor, o Valencia atrapou a pelota e conduciuna con máis tino. No passing game é unha equipa superior á galega, con xogadores de grande manexo como Mario Suárez, Enzo Pérez, João Cancelo, Parejo ou Nani. Unha escadra para estar na zona nobre da clasificación. O Deportivo defensivamente, aliás, non sufriu grande cousa e cando o fixo apareceu Tyton, o debutante polaco no arco galego. Estivo a moi bon nível. Áxil baixo paus, dominante no xogo aéreo e con determinación á hora do un contra un cos dianteiros rivais. Boa estrea. Mais un bon Deportivo non basta para fechar os partidos porque o combo galego continúa abonado aos goles parvos, esas accións en que parece desconectar do xogo, perder a concentración e cometer erros de principiantes. Un cruel paradoxo quixo que ese fallo de principiante o perpetrase esta segunda feira o seu mellor futbolista, Çolak. Unha perda de balón imperdoábel do turco permitiu o Valencia pór na área un centro velenoso. A defensa, atrapallada, non soubo conxugar o perigo. O balón, fusilado á beira da área pequena, entrou por centímetros na portería coruñesa. Tyton expulsouno do seu marco e sobre Riazor pairou a dúbida de se a bola traspasara ou non a liña de meta. A verdade é que si o fixo e que o árbitro acertou ao decretar o gol valencianista. Na súa estrea, Tyton estivo a moi bon nível. Áxil baixo paus, dominante no xogo aéreo e con determinación á hora do un contra un cos dianteiros rivais A partir daí, a bola continuou a estar en posesión do Valencia e o Deportivo fionou todo a súa capacidade agonística en defensa e as gallopadas en ataque dun Marlo Moreno que cada vez está en mellor forma física. O problema para o colombiano é que enceta as súas carreiras a 50 metros da portería rival. E, claro, tampouco é Messi para culminar en gol as súas escapadas. En definitiva, o Dépor fixo un partido máis que decente e, visto en perspectiva, o empate non é mal resultado dada a entidade do rival e dado tamén que permite, por mellor gol average do que o Sporting, evitar caír aos postos de descenso. Iso non significa que non haxa razóns serias para estarmos preocupados. Deportivo: Tyton; Juanfran (Navarro, min.85), Albentosa, Sidnei, Luisinho; Mosquera, Borges (Guilherme, min.76); Bruno Gama, Çolak, Marlos Moreno; e Florin Andone (Ryan Babel, min.79). Valencia: Diego Alves; Montoya, Garay, Mangala, Abdennour (Munir, min.53); Mario Suárez, Enzo Pérez (Medrán, min.68); Joao Cancelo, Parejo, Nani; e Rodrigo (Fede Cartabia, min.74). Goles: 1-0, m. 45+2: Çolak; 1-1, min.56: Rodrigo. Árbitro: José Luis González González, do colexio castelán-leonés. Amoestou con cartóns amarelos a Nani (min.34), Mangala (min.54), Garay (min.64), Enzo Pérez (min.65) e Montoya (min.92), polo Valencia; e a Albentosa (min.60), polo Deportivo."}
{"ID": "PRAZA_7243", "summary": "As Marchas da Dignidade propoñen outra gran mobilización no mes de marzo e un paro xeral para o vindeiro outono. A asemblea de coordinación estatal celebrará a súa vindeira xuntanza en Galicia o 17 de xaneiro coa presenza de todas as organizacións.", "text": "As Marchas da Dignidade preparan xa unha folga xeral para o vindeiro outono. Ese foi un dos acordos ao que se chegou na asemblea de coordinación estatal do 22M que se celebrou a pasada semana en Madrid, onde se estableceu a axenda social das diferentes columnas para o próximo ano 2015 logo do éxito da gran mobilización do pasado marzo e da ocupación do Obradoiro en Galicia de hai tan só unhas semanas. As Marchas da Dignidade prevén unha folga xeral o 22 de outubro e unha gran mobilización o 21 de marzo Foi unha asemblea a onde acudiron case todas as organizacións sindicais e políticas que conforman as Marchas da Dignidade, así como os máis importantes movementos sociais do Estado. Un cónclave que na vindeira ocasión celebrarase en Galicia. Será o 17 de xaneiro cando representantes de todas as organizacións que forman parte do 22M celebren unha xuntanza no país, nun lugar aínda sen confirmar, segundo puido saber Praza Pública. Será tamén a forma de recoñecer a forza e activismo da Columna Galega, unha das máis activas dun movemento que prevé un bulideiro 2015. Así, as Marchas da Dignidade prevén repetir a multitudinaria mobilización do pasado 22 de marzo con outra que seguirá o mesmo modelo e que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de marzo, tamén en Madrid. Será o próximo 17 de xaneiro, en Galicia, cando se definan os aspectos técnicos e loxísticos desta manifestación, que neste ano encheu as rúas da capital do Estado. Será na coordinadora estatal do 17 de xaneiro en Galicia onde se precisen os detalles da próxima gran manifestación Ademais, o 22M tamén ten previsto convocar marchas polo Primeiro de Maio, unhas mobilizacións que \"non significa invisibilizar o papel dos sindicatos clasistas e alternativos\", senón \"a necesidade de compartir o protagonismo cos movementos sociais, na liña estratéxica da unidade obreira e popular\". O 22 de outubro é, por outra banda, a data elixida para unha folga xeral \"obreira, social e de consumo\". Na xuntanza en Madrid, a coordinadora estatal volveuse denunciar o \"oportunismo inclasificable\" de CCOO e UGT, aos que acusan de \"intentar suplantar o chamamento do pasado 29 de novembro\" con mobilizacións simultáneas, algo que non ocorreu en Galicia, onde os dous sindicatos optaron por non saír á rúa ese día. Manuel Camaño, voceiro das Marchas da Dignidade en Galicia e un dos presentes na asemblea, cre que \"nada é casualidade\" e lembra que o pasado 19 de marzo, tres días antes da gran marcha en Madrid, Comisións e UGT \"sentaron na Moncloa xunto a Rajoy\". \"Sabían que o 22M ía ser masivo\", conta quen insiste en que \"casualmente\" o pasado luns \"tamén se volveron xuntar co presidente do Goberno para asinar as migallas dos 426 euros para os que pasan fame\". \"Nós non nos mobilizamos contra CCOO e UGT, senón en contra do réxime e de todo o que significa; eles forman pate do réxime e acumular forzas de maneira alternativa é importantísimo\", insiste Camaño. \"Cando as marchas da unidade obreira popular collen pulo, sempre hai algunha escenificación de achegamento dos sindicatos tradicionais ao réxime\", asegura quen cre que, desde hai xa un tempo, \"quen marca a axenda política e sindical da xente que sofre son as Marchas e a unidade e non os sindicatos\". \"Quen marcha a axenda política e sindical da xente que sofre son as Marchas e a unidade e non os sindicatos\" O voceiro das Marchas en Galicia está satisfeito coa resposta da cidadanía ás convocatorias do 22M, pero advirte que \"non se poden botar foguetes\". \"Todo o que se destruíu en trinta anos non se pode recompoñer en tres; isto é complexo pero entendemos que isto será un medre continuo\", engade quen lembra que había xente que \"non confiaba\" no éxito da convocatoria do pasaso 29 de novembro no Obradoiro. \"Pero cremos nela e se cremos no que facemos, o pobo crerá en nós\", remata Camaño, que cre que pese á \"invisibilización mediática\" que din sufrir, \"a unidade e a suma é a gran descuberta e a gran ferramenta\" do movemento."}
{"ID": "NOS_39323", "summary": "A secretaría xeral de Política Lingüística e a dirección xeral de Administración local aclaran dúbidas nun informe sobre a 'duplicidade de competencias'", "text": "Na mañá desta terza-feira, a Xunta de Galiza fixo público un informe sobre a relación de competencias en normalización lingüística nas Administracións locais. O documento, apresentado polo secretario xeral de Política Linguística e a directora xeral de Administración Local, Valentín García e Marta Fernández Tapias, pretende \"clarificar\" as responsabilidades legais dos Concellos nesta materia e entende que estas institucións teñen o \"mandato legal\" de promover e protexer a normalización da lingua galega. Na rolda de prensa tamén estaba presente a presidenta da Coordenadora de Traballadoras de Normalización Lingüística, Anxos Sobriño. Segundo esta, \"a partir da crise económica, os concellos comezaron a elaborar informes sobre duplicidade de competencias e sostibilidade financieira que condicionaban a contratación de técnicos de normalización lingüística e entorpecían o servizo\". Após as socias da entidade detectaran o problema, a CTNL pasou a contactar coa secretaría xeral de Política Lingüística para procurar unha solución e así poñer en claro as competencias en normalización lingüística por parte das administracións locais. Desde a Coordenadora apuntan que esta competencia está recollida no Estatuto de Autonomía e na lei de Normalización Lingüística, mais era evadida ao procurar aplicar as políticas de contracción de gasto público. A raíz disto, Política Lingüística transmitiu a problemática á dirección xeral de Administración Local, quen pasou a elaborar un informe \"clarificador\" sobre a relación de competencias. Segundo Marta Fernández, é preciso \"manter un criterio único no exercicio de competencias en materia de normalización lingüística das administracións locais, que se entende que deben cumprir a obriga de promover a lingua galega, máis aínda cando son a institución máis próxima e que máis incide na cidadanía\", declara. A directora xeral de Administración Local tamén destacou que a Xunta de Galicia traballa desde o ano 2010 nunha \"liña estratéxica consolidada\" a través da Rede de Dinamización Lingüística, onde xa colaboran -entre outras entidades- 171 concellos galegos. \"Enténdese, pois, que non se require informe previo para que as administracións locais fagan exercicio das súas propias competencias neste tema\", engade. Por último, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García concluíu que o labor de normalización lingüística debe ser unha tarefa que atinxa \"toda a sociedade\"."}
{"ID": "NOS_26030", "summary": "Os comicios decorrerán o vindeiro 13 de febreiro en Castela e León, despois do adianto electoral impulsado polo PP, que procura absorber a representación de Ciudadanos do mesmo xeito que aconteceu na Comunidade de Madrid.", "text": "Á mañá desta segunda feira, o presidente da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco (Partido Popular), facía pública a disolución do parlamento e expulsaba do seu Executivo as catro conselleiras e conselleiros de Ciudadanos, incluído o vicepresidente Francisco Igea, co que gobernaba en coalición desde 2019. Os comicios decorrerán o vindeiro 13 de febreiro e o 10 de marzo constituirase o novo lexislativo. No que atinxe á campaña electoral, desenvolverase do 28 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022. Mañueco xustificou a decisión na \"falta de lealdade dos socios de Ciudadanos, traizoáronnos ao pactar os orzamentos ás nosas costas\", incidiu na rolda de prensa, resolvendo que \"con esta deslealdade rachan o pacto de Goberno\". Agás a consellaría de Sanidade, que ocupará Alejandro Vázquez Ramos, o resto de departamentos que dirixía a forza minoritaria serán asumidos por outros integrantes do gabinete. O até o de agora vicepresidente coñeceu a convocatoria electoral durante unha entrevista en Onda Cero, onde cuestionou que se \"desmantele\" a Consellaría de Sanidade durante a sexta onda da Covid-19 e revelou que Mañueco lle repetira \"en público e en privado que esgotaría a lexislatura\". Pola súa banda, a ministra de Xustiza, Pilar Llop (PSOE), subliñou que a decisión é unha \"irresponsabilidade\", esgrimindo que está motivada polo intento do PP de evitar o custe electoral das causas xudiciais por corrupción contra cargos da formación na rexión que se xulgarán proximamente. Desde Izquierda Unida, a covoceira federal, Sira Rego, criticou o presidente por antepor intereses \"electoralistas e partidistas\" diante dos da cidadanía, e adiantou que vai impulsar unha candidatura de unidade da esquerda, abríndose á posibilidade de dialogar cos colectivos sociais contra o despoboamento. Ciudadanos á beira de quedar sen representación As enquisas publicadas nas últimas semanas antes de coñecerse o adianto electoral colocaban o PP perto da maioría absoluta. De non conseguila terían que pactar con Vox. Como xa aconteceu na Comunidade de Madrid, Ciudadanos atópase no limiar da representación nas Cortes rexionais, polo que podería perder a súa representación, que o PP aspira a absorber. Andalucía Outro dos lugares do Estado español que están pendentes da posibilidade dun adianto electoral é Andalucía, cunha situación semellante. Porén, as autoridades territoriais negaron esta posibilidade."}
{"ID": "PRAZA_14201", "summary": "A traiñeira galega gañou a mítica Bandeira da Concha por quinta vez consecutiva. Andrea Oubiña, unha das dúas únicas remeiras presente nos cinco triunfos, reclama máis apoio para o remo galego, un deporte que non deixa de darlle triunfos a un país que non compite en igualdade de condicións no País Vasco. Nin deportivas nin de apoio institucional.", "text": "Nin a crise, nin as dificultades, nin competir en territorio inimigo. Nada pode coas remeiras galegas na Bandeira da Concha, a mítica regata de traiñeiras que, por quinta vez consecutiva, viaxou cara a Galicia. A embarcación Rianxeira-Mecalia conquistou a pasada fin de semana en Donosti un novo título malia os esforzos das embarcacións vascas por conseguir un galardón que en categoría feminina só fala galego desde que se instaurara a competición para mulleres. E entres as campioas destacan dúas: Sandra Sánchez e Andrea Oubiña, as únicas remeiras que poden presumir de ter gañado todas as bandeiras da Concha. Desde que Rías Baixas empregou a denominación de Galicia e até a actualidade, co nome de Rianxeira-Mecalia. \"Claro que é un orgullo ter competido e vencido en todas\", destaca Oubiña, unha rapaza do Grove que pertence ao club de Meira e que no verán aparta durante uns meses as súas obrigas co seu equipo para adestrar e pelexar na Liga Euskotren e na mítica regata donostiarra. A embarcación galega nútrese de rapazas de diferentes clubs e vilas que se unen no verán para adestrar e competir Ela e as súas compañeiras, residentes na Guarda, Ferrol, Boiro, Moaña, Bermeo ou Altea, percorren milleiros de quilómetros e fan múltiples esforzos durante o verán para poder adestrar e competir contra equipos vascos, aqueles que contan cunha estrutura ben definida e, sobre todo, con moito maior apoio económico, tanto de patrocinadores como das administracións. \"No inverno cada unha de nós adestramos no noso club ata o mes de xuño. Eu fágoo en Meira e outras en Tirán ou Robaleira, por exemplo\", explica Oubiña, que non dubida en reclamar máis apoio para o seu deporte en Galicia. \"Somos máis recoñecidas en Euskadi que aquí, onde hai xente que non sabe nin que deporte practicamos\", di Oubiña \"Teño que compaxinar o deporte coa Universidade; vivo en Pontevedra, remo en Moaña e son do Grove... Cando volvo á miña casa as fins de semana, téñome que desprazar para ir adestrar a Meira. Paso máis tempo indo e vindo que adestrando\", explica Oubiña, que recoñece que a crise está a afectar, e moito, ao remo galego. \"Temos menos axuda porque os patrocinadores bótanse para atrás\", conta unha remeira que aclara as diferenzas de apoio a este deporte no País Vasco. As remeiras piden máis apoio económico, reducido pola crise, e máis atención dos medios de comunicación \"Sentímonos máis recoñecidas en Euskadi que aquí. En Galicia incluso hai xente que nin sabe que deporte practicamos, pero alí calquera persoa che aplaude e recoñece o teu esforzo, sexas do equipo que sexas\", asegura Andrea Oubiña, que puido comprobar unha vez máis os milleiros de persoas que seguiron a Bandeira da Concha desde a costa de San Sebastián. Alí, onde as admiran, pero onde tamén hai quen as acusa de ter formado \"unha selección galega\" que lles permite competir coas remeiras vascas. \"Os seus clubs tamén son seleccións, porque non todas as remeiras son da vila onde compiten, senón que fan os equipos escollendo as mellores\", deféndese. \"Vivo en Pontevedra, adestro en Meira e son do Grove; paso máis tempo indo e vindo que adestrando\" Todo, sen ter en conta as diferenzas en canto apoio popular, mediático ou económico entre Galicia e Euskadi. \"Non gañamos cartos e grazas que nos dá para o gasoil das viaxes\", lembra Oubiña, que conta tamén como a prensa vasca \"céntrase tanto nas traiñeiras como nos deportes maioritarios\". \"Aquí falan de fútbol e pouco máis; nada que ver co que ocorre no País Vasco\", sentencia a remeira, que nin tan sequera é capaz de asegurar a presenza da embarcación galega para a vindeira Liga Euskotren e para a Bandeira da Concha. \"Teremos que falalo e chegar a un acordo\", remata unha das mellores representantes do remo galego, o mesmo que colocou a Tirán no terceiro posto da Olimpíada das traiñeiras en categoría masculina. Galicia calidade."}
{"ID": "QUEPASA_581", "summary": "Camariñas, Carballo e Ponteceso ratitican a súa aposta polos distintitivos de calidade", "text": "Esta mañá, aAsociación de Educación Ambiental y del Consumidor acaba de publicar a relación de praias, portos, sendeiros e \"centros\" (a novidade este curso), que lucirán Bandeira Azul este verán de 2019. Un momento ao que a Costa da Morte sempre está atenta tendo en conta a importancia do sector turísitico na comarca, e a repercusión que implican estes distintivos a nivel estatal. Un distintivo que, pola contra, ten unha marea de esixencias a nivel municipal. Galicia mantén a segunda posición, detrás de Valencia, como unha das primeiras comunidades da península (cómpre ter en conta o maior número de quilómetros de costa do noso litoral) con 107 praias con Bandeira Azul e outras 62 bandeiras entre portos deportivos, sendeiros e aulas e centros da natureza. Na Costa da Morte, dúas históricas praias como eran as de San Francisco (Muros) e Laxe, perden o distintivo de calidade. En Muros, saíu denegada a petición, en principio por un problema herdado do verán pasado, cando xa non puideron izar a Bandeira por non conseguir os socorristas necesarios para cumprir os requisitos. En Laxe foron as \"inasumibles\" esixencias medioambientais cas dunas as culpables da retirada. Polo lado positivo, os concellos de Dumbría, Camariñas, Ponteceso e Carballo manteñen a súa aposta por cumprir os requisitos. O dous concellos bergantiñáns son os máis comprometidos con 3 bandeiras por termo municipal. Camariñas e Carballo manteñen os selos para os seus Sendeiros, o Sendeiro Costa da Morte camariñán e a Senda do Mar Razo-Baldaio. Ademais, Camariñas repite o distintivo de Centro Azul coa inclusión do Museo Man de Camelle. PRAIAS CON BANDEIRA AZUL DA COSTA DA MORTE 2019 Dumbría Ézaro Camariñas Arou Ponteceso ValarésErmidaOsmo Carballo RazoSaíñasPedra do Sal SENDEIROS AZUIS DA COSTA DA MORTE 2019 Sendeiro Costa da Morte Camariñas Senda do Mar Razo- Baldaio Carballo Centros Azuis da Costa da Morte Camariñas Museo Man de Camelle"}
{"ID": "NOS_43480", "summary": "O deputado de IU tamén asistirá á manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar esta cuarta.", "text": "O deputado Gaspar Llamazares visitará Galiza esta cuarta feira. O voceiro de Izquierda Unida na comisión de sanidade do Congreso d@s deputad@s presentará en Vigo o programa de sanidade da Alternativa Galega de Esquerdas, nun acto en que tamén participarán @s candidat@s de EU Yolanda Díaz, Juan Fajardo e Eva Solla xunto a Chelo Martínez, de Anova. Ademais, o excoordenador federal de IU ofrecerá unha conferencia de prensa diante das obras do novo hospital de Vigo e participará na manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar na cidade olívica."}
{"ID": "PRAZA_2961", "summary": "PSdeG, AGE e BNG censuran o Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico presentado en Comisión por Valentín García ao considerar que é \"tremendamente deficiente\" e que \"non serve para defender nin mellorar a situación do galego\"", "text": "\"Unha aposta conxunta e decidida pola implantación do idioma na economía, como valor económico, como sinal identitario e como patrimonio de todos os galegos e galegas\". Así definiu Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, o Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico 2015-2020. Fíxoo na súa comparecencia en Comisión, onde debullou un documento que se atopa na fase previa á súa aprobación polo Consello da Xunta unha vez que o Consello da Cultura Galega emita o seu informe de validación. Valentín García advirte dun desenvolvemento en cinco anos do devandito Plan, que articula un total de 84 medidas para incrementar o uso do galego e a súa visibilidade. E asegurou que o idioma propio engade valor ás empresas e produtos galegos. Pero a oposición non confía no documento e veo como moi pouco útil para a lingua. Así, a voceira do grupo do PSdeG no Parlamento, Concepción Burgo, asegura que é un Plan \"deplorable e tremendamente deficiente\" e un texto \"sen diagnose, obxectivos nin memoria económica\". \"É un Plan deplorable e tremendamente deficiente, sen diagnose, obxectivos nin memoria económica\", denuncia o PSdeG Pola súa banda, a deputada do BNG Ana Pontón considérao un \"corta e pega\" do presentado en 2004, pero coa agravente, tamén, de que \"non conta sequera cunha memoria económica financeira\", tras lembrar que os Orzamentos que veñen de ser aprobados non inclúen incemento ningún para a Secretaría Xeral de Política Lingüística para o Plan debullado este martes. Xabier Ron, deputado de AGE, recoñeceu que \"agardaba algo máis\" que unha \"simple lectura\" das medidas que pretende un documento que \"non serve para defender nin mellorar a situación da lingua propia de Galicia\". Así, denunciou que o Executivo galego \"continúe a obviar os problemas reais da lingua galega no noso país, chegando a a recoñecer os problemas de transmisión xeracional pero sen establecer medida algunha para o evitar\". Xabier Ron (AGE) cre que o Plan de Dinamización \"non serve para defender nin mellorar a situación do galego\" \"Constitúe un amplo abano de medidas e accións realizables e susceptibles de seren asumidas polos actores cos que debemos contar para a súa posta en marcha e consolidación no tempo\", advertiu Valentín García, cunha ausencia de medidas concretas que foi criticada polos grupos da oposición. Así, Concepción Burgo denunciou a falta de obxectivos \"claros e concretos\" máis alá de propostas \"xeralistas sen unha relación de indicadores\", co que \"non ofrece nada novo con respecto ao Plan Xeral e aínda por riba o empeora\". \"É tan surrealista que non pode ser avaliado\", insistiu a socialista, que cre que o documento \"non ten nada novo\" e que se limita a \"repetir as mesmas medidas para encher páxinas e chegar ás 110\". \"Veñen presentar un documento inservible para resolver os problemas creados polo propio Feijóo logo de sete anos nos que recortaron o 70% dos orzamentos para a defensa da lingua\", dixo. \"Veñen presentar un documento inservible para resolver os problemas creados polo propio Feijóo tras sete anos recordando o 70% dos orzamentos para a lingua\", lembra Pontón (BNG) Do mesmo xeito se manifestou Xabier Ron, que coincidiu con Burgo á hora de alertar de que no Plan \"non se recolle de xeito concreto o dereito da cidadanía a ser atendido en lingua galega en todos os ámbitos e sectores\". Pontón, pola súa banda, advertiu da pouca credibilidade dunha Xunta que destaca polos \"incumprimentos\" dos mandatos establecidos por lei e dos acordos parlamentarios entre os que destacou a obriga do Goberno de remitir ao Parlamento un informe de avaliación da lei Paz Andrade. \"O Goberno incumpre a lei ao igual que incumpre o Plan de Normalización Lingüística aprobado no ano 2004 por unanimidade e coa obriga da Xunta a establecer mecanismos de seguimento, control e avaliación informando con regularidade ao Parlamento; levamos toda unha lexislatura sen cumprir con esta resolución\", destacou a parlamentaria nacionalista. Tanto BNG como PSdeG repararon no feito de que a Xunta aposte agora por un plan logo dos graves retrocesos sufridos polo galego nos últimos anos. Para Burgo, o \"momento de emerxencia\" do idioma non pode ser resolto con este documento sen diagnose. E censurou que \"en ningún momento aparece a defensa dos dereitos lingüísticos dos consumidores e dos clientes\". Explicou que \"non van facer comprender ás empresas que a cidadanía ten dereito a ser atendida na súa lingua se non comprenden que a administración pública ten a obriga de atender aos usuarios en galego. O BNG asegura que o PP aínda non rectificou un discurso \"agresivo\" que lle \"fixo moito dano ao galego\" Pontón, ademais, reiterou que o PP aínda non rectificou un discurso \"que lle fixo moito dano a lingua galega, agresivo e que pon a vítima como verdugo\" ademais de \"alimentar os prexuízos contra o galego\" argumentando que todas as medidas no ámbito da normalización lingüística \"son unha imposición\" e que poñen en perigo o castelán en Galicia. \"A lingua galega segue nunha situación minorizada cun goberno que durante estes sete anos lexislou contra o galego, un goberno que prohibe que algunhas materias se dean en galego, no ensino infantil nas cidades sitúase na marxinalidade, eliminaron o requisito do galego para acceder á función pública, as axudas para a promoción do galego nos concellos, reduciron o apoio ao libro, despediron ao persoal CELGA e constatamos como nestes anos reduciuse a presenza do galego nos medios de comunicación, algúns deles moi ben subvencionados\", resumiu a deputada nacionalsita."}
{"ID": "QUEPASA_816", "summary": "Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com e a fase de Ascenso á Liga da Costa en www.copadacosta.com", "text": "Completita a xornada das Letras Galegas no Fútbol da Costa. Con grandes alegrías como a do SD Fisterra, campión da 1ª Galicia e novo equipo de Preferente. Espectacular, histórica temporada a do cadro fisterrán, arroupado por unha afección sen parangón liderada por uns Rapacollóns Big Band doutra galaxia. Este mesmo domingo, todo un pobo fixo vibrar Ara Solis para levar en volandas a un equipo que arrasou co Lalín e puido festexar un case nin soñado ascenso. É para emocionarse, como nos recoñecía o propio Estrella. A Copa das sopresas Pero houbo moito máis nesta fin de semana. Esta Copa a partido único mola, si, Anxo, si. E esta fin de semana houbo dúas novas sorpresas: Dumbría, Fisterra e Mazaricos foron eliminados por Castriz, Coristanco e Cabana (a penaltis). Tamén o Camariñas superou a barreira da categoría mentres que o Malpica superou ao Volantes tamén dende os 11 metros. Mañá luns, ás 20:00h en Zas, novo sorteo de Cuartos. Volantes, camiño de 1ª Espectacular o deste Volantes. Non tiraban a Copa e só aos penaltis o Malpica puido con eles. E iso que reservaban forzas para o choque dominical ante o Cacheiras. 5-0 para os laranxas e o camiño da 1ª en marcha. En Preferente, o Xallas conseguía unha vital vitoria que pode significar a permanencia. Veteranos Xa tendes o repaso completo ao gran papel que fixo a Selección da Costa e Veteranos o pasado venres no Campionato Galego de Seleccións Comarcais. 3º posto na primeira competición! Ademais, a Copa tamén deixou unha fermosa ida dos Cuartos, tralos que Porteño e San Román teñen pé e medio nas semis. Base: Copas e Fases de Ascenso A fin de semana deixa tamén unha completa xornada de base. Nas Fases de Ascenso, despois dunha malísima eliminatoria Previa, de novo só o Dumbría fica con opcións de ascenso ao caer por só 2-1 ante o Numancia na ida da primeira das 3 eliminatorias que teñen que superar agora os equipos costeiros. Os MIúdos Xuvenil, o Zas cadete e o Cee infantil caeron con rotundidade e teñen poucas opcións de remontar. A Copa da Costa Xuvenil xa ten Cuartos definidos, e a Cadete as semis. En Infantís queda aínda un cuartofinalista por decidir."}
{"ID": "NOS_605", "summary": "O presidente dos Estados Unidos ingresou no hospital militar de Walter Reed por consello dos seus médicos despois de sufrir unha \"febre lixeira\".", "text": "Donald Trump recupérase da Covid-19 no Walter Reed Military Medical Center de Maryland. Poucas horas despois de anunciar que el e Melania Trump, a súa esposa, deran positivo por coronavirus, o presidente dos Estados Unidos foi hospitalizado por recomendación do seu equipo equipo médico. Trump afirmou nun vídeo difundido a través das súas redes sociais pouco antes de abandonar a Casa Branca que \"está a levar moi ben\" o proceso de recuperación do coronavirus. Agradeceu o \"apoio\" recibido e aseverou que vai ao hospital para asegurarse de que \"as cousas funcionen\". pic.twitter.com/B4H105KVSs— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) October 2, 2020 O mandatario está hospitalizado por precaución e seguindo as recomendacións dos seus médicos. Segundo recoñeceron, presenta síntomas leves como febre ou fatiga, aínda que está animado e confía en seguir traballando desde o centro onde permanecerá ingresado os próximos días. Tratamento experimental Donald e Melania Tump anunciaron a pasada sexta feira que deron positivo por coronavirus despois de que unha das súas asistentes máis próximas, Hope Hicks, tamén contraese Covid-19. Neste sentido, o presidente dos EUA informou de que se lle administrou unha dose de Regeneron, un cóctel experimental de anticorpos que mostrou resultados positivos na loita contra a enfermidade provocada polo virus. O ensaio clínico atópase en fase avanzada e desenvólvese desde o mes de xullo nos EUA, en Brasil, México e Chile. Desde a Casa Branca aseguraron que presidente segue no cargo. Tanto Trump como a primeira da dama, evolucionan ben e atenden as recomendacións do equipo médico encargado de indicarlles os pasos a seguir. No caso de Melania Trump, o grupo de expertos que avalían o seu estado asegurou que, polo momento, presenta unicamente tose leve e dor de cabeza. Desde a Casa Branca aseguraron, ademais, que a saúde do vicepresidente, Mike Pence, é boa e quixeron disipar calquera dúbida sobre unha posíbel transmisión de poder: \"O presidente segue no cargo\". Ao igual que Pence, o aspirante demócrata a presidir os EUA, Joe Biden, deu negativo por coronavirus malia estar en contacto co presidente durante o primeiro dos debates electorais."}
{"ID": "NOS_47503", "summary": "A vitoria legal do rapeiro chega despois de tres anos e medio no exilio.", "text": "Bélxica non extraditará a España Josep Miquel Arenas, Valtònyc, segundo informa Vilaweb. A decisión definitiva foi anunciada pola Audiencia de Gante, que decidiu revogar a euroorde ditada pola Audiencia española, que esixía que fose condenado a tres anos e medio de prisión polas letras das súas cancións. A vitoria xudicial de Valtònyc chega despois de tres anos e medio no exilio. As autoridades españolas quixeron extraditalo por un delito de inxuria á coroa, outro por enaltecemento do terrorismo e outro por ameazas, pero ningún deles foi aceptado. Victory ! After three years of legal procedures, a detour to the European Court of Justice and to the Belgian Constitutional Court, the Court of Appeal rules that Valtonyc can not be extradited. A good day for music and freedom of expression. @valtonyc— Simon Bekaert (@Simonbekaert) December 28, 2021 Os dous primeiros quedaran practicamente descartados. En outubro, o Tribunal Constitucional belga anulou unha histórica lei estatal que castigaba os insultos contra o rei. No que respecta ao delito de enaltecemento do terrorismo, o TXUE xa resolveu a instancias do xulgado de Gante que o Estado español non podía xulgalo por este delito, xa que tiña unha tipificación máis dura que cando se produciron os feitos. Cando saíu do xulgado, Valtònyc afirmou que a nivel persoal está contento pero que, ao mesmo tempo, está \"moi enfadado\" por músicos que, como Pablo Hásel, están a cumprir penas de prisión en España polo contidos da súa letra: \"Se España é un estado fascista e está no século XVIII é porque lle interesa\". O xulgado de primeira instancia de Gante xa rexeitou a eurodemanda, polos tres delitos, mais a Fiscalía, que representa a posición española, recorreu a decisión ante o tribunal de apelación. En conversa con Nós Diario en marzo de 2018, o rapeiro mallorquí afirmaba que \"a máquina represiva estatal está ben engraxada e persegue a resistencia intelectual\". Durantre o seu exilio en Bélxica, Valtonyc e as galegas Ialma versionan 'Bella Ciao' con homenaxe a Suso Vaamonde incluída."}
{"ID": "NOS_8053", "summary": "A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) fai 25 anos e celébrao en Compostela cunhas xornadas de formación, incidindo no seu compromiso coa promoción do sector que representa.", "text": "Agapi fai 25 anos de traballo e celébrao en Santiago de Compostela. As actividades programadas contan coa participación de destacados representantes do panorama audiovisual. De tal xeito, a quinta feira 21 de novembro, pola mañá, terá lugar unha xornada en torno á produción audiovisual na que tomarán parte representantes das administracións –entre eles Beatriz Navas, directora xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA)–, xunto a asociacións, empresas e profesionais. Pola noite, os actos conmemorativos incluirán unha gran festa na sala Capitol para persoas asociadas e convidadas. Ao longo dos seus 25 anos de traxectoria, esta asociación contribuíu ao desenvolvemento do sector na Galiza promovendo, entre outras iniciativas, a creación da Academia Galega do Audiovisual, que absorbeu os premios Agapi dando lugar aos actuais Mestre Mateo. Tamén impulsou a creación do Clúster Audiovisual Galego e desenvolveu un labor destacado como interlocutora coa Administración."}
{"ID": "PRAZA_11226", "summary": "O equipo de investigación Roman Army leva anos traballando sobre o terreo, coa axuda de modernas técnicas e instrumentos. Conclúe que \"o exército romano tivo unha presenza\" no actual territorio de Galicia \"moito mais destacada, diversa e prolongada do que se coñecía ata o momento\"", "text": "Dende hai anos o colectivo investigador Roman Army, formado por especialistas de distintas universidades europeas e procedentes de diferentes disciplinas, afonda da presenza militar romana no Noroeste da Península Ibérica. Os seus achados, aproveitando modernas ferramentas tecnolóxicas, están a sacar á luz unha gran cantidade de información ata agora descoñecida, dando lugar a unha visión nova sobre un período histórico sobre o que ata agora había moitas sombras.\"O exército romano tivo unha presenza moito mais destacada, diversa e prolongada no noroeste da península Ibérica do que se coñecía ata o momento\"Os seus traballos permitiron descubrir 22 novos campamentos militares romanos, utilizados no avance das tropas cara ao noroeste e nos primeiros tempos do seu asentamento, concluíndo que \"o exército romano tivo unha presenza moito mais destacada, diversa e prolongada no noroeste da península Ibérica do que se coñecía ata o momento\". Os sitios militares atopados revelan \"unha gran dispersión dos continxentes militares ao longo do territorio e, sobre todo, unha diversidade de operacións e misións que poden ir desde accións de combate, recoñecemento do territorio ou control policial\".Ata hai pouco, Galicia, o occidente de Asturias e o norte de Portugal considerábanse escenarios marxinais da conquista romana da península ibérica. A investigación ofrece, pois, \"un escenario novo e radicalmente distinto\", sinala o equipo investigador. Estas achegas veñen de ser publicadas no artigo \"The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems\", que aparece na publicación científica de referencia Mediterranean Archaeology and Archaeometry .Os investigadores chaman a atención sobre \"a dispersión sobre o territorio\" dos sitios arqueolóxicos, que parecen identificar \"distintas zonas de operacións\"Sen pechar a porta a outras posibilidades interpretativas, os investigadores chaman a atención sobre \"a dispersión sobre o territorio\" dos sitios arqueolóxicos, que parecen identificar \"distintas zonas de operacións\". Os investigadores defenden a hipótese de que os campamentos ubicados na zona oriental de Galicia poderían estar vinculados a un episodio ou escenario secundario do conflito cántabro-astur (29-19 a.C.). Os recintos militares encaixan na lóxica seguida polo exército romano durante o conflito, no que se desenvolveron accións a gran escala contra os grupos indíxenas, que nalgunhas áreas parecen amosar \"unha gran capacidade de organización e mobilización de efectivos, así como unha notable autonomía política\". Con todo, sinalan, \"un gran número de xacementos do territorio non encaixan de maneira fácil nesta narrativa\".Os recintos militares encaixan na lóxica seguida polo exército romano durante o conflito, no que se desenvolveron accións a gran escala contra os grupos indíxenasO pasado verán o equipo traballou no Penedo do Lobo (Manzaneda), onde foi localizado un dos campamenos militares romanos mellor conservados do noroeste peninsular. A investigación revelou a presenza militar romana máis antiga documentada en Galicia, atopando por exemplo material militar romano e moedas acuñadas entre o 25 e o 22 a.C. para pagar aos lexionarios que participaban nas campañas bélicas. João Fonte, director do equipo de investigación destacaba en conversa con Praza.gal que os estudos realizados van permitir \"reescribir as narrativas históricas sobre este período, sobre os primeiros contactos entre Roma e as comunidades indíxenas do noroeste da Península\".Os investigadores identificaron cinco diferentes tipoloxías de asentamentos militares romanosOs investigadores identificaron cinco diferentes tipoloxías de asentamentos militares romanos: Recintos de pequenas dimensións (1,5-2,5 ha), que acollían pequenas unidades de entre varios centos e algo máis de mil homes. Nesta categoría entran campamentos como O Penedo dos Lobos (Manzaneda), Cova do Mexadoiro (Trazo), Coto do Rañadoiro (Carballedo) e Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Portugal).Campamentos de tamaño medio (4-7 ha), que aloxarían varios miles de homes. Neste ámbito atópanse os sitios arqueolóxicos de Cabianca (Láncara), Campos (Vila Nova de Cerveira, Portugal), A Cortiña dos Mouros (Cervantes) e Santa Baia (A Laracha), un caso moi rechamante, destacan, \"pola súa proximidade á antiga cidade de Brigantium e debido a que o campamento foi disposto na zona exterior dun castro, acolléndoo no seu interior\".Grandes campamentos (de 10-15 ha de lonxitude), que acollerían polo menos unha unidade numericamente equivalente a unha lexión (aproximadamente 6000 homes). A maior parte deles están ubicados na zona oriental de Galicia (Monte da Chá e Monte da Medorra (Láncara/Sarria), A Penaparda (A Fonsagrada), O Monte de Ventín (Pol), agás o de O Cornado (Negreira).Recintos que superan con moito estas dimensións (aproximadamente 20 ha), podendo ter servido a auténticos corpos do exército (aproximadamente 10000-14000 homes). O equipo localizou entre o río Limia e o río Miño dous grandes recintos na Serra do Leboreiro/Laboreiro: Lomba do Mouro (Melgaço / Verea) e Chaira da Maza (Lobeira).Castela ou fortificacións estacionais de pequeno tamaño. Trátase de A Recacha (Navia de Suarna), nas montañas orientais; Outeiro de Arnás (Verín) controlando un bo tramo do val do Támega; e O Castrillón (Touro)."}
{"ID": "NOS_17912", "summary": "Nas últimas horas téñense producido avanzos na negociación entre Valonia e Canadá, mais non os suficientes para o tratado se asinar esta quinta feira, como estaba en principio axendado.", "text": "Valonia só dará luz verde ao tratado entre a UE e a CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement) no caso de se estabelecer un \"mecanismo de salvagarda\" para a agricultura, afirmou esta quinta feira Benoît Lutgen, o presidente do Centro Democrático Humanista, unha formación de centro-direita que partilla o goberno de Valón co Partido Socialista. Lutgen enfatiza que as conversas en curso para a asinatura do CETA han servir de base a \"outras negociacións\", en alusión ao TTIP, un tratado que na súa literalidade actual Valonia \"tampouco querería\". A defensa do sector primario -face a importación de carne de bovina hormonada- é o elemento central que leva a Valonia a impugnar o CETA no seu estado actual. O mecanismo de salvagarda que desexa Lutgen é a posibilidade de \"tomar medidas de sostén ao sector en caso de crise\". O político centrista deixa entrever que Ottawa estaría disposto a oferecer garantías a Valonia nesta materia. Estaríanse tamén a producir avanzos na cuestión do tribunal de arbitraxe, a instancia que dirimiría conflitos entre as multinacionais e o Estado belga. Bruxelas estaría disposto a que esa corte a compuxesen maxistrados profisionais. Ottawa, aínda non. \"Non queremos un tribunal composto de lobbystas\", afirma Lutgen. En todo caso, todo indica que as negociacións non están fechadas e que fican días por diante para un eventual acordo. Un portavoz da ministra canadiana de Comercio, Chrystia Freeland, anunciou que esta quinta feira a delegación de Ottawa non viaxará a Bruxelas, como estaba axendado para asinar o CETA, mais deixou a porta aberta para culminar as conversas: \"Canadá fica disposto a asinar este importante acordo cando Europa estea pronta para o facer\"."}
{"ID": "NOS_19947", "summary": "Centos de persoas participan nas concentracións contra os asasinatos de Ana e Elena.", "text": "Centos de persoas saíron á rúa para denunciar os asasinatos de Ana e Elena, as dúas últimas vítimas da violencia de xénero en Galiza. Concentracións que decorreron en cidades e vilas do país e que foron un clamor contra a barbarie machista. \"Ningunha máis\", \"Cando unha muller é asasinada todas somos vítimas\", \"Contra o patriarcado, feminismo organizado\" ou \"Ningunha agresión sen resposta\" foron algúns dos lemas que se podían ler nas faixas que había nas mobilizacións. Na concentración de Compostela, compañeiros de Lamas de Abade da muller asasinada, Elena, leron un comunicado. \"Este problema atínxenos a todos, non só ás mulleres\", afirmaban, ao tempo que se chamaba a actuar para rematar coa violencia machista. A aposta nun compromiso firme de institucións e sociedade para rematar con esta lacra é unha das demandas. Noutras concentracións lembrábase que, e segundo os datos oficiais, entre 2003 e 2014 foron asasinadas perto de 800 mulleres, unha cifra estarrecedora e que dá idea da dimensión do problema. \"Contra o patriarcado, feminismo organizado\" resumía unha faixa na concentración de Lugo. O presunto asasino de Ana María Enjamio pasa esta cuarta feira a disposición xudicial. A Policía mantén a busca do principal sospeitoso do asasinato en Compostela de Elena M, a súa ex-parella, que se atopa fuxido."}
{"ID": "PRAZA_10909", "summary": "O tempo esgótase e os irresponsábeis actores da esquerda española-UP e PSOE, PSOE e UP- arriscan unha posíbel vitoria da dereita española tanto máis probábel como avance o xa evidente enfriamento da economía e como abrolle a desmovilización do previsíbelmente desencantado electorado progresista.", "text": "Dende as eleccións do 28-A, cualificadas pola extraordinaria mobilización do electorado progresista estatal, os irresponsábeis Pedro e Pablo xogaron ao máis cativo e paifoco tacticismo , esquecendo de xeito patente as esixencias do interese xeral e máis o mandato da cidadanía, que decidiu un goberno de coalición progresista de maioría socialista e corrixido por unha moi cualificada presenza dos soberanismos catalán, vasco e, en menor medida, valenciano.A responsabilidade desta desaquelada situación repártese entre PSOE e Unidas Podemos (UP), malia que sobre o PSOE pese a meirande parte, tanto por ter 123 deputados por 42 de UP como por achegar a persoa do candidato a presidente do Goberno do Estado.Verdade tamèn que os poderes do Deep State e os voceiros mediáticos do IBEX 35 fixeron o posíbel por impedir un Goberno de coalición PSOE-UP. Que era a resultante lóxica da decisión electoral cidadá. Deste xeito a gobernanza estatal ficaba como excepción fronte ´á normalidade das coalicións no conxunto da Europa, nos gobernos nacionais de Catalunya, Escocia, Gales, Euskadi ou Galicia e noutros gobernos autonómicos ou dos lander alemáns.No que si concordaron PSOE e UP é na súa coincidencia tácita en esquecer pasadas fórmulas confederais (no caso de UP) e federalistas (vid Granada 2013, no caso do PSOE) para lle mercar ao tripartito da dereita española o seu modelo de recentralización uninacional. UP descoñecía en xullo que as políticas activas de emprego son da competencia autonómica, mentres o PSOE, nas súas 370 medidas propostas a UP como pacto de lexislatura (que éste asume como positivas), propugna actuacións específicas no eido do transporte interior, comercio interior e vivenda e fala de \"clarificación competencial\", fórmula do politiqués unionista-madrileño que significa, como ben saben, máis recentralización.O tempo esgótase e os irresponsábeis actores da esquerda española-UP e PSOE, PSOE e UP- arriscan unha posíbel vitoria da dereita española tanto máis probábel como avance o xa evidente enfriamento da economía e como abrolle a desmovilización do previsíbelmente desencantado electorado progresista.Mentres, PNV e ERC exercen o papel que non lles cumpre ao ofrecer un cheque en branco para evitar unha vitoria electoral da dereita extremista e tripartita española."}
{"ID": "NOS_18270", "summary": "Biden anuncia un incremento da presencia militar terrestre, naval e aérea dos EUA en Europa.", "text": "Os aliados da OTAN asinarán a vindeira terza feira, 5 de xullo, en Bruxelas, o protocolo de adhesión de Suecia e Finlandia á alianza, despois de que Turquía levantase onte o veto contra ambos os dous países escandinavos tras lograr un maior compromiso na loita antiterrorista. As negociacións a tres bandas facilitadas polo secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, e o seu equipo culminaron esta terza feira en Madrid cun acordo que pon fin a un mes de bloqueo por parte de Ankara e achanda o camiño de Estocolmo e Helsinqui á organización. A OTAN reforzarase no leste de Europa: de 40.000 a 300.000 soldados A firma terá lugar en seis días no seo do Consello do Atlántico Norte, o órgano executivo que reúne aos 30 aliados na sede de Bruxelas, sinalaron fontes da OTAN. Este documento asinarase \"en paralelo\" ás negociacións de adhesión, que se espera que leven tan só unhas horas debido a que Suecia e Finlandia están moi aliñados cos estándares da Alianza Atlántica. Isto fai que o ingreso formal de Suecia e Finlandia non chegue até finais de 2022 ou principios de 2023, algo que inquieta os candidatos que queren contar con garantías de seguridade Stoltenberg cualificou o pacto de \"bo acordo\" para todas as partes, engadindo que implicará que os dous países nórdicos traballen de forma \"aínda máis estreita\" con Turquía para combater o terrorismo, extraditar sospeitosos ou intercambiar información. De momento, Suecia e Finlandia participarán no cumio de Madrid como socios e non como 'convidados', isto é membros 'de facto', un status que terían de asinarse o protocolo de adhesión antes da cita. Adhesión Os dous países nórdicos solicitaron conxuntamente a súa entrada na OTAN o pasado 18 de maio, un ingreso que a Alianza Atlántica apostaba porque fose 'exprés' e estivese listo para o cumio de Madrid. Con todo, Turquía frustrou esa posibilidade polas súas reticencias ante suposta conivencia de suecos e finlandeses co Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) e as Unidades de Protección Popular (YPG). O presidente Joe Biden anunciou o reforzo do despregamento militar dos EUA en Europa O próximo paso serán as negociacións e a firma do protocolo de acceso, que rubrican os aliados en Bruxelas para envialo posteriormente ás distintas capitais. A ratificación destes protocolos sería a fase máis longa debido aos distintos sistemas para avalar ao novo socio. Este procedemento burocrático demorarase meses debido a que cada aliado ten un sistema de validación diferente, e en moitos casos implica unha votación no Parlamento. Isto fai que o ingreso formal de Suecia e Finlandia non chegue até finais de 2022 ou principios de 2023, algo que inquieta os candidatos que queren contar con garantías de seguridade para este período ante as ameazas de Rusia. As 13 preguntas e respostas para entender a relevancia da OTAN Unha vez todos os membros da alianza e os candidatos aprobaron estes protocolos, o seguinte paso será depositar estes documentos en Washington, onde son custodiados polo Goberno de Estados Unidos. Despregamento militar en Europa No arranque do cumio da OTAN que ten lugar en Madrid, o presidente Joe Biden anunciou o reforzo do despregamento militar dos EUA en Europa. Aumentará a súa presenza presencia terrestre, naval e aérea en distintos puntos del continente, nomeadamente en Polonia, Romanía, Italia, Reino Unido, Alemaña e no Estado español, onde Biden acordou co presidente Sánchez ampliar de catro a seis os destrutores dispoñíbeis na base naval de Rota. Desde o pasado mes de febreiro, os EUA enviaron uns 20.000 soldados suplementarios a Europa, elevando o total a perto de 100.000. Agora pretende abrir en Polonia un cuartel xeral permanente, despregar unha brigada rotatoria dotada cuns 3.500 combatentes en Romanía, reforzar a presenza militar nos países bálticos, estacionar dous escuadróns adicionais de avións de combate F-35 no Reino Unido e reforzar as defensas antiaéreas en Alemaña e Italia."}
{"ID": "NOS_56349", "summary": "En 2009, ano do retorno do PP á Xunta, había 16.387 persoas con dereito recoñecido agardando pola prestación, unha cifra que aumentou a case 25.000 en 2015.", "text": "En 2009, ano no que Núñez Feijóo arribaba á Xunta de Galiza, había na Galiza ena tención á dependencia 16.387 persoas beneficiarias con dereito a prestación e que estaban en lista de agarda para recibir a prestación que tiñan recoñecida. En 2015, sete anos do goberno de PP despois, esa cifra aumentou nun 50,6% e a lista de agarda estaba formada por 24.691 persoas. Adela Poisa, secretaria de Política Social de CCOO, lembrou estes dados a raíz das promesas \"electoralistas\" feitas pola Xunta sobre atención a persoas dependentes. Considera positivo que se vaia incrementar o número de horas de axuda ao domicilio, mais critica que este anuncio se faga a escasas semanas das eleccións. Para a representante de Comisións Obreiras, da análise dos dados oficiais sobre o sistema de atención á dependencia (SAAD) pódese interpretar un \"desencanto\" das persoas sobre o funcionamento do servizo. Poñen como exemplo \"máis elocuente\" desta afirmación que as solicitudes rexistradas diminúen a partir do ano 2013, e iso malia que en xullo do 2015 xa entran no sistema as persoas con dependencia moderada. \"Contra todo prognóstico, as solicitudes, lonxe de aumentar, diminuíron, proba de que algo está a fallar\", sinala a secretaria de Política Social do sindicato. Poisa alertou de que \"Falta persoal para facer as avaliacións, pero tamén faltan recursos para concederlles ás persoas as prestacións a que teñen dereito\". Galiza, lembrou, está por baixo da media estatal no que atinxe á porcentaxe de persoas con dereito a prestación, embora que a galega é unha comunidade cunha poboación altamente envellecida. Análise do sistema da dependencia (SAAD) en Galicia"}
{"ID": "PRAZA_14694", "summary": "O día 15 de outubro deu comezo o macroxuízo do Prestige, un paripé xudicial rodeado dunha aureola mediática, toda vez que ningún responsable político do goberno Aznar está sentado na bancada dos acusados. Coincidindo co inicio do xuízo, os sindicatos CCOO, USO, UGT e CIG, desprazámonos ao recinto onde se está a celebrar para amosar a nosa indignación cunha nova dilapidación de fondos públicos, nunha operación orquestrada de maquillaxe sobre a podremia interna da xustiza.", "text": "O día 15 de outubro deu comezo o macroxuízo do Prestige, un paripé xudicial rodeado dunha aureola mediática, toda vez que ningún responsable político do goberno Aznar está sentado na bancada dos acusados, nin o cazador Cascos, nin Federico Trillo, o bombardeiro das praias esplendorosas, nin Fernández de Mesa, o clarividente que afirmou: \"probablemente o fuel non toque a costa galega\", e moito menos o actual presidente do goberno, Mariano \"hilillos de plastilina en estiramiento vertical\" Rajoy. Un paripé xudicial rodeado dunha aureola mediática, toda vez que ningún responsable político do goberno Aznar está sentado na bancada dos acusados A función celébrase nun palacio de exposicións da Coruña, deficitario dende a súa creación, que ven de arranxar as súas propias contas logo de investirse preto de un millón e medio de euros na posta a punto do recinto para a entrada en campaña dun proceso que se quere presentar, dez anos despois, como o carpetazo ao episodio político e medioambiental máis vergoñento da nosa historia recente. Uns cartos que serven para lavar a cara dunha xustiza cambaleante, en estado agónico, cunha xurisdición social desbordada e a civil seguindo de preto os seus pasos Uns cartos que serven para lavar a cara dunha xustiza cambaleante, en estado agónico, cunha xurisdición social desbordada e a civil seguindo de preto os seus pasos, sen que se poña solución algunha enriba da mesa, coa escusa de que non hai orzamento necesario. Non o hai para atender as necesidades do cidadán de a pé, pero si para montar un circo xudicial ante a presenza masiva de medios nacionais e internacionais: mobiliario de primeira calidade, unha sala de prensa semellante á sala de control da NASA, pantallas xigantes por todas partes, unha cafetería ad hoc de nova creación, un mar de togas brillantes e sedosas... En definitiva, unha pantalla relucente que a pouco que se rasque deixaría ver todo o vergoñento refugallo que esconde a realidade da xustiza: escaseza de medios materiais e persoais, descoordinación de programas informáticos, mala xestión do diñeiro público en investimentos faraónicos nacidos como inservibles e falta de vontade política da resolución dos problemas estruturais, ao ser tradicionalmente a xustiza un servizo público que outorga pingües beneficios as arcas públicas. Coincidindo co inicio do xuízo, os sindicatos CCOO, USO, UGT e CIG, desprazámonos ao recinto onde se está a celebrar para amosar a nosa indignación cunha nova dilapidación de fondos públicos, nunha operación orquestrada de maquillaxe sobre a podremia interna da xustiza Coincidindo co inicio do xuízo, os sindicatos CCOO, USO, UGT e CIG, desprazámonos ao recinto onde se está a celebrar para amosar a nosa indignación cunha nova dilapidación de fondos públicos, nunha operación orquestrada de maquillaxe sobre a podremia interna da xustiza. Despregamos a nosa pancarta ao lado dos integrantes do colectivo Nunca Máis, cos que compartimos a necesidade de investir alí onde se necesita: no gasto social, educación, na sanidade, na xustiza, en partidas como salvamento marítimo para evitar un novo desastre e non en curraliños privados ou escaparates formais dedicados a encher as páxinas dos xornais amigos e subvencionados. Os funcionarios de xustiza non estabamos alí representados, como dixo un periodista de sucesos de La Voz de Galicia, a \"reclamar lo suyo\", estabamos alí para denunciar o deterioro da función pública, a desvalorización do servizo público que vai repercutir na cidadanía Os funcionarios de xustiza non estabamos alí representados, como dixo un periodista de sucesos de La Voz de Galicia, que ben podería traballar no Caso, a \"reclamar lo suyo\", estabamos alí para denunciar o deterioro da función pública, a desvalorización do servizo público que vai repercutir na cidadanía. Non é tolerable que un xuízo mediático baleiro de contido solape a situación real da xustiza: en caída libre e a piques de estourar, non só no que nos atinxe como traballadores, sen paga extra, con recorte nos días de vacacións e asuntos propios, con penalización económica por cometer o erro de enfermar, con redución de cadros de persoal, sometidos a mobilizacións xeográficas salvaxes, senón tamén no que se refire á calidade do servizo, cada vez máis desvalorizado e custoso, con taxas desorbitadas, atrasos por falta de persoal e plans de redución de partidos xudiciais inasumibles para os cidadáns, con problemas reais e que necesitan resposta áxil e eficaz cando se está a falar das súas situacións persoais, alto tan vital como o cobro de indemnizacións por despedimentos, o aboamento de débedas, ou a protección da súa integridade física. A cidadanía galega non se debe deixar enganar por este escenario hollywoodense: é unha cristaleira de cores vivas que agocha un animal moribundo ao que están matando de fame En conclusión, a cidadanía galega non se debe deixar enganar por este escenario hollywoodense: é unha cristaleira de cores vivas que agocha un animal moribundo ao que están matando de fame."}
{"ID": "NOS_20895", "summary": "No Polígono industrial de Atios.", "text": "Un operario resultou falecido na tarde desta segunda feira tras sufrir un accidente laboral no municipio do Porriño, comarca de Vigo. Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu pouco antes das 16:00 horas, cando un compañeiro da vítima alertou de que recibira un forte golpe mentres traballaba nunha empresa do polígono industrial de Atios. Até a zona desprazouse unha ambulancia do 061 que, con todo, só puido certificar a morte do traballador. No operativo interviñeron tamén efectivos da Garda Civil, a Policía local e Protección Civil da localidade. Aumento da sinistralidade No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6,05. Galiza está á cabeza en índice de incidencia en sinistros laborais mortais. Unha situación que os sindicatos afirman que vén de lonxe polo que piden unha convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo materia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde (ISSGA), Inspección de Traballo, Xunta da Galiza e axentes sociais."}
{"ID": "NOS_7576", "summary": "Segundo recolle Europa Press a decisión tería a ver cunha investigación por suposta estafa.", "text": "Esta quinta feira (12 de maio) presentou a súa demisión Gonzalo Concheiro, alcalde de Boimorto após a moción de censura presentada polo Partido Popular e o candidato do PSOE, José Balado, en agosto de 2015. Na altura, o acordo de goberno alcanzado polo PSdeG e BNG e do que saíu eleito alcalde Xosé Luís Rivas, Mini, durou menos de tres meses. Unha \"operación mafiosa\", en verbas do ex-alcalde. A decisión de Gonzalo Concheiro tería podería ter a ver cunha investigación por presunta estafa na que xa prestou declaración Segundo comunicou a dirección do PP na Coruña a decisión tería sido por \"motivos persoais\" porén, fontes recollidas pola axencia de noticias Europa Press apuntan a unha investigación en curso por presunta estafa vencellada a unha empresa aseguradora e accidentes de tráfico pola que xa tería prestado declaración. Gonzalo Concheiro é médico de profesión e, para alén de alcalde, combinaba as súas funcións na sanidade pública e na privada. En total, Concheiro estivo no cargo de rexedor apenas 9 meses. Agora será substituído pola número dous da candidatura María Jesús Novo da man de quen, di a dirección do PP da Coruña, a \"estabilidade do goberno local está garantida\"."}
{"ID": "PRAZA_20658", "summary": "O Pazo é a propiedade máis destacada das moitas coas que o ditador se fixo durante a ditadura na área da Coruña. A súa familia vendeu e sacou importantes beneficios de boa parte dun patrimonio que inclúe terreos, inmobles e numerosas obras de arte usurpadas á poboación", "text": "O anuncio de que a Fundación Francisco Franco xestiona dende hai meses as visitas ao Pazo de Meirás e a confirmación por parte da entidade de que empregará esta \"excelente oportunidade\" para facer apoloxía da ditadura e da \"grandeza\" do dirixente fascista devolveron o inmoble e a súa historia á actualidade. A institución franquista non só se gaba do legado do militar golpista, senón que debuxa un relato que fala da construción como unha \"xenerosa doazón\" do pobo galego, obviando as numerosas investigacións que acreditan as presións, os descontos nas nóminas de funcionarios públicos, as ameazas ou as patrullas supervisadas pola Falange que acudían ás casas a solicitar aquelas supostas \"subscricións voluntarias\" en plena represión. O espolio non se limitou aos cartos da poboación. Terreos, casas, importante patrimonio artístico ou edificios históricos foron usurpados á cidadanía da época por parte da familia Franco, que se lucrou e segue a lucrarse de todas esas propiedades grazas a unha elite burguesa clave para aquel \"macroespolio\". O espolio dos Franco non se limitou ao Pazo de Meirás; terreos, casas e numeroso patrimonio artístico foille usurpado á poboación Todos estes espolios, os métodos para levalos a cabo e a conivencia de boa parte da alta sociedade da Coruña e arredores son explicados por Carlos Babío e o historiador Manuel Pérez Lourenzo nunha investigación que verá a luz nun libro a finais deste ano. O caso máis evidente dese \"macroespolio\" son os arrredor de 80.000 metros cadrados nos que os Franco ampliaron as súas propiedades fóra dos muros do Pazo e na propia parroquia de Meirás. Moreas de terreos e leiras que seguen agromando. \"Hai pouco descubrín un do que non había constancia e que tamén foi inscrito ao nome do ditador\", explica Babío. Noutras zonas do Concello da Sada tamén se fixeron con múltiples propiedades. Ou no de Oleiros, outro municipio da área coruñesa onde a familia do militar golpista estendeu as súas propiedades. Todo iso fóra dos muros que arrodeaban o Pazo, pero tamén dentro. De feito, Carlos Babío empezou as pescudas ao descubrir que unha das casas que quedaba dentro da agora propiedade privada dos Franco lle fora substraída á súa avoa. A súa familia foi unha de tantas labregas obrigada a ceder as súas propiedades para ampliar o agasallo ao ditador en plena guerra civil e brutal represión. E así ducias delas. As administracións gastaban importantes cantidades de cartos públicos en obras para o Pazo: aínda en 1975, 3,5 millóns de pesetas Ao tempo, en plena posguerra, as administracións públicas do réxime franquista gastaban cartos a esgalla en obras nas xa propiedades do xeneral fascista coa inestimable axuda de diferentes concellos. Hai moitos exemplos, algúns ben ilustrativos. Un dos terreos espoliados aos veciños anexo ao Pazo servía de cuartel para as tropas, onde había un importante problema para a evacuación das augas fecais. En 1951 constrúese unha fosa séptica bacteriana e o ditador descobre que os restos eran un importante fertilizante para o millo plantado nas leiras colindantes. Un investimento público de 50.000 pesetas fixo o resto e construíuse unha rede de saneamento entre o cuartel e o Pazo para abonar os xardíns. En 1974, segundo a investigación, investíronse no agora Ben de Interese Cultural (BIC) 2,8 millóns de pesetas. En 1975, 3,5 millóns. O gasto e o afán lucrativo dos Franco non tiñan límite. O seu patrimonio aumentaba aos poucos. O método para facerse con máis e máis terreos era sempre o mesmo. A familia negociaba cos veciños a través da denominada Casa Civil, organismo creado en 1938, dependente directamente do xeneral fascista e que xestionaba todas as actividades que se derivasen da súa función como xefe de Estado. Acordaba un prezo -ou impoñía- para pasar logo os terreos a propiedade da familia, pero sempre inscritos a nome do propio ditador. O ditador aumentou en 80.000 metros cadrados as súas propiedades fóra do Pazo en Meirás e mercou terreos en Sada e Oleiros Durante os anos 80 e principios dos 90, morto había anos o ditador e coa democracia xa avanzada, a familia Franco vendeu a maioría dos terreos obtendo elevados beneficios. Terreos mercados a través da Administración que acabaron sendo aproveitados para se lucraren. No seu poder, no entanto, continúan algunhas propiedades que non puideron vender \"ao non ser urbanisticamente apetecibles e estar protexidos\", como destaca Babío. Co resto gañaron, \"moitas veces con recualificacións por medio das que sacaron tamén importantes beneficios\". O devandito acuartelamento de tropas, construído con fondos públicos nunha parcela roubada e posta a nome do ditador, \"foi clave logo nun pelotazo urbanístico\". \"Non se lle pode sacar máis rendemento a un roubo\", insiste quen considera \"imposible\" determinar cal foi o valor de todas esas vendas e cantas se levaron a cabo. Nos 80, a familia Franco empezou a lucrarse vendendo as propiedades que acumulara durante o franquismo Mesmo empresas creceron da man do espolio. Pazo de Meirás Productos de la Huerta explotaba fincas expropiadas, producía leite, lúpulo ou madeira. O Ministerio de Agricultura facilitáballe sementes e mesmo as crías dos animais. Os investigadores posúen documentos nos que a Casa Civil de Franco agradecía a organismos públicos as súas achegas, e mesmo algún recibo de 180 pesetas por seis ducias de ovos producidos naqueles terreos. En todas estas operacións durante a ditadura, a familia do ditador valíase da axuda das elites franquistas da Coruña e arredores. \"Era unha trama de favores, de favores mutuos a conta do erario público; lucráronse a aínda se lucran as elites. É a historia da corrupción política dun réxime, pero vai moitísimo máis aló dese inmoble e dos seus terreos; foi un macroespolio, a gran vergonza do Estado aínda sen resolver\", engade o investigador, que aclara que \"o Pazo de Meirás serviu como oportunidade de negocio para a burguesía\". \"É a historia da corrupción política dun réxime; foi un macroespolio, a gran vergonza do Estado aínda sen resolver\" Tamén para que Franco cumprise cos seus caprichos, como a Casa Cornide, na zona vella da cidade da Coruña. Foi adquirida por Pedro Barrié de la Maza nunha poxa en 1962 á que só asistiran el e o xefe do Movemento e pagando menos de 45.000 pesetas. Logo, acabou en mans do ditador grazas á intervención do conde de Fenosa, un dos persoeiros da época que formaron parte da denominada Junta Pro Pazo –grupo encargado de expropiar o Pazo de Meirás e recadar fondos para as súas obras–, xunto a José María Marchessi, Joaquín Barcia, José Casteleiro Varela ou o alcalde Alfonso Molina. Os Franco fixéronse coa Casa Cornide na zona vella da Coruña en 1962; moito antes, mandaran construír unha casa en Bastiagueiro Moito antes, o ditador quixo unha casa fronte ao mar e en zona de praia. \"En 1939 chega a Meirás con varias intencións\", di Babío. Ademais de vixiar e controlar todo o que se facía na que sería a súa residencia de verán, \"fai un percorrido por diferentes praias da costa para escoller unha, ata que se decide pola de Bastiagueiro\", areal de Oleiros. \"Alí ordena que se lle compre unha propiedade para construír unha casa\", engade o que fora concelleiro en Sada. Adquírenlle un terreo e constrúe unha residencia, todo pagado \"con fondos públicos\". Á morte do ditador, a súa familia vende tamén esta propiedade nunha das mellores zonas do concello de Galicia con maior renda per cápita. Negocio redondo. \"Un espolio de moitos espolios\" Pero o propio Pazo de Meirás é, como di Babío, \"un espolio de moitos espolios\". Dentro da propiedade hai pezas arqueolóxicas de importante valor, cruceiros, fontes, balaústres ou escudos traídos doutros pazos galegos. Así, por exemplo, o Pazo de Bendaña, en Dodro, foi desmantelado para instalar na residencia de verán dos Franco elementos como gravados, figuras da capela e as propias pedras. Mesmo a biblioteca desapareceu. Ademais, dos pazos de Ximode ou Hermida tamén se retiraron diferentes obxectos que acabaron en Sada e en propiedade dos Franco. O Pazo de Bendaña foi desmantelado para instalar gravados, figuras e pedras en Meirás A maioría de todas estas pezas eran agasallos de diferentes concellos e outras administracións ou adquisicións da muller do ditador, Carmen Polo, coñecida na cidade da Coruña por entrar nas xoierías e acceder a todo canto capricho tiña sen reparo ningún. Entre os regalos para Meirás, fontes de granito dos séculos XVII e XVIII, unha réplica do relevo da praza das Bárbaras na Coruña ou un cruceiro que representaba o Santo dos Croques e que foi usurpado do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. A familia do ditador é propietaria de dús figuras do século XII do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago Do mesmo Pórtico substraéronse tamén dúas figuras do século XII, de entre 1,80 e 1,70 metros. Aínda que non se coñece como chegaron ás mans dos Franco, sábese que en 1947 foron mercadas polo Concello de Santiago ao conde de Ximonde. O goberno local pagou 60.000 pesetas nunha operación na que se estipulaba que, de acabaren as esculturas fóra de Compostela, o vendedor recibiría 400.000 pesetas. Durante un tempo formaron parte da decoración do Pazo de Meirás e, segundo as últimas noticias, atópanse arestora na Casa Cornide. A Deputación da Coruña, a través da súa vicepresidenta Goretti Sanmartín, reclamara hai case un ano que as figuras virasen a \"dominio público\" e lembrou que son propiedade da familia Franco malia que \"non existe documento ningún que acredete propiedade, por compra ou cesión\". Pero, como tantas outras cousas, os Franco seguen gozando delas. Consecuencias máis aló de Meirás As consecuencias da cadea de favores, corruptelas e espolios do público teñen consecuencia en conflitos actuais. A relación entre os terreos da Solana e o Hotel Finisterre na Coruña, que a Autoridade Portuaria da Coruña teima en poñer á venda para financiar o porto exterior ante a mobilización cidadán pola súa reversión a terreos públicos, e aquela época é evidente. Armando Casteleiro Varela foi o impulsor da construción do complexo da Solana na que era a antiga praia do Parrote. Recibe a autorización das administracións en 1941 e abre as súas portas pouco máis dun ano despois. O empresario e nadador é irmán de José Casteleiro Varela, membro do colectivo que pulou pola expropiación de terreos e a adquisición do Pazo en Meirás e, ambos os dous, recoñecidos militantes fascistas na represión. Logo, Casteleiro decidiu construír un hotel e formou unha sociedade na que entrou o empresario Aurelio Ruenes, o arquitecto Santiago Rey Pedreira e a división industrial do Banco Pastor, banco que comandaba Pedro Barrié de la Maza, designado procurador en Cortes por Franco desde 1946, e que acabaría por ser accionaista maioritario da sociedade que xestionaba o hotel e a Solana."}
{"ID": "NOS_26536", "summary": "As escenas dun aeroporto de Kabul ateigado non cesan oito días despois da toma da cidade polos talibán, con 20 persoas falecidas confirmadas. Tampouco as evacuacións, mentres os novos gobernantes intentan contentar a comunidade internacional e completar o seu dominio sobre Afganistán.", "text": "Cando menos 20 persoas morreron no aeroporto de Kabul, capital de Afganistán, nos pasados oito días, desde que os talibán entraron na cidade e desataron un intento masivo de saír do país pola única vía accesíbel, segundo transmitiu a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). A tentativa de centos de persoas por superar os muros do aeródromo local, resgardado por controis dos talibán nas estradas que o conectan coa urbe, levou a varias avalanchas de persoas. Noutros casos, persoas que intentaron subir aos avións morreron ao caer despois do despegue. O sábado, o Ministerio de Defensa do Reino Unido daba veracidade a cifra de sete persoas mortas ese mesmo día nas inmediacións da instalación. Catro delas mulleres, que perderon a vida nunha das avalanchas, desvelan medios británicos. A situación na zona levou a Embaixada dos Estados Unidos (EUA) no país centroasiático a aconsellar os seus cidadáns que eviten ir ao aeroporto, polas \"posíbeis ameazas á seguridade\". Onte, a Organización Mundial da Saúde e Unicef reclamaron un salvoconduto \"sen obstáculos para entregar medicamentos e outras subministracións que salvan a vida a millóns de persoas que precisan axuda, incluídas 300.000 persoas desprazadas só nos últimos dous meses\". Na última semana, os EUA evacuaron 25.100 persoas, sinalan fontes oficiais. Para acelerar as tarefas, o Departamento de Defensa dos EUA ordenou a seis compañías de aviación comercial que deixen 18 avións para a operación. Para os talibán, que tratan de contentar a comunidade internacional, o país, baixo o seu control, está \"seguro e protexido, pero o aeroporto de Kabul, que é responsabilidade dos EUA, está sumido no desorde\", indicou Amir Jan Mottaqi, un alto responsábel talibán. Panjshir está disposto a entrar \"nun Goberno inclusivo\" Mais non todo Afganistán está controlado polos talibán, a provincia de Panjshir, no nordés, esta considerada o último foco de resistencia. A sexta feira, incluso tomaron tres distritos da provincia de Baglán. Por unha banda, os talibán anunciaron este domingo un ultimato de tres horas para que os dirixentes provinciais entreguen as armas, senón, atacarán a rexión onde está o ex vicepresidente, Amrula Salé, que prosegue coa súa actividade nas redes sociais en contra dos talibán. Porén, Ahmad Massud, que coordina as forzas militares na zona, afirmou nunha entrevista que \"estamos dispostos a formar mediante negociacións políticas un Goberno inclusivo cos talibán, pero é inaceptábel que se forme un Goberno caracterizado polo extremismo\". Putin advirte sobre o terrorismo \"Afganistán garda relación directa coa nosa seguridade\", recoñeceu Vladimir Putin, presidente de Rusia, nunha reunión este domingo cos cabezas de lista do seu partido, Rusia Unida. Putin, que se ofreceu a mediar cos talibán e mantén o traballo diplomático na súa embaixada en Kabul, advertiu da expansión do terrorismo na súa primeira etapa de Goberno, que rematou en 2001. \"Ninguén quere volver agora a Afganistán, mais tampouco queremos que veñan elementos criminais de alí, e tampouco de Siria. Estamos facendo todo o posíbel para que Siria non sexa un sementeiro do terrorismo\", salientou o presidente ruso."}
{"ID": "PRAZA_16252", "summary": "O preaviso de folga xeral foi rexistrado este martes en Compostela polas secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego Galego", "text": "\"Queremos que a folga do 8 de marzo sexa un punto de inflexión\" As secretarías das mulleres da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) e do Sindicato Labrego Galego rexistraron este martes o preaviso de folga laboral de 24 horas de duración convocada para o 8 de marzo e Galicia. O rexistro fíxose xunto ao Sindicato Ferroviario Intersindical e co apoio do Sindicato da Elevación de Galicia, seguindo a convocatoria lanzada polo movemento feminista, que lles solicitou ás centrais sindicais que se implicasen na organización e impulso da folga xeral de mulleres. CGT e Intersindical (no que está integrado o STEG) tamén convocaron folga de 24 horas. \"Sobran as razóns para facer un chamamento á folga feminista deste 8 de marzo\", din CUT, SLG e SF \"Sobran as razóns para facer un chamamento á folga feminista deste 8 de marzo\", destacaron as organizacións que rexistraron o preaviso de folga laboral, que tamén instan a secundar as folgas de coidados, consumo e estudantil. \"Como sindicatos, sabemos que sen mulleres o traballo productivo e reproductivo colapsaría e, pese iso, sofren agresións nos seus centros de traballo que van desde a discriminación salarial ao acoso laboral e sexual\", indicaron. \"As mulleres continúan a ser minoría nos altos postos de coordinación e responsabilidade pese representar a maioría das persoas licenciadas na universidade e educación superior\", destacan as responsables das secretarías das mulleres de ambas as dúas centrais. \"En sectores feminizados e precarizados como o da limpeza, as traballadoras sofren de enfermedades laborais apenas recoñecidas como o síndrome do túnel carpiano, lesións lumbares, alerxias e dermatite\", engaden. Tamén lembran que as traballadoras do fogar \"continúan sen ter o dereito recoñecido a cobrar o subsidio por desemprego\" a pesar de que \"diversas organizacións e as traballadoras mesmas a través de recolectas de sinaturas solicitáronlle ao Goberno español que ratificase o Convenio 189 da OIT\" para acadar este dereito. CUT, SLG, SF e SE \"desexan xunto co movemento feminista que este paro de 24 horas faga entender a todos os poderes privados e da Administración que se as mulleres paran, para o mundo\". Paros parciais convocados pola CIG A pasada semana a CIG rexistrou a convocatoria de paros parciais para ese 8 de marzo nas franxas horarias comprendidas entre as doce da noite e ás 2 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo. No rexistro da folga Margarida Corral, secretaria confederal de mulleres da CIG, reclamou \"rachar coa hipocrisía na que se está a converter a celebración de datas senlleiras vinculadas cos dereito das mulleres\", recuperando \"o carácter reivindicativo e de clase que ten o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora\". A CIG convocará concentracións nas principais cidades e vilas galegas ese 8 de marzo e fará un chamamento a participar en todas as mobilizacións que para esa tarde sexan convocadas polo movemento feminista galego, e previamente, a secundar a manifestación nacional unitaria que se está a organizar para a primeira semana de marzo. \"Vai ser polo tanto unha convocatoria totalmente novidosa e pioneira\", destacou Margarida Corral, \"porque as mulleres van ser as únicas protagonistas, pasando os homes a ter un papel secundario e de apoio, e tendo que suplir as tarefas coas que habitualmente cargan as mulleres nos centros de traballo e nos fogares\". A CIG fixo especial fincapé na convocatoria da folga no sector do ensino, onde as mulleres son clara maioría A CIG fixo especial fincapé na convocatoria da folga no sector do ensino, onde as mulleres son clara maioría. Tan só no educación pública obrigatoria o 70% das traballadoras son mulleres, chegando no corpo de Primaria a situarse esta porcentaxe no 81%, cun total de 10.500 fronte a preto de 2.500 homes, segundo datos de hai catro anos. Pero tamén en Secundaria, malia ser un corpo menos feminizado, as mulleres chegan ao 58% do total, con arredor de 8.600 fronte a 6.250 homes. CCOO e UGT convocan tamén paros parciais CCOO quere aproveitar a cobertura legal da folga \"para darlle dimensión laboral a esta reivindicación, compartida con outras organizacións sociais\" CCOO e UGT levarán a cabo paros parciais de dúas horas nos mesmos horarios que a CIG, froito da reunión que os tres sindicatos mantiveron a pasada semana para coordinar as convocatorias. UGT e CCOO realizarán a mobilización de forma conxunta baixo o lema \"Vivas, libres, unidas pola igualdade\". Os dous sindicatos anuncian que nas vindeiras semanas levarán a cabo un intenso traballo de extensión e sensibilización en todos os centros de traballo, tanto en asembleas de centro como sectoriais, co obxectivo de \"garantir un amplo seguimento da folga e unha elevada participación nas manifestacións\". A secretaria da Muller de CCOO de Galicia, Mamen Sabio, salienta que o vindeiro 8 de marzo cómpre \"darmos un paso máis\" para dar visibilidade ás discriminacións que padecen as mulleres, tanto á hora de accederen ao mercado de traballo como unha vez que están dentro\". Por esta razón, o sindicato quere aproveitar a cobertura legal da folga \"para darlle dimensión laboral a esta reivindicación, compartida con outras organizacións sociais\"."}
{"ID": "NOS_43738", "summary": "Rematou a 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia cun \"gran suceso social, artístico e económico\" e cun festival consolidado mais en \"permanente evolución\".", "text": "A 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chegou ao seu fin coa publicación dos premios outorgados polo público, cuxo primeiro galardón foi parar a Como si pasara un tren, escrito e dirixido polas arxentinas Lorena Romanín e Adriana Roffi. Como gañadora, a compañía recibirá o convite a participar na edición de 2016 en caso de dispor de nova produción. En segundo lugar, o público situou La Merda, espectáculo italiano que obtivo un gran suceso tamén da crítica, que valorou o traballo como \"memorábel, impecábel, imperdíbel e celebrado con case dez minutos de ovacións encendidas en pé de todo o Auditorio\". O terceiro posto foi para Chévere, que conseguiu o Premio Nacional de Teatro co seu popular docu-musical As fillas bravas. En cuarto lugar ficou La imaginación del futuro, obra que pretende realizar unha reflexión crítica sobre a clase política e a violencia en Chile. A organización celebra a asistencia desta 31ª edición, que superou as 14.000 persoas entre os espectáculos do Castelo, os do Club Artístico, Casa da Cultura, Xardíns do pequeno Auditorio, Ruadavia, programa SputMIT, Foros da MIT e a exposición da Igrexa da Madalena. A MIT informa de que abrirá un arquivo na súa páxina web con todo o material audiovisual, para que todas as persoas interesadas poidan facer uso das gravacións dos foros, \"unha das novidades desta edición que se fixarán para o futuro como ferramenta indispensábel para a mediación, a ampliación e o fomento da análise e do achegamento lúdico ao pensamento e ao debate arredor da arte dramática e dos seus axentes creativos\"."}
{"ID": "NOS_54758", "summary": "Nos vindeiros dous meses nove concellos realizarán referendos sobre estes temas, impulsados pola plataforma Dibab. Até agora unha ducia de localidades xa realizaron as súas consultas.", "text": "En 2014 a plataforma 'Dibab-Que Bretaña decida' impulsou a idea de pular pola reunificación de Bretaña (Breizh) a través de consultas populares, implicando á cidadanía e apostando en ligar esta cuestión coa necesidade de abrir un debate sobre o auto-goberno. Desde entón, unha ducia de concellos bretóns acolleron referendos populares e antes de que acabe o ano 9 municipios máis van realizar estas consultas. O movemento Dibab é o responsábel desta iniciativa, mais en cada concello é organizada por comités populares locais. Por primeira vez, un destes referendos -non oficiais- terá lugar nunha localidade de máis de 40.000 habitantes, en Sant-Ervlan (Loira Atlántico). A veciñanza destes nove concellos poderán responder a 2 preguntas. A primeira delas, se desexan que Breizh se reunifique, o que implicaría que o departamento do Loira (actualmente no Pays de Loire) se integre en Breizh, Bretaña. A segunda pregunta é se queren que Breizh se dote dunha Asemblea de Bretaña, organismo con maior auto-goberno e capacidade de decisión que o Consello Rexional que existe na actualidade. Nas tres vagas de referendos realizadas até agora tomou parte máis do 12% do censo da ducia de concellos onde se realizaron. O 85,7% dos votos emitidos nas consultas foron favorábeis á reunificación e o 81,1% dixo si á dotar a Breizh de maior auto-goberno."}
{"ID": "NOS_1831", "summary": "Feixoo afirma que a próxima semana xa haberá 100.000 maiores de 40 anos coa inmunización completa", "text": "A Consellería de Sanidade activará a vindeira segunda feira, día 5 de xullo, o sistema de 'autocita' de vacinación para menores de 30 anos, así como para a \"repesca\" de persoas de máis de 39 anos que aínda non fosen inmunizadas. Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, Núñez Feixoo, destacou que se busca \"axustar\" este sistema á programación das vacinas conforme á idade. Segundo precisou a Consellería de Sanidade, a 'autocita' habilitarase para menores de 30 anos, así como para \"repescar\" ás persoas de máis de 39 anos que, por diferentes razóns, aínda non fosen inmunizadas. Na súa comparecencia ante os medios despois da reunión do Consello, o destacou que a Xunta seguirá incrementando a vacinación esta semana, na que ten previsto terminar a administración da primeira dose a todos os maiores de 40 anos. Así, dixo que, \"se se cumpren as previsións\", a próxima semana o Sergas completará a inmunización de case 100.000 maiores de 40 anos e administrará máis de \"60.000 primeiras doses entre 39, 38 e 37 anos\". \"Nalgunhas áreas xa estamos a vacinar na década de 30 a 40, empezando polos de 39 cara a abaixo\", indicou. Na súa intervención, Feixoo sostivo que, aínda que a situación está controlada \"desde o punto de vista hospitalario\", \"empézanse a producir algunhas dificultades, incertezas e preocupacións desde o punto de vista de incidencia en persoas menores de 40 anos\", sinalou. \"Se tivésemos vacinas non nos preocuparía pero isto vai como mínimo até finais de agosto. Non é fácil manter todo mes de xullo e primeira semana de agosto sen poder dispensar vacinas de forma xeralizada a persoas menores de 25 anos\", afirmou. E é que, conforme sinalou, \"a día de hoxe\" o que máis preocupa á Xunta son os colectivos de mozos que \"aínda non están vacinados\". \"O grupo de risco que no seu día foron os maiores, agora cambiou, e é xustamente ao contrario, os menores. Os menores de 40 e, dunha forma especial, por horizonte de vacinación, os menores de 30 e de 20 anos\", sinalou."}
{"ID": "NOS_41009", "summary": "O Goberno español muda de criterio ante a caída do capital xestionado.", "text": "O patrimonio dos plans de pensións individuais pasou de 89.323 millóns de euros en 2021 a unha cantidade que no primeiro trimestre de 2022 baixou a 86.130 millóns por dous factores: o aumento das xubilacións e as menores achegas das investidoras. Detrás desta realidade están as sucesivas reducións do importe máximo permitido para as achegas a plans privados individuais, que tiñan como obxectivo fomentar no seu lugar os plans de emprego, que tamén viron caer o patrimonio xestionado. Á vista destes datos, o Goberno español prevé rectificar a súa política e permitir achegas por riba dos 1.500 euros xa en 2022 a través da aprobación da nova lei de plans de pensións, aínda en tramitación no Congreso dos Deputados. Varios grupos parlamentarios apoian este cambio de rumbo do Executivo estatal e mesmo celebran que os novos topes de achegas poidan ter tamén carácter retroactivo. O Goberno español defende atrasar a idade de xubilación como \"medida máis eficaz\" para garantir as pensións Do que non desiste o Ministerio de Seguridade Social, con José Luis Escrivá á fronte, é na súa aposta nos fondos de pensións de emprego de promoción pública (FPEPP). Estes vehículos de nova creación pretenden ser a punta de lanza para tratar de xeneralizar o aforro para a xubilación vinculado ao ámbito laboral.O Executivo quere que, tal e como ocorre noutros países, empresas e cadros de persoal pacten que parte da retribución vaia a instrumentos de aforro a longo prazo para complementar a pensión de xubilación. O Goberno prima esta figura sobre os plans individuais, que entende que se empregaron de forma abusiva polas rendas altas para rebaixar a factura fiscal. Até hai uns anos, o límite xeral de achega era de 10.000 euros anuais. En 2020 ese tope baixou a 8.000 euros e o ano pasado a 2.000 euros. Para o presente exercicio fiscal o límite baixou aínda máis, até os 1.500 euros. A desigualdade que deixa Feixoo en 8 datos Moción do BNG Por outra parte, o pleno do Congreso debaterá esta terza feira unha proposición non de lei do BNG para esixir ao Goberno que simplifique e harmonice a tributación de pensionistas retornados ante as dificultades que atopa este colectivo á hora de realizar as súas declaracións fiscais. A proposta da formación nacionalista consiste en axilizar e simplificar a dedución de dobre imposición internacional no IRPF e outorgar un tratamento equitativo respecto á obriga de declarar, estabelecendo un límite de 22.000 euros anuais, independentemente de que sexa a través de distintos pagadores."}
{"ID": "NOS_17885", "summary": "O Estado ten un plano B por se os Mossos d'Esquadra non obedecen as ordes da Fiscalía. De acordo cunha información publicada esta terza feira por Europa Press, o MInisterio de Interior dispón dunha reserva de 4.000 policías para, no prazo de 24 horas, seren enviados a Catalunya se fixer falta para impedir o referendo.", "text": "O Estado continúa a activar todos os seus aparatos represivos con vistas a materializar a prohibición do referendo de autodeterminación decretada polo Tribunal Constitucional. Neste momento, Interior traballa en dous cenarios. O primeiro, o de lograr a obediencia dos Mossos ás disposicións do TC, para o cal a Fiscalía se dirixiu esta terza feira ao major do corpo policial catalán, Josep Lluis Trapero. Trapero recebeu unha instrución concreta: para evitar que se consuma o \"delito\" os Mossos deben requisar urnas e todo o material preciso para a realización da consulta. O chefe da policía catalá distribuiu a orde da Fiscalía a todos os axentes do corpo de seguranza autonómico. Por parte do Govern, o conseller da Presidencia, Jordi Turull, manfiestou que a prioridade dos Mossos é \"perseguir terroristas\" e non \"requisar urnas\". O outro cenario que manexa o Estado -na eventualidade de os Mossos se resistiren a materializar as ordes do TC- é o envío masivo de policías -até un total de 4.000 efectivos, que serían deslocábeis a Catalunya en apenas 24 horas. Neste momento a policía nacional (sic) dispón de 6,000 axentes en toda Catalunya, polo que na práctica duplicaría os seus efectivos caso deste plano B vir a se materializar. Segundo as fontes consultadas por Europa Press, a pretensión das forzas de seguridade do Estado -alén de impedir o referendo- sería evitar que se produzan altercados entre a policía e \"grupos radicais\" que puidesen ser utilizados polo independentismo para desviar a atención do que antecipan como \"fracaso da celebración do referendo\"."}
{"ID": "NOS_41982", "summary": "Setembro do ano que vén é o mes escollido para celebrar \"Emilia Pardo Bazán no seu centenario. Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI\".", "text": "As tres universidades do país fixeron anuncio de levar a cabo en setembro do ano que vén o congreso internacional \"Emilia Pardo Bazán no seu centenario. Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI\", en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), a Fundación Barrié, a Xunta e o Concello da Coruña. Un encontro motivado polo centenario do pasamento da escritora e co que se pretende destacar que a mensaxe da autora coruñesa segue \"vixente hoxe en día\". Na presentación do evento, o seu coordinador, o catedrático José María Paz Gago, resaltou que son cinco grupos de investigación das universidades da Coruña, Compostela e Vigo e outro da RAG os que están implicados na organización. \"Non só será historia, que tamén, senón que pretendemos demostrar a vixencia actual desta personalidade inmensa que foi Emilia Pardo Bazán\", recalcou. A directora científica do congreso, Cristina Patiño, expuxo que a escritora soportou \"desdén e hostilidade institucional e académica\", símbolo do \"poder patriarcal evidente e xeral\", dixo, en referencia á sociedade española da época. Aínda actualmente, engadiu Patiño, \"non hai autora na literatura española ou universal tan subordinaba a prexuízos\". Pola súa parte, o reitor da UdC, Julio Abalde, defendeu que o congreso é un exemplo do traballo que fan \"conxuntamente\" as tres universidades, e que a colaboración das administracións os fai \"máis fortes\". \"A Galiza actual non se entendería sen Pardo Bazán\", apuntou. O director da Área de Cultura do Concello da Coruña, Rómulo Sanjurjo, asegurou que \"A Coruña é Marineda e Marineda é A Coruña\" polo que a cidade \"ten que ser o centro neurálxico da conmemoración\". Pola súa parte, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desvelou que hai negociacións para levar á cidade da Coruña a exposición da Biblioteca Nacional de España sobre Pardo Bazán cando finalice, no mes de agosto. \"É unha data que debemos celebrar coa potencia que a figura merece\", engadiu. A Academia e a autora A Real Academia Galega xa anunciou tamén en días previos que no outono de 2021 levará a cabo un encontro internacional dedicado a Emilia Pardo Bazán. A Academia, herdeira da casa da escritora e custodia do seu arquivo e da súa biblioteca, reunirá para o encontro \"Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois\" persoas especialistas e estudosas da obra da autora homenaxeada e vinculadas a institucións de distintos países."}
{"ID": "NOS_57454", "summary": "Ante a crise que vén, a causa dos efectos da pandemia na economía, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou xa a súa intención de formular uns novos Pactos da Moncloa. Nós Diario conversa con representantes dos partidos sobre o que supuxeron eses acordos e a necesidade ou non de reeditalos.", "text": "25 de outubro de 1977 nacían os Pactos da Moncloa coa sinatura das forzas da dereita e a esquerda estatal (UCD, AP, PSOE e outras formacións que nel se integrarían, e PCE), PNV e CiU. Contaron tamén co beneplácito de UXT, CCOO e a patronal. O Estado respondía con estes pactos a dúas crises, unha política, após a ditadura, coa disxuntiva entre ruptura ou reforma; e outra económica. Había gran destrución de postos laborais e a inflación disparárase, causando fonda perda de poder adquisitivo na clase traballadora. Aos pactos enfrontáronse as forzas políticas e sindicais que defendían a ruptura democrática coa ditadura. De feito, o movemento nacionalista galego mobilizouse contra os acordos acusándoos de implicar unha perda do poder adquisitivo da clase traballadora, a flexibilización do despedimento e o asentamento dun sistema económico inxusto e a nivel fiscal non progresivo, lembra o actual deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. Sen consenso no presente O presidente do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, sinala que en 1977 \"a norma da política era buscar acordos\". Agora, porén, a dereita \"procura acentuar as divisións\". Con todo, Leiceaga considera que uns novos Pactos da Moncloa si serían posíbeis dado que a situación excepcional de crise facilitaría alcanzar consensos. \"O PP chegará ao acordo se hai un compromiso de sindicatos e empresarios\", sinala. Leiceaga remarca ademais unha novidade respecto a 1977, que son as comunidades autónomas. \"As autonomías son un axente social, político e económico de primeira magnitude e hai que incorporalas ao acordo, porque se non os pactos non terán eficacia\", subliña. Néstor Rego ve as forzas estatais lonxe das medidas que o nacionalista considera precisas para Galiza, polo que alerta de que o novo pacto non será beneficioso, \"menos aínda se inclúe as tres dereitas\". Nese sentido, Rego remarca urxente para enfrontar a crise recuperar os 60.000 millóns \"cos que se rescatou a banca\", estabelecer unha política fiscal progresiva \"para que pague máis quen máis ten\", gravar as grandes fortunas e empresas e \"nacionalizar as grandes corporacións dos sectores estratéxicos, tales como a banca, a enerxía ou as telecomunicacións\". Rego amósase escéptico ante a posibilidade de que o Goberno do Estado camiñe nesa dirección. \"Nós, en todo caso, imos defender esas medidas\", di. Sobre as prioridades para enfrontar a crise, Leiceaga sinala tres grandes bases sobre as que se deberían erguer os novos pactos: \"reforzar o sistema sanitario e a capacidade de intervención social para que os grupos máis desfavorecidos pola crise poidan atravesar as dificultades e garantir que a recuperación económica sexa rápida, o que vai exixir atender ámbitos máis vulnerábeis como o turismo ou a hostalaría, pero tamén accións horizontais para todos os sectores, dando facilidades de acceso ao creto para favorecer o investimento\". Antón Gómez-Reino, portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas e deputado no Congreso, considera que o contexto é completamente diferente ao de 1977, e que agora \"debemos camiñar cara a un cambio de modelo\" que poña \"o público no centro, protexa as e os traballadores e implique unha mudanza total do modelo produción, de consumo, composición do traballo e de sociedade. Este vai ser o debate de fondo que haberá nos próximos meses\", sinala Reino. Por iso, \"sendo positivo que se dean acordos parlamentarios que fagan efectivos dereitos\", o fundamental para Reino é o debate de fondo que se precisa sobre o cambio de modelo. \"Diálogo social sempre\", destaca o deputado do PP por Ourense Celso Delgado ante a crise que hai que afrontar. Porén, sinala que as palabras de Pedro Sánchez sobre a reedición duns Pactos da Moncloa \"non parecen moi sinceras xa que durante 15 días o presidente non falou co líder do PP sobre as medidas a tomar. Non parece o mellor método para falar de pactos, mais o PP está á expectativa\", sinala. Delgado tamén alerta de que algunhas formacións van empregar o contexto de crise \"para formular un cambio de réxime\", cuestión á que se opón. Con todo, afirma, \"non hai que ir a 1977 para buscar consensos e saídas á crise, pois vémolas en 2012 e 2013\", afirma en referencia á etapa de Goberno de Mariano Raxoi."}
{"ID": "PRAZA_5834", "summary": "A Policía iniciou 61 expedientes en manifestacións convocadas en Galicia durante o ano 2013, das cales case medio cento remataron en sancións firmes.", "text": "Case 28.000 euros. É o que o Goberno de España ten previsto ingresar polas multas impostas polas forzas de seguridade en manifestacións celebradas en Galicia durante o ano 2013. Os deputados do PSOE Antonio Trevín e Guillermo Meijón veñen de recibir a resposta á pregunta que lle formularan ao gabinete que preside Mariano Rajoy para coñecer o número de expedientes sancionadores incoados en territorio galego durante o pasado ano vinculados á vixente lei de seguridade cidadá \"en relación co exercicio do dereito de reunión e manifestación\", así como as sancións que derivaron destes, que ascenden a case medio cento. Segundo os datos facilitados aos socialistas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado ano foron iniciados 61 expedientes ao abeiro desta lei. Nun ano especialmente conflitivo por protestas como as das persoas estafadas polas participacións preferentes os picos de sancións chegaron nos meses de xuño e agosto, con cadanseus 13 expedientes. Por tras está febreiro, con 9 e marzo, con 6. Só en dous meses do ano, outubro e decembro, non está rexistrado ningún destes expedeientes, a maioría dos cales, 47, remataron por converterse en sanción. Dos 61 expedientes abertos 47 remataron en sanción Con estes datos na man e sabendo que unicamente un destes expedientes foi suspendido \"por ser obxecto de instrución penal\" é posible coñecer que a contía media que a cidadanía ten que afrontar por estas multas é de case 600 euros, nomeadamente de 592, unha cifra que o Ministerio do Interior prevé incrementar moi notablemente no caso de que saia adiante sen modificacións o actual proxecto de Lei de Seguridade Cidadá. Táboa incluída na resposta parlamentaria recibida polo PSOE O Goberno central asegura que \"non se sancionou cidadáns por exercer un dereito fundamental\" Ademais de ofrecer os datos o Goberno de España \"fai constar\" que \"se trata de sancións impostas, non sancións abonadas\", unha salvidade que impide coñecer con exactitude os cartos recadados, cantidade sobre a que só é posible realizar estimacións baseadas sobre a devandita \"media da contía imposta nas catro provincias\". Na mesma resposta o departamento que dirixe Jorge Fernández Díaz asegura que \"é necesario destacar que non se sancionou cidadáns por exercer un dereito fundamental, recoñecido constitucionalmente\". \"O que se sancionou -aseguran- foron feitos que constitúen infraccións tipificadas polas leis vixentes, independentemente do contexto no que se produzan\", polo que, segundo o Goberno, o feito de que as sancións se producisen en protestas cidadáns é indiferente."}
{"ID": "NOS_13749", "summary": "O historiador e teórico anarquista estará esta segunda feira en Vigo (Cova dos Ratos), nunha palestra sobre as loitas, experiencias e mobilizacións 'anti-desarrollistas' a raíz de experiencias concretas contra a enerxía nuclear (Francia) e as liñas MAT (Catalunya).", "text": "Miquel Amorós (1949) é un historiador, teórico e militante anarquista valenciano que non deixa indiferente. Nin sequera no campo, por dicilo así, libertario, onde ten detractor@s e partillador@s das súas opinións. É, tamén, o responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro Fisuras en el consenso e por ese motivo vai estar en Vigo esta sexta feira, 4 de novembro, na Cova dos Ratos, a partir das 20:00 horas. O acto está organizado poe GAS (Grupo de Axitación Social) e Lapsus distribuidora. O libro a presentar é unha antoloxía de textos do Comité Irradiés (\"Irradiados do Mundo, Unídevos\"), enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa mobilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalás a enerxía xerada nas centrais nucleares francesas. Ler, aprender, probar Un terreo, o da teoría, pero tamén o da práctica, \"abondo fértil para dar debida resposta, en tempo e forma, aos máis variados desafíos. E de entre eles, un, a MAT (Moi Alta Tensión), que na actualidade ameaza con levar por diante todo canto atope ao seu paso nas comarcas do Gironés, Pla de l´Estany e Alt e Baix Empordá, baixo o pretexto da eficacia no transporte de enerxía a grandes distancias\"."}
{"ID": "PRAZA_18254", "summary": "ENTREVISTA Entrevistamos a Ramón Villares para repasar o seu labor no Consello da Cultura e, en xeral, toda súa traxectoria intelectual e como actor fundamental da cultura galega.", "text": "Ramón Villares vén de gañar o Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior. E coa decisión de concederllo tivo moito que ver o seu labor como presidente do Consello da Cultura Galega. Conversamos con el para repasar a súa traxectoria, non só como responsable do Consello, senón como historiador, como membro da Real Academia Galega e como, en xeral, un dos actores fundamentais da dinámica da cultura galega nas últimas décadas. Adoita definir vostede Galicia como nación-cultura. Por que di en Identidade e afectos patrios que as mesmas forzas históricas que bloquearon a conversión de Galicia en reino con institucións propias son as responsables da forte identidade cultural que chega ata hoxe? Por que esa contradición? É unha contradición que, en realidade, non é tal. Galicia está construída, como nación cultural, sobre estratos moi distintos, moi antigos e outros máis modernos, que se van resignificando tamén co paso do tempo. Pero é evidente que hai unha tradición romana, por non dicir xa prerromana, que foi moi enriquecida sobre todo na época da Idade Media. Podemos pensar en Martiño de Dumio, Fructuoso, Egeria, Osorio…, en todo o esplendor cultural que houbo entre o fin da antigüidade e a Idade Media, que moitas veces pasa inadvertido. Pois todas esas figuras que teñen contacto co mediterráneo oriental, con Agustín de Hipona, que visitan os Santos Lugares, que realizan obras de referencia na historia da humanidade: por exemplo, Paulo Orosio e a súa 'Historia contra os pagáns', revelan que aquí había unha forza cultural moi importante, neste occidente da Romania. \"Xelmírez aposta por unha vía cultural, fronte ao condado de Portucale\" E logo hai un segundo momento moi importante, no século XII, que eu diría que é o século de Xelmírez, onde se opta por algunhas vías estratexicamente decisivas. E non o invento eu: está en Vicetto dunha forma, en Murguía doutra forma, en Castelao, en Otero Pedrayo… está na tradición culta galega constantemente. Aí eu vexo un dos límites do camiño posible da Gallaecia cara un reino. Xa o dixo Murguía: só foi rei García, uns poucos anos. Co apoio do poder carolinxio, da Galia, Xelmírez converte Santiago nun foro extraordinariamente importante da época medieval. Pero aposta por unha vía cultural, fronte ao condado de Portucale, que apostou por unha vía máis política. Neses dous factores está a explicación da contradición. A condición de Santiago como grande cidade nova, fin do camiño de Santiago, vinculada á Europa carolinxia, bloqueou a expansión cara ao sur, e contribuíu a escindir a Gallaecia, que xa estaba un pouco escindida de antes. Agora, ese peso cultural, esa alianza entre os mosteiros, os campesinos e logo os fidalgos, tamén foi o que creou esta cultura galega. Que non o a creou un Estado. Que a crearon institucións eclesiásticas, en grande medida... Identidade e afectos patrios é un libro sobre os relatos, as narrativas construídas polas elites cultas contemporáneas sobre a nación. Unha das cuestións que comenta é que, na actualidade, carecemos dunha reflexión sistemática sobre a identidade galega. E iso relaciónase, supoño, con polémicas como a xurdida arredor do discurso de Feijoo sobre A derradeira lección do mestre de Castelao. Entre moitas outras cousas, si. Aí hai moitas cousas. Unha é que hai unha ausencia dun consenso básico sobre a lingua e a cultura galega, que debería ser compartido por todos, con independencia das opcións políticas. E despois que, desde o Beiras dos anos 60-70, tampouco hai unha reflexión global sobre o que é Galicia. A teoría do atraso de Beiras é algo que hoxe hai que revisar, pero ten esa importancia de ser unha reflexión global, unha aproximación ao conxunto de Galicia. Iso fáltanos hoxe. Pero é unha reflexión que non pode facerse só en termos académicos. Ten que ter algunha conexión coa política. \"Penso que o problema de Galicia é xustamente que non falamos do que hai que falar\" E a política hoxe está un pouco orfa de relato, de narrativa propia. Repite moitísimo, e ao propio tempo o mundo académico non se ocupa diso. Agora, sobre estes debates como o de A derradeira lección do mestre de Castelao…, en Cataluña hai debates por menos, e son unha nación política e non só unha nación cultural. Non creo que sexa ese o problema. Creo que o problema de Galicia é xustamente que non falamos do que hai que falar. Debatemos pouco. Porque para debater hai que recoñecer o contrario. Eu recoñezo o que di outro, non o dou por bo, e trato de argumentar por que non estou de acordo. E isto esixe unha operación intelectual moi seria que non sempre é posible. O libro usa a metáfora de que os castelos venceron os castros. Que transmite un pouco a idea da relación entre o chamado nacionalismo cívico e nacionalismo étnico. É o peso do etnicismo aínda un obstáculo para que esa nación cultural poida chegar a ser nación política? Eu penso que hoxe a apelación ao fondo étnico non é moi forte en Galicia. Nin en case ningunha parte. Isto, felizmente, foi superado. Iso non quere dicir que non haxa apelación a algúns mitos, coma o celtismo, que ten un efecto mobilizador extraordinario. Iso pode suceder, e é bo que suceda. Pero outra cousa é definirse en termos dunha raza cuns atributos deterministas. Agora, por que traio a colación o asunto dos castelos? Verdadeiramente é un pouco contraditorio co meu discurso. E digo isto porque eu non lle dou moita importancia á nobreza laica. Porque creo que Galicia foi feita basicamente pola nobreza eclesiástica. Ou polo conxunto, pola institución da Igrexa, sexa alta ou baixa. Pero se digo isto é para integrar unha visión alternativa da conformación histórica de Galicia. Para traer a primeiro plano algo que vén desde Vicetto a Luís Seoane. \"Toda esa capacidade de mobilización da sociedade medieval, durante moito tempo, estivo esquecida polo peso do celtismo\" Refírome a unha reivindicación do papel activo das comunidades medievais, das figuras como María Castaña, Inés de Castro, ou tantas outras figuras que na época medieval deron un berro e incluso pilotaron algunhas revoltas. Toda esa capacidade de mobilización da sociedade medieval, durante moito tempo, estivo esquecida polo peso do celtismo, -polos castros, na metáfora-. E iso pode ter ata un efecto paralizante. Os castros teñen menos que ver coas persoas e máis co territorio. En cambio, apelar ao mundo medieval ten que ver moito coas persoas. E aquí, o que fixo o descubrimento do mundo medieval, o noso Walter Scott, como dixo Risco, é Vicetto. Cos seus defectos e coas súas imprecisións históricas. E tamén algúns mitos, complementarios, que tiveron que ver moito despois co escudo de Galicia, coa imaxe de Galicia na época de Camilo Díaz Baliño, ou do propio Castelao, teñen unha raíz medieval. Pois Seoane é a condensación diso. Seoane di nalgún sitio que el se formou en dous lugares, cando estaba en Compostela. Por unha banda, na catedral de Santiago, pintando, tentando reproducir figuras da catedral, é dicir, empapándose da arte románica. E da outra banda na feira da Alameda, onde o levaba Maside. É dicir, alta cultura e cultura popular. E iso despois derívao a unha reivindicación da Galicia medieval, da época de Xelmírez e posterior. E logo fai un retrato da nación, as 18 xerras, que son, basicamente, figuras medievais. Isidro Dubert sacou un libro, Historia das historias de Galicia, no que falaba precisamente dos mitos da Historia de Galicia. E comentaba que podían ter un efecto paralizante, ao levar a pensar que o país estaba condenado á decadencia. Vostede é o autor dun dos libros de historia de Galicia máis coñecidos. Entón a pregunta é, contouse ben a historia de Galicia? Aínda que quizais Dubert se centra na historia máis divulgada, que non ten por que ser a que se fai nas facultades de Historia. Canto á obra de Dubert, que me parece unha obra moi interesante, na que eu mesmo colaborei -e ademais téñolle moito aprezo intelectual e persoal-, teño só unha discrepancia, que xa llo dixen a el. Que é que esa insistencia na divulgación, e moi especialmente na figura de González López, é excesiva. Porque González López, con independencia do que supuxo como político e como profesor, a verdade é que, na historiografía galega, foi un fenómeno marxinal. Despois, respecto a como se contou a historia de Galicia, primeiro apelar ao vello dito de que non hai historia que conforme a todos e todo o tempo. Eu do que estou convencido é de que aquí tivemos algúns precursores importantes, con formación, para a época, importante, coma Murguía ou, doutro estilo, por exemplo Otero Pedrayo: con lecturas europeas e con información sobre o que acontecía fóra. Pero realmente a historiografía como tal non sei fai ata que hai estudios de Historia na Universidade. E basicamente ata que se transforma nunha carreira masiva, é dicir, fins do franquismo e transición. \"Realmente a historiografía como tal non sei fai ata que hai estudios de Historia na Universidade\" Hai algúns profesores que marcan pauta. Algúns \"antigos\" coma Pericot, outros \"modernos\", coma Eiras Roel, ou García de Cortázar, -José Ángel, non confundilo con Fernando-. E algúns máis, que foron os que viraron a forma de facer historia: con rigor, cunha metodoloxía europea… E dentro diso houbo moitas solucións, uns máis desprendidos do feito nacional galego e outros que estivemos máis próximos ao feito nacional galego. Agora, por que fixen a miña Historia de Galicia? Non é toda a miña vida. Foi satisfactoria en canto que tivo moitos lectores… E foi reeditada hai pouco… Si. Mais, en esquema, a primeira versión non está contradita no que digo agora. O que está é ampliada. Pero a idea inicial está naquela primeira que publiquei en Galaxia. Eu trato a historia de Galicia non coma un pálido reflexo da historia de España e de Europa, senón como unha historia con autonomía propia. Sen deixar á marxe as tendencias historiográficas, as metodoloxías da historia europea. Nin é todo unha copia do que pasou en Francia, poñamos por caso, nin é importante só o que pasou en Galicia. \"Eu trato a historia de Galicia non coma un pálido reflexo da historia de España e de Europa, senón como unha historia con autonomía propia\" Eu tratei de facer un diálogo. E, no fondo, o referente máis próximo que teño é Otero Pedrayo. Non tanto Murguía, nin Castelao. Pero Otero Pedrayo inspiroume moito, e especialmente o seu Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega. Que pode ter cousas cientificamente discutibles, pero é evocador, ten ideas. E que eu tratei de poñer en prosa máis pedestre, menos pedraiana, e con máis información estadística, e con todas as achegas dos centos de colegas que están ou estiveron na Facultade, ou que fixeron traballos aquí. Eu doulle á historia galega unha interpretación de alta cultura europea, pero cultura propia. E isto pódese contar doutro modo? Pois si. Pódese contar de maneira máis divulgativa, ou máis reivindicativa. \"Evidentemente, hai máis Historias de Galicia que a miña, hai interpretacións distintas: unhas máis eruditas, outras máis politizadas ou ideolóxicas\" E sempre vai haber queixas. Sempre haberá quen considere que faltan cousas. Mais eu son da opinión de que unha obra se define non polo que ten, senón polo que non ten. É dicir, hai que deixar á marxe moitas cousas para escoller o ouro. Como fixeron os romanos: moveron montañas para extraer un pouco de ouro. Se tes moita terra, non ves o ouro. E iso tamén me preocupa como escritor, como autor dun relato que sexa agradable para o lector. Mais, evidentemente, hai máis Historias de Galicia que a miña, hai interpretacións distintas: unhas máis eruditas, outras máis politizadas ou ideolóxicas… Eu admito iso, pero defendo a miña posición. E deféndoa segundo o que teño escrito. Indo aos seus primeiros traballos, sobre a estruturas agrarias, e logo sobre a propiedade da terra, e considerando despois as investigacións do grupo Histagra, tamén mudou bastante -xa que falabamos antes de mitos-, a consideración do agro galego. Por exemplo, discutiuse -co traballo de Fernández Prieto e outros autores- a visión do agro galego como \"atrasado\". -E mencionabamos antes a Beiras-. No impulso diso tamén tivo vostede un papel importante… Eu trato de ler os acontecementos históricos en vez de crer o que me din. E iso xa o fixen no libro sobre a propiedade da terra en Galicia, que é consecuente con toda a tradición, pero ao mesmo tempo revisa os límites e debates que houbo sobre o tema. E explico por que chegou a haber unha Galicia campesina, que era o problema. Unha Galicia de pequenos propietarios. Que foron actores, e axentes, fundamentais da nosa historia. Nese sentido, o mundo rural foi un laboratorio moi importante para testar o tema do atraso. A obra de Beiras foi fundamental para a miña xeración, que se formou en boa medida no maxisterio, -difuso, non directo-, de Beiras. A súa obra forma parte da historia intelectual de Galicia. O cal non significa que haxa que asumila ao pé da letra. Agora, que pasou na nosa revisión do mundo rural? Pois que dialogamos coas tendencias da historia agraria españolas e europeas, que mudaron extraordinariamente. E non polo asunto do atraso ou non atraso, senón polo feito de enfocar o mundo rural dunha forma moito máis dinámica. Fíxate que a miña tese fala de \"las estructuras agrarias\", que despois, na publicación, xa non chamo así, porque a das \"estruturas\" é unha concepción moi estática. E a historia é, por definición, dinámica. É transformación. \"A historia agraria revisou os clixés da estrutura agraria española, do latifundismo, do minifundismo, da falta de revolución liberal, da non revolución burguesa\" Entón o que pasou é que a historia agraria revisou os clixés da estrutura agraria española, do latifundismo, do minifundismo, da falta de revolución liberal, da non revolución burguesa… De todas estas \"lacras\" que se consideraban ata entón, aínda, case como se estiveramos na época de Joaquín Costa. Cando se empeza a virar esa concepción é despois da transición, nos anos 80. Entón, a visión dos que fixeron a tese comigo: Lourenzo, ou Balboa, ou Cardesín, é unha visión nova, máis avanzada que a miña, o cal me parece ben. Eles centraron a súa mirada na pequena explotación, nas pequenas mudanzas, na revolución silenciosa do mundo rural… Pero iso non significa mitificar o mundo rural, senón explicar como foi posible que houbese este resultado. Eu por exemplo agora son moito máis crítico ca algúns deles respecto da situación actual: respecto da estrutura agraria, do abandono en que está... Porque os problemas de agora: os incendios e todo iso, é o resultado daquel proceso, que foi moi bo daquela, e que hoxe habería que revisar. Eu xa levo unha vida nisto: levo case 50 anos nesta casa, na facultade de Historia. Polo tanto, tes que mudar, tes que avanzar. É o normal. Eu xa son un referente \"antigo\" para moitas cousas. Falabamos antes de Seoane, e unha cousa que di vostede moito é que a identidade galega ten unha forte orixe americana. Por que dixo, -máis dunha vez-, que non recoñecemos a Galicia exterior como deberiamos? Eu insisto moito niso, si. Porque creo que o espello europeizador nos levou a unha visión moi limitada da Galicia auténtica. Eu son consciente de que Murguía, Otero Pedrayo, Risco, estaban pensando en como establecer pontes con Europa. E na xeración Nós, incluso facendo un labor como de anti-Ortega pero facendo o mesmo ca Ortega y Gasset: europeizar España. Europeizar Galicia, neste caso. Otero é moi insistente na súa relación coa cultura francesa, coa cultura alemá… Os seus grandes referentes son Chateaubriand, Goethe… É unha cultura moi francesa, a que tratan de levar a Galicia. Que despois se transformou noutra cuestión, que é a do europeísmo. Que non é europeización. Que xa na época de Franco significaba homologación coas democracias europeas. Ese europeísmo, que tamén foi moi criticado en Galicia, -penso que por razóns ideolóxicas-, e que practicou unha parte do grupo Galaxia. Pois eu penso que, sobre ese pano de fondo, temos que incorporar o punto de vista americano. A miña posición é que América achegou, sobre todo, identidade. E recursos. E aportou globalidade a Galicia. Grazas á emigración, Galicia pode considerarse unha nación cultural global tamén. E non só dun pequeno recuncho de catro provincias da Península Ibérica. \"Grazas á emigración, Galicia pode considerarse unha nación cultural global tamén\" América deunos imaxe no mundo, aínda que a emigración tamén teña dimensións negativas; acolleu moitos exiliados e algúns deles traballaron por reconstruír a cultura galega... E alí, Luís Seoane, no seu grupo, e aquí Paz-Andrade, e sobre todo Díaz Pardo, constitúen unha línea de traballo que é complementaria á que vén da xeración Nós e da xeración Galaxia. Que non se opón, pero que non é o mesmo. Uns son máis \"europeizadores\" e outros son máis sensibles ao tema americano. E todo iso é posible grazas á emigración e ao exilio. Galicia, nese sentido, ten que expresarse moito en termos euro-americanos. Esa é a miña aposta. Precisamente por iso, por esa preocupación, déronlle o Premio da Cultura Galega á Proxección Exterior. Por que di que a cultura galega non forma parte da acción exterior do goberno galego? Algunha cousa faise: representación en feiras, o Womex, os centros de cultura galega no exterior… Mais se cadra desartellado. A cultura eu considero que no caso de Galicia ten que ser o soporte fundamental para a acción exterior, porque é o que máis nos podía identificar, sen debates ou fracturas infranqueables. Porque temos unha tradición cultural, un Camiño de Santiago, a tradición migratoria, un territorio, unha paisaxe, unha forma de ser… Toda unha serie de elementos que nos poderían facilitar presentarnos cunha identidade forte. Pero a cultura vese moitas veces sobordada, ou lateralizada, por intereses comerciais, empresariais, institucionais... A emigración non se pode deixar de lado. Pero unha cousa é unha subvención a un centro galego e outra cousa é a acción exterior. Poderían combinarse se esa parte que temos herdada da emigración e do societarismo, toda esa capacidade de organizarse, estivese volcada nunha especie de axencia exterior de Galicia. Pero non sempre é así, nin moito menos. Acción exterior é escoller un leitmotiv, un obxectivo, e ter un soporte. Pode ser a través das materias primas, da influencia xeoestratéxica, dos medios de comunicación… A acción exterior ten moitas variables. Pero, claro, unha pequena cultura de Occidente ten que escoller moi ben os obxectivos e os soportes. \"A cultura eu considero que no caso de Galicia ten que ser o soporte fundamental para a acción exterior\" E esta idea, primeiro, de que somos unha cultura de gran raíz europea, e segundo de que temos unha conexión extraordinaria co mundo da lingua portuguesa, que temos dúas linguas e que podemos ser interlocutores en todas as repúblicas iberoamericanas falen castelán ou portugués, ou en África mesmo, todo iso é un valor extraordinario que temos que explotar. Eu gran parte do que fixen como presidente do Consello da Cultura Galega foi camiñar nesta dirección. Con lentitude, porque a acción exterior é moi lenta, ten moitos custos de transacción. E eu agradezo que me dean o premio non por min, que non son un diplomata nin nada parecido, pero si pola idea. Porque tamén é unha maneira de recoñecer que iso é un quiñón importante. E aí o papel do Consello foi moi importante. Porque desempeñamos unha función cuasi substitutiva doutras institucións que non temos. Non podemos aspirar a ser o Cervantes. Nin o Ramón Llul. Eu tampouco defendo que haxa que crear institucións por crealas. Pero avogo porque, no que haxa, os obxectivos sexan cumpridos, sexa por quen sexa. Se o pode facer o Consello, mellor. A Diagnose da cultura galega publicada polo Consello da Cultura este mesmo ano advirte de que a política cultural carece de estratexia, diagnose, planificación e avaliación. Que é algo que o Consello denunciou moitas veces. Mais, aínda sendo un órgano consultivo, non sei se sempre reaccionou a tempo. Penso, por exemplo, en cando o proxecto da Cidade da Cultura estaba comezando, a finais dos 90. Case non había voces críticas -tamén porque había máis censura nos medios-. Cando Pedro de Llano advertía de que a Cidade da Cultura ía hipotecar o orzamento cultural, estaba bastante só. As institucións culturais galegas puideron facer máis? Poderían, non sei. Eu daquela aínda non chegara ao Consello. Cando eu cheguei, xa non só é que xa existía a Cidade da Cultura, senón que non fora parada polo goberno bipartito, como algúns sectores do bipartito parece que avogaban. Agora, eu son, neste sentido, bastante pragmático. Creo que a Cidade da Cultura empezou mal, pero podería recompoñerse. E o que pasou foi que tampouco se recompuxo. O meu inveterado reformismo, a miña confianza en que todo é reversible, pois non sempre se cumpre. \"Para min é obvio que o que acabou predominando aí foi o proxecto do propio arquitecto. O arquitecto mandou sobre todos: sobre as institucións, sobre os gobernos, sobre os asesores\" Eu participei nalgúns dos informes do Consello, sobre como facer a hemeroteca ou a biblioteca, ou o museo, e non me arrepinto, non teño que dar explicacións nin pedir desculpas. Agora, para min é obvio que o que acabou predominando aí foi o proxecto do propio arquitecto. O arquitecto mandou sobre todos: sobre as institucións, sobre os gobernos, sobre os asesores, etc. Agora o que queda é o edificio. E é moi difícil darlle un uso, digamos, funcional, e atractivo. En canto á actividade do Consello, desde que fixemos aquela reflexión estratéxica no ano 2008, o que fixemos foi insistir en que a cultura ten que ser tratada como calquera outro sector. E tamén que ten as obrigas de calquera outro sector. Que temos que mellorar os nosos instrumentos de xestión, e render contas, e ser solidarios co resto de sectores, e ao tempo ter un perfil propio. Mais, claro, o consello non executa políticas, nin nunca pediu executalas. Porque o consello opina, asesora, é un lugar de encontro para que moita xente de ideas diversas poida expresarse, e opinar, pero a responsabilidade última nunca é do Consello. Ou polo menos a última: pode haber unha responsabilidade en inicio. \"Por veces hai unha combinación non vou dicir perversa, pero si non virtuosa, entre os actores políticos e os actores culturais\" Aquí teño que dicir que non é fácil establecer unha diagnose. Porque por veces hai unha combinación non vou dicir perversa, pero si non virtuosa, entre os actores políticos e os actores culturais. Os actores culturais tamén son moi sensibles a un uso discrecional dos recursos destinados á cultura. E isto é o que hai que cambiar, porque isto modificaría de raíz a actitude dos gobernos, sexa quen sexa quen goberne. Hoxe, por exemplo, a cultura está máis en mans, orzamentariamente, das deputacións e das entidades locais, que da Xunta, cousa que se esquece. E non é que eu queira defender a Xunta, nin moito menos, que hai moitas críticas que se lle poden facer. Pero aquí hai unha combinación non virtuosa entre a acción dos gobernos, sexan locais ou autonómicos, e actores culturais, sexan fundacións, editoriais, industrias da comunicación… Non sei se entendo ben. A que se refire? Para que se modernice verdadeiramente a xestión da cultura galega, os seus actores teñen que estar dispostos a facelo. Por exemplo, cando fixemos no Consello o informe sobre as fundacións, houbo representantes de fundacións que protestaron. Que como diciamos que as fundacións había que xestionalas mellor, que había que agruparse, etc. Se os actores non queren facelo, e aos gobernos lles vai ben así -e non digo a este goberno, senón en xeral-, pois todos contentos. Quero dicir, que esa tea de araña é difícil de desfacer. \"Para que se modernice verdadeiramente a xestión da cultura galega, os seus actores teñen que estar dispostos a facelo\" Outro informe recente do Consello, sobre práctica e actitudes lingüísticas da mocidade, constata aspectos positivos e algúns negativos. As actitudes belixerantes cara ao galego non minoritarias, pero si hai certo calado dun discurso difuso da \"imposición do galego\". Galicia Bilingüe e sucesores conseguiron, niso, mover os marcos? Sei que vostede trata de non ser pesimista, ou polo menos catastrofista, co tema do galego... Ben, é evidente. En Galicia, a lingua era un espazo digamos que..., pacífico, ou consensuado, e iso foi un triunfo do propio momento da construción da autonomía. O feito de que se introducise o galego no Parlamento, nas institucións, nos concellos, nos actos e actas oficiais, na Universidade… Cando eu fun rector, lembro que isto foi importante pero non conflitivo, púidose facer. Creo que se deu un proceso de normalización do galego bastante notable. \"O que me parece máis preocupante é a introdución da lingua galega no debate político partidario\" E había unha idea aceptada, que era que as linguas eran sinal de identidade, e moitos o consideran así: en Galicia ou fóra de Galicia, porque hai que ver o que se gasta e o que se pregoa do español como expresión de España polo mundo, ou do francés, ou do portugués, ou de calquera outro idioma. Quero dicir, que as linguas, en ningunha parte están exentas dese perfil identitario nacional. Eu creo que aquí o punto de inflexión foi probablemente o que sucedeu desde o final do goberno de Fraga, co goberno bipartito e a reacción contra o goberno bipartito. O que me parece máis preocupante é a introdución da lingua galega no debate político partidario, cando había unha especie de consenso implícito, non escrito, mediante o cal todo se deixaba camiñar máis ou menos. Despois, o bipartito quixo darlle unha marcha máis a ese proceso e encontrouse cun rexeitamento que foi aproveitado politicamente. Non só por Galicia Bilingüe, senón por sectores que votaban o Partido Popular. E por tanto eu creo que agora habería que, en parte, desandar aquel camiño. É dicir, chegar a un pacto de apartar un pouco a lingua do debate político, no sentido de que se falas galego es nacionalista, e se non falas galego es español, españolista.... Eu creo que é perverso para a lingua. Iso é reducionismo. \"O bipartito quixo darlle unha marcha máis a ese proceso e encontrouse cun rexeitamento que foi aproveitado politicamente\" E segundo, que penso que algún día teriamos que chegar a unha certa concordia na normativa. Que é máis un asunto de sistema escolar, ou de gramáticos, ou de sociolingüistas… Para min é máis importante o primeiro. En canto á normativa, incluso pode haber varias, aínda que sexa difícil regular politicamente dúas: eu creo que en ningún país é fácil que haxa varias normativas. Porque poden aparecer problemas de xestión das políticas públicas, de transmisión educativa, etc, que hai que resolver dalgún modo, ou A ou B. Pero niso tampouco teño un criterio moi elaborado. En relación con iso, o Consello publicou hai poucos anos un libro, Linguas en contacto, que trataba este tema e os fenómenos a el asociados -interinfluencias, hibridación, multilingüismo e mesmo diglosia-, desde unha perspectiva distinta á consideración do monolingüismo como ideal. Fora un dos autores deste libro, Henrique Monteagudo, quen formulara aquela tan polémica idea do \"bilingüismo restitutivo\". Quero dicir, que non é que haxa desacordo só a nivel político. É que a nivel académico tampouco hai unanimidade. Non hai acordo, pero hai vías de saída. Hoxe non podemos pensar que de forma inmediata se vai lograr o que di a lei e a palabra que usamos: a normalización. Non podemos pensar nun horizonte monolingüe, nin a medio prazo nin a longo prazo. Nin en galego, nin en español. Porque a realidade é hoxe a Babel de linguas. Agora, o que temos que buscar desesperadamente é un lugar para o galego no concerto das linguas. No conxunto das linguas ibéricas e non só ibéricas. Nas linguas europeas. \"O que temos que buscar desesperadamente é un lugar para o galego no concerto das linguas. No conxunto das linguas ibéricas e non só ibéricas\" E iso significa que haberá que distribuír usos distintos, espazos distintos, pero non pode nin ser substituído polo español, nin polo portugués. Defender un monolingüismo do español non só é un erro, senón que é unha aldraxe. E os que din que temos que abandonar o galego patois e usar o portugués, pois creo que é inviable, a curto prazo polo menos. Por iso, todas as reformas teñen que facerse non contra o galego, senón co galego ou desde o galego. Porque isto nos dá autoridade, dignidade, coherencia, etc. Seguindo coa lingua, que significa que unha ducia de deputados por Galicia voten en Madrid en favor da ignorancia do galego dos aspirantes a funcionarios da administración galega? É un síntoma máis do final dunha etapa, respecto á ruptura dos consensos sobre a lingua acadados na construción da autonomía? Cando chega Feijóo, xa non precisaba lexitimarse co discurso galeguista porque a sociedade cambiara. Hai un cambio de ciclo... Iso non foi idea deles, pero apoiaron o que dicía un deputado de Ciudadanos. Aí creo que hai un oportunismo político evidente. E isto vén insistir no que eu denunciaba antes: que a lingua galega debe estar á marxe do debate político. Agora, que nada que poida dar votos, os partidos deixan de utilizalo. Penso que nese punto non se salva ningún partido. Mais que cambiou o ciclo é evidente. Temos que entender o galego dunha forma máis aberta, máis audaz, do que entenderamos, con criterios ás veces paternalistas, nos anos 90 ou 80. Ese modelo xa non vale. Con Fraga ou sen el. Se houbese un Fraga agora, tamén tería que cambiar nese punto. Mais non é que sexa o fin da cultura da autonomía, senón dunha forma de entender a autonomía. Salvo que se elimine a autonomía... Referíame á fin da cultura da autonomía como metáfora. Camilo Franco explicou, e Jorge Linheira fixo seu o seu discurso no libro La cultura como reserva india, que, con Fraga, unha cultura feble, dependente das subvencións, non vertebrada e fortemente institucionalizada, servira para lexitimar ao propio Fraga como o galeguista, demócrata e centrista que non fora. Mais agora atopariámonos nunha etapa distinta, na que incluso o pouco que había pode ser desmantelado deixándolle morrer de inanición, porque o PP xa non precisa esa pátina galeguista. Esa pátina segue existindo. E as prácticas, incluso no ámbito lingüístico, do Partido Popular, non están moi lonxe das que practicaba Fraga. Quizais un pequeno xiro houbo, pero non están tan lonxe. O cal non significa que as súas políticas sexan estritamente iguais, pero creo que non está moi lonxe. Cando antes falaba desa relación pouco virtuosa entre os ámbitos da política e os ámbitos da cultura, tamén ten que ver con iso. Agora a antes. E iso xa vén desde Albor. Non é de agora. Pasando por Fraga, polo goberno tripartito, polo goberno bipartito, e segue pasando agora. \"A relación pouco virtuosa entre os ámbitos da política e os ámbitos da cultura tamén ten que ver con iso. Agora a antes. E iso xa vén desde Albor. Non é de agora. Pasando por Fraga, polo goberno tripartito, polo goberno bipartito, e segue pasando agora\" Mais que se creou, co PP de Fraga, unha cultura raquítica, a base de institucionalización e de subvencións que fomentaban a dependencia, pode ser unha análise acertada. A política de pasilleo e sálvase quen poida, e estade calados, debilitou a cultura. Mais, como non se creara nada sólido -nin públicos, nin relación co exterior…- cando as axudas se recortan, todo cae. Porque tiña pés de lama. Era unha época de certo paternalismo cultural. Pero lembra que tamén a exercía o PSOE desde o goberno. Que coidaba os escritores, que os mandaba por aí polo mundo, que facía reunións con eles… Había unha bodeguilla na Moncloa onde se reunía Felipe González cos intelectuais. Pero iso hoxe xa non é viable. Xa non hai esas bodeguillas. Iso quedou atrás. E se cambiamos temos que cambiar todo, non só unha cousa e non a outra. Na análise, quero dicir. Tamén está recollida a idea de que é como se se producise unha sorte de pacto entre galeguismo histórico e fraguismo. O galeguismo dáballe lexitimidade a Fraga. E a cambio creábanse institucións. -Certo que o Consello xa se creara antes. E Galaxia comezara moito antes coa estratexia de entrar nas institucións-. Existiu ese pacto e, de existir, que impacto tivo? Eu non sei se houbo pacto. Non me consta. Non creo que houbese ningún pacto escrito. Si que o que fixeron os chamados galeguistas históricos, -que eu non sei, que eu non participaba nas reunións, nin moito menos-, foi defender por todos os medios unha viabilidade da autonomía. Que non estivo lonxe de ir por outros camiños. Hoxe consideramos que estaba dado, pero hai que recordar que unha das cousas que máis lle sorprendeu a Suárez -que isto non se sabía e publicouse hai pouco-, foi a reunión que tivo no ano 80 cos intelectuais galeguistas. Suárez quedou asombrado das críticas que estes intelectuais lle facían ao Estatuto de Autonomía. O da Aldraxe. Se un ve por exemplo o que escribiu García-Sabell no ano 79 en El Ideal Gallego, sobre o Estatuto, é un artigo case insultante, cos que aprobaron o Estatuto, o proxecto de Estatuto nas Cortes. Eles, nese sentido, non foron a procesión dos caladiños. Agora, que de aí naza todo, pois iso é outra cousa. Fraga veu para aquí e non o chamara Piñeiro. Piñeiro xa lle fixera un alegato na conferencia da UNESCO en Montevideo bastante forte. Por iso que pacto escrito non. Unha coexistencia pacífica si. Pero esa coexistencia pacífica segue en pé. Con outros actores e doutra forma. Con Fraga e despois de Fraga. \"Non houbo pacto escrito. Si coexistencia pacífica. Pero esa coexistencia pacífica segue en pé. Con outros actores e doutra forma. Con Fraga e despois de Fraga\" Falabamos antes de que Feijoo podía seguir a ter unha certa pátina galeguista. Que ten que ver a nova situación, o novo ciclo do que falabamos antes, co piñeirismo? Pódese ser galeguista de calquera maneira. Mesmo votando contra o galego. Si, todo iso é lamentable. Pero resulta que a alternativa era que estes deputados, ou incluso toda a dereita galega, falase español, non falase galego. Entón, que é mellor? En que se sustentou ese, digamos, pacto implícito? En que se sustentou a Lei de Normalización Lingüística? Cos seus nesgos e problemas. Houbo xente á que non lle gustou, porque prefería por exemplo tomar a vía cara ao portugués, pero, así se empezou a ensinar o galego na escola, a actividade editorial, algúns xornais, etc. Entón esta manía de facer culpable de todo a Piñeiro e ao piñeirismo, eu creo que esconde unha ausencia de análise intelectual. Porque Piñeiro tivo moitos defectos, e moitas limitacións. Pero non vamos pensar que todo o que está mal en Galicia foi debido a el. Nin a el, nin a Beiras, nin a Fraga, nin a quen escollas. Hai que ter menos preguiza intelectual. \"Esta manía de facer culpable de todo a Piñeiro e ao piñeirismo, eu creo que esconde unha ausencia de análise intelectual\" O que Piñeiro formulaba podía parecer boa idea no seu tempo. A cuestión é no que deu despois. Piñeiro fixo unha política realista, pero sen forza. Porque non tiña partido. E por que todo o nacionalismo novo, que naceu nos 60, se posicionou en contra? Que o expliquen eles. Porque se posicionaron contra a autonomía? No País Vasco e en Cataluña os países nacionalistas gobernaron a autonomía. En Galicia non. Porque a autonomía era unha aldraxe, unha cousa de caciques, etc. Pois, xa que era cousa de caciques, gobernaron os caciques. É que en política, se non o fas ti, faino outro. A política é impura por definición. En Arxentina din: política es embarrarse. E iso ás veces é lamentable ou pode ser pouco grato. Pero hai que ser realistas. E eu creo que falta na política galega, e sobre todo na de cultura nacional, non digo nos nacionalismos, é un pouco de realismo político. Creo que aquí ten que dar explicacións moita xente. E non só Piñeiro. \"No País Vasco e en Cataluña os países nacionalistas gobernaron a autonomía. En Galicia non. Porque era unha cousa de caciques. Pois, xa que era cousa de caciques, gobernaron os caciques\" Foi vostede decano da Facultade, rector da Universidade, catedrático desde moi novo, presidente do Consello da Cultura… Penso que só lle falta ser presidente da RAG. Gustaríalle? Claro que me falta, pero non sinto que me falte: non, non. Eu penso que a miña función pública, salvo catástrofe, está cumprida. Tiven unha oportunidade moi grande na vida, que primeiro foi ser profesor, catedrático, decano da Facultade, rector, que foron catro anos moi importantes, fecundos: non direi que de todo felices, con algúns sinsabores importantes, pero quedo coa idea de época moi importante. E logo ser presidente do Consello 12 anos, pois tamén. Aínda que é outro ámbito, máis cómodo, menos conflitivo… De modo que a miña vaidade está plenamente satisfeita. Non aspiro nin vou intrigar para nada de todo iso. Eu a Academia respéctoa moito, é un clube ao que pertenzo. Ás veces pregúntome se non podía ser mellor, por esas retesías..., pero ben, que lle imos facer, é así. \"Penso que a miña función pública, salvo catástrofe, está cumprida\" Tamén en relación con iso, isto é algo que habitualmente di Jaureguízar: que a cultura está controlada por unhas poucas ducias de persoas. Ademais, nas institucións culturais -como na universidade- pouco relevo xeracional hai. A ver, eu penso que hai de todo. As dúas editoriais principais galegas acaban de renovarse poñendo xente bastante nova ao fronte. A Academia non pode renovarse nese sentido porque é un lugar de cooptación onde se entra relativamente maior. Polo tanto, dicirlle á Academia que ten que renovarse, é non entender nada da Academia. No Consello, non queda hoxe case ninguén dos que estaban cando eu entrei. Renovouse máis ca calquera medio de comunicación, por exemplo, onde hai persoas que levan 30 ou 40 anos. O problema é se non hai ideas novas, non que non haxa persoas novas. E pode que non haxa ideas novas. Pode ser. Pero admito que haxa esa percepción. \"Dicirlle á Academia que ten que renovarse, é non entender nada da Academia\" E se che tiveramos que explicar a alguén que non sabe nada da cultura galega que fan o Consello, o Centro Ramón Piñeiro, o ILG, e ante quen responden, que poderiamos dicir? Pode que haxa certo solapamento, ademais, entre elas ás veces… Habendo ademais como traspasos de persoal dunhas ás outras. Por iso a percepción de que sempre son os mesmos. Iso é unha lenda urbana. O Consello foi creado estaturiamente. O ILG é unha institución universitaria, polo que terá que decidir a Universidade sobre o seu futuro. O Centro Ramón Piñeiro foi no seu día unha creación da Xunta de Galicia para competir co ILG. A Academia leva 100 anos construída. Son cousas distintas. Agora, por que se lanzan todas esas acusacións? É moi propio da sociedade actual: banaliza que algo queda, mestura que algo queda. O ILG é parte do Consello por lei, por lei do Parlamento. A Academia forma parte do Consello por lei. Agora, eu, como presidente do Consello, coideime moito de practicar políticas que estivesen diferenciadas destas institucións. Nós non fixemos gramáticas, non fixemos edicións facsimilares de libros, como fai o Centro Ramón Piñeiro. Nin nos ocupamos da normativa como fai a Academia. Hai moitos campos nos que traballar. Entón, o que diga, é que son os mesmos! Home, en persoas, claro que hai coincidencias, porque se o ILG forma parte do Consello, ten que habelas. Eu penso que dicir iso é devaluar a cultura. E paréceme criticable. Que ao mellor hai moitas institucións? Pois non sei. Pero que o ILG o explique a Universidade. E o Piñeiro que o explique a Xunta. E o Consello xa se explica no Parlamento. E A Academia é unha institución histórica. E aí acabou o conto. Cambiando de contexto, escribiu, con Javier Moreno, o volume sobre restauración e ditadura da Historia de España de Crítica/Marcial Pons coordenada por vostede mesmo con Fontana. E sacou non hai moito, con Bahamonde, unha historia do mundo contemporáneo do século XIX ao XXI. Como pode ler o historiador o actual ascenso do fascismo? Eu estou un pouco perplexo. Levo moito tempo lendo sobre o século XX, tentando entender… Por exemplo, ese libro de historia do mundo contemporáneo que aludes, que fixen eu o último capítulo, tratei de explicar a crise, a recesión e todo isto… E acababa este texto co famoso trilema de Rodrick, entre democracia, Estado-nación e globalización, que metidos nunha habitación, teñen que decidir que par se salva. \"O problema central actual é unha globalización financeira económica e unha incapacidade política para xestionala\" Esta incerteza hoxe está moito máis próxima. Afecta ó problema central actual, que é unha globalización financeira económica e unha incapacidade política para xestionala. Entón hai xente que se quere agarrar ao Estado-nación, poñer fronteiras de novo, coma Salvini en Italia: poñer fronteiras para que non veñan inmigrantes, para gastar o noso diñeiro como queiramos, para non admitir as directrices de Bruxelas, etc. Ou o Brexit. E así sucesivamente. \"Eu non imaxino nese mundo que Europa saia gañadora, senón perdedora\" Creo que isto vai conducir a un novo mundo. Non sei se é un desastre. Pero eu non imaxino nese mundo que Europa saia gañadora, senón perdedora. E preocúpame Europa non só como creadora dunha cultura, senón dun modelo político. Un modelo político combinando democracia cristina ou liberais con socialdemocracia e estado de benestar moi exitoso, pero que hoxe non é viable. Entón, o que vai suceder, eu non o sei. Agora, no ascenso de solucións autoritarias, teñen que ver parte o nacionalismo, parte o rexeitamento das políticas socialdemócratas e do estado de benestar, parte relación pendular porque non pode gobernar sempre o mesmo. Ou un rexeitamento á inmigración, por exemplo. Hai moitas causas. E iso é preocupante, e causa certa perplexidade. Pero penso que temos que pensar cos pés na terra. Temos que garantir que polo menos haxa poderes públicos que lle poidan poñer algúns límites á voracidade da globalización, das grandes empresas. E, ao propio tempo, temos que ter uns poderes públicos que teñan apoio popular. Por que 50 millóns de persoas votan a Bolsonaro en Brasil? Non é porque sexan fascistas, probablemente. Son clases medias que non saben onde ir. Que se enriqueceron, incluso, con Cardoso e con Lula. Que chegaron a ser importantes, incluso no mundo. E agora non queren perder o que teñen. E quen paga a factura? Os pobres do nordeste. Vai haber desigualdade, e este é o problema ou o reto que temos agora. \"Abusamos moito da palabra fascismo. E ese abuso da palabra fascismo no fondo favorece aos que teñen posicións autoritarias\" Agora, como evitalo? Pois temos que ter primeiro unha teoría, digamos, da esquerda. Non choromiqueos, e lamentacións, de que agora veñen aí os fascistas. Non, hai que pensar antes. E niso, desde Tony Blair, imos de mal en peor. E temos tamén que aceptar que as políticas populistas, que poden ser boas a curto prazo, teñen consecuencias. Unha política intelixente era a do PT en Brasil inicialmente. Pero matouno a corrupción. En cambio en México hai unha alternativa distinta. Imos ver. Tamén creo que abusamos moito da palabra fascismo. E ese abuso da palabra fascismo no fondo favorece aos que teñen posicións autoritarias. Tes medo dos fascistas? Pois aquí estamos. Penso que a responsabilidade da esquerda é extraordinaria. Porque ten que buscar unha saída razoable para esta crise. Non alimentar o medo de, que vén o lobo! E tamén, a que estamos dispostos a renunciar? Porque se queres salvar un horario de traballo flexible, unhas prestacións altas, unhas pensións anticipadas, uns servizos públicos eficientes, uns medios de comunicación sólidos… Ou temos que xestionar moito mellor, ou de algo temos que prescindir. E este debate non se está a dar. Estamos vivindo aínda da inercia do que era: sanidade, educación, a facilidade que temos para movernos, sen pasaporte, sen cambiar de moeda… E tampouco podemos seguir con esta burocracia da Unión Europea, cun Parlamento que non controla os gobernos, cunha Comisión Europea que vai bastante por libre e un poder dos burócratas extraordinario. E como se interpreta, tamén, á luz da historia, a reacción que está a ter o Estado en Cataluña? Hai un reforzo do nacionalismo español… Non hai moitos precedentes. O precedente que se quere invocar, que é o 34, non ten moito que ver. No 34 houbo unha sublevación, incluso con armas. En cambio agora houbo unha vía tensa pero pacífica de demostrar a vontade, neste caso de ser independente, do electorado catalán. O que eu penso que é excesivo é acudir á vía xudicial en vez de á vía política. Esa foi unha estratexia do propio Rajoy, durante moitos anos, que nos empantanou ata estar onde estamos. \"O que eu penso que é excesivo é acudir á vía xudicial en vez de á vía política\" Agora hai moitas voces, nomeadamente do Partido Socialista, que invocan unha vía política e non xudicial. Incluso que critican algo que moitos xuristas teñen criticado xa que é a prisión preventiva tan prolongada, que fai sospeitosa a ecuanimidade da decisión. O que si está claro é que o consenso inicial da transición, en contra do que pensan moitos críticos da transición, foi cambiado moi cedo, nos propios acordos UCD-PSOE de principios dos 80, logo cos acordos do PSOE co PP… Quero dicir, que o estado das autonomías non é o que se proxectou nun principio. É nunha parte máis do previsto, porque é universal e con moitas competencias. Pero por outra parte non o é, porque había unha diferenza clarísima entre nacionalidades e rexións. E iso é o que está en causa agora. Cataluña está hoxe tanto ou máis movida polo independentismo que polo nacionalismo. O nacionalismo non é a causa. É unha transición cara ao independentismo. Que creo que é o que nacionalismo español non entende. Que tiña que indagar por que pasa, e que vías de saída podía haber, como pasou en Escocia, no Quebec ou noutros lados. \"Ao nacionalismo español non lle fai falta que o aticen moito\" E claro que os problemas do País Vasco e Cataluña poden ter efectos colaterais no reforzo do nacionalismo español. Pero ao nacionalismo español non lle fai falta que o aticen moito, que xa estaba bastante presente. Ás veces parecía que era oculto, pero aínda que fose de forma implícita, estaba. E xa para acabar, é un problema difícil de resolver tamén porque non está ben feito o diagnóstico. E están rotas as fontes de diálogo. Probablemente haberá que esperar a que outros actores o fagan. Outros dirixentes cataláns e en España. Porque no nivel de enconamento actual, é difícil. E de chegar a unha solución, ten que ser unha solución da que participe tamén a dereita. Non pode ser só dos nacionalistas cataláns e vascos, ou do PSOE, ou de Podemos. A solución política ten que ser transversal. Salvo que se arrase a autonomía catalá, que non é vía, porque só crearía máis rancor. En Cataluña hai unha interiorización de que, por que nos fan isto? Que eles tampouco pensan que fixeron eles. Está moi presente o: pedimos, intentámolo, pero pecháronnos unha porta tras doutra. Entón, por que teñen esa percepción de non ser escoitados? E se cadra fai falta un zurcidor de vontades extraordinario. Sagasta tiña sona disto. \"Se cadra fai falta un zurcidor de vontades extraordinario\" Que era un pouco o que era o Consello da Cultura. Segundo a miña idea si…"}
{"ID": "PRAZA_7699", "summary": "Os nacionalistas renovarán dirección e ideario nun cónclave dunha soa xornada e de novo aberto ao conxunto da militancia", "text": "A cita para a \"reorientación\" xa ten data. O BNG vén de anunciar publicamente a decisión adoptada polo seu Consello Nacional o pasado sábado: fixar para o vindeiro 17 de marzo a culminación da reflexión interna aberta na formación tras a derrota electoral do 21-O. O cónclave, aberto ao conxunto da militancia -que se terá que inscribir previamente- terá a responsabilidade de renovar ideario pero tamén liderado, toda vez que o actual portavoz nacional, Guillerme Vázquez, xa anunciou a súa intención de non optar á reelección. Ante o Consello Nacional Vázquez xa avanzou que a intención fundamental da formación frontista é saír da asemblea co traballo de \"reorientación política\" feito. Trátase, di o nacionalista, de \"adaptar a nosa liña política á nova realidade da crise económica e social que estamos a padecer\" e de \"ofrecerlle ao pobo galego un proxecto político útil para camiñar cara a unha Galiza democrática, soberana e con xustiza social\". Para todo isto, di, cómpre que o Bloque \"recupere a confianza da sociedade galega\". A dirección nacionalista subliña que o proceso asemblear se veu desenvolvendo \"sen límites previos\" e \"de abaixo a arriba\" Dende a dirección nacionalista subliñan que o proceso asemblear veuse desenvolvendo \"sen límites previos\" e \"de abaixo a arriba\", con debates comarcais \"onde xurdiron as primeiras reflexións, que se transformaron nun documento aberto que se volveu debater nunha segunda fase nas asembleas comarcais\". Ademais, ese mesmo documento e o proceso de reflexión en xeral \"abríronse ao conxunto da sociedade galega a través da iniciativa \"propón connosco\", un espazo na web do BNG para recibir achegas da cidadanía. Este será o contexto no que a militancia do Bloque acuda a unha cita asemblearia que previsiblemente se celebrará en Compostela e de cara á que, ao contrario que noutras ocasións, non hai moitos nomes sobre a mesa. Así, no entorno da formación considérase que unha das vías máis probables é que a portavocía nacional recaia no actual voceiro parlamentario, Francisco Jorquera. Tamén se prevé que sigan a ter un papel relevante dirixentes como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ou o vicevoceiro parlamentario e líder da corrente interna Abrente, Carlos Aymerich."}
{"ID": "NOS_28187", "summary": "Aos 84 anos falece un dos líderes históricos do nacionalismo galego, figura central na historia política do país desde os anos 60.", "text": "Morreu en Beariz Bautista Álvarez, fundador da UPG e dirixente durante décadas do Bloque Nacionalista Galego. Sen el é imposíbel historiar o desenvolvimento do nacionalismo galego de post-guerra e a construción dun potente movimento socio-político primeiro durante a ditadura e logo con posterioridade no actual réxime político. A noticia anticipouna a Unión do Povo Galego através da súa conta twitter: Lamentamos comunicar falecemento do camarada Bautista Álvarez, grande patriota galego, fundador da UPG e histórico dirixente do nacionalismo pic.twitter.com/NtauoLJ6aJ— UPG (@GalizaUPG) 16 de setembro de 2017 Tamén no twitter, a líder do BNG deixou esta mensaxe de tributo ao legado de Bautista Álvarez. Foise un amigo, un galego ilustre e referente imprescindíbel, Bautista Álvarez. Grazas por unha vida de compromiso coa liberdade de Galiza— Ana Pontón (@anaponton) 16 de setembro de 2017 Bautista Álvarez era natural da aldea de Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Naceu en 1933 e era o menor de tres irmáns. Con dez anos ingresou no Seminario de Ourense onde estudaría Humanidades e Filosofía. Estudos que continuou a partir de 1965 na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense en Madrid, onde marchara para facer o servizo militar. \"Eu vivín inda dentro da Idade Media\", explicou no documental Bautista Álvarez: unha vida para unha nación, de Xoán Carlos Garrido e Cesar Caramés, onde tamén lembraba que \"a escolla do Seminario obedecía a dúas razóns. Unha é que os curas eran os únicos estudados nas aldeas, e a outra era que o clero vivía moi ben daquela\". En Madrid, onde fixo amizade con Ferrín e Fernández Ferreiro, foi un dos membros fundadores do colectivo Brais Pinto e promoveu o Seminario da Cultura Galega do Clube de Amigos da Unesco. Naquela época tamén sufriu a represión do réxime franquista e pasou pola cadea acusado de manter ideas \"separatistas marxistizantes\". Estábase constituíndo a Unión do Povo Galego (UPG), e o grupo madrileño era moi activo. Bautista Álvarez sostivo sempre que a primeira UPG non era claramente un partido, e foi acollendo xente como Luís Soto, quen editou o manifesto dos dez puntos en México, ou Celso Emilio Ferreiro entre outros. E non foi até despois dos acontecementos de Ferrol e Vigo do ano 72 que se converteu nun partido marxista leninista. Bautista Álvarez participará na fundación da UPG da que chegou a ser primeiro presidente no congreso celebrado en agosto de 1977, cargo que abandonou a finais do 2008. El resumía a traxectoria da UPG en tres etapas: da fundación a 1975, inmersos nunha ditadura militar; da morte do ditador a 1982, os anos de consolidación da democracia burguesa e do cambio nas formas de loita; e de 1982 en adiante, coa consolidación desa democracia burguesa e a progresiva descentralización administrativa. Na película de Garrido e Caramés, Bautista Álvarez recoñece nunha entrevista na sede do Parlamento galego que \"algo se vai conseguindo, pero inda hai moito que avanzar\" e móstrase irritado pola \"demagoxia\" de Fraga Iribarne, do que lembra como \"odiou o idioma galego e mesmo secuestrou publicacións en galego\". Poucos anos despois, no 2010, nunha colaboración en Terra e Tempo, Álvarez advertía da descomposición do Estado español e reflexionaba: \"No momento actual, cando a maioría das institucións están nas mans de partidos enlamados na buleira, é obriga darlle ao electorado un modelo que poida rescatalo da frustración colectiva. O recambio está en alternativas transformadoras -iso é, revolucionarias- que teñan na ética un dos piares fundamentais (non o único) dos principios ideolóxicos que as identifican\". Clandestinidade En 1973, Bautista Álvarez empezou a traballar nunha empresa do Porriño e xa fai parte do Comité Executivo da UPG na clandestinidade. A finais de 1976, despois da morte do ditador, foi detido por participar nunha manifestación pola amnistía en Vigo. Sería procesado polo TOP e pasou polos cuarteis da Garda Civil en Cangas, Verín e Pontevedra, tendo sufrido torturas. Entre 1975 e 1978 foi ademais presidente da Asociación Cultural de Vigo, e publicou un ensaio sobre Os vellos non deben namorarse, de Castelao, entre outras colaboracións de carácter literario (tamén en castelán, en revistas como Signo ou Cuadernos para el diálogo), ademais da súa produción sobre asuntos políticos e as numerosas conferencias sobre temas relacionados co país pronunciadas en cidades como Barcelona, Xenebra, Zurich, Basilea e Rotterdam. En 1982 participou da creación do Bloque Nacionalista Galego, e foi membro da súa Comisión Permanente desde 1982 até o 2002. Representou ao BNG na London Dumping Convention, sobre prevención da contaminación mariña, nos anos oitenta, e na fundación da CONSEO, a Confederación de Organizacións de Nacións sen Estado de Europa Occidental, en decembro de 1985. Bautista Álvarez mantívose sempre atento ás posibilidades desa fronte común dos pobos de Europa e en alerta continua contra a unión económica e monetaria que se ía construíndo. A finais de 2010, nun dos seus artigos en Terra e Tempo, subliñaba esta condición do proxecto europeo: \"desde o Tratado de Roma á cimeira de Maastricht o único idioma que se falou na Unión Europea foi o do diñeiro. Alimentada desde a infancia co biberón da economía de mercado, o que en principio se chamou Mercado Común rematou sendo un verdadeiro mercado negro (…) Esta é a Europa que existe. A dos cartos. Non hai outra. A Europa 'democrática' que pondera o voto polo PIB.\" Deputado no Parlamento galego Bautista Álvarez foi elixido deputado pola Coruña nas primeiras eleccións ao Parlamento galego en outubro de 1981. Pero sería expulsado do Parlamento, xunto a Lois Diéguez e Claudio López Garrido, seus compañeiros na coalición electoral Bloque (AN-PG/UPG)-PSG. Negáranse a prestar xuramento á Constitución española de 1978. Volvería resultar electo nas lexislatura IIIª (1990-93), IVª, Vª e VIª (2002-2005) pola circunscrición de Pontevedra. E chegou a ocupar os cargos de vice-secretario e vice-presidente na Mesa do Parlamento na cuarta e na quinta lexislaturas. En 2004, no 40 aniversario da constitución da UPG, o partido promove a creación da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, que pasou a presidir. En 2006 foi distinguido co premio Manuel María á dignidade nacional. Bautista Álvarez continuou participando no debate político a través dos seus escritos e advertindo sobre os camiños que ía tomando a cuestión nacional galega no contexto actual. En decembro de 2014 sinalaba: \"o galiñeiro español está alborotado. Por levante empezou a soprar con forza o vento independentista. Aínda que maino e civilizado en aparencia, semella máis perigoso ca o aquilón do norte\"; un ano despois, a finais do 2015, recomendaba diante da encrucillada do nacionalismo galego: \"está ben ser pioneiros no combate e na defensa de todas as liberacións. Ningunha delas debe ter prioridade sobre a liberación nacional do noso país\". A Fundación Bautista Álvarez publicou parte da súa produción ensaística en tres tomos da Obra Escollida. En 2013, Bautista Álvarez publicou en Xerais o libro de relatos Retallos daquela infancia, e no 2015, na mesma editorial, a novela Cuarto minguante. Bautista Álvarez morreu hoxe, aos 84 anos de idade, en Beariz non moi lonxe da aldea de Loucia. Quizá non gustaría de converter o data nun pranto por un patriota, quizá non convén chorar como deixou dito non hai moito falando de Manuel María: \"Cando coñecín a noticia de que ía ser honrado co Día das Letras do próximo ano a punto estiven de verter as bágoas que me invadiron cando vin entrar o seu cadaleito no Panteón de Galegos Ilustres. Por unha sinxela razón. Por retrasar para despois de morto o agasallo que Galiza lle debía en vida. Inclusive iniciei o artigo co título provisorio de Pranto por un poeta. Pero despois veume á cabeza un verso de Pimentel, o seu precursor na lírica: Non convén chorar máis\". Nun comunicado difundido esta tarde, a Unión do Povo Galego informa que por expreso desexo da familia, Bautista Álvarez será velado e enterrado ás 19.30 horas na súa parroquia de San Cibrao de Las, San Amaro. O acto político terá lugar ás 18 horas."}
{"ID": "NOS_52590", "summary": "A miña experiencia como enlace da Federación de Guerrillas de León-Galiza de 1942 a 1946 e como combatente na II Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza de 1947 a 1951, permitiume compartir un movemento de resistencia cuxa singularidade quero pór aquí de destaque. Pretendo subliñar o pluralismo que existiu nese movemento, desde 1936 até a década dos anos 50. E lembrar unha cultura de loita popular baseada en redes sociais de solidariedade, moi distinta da cultura de aparello político-militar que quixo impor a dirección do Partido Comunista de España (PCE) a partir de 1944.", "text": "Panorama As características do movemento guerrilleiro de León e da Galiza, están relacionadas co proceso histórico que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas León-Galiza en 1942. Esta Federación configúrase como estrutura pluralista que recolle as sensibilidades republicanas, socialistas, comunistas, anarquistas e outras. A partir de 18 de xullo de 1936, moitos grupos de republicanos foxen da represión de Falanxe e da Garda Civil. Un deles é \"a fronte dos Girones\", protagonizado por Manuel e Jesús Girón Bazán que, con José Yáñez Losada, actúan polo Bierzo e A Cabreira até novembro de 1936, data na que se incorporan ás filas do exército republicano. Desde a fronte asturiana, compoñen núcleos de guerrilla para operar con sabotaxes en zona inimiga. En outubro de 1937, Manuel Girón e os seus compañeiros repréganse cara ao Bierzo e rexións limítrofes, onde se reunirá un ano máis tarde cos asturianos Marcelino Fernández Villanueva 'O Gafas', César Ríos Rodríguez, Mario Morán García (socialistas) e Guillermo Morán García e Arcadio Ríos Rodríguez (comunistas). Nesa zona, operan xa combatentes de varias tendencias políticas tal que Abel Pérez Ares, Hilario Álvarez Méndez, Benigno García González, Severino Nieto Rodríguez, todos do PSOE e Abelardo Fernández Macías ou Victorino Nieto Rodríguez, da CNT. Polos Ancares, con Serafín Fernández Ramón 'O Santeiro' están César Terrón Abad, David Fuentes Alvarez 'O Velasco', Amadeo Ramón Valledor e outros militantes anarquistas. Ao redor de Florentino Picó 'O Maestro' tamén loitan outros libertarios. No noroeste de León (Boñar e Cistierna), fórmase outro grupo de combatentes cenetistas en maioría. Pola zona de Ourense, Valdeorras e Casaio, organízanse Manuel Álvarez Arias 'O Bailarín', Domingo Rodríguez 'O Inca', Rogelio Rodríguez López e os seus tres irmáns (Sebastián, Domingo e Alfonso), Mario Rodríguez Losada 'Pinche', o socialista Antolín Murias e o confederal Eduardo Pérez Vega 'Tameirón'. Certos republicanos van cara a Lugo, creando redes de solidariedade: é o caso do socialista Luís Trigo Chao 'O Gardarríos' que tenta organizar, en 1938, na bisbarra do Ortegal e na Mariña, unha Agrupación guerrilleira. Polos territorios de Melide e de Chantada combaten Ramón Rodríguez Varela 'O Curuxás' e outros compañeiros libertarios. Mais alá das súas diverxencias, todos estes resistentes loitan en común contra a ditadura. Ese obxectivo de unidade mantense na \"Federación de Guerrillas de León Galiza\" creada no Ferradillo (O Bierzo) o 24 abril de 1942. Os seus estatutos garantían a súa autonomía: afinidade fronte-populista e antifascista, pero sen vínculos orgánicos con partidos que marcasen unha liña política desde o exilio. O seu comité director respecta o pluralismo: como presidente, Marcelino Villanueva e de axudantes, Marcelino da Parra Casas (anarquista), César Ríos e Mario Morán (socialistas); máis tarde incorpórase Francisco Elvira Cuadrado (comunista). Ese comité coordina varias \"Agrupacións\": a I Agrupación no Bierzo, a II en Ourense, a III en Lugo. A Federación é o centro da loita guerrilleira en León e Galiza, pero estabelece tamén relacións de apoio con grupos de guerrilleiros non federados.Ese movemento articula dúas vertentes: a acción armada dos clandestinos e a organización do pobo en servizos de información republicana (SIR). Iso supón un regulamento consensuado, baseado no compañeirismo para a convivencia entre guerrilleiros e ligazóns civís: non hai xerarquías fóra do terreo de operacións. Conflito de culturas A Federación mantívose unitaria a pesar das divisións políticas que existían no exilio ou dos intentos de a pór baixo a tutela dun só partido. Pero a finais de 1944, na Coruña creouse a IV Agrupación, o xerme dun Exército Guerrilleiro da Galiza, que será dirixido exclusivamente por membros do PCE: eis, José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Ramos e Manuel Fernández Soto. Desde A Coruña, estes xefes tratan de implantar unha cultura de partido único, creando en Ourense andando agosto de 1946 unha \"II Agrupación bis\" onde xa había unha integrada na Federación de Guerrillas. E conformando logo unha \"III Agrupación bis\" en Lugo, onde tamén xa existía outra. A partir de aí espértanse posicións partidistas. Con todo, os membros da Federación apostan pola unidade e convocan, en xullo 1946, nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras) un \"Congreso de Reunificación\". Ese congreso conclúe acordos de proseguir na unidade da Federación, pero no momento do remate intervén unha patrulla da Garda Civil que mata a Arcadio Ríos e a Francisco Elvira, os compañeiros comunistas que estaban a redactar a acta: así quedan en suspenso os acordos… Diante da non recondución da Federación, os guerrilleiros que non aceptamos marchar ao exilio decidimos integrarnos ao Exército Guerrilleiro da Galiza. Reunímonos en Chavaga (Monforte) en outubro de 1947, para organizar democraticamente a II Agrupación da nova estrutura. Diríxena Guillermo Morán García, Evaristo González Pérez, Gregorio Colmenero Fernández, Julián Acivro Albarca e compóñena cinco guerrillas: dúas en León, dúas en Ourense e unha en Lugo. Queremos conservar a nosa cultura pluralista herdada da Federación e moi diferente da cultura que queren impor os dirixentes do Exército Guerrilleiro da Galiza. Nese momento, o PSOE abandona a loita armada e opta pola vía diplomática esperando o apoio das potencias occidentais. Daquela, a finais de 1948 e en 1949, algúns guerrilleiros socialistas e cenetistas saen ao exilio. Pero outros seguen no terreo, onde non se altera a convivencia cos seus compañeiros doutras tendencias. Darei como exemplos os combates que libran en febreiro de 1948 Mario Morán (socialista) e Alfonso Rodríguez (comunista) no Val de Bembibre, ou o que teñen ambos ao día seguinte en San Justo de Cabanillas (Noceda do Bierzo), en compañía de Abelardo Macías da CNT. Velaí, tamén, a confrontación que manteñen na Veiga do Valcarce, o 19 de marzo de 1949, Hilario Álvarez (socialista), Oliveros Fernández Armada 'Negrín' (comunista), a carón de Abelardo Macías e Victorino Nieto (anarquistas), e Alpidia Morán 'Maruxa'. Eu mesmo (comunista) convivo, entre 1947 e agosto de 1948, no Bierzo Alto con Hilario Álvarez e Alberta Martínez Viñales 'Chata'. A Federación configúrase como estrutura pluralista que recolle as sensibilidades republicanas, socialistas, comunistas, anarquistas e outras A nosa cultura guerrilleira non encaixa coa cultura político militar do Exército Guerrilleiro da Galiza. Ese Exército ten unha estrutura piramidal, con xefes que ordenan as accións desde fóra do terreo concreto. Despois das mortes de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane ―caídos en escuras circunstancias en 1948― Manuel Soto, autonomeado \"Coronel Benito\", e os seus seguidores pretenden pórse galóns de mando, negarnos a autonomía no combate, uniformarnos para distinguirnos do pobo, prohibir as relacións afectivas entre nós, os guerrilleiros e os nosas enlaces. Queren importar e impor modelos de organización estranxeiros como foron, no maquis francés ou na Agrupación do Levante e Aragón, os campamentos de guerrilla illados da poboación. E cos seus métodos anulan a iniciativa, rompen o espírito de camaradaría e o debate, relegando as casas de apoio a unha función de hospedaxe. O peor son os asasinatos de resistentes, eliminados por ter unha opinión diferente. Así matan a Víctor García 'O Brasileiro'1 e a Teófilo Fernández en Lalín; en Ricosende-Soutadoiro, no concello de Carballeda de Valdeorras, Saúl Mayo e Emilio Villarinos mandados polo \"Coronel Benito\", asasinan en 1949 o noso compañeiro da II Agrupación, o andaluz Miguel Cardeñas Lozano. Ese día, 'Bailarín' (curmán de Manuel Álvarez Arias) e eu, afastados do lugar do crime e postos ante o feito consumado, quedamos petrificados. Miguel era un guerrilleiro exemplar. Unha semana máis tarde, os mesmos asasinan a 'Bailarín'. Eses actos de depuración servían de advertencia aos que non nos sometiamos a esa cultura totalitaria. Pero os guerrilleiros da II Agrupación con Manuel Girón dixemos: \"Non! Nin cómplices nin vítimas\" e optamos pola ruptura cos xefes do Exército Guerrilleiro da Galiza. Fieis á nosa cultura de resistencia popular, mantivemos os nosos lugares de actividades e vivencias en zonas que eles non coñecían. E seguimos as relacións de igualdade compartindo valores de humanismo cos enlaces, nas súas casas. Para nós, guerrilleiros clandestinos, ese compromiso cos enlaces, a un tempo afectivo e político, era a base da resistencia en Ferradillo, en Canedo, en Columbrianos, en Bembibre, en Corporales, en Chavaga, en Santalla, nos Albaredos de Quiroga, en Soutadoiro, en Soulecin, en Ricosende e noutras vilas de León e da Galiza. E nese espazo privado da solidariedade, as mulleres desempeñaron un rol vital: o amor desas nais, desas irmás que nos acubillaron como irmáns, era un apoio supremo. Gloria Yebra, Sara Álvarez, Carmen del Río, Gloria Blanco, Carmen Nogueira… lamento non poder aquí nomealas a todas. Esas mulleres están ausentes no relato que se escribe desde unha cultura de aparello político-militar. Actores dunha resistencia cuxas pegadas se borraron Nos relatos que, desde o presente, se difunden sobre a guerrilla, aínda permanecen versións xenéricas que ocultan a diversidade de vivencias dos grupos guerrilleiros en León e Galiza. A miña experiencia de loita armada ancorada en redes sociais de amizade, de veciñanza e de parentesco tecidas durante moito tempo, non queda reflectida neses relatos que só valoran as formas clásicas de organización militar. Quizais porque as nosas palabras de testemuñas son unha fonte fráxil, aínda máis cando fomos actores dunha resistencia cuxas pegadas se borraron: primeiro pola clandestinidade e após da Transición democrática, polo non recoñecemento da lexitimidade política do noso compromiso. Quizais porque esas palabras son a miúdo esmagadas pola \"autoridade\" doutras fontes como son os arquivos militares da ditadura que criminalizan os nosos actos, ou os informes conservados nos arquivos do PCE que nos tachan de \"non políticos\" porque mantiñamos relacións persoais e cariñosas coas nosas enlaces. Quizais porque o valor ético dos nosos testemuños é pormenorizado, comparado a outros modelos de aproximación ao pasado como é agora a arqueoloxía dalgúns espazos xeográficos dos primeiros tempos da guerrilla leonesa ―como a Cidade da Selva― que por ser válidos non terían que ser exclusivos. Fomos actores dunha resistencia cuxas pegadas se borraron: primeiro pola clandestinidade e, após a Transición democrática, polo non recoñecemento da lexitimidade política do noso compromiso Pero como actor directo desa loita armada e membro da II Agrupación, podo testemuñar que foron moi diferentes as experiencias da resistencia segundo os momentos, segundo as zonas e segundo a correlación de forzas que existiu dentro do propio movemento, por moito que os xefes do Exército Guerrilleiro da Galiza quixeran uniformizar a partir de 1944 as formas e os contidos da acción resistente. Nos espazos onde eu loitei, non en covas nin en campamentos illados senón de xeito conxunto con enlaces que xogaban a vida sen armas fronte ao fascismo, eses xefes tentaron importar e impor pola forza modos de organización alleos á cultura autóctona dunha resistencia nada do pobo. Por iso, recoñecer o papel fundamental desas mulleres e deses homes actores dunha resistencia civil no corazón das aldeas ou dos barrios mineiros, darlles o lugar que lles corresponde naquela á guerrilla galaico-leonesa, é hoxe para min un imperativo ético e político."}
{"ID": "NOS_34964", "summary": "Despois da xuntanza do subcomité clínico na mañá da sexta feira, a Xunta da Galiza decidiu manter o nivel máximo de restricións en Beade, o único concello que fica fechado perimetralmente.", "text": "A Xunta da Galiza manterá o nivel máximo de restricións no concello de Beade, logo de escoitar na mañá da sexta feira as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da Covid-19 na Galiza. A xuntanza do subcomité tamén determinou o estabelecemento do nivel alto de restricións en dez concellos: Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda. Ficarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas, Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00 horas da vindeira segunda feira, 29 de marzo. Precisamente, na terza feira está convocada unha nova reunión, neste caso do comité clínico, para actualizar os niveis de restricións por concellos. Ademais, na xuntanza que decorrerá o 30 de marzo, o comité clínico revisará as normas que entraron en vigor o 19 de marzo co fin de reaxustar as medidas segundo a evolución epidemiolóxica na Galiza antes dos festivos da Semana Santa. De permitilo a situación sanitaria, a Xunta da Galiza podería aliviar as medidas após as feiras. Nivel máximo O nivel de máximas restricións afecta os concellos que teñen unha incidencia de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes e supón o fechamento total da hostalería (só servizo a domicilio e para levar), o fechamento perimetral municipal e reunións limitadas a conviventes tanto en espazos privados como públicos. Nivel alto Aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Neste caso, a hostalería estará aberta até as 21 horas pero só con terrazas cunha capacidade do 50%. Están permitidas as reunións dun máximo de seis persoas en exteriores e mais a mobilidade en toda a Galiza, excepto nos municipios con nivel máximo de restricións. Nivel medio Aplícase a concellos cunha incidencia entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes. Nestes territorios a hostalaría terá unha capacidade de 50% en terraza e 30% en interiores, os bares estarán abertos até as 21 horas e poderanse reunir até un máximo de seis persoas en exteriores e até catro en interiores nos locais de hostalaría. Permítese a mobilidade en toda Galiza, excepto nos municipios con nivel máximo de restricións. Nivel medio-baixo Aplícase aos concellos que teñen unha incidencia de menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes. A hostalaría poderá funcionar cunha capacidade do 50% en interiores e un 75% nas terrazas e no primeiro caso só poderán xuntarse até un máximo de catro non conviventes e en terrazas até seis. Así mesmo, está permitida a mobilidade en toda a Galiza, excepto nos municipios con nivel máximo de restricións."}
{"ID": "PRAZA_13489", "summary": "Galiza Nova convoca para este domingo ás 17.30 horas unha concentración para protestar contra a corrida de touros que se vai celebrar na vila. Mentres, nove colectivos xuvenís ligados a partidos políticos ou movementos sociais presentaron un manifesto conxunto pola abolición.", "text": "Galiza Nova convoca para este domingo ás 17.30 horas unha concentración para protestar contra a corrida de touros que se vai celebrar na vila, nunha praza móbil instalada polo Concello. A organización xuvenil do BNG chama \"ás veciñas e veciños de Sarria a expresar o rexeitamento a esta acción que nada ten a ver coa cultura galega\" e denuncia que o Goberno municipal, do PP, subvencione este espectáculo ao mesmo tempo que efectúa recortes en áreas de verdadeira importancia. A concentración será ao lado do Pavillón novo (Rúa Castelao), lugar onde se instalará a praza móbil Galiza Nova convoca para este domingo ás 17.30 horas unha concentración para protestar contra a corrida de touros que se vai celebrar na vila, nunha praza móbil instalada polo Concello O mes pasado xa a plataforma Galicia, Mellor sen Touradas lle esixiu explicacións ao Concello de Sarria polo financiamento público dos festexos taurinos e tamén pola viaxe do concelleiro de Xuventude, Manuel Sangil, a Salamanca para mercar os touros que se matarán este domingo. A plataforma denunciaba que o Concello \"nunca ofreceu datos reais sobre a súa implicación na celebración dos festexos taurinos, a pesar de que as arcas municipais chegaron a asumir miles de euros de perdas dun empresario\". Os mozos e mozas, pola abolición Pola súa banda, nove colectivos xuvenís ligados a partidos políticos ou movementos sociais presentaron un manifesto conxunto pola abolición. Trátase de Galiza Nova, Xuventudes Socialistas de Galicia, Isca!, IESGA, Comités Abertos, Mocidades do Encontro Irmandiño, Área de Mocidade de Esquerda Unida, Mocidade Nacionalista Galega e Moz@s pola Abolición, o colectivo de mocidade de Galicia, Mellor sen Touradas. O manifesto pide \"a fin de calqueira clase de subsidio ou axuda económica ou doutra tipoloxía para contribuir a realización de festexos taurinos no territorio galego\" No texto, titulado O futuro: Abolición, salienta que \"as touradas son un espectáculo macabro, cruento e trasnoitado que fainos envilecer como sociedade\" e que \"a tentativa de seguiren fomentando a barbarie taurina, valéndose de medios de comunicación de masas e declaracións de \"interese cultural\" fracasará unha e outra vez fronte unha mocidade activa, informada e reivindicativa que non está disposta a deixarse enganar durante máis tempo\". O texto conclúe que \"as mozas e os mozos galegos rexeitamos de xeito maioritario e radical a celebración deste tipo de actividade na nosa terra, entendendo que non forman parte da nosa cultura nen da nosa idea de respeto cara os animais\". O manifesto pide \"a fin de calqueira clase de subsidio ou axuda económica ou doutra tipoloxía para contribuir a realización de festexos taurinos no territorio galego\" e o \"desenvolvemento de iniciativas para impedir o acceso ás persoas menores de idade a este tipo de actividade\"."}
{"ID": "NOS_27638", "summary": "A consulta terá que facerse antes de tres anos. A poboación 'indíxena' - aborixes australiáns e 'isleños' do estreito de Torres- suman máis de 740.000 persoas, 3% do total.", "text": "En Australia hai por volta de 745.000 persoas 'indíxenas', segundo o Grupo Internacional de Traballo Sobre Asuntos Indíxenas (WGIA). Aborixes e pobos indíxenas de Australia sofren \"patróns de opresión e racismo, que inclúen a desposesión de terras e os embates contra a súa cultura\", segundo denunciou no seu día o o relator especial da ONU, James Anaya. Estes pobos foron albo, desde a colonización do continente, de matanzas, roubo de terras, discriminación, racismo e represión. Até 1962 a lexislación da Commonwealth non lle deu o dereito a voto. En 1967 aprobouse por referendo dúas emendas á constitución australiana polas que se recoñecía as e os aborixes como cidadáns. Agora, o goberno australiano prometeu que antes de tres anos realizará un referendo sobre se modificar a constitución para recoñecer os dereitos dos pobos aborixes. Ken Wyatt, ministro de Asuntos Indíxenas, considera que é necesario \"deseñar o modelo correcto para avanzar\" como sociedade inclusiva Máis de 250 líderes de pobos aborixes e isleños do estreito de Torres aprobaron en maio de 2017 a 'Declaración de Uluru' que pide a creación dun organismo propio de representación política e un tratado co goberno federal que lles dea competencias sobre aquelas cuestión que afectan estes colectivos. As e os indíxenas australianos viven nunha porcentaxe moi significativa en situacións de pobreza, cuns ingresos por fogar moi por baixo da media. Ademais, alcoholismo e drogadicción rexistra nesta poboación taxas superiores á media. A ONU mantén que se demostrou que \"a perda das súas terras e recursos tradicionais, así como da súas linguas e culturas, foi catastrófica para os pobos indíxenas australianos e sitúaos entre os grupos sociais máis marxinados e excluídos do mundo\"."}
{"ID": "NOS_13661", "summary": "Marta Capeáns, traballadora social nunha Oficina de Atención a Vítimas no ámbito xudicial, consultora e perita forense, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.", "text": "As persoas que escollemos unha profesión das denominadas \"vocacionais\", que implican ese \"halo de ayudar al prójimo\", que non de caridade, moito menos de paternalismo, somos moi conscientes da dor que provoca o saber como tería que ser e como é realmente a realidade de bater coa/contra a Administración. E cando digo bater, refírome a facelo de xeito case literal: levar moralmente unha frustrante labazada a man aberta cando precisas algo ao que tes dereito, pelexas para que ese dereito sexa case inmediato, porque non admite demora, a necesidade é do máis real e necesaria... e tropezas co que se deu en chamar violencia administrativa. Existe! É realmente violencia en toda regra... E diso hai que falar! Falar do que é cruel, do que non responde a lóxica ningunha, do que fai tanto dano, frustra e desespera... e, sobre todo, non dá resposta ou chega cando xa é tarde. E con todo, estamos a falar, se non de esmagar dereitos, si de desprazalos ao marabilloso mundo de \"ten paciencia, as cousas coa administración, xa se sabe! Van a modo, pero acaban indo\". A desesperación de non saber como pode facer para continuar coa súa vida, nin cando, nin como seguir vivindo Ou \"resiste, que ao final acaba chegando, porque tes dereito\". Esas mil frases feitas que todos e todas coñecemos, pero que non responden á lóxica do que é realmente importante, porque esixen resposta rápida, e afunden a persoa, o usuario, a veciña na desesperación de non saber como pode facer para continuar coa súa vida, nin cando, nin como seguir vivindo, en definitiva. A Rede Europea contra a Pobreza (EAPN), que engloba a tantas institucións que tratan de combater a carencia de recursos e as discriminacións que isto implica, bérrao alto e claro sempre que teñen ocasión: \"Denunciamos a burocratización extrema e o maltrato que padecen as persoas en situación de vulnerabilidade que piden axuda á Administración\". E con razón, con moitísima razón! A EAPN, da que é parte a Rede Galega contra a Pobreza, moi activa en Galicia con constantes denuncias públicas que difunden ata a saciedade (para quen queira escoitar e entender, iso si) define perfectamente nunha campaña de incidencia pública en redes sociais do que estamos a falar aquí. Para que reinventar o xa inventado! É perder máis tempo aínda, e iso é o que desexamos evitar. Vulneración de dereitos Describimos o problema da violencia administrativa como unha distribución desigual do poder entre a Administración e as persoas administradas facendo a primeira uso da súa posición privilexiada para vulnerar os dereitos das segundas coma consecuencia da súa dificultade para cumprir cos seus deberes e funcións de servizo público para os que foi creada e encomendada, propiciando desigualdade no exercicio dos dereitos e obrigas da cidadanía. Quen non sabe disto? Quen non se sentiu nunca vulnerable e case perdido á súa sorte, a expensas do que diga ou apure un funcionario ou a administración correspondente? Eu si! Como cidadá. Máis de unha e de dúas e de tres veces, até o punto de verme na obriga de auto impoñerme calma para non perder o norte, e que sexa aínda peor. Que xa é triste cando falamos de exercer dereitos que unha ten. Unha axuda para comer ou pagar o alugueiro, de emerxencia, ten unha tramitación de dous meses Ademais, podemos mirar o conto dende outra perspectiva, a da persoa que está ao outro lado da mesa: como persoal da administración, neste caso traballadora social. Pero dá igual, podería ser calquera profesional (administrativa, interventor, etc.). Dá igual se dunha administración municipal, do eido da saúde, do xudicial... Pásase verdadeira vergoña allea cando diante tes unha persoa que detrás ten a unha familia, que ten problemas realmente graves: dependencia da persoa maior que coida, falta de recursos, menores que precisan un plus de protección ou atención, etc., e non chegan as respostas, nin a prestacións que solicitamos, verdadeiramente molestas, longas, burocratizadas ata límites insospeitados. E cando o fan, o resultado acaba sendo escaso, e apenas soluciona a situación que se busca resolver. Dous meses para unha 'emerxencia' - Unha axuda para comer ou pagar o alugueiro, denominadas de \"emerxencia\", ten unha tramitación de dous meses- Que te declaren persoa con dependencia suma varios meses de espera, máis ou menos segundo a provincia ou a comunidade na que vivas, se é que aínda vive a persoa beneficiaria cando chega o resultado da valoración.- Un certificado que diga que tes unha discapacidade co seu grao correspondente pode tardar anos! E mentres tanto, un mes tras doutro estás a recibir a persoa usuaria, porque quere saber. E non tes que dicirlle. Chamas á administración responsábel da xestión e non tes resposta! Só rabia e vergoña, porque formas parte desa detestable situación que xera desesperación e que pouco axuda, máis ben contribúe a acrecentar o estrés e o malestar da persoa administrada. E sabes que estás aí para resolver e procurar exactamente o contrario: benestar social!"}
{"ID": "PRAZA_12649", "summary": "A empresa Cidadanía, membro de AGASOL, presentou o proxecto e-cidadanía, sobre o que se traballará no Google Summer of Code, un evento organizado anualmente pola compañía, que ofrece a e estudantes unha remuneración para poderen participar programando durante o verán en distintos proxectos de código aberto.", "text": "Google organiza anualmente un evento, chamado Google Summer of Code, no que a compañía de internet ofrece a e estudantes unha remuneración para poderen participar programando durante o verán en distintos proxectos de código aberto. Previamente, Google selecciona os proxectos de entre todos os candidatos que tivesen formalizado a súa proposta á compañía. A empresa galega Cidadanía, membro de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), presentou un proxecto denominado e-cidadanía, que consiste nunha aplicación creada para mellorar a participación cidadá, especialmente dende o punto de vista do uso das asociacións, as empresas e as administracións. Por primeira vez dende o ano 2005 no que se comezou a celebrar este evento, Google selecciona un proxecto creado en software libre galego para formar parte do traballo de programación que desenvolverán os estudantes becados pola compañía. AGASOL salienta que \"este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego\" AGASOL salienta que \"este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego\", e felicitouse aos autores do proxecto e á empresa cooperativa Cidadanía polo bo traballo desenvolto e a senda de futuro aberta con este recoñecemento."}
{"ID": "PRAZA_11279", "summary": "Os socialistas apelan a \"saír votar coa mesma forza que en abril\" para garantir un goberno da \"única forza serea\" que afasta \"radicalismo e extremismo\", dixo Sánchez, quen promete continuar \"cumprindo con Galicia\" en eidos como o AVE ou a térmica das Pontes", "text": "O pasado marzo Pedro Sánchez acudiu ao polideportivo coruñés de San Francisco Xavier como líder da segunda forza en número de escanos no Congreso e presidente do Goberno de España dende había apenas dez meses en virtude da moción de censura que desbancara a Mariano Rajoy. Naquel mitin do PSOE, marcado pola protesta de persoal de Alcoa no exterior, Sánchez apelara a construír unha \"maioría parlamentaria\" pola esquerda que permitise continuar a reversión dos recortes e ir alén con medidas como a lei de eutanasia.Os socialistas apelan a \"saír votar coa mesma forza que en abril\" para garantir un goberno da \"única forza serea\" que afasta \"radicalismo e extremismo\", dixo SánchezEste domingo Sánchez regresou ao mesmo escenario. Volveu ser presentado por Inés Rey, daquela candidata e agora alcaldesa da cidade, quen advertiu que ten unha longa axenda de peticións ao Goberno de España para as que, di, cómpre que o PSOE continúe na Moncloa. Hai que \"saír votar coa mesma forza que en abril\", pediu Rey para apelar á mobilización do electorado que no 28A tornou os socialistas en primeira forza no conxunto do Estado e, por primeira vez na súa historia, tamén en Galicia.Entre os ecos da exhumación de Franco, que Sánchez reivindicou como \"unha vitoria de todos demócratas\", o líder socialista repasou os elementos que ao seu xuízo caracterizan a PP, Ciudadanos, Podemos e Vox para concluír que, sobre \"o mar de siglas\", as únicas que serven para \"avanzar\" son as do \"PSOE\". Nin o \"espantallo\" da gran coalición que axita Pablo Iglesias, acusou, nin un Casado que agora se presenta como \"moderado\" porque \"xa non me chama felón\", ironizou. \"O único partido que pode garantir un goberno forte é o PSOE\", conclúe.O líder do PSOE asegura que o seu Goberno vai seguir \"cumprindo con Galicia\" en eidos como o AVE ou o futuro da térmica das Pontes e, \"dentro de pouco\", en colaboración \"cun presidente da Xunta como Gonzalo Caballero\"Co pano de fondo da situación en Cataluña, Sánchez di garantir algo máis. Se hai que \"afastar o radicalismo e o extremismo\" o que cómpre é \"unirnos en torno á única forza serea que pode garantir convivencia, concordia, paz e liberdade\" porque propón -por esta orde, enfatizou- \"lei e diálogo\". Por iso tampouco serviría un goberno de coalición con Podemos no que \"a metade queira defender a orde constitucional\" e \"outros digan que a sentenza non hai que acatala e hai presos políticos\".Se o 10N recunca como máis votado, asegura, o seu goberno tamén seguirá \"cumprindo con Galicia\", xa sexa \"co AVE\" ou co futuro da térmica das Pontes porque \"defendermos, apoiaremos as zonas que están sufrindo o cambio de modelo enerxético\" na \"loita contra o cambio climático\". E todo isto farao, augura, tras \"gañar outra vez as eleccións\" en Galicia e, \"dentro de pouco\", en colaboración \"cun presidente da Xunta como Gonzalo Caballero\".O propio Caballero apelara precisamente minutos antes á mobilización necesaria do 10N como preludio da mudanza en Galicia. \"Enfronte\", advertiu, están \"tres dereitas que se suman, chegarán ao goberno\". Esa é a principal razón pola que \"ningún progresista se pode poñer de perfil\". \"O único voto útil, que vai chegar ao Parlamento e garante un goberno de esquerdas, que non se vai poñer de perfil cando haxa que elixir presidente\" é o do PSOE, proclamou o líder do PSdeG."}
{"ID": "PRAZA_9173", "summary": "A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha un proxecto de educación sexual que chegará a 1.500 alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Falamos coa súa coordinadora, Estefanía Fernández Otero", "text": "O proxecto chegará este ano a 1.500 rapaces e rapazas dos 67 concellos da provinciaA Deputación de Lugo vén de poñer en marcha un proxecto de educación sexual que, da man dun grupo de médicos/as e sexólogos/as está a achegar estes temas a ao redor de 1.500 alumnos e alumnas de 6º de Primaria de colexios dos 67 concellos da provincia. Está coordinado por Estefanía Fernández Otero, e desenvólvese en dúas fases: unha primeira charla máis xeral e común a todos os centros e unha segunda na que son os rapaces e rapazas quen presentan as súas dúbidas e preguntas específicas para que as respondan os e as especialistas participantes.Non só se fala de anatomía, de relacións sexuais ou de métodos anticonceptivos, senón que nestas charlas se tratan a regra, a diversidade nas orientacións sexuais, os cambios de todo tipo que se experimentan na puberdade e adolescencia ou do consentimento no sexo.\"Todos os nenos teñen acceso a contido sexual a través de Internet, e o problema é que este tipo de canles xeran unha imaxe errada das relacións sexuais\"Na presentación da iniciativa, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que o obxectivo é incrementar o \"coñecemento sexual dos nosos rapaces, co fin de rachar con estereotipos e tópicos que nada teñen que ver coa realidade\". \"Existe unha nova necesidade de educación sexual. Todos os nenos teñen acceso a contido sexual a través de Internet, e o problema é que este tipo de canles xeran unha imaxe errada das relacións sexuais\", engadiu. Falamos con Estefanía Fernández Otero.Por que é necesario este proxecto para que estes nenos e nenas teñan unha auténtica educación sexual? O momento debe ser ese: 6º de Primaria?A educación sexual é algo que está no currículo do ensino obrigatorio dende Primaria. O que pasa é que se trata sempre de forma transversal, non hai un espazo ou unha materia dedicados a ela. En 5º e 6º de Primaria ensínase o aparello reprodutor e por iso ese é un bo momento para introducir estes conceptos.\"En 5º e 6º de Primaria ensínase o aparello reprodutor e por iso é un bo momento para introducir estes conceptos. Saben moito do interior do corpo pero case nada do que está por fóra\"Eu son nai, teño dous fillos na ESO e decateime de que eles sabían perfectamente todo o relacionado coa teoría do aparello reprodutor, pero que había cuestións básicas que descoñecían, comenzando pola anatomía dos rapaces e das rapazas. Saben moito do interior do corpo pero case nada do que está por fóra, digamos. Por exemplo, algúns varóns que sacaran un sobresaliente no exame do aparello reprodutor e do aparello excretor, non sabían dicir cantos buratos tiñan as mulleres. E nenos e nenas que tamén aprenderan teoricamente o que era a menstruación, non sabían dicir como se usaba un tampón ou unha copa menstrual. En que consisten as charlas? Como as organizades?O proxecto ten dúas fases en cada colexio. Nunha primeira achegámonos alí e damos unha charla máis xeral centrada no momento que están vivindo: a puberdade, a adolescencia, os cambios que están experimentando. Hoxe ademais conviven nestas aulas rapaces e rapazas que xa iniciaron ese proceso e outros e outras que non, pero todos e todas teñen os mesmos medos, dúbidas e preocupacións. Tratamos tamén cuestións de anatomía, sobre todo aqueles aspectos que normalmente non se tratan nas aulas: poñémoslle nomes ás cousas para que poidan falar sobre o tema entre eles e elas, ou por se teñen que ir ao médico. Eu, que son médica, aínda escoito moitas veces aquilo de \"dóenme os baixos\", en todas as idades. Despois desa primeira clase, que é igual en todos os colexios, damos unha segunda, na que respondemos ás súas preguntas e ás súas dúbidas, algunhas realizadas por escrito e outras directamente. \"Sorpréndeme sempre a cantidade de preguntas que hai sobre a regra. É algo do que non se fala nas casas, nin sequera as nenas\"Que tipo de preguntas fan? Cales son os temas que máis lles preocupan ou sobre os que teñen máis dúbidas?Hai de todo. A min sorpréndeme sempre a cantidade de preguntas que hai sobre a regra. Parece que é un tema que está na rúa, nos anuncios, na fala cotiá..., pero a realidade que vemos é que é algo do que non se fala nas casas, nin sequera as nenas. Hai moitas preguntas sobre o corpo, sobre as ereccións, as polucións nocturnas... Os mestres e mestras sempre nos din: son moi pequenos, disto non saben nada, non teñen nin idea..., pero despois resulta que fan moitísimas preguntas sobre anticonceptivos, sobre condóns ou a pílula, e tamén sobre técnicas como a 'marcha atrás' ou sobre a exaculación precoz, temas que manexan en todo momento.Son moi diferentes as preguntas e dúbidas dos rapaces e das rapazas?Non, non, non hai grandes diferenzas entre as preguntas dos rapaces e das rapazas. Niso si que hai máis igualdade que antesMáis información significa menos riscos?Canta máis educación sexual reciben os rapaces, menos riscos corren e máis capacidade de resposta teñen. Ademais, ter unha educación sexual, saber de sexualidade, non implica que un ou unha adolescente vaian iniciarse antes no sexo. De feito, segundo a OMS é exactamente ao revés: nos países cunha educación sexual regrada, a iniciación é máis tardía, hai menos embarazos non desexados e menos enfermidades de transmisión sexual. Queiramos ou non os pais e nais, os nenos e nenas van acceder á información sobre o sexo, sobre todo a través de Internet. En páxinas web, a través de youtubers ou directamente a través do porno. E reciben información que non é veraz. \"Sempre lles digo aos pais e nais: que preferides, que lles ensine eu estas cousas ou que as aprendan vendo un youtuber ou un vídeo porno?\"É moi prexudicial conformar unha idea do sexo a través do porno?Vese que teñen moitas ideas, procedentes do porno, que non son correctas. Sempre lles explicamos que o porno é mentira e explicámoslles por que é mentira: que os corpos non son reais, que os tempos non son reais... Sempre lles digo que eles teñen moi claro que Star Wars é ficción ou que non poden aprender a conducir con Fast & Furious, polo que de igual xeito o sexo real non ten nada que ver co porno. Eu, que teño 47 anos, tiña información máis veraz con 47 anos que eles e elas agora. E por iso, sempre lles digo aos pais e nais: que preferides, que lles ensine eu estas cousas ou que as aprendan vendo un youtuber ou un vídeo porno? A realidade é que se os rapaces e rapazas non teñen unha educación sexual, van aprendelo a través do porno.No proxecto entra o tema do abuso sexual?É certo que hai un problema real de abusos sexuais en España: 1 de cada 4 mulleres sufrirá algún tipo de abuso ao longo da súa vida. Pero non lles falamos deste tema aos rapaces, directamente, aínda que si lles falamos moito do consentimento e de autoestima. Creo que é importante que teñan claro que nunca se pode facer nada que un non queira facer."}
{"ID": "NOS_38787", "summary": "A executiva do BNG reunida nesta sexta decidiu pór en marcha unha campaña contra o recortazo.", "text": "O Bloque Nacionalista Galego sairá á rúa contra as medidas aprobadas polo goberno español. Dende a fronte din que \"será a maioría social a que pague en solitario a factura da crise\" polo que avogan pola \"oposición frontal, a rebelión e a insubmisión\" ao recortazo anunciado polo presidente do goberno español. Nunha rolda de prensa posterior á xuntanza extraordinaria da executiva, o candidato á Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, descualificou os recortes non só por seren inútiles para superar a crise económica, senón por \"seren absolutamente contrarios aos intereses da maioría social\". Do mesmo xeito, criticou que introducirán a economía na depresión e farán caer os ingresos públicos. A respecto da participación de El-Rei no Consello de Ministr@s desenvolvido esta sexta, Jorquera cualificou a presenza do monarca de \"utilización espúrea do goberno español\". Asemade, denunciou a actitude d@s deputad@s populares no Congreso ao aplaudiren as medidas e recortes anunciados. O candidato nacionalista, considerou \"repudiábeis e incualificábeis\", comportamentos como o amosado pola deputada Andrea Fabra ao berrar \"Que se jodan!\". @s nacionalistas apuntaron tamén, a instrumentalización da crise económica por parte do PP como \"coartada para impor as súas políticas centralistas e antisociais\". Iniciativas a prol do referendo Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, anunciou que a fronte nacionalista levará \"iniciativas ao Congreso\" para que o goberno español convoque un referendo ou adiante as eleccións, pois di, \"sería o lóxico e o democrático\". @s nacionalistas din que Rajoy non ten xa lexitimidade democrática para \"aplicar medidas que non contan co aval cidadán\" polo que, entenden. \"a cidadanía debe tomar a palabra\"."}
{"ID": "PRAZA_21015", "summary": "Representan ao redor do 20% das persoas en situación de senfogarismo en Galicia, pero moitas delas sofren situacións moi graves, con violencia de xénero e agresións sexuais. Ademais, unha gran parte das mulleres nesta situación non son detectadas polos servizos sociais. Un estudo de Política Social realizado pola USC afonda nesta realidade.", "text": "As mulleres representan ao redor do 20% das persoas sen fogar en Galicia, unha porcentaxe reducida que, con todo, agacha algunhas realidades preocupantes. A primeira é que as mulleres que se atopan nesta condición adoitan sufrir situacións máis graves, sendo habitual que sexan vítimas de violencia de xénero, de violencias sexuais e da prostitución. Ademais, moitas mulleres atópanse nunha situación de \"senfogarismo oculto\", pois adoitan apoiarse máis que os homes nas familias e coñecidos para escapar da rúa, antes que recorrer aos servizos sociais.As mulleres que se atopan nesta condición adoitan sufrir situacións máis graves, sendo habitual que sexan vítimas de violencia de xénero, de violencias sexuais e da prostituciónEn xeral, existe un gran descoñecemento sobre a realidade das mulleres que se atopan en situación de senfogarismo, con causas e condicionantes diferentes aos dos homes sen fogar. Para corrixir estas eivas, a Consellería de Política Social levou a cabo un Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia, no que colaborou un equipo de investigación da Universidade de Santiago coordinado por Emilia Vázquez-Rozas. O estudo analiza os datos estatísticos e investigacións previas e completou este traballo con entrevistas a traballadoras e educadoras sociais, responsables de centros de acollemento e atención e cuestionarios ás propias mulleres sen fogar usuarias destas instalacións.Moitas están nunha situación de \"senfogarismo oculto\", pois apóianse máis que os homes nas familias para escapar da rúa, antes que recorrer aos servizos sociaisA investigación incide, ademais, no papel que xoga a violencia de xénero como un factor que en moitas ocasións empurra a mulleres á exclusión e á necesidade de vivir na rúa. E, ademais, como unha consecuencia derivada desta situación. Conclusións semellantes ás que apuntaba nesta entrevista a psiquiatra galega Lucía del Río: \"Das persoas sen fogar só o 20% son mulleres, pero sofren situacións máis graves\".\"As traxectorias de senfogarismo son diferentes entre mulleres e homes, polo que as necesidades de ambos os dous sexos non son completamente iguais\"O estudo insírese no Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023, aprobado pola Consellaría de Política Social, e que incorpora a perspectiva de xénero, que destaca que \"tanto o coñecemento que hai sobre o senfogarismo como a resposta que se dá ás persoas nesa situación están orientados a unha poboación maioritariamente masculina\" e lembra que \"as traxectorias de senfogarismo son diferentes entre mulleres e homes, polo que as necesidades de ambos os dous sexos non son completamente iguais\". \"As mulleres sen fogar foron invisibilizadas, o cal ten consecuencias nas políticas de intervención\", sinala Emilia Vázquez-Rozas na introdución do estudo. Unha peor situación de partida: as causas do senfogarismo femininoNo estudo destácase un incremento nos últimos anos do número de mulleres en situación de senfogarismo. Do total de mulleres sen fogar, máis da metade (53%) afirma estar vivindo en institucións de réxime aberto ou centros de acollida; un 25% atópase en situación de rúa e un 16% reside en vivendas ocupadas ilegalmente.Do total de mulleres sen fogar, máis da metade (53%) afirma estar vivindo en institucións de réxime aberto ou centros de acollida; un 25% atópase en situación de rúa e un 16% reside en vivendas ocupadas ilegalmenteOs factores que empurran a unha persoa a vivir na rúa adoitan ser múltiples, dende os puramente económicos ata os relacionais, pasando por circunstancias persoais, entre os que figuran as adiccións, os problemas de saúde e tamén a violencia de xénero. As mulleres parten dunha situación económica máis negativa que os homes, con peores datos de inserción laboral (maior taxa de paro, maior temporalidade e maior porcentaxe de empregos a tempo parcial...), unha maior dedicación a actividades non remuneradas (entre elas o coidado de menores e dependentes) e, en consecuencia, peores pensións e outras prestacións. Polo tanto, son máis as mulleres en situación de pobreza, especialmente cando teñen fillos e fillas ao seu cargo.O estudo alerta dun incremento nos últimos anos do número de mulleres sen fogar menores de 30 anosO estudo alerta dun incremento nos últimos anos do número de mulleres sen fogar menores de 30 anos. En moitas ocasións trátase de mozas que finalizaron a súa etapa como menores tuteladas e que \"sen un proxecto vital para a súa maioría de idade, teñen un maior risco de sufrir senfogarismo\". Tamén aumenta a cifra de mulleres sen fogar maiores de 65 anos, que sofren as reducidas contías das pensións de xubilación femininas. Medra, así mesmo, o número de mulleres con problemas de saúde mental sen diagnóstico ou tratamento e das que teñen adiccións. Con todo, non todas pertencen a perfís de contornas desestruturadas. Moitas chegan a atoparse nesta situación tras perder o seu traballo e despois de que a súa rede próxima presente deterioración económica. As mulleres, a diferenza dos homes, \"tenden a confiar más no apoio dos familiares ou coñecidos\", e só recorren aos servizos sociais \"cando esas canles se esgotan\", o que provoca que moitas mulleres estean nunha situación de senfogarismo \"oculto\"No estudo destácase que as mulleres, a diferenza dos homes, \"tenden a confiar más no apoio dos familiares ou coñecidos, e só recorren aos servizos sociais cando esas canles se esgotan\", o que provoca que moitas mulleres estean nunha situación de senfogarismo \"oculto\". Trátase de estratexias desenvolvidas polas propias mulleres para evitar chegar á rúa, e estas mesmas estratexias teñen dificultado o coñecemento de moitas situacións. \"Non é que antes non houbese mulleres sen fogar e con necesidade de axuda, senón que non eramos tan conscientes de que existían. Agora que esgotaron todas as posibilidades de apoio da súa propia rede, vense obrigadas a buscar solucións desde a propia rúa\", sinálase.Obsérvase tamén un aumento do senfogarismo feminino encuberto, como o traballo de internas ou a prostitución encuberta (por exemplo mulleres que viven nos pisos ou nos propios clubs pagando un aluguer aos seus xefes). Así mesmo, medrou moito nos últimos anos o número de mulleres sen fogar que residen en vivendas ocupadas ilegalmente.Incidencia da violencia de xéneroPero, ademais, o estudo que vén de publicar Política Social alerta da importancia que nestas situacións xogan outros factores, como a violencia machista. O 71% das usuarias dos servizos de atención a persoas sen fogar é vítima de violencia de xénero, segundo unha enquisa distribuída entre as propias usuarias. Delas, o 93,8% afirmou que esta violencia fora exercida pola súa parella, e un 31,3%, a maiores, sufriu violencia de xénero no seo da súa familia. O 33% nunca o denunciou. O 71% das usuarias dos servizos de atención a persoas sen fogar é vítima de violencia de xéneroAlgunha das expertas que participaron no estudo sinala que as mulleres vítima de violencia de xénero \"poden perder as súas redes de seguridade e chegar a verse sen fogar\" e que a posición de inferioridade con respecto ao home na que se pode atopar unha muller vítima de violencia de xénero \"provoca que a súa situación persoal desemboque na perda da propia vivenda e das rendas do seu proxecto vital\". Engaden que \"a falla de oportunidades sociais e económicas, sumado ao rol arrastrado polas mulleres de amas de casa e coidadoras principais de persoas menores e dependentes, fai que, dada a situación de violencia de xénero, os recursos para a saída de xeito autónoma se presenten máis limitados\". As mulleres vítima de violencia de xénero \"poden perder as súas redes de seguridade e chegar a verse sen fogar\"Alértase, ademais, de que na actualidade os recursos da rede de protección a mulleres vítimas de violencia de xénero non están preparados para dar resposta a aquelas que arrastran múltiples problemas (senfogarismo, inestabilidade residencial, adiccións, problemas de saúde mental...). \"Deberíanse xestionar respostas máis rápidas para as mulleres, para garantirlles un aloxamento alternativo e seguro\", sinálase.O estudo incide igualmente en que o senfogarismo tamén é causa de violencia de xénero, sobre todo cando as mulleres están en situación de rúaO estudo incide igualmente en que o senfogarismo tamén é causa de violencia de xénero, sobre todo cando as mulleres están en situación de rúa. As mulleres séntense desprotexidas na rúa ou durmindo en albergues e o estudo sinala que é frecuente que as mulleres sen fogar \"establezan relacións cun home para que as protexa nesa contorna hostil\", tendo moitas veces unha relación de parella forzosa que pode derivar na prostitución e moi frecuentemente na violencia de xénero. \"A percepción de medo e inseguridade é moitísimo máis elevada que no caso dos homes, e increméntase no caso de ter menores ao cargo\", sinálase. O documento reclama que as mulleres necesitan \"maior seguridade e intimidade que os homes\" e que necesitan dispoñer \"dun espazo seguro\". Así mesmo, é \"especialmente importante axudalas na construción e/ou no reforzo dunha rede de apoio alternativa ao mantemento de relacións dependentes e tóxicas\".É frecuente que as mulleres sen fogar \"establezan relacións cun home para que as protexa nesa contorna hostil\"Finalmente, a investigación alerta de que no caso de mulleres con menores ao seu cargo, \"o temor a perder a custodia dos fillos e fillas (por adiccións ou problemas de saúde mental) aparece como outra das causas que pode influír en que non acudan aos servizos\". As mulleres esgotan as súas redes antes de acudir a un recurso polo medo a perder os fillos ou fillas, e, cando chegan, \"ás veces ocultan esta situación nun primeiro momento porque se senten xulgadas\"."}
{"ID": "NOS_41303", "summary": "A proposta de ampliación, feita por Adega, compendería as fragas e soutos de Casas Vellas, Antuín, Gate, As Pereiras, e Portocelo, xunto o rego de Quintela coma corredor ecolóxico entre todas elas.", "text": "Adega vén de presentar, no proceso de consultas do Plano de Conservación da Fraga de Catasós (Lalín), unha proposta de ampliación e zonificación ambiciosa para este Monumento Natural. Pasaría das 4,5 ha actuais a 180 e incorporaría diversas masas próximas, incluída a todalidade da fraga de Casas Vellas. Trátase, indican desde a asociación, de dar coherencia e continuidade a este espazo protexido, integrando outras masas próximas que como a Fraga de Casas Vellas, está ameazada por un proxecto de liña de alta tensión. A proposta de Adega inclúe unha zonificación do Monumento Natural e unha serie de directrices e recomendacións para definir o seu Plano de Conservación, xustificadas con criterios técnicos que reforzan a conveniencia de ampliar unha das principais xoias forestais do interior do país. Deste xeito, as Fragas de Catasós pasarían a ser o terceiro Monumento Natural en extensión (180 ha) do país. A proposta de ampliación, que comprende as fragas e soutos de Casas Vellas, Antuín, Gate, As Pereiras, e Portocelo, xunto o rego de Quintela coma corredor ecolóxico entre todas elas, define un espazo que alberga unha ampla variedade de vida silvestre, con máis de 470 especies de plantas, 74 de fungos, 45 de invertebrados de interese, 4 de peixes, 11 de anfibios, 10 réptiles, 68 de aves ou 32 especies de mamíferos. Varias especies están incluídas como \"vulnerables\" no Catálogo de Especies Ameazadas, para as que se deseñan accións concretas de investigación e protección."}
{"ID": "NOS_23732", "summary": "En ambas perdeu 15 puntos de apoio nas urnas a respecto das eleccións xerais de 2016. O PSOE logrou a súa maior suba porcentual en Vigo e Ferrol. Unidas-Podemos e En Marea non logran repetir os resultados que hai tres anos obtivera nas urbes ese espazo político. O BNG aumenta nas sete cidades, nomeadamente na Coruña e Compostela.", "text": "O desplome do Partido Popular en Galiza tivo un dos seus ecos máis importantes nas cidades, onde o PP perdeu este domingo a respecto dos comicios xerais de 2016 máis de 13 puntos. Un golpe dos bos, propiciado pola fuga de votos cara a Ciudadanos, Vox. O PP cae nas sete cidades galegas. 15 puntos de caída en Ourense, Lugo e A Coruña. 14 en Compostela e Ferrol. 13 en Vigo e Pontevedra. En todas elas en 2016 movíase entre 32 e 40% e agora en ningunha chega 25% agás Santiago e Lugo. O PSOE é a outra cara da moeda. Nas sete cidades galegas experimentou un incremento máis que notábel. De feito, converteuse na forza máis votada en todas. A súa suba máis importante a respecto das anteriores xerais foi en Vigo, Ourense e Ferrol. Nas dúas primeiras incrementou en 12 puntos o seu apoio e na cidade ferrolá en 11. En Común-Unidas Podemos e En Marea fican nas cidades a distancia dos resultados que lograra en 2016 o espazo político que representaba aquela En Marea. Daquela gañaran en Vigo e foran segunda forza en Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol. Terceira en Lugo e Ourense. O domingo, Unidas-Podemos ficou como segunda forza en votos en Vigo, terceira en Pontevedra, Compostela, A Coruña e Ferrol. En Lugo e Ourense, ficou cuarta, por detrás de Ciudadanos. O BNG mellorou resultados a respecto das anteriores eleccións xerais. O seu mellor rexistro foi en Santiago, onde logrou 8,8% (tivera 3,7% hai tres anos) e A Coruña, con 6,8%. Vox, pola súa parte, logra ser quinta forza en Ferrol, Lugo e Ourense, onde se move perto do 6% dos votos."}
{"ID": "PRAZA_16634", "summary": "SOS Racismo presentou este mércores na Coruña o seu Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia, que recolle 70 vulneracións de dereitos a persoas migrantes. O 80% son casos de racismo institucional, motivados sobre todo polos obstáculos impostos ao acceso á sanidade, que o ano anterior constituían só o 16% das denuncias", "text": "SOS Racismo rexistrou o pasado ano en Galicia un total de 70 vulneracións de dereitos por motivos racistas. Delas, a maior parte (56) son casos de racismo institucional, motivados sobre todo polos obstáculos impostos ao acceso á sanidade e a outros servizos públicos, pero tamén polo trato discriminatorio por parte de funcionariado e, igualmente, vulneracións referidas a actuacións de corpos de seguridade. Estes casos de racismo institucional, que representan o 80% do total, dispáranse con respecto ao ano 2016, cando só supoñían o 16%. A maior parte son casos motivados polos obstáculos impostos ao acceso á sanidade e a outros servizos públicos, pero tamén polo trato discriminatorio por parte de funcionariado e vulneracións referidas a actuacións de corpos de seguridade Este mércores celebrouse o Día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial. Coincidindo con esta data SOS Racismo presentou os primeiros resultados do Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia, correspondente ao pasado ano. No acto, celebrado na Coruña, participaron tamén representantes de Ecos do Sur, Médicos do Mundo e do propio Concello da Coruña. SOS Racismo aclara que os datos recollidos son só unha mostra das situacións de discriminación que se producen a diario e sinala que a maior parte dos casos non se rexistran ou se denuncian de ningunha forma. Aínda que as denuncias poden ser realizadas a través da web, a maior parte chegan a través das Oficinas de Información e Denuncia (OID) existentes en Galicia (A Coruña e Vigo), sendo a da Coruña a que conta con máis actividade e apoio directo do Concello. De aí que 63 dos 70 casos correspondan á Coruña e á súa área metropolitana. A maior parte das situacións de discriminación recollidas o pasado ano teñen que ver con actuacións que dependen directamente da administración e dos poderes públicos, dende trámites para o acceso a dereitos sociais, trámites de estranxeiría ou no acceso á nacionalidade, ademais das interaccións con axentes policiais e outro funcionariado. Porén, o groso das vulneracións prodúcense no campo da saúde. Para que unha persoa sen tarxeta sanitaria poida acceder á sanidade, o Programa galego de protección social da saúde pública esixe levar seis meses empadroado nun Concello galego e probar que non se teñen as rendas suficientes para poder pagar un seguro privado de saúde. Para isto, pídese achegar a declaración da renda ou un documento equivalente emitido no seu país de orixe. \"O problema é que a maior parte destas persoas están en situación irregular, polo que non poden presentar a declaración da renda. Ademais, o feito de pedir un documento equivalente no seu país de orixe implica moitas veces custos importantes e pode que mesmo nin sequera exista tal documentación\", explica unha das avogadas de SOS Racismo. O Programa prevé unha terceira posibilidade: acudir a unha traballadora ou traballador social que elabore un informe sobre a situación económica desta persoa, \"un trámite moi farragoso, que invade a esfera privada destas persoas e, ás veces, o informe non é nin sequera aceptado pola administración\", explica. Denúncianse situacións, así mesmo, de persoas que acoden a Urxencias e ás que o SERGAS lles emite unha factura co custo da atención que recibiron Danse casos, ademais, de discriminación directa por parte de persoal laboral dos centros médicos. E denúncianse situacións, así mesmo, de persoas que acoden a Urxencias e ás que o SERGAS lles emite unha factura co custo da atención que recibiron, cando a lei prevé que ao ser unha urxencia estas persoas non teñen por que pagar directamente por este servizo. \"Moitas destas persoas, cando non son asesoradas por entidades como SOS Racismo ou Médicos do Mundo, chegan a pedir préstamos para pagar estas facturas\", sinala. \"A realidade é que se lles está negando o dereito á sanidade a persoas que a propia instrución da Xunta recoñece que posúen. A sanidade é un dereito fundamental, que non pode ser negociado\", denuncia. Para evitar estas situación, propón que \"en lugar de pedir estes documentos, que o que fan é obstaculizar o acceso a este dereito social, a administración debería esixir unicamente unha declaración xurada que acredite que non teñen outra vía de acceso á sanidade\". No coloquio tamén participou Médicos do Mundo, que expuxo a situación de exclusión sanitaria que viven moitas persoas en Galicia e as eivas actuais no dereito á saúde dunha parte da poboación. O pasado mes de novembro a Rede Galega de Defensa da Saúde Pública, conformada polo Foro Galego de Inmigración, Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e a Asociación Galega de Medicina Familiar, presentou o informe Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia, que recollía 294 vulneracións das que Médicos do Mundo fora testemuña durante os anos 2016 e 2017. Os casos recollidos falan dunha discriminación constante que sofren as persoas migrantes en Galicia á hora de acceder ao sistema de saúde. \"Podémosche poñer osíxeno pero vanche mandar unha factura de 300 euros. Podes ir a Urxencias pero alí tamén che van facturar 300 euros\" ou \"Vas ter que vir outro día, isto leva moito tempo facelo e tes que deixar que pase a xente que está na cola\" son dúas das indicacións que algunhas das persoas denunciantes recibiron de persoal sanitario ou administrativo e que figuran no documento. Ese informe pedía abolir por completo o Real Decreto-lei 16/2012 e lembraba, ademais, que o uso que por termo medio as persoas migrantes realizan do sistema sanitario é moi inferior ao que fan as persoas nacidas en España. Agresións e discurso de odio Médicos do Mundo rexistrou case 300 vulneracións do dereito á saúde entre as persoas inmigrantes en Galicia nos anos 2016 e 2017 As denuncias recollidas por agresións racista ou xenófobas durante o 2017 foron un total de 5, fronte aos 4 casos recollidos en 2016 e os 4 de 2015. Tamén se rexistran casos de discriminación no ámbito privado, en actos tan cotiáns como alugar unha vivenda, abrir unha conta bancaria, facer unha compra nun establecemento comercial ou acceder a espazos de hostelería ou ocio. En dous deses cinco casos as vítimas foron menores de idade, sinalando SOS Racismo Galicia que \"o discurso de odio escoitado a través dos medios de comunicación e as redes sociais, está favorecendo actitudes e comportamentos racistas mesmo cara ás xeneracións máis novas\". O informe recolle que as persoas procedentes do África Subsahariana, seguida das procedentes do Magreb, serían os dous colectivos máis discriminados. A maioría das 70 persoas que sufriron estas vulneracións estaban en situación irregular (42), outras 21 atopábanse regularizadas e sete eran persoas \"racializadas de nacionalidade española\". \"A irregularidade é un elemento que contribúe a sufrir unha maior vulneración de dereitos ou discriminación pola situación de maior vulnerabilidade fronte ao resto da cidadanía\", sinalan dende SOS Racismo. A entidade salienta que en 38 dos casos habería posibilidade de presentar unha denuncia por vía penal ou administrativa. Con todo, explica que nos máis dos casos \"a persoa denunciante manifesta expresamente que non desexa seguir por esta vía por medo a posibles contradenuncias, polo desgaste psicolóxico e emocional ao ser vítima e por ter que xustificarse caendo o cargo de proba sobre ela, ou pola normalización deste comportamentos ou actitudes\". Ademais, SOS Racismo advirte de que existen \"dificultades de orde procesual ou administrativo que deberían correxirse si realmente se queren aumentar os baixísimos índices de denuncias que se realizan por actuacións discriminatorias\". A maior parte destas situacións non se denuncian de ningunha forma e, sobre todo, non chegan aos tribunais O informe presentado este mércores na Coruña péchase cunha serie de propostas para reducir estas vulneracións de dereitos. SOS Racismo demanda a aprobación dunha Lei Integral en materia de igualdade de trato e non discriminación. Pídelle ademais aos distintos Gobernos que amplien \"o foco da discriminación en actuacións cotiás que van creando o caldo de cultivo de actuacións máis graves\". Demanda, así mesmo, \"unha lei especifica que ordene os diferentes tipos penais relativos aos delitos de odio\". E propón \"incluír no currículo educativo de forma transversal a prevención da discriminación negativa o coñecemento das diferentes culturas\". \"A Lei de Estranxeiría expulsa milleiros de persoas á pobreza\" Ecos do Sur alerta contra os efectos dos discursos de odio nas redes sociais e forma ciberactivistas para facerlles fronte No coloquio, Ecos do Sur explicou o seu proxecto de activismo contra o ciberodio racista. O pasado ano a ONG coruñesa impulsou o proxecto CibeRespect para formar ciberactivistas contra o discurso do odio xenófobo, co obxectivo de proporcionar os coñecementos necesarios para poder identificar o discurso de odio, especialmente en liña, e establecer modos de actuación mediante distintas ferramentas para facerlle fronte. Estes discursos de odio difundidos a través das redes sociais e outros medios de comunicación \"van creando un caldo de cultivo idóneo para que se produzan os delitos, para que non se denuncien e para que queden impunes\", alertaba Natalia Monje, responsable de comunicación de Ecos do Sur. Un dos profesores do curso, Edo Bazzaco (SOS Racisme Catalunya) destacaba en conversa con Praza que \"non só hai que responder aos discursos de odio na rede, hai que xerar unha narrativa diferente\". E alertaba dos efectos deste discurso de odio: \"Este tipo de discursos de odio ten impactos moi profundos nas persoas que os sofren. Poden xerar illamento e medo\". Advetindo ademais que \"certas posicións que hai 10 ou 15 anos só eran defendidas por partidos ultras hoxe son asumidas por formacións que se presentan como máis moderadas\". Con motivo do Día pola Eliminación da Discriminación Racial, Ecos do Sur difundiu un comunicado denunciando que \"a Lei de Estranxeiría expulsa milleiros de persoas á pobreza\", explicando que \"ás persoas en situación irregular exíxeselles conseguir un contrato de xornada completa e un ano de duración para acceder aos permisos\", algo que xa é complicado para unha persoa en situación regular e moito máis para as persoas sen papeis. E sinala que \"persoas que tras moitos anos e unha dura loita pola súa supervivencia conseguiran regularizar a súa situación, están agora perdendo os permisos ao atoparse, como tanta xente, nunha situación temporal de desemprego\". \"As persoas ás que se lles denega reiteradamente o acceso aos permisos, non poden traballar legalmente e vense abocadas á economía sumerxida, sendo vítimas de abusos e explotación\" En referencia ás mortes dos dous senegaleses en Madrid, Ecos do Sur lembra que \"miles de persoas, como o caso de Mame Mbaye, levan máis dunha década vivindo no país sen que se lles dea acceso aos permisos de residencia nin de traballo, a pesar de que contribúen á sociedade e á economía coas súas actividades, co seu consumo, pagando impostos directos\". \"As persoas ás que se lles denega reiteradamente o acceso aos permisos, non poden traballar legalmente e vense abocadas á economía sumerxida, sendo vítimas de abusos e explotación nas súas diversas formas\", conclúe. Descarga aquí o resumo do informe anual de SOS Racismo Galicia (.pdf)"}
{"ID": "NOS_26038", "summary": "O equipo lucense superou os 50 puntos que lle garanten seguir en Segunda nunha vitoria ante o Sabadell (0-2) que fixo vibrar o Anxo Carro", "text": "Apuntados os focos cara Depor e Celta, e máis aínda nesta recta de temporada de infarto, o que conseguiu o CD Lugo este ano semella pasar desapercibido alén da cidade amurallada. Mala cousa, porque o que fixo (e está facer) o equipo de Quique Setién é de mérito. Un club recén ascendido a unha segunda máis competitiva que nunca asegúrase a permanencia a dúas xornadas de que remate a temporada. E facendo fronte a equipos de renome e cun orzamento moi superior ao dos lucenses. O CD Lugo levaba sete partidos seguidos sen obter un triunfo. Logrouno esta fin de semana ante o Sabadell, ao que derrotou por dous tantos a cero. Dous goles que lle permiten superar os 50 puntos. O Sabadell chegou coa permanencia asegurada e sen dous dos seus xogadores estrela (Lanzarote e Dávila) mais non puxo as cousas doadas aos lucenses. Iso si, o equipo de Setién fixo un moi bo partido, se ben o primeiro dos tantos non chegou até o minuto 72 das botas de Óscar Díaz. Antes, o Lugo malgastou oportunidades de se adiantar no marcador. O segundo tanto chegou pouco despois, no minuto 83, obra de Rubén Durán. No Anxo Carro, @s máis de 3.500 especatdor@s gozaron dun bo partido co que o CD Lugo garantiu a permanencia e fixeron, si, un anaco máis de historia no fútbol galego"}
{"ID": "NOS_29942", "summary": "Consideran que houbo \"moitas neglixencias\" no incendio iniciado en Boiro o pasado 4 de agosto e que arrasou 2.200 hectáreas", "text": "Comuneiros e comuneiras da serra do Barbanza remitiron un escrito á Fiscalía de Medio Ambiente da Galiza para solicitar que abra unha investigación sobre o operativo do grande incendio forestal iniciado na parroquia de Cures, Boiro, o 4 de agosto. O fogo non se deu por extinguido até o día 12. Arrasou 2.200 hectáreas, após comprometer a seguridade de núcleos de poboación como o e Piñeiro ou obrigar ao desaloxo dunhas 700 persoas que pasaban uns días de lecer nun camping de Ribeira que tamén se viu afectado. \"Fóiselles das mans\" As comunidades de montes do Barbanza e da Mancomunidade Serra do Barbanza consideran que a forma na que foi xestionado o operativo antiincendios agravou as consecuencias do lume, activo durante unha semana. Denuncian a Xunta perante a Fiscalía por \"inacción\" durante a vaga de incendios forestais Segundo explicou a vicepresidenta da Mancomunidade Serra do Barbanza, Lorena Muñiz, o incendio \"fóiselles das mans por completo\" durante a xornada dda sexta feira, 5 de agosto, despois de estar \"practicamente extinguido\" horas antes. A xuízo dos comuneiros da serra, o incendio foi \"abandonado\" e o forte vento do nordés que sopraba na zona durante esas xornadas provocou que as chamas se descontrolasen. \"Cometéronse moitísimos erros, houbo moitísimas neglixencias\", aseverou Muñiz. Os comuneiros reclaman á Xunta transparencia e que dea a coñecer o plan de actuación das tarefas de extinción desde o minuto cero O lume terminou por afectar a gran parte da serra do Barbanza e acabou alcanzado a parroquia de Xuño, no municipio de Porto do Son. Os comuneiros reclaman á Xunta transparencia e que dea a coñecer o plan de actuación das tarefas de extinción \"desde o minuto cero\". Desatendidos Así, denuncian que nos primeiros días de incendio, entre a sexta e a terza feira realizáronse contralumes \"sen ningún tipo de control\", algúns deles \"inxustificados\", e aseguran que a coordinación dos equipos despregados á zona foi \"caótica\". Se houbese algo de control non ardería toda a serra Lamentan que os técnicos da Administración galega non contasen coa opinión das persoas comuneiras como coñecedoras do terreo e denuncian que non foron atendidas as chamadas realizadas aos teléfonos de coordinación. Francisco Díaz-Fierros: \"As políticas curtopracistas non serven para o monte\" Por todo iso, expresan a súa indignación ante un incendio que, consideran, podería terse freado na parroquia de Cures, onde se orixinou. \"Se houbese algo de control non ardería toda a serra\", aseverou Lorena Muñiz."}
{"ID": "NOS_14243", "summary": "O tribunal europeo subliñou que o acordo entre o asegurador e o asegurado non pode obrigar ao prexudicado a acudir ao tribunal do lugar de domicilio da aseguradora en lugar de no que ocurriu o incidente polo que se reclama a indemnización, e rexeita así a solicitude da aseguradora de declarar que o Estado español estaba obrigado a presentar o seu recurso ante a xustiza británica.", "text": "O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditaminou esta segunda feira que a sentenza española prevalece sobre a arbitraxe británica no caso que enfronta o Estado español coa aseguradora do Prestige, London P&l Club, polo que estaría obrigada a pagar a compensación polos danos da marea negra. 'Prestige': a aseguradora do buque libraríase de pagar polos danos ocasionados No seu ditame, o alto tribunal considera que o laudo arbitral ditado en 2013 en Reino Unido non pode impedir o recoñecemento da sentenza ditada no Estado español pola Audiencia Provincial da Coruña, que obrigaba á aseguradora ao desembolso de 855 millóns de euros. O tribunal europeo subliñou que o acordo entre o asegurador e o asegurado non pode obrigar ao prexudicado a acudir ao tribunal do lugar de domicilio da aseguradora en lugar de no que ocurriu o incidente polo que se reclama a indemnización, e rexeita así a solicitude da aseguradora de declarar que o Estado español estaba obrigado a presentar o seu recurso ante a xustiza británica. Un novo 'Prestige'? 38 barcos con materias perigosas pasan cada día pola costa galega Para o TXUE, situar o laudo arbitral británico sobre a sentenza do tribunal español e impedir o recoñecemento dunha resolución doutro Estado membro sobre a responsabilidade de contrato de seguro, \"privaría\" ao prexudicado \"da reparación efectiva do dano sufrido\". Detalles da resolución do TXUE A xustiza europea explicou que un laudo arbitral só pode \"impedir\" o recoñecemento de resolucións xudiciais doutros Estados membro, se o contido dese laudo \"vai seguido dun procedemento xudicial\" que transcriba as conclusións desa arbitraxe nunha resolución xudicial, tal e como estabelece o Regulamento nº44/2001. Unha resolución xudicial que non se produciu neste caso. Un tribunal desestima o recurso da aseguradora do 'Prestige' para evitar indemnizar ao Estado español Ademais, o alto tribunal indicou que o laudo arbitral británico foi emitido nunhas condicións nas que non sería posíbel ditar unha resolución xudicial e contradi, así, a recomendación do Avogado Xeral do pasado maio, que concluíu que o laudo arbitral debe considerarse unha \"sentenza relevante\", polo que prevalecería a lei británica sobre a sentenza española. Nun paso máis, o alto tribunal observou que \"o procedemento relativo á acción civil no Estado español e o procedemento arbitral en Londres\", non só enfrontaban as mesmas partes, senón que ademais tiñan o mesmo obxecto e a mesma causa: a responsabilidade de London P&I Club fronte ao Estado español de acordo ao contrato de seguro entre a aseguradora e os propietarios do Prestige, polos danos causados polo naufraxio. Perto de 13.000 barcos con mercancía perigosa navegan cada ano fronte ás costas da Galiza A corte europea subliñou que o tribunal británico responsábel de ditar a arbitraxe debe comprobar que se cumpre o Regulamento comunitario para previr elusións, como levar a cabo un procedemento arbitral contravindo a cláusula compromisoria do contrato de seguro."}
{"ID": "NOS_54986", "summary": "A aplicación de identificación de cogomelos Mycokey Galiza xa está dispoñíbel para descargar, de balde e en galego. Sermos Galiza conversa con Andrés Cordeiro, socio fundador de MycoGaliza Plantae, a empresa que se agocha tras esta ferramenta que parte dun forte compromiso pola sustentabilidade e o futuro do noso monte.", "text": "A empresa MycoGaliza Plantae vén de lanzar unha aplicación para dispositivos móbiles que permite indentificar cogomelos. Mycokey Galiza xa está dispoñíbel para descargar, de balde e en galego. Andrés Cordeiro, socio fundador da spin-off responsábel, explícanos o funcionamento da app e as claves dun proxecto que non só responde a estes resultados concretos, senón que defende un compromiso pola sustentabilidade a través da divulgación de coñecementos científicos e a formación medioambiental, que consideran \"uns dos nosos principais obxectivos de cara ás futuras e actuais xeracións, xa que o monte ten que mirar cara ao futuro, non só cara ao presente\". De onde vén a idea de desenvolver unha aplicación para identificar cogomelos? Xorde precisamente dos obradoiros de identificación de cogomelos que realizamos todos os anos na Universidade de Vigo. Neles explicamos un procedemento no que se empregan claves dicotómicas, é dicir, segundo os caracteres do cogomelo vaise avanzando na clave dicotómica até chegar a unha identificación. O que pretendiamos coa app é, principalmente, intentar facilitar o procedemento de seguir estas claves. Certamente, as persoas que participan dos nosos obradoiros, desde que comezan até que rematan, acaban por dominaren o sistema, mais esa primeira entrada no emprego deste recurso técnico pode supor unha barreira para moitas delas. Grazas á aplicación, poden acceder dunha maneira moito máis sinxela desde o minuto cero. O que pretendiamos coa app é, principalmente, intentar facilitar o procedemento de seguir as claves dicotómicas Que facilita a aplicación? O que ten de bo é que simplifica a estrutura da clave dicotómica coa presenza de esquemas. Hai certos esquemas que fan referencia á estrutura morfolóxica dos cogomelos e iso facilita seguir a clave en si. Fronte a outras aplicacións que hai no mercado, a nosa permite seguir o procedemento científico que se emprega para identificación de organismos. Estas aplicacións limítanse a tiraren unha foto e mostraren a identificación, que moitas veces non é correcta. No caso de non ter coñecemento, pódeche parecer que o cogomelo que está a aparecer é o que tes diante. Pola contra, a nosa axuda a introducir conceptos biolóxicos ás persoas de a pé. Trátase ademais da primeira app deste tipo en galego? Fronte a outras aplicacións que hai no mercado, a nosa permite seguir o procedemento científico que se emprega para identificación de organismos Si. Había unha primeira versión que se chamaba tamén Mycokey, pero xa se atopa fóra do mercado. Xustamente contactamos coa persoa que a elaborou, o programador Xan Bellón, dentro do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. En colaboración con el desenvolvemos esta segunda versión para darlle máis mantemento cos obradoiros que estamos a facer agora dentro da empresa. Para alén destes obradoiros, que outras actividades realizan? Nós somos MycoGaliza Plantae, unha asesoría micolóxica forestal da Universidade de Vigo, cun modelo similar ao dunha spin-off, e o que facemos principalmente é tratar de mellorar o recurso micolóxico forestal. De aí traballamos tres liñas de negocio principais: unha de asesoría forestal directa dos montes, unha de investigación –para intentar mellorar a anterior–, e logo a concienciación e a formación micolóxica. O que facemos principalmente é tratar de mellorar o recurso micolóxico forestal Desa liña forman parte os obradoiros. Que acollida teñen? Nos obradoiros que realizamos na Universidade de Vigo adoitamos encher prazas. Agora estamos comezando a facelos tamén por conta propia, tamén cun bo resultado. O público normalmente comprende persoas entre os 30 e os 40 anos –ou mesmo algunha xubilada– que teñen sempre interese gastronómico polo cogomelo, mentres outras, as menos, teñen inquedanzas a nivel da natureza. O mundo dos cogomelos é aínda un gran descoñecido? Hai certo descoñecemento por falta de tradición. Noutras rexións é moito máis habitual ir coller cogomelos Penso que ultimamente estase a mellorar, pero si que hai certo descoñecemento por falta de tradición. Noutras rexións é moito máis habitual ir coller cogomelos, resulta máis sinxelo ter ese costume de ir ao monte. Aquí na Galiza hai certa redución dese interese, mais estase dando un incremento nos últimos anos. Ademais, a xente quere aprender ben, non desexa ir simplemente apañar para comer, senón coñecer cales son tóxicas para non meter malas cousas cesta."}
{"ID": "PRAZA_6574", "summary": "A CIG rexeita frontalmente o Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, que porá en marcha a USC para reducir o seu deficit en 16 millóns. Alba Nogueira alerta de que as medidas poñen en risco a capacidade docente e investigadora.", "text": "A CIG rexeita de plano o Plan de equilibrio orzamentario da USC, feito público a pasada semana polo equipo de goberno da universidade, sen negociación previa cos representantes dos traballadores e só uns días antes de remitirllo de forma definitiva á Xunta. A proposta busca un refinanciamento da débeda da institución, acompañado dun conxunto programa de recortes orzamentarios, sobre todo na área de persoal. En concreto, até o ano 2018 buscase reducir o custe deste apartado en 13,4 millóns de euros, a través da non reposición de prazas por xubilacións obrigatorias de funcionarios docentes e de persoal de administración e servizos. A proposta busca un refinanciamento da débeda da institución, acompañado dun conxunto programa de recortes orzamentarios, sobre todo na área de persoal Os sindicatos xa fixeron públicas nos últimos días as súas críticas tanto ao contido do plano coma ao seu proceso de elaboración, sen ter en conta as opinións da comunidade universitaria. \"Dannos o prato xa cociñado e servido na mesa sen posibilidade de cambiar unha coma\", sinala Alba Nogueira, representante da CIG, que denuncia que o equipo de goberno da universidade decidise non negociar \"unha cuestión tan transcendental e que afecta tanto aos traballadores\". Nogueira sinala que \"os efectos destas medidas na sociedade van ser gravísimos\" pois \"van pechar titulacións\" e \"ponse en risco a competitividade da universidade a medio prazo\". Entre 2010 e 2014 reduciuse o número de PDI en case 300, e espérase reducir outros 300 nos vindeiros tres anos, pasando de 2.300 docentes a ao redor de 1.700. \"A universidade non lle di á sociedade cales van ser os efectos de funcionar cun 20% menos de persoal. Nesas condicións non é posible seguir mantendo as titulacións, os mestrados coma até agora, nin manter o nivel de investigación que está tendo a USC\", sinala Nogueira. \"Hai que pensar que na universidade os traballadores non son intercambiables: se se xubilan seis profesores de dereito, non pode poñer seis de químicas\", engade. Ademais, tamén descenderá o persoal contratado de investigación, que pasaría dos ao redor de mil traballadores e traballadoras a unhas 600, segundo se prevé na execución do Plan, unha caída de 400 persoas a engadir á perda que xa houbo entre 2010 e 2013. \"Sen os datos pechados, a nosa previsión é que arredor das tres cuartas partes deste persoal desaparece respecto de 2010\", destacaron. A CIG critica igualmente que a USC lle \"ofreza a súa cabeza á Xunta\" sen poñer en evidencia \"as razóns de por que imos a este plan de axustes, precisamente pola política de recortes do Goberno galego\". Alba Nogueira explica que \"nos últimos tres anos perdemos 50 millóns de euros de financiamento e ademais fixemos un aforro de 30 millóns de euros, entre recortes salariais, supresión de pagas extra e renegociación de contratos\". Porén, continúa, estas medidas non supuxeron a redución \"nun só céntimo\" da débeda, porque \"a diferenza doutras administracións, o que aforra a universidade, non entra na nosa caixa\". \"Os nosos recortes van para enxugar a débeda da Xunta, pero iso non reduce nun céntimo a débeda da USC\", afirmou Nogueira, que destacou que \"a universidade ten que preocuparse por exteriorizar cales son os efectos dos recortes\". A CIG critica igualmente que a USC lle \"ofreza a súa cabeza á Xunta\" sen poñer en evidencia \"as razóns de por que imos a este plan de axustes, precisamente pola política de recortes\" Nogueira critica o que considera unha \"política errática da Xunta\" en materia de universidades, unha \"falta de liña estratéxica\". E alerta do efecto que estes recortes, o deficit de financiamento, e a non reposición de prazas poden ter no potencial investigador da USC e para o conxunto do tecido investigador galego: \"O cadro de persoal das universidades galegas está moi envellecido, e o da USC moito máis, con moitos docentes nos 50 anos ou por riba desa idade. E está contrastado que o período vital de maior produción científica dáse entre os 30 e os 50 anos. O tecido investigador galego vaise ver moi afectado, tendo en conta o enorme peso que teñen nel as universidades públicas\". Na rolda de prensa deste luns Nogueira subliñou que están descendendo o número de teses e tamén a captación de recursos para investigación. \"Canto menos persoal teñamos, menos financiamento imos ter porque imos captar menos recursos de investigación porque os indicadores do plan de financiamento tamén están ligados a iso: a cantas investigacións fagamos, a cantas teses se lean, cantos proxectos teñamos e é imposíbel facelo con ese descenso de persoal\", engadiu"}
{"ID": "NOS_45795", "summary": "A asociación de arquiveir@s pensa que o concello podería chegar a un acordo coa entidade bancaria e evitar o seu peche.", "text": "O peche da Sala de Lectura de Bankia (Caja Madrid) en Compostela antes do fin de xuño, tal e como anunciamos en Sermos Galiza, provocou a reacción de ANABAD-Galiza que se manifestou contraria a tan drástica medida. Xa no mes de novembro anunciaron o seu rexeitamento aos recortes nas administracións públicas. Agora reafirman a súa total disconformidade cos peches previstos polas empresas privadas como é o caso da Obra Social de Caja Madrid, hoxe en día Bankia. Para ANABAD-Galiza o servizo da única instalación social desta entidade financeira na Galiza presta un servizo \"imprescindíbel\" e é \"un referente bibliotecario na cidade, ofrecendo actividades para todas as idades e cedendo o seu espazo a outras asociacións e entidades que puderon facer uso desta biblioteca\". Por iso desde esta asociación propoñen unha solución que podería salvar a situación. Desde a asociación de arquiveir@s apostan por \"algún acordo ou convenio coas administracións públicas\" Petición ao concelloDesde a asociación de arquiveir@s apostan por \"algún acordo ou convenio coas administracións públicas\". lembran que outro equipamento semellante, a Biblioteca Nova 33 da obra social de Novacaixagalicia, conta cun acordo co Concello de Santiago e forma parte do centro sociocultural do Ensanche. Segundo ANABAD-Galiza o peche da biblioteca deixaría \"orfa unha boa parte da cidadanía, ademais de deixar o casco histórico sen un referente cultural\"."}
{"ID": "PRAZA_16553", "summary": "A organización ecoloxista esíxelle á Xunta que investigue a entrada destes materiais procedentes de talas ilegais e denuncia a \"desidia e inacción das autoridades\". O pasado ano paramilitares ao servizo de terratenentes mataron 9 campesiños en Colniza (Mato Grosso), nunha acción da que se culpa á empresa que envía a madeira", "text": "O 20 de abril do pasado ano nove campesiños sen terra foron asasinados en Colniza, un asentamento na Amazonía brasileira, no Estado de Mato Grosso. Do masacre responsabilizouse a grupos paramilitares ao servizo de terratenentes, que dispararon de forma indiscriminada contra a poboación alí asentada, deixando ademais un gran número de persoas feridas, e no que foi unhas das maiores matanzas dende o Massacre de Eldorado do Carajás, en 1996. O principal sospeitoso de ordenar este ataque, que busca estender as zonas de corta de madeira, é o empresario Valdelir João de Souza, actualmente fuxido da xustiza. Valdelir João de Souza é o copropietario de Madeiras Cedroarana, que foi multada en varias ocasións pola máxima autoridade ambiental de Brasil, o IBAMA, por comerciar con madeira ilegal. Greenpeace detectou que a finais de 2017 cando menos un barco cargou en Paranagua (Brasil) madeira procedente de talas ilegais de Cedroarana na zona da matanza con destino ao porto de Vigo. A entidade ecoloxista puxo esta información en coñecemento da Xunta e esíxelle ao Goberno galego que investigue a entrada de \"madeira de sangue\" e que estableza controis, lembrando que o 30% da madeira que se comercializa no mundo procede de talas ilegais e que \"Galicia está sendo unha das vías de entrada na Unión Europea\". Greenpeace denuncia que a Xunta non está facendo \"nada\" por \"investigar o caso e deter este comercio ilícito\". \"A Xunta ten a responsabilidade legal de controlar que as empresas importadoras que operan no seu territorio cumpran os requirimentos para evitar este comercio perseguido pola lei. Pero o certo é que iso non está a pasar\", reitera. Segundo fontes de Greenpeace, o axente internacional que realizou a operación comercial con destino ao porto de Vigo é a empresa Global Gold Forest Lda (GWP), representada en España por Atlantic Timber Agency -membro da Asociación Española de Industria e Comercio da Madeira (AEIM)-, ambas con sede no mesmo enderezo postal de Marín. Nunha nota de prensa a Autoridade Portuaria de Vigo negou que o porto recibira madeira ao longo do pasado ano e afirma que \"hai moito tempo que os peiraos olívicos non importan esta mercadoría\". A entidade esíxelle a Greenpeace \"que se retracte de maneira inmediata nas súas declaracións que, por outro lado, son totalmente condenables por carecer de base e ser falsas\". A organización ecoloxista, nun sucesivo comunicado reiterou a súa denuncia, difundindo unha copia do permiso de embarque dun contedor de madeira dende o porto de Paranagua (Brasil) con destino o porto de Vigo. Un recente informe de Greenpeace denunciaba a inacción e desidia das administracións españolas á hora de aplicar a regulación europea de comercio de madeira, o que contribuíu a que reine a impunidade no sector de importadores de produtos forestais."}
{"ID": "NOS_32212", "summary": "Xulio César, un mural do lucense Diego AS, vén de ser nomeado pola plataforma Street Art Cities -a maior comunidade de arte urbana do planeta- para a elección de mellor mural do mundo en 2021.", "text": "Diego AS (Anido Seijas) é o autor de Xulio César, un mural urbano que dialoga coa muralla romana de Lugo e que vén de ser nomeado pola plataforma Street Art Cities -a maior comunidade de arte urbana do planeta- para a elección de mellor mural do mundo en 2021. A obra xa fora recoñecida como mellor graffiti do mundo do mes de agosto e sitúase agora como cabeza de cartel dun movemento que ten na Galiza un enorme desenvolvemento. \"A nomeación é moi ilusionante, comunicáronmo hoxe pola mañá\", declara Diego AS a Nós Diario, \"e alégrome non só por min, senón tamén pola presenza que lle pode dar a Lugo e a toda a comunidade de artistas que traballa na cidade\". Na Galiza existe un gran potencial de artistas urbanos, tanto os que saen de escolas de arte como os autodidactas que traballaron na rúa desde o primeiro momento O graffiti pasou, en poucos anos, de ser criminalizado como vandalismo a constituír unha manifestación artística que resume moitos dos sinais de identidade diso que se deu en chamar \"cultura urbana\". O paso das \"pintadas\" primitivas a unhas obras con maior vocación de permanencia e de dimensión máis espectacular tivo como resultado que moitas cidades e vilas compitan por exhibir murais urbanos nas súas rúas. \"Máis tarde ou máis cedo tiña que suceder\", sentencia Anido. \"A poboación acaba vendo isto como un museo ao aire libre, e estamos nun momento ideal para que o éxito se consolide: a xente gústalle pasear ao aire libre e sacar selfies coas obras de fondo. E na Galiza existe un gran potencial de artistas urbanos, tanto os que saen de escolas de arte como os autodidactas que traballaron na rúa desde o primeiro momento. Estanse abrindo moitas vías\". Diego AS ten, podiamos dicir, unha formación mixta. Estudou gravado e serigrafía, pero xa antes pintaba polas rúas creando un estilo e desenvolvendo unha técnica. \"Pouco a pouco fun avanzando tecnicamente e púxenme a estudar para enfocarme nas obras de gran formato\".O resultado -polo de agora- é o desta nomeación. Un xurado experto escolleu os 100 finalistas pero agora será o voto popular o que decida o gañador. O sistema de votación é online, o prazo xa está aberto e pecharase o día 6 de febreiro. Unha chiscadela ao imperio Lugo ten unha avultada canteira de artistas urbanos pero, di o muralista. \"só agora o Concello apostou na nosa obra organizando un festival no que os artistas locais teñen un gran protagonismo\". Pioneiros como Concepto Circo deron paso a novos artistas que teñen unha visión máis global da súa obra. \"Eu xa tiña fichada esa fachada desde había tempo, pero só con ese novo impulso que se lle está dando ao graffiti tiven a oportunidade de intervila. E o tema, ao estar fronte a muralla, viña dado: algo espectacular e atractivo esteticamente que lle fixese unha chiscadela a idea do imperio romano\"."}
{"ID": "NOS_9477", "summary": "O Festival de Ortigueira chega a súa 30 edición cun programa no que conta coa participación de The Chieftains e Milladoiro, grandes nomes do festival da música celta.", "text": "Do 17 ao 20 de xullo desenvolverase en Ortigueira a 30 edición do seu popular festival, unha cita imprescindíbel do verán na música celta. Nunha edición especial, o programa contará coa participación da banda irlandesa The Chieftains e da galega Milladoiro como cabezas de cartel. Carlos Blanco será o presentador nesta edición conmemorativa que recupera esta figura no festival que enche Ortigueira de música xa que, máis alá dos espazos propios do festival, toda a vila se converte en escenario en especial a través das \"free sessions\" que ofrecen as rúas a novas bandas de folk. Anxo Lorenzo ou Pepe Vaamonde son outras das propostas galegas nun festival no que tamén participarán desde Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda), Moxie (Irlanda), Ruaille Buaille (País Vasco) ou Treacherous Orchestra (Escocia). O rock de Red Cardell xunto coa música tradicional bretoa de Bagad Kemper daranse a man no espectáculo Fest Rock. Bellón Maceiras Quinteto ou a irlandesa Moxie serán algúns dos nomes emerxentes que resultaron finalistas do Proxecto Runas e que presentarán os seus traballos no festival."}
{"ID": "NOS_9697", "summary": "Ana Pontón vén de apresentar esta cuarta feira o novo logo da formación na compaña da militante máis nova e da máis veterana do Bloque.", "text": "O BNG está a entrar, en palabras de Pontón, nunha nova etapa que está representada neste novo logotipo. O emblema mantén o esencial do anterior, creado xa hai trinta anos, e recolle o mellor da tradición do nacionalismo. \"Non se renuncia a nada\", afirma a portavoz nacional. O símbolo é no plano iconográfico unha evolución perfeitamente recoñecíbel do logo clásico da formación. Ana Pontón apresentou o logo na compaña de Carmen, a militante máis veterana, e Catuxa, a militante máis nova da formación. Catuxa salientaba o feito de que fosen tres mulleres as protagonistas do acto como unha mostra da aposta do Bloque pola igualdade de xénero. Nesta nova imaxe quérese recoller a traxectoria deste proxecto político, pero tamén demostrar a súa capacidade de adaptación. \"Somos unha forza política con capacidade para adaptarnos, ir cos tempos e dende logo, presentar un proxecto renovado para este país\", afirmou Ana Pontón. Dende o BNG declaran que este novo logo é un paso importante á hora de anovar a simboloxía da formación, moi caracterizada nas últimas tres décadas por unha imaxe de marca que agora entrega o relevo. Tras a presentación deste logo -que a respeito das últimas versións do símbolo tradicional do BNG resgata as cores da bandeira galega, intensifica o vermello da estrela e muda as maiúsculas polas minúsculas- como principais cambios, o único que queda é \"difundilo ao máximo, movelo polas redes sociais e popularizalo\", afirma Catuxa. Para facilitar esta difusión, o Bloque está a empreegar o cancelo #novoBNG. Ao remate da comparecencia, Ana Pontón agasallou as e aos xornalistas cunha torta en que aparecía o novo logo debuxado."}
{"ID": "PRAZA_20662", "summary": "Navigator responde á nova lei que conxela a produción desta especie co freo á actividade no seu país e a aposta polos montes galegos para producir madeira. A antiga Portucel xa pensa en establecer \"uma base forte no norte de Espanha, na Galiza\"", "text": "A reforma forestal aprobada en Portugal provoca que a maior pasteira do país veciño -e unha das máis importantes do mundo- vire a súa ollada cara a Galicia, onde prevé reforzar a súa presenza ao tempo que a diminúe no territorio luso. Esta é a resposta de The Navigator Company -antiga Portucel- á nova lexislación aprobada xa pola Assembleia da República e que permite só plantacións de novas áreas de eucalipto en lugar onde xa existisen e impón, ademais, unha redución gradual da superficie con esta especie. Portucel responde á nova lexislación sobre o eucalipto ollando a Galicia como \"fonte de floresta e madeira\" e coa idea de establecer \"uma base\" no país Eses foron os plans que confirmaron os responsables da compañía na presentación dos resultados do primeiro semestre, tal e como destacou Jornal de Negócios e verificou Praza.gal. Navigator está \"a olhar para outras fontes de floresta e de madeira fora de Portugal, diferentes das que hoje utiliza\", admitiron os dirixentes do grupo, que manifestaron a posibilidade de establecer \"uma base forte no norte de Espanha, na Galiza\". A antiga Portucel vai máis aló e asegura que non pretende aumentar a súa extensión de monte en Portugal, onde xestiona 120.000 hectáreas, senón espallarse cara a Galicia. \"Poderemos ter mais em Espanha e menos em Portugal. Queremos ter mais em Espanha para diversificar e a produtividade lá também é elevada\", dixo Diogo da Silveira, presidente executivo da empresa. A pasteira aclara que reducirá a súa extensión de monte en Portugal e aumentaraa en Galicia, onde \"a produtividade também é elevada\" A nova lei aprobada polo Parlamento luso indica que quen quixer plantar unha nova áera de eucalipto, nunha zona definida, debe antes recuperar e identificar unha plantación desa mesma especie que non teña bos niveis de produtividade, arrancala e deixar o terreo en condicións para o uso agrícola ou pecuario ou plantar unha nova tipoloxía de árbore. Segundo os últimos datos, o eucalipto domina a superficie forestal de Portugal. As máis de 812.000 hectáreas rexistradas no inventario máis recente, elaborado en 2010 e difundido en 2013, indican que esta especie é a máis abondosa do país, cun 26% do total da superficie forestal e un incremento constante que a levou en década e media a substituír o piñeiro bravo como dominante nos montes do país veciño. Os graves incendios no país, nomeadamente a traxedia de Pedrógão Grande, intensificaron o debate sobre a eucaliptización, unha problemática moi semellante á que se dá en Galicia. Navigator considera \"inacreditável\" a lei aprobada polo Goberno luso e que detén a expansión do eucalipto Desde Navigator cren que a nova lexislación \"deverá ter impacto no mercado da madeira em 12 anos\", polo que \"a empresa precisa de desenvolver desde já várias iniciativas para aumentar a produtividade das atuais áreas de eucalipto\". A empresa defende que o impacto dos incendios nos montes da súa propiedade foi case nulo e cre que foi o lume o que fixo \"ao Governo e aos seus aliados ir para uma lei inacreditável\". \"Se não fossem esses grandes incêndios e a perda de vidas, a avaliação teria sido diferente\", insiste. Como resposta, apunta ao norte. En Galicia, a superficie de eucalipto aumentou un 65% no que vai de século. O plan forestal de 1992, aínda vixente, prevía chegar a 2032 cunhas 245.000 hectáreas de masas puras de eucalipto, pero os datos máis recentes de Medio Rural indican que xa supera as 300.000. Con este pano de fondo episodios como o incendio de Pedrógão Grande reavivaron o debate sobre a pertinencia de limitar a expansión do eucalipto, xa sexa parcialmente ou cunha moratoria total como a de Portugal. Ante a esixencia de actuacións dende a oposición galega e mentres o Goberno opta por unha postura morna, a dirección de ENCE, a gran pasteira que opera en Galicia, entrara de cheo na polémica nun duro comunicado en xullo no que puxo no albo a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e descualificou as ligazóns que o Bloque e outras forzas realizan entre eucaliptos e incendios como valoracións \"indocumentadas, inxustificadas e malintencionadas\" que \"sinalan falsos culpables\". A voceira do BNG volvera responder asegurando que \"a política forestal non a pode decidir quen converte Galiza nun eucaliptal\". \"Imos seguir dicindo as verdades do que significa unha política forestal ao servizo de ENCE\", asegurara. Pouco antes, PP, Ciudadanos e PSOE rexeitaran a proposición de En Marea no Congreso que pedía a inclusión do eucalipto no catálogo de Especies Invasoras para frear o seu monocultivo. Sexa como for, desde territorio luso a industria papeleira ve en Galicia unha posibilidade de manter ou incrementar o negocio ante os atrancos que din que sofren por mor da nova lexislación. Con todo, Diogo da Silveira aclara que \"deter terra em Portugal é importante porque é uma segurança, uma reserva, ajuda a gerir stocks\", ademais de ser \"relevante por permitir desenvolver boas práticas e transferi-las\". Navigator, moi crítica coa reforma forestal, chegou mesmo a condicionar un investimento de 206 millóns de euros en Cacia a que non houbese obstáculos á expansión do eucalipto. A antiga Portucel abandonara Galicia hai tres anos ao pechar ENCE a planta de Huelva e absorber o mercado do sur de Portugal O grupo Portucel -agora Navigator- é líder europeo na produción de papel fino de impresión e escrita non revestidos e un dos maiores a nivel mundial de pasta branqueada de eucalipto. Exporta case o total da súa produción para 118 países nos cinco continetes, nomeadamente a Europa e aos EUA. No primeiro semestre de 2017 presentou un beneficio de 96 millóns, un incremento do 12,4% en comparación co mesmo período de 2016. Cunha importante presenza en Galicia, onde movía milleiros de toneladas ao ano, a antiga Portucel e outra empresa portuguesa -Celbi- decidiran abandonar o país hai uns tres anos. O peche da planta de ENCE en Huelva, que se abastecía con eucalipto do sur de Portugal, fixera que as firmas lusas absorberan aquel mercado e deixasen o galego aínda máis controlado pola celulosa con sede en Pontevedra, que acapara a inmensa maioría."}
{"ID": "NOS_22496", "summary": "Chega o día despois e con el as reaccións políticas aos resultados electorais en Grecia. Mentres PP e PSOE saúdan a vitoria conservadora a prol das políticas de austeridade, as eleccións gregas traen outra lectura ben distinta: a consolidación da esquerda representada por Syriza.", "text": "\"Os resultados de Grecia consolidan o estatus quo para crear un goberno de coalición artificial... máis a subida da esquerda que representa Syriza debia facer pensar a moitos\". Así se pronunciou a euordeputada nacionalista Ana Miranda respecto aos resultados das eleccións gregas. Trala xornada electoral en Grecia, chega o día despois e con el as reaccións políticas aos resultados na península helénica. A UE respira xa tranquila despois da vitoria de Nova Democracia, porque con ela teñen por seguro o apoio ás políticas da troika. \"O importante é manter o grao de compromiso coas reformas -sinalou o voceiro de Asuntos Económicos da UE, Amadeus Altafaj- Agora o que esperamos é que se forme Goberno o antes posíbel porque é urxente que Grecia poña en marcha as reformas, que sufriron un parón nestas últimas semanas\", engadiu. Gañadora a súa opción, a UE non perde tempo en premer ao país helénico para que apure a formación de goberno. Cando o faga, agárdalle unha nova visita da troika.Rajoy tamén amosou a súa satisfacción pola vitoria do conservador Antonis Samaras. \"Os gregos acertaron e é unha moi boa noticia para España\", afirmou. Para o popular, a decisión grega é o preámbulo da estabilidade económica, e non dubida de que terá efectos positivos para o estado español. Porén, as súas prediccións, coa prima de risco nos 570 puntos nesta segunda feira, non están, de momento, a cumprirse.Tamén o PSOE deu a ver a súa compracencia coa vitoria conservadora e a súa confianza en que contribúa a traer estabilidade á zona euro. O PSOE agarda que os resultados contribúan á conformación dun goberno estábel (que requirirá da alianza entre Nova Democracia e os socialistas Pasok) e comprometido ademais coa continuidade da moeda única europea.Mais non é esta a única lectura que ofrecen os datos extraídos das urnas. Malia a que os principais xornais estatais non disimulan o seu alivio en grandes titulares por ese 30% de votos obtido polo conservador Antoni Samaras, o certo é que a noticia ten outros titulares posibles e non menos importantes: Syriza sobe en votos convértese no segundo partido máis votado, co 26,4% dos votos, e con el ponse de evidencia o rexeitamento de boa parte da poboación grega ás políticas de austeridade. O eurodeputado de Izquierda Unida, Willy Meyer, felicitou xa a Syriza por ser a segunda forza máis votada e liderar a esquerda, o que para el supón un impulso para \"a esquerda transformadora e inconformista de toda Europa\" e unha chamada de atención ás \"condicións que a dereita política e económica europea trata de impoñer ao resto dos Estados con problemas, incluído España\"."}
{"ID": "PRAZA_14153", "summary": "Estudantes e sindicatos mobilízanse contra os recortes e a favor do ensino público no acto de inicio oficial do curso na Coruña, onde si estivo o conselleiro Jesús Vázquez, que aproveitou para anunciar un programa de bolsas. Vídeo no interior.", "text": "Medio cento de persoas, convocadas por organizacións estudantís como Comités ou a Liga e por CIG-Ensino, concentráronse hoxe no Reitorado da Coruña con motivo da apertura oficial do curso universitario para protestar contra os recortes e a prol do ensino público. Queríanlle facer chegar as súas reivindicacións ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pero tivéronse que conformar coa presenza do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ao que apuparon incluso no interior do recinto. Feijóo é o primeiro presidente da Xunta que non acode ao inicio oficial do curso universitario en Galicia Metidos xa en precampaña electoral, Feijóo desculpou a súa ausencia por motivos de axenda e converteuse así no primeiro presidente da Xunta que non acode a este tradicional acto para os xefes do Executivo galego. Logo dos discursos do catedrático Francisco Javier Cudeiro -que criticou os recortes- e máis do reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, o conselleiro de Educación aproveitou para anunciar que nas vindeiras semanas presentarase un programa de bolsas para aqueles universitarios galegos que quedaran sen axuda económica por mor dos recortes do Estado. O discurso do conselleiro Vázquez foi interrumpido pola protestas de algún estudante Xusto antes da intervención de Jesús Vázquez, e tamén durante o discurso, varias persoas protestaron a berros dentro do Reitorado, mentres o reitor coruñés pedía silencio para escoitar a intervención do conselleiro. Así, a voceira dos Comités, Inma García, acusou a Feijóo de \"non quererse enfrontar ás protestas\" logo de culpalo do \"afogamento\" do sistema universitario galego e do ensino público e de advertir do comezo dun calendario de mobilizacións en toda Galicia. Ademais, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegurou que \"os recortes permanentes\" poñen \"en perigo o sistema universitario público\" e lembrou o \"grande aumento\" do importe das taxas universitarias. O voceiro do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril, tamén criticou a ausencia do presidente da Xunta."}
{"ID": "NOS_42957", "summary": "A seca comeza a afectar a algúns concellos, un exemplo é o de Ribas de Sil, O Concello de Pontevedra, polo seu lado, reduce un 78% o gasto de auga pola situación do río Lérez.", "text": "A falta de auga está a afectar algúns puntos da Galiza. Un exemplo é o municipio de Ribas de Sil que informou esta cuarta feira de que algunhas parroquias necesitaron camións cisterna para abastecerse. O seu alcalde, Miguel Ángel Sotuela (PSdeG), recoñece que hai un \"problema importante\" no seu concello, dado que \"nalgúns núcleos que teñen augas veciñais\" precisaron este reforzo. A APDR exixe que Ence respecte os niveis de captación no río Lérez ante a situación de seca Ademais, o Concello colocou \"bandos en parroquias\" para fomentar \"o aforro\" no consumo deste recurso no que piden evitar baldeos e lavados de coches. \"Baixou moitísimo o nivel do río Sil, que é onde bombeamos auga, e baixou tamén o caudal do regato do que collemos auga e logo saneamos potabilizándoa\", lamenta. Pontevedra reduciu nun 78% o gasto de auga O Concello de Pontevedra, segundo informa nun comunicado, continúa estudando e afondando nas medidas adaptadas para loitar contra a seca que está a vivir o municipio. \"Se ben o río Lérez logrou acadar certa estabilidade no seu caudal ecolóxico, é preciso seguir divulgando en materia de prevención e continuar concienciando no uso excesivo da auga, sexa a través das instalacións públicas ou das privadas\", sinalan desde o consistorio. Nese sentido, a concelleira do Ciclo da Auga, Carme da Silva, explica que neste momento, o Concello logrou reducir a cantidade de auga usada para os baldeos das rúas nun 78%. Serafín González (SGHN): \"Coa calor os solos liberan CO2 adicional á atmosfera\" Así, se nun verán normal eran gastados un total aproximado de 32.000 litros de auga ao día nesta actuación, agora mesmo só se están a consumir 7.000 litros de auga ao día. Malia o aforro, seguen mantendo a hixiene e a saúde pública. Neste sentido a edil asegura que deu orde ao servizo municipal para preparar as condicións de baldeo durante as Festas da Peregrina. Desde o Concello aseguran que se nun ano prepandemia os baldeos consumían uns 42.000 litros de auga ao día, sumando os manuais e os mecánicos; este ano serán reducidos nun 60%, baixando até os 15.000 litros ao día. Desautorizan a praia fluvial de Lugo A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica- considera que \"non é autorizábel\" a nova localización proxectada polo Concello de Lugo para unha praia fluvial no río Miño, con base no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta. Nel, indícase que o novo emprazamento da zona de baño non é autorizábel porque acusaría danos á colonia e ao hábitat de dúas especies protexidas existentes no lugar da instalación proxectada."}
{"ID": "PRAZA_16624", "summary": "Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da síndrome de Down. Down Galicia e a Fundación Down Compostela celebran un acto público en Santiago. A cámara aproba unha Declaración Institucional que pide apoio para a súa inserción laboral e autonomía.", "text": "Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo, escollendo esta data [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down. Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela celebran un acto público en Santiago, que comezará ás 20 horas no Hostal dos Reis Católicos. A cita ten como principal obxectivo que as persoas coa síndrome de Down poidan reclamar os seus dereitos e defender a riqueza dunha sociedade diversa e plural. Este día, ademais, conmemórase o 21 aniversario da Fundación Down Compostela. As persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volverán ser as protagonistas da gala, xa que serán as encargadas de conducir o acto, ler o Manifesto pola promoción da Autonomía Persoal e entregar os VII Premios da Fundación. Irene Rodríguez-Toubes, moza con Síndrome de Down, abrirá a gala interpretando ao piano un preludio de Bach e a Marcha turca de Mozart. Durante o evento, as persoas asistentes poderán desfrutar tamén cun sketch da nova obra de teatro do Grupo de teatro Down Compostela, A mansión de José Cruz, así como da estrea do vídeoclip da canción Tres en raia do grupo galego A banda da loba. Entregaranse, así mesmo, os VII Premios Down Compostela. A Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando o Colexio \"Nuestra Señora del Rosario\" de Arzúa (colexio Atocha), a empresa Cafento, a directora do Centro Institucións Galicia de Caixabank, María Jesús García Piñeiro, e a voluntaria Malena González Barreiro. \"As persoas con síndrome de Down son auténticas, inimitables. Elas sempre se mostran tal e como son e esa forma de ser, natural e espontánea, conquístanos por completo\" Ademais, o Parlamento aprobou unha Declaración Institucional na que \"anima ao conxunto das institucións públicas, entidades e organizacións privadas e á sociedade civil\" a \"esforzarse de cara mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down, nomeadamente en materia de atención á saúde, atención temperá, ensino inclusivo, inserción laboral, investigación, exercicio de dereitos, en especial garantir o seu dereito ao sufraxio e igualdade de oportunidades\". O texto aprobado polos catro grupos con representación na cámara subliña que \"segue resultando imprescindible apostar por medidas inclusivas, orientadas a facilitar a inserción laboral e a estimular a autonomía destas persoas, obxectivos para os que a blindaxe dos recursos públicos resulta determinante\". Nos últimos anos as persoas con Síndrome de Down foron superando algúns dos moitos obstáculos que atopan para a súa inserción laboral, exercer os seus dereitos ou poder vivir as súas vidas con autonomía. Por exemplo, o pasado ano chegaron as primeiras oposicións da Xunta reservadas a persoas con discapacidade intelectual. Porén, este mes de xaneiro un recorte nas axudas da Xunta deixaba no aire dez prazas de atención a persoas con síndrome de Down. Tres en raia, d'A banda da Loba Outros actos O Parlamento subliña que \"a blindaxe dos recursos públicos resulta determinante\" para \"facilitar a inserción laboral e a estimular a autonomía destas persoas\" Non será o único acto sinalado nesta conmemoración, pois os principais monumentos de varias cidades galegas iluminaranse este mércores. A Torre de Hércules, o Hostal dos Reis Católicos, a Cidade da Cultura, a Ponte Romana de Ourense ou os concellos de Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela, entre outros, serán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste 21 de marzo. Ademais, Down España creou con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down a campaña #Auténticos, destacando que \"as persoas con síndrome de Down son auténticas, inimitables. Elas sempre se mostran tal e como son e esa forma de ser, natural e espontánea, conquístanos por completo\". A campaña acompáñase da publicación nas redes sociais de distintas mensaxes empregando o hashtag #autenticos."}
{"ID": "NOS_33698", "summary": "O comité de seguridade da EMA (PRAC, polas súas siglas en inglés) conclúe que se debe agregar unha advertencia á información do produto para a vacina Covid-19 Janssen e que estes eventos deberían incluírse como efectos secundarios moi raros da vacina.", "text": "O comité de seguridade da Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) concluíu esta terza feira que o beneficio-risco xeral segue sendo positivo á hora de administrar a vacina contra a Covid de Janssen, aínda que confirma que se observou \"un posíbel vínculo con casos moi raros\" de coagulos sanguíneos inusuais relacionados coas plaquetas baixas en sangue, que serían os causantes dos trombos. Así, do mesmo modo que fixo hai dúas semanas coa vacina de AstraZeneca, o comité de seguridade da EMA (PRAC, polas súas siglas en inglés) conclúe que se debe agregar unha advertencia á información do produto para a vacina COVID-19 Janssen e que estes eventos deberían incluírse como efectos secundarios moi raros da vacina. A pasada cuarta feira a compañía farmacéutica anunciaba que adiaba o lanzamento da súa vacina contra a Covid-19 en Europa, tras a paralización en Estados Unidos polos seis casos de eventos trombóticos en persoas vacinadas coa súa inxección, tras administrar máis de 6,8 millóns de doses da vacina. Horas despois a EMA sinalaba que o seu comité de seguridade ( PRAC, polas súas siglas en inglés) estaba a revisar tamén casos os seis trombos ocorridos nos Estados Unidos logo do uso da vacina COVID-19 de Janssen. O tipo de coagulo de sangue informado, trombose do seo venoso cerebral ( CVST), produciuse na maioría dos casos en combinación con niveis baixos de plaquetas en sangue (trombocitopenia). Casos moi parecidos aos ocorridos coa vacina de AstraZeneca, os cales seguen en estudo desde a EMA, aínda que xa hai dúas semanas, tras un estudo preliminar, recomendou incluír estes acontecementos adversos na lista de efectos secundarios \"moi raros\" da vacina. A vacina COVID-19 Janssen é unha vacina para previr a enfermidade por coronavirus en persoas maiores de 18 anos. Está composto por outro virus (da familia dos adenovirus) que foi modificado para conter o xene para producir unha proteína que se atopa no SARS- CoV-2. Destaca sobre o resto porque se administra nunha soa inxección, aínda que a súa eficacia é menor en comparación co isto, do 67%. Conseguiu a autorización de comercialización condicional por parte da Comisión Europea o 11 de marzo de 2021."}
{"ID": "NOS_15380", "summary": "No mes de abril, servizos sociais, entidades galegas e locais e redes veciñais traballaron arreo para axudar aquelas familias en situación vulnerábel a causa da emerxencia sanitaria. Durante a crise, multiplicáronse as demandas para cubrir necesidades tan básicas como a alimentaria.", "text": "A comezos do mes de maio os Bancos de Alimentos de Rías Altas, Lugo, Ourense e Vigo agradeceron toda a \"solidariedade\" recibida durante as primeiras semanas da emerxencia sanitaria. E pediron que se mantivese, xa que calculan que as consecuencias económicas da mesma darán pé a un incremento das usuarias. Nas urbes, os servizos sociais puxeron en marcha bonos para a compra de alimentos, caso do concello de Compostela, ou tarxetas cargadas con cartos para a compra, no de Vigo. Tamén as cociñas económicas de Compostela, A Coruña, Lugo ou Ferrol traballan a reo nestas semanas para tratar o aumento das peticións de menús. A compostelá reparte actualmente arredor de 200 entregas. \"A demanda foi máis intensa en abril, sobre todo polas persoas que estaban agardando para cobrar a prestación por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego\", explica a traballadora social Tamara Balboa, do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas de Verín. A entidade, xunto con Cruz Vermella ou Cáritas, serve de apoio aos servizos sociais da comarca. Axuda no rural Os préstamos estatais do pago do alugueiro ou da hipoteca non foron aprobadas até o mes de maio. E as axudas específicas da Administración galega non foron publicadas. \"O pago do aluguer foi unha demanda frecuente, xunto co das facturas atrasadas da luz ou do gas\", apunta Balboa. Ao longo de abril a CDR Portas Abertas e mais outra oficina da entidade en Vilardevós atenderon unhas 50 familias nos concellos da comarca de Verín. \"Achegamos medicinas, alimentos, pero tamén material escolar para as familias con menos recursos\", explica a traballadora social. Unha barreira á que fan referencia as responsábeis da Cociña Económica de Compostela. Balboa explica que desde o CDR habilitaron un teléfono de axuda urxente. \"Recibimos moi poucas peticións, penso que a xente é reticente a pedir axuda, é moi difícil, sobre todo para quen nunca estivo nunha situación semellante\", di. Abril tamén foi un mes especialmente atarefado para Jane Liz, a responsábel da Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro). \"As nosas usuarias son mulleres en situación de vulnerabilidade, nais con crianzas, vítimas de violencia machista ou mulleres con empregos precarios ou que traballan sen estar dadas de alta\", resume. Femuro dá asistencia a medio cento de familias e usuarias. \"Para non deixalas soas sigo en contacto permanente chamando, preguntando se precisan alimentos\", di Liz. Necesidades urxentes Jane Liz explica que moitas das consultas requiren unha orientación cara aos servizos sociais ou axuda para solicitar unha prestación. \"Agora tamén podo recibir unha mensaxe que diga 'non teño leite para mañá'\", conta. Coa oficina de novo en marcha, a entidade botou a andar unha campaña de recollida de alimentos. \"Alédame comprobar que cando se pide axuda á xente, esta responde\", afirma ela. Outras entidades levaron adiante campañas para achegar unha resposta rápida ás familias máis vulnerábeis. É o caso da ONG Igaxes e a súa iniciativa \"Alento Familiar\" de recollida de fondos para destinalos a 200 fogares con crianzas en situación de risco. Mais non só. Na emerxencia sanitaria a autoorganización veciñal sumouse para fiar os ocos da rede formada por servizos sociais, ONG e entidades do cuarto sector. Os Grupos de Apoio Mutuo da Coruña e de Ourense, a Rede de Apoio Mutuo de Lugo ou ODS Coia colaboran achegando alimentos ou cubrindo o pago de facturas. Na Coruña, desde a súa posta en marcha, o grupo veciñal atendeu máis de 5.000 persoas. Nun comunicado, as súas integrantes advertiron que a actual emerxencia sanitaria \"está a aumentar a situación de precariedade de moitas familias\"."}
{"ID": "NOS_42126", "summary": "Alcoa inicia as negociacións para o ERE en San Cibrao (Cervo) sen contar coas súas empresas auxiliares. Máis de 400 empregadas e empregados quedan sen saber do seu futuro e piden amparo ás Administracións. A través dunha plataforma traballan conxuntamente co comité de empresa nas mesmas demandas.", "text": "A situación das auxiliares de Alcoa en San Cibrao (Cervo) é cada vez máis alarmante. A multinacional non conta con elas para as negociacións do expediente de regulación de emprego (ERE) que se iniciaron o 25 de xuño e algunhas destas empresas xa realizaron despedimentos pola redución de actividade na factoría. Desenvolven múltiples traballos para a multinacional, desde mantementos eléctricos até obra civil, pasando por caldeiraría. A diferenza doutras industrias, as empresas que dependen de Alcoa traballan dentro da propia factoría, man a man co persoal propio da empresa de aluminio. Unha plataforma para defender os seus dereitos \"Alcoa non quere recibirnos, non sente que a nosa situación sexa un dano creado por ela e falan de danos colaterais\", explica Kike Rocha (CIG), voceiro da Plataforma das auxiliares. O seu persoal estivo presente nas reunións multilaterais grazas á intervención dos sindicatos, que propuxeron que fosen asesores mais non contan para Alcoa. \"Organizámonos coas propias empresas para solicitarlle á Xunta da Galiza e ao Ministerio de Industria o seu amparo e protección para que non se perdan os nosos postos de traballo\", relata a Nós Diario. Crearon unha plataforma coa que reivindicar os seus dereitos e contan co apoio das mesmas empresas. Uníronse a esta iniciativa as firmas Reymogasa, Dominion, Daorje, Mantenimientos Mafer, Pasek, Cotelsa, Cyrgasa, Terpil, Jofrasa, Noguera, Industrias Xove, Garmil, Maesa e Isotrón, Rodabell, Montaxes Rodabell Mecanizados Rodabell, Saur Xove, Talleres Noguera, Mayco, Sertosa Norte e Recalnor. Albiscar que A Mariña pode quedar deserta Aitor Campo (UXT), membro da Plataforma das auxiliares, traballa na actualidade para Montaxes Rodabell. Nela realiza para Alcoa mantemento mecánico na planta de aluminio en distintos departamentos, desde electrólise até fundición. A súa empresa leva desde que se fixo a factoría e traballaba para Inespal, antes da chegada de Alcoa. \"Aquí só se fala dos 534 despidos mais as auxiliares quedamos en terra de ninguén, non temos amparo de ningunha institución\", explica a Nós Diario. Lamenta que non teñan comunicado oficial do que se negocia máis alá do que saben polas informacións sindicais ou dos medios de comunicación. \"Só teñen esa información de primeira man as traballadoras e traballadores de Alcoa\", apunta. As auxiliares xa están afectadas agora mesmo malia seguir traballando por ser declaradas esenciais como a factoría. \"Houbo despedimentos e recortes en mantemento\", asegura. A incerteza da situación aféctalle a nivel familiar como a maior parte do persoal da empresa. No seu caso ten parella e tres fillos. \"Se fecha Alcoa A Mariña quedaría deserta, con catro pensionistas e nada máis\", asegura, \"as expectativas de futuro non son boas, teríamos que marchar e comezar de cero\", engade. A única solución é a súa intervención A plataforma de traballadoras e traballadores das auxiliares teñen este días reunións diarias co comité de empresa de Alcoa. \"As peticións son as mesmas\", asegura Kike Rocha, \"queremos unha intervención da factoría por parte das Administracións competentes que son a Xunta da Galiza e o Goberno español para que siga funcionando\", engade. Sinala que a factoría debería contar cun marco enerxético estábel e competitivo \"para que haxa futuro\". En todo caso, o sindicalista quere deixar claro que as auxiliares \"son unha parte específica do problema e non un dano colateral como di Alcoa\". Comité de empresa e auxiliares convocaron en asemblea unha folga para o día 1 de xullo. A protesta iniciarase o día anterior ás 22 horas aproveitando o cambio de quenda da factoría. Ese mesmo día haberá un acto reivindicativo ás 12 horas diante dos edificios administrativos da Xunta, en Compostela. A bolsa dálle beneficios a Alcoa mentres o aluminio aumenta o seu prezo Os laios da multinacional nas mesas multilaterais cando fala da súa situación non se sosteñen de botarmos unha ollada á súa situación na bolsa de Nova York. Nas últimas semanas foi unha das protagonistas nas sesións en medio das novas de anuncios de feches de parte das súas factorías nos Estados Unidos de América, Galiza e Asturies. A cotización das súas accións pasou esta semana do contorno dos 9,5 dólares até os 11,8 dólares, polo que a súa capitalización subiu dos 1.760 millóns de dólares até os 2.200 millóns de dólares, un beneficio de case 400 millóns de dólares. Ademais, o prezo do aluminio comeza a recuperarse até case chegar aos 1.600 dólares a tonelada. Aínda así non chega aos 1.800 dólares que tiña a finais do ano pasado."}
{"ID": "NOS_49790", "summary": "Néstor Rego reúnese con colectivos de defensa do medio ambiente e representantes de distintas plataformas que loitan contra o 'bum' eólico.", "text": "O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantivo este sábado en Santiago unha xuntanza con representantes de distintos colectivos e asociacións de protección do medio ambiente así como de plataformas comarcais de defensa ante o 'bum' de parques eólicos na Galiza. Rego trasladou o seu compromiso con esta cuestión e anuncia a presentación de emendas na tramitación como proxecto de lei do Real decreto para eliminar os artigos 6 e 7 que pretenden prescindir dos trámites de alegación e participación cidadá, e que ademais presentará outra emendas para sentar as bases dun procedemento de implantación racional e que respecte a poboación, as terras agrarias e o medio natural e o patrimonio cultural. A finais do mes de marzo o Goberno do Estado aprobou un Real Decreto que principalmente contiña algunhas medidas dirixidas a intentar paliar a subida dos prezos pero que agochaba dous artigos que eliminaban a posibilidade de participación pública nas autorizacións de parques eólicos de até 75 Mw e que permite prescindir da Declaración de Impacto Ambiental. \"No momento da súa convalidación, o BNG logrou presionar o Goberno que se viu forzado a aceptar a súa tramitación como proxecto de lei e, por tanto, a posibilidade de modificar ou eliminar os devanditos\" puntualiza Rego. Ademais da supresión dos artigos, o BNG partillou, a súa vontade de presentar emendas ao texto que promova a revisión completa do actual modelo de implantación eólica e sente unhas bases realmente sustentábeis e respectuosas co medio e a poboación. \"É fundamental lexislar para que non sexan as empresas, atendendo aos seus intereses privados, as que decidan onde queren \" subliña o deputado nacionalista. O deputado do BNG salienta que é necesaria unha mudanza de modelo, pois \"non podemos permitir a grave afectación que a implantación de todos os proxectos actualmente en trámite ou previstos terá no noso País, hai que protexer as persoas, o medio e o patrimonio. Esa garantía non pode ser eliminada para maior lucro das grandes compañías eléctricas\"."}
{"ID": "PRAZA_161", "summary": "Tres anos despois da derrogación da lei que instaba a reservar ata o 40% do solo para pisos protexidos a media galega non chega ao 5%. A Xunta recortou dende 2009 máis do 90% dos fondos para construír vivendas de promoción pública.", "text": "Non foron poucas as ocasións nas que, durante os seus tempos de oposición, o PP galego comparou medidas do Goberno de coalición de PSdeG e BNG con plans do franquismo ou da Unión Soviética. A lei de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, impulsada en 2008 polas consellerías de Política Territorial e Vivenda, foi unha delas. Aquela norma fixaba o obxectivo de que os concellos de máis de 20.000 habitantes reservasen ata o 40% do novo solo residencial para a construción de vivenda protexida, duplicando así a reserva fixada pola Xunta de Manuel Fraga. Para o PP, representado naquela altura pola actual presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, esta era unha lei propia de \"tempos pretéritos de intervencionismo e vivendas sindicais\", un \"apaño\" que \"ía subir exponencialmente os prezos da vivenda\". Dende aquela afirmación o prezo xeral da vivenda baixou durante media década e a reserva de solo para pisos protexidos pasou á historia ata case esmorecer. Senllas reformais legais do actual Goberno, aprobadas en 2010 e 2012 co obxectivo, segundo a Xunta, de \"adecuar a porcentaxe de reserva daqueles concellos en que o plan xeral fixe unha reserva baseada nos datos estimados de demanda\", derrogaron de facto a reserva . Así o amosan os datos que o Instituto Galego de Vivenda e Solo publica anualmente dende 2013 acompañando á resolución que fixa a porcentaxe de reserva en cada concello. Baseándose nas inscricións do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en cada concello o organismo público ofrece información municipal e tamén unha media para o conxunto de Galicia que neste 2015 cae ata o 4,71%. Na estrea do novo sistema, en 2013, case 120 concellos tiñan algunha porcentaxe de solo reservado para construír vivendas protexidas, cunha media ben afastada tanto do 40% que marcara o bipartito para os grandes concellos como do 30% que estipulaba para o resto do país. Nese primeiro momento a cifra ficou no 7,11, en 2014 caeu ao 5,69% e seguiu a baixar ata o 4,79% deste ano. Ademais, mentres que hai dous anos ata 14 municipios quedaban por riba da media do país, en 2013 eran xa 11 e en 2015, unicamente 10. O PP derrogou a lei que propuña elevar a reserva ata o 40% e neste 2015 cae ata o 4,71% Nos tres anos de vixencia deste modelo Vigo mantívose como o concello con maior proporción de solo reservado para vivenda protexida, se ben os seus números tamén minguaron, pasando de case un 25% en 2013 a case 10 puntos menos en 2015. En 2015 o segundo posto é para Ferrol, cun 9,87% que supón case dous puntos máis que hai dous anos. Lugo, Santiago e Pontevedra son os seguintes concellos da lista, aínda que os tres perderon tamén solo para pisos protexidos neste trienio. Por baixo da media pero por riba do 3% están concellos como Monforte, Moaña, Allariz ou Sarria. Teñen máis dun 2% concellos como Ourense, O Carballiño, Cangas, Viveiro ou Poio e a lista péchase co Rosal, Muros e O Grove, con 0,15%, 0,11% e 0,09%, respectivamente. Recorte de máis do 90% nos fondos para vivenda pública A viraxe na política de reserva de solo para pisos protexidos, executada durante a etapa do actual alcalde de Santiago na Consellería de Infraestruturas, foi paralela á práctica desaparición dos fondos para a construción de vivendas de promoción pública nos Orzamentos Xerais do Goberno galego. Cando Feijóo chegou á Presidencia e Hernández á Consellería atoparon unha partida de 52 millóns de euros para esta finalidade. Un ano despois os primeiros orzamentos elaborados polo novo Executivo do PP baixárana xa a 46 millóns de euros e en 2011 a tesoirada foi aínda maior, quedando en 23,7. Os recortes foron sucesivos ata chegar a 2015, no que a dotación é de pouco máis de 3 millóns e o recorte chega xa ao 93%. Hernández, precisamente, é coprotagonista dunha das actuacións máis controvertidas da Xunta nos últimos tempos neste ámbito. Como veu relatando este diario, o rexedor compostelán e a súa sucesora na Xunta, Ethel Vázquez, decidiron o pasado decembro liquidar un emblemático proxecto de vivendas públicas de aluguer para a mocidade que ían ser construídas en pleno centro de Santiago, a escasos 400 metros da Catedral. O proxecto, nado en tempos de Fraga e impulsado polo bipartito, chegou a ser adxudicado con Hernández como conselleiro pero nunca verá a luz. No seu lugar construirase \"vivenda libre\", isto é, pisos que unha promotora venderá ao prezo que considere oportuno. Mentres, as vivendas de promoción pública son trasladadas ao barrio de Lamas de Abade, nos arrabaldos da cidade."}
{"ID": "PRAZA_10843", "summary": "A formacion votou en contra da proposta realizada por PSdeG e BNG, que pedía un reparto equitativo, semellante ao que existe nas outras tres provincias galegas. Hai dous anos DO votou a favor dunha moción moi semellante, pero nesta ocasión uniu os seus votos aos do Partido Popular, mentres que Ciudadanos se abstivo.", "text": "Os votos de Partido Popular e Democracia Ourensana botaron abaixo este mércores a proposta de PSdeG-PSOE e BNG para modificar o sistema de reparto de fondos aos concellos por parte da Deputación de Ourense. Socialistas e nacionalistas pedían \"a supresión das subvencións de carácter nominativo que non atendan a criterios de concorrencia competitiva e distribución equitativa\" e que os próximos orzamentos do ente provincial se estableza \"un sistema de financiamento ás entidades locais, mediante o programa anual e universal, baseado en criterios obxectivos, equitativos e democráticos\" cun montante de cando menos o 25% do orzamento anual da Deputación.A proposta de PSdeG e BNG pedía que Ourense adoptase un sistema semellante ao que xa funciona nas outras tres provincias e que en Lugo apoiou o PPOs voceiros de PSdeG e BNG, Rafa Villarino e Bernardo Varela, lembraron que este sistema, recomendado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), é o que funciona nas outras tres deputacións galegas e que, por exemplo, na de Lugo contou co apoio do Partido Popular. Tamén lembraron que unha proposta moi semellante (mesmo máis ambiciosa) foi presentada no verán do ano 2017, contando daquela cos votos favorables de PSdeG, BNG e Democracia Ourensana. Porén, nese momento o PP tiña aínda maioría absoluta no pleno da Deputación.As críticas máis duras de socialistas e nacionalistas tiveron como destinatario ao voceiro de Democracia Ourensana, Miguel Caride, ao que esixiron \"coherencia\"O pasado mes de maio os populares perderon a maioría absoluta, pero atoparon en Democracia Ourensana un aliado fiel, que axudou a soster a Manuel Baltar na Presidencia da Deputación a cambio de que os populares apoiasen a Gonzalo Pérez Jácome como alcalde de Ourense. Este mércores, unha vez máis, Democracia Ourensana e PP uniron os seus votos para manter o actual sistema de reparto de fondos, mentres que a única deputada provincial de Ciudadanos se abstivo, pedindo \"agardar\" a un cambio de posición por parte do PP nos vindeiros orzamentos da Deputación, un cambio que foi xa rexeitado polos populares este mércores.O voceiro popular, Plácido Álvarez, cualificou de \"paripé\" a proposta, recoñecendo que era practicamente a mesma que o pleno votara en 2017 e que daquela contara cos votos a favor de PSdeG, BNG e DO, forzas que neste momento suman a maioría absoluta. Porén, desta volta Democracia Ourensana aliñouse co partido liderado por Manuel Baltar, alegando que malia estar de acordo con parte do contido da moción, a proposta necesitaba máis \"concreción\" e poñendo en dúbida os beneficios dun sistema que funciona nas outras tres provincias. \"Ao final todos os partidos actúan da mesma maneira\", escusou o voceiro de Democracia Ourensana.\"Non podemos seguir coa discrecionalidade actual, ao tempo que predicamos coa transparencia\", dixo o nacionalista VarelaAdemais das dirixidas a Baltar e ao Partido Popular, as críticas máis duras de socialistas e nacionalistas tiveron como destinatario ao voceiro de Democracia Ourensana, Miguel Caride, ao que esixiron \"coherencia\". \"A dignidade pérdese cando un perde a autonomía, cando un se vende\", díxolle Rafa Villarino, antes de amosar no pleno un cartel de DO no que criticaba o \"clientelismo\" exercido por Baltar á fronte da Deputación. De igual xeito, o voceiro socialista reproduciu co seu teléfono móbil dous audios de Gonzalo Pérez Jácome criticando as políticas do PP na Deputación e prometendo mudalas.Villarino pediu mudar o actual sistema de reparto de fondos \"cuxo obxectivo final é ter un remanente para así ter superávit que repartir entre os amigos\"O voceiro do BNG, Bernardo Varela, debullou o contido da proposta e destacou os beneficios que tería para todos os concellos da proposta: \"Todos verían mellorada a súa capacidade orzamentaria, incluídos os do PP\", dixo, sinalando que \"é hora que se recoñeza a maioría de idade dos nosos concellos, que decidan en que queren investir os cartos\". \"Non podemos seguir coa discrecionalidade actual, ao tempo que predicamos coa transparencia\", concluíu o nacionalista.O socialista Villarino ofreceu \"diálogo\" para mudar o actual sistema de reparto de fondos \"cuxo obxectivo final é ter un remanente para así ter superávit que repartir entre os amigos\", criticou. Así mesmo, defendeu \"a necesidade de facer un cambio real nunha provincia atrasada\" e concluíu que \"non queremos impoñer o noso estilo, o que estamos é fartos deste estilo. É momento de que cambie a farsa que é esta Deputación\"."}
{"ID": "NOS_12117", "summary": "A preocupación polo coronavirus baixa até o terceiro posto e o desemprego ocupa o primeiro.", "text": "O PSOE continúa como primeira forza no barómetro de maio que esta terza feira, día 19, publicou o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). Neste estudo, o segundo do CIS publicado desde o estoupido da crise do coronavirus, o Partido Socialista alcanzaría 31,1% do apoio, 3 puntos por riba do logrado nas eleccións estatais de novembro mais continuaría a caer respecto do apoio que lle daba o CIS en marzo (31,9) e en abril (31,2), aínda que a baixada agora sexa máis suavizada. A formación de Pedro Sánchez ampliaría ademais a súa vantaxe sobre o Partido Popular, xa que este caería case un punto. Con respecto á enquisa de abril, tamén baixa Vox, que rexistra 11,3%. As socias de Goberno de Pedro Sánchez, Unidas Podemos, continúan a descender, ficando agora en 11,5% de apoio. Pola contra, Ciudadanos sobe até 10,5%. O Bloque Nacionalista Galego mantén o mesmo nivel de apoio logrado no barómetro de abril e nas eleccións estatais de novembro, cando recuperou escano no Congreso. As forzas nacionalistas vascas experimentan unha lixeira subida respecto dos resultados do estudo do mes pasado. Euskal Herria Bildu aumenta o seu apoio en 0,2 e PNV en 0,1. Tanto Esquerra Republicana de Catalunya como Junts sofren un retroceso. En canto á valoración de líderes políticos, Pedro Sánchez perdería o aprobado que o CIS lle deu en abril e ficaría cunha nota de 4,9. Ségueo con 4,3 Inés Arrimadas. Por baixo do 4, están Pablo Casado, Pablo Iglesias; que descenden escasas décimas respecto a abril, e Santiago Abascal que baixa até o 2,6. Desemprego e COVID-19 O desemprego recuperou o liderado da lista de problemas do Estado español, seguido na segunda posición pola economía en xeral e desprazando ao terceiro lugar da táboa o coronavirus. En concreto, o desemprego é mencionado como a principal preocupación en 41,2% dos cuestionarios, subindo cinco puntos respecto ao barómetro de abril, aínda que sen chegar ás cifras que rexistraba antes do estalido da pandemia. As alusións á crise económica baixan dúas décimas e quedan en 38.9%, repetindo como segundo problema, e superando en 10 puntos o seu rexistro do mes de marzo, anterior ao confinamento. A inquietude pola enfermidade cae do primeiro ao terceiro posto deixándose polo camiño 14,5 puntos e situándose en 34,8%."}
{"ID": "NOS_44013", "summary": "A entidade está en risco de desaparición. Unha iniciativa social demandaba recentemente a intervención da Xunta e do estado español. O Goberno non fará ningunha oferta para se facer coa súa propiedade, indica o executivo en resposta a unha pergunta de Miguel Anxo Fernán Vello (En Marea).", "text": "\"A pesar de observar a situación do Centro Galego con evidente preocupación, polo momento non se contempla a posibilidade de adquirir esta institución\", afirma o Goberno español en resposta a unha pergunta parlamentar de En Marea, segundo informa o partido instrumental por meio dun comunicado de imprensa. Na súa iniciativa parlamentar, Fernán Vello puña en destaque que a sede do Centro Galego en Bos Aires —un edificio de máis de 110 anos— alberga a historia da diáspora galega, alén de ter prestado atención sanitaria á comunidade galega e de manter pendurados das súas paredes lenzos de Seoane, Castelao, Laxeiro, Colmeiro ou Maside. Fernán Vello demandaba do executivo que, en coordenación coa Xunta, salvase o histórico edificio e adoptase medidas para manter as prestacións sanitarias e para garantir a conservación en bon estado dos seu patrimonio cultural. A resposta do Goberno é decepcionante, avalía En Marea. En relación ás prestacións sanitarias, nen sequer contempla o seu mantimento ao afirmar que a comunidade galega pode ser atendida \"empregando os instrumentos dos que dispón o estado español en Arxentina\". E verbo dos tesouros artísticos custodiados polos muros do edificio da rúa Belgrano, limítase a expresar o seu desexo de que \"se preserve o legado\", sen comprometer ningunha acción que o garanta. \"A resposta do Goberno redúcese a bonitas palabras de recoñecemento, elude calquera compromiso e non explicita posíbeis solucións nin pon sobre a mesa medidas de cooperación para tentar reflotar o Centro Galego de Bos Aires\". conclúe o deputado mareante."}
{"ID": "NOS_21844", "summary": "O Celta derrota o Krasnodar (0-2) con goles galegos (Hugo Mallo e Iago Aspas) e dezaseis anos despois, regresa a cuartos de final da Europa League.", "text": "Dezaseis anos despois, o Celta volve ter unha cita con cuartos de final en Europa. A cuarta vez na súa historia que chega a esta cita e faino co lema afouteza e corazón tatuado na fronte. Derrotou o Krasnodar (0-2) na súa casa nun partido no que o Celta sempre tivo claro que o que quería era a vitoria. Déronlla dous goles de dous rapaces da casa, dous 'ghichos' das Rías Baixas, de Moaña e Marín, labrados na canteira celeste: Hugo Mallo e Iago Aspas. Dous goles de país para que o Celta continúe a soñar en Europa. A vantaxe lograda en Balaídos (2-1) obrigaba os celestes non especular. Berizzo tíñao ben claro e a armada que comanda, tamén. O Celta saíu ao Krasnodar Stadium a polo partido. Enfronte, un Krasnodar con baixas importantes (sen Smolov e no último momento, tamén sen Ramírez) mais co músculo, intensidade, calidade e coraxe do fútbol ruso. Foi unha primeira metade desputada, na que os rusos se fixeron co partido durante o primeiro cuarto de hora. Uns 45 minutos con intercambios de 'toma e daca' entre galegos e rusos, nun partido aberto e no que os porteiros (Sergio e Sinitsyn) sacaron mans prodixiosas que evitaron goles do contrario. O dominio era alterno e prometía un encontro desputado e aberto. Mais na segunda metade, o gol de Hugo Mallo nos primeiros compases cambiaba o escenario. O de Marín aproveitou un mal despexe dos rusos dun tiro de Iago Aspas para inaugurar o marcador e acender a ledicia celeste. Após ese gol, o Celta fíxose dono eseñor do medio campo e controlou o partido. O Krasnodar tentou reaxer coa entrada de Laborde e Joaozinho, sen dar nada por perdido. Mais o Celta non recuaba e chegou o segundo gol, coa marca de 'vaselina Iago Aspas'. Galiza volve a uns cuartos de final europeos. Ficha Técnica 0 (1)-Krasnodar: Sinitsyn, Martynovich, Granqvist, Naldo, Petrov, Kaboré, Gazinskiy, Pereyra (Laborde, min.70), Podberezkin (Mamaev, min.46), Wanderson, Claesson (Joãozinho, min.60). 2 (4)-Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.74), Pablo Hernández (Beauvue, min.86), Iago Aspas (Roncaglia, min.82), Guidetti, Sisto. Goles: Hugo Mallo, 0-1, min.52; Iago Aspas, 0-2, min.82. Árbitro: Ruddy Buquet, de Francia. Amoestou Gazinskiy, Granqvist, Wanderson (Krasnodar); Radoja (Celta). Expulsou Kaboré, do Krasnodar, con duplo cartón amaelo (min.87)."}
{"ID": "NOS_17019", "summary": "Seguen os problemas administrativos en AGADIC. Despois do acontecido co CDG, o Festival de Cans vén de denunciar que ficou sen axudas deste organismo da Xunta, ao igual que outros catro festivais: Curtocircuíto e Cineuropa de Compostela, Freakemacine da Coruña e Primavera do Cine de Vigo.", "text": "O Festival de Cans, un dos máis populares en Galiza quedará este ano por vez primeira nos seus catorce anos de historia fóra das axudas que outorga a Xunta. Segundo eles, AGADIC comunicoulles \"verbalmente\" que o motivo foi un \"defecto de forma\" na entrega da documentación, o mesmo que aos outros catro festivais implicados. Desde a dirección do Festival de Cans xa están a explorar accións legais co seu avogado. Segundo o seu director, Alfonso Pato, \"veremos se as accións son conxuntas cos outros festivais ou non, pero non descartamos impugnar as axudas. Hai indicios suficientes para o facer\". A cantidade solicitada supón un 25% do orzamento total dun festival de cinema que é financiado nun 40% con cartos públicos e con outro 60% con achegas privadas e fondos propios A cantidade que solicitaba este evento, 29.000 euros, supón un 25% do orzamento total dun festival de cinema que é financiado nun 40% con cartos públicos e con outro 60% con achegas privadas e fondos propios procedentes da venda de entradas, xestión de bares e merchandising. \"O que si é importante\", sinala Pato, \"é que estas axudas tiñan un anticipo do 80% que nos permitía comezar a traballar, e agora non temos ese diñeiro. Para nós esa cantidade é a vida\". Agora mesmo xa dan por perdida esa achega: \"Estamos intentando recompoñer o festival doutro xeito\", afirma, \"pero é unha mágoa. Son unhas axudas esixentes que nos levou dous meses preparar e todo ese traballo agora marchou para o lixo\". Cal é o problema? Segundo Cans, trátase da primeira vez na historia das axudas da AGADIC que se dá esta situación \"insólita\", que vén propiciada por problemas no acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia. Era a primeira vez que estas axudas tiñan como requisito obrigatorio seren presentadas por esta vía, sendo tamén as primeiras axudas do ano que debían ser presentadas por este sistema, pero malia todo, -sempre segundo a versión do festival do Porriño- a AGADIC non estableceu ningún medio de asistencia nesta situación excepcional. \"Cando viron que había ese problema puideron frear, pero non, fixeron unha fuxida cara adiante e agora o barco está nas pedras\", quéixase Pato. \"Pecaron de indolencia, de non darlle importancia. E somos un festival con relevancia simbólica e emocional. Pero para eles somos un papel burocrático\". E avisa de que isto mesmo está a acontecer tamén con outras axudas noutros ámbitos: \"A gravidade do problema está por ver. Recibimos chamadas de asociacións, partidos políticos, avogados, etc. Estamos desboradados co impacto que tivo este tema\". \"Cando viron que había ese problema puideron frear, pero non, fixeron unha fuxida cara adiante e agora o barco está nas pedras\", quéixase Pato Todos os festivais que quixeron entregar os seus papeis nos últimos días tiveron problemas co rexistro electrónico, polo que a maioría decidiron enviar a documentación necesaria por correo certificado dentro do prazo requerido, pero desde a AGADIC decidiron deixalos fóra da comisión de avaliación, segundo o Festival de Cans. A partir desta situación, só catro festivais foron aceptados para avaliar na comisión de proxectos. Unha vez repartido todo o que correspondía entre estes catro festivais, deuse unha situación curiosa xa que sobraron 30.000 euros. Dáse a circunstancia de que a Coordinadora de festivais se reunira hai tres meses coa Xunta solicitando un aumento dunha cantidade global que se considera insuficiente, e moi inferior á otorgada aos festivais de música e de artes escénicas. E conseguiuse un pequeno aumento de 10.000 euros. E, como consecuencia de quedaren fóra estes cinco festivais, o resto tiveron incrementos nas cantidades otorgadas. Así ao Play-Doc fóronlle concedidos 32.400 euros, 8.000 euros máis que o pasado ano, ao festival de Cinema Periférico 24.161 euros, o que supón 6.000 euros máis que o pasado ano e ao FIC Bueu 22.000 euros, o que supón unha cantidade de 10.000 euros máis que as últimas axudas."}
{"ID": "PRAZA_15177", "summary": "Eloy Domínguez Serén comeza en Praza unha serie de reportaxes sobre o país escandinavo, onde leva cinco meses emigrado.", "text": "É un dereito razoabelmente lexítimo culpar dos infortunios propios ou alleos á idiosincrasia deste ou daquel país. Pode considerarse un xeito bastante democrático de depurar responsabilidades, xa que distribúe a culpa equitativamente. Afirmar que os españois viven por riba das súas posibilidades, por exemplo, é un acto solidario, unha expiación colectiva. Son corenta e sete millóns de almas compartindo o peso dunha mesma penitencia, acompañándose mutuamente no sentimento... Toda unha declaración de égalité e fraternité. Corenta e sete millóns de vítimas dunha mesma idiosincrasia, herdeiros involuntarios dun espírito hedonista e incontinente: \"eu non quería facelo, señor xuíz, foi esta maldita idiosincrasia miña...\". Non hai equívoco que non poida resolver, engano que non poida escusar, ou disputa que non poida despachar apelando á miña galician idiosyncrasy Aquí en Suecia, onde levo emigrado xa cinco meses, a miña idiosincrasia galega demostrou ser un valor ubicuo, dunha eficacia extraordinaria. Non hai equívoco que non poida resolver, engano que non poida escusar, ou disputa que non poida despachar apelando á miña galician idiosyncrasy. Así, explícolle ao sueco ou sueca que toque que en ningún momento foi a miña intención imprecar aos funcionarios do Skatteverket, ou maldicir o Systembolaget, e moito menos aldraxar a memoria do statsminister Palme. As miñas palabras, alego serenamente, son unha simple e inevitábel consecuencia dun \"temperamento particular galaico\". Afortunadamente pra min, a idiosincrasia flegmática, tolerante e conciliadora dos suecos, afórrame levar algunha que outra hostia. Ningún dos escandinavos que coñecín ata o de agora ten a máis mínima idea de que é ou por onde fica Galiza. De feito, xa me pasou varias veces o de explicar que é un pequeno país situado entre España e Portugal, ao noroeste da Península Ibérica, na beira atlántica... e que eles respondan: \"Ah! Ok! Preto de San Sebastián, non?\". Ou que me pregunten se fago surf. Ou que confundan Pontevedra con Fuerteventura... Sexa como for, a maior vantaxe do seu completo descoñecemento de Galiza é a liberdade que me ofrece esa circunstancia pra elaborar as miñas propias teorías idiosincráticas, que vou improvisando ou adaptando en función das necesidades da conversa. Hai uns días, sen ir máis lonxe, expliqueille a un tipo de aquí de Estocolmo a particularísima relación de causa-efecto entre a xeografía, a orografía, a paisaxe e o clima de Galiza e a nosa idiosincrasia. O problema de inventar as cousas é que a un sempre se lle esquecen deseguida, polo que xa non lembro cales foron os meus argumentos. Malos non debían de ser, porque aquel fulano non só escoitou atentamente a miña peculiar versión do carácter diferencial galego, senón que logo tamén el se animou a explicarme unha teoría equivalente sobre a idiosincrasia sueca. Esta hipótese baséase nunha singularidade escandinava que xa tiven a oportunidade de vivir, que é a dos veráns de entre vinte e vintecatro horas diarias de luz solar, e os invernos de entre dezaoito e vintecatro horas de escuridade. Este brutal desfasamento, segundo o meu novo amigo, é o principal motivo polo que os moradores destas terras son seres bipolares, propensos a maquiavélicas contradicións. Nesta ocasión limitareime só a enunciar algunhas das aparentes incoherencias citadas polo camarada sueco, mais intentarei afondar nelas en textos vindeiros. Velaquí algunhas: Suecia é neutral e antibelicista pero cunha poderosa industria armamentística; e modélico na igualdade de xénero pero con altos niveis de denuncias por violación Suecia é unha nación neutral e antibelicista, pero cunha poderosa industria armamentística que comercia con países \"prohibidos\" (unha lei sueca prohibe explicitamente a exportación de armas e munición a países en guerra ou con conflitos internos que puideran desencadear unha loita armada. Esta lei é sistematicamente vulnerada). Suecia é un país modélico na súa loita pola igualdade de xénero, mais rexistra os niveis máis altos de toda Europa en denuncias por violación (neste asunto é imprescindíbel ter en conta, entre outros factores, que os delitos sexuais clasificados como violación varían segundo a lexislación de cada país). En Suecia existe un absurdo puritanismo respecto ao alcohol, que logo contrasta con chocantes casos de consumo abusivo (o Estado ten o monopolio da comercialización de alcohol dende 1870. Isto significa que non se pode mercar bebidas que teñan un porcentaxe de alcohol superior ao 3,5% en tendas, supermercados ou establecementos comerciais. Só se pode mercar no Systembolaget, unha rede de tendas de propiedade estatal con horarios bastante reducidos). Mentres Suecia é pioneira en leis que combaten a prostitución, multiplícanse os casos de cidadáns e tour operadores suecos implicados en redes de turismo sexual en Tailandia (en 1999, Suecia converteuse no primeiro país do mundo en penalizar ás persoas que contratan servizos sexuais). Suecia posúe un sólido estado de benestar e un sobresaínte índice de desenvolvemento humano (IDH), que contrastan cunha posición relativamente alta de taxa de suicidios (segundo a OMS, ocupa o posto número vinteoito nun ranking liderado por Rusia, Corea do Sur e Lituania). As políticas suecas en materia de inmigración e acollida de refuxiados foron eloxiadas durante décadas (o 14% da poboación actual naceu no estranxeiro e outro 6% son fillos de inmigrantes), pero durante os últimos anos os grupos de ultradereita están a protagonizar un preocupante auxe no país. O ultradereitista partido dos Demócratas Suecos conseguiu vinte escanos nas eleccións de 2010, cunha campaña centrada no freo á entrada de estranxeiros e cun discurso islamofóbico. A ese partido pertencen os deputados Erik Almqvist y Kent Ekeroth, dos que se publicou un vídeo o pasado 14 de novembro no que insultaban a un grupo de inmigrantes e os ameazaban con barras de ferro. Mentres en Suecia atribúen as incoherencias á idiosincrasia bipolar, en Galiza chamaríamoslle hipocrisía Logo de reflexionar un bo anaco sobre as incoherencias que o meu amigo atribúe á idiosincrasia bipolar sueca, concluín que tamén na Galiza profesamos discordancias semellantes. Porén, como lle explicaba a el, deben de ser asuntos distintos, porque nós a algunhas desas cousas non as chamamos bipolaridade, senón hipocrisía. Pero se el di que é unha movida idiosincrática, quen son eu para negalo..."}
{"ID": "NOS_23447", "summary": "Através da asemblea de barrio instan a investigar un posíbel delito de prevaricación, malversación de fondos, suborno e tráfico de influencias, afirman.", "text": "A veciñanza do barrio vigués de Coia, através da súa asemblea, presentou na terza feira (16 de decembro) un escrito perante a Fiscalía para instar a investigación xudicial das obras na rotonda da rúa Castelao. Segundo as persoas que se organizaron contra a colocación do buque Bernardo Alfageme na glorieta, a equipa de goberno municipal --a comezar polo alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades-- podería ter incorrido nun presunto delito de prevaricación, malversación de fondos, suborno e tráfico de influencias. As sospeitas da veciñanza fundaméntanse, segundo explicou Emilio, veciño de Coia e integrante da asemblea en conversa con Sermos Galiza, en que \"non hai papeis de nada\" que expliquen os traballos iniciados na rotonda. O goberno local non fixo público o expediente de licitación das obras o que fai pensar á asemblea veciñal que podería existir \"falta de legalidade\". A empresa adxudicataria posúe un longo historial delictivo Neste senso, a veciñanza solicita que se chame a declarar a Abel Caballero e David Regades, como responsábeis políticos, mais tamén ao titular legal de Civis Global, a empresa que está a levar a cabo os traballos. Na documentación presentada perante a Fiscalía lémbrase o historial da entidade --anteriormente denominada Movex Vial. A construtora mudou de nome após ser condenada por diversos delitos fiscais no caso 5 Jotas, como avanzou o diario local Vigodixital. A empresa foi condenada por fraude fiscal e conta mesmo cunha denuncia criminal na Coruña Malia os seus problemas coa xustiza, a empresa continuou mantendo unha estreita relación co goberno de Abel Caballero (PSOE) de quen percibiu contratos por valor de máis de 35 millóns de euros desde 2013. Para alén de facturas falsas Civis Global atópase investigada pola adxudicación supostamente irregular dunhas obras de humanización da cidade vinculadas ao Plan E. Aliás, na Coruña posúe unha demanda criminal por supostas ilegalidades urbanísticas nas obras do túnel da Marina. Os antecedentes xudiciais da entidade acenderon as alarmas entre a veciñanza que exixe sexan feitos públicos os documentos que sustentan a aprobación, licitación e adxudicación das obras na rotonda da rúa Castelao. A veciñanza mantense \"esperanzada\" Entrementres, un retén de entre 15 e 20 persoas mantense día e noite xunto as obras para impedir que estas se reanuden. Após dúas semanas de loita desde a asemblea veciñal amósanse \"moi esperanzados\" e \"con máis xente que nunca\" perante a actitude dun goberno ao que din, \"fáltalle sensibilidade social\" por \"non palpar o sufrimento\" que atinxe a cidadanía viguesa. \"Temos ganas de loitar\" e \"sabemos que a constancia é a nosa forza\", asegurou Emilio. Desde a asemblea aberta denuncian que a equipa de goberno local mantén unha actitude encamiñada a \"ensuxar a opinión pública\". Porén, salientan, \"cada vez contamos cun maior apoio ás nosas demandas\"."}
{"ID": "NOS_55715", "summary": "Investigadoras revelan os altos niveis de trauma\" que provocan nos nenos e nenas.", "text": "Investigadoras gregas e norueguesas levaron a cabo un estudo sobre as condicións de saúde en seis campos de refuxiados en Grecia e atoparon \"altos niveis de trauma\", segundo explica o profesor Terje A. Eikemo, director do Centro de Investigación de Desigualdades de Saúde Global (CHAIN), da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU) que colaborou co Centro Nacional de Investigación Social en Atenas, entre outros, para estudar a saúde das refuxiadas. \"É importante mapear sistematicamente a situación de saúde e as necesidades das refuxiadas nos campamentos. Sabemos moi pouco e isto está a frear os procesos de asilo\", advirte Eikemo. Pero o que si sabemos é inquietante, especialmente agora, co inicio da pandemia de COVID-19, e os problemas aumentan co tempo. Canto máis tempo pasan as persoas nos campos de refuxiados, máis aumentan os problemas, especialmente para os grupos vulnerábeis. Dous terzos dos refuxiados están infestados de recordos de eventos aterradores e dolorosos. Ao redor da metade dos refuxiados informan estar extremadamente perturbados por tales eventos. Os problemas de soño e as dificultades de concentración son comúns, xa que están asustados e teñen reaccións fortes cando se lembran eventos pasados. A vida nos campamentos está a causar estragos na saúde de moitos refuxiados. \"A xente carece de calquera sensación de seguridade\", lamenta Eikemo. Estar fisicamente seguro nun campamento non significa que as persoas atopen a paz. Sete de cada dez migrantes teñen fillos e fillas, que son máis susceptibles ao trauma que os adultos. As nenas son especialmente propensas a empeorar a saúde canto máis tempo permanecen nos campamentos. \"Desafortunadamente, estamos a ver unha conexión entre canto tempo estiveron as crianzas nos campamentos e a súa situación de saúde\", di Eikemo. \"Aínda que a maioría dos refuxiados teñen acceso a alimentos, baños, duchas e colchóns gratuítos, iso non é suficiente para evitar que a saúde dos nenos diminúa co tempo\", señala Eikemo. O proxecto de investigación involucrou a aproximadamente 60 investigadores de varios países. Foi dirixido por Terje Andreas Eikemo de CHAIN / NTNU e Theoni Stathopoulou, do Centro Nacional de Investigación Social en Atenas, quen tamén está afiliado ao Programa de Harvard en Trauma de Refuxiados nos Estados Unidos."}
{"ID": "NOS_14401", "summary": "O día despois de Yolanda Díaz terlle perguntado se chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia a Manuel Cruz, o presidente da Xunta di que está a \"reconsiderar\" a hipótese de levar aos tribunais aos que, di, se están a rir \"dos galeg@s, das institucións, da democracia e do Parlamento\".", "text": "A velada acusación realizada onte por Yolanda Díaz no Pleno do Parlamento -interpelou ao presidente da Xunta se no seu momento chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia ao chófer Manuel Cruz- pairou hoxe sobre a comparecencia de Feijóo perante a imprensa após o consello da Xunta. Feijóo veu dizer que está a \"reconsiderar\" a hipótese de levar perante a xustiza a aqueles, en obvia alusión aos deputad@s da oposición, que segundo o presidente da Xunta se están a rir da cidadanía por teimar en levar a cámara o relacionamento do xefe do Executivo co narcotraficante. En realidade, Feijóo amaga con recorrer aos xulgados, talvez como medida de presión política para que a oposición mida mellor os seus ataques no futuro. Onte, a vice-portavoz de AGE Yolanda Díaz perguntou a Feijóo se sabía a que se dedicaba Manuel Cruz, chófer de varios conselleiros da Xunta, entre eles Romay Beccaría. Dedicábase, revelou a deputada, ao narcotráfico. Cruz morreu nun accidente de tráfico. A súa morte produciuse cando estaba pendente de prestar testemuño perante a Audiencia Nacional."}
{"ID": "NOS_6415", "summary": "O portavoz nacional de Anova salientou após que a súa formación \"deu exemplo\" no proceso de confluencia arredor de En Marea para tratar de manter a \"unidade popular\", após recuar na súa esixencia de converter a coligazón nun partido instrumental para tratar de conseguir grupo parlamentar. Porén, Beiras advertiu que tanto Anova coma el teñen \"límites\".", "text": "En declaracións á prensa durante a reunión da Coordinadora Nacional de Anova en Compostela, Xosé Manuel Beiras salientou o \"exemplo\" que deu a formación da que é portavoz para manter a \"unidade popular\" de En Marea de cara ás eleccións xerais. Referíase Beiras, entre outras decisións, á marcha atrás que deu Anova ao renunciar a converter En Marea nun partido instrumental, asumindo así as teses de EU e de Podemos. Porén, o político advertiulles aos seus socios de coligazón que Anova \"ten límites\", igual que el mesmo . \"Hai límites éticos, está claro?\", espetou en resposta ás preguntas dos medios a respeito de se Anova vai priorizar sempre a unidade ou se dirá algún día \"até aquí chegamos\". A respeito das diferenzas que se produciron entre os socios as últimas semanas, Beiras admitiu que \"Anova é consciente dos defectos que houbo\", se ben insistiu na necesidade de \"derrotar\" o \"inimigo común\". Beiras: \"Anova é consciente dos defectos que houbo\" \"Nós apostamos na unidade popular e non está en perigo a unidade popular\", salientou. Afirmou que neste momento \"é primordial dar exemplo\" e tomar nota \"do que din os cidadáns pola rúa, que hai que unirse\". Anova, dixo, \"está poñendo a unidade por diante de calquera cousa. Por iso, cada día, ten máis credibilidade\". Sobre as críticas do número 1 do BNG-Nós pola Coruña, Carlos Callón, a respeito do traballo dos deputados e deputadas galegas en Madrid, Beiras puxo de manifesto que \"non sei se Carlos Callón sabe moito, porque como non estaba nas Cortes non sabe o que se fixo alí\". O candidato nacionalista convidou recentemente as persoas a acceder á web do Congreso para coñecer de primeira man a actividade política de todas as parlamentares galegas e a comparala coa realizala polas parlamentares do BNG nos últimos anos. A Coordinadora de Anova ratifica a súa aposta na confluencia En Marea A reunión da Coordinadora de Anova tivo como obxectivo ratificar que a formación reitera a súa decisión de contribuír á alianza a nivel de Estado, co fin de apoiar \"a esquerda social e rupturista\" xunto cos \"suxeitos políticos\" das nacións sen Estado que participan da confluencia."}
{"ID": "NOS_10495", "summary": "A vicepresidenta primeira do Goberno demanda ás autonomías colaboración e coordinación. Desde o seu punto de vista non se pode facer política coa situación do coronavirus e tampouco reducir os dereitos máis fundamentais.", "text": "A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, vén de defender que as autonomías \"teñen instrumentos\" para facer fronte aos gromos do coronavirus sen que sexa o Estado o que declare un novo estado de alarma. \"Un país non pode estar en continuo confinamento\", defendeu a representante, nunha entrevista en RNE, na que pediu que equipos como o de Feixoo \"extremen a coordinación e fagan un esforzo conxunto\". \"Aquí non cabe a política, estamos nun momento no que a saúde, a protección de menores e maiores está por riba de todo. Se non sabemos facer isto seguramente no merece o sitio que cada quen teña\", subliñou. Moi crítica coa suposta confrontación que anda a procurar o Partido Popular, Calvo incidiu en que, da pandemia, non se pode \"saír debilitando os dereitos da cidadanía\". \"O Goberno non quere recortar dereitos fundamentais. Puidemos facer o que fixemos, con garantía da Constitución e un control estrito cada 15 días\", aclarou."}
{"ID": "NOS_57825", "summary": "Na Galiza suicídanse, de media, 13,1 persoas por cada 100.000, mentres a taxa estatal é de 7,8 e a europea, de 11,9. Na última década máis de 3.000 galegos e galegas perderon a vida desta forma. O Parlamento acordara elaborar unha campaña de prevención que a Xunta, dous anos despois, non realizou.", "text": "Máis de 3.300 persoas suicidáronse na Galiza ao longo da última década. En 2020, o ano da irrupción da pandemia de Covid-19 e o último con datos dispoñíbeis, foron 307, case unha ao día. Segundo os últimos datos do Instituto de Medicina Legal da Galiza (Imelga), aliás, as defuncións por suicidio case triplican as producidas por accidentes de tráfico (104) e superan con creces outras causas externas de falecemento como os homicidios (15). No conxunto do Estado, a Galiza é despois de Asturias o territorio cunha maior incidencia, cunha taxa de 13,11 suicidios por cada 100.000 habitantes, moi por riba da media estatal (7,79) e tamén da que reflicte o conxunto da Unión Europea (11,93). Hoxe, cando se conmemora o Día Internacional para a Prevención do Suicidio, cómpre abordar esta problemática social desde unha perspectiva preventiva, tal e como demandaban nesta sexta feira entidades como o Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) ou o Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza (COPG), que alertaban a través de senllos comunicados da falta de medios e de \"políticas públicas dotadas dos recursos precisos\". Psicólogos demandan máis recursos e profesionais para previr o suicidio ante a \"posíbel repunta\" de tentativas \"A deterioración nas condicións de vida desde 2020, cunha pandemia, unha guerra cos seus efectos sobre a economía e unha inflación elevadísima, fainos prever a posibilidade de que os niveis de sufrimento medren notabelmente na poboación\", subliñaron desde o COPG. Coa irrupción da crise da Covid-19 tamén a Organización Mundial da Saúde (OMS) alertou da importancia de \"investir na prevención do suicidio\" ante a previsíbel repunta de tentativas por mor das consecuencias psicolóxicas derivadas desta situación. \"Está aumentando a frecuencia e a gravidade das condutas autodestrutivas\" A campaña de prevención, pendente O BNG lembrou este sábado que o Parlamento da Galiza acordara, en novembro de2020, realizar unha campaña de prevención do suicidio, así como Programa de Intervención Intensiva da Conduta Suicida na área de Santiago de Compostela, por parte da Xunta da Galiza. A formación nacionalista reclama a creación dunha unidade específica de prevención do suicidio e atención a persoas con condutas suicidas ou de autolesión, así como a elaboración de campañas de concienciación sobre esta problemática, co fin de que exista unha atención sanitaria máis eficaz. Teléfono da esperanza Con motivo desta xornada, a organización 'Teléfono da Esperanza' habilita, a partir das 11 horas, unha mesa informativa en Santiago de Compostela (cruzamento das rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos) sobre a necesidade de implantar un Plan Nacional de Prevención de Suicidios. A respecto desta liña telefónica de prevención, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou nesta sexta feira unha actualización do servizo que incluirá un chat, co obxectivo de facelo \"máis accesíbel\" especialmente para persoas mozas e adolescentes. Máis de 3.000 suicidios nunha década, ao tempo que a Xunta \"ignora\" a situación De feito, se ben o perfil medio na Galiza da persoa que se autoinflixiu a morte foi en 2020 de varóns de mediana idade, o certo é que a incidencia entre a xente nova resulta tamén alarmante, pois con base neses mesmos datos 7 mozos e mozas menores de 24 anos suicidáronse nese ano."}
{"ID": "NOS_57119", "summary": "Paul Rusesabagina salvou centos de vidas durante o xenocidio de 1994.", "text": "Paul Rusesabagina, o activista político coñecido internacionalmente por ser o director do Mille Collines, o hotel ruandés onde máis de 1.200 persoas buscaron refuxio durante o xenocidio de 1994, foi declarado culpábel de nove cargos de \"terrorismo\". O tribunal condenouno a 25 anos de prisión. A fiscalía solicitara a cadea perpetua, segundo informou o periódico pro gobernamental The New Times. \"Fundou unha organización terrorista que atacou Ruanda, e contribuíu ao financiamento de actividades terroristas\", estimou a corte. Rusesabagina lidera o Movemento Ruandés para un Cambio Democrático (MRCD), unha coalición de grupos opositores crítica cos supostos casos de corrupción do Goberno do presidente ruandés, Paul Kagame. As Forzas de Liberación Nacional (FLN), grupo rebelde vinculado co MRCD, están involucradas en varios ataques de 2018 e 2019 contra poboación civil que provocaron a morte de nove persoas no sur do país. Rusesabagina manifestou publicamente o seu apoio ás FLN no pasado, mais subliñou que a súa ligazón era unicamente \"diplomática\". O MRDC creou o FLN \"como un brazo armado, non como un grupo terrorista como afirma o fiscal\", asegurou ao inicio do xuízo, en febreiro deste ano. \"Non nego que o FLN cometeu crimes, mais o meu papel era a diplomacia\", defendeu. Rusesabagina cualificou de \"farsa\" o proceso, en que tamén foron condenadas outras 20 persoas. \"Desaparición forzada\" \"Non son ruandés, son un refén belga. Fun secuestrado e agora estou sendo retido\", manifestou na altura, alegando que o tribunal non tiña autoridade para o xulgar. Rusesabagina ten nacionalidade belga e reside nos EUA. A súa repentina aparición en Ruanda o 31 de agosto de 2020 continúa a ser un misterio. As autoridades non ofreceron ningunha explicación a respecto da súa transferencia desde os Emiratos Árabes Unidos, onde fora visto por última vez. O Goberno dese país sostén que Rusesabagina abandonou Dubai de forma legal nun jet privado con destino a Burundi e negou calquera participación no arresto. A ONG Human Rights Watch (HRW) cualificouno de \"desaparición forzada\", mais as autoridades ruandesas defenden que simplemente foi vítima dun engano para subir ao avión. Tamén negan as acusacións do protagonista, que denunciou que fora amordazado e torturado antes de ser encarcerado. 'Hotel Rwanda' Rusesabagina fíxose coñecido internacionalmente polo filme Hotel Rwanda (2004). Escrito e dirixido polo irlandés de Belfast Terry George ─guionista tamén de In the Name of the Father─, está protagonizado polo actor estadounidense Don Cheadle, que o encarnou, e pola actriz inglesa Sophie Okonedo, que fixo o papel da muller del, Tatiana Rusesabagina ─unha tutsi─. Ao tempo que os líderes políticos e militares hutus chamaban ao exterminio tutsi e á violación e mutilación sexual de mulleres e crianzas, Paul Rusesabagina ─un hutu─ abriu as portas do hotel de luxo que dirixía para protexer máis de 1.200 persoas ─tutsis e hutus moderados─ e salvalas, grazas aos seus contactos, dunha morte segura. No punto de mira por cuestionar o relato oficial do xenocidio Ademais de pola súa oposición a Kagame, Rusesabagina está no punto de mira do Goberno ruandés desde que en 2007 rompeu o código de silencio arredor da narrativa oficial sobre o xenocidio. Foi nese ano que realizou unhas declaracións asegurando que os tutsis non foran as únicas vítimas do xenocidio e que comandos tutsi asasinaran e incineraran nos bosques un incontábel número de hutus. Tamén, que foran responsábeis do ataque ao avión do entón presidente, Juvénal Habyarimana, que deu inicio á matanza. Por todo isto pediu á ONU o procesamento das tropas de Kagame. En só cen días, entre o 7 de abril e o 15 de xullo de 1994, máis de medio millón de persoas foron asasinadas (algunhas fontes falan de até un millón). Francia recoñeceu en maio pasado a súa \"abafadora responsabilidade\" en evitar aquel masacre."}
{"ID": "NOS_47506", "summary": "Moitos comentarios en Twitter ou Facebook critican as visións ofrecidas pola fiscalía e a policía no proceso contra catro independentistas galego.", "text": "Para alén das habituais retóricas da extrema dereita que tanto oco obteñen nalgúns segmentos das redes sociais, o xuízo que está a ter na Audiencia Nacional de Madrid contra catro militantes do independentismo galego acusados de \"terrorismo\" tamén provocou moitas outras reaccións no twitter ou no facebook, onde resultou un éxito o hashtag que cualificaba á vista como \"xuízo político\" e que criticaba de xeito especial, en ocasións a base de retranca, a postura defendida pola acusación. A afirmación por parte dun perito de que \"denantes mortos que escravos\" é a \"firma\" de RG provocou un monte de chíos Sen dúbida, a frase que maior repercusión obtivo foi aquela na que un funcionario estatal sinalou que o histórico lema de Castelao \"denantes mortos que escravos\" era \"a firma da organización\", en referencia á presunta banda Resistencia Galega. Segundo @RubiaArroutada en Twitter, \"Castelao, membro fundacional de Resistencia Galega, destilou a Galicola nun roteiro terrorista das Irmandades da Fala\", en clara brincadeira na que tamén se fai referencia á frase que recolleu Hugo Domínguez segundo a cal a policía acusaba a independentistas galegos de facer \"roteiros e camiñatas polo monte onde adoutrinan a xente\". \"Isto xa é escandaloso, menudo circo de xuízo, que noxo!\", respondía nun chío. \"Ola, eu tamén me identifico coa frase de Castelao ´Denantes mortos que escravos´. Son terrorista?\" Ligar a frase que Castelao colocou no seu escudo de Galiza a unha pretensa organización armada levou a que internautas como @albacunharro reivindicasen o lema do autor de Sempre en Galiza. \"Ola, eu tamén me identifico coa frase de Castelao \"Denantes mortos que escravos\". Son terrorista?, chiou @albacunharro. Nun ton de denuncia, @romana_lis afirmaba que \"o xuízo político que acontece hoxe na AN devólvenos a tempos da Inquisición, da persecución ideolóxica, da ditadura maquillada\". Pola súa parte, @m_pais escribía que \"parece un chiste, mais o xuízo aos 4 independentistas na AN é real\". @feminismogaliza recollía o chío de @denantesmorta sobre a frase dun perito policial na que sinalaba que \"non hai probas científicas, só a miña experiencia profesional\", comentando que lle \"fervía o sangue de noxo\". Pola súa parte, @ritxodegranha lembraba que \"despois de TODO ES ETA chega 'Cualquiera puede pertenecer a Resistencia Galega si busca la independencia de Galicia\", en alusión a outra das frases escoitadas nun xuízo que se desenvolveu entre polémica e críticas polo que se consideran \"escasas garantías democráticas\", tal e como reflectiron as redes sociais. No que, segundo @hugo_guezeta \"a fiscalía converteu nun circo lamentábel e nunha farsa xudicial a falla de probas inculpatorias\"."}
{"ID": "NOS_1431", "summary": "O movemento feminista da Galiza convoca unha folga de mulleres de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo e chama a ocupar as rúas. Por segundo ano consecutivo, os coidados estarán no centro das súas reivindicacións.", "text": "A menos dunha semana para o 8 de marzo, Galegas 8M chama á mobilización organizada e a encher as rúas de reivindicación en todos os lugares do país. \"O movemento feminista galego non vai ficar calado, nin os problemas das mulleres confinados tras as portas\", aseguran conscientes da crise sanitaria e da situación actual, \"que nos obriga a repensar as nosas accións, as formas de facer e de nos organizar\". Un 8-M en chave galega Vai para catro anos que o colectivo, integrado por medio cento de asociacións feministas e de mulleres de todo o territorio asumiu a coordinación do 8-M \"en chave galega, diversa, inclusiva e horizontal\", un obxectivo que levou centos de mulleres a tecer unha rede de alianzas abertas que a día de hoxe chega a moitas cidades, vilas, aldeas e recantos da Galiza. Esta deslocalización do movemento feminista galego cobra máis sentido que nunca neste 2021, após un ano de pandemia. \"Tanto a convocatoria da folga de mulleres de 24 horas como o chamamento a ocupar as rúas do país como vimos facendo nos últimos anos foi algo incuestionábel desde o inicio das asembleas de organización deste 8 de marzo\", sinala a Nós Diario Ester Mariño, integrante de Galegas 8M. O movemento feminista galego reivindica e xustifica a necesidade de saír do ámbito doméstico para facerse visíbel no espazo público Fronte á polémica aberta ante a súa determinación, o movemento feminista galego reivindica e xustifica a necesidade de saír do ámbito doméstico para facerse visíbel no espazo público. \"Tiñamos moi claro que se algunha vez se puxo de manifesto que a crise a pagamos nós, as mulleres, foi ao longo dos últimos meses\" como resultado do impacto do novo coronavirus. A pandemia empeorou as condicións de vida das mulleres, explica Ester Mariño. Supuxo un empobrecemento da súa situación social, psicolóxica, económica e laboral. \"Por iso tiñamos tan claro desde o comezo que se algún ano estaba xustificado convocar unha folga era neste, mais tamén porque era preciso xa saír dos fogares, do ámbito doméstico onde moitas nos vimos recluídas durante os meses da Covid-19, como consecuencia do traballo dos coidados\". Así, estabelecen un obxectivo triplo: facerse visíbeis nas rúas, liberar os seus dereitos dun confinamento, esgotar e demostrar que \"se alguén sabe coidar, esas somos nós\". Unha evidencia que levou os colectivos feministas e de mulleres a adaptar as mobilizacións do 8-M á nova realidade. Convocatorias locais As limitacións derivadas da crise sanitaria provocada polo coronavirus levaron a Galegas 8M a prescindir da convocatoria nacional que nos últimos anos tiña lugar na fin de semana previa ao 8 de marzo nunha vila da Galiza. \"Dunha banda renunciamos a este encontro porque non consideramos oportuno que moitas mulleres de lugares diferentes e afastados se desprazasen a un mesmo punto, e doutra, promovemos que as mobilizacións deixasen de ser referentes de comarca\", detalla Mariño. Chaman a organizar columnas de mulleres en espazos amplos e substituír a voz polo ruído para reivindicar que sen coidados non hai vida Neste sentido, desde a organización do 8-M chaman a facer o cantas máis mobilizacións mellor \"no máximo de sitios posíbeis\". De feito, o número de convocatorias aumenta. \"Se o ano pasado as mulleres de Poio, Marín, Vilaboa e Pontecaldelas acudiron xuntas a Pontevedra para compartir mobilización, nesta ocasión cada grupo contará coa súa propia convocatoria, na súa vila ou concello\", salienta. Á recomendación de deslocalizar a ocupación do espazo público, desde Galegas 8M suman outras novidades desde o punto de vista da organización. Así, dan por seguras distintas estratexias a nivel local que serán visíbeis na tarde do 8 de marzo. \"Sabemos que nos sitios máis pequenos traballan con distintas propostas de mobilización\" fronte á organización que se prevé nas cidades principais da Galiza. \"O chamamento que facemos é a organizar as mobilizacións en columnas de mulleres para poder garantir a distancia de seguridade\". A maiores, lembran o uso obrigatorio de máscara e a necesidade de atender outras medidas de prevención, como a ausencia de quen presente síntomas compatíbeis coa Covid-19. Ruído no canto de berros Outra das consignas coas que traballan nalgunhas cidades, apunta Ester Mariño, \"é a priorización do ruído no canto dos berros\" para evitar unha maior xeración de aerosoles e así reducir o risco de transmisións do SARS-CoV-2. É o caso da cidade de Vigo, onde xa avanzaron que a voz non será o vehículo fundamental para a reivindicación, que se fará sentir a través de cazoladas ou batucadas. Este ano, ademais, mudan os percorridos, sobre todo naqueles lugares que viñan acollendo mobilizacións por rúas estreitas. \"Convidamos a que escollan carreiros máis amplos para acabar en espazos abertos, garantir o coidado e as distancias de seguridade\". Neste sentido, recalca Mariño, a polémica xerada \"non cremos que sexa gratuíta nin casual. Máis ben responde a esa idea recorrente de que as mulleres temos a culpa de todo, e todo o malo. Non se xustifica, e menos cando se teñen producido outros eventos masivos sen que ninguén os sinalase por representar un perigo contra a orde e a saúde públicas\". \"Sen coidados non hai vida\" Desde Galegas 8M reivindican o dereito das mulleres a unha mobilización masiva, comprometida coa saúde de todas e cos coidados. \"Pero é que ademais volvemos convocar un paro de 24 horas aproveitando a herdanza do lema que nos mobilizou o ano pasado: 'Sen coidados non hai vida'\". Tras o 8 de marzo de 2020, a pandemia veulle dar a razón ao movemento feminista da Galiza. \"A Covid veu confirmar a necesidade de pór a vida no centro e puxo de manifesto que os coidados son un piar básico\", defende Ester Mariño. \"De forma natural, moitas mulleres comezamos a coidar. O abandono do traballo remunerado foi bestial e, a maiores, a deterioración das condicións laborais\". Porque as mulleres tamén sosteñen boa parte do actividade esencial, na alimentación, na limpeza ou nos servizos sociais, \"con xornadas ampliadas ás que sumaron a sobrecarga emocional dos propios coidados domésticos\". Esta experiencia, advirte o movemento feminista, non repercutiu nunha valorización do traballo dos coidados nin nunha maior visibilidade da importancia destas tarefas nin sequera nunha retribución real. As mulleres e o feminismo temos o mesmo dereito que calquera outro colectivo a facer as nosas xornadas de loita \"As políticas de conciliación, co feche dos centros escolares, pasaron por unha perda salarial e contributiva das persoas que renunciaron para facerse cargo deses coidados que asumiron, na súa maioría, mulleres\", incide Mariño, pistas máis que suficientes para recuperar o lema e a mensaxe principal do 8-M do ano pasado \"para adaptalo á nova realidade\". Así, a consigna deste 8 de marzo rescata o valor fundamental dos coidados e volve pór as mulleres en folga. Mulleres esenciais, precarizadas e fartas que reivindican o carácter público dos servizos básicos de coidados, políticas de conciliación dignas que non obriguen a deixar en precario as condicións de vida e traballo, ademais do recoñecemento urxente de traballos tan ignorados como o das empregadas do fogar, a atención á dependencia ou a situación de mulleres aínda máis marxinadas, como as prostituídas. Folga xustificada Galegas 8M integra e canaliza o sentir de numerosos colectivos feministas e de mulleres da Galiza. Entre outros, a Marcha Mundial das Mulleres, que pon o acento no impacto da pandemia na vida das mulleres, nas responsabilidades \"que tivemos que incorporar para facer fronte ao desafío dos coidados\". É o feminismo quen coloca enriba da mesa esta realidade oculta, sinala Ximena González. \"Na Galiza, 77% do emprego que se destruíu foi de mulleres. Moitas tiveron que abandonar para asumir os coidados derivadas do feche das escolas e dos centros de día. A pandemia devolveunos para a casa, mais ao mesmo tempo puxo de manifesto que boa parte das tarefas esenciais foron xestionadas por mulleres\". A folga de 24 horas, convocada pola CIG, CUT e Erguer, Sindicao de Estudantes, está máis que xustificada, asegura, ao igual que a ocupación das rúas, dando apoio ás mobilizacións sindicais previstas durante a mañá do 8-M e asumindo o protagonismo nas manifestacións vespertinas, que González reivindica \"sen perigo ningún para a saúde de ninguén\". \"O dereito á manifestación é un dereito fundamental que non se pode pór en dúbida. As mulleres e o feminismo temos o mesmo dereito que calquera outro colectivo a facer as nosas xornadas de loita\". Maternidades feministas Tampouco se arredan desde as Maternidades Feministas (Materfem). Defenden o dereito á folga e reivindican o paro convocado como un instrumento moi útil para visibilizar o baleiro que deixan as mulleres en centros de traballo, aulas e fogares da Galiza. Comba Campoi incide nos traballos de coidados. \"Son os máis feminizados e os que máis en risco se puxeron durante a pandemia, sobre todo os non remunerados, que se multiplicaron para agravar a sobrecarga física e emocional de moitas mulleres\". Campoi avoga por visibilizar o conflito para sacar á luz tantas formas distintas de violencia, desigualdade e inxustiza como hai. \"Como nais non podemos pórnos en folga, mais hai outras formas de reivindicación\". Por iso, afirma, \"imos saír e ocupar a rúa\". Dunha banda porque a pandemia demostrou que o espazo público non está pensado para as mulleres, e doutra porque \"este ano puidemos participar máis activamente na preparación do 8-M e \"cremos que o noso sentir está máis presente\"."}
{"ID": "PRAZA_18824", "summary": "A iniciativa CiberRespect, na que participa Ecos do Sur, lanza unha guía para contraargumentar con datos as mensaxes falsas contra a inmigración que poidan xurdir nunha conversa ou xuntanza familiar, de amigos ou compañeiros de traballo", "text": "Os bulos e noticias falsas convertéronse nunha ameaza crecente nos últimos tempos e puideron ter unha importancia significativa nas vitorias electorais de Trump e Bolsonaro nas eleccións estadounidenses e brasileiras ou no recente ascenso de Vox nas eleccións andaluzas. Estas informacións incorrectas, difundidas maioritariamente a través de Whatsapp (a compañía vén de reaccionar, limitando a 5 o número de veces que unha mensaxe se pode reenviar), están na base de ideoloxías e posicións políticas que moitas veces colocan á poboación migrante no punto de mira, converténdoa en chibo expiatorio e culpable de determinados problemas socioeconómicos. \"Estamos seguros de que este ano o tema estrela vai ser o discurso racista, xenófobo e islamófobo\"A ONG coruñesa Ecos do Sur leva un tempo traballando na formación de ciberactivistas para loitar contra os discursos de odio na rede. \"Queremos contrapesar eses discursos negativo, xerar unha contrargumentación e un discurso alternativo. Queremos darlles ferramentas ás persoas preocupadas polos dereitos humanos e interesadas na información veraz para que poidan intervir neste tipo de contornas\", destacaba Natalia Monje, responsable de comunicación da entidade. É dicir, que esas mensaxes e datos falsos debían ser respondidos, que non se podían deixar pasar. Unha idea na que incidía Edo Bazzaco (SOS Racisme Catalunya), indo máis aló: \"Non só hai que responder aos discursos de odio na rede, hai que xerar unha narrativa diferente\".Buscan \"botar unha man a todas as persoas que desexan contraargumentar as mentiras prexuizosas do cuñao pero quedan caladas, porque non dispoñen de datos fiables para desactivar os bulos\"Agora a iniciativa CiberRespect (na que participan Ecos do Sur, SOS Racismo e outras entidades) busca levar fóra das redes este esforzo para desmentir estes bulos racistas, incidindo nun espazo moi determinado: as ceas de nadal, encontros familiares, de amigos ou compañeiros de traballo, nos que se poden escoitar este tipo de comentarios. \"Todos temos un cuñado, curmá, tío ou xenro que aproveita estas ocasións para lanzar información sen contrastar, bulos e prexuízos contra colectivos diversos. E estamos seguros de que este ano o tema estrela vai ser o discurso racista, xenófobo e islamófobo\", destacan.CiberRespect lanzou este martes a campaña #NoSilentNight, coa que busca \"botar unha man a todas as persoas que ano tras ano, nas reunións familiares, desexan contraargumentar as mentiras prexuizosas do cuñao pero quedan caladas, porque non dispoñen de datos fiables para desactivar os bulos\". A campaña destaca seis grande temas que poden xurdir nalgún momento e ofrece unha breve argumentación con datos e estatísticas oficiais:\"Non podemos acoller máis refuxiados\"Nun só ano Francia, Gran Bretaña e México acolleron máis de 600.000 refuxiados dun só país: foi en 1939 e os desprazados forzosos eran españois. En 2018, España outorgou asilo a 595 persoas e protección subsidiaria a 4.080. Suman o 0,01% da poboación.\"Os inmigrantes teñen paga e piso gratis\"Non hai recursos sociais (vivenda e prestacións) para inmigrantes. Son un dereito que se concede en función da necesidade: renda, membros da familia, grao de discapacidade... É máis: moitas persoas estranxeiras non poden acceder á maioría das prestacións, debido á súa situación administrativa.\"Co diñeiro 'das pagas' marchan de vacacións\"Ilóxico e improbable. Todas as rendas sociais están estreitamente controladas. As persoas que as reciben demóstranlles con documentos aos traballadores sociais das diferentes administracións en que empregaron cada céntimo e non se permite ningún gasto fóra do imprescindible. Se non se cumpre, retírase.\"Cada día chegan máis. Isto é unha invasión!\"O número de persoas inmigrantes descendeu en España dende 2011 e estímase que farán falla 5 millóns nos próximos anos para paliar o envellecemento e a crise demográfica na que estamos sumidos. Hoxe en día, achegan máis á Seguridade Social do que reciben.\"Arranxade primeiro o de aquí e, se sobra, axudade aos estranxeiros\"As persoas inmigrantes xa están axudando a arranxar o de aquí. Hai máis de dous millóns de persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España, mentres que menos do 1% das persoas beneficiarias das pensións son estranxeiras.\"As ONGs con mafias, fórranse traendo inmigrantes\"Por lei, as Entidades non Lucrativas non poden acumular beneficios e operan con alta transparencia. As súas contas anuais son públicas. a súa eficiacia e traballo voluntario aforran cartos ás arcas públicas. Pero o máis importante é que salvan vidas."}
{"ID": "NOS_38865", "summary": "Nun momento delicado para a economía -cun PIB a medrar nas taxas máis baixas das últimas décadas-, o secretario xeral do Partido Comunista de China e presidente do país, Xi Jinping, apela aos alicerces ideolóxicos da formación. En xullo pasado, chamou os 88 membros do PCCH a non \"traizoar ou abandonar o marxismo\".", "text": "O crecimento do PIB abandonou hai tempo os dous díxitos -Beijing calcula para este 2016 un incremento na contorna do 6,7 por cento-, mais non decrecen as desigualdades sociais produto da introdución das reformas pro-mercado que apadriñou Deng Xiaoping desde principios dos anos 80 do pasado século. A combinación destes dous factores xera unha enorme tensión no país e alimenta a desafección de amplos sectores sociais. Non significa isto que haxa hipóteses de que se forme unha oposición organizada no curto prazo, mais o Partido Comunista é consciente de que o combate contra a brutal disparidade na distribución da riqueza -e a loita contra a corrupción- é a chave para non perder lexitimidade social. A diferenza dos seus predecesores Hu Jintao e Jiang Zemin, Xi Jinping si fala, e moito, de ideoloxía, mesmo con chiscadelas a certos aspectos das políticas igualitaristas de Mao, evocadas con saudade polos sectores populares da sociedade chinesa. Así, o pasado mes de xullo, nun discurso pronunciado durante os actos de celebración do 95 aniversario da fundación do partido, Jinping pediu aos 88 millóns de membros da formación non \"traizoar ou abandonar o marxismo\", nunha declaración de tintes dramáticos que puña ao nú o intenso debate que se debe estar a librar no seo do partido. \"O partido inteiro debe lembrar que o que estamos a construír é o socialismo con características chinesas, non ningún outro ismo\" \"O partido inteiro debe lembrar que o que estamos a construír é o socialismo con características chinesas, non ningún outro ismo\", dixo Xi Jinping nese acto, unha retórica á anos luz da empregue no seu día por Jiang Zemin, líder da ala máis pro-mercado do partido, adaíl da Teoría das Tres Representacións en virtude da cal se abriron as portas do Partido Comunista Chinés a propietarios de empresas privadas, isto é, a capitalistas. Esta pasada sexta feira, o líder chinés -durante un encontro de dous días decorrido en Beijing sobre o traballo político e ideolóxico nas universidades- vinculou a mellora da calidade do ensino superior co reforzo do estudo do marxismo. \"A educación superior debe ser guiada polo marxismo e as políticas do partido en educación deben ser implementadas\", dixo. Profesores de Economía críticos advirten que a occidentalización do pensamento económico foi unha das razóns do colapso da Unión Soviética\" O apelo de Jinping chega despois de que o pasado mes de maio un elenco de economistas chineses -liderados por Xu Xingya, profesor da Universidade de Henan- dirixise un escrito ao Ministerio de Educación para aumentar as asignaturas de marxismo nas universidades e institutos de economía do país. Estes expertos aseguran que no currículo universitario a economía marxista apenas representa un terzo dos contidos baseados en autores occidentais de tendencia liberal. Advirten na súa misiva que \"a occidentalización do pensamento económico foi unha das razóns do colapso da Unión Soviética\". Mentres tanto, e como pano de fundo a este debate político-ideolóxico, Beijing continúa a aplicar políticas expansivas para tentar insuflar oxíxeno á economía (no país coexisten empresas estatais, aínda maioritarias nos sectores estratéxicos, e compañías privadas, entre elas grandes corporacións multinacionais). Destarte, neste 2016 os investimentos das empresas estatais aumentaron un 21,1 por cento a respeito de 2015, en tanto que o sector privado apenas incrementou a súa achega nun 2,5 por cento."}
{"ID": "NOS_34891", "summary": "O presidente da Xunta asegura que as eleccións galegas teñen que ser \"axiña\" pois cando se permita a mobilidade entre os diferentes territorios do Estado haberá máis posibilidades de que aumenten os contaxios por coronavirus.", "text": "O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, vén de avanzar unha convocatoria electoral para o mes de xullo e para iso argumentou que os comicios galegos teñen que ser \"axiña\" pois cando comece a \"nova normalidade\", e se permita a mobilidade entre os diferentes territorios do Estado, haberá máis posibilidades de que aumenten os contaxios por coronavirus no país. \"O responsábel paréceme que é facelo cando menos risco hai e o irresponsábel sería facelo cando hai máis risco\", sinalou Feixoo, para explicar que un estudo epidemiolóxico do Sergas indica que debido á baixa circulación do virus na Galiza, onde a poboación afectada estaría \"entorno ao 1%\", existe un \"alto risco\" dun novo brote da COVID-19. Porén, o presidente galego contestou a Nós Diario que blindar a Galiza para evitar este novo brote non está entre os seus plans. \"Imos ver como vai evolucionando a situación epidemiolóxica das Comunidades Autónomas, non teño dúbidas de que se non se produce a apertura a finais de xuño, será en xullo ou en agosto. Iso sería o lóxico\", explicou. \"O lóxico, se seguimos asi, é que este verán haxa turismo nacional\", engadiu, \"a Galiza estase preparando como un territorio seguro para recibir visitantes, sempre e cando veñan de territorios seguros\". Así, unha das razóns para pór as urnas en xullo é que hai menos posibilidade de que ese novo brote da COVID-19 teña comezado no país. O mesmo motivo polo que Feixoo opta por convocar as eleccións no verán e non no mes de setembro, cando se farían os catro anos exactos desde os anteriores comicios á Presidencia da Xunta."}
{"ID": "NOS_11260", "summary": "O seu discurso é o de que non será o \"Xudas\" de Raxoi. Está na corda bamba o presidente do goberno após a sentenza da Gürtel e nas vésperas da moción de censura? A esta pergunta dos meios, Feixóo contestou esta terza feira: \"Ao contrario\".", "text": "Feixóo non vai liderar abertamente un motín no PP contra Raxoi, embora o presidente do goberno atravese as horas máis críticas da súa carreira política após ser sinalado na sentenza da Audiencia Nacional sobre a Gürtel. O tribunal cuestionou a credibilidade do testemuño de Raxoi en sede xudicial e deu por probado que o inquilino da Moncloa cobrou en negro da caixa B controlada por Luis Bárcenas. Mais mesmo así a táctica do líder do PPdeG é a de fechar filas con Raxoi e non dar pábulo aos ruxe-ruxes de que estaría a intrigar entre bambalinas para, após un congreso extraordinario de refundación, ser coroado como o novo presidente do partido. Esta segunda feira, Elconfidencial publicou que Feixóo movera pezas no taboleiro -conversas con outros dirixentes territoriais- nese sentido. Fontes moi próximas ao político de Os Peares negaron esa información en declaracións a Sermos: \"Utilizaron moitas veces o nome de Alberto para incordiar o presidente do goberno, mais ninguén poderá contar ningún episodio en que se poda deslizar o máis mínimo atisbo de movimento interesado en clave sucesoria por parte de Feixóo\". O roteiro de Monte Pío é, pois, o de aplicar sen fendas os códigos do PP, unha estrutura fortemente hierarquizada e piramidal en que o líder o é todo. Así foi con Fraga. Así foi con Aznar. E así o é con Raxoi. Na cultura do PP non hai marxe nengunha para o desafío ao xefe político máximo. Isto é o que se deduce das declaracións realizadas por Feixóo desde que se divulgou o contido da demoledora sentenza sobre a Gürtel. Todo o máis que fixo o líder do PPdeG foi abrir espazo para matices distintos ao argumentario trombeteado desde a Rúa Génova: a resolución xudicial da Audiencia Nacional debe causar vergoña a \"calquera dirixente político\" e, portanto, cómpre pedir desculpas \"aos españois\", afirmou esta segunda feira. Un discurso con perfil propio, moi distinto ao dun Rafael Hernando, por exemplo. Mais Feixóo apresouse a acompañar esta leve disidencia cunha declaración de lealdade a Raxoi: en 2006, lembrou, veu dicer nun congreso do PPdeG que el nunca sería o \"Xudas\" de Fraga. \"Ese compromiso continúa a estar vixente 12 anos despois\", alegou, desta volta en relacion ao presidente do PP e titular do goberno español. Significa todo isto que Feixóo non está na carreira por relevar Raxoi? Non, o único significa é que Feixóo sabe que no PP só pode chegar ao topo da pirámide quen asume a cultura de non desautorización da máxima maxistratura do partido. Feixóo sabe que no PP só pode chegar ao topo da pirámide quen asume a cultura de non desautorización da máxima maxistratura do partido Esta terza feira, Feixóo voltou a lidar co asunto Gürtel en declaracións aos meios. Nelas continuou a se mover nas coordenadas comunicativas que preparou coa súa equipa de asesores. Apoio sen fendas a Raxoi. \"Está na corda bamba?\", inqueríronlle. \"Ao contrario\", respondeu. E sobre os condenados pola Gürtel -entre eles, o ex secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo- afirmou que o mellor para o PP tería sido nen os ter coñecido nen os ter tido como \"compañeiros de viaxe\". Foi aí cando deslizou unha das súas máis características liñas discursivas, a de marcar distancia con boa parta da época de Fraga como máximo dirixente do PPdeG: \"Eu tiven a sorte de non os coñecer [os condenados pola Audiencia Nacional], mais asumo a responsabilidade de ser do PP desde o ano 2000\". Fraga gobernou a Xunta desde 1989. Pablo Crespo foi nomeado secretario de Organización desde 1995. Feixóo finxe agora non coñecer a este último. Só hai un pequeno detalle que ranxe no discurso do inquilino de Monte Pío: Crespo -condenado a 37 anos de prisión pola Gürtel- foi o representante da Consellaría de Política Territorial no consello de administración de Portos de Galiza durante o período 2003-2005. E o titular dese departamento gobernamental nesa altura foi Feixóo. O presidente da Xunta nunca explicou convincentemente por que non destituíu Crespo do seu cargo. Tivo que chegar o bipartito en 2005 para que o cesamento se producise."}
{"ID": "NOS_33173", "summary": "Faladoiros, poesía, teatro e música completan o programa desta primeira edición do festival Guerrilla.", "text": "\"Guerrilla nace para perseguir a utopía a través da cultura. Unha cultura comprometida, alternativa, revolucionaria, de resistencia e accesíbel a todo o mundo\". Con estas palabras presentan desde a organización o festival Guerrilla. O obxectivo, pois, é \"pór en valor as loitas sociais e culturais históricas que se artellaron\" na Galiza e \"demostrar que non están mortas\". \"É o vivo exemplo de que desde todos os recunchos da Galiza e do resto do mundo se están a facer pequenas accións culturais para construír unha sociedade xusta e para todos e todas\". Guerrilla en Pontevedra Deste modo, con forza, chega o festival Guerrilla a Pontevedra os vindeiros días 7, 8 e 9 de outubro. A cita, impulsada pola Concellaría de Cultura de Pontevedra e Culturactiva S. Coop. Galega, encherá a vila do Lérez de artistas referentes da cultura máis comprometida e social. \"Vainos remexer por dentro, ninguén vai quedar indiferente\", valorou a concelleira da área, Carmen Fouces. Durante os tres días de festival terán como protagonistas dos faladoiros a Marwán, Iván Prado, Manuel Gago, Eva Mejuto, Montse Fajardo e María Xesús Escudeiro. Estas actividades potenciarán, segundo adiantan desde a organización, a conversa sobre a resistencia galega na II Guerra Mundial, a loita antifranquista en Pontevedra ou a poesía como motor de cambio. Pola súa banda, a artista Vero Rilo ofrecerá un espectáculo de narración oral sobre \"Historias de amor, vida, guerra e case morte\". Así mesmo, desde o festival Guerrilla destacan que Pontevedra é \"o lugar perfecto para acoller este proxecto. Unha vila exemplar da resistencia a nivel cultural e social na Galiza\". Programación Os pratos fortes da Guerrilla que ten programada Pontevedra chegarán a partir das 21 horas coas actuacións do cómico italiano Leo Bassi, o cantautor e poeta Marwán e a banda neoiorquina The Last Internationale. Na quinta feira 7 de outubro arrancan con Yo, Mussolini, espectáculo do cómico italiano no que volve posicionarse fronte á extrema dereita cun show provocador e divertido nado do auxe da vella ideoloxía fascista.Na sexta feira 8 de outubro subirán ao escenario do Teatro Principal o rock atrevido e político Edgey Pires e Delila Paz. O cantautor e poeta Marwán volve sorprender co seu cuarto libro de poemas: Una mujer en la garganta. O sábado 9 ás 21 horas agasallará o público coas súas cancións e presentará esta obra na que hai lugar para a crítica, o desamor, a pena, a autoestima, o desarraigo, a ironía, a ruptura, a alegría, o loito, o desexo, o sexo, a compaixón ou a felicidade."}
{"ID": "NOS_45562", "summary": "Após oito días de bombardeos israelís sobre a Faixa de Gaza que deixaron máis de 140 persoas falecidas, Hamás e Israel acordan unha tregua que se iniciará esta noite.", "text": "O ministro de Exteriores exipcio, Mohamed Kamel Amr, e a secretaria de Estado dos EUA, Hilary Clinton aseguraron esta cuarta en conferencia de imprensa desde O Cairo, un cesamento ao fogo entre Israel e Hamas. Após oito días de intensos bombardeos sobre a Faixa de Gaza, ambas as dúas partes acordaron unha tregua que se iniciará ás 21 horas (20h hora galega), como resultado das negociacións desenvolvidas coa mediación exipcia. Segundo Hilary Clinton --que viaxou a Tel Aviv para se reunir co seu socio Benjamin Netanyahu, o presidente sionista tería amosado a súa vontade de cesar as hostilidades contra Gaza, porén, a representante estadounidense amosoulle o seu máximo apoio a Israel --argüíndo o dereito deste a se defender-- ao tempo que asegurou procurar solucións ao conflito na rexión, nun intento por visibilizar aos EUA na tregua. Así as cousas, a máxima responsábel da diplomacia estadounidense rexeitou emitir unha declaración de condena sob os actos cometidos por Israel ao consideralo, dixo, \"contraproducente\" e asegurar que \"non aportaría ningunha contribución aos esforzos diplomáticos en curso\". Segundo o documento acordado polas partes e difundido pola presidencia do Exipto, Israel suspenderá todas as hostilidades contra o territorio de Gaza por terra, mar e ar; porá fin ás súas incursións e ataques contra os individuos e, aliás, o executivo sionista procurará a abertura dos postos de fronteira, facilitará os movimentos de persoas e transferencia de produtos, evitará restricións ao libre movemento de habitantes e ataques contra residentes en áreas de fronteiras. Últimos ataques? Nesta cuarta feira, o exército israelí bombardeou desde mar e aire múltiples enclaves palestinos entre os que, máis unha vez, se atopaban os edificios de diversos medios de comunicación, oficinas gobernamentais de Hamas e vivendas civís. A ofensiva deixou máis de trinta persoas mortas entre elas diversas crianza. Aliás, unha acción desenvolvida na cidade de Tel Aviv e reivindicada polo grupo armado Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa, deixou 21 feridos en Israel. O voceiro de Hamas Abu Zuhri asegurou após conñecer o acontecido que se trataba dunha \"resposta lexítima\" fronte á masacre perpetrada por Israel. Asemade, aseguraba a primeira hora da tarde que \"as faccións palestinas --Al-Aqsa aséntase en Cisxordania-- van recorrer a todos os medios posíbeis para protexer aos nosos civís en ausencia dun esforzo mundial para deter a agresión israelí\". A poboación gazací temía ao longo destes días que Israel iniciase unha ofensiva terrestre após situar 75.000 reservistas na fronteira con Gaza."}
{"ID": "NOS_45991", "summary": "O Borbón perderá a inviolabilidade que até agota ostentaba como monarca. PP, PSOE e UPN anunciaron apoio a lei de sucesión.", "text": "Juan Carlos de Borbón deixará de ter a inviolabilidade que posúe como Rei do Estado español tan pronto como asine a Lei Orgánica de abdicación para dar paso o reinado do seu fillo, Felipe VI. Juan Carlos asinará esa lei o mesmo día en que esta sexa aprobada no Congreso. Con esa rúbrica este Borbón perderá a inviolabilidade xurídica (que tíña en canto rei). Abre iso a porta a demandas? En teoría si. Mais os partidos con representación no Congreso poderían aprobar un aforamento especial para o ex-rexente. Algo no que PP, PSOE e UpyD coincidirían. Estes tres partidos xa coinciden en sinalar o seu apoio á lei sobre sucesión. Non están sós. Coalición Canaria ou UPN tamén se mostraron a favor. Máis cautos, CiU asegurou que esperará a coñecer polo miudo a lei. E O PNV avanzou que se absterá. Así pois, a posición virá da esquerda soberanista (galega, vasca, catalá) e da española. Fontes do BNG informaron a Sermos Galiza de que o seu voto será negativo. Os grupos parlamentares van presentar emendas a esa Lei Orgánica, mais estas serán debatidas no pleno, non en comisión. O trámite parlamentar para que Felipe Borbón colla o relevo do seu pai culminará o 18 de xuño, segundo cálculos do presidente do Parlamento español. Ese é o día en que Felipe VI vai ser coroado no Hemiciclo en sesión conxunta."}
{"ID": "NOS_54813", "summary": "PP, PSdeG e BNG uníronse esta cuarta feira para demandar do alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica que depure responsabilidades políticas pola desfeita do plano de compra de vivendas. Ferreiro pediu publicamente perdón, mais se resiste a entregar aquilo que exixe agora formalmente a maioría da corporación: as cabezas dos concelleiros Xiao Varela e Alberto Lema.", "text": "O plano de vivendas sociais resultou nun fracaso de xestión absoluto e mesmo obrigou o consello consultivo a intervir, coa anulación da compra de dúas moradas. Este programa, en teoría unha das bandeiras da Marea Atlántica cando alcanzou o poder en María Pita, concluíu coa adquisión de apenas 6 vivendas, das cales só unha estaría fóra de toda sospeita de irregularidade. Xiao Varela, responsábel de Urbanismo, deixou claro esta cuarta feira que só demitiría se llo fose pedir o alcalde, mais Xulio Ferreiro está a optar por unha certa estratexia numantina. En María Pita acreditan que a escasos 8 meses das eleccións de maio os cesamentos deixarían no ar unha certa sensación de debilidade e a asunción política do fracaso nunha área —a política de vivenda— especialmente sensíbel para as bases eleitorais da Marea Atlántica. O que se prescribe a equipa de goberno a si propia neste duro trance é a admisión de erros, a petición de desculpas e a promesa de que non se volverá a repetir. Pecado de principiantes na xestión pública. Iso é o que viría recoñecer Xulio Ferreiro. Mais nen un átomo de falta de honestidade. O PP bateu xusto nese flanco, a pór o acento en que un dos beneficiarios do plano —vendeu ao concello dous dos seis pisos obxecto de adquisición— facía parte do núcleo fundacional, como asinante, de En Marea. Na súa intervención perante o pleno, Varela esforzouse por argumentar que en ningún momento houbo trato de favor. Varela declarou literamente o seguinte: \"se ben o procedemento –impulsado para ampliar o parque de vivenda pública municipal e destinar os pisos a aluguer social– non acadou o seu obxectivo, o que está claro é que nin na valoración das ofertas nin na proposta de adxudicación nin en ningunha outra fase se tomaron decisións para favorecer a ningunha persoa en concreto\". Porén, o consello consultivo sinalou en concreto as dúas moradas pertencentes a un dos fundadores da Marea Atlántica, que percibiu polas vendas dos inmóbeis 145.865 euros. O órgao fiscalizador decretou a anulación das compras ao considerar que no momento en que se apresentaron ao concurso non cumprían os requisitos que se lles exixían ás candidatas. En termos políticos, a situación é endiañada porque acentúa o isolamento da equipa de goberno, cos seus aliados potenciais da esquerda a se veren obrigados a votar no mesmo sentido que o PP. A petición de responsabilidades da maioría da Corporación —17 votos fronte 10— intensifica a presión sobre Ferreiro e coloca nunha situación moi delicada quer a Varela quer a Lema."}
{"ID": "NOS_6520", "summary": "No semanario tamén poderás atopar unha entrevista ao presidente da Asociación Galega de Editores, Henrique Alvarellos, e unha reportaxe sobre a importancia vital das árbores nas vilas galegas. Se queres ler todos estes contidos e máis só tes que procurar o teu Sermos Galiza mañá nos quiosques e librarías, onde o atoparás xunto co Nós Diario.", "text": "O intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é o protagonista da primeira reportaxe do Sermos Galiza deste sábado. Nun extenso texto o xornalista Manuel Xestoso repasa a viaxe do autor por Europa grazas a unha bolsa de estudos. En \"Castelao en Europa. Cen anos do 'Diario 1921'\". Un análise moi completo do seu interese pola modernidade e polo avance da Galiza. Neste novo número a entrevista, asinada por Lois Alcayde Dans con fotografías de Arxina, é a Henrique Alvarellos. Recentemente nomeado presidente da Asociación Galega de Editores, Alvarellos fala da súa traxectoria pero tamén doutros temas vinculados ao mundo da literatura e da cultura galegas en \"Henrique Alvarellos. O libro como vacina\". Acompañada de imaxes fornecidas pola delegación galega de Ecoloxistas en Acción, Mar Álvarez escribe a reportaxe \"Arboricidio en Vigo. A importancia dos espazos verdes nas cidades\". Ademais de repasar algunhas das últimas tallas de exemplares acaecidas na cidade olívica, Álvarez detalla o que supoñen as árbores para a calidade de vida das persoas. Neste sentido, lembra que non só un ornamento. O capítulo de Andar e Ver desta semana levará ás lectoras e lectores polo \"Litoral de Viveiro\" acompañando ao Colectivo Xea formado por Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo. Como soe ser habitual no semanario, nos faltan as recomendacións da semana no ámbito da literatura -a cargo de Mario Regueira e Susana Sanches Arins- e da música, á que fican atentas Belém Tajes e César Morán. Andrés Castro propón a crítica sobre o cinema. Aliás, neste número falan da escena teatral quer Manuel Xestoso, quer Manuel Castro Bastos. A pesar de todos estes contidos, o tempo de lecer tamén se poderá aproveitar cos pasamentos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Para dispor de toda esta información e divertimento só é preciso acudir mañá ao quiosque ou á nosa loxa en liña para mercar o semanario Sermos Galiza que se publica xunto co Nós Diario. Para evitar esquecementos calquera fin de semana, o máis aconsellábel é fechar xa mesmo a subscrición!"}
{"ID": "NOS_29418", "summary": "Ascensos, descensos, crises, glorias, grandes decepcións e festas rachadas. É que cen de vida dan para moito, como pode dar fe o Racing Club de Ferrol. Unha mostra percorre esa desaforada montaña rusa que é a historia da escuadra departamental a través de paneis fotográficos, trofeos, e moitos outros obxectos únicos.", "text": "Na Galiza hai fútbol alén de Celta e Deportivo. E moito. O espírito do hai que roelo daquel Pontevedra de Primeira División nos anos 60 segue sendo leit motiv nas conversacións entre a parroquia granota. En Ourense non esquecen aqueles marabillosos anos do Club Deportivo, con Pedro Riesco, Baba Sule, Jon Kortina, Quique Estebaranz e compañía na segunda metade dos 90. A Sociedade Deportiva Compostela de Fernando Vázquez, que chegou a ser subcampioa de inverno na tempada 95/96, continúa na retina de todas as afeccionadas galegas. E que dicir do Lugo, que está a vivir o seu mellor momento de sempre e continúa, ano tras ano, e xa van oito consecutivos, prolongando o soño de manterse na categoría de prata do fútbol profesional. Mais entre eses \"outros\" gran-des equipos do país só pode ha-ber un decano, e ese é o Racing Club de Ferrol. Inscrito na Federación Galega o 20 de outubro de 1919, mais legalizado o 10 de xullo de 1920, na Cidade Departamental levan xa varios meses desenvolvendo diferentes actos para conmemorar ese centenario da súa fundación, que acadan o seu cénit cunha exposición que abre as súas portas no día de hoxe ás 11 horas na sede de Afundación en Ferrol. A mostra poderá visitarse durante un mes, até o vindeiro día 6 de marzo, e segundo explica a Nós Diario un dos seus comisarios, Francisco Serantes, \"dentro da súa modestia\" conta con pezas \"que paga a pena ir ver\". Entre elas brillan con luz propia o Teresa Herrera de 1967 -o título de maior relevancia conquistado polos Diaños Verdes- e o trofeo como finalista da Copa de España de 1939. Ademais, Serantes destaca a entrada para esa final, e pon en valor o traballo desenvolvido por Goyo López Fraire, responsábel de elaborar 54 panéis fotográficos que realizan un percorrido por toda a traxectoria do Racing. Métopas cortesía dos diferentes conxuntos aos que se foi enfrontando a escuadra ferrolá ao longo das diferentes tempadas, restos do antigo Inferniño, cartelería dos anos 50, 60, 70 e 80 do século pasado ou fragmentos de prensa de época son outras das pezas que conforman unha exposición da que o comisario Serantes pide ao público que non perda \"a réplica da camiseta do ano da fundación do clube\"."}
{"ID": "PRAZA_15381", "summary": "A editorial dará a coñecer este xoves na súa Libraría-Café de Cangas a tradución de Kikujiro e Saki, unha obra autobiográfica do actor-director xaponés que mesmo se converteu en serie de televisión.", "text": "Xa podemos ler Takeshi Kitano en galego. Rinoceronte vén de editar a tradución de Kikujiro e Saki, unha obra autobiográfica do actor-director xaponés que mesmo se converteu en serie de televisión. Presentarao este xoves na Libraría-Café que a editorial ten en Cangas. E non estará Kitano pero si a súa tradutora do xaponés, Mona Imai. Será ás oito da tarde e haberá sorpresa: con cada consumición ofrecerase unha tapa \"tipicamente xaponesa\". Neste libro autobiográfico, que deu pé a unha serie de televisión, Takeshi Kitano amosa o seu lado máis íntimo e próximo, ao desvelar a súa orixe. E é que no corazón maduro deste comediante e cineasta recoñecido aínda pervive o rapaz fedello que medrou no seo dunha familia humilde nos barrios baixos de Toquio. Kitano fai fincapé na importancia dos lazos familiares no Xapón da súa infancia a través da historia do seu pai, Kikujiro --un home estrito que aínda vai pola vella--, e a súa nai, Saki, unha muller intelixente, de espírito optimista e forte personalidade, que non deixa de discutir co seu marido malia vivir nunha sociedade machista como a xaponesa. Porén, a parella únese para afrontar calquera adversidade. Visto dende o prisma deste xenio do gag, as desgrazas familiares máis tristes convértense en escenas humorísticas sen precedentes, e demostra que o afán de superación o arma de ás para voar."}
{"ID": "NOS_34856", "summary": "A mesa sectorial negociou coa Consellaría de Educación este atraso no calendario lectivo a petición da CIG-Ensino. Foi recollida a queixa de varios centros de ensino que insistían en que non había tempo suficiente entre as probas de setembro, o periodo de matrícula e o inicio do curso na data proposta pola Xunta, o 14 de setembro.", "text": "O vindeiro ano académico comezará o 12 de setembro en Primaria e o 17 en Secundaria, e o 13 de febreiro, cuarta de cinza, volverá ser feriado. Son as condicións que a mesa sectorial negociou coa Consellaría de Educación para o curso 2012-2013. O departamento aceptou estas dúas achegas de CIG-Ensino, pois nun primeiro momento contemplábase o inicio das aulas na ESO para o 14 de setembro, \"sen ter en conta que os prazos estabelecidos para a realización das probas nese mes, as avaliacións, a matrícula do alumnado e a posta en marcha do curso era insuficiente\", recollendo así as queixas de varios centros escolares. Respecto da Primaria, o sindicato nacionalista, con maioría no Ensino, foi contundente á hora de reclamar que se restitúa a xornada reducida de xuño e setembro, que foi \"maioritariamente reivindicada\", cunha folga \"histórica\" e un referendo, para alén das circunstancias pedagóxicas que aconsellan mantela. Así, despois de que o resto das forzas sindicais presentes na mesa sectorial --CC.OO., UGT, ANPE, STEG e CSIF-- asinasen no seu día a prol da eliminación desta xornada a petición da Xunta, nesta última negociación apoiaron a petición da CIG. No relativo ás conmemoracións, propúxose ao departamento que dirixe Jesús Vázquez que no calendario existente se recollesen o 24 de febreiro, Día de Rosalía, o 25 de novembro, Día contra a violencia machista, e o 10 de marzo, Día da clase obreira galega. A consellaría \"comprometeuse\" a estudar as dúas primeiras datas."}
{"ID": "PRAZA_3937", "summary": "Achamos que a melhor alternativa para todo o alunado é dar por finalizado o presente curso. Esta iniciativa é secundada por um amplo número de estudantes dos câmpus de todas as universidades galegas e organizaçons, tanto a nível galego como no resto do Estado", "text": "Este curso nom pode voltar à normalidade. A crise da Covid-19 frustrou o fim do curso universitário e deixa à luz as eivas e as grandes carências do ensino público no quadro do capitalismo e a dependência nacional. Um ensino público, intrinsicamente classista, cada vez mais elitista e individualista, que sofre cortes permanentes por parte dos governos autonómico e estatal. Esta agrava-se com a vontade por parte da Junta da Galiza de abrir a Universidade Abanca, impulsionada com dinheiro público.Perante esta situaçom de emergência, o estudantado operário e popular nom pode resignar-se, devemos passar à iniciativa para defender com firmeza os nossos interesses.Ao princípio do curso, pagamos umha matrícula por aulas presenciais que nom estamos a receber. Pagamos por um serviço inexistente, polo que pedimos a devoluçom do dinheiro da matrícula do segundo semestre já! No seu defeito, começamos com a docência telemática. Isto está amossando a inexistência dumha plataforma virtual funcional e operativa, inacessível para umha parte destacável do estudantado de extraçom operária e popular. Nom todo o mundo tem acesso a internet, nem vivendas, nem condiçons familiares, nem meios para continuar com a docência virtual. A USC vem de aprovar o cofinanciamento do internet sem sobrepassar a cifra de 40 euros. A dia de hoje, um mês após a suspensom das aulas presenciais, seguimos sem ver esse dinheiro. Para o estudantado mais precário, esta situaçom é vergonhenta! Mas, a pesar disto, a carga de trabalho aumentou considerávelmente. Muitos professorado continua a exigir que elaboremos trabalhos porque dizem que é a melhor maneira de seguir com a docência. Muitos nom facilitam bibliografia, e mesmo alguns com absoluto descaro nem as suas obras, chegando a afirmar que as compremos porque nom som tam caras. Esta situaçom é insustentável! Muitos de nós temos que estar pendentes dos nossos familiares ou coidando de nós mesmos. Por isso, solicitamos a suspensom imediata de toda atividade docente. É umha situaçom extraordinária para todo o mundo, nom estamos de férias! Nom pode aumentar a carga de trabalho!A fenda de classe é um condicionante indiscutível, embora desconsiderado polos reitores e a Conselharia de Educaçom. O estudantado de classe trabalhadora acha-se numha circunstáncia mui delicada. Muitos de nós, por medo a contagiar os nossos familiares, ficamos nos \"pisos\" de estudantes. Apartamentos pequenos e precários. Ainda assim, estamos pendentes em todo momento da situaçom económica familiar, dos ERTES, dos despedimentos, do futuro laboral e das condiçons materiais da nossa família, sob a ansiedade do que vai passar ... Como se nos pode exigir que estejamos pendentes do Câmpus Virtual? Como podemos continuar como se nada passasse? O capitalismo furta-nos da nossa condiçom humana, assim nom se pode estudar. Nom somos máquinas! Na situaçom de anormalidade que nos achamos, nom deveria supor-se que o rendimento do alunado seja o mesmo. Isto vai ter um reflexo direto nas nossas qualificaçons, nas bolsas e nas ajudas, indispensáveis para que o estudantado de classe trabalhadora viva e estude. Muitos de nós, vamos ter que deixar de estudar o ano que vem ao nom poder pagar a matrícula. Por isso, achamos que a única alternativa e soluçom real para o alunado é a liquidaçom das matérias e a suspensom imediata de toda atividade docente. Fim do curso já!Mais um problema que padecemos, é a incompetência e a negligência dos três reitores galegos, os senhores Julio Abalde Alonso, Antonio López Díaz e Manuel Joaquín Reigosa Roger. Parece que nom se dam conta de que estam jogando com o nosso futuro. Estamos a meados de abril, a um mês de começar os exames finais e nom sabemos qual vai ser o método de avaliaçom. O passado 6 de abril, os reitores reunirom-se com vistas a estabelecer um método de avaliaçom. Na reuniom nom se decidiu nada, convocando um outro encontro marcado para duas semanas antes dos exames, visada para manter o calendário de exames. Algum deles, conta com fazer exames presenciais em junho. Assim, além de porem em risco a nossa saúde e a dos nossos familiares, amplia o calendário escolar, impossibilitando a opçom de trabalhar no verao para pagar os estudos. Nom contemplam o que a maioria do estudantado reclama, a liquidaçom das matérias. Passe o que passe, nom esqueceremos! É o nosso futuro e estám a jogar com ele!Achamos que a melhor alternativa para todo o alunado é dar por finalizado o presente curso. Esta iniciativa é secundada por um amplo número de estudantes dos câmpus de todas as universidades galegas e organizaçons, tanto a nível galego como no resto do Estado. Ainda que muitas iniciativas chegam tarde e o movimento estudantil galego estivo adormecido este ano, o estudantado da esquerda revolucionária galega apelamos a secundar a greve estudantil convocada a partir de amanhá pola ANEGA nas três universidades da Galiza. Umha greve que deve ser de carácter indefinida até dobregarmos os reitores e a Conselharia de Educaçom.A trajetória do nosso movimento, tal como nos indica a história do movimento obreiro, tem constatado que as conquistas e direitos só se atingem luitando."}
{"ID": "NOS_36488", "summary": "Familiares de residentes denuncian a \"inacción\" de Berta Besada.", "text": "Son máis de 200 as queixas e denuncias que tanto familiares de persoas usuarias de residencias de maiores como traballadoras destes centros levan presentadas tan só nos últimos tres anos. Nelas alertan de deficiencias e de falta de medios en xeriátricos privados e en públicos xestionados por empresas. Aliás, denuncian \"os ouvidos xordos\" da xefa de Inspección de Maiores da Xunta e mobilizaranse esta semana para que dimita. Dúas son as querelas presentadas pola Federación REDE de usuarias e familiares de residencias que están admitidas a trámite pola Fiscalía, dúas máis están en proceso de admisión e unha en elaboración. Con estas demandas, dirixidas contra directivos da Xunta e de empresas que xestionan residencias de maiores, REDE pretende esclarecer responsabilidades públicas e privadas na xestión da crise dos xeriátricos na pandemia. Mais antes da chegada do coronavirus e da presentación desas querelas, xa se deran \"ducias e ducias de denuncias e chamadas persoais ao daquela director xeral de Maiores da Xunta\" alertando das deficiencias nestes centros, recorda a Nós Diario Paulino Campos, portavoz de REDE. Así pois, e ante a \"inacción reiterada\" da Xunta, REDE chama a mobilizarse pola dimisión de Berta Besada Porto, xefa dos servizos de Inspección de Maiores e Discapacitados da Xunta, á que acusan de \"non actuar\" ante as recorrentes queixas e denuncias notificadas á Consellaría de Política Social nos últimos anos. \"Ten constancia destas denuncias e non actúa ante nada\", lamenta Xosé Bernárdez, portavoz do colectivo Vellez Digna. \"Por iso considerámola directamente responsábel de toda a crise que está a acontecer nas residencias\", engade. Bernárdez ve que a situación non mudou logo das queixas presentadas antes de 2020 e durante e despois da primeira onda da pandemia. \"As traballadoras teñen denunciado malas prácticas como o costume de non seren avisadas cando se detectan gromos epidemiolóxicos nun centro, cousas que continúan a darse, como acabamos de ver no centro de DomusVi en Ribadumia, onde o persoal soubo do gromo pola Xunta e non pola residencia\". A Bernárdez preocúpalle que non se estean a tomar medidas nos centros, como amosa o feito de que \"unha vez o virus entra, este se expanda en cuestión de horas de maneira descontrolada\". Isto indica \"que non se tomaron medidas efectivas nin se crearon grupos fechados e as traballadoras teñen que operar por toda a residencia\", lamenta o portavoz de Vellez Digna, pondo o foco na falla de persoal. Precisamente o Sindicato de Enfermaría Satse denunciou onte a \"penosa situación que se vive nas residencias de maiores\" da Galiza debido á \"sobrecarga de traballo\" porque \"unha enfermeira ten que atender máis de 100 pacientes e faino nunhas condicións penosas\". Así o destaca Satse, lembrando que o \"problema\" de persoal de Enfermaría \"é de base\" porque \"habitualmente estas residencias non contan co número preciso\". Satse reclama máis profesionais e subliña que \"o grave déficit\" no número de enfermeiras \"foi determinante na grave incidencia da Covid-19 entre as persoas maiores residentes nestes centros sociosanitarios\". A CIG mobilizarase hoxe ante a residencia de Salvaterra denunciando os \"ouvidos xordos\" da Xunta ante as denuncias que alertaban desde hai anos das deficiencias deste centro. Comparecencias no Parlamento Hoxe, ademais, foi un día de comparecencias sobre esta temática no Parlamento. O presidente da Fundación San Rosendo, José Luís Gavela, rexeitou que un cambio de modelo das residencias pase por convertelas \"en unidades medicalizadas\", senón por unha maior \"coordinación e interacción\" entre estes centros co hospital de referencia de cada área sanitaria. Pola súa banda, o coordinador do equipo Covid-19 das residencias da área do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), Fernando Lamelo Alfonsín, defendeu que a decisión de trasladar ou ingresar un ancián con coronavirus \"se consensúa\" cos seus familiares, cos que na primeira onda da pandemia había unha comunicación \"todos os días, por un medio ou por outro\"."}
{"ID": "PRAZA_18384", "summary": "ANÁLISE | Aínda que nos últimos días Haddad acurtou as distancias, Bolsonaro chegou ás eleccións deste domingo cunha ampla vantaxa nas sondaxes. As redes sociais e as fake news, o rexeitamento aos debates, as mensaxes agresivas e o pacto co poder evanxélico son algunhas das claves do seu éxito", "text": "Bolsonaro varre nas enquisas nunhas eleccións brasileiras de violencia e posverdade Brasil vai a unha segunda volta electoral liderada polo ultradereitista Bolsonaro Eleccións no Brasil: ultradereita, esquerda doente e mulleres combativas Só unha remontada electoral in extremis evitará que o ultradereitista Jair Bolsonaro acade a presidencia do Brasil este domingo. Fernando Haddad, o profesor, exministro de Educación e exalcalde de São Paulo que Luiz Inácio Lula dá Silva elixiu para substituílo á fronte da candidatura do PT segue lonxe nas enquisas (algunhas marcan un 56% a 44%, outras marcan 61% fronte a 39%). Só unha remontada electoral in extremis evitará que o ultradereitista Jair Bolsonaro acade a presidencia do Brasil este domingo A Haddad vaille faltar tempo porque a estratexia do Partido dos Traballadores foi suicida dende o primeiro momento. A aposta Lula, encarcerado desde abril, tiña todas as papeletas para ser anulada e o país é demasiado grande como para que un suplente o poida dominar nunhas semanas. Haddad representa a pulcritude e o discernimento fronte ás acometidas de Bolsonaro. Mentres o candidato do Partido dos Trabalhadores (PT) vai loitando por cada voto para tentar acurtar a diferenza, o seu adversario do Partido Social Liberal suma novas ameazas á lista. Véndose xa gañador sobre a futura oposición, Bolsonaro declarou: \"Se queren quedar, van ter que colocarse baixo as nosas leis. Ou marchan de aquí ou van para o cárcere\". Tamén avisa de \"unha limpeza nunca vista na historia do Brasil\", na que varrerá do mapa \"a eses delincuentes vermellos do Brasil\". Ao mesmo tempo, filtrábase un vídeo de hai uns meses no que o seu fillo, Eduardo Bolsonaro, afirmaba con total tranquilidade que para pechar o Tribunal Supremo só faría falta un soldado e un cabo. As claves da estratexia Bolsonaro Véndose xa gañador sobre a futura oposición, Bolsonaro avisa de \"unha limpeza nunca vista na historia do Brasil\", na que varrerá do mapa \"a eses delincuentes vermellos\" A exitosa estratexia electoral de Bolsonaro para estas eleccións presidenciais de 2018 -case 50 millóns de votos na primeira volta- será estudada no futuro. Ten varias claves entre as que destacan o odio, as mentiras e as cadeas de whatsapp, algunhas delas baixo investigación xudicial, tras unha publicación do xornal Folha de São Paulo que citaba a un conglomerado de empresas que supostamente estaría a financiar a difusión de fake news contra Haddad, o cal suporía financiamento ilegal, xa que as achegas económicas de empresas para as campañas electorais están prohibidas. O Tribunal Superior Electoral confirmou que \"as denuncias de difusión de fake news están a ser tratadas e conforme sexan concretadas serán debidamente procesadas segundo as vías previstas pola lei, respectándose os prazos legais para o dereito a defensa\". Ten varias claves entre as que destacan o odio, as mentiras e as cadeas de whatsapp, algunhas delas baixo investigación xudicial A xustiza ten os seus tempos, pero os días pasan e a segunda volta das eleccións pasará sen que se tomaran decisións. Sobre a máis preocupante, a desta posible caixa b da candidatura de Jair Bolsonaro, o TSE afirma: \"O ministro do TSE Jorge Mussi abriu unha acción de investigación xudicial electoral por suposto abuso de poder económico e uso indebido dos medios de comunicación ao día seguinte da tramitación das denuncias. Tres días despois instaurou dúas novas accións sobre o caso, determinando a notificación dos representados para que presentase defensa nun prazo de cinco días\". A defensa da candidatura de Bolsonaro xa chegou. Nega os feitos, declara que non necesita o diñeiro de ningunha empresa para alagar os teléfonos móbiles porque ten millóns de seguidores en redes sociais e intúe que o que busca o Partido dos Trabalhadores é \"preparar preventivamente unha arma política para poder destituír o candidato Jair Messias Bolsonaro, no caso de que gañe a segunda volta das eleccións\". Contaba con moi pouco tempo de propaganda televisiva na primeira volta, pero non lle importou o máis mínimo: dominaba a rede. O primeiro segredo do seu máis que probable triunfo é, polo tanto, saber ver antes e mellor que ninguén o poder de internet nunhas eleccións. Hai anos que estableceu contacto directo e unidireccional cos seus seguidores. Contaba con moi pouco tempo de propaganda televisiva na primeira volta, pero non lle importou o máis mínimo: dominaba a rede. \"Hai un discurso de odio e de intolerancia que neste escenario se sente lexitimado e correspondido con todos os preconceptos que expón a candidatura de Bolsonaro\", asegura Sandra Carvalho, coordinadora da ONG Justiça Global, en conversa con eldiario.es. A súa compañeira Daniela Fichino concreta que, en realidade, Bolsonaro non necesita ningunha labia, ningunha habilidade verbal, pois a súa estratexia \"uniformiza a linguaxe da política e o debate exponse a través de memes, non coa argumentación e a discusión de ideas. Os memes condensan unha idea política e con iso pérdese o argumento en si e o factor verdade\". Negouse a acudir aos debates programados con Fernando Haddad. É consciente de que explicando e detallando as súas ideas ante a nación ten pouco que gañar e moito que perder Na vida real, Bolsonaro -coa alta médica hai un mes trala agresión que sufriu a principios de setembro- negouse a acudir aos debates programados con Fernando Haddad. É consciente de que explicando e detallando as súas ideas ante a nación ten pouco que gañar e moito que perder, e máis aínda liderando as enquisas. Un dos obxectivos iniciais da estratexia de Bolsonaro foi colocar nun dilema aos electores conservadores, mostrándose como única opción de voto. Polo cal, antes que rematar co Partido dos Trabalhadores, tiña que rematar co Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB), cuxo candidato era Alckmin, e cos partidos que forman a fronte do centro, o máis amplo da política brasileira. E conseguiuno. \"Agradezo a Geraldo Alckmin que xuntase á súa beira á flor e nata do peor que ten Brasil\", dixo no evento no que presentou oficialmente a súa candidatura. Antes que rematar co PT, tiña que rematar co Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB), cuxo candidato era Alckmin, e cos partidos que forman a fronte do centro, o máis amplo da política brasileira. Coa elección como vicepresidente dun xeneral na reserva, Hamilton Mourão, Bolsonaro afastábase aínda máis da política tradicional. Ademais, conta con outro grupo de xenerais na sombra, liderados por Augusto Heleno e Oswaldo Ferreira, comandando as operacións. Sabe que a imaxe do Exército segue sendo boa ante unha gran porcentaxe da poboación brasileira. Todo isto outorgoulle un falso papel de outsider e loitador contra a corrupción, a pesar de levar tres décadas de nula carreira política. Todos o atacarían, estaría na fala da xente, e conseguiría unha sobreexposición que só o beneficiaría. Evanxélicos, radicais, medo e resentimento Bolsonaro soubo tamén captar os apoios dos grandes líderes evanxélicos, algo fundamental tendo en conta o crecente poder económico e político deste grupo Bolsonaro soubo tamén captar os apoios dos grandes líderes evanxélicos, algo fundamental tendo en conta o crecente poder económico e político deste grupo, que representa a unha cuarta parte da cidadanía (a poboación total de Brasil rolda os 210 millóns de habitantes). \"As igrexas evanxélicas souberon cumprir moi ben co seu papel\", afirma Sandra Carvalho, recoñecendo que a esquerda e os movementos sociais desatenderon as súas bases. As súas mensaxes claras, básicas e repetitivas -incluíndo aos seus inimigos recorrentes: activistas, colectivo LGTBI, indíxenas, prensa e comunistas-, cun discurso perversamente manipulado, son facilmente contestados, pero esa contestación non acada aos seus seguidores nin a boa parte dos electores. A campaña Para virar o jogo (Para remontar o partido), centrada na seguridade pública e lanzada por unha decena de organizacións non gobernamentais, explica unha por unha as manobras de Bolsonaro. Sinalan, no caso do seu afán pola posesión de armas, que segundo a lei federal 10.826 de 2003, o cidadán brasileiro actualmente pode ter ata seis armas de fogo. Tamén subliña a campaña, para contextualizar, que a política de combate ás drogas en Brasil está a xerar máis danos que o consumo en si mesmo. Bolsonaro buscaba votantes moderados porque cos radicais xa contaba. Hai anos que ten a fidelidade deste grupo, que non é residual, nin moito menos. Segundo o último estudo publicado por DataFolha, o 33% dos enquisados opina que o Goberno ten o dereito de prohibir partidos políticos, o 23% opina que o goberno ten dereito de censurar medios de comunicación, o 21% cre que pode pechar o Congreso Nacional e o 16% ve lexítimo torturar a sospeitosos para obter información. Bolsonaro ofreceu máis belicosidade, explotando o tema da corrupción e, ao mesmo tempo, catalizando a indignación cidadá Para os críticos coa esquerda e a PT, Bolsonaro ofreceu máis belicosidade, explotando o tema da corrupción e, ao mesmo tempo, catalizando a indignación cidadá. Se Fernando Haddad chegase a completar unha remontada no último suspiro, o seguinte capítulo sería a non aceptación da derrota por parte do ultradereitista e as denuncias de fraude \"Soubo usar o medo e o resentimento de parte da poboación para gañar votos. Ademais do uso descarado de mentiras para propor solucións simplistas para problemas complexos, como o da seguridade\", comenta a eldiario.es o profesor Newton Bignotto, do departamento de Filosofía da Universidade Federal de Minas Gerais (UFMG), autor do epílogo dunha edición moderna do libro Como ganhar uma eleição, de Quinto Tulio Cicerón (ano 64 a.C.), lanzado en Brasil pola editorial Bazar do Tempo. \"Quere participar dun xogo no que só el pode saír vencedor e gañar unhas eleccións para destruír os principios fundamentais da democracia e as regras do xogo democrático\", engade. Só quedan unhas horas para certificar o éxito da estratexia electoral de Jair Bolsonaro e a extrema dereita que representa. E se Fernando Haddad chegase a completar unha remontada no último suspiro, o seguinte capítulo sería a non aceptación da derrota por parte do ultradereitista e as denuncias de fraude, o cal, á fin e ao cabo, apontoaría a súa táctica."}
{"ID": "NOS_37900", "summary": "'Huseyn Javid', con bandeira de Malta, transporta parafina e leva 16 tripulantes a bordo. Quer fondear fronte a Fisterra para as reparacións. A zona está en alerta por temporal, con ondas entre 8 e 9 metros.", "text": "'Huseyn Javid', un buque quimiqueiro con bandeira de Malta e construído no 2007, está a unha milla de Fisterra, onde está previsto que fique fondeado para proceder a reparar os problemas que ten na súa maquinaria. Con 93 metros de eslora e un cargamento de parafina, este quimiqueiro solicitou apoio para se achegar a terra, según aponta Europa Press, após notificar os problemas que estaba a ter. O remolcador polivalente 'Don Inda', desprazouse até a zona e acompaña en todo momento o 'Huseyn Javid'. O petroleiro ten 16 tripulantes a bordo. A intención é fondealo fronte a Fisterra para proceder a reparar a maquinaria. A costa galega atópase nesta segunda feira en alerta, estando previsto que se active a alerta vermella durante a tarde. Agárdanse ondas de entre 8 e 9 metros."}
{"ID": "NOS_50720", "summary": "A secretaria xeral de Podemos cargou duramente esta segunda feira contra Luís Villares. A alianza táctica que ambos dirixentes mantiveron durante destes meses sae moi tocada da crise Quinteiro. Santos cualificou de \"insensatez\" e \"loucura\" a proposta do portavoz de En Marea de consultar ás bases da confluencia a eventual demisión da parlamentar de Podemos-Anticapitalistas.", "text": "Na política de comunicación de Podemos Galiza as tardes das segundas feiras están riscadas en vermello. É cando comparece perante a imprensa a súa secretaria xeral, Carmen Santos. Após a paréntese destes días feriados, a dirixente do partido morado voltou con anovados folgos. E con Luís Villares, con quen en tempos mantivo unha alianza táctica dentro da confluencia, no ponto de mira. Santos bateu en Villares, ao que responsabilizou de reabrir a crise Quinteiro coas súas declaracións desta segunda feira [o portavoz de En Marea reiterou que ao seu xuízo a parlamentar de Podemos que se viu envolvida nun incidente de madrugada coa policía local de Compostela debía renunciar ao seu cargo no Hórreo]. Para a secretaria xeral de Podemos Galiza, o asunto xa ficara finiquitado \"antes da semana santa\", na reunión do grupo parlamentar en que por clara maioría se resolveu a continuidade da deputada de Anticapitalistas [só votaron a prol da renuncia de Quinteiro Paula Vázquez Verao (Cerna) e Davide Rodríguez (Anova), mentres Villares optou pola abstención]. \"Insensatez\" e \"loucura\". Con estas palabras descualificou Santos unha eventual consulta ás bases da confluencia sobre esta crise, proposta deslizada esta mesma mañá por Villares. \"É unha irresponsabilidade submeter a vontade dos inscritos unha cuestión que non é política. Para Podemos é inasumíbel, non lle imos dicer ao partido instrumental [En Marea] o que debe ou non facer. Mais hai que protexer o espazo do cambio e con esa decisión non se fai\". Delegar nas persoas inscritas a decisión sobre a continuidade ou non de Quinterio sería tanto como facer \"un xuízo na praza do pobo\" a cargo do \"tribunal da Inquisición\", atacou Santos. Deu un chanzo máis nas críticas a Villares a secretaria xeral de Podemos Galiza ao deixar entrever que o líder da confluencia lle facía o xogo á estratexia do PP, que exixe a demisión de Quinteiro desde o minuto 1 da crise. \"Hai que ser valentes e ser feministas, non só o 8 de marzo. Isto é unha caza de bruxas da dereita, orquestrada por homes contra unha muller e para danar o espazo do cambio, non para danar Paula Quinteiro\", remachou."}
{"ID": "NOS_49850", "summary": "Co inicio do curso escolar, na maioría dos centros educativos da Galiza botan a andar os comedores escolares baixo a tutela da Xunta, das ANPA ou dos servizos municipais. A obriga de se adaptaren aos protocolos contra a Covid-19 mudou a organización dos espazos e dos recursos, ademais de motivar algunha renuncia.", "text": "Co inicio do curso escolar comezan a funcionar, tamén, os programas de conciliación dos que tradicionalmente botan man as familias para adaptaren a súa xornada ás necesidades e coidados das súas crianzas. O servizo de comedor é unha das prestacións que maior demanda acumula, mais non é a única. A demanda das familias alentou a posta en marcha de aulas de madrugadores e de actividades extraescolares que atenden a rapazada antes e despois da xornada escolar. A pandemia de coronavirus adiou até o último momento a organización de cada un destes programas, xestionados segundo os centros por distintos colectivos e Administracións. O protocolo de adaptación á nova realidade provocada pola Covid-19, impulsado pola Consellaría de Educación, converteuse nunha guía común de obrigado cumprimento, mais tamén foi o detonante, xa no mes de xullo, dalgunhas renuncias que se manteñen e que deixan ducias de familias sen solución aos seus problemas de conciliación ou necesidade social. Problemas de capacidade, custo e responsabilidade A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa) foi a primeira en anunciar que deixaba de xestionar os comedores escolares e o Plan Madruga ante a \"imposibilidade\" de cumprir as medidas impostas pola Xunta, por razón de capacidade, custo e responsabilidade. Á súa negativa sumouse a da Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Vigo (Foanpas). Ambos os colectivos asinaron unha carta conxunta dirixida á Consellaría de Educación na que, ademais de expoñeren os seus motivos, instaban a Administración a resolver as súas demandas. \"Estamos dispostos a continuar coa xestión dos servizos sempre que se garantan as condicións de seguridade sanitaria, atención a todos os usuarios, un custo asumíbel polas familias e non se agrave a xa limitada capacidade de xestión das nosas organizacións\". Nos últimos días, Fanpa chegou a un preacordo coa Xunta para restabelecer o servizo de madrugadores e comedor unha vez a Administración galega aprobe o protocolo de seguridade elaborado polo colectivo e confirme un apoio económico que garanta a prestación do servizo. Sen solución Pola contra, Foanpas mantén a súa posición. \"Neste momento, non empezamos\", asegura Rute Pallares, voceira da federación olívica. \"O protocolo da Xunta di claramente que a responsabilidade de realizar a adaptación dos comedores e das actividades complementarias é das ANPA, que tamén deben asumir a responsabilidade sanitaria. Levamos moitos anos reclamando que debe ser a Administración competente quen lidere a provisión dos servizos de conciliación ás familias. É o momento de parar e recordarllo, xa que esta prestación fundamental non pode depender da voluntariedade das familias\". A renuncia de Foanpas afecta a 27 centros e a perto de 2.000 crianzas, sen solución ningunha ,a falta dunha vía de diálogo cos responsábeis de Educación que mude as condicións actuais. Noutros centros e localidades, a iniciativa das ANPA é complementaria da xestión directa que fan dos comedores e dos programas de conciliación ben a Xunta da Galiza ben os concellos. Xestión municipal O de Ames encárgase dos comedores mais dos programas Bos Días e Tardes Divertidas en cinco colexios e dúas escolas unitarias, nas que tamén ofrecen servizo de comedor. En total, atenderá 1.875 nenas e nenos distribuídos en grupos de convivencia estábel en diferentes quendas e espazos, incluídas aulas, para garantir as distancias de seguridade e as dinámicas das clase burbulla, unha exixencia que obrigou a reforzar os equipos de limpeza e de coidadoras. En Sada, a Administración local tutela o comedor dun dos tres centros da vila. \"O gasto na adaptación dos espazos e na organización dos grupos vai ser continuado\", asegura a concelleira de Educación, María Nogareda, quen asegura un investimento inicial \"impresionante\" en pantallas de protección, xel e reforzo de persoal, \"por riba do que marcan as cotas, para atender todas as quendas e grupos de convivencia\". Comedores da Xunta Os comedores xestionados pola Xunta traballaron na mesma liña baixo a dirección dos propios centros. Desde a ANPA do CEIP Ría de Vigo, en Oia, recoñecen o sobreesforzo do profesorado por acondicionar o espazo e a repartición do alumando. \"Toda a responsabilidade recae no equipo docente, desbordado por todo o traballo que implica preparar o centro ante a Covid-19. Aínda así, este ano atenderá 180 crianzas en dúas quendas a canda un grupo de pais e nais voluntarias\", mais numeroso que outros anos, recoñece Rebeca Costas. O Ría de Vigo conta con cociña propia, ao igual que o CEIP A Rabadeira, de Oleiros, cuxas familias trasladaron esta semana a súa preocupación pola xestión do comedor escolar, con capacidade para 300 nenos e nenas. \"Estamos pendentes de que a dirección nos explique os detalles do funcionamento e das necesidades de persoal asociadas aos novos horarios, á distribución do alumnado por quendas e ás esperas nas aulas despois de xantar\", explica Iria Barreiro, membro da ANPA, que calcula un mínimo de 24 monitores para atender as crianzas. \"Pais e nais voluntarias aínda pendentes de asegurar\"."}
{"ID": "NOS_49796", "summary": "A suba do IPC é máis aguda na Galiza, que supera en sete décimas a media estatal, marcada polo incremento dos prezos da alimentación e a vivenda, que xa é 28% máis cara que un ano atrás.", "text": "O Índice de Prezos de Consumo (IPC) caeu no conxunto do Estado español 0,3% en xullo en relación ao mes anterior, aínda que disparou a súa taxa interanual até 10,8%, o seu nivel máis alto desde setembro de 1984 e seis décimas por riba da marca rexistrada en xuño, segundo os datos definitivos publicados esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O organismo confirma así o dato que avanzou a finais do mes pasado, aínda que elevou unha décima o aumento mensual adiantado. Coa repunta de xullo, a inflación encadea dous meses consecutivos por riba de 10%, logo de ficar en xuño en 10,2%. Segundo o INE, a escalada do IPC interanual até 10,8% en xullo débese, principalmente, á suba do prezo da vivenda, até 23%, por mor dos prezos da electricidade, o vestido e calzado, cunha variación anual de 5%, e aos alimentos e bebidas non alcólicas, que sitúan a súa taxa en 13,5%, a máis alta desde o comezo da serie, en xaneiro de 1994. Pola súa parte, os prezos dos transportes caeron tres puntos en comparación cos datos de xuño, até 16,2%, debido ao descenso do prezo os carburantes. A maior inflación no Estado desde 1984 segue a ser superada polas cifras galegas A subxacente repunta até 6,1% A inflación subxacente —sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos— aumentou en xullo seis décimas, até 6,1%, o seu valor máis alto desde xaneiro de 1993. No sétimo mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) situou a súa taxa interanual en 10,7%, sete décimas por riba dos datos de xuño. A variación mensual do IPCA mostrou un descenso de 0,6%, segundo os mesmos datos do INE. A Galiza, á cabeza A inflación na Galiza supera a da media do Estado e sobe até 11,5%, tamén o maior rexistro das últimas catro décadas. O incremento do IPC na comparativa interanual só é superior en Castela-A Mancha (13,2%), Castela e León (12%) e A Rioxa (11,7%), e idéntico ao galego en Estremadura. Será a Galiza golpeada por unha nova crise económica? No país, aliás, a inflación lidérana o prezo da vivenda (28,1%, cinco puntos máis que no Estado), transporte (15,9%) e alimentos e bebidas non alcólicas (12,8%)."}
{"ID": "NOS_32239", "summary": "A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura celebra esta quinta feira día 30 a xornada anual na que revisa a traxectoria adunha muller que destacou nun ámbito de actuación. Nesta ocasión, a escultora Elena Colmeiro centrará a xornada.", "text": "\"Elena Colmeiro: Espazos da materia\" é o título da xornada que esta quinta feira 30 de outubro achegará á obra e á traxectoria da escultora e, en especial, ceramista ademais de contribuír á reflexión e debate sobre as mulleres na arte. Como cada ano, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega organiza unha xornada encamiñada a coñecer en profundidade o perfil profesional dunha muller dun determinado ámbito nun encontro no que se convida ao debate tamén sobre a presenza das mulleres no seu campo de actuación. Tereixa Navaza e o xornalismo, Mabel Ribera e as artes escénicas ou Xohana Torres e a literatura foron protagonistas nalgúnhas das xornadas anterior, dunha iniciativa que se achega nesta vindeira edición ás artes plásticas da man de Elena Colmeiro. \"Unha relectura a unha obra chea de liberdade creativa, fóra de modas e modismos, pero integrada dentro do eido da escultura actual e que achega un estilo propio á realidade da historia da escultura galega contemporánea\", é un dos obxectivos da xornada que coordinan Chus Martínez e Natalia Poncela e na que participan, ademais da propia Elena Colmeiro, Anxela Caramés, Caxigueiro, María Xosé Díaz, Ana Gesto,Yolanda Herranz, Chelo Matesanz, Holga Méndez, Miguel Anxo Rodrígue, Ana Romaní, Rosario Sarmiento ou Mariam Mariño. Como nas anteriores edicións activarase no Album das Mulleres da Comisión de Igualdade unha cartografía con ampla documentación da traxectoria de Elena Colmeiro."}
{"ID": "NOS_31962", "summary": "PCP e Bloco apostan por políticas máis a esquerda", "text": "A asemblea lexislativa portuguesa puxo esta sexta feira remate ao actual período de sesións co tradicional debate sobre o estado da nación. A resposta sanitaria á pandemia do coronavirus e a crise económica asociada á mesma marcaron unha sesión parlamentaria onde ficaron testada as incertezas das formacións políticas para os vindeiros anos. Ao tempo, fica por clarificar o apoio á política do Goberno primeiro ministro, o socialista Antonio Costa por parte das forzas da oposición parlamentaria de esquerda, que fixeron posíbel a súa chegada ao Executivo. Os portavoces do Partido Socialista sinalaron que os seus obxectivos en materia económica non pasan pola austeridade, poren esixiron ao Bloco de Esquerdas e ao Partido Comunista Portugués(PCP) compromisos claros coa acción gobernamental. A este respecto, o presidente partido Cesar Costa sinalou que as formacións da esquerda \"se están interesados en garantir a estabilidade, deben dicilo rápido\", insistido que \"debemos definir desde xa se temos ou non temos lexislatura\". As palabras do dirixente socialista foron entendidas por algúns sectores como unha mostra da intención dos socialistas a abrirse a acordos co Partido Social Demócrata(PSD). O PSD cuxo achegamento aos socialistas ao longo da crise foi evidente, ofreceron a súa colaboración ao Executivo mentres continúe a emerxencia sanitaria e económica. \"Aquilo que nos interesa é se o Orzamento resolve os problemas do país. Vamos posibilitar o Orzamento só porque temos medo dunha crise política?. Non\", sinalou o vicepresidente da formación conservadora, David Justino, quen considera que hai marxe para continuar a liña de acordos e pactar os criterios do reparto de fondos procedentes da liña de asistencia aprobada pola Unión Europea. O PCP non está disposto a que pandemia sirva de coartada para novos recortes nas condicións do pobo portugués. A deputada comunista, Paula Santos destacou que os problemas do país son estruturais, poñendo como exemplo \"os baixos salarios, precariedade,falla de regulación dos horarios laborais, déficit produtivo e alimentar ou as privatizacións\".O partido urxiu unha aposta pola produción nacional, a agricultura, a pesca, as pemes, e \"a recuperación do control público dos sectores estratéxicos da economía\" O Bloco de Esquerdas demandou un compromiso claro cunha axenda social, se ben condicionou a súa relación co Goberno as negociacións do Orzamento de 2021, onde consideraron chave políticas de reforzo dos servizos públicos e de protección do emprego e dos salarios."}
{"ID": "NOS_43823", "summary": "Países como Rusia ou a China foron excluídos da cimeira impulsada por Joe Biden, que aproveitou para peneirar os territorios que desde os EUA insisten en non considerar sistemas democráticos.", "text": "\"Perante os constantes e alarmantes desafíos á democracia e aos dereitos humanos universais, a democracia precisa defensores\", afirmou onte o presidente dos Estados Unidos (EUA), Joe Biden, na inauguración da Cimeira virtual pola Democracia impulsada polo país norteamericano e que hoxe vivirá a súa clausura. Até 110 Estados foron convidados á cita, o que foi aproveitado por Biden para peneirar os territorios que desde os EUA insisten en non considerar sistemas democráticos, como Rusia, Venezuela, Cuba, Bolivia, Honduras ou a China. Porén, non tiveron problema en convidar os mandatarios do Brasil, Filipinas, Iraq ou Polonia, criticados pola fraxilidade do seu Estado de Dereito. Durante o cumio, Biden propuxo adoptar medidas coordinadas durante o vindeiro ano para \"defender as democracias contra o autoritarismo, combater a corrupción e facer progresar o respecto aos dereitos humanos\". A voceira da Casa Branca, Karine Jean-Pierre, explicou que un dos obxectivos da xuntanza é \"reverter a recesión democrática e garantir que as democracias brinden froitos para o seu pobo\". Zona de confort O evento organizado polos Estados Unidos foi criticado principalmente por Rusia e a China. A voceira do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, Maria Zakharova, reivindicou que \"disto é do que vimos falando hai tres anos. Os EUA están esfarelando o sistema de relacións internacionais baseado no dereito internacional e no papel central da Organización das Nacións Unidas para crear a súa propia zona de confort\". Aos Estados participantes, ironizou Zakharova, \"daráselles o honorábel dereito de servir aos intereses do réxime norteamericano\". \"Con traxedias de dereitos humanos como a morte de 800.000 persoas pola Covid-19, como poden os EUA defender a democracia?\", incidiu o voceiro do Ministerio de Relacións Exteriores chinés, Zhao Lijian. No que atinxe aos países americanos excluídos do cumio, o presidente de Diálogo Interamericano, Michael Shifter, sostivo en AFP que \"é moi probábel que sexa contraproducente tanto para os intereses dos EUA como para a democracia na rexión\"."}
{"ID": "NOS_10016", "summary": "A CIG denuncia a situación deste sector e pon como exemplo o accidente que causou a morte dun traballador en Meaño.", "text": "O accidente do pasado 13 de xullo que lle custou a vida a un traballador de Tendegasa (subcontrata de Telefónica en Pontevedra), aumentou a indignación no sector. Desde a CIG-Industria exixen, a través dun comunicado, que se proceda á regularización das empresas que traballan nas telecomunicacións restrinxindo a subcontratación en cadea, acometendo un maior control en materia de prevención de riscos e saúde laboral por parte da autoridades laborais, recoñecendo o dereito á subrogación deste persoal, e obrigando as empresas ao cumprimento íntegro dos convenios provinciais do siderometal. Após o accidente mortal en Meaño, a CIG-Industria pregúntase \"por que non había plataforma de elevación móbil de persoas a disposición do traballador, en que momento Telefónica revisa eses traballos en materia de seguridade e o cumprimento de protocolos, por que se subcontratan este tipo de traballos, ou porque se prima o pago por puntos nalgúns traballos e non se incentiva o pago por horas e incentivos por cumprimento dos protocolos de seguridade\". \"Temos claro que a subcontratación mata\", asevera a CIG-Industria, que traslada o profundo pesar polo pasamento do traballador, falecido ao partir pola base o poste de madeira ao que estaba subido para acometer a instalación de fibra. Perverso sistema de puntuación Nas empresas das diferentes escalas de subcontratación, o persoal ten que realizar os traballos diarios baixo un sistema de puntuación que leva consigo que, de non acadar as contías establecidas, se produzan ameazas de sancións por non cumprir as exixencias dos puntos mensuais. Para a central nacionalista, nestes tramos intermedios de subcontratación nacen os principais problemas do sector. A operadora principal (Telefónica, R, etc.) redacta os protocolos en materia de prevención e saúde laboral axustándose á lexislación vixente, mais logo, á hora de subcontratar os servizos nos diferentes niveis, as medidas de prevención non teñen un seguimento por parte da contratista. Por este motivo demandan o cumprimento dos convenios colectivos, a eliminación da cadea de subcontratación e o dereito á subrogación do persoal."}
{"ID": "PRAZA_11429", "summary": "Comeza a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel, nos que participan 77 locais de toda a cidade. Ata o 1 de decembro pódense probar 109 tapas, dende as máis tradicionais ata as máis creativas", "text": "Ata o 1 de decembro pódense probar 109 tapas, dende as máis tradicionais ata as máis creativasCrocante de zamburiña con cremoso de mazá; Canelón de lacón; Tempura de polbo, alioli de pataca e grelo, San Simón e millo; Cebiche de Mexilón; Bacallau confitado; Taco de frebas de porco, crema de queixo e cítricos... E así ata 109 tapas. Este xoves comeza en Compostela a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel, nos que participan un total de 77 locais de toda a cidade, que ofrecerán os seus mellores produtos ata o 1 de decembro.Participarán 53 tapas na modalidade tradicional (cun prezo de entre 1 e 2 euros) e 56 tapas na modalidade creativa (de entre 2 e 3,50 euros). Ademais, no que se refire ao Santiago(é)Cóctel, participarán 13 cócteles clásicos (cun prezo de 5 euros) e 12 cócteles creativos (cun prezo de 6 euros). O público poderá votar polas tapas e cócteles a través dos pousavasos oficiais que atoparán nos locais participantes, depositando o seu voto nas urnas correspondentes. Do 6 ao 8 de decembro celebrarase unha 'final' coas dez propostas mellor valoradas por un xuradoDo 6 ao 8 de decembro celebrarase unha 'final' coas dez propostas mellor valoradas por un xurado, tapas que poderán ser probadas de novo polo público para escoller a gañadora. A elección das tapas gañadoras dos premios Santiago(é)Tapas 2019 entre as finalistas farase mediante a ponderación da valoración do xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares. Haberá ademais un premio do público á tapa creativa e un premio do público á tapa tradicional, e dous premios do público aos mellores cócteles.Para percorrer os distintos locais participantes elaborouse un Tapasporte, que inclúe oito rutas distintas de petiscos e unha ruta de cócteles. O documento pode descargarse na web santiagoetapas.gal. e, así mesmo, pode recollerse dende este mércores na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) e na sede da Asociación Hostalería Compostela (rúa das Salvadas, 29). Ademais, tamén se pode descargar a app quedamosdetapas.O locais deberán selar oTapasporte a todos os/as clientes/as que consuman as tapas, que optarán así a numerosos premiosO locais deberán selar oTapasporte a todos os/as clientes/as que consuman as tapas, que optarán así a numerosos premios por completar as diferentes rutas (denominadas (é)tapas). Os premios inclúen dende entradas para Cineuropa, viaxes no tren turístico ou vales de compra no Mercado de Abastos, ata ceas para dúas persoas, noites de hotel e un voo en ultralixeiro pola Costa da Morte.O XII Santiago(é)Tapas está organizado pola Asociación Hostalería Compostela, promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq. O I Santiago(é)Cóctel está organizado pola Asociación Hostalería Compostela."}
{"ID": "NOS_34230", "summary": "Manuel Ferreiro é profesor na UDC desde onde desenvolveu importantes estudos de gramática histórica, lexicoloxía e crítica textual. É o autor do novo fascículo da colección Aí vén o maio! que está a publicar Nós Diario. Falamos con el sobre Pondal e Queixumes dos pinos.", "text": "Neste traballo vostede salienta a grande influencia que Rosalía tivo na incorporación de Pondal á escrita en galego, especialmente a partir de 1863. Tamén sinala que, posibelmente, foi a morte de Rosalía en 1885 a que nos deu un Pondal monolingüe. Pode precisar un pouco máis esa relación e esa influencia? Pondal tiña unha profunda amizade con Murguía e con Rosalía, que ultrapasaba a relación literaria que os unía. A análise da produción pondaliana mostra como a partir de 1863 (ano de publicación de Cantares Gallegos) Pondal, que dera a coñecer A campana d'Anllóns xa en 1858, acelerou a publicación de poemas en galego. E a partir da morte de Rosalía (1885) nunca máis volveu a utilizar o español na súa creación literaria. As datas, pois, non poden ser casuais. \"Pondal compón unha obra complexa, en que a natureza é moito máis do que ornamento\". Que quer dicer con isto? A natureza non é tanto un obxecto de canto poético como a realidade física e obxectiva da nación, que fala a través dela. É significativo que no texto do Himno, os pinos, respondendo á interrogación inicial (Que din os rumorosos...?), son os que pronuncian o discurso redentor da patria. En Queixumes vemos a terra, as gandras e a costa, as rochas e os monumentos megalíticos, os bosques e os ventos... como os elementos obxectivos e identificadores, telúricos e imprescindíbeis, da patria, onde a \"raza escura, galaica\", que vivía nunha servidume oprobiosa, aínda non atendía aos cantos do bardo que clama pola redención da nazón de Breogán. Cais son as liñas poéticas dominantes en Queixumes dos pinos? Sen dúbida, a grande liña poética é a patriótica (política), pois é a idea fundamental que moveu a creación pondaliana e a que organiza todo o libro. Esta liña ten dúas faces fundamentais, os poemas inscritos no celtismo e os de inspiración helénica. Os primeiros mostran a Galiza do pasado, os celtas/galegos en loita cos romanos/casteláns en defensa da patria. Os segundos achegan o ideal da loita e da épica no combate. Ora ben, podemos ver tamén outras liñas en Queixumes, como un grupo de poemas autobiográficos (onde se esvaen os límites entre Eduardo Pondal, persoa real e o profeta-bardo do pobo galego), igual que achamos composicións en torno á natureza ou, evidentemente, un grupo de poemas por volta do tema amoroso. É un lugar común atribuír a Pondal unha visión negativa da muller, falando mesmo da presenza dun autobiografismo misóxino nalgúns dos seus poemas. Considera vostede fundadas estas valoracións, ou, en todo o caso, suficientes para descualificar toda a obra pondaliana? Sei que isto é unha cuestión complexa, mais tamén sei que algúns poemas foron malinterpretados e magnificados por algunhas voces críticas. Non podo entender que Pondal sexa xulgado, de xeito anacrónico, por unha obra que mostra, é certo, algúns textos en que se percibe un ton misóxino e/ou sexista; mais isto está presente en toda a literatura (tradicional, masculina, patriarcal) do seu tempo, e aínda de períodos posteriores. Eses poucos poemas non deixan de reflectir unha punxente realidade da época ou, mesmo, son emitidos por voces alleas ao poeta, lonxe de calquera autobiografismo. E, desde logo, contrastan vivamente con outros moitos poemas con figuras femininas presentadas positivamente (en especial as fadas e as guerreiras celtas). Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos."}
{"ID": "PRAZA_19778", "summary": "ENTREVISTA O novo portavoz nacional de Anova analiza os retos internos da organización e mais de En Marea que, di, debe \"reducir o ruído\" interno e \"reflectir a pluralidade\" interna nos seus órganos de dirección \"As mareas municipais enfróntanse a inimigos moi poderosos; hai que facer piña ao redor destes gobernos\"", "text": "\"As mareas municipais enfróntanse a inimigos moi poderosos, non só ao PP; hai que facer piña ao redor destes gobernos\" Antón Sánchez vén de ser elixido portavoz nacional de Anova. Na xornada en que a formación vén de fixar a súa postura sobre a tensa elección da coordinadora nacional de En Marea o tamén vicevoceiro deste grupo no Parlamento reflexiona sobre o tempo \"acelerado\" da política galega nos últimos anos, que deixou nun segundo plano o \"debate\", e a respecto da necesidade de \"reducir o ruído\" interno. \"A xente\" que apoia En Marea e as forzas que a impulsan, di, \"acepta as diferenzas políticas\" pero afástase cando as formacións políticas se centran no \"nominalista e no orgánico\" ou non reflicten a súa \"pluralidade\". Unha das imaxes que marcou a asemblea nacional de Anova foi a dun violento enfrontamento no plenario. Como o viviu? Para min aquel momento foi moi sorprendente, porque a asemblea foi moi tranquila no debate. Ese feito para nós foi lamentable e non pode volver suceder. En ningunha organización, e menos na nosa, onde nos tratamos de irmáns. Pero foi un feito illado que non ten nada que ver coa actividade de Anova. Tomaron medidas contra estas persoas? Hai dúas persoas que xa non son militantes de Anova e, máis que medidas disciplinarias alén desas, a nova dirección vaino estudar con máis calma a través da comisión de garantías para tentar que non volva suceder. Alén deste episodio o certo é que mantiveron un debate intenso a respecto da formación de candidaturas e vostede mesmo sinalou que lle tería gustado unha lista \"de consenso\" e que por iso vai tentar integrar as persoas que non participaron dela. De que xeito? É das primeiras encomendas: dialogar con moita xente de Anova que tiña discrepancias con algunha das estratexias seguidas despois de anos moi intensos, nos que non houbo moito tempo para traballar na organización. Porque cremos que na maior parte dos casos hai diferenzas estratéxicas, pero non diferenzas políticas de fondo. Ese diálogo debe frutificar en que esa xente que se tentou integrar na lista se incorpore á dinámica de Anova. \"Tivemos que afrontar eleccións sen sermos unha organización consolidada; cómpre crear espazos de debate, de produción de alternativas e discurso\" Que retos diría que ten Anova por diante aparte dese. Vostede mesmo di que lles cómpre fortalecérense… Os que estivemos dende o principio de Anova temos a sensación de que, dende o seu nacemento, viviu un período apaixonante pero a trompicóns. Non eramos unha organización consolidada e aos tres meses da asemblea fundacional viñeron as eleccións autonómicas de 2012. Agora, en principio, temos dous anos para fortalecer Anova e iso tamén fortalecerá a unidade popular. Cómpre fortalecer sobre todo a conexión coa militancia, crear espazos de debate e produción de alternativas e discurso. Anova aí achega a coherencia de apostar por unha liña e seguila dende o principio, aínda que tivese custos internos. Cre, daquela, que lles faltan persoas a xerar discurso, a pensar con calma? Totalmente. O tempo electoral comeunos e unha das cuestións que máis se necesita é reunir e darlle forma de programa político de ruptura ao gran caudal de alternativas que xorde na sociedade. Porque as leis non son neutrais nin inocentes e neste marco non hai posibilidade de transformación profunda. Por iso hai que elaborar alternativas, mesmo no máis concreto. No seu caso, tocoulle remudar na portavocía unha figura de peso, como é Xosé Manuel Beiras. Como o afronta? É unha remuda no orgánico pero non de ocupar ese espazo, sería imposible. Eu son Antón Sánchez, Beiras só hai un. E colectivamente, como ten dito moitas veces o propio Beiras, ten que haber máis xente que asuma a súa parte de responsabilidade e iso vai traer cousas positivas. O que tivo de bo o que se deu en chamar nova política é que sempre que se lle dan responsabilidades á xente, aparece xente boa para asumilas. Falan de responsabilidades internas en Anova, pero tamén en En Marea. Como ve o panorama tras a elección da coordinadora nacional e da portavocía? O proceso non estivo exento de tensión e teñen un conflito por resolver. Cara a fóra trasladouse un debate moi nominalista e eu creo que é un erro colectivo. Debeu haber moito máis espazo para debater politicamente o que debe ser En Marea. Ese período de reflexión e debate era necesario, e se cadra debémolo dar máis abertamente. En Marea non pode ser unha organización política asimilable ao sistema ou simplemente unha alternativa institucional preocupada só dos tempos electorais. As institucións deben ser ferramentas, son útiles e hai que facer un bo traballo, pero temos que ter unha organización capaz de conectar na sociedade e axudar nas loitas que se dan na rúa. E isto non é demagoxia; todos os avances que se conseguiron producíronse cando tivo protagonismo a sociedade civil, cando houbo xente pelexando fóra: as preferentes, a minaría de Corcoesto, os desafiuzamentos… Nós temos que ser unha ferramenta ao servizo desas transformacións. Hai que dar ese debate, pero tamén reducir o discurso sobre o orgánico e o xurídico, que ás veces substitúe ao político. \"Cremos que a elección da coordinadora non reflicte a pluralidade do espazo; é reconducible porque facemos unha análise crítica, pero comprometémonos a traballar en En Marea\" Diría que a fenda é reconducible? Nós como Anova xa fixemos un balance construtivo e crítico. Cremos que a elección da coordinadora non reflicte a pluralidade e a diversidade do espazo, e iso tampouco é un tema baladí se partes do diagnóstico de que a maioría que sofre as políticas da dereita é diversa e plural. Se non es quen de integrar iso baixo mínimos comúns non vas ser quen de plantarlle cara. É reconducible dende o punto de vista de que nós facemos unha análise crítica, pero nos comprometemos a traballar para que En Marea sexa o que cremos que debe ser. Estamos dicindo que imos dar o debate político, pero estamos xogando no campo de En Marea. Como cre que pode ver este proceso a xente que non siga tan de cerca a vida interna das formacións políticas e ata agora simpatizase con En Marea ou coas formacións que a impulsan? Á xente que nos apoia gústalle que o debate se dea en termos políticos. Pero cando se dá en termos nominalistas ou orgánicos dálle impresión de ruído, de que non se fan ben as cousas. Todas as mensaxes que se dan teñen que ser entendibles: nós estamos loitando por que esta organización que nace coa mensaxe de rachar coas formas que nos impón o sistema responda tamén a iso a nivel organizativo. \"Hai que escoitar á xente que nos apoia, que non quere ruído nin loitas polo poder\" Cren que se enfrontan á desilusión, ao picazo das expectativas de cambio dos últimos anos? Existe, pero tamén existe a posibilidade de traballar correctamente e construír. Existe se asumimos que o único obxectivo é ter un grupo parlamentario, edís ou alcaldes. Xestionar o existente. A xente pode comprender que atendamos os compromisos electorais, pero tamén hai que fortalecer a organización. Estamos a tempo de non defraudar. É certo que sempre é complicado partir de expectativas tan altas, pero hai que escoitar a xente que nos apoia. E saber que o que non queren é ruído nin loitas polo poder sen argumentos por tras. Houbo, daquela, unha loita polo poder? Eu creo que hai diferenzas de modelo. Lexítimas todas, non estamos en posesión da verdade absoluta, pero hai diferenzas niso. Non son cuestións persoais, iso podo afirmalo. Outra cousa é que só se traslade o balbordo. Son diferenzas de modelo, de obxectivos prioritarios, nas que hai que chegar a unha síntese. Pero non creo que fose unha cuestión de egos."}
{"ID": "NOS_2062", "summary": "A ausencia das catro principais categorías desvía o foco de atención", "text": "A disputa da Supercopa desde mediados de semana en terras de Arabia Saudita por parte de Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid e Athletic de Bilbao trouxo consigo a suspensión das catro principais categorías do fútbol a nivel estatal: Primeira División, Segunda División, Primeira RFEF e Segunda RFEF. Iso significa que todo o protagonismo recae na Terceira Galega, nunha xornada moi especial para ela tamén porque supón o seu regreso aos terreos de xogo logo de que a Xuíza de Competición determinase a suspensión da totalidade dos encontros que tiñan previsto levarse a cabo a fin de semana pasada a causa do exponencial aumento de casos positivos nos distintos equipos. Así, os primeiros en pisar un terreo de xogo neste 2022 serán Ourense e Viveiro, nun choque previsto para as 16.30 horas deste sábado no Estadio do Couto e no que os visitantes aínda non poderán contar coa súa última incorporación, o dianteiro camerunés Félix Chenkam, que foi presentado onte e que chega procedente do Puerto Genil. Media hora máis tarde, ás 17, comezarán tres partidos máis: Somozas-Atlético Arnoia, Choco-Polvorín e Noia contra Fabril, filial dun Deportivo da Coruña que aproveitará esta parada no calendario para xogar un amigábel (sábado, 11 horas) contra a Ponferradina, quinto clasificado na Segunda División e ante o que caeu derrotado recentemente (1-2) na última edición dun Trofeo Teresa Herrera que viaxou até o Bierzo por vez primeira. O Silva volve competir despois dun mes de ausencia O domingo o Sofán-Racing Vilalbés abre o programa deportivo ás 16 horas, collendo a remuda ás 16.30 horas o Alondras-Silva. Este encontro conta co atractivo especial de ver á escuadra coruñesa -novena clasificada a pesar de disputar até dous partidos menos que os seus rivais- pisar o céspede logo de máis dun mes de ausencia debido á Covid-19. E para fechar a xornada, ás 17 horas arrancarán o Xuvenil de Ponteareas-Rápido de Bouzas e o Barco-Estradense, club que ambiciona o triunfo non só polos puntos, senón para dedicarllo ao seu presidente, que perdeu o seu pai a semana pasada. 'O noso derbi' volve na Copa xuvenil Volve 'O noso derbi', pero na súa versión en miniatura, pois os equipos xuvenís de Celta de Vigo e Deportivo da Coruña colisionarán o domingo ás 12 horas co gallo da disputa dos dezaseisavos de final da Copa. O sorteo, levado a cabo na sede da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) en Madrid ,estivo condicionado pola proximidade xeográfica, polo que este duelo era unha opción máis que plausíbel. Coa eliminatoria programada a partido único, a escuadra olívica exercerá de local debido á súa mellor clasificación na táboa da liga de División de Honra, que encabeza con 47 puntos en 17 partidos nos que aínda non coñeceu a derrota. Esa condición de local, unida ao seu excelente desempeño até o momento na competición da regularidade e á presenza de nomes tan potentes como Pablo Meixús, Hugo Sotelo, Martín conde ou Hugo Álvarez -algúns dos cales mesmo xa debutou co primeiro equipo- fan dos celestes os favoritos, pero non cabe descartar un triunfo dun Deportivo que é segundo na Liga e que tamén conta con futbolistas de máximo nivel."}
{"ID": "PRAZA_17648", "summary": "O delegado do Executivo central mantén o seu primeiro encontro institucional co alcalde coruñés e asegura que \"a vontade do Goberno de España é que o Concello lidere\" o proceso HEMEROTECA | Portos do Estado advirte á Coruña: \"Non temos ningunha vocación de facer cidade, queremos pagar débedas\"", "text": "HEMEROTECA | Portos do Estado advirte á Coruña: \"Non temos ningunha vocación de facer cidade, queremos pagar débedas\" O pasado abril a Xunta e os daquela máximos responsables do Ministerio de Fomento e Puertos del Estado xuntáronse na sede da Autoridade portuaria coruñesa para, sen previo aviso ao Concello, asinar o protocolo que marcaba as liñas mestras a seguir no bordo litoral da cidade cando as actividades do porto sexan trasladadas definitivamente a Punta Langosteira. O acordo, a grandes trazos, deixaba a porta aberta á privatización de ata o 80% dos terreos e, ante a protesta municipal, o goberno que encabeza Xulio Ferreiro recibiu como resposta un convite a poñer fondos para mercar parte desas propiedades. Ao cabo, a entidade estatal non tiña \"ningunha vocación de facer cidade\", só \"queremos pagar débedas\", resumira poucos días despois o seu presidente, Jose Llorca, nunha comparecencia no Congreso. Apenas mes e medio despois daquel acordo e no medio dun intenso debate político e social na cidade a moción de censura do PSOE tombaba o Executivo de Mariano Rajoy e dende o Concello coruñés Ferreiro anunciaba a súa intención de \"poñernos en contacto coas novas persoas responsables en canto se nomeen\" para tentar \"redefinir acordos e tecer unha alianza sincera\". A finais de xuño o ex-alcalde coruñés Javier Losada tomaba posesión como delegado do Goberno central en Galicia e pouco despois, o 7 de xullo, o gabinete de Sánchez remudaba a presidencia de Puertos del Estado, agora encabezado por Ornella Chacón. Con este pano de fondo Losada mantivo este martes o seu primeiro encontro oficial con Ferreiro e evidenciou a mudanza de rumbo. Losada: \"A vontade do Goberno de España é que o Concello lidere este proceso e estea co resto das Administracións en calquera negociación\" Alén de expoñer unha \"vontade\" xenérica de \"devolver a autonomía ás cidades\", Losada asegurou que o novo Goberno coida que \"o Concello debe ser partícipe e protagonista\" no \"desenvolvemento dos peiraos interiores\". \"No último protocolo subscrito non estaba a cidade\" e dese texto o representante estatal só \"queda\", cando menos de momento, \"cos 20 millóns que achega a Xunta\" e coa \"valoración da impicación de todas as administracións\". Alén disto, afirma, a \"vontade do Goberno de España\" é que \"o Concello lidere este proceso e estea co resto das Administracións levando a cabo unha obra que ten un desexo: a mellora da calidade de vida dos cidadáns\". Por iso, asegura, \"en calquera negociación\" sobre \"o estudo, renovación ou cambios\" dos convenios de 2004 \"estará presente o Concello\". Ferreiro amósase satisfeito coa mudanza pola \"importancia de que A Coruña estea liderando a anexión dos terreos portuarios á cidade\" No Concello acollen con satisfacción a mudanza pola \"importancia de que A Coruña estea liderando a transformación e a anexión dos terreos portuarios á cidade\", di Ferreiro, en \"contraposición\" co anterior \"protocolo de intencións\", que \"non incluía o Concello. Neste sentido o rexedor coruñés resalta que tras os proxectos expostos no foro 'Tecendo litoral', o Concello prevé \"continuar o proceso aberto de debate e información coa convocatoria dun concurso público de ideas\" para o bordo litoral que \"terá nunha das súas patas a creación dun xurado institucional\" e \"no que participará tamén a cidadanía\". \"Convidei o delegado a participar\" nese xurado, anuncia Ferreiro, quen avanza que ese convite xa foi cursado e \"aceptado\" polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde. \"Así se fará tamén con outros axentes e representantes de institucións como a Autoridade Portuaria ou Puertos del Estado\", ademais de a todos os grupos da corporación municipal, especifica."}
{"ID": "PRAZA_12036", "summary": "Falamos con Mano de Obra, Franc3s, Carrero Bianco, Novedades Carminha, Noise Project, Disco Las Palmeras, Mequetrefe, Metralletas Lecheras e Sr. Anido sobre o momento actual da música galega, o ruído, o bizarrismo e as dificultades económicas de festivais e salas.", "text": "Mano de Obra, Franc3s, Carrero Bianco, Novedades Carminha, Noise Project, Disco Las Palmeras, Mequetrefe, Metralletas Lecheras, Sr. Anido..., propostas moi diferentes entres si, pero con gusto polo ruído, o bizarrismo, a distorsión ou a fuxida de convencionalismos sonoros, estéticos e narrativos. Falamos con todos eles sobre o momento actual da música galega, as perspectivas para o 2012 e as dificultades económicas de festivais e salas. Preguntámoslles tamén sobre estes elementos que os unen, e con eles a varias ducias máis de bandas no país, esa etiqueta ás veces un chisco forzada de Galicia Bizarre. Xa o pasado ano se publicou o primeiro compilatorio, que sumaba a bandas como Metralletas Lecheras, Indómitos, Los Santos, Lee van Cleef ou srasrsra, e que prepara a segunda edición, con quince novas bandas (Tora Tora Tora!, Tetra & Freak, Sr. Anido, Fluzo, Terbutalina ou Alarido Mongólico). Como salientan os coruñeses Mano de Obra: \"Facemos unha cancela cun somier, cocemos o polbo nun bidón, destilamos licores no galpón, montamos un furancho con catro ferros para compartilos..., se cadra pasa o mesmo coa música. Se tes un teclado \"dos da cabra\" e unha guitarra ou unha zanfona e unha distorsión ou un bote de colacao e unha melódica... o caso é tirar para adiante\"."}
{"ID": "NOS_2455", "summary": "A Arxentina e Arabia Saudita queren entrar no bloque do BRICS, que mantivo a súa décimo cuarta cimeira nas derradeiras xornadas.", "text": "Esta sexta feira decorreu, de maneira virtual, a segunda xornada da cimeira do BRICS, esta vez en formato ampliado. Así, o Brasil, Rusia, a India, a China e Sudáfrica, os cinco membros do bloque, prevén a participación de líderes doutros Estados. Rusia e China acusan a OTAN de \"debilitar a estabilidade doutros países\" En particular, diversos medios de comunicación informaron da participación do presidente da Arxentina, Alberto Fernández. Tanto a Arxentina como Arabia Saudita teñen amosado o seu interese por unirse a este bloque de Estados, unha intención sobre a que a China xa se ten manifestado en favor. Os cinco Estados que pertencen actualmente representan a cuarta parte da economía mundial. Exipto e Uzbequistán son outros dous Estados dos que ten transcendido a súa participación nesta cimeira. Kissinger avisa dunha posíbel guerra entre a OTAN e Rusia A intención dos países que están a facer parte da reunión é facer énfase na necesidade de desenvolver o multilateralismo dentro do ámbito das relacións internacionais, tal e como se recolle na declaración asinada na primeira xornada da cimeira polas Presidencias dos cinco Estados membros, que tamén avogaron por un desenvolvemento inclusivo e aumentar a cooperación cos Estados emerxentes. A deste ano supón a décimo cuarta edición da cimeira do BRICS, neste caso presidida pola China. Na mesma, os Estados membro reafirmaron o seu compromiso de conseguir \"un mundo libre de armas nucleares\". A China propón unha estrutura de seguridade internacional Así, advertiron contra os perigos dunha carreira armamentística e lembraron que \"nunha guerra nuclear non pode haber gañadores e nunca debe librarse\". Neste contexto, destacaron especialmente a necesidade de resolver a cuestión nuclear iraniana a través de medios pacíficos e diplomáticos e conforme as normas do dereito internacional. Ao mesmo tempo, instaron a impulsar o sistema de control de armas, desarmamento e non proliferación en relación ás armas biolóxicas, tóxicas e químicas. Ademais, o cinco países membros expresaron o seu compromiso con desenvolver unha actividade espacial sostíbel a longo prazo e evitar unha carreira armamentística e o despregue de armas no espazo. Así mesmo, os Estados do BRICS fixeron fincapé no \"enorme potencial\" das tecnoloxías da información para o desenvolvemento, aínda que destacaron as novas ameazas que xorden no caso de que ditas tecnoloxías, cada vez máis modernas, se utilicen con fins delituosos."}
{"ID": "NOS_40885", "summary": "A literatura infantil e xuvenil galega volve estar de parabéns, pois veñen de coñecerse as obras incluídas na Lista de Honra IBBY 2022, un catálogo das mellores obras do mundo neste eido, e que supón alongar a súa vida. Nesta ocasión, os títulos son O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco), de Antonio M. Fraga, Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira), de Kenzi Miyazawa, na tradución de Gabriel Álvarez, e as ilustracións de Miguel Robledo. Así mesmo, a editora pontevedresa Kalandraka recolle unha nomeación da versión castelá de Miña Guía, Meu Capitán de Gonzalo Moure e María Girón.", "text": "Adoita dicirse que a esperanza na literatura galega atópase na infantil e xuvenil, un eido que pode frear a baixada nos alarmantes índices de lectura na nosa lingua e que, quizais tamén por iso, fai xermolar grandes obras que son capaces de crear certo lectorado. Neste sentido, e contra os que aínda cren que este tipo de literatura é inferior, contamos na terra cun monllo ben importante de autores e autoras que teñen o público máis miúdo como obxectivo con historias que transcenden calquera idade e poden dirixirse a persoas de 0 a 99 anos. Esta boa saúde tamén iría parella a unha maior visibilización alén da Galiza, que se reflicte nos premios nacionais que nos últimos anos recaeron en autores galegos referentes neste xénero, caso de Ledicia Costas ou Antonio García Teijeiro. Estes dous autores contan o universo da infancia e da xuventude desde o seu Vigo e para o mundo, con historias que son universais e que logran chegar a sensibilidades doutras latitudes, quizais porque o mellor dos libros sempre é que falen do universal desde as historias do cotián. Recentemente coñecemos que a LIX galega volve estar representada na Lista de Honra IBBY 2022, concretamente a través de dous títulos ben interesantes: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga coas ilustracións de Víctor Rivas (Urco Editorial, 2018), e Unha noite no tren da Vía Láctea, na tradución de Gabriel Álvarez Martínez e as ilustracións de Miguel Robledo (Aira Editorial, 2020). Cada dous anos difúndese en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY, que inclúe os libros publicados recentemente dos países membros e que destacan pola calidade da escrita, da ilustración e tradución.A Lista IBBY, un revulsivo para a LIX galega Segundo informan dende a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix, cada dous anos difúndese en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY, que inclúe os libros publicados recentemente dos países membros e que destacan pola calidade da escrita, da ilustración e tradución. Pero, como se seleccionan estes libros? As consideracións máis importantes son que os libros representen o mellor da literatura infantil de cada país e sexan títulos de valor universal, merecentes de seren traducidos e publicados en todo o mundo. O obxectivo non é outro que fomentar o entendemento internacional a través da literatura infantil. Así o salienta Pilar Sampedro, desde Gálix, quen incide na calidade dos dous traballos destacados nesta edición, e dunha forma especial apunta que \"o libro traducido por Gabriel Álvarez foi defendido desde o grupo de tradutores, por cuestións como a calidade, a importancia do texto para a literatura orixinaria e por tratarse dunha lingua moi afastada da nosa\". Isto supón que logo da presentación dos libros en setembro no 38º Congreso Mundial IBBY en Putrajaya, Malaisia, vanse distribuír por todo o mundo máis de 2.000 copias do catálogo da Lista de Honra IBBY 2022. Así, estes títulos van ser coñecidos noutras latitudes, o que permitirá alongar a súa vida e abrir outras canles de distribución e de diálogo. O bestiario científico de Anxos Nogueirosa O bestiario científico de Anxos Nogueirosa é un libro moi especial para o escritor Antonio M. Fraga, pois como el mesmo confesa, \"trátase dunha novela á que lle dediquei moito tempo, cun período de documentación e escrita longos, pero que se viron recompensados xa desde o inicio mesmo da publicación\". Non en van, a novela, que conta coas ilustracións de Víctor Rivas, fíxose co I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado por Urco Editora e o Concello de Pontevedra, e o premio de literatura xuvenil da Gala do Libro Galego no 2019, e agora entra nesta lista internacional, \"o que supón prolongar a celebración da novela\", confesa o autor de Pontedeume, considerado unha das grandes voces actuais da literatura infantil e xuvenil galega. O libro condensa conta cun poder das descricións do tempo e do espazo para recrear unha historia que nos emociona coma cando eramos cativos. Nel atopamos unha ollada preocupada polas tradicións, por un mundo rural que xa se foi e pola loita das mulleres por conseguir ter os mesmos dereitos que os homes. Iso si, todo matizado baixo o elo da literatura xuvenil e dunhas descricións que nos deixan coa boca aberta, como é o caso deste fragmento: \"A partir de entón o constante cabalgar das rodas sobre os raís iniciaron un transo de quietude que me envolveu por completo. Non ía tanto frío como na estación, mais tampouco calor, polo que subín, precavido, o colo da chaqueta e soltei o alento entre as mans para quentar os dedos. O longo convoi ía deixando tras de si paisaxes de leiras traballadas con algunha casa ao raro. Ás veces, o sol iluminaba a plataforma, para despois agocharse detrás dalgún cómaro ou dunha barreira de árbores. Ao lonxe, cara ao oeste, o mar entraba nas rías cos seus enormes brazos azuis\". Por iso, ademais das persoas que transitan por esta novela, as protagonistas son a natureza, a loita das mulleres no mundo da ciencia, a recuperación da tradición e o legado histórico. Xusto neste momento, na viaxe en tren, comeza a aventura de Suso, un neno que aos seus trece anos é obrigado a pasar o verán do 1933 nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza debido a un problema de saúde. O que non imaxina é que, tras a descuberta dun caderno misterioso vai marcar unha experiencia marabillosa. O Liber bestiarium scientificus pertence a Anxos Nogueirosa, tía de Tila, unha nena das colonias, a través da que agromarán no corazón de Susiño sensacións de amizade e, incluso, amorosas. Segundo explica o autor, \"é unha historia moi especial para min, cuxa chama prendeu dunha exposición da Universidade da Coruña que vin na Escola de Enfermería e Fisioterapia, sobre as colonias e o Sanatorio Marítimo de Oza, e que me deu para mesturar con animais fantásticos\". A pluma de Fraga atópase moi apegada ás sensacións, ao mundo do sensíbel, e á preocupación polas causas xustas. Por iso, ademais das persoas que transitan por esta novela, as protagonistas son a natureza, a loita das mulleres no mundo da ciencia, a recuperación da tradición e o legado histórico. Un libro idóneo para o público infantil e xuvenil, sobre todo porque nel atopamos valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, ademais de transmitirse a querenza polo noso. O bestiario científico de Anxos Nogueirosa é un libro cunha edición moi coidada ao que axudan tamén as ilustracións de Víctor Rivas. \"Despois do premio, precisaba ilustracións sobre as criaturas fantásticas que eu imaxinara e falei con Rivas para que me recomendase ilustradores, e foi el o que se ofreceu a facer este traballo\", confesa emocionado Antonio M. Fraga, quen destaca que \"gran parte do valor deste libro sae das ilustracións\". Unha noite no tren da Via Láctea Na parte da tradución, o libro seleccionado é Unha noite no tren da Vía Láctea, a obra máis famosa do xaponés Kenji Miyazawa, que nos trae Aira Editorial ao galego na tradución de Gabriel Álvarez Martínez. Sobre a xénese do proxecto, o tradutor explica que \"foi unha proposta da editorial, xa que tiñan interese en sacar unha colección de contos deste autor e en 2019 fixéronme a proposta de realizar a escolma dos textos e a tradución\". Un traballo que o levou a consultar un par de antoloxías, tras o que \"tentei seleccionar os relatos en función da extensión, xa que non ía ser un libro grandísimo, e tamén na popularidade do Xapón\". Así, os relatos que se incluíron finalmente son \"Unha noite no tren da Vía Láctea\", \"A estrela da avenoiteira\", \"A araña, a lesma e o tanuki\", \"A oficina dos gatos\", \"Orbel e o elefante\", \"Matasaburó, o do vento\" e \"Gauche o violoncellista\". A tradución foi nomeada tamén na Gala do Libro Galego de 2021, e desde a bitácora literaria Palabra de Gatsby, David Álvarez destacaba \"a introdución dunha guía de pronuncia de xaponés para galegofalantes na edición e pola presenza de poucas notas ao pé, o que permite que os lectores lean as historias sen apenas distraccións\". A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado 'o Principiño' da literatura xaponesa. César Lorenzo, da editorial Aira, salienta que \"este recoñecemento é unha grandísima nova, pois a nosa editora conta con tan só cinco anos, e unha produción limitada, polo que un premio internacional desta categoría é unha forte dose de autoestima e de entusiasmo que nos axuda a seguir traballando na nosa liña de crear libros bonitos nos que a creatividade e a imaxinación se complementan coa fermosura do libro como obxecto\". Lorenzo destaca o traballo de Álvarez Martínez, pois \"son obvias as distancias entre a cultura xaponesa e a galega, e tamén que a obra de Miyazawa está escrita hai máis de cen anos, o que non impide que a tradución se lea como nova, auténtica, nun equilibrio admirábel entre a altura literaria que corresponde co orixinal e a captación dos trazos orais populares que se corresponden cos rexistros dalgúns personaxes e situacións\". A tradución foi nomeada tamén na Gala do Libro Galego de 2021, e desde a bitácora literaria Palabra de Gatsby, David Álvarez destacaba \"a introdución dunha guía de pronuncia de xaponés para galegofalantes na edición e pola presenza de poucas notas ao pé, o que permite que os lectores lean as historias sen apenas distraccións\". Este libro compleméntase coas ilustracións de Miguel Robledo, que segundo o tradutor \"engrandecen os textos, pois é moi fermosa a gama de cores que usou, cunha presenza moi forte dos tons violetas\". O ilustrador recoñecía nunha entrevista que \"a pesar da vertixe, as ideas visuais que xera Miyazawa espoleaban a súa imaxinación\", e por iso aínda que o editor lle dicía que estaba a facer demasiadas ilustracións, todas merecían ser incluídas porque o libro está cheo de imaxes espectaculares. O relato que dá nome ao título constitúe un dos máis relevantes da traxectoria do autor xaponés, e nel nárrase a viaxe onírica de dous nenos, Giovanni e Campanella, a bordo do tren galáctico que suca a Vía Láctea. Esa viaxe en busca da felicidade estará mesturado cunha fantasía marabillosa, cun gran pouso das experiencias vitais do autor e un torrente de simboloxía espiritual. Como confesa o editor de Aira, \"este traballo e o premio \"fortalécenos como editora e tamén nos dá azos para continuar co proxecto dos Clásicos Ilustrados, unha colección que se pode manter en pé grazas ao compromiso de case cen mecenas literarias que nos apoian financiando cada proxecto anual, e por iso o premio é, en gran parte, tamén deles\". César Lorenzo non se esquece do labor de Gálix, pois \"é de agradecer que se fixasen no traballo de Álvarez Martínez e que rompan determinadas inercias na atención e escolla das editoriais\". Así, con estas nomeacións demóstrase que a edición galega é plural e vive un momento moi vizoso, cunha gran diversidade. A literatura galega, moi presente na historia das Listas de Honra IBBY Como xa se veu comentando ao longo desta reportaxe, a literatura galega infantil e xuvenil sustenta un sistema editorial con moitísima variedade tanto a nivel temático, como de xéneros e estilos, e tamén de proxectos editoriais. E iso demóstrase coa presenza nesta Lista de Honra IBBY 2022 de moitos títulos que dan conta do mellor da LIX nas dúas últimas décadas. En 2020, por exemplo, entraron Tinta de luz de Pepe Cáccamo, e a tradución de Pippi Mediaslongas, de David A. Álvarez; en 2018, Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa; e a tradución de Botchan de Mona Imai; en 2016, Escarlatina e a cociñeira defunta de Ledicia Costas, e a tradución de Bisa Bea, Bisa Bei de Ramón Nicolás Rodríguez; en 2014, Palabras de auga de Marcos Calveiro, e a tradución de Contos por teléfono de Carlos Acevedo Díaz; en 2012, Chamádeme Simbad de Francisco Castro, e a tradución de Kafka e a boneca viaxeira de Carmen Torres París; en 2010, O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, e a tradución de O Risón de Ignacio Chao; en 2008 A sombra descalza de An Alfaya; en 2006, O país de amarnos de Ana María Fernández, e a tradución de Harry Potter e a Cámara dos Segredos de Eva M. Almazán García; e en 2004, Pel de lobo de Xosé Miranda, e a tradución de O señor dos aneis. A Irmandade do Anel de Moisés Rodríguez Barcia."}
{"ID": "NOS_8903", "summary": "A banda da Estrada ofrécenos unha primicia á espera da saída do eu terceiro disco.", "text": "A banda de rock que naceu na Estrada en 2005 xa vai polo su terceiro traballo discográfico. Apostando polo galego nunhas letras con mensaxe clara, agardan sorprender cun novo disco do que adiantamos este videoclip. NAO actuará o 24 de xullo no Carballiño para celebrar o Día da Patria."}
{"ID": "PRAZA_15190", "summary": "Seria óptimo que os responsáveis institucionais do idioma galego -A Real Academia Galega, o Conselho da Cultura Galega- tomassem nota da dimensom internacional do nosso idioma e das exigências que tam afortunada circunstáncia comporta. A estratégia de reintegraçom paulatina do galego no seu ámbito idiomático universal é umha opçom imperativa para qualquer olhada livre de preconceitos e de ressessas polémicas que poucos conhecem e a ninguém interessam", "text": "Desculpem mas quero confessar-lhes que o meu carro é reintegracionista. Tal como ouvem. Bom, para ser preciso, realmente no que fala, e mesmo escreve, é em português, mas isso som matizes menores, acho eu. Quando digo que fala, refiro-me, como podem entender, ao navegador: \"próxima rotunda, segunda rua\" ou \"invirta o sentido da marcha quando for possível\". Um desvelo quase maternal com que tenta proteger-me prolongado em textos emitidos na pequena pantalha ou ecrám frontal: \"ponha o cinto de segurança\" ou \"pressom dos pneus correcta\", e muitas outras recomendaçons sempre atentas, em correctíssimo português que eu interpreto como umha deferência comigo. Alguém o informou do meu gosto polo galego em aparelhos electrónicos e etiquetado. A deferência idiomática é um traço a agradecer visto o carro ser alemám. Talvez convenha aclarar que, devido à umha particular opiniom inveterada, considero o aparelho de rádio e o reprodutor musical elementos centrais num carro. Foi por isso polo que me empenhei em instalar no meu um extra denominado pola casa \"pacote de comunicaçons\". A denominaçom de pacote nom carece de ironia visto o prezo mas bom, oferece-me ingentes quantidades de música que elejo a vontade mediante um lápis óptico e selecciono despois mediante um infalível sistema de escolha. Naturalmente em português. Quanto ao prezo... bom, um pode sempre tranquilizar a consciência pensando na que tal dura hoje um carro e nos poucos que um pode chegar a estrear no futuro previsível. Há outros idiomas no meu pacote opcional entre os quais nom estám o catalám e o euskara mas si idiomas como o norueguês e o russo, de escassa utilidade para mim como podem compreender. Pacote e navegador som umha fonte de satisfacçom para mim vista a dificuldade de que te respondam no teu idioma próprio em qualquer demanda de informaçom que solicites em Galiza, a começar polos serviços públicos. É o chamado bilingüismo harmónico ou liberdade de eleiçom. A Junta bem que o sente mas... é que nom deixam os pais, convertidos agora em sócios de goberno. Nunca pode um aplicar o seu ideário político, compreendo o desgosto de Feijoo. Às vezes, ouvindo os conselhos da portuguesa que me acompanha nas viagens -si, é portuguesa, eleiçom de gênero que aplaudo sem reservas- penso: que bem fala a amiga, sorte de compartir-mos idioma. Desventurados aqueles de menor difusom, condenados de por vida a inventarem neologismos a ritmo frenético e incapazes de experimentarem as virtudes do cosmopolitismo imperante. Nom há tantos anos, matinava eu -umha viagem dá para muito- o deputado Camilo Nogueira fazia uso dos recursos lingüísticos oferecidos polo Parlamento Europeu para ser traduzido em simultáneo ao resto dos idiomas. O sucesso parece nom ter surpreendido muito em Galiza, quer por o deputado se ter manifestado em idioma estrangeiro, assunto sempre conflitivo em países auto-suficientes, quer por estarmos demasiado habituados a ver triunfar o idioma proprio polo mundo adiante e preferirmos passar directamente aos resultados de primeira divisom. Nom saberia dizer. Estoutro dia lia eu na imprensa umha notícia que me deu que pensar. O New York Times projecta lançar no 2013 umha versom do jornal portuguesa no Brasil com artigos traduzidos (2/3) e elaborados in situ (1/3). A notícia coincidia com o anúncio do Financial Times da sua intençom de lançar um jornal de impressom digital em São Paulo sem descartar convertê-lo em breve em ediçom impressa. Os argumentos esgrimidos por um e outro diário para justificarem a sua aventura som similares. O crescente protagonismo económico e político do Brasil na cena internacional e o facto de contar com 200 milhons de habitantes era o decisivo. Resumia-o em pocas palavras Arthur Sulzberger Jr, presidente do NYT: Brazil is a perfect place for The New York Times to take the next step in expanding our global reach. Outro argumento era a notável expansom da imprensa escrita no Brasil, em marcado contraste com a atonia constatada na Europa e nos E.U.A. O terceiro argumento surpreendeu-me mais: Brasil era assinalado como excelente plataforma para o conjunto da área latino-americana visto os grandes países hispano-falantes da área sofrerem de doença auto-referencial: there's no great evidence that people in Mexico are desperately looking to know what's going on in Argentina or vice versa. Além disso, estám as peculiaridades idiomáticas que afectam ao espanhol internacional: which Spanish? Mexico Spanish is different from Spain Spanish. Afinal, o grande diário da City (2,2 milhons de leitores diários em 2011, 4,2 milhons na ediçom digital) e o mítico NYT (1 milhom de exemplares diários) vam-lhe dar a razom ao entusiasta cartaz que nos convocava ao estudo do português no hall da Escola Oficial de Idiomas de Santiago: Em português dás a volta ao mundo. Pois é. Seria óptimo que os responsáveis institucionais do idioma galego -A Real Academia Galega, o Conselho da Cultura Galega- tomassem nota da dimensom internacional do nosso idioma e das exigências que tam afortunada circunstáncia comporta. A estratégia de reintegraçom paulatina do galego no seu ámbito idiomático universal é umha opçom imperativa para qualquer olhada livre de preconceitos e de ressessas polémicas que poucos conhecem e a ninguém interessam. O Parlamento da Galiza tem resolvido admitir a trámite umha proposta de lei de iniciativa legislativa popular para a incorporaçom paulatina da língua portuguesa ao ensino do galego e a progressiva abertura ao universo cultural lusófono. Precisam-se 15.000 assinaturas, será possível alcançá-las? Seria bom, talvez poderíamos evitar assi que o senhor de Ponte Vedra que habita na Moncloa tenha que recorrer ao fone de ouvido para entender a dona Dilma Roussef que costuma falar claro. Valentim Paz Andrade aforrou em fones a asi chegou a rico. O espanhol é o português som dous maravilhosos veículos de comunicaçom em rápido crescimento na comunicaçom oral e na rede. Nesta dinámica de crescimento compartido o português avantaja ao espanhol: 990,1% contra 807,4% durante o período 2000-2011, segundo o website internacional Internet World Stats. Nada mau pode vir da competência aberta entre os dous idiomas que falamos os galegos. A única inquietaçom para nós, cidadáns empenhados na sobrevivência do galego, é a condena a reclusom perpétua no curto-circuito familiar e autonómico à que pretendem submetê-la os seus valedores. O honor devido ao idioma de Meendinho e ao fiel séquito de usuários presentes e ausentes demanda projectá-lo na rede, no cinema, na imprensa, no foro científico ou literário, no mundo ancho e alheio. Resgatá-lo da clausura doméstica que compromete a sua saúde para que a criança, já graúda, saia a brincar com os seus amigos aí afora. Nom é débil nem inexperto, nom se vai magoar, deixem-no à rua, precisa aprender a viver. De volta podo acercá-lo eu mesmo a casa, no meu carro."}
{"ID": "PRAZA_15189", "summary": "O enxeñeiro informático que realizou un clon da web do Senado para demostrar o gasto absurdo en softwares propietarios explica as súas motivacións e denuncia o moito que aínda hai por facer canto á penetración do código libre, do open data e dos estándares abertos nas institucións españolas. Entrevista no interior.", "text": "O luns 12 de novembro inaugurouse a nova web do Senado español, albo de críticas desde antes mesmo do seu lanzamento debido ao seu alto custo. Poucos días despois, un xoven enxeñeiro informático, con 15 anos de experiencia na web, presentou un clon da mesma web creado con software de código aberto e gratuito, polo que o prezo das licenzas se reduciu a 0 euros. O autor da iniciativa prefere manter o anonimato, para que o debate se centre no uso de software libre, mais concedeu a seguinte entrevista a Praza, na que explica as súas motivacións. A nova web do Senado español foi obxecto de polémica por conta do seu elevado custo e de certos fallos técnicos. Concorda con esas críticas? Totalmente. Cando lin a nova e vin tanto cero, non podía crelo. O custo non é real: ese mesmo traballo, se fora encomendado por unha empresa privada, tería unha resposta moi diferente por parte de empresas de deseño web. Mais, así que alguén di as palabras \"cartos públicos\", todos esfregamos as mans. Canto aos fallos técnicos, non podo opinar porque non lle fixen ningún test a través de ferramentas de hacking: facer iso nunha web institucional é meterse en moitas leas. Pero lin por aí que había erros de HTML injection, aínda que iso supoño que é responsabilidade da empresa a quen lle compraron o software, neste caso a Oracle. Vostede realizou un clon da web do Senado, coas mesmas funcionalidades que a orixinal e cun aspecto moi similar. O que pretende demostrar con iso? O único que quixen demostrar é que podería usarse outro tipo de sistemas que teñen un custo 0 en licenzas Tampouco están todas as funcionalidades, só creei unha estrutura e un front-end similar. E tamén programei algunhas aplicacións e funcionalidades: como instalar unha tenda, un script para o hemiciclo, un sistema de fichas... Mais aínda ficaría moito traballo, como todo o sistema de documentación interna e externa. O único que quixen demostrar é que para o uso que se lle vai dar, podería usarse outro tipo de sistemas que teñen un custo 0 en licenzas. Ou moi barato se se contratan licenzas Enterprises ou Community que algúns softwares –como alfresco, nuxeo ou liferay– ofrecen. No seu documento explicativo, afirma que se podería ter aforrado a metade do custo da web oficial do Senado recorrendo ao uso de licenzas libres. É habitual a utilización dese tipo de licenzas en webs institucionais? É, si. Efectivamente, o uso de licenzas open source é moi habitual en webs institucionais. O propio Obama, na presentación da web da Casa Branca desenvolvida baixo open source co CMS Drupal, dixo moi acertadamente \"yes, we Drupal\". A Interpol usa EzPublish, e o exército americano, a administración inglesa, o goberno francés, etc. E moitos países usan a distribución Ubuntu de Linux en toda a súa administración en vez de Microsoft Windows. Por que cre que en España aínda non se consolidou a cultura do software libre nas institucións? O escaso uso do software libre creo que se debe principalmente ao descoñecemento, e en parte tamén á preguiza Iso non o sei. Non querería pensar mal e considerar que, ao non haber diñeiro polo medio, non hai comisións. Mais non creo que sexa esa a única razón: principalmente creo que é por descoñecemento, e en parte tamén por preguiza. En España, non nos gustan as mudanzas. Mais mesmo así, hai varios exemplos aquí en Galicia, como a web da Consellería de Educación, ou tamén o Concello de Burgos, o Parlamento Vasco, etc. Xunto ao software libre, outras das demandas actuais consisten na implementación de prácticas de apertura de datos e goberno aberto, ás que tamén se refere vostede. En que punto están as institucións españolas neste sentido? O hermetismo en España é incrible: aquí non se coñecen nunca os desgloses, as características... O Open Data en España está aínda nun momento embrionario Cero. Un cero redondo. O hermetismo en España é incrible: aquí non se coñecen nunca os desgloses, as características... O Open Data en España está aínda nun momento embrionario: a nivel funcional e institucional, coñezo o proxecto Irekia do Goberno Vasco, e moi pouco máis. Preferiu manter o anonimato para que a reivindicación do uso de software publicado baixo licenzas libres e dos estándares abertos ocupe o primeiro plano. Que malentendidos existen aínda a respecto destes conceptos? Ben, costuma haber unha confusión con nomes como open source, free software, dominio público, licenzas CC, GPL GNU, etc. E tamén ás veces adoitamos pensar que todo é gratis e de libre uso. En resumo, o open source ou código aberto son programas ou aplicacións que se liberan e distribúen de forma libre e presentando o código de tal xeito que todo o mundo teña acceso a velo, a editalo e, se é posible, a melloralo. Pensa seguir adiante con outras iniciativas deste tipo ou foi algo puntual? Sentar e rosmar desde o sofá non é o meu estilo (Risos) Este traballo deino por rematado o luns. Despois redactei o pdf e instalei a web en diferentes servidores. Iso levoume tanto tempo como facer a web. Ese documento estouno a actualizar, pero a web xa non a toco para nada: aí fica, como exemplo. Canto a novas iniciativas, se sae algo igual de escandaloso como isto, habería que pensar en facer algo. Sentar e rosmar desde o sofá non é o meu estilo."}
{"ID": "NOS_30867", "summary": "Con dous días de suspensión de emprego e soldo.", "text": "A Secretaría Técnica da Consellaría de Sanidade confirmou ao xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, Francisco Javier Castrillo, a sanción que a instrutora propuxera: dous días de suspensión de emprego e soldo ao entender que faltou á consideración dunha das súas compañeiras pediatras na discusión polo traslado dun bebé en pleno conflito do paritorio. Así informa o Diario do Támega, que tamén recolle as primeiras reaccións a esta decisión do Sergas: a deputada do BNG por Ourense, Noa Ríos fa de \"persecución\" e anunciou que vai levar esta sanción ao Parlamento. A proposta de sanción responde á denuncia presentada por unha compañeira pediatra coa que o 1 de decembro de 2019, coincidindo co primeiro día de feche obrigatorio do paridoiro e do servizo de pediatría de Verín por parte da Xunta, mantivo \"unha discrepancia\" tras oporse ao traslado a Ourense dun neno acabado de nacer. A noticia de que Castrillo era albo dun expediente mobilizou centos de veciños e veciñas da comarca no seu apoio, que mostraron a súa solidariedade co profesional en mobilizacións como a do pasado mes de novembro. A instrutora do expediente disciplinario suxiría á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Sanidade que Javier Castrillo sexa considerado responsábel dunha \"falta grave\" tipificada no Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde por \"grave desconsideración cos superiores, compañeiros, subordinados ou usuarios\", e que sexa sancionado con dous días de suspensión de emprego e soldo. O xinecólogo defendía a súa actuación e censuraba que se lle dea \"presunción de veracidade\" ao testemuño da pediatra, \"que ninguén máis corrobora\". Javier Castrillo reitera que o que ocorreu entre eles é algo que acontece todos os días en todos os hospitais sen que pase nada. \"Foi unha discrepancia de opinións a raíz da cal a pediatra elevou unha denuncia, segundo recoñeceu, a petición do seu xefe de servizo, que comprendo que vele polos intereses dos seus profesionais, e do xerente da área sanitaria, que é tanto seu coma meu. Antes de alentar esta traballadora a denunciarme debería ter falado comigo. Mais non o fixo\", o que demostra, dicíai, que non actuaron con imparcialidade."}
{"ID": "NOS_55123", "summary": "Laiovento recupera Ninguén dorme en galego", "text": "Personaxes subalternas cruzan escenarios marxinais, non lugares, o páramo da sociedade post industrial. Desta volta, un hotel de estrada, onde coinciden un migrante, unha moza maltratada, un viaxante. A paisaxe é sórdida. Unha violencia átona percorre o aire. Ninguén dorme (Laiovento, 2019) titúlase a terceira novela de Rexina Vega (Vigo, 1966), recuperada agora na súa versión orixinal en galego logo de se publicar en castelán hai dous anos. \"É un libro maldito, radioactivo\", explica a autora a Nós Diario, \"que enviei á miña editorial no intre máis duro da crise. Pasei dous anos á espera. Probei con outras. Tiña unha sensación estraña, como un aborto. Daquela ofrecéronme publicala en Pepitas de Calabaza [selo con sede en Logroño]. Aceptei e autotraducinme\". Precisamente sobre os procesos de autotradución, especialmente os de Cunqueiro, é Vega especialista académica. Sabe que pode ser gozoso, pero tamén o contrario. En calquera caso, a obra mutou: \"Até hoxe pasou por moitos filtros e ao regresar ao galego adelgazara, a súa pureza estilística aumentara\". A nouvelle -70 páxinas na edición de Laiovento- discorre entre o real e o pesadelo, nun ambiente alucinado, en que a opresión é estrutural, implacábel, e o estilo, insomne. \"A literatura e o mal, de George Bataille, foi o meu libro de cabeceira durante a escritura\", confesa. Este ensaio, publicado en 1957, entendía a literatura como tormento \"do ben e a virtude\". \"Procurei un ton que fose como un ouveo\", sinala Vega, \"construír un territorio onde non fose posíbel controlar o que pasaba a partir dunha música, un lugar e un tempo únicos\". Un espazo mental Ninguén dorme nútrese doutras fontes alén da salvaxe iconoclastia de Bataille. Lecturas compulsivas da austríaca Elfried Jelinek ou da catalá Angélica Lidell, entre outras. Literatura fabricada no extremo, se é que o traballo da dramaturga Lidell non excede a disciplina. \"Situeime nun espazo mental como o da canción de Lagartija Nick\", di, en referencia a Ciudad sin sueño, sobre un poema de García Lorca, citada na primeira páxina, \"pero nunca sabemos moi ben por que facemos o que facemos\". Mais Vega é, nesta peza, tentacular, omnívora. A nota editorial menciona colegas dos que aparece rastro nas páxinas de Ninguén dorme -Ferrín, Kafka, Bernard-Marie Koltès, Georges Perec, Rosalía de Castro, Novoneyra...- e a autora fala de \"hipertexto colectivo\". \"Unha lectora avisada atopará moitas intertextualidades\", engade, \"ese foi outro dos retos formais, como asumir as voces doutros e outras mentres estaba creando. Unha especie de xogo de espellos\". Quería coñecer, ao cabo, cales eran as outras escritoras que ouvearan. Unha literatura do alarido parece ser o obxectivo de Rexina Vega, que na súa novela anterior, Dark Butterfly (Xerais, 2012), explorara a tumba aberta o abismo da doenza mental. Talvez ese sexa o método co que se enfronta ao que, entende, é certa \"pacatería\" das letras galegas. \"Blanco Amor probabelmente sexa o verso solto a este respecto, pero si, así é. Hai anos que critico certa tendencia pacata. Mesmo cando algunhas escritoras traballan coa ficisidade, non se atreven a poñer o foco nas contradicións do corpo\", afirma. No seu combate por outra escrita ultima agora a súa cuarta novela. Co Libro dos Mortos tibetano como faro, tratará, xusto, sobre a morte. E aínda que non concede máis detalles, si asegura que radicalizará a liña máis ou menos experimental de Ninguén dorme."}
{"ID": "NOS_6079", "summary": "A empresa non se presentou na vista xudicial.", "text": "Un xulgado de Ferrol deixou visto para sentenza o xuízo desenvolto esta terza feira no que un ex traballador da antiga Bazán, hoxe Navantia, Rafael Pillado, reclama 370.000 euros á empresa naval pública pola exposición ao amianto durante a súa vida laboral nos estaleiros de Ferrol. \"O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio\" O que fose un dos fundadores de CCOO na Galiza, militante do PCE e tamén un dos represaliados polas folgas do 10 de marzo de 1972, estivo representado polo letrado Jesús Porta e acompañado pola avogada Cristina Almeida, nunha vista xudicial na que a empresa non se presentou. Minutos antes de iniciarse o xuízo, sobre un centenar de persoas concentráronse á entrada dos xulgados de Ferrol para apoiar a Pillado, seguindo o chamamento realizado por Asociación Galega de Vítimas do Amianto (Agavida) e das asociacións culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. As vítimas do amianto na Galiza urxen a creación do fondo estatal de compensación Despois de anunciar en febreiro deste ano que sofre un cancro irreversíbel polo contacto directo durante anos co amianto, Pillado asegurou que chegaría até o final para emprender accións legais contra a dirección de Navantia. Declaracións antes da vista En declaracións aos medios de comunicación antes de entrar a sede xudicial, o sindicalista detallou que \"esta é unha reclamación individual que ten que ter carácter colectivo, en defensa de todas as persoas que poden estar afectadas polo amianto\". As vítimas colaterais do amianto En canto á reclamación económica, detallou que con ela busca que \"as empresas teñan conciencia do dano que sofren os traballadores\", ao tempo que lembrou o tipo de cancro que lle foi diagnosticado e que afecta os seus pulmóns. Desde entón, asegurou, sofre \"problemas para realizar algunhas actividades, para respirar e falta de apetito\", e estimou que as persoas afectadas polo contacto co amianto na comarca de Ferrolterra, derivada da súa utilización nos estaleiros até que se prohibiu, poden superar as 16.000."}
{"ID": "NOS_39108", "summary": "Este domingo deixarán de circular e quitaranlles o asbesto", "text": "Renfe substituirá un total de 17 coches do servizo Intercity Galicia-Euskadi pola presenza de amianto no interior dos vagóns. Fontes de Renfe aseguran que retirarán os vagóns da circulación o vindeiro domingo, que lle quitarán o amianto e que os devolverán á circulación. O problema foi detectado tras inspeccionar catro destes vagóns que realizan este percorrido, descubríndose amianto en tres deles. A compañía sinalou que estas deteccións se produciron en diferentes espazos, como unha peza no interior dun armario ou no recubrimento da calefacción. A pesar diso e tendo en conta a antigüidade destes vagóns, a empresa decidiu realizar unha substitución completa dos coches que operan nesta liña, que une A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo, Redondela, Guillarei, Monforte, San Clodio, A Rúa, O Barco, Ponferrada con Bilbao e Irún-Hendaia. O sindicato CXT xa solicitara a substitución destes vagóns, datados dos anos 80, polo \"mal servizo que estaban a dar\", tanto por avarías como por problemas nos equipos (aire acondicionado, enchufes ou accesibilidade). Así mesmo, pedirá que se realicen revisións médicas aos traballadores para avaliar se presentan algunha consecuencia pola exposición ao amianto. Os sindicatos levan anos defendendo as condicións de traballo do persoal de Renfe e cifran en máis de mil as traballadoras expostas ao amianto na empresa desde que se comezou a controlar a súa presenza nos anos noventa. De retirarse este tren de locomotora con coches convencionais en servizo comercial, este tipo de composicións quedarán relegadas aos trens históricos e turísticos que empregan as compañías Renfe e Alsa"}
{"ID": "PRAZA_14097", "summary": "Os socialistas activan o seu comité electoral mentres o PP recupera a imaxe de Zapatero para presentar a estratexia da súa organización xuvenil para os comicios", "text": "Evitar o culebrón de 2009. Esa semella ser a intención do PSdeG no que respecta á celebración de debates electorais en Galicia. Despois de que a resistencia do PP a celebrar un debate a tres bandas -sentando a Alberto Núñez Feijóo na mesma mesa que Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana- crease na campaña previa ás últimas eleccións autonómicas un bucle entre partidos que culminou cunha negativa total dos conservadores a un intercambio público de opinións entre líderes, os socialistas veñen de tentar tomar a dianteira pola vía do adianto e tamén pola da rebaixa de condicións previas. O secretario xeral e candidato do PSdeG á Xunta, Pachi Vázquez, remitiulle este luns unha carta a Feijóo instándoo a comezar a carreira ás urnas cun debate. As condicións previas son, pola súa banda, \"ningunha\". \"Non temos tempo que perder\", di o secretario de organización e responsable da campaña socialista, Pablo García, e por eso nesa misiva non hai \"condicións\". \"Os cidadáns e cidadás teñen dereito a ver os candidatos que se presentan\" e tamén a que Feijóo \"dea explicacións do que leva feito\". Por iso \"non imos poñer problemas, nós queremos un debate xa\", concretamente, para o 5 de outubro, primeiro día de campaña electoral. O actual presidente debe aceptar esa proposta e despois \"sentámonos e discutimos o que queiramos\", di. En 2009 a negativa do PP a celebrar un debate a tres bandas culminou cun veto total dos conservadores aos debates Estaría disposto o PSdeG, polo tanto, a un esquema de varios debates a dúas bandas? \"Queremos debate por riba de todo, a dous, a tres...\", responde García, en cuxa opinión ese encontro ante as cámaras ficará demostrado que Feijóo \"non pode dicir o que fixo durante estes anos\" pero tampouco \"o que van facer el Feijóo os vindeiros meses\", a partir dos comicios. Porque, ao seu xuízo, \"se tivesen claridade o señor Feijóo tería que dicir\", por exemplo, \"que Rajoy está pensando en recortar as pensións\". No mesmo sentido, o propio Vázquez considera, na carta remitida a Feijóo, que o debate que pide fixar para o día 5 sería \"unha boa oportunidade para analizar a xestión realizada durante esta lexislatura e contrastar os proxectos que defendemos\". \"Estou seguro de que a cidadanía galega demanda a celebración deste debate, que sería unha boa mostra de vontade democrática e de respecto polo dereito á información\", engade o candidato socialista. O anuncio da petición de debate chegaba despois da primeira xuntanza do comité electoral do PSdeG que, encabezado polo propio García, comezou a trazar as liñas mestras da campaña. Neste sentido, os socialistas anuncian a súa intención de celebrar múltiples actos de pequena dimensión que leven a Pachi Vázquez por \"todas as comarcas de Galicia ata as eleccións\": \"ímonos mover nós, non imos mover á xente\" que \"bastante ten\" coas consecuencias da crise e dos recortes, explica. Mentres isto acontece \"o PP fai facer unha campaña illándose dos problemas, non hai máis que ver o que pasou o outro día en Soutomaior, ou Sotomayor para algúns medios públicos agora -ironiza\"."}
{"ID": "NOS_18683", "summary": "Este verán, coincidindo coa festa do Trono, o rei de Marrocos, Mohamed VI, concedeu o indulto a varios membros do movemento Hirak, en prisión desde a primavera de 2017 tras participaren nas protestas pola morte de Mouhcine Fikri, un vendedor de peixe de Alhucemas, símbolo da marxinación histórica do Rif.", "text": "Cal é a situación actual dos presos do Hirak? Foron todos liberados? O 29 de xullo foron liberados 25 compañeiros. Karim Amghar [artista rifeño], que fora condenado a dez anos de prisión, tamén foi liberado. Agora mesmo hai 22 presos políticos nos cárceres marroquís. Ademais, desde o pasado día 13 de agosto, Nabil Ahamjik e Nasser Zefzafi están en folga de fame. O majzen [oligarquía e poderes fácticos] está a utilizar as institucións penais para se vingar, e actualmente están en illamento. Á folga de fame sumáronse o resto de presos políticos que están noutros cárceres como o de Selouan ou o de Guersif, agás aqueles cuxo estado de saúde non llela permite facer. Por exemplo, Wassim Boustatti, que precisa ser operado do corazón con urxencia; ou Achraf Moudid, que tentou suicidarse no 14 de agosto inxerindo lixivia no cárcere de Selouan. Houbo condicións? O proceso foi froito dunha serie de negociacións que tiveron lugar entre as reixas do cárcere de Tánxer II. Aplaudimos esta rectificación por parte de Marrocos, mais é insuficiente. Estas persoas non cometeron ningún delito e deben ser liberadas de maneira inmediata, sen ningunha condición. Melloraron as circunstancias socioeconómicas no Rif desde o nacemento do Hirak? Nós non as vimos. Marrocos viña cun paquete de medidas para paliar a marxinación e a exclusión socioeconómica, que consistía basicamente en construír unha serie de complexos turísticos en contornas naturais, coa aniquilación de bosques como o de Suani. O sector pesqueiro pasou de ser a fonte de ingreso máis importante da rexión para desaparecer por completo, co éxodo de barcos pesqueiros a Agadir [na costa atlántica, no sur de Marrocos]. No medio rural as familias teñen os seus propios cultivos para subsistir. Mais ante a carencia dunhas políticas económicas que saquen o Rif da marxinación, a poboación viuse obrigada a vivir da economía non declarada, cun comercio atípico con Ceuta e Melilla que se viu asfixiado polo fechamento permanente de fronteiras. O verdadeiro soporte á economía familiar no Rif provén das achegas da diáspora rifeña en Europa; vivimos das axudas das nosas familias emigradas. Se houbo algún tipo de mellora socioeconómica, desde logo a poboación non a percibimos: en plena pandemia as pateras non pararon de saír desde o Rif. E a nivel político, continúa o enfrontamento con Rabat? O noso enfrontamento é coa marxinación á que fomos sometidos ao longo da historia até a actualidade, cos índices de paro máis elevados do país, onde hai vilas sen escolas e as crianzas teñen que facer grandes distancias a pé debido á falta de estradas para iren ao colexio. A comunicación con outras rexións do país só se pode facer por estrada nunhas condicións de asfaltado moi deficientes debido a que foron construídas no século pasado. A nosa lingua, o amazigh, foi por fin recoñecida como oficial na reforma constitucional de 2011, mais seguimos vivindo episodios discriminatorios: hai compañeiros que en 2017 non o puideron utilizar para se dirixir ao xuíz. Marrocos é un país centralista onde máis da metade do PIB se concentra en Rabat e Casabranca. A cuestión identitaria tamén está presente... A cuestión identitaria do pobo amazigh sempre existiu e continuará a existir. Con todo, no marco deste movemento popular as reivindicacións foron económicas, sociais e culturais. Hai opcións de entendemento? Cando chegou ao trono, Mohamed VI prometeu un cambio de era e promoveu unha campaña de reconciliación co Rif, mais por desgraza ficou nunha campaña mediática porque, na cerna, o Rif continúa máis asfixiado que nunca no ámbito económico, social e cultural. Hai 1.583 persoas contabilizadas que foron procesadas por reivindicar dereitos básicos como un centro oncolóxico. Para recibir calquera tratamento haise que ir até Fez [a máis de catro horas en coche desde Alhucemas]. E a Universidade máis próxima está en Oujda [a unha distancia similar]. Marrocos debe mudar o rumbo das súas políticas para se poder reconciliar co Rif. O Rif ten unha longa tradición de resistencia política: manterase o espírito do Movemento 20-F? Cumprirá Rabat coas súas promesas ou intensificará a represión? O 20-F foi un movemento que naceu en 2011. O Hirak, ou Movemento Popular do Rif, emana de todas as loitas anteriores do noso pobo, tamén do 20-F. Na actualidade a prioridade é liberar todos os presos políticos; sen ese paso non podemos falar dos seguintes. Unha vez liberados debe haber un pronunciamento público que permita ás persoas exiliadas retornar con garantías de que non van ser apresadas. E Marrocos debe levantar o decreto real de militarización, que continúa en vigor desde o ano 1958, e cumprir coas demandas lexítimas do pobo rifeño. \"O 'majzen' non pode xulgar sobre o 'majzen'\" O 28 de outubro de 2016, a morte de Mouhcine Fikri, triturado nun camión do lixo cando tentaba recuperar unha mercadoría confiscada pola Policía, reactivou o descontento latente dunha sociedade historicamente marxinada pola Administración central. As manifestacións foron contestadas con detencións masivas nos meses seguintes. En outubro de 2019, Zhora Koubia, da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos, trasladaba unha denuncia presentada ante a xustiza por supostos malos tratos aos presos. Reda Benzaza afirma que teñen pensado acudir aos tribunais internacionais. \"As denuncias que apuntan o majzen non poden ser resoltas por tribunais controlados polo majzen\", sinala. Tamén, explica, levarán o caso dos cinco mozos do Movemento 20-F, \"torturados até a morte\" en 2011, así como o falecemento do propio Fikri."}
{"ID": "NOS_34450", "summary": "As persoas expertas do Foro Económico consideran imposíbel que a recuperación económica se produza neste exercicio", "text": "Galiza vai fechar 2020 cunha caída da súa economía de 9%, un dato histórico mais lonxe das peores predicións que marcaban as persoas expertas do Foro Económico da Galiza, que advertían de que un novo confinamento severo podía provocar unha caída próxima a 20% do Produto Interior Bruto (PIB) do país. A economía galega achégase ao escenario \"máis positivo\" nas previsións de impacto da pandemia. Esa é a visión que teñen as persoas expertas do Foro Económico da Galiza en base aos últimos datos coñecidos, os do terceiro trimestre do ano, que fan prever un descenso de 9% da economía galega en 2020, \"ou mesmo algo mellor\", o que a situaría entre \"os tres ou catro\" territorios con menor caída do PIB. Ademais, segundo destacou o director do Foro, Santiago Lago, durante a presentación do informe de conxuntura económica que elabora periodicamente esta institución, Galiza presentará un diferencial positivo de dous puntos respecto dos datos do Estado español ao feche de exercicio, para o que anticipan un descenso de 11%. Neste senso, Lago apuntou que os datos do último trimestre de 2020 non se esperan tan malos pola \"inercia\" do avance do terceiro trimestre, no que houbo menos restricións pola Covid-19, e a maior actividade económica. Deste modo, quedan lonxe as peores perspectivas que había para a economía galega, polas cales se abría a posibilidade dun afundimento do 19% en 2020 no caso de que se producise outro confinamento severo, que finalmente non chegou. Con todo, o retroceso do PIB galego é superior á media europea (-4,2%) pola maior dependencia de sectores como a hostalaría e o turismo. A incógnita de 2021 O coordinador do informe e ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, sinalou que as perspectivas para o presente exercicio non están nada claras pola \"gran disparidade\" en previsións en función da institución que a faga, ao que Santiago Lago engadiu que o que está claro que será \"imposíbel\" conseguir que a actividade económica se recupere en 2021 se volve haber un afundimento como o rexistrado no primeiro semestre do pasado ano polo confinamento. Sobre o impacto das actuais restricións, Lago indicou que afectan principalmente a sectores que supón unha \"parte relativamente pequena da economía\", aínda que estes se ven \"moi afectados\". Neste senso, confía en que non sexa necesario un novo confinamento estrito, á vez que defende a actual liña de medidas para un \"mellor equilibrio\" entre o control da pandemia e a actividade económica. Preocupa o emprego Precisamente, González Laxe explica que o descenso do PIB de 2020 está especialmente marcado polo \"notábel\" descenso do consumo dos fogares (6,9% no terceiro trimestre). Ademais desa baixada na demanda interna (5,4%), o catedrático da UDC resalta tamén a caída dos investimentos (9,2%), superior á do Estado español (7,8%) pola falta de competitividade, que sitúa Galiza nunha posición \"intermedia-baixa\" a nivel estatal. Precisamente, González Laxe advertiu de que unha das consecuencias da crise será a perda de empresas, dado que compañías que necesitaban unha \"asistencia permanente\" chegan a \"un límite\". Tamén en materia de emprego, o economista Patricio Sánchez debullou a situación \"crítica\" do mercado laboral galego, con todos os indicadores en negativo salvo o de parados de longa duración. Novamente, a peor parte desta \"preocupante\"situación lévaa a xente nova, afectados pola alta taxa de temporalidade dos seus contratos e a precariedade dos mesmos, e as mulleres, pois a poboación ocupada redúcese entre elas en maior medida que entre os homes. O informe de conxuntura presentado onte vén acompañado dunha análise comparativa entre Galiza e o norte de Portugal a cargo de José Francisco Armesto que volve pór de manifesto a escasa dimensión das empresas galegas. Só 3,4% teñen máis de 10 empregados, fronte 4,8% no norte de Portugal. A este respecto, incide en que as compañías grandes son as que xeran emprego, apostan na dixitalización e impulsan o gasto en I+D+i."}
{"ID": "NOS_52333", "summary": "10 de maio de 1972, hai hoxe 50 anos, o cantor 'de intervenção' José 'Zeca' Afonso interpretaba o famoso Grândola, Vila Morena no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela. 'Nós Diario' conversa con amigos persoais do Zeca que viviron con el actuacións en 1972 e con artistas que participarán hoxe no acto conmemorativo que acolle a USC.", "text": "O Grândola, Vila Morena, aquela canción que soou na radio portuguesa o 25 de abril de 1974 para dar inicio á Revolución dos Cravos tivo a súa estrea pública en Santiago de Compostela dous anos antes, nun concerto realizado no Burgo das Nacións. En conmemoración desa interpretación do Grândola na Galiza, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) leva hoxe a cabo un acto en que cincuenta anos despois, os acordes deste tema volverán soar na USC. Un dos artistas que estará presente no acto de hoxe, Xico de Carinho, conversa con Nós Diario para relatar a súa relación co Zeca. \"Eu non puiden estar naquel concerto no ano 1972 porque estaba en París na altura. De todos os modos eu coñecía o Zeca dun festival que tivo lugar en novembro do 1970\", salienta Xico. Que une o Zeca Afonso coa Galiza? Sobre a figura de José Afonso e a súa relación coa Galiza, Xico de Carinho manifesta que \"as relacións culturais, afectivas ou emocionais sempre priman. Coa Galiza é certo que o Zeca tiña moita afinidade e o noso país ocupaba un lugar especial no seu corazón\". Unha das persoas que estivo presente no Burgo das Nacións aquel 10 de maio, o músico Miro Casabella, relata a Nós Diario o que ocorreu aquel día. \"O que aconteceu no Burgo das Nacións foi moi espectacular. Algo incríbel\", manifesta Casabella. Acerca da relación de José Afonso coa Galiza, indica que \"tiña unha relación moi boa co noso país porque aquí tivo moitas facilidades e foi moi apoiado\". Desde a Associaçom José Afonso (AJA Galiza), da man da súa secretaria, Iria Méndez, destacan a especial ligazón que unía o Zeca co país e a importancia de reivindicar a súa figura. \"A súa vinculación coa Galiza foi histórica, aquí víase acollido. Para nós é fundamental a transmisión xeracional da súa mensaxe, por moito que se dera noutros tempos, os seus ideais están totalmente vixentes\", indica Méndez. Galiza, \"patria espiritual\" de José Afonso Unha das voces que hoxe se ouvirán na homenaxe que a USC prepara no Burgo das Nacións é a de Uxía. En conversa con Nós Diario, a artista indica que \"a Galiza era a patria espiritual de José Afonso. É difícil comprender a historia recente da Galiza sen o Zeca\". \"A vixencia do seu pensamento é indiscutíbel\", conclúe Uxía."}
{"ID": "PRAZA_12167", "summary": "As declaracións de Elena Muñoz causan \"estupor\" entre os traballadores tanto de Novagalicia Banco como de Banco Pastor. NGB cancelou esta mañá por correo electrónico o encontro programado cos sindicatos para abordar o ERE. Desde a CIG cren que non haberá máis negociación", "text": "O deputado nacionalista Carlos Aymerich preguntou esta tarde á conselleira de Facenda, Elena Muñoz, sobre as consecuencias laborais que ten e terá o proceso de reestruturación financeira en Galicia. Reconversión que xa supuxo a bancarización da chamada caixa única e a absorción de Banco Pastor por parte do Popular. Cuestionada ao respecto, a titular de Facenda eludiu facer referencia ao ERE que vén de poñer sobre a mesa Novagalicia Banco ou ao que \"xa prepara\" o Pastor, tal e como apuntou Aymerich. \"É mellor non facer preguntas laborais para non causar incertezas\", respondeu Muñoz. Palabras que provocaron xa un gran malestar entre os traballadores de ambas as dúas entidades. Aymerich \"ironizou coa sinceridade da conselleira\", apuntou o BNG en nota de prensa, cando recoñeceu que co decreto se trata de \"recuperar as entidades financieiras, estamos para servir ás mesmas\", e o obxectivo último \"debera ser a recuperación das familias e o fluxo de crédito para as pequenas e medianas empresas, ademais da protección dos intereses dos clientes estafados na fraude das preferentes\". Este xoves estaba programada unha nova sesión da mesa de negociación do ERE, que foi cancelada esta mañán por correo electrónico No caso de NGB é especialmente acusado xa que, desde a fusión e en canto se poñan en marcha as novas medidas laborais, o cadro de persoal terá sido reducido en 2.000 persoas. O equipo de José María Castellano, asesorado polos avogados de Sagardoy, pretende reducir o plantel noutras 750 persoas, así como tamén o peche de 150 sucursais máis. Este xoves estaba programada unha nova sesión da mesa de negociación do ERE, que foi cancelada esta mañán por correo electrónico. Desde a CIG, o seu delegado en Banca, Clodomiro Montero, constata que o seu temor é que \"non haxa máis negociacións\". \"Estas declaracións causan estupor, incertezas xa as temos\", engadiu Montero. Muñoz insiste en que Novagalicia Banco, que vén de crear unha nova marca para o exterior, ten futuro cun proxecto en solitario."}
{"ID": "PRAZA_20204", "summary": "A España contemporánea apoiase sobre unha visión liberal solidaria da interpretación conservadora do pasado que ás veces incorre en aberto ou soterrado negacionismo dos elementos históricos non reintegrables ao relato dominante.", "text": "Manuel Artime acaba de escribir un libro que hai que ler: España. En busca de un relato ( Ed. Dykinson.2016 ). No básico, a obra de Artime constitúe unha crítica do que poderiamos denominar a ideoloxía do actual modelo constitucional, nacido do texto do 78. Seguramente a besta negra que recorre o texto, o inimigo a bater, é Santos Juliá e, con el, a xeración de historiadores que tiveron e teñen a pretensión de \"normalizar\" a Historia de España, construíndo o típico relato liberal, de raíz hegeliana, no que a sen razón, os elementos de violencia e absurdo que caracterizaron a historia nacional, se resolven en síntese apropiada, no moderno Estado democrático, epítome da luz e a vontade de concordia. Ese relato normalizador racha coa idea, tan estendida no pasado, de que a Historia de España constituía unha anomalía europea, marcada polo peso da Monarquía e do Imperio, pola incapacidade de levar a cabo, en tempo e forma, a revolución burguesa. A Historia de España era a máis triste historia porque sempre acaba mal, deixou escrito Gil de Biedma. O poeta barcelonés non facía máis que darlle voz ao que foi o sentir común de xeracións sucesivas de españois que non puideron reconciliarse cun país atrasado, pasto do catolicismo tridentino, inimigo da Ilustración, cunha identidade fundada na expulsión de xudeus e mouriscos e na supremacía da cultura castelá –que non de Castela, subsumida no imperio-. Un país, en definitiva, merecedor da Lenda Negra que sempre acompañou, como unha sombra, o decurso español. A pretensión de todos os que intentaron crear un proxecto de modernización de España foi, precisamente, romper con ese fado para europeizar, modernizar España. A xeración do 14, Azaña sobre todo, intentou levar a cabo, tardiamente, a través do impulso da República, o que outros non souberon ou non puideron levar a cabo antes, dado o peso das forzas reaccionarias, ultramontanas, absolutistas. Pero iso non significaba, senón que ao contrario, implicaba, recoñecer a singularidade española precisamente como faro e guía para construír un futuro posible. Non hai curación sen diagnose acertada. A negación desa singularidade, a \"normalización\" da Historia de España é vista por Artime como unha forma de segar as opcións de futuro. Esa nesgada visión liberal constitúe un teito de cristal que oblitera os conflitos sociais, de xénero, nacionais, etcétera, que poderían fertilizar o horizonte de España. No fondo, ese relato \"normalizador\", segundo o autor, o que ven é a consolidar a visión conservadora da Historia de España situando na clandestinidade a memoria dos liberais ditos exaltados, dos anceios republicanos e federais, da tradición anarquista, da vindicación feminista, dos esforzos vasco, catalán e galego polo autogoberno, etc., etc. En definitiva a España contemporánea apóiase sobre unha visión liberal solidaria da interpretación conservadora do pasado que ás veces incorre en aberto ou soterrado negacionismo dos elementos históricos non reintegrables ao relato dominante. No entanto, outra España é posible. E esa España necesita reler o seu propio pasado á unha luz distinta da que nestes momentos é dominante ata o absurdo. A actual crise do modelo do 78 ofrece precisamente unha oportunidade de revisitar os lugares e os tropos da tradición española. Non todo ha de ser Menéndez Pelayo e Menéndez Pidal, Cánovas e Sagasta. Tamén estiveron aí Blanco White e Ferrer i Guardia, Riego e Pi y Margall.. A liña imaxinaria que conduce de Modesto Lafuente a Juliá tal vez pon na sombra, en beneficio do mito da España reconciliada consigo mesma a memoria de posibilidades alternativas que non chegaron a consolidarse pero que non por iso deixan de ser fitos importantes sobre os que reconstruír o Templo no que se preserva a conciencia do que aínda pode chegar a ser. Manuel Artime, con España. En busca de un relato súmase a aqueles que buscan refacer a identidade española. É un libro que pode compararse en amplitude de mirada e lucidez ao reputado libro de Álvarez Junco Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX. A maneira en que Artime encara o rastro de España como problema no XIX é primeira metade do XX, ata a República, é orixinal e innovadora, e contribúe a sentar as bases dunha historiografía crítica, en definitiva dunha reavaliación do pasado. Pero a orixinalidade de Artime radica en que se atreve a repasar as pegadas que nos levan ata hoxe mesmo. A súa mirada esténdese polos confíns da oposición intelectual e política ao franquismo e tamén da transición. Pero parte do cerne do seu libro radica na crítica á idea de España asentada hoxe mesmo..en España. É un atrevemento que tal vez lle pase factura na comunidade dos historiadores, politólogos e filósofos que se ocupan de poñer cancelas entre o que está admitido e non o está, nin pode ou debe estalo. Hai que consignar, polo demais, que, como puxo de relevo Álvarez Junco, el mesmo expresión dun liberalismo español contemporáneo, o nacionalismo español que foi rexeneracionista e modernizador no XIX transformouse, en grande medida, nun movemento reactivo que incorporou como finalidade substantiva a oposición aos nacionalismos subestatais. Borja de Riquer e Nuñez Seixas teñen descrito como ese nacionalismo deveu conservador e unitario, autoritario e militarista. Primo de Rivera e Franco son os nomes que encarnan esa transformación. O período democrático modificou, por suposto, os termos desa ecuación sen que fose posible, polo momento, un relato nacional español integrador, á maneira Helvética, das diferenzas internas. Ao contrario, ás veces parecería que se renova a tese do \"inimigo interior\", por non falar directamente da Anti-España. No campo da historia poden atoparse nas librerías españolas un cento de libros que denuncian, alporizados, os mitos e fábulas que fundan os nacionalismos sub-estatais, por non falar da ración diaria de improperios que poden lerse todos os días nos xornais ou escoitarse nas radios e televisións para solaz do seu patriótico público, que se sinte así confortado na súa desolación ante a falta de periférico pudor. Con todo, pouco a pouco outro factor estase poñendo no foco: a Unión Europea. Unha certa idea da nación española ten que confrontarse agora coa perda de soberanía non pola competencia dos nacionalismos subestatais senón polo modo en que o neoliberalismo encarnado na UE baleira o poder do Estado. A inexistencia dunha moeda española pon a España aos pés do BCE e, en definitiva, de Berlín. O soberanismo español non ten hoxe peso, ao contrario do que en Francia, onde ten gañado a batalla intelectual, pero cabe pensar que ten futuro se as condicións de vida da poboación seguen caendo costa abaixo."}
{"ID": "NOS_8214", "summary": "A Rede Museística Provincial de Lugo vén de abrir o prazo de inscricións na vixésima edición das súas xornadas pedagóxicas, unha proposta formativa dirixida a docentes, profesionais de museos e estudantes de titulacións relacionadas coa museoloxía, que se realizará do 25 ao 26 de maio e do 1 ao 2 de xuño nos catro museos da Rede (o Museo Provincial de Lugo, o Provincial do Mar, o San Paio de Narla e o Pazo de Tor). Nesta ocasión terá como epígrafe 'O poder da educación nos museos'. Nós Diario conversa con Encarna Lago, xerente da Rede, sobre estas xornadas e a función que destes museos.", "text": "En que consistirán as xornadas pedagóxicas da Rede este ano? A educación é unha función fundamental para conseguir unha transformación social. Este ano o lema do Día Internacional dos Museos é precisamente o poder que teñen e a súa capacidade transformadora, por iso retomamos as xornadas após a pandemia. Están abertas ao profesorado mais tamén ás persoas educadoras dos museos, estudantes e ao público en xeral. Serán catro sesións eminentemente prácticas e presenciais, sen esquecer a plataforma multicanle que creamos, con moita parte vivencial no Museo Provincial de Lugo, na Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol; e para rematar no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Contamos con artistas que realizarán obradoiros e especialistas en varios apartados museolóxicos. Avanzaremos, a maiores, a programación que temos para as escolas. Os museos de Lugo ofrecen visitas virtuais en 3D O poder da educación nos museos vai máis alá da súa función de conservación e transmisión cultural. Nós sempre poñemos niso o foco de atención. A función dos museos é transversal. Teñen tres ámbitos moi claros. O primeiro é xerar coñecementos, todo o que ten que ver coa investigación e a conservación de testemuñas humanas. O segundo é o social, como se transmite ese coñecemento, e entraría a educación. A terceira sería estrutural ou que precisas para cumprir esas funcións. Por este motivo nos catro museos da Rede temos un persoal estábel neste apartado. O propio Museo Provincial cando naceu, en 1932, especificou no seu regulamento o seu carácter educativo. Moitos dos museos do Estado español e do mundo converteron o que é unha función nun servizo, privatizándose. Desta maneira perdemos continuidade e a posibilidade que temos de transmitir coñecemento, tecer lazos e crear fidelidades coa comunidade. Por este motivo traballamos as catro desigualdades: xénero, clase, discapacidade e sustentabilidade. A educación non é unha simple visita guiada, é como está montado o museo e que relato dá, ademais de ter en conta as actividades complementarias para levar a cabo unha acción educativa completa. Estamos traballando cos propios colexios en actividades integrais, con proxectos que duran todo o ano. Xa gañamos algún premio por este motivo. A escola e o museo teñen que ir da man. As experiencias da muller rural chegan ao Museo de Lugo Que relato queren transmitir os museos da Rede? O relato sempre é colocar as persoas no centro. Hai moito futuro no pasado. Cando falamos de contemporaneidade parece que falamos de ciencia ficción mais as persoas contemporáneas somos nós. Desde hoxe, mirar cara a atrás, ver de onde vimos, buscar as raíces nun modelo en que un territorio ten patrimonio traballando como unha comunidade é o modelo educativo que temos. Moitas veces na forma de transmitir o coñecemento parece que se confunde o rigor científico co rigor mortis. Por iso, hai que pór as persoas no centro empregando códigos para que a mocidade non quede fóra, incorporando precisamente outras miradas, outras ferramentas. Temos en conta a posta en valor. Mirar cara ao pasado con respecto, entender que moito do que vai a acontecer no futuro veu do que aconteceu no pasado. Unha das propostas que se presentarán nas xornadas é unha webserie como relato que traballamos con artistas. Un museo é un medio de comunicación con credibilidade. Xa está ben de contar exclusivamente monólogos. O noso modelo é un museo que cuestiona. O que traballamos é o espírito crítico e ter un patrimonio accesíbel."}
{"ID": "NOS_35893", "summary": "Estamos diante dunha cartografía do século XV, recollida nuns comentarios a unha versión dos traballos do historiador Salustio e que se sitúa na liña dos mapas que naquela altura se estaban a elaborar en Europa. Alén doutras consideracións de orde xeográfica, signifícase por presentar máis unha vez a Galiza como unha realidade política diferenciada no ámbito peninsular. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.", "text": "é moi escasa a información coa que contamos arredor deste mapamundi. Incorporado a un conxunto de manuscritos de 1420, onde se conteñen unha serie de indicacións para ilustrar A conxura de Catilina e A guerra de Iugurta do historiador Salustio, recolle unha serie de ilustracións do mestre de Bedfor, un artista e iluminador residente en París, así como de varios operarios do seu obradoiro, entre eles Jean Lebegues. Aínda que nalgún momento se lle adxudicou a autoría deste mapa a Bedfor, autor do Libro das horas do rei galego Xoán de Lancaster, a opinión xeneralizada actualmente é que se trata dunha obra anónima. Propiedade da familia Petau ao longo do século XVII, á volta de 1720 foi mercado en Xenebra por Ami Lullin, que remataría por doalo á Biblioteca de Xénova. O mapamundi, dunhas dimensións de 31,5 por 22 centímetros, é coñecido como \"Mapa do código suízo de Salustio\". A obra deste historiador e político romano do século I antes de Cristo acadará relevancia ao longo do século XV, onde os seus traballos se considerarán como un modelo de prosa, canda os de Tácito, até o punto de influír decisivamente nos escritos de Bruni e Poliziano. A conxura de Catilina non deixa de ser un axuste de contas co grupo político ao que estaba enfrontado; porén, destaca polas súas descricións do comportamento das clases dirixentes romanas, nunha clara aposta na lei, a orde e un rearme moral. Pola súa banda, A guerra de Iugurta representa unha valiosa monografía sobre este conflito, botando man de diversos materiais que acumulou na súa etapa como gobernador de Numidia, denunciando, nesta ocasión, a debilidade do senado e da aristocracia. Influída por Ptolomeo A concepción cartográfica presente no traballo estará influída, ao tempo, pola obra de Ptolomeo e os portolanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes xeógrafos da época como Pirrus de Noha ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]"}
{"ID": "NOS_37146", "summary": "Dicía Novoneyra nun dos seus poemas dedicados a Reimundo Patiño que este era un dos \"nenos do MUNDO fronteiros e irados\".", "text": "Esta sería unha máis das numerosas mostras de recoñecemento público dos seus coetáneos que, ademais, trataban de definir unha personalidade irrepetíbel. Ferrín diría del que era AUTÉNTICO, un dos \"grandes protagonistas da resurrección da nosa patria\". Fernández Ferreiro cualificouno de ÚNICO e Manolo Rivas elevouno á categoría dun BIG BANG. Díaz Pardo noméao como o \"primeiro artista plástico que restauraría o compromiso da arte galega co destino do seu pobo\". Bo tempo / Alberto Díaz / Demo editorial / 2020 / 124 páxinas / 20 euros Así poderiamos enxergar liñas e liñas cunha enchente laudatoria de todos cantos coñeceron a un dos maiores innovadores da nosa arte, unha arte sobre a que tan ben teorizou nos seus numerosos escritos. Porén, semella que os antergos eloxios cara ao poliédrico autor foron disipándose paseniño, chegando case a perderse coa entrada do novo século. O motivo aínda non o teño ben claro, mais non me queda a menor dúbida de que chegará o día no que se lle tribute o merecido recoñecemento mentres nos levemos as mans á testa por ter recluído nun místico e absurdo baleiro a súa figura. Como non podía ser doutra maneira, unha das homenaxes máis senlleiras que se lle podían facer ao gran pioneiro da nosa banda deseñada, tal é como xa fixera Xaquín Marín aló polo ano 1988 en A conta atrás, é a de dar vida a Reimundo dentro das propias viñetas. Porén, tentar levar todo o universo vital, artístico e político non é unha tarefa doada. Como sintetizar e secuenciar o \"dono do caos\"? Pois coa chave deu Alberto Díaz 'Pelorroto', que conseguiu enfiar toda esta enerxía cósmica partindo das súas propias vivencias persoais cerca de Patiño, xunto cun intenso traballo de investigación que se peneira en pequenos liscos vitais, brochadas artísticas deitadas contra as páxinas que, como na action painting, deixan a marca esencial e persoal do autor. Desta maneira podemos achegarnos aos fundamentos teóricos ou aos numerosos proxectos artísticos e políticos creados por Reimundo dunha maneira atraente, áxil e eficaz, grazas a unha hábil escolla e tratamento do mundo Patiño no que as propias cores usadas, os símbolos, as metáforas ou a superposición da acción sobre as propias obras do artista conseguen que o goce da lectura se multiplique exponencialmente. Unha obra intelixente e necesaria que, xa alén do seu valor estético, vén a contribuír de maneira significativa á recuperación da memoria de quen ficou, como ben sinalara Novoneyra, \"trabando a HISTORIA\"."}
{"ID": "PRAZA_18391", "summary": "Arriva deberá presentar agora unha proposta de servizos que cumpra cos requisitos impostos pola CNMC para que os novos trens internacionais non compitan cos rexionais da empresa pública HEMEROTECA | Arriva quere estrear o tren A Coruña-Porto o 17 de xullo de 2019 condicionada por obras pendentes en Galicia e Portugal", "text": "HEMEROTECA | Arriva quere estrear o tren A Coruña-Porto o 17 de xullo de 2019 condicionada por obras pendentes en Galicia e Portugal A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) vén de establecer os criterios que deberá cumprir o tren privado A Coruña-Porto promovido pola empresa de transportes Arriva para que sexa autorizado a competir cos servizos que presta a pública Renfe no Eixo Atlántico A Coruña-Vigo. O novo servizo internacional non poderá supoñer que os ingresos de Renfe no treito galego caian máis dun 2%. Agora a empresa deberá presentar unha proposta de servizos que cumpra con ese requisito para que sexan autorizados pola CNMC. Arriva deberá presentar agora unha proposta de servizos que cumpra cos requisitos impostos pola CNMC para que os novos trens internacionais non compitan cos rexionais da empresa pública A liberalización do transporte ferroviario chega ás liñas internacionais antes que ás nacionais, o que levou á alemá Deutsche Bahn, a través da súa filial española Arriva, a presentar unha proposta dun novo servizo entre A Coruña e Porto que quere comezar a operar a partir do próximo mes de xullo. Porén, como o tren tería paradas intermedias en Santiago, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, podería supoñer na práctica un servizo rexional que competise con Renfe tamén neses traxectos intermedios e non só co actual servizo internacional Vigo-Porto. A raíz da proposta de Arriva, Competencia decidiu establecer unhas normas xerais para determinar, tanto neste como noutros casos, cando un servizo internacional pode ser autorizado sen que supoña unha competencia cos servizos públicos nacionais xa existentes, e o venres fixo públicas esas condicións. Segundo as regras agora divulgadas por Competencia, a aparición de novos servizos internacionais dun operador privado non poderá reducir os ingresos de Renfe nos seus servizos rexionais en máis dun 2%. Se a redución é de entre o 1% e o 2%, a condición que deberán cumprir os novos servizos internacionais privados é a de que os novos viaxeiros xerados por estes supoñan máis do 30% dos pasaxeiros totais deses novos servizos. Isto é, Competencia considera \"razoable que un novo servizo internacional incorpore, polo menos, un viaxeiro adicional por cada dous que detrae\" do servizo que presta Renfe. Por baixo do 1% de perda de ingresos por parte de Renfe a nova operadora non tería que cumprir ningún outro requisito. A empresa pública quería participar ela mesma na avaliación da proposta da empresa privada, algo que a CNMC rexeita por considerar que iso daríalle acceso a datos confidenciais Durante o procedemento para a elaboración destes requisitos, Renfe intentou que a CNMC permitise que a propia empresa pública participase no procedemento de avaliación da proposta do competidor privado, ao que o regulador negouse argumentando que iso daría a Renfe \"acceso a información sensible polo que, non só é contrario ao marco regulador, senón que non sería factible dada a confidencialidade da mesma\". Agora Arriba deberá presentar unha proposta de servizos que cumpra con eses límites e que será analizada pola CNMC. Se esa primeira proposta non supera a avaliación, a empresa poderá reformulala. Segundo a información inicialmente trasladada no seu momento pola propia Arriva a Competencia, o seu novo servizo internacional contaría con catro viaxes diarias en cada sentido que tardarían dúas horas e 48 minutos da Coruña a Porto e que se beneficiaría das melloras da liña actual que xa están en marcha en Portugal. A súa proposta melloraría notablemente o servizo internacional actual que presta Renfe entre Vigo e Porto, con só dúas viaxes diarias en cada sentido. Condicións da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para autorizar servizos ferroviarios internacionais privados"}
{"ID": "NOS_49002", "summary": "O resultado dunha eventual consulta sobre o affaire Quinteiro revestiría caracteres de acordo firme a aplicar \"polos órgaos políticos de En Marea e polas/os cargos de representación institucional\", reza o documento de Organización Interna (equivalente aos estatutos) aprobado pola confluencia no plenario realizado en xullo de 2017.", "text": "Entalado entre o grupo parlamentar (nel está en minoría) e o Consello da Marea (onde si está en maioría), Luís Villares resolveu esta segunda feira superar a crise Quinteiro pola vía da convocatoria dunha consulta ás bases da confluencia. As consultas internas ás persoas inscritas -o censo, segundo fontes da organización consultadas por Sermos, ascende a por volta de 2.400 persoas- están reguladas no epígrafe Soberanía cidadá. Sufraxio universal, dentro do documento de Organización Interna aprobado no plenario de xullo de 2017. De acordo con estes textos, unha sorte de estatutos do partido instrumental, as \"decisións de carácter estratéxico\" -confección das listaxes eleitorais, proposta de marco programático, pactos de goberno ou de lexislatura- serán submetidas \"á consulta do conxunto do censo de adscritos\". Mas tamén o poderán ser \"outro tipo de decisións\" que así o aconsellen \"pola súa trascendencia e impacto político, social ou económico\". A este aspecto do documento apela Villares para avalar a súa proposta de referendo interno sobre a continuidade ou non de Paula Quinteiro como parlamentar de En Marea. O órgao lexitimado para convocar unha consulta sería o plenario -máxima instancia decisoria da confluencia, equivalente a unha asemblea nacional ou a un congreso partidario-, mais tamén o Consello da Marea, o máximo órgao entre plenarios. No Consello o sector liderado por Villares -independentes, Cerna e a corrente crítica de Anova- dispón de maioría clara para promover o referendo. Nunha entrevista concedida esta cuarta feira a La Voz de Galicia, Villares defende con firmeza a validez da consulta para resolver o confronto entre o grupo parlamentar -partidario da continuidade de Quinteiro- e o Consello da Marea -favorábel á súa renuncia. A consulta só decaería no caso de Paula Quinteiro apresentar a súa renuncia. A segunda feira, Villares deulle de prazo esta semana para tomar unha decisión. Segundo as fontes consultadas por Sermos, neste momento hai \"cero posibilidades\" de que a parlamentar de Podemos-Anticapitalistas (respaldada polo partido morado, Esquerda Unida e a Anova oficial) vaia demitir."}
{"ID": "NOS_34168", "summary": "Os equipos Atlético Guardés e Valinox Novás promoverán conxuntamente este deporte nas escolas da comarca. Visitarán os centros en compañía de xogadoras e xogadores para animar ao alumnado no interese polo balonmán.", "text": "A volta ao colexio no Baixo Miño será especial para o balonmán da comarca. Os dous clubs símbolo deste deporte na zona, o Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás, iniciarán curso co proxecto común e innovador de fomentar de maneira conxunta a súa práctica a través dunhas escolas deportivas nos propios centros educativos de varios municipios. Europa, obxectivo do Atlético Guardés no final ligueiro O obxectivo é introducir as nenas e os nenos neste xogo e que cheguen ao convencemento de que poden gozar del e evolucionar como deportistas e, sobre todo, como persoas a través dos seus valores. As persoas responsábeis do proxecto son César Armán e Fabio Lima, coordinadores respectivamente das canteiras do club rosaleiro e guardés. Balonmán feminino e masculino na comarca Esta iniciativa sería imposíbel sen a casuística deportiva do balonmán no Baixo Miño, como recoñece César Armán a Nós Diario. \"Os nosos clubs teñen intereses comúns como son que practiquen deportes e se é o balonmán mellor\", asegura. Da mesma maneira sinala que non hai a rivalidade que existe noutros lugares \"ao non cruzarse os nosos camiños nas competicións oficiais por estarmos nós dedicados máis ao balonmán masculino e o Guardés ao feminino\". Coa proposta procurarán dar a coñecer este deporte \"que non é tan habitual nos medios de comunicación como outros e precisa deste tipo de experiencias para chegar á xente\". Clases de balonmán nas propias escolas O proxecto contempla, na súa maior parte, a realización de visitas aos centros escolares da comarca para impartir clases de balonmán ao seu alumnado, tanto teóricas como prácticas. Ambas as institucións pretenden contar con xogadoras e xogadores dos seus respectivos primeiros equipos, que poidan explicar de primeira man nas aulas de Educación Física o \"apaixonante que resulta este xogo\". BM O Porriño e Atlético Guardés inician a liga como locais A partir de aquí, realizaranse diferentes actividades conxuntas, destinadas a fomentar a divulgación deste deporte. Como indica Armán, cada entidade manterá os seus intereses particulares que, como é lóxico, orbitan cara á categoría feminina en caso do Guardés e cara á masculina no do Novás, mais o traballo de introdución, captación e iniciación será en común. Inicio no CEIP Manuel Rodríguez Sinde A primeira visita que realizarán será esta sexta feira. Armán e Lima acudirán ao CEIP Manuel Rodríguez Sinde, situado na Guarda. Durante toda a mañá introducirán no balonmán ao alumnado do colexio tocando todas os grupos de idade: desde os catro e cinco anos, até sexto de Primaria. A vindeira segunda feira, repetirán en Oia. E, a partir de aí, encadearán a maior parte de centros escolares da zona. A idea é atraer deportistas para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín \"que poderían xogar nos equipos mixtos que temos en ambos os clubs\", segundo Armán. As entidades deportivas, asegura o responsábel das categorías inferiores do Novás, \"porán todas as facilidades ás familias para que se decidan a achegarse a nós ou ao Guardés\"."}
{"ID": "NOS_5978", "summary": "Hai meses que circula a tese nos ambientes políticos e xornalísticos de que Xulio Ferreiro aspira a xogar na Galiza o mesmo rol referencial que en Catalunya personifica Ada Colau. Esta terza feira, e inquirido polos meios, o alcalde da Coruña respaldou a posición da líder dos comúns perante o referendo. O concello de Barcelona continúa sen se aderir aos concellos que proclaman abertamente a súa participación na consulta.", "text": "Interpelado sobre a \"ambiguidade\" en que se está a mover Ada Colau en relación á convocatoria do referendo, o líder da Marea Atlántica e alcalde da Coruña deixou claro até que ponto existe sintonía entre eles. \"É das poucas persoas -dixo en alusión á alcaldesa de Barcelona- que está a manter certo sentido común nesta discusión\". Colau está no albo da crítica dos sectores soberanistas en Catalunya por acatar na práctica as recentes resolucións do Tribunal Constitucional contrarias ao referendo. Barcelona é a xoia da coroa do municipalismo catalán, mais resístese a ceder á Generalitat locais públicos para a votación (tal e como fai en calquera proceso eleitoral). Unha esmagadora maioría dos concellos cataláns, máis de 700, apoian incondicionalmente o referendo, o que significa que si prestarán infraestruturas municipais. O argumento de Colau é que a participación no referendo, se a Generalitat non oferece garantías, pode acabar tendo consecuencias punitivas en forma de sancións para a institución e para as súas funcionarias e funcionarios. O Govern afirma que isto significa que na práctica os comúns acatan as resolucións do Tribunal Constituciona, a diferenza do que fai o executivo catalán, para o cal non hai ningunha instancia de poder -nen executiva nen xudicial- que poda deitar por terra as decisións soberanas do Parlament de Catalunya. Esta terza feira, o conseller da Presidencia, Jordi Turull, interpelou directamente o goberno local de Barcelona, na mesma conferencia de imprensa en que revelou que \"99 por cento\" dos concellos de Catalunya amosaron \"disposición\" a colaborar co referendo. \"Pedimos a aqueles que exixen garantías, que poñan a parte que lles toca\", dixo en relación á equipa que dirixe Colau. Por súa parte, o número dous de Colau, Gerardo Pisarello, deixaba entrever, tamén esta terza feira, que a perspectiva de ceder locais á Generalitat para o referendo non causa entusiasmo precisamente no goberno local. \"Temos de estudar todas as fórmulas [para participar no referendo], mais a Generalitat dispón de moitos locais [en Barcelona]\". Traducido: que sexa o Govern quen poña os locais e quen asuma as consecuencias legais que decorran diso. \"Hase de estudar todo con moita precaución e temos que ver tamén cal é a reacción do goberno central\", dixo Pisarello. Xulio Ferreiro Alén de louvar a posición de Ada Colau, o alcalde da Coruña reiterou o seu apoio ao direito a decidir, \"unha opción que está a pedir maioritariamente o pobo catalán\". Ferreiro destacou que no referendo queren participar quer as e os partidarios da independencia quer as e os que optan por Catalunya ficar no Estado español. \"Simplesmente queren que se lles deixe expresar a súa vontade\", engadiu."}
{"ID": "NOS_49960", "summary": "Trasladan á Inspección de Traballo \"a mala fe negociadora da empresa\" e advirten que non aceptarán a \"rebaixa brutal\" de condicións laborais que pretende a dirección.", "text": "Unha multitudinaria asemblea de traballadores e traballadoras de Nueva Pescanova rexeitou a proposta de convenio colectivo da empresa, unha proposta que consideran \"roza o terrorismo patronal\". O acto serviu para amosar a unidade do persoal fronte os intentos da dirección para impoñer un texto que, segundo argumentan, supón \"unha rebaixa brutal\" das súas condicións laborais. As 400 persoas presentes na asemblea, convocada polos sindicatos CIG, CUT, UGT e USO este pasado sábado no Multiusos da Xunqueira en Redondela, decidiron trasladar \"a mala fe negociadora da empresa\" á Inspección de Traballo. Criticaron así a actitude da dirección de Nueva Pescanova, que rexeitou todas propostas dos representantes do persoal co obxectivo de introducir rebaixas salariais e aumentos da xornada. \"Teñen que ter moi claro que deben de respectar o actual convenio, senón non haberá paz social\", apunta Dores Martínez, secretaria da FGAMT-CIG. Polo momento, segundo informa a CIG en nota de prensa, se descartou a posibilidade de convocar mobilizacións á espera dun cambio de rumbo das negociacións. Como primeiras medidas acordaron non facer as horas extraordinarias dos sábados e todas aquelas \"que se poidan impoñer\". As centrais que promoveron a asemblea salientaron o éxito de asistencia e a \"unidade\" do persoal fronte o \"ataque\" da empresa. \"Teñen que ter moi claro que deben de respectar o actual convenio, senón non haberá paz social\", apuntou a secretaria nacional da FGAMT-CIG, Dores Martínez, que rexeitou calquera acordo que \"sirva para abaratar os soldos das futuras contratacións\". Martínez considera que as propostas da empresa \"rozan o terrorismo patronal\" e advertiu que a asemblea \"marca un antes e un despois: se a dirección non entende a mensaxe haberá que tomar as medidas de presión que sexan necesarias\". O último día de xaneiro manterán unha nova reunión coa dirección que determinarán as seguintes accións. En caso de non dar marcha atrás, as centrais sindicais advirten que adoptaran novas medidas de presión, entre elas concentracións nalgúns dos seus principais clientes, como Mercadona, ou nas empresas de traballo temporal que \"posibilitan a competencia desleal durante as folgas\"."}
{"ID": "NOS_35733", "summary": "Só no último ano perdéronse perto de 400 produtoras e produtores de leite.", "text": "O prezo do litro de leite que se pagou aos gandeiros e gandeiras galegas de media en xullo foi de 44,7 céntimos, o que supón un lixeiro incremento a respecto dos 43,1 céntimos de xuño, segundo os datos publicados nesta sexta feira polo Ministerio de Agricultura. A pesar da tendencia alcista, cun incremento no último ano de máis de dez céntimos, o prezo que se paga na Galiza cronifícase como o máis baixo do Estado español, sen conseguir abandonar ese posto durante os últimos anos. É a mesma cantidade que a recibida en Castela-A Mancha. De tal forma, a cantidade que percibe a gandaría galega está máis dun céntimo por baixo da media estatal (46,3 céntimos), e é até cinco céntimos inferior á cifra de Murcia (49,9 céntimos). A Galiza segue á cola do Estado no prezo do leite malia achegar 40% da produción total Aliás, o avance intermensual —o aumento entre xuño e xullo— medra na Galiza (+1,6 céntimos) a un ritmo considerabelmente inferior ao do conxunto do Estado (+2,5 céntimos), onde aumenta de 43,8 a 46,3 céntimos. A piques de baixar dos 6.000 produtores No entanto, o número de produtores e produtoras que realizan entregas no país prosegue co seu constante descenso e xa se achega a baixar do total de 6.000. En concreto, a Galiza conta hoxe con 6.172 gandeiros que venden leite, uns 400 menos que un ano antes. Pola súa parte, a produción foi de perto de 250.000 toneladas en xullo, unha cantidade similar á do mes anterior."}
{"ID": "NOS_48654", "summary": "O presidente venezolano cualifica de \"indigno\" ao mandatario popular polo sucedido con Evo Morales e ameaza con \"revisar\" as relacións co Estado español.", "text": "O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, afirmou que avaliará as relacións co Goberno de España após o incidente sufrido el martes por el gobernante boliviano, con Evo Morales. Maduro cualificou o comportamento do executivo español de \"infame\", por pretender revisar el avión de un presidente sudamericano. \"Que se cre ese presidente (Mariano) Rajoy, que os sudamericanos somos escravos de vostedes?\". \"O día que o presidente Rajoy veña a sobrevoar o noso espacio aéreo nós poderíamos baixalo e revisalo para ver se trae droga ou os euros que lle rouban ao puebloobo español\""}
{"ID": "NOS_4389", "summary": "As investigadoras das universidades galegas inician os primeiros contactos para a creación dun espazo unitario que recolla todas as súas demandas. Denuncian a precarización da investigación e as súas inestábeis condicións.", "text": "A pasada quinta feira, arredor dunha vintena de investigadoras e investigadores reuníronse no Centro de Investigacións Científicas da Coruña, pertencente á universidade desta urbe. Nela abordouse a creación dun espazo unitario que recolla as demandas de todos os colectivos de investigadoras galegas ligadas aos centros universitarios, unha proposta impulsada desde a Asemblea de Investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC). \"A afluencia foi menor que en Compostela, mais estamos contentas\", conta a Nós Diario a investigadora posdoutoral Elena Landeira, \"viñeron representante da Universidade da Coruña (UDC), pero tamén de centros adscritos como a Fundación do Hospital Nóvoa Santos\".Lendoiro explica que a dinámica de traballo da asemblea foi aberta: \"Levamos un guión flexíbel; explicamos cales son os nosos obxectivos, que se poden resumir un pouco no dunha carreira investigadora digna, e escoitamos as demandas das asistentes\". A medida que as presentes se animaban a compartir as súas experiencias xurdiron problemáticas comúns entre Coruña e Compostela. \"A falta de recursos e, sobre todo, a precarización das investigadoras\", resume Lendoiro. Tras a reunión as organizadoras recolleron unha lista cos nomes das persoas interesadas en participar nese futuro espazo unitario. \"O 22 de xaneiro imos ter outro encontro no campus de Vigo, no edificio Miralles. Tamén queremos organizalos nos campus máis pequenos; os de Ferrol, Lugo e Ourense, máis deixados de lado ou discriminados\", avanza esta investigadora da USC. \"Queremos que a asociación que resulte sexa o máis aberta e plural posíbel. Non procuramos centrarnos só nas investigadoras predoutorais ou posdoutorais, senón tamén contar coas técnicas de laboratorio, por exemplo, todas aquelas que fan posíbel a investigación\", conclúe Elena Lendoiro. Terzas feiras en negroAdemais da creación dun espazo unitario en defensa das reivindicacións das investigadoras, o colectivo compostelán xa roza as cincuenta terzas feiras vestindo de negro. Este movemento iniciouse para denunciar as discriminacións que sofre o colectivo, como as diferenzas entre as distintas tipoloxías de contratos ou a súa precariedade."}
{"ID": "NOS_50941", "summary": "A mocidade independentista erguendo Galiza é o lema co que a manifestación xuvenil convocada pola rede de asembleas locais que conforman Mocidade pola Independencia percorrerá as rúas de Compostela o 24 de xullo, até rematar na Praza de Cervantes cun acto político e un concerto en acústico do grupo Dakidarría.", "text": "Na véspera do Día da Patria Galega realizarase en Compostela a marcha que, baixo o lema A mocidade independentista erguendo Galiza, reivindicará soberanía nacional e futuro para a xuventude. Esta mobilización partirá ás 20 horas desde a alameda de Compostela e está convocada pola rede de asembleas locais denominada Mocidade pola Independencia, que se define como \"un espazo de encontro de diversas sensibilidades no seo do soberanismo e o independentismo xuvenil\". Unha das persoas responsábeis da organización da mobilización explica a Sermos Galiza que a convocatoria xurdiu o pasado 18 de maio no encontro das asembleas abertas locais que conforman esta rede. Ademais de debateren sobre principios ideolóxicos asentados no soberanismo, feminismo e ecoloxismo, marcaron a data e formato desta manifestación xuvenil. \"O acto rematará coa lectura dun manifesto político na Praza de Cervantes e coa actuación musical en acústico do grupo Dakidarría\", sinala. A convocatoria xurdiu o pasado 18 de maio no encontro das asembleas abertas locais que conforman esta rede Mocidade pola Independencia chama na convocatoria a apostar na República da Galiza como vía para necesaria para erguer un futuro \"radicalmente diferente\" para o pobo traballador galego e a mocidade. Fan ademais unha apelación directa á mocidade da clase obreira a rebelarse \"fronte a crenza de que non existe alternativa ao modelo actual\", e sinalan que existe outra vía fronte á precariedade e á emigración masiva da mocidade galega, a crise demográfica, \"o espolio dos nosos recursos e sectores estratéxicos a mans do grande capital foráneo\", fronte ao \"declinio industrial e un modelo de industrias de enclave\" e a destrución dos sectores produtivos. Nese sentido, afirman que a alternativa pasa por rachar co marco autonómico e coa dependencia da Galiza polo Estado español e a Unión Europea, e culpan esta última dun deseño económico \"alleo e favorábel aos intereses do capital monopolista e transnacional\". \"Erguermos a única alternativa real, que pasa polo exercicio da independencia política e económica para o noso país, co poder político nas mans das clases populares nunha República galega\", recolle o manifesto \"Erguermos a única alternativa real, que pasa polo exercicio da independencia política e económica para o noso país, co poder político nas mans das clases populares nunha República galega, rachando con o dominio do grande capital\", sinalan no manifesto da convocatoria como obxectivo da convocatoria. Así mesmo, remarcan que o denominado \"avance do fascismo\" non se corresponde no Estado español \"só cunhas determinadas opcións políticas\", senón que o fascismo está nos \"aparatos do Estado continuadores do franquismo\", e poñen como exemplo a detención de catro independentistas acontecida en xuño na Galiza."}
{"ID": "NOS_54704", "summary": "Divulgadores, asociacións de astronomía e particulares advirten do impacto negativo que pode supor, de se aprobar, o Real Decreto de aforro, eficiencia enerxética e redución da contaminación luminosa elaborado polos Ministerios de Industria e Transición Ecolóxica. Segundo denuncian, o proxecto, en fase de audiencia pública, alenta o contrario do que di promover no título.", "text": "As intencións son boas, mais o enfoque \"obsoleto\" do texto introduce unhas obrigas que comprometen a protección da noite e contradín os seus propios obxectivos, ademais do mandato expreso da Lei 34/2007 de calidade do aire e protección da atmosfera, aprobada hai case 14 anos. A norma exixe explicitamente a preservación \"ao máximo posíbel\" das condicións naturais das horas nocturnas en beneficio da fauna, a flora e os ecosistemas en xeral, así como a redución da intrusión luminosa e dos seus efectos contaminantes no ceo nocturno. Desde 2008, a contaminación luminosa non o deixou de aumentar a un ritmo de máis de 2% anual Mais o texto que busca aprobar o Goberno, lonxe de reducir a contaminación luminosa, promove a extensión da superficie iluminada, e polo tanto, os efectos negativos da luz artificial durante a noite, \"con escaso ou nulo control\". Alegacións até o 30 de setembro A denuncia máis firme parte desde Galiza, da Agrupación Astronómica Ío, que tras presentar alegacións á redacción do Real Decreto na primeira fase de exposición pública, quere aproveitar o segundo trámite, aberto até o 30 de setembro, para impulsar a remisión dunha avalancha de argumentación en contra que obriguen os Ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica a revisar a súa proposta. De aprobarse, este Real Decreto converterase na normativa de referencia para a toda a iluminación exterior, como o é na actualidade o de 2008. \"O que marque será de obrigado cumprimento, sexa bo ou malo, sen que ningún técnico municipal teña que valorar se o que di é máis ou menos sensato\", sinala a Nós Diario Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Ío. Se ben, adianta, tal como está redactada \"recolle infinidade de excepcións que permiten facer case calquera cousa a calquera\". Unha norma decisiva que beneficia industria Estamos ante unha norma moi importante, que vai rexer toda a iluminación exterior do Estado, advirte Pawley, que lonxe de impulsar maiores esforzos por protexer a noite, \"ten unha vocación moi industrial que non oculta\". De feito, na memoria de impacto normativo prevé, no prazo de 10 anos, a substitución de 6,5 millóns de puntos de luz por valor de 3.250 millóns de euros, \"beneficio directo para industria enerxética\". A contaminación luminosa é un elemento chave na protección da biodiversidade e do ceo A gran decepción para os defensores da noite está en que o decreto \"non cambia nada\" a respecto do de 2008, \"que xa naceu morto\". Aprobouse nun momento de cambio de paradigma na tecnoloxía da iluminación, coa irrupción masiva das luces LED no mercado. \"Aquel texto viña regular un mundo que xa non existía ou estaba a piques de desaparecer, polo que todos estabamos de acordo en que era necesario actualizalo\", asegura Martin Pawley. Máis superficie iluminada O problema, di, é que esta renovación \"se fai mentindo\". \"Integra no título a contaminación luminosa, pero non hai ningunha mensaxe en todas as súas páxinas que faga posíbel esa redución da que fala na cabeceira\". Ao contrario, \"fala de por máis luz\", obrigando os concellos a iluminar rotondas e pistas en 200 metros en cada sentido ou prohibindo apagar toda a iluminación mesmo en zonas de nula actividade nocturna. \"En España pasaría a ser ilegal algo que fan un de cada tres municipios franceses: apagar as luces nas horas centrais da noite, unha espléndida práctica en favor da biodiversidade\". O texto recolle tantas excepcións que converten a normativa nun coadoiro. É unha perversidade. As posturas máis críticas tamén censuran que o decreto non só non recolla ningunha medida que limite as emisións de luz, tampouco de medición e control que permitan avaliar \"canta luz chega ao ceo e ao medio ambiente\", ademais de se os niveis de iluminación se axustan á norma, unha encomenda que encargan ás empresas instaladoras e non a expertos. A contaminación luminosa seguirá aumentando. \"Desde 2008 non o deixou de facer a un ritmo de máis de 2% anual\". Incrementarase \"sen límite\". Máis, se van adiante tantas excepcións como recolle o texto, advirte Pawley, \"que converten a normativa nun coadoiro\". E pon un exemplo: \"O decreto di que non se poden iluminar directamente masas de auga como lagoas, ríos ou o medio mariño, pero estache indicando que o podes facer indirectamente. É unha perversidade. E hai moitas máis\", engade, que fan concesións á ilumininación ornamental ou aos alumeados de Nadal. Impacto ambiental \"O impacto ambiental é indiscutíbel\". E a principal preocupación, subliña Martin Pawley. A contaminación luminosa áfecta ás poboacións de insectos, morcegos, aves e anfibios. Afecta ao medio mariño e á flora. \"Hai unha vastísima investigación que o decreto ignora\", recalca. É o momento de evitar un decreto que vai en dirección contraria ao resto do mundo Xusto cando os organismos internacionais máis avanzados comezan a tomar medidas ao respecto. É o caso o Parlamento Europeo ou da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN polas súas siglas en inglés), que veñen de aprobar un informe e unha moción respectivamente que sitúan a contaminación luminosa como un elemento chave na protección da biodiversidade e do ceo, a sabendas do seu impacto no medio ambiente, na saúde e no patrimonio cultura. \"É o momento de actuar, de enviar alegacións, de que cadaquén exprese a súa opinión para que a teñan en conta\". É o momento de evitar un decreto que vai \"en dirección contraria ao resto do mundo, con dous Ministerios que dan prioridade a regalar miles de millóns á industria da iluminación sen que os efectos ambientais importen\", sentenza Pawley."}
{"ID": "NOS_41318", "summary": "Foi presentado pola Asociación de armadores do cerco de Galiza coa intención de evitar unha nova 'aldeaxe' nos repartos en 2015.", "text": "A Audiencia Nacional española admitiu a trámite o recurso presentado pola Asociación de armadores do cerco de Galiza (Acerga) contra o reparto dos topes de xarda e xurelo aprobados polo goberno español para 2014 e que xeraron a comezos de ano contundentes protestos e mobilizacións do sector galego. Os armadores galegos presentaron o recurso a principios de maio e cunha intencionalidade clara: facer forza para evitar que en 2015 se manteñan as cotas para cerco fixadas para este 2014. \"É un reparto inxusto e discriminatorio para coa flota galega\", indican desde Acerga que agrupa a 114 dos 153 barcos galegos que traballan nesta modalidade. Desigualdade O sector galego foi desde o principio moi crítico co reparto fixado en Madrid para xarda e xurelo. Consideraban, e consideran, que o mesmo prexudica e damnifica a Galiza pois prima criterios históricos e non de barcos e tripulantes, o que se traduce a que o noso país ten, malia posuir moitos máis buques e mariñeiros, cotas irriosorias. Os armadores están certos de que en 2015 non pode volver a se producir esta situación. Por iso presentaron o recurso perante a Audiencia Nacional, pouco convencidos de que Ministerio e Consellería cumpran cos seus compromisos de cara o vindeiro exercicio."}
{"ID": "PRAZA_1434", "summary": "O Plan de continxencias da Xerencia da Área Sanitaria anunciara a supresión de 15 prazas este verán, o que fora moi criticado por profesionais e afectados a través do Movemento Galego da Saúde Mental", "text": "Hai dúas semanas coñeceuse a intención da Área Sanitaria de Santiago de pechar 15 camas na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Medico - Cirúrxico de Conxo durante o verán, segundo se recollía no Plan de continxencias elaborado pola súa Xerencia. O anuncio fora moi criticado por profesionais e afectados a través do Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM). Porén, os responsables do SERGAS recuaron na súa intención e o pasado venres, a Xerencia comunicoulles directamente a unha representación de traballadoras que o peche anunciado non ía ter lugar. O MGSM sinala que a rectificación constitúe \"unha moi boa nova\" e un \"motivo de satisfacción e orgullo para os profesionais que se mobilizaron na defensa dos dereitos asistenciais sanitarios dos cidadáns, da sanidade pública\" O MGSM sinala que a rectificación constitúe \"unha moi boa nova\" e un \"motivo de satisfacción e orgullo para os profesionais que se mobilizaron na defensa dos dereitos asistenciais sanitarios dos cidadáns, da sanidade pública, dos recursos de asistencia á saúde mental e dos dereitos d@s traballador@s\". Lembra que xa o pasado ano fora \"a unidade, a actitude decidida, o esforzo e a conciencia de estar na razón e no dereito defendendo o que é de toda a poboación\" o que conseguira frear o plan de peche da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares. Este ano, unha vez máis -engaden- \"fronte a este xeito da Consellería de Sanidade de respostar á crise, contrapuxemos a loita decidida, firme e unitaria d@s traballador@s para evitalo\". Porén, os representantes do Movemento denuncian que \"durante os días nos que se mantiveron a incertidume pola ameaza de peche de camas e as accións do colectivo de profesionais para remedialo, ocorreron feitos extremadamente graves na Área de Saúde Mental do CHUS, por parte do Xefe de Servizo, que atentan contra a liberdade de expresión\". Critican que o Xefe de Servizo \"dedicouse\" a \"arrincar carteis e pancartas elaborados polos traballador@s con lemas de protesta contra os recortes e o peche de camas\". O MGSM cualifica o sucedido de \"conduta grave, daniña para a convivencia, lesiva para os dereitos fundamentais e laborais, e inaceptable nunha sociedade democrática\"."}
{"ID": "NOS_1952", "summary": "Quenda de comparecencia dos sindicatos na comisión das caixas do Parlamento de Galiza. E puxeron branco sobre negro: as direccións obrigaron a comercializar as preferentes \"como fose\" e sabendo que produto era. Hai responsábeis políticos no \"desastre\" do desaparecimento das caixas. E o escenario actual é o que gorentaba a gran banca", "text": "No mesmo día en que se coñece que o FROB vai destinar 700.000 euros a contratar un banco de investimento que venda Novagalicia Banco, os sindicatos comparecían na comisión de caixas do parlamento de Galiza. Os representantes da CIG, CCOO e UXT coincidiron ao sinalar que hai responsabilidades, alén das xudiciais, en todo o proceso fanado de fusión. Para Clodo Monteiro, da central nacionalista, a desaparición das caixas galegas ten detrás unha ideoloxía: \"centralismo e neoliberalismo\". Desde Comisións recoñeceuse que a gran banca foi quen de vender a idea de que as caixas eran unha \"anomalía\" coa que había que acabar. E desde UXT apuntaban a que \"a desaparición das caixas galegas respondeu a motivos ideolóxicos. E era o que a gran banca privada demandaba\". Para Monteiro, a fusión de Caixa Galicia e Caixanova non era o problema. O problema veu da má xestión anterior e de que detrás desa aposta pola fusión había intereses en privatizar as caixas para as vender baratas a un gran banco foráneo. Unha liña que, na súa intervención, tamén apuntou o portavoz do BNG, Francisco Jorquera: \"A intención de favorecer fusións de caixas en territorios era tornalas máis atractivas para as privatizar e vender\". Desde AGE mostráronse moi críticos co proceso de fusión, ao igual que o PSdeG. Desde a bancada do PP, optaron polo argumento de que era 'impredecíbel' saber o que ía acontecer e en que cando se estaba no inicio do proceso, a inmensa maioría de forzas políticas e sindicais vían con bos ollos a fusión. Preferentes O das preferentes e subordinadas foi outra das cuestións debulladas na quenda dos sindicatos na comisión. Así, desde a CIG incidiuse en que a comercialización destes produtos tóxicos non eran casos \"isolados\" que poden ser atribuíbeis \"a un ou a outro traballador\". \"Facía falla toda unha estrutura para facelo\" e por iso a dirección era coñecedora, argumentou Monteiro. A central achegou, aliás, cartas de altos cargos das caixas dirixidas ao persoal con instrucións e ordes para comercializar eses produtos. Desde CCOO cualificaron as preferentes e subordinadas como \"unha enorme estafa\", apuntando á existencia de \"presións\" sobre os traballadores das caixas para vender este tipo de elementos. E desde UXT, o seu comparecente na comisión afirmou que \"fun o despacho de José Luis Pego (directivo de Caixagalicia) e advertinlle que se vendían preferentes indebidamente. Díxome: non se preocupe\"."}
{"ID": "PRAZA_11335", "summary": "Áurea Soto, ex-edil de Urbanismo do Concello de Ourense, ficou libre da derradeira das causas xudiciais que nos últimos anos pesaran contra ela. Soto, que foi absolta de todas elas, cre que nestes procesos houbo unha \"cacería\" contra os Gobernos municipais que tentaron establecer controis á especulación.", "text": "A pasada semana Áurea Soto, ex-edil de Urbanismo do Concello de Ourense, ficou libre da derradeira das causas xudiciais que nos últimos anos pesaran contra ela, acusacións e imputacións que partiran de denuncias presentadas por promotores inmobiliarios ou polo grupo do actual alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. Foron en total sete imputacións e tres xuízos. E trala apertura de xuízo oral no caso da Praza de San Antonio tivo que abandonar o cargo de concelleira de Urbanismo. Soto, que foi absolta de todas elas, cre que nestes procesos houbo unha \"cacería\" contra ela e contra os gobernos municipais de Ourense entre 2007 e 2015, sinalando que os controis que eses executivos estableceron no urbanismo da cidade provocaron \"irritación\" en certas persoas e grupos. Recoñece, finalmente, que o momento máis duro foi a detención do ex alcalde Francisco Rodríguez no ano 2012 no marco da Operación Pokemon.Nestes anos a ex-concelleira tamén pasou á ofensiva, impulsando unha querela contra o popular Manuel Cabezas (alcalde de Ourense entre 1995 e 2007) por deixar de esixir a varios proxectos urbanísticos o 10% do aproveitamento, como esixía a lei, o que tivo como consecuencia unha perda duns 1,7 millóns de euros para as arcas municipais, como deixou reflectido no seu momento o Consello de Contas. Falamos con ela.\"O acoso foise pechando sobre nós, pero tentamos deixar todos os controis moi asegurados para que no caso de perder o Goberno municipal non lles resultase doado desfacelo\"Como recibiu a noticia de que finalmente quedaba tamén liberada de responsabilidades nesta última causa?Isto non é só un día, foron moitos anos moi duros, primeiro co traballo no Goberno municipal durante oito anos, un traballo excepcionalmente intenso no ámbito do control urbanístico. Sempre digo que Ourense é moi peculiar neste sentido, porque no interior hai menos fiscalización, hai menos xente mirando.Cal foi o momento máis difícil nestes anos?Moi pouco despois das eleccións de 2011, nas que revalidamos o Goberno municipal e obtivemos un gran resultado, tivo lugar a detención do alcalde Francisco Rodríguez pola acción da xuíza Pilar de Lara. Ese momento foi moi duro, pero decidimos seguir traballando e defendendo un proxecto e un programa para o que fóramos elixidos. E ao mesmo tempo defendéndonos dun proceso xudicial e defendéndonos tamén no pleno municipal de personaxes como Pérez Jácome. O acoso foise pechando sobre nós, pero tentamos deixar todos os controis moi asegurados para que no caso de perder o Goberno municipal non lles resultase doado desfacelo e volver ás andadas. Por iso era tan importante deixar aprobado o novo Plan Xeral. E aguantamos, mantivemos a dignidade.\"As relacións persoais son o que sostén todo, sobre todo nos momentos difíciles. Démonos moito apoio todas as persoas que estabamos no goberno, tanto do PSOE coma do BNG\"No proceso que viviu foi importante o apoio persoal recibido?As relacións persoais son o que sostén todo, sobre todo nos momentos difíciles. Démonos moito apoio todas as persoas que estabamos no goberno, tanto do PSOE coma do BNG. E tamén foi moi boa a resposta que deu a xente de Ourense en Común estes últimos anos. Nós aguantamos porque sabíamos que ía haber unha presión moi grande contra o Goberno, estabamos preparados para moitas cousas, pero seguramente non pensaríamos que chegaría a este nivel. Resistimos grazas ao excepcional traballo dos nosos avogados. E aguantamos tamén porque estabamos lexitimados polas urnas.\"O urbanismo en Ourense era unha feira sen control e sen expectativa de que ninguén a controlase. E nese momento entramos nós\"Como era o urbanismo en Ourense en 2007, cando chega ao Goberno?Pois como era en case todo o Estado, porque isto non só pasou en Ourense. E, de feito, Ourense non era dos lugares con maior dinamismo ou nos que se movía máis diñeiro, pero era dos menos fiscalizados. O urbanismo en Ourense era o produto dunha liberalización absoluta do solo. A lei de 1998 determinaba que todo o solo, per se, era urbanizable. Só a modificación da Lei do Solo feita por Zapatero obrigou a xustificar os usos do solo para a súa urbanización. A isto uniuse unha facilidade para conseguir créditos, cun interese que era case cero. Iso converteu o urbanismo nunha feira, desaparecendo o interese público, e ao final a burbulla estalou. En definitiva, era unha feira sen control e sen expectativa de que ninguén a controlase. E nese momento entramos nós e cortamos todo iso.Non se lles perdoou que establecesen eses controis?Nós, nada máis entrar, cortamos esa situación, contra a que xa levabamos batallando dende o 2003, na oposición. Todo isto, evidentemente, xerou unha grande irritación en moita xente e cando ti lles tocas algo que consideran que lles pertence, aínda que non o sexa, van con todo contra ti.\"Cando ti lles tocas algo que consideran que lles pertence, aínda que non o sexa, van con todo contra ti\"Como está a querela contra Cabezas polo caso do 10%?O tema do 10% é unha querela que interpuxen eu nese momento porque sabía que isto ía volver ocorrer de inmediato e había que paralo e, ademais, porque legalmente estaba obrigada a facelo. A instrución, en mans do xuíz Leonardo Álvarez, foi moi lenta e acabou arquivándose. Nós recorremos e por outra querela que presentamos Álvarez tivo que apartarse da causa e a Audiencia reabriu o caso. Co fiscal xefe Florentino Delgado tamén ía moi lento o proceso, ata que a avogada Elena Díaz o denunciou por abuso de poder. Agora, sen Florentino Delgado na Fiscalía, cremos que si, que irá a xuízo, e aí xa non sei como sairán as cousas. Xa chegar ata aquí foi un esforzo titánico, unha milagre, o normal era que isto quedara bloqueado hai xa tempo.\"O que me dá unha certa tranquilidade é que agora todo o mundo ve como é [Jácome], como actúa, quen son os seus aliados, e vese que sempre tivemos razón sobre el\"Como ve a política ourensá na actualidade, despois da chegada á Alcaldía de Pérez Jácome?Sempre digo que son a persoa que está menos molesta coa nova situación política en Ourense, e todo o mundo queda perplexo cando o digo. Refírome a que Jácome sempre foi así, xa sabíamos que estaba disposto a gobernar co PP de Baltar, que era de aí de onde viña. Nós sufrímolo durante anos, especialmente despois da actuación de Pilar de Lara contra Paco, e cada vez que Jácome dicía nos plenos unha barbaridade en vez de ser criticado era celebrado. O que me dá unha certa tranquilidade é que agora todo o mundo ve como é, como actúa, quen son os seus aliados, e vese que sempre tivemos razón sobre el.Nos seus plans está o regreso á política activa?Non che vou contestar a iso, porque é o que certa xente esperaría que contestase. Aínda non o sei, pero o que é seguro é que nas listas do PSdeG-PSOE para as próximas municipais vai haber xente moi válida e vaise conformar un equipo moi potente. Hai xa xente moi boa no grupo municipal, e ten que haber máis. E o mesmo digo sobre o BNG ou Ourense en Común. E hai que facelo moi ben, porque o traballo é moi duro."}
{"ID": "NOS_30417", "summary": "\"No principio foi o verso: Rosalía de Castro\" mostra a través de obxectos, imaxes e documentos a vida e obra da poeta arredor do Vigo no que se publicou hai 150 anos Cantares Gallegos. A exposición, comisariada por Pepe Barro, estará aberta ate o 15 de agosto en Vigo.", "text": "Na sede da Fundación Barrié de Vigo, a poucas rúas de onde se publicou por vez primeira hai 150 anos Cantares Gallegos, a exposición \"No principio foi o verso: Rosalía de Castro\" ideada por Pepe Barro e promovida pola Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega, a Fundación Barrié e a Universidade de Vigo co patrocinio daXunta o Concello de Vigo, dá conta da vida e obra de Rosalía e descobre o Vigo no que hai 150 anos naceu o libro que se ía converter en abrente da nosa literatura contemporánea. Na imprenta de Juan Compañel, na Rúa Real, naceu en 1863 o libro que non só marcaría a nosa historia literaria senón que, cen anos despois, se ía converter na marca de nacencia do día máis sinalado da lingua e literatura galega, aquel 17 de maio que leva impreso e que Fernández del Riego escolleu para conmemorar o Día das Letras Galegas. O ambiente no que naceu e se publica o libro, as figuras que pairaron arredor del, desde o editor Juan Compañel, aos irmáns Alejandro e Eduardo Chao, ao mecenas José Ramón Fernández ou o propio Manuel Murguía acompañan neste percurso á verdadeira protagonista, á singular e extraordinaria autora Rosalía de Castro, da que se buscou a pouca pegada física que foi deixando. Pouca pegada porque de Rosalía, mália a súa poderosa presenza, a súa contemporáneidade e a súa relevancia, poucos sinais quedan. O esforzo de Pepe Barro e a equipa que elaborou a exposición por recompilar todos os obxectos, imaxes e documentos deixan á vista que non é Rosalía unha autora da que herdaramos todo aquilo que rodea tanto á vida como a construcción da obra.O esforzo de produción da mostra completa o imaxinario físico da autora, os obxectos que poden evocar a súa biografía. Da mesma maneira que aquela repetida imaxe familiar do casal formado por Rosalía e Murguía coa súa ampla descendencia ía ver como non prendería en novas xeracións, así as \"cousas\" que teñen a pegada directa da poeta son tamén escasas en exceso, o que se fai constar tamén na exposición ao pé, por exemplo, da única imaxe que se conserva da madurez. Na mostra recóllense documentos, fotografías, mobles ou obxectos ademais de audiovisuais que compoñen a máis ampla exposición arredor de Rosalía de Castro."}
{"ID": "NOS_7590", "summary": "Do 24 ao 27 de abril Carballo acolle o 'Carballo Interplay', o primeiro festival de webseries do Estado. Falamos con Sonia Méndez, a súa directora, para procurar novas claves dun festival que tamén lle dará entrada ao lúdico e á reflexión. \"Queremos crear un caldo de cultivo festivaleiro\".", "text": "-Falta pouco máis dun mes para a celebración do festival. Comezas a notar, como directora, a presión? -Non é presión exactamente, pero agora si é certo que se acelera o ritmo de traballo. -Como inflúe, na propia concepción do evento, o feito de ser o primeiro festival de webseries do Estado? -Non inflúe tanto iso como que sexa a primeira edición, onde se marca o tipo de festival que queres ser e que liña queres seguir. Dende o principio dixemos que queriamos un festival no que non só se poidan ver e premiar webseries, senón no que tamén haxa outro tipo de actividades, tamén lúdicas, de modo que se poida falar de webseries escoitando a un dj e tomando unha caña. Queremos xerar un caldo de cultivo festivaleiro. -O 12 de marzo presentastes o Carballo Interplay na Escola de Imaxe e Son en Vigo. Tedes pensado presentalo en máis escolas. Por que? -Algunhas das actividades están pensadas non só para profesionais senón para alumnos de escolas ou xente que estea interesada no audiovisual. De aí, a idea de presentar o festival nas escolas. -O Carballo Interplay contará cun amplo programa de actividades paralelas que estades a desvelar aos poucos. Que nos podes adiantar? -Haberá unha master class de \"branded contend\", un novo modelo publicitario, que impartirá Roger Casas Alatriste, da produtora El Cañonazo Transmedia. É moi interesante esta master class porque o \"branded contend\" achéganos a unha maneira de buscar financiamento para os traballos audiovisuais. -E non é a única sesión na que se reflexionará sobre esa materia pendente que é o modelo de financiamento das webseries… -Julio Garma, un dos creadores da serie Freaklances, presentará o Freaklances Projetc, un proxecto de distribución e produción de webseries. É a primeira iniciativa que existe para a distribución de webseries, e resulta interesante para buscar financiamento pois é unha empresa que distribúe e saca rendemento económico de webseries. -A falta de financiamento é, de feito, un dos principais problemas das webseries… -Até o de agora, facer rendíbel unha webserie é complicado, por non dicir imposible. As plataformas que che facilitan algún tipo de beneficio non son suficientes. Esta limitación económica fai que as webseries teñan que suplir a falta de cartos e medios con imaxinación. Hoxe en día nin sequera a xente está pagando por ver películas. O modelo está cambiando e temos que ver como nos adaptamos e como seguimos producindo, buscando novas formas de financiamento. Cobrar por visualización en internet está descartado, porque, en primeiro lugar, é imposible controlar o pirateo. Como modelo de financiamento está o crowdfunding, pero non é suficiente. Hai que buscar outros modelos. Eu non teño a resposta, por iso facemos esta master class e esta mesa redonda para procurar conseguir respostas. Outra cuestión aberta, que se abordará no Carballo Interplay, son os cambios que en internet se producen nas narrativas audiovisuais… -As webseries e non só, senón tamén a videoarte e outros proxectos transmedia, abren novos camiños narrativos. Todo isto está pasando e, ás veces, cando as cousas están pasando, a reflexión é posterior. Estamos nunha especie de \"voráxine\" dixital. Mestúranse xéneros, diferentes duracións… Non existen definicións. No Carballo Interplay, imos ter unha mesa redonda sobre novas narrativas para ver se podemos definir un pouco o que está pasando ou polo contrario concluímos que o que está pasando, está pasando, e non se pode definir ou teorizar sobre isto. Sempre dicimos que o que ten internet é a liberdade creativa, o feito de que non haxa ningunha limitación. -En que vai consistir esta mesa redonda? -Estará aberta a todo o público. Contará con David Sainz e Teresa Segura, os padriños do festival, director e produtora da serie Malviviendo, e tamén con Felipe G. Gil, un director que leva anos investigando e practicando ao redor da cultura do remix e de narrativas audiovisuais diferentes, e mais con Lidia Fraga, membra do xurado, guionista e experta na creación de ficción en diferentes plataformas. A mesa estará moderada por María Yáñez. -No Carballo Interplay, ademais da exhibición, hai unha parte de reflexión importante… -Vai haber proxección de webseries o xoves, o venres e o sábado, no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, mais polas mañás haberá tamén actividades no Fórum da vila, que é onde vai estar o punto de información e a sede do festival. Para nós sería importante que se xerase un debate sobre novos modelos narrativos, cara a onde vai internet, como buscar financiamento para estes produtos… Será un festival non só para ver webseries, senón que tamén haberá actividades lúdicas e tamén educativas. Que podes adiantar das actividades lúdicas? Tanto o venres como o sábado vai haber concertos despois das sesións de proxección. E o sábado, despois da entrega dos premios, estarán os Unicornibot como cabeza de cartel. Pola mañás teremos todo o tempo funcionando o Fórum con actividades. Despois das actividades, o venres e o sábado, vai haber sesión vermú. Todos os días haberá moitas cousas que facer. -Como vai a recepción de webseries? -Agora mesmo estamos case en 90 webseries. A selección vai estar potente. Non seleccionaremos moitas webseries, pero si faremos unha selección interesante para que a xente poida ver de todo, para que teñan coñecemento de que existen este tipo de series en internet e cheguen á casa e se animen a velas enteiras. -Que predomina nas webseries que vos van chegando? -Hai thriller, ciencia ficción, terror… pero o que máis predomina, como xénero, é a comedia. -Que che sorprende do que vas vendo? -Sorpréndeme a variedade e ver tamén que xente moi nova está a coller a cámara e os colegas para facer unha webserie. Ao mellor non teñen toda a calidade de produción audiovisual, pero paréceme moi entrañable que se poñan a facer este que é un exercicio audiovisual e de narrativa. Aínda que se repiten certos formatos ou temáticas, hai unha procura do orixinal e do diferente. -De que lugares vos están chegando webseries? -De todas as partes de España. Mesmo contactaron con nós persoas con webseries en Sudamérica e Estados Unidos, mais nesta primeira edición o festival é de ámbito estatal. Esperamos que o festival se consolide para que poida chegar a ser internacional."}
{"ID": "NOS_10851", "summary": "Os Vingadores unificarán forzas para acabar con Thanos e restaurar a orde do universo.", "text": "No portentoso final de Infinity War, Thanos deixara todo o universo reducido á metade após utilizar a manopla das xemas do infinito. Desde aquela o devezo por ver a desenlace desta traxedia de tinguiduras shakesperianas rivalizaba co retorno da derradeira tempada de Xogo de Tronos. Os irmáns Russo tiñan a ardua tarefa de deixar o pavillón ben alto sen defraudar á trullada de fans. E non defraudaron... Claro que contar cun presuposto de 350 millóns de dólares (o máis caro até a data nos filmes da Marvel) axuda bastante... Dunha forma conceptual moi ben fiada e cun ton crepuscular ao estilo Logan, o bo de Clint Barton/Ollo de Falcón descubre o que acaba de acontecer da peor maneira posíbel: perdendo a súa familia. Comezamos mal. O resto de Vingadores tamén están de capa caída. Perderon a moitos seres queridos e a moitos compañeiros e compañeiras de fatigas e non levantan cabeza. O cheiro a pesimismo é insoportábel. Todo mal. De súpeto aparece unha tipa loura cuns poderes abraiantes: a Capitá Marvel (co seu propio spin off aínda en carteleira). Pouco tardan en convencela para ir por Thanos, que anda exiliado nun afastado planeta en modo eremita, para desfacer a desfeita do xenocidio equilibra universos. Pero como a peli ten que durar tres horas pois xa intuímos que non o van conseguir... Todo semella perdido até que descobren unha posíbel solución a través das viaxes no tempo con tecnoloxía cuántica. Vaites! como non se lles ocorrera antes algo tan \"sinxelo\"?! En fin, hai que querelos porque a intención é boa e ten as súas recompensas así que mellor non cuestionarse demasiado as cousas e deixarse levar polas bondades deste Regreso ao futuro con personaxes da Marvel. Puro entretemento para fans (e non fans tamén) que supera o récord de super heroes e super heroínas por metro cadrado que posuía a súa predecesora... E por riba todos e todas coa súa pertinente cota de pantalla e con suficientes momentos para lucir as súas respectivas dotes interpretativas. Agora se vai entendendo mellor o das tres horas de duración, non si? Tres horas en absoluto pesadas grazas a unha combinación de elementos que funcionan coma un reloxo: emotividade latente durante toda a metraxe, acción trepidante, viaxes no tempo, moreas de conexións e chiscadelas cos filmes precedentes, subtramas ben tecidas, despedidas sentidas (e outras non tanto), efectos especiais a esgalla e uns momentos de fina comedia estratexicamente distribuídos ao longo do filme. Atención o que acontece con Hulk e Thor. Puro esmendrelle. Malia non superar Infinity War, si que sabe xogar moi ben as súas cartas nesta digna desenlace que contenta a (case) todo o mundo e cumpre coas expectativas. Pero se pensades que Vingadores: Endgame é o final dos Vingadores e dos filmes da Marvel andades máis perdidos que Wally no campo do Anxo Carro. Simplemente supón a antesala do fin da fase 3 da franquía dos filmes do Universo Marvel que rematará nun par de meses coa estrea de Spider-Man: Lonxe da casa dando o pistoletazo de saída á cuarta fase. Porque... que sentido ten que a todopoderosa Disney (propietaria de Marvel Studios) pare a máquina de facer diñeiro cando está a pleno rendemento? Vingadores (EUA 2019, 181 min.) Dirección: Anthony Russo e Joe Russo Guión: Christopher Markus e Stephen McFeely Fotografía: Trent Opaloch Música: Alan Silvestri Elenco: Robert Downey Jr., Chris Evans, Chris Hemsworth, Scarlett Johansson, Mark Ruffalo, Jeremy Renner, Josh Brolin, Brie Larson, Paul Rudd, Karen Gillan, Dave Bautista, Jon Favreau, Bradley Cooper, Gwyneth Paltrow"}
{"ID": "NOS_44908", "summary": "Un estudo oficial vinculado ás empresas do país xa amosa que en 2018 a produción de enerxía eólica era considerada coma un dos sectores máis dinámicos dentro da economía galega.", "text": "Con algunhas empresas dando un paso máis ao programar o desembarco dos muíños no litoral galego e numerosos proxectos en terra en distintas fases de tramitación, o da enerxía eólica semella un investimento seguro. Ás multinacionais, e mesmo a firmas galegas, pouco lles está a importar a ampla contestación social. É agora cando se coñece a gran eclosión de proxectos para enerxías renovábeis en Galiza -que a cidadanía non considera inocuos- pero o certo é que este sector leva facéndose forte anos, como xa sucedeu no pasado coa electricidade que se produce nos encoros esparexidos por todo o país. O último informe Ardán publicado, un estudo de todo o tecido empresarial galego elaborado por expertas e expertos da Zona Franca de Vigo, indica que un dos sectores máis \"dinámicos\" para a economía do país é a \"produción de enerxía eólica\", xunto co téxtil ou as residencias de maiores, por nomear só algúns exemplos máis. Tanto é así que esas cifras, que aínda apuntan a 2018 porque estes informes levan un período longo de investigación, comparación e elaboración, revelan xa un crecemento imparábel. O ámbito industrial -segundo concellos, veciñanza e entidades ecoloxistas con moita afección ao patrimonio natural e pouco retorno económico e laboral- creceu un 32,81% en 2018 con respecto ao ano anterior. E a dinámica segue o mesmo ascenso como proba o interese de tantas empresas por facerse cos seus propios polígonos para aproveitar o vento. No documento aparecen até oito sociedades eólicas no apartado de \"empresas gacela\", aquelas que teñen un crecemento rápido ademais de asumir máis riscos que a competencia, entre outras particularidades se ben non sempre se seguen todos os criterios estipulados polo Ardán. Ascensos moi pronunciados Enerxías Ambientais de Somozas tivo uns ingresos de explotación por enriba dos cinco millóns de euros nun ano e Engasa Eólica sumou 7.566.865 euros. O Parque Eólico da Capelada conseguiu mellorar en máis dun 30% o seu volume económico en 2018 chegando aos 4.529.000 euros, e nin tan sequera se dispararan como agora os prezos da luz. Tamén no Vicedo se experimentou un ascenso dun 38% na conta de resultados e no polígono de aeroxeradores de San Andrés ingresaron 5.526.000 euros. Mesmo aparecen eólicas na listaxe de \"empresas xeradoras de riqueza\", entendidas como tales aquelas firmas que deixan unha boa suma económica entre o accionariado e, supostamente, tamén habería bos resultados para as administracións públicas pola vía dos impostos. No cómputo global, 49 negocios foron quen de ter uns ingresos de explotación por enriba dos 309 millóns de euros cunha rendibilidade económica superior ao 10% e financeira abeirando o 17%."}
{"ID": "NOS_46682", "summary": "A Coordenadora nacional aprobou unha folla de rota que culminará coa convocatoria dunha Conferencia política na que a militancia decida con que aliad@s concorrerán ás eleccións do Parlamento europeo.", "text": "Segundo recolle a axencia de noticias, Europa Press, será a militancia de Anova quen decida --previsibelmente a comezos do vindeiro ano-- con que formacións concorrerán ás eleccións europeas. Así o decidiu a Coordenadora nacional, o máximo órgano entre asembleas, na xuntanza decorrida o pasado sábado 14 de decembro. A fórmula de concorrencia ás eleccións ao Parlamento europeu pola que se inclina neste momento Anova é a dunha \"fronte ampla non excluínte\", isto é, unha coligación basicamente con Izquierda Unida. Dar o aval a esa alianza cunha forza política de ámbito estatal, que en teoría aspiraría a encabezar a candidatura, é o que terá que decidir a militancia da formación liderada por Beiras. A proposta de \"fronte ampla non excluínte\" non ten atopado apoios entre as formacións do soberanismo de esquerdas de Galiza, Euskadi e Catalunya. Anova dirixiu recentemente un convite ao BNG para manter unha nova conversa sobre un eventual acordo eleitoral. A formación frentista mostrou a súa disposición a falar, mais ao tempo deixou claro que en nengún momento contempla o acordo con forzas políticas que teñen o seu centro de decisión en Madrid. A proposta de \"fronte ampla non excluínte\" non ten atopado apoios entre as formacións do soberanismo de esquerdas de Galiza, Euskadi e Catalunya. A militancia de Anova terá que tomar a súa decisión cando aínda están abertas as feridas no seo de AGE pola xestión do asunto David Calviño-Carme Iglesias Sueiro, a polémica producida arredor do escano de Ourense após a decisión de aquel de abandonar o Parlamento e de esta de asumir a acta contra o criterio quer das direccións de EU quer de Anova. A folla de rota acordada pola Coordenadora nacional de Anova inclúe tamén un proceso de debate do que resultará a aprobación dun programa base, para alén do modelo de coligación, para o que prevén convocar unha Conferencia política a finais do vindeiro mes de xaneiro."}